ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_56317 | Presentábanse 219 pezas de 64 artesáns e a gañadora foi a chamada "Zanfona CarneiFona". O seu autor, o artesán Xaneco Tubío recibe así o premio do X Certame de Artesanía Antón Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. | Coa "Zanfona CarneiFona" Xaneco Tubío do Obradoiro de Instrumentos Musicais de Outeiro de Rei, vén de gañar o X Certame de Artesanía Tradicional Antonio Fraguas Fraguas. Canda outras pezas presentadas comporán unha mostra que se abrirá en distintos concellos da provincia da Coruña. "Supón un chanzo mais na miña traxectoria profesional, iniciada hai mais de vinte anos, nos que comeza a rondarme a idea de adicarme profesionalmente ao oficio de luthier. Síntome afortunado de poder seguir traballando neste oficio do que son un apaixonado", sinalou o gañador, membro tamén da Asociación de Gaiteiros e un dos máis destacados luthiers do país. Xaneco Tubío valorou que con certames como o Antón Fraguas se recoñeza o labor de persoas que se dedican "aos vellos oficios tradicionais, portadores dunha sabedoría popular que durante séculos fomos quen de transmitir ás xeracións mais novas, forxando grande parte da nosa identidade como pobo, e sen a cal a contemporaneidade non tería ningún sentido." |
NOS_27647 | Son os nados na década dos 90. Un estudo da Real Academia Galega indica que falan menos galego que as xeracións anteriores mais tamén ten menos prexuízos a respecto do idioma. 34% son monolingües en castelán, grupo maioritario; 32% falan máis castelán que galego; 18% só galego e 15,5% máis galego ca español. | A xeración Z comprende as persoas nadas na década dos 90, entre 1990 e 1999. Unha xeración que veu ao mundo canda un cambio socioeconómico, cultural e tecnolóxico que modificou a relación coa lingua galega a respecto das xeracións anteriores, como 'a do milenio' (persoas nadas entre 1979 e 1989). Como é a situación do idioma nesa xeración? Cal é a súa relación co galego? Como o valoran? Un estudo do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega quer dar resposta a estas preguntas. Algunhas das claves avanzounas en Barcelona, no marco das 'IV Jornades la recerca sociolingüística en l'àmbit de la llengua catalana', o especialista Xaquín Loredo: o galego continúa a perder terreo, tanto na comunicación diaria como referente lingüístico familiar. As valoracións máis positivas da lingua galega danse especialmente cando se acompaña dunha fonética e prosodia castelás. As percepcións sociais máis negativas asócianse á expresión en castelán con fonética galega Na Xeración Z hai un 18% de monolingües en galego, 11 puntos menos que a xeración anterior, onde eran 29,3%. O grupo de persoas que falan máis galego ca castelán é de 15,5%, lixeiramente superior a 15% que eran na Xeración do milenio. Dispáranse os grupos de monolingües en español (case 34%, 6 puntos máis que a xeración anterior) e a dos que falan máis castelán que galego (31,7%, case 4 puntos máis). Así pois, o monolingüismo en castelán xa é o grupo maioritario, na xeración anterior érao o de monolingües en galego. Ademais, 44,2% da xeración do milenio (persoas nadas entre 1979 e 1989) exprésase oralmente en galego ou máis en galego ca en castelán, esta porcentaxe descende na xeración Z a 33,6%. Sotaque, fonética, pronunciación A Real Academia Galega desenvolveu unha análise para coñecer se as percepcións sociais arredor dos falantes mudaron. Con esta finalidade, replicouse a proba xa realizada coa xeración do milenio. O obxectivo era explorar as diferenzas entre as valoracións de tipo actitudinal que, de modo indirecto, se realizan sobre unha rapaza e un rapaz que se expresan publicamente nas modalidades lingüísticas máis comúns de Galiza (galego innovador, galego tradicional, castelán con acento galego e castelán sen acento), en virtude de cal poida ser o seu hábitat de residencia, lingua inicial, sexo e lingua habitual. Así, as percepcións sociais máis negativas asócianse á expresión en castelán con fonética galega. Aínda que segue a haber fortes prexuízos contra os trazos fonéticos e prosódicos propios do galego, comézase a asociar a lingua galega a valoracións máis positivas, relacionadas coa dimensión competencia-status social. As valoracións máis positivas da lingua galega danse especialmente cando se acompaña dunha fonética e prosodia castelás. |
NOS_37052 | O sindicato reprocha ao presidente galego que excluíse a central sindical das xuntanzas para analizar a situación económica e laboral pola crise da COVID-19. "Demostra pouca vontade de afrontar a grave situación". | A CIG denunciaba o 13 de maio que o presidente da Xunta non incluiu o sindicato das xuntanzas para analizar a situación económica e laboral derivada da crise do coronavirus e falar de propostas ao respecto. Unha das xuntanzas foi con UGT e patronal. A outra, con CCOO, en solitario e que respondía a unha xuntanza solicitada o pasado 20 de abril por ese sindicato e na que puxo sobre a mesa un Plan para a recuperación social e económica de Galiza A central nacionalista denunciou que se excluíuse á CIG. Agora, o sindicato nacionalista diríxese a Feixoo a través dunha carta instándoo a "abandonar o sectarismo para poder afrontar esta crise co maior entendemento posíbel". No escrito, asinado polo secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, tinsta o presidente a convocar unha xuntanza coa CIG na que poder darlle conta das propostas e alternativas da central sindical ante a crise xerada pola emerxencia sanitaria. Así mesmo, a CIG informa que deu traslado deste proceder aos distintos grupos parlamentares, o que derivou na presentación dunha pregunta oral por parte do BNG á Mesa Permanente do Parlamento inquirindo en base a que criterios democráticos e institucionais exclúe a Xunta á CIG destas reunións. A seguir, reproducimos a carta: Exprésolle a nosa protesta ante a exclusión da CIG da convocatoria das reunións que este mércores pasado, 13 de maio, tiveron lugar para tratar a situación laboral, económica e social do país no actual proceso de 'desescalada'. Este feito que vostede protagonizou, de excluírnos desta convocatoria, de actuar negando a nosa existencia como primeira Central Sindical en Galiza, maioritaria, que ten a consideración de máis representativa, constitúe un grave desprezo para milleiros de traballadores e traballadoras do noso País, representantes sindicais de empresas e afiliados/as da nosa Organización. Esta forma de proceder desacredita ao Presidente da Xunta de Galiza ao constituír unha grave falta de consideración ás mínimas normas de cortesía e respecto institucional. Ademais, por ser profundamente sectarias e antidemocráticas, ao negar a quen temos a condición de Central Sindical máis representativa e primeira forza sindical en Galiza. Esta actuación demostra pouca vontade de afrontar a grave situación que atravesamos coa intención decidida por construír todos os entendementos e consensos posíbeis, aínda desde as lexítimas diferenzas que poidan existir. Non son tempos de que o Goberno galego aplique a política do apartheid á CIG, como leva practicando estes anos, nos que por sistema rexeitou as múltiples propostas e ILP masivamente respaldadas que temos presentado. Tampouco resulta aceptábel que se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a nosa Central Sindical ten elaboradas para afrontar o proceso de retorno á actividade e as problemáticas existentes na crise que atravesamos en Galiza derivada da emerxencia sanitaria. A decisión da CIG de non participar no denominado «Diálogo Social en Galicia» responde a unha decisión soberana desta organización, tomada en uso da súa liberdade sindical, e non pode ter máis consecuencias que as inherentes a aquel proceso, do cal non se deriva que poida vostede vulnerar gravemente os nosos dereitos de participación institucional e dispensarnos un trato discriminatorio como represalia pola adopción de decisións sindicais lexítimas. Preocúpanos que neste camiño de exclusión á CIG, o seu Goberno tamén teña amosado un absoluto desprezo polas institucións públicas galegas, acordando a creación dun "comité de expertos" para deseñar unha saída á crise, cando xa existen institucións galegas coas funcións legalmente estabelecidas como organismos consultivos, como son o Consello Económico e Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), e no que participan axentes socioeconómicos, organizacións sindicais e entidades da sociedade civil de acordo a súa representatividade. Dada a gravidade tanto dos feitos expostos como das consecuencias que deles poden derivarse, reiteramos a nosa solicitude de que cesen nestas actuacións, e procedan a nos convocar a unha reunión, na data e hora da súa conveniencia. Agardando a súa resposta, reciba un saúdo. |
NOS_28197 | O euro é unha das maiores expresións do chamado proceso de construción europea, e converteuse nun dos principais instrumentos para impoñer o neoliberalismo no continente. Tres lustros despois de que substituíse as moedas estatais, repasamos as súas orixes e analizamos o seu impacto económico. | O1 de xaneiro de 2002 entraba en circulación o euro, a moeda única adoptada pola Unión Económica e Monetaria (UEM). Tres anos antes xa comezara a operar a nivel contábel e a se negociar nos mercados de divisas. Há quince anos, 300 millóns de persoas de 12 Estados membros da UE (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, o Estado español, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal) abandonaban as súas divisas propias para adoptaren a moeda única, renunciando á soberanía monetaria e poñendo, xa que logo, unha parte moi importante da súa política económica ao ditado do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e, singularmente, do Banco Central Europeo (BCE). Na actualidade son 19 países que representan unha poboación de 338 millóns.Tres lustros despois da súa posta en circulación, o "soño" da moeda europea tornouse en grande medida nun pesadelo con consecuencias negativas nas economías do sur do continente. A reportaxe ao completo, no nº229 do Sermos Galiza, xa na nosa loxa. |
NOS_18379 | O paro aumentou en 3,36% entre xaneiro e marzo, o duplo que a media española. | E Enquisa de Poboación Activa (EPA) do 1º trimestre de 2019 rexistra un aumento de 5.000 persoas no desemprego a respecto do trimestre anterior. Un incremento de 3,36%, porcentaxe superior á media estatal, onde o aumento de persoas no paro foi de 1,51%. Nestes tres meses destruíronse 7.900 empregos. Mellores rexistros dá se a comparativa é a respecto do primeiro trimestre de 2018. Neste período a cifra de persoas no paro descendeu en máis de 32.000 persoas (-17%), mellor resultado que a media española. En canto á poboación ocupada, en Galiza sitúase en 1.080.200 persoas. Son 7.900 menos que a inicios de ano. Os fogares galegos nos que todos os seus membros activos están en paro aumentaron en 800 e xa son 55.000, segundo os datos da EPA. |
NOS_19644 | Atrás quedarían nomes propostos polo celtismo como Keltoi ou A Roda, autores do himno actual. | Xa é oficial... ou case. O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, confirmou esta segunda feira nunha entrevista concedida ao xornal Marca que o cantante madrileño Antón Álvarez, coñecido artisticamente como C. Tangana, será o encargado de pór letra e música ao himno do centenario. Preguntado polas "sorpresas" que o clube prepara de cara a esa data tan sinalada —o 23 de agosto de 2023—, Mouriño deuno por feito: "Alén do himno de C. Tangana montamos unha comisión para ver que quere facer a afección". Referíase á canle de comunicación que o Celta activou a comezos deste ano e na que moitos e moitas seareiras celestes subliñaron nomes como A Roda —autor do himno actual— ou Keltoi —grupo vigués que deu letra a outros himnos populares como 1923 ou Unhas cores, un sentimento—. Tamén se propuxeron como autores da nova canción celtistas declarados como Siniestro Total —que este sábado se despediu dos escenarios de forma definitiva— ou Evaristo Páramos, vocalista de La Polla Records. C. Tangana publicara o pasado ano un vídeo nas súas redes sociais no que falaba da "ilusión" que lle faría escribir a letra do novo himno. Porén, após este anuncio —que a pesar de saír de boca de Mouriño aínda non ten confirmación oficial por parte do clube— deixa no ar unha pregunta que inquieta o celtismo: será o himno en galego? O Celta vén advertindo nas últimas datas que quere que a nova canción corra a conta dun ou dunha artista "con proxección internacional", como sería o caso de C. Tangana, e, malia que cómpre esperar que a letra sexa en lingua galega, falta confirmar esta cuestión. |
NOS_45969 | Xunto con Javier Oleiros e Javier Sánchez de Dios. | O intelectual e político nacionalista Camilo Nogueira, o chef Javier Oleiros e o xornalista Javier Sánchez de Dios serán galardoados coa Medalla Castelao 2022 este 28 de xuño. Ademais, súmanse o club de fútbol sala Pescados Rubén, nomeado mellor equipo do mundo e campión de Europa; así como a coral coruñesa O Eco, fundada por Pascual Veiga. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a traxectoria de todas as persoas e entidades premiadas. Unha vida dedicada ao nacionalismo galego Camilo Nogueira Román, nado en Lavadores o 22 de novembro de 1936 e fillo do escultor Camilo Nogueira Martínez, estudou na Escola Industrial de Vigo antes pasar polas escolas de Enxañeiros Indusriais de Bilbo e Madrid. "Galiza demostra até que punto o Estado está construído de forma imperfecta" Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), da que pasou posteriormente á fábrica de Citröen en Vigo, onde comezou a traballar en 1964. Oito anos despois, en 1972, participou de forma activa nas folgas obreiras da Galiza, polas que acabou en prisión. A nivel político, Nogueira formou parte de Galiza Socialista, que se acabaría fusionando coa Unión do Povo Galego (UPG) en 1971. Tamén participou na fundación da Asemblea Nacional Popular Galega, impulsada pola UPG, e no Bloque Nacionalista Galego, do que foi eurodiputado entre 1999 e 2004. Homenaxe a Camilo Nogueira Previamente foi deputado no Parlamento galego con Esquerda Galega (EG), formación que liderou e que acabaría fusionándose primeiro co Partido Socialista Galego (PSG) e posteriormente co BNG. En total, Nogueira ocupou escano na Cámara galega de 1981 a 1993, e posteriormente (xa no Bloque) entre 1997 e 1999, antes de marchar a Bruxelas. Ademais do seu traballo político como deputado, Camilo Nogueira está considerado como un dos pais ideolóxicos do nacionalismo galego, e é autor de numerosas teses e ensaios sobre o tema. |
NOS_38514 | Cerimonia polo segundo cabodano do ex xeneral. | O presidente do Irán, Ibrahim Raisi, advertiu esta segunda feira que a umma (a comunidade musulmá mundial) fará a xustiza polas propias mans se o ex presidente dos EUA Donald Trump non é xulgado polo asasinato do xeneral Qassem Soleimani, de cuxa morte se fixeron onte dous anos. "Trump, [o ex secretario de Estado] Pompeo e os seus cómplices deben ser xulgados polo crime do asasinato do xeneral Qassem Soleimani", manifestou Raisi na cerimonia en memoria do ex militar, desenvolvida na mesquita Mosala de Teherán. Miles de persoas participaron no acto, retransmitido pola TV estatal, para conmemorar a morte do ex xeneral da Forza Quds dos Gardiáns da Revolución iraniana nun bombardeo con dron estadounidense o 3 de xaneiro de 2020, perto do aeroporto de Bagdad, no Iraq. Trump ordenou a morte de Soleimani afirmando que o xeneral preparaba un ataque "inminente" contra o persoal estadounidense na capital iraquí. Como resposta ao asasinato, o Goberno do Irán lanzou varios mísiles contra as bases iraquís que albergaban soldados dos EUA. Nos últimos días cidades como Teherán enchéronse de carteis homenaxeando o ex militar, segundo os medios locais. Negociación nuclear O líder supremo do Irán, Ali Khamenei, reafirmou as palabras de Raisi. "Os asasinos do mártir Soleimani como Trump pagarán polo seu crime", escribiu en Twitter. "O mártir Soleimani é máis perigoso para os seus inimigos que o xeneral Soleimani", engadiu a principal figura da república islámica. O cabodano do militar iraniano chega no medio das conversas en Viena para rescatar o acordo nuclear de 2015 entre o Irán e Alemaña, Francia, o Reino Unido, a China, Rusia, e os EUA de forma indirecta. Hoxe retomaranse os contactos tras o parón polas festas do Nadal. O acordo nuclear limitaba o programa nuclear iraniano a cambio do levantamento das sancións estadounidenses, mais Washington abandonouno en 2018 e impuxo nova medidas punitivas contra o Irán. Como resposta, Teherán comezou a incumprir os límites impostos ao seu programa atómico. Trump, con Orbán Foi con Trump na Casa Branca que EUA abandonou o acordo nuclear. Un Trump que onte entrou en campaña electoral en Hungría. A través dun comunicado publicado na web da súa plataforma política Save America, deu o seu apoio para a reelección ao primeiro ministro de Hungría, o ultradereitista Viktor Orbán, e cualificouno de "líder forte" e "respectado". |
PRAZA_18522 | Euskal Herria, inicialmente Biscaia, encetou un intenso proceso de industrialización na segunda metade do século XIX, converténdose, polo tanto, nun importante foco de atracción de poboación. Na historia da inmigración galega no País Vasco podemos distinguir catro etapas. | Euskal Herria, inicialmente Biscaia, encetou un intenso proceso de industrialización na segunda metade do século XIX, converténdose, polo tanto, nun importante foco de atracción de poboación. Necesitaba abundante man de obra, sobre todo, na explotación mineira e nas fundicións, que procedería, nun principio dos territorios circundantes, e máis tarde de zonas máis alonxadas. Na historia da inmigración galega no País Vasco podemos distinguir catro etapas. A primeira vaga de galegos, que enfeitizaron o ar vasco co seu melódico acento característico e a súa maleta mental cargada de saudade, produciuse a finais do século XIX e comezos do XX. Proviñan fundamentalmente do interior do país fisterral, das provincias de A Coruña e Lugo, de lugares situadas nas inmediacións del ferrocarril, o principal medio de transporte naquel tempo. Tiñan unha cualificación media e baixa: carpinteiros, ferreiros, albaneis, peóns, un nivel cultural semellante e unha conciencia social e política tímida e resignada, que non proía un xebre impulso reivindicativo. Localizáronse na marxe esquerda da Ría de Bilbao e traballaron arreo nas minas, nas fábricase na construción. A súa tendencia ao asociacionismo, así acontecera en Cuba, Arxentina ou Uruguai, induciulles a fundar Casas ou Centros Galegos, que funcionaban como entidades de mutualismo e socorro benéfico, ademais de cumprir a relevante faceta de sociabilidade de cara aos compatriotas e de agarimo fronte aos estraños. Deste xeito xurdiu o primeiro Centro Galego en Barakaldo, creado en 1901, o primeiro de Europa e do Estado español e o segundo do mundo. A seguinte onda masiva tivo lugar arredor dos anos 1920-30 e a súa procedencia e asentamento foron ben distintos. Proviñan de pobos moi concretos da costa galega: Santa Uxía de Ribeira, Corme, Corrubedo, Porto do Son, Poio e o seu lugar de pousada foi Pasaia. Crearon un barrio, Trintxerpe, coñecido como a quinta provincia galega, citada por Castelao na súa famosa obra "Sempre en Galiza", verdadeira biblia do galeguismo. Posuían unhas características moi definidas. Eran mariñeiros e pescadores, domiciliáronse tamén na costa vasca e chegaron moitos deles co dunha folga dos autóctonos, polo que foron tachados de esquirois. Forneceron de man de obra, sobre todo aos bacallaeiros da PYSBE, unha potente empresa pesqueira, fundada por esas datas. Predominaba entre eles a ideoloxía político-social de signo anarquista. As súas relacións cos sindicatos e grupos nacionalistas foi conflitiva até a Guerra Civil do 36, principalmente durante a II República, con enfrontamentos sanguentos coas forzas de orden e numerosas folgas. Durante a Guerra Civil tiveron un notorio protagonismo na defensa de Donostia fronte aos militares, na toma dos cuarteis de Loiola, a carón de San Sebastián, na defensa de Irún e na fronte de Oiartzun. Integráronse nos diferentes batallóns do Euzko Gudarostea ou exército vasco, como o Bakunin, Larrañaga e outros e crearon un específico para loitar en Biscaia, o "Batallón Celta de Milicias Antifascistas Gallegas", con uns 500 compoñentes e con sede no Colexio dos Salesianos de Barakaldo. As tensións e actuacións reivindicativas neste período foron ben estudadas por Barruso Barés na súa tese de doutoramento e polos historiadores Dionisio Pereira e Serxio Balchada. Dous nenos de Corme, os irmáns Mantiñán, Franciso e Carme, morreron a causa do bombardeo de Gernika e unha nena de Poboa do Caramiñal, Mari Carme Sanlés Fontán, por mor doutro bombardeo en Santurtzi, na primavera de 1937. A terceira onda inmigratoria acudiu a regar co seu suor as terras éuscaras con motivo da segunda industrialización dos anos 1950-1970. Estaba dotada de un gran policromatismo tanto na procedencia como no asentamento. Proviñan de moi diversos lugares de Galicia e radicáronse en distintas bisbarras vascas: vales do interior guipuscoano, zonas costeiras, Vitoria-Gasteiz e áreas industriais de Biscaia, Álava, Iruñea-Pamplona etc.. Nesta época configurouse o mapa definitivo, polo de agora, da inmigración galega en Euskal Herria e da la rede de Centros, Casas e Asociacións. As actualmente existentes localízanse, coa data de fundación, en: Barakaldo (1901), Bilbao (1926), Donostia (1931), Iruñea-Pamplona (1951), Sestao (1952), Vitoria-Gasteiz (1955), Ondarroa (1968), Ermua (1968), Laudio (1969). Zarauz (1978) Eibar (1984), Pasaia (Fato cultural Daniel Castelao, 1977) e a Asociación Galizaleak, de recente creación, en Bilbao. Xeralmente, agás moi poucas excepcións, a inmigración galega era de media e baixa cualificación. Non suscitou destacados problemas de rexeitamento, de conflitividade e de adaptación, salvo o caso temporal xa citado de Trintxerpe, e acostuma a catalogarse polos sociólogos de "inmigración amable", termo acuñado polo xa finado Ruiz Olabuénaga. A cantidade máxima de inmigrantes galegos situouse cara 1970, nuns 75.000 galegos, que se foi reducindo paulatinamente deica acadar os case 42.000 actuais, aínda que o galego é probablemente o terceiro idioma máis falado en Euskadi Sur. A galega é unha comunidade razoablemente integrada, os de segunda e terceira xeración xa en plenitude, e incluso podería denominarse "criollismo" a imbricación existente nalgunhas bisbarras de Esukadi, en frase do antropólogo Iñaki Homobono. As vinculacións e excelentes relaciones entre vascos e galegos frutificaron na erección de monumentos materiais e inmateriais a personalidades e referentes simbólicos que embelecen o xa de por si luxurioso verdor do manto vasco: placa e rúa a Castelao en Trintxerpe (Pasaia), monumentos ao mesmo en Intxaurrondo (Donostia), Eibar e Barakaldo; a Rosalía de Castro en Barakaldo, ao poeta Manuel María en Laudio; placas aos poetas Gabriel Aresti e Ramón Cabanillas (Barakaldo); placa a Concha Murguía, sogra de Rosalía de Castro e nai de Manuel M. Murguía, en Oiartzun; cruceiros no monte Arraitz, Intxaurrondo e Laudio; celebración del Día de Galiza en Euskadi, homenaxes a Concha Murguía en Oiartzun etc. A coarta onda, a destes últimos anos, é sensiblemente menos numerosa e con conta gotas, con alta avaliación profesional e tamén elevado nivel de integración, como o demostra a importante porcentaxe da aprendizaxe e uso da lingua éuscara. A asociación Galizaleak podería ser un perfecto e extensible exemplo dos trazos máis significativos desta inmigración. Para unha panorámica desapaixonada, denunciadora, non folclórica e realista, integradora, con afán de pasarela intercultural e con doses de lirismo, é recomendable a visión do documental titulado "Sitio Distinto", de Davide Cabaleiro, emigrante de esta última xeración. Froito dun intenso e un ardua labor de investigación conseguiu reconstruír a epopea da inmigración galega en Euskal Herria. Con logros técnicos de fermosa feitura, unha gran variedade lingüística, ideolóxica e social, dende una perspectiva dual, pero non antagónica, senón complementaria e integradora, buscando pontes entre emigrante e receptor, acadou imprimir ao seu traballo o sello dun principio paradigmático: "O emigrante ten o dereito á diferencia, pero tamén o deber da semellanza". Moi ben expresa este axioma nun curto poema o grande bertsolari, Xabier Amuritza: "Galizan sustraiak Adarrak Euskadin zuhaitz bikainagorik ez ziteken egin" /"En Galiza as raíces, as pólas en Euskadi; árbore mellor non pode medrar") Un extraordinario poeta vasco, Gabriel Aresti, xebre amigo dos inmigrantes galegos e doutro grande da literatura galega, Manuel María, remitiulle a este en 1970 unhas coplas en defensa dos obreiros galegos de Biscaia. É saudable reler e reflexionar encol das ideas que destila este poema nun mundo onde se rexeita a diferencia, abonda a inhumanidade, déixanse morrer persoas no Mare Nostrum e de miseria no Terceiro Mundo. I Otra vez a la boca, castellana la palabra me llevo, para hablarte, pueblo gallego, y para darte de esta vez (¿la ves?) mi pobre tierra llana. Cuídala con esmero, como hermana mancillada en su honor, violada en arte de meretriz impuesta; para honrarte mírala bien. Que si mañana has de volver a tu Galicia amada, al "chan" feliz que alguna vez soñaste, a tu patria feliz jamás soñada, no te pueda decir avergonzada: "en deshonor la tierra vasca hollaste; en deshonor también me hallaste hollada" II A menudo los veo, como encinas desarraigadas de su "terra-nai". ¿A quién habrá más de parecerse un haya errabunda del valle a las colinas? Dime mi pueblo vasco, ¿tú que opinas? Náufragos son en forastera playa. ¿Tal vez hogar le ofreció Vizcaya, por esos altos hornos, hondas minas? Ánades o cigüeñas son de paso, no la hostiguéis al ave de ancho vuelo, al ave de ancha pluma y ancho cielo. Vendrán. ¿Se irán? ¿Se quedarán acaso? No les neguéis un ápice de suelo para tejer su nido en ningún caso. III Mientras exista el pueblo habrá esperanza. !Oh! Pueblo noble, obreros, campesinos Poetas no, profetas, adivinos te queremos fortuna y bienandanza. Ola gigante son, que avanza, avanza, Subido en ella, tú conmigo dinos, Manuel María en versos dignos, finos, cómo por ellos romperás tu lanza. Abiertos a la espuma vela y remos, por la paz de los pueblos, canta, escribe la fe infalible que los dos creemos. Este par de poetas muere y vive, Gabriel Aresti en el alfoz de Uribe, y allá, Manuel María, en Val de Lemos. Manuel María contestoulle en versos a xeito de cantiga medieval, pero a colaboración faise moi alongada e deixarémolos para outra ocasión. Publicidade |
PRAZA_5474 | Salvemos Cabana denuncia os "insuficientes" datos achegados pola Xunta e reclama os resultados das analíticas feitas na antiga mina, logo de que a Administración lle confirmase a toxicidade das augas de cando menos unha das balsas. | A Xunta segue sen aclarar os resultados das analíticas levadas a cabo no Monte Neme, logo de que lle confirmase ao colectivo Salvemos Cabana a toxicidade das augas e os altos niveis de aluminio na balsa que rebentou o pasado mes de febreiro e que causou un desastre "sen precedentes" nas localidades de Razo da Costa (Carballo) e Aviño (Malpica de Bergantiños) ao orixinar unha vertedura de máis de 24.000 metros cúbicos de auga. Salvemos Cabana pide datos concretos das analíticas no Monte Neme e considera "insuficiente" a información recibida Por iso, Salvemos Cabana considera "lamentable" a xestión pública feita até o momento e xa enviou unha solicitude formal á Consellería de Sanidade para acceder por escrito aos datos concretos das analíticas obtidas por Augas de Galicia, ademais de enviar un informe a este mesmo organismo coa localización por GPS de cada un dos puntos conflitivos no ámbito da antiga explotación mineira para que se proceda ao seu estudo e control de riscos. Segundo aclara a entidade en defensa do medio ambiente, a Xunta tan só realizou controis en dúas das seis balsas do complexo mineiro: onde rompeu unha delas e causou o accidente e na área de vertedura doutra das balsas. Nestas análises confirmaríase a presenza de elevados niveis de aluminio na balsa que rebentou -aínda que sen coñecerse datos concretos- e de baixo niveis de pH, o que indicaría que as augas seguen a ter elevada acidez. Os datos confirmarían o elevado nivel de aluminio na balsa que rebentou o pasado mes de febreiro Non obstante, a información ofrecida pola Consellería, segundo Salvemos Cabana, "foi claramente insuficiente tante por vía oral como por vía escrita e pode inducir a erro". Ante isto, insiste en acceder aos datos concretos das análises e en coñecer as actuacións levadas a cabo para protexer a saúde da poboación potencialmente afectada, "e máis alá dos controis que habitualmente se efectúan nas augas procedentes de depuración". Tamén reclama que se controlen en analicen as outras balsas mineiras e que a Xunta aclare como vai realizar a drenaxe destas tendo en conta que proxecto de clausura do Monte Neme "é claramente incompleto ao centrar a maior parte dos recursos no maior oco da explotación", deixando á marxe a outras zonas procedentes da antiga explotación metalífera, ás que se considera como "restauradas" pero que "presentan un máis que evidente estado de degradación". O colectivo considera "alarmantes" oas altos niveis de aluminio e advirte dos riscos que supoñen para a saúde Salvemos Cabana considera "alarmante" que se detectasen altos niveis de aluminio nas medicións realizadas no Monte Neme, xa que "decenas de estudos médicos a nivel internacional demostran de xeito taxativo que este elemento, de carácter bioacumulable, ten a capacidade de alterar determinadas funcións metabólicas nos seres vivos e actúa como un potente neurotóxico, constituíndo un factor de risco para enfermidades neurodexenerativas". Así, reclama que estes datos "non sexan tomados á lixeira", xa que supoñen "un grave problema de saúde pública". |
NOS_10547 | Familiares das vítimas comparecerán na Eurocámara, a petición do BNG, para trasladar as súas demandas. | As familias das vítimas do naufraxio do barco pesqueiro Vila de Pitanxo, afundido en augas de Terranova o pasado mes de febreiro, comparecerán o vindeiro 25 de outubro no Parlamento europeo a proposta do BNG. Así, segundo vén de saber Nós Diario, a eurodeputada Ana Miranda solicitouno na comisión de Peticións e todos os grupos parlamentarios apoiárono por unanimidade. Miranda xa adiantara esta cuestión na entrevista concedida a este xornal nesta quinta feira: "Nós, como parte do grupo Verdes-ALE, o cuarto da Eurocámara, votaremos a favor e instaremos a facer unha investigación. Ese será o primeiro paso". Ana Miranda, eurodeputada do BNG: "Nós non vimos defender os intereses dos 'lobbies', senón os das persoas" Reunión co Papa Esta mesma cuarta feira unha delegación de representantes das familias afectadas polo naufraxio desprazouse até a Cidade do Vaticano para reunirse co Papa Francisco I, un encontro breve que, porén, cualificaron de "positivo". "Dixémoslle que queremos que se estude [o accidente] para evitar que volva suceder, que fixese seu ese obxectivo", apuntou a portavoz das familias, María José de Pazo. O Goberno español deseñará unha maqueta do 'Vila de Pitanxo' para investigar o naufraxio mentres segue sen baixar ao pecio As vítimas seguen a exixir ao Goberno estatal que baixe ao pecio e non se conforman co anuncio do Executivo de reconstruír o barco nunha maqueta para investigar o sucedido: "Por que se fai unha maqueta e non se baixa ao pecio para gravar e concluír tamén o que se di que se vai facer con esta maqueta?", cuestionou De Pazo. |
NOS_55741 | Algo tan sinxelo como unha análise de sangue permitirá no futuro próximo que as oncólogas e oncólogos poidan saber que tipo de tumor teñen que tratar. É o que se coñece como biopsia líquida e Galiza, da man dun grupo de investigación, é pioneira nesta proba. Falamos co seu responsábel no Sermos Galiza 239. Eis un extracto da reportaxe. | Unha revolución que será realidade nun prazo de entre cinco e dez anos. A biopsia líquida, en fase de experimentación, permitirá coñecer toda a información xenética dos tumores cunha análise de sangue. Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), dirixe unha investigación pioneira do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) que ten como fin poder chegar a comprender os tumores en toda a súa complexidade e poder ofrecerlles ás e aos pacientes un tratamento á carta e efectivo. E é que, a través do estudo do sangue, pódese chegar a recoller o material que liberan todas as células que forman parte do tumor. Apenas existen laboratorios especializados en biopsia líquida no Estado e a Unidade de Análise de Biopsia Líquida de Oncomet, da que é responsábel Laura Muinelo, é unha referencia e eríxese como pioneira ao incorporar a tecnoloxía e os coñecementos necesarios para a proba. Cada ano, a unidade examina de media unhas 400 mostras enviadas desde hospitais e centros de investigacións de todo o Estado. "Son técnicas novas que pretenden, a través dunha simple análise de sangue, estudar o tumor da forma máis profunda, a nivel molecular, para poder combatelo", explica Rafael López en declaracións a Sermos Galiza. "Trátase dun cambio de concepto que camiña cara ao que chamamos medicina de precisión, unha medicina personalizada", engade. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 239, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_28936 | Mobilización do naval esta cuarta feira. | O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CCOO) cifrou "nuns 1.500" os traballadores das compañías auxiliares que deixaron o estaleiro debido á falta de carga de traballo, unha vez se completaron as tarefas que cada unha das compañías tiña encomendadas na construción do buque AOR para a Armada de Australia. Esta cuarta feira os empregados públicos e de auxiliares realizaron unha manifestación para reclamar carga de traballo. CIG, CCOO e UXT convocaron esta protesta para reclamar ao Goberno central e á Xunta solucións para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ante os medios de comunicación, García Juanatey detallou que a Armada de Australia chegou a un acordo con Navantia para que o segundo buque do tipo AOR, que se está finalizando en Ferrol, "permaneza aquí un mes máis". Así, zarpará, "probabelmente, a finais de maio, para poder facer traballos que se terían que facer en Australia, e que supón o poder prolongar unha semanas máis os traballos para uns 200 traballadores", detallou. No caso do estaleiro de Fene, dedicado agora ao ámbito das estruturas da eólica mariña, "vai haber moito traballo, co proxecto de Saint- Brieuc (Francia), o máis grande xamais realizado aquí", polo que "tamén hai posibilidades de futuro". |
NOS_44813 | Os datos de outubro facilitados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) apuntan un aumento dos concursos e disolucións. | Este mes de outubro rematou coa creación de 265 empresas na Galiza, o que supón 14 menos que en setembro e 29 menos que no mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados esta mesma cuarta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE). O máis sinalado deste informe está no aumento das disolucións de compañías e os concursos neste mesmo período temporal. Alén diso, o capital medio subscrito polas sociedades creadas en outubro foi de 27.515,11 euros. As comarcas da Coruña (cun 42,64%) e as de Pontevedra (39,62%) lideran a constitución de empresas como é habitual nos informes de meses anteriores. A máis distancia están as de Lugo (un 9,81%) e Ourense (un 7,92%). Case todas as novas compañías (262) decidiron adoptar a forma de Sociedade Limitada (SL), mentres que tan só houbo tres en todo o país que se constituíron noutro tipo. Un 26,8% correspóndense coa rama do comercio, seguida pola hostalaría (un 11,3%). Por outro lado, nas empresas constituídas a presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria (un 72% de membros). Mentres, un 70,6% das constituídas está formada por un único socio. Ademais, un total de 79 sociedades ampliaron capital social por un total de máis de 15 millóns de euros. Aumentan as disolucións e os feches Pola súa banda, en outubro de 2021 disolvéronse na Galiza 117 empresas, o que supón 37 máis que en setembro, así como 34 máis que no décimo mes de 2020. Ao mesmo tempo, 26 compañías reduciron capital, producíronse sete procedementos de fusión de sociedades e un de escisión. Por último, un total de 35 sociedades fecharon o mes afectadas por concurso de acredores, son 16 máis que hai un ano e 27 máis que o pasado mes de setembro. |
NOS_41159 | Esquerda Unida avoga nun comunicado feito público por evitar unha repetición das eleccións xerais e amósase a prol de que o grupo parlamentario do que forma parte, Unidas Podemos, acade un acordo programático co PSOE se a coalición non for posíbel. Aínda hai tempo de "poñer a cordura que se lle esixe á esquerda", afirman no comunicado. | A formación liderada por Alberto Garzón fixo público un comunicado esta sexta feira 26 de xullo, un día após Pedro Sánchez fracasar no segundo intento de investidura como presidente do goberno. Nel, Esquerda Unida toma posición e decántase por que o grupo parlamentario de Unidas Podemos (no que EU participa) alcance un acordo co PSOE ao redor dunhas bases programáticas fundamentadas no acordo dos orzamentos xerais do Estado de 2019, aínda que non sexa posíbel unha coalición de goberno, co obxectivo de "evitar unha nova repetición electoral". Avoga así a formación de esquerdas por facilitar un goberno do PSOE incluso no caso de que non exista un acordo para conformar un goberno de coalición con Unidas Podemos. O comunicado está asinado pola Comisión Colexiada de Esquerda Unida e salienta que "en momentos convulsos" deben prevalecer como única guía "a defensa dos intereses das familias traballadoras". "Fronte ao oportunismo dos partidos que defenden os intereses dunha minoría privilexiada, apostamos por unha esquerda firme, coherente e solvente á hora de defender a clase traballadora e os sectores populares", recalcan. Desde EU seguen apostando polo "diálogo, a negociación e o acordo" ao redor das propostas programáticas e consideran que aínda hai tempo de "poñer a cordura que se lle esixe á esquerda" ante contextos de crises e ameaza reaccionaria, afirman no texto que publicaron. "Neste empeño seguimos investindo os nosos recursos, as nosas enerxías e as nosas esperanzas: a cidadanía progresista non nos perdoaría o contrario", matizan. Rexeitan un escenario de repetición electoral No comunicado lembran ademais que coa investidura errada ábrese o escenario dunha repetición electoral que "só beneficiaría ás dereitas", e incide en que aínda se está a tempo de evitar ese "risco innecesario e inasumíbel por unha cidadanía que non necesita máis crispación, senón propostas". Neste sentido, sinalan que se finalmente hai eleccións en novembro, Sánchez porá en risco a posibilidade de recuperar os dereitos perdidos durante a última década e "brindará unha segunda oportunidade ás dereitas para facer no conxunto do Estado o que xa están a facer nalgunhas comunidades". |
NOS_9229 | Por volta de 120 delegados de Navantia concentráronse ante sede da Xunta. Denuncian o abandono do executivo galego ao sector. "Do tan cacarexado flotel, nin rastro" | Cun naval afogado, en Vigo pola devolución das axudas do tax-lease e en Ferrol pola falla de carga de traballo e incumprimento de promesas como dique flotante, Feijóo non sabe/non contesta. Só á prensa amiga. Mais non, por exemplo, aos traballadores do naval. Así o están a denunciar os 120 delegados de Navantia que se concentraron en Compostela fronte o edificio administrativo da Xunta. Hai dous meses pediran unha reunión ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Industria e aínda non recibiron resposta. "É unha vergoña", consideran os operarios. E o flotel? Aliás, do tan prometido flotel de Pemex que ía ser construído en Ferrol nada se sabe. O goberno galego xa non se atreve nin a vender propagando sobre o buque. Desde o comité de empresa lembran que o preacordo asinado no seu momento non está pechado, polo que non ten validez real. Hai uns días, varios medios sinalaban que o goberno mexicano non vai dar vía libre á construción do flotel en Ferrol mentres non teña garantías sobre esas contrapartidas por parte do Goberno español. E de que contrapartidas estariamos a falar? A este respecto, todo o que se apunta é que os mexicanos seguen pendentes de que o Executivo de Mariano Rajoy acceda a "misteriosas condicións políticas" relacionadas con oempresas españolas privadas con intereses en México que non se cumpriron. |
NOS_34185 | Pilar Cancela é a protagonista da entrevista política do Sermos249, xa nos pontos de venda habituais. Nesta conversa avalía o estado do partido após as primarias -aquí a palabra chave sería "ilusión"-, opina sobre a política de alianzas do PSdeG co resto de forzas progresistas do país e lida cunha pergunta arredor das súas opcións a liderar a formación socialdemócrata na Galiza. Eis un extracto da entrevista. | -Vaste postular como líder no congreso do PSdeG? É unha decisión que non teño tomado en absoluto. -Logo non o desbotas? -Eu non digo nen que si nen que non. É unha decisión que hai que tomar con carácter colectivo, non é unha decisión individual. Hai que pensar naquela persoa ou naquelas persoas... quen vai elixir vai ser a militancia... -Mais si é unha decisión individual de cada quen a de se apresentar ou non como candidata. -Si, mais é importante que haxa un respaldo colectivo. Os proxectos nunca son persoais, sempre teñen que buscar aquilo que xere máis consenso e iso de momento non está decidido. A decisión non está tomada. Hai que lle dar aínda un par de voltas. [A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos249, disponíbel xa na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]. |
NOS_52015 | CE Noia igualou a eliminatoria en territorio catalán. | A OK Liga de hóckey para patíns está que arde. O Deportivo Liceo disputa esta terza feira o quinto e decisivo partido das semifinais no Pazo de Riazor a partir das 20.30 horas da tarde ante o Club Esportiu Noia cun ollo posto no que aconteza no Palau Blaugrana de Barcelona (20.15 horas), onde o todopoderoso Barça e o Reus Deportiu buscan un posto na final desde o outro ladro do cadro. Cando todo parecía que a ruta ás semifinais sería un camiño de rosas logo de vencer nos dous primeiros partidos (6-5, 5-2), o Noia deu un golpe de efecto á eliminatoria gañando o terceiro choque por seis a cero, nun mal día dos de Juan Copa. Non menos doloroso foi o tropezo no cuarto partido (5-4), pois chegou a apenas uns segundos para o final. E iso que os , os verdibrancos saíron á pista con afán dominador e concentrados ao máximo, sacando proveito de todas as súas posesións e non deixando un segundo de calma ao porteiro rival, Blai Roca, a quen superou Jordi Adroher xa no minuto 5 tras materializar un gran roubo e pase de Di Benedetto. Moi pouco despois, o propio Mago dobrou a vantaxe tras aproveitar a directa froito dunha azul a Roc Pujadas. Non obstante, o Noia reaccionou e recortou distancias grazas a un tanto de Adrià Ballart no minuto 25, mais un gol de Àlex Rodríguez -que volveu aumentar a distancia-, unido ás paradas de Carles Grau, facía pensar que a eliminatoria quedaría sentenciada no Olímpic de l'Ateneu. O guión repetiuse alcanzado o ecuador do segundo tempo, esta vez con Aleix Esteller (2-3, minuto 34) e o propio Àlex rodríguez (2-4, minuto 35), momento no que, lamentabelmente, o encontro mudou radicalmente. Un penalti de Xavi Costa colocou o 3-4, Esteller empatou no 47 e, a poucos segundos para o final, Eloi Mitjans marcou o 5-4. |
NOS_27066 | A xornalista e poeta Ana Romaní (Noia, 1962) vén de ser distinguida co Premio Nacional de xornalismo cultural que outorga o Ministerio de Cultura. Directora do Diario Cultural da Radio Galega durante 28 anos, a emisora pública suprimiu o espazo na programación desta tempada, aínda que mantivo o nome con outro formato. | A decisión da CRTVG provocou unha enorme vaga de solidariedade e protesta no mundo cultural. O xurado do galardón, dotado con 20.000 euros, salientou a "longa traxectoria no xornalismo" de Romaní, "o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios". Tamén sinalou "a súa visión de feminismo crítico e o seu compromiso social". Ademais do seu labor xornalístico, Ana Romaní é a autora dunha importante obra poética con títulos como Das últimas mareas (1994), Arden (1998) ou Estremas (2010). |
QUEPASA_836 | Autor: ANDRÉS BARBAZÁN FERREIRO. Cronoloxía: 1973. | O 13 de outubro de 1973 inaugurouse, na entrada principal do IES Fernando Blanco, o monumento dedicado a lembrar a figura do filántropo ceense. Día da inauguración A iniciativa correu a cargo da Comisión Xestora Pro- Monumento a D. Fernando Blanco de Lema, presidida por D. Juan Sánchez García, e na cal participaron persoas dos distintos estamentos sociais e culturais de Cee e comarca. Esta Comisión Xestora fixo chegar ao Padroado da Fundación, nese momento formado por D. José Sánchez García (Alcalde de Cee), D. Antonino Castro García (Párroco de Cee) e D. José Luís Fernández Mosquera (Xuíz de Paz de Cee), a súa idea, a cal recibiu o visto bo por parte do citado Padroado. Citando textualmente as palabras de D. Juan Sánchez García, o motivo que os impulsou a levar adiante esta proposta foi "erixir a D. Fernando Blanco de Lema un monumento que, como mostra da súa obra transcendente, sexa o expoñente visible do agradecemento, cariño e respecto por un home que, elevándose da nada con tesón, soubo, no seu momento álxido, ofrecer xenerosamente ao seu pobo o cuantioso froito do seu traballo, facendo a esta vila depositaria e dona dun legado material e cultural que a honra e valora, non só a nivel comarcal, senón en todo o ámbito rexional". Despois dunha ardua selección de proxectos, con unánime coincidencia de criterios, resultou elixida a proposta do escultor de Negreira Andrés Barbazán Ferreiro, nado no 1926 e falecido en 2017, o cal tamén é autor do busto do poeta Francisco Añón no Concello de Outes, do monolito dedicado a Gonzalo López Abente na entrada de Muxía e do monumento a Domingo Antonio de Andrade no propio Concello de Cee. O conxunto monumental está constituído por un esvelto pedestal en forma de prisma cuadrangular engarzado a un tronco de cono invertido, con ampla base, sobre o que van colocadas dúas parellas de figuras alegóricas, esculpidas en granito gris. Sobre o pedestal, de corpo enteiro, a prócer figura de Fernando Blanco, en fundición de bronce, reprodución fiel do famoso cadro de Federico de Madrazo que colga das paredes do museo. Na parte inferior do monumento pode lerse unha placa coa inscrición: "A Don Fernando. Promotor do ensino. Eterna gratitude. Outubro 1973". Para levar adiante esta iniciativa e as obras de acondicionamento e reordenación da antiga entrada do Instituto, contouse con fondos logrados por pública subscrición e coa axuda incondicional dos organismos afectos: Concello de Cee, Obras Públicas e Ministerio de Educación e Ciencia. Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN Gramófono. Modelo Locomotora de Crampton. Telégrafo de Morse. Cámara escura fotográfica. Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). Óleo de Fernando Blanco de Lema. |
NOS_36878 | O líder da formación nacionalista asegura que "non é caudillo" e suxire a posibilidade de se ir afastando da primeira liña sempre que "non se traizoen os principios fundamentais". | O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, abriu a porta a rematar o que denominou como "epílogo", ou sexa, a súa última etapa na primeira liña da política galega, da que é referencia desde hai máis de catro décadas e á que volveu con forza -logo da súa etapa no BNG- á fronte de AGE. O voceiro de AGE amosouse favorñabel ás portavocías compartidas e en contra das "frontes de partidos" Beiras lanzou esa advertencia antes do comezo en Compostela da segunda asemblea de Anova (á que a organización chega moi dividida) e sempre baixo a condición de que a forza que creou non perda o que el considera "congruencia" cos "principios fundacionais". "O que será de min depende de Anova, nunca fun caudillo, é Anova quen ten que dicir o que espera de Beiras neste momento", afirmou o voceiro parlamentar de AGE, que tamén avisou que daría por "concluído o epílogo" se non respectan as que sinala como liñas vermellas. Por último, Beiras tamén renunciou á creación de "frontes de partidos" e pediu que Anova forme parte de "novos deseños", así como se amosou favorábel ás portavocías compartidas. |
PRAZA_3592 | Em cada uma das partes do Estado espanhol nas que houve algum dos reinos mais conhecidos, e nas que inteligentemente se quis engadir o melhor do próprio à versão da história oficial espanhola, por outra banda, muito política e tendenciosa, e pouco científica, instalou-se o museu de história do reino correspondente. Em todas menos na Galiza. Curioso, não é? | Há uns meses estive a visitar na cidade de Leão o Centro de Interpretação da História do Reino de Leão. Um museu, situado num edifício histórico do centro, interessante, mas que me produziu uma sensação desagradável, ao comprovar a sistemática anulação que nele se faz de todo o relativo à Galiza, e nomeadamente com o seu, sem dúvida, marcante passado. É uma consequência, com certeza, de não contarmos com um centro ou museu semelhante, que nos ajudasse a contrapor à historiografia dominante outra versão mais objetiva da nossa história e, além disso, poder divulgá-la com liberdade e força.Em Cangas de Onis existe a Aula do Reino das Astúrias. Em Pamplona criou-se há anos o Museu de Navarra. Num mosteiro perto de Jaca (Huesca) colocou-se o Centro de Interpretação do Reino de Aragão. Na cidade de Barcelona funciona com sucesso o Museu da História da Catalunha. Na antiga capital califal de Córdova e à beira do rio Guadalquivir encontra-se o Museu de Al-Ándalus, o período mais essencial e brilhante da história da Andaluzia. Pode-se afirmar, portanto, que em cada uma das partes do Estado espanhol nas que houve algum dos reinos mais conhecidos, e nas que inteligentemente se quis engadir o melhor do próprio à versão da história oficial espanhola, por outra banda, muito política e tendenciosa, e pouco científica, instalou-se o museu de história do reino correspondente. Em todas menos na Galiza. Curioso, não é? Essa ausência constitui um fato que demonstra de forma evidente uma grave deficiência das instituições galegas. Como se se quiser desde elas que nós, especialmente órfãos de estima para as nossas coisas, ignorássemos a nossa história. A propósito, uma história que não só foi a origem do que somos, senão também fundamento da aparição do Reino de Portugal e mesmo da configuração política e territorial posterior do Reino de Castela e de Espanha. Porque, como é bem sabido, "tinha a Galiza reis antes que Castela leis." Esse Reino da Galiza não é uma ficção, que estava bem claro nos mapas antigos, e como tal era reconhecido por outros povos que viviam em Europa. Esse Reino que com os suevos chegou a ser o primeiro em surgir no nosso continente. Eis as referências a ele, por exemplo, de Gregório de Tours, no século VI, na sua História dos Francos. Somos, sem dúvida, uma nacionalidade, quer dizer, uma nação cultural e histórica, ainda que às vezes isso se nos quisesse ocultar e negar. Tirarmos o véu do passado é um tarefa necessária e não só como galegos, senão como pessoas deste tempo. Porque o homem e a mulher contemporâneos costumam viver num reduzido presente, na omnipotência da imediatez. Nesta altura da pós-modernidade frequentemente desconhecem de onde vêm e para onde vão, e não dispõem de cadeias interpretativas da realidade social. As suas memórias pessoais, muito fracas, não incorporam a história da sociedade. E isso seria algo primordial para nos proteger do esquecimento, e recuperarmos e assumirmos a consciência da identidade e o orgulho como povo. Precisaríamos então conhecermos bem o noso passado, fazê-lo presente, para nos projetar da melhor maneira no futuro.Nesse desejável Museu do Reino da Galiza, de imprescindível criação, as distintas salas caracterizariam cada época e as suas figuras principais. Como antecedentes do Reino estaria uma sala dedicada aos povos celtas e à cultura castreja. Viria depois uma consagrada à romanização, à província romana da Gallaécia e a Prisciliano. E já como Reino, uma centrada nos suevos, com todos os seus reis, desde Hermerico até Andeca, e ao esplendor cultural e impulso civilizatório desses quase duzentos anos que durou. Manuel Murguia reconhecia esta parte da nossa história como fundamental para a conformação da identidade galega, mas ainda o ultrapassava nesta consideração o ferrolano Vicetto.Nas dependências a seguir entraria a época da formação do novo Reino, com Ordonho I, Ordonho II, Sancho Ordónhez, Ramiro II, Bermudo II, Afonso VI, Fernando II, Afonso VIII, a Rainha Berenguela, Raimundo de Borgonha, Dona Urraca, Pedro Froilaz e Gelmírez. Haveria também uma lembrança especial ao malfadado Rei Garcia e umas salas dedicadas à aparição da língua galega, depois chamada portuguesa, à literatura medieval, à arte românica e a Santiago e os caminhos.Criaria-se igualmente uma sala acerca das origens de Portugal e da posterior relação com a Galiza, com Vímara Peres e a fundação do Condado de Portucale, a independência, com o Rei Afonso Henriques, e a entrada na Galiza como rei de Fernando I de Portugal, e a sua relação com o galego Conde Andeiro.Outras salas teriam como conteúdos os da última parte da Idade Média, isto é, a história do Condado de Lemos, também de Joana de Castro e de Inês de Castro. Nelas estaria o Duque de Lancaster, Pardo de Cela, Pedro Madruga e as Revoltas Irmandinhas. Depois de tudo isso o Reino da Galiza, na prática, já estava acabado, no entanto ainda teria o seu final oficial em 1833, ano em que se fez a atual divisão do Estado em províncias. A cidade de Santiago de Compostela reune as condições ideais para a instalação deste museu, pela sua importância histórica, mas também pela existência do Panteão Real na sua Catedral. E no caso de não poder ser, outras cidades e vilas históricas relacionadas com todos esses feitos poderiam-se candidatar, como Mondonhedo, Lugo, Caldas de Reis, Ribadávia, Mondonhedo, A Corunha, Sárria, Betanços, Sobrado, Tui,... Há muitos edifícios municipais, autonómicos e privados sem uso, ou com uso deficiente, em cascos históricos, e alguns abandonados e a ponto de cair. Um Museu do Reino da Galiza -que nunca de "Galicia"-, já estável, permanente, seria ideal para visitas escolares e da população galega, além de para o conhecimento das pessoas viageiras que nos visitarem. Não se propõe uma veleidade ou um antojo, senão uma instituição indispensável para a cultura dos galegos e para a própria Galiza. Uma próxima mudança política, se calhar, facilitaria a sua criação. |
NOS_20008 | O noso crítico de cabeceira debulla esta sexta feira Carol, o filme de Todd Haynes baseado no extraordinario romance homónimo de Patricia Highstmith. | CAROL(Reino Unido-EUA 2015, 118 min.)Dirección: Todd HaynesGuión: Phyllis NagyFotografía: Edward Lachman Música: Carter BurwellElenco: Cate Blanchett, Rooney Mara, Sarah Paulson, Kyle Chandler, Jake Lacy, John Magaro, Cory Michael Smith, Kevin Crowley, Carrie Brownstein, Nik Pajic SINOPSEUnha dependenta duns grandes almacéns de Manhattan coñece unha muller elegante atrapada nun matrimonio infeliz. Xorde entre elas unha inesperada atracción mutua que cambiará as súas vidas por sempre. CRÍTICATodd Haynes retorna aos anos 50 para retratar os prexuízos sociais ante as relacións humanas "pouco frecuentes". Se en Lonxe do ceo (2002) falaba da relación extraconxugal que ten unha perfecta esposa e ama de casa branca cun xardineiro negro, a fin de retratar o racismo e a homosexualidade reprimida, en Carol céntrase no amor apaixonado entre dúas mulleres de diferente idade e clase social. Malia que Haynes soe firmar os seus propios guións aquí prefire deixar a tarefa nas experimentadas mans da escritora e dramaturga Phyllis Nagy. Adapta a controvertida obra homónima de Patricia Highsmith que, por mor do contido lesbiano do texto, tivo que firmar inicialmente con pseudónimo. Cate Blanchet (Blue Jasmine) encarna Carol, unha muller de clase alta que coñece Therese, unha moza asalariada con aire a Audrey Hepburn, interpretada por Rooney Mara (Her). Pouco a pouco van afianzando a profunda atracción mutua que senten a pesar das reticencias que topan na sociedade reprimida e aburguesada. Estes cuadriculados convencionalismos sociais, pero sobre todo un proceso de divorcio, poñen en perigo a relación. Mentres que Mara vai descubrindo quen é realmente, Carol terá que enfrontarse á difícil situación de elixir entre deixarse levar polo desexo e o deber de esposa e nai. Haynes retrata unha sociedade moralista e hipócrita que aplica de forma sistémica un ríxido control machista sobre calquera comportamento inadecuado ou inmoral da muller, deixándoa relegada ás tarefas do fogar e pouco máis. Comportamentos retrógrados que hoxe en día chaman poderosamente a atención... ou quizá non tanto? Estamos ante unha pequena xoia de amor íntimo e universal narrada cunha exquisita dirección Durante o visionado non se pode evitar comparala cunha versión clásica d'A vida de Adèle (2013, Abdellatif Kechiche): amor interxeracional, o descubrimento dun mesmo, o espertar da sexualidade, a obsesión e, inda que con menos detalle, un par de escenas sen tapuxos que poden chegar a escandalizar... Ou iso se desprende dalgunha risa frouxa e certos comentarios desafortunados ao acenderen as luces dun par de señoras que se meteron na sala pensando que "era unha película da súa época"... En fin, a homosexualidade está implícita en toda a filmografía de Haynes desde o seu debut con Poison (premiado en Sitges e Sundance) pasando por Velvet Goldmine, I'm not There ou a citada Lonxe do ceo. Carol tamén narra un amor homosexual si, pero é moito máis que iso. Estamos ante unha pequena xoia de amor íntimo e universal narrada cunha exquisita dirección. Aparte das soberbias interpretacións de Blanchet e Mara, que rozan a excelencia xa só coa mirada, destaca tamén unha coidada ambientación e vestiario, da man da oscarizada Sandy Powell (O Aviador, A raíña Victoria e Shakespeare enamorado); as belísimas texturas cromáticas do avezado ollo fotográfico de Edward Lachman; ou a delicada banda sonora de Carter Burwell que potencia o lirismo excelso do filme. Porén, quitando o Premio a Mellor Actriz en Cannes para Rooney Mara, chama a atención que Carol atesoura a dubidosa honra de acadar unha chea de nomeacións alá por onde pasa, mais sempre sen premio. Repetirá esta inercia na gala dos Óscar? ...ou tratarán de paliar o erro de non nomear a Mellor Película unha das mellores do ano? |
PRAZA_15305 | Despois de forzar a paralización da compra de 100 iPads cun custe de 200 mil euros, continuará esixindo que os deputados cobren os gastos reais que teñan nas súas viaxes e non a cantidade fixa que se lles paga ainda que vaian convidados. | A Mesa do Parlamento vasco anunciou este luns a suspensión da compra de cen iPads, cun orzamento inicial de 114.950 euros e un importe final de 220.000. A coalición viña denunciando que non habia unha "necesidade real" pois os deputados xa contan cun iPhone e un portátil, que na pasada lexislatura custaron máis ou menos 3.000 euros. Bildu criticaba que "a decisión da Mesa supón un desbalde de cartos públicos que nunca ten xustificación, pero menos ainda na actual coxuntura económica". "Queda claro que poñer freo a irresponsabilidades coma a das tabletas está nas mans da cidadanía" Os representantes de PNV, PSE e PP opuxéronse á proposta de paralización da compra e seguiron adiante. Daquela, EH Bildu anunciou que renunciaba aos seus iPads, e nas redes sociais se iniciou unha campaña nas redes sociais para denunciar o derroche. O venres o PSE sumouse á petición de suspensión da compra de tabletas e finalmente este luns a Mesa anunciou que recuaba na súa proposta. O deputado de Bildu Juanjo Agirrezabala, vicepresidente primeiro do Parlamento, destacou que a presión social obrigou a moverse a PNV, PSE e PP: "queda claro que poñer freo a irresponsabilidades coma a das tabletas está nas mans da cidadanía". Bildu continuará con outras propostas para evitar o malgasto de cartos públicos esixindo que os deputados cobren os gastos reais que teñan nas súas viaxes e non a cantidade fixa que se lles paga ainda que vaian convidados Pero Bildu non se contenta con isto e continuará con outras propostas para evitar o malgasto de cartos públicos esixindo que os deputados cobren os gastos reais que teñan nas súas viaxes e non a cantidade fixa que se lles paga ainda que vaian convidados. EH Bildu proporá na xuntanza deste martes da Mesa que se renove o regulamento de 1991 que fai que os parlamentarios cobren 117,43 euros por día nas súas viaxes fóra da comunidade autónoma e 162,86 euros na viaxes fóra de España, independentemente de se teñen ou non gastos que xustifiquen esa cantidade. O custe destas dietas foi o pasado ano de 127 mil euros. Bildu tamén proporá que o Parlamento acabe coa compra de entradas para a ópera de Bilbao, o Festival de Cine de Donostia e o Festival de Teatro de Vitoria-Gasteiz que despois se poñen a disposición dos parlamentarios, e denuncia que en 2012 o Parlamento destinou 30.000 euros para un convenio coa Asociación Bilbaina de Amigos de la Ópera, obtendo entradas a cambio. |
NOS_49414 | A sétima edición do Rexenera Fest de Carballo deu comezo nesta quinta feira onde seis artistas galegas, que realizarán cadanseu mural en diferentes edificios da localidade. Maite Parga, unha das responsábeis da organización, aposta polo artista Iván Floro, Van Vúu, como "un dos favoritos do público, mais aínda é moi cedo". | Volve o festival que enche de cor as paredes da localidade de Carballo, na comarca de Bergantiños. O Rexenera Fest comezaba nesta quinta feira coa instalación do artista arxentino Franco Fasoli, quen empezaba a marcar as pautas do seu complexo deseño nun edificio da rúa Miño carballesa. "O resto das artistas achegaranse á vila ao longo da fin de semana e xa o luns estarán todas traballando simultaneamente en cadansúa obra", indica a técnico de Turismo do Concello carballés, Maite Praga, en conversa con Nós Diario. Durante os primeiros dous días "semella que todo vai moi debagar, mais despois xa todo comeza a coller cor e a xente abráiase co proceso e as obras", salienta Praga. Ademais de poder ver en directo como as artistas realizan os seus murais, o concello tamén organiza unha serie de actividades paralelas para dinamizar a vila. Desde hoxe até o día 13 poderanse realizar visitas guiadas pola localidade, xogos de pistas para familias que, previa inscrición, poderanas recoller no Museo de Bergantiños e unha procura do tesouro, que terá lugar o día 12 ás 19 horas. "A día de hoxe temos inscritas a máis de 230 persoas para as visitas guiadas e só é o primeiro día", destaca a técnico de Turismo. Para aquelas persoas que non se poidan achegar á localidade, a organización tamén programou unha serie de entrevistas coas artistas a través do Instagram do festival que se poderán ver ao longo destes 10 días. Derrubando muros con pintura O Rexenera Fest está enmarcado dentro do proxecto municipal 'Derrubando muros con pintura' que busca "rexenerar o espazo urbano, crear un recurso turístico, entender o espazo público e exterior como algo de todas e para desfrute de todas, tentando crear así un museo ao aire libre, que na realidade de hoxe en día ten aínda máis razón de ser que cando comezamos hai oito anos con este proxecto", explica Maite Praga. Dentro deste proxecto, "comezouse a traballar con artistas locais, facendo pequenas intervencións nas paredes do núcleo urbano. Isto comezou a crecer e chegou un momento no que xa se demandaba un evento puntual ao longo do ano que chamase a atención do que aquí se estaba a facer, de aí nace o Rexenera Fest, acollendo ese espírito de rexenerar espazos urbanos da vida", conta a técnico de Turismo. Intriga pola artista máis popular Segundo sinala Praga, todos os anos hai unha artista que destaca entre o público. Para a edición deste ano, "malia que é moi cedo para dicilo", a técnico de Turismo salienta o traballo do catalán Iván Floro, tamén coñecido como Van Vúu, "o figurativo sempre funciona moi ben entre o público", argumenta. Este rapaz de 28 anos destaca polo seu estilo e formación pictórica máis clásica que as xeracións anteriores. Estes días estará traballando na Avenida da Milagrosa. Dentro da representación de artistas do Estado español, tamén participa a zaragozana Harsa cunha obra moi vinculada a ilustración contemporánea con referencias á cultura popular e a ilustración do anos 50 e 60. O seu mural realizarase na rúa Camelias. "A súa proposta para este evento está moi ligada á Costa da Morte dentro do seu estilo", desvela Praga. Desde o territorio andaluz, Ana Langerheldt, máis coñecida como Lahe178, achégase a Carballo, en concreto á rúa Río Mandeo, para realizar a súa peza. O seu é un estilo onírico e barroco que enfronta a tradición co contemporáneo. "A súa proposta para o festival é, na miña opinión, a máis doce de todas", comenta Praga. A última artista en representación estatal é Marta Lapeña, nada en Soria, mais afincada en Madrid, cuxa obra sitúase entre "a pintura e o muralismo, as veces materializada en proxectos específicos e outras en propostas máis experimentais, influenciada por temas sociais que a preocupan", cualifican desde a organización do festival. A artista intervirá na rúa da Fábrica de Carballo. No que respecta á representación artística galega do festival, estará a cargo de Mou, cofundador, xunto a Sokram, do estudio Mutante Creativo e ambos membros do grupo de rap galego Dios ke Te Crew. As súas obras "reflexionan sobre a fraxilidade do equilibrio entre o crecemento colectivo e a individualidade, entre a presunta tradición e o presunto progreso", definen desde a organización. O seu estilo baséase nunha paleta de coros reducida e desaturada. "Mou ven cunha proposta que vai chamar a atención a xente", conclúe a técnico de Turismo de Carballo, Maite Praga. |
PRAZA_8989 | Pascual Serrano vén de publicar o libro Periodismo canalla e sinala que "pretenden facernos crer que hai unha crise nos medios, pero eu trato de demostrar que non, que a crise está nun modelo polo cal pretenden facerse ricos". | En 1964 a cidade de Valencia viu nacer un xornalista dos que nadan a contra corrente e que deciden correr co vento de fronte no canto de a favor. Pascual Serrano é un home convencido de que o único modo de derrubar unha casa en ruínas e construír unha nova é cambiar os alicerces. E se a casa é a propia, é posible que haxa que tirar pedras contra o propio tellado. Serrano é un xornalista crítico cos medios de comunicación. Así o reflicte no seu último libro Periodismo Canalla, no que repasa a situación do sector e sinala que a crise non é tanto dos xornalistas coma dos medios de comunicación. Que entende vostede por Periodismo canalla? Periodismo Canalla pretende referirse a todas as circunstancias que hai ao redor do xornalismo que favorecen converter o resultado en algo precisamente canalla. No propio subtítulo do libro queda claro que o que converte o xornalismo en algo canalla non é outra cousa que as empresas de comunicación. Que é o que se fai mal desde os medios? Noutros libros tentei explicar os métodos de traballo, algúns ideolóxicos e outros estruturais, cos que se desinformaba, pero neste libro non trato tanto que é o que fan mal os xornalistas, senón qué miseria rodea os medios de comunicación, a economía de mercado, os directivos... é dicir, trato de explicar como, segundo a miña opinión, o principal inimigo do xornalismo e da información son as empresas de comunicación. "Quérese ser espectacular, frívolo e morboso, e todo isto impide un contexto adecuado para explicar o mundo" Fala de que máis que informar, se desinforma. Esa desinformación a que se debe? Débese a dúas razóns: a primeira, a do formato que non permite informar, pola brevidade, pola inmediatez, pola necesidade de ser o primeiro en contar a noticia. Quérese ser espectacular, frívolo e morboso, e todo isto impide un contexto adecuado para explicar o mundo. En segundo lugar, están os motivos ideolóxicos, claro, a liña editorial de cada xornal que polo seu posto nunca vai en contra da fonte dos seus ingresos. "Xa non son rendibles os grandes medios de comunicación, o capital é meramente especulativo e aos accionistas xa non lles interesan os medios e aos anunciantes tampouco" E que é o que manda entón? A publicidade? Até agora mandaba primeiro o capital, é dicir, quen eran os donos das empresas de comunicación. Despois obviamente os anunciantes. Que é o que sucede agora? Que as dúas cousas están ao pairo. Xa non son rendibles os grandes medios de comunicación, o capital é meramente especulativo e aos accionistas xa non lles interesan os medios e aos anunciantes tampouco. Pretenden facernos crer que hai unha crise nos medios, pero eu trato de demostrar que non, que a crise está nun modelo polo cal pretenden facerse ricos. E os grupos políticos? Tamén marcan a folla de ruta dos medios? Os políticos hai moito tempo que non pintan tanto. Hai xa moito tempo que son os mercados os que marcan a política e os medios. Sempre son os mercados, ben mediante os seus accionistas ou por vía dos seus acredores. En España, aínda que aparentemente os bancos non sexan donos dos medios de comunicación, realmente si están detrás dos fíos, porque aquí todos deben moito diñeiro aos bancos. "O seu negocio está a afundirse e como alternativa son moitos os xornalistas que saen destes grandes medios para xuntarse, montar unha cooperativa e alóxanse por exemplo nun portal en internet ou nunha publicación periódica escrita" Pero pode existir outro modelo de prensa que non teña que depender dos ingresos publicitarios nestes tempos que corren? Agora mesmo mellor que noutros tempos. Ás probas remítome, hai unha chea de proxectos novos que están a xurdir como alternativas aos grandes medios de comunicación. Os investidores necesitarían unha gran cantidade de diñeiro proveniente da publicidade para seguir facendo o seu negocio. Isto agora non pasa, o seu negocio está a afundirse e como alternativa son moitos os xornalistas que saen destes grandes medios para xuntarse, montar unha cooperativa e alóxanse por exemplo nun portal en internet ou nunha publicación periódica escrita. Paradoxalmente, o peche de Público foi o detonante para que xurdisen moitísimos experimentos xornalísticos que aínda que non todos funcionarán, creo que agora é máis viable crear un proxecto que dea para comer a dez xornalistas, que non un que sexa rendible para os accionistas da bolsa. Hai pouco, coñecidos medios internacionais acusaban a prensa española de ocultar deliberadamente a situación critica do país. De enganar os cidadáns. Estas cousas pasan? Totalmente de acordo. É unha mentira relativa, porque os medios agora non queren, ou non poden, enganarnos co feito de que existe unha crise, pero antes de 2008 xa era evidente que esa crise se estaba fraguando, que estabamos metidos nunha burbulla inmobiliaria absurda, que os nosos bancos non tiñan ningunha garantía... Entón todos estaban calados, e iso que os analistas son os mesmos que agora. Por que estaban calados? Porque eles non forman parte do saqueo, forman parte dos saqueadores. É unha oligarquía financeira a que nos levou a esta situación, e os medios forman parte dese sistema. Agora que a crise non se pode ocultar... Cal é a función dos grandes medios? Contarnos que non hai ningunha alternativa que non sexa a de aceptar recortes, austeridade... e por suposto asumir a necesidade de salvar aos bancos. "Cal é a función dos grandes medios? Contarnos que non hai ningunha alternativa que non sexa a de aceptar recortes, austeridade... e por suposto asumir a necesidade de salvar aos bancos" E os cidadáns, déixanse enganar? Ou venlle as orellas ao lobo? Eu cada día levántome cunha impresión diferente. Cando vexo que o partido máis votado a día de hoxe seguiría sendo o PP non podo evitar pensar que si que se deixan enganar, pero creo que aos poucos vai cambiando. Os cidadáns non cren os medios de comunicación. Desde os xornais téntannos convencer de que xa non os compran por culpa de internet, pero tampouco os compran porque non cren nada do que contan e non están a achegar ningunha información valiosa. Os cidadáns xa non se fían dos medios e vanse inmunizando ante eles. O que nos corresponde agora aos que apostamos por un modelo alternativo é dar outras claves de comportamento desde os medios. Unha das máis importantes é precisamente que os novos proxectos necesitan o apoio dos cidadáns. Agora hai que convencer os cidadáns de que con este xornalismo participativo, non lles van a regalar unha cubertería ou un DVD as fins de semana e non só iso, senón que ademais mesmo hai que pagalos, porque para existir, necesitan o seu apoio. Os cidadáns teñen que entender que hai que apoiar estas novas propostas que non queren vivir de bancos nin accionistas. "Agora hai que convencer os cidadáns de que con este xornalismo participativo, non lles van a regalar unha cubertería ou un DVD as fins de semana e non só iso, senón que ademais mesmo hai que pagalos, porque para existir, necesitan o seu apoio" Este modelo de desinformación ten volta atrás? Por onde hai que empezar para cambiar isto? Precisamente por esta concienciación? Nunca hai unha volta atrás. Cambian os escenarios e témonos que recolocar. Internet cambiou todo o panorama, nalgúns casos ben, noutros mal e noutros regular. Para empezar, como digo, hai que entender que o negocio xa non é rendible, o cal non é ningún motivo de preocupación. Agora con todo isto debemos empezar a consolidar este novo paradigma do xornalismo que promove que os que xestionen os medios xa non sexan os anunciantes nin accionistas senón os propios xornalistas, e que quen garantan a independencia deses medios sexan os cidadáns e non o diñeiro. É a única saída que vexo. Os cidadáns teñen que entender agora que o xornalismo necesita o seu apoio, pero deben empezar a esixir un tipo de xornalismo máis profundo, máis contextualizado, e non o frio, rápido, inmediato e breve. |
PRAZA_565 | O coportavoz nacional de Anova e ata agora rexedor de Teo aposta por liderar a lista da plataforma compostelá ás municipais de maio. Branca Novoneyra, Xan Duro ou Manuel Dios, entre as persoas candidatas á lista. | Confírmase. Martiño Noriega aposta por optar á alcaldía de Santiago pola plataforma Compostela Aberta (CA). O coportavoz nacional de Anova e ata agora alcalde de Teo, municipio limítrofe coa capital de Galicia, ratificou este mércores, xusto antes do remate do prazo fixado por CA, a súa aposta por encabezar a candidatura do 24-M. A candidatura de Noriega, a única para liderar a lista, foi recollida na tarde deste mércores pola comisión electoral de Compostela Aberta, que tamén recibiu as candidaturas das persoas que aspiran a se integrar no resto da lista. Tras o peche do prazo a plataforma confirma un total de vinte e cinco nomes, entre os que figuran a escritora e coreógrafa Branca Novoneyra ou o activista ecoloxista Xan Duro ou o director de cine Alfonso Zarauza, os tres integrantes na lista Gañar Compostela, igual que o propio Noriega. Branca Novoneyra, Xan Duro ou Manuel Dios, entre as persoas candidatas á lista Nesa lista figuran tamén Jorge Duarte, Concha Fernández, Mónica García, Marta Lois, Noa Morales, Santiago Raposo, María Rozas e Bautista Vega. O resto de candidatas e candidatos son Cristina Amor, Sofía Díaz, Manuel Dios, Fernando Domínguez, Manuel López, María do Mar Lopes, Marí Luz López Pardal e Pablo Nieves. Tras case oito anos como rexedor teense Noriega lánzase agora a un dos escenarios municipais máis convulsos do país neste mandato municipal, coa acumulación de ata tres alcaldes do PP en tan só tres anos. As votacións celebraranse entre os días 20 e 22 e a candidatura ficará definitivamente proclamada o 24 de marzo, segundo o regulamento do proceso. As votacións celebraranse entre os días 20 e 22 A cidade, gobernada historicamente polo PSdeG, en varias ocasións a través de coalicións co BNG, pasou a mans dos conservadores tras as eleccións municipais de 2011, nas que a candidatura encabezada por Gerardo Conde Roa logrou a maioría absoluta. Conde Roa estivo no cargo durante apenas nove meses, cando tras a dimisión pola fraude fiscal da súa construtora foi substituído por Ángel Currás, quen á súa vez abandonou o cargo en xullo de 2014 por mor da inhabilitación de máis da metade do seu equipo de goberno por un delito de prevaricación. Dende ese momento a alcaldía está ocupada polo ex conselleiro Agustín Hernández, que dirixe un goberno formado maioritariamente por edís non electos e que, como candidato do PP, asegura estar en condicións de obter a maioría absoluta. Santiago acumula tres alcaldes do PP en apenas tres anos Esas circunstancias que arrodearon o mandato do PP foron uns dos motivos aos que aludiron as persoas impulsoras de Compostela Aberta para lanzar a plataforma en outubro de 2014. "Amamos Santiago, un concello vivo e de impresionante legado" ao que "a maioría absoluta do PP trouxo alcaldes malfeitores, non electos polo pobo", sinalaban no seu manifesto, no que tamén censurabana "precarización das condicións de vida" e a "degradación do acceso aos servizos básicos". A súa aposta, subliñaban daquela, é "limpar o poder local de oligarquías e mafias" e promover medidas como unha auditoría da débeda municipal, consultas populares, limitación de mandatos ou orzamentos participativos, entre outras. Lista de persoas candidatas de Compostela Aberta |
PRAZA_6583 | O Goberno de España planifica uns investimentos de 1.385 millóns de euros en territorio galego para 2015. O AVE volve capitalizar as partidas galegas das contas estatais, nas que a autovía Santiago-Lugo é a segunda infraestrutura con maior dotación. | O Goberno de España vén de poñer en marcha o trámite parlamentario das últimas contas públicas da lexislatura. Os Orzamentos Xerais do Estado para 2015 "impulsan o crecemento económico, a creación de emprego e a mellora da competitividade", di o Ministerio de Facenda. No apartado de investimentos territorializados, no que o Estado di canto planifica gastar en cada comunidade autónoma, Galicia segue no terceiro posto en termos absolutos con 1.385 millóns de euros. No entanto, nun panorama caracterizado polo incremento das achegas ás autonomías o aumento galego é o último das autonomías e só ten por tras a Ceuta, que perde máis dun 40% Algunhas das comunidades con eleccións en maio figuran nos primeiros postos dun rexistro encabezado polas Balears, onde os investimentos previstos medran case un 90%. A continuación sitúanse Murcia, Navarra e a Comunitat Valenciana. Pola banda baixa, máis ou menos preto de Galicia, están La Rioja, cun incremento do 3,31%, Canarias, co 4,53% ou Extremadura, que suma un 4,55%. Ao pasar das porcentaxes aos euros a comunidade que sae mellor parada é Andalucía, que está por riba dos 1.900 millóns de euros en investimentos territorializados. Castilla y León supera os 1.700 e Galicia, os 1.300. Tamén supera os 1.000 millóns o investimento previsto para Catalunya. Pola banda baixa atópanse La Rioja, con 94 millóns, Navarra, con 96 e Balears, con 138. O investimento total do Estado entre as autonomías e as cidades autónomas chega aos 13.103,36 millóns de euros, polo que Galicia representaría un 12,3% do total no caso de que todos os fondos comprometidos se executasen, isto é, se chegasen a gastar, algo que acontece en raras ocasións. O AVE capitaliza as partidas galegas Malia ás dificultades económicas que, nos últimos anos, deixaron o debate e as promesas de infraestruturas nun segundo plano unha ollada á distribución dos investimentos para Galicia entre os diferentes ministerios permite obter unha elocuente radiografía. Aínda antes de ter en conta os organismos do sector público empresarial, caso do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), máis da metade dos cartos que chegan dos departamentos ministeriais ao país correspóndenlle ao Ministerio de Fomento, con case 160 millóns de euros. Algo máis de 50 son os que di prever investir o Ministerio de Agricultura en territorio galego e o de Educación reserva algo máis de 7,5 millóns. Se na suma se integran os devanditos organismos do sector público empresarial a radiografía é aínda máis evidente. Máis da metade dos 1.385 millóns orzamentados para Galicia, uns 711 millóns, teñen como destino a construción de liñas de alta velocidade ferroviaria. A maioría destes cartos, algo máis de 578 millóns de euros, son os que o Adif prevé achegar para a conexión por AVE coa Meseta, nomeadamente o treito entre Ourense e a localidade castelá de Olmedo. "En 2015 -di o Ministerio- preveuse por Adif-Alta Velocidade o inicio de actuacións na estación de Ourense" e tamén o inicio da "tramitación dos proxectos básicos" na liña ferroviaria de Ourense a Vigo por Cerdedo. A outra gran partida ferroviaria é a do Eixo Atlántico, que leva uns 130 millóns para rematar os traballos pendentes e introduce "como novidade" 200.000 euros para "o inicio da nova estación de Santiago. O AVE e a autovía Santiago-Lugo centran os investimentos previstos para o país en 2015 Á marxe do tren, unha vez culminada a problemática Autovía do Cantábrico o departamento que dirixe Ana Pastor mantén o investimento na eterna autovía entre Lugo e Santiago, comezada a planificar a mediados dos anos 90 e que, segundo as promesas lanzadas hai escasos anos dende Xunta e Goberno central, ía estar en servizo precisamente en 2015. Agora 2015 é o ano no que, asegura o Ministerio, "se atopará en marcha" toda a autovía, o que significa que se poderá circular por catro treitos e "o resto" seguirá "en obras", para as que se orzamentan uns 85 millóns de euros. Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2015 |
NOS_37047 | A Praza da Quinta, en Santiago de Compostela, acolleu unha nova homenaxe-mobilziación de familiares de vítimas da xestión da pandemia do coronavirus nas residencias de maiores. Denuncian a negativa da Xunta a investigar a crise e a xestión nos xeriátricos, e piden unha rede pública destes centros para que non se especule coa vellez. | Alzando carteis co número de persoas maiores falecidas nas residencias a causa da Covid-19 (729 segundo o último parte do Sergas) decorreu unha nova homenaxe-mobilización polas usuarias e usuarios dos centros xeriátricos que morreron desde o inicio da pandemia. O evento tivo lugar este domingo, 27 de setembro, na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, logo de que onte decorrera en Vigo. A convocatoria parte da federación de familiares e usuarias de residencias REDE e tiña como obxectivo denunciar a Xunta da Galiza por impedir que se leve avante unha comisión de investigación sobre a xestión da crise nas residencias, que sipediu a oposición no Parlamento galego para analizar que se fixo mal e que fallou para non repetir os mesmos erros. Reclaman, ademais, "xustiza, dereitos e dignidade", di a Nós Diario Xosé Bernárdez, presidente do colectivo Vellez Digna e secretario de REDE. Entre as reivindicacións do movemento tamén está a exixencia dunha rede pública de residencias "para garantir unha vellez digna e que non se faga negocio coas e cos maiores a través de fondos voitres". Bernárdez denuncia tamén con dureza a "ocultación da cifra de falecementos" nos centros xeriátricos e demanda que se saiba o "número real". Durante o acto criticouse a vulneración dos dereitos humanos nos centros xeriátricos e exixiuse o cumprimento dos dereitos laborais e dos convenios, cuestións ausentes, din desde REDE, nos centros privados e nos públicos xestionados por empresas lucrativas e fundacións. Desde REDE son moi críticos coa mala calidade asistencial que teñen as residencias de maiores na actualidade na Galiza, como indica o dato de que "houbo 24 veces máis posibilidades de morrer nunha residencia privada que nunha publica". De feito, onte en Vigo, tal e como recolleu Nós Diario, denunciouse que "mentres que só 3% das persoas maiores do país viven en residencias, producíronse nelas 45% dos falecementos rexistrados por coronavirus". Para REDE estes servizos non se non deben privatizar para non converter en mercadoría as e os maiores, "deixándoos en mans de fondos voitre que especulan e teñen unicamente por bandeira os cartos, recortando en material coidados e alimentación, chegando a uns niveis verdadeiramente xenocidas". Xunto ás e aos familiares das vítimas, estiveron na Quintana Xosé Luís Rivas 'Mini', deputado do BNG; Marina Ortega, deputada do PSdeG, e o líder de Anova, Antón Sánchez. |
NOS_30115 | A decisión alterará o calendario de vacinacións. Ministerio e comunidades autónomas acordan manter a vacinación con este fármaco a persoas entre 60 e 65 anos. | Desde hoxe a vacina AstraZeneca só se administrará a persoas maiores de 60 anos. Así o acordaron na noite desta cuarta feira o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas no Consello Interterritorial. A decisión chega despois de que a Axencia Europea do Medicamento comunicara o posíbel vencello entre os casos de trombos e a vacina da farmaceútica anglosueca. No Estado español hai máis de 2 millóns de persoas vacinadas con AstraZeneca. SEguriá a se administrar ás persoas entre 60 e 65 anos e o Consello acordou deixar en mans da Comisión de Saúde Pública a decisión de ampliala até os 69 anos. A finais da semana pasada anunciábase que Galiza ía recibir unha nova remesa do fármaco anglosueco, composto por 58.000 doses. Primeira dose E que pasa coas persoas que recibiron unha primeira dose desta vacina? Os Gobernos manexan dous escenarios. O primeiro, administrar esa segunda dose doutra vacina. O segundo escenario, non poñer esa segunda inxección pois coa primeira dose garántese unha eficacia do 70%. O comité de seguridade da Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) concluíu esta cuarta feira que existe unha "posíbel relación" entre a vacina de AstraZeneca contra a Covid-19 e os coágulos sanguíneos con niveis baixos de plaquetas. Por iso, estableceu que estes acontecementos adversos deben figurar na lista de efectos secundarios "moi raros" da vacina. Iso si, tamén defendeu que os beneficios de se vacinar eran maiores que os riscos. A xefa do Comité de Avaliación da EMA, Sabine Straus, sinala que se rexistraron 18 mortes entre os casos de tromboses comunicados, 169 cerebrais e 59 abdominais, "entre millóns de vacinados". "Son efectos secundarios moi raros da vacina", manifestou. |
PRAZA_672 | A plataforma compostelá lánzase á precampaña tras a proclamación oficial das persoas elixidas para ocupar os primeiros quince postos da súa lista. Noriega atribúe a implicación de Feijóo na campaña ao "nerviosismo dos poderes fácticos" ante un posible cambio de goberno. | Compostela Aberta lánzase á precampaña. Vinte e catro horas despois de seren proclamadas oficialmente como candidatas as persoas elixidas nos quince primeiros postos da lista da plataforma compostelá para as municipais do 24 de maio compareceron ante a prensa para debullaren os pasos que se dispoñen a dar tras o que consideran un "impecable" proceso de primarias, con "nulas incidencias" e a participación de máis de 1.000 persoas. Acompañados por un membro da comisión electoral da plataforma, Javi Vázquez, os aspirantes a edís da capital aseguran ser conscientes de enfrontárense a un PP que "fará imposible por defender a indecencia e por iso, afirman por boca do candidato á alcaldía, Martiño Noriega, "non nos imos confundir de inimigo". Poucos días despois de que o propio Alberto Núñez Feijóo presentase o seu candidato, Agustín Hernández, como representante da "nova política" fronte a quen "caeron derrotados na Transición" Noriega atribúe a implicación persoal do propio presidente da Xunta ao "nerviosismo dos poderes fácticos" ante a posibilidade dun cambio en Santiago. Alén de que "alcumar como nova política" a un "goberno non electo" chegado para substituír os edís "condenados por prevaricación" sexa "unha broma de mal gusto", o alcaldable alerta da intención dos conservadores de "apuntalar unha casa en ruínas", facendo "o imposible por defender a indecencia" dos últimos anos. Noriega atribúe a implicación de Feijóo na campaña compostelá ao "nerviosismo dos poderes fácticos" ante a posibilidade dun cambio de goberno na cidade Neste contexto, e dende a "consciencia" de que os devanditos "poderes fácticos" se van aferrar a "manter o statu quo" Noriega sinala que en Compostela Aberta causaron "sorpresa" as "valoracións" coas que recibiron a nova candidatura "forzas políticas que non participan no goberno" de Compostela na actualidade, tales como as do candidato socialista, Francisco Reyes, que censurou abertamente o convite de Noriega a aclarar se, nun escenario sen maioría absoluta, contribuiría ou non a "reproducir" un goberno do PP. No que respecta a Compostela Aberta a súa aspiración é ser "a lista máis votada" e encabezar o próximo goberno como "motor do cambio". Con independencia de que as alianzas que cómpren se decidirán votando no seo da plataforma, resalta, "non imos favorecer un goberno como o destes catro anos". O vindeiro día 7 a plataforma configurará en asemblea os restantes postos da lista Este é o escenario no que comeza o traballo do primeiro treito da candidatura de CA, cuxos membros mantiveron este martes a súa primeira xuntanza como paso previo a recompilaren as propostas emanadas dos grupos de traballo que, nos últimos meses, reflexionaron sobre o que será o programa electoral, que prevén culminar nas vindeiras semanas. O vindeiro día 7 a asemblea da plataforma configurará os restantes postos da lista e, paralelamente, as persoas candidatas e demais membros da plataforma trazarán un roteiro de "interlocución coa cidade" no que, ademais de formular o seu "modelo" para o futuro, di Noriega, pularán contra o "exercicio de desmemoria" no que, acusa, está a incorrer o PP para ocultar o acontecido durante os mandatos de Gerardo Conde Roa e Ángel Currás, unha "vergoña allea para todo o país". Mentres a candidatura de Compostela Aberta comeza a súa actividade preelectoral o actual alcalde manifestábase hoxe a prol dunha integración de Santiago con outros municipios limítrofes. Despois de que Noriega se amosase favorable á esta iniciativa e, concretamente, a prol da colaboración e mesmo dunha futura fusión entre Compostela, Ames e Teo e despois de que tamén o Clube Financeiro da cidade se expresase nun sentido semellante o aspirante conservador aseguraba este martes ser partidario de tecer un "Gran Santiago". |
NOS_17732 | A relativa escuridade que de sempre rodeou a linguaxe humana permitiu, desde tempos remotos, as máis variadas mitoloxías ao redor. | De onde vén a nosa capacidade para comunicarnos verbalmente? Somos a única especie que pode facelo? É certo que a nosa visión do mundo depende de como o estruturamos na nosa lingua? Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe / Xurxo Mariño / Xerais / 2020 / 128 páxinas / 18 euros Trátase dunha perspectiva que sempre tivo o risco da resposta mítica e, en tempos máis recentes, tamén da falsamente simplificadora. E en certa medida hai que recoñecer que o eido da filoloxía tendeu con certa frecuencia a elas, e tamén manifestou fortes reticencias á hora de dialogar con ramas como a bioloxía, a neuroloxía, a física ou a antropoloxía. De forma similar a como acontece noutros eidos do coñecemento humanístico, aínda podemos atopar liñas teóricas que se basean en estudos científicos de hai décadas e que teñen pouca ou ningunha intención de actualizar o seu discurso coas novas investigacións e evidencias descubertas desde outros campos. É por iso que a achega de Xurxo Mariño é tan relevante. O seu enfoque como biólogo especializado en neurociencia é unha perspectiva sobre o tema difícil de atopar. Polo menos difícil de atopar nunha chave divulgativa, interdisciplinaria e ben escrita, claro, os puntos fortes do seu autor. Se ás veces a divulgación científica é acusada de erguer o veo do mundo, estragando a marabilla e o misterio, iso non é algo do que poida responsabilizarse a Mariño, que neste aspecto parece ter dotes de prestidixitador. Non só non estraga o misterio, senón que coa súa capacidade expositiva e mesmo narrativa e capaz de ensinarnos onde está realmente e compartir con el ese alento contido e esa marabilla que ofrecen as hipóteses. Que todo o que sabemos da aparición da linguaxe e da evolución humana nos deixe aínda ante un escenario de preguntas é unha boa proba diso. O compromiso de Edicións Xerais coa divulgación científica merece un aplauso especial. Gustemos ou non trátase dunha materia cara á que a cultura galega das letras sempre foi particularmente refractaria e desconfiada, iso cando non caeu directamente no foxo das pseudociencias e do ridículo. Ter divulgadores e divulgadoras capaces de expresarse na nosa lingua é algo da maior importancia para o futuro da nosa cultura. E iso aínda que estimemos, na parte máis negativa, que Xerais non acaba de dar cun formato editorial atractivo que faga xustiza a esta aposta e permita darlle todo o valor que merece. |
NOS_54738 | A colección Clásicos da Emigración impulsada polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración apresentouse en Compostela e ten como obxectivo achegar un reflexo fiel do que supuxo este fenómeno. Tamén se deu a coñecer o primeiro número da coleeción, La Emigración en Galicia, publicada por Ramón Castro López en 1923. | Clásicos da emigración é a nova colección apresentada esta cuarta feira 17 de xullo en Compostela polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración. Ambas as entidades pretenden con ela ofrecer un reflexo fiel do que supuxo este fenómeno. Tanto a colección como o primeiro número da mesma, La Emigración en Galicia, foron apresentadas pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, quen destacou que se trata "dun proxecto longamente acariñado e que permite o acceso libre a obras de referencia e de difícil acceso". Pola súa banda, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou a colección como unha "homenaxe aos centos de milleiros de galegos e galegas que estenderon a Galiza polos cinco continentes". La emigración en Galicia (Ramón Castro López, 1923) é un "texto atípico" que serve de punto de apertura desta colección en canto ao seu obxectivo de ofrecer un reflexo fiel da emigración La emigración en Galicia (Ramón Castro López, 1923) é un "texto atípico" que serve tamén de punto de apertura desta colección en canto ao seu obxectivo de ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aquelas persoas que a viviron desde os seus países de destino como para as que tiveron a perspectiva das que viron marchar os seus seres queridos. A compilación contará con doce obras de distintos xéneros A compilación contará con doce obras de distintos xéneros que, segundo sinalaron na apresentación, son difíciles de atopar en bibliotecas e librarías, polo que desta maneira póñense recursos dunha maneira máis accesíbel para o público investigador e para calquera persoa interesada neste tema. Clásicos da emigración xunta pois distintas perspectivas que marcaron a emigración na Galiza nos últimos séculos con obras de ensaio, ciencia ficción ou biografías e outros xéneros escritos entre principios do século XX e os anos 60. Os volumes iranse publicando durante os vindeiros meses e estarán prologados por unha persoa especialista contemporánea na materia como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo Os volumes iranse publicando durante os vindeiros meses e estarán prologados por unha persoa especialista contemporánea na materia como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo. Lanzamento do primeiro volume "Celebro que a colección empece con este libro porque é un texto que vai contracorrente, que di cousas diferentes e foi orixinal e rompedor visto con ollos de hoxe, cen anos despois" indicou o historiador e expresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, quen precisamente realizou o prólogo desta primeira obra da colección. Neste texto da súa autoría, Villares salienta o valor contracorrente do texto de Ramón Castro, autor pertencente ao Seminario de Estudos Galegos e socio activo desta institución. Na apresentación tamén particpou Xosé Manoel Núñez Seixas, director do Arquivo da Emigración Galeg. Esta entidade é precisamente un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter interdisciplinar. |
NOS_26894 | A práctica poética de Estevo Creus (Cee, 1971) vén delimitando un territorio singular, estrañado. A súa mirada entende a realidade como algo á marxe da percepción común. O mundo revela as súas outras verdades grazas ao poema. O lugar que non hai titúlase o libro co que vén de gañar a 30ª edición do premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Nel investiga a dimensión fantasmal do real e os baleiros do idioma. | "A obra fala fundamentalmente sobre lugares que non existen", explica ao teléfono. A imposibilidade da propia percepción, cómo se constrúe a forma de mirar ou os ocos da linguaxe son eixes polos que discorre a escrita de Creus. Que para esta ocasión, seis anos despois de Balea2, desprégase por páxinas "moi descritivas". É dicir, a obxectivos en aparencia abstractos chega por vías concretas. "Intento nomear as cousas coas cousas", di, "e debuxo paisaxes surrealistas co que hai". O deambular pola cidade proporciona a materia dun traballo "un pouco filosófico". Pero son esas "cousas" descritas o que produce "fantasmas, esperpentos". "A xente nas rúas da cidade, por exemplo, ten unha aparencia fantasmal", engade. Dalgún xeito, a poesía como mecanismo de desvelamento, aínda que sen invocacións á epifanía. Por idade e experiencias compartidas, Estevo Creus aparece adoito adscrito á Xeración dos 90. A súa obra, porén, foise afastando de formulacións iniciais -Poemas da cidade oculta (1996), Areados (1997)- e adquirindo forte conciencia da crise da linguaxe. En O lugar que non hai, esta é elemento central. "Hai unha crítica feroz á linguaxe proposicional", esténdese, "a linguaxe é un cabalo de Troia no ser, a linguaxe impide". O poeta enfróntase a unha ferramente incerta, "inimiga", nun libro "bastante contemplativo". Os poemas cos que Creus gañou un dos certames literarios máis veteranos de Galiza foron "concibidos para a oralidade". "Non estaba moi seguro de se funcionarían como texto escrito, por iso o premio foi unha sorpresa", admite. Que devolve a Estevo Creus ás librarías logo dun demorado silencio. "A razón", expón divertido, "é que non lle atopaba moito xeito ao que estaba facendo". O seu método, ademais, contribúe a estes longos períodos sen publicar: "Escribo de cando en vez, e dun tirón. Obedece tamén ao azar". O xurado do Eusebio Lorenzo Baleirón -convocado polo Concello de Dodro- salientou que O lugar que non hai está "pragado de imaxes escintilantes e esculca con brillantez e ironía, desde a dúbida permanente, na outredade, a confusión e o desdobramento do eu poético". Fixeron parte del as poetas Miriam Ferradáns, Daniel Costas Currás e Xabier Castro, e mais as crítica Blanca Ana Roig e Ramón Nicolás. |
NOS_45598 | O baño na balsa ácida resultante do enchido do oco da mina foi permitido, recentemente, polo goberno galego. Adega, Verdegaia e a SGHN exixen que os informes oficiais saian á luz pública | Os colectivos Sociedade galega de historia natural --SGHN--, Adega e Verdegaia sinalan que o lago resultante do enchido, con auga do Eume, da mina que Endesa explotou nas Pontes, en cuxas augas foi autorizado o baño recentemente, é en realidade unha balsa ácida cuxa utilización "podería carrexar graves consecuencias para a saúde". As tres asociacións cadran ao manifestaren a súa "sorpresa" pola autorización do baño no lugar, pois "Augas de Galiza continúa sen proporcionar datos sobre a súa calidade". A pesar de que tal información foi solicitada até catro veces ao longo deste ano perante a consellaría de Medio Ambiente. Por mor do desleixo da Xunta, estes colectivos anunciaron que serán eles propios quen realicen análises fisicoquímicas periódicas para faceren públicos os resultados. As únicas previsións que existen ao respecto do que acontece na balsa, segundo os datos que manexan @s ecoloxistas, son as achegadas pola propia concesionaria da mina, Endesa, no estudo de impacto ambiental redactado para o proxecto de encher o oco da mina con auga do Eume. Di tal informe que os niveis de metais pesados se manterían "en valores practicamente idénticos aos do escenario inicial". Mais Adega, Verdegaia e a SGHN discrepan, e lembran que os metais pesados --arsénico, manganeso e aluminio neste caso-- "se acumulan no organismo humano", polo que procederán a analizar as concentracións destas substancias nas augas da balsa. Outra balsa mineira no punto de mira: MeiramaDoutra banda, o plan da Xunta Abastecimiento del área metropolitana de A Coruña a partir del lago artificial de la central de Meirama, que vén de saír á exposición pública, propón satisfacer a demanda da cidade ao ligar unha balsa mineira de augas ácidas cun LIC --Lugar de Interese Comunitario-- da Rede Natura --LIC Encoro de Abegondo-Cecebre--, valéndose dun río que fará as veces "de sumidoiro". E todo 'cavando' un túnel que terá 1,4 quilómetros de lonxitude até chegar ao Barcés, que pasa a carón da balsa. Adega afirmou que a iniciativa pasa tamén pola construción de máis unha minicentral. "Esta é a verdadeira razón de ser deste delirante proxecto: producir quilovatios camuflando o proxecto como unha infraestrutura de subministro", sinala o colectivo ecoloxista, que explica que a razón de ser do túnel --fronte ao desaugue directo da balsa ao Barcés, a opción máis sinxela e máis barata en caso de procurar unicamente unha reserva-- é que aquel actúe como tubaxe de presión para a minicentral. |
NOS_11829 | O proceso de liquidación da dirección do Festival de Cinema Internacional de Ourense está a levantar unha vaga de indignación entre cineastas, escritores e outros profesionais. Máis de 300 acaban de poñer en circulación un manifesto de apoio a Fran Gayo e Analía G. Alonso, encargados da dirección do certame desde 2016. | "Ante a situación en que se atopa o Festival de Ourense e a raíz dos últimos acontecementos, os abaixo asinantes queremos expresar o noso total apoio á xestión do equipo artístico de Gayo como director artístico e de Alonso como produtora xeral", comeza o documento. Entre os asinantes, primeiras figuras do cinema galego recente como Óliver Laxe, Andrés Goteira, Alfonso Zarauza, Anxos Fazáns, Xacio Baños, Diana Toucedo ou Lois Patiño. Os "últimos acontecementos" mencionados son a máis que probábel suspensión da edición correspondente a 2018 do festival debido á incapacidade borocrática do Concello de Ourense. "As dúas edicións do festival en que foron responsábeis", continúa, "situárono nun lugar de privilexio. Renunciar a iso por unha cuestión de burocracia é unha mala xestión por parte da administración pública da que depende o festival". O Goberno local de Jesús Vázquez -o único das sete cidades en mans do Partido Popular- comunicou a Gayo e Alonso a imposibilidade de contratar o retso do equipo de dirección co que funcionaran en 2016 e 2017 cando xa estaba en marcha o encontro de 2018. Escudouse na Lei de Contratos do Sector Público e na súa demora en aplicala. Os prazos converteron en "imposíbel" chegar a tempo a outubro, a data anual do festival. "Agardamos, desexamos, que polo ben da cidade, da cultura, da cidadanía, os responsábeis políticos sexan quen de atopar a maneira de solucionar estes problemas burocráticos", conclúe o manifesto, "e atopen a saída a unha situación que non debería producirse nunca. Polo restabelecemento de Gayo e Alonso á fronte do festival. Aínda pode salvarse". Canda os asinantes galegos e galegas aparecen os nomes de autoras e autores internacionais, algúns deles nomes de extraordinario relevo no cinema contemporáneo máis arriscado: Mariano Llinás, Luis Ospina, Jonás Trueba, Albertina Carri, Dolores Fonzi ou Isaki Lacuesta. |
QUEPASA_842 | A Asociación veciñal tamén presenta unha denuncia contra UDF pola desfeita realizada en varias fincas privadas por unhas obras de retranqueo | Novas demandas veciñais que teñen que chegar á Xustiza, e por Corme xa andan casos de tanto lío xudicial tanto coas empresas promotoras dos parques eólicos como as doutras infraestruturas. Se a pasada semana denunciaban a EDP por invadir irregularmente a estrada municipal coas súas obras, hoxe dan contra doutras dúas denuncias: unha contra a propia EDP en clave de ruídos, e e outra contra UDF tamén por unhas obras "irregulares". Ruído A Asociación de Veciños Eduardo Pondal amósanos a sentenza recibida sobre as primeiras denuncias presentadas hai xa anos contra o Parque Eólico de Corme por "ruído". Unha situación tremenda, pois "para vergoña da Xunta queda acreditado que os informes que EDP estivo achegando durante anos cas medicións do nivel de ruido eran non válidos". A sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo 4 da Coruña, dá conta de que o incumprimento da normativa é unha "infracción grave" e "reincidente". A chave é que a medición presentada pola empresa era irregular. O informe de Tragsatec, empresa encargada dos seguimientos ambientais, demostra que "Non se presentan os valores do índice de ruído continuo equivalente corrixido"; "non se xustifica o cumprimento dos limiares lexislados durante os tres periodos temporais definidos na normativa vigente (día, tarde e noite); "non se indica a velocidade nin a dirección do vento durante as tres medicións do nivel de ruído"; "non se presenta un anexo no que se xustifique a adecuación dos métodos de medición e cálculo recolleitos na normativa vixente en materia de ruído; "non se presenta a documentación acreditativa de que a persoa responsable do estudo ou informe realizou un ensaio interlaboratorio, mediante unha entidade acreditada pola ENAC e intercorporación acústica nos índices que correspondan"… "Tiñan a cara dura de facer durante anos as medicións co parque eólico parado", denuncia a veciñanza, que considera "o máis triste que a Xunta daba por bos todos os informes presentados ano a ano dende que se puxo o parque eólico en marcha, e tiveron que ser os veciños os denunciasen a situación". "Non me quero imaxinar o que faran con paxaros e os morcegos", sinala Antón Saleta. En todo caso, para a entidade veciñal, "sae barato cometer ilegalidades diante da Xunta", en relación a que a multa non pasa de 6.000€. Lembran que aínda hai 16 expedientes pendentes de resolución presentados pola veciñanza contra a empresa. Obras de retranqueo Así mesmo a entidade tamén vén de denunciar á parte construtora de FENOSA, parte da constructora do parque eólico, por "retranquear as redes de baixa tensión sen autorizacions e sen permiso dos donos das fincas". "Dende este colectivo veciñal e a vista da total inacción da Xunta acordamos ter un tono sarcástico e ridiculizador, a ver si deste xeito e por vergoña fan algo dende a addministración, cuxa máximo logro e estar sin facer nada e dicir que son problemas dos veciños ca empresa e que se entendan". A veciñanza sinala que "estas leiras son afectadas pola servidume dunha liña aérea de baixa tensión que dá fornezo aos nosos humildes fogares na Aldea do Roncudo, e que sen mutuo acordo ou acto de expropiación pretende retranquear, xerando novas afecciones e sen os correspondentes permisos ou autorizacións". Nas imaxes vemos os destrozos ocasionados nas fincas. |
NOS_28994 | O equipo vigués caeu en Málaga (1-0) nun encontro no que lle anularon un tanto legal e perde posicións namentres segue sen acertar en ataque malia os cambios na aliñación que propuxo Berizzo. | Camiño dos 500 minutos consecutivos sen marcar, o Celta entrou en crise de resultados, non tanto de xogo porque só esa sorprendente falta de puntería ante a meta rival está a impedir que o equipo de Berizzo manteña o nivel amosado no comezo de Liga. Pero a grave seca anotadora -que non variou malia os cambios en ataque que aplicou o adestrador, dando entrada a Charles e Santi Mina- afasta os celestes dos postos europeos, aínda achegados pero xa a sete puntos. O propio Málaga marca posicións continentais sete puntos por riba xa dos vigueses Marca zona continental precisamente o Málaga, que derrotou este sábado á noite na súa casa o Celta por un único gol, obra de Samuel de cabeza após un gran centro de Santa Cruz no primeiro terzo do choque. O conxunto galego cedeu desde ese momento algo de control pero sen perderlle a cara ao encontro, no que tamén foi prexudicado polo árbitro, que no minuto 69 anulou, por un fóra de xogo de Charles que non existía, o tanto da igualada. Até o final buscou o Celta sumar na súa visita a Andalucía -onde fixera pleno a pasada tempada- pero mesmo foi Sergio que, de novo, con algunha magnífica actuación evitou o gol en contra e a sentenza, namentres Nolito desperdiciaba a última ocasión dos seus e o partido fechábase con derrota viguesa, sen ver portería outra vez. |
NOS_51704 | Os traballadores de Alcoa en San Cibrao non teñen constancia de ningún tipo de avance nas negociacións. Agardan ter novas do proceso antes do día 22. | O vindeiro día 22 remata o prazo marcado entre Alcoa e o comité de empresa para que a multinacional informe do avance das negociacións para a venda da factoría de aluminio primario de San Cibrao (Cervo) coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que deron comezo o 4 de febreiro. Na primeira e única xuntanza celebrada até a data, a do 22 de febreiro, as partes (Alcoa, Ministerio de Industria, Xunta, sindicatos e comité de empresa) marcaron como prazo para o acordo o día 30 de abril. Pasado o ecuador dese prazo, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CCOO), recoñecía esta mesma semana que descoñecen "se hai novidades ou non". "Esperamos que a SEPI estea a avanzar para chegar ao principio de acordo e darlle para diante", sinalaba confiado en contar "dentro de pouco" coa solución enriba da mesa. O que si teñen claro os traballadores é que a información non está a fluír como outras veces. O representante da CIG no comité, Xosé Paleo, recoñeceu a Nós Diario que nesa reunión, a do 22 de febreiro, só se lles comunicara a entrega do Termsheet coas condicións para a venda e que o Goberno español contestara que aínda non o mirara e que informaría ao comité cando se firmase. "Ademais de ser tremendamente opaco é un proceso moi lento. Que nos saibamos, cos datos que temos actualmente, non está nin aceptado o Termsheet", lamentou o representante sindical, para quen esa opacidade, "á marxe do que poida acontecer de aquí ao luns, non é un bo sinal". Compárao coas conversas deste verán entre Alcoa e Liberty House para este mesmo fin. "Foi un proceso máis transparente desde o principio. As reunións eran máis frecuentes, explicábase o que acontecía e o Goberno español comunicábase cos sindicatos para comentar como ían as negociacións", lembra Paleo. Posíbeis interferencias Outra das particularidades deste proceso son as "interferencias" nas negociacións que, como recoñecía o presidente do comité, José Antonio Zan, estaban a "arrefriar" as conversas entre as partes. Unha desas interferencias foi a operación policial levada a cabo por orde da Audiencia Nacional nas antigas plantas de Alcoa da Coruña e Avilés, agora en mans de Alu Ibérica. Os traballadores recoñecen que ese arrefriamento "nin nolo confirman nin nolo insinúan", pero máis do que poida entorpecer a negociación o que máis temor lles dá é que a de San Cibrao poida chegar "ao punto no que están esas plantas". Problemas de liquidez en Liberty House O obxectivo é fechar a venda canto antes. En abril a ser posíbel. Pero un contratempo financeiro pode condicionar a operación: a quebra de Greensill, unha financeira británica coa que traballa Liberty House, a empresa interesada en facerse coa planta de aluminio de Cervo, e coa que, segundo o Financial Times, a multinacional mantén unha débeda próxima aos 5.000 millóns de euros, froito do seu ambicioso proxecto de crecemento e expansión internacional. Sobre esta cuestión, o presidente do comité sinalou que "quen compra é a SEPI, e por iso pedímoslle que axilice a compra", un feito que, como apunta Xosé Paleo, deixa "moitos encaixes posíbeis; pódese vender totalmente, vendela parcialmente ou cederlla a Liberty para que a explote e que siga a pertencer á SEPI". Con todo, insiste en que "estamos a cegas" e que todas as valoracións que se poidan facer "non deixan de ser especulacións, por eso incide na necesidade de información. Situación da planta Do que si teñen constancia é de que a situación das plantas ─tanto a de aluminio primario como a de alúmina─ non é óptima. "Calquera das dúas están bastante deixadas da man de Deus", recoñeceu. O mantemento das cubas, como apuntaba nunha recente entrevista o representante sindical das auxiliares, Kike Rocha, está en mínimos. "Os investimentos non existen", denuncia Paleo, que afirma que falar de 3 ou 7 millóns de euros "non se pode considerar un investimento para unha fábrica destas características". |
NOS_1783 | O anuncio faise a poucos días do fin da Administración Trump. Desde a Habana lembran que a illa sufriu numerosos ataques terroristas "patrocinados" polos Estados Unidos e que causaron 3 478 vítimas mortais e 2 099 persoas ficaron con secuelas. | A Administración do aínda presidente dos EUA, Donald Trump, volveu incluír Cuba na súa lista negra de Estados que apoian o terrorismo, da cal fora retirada en 2015, polo entón presidente estadounidense Barack Obama. Estados Unidos suma así Cuba a Irán, Corea do Norte e Siria, entre outros. EUA xa metera Cuba en maio de 2020 nunha lista de países que considera que non cooperaban cos seus "programas antiterroristas". A decisión foi anunciada a poucos días do fin do mandato de Trump na Casa Branca. "O continuo apoio de Cuba ao terrorismo no hemisferio occidental ten que ser impedido", escribiu o secretario de Estado dos EUA, Mike Pompeo, na súa conta de twitter "Hoxe, os Estados Unidos volven colocar Cuba na lista de Estados que apoian o terrorismo para responsabilizar o réxime de Castro polo seu comportamento maligno", denunciou Pompeo Nunha declaración citada pola AFP, o xefe da Diplomacia norteamericana acusou Cuba de "apoiar repetidamente actos de terrorismo internacional ao dar refuxio a terroristas". En resposta, o ministro dos Negocios Estranxeiros cubano, Bruno Rodríguez, criticou o " oportunismo político" da Administración Trump. "Condenamos a designación cínica e hipócrita de Cuba como Estado patrocinador do terrorismo anunciada polos Estados Unidos da América. O oportunismo político desta acción é recoñecido por todos os que están realmente preocupados polo terrorismo e as súas vítimas". Nunha declaración, o Goberno cubano lembra que "Cuba é unha estado vítima do terrorismo e a nosa poboación sufriuno en carne propia, ao prezo de 3 478 vítimas mortais e 2 099 persoas con discapacidade, por actos cometidos polo goberno dos Estados Unidos ou perpetrados e patrocinados desde territorio dese país coa tolerancia das autoridades oficiais". "Os cubanos – prosegue - repudiamos con desprezo toda manobra dirixida a manipular un tema tan sensíbel, para groseiros propósitos de oportunismo político" |
PRAZA_4512 | O Consello de Estado, que preside o ex conselleiro e ex ministro de Sanidade, emite un duro ditame contra o pagamento do transporte sanitario non urxente imposto polo Executivo central. Pide ao Estado que "reavalíe" o proxecto e dubida que supoña aforro ningún. | Ata Romay Beccaría se sitúa en contra dalgunhas decisións do Goberno do PP. O que fora ex conselleiro e ex ministro de Sanidade e mentor de Núñez Feijóo preside agora o Consello de Estado, que vén de darlle un pau ao copago no transporte sanitario non urxente imposto polo Executivo central. O servizo, que é aínda gratuíto, suporá un custo para os doentes en función da súa renda, tal e como acordou o Ministerio, cuxa número dous é a ex conselleira Pilar Farjas, ex discípula tamén de Romay. A Xunta, encargada de xestionar este copago, aplicará este novo repago, tal e como fará co farmacéutico que nin De Cospedal se atreve a activar. Pero o Consello de Estado solicita agora que se "reavalíe" o proxecto. Non ten nada claro que supoña "un aforro" para a Administración e censura "as cargas que o novo sistema supón para o cidadán" e que, segundo o ditame, non foron analizadas polo Ministerio de Sanidade, que prevé recadar uns 26 millóns de euros con este novo sistema. O Consello de Estado pide ao Goberno que "reavalíe" o proxecto e dubida que supoña un aforro como di o Ministerio A medida fai recaer sobre os cidadáns os custos sobre servizos sociais que sempre foron públicos e afectará de maneira máis dura aos enfermos crónicos, sobre todo os oncolóxicos, que precisen de rehabilitaciónsn ou diáleses e que se ven obrigados a desprazarse cada pouco tempo aos centros hospitalarios. Pagarán 10, 20 ou 60 euros mensuais segundo a súa renda ou esa cantidade anual se as viaxes duran máis de medio ano. Foi a Cadena Ser quen tivo acceso ao ditame do Consello de Estado, onde se pon en dúbida que eses 26 millóns de euros que se prevén recadar sexan de fei un "aforro" no servizo, tal e como defendo o Goberno central. O organismo que preside Romay Beccaría fai referencia á memoria económica do propio Ministerio de Sanidade, que advirte de que este copago non servirá para financiar o transporte sanitario non urxente, senón a xestión para cobralo. "Os ingresos que pode supor a achega poden verse compensados polos custos de xestión do seu cobro", recoñece Sanidad. Os doentes terían que pagar 10, 20 ou 60 euros mensuais segundo o seu nivel de renda e a medida afectaría especialmente a un país coa dispersión poboacional de Galicia Tampouco entende o Consello de Estado que se poidan aforrar outros 45 millóns, tal e como prevé o Ministerio, pola "racionalización" no uso do transporte. Se os criterios para aplicar este servizo aos doentes "son moi similares aos actuais", por que se usará menos? Iso é o que se pregunta o Consello de Estado Os reparos do Consello de Estado non quedan aí. Critica ademais que se poidan "aforrar" outros 45 millóns de euros, como contempla Sanidade na citada memoria económica, por "a aplicación de criterios de racionalización no uso do transporte sanitario non urxente". Por que? Porque, segundo explica, os criterios para decidir quen ten dereito a este servizo "son moi similares aos actualmente previstos", polo que non entende por que se vai a usar menos. O Consello de Estado demanda que se especifiquen con máis precisión os criterios". Este copago nas ambulancias anunciado hai un ano está aínda pendente de aplicación e regulación. Sería un novo pau para unha poboación como a galega, envellecida, cunha enorme dispersión poboacional e con milleiros de persoas que diariamente empregan as ambulancias para acudir a recibir diversos tratamentos. A Xunta advertiu de que estudaría os casos e que sería "sensible". Pero opoñer non se opuxo. |
NOS_16832 | A fenda pola que sae ao mar o río Eo racha a chaira da rasa Cantábrica e escava nela unha canle creando, a unha e a outra beira, unha liña de cantís de entre 10 e 20 metros de caída, recortados e con numerosos pequenos seos, puntas e rochas soltas, na zona de máis influencia do mar (até pasar a ponte dos Santos) que seguen a conservar a verticalidade e incluso a gañar altura até máis alá da vila. | A variedade de formas e os elementos que as compoñen, o número de puntos de interese diverso que se atopan ao percorrer o espazo e a facilidade, ao que axudan os tramos acondicionados, coa que se pode andar, fan do traxecto un lugar moi aproveitábel para unha camiñada. Paraxe: Ría de Ribadeo ou do Eo / Concello: Ribadeo / Dificultade: BaixaPercorrido / 6,5 km lineais, 14 ida e volta Comezamos no aparcamento ao pé da illa Pancha e desde alí, pola estrada da beira do mar, e collendo nela os desvíos que creamos oportunos para achegarnos a ver detalles da beira, imos pasando polo seo do Porto dos Cochos, a Pena dos Apóstolos, antes de virar ao pé das Carraias e a punta da pena Furada para descubrir a ponte dos Santos e o Cargadoiro, e chegar ao forte de San Damián, onde deixamos a estrada para continuar polo camiño desde o que podemos acceder ás praias do Cargadoiro e ao propio peirao mediante o cal que se embarcaba o mineral e o ferro que traia o tren desde as minas da Pontenova. Seguindo o camiño logo pasamos por debaixo da ponte dos Santos para chegar á capela de San Miguel, un fermoso miradoiro sobre o porto deportivo do Porcillán, ao pé da que se atopan as escaleiras que nos permiten achegarnos a el, e continuar pola beira do mar, polo paseo marítimo, para ir polo porto pesqueiro e á beira do porto comercial de Mirasol, camiño do seguinte punto de interese, o amplo espazo acondicionado para o lecer que se atopa detrás da instalación portuaria e que serve de acceso á praia dos Bloques. De aquí en diante a ruta deixa o asfalto para seguir un camiño acondicionado que primeiro rodea a enseada de Vilavella, no fondo da que se atopa o clube de remo de Ribadeo, que ocupa o que foi unha factoría de tratamento de algas, e continúa paralelo e por debaixo da estrada até as aceas de Ove, uns muíños de marea que se alimentaban coas augas que se retiñan no pequeno seo do esteiro, que forman un par de regatos, atrancando a súa saída ao mar. A volta, de ter que facela, é polo mesmo camiño, pero en chegando ao fondo da enseada de Vilavella, podemos seguir pola estrada e achegarnos ao centro da vila para ver o mosteiro de Santa Clara, que ten a súa orixe no século XI, a praza, e ruar un pouco para coñecer a vila e ver algunhas das súas construcións máis destacadas antes de saír de novo ao pé do porto deportivo para retomar alí o camiño á illa Pancha. |
NOS_16898 | A asemblea de médicas e médicos celebrada na noite do día 30 deuse de prazo este mes para decidir se interromper de forma temporal a docencia que as profesionais imparten ao persoal MIR, ante a sobrecarga de traballo nesta área sanitaria. O Sergas advirte de que retirar esa formación suporía perder 22 facultativos de familia o ano que vén. | "Non nolo podemos permitir", manifestaba esta quinta feira o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Julio García Comesaña, sobre a posibilidade de que as e os profesionais médicos da área de Vigo adopten esta medida. Detrás dela está, en palabras do doutor Manuel Domínguez Sardiña –membro da asemblea e un dos xefes de servizo que o pasado mes de marzo presentou a súa dimisión–, a "sobrecarga" dos e das médicas viguesas, que deriva nunha "diminución da calidade da Atención Primaria", e que xa levou a accións como a adoptada en marzo por 23 das 25 xefaturas de servizo desta área sanitaria. En declaracións a Europa Press, Domínguez Sardiña valorou a "mellora da relación entre a EOXI de Vigo e o colectivo médico, pero lamentou que as condicións non teñan mellorado. "O que queremos é unha aposta firme pola Atención Primaria. É necesario diñeiro e prazas, é necesario investir na Atención Primaria", reivindicou, antes de reclamar un plan "a curto e medio prazo". O responsábel da EOXI de Vigo, pola súa banda, defende que o Sergas está traballando para atender as necesidades das e dos médicos vigueses, e recorda que el mesmo mantivo unha xuntanza a semana pasada. Tamén subliñou que, grazas á oposición, téñense consolidado perto de 40 profesionais da Atención Primaria nesta área sanitaria, á que o vindeiro luns incorporaranse –avanzou– tres novas profesionais. "O ano que vén haberá máis incorporacións. Porémolas nos centros de saúde con máis tarxetas e naquelas que teñan unidade docente", manifestou. Segundo declarou, a docencia "é un labor habitual de calquera persoal sanitario, e nesta caso a docencia da medicina familiar é unha parte fundamental que vivimos agora mesmo". "O mantemento do modelo que temos baséase, entre outras cousas, en que aparezan novos médicos e médicas que substitúan a que se xubila, e quitar esa formación en concreto en Vigo suporía perder 22 facultativos de familia o ano que vén", advertiu. |
NOS_20484 | Baixo o lema xa clásico de 'Anem Òc! Per la lenga occitana' agardan reunir milleiros de persoas. Na anterior gran manifestación polo idioma, 2012, participaran máis de 20.000 persoas. | O Institut d'Estudis Occitans (IEO) e Calandretes – escolas asociativas na lingua de oc- veñen de convocar unha mobilización que queren masiva a favor da lingua occitana. Convocan con tempo para preparala polo miúdo, pois a cita vai ser o vindeiro 24 de outubro en Montpeller. Lembran en Nationalia que é a quinta vez que se chama a saír á rúa baixo o lema 'Anem Òc! Per la lenga occitana' e coincidirá co décimo aniversario da primeira, en Carcassona. Son mobilizacións que foron gañando en participación con cada edición. Se na primeira (2005) tomaron parte case 10.000 persoas, na que decorreu en 2012 as e os participantes cadse chegaban as 30.000, segundo as organizacións convocantes. IEO e Calanderetes sinalan que a regresión no uso do occitano e os perigos "cada vez máis grandes que ameazan a nosa lingua" son os motivos polos que convocar unha mobilización que queren que sexa unha expresión clara de compromiso na defensa deste idioma. O Movemento polos Dereitos Lingüísticos 'Falantes' lembraba en 2012, co gallo da mobilización daquel ano a prol do occitano, que a situación legal dos falantes de occitano non era uniforme xa que a lingua se estende por 3 estados europeos diferentes. En Francia, afirmaban, non se teñen sequera datos fiabeis do número de falantes, que se estima pode roldar o millón e medio. Malia existiren iniciativas privadas como as Calandretas, -escolas bilingües-, a política lingüística francesa seguuía centrada na exclusiva promoción do francés. |
PRAZA_18952 | Tras unha inspección da Garda Civil pola existencia de residuos de construción nun predio, o político popular emitiu unha suposta autorización para a que non tiña competencias | Tras unha inspección da Garda Civil pola existencia de residuos de construción nun predio, o político popular emitiu unha suposta autorización para a que non tiña competenciasA Audiencia Provincial da Coruña vén de condenar, nunha sentenza con data deste luns feita pública este martes, a quen foi alcalde de Coristanco entre 1991 e 2015 polo PP, Antonio Pensado, a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por cometer un delito de prevaricación ao autorizar, en 2012, a unha empresa a almacenar residuos de demolición e construción nun predio.O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, destaca que a resolución do daquela rexedor municipal foi "arbitraria e contraria á legalidade" e impuxo a mesma pena, como cooperadores necesarios do delito de prevaricación, aos tres irmáns administradores da compañía beneficiaria. Os xuíces aseguran que o ex-alcalde actuou "concertadamente" cos tres empresarios "para tratar de deixar sen efecto" as sancións da Xunta polo depósito de materiais non autorizado.Os maxistrados din que o ex-alcalde actuou "concertadamente" con tres empresarios "para tratar de deixar sen efecto" as sancións da Xunta polo depósito de materiais non autorizado.Os maxistrados consideran que era "evidente" que a autorización "se apartaba de calquera legalidade vixente" e que esa circunstancia era "coñecida por todos os acusados, debido a que no ano 2007 xa houbo denuncias por provisión de material na mesma leira e un expediente sancionador da Xunta". Os xuíces explican que, segundo declararon os axentes da Garda Civil e do Seprona que se desprazaron ao terreo, nel había "múltiple material que estaba amoreado". Tras a inspección, un dos tres empresarios, segundo consta na resolución, foi ao Concello para conseguir "un papel para acreditar que tiñan autorización". Por iso, o ex-alcalde emitiu un escrito, coa súa firma e co selo do Concello, que carecía "de calquera requisito que o permita entender axustado á legalidade", segundo os xuíces, os cales salientan que a competencia para autorizar esa provisión de materiais é da Consellería de Medio Ambiente.Ademais, o tribunal sinala que "tampouco existe ou consta expediente algún relativo a dita autorización" e recalca que os acusados "coñecían a inxustiza da resolución, que precisamente trataba de liquidar esa situación na leira, que xa se producira tempo atrás, e xustificar ante a inspección realizada o contar coa correspondente autorización".Na sentenza, a Audiencia tamén absolve ao ex-alcalde dos demais delitos de prevaricación que lle imputaba o Ministerio Público, así como do de falsidade, e, aos empresarios, dos demais delitos de prevaricación e do de tráfico de influencias. Así, entende que non quedou acreditado que o daquela rexedor municipal tratase de favorecer aos tres irmáns empresarios, aos que supostamente o unía unha amizade, á hora de adxudicar obras. Na sentenza, os xuíces aseguran que o procedemento negociado sen publicidade polo que se contrataron os traballos "se axustaba ao contemplado na Lei de Contratos do Sector Público 2007 e 2011". Ademais, recalcan que "ningunha incidencia xurdiu coas distintas administracións das que procedían os plans" dentro dos cales se executaron as obras. |
NOS_43251 | Esta noite vence o prazo para Atenas reembolsar ao Fundo Monetario Internacional 1.544 millóns de euros. En principio a intención de Grecia era non pagar. Mais iso en principio. Bruxelas e Atenas cruzáronse nas últimas horas novas propostas. Alemaña mantense aparentemente inflexíbel, mais todo ten o aspecto dunha partida de póker, nen sequer é desbotábel un acordo que cancele o referendo do domingo. | Horas de infarto en Bruxelas e Atenas, con propostas e contrapropostas. Aparentemente a posición máis dura da UE é a de Angela Merkel, que mantén o criterio de que nada se debe negociar con Grecia mentres non se consumar o referendo do domingo. A chanceler pensa que Tsipras ten a consulta perdida. Mais Jean Claude Juncker, o presidente da Comisión, realizou unha proposta de última hora, con aspectos que poderían ser aceitábeis para Tsipras: a redución do IVE para a hostelaría (pasaría do 23 ao 13%) e unha menor rebaixa das pensións. Aliás, Grecia podería conseguir unha certa reestruturación da débeda. Todo é moi confuso. O Goberno de Syriza e Gregos Independentes aspira a unha prórroga do resgate ("un terceiro resgate", na expresión de Merkel) que permitise recuperar folgos á facenda helena e estabelecer un programa factíbel de pagamento das débedas. Tsipras querería tambén un novo programa de financiamento, garantido polo Mecanismo Europeu de Estabilidade, coa pretensión, aliás, de blindalo de maneira que os recursos obtidos só se puidesen utilizar para a satisfacción do servizo da débeda. De haber acordo, Tsipras podería desconvocar o referendo ou ben defender o voto afirmativo na consulta Se finalmente houbese acordo -e para que houbese acordo Alemaña tería de erguer o veto a unha negociación previa ao referendo-, todo apunta a que Tsipras faría un movimento político de largo alcance. Aí abriríanse dúas opcións: ou a desconvocatoria da consulta ou a defensa do voto afirmativo. Eurogrupo, apartir das 19 horas En todo caso, a axenda desta tarde será frenética e ten riscada unha hora en vermello: as 19 horas. Nese momento irase reunir o Eurogrupo para avaliar a nova proposta de Tsipras. A chave está na posición alemá. Francia lidera o bloco dos Estados europeus que si están interesados nun acordo. |
PRAZA_14326 | Critica que a universidade decidise prescindir de tres profesores asociados, que unen á xubilación doutros dous docentes, a perda dunha investigadora do programa Parga Pondal ou a impugnación do proceso de promoción dunha profesora á categoria de titular. | O Consello do Departamento de Filoloxía Galega da USC aprobou por unanimidade manifestar publicamente o seu "radical desacordo e fondo malestar ante a solución tomada polo Goberno da USC verbo da continuidade laboral do colectivo de profesores asociados LRU". En virtude dese acordo a USC acordou prescindir de seis deses docentes, dos que que tres pertencían a este departamento. O departamento denuncia que estes traballadores levaban entre 35 a 40 anos vinculados á institución, polo que resulta "incomprensible a non estabilización" destes empregados. Tamén se critica que dende a USC sempre se asegurou que os impedimentos para a consolidación desas prazas eran de tipo procedemental e non orzamentario: "Finalmente quedou de manifesto que tal impedimento procedemental nin existiu nin foi determinante para a exclusión destes tres membros do noso departamento, toda vez que outros dez profesores doutros departamentos si foron estabilizados, a pesar de se atoparen en idéntica situación administrativa". O Departamento de Filoloxía Galega afirma sentirse "particularmente afectado polas actuacións restritivas en materia de profesorado" O Departamento de Filoloxía Galega afirma sentirse "particularmente afectado polas actuacións restritivas en materia de profesorado". Denuncia por exemplo a xubilación doutros dous docentes, a perda dunha investigadora do programa Parga Pondal ou a impugnación do proceso de promoción dunha profesora á categoria de titular. Tamén se critica que se impediu a contratación "dun Profesor emérito de grande relevancia ao suprimirse a convocatoria desas prazas". |
PRAZA_19907 | O presidente di deixar en mans da Asesoría Xurídica a modificación do texto galego logo de que a comisión estatal censurase as súas "restricións inxustificadas" e "discrecionais" | O pasado febreiro a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia un decreto co que dixo querer regular diversos tipos de alugueiros turísticos que agora vén de ser impugnado pola Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) por considerar que impón "restricións inxustificadas" e "discrecionais" aos propietarios. Este xoves o presidente Feijóo abriu as portas a modificar ese texto se así o considera a Asesoría Xurídica da Xunta, en cuxas mans dixo deixar a cuestión, pero criticou que a Competencia non sexa tan rápida ao analizar outras cuestións como a denuncia do propio Goberno galego sobre o elevado prezo dos carburantes en Galicia. O presidente di deixar en mans da Asesoría Xurídica a modificación do texto galego logo de que a comisión estatal censurase as súas "restricións inxustificadas" e "discrecionais" As críticas de Competencia ao decreto galego sobre alugueiro de vivendas turísticas son numerosas. A comisión estatal di que, no caso das vivendas individuais que os particulares alugan para uso turístico, a Xunta permite que os concellos as limiten ou prohiban en determinados edificios ou barrios, o que "supón unha restrición discrecional da oferta de vivendas". Do mesmo xeito, ao prohibir o alugueiro por habitacións considera que "limita o libre exercicio da actividade económica". Tamén considera que a obriga de inscribirse nun rexistro, de pagar unha taxa e de impor uns servizos mínimos supón unha carga innecesaria para iniciar a actividade. No caso dos apartamentos e vivendas turísticas a cargo de empresas, Competencia critica que se prohiba o alugueiro por habitacións e que se limite o período de aloxamento a un máximo de tres meses. Igualmente, rexeita que sexa necesaria unha autorización administrativa previa ou o "catálogo esaxerado de requisitos técnicos e servizos mínimos esixidos, que non superan a análise de necesidade e proporcionalidade da regulación". Para Competencia, "todas estas medidas elevan inxustificadamente os custos de entrada no mercado, desalentan a algúns operadores que xa estaban a participar no mercado con novos modelos prestación de servizo e a outros potenciais oferentes", o que impide "que haxa prezos máis eficientes e competitivos para os usuarios". A Xunta ten un mes para contestar a Competencia ou esta acudirá á vía xudicial, da que a propia comisión estatal lembra que lle deu a razón nun recurso previo contra unha normativa similar da Comunidad de Madrid. Feijóo lamenta que Competencia non se dea tanta présa para analizar a denuncia da Xunta sobre o elevado prezo dos carburantes en Galicia Ante esta situación, este xoves Feijóo asegurou que o Goberno galego fará o que lle diga a Asesoría Xurídica, que aínda está a estudar o requirimento de Competencia. Pero o presidente tamén criticou que a comisión estatal non se dea unha "dilixencia similar" para analizar as sucesivas denuncias que a Xunta lle vén transmitindo hai anos sobre os prezos dos carburantes en Galicia, máis caros que no resto de España malia contar cunha das poucas refinerías do Estado. Sobre o decreto de alugueiros, Feijóo asegurou que a intención da Xunta era garantir "que haxa unha competencia leal" e que "a xente que paga impostos e ten o seu establecemento aberto teña unha competencia leal". Unha afirmación, xa pronunciada anteriormente por outros responsables autonómicos, que é vista polos críticos da normativa como unha defensa por parte da Xunta do sector hoteleiro tradicional, algo que tamén lle supuxo un enfrontamento en localidades especialmente turísticas con particulares que veñen alugando as súas vivendas desde hai anos. A dos alugueiros turísticos é unha máis das sucesivas medidas interpretadas por outros colectivos como unha defensa por parte da Xunta do sector hoteleiro tradicional Tamén en beneficio do sector hoteleiro tradicional son analizadas por outros colectivos decisións da Xunta como a de obrigar a que os albergues de peregrinos empreguen sabas de tea ou a negativa a implantar unha taxa turística en Santiago como pide o Concello. Estas polémicas prodúcense logo de que o Goberno galego veña deixando boa parte das súas políticas turísticas en mans dos empresarios agrupados no denominado Clúster do Turismo de Galicia. Este mesmo xoves a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, participou nun acto desa entidade no que volveu eloxiar "a colaboración público-privada". Decreto sobre as vivendas de uso turístico Requirimento da Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) |
NOS_6386 | Festicultores Troupe está de 15 aniversario pero non puido saír ás rúas co espectáculo que tiña previsto. No entanto, fichou a unha cara coñecida nestes meses e leva no seu show cancións e coreografías dedicadas á Covid-19 | Atecnoloxía alieníxena galaica estréase na Galiza da man da Festicultores Troupe (e da súa nave especial), unha banda que non pode faltar na axenda festeira do país malia que este verán parte da celebración vaia por dentro. O grupo presume de terse aliado con parentes do mesmo ET para crear o "festicultor", que está en todos os seus espectáculos desta tempada achegando lucerío, son, crechas e diversión a cada pegada no acelerador. "É unha ferramenta moi innovadora", conta o cantante Emilio Oro. Ninguén o pon en dúbida porque estes cultivadores de festas tamén foron pioneiros nunha forma de ver as ruadas moi distinta á que existía. Os sete músicos e o técnico que fan encaixar todas as pezas desta tecnoloxía punta musical están de aniversario. Fan 15 anos dándolle a súa particular visión ás festas patronais e están contentos a pesar de que o show tivo que continuar con cambios. "Houbo que reformular todo", recoñece Oro. Mesmo o almanaque que tiñan completo e que quedou en bastantes menos datas. Mais como se acomodaron aos tempos e ás circunstancias, mantiveron nove aparicións en agosto e advirten de "catro ou cinco" datas en setembro, "pero vaise semana a semana sabendo que pode caer". "Quixemos crear conciencia con humor e teatralizamos máis o espectáculo contratando un actor e clown", revelan, quizais tamén por sacudir a preocupación e mirar con optimismo ás caras das e dos paisanos por abducir co aquel alieníxena do festicultor. Neste contexto distópico aí que o vai, xogando a ser a cara máis vista deste ano tan raro. "Fernando Simón coa festicultura fai a festa máis segura", din. Sempre desde o respecto pero coa ilusión de brindarlle un sorriso que precisa moito ao público, arríncanse a cantar "ao uso da máscara" e a "desdramatizar" un chisco cunhas desenfadadas coreografías sobre a arte de lavar ben as mans. Todo con humor, sen pretender ofender ninguén, e buscando "inmunizar con humor". Este show, en principio, non viaxará fóra das fronteiras galegas pero... Quen sabe? Porén, eles andan a mirar se poderán bailar por eses 15 anos. |
NOS_6936 | A Federación Rural galega afirma que esta planta transformadora de Curtis "conta con todas as bendicións do presidente da Xunta de Galiza". | A planta transformadora Inleit está a informar a 200 ganderías que lle subministran leite, de que lles vai aplicar un recorte nos prezos a partir deste 1 de xullo. Isto é o que denuncia a Federación Rural Galega (Fruga) a través dun comunicado, onde indica que se está a falar de pagarlles 29 céntimos o litro, "podendo chegar no futuro a un prezo máximo superior, sempre e cando a cotización dos derivados lácteos suba nos mercados lácteos internacionais". Desde Fruga consideran unha "falla de respecto" que unha industria láctea como esta, "modifique as condicións contractuais de forma totalmente unilateral, invitando os gandeiros e gandeiras a marcharse senón están de acordo cos novos prezos". Aliás, apunta a Federación, "pensamos que esta maneira de proceder non respecta a lexislación vixente, na medida en que non se respectan os prazos, e por outra parte as modificacións só se poderán facer sempre que o novo contrato supoña mellorar as condicións para o sector produtor en relación ao volume de entregas, prezo ou duración do contrato". Para a Fruga Inleit "non é unha empresa láctea calquera", senón que é a compañía "que o señor Feixoo, presidente da Xunta, visitou o pasado 23 de Xuño, anunciando unha recollida diaria de 700.000 litros, e que desde o primeiro momento se anunciaba como se fose a chegada do Plano Marshall para o sector lácteo galego." A isto engade a afirmación de que "foron numerosos os anuncios da propia Consellaría do Medio Rural, louvando a capacidade de recollida e de procesado desta industria. Eran frecuentes as xuntanzas que diversos alcaldes pertencentes ao Partido Popular realizaban cos gandeiros dos seus concellos para comentarlles as grandezas deste proxecto. E agora gustaríanos saber onde está o señor Feixoo, o conselleiro de Medio Rural, e eses rexedores municipais que tanto nos venderan as vantaxes desta industria". |
PRAZA_13757 | O colectivo en defensa da lingua parabeniza o club coruñés pola posible concesión do nome dun espazo urbano na Coruña e dirixirase á Federación de Peñas para que aposten por que inclúa o topónimo oficial da cidade | Unha rúa para o Deportivo pero, a ser posible, non para o Deportivo de La Coruña. É a reivindicación que o grupo local coruñés d'A Mesa pola Normalización Lingüística vén de poñer sobre a mesa tras coñecer que a Federación de Peñas do conxunto deportivista e o Concello da cidade están en conversas, semella que notablemente avanzadas, para dedicarlle un espazo urbano ao club no ano do seu retorno á Primeira división. O colectivo en defensa da lingua amosa "o seu apoio" á iniciativa e os "parabéns a toda afección deportivista, moi especialmente á Federación de Peñas", pero agarda que o devandito recoñecemento non supoña incorporar un novo topónimo deturpado ao rueiro coruñés. A Mesa anima a Federación de Peñas a que, na negociación co Concello, aposte polo topónimo oficial Neste sentido, A Mesa a mosa a súa "preocupación" xa que a información transcendida ata o momento "apunta na dirección" de que o nome completo desta rúa sería Avenida del Real Club deportivo de La Coruña, "por ser esta a denominación oficial do club". Así, a asociación vén de optar por dirixirse á Federación de Peñas, "impulsora da iniciativa", para que "na súa negociación co Concello aposte con claridade por que na denominación da rúa figure o único topónimo xenuíno e oficial da cidade". Sobre esta cuestión a entidade cidadá confía en "obter boa receptividade" no colectivo que agrupa os afeccionados deportivistas o cal, subliña, "xa ten na súa denominación formal o nome da cidade co topónimo oficial malia non ser aínda o caso do Deportivo". O club, "a pesar da demanda dunha parte crecente da afección -lamentan- aínda non foi quen de dar os pasos legais para mudar a súa denominación. Do mesmo xeito, A Mesa sinala que é posible que a rúa escollida para dedicarlle ao Dépor sexa a actual Avenida General Sanjurjo, para a cal "a denominación inicialmente aprobada" foi a de Avenida de Oza, "unha escolla afortunada" porque "apostaba pola recuperación dun n ome tradicional desta zona da cidade" para substituír o do militar golpista. Por este motivo coidan que unha boa solución é que ese recordatorio "do antigo Concello de Oza", se non se realiza na avenida que pode levar o nome do conxunto futbolístico, se faga na "actualmente denominada Avenida dos Caídos, por levar un nome inequivocamente asociado á linguaxe simbólica da ditadura franquista". A iniciativa para que a rúa dedicada ao Deportivo aposte polo único topónimo oficial da cidade chega despois de que nos últimos meses cobrase especial forza a iniciativa Por un Dépor en Galego que, xurdida ao abeiro de Galegolab, traballa para que o club que dirixe Augusto César Lendoiro empregue de xeito normal a lingua propia de Galicia. Unha das últimas iniciativas anunciadas pola plataforma é o despregamento habitual de pancartas no estadio de Riazor na vindeira temporada da Liga de Fútbol Profesional. |
NOS_7465 | En Marea camiña cara ao 28A con todo o aspecto de se presentar en solitario, isto é, sen a compañía de Anova, Podemos e Esquerda Unida. Segundo puido saber Sermos, ningunha destas tres forzas presentaron candidatas ou candidatos ás primarias do partido instrumental. Esta quinta feira concluía o prazo para se presentar ao proceso de selección interna. Os nomes serán dados a coñecer pola organización este domingo 3 de marzo. Ana Seixas é a opción con máis apoios para encabezar a lista da Coruña. | "A día de hoxe o noso cálculo é que En Marea non vai estar connosco na coalición que propomos como Frente Ampla para as eleccións xerais do 28A", din a Sermos fontes do sector crítico, mentres desde a oficialidade do partido instrumental se reitera que a única opción que se contempla desde o villarismo é dar continuidade ao proceso das primarias. "As candidatas elíxenas as persoas inscritas e non os partidos", afirman. Segundo puido saber Sermos, na circunscrición da Coruña a proposta con máis apoios internos é que a lista ao Congreso a encabece Ana Seixas, viceportavoz da organización, como número 1 e Pancho Casal, deputado e ex dirixente de Podemos Galicia, como número 2. En Ourense perfilaríase como cartaz Iván Olmos, en tanto que Iris Malvido e Teresa Burgos aparecen como opcións con forza en Pontevedra e Lugo, respectivamente. Ás 23.59 horas da quinta feira concluía o prazo de fechamento para a constitución do censo electoral e a presentación de candidaturas nas primarias da organizacion En Marea (partido que segundo Anova, Podemos e Esquerda Unida é un actor máis que non se pode arrogar a representación da totalidade do espazo rupturista). Esta sexta feira o comité electoral fará a proclamación provisoria das candidaturas e abrirá un prazo de 24 horas para a subsanación de eventuais erros e a apresentación de hipoteticas reclamacións. A proclamación definitiva das candidaturas será este domingo, día en que o comité electoral fará públicos os nomes das persoas que concorran a este proceso interno. O inicio da campaña das primarias de En Marea será a segunda feira feira 4M e fechamento, a quinta feira 7M. As votacións serán entre a sexta feira 8M e o domingo 10M. A proclamación provisoria dos resultados, a segunda feira 11M e a definitiva, a cuarta feira 13M. A este proceso non concorren dirixentes dos tres partidos que se presentaron en coalición ás xerais de xuño de 2016 baixo a marca En Marea. Significa isto que xa está dita a última palabra e que a ruptura entre villarismo e o tripartito Anova-Podemos-Esquerda Unida está consumada? Ben, non necesariamente. "Até a última hora do último día non se pode dar nada por definitivo. Con todo a nosa impresión é que o aparato de En Marea ten tomado unha decisión sen volta atrás", din a Sermos desde o sector crítico. As fendas no seo da confluencia son moi profundas e atinxen a aspectos estratéxicos. Para o villarismo, a tríade Anova-Podemos-EU é un satélite da dirección estatal de Podemos. Para os críticos, Villares está pensando máis na recomposición do nacionalismo galego (con vistas a unha futura converxencia co BNG) do que en manter, xa non digamos reforzar, os lazos coa esquerda estatal. O que estaría neste momento totalmente desbotado é que un acordo in extremis se verificase na participación de candidatas e candidatos críticos nas listas de En Marea como partido. Por tanto, as dúas opcións que hai sobre a mesa son a) ruptura, En Marea vai como partido e compite coa coalición tripartita Anova-Podemos-EU e b) hai acordo e o tripartito vira en tetrapartito, a coalición amplíase a En Marea. "Xuridicamente non hai máis posibilidades do que esas. Si que estamos traballando en todo caso nunha Fronte Ampla, isto é, en ensanchar a base de apoio da coalición, cos apoios das mareas municipalistas", afirman as fontes coas que falou Sermos. E como van elixir os partidos criticos as súas candidaturas? Iso vai por barrios. Podemos xa o fixo cunhas primarias en decembro, das que resultaron vencedores Antón Gómez-Reino por A Coruña, Ángela Rodriguez Pam por Pontevedra e Ledicia Piñeiro por Ourense (Lugo ficou vacante por falta de aspirantes). Anova convocará asembleas, un pouco ao estilo do BNG, en tanto que en Esquerda Unida está aínda por decidir quer o formato do proceso de escolla quer os prazos, embora o que din os estatutos da organización é que as candidaturas se elixen en convencións provinciais. En Marea agradece "o traballo e o compromiso" de Alexandra Fernández Quen seguro que non vai ser candidata ás xerais é a deputada Alexandra Fernández, quen esta quinta feira anunciou a súa retirada da primeira liña da actividade política. En Marea emitiu esta sexta feira un comunicado en que pondera o seu "traballo e compromiso". O paso atrás da parlamentar, o único apoio de Villares no grupo de En Marea no Congreso, é "unha demostración máis da maneira en que Alexandra Fernández entende o servizo público e o carácter cívico ao que se debe a política para ser entendida como unha ferramenta para a sociedade e non un medio de satisfacer intereses persoais". |
NOS_35401 | O Xulgado do Social número 2 de Ferrol desestimou a demanda de Navantia contra a CIG e o comité de folga do persoal das auxiliares no conflito do pasado ano contra a precariedade e pola recuperación de dereitos. "Queda demostrado que a demanda carecía de fundamento legal", sinalan desde a central sindical. | Navantia pretendía declarar ilegal a greve, que a afectaba directamente. Con todo, nin sequera fora impugnada pola empresas auxiliares nas que si se convocara o paro indefinido. O verdadeiro obxectivo de Navantia non era conseguir que se declarase a folga ilegal ou abusiva", afirma a CIG, senón coaccionar e descativar os traballadores e traballadoras que de xeito masivo secundaban a folga". "Navantia debería pedir perdón polo seu burdo intento de deslexitimar a CIG e criminalizar o dereito á folga", considera o secretario xeral do sindicato nacionalista Paulo Carril, "mais tamén pola manipulación que fixo dos motivos que levaron á convocatoria e á terxiversación da resposta exemplar dos operarios da inustria auxiliar" A dirección de Navantia optou, ao longo da folga -ocurrida en outubro do pasado ano- por unha "postura moi belixerante" contra o persoal das subcontratas e contra a CIG como central convocante da greve. Os intentos de deslexitimación e boicote foron continuados por parte do mando da empresa pública. "Non nos van amedrentar con este tipo de actuacións, nin que veñan de empresas tan poderosas como Navantia", asegura Carril, "cando o que está en discusión é a defensa dos dereitos e acabar coa precariedade e a pobreza laboral. Seguiremos convocando as folgas que sexa necesarias", engade. Tamén o secretario da Federación de Industria da CIG, Xoán Xosé Bouzas se pronuncia sobre a sentenza. "A folga foi completamente legal e a CIG estaba lexitimada polas asembleas de traballadores e traballadoras", di, "a folga é unha ferramente fundamental que temos como clase para defender os nosos dereitos. Navantia quixo coartar a liberdade sindical e meter medo no persoal". Piquetes sen violencia O ditame do xulgado ferrolán tivo en conta as tres excepcións alegadas pola CIG: a falta de lexitimación activa de Navantia para solicitar a declaración de ilegalidade dunha folga convocada e seguida por persoal que non é o seu propio; a falta de lexitimación pasiva dos membros do comité de folga para ser parte nun procedemento de carácter colectivo (que ademais non persegue a solución do conflito); e a falta de adecuación do procedemento. A maiores, o documento xudicial deixa constancia de que, en contra do argumentado por Navantia, os piquetes da greve actuaron sen violencia e que esta circunstancia mesmo se desprende da proba achegada pola empresa. "Condenamos que Navantia use a xustiza para tentar restrinxir o dereito das traballadoras e traballadores a revindicar non xa melloras salariais e laboraias, senón a recuperar os dereitos roubados", conclúe o sindicato. Nota: a primeira versión desta noticia contiña un erro sobre o xulgado que ditou sentenza. Xa está corrixido. |
NOS_38166 | Así o deixa entrever o seu irmán, o tamén futebolista Jonathan (actualmente enrolado no Pro Piacenza, na serie C italiana), en declaracións a Faro de Vigo. | Aspas está a ser unha das grandes sensacións do campionato, con 15 tantos no que vai de liga. Dada a inflación do mercado, a súa cláusula de rescisión -apenas 40 millóns de euros- é relativamente asequíbel, como contamos aquí. Non surprende por tanto que chamase a atención dunha das potencias emerxentes do planeta, a chinesa. Un dos clubes da liga do país máis populoso do mundo, o Beijing Guoan, acaba de pór os seus ollos no punta de Moaña. Porén, até o de agora estaríamos a falar apenas dunha "toma de contacto", afirma Jonathan, quen -alén de xogador profisional (debutou con 16 anos na primeira equipa do Celta nunha eliminatoria de UEFA en Lisboa face o Benfica en 1999)- oficia de representante do seu irmán. A variábel básica desta historia é o desexo de Aspas de disputar o mundial de Rusia. Aos seus 30 anos -fai 31 en agosto- é a súa grande oportunidade de brillar no maior trinque do futebol global. A súa cotización actual é alta. Un bon mundial, por suposto, aínda a dispararía máis. "As portas do mundial será moi difícil que [Aspas] aceite unha oferta. Mais sabendo as cantidades que se moven aí, a saber que pasa", di Jonathan. "Rumores haberá moitos até final de mes porque as equipas procuran un goleador e non creo que vaian pagar a cláusula de Messi ou de Luis Suárez", engade. Neste contexto, salienta, "o máis asequíbel do mercado é Iago, polo que seguro que o seu nome soará mesmo para outras equipas". A dificuldade da operación deriva do feito de que o Beijing Guoan quer incorporar o futebolista xa, neste mes de febreiro, o que obviamente representaría un obstáculo obxectivo para ser seleccionado por Lopetegui para o mundial. "Para perder o mundial tería que ser unha loucura de contrato", reflexiona Jonathan e a seguir esclarecer: "No seu día díxome que el quería ir ao mundial e que, despois, se lle oferecen un deses contratos tolos, pois o pensaría". |
PRAZA_7059 | Como esta xente pode falar de lexislar medidas contra a corrupción, cando eles non son un exemplo? | Na dirección do Partido Popular aparentemente aparecen dúas tendencias: unha, a dos duros, mais ben ultraconservadores, que podía estar representada, entre outros, por Esteban González Pons e Carlos Floriano, que son capaces de defender as decisións máis extremas do Goberno, ou dicir sen inmutarse que Bárcenas non ten nada que ver co PP, iso si, despois de que entrara na cadea, cando como e sabido por todos, foi o xerente e responsable das contas dese partido, durante máis de 20 anos. Por outro lado están os aparentemente moderados, que ás veces ante decisións moi impopulares do Goberno, fan pequenas matizacións públicas, so para quedar ben, pois non son moi esixentes, por exemplo, no tema do aborto. Dentro deste grupo poderían estar entre outros: José-Antonio Monago e Alberto Núñez Feijoo. Estas persoas, realmente defenden os mesmos principios, aínda que representan diferentes papeis. Por exemplo na reacción ante as dimisións son todos exactamente iguais. E patético o caso do Sr. Monago, que despois de mentir dicindo que os viaxes que fixera a Canarias por motivos privados os pagara do seu peto, ó día seguinte admite que vai devolver os cartos dos máis de 30 viaxes para estar cunha persoa coa que mantiña relacións, e di, que a el só o fan dimitir os cidadáns de Estremadura. Estes viaxes pagámolos tódolos españois e polo tanto, aparte de devolvernos os cartos, ten, polo menos que dimitir, pois un ladrón e mentireiro non pode estar nun cargo público, e sobre todo, despois de ver o que fixo o seu compañeiro de partido aragonés, a quen polo mesmo motivo, a Presidenta daquela comunidade, neste caso con cordura, sí o fixo dimitir. Tamén o Sr. Núñez Feijoo tería que dimitir, primeiro por manter unha relación de amizade con Marcial Dorado, cando xa fora imputado e detido por contrabandista, e que despois resultou ser un dos maiores narcotraficantes galegos, e non contento con isto, permítese, hai pouco, manter amizade e ir ós touros con Pachi Lucas, considerado o conseguidor da trama de axudas públicas na operación Zeta. Claro, teñen exemplos a quen imitar, pois ós seus xefes: D. Mariano Rajoy e a Sra, De Cospedal, o lixo da corrupción tamén lles chega ata as orellas, como demostran os papeis de Bárcenas. Como esta xente pode falar de lexislar medidas contra a corrupción, cando eles non son un exemplo? |
QUEPASA_558 | Tras analizar como cambia o servizo dos bancos en plena pandemia e falarmos de dixitalización municipal e teletraballo, continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver" imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables… Hoxe falamos desa clase de leis aprobadas (e nas últimas semanas van unhas cantas) pero que por seren inaplicables. | As administracións e as leis que por si mesmas non existen Para que unha lei sexa lei, é dicir se poida aplicar e sexa xusta, ten que ter dúas premisas: A primeira contar cos medios para poder cumplila; a segunda que haxa un criterio unificado, ou máis ou menos unificado para que sexa para todos iguais. Do contrario cada administración a aplicará a súa forma, incluso dependendo de quen che toque a tramitación dentro da propia administración pode aplicarse dunha forma ou doutra. Hai sectores profesionais que tratan no día a coa administración que saben perfectamente que esta situación leva a que en moitas normativas teñan tantas variantes como administracións haxa, incluso tantas como personal implicado na mesma. Polo tanto ata para facer un trámite hai que estudiar ben o día a escollar, o o gobernante que dirixa, e os funcionarios que participen na mesa, moitos deles auténticos paralizadores de todo. Esta situación agravouse sobremaneira durante a pandemia e moita xente que descoñecía certas prácticas e non estaba familiarizada co día a día da administración douse de fuciños contra a realidade. Aínda que tamén hai que dicilo, todo depende moito que Secretario e Interventor estea á fronte da institución e o grao de colaboración interna teñan os traballadores, o coñecido como "ambiente de traballo". Existen tantas leis e tantas administracións como interpretacións fagan sobre todo interventores, secretarios, policías locais, técnicos e ata funcionarios de escalas intermedias. Incluso diferentes alcaldes dinnos que eles cada vez mandan menos e que dependen das decisións doutros. Iso si, teñen a última palabra, pero, dinos un alcalde "non debemos baixar o dedo si non o baixan outros técnicos antes, eles son os coñecedores da lei, e si eles, con razón ou non, din negro, ti non debes dicir branco, e aí xorden os problemas, si hai exceso de celo, ou se vai polo libro a rajatabla, non se move un papel, porque unha cousa é a lei, outra a interpretación do técnico e outra a realidade". Xa o sabían moi ben todos aqueles que se adican o mundo da verbena, que despois de multitude de reunións e anos de xestións para acadar do goberno autonómico unha normativa común para toda Galicia que normalizara e abreviara a documentación a presentar de forma igualitaria para todos os concellos, atopáronse de fuciños coa crúa realidade, que a normativa interpretábase de mil formas. E dependendo do concello no que se tramitara, incluso de quen che atendera nese propio concello, a documentación era unha ou outra. A pesar de que, para organizar unha verbena, só é necesario declaración responsable e seguro de responsabilidade civil, sen nen sequera ter que emitir a administración unha autorización específica, moitos concellos comenzaron a pedir completos proxectos técnicos con documentación que triplicaba a que se pedía antes da aprobación da normativa, e cunha complexidade que en moitos casos a comisión organizadora tiña que poñer a tramitación en mans de profesionais, senón abandonaba antes. Nesta pandemia estas prácticas levaronse ata extremos absurdos e surealistas. Nalgúns concellos contan que despois dunha rolda de prensa de membros do Sergas sobre medidas e restricións, despois de que estas foran ratificadas e aclaradas por medio do DOG, e despois de que a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) recabara da Xunta unhas aclaracións sobre dúbidas interpretativas, e estas foran perfectamente aclaradas pola Xunta a través do Sergas e remitidas os concellos a través da Fegamp, moitos finalmente, pasaban das interpretacións dos órganos superiores que establecían as restricións e interpretaban as medidas doutra forma distinta, cando realmente xa viña o tema "cocido" e era só realizar un copia e pega nas notificacións de órganos superiores. Ou simplemente aínda, só facer público a cartelería oficial emitida pola Xunta de Galicia con deseño gráfico e incluso en forma de infografia en formatos dixitais listos para publicar. Dinnos que loxicamente as dúbidas xorden e as interpretacións tamén, pero que demasiados casos son excesivas. Mostras reais Outros van máis alá e dinnos que despois da comparecencia urxente de Pedro Sánchez para todo o país e de Feijóo para toda Galicia, anunciando o confinamento total do país na primeira ola, no que había que quedar na casa sen saír, a orde de diferentes dirixentes foi que todo seguía igual, que había que ir a traballar. Incluso durante toda a fin de semana, co país en estado de alarma por primeira vez na democracia, con todos os medios informativos a nivel nacional anunciando de forma permanente todas as medidas, inéditas iso si, a tomar, estiveron debatindo vía mensaxería como ían a reordear os traballos o vindeiro luns naqueles departamentos que non ían a ter público, que debían estar pechados, sin xente nin traballadores e pensando como se pensaba nun axente superinfeccioso que nos podía contaxiar con só tocar papeis, plásticos e sobretodo respirar. Pero o dirixente de turno dicía que non podía ser así. Ata que entrou a cordura e á última hora do domingo chegou a orde do gabinete do alcalde, dicindo que non había que acudir os postos de traballo. No comenzo da pandemia, nunha situación inédita nun ambiente de confusión todo pode ter disculpa, pero é que moitas cousas non cambiaron un ano despois. Na ola de xaneiro de 2021, cando a Xunta de Galicia implantou as medidas máis duras, ao marxe do confinamento, incluídas de restricións de mobilidade, e xa cando deberíamos ter ampla experiencia e poderíamos ter xa superado diversas dúbidas, séguense sucendo situacións surealistas.Nun concello da zona de Santiago diferentes veciños denunciaron publicamente que a Policía Local do municipio multaba en base ao domicilio que figuraba no DNI, sin atender a outros documentos fehacientes de constatación de residencia que probaban que estaban dicindo a verdade. Imaxínense as multas que ían caer se o policía en cuestión se apostara na porta das facultades onde o 90% dos estudiantes son de fóra da cidade e coa conseguinte dirección no DNI do seu lugar de orixe. Aínda que a cuestión de residencia e domicilio merece un capítulo aparte que tamén trataremos. Que é parella? Nesta situación o Diario Oficial de Galicia, e respecto a mobilidade, recollía textualmente que se permiten «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes». Sinxelo, directo e escueto. Pero diferentes veciños que consultaron con algúns concellos e Policías Locais manifestaron que a norma refírese a parellas con vínculo similar ao matrimonial, que poden vivir en distintos municipios, pero non nos casos do «noviete/a». Pero a normativa deixa aberta o término "parella" e non fala nada de matrimonio, nin de «noviete/a», que obviamente é un criterio, máis ben inventado polo funcionario de turno, sen unha base normativa, porque como indicamos, DOG doga non pon nada ao respecto do que lle informaron o veciño. Un medio informativo de tirada autonómica indicaba que nunha consulta ao teléfono 900 400 116, habilitado pola Xunta de Galicia para resolver dúbidas sobre o tema covid, e o respecto desta formulación, explicaban que teñen que ser matrimonios ou parellas de feito que vivan separados por razóns de traballo e que poderían xustificar que teñen convivencia de fins de semana ou en determinados días. Pero obviamente eso é a interpretación dunha persoa anónima que está detrás dun teléfono, que tanto poder un funcionario como un traballador dunha empresa subcontratada, que alguén lle dixo que ante esa consulta informara desa forma, pero que, obviamente non ten amparo documental, nin legal, que neste caso é o DOG. Consultado o tema cun veterano funcionario da administración dinnos que se collemos calquera normativa sobre calquera aspecto e se a lemos de principio a fin con detalle, todas elas empezan dicindo si, para ir variando cara o non, ou viceversa, e acabar con excepcións que o final pode ser si ou non, e incluso deixalo a interpretación de quen a aplica. E esto foi unha práctica que se elevou a máxima potencia na pandemia. En calqueira caso o que prevalece é o documento legal, é a normativa escrita, que é na que se ten que basar o axente da autoridade para unha posible sanción, e si fora como interpreta a policía local ou o funcionario ao outro lado do teléfono de información, parece máis lóxico que o DOG en vez de dicir «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes», dixera «as reunións de persoas con vínculo ou de parella cando vivan en domicilios diferentes, entendendo por parella matrimonios ou parellas de feito que vivan separados por razons de traballo e que poideran xustificar que teñen convivencia de fins de semana ou en determinados días en municipios diferentes, excluindo relacións non formalizadas documentalmente». Pero como só dí a primeira frase, non existe base documental para sancionar a ninguén fóra do que di a frase do DOG en cuestión. Casos na hostalería Tamén é significativo o que nos contan de diversos locais de hostalería, que optaron por manter a opción de servizo a domicilio ou recollida no propio local. Parece ser que axentes dun determinado corpo de seguridade presentáronse en moitos deles advertindo que non podía haber ningún cliente dentro do local, que os que recollían o material no local non podían acceder ao mesmo, e que había que poñer unha barreira ou mostrador na porta sin que o cliente accedese en ningún momento ao interior do local, baixo amenaza de sanción.Esa situación, que por outra parte parece lóxica, creou malestar entre os propietarios dos locais porque a normativa non di eso, máis ben todo o contrario. Só di "a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que os consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios". Como se pode comprobar non é que se prohibira a entrada, senón todo o contrario, autorízase especifícamente cuns condicionantes específicos. Outro funcionario tamén nos indica que a percepción que moitas veces se ten das normativas, non é de que sexa un erro ou un olvido, senón unha intencionalidade de buscar realmente unha inexactitude para poder facer unha aplicación máis laxa da normativa dependendo dos casos, ou levar a estas situacións de confusión e interpretación. Serie "Cousas" Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: As xestións telemáticas e o teletraballo. Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo. Outras reportaxes sobre Leis Xaneiro 2021: A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural: Xaneiro 2021: Carta dun autónom@: "A Crónica dunha morte anunciada, a do comercio local". Novembro 2020: A Xunta amplía os horarios para o ocio nocturno (en tempos de normalidade). 2018: Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?. Maio 2020: Pode ser a esquecida Lei de Espectáculos Públicos unha referencia para controlar aforos?. |
NOS_24123 | O Mestre Magariños foi discípulo de Chané. Compuxo decenas de pezas e nunca percebeu nada por elas. Nos derradeiros anos da súa vida traballou como caixeiro no cinema Mahía de Brión e hoxe a Escola Municipal de Música de Brión leva incorporado o seu nome na denominación oficial: Escola Municipal de Música Magariños. | Polos anos trinta do século pasado, Magariños dirixiu unha circular a todos os directores de bandas de música recomendándolles que executasen música galega, muiñeiras de preferencia. Entregoulles unha relación de partituras e os lugares onde as podían mercar. Fíxoo mais "por amor a Galiza ... que por lucro" Magariños escrebeu máis de cuarenta obras, moitas delas muiñeiras sabendo que "non me han compensar o traballo que me custou facelas pero estou plenamente convencido de que no ritmo da nosa danza ... se poden escribir bonitas melodías". E non aceitaba a ausencia da nosa música nas festas, "Paréceme unha nota discordante que nunha carballeira onde até os paxariños cantan en galego, as bandas de música, compostas por galegos, se dediquen a executar bailes de negros e indios". Poucas desas composicións foron publicadas mais até a súa morte defendeu que as bandas "por amor a Galiza deben executar muiñeiras, sexan miñas ou de outro" Isto dicíao en 1963 nunha ampla entrevista publicada por La Noche os días 22 e 24 de xuño e conducida por Donato de Eira Pedriña. Nesta fin de semana toda a Galiza está chea de festas mais a música galega está máis ausente do que nunca delas. |
NOS_26164 | Dezaoito anos despois do falecemento de José Couso no Iraq, a mans do Exército dos Estados Unidos, o Supremo ratifica a condena ao Estado español por negarse a perseguir o crime, como "estaba obrigado", salienta. Critica que os sucesivos Gobernos se dedicaran a aceptar os argumentos dos Estados Unidos. | O 8 de abril de 2003, durante a invasión do Iraq, tres soldados aos mandos dun tanque do Exército dos Estados Unidos -Philip de Camp, Philip Wolford e Thomas Gibson-, bombardearon o Hotel Palestina, sede dos xornalistas desprazados ao país, matando o cámara ferrolán José Couso, que se atopaba gravando nese intre, e o xornalista ucraíno Taras Protsyuk. A pesar da insistencia da familia e do xuíz Santiago Pedraz por que os responsábeis fosen xulgados e condenados, a Audiencia Nacional arquivara o caso en primeira instancia até que en 2010 o Tribunal Supremo obrigou a reabrilo. En 2015, a reforma da xustiza universal aprobada polo Partido Popular fechou a porta á investigación, que se dirime nos tribunais da Unión Europea. Finalmente, 18 anos despois do asasinato, a Sección Quinta da Sala do Contencioso do Tribunal Supremo confirmou a condena da Audiencia Nacional ao Estado español por ignorar a súa responsabilidade cando "estaba obrigado a facer xestións en pro dunha investigación internacional obxectiva dos feitos, e no seu caso, utilizar os medios que estimase para dar como resultado a reparación do dano ocasionado". A maxistratura critica o Estado español por limitarse "a dar por bos os argumentos dados en contra da ilegalidade do feito polo Estado que o ocasionou", en referencia á xustificación dos Estados Unidos de que foi un evento cotián de guerra, ocasionado por un erro na identificación dos obxectivos. Esta xustificación foi aceptada polo Estado español e usada pola Fiscalía para tentar frear a investigación dos feitos desenvolvida polo xuíz Pedraz. A omisión da protección que tiña que dar á familia de Couso, obriga o Estado español a indemnizar con 182.290 euros a súa viúva e fillos, segundo ratifica a resolución do Supremo, que salienta que "os cidadáns teñen dereito á protección diplomática por parte da Administración para resarcir un delito cometido por outro Estado", agardando máis que "a calada por resposta", segundo se coñeceu onte. A embaixada dos EUA en Madrid presumía da axuda dos ministros As revelacións de comunicacións diplomáticas feitas por Wikileaks permitiron coñecer que a embaixada dos EUA en Madrid dedicou ducias de cables ao intento da familia, dalgúns partidos políticos e do xuíz Pedraz de levar diante da Xustiza as accións das Forzas Armadas estadounidenses. Nestes documentos, que afectaban principalmente á etapa de Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE), os diplomáticos vangloriábanse da complicidade de ministros e fiscais para que o caso non seguise adiante, acusacións negadas polo partido estatal e a Fiscalía. A nai de José Couso, Maribel Permuy, sinalou a medios estatais que "dixen aos políticos que se ao meu fillo o tivese matado ETA, sería recoñecido doutro xeito", mais "como o mataron os ianquis, os políticos nunca van loitar por nós". |
NOS_49981 | Así o denunciaron as organizacións estudantís nacionalistas (Comités e LEG) após teren notificación dalgúns dos máis de 1.500 casos que se deron no conxunto do Estado español. O BNG exixe explicacións ao ministro Wert en Madrid e advirte que se pode tratar dunha "forma máis de recortar" nas axudas ao estudo. | As organizacións estudantís nacionalistas denunciaron através das súas webs oficiais que o Ministerio de Educación español está a denegar as bolsas de axuda ao estudo para o curso 2013-2014. Segundo recollen en senllos comunicados os Comités e a Liga Estudantil Galega, "milleiros" de estudantes estarían a recibir correos electrónicos procedentes do MEC en que se lles notifica a denegación da axuda, mesmo naqueles casos en que o alumnado cumpre cos requirimentos exixidos para a obtención da mesma. "No seu empeño por elitizar o ensino e impedir á entrada da xente máis humilde na universidade, o ministro de educación está disposto a saltarse a súa propia convocatoria de bolsas", advirten aliás desde a LEG pois os avisos recibidos pol@s estudantes outorgan un prazo de 15 días naturais --isto é, contando feriados e fins de semana-- para remitiren a información complementaria que o Ministerio solicita ou, no seu defecto, para presentaren unha alegación formal á bolsa denegada. Neste senso, desde os Comités denuncian que esta limitación temporal coincide co período de vacacións do estudantado e "as universidades están fechadas no nadal". Unha medida que, entenden as organizacións estudantís, visa dificultar a tramitación das alegacións ou, mesmo, que moit@s alumn@s non poidan recorrer. "Esta situación é intolerábel e propia dun desgoberno que só busca denigrar os servizos públicos para que o discurso de que o sector privado é a única alternativa cale fondo na xente do común", afirman desde a Liga. Así, as organizacións estudantís informan nos seus portais web e redes sociais de cal é o procedemento legal para reclamar. O BNG exixe explicacións ao Goberno españolPerante as denuncias do estudantado, a deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha pregunta dirixida ao ministro de Educación, José Ignacio Wert, na que exixe explicacións ao goberno español a respeito da denegación masiva de axudas. Neste senso, salienta no texto remitido á Mesa do Parlamento a deputada nacionalista, o "insólito" que resulta a fixación de "15 días naturais" como prazo para a presentación de alegacións "que non hábiles", di, "en pleno período natalicio". Así, o BNG, denuncia a "falta total de transparencia" e o "proceder escurantista e opaco" do executivo español non só a respeito dos últimos acontecementos, senón, acrecenta, "por todo o que vén ocorrendo desde hai un ano e medio" en relación coas bolsas de axuda ao estudo. Para a organización frontista, estas notificacións remitidas polo MEC poderían tratarse de máis unha forma "de recortar" as axudas polo que exixen explicacións ao responsábel de Educación. |
PRAZA_15646 | O 5 de xaneiro de 1961 Xosé Neira Vilas publicaba en Bos Aires a obra, da man da editorial Follas Novas, dedicada "a todos os nenos que falan galego". | O 5 de xaneiro de 1961 Xosé Neira Vilas publicaba en Bos Aires Memorias dun neno labrego, a través da editorial Follas Novas, que fora creada en 1957 polo propio Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda, co propósito de difundir, desde a diáspora, o libro galego. Con todo, o grande éxito da obra comezou en 1968, cando Ediciós do Castro publicou en Sada a segunda edición, ilustrada por Isaac Díaz Castro. En só vinte anos editaríase unha ducia de veces, sen contar as versións en castelán e en portugués que xa existían del a comezos dos anos 80. Cincuenta e cinco anos despois, a obra, dedicada "a todos os nenos que falan galego", suma xa 35 edicións na nosa lingua e foi traducida a unha morea de idiomas, desde o catalán, o inglés, o alemán, o ruso, o francés, o checo e o italiano ata o chinés. Está considerado o libro máis lido da literatura galega, con máis de 600.000 exemplares vendidos até o 2015. Ademais das edicións e traducións, a obra conta con adaptacións teatrais (por exemplo, a realizada en 2011 por Cándido Pazó, ademais de numerosas versións amadoras) e mesmo cunha pequena peza audiovisual, unha versión de 1986. Neste martes 5 de xaneiro son varias as institucións e entidades que lembran e homenaxean este libro e, sobre todo, ao seu autor, falecido o pasado 27 de novembro. A Consellería de Cultura daralle este martes o nome de Xosé Neira Vilas ao auditorio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. De igual xeito, a Real Academia Galega dedícalle a Neira Vilas, académico numerario da institución desde o ano 2001, un apartado na súa web. "O libro, el soíño ó principio, empuxado logo polo agarimo 'propagandista' de centos e centos de lectores, foi chegando ás aulas, ós galegos de Suíza, ás bibliotecas, ás mans campesiñas, a departamentos universitarios, ós galegos de Francia… Para miles de lectores –culturizados noutro idioma e na autosubestimación lingüística– foi unha revelación, unha 'revolucionaria' revelación: xa lido o fermoso relato, centos e centos da xente do común descubriron que con dúas realidades descalificadas –a lingua galega e a aldea– podía construírse un relato que xeneraba nos lectores galegos, ademais de emoción, clara conciencia de dignidade", escribiu Xesús Alonso Montero -presidente da RAG- no prólogo dunha edición de 1981. Para Alonso Montero, a autobiografía infantil de Balbino era "a resposta lúcida dun asoballado ao asoballamento", a historia dun ninguén cunha "conciencia de clase non artificial" cuxo relato ilustra a paisaxe moral e social da Galicia rural dos anos 40 do século pasado. Xosé Neira Vilas ingresou na Real Academia Galega no ano 2001 cun discurso sobre A cultura galega en Bos Aires 1950-1960, no que destacou "a enorme importancia que tivo para a cultura galega en tempos de opresión e caiñeza na Galicia territorial todo o que se fixo na década dos cincuenta en Buenos Aires e porque eu tiven a fortuna de vivir día a día todo aquel agurgullar". "Aquel mociño da aldea que era eu, cheo de inquedanzas, pero ignorante de case todo, foi evolucionando na emigración", dixo. Este martes 5 de xaneiro tamén a Uned Senior da Coruña levará a cabo en Paderne unha xornada de homenaxe a Memorias dun neno labrego, a cargo do historiador Felipe Senén, que falará sobre a obra e a figura de Neira Vilas. "Por que nos gusta tanto este libro? Porque todos nós, xente que nacemos no campo, identificámonos perfectamente con Balbino", escribe unha das alumnas. "Memorias dun neno labrego está dedicado a todos os nenos que falan galego. Daquela, eran moitos. Hoxe, bastantes menos. Se cadra, pola nosa culpa. Reflexionemos. E pidamos que siga habendo moitos homes e mulleres que, como Xosé Neira Vilas, dignificaron a vida do mundo rural e tamén a lingua galega", engade. NA TENDA DE PRAZA Memorias dun neno labrego, na Tenda de Praza |
PRAZA_2851 | O presidente, sen lentes, dá na Coruña o seu primeiro mitin tras a agresión que sufriu dun mozo en Pontevedra sen que nin el nin os seus compañeiros de acto, incluído Feijóo, digan nada do ataque | Sen lentes, mirando para o chan con coidado de non tropezar, chegou Mariano Rajoy ao mitin que na tarde deste mércores ofreceu na Coruña, o seu primeiro acto tras a agresión que sufriu dun mozo durante un paseo electoral por Pontevedra. Algo máis de dúas horas despois, sorrindo e arroupado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, Rajoy obviou durante a súa intervención calquera referencia á agresión. Nada dixeron tampouco os outros tres cargos populares que inteviron con el no Pazo de Congresos da Coruña. A súa cara sen gafas era un recordatorio permanente. Rajoy iniciou o seu discurso lembrando o seu ascenso no PP en Galicia antes de chegar a Madrid e asegurando que o seu partido foi creado desde a base. "Non somos produto dunha operación de márquetin", dixo, para engadir que "sempre gañamos as eleccións aquí porque somos un gran partido pegado á terra, o que se parece a Galicia e mellor representa os intereses de Galicia". Rajoy continuou salientando as dificultades que se atopou ao chegar a La Moncloa. "Gobernar é moi difícil", dixo, e eloxiou os servizos públicos de que desfruta España malia a crise. Nesa fase estaba, falando en particular da sanidade, cando lembrou que "unha muller", en referencia á enfermeira galega Teresa Romero, resultou infectada de ébola en España "e foi a un hospital público e non lle cobraron". Porén, o presidente obviou que esa muller contaxiouse por ser enfermeira precisamente nese hospital. "Estou nun gran momento, atópome moito mellor que hai catro anos, máis convencido das posibilidades do meu país, con máis ganas, con máis ilusión e con máis forza, e necesito que me apoiedes para gañar as eleccións o próximo domingo", rematou Rajoy o seu discurso. Única posible referencia, no discurso de Feijóo Antes do presidente do Goberno central interveu no mitin Feijóo, quen centrou o seu discurso en salientar que Rajoy é galego e, só por iso, a mellor escolla para os votantes galegos. Del dixo que é o político "con maior carreira política de España" e polo tanto, engadiu, "non está aquí para facer carreira política senón para servir a España". Rajoy é, ao xuízo de Feijóo, "garantía da estabilidade institucional". Nesa liña, o presidente galego salientou a tranquilidade que transmite Rajoy. "Descualificar aos demais non é a súa maneira de ser, non arranxa ningún problema e xa se encargan eles de lincharse entre eles", dixo, e criticou sen citalo ao socialista Pedro Sánchez por non ser quen de manter a tranquilidade na campaña. A continuación, Feijóo lanzou a única frase que se podería entender como referida á agresión que sufriu Rajoy: "Galicia e España non queren extremismos, agresividade, violencia". "España non se pode permitir un goberno das mareas" Pola súa banda, o cabeza de lista do PP pola Coruña, Miguel Lorenzo, que leu a súa intervención -"creo que o de hoxe é o meu primeiro mitin", dixo- criticou a "parálise, a propaganda" do goberno local da Marea Atlántica. "España non se pode permitir un goberno das mareas", dixo. Por último, o líder do PP coruñés, Carlos Negreira, rexedor da cidade ata que o pasado maio Marea Atlántica igualou o seu número de escanos e o desbancou da alcaldía co apoio do PSOE, asegurou que o PP é "o partido favorito de España, de Galicia e da Coruña". Negreira dedicou boa parte da súa curta intervención a reclamar liberdades políticas para Venezuela e alertar do risco que ao seu xuízo hai de que España acabe igual. Antes do mitin na Coruña, Rajoy realizou este mércores por Galicia dous paseos para as cámaras acompañado por Feijóo e Pastor en Vigo e na súa cidade, Pontevedra, durante o cal sufriu a coñecida agresión. Antes, mentres aterraba en Peinador, a súa conta de Twitter enviaba un chío: "Llegamos a mi tierra. Comparto con vosotros una foto de la Ría de Vigo. Paisajes espectaculares los de Galicia". Información sobre a agresión a Rajoy en Pontevedra, en Pontevedra Viva |
NOS_17073 | O furacán, agora de categoría 1, achégase a cidade de Tampa. | O furacán Irma está a perder forza no seu paso por Florida, onde tocou terra após provocar unha trintena de mortos ao seu paso polo Caribe e inxentes danos mateiriais. No estado de EUA son no mínimo 3 as persoas falecidas en relación ao furacán, que chegou aos EUA tras pasar por Cuba. Seis millóns de persoas foran evacuadas por prevenciónen Florida. Após tocar terra nos Cayos, no extremo sur do estado, na que as autoridades xa falan de crise humanitaria, Irma foi perdendo forza. Con todo, e embora ese debelitamento, os ventos atinxen os 175 quilómetros por hora. Hai enormes danos sen cuantificar e máis de tres millóns de clientes sen electricidade, 35% do total do estado. O nivel do mar aínda mantén Miami anegada. O aeroporto internacional seguirá fechado esta segunda feira. Á devastación únese o perigo agora das chamadas marexadas ciclónicas. Os servizos meteorolóxicos prognostican que o ciclón seguirá avanzando nas próximas horas cara ao oeste da península de Florida e pode afectar a grandes cidades coma Tampa. A partir desta terza feira, prevese que se desvíe cara ao sureste dos Estados Unidos. As cifras de falecidos polo paso de Irma polo Caribe continúan en aumento xa andan na trintena. Once personas faleceron en San Bartolomé e San Martín, catro nas Illas Virxes de Estados Unidos, 4 nas británicas e un en Barbuda, en Barbados e en Anguila. Tamén houbo catro muertos en Turcos e Caicos, mentres que en Porto Rico tres persoas perderon a vida. |
NOS_12250 | Opúxose á toma en consideración da iniciativa proposta pola Asociación de medios en galego e defendida na Cámara polo BNG. | O grupo parlamentar do PP votou en contra esta terza feira (24 de febreiro) da proposición de lei presentada pola Asociación de medios en galego através do BNG. A iniciativa visaba a toma en consideración dunha Lei de publicidade institucional para dotar a xestión dos fondos públicos investidos nesta materia de criterios de "obxectividade" e "transparencia" na súa asignación. Porén, desde as bancadas do Partido Popular opuxéronse á súa tramitación embora prometeren en 2009 lexislar ao respeito, como lembraron as forzas da oposición. "Non serve nen para comezar a falar, nen para emendar", criticou duramente a voceira do PP, Paula Prado. O obxectivo da iniciativa era "regular a relación dos medios de comunicación co poder político", explicou a deputada do Bloque, Monste Prado perante o "enorme poder de influencia" da imprensa. Para iso, a proposición lexislativa estabele unha serie de criterios na adxudicación da publicidade institucional baseados na "concorrencia" e "transparencia",mais tamén na obriga estatutaria que atinxe o goberno galego na "promoción" e "difusión" da lingua galega. Neste senso, a deputada do BNG lembrou que actualmente os medios escritos prácticamente na súa integridade en español concentran o 75% dos fondos públicos de acordo co principio de difusión que prima na asignación das campañas, baseádose en criterios de audiencia. Control O debate parlamentar trascendeu ao propio texto lexislativo presentado para xirar arredor do "dereito á información veraz" e o "control político" dos medios de comunicación através de asignacións orzamentarias. "Hai que regular para vencer o uso partidista dos medios e o mal uso do diñeiro público", sinalou Xabier Ron (AGE) fronte ao que a oposición tildou de "relación obscenda" entre a Xunta e a imprensa sistémica. "Hai que regular para vencer o uso partidista dos medios e o mal uso do diñeiro público" Destarte, @s parlamentares de BNG, Grupo Mixto, AGE e PSdeG-PSOE lembraron algunhas das campañas da Xunta de Feijóo polas que foron reprendid@s en campaña electoral "até en 9 ocasións", apuntou Chelo Martínez (Grupo Mixto). Naquela altura a Xunta electoral exixiu a retirada de informacións e campañas institucionais que contraviñan a lexislación vixente por constituíren auto-gabanzas da xestión política do goberno. "Non vale nen para emendar" Porén, a portavoz do Partido Popular, Paula Prado, chegou a asegurar na súa quenda de intervención que "non atoparán ningunha campaña a destacar logros de xestión do Goberno galego" nas dúas lexislaturas de Feijóo. Ao contrario, dixo, que no período bipartito. Prado tirou de campañas como os servizos de axuda á dependencia para exemplificar a súa posición batendo contra o lema institucional escollido pola Vicepresidencia da Xunta. Un sucinto "in-dependencia". Prado defendeu o "rigor" na asignación das campañas polo goberno do PP do que dixo "nunca houbo tanto". De maneira que avanzou o voto contrario á proposición lexislativa batendo contra a iniciativa elaborada pola Asociación de medios en galego. "Non vale nen para emendar", afirmou. A respeito da atribución das axudas e campañas polo uso da lingua propia, Prado despachouse cun "non hai igualdade se non se dá un trato igualitario". Desta maneira criticou o estabelecemento de medidas de discriminación positiva cara aos medios integramente en galego. "Todos son galegos", dixo. A lei estabelecía un máximo do 60% das contratacións para calquera medio e medidas específicas para aqueles que empregan a lingua propia. |
NOS_53792 | Os traballadores de Alcoa ofrecen á multinacional acabar coas restricións á saída de material de San Cibrao se acepta sentar a negociar a venda da factoría e retirar o ERE que afecta 524 empregados da planta de aluminio | Hai máis dun mes que Alcoa non senta con ninguén a negociar o futuro das instalacións de aluminio primario en San Cibrao, no concello de Cervo, após dar por rotas as conversas con Liberty House e co Goberno español, que intentou facerse co control da factoría a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). Pero as cousas poden mudar se aceptan as condicións impostas polo comité para acadar a "paz social" cos seus traballadores e traballadoras, en folga desde o 6 de outubro. Para iso, a multinacional norteamericana debe sentar "de verdade" a negociar a venda da factoría e levantar o despedimento colectivo para 524 traballadores que pretende aplicar na planta de aluminio. Así o trasladou esta segunda feira o presidente do comité, José Antonio Zan, nunha rolda de prensa na que criticou as "promesas incumpridas", "mentiras" e "traizóns" ao cadro após máis dun mes de espera pola mesa multilateral xunto á Xunta e o Goberno español. Din que se dan esta rolda de prensa é precisamente porque non teñen "outros foros" onde poder presentar esta proposta. Ao que non está disposto o colectivo de traballadores é a chegar "á vergoña de ter que sentarnos nun xulgado coa empresa", advertiu. A folga "eliminarase cando esa posibilidade se elimine", profundou Zan en referencia aos despedimentos que polo momento a empresa mantén sobre a mesa e que aínda non comezou a notificar aos seus empregados. Rematar coa guerra "O que ofrecemos a Alcoa e aos gobernos é paz social. É o que temos. Agora temos unha guerra montada. Se eles queren buscar unha solución e un futuro...", indicou Zan, para quen deixar saír parte da produción "pode ser unha das vías". Con todo, o representante sindical insistiu en que isto "se podería falar se levantase o ERE". "Se senta a negociar coa SEPI e quita o ERE", matizou. E é que, segundo salientou, "as medidas sindicais están a facer dano a Alcoa, unha gran perda" e esa é a "forza" do comité. Nesta liña, manifestou estar "dispostos a aliviar os 50 millóns de perdas que ten Alcoa" debido ás restricións de saída de material no caso de que a empresa "sente a negociar". A oferta, precisou, é "estudar as medidas sindicais adoptadas", pero Alcoa "debe aceptar sentar a negociar cos dous gobernos en igualdade de condicións e coa SEPI, que tentou comprala, para buscar unha saída". Ao mesmo tempo, José Antonio Zan demandou á Xunta "un plan para poder investir na planta, actualizala e facer que o próximo comprador estea interesado" nela. Isto, segundo aclarou, "debe ser durante as negociacións e o período de venda". Con Ron Harvey de interlocutor Os traballadores de Alcoa instaron a Xunta e Goberno español a dirixirse por carta ao presidente de Alcoa, Ron Harvey, "para que sente a negociar". Lembraron que Harvey "foi xefe da planta de aluminio" e ten "bastante coñecemento" da fábrica, polo que é "a persoa indicada" para coller esta negociación. No caso de que a empresa non acceda a esta petición, os traballadores entenden que o seguinte paso debería ser a intervención da empresa, no que insiste a CIG. "Pedimos que a interlocución sexa con Ron Harvey; non pode haber outra interlocución, xa que todo até agora fracasou", subliñou Zan, que insistiu en que os Executivos "deben obrigar Alcoa a sentar e ser eles quen fagan a solicitude para sentar". "Xa está ben de falsas esperanzas, tanto conto e tanta historia", concluíu o presidente do comité. |
NOS_24406 | O nacionalismo sinala Pontevedra como exemplo do "cambio galego" | Só apostando por un proxecto propio, que confíe nas potencialidades do país, é posíbel "derrotar as políticas regresivas e centralistas do PP", sinalou onte en Pontevedra Ana Pontón, candidata do BNG a presidir a Galiza. "Fixémolo en Pontevedra e o 5 de abril temos a oportunidade de estendelo desde o Goberno da Xunta", afirmou a líder nacionalista. Pontón, que presentou a candidatura do Bloque por Pontevedra, a cal encabeza o actual deputado Luís Bará, presumiu de que a cidade do Lérez constitúa "un exemplo do cambio galego e de bo Goberno". En relación ás propostas para o concello, a candidata salientou que "Pontevedra terá nun Executivo liderado polo BNG o máis fiel aliado para "dar a batalla definitiva" que permita sacar a pasteira Ence da ría", e animou Alberto Núñez Feixoo a enviar o seu currículo ao complexo contaminante "para que o acollan a partir do 5-A, porque a Galiza precisa unha presidenta que pense nos intereses do país e non nos da multinacional". A candidata do Bloque tamén fixo referencia a outras cuestións que inclúen como prioritarias para a cidade: rexeneración do Lérez, novo sistema de depuración, a variante de Alba e a mellora da rede viaria que conecta Pontevedra cos concellos veciños, así como acelerar a posta en marcha do novo hospital Montecelo e dotar a cidade de novos equipamentos sociais. Pola súa parte, Luís Bará asegurou que o BNG aspira a liderar o cambio que precisa a Galiza e sae a gañar con moi boas perspectivas, asegurou. "Temos proxecto, temos persoas, somos o equipo A! como din todos os nosos símbolos, o equipo de Ana Pontón, o equipo da Galiza, o equipo que fai política en A fronte ás políticas en B do Partido Popular, dos sobres en B, das portas xiratorias e tamén das amizades perigosas", subliñou. |
NOS_21011 | A indignación desatada nos Estados Unidos polo tiroteo nunha escola de Texas que acabou coa vida de 19 estudantes e dous profesores non abondou para pórlle freo a esta problemática. En 2022, o número de tiroteos masivos rexistrados ascende a 562, unha cifra que vai camiño de fixar unha nova marca desde que comezaron os rexistros. | A tradicional lixeireza da política de armas nos Estados Unidos (EUA) converteuno no país do planeta cun maior número de armas por habitante, 120 por cada 100 persoas, revela Small Arms Survey. A moita distancia está o segundo na lista, o Iemen, con arredor de 50 armas por cada 100 cidadáns, e que leva oito anos de guerra civil con participación dos países do golfo Pérsico. Esta gran dispoñibilidade de armas, entre outros factores, impacta nos niveis de violencia que padece o país, que desde o comezo de 2022 sufriu 36.520 mortes por disparos, 16.720 delas inclúen homicidios, asasinatos ou disparos non intencionados, e 19.800 correspóndense a suicidios, vén de actualizar o Gun Violence Archive, que rexistra desde 2013 os efectos das armas no territorio. Os datos da entidade sosteñen que de continuar esta progresión nos últimos meses do ano converteríase no exercicio máis mortífero, ao que hai que engadir as lesións aflixidas a máis de 32.000 persoas. Novo tiroteo nos Estados Unidos durante a celebración do 4 de xullo: reportan, cando menos, 6 mortos Tamén está a ser un ano récord no que respecta aos tiroteos masivos: 562 até o de agora, e camiño a estabelecer unha nova marca desde que hai rexistros. Aínda que a masacre nunha escola de Uvalde, Texas, en maio, causou un especial impacto a nivel federal tras ser asasinados 19 estudantes e dous profesores, só nas últimas dúas semanas producíronse 26 tiroteos masivos ao longo do país americano. Nos colexios, na última década aconteceron máis de 900 incidentes con armas, medio milleiro deles tiroteos. Entre a poboación máis nova, 266 nenas e nenos de 11 ou menos anos perderon a vida en 2022, mentres que de 12 a 17 anos xa foron confirmados 1.111 falecementos. No último informe da Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito colócase aos EUA como o cuarto país do mundo con máis homicidios intencionais, só despois do Brasil, a India e México. A taxa de homicidios sitúase a carón da de países como Etiopía, Senegal, Madagascar ou Ecuador. 293 tiroteos masivos nos EUA en 2022 Ao analizar esta cuestión, o Pew Research Center recoñece que "as armas están profundamente arraigadas na sociedade estadounidense". Porén, a posesión de armas tamén marca as divisións no país. Os afiliados ao Partido Republicano teñen máis que os demócratas, os homes máis que as mulleres e os habitantes do rural máis que os urbanos. Até 63% dos estadounidenses sosteñen que a protección persoal é o principal motivo para adquirir unha arma de fogo, e 48% consideran que a violencia armada é un dos principais problemas do país, unha percepción maioritaria entre afroamericanos e latinos e minoritaria nos adultos brancos. A pesar de que máis da metade da poboación considera que hai que implantar políticas máis rigorosas de control de armas, o seu acceso continúa a ser relativamente doado, polo que se require un enfoque integral para reducir o número de mortes relacionadas con estas armas, defende o Centro para o Control e Prevención de Doenzas dos EUA. A súa subdirectora, Debra Houry, incidiu en que "as mortes por armas de fogo non son inevitábeis, e todos teñen un papel que cumprir na prevención". Un asunto fóra dos debates electorais do 8 de novembro Malia as cifras de mortes por armas de fogo que rexistran os EUA, o seu control non forma parte dos principais debates das eleccións intermedias do 8 de novembro, nun país onde a industria militar supón 8% do gasto público. Amais, lobbies como a Asociación Nacional do Rifle non só tratan de bloquear a lexislación anti armas por medio de múltiples doazóns a políticos, senón que reclaman o dereito a levalas en público. |
PRAZA_18235 | O concerto de Teresa Salgueiro inaugura unha nova edición dun festival que vai máis aló da lusofonía e propón o intercambio con creadores de países cos que Galicia ten relación. Chico César, Mercedes Peón, a Cesaria Evora Orchestra, Kepa Junkera, Eladio y los Seres Queridos ou Vudú son algúns dos artistas que tocarán ata o vindeiro domingo. | Teresa Salgueiro inaugura este xoves 11 de outubro unha nova edición de Cantos na Maré, o festival da ilusofonía que dá un paso máis nesta edición cara a un novo modelo con máis días de programación, aberto a máis culturas, máis xéneros, máis públicos e a novas experiencias. Cantos na Maré aposta por un novo modelo con máis días de programación, aberto a máis culturas, máis xéneros, máis públicos e a novas experiencias A partir das 20.30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura, Salgueiro interpretará temas propios e tamén recuperará algún dos que cantou durante anos con Madredeus. Será o inicio dun festival que, por mor das previsións de chuvia e mal tempo, trasladou todas as actuacións previstas no exterior do Pazo da Cultura ao interior. Haberá, ademais, concertos e actividades no Teatro Principal, no Museo de Pontevedra ou en diferentes localizacións da vila nunha completa programación que se pode consultar na web do certame. As entradas, que poden collerse en modo bono para asistir a todos os que hai no Pazo da Cultura, ou concerto a concerto, xa están á venda en Ticketea e Eventbrite para un festival no que participarán durante catro días ducias de artistas como o brasileiro Chico César, Mercedes Peón, a Cesaria Evora Orchestra, Kepa Junkera, Eladio y los Seres Queridos, Vudú, García MC & Nación Quilombo, Os Meninos e moitos máis. Tal e como destaca a organización, a edición 2018 de Cantos na Maré é de transición entre o formato que tivo nos últimos 13 anos, un espectáculo dun só día con cantantes de países lusófonos, e o que quere ter para as vindeiras edicións. "Cantos na Maré será un festival de catro días de duración pensado coma ferramenta para o intercambio con creadores –non só músicos- de países cos que Galicia ten relación", explica. "Cantos na Maré será un festival de catro días de duración pensado coma ferramenta para o intercambio con creadores de países cos que Galicia ten relación" No musical, Cantos na Maré incorpora desde este ano novos xéneros, estilos e olladas. A presenza da principal rapeira de Portugal --Capicúa--, ou o espectáculo programado para a noite deste venres, no que o DJ galego García MC presentará unha colaboración especial co pianista cubano Alejandro Vargas é unha mostra dalgúns dos novos camiños polos que transita o proxecto. O mesmo que a incorporación no programa de concertos de colaboracións coma a que xorde da colaboración dunha banda portugesa e unha angolana: Throes + The Shine. Mesturan músicas electrónicas, rock e música africana. De Angola tamén chega, por certo, a rapeira Eva RapDiva, que participará no concerto de Capicúa xunto á rapeira galega Wôyza. |
NOS_48683 | A familia Franco resístese a perder os privilexios derivados da Guerra Civil e os 40 anos de ditadura. A última das súas accións, unha vaga de denuncias contra participantes e produtoras do programa de Mediaset En el punto de mira sobre o patrimonio dos descendentes do ditador. Entre eles atópase o historiador Carlos Babío, coautor de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio. | "Non considero que sexa unha denuncia contra min", explica Babío a Sermos Galiza, "é unha denuncia contra a cidadanía deste Estado e contra aqueles que loitan pola memoria, a xustiza e a liberdade". A intervención do investigador no programa -titulado A fortuna dos Franco e emitido o pasado verán- foi no apartado dedicado ao Pazo de Meirás, duns oito minutos de duración. "É o mundo ao revés", esténdese, "os Franco non só negan os abusos dun réxime, senón que pretenden tapar a boca daqueles que o denuncian ou defenden a memoria, a verdade e a non impunidade. Fano a forza de insultos, ameazas, coaccións e denuncias". Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio (Fundación Galiza Sempre, 2017), obra de Babío e Manuel Pérez Lorenzo, está a servir de base documental para as iniciativas públicas pola recuperación de Meirás. O 25 de marzo, no Xulgado de Primeira Instancia nº44 de Madrid, está programado un acto de conciliación. Isto indigna ao demandado. "Era o que faltaba. Os Franco queren seguir facendo caixa co xenocidio", conclúe. |
PRAZA_6513 | Dirixentes das federacións de peñas de Celta e Deportivo reflexionan sobre a rivalidade e a posibilidade dun partido en harmonía e piden aos políticos que se impliquen nese obxectivo. Os dous soñan con poder visitar aos veciños sen ter que ser escoltados ou sen agochar as camisetas. | Aos poucos e moi paseniñamente, hai cousas que van cambiando no derbi galego. Malia que o partido en Balaídos deste martes -unha vez máis- foi declarado de alto risco, as previas desta histórica rivalidade van perdendo un chisco a linguaxe bélica que adoitaba predominar dun e doutro lado. O amigable que Celta e Deportivo disputaron en agosto en Pontevedra, e onde os seareiros conviviron nas rúas sen incidente ningún, fixo ver en moitos a esperanza do inicio doutro tipo de encontros, diferentes aos que se levan vivindo nos últimos trinta anos. A cordialidade nas rúas no último derbi amigable fixo ver en moitos a esperanza do inicio doutro tipo de rivalidade Queda moito por facer e as minorías adoitan ser as que máis berran. Ninguén quere acabar coa paixón, as bromas ou a retranca tan propia, pero si coas pedras, as viaxes escoltadas por policías e as camisolas agochadas tras as cazadoras nos bares. As federacións de peñas celtistas e deportivistas levan tempo avogando por unha rivalidade sa e sen incidentes e analizan aquí as razóns dalgúns comportamentos violentos e a xenreira que leva tempo instalada. Con máis ou menos optimismo, os dous coinciden nun propósito que, polo momento, segue a ser utópico: "Soño con chegar á outra cidade e botar o día na rúa, de viños e tapas, cada un coa súa camisola". Como o derbi vasco. Hai anuncios de destacadas cadeas de supermercados que teiman unha e outra vez en "vivir como galegos". Con festa, optimismo e orgullo. Sen enfrontamentos. Por que non tamén no fútbol? "Soño con botar o día na outra cidade, de viños e tapas, e cada un coa súa camisola", reivindican os dirixentes das peñas José Méndez, presidente da Federación de Peñas do Celta, non é demasiado optimista sobre o futuro e, malia o mellor ambiente vivido nalgún dos últimos encontros, cre que "botar unha ollada ás cousas que se din nas redes sociais" abonda como para pensar "que vai ser difícil acabar con este tipo de rivalidade extrema". "O partido deste martes, polo día e a hora á que é, axuda a que non haxa problemas porque haberá menos xente nas bancadas e menos afeccionados que viaxen desde A Coruña", asegura resignado. "Sempre hai os mesmos problemas e ao final pagamos as consecuencias os que levamos anos viaxando por aí adiante sen conflito ningún, sexan do Deportivo ou do Celta", engade Antonio Rama, directivo da Federación de Peñas dos branquiazuis e o máis veterano do colectivo, nunha reflexión na que coincide co seu compañeiro celtiña. "Nas federacións de peñas nunca houbo problemas; os conflitos veñen doutros lados" "Nas federacións de peñas nunca houbo problemas e tampouco entre peñas, os problemas veñen dos que non están integrados na federación", di Méndez, en referencia clara aos Riazor Blues e aos Celtarras, pero aclara que "tomar medidas drásticas" sobre algún comportamento extremo "non depende de nós". "Supoño que algo se podería facer e o que non pode ser é que busquemos solucións ou nos botemos as mans á cabeza cando ocorre algún incidente", comenta Rama. "Nas federacións temos compartido programas en varios medios, xuntámonos e avogamos pola cordialidade... Nunca fixemos nada malo nin nada que puidese crear mal ambiente, pero o problema é a receptividade; se non se é receptivo a estas mensaxes, de pouco valen. Hai que concienciarse e iso, moitas veces, é cuestión de cultura e educación, nada máis", insiste Méndez, que coincide con Antonio Rama nunha ilusión: "A nós o que nos gustaría é ir todos xuntos da man". Ambos os dous miran ás directivas, que cren que van polo bo camiño pero ás que lle piden un paso adiante "Vén de haber un cambio de presidente e directiva no Deportivo e parece que o camiño é o da cordialidade", asegura o directivo das peñas celtistas. "Deberían facer algo máis, implicarse, fomentar a cordialidade, publicitalo ben, xuntarse ante os medios... Iso axuda", insiste o compañeiro branquiazul. Pero é que nin os xogadores puxeron todo da súa parte nalgunha ocasión. Hai comportamentos máis que cuestionables. Polo momento, desta vez ninguén meteu a zoca. "Todo cambiou para peor en 1986, xusto cando había dous políticos [Leri e Paco Vázquez] moi propensos a enviar mensaxes equivocadas" Pero para os presidentes das peñas, a maior responsabilidade (e se cadra tamén os maiores erros) está na clase política, á que si que piden con claridade que se implique máis nunha causa que debe ser común. Tanto antes como agora, sempre houbo quen levou a rivalidade a unha pelexa localista ou partidista. E fixo moito dano. José Méndez ten boa memoria. "As cousas comezaron a cambiar, para peor, en 1986 xusto cando había dous políticos que eran moi propensos a esas mensaxes equivocadas, un era Leri [Antonio Nieto Figueroa], que xa faleceu, e o outro xa non está moi metido en política", di, en referencia a Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña. Dun e doutro lémbranse xestos, declaracións e provocacións propias dos futboleiros máis radicais, coa diferenza de que eles representaban o pobo e empregaban o apoio que recibían en votos para atacar o veciño. Foi a mediados dos 80 cando viaxar co teu equipo a Riazor ou Balaídos se converteu nun problema. En 1987 fundáronse as dúas peñas máis radicais en ambos dous campos. "Os políticos, e sobre todo os alcaldes, deberían facer moito máis pero nin o intentan", reivindican as peñas "Os políticos, e sobre todo os alcaldes, deberían facer algo; en vez de declarar o partido de alto risco, sería moito máis proveitoso que quedasen xuntos e comparecesen ante a prensa, que promovesen unha campaña publicitaria concienciando a xente... Hai moitas cousas que se poden facer pero que nin se intentan", propón Antonio Rama, que non lembra viaxe ningún a Balaídos no que non tivese que ir escoltado ou con certo temor. "E o mesmo pasa ao revés, claro, que eu non penso desculpar a ninguén", advirte. "Ao final, o problema resúmese nunha pelexa cidadá; eu son de Arbo e a min non me provoca nada que haxa quen cante puta Vigo... Igual se cantan puta Arbo si que me amola, pero así non; e igual ocorrerá aos deportivistas que non son da Coruña cando insultan a cidade...", di entre risas, tras advertir tamén que "se poden facer moitas cousas", pero que é complicado levalas adiante "se non hai complicidade e se non se ten esa boa intención". "Gustaríanos ir tomar os viños xuntos e non baixar do bus ao estadio e volver a el escoltado... Esa non é viaxe de pracer ningunha" "O que nos gustaría é chegar á Coruña e facer un acto de irmandade como facemos con outras afeccións. Logo gañará o que gañe, pero todo debe seguir igual; ao final, o resultado depende dunha pelota", conclúe José Méndez, que soña con "ir de viños e tapas" pola Coruña coa súa camiseta como fai noutras moitas cidades. "Gustaríame ir tomar os viños e pasear por aí, como en tantos outros lados, e non coller o bus, baixar no estadio e volver subirme nun autocar escoltado... Esa non é viaxe de pracer ningunha, nin moito menos", reflexiona Rama, que pide aos medios que destaquen as numerosas e beneficiosas actitudes "positivas" que se dan en moitos afeccionados e non tanto o malo. "Pasan os anos e seguimos lembrando os incidentes, pero case nunca o bo ambiente ou a ausencia deles e iso tamén inflúe", conta. Tras o partido deste martes, José Méndez e Antonio Rama seguirán sendo celtista e deportivista respectivamente. Pase o que pase. E seguirán soñando con ir ver o derbi xuntos. Entre risas, bromas e uns viños. Sen problemas. Como galegos. Co espírito de Vilalba. |
QUEPASA_850 | Saltarse o peche perimetral, non usar máscara, fumar na vía pública e os grupos de persoas non convivintes foron as causas principais. | Segue a Policía Local da Laracha facendo cumplir as normas de seguridade impostas polo confinamento perimetral. Se a semana pasada relataban a as multas por facer botellón e por saltar o peche perimetral, esta semana intensificaron o seu labor de control. Lembran que a Laracha está pechada co resto da comarca de Bergantiños (é dicir, si se pode transitar pola comarca), pero está prohibida a mobilidade das persoas, salvo por casos debidamente xustificados, nos límites cos concellos de Arteixo, Cerceda e Culleredo. Ademais recordan a limitación das agrupacións exclusivamente a persoas convivintes e o peche da hostalería. Así, durante o sábado e o domingo, tramitaron 37 denuncias. Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes. Tamén interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado. |
NOS_49147 | A empresa galega Lugar da Veiga, produtora das galletas mariñeiras, aparece outro ano máis na clasificación elaborada por 'Financial Times' na que figuran as 1.000 empresas europeas cunha maior taxa de crecemento nos últimos anos. Nós Diario entrevista o seu coordinador xeral, Xosé Lois Lamazares. | Repetir outro ano máis na listaxe do 'Financial Times' é sinal de bo traballo. Comezaron a elaboralo en 2017 e chamoulles a atención a empresa, contactaron e enviamos un cuestionario. Para a nosa sorpresa incluíronos desde a primeira edición. Tiveron en conta o importante crecemento que tivemos desde 2014. A peculiaridade para o noso caso é que a maior parte das empresas desa listaxe son doutros sectores. Hai poucas agroalimentarias e a maior parte son tecnolóxicas, da construción ou de servizos. O que chama a atención é que unha empresa situada en Chantada, que se dedica a facer un produto só, estea aí. Como naceron as mariñeiras? Levabamos anos dándolle voltas a un proxecto que nos permitise volver ao rural de maneira autoxestionada. Houbo máis ideas de negocio, algunhas moi avanzadas como a de agroecoloxía, realmente o que máis se adaptaba a todos os obxectivos que nos marcabamos. Mais, no medio visitamos un irmán que vivía na Arxentina e ten unha panificadora. Facía un produto moi parecido que nos deu a idea. Chamounos a atención. Era rompedor con respecto ao que había no mercado e vímoslle potencial. Fixemos unha investigación de mercado e descubrimos que foron incorporadas a través das expedicións mariñas. Fixemos unha investigación de mercado e descubrimos que foron incorporadas a través das expedicións mariñas nas culturas culinarias non só dos países de América do sur senón tamén do norte. Era un potencial que o produto viñese de séculos atrás. Unha vez que deixou de ter a función de abastecer os barcos non se mantivo comercialmente aquí, mais en América si. Os lineais de galletas aquí tiñan máis galletas doces que salgadas. En 2005, cando puxemos en marcha a instalación, case non había galletas salgadas, sen azucre, nos lineais dos supermercados, mais si había algunhas marcas aínda que con outro enfoque. Cal é o segredo do seu éxito? Inflúen varios factores. Comezamos a comercializar as mariñeiras en 2006 e tivemos uns anos moi bos de crecementos iniciais importantes, que foron suficientes como para manter o proxecto, malia que despois houbo un estancamento pola crise desde 2010 até 2014. Desde o inicio apostamos como estratexia pola calidade, a certificación de seguridade alimentaria e do medio ambiente, ademais dun esforzo comercial importante para estar presentes en feiras nacionais e internacionais. Outro factor determinante é o propio produto. É peculiar e diferenciado do que hai no mercado, polo que unha vez que se superou a crise demostrou ser atractivo para compradores e profesionais. Refresca os lineais e ao ser diferenciado achega ese potencial comercial. Un pouco todo iso foi o que nos permitiu ter un crecemento sostíbel durante seis anos. Por outro lado, orientamos o produto estratexicamente a aproveitar unhas tendencias que había de consumo como son os produtos naturais, bio, e mesmo o propio modelo do proxecto. Como é ese modelo? É un modelo de xestión empresarial que sempre tivemos claro. Foi a nosa motivación máis importante. Os promotores estabamos traballando de forma estábel e de optar por un proxecto deste tipo era por unha serie de inquedanzas que tiñamos. Entre elas estaba o de volver para o rural e apostar por unha economía social. A empresa está enfocada máis ás persoas e non á especulación. Non tiñamos aforros e non era o noso fin especular cun investimento. A empresa está enfocada máis ás persoas e non á especulación. O modelo, situado dentro do que se denomina economía social, permitíanos trasladar esas inquedanzas. Por ese motivo apostamos por unha sociedade laboral onde as propias traballadoras e traballadores se van integrando no proxecto como socias e socios. O reinvestimento dos excedentes destes anos forma parte dese modelo. Dentro das opcións que tiñamos de economía social de forma societaria estaba a cooperativa e outra a sociedade laboral. Optamos pola segunda porque nos permitía incorporar o que era a parte dos intereses dos fundadores con esa visión máis enfocada ás persoas. Por una lado, están os intereses dos promotores de seguir controlando o proxecto, por así dicilo, e a fórmula de facer compatíbel a entrada do persoal tamén como socios do proxecto. Como obxectivo, reservamos, a medio e longo prazo, un terzo da participación da empresa para ese fin. É un proxecto dinámico a nivel de xestión. Participativo, posto que non é só ser socio da empresa, pois tamén estende a todos os traballadores o que é a participación da produción e do proxecto. O método axudounos a posicionarnos no mercado e achegou un valor engadido. Como ve as mariñeiras nun futuro próximo? Vexo aínda un potencial importante. A estratexia de Daveiga non é correr senón ir pouco a pouco. Os nosos mercados están na Galiza e Portugal, polo que queda moito desenvolvemento no Estado español, fóra da Galiza e tamén en Europa. Pouco a pouco. Non son mercados para chegar e encher. O importante é que o proxecto se consolide e nese sentido creo que o temos consolidado. Seguiremos investindo recursos para aproveitar ese potencial, mais tampouco é a nosa obsesión estar no ránking do Financial Times todos os anos. |
NOS_17563 | Son as mesmas persoas que nas elección estatais do pasado mes de abril: Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Mariña Ortega (Ourense). | As persoas que encabezarán as candidaturas do PSdeG polas catro circunscricións galegas para as eleccións do 10 de novembro serán as mesmas que as que o fixeron nos anteriores comicios estatais, en abril pasado. Así o anunciou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que indicou que as listas serán as mesmas que na anterior convocatoria agás algunha modificación "puntual". Pilar Cancela liderará a lista do PSdeG pola Coruñanunha lista na que en abril ía seguida por Pablo Arangüena e a concelleira socialista Montse García. Olga Alonso, concelleira en Vigo, será a número 1 por Pontevedra. Marina Ortega fíxoo por Ourense e Ana Prieto por Lugo. Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense). Nas eleccións estatais de abril pasado o PSdeG foi a forza máis votada na Galiza, obtendo 32% dos votos e atinxindo 10 deputados e deputadas. |
NOS_16763 | O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, sinalou que "xa está todo feito" para a devolución do pazo ás galegas | O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asegurou que viu "un pouco oportunista" a parte do discurso de investidura do presidente en funcións, Pedro Sánchez, a respecto da recuperación do Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña), porque "xa está todo feito". "Simplemente hai que, por parte do Estado, defender as formulacións xurídicas para que o ámbito xudicial lle dea a razón" e que este patrimonio, actualmente en mans dos herdeiros de Francisco Franco, pase a patrimonio público. Así o manifestou Rodríguez en declaracións aos medios antes de participar no Cemiterio de Boisaca, en Compostela, na ofrenda floral a Valle-Inclán con motivo do 84 aniversario do seu falecemento. Preguntado sobre as palabras de Sánchez no seu discurso de investidura, no que apostou por recuperar este inmoble "canto antes", o conselleiro agradeceu que "se una á iniciativa que se fixou no Parlamento da Galiza e estase executando desde a Xunta" para que este pazo, distinguido como ben de interese cultural (BIC), pase a titularidade pública. Neste sentido, Román Rodríguez lembrou que a Avogacía do Estado demandou o pasado mes de xullo aos Franco, o que propiciou un proceso xudicial no que tamén participa a Xunta. Ademais, explicou que os galegos e galegas teñen "moi claras" dúas cousas: "A primeira, que o Pazo de Meirás ten que pasar a formar parte do patrimonio público e, segundo, que non se debe pagar dúas veces. Non debemos achegar recursos económicos públicos á familia Franco". |
PRAZA_6130 | O Foro Galego de Inmigración sinala que un vendedor ambulante de orixe nixeriana foi golpeado por varios policías preto do Centro Comercial Marineda City. A entidade concentrouse este martes ante os xulgados, onde o home tivo en enfrontar un xuízo por falta administrativa. | O Foro Galego da Inmigración denuncia que o pasado mes de xuño un grupo de axentes da policía local da Coruña "maltrataron" un home de orixe nixeriana e residente legal na cidade dende hai anos. Esta persoa atopábase o 6 de xuño preto do Centro Comercial Marineda City vendendo caramelos na rúa. Segundo o Foro, "cando se dirixía a recoller a axuda/pago que lle quería facer unha señora foi retido por unha persoa, que lle colleu polo ombro e identificouse como policía. Esta persoa, vestida de paisano, insistiu en collerlle o macuto no que levaba a mercancía que levaba, tratándoo de forma violenta. Colleulle a documentación e finalmente requisoulle a mercancía". Segundo o Foro, o vendedor agarrou o macuto e "viuse forzado a tumbarse no chan", onde foi "golpeado polo grupo de policías en varias ocasións" Ao día seguinte, o vendedor ambulante volveu ao mesmo lugar cun novo macuto e nova mercancía, que lle fora emprestada a conta. Nese momento achegouse un coche da policía local, e o mesmo policía do día anterior, xa uniformado, dirixiuse cara a él con outros compañeiros con intención de collerlle o macuto coa mercancía. Segundo o Foro, o vendedor agarrou o macuto e "viuse forzado a tumbarse no chan", onde foi "golpeado polo grupo de policías en varias ocasións". Mesmo algunha persoa achegouse para gravar a agresión, pero a propia policía "impediullo", relatan os responsables do Foro. O home, sen mercancía e sen a súa documentación, foi trasladado esposado até a Comisaria da Policia Nacional, na que permaneceu durante horas. Este martes unha concentración reclamou "o cese da persecución cara ao colectivo migrante" Este martes celebrouse na Coruña o xuízo de faltas contra este home, denunciado pola súa actividade de venda ambulante. O Foro Galego da Inmigración levou a cabo unha concentración en solidariedade co acusado, e que tamén serviu para denunciar e reclamar "o cese da persecución cara ao colectivo migrante" e o cese igualmente "das redadas racistas por cometer simples faltas administrativas e polo desenvolvemento de actividades de venda ambulante ou similares para a súa supervivencia e a das súas familias". O Foro esixe así mesmo a "implementación de programas de integración socio-laborais que permitan outras alternativas máis dignas para estas persoas". Nos últimos anos foron varias as ocasións nos que o colectivo de inmigrantes, o Foro Galego da Inmigración e a Asociación sen Papeis da Coruña denunciaron o acoso policial ao que se ven expostos moitos vendedores ambulantes inmigrantes e mesmo casos de agresións. Ademais, BNG e EU criticaron nos últimos meses a taxa de decomisos aprobada polo Concello, cualificada de "un imposto á pobreza". Con este imposto as persoas ás que lles foi retirada a súa mercadoría pola policía vense na obriga de pagar entre 30 e 100 euros por recuperalas; ademais, se non os retiran en menos dunha semana, teñen que pagar dous euros diarios a maiores. |
PRAZA_3811 | Antonio García Teijeiro foi un dos autores que máis se implicaron, a través das redes sociais para adaptarse ás circunstancias do confinamento, na celebración do Día da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX). Tamén é un dos veteranos da mesma en Galicia. Falamos con el de toda a súa traxectoria na creación de narrativa e, sobre todo, poesía para a infancia. | Antonio García Teijeiro foi un dos autores que máis se implicaron, a través das redes sociais para adaptarse ás circunstancias do confinamento, na celebración do Día da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX). Tamén é un dos veteranos da mesma en Galicia. Falamos con el de toda a súa traxectoria na creación de narrativa e, sobre todo, poesía para a infancia. Publicou vídeos no Facebook para celebrar o Día da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX). Que hai que celebrar e que non deste día en Galicia?Eu non son moi partidario dos "días de", pero creo que é necesario para visibilizar un xénero normalmente bastante esquecido e maltratado. Temos unha LIX de alto nivel, fundamental para a formación dos nenos e nenas, e hai que concienciarse de canto lle achega á cultura galega. Precisamos que os xornais poñan o acento nela no día a día, por exemplo. A LIX é unha literatura forte, necesaria, transformadora… Unha literatura que fai que a cultura galega teña un pulo especial. Eu é algo que noto cando viaxo: o respecto que hai pola literatura galega. E iso prodúceme, claro, unha enorme satisfacción…"É algo que noto cando viaxo: o respecto que hai pola literatura galega"Por que di que é unha literatura maltratada? A aposta das editoras por ela, por exemplo, é moi forte. As editoras fixeron unha aposta clarísima pola LIX porque é literatura que se vende, fundamentalmete polas prescricións dos colexios. Falta que haxa compra sen esa obrigatoriedade… Falo de maltrato porque non se lle dá a importancia que debería dárselle, por exemplo, a nivel mediático. Ou porque se considera, moitas veces, unha literatura de segunda, é dicir, non é tan valorada socialmente. Mesmo hai escritores que renegan da LIX, o que é moi triste...A LIX é básica para a formación de futuros lectores e lectoras. A LIX é unha necesidade porque a lectura é unha necesidade. Eu sei, pola miña experiencia como docente, que a literatura axuda a transformar comportamentos, actitudes… Pero teño moitas anécdotas sobre pais que, por exemplo, dicían que non ían gastar en libros porque, unha vez lidos, xa non valían para nada. Falo de maltrato porque se rebaixa o valor social e cultural da LIX."Hai escritores que renegan da LIX, o que é moi triste"Na súa experiencia como mestre puido comprobar, segundo comentou en varias entrevistas, que á rapazada si lle gusta a poesía. Que pasa entón para que despois queden poucos como lectores?Eu manteño que cando un docente é motivador, cando é un mediador que cre no que fai, cando é evidente que lle gusta… consegue atraer ao alumnado para a lectura. E non pasa só cos rapaces máis pequenos: tamén cos da ESO. Cando ven que o que dis é auténtico, que cres profundamente niso, déixanse levar pola paixón pola poesía. Durante moito tempo a poesía foi considerada algo "cursi". Había un rexeitamento cara ela."O meu reto como docente foi acabar coa etiqueta da poesía como algo cursi para que o alumnado a asuma como algo natural e non como algo alleo a eles, ridículo"O meu reto como docente foi acabar con esa etiqueta para que o alumnado asuma a poesía como algo natural e non como algo alleo a eles, ridículo… Para iso, mostráballes diferentes maneiras de facer poesía, e hoxe ademais xa hai moitos máis poetas que se ocupan de que a rapazada teña boa poesía para ler. O problema é que non hai aínda mediadores suficientes facendo este traballo de campo. E tamén que ás veces os poetas optan por unha escrita complicada e egocéntrica para demostrar que son moi cultos… E a LIX precisa sinxeleza, que non simplicidade.A que se refire cos mediadores? A todos os axentes que achegan o libro á rapazada?Principalmente ao profesorado, que debe crer no que fai e non terlle medo á poesía. Mais houbo moitos avances nisto: a min hai bastante xente que me pide vídeos, por exemplo. Hai profesores que non presentan a poesía como un traballo escolar, senón que transmiten un interese real por ela. Ás veces eu podo ser crítico cos docentes porque considero que non len o suficiente, pero cada vez hai máis que se preocupan moito disto. Eu tiven rapaces que non eran moi bos academicamente pero que nos obradoiros de poesía eran outros, outra persoa. A poesía é moi importante para eles: provoca reflexións se se escolle ben, ademais do pracer enorme que produce entender as palabras... O que eu procuraba como profesor era que lesen poesía e que a escribisen."Ás veces eu podo ser crítico cos docentes porque considero que non len o suficiente, pero cada vez hai máis que se preocupan moito disto"Escolleu un poema de 'Poemar o mar', o libro co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, para o Día da LIX. Por que é, como di no post, un poema de esperanza? Cal é o vínculo entre 'Poemar o mar' e Rafael Alberti?A miña relación con Rafael Alberti foi do que máis me marcou como poeta. Estiven dez anos en contacto con el. Era un creador poliédrico, xeneroso… Teño moi boas lembranzas do tempo pasado con el: escoitar a súa voz, recibir os seus debuxos... O primeiro poemario completo que lin na miña vida foi o seu 'Marinero en tierra'. O mar sempre fora moi importante para min, desde pequeno. O mar sempre me enfeitizara: a súa linguaxe poética extraordinaria a nivel visual ou sonoro… Sempre me sentín en diálogo con el e ademais nos momentos difíciles ía miralo e escoitalo. Pero ao ler este poemario de Rafael Alberti pensei que eu tamén quería ser poeta do mar."Ao ler 'Marinero en Tierra' de Rafael Alberti pensei que eu tamén quería ser poeta do mar"O mar está presente dalgunha maneira en todos os meus libros, que son máis de 50. Pero chegou un momento en que quixen tratar o tema dunha maneira máis directa. Fíxeno a través dunha triloxía: a primeira entrega está en castelán e é 'La cuna del mar'. E as outras dúas, en galego, son 'Palabras do mar' e 'Poemar o mar'. O que quería era personificar o mar, dar unha visión humana del, que tiña moito que ver coa esperanza, a crítica, a reflexión… Hai cousas desagradables que están aí, coma os naufraxios, ou un tema que me interesa moito que son os meniños considerados "raros"... E quen me ía dicir a min, despois de quedar prendado de 'Marinero en Tierra', que ía acabar escribindo unha triloxía sobre o mar e gañando o Premio Nacional, coma Alberti con este libro que tanto me influíu. A poesía acabou sendo para min, de feito, unha forma de vida. Fun deixando a narrativa un pouco máis de lado para centrarme na poesía.En 'Bicos e non balas', o seu último poemario publicado -antoloxía de poemas, en realidade- fala moito da pobreza ou da guerra desde a perspectiva da infancia. Di Juan Carlos Martín no limiar que vostede escribe pola xustiza social, pola igualdade, pola solidariedade e polo respecto á diferenza. Identifícase con esa definición da súa poesía?Nos meus poemarios, que son uns 25 polo menos, sempre considerei que debía incluír algúns poemas que saísen do aspecto lúdico e que puidesen ter relecturas…. Eu tiven dúas paixóns: a docencia e a literatura. E dando aulas en colexios de barrios de Vigo vese moi ben que hai moitos rapaces que viven situacións moi difíciles."Os nenos sofren pobreza e fame, pero tamén fame afectiva: eu vin nenos abandonados polos pais e polas circunstancias da vida"Sempre me preocuparon os rapaces, os seus problemas, e iso levoume tamén a falar das inxustizas que sofren aquí e fóra de aquí: os nenos soldado, por exemplo, que é unha das maiores barbaridades que permite a humanidade. Os nenos sofren pobreza e fame, pero tamén fame afectiva: eu vin nenos abandonados polos pais e polas circunstancias da vida. E penso que a poesía non pode cambiar o mundo, a nivel global, pero no nivel máis próximo, no pequeno mundo que temos arredor, si pode mudar cousas."A poesía non pode cambiar o mundo, a nivel global, pero no nivel máis próximo, no pequeno mundo que temos arredor, si pode mudar cousas"E podemos facer unha poesía viva, lúdica, humorística… e que á vez teña un aspecto de crítica social. 'Bicos e non balas' fala da paz non só como o oposto á guerra, senón como o contrario da violencia, que adopta moitas formas, e da inxustiza. Fala de situacións reais, deixando lugar para a esperanza. Eu estou en contra da poesía excesivamente amable, simple, feita só para pasar o tempo… Temos que facer poesía para nenos pero non infantilizar os nenos. Non rebaixar a calidade. Ten que ter un valor lúdico e crítico."Temos que facer poesía para nenos pero non infantilizar os nenos. Non rebaixar a calidade" Criticou vostede varias veces esa poesía "facilona", que banaliza os temas de sempre da literatura… Mais, como creador, non pensou no risco de caer algunha vez vostede mesmo nela?Esa poesía "facilona" nunca estivo entre os meus intereses. Si que busco que o que fago teña un aspecto lúdico, humorístico… Pero non iso. Eu dou cursos, obradoiros, conferencias… e sempre arrisco cando critico ese tipo de poesía. É verdade que escribín cousas que hoxe non escribiría, pero é que fun evolucionando ao longo dos 30 anos que levo, como é normal. Mais, aínda ollando os meus primeiros libros, non creo que haxa unha poesía infantilizante. E o que me tranquiliza é que sempre tentei ser honesto, coherente co que pensaba e dicía. Se o conseguín ou non, xa non me corresponde dicilo a min. Pero, cos meus acertos e os meus erros, sempre tiven obsesión por facer poesía que perdurase no interese, no gusto das persoas, que non fose poesía de ocasión."Cunqueiro aconsellárame xa que escribise continuamente se non quería ser un escritor de ocasión"Cunqueiro aconsellárame xa que escribise continuamente se non quería ser un escritor de ocasión. E, cando boto a vista atrás, hai cousas que me gustan e cousas que non -de feito, non me gusta relerme porque son moi crítico comigo mesmo, e se releo comezo a pensar todo o que cambiaría- pero estou orgulloso de ter sido coherente co meu propio discurso. Nunca quixen facer poesía para vender. Aínda que, mira, por exemplo, 'Na fogueira dos versos', que é do 1996 e gañara o Premio Merlín, segue a venderse agora. Perdurou, segue a interesar.Fala de Alberti, de Cunqueiro… Hai moito diálogo con outros autores nos seus libros, e sobre todo naqueles nos que o presenta de xeito máis directo, como en 'Na fogueira dos versos', precisamente, ou en 'Lueiro de papel'."A poesía é diálogo con outros autores e cos lectores. Non se pode ser un bo escritor sen ler moito"Cando nos encontros dos que falaba antes me preguntan cal é a base da miña escrita eu digo que hai tres factores. Un é a propia vida, porque a literatura é vida. Alberti dicía que hai que ser poeta na rúa, tendo os ollos abertos ao mundo. O segundo factor son os libros e o terceiro é a música. Sen a poesía e a música non podería vivir. Son un lector ávido, impenitente. E escribín moitos poemas a partir do que me transmitían outros poetas. Uns versos, unhas estrofas... que me permiten dinamizar a miña escrita establecendo un diálogo con outros autores. A poesía é diálogo con outros autores e cos lectores. Non se pode ser un bo escritor sen ler moito.Cando comecei a escribir, con 14 ou 15 anos, o que facía non era realmente poesía: eran berros. Daquela, no franquismo, vivía de costas á poesía, que era tabú. Eu escribía porque precisaba expresarme. Eran berros de liberdade, de ganas de romper coa realidade. Foi a partir de comezar a ler literatura, primeiro en castelán e despois en galego, cando empecei a descubrir o que é a poesía. E desde entón nunca deixei de ler. Nin de establecer un diálogo con outros autores, a partir da súa influencia en min, que primeiro era íntimo e despois se volveu un diálogo en alto, público. O diálogo é fundamental para min. Teño, de feito, un libro feito en diálogo coa poesía de Lorca que vai saír agora."Paco Ibáñez musicou uns poemas meus de 'Paseniño, Paseniño' e leva un poema meu por todo o mundo, feito do que estou moi orgulloso"Citou algunha vez, precisamente, a Lorca como referente para escribir poesía para nenos. A súa poesía popular, as súas imaxes, a súa rítmica, a súa frescura… E di sempre que a poesía para a rapazada debe ter musicalidade, ritmo, boas imaxes… Ten outros referentes, que non son só, aínda que tamén, claro, da literatura galega, aínda tendo a súa voz propia. Cales son? E, por certo, como sabe un cando é un bo lector?Eu comecei a ler en castelán antes ca en galego. O meu primeiro referente foi a literatura popular. A literatura de tradición oral sempre está aí, co seu aspecto lúdico, de frescura, de viveza… Paco Ibáñez musicou uns poemas meus de 'Paseniño, Paseniño' e leva un poema meu por todo o mundo, feito do que estou moi orgulloso.Cando eu lle daba as grazas polo que fixo el dicíame que grazas a min, que a miña poesía levaba implícita a musicalidade. Pois esta musicalidade vén da poesía popular. E despois están todos os outros referentes: non podo esquecer a Lorca, coa súa poesía extraordinaria, nin a Manuel María ou a Alberti. El e outros poetas influíron moito en min mais, si, como dis, o obxectivo é sempre ter unha voz propia."Lorca escribe unhas imaxes extraordinarias cun léxico moi normal: é moi directo, moi lúdico… Está cheo de luz, de cor, de música"Lorca escribe unhas imaxes extraordinarias cun léxico moi normal: é moi directo, moi lúdico… Está cheo de luz, de cor, de música… Como lector son exixente comigo mesmo. Non me conformo coa literatura fácil. Hai autores aos que che custa chegar, pero logo chegas e está moi ben. E un bo lector fai ese esforzo e despois ten a recompensa da satisfacción de entender, de chegar a onde quería.Cita moito a Celso Emilio Ferreiro, fixo algunha antoloxía da súa obra... E supoño que o seu discurso sobre o aspecto social da súa poesía terá que ver con el. Celso Emilio sostivo unha loita moi forte contra a inxustiza. E eu tiven a sorte de convivir con Moraima, o cal me axudou a entendelo mellor. Celso foi, si, un dos poetas que me sacudiron. Pasoume con Celso, con Blas de Otero, con Gabriel Celaya… Como dicía antes, comecei a entender o que era a poesía ao lelos a eles e a outros autores. A miña formación fora en castelán, e con Celso uníanme outras cousas, como unha poesía social moi vencellada á cuestión do idioma e da situación de Galicia. Celso Emilio axudoume a entender cousas. Tentei aprender da súa forza, das súas imaxes… a chegar a un xeito de expresión que non fosen só berros de xustiza a liberdade."Na miña xeración roubáronnos Galicia, o idioma, a cultura, a historia… Só nos falaban dunha Galicia folclórica"Eu formárame de costas á historia de Galicia, sen coñecer a poesía galega… Na miña xeración roubáronnos Galicia, o idioma, a cultura, a historia… Só nos falaban dunha Galicia folclórica. E a min doíame esa desnaturalización de Galicia, tiña un conflito entre o que era e o que quería ser, aquilo que precisaba berrar. Celso Emilio foi o elemento que precisaba para darlle ese toque social á miña poesía…Nos versos que vostede escribe para nenos hai procura dunha linguaxe directa, sinxela. Non demasiadas figuras literarias: algunhas imaxes, metáforas… E unha métrica clásica, moitas veces. A métrica clásica é fundamental: non somos máis modernos e innovadores por afastarnos dela. Pero nos últimos poemarios meus tamén hai moito poema que non rima, que non ten métrica… O que procuro é, como dixen, a reflexión, e tamén a beleza, pero sen demasiado ornamento. Vivimos nun mundo de fealdade. E a beleza está nun solpor, nun mar enfurecido… Hai que ter sensibilidade para vela.A min non me interesa o aspecto pedagóxico e didáctico da literatura, pero si tento non ser escuro e buscar o camiño do fermoso. Pódese romper a métrica, a rima, a medida, e ir a conceptos vitais… Hai distintas maneiras de facer poesía e todos vamos evolucionando. Eu levo xa moitos anos e tento facer cousas diferentes, non repetirme. Cando me deron o Premio Nacional unha das cousas que valoraron foi a riqueza léxica, que non implica ter que usar palabras complicadas. A sinxeleza é fundamental.Unha das críticas fundamentais que recibe a LIX galega, e supoño que máis a da súa xeración, é precisamente a de ser didáctica. Non é difícil, en efecto, ver didáctica nela. E non sei por que esa necesidade de desmarcarse tanto da didáctica, mentres sexa sobre todo poesía. Se cadra o relevante é se ten calidade ou non e non se é didáctica. O que eu tento evitar é unha poesía ao servizo da didáctica. Mais que a LIX teña un fondo didáctico é inevitable. Se queres levar á reflexión… Pero trátase de que o lector non sinta que lle estás ensinando, senón que el mesmo chegue ás súas conclusións, que chegue á reflexión dun xeito natural. Se estou falando de nenos que o pasan mal o que escribo vai ter seguramente un aspecto didáctico, queira ou non. Mais a cuestión é que o obxectivo fundamental sexa a poesía en si, e non que os nenos aprendan. O obxectivo é que sintan, pensen, desfruten… que medren con ela. Os poemas teñen que ter, sobre todo, valor literario, valor estético. É dicir, non facer poesía "para". A literatura é arte e a arte debe prevalecer."O que eu tento evitar é unha poesía ao servizo da didáctica. Mais que a LIX teña un fondo didáctico é inevitable"Algo que repite tamén moito é a importancia de acadar unha poesía que emocione. Mais, por emocionar, tamén pode emocionar unha película mala. Que emoción busca vostede?A poesía ten un factor emocional moi grande. O que busco é que, nun determinado momento, os poemas provoquen a calor necesaria para que nos sacudan por dentro, para que toquen as nosas fibras sensibles. Hai poesía fría, á que lle falta a calor necesaria para acariñar internamente os sentimentos das persoas. Cunha palabra ben escollida, coa contención necesaria, pódese tentar conseguir iso. A palabra ten que tocar no noso interior, temos que sentila dentro. Temos que buscar a beleza das palabras, das imaxes. É dificil explicalo. Eu leo a Miguel Hernández, ou a Rosalía de Castro, e sinto esa calor. Miguel Hernández é capaz de expresar algo que me conmove, con autenticidade e sen pretensións lacrimóxenas. Hai nel autenticidade, cunha palabra non impostada, que me chega dentro. Une o sentimento e a escolla da palabra axeitada…Saíu xa varias veces o tema da música. Ten vostede unha enorme colección de discos… E varios dos seus libros teñen moito que ver coa música. Con Bob Dylan, por exemplo. Foi a primeira ferramenta que tiven para romper co que non me gustaba. A aparición dos Beatles, por exemplo, coa súa actitude ante a realidade, foi algo moi importante para a nosa xeración. Despois os Rolling Stones, despois Bob Dylan… Eu tentei aprender inglés para entender a Bob Dylan… Mais eu entrei realmente na poesía a través dos poemas musicados. Paco Ibáñez, Joan Manuel Serrat… Así coñecín a Miguel Hernández, a Blas, a Celaya, a Valente… Agora para escribir escoito música clásica ou jazz. Mais gústame o rock, o blues… Toda a música que me sacude interiormente. Son un melómano, sen ser un experto en música. E supoño que toda esa influencia tamén se mete na miña literatura, na miña procura da musicalidade… Pero é algo inconsciente.Cando vostede e os outros autores a autoras da súa xeración comezan a publicar case non había nada para nenos e nenas… Eran mestres e escribían para a escola… Os meus primeiros poemarios foron 'Coplas', 'Nenos' e 'Aloumiños', do 1988. Despois publiquei 'A chave dos soños', a miña primeira obra de narrativa. Carlos Casares, que era outro referente para min, dixera que lle encantara… Entón estabamos con Árbore, que levabamos entre María Victoria Moreno, David Otero e eu. Mais si, naquel tempo eramos todos mestres: Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Paco Martín, Helena Villar, Fina Casalderrey… e outros."Penso que a literatura de hoxe lle debe moito a eses comezos pedagóxicos e literarios"Procurabamos unha literatura que nos gustase a nós e aos rapaces. Foi unha época moi ilusionante, na que faciamos unha literatura que non había e que se precisaba nas aulas. Pouco máis había que 'Memorias dun neno labrego', o que fixera Manuel María… Ademais estabamos moi pendentes da LIX que se facía en Europa: Roald Dahl, Christine Nöstlinger, Gianni Rodari… Estábanse publicando cousas moi innovadoras. E nós liamos moitos literatura, didáctica da literatura… Estabamos conectados cos movementos de renovación pedagóxica. Tiñamos moita ilusión e era unha maneira de facer país. E penso que a literatura de hoxe lle debe moito a eses comezos pedagóxicos e literarios.Outra das críticas habituais cara a LIX é que se publica demasiado. Cousas de pouca calidade ás veces, que poden afastar os rapaces da literatura. Supoño que pasa -o de publicar quizais de máis- como en calquera outra literatura…Si, claro, coma en todos os sitios. Hai quen di que da cantidade sae a calidade, e eu non sei se si ou se non. Mais eu penso que si lles falta criterio a algúns docentes para saber cal é a boa literatura e cal é a literatura facilona. E non vale facer caso do que di o comercial. Hai moita comodidade, dentro das lecturas que se prescriben, e moito descoñecemento. Hai literatura infantil e xuvenil de calidade e outra que non a ten, pero a literatura tampouco é allea ao negocio. Haberá libros que sobran, e non digo que non sobren unha parte dos meus se cadra. Pero si que penso que falta formación. Non entendo que en Maxisterio non exista unha materia de literatura infantil e xuvenil. Ao final, o que aprenden é debido á vontade dalgúns profesores e profesoras coma Blanca Roig…"Non pode ser que os mestres non lean, que vivan de costas á literatura. Eu atopei xente que non coñecía a Rodari, por exemplo"Mais non pode ser que os mestres non lean, que vivan de costas á literatura. Eu atopei xente que non coñecía a Rodari, por exemplo…, que estudaba para ser mestre de Primaria. Tería que haber unha estrutura seria, con bibliotecarios que fosen dinamizadores dos centros, cuns mestres que coñecesen os clásicos… E si que hai moito conformismo e comodidade á hora de prescribir libros. E eu non serei o mellor poeta do mundo, pero si fixen un esforzo moi grande por levar a poesía a todos os sitios. Cada vez hai máis mestres e mestras que se preocupan de ler e ter formación, moitas veces pouco valorados nos seus centros… E eu supoño que algo contribuín a isto, cos meus obradoiros, nos encontros de bibliotecas escolares…"Eu penso que si lles falta criterio a algúns docentes para saber cal é a boa literatura e cal é a literatura facilona"Algo do que se fala moito, pola contra, é da repercusión da nosa LIX fóra de Galicia. Os Premios Nacionais, as inclusións no IBBY e en White Ravens…Si, claro. Eu gañara o Premio Pier Paolo Vergerio no 1998, por 'Na fogueira dos versos', antes de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Que fose un libro en galego produciume moita satisfacción. E ter lido nas Universidade de Padua, en galego, con aquel silencio, aquel agarimo… Temos os Premios Nacionais, o IBBY, o White Ravens, os Lazarillo… Moitos recoñecementos. Hai un grupo de persoas que se están tomando en serio isto, que seguen a tradición dos grandes da LIX galega coma Agustín Fernández Paz ou todos os que antes citaba… É unha literatura moi valorada fóra de Galicia. Mais, sendo comprensible por ser unha literatura nunha lingua minorizada, tantas veces desprezada, ás veces tanto discurso sobre o bos que somos e sobre a explosión da LIX soa a inseguridade, a complexo… Quero dicir, que se cadra a nosa poesía, en xeral, non só a infantil, non é peor ca outras, pero tampouco mellor. É unha máis, dentro das literaturas en linguas minorizadas, con obras de maior e peor calidade. Eu creo que temos que valorar a nosa literatura e que non temos nada que envexar. Pero non digo que sexa mellor. Nin mellor nin peor, quero dicir. Sexa unha lingua minorizada ou non, porque en todas as literaturas hai obras mellores e peores. Mais si que é certo que durante moito tempo houbo moitos prexuízos… E si estou de acordo en que non ten sentido andar a facer competicións. Nin dicir que somos os mellores do mundo nin acomplexarnos. Hai boa e mala literatura como en todos os sitios. Só que nós comezamos a normalizar, estamos aínda en proceso. Hai de todo e non todo é marabilloso. Houbo unha explosión da LIX e iso si é real, pero non esquezamos que segue demasiado vencellada á escola. Se desaparece a prescrición da escola, a LIX caería en picado. Hai que ser realistas e cautos. Facémolo ben, pero non somos o centro do mundo. |
NOS_36115 | Os novos contaxios de Covid mantéñense en 130 e a taxa de positividade segue por baixo do 2%. | A presión hospitalaria descendeu na Galiza ao se ao reducir a 124 os pacientes ingresados pola Covid-19, que supoñen 14 menos que a xornada anterior, así como os casos activos, que baixan a 2.420, mentres que os novos contaxios mantéñense en 130. Segundo os datos actualizados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18horas desta cuarta, baixan a 28 os pacientes ingresados en UCI -tres menos- e a 96 os doutras unidades -11 menos-. Por áreas sanitarias, os hospitalizados pola Covid descenden nas de Vigo, A Coruña e Cee, Pontevedra e O Salnés e Ourense; aumentan nas de Santiago e Barbanza e Lugo; e mantéñense na de Ferrol. Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 continúan coa tendencia descendente por quinta xornada consecutiva ao baixar a 2.420, que supoñen 78 menos que o día pasado, ao haber máis altas (206) que contaxios (130), ao que se suman dúas persoas falecidas. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-38), A Coruña e Cee (-22), Ferrol (-9), Pontevedra e O Salnés (-8) e Ourense (-6); mentres que soben lixeiramente nas de Santiago e Barbanza (+2) e Lugo (+3). No relativo aos novos contaxios detectados por calquera tipo de proba mantéñense en 130 - os mesmos que a xornada anterior-, despois de descender aos 89 esta terza feira e situarse por baixo do centenar, tras iniciar esta semana con 123. Do total de positivos, 126 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, que supoñen 15 máis que a xornada anterior, dos cales 41 corresponden á área de Vigo; 28, á de Santiago e Barbanza; 20, á de Pontevedra e O Salnés; 13, á de Lugo; 11, á da Coruña e Cee; 10, á de Ourense; e tres, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade, mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana Desde o inicio da pandemia faleceron 2.415 persoas diagnosticadas con Covid-19, despois de notificar esta cuarta feira a Consellaría de Sanidade dous novos falecementos. |
NOS_9961 | A Coruña mobilízase contra o desmantelamento dos servizos ferroviarios. | A aprobación o pasado mes de xullo do decreto 22/2012, permitirá a privatización de Renfe, aliás a propia norma prevé a súa fragmentación en catro empresas privadas diferentes encamiñadas a liberalizaren o sector en 2013. As disposicións que compoñen o texto contemplan a elaboración duns informes en que se determine o grao de viabilidade das liñas existentes á fin de suprimírense aquelas que se consideren "pouco viábeis economicamente". Desde o BNG da Coruña, lanzan unha campaña baixo o lema 'Pola defensa dos camiños de ferro na Galiza e na Coruña' cuxo obxectivo é frear a redución dos servizos ferroviarios promovida polo goberno español. Aliás, exixirán a mellora das infraestruturas e a transferencia das competencias en materia de transporte á Xunta de Galiza. A prol do transporte público e colectivo O voceiro municipal do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril, asegurou que esta medida, suporía o peche das liñas A Coruña – Ferrol e A Coruña – Monforte, porén aseverou que a rendibilidade social dos servizos en tempos de crise deben primar sobre a viabilidade económica dos mesmos. Neste senso, lembrou que a liña A Coruña – Ferrol, aumenta acotío o número de utentes "malia a duración do traxecto –case a mesma que percorrer Madrid – Valencia--, malia o prezo (5.75€) e as poucas frecuencias (só cinco os días laborábeis)". Carril, demandou ao goberno galego unha maior aposta polo tren de proximidade, do que dixo, "é un transporte barato e cómodo" e o aprobeitamento dos camiños de ferro existentes para facer da Coruña unha cidade máis competitiva. Subirse ao tren para recuperalo A campaña iniciada polo BNG comporase de material informativo a distribuír entre a cidadanía e da recollida de sinaturas a prol da mellora nos servizos de media distancia –como o aumento do número de frecuencias--, o pulo ás infraestruturas existentes –como a rehabilitación do traspase de Betanzos-- e da transferencia de competencias. Os pregos recollidos serán enviados á Xunta de Galiza e ao goberno español. Aliás, a campaña terá un acto central o vindeiro 22 de setembro no que unha boa chea de persoas confluirán en Betanzos após percorreren o traxecto da liña A Coruña – Ferrol en cadanseu tren. |
NOS_40764 | Aquela patria, o galego, era como unha chaqueta vella que había que deixar atrás para incorporarse a mundos máis "finos". Por iso, a súa obra literaria é un intento de "devolverlle a dignidade" a esa prenda amada, de coidala para que poida lucir nova. Así explica Lupe Gómez unha das chaves da súa creación poética, que vén de dar tres libros gañadores doutros tantos premios: Caracois de Belvís, No encanto do aire e Silabario. Unha triloxía compostelá que é testemuña da busca do sosego e da loita da vida por vencer a morte e a enfermidade. | —Gañou o premio Selic (Semana do Libro de Compostela) con Caracois de Belvís, un libro que ten a capital galega como escenario. Unha obra chea de luz e de silencio. Por que? Desde nena escoitei dicir que as persoas temos que ser extravertidas, faladoras, simpáticas, abertas. Creo que socialmente está sobrevalorada a extraversión, pois moitas veces a xente fala demasiado, sen moito sentido e perde o pudor. Hai unha sobreexposición de cuestións íntimas que deberan estar gardadas nun faiado de inocencia. Caracois de Belvís é un libro que nace de meditacións profundas. Quere ser un eloxio das persoas introvertidas, as que teñen vida interior e por iso gozan moito máis da vida, como os caracois. Non é necesario dicir todo nin falar todo nin facer moitísimo ruído para estar na vida. Na miña horta hai caracois. Eu obsérvoos tranquilamente e comprobo que coa súa lentitude e o seu saber estar son como outras dimensións descoñecidas da existencia. O máis marabilloso de estar en actitude de rezo con outras persoas é poder escoitar o silencio compartido sen ter que falar, sen ter que opinar sobre todas as cousas. Sinto esa paz como un camiño de luz. —O libro contén algo de reflexión sobre a propia Palabra e sobre a Poesía. Por que a Poesía é "un barquiño que debuxa unha luz distinta na paz inquietante de todos os días"? Para min as palabras son como barquiños sagrados que bailan na inmensidade do mar. A actualidade é totalmente frenética, alterada, convulsa, triste. Resulta rendíbel estar quieta e calada, reflexionando e cavilando? Eu creo que o barco da poesía é necesario para que non todo sexa un naufraxio. Os días énchense de ruído violento. Hai palabras baleiras e frases ocas por todas partes. —O sangue e o parto son imaxes moi presentes. Por que? O sangue é algo misterioso e inexplicábel que forma parte do meu corpo desde a adolescencia. A menstruación é un acontecemento que sempre me causou asombro. É unha fonte de enerxía vital, forza telúrica pero tamén causa estremecemento, sorpresa, milagre, dor. Dediqueime sempre a ser creadora de libros, mundos. Sempre me sinto embarazada e mesmo teño a sensación física de ter a barriga grande como unha montaña. Teño tantos fillos-libros que xa non sei nin cantos teño e ás veces esquezo o nome dalgún deles. Os partos ábrense nas páxinas en branco como transgresións que non sabemos moi ben de onde veñen nin a onde nos levan. A súa forza é un incendio de brutal pureza. É marabilloso estar sempre parindo, entregando ao futuro a luz ancestral dos astros. Teño unha conciencia moi aguda da experiencia da maternidade. Coñezo ben a responsabilidade dolorosa de ser nai, mais tamén experimento a fachenda de que os meus fillos-mundos continúen loitando e respirando cando eu xa non estea viva. —Hai, tamén, na súa poesía, moitas definicións da Galiza ou da "patria". Que é para vostede a patria? A miña patria irrecuperábel é o galego que falaba cando era nena campesiña en Fisteus. Non fun escolarizada na miña propia lingua, a fala que eu amaba tanto e que me permitía comunicarme coas vacas. Dalgún modo tiven que abandonar esa cultura fondísima da aldea e aquela forma túzara de estar e ser no mundo. Non sei se falabamos un galego ben ou mal falado, pero era auténtico, natural, salvaxe. Diciamos palabras preciosas e antigas que agora só atopo recollidas ás veces nos libros de literatura portuguesa. Empregabamos algúns castelanismos e falabamos con gheada. Quizais inventabamos palabras, pois búscoas nos dicionarios académicos e non aparecen. Tiñamos un vocabulario moi relacionado coa agricultura. Aquel galego, aquela patria era como unha chaqueta vella que tiven que deixar atrás, lonxe, para incorporarme a outro tipo de aprendizaxes máis finas e menos agrestes. Toda a miña obra literaria é un intento de devolverlle a dignidade a aquela chaqueta vella e amada. Limpala e darlle lustre, querela e acariñala até que poida lucir como unha chaqueta brillante e nova. —Outra idea recorrente é a Memoria. Por que? Sinto a Memoria como se fose un abrazo comunal entre todas as xeracións, todos os tempos históricos e todos os pobos que forman a humanidade. Sempre tiven moi boa memoria dos tempos pasados. Recordo as cousas da miña infancia dunha forma intacta e moi nidia, como se estivesen sucedendo no tempo presente. Aos mortos síntoos -ou presíntoos- cunha intensidade moito maior que ás persoas vivas. Lémbrome perfectamente de acontecementos como a morte do ditador Franco. Eu só tiña tres aniños, e na nosa casiña de pedra puiden ver os funerais a través da televisión. Vin toda a parafernalia e todos os honores que lle facían. Sentinme como unha nena sorprendida. Interésame moito aprender e profundar nos recunchos luminosos da Memoria. Agora en Fisteus estou facendo unha serie de entrevistas a miña tía Lucita, irmá da miña nai. Unha muller moi intelixente de 83 anos. Xuntas estamos recordando como era a nosa historia familiar e a vida comunal de Fisteus nos anos 1940-1950. Ela é tan boa narradora, e conta todo con tanto realismo que eu podo visualizar e revivir moi ben aquela época. Teño a sensación de vivir naqueles anos 40-50 e de coñecer moito mellor aquel tempo que a sociedade nosa de hoxe en día. Coa información valiosísima que ela me transmite de forma oral, e tamén de forma escrita pois miña tía é autora dun libro de memorias titulado Nubes bordadas, eu podo escribir poemas como se tivese máis perspectiva histórica da que realmente me corresponde pola miña idade. O pasado é un suco de transparente escuridade. —No encanto do aire, gañador do premio Rosalía de Castro do concello de Padrón, podería ser como unha continuidade de Caracois de Belvís. Cal é a relación entre estes dous libros? Sempre quixen construír cos meus libros un mapa poético de Compostela e agora por fin creo que o conseguín. Belvís e a catedral de Santiago son dous lugares terapéuticos e antigos nos que sinto un gran sosego místico. No encanto do aire foi escrito e inspirado na catedral, nesa estremecedora arquitectura de cova que me envolvía como se fose unha nai cosmopolita berrando nunha tumba. O propio aire é tamén celebrado como un lugar de todos e de ninguén, unha liberdade democrática que sentimos ao camiñar nos montes e na cidade, conversando con vacas presentes ou invisíbeis e con ríos cheos de cabalos. —É un poemario bastante espiritual. Por que? Que ten que ver coa experiencia do sagrado? E coa vivencia da soidade? Durante bastantes anos realicei un traballo de voluntariado que consistía en facer lecturas dos textos bíblicos nas misas da catedral de Compostela. Ser lectora litúrxica era unha sensación moi amábel e moi poderosa dentro do meu corazón. Facíao con todo o respecto do mundo. Lía na misa en galego dos sábados ás seis da tarde, ou nas misas do domingo e logo quedaba feliz e iluminada para toda a semana. Na miña voz medraba un manancial de enerxía espiritual. Sentía moita satisfacción persoal e creo que afectaba mesmo á miña aparencia física. Estaba máis saudábel e máis guapa. Tamén en No encanto do aire está moi presente a grandísima emoción estética que experimentei no concerto que Amancio Prada celebrou na catedral o 23 de outubro do 2017. A soidade é un lugar no que non me sinto soa. Un espazo de diálogo e creatividade incesante. Ás veces cando estou soa síntome menos soa que cando estou acompañada. O oficio da literatura faime moitísima compañía. —Hai morte e escuridade en No encanto do aire. Mais en conxunto desprende máis vida e luz. Era o seu obxectivo? Cando entraba cada tarde na catedral ás seis da tarde sentíame terribelmente escura e cangada polos pesos inconmensurábeis da vida, como se cargase cun vestido negro de inspiración poética rosaliana. Unha chuvia de inverno galego esnaquizaba a miña gana de cantar e vivir. Pero tiña un banco especial para sentar, para acougar, soñar e escribir. Sentíame moi arroupada, escribía, saudaba a todo o persoal da catedral, aos sancristáns, aos cregos, aos peregrinos, aos gardas de seguridade. O silencio íntimo e a palabra eran como unha transfiguración performativa. Logo saía pola Porta da Acibecharía moito máis desenvolta, vestida cun traxe branco de metáforas lorquianas e nas miñas mans voaba un sol de verán pleno, andaluz. A poesía é como un rezo hipnótico que nos cura e nos salva. "A miña patria irrecuperábel é o galego que falaba cando era nena campesiña en Fisteus" —Tense definido a súa obra como (neo)surrealista. Identifícase con ese adxectivo? Si, identifícome plenamente porque creo que o surrealismo é como unha fuxida imaxinativa, riseira e infantil escapando dunha realidade que moitas veces resulta groseira, aburrida, mesquiña, hostil, absurda, ruín, dolorosa, vulgar. Grazas ao surrealismo a vida resulta moito máis ampla, subversiva, elegante. Son unha persoa soñadora e penso moito en cousas bonitas. Ás veces tamén me sinto vencida pola amargura. Neste ano 2020 cumpríronse moitos dos meus soños que parecían inalcanzábeis, e agradezo de corazón todos os recoñecementos recibidos. É un grande estímulo para seguir no rego das flores libertarias. —Cal é a relación entre Silabario, gañador do premio González Garcés, e o seu epistolario Fosforescencias? Os meus poemas breves son ás veces como abismos de abrupta vertixe. Os textos narrativos dentro do poemario teñen unha función de servir como lugares de descanso para os lectores e para min como autora. Relaxan algo a tensión da poesía. Son bancos de madeira vella en parques abandonados, nos que os ollos acougan e o corazón canta. Paseino tan ben co editor Henrique Alvarellos facendo e editando as Fosforescencias, e logo esa obra tivo críticas tan positivas e luminosas e por esa razón eu non quixen abandonar ese camiño creativo. Nestes dous libros as cartas aparecen como lugares de empatía e sociabilidade. Un esforzo colectivo de sobrevivencia en tempos difíciles. Son como polifonías cheas de ecos e afectos. Unha escrita convulsa pero tamén cariñosa. —Silabario da peste é como un diario do confinamento. Como foi o seu proceso de escrita? Todas as mañás almorzaba lendo as noticias desesperadas, agresivas, inquietantes dos xornais dixitais. Logo polas tardes púñame a escribir cartas á man para as persoas queridas e tentaba transformar toda esa información dramática en fragmentos de beleza delicada. Arrincaba follas do meu libro Pornografía e reescribía aqueles versos dos meus vinte anos para reenviar aos amigos. Despois de escribir sentíame reconfortada e amoreaba as cartas sen poder levalas a Correos. Facíalles fotos e coidábaas como se fosen plantas con necesidade de osíxeno novo. Cheguei a ter unha morea grande de 50 cartas. Era como un xogo ilusionante. Cando puiden saír da casa, leveinas a Correos e envieinas todas xuntas. Foi unha gran liberación. Unha explosión de berros calados. Logo na casa traballei moito coas copias das cartas -feitas tamén á man- e así foron nacendo os versos do Silabario da peste, como unha aprendizaxe de ter que volver nacer na escuridade. Teño que dicir que aínda estou traballando agora nesta obra e ao mellor modifico algo o seu título, só con pequenos matices. —Algunha razón especial para deixar máis presenza á cidade, fronte ao rural, nestes últimos tres libros? Eran momentos vitais de dureza extrema. Se habitualmente as persoas que nos dedicamos a nutrir a cultura galega co noso traballo, desenvolvemos a nosa actividade en condicións moi precarias, de repente a nosa vulnerabilidade era moito máis perigosa e fonda. Quedabamos tristes e espidos como animais sen DNI. Tampouco tiñamos liberdade para poder saír da casa e facer vida activa. A economía estaba ferida, e a democracia magoada. Así nacía a poesía como unha fuxida cara a adiante. Unha teimosa ansia de supervivencia. Un impulso amoroso contra toda corrente. Silabario da peste é como unha protesta irada da propia vida que se rebela contra a enfermidade e a morte. En Compostela levo vivindo xa uns 30 anos e aquí sentinme sempre moi ben acollida, moi querida. Aquí fun escribindo toda a miña obra literaria e todos os meus traballos xornalísticos. A cidade alimenta con rosas de antiga nostalxia a miña inspiración do día a día. Ela sabe moito dos meus desasosegos e das miñas risas. Quero pensar que estes tres últimos libros meus forman unha triloxía compostelá. —O seu libro Pornografía fai 25 anos. E está pensando en reeditar Fisteus era un mundo. Como é a súa relación hoxe con estes dous libros? Levo sempre o libro Pornografía gravado na miña pel, na miña memoria. Era unha declaración de intencións, un alfabeto auroral, un epitafio incendiario. Faime lembrar e ter moi presente o valor grandísimo da liberdade á hora de escribir e de facer as cousas por min mesma e á miña maneira. Os seus poemas seguen sendo moi celebrados polos lectores, tamén no ámbito do Estado español, pois foron traducidos ao castelán. É unha obra que me segue unindo moito ás novas xeracións de escritores e escritoras. Confésome totalmente namorada dos poetas novos que me escriben cartas de amor. Fisteus era un mundo segue sendo o libro que máis me vincula á terra, ao país e á xente. Sempre foi o referente dunha experiencia colectiva. Sinto a miña aldea de Fisteus (Curtis) como un lugar moi literario cando paseo por ela. Son unha fervente exploradora do seu territorio e da súa paisaxe. —Vén de gañar o Premio Rosalía de Castro de Cornellá con Coplas a Lola, un poema para Fisteus. Como foi esa volta poética a Fisteus? Quen é Lola? Coplas a Lola, como Camuflaxe, é tamén unha homenaxe para as mulleres labregas de Fisteus. Neste caso Lola era unha veciña miña moi querida de toda a vida, desde a miña infancia. No mes de decembro do ano pasado apareceu morta na súa casa de Fisteus de forma moi tráxica, pois xunto a ela apareceron tamén os cadáveres do seu marido e do seu fillo, por inhalación de monóxido de carbono, causada por un xerador eléctrico. Foi unha gran desgraza que estremeceu toda a aldea. Eu recitei no funeral ante os tres ataúdes. Lola era a amiga máis íntima e próxima da miña nai. Tamén Lola era a miña mellor amiga no mundo. Tiña 81 anos cando faleceu. Foi sempre unha agricultora forte, valente, afouta, alegre, robusta, melancólica. Cantaba moitas cancións populares e eu tamén cantaba con ela. Era unha muller feita de terra estrelecida. O micropoemario Coplas a Lola remata con estes versos: "A montaña descansa como unha noiva destilando o futuro e a esperanza". |
NOS_9659 | A cerimonia de entrega dos galardóns terá lugar no Teatro Colón da Coruña o 10 de abril. | Os films 'A illa dás mentiras', ' Arima', ' Lúa Vermella' e 'Ons' competirán polo premio á mellor película na XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que terá lugar no teatro Colón da Coruña o próximo 10 de abril. Nese mesmo escenario decorreu o acto de presentación das candidaturas finalistas, conducido pola actriz e presentadora Marta Doviro mais por Amador Arias, finalista na categoría de Mellor Interpretación Masculina Protagonista na última edición dos premios, polo seu papel en 'O que arde'. Finalistas Foron os encargados de anunciar os nomes dos proxectos e profesionais finalistas nas 25 categorías da XIX edición dos Premios Mestre Mateo. A primeira rolda de votacións dos membros da Academia Galega do Audiovisual sitúa a longametraxe de Alfonso Zarauza, 'Ons', como a máis votada entre as 146 obras que se presentaron aos Mestre Mateo, acaparando trece candidaturas finalistas, seguida por 'A illa das mentiras', dirixida por Paula Cons con doce. As dúas competirán polas estatuíñas a mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, guión, interpretación protagonista e de reparto, dirección de produción, maquillaxe e perruquería e montaxe. As oito candidaturas de 'El desorden que dejas' e seis de 'Néboa', dan boa conta do estado de saúde da ficción seriada producida en Galicia; ambas as dúas optarán ao premio á Mellor Serie de Televisión xunto con 'O sabor das margaridas' finalista en tres categorías, e 'Auga seca' finalista en dúas. A listaxe de obras con máis candidaturas finalistas complétano tres longametraxes: 'Arima', a ópera prima de Jaione Camborda, con sete, 'Lúa Vermella', dirixida por Lois Patiño con catro e '9 Fugas' de Fon Cortizo, tamén con catro. Gala presencial A gala deste ano será presencial, unha "aposta" da Academia Galega do Audiovisual, que organiza o evento, coa "bandeira da cultura segura por diante", explicou o seu vicepresidente, Álvaro Pérez Becerra. Segundo dixo, a entidade é consciente de que os protocolos son "incómodos" pero considera que "valerá a pena". |
NOS_46173 | Em 2014 não chegavam a 30. Dos 118 OP em andamento só quatro são de caráter consultivo. | Em Portugal há em marcha 118 orçamentos participativos (OP), uma cifra que põe o país entre os principais da Europa em quanto a esta ferramenta de participação e envolvimento da vizinhança. Segundo recolhem diferentes meios lusos, como Jornal de Negócios, em 2014 essa cifra era só de 30. Portanto, nestes três anos o número de orçamentos participativos multiplicou-se por quatro. Os OP destinam uma parte do seu dinheiro a concretizar e materializar aquelas propostas que os cidadãos considera mais importantes. Das 118 experiências vivas em Portugal só 4 são consultivas, o que indica que os orçamentos participativos estão a serem tomado a sério por parte dos municípios que os impulsionam. Aliás, destes 118 OP, 30 estão centrados na mocidade. "Isto tudo acontece num país que vive e viveu uma crise financeira fortíssima e que esteve sob assistência externa da troika que impôs novas regras de gestão às autarquias", salienta Nelson Días, do Observatório das Práticas da Democracia Participativa em Portugal, num depoimento pela rádio TSF. "Os cidadãos participam quando vêm resultados", aponta. |
NOS_236 | Un total de 241 traballadores e traballadoras da planta das Somozas vanse ver afectados por esta medida de Siemens. | Na segunda feira, a empresa Siemens Gamesa fixo o anuncio de que fechará as súas plantas das Somozas e de Cuenca. Desta maneira e entidade inicia un procedemento para un despedimento colectivo que lle afecta a un total de 266 traballadores e traballadoras de ambas as dúas as factorías. A da Galiza vai ser a fábrica que se vexa máis afectada por estes despedimentos, cun total de 215 empregadas e empregados; mentres a planta de aeroxeradores de Cuenca padecerá 51 baixas no seu cadro de persoal. O presidente do comité de empresa das Somozas, Sergio López (UXT), explicou en declaracións a Europa Press que a dirección emprazara o cadro de persoal para as 9 horas da terza feira, día 12, para iniciar as negociaciones dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo para os traballadores e as traballadoras. O grupo empresarial, liderado pola multinacional Siemens, comunicoulle á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que este proceso se desenvolve "de conformidade co previsto no artigo 51 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores de das Traballadoras e do Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, que aproba o Regulamento dos Procedementos de Despedimento Colectivo e de Suspensión de Contratos e Redución de Xornada". Desde o Goberno da Galiza, a Xunta lamentou esta circunstancia e expresou "o seu rexeitamento" ao anuncio realizado por Siemens Gamesa a fechar as plantas "nun momento de expansión do sector no Estado español". Da mesma maneira, amosaron a disconformidade coa medida da empresa, tanto o Goberno español como o de Castela-A Mancha. Nas últimas semanas, o cadro de persoal levou a cabo xornadas de folga indefinida debido á falla de carga de traballo, así como en protesta pola pouca comunicación coa dirección da planta. A empresa nomeara novo presidente para o Estado español o pasado mes de novembro. Desde entón, Enrique Pedrosa compaxinou o seu novo cargo co posto que xa ostentaba na compañía como xefe rexional de eólica terrestre. |
NOS_1091 | Sepáranlle 15.000 votos da árbore que vai en cabeza actualmente. | Quedan sete días para saber se o Carballo do Conxo, a centenaria árbore do Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela, conseguirá o recoñecemento de Árbore Europea de 2022, após conseguir a mesma consideración no ámbito do Estado español. Desde o comezo das votacións, o pasado 1 de febreiro, o Carballo de Conxo situase no podio, aínda que sempre por detrás do candidato polaco, tamén un carballo, coñecido como Dunin. No momento de escribir a noticia, o Carballo de Conxo conta cun total de 121.855 votos, polos 136.041 votos do Carballo Dunin. A terceira nesta carreira, pero xa moi atrás, é a Sobreira Grande portuguesa que recibiu polo de agora 49.444 votos. A candidatura do Carballo de Conxo a Árbore Europea de 2022 foi impulsada polo Concello de Santiago de Compostela, e recibiu o apoio nas redes sociais de numerosos persoeiros e institucións da sociedade galega. Historia do Carballo do Conxo O director de Alvarellos Editora e padriño da candidatura do Carballo de Conxo, Henrique Alvarellos, conversou co Nós Diario sobre a importancia histórica desta árbore, unha das moitas centenarias que viven nos bosques da Galiza. Para Alvarellos, máis aló da lonxevidade deste carballo, destaca o seu "relato histórico". "a árbore foi testemuña en 1856 do insólito e polémico Banquete de Conxo. Foi un acto político do Partido Demócrata de defensa dos ideais da revolución francesa que se celebrou nesa carballeira e que tivo que ser disfrazado de banquete para que as autoridades o permitisen", relatou. O Carballo de Conxo, que naceu entre 1770 e 1780, é árbore máis anciá dos case corenta carballos que persisten hoxe en día, do milleiro que se plantaron nesta zona a finais do século XVIII. O director de Alvarellos Editora defendeu que o obxectivo da candidatura do carballo a Árbore Europea de 2022 "é que haxa unha sensibilización definitiva cara á preservación da natureza do noso país. Neste caso, dos espazos naturais que se atopan nas contornas das cidades". |
NOS_35568 | A relatora do novo regulamento de control pesqueiro da Unión Europea amósase partidaria de excluír do sistema de xeolocalización as embarcacións de menos de oito metros que non saian das rías galegas. | A eurodeputada socialista Clara Aguilera, relatora do novo regulamento de control pesqueiro da Unión Europea, avogou por excluír as embarcacións de menos de oito metros que non teñen saída das rías galegas do sistema de xeolocalización. Así o anunciou nesta terza feira nunha rolda de prensa ofrecida con motivo da súa visita a Galiza, onde se reuniu con diferentes colectivos do sector pesqueiro para escoitar as súas propostas e aclarar dúbidas sobre a reforma deste regulamento. Unha das cuestións que contempla esta nova normativa é a obrigatoriedade de levar un diario de abordo electrónico como medida para avanzar cara á dixitalización do sector, así como a localización obrigatoria de todas as embarcacións. Sobre este punto, Aguilera asegurou ser coñecedora da situación das rías galegas, polo que subliñou que a súa "vontade" como relatora é que as embarcacións de menos de oito metros que están permanentemente na ría poidan ter unha "excepcionalidade nos aparellos de localización". "É como se eu non saio de Compostela e coñezo todas as rúas... Para que quero un GPS?", exemplificou a europarlamentaria, que explicou que esta excepcionalidade require dun acordo de todos os grupos políticos e do consello. Ademais, sinalou que outras frotas europeas, como a danesa, pediron tamén esta "excepcionalidade". "É unha frota de tamaño superior e aí non o vexo tan claro, mais si o da ría galega", apuntou. Marisqueo a pé Sobre o marisqueo a pé na nova normativa, a europarlamentaria socialista lembrou que o que estabelece o regulamento é que as mariscadoras leven un diario de pesca, "sen especificar" o tipo de mecanismo. No caso das mariscadoras galegas afirmou que se o sistema actual dá "suficientes garantías" "non se tería por que facer nada" tendo en conta que estas traballadoras xa someten as súas capturas a controis por parte das e dos gardapescas. "O que se recolle ─no regulamento europeo─ é a obrigatoriedade de levar un diario de pesca, non se di nada máis, nin se ten que ser electrónico nin de ningún tipo, ou se ese control ten que ser o que agora xa teñen", sinalou Aguilera antes de incidir en que deben "afinar mellor a definición" para que "non haxa equívoco". |
NOS_21448 | Segunda entrega desta nova xeira de Palabras con Memoria, desta volta no Sermos dixital após o seu paso polo semanario. Iniciativa da AELG, está sección continúa baixo o coidado do escritor Isidro Novo. | Birlar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Agromar, abrochar, xermolar. Lugar de escoita.- Concello de Cambre (A Coruña). Fonte.- Víctor Torreiro García. Birlo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Gromo, abrocho, rebento. Lugar de escoita.- Concello de Cambre (A Coruña). Fonte.- Víctor Torreiro García. Bruma.-(Ademais de significados xa rexistrados) Brote, gromo, rebento. Exemplo: "Está a botar unhas brumas no 'orillo' das follas". Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo). Fonte.- Sé Anxo Rosales González. Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo). Fonte.- Sé Anxo Rosales González. Froima.- Frouma, folla de piñeiro. Lugar de escoita.- Cerceda. Fonte.- Santiago López Liñares./CPI O Cruce de Cerceda. Froncia.- Variante de fronza, folla miúda, pequena rama de xesta ou planta semellante. Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada) e Terra de Montes. Fonte.- Manuel Cabada Castro. Pirlo.- (Ademais doutros significados) Arume, fronza, folla de piñeiro. Lugar de escoita.- Concello de Cee. Fonte.- Concha Blanco. Puvela.- (Ademais doutros significados) Folla de piñeiro. Exemplo: "Cando venta moito, énchense os camiños de puvela". Lugar de escoita.- Burela. Fonte.- Mario Ferreira. |
PRAZA_1957 | Centos de tractores arrodean a Muralla lucense para esixir prezos xustos para o leite galego. Os gandeiros valoran prolongar a mobilización a este venres | "Señor Feijóo, non mire a Madrid, o lío do leite témolo aquí". Foi unha das consignas máis repetidas este xoves na mobilización do sector leiteiro que mantén colapsado o centro da capital lucense. Os máis de tres quilómetros da Ronda da Muralla ficaron pequenos para unha indignación gandeira que, ante a falta de solucións aos baixos prezos, lánzalle un berro á Xunta e ao seu presidente: "Gobernen xa". O que reclaman é simple, explican: que a industria que vende os produtos que eles producen non "roube" o froito do seu traballo "Moito leite para pouca conselleira", rezaba unha das pancartas que percorreu as principais rúas de Lugo este mediodía. O inicio da manifestación, encabezada por varias familias que viven do sector gandeiro -nenas e nenos incluídos- tívose que atrasar ante a enorme afluencia de tractores, chegados de toda a provincia e recibidos entre aplausos. O que reclaman é simple, explican: que a industria que vende os produtos que eles producen non "roube" o froito do seu traballo. Algúns dos locais máis senlleiros do centro da cidade decidiron pechar as súas portas en solidariedade cunha mobilización gandeira que, todo semella indicar, se vai prolongar máis do previsto. Reunidos en asemblea, algúns dos gandeiros valoran a posibilidade de ficar en Lugo ata este venres, mantendo os tractores arredor da Muralla. Algúns dos gandeiros valoran a posibilidade de ficar en Lugo ata este venres, mantendo os tractores arredor da Muralla Este alargamento da mobilización respondería á advertencia lanzada polo sector nas últimas semanas a Xunta e Goberno central, así como á industria e á distribución. No caso de non acadar un acordo de prezos mínimos que, cando menos, garanta a venda do leite por riba do custo da produción, as protestas íanse "endurecer". Mentres a tractorada e a manifestación transcorrían polo centro da cidade un grupo de tractoristas decidiu abandonar o percorrido oficial. O seu destino foi a factoría de Leite Río, no polígono do Ceao, onde un destacamento de antidisturbios impediu que os gandeiros se achegasen á sede da empresa cuxo propietario, Jesús Lence, é un dos principais destinos da indignación gandeira, tanto polos baixos prezos como por ter equiparado as tractoradas cunha "festa". Un destacamento de antidisturbios impediu que os gandeiros se achegasen á sede de Leite Río, no polígono do Ceao Como en anteriores ocasións as reivindicacións dos gandeiros en Lugo estiveron apoiadas por unha ampla representación polítíca. Ademais de alcaldes e alcaldesas de múltiples puntos da provincia encabezados pola rexedora lucense, Lara Méndez, participaron na protesta o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, o deputado de AGE Antón Sánchez ou o voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, entre outros. Aínda que con maior discreción tamén se uniron á mobilización membros do PP local, como o seu voceiro, Jaime Castiñeira. O prezo do leite volve baixar en Galicia O prezo do leite que se lle paga aos gandeiros galegos volveu descender no pasado mes de xullo ata situarse nos 27,6 céntimos por litro 27,9 de xuño. Xa que logo, Galicia segue a ser a autonomía na que menos se paga polo produto aos gandeiros, 2,3 céntimos menos que a media estatal e aínda por debaixo de Cantabria (28,7) ou Aragón (29,9), mentres que o resto de territorios superan os 30 céntimos. Os gandeiros cobran de media 27,6 céntimos por libro, 2,3 por baixo da media estatal Así se recolle dos datos que vén de facer públicos o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), dos que se tiran que o importe caeu en todas as autonomías agás nas Canarias, que se mantén invariable nos 45 céntimos. Dun total de 9.356 gandeiros que venderon leite por unha cantidade de 224 millóns de quilos de leite, o que supón menos dos 225 millóns de xuño |
NOS_33849 | Con motivo do Día da Galiza Mártir, 'Nós Diario' analiza os desafíos da memoria histórica na Galiza, desde a relevancia da iniciativa cidadá ao necesario papel da institucionalización, pasando pola construción doutro relato que debe responder novas preguntas. | O Día da Galiza mártir lembra un ano máis, co asasinato de Alexandre Bóveda como estandarte, as vítimas do franquismo. Pórlles nomes e apelidos ás aínda anónimas é unha débeda co pasado, mais tamén co presente. As continuidades silenciadas atoparon na cidadanía esoutro relato que sobreviviu, non sen loitar a súa propia batalla, ao silencio e a represión daquela longa noite que aínda non viu o amencer. A memoria histórica é unha cuestión complexa que, segundo lembra Lourenzo Fernández, catedrático de Historia e integrante do grupo Histagra da universidade de Santiago, responde a diferentes definicións: o movemento memorialista, o coñecemento dese "pasado incómodo", a propia lembranza das persoas dese pasado ou a historia en si. Malia o dinamismo da iniciativa cidadá no primeiro ámbito, "logo da entrada no Goberno da dereita" e co "desinterese activo polo tema" moitas actividades ficaron freadas, indica Fernández. É o caso de dúas das liñas máis visíbeis: as escavacións das fosas e o recoñecemento das vítimas. Así, un proxecto como Nomes e Voces, do que foi impulsor, que pretendía crear un gran centro da memoria "leva agardando anos", paralizado. Con todo, o fondo reúne e recoñece máis de 14.000 vítimas de malleiras, asasinatos, violacións, procesos xudiciais ou calquera das múltiples formas de violencia exercidas polo réxime. O baleiro político "Agás algunhas excepcións hai que ser críticos coas políticas públicas de memoria, no caso da Xunta totalmente inexistentes", di a xornalista Montse Fajardo, integrante de Iniciativa Galega pola Memoria (IGM). "Non só non suman, senón que restan moitas veces", denuncia. Así, a sociedade civil viuse obrigada a asumir "un papel básico que deberían desenvolver as institucións", nun labor modélicodurante décadas, mais que non tería que depender do esforzo das familias, que corren, por exemplo, cos gastos das escavacións. "Ten que haber unha política pública de memoria", afirma, apelando á responsabilidade ética de cuestións como a retirada de simboloxía, que requiren unha posición clara. "Hai que ser críticos coas políticas públicas de memoria, no caso da Xunta totalmente inexistentes", denuncia Fajardo Para a Deputación de Lugo, a entrada da nova lexislatura foi transcendental, pois creouse unha área específica de Memoria Histórica, conta o deputado responsábel, Efrén Castro. Aínda botando a andar, por primeira vez a Deputación celebra o Día da Galiza Mártir cun acto organizado en Sarria. Aliás, tal e como levaban pedindo moitos anos, onte retiraron os cadros dos presidentes do organismo da época da ditadura, que se mantiñan aínda nos corredores. "En calquera democracia moderna isto tiña que producirse hai anos", afirma Castro. Desde a consciencia de que "queda moito por facer", están a explorar vías de colaboración con asociacións que levan anos desenvolvendo o seu traballo no eido. É isto, xunto á pedagoxía a través de xornadas ou outras actividades, o que segundo a deputada de Pontevedra María Ortega teñen marxe para levar a cabo desde institucións como as deputacións, que carecen de competencias lexislativas para realizar moitas accións fóra de actos mais ben simbólicos. "De nada vale unha lei de memoria sen partidas orzamentarias", critica. "De nada vale unha lei de memoria sen partidas orzamentarias", critica a deputada María Ortega Con todo, o labor de apoio pode dar un pulo importante. Así o demostra o traballo da Deputación da Coruña, co Pazo de Meirás e a Casa Cornide como "puntal" que levou a abrir "moitos debates", recoñece o deputado Xurxo Couto. De aí xurdiría o compromiso coa recuperación do patrimonio espoliado a través da creación da Xunta Pro Devolución do Pazo, unha causa que o pasado mes chegaba a xuízo e da que agardan ter novas cara a finais de agosto ou comezos de setembro. Ademais, Couto sinala a vontade de seguir loitando noutros ámbitos relacionados. Un novo relato Desde o punto de vista do coñecemento do pasado, Fernández sinala dous elementos que están a xogar un papel fundamental na investigación: "Fáltanos incorporar os verdugos e integrar a lóxica histórica do movemento guerrilleiro no tempo do antifascismo dos anos 40". Nestas liñas encádranse traballos como o libro 1936: un novo relato, do que o historiador é coeditor. Aínda que meterse cos verdugos "levanta resistencias, precisamos entrar niso porque senón temos pantasmas do pasado en vez de coñecemento", adirma, con dinámicas nas que as vítimas son "culpábeis" e non "asasinadas". "Canto máis entendemos o presente, máis necesitados estamos de coñecer, recoñecer e integrar o pasado como o que realmente foi", afirma Fernández Doutra banda, o catedrático apunta a entender a colaboración e participación activa entre 1936 e mediados dos anos 50 "nun movemento armado antifascista de resistencia" non de maneira endóxena, senón no contexto europeo da II Guerra Mundial, alén de inserilo na lóxica democrática, como se fixo en Italia, Francia ou Polonia. "Canto máis entendemos o momento presente, máis necesitados estamos de coñecer, recoñecer e integrar ese pasado como o que realmente foi", afirma Fernández. Hai que comezar a ver o período do golpe, a guerra e a ditadura "dunha forma xeracionalmente distinta", engade. Fajardo transmite neste senso unha mensaxe positiva, pois detecta nesa "xeración das bisnetas" moito interese. "O discurso de dous bandos enfrontados en igualdade de condicións xa non lles convence", asegura. Por iso, aínda que este foi un ano moi duro –co falecemento de Margarita Caballero, Mariquiña Villaverde, Elvira Varela Bao, Antonio Nores ou Chato Galante–, considera que o relevo está garantido e a recuperación da memoria é xa "imparábel". Perspectiva de país "Ten que haber unha política con perspectiva de país, porque o que pasou na Galiza non é o mesmo que en Estremadura. Aquí non houbo unha guerra civil, non tivemos bandos, senón un xenocidio desde que cae Tui", reclama Fajardo. Fernández pon de exemplo o uso do termo maquis para referise aos fuxidos, á xente do monte, como se chamaba na Galiza desde a memoria popular. Aquí teriamos que falar de "toxeiras" como equivalente ao nome francés da planta que aludía o movemento antifascista, o galicismo "deturpa e case coloniza a nosa propia memoria", explica Fernández. O que non exime de contextualizar as técnicas de represión na Galiza, que prefire denominar "persecución e matanzas", en estratexias inventadas polos fascistas italianos entre 1919 e 1922. Aquí teriamos que falar de "toxeiras" como equivalente ao nome francés da planta que aludía o movemento antifascista, o galicismo "deturpa e case coloniza a nosa propia memoria", explica Fernández. Fajardo apunta ademais a necesidade dunha memoria histórica con perspectiva de xénero e de clase. Cos grandes nomes cómpre así recuperar os da xente obreira asasinada por estar sindicada ou as formas específicas de represión cara ás mulleres, con prácticas de castigo diferentes, a través de compoñentes moi sexuais. Trátase, en resumo, de formularmos "novas preguntas para ter un novo relato, fronte ao dominante dos verdugos", insiste Fernández, "porque gañaron e dominaron a memoria, os medios de comunicación, definindo os límites durante 40 anos e durante outros 40 o asunto quedou máis ou menos conxelado". Rematar coa impunidade "Queda, en definitiva, rematar coa impunidade que tivo o franquismo pola continuidade do réxime nunha democracia onde se seguiron tolerando moitas prácticas anteriores", reivindica Fajardo. Para Castro resulta especialmente importante rescatar do silencio esta memoria "nun momento como o actual, no que co rexurdir da ultradereita mesmo comeza a haber certo negacionismo dos crimes atroces da ditadura fascista". Para a xornalista "avanzar en memoria é avanzar en democracia. Temos que romper coa herdanza económica e ideolóxica", sinala Fajardo, deses "lazos que nos atan á ditadura e nos fan unha rara avis en Europa". Neste senso, Ortega considera a falta de liberdade para tratar estes temas como síntoma dunha "democracia aínda en cueiros". "Temos que seguir reclamando a modificación dunha Lei de amnistía que é a gran cómplice da impunidade", acrecenta. En canto a cuestións máis concretas, pon o foco, alén de na vixente loita pola recuperación do patrimonio espoliado, da que axiña teremos noticias, na polémica cuestión dos usos de San Simón: "Non pode seguir sendo un parque de atraccións para facer xincanas. Ten que ser unha illa da memoria, e as actividades ter en conta que alí houbo un campo de concentración franquista". |
NOS_5222 | Foi un pai agarimoso que quitaron do lado do seu fillo antes de tempo e un comunista consecuente que dedicou a súa vida a loita pola xustiza social. Emigrante en Brasil con só 16 anos, dirixente comunista nese país até o seu desterro ao Estado español en 1933, revolucionario en Asturias durante o outubro vermello de 1934, comisario político no exército popular durante a Guerra Civil, delegado da Internacional Comunista en Portugal desde 1939, impulsor das primeiras guerrillas na Raia Seca e no sur da Galiza, rematou por ser elixido en 1943 como secretario xeral da sección galega do Partido Comunista España, desde onde impulsou a formación de Unión Nacional e das guerrillas galegas. Asasinado polos seus camaradas en 1948, os seus restos descansan en Moalde (Silleda) e segue reclamando xustiza. | Os primeiros contactos de Víctor García García co actividade política producíronse na cidade brasileira de Santos a onde emigrou coa súa familia desde Asturias en 1924. Após unha militancia inicial nas filas do movemento anarquista, non tardou en adherirse ao por aquel entón ilegal partido comunista, exercendo a secretaría de organización das mocidades na súa localidade de residencia. Contábel de profesión, xogou un papel decisivo no impulso ao sindicato da construción de Santos, desenvolvéndose como secretario do mesmo e membro da dirección local da Federación Sindical, integrada na Confederación Operaria Brasileira. O seu activismo non tardou en convertelo nun cadro político significado e nun obxectivo da policía do presidente Getúlio Vargas. Á volta de abril de 1932, nun acto en homenaxe a Sacco e Vanzetti, onde tomaron a palabra Elza Patricia Galavao "Pagu" e María Ferreira, o seu compañeiro Herculano foi asasinado e Victor ferido pola balas das forzas da orde e posteriormente confinado no presidio da Illa de Porcos. Fuxido deste cárcere, pasou de novo á clandestinidade, sendo detido ao pouco tempo en Río de Xaneiro e duramente torturado, até arrancarlle as uñas das mans e dos pes, procedendo as autoridades en novembro de 1933 a expulsalo de Brasil pola súa militancia comunista. A revolución de outubro de 1934 colle a Víctor en Asturias como secretario de organización da xuventude comunista e secretario do sindicato da edificación da UGT de Oviedo. Meses antes impulsara e dirixira a potente folga da construción e nos primeiros momentos da insurrección fai parte do "Comité do Norte", fuxindo a Cantabria tras o seu fracaso. Detido a mediados de outubro, pasa polo barco-prisión Alfonso Pérez de Santander, o Penal do Dueso en Santoña, a fortaleza de San Cristobal en Iruña, o cárcere de Oviedo e a prisión central de Burgos, saíndo en liberdade o 18 de xaneiro de 1936. Comisario político do exército popular Víctor García, coñecido como "O Brasileiro" desde o seu retorno de Brasil, vai participar durante a Guerra Civil nalgúns dos combates máis significados da Fronte Norte e de Catalunya. Xefe de milicias de Oviedo en xullo de 1936, comisario de brigada pola Academia de Comisarios de Guerra de Santander, como comisario do batallón "Sangre de Octubre", participa en diversas ofensivas contra Oviedo, sendo desprazado en xuño de 1937 a Bizkaia para defender Bilbo e dirixindo posteriormente o batallón Victor, fundando polo mando republicano en recoñecemento aos seus méritos como combatente e estratego. A última parte do conflito bélico vaina pasar en Catalunya e Aragón. Integrante como comisario político da 43 división do X corpo do exército popular mandado por Antonio Beltrán Casaña "L'esquinazau", participou en diversas batallas na zona dos Pirineos, do Ebro ou da serra de Cavalls en Tarragona. O remate da contenda levouno a asumir novas responsabilidades políticas, neste caso en Portugal, a onde foi traslado en 1939 como delegado da III Internacional. A traxectoria militante do "Brasileiro" en Portugal foi obxecto de estudo por diversos investigadores. Así, José Pacheco Pereira na súa biografía de Alvaro Cunhal sinala que "no ano 1939 chegou a Portugal Victor García. Adoptou os falsos nomes de Antonio, Manuel, Antonio Ortiz Risso, e alcumes de " Brasileiro" " Estanillo", " Dente d' ouro"… Facíase pasar por cidadán portugués e tiña a súa base de actuación clandestina no Porto". Na mesma liña, destaca que "o seu obxectivo: conectar con Codovila "Luís" e crear en Portugal unha base de loita antifranquista, sen implicarse nos problemas deste país" e lembra que "logrou puntos de apoio estratéxicos para a súa autoridade clandestina nos pobos fronteirizos portugueses-españois: Castro- Laboreiro, Ribeira de Baixo, Ribeira da Cima, Azoreira e Laboreiro (Ourense)"· Pacheco significa que "para fuxir do asedio das forzas represivas salazaristas concentrou a súa actividade na zona fronteiriza luso-galaica, entrando en contacto con Quiñones na dirección do P.C.E en Madrid". Ao tempo, documenta que "O "Brasileiro" en conivencia cos servizos secretos ingleses e americanos creou unha liña de fuga para os aliados a través de España en dirección a Portugal, xeralmente en barcos que partiron do Porto. Este acordo permitiu a evasión semanal de dúas a tres persoas finalizando coa invasión aliada de Normandía". A guerrilla da Raia Seca O investigador Román Alonso Santos no seu volume Saltando a Raia. Guerrilla republicana no suroeste Ourensán (1939-1943), lembra que "durante o ano 1939 chegou a Castro Laboreiro un personaxe chamado "Manolo". Os habitantes da comarca alcumárona " Dente d'Ouro" por ser visíbel na súa boca un dente con cuberta dese metal". Na mesma dirección, recorda como "Manolo" (Victor García) propuxo aos refuxiados protexerse e axudarse mutuamente porque non estaban ocultos por bandoleiros, senón pola súa ideoloxía de esquerdas e amor á república". Na mesma publicación, describe o enfrontamento armado do "Brasileiro" en maio de 1943 "cun garda fiscal chamado Carlos que tentou detelo". O historiador arraiano Américo Rodrigues no seu traballo Refugiados e guerrilheiros antifranquistas en Castro Laboreiro afirma que "moi importante na loita contra a ditadura de Franco recentemente instaurada foi a creación da primeira guerrilla galega por Manolo "Dente d' Ouro" en Castro-Laboreiro". Algúns dos membros da mesma foron Rosario Rodríguez, Gabriel Hernández González "O Barbeiro", José Rodríguez Páramo, Claudio Pousa Pinza, Ramón Yanez "Enrique O Médico", Saturnino Derriba Rodríguez, de Lugo ou José Fernández "O Rizo". Segundo Rodrigues, "dependían nas decisións e accións de combate de Manolo. Os asaltos planificados por "Dente d' Ouro eran ideolóxicos. Trataban de castigar os simpatizantes de dereitas e provocar axitacións, inquietudes e nerviosismo ás forzas represoras franquistas". A actuación política do "Brasileiro" centrouse na Galiza a partir de 1943. Á volta da primavera dese ano foi elixido secretario xeral do PC galego nun congreso celebrado nas minas de Fontao en Silleda, após un proceso de reorganización onde contactou con comunistas presos nalgúns dos destacamentos penais existentes, antigos militantes sen ligazón co partido e grupos dispersos polo país. García foi acompañado nesta nova xeira do comunismo na Galiza por un equipo de dirección do que fixeron parte Teofilo Fernández, tamén asasinado polos seus camaradas, Isidro Díaz, Belarmino Álvarez e José Cerberó. Secretario xeral do PC na Galiza O traballo desta nova dirección estivo dirixido á creación e organización dunha estrutura de combate para enfrontar ao fascismo. Neste sentido, destacou a súa política de formación e impulso a iniciativas plurais, destacando neste camiño a constitución da sección galega da Unión Nacional, que á volta de 1944 contou con comités activos en Vigo, Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo e Ourense. Ao tempo, impulsou a formación da organización xuvenil da formación e dotou o PC dunha estrutura de dirección centralizada con sede en Vigo, a onde se desprazaron a vivir o seu fillo e a súa muller, Angeles Fernández Roces "Gelines", comunista, miliciana, represaliada e cuxa historia recolleu Montse Fajardo no seu libro Un cesto de mazas. A etapa do "Brasileiro" como máximo responsábel do PC na Galiza coincidiu cun período de forte persecución policial. Por exemplo, en maio de 1944 a organización comunista sufriu un duro golpe por unha delación, sendo localizada o 13 de xuño unha vivenda na zona de San Xoán do Monte onde residía en Vigo. Nesta caída, atoparon na súa vivenda diverso material para elaboración de propaganda e foi detido un dos seus máis fieis colaboradores, Tino Posada. A tentativa de invasión do Val de Arán (Catalunya) en outubro de 1944, onde "O Brasileiro" estivo presente polo seu coñecemento da zona, abriu un novo tempo político no partido e significou a chegada ao cumio de dirección de Santiago Carrilllo. Este modificou a liña da organización e iniciou un proceso de persecución contra un grupo de militantes que non consideraba fieis as súas decisións, condenando, os máis afortunados, a ser expulsados do partido e o resto a ser eliminados. A Víctor García "premiouno" con ambas opcións, enviando en outono de 1946 a tres homes da súa confianza a Galiza para realizar ese labor. O asasinato de Víctor García U n solpor a comezos do ano 1948 chamaron á porta da nosa humilde casa familiar no barrio vigués do Calvario e un home descoñecido comunicoulle a miña nai o asasinato de Victor. Noite dramática que me encheu de dor á idade de seis anos os sentimentos de amor cara ao meu pai. Ao seguinte día partimos para Asturias, abandonando con gran pesar a casa onde fora feliz cos meus pais durante dous anos e que aínda persiste gravada na miña mente, con recordos dos felices de reencontros co meu pai e Teófilo, e cos xogos. Transcorreron anos de silencio, non de esquecemento do "Brasileiro" e un día, xa morta miña nai, decidinme a buscar a outra raíz que mantiña erguida a árbore da miña vida, inxectándome ideoloxía, fortaleza e espírito de traballo. Só sabía que segundo nos contou aquel mensaxeiro afastado no tempo que fora asasinado en Lalín e sempre a familia creu que ocorrera como consecuencia dun enfrontamento cos represores franquistas. Chamei a varias portas da memoria histórica sen éxito, até que un día o responsábel do grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela, Gustavo Hervella García, indicoume o lugar onde se achaba enterrado o meu pai na igrexa de Moalde e púxome en contacto con Alberto Maceira Balboa, coñecedor da historia de Victor García e persoa xenerosa. Efectivamente, achei a miña segunda raíz con certa alegría embazada por reencontrarme cunha triste realidade. O Partido Comunista, o partido polo que tanto loitara o meu pai, con cuxa ideoloxía me aleitaron e polo que estiven detido pola policía de Franco por escribir proclamas antifascistas na Facultade de Medicina, eran os seus asasinos. O meu mundo derrubouse. A partir de aí, púxenme a buscar información que me explicara o motivo do seu asasinato e consultar bibliografía sobre o asunto. Unha orde directa de Santiago Carrilllo O profesor Hartmut Heine escribiu que a orde de asasinar o "Brasileiro" partiu de Santiago Carrilllo, sendo transmitida persoalmente a Gómez Gayoso cando foi nomeado secretario xeral do PC na Galiza. Pola súa banda, a historiadora Lupe Martínez sinalou que "foi condenado a morte pola propia organización comunista. Acusado de infiltrado e de estar en contacto cos servizos aliados". O arquivo histórico do PCE garda numerosa documentación que sinala os responsábeis da morte do "Brasileiro" e explica o operativo posto en marcha para o seu asasinato. Así, en agosto de 1946, a nova dirección do PC na Galiza, encabezada por Gómez Gayoso e Antonio Seoane, sinala nun informe que "a loita cotra García e o seu grupo, a súa liquidación política e física é a nosa maior preocupación". O mesmo núcleo dirixente, nun documento elaborado en abril de 1948, unha vez asasinado Víctor García afirma que "Por fin o cazamos. Este canalla que se nos escorría como unha samesuga. Logramos localizalo na comarca de Lalín. Desde alí movía os fíos de certos grupos aventureiros e desclasados", "un provocador que nos deu moitos desgustos" . O xefe da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro da Galiza, Francisco Rey Balbís "Moncho" recolleu nun informe elaborado no exilio francés en 1952 que "cando " Foucellas" estaba por Pontevedra atopou a Rueda nunha aldea onde estaba casado e preguntoulle se sabía algo de Victor García, Rueda díxolle que sabía mesmo a casa onde paraba. "Foucellas" explicoulle que Victor García non era comunista senón trotskista. Victor foi eliminado por orde do Partido, isto díxomo "Julián", nome de guerra de Antonio Seoane. "Moncho" remata afirmando que "Rueda despois de participar na execución do "Brasileiro" pasou á beira de "Julián" como home de toda confianza". Victor García García "O Brasileiro", o comunista, meu pai, asasinado polos seus camaradas o 18 de febreiro de 1948 en Moalde-Silleda permaneceu durante décadas nunha fosa esquecida no adro parroquial. Ese foi o seu refuxio desde que apareceu o seu cadáver abandonado no Rio do Porto, concretamente no lugar da Costa, cuberto por follas de árbores e as "forzas vivas" procederon a enterralo nun cadaleito construído cunhas madeiras doadas por José Fuentes. Naquela mesma tumba, luce agora unha placa colocada pola súa familia e estampada nela un texto escrito polo "Brasileiro" e conservado durante anos pola súa muller "Gelina" que afirma que "os proletarios do corpo e da intelixencia unidos poderían engalanar o universo". Esa é a mensaxe que me legou meu pai asasinado con só corenta anos. Un pai e un avó que segue vivo nos seus e así quero lembralo con estas palabras cheas de recordo …No estás junto a mi cama padre, para velar mis sueños En ellos busco tu cara, cara que apenas recuerdo. Busco tus juegos conmigo. Busco tus sabios consejos. Busco tus ojos, padre para mirarme en ellos. Que un criminal robó a este niño los recuerdos. Por eso me duelen, padre me duelen los que no tengo. Que un criminal robó a este niño los recuerdos. Por eso también, padre, me duelen los que conservo. |
NOS_49821 | "Por favor, coidádenos aos que vos coidamos", dixo Mónica Pérez, profesional do hospital coruñés. | "Suplicámosvos a vosa axuda, se non tomades todas as medidas isto non vai rematar nunca, moita xente finará e teremos que velos morrer na planta". Así de contundente se dirixiu hoxe á poboación a enfermeira Mónica Pérez, que actualmente traballa na 'planta Covid' do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Nunhas declaracións remitidas aos medios, alertou da "preocupante" situación que están a vivir no hospital e, en nome do persoal de enfermaría, pediu colaboración cidadá para frear o constante goteo de ingresos. "Por favor, coidádenos aos que vos coidamos", dixo. Neste senso, lembrou que as e os profesionais da Sanidade galega traballaron "sen parar" desde marzo do pasado ano. Hoxe seguen a facelo, mais comezan estar "esgotados", ou, máis concretamente, "desanimados", porque non souberon transmitir á poboación a importancia de cumprir as medidas sanitarias ou ben esta mensaxe "non calou" na xente. "Non podemos ter contacto social máis que para o imprescindíbel, só para saír da casa para as cuestións esenciais", salientou. Aumento da presión nos hospitais galegos Así as cousas, o Chuac non é o único centro que comeza padecer saturación por mor da Covid-19. As traballadoras da UCI do CHUS compostelán levan semanas mobilizadas reclamando "máis seguridade" nun entorno tomado polos doentes desta enfermidade e cun alto risco de contaxios. Tamén preocupa a situación do Hospital do Meixoeiro de Vigo, onde se detectou o pasado domingo un gromo na unidade de Xeriatría que afectou a perto de 40 persoas e que obrigou ao Sergas a trasladar a varios pacientes ao Hospital Álvaro Cunqueiro. |
NOS_8388 | O 2 de outubro estrearase no Raindance Film Festival de Londres 'Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro', un documental asinado por Aser Álvarez, quen durante tres anos foi testemuña privilexiada do proceso de creación dun dos artistas galegos máis internacionais. | - Estrea mundial no Raindance Film Festival, que gran noticia. - Si, é un dos festivais de primeiro nivel a nivel internacional. Foi unha sorpresa moi agradable. A estrea é o día 2 de outubro nun cinema en Piccadilly, no principal espazo de exhibición do festival o propio día da clausura, estamos moi satisfeitos. Foi todo un subidón que o seleccionaran. - Despois do documental sobre Celso Emilio Ferreiro agora mergúllaste en Francisco Leiro. Por que?- Foi un pouco unha casualidade, pero é certo que hai un vínculo entre eles. Con Leiro estiven no anterior documental, cando el le uns poemas de Celso Emilio. El é unha persoa moi tímida e convencelo para ler un poema non foi doado. Así que díxenme que se fomos quen de facer isto podemos facer un documental -parecíame moi sorprendente que a un tipo da súa categoría e en plena madurez da súa traxectoria nunca se lle tivera feito un documental-. Entón fíxenlle o plantexamento que me parecía o único posible: non un documental biográfico ou sobre a súa traxectoria, senón algo completamente diferente, centrado no tempo presente e nas condicións físicas e mentais do seu traballo. Observalo, velo traballar, que nos deixara entrar nos seus lugares de traballo. E así foi como comezou a fraguarse o proxecto. Foi un proceso de procura. E así pasaron máis de tres anos rodando primeiro en Cambados, no seu principio do mundo, rodando todo o proceso da pedra, desde a canteira até a realización dunha obra de grande envergadura, un dos seres do Averno que ten no seu estudo na Pantrigueira. Despois seguimos traballando o proceso da madeira e toda a fase final dun proceso expositivo, porque el está constantemente traballando. El permitiunos que nos achegaramos a el, que accederemos aos seus espazos. E así foi como fomos á inauguración de 'Purgatorio', a exposición de Madrid, que foi algo moi interesante porque era todo o proceso de subidón, remate das obras, montaxe, últimos detalles, moito estrés… E logo xa o de Nova York, que foi moi interesante, porque para el supón a desconexión, pasar páxina e empezar outra nova historia. Aínda que a el non lle gusta teorizar, o proceso de reflexión que hai nas súas obras é tremendo. - Ese reparto xeográfico como se explica? Hai cousas que fai nun lugar e outras noutro?- Iso terías que preguntarllo a el, pero eu como observador o que si ves é que, como di Txomin Badiola, é o sobrevivinte dunha época heroica da escultura, na que todo sae dun proceso de traballo físico intensísimo, onde tamén no seu caso se combina cun proceso reflexivo moi forte e constante. Aínda que a el non lle gusta teorizar, o proceso de reflexión que hai nas súas obras é tremendo. Aquí en Cambados é onde fai acopio dos materiais, onde fai a parte máis importante de montaxe dos grandes elementos, tanto de madeira como pedra. A pedra trabállaa case toda aquí e a madeira primeiro ensámblaa aquí e logo lévaa a rematar en Madrid. En Madrid é un traballo máis solitario, aí xa non ten axudante ningún, xa é un traballo máis de matizar e rematar. E Nova York no seu tempo foi un lugar de rematar obras alí, pero agora é máis de desintoxicarse disto, coller ideas e ir a airearse. Nos anos 80 e 90 tiña alí unha base de operacións máis estable, pero agora non. E a estrutura xustifícase polos seus tres lugares de traballo. A idea era tratar de facer algo moi centrado nas condicións físicas e mentais do seu traballo e tratar de amosar todo iso sen ningún tipo de rollo discursivo nin teorización. Simplemente de aí é de onde emerxe a tremenda forza visual do traballo, axudado pola banda sonora extraordinaria de Lucía Martínez. Fixemos música co son das ferramentas de Leiro, fixemos música do ruído, como dicía Bresson. Hai momentos en que parece que as esculturas falaran. E de repente todo adquiriu unha nova dimensión. Creo que quedou un documental moi orixinal, como foi un proceso tan longo foise mimetizando un pouco co propio Leiro. Traballamos moito coa intuición, co inesperado, sen un plan previo fóra da estrutura inicial. Fíxenlle o plantexamento que me parecía o único posible: non un documental biográfico ou sobre a súa traxectoria, senón algo completamente diferente, centrado no tempo presente e nas condicións físicas e mentais do seu traballo. - Leiro é un personaxe inconfundible e recoñecible, pero tamén moi pouco coñecido, no sentido de que sabemos poucas cousas del. Como é?Leiro é un galego de pura cepa, un artista dunha peza ademais, un home cun talento extraordinario. E ao traballar cunha persoa con tantísima forza como el ten tamén ten as súas complicacións, porque el nunca antes accedera a facer un documental, e é un grao de exposición grande aínda que só observabamos a unha distancia prudencial, pero sempre incomoda, xera tensión… E nese sentido, eu só teño palabras de agradecemento para el, é un home dunha xenerosidade total. Abriunos as portas da súa casa, dos seus estudos… Para nós foi un luxo, vendo como debuxa, que o debuxo ten unha importancia esencial. Foi unha experiencia que non esquecerei. E el é moi tímido, e moi pouco dado á exposición pública. A pesar de que foi un traballo durísimo, tamén foi moi placenteiro e enriquecedor, e agora moi satisfactorio ver que hai festivais internacionais que se interesan, a pesar de que é un documental de autor, entre aspas. Ten unha visión moi persoal. Como di Txomin Badiola, é o sobrevivinte dunha época heroica da escultura, na que todo sae dun proceso de traballo físico intensísimo, onde tamén no seu caso se combina cun proceso reflexivo moi forte e constante. - Logo fará percorrido por outros festivais, non?- Si, logo da 'première' a idea é que comece unha xeira por diferentes festivais. - Cando a poderemos ver en Galiza?Supoño que non tardará moito, pero verase aquí por suposto, tamén na TVG, a finais deste ano ou o ano que vén, pero a min o tema da distribución non me interesa nada. Agora xa estou traballando noutro documental sobre el, precisamente. - Ah, si?- Como tiñamos tantísimo material, rematamos facendo outro, que se vai titular 'O Purgatorio de Francisco Leiro' e vaise emitir en 'Imprescindibles' en TVE2, unha encomenda que nos fixeron. É un diálogo entre Txomin Badiola falando con Leiro sobre a exposición do Purgatorio, pero con carácter didáctico e moi divulgativo. Eles dous son posiblemente os dous mellores escultores que hai agora mesmo no Estado. E era un material demasiado bo para que quedara aí. Agora é no que estou máis centrado, e este si que se estreará a finais de decembro. Tráiler oficial de"Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro" from Arraianos Producions on Vimeo. |
PRAZA_16914 | O documento xa non se pode descargar da páxina, na que se pode ler a mensaxe 'texto en revisión'. Este luns o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xustificaba que a presenza deste método se debía á decisión de "expertos xinecólogos" e culpaba ao Bipartito da súa publicación. | O Sergas inclúe a 'marcha atrás' nun folleto sobre métodos anticonceptivos recomendados A Xunta dá marcha atrás. Na tarde deste luns, 24 horas despois de que se iniciase a polémica polo folleto que recomendaba o coito interrompido como un método anticonceptivo válido e fiable, o documento foi retirado da web do Sergas, na que agora se pode ler Texto en revisión. O Goberno galego recúa a pesar de que só unha horas antes, o luns pola mañá, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xustificaba a presenza da marcha atrás entre os anticonceptivos recomendados, afirmando que se debía á decisión de "expertos xinecólogos" e alegaba que o folleto non era unha "recomendación", senón simplemente "unha guía descritiva". "Non se recomendan, dise os que hai", afirmou, esquecendo que o folleto aseguraba que a "eficacia" da marcha atrás era "do 73 ao 96%" e que "non existen métodos bos e métodos malos". Este luns o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xustificaba que a presenza deste método se debía á decisión de "expertos xinecólogos" e culpaba ao Bipartito da súa publicación Aboal aproveitaba tamén para botarlle a culpa ao Goberno Bipartito, que abandonou a Xunta hai máis de nove anos, sinalando que o folleto foi publicado por primeira vez en 2008 e que, posteriormente, foi "actualizado" en 2010 por un "grupo de expertos". Dende entón, a publicación foi reimpresa cando menos noutra ocasión, en 2015. Nas súas declaracións Aboal destacaba que a decisión de retirar o folleto -como lle esixían todos os grupos da oposición- era responsabilidade do "comité de expertos". Porén, case ao mesmo tempo o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, desautorizaba tacitamente a Aboal, sinalando que a demanda da oposición lle parecía "razoable". Poucas horas despois o folleto desaparecía da web do Sergas sen máis explicacións ao respecto que xa comentada mensaxe de texto en revisión Reaccións políticas O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, desautorizou tacitamente a Aboal, sinalando que a demanda da oposición lle parecía "razoable" Este luns o BNG pediulle ao Sergas "a retirada inmediata" do folleto. A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, cualificaba de "anacrónico e totalmente irresponsable" que desde a Administración pública se recomende a interrupción do coito como método para evitar embarazos non desexados "cando está demostrado que non é eficaz nin como método anticonceptivo, nin como método para evitar contaxios de doenzas de transmisión sexual e, ao mesmo tempo, condiciona negativamente as relacións sexuais". A formación tamén criticou a presenza nese folleto de métodos anticonceptivos recomendados de "outros igual de dubidosos como o denominado método ogino, da temperatura basal ou de día fixos". O BNG lembrou que segundo unha enquisa levada a cabo pola Consellería de Sanidade entre máis de 6.000 nais galegas entre 2015 e 2016 un 20% dos embarazos foron non planificados. O BNG lembrou que segundo unha enquisa levada a cabo pola Consellería de Sanidade entre 2015 e 2016 un 20% dos embarazos foron non planificados De igual xeito, as Xuventudes Socialistas Galegas (XSG) denunciaron que "hai unha intolerable falta de interese por parte da Xunta de Feijóo en materia de educación sexual", engadindo que "estes folletos son o seu resumo: desinformación e posta en risco da saúde dos e das cidadáns". O secretario xeral das XSG, Nabor González, destacou que "é inadmisible que dende as institucións públicas se igualen métodos coma a marcha atrás, que case nin se considera un método anticonceptivo, co uso de preservativos ou anticonceptivos hormonais". A coordinadora de benestar social das XSG, Paula Castiñeiras, alertou pola súa banda de que o folleto "emprega unha retórica que pode facer pensar a calquera mozo ou moza que non por un preservativo non acarrea practicamente ningún risco". As mocidades do PSdeG-PSOE pedíanlle á Xunta a retirada da publicación e esixíanlle ao Executivo galego que realice "unha reflexión e se tome en serio as políticas en materia de educación sexual que asemellan esquecidas por este goberno". Tamén dende En Marea, o seu viceportavoz Antón Sánchez, pediu a retirada do folleto e reclamou "explicacións de por que foi publicitado e publicado" pola Xunta. |
NOS_49509 | A Galiza rexistrou un mes de decembro "normal" no que atinxe ás precipitacións, e "moi cálido" no que respecta aos termómetros, cunha temperatura media que se situou 2,1ºC por riba do esperado. Esta anomalía converteu o decembro de 2021 no terceiro máis cálido da serie histórica de referencia, con rexistros desde 1981. | Estas son algunhas das conclusións do avance do último informe climatolóxico de Meteogaliza, que tamén sinala que decembro tivo tres partes moi diferenciadas: un período inicial de 10 días no que predominaron as borrascas, con ambiente húmero e temperaturas suaves propias da época; unha segunda parte con outras 10 xornadas de tempo anticiclónico, seco e temperaturas baixas; e unha recta final marcada outra vez por borrascas (aínda que con vento do sur e temperaturas elevadas). Meteogaliza destaca a temperatura media, cunha anomalía de 2,1º por encima do habitual en decembro (dato obtido a partir das anomalías medias das 11 estacións meteorolóxicas máis representativas). A explicación, sinalan, hai que buscala tanto nas temperaturas mínimas como máximas, "en ambos os casos moi cálidas". O precedente máis próximo, lembraron, foi o mes de decembro de 2015, cando a temperatura media situouse en 2,87º por encima do habitual; e o anterior foi o de 1989, cunha anomalía positiva de 2,84º. En xeral, os termómetros rexistraron marcas moi elevadas no conxunto do país, malia que os valores máis salientábeis concentráronse na comarca da Coruña e no leste da área de Lugo, con valores que case chegaron aos 3,8º por encima do normal. Por outra parte, as anomalías máis baixas alcanzáronse no Barbanza, cunha temperatura media case 1º por encima do esperado. Menos choivas e en poucos días Segundo os datos recoller nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a choiva acumulada en decembro foi similar á considerada "normal", pero o número de días con precipitacións supera en xeral os valores climáticos habituais para a época. Apóñeno aos dous períodos de inestabilidade cos que comezou e finalizou o mes, que trouxo asociados episodios de borrasca bastante activos en días concretos e derivaron nunha precipitación acumulada de 205 L/m. Se se comparan estes valores cos rexistrados no período de referencia 1981-2010, decembro finalizou na Galiza cunha anomalía media das precipitacións un 3% superior ao valor climático habitual. "Isto fai que o mes poida considerarse dentro da normalidade, tendo en conta o conxunto do país", aseguran. Con todo, si recoñecen que houbo grandes contrastes en canto á distribución xeográfica das precipitacións, sobre todo entre a área de Lugo e o resto da Galiza. En concreto, mentres que na Fonsagrada e nos Ancares rexistráronse porcentaxes de choiva superiores ao 196% con respecto ao normal, na comarca ourensá de Valdeorras o mes resultou moi seco. |
NOS_330 | Décima xornada consecutiva de baixada nos casos activos. | Galiza inicia o mes de xuño cun alivio da presión hospitalaria ao baixar a 109 os pacientes Covid ingresados, 16 menos que a xornada anterior, e con tendencia descendente dos casos activos, que se reducen a 2.208, mentres que os novos contaxios mantéñense por baixo do centenar, en 90. Segundo os datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda feira, os pacientes Covid en UCI no conxunto de Galiza descenderon a 25, seis menos, e os que permanecen noutras unidades de hospitalización a 84, dez menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en todas agás nas de Ferrol e Santiago e Barbanza. Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente por décima xornada consecutiva e redúcense a 2.208, que supoñen 54 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (142) que novos contaxios (90), ao que se engaden dous falecementos. As infeccións activas baixan en cinco das sete áreas sanitarias: A Coruña e Cee (-35); Santiago e Barbanza (-14); Pontevedra e O Salnés (-8); Ourense (-6) e Vigo (-3); mentres que soben lixeiramente nas de Ferrol (+3) e Lugo (+9). En canto aos novos contaxios, continúan por baixo do centenar,con 90, despois de iniciar esta semana con 76, polo que son 14 máis. Ademais, na Galiza foron confirmados 94 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos publicados por Sanidade, deles 23 na área de Vigo; 20 na de Lugo; 14 na de Ourense; outros 14 na de Santiago e Barbanza; 13 na da Coruña e Cee; sete na de Pontevedra e O Salnés; e tres na de Ferrol. En canto á taxa de positividade mantense nun 2% ao descender lixeiramente ao 2,27% tras iniciar a semana cun 2,45%. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. As persoas falecidas desde o comezo da pandemia diagnosticadas con Covid-19 ascenden a 2.419 persoas, ao notificar a Consellería de Sanidade dous novos óbitos. |
NOS_40546 | A voceira de Esquerra, Anna Simó, denunciou unha intervención do Estado despois de coñecer o Plan de axuste do Consello de Política Fiscal e Financeira. | Anna Simó, voceira parlamentaria de ERC, explicou que o compromiso financeiro até 2014 é, en realidade, "unha intervención 'suave' do Estado que pasa por riba do papel do Parlament en cuestións tan fundamentais como os orzamentos da Generalitat dos vindeiros exercicios, mais unha intervención en definitiva". Simó calificou de "aceno" e de "fume" o feito que neste plan figuren os 211 millóns de euros que o Estado pasou a Catalunya en concepto de pagamento da disposición adicional terceira do Estatut. O secretario de Estado de Facenda deixou claro que estes cartos non chegarán, mais permitiu que a Generalitat contara con eles "virtualmente". A voceira parlamentaria independentista pediu tamén explicacións na comparecencia do presidente da Generalitat para que explique a marxe que lle queda ao Parlament para poder exercer o seu traballo lexislativo diante das obrigas deste plan.A voceira de ERC calificou tamén de "estratexia errónea que o Govern venda aquelo que aporta ingresos e que funciona, socializando entre uns cantos os beneficios, quedándose as perdas", referíndose a venda de Tabasa e Aigües Ter-Llobregat, "porque deste xeito os beneficios van a uns cantos accionistas e non haberá reinversión nin retorno social en forma de inversión destes beneficios nun intre de grandes recortes nos orzamentos das inversións". |
NOS_57627 | Son entidades de numerosos países onde a compañía ten presenza e filiais. A preocupación é que iso implique a existencia de máis débeda, a engadir á de 3.000 millóns. Aliás, a falla de liquidez pon a novas filiais están en dificultades | Até o de agora, Pescanova mantiña que o número de bancos acredores era de 46. Mais a auditora Deloitte eleva a cifra real a 110. Hainos de practicamente todos os países onde Pescanova tiña filiais ou negocios. Hai quen apunta a como repercutirá iso, se o fai, na débeda da firma, que xa se cifraba por volta de 3.000 ou 3.400 millóns de euros. A débeda bancaria supera os 3.000 millóns de euros só con entidades financeiras. Desta cantidade, 1.900 millóns serían da matriz e o resto de filiais. Tanto ás españolas (400 millóns), como ás estranxeiras (700 millóns). A este importe habería que endgadir 375 millóns en emisións de bonos. En Arxentina a falla de cartos mantén amarrados os 12 barcos de Pescanova a días do inicio da campaña do langostino Deloitte, aliás, puxo sobre a mesa á petición do núcleo forte de sete bancos acredores dunha nova inxección de 50 millóns de euros para facer fronte o día a día de Pescanova. Estes bancos dixeron que o estudarían. Mais hai confianza, e moita, en que a resposta sexa si. Fóra de xogo Fernández de Sousa, a banca acredita na empresa. Filiais en risco Por outra banda, a prensa latinoamericana sinala que novas filiais de Pescanova en Chile xa solicitaron a insolvencia, como Argenova e Pescachile. Aliás, en Arxentina a falla de cartos mantén amarrados aos 12 barcos de Pescanova a días do inicio da campaña do langostino. |
NOS_39033 | No décimo aniversario do coñecido como caso 4-F recuperamos a conversa cun dos directores do documentario sobre a detención, encarceramento, tortura e condea das persoas que o protagonizaron. Entre elas Patricia Heras cuxa morte levou os acontecementos daquela noite ás páxinas da imprensa. A entrevista íntegra foi publicada no nº132 do semanario en papel. | Leva unha camisola do movemento post-porno "en homenaxe a Patri", afirma mentres conversamos no bar O 13 de Compostela e follea a banda deseñada que recolle a revista El Jueves sobre Ciutat Morta, o documentario que co-dirixe xunto a Xapo Ortega. Con voz pausada e apurando o almorzo, Xavier Artigas debrúzase para Sermos Galiza sobre o contido do filme e a historia das persoas que o protagonizan. Un relato de torturas, impunidade, dun proceso xudicial sen garantías, racismo, clasismo, homofobia e a fotografía dunha cidade morta creada "para ser consumida". Ciutat Morta céntrase fundamentalmente en tres das persoas detidas, encarceradas e condenadas polo 4F mais hai unha protagonista que salienta pola súa ausencia. Fálame de Patricia Heras.Nós nunca a coñecimos persoalmente mais cremos que é a grande vítima desta montaxe. Quixemos que estiver presente no filme malia estar morta. Para dignificala fixémolo através do que mellor a definía e co que máis se identificaba que era a súa poesía. A posición que ocupan os seus poemas axuda a seguir a trama. É un recurso cinematográfico moi lindo que fai que ela estea presente e, ao tempo, facerlle unha homenaxe. "Na sociedade na que vivimos, empatizamos máis cunhas vítimas que con outras" A sensibilidade que se desprende do seu diario, da súa poesía fai que a persoa que olla o documentario empatice moito con ela. Cres que tería a mesma repercusión o caso de non se ter producido o suicidio de Patricia?Probabelmente non mais iso non significaría que a historia non tiver sido igual de grave, non? Desgrazadamente, na sociedade na que vivimos, empatizamos máis cunhas vítimas que con outras. Cando en Barcelona Esther Quintana perdeu un ollo polo disparo dunha bala de goma falouse moito do tema. Todo o mundo empatizou moito con ela porque era unha muller de mediana idade, acababa de perder o emprego, tivo que volver á casa familiar porque non tiña recursos, estaba na máis absoluta precariedade, non militaba en ningunha organización política nen pertencía a ningún colectivo radical. Que acontece? Antes de Esther Quintana houbo 5 persoas que perderan un ollo mais todas elas tiñan unha estética que facía que a xente non empatizase tanto con elas. No caso de Patricia, para alén dun xeito de vestir escéntrico, o feito de ser unha estudante de Literatura e unha boa poeta fai que moita xente se tome a serio o seu suicidio. Se tiver sido unha okupa –como quixeron facer crer no xuízo—non tería sido igual. Cres que o seu suicidio podería ser considerado un crime?Bon. O que din sempre as súas amigas é que Patri non foi asasinada por ninguén. Tivo a liberdade de decidir o día da súa morte. É algo que elas respectan moito e coidan un privilexio; un acto de forza e de valentía. Porén, fica claro que Patricia era unha persoa que non estaba ben. Que tiña algúns problemas na súa vida, como os pode ter todo o mundo. Aínda así se para alén de ter estes problemas se o estado te mete nunha situación que amplifica moitos máis estes problemas, ás veces non che queda moita máis solución. Neste senso, eu non diría que o Estado asasinou a Patri mais que indirectamente ten unha relación clarísima… diso non hai dúbida. Se a ela non lle tiver acontecido todo iso [proceso 4F] é moi probábel que estiver viva. Outro dos relatos en primeira persoa que focan o documentario é o de Rodrigo. O seu desexo de vinganza inicia o documentario. Cando decidístedes comezar con este proxecto que vos motivaba para facelo?Comezamos no 15M, en Praza Catalunya. Eramos un grupo bastante grande, cubríamos manifestacións, actos… eramos a televisión on-line do movemento 15M en Barcelona. Por algunha razón Xapo e eu comezamos a especializarnos ou a nos obsesionar con casos de represión policial. Quixemos dar voz a esas persoas que sentían impotencia por padeceren abusos policiais e ver como as súas denuncias eran arquivadas inmediatamente. Fixemos moitos vídeos relacionados con isto. Neste contexto falamos de Yassir [el Younoussi], un rapaz marroquí morto baixo custodia dos Mossos d'esquadra no Vendrell e de Juan Pablo Torrija, arxentino que morreu nas mesmas condicións en Girona ou máis recentemente o empresario Juan Andrés Benítez. O caso do 4F tiñamolo moi presente. Faltaba moi pouco para que Rodrigo saíra da cadea e pensamos que era un bon momento para facer un traballo en profundidade sobre o caso. "Quixemos dar voz a esas persoas que sentían impotencia por padeceren abusos policiais e ver como as súas denuncias eran arquivadas inmediatamente" Así as cousas, algunha das persoas detidas, torturadas, encarceradas e condenadas non quixo facer parte da gravación e, de feito, marcharon de Barcelona... por que?Coido que por motivos obvios. Patri habia pouco que se suicidara e isto, por exemplo, causaba moita dor. Sorprendeunos que a xente quixese falar, non o contrario. A xente precisa un tempo de loito. A respeito das persoas implicadas directamente hai que pensar que este foi un proceso moi longo. Comezou en 2006 e para Rodrigo rematou a finais de 2012. Todos estes anos de xuízo, a incertidume da condena… iso provoca un estrés que coido pode chegar a ser traumático para moita xente. Alex, por exemplo, o terceiro encarcerado, non quixo falar. Alfredo o mozo que ía con Patricia cando tiveron o accidente e que foi finalmente indultado, viviu ese indulto con moita dor porque ao quedar libre de pena sentía que estaba a prexudicar a Patri pois os dous foran detidos xuntos e xulgados no mesmo xuízo… Fálame do proceso xudicial…O máis destacábel do xuízo foi a instrucción. O momento en que se recollen as probas que han de se ter en conta no proceso. A instrucción faina un xuíz e outro xulga. Que aconteceu? Que a xuíza instrutora tiña unha serie de prexuízos sobre as persoas acusadas. Sospeitamos que é unha persoa profundamente clasista. Dalgunha maneira tiña unha idea clara de que esas persoas eran culpábeis porque contaba cun atestado policial que o confirmaba e ao que lle deu creto. Todas as probas que se presentaban e que podían chegar a exculpar a esas persoas a xuíza denegábaas porque consideraba que eran unha manipulación. Hai moitas probas descartadas, entre elas o testemuño do alcalde. A defensa recorría e os seus recursos ían a outro xuíz que ratificaba o decidido pola xuíza instrutora. Finalmente, cando se celebra o xuízo, vai a mans deste mesmo xuíz que estivera revisando as probas. Isto é unha irregularidade moi grande a nivel xudicial porque o xuíz xa coñecía todo o caso logo de lle seren remitidos os recursos. Considérase que foi un xuízo sen garantías suficientes e que só por iso debería reabrirse a causa. Doutra banda, na vista só se tivo en conta o relatado polos mesmos policías que foran denunciados por torturas. "Na vista só se tivo en conta o relatado polos mesmos policías que foran denunciados por torturas" Existe todo un entramado entre o poder xudicial, político e mesmo as FSE… é o propio dun estado democrático e de dereito?É un híbrido entre unha suposta transición, que foi moi irregular, e un herdo moi claro do franquismo. Hai unha serie de estruturas caciquís que en lugares onde se move moito diñeiro como Barcelona son aínda moito máis evidentes. Hai intereses económicos que son garantidos polo poder político, avalados polo poder xudicial –impregnado tamén destes intereses—e logo á policía outórgaselle unha marxe de autonomía para facer un pouco o que quixer á fin de que sempre estean a disposición para defender estes intereses [económicos]. Cando a policía se excede, o poder político e o xudicial encárganse de protexer esta autonomía da que goza. Para min o peor é o papel dos medios de comunicación que non investigan, que non poñen en dúbida as versións policiais, que non contradín os comunicados políticos… existe un entramado mafioso especialmente en Barcelona que é unha máquina de facer diñeiro. Mesmo unha parte do documentario foi censurada. Como aconteceu isto?Foi unha personaxe cun cargo importante na Garda Urbana de Barcelona. Tentou evitar a emisión do filme. Levouna a xuízo e solicitou que se adoptaran unhas medidas cautelares para evitar a súa emisión. O xuíz considerou que non se podía censurar o documentario completo e determinou a parte que incumbía á persoa denunciante. Decidiu, cautelarmente, retirar 5 minutos. Foi absurdo porque, na actualidade cos medios de difusión que existen eses 5 minutos foron máis visionados que o propio filme. Unha das cuestións máis interesantes que fican quizais nun segundo plano na análise do documentariol é a proxección dunha dupla imaxe de Barcelona. A real e a postal turística….A grande protagonista é a cidade. Contrapomos a idea de cidade morta coa marca Barcelona, un concepto xurdido nos Xogos Olímpicos [1992]. Unha marca é algo que a xente consuma e iso é o acontece aquí. Quen pode consumir unha cidade? Turistas e especuladores inmobiliarios, procuradores financeiros… todas as reformas urbanísticas que se fan en Barcelona van encamiñadas a consolidar esta marca. É dicir, que a cidade se poida vender mellor. A cidade deixa, neste senso, de ser un espazo de convivencia para pasar a ser unha fábrica que xera beneficios. Desde esta perspectiva molesta que a xente estea tirada no chan ou simplemente vagando. Malia o aspecto fermoso que poida ter, Barcelona tornouse nun espazo cada vez máis difícil para quen quere vivir nela, mentres para os turistas é un lugar encantador. Através dun poema de Patri xeramos a metáfora da cidade morta [Ciutat Morta]. "Quen pode consumir unha cidade? Turistas e especuladores inmobiliarios, procuradores financeiros…" Ciutat morta narra torturas, abuso de autoridade, manipulación... mais tamén racismo e clasismo. Un tema sobre o que traballas en Idrissa, crónica dunha morte calquera.Seguindo a nosa liña, gostamos de facer comedias [ri], quixemos seguir abordando a mesma temática con algo que tamén aconteceu na cidade mais que toca algo que, embora aparecer tamén no caso 4F, aquí xa é máis explícito: o racismo institucional. O que falabamos antes, que as vítimas, segundo o caso, espertan máis ou menos simpatía. O caso de Idrissa é o dun rapaz de 21 anos que morre baixo custodia policial, na noite de reis de 2012. Da súa morte ninguén se enterou. Non se deron explicacións de por que morreu e á cidadanía élle indiferente porque era unha persoa indocumentada, que non nacera en Barcelona. Para nós é un caso claro de violencia policial que remata en morte polo que quixemos incomodar ao cidadán ben pensante de Barcelona e violentalo por non terse preocupado por esa morte e non ter feito nada para evitala. Através diso queremos falar da realidade migratoria mais pondo o foco non nos migrantes senón na responsabilidade que temos como cataláns ou europeos sobre o tema do control migratorio. Non hai que esquecer que o noso benestar e prosperidade depende totalmente de relacións post-coloniais que temos con países africanos. Asemade, abordamos os CIES, estes espazos que non son cárceres mais nos que están presas persoas pola súa orixe étnica ou xeográfica. O único caso que historicamente se coñeceu de centros semellantes foron os campos de concentración. Idrissa quere que a xente no Estado español sexa consciente de que en pleno século XXI mantemos campos de concentración e que á xente iso non lle importa unha merda. |
NOS_19699 | É tentador argumentar que os fracassos econômicos dos últimos anos provam que os economistas não têm as respostas. Mas a verdade é ainda pior: na realidade, a economia padrão ofereceu boas respostas, mas os líderes políticos - e todos os demais economistas - escolheram esquecer ou ignorar o que eles deveriam saber. Acabamos de experimentar um fracasso colossal da política econômica e muitos dos responsáveis por esse fracasso se recusam a aprender com a experiência. | "Obama deveria assumir a frente deste debate sobre a economia - ir ao ataque -. em vez de permitir os republicanos de controlar a retórica".É aquela época novamente: o encontro anual da Associação Americana de Economia e afiliadas, uma espécie de feira medieval, que serve como um mercado para corpos (recém-cunhadas Ph.D. 's em busca de emprego), livros e idéias. E este ano, como em reuniões anteriores, há um tema dominante em discussão: a crise econômica em curso.Não é assim que as coisas deveriam ser. Se você tivesse entrevistado os economistas presentes nesta reunião, há três anos, a maioria deles teria certamente previsto que até agora nós estaríamos falando sobre como a Grande Depressão terminou e não porque ele ainda continua.Então, o que deu errado? A resposta, principalmente, é o triunfo de idéias ruins.É tentador argumentar que os fracassos econômicos dos últimos anos provam que os economistas não têm as respostas. Mas a verdade é na verdade pior: na realidade, a economia padrão ofereceu boas respostas, mas os líderes políticos - e todos os demais economistas - escolheram esquecer ou ignorar o que eles deveriam saber.A história, neste ponto, é bastante simples. A crise financeira levou, através de vários canais, a uma queda acentuada do consumo privado: o investimento residencial caiu como o estouro da bolha imobiliária, os consumidores começaram a poupar mais quando a riqueza ilusória criada pela bolha desapareceu, enquanto a dívida hipotecária permaneceu. E esta queda do consumo privado levou, inevitavelmente, a uma recessão global. É tentador argumentar que os fracassos econômicos dos últimos anos provam que os economistas não têm as respostas. Uma economia não é como uma família. Uma família pode decidir gastar menos e tentar ganhar mais. Mas na economia como um todo, os gastos e ganhos andam juntos: meus gastos são a sua renda, o seu gasto é minha renda. Se todo mundo tenta reduzir os gastos ao mesmo tempo, a renda vai cair - e o desemprego vai subir.Então, o que pode ser feito? Um pequeno choque financeiro, como o estouro da bolha pontocom, no final da década de 1990, pode ser satisfeito pelo corte das taxas de juro. Mas a crise de 2008 foi muito maior, e nem mesmo cortar as taxas a zero não foi suficiente.Nesse ponto, os governos precisam intervir, passando a apoiar suas economias enquanto o setor privado recupera o seu equilíbrio. E, em certa medida isso de fato aconteceu: a receita caiu drasticamente na crise, mas os gastos realmente cresceram conforme programas como o seguro-desemprego se expandiram e o estímulo econômico temporário entrou em vigor. Os déficits orçamentais aumentaram, mas isso foi uma coisa boa, provavelmente a razão mais importante pela qual não tivemos um replay completo da Grande Depressão.Mas tudo deu errado em 2010. A crise na Grécia foi iniciada, erroneamente, como um sinal de que todos os governos deveriam reduzir os gastos e déficits imediatamente. Austeridade tornou-se a ordem do dia, e supostos especialistas que deveriam ter estudado melhor aplaudiram o processo, enquanto as advertências de alguns economistas (mas não suficientes) de que a austeridade iria atrapalhar a recuperação foram ignoradas. Por exemplo, o presidente do Banco Central Europeu, que confiantemente afirmou que "a idéia de que as medidas de austeridade poderiam desencadear a estagnação é incorreta".Bem, alguém estava errado, tudo bem.Dos trabalhos apresentados nesta reunião, provavelmente o maior flash veio de um apresentado por Olivier Blanchard e Leigh Daniel do Fundo Monetário Internacional. Formalmente, o documento representa apenas as opiniões dos autores, mas o Sr. Blanchard, economista-chefe do FMI, não é um pesquisador comum, e o trabalho foi amplamente interpretado como um sinal de que o Fundo teve uma grande reavaliação da política econômica.O que o documento conclui não é apenas que a austeridade tem um efeito depressivo sobre as economias fracas, mas que o efeito adverso é muito mais forte do que se acreditava anteriormente. A volta prematura à austeridade, ao que parece, foi um erro terrível. A volta prematura à austeridade, ao que parece, foi um erro terrível. Eu vi alguns relatórios descrevendo o documento como uma admissão do FMI que não sabe ao certo o que está fazendo. Que perde o ponto. O Fundo era realmente menos entusiasmado com a austeridade do que outros grandes jogadores. Na medida em que ele diz que estava errado, ele está dizendo também que todos os outros (exceto os economistas céticos) estavam ainda mais errados. E merece crédito por estar disposto a repensar a sua posição à luz de provas.A notícia realmente ruim é a forma como alguns outros jogadores estão fazendo o mesmo. Os líderes europeus, tendo criado a Depressão a nível de sofrimento em países devedores sem restaurar a confiança financeira, ainda insistem que a resposta é ainda mais dor. O atual governo britânico, que matou uma recuperação promissora, transformando em austeridade, recusa-se completamente a considerar a possibilidade de que ele cometeu um erro.E aqui na América, os republicanos insistem que eles vão usar um confronto sobre o teto da dívida - uma ação profundamente ilegítima por si só - para exigir cortes de gastos que nos impulsionariam de volta à recessão.A verdade é que acabamos de experimentar um fracasso colossal da política econômica - e muitos dos responsáveis por esse fracasso, retém o poder e se recusam a aprender com a experiência. O artigo foi tirado de Carta Maior |
NOS_372 | A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas denuncian ser vítimas "dunha campaña case continuada de insultos, ameazas e vexacións". | A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas veñen de facer unha solicitude de amparo ante Milagros Otero, Valedora do Pobo, ao entender que desde o "entramado taurino" estse a facer un "sinalamento público" de certos activistas recoñecidos pola súas funcións de voceiros das reivindicacións contra as touradas. Ambos os dous colectivos denuncian unha campaña "case continuada de insultos, ameazas e vexacións a través das redes sociais contra as persoas que acuden a medios de comunicación a cuestionar a pervivencia das touradas, como o caso de Rubén Pérez ou de Leonardo Anselmi, quenes teñen que "bloquear" certos contidos nestes espazos dixitais onde o máis suave que teñen que sufrir é ser cualificados por aficionados taurinos como "...hijos de la grandísima puta". Suliñan que "algún xornal dixital de fóra de Galicza" tense sumado a estas prácticas de "sinalamento en novas que supostamente alertan do financiamento europeo de entidades en defensa dos animais españolas, e onde se ofrece unha palestra case ilimitada para que xurdan comentarios homófobos e de odio por parte dos grupúsculos protouradas". No escrito remitido á Valedora os activistas lembran que após as recentes declaracións das Deputacións da Coruña e Pontevedra contra o uso de fondos públicos para soster eventos tauromáquicos ou grupos de apoio deste espectáculo cruento cos animais voltaron as ameazas nas redes sociais. |
NOS_23464 | O Consello Agrario Galego, órgano permanente de participación, asesoramento, diálogo e consulta do Goberno galego en materia agraria, serviu de marco para que a Consellaría de Medio Rural presentase o seu plan de reactivación e dinamización do sector agora mesmo maltratado pola crise provocada pola COVID-19. | Responsábeis das organizacións Unións Agrarias (UUAA) e o Sindicato Labrego (SLG) agardaban algo máis desta reunión na que desde a Xunta anunciou un investimento de 165 millóns de euros distribuídos en 14 medidas e 36 accións, unha delas de axudas directas por valor de 24 millóns a produtoras e pequenas e medianas empresas (pemes) afectadas pola pandemia. O conselleiro de Medio Rural, José González, salientou ao remate do Consello que o sector lácteo respondera "bastante ben" á crise tanto en prezos como en vendas e destacou o "bo funcionamento" de Mercaproximidade, a canle alternativa de venda de produtos primarios creado pola Xunta durante a emerxencia sanitaria. "Non houbo ningunha proposta concreta de aquí ás eleccións polo que a incerteza é aínda maior", explicou Isabel Vilalba do SLG a Nós Diario ao remate da xuntanza, "precisamos medidas urxentes máis alá de titulares", engade. Da mesma opinión foi Roberto García, de UUAA, que asegurou a Nós Diario que "é imposíbel que se leve a cabo nesta lexislatura". O sector lácteo segue sen ter solucións En UUAA afirman que os danos no estado de alarma "durarán máis alá deste período, polo que non se trata só de compensar o pasado", tal e como quere a Xunta. Un exemplo é a situación do leite na Galiza "que non ten nada que ver coa COVID-19" en relación ás denuncias de entrada de produto foráneo. Sobre este sector, desde o SLG alertan de que Medio Rural non informou do traballo sobre custos de produción ao que se comprometera. "Se o Estado di que asinemos unha clausula de cobertura de custos e non temos ese dato daríase o caso de ter que vender por debaixo do prezo de custo", asegura Vilalba, "todo un esperpento". Sen datos de Mercaproximidade A rede de comercialización Mercaproximidade creada por Medio Rural o pasado 15 de abril como proxecto estrela para apoiar as producións agrogandeiras galegas afectadas pola pandemia non está a funcionar. Desde o SLG aseguran que "non é transparente" malia o gran investimento en publicidade que se realizou. Isabel Vilalba pon como exemplo que o sector ovino nesta rede asegura que emprega "a mesma canle de distribución coa que traballaban mais cun prezo 25% menor ao que tiñan antes". Medio Rural non achegou até hoxe ningún dos datos solicitados polas organizacións agrarias para facer unha valoración destes dous meses de programa. Diante da información da Consellaría, que apunta como un éxito a venda de 3,5 millóns quilos de patacas na Limia, o SLG denuncia que foi cunha caída de prezos "brutal" que pasou de 12 céntimos/quilo con contrato a seis céntimos/quilo a través desta rede "ou sen poñer prezo con tal de retiralas". UUAA solicitou a creación dunha comisión para contar con datos "mesmo das compras do sector público". |
NOS_9725 | Un terzo da poboación urbana vive exposta a máis dos 55 decibeles de confort. Por enriba deles, tensión e malestar, nin comunicación nin descanso. | Canto ruído é de máis? Un terzo da poboación urbana vive exposta a máis dos 55 decibeles de confort. Por enriba deles, tensión e malestar, nin comunicación nin descanso. A contaminación acústica, tras a do aire, é a segunda ameaza á saúde pública pero ao ser invisíbel é descoidada, os seus efectos son lentos pero graves. O 80% do ruído ten o mesmo responsábel, o vehículo a motor, que ademais de apropiarse das nosas rúas expúlsanos delas. Pero o coche que sobra sempre é do outro. Fume e ruído fan que na rúa non haxa quen pare e na casa sexa difícil poder abrir unha xanela. O lecer supón só o 4% do problema, sorprendente. Os mapas de ruído día e noite son esenciais para poder determinar medidas valentes como restrinxir a circulación de motores, illas sonoras en zonas con rúas estreitas e pavimentos fonoabsorbentes ou a eliminación de semáforos coa súa extrema polución e contra a continuidade lenta desexábel. Á conquista do espazo peonil, con menos motores ou velocidade, únese sobre todo, todo o que estes impiden: poder estar ou estar durante máis tempo na rúa, sen présas. Saír da casa para descansar en compaña e poder escoitarnos. Como adianto a esta nova sensibilidade para unha cidade dos coidados e non só produtiva como a actual; os infinitos sons amábeis que afloraron durante o confinamento. O paraíso estaba aquí mesmo. Na nosa cultura do ruído, "ven á cidade do silencio" por agora non vende pero é necesario trocar do bencircular ao benestar. Por outra banda, á alegría da actividade cotiá, opóñense os suculentos contratos de limpeza e xestión de residuos que por inevitábeis, serven de propaganda municipal amplificada polo ruído diúrno e os sobresaltos nocturnos para comodidade das empresas que redobran os seus esforzos. Na limpeza, amola a desproporción de máquinas pesadas e ruidosas, nunca eléctricas. O exceso de enerxía malgastada, a sobre-limpeza aínda que chova. Mátanse moscas a canonazos. Na recollida de lixo, espanta o estrondo na metade da noite ou a irracionalidade de soterrar contedores que han de izarse a diario, incrementando o ruído, a sucidade e a desfeita de pavimentos. A estes súmase o "mantemento" de custosos xardíns sen planificar ou as constantes obras de horizonte electoral. O mellor servizo é o que non se sofre ou non se necesita. Os nosos impostos financian esta tortura. Os mapas de ruído día e noite son esenciais para poder determinar medidas valentes como restrinxir a circulación de motores, illas sonoras en zonas con rúas estreitas e pavimentos fonoabsorbentes ou a eliminación de semáforos coa súa extrema polución e contra a continuidade lenta desexábel. Outras medidas coñecidas como a retirada diúrna de residuos en Oviedo ou reducir frecuencias como a semanal de Alemaña, eliminar papeleiras públicas como en Xapón, o pago proporcional en función do peso ou as galerías subterráneas de Catalunya. A renaturización de xardíns que evite mantementos ou nas obras: demolicións robotizadas, cabinas insonorizadas ou exixir certa prefabricación en taller. Ademais de alternativas ao existente como crear sorprendentes sons para semáforos, timbres escolares e institucións. Todos somos agresores e vítimas do ruído. O silencio debe cultivarse desde a escola, de non ser así desacouga. Na rúa amola o ruído de máis; nos despachos, os silencios mercados. |
QUEPASA_864 | Agricultores e gandeiros poden pedir as Axudas da Política Agraria Común. As explotacións gandeiras de Santa Comba e Mazaricos, as meirandes beneficiarias das axudas da Xunta. "Voltamos a Mazaricos para que a nosa filla saiba o que é vivir aquí". | Despois da súa visita por Bergantiños, o Delegado da Xunta Ovidio Romero quere seguir anunciando a apertura do prazo para que as explotacións gandeiras piden as axudas do PAC. Unha axudas que teñen a súa importante pegada nas granxas da Terra do Xallas nos ultimos anos como destacaron esta mañá na visita á Gandería Sar Serráns, dedicada ao vacún de leite. As axudas a través da Política Agraria Común (PAC) mobilizaron en Mazaricos, nada menos que 3,4 millóns de euros en 635 explotacións. Un número ben importante se contamos que o orzamento municipal é de 2,5 millóns. O alcalde mazaricán, Juan Blanco, destacou que "para as zonas rurais, estas axudas son as máis importantes tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido, e son básicas na aposta da Xunta por fomentar a competitividade da agricultura galega, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento". Aberto o prazo Deste xeito, xa están abertos os trámites que regulan a aplicación dos pagamentos directos ás súas actividades e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control no marco da Política Agraria Común (PAC) para o ano 2019. O prazo de presentación da chamada solicitude única está aberto ata o día 30 de abril. As axudas están vinculadas á superficie destinada a cultivos proteicos para a alimentación animal ou á produción de legumes de calidade. Tamén se destinan axudas ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como as de ovino e caprino. Os beneficiarios destas subvencións directas incluídas na solicitude única deberán dispoñer de dereitos de pagamento básico, asignados en campañas anteriores a cada agricultor ou gandeiro, ou ben procedentes da reserva nacional ou de cesións. Ademais, os agricultores que apliquen prácticas beneficiosas para o clima ou o medio ambiente poderán ter un segundo pagamento. Por último, estas axudas tamén poderán suplementarse cando sexan solicitades por agricultores menores de 40 anos que comecen a súa actividade agrícola. Esta liña de axudas tamén teñen en conta os cultivos en zonas de montaña e para outras zonas con limitacións naturais para a actividade agraria, así como para explotacións de animais de razas autóctonas en perigo de extinción, para apicultura como medio de conservación da diversidade, para a xestión sustentable de pastos, a extensificación de vacún de leite e a produción de agricultura ecolóxica. |
Subsets and Splits