ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_56044 | folga indefinida a partir do 30 deste rexeitar a proposta da empresa depor empeorar as condicións laborais no convenio colectivo. Dende o comité denuncian que a empresa FCC quer reducir salarios e ampliar a xornada malia ter beneficios económicos após incrementar o canon municipal en seis millóns de euros. | O cadro de persoal da concesionaria municipal da recollida de lixo en Vigo acordaron por unanimidade mobilizacións, alén dunha folga indefinida. Os responsábeis sindicais indicaron que a convocatoria de folga decidiuse tras manter oito xuntanzas coa dirección dende o pasado 9 de xaneiro nas que se achegan unhas propostas "que consideramos inasumíbeis". Neste senso, sosteñen que intentaron até o último momento chegar a un acordo que evitase un conflito "que nos afecta dobremente, como cidadáns e como traballador@s". Así, indican que as propostas da patronal pasaban por " recortar os complementos que ingresamos por incapacidade temporal, xa que pretenden que non cobremos nada os tres primeiros días de baixa e só o 60% a partir do cuarto día". Esta é unha cuestión moi importante para eles tendo en conta que se trata dun colectivo que desenvolve o seu labor á intemperie, suxeito polo tanto ás inclemencias meteorolóxicas. Outro dos cambios que pretende a dirección pasa por conxelar a antigüidade, aliás de incrementar xornada laboral en dúas horas e media á semana. Ao mesmo tempo, os arredor de 550 empregad@s de FCC tampouco están dispostos a asumir ningunha modificación que supoña perda de poder adquisitivo, polo que reclaman unha pequena subida salarial. "Pedimos o IPC, cando no prego de condicións do servizo figura o IPC máis punto e medio". |
NOS_58285 | Implicada no proxecto de maneira activa desde o comezo e presidenta da sociedade desde a súa constitución deixa este cargo para se dedicar á docencia universitaria, á literatura e a outros proxectos. | Teresa Moure, implicada no proxecto Sermos Galiza de maneira especialmente activa desde xuño de 2011, deixa de pertencer aos órganos directivos da entidade. Así o comunicou en carta enviada aos membros do consello de administración e a traballador@s da empresa. Faino despois de ter participado activamente en reunións e na toma de decisións en todo o proceso de posta en marcha do proxecto e de exercer tarefas de responsabilidade unha vez constituída a empresa, desenvolvendo un labor inxente e difícil de compatibilizar coas ocupacións do ámbito profesional, ostentando sempre a presidencia con responsabilidade e elevadas doses de dedicación e esforzo, máxime ao se tratar dun cargo non profesionalizado.Sermos Galiza toma exemplo da responsabilidade absoluta e do empeño demostrado por Teresa Moure para contribuír a nos dotar de medios de comunicación propios e, conscientes dos sacrificios persoais que isto supón, valoramos os seus esforzos e os de todas cantas persoas, de maneira anónima ou con plena identidade, axudan a construír un futuro con voz propia para a Galiza.Nos próximos días o Consello de Administración procederá a nomear a persoa que ocupe o posto deixado vacante por Teresa Moure. Sen dúbida, sexa quen for, asumirá o posto co mesmo grao de compromiso e responsabilidade. Porque en Sermos Galiza o que importa é o proxecto e o que máis valoramos, as persoas. |
NOS_47736 | Miguelanxo Prado é o gañador do Premio Nacional do Cómic pola súa novela gráfica Ardalén, publicada por El Patito Editorial. | A novela sobre a memoria que foi un dos grandes sucesos editoriais do ano, a tan agardada nova obra na que Miguelanxo Prado iniciou hai nove anos suma agora o Premio Nacional do Cómic aos seus moitos recoñecementos. A novela gráfica Ardalén fora xa recoñecida co premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial, o selo de Genma Sesar e Fausto Isorna que creou unha colección para sacar do prelo a obra completa en galego do autor da Coruña. Director de Viñetas desde o Atlántico, o festival que inaugurou na Coruña en 1998, Miguelanxo Prado ten unha traxectoria de grandes sucesos no mundo da banda deseñada, con títulos de referencia como Trazos de xiz ou De profundis. |
PRAZA_20912 | O sindicato remitiu un escrito á ministra Margarita Robles no que solicita a modificación das denominacións das rúas interiores do Arsenal ferrolán, o cambio do nome co colexio Salvador Moreno e da residencia de estudantes Teniente General Barroso ou a retirada de placas e cruces con homenaxes aos militares golpistas. | Son moitos aínda os nomes e símbolos franquistas que perduran en Galicia, máis de 13 anos despois da aprobación da Lei de Memoria Histórica que obrigou á súa eliminación. Unha parte importante destes elementos que desafían á lexislación atópanse en instalacións militares ou que dependen do Ministerio de Defensa. A CIG vén de presentar un escrito, dirixido á Ministra de Defensa, Margarita Robles, na que solicita a retirada da simboloxía franquista en distintos lugares de Ferrol, Santiago, A Coruña ou Pontevedra, entre elas a Residencia de estudantes Teniente General Barroso ou o colexio Salvador Moreno. A CIG reclama o cambio dos nove nomes franquistas das rúas interiores do Arsenal de FerrolO sindicato tamén remitiu unha solicitude ao Almirante do Arsenal de Ferrol, demandando a supresión dos elementos franquistas que se manteñen alí, entre eles nos nomes das súas rúas interiores, para as que realiza unha proposta de novas denominacións, que lembrarían a destacadas mulleres traballadoras da comarca, vencelladas varias delas ao movemento obreiro.O obxectivo da CIG con estas solicitudes é "sumarse como un colectivo máis ás reiteradas peticións doutras asociacións pola retirada da simboloxía franquista que aínda permanece en espazos públicos, co interese acrescentado de que estes espazos públicos supoñen o lugar de traballo do persoal civil ao servizo do Ministerio de Defensa na Galiza". O sindicato comunica a Margarita Robles "a preocupación de parte do persoal civil do Ministerio" en relación coas "manifestacións en favor do franquismo e en contra dos valores democráticos que ultimamente veñen reiterando desde determinados sectores do persoal militar"Neste senso, na solicitude dirixida a Margarita Robles, o sindicato comunica "a preocupación de parte do persoal civil do Ministerio de Defensa" en relación coas "manifestacións en favor do franquismo e en contra dos valores democráticos que ultimamente veñen reiterando desde determinados sectores do persoal militar do Ministerio". E lémbralle que "a omisión ou dilación" na aplicación da Lei de Memoria Histórica "pode profundar aínda máis esa preocupación do persoal civil que lle transmito, ao non atopar unha actuación firme e decidida por parte do Ministerio, podendo dar a entender que determinado franquismo que aínda permanece latente nas Forzas Armadas, á vista dos feitos nas últimas semanas, siga mantendo certa capacidade de acción e permisividade".Elementos franquistas en Santiago, A Coruña e PontevedraNo escrito presentado no rexistro a CIG solicita en Santiago de Compostela o cambio na denominación da Residencia de estudantes Teniente General Barroso, uníndose á reclamación expresada hai uns meses pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). A residencia, inaugurada en 1976 e dependente da Armada, homenaxea a Antonio Barroso y Sánchez Guerra, un militar franquista que chegou a ser Ministro do Exército durante a ditadura entre 1957 e 1962.A CIG solicita o cambio na denominación da Residencia de estudantes Teniente General Barroso de Compostela ou do Colexio Salvador Moreno de PontevedraEn Pontevedra pídese o cambio no nome do colexio privado Salvador Moreno, que conta con financiamento de Armada. No ano 2017 o daquela presidente Mariano Rajoy laiouse de que Moreno perdera a rúa á que lle daba nome en Pontevedra (que pasou a denominarse Rúa Rosalía de Castro). Salvador Moreno dirixiu a rebelión no Arsenal de Ferrol, apoderándose do cruceiro Almirante Cervera, fondeado no porto e que era protexido por militares fieis á República. Ascendido a Capitán, nas semanas seguintes utilizou ese mesmo barco para bombardear Xixón. Xa en 1937, comandou o Canarias, que bombardeou a poboación civil que fuxía de Málaga en dirección a Granada (na coñecida como a desbandá), provocando entre 3.000 e 5.000 mortes. Nas décadas seguintes foi ministro da ditadura en dúas ocasións.Na Coruña, a CIG reclama a eliminación da placa dedicada ao Xeneral Yagüe que se atopa na Sala de Honor da Capitanía Xeral. Yagüe é denominado "o carniceiro de Badaxoz", pois foi o responsable da execución de catro mil prisioneiros na cidade estremeña. Ademais, lembra que no Museo histórico militar da cidade hai "contidos que omiten a realidade subversiva contra a legalidade republicana" do Golpe de Estado de 1936.O rueiro franquista do Arsenal de FerrolEn Ferrol a CIG esixe a retirada escudo franquista que aínda se atopa na fachada do Cuartel Sánchez Aguilera ou dunha cruz e unha placa que na igrexa de San Francisco homenaxean aos militares golpistasEn Ferrol a CIG esixe a retirada escudo franquista que aínda se atopa na fachada do Cuartel Sánchez Aguilera. Tamén a supresión na igrexa castrense de San Francisco da cruz que contén a inscripción "caídos por Dios y por España e da placa co texto "La Marina de guerra a los gloriosos caídos del Baleares, caídos por Dios y por España en el Crucero Baleares, ¡Presentes!". Así mesmo, demanda a eliminación da estatua ecuestre dedicada ao ditador Francisco Franco (durante anos no centro da Praza de España da cidade) e que se atopa no servizo de Repostos, do Arsenal, próxima á escola naval Antonio Escaño. Finalmente, o sindicato propón a substitución dos nomes de nove rúas interiores do Arsenal e que na actualidade corresponden a nove nomes relacionados coa sublevación militar de 1936 e a ditadura franquista (Salvador Moreno, Marqués de Alborán, Almirante Vierna, Almirante Fernández Martín, Cándido Pérez, González Llanos, Soldado Lois, Almirante Honorio Cornejo e Crucero Baleares).Nos últimos anos foron varias as peticións para que este rueiro franquista desapareza da instalación militar, destacando a encabezada polo colectivo de militares que tamén impulsou o Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas e que incluía un dossier elaborado polo historiador Bernardo Máiz. Arturo Maira, capitán de navío retirado e principal impulsor desta petición, reclamaba nesta entrevista que "o final deste proceso ten que ser un acto público no que a Armada lle pida perdón aos habitantes de Ferrolterra".No ano 1981 a cúpula militar deu ás rúas do Arsenal nomes ligados á ditadura en resposta á eliminación do rueiro franquista da cidadeOs nomes franquistas destas nove rúas foron aprobados en 1981, como reacción á decisión do Concello de Ferrol de modificar os nomes de 61 rúas e prazas da cidade, eliminando todas aquelas que facían referencia a persoeiros relacionados co franquismo. O cambio non gustou na cúpula militar, chea de nostálxicos da ditadura, que acordou bautizar dez rúas interiores do Arsenal da cidade, instalacións sobre as que o Concello non tiña competencia, dándolles os nomes doutros tantos heroes militares ou líderes do réxime. A denominación dunha delas (a rúa Carrero Blanco) si foi modificada no ano 2014.Na súa solicitude a CIG fai tamén unha proposta para rebautizar as nove rúas, con nomes que lembran a destacadas mulleres ferrolás ligadas ao movemento obreiro ou a colectivos de mulleres traballadoras moi vencelladas á propia actividade do porto e do Arsenal: As cargadoras do dique da Campá, As lavandeiras, As carboeiras, As augadoras, Antonia Alarcón (considerada instigadora en 1810 dunha revolta laboral contra os baixos salarios no Arsenal foi executada e a súa cabeza foi cravada nunha pica na porta do recinto militar). A CIG propón rebautizar as nove rúas con nomes de destacadas mulleres ferrolás ligadas ao movemento obreiro ou a colectivos de traballadoras moi vencelladas á propia actividade do porto e do ArsenalTamén Amalia Fraguela (destacada no movemento obreiro de Ferrol antes da Guerra Civil, promovendo a autoorganización das mulleres no pioneiro grupo A Antorcha), Josefina Neira (Secretaria do Grupo Feminino Socialista na cidade), Amalia Vergara (integrante do Grupo Feminino Socialista e colaboradora do xornal O Obreiro), Josefa Gómez de Mera (afiliada á UGT e delegada sindical das carboeiras), Maria Abella Castro (Secretaria do Grupo Feminino Socialista en 1933 e asasinada en 1936). Amparo Foxo (Presidenta de A Unión Feminina, Sociedade de Cargadoras e Descargadoras do Peirao de Ferrol), Josefa Martínez (Presidenta da Sociedade de Augadoras de Ferrol), Mela "A carboeira" (traballou dende moi nova descargando carbón no porto, participando no movemento obreiro) e Rosa Caridad Paz (Fundadora da Alianza Nacional de Forzas Democráticas en 1944 e colaboradora da guerrilla) |
PRAZA_8142 | O Espazo de Contradiscurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social (Ecoar) preséntase o xoves 21 de marzo no Teatro Ensalle. A plataforma busca "ser unha ferramenta a través da cal os colectivos e persoas se coordinen e acheguen á contorna social as súas virtudes" | ECOAR (Espazo de Contradiscurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social) é unha plataforma cidadá onde conflúen diferentes persoas e colectivos de Vigo e a comarca, formada por axentes pertencentes a distintos movementos sociais cun perfil diverso. Ecoar preséntase o xoves 21 de marzo no Teatro Ensalle a partir das oito e media da tarde. A plataforma busca "ser unha ferramenta a través da cal os colectivos e persoas se coordinen e acheguen á contorna social as súas virtudes". Ecoar defínese como un "espazo asindical, apartidario e aconfesional" que se centra na creación de discurso e contradiscurso; a iniciación, apoio e defensa de proxectos, plataformas e colectivos de dinamización e crítica social; a dinamización do entorno través de accións e iniciativa participativo-reflexivas e críticas; o seguimento e creación de iniciativas e redes que repercutan nas diferentes mobilizacións e impulsos sociais locais, nacionais e internacionais; e a potenciación e defensa das minorías. No seu manifesto denuncian que "os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman os mercados, que en realidade son grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos" e rexeitan "o engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes sociais, a través da perda de dereitos e liberdades". Afirman que "as mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partir da primavera do 2011 foron un revulsivo social ante a situación imposta e un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer" e chaman "a converxer a persoas e colectivos sociais para poñer en marcha unha resposta unitaria e solidaria á crise capitalista". A metodoloxía do activismo na plataforma baséase en catro principios: Flexibilidade (cada activista debe facer a achega que considere necesaria), Motivación (cada activista decide que é no que quere participar), Especialización (Cada activista sabe que é o mellor que pode achegar ao resto) e Compromiso (O funcionamento dun grupo humano depende de cada unha das pezas que a conforman. O compromiso na realización dunha tarefa implica a realización da mesma sempre, facendo que o resto de activistas sintan seguridade á hora de realizar cada unha das súas tarefas). |
NOS_50629 | A última sentenza do TSXG contra a aprobación do proxecto modificado do parque eólico Oribio por parte da Xunta evidencia, a ollos dos maxistrados, un "baleiro legal" na lexislación ambiental galega. É a cuarta derrota da Administración galega nos tribunais no que atinxe á planificación eólica. | O Goberno galego recibiu esta semana un novo revés xudicial contra a súa política en materia de enerxía eólica. Así, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de estimar o recurso presentado pola Asociación Sociocultural O Iribio contra o acordo aprobado polo Consello da Xunta o 27 de xuño de 2019 para a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Oribio. Súmase aos interpostos con anterioridade por Adega, Verdegaia, Petón do Lobo, Fundación Oso Pardo e Sociedade Galega de Ornitoloxía. O Executivo de Alberto Núñez Feixoo autorizara a instalación dos aeroxeradores nun espazo pertencente á Rede Natura 2000, algo prohibido por lei desde 2014, mais legal no momento en que se emitiu a declaración de impacto ambiental (DIA), en 2005, asinada nos últimos días do Goberno de Manuel Fraga. A Xustiza entende agora que a DIA está "obsoleta e caducada": "Non existe prórroga da súa vixencia para un proxecto de parque eólico que non foi executado, nin tan sequera iniciado [...], toda vez que a de 2005 non tiña por obxecto as múltiples e diversas actuacións materiais e de ordenación lexislativa que operan sobre o territorio até 2019, cando se pretende executar". Eivas na normativa de medio ambiente Na sentenza, á que tivo acceso Nós Diario, os maxistrados alertan da inseguridade xurídica a respecto dos parques eólicos: "Sendo a Galiza un territorio pioneiro no aproveitamento eléctrico da enerxía eólica, segue existindo un gran baleiro legal en materia ambiental na que se amparan as empresas enerxéticas para levaren adiante os seus proxectos". Neste senso, apuntan que a Administración "tendeu a unha interpretación tremendamente produtivista, asumindo sen problema que o incremento de potencia e a produción eólica eran netamente positivas en termos ambientais". Así as cousas, o auto do TSXG sinala que "calquera plan, programa ou proxecto que poida afectar as especies ou hábitats someterase a unha axeitada avaliación, tendo en conta os obxectivos de conservación do espazo, non bastando unha DIA ordinaria ou simplificada, senón que debe avaliar axeitadamente a Rede Natura". O alto tribunal impón á Administración galega as costas do xuízo até un máximo de 1.500 euros. Así as cousas, contra esta resolución, que aínda non é firme, poderase presentar recurso. Fragmentación artificial do parque Sasdónigas O TSXG xa anulara en novembro do pasado ano a aprobación por parte do Consello da Xunta, en 2018, da modificación do proxecto do parque eólico Sasdónigas (Mondoñedo), tramitado por separado en dúas fases, algo que as e os xuíces cualificaron de "fragmentación artificial", xa que "a fase II carece dos elementos e equipamentos precisos para ser considerada unha instalación independente da fase I". O fallo tamén salientaba que a Consellaría de Medio Ambiente aceptara naquela altura a modificación do proxecto inicial —que data de 2012— como "non substancial", "sen poder considerar a afectación á Reserva da Biosfera". Aliás, os maxistrados din que non se consideraran todos os impactos negativos deste parque, promovido por Norvento SL, cuxos aeroxeradores atravesarían o Camiño de Santiago. Anulación do concurso eólico A maior derrota xudicial da Xunta no que atinxe á planificación eólica chegou en 2018, cando o Tribunal Supremo invalidou parcialmente o concurso eólico de 2010, dous anos despois de que o TSXG o tombase por completo e impuxese unha multa de tres millóns de euros á Administración. Así, a Xustiza estimou un recurso de Capital Energy alegando que as súas propostas non foran valoradas con imparcialidade. Cómpre lembrar, así mesmo, que Feixoo anulou o concurso eólico do bipartito cando chegou a San Caetano en 2009, unha decisión que o Supremo terminaría invalidando en 2015 ao entender que se trataba dunha "desviación de poder". A Xunta foi condenada a indemnizar as empresas adxudicatarias daquel concurso que recorreran con máis dun millón de euros. |
PRAZA_4985 | A mingua na cantidade de persoas asalariadas e na súa remuneración provoca unha caída continuada dos salarios galegos durante catro anos. Só no sector primario a hora traballada está mellor pagada que na media da UE. | Estamos a saír da crise. É a doutrina que dende hai semanas se imparte dende o Goberno central, na liña do xa avanzado en Galicia co mantra dos "orzamentos da recuperación" que preside os argumentarios dende finais de 2013. Quen non ve esa "saída da crise" non é porque non exista, senón por mor dos seus "prexuízos ideolóxicos trasnoitados", en verbas de Mariano Rajoy. Aínda co risco de ficar fóra do optimismo oficial, o Instituto Galego de Estatística segue a traballar e vén de publicar o seu completo estudo de salarios, que certifica a caída continuada dos soldos no país mentres medra a produtividade dos traballadores e traballadoras. Ata o ano 2007 a evolución interanual dos salarios en Galicia foi positiva e nese ano, precisamente, o medre tocou teito, cun 9,7% máis a respecto de 2006. En 2008 o crecemento xa foi da metade, ficando no 4,6%, e dende ese ano e ata 2012, último exercicio que recolle o estudo, a caída non parou. O retroceso foi do 0,1% entre 2008 e 2009 e entre 2011 e 2012 achegouse ao 6%. Atendendo ao IGE estas cifras son resultado de, esencialmente, dous factores: "a caída no emprego asalariado e, nos últimos anos da serie, á caída da remuneración media". Entre 2008 e 2012 os número de persoas asalariadas descendeu un 13% Esa caída do emprego asalariado comezou precisamente no ano 2008, cando o IGE rexistraba case 923.000 persoas en Galicia traballando -e cobrando- por conta allea. Catro anos despois, a finais de 2012, había practicamente un 13% de persoas asalariadas, cuxo número apenas superaba as 803.000. Neste contexto, o peso da remuneración dos asalariados e asalariadas no conxunto do Produto Interior Bruto, isto é, na economía do país, cada vez é menor. Mentres que no ano 2009 case a metade da economía galega estaba apoiada nos salarios en 2012 chegou "ao punto máis baixo da serie", cun 43,8% tras tres anos de caídas continuadas. Máis produtividade, prezos máis altos e menos soldo Nesta mesma liña compórtase tamén outro dios principais indicadores, o custo laboral unitario real, que compara a evolución da remuneración do persoal coa evolución da produtividade e mais dos prezos . Así as cousas, a cifra deste indicador será negativa se os prezos e a produtividade medran máis que os salarios e será positiva se se dá o caso contrario. No caso galego este indicador só tivo signo positivo dous anos, 2008 e 2009, cando experimentou unha evolución interanual do 1,3 e do 1,6, respectivamente. En 2008 xa volveu ao seu lugar habitual, baixando un 1,4%, e agudizou a súa tendencia caendo nos anos seguintes un 2,3 e case un 5%. "A partir de 2010 -explica o IGE- o crecemento da remuneración media en Galicia é moi inferior ao crecemento da produtividade o que provoca que o indicador tome valores negativos". Este cambio de tendencia cadra practicamente no tempo co inicio do retroceso na remuneración por hora efectiva asalariada, que en 2011 acadou os 16,4 euros, o que supuxo a primeira caída da serie histórica e situou o país no 78% da remuneración media da Unión Europea. A caída supuxo tamén a fin do camiño da consabida converxencia coa UE, toda vez que no ano 2000 a remuneración galega por hora de traballo era o 68% da media comunitaria. Só no sector primario a remuneración por hora é superior á media da UE Só un sector produtivo, o primario, foxe desta tendencia e supera a media europeo en remuneración por hora traballa, con 11,7 euros fronte aos 6,3 de España e os 9,4 da Unión. Nos demais sectores as diferenzas son dispares. Así, no caso da administración pública "as diferenzas son mínimas", tamén no ámbito sanitario e no educativo. A fenda é maior no sector industrial e tamén nos sectores da información e da comunicación e mais no ámbito das finanzas. Estudo de salarios do IGE |
QUEPASA_713 | Tamén se celebrará o Mercadiño de Nadal, impulsado pola Concellería de Cultura e a Concellería de Turismo, os días 20, 21 e 22 de decembro. | Unha vez que o alumeado de Nadal está prendido, con esa árbore de 11 metros como protagonista, ponse en marcha o programa de Nadal do Concello de Malpica. Este luns 16 de decembro hai xa un obradoiro de adornos de Nadal de 17:00 a 19:00 horas na Aula de Arte do Centro Cívico malpicán, organizado pola ACD Salitre en colaboración co Concello. Entre as actividades destacan as visitas escolares, como de Caxoto Cativo, co seu Paxe en Apuros, aos centros Joaquín Rodíguez Otero e a Escola de Baruzo. O día 21 de decembro festexarase a colocación familiar dos adornos das árbores de Nadal, no Mercado Municipal das 11:00 ás 13:30 horas. A partir das 18:00 horas, a Escola Deportiva Municipal ofrecerá unha exhibición de patinaxe de Nadal a partir das 18:00 horas no pavillón. A xornada do 22 de decembro terá lugar unha festa infantil con hinchables, visita de Papá Noel e chocolatada, de 16:00 ata as 20:00 horas na Casa dos Veciños de Leiloio. O Mago Charly actuará de 17:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura de Seaia e ás 18:00 horas, no mesmo escenario, actuará o grupo de baile The Team. De 18:30 a 20:00 horas está previsto que se celebre o Nadal Xogo, con animación musical e merenda saudable. Pedro Brandariz, con "Os contos do apalpador" estará na Casa da Cultura de Seaia ás 18:00 horas. Previamente ao día de Noiteboa, o luns 23 de decembro, haberá un torneo de Nadal de tenis de mesa a partir das 10:00 horas, no pavillón de Malpica. De 17:00 a 21:00 horas, no Auditorio do Centro Cívico, festexarase o Concerto de Nadal. O campamento urbano de Nadal, organizado para nenas e nenos de 3 a 12 anos, terá horario de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Seaia, que dará comezo este mesmo día. O 24 de decembro, previo festexo do Nadal, as canteiras de Malante ofrecerán un pasarrúas de Panxoliñas a partir das 17:30 horas. Papá Noel entregará os agasallos ás nenas e nenos a partir das 18:30 horas no Mercado Municipal. Para o 26 de decembro, está prevista a celebración do torneo de fútbol 3x3 a partir das 10:00 horas no pavillón. Os Xogos do Paporrubio e chocolatada, de 16:30 a 19:30 horas no pavillón do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, e de 19:30 a 21:30 horas, unha masterclass de DJ na Casa da Cultura de Seaia. O día 27 de decembro, a xincana ciclista encherá o pavillón malpicán de 10:00 a 13:00 horas, organizada polo Club Ciclista Carballo. Terá lugar unha nova sesión dos Campamentos Urbanos e todas as persoas inscritas viaxarán ata o Silleda Park. O día dos Inocentes, 28 de decembro, terán lugar obradoiros de canto moderno e de percusión. O primeiro, de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura de Seaia. O segundo, no mesmo escenario de 19:00 a 21:00 horas. O 29 de decembro, está organizada unha ruta polo río Va, con saída ás 10:00 horas na Igrexa de Mens. O pavillón polideportivo acollerá, de 17:00 a 19:00 horas, a Tómbola de Nadal. Para o día 30 de decembro está previsto que se celebre unha charla deportiva a partir das 11:30 horas no Centro Cívico de Malpica. Terán lugar sesións dos campamentos urbanos de Nadal e da Vila do Mañá e haberá unha festa infantil con hinchables a partir das 16:30 horas no pavillón. Despedirase o ano o día 31 de decembro coa celebración da 3ª San Silvestre malpicá, con saída ás 12:00 horas na fonte da praza Anselmo Villar Amigo. A festa de Fin de Ano, a partir das 23:45 horas no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, amenizada polo Dúo D'Café. O día 2 de xaneiro de 2020 haberá novamente sesións dos campamentos urbanos de Nadal e da Vila do Mañá, ademais dun obradoiro de olería no taller da Casa do Oleiro. Un día despois, o 3 de xaneiro, novamente sesión do campamentos urbanos e tamén o día do Baloncesto no Nadal, de 10:30 a 13:00 horas no pavillón polideportivo. De 14:30 ás 18:30 horas, o Nadal Xogo terá como protagonista a actividade "O castiñeiro do apalpador fantoches Baj", no Centro Sociocultural das Pozacas, e organizarase unha quedada para a rapazada de 11 a 17 anos con DJ, futbolíns, merenda e sorpresas. O día 4 de xaneiro, quenda novamente das xornadas no campamento urbano Vila do Mañá. O día previo á chegada dos Reis Magos, organizaranse os "Cantos de Reis" ás 18:00 horas. As Súas Maxestades chegarán desde Oriente a Buño, a partir das 17:30 horas, e a Malpica ás 19:00 horas. Haberá servizo de recollida de rapazada para asistir á cabalgata con parada en todas as parroquias. O día de Reis, 6 de xaneiro, os Reis Magos chegarán a Seaia ás 10:00 horas. Mercadiño artesán de Nadal Durante os días 20, 21 e 22 de decembro todas as persoas que o desexen poderán visitar o mercadiño de Nadal de Malpica, promovido pola Concellería de Cultura do Concello malpicán e no que haberá produtos artesáns e demostración de oficios como os das redeiras, olería, cestería, fiado de lá ou pratería. O venres 20 decorarase o mercado. O día 21 de decembro, ás 11:30 fará unha visita o apalpador, ás 13:00 horas haberá unha actuación musical por parte de Pablo Díaz e ás 17:30 horas Tecla Negra show. Tamén participaron as canteiras de Carcaxía e Malante. O domingo 22 de decembro, pasarúas e foliada cativa a partir do mediodía. Novamente actuación de Tecla Negra show a partir das 17:30 horas. Tamén estarán presentes as cantareiras de Raigañas e a Traski Band. Haberá chocolatada. Neste mercadiño participan Raquel Raquelúa, Mindiringuín, Ana Visos, Marta, Pulseiras Macramé, Fátima, as redeiras de Malpica, as Redeiras de Corme, Pedro e Conchi, Arantxa, Sandra (xabróns), Maruxa, Paula, Eva, Lobera, a Asociación de Amas de Casa, o colectivo de arte de Carballo, Paco de Tano, Mamen, Sandra, Ana Ordes e a olería de Buño. |
NOS_44840 | O Goberno dos EUA segue a visualizar un escenario bélico en Ucraína e afirma que Rusia ten xa "70% das tropas precisas" para invadir o país e que Kiev caia "en perto de 48 horas". | Malia que tanto Rusia coma os Estados Unidos de América (EUA) insisten en que non buscan un conflito armado e apostan na vía do diálogo nas súas intervencións públicas, o certo é que a sucesión de acontecementos das últimas datas sitúa a rexión nunha verdadeira encrucillada. O presidente dos EUA, Joe Biden, vén de aconsellar á cidadanía estadounidense residente en Ucraína que abandone "agora" o país: "Non é como se estivésemos a tratar cunha organización terrorista. Estamos lidiando cun dos exércitos máis grandes do mundo, é unha situación moi diferente e as cousas poderían volverse tolas rapidamente", afirmou, nunha entrevista concedida á canle NBC. No caso de estoupar o conflito bélico, Biden non prevé ningunha operación de evacuación dos seus cidadáns e cidadás como si se fixo en Afganistán, xa que a situación "sería unha guerra mundial" no momento en que "EUA e Rusia empezasen a dispararse os uns aos outros". Estas declaracións prodúcense uns días despois de que a Administración Biden estimase que a guerra podería ocasionar "entre 25.000 e 50.000 vítimas civís mortais", alén de "entre 5.000 e 25.000 efectivos" do Exército ucraíno e "entre 3.000 e 10.000" das forzas rusas. Segundo informa o xornal The New York Times, un alto funcionario estadounidense confirmou que os mandos militares e de intelixencia do Goberno dos EUA estimaron que o Exército ruso reuniu xa "70% das tropas precisas" para unha "invasión total" de Ucraína que podería supor a caída de Kiev en "perto de 48 horas". De feito, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) cifrou recentemente os efectivos despregados por Moscova na fronteira en "máis de 100.000", malia que o portavoz do Kremlin, Dimitri Peskov, salientou que a despregadura de tropas rusas na fronteira entre Ucraína e Belarús, co gallo de realizar "manobras conxuntas" coas forzas armadas desta última nación, ten data de caducidade, o vindeiro 20 de febreiro. Mais tamén o bando occidental tense reforzado na rexión. Biden, anunciou esta mesma semana o envío de até 3.000 militares ao leste de Europa, mentres o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, afirmou que a organización ten capacidade para despregar "até 40.000 soldados" no caso de que estoupase un conflito bélico. |
NOS_46375 | A necesidade de construírmos cidades máis seguras para as mulleres e sen violencia no espazo público nin privado incorpórase aos debates da nova planificación urbana. | Na segunda feira día 17 comezou en Quito a terceira edición do ONU-Habitat. Trátase da Conferencia das Nacións Unidas sobre Urbanización e Desenvolvemento Urbano Sustentábel. Os traballos desta edición, que se celebra cada 20 anos desde 1976, parten do principio de que para 2050, pouco máis de 30 anos, dúas de cada tres persoas residirán en hábitats urbanos. Durante a conferencia Hábitat III, ONU-Mulleres está a levar a cabo varios actos públicos cos que se pretende facer evidente a necesidade do enfoque de xénero na construción da Nova Axenda Urbana de cara á construción de cidades seguras e inclusivas onde homes e mulleres poidan gozar das cidades da mesma maneira. "Hábitat é unha oportunidade para incluír as voces das mulleres e construír un novo planeta, un planeta 5050" afirma Lakshmi Puri. Lakshmi Puri, Directora Executiva Adxunta de ONU Mulleres, participou da reunión do Grupo Asesor para a Inclusión de Xénero para ONU-Hábitat. Neste encontro discutíronse algunhas temáticas abordadas durante a Asemblea De Mulleres celebrada o sábado 15 en Quito. "Temos que levar o concepto de igualdade de xénero ás cidades e temos que facer que ese concepto se transforme nun exercicio diario para os e as cidadás do mundo" No mesmo sentido maniféstase Patrícia Chaves, directora-executiva da ONU Espazo Feminista e integrante da Comisión Huairou, unha rede global de organizacións de mulleres. "Pensar nunha axenda urbana sen pensar na muller sería un erro moi grave " Segundo Patrícia Chaves, as mulleres representan hoxe máis do 51% da poboación mundial e, a pesar diso "As mulleres están en moi poucos espazos de poder. A problemática da urbanización ten afectado sobre todo as mulleres, sexa na cuestión dos asentamentos informais, onde na súa grande maioría están as mulleres, sexa nas cuestións específicas desa relación urbano rural" Pensar nunha axenda urbana sen pensar na muller sería unha erro gravísimo En declaracións a Radio ONU citou aínda os desafíos que para a muller supoñen as mudanzas climáticas. "Se pensarmos, por exemplo, na cuestión das mudanzas climáticas, iso impacta sobre a totalidade da vida das mulleres. Por exemplo, a escaseza de auga ten sobre as mulleres un impacto inmenso porque son elas as responsábeis de coidar dos nenos, de coidar da casa. Son elas as que cargan a auga, moitas veces quilómetros cargando auga na cabeza. Son elas as que, moitas veces, non poden saír de casa, porque teñen que esperar que a auga chegue." En Quito están a se desenvolver dous Hábitat III. Nun, no oficial, líderes mundiais adoptarán a Nova Axenda Urbana, que vai estabelecer padróns globais para un desenvolvemento urbano sustentábel, repensando a forma como se constrúen as cidades, como son administradas e habitadas. No outro, no Hábitat 3 alternativo, fálase de "construír un novo planeta, un planeta 5050" e dos valados que cómpre derrubar para o conseguir, ou polo menos para se aproximar. Unha das análises máis aplaudidas foi a realizada por Saskia Sassen, a socióloga holandesa coñecida polas súas análises dos fenómenos de globalización e migración urbana, difusura do termo cidade global, profesora na Universidade de Columbia e premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais de 2013. |
NOS_38273 | Paulina deixa a súa carreira de avogada en Bos Aires para participar en labores sociais na súa vila natal. Tras dúas semanas de traballo sufre o violento asalto dun grupo de mozos de clase. Lonxe de fuxir da vila, decide quedar e buscar os motivos de tan salvaxe agresión. | Paulina ven de pasar con bastante éxito polos festivais internacionais de Cannes, onde obtivo o Gran Premio da Crítica e mailo Premio FIPRESCI, e de Donostia, onde acadou tres premios dentro da sección "Horizontes". Trátase do remake de La patota, clásico do cinema arxentino que adapta Santiago Mitre nunha coprodución internacional avalada, entre outros, polo brasileiro Walter Salles (Estación Central do Brasil). Mitre prescinde dos contidos relixiosos do filme orixinal para embarcarse nunha historia de contido máis social e sociolóxico do comportamento humano apoiándose en diferentes puntos de vista: o da muller agredida, o do agresor, o do pai e o do mozo. Paulina, unha muller idealista, decidida e independente, decide deixalo todo atrás para dar clase nunha zona deprimida do país procurando mellorar as pobres condicións sociais e educativas dunha pequena vila. Atopa bastante reticencia do seu pai, pero aínda máis do seu mozo. Pese a falla de incomprensión decide ir igual. As clases ao principio son un desastre. Pese as súas indubidables capacidades, non sabe impoñerse fronte a unha recua de adolescentes contestatarios e sen motivación. Unha noite, retornando dunha cea con outra das profesoras, é agredida sexualmente por unha "patota", como se chama en lunfardo (xerga da zona) a unha banda de rapaces que non teñen onde caerse mortos. Aquí comeza o bo. Cun intelixente flash-back a historia pasa ao punto de vista do agresor, obrigando a que o espectador coñeza e, dalgunha maneira, tome parte nas peregrinas razóns de como home de poucas luces, alimentado polo rancor, pode chegar a realizar un acto tan miserábel. A continuación entra en xogo o namorado de Paulina que, superado pola situación, clama vinganza. Pero máis parece unha vinganza para salvar o seu honor que o da propia moza. Por último o pai, que ademais é xuíz, así que aposta por aplicar a lei con toda a súa contundencia. Mais Paulina é unha muller enteira, de ideas claras. Non lle prestan as presións de ningún tipo e aínda menos que ninguén tome as decisións por ela. Só quere coñecer. Coñecer a verdade. Xa sufriu bastante con ter que aturar por semellante trauma, ademais da aséptica burocracia e do procedemento hospitalario para mulleres violadas, como para que se lle faga mal non recibindo o apoio necesario por parte das persoas que deberían estar do seu lado. Non precisa micromachismos, intermediarios e moito menos que se metan os corpos da lei, porque "cando hai pobres de por medio a xustiza non procura a verdade, procura culpábeis"... O estilo de Mitre tira á europea con parecidos razoables, por momentos, co estilo dos irmáns Dardenne. A trama acerta en aportar diferentes puntos de vista, un pouco ao estilo Rashomon, pero non acaba de callar e ao pouco de propor o golpe de efecto de poñernos na pel do agresor, a cousa comeza a dar bandazos que estragan a interesante premisa. A historia acaba por diluírse un pouco por mor de ir por diferentes camiños sen axustarse a unha liña concreta de narración. Irregular no conxunto pero compensada coa soberbia interpretación da protagonista Dolores Fonzi, gañadora do Fénix a Mellor Actriz dos Premios Iberoamericanos de Cinema por dar vida a unha muller violada que afronta con decidida determinación o seu propio destino, por moi estraño que pareza. Un filme social e feminista que trata de expor cuestións máis que respostas. PAULINA La patota (Argentina-Brasil-Francia 2015, 103 min.) Dirección: Santiago Mitre Guión: Mariano Llinás e Santiago Mitre Fotografía: Gustavo Biazzi Música: Nicolás Varchausky Elenco: Dolores Fonzi, Óscar Martínez, Esteban Lamothe, Cristian Salguero, Laura López Moyano, Ezequiel Díaz |
NOS_12822 | Unha iniciativa parlamentar do BNG reclama a consideración de "consumidoras vulnerábeis" ás 187.119 persoas que teñen problemas á hora de aboar as súas facturas enerxéticas, é dicir, o 18% total da poboación. Reclama que a Xunta se faga cargo das facturas de gas e electricidade das persoas consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética. | Un total de 187.119 persoas, o 18% da poboación, dedican máis do 10% dos seus ingresos ao pago de recibos de gas, auga, electricidade ou calefacción, un número que vai en aumento nunha situación tamén progresiva de dificultades maiores para as familias. Varias iniciativas do BNG, presentadas por Carme Adán e Francisco Jorquera no Parlamento, reclaman accións políticas para combater a pobreza enerxética para o que requiren definir o concepto de "persoa vulnerábel" coa modificación da lei 2/2012 do 28 de marzo de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias. Situación de pobreza enerxética O grupo nacionalista reclama que a Xunta se faga cargo das facturas de gas e electricidade das persoas consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética e, para isto, recollen que as persoas que cumpran os requisitos presenten un informe dos servizos sociais sobre a situación cando reciban un aviso de interrupción do subministro de electricidade ou gas. O informe, que acreditará o cumprimento dos requisitos, terá que ser emitido polas administracións correspondentes nun máximo de 15 días. Co fin de mellorar a prevención e a planificación das actuacións públicas, as iniciativas recollen a obriga de intercambio de información das empresas subministradoras coas Administracións Públicas e a aprobación de prezos sociais. Por parte das empresas, recoñécese a obriga de habilitar "os mecanismos de información necesarios para poñer en coñecemento dos servizos sociais básicos e dos usuarios/as, a información existente e actualizada sobre as tarifas sociais e as axudas e e medidas previstas para frear a pobreza enerxética". O BNG reclama por esta situación agravada pola crise que a Xunta se faga cargo das facturas de gas e electricidade das persoas consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética. |
QUEPASA_925 | 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade. Aprazada a Mostra Víndemo Ver de Carnota. | Trala primeira avalancha de cancelacións, as medidas de contención, este xoves 12 de marzo chegou o anuncio da Xunta do peche de todos os centros educativos a partir deste vindeiro luns e durante dúas semanas. En todo caso, o presidente Alberto Núñez Feijoo pedía ás familias que intenten non levar aos fillos e fillas a clase xa este venres. A Xunta decretou ademais o peche de todos os centros comunitarios desde este venres e suspendeu todas as actividades lectivas e extraescolares para os próximos 14 días. Así mesmo limita as concentracións en espazos pechados a un máximo de 50 persoas. Feijoo non suspendeu aínda as eleccións do vindeiro 5 de abril, deixando no aire que "só se celebrarán se hai garantía de que os membros das mesas e os electores poden estar e votar". A suspensión das clases será durante 14 días, en todas as etapas educativas, coa opción de que os alumnos non vaian a clase a partir de mañá https://t.co/e1fsuvKwzN pic.twitter.com/U0Y6sePTFu— G24 (@G24Noticias) March 12, 2020 Cancelada a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou a cancelación da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril, en plena Semana Santa. Deste xeito, "a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías" e tamén garantiu que "traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación". Cancelada a Mostra Víndemo Ver A cita de Semana Santa de Carnota tamén queda aprazada. Suspensión de actividades e peche de edificios municipais en Carballo Ante a crise sanitaria, o Concello de Carballo vén de suspender a partir do venres 13 de marzo todas as actividades educativas (Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, Horto Infantil Ecolóxico Municipal); os cursos de formación que se imparten no Fórum Carballo; as actividades deportivas, ambientais e sociais; os eventos como o Festival Interplay ou o Carballo por Etapas; o peche do Pazo da Cultura, as bibliotecas, a ludoteca, o Museo de Bergantiños e os centros sociais das parroquias. A Gala dos María CasaresA Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos Premios de Teatro María Casares, apraza a gala de entrega dos premios, que estaba prevista celebrarse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o xoves 26 de marzo, así como as actividades paralelas previstas. Unha cita que ten 5 nominacións costeiras. Campionato de Pesca do Vilán Queda posposto o Campionato de Pesca "Cabo Vilán " de Camariñas. Ruta das pegadas de Caban o Concello de Cabana de Bergantiños cancela a ruta 'As pegadas da historia nas beiras do Anllóns' prevista para o sábado 14 de marzo. Xantar da Milagrosa A ACD Milagrosa retrasa o seu xantar previsto para o día 14. Medidas de prevención |
NOS_26313 | A Comisión Europea seleccionou a Illa de Arousa e 25 illas máis para participaren no seu proxecto Clean Energy for EU Islands que pretende desenvolver unha transición cara ás enerxías limpas para 2020. | A Illa de Arousa vén de ser elixida como unha das 26 illas europeas que recibirán axudas do proxecto da Comisión Europea Clean Energy for EU Islands. Este proxecto consiste na elaboración e desenvolvemento dunha axenda de transición enerxética para o cambio ás enerxías limpas en 2020. A candidatura do Concello da Ila de Arousa para este proxecto é unha iniciativa conxunta na que participan Nosa Enerxía, a FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña) e a Unión Renovables. Ademais das citadas, esta axenda tamén ten o compromiso de colaboración para o desenvolvemento de máis de 15 entidades nacionais e locais como a Deputación da Coruña, o Concello Regulador do Mexillón da Galiza, a confraría e a asociación das mariscadores e os centros de ensino da illa así como colectivos culturais e ambientais. "Os obxectivos deste proxecto", destacan desde Nosa Enerxía, "son a redución de custos e emisións de carbono, contribuír ao desenvolvemento da mobilidade sostíbel e á conciencia ambiental". |
NOS_51708 | Antonio Veiga asegura que "todas as medidas anunciadas son un ataque directo contra os servizos públicos e o sector servizos" | O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, denunciou que as medidas de recorte anunciadas polo presidente Mariano Rajoy "son un golpe de estado co que se criminaliza as e aos cidadáns e se deixa impunes aos auténticos causantes da crise económica e financieira que padece España". "Castígase á cidadanía e fican impunes os auténticos causantes da crise" Veiga insiste en que "todas as medidas son un ataque directo contra os servizos públicos, especialmente contra a educación e a sanidade, e o sector servizos. Ningunha das medidas anunciadas terá o efecto pretendido, xa que todas desincentivarán o consumo e provocarán o empobrecemento do groso da poboación. A suba do IVE e o recorte dos salarios dos funcionarios é un contrasenso; con menos diñeiro nos petos e cos produtos máis caros o consumo diminuirá, como xa ocorreu en 2010 co incremento do 16 ao 18 por cento." "Poñer en marcha políticas alleas á realidade" Dende a vicepresidencia do ente provincial asegúrase que a batería de recortes anunciados polo presidente do executivo central "amosa a un Goberno desnortado que quere poñer en marcha políticas alleas á realidade. Para a maior parte das persoas desempregadas estar sen traballo non é unha elección, senón unha imposición; están no paro porque non atopan un posto de traballo e o Partido Popular, en lugar de por en marcha políticas de creación de emprego en sectores estratéxicos para o crecemento e a mellora da competitividade do país, opta por recortar a prestación por desemprego; medida que soamente servirá para incrementar a distancia entre os que teñen e os que non teñen un posto de traballo e para desincentivar aínda máis o consumo". Damnificados "Unha vez máis – continúa Veiga- as e os cidadáns serán os grandes damnificados dun Goberno pouco valente que evita que os causantes da situación actual asuman as consecuencias da súa neglixente xestión. Así, os milleiros de galegos afectados polas preferentes seguen sen solucións e co rescate á banca parece aínda máis complicado que poidan recuperar os seus aforros, pero, sen embargo, a venda destes produtos tóxicos non tivo apenas consecuencias para os responsables da estafa". |
NOS_3028 | Terá tres portavocías non rotatorias que ocuparán Manuel Lago (EU), Antón Sánchez (Anova) e Luca Chao (Podemos). | O grupo parlamentar de Unidas Podemos, EU e Anova anunciará na terza feira o nome do seu novo grupo: Común da Esquerda, segundo puido saber Sermos Galiza. Manuel Lago, Antón Sánchez e Luca Chao distribúense as portavocías, con diferentes cometidos e "non rotatorias", indican fontes do espazo. Lago (moi próximo a Yolanda Díaz) será o portavoz, Sánchez intervirá como portavoz nas preguntas ao presidente Feixoo, e Chao terá ao seu cargo a comunicación da xunta de portavoces e repartirase con Lago as roldas de prensa, empezando pola desta terza feira na que serán eles dous os que darán conta dos acordos aos que chegaron os diferentes partidos que fan parte do grupo. Polo demais dentro do grupo, neste período de sesións producirase o relevo de Flora Miranda (Anova) por Xan Xove (Marea Atlántica), un sindicalista moi activo nas campañas de En Marea e de Xulio Ferreiro que foi como número 7 na lista das galegas pola circunscrición da Coruña. Parece que Juan Fajardo (EU) continuará nas responsabilidades de coordinador parlamentario, pero haberá cambios no persoal de confianza e podería entrar algún membro de Compostela Aberta. O grupo seguirá contando cuns 120.000 euros de asignación anuais e uns 6.000 euros mensuais para a contratación de asesores. A perda de financiamento que representa a ruptura son uns 2.000 euros por escano (teñen catro menos), pero eran recursos que habitualmente quedaban a discreción de cada deputado ou deputada. |
NOS_19508 | Hai desxeo, boas palabras, entre o PSOE e Podemos, mais tamén competición por ver quen ocupa o liderado da esquerda española. Na súa estrea como portavoz do grupo socialista, José Luis Ábalos anunciou a abstención do PSOE, agradeceu o "ton" da intervención de Iglesias, mais ao mesmo tempo lembrou que os votos de Podemos se uniron aos do PP na sesión de investidura de Pedro Sánchez en marzo de 2016. | Recolleu José Luis Ábalos a man tendida ao diálogo oferecida por Pablo Iglesias na sesión desta terza feira, mais a cousa ficou aí, sen alimentar ningunha expectativa especial de acordo entre as dúas forzas políticas da esquerda estatal. Si que se esforzou, en troca, Ábalos en enfatizar que o triunfo da moción de censura non depende dun eventual voto afirmativo do PSOE, que non se vai producir. "Nen aínda que votásemos que si isto vai adiante. Deixen de alimentar a expectativa de que nos xogamos que Rajoy saia. Non poñan excusas. Con que maioría parlamentar goberna vosté? -interpelou Iglesias- Non ve que é inviábel? É un acto falido en orixe e, desde logo, libérenos da responsabilidade. Non é verdade que porque nos absteñamos Rajoy siga", dixo o portavoz socialista. Ábalos non dubidou en pasar ao ataque ao verbalizar o inevitábel, a alusión ao voto negativo de Podemos en marzo de 2016 á investidura de Sánchez. "Houbo unha grande oportunidade para botar o señor Rajoy e lograr un goberno progresista neste país. Sucedeu no mes de marzo do ano pasado. Entón si daban os números [Sánchez chegara a un acordo con Ciudadanos]. Mais Podemos decidiu sumar os seus votos aos do PP e frustrar a investidura dun presidente socialista. Entón había posibilidade de mudanza e se frustrou. Non poñan máis excusas", alegou. "A moción non vai prosperar", recapitulou Ábalos, porque, argumentou, aínda que fose apoiada polo PSOE non obtería os votos suficientes (tería 167 votos a favor face os 169 do bloco PP-Cs). En todo caso, o portavoz socialista non utilizou a súa quenda de palabra para desacreditar Pablo Iglesias como candidato, un dado que ilustra as novas relacións que se abren entre as dúas formacións políticas após o retorno de Sánchez ao seu despacho de Ferraz. Iglesias propón ao PSOE negociar outra moción Na súa réplica, o candidato á presidencia do Goberno, Pablo Iglesias, ofereceu o seu compromiso de "traballar" co "novo PSOE" por "unha maioría alternativa". E puxo obxectivo a esa tarefa: "Poñámonos a traballar durante o verán para negociar unha moción de censura". Esa nova moción podería ter como candidato Pedro Sánchez, pois a Constitución española non obriga a ter escano no Parlamento para optar á presidencia do goberno. E de feito durante os últimos días Podemos ten apontado como hipótese a de apoiar un presidenciábel socialista. |
NOS_33686 | Nun escrito, varios integrantes do grupo socialista no Parlamento galego argumentan que "non existe ningunha razón obxectiva para o seu despedimento". | Os deputados do PSdeG no Parlamento da Galiza Martín Seco, Noa Díaz, Eduardo Ojea, Gonzalo Caballero, Noelia Otero, Pablo Arangüena e Marina Ortega presentaron o pasado 20 de xullo un escrito para rexeitar a decisión da formación política de despedir as dúas traballadoras contratadas polo grupo parlamentario. Valentín González Formoso: "As decisións nos ámbitos estratéxicos da Galiza teñen que tomarse aquí" Segundo detallan no escrito, son "profesionais do xornalismo que sempre exerceron e exercen o seu traballo con absoluta profesionalidade e rigor con total cumprimento das súas tarefas ás ordes de dirección". O grupo de deputados e deputadas explica que non foi a dirección do PSdeG quen comunicou esta decisión ao grupo parlamentario socialista, senón que foron as propias traballadoras as que trasladaron a noticia, algo que consideran "nada propio da nosa organización". Dimite Adriana Lastra, número 2 do PSOE, a dez meses das eleccións municipais "O PSdeG-PSOE naceu para a defensa dos e das traballadoras", prosegue o escrito, "e debe traballar pola estabilidade laboral e os dereitos" das profesionais. Reverter "inmediatamente" a decisión Os e as deputadas socialistas que asinan o escrito exixen á dirección do PSdeG e do grupo parlamentario que revertan "inmediatamente" a decisión de despedir as dúas xornalistas. "Non existe ningunha razón obxectiva para o seu despedimento", argumentan. Luís Álvarez: "Rueda é máis do mesmo" Aliás, os asinantes tamén fan referencia á "necesidade" que ten o grupo parlamentario socialista de "contar cun equipo estábel de xornalista" para as tarefas de comunicación na Cámara galega. |
NOS_19167 | A vitoria do 'si' no referendo do pasado domingo, convocado para lexitimar o xiro á dereita da política ecuatoriana, non ensombrece o importante apoio recollido polo expresidente Rafael Correa, que sumou un 35% a prol do 'non'. O país encara agora un cambio de ciclo que Correa e a súa base social tentarán reverter reorganizando un movemento de esquerda transformadora que reinicie a 'Revolución Cidadá' que a "traizón" de Moreno tencionaría finiquitar. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 283. | O cambio de ciclo no Ecuador consumouse. O referendo convocado polo actual presidente do país, Lenin Moreno, confirma a ruptura co legado da 'Revolución Cidadá' decorrida na última década e intensifica o proceso de "descorreización", impedindo o retorno á primeira liña política do expresidente Rafael Correa. Os resultados da consulta, celebrada o pasado domingo sen a preceptiva autorización da Corte Constitucional, visan a alianza de facto do 'morenismo' cos sectores tradicionais da dereita ecuatoriana, que sumaron esforzos a prol do 'si' ás sete preguntas formuladas. O novo oficialismo atinxiu un apoio de arredor do 65% nas tres preguntas chave, e nas que Correa, retornado ao Ecuador desde Bélxica, liderou unha intensa –e invisibilizada nos medios públicos e privados– campaña polo 'non'. Destarte, o movemento político liderado polo expresidente e que ten vontade de se constituír nunha nova organización logrou contra todo prognóstico sumar o 35% dos votos, confirmando o importante apoio popular a Correa. A vixente constitución ecuatoriana mandata que as consultas e referendos deben contar coa autorización da Corte Constitucional. Unha obriga que o presidente Lenin Moreno non atendeu de maneira deliberada, por causa do probábel rexeitamento do órgano xudicial ao enunciado de varias das preguntas. Cinco das sete cuestións que foron obxecto de votación popular requiren unha reforma constitucional, que se vehiculará a través de emendas na Asemblea Nacional. Son as referidas á inhabilitación política por casos de corrupción, a supresión da posibilidade de reelección indefinida dos cargos públicos, a reestruturación do Consello de Participación Cidadá –encargado da designación das altas autoridades do Estado que non son elixidas por votación directa–, a non prescrición penal dos delitos sexuais a menores ou o aumento das prohibicións relativas á minaría. Nas outras dúas preguntas consultábase sobre a derrogación da Lei de Plusvalía, aprobada na etapa de Correa para evitar a especulación urbanística, e unha maior limitación da actividade petroleira no Parque Natural Yasuní. [Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 283, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
PRAZA_1765 | O goberno local fai público o gasto que supuxo para o Concello a celebración da feira taurina desde 1995, unha media anual de máis de 110.000 euros para uns festexos que xa non se celebrarán este ano ante a retirada do apoio municipal por parte do executivo da Marea Atlántica. | O Concello da Coruña gastou 2,2 millóns de euros na subvención pública das touradas nos últimos vinte anos. O goberno local da cidade vén de facer públicos as cifras oficiais dos gastos que a feira taurina supuxo nas últimas dúas décadas e logo de que o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) decidise suspender o contrato "por razóns de interese público". O Concello gastou máis de 2,2 millóns en subvencionar as touradas entre 1995 e 2014, segundo os datos oficiais Así, e segundo os datos do devandito IMCE, as touradas -que tiñan lugar no Coliseum, o que obrigaba tamén a que o recinto fose acondicionado especialmente para elas- xerou un gasto de 2.223.200,78 euros nos últimos vinte anos, tendo en conta os custos dos contratos de organización e outros gastos de tipo xurídico, como unha indemnización pola caída dun espectador ou pola adxudicación dun contrato en 2005. Ademais, entre os gastos a maiores do contrato de organización da feira -que durante o mandato de Francisco Vázquez nunca baixou de 93.000 euros-, inclúense outros máis rechamantes como os máis de 12.000 euros para as conferencias taurinas co gallo do décimo aniversario dos festexos, os 600 euros de aloxamento e manutención a un pregoeiro, os máis de 400 pola redacción dun "pregón taurino" ou os 2.353 que supuxo a lectura doutro pregón en 2007. Entre os gastos inclúense máis de 2.300 euros por un "pregón taurino" en 2007 ou máis de 400 pola redacción doutro "O custo que supuña para un organismo público dependente do Concello esta actividade, así como a escasa afluencia de público en cada edición, foron dúas razóns de peso que impulsaron ao Goberno local a rescindir o contrato coa empresa promotora. Ademais, tamén existía a promesa política de non ceder espazos públicos nin financiar espectáculos nos que se maltraten animais", aclara o executivo local da Marea Atlántica, que lembra que este ano, de terse celebrado, a feira taurina traería aparellado un custo aproximado de 60.000 euros. Coa suspensión, e co pagamento duns 10.000 euros de indemnización aos organizadores, o Concello espera obter un aforro de 50.000 euros. A administración local aforra 50.000 euros coa retirada da subvención e a non celebración das touradas xa este ano Nada máis chegar ao goberno, a Marea Atlántica iniciou o expediente de extinción anticipada do contrato e suspensión da feira taurina. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicara daquela que o Concello "non ten capacidade para prohibir unha actividade como esta, pero si que a ten para ceder ou non o Coliseum para este tipo de espectáculos". Tal e ocmo lembra o executivo local, ao longo dos últimos 20 anos, tan só en cinco ocasións os gastos que asumiu o IMCE con respecto á feira taurina baixaron dos 100.000 euros por edición. En concreto, a media anual de gasto en subvención ás touradas ascende a máis de 110.000 euros, aínda que os cartos foron moitos máis na época do goberno do PSOE de Francisco Vázquez, que chegou a gastar máis de 130.000 euros públicos nalgunha edición. Coa chegada de Carlos Negreira (PP) ao poder, a subvención seguiu, aínda que desta vez sufragando os gastos do acondicionamento do Coliseum, unha cantidade que foi desde os 32.000 até os 41.000 euros aproximadamente, dependendo do exercicio. Segundo datos de Galicia Mellor sen Touradas, e incluíndo tamén os gastos do Concello nas touradas entre 1991 e 1994, a subvención total municipal achegaríase aos 3 millóns de euros. A media anual de gasto público foi de 110.000 euros, aínda que as maiores cantidades corresponden ao goberno de Francisco Vázquez "Nin un euro para o maltrato animal" A Marea Atlántica sempre sostivo que a supresión das touradas na cidade era un punto "innegociable" do seu programa: "Nin un euro do concello, nin un metro cadrado de bens municipais para o maltrato animal. O goberno municipal non será cómplice de eventos como as touradas baseados no maltrato a un ser vivo. Rematou a vergoña de que un concello que representa ao xeral da cidadanía coruñesa preste apoio económico (ou facilite bens como o Coliseo) para o maltrato animal", dicíase no programa da formación. A empresa difundira nos últimos días unha proposta de programación para a feira taurina, que tiña prevista a súa celebración o 1 e 2 de agosto no Coliseum. Porén, a feira finalmente non se celebrará. Era cuestión de tempo. Xa o pasado ano o concurso para a licitación deste espectáculo de tortura animal quedara deserto antes do verán, e na repetición da convocatoria, en setembro, o Concello só recibira a oferta de Tauro Siglo XXI. E iso, a pesar das facilidades outorgadas polo Goberno local e do mantemento das axudas indirectas. |
NOS_29688 | Os socialistas tamén pedirán no próximo pleno que se "esgoten todas as vías xurídicas" para evitar indeminizar aos Franco | BNG e a Iniciativa Galega pola Memoria instou Xunta e ao Estado a recorrer a sentenza que obriga indemnizar a familia Franco polo Pazo de Meirás ao considerar que "blanquea o franquismo" e supón unha "labazada" para os colectivos que loitaron para que este ben de interese cultural fose devolto ao patrimonio público. Así o demandaron nunha rolda de prensa ofrecida na Cámara galega a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e os integrantes da Iniciativa Galega pola Memoria Carlos Babío e Montse Fajardo. Na súa intervención, a líder do BNG considerou "inaudita" a decisión do Executivo estatal de non recorrer esta resolución que, na súa opinión, supón un "agasallo fiscal" aos herdeiros de Franco. "Parécenos moi grave e un erro", manifestou Pontón, que se preguntou se existe "algún pacto por activa ou por pasiva" entre o Goberno de Pedro Sánchez e a familia Franco. Pontón, que subliñou que a sentenza supón "unha vergoña democrática", considerou necesario que a Xunta tamén se sume ao recurso. "Porque nos parece igual de ofensivo para o pobo galego que a Xunta non mova nin un só dedo ante unha sentenza que obriga a pagar dúas veces polo Pazo de Meirás", sinalou. Dito iso, apelou a non perder o tempo e "presentar xa" este recurso, tendo en conta que o prazo para a súa formalización finaliza o próximo día 12 de marzo. "Fican 9 días para facer o que é correcto", indicou. Ademais, avanzou que a súa formación levará ao próximo unha iniciativa con estas demandas tanto á Xunta como ao Estado. "Esta sentenza ten que ser recorrida si ou si", subliñou. Pola súa banda, Carlos Babío alertou dos efectos que esta sentenza "terrorífica desde o punto de vista da impunidade" pode ter noutras reclamacións como as da Casa Cornide ou as estatuas de Abraham e Isaac. O integrante da Iniciativa Galega pola Memoria incidiu en que esta resolución xudicial supón "blindar e blanquear" todo o que ten que ver cos "abusos" por parte da ditadura franquista. Por iso, asegurou que o seu recurso se debe presentar por "hixiene democrática" xa que a decisión xudicial nega "cuestións fundamentais" como a "mala fe do Franco" na súa adquisición. "Desde as asociacións da memoria histórica non queremos entrar nun debate economicista sobre se hai que pagar moito ou pouco aos Franco. Aos Franco non lles hai que pagar nada", incidiu. Ademais, lembrou que foi o Estado a administración que presentou a demanda pola propiedade do pazo, polo que advertiu das dificultades de que os recursos de administracións como o Concello de Sada ou a Deputación da Coruña prosperen se o propio Executivo español non se suma. Mulleres represaliadas Preguntadas respecto diso noutra rolda de prensa celebrada na Cámara galega este mércores, as deputadas do PSdeG Noa Díaz e Paloma Castro avanzaron que a súa formación tamén presentará unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que "se esgoten todas as vías xurídicas" para evitar indeminzar aos Franco. Os socialistas galegos levarán ao próximo pleno unha iniciativa para impulsar a recuperación da memoria democrática das mulleres galegas, co fin de visibilizarlas e recoñecer o papel que tiveron na loita pola democracia e o autogobernod e Galiza. A Segundo indica o texto da iniciativa, o traballo de moitos historiadores e investigadores fixo que saíse á luz uno dos "capítulos máis negros da historia", a Guerra Civil e a Postguerra. Con todo, sinala que, "como sempre, na maioría destes casos, as vítimas teñen cor masculina, quedando na sombra as mulleres". "Xa é hora de que a historia e o réxime franquista se conten desde unha perspectiva de xénero", considerou Paloma Castro, que sostén que "contar a historia sen contar coas mulleres, non é a historia real" do país. |
NOS_26788 | 165,7 de cada 100.000 habitantes sofren esta problemática no país, onde até 25,2% da poboación está en risco de pobreza ou exclusión social. | A Galiza é o sexto territorio do Estado español con máis persoas sen fogar, ao contar con 165,7 por cada 100.000 habitantes, segundo os datos que publica esta cuarta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). De media, a nivel estatal, por cada 100.000 habitantes hai 86,6 persoas sen fogar. As maiores taxas sitúanse na cidade autónoma de Ceuta (391,4), Euskadi (315,9), Nafarroa (214,7) e Cantabria (182,6). Pola súa parte, País Valencià (14,8), Catalunya (42,6), Castela-A Mancha (45,0) e Rexión de Murcia (48,4) posúen na actualidade os rexistros máis baixos. No caso concreto da Galiza, segundo as razóns para abandonar o aloxamento que tiñan antes de verse sen fogar, a porcentaxe máis elevada correspóndese coa perda do traballo (23%). A continuación sitúanse motivos como ter que empezar de cero após emigrar a outro país (20,4%), non poder pagar máis o aloxamento (17,2%) e o desafiuzamento da vivenda (9,3%). Unha de cada catro persoas, en risco de pobreza Esta actualización estatística chega dous días despois de que a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galiza) presentase o seu balance anual sobre o estado da carestía no país, cuns rexistros que sitúan 25,2% da poboación en risco de pobreza e/ou exclusión social. Cae a pobreza, menos para as mulleres Segundo este mesmo documento, o dereito a unha vivenda digna e accesíbel agravouse en 2021, pois 5,4% da cidadanía ten uns gastos de vivenda superiores a 40% dos seus ingresos, mais entre as persoas en situación de pobreza esa cifra quintuplícase até alcanzar 24,8% da xente. |
NOS_16844 | Apunta a un "problema" de "lexitimación da institución". | O lehendakari, Iñigo Urkullu, insistiu esta terza feira na necesidade de celebrar un "referendo xeracional" sobre a monarquía parlamentaria para a lexitimación e pervivencia desta institución, se a maioría dos cidadáns optase por manter "esta fórmula". Urkullu respondeu, desta forma, ás preguntas dos xornalistas sobre as investigacións ao rei emérito, Juan Carlos I, por supostas actuacións irregulares, e o discurso do Nadal do xefe do Estado, Felipe VI, nas que, sen aludir ao seu pai, puxo en valor "os principios morais e éticos" que "obrigan a todos sen excepcións", por encima de "calquera consideración, da natureza que sexa, mesmo das persoais e familiares". Durante unha rolda de prensa celebrada en Gasteiz, tras a aprobación polo Gobierno Vasco do seu Programa de Recuperación e Resiliencia, o lehendakari afirmou que "non é un problema de discurso, senón de lexitimación da institución". "Neste sentido, eu veño avogando pola necesaria reflexión da institución da monarquía, no seu caso, atendendo ás circunstancias da súa existencia nesta etapa democrática que caracterizaron á propia institución da monarquía, como a inviolabilidade da figura do monarca, a necesidade da transparencia e o control da institución da monarquía ou, mesmo, a posibilidade dun referendo xeracional para a pervivencia da institución, no caso de que unha maioría da poboación así o decidise", apuntou. Por iso, considerou que, se se sometese a institución monárquica a ese referendo e se unha maioría cidadá apostase por esta manter esta fórmula, "a monarquía parlamentar actual no Estado español estaría moito máis lexitimada que o que está actualmente". |
NOS_2590 | Os casos activos de Covid-19 na Galiza aumentan por décimo día consecutivo e pasan xa dos 2.000, rexistrándose nas últimas 24 horas até 230 contaxios. A taxa de positividade sitúase en 4,9%, ao bordo do 5% que a OMS marca como limiar para dar por controlada a pandemia. | O volume de contaxios de Covid-19 detectados na Galiza retrocede lixeiramente nas últimas horas, aínda que seguen por encima dos 200, o que fai que os casos activos superen a barreira dos 2.000 mentres a taxa de positividade en probas PCR mantense en niveis máximos desde o mes de febreiro. Así se desprende da actualización dos datos da pandemia que publica diariamente a Consellaría de Sanidade no seu portal sobre o coronavirus con rexistros até as 18 horas de onte, 2 de xullo, momento en que había 53 persoas ingresadas con Covid-19 nos hospitais galegos, 11 delas nas unidades de coidados intensivos (UCI). Así, o número de hospitalizados en UCI aumenta en dous respecto ao día anterior. Por áreas, A Coruña continúa co maior volume de ingresos, aínda que descenden a 21 (-2), tres deles en UCI (sen cambios). Na área de Pontevedra aumentan a catro as e os pacientes en críticos (+1), que se suman aos outros oito hospitalizados con coronavirus, cun total de 12. Séguea a de Ourense, que a pesar de non ter ingresados en UCI, alberga nos seus hospitais seis pacientes con diagnóstico Covid. Tras elas están a de Ferrol e a área de Santiago, ambas as dúas con catro ingresos. A primeira conta con dous en UCI e outros dous en unidades convencionais, mentres que a área compostelá ten tres en planta e un en críticos. Por último, Lugo suma tres ingresos, un deles en coidados intensivos; mentres a área de Vigo carece de ingresados en UCI e suma un total de tres hospitalizados en planta. Máis de 2.000 casos activos Os casos activos de Covid-19 no conxunto da Galiza aumentan por décimo día consecutivo e pasan xa os 2.000. Ás 18 horas de onte eran 2.136 os casos activos, 142 máis que na xornada anterior, un día con 230 contaxios diagnosticados e 87 altas. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en todas salvo en Ferrol, o único distrito por baixo da centena e onde descenden en oito os activos nas últimas horas. Pola contra, soben no resto das seis zonas en que se divide o mapa sanitario galego. Encabeza o incremento unha xornada máis a área de Pontevedra (+46), seguida da de Vigo (+31), a área de Ourense (+25), a da Coruña (+23), a compostelá (+19) e a área de Lugo (+6). Por tanto, mantense á cabeza a área da Coruña e Cee, con 597 casos activos; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 413; Vigo, con 359; Ourense, con 254; Lugo, con 230; Santiago e Barbanza, con 209; e por baixo do centenar segue a de Ferrol, con 74. Contaxios á alza Deste modo, os contaxios detectados en 24 horas continúan á alza, aínda que descenden en comparativa coas cifras da xornada anterior. Foron un total de 230 os casos diagnosticados por calquera tipo de proba, o que, a pesar de ser 41 menos que na xornada da quinta feira (teito da semana, con 271), manteñen a tendencia seguida desde o 24 de xuño, con contaxios detectados ao día por encima do centenar. Deste modo, os contaxiados ascenden na Galiza a 130.397, dos cales 31.355 corresponden á área da Coruña e Cee; 25.650, á de Vigo; 20.330, á de Santiago e Barbanza; 16.137, á de Ourense; 14.830, á de Pontevedra e O Salnés; 13.307, á de Lugo; e 8.788, á de Ferrol. Taxa de positividade disparada, ao bordo de 5% Desde o inicio da pandemia a Galiza realizou 2.373.711 probas PCR, das cales, 3.821 foron no último día, unhas 300 menos que na xornada anterior. Así, a taxa de positividade nas PCR volve situarse en niveis máximos desde mediados do mes de febreiro durante a saída da terceira onda da pandemia. Nas últimas 24 horas, a taxa de positivos quedou en 4,9%, ao bordo do 5% que estabelece a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, un limiar que a Galiza non supera desde o pasado 15 de febreiro (fíxoo nos datos da quinta feira, mais a taxa foi recalculada nas últimas horas). Vítimas e altas Desde o comezo desta crise sanitaria as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza elévanse xa a 2.437 tras a morte dun home de 61 anos en Lugo notificada na tarde da sexta feira polas autoridades sanitarias. 125.849 pacientes recibiron a alta no conxunto da Galiza, 87 persoas máis que as rexistradas ata a xornada anterior. |
PRAZA_18738 | Asegura que as iniciativas son "a seis meses" e que as plantas da Coruña e Avilés, ameazadas de peche "non teñen tanto tempo". Traballadores das factorías galega e asturiana convocan unha folga e mobilizacións conxuntas para o vindeiro día 19. | Persoal da planta de Alcoa na Coruña advirte de que as medidas adoptadas polo Goberno central para protexer empresas electrointensivas fronte aos elevados prezos da enerxía son "a seis meses" e que as factorías ameazadas de peche "non teñen tanto tempo". Persoal da planta de Alcoa na Coruña advirte de que as medidas son "a seis meses" e que as plantas ameazas "non teñen tanto tempo" "Non vemos unha solución aí, porque nós en seis meses estaremos pechados", asegurou o presidente do comité de empresa da planta coruñesa, Juan Carlos López Corbacho, que reclamou do Executivo unha solución "inmediata" que garanta a continuidade das fábricas da Coruña e Avilés, ameazadas cun peche que deixaría na rúa unhas 700 persoas. As declaracións de López Corbacho realizáronse este sábado na localidade asturiana da Veiga (Vegadeo) onde xunto ao seu homólogo da fábrica asturiana presentou a convocatoria de folga conxunta do vindeiro día 19. Tal e como explicaron, ese día haberá varias marchas a pé. O persoal da Coruña sairá desde Ribadeo ás 10 horas para chegar á Veiga; mentres que os de Avilés farán o mesmo desde Castropol. Os dous grupos atoparanse na ponte da Veiga para seguir xuntos até a praza do Concello, onde se concentrarán sobre o mediodía. Os traballadores das plantas coruñesa e asturiana convocan unha folga conxunta para o vindeiro día 19 As medidas do Goberno central foron publicadas este sábado no BOE e enmárcanse no Real Decreto-lei de medidas urxentes para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio en España, aprobado este venres polo Consello de Ministros, a proposta das ministras de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, e do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. O obxectivo é conseguir unha diminución dos custos enerxéticos para os consumidores electrointensivos, que poderán participar de redes pechadas de distribución e disporán dun estatuto que os caracterice e recolla os seus dereitos e obrigas en relación á súa participación no sistema e os mercados de electricidade. O Executivo central procederá a prorrogar a vida útil das instalacións de coxeración, que benefician especialmente a industria. En concreto, o real decreto-lei modifica a Lei 24/2013, do Sector Eléctrico, permitindo a creación de redes de distribución de enerxía eléctrica pechadas, que facilitarán unha redución de custos da enerxía eléctrica para a mediana e gran industria concentrada en ámbitos territoriais reducidos, garantindo unhas condicións de conexión á rede pública de maneira que esta non quede afectada. O real-decreto prevé un estatuto que recoñeza as particularidades das industrias electrointensivas A normativa establece os principios básicos que deben rexer a constitución e autorización destas redes, pero fixa un prazo máximo de seis meses para que o Goberno central desenvolva o regulamento que recolla o procedemento e os requisitos que deberán cumprirse para o outorgamento da autorización administrativa, de acordo cos principios de sustentabilidade económica e financeira do sistema, eficiencia enerxética e transición xusta. Ademais, o real decreto contempla a figura do consumidor electrointensivo e dá un mandato ao Goberno para que, tamén no prazo de seis meses, elabore e aprobe un estatuto que recoñeza as particularidades daqueles consumidores cun elevado uso da electricidade, un elevado consumo en horas de baixa demanda eléctrica e unha curva de consumo estable e predicible, e recolla os seus dereitos e obrigas en relación á súa participación no sistema e os mercados de electricidade. Con este estatuto, as empresas electrointensivas poderían manter competitividade e cota de mercado, segundo explica o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. A creación e regulación desta figura permitirá proporcionaría a estes consumidores a escenarios predicibles para os seus custos enerxéticos, reducindo a volatilidade inherente aos mercados enerxéticos globais e dotando de seguridade aos investimentos industriais. Propor un estatuto para as industrias electrointensivas nun prazo de seis meses é pechar Alcoa e outras industrias que virán tras dela", di Yolanda Díaz Ademais das críticas do persoal de Alcoa, forzas políticas como En Marea amosaron as súas dúbidas sobre un real decreto que "non arranxa o problema de Alcoa". "Propor un estatuto para as industrias electrointensivas nun prazo de seis meses é pechar Alcoa e outras industrias que virán tras dela. Actúen desde xa", reclamou a deputada Yolanda Díaz. Desde Anova, ademais, consideran que o goberno estatal "non ofrece as solucións suficientes para garantir que Alcoa non se pecha". "O Executivo formula unha proposta a seis meses, cando as plantas xa estarán pechadas, e baseada no aumento de poder da empresa para seguir realizando o que desexe", di. |
PRAZA_20398 | Tras a eliminación no texto da mención ao eventual rescate o Goberno de España procura, nun informe cuxo rexistro no Congreso vén de revelar En Marea, outra arquitectura xurídica para o veto PSdeG e BNG fan responsable a Feijóo e esixen a Ana Pastor que erga o veto | PSdeG e BNG fan responsable a Feijóo e esixen a Ana Pastor que erga o veto Novo veto con diferente explicación pero con idéntica finalidade: que o Congreso dos Deputados non chegue a debater a lei para traspasar as competencias sobre a AP-9 á Xunta, toda vez que o actual xogo de maiorías permitiría, con toda probabilidade, que saíse adiante. O Goberno de España vén de iniciar unha manobra parlamentaria, a segunda en apenas medio ano, para vetar a tramitación nas Cortes da proposición aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia o pasado maio cunha redacción reformulada para, precisamente, tentar salvar o bloqueo que o gabinete de Mariano Rajoy xustificou aínda estando en funcións a partir de cálculos erróneos. O vicevoceiro parlamentario de En Marea e responsable deste grupo en materia de Infraestruturas, Antón Sánchez, revelou este venres que o secretario de Estado de Relacións coas Cortes, José Luis Ayllón, vén de rexistrar na Cámara Baixa no que o Ministerio de Fomento recoloca a súa estratexia para, a falta de mencións explícitas na lei galega a un eventual rescate da autoestrada, -motivo no que baseou o anterior veto, aínda que figurase no texto só como hipótese-, procurar un novo argumentario para o veto. Trátase, ao cabo, de outorgarlle arquitectura xurídica á intención política xa evidenciada polo ministro, Íñigo de la Serna, con razóns que no primeiro veto nin sequera aparecían. Desta volta Fomento elaborou un informe, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, notablemente máis elaborado que o de 2016 e no que inclúe un percorrido pola historia da AP-9, a súa privatización polo Goberno de Aznar e os sucesivos acordos para as súas ampliación, así como para a bonificación das peaxes. Ademais de inserir de novo no seu informe o devandito cálculo erróneo do rescate da concesión -4.400 millóns que non se corresponden co establecido na lexislación vixente na materia- Fomento aférrase precisamente a esas ampliacións e descontos para concluír que o traspaso tería impacto nos Orzamentos Xerais do Estado e, daquela, pode invocar o artigo 134.6 da Constitución, que permite que o Goberno vete os proxectos de leis que supoñan incremento de gastos ou mingua de ingresos. Tras a eliminación no texto da mención ao eventual rescate o Goberno de España procura outra arquitectura xurídica para o veto á lei que en Galicia foi aprobada por unanimidade A proposición galega, esgrime Fomento, estipula que unha vez aprobada a transferencia á Xunta o Goberno de España seguiría asumindo os gastos derivados de acordos asinados mentres as competencias foron estatais, caso por exemplo das obras de ampliación e das bonificacións. Dado que a lei aprobada por unanimidade en Galicia sinala tamén que a Xunta pasaría a ter competencias sobre tarifas, peaxes e descontos, Fomento lánzase a formular outra hipótese: como os convenios asinados con Audasa en 2011 en 2013 prevén financiar s obras "con cargo ao incremento das tarifas da peaxe", estas obras "poderían non ser compensadas desa forma e terían que ser asumidas na súa totalidade polo Estado" cun gasto, calcula, duns 224 millóns de euros. Fragmento do informe rexistrado polo Goberno de España no Congreso para vetar a lei galega Fomento formula un veto a partir da hipótese de que a Xunta podería rebaixar as peaxes e non compensar as obras de ampliación e as bonificacións Adicionalmente, sinala o Ministerio, as bonificacións de peaxe vixentes dende 2006, "cifradas nuns 7 millóns de euros cada ano, aproximadamente", e as fixadas en 2013, na contorna "dos 4 millóns anuais". Estas cantidades segundo a lei galega, di, "tamén seguirían sendo abonadas polo Estado", o que "implica un custo da orde de 210 millóns de euros", por unha banda, e de 120 pola outra ata a fin da concesión en 2048. Aínda que Alberto Núñez Feijóo vén resaltando que de agora en diante Fomento será quen se faga cargo deses pagamentos o Ministerio asegura agora que "non existen consignacións nos créditos orzamentarios" do departamento para tal fin. Neste contexto, o Goberno de España suma todas as súas propias estimacións para asegurar que tras o traspaso tería que se facer cargo de 554 millóns de euros que "poderían ascender ata un total de 4.570 millóns de euros", agrega sumando "repercusións económicas" ata a fin da concesión. Por todo isto o Goberno central "non presta a conformidade" á tramitación da lei, contradicindo así o expresado reiteradamente polo PPdeG e polo Goberno de Galicia e ratificando os temores expresados pola oposición durante a tramitación da norma. Obvia, do mesmo xeito, que a propia lei galega estipula que sería unha comisión mixta Galicia-Estado a que fixaría as condicións concretas do traspaso a través dunha negociación. "Un informe mentireiro" polo que debe "responder" Feijóo Antón Sánchez: "Ou Feijóo é cómplice desta operación mentireira ou non pinta nada e non exerce de presidente" Tras facer público o novo veto o vicevoceiro de En Marea pon o foco na "responsabilidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, neste "informe mentireiro e cheo de falsidades" co que o Goberno de España, di Antón Sánchez, "volve faltar ao respecto ao pobo galego". "Ou o señor Feijóo é cómplice desta operación mentireira, desta estafa" ou "non pinta nada e non exerce de presidente" e por iso "deixa facer este tipo de cousas ao seu partido" contra unha lei aprobada por unanimidade en Galicia, afirmou en declaracións á prensa no Parlamento. O feito de que o propio informe estea baseado en "hipóteses" é para Sánchez a demostración de que "isto non é unha cuestión técnica", senón mostra da "vontade política de que esta infraestrutura non se controle" dende Galicia. "Recorren a mentiras, falan de modificacións orzamentarias baseadas en hipóteses" e "ademais, falsas", di, para evitar que se chegue a votar unha lei que, lembra, foi redactada "baixo a supervisión dos letrados do Parlamento" para evitar, precisamente, que colisionase co artigo 134.6 da Constitución. "Se non hai un pronunciamento claro, contundente e con resultados" por parte do presidente, advirte, "teremos que concluír " que colabora "no obxectivo de manter o negocio" da AP-9 o máis "afastado" posible das persoas que a utilizan e pagan, di. |
NOS_31828 | Botamos un ollo ás redes sociais para contarche o minuto a minuto do que opinan @s 'súbdit@s' da coroación de Felipe VI. Hai de todo. | Día de traballo para as redes sociais, a ferver nestas horas coa coroación de Felipe VI e comentarios e opinións do máis varipinto en twitter e faceboock (que mesmo estivo caída a nivel planetario durante media hora). HT como #coronacionFelipeVI , #República ou #RepúblicaGalega permiten ver o que se está a cocer. Un dos puntos máis comentados é a ausencia de 'masas' de xenhte no acto, destacando que no paso do novo monarca pola Gran Vía madrileña hai "máis bandeiras que persoas" (@iescolar) ou mesmo "máis policías que persoas" (@revistamongolia). "Prepareime moito para este momento: nacín e logo procurei seguir vivo todos estes anos", Felipe VI enumera os seus principais logros @JaimeRubio "A policía identifica a 41 persoas por tentar entorpecer o paso da comitiva real" @La_Ser "Catro policías subiron á redacción de eldiario.es despois de que na xanela se pendurase a bandeira republicana brevemente" @Guerraeterna "A maioría silenciosa foi hoxe máis silenciosa ca nunca" @AntonDobao "Empeza reinado de felipe VI con detencións, censura e accións contra a liberdade de opinión e manifestación.. todo un síntoma do q agarda" @anaponton "A policía comeza a rodear unha manifestación republicana espontánea en Tirso de Molina" @danips. "Estamos retendo a quen leva símbolos repúblicanos con normalidade democrática. Gracias. Moltes gràcies. Eskerrik asko. Moitas grazas". @gerardotc "Tras a abdicación precipitada, a cidadanía de Madrid pasou amplamente da coroación. Comeza mal a segunda transición... Afortunadamente!" @Aure_Lopes "Se TVE chama multitude ás rúas baleiras na coronación, que lle custaba decir que España gañou 10-0 a Chile" @raulsensato "Catro retidos en Gran Vía por sacar bandeira republicana e polo menos un deles, detido" @EricGMad "Un home esposado en Gran Vía por berrar a prol da república ao paso da comitiva real" @lamarea "En Barcelona acabamos de trocar a Avenida do Príncepe de'Asturies por Avenida da República Catalana!" @lesJERC "A democracia q desborda Gran Via. 30 persoas retidas sen ningunha explicacion" @Coordinadora25S "Parécenos un xesto hacia o BNG que FelipeVI leve a banda azul daa bandeira galega posta #FelipePlurinacional" @ciclositurgaiz "Se tivese que inventar un novo termo para describir o que sinto ao ver as imaxes de Madrid, acho que este sería desanoxo: desacougo + noxo" @ToneGZ "Ola @policia, o Rei Felipe VI vai de pé nun coche e sin cinturón e a Raiña Letizia non leva cinturón. U_la multa? #CORONACIONFELIPEVI" @PabloTortajada "Non, se agora imos ter que agradecerlle ao rei que vaia en descapotable. Pero qué tolería é esta. Prensa súbdita". @hectorjuanatey "Mas e Urkullo se non van son o peor, se van e non aplauden son o peor, se van e non baixan a cabeza ao saudar ao Rei son o peor. Moito facha" @rafiklalin "A mín, a verdade, contar os ocos das rúas paréceme un pouco chorra. Como lamentarse do que puido ter sido o 2-0 contra Holanda" @diegoebarros "Pois a min Felipe gústame.. espero poder votarlle nunhas eleccións e deixar de facelo cando a min me saia dos..." @_kilket "Felipe uve palito citou a Castelao no seu discursso de coronaçom. Nem ele te vergonha nem Galiza tem rei! #RepublicaGalega" @APartenos "Creo que si passeassem um Circo com elefantes as ruas aplaudiriam mais..." @evazsou "Non hai moita xente na rúa, a explicación é que o poden ver pola tele", Maxim Huerta, Tele5 #cuñaaao @millanfernandez "Fernando Onega ponse melancolico de tempos preteritos,pensará "antes si que sabiamos tratar las faltas de respecto de los nacionalistas" @braisribeiro "Tres antidisturbios acaban de me identificar e cachear en Gran Vía por facerlle preguntas sobre a república a 2 rapazas. Non é brincadeira" @angelcalleja "Filipe VI cita a Castelao ao referirse á necesidade de protección das linguas de España. Farase Galicia Bilingüe republicana?" @chamademesimbad "¡Anda!! Felipe VI xa falou máis galego nos últimos 10 anos que Rajoy" @Fer_Vigo "Xusto hoxe hai 77 anos que as tropas franquistas entraron en #Bilbao" @DLopategi "Castelao on fire" @msabaris "Como podes falar do papel da mulher e ser nomeado pola lei sálica?" @feminismogaliza "Felipe VI cita a Castelao...bueno, tamén o facía Fraga" @Rafiklalin "¿Está o Congreso aplaudindo a unha muller pola "súa adicación e lealdade" ao seu marido toda a súa vida? Xulgado de Violencia de Xénero, vén". @teclista "Os deputados e senadores están lentos, o rei fai paradas para que aplaudan e cóstalles pillalo". @AntonioMaestre "Nótase ese COU en Canadá. Nótase, rediez" (@mrojos) "Madrid tomada pola policía, bandeiras republicanas prohibidas e paseo en coche pechado por motivos de seguridade. Anda, igual que con Franco" @SiPeroNo |
PRAZA_15796 | A Plataforma na Defensa do Sector acusa o grupo francés de "perpetrar unha estafa" ao "apropiarse" do incremento que a distribución pactara para que lle fose trasladado ás explotacións. Os gandeiros piden aos consumidores galegos que non merquen as marcas da empresa gala. | A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego vén de anunciar que inicia un boicot contra a empresa francesa Lactalis, á que acusa de non trasladar aos gandeiros as subas de prezo que foron acordadas coa distribución logo das intensas mobilizacións de antes do Nadal. Consideran, xa que logo, que o grupo galego está a levar a cabo unha "apropiación indebida" do incremento que os grandes supermercados impulsaron nas súas marcas brancas para que repercutise nas granxas pero que só se nota na marxe do beneficio final. Lactalis é unha das empresas que máis leite recolle en Galicia e fabrica marcas brancas, President, Lauki ou Puleva A Plataforma explica nun comunicado que Lactalis, que fabrica as marcas brancas para Carrefour ou Alcampo, ademais de President, Lauki ou Puleva, "está perpetrando unha estafa evidente" contra "os produtores lácteos e en xeral contra a cidadanía galega". "A empresa négase a trasladar aoos gandeiros as subas acordadas coa distribución nos cartóns de leite despois das últimas mobilizacións diante das grandes superficies comerciais", explican. O colectivo xa advertira das reticencias de moitas industrias a cumprir co acordo. Ademais, asegura que conta coas "certificacións acreditativas nas que se recollen as subas efectuadas nas liquidacións das firmas de distribución". Lactalis -unha das industrias que máis produto recolle en Galicia- xa recibiu o diñeiro da distribución coas subas acordadas, pero na liquidación que vén de facer non trasladou ese incremento de dous céntimos ás granxas nin aclarou como o vai aplicar ou se de verdade pensa facelo. A Plataforma acusa o grupo francés de "estafa evidente" ao recibir a suba pactada coa distribución e non trasladárllela aos gandeiros Non é Lactalis a única marca que amosa reticencias á hora de trasladar ese incremento de prezos aos gandeiros. Leche Celta, por exemplo, tan só incrementou o importe en medio céntimo por litro, mentres que Río di que mantén os importes que xa estaba pagando. Polo momento, o sector lácteo fai un chamamento aos consumidores "para que non compren as marcas elaboradas" por Lactalis "para non ser cómplices da apropiación ilegal e inmoral da renda das familias que están á fronte das explotacións gandeiras". O grupo lácteo fabrica Puleva, Chufi, President, Laiku e Choleck, ademais das marcas brancas de centros de distribución como Carrefour ou Alcampo, entre outros. Alén disto, a Plataforma seguirá presionando e reclama tamén que o acordo coas industrias se amplíe e non se cinga tan só ás marcas brancas. Entende que se a distribución é quen de ceder dous céntimos das súas marcas brancas, as máis baratas, a industria tamén pode facer o mesmo coas marcas propias, moito máis caras e que andan por riba dos 71 céntimos. Ao mesmo tempo, os gandeiros lembran que a reacción da industria debe ser axiña ante a crise pola que atravesan moitas explotacións. Por iso, insisten en que a Xunta debe actuar e presionar para asegurar que se cumpra o acordo e evitar que a crise do sector siga afogando as granxas. Os prezos do leite galego seguen a ser os máis baixos do Estado e as solucións continúan a tardar máis do necesario. |
NOS_36147 | A Deputación de Ourense é un auténtico fervedoiro e a liorta prosegue cun Baltar que rexeita o "veto" que Ciudadanos lle impuxo para pactar co PP. O presidente en funcións do ente provincial botou en cara ao partido laranxa que tal esixencia non corresponde cunha formación que unicamente conta "con nove edís na provincia" e convidounos a escoller entre pactar con el ou co nacionalismo. | Os vaivéns continúan na Deputación de Ourense. A conformación do goberno provincial semellaba resolta unha vez que Laureano Bermejo, responsábel de organización en Galiza de Ciudadanos, moveu ficha e propuxo apoiar o PP sempre que o actual presidente en funcións do ente provincial, Manuel Baltar, non fose o candidato á reelección. "Hai un candidato coñecido a presidir a deputación, que son eu, mais non sabemos quen son os candidatos das outras organizacións políticas", argumentou Baltar Mais poucas horas após transcender a oferta do partido laranxa, Manuel Baltar denunciou o veto de Ciudadanos, a quen lembrou que o PP é o "grupo maioritario", con 12 deputadas e deputados provinciais, a tan só 1 acta para alcanzar a maioría absoluta, e que o partido laranxa só conta cun representante na deputación "e nove edís en toda a provincia". "Hai un candidato coñecido a presidir a deputación, que son eu, mais non sabemos quen son os candidatos das outras organizacións políticas", argumentou Baltar, quen definiu o seu goberno como exemplo de "xestión, futuro e programa". Laureno Bermejo informou do acordo unánime da súa formación para dar o apoio ao PP se renunciaban a Baltar Esta sexta feira pola mañá o concelleiro ourensán e responsábel de organización galego de Ciudadanos, Laureno Bermejo, informou do acordo unánime da súa formación para dar o apoio ao PP se renunciaban a Baltar, e afirmou que o seu partido "sempre dixo que o socio preferente era o PP", e matizou que "isto non implica que non se poidan alcanzar pactos puntuais con outros partidos" de non chegar a acordos coa formación de Pablo Casado. Os resultados do pasado 26 de maio depararon na deputación 12 escanos para o PP, 9 para o PSdeG, 2 para Democracia Ourensá, 1 para o BNG e outro para Ciudadanos. Manuel Baltar ficou así a un escano da maioría absoluta, o que o obriga a tentar un acordo con Ciudadanos para a dereita manter o control da institución. Gonzalo Caballero rexeita a oferta de Feixoo O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, solicitou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a apartar a Manuel Baltar da Deputación de Ourense, e animou ao resto de formacións a alcanzar un "pacto pola rexeneración". Desta maneira, Caballero rexeita a oferta de intercambio de cromos realizada por Feixoo en que ofrecía o PP para facilitar o goberno do concello de Ourense ao PSdeG se este permitía a Manuel Baltar continuar na presidencia da deputación. "Recoñézolle ao presidente da Xunta que entenda que na cidade de Ourense houbo unha maioría que apostou polo Partido Socialista e que o PP picou nestas eleccións municipais, por certo, a única cidade na que gobernou durante o últimos catro anos", afirmou o líder do PSdeG. Estas declaracións realizounas Gonzalo Caballero desde Ferrol, no transcurso dun acto político que partillou co líder do PSdeG nesta cidade, Ángel Mato. Anunciouse que este iniciará nos próximos días as negociacións con Ferrol en Común e BNG para tratar de conformar un goberno municipal baixo a súa alcaldía. |
NOS_17213 | Entre xaneiro e novembro de 2021, o saldo de creación empresarial volve ser positivo na Galiza, en parte pola moratoria concursal, que limita as posibilidades para instar este tipo de figura que antecede en moitos dos casos as disolucións. Fican así atrás as cifras de 2019, ano en que desapareceron perto de 2.500 empresas na Galiza. | A Galiza padece desde hai anos un problema xa crónico de perda de poboación, unha realidade que nos últimos tempos parece terse trasladado tamén ao ámbito empresarial. Tal é así que en 2019, o ano previo á pandemia, o país perdeu perto de 2.500 sociedades mercantís, o que o coloca como o territorio con peor taxa neta do Estado español, a moita distancia do resto. A tendencia nos últimos meses variou. Segundo o último informe de Axesor, entre xaneiro e outubro de 2021 houbo 177 empresas que presentaron concurso de acredores na Galiza. Son 10% menos que no mesmo período do ano anterior, aínda que a porcentaxe é moito menor que a da media estatal, que se sitúa en 41,08%, o que dá conta dun mellor comportamento do ecosistema empresarial galego fronte aos efectos da pandemia. Este cambio de tendencia vén de ser constatado pola empresa Iberinform, que onte presentou os datos da análise que publican sobre procesos concursais a partir dos datos recollidos polo Boletín Oficial do Estado (BOE). Segundo eses datos, a Galiza non destaca entre os territorios con maior concursalidade, mais si nos outros dos aspectos que se analizan no informe: a creación e a disolución de empresas. No primeiro deles, o documento de Iberinform destaca o aumento de 30% na creación de empresas no Estado español no acumulado do ano (xaneiro-novembro) en relación ao mesmo período do ano anterior, cun total de 92.933 sociedades creadas fronte ás 71.698 de 2020. Lonxe das porcentaxes de territorios como Madrid, Catalunya ou Andalucía, a Galiza destaca cunha porcentaxe de 4% do total, o que supón a creación de algo máis de 3.700 sociedades mercantís nos once primeiros meses do ano. No caso das disolucións, que se incrementaron 16% no mesmo período no Estado español, a porcentaxe que representa a Galiza sobre o total é maior (6%), mais os valores aos que fai referencia son moito menores. En total, entre xaneiro e novembro de 2021, creáronse 22.754 novas empresas, das que á Galiza corresponderían arredor das 1.350, o que arroxaría un saldo positivo de 2.350 sociedades, que compensaría en gran medida o volume perdido en 2019. Nova moratoria Con todo, os datos non son comparábeis, xa que pola pandemia existe unha moratoria concursal que permite ás empresas en situación de insolvencia non estar obrigadas a declararse en concurso de acredores, como tampouco se aceptarán os concursos necesarios instados polas firmas acredoras. Esa prórroga expiraba o vindeiro 31 de decembro, pero a finais de novembro o Goberno estatal acordou estender a moratoria até 30 de xuño de 2022, segundo a portavoz do Executivo, Isabel Rodríguez, para ir "en consonancia" co criterio da Comisión Europea, "dar seguridade xurídica e seguir apoiando as empresas" nesta fase de recuperación. O obxectivo último desta medida é evitar unha avalancha de insolvencias, algo que xa descartan desde o Consello Xeral de Economistas que, aínda así, prevé que España sexa onde máis crezan as insolvencias no presente exercicio, cunha alza media de 24% respecto aos valores de 2019, mentres que para 2022 estima que estes procedementos aumenten 26%. Tamén son optimistas os propios empresarios e empresarias galegas. Segundo un recente estudo da Cámara de Comercio de España sobre o clima empresarial na Galiza, 70,1% das empresas cre que a situación económica "vai mellorar", un dato lixeiramente inferior ao do conxunto de territorios (72,7%). Ademais, 87,3% están preocupadas pola evolución dos custos da enerxía e as materias primas. Dificultades no camiño Tanto é así que os prezos da enerxía e a evolución dos prezos das materias primas son "a dificultade máis importante" que identifican 50,5% das empresas galegas, seguida da man de obra. En relación a este último punto, 79,4% das empresas galegas recoñeceu ter problemas para dar no mercado con perfís profesionais adecuados ás súas necesidades, representando na actualidade un problema para 45,1% das empresas enquisadas. Os postos que máis lles custa cubrir son os de produción e operacións, loxística, ventas, mercadotecnia e contido. Segundo a enquisa, 66,1% das empresas galegas afirma ter plans de formación, fronte a 69,1% da media estatal. Con todo, a porcentaxe de formación práctica de alumnado de FP chega a 56,7%, mentres que a no conxunto do Estado non chega a 50% "por falta de tempo para supervisar o alumnado". |
NOS_50637 | Son xa XXV as edicións do Certame Intercentros Concello de Narón que conmemora o Día das Letras co fin de fomentar a normalización. A entrega de premios será o 16 de maio. | A conmemoración do Día das Letras Galegas ten en Narón unha cita especial que chega xa a súa XXV edición. Trátase do Certame Intercentros Concello de Narón que alcanza neste ano a súa XXV edición conmemorando a festa das letras e fomentando a normalización e dinamización lingüística e promovendo a nosa cultura e a nosa identidade entre o alumnado de todos os niveis dos centros de ensino do concello. O obxectivo é tamén contribuír co traballo docente e financiar algúns dos materiais que favoreza a cooperación dos centros educativos. O alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos dos centros educativos son os participantes deste certame que ten distintas categorías segundo os niveis educativos mais que engloba murais, expresión oral. canción en galego, conto ilustrado, cómic, narrativa, poesía, teatro escrito, audiovisual, reportaxe xornalística, e expresión oral. A entrega de premios desenvolverase o próximo día 16 de maio no Auditorio da Praza de Galiza. A promoción da lingua e a difusión da figura de Díaz Castro entre as xeracións novas é tamén o obxectivo do programa de actos que Narón prepara para a conmemoración do Día das Letras. Tamén para todos os niveis educativos prográmanse actividades e así, os contacontos para crianzas de 3 a 6 anos chegarán a Biblioteca Municipal a segunda feira de 18 a 18.30 e ás escolas infantís a terza 13 de maio. Para o alumnado da ESO a proposta será o obradoiro "Renova a camisola con Díaz Castro". O programa inclúe tamén un curso básico de curtametraxes e blogs "Do conto ao cine" servirá de iniciación á creación audiovisual ao redor do proxecto "O nobelo do tempo", ademais de contribuír á reelaboración e recollía da tradición oral. No desenvolvemento do curso realizaranse unha ou varias curtametraxes co material recollido nun curso no que o obxectivo é ofrecer ferramentas para iniciarse nos proxectos audiovisuais. Terá lugar desde o 28 de maio ao 27 de xuño mais a matrícula compre facela a partir do 12 de maio no Rexistro Xeral do concello. A programación do Día das Letras foi presentada pola Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada ademais de pola técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Adela Pita que deron conta dos actos preparados para dar a coñecer a figura de Xosé María Díaz Castro e a promoción da lingua. |
NOS_24448 | Un acto en Carballo o día 14 reunirá a portavoz nacional, Ana Pontón, o alcalde Evencio Ferreiro e diversos colectivos e entidades sociais e económicas; no acto de inicio do novo curso. | O 14 de setembro terá lugar en Carballo o acto do BNG de inicio do novo curso político, un encontro que terá como lema 'Facer valer Galiza' e no que participarán, ademais da portavoz nacional do Bloque e o alcalde carballés, diferentes colectivos sociais e económicos. O responsábel de comunicación do BNG, Xavier Campos presentou esta sexta feira a campaña, da que avanzou que "estará centrada" naqueles aspectos que preocupan á cidadanía galega entre os que destacou "a economía, o medio ambiente, o feminismo e dereitos sociais". Campos considera que estamos perante un período que será histórico para Galiza e que o nacionalismo "encara con toda a forza e optimismo" pois, afirma, o BNG está a sintonizar co "máis dinámico e vivo do noso país", ofrecendo "un proxecto inclusivo, aberto, e plural para a grande maioría que hoxe necesita un cambio". O Bloque, indicou, fai parte activa desa "sociedade galega empoderada" e que aposta nun "goberno que defenda sen complexos" o país perante a "discriminación e maltrato" do Estado. Nos vindeiros meses o BNG márcase como obxectivo principal, explicou o responsábel de comunicación: "defender os intereses da Galiza". Unha defensa en "todos os grandes temas", desde o modelo de financiamento autonómico até as infraestruturas, pasando pola defensa da industria e o tecido económico, a defensa da sanidade, do ensino e os servizos públicos. "Mudan as caras pero manteñen o modelo e nós temos claro que o cambio real na Galiza pasa por facernos valer, facernos valer como sociedade, facernos valer como país, defender os nosos intereses e actuar con intelixencia colectiva e orgullo". Ante un posíbel novo proceso electoral, Campos afirmou que o BNG está preparado para conseguir unha voz propia no Congreso e reiterou que o BNG tende a man a todas aquelas persoas que son conscientes da "ausencia de Galiza" no escenario político do estado |
NOS_30894 | A desigualdade social non deixa de medrar na Galiza desde a chegada de Núñez Feixoo á presidencia do Goberno galego. Se á volta de 2008 era o cuarto territorio con maior igualdade do Estado, unha década despois pasou a ser o noveno máis desigual. As políticas públicas explican parte do acontecido. | O índice de Gini é o indicador de referencia para medir a desigualdade. Existen outras fórmulas para determinar o alcance das diferenzas entre a distribución da renda, como a familia de índices de Theil ou Atkinson que, engadindo parámetros variábeis, permiten cálculos que teñen en conta a posibilidade de descomposición e mesmo superan o índice de Gini en propiedades específicas. Segundo algúns autores, como os economistas Luis Ayala, Antonio Jurado ou Jesús Pérez Mayo, a isto ten contribuído a "súa doada interpretación numérica e gráfica". O coeficiente de Gini, ideado polo estatístico italiano Corrado Gini, emprégase para determinar a desigualdade dos ingresos mais pode servir para analizar calquera forma de distribución desigual no interior dunha sociedade. Así, o coeficiente de Gini é un número entre 0 e 1, onde 0 correspóndese coa igualdade perfecta, con todas as persoas cos mesmo ingresos, e 1 coa desigualdade máxima, onde unha persoa ten todos os ingresos e os demais ningún. Así, o coeficiente calcúlase como unha proporción de áreas no diagrama da curva de Lorenz, até o punto de poder sinalar de maneira resumida que a curva é unha gráfica de concentración acumulada da distribución da riqueza superposta á curva de distribución de frecuencias dos individuos que a posúen. A desigualdade non deixa de medrar na Galiza desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. Á volta de 2008, o último ano do Executivo bipartito á fronte do Goberno galego, o índice de Gini sitúase en 0,284 e a desigualdade na Galiza era inferior á media estatal. Mais 10 anos despois, en 2018, o índice de Gini alcanzaba 0,305 e Galiza avanzaba posicións entre os territorios máis desiguais do Estado. Aínda así, as diverxencias na distribución na renda están por debaixo do conxunto estatal, tendo sinalado ao respecto o economista da Universidade de Vigo David Soto que "unha das explicacións máis convincentes a esta mellor igualdade da distribución da renda galega é o maior peso que teñen as pensións na Galiza con respecto ao Estado". "As pensións na Galiza, malia seren das máis baixas do Estado teñen un efecto atenuante das desigualdades sociais", sinala Soto, mentres lembra que "entre pensionistas hai unha menor igualdade na distribución engadida dunha rexión. De aí que Galiza, que ten unha das taxas máis altas de envellecemento, vexa corrixida a súa desigualade". Porén, os niveis de desigualdade na Galiza son moi elevados seguindo o patrón do Estado español, un dos espazos máis desiguais da Unión Europea, xeralmente só superada por Bulgaria e Lituania, e, nalgunha ocasión por Romanía e Letonia. Segundo os datos de Eurostat para 2017, no Estado español o 20% das persoas máis ricas dispón de 6,6 veces máis que o 20% máis pobre. Galiza, noveno territorio en desigualdade en 2018 As cifras ofrecidas por Luis Ayala, Antonio Jurado e Jesús Pérez Mayo no seu traballo Diferencias de igualdad y bienestar en las regiones españolas, publicado nun informe sobre a desigualdade editado pola Fundación Alternativas, non deixan lugar a dúbidas. Atendendo aos datos do índice de Gini, afirman que en 2008 a Galiza é o cuarto territorio con maior igualdade do Estado español, só presentando unha distribución mellor da renda Nafarroa, Aragón e A Rioxa. A alza da desigualdade neste período camiñou da man da caída das rendas de traballo, que pasan de representar 48,1% do PIB á volta de 2019 a significar 55,9% en 2019. A situación é moi diferente após os anos de Goberno de Feixoo. Así, os datos do índice de Gini informan que en 2018 Galiza foi o noveno territorio con menor igualdade do Estado español, empatado con Estremadura e por diante de Nafarroa, Aragón, Euskadi, Asturias, Castela e León, Catalunya e A Rioxa. A desigualdade na Galiza ten medrado notabelmente durante o período máis intenso da crise e cun ritmo inferior nos anos posteriores. Porén, a diferenza do acontecido en boa parte dos territorios do Estado, onde se observa unha redución da desigualdade a partir de 2014, o seu crecemento non se vai deter ao longo de toda esta etapa. A perda do poder adquisitivo dos traballadores e dos pensionistas explica parte desa situación. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Galego de Estatística, os salarios caeron na Galiza de maneira consecutiva entre 2009 e 2014 até sumar unha baixa de 11,3% e a súa alza a partir de 2015 foi moi inferior á da media estatal. Así de 2015 até 2019 os salarios aumentaron na Galiza en 15,6%, mentres que no conxunto do Estado a alza foi de 20,4, o que agudizou aínda máis a fenda salarial. |
PRAZA_9847 | A formación presenta as máis de 400 propostas programáticas coas que pretenden que o Estado se goberne "desde Galicia". Yolanda Díaz aposta por "respostas claras" e fuxir do "balbordo". | En Común Unidas Podemos presentou este venres o seu "programa de goberno" para as eleccións xerais, un conxunto de propostas, din, concibidas "para gobernar o Estado desde Galicia". O cabeza de lista da formación pola Coruña, Antón Gómez-Reino, di que aspiran a que o país teña "unha centralidade propia" na política de Estado, con medidas que apostan pola suba do salario mínimo a 1.200 euros, a nacionalización da AP-9 ou a creación dunha banca pública. En Común di aspirar a que Galicia teña "unha centralidade propia" na política do EstadoPola súa banda, a número un por Pontevedra, Yolanda Díaz, cre que a cidadanía quere "solucións aos seus problemas" e "respostas claras" pero "non escoitar balbordo". Así, cifrou o paro, a economía, a sanidade, as pensións, a corrupción, a educación ou a dependencia como os temas fundamentais para En Común Unidas Podemos, que presentou un programa con máis de 400 medidas. A tamén candidata por Pontevedra, Ángela Rodríguez, asegurou tamén que todas as propostas están "vistas desde a perspectiva do feminismo de forma transversal" e afondou nas medidas a prol do colectivo LGTBI. Ademais, reiterou a defensa dos servizos públicos, desde as enfermeiras ata as investigadoras, e aproveitou para defender os traballadores da CRTVG e sumarse aos venres negres "e ás súas reivindicacións". Salario mínimo de 1.200 euros ao final da lexislaturaAdemais, o economista Manuel Lago, coordinador do programa, destacou as propostas máis importantes a nivel económico, como a que marca o obxectivo de que o salario mínimo chegue aos 1.200 euros ao final da lexistlatura, a defensa das pensións recuperando a actualización ao IPC e combatendo a fenda de xénero ou o establecemento dunha renda básica garantida de 600 euros mensuais ampliable a 1.200. Tamén destacou medidas como avanzar nun parque público de vivenda de alugueiro, prohibir os desafiuzamentos sen alternativa habitacional, crear unha banca pública, recuperar o préstamo de 60.000millóns de euros ás entidades bancarias, defender a industria galega, nacionalizar a AP-9 e levar a cabo unha reforma fiscal para situarse na media da UE. Ademais, tamén a derrogación da lei Mordaza, a elaboración dunha lei de Morte Digna ou outra de Memoria Democrática "que acabe coas chantaxes da familia Franco".Entre outras medidas, En Común tamén apostou por unha xornada laboral de 34 horas semanais, a recuperación da negociación colectiva, a loita contra a fenda salarial de xénero, a aposta pola sanidade pública, ou dereito á interrupción voluntaria do embarazo ou o desenvolvemento da lei de Dependencia. |
PRAZA_121 | Dúas solicitudes de información realizadas por Dereitos Civís foron denegadas. Unha por un suposto risco -non explicado- á seguridade cidadá e outra porque o propio Portal remitiu a demanda a un órgano incorrecto. Falamos con Renato Núñez sobre as limitacións na lei. | O pasado 10 de decembro, hai un mes, botaba a andar o Portal da Transparencia, a ferramenta que debería facer máis doado o acceso á información pública e dirixir solicitudes aos distintos órganos da Administración na súa procura. Era tamén o escaparate dunha Lei de Transparencia que aínda que presenta algúns avances con respecto á situación anterior (aínda que chegan con anos de atraso con respecto a moitos países da UE), foi criticada polas súas limitacións. Unha das críticas máis repetidas era a non regulación do silencio administrativo negativo, o resultado do 57% das consultas á administración e do 80% no caso das administracións locais. Despois dun mes de actividade do Portal de Transparencia, son moitas as críticas á súa estrutura e funcionamento, e coas primeiras denegacións de solicitudes de información, as críticas multiplícanse, deixando á vista as carencias do Portal e da propia lei. Hai unhas semanas Dereitos Civís solicitou os informes sobre queixas recibidas contra os Corpos e Forzas de Seguridade que emite a Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade cada ano. Trátase dunha sinxela información, con datos estatísticos das queixas recibidas e a tramitación das mesmas. A pesar de que na petición se fixo constar expresamente o organismo que dispón da mencionada información (Inspección de Persoal), o Portal de Transparencia decidiu remitirlle a solicitude á Dirección Xeral da Garda Civil, que nada ten que ver co solicitado. A pesar de que na petición se fixo constar expresamente o organismo que dispón da mencionada información (Inspección de Persoal), o Portal de Transparencia decidiu remitirlle a solicitude á Dirección Xeral da Garda Civil, que nada ten que ver co solicitado A resposta da Dirección Xeral da Garda Civil neste kafkián ir e vir de papeis respondeu que non admite a solicitude de información en base a un artigo que prevé a inadmisión a trámite "das solicitudes de acceso á información pública dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente". A resposta engade que "a información solicitada encádrase no ámbito competencial da Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade da Secretaría de Estado de Seguridade". Renato Núñez, de Dereitos Civís, salienta que "na miña solicitude consta con claridade cal é o organismo competente e a quen lla quero enviar, e eles en cambio deciden remitirlla á Dirección Xeral da Garda Civil, que nada ten que ver co asunto", "Tería rematado antes enviando directamente a solicitude á Inspección de Persoal", engade. Para Núñez, "na práctica a Lei de Transparencia non modificou absolutamente nada, pois a normativa anterior xa permitía solicitar a información, e tamén permitía que as administracións correspondentes se negasen a admitir a solicitude". "En realidade, o efecto de presentar esta solicitude no Portal de Transparencia é o mesmo que se o presentasen no rexistro da Xunta de Galicia ou que o enviasen por carta certificada. O único que fai o Portal é transmitir a solicitude á administración correspondente, e polo que se ve isto faino de forma nefasta", di. Anteriormente xa existía outro portal, 060, para presentar escritos ante a Administración, e que no caso de que o cidadán ou cidadá non soubese a quen dirixir o escrito, xa se encargaba de remitirllo ao órgano competente. Segunda solicitude denegada Núñez critica que non se argumenta calen os motivos polos que o acceso a esa información pode supor un risco contra a seguridade cidadá ou contra a seguridade do Estado Dereitos Civís realizou unha segunda solicitude de información: quería coñecer os protocolos de actuación das Unidades de Intervención Policial (UIP). A contestación do Portal de Transparencia é que considera que facilitar esa información pode afectar á seguridade pública. Hai uns meses a entidade denunciara unha actuación policial (unha carga de antidisturbios co lanzamento de pelotas de goma no interior dun parque infantil) e a resposta da administración foi que a acción respectara os protocolos das UIP. "Cando eles responden iso, non che poden negar o acceso a eses protocolos. Se non, están limitando completamente os teus dereitos, porque non te vas meter nun xuízo, cos gastos que na actualidade iso implica, sen coñecer se a túa denuncia ten algunha posibilidade de ir adiante. Iso crea unha inseguridade xurídica", denuncia. O proceso e os obstáculos son moi semellantes aos que Dereitos Civís atopou noutras ocasións. Renato Núñez ten unhas vinte denuncias contra policías presentadas ante Inspección de Persoal, principalmente por non levar visible a súa identificación, como determina a lei. "Como en ningún momento contestaron a estas denuncias, eu pedín o acceso aos expedientes para coñecer cal foi a tramitación que lles deron ás denuncias presentadas. O que alegaron foi que o acceso a esa información (se tramitaran ou non a denuncia contra un axente) podía vulnerar a seguridade do Estado. Renato Núñez critica que en ambos os dous casos non se argumenta calen os motivos polos que o acceso a esa información pode supor un risco contra a seguridade cidadá ou contra a seguridade do Estado. "O Portal de Transparencia ten máis de propaganda que de realidade" Núñez conclúe que "o Portal de Transparencia ten máis de propaganda que de realidade. Limítase a ser un portal que lles reenvía as solicitudes aos órganos correspondentes (cun criterio bastante erróneo) e que posteriormente lle reenvía ao solicitante a contestación recibida sen comprobar se se axusta á normativa de transparencia". |
NOS_53192 | O Goberno local inaugura a rúa que homenaxea o histórico activista político e sindical galego no día do 47º aniversario do seu asasinato a mans das autoridades franquistas. | Xosé Ramón 'Moncho' Reboiras Noia xa ten unha rúa co seu nome en Imo, no concello de Dodro. Esta sexta feira fai 47 anos o seu asasinato a mans da Policía franquista por mor do seu activismo político e sindical desde a clandestinidade, que o puxo no punto de mira do réxime ditatorial. Ao acto, conducido por Xoán Bautista Mariño —portavoz local do BNG— e que decorreu diante da casa onde se velou o seu cadáver e desde onde o cadaleito partiu cara o cemiterio, asistiron representantes do Concello e familiares e achegados de Reboiras, entre eles o seu irmán Manuel, que ofreceu unhas palabras nesta emotiva homenaxe. "Hoxe Pepe, que era como se lle coñecía aquí, tería 72 anos, un máis ca min, e estaría feliz non por ter unha placa co seu nome, senón por saber que un Goberno local progresista logrou porse de acordo e tomou a iniciativa para non esquecer aqueles homes e mulleres, bos e xenerosos, que deron a vida nesa longa noite de pedra de 40 anos de ditadura", apuntou. Manuel Reboiras: "1975 foi moi represivo, quixeron acabar co nacionalismo e os seus dirixentes" Unha homenaxe, en definitiva, a quen loitaron "contra o medo e o terror do fascismo" para "defender a soberanía popular, a democracia e a liberdade", engadiu Manuel Reboiras. Foi con todo, un acto "triste". "Sería mellor que estivese el aquí connosco comentando as súas andainas e gozando do que temos, outros 40 anos de democracia que nos permitiron chegar onde estamos", dixo o alcalde de Dodro, Xabier Castro. Por iso, o rexedor chamou a "ser conscientes do que temos e cada día seguir loitando por isto", nun momento no que a situación política "non é nada boa". "Celebramos este acto que non tiña que ter pasado porque debemos seguir pelexando polo que temos e defendendo a liberdade", subliñou. 'Reboiras, o camiño da rebeldía': A sombra na parede Actos de homenaxe Ás 12 horas deste mediodía a Unión do Povo Galego (UPG) realiza unha ofrenda floral a Reboiras no cemiterio de Imo, e esta xornada reivindicativa prosegue en Fene ás 14 horas cun xantar popular e, cumpridas as 16.30 horas, cunha conferencia de Duarte Correa sobre 'Novos desafíos no marco internacional'. Aliás, arredor das 19 horas decorrerá en Ferrol unha concentración na súa lembranza que rematará media hora despois coas intervencións políticas de Manuel Polo, secretario de zona da UPG e edil en Fene; Iria Carreira, deputada no Parlamento e secretaria xeral da Unión da Mocidade Galega (UMG), e Néstor Rego, deputado no Congreso e secretario xeral da UPG. |
PRAZA_408 | O 78% das empresas nacidas dende as universidades están formadas exclusivamente por homes, segundo a investigación levada a cabo pols profesoras María Jesús Rodríguez Gulías, Sara Fernández e David Rodeiro. | As profesores María Jesús Rodríguez Gulías, da Universidade de Vigo, e Sara Fernández e David Rodeiro, da Universidade de Santiago, veñen de presentar o estudo A orixe universitaria como mitigador do efecto xénero nas spin-off españolas, no que analizan a presenza de mulleres nas empresas nacidas dende as universidades españolas. As investigadoras analizaron a evolución entre 2001 e 2010 de 120 empresas xurdidas das aulas e laboratorios universitarios. E os resultados amosaron claramente a baixa presenza feminina neste tipo de empresas, xa que tan só un 22% das spin-off estudadas contaba con algunha muller entre os seus socios, fronte ao 78% das empresas formadas exclusivamente por homes e que non tiñan nin unha soa muller entre os seus fundadores ou socios. Os resultados amosaron claramente a baixa presenza feminina neste tipo de empresas, xa que tan só un 22% das spin-off estudadas contaba con algunha muller entre os seus socios Trátase do primeiro estudo empírico que analiza as diferenzas de xénero nos recursos iniciais (financeiros, humanos, sociais e tecnolóxicos) e no crecemento en vendas e en emprego das spin-off universitarias. A investigación conclúe que estas variables non difiren entre as empresas creadas por mulleres e as fundadas exclusivamente por homes. Rodríguez Gulías, Fernández e Rodeiro tamén analizaron o crecemento empresarial das diferentes compañías que participaron na mostra. Os resultados desvelaron que nas spin-off impulsadas por mulleres, o crecemento produciuse dun xeito "máis suave e sostido", roldando nos últimos anos da análise os 1,5 millóns de euros de media. Porén, nas empresas con participación exclusivamente masculina as vendas acadan un importante crecemento ata o ano 2007, exercicio no que superan os 2,5 millóns de euros de media, para despois caer de forma drástica ao ano seguinte, chegando a situarse de novo en valores próximos a 2005. Esta evolución "parece indicar que a cifra de negocios das spin-off participadas exclusivamente por homes viuse afectada pola crise económica iniciada en 2007 en maior medida que as spin-off femininas", conclúen. "A cifra de negocios das spin-off participadas exclusivamente por homes viuse afectada pola crise económica en maior medida que as 'femininas'" En canto ao crecemento no número medio de empregados e empregadas, "a tendencia no caso das empresas femininas semella máis estable", acadando unha media de 18 traballadores en 2010. Pola súa banda, as masculinas presentan maiores fluctuacións e pasan de ter un máximo de 17 traballadores en 2007 a unha media de 12 no último exercicio analizado, en 2010. |
NOS_13146 | "Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo". Foi a ameaza da escritora Marta Rivera de la Cruz despois de que na rede social twitter un internauta a convidara a utilizar o topónimo oficial da cidade da Coruña, onde hoxe presenta o seu novo libro. "A mi es que me gusta La Coruña", comezara a escritora. | Anunciaba a escritora Marta Rivera de La Cruz, nacida en Lugo, na rede social twitter a presentación do seu novo libro "La boda de Kate" na Coruña cando comezou unha das súas defensas a ultranza da nosa toponimia deturpada. Desta volta, a escritora teimaba en utilizar na súa promoción o nome "La Coruña" polo que recibiu a chamada da atención dunha persoa que lle indicou o nome oficial da cidade. "A mí es que me gusta La Coruña", respondeu a escritora despois dun cordial chío no que o seu interlocutor lle lembraba que "o topónimo oficial é A Coruña. Gracias!!". Non tardou Rivera de la Cruz en perder os nervios e cualificar a persoa que lle chamara a atención como "talibanciño" e ter entrado "como un mihura". "Deja los tripis, que son muy malos" "Acabemos con esto: hazme detener!!", insistiu a escritora que, despois de que a través doutro chío lle dixeran que o L á cidade era cousa de Franco, respondeu: " la única forma de justificar que digas que La Coruña lo puso Franco es pensando en el efecto de las drogas", "deja los tripis, que son muy malos", apuntou noutra ocasión. "Que empiezo a decir Rianjo" "Soy tan gallega como tú, y muchos gallegos están hasta el gorro de posturas como la vuestra", dixo, a escritora que fora convidada pola Xunta para homenaxear a Rosalía, xusto antes de ameazar cun: "Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo". |
PRAZA_13790 | En Madrid levita un parlamento fumado. O síntoma da desmemoria ocupa cada un dos escanos, e o da apatía, e o da creatividade irracional. E o da risa estúpida tras de cada unha das lúgubres decisións. | O galés Howard Marks chegou a controlar o 10% do narcotráfico de marihuana e hachís a nivel internacional. Nos 80 posuía preto de cen liñas telefónicas, máis de vinte empresas por todo o mundo e un banco creado para blanquear cartos. Un emprendedor. O traficante para as forzas vivas, Mr. Nice para os clientes viciosos, presentouse ás eleccións de 1997 ao Parlamento Británico co único propósito de legalizar o cannabis. A Wikipedia di que obtivo o 1% dos sufraxios, de votos que se fuman. Aquí, en troques, as papeletas de liar colocan ata tal punto que dan maiorías absolutas. Logo veñen os baixóns e as taquicardias. En Madrid levita un parlamento fumado. O síntoma da desmemoria ocupa cada un dos escanos, e o da apatía, e o da creatividade irracional. E o da risa estúpida tras de cada unha das lúgubres decisións. Non hai nada máis noxento e inxusto nestes tempos que a imaxe dun político que ri en público sen que saibamos de que. Ou que os asesores cambien as tácticas ou que dean Almax pola Seguridade Social. É insoportable. Cando alguén entra en política ten que asumir o papel de parecer triste cando nós o estamos. Non na súa casa, obvio, pero alomenos cando están na palestra deberían esnifar en branco e negro, igual ca nós. É unha cuestión de conciencia, que subvencionen dealers deprimentes. Esta crise serviu para moitas cousas e, entre elas, para coñecer de preto a europarlamentarios que se negan a voar en turista ou a gobernos que aplican recortes aos que menos os merecen ao tempo que soñan coa súa retirada do servicio público cun sorriso vitalicio Cando un goberno aplaude feliz a votación favorable a unha batería de medidas que fulminan os dereitos supostamente inquebrantables da cidadanía, ou está fumado, ou é que a súa sensibilidade para cos contribuíntes está na idade do pavo. Aínda que terían que ser eles –e Andrea Fabra- os que elixan calquera das dúas opcións para darse por aludidos, eu prefiro crer –permítanme- que teñen camellos favorables. Máis que nada por darlle un derradeiro pelo de credibilidade a unha caste política -e xeralizo, igual que facemos cos antidistubios, os curas e os banqueiros- evidencialmente empodrecida. Esta crise serviu para moitas cousas e, entre elas, para coñecer de preto a europarlamentarios que se negan a voar en turista (plenos por videoconferencia con Bruxelas xa!) ou a gobernos que aplican recortes aos que menos os merecen ao tempo que soñan coa súa retirada do servicio público cun sorriso vitalicio. Mentres eles rin nos telediarios o noso sorriso de Gioconda colle humidade. Porque non hai rúa máis triste que a que non esperta co ruído das persianas metálicas dos negocios subindo de golpe. Era cando os grafittis desaparecían de golpe para volver a aparecer á hora do peche do establecemento. Todas as persianas caeron secuestrando o mencer e os almorzos activos de zume de laranxa e prensa fresca. Tan só un negocio resistirá: as tendas de Movistar coa silueta de Urdangarín sorrindo en cartón no escaparate anunciando novas promocións. A este paso, o tanatopractor terá que aplicar toda a súa destreza para pintarnos o sorriso no salón de maquillaxe do tanatorio. Mentres, o parlamento aplaudirá de pé e rirá ao carón do coche fúnebre oficial. |
PRAZA_5560 | Unha plataforma reclama a recuperación dunha institución que durante tres décadas foi o centro da cultura na cidade e que dende hai tres anos se atopa paralizada, debido á excesiva burocratización e ao control político da Xunta, exercido por Mercedes Valeiras, curmá de Núñez Feijoo | En febreiro de 2011 finaba Benito Losada, lucense de nacemento pero máis ourensán que ninguén a forza de impulsar e participar en practicamente todas as iniciativas culturais que se moveron na cidade dende os anos setenta. Fíxoo principalmente dende a Casa da Xuventude, unha entidade creada a finais desa década e que durante máis trinta anos foi o gran foco da cultura ourensá, sobre todo da cultura de base e da realizada por mozos e mozas. Nas súas salas desenvolvéronse iniciativas de traxectoria consolidada e con repercusión en toda Galicia, coma as Xornadas de Banda Deseñada, o Outono Fotográfico, o Maio Xove ou a Bienal de Caricatura. Losada morreu en 2011, apenas dous meses despois que o seu amigo Marcos Valcárcel. A cultura ourensá e a mocidade da cidade ficaron orfos aquel día, faltos dunha persoa con capacidade para entusiasmarse e entusiasmar ao redor de todos os proxectos que pasaron pola Casa. Os contidos que pasaban pola casa non sempre eran amables co poder, por suposto, tampouco coa Xunta de Galicia da que dependía. Desaparecido Losada, o Goberno galego viu aberta por fin a posibilidade e facerse co seu control e designou como directora a Mercedes Valeiras, funcionaria do Centro de Menores de Montealegre e curmá de Alberto Núñez Feijoo. Un recurso xudicial da traballadora da Casa da Xuventude que substituíra a Losada desautorizou a Xunta e apartou da dirección a Valeiras, que foi nomeada coordinadora de actividades, o posto dende o que nos últimos dous anos e medio exerce a xestión do espazo. Neste tempo a actividade da Casa da Xuventude (que mesmo mudou o seu nome polo de Espazo Xove) permanece practicamente bloqueada, cunha excesiva burocratización, a redución dos seus espazos e servizos e un gran control político das súas actividades. Para denuncialo e para demandar o regreso ao funcionamento anterior, aquel que lle seu sona á Casa, vén de constituírse a Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude, formada por usuarios e usuarias a título individual, por representantes de colexios profesionais, colectivos ecoloxistas, sindicatos estudantís e por formacións políticas. A Plataforma denuncia así mesmo "o incesante traballo da señora Valeiras González como comisaria política que supervisa as actividades por riba da dirección da Casa da Xuventude" A Plataforma esixe a destitución de Mercedes Valeiras, a recuperación do funcionamento democrático do centro a través da reactivación do Consello de Xestión, ou a reubicación de servizos que nos últimos tempos se instalaron no edificio, coma o Punto de Encontro Familiar, e que lle restaron espazo ao centro xuvenil. Denuncian que a falta de actividades e a "excesiva burocratización" reduciron notablemente a asistencia á Casa da Xuventude, e explican por exemplo que na actualidade é obrigatorio presentar unha solicitude con 15 días de antelación para realizar unha actividade, con permisos que son denegados a pesar de que a meirande parte das salas están baleiras. Sinalan a este respecto: "estase a botar de alí ás asociación xuvenís mediante diversas accións, como suspender actividades baixo o criterio de que algunhas das persoas participantes exceden de idade". A Plataforma denuncia así mesmo "o incesante traballo da señora Valeiras González como comisaria política que supervisa as actividades por riba da dirección da Casa da Xuventude". Subliñan que se está a perder "o legado de Benito Losada" e un modelo de funcionamento de coxestión que lles permitía a mozos e mozas "a organización de actividades así como a xestión dos espazos e dos orzamentos" e que converteu a Casa nun "referente da mocidade en Ourense, un espazo de creatividade do que xurdiron numerosos proxectos culturais e sociais que enriqueceron a nosa cidade e país". Subliñan que se está a perder "o legado de Benito Losada" e un modelo de funcionamento de coxestión que lles permitía a mozos e mozas "a organización de actividades así como a xestión dos espazos e dos orzamentos" Dende o pasado ano, ademais, o centro non conta con presidente, despois de que Eladio Gómez Rosales deixara o seu posto por idade. Gómez Rosales, nomeado en época de Losada polos propios socios da Casa, sinalaba en 2012 en Praza que "durante este tempo perdemos peso e posición como referencia cultural na cidade e no país porque se deixaron de facer actividades como recentemente un torneo aberto de xadrez de carácter internacional". |
NOS_10160 | O Parlamento heleno aproba por maioría o novo pacote de reformas exixido pola Troika e deixa na rúa a 15.000 funcionari@s que poderían ser 65.000 máis. Asemade, deixa exent@s de pagar impostos @s representantes da Troika no país | Pasok e Nova Democracia dan luz verde aos despedimentos na función pública. Após a folga xeral convocada polas centrais sindicais maioritarias a pasada terza feira, o goberno de coalición aprobou a reforma con 153 votos a favor. A medida deixará na rúa este mesmo ano a 4.000 funcionari@s e prevé o despedimento doutr@s 11.000 en 2014. O executivo de Antonio Samarás cumpriu así coas exixencias da Troika (FMI+BCE+UE) que demandaba unha redución orzamentaria de 6.800 millóns de euros como condición sine qua non para desbloquear máis un tramo do rescate financeiro. Este ano serán despedid@s 4.000 funcionari@s e en 2014 outr@s 11.000 Así mesmo, a nova norma permitirá a creación dunha reserva na función pública á que serán desprazad@s outr@s 65.000 traballadores e traballadoras públicas. Est@s terán un prazo de 8 meses para seren recolocad@s --cunha redución salarial do 25%-- de non aceptaren o seu novo emprazamento ou non recuperaren a súa actividade, poderán ser despedid@s. A redución no plantel de traballador@s public@s prodúcese por vez primeira na historia de Grecia. A reforma aprobada recolle a extinción do posto de gardas escolares e da Policía local. Asemade, a medida deixará exentas de pagar impostos no país @s representantes das organizacións internacionais afincad@s no país. Unha novidade á medida d@s responsábeis da Troika. Así mesmo, reducirase o IVA que pasará, a partir do 1 de agosto, do 23% ao 13%. |
PRAZA_17514 | O Concello recoñece o "risco" e asegura ter advertido do problema a Costas, que negou a existencia dunhas obras sobre dominio público que si certificou a APLU nun informe. A veciña que vive sobre o cantil afectado culpa dos derrubes ás obras do veciño e ao Estado por permitilas. | Obras irregulares, ou polo menos postas en dúbida pola Xunta, provocan desprendementos sobre unha coñecida praia da localidade oleirense de Mera. Unha simple ollada permite apreciar con claridade as fendas no noiro, os restos de derrubes recentes e a caída de fragmentos de rochas ao areal de Espiñeiro, que espera centos de visitantes nas próximas semanas. A denuncia sobre esta situación está desde hai tempo no xulgado tras a demanda presentada pola muller que ten a súa residencia xusto enriba do terreo que se desprende. Denuncia ao veciño da vivenda lindeira polas obras que terían causado os danos e a perda de terreo da súa parcela, así como a Demarcación de Costas por permitir traballos en dominio público e, segundo asegura, de maneira irregular. Unha veciña denunciou a Costas e o seu veciño por unhas obras que terían causado desprendementos sobre a praia de Espiñeiro María Cervigón presentou o pasado ano unha denuncia ante o xulgado por esa presunta autorización de obras en zona de dominio público marítimo. Tal e como aclara, os traballos permitidos ao seu veciño durante anos provocaron tamén fendas no terreo e desprendementos mesmo de bloques de formigón, tanto da súa propiedade como da lindeira. E advirte de que se realizaron, a maioría deles, mentres rexía na zona unha suspensión cautelar de outorgamento de licenzas de obras que impedía actuar sobre a zona afectada. A pesar de que nun principio o xulgado arquivou a demanda, será agora a Audiencia Provincial a que decidirá se o proceso segue adiante tras o recurso presentado pola afectada. Desde o Concello de Oleiros recoñecen o "risco" e advirten de que xa "puxeron encoñecemento de Costas" o caso. "A seguridade nas praias é competencia municipal, pero non no caso de noiros e cantís, como sucede neste caso, que lle corresponde reparalos a Costas", aseguran desde a administración local, que asegura que xa colocou "un cartel alertando do perigo de desprendementos". "Seguiremos insistindo a Costas para que aborde esta situación, na que existen riscos", din. O Concello de Oleiros recoñece o "risco" e advirte de que xa puxo "en coñecemento de Costas" o problema A denuncia presentada vai, en concreto, contra o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, por ese suposto delito sobre a ordenación do territorio e urbanismo ao autorizar as obras, así como contra o residente da vivenda lindeira por uns polémicos traballos. A pesar de que este diario tentou coñecer as impresións do representante de Costas, foi remitido á Delegación do Goberno, ao ser a Avogacía do Estado quen o defende, que tampouco valorou aínda a situación do proceso xudicial. Anos de queixas e denuncias Cervigón leva anos denunciando unhas obras que provocaron, segundo alerta, tremores e desprendementos constantes na súa propiedade. Di posuír fotos acreditativas do estado do noiro ata o ano 1996, no que comezan os traballos, así como comparecencias notariais do anterior inquilino da vivenda asegurando non existir construción ningunha enterrada ou semienterrada na súa propiedade. "Ata a chegada do novo propietario non existía perigo ningún nin houbo desprendementos", asegura Cervigón. O caso é que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Xunta de Galicia, si observou irregularidades cando en marzo de 2017 elaborou un informe no que confirmaba que o veciño construíra unha especie de adega subterránea no cantil que, segundo a denunciante, foi ampliando con sucesivas obras "tapadas e disimuladas con maleza" durante os últimos anos. A APLU certificou a existencia dunha construción subterránea no cantil que ocupaba parte do dominio público marítimo terrestre Segundo a APLU, esta estancia subterránea e semienterrada no medio do noiro tiña xa no momento da inspección uns 12 metros cadrados de superficie, con muros de formigón, e ocupaba parte do dominio público marítimo terrestre e parte da zona de servidume de tránsito. Así o certificou no informe con diversas fotografías, aínda que só uns meses antes, en novembro de 2016, o xefe da Demarcación de Costas advertía tras varias denuncias dos veciños que non existía ningunha adega en dominio público marítimo terrestre. A construción deste espazo no medio do cantil é evidente a primeira ollada desde a casa contigua ao terreo. Cervigón advirte de que foron xa moitas as veces que avisou a Costas da situación e acusa este organismo dependente do Goberno central de "facer caso omiso" e de "actuar de maneira neglixente, por ignorar as denuncias e non actuar ante unha situación que pon en perigo" tanto á súa familia como "aos bañistas que se sitúan abaixo, na praia". Pero a denunciante vai máis aló. Hai xa 20 anos, a Asociación de Veciños Semade de Serantes, Maianca e Dexo, ademais de Cervigón, denunciou o mesmo veciño ante Costas pola construción dun muro que sobresaía e invadía zona de dominio público e que tería realizado, supostamente, aproveitando as obras de estabilización dun derrube producido só uns meses antes. Ao mesmo tempo, segundo a afectada e a entidade veciñal, aproveitou para construír outras escaleiras de acceso privado á praia de Espiñeiro. "Mesmo aumentou o seu terreo no Rexistro da Propiedade mentres existía un período de suspensión cautelar, momento que aproveitou para construír outras escaleiras de acceso privado á praia e a adega semienterrada, algo que oculta Demarcación de Costas", insiste a denunciante, que mesmo acusa a este organismo estatal de facilitar un plano irregular e inexacto para que se puidesen levar a cabo as obras. Segundo Cervigón, tanto as escaleiras como a construción subterránea carecen das licenzas necesarias. Ademais, advirte de que os muros que sosteñen a obra "estanse desintegrando" e supoñen un risco para as persoas que se acheguen á praia. "Nada tería tanta importancia se non fose polo perigo que supón para as persoas", finaliza, antes de alertar "do que xa ocorreu na Praia das Catedrais de Ribadeo". |
PRAZA_13878 | Yolanda Díaz, candidata de EU á Xunta, anuncia que a súa formación comezará unha rolda de contactos na segunda quincena de agosto coas forzas da esquerda alleas ao "tripatito harmónico" do Parlamento na procura dunha unión electoral de cara ás vindeiras eleccións. A coalición reunirase en breve coa FPG, Ecogaleguistas e Anova. | Esquerda Unida aposta tamén por unha fronte común e abre a porta a confluír electoralmente coas "forzas de esquerdas anticapitalistas galegas". Así o manifestou este martes Yolanda Díaz, coordinadora xeral da coalición en Galicia, que avanzou que EU reunirase a partir da segunda semana de agosto na busca dun acordo electoral con dirixentes da FPG, Ecogaleguista e Anova, entre outras formacións. A candidata de EU á Xunta aspira a conformar unha "Syriza galega", á imaxe da exitosa unión electoral grega, unha confluencia que ve necesaria ao situarse o país "en tempos de excepción" e ante o "tripartidimos harmónico" do Parlamento. "Estamos en tempos de excepción, no final dun réxime político; temos que conformar un novo suxeito político" "Estamos en tempos de excepción, no final dun réxime político esgotado onde a estratexia do capital para desmantelar o estado de benestar e democrático está funcionando", asegurou este martes Yolanda Díaz na Coruña, onde apostou claramente por "convocar o pobo" a un "novo proceso constituínte" que remate na conformación cunha gran coalición electoral que inclúa "toda a esquerda anticapitalista galega", nunha proposta moi semellante á que xa fixera o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras. Os primeiros contactos, tal e como aclarou a Praza a candidata de EU, serán coa FPG e cos Ecogaleguistas, pero incluirán tamén no futuro a Anova, Esquerda Anticapitalista, así como sindicatos e "todos aqueles colectivos sociais que estean dispostos a dar un paso adiante". "Temos que conformar un suxeito político novo. "A Syriza galega é imprescindible, a cidadanía esixe ás forzas de esquerdas unidade de acción, por iso apostamos pola elaboración dun programa mínimo común que sume e conflúa nunha fronte contra esta doutrina do shock", engadiu. "A xente de esquerdas que non forma parte dese tripartidismo harmónico (en referencia a PP, PSdeG e BNG) tería que confluír nesa Syriza galega", asegurou a Praza Yolanda Díaz, que semella excluír dun posible acordo ao Bloque. "Hai moita xente que bota de menos outra forza na Cámara galega que defenda a legalidade fronte aos poderosos no caso de Reganosa", puxo como exemplo para xustificar a súa aposta pola unión dunha esquerda allea ao actual arco parlamentario. Así, Esquerda Unida recolle así a luva que desde hai meses levan lanzando varios dos dirixentes políticos integrados na Anova-Irmandade Nacionalista, que á vez acceden tamén a valorar a proposta de unión de forzas reclamada por EU desde hai meses. Non hai moito, foi Mariano Abalo, líder da FPG, concelleiro en Cangas e membro da coordinadora de Anova, quen manifestara a súa intención de loitar por que EU se integrase nunha fronte común de cara a futuras convocatorias electorais e seguindo así o exemplo de Alternativa Canguesa de Esquerdas, coalición na que nacionalistas e esquerda estatal comparten proxecto. EU recolle a luva de Beiras, que pediu "unha fronte común de esquerdas" de cara ás eleccións autonómicas O propio Beiras deixou clara en varias ocasións a súa intención de aunar esforzos de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, máis aínda se se confirma a redución de deputados no Parlamento preparada pola Xunta. Así, e no acto inaugural de Anova polo Día da Patria, o líder da nova formación volveu suxerir a creación "dunha fronte común de esquerdas" na que estivese representado "todo o espectro da esquerda e do nacionalismo" entre o que incluíu "a esquerda estatal que recoñeza o dereito de autodeterminación do pobo galego", abrendo a porta á confluencia electoral con Esquerda Unida, e da que non vetou o BNG. A chamada á unión da esquerda anticapitalista dificultaría a entrada de Compromiso por Galicia nunha hipotética coalición Tamén Yolanda Díaz, líder de EU, abrira a porta nunha entrevista en Praza á confluencia da esquerda galega, aínda que con matices. "Nós sós non chegamos e precisamos tecer unha correlación de forzas, precisamos a moitos e moitas máis, máis ou menos de esquerdas, máis ou menos nacionalistas" dicía, tras aclarar que o obxectivo sería "tecer unha rede de abaixo a arriba na confluencia cun programa anticapitalista". A concelleira ferrolá amosábase disposta a acordos co movemento liderado por Beiras, aínda que poñía moitos máis reparos a unha colaboración con Compromiso por Galicia, onde se inclúen formacións algo máis afastadas da esquerda. "É difícil que EU poida confluír nun programa político con persoas que teñen un modelo económico e social tan diferente ao noso, pero nós imos seguir traballando para que existan confluencias", engadía. "Poñámonos de acordo nun programa de mínimos", repetía Yolanda Díaz pouco despois nunha entrevista a Radiofusión, na que optaba por "crear a Syriza galega". Ademais, EU deixaba claras as súas intencións xa a pasada semana, cando a través dun comunicado pedía apoios "cara a un novo proxecto de país" e no que facía un "un chamamento ao conxunto de entidades sociais e políticas a partillar esforzos para construírmos un proceso aberto, plural e anovador, un novo proceso constituínte, que devolva os poderes da soberanía popular á cidadanía e aos pobos que vivimos no Estado". |
PRAZA_4565 | AGE e o BNG volven pedir unha comisión de investigación no Parlamento tras a saída á luz dun informe do xefe de maquinistas de Ourense no que, ano e medio antes do accidente, advertía das deficiencias de seguridade da curva da Grandeira. O xuíz considera que ese documento ten, "sen dúbida ningunha, interese para a causa". | Porque o Parlamento "non ten lexitimidade". Porque carece de "competencias". Porque cómpre agardar os resultados das auditorías internas de Fomento, Renfe e Adif. Estes foron algúns dos motivos aludidos polo PP nos últimos meses para vetar as investigacións políticas sobre o accidente do Alvia en Angrois. Estas votacións, nas que os socialistas no Congreso e na Cámara galega obtaron por absterse, producíronse antes de que saíse á luz, a través do xornal El País, que o xefe de maquinistas de Ourense advertiu a Renfe en 2011, case 20 meses antes do accidente, da perigosidade da curva da Grandeira, na que se produciu o sinistro que acabou coa vida de case 80 persoas. Agora, as peticións de investigación volven estar sobre a mesa. Esta advertencia, incluída na causa que instrúe o xuís Luis Aláez polo avogado do maquinista, sinalaba entre as anomalías da liña Santiago-Ourense o "brusco" descenso da velocidade na curva de Angrois. O responsable dos maquinistas de Ourense insistía no seu escrito en que este cambio de velocidade se realizaba "sen aviso previo", sen amparo do sistema de freado máis seguro, o ERTMS, e cun único sinal que "de pouco vale, posto que de non reducir previamente a velocidade, nada se poderá facer xa". Adif e Renfe negaron ter recibo advertencias sobre a seguridade antes do accidente Este informe pode ser determinante á hora de repartir responsabilidades, toda vez que o propio presidente do Adif, Gonzalo Ferre, asegurou ante o Congreso que non existira ningunha queixa previa sobre a seguridade da liña. "Podemos afirmar que o deseño [da infraestrutura] foi pacífico. Tamén o foi a súa explotación, xa que durante a mesma non recibimos ningunha queixa nin recollemos incidente ningún na zona", asegurou ante a comisión parlamentaria que estuda as posibles melloras no sistema ferroviario do Estado. Requerimentos xudiciais e políticos Neste contexto, o xuíz vén de esixir que Renfe achegue, nun prazo de tres días, "toda a documentación, de calquera caste", referida á comunicación do xefe de maquinistas, a cal, segundo declarou o presidente do ente público á axencia pública EFE, só foi coñecido hai un mes, no transcurso da investigación interna iniciada, precisamente, a causa do accidente de Compostela. "Sen dúbida ningunha -argumenta o xuíz- a unión da documental na que o xefe de maquinistas de Renfe en Ourense advirte da insuficiencia da sinalización para previr un accidente na curva de Angrois como o corrido o pasado 24 de xullo e propón a adopción de medidas para aminorar ou eliminar o risco ten interese para a causa, como tamén a de calquera caste de documento que teñan relación coa cuestión que poidan atoparse o poder de Renfe". O xuíz coida que, "sen dúbida ningunha", o informe do xefe de maquinistas "ten interese para a causa" Mentres a Xustiza adapta os seus pasos a este xiro no caso, no ámbito político as esixencias de investigación non se fixeron agardar. Despois de que, só no Parlamento de Galicia, o PP se negase por dúas veces a abordar o asunto nunha comisión, agora AGE e o BNG vólvena pedir conxuntamente -non teñen escanos dabondo para facelo en solitario- porque "os datos que se van coñecendo amosan claramente as deficiencias das medidas activas e pasivas de seguridade". A xuízo do voceiro de Alternativa en materia de infraestruturas, Antón Sánchez, é necesario "depurar responsabilidades políticas", toda vez que "había fallos nas medidas de seguridade e non o queren admitir". "Agora -abonda- os correos electrónicos do xefe de maquinistas de Ourense amosan que a curva tiña problemas e que houbo profesionais que avisaron dos mesmos". AGE e BNG volven pedir unha comisión de investigación no Parlamento Pola banda do Bloque o seu voceiro, Francisco Jorquera, coida que o "revelador documento" do responsable ourensán "contradí" aos dirixentes de ADIF, "que en todas as súas declaracións insistiron en que non se producira advertencia ningunha a respecto dos déficits de seguridade na liña". O Parlamento, di o Bloque, está "obrigado a investigar" por ser a "máxima representación política do pobo galego", e esta investigación é "perfectamente compatíbel coa que poidan e deban resolver tanto a administración ferroviaria" como os propios tribunais de Xustiza. "As persoas afectadas polo sinistro e o conxunto da cidadanía galega esixen e precisan coñecer as causas do accidente e tamén a situación real das condicións de seguridade da rede de alta velocidade na Galiza", conclúen. |
NOS_25202 | Polémica pola inclusión dos políticos no grupo prioritario de vacinación. | Portugal acumula máis de 600.000 contaxios desde o inicio da pandemia da Covid-19, un limiar que superou nun día, hoxe, en que a Direcção-Geral da Saúde (DGS) volveu confirmar un máximo histórico de mortes nun só día: 234. En concreto, o balance oficial recolle 609.136 positivos, 13.987 máis que na quinta feira. A cifra de falecidos ascende xa a 9.920, mentres que continúa a medrar tamén o dato de enfermos ingresados en coidados intensivos (715), informou RTP. O Instituto Nacional de Estatística estima que en 2020 houbo 10,6% máis de falecidos en Portugal que a media dos anos entre 2015 e 2019. En concreto, estímase que houbo máis de 12.200 mortes máis que en exercicios anteriores. Os contaxios aumentaron drasticamente nestas últimas semanas, o que levou o Goberno de António Costa a aumentar progresivamente as restricións baixo o paraugas dun estado de urxencia. A semana pasada entrou en vigor un novo confinamento, reforzado estes días con varias medidas, entre estas a suspensión das aulas durante 15 días. Ademais, acordouse a limitación das conexións aéreas co Reino Unido, nun intento por frear a expansión da chamada "cepa británica". O Goberno, entre tanto, ultima unha modificación do Plan de Vacinación que incluiría os políticos nos grupos prioritarios. A proposta causou onte polémica tras deixalo entrever o responsábel do plan, Francisco Ramos, nunha entrevista ao xornal Expresso. Cuestionado sobre os criterios de priorización, que deixaron fóra figuras como o presidente da República e titulares de órganos do Goberno, Ramos respondeu: "Essa decisão está em revisão e estamos exatamente a trabalhar numa proposta para que possam ser incluídos entre os prioritários os titulares de altos cargos de decisão porque, obviamente, é essencial estarem protegidos" Rebelo de Sousa repetirá No medio desta situación, Portugal vota mañá nas eleccións presidenciais. As tres sondaxes publicadas onte, último dia da campaña electoral, apuntan a unha vitoria clara do actual presidente, Marcelo Rebelo de Sousa, e dan o segundo lugar á ex eurodeputada socialista, Ana Gomes. Con todo, a enquisa publicada polo Expresso e a SIC, recolle un axustado resultado entre Gomes e o ultradereitista André Ventura, entre 12% e 14% dos votos. O conservador Rebelo de Sousa, pola súa banda, recibiría entre 58% e 60% dos sufraxios. O único temor no seu equipo é que o medo á Covid fomente a abstención e dea pulo á extrema dereita. |
PRAZA_5551 | Os habitantes deste barrio vigués concentráronse por cuarta vez para demandar o mantemento do convenio polo cal nos últimos 20 anos os propios usuarios do Centro Cívico eran os encargados de xestionalo. Acusan o Concello de buscar a privatización do centro e de "castigar" a actitude crítica da asociación veciñal | Teis é o mellor exemplo de barrio popular e combativo na cidade de Vigo. O Teis de Ascón e Vulcano, o Teis das mobilizacións contra a empacadora de Guixar, o Teis de Dosinda Areses. De feito, a súa Asociación de Veciños foi a primeira que se creou na cidade, nos primeiros meses de 1976. Nos últimos 38 anos os veciños e veciñas do barrio mantiveron unha intensa actividade a través desta entidade, reivindicativa, social e formativa, denunciando as necesidades non satisfeitas do barrio, fiscalizando a xestión dos distintos gobernos municipais e corresponsabilizándose, ademais, da xestión dos servizos públicos no propio barrio. Foi así que dende o momento en que se costruíu o Centro Cívico de Teis, en 2002, a Asociación de Veciños participou na xestión do mesmo a través de dous traballadores pagados grazas a un convenio co Concello. Isto foi así cos gobernos de Lois Pérez Castrillo, Corina Porro, Ventura Pérez Mariño e do propio Abel Caballero, que no momento en que chegou ao poder mesmo incrementou a dotación deste convenio dos 41 mil euros anuais até os 55 mil. Até este ano. O convenio rematou o pasado mes de outubro, pero non foi até hai unhas semanas, cando se coñeceron os detalles do acordo entre PSdeG-PSOE e PP para o goberno e os orzamentos municipais, que os veciños de Teis souberon que foran expulsados da xestión do seu propio Centro Cívico. "Nós usamos, nós xestionamos" é xunto con "O Cívico é de Teis" o lema máis repetido nas numerosas mobilizacións convocadas até hoxe, a última este martes pola tarde, unhas protestas que os veciños e veciñas mesmo levaron até o pleno e algúns actos oficiais do alcalde Abel Caballero. Acusan o rexedor socialista de "reducir o investimento sociocultural no barrio" e de favorecer coa súa decisión a unha empresa que xestionará os catro centros cívicos existentes en Vigo. Ademais, cren que con esta medida busca "castigar" a actitude crítica e reivindicativa levada a cabo pola asociación. A Asociación conclúe que a medida reponde "ao afán represor e persecutorio do alcalde ao movemento veciñal e asociativo da cidade que se mostra crítico coa sua xestión". "É simplemente unha medida de represalia contra esta asociación polo seu carácter reivindicativo e independente do goberno municipal, na mellor tradición histórica do movemento veciñal vigués" Os responsables da asociación veciñal salientan que "a decisión de non manter o convenio non se debe nin a cuestións económicas, nin de mellora na xestión do centro. É simplemente unha medida de represalia contra esta asociación polo seu carácter reivindicativo e independente do goberno municipal, na mellor tradición histórica do movemento veciñal vigués". E citan por exemplo a posición mantida ante apertura instalacións deportivas da ETEA, a humanización da rúa Enrique Lorenzo, a rotura tubaxes no barrio ou o cemiterio. O acordo orzamentario co Partido Popular permítelle a Caballero retirarlle á asociación veciñal a xestión do centro cívico, o único da cidade de Vigo que aínda non ten xestión privada Xa finais do ano 2012 o goberno municipal anunciou a non renovación do convenio para 2013, pero a forte resposta social de Teis e a negociación dos orzamentos co BNG levou finalmente á inclusión desta partida. Agora, o acordo orzamentario co Partido Popular permítelle a Caballero retirarlle á asociación veciñal a xestión do centro cívico, o único da cidade de Vigo que aínda non ten xestión privada. Os concelleiros populares, por certo, manifestaran nos últimos anos e meses ante os veciños de Teis o seu apoio á súa demanda de que a xestión do centro debería seguir sendo veciñal. Porén, nas últimas semanas manteñen silencio e votarán a favor da modificación proposta polo alcalde. A Asociación anuncia que manterá as mobilizacións até que o Goberno municipal mude a súa postura, e salienta que "non está todo perdido" e que o desenlace deste conflito dependerá da acción social e "da resistencia dos veciños e veciñas". Os responsables da entidade destacan que "están plenamente dispostos a reunirse" co Concello en calquera momento, unha xuntanza que o alcalde se vén negando nas últimas semanas a convocar. Engaden que "nós non temos nada que ocultar, aí están as contas", despois de que Abel Caballero sinalase que a Asociación de Veciños só buscaba "unha subvención persoal". "Non é unha cuestión de cartos nin de privilexios. Simplemente se trata dun intento de favorecer a unha serie de empresas dende o Concello", din dende a Asociación, "Caballero pode que non chegue a entender como se pode permanecer a unha asociación sen cobrar, por dedicación a veciñanza", conclúen. 39 anos de activismo veciñal O xermolo da asociación, a primeira entidade veciñal que se constituíu en Vigo, saíu dunha comisión de veciños da Travesía de Vigo que en xaneiro do 76 denunciou o elevado número de accidentes de tráfico e atropelos que se producía nesta vía de acceso á cidade por falta de sinalizacións. O 5 de marzo de 1976 reuníuse un grupo de veciños para a constitución da asociación, que celebrou a súa primeira asemblea xeral o 20 de xullo de 1976. Teis fóra sempre un barrio obreiro, un dos grandes focos (xunto con Lavadores) de resistencia ao golpe militar de 1936, e que creceu nas décadas seguintes á sombra dos guindastres de Ascón e Vulcano. Foi tamén o principal núcleo de actividade dos GRAPO, e un dos focos máis activos do movemento sindical e político de oposición á ditadura. Algúns dos militantes clandestinos máis coñecidos, coma Moncho Reboiras, Abelardo Collazo e o seu irmán Anxo, Alonso Riveiro ou Xosé González (Pepiño), vivían ou traballaban en Teis. Os veciños e veciñas de Teis protagonizaron algunhas da mobilizacións máis importantes dos anos setenta, oitenta e noventa na cidade, alén das estritamente laborais ou de resposta á reconversión dos estaleiros. A perigosidade dos depósitos da CAMPSA, en Guixar, ou os extensos terrenos ocupados pola Armada na Escuela de Transmisiones y electricidad de la Armada (ETEA) foron algúns dos albos das protestas. O mesmo que a instalación dunha planta compactadora de lixo no peirao de Guixar ou o proxecto do porto deportivo da Lagoa. |
PRAZA_9734 | O programa Convive.Comigo botou a andar hai dous anos na Coruña e estendeuse xa a Pontevedra. Co apoio económico da Xunta, buscan familias que ofrezan os seu fogares para a convivencia temporal con mozos e mozas que están a cumprir unha medida xudicial | No ano 2017 botou a andar na provincia da Coruña o programa Convive.Comigo impulsado pola Asociación Arela co obxectivo de conformar un banco de familias dispostas a convivir con adolescentes que están a cumprir unha medida xudicial. No último ano e medio o programa creceu e estendeuse tamén á provincia de Pontevedra e foron varias as familias e adolescentes que participaron nunha iniciativa que busca xerar un ambiente socializador e positivo que lles outorgue a estes e estas adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial que pesa sobre eles e elas e para que non reincidan nos mesmos comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.O programa comezou na provincia da Coruña e estendeuse á de PontevedraSegundo a Lei 5/2000, se un adolescente (de 14 a 18 anos) comete un delito ten unha responsabilidade penal, que ten que ser máis educativa que punitiva, dado que falamos de menores de idade. Para adolescentes que cometan delitos no ámbito familiar a medida que se considera máis adecuada é a convivencia noutro entorno, con outra persoa ou persoas.Na actualidade tres familias (dúas na provincia de Pontevedre e unha na da Coruña) están activas no programa e dende a Asociación Arela faise un chamamento permanente para que máis persoas se decidan a ofrecer os seus fogares neste labor. Os acollementos teñen unha duración de entre seis meses e un ano e a Xunta achega un pagamento de 40 euros ao día, 1.200 euros ao mes, ás familias que leven a cabo esta convivencia."A principal vantaxe é que poidan ter a oportunidade de vivir nun espazo no que hai unha estabilidade emocional e nos horarios e no que os límites e as normas son consensuadas""O ideal sería chegar no futuro ás provincias de Lugo e Ourense, porque alí tamén hai a necesidade de que os adolescentes poidan ter esta oportunidade", destaca Ánxela Álvarez Naya (Arela), que fai fincapé na importancia de que esta rede se amplíe, aumentando o número de persoas que ofrecen estes apoios "porque se, por exemplo, temos un adolescente da zona norte da Coruña, neste momento teríamos que envialo moi lonxe e iso sería un cambio demasiado radical para o rapaz ou rapaza que teña que cambiar de casa". "A falta de familias que estean próximas e distribuídas por todo o territorio é o que está dificultando que máis adolescentes se acollan a este programa", engade.Ánxela Álvarez destaca que "a experiencia está sendo moi positiva". "Rapaces que estaban desaproveitando as oportunidades que se lles daban, pasan a experimentar un cambio radical, só polo feito de cambiar de vivenda e de estar cun respaldo diario, cunha familia que tomou esa responsabilidade", explica."A principal vantaxe é que poidan convivir nun contexto san e positivo, que poidan ter a oportunidade de vivir nun espazo no que hai unha estabilidade emocional, unha estabilidade nos horarios, no que os límites e as normas son consensuadas e non son impostas de maneira autoritaria. Non é o mesmo estar nun centro de internamento que nunha casa na que tes liberdade para entrar e saír e na que fas unha vida normal e na que contas cun referentes positivos que che serven de exemplo a seguir, uns referentes positivos dos que habitualmente carecen. Ao final o efecto chega a todos os ámbitos da vida do adolescente", di."Sabemos que é difícil superar os prexuízos que hai sobre a adolescencia, pero agora a partir da experiencia que xa tivemos, podemos ter a proba de que o programa funciona"Álvarez aclara que "calquera persoa pode ofrecerse voluntaria. Non buscamos unicamente familias tradicionais, por dicilo así, senón que un home ou unha muller que vivan soas tamén poden facelo". E salienta que "dende o Xulgado cóidase moito, en primeiro lugar, que sexa un perfil dun adolescente que poida aproveitar este programa. Se se trata dun rapaz ou rapaza que teña unha problemática máis complicada, valoraríanse outras medidas". "Se alguén pensa que estamos a falar de adolescentes delincuentes, non se trata diso, senón de adolescentes que cometeron un erro e nalgúns casos un delito, pero que contan con moitas opcións de que poidan aproveitar unha oportunidade se alguén llela ofrece", di."O que se lles pide ás familias é que teñan sensibilidade coa adolescencia e, sobre todo, traballo en equipo. Van estar moi acompañadas polo persoal do programa, que fai un seguimento semanal e con visitas a domicilio e en ningún caso as familias están soas ante esta situación", explica."Sabemos que é difícil superar os prexuízos que hai sobre a adolescencia, pero agora a partir da experiencia que xa tivemos, podemos ter a proba de que o programa funciona e de que cando se lle ofrece unha segunda oportunidade a un adolescente que o necesita, aprovéitao e valórao positivamente", conclúe |
PRAZA_11638 | 300 mulleres replicaron a intervención do colectivo chileno 'Las Tesis', traducida ao galego e con modificacións na súa letra. Nos últimos días houbo tamén performances en Pontevedra e A Coruña e están igualmente convocadas en Vigo, Ferrol e Padrón. Falamos con Pilar Estévez (PFG) | O berro de 'o violador es ti' chegou a Galicia. A Coruña e Pontevedra e na noite deste luns Compostela acolleron as accións colectivas que reproducen a performance iniciada hai unhas semanas en Chile polo colectivo 'Las Tesis' e que xa se estendeu por todo o planeta, de México a Turquía, e de Nova York a París. 'Un violador no teu camiño' denuncia a violencia estrutural (visible e non visible) que sofren as mulleres a cargo do patriarcado, presente na sociedade e tamén nas institucións e fai fincapé en que a culpa da violación nunca reside na vítima ("a culpa non era miña, nin de onde estaba nin de como vestía") e si no violador e no sistema que ampara estas accións. "Estamos coa adrenalina subida. Este é un canto colectivo que nos axuda a todas a estar máis fortes e a sentirnos parte dunha referencia común"Ao redor de 300 mulleres participaron na Praza do Obradoiro nunha das postas en escena máis espectaculares desta intervención feminista, despois de días de ensaios, coordinados pola actriz e creadora escénica Marta Pérez. O resultado foi todo un éxito: "Estamos coa adrenalina subida. Este é un canto colectivo que nos axuda a todas a estar máis fortes e a sentirnos parte dunha referencia común", di Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega), que subliña a forza crecente do movemento feminista en Compostela e en toda Galicia, froito "da semente que dende hai anos está creando o 8M e outras mobilizacións"."Queríamos facer a letra o máis achegada a nós. Dentro do movemento feminista houbo un debate moi positivo sobre o texto"O texto foi traducido ao galego e algúns dos seus elementos foron modificados, mudando 'pacos' por 'machos' ou 'o presidente' por 'a Igrexa' e cambiando tamén a estrofa final sacada do 'Himno dos Carabineros' chileno por unha referencia máis recoñecible na nosa contorna: "non somos presas para manadas/ somos mulleres empoderadas/ as violadas non están soas/ tocan a unha e saímos todas". "Queríamos facer a letra o máis achegada a nós. Dentro do movemento feminista houbo un debate moi positivo sobre o texto, e ao final saíu a decisión de incluír a mención á Igrexa, ou de facer referencia ás manadas e a esa mensaxe de que 'se tocan a unha, saímos todas'", explica neste senso Pilar Estévez.Xusto cando rematou a interpretación do texto un berro rompeu o solemne silencio da noite compostelá cando un home espetou "ahora a casa, que hay que hacer la cena". O agresor, que foi convidado a marchar, foi identificado como militante de Novas Xeracións. A organización xuvenil do PP comunicou que o home presentou a súa baixa este martes, quedando desligado da entidade. Foi simplemente unha anécdota, pero que amosa a hostilidade que esta performance e, en xeral, o feminismo esperta nos sectores máis machistas da sociedade.Nos vindeiros días están convocadas performances en Vigo, Ferrol e PadrónNon será esta a derradeira acción colectiva de 'Un violador no teu camiño' en Galicia. Nos vindeiros días están convocadas performances en Vigo, Ferrol e Padrón.Vigo: Sábado 14 ás 12 horas fronte ao Mercado do Calvario (ensaio: xoves 12 ás 19 horas na Casa das mulleres)Ferrol: Mércores 11 ás 20 horas no Cantón de MolínsPadrón: Domingo 15 ás 12 horas nas rúas Real e Tetuán (ensaio: sábado 14 ás 18 horas)Velaquí unha mostra das accións realizadas na Coruña e Pontevedra o pasado venres |
NOS_48664 | O Festival Atlántica conmemorará esta quinta 20 de marzo o Día Internacional da Narración Oral cun programa especial no que se achega ao imaxinario lendario galego. O encontro remata este sábado día 22 despois de máis dunha decena de días de conto. | A xornada Conversas Atlánticas achégase ao imaxinario galego no Día Internacional da Narración Oral dentro do Festival Atlántica que se desenvolve en Compostela até o sábado día 22 dirixido por Sole Felloza. O Consello da Cultura Galega acollerá o encontro no que distintos especialistas reflexionarán sobre a tradición oral e o imaxinario cultural galego. O escritor e autor do blog, A Galicia encantada, Antonio Reigosa e o antropolólogo Xosé Ramón Mariño Ferro achegaranse ás relacións entre a literatura culta e popular mentres o historiador Antonio Balboa afondará na lenda da Raína Lupa. O programa do día completarase cunha xornada solidaria coa asociación de Compostela Xuntos Podemos con funcións en centros de ensino para rematar, xa por volta das 21 horas, co espectáculo "Contos do mar de Irlanda" de Xurxo Souto na Nave de Vidán, relatos sobre a vida dos mariñeiros no Atlántico Norte. A sexta feira día 21 presentarase ás 18:00 o libro-CD "Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego" con Laura Tato, autora da investigación, Ramon Pinheiro de aCentral Folque e os narradores Quico Cadaval e Guti, que participarán nun próximo espectáculo arredor do pioneiro da narración oral. Os contos de Avelino González no CSC de Conxo e o espectáculo de Quico Cadaval con Narf "Obrigado!" no Teatro Principal pechará a penúltima xornada do Festival que garda aínda un remate cunha sesión infantil no Auditorio de Galicia e un espectáculo final de relatos eróticos con Victoria Siedlecki para poñer o ramo ás 20.30. |
NOS_21440 | O Concello de Ourense anunciou onte a contratación como novo coordinador xeral do ente municipal de Francisco Cacharro Gosende, actual secretario da Deputación ourensá e fillo do histórico barón do PP galego Francisco Cacharro Pardo, finado en 2015. | Segundo comunicou a Corporación local, Cacharro incorporarase ao equipo municipal "esta mesma semana, logo de que unha xunta de goberno local extraordinaria ratifique o seu nomeamento". Con el, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, gaña un novo asesor, que desenvolverá funcións de "city manager", segundo o describiu o propio rexedor cando anunciou, o pasado mes de febreiro, esta nova contratación, polémica por se sumar a un elevado número de postos de persoal eventual –o chamado persoal de confianza– no Goberno municipal e pola súa retribución, de 86.000 euros brutos anuais, superior á do propio alcalde e mesmo do presidente da Xunta. Entre as "obrigas" que desempeñará o novo coordinador está a de "engraxar como corresponde a maquinaria do Concello", segundo sinalou onte Pérez Jácome, quen salientou nun comunicado os "grandes coñecementos xurídicos e amplo coñecemento da Administración local" do futuro coordinador, así como o seu "gran criterio político". Cacharro Gosende militou no Partido Popular até 2008, cando se afiliou a UPyD, formación da que foi o rostro visíbel en Lugo. Dous anos despois abandonaría tamén as súas filas para ingresar no Partido de la Libertad Individual (P-Lib, agora denominado Partido Libertario), do que chegou a ser secretario xeral no ano 2010. |
PRAZA_5034 | As instalacións, que carecen do necesario permiso da Axencia Nacional de Seguridade Aérea, contan tamén con informes desfavorables de Adif, que alertan do perigo que supón a súa proximidade a un viaduto pola que pasa a liña do ferrocarril. AGE esixe o seu peche. | Pode estar un aeródromo a unhas decenas de metros dun viaduto polo que pasan trens de alta velocidade? Como é posible que a administración non actúe habendo mesmo informes de Adif que alertan da perigosidade desta circunstancia? Como é posible, cando ademais o aeródromo non só non conta con permiso da Axencia Nacional de Seguridade Aérea (AESA), senón que este organismo -dependente do Ministerio de Fomento- lle abriu un expediente sancionador por ter acollido voos privados sen esta imprescindible licencia? Son algunhas das preguntas que seguen repetindo os colectivos contrarios ao aeródromo privado de Godos, en Caldas de Reis, que nas últimas semanas intensificaron os esforzos para que ou ben a Xunta de Galicia ou ben a Delegación do Goberno adopten unha decisión. Hai unhas semanas AGE presentou no Parlamento unha iniciativa na que lle pedía a Xunta "repoñer a legalidade urbanística na zona" precintando o aeródromo e "instando os promotores a trasladar as instalacións do aeródromo a outra zona do Salnés que cumpra coas medidas de seguridade ambiental e tráfico aéreo necesarias". A fronte de esquerdas, a través do seu deputado Juan Fajardo, lembroulle ao Goberno galego os devanditos informes desfavorables, tanto de AESA coma de ADIF, sobre todo este último que, enviado á Xunta, "sinala a incompatibilidade da instalación deste aeródromo coa seguridade da liña ferroviaria do eixo atlántico de alta velocidade na zona", unha "apreciación", salientaba o deputado, "que o goberno galego está a obviar pese a gravidade da mesma". Fajardo tamén pediu información sobre o uso dos medios propios da Deputación de Pontevedra pagados con cartos públicos no asfaltado da pista deste aeródromo privado Fajardo demandaba así mesmo que "o goberno galego debería dar explicacións sobre os intereses que agocha este aeródromo privado e ilegal para o Partido Popular e que xustificarían que se estea a poñer en risco a vida de milleiros de persoas en beneficio duns poucos", ao tempo que lembrou a participación e presenza do presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e concelleiros do PP no municipio na inauguración dunhas obras realizadas no aeródromo ilegal. Fajardo tamén pediu información sobre o uso dos medios propios da Deputación de Pontevedra pagados con cartos públicos no asfaltado da pista deste aeródromo privado. Este venres Juan Fajardo mantivo unha xuntanza na Delegación do Goberno en Galicia, onde repetiu a súa demanda de que o aeródromo sexa pechado definitivamente e trasladado a outra localización da comarca: "segundo a lei de seguridade ferroviaria, a Delegación do Goberno posúe todas as competencias sobre a seguridade dos camiños de ferro do país. E esta non está garantida, como ben explica Adif nun informe". "Estamos a tempo de evitar unha traxedia e de cumprir coa advertencias do informe de Adif", sinalou, ao tempo que criticou a PPdeG e PSdeG, aos que acusou de "escorrer o vulto nun tema no que o se está a poñer enriba da mesa é a seguridade das persoas". "Segundo a lei de seguridade ferroviaria, a Delegación do Goberno posúe todas as competencias sobre a seguridade dos camiños de ferro do país. E esta non está garantida, como ben explica Adif nun informe" Estas e outras denuncias paralizaron nos últimos meses as obras previstas no aeródromo, que contaban cunha licencia municipal que caducou o pasado 11 de novembro, sen que o Concello de Caldas accedese a renovala. Porén, aínda o 15 de novembro, PSdeG-PSOE e PP aprobaran cos seus votos unha moción de apoio ao aeródromo, despois de que Esquerda Unida presentase un escrito solicitando a paralización das obras. Neste texto, populares e socialistas salientaban a importancia do proxecto para o "desenvolvemento comarcal" e como "fonte de dinamización económica e empresarial". A moción remataba pedíndolle "á toda a sociedade, partidos e axentes económicos" confianza "para que este proxecto que suscitou o interese de todo o pobo de Caldas de Reis poida completarse e desenvolverse". O proxecto atópase nunha situación de impasse, paralizado, pero nos últimos anos foron moitos os voos privados realizados no aeródromo a pesar de carecer de permiso e da evidente perigosidade ligada á súa proximidade ao viaduto do tren. É a razón pola que colectivos sociais e políticos seguen demandando unha solución definitiva para o aeródromo de Godos. |
PRAZA_13826 | Os nacionalistas lamentan que, en plena crise, o Goberno que dirixe Carlos Negreira destine 35.000 euros a converter o Coliseum da cidade en praza de touros. "O colectivo Galiza, mellor sen touradas incrementa a 90.000 euros o gasto", lembra o Bloque. | Contra o financiamento público das touradas, "tanto a través de axudas directas como pola porta de atrás". O BNG da Coruña saíu este martes ao paso da confirmación de que o goberno local da cidade, malia á "cantidade de recortes brutais que está a aplica o PP" e "dada a crise económica que ten o Estado español", está a realizar unha importante achega económica á feira taurina que se celebra no marco das festas de María Pita. Para o grupo municipal que lidera Xosé Manuel Carril é "irresponsábel" realizar este pagamento aínda que non sexa de foram directa xa que o gabinete do popular Carlos Negreira "pagará a instalación e a ornamentación da praza", instalada no Coliseum, "e a condicionará as distintas zonas e os recheos de area". Ademais, denuncian, o espazo "seralle edido de balde á empresa" organizadora. O Concello coruñés admite un gasto de 35.000 euros para transformar o Coliseum en praza de touros "A limpeza, a desratización" e a "instalación da montaxe" correrán tamén "por conta dos cartos da cidadanía da Coruña", censura o Bloque que, atendendo ao concurso público convocado dende o goberno local, salienta que "o custo será de 35.000 euros" cifra que, non obstante, "o colectivo Galiza, mellor sen touradas", que "tamén critica o escurantismo do señor Negreira ao respecto", incrementa ata chegar ata 90.000 de impacto nas contas públicas. Todo isto sucede aademais sen que "ningún representante político" ofrecese explicacións, xa que o equipo de goberno "se refuxiou nun técnico", que explicou en rolda de prensa as "características das touradas deste ano" e ademais presumiu de que o evento estará "á altura dos anos anteriores". Neste contexto o BNG coruñés subliña especialmente que, na súa opinión, "non debería gastarse nin un só euro na feira taurina", posición que, din, malia ás "reiteradas falsidades vertidas por membros do Goberno local", veñen mantendo dende "sempre". "Sempre votamos en contra de subvencionar as touradas no padroado" do Instituto Municipal de Espectaçulos "e sempre nos manifestamos en contra das corridas de touros". Neste sentido explican ademais que "no programa electoral co que concorreron ás eleccións municipais" incluíron "un apartado específico sobre a protección dos animais froito de diversas reunións con colectivos animalistas", sección na que se "incluía o compromiso de pórlle fin ás axudas públicas ás touradas na Coruña". |
NOS_34009 | Os traballadores dos xornais impresos tamén están chamados a secundar a folga do 14 de novembro. | Nos últimos catro anos no estado español pecharon perto de 60 medios e uns 11.000 profesionais do sector están no paro. Un escenario que desde sindicatos e colexios profesionais enténdese como preocupante, de aí que haxa chamamentos a secundar a folga do 14 de novembro. @s convocantes do paro do 14 de novembro chaman aos traballadores do sector a secundaren a folga, incidindo en que non son un sector aparte do que acontece no escenario laboral. Esta chamada para os e as xornalistas concrétase en tres puntos: Non á destrucción de empregos no sector, non aos recortes salariais e non aos recortes na negociación colectiva. Desde os sindicatos incídese en que as reformas laborais teñen facilitado "o despido masivo de traballadores nos medios de comunicación, a degradación insostíbel das emunracións", para alén da externaliación dos traballoas, entre outras consecuencias. Tamén se lembran a importancia do xornalismo como garante do control do poder, apuntando que nun contexto de degradación das condicións dos profesionais isto reverte en prexuizos para esa tarefa. |
PRAZA_21004 | Dos oito centros pechados por completo, sete son pequenas escolas infantís | Dos oito centros pechados por completo, sete son pequenas escolas infantísA semana rematou no ensino cun novo pico de aulas pechadas, 184 en toda Galicia, e un total de 3.725 casos activos de coronavirus, case catrocentos máis que como comezou, do total de arredor de 400.000 persoas, entre alumnado e profesorado -os colectivos dos que informa a Xunta- desde a Educación Infantil ata o Bacharelato, incluíndo a Formación Profesional pero sen ter en conta o ensino infantil. A Xunta só informa dos casos activos en cada momento e non dos novos positivos que se van detectando. E só esta semana, o mércores, o presidente Feijóo revelou o número de casos acumulados desde o comezo do curso, 9.622, dos que segundo asegurou o 87% fóron detectados fóra das aulas "e se cuarentenaron antes" de volver a elas.Segundo os datos oficiais que divulga a Xunta, os deste sábado referidos á situación deste venres, hai oito centros pechados por completo, dos que sete son pequenas escolas infantís, onde pola idade do alumnado non é obrigatorio que usen máscara. Sen estar pechados por completo, pero cun número significativo de aulas pechadas, destacan o CEIP de Arteixo, con 6, seguidos do CEIP A Canicouva de Vigo e o CEIP de Maceda, os dous con 4 aulas pechadas cada un. |
NOS_1296 | Pontevedra foi a cidade elixida polo BNG para celebrar o seu primeiro mitin de campaña. O concello internacionalmente recoñecido polo seu modelo de cidade é ademais bastión electoral do BNG. As últimas enquisas sitúan a Lores con grandes probabilidades de lograr a que sería a súa primeira maioría absoluta. | A cidade do Lérez acolleu o primeiro mitin da campaña electoral do BNG. Pontevedra, internacionalmente recoñecida polo seu modelo de cidade, é un dos máis fortes bastións electorais do BNG e, segundo as últimas sondaxes, o nacionalismo ten ao alcance da man a que sería a súa primeira maioría absoluta, após levar gobernando a cidade con Miguel Lores na alcaldía desde o ano 1999. "Onde o Bloque goberna melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, que saben xestionar", afirmou Pontón "Orgullosa do Bloque" afirmou sentirse a portavoz nacional da fronte, Ana Pontón, polo modelo municipal de éxito de Pontevedra e augurou a súa extensión polos concellos de Galiza. Nese sentido afirmou Pontón que a cidade do Lérez conta "cun modelo municipal que funciona" e engadiu que onde o Bloque goberna "melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, que saben xestionar cada euro, exemplos de democracia participativa, feministas e sustentábeis". Desde o Teatro Principal de Pontevedra, Pontón puxo a urbe nacionalista tamén como exemplo "de que a política é a solución, de que non todos somos iguais e de que para ter un futuro prometedor é clave confiar no país". Razóns esgrimidas por Ana Pontón coas que quixo apelar a sumar más apoios ao BNG de Pontevedra nas vindeiras eleccións do 26 de maio e aludiu a que esa é a única maneira de continuar avanzando. "O BNG non se vende" afirma Lores, quen fai un balance positivo das políticas levadas a cabo en Pontevedra Pola súa banda, o alcalde da cidade e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores, salientou que estes últimos catro anos conformaron o mandato máis frutífero da vida municipal de Pontevedra, e mencionou ante un ateigado Teatro Principal as políticas realizadas polo seu goberno no rural e no urbano, nos servizos, dotacións e infraestruturas así como na dinamización cultural, social e deportiva", recalcando a proxección exterior da cidade en referencia aos recoñecementos internacionais que recibiu Pontevedra polo seu modelo de cidade. Lores recalcou a proxección exterior da cidade en referencia aos recoñecementos internacionais que recibiu En canto á Ence, Lores afirmou que hai anos os seus directivos lle dixeran que era máis económico para a empresa "cambiar a opinión pública que trasladar a fábrica" e acusounos nese sentido de teren "comprado o PP que lle cambiou a Lei de Costas e lles concedeu unha prórroga fraudelenta" e sentenciou que "o BNG non se vende". Lores finalizou a súa intervención no Teatro Principal comprometéndose coa cidadanía a conseguir unha Pontevedra avanzada, culta, tolerante, cohesionada, igualitaria, inclusiva, innovadora, respectuosa co medio e co patrimonio. Ana Miranda afirma que o escano europeo do BNG foi fiábel e eficaz na defensa dos intereses de Galiza A eurodeputada e candidata ao parlamento europeo, Ana Miranda, salientou que o BNG demostrou ser "unha forza eficaz e fiábel na defensa dos intereses de Galiza" desde as institucións da Unión Europea, polo que pediu o apoio de todas as persoas que desexen contar cun voto e unha voz firmes á hora de defender os intereses das galegas e dos galegos. "Outra Europa é posíbel" afirmou Miranda no Teatro Principal A candidata Miranda recordou o traballo realizado, e o seu compromiso a continuar defendendo "os sectores produtivos galegos, a dignidade das vítimas do Alvia e unha seguridade ferroviaria que impida outra traxedia". Así mesmo comprometeuse a pular polo avance do feminismo e dos dereitos das mulleres e reivindicou a candidatura do BNG como unha aposta ecoloxista e sinalou Sogama como unha urxencia a mudar. "Outra Europa é posíbel" afirmou Miranda no Teatro Principal, e contrapuxo a UE das multinacionais ao comercio local; a burbulla inmobiliaria ao urbanismo sustentábel e o modelo neoliberal da Troika fonte á defensa dos dereitos e as liberdades". |
NOS_29150 | Estafad@s polo calote das preferentes concéntranse arestora ante a sede da Xunta coincidindo coa xuntanza do Consello do goberno autonómico | @s estafad@s polas preferentes e subordinadas non dan tregua. Após a multitudinaria manifestación da semana pasada ante a residencia de Núñez Feijóo, un grupo de afectad@s concéntrase arestora ante a sede da Xunta, coincidindo coa xuntanza semanal do Consello do goberno autonómico. Os e as estafadas denuncian a responsabilidade do executivo de Núñez Feijóo nun calote que afecta a máis de 90.000 galeg@s. Exixen ao presidente que exerza como tal e defenda aos e ás afectadas fronte os intereses da banca. Lamentan, asemade, que o goberno galego non se esté, consideran, implicando na defensa destes milleiros de persoas que reclaman a devolución do 100% dos seus aforros. |
NOS_39355 | O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco non autoriza a medida proposta polo Goberno vasco porque "limita o dereito fundamental á reunión". | A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco non autorizou a limitación a seis persoas dos encontros sociais en lugares públicos e privados ao considerar que vulnera dereitos fundamentais e non ten cobertura legal. O Executivo vasco estaba á espera da validación por parte do TSXPV da limitación das agrupacións de dez a seis para publicar a súa nova orde no Boletín Oficial do País Vasco ( BOPV) e que entren en vigor. |
NOS_11610 | A súa renuncia coincide co nomeamento de Alfonso Alonso como ministro. | Após a demisión de Ana Mato como ministra de Sanidade, a que foi a súa secretaria xeral e ex-conselleira de Alberto Núñez Feijóo, Pilar Farjas, tamén comunicou a súa renuncia. Farjas dixo, através dunha carta remitida aos medios a modo de comunicado que a saída de Mato a deixou "liberada" das súas responsabilidades e "compromiso" polo que volverá a Galiza. A súa decisión coincide no tempo co nomeamento de Alfonso Alonso, até o de agora voceiro parlamentar do Partido Popular no Congreso, como novo responsábel da carteira de Sanidade. Unha elección de claro perfil político e próximo á vice-presidenta do goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría, e non vinculado co sector. O nome de Pilar Farjas soou durante os días posteriores á demisión de Ana Mato como unha das posibilidades para a substituír mais finalmente o mandatario español optou por Alonso. |
NOS_16883 | O 10 de decembro Mauricio Macri tomaba posesión do seu cargo como presidente electo. Após un mes, 12.000 empregadas e empregados públicos foron xa despedidos. Os sindicatos denunciarán ante a OIT a vaga de despedimentos, que cualifican de inxusta. | Apenas un mes após a súa toma de posesión como presidente da Arxentina, Mauricio Macri aprobou unha serie de medidas neoliberais que provocaron o despedimento de máis de 12.000 empregados e empregadas da administración pública. Ademais outros 60.000 contratos están baixo a lupa. A través dun decreto, Macri ordenou a revisión da legalidade da contratación das traballadoras e traballadores públicos que conseguiron o seu emprego nos últimos tres anos, durante o goberno de Cristina Fernández. Represión dos protestos As forzas de seguridade empregaron gases lacrimóxenos e balas de goma contra as persoas mobilizadas A destrución de tantos milleiros de postos de traballo provocou protestos en todo o Estado. As distintas manifestacións foron reprimidas polas forzas de seguridade, que mesmo empregaron gases lacrimóxenos e balas de goma contra as persoas mobilizadas. A dureza da represión na última manifestación convocada para onte en Buenos Aires provocou o internamento de varias persoas, entre elas a dunha muller con 15 tiros de bala de goma. No que leva de mandato, Macri aprobou medio cento de decretos, entre os que destacan, amais do despedimento de traballadores e traballadoras públicas, a redución de impostos ás rendas máis altas e cambios na xustiza e na lei de medios de comunicación, co fin de garantir unha maior concentración de poder no seu goberno. |
NOS_14660 | Após rachar as negociacións coas empresas que se negaban a renovar convenio colectivo, caducado hai tres anos, o sector sanitario convoca paros alternos para o mes de febreiro e greve indefinida a partir do 20 de marzo. | As convocatorias alternas terán lugar en xornadas dos meses de febreiro e marzo. Concretamente da quinta feira 8 á segunda feira 11, da segunda feira 18 ao domingo 24 en febreiro e da segunda feira 4 á segunda feira 11 en marzo. A folga, de caracter xeral para todas as areas sanitarias, será " definitivamente indefinida a partir do 20 de marzo se non se chega a ningún tipo de solución". O obxectivo é a busca dun "convenio digno e servizo público de calidade", conta a Sermos Galiza Nacho Pavón, delegado sindical da CIG. Os dous servizos de ambulancias que dependen do Sergas, o 061 (urxencias) e servizo programado (trazados hospitalarios, altas ou tratamentos) levan sen convenio colectivo dende que o último caducara no 2015. A "baixa dotación económica" afectou por un lado as condicións económicas dos traballadores e traballadoras do sector e por outro a prestación do servizo (uniformes, limpeza e desinfeción), o cal, din, "está repercutindo nos usuarios e usuarias". Dende o sector fan responsábeis da situación as empresas "que se negan a asinar o convenio colectivo e racharon as negociacións o 11 deste mes ao volveren á súa proposta inicial de rebaixar un 10 o salario, algo absolutamente inasumíbel" e a Administración, quen "a sabendas de que o que estaba pagando era insuficiente continuaron cun peor servizo, entrando en conflito cos traballadores e traballadoras". No concurso do 06, até un 86% de toda a dotación estaba destinada a salarios, en caso de cumplirse os establecidos por convenios. A greve será desconvocada no momento en que houbera "un convenio asinado" e "garantías de que os seguintes concursos xa virán perfectamente dotados". |
NOS_52724 | Tamén fixeron entrega de perto de 1.200 sinaturas recollidas entre a veciñanza. | A Federación de Veciños de Zas e outras dúas entidades fixeron entrega no rexistro do Concello de perto de 1.200 sinaturas e 154 alegacións contra o proxecto macro-mineiro que unha empresa con sede en Madrid impulsa na comarca baixo o nome de 'Isabella II'. Outras 153 alegacións forin entregadas polo alcalde na Sub-delegación do goberno, evitando así "colpasar o rexistro municipal", segundo as súas propias palabras. Os recursos refírense, entre outras cuestións, á falla de planos de situación dos traballos; carencia dun estudo xeolóxico e estudos de impacto ambiental; a indeterminación da afectación aos bens arqueolóxicos, paisaxísticos e etnográficos; a inviabilidade de un aproveitamento racional de recursos e o incumprimento de diferentes leis e normas. Desde diferentes colectivos e organizacións advirten do impacto dunha mina de grandes dimensións que ocuparía terreos pertencentes aos concellos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas, na comarca de Bergantiños. Un proxecto que, afirman, afectaría a unha superficie de 43 quilómetros cadrados, "equivalente a 4.360 campos de fútbol". Desde ContraMINAcción, sosteñen que as consecuencias potenciais negativas para a área afectada son moitas. "En primeiro lugar, unha mina de ouro a ceo aberto implica o uso de cianuro, un veleno moi contaminante e mortal, maquinaria pesada, recursos públicos, camiños e carreteiras, electricidade, e supón a introdución dunha actividade industrial moi agresiva nunha zona agrícola e gandeira -entre 1.500 e 2.000 explotacións de vacún afectadas-, con actividade de caza e pesca, apicultura e outras propias das zonas rurais". |
NOS_19337 | A terceira edición do CIP encherá Carballo de proxeccións, vídeo conferencias, conversas e concertos desde a quinta feira ao sábado. | A terceira edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay converterá esta semana, de xoves a sábado, a vila coruñesa na capital da cultura dixital global. O Carballo Interplay, que nacía hai tres anos como o primeiro Festival de webseries do Estado, converteuse axiña nun referente estatal e agora avanza un paso máis, explorando os formatos máis diversos e os contidos dixitais máis novidosos cun completo programa de actividades que encherá a vila de proxeccións, de debates, de vídeo conferencias e de música dende o xoves 5 pola mañá ata o sábado 7 ben entrada a madrugada. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto até completar aforo. A coordinadora de actividades do evento, María Yáñez, fixo un repaso polo programa do III Carballo Interplay, amplo e diverso: "o xoves teremos unha tarde adicada aos contidos dixitais en galego; veremos en exclusiva a webserie Muerte al youtuber gravada a pasada semana en Carballo dentro das actividades formativas do Festival e haberá unha proxección pública e gratuíta dunha longametraxe que naceu en Internet e chegou ao Festival de Málaga, Estirpe". "Youtuber, Blogger, Viner, Prankster... o venres aprenderemos novos nomes e maneiras de crear na rede; falaremos con expertos como Andreu Meixide e Miriam Hernanz de narrativas de non ficción e do laboratorio de innovación dixital máis importante do Estado (e que pouca xente coñece); e gozaremos con dúas estreas: o falso documentalEntertainment e o novo show dos Venga Monjas, Da Suisa, nunca visto en Galiza". E o sábado "colleremos un pouco de perspectiva para ver como cambiou a cultura dixital no súltimos anos e cara a onde nos diriximos; aprenderemos dos Zopilote como plaxian as obras que ven en Internet e as adaptan en guións dalgunhas das series máis populares da televisión galega; viviremos un podcast en directo dos twitstars El Hematocrítico e Noel Ceballos, sobre a evolución do videoclip desde os 90 até os nosos días; e, xa pola tarde, despois da sesión vermú, gozaremos cunha das galas de premios máis divertidas e espectaculares da cultura galega recente, presentada por Iolanda Muíños e dirixida por Sandra Lesta". Pecharán a festa os Malandrómeda e a DJ Teresa da Praia, na Sala Dublín. Concurso de webseries O Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá cada tarde, a partir das 16h, as proxeccións das webseries galegas e internacionais que participan no concurso oficial do Festival. Sonia Méndez, directora do CIP, explicou esta mañá, que "hai sobre todo comedia, pero comedia transgresora e orixinal, e tamén algo de drama e animación". O público que acuda ás proxeccións, que son de acceso libre e gratuíto, como todas as actividades do Festival, poderá ver propostas de todo o mundo e participar, coa súa votación, na selección da serie que recibirá o Premio do Público. O Carballo Interplay reparte nesta edición máis de 5.000 euros en premios: mellor webserie de imaxe real, mellor webserie de animación, mellor webserie internacional e mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría, e a escolla do público, con 400 euros e trofeo. Ademais, haberá trofeos para a mellor actriz, o mellor actor, un premio AGAG ao mellor guión e un premio CREA á mellor dirección. Este ano, ademais, haberá un premio ao mellor proxecto de webserie en galego dotado con 1.500 euros para a gravación dos primeiros capítulos. Programa formativo Novas narrativas, marketing dixital, novas tecnoloxías, produción e financiación audiovisual, dirección de actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino... son algúns dos coñecementos que adultos, estudantes, nenos e nenas puideron adquirir este ano no ciclo formativo do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, FormaCIP, desde o pasado 12 de marzo até esta mesma fin de semana, na que dous grupos de nenos e nenas aprenderán a empregar paleta gráfica codeco ou a realizar emoticonos analóxicos mentres se desenvolven as actividades do Festival. Sonia Méndez destacou esta mañá a importancia deste programa formativo, que "descubre e apoia a xente creativa que no futuro xerará contidos dixitais para o Festival". Tanto o alcalde como o concelleiro recordaron que o festival é "un referente de novas maneiras de crear e de difundir contidos" e que o seu recoñecemento dentro e fóra de Galicia reforza "o liderado creativo de Carballo". "En Carballo estamos no mundo", afirmou Evencio Ferrero, "e as nosas landras deben medrar en todos os recunchos do planeta". Xosé Regueira, pola súa banda, destacou a importancia que ten o Festival para o tecido económico, cultural e social de Carballo e anticipou o apoio do Concello para a cuarta edición. |
NOS_813 | Toda a oposición apoiou no Pleno a toma en consideración da ILP presentada pola CIG e avalada por 31.000 sinaturas. Suso Seixo, secretario xeral do sindicato, xa anunciou que malia o resultado ''seguiremos a traballar polo dereito a unha vida digna neste Terra''. | Máis unha vez o PP fixo valer a súa maioría absoluta no Parlamento galego para tombar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Desta vez foi a ILP pola creación de emprego presentada pola CIG e avalada por máis de 31.000 sinaturas (o duplo do preciso) , así como por 34 concellos, comités de empresas, entidades... De nada valeu ese apoio ante un Partido Popular que utilizou os seus votos para vetar mesmo que esta iniciativa pasase ao trámite de debate. A oposición no seu conxunto (BNG, AGE, PsdeG e grupo mixto) deron o seu apoio a esta proposta lexislativa. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, defendeu desde a palestra parlamentar que as 100 medidas recollidas na iniciativa lexislativa eran realizábeis de haber vontade para iso por parte do goberno. Lembrou que o "grave problema económico e social de Galiza" é o desemprego, unha realidade que "afecta a perto de 300.000 persoas, e detrás desas cifras hai verdadeiros dramas humanos". Seixo afirmou que as medidas que até o de agora impulsan Xunta e goberno central "non acaban co paro, senón o contrario", e citou as reformas laborais como un exemplo diso. Mudar un sistema "do que non temos nada que esperar" Esta iniciativa temán tiña entre os seus obxectivos "transmitir á sociedade galega que hai alternativas, que estas pasan por facer políticas pensadas na maioría social e non nos intereses de especuladores, banqueiros, grandes empresas...". Seixo apuntou na súa intervención na Cámara do Hórreo a necesidade de que "a sociedade tome conciencia de que deste modelo neoliberal non se pode agardar nada, que hai que mudalo por outro máis xusto e igualitario". Jorquera (BNG): " As políticas que se están a facer non serven para saír da crise" O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, anunciou de partida o apoio da fronte nacionalista a esta ILP. Tanto polo seu contido como polo feito que supón levar o Parlamento 31.000 apoios. "Vivimos tempos de crise da democracia, con gobernos a actuar como títeres dos poderes económicos. Para rexenerar a democracia hai que recuperar o seu significado, o poder do pobo. Por iso apoiamos o dereito a decidir. E por iso apoiamos mecanismos de participación directa como son as ILP". Jorquera salientou que as políticas que se están a facer "non serven para saír da crise. Están a facer un modelo social moito máis inxusto", polo que "cómpre outra política económica, que mova os recursos para poñer o noso país a producir, para crear emprego, con medidas como as contempladas nesta ILP". Fajardo (AGE): "O PP quere unha sociedade coa clase obreira como esclavos". Juan Fajardo interveu en representación de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) e tamén apoio a proposta da CIG. O deputado vilagarcián mesmo quixo agradecer á CIG "que presentase esta iniciativa" e cualificou de "falla de respeto" que durante o debate non estivesen alí nen a conselleira de Traballo nen o presidente da Xunta. Fajardo denunciou que "neste país posuír un posto de traballo xa non garante saír da pobreza e vivir con dignidade" e denunciou que o PP ten como única política económica a de baixar impostos e taxas a empresarios e ricos: "E así non se xera emprego, iso é falso". Iglesias (Grupo mixto): "Esta iniciativa popular síntoa como propia" Carme Iglesias, do grupo mixto, foi a primeira en intervir. "Esta ILP non tería que pasar o trámite da toma en consideración. Como non apoiar unha ILP con medidas para crear emprego? Unha iniciativa que provén da propia base que sabe o que é non ter emprego" "Son nai dunha filla na emigración e outra no paro", dixo Iglesias, que engadiu: "Esta Iniciativa popular síntoa como propia e agradezo aos seus impulsores que a presentasen". Quintas (PSOE): "As familias galegas viven cada vez peor" María Quintas valorou "positivamente" a proposta da CIG. "Sería imposíbel valorar nesta intervención todas as medidas propostas, pero partillamos a demanda de que é mester facer unha política distinta". Quintas afirmou que "as políticas do goberno de Feijóo resúmense que as familias galegas están peor en todos os indicadores agora que hai cinco anos". Pedro Arias (PP): "Esta iniciativa non dá resposta aos problemas" O deputado Carlos Arias baseou a súa intervención en dous eixos: que a problemática actual que se vive é en grande medida herdada do período Zapatero e que as medidas propostas pola CIG non dan resposta á cuestión do desemprego. Mesmo apuntou que a demanda de cuestións como a soberanía está a facer que o BNG "perda" votos. Finalmente, e após as quendas de intervencións, decorreu a votación: 40 en contra da consideración a trámite da iniciativa avalada por máis de 31.000 sinaturas, e 33 a favor. |
NOS_218 | A Carballeira de Anllares é unha xoia natural enclavada na marxe esquerda do Xallas. Un bosque atlántico case único, dos que poucos fican xa no continente. Está hoxe no punto de mira dun proxecto eólico que non só afecta ecosistemas privilexiados do país, senón que tamén é visto como unha ameaza, no seu deseño actual, polo veciñanza e polo concello de Mazaricos. | Eurus Desarollo Renovables ten o proxecto de instalar un parque eólico, A Ruña 2, nun espazo natural de enorme beleza, cunha vexetación e fauna salvaxe propias dos bosques atlánticos, con vistas espectaculares a se debruzaren sobre a Costa da Morte. Un dos muíños programados colocaríase nas inmediacións da devesa do Anllares, o berce dunha carballeira singular. A empresa quere levar adiante os seus planos nunhas condicións que contan coa oposición dunha veciñanza á que en primeira instancia ofrecían apenas 9.000 euros por aeroxenerador [a última oferta alcanzaba os 12 mil], "unha cifra que fica moi por baixo dos convenios que se están a asinar noutros concellos", dille a Sermos unha portavoz do goberno municipal de Mazaricos. Para o executivo local que dirixe Juan José Blanco Riveiro (BNG), o prezo xusto sería non menos de 15.000 euros por muíño. De acordo co persoal técnico consultado polo concello, o proxecto prevé a instalación de aeroxeneradores a unha distancia das casas das e dos veciños que se sitúa á beira dos 500 metros, o mínimo legal estabelecido. "Se se vai medir realmente, veremos que algún dos viraventos aínda están máis perto, coa conseguinte contaminación acústica", denuncian desde o goberno municipal. Empresa e concello levan tres anos a negociar o proxecto, mais desde o executivo local se entende que Eurus Desarrollo Renovables xoga coas cartas marcadas. E que ten un colaborador necesario, un cómplice. A Xunta de Galiza. "Están a ameazar con expropiacións se as veciñas non aceptan un prezo a todas luces inxusto. Desde o concello non o imos tolerar", afirman. A defensa legal da veciñanza fronte á empresa vai ser asumida polas arcas municipais. "As veciñas non teñen os medios para enfrentarse a un pleito desta envergadura", din. A factura anda xa polos 20.000 euros. "Están ameazando con expropiacións se as veciñas non aceptan un prezo a todas luces inxusto. Desde o concello non o imos tolerar", afirman desde o goberno municipal Non acaba aquí o asunto. O goberno local ten outra frente, directamente coa Xunta. En 2018 a Administración autonómica recadou en conceito de canon eólico 700.750 euros, un diñeiro que ingresa polos 123,5 aeroxeneradores instalados en Mazaricos. Ese monto vai directamente a engrosar o Fondo de Compensación Ambiental. Pois ben, desa cantidade o concello só recibiu 200.245 euros. A lei prescribe que no mínimo tería de ser 350 mil (50% do total liquidado). A Xunta tería portanto contraída unha débeda coa corporación presidida por Blanco Riveiro de por volta de 150 mil euros, unha cantidade nada desprezábel para un municipio de pouco máis de 4.000 habitantes. Mais o concello non se conforma tan só con que se salde esa débeda e, así, o goberno local dirixiu unha petición á Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en que reclama que o 100% do Fondo de Compensación Ambiental se destine á "reparación do impacto causado no entorno inmediato". Isto é, revirta integramente en Mazaricos. |
NOS_27473 | As terceiras clasificadas, buscan recortar distancias cos líderes | A fin de semana depara unha intensa xornada para as representantes galegas na Primeira División de Fútbol Sala: Viaxes Amarelle, Cidade das Burgas, Ourense Envialia e Burela Pescados Rubén, coa única excepción de Poio Pescamar, que descansa. O conxunto máis beneficiado da mesma podería ser, caso de conseguir a vitoria na pista do Majadahonda mañá ás 18.30 horas, o Burela Pescados Rubén. As de Julio Delgado e Lucas non só defenderán a terceira posición logo do claro triunfo da pasada semana ante o Zaragoza (8-3), senón que o choque entre Alcorcón e Universidade de Alicante, primeiro e segundo clasificado, respectivamente, pode favorece as súas aspiracións de achegarse o liderado. "Estamos a traballar duro, como todas as semanas, esta foi bastante intensa e para lograr o noso obxectivo de sumar de tres en tres teremos que estar moi concentradas para non ceder balóns que o Majadahonda poida aproveitar para facernos dano, pois son xogadoras moi aguerridas, que traballan moito en defensa, presionan ben e sabemos que nas contras son moi difíciles de parar, con xogadoras experimentadas, como Pitu ou Chili, e unha adestradora que traballa moi ben os bloques" advirte Peque. O Viaxes Amarelle, contra un rival directo A escuadra herculina afronta un duelo contra un rival directo: o Gran Canaria FSF Teldeportivo. O partido, que terá lugar mañá no Pavillón da Sagrada Familia da Coruña a partir das 19 horas, enfrontará dous equipos recentemente ascendidos e que a lóxica apunta que terán salvar a categoría como máxima aspiración. As de Jorge Basanta buscarán lograr un resultado satisfactorio a pesar das numerosas baixas por problemas físicos, mais si que poderán contar co apoio de 30 persoas nas bancadas, número máximo de público autorizado pola Xunta da Galiza. Pola súa banda, o Ourense Envialia volve á competición coa boa nova do regreso de Judith, xusto a tempo para enfrontarse co potente Leganés Masdeporte. O outro equipo ourensán, o Cidade das Burgas, recibe o Futsi Atlético Féminas, de Navalcarnero (Madrid) no Paco Paz, líder da categoría, polo que parece complicado que consigan a súa primeira vitoria na Liga. |
PRAZA_15569 | Pero empeza a ser importante que as palabras se acompañen dos actos ou, mentres non se poida, polo menos de propostas alternativas e discursos novos, acaídos a estes tempos e, se aínda iso non é posíbel, cando menos do intento de construílos. Vai sendo hora! O contrario é alimentar un discurso que a dereita aproveita para si e ao que lle ten collida a medida dende hai ben tempo | Nesta etapa de crise que sendo económica faise social e que vén sendo tamén política, a esquerda en Galicia está en período de reconfiguración xunto co nacionalismo e neste proceso o vello e o novo non sempre se distinguen ben; tampouco o radical e o moderado. A crise é sempre confusión e por iso compre diagnosticala e pensala; asunto difícil cando aínda se está a desenvolver. Historia do presente chámanlle algúns colegas de profesión a ese complexo exercicio de pensar historicamente o presente, no que todos os esforzos son poucos. Neste contexto xorden novas ideas, alternativas, propostas ou organizacións políticas novas, derivadas da lóxica dos tempos (AGE) e das necesidades actuais, algunhas propostas que estaban aletargadas ou viñan xestándose entre minorías toman carta de natureza (decrecemento) Neste contexto xorden novas ideas, alternativas, propostas ou organizacións políticas novas, derivadas da lóxica dos tempos (AGE) e das necesidades actuais, algunhas propostas que estaban aletargadas ou viñan xestándose entre minorías toman carta de natureza (decrecemento) pero outras son vellas ideas da cultura política da esquerda, tan vellas como o mito da revolución ou algunhas das teimas da transición, traídas ás veces a este presente polos mesmos protagonistas de hai 35 anos ou polos ecos daqueles procesos pasados, tan fortes na nosa memoria social e familiar; na memoria en fin da esquerda galega actual. Vén sendo tempo de principiar diagnósticos para análises capaces de propor alternativas Nesta época hai moito que reflexionar. Ata o de agora abundan as análises de conxuntura, sobre a estrutura política, sobre o sistema de partidos e a súa necesaria transformación e mesmo sobre a forma de militancia pero vén sendo tempo de principiar diagnósticos para análises capaces de propor alternativas. Que ao cabo é o que compre para encarar a saída da crise a prol da maioría dos cidadáns, en vez de en favor das minorías poderosas. Nesta conxuntura, compre preguntarse, á vista dos novos discursos e das novas propostas, se a nova esquerda parlamentaria seguirá camiñando, como aínda parece, pola vía iniciada cando o foco foi posto aló polo 2009 nos audis, nos mobles do despacho de Touriño, nos mojitos da Habana, na foto allada de Quintana no iate dun construtor... e nos gastos excesivos da clase política que non é clase nin debe selo para a esquerda. Con este enfoque preferente a dereita atópase na súa salsa e unha vella cultura popular antipolítica e antipolíticos, asentada en antigas e diferentes bases -de certo anarquismo ao fascismo- e consolidada no franquismo, tamén. A esquerda autodenominada anticapitalista polo de agora só chama a resistir e a outra, a de raíz socialdemócrata ou mesmo comunista –de nome-, só coñece unha fórmula keynessiana do pasado que non pode aplicarse porque aquelas condicións que a propiciaron xa pasaron Un enfoque que é compatible coa chamada á rebelión cívica e á resistencia colectiva contra as políticas de recortes do público, restritivas de dereitos e privatizadoras. Cabe preguntarse iso ou se, ademais, a nova esquerda en construción encetará a vía de afrontar os problemas da crise e os excesos do capitalismo depredador. A dereita europea neoliberal, e a española de toda a vida, xa che lle puxo nome a iso: os excesos do estado do benestar que non pode manterse. A esquerda autodenominada anticapitalista polo de agora só chama a resistir e a outra, a de raíz socialdemócrata ou mesmo comunista –de nome-, só coñece unha fórmula keynessiana do pasado que non pode aplicarse porque aquelas condicións que a propiciaron xa pasaron. Nesta nova xeira é tempo de dicirlle á dereita que se quere aforrar e reducir o déficit pode empezar por parar a construción do AVE Nesta nova xeira é tempo de dicirlle á dereita que se quere aforrar e reducir o déficit pode empezar por parar a construción do AVE, esa obra faraónica que interesa máis ás construtoras e subministradoras de equipamentos que aos países polos que pasa. Esa carísima concepción aristocrática do transporte pensada só para trasladar persoas (executivas) e non mercadorías, nun país –o noso- que segue sen afrontar as súas necesidades de mobilidade por ferrocarril entre as sete cidades e co sur atlántico e o norte cantábrico, e depende case en exclusiva das estradas, autoestradas e do auto privado, xerando custes enerxéticos, públicos e privados insustentábeis. Pero estas propostas non pasaron aínda dos grupos ecoloxistas aos grupos parlamentares e o tempo apremia, especialmente para fornecer discursos con algo de miga. É tempo tamén de afrontar os excesos que a crise puxo ao descuberto, alén dos intereses localistas ou partidarios: por non falar das faraónicas obras valencianas, galegas ou madrileñas, de portos imponentes que ficaron sen operación urbanística complementaria, podemos falar de autovías perfectamente inútiles como a Santiago-Lugo coa que un auténtico ministro galego en Madrid quixo agasallar aos seus paisanos ou novas terminais aeroportuarias que en realidade son inmensos novos aparcadoiros con salas de espera enriba, ou dun continuado consumo do territorio nestas décadas de burbulla que degrada as capacidades agroganderias do territorio ou... Neste novo século podemos empezar a reconsiderar o noso mito do atraso agrario Neste novo século podemos empezar a reconsiderar o noso mito do atraso agrario, pola vía que aquí mesmo propuña X. C. Carreira de reparar en que a agricultura orgánica e realmente practicada no país é un sector de futuro en troques dun sector marxinal practicado por campesiños que como os sacos de patacas de Marx ou os rebeldes primitivos de Hobsbawm non están preparados –nin nunca o estarán- para situarse á altura dos auténticos revolucionarios cando se produza ese estalido social ou esa rebelión que ten que chegar antes que tarde. E podemos empezar a concibir as enormes capacidades que se derivan aínda do noso vello e exitoso complexo agrario galego (A. Bouhier, X. Balboa) para un futuro que debe ser sustentábel e no que os produtos alimentarios soben de prezo e aprecio. Por por só un exemplo que ven a conto. Rachar os discursos herdados e as inercias coñecidas para construír e propor alternativas esa é a tarefa máis radical do momento Nestes tempos, en fin, hai certa confusión sobre o que é ou non radical, como é propio dun intre de convulsión no que aínda estamos a intentar comprender que é o que está pasando, en que consiste esta crise, cal é a súa dimensión rexional e planetaria e, sobre todo, como lograr que as saídas da crise beneficien á maioría social en troques de crear unha nova oligarquía aínda máis forte. Pero empeza a ser importante que as palabras se acompañen dos actos ou, mentres non se poida, polo menos de propostas alternativas e discursos novos, acaídos a estes tempos e, se aínda iso non é posíbel, cando menos do intento de construílos. Vai sendo hora! O contrario é alimentar un discurso que a dereita aproveita para si e ao que lle ten collida a medida dende hai ben tempo. Rachar os discursos herdados e as inercias coñecidas para construír e propor alternativas esa é a tarefa máis radical do momento. Do contrario ficaremos compracidos na vella linguaxe agardando ata que escampe, mentres a dereita goberna para si, xaora. |
NOS_34330 | A edición de 2020 chega cun límite de 400 entradas diarias, 200 en horario de mañá e 200 de tarde, de 2 a 5 de setembro | O festival de Cans celebra este ano a súa edición con retraso, entre o 2 e o 5 de setembro. As restriccións de acceso e os protocolos de seguridade marcarán o evento, no que será preciso retirar entradas -estarán dispoñíbeis 400 diarias- ou inscribirse previamente nas actividades paralelas. A organización presentou onte con "MasCansRilla" e respectando as distancias de seguridade as chaves dunha versión reducida e máis "exclusiva" do ciclo de cinema que fixo dos ghalpóns da veciñanza da aldea a súa bandeira. Mais desta volta evitaranse aqueles onde habiten veciñas de idades avanzadas, que tampouco formarán parte do xurado ni n conducirán os tradicionais "chimpíns". Tras un proceso que supuxo "moito esforzo", a presidenta da Asociación Cultural Arelas, Keka Losada, explicou que a prudencia e a responsabilidade serán prioritarias. Homenaxe a Chano Piñeiro A organización fixo pública a imaxe desta edición, desenvolvida por Nikis Galicia en homenaxe ao Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989), no 25 aniversario do seu pasamento, así como ao clásico cinematográfico E.T. (Steven Spielberg, 1982). Os billetes poderán adquirirse a partir do día 27 de xullo, en grupos de mañá ou de tarde, en packs con camiseta e chapa, a prezos que van desde os 20 aos 25 euros e darán acceso ás proxeccións, coloquios e concertos. As actividades paralelas, como as rutas, limitaranse a 20 participantes, previamente inscritas. As persoas responsábeis do festival explicaron que se habilitarán vías de circulación, entradas e saídas diferenciadas e actividades sentados con distancia de seguridade. A illa das mentiras A película A illa das mentiras, de Paula Cons, será a encargada de abrir a XVII edición do evento, nunha sesión para 120 persoas que terá lugar no Salón do Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Este filme, que acaba de ser seleccionado para participar no festival de Shanghai, recupera a historia do vapor Santa Isabel, que en 1921 naufragou fronte á illa de Sálvora con centos de emigrantes que se dirixían a Bos Aires. |
NOS_12964 | Xhamain é un grupo galego que pula por recuperar a mellor época da música galega e que define o seu estilo musical como "metal gótico sinfónico céltico". Toda unha declaración de intencións coa que a formación aposta por mesturar melodías fermosas con sons contundentes. O seu compositor, Rubén Alonso, e a súa cantante, Mariah Fosado, deron en 2014 os primeiros pasos para que nacese en 2016 Xhamain. No Samaín deste ano sairá o seu novo disco, do que xa hai un adianto en YouTube. | Como naceu o grupo? Pódese dicir que Xhamain naceu dunha forma bastante casual a finais de 2014. Mariah Fosado, a nosa cantante, era alumna da academia onde traballaba e sigo a traballar (dZetta Music Center, centro oficial Rockschool de Vigo). Eu quería gravar unha demo dunha canción composta por ela. Así que veu ao meu estudio e, ao mesturar algunhas das súas ideas e algunhas das que me viñan á cabeza a min, conseguimos compor unha canción que resultou ser máis que xeitosa. A partir de aí, coincidimos en que se podía formar un grupo en base ao estilo desa primeira canción. A comezos de 2016 xa tiñamos unha formación máis ou menos estábel con varias cancións. Xhamain é, cando menos, un nome peculiar Nomear un grupo é sempre unha tarefa delicada. Non se trata de pórlle un nome a unha canción ou a un disco. É o nome polo que te van coñecer, e é interesante que sexa algo que defina o estilo musical e estético dunha banda. Ocorréuseme mesturar os nomes das dúas noites máis máxicas da Galiza: a noite de San Xoán e o Samaín. Desa combinación naceu Xhamain. O h intercalado simboliza unha ponte entre ambas as dúas datas. Cantos integrantes forman actualmente a súa banda? Sempre tivemos presente que debíamos ser un sexteto. Agora mesmo contamos cunha batería, un baixo, unha guitarra, unha guitarra e voz masculina, unha gaita e teclado, e unha voz feminina. Evidentemente, o ideal sería ter separadas as funcións duplicadas para que cada unha fose feita por unha única persoa. O problema é que así seríamos oito, e iso acaba por ser prohibitivo en bastantes escenarios que, por motivos obvios, non nos permitirían desenvolver o tipo de música que nós facemos. Por iso decidimos que seis era o número correcto para este grupo. Que acollida tiveron? Pois non podemos estar máis contentos. Ao noso primeiro concerto, en 2017, acudiron máis de 200 persoas. Na nosa segunda cita, puidemos ser os abreconcertos dun dos artistas de referencia do metal estatal, Leo Jiménez. Tanto no primeiro como no segundo concerto, aínda non tiñamos publicada ningunha canción nin disco. Despois diso, tivemos un parón indefinido. Agora volvemos con máis forza, cun vídeo que presentamos en San Xoán e que adianta o contido do noso primeiro disco, que sairá no Samaín deste ano. Para a masterización deste sinxelo e do disco traballamos cunha das referencias mundiais do xénero: Tony Lindgren, que ten un currículo abraiante e moita experiencia con bandas de máximo nivel no metal. Semella que a música galega está a vivir un novo momento de auxe. É probábel que a mellor época da música en galego fose a mediados e finais dos anos 90, cando o Xabarín Club era un éxito sen precedentes para a mocidade do noso país. E seguramente non só para a poboación máis nova. Ademais, tamén despuntaron artistas doutros ámbitos como o da gaita. Carlos Núñez é un exemplo dun artista nacional que levou a música galega a un nivel internacional. Actualmente, hai bastantes propostas moi interesantes en diversos estilos e agardamos que a música volva ter ese empurrón de hai anos. Nós queremos pór o noso humilde gran de area para que iso ocorra, evidentemente. Citou vostede na resposta anterior a música galega -en galego-, á que lle dan especial importancia. Moita, indubidabelmente. A cultura en xeral, e máis concretamente a música, é un medio clave para a permanencia e a transmisión da lingua. Pensamos que é relevante apostar por letras diversas,como en calquera outra lingua, sen tirar necesariamente polos tópicos. Ao final, nesa diversidade reside a verdadeira normalización lingüística. |
NOS_34036 | Cimeira de países do sul de Europa en Madrid con Rajoy como anfitrión para avalar o ataque norteamericano. Socialdemócratas como o portugués António Costa, o francés François Hollande e o italiano Paolo Gentiloni de mans dadas con conservadores como Rajoy ou o chipriota Anastasiadis. Aí estaba tamén o líder de Syriza e primeiro ministro grego, Alexis Tsipras. Non desentoou coa posición oficial de apoio aos EUA. | Esta segunda feira, o Estado español, Portugal, Francia, Italia, Grecia, Chipre e Malta acharon conveniente se reuniren para enviar unha mensaxe conxunta de apoio ao ataque estadunidense a unha base militar siria, a primeira agresión de Washington a tropas de Damasco desde que estourou o conflito civil no país árabe en 2011. Os líderes deste país, na súa declaración, consideraron probado que o ataque con armas químicas do pasado 4 de abril en Khan Sheikhun (zona controlada polos rebeldes) foi produto dunha orde de Damasco. O goberno de al Assad nega categoricamente ter nada a ver co ataque de Khan Sheikhun, mentres que Moscova e Teherán -aliados de Damasco- demandan unha investigación independente sobre os feitos, ao tempo que remarcan que o armamento químico en poder do exército sirio foi desmantelado en 2014 nun operativo supervisado por organismos internacionais. Siria aderiu en outubro de 2013 a Convención para a Prohibición de Armas Químicas, que veta a produción, o armacenamento e o emprego deste tipo de armamento. Os chefes de goberno dos países do sul de Europa negan calquera credibilidade a Damasco e cualifican o lanzamento de míses Tomahawk a unha base militar siria como "unha resposta comprensíbel de EUA ao ataque con armas químicas do réxime sirio". O ataque estadunidense violou a legalidade internacional ao non contar co amparo do Consello de Seguranza de Nacións Unidas. |
PRAZA_16270 | Fenda salarial, contratos máis precarios ou o traballo de coidados desigualmente repartido están entre as razóns que xustifican a convocatoria, que tamén incide nas múltiples violencias que sofren as mulleres, tanto no ámbito da parella coma no espazo público CUT e SLG rexistran unha folga de 24 horas para o 8 de marzo e CIG, CCOO e UGT, paros parciais | CUT e SLG rexistran unha folga de 24 horas para o 8 de marzo e a CIG, paros parciais ENTREVISTA: "Queremos que a folga do 8 de marzo sexa un punto de inflexión" O movemento feminista impulsa unha folga xeral de mulleres para o vindeiro 8 de marzo. Unha folga laboral, pero tamén estudantil, de consumo e de coidados ao que se foron sumando a maior parte das centrais sindicais, convocando paros de 24 horas (CUT, STEG, CGT, STEG, SLG...) ou parciais (CIG, CCOO, UGT). As razóns que subliña o movemento feminista para xustificar a convocatoria da folga son múltiples e van dende a fenda salarial, a maior precariedade laboral sufrida polas mulleres, a desigualdade á hora de facerse cargo de fillos/as e persoas dependentes ata aspectos relacionados coas distintas violencias que padecen, tanto no ámbito da parella coma no espazo público. Repasamos algunhas delas nestes 12 gráficos. Máis paro feminino. As taxas de actividade (49,1%) e ocupación (41,1%) femininas son 9 e 8 puntos inferiores ás masculinas. A taxa de paro é máis elevada (16,4% fronte ao 15%). Dende o 2013, mentres que a masculina descendeu en 7 puntos, a feminina só o fixo en 5. Emprego a tempo parcial. Máis do 20% das asalariadas galegas traballan a tempo parcial, mentres a porcentaxe de emprego a tempo parcial é inferior ao 6% no caso dos homes. Unha parte importante deste emprego parcial non é desaxado, senón obrigado. 22.500 mulleres galegas afirman traballar a tempo parcial para o coidado de nenos/as e dependentes e outras obrigas familiares, mentres que só o fan por este motivo 1.100 homes Fenda salarial. As mulleres cobran un 22,3% menos que os homes en Galicia (dato de 2016), como vén sendo denunciado polos sindicatos. A diferenza mantense estable dende hai unha década. Un 16% das asalariadas galegas reciben soldos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional, fronte ao 4,3% dos homes. Unha fenda que en boa medida se debe á maior proporción de contratos a tempo parcial que sofren as mulleres. Menor acceso aos postos de dirección. Tan só o 3,4% da poboación ocupada feminina traballa en postos de dirección ou xerencia, fronte ao 6,4% no caso dos homes. En Galicia son 27 mil varóns, por 12 mil mulleres, menos da metade, cunha diferenza que case non variou nos últimos anos. Temporalidade. En 2017 só o 4,73% dos contratos asinados polas traballadoras galegas foron indefinidos. O resto foron temporais. Deles, o 33% tiveron unha duración inferior a unha semana e un 45% duraron menos dun mes. Neste indicador non hai apenas diferenzas con respecto aos homes, que sofren a temporalidade en igual medida. Responsabilidades familiares e coidados, para elas. En 2017 1.078 mulleres acolléronse a algún tipo de excedencia nos seus traballos para pasar máis tempo cos seus fillos e fillas. En cambio, foron só 132 homes. De igual xeito, en 2017 só 293 parellas galegas compartiron o permiso por maternidade para o coidado de nenos e nenas acabadas de nacer, pouco máis do 2%. A inactividade das mulleres por ter outras responsabilidades familiares ou persoais e polo coidado de nenos/as ou de persoas adultas enfermas, discapacitadas ou maiores, dista moito da masculina por estas mesmas razóns. Por exemplo, mentres o 4,8% das mulleres que non traballan declaran non buscar un emprego para coidar dalgún familiar, apenas o 0,6% dos homes sinala que este é o motivo. Este indicador é dos poucos que nos últimos anos se vai igualando, aínda que a diferenza é aínda abismal. Pensións máis baixas. A pensión contributiva media nos homes ascende as 1.041 euros, e a das mulleres a 647, unha diferenza do 38%. A fenda é maior da que se rexistraba antes da crise: no 2007 era do 35,8%. Traballo fóra, traballo na casa. Nas últimas décadas as mulleres incorporáronse ao mercado de traballo (con máis ou menos precariedade e obstáculos), pero iso non significou que deixasen de traballar de forma non remunerada noutros ámbitos, sobre todo o fogar. En 2015 as mulleres con emptregos a xornada completa dedicaban 11,3 horas máis que os homes a labores non remunerados. Segundo a Enquisa de Emprego do Tempo do INE (ano 2010) as mulleres que viven en parella cun home dedícanlle ás tarefas domésticas máis de dúas horas diarias máis que eles. Violencias. A folga do 8 de marzo inclúe nas súas reivindicacións varios elementos fóra do ámbito laboral, económico, de tempos e coidados, como por exemplo os referidos ás violencias sufridas polas mulleres. Nos últimos 19 anos 62 mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas ou ex parellas, unha estatística que acadou o seu máximo en 2015, con 8 asasinatos. Porén, as mulleres sofren moitas outras violencias no ámbito da parella e, de feito, o número de denuncias por violencia de xénero disparouse nos últimos anos no noso país, rozando as 600 por mes, 20 por día. Neste momento a policía vixía 1.596 agresores machistas en Galicia. Agresións sexuais. Case todas as semanas denúnciase en Galicia unha agresión sexual con penetración, acadando un máximo en 2015 (54), á espera de que se publiquen os datos totais correspondentes a 2017, cun forte aumento con respecto ao pasado ano. Un 36% das mulleres séntense "inseguras" camiñando soas pola noite na zona na que viven Aborto. A folga tamén reivindica o dereito das mulleres a decidir sobre a súa sexualidade e o seu corpo, demandando a posibilidade de interromper os embarazos de maneira libre, segura e gratuíta, tamén para as mulleres entre 16 e 18 anos. E tamén para aquelas mulleres que se ven obrigadas a someterse a abortos terapéuticos, que seguen a ser transferidos a Madrid. As estatísticas do Ministerio de Sanidade revelan que case 9 de cada 10 abortos que se practican en España realízanse en centros privados |
QUEPASA_53 | A actualización de datos da fin de semana deixa un balance duro: 3 falecidos (diagnosticados de coronavirus e con patoloxías previas): Un home de 64 anos ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Un home de 84 anos ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que procedía da residencia DOMUSVI de Vimianzo. Unha muller de 73 anos ingresada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que tamén procedía da residencia DOMUSVI de Vimianzo. | Facemos un novo repaso semanal da incidencia do COVID na nosa comarca, despois deste primeiro treito de Nadal, sen aínda poder analizar as consecuencias deses días de permiso. De feito os datos son moi semellantes aos da semana pasada, coa única novidade do aumento drástico que ten vivido o Concello de Vimianzo. O gromo acontecido estes días na Residencia DomusVi de Vimianzo, con 25 casos activos, lanza ata 72 os novos casos positivos nos últimos 14 dias.De feito, a residencia vimiancesa ía ser das primeiras en recibir as vacinas, pero dado o gromo adiáronse lixeiramente. Na zona sur da comarca, se ben concellos como Cee, Dumbría ou Muxía evolucionan positivamente, as cifras en Fisterra están tardando en baixar, pero parece que a tendencia é cara a contención. Pola contra, semella que a comarca de Bergantiños, con 40 novos casos nos 7 concellos nos últimos 14 días, estase librando desta nova onda da pandemia. A día de hoxe hai só 4 ingresados no HVdX. Datos a 27 de decembro de 2020 |
NOS_28697 | [ACTUALIZADA ÁS 17.15H] Malia que Cayo Lara apelou á responsabilidade de Yolanda Díaz e dos deputados cataláns que se integraron no grupo parlamentar de Podemos, IU seguirá sen contar con grupo parlamentar propio. A proposta do coordinador federal provocou tensións internas. | IU seguirá sen grupo parlamentar propio após Yolanda Díaz e os dous deputados cataláns de IU que concorreron as eleccións con En Comú Podem desouviren a proposta de Cayo Lara. A intervención de Lara no Consello Federal de IU espertou na formación política graves enfrontamentos que non tardaron en saír á luz. O primeiro en reaxir foi o deputado de IU, Alberto Garzón, quen lle advertiu a Cayo Lara que a súa proposta de crear un grupo parlamentar cos dous deputados de IU integrados no grupo mixto e os tres integrados no grupo de Podemos representa unha "grave irresponsabilidade política" que pode "romper" as confluencias en Catalunya –En Comú Podem- e na Galiza –En Marea. A reacción de Alberto Garzón tivo lugar após o coordinador federal de IU instara Yolanda Díaz –coordinadora nacional de EU, que se presentou ás eleccións coa coligazón de En Marea- e os parlamentares de IU que se presentaron con En Comú Podem a se sumaren aos dous deputados que ten IU no grupo mixto, Alberto Garzón e Sol Sánchez, para formaren un grupo propio. Segundo Lara, Ciudadanos e o PSOE apoiarían a creación do grupo parlamentar de IU nesas condicións. Lara non cre que a creación dun grupo parlamentar propio prexudicase as confluencias Cayo Lara non cre que o feito de que os tres deputados de IU que se presentaron ás eleccións en candidaturas de confluencia formen parte dun grupo propio xunto Garzón e Sánchez vaia prexudicar "ningún interese dos acordos que se poida ter en cada un deses territorios". Dada a división provocada pola oferta de Lara a Yolanda Díaz e aos deputados cataláns, o propio coordinador federal de IU retirou a proposta do texto votado e o Consello Político limitouse a aprobar unha resolución xenérica na que se lles pide "ás organizacións políticas de Galiza e Catalunya que esgoten todas as posibilidades para acadar o grupo parlamentar até o último momento". Desta maneira, como non prosperou a proposta de Lara, a Mesa do Congreso non terá que debater esta terza feira sobre a creación do grupo de IU. Plan de axuste en IU Lara alertou no Consello Político que sen o grupo parlamentar "o plan de viabilidade endurécese moito e aféctalle ao conxunto da formación". Débese, entre outras cuestións, porque a organización non recuperaría os dous millóns que gastou no envío de propaganda eleitoral masivo. "A mobilización está baixo mínimos. Temos que crernos un pouquiño máis como organización. Caemos moitas veces e moitas veces volvemos erguernos", concluíu o secretario xeral. O feito de non ter grupo propio podería implicar o despedimento do 60% do cadro de persoal Fontes de IU barallan que o plan de viabilidade ao que se verá sometida a formación política de non formar grupo de seu podería implicar o despedimento do 60% dos seus traballadores e traballadoras. |
NOS_12602 | Extraordinario (Galaxia, 2018) é unha historia de emancipación. De opresión e liberdade. De identidades sufocadas e ningún medo a voar. O relato en primeira persoa da construción dunha vida non dominada. A novela que lle valeu a Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) o premio Narrativa Breve Repsol tamén se pode ler, explica o autor, "como un longo poema en prosa". Que, dalgunha maneira, engade, arremeda o conto do parrulo feo. "Subxace a cuestión do monstro", afirma a Sermos Galiza, "porque o monstro tamén é extraordinario, aquilo que non encaixa na idea obvia de normalidade. O artista, por exemplo". Fundador da editorial de poesía Chan da Pólvora hai case tres anos, poeta, performer, as estratexias artísticas de Lopo non respectan ningunha fronteira. Eis un extracto da entrevista publicada no número 332 de Sermos Galiza. | Que é Extraordinario? Tentei escribir Extraordinario como alguén que lle conta a súa vida a outra persoa durante unha viaxe compartida en tren, nun avión intercontinental, en barco. Neste caso, o traxecto é un libro. A novela ten unha aparencia sinxela. Quería que a lectura se puidese facer de corrido e que fose envolvente. Non sei se o conseguín. Ao mesmo tempo, procurei que houbese un subfondo de complexidade simbólica. Gústame pensar que é como esas imaxes ocultas, tridimensionais, que tanto me fascinan, nas que para ver a imaxe oculta tes que te concentrar en algo máis aló da túa vista. E tamén me gusta pensar que Extraordinario é un conto: unha especie de parrulo feo de Andersen con ese parrulo grande, desleixado, que resulta non ser un parrulo senón un cisne. Nesa idea de parrulo, ademais de subxaceren as cuestións da identidade e da diferenza, subxace a cuestión do monstro. Porque o monstro tamén é extraordinario, aquilo que non encaixa na idea obvia de normalidade. O artista, por exemplo. A historia desenvólvese nunha época concreta, o tardofranquismo. Mais a novela non é para nada sinxela: a construción dos planos temporais, por exemplo, é complexa. Talvez sinxela non sexa a palabra... O que en aparencia é moi natural –ben entendido, porque nada natural hai na literatura– era o intento de procurar esa lectura envolvente. Mais si, recoñezo que a estrutura, dentro da súa aparencia sinxela, é complexa, xoga co presente e o pretérito, coa memoria, enlaza aspectos... A gran viaxe que adoitamos facer é sempre unha viaxe ao pasado e en realidade o que se está facendo en Extraordinario é unha viaxe ao presente. O corpo, como no seu último libro de poemas –titulado xustamente Corpo (Xerais, 2018) – e en boa parte da súa obra, é fundamental nesta novela. A que obedece ese interese? Interésame tamén cando traballo en performances. Por exemplo en Prestixiditador, un poema oral en que se partía do corpo non como libro pero si como soporte de poesía. A min gústame a idea do carácter corporal da existencia. E o interese procede de cando nos liberamos do lastre do dualismo da alma fronte ao corpo, do instinto fronte á natureza. Superamos esa dualidade e colocamos o corpo no centro da filosofía e por suposta da vida social, que xa está en Deleuze, en Foucault ou en Derrida. Comprendemos a plasticidade do ser humano, que o corpo representa como conciencia e instrumento. A nosa forma de estar no mundo comeza na aprendizaxe de movernos. Ademais, a nosa forma de estar no corpo é sempre transitoria. Porque o noso corpo se reconstrúe e se deturpa constantemente. Pero afortunadamente existimos. Existe o presente, que é a única forma constante de estar no noso corpo. Gústame pensar sobre iso e divertirme, porque eu considero que o pensamento e a escrita e a arte son sobre todo un exercicio de sentido do humor. Para crear metáfora. Porque o riso é a primeira metáfora. Gústame dicirme a min mesmo e tamén aos demais: "Non creas todo o que pensas". Este principio paréceme máis esencial que nunca. Bota en falta sensualidade na literatura galega? Hai de todo. Cada un temos unha sensualidade. Hainas que se manifestan en sinais case ocultos pero que abrollan e hainas que intentan ser sensualidades e en realidade son catálogos. Pero creo que é tan variada a sensualidade na poesía galega como as voces que se enfrontan a cuestións próximas á sensualidade. Hai autoras e autores aos que non lles interesan eses aspectos. Pero eu creo que a sensualidade é un instrumento moi importante para coñecernos a nós mesmos e, sobre todo, para coñecermos o mundo que nos rodea. [Podes ler a entrevista íntegra no número 332 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_12724 | Arte no galpón. No antigo galiñeiro, transmutado en cubo branco que nace da terra. Nun remolque no medio da floresta. Arte pendurada das árbores, en diálogo co paso do tempo. Pouco glamour, mais moitas ideas. Moita vontade de facer cousas, de ofrecer aos artistas un espazo intermedio entre os grandes contedores institucionais e as galerías. Así pode definirse FAC Peregrina, o Furancho da Arte Contemporánea que acolle a parroquia compostelá da Peregrina. | Arte no galpón. No antigo galiñeiro, transmutado en cubo branco que nace da terra. Nun remolque no medio da floresta. Arte pendurada das árbores, en diálogo co paso do tempo. Pouco glamour, mais moitas ideas. Moita vontade de facer cousas, de ofrecer aos artistas un espazo intermedio entre os grandes contedores institucionais e as galerías. Así pode definirse FAC Peregrina, o Furancho da Arte Contemporánea que acolle a parroquia compostelá da Peregrina. Propagábase pola cidade, xa desde hai un tempo, o ruxe-ruxe sobre este proxecto, impulsado por Olmo Blanco, Ania González e Diego Vites. A inauguración chegou, finalmente, cunha exposición arredor dos últimos cinco anos de traballo de Mauro Trastoy. "E se todo é posible, por que falta?", di este artista a través do verso de Estevo Creus nunha das imaxes da súa mostra. Palabras que poderían ser unha boa metáfora da iniciativa do FAC. "E se todo é posible, por que falta?", di este artista a través do verso de Estevo Creus nunha das imaxes da súa mostra. Palabras que poderían ser unha boa metáfora da iniciativa do FAC Porque FAC é acción, desde a autoxestión. Toma de posición. Adaptación ás circunstancias ou, máis ben, arela de transcendelas. As condicións nas que vivimos han de ser as condicións nas que produzamos, sinala a web deste furancho que, ao xeito dos galpóns habilitados para vender o viño que sobrepasaba as necesidades de subsistencia da casa, propón unha saída para os excedentes de arte. Para aqueles traballos que non teñen onde darse a coñecer. "Isto non é como o CGAC, non temos un edificio de Siza nin de Calatrava. Temos un galpón, que non é glamouroso. Pero é que as condicións nas que traballan os artistas tampouco son, na realidade, glamourosas" "É un espazo privado, que estivo tempo abandonado. Antes de converterse no FAC acolleu o Episodio piloto, outro proxecto que consistía en residencias de verán para artistas", explica Olmo Blanco. "Isto non é como o CGAC, non temos un edificio de Siza nin de Calatrava. Temos un galpón, que non é glamouroso. Pero é que as condicións nas que traballan os artistas tampouco son, na realidade, glamourosas. Hai un descontento co actual desenvolvemento do sector profesional das artes: hai moita xente que non cabida nos espazos expositivos, ou non lle apetece traballar neles", engade. E FAC tentará ofrecer, dentro das súas posibilidades, unha alternativa cunha programación organizada segundo tres formatos distintos. FAC Producións acollerá obras de produción propia do equipo creador do proxecto. FAC Convidadxs dedicarase a traballos doutros artistas ou colectivos. E FAC Express reservarase para montaxes de curta duración, para atender a urxencias de espazo ou necesidades de presentación de propostas novas. Sen o atranco dos trámites burocráticos. As persoas interesadas poden enviar unha pequena sinopse do seu proxecto a [email protected]. O Furancho de Arte Contemporánea ten arquitectura de galpón, con teito de uralita. O espazo expositivo máis grande serviu durante anos de garaxe, que os membros de FAC limparon e pintaron, dotándoo ademais de instalación eléctrica. Anexo a este lugar central atópase o que foi o galiñeiro, transformado "trasladando á terra a filosofía do cubo branco", explica Ania González. Paredes brancas que contrastan coa terra escura. Fóra, camiñando uns metros cara ao bosque, atópase un remolque que complementa toda a estrutura anterior. Aínda que un dos elementos máis característicos do FAC é o mural da porta de entrada, obra de Joseba Muruzábal, que reinterpreta unha fotografía dos avós de Olmo. O Furancho albergará outras actividades, como concertos de pequeno formato ou debates sobre propostas artísticas Á marxe da programación central -FAC abrirá ao público os venres-, o Furancho albergará outras actividades, como concertos de pequeno formato ou debates sobre propostas artísticas. "É certo que nos falan de posibles referentes como as antigas fábricas de Berlín reconvertidas en lugar expositivo. Pero o noso é, sobre todo, un proxecto moi contextualizado no rural", salienta Olmo. "O que lles damos aos artistas é o espazo e apoio técnico: a montaxe.... Un dos eixes da nosa filosofía é construír un espazo non mediado por intereses alleos ao traballo de creación artística. Estamos ademais en contacto con outros proxectos semellantes, e pensamos en establecer algún tipo de circuíto a través da colaboración entre nós", engade Ania. Mauro Trastoy presentou no FAC a súa exposición 1+1+1, escolma do seu traballo dos últimos cinco anos 1+1+1 Mauro Trastoy presentou no FAC a súa exposición 1+1+1, escolma do seu traballo dos últimos cinco anos. "Quería ver como se relacionaban entre si as obras fóra do taller, onde as tiña. O que fixen nos últimos anos ten que ver con algo que di Douglas R. Hofstadter en Gödel, Escher, Bach. Un eterno e grácil bucle: se alguén oprime o 1 dunha máquina sumadora, e repite a operación, e a segue repetido sen cesar durante horas e horas, a máquina non aprenderá xamáis a anticiparse ao operador sumando un novo 1 por si mesma, a pesar de que calquera persoa asimilaría moi rápidamente o comportamento repetitivo. Xurde daquela a emoción do infinito". Un xesto que se repite, ata conformar unha estrutura. Como medir, cortar, atar... un material que pode ser corda, arame, madeira, cinta, papel... O artista fixa unhas pautas de acción, unha norma, como por exemplo unhas determinadas medidas que debe ter un cubo. Mais despois o proceso é interrompido, por falta de tempo, cansanzo, por alternancia con outros traballos... "O azar ponme nervioso, sempre sinto a necesidade de telo todo hipercontrolado... Pero o resultado xorde sempre da tensión entre o azar e a norma, a planificación", apunta Trastoy. "O azar ponme nervioso, sempre sinto a necesidade de telo todo hipercontrolado... Pero o resultado xorde sempre da tensión entre o azar e a norma, a planificación" Comeza a mostra cunha peza composta de láminas de madeira, empatadas e pintadas de branco. O tratamento dálle un aspecto metálico, que contrasta coa herba sobre a que está pousada. Porque a integración coa natureza foi unha das preocupacións do artista. De feito, outra das obras situadas no exterior, -nós de corda que abrazan unha póla-, parece parte da árbore. Un pouco máis adiante, unha cadea feita de papel de aluminio pendura doutra póla. No galpón pódense ver algunhas das pezas máis coñecidas do artista. Como o cadro para peitear, que estivo non hai moito exposto no Auditorio de Galicia. Fíos de cánamo colgan dun soporte rectangular. Cada un emerxe dun punto. "Neste caso, o xesto foi pasar o cánamo para cada fío e atalo atrás. E ese xesto repetido moitas veces é o que constrúe un cadro. Un cadro cunha función, que é a de peitear", apunta o artista. Outra das pezas, en arame, repite unha mesma forma cuadrangular que despois se ondula. Sobre un canto do chan disponse un triángulo de cubos de madeira, todos das mesmas dimensións. Na parede, anacos de cinta debuxan unha rede, metáfora de internet. Nun dos laterais a cinta está despegada. "Interésame que as obras se vaian transformando co tempo", indica Trastoy. A peza dos nós de cánamo está na póla da árbore desde hai máis dun ano, de xeito que foi mudando de cor e endurecéndose co efecto da choiva ou da temperatura. No teito colga outra obra, de cadrados de cinta isolante unidos e repetidos ata o infinito. Noutro canto, os nós rodean, esta vez, unha póla seca. Mais unha das pezas máis interesantes é, sen dúbida, a do antigo galiñeiro. Formas brancas que serpean sobre o chan de terra. "Coloco as obras de distintas maneiras en función do espazo. Con esta fixen noutra ocasión un vídeo...". Fóra, no remolque, poden verse imaxes doutras pezas de Trastoy. |
NOS_45730 | Queren divertirse? Vaian ao Anxo Carro. Un partido alí é un carrusel de emocións. A bola nunca para. Os porteiros traballan arreo. Hai unha movimentación moi de liga inglesa e hai unha equipa que xoga ao fútebol con moito xeito. O Lugo venceu o Sabadell (1-0) e ocupa postos de ascenso directo a Primeira División por vez primeira na súa historia. | Un gol de Pablo Sánchez, o seu terceiro no que vai de campionato, selou a vitoria do Lugo face un Sabadell que na segunda parte, xa co taboleiro de marcas en contra, tivo tamén as súas oportunidades e abeirou o empate. Como dirían os clásicos, o partido tivo dúas partes ben definidas. A primeira foi para o Lugo. Boa parte da Segunda, para o Sabadell. No Anxo Carro non hai tempo para aborrecer o fútebol. É tanta a intensidade coa que se emprega o Lugo neste primeiro terzo de campionato que o stress do campo lugués acaba derrotando os visitantes máis resistentes. Non se pode ir relaxado a Lugo. Quen vai, perde seguro. O garda-redes José Juan, MVP No Lugo todos xogan cunha enorme tensión competitiva. Desde os puntas -a letal dupla Rennella-Sandaza- até o garda-redes. Se hai porteiros que dan pontos, José Juan deulle hoxe dous á equipa de Setién. Todo o que fixo o fixo ben, até o ponto de ser o MVP da equipa na segunda metade, cando a escadra catalá acertou a encerrar a galega no seu campo. O Lugo suma xa 20 pontos -3 máis que o Deportivo- e conclúe a xornada 11 en postos de ascenso directo, a primeira vez na historia que tal cousa lle acontece á equipa do Anxo Carro. Lugo: José Juan; David de Coz, Lolo Pavón, Jorge García, Manu; Carlos Pita, Fernando Seoane; Pablo Sánchez (Ernesto, m. 72), Iago Díaz (Víctor Díaz, m. 75); Enzo Rennella (Álvaro Peña, m. 70) e Fran Sandaza. Sabadell: Nauzet Pérez; Cristian, Kiko Olivas, Carlos Hernández, Víctor Espasandín (Edgar Hernández, m. 79); Juanjo Ciércoles, Antonio Hidalgo (Longás, m. 63); Juanjo Collantes, Tanabe (Paco Sutil, m. 68); Aníbal Zurdo e Raúl Tamudo. Gol: 1-0, m. 38: Pablo Sánchez. |
NOS_19298 | A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de emitir un comunicado sobre a situación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, en que expresan o seu temor pola posibilidade de que perda profesionalidade e independencia. Os xestores culturais fan pública a súa posición despois de que o director do centro Iñaki Martínez Antelo se despedise do posto cunha carta a semana pasada. | "Estamos preocupados pola situación que vive nos últimos tempos un dinamizador social e cultural do país como o MARCO", afirman, "e pola información clara e veraz sobre o futuro da institución". De titularidade municipal, os profesionais da cultura esixen que o museo siga a ser "un espazo profesional e independente dedicado á cultura e á arte, e non un edificio máis destinado ás ocorrencias dos políticos". A asociación salienta que, a maiores do gran número de exposición que acolleu a instalación durante o mandato de Martínez Antelo, tamén realizou un labor "tan ou máis importante" de programación de actividades educativas, de investigación, de conservación, documentación e formación de profesionais. "Todo isto, este museo vivo, podería perderse", aseguran, "só para favorecer as empresas de catering cultural especializadas na venda de mostras prefabricadas, tan de mpda no contexto da espectacularización cultural". Os xestores culturais queren que o padroado do MARCO "deixe de ser un espazo de disputa entre as diferentes forzas políticas que empregan a cultura como arma arreboladiza" e un "procedemento rigoroso, transparente e aberto" na escolla do substituto de Antelo. |
NOS_33065 | O Boletín Oficial do Estado publicaba un 21 de agosto de hai 40 anos a norma oficial que abría a porta ao galego no ensino público. Aquel paso histórico iniciou a peripecia difícil, con voltas adiante e atrás, da lingua na escola. Expertas e activistas valórana, mais alertan da situación actual e do retroceso que supuxo, por primeira vez en catro décadas, o chamado Decreto do Plurilingüismo de 2010. A versión oficial, emitida desde a Xunta, resulta máis conformista. | "El presente Real Decreto tiene por objeto iniciar el camino para la incorporación de la Lengua y Cultura Gallegas al sistema educativo de Galicia durante la actual situación transitoria hasta la promulgación del Estatuto de esta Comunidad Autónoma, así como también sentar las bases de la regulación que con posterioridad haya de ser establecida". Este é o corazón do Real Decreto 1981/1979 do 20 de xullo de 1979 e publicado polo BOE o 21 de agosto, asinado polo daquela ministro de Educación José Manuel Otero Novas, de UCD. "É unha norma significativa na evolución sociopolítica da lingua", considera para Sermos Galiza o académico e sociolingüista Henrique Monteagudo, "que viña superar a normativa abertamente represiva da ditadura". Ao seu ver, o texto marcou o ton do desenvolvemento lexislativo da cuestión. Para ben e para mal. "A lei practicamente estaba calcada da de Catalunya e non se adaptou á realidade galega", analiza, "tampouco se complementou con medidas máis activas". Aquel primeiro chanzo abriu unha porta, si, mais non sen resistencias. "Houbo avances, é evidente, mais custou moito", sinala a este semanario o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. Menciona conflitos concretos en colexios como o do Foxo, na Estrada, ou nos Dices, en Rois. Aínda que a vía legal comezaba a se despexar, a vontade do profesorado batía adoito coas condicións sociais e políticas concretas. "A introdución do galego no ensino foi conflitiva, un éxito da mobilización social e da conciencia crecente sobre o que era a lingua", completa Maceira, "as leis, xa desde ese inicio, foron atrás do que a demanda social". "Histórico" A versión oficial, que desde a Xunta emite o actual secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, coincide no adxectivo "histórico" para se referir ao decreto de Otero Novas, salienta a "valentía" do ministro, galego de nacemento, e menciona o papel na sombra de Xosé Filgueira Valverde. "Pero a norma xerou rexeitamento nas comunidades educativas, hai que dicilo", relata a Sermos, "houbo sobre todo pais e nais que non querían. E, paradoxalmente, no mundo rural, onde máis se falaba". En todo caso, o principal mérito que García detecta naquel primeiro movemento legal a prol do galego no ensino foi que "se decataron da importancia de asociar o futuro da lingua á educación". [Podes ler a información íntegra no número 355 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_53450 | Este 25 de marzo cúmprese o 25 aniversario da morte dun dos grandes das nosas letras, Ricardo Carvalho Calero. A el dedicámoslle o A Fondo que sairá do prelo esta quinta feira. Rendémoslle humilde tributo coa escolla dun dos seus poemas. | Cruzando a ria pola ponte das Pias, se os obreiros de Astano nom cortarom o tráfico, entrarei em Ferrol, a minha terra. Se o cortarom, daquela, hei tomar o caminho antergo, e passar por Narom, pé do mosteiro de Sam Martinho, polos eidos de Esquio. De um jeito ou outro, hei de entrar no meu povo, para ver se tropeço nunha rua qualquer de Ferrol Velho - será a de Sam Francisco, a do Socorro?- com o neno que fum e que foi outro; aquel que fum e que nom fum entom, quando eu non era o velho que hoje som |
NOS_9650 | Xa está no prelo o número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira. | En vésperas do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, comprobamos como as últimas estatísticas xudiciais deixan ver que a eliminación dun mal estrutural como é a violencia machista está aínda lonxe e que cada vez afecta a idades máis temperás. Na Galiza, as denuncias continúan un ritmo ascendente que dificilmente poderá reverterse desde os propios xulgados. Abrimos un novo número do semanario Sermos Galiza en papel cunha reportaxe sobre as violencias que agochan as cifras. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques. En Opinión contamos neste novo número coas mans de Ma Pilar García Negro e Xavier Queipo, a entrega de "A ollo nu", sección que semanalmente asina Xoán Costa, e o humor gráfico das mans de Tokio e Carlos Latuff. Continuamos con paso firme cara a Nós Diario, que verá a luz o 2 de xaneiro de 2020, en papel e en formato dixital. Mentres tanto, adiantamos que Nós Diario número cero se presentará publicamente no Culturgal proba o 30 de novembro. En Sociedade damos conta das reivindicacións que levan a cabo as docentes de Secundaria para frear a LGTBifobia. Tamén acollemos nesta sección unha publirreportaxe sobre os produtos galegos que leva a Deputación da Coruña a Barcelona. Seguimos en Economía coa análise dun tema relacionado coa exclusión financeira, pois o Santander borra a identidade do Banco Pastor na Galiza. En política entrevistamos Néstor Rego (O Vicedo, 1962), após saír elixido deputado en Cortes nas eleccións do 10-N con 57.765 votos, 9,5% do total da circunscrición da Coruña. O BNG regresa ao Congreso despois de catro anos e faino nun contexto político no Estado moi diferente o de 2015. Tamén analizamos os orzamentos presentados pola Xunta. Internacional lévanos até as nacións que negocian en Madrid amparadas polos resultados: Galiza, Euskal Herria e Catalunya. O Fóra de Serie abre cunha reportaxe sobre A Galiza ignorada: Ramiro II 'O Grande', gobernante de grandes capacidades, foi coñecido polos seus contemporáneos como «O Grande», sufrindo até hoxe os ataques da historiografía españolista polos seus enfrontamentos con Fernán González. Entrevistamos Manuel Caamaño (Noia, 1936), unha das figuras máis senlleiras do galeguismo político e cultural. Continúa o Fóra de Serie coas críticas semanais de cinema e literatura, da man de Mario Regueira e Andrés Castro. Ademais, non faltan as colaboracións de Míriam Ferradáns e as "Palabras de fume", "O contacto da distancia", de Mercedes Queixas Zas e Xoán Carlos Domínguez Alberte, a sección "Dálle que libra" de Xesús M. Piñeiro, e a sección "De memoria", a cargo de Xosé Lois Vilar Pedreira. Pechamos o número cunha camiñada polos Penedos de Oulego, coas recomendacións do colectivo Xea, e o selfie co rostro de Nano Unzueta, oleiro que vén de inaugurar a exposición "40 anos de oficio", en Stoupa. O Afondo desta semana é sobre Memoria Histórica, da man da Deputación de Pontevedra, e suman xa o número 232 O número 373 de Sermos Galiza xa está dispoñíbel na loxa e nos quiosques. |
PRAZA_14941 | O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno aprecia que catro dirixentes das antigas caixas actuaron "no seu propio beneficio" coa "cooperación de Gayoso" e coida que existen "indicios racionais de criminalidade" | "Indicios de criminalidade suficiente". Así de contundente se amosa o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno no auto feito público este martes sobre os ex directivos de Novacaixagalicia aos que Anticorrupción investiga por posibles cobramentos indebidos. E por eses indicios e cobramentos o maxistrado vén de decidir a adopción de medidas en forma de fianza: un total de 10,5 millóns de euros que os antigos dirixentes de NCG terán que depositar se non queren que se "proceda ao embargo de bens da súa propiedade". A maior fianza élle requirida a quen foi director xeral adxunto de Novacaixagalicia, Javier García de Paredes, a quen o xuíz Moreno lle esixe 7,02 millóns de euros. A continuación sitúase o outro máximo responsable da entidade fusionada, José Luis Pego, que exerceu de direcetor xeral da caixa fusionada e que agora ten que ingresar 1,9 millóns. Correspóndenlles menores cantidades a Gregorio Gorriarán, antigo responsable do do grupo inmobiliario resultante das divisións que Caixanova e Caixa Galicia tiñan nese sector (1,2 millóns de euros) e a José Óscar Rodríguez Estrada, que foi un dos encargados da oficina de integración das caixas (347.920 euros). Destas cantidades deberá responder tamén como responsable solidario o antigo copresidente de NCG e ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. No caso de que non acheguen as fianzas, procederase ao "embargo de bens da súa propiedade en cantidade suficiente para responder" delas No caso de que nas seguintes vinte e catro horas á notificación oficial das fianzas os antigos directivos non paguen o que se lles reclama o xuíz advirte de que lles embargará pertenzas "en cantidade suficiente para responder das sumas que se lles reclama" e que equivalen ás cantidades que presuntamente cobraron de maneira indebida en forma de prexubilacións millonarias. Isto acontece porque, segundo o xuíz, "por agora" é posible tirar da investigación que os catro ex directivos actuaron "no seu propio beneficio e para asegurar os seus intereses persoais e preparar a súa previsible saída da entidade resultante" das fusións. Para todo isto supostamente contaron "coa cooperación de Gayoso", di o auto. "Melloras" nos seus propios contratos O modus operandi dos antigos directivos estaría baseado, sempre segundo a investigación xudicial, na introdución de "melloras" nos seus propios contratos para así poder percibir "elevadas sumas de cartos co ocasión do cesamento das súas actividades" na entidade financiera, todo isto malia coñecer a súa "dificilísima situación económica". Dado que García de Paredes, Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e Gayoso conservan "capacidade de actuar" sobre os seus propios bens o xuíz considera pertinente a imposición das fianzas para evitar que poidan "eludir a súa posible responsabilidade patrimonial derivada dunha actuación punible", isto é, que poidan manobrar de tal xeito que, en caso de seren condenados, xa non teñan legalmente bens cos que responder da condena. A imposición destas fianzas deriva do procedemento xudicial iniciado pola Fiscalía Anticorrupción, que a través dunha querela contra os ex directivos sinalou que estes "dispuxeron fraudulentamente de bens da entidade", ocultando "o importe das súas prexubilacións" tanto ao consello de administración de NCG como ao Banco de España, causándolle importantes prexuízos económicos non só á propia entidade, senón tamén ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) ou, o que é o mesmo, ao Estado, que actualmente controla máis do 90% do banco ao que Novacaixagalicia transferiu o seu negocio financeiro. |
NOS_8234 | Foi o único presidente autonómico que fixo esa petición. | Núñez Feixoo foi a única voz discordante na reunión do presidente do Goberno español con mandatarios autonómicos cando sobre a mesa se puxo o fondo de 2.000 millóns de euros a fondo perdido que o Executivo central destina aos territorios para facer fronte ao reto educativo. Iso é o que aponta El País, que na crónica desa xuntanza recolle que o presidente da Xunta pediu "liberdade" para destinar eses fondos, para educación, para outras partidas diferentes. Estes 2.000 millóns de euros terían como finalidade afrontar o novo escenario do reinicio do curso escolar en setembro nunha situación aínda marcada polas obrigas de seguridade da COVID-19. A través das redes sociais, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, sindicato maioritario no sector, que "só quen non ten a educación como unha preocupación fundamental pode facer unha afirmación como esa". A seguir, Bermello, lamentou que Feixoo 'esquecese' pedir a fin da taxa de reposición para educación cando si o fixo para sanidade e servizos sociais. |
PRAZA_2509 | Os populares mudan a súa postura e, no canto de votar o mantemento do IBI no 0,54%, o vixente con Hernández na Alcaldía, apoian a baixada ao 0,51% que o PSOE defendía inicialmente en solitario. | O grupo de goberno de Santiago, de Compostela Aberta, chegaba ao pleno deste luns coa práctica seguridade de que non ía poder sacar adiante a súa proposta de ordenanzas fiscais, na que se incluía o incremento do tipo xeral do IBI do 0,54% -o máis baixo das cidades galegas- ao 0,57% e un tipo especial do 0,90% para inmobles non residenciais, así como unha modificación do réxime de descontos e un gravame dos pisos baleiros, entre outros cambios. A iniciativa bateu coa oposición pero non do xeito agardado, dando lugar ao paradoxo de que a proposta finalmente aprobada foi a do segundo grupo con menos edís -4 de 25-, o PSOE, que contou para facelo co apoio do PP. Despois de múltiplas xuntanzas entre goberno e oposición prevíase que na sesión plenaria estivesen tres posturas sobre a mesa a respecto do tributo de bens inmobles. Por unha banda, o incremento e demais modificacións propostas en clave de "progresividade" polo goberno. Por outra, o mantemento deste tributo no 0,54%, que dende cadansúas posturas e con propostas complementarias en sentidos diferentes, prevíase que votasen PP e BNG. Ficaba, pola súa banda, a iniciativa do PSOE, que defendía rebaixar o IBI ata 0,51% para, segundo o seu voceiro, Francisco Reyes, facelo "acorde á situación actual e real do poboación de Santiago, nomeadamente das familias medias e traballadoras". O PP mudou a súa postura e, no canto de votar a súa proposta de manter o IBI no 0,54%, votou a baixada promovida polo PSOE No entanto, á hora de fixar posición o exalcalde popular, Agustín Hernández, ratificou o xiro de guión que implicaba non só rexeitar as ordenanzas propostas polo goberno, senón tamén as que estiveron en vigor mentres el mesmo foi alcalde. Para o voceiro conservador que Compostela Aberta procure máis recadación pola vía de impostos para incrementar o gasto social non é máis ca "demagoxia", xa que eses cartos, defende, pódense lograr cunha xestión máis "áxil" do Concello. No mesmo sentido, Reyes proclama que é posible obter máis fondos para gasto social, que el mesmo reclama, se o goberno local "xestiona ben". O Bloque, pola súa banda, non se uniu á votación e defendeu a súa emenda de manter o tipo no 0,54%, que foi apoiada por Compostela Aberta. Tamén saíu adiante a bonificación do 35% que propuña aplicar ás vivendas de protección oficial. Para o nacionalista Rubén Cela, que si rexeitou outras propostas do goberno como incrementar o tributo sobre vehículos, o acontecido este luns é "unha mala nova" e socialistas e populares non amosan unha postura responsable. Resposta de Noriega "Para isto non facía falta tanta camiñada", retrucou visiblemente molesto o alcalde, Martiño Noriega, para quen a inesperada alianza de socialistas e populares pode ser considerada unha "moción de censura encuberta pola vía fiscal". Populares e socialistas, denuncia o rexedor, veñen de instalarse nunha posición "terriblemente irresponsable" que derivará en que o Concello ingrese 2,7 millóns de euros menos do previsto, toda unha "hipoteca", en verbas da edil de Facenda, María Rozas, que dá lugar a que o PP gobernase cunhas ordenanzas fiscais "mellores que as que se aproban agora". Os de Hernández, censura Noriega, abxuraron da súa política fiscal e emendaron "o seu propio criterio" para que o PSOE "non os adiantase pola dereita", di, na xornada en que, no entanto, os socialistas si van permitir sacar adiante a reforma fiscal da Marea Atlántica na Coruña. Noriega ve na alianza unha "moción de censura encuberta" e reta a PP e PSOE a "gobernar" "Se queren gobernar vostedes, gobernen vostedes, democraticamente poden, pero fágano", retou Noriega dirixíndose ás bancadas de PP e PSOE. Tras tomaren conxuntamente esta decisión, que para o alcalde compostelán marca "un antes e un despois", Hernández e Reyes seguiran sen estar "gobernando e van quedar moi tranquilos na súa casa", mentres "nós -en referencia ao equipo de goberno- imos quedar moi apurados cando teñamos que tomar decisións de onde recortar o diñeiro que vai quedar sen ingresar". "Está claro -conclúe a responsable de Facenda- que me trabuquei cando dixen que o PP tiña sentido da responsabilidade". |
NOS_22779 | A normativa que aprobou a dereita mesmo lle nega o seu nome a catalán e aragonés para lles chamar cos acrónimos Lapao e Lapapip. | Sesenta e tres deputad@s de PSOE, IU-ICV-CHA, CiU e ERC presentaron ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Linguas da comunidade de Aragón que entrou en vigor o pasado maio, ao entender que "vulnera dereitos lingüísticos fundamentais dos cidadáns". As Cortes de Aragón derrogaron a Lei de Linguas do ano 2009, que recoñecía o castelán, o catalán e o aragonés, e aprobaron esta nova Lei 3/2013 de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas de Aragón -apoiada por PP e PAR, e rexeitada por PSOE,CHA E IU- que rebautiza o catalán que se fala na rexión de A Franxa como Lingua Aragonesa Propia do Aragón Oriental (LAPAO), e o aragonés como Lingua Aragonesa Propia das áreas Pirenaica e Prepirenaica (LAPAPIP). Segundo Chesús Yuste, deputado da Chunta Aragonesista (CHA) "aragonés e o catalán son dúas linguas milenarias que son propias de Aragón e que temos a obriga de conservar, protexer e defender". Ademais, insistiu en que se trata "dunha vulneración da Constitución, o Estatuto de Aragón e de documentos Internacionais que son xa ordenamientos xurídicos en España". Pola súa parte, Adolfo Barrena, de IU, cualificou a Lei de Linguas aprobada polo PP "de acto colonialista para parte dunha dereita rancia que non quere recoñecer o Estado plurinacional". |
NOS_38712 | A profesora Anxos García Fonte é produtora de A rosa incandescente, unha curtametraxe premiada no Aracnea Film&Book Festival de La Castellaneta, na Puglia (Italia). García Fonte aborda connosco a idea orixinal, a difusión da literatura e, en definitiva, a Rosalía, "unha figura que interesa en calquera parte do mundo cun mínimo de sensibilidade cultural e artística". | —Como acaba unha docente producindo unha curtametraxe galardoada?É o resultado dunha serie de traballos feitos na aula e na biblioteca do centro no que estaba destinada. A idea fundamental era Rosalía de Castro, falando directamente de si mesma e da súa obra. De feito, iso foi unha especie de presentación que fixeramos e eu encarnei a Rosalía, algo que chamou moito a atención entre as crianzas. Cando chegou a pandemia, comecei a facer un guión só imaxinándoo como un filme ou unha curta, dinllo a ler a algunhas persoas que me dicían que era boa idea e, cando coñecín o Pazo de Sabadelle, vino claro. Ese período serviume para reunir un equipo, cousa que non era tan doada porque eu non pertenzo ao mundo audiovisual, mais fomos tirando uns dos outros e por casualidade podo dicir que reunín un equipo excelente. En principio, pedimos subvencións ás institucións que pensamos que poderían axudarnos, mais a única que o fixo foi o Concello de Chantada. Foi unha axuda importante que ademais chegou na posprodución. —Chama a atención que unha obra tan centrada en Rosalía acabe sendo premiada en Italia.O percorrido que ten aquí é moi pequeno. Polo momento, só foi exposta en Chantada na estrea e no meu instituto, onde fixen a comprobación cos meus alumnos. E funciona bárbaro, porque chama a atención. Visualmente, ten unha fotografía e unha ambientación marabillosas, e iso dixéronmo persoas que non sabían nin onde estaba a Galiza. A min tamén me chama a atención, porque pensaba que aquí ía haber moito interese por esta curta e non está sendo así. En principio, é comprensíbel porque eu non estou nese mundo e desde fóra calquera pode pensar que é a ocorrencia dunha profesora e un traballo pouco serio, mais non é así. Fixen unha aposta porque creo neste produto, porque creo no valor da cultura e da literatura galega e porque penso que Rosalía é unha figura que interesa en calquera parte do mundo cun mínimo de sensibilidade cultural e artística. E iso foi o que atopei en Italia. Cando presentei a curta, expliqueilles que Rosalía era a nosa poeta nacional, e que é unha das primeiras que escribiu e reivindicou con forza a lingua e a cultura do seu país deixándonos unha visión crítica da sociedade que lle tocou vivir, por exemplo, coa emigración galega a América. Isto tamén o viviu o sur de Italia e aí conectei con eles; tanto que cando remataron de ver a curta moitas persoas querían saber máis de Rosalía. —Dito así, un dos labores dunha docente é espertar o interese.Pois si. Está claro que eu teño unhas carencias porque non pertenzo ao mundo audiovisual e non sei como moverme nel e está claro que non son espelida para conseguir axudas, porque ao final tiven que pagar máis da metade do proxecto cos meus aforros. Mais dalgunha maneira, estou vendo resultados, é moi gratificante ver que fóra a xente atopa interesante a historia que estou contando, que tamén é interese pola cultura galega. Dáme moita pena que non se teña feito un traballo de maneira exhaustiva de contar de forma audiovisual a literatura galega. Temos unha literatura marabillosa e creo que deberíamos aprender da BBC. É popularizar a propia tradición cultural que moitas veces queda nun andel das librarías para adolescentes desganados que a len á forza. Canta xente mercou e leu as obras de Jane Austen? Que ten Jane Austen que non teña Rosalía de Castro? Pois detrás hai un traballo audiovisual moi potente que chegou a todo o mundo e que nos vendeu ese produto, que fixo que nos interesásemos pola súa figura e polo universo literario que ela creou. |
PRAZA_11933 | A ex conselleira comunícalle ao portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, a súa intención de deixar o Parlamento | A deputada do BNG Teresa Táboas abandona o Parlamento. Segundo lle vén de confirmar a Praza Pública, a ex conselleira de Vivenda comunicoulle ao portavoz nacional da formación frontista, Guillerme Vázquez, a súa intención de deixar o escano que ocupaba na Cámara galega, onde exercía a portavocía de Urbanismo. Nesa misiva Táboas detalla que as razóns "que motivan" a súa decisión son tanto de "índole persoal" como "política". "Sabes que defendín a necesidade da rexeneración e refundación do proxecto político do BNG, mais a militancia decidiu, con incuestionable lexitimidade democrática, que non era preciso", sinala. Neste contexto, "por honestidade e coherencia, penso que é mellor que outra persoa máis identificada coa liña política" aprobada na Asemblea "sexa quen a defenda no Parlamento", di. A respecto do seu futuro político Téresa Táboas darase un chisco de "tempo". "Desde logo, estarei atenta, porque me preocupa moito o que lle pase ao noso país" nun tempo no que "todos debemos estar pendentes e traballando". "Isto é unha decisión persoal", subliña, "despois, o tempo irá poñendo as cousas no seu sitio". "Estarei atenta, porque me preocupa moito o que lle pase ao noso país" Arquitecta de profesión, a primeira vinculación de Táboas ao BNG produciuse cando, como independente, entrou a formar parte da parte nacionalista do Goberno bipartito, no verán de 2005. Tras a derrota nas eleccións de 2009, ás que concorreu como cabeza de lista do Bloque por Pontevedra, integrouse na corrente inicialmente fundada como Máis BNG, liderada por Carlos Aymerich, de cara á Asemblea Nacional extraordinaria da formación frontista. Tras o cónclave, accedeu á Executiva Nacional, onde se lle encomendou a coordinación da mesma. A ex conselleira continuou integrada na corrente de Aymerich, xa como Máis Galiza, ata o pasado novembro, cando a abandonou por "discrepancias" co colectivo. Nas semanas previas á pasada Asemblea Nacional chegou a comparecer ante os medios co líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, así como con integrantes do Partido Nacionalista Galego, amosando o seu apoio á candidatura alternativa á de Guillerme Vázquez. A decisión de Táboas chega apenas vinte e catro horas despois de que se fixese efectivo o relevo á fronte da portavocía parlamentaria do Bloque, cargo que exerce dende este martes Ana Pontón en substitución de Aymerich. A seguinte integrante da lista do BNG por Pontevedra, que tería que chegar ao lexislativo para ocupar o escano de Táboas, é a concelleira pontevedresa Carme da Silva. |
NOS_16050 | A escritora Aurora Marco gañou o Premio Follas Novas do Libro Galego 2021 na categoría de ensaio e investigación polo seu traballo en 'Irmandiñas'. En conversa con 'Nós Diario', Marco explica os descubrimentos que máis lle sorprenderon mentres realizaba este ensaio. | Vén de gañar o Premio Follas Novas Libro Galego 2021 de ensaio e investigación polo seu traballo Irmandiñas. Como resume vostede esta publicación? Resulta difícil resumir o traballo desenvolvido durante catro anos, que deu lugar a un libro de 500 páxinas, nunha resposta limitada, como é natural, polo espazo. Mais tentareino. Como levo facendo arredor de 40 anos, con Irmandiñas quixen recuperar, visibilizar, valorizar e homenaxear mulleres que se entregaron con paixón á defensa da terra e da lingua, ao espallamento do ideal galeguista e republicano, á escrita, ao ensino, ao desenvolvemento editorial galego, á música, ao teatro, á actividade investigadora, á actividade política... Mulleres entregadas á construción do seu país, no que crían e ao que amaban, que loitaron pola consecución da autonomía, que traballaron, en definitiva, pola Galiza. A historia tradicional e androcéntrica esqueceunas mais os seus contributos, no período en que centrei a investigación, 1916-1936, foron de maior calado do que a primeira vista semella, aínda que o seu papel social estivese condicionado por seren mulleres. O que pretendín foi deixar constancia dunha realidade que afectou por igual a todas as mulleres: tempos de invisibilización, de ocultación, de discriminacións... No caso das irmandiñas, a súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto irrelevantes. E andei na procura non só das directamente asociadas ao movemento das Irmandades da Fala, senón de todas aquelas que estaban unidas, ao meu ver, por un mesmo "espírito irmandiño". Preguntáronme nalgunha presentación a razón de incluír, por exemplo, as mulleres dos coros. E como non facelo? No nacemento e devir de moitos coros tiveron moito que ver as Irmandades da Fala. Aquelas agrupacións corais, que recolleron e divulgaron cancións populares e recuperaron danzas tradicionais, foron tamén fundamentais na propaganda do galeguismo. O agrarista e irmandiño Rodrigo Sanz dicía que unha das tres columnas máis firmes e características dun pobo, xunto co idioma e os aspectos económicos, era a música. Igual aconteceu coas mulleres doutros ámbitos, como as do teatro, ou as do Seminario de Estudos Galegos, porque arredor das Irmandades agromaron unha serie de iniciativas nas que estiveron presentes as mulleres. Como xorde a idea de realizar este traballo? Cada libro que escribín ten a súa historia e Irmandiñas non é unha excepción. Cando se celebrou o centenario da fundación das Irmandades da Fala (en 2016), pensei que era necesario recuperar as traxectorias de irmandiñas descoñecidas, que existían, e afondar con novos datos nos xa coñecidos. Iso fixen aquel ano ao visibilizar os perfís biográficos de Concepción González Varela e Adela Martínez García, esquecidas pola historia, e ao afondar nas historias de Elvira Bao Maceiras e Amparo López Jean, a partir de novas informacións e imaxes, que son ben importantes tamén para pór rostro ás mulleres. Mais, conforme avanzaba a completa programación institucional desenvolvida durante todo o ano, comprobei que, alén de casos contados, a presenza das mulleres foi testemuñal. Elas foron as grandes ausentes porque as poucas que se lembraron eran xa coñecidas. Entre as numerosas iniciativas que se levaron a termo por mor do centenario creouse, por parte dunha institución representativa da cultura galega, algún espazo web destinado a recoller biografías dos principais protagonistas do movemento, aínda que ao longo do ano só saíron dezaseis, todas de irmandiños. As mulleres brillaron pola súa ausencia, algo que resulta incomprensíbel no século XXI… Ese foi o motivo fundamental que me levou a mergullarme nesta investigación, porque era impensábel que nun movemento transversal, que encheu de ilusión e esperanza os corazóns de galegas e galegos, houbese tan poucas mulleres. Elas estaban por todas partes; había que buscalas. Que pasos de investigación levou a cabo? Retroceder no túnel do tempo cen anos atrás para recuperar nomes, moitos deles totalmente descoñecidos, precisa dunha metodoloxía, ás veces ecléctica, que xa utilicei noutras investigacións, o que exixe en ocasións esquecer os criterios utilizados ao investigarmos sobre biografías masculinas. Exceptuando ese pequeno grupo das xa coñecidas ás que me referín, tiven que partir case de cero pola ausencia de fontes escritas. A procura de materiais ocupou unha parte fundamental da investigación. Alén de numerosas fontes bibliográficas necesarias para contextualizar, para a elaboración de Irmandiñas foron fundamentais as fontes hemerográficas. Naveguei por numerosas cabeceiras dixitais e fixen un baleirado exhaustivo de moitas publicacións; acudín a arquivos, fundacións públicas e privadas. A todas estas fontes hai que engadir as orais, unha técnica de investigación que permite unha aproximación á realidade de grupos sociais situados fóra das esferas do poder, e aquelas mulleres pertencían a eses grupos… Pouco a pouco fun confirmando documentalmente que na acción social, cultural e política tamén estaban elas, as irmandiñas, mais ese mantelo tan opaco que as cubriu e que apenas deixou pasar unha raiola de luz sobre as súas vidas e accións foinas envolvendo até chegarmos á actualidade. Como aconteceu coa maioría das mulleres doutros períodos da nosa historia, o seu, sabémolo, foi un traballo constante, calado, produtivo e silenciado que había que recuperar. Con que dificultades se atopou durante o proceso? Ten algunha anécdota? O proceso previo á redacción exixiume unha entrega absoluta. É unha fase da investigación da que gosto especialmente: cada novo nome, cada nova información, o encontro con fillos e fillas, netos e netas ou familiares con outro parentesco, era motivo de alegría. Puxen, iso si, todo o alento, todo o entusiasmo e toda a paixón que poño nestes traballos nesa fase de procura de materiais. E foi magnífico poder recuperar, por exemplo, tantas mulleres pertencentes ao Partido Galeguista (PG) de Asados por mediación dun amigo, Xesús Santos, que me proporcionou os contactos familiares. Que descubrimentos atopou que lle sorprendesen? Cal lle foi máis sinxelo de traballar? Cal é o seu favorito? O que percebín, sen sorpresa ningunha, é que fica aínda moito por facer no proceso de visibilizar e coñecer as mulleres que nos precederon. Non é ningún descubrimento, é máis do mesmo. O descoñecemento sobre a presenza feminina na sociedade de cada período concreto, neste caso dos primeiros decenios do século XX, sempre foi grande, sexa cal for o ámbito, a pesar de que nos últimos anos ese baleiro xa se está a encher aos poucos. Sempre reitero a mesma idea: silenciar máis esquecer é igual a invisibilizar, e isto funcionou como un mecanismo case automático. A semente e os froitos que as mulleres foron deixando ao longo da historia (e houbo períodos de grandes avances para elas, como o da República) recollémolos moi tarde. Mesmo así, o importante é arroxar luz sobre esas parcelas da nosa historia, invisibilizadas, e sobre as súas protagonistas. Non foi un traballo sinxelo. Esta e outras investigacións que fixen, como o Dicionario de mulleres galegas (2007) ou Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), deberían ter sido traballos de equipo, para o cal sería lóxico dispor dunha subvención, porque non podes involucrar un grupo de persoas nun traballo sen nada a cambio. Eu ando sempre de verso solto, sen subsidios nin apoios institucionais ou mediáticos de ningún tipo, e métome nestas investigacións, en verdade, sen pensar na súa extensión. Cando me decato, xa é tarde e sigo buscando e escribindo… Á miña idade, non vou cambiar. De todos modos, son consciente de que faltan mans, faltan persoas dispostas a meterse neste tipo de traballos que exixen tanta dedicación. É máis fácil copiar unha vez publicados… E non citar. Unha moda que detesto. Non teño ningún capítulo favorito, malia que o noveno, case unha monografía pola súa extensión, dedicado ás mulleres do PG, foi moi gratificante pola cantidade de nomes recuperados. En que está a traballar actualmente? Nesta altura ando ás voltas con algunhas mulleres exiliadas das que posúo, desde hai tempo, abundante información, documentación e imaxes proporcionadas polas familias. Mais pasaron os anos e o traballo foise acumulando de tal forma que o fun adiando até agora. Como é sabido, no doloroso mundo do exilio o papel que xogaron as mulleres foi fundamental. Porén, foi o exilio masculino o eixo principal en que se centraron a maioría de historiadores porque durante moito tempo todo suceso da humanidade foise contando sen incluír ás mulleres. Durante moito tempo, as referencias ás exiliadas brillaron pola súa ausencia ou ficaron esvaídas ao se centrar exclusivamente nalgunhas individualidades salientábeis, aínda que cómpre indicar que na Galiza dispomos de textos memorialísticos de autoría feminina, epistolarios e outras publicacións que nos permiten ler algúns exilios en chave feminina. Mais hai que seguir afondando neste tema e rescatar o protagonismo doutras galegas que deixaron atrás o seu lar, os seres queridos, as paisaxes amadas que ficaron interiorizadas para sempre cando iniciaron a viaxe da liberdade… E tamén para constatar o seu compromiso coas causas da xustiza e a liberdade. Ás veces dubido se, finalmente, levarei ao prelo esta investigación, aínda sigo con ela. Coa pandemia tiven tempo abondo para reflexionar e fíxenme unha serie de preguntas: Para que escribo? Para quen? Canta vida ten un libro ao que dedicaches catro ou cinco anos e no que deixaches as pestanas, como é o caso das Irmandiñas ou Mulleres na guerrilla antifranquista galega? O traballo dunha escritora ten que ser un exemplo constante de militancia cultural, de voluntarismo? Faltan respostas e talvez tamén afectos. |
NOS_56975 | O Festival galego da lusofonía celebra o seu décimo aniversario co público cantando o "parabéns para voçê". | Outro ano máis, e van dez, o encontro internacional da lusofonía esgota todas as localidades e enche o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Desta vez como convidad@s Chico César do Brasil, Cheny Wa Gune de Mozambique, Rui Veloso de Portugal e Sés da Galiza. Acompañad@s por unha banda de luxo formada por Paulo Borges (Açores), Berg (Portugal), José Manuel Díaz (Cuba), Quiné (Portugal) e Sérgio Tannus (Brasil) comezaron e remataron, como xa é tradición coa peza de Uxía, Cantos na Maré. A cantante de Mos, madriña deste festival, interpretou en solitario unha fermosísima "Rosa Namorada" e outra non menos emocianante "A Quimera". O inicio do concerto foi galego coas actuacións de Uxía e Sés. Logo foron Cheny Wa Gune, con temas como "Chedzane" e "Jindji jindji". Após Chico César, o primeiro director artístico deste encontro hai dez anos, quen quentou a noite con Cheny Wa Gune e a peza "Berader"o. Chegaba a metade do concerto coa primeira colectiva, "Mandela", con Chico César, Cheny Wa Gune, Uxía e Sés. Mais aínda virían sorpresas. Foi a intervención especial de Dani Black e as colaboracións sorpresa que non estaban anunciadas: Narf (Fran Pérez) tocou un tema seu, "Zemanbiquo", xunto a Dani Black, e a cantante angolana Aline Frazao, que foi artista convidada na edición de 2010 e que nesta participou no tema "Fado pessoano" de Rui Veloso. O público acabou en pé coreando o "parabéns para voçê" para celebrar o décimo aniversario de Cantos na Maré. A festa da Lusofonía goza de moi boa saúde e promete acompañarnos moitos anos máis. Imaxe: María Albert |
PRAZA_260 | A Marcha Mundial da Mulleres prepara unha serie de accións internacionais que percorrerán Europa entre marzo e outubro, pasando por Vigo en setembro, demandando a erradicación da violencia e a pobreza na vida das mulleres. | De Mardin, no Kurdistán turco, ata Coimbra. Dende Asia ata o Atlántico, atravesando todo o sur e centro de Europa. A Marcha Mundial da Mulleres (MMM) prepara unha serie de accións internacionais que percorrerán o continente entre marzo e outubro, pasando por Vigo en setembro, demandando a erradicación da violencia e a pobreza na vida das mulleres. "Iremos ao encontro de mulleres de base e de grupos de mulleres que loitan e resisten nas súas cidades e pobos contra a violencia, a austeridade, a pobreza, o racismo, o fascismo, a lesbofobia e todas as opresións que fan a vida das mulleres máis difícil. O noso obxectivo é documentar e visibilizar as loitas das mulleres que se enfrontan a problemas similares, en contextos diferentes", destacan. A caravana partirá este 8 de marzo do Kurdistán cun gran evento de apertura organizado polo movemento de mulleres kurdas e pola Coordinación Turca da MMM e no que de seguro terá un papel protagonista a loita que están levando a cabo as mulleres kurdas ante o EI. Pasará por Izmir (Turquía) e Tesalónica (Grecia) a finais de marzo, polos Balcáns en abril, por Suíza en maio, por Nantes (Francia) en xuño, por Bélxica e Frankfurt (Alemaña) en xullo, e por Varsovia (Polonia) en agosto, no marco dun Campamento Internacional Feminista. Hungría e Austria serán as seguintes escalas, antes de pasar por Roma (Italia) e Marsella (Francia), aínda en agosto. A caravana pasará por Cataluña e Euskadi, antes de chegar a Galicia en setembro, finalizando o seu percorrido en Coimbra o 17 de outubro cun grande acto de clausura. A caravana pasará por Galicia en setembro, finalizando o seu percorrido en Coimbra o 17 de outubro cun grande acto de clausura A caravana consistirá en varias furgonetas e coches, aínda que tamén se queren realizar algúns tramos en bicicletas e a pé, en función do número de participantes en cada etapa, da organización local e das enerxías existentes. "Esperamos atopar a moitas mulleres no camiño, a moitas persoas en resistencia, que nos acollan por unha noite e/ou nos acompañen durante algunhas paradas", sinalan as organizadoras. A Marcha Mundial das Mulleres puxo en marcha hai unhas semanas unha campaña de crowdfunding para axudar a pagar os gastos da caravana. Dos doce mil euros que buscaba recadar, conseguíu xa máis de oito mil. O orzamento total da acción ascende a 40 mil euros, necesarios para pagar os gastos de desprazamento e alimentación das persoas que participan na caravana, así coma os eventos que se organicen en cada lugar en paralelo con esta acción. Dende a Marcha sinalan que "estivemos demasiado divididas" e que "é tempo de unirnos, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade". "Coa vosa axuda podemos contribuír a alternativas sustentables, confrontando o modelo misóxino e cada vez máis militarizado dos países europeos e do mundo enteiro", engaden. É a cuarta vez que a MMM leva a cabo esta Acción Internacional. A última celebrouse hai cinco anos, no 2010. Dende a Marcha sinalan que "estivemos demasiado divididas" e que "é tempo de unirnos, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade" O tema deste ano é a soberanía alimentaria e as sementes. "Somos as sementes que poden brotar e dar froitos dentro dun sistema alternativo, que acabe coa carga dos bancos, as corporacións e o sistema de xustiza tan inxusto, que pesan de forma desigual sobre os ombreiros das mulleres", destacan. Porén, serán moitos os temas que estarán presentes nos debates, accións e reivindicacións. "Hai demasiadas opresións que dividen as mulleres e as loitas das mulleres no mundo e debemos unir as nosas loitas, peticións, realidades e estratexias a escala local, rexional e mundial", din. "Porque non hai suficientes recursos a disposición das mulleres para que se coñezan as nosas historias de opresión e resistencia e debemos documentar nosas propias vidas para resistir xuntas", "Porque debemos visibilizar as alternativas de vida e de resistencia ao capitalismo e á realidade patriarcal, creadas por mulleres que alzan a voz para afirmar alto e claro que un mundo mellor é posible", "Porque a pobreza, a xenofobia, o racismo, a crecente perda e desposesión dos nosos dereitos, a austeridade e o aumento do fascismo fan que a vida das mulleres sexa invivible e debemos conectar estas opresións transversais para poder unir e fortalecer as nosas resistencias e loitas de liberación", "Porque a nosa diversidade é a nosa forza. Temos que seguir traballando en solidariedade, comunicando as nosas alternativas feministas ao mundo e ás compañeiras do noso movemento, construíndo as nosas redes e fortalecendo as nosas alianzas e as nosas prácticas políticas feministas", ennumeran entre as moitas razóns que sustentan a caravana. |
NOS_41884 | "O verao é o tempo dos cantos, o inverno é o tempo dos contos". Con esta copla sitúa, estacionalmente falando, Anxel Fole o libro Á lus do candil. Mais hai anos en que o verao se torna inverno e nacen contos diferentes. | Así foi en 1816. En abril do ano anterior, na Indonesia, produciuse a maior explosión volcánica rexistrada nos derradeiros mil anos. O Tambora, unha montaña de máis de catro mil metros de altura, ficou reducida a menos de tres mil. Mil quiñentos metros de montaña lanzados á atmosfera, a máis de cuarenta quilómetros de altura. As explosións sentíronse a máis de dous mil quilómetros de distancia. As cinzas provocaron anomalías meteorolóxicas radicais no ano seguinte, especialmente na Europa central. Tantas que condicionaron non só a forma de vivir mais tamén a de ver o mundo. Polo menos o mundo das postas de sol que reflicte a pintura da época. A climatoloxía de 1816 permitiu adiantar xa ao verán o tempo dos contos. A temperatura baixou entre dous e tres graos na Europa. Nunha noite de xuño dese ano, a do 1816, fai agora douscentos anos, o tempo, a compañía e a contorna de Xenebra contribuíron ao nacemento dunha das obras máis coñecidas da literatura: Frankenstein. Mais tamén naceu do Tambora, na mesma noite, o Vampiro que inspiraría anos despois o Drácula de Stoker. Do Caurel a Vila Diodati Ao longo da historia da literatura son varias as obras que naceron da necesidade de contar contos debido ás "inclemencias do tempo". Nuns casos, como Frankenstein ou o novo prometeo esa necesidade foi real; noutros, como Á lus do Candil, é ficcional. Refuxiarse de algunha inclemencia do tempo ou mesmo de algunha adversidade que asola o exterior, como pode ser a peste, é motivo frecuente na literatura, especialmente desde Bocaccio e o Decamerón. Mais, ás veces, é contar por contar o que prevalece. Ao longo da historia da literatura son varias as obras que naceron da necesidade de contar contos debido ás "inclemencias do tempo" Ánxel Fole reuniu catro fidalgos nunha torre do século XIV. Viñan para cazar e el púxoos a contar contos: "Somentes poideron cazar o primiero día. Caiu unha gran nevarada. Era polos derradeiros días do castañal. Xa non poidemos botar o pé fóra da torre ..." Anos antes, tamén a climatoloxía reuniu en Vila Diodati, nas marxes do lago Xenebra, neste caso no verán que non foi verán, a Mary Wollstonecraft, Claire Clairmont, Percy Bysshe Shelley, Lord Byron e John Polidori. Na mesma casa residira, en 1600 John Milton, o autor do Paraíso Perdido e Rousseau e Voltaire tamén respiraran o ar destas terras. Non foi un encontro casual. Viñan de visita e tiveron que se quedar. Aqueles días de xuño, sobre todo na noite do 16 o tempo, que xa non era bo, variou bruscamente. Choveu torrencialmente. Estrondosas tronadas retumbaron no ceo. As augas alagaron case todo. Mary Wollstonecraft e Percy Bysshe Shelley non puideron volver a Maison Chapuis, que alugaran da outra parte do lago, debido á situación e "decidiron" pasar a noite na Vila Diodoti con Byron, Polidori e Claire. "As noites de inverno soio son boas para os trasgos, pra as meigas, pra os lobos ... E pra quen escoita contos de medo sentindo rombar o vento", di Fole. Escoitar o vento e contar contos de medo, iso foi o que fixo o grupo de Suíza que pasou a noite lendo en voz alta unha colección de historias fantasmagóricas alemás traducidas ao francés, entre elas Fantasmagoriana, ou Recueil d'histoires d'apparitions de spectres, revenants fantôme. Nunha das historias, un grupo de viaxeiros narrábanse os uns aos outros experiencias sobrenaturais que eles experimentaran. Isto levou Byron a desafiar o grupo: deberían escribir unha historia de medo. Shelley escribiu unha baseada en experiencias da súa mocidade, Byron escribiu un fragmento mais abandonou e Polidori empezou "O Vampiro", o primeiro relato moderno do vampiro. E Mary Shelley concebiu o seu Frankestein. Chove a Deus a dar Non para de chover. Tanto que o 19 de xullo desde as Tullerías, o rei Luís XVIII ordenaba aos vigairos xerais da diocese de Paris que se fixesen rogativas públicas en todas as igrexas para pedir ao "Árbitro Soberano das Estacións que conservase os bens da terra, afastase as tempestades e concedese tempo sereno para que os froitos chegasen á súa madurez" Pouco conseguiu. Até o 26 de outubro non se puido facer a vendima e daquela xa as uvas estaban podres. Os cereais escasean e os prezos triplícanse. Mary Shelley escribe: "As terras estaban asolagadas e as colleitas sofren por este tempo tan inusual". Isto levou Byron a desafiar o grupo: deberían escribir unha historia de medo Na Galiza non temos moitas referencias ao que aconteceu. Na prensa, ferreamente controlada por Fernando VII, non aparece nada. López Ferreiro, no tomo XI da Historia de la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela escribe o seguinte: "Los frecuentes temporales que reinaron en nuestro país desde el Otoño de 1816 destruyeron las cosechas en algunos sitios casi por completo". Mais a situación xa viña de antes. Así, na reunión do Cabido de 11 de febreiro, o Maxistral, por indicación do Prelado, manifestou que este "estaba penetrado de una vivísima compasión al oir las frecuentes noticias de la horrible calamidad que sufrían sus diocesanos situados a las montañas a donde no habían cogido cosecha de maiz: que su piadoso corazón no podía sufrir el grito de tantas infelices familias, quienes, se no se socorrían sería probablemente victimas del hambre cruel ....viéndose ya a cada paso labradores infelices por las calles, que habiendo abandonado su lugar procuran mover a compasión con sus gritos a los ciudadanos". Os libros de tazmías dos mosteiros, especialmente os de Monfero confirman esta situación. E igual que en París tamén en Compostela se fan rogativas para que deixe de chover pois a 5 de xullo hai vento e frío, o que chaman "un rigoroso temporal" Algo máis do que monstros Do Tambora non só naceron monstros. Tamén naceu o máis famoso dos vilancicos, Noite de Paz; naceron os atardeceres de Willian Turner, que ficou fascinado polas cores do ceo e entre 1816-1818 recolleu decenas de bosquexos no seu caderno Estudo do ceo; naceu o poema Escuridade de Byron e ... perante a escaseza e a carestía da avea na Alemaña, o barón Karl Drais, que tiña que percorrer a cabalo un amplo territorio por mor do seu traballo e non tiña con que alimentar os animais, acabou por inventar a bicicleta, un vehículo san, sostíbel, ecolóxico e económico. Polo de agora o Tambora segue entre nós. Rasputina, un grupo de música estadounidense, ten unha canción titulada "1816:The Year Without A Summer", e di así: "June 1816, a sudden snowstorm blankets all the countryside,So Mary Shelley had to stay inside and she wrote Frankenstein,Oh, 1816 was the year without a summer." que, máis ou menos podemos traducir así: "Xuño de 1816, unha repentina tormenta de neve cubriu as cortiñas.Así que Mary Shelley tivo que quedar na casa e escribiu Frankestein.Oh, 1816 foi o ano sen verán " Que nos traerá a próxima explosión do Tambora? Non sabemos. Ou si Nota: as imaxes están tiradas da Wikipedia. |
NOS_56282 | O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Compostela vén de condenar o Sergas indeminzar a familia dun home de 70 anos que morreu dun tumor despois de que a revisión das probas que llo diagnosticaron tradase case un ano. | Segundo a sentenza, a Consellaría de Sanidade deberá pagar 100.000 euros -90.000 á viúva e 5.000 a cada un dos fillos. O suceso acontecei no Hospital de Ourense entre 2013 e 2014. De entrada, ao paciente diagnosticáronlle unha lumbalxia. A non remitirlle a dor, novas probas acabaron por detectarlle un tumor. A confirmación, cunha segunda proba, tardou case un ano, Foi en novembro de 2014 e o doente só puido recibir tratamento paliativo. Morreu mes e medio despois. Ao non constar unha causa que acredite o atraso de case un ano á hora de revisar, o xulgado compostelán afirmou que "a demora minguou as opcións de tratamento do paciento e as súas posibilidades de recuperación" e asegura que houbo "mala praxe". |
NOS_23136 | O presidente francés, François Hollande, dí que non pode aceptar que se cuestionen "principios esenciais" do agro e a cultura gala. | Hollande non gosta deste TTIP. O presidente francés afirmou que "neste momento das negociacións, Francia di non" ao Tratado de libre comercio e investimentos que negocian UE e EUA. O mandatario galo dixo que non é partidario do libre comercio "sen máis" e augurou que Francia nunca vai aceptar "que se cuestionen principios esenciais para a nosa agricultura, a nosa cultura e a reprocidade no acceso aos mercados". Manifestouno durante un coloquio en París, indicando que o estado francés fixou "principios no marco internacional aos que non queremos renunciar, desde as normas sanitarias, alimentares, sociais, culturais ou ambientais". Por iso, engadiu Hollande, ""Francia di non, no estadio actual que coñecemos das negociacións internacionais sobre o tratado". O secretario de Estado francés do Comercio Exterior, Matthias Fekl, dixo tamén que "tal e como está actualmente", "éun mal acordo", e recalcou que Francia "non pode asinalo" nesas condicións. Afirmouno nunha entrevista na radio Europe 1, onde mesmo indicou que "Europa propón moito e recibe pouco" Hollande e Fekl pronunciáronse así horas após de que Greenpeace Holanda revelara a presión de Estados Unidos para que a Unión Europea acepte as súas demandas. |
PRAZA_1847 | A ENTREVISTA ALTERNATIVA. Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias. Desta vez, falamos con Lara Méndez, rexedora de Lugo. | Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias. Lara Méndez naceu en Suíza no 1972. É Enxeñeira Técnica Agrícola e comezou a súa andaina en política no 2000 como secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo. Rematou na alcaldía ao forzar LugoNovo a saída do anterior alcalde, José López Orozco. O mellor almorzo leva… Unha taza de café recén feito e boa compañía Nunca saes da casa sen… Sen darlle un bico á miña filla. O primeiro que pensaches ao entrar no despacho logo da investidura foi… Moita responsabilidade e moitas ganas de traballar polos lucenses. Madrugadora como o cuco ou ave nocturna como a curuxa? Madrugadora, case tanto como o sol. Que libro lle regalarías a Soraya Sáez de Santamaría? El Capital en el siglo XXI, de Thomas Piketty, para demostrarlle que existe outrapolítica económica. E a Albert Rivera? O Contrato Social, de Rousseau, para darlle contido aos seus coñecementos en márketing. Touriño ou Besteiro? Besteiro, por demostrar que existe outra maneira de facer política e Touriño, polo que traballou polo noso país. Vestido ou pantalón? Vaqueiros. Maquillaxe ou cara lavada? Maquillaxe, pero moi tenue. De 0 a 10, canta concienciación falta para que as mulleres participen máis en política? Un 8. Aínda nos custa moito máis chegar aos postos de maior responsabilidade, aínda que co tempo os vaiamos acadando. A igualdade real non será efectiva mentres sigamos ocupando titulares por detentar postos de responsabilidade. A Mariña ou o interior de Lugo? Toda a provincia de Lugo, de norte a sur e de leste a oeste. Dende A Mariña á Ribeira Sacra, pasando polos encantos da Ulloa, A Chaira, a neve do Cebreiro e polo patrimonio romano de Lugo, a Muralla, o encanto do casco vello, o Miño... Lugo é terra de contrastes. A túa frase favorita é… Non podemos pensar que temos razón polo feito de tela tido. Chocolate branco ou negro? Sinxelamente, chocolate. Agora mesmo no teu coche soa o disco de… Silvio Rodríguez e Treixadura, que, por certo, vén este ano ao San Froilán. A túa cor favorita é o vermello? Si. Achégame optimismo para enfrontarme ao día a día. |
NOS_50012 | María Victoria Carballo-Calero Ramos dará a lección maxistral 'Beber nos soños dos séculos' esta sexta feira no Auditorio Municipal da capital do Deza ás 18 horas. | A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) levará esta sexta feira a conmemoración do Día das Artes Galegas até Lalín, cun acto institucional en lembranza do pintor José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, persoeiro homenaxeado neste 2022 pola Academia. Dous días despois de quedar inaugurada a exposición sobre a etapa americana do pintor lalinense no Museo Ramón María Aller, a capital do Deza acollerá a lección maxistral sobre a súa obra a cargo da académica numeraria da Sección de Expertas e Expertos nas Artes desta institución, a historiadora e investigadora María Victoria Carballo-Calero. O universo de Laxeiro en América pode visitarse até o 5 de xuño en Lalín O evento comezará ás 18 horas e terá como escenario o Auditorio Municipal de Lalín. No acto, ademais da asistencia do presidente da Ragba, Manuel Quintana Martelo, está confirmada a presenza de responsábeis da Xunta, do Goberno municipal ademais doutras autoridades, académicas e académicos. María Victoria Carballo-Calero Ramos explicará a vida e obra de Laxeiro cunha disertación que levará o nome de 'Beber nos soños dos séculos'. Finalmente, o evento rematará coa actuación da Banda Municipal de Música de Lalín que interpretará a peza Pintor Laxeiro, composta para a ocasión polo músico ponteareán José Luis Represas que estará presente no acto. Homenaxe a un artista decisivo A Ragba determinou dedicar o Día das Artes Galegas 2022 a Laxeiro (Lalín, 1908 -Vigo, 1996), un ano para afondar e espallar esta figura que, segundo sinala esta institución nun comunicado, "foi decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX" e "cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo". A Academia reivindica o Día das Artes homenaxeando a traxectoria de Laxeiro Todos os actos previstos, tamén este de hoxe en Lalín, están anunciados por un cartel conmemorativo do Día das Artes Galegas. A obra foi deseñada este ano por Menchu Lamas, académica numeraria da Sección de Pintura e Gravado da Ragba, que se inspirou para realizalo nun debuxo do propio Laxeiro. Este é o segundo acto do Día das Artes Galegas 2022 organizado pola Ragba despois do realizado a pasada semana na sede da Academia na Coruña coa inauguración de mostra 'Acción Laxeiro' a cargo do tamén académico e fotógrafo coruñés Xurxo Lobato. Ao longo de todo este ano terán lugar diferentes iniciativas entre as que cabe destacar exposicións, simposios ou publicacións ao redor do pintor de Lalín. |
NOS_33197 | Martiño Noriega axustou as competencias municipais no ecuador do mandato, coa delegación de seis áreas súas, e introduciu persoal de confianza nas direccións de Urbanismo e da Asesoría xurídica. | Os cambios de competencias foron realizados co obxectivo "de repartir a carga de traballo" e estiveron condicionados "porque hai pouca marxe de manobra no goberno con menos efectivos da historia do Concello", recoñeceu o rexedor compostelán. Así, Noriega delega as áreas de Participación e Relacións veciñais, eixos da campaña de Compostela Aberta, en Jorge Duarte que, á súa vez, perde Obras e Mantemento en favor de Rafael Peña. Despréndese tamén o alcalde de Contratación e Arquivo, que pasan a mans de María Rozas; e de Innovación e Informática, que asume Xan Duro. A área de Mercados recaerá en Noa Morales, en detrimento de Marta Lois que foi designada terceira tenente de alcalde, en substitución de Branca Novoneyra. Produciuse tamén o nomeamento de Xaquín Monteagudo como director da Asesoría xurídica municipal e de Ana Prieto como xefa do Servizo de Licenzas e Urbanismo. Segundo expresou Martiño Noriega, isto débese "a unha ruptura de confianza porque a persoa cesada -en referencia a Berta Rosón- non estaba aplicando correctamente as instrucións pactadas nas Mesas de Hostalería, nin respectaba os convenios que o goberno asinara con asociacións culturais da cidade para a celebración de actuacións de música ao vivo". Por parte da oposición, Agustín Hermández (PP) definiu o alcalde como "mestre do escapismo" ao presentar un novo reparto de competencias "que non contribúe a nada"; Francisco Reyes (PSOE) cualificou como "cambio de cromos" esta reorganización e lamentou a falta de "autocrítica do alcalde"; e Rubén Cela (BNG) sinalou como "decepcionante esta pseudoremodelación, porque perdeu unha oportunidade de ouro para corrixir o mal funcionamento", xa que estes cambios "non van na dirección que necesita a institución". |
NOS_24109 | En marzo creáronse na Galiza 344 novas sociedades mercantís, 10% menos que no mesmo período de 2019. | O pasado mes de marzo, Galiza incorporou aos seus rexistros un total de 344 novas sociedades mercantís, o que supón 10% menos que no mesmo período de 2019, segundo os datos publicados onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que atribúe este descenso ao estado de alarma decretado polo Goberno español para conter o avance da COVID-19. O capital aportado para a constitución destas compañías foi de 16,9 millóns de euros, 26% menos que hai un ano. O capital medio subscrito foi de 49.000 euros por sociedade. Das 344 empresas creadas, case todas foron S.L. (337), con dúas S.A. e cinco doutro tipo. 22,4% do total son da rama do comercio, seguido de industria e enerxía (14,5%), construción (13,4%) e hostalaría (11,3%). Movementos de capital Por outra parte, en marzo ampliaron capital social 114 sociedades, tres máis que hai 12 meses, por 79,3 millóns. No que atinxe ás disolucións, foron 107, o que supón cinco menos que hai un ano. Mentres, 19 reduciron o seu capital e houbo 8 que rexistraron procesos de fusión e escisión. O IGE tamén contabilizou 20 sociedades afectadas por concursos de acredores, cinco menos que no terceiro mes de 2019. Os datos facilitados polo IGE contrastan co último Estudo sobre Demografía empresarial, realizado por Informa D&B, que sitúa a caída da creación de empresas na Galiza en 13,8% no mes de marzo, case catro puntos máis que os datos que manexa o centro galego. A cifra é moi semellante á media dos territorios do Estado español, onde se constituíron 8.112 empresas, o que supón un descenso de 13% respecto ao ano pasado e de 5% en relación ao mes de febreiro. |
PRAZA_1492 | Forma parte da tripulación da Frota da Liberdade que se dirixe a Palestina e que xa foi advertida por Netanyahu. BDS-Galiza pide a Feijóo e Pilar Rojo que "adopte medidas para asegurar a integridade física e moral da cidadá galega", que lembra que fai parte dunha "misión humanitaria legal" | O pasado venres 19 de mañá, o barco arrastreiro sueco Marianne de Gotemburgo partiu do peirao de Messina, na costa leste de Sicilia, poñendo rumbo cara ao mar Xónico. Camiño de Gaza, nas vindeiras horas a embarcación prevé unirse aos outros buques que forman a III Frotiña da Liberdade, unha acción solidaria, reivindicativa e pacífica que trata de "rachar co bloqueo ilegal" da Faixa. Entre a tripulación atópase Ana Miranda, secretaria de Política Internacional do BNG, antiga europarlamentaria e vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE). Ana Miranda forma parte da tripulación dun dos catro barcos que compoñen a 'Frotiña da Liberdade' rumbo a Gaza "Son forte", di entre risas ao ser preguntada polos riscos dunha expedición que nalgunha anterior edición acabou con nefastas consecuencias. O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, xa ameazou os barcos asegurando que desta vez o Goberno non se contería como outras veces. "Noutras ocasións tería dito: non sacudades eses barcos, pero agora digo: sacudamos eses barcos", asegurou nunha intervención pública. Mentres, tripulantes españois do Marianne, e tamén Ana Miranda, quéixanse do desleixo do Goberno central e do seu Ministerio de Asuntos Exteriores, que se manteñen en silencio. "Ignórannos e dinnos que non están dispoñibles até o vindeiro día 29", asegura con sorpresa a dirixente do Bloque. Foi o colectivo Rumbo a Gaza quen acudiu ao Ministerio de Asuntos Exteriores a pedir protección pero a resposta foi que debían "desistir" da súa acción. Os interlocutores comprometéronse a falar co ministro e o funcionario responsable de Oriente Próximo instounos a voltar o 29, o vindeiro sábado, data na que a Frota da Liberdade ten previsto chegar xunta a Gaza segundo os tripulantes. No Congreso e no Parlamento Europeo, varios grupos políticos levarán a cabo tamén iniciativas para reclamar a implicación do Estado. E parlamentarios de IU-ICV, Podemos, e ERC, xunto coa propia Miranda e Rosana Pérez, do Bloque, asinaron tamén unha carta na que piden ao ministro Margallo que poña "todo o seu empeño e oficio" en axudar á frota a chegar a Gaza. BDS-Galiza pide por carta a Feijóo e Pilar Rojo que "adopte medidas para asegurar a integridade física e moral da cidadá galega" Os chamamentos sucédense e BDS-Galiza, representación no país do movemento global para acabar coa ocupación de Palestina vén de enviar unha carta a Feijóo e á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, na que amosan a súau "fonda preocupación pola sorte dos nosos concidadáns". Así, instan os dous a que "no exercicio das súas competencias e polo cauce regulamentar que proceda" fagan chegar ao Ministerio de Asuntos Exteriores "a petición da adopción das medidas que procedan para asegurar a integridade físcia e moral da cidadá galega que fai parte da Flotilla e dos demais integrantes da mesma". Refírense a Ana Miranda, e lémbranlle ao presidente galego e a Pilar Rojo que ela é unha das integrantes da misión, "unha cidadá galega e representante popular electa que forma tripulación xunto con varios cidadáns con pasaporte no buque Marianne". BDS-Galiza recorda que os atencedentes na actuación do Estado de Israel "infelizmente fan temer ao noso colectivo que a integridade física e moral dunha cidadá galega e do resto dos tripulantes pode estar en perigo". Os activistas lembran que anteriores actuacións de Israel "infelizmente fan temer pola integridade física e moral dos tripulantes" "Iniciativas anteriores foron abortadas por Israel, ben actuando co bloqueo á libre navegación polo mar Mediterráneo ou chegando á eliminación física dos activistas, como aconteceu en 2010 no Mavi Marmara". Daquela, dez activistas foron asasinados por soldados de Israel. Desde o Marianne, Ana Miranda fala con Praza e lembra que cada día os tripulantes reciben "unha formación específica en resistencia non violenta en caso de abordaxe". Ela é unha das 15 persoas que forman a tripulación do barco, un dos que integra a Frotiña da Liberdade. Hai mariñeiros, médicos, activistas e xornalistas que leva catro días de singradura desde que partiran de Messina. Atópanse perto de Grecia e a menos de 600 millas de Gaza -a situación exacta pódese comprobar aquí- e a embarcación conta con xuntarse co resto da frota en breve para saír desde augas internacionais cara á Faixa, a onde prevén chegar a fin de semana. Serán máis de 50 persoas entre os catro buques que conformarán a misión. "Esta é unha misión humanitaria legal; se Israel nos aborda, quen fará algo ilegal serán eles", di Miranda desde o 'Marianne' "Esta é unha misión humanitaria legal nun barco de bandeira sueca, do único país que recoñeceu oficialmente a Palestina", lembra Miranda, que asegura que se Israel os aborda, "quen fará algo ilegal serán eles". "O Goberno español debe moverse para garantir que o barco poida circular libremente", insiste a activista e política galega, que recorda como anteriores expedicións non chegaron a Gaza tras ser interceptadas en augas internacionais. A Frotiña da Liberdade leva a bordo paneis solares e subministros médicos, un cargamento que podería abastecer de enerxía unha poboación cuxyas infraestruturas foron destruídas polos bombardeos do verán pasado. Ademais, os activistas impulsores da acción queren chamar a atención sobre as condicións de vida da Faixa, sobre todo tras o embargo que comezou hai oito anos. |
NOS_41136 | A homenaxe do BNG a Castelao, celebrada este sábado en Rianxo, serviu á portavoz nacional da organización para abordar a actualidade política e social de Galiza. "Feixoo é un terminator mesmo en ámbitos tan sensíbeis como a sanidade pública", afirmou Ana Pontón. | "Está esnaquizando a sanidade a golpe de recortes e privatizacións, xogando coa vida das persoas", estendeuse, antes de preguntar directamente ao presidente da Xunta: "Cantas persoas máis teñen que morrer para que se acaben os recortes no sistema público de saúde?". Pasara apenas un día de que transcendese a investigación da Fiscalía da morte de dúas persoas en Urxencias do Hospital de Santiago. Non foi a sanidade, que estas semanas centra o debate político e a preocupación social, a única referencia á actualidade de Pontón. O que bautizou como Feixoo terminator tamén o é "para o emprego industrial cando están en risco 390 postos de traballo en Alcoa". Ademais, e despois do pacto do Partido Popular coa extrema dereita de Vox en Andalucía, o xefe do Executivo galego converteuse "nun alumno aplicado do antifeminismo". A dirixente nacionalista lembrou que o Goberno de Feixoo destina recursos a asociacións que cuestión o dereito ao aborto e a colexios que segregan o alumnado por sexos, ao tempo que recorta as axudas ás vítimas de violencia machista ou boicotea o 8M. Aproveitou que o acto era en Rianxo para amosar o seu apoio á concelleira do BNG da localidade que presentou unha denuncia por violencia machista. Vixencia de Castelao Mais a homenaxe era a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cinco días despois do seu 69 cabodano. A portavoz nacional do Bloque reivindicou "a vixencia do seu ideario" e acusou a quen "non ten reparo en manipular a súa figura" de realizar "un cínico exercicio de postverdade". Para Pontón non existe dúbida: "O seu legado máis importante é o nacionalismo". "Aínda hoxe é tan potente a súa mensaxe que o españolismo ten necesidade de manipulalo", argumentou, "porque non se pode reivindicar Castelao e criminalizar o nacionalismo ou prohibir o noso idioma para ensinar matemáticas ou ciencias". Afeoulle a Feixoo que escollese o óleo da Derradeira leición do mestre para criticar o nacionalismo: "[Con este aceno] Amosou a súa catadura política". Ana Pontón falou ao pé do busto de Castelao acompañada do alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños. Rematou cun chamado a "agrandar e fortalecer o BNG" de cara ás eleccións municipais de maio e "abrir un tempo novo en Galiza da man do Bloque, que se toma en serio este país". "O reto máis inmediato é sumar máis apoios nas eleccións municipais e europeas, ensanchar a base social e que todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón saiban que o BNG é a súa casa", concluíu. |
NOS_468 | Celebra que a Eurocámara dese luz verde ao segundo alicerce do programa de reconstrución fronte á Covid-19 | A Confederación de Empresarios da Galiza (CEG) leva case tres anos sen presidente, agás polo lapso de dous días que encabezou a institución José Manuel Barreiros, a finais de novembro. Con todo, o actual portavoz en funcións, Antonio Fontenla, a patronal asegura estar lista para pórse a traballar e "que as pemes non queden atrás" na captación de fondos europeos para a reconstrución. "Facemos unha valoración moi positiva da aprobación desta segunda choiva de millóns, porque agora o que se necesita é rapidez e axilidade", destacan. E é que esta semana o pleno do Parlamento Europeo aprobou o programa 'React-EU', o segundo alicerce do fondo de recuperación que destinará entre 2021 e 2022 un total de 47.500 millóns de euros ás rexións da Unión Europea para contrarrestar as consecuencias da crise do coronavirus. Os Estados membros recibirán o próximo ano 37.500 millóns de euros procedentes deste programa, dos que 10.300 millóns corresponden ao Estado español. Os 10.000 millóns restantes serán repartidos en 2022. No entanto, poderán optar a financiamento todos os proxectos iniciados a partir do 1 de febreiro deste ano e os recursos poderán gastarse até o final de 2023. A patronal galega aplaude que este acordo "vai significar que a principios do ano que vén se empece a mover o diñeiro", mesmo con "proxectos xa iniciados que poidan recorrer a estes fondos con efectos retroactivos", algo que ve "moi positivo". Pola súa banda, a CEG reivindica o seu papel a pesar das circunstancias e os interminables enfrontamentos internos e o que reclama é "concreción", do mesmo modo que a Xunta, sobre os criterios de repartición que utilizará o Goberno español para distribuír estas axudas entre os territorios. O acordo Os eurodeputados aprobaron a pasado cuarta feira o fondo para as rexións cun resultado de 654 votos a favor, 23 en contra e 17 abstencións. Trátase do segundo programa máis cuantioso do fondo europeo de recuperación (bautizado como Next Generation EU), após o Instrumento de Recuperación e Resiliencia (RRF), que repartirá 672.500 millóns entre transferencias e préstamos. |
PRAZA_18840 | Tras se reunir con Torra nun clima cordial, o Executivo do PSOE reservou para a xuntanza en Barcelona, desenvolvida entre numerosas manifestacións de colectivos independentistas, medidas de impacto social como subir o SMI a 900 euros | O Consello de Ministros reuniuse en Barcelona rodeado dun gran despregamento policial e entre protestas dos Comités de Defensa da República (CDR) que se saldaron con varios detidos. O Goberno de Pedro Sánchez aproveitou a súa presenza na capital catalá para aprobar medidas sociais e tamén simbólicas para Catalunya, pero a reunión do día anterior entre Pedro Sánchez e Quim Torra, que Moncloa valora positivamente, levou boa parte do protagonismo da rolda de prensa posterior. "A reunión de onte o que expresa é que a apertura deste diálogo deu os seus froitos; neste seis meses conseguimos medidas concretas", afirmou a ministra de Política Territorial, Meritxell Batet.Tras se reunir con Torra e membros do seu Goberno nun clima cordial, o Executivo do PSOE reservou para a xuntanza en Barcelona medidas de impacto social como a suba do salario mínimo a 900 euros para 2019Sánchez e Torra atopáronse ambiente de cordialidade e sen incidentes nas rúas. En paralelo, víronse os vicepresidentes, Carmen Calvo e Pere Aragonès; e a ministra Meritxell Batet e a consellera Elsa Artadi. Despois fixeron unha foto conxunta. A Generalitat reclamaba un formato de cimeira entre gobernos e o resultado final foi un termo medio. Suficiente para que ambos vendesen a imaxe que preferían, que para o Govern é a bilateralidade e para o Goberno de España, a contraria. PP e Ciudadanos, pola súa banda, clamaron contra o acontecido como unha "humillación".Para a reunión deste venres, o Executivo do PSOE reservou algunhas medidas cun forte impacto social, como a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 euros para 2019, na liña do pacto orzamentario con Unidos Podemos. Tamén o incremento do soldo do persoal público, un incremento xa pactado polo sindicatos do funcionariado co Goberno de Rajoy. Especificamente para Catalunya, o gabinete deu luz verde a medidas concretas como 112 millóns de investimentos e infraestruturas e outras máis simbólicas, como dar o nome de Josep Tarradellas ao aeroporto de El Prat, que fora comunicada e tiña autorización da familia do histórico presidente catalán. O outro xesto simbólico que anunciou Pedro Sánchez traduciuse nun "recoñecemento" de Lluís Companys a través dunha declaración de reparación na que condena o consello de guerra que en 1940 sentenciou a matar ao presidente da Generalitat. A intención do Executivo é restituír a "dignidade" de Companys, a quen o actual líder do PP, Pablo Casado, equiparara con Puigdemont en vésperas da declaración unilateral de independencia.As mobilizacións independentistasMentres o Goberno de Sánchez celebraba a súa xuntanza, nas rúas de Barcelona e doutros puntos de Catalunya volvíase mostrar a diversidade de actores (e estratexias) do independentismo coas protestas contra o Consello de Ministros.As diversas protestas contra a celebración do Consello de MInistros amosaron a diversidade de actores e estratexias no seo do independentismoDesde primeira hora da mañá, os Comités de Defensa da República (CDR) protagonizaron cortes de autoestradas e estradas. Na capital catalá, estes mesmos grupos protagonizaron enfrontamentos contra os Mossos d'Esquadra, que detiveron a doce persoas. Mentres, tan só a 400 metros do edificio da Llotja de Mar onde se reunía o Goberno de Pedro Sánchez, Òmnium Cultural congregou a case 5.000 persoas nunha protesta pacífica, reivindicativa e de crítica contundente ao Executivo central.Òmnium, ANC e partidos independentistas manifestáronse outra volta no centro de Barcelona na tarde deste venres no Passeig de Gràcia, no centro de Barcelona e á súa convocatoria responderon milleiros de persoas. Mentres, o epicentro das protestas da mañá na capital catalá foi o edificio da Llotja, onde un dispositivo policial de gran envergadura mantiña un cordón de seguridade de case un quilómetro ao redor do edificio. A pesar dos intentos dos CDR para rompelo, os Mossos mantivérono en todo momento. |
NOS_14586 | Seis de cada dez profesionais afirman traballar máis horas que as estabelecidas legalmente, e só un terzo é capaz de atender dentro da súa xornada toda a axenda do día. | O sindicato médico O'Mega vén de denunciar que "máis da metade" dos facultativos de atención primaria no Servizo Galego de Saúde (Sergas) prolongan a súa xornada laboral para poder atender todos os seus pacientes. O colectivo fixo públicos esta segunda feira os datos dunha enquisa realizada entre 1.400 médicos que, segundo resalta O'Mega nun comunicado, referenda as súas alertas sobre a "sobrecarga" de traballo á que deben facer fronte ás e os profesionais no país. Deste modo, 15,6% do persoal médico consultado asegura que "sempre" están obrigados a estender a súa xornada para facer fronte a todos os pacientes asignados cada día, algo que o 18,6% di realizar "dous ou tres días á semana" e 28,1%, de forma ocasional. O'Mega subliña que "apenas un de cada tres facultativos" do Sergas é capaz de atender toda a súa axenda sen necesidade de realizar máis horas das estabelecidas no seu contrato. Máis de 1.200 médicos marcharon da Galiza desde 2010 para traballar no estranxeiro A respecto do tempo empregado fóra do oficial, son maioría (86,6%) quen prolongan a súa xornada unha hora, aínda que 9,4% di facelo entre dous e tres horas, barreira que exceden 4% dos enquisados. O sindicato incide en que só un terzo dos médicos atende o número de pacientes fixado pola Xunta dentro dos estándares de calidade asistencial —entre 32 e 40 pacientes ao día—. Así, 28% das e dos profesionais di ver cada día entre 40 e 45 persoas; 21%, entre 45 e 50, cifra que aseguran superar o 7,7% deles, que denuncian que, en ocasións, superan a barreira das 60 persoas doentes. Punto de atención continuada A enquisa de O'Mega tamén recolle datos sobre os médicos dos puntos de atención continuada do Sergas, entre os que 17,6% sosteñen que traballan por riba do límite legal da xornada laboral no Estado español (160 horas) e case un de cada catro afirma que é desprazado a outros centros por causas organizativas ante a falta de persoal. O Salnés mobilízase contra a falta de persoal sanitario: "Non hai substitucións por baixas, xubilacións ou vacacións" Entre os participantes no estudo do sindicato hai 35% de médicos que teñen máis de 60 anos, e o 65,4% superan os 50, algo que, para O'Mega, revela o problema que existe na Galiza coa remuda xeracional dos facultativos, unha situación que "se agravará nos próximos anos" dado que "dous de cada dez" xubilaranse nos próximos cinco anos. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.