ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_41301 | A Federación Rural Galega, que invita os gandeiros e as gandeiras a participar nas mobilizacións deste domingo, denuncia que os custos da electricidade subiron preto de 200% só no último ano. | A Federación Rural Galega (Fruga) alerta do importante impacto que está a ter o alza dos prezos da enerxía nas explotacións agropecuarias galegas e que, segundo explica o sindicato, non se limita ao prezo da luz, senón tamén ao dos combustíbeis e ao dos concentrados e forraxes. Segundo denuncian, esta situación está a provocar que, tanto na produción de leite, como noutras producións de gandería sen terra (granxas avícolas, porcinas, etc), os altos custes da enerxía impiden as explotacións ter unha mínima rendibilidade, pois todas están a producir por debaixo de custes. Desde Fruga indican que, no último ano, só os custes da electricidade subiron preto de 200%. Custes que, doutra banda, non teñen posibilidade de trasladar aos produtos que venden, pois é a industria a que os estabelece. Como lembran desde a organización sindical, Galiza veu padecendo a instalación de múltiples encoros que anegaron terras agrícolas, aos que se suman agora os parques eólicos que "estanse a converter noutra ameaza contra o rural galego", "agresión amparada polo Goberno de Feixoo", apuntan. Neste sentido, denuncian que as empresas "veñen a Galiza espoliar os nosos recursos e nen tributan no país, nen os galegos e galegas conseguimos ter unha tarifa eléctrica propia, que podería redundar en beneficio das explotacións galegas". Ante esta situación, Fruga chama todos os labregos e as labregas galegas a participar activamente nas mobilizacións convocadas pola CIG o vindeiro 19 de setembro en diversos puntos do país, "co fin de trabar o roubo que estamos a padecer coa esta estafa da luz, e por unha tarifa eléctrica galega". |
NOS_25128 | O presidente da cámara, Miguel Santalices, deu lectura a unha declaración institucional co gallo do 7 de febreiro, Día dos Medios en Galego, convidando a sociedade galega a "apoiar esta reivindicación". | Unanimidade do Parlamento de Galiza no apoio aos medios de comunicación en galego. Todas as forzas representadas na Cámara respaldaron a declaación institucional que esta cuarta feira leu o presidente do organismo, Miguel Santalices, co gallo de Día dos Medios en galego, 7 de febreiro. Santalices sinalou que apoiar estes medios supón "avanzar no camiño de coñecer a nosa realidade", ao tempo que facía un chamamento "ao conxunto da sociedade galega para que apoie esta reivindicación". Na declaración explícase a elección da data, 7 de febreiro, por ser a do nacemento de 'O Tío Marcos d'A Portela', a primeira publicación escrita integramente en galego. Subtitulada "Parrafeos co pobo galego" e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notábel éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo. "O escritor e editor da cidade das Burgas recolleu na publicación a bandeira ergueita por Rosalía de Castro en Cantares gallegos, sumouse á defensa e reivindicación da cultura popular e expresou os sentimentos cotiáns da sociedade galega, especialmente da xente máis humilde. Con moito humor, sentido crítico e ironía, Valentín Lamas soubo conectar á perfección coas principais preocupacións do mundo rural. Nas páxinas de O Tío Marcos d´a Portela protestábase contra temas candentes do momento como a sangría da emigración, a elevada carga impositiva –os denominados trabucos- o atraso da agricultura, as malas comunicacións e a febleza da industrialización". "Na declaración lémbrase que ao Tío Marcos sucedéronlle nos anos inmediatos outras oito publicacións escritas tamén en galego: A Fuliada, O Galiciano, A gaita gallega, Galicia, A Tía Catuxa, As Burgas, O Labrego e A Monteira". "O 7 de febreiro é unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país", concluíu Santalices. |
NOS_51479 | Inaugúrase en Santiago a mostra Mira con outros ollos, que os pasados días 19 e 20 sufriu ataques vandálicos que danaron sete paneis expositivos. | O alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou na Alameda unha exposición conmemorativa en apoio ás persoas refuxiadas co título Mira con outros ollos. No evento estivo acompañado por membros da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e por edís de Compostela Aberta, Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular. Todos eles reclamaron xustiza e rexeitaron os actos vandálicos que sufriu a mostra esta semana e na que se danaron até sete paneis. Os portavoces da rede de apoio, Miguel Fernández e Beatriz Estévez, participaron no acto inaugura lendo un manifesto no que criticaron "a difícil situación que viven milleiros de persoas refuxiadas" e "as causas que as obrigan a deixar os seus fogares", levándoas a situacións de precariedade e mesmo de morte. "O recoñecemento institucional destas mortes violentas é, sen dúbida, un pequeno acto de xustiza", afirmou Miguel Fernández. Pola súa parte, Beatriz Estévez manifestou "a necesidade de mudar as políticas que inflúen na migración" e pediulle ao Estado español e á Unión Europea que rematen con condutas como "as devolucións en quente". Fernández, definido a como "emotiva" e indicou que "o paseo entre os paneis que recollen a morte de máis de 40.000 persoas supón unha experiencia conmovedora". A mostra ábrese co poema "Fogar" da somalí Warsan Shire, e nos paneis pódese ler, debidamente documentados, os nomes de todas as persoas refuxiadas falecidas, así como a súa nacionalidade e a causa da morte. Finalmente, o alcalde Sánchez Bugallo, esixiu a existencia dun compromiso por parte do conxunto dos actores políticos e sociais "en contra de trolas e mensaxes xenófobas ou discriminatorias contra a poboación migrante". |
PRAZA_8143 | O Ecosocialismo estase abrindo camiño como un pensamento global, xa que a cuestión política é de se a natureza do socialismo é facer o mesmo que o capitalismo, aínda que mellor, ou consiste en vivir doutro xeito. | Fágome da opinión que as dúas fontes onde xorde a riqueza son a terra e o traballador. Tal e como di Marx na súa obra O Capital "é necesario o tratamento conscientemente da terra como eterna propiedade comunitaria e como condición inalienábel da existencia e da reprodución da cadea de xeracións humanas sucesivas" Fágome da opinión que as dúas fontes onde xorde a riqueza son a terra e o traballador Pero tamén algúns marxistas do século XXI din que o desenvolvemento das forzas produtivas nun contexto socialista poderían desenvolverse infinitamente (de acordo con Manuel Sacristán é "unha visión tradicional da ciencia como forza produtiva e inxenuamente progresista"), produción por produción. Entendo que non hai bondade nese desenvolvemento, temos a suficiente experiencia de que o hiperprodutivismo trae como consecuencia contradicións que tampouco foron de respectar o marco ecolóxico no mundo do socialismo real. Na teoría económica do socialismo non esixe un crecemento económico ilimitado. As condicións de traballo teñen que deixar de ser unha mercancía Deuse unha visión utilitarista que considerou o medio ambiente como unha reserva ilimitada de recursos por un lado, e como depósito de lixo por outro, ao igual que no mundo capitalista baseado na mercantilización do todo, no individualismo e na competencia. Non hai crecemento infinito posíbel nun planeta finito. Pero a vez, na teoría económica do socialismo non esixe un crecemento económico ilimitado. As condicións de traballo teñen que deixar de ser unha mercancía. Sendo por iso que o concepto do valor de uso ten que estar por riba do valor de cambio. Orientando a economía á satisfacción das necesidades humanas e non acumulación do capital (cada un, traballe segundo as súas posibilidades e consoma e goce segundo as súas necesidades), situando o conxunto do ecosistema como centro do debate. Procura do equilibrio e a sustentabilidade do modo de produción e organización social. Si ben decrecemento non é sinónimo de recorte económico, engadir que non todo se pode medir con índices de PIB, haino que facer tamén como medidas de saúde poboacional e da mellora das condicións de vida. O Ecosocialismo é alternativo, porque parte da súa saída do sistema en moitas das ocasións, plantexando todo tipo de autoxestión (cooperativas) e participación democrática dos traballadores e cidadanía nas empresas, como na participación en movementos alternativos e indignados, sen renunciar a transformación democrática,…por un Estado social. Fronte á competencia e a cultura do emprendedor baseada no darwinismo social e económico, defende o ben común xestionando as riquezas comúns con eficiencia e suficiencia, máis aló das esixencias de rendibilidade. Non entendo un sistema de sobrecrecemento, o consumir por consumir fora de toda necesidade razoable, e este sobrecrecemento estrélase co carácter finito dos recursos da biosfera. Fronte á competencia e a cultura do emprendedor baseada no darwinismo social e económico, defende o ben común xestionando as riquezas comúns con eficiencia e suficiencia, máis aló das esixencias de rendibilidade O Ecosocialismo estase abrindo camiño como un pensamento global, xa que a cuestión política é de se a natureza do socialismo é facer o mesmo que o capitalismo, aínda que mellor, ou consiste en vivir doutro xeito. Nós partimos dun pensamento revolucionario coa inclusión da problemática ecoloxista, pero sen estar illados da loita social. Galicia non pode estar ao marxe desa corrente global, de aí a necesidade de construír o Espazo Ecosocialista Galego, inserido na rede de Espazo Plural (ecosocialistas do Estado) e tamén no proxecto de cambio que representa Alternativa Galega de Esquerda. |
NOS_11880 | Esta quinta feira comeza o proceso xudicial contra Bruno Dey, de 93 anos, acusado de ser conxuntamente responsábel da morte de 5.230 prisioneiras e prisioneiros en Stutthof. Podería ser a derradeiro causa penal contra un responsábel do Holocausto. | Bruno Dey, un antigo garda nazi no campo de concentración alemán de Stutthof, preto de Gdańsk, na Polonia ocupada, será xulgado a partir desta quinta feira, 17 de outubro, na cidade alemá de Hamburgo. Dey, que agora ten 93 anos, está acusado de ser conxuntamente responsábel da morte de 5.230 prisioneiras e prisioneiros, segundo informan os medios xermanos. Esta cifra inclúe 5.000, que foron vítimas dun andazo de tifo por seren privadas de acceso a comida, auga e medicinas, así como polas condicións de insalubridade; 200, gaseadas con Zyklon B, e 30, executadas cun trebello especialmente deseñado para matar cun tiro na caluga. No momento dos feitos, entre agosto de 1944 e abril de 1945, o acusado tiña entre 17 e 18 anos, polo que será xulgado polo Tribunal Xuvenil de Hamburgo. Nesa época, Dey entrou a formar parte da SS-Totenkopfverbände ou "Unidades da caveira". O primeiro día da audiencia leranse os cargos e a defensa fará unha declaración. Haberá un total de 12 audiencias, de dúas horas cada unha debido á idade avanzada do acusado, que se estenderán até o 17 de decembro. Un total de 25 superviventes de Canadá, Polonia, Lituania, Australia, Israel e EUA comparecerán no xuízo, que podería ser o derradeiro a un responsábel do Holocausto. |
NOS_17481 | A arqueóloga Iolanda Álvarez achéganos ao castro de San Cibrao de Las, a cabalo dos concellos de San Amaro e Punxín. Un castro cunhas dimensións de case 10 ha e unha poboación estimada dunhas 2.000 persoas. Unha nova entrega do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'. | No teu artigo sobre o castro de San Cibrao de Las descríbes a zona de vivendas, na fase prerromana, como unha entidade -a familia- autosuficiente. Poderíase estimar cantos membros, de media, conformaban esa "familia nuclear"? A estimación é moi complexa e para estes cálculos utilízanse baremos xeneralizados no estudo da Prehistoria mais que non se poden confirmar con seguridade en casos particulares. A ratio utilizada en San Cibrán de Las é un intervalo amplo entre 4-7 persoas por familia. Esta cifra é só unha estimación que utilizamos para axudarnos no proceso de interpretación. Neste tema estamos limitados tamén polo feito de que non existen necrópoles que poidan estudarse, como noutras culturas peninsulares. E, en relación co anterior, hai informacións que permitan saber se cada unha das "familias nucleares" terían funcións específicas dentro do conxunto da comunidade ou en cada unha delas farían de todo á vez (agricultura, gandaría, manufacturas etc)? Os estudos territoriais e o rexistro arqueolóxico obtido nas escavacións arqueolóxicas achégannos á interpretación destas evidencias de carácter económico para as comunidades castrexas. En San Cibrao de Las, e tendo en conta que se escavou só unha parte do castro, non se documentaron unidades de vivenda especializadas en traballos concretos fóra dunha delas dedicada ao traballo metalúrxico. Esta especialización en relación aos traballos metalúrxicos aparece tamén noutros poboados escavados mais non é posíbel xeneralizar esta cuestión, necesitaríanse máis escavacións e estudos nos xacementos. Indicas que estas zonas de vivendas, coa romanización, experimentan cambios como maior desigualdade entre os distintos espazos ou a desaparición do almacén familiar. Que podería implicar estes datos que sinalas? Na fase romana do castro de San Cibrao de Las, as datacións obtidas permiten dicir que conviviron varios tipos de vivendas, polo que se pode afirmar a existencia de diferenzas entre as distintas unidades documentadas. Existe unha clara desigualdade entre elas, con grupos que se beneficiaron do uso duns espazos de maior tamaño para o seu desenvolvemento familiar e as súas actividades mentres que outros teñen un espazo moi reducido. É complicado resumir aquí todos os detalles, pero podemos concluír despois do estudo destas transformacións dos espazos de habitación, que as vivendas que se benefician de mellores espazos ou máis grandes, demostran un maior grao de adopción de patróns romanos, por exemplo a aparición de distribuidores de acceso, a existencia de dúas cociñas, ou a presenza de elementos de escultura. Desapareceu a uniformidade dos espazos de vivenda que existía na fase prerromana, que reflectía a existencia dunha comunidade con trazos segmentarios e á vez autosuficientes, para deixar paso a unha nova forma de organización social e económica dirixida polos intereses de Roma. Tamén sinalas que a zona da croa, dentro dá muralla máis no interior, non funciona como zona de habitación. Temos datos para especular sobre que funcións rituais ou relixiosas poderían ter lugar aí? Esta vinculado ese espazo - sen habitacións- a ser un castro de maiores dimensións e, como sinalas, ter un lugar para cohesionar a comunidade que o habitaba? Na segunda fase romana do castro, o recinto central, deseñado desde o primeiro momento como un espazo destacado e moi posibelmente vinculado a actividades e accións comunais, reforzou o seu papel. Unha proba diso son as dúas inscricións atopadas durante a escavación do ano 2003, que fan referencia a deuses con nomes indíxenas, pero cunha estrutura propia da epigrafía votiva local xa en latín. Sería moi interesante escavar no recinto central para poder coñecer máis datos contextualizados xa que apenas se fixeron intervencións neste recinto. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos. |
NOS_15219 | O xurado deste galardón acordou por unanimidade as persoas e institucións -o Club Tenis de Mesa Monte Porreiro- que recibirán este recoñecemento. | O xurado dos Premios Cidade de Pontevedra 2021 acordou por unanimidade que as persoas galardoadas desta edición sexan a mestra e mestre xubilados Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra; e o Club Tenis de Mesa Monte Porreiro na categoría de persoa xurídica. A presidenta do xurado e concelleira de Cultura en Pontevedra, Carme Fouces, referiuse á escolla das persoas e entidade gañadoras como "unha situación amábel, seguindo as bases destes premios, deseñadas para que todas as persoas, asociacións, prensa e organizacións políticas poidan estar de acordo en algo tan importante como son estes premios". As galardoadas recibirán a condecoración o próximo día 20 de xaneiro. Anxo González e Vitoria Ogando acadaron o Premio Cidade de Pontevedra ex æquo. "Alén do consenso unánime que os leva a ser galardoados co premio, Anxo e Vitoria forman parte desta sociedade e cidade desde hai 40 anos, sempre amosando un esforzo enorme polo ensino e a mellora da nosa lingua como dá boa conta disto a plataforma ogalego.eu", sinalou Fouces. En canto ás outras dúas candidaturas que non conseguiron o premio, a concelleira asegurou que, "por suposto Carme Quinteiro e Nené González eran grandes merecedoras tamén do Premio Cidade de Pontevedra, mais este ano irá para Anxo e Vitoria". Pola súa parte, o Club Tenis de Mesa Monte Porreiro foi o premiado na categoría de persoa xurídica. Fouces reivindicou que esta entidade "é unha enorme merecedora dos premios Cidade de Pontevedra porque o traballo que leva feito ao longo dos últimos anos, a súa proxección internacional lograda no último ano, e todo o que achegou ao deporte de base e competición xustifica a súa elección". |
PRAZA_18097 | Os responsables da Catedral advirten de que na restauración do Pórtico non se gastou "nin un euro" público, porque a financiou a Fundación Barrié, se ben a Administración si investiu noutras áreas do templo IMAXES | Finaliza a restauración do Pórtico da Gloria, que permite aprecialo con todas as súas cores | IMAXES | Finaliza a restauración do Pórtico da Gloria, que permite aprecialo con todas as súas cores Case 80.000 persoas acudiron a contemplar o Pórtico da Gloria dende que, o pasado 27 de xullo, a Catedral de Santiago abriu o período transitorio de visitas que finalizou o pasado día 18 para dar paso a novos traballos de restauración no templo. Foron, concretamente, 79.782 persoas en grupos de 25 e en quendas de 15 minutos. As enormes ringleiras que arrodearon a basílica compostelá deron boa mostra do interese que suscitou a recuperación da policromía na obra do Mestre Mateo e suscitaron expectación sobre o réxime definitivo de visitas cando a restauración estea rematada de vez. A Fundación Catedral e o Cabido veñen de desvelar a incógnita: para ver o Pórtico haberá que pagar, agás excepcións. Xustificárono na necesidade de conservalo e explicárono polo miúdo, pero non sen contrariedade. O feito de que o conxunto das obras de restauración e protección da Catedral recibisen cuantiosos fondos públicos -a última achega, de 17 millóns de euros- deron lugar ao debate nas últimas semanas sobre a conveniencia de cobrar ou non entrada para contemplar o Pórtico. Así, visiblemente contrariados, tanto o deán da Catedral, Segundo Pérez, como o máximo responsable da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, advertiron ante os medios de que a recuperación do Pórtico non levara "nin un euro" público, toda vez que a financiou a Fundación Barrié, dependente do desaparecido Banco Pastor, a través dos seus programas de "mecenado". Cargaron ademais directamente contra o xornal Infolibre por evidenciar nunha información que os fondos dos traballos non procederan do Cabido, senón de fóra del. Os responsables da Catedral advirten de que na restauración do Pórtico non se gastou "nin un euro" público porque a financiou a Fundación Barrié, se ben a Administración si investiu noutras áreas do templo Controversias á marxe, a Catedral confirmou de vez que "unha vez concluídos os traballos de conservación no Pórtico e na instalación do elemento protector de peche temporal da súa contorna", para que non se deteriore polo resto de obras, "se iniciará unha segunda fase de visitas" nas que si haberá que pasar polo despacho de billetes. Tratarse de visitas guiadas de 45 minutos en galego, castelán ou inglés e "para facer fronte á conservación e mantemento do Pórtico" e mais á propia "organización e funcionamento do programa de visitas", resaltan dende a Catedral, vanse xerar "recursos propios por parte da Fundación" a través do cobro de entradas. Isto non implica que se "altere o concepto de Catedral aberta da basílica, que seguirá sendo de acceso libre", din. O deán, Segundo Pérez, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, en rolda de prensa / Fundación Catedral de Santiago As visitas gratuítas, previa retirada de convite, serán para "un grupo de peregrinos de luns a domingo" e para "dous grupos de composteláns, todos os domingos á tarde" Deste xeito, a entrada xeral para participar nestas visitas será de 10 euros e a reducida -para colectivos como persoas en situación de desemprego-, de 8. No caso dos grupos escolares pagarán 2 euros e as "visitas combinadas" ao Pórtico, ao Museo Catedralicio e mais á Colexiata de Sar custarán 12 euros que serán 10 con entrada reducida e 3 para grupos escolares. Quen poderán seguir accedendo ao Pórtico sen pagar serán os membros do Programa Amigos da Catedrale, ademais, certas excepcións previa retirada de convite: "un grupo de peregrinos de luns a domingo", para o cal terán que solicitar o billete na Oficina do Peregrino, e "dous grupos de composteláns todos os domingos á tarde ás 18:30 e ás 19:00), tamén previa retirada de convite na billeteira. Ese acceso para a veciñanza da cidade responde parcialmente ás peticións do Concello. As autoridades eclesiásticas concretan así como poderá ser contemplado o resultado de case dez anos de traballos que remataron con tres anos de restauración. O equipo técnico que traballou na recuperación das tres capas de policromía atopou a obra nun estado "de dramática deterioración", especialmente "acelerado nos últimos dez ou quince anos" por mor dos "constantes desprendementos" e por factores como a forte humidade. |
NOS_6692 | As tensións non minguan no seo da RAG. As voces discrepantes na institución da rúa Tabernas voltaron a se expresar esta semana nunha entrevista na Radio Galega co académico Xosé Luís Axeitos, moi crítico con Alonso Montero. Sobre a elección á presidencia, axendada para abril, supón que "terán que dar a cara" aqueles que puxeron ao fronte da institución "a un home de palla". | Axeitos, secretario da RAG durante a etapa de Méndez Ferrín como presidente, bate contra a equipa de Alonso Montero, á quen responsabiliza do estado da institución que, na súa opinión, se caracterizaría por estar "moi pouco democratizada" e por ter un "défice moi importante da actividade propia do mundo académico". Neste sentido, Axeitos critica a lentitude da RAG na elaboración dunha nova gramática galega: "Unha gramática que leva 16 anos esperando, despois de librar á Academia 120.000 euros e non temos unha gramática! Esa é a responsabilidade dunha institución prestixiosa como é o ILG e de Rosario Álvarez...". En abril está axendada a elección dunha nova presidencia para a institución. "Eu máis que da presidencia falaría doutras cuestións. A Academia está secuestrada, está envilecida", dixo, cumprindo funcións máis propias dunha "asociación cultural" -apresentacións de libros, homenaxes- do que dunha institución científica. Axeitos: "Levamos 16 anos esperando pola gramática. Despois de librar á Academia 120.000 euros e non temos unha gramática!" Considera probábel que as persoas responsábeis dese "secuestro" teñan agora que "dar a cara" perante o futuro proceso eleitoral interno, sendo que "non renovarán a confianza nun home que foi un home de palla alí", di en alusión a Xesús Alonso Montero. "Agora teñen que dar a cara eles. Segue sen haber diálogo, seguen postergando a xente, etc". Coa equipa de Alonso Montero a RAG, entende Axeitos, virou nunha "institución subsidiaria do Consello da Cultura Galega, da Xunta, e de intereses totalmente alleos a unha institución que foi unha referencia pola súa independencia e pola súa seriedade ao longo do tempo". A RAG só voltaría a ser unha entidade con prestixio no campo académico se se crear "un certo consenso" arredor dun programa que non sexa "capitaneado" por "xente" que teña "as mans manchadas por cousas que se fixeron, filtrando información, etc, etc". "Esa xente se está aí sempre será obxecto de contestación e de crispación", alega. "Para deixar de ser unha mala asociación cultural, hai que retomar o diálogo, sentar a falar seriamente, ver que persoas poden reconducir isto, fechar certas feridas que se abriron e mentres isto non ocorra non teremos unha RAG á altura das circunstancias", conclúe o académico. |
PRAZA_8297 | O líder dos socialistas apela ao "respecto" ás persoas que pasan unha situación económica e social "desesperada" para instar a non centrar o discurso público da formación nos movementos internos previos ao Congreso. | Que o proceso congresual non capitalice o discurso público do PSdeG. É a reclamación que, máis ou menos explicitamente, lanzou este luns o secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez. Despois de que, na última semana, a aprobación do sistema de primarias consultivas derivase nun cruzamento de declaracións entre defensores e detractores do modelo aprobado para renovar o liderado do partido, Vázquez sae o paso para instar a deixar dentro do partido os posibles desencontros. "Os problemas do partido resolveranse dentro do partido", resumiu Vázquez este luns, a preguntas da prensa nos corredores do Parlamento, onde previamente se reunira con representantes dos sindicatos agrarios galegos. Cuestionado polas críticas dos grupos internos que consideran que non está garantida a elección da secretaría xeral por parte da militancia, o líder socialista advertiu de que o PSdeG ten "perfectamente estipulados os seus procesos", se ben, "por repecto" ás persoas que están a pasar unha situación social e económica "desesperada", non centrará as súas declaracións públicas na cuestión. Vázquez insta a relegar o debate interno por "respecto" ás familias en situación "desesperada" "Por respecto ás 60.000 familias [do rural] que están desesperadas vou falar do agro, dos sindicatos e da xente que non pode chegar a fin de mes, que non teñen cartos para pagar os pensos e que non conseguen ver unha saída porque teñen que vender o leite por baixo dos custos de produción", abondou Vázquez. Este chamamento interno prodúcese pouco despois de que o propio secretario xeral considerase que o sistema de elección "en urna e secreto" supón "un avance "un avance sen precedentes no camiño da participación e da transparencia". Este é o clima interno no que comezará a traballar a comisión paritaria que, formada por membros das Executivas nacional e federal dos socialistas, redactará o "regulamento ad hoc" para as primarias consultivas. Sobre este procedemento a vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, aseguraba hai poucos días en Televisión Española que a "fórmula" adoptada é "moi parecida aos caucus americanos" ao tempo que deixou caer os seus receos xa que "hai que aprender a traballar coas regras". Do mesmo xeito, Valenciano obviou a José Ramón Gómez Besteiro para sentenciar que "de momento non hai candidatos" a suceder a Pachi Vázquez. |
NOS_50730 | As forzas de esquerda independentista son as únicas que sobenubirían, segundo a sondaxe do rotativo barcelonés, de se realizar agora eleccións: ERC até @s 37 deputad@s (16 máis que agora). CIU perde 14 escanos, o PSC 5 e PP entre 3 e 5. "O mapa electoral da Transición escacha en anacos" titula o diario catalán. | A vaga soberanista colle un pulo claramente independentista e de aposta por construír o país en chave de esquerda. Así se desprende da enquisa realizada polo xornal La Vanguardia a un ano das eleccións (outubro 2012) e que deixa un panorama no que só as forzas de esquerda e independentistas (ERC e as CUP) incrementan representación. O resto, perde deputad@s. A sondaxe indica que Esquerra xa lle disputa a supremacía a CIU no panorama catalá. Ambas as dúas formacións empatan a escanos: 36/37. ERC subiría entre 15 e 16 de ser agora as eleccións (tivo 21 nos comicios de outubro de 2012). CIU baixaría entre 13 e 14. Ascenso E as CUP duplicarían a súa representación e terían seis deputad@s fronte @s 3 que teñen agora. Un aumento que afortala o independentismo máis combativo e nunha chave de crítica total do sistema. No que atinxe a Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V), manterían a súa representación (13) no mellor dos casos, se ben a sondaxe sinala a posibilidade de que perda un escano. Retroceso do unionismo A terceira forza no Parlament, o PSC, perde segundo esta enquisa de 4 a 5 deputad@s, caendo dos 20 que ten agora a 15/16. Na mesma liña está o Partido Popular, que caería até os 14 ou 15 escanos (na cita de outubro do 2012 tivo 19). A única forza unionista que non retrocedería sería Ciutadans, que de haber agora eleccións mantería os 9 representantes que tivera daquela. |
PRAZA_8308 | Presentará unha candidatura xunto a Rosario Álvarez e Torres Queiruga na que defenderá a total independencia da Academia, o seu impulso social e unha xestión profesionalizada. | Dúas candidaturas optarán á presidencia da Real Academia Galega (RAG) tras a recente dimisión de Xosé Luís Méndez Ferrín. Á anunciada candidatura liderada polo tesoureiro en funcións, Manuel González, únese agora a do escritor e catedrático Xesús Alonso Montero, que este martes enviou un correo electrónico a todos os académicos confirmándolles a súa intención de optar a dirixir a centenaria institución. Alonso Montero decidiuse tras as peticións de varios académicos e di estar disposto a axudar a resolver a "delicada situación" da RAG Presentará unha candidatura na que contará con Rosario Álvarez, a piques de deixar a dirección do Instituto da Lingua Galega (ILG), e co teólogo Andrés Torres Queiruga. Con ela pretenden, segundo o propio Alonso Montero aclara, axudar a resolver a "delicada situación en que se atopa a Academia". No mesmo correo electrónico enviado aos académicos, o escritor de 84 anos amósase convencido -e logo de consultar e recibir os azos de varios compañeiros da RAG- de que pode contribuír a responder ante a situación que enfronta a institución, así como a lograr a que esta saia "fortalecida" da crise na que se atopa. Para logralo, Alonso Montero pon varias condicións, como que se instaure un clima de diálogo, lealdade e cooperación entre os académicos baseado no "respecto mutuo" e na participación de todos na toma de decisións, así como en conseguir que a Academia xogue cara á sociedade o seu papel simbólico como referente maior da lingua e da cultura. Para iso, solicita tamén que ese papel se exerza "con exemplaridade" no seu funcionamento, tal e como puido saber Praza. A candidatura de Alonso Montero aposta por unha defensa total da independencia da Academia e por unha xestión profesionalizada Ademais, Alonso Montero pretende constituír unha comisión executiva representativa, plural e integradora e basea en varios puntos as bases de actuación futura que defenderá a súa candidatura. Así, o catedrático e escritor vigués aposta por unha defensa total da independencia da Academia en relación aos poderes políticos, á marxe da necesaria colaboración coas institucións; o impulso da presenza social da institución ao lado dos axentes que actúan cun espírito acorde co da RAG; a dinamización do traballo da Academia e a garantía dunha "xestión profesionalizada e eficiente" dos recursos humanos e patrimoniais. Nunhas declaracións posteriores a Europa Press, Alonso Montero recoñeceu que lle daba un pouco de "medo" aceptar a proposta de que liderase a candidatura, pero que foron as peticións dos compañeiros os que o animaron. Ademais, e aínda que admite que lle gustaría poder alcanzar un acordo con Manuel González para achegar unha candidatura de consenso, recoñece que non será fácil ante a achegada data do 17 de maio, antes da cal está pensado que a directiva estea constituída xa. Será a primeira vez que dúas listas loiten pola presidencia da centenaria institución Así, e agás sorpresa maiúscula, Alonso Montero e Manuel González loitarán por presidir a Real Academia Galega. Será tamén unha disputa electoral entre o sector crítico e que apoiou o anterior e dimitido presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Segundo fontes académicas consultadas por Praza, a candidatura de Alonso Montero sería a mellor situada agora mesmo para acceder á presidencia por ter "maior apoio e carisma" entre os membros do plenario, aínda que a de Manuel González xa apañou algún apoio nos últimos días. O resultado final dependerá, ao final, dos votos duns 25 membros, tendo en conta as ausencias habituais dalgún académico e a dimisión de Ferrín, que deixou baleira a súa cadeira na RAG. Será a primeira vez na historia que dúas listas opten á presidencia da Academia, logo da crise na que se sumiu a institución pola dimisión de Méndez Ferrín, que marchou acusando a sectores de dentro e de fóra da RAG de desestabilizar a institución. á que considera en risco. Facía referencia á teórica intención dos académicos achegados ao ILG e ao Consello da Cultura de promover unha fusión das institucións culturais que traballan no eido lingüístico e cultural do país, algo que tamén di rexeitar Alonso Montero. |
NOS_50386 | O cabeza de lista pola Coruña, Antón Gómez-Reino, di que estas eleccións representan un "desafío histórico", nun mitin no que participou a número dous da candidatura, Yolanda Díaz, e os alcaldes de Ferrol e Compostela, Jorge Suárez e Martiño Noriega. | En Marea chamou a un cambio social que permita "rescatar ás persoas e á democracia" así como "transformar a economía para poñela ao servizo da vida real". O número 1 da candidatura pola Coruña, Antón Gómez-Reino, considerou estas tres cuestións os eixos principais dentro do programa da formación, durante un mitin no Teatro Jofre en Ferrol. Gómez-Reino asegurou que estas eleccións xerais son "un desafío histórico" que afronta con responsabilidade. "Sentimos sobre todo ilusión, porque se nota a vontade de cambio. E nin o CIS pode ocultar que estamos en condicións de provocar un cambio social. Non imos facer a política dos engravatados senón a das necesidades diarias", manifestou o cabeza de lista pola Coruña, ante un auditorio cheo. "Nin o CIS pode ocultar que estamos en condicións de provocar un cambio social", dixo Gómez-Reino. Estivo acompañado no acto da número dous de En Marea pola Coruña, Yolanda Díaz. "Non imos permitir un réxime inxusto que condena á fame e á miseria a unha maioría social. Imos gañar porque o medo xa cambiou de bando", considerou Díaz. "Estamos cruzando Galiza, e a xente nos di que está con nós porque somos a xente do pobo, que está farta, que hai Marea". No acto tamén participaron alcaldes das mareas. O rexedor da cidade de Ferrol, Jorge Suárez, advertiu que non van consentir "que o PP malvenda este país", e recordou a profunda crise que atravesa a comarca de Ferroltera "con traballadores empobrecidos e unha intolerable cola de traballadores na cola do Risga, un exército de persoas no desemprego", que relacionou coas políticas do PP. Pola súa banda, o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, afirmou que ante "a oportunidade histórica" que se presenta este 20D, a candidatura de En Marea ten que "demostrar que somos capaces de mudalo todo: o dereito á vivenda, a anulación do artigo 135, poñer os intereses da xente común por arriba. |
NOS_56733 | As escritoras e escritores que, o 15 e o 16 de marzo, se xuntaron en Pontevedra para debater sobre identidade, dereitos civís e escrita veñen de elaborar un documento de conclusión en que ofrecen un duro diagnóstico da situación no Estado. O neoliberalismo, a violencia, as migracións ou o esmorecento do galego son algúns dos obxectos da súa ollada crítica. | O mencionado texto remata ademais cun chamado de tres puntos: o sobresemento definitivo da causa contra os 19 activistas imputados por ocupar simbolicamente o pazo de Meirás, a liberdade dos presos e presas políticos e o retorno das exiliadas, e a derrogación da Lei Mordaza. "Reflexionamos nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais e políticos", afirma a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, organizadora do encontro. Estruturado en seis mesas e con participantes chegados de Portugal, Euskadi ou Catalunya, nelas tratouse unha especie de estados xerais da sociedade e o papel de escritoras e escritores nela. "O neoliberalismo é unha nova racionalidade política, unha nova subxectividade, que succionou a soberanía dos pobos", analizou o debate titulado Liberdades civís e dereitos nacionais, que atendeu o caso concreto de Ómnium Cultural, a asociación catalá cuxa directiva Clàudia Pujol interveu nas discusións. Feminismos. Identidades felicitouse de que en Galiza exista "unha escrita feminista consolidada", reclamou "ter en conta" a tradución na configuración dela e a "construción dunha nova masculinidade que refugue a violencia, a agresividade e a non expresión das emocións". Desposesión da terra e da identidade ocupouse das migracións contemporáneas e, de maneira tanxencial, da precariedade constitutiva das novas relacións laborais: "Existe unha xeración moza que non pode realizar na propia terra un proxecto laboral, familiar nin vital". Sobre as diferentes faces da violencia e o seu carácter estrutural, o parlamento avanzou algunhas hipóteses. A máis dura, a seguinte: "Asistimos a unha actualización das formas de violencia por parte do Estado que fai concluír que esta violencia é institucional e está institucionalizada". "Non existe un sistema literario galego suficientemente normalizado", asegurou a palestra Lingua e patrimonio cultural, que alertou sobre "unha cultura institucional encuberta tras unha falsa liberdade que desactiva unha cultura rica e viva". A situación da lingua galega atravesou non poucas das discusións. E as perspectivas das autoras e autores non son nada amábeis. "Na vida cotiá, o galego oral e o escrito vai camiño de selo só en contextos cerimoniais. Ou esiximos o cumprimento estrito das leis sobre os dereitos lingüísticos e participamos activamente no uso normal na sociedade ou axiña o galego será, na práctica, unha lingua morta", afirmaron. A preocupación pola homoxeinización dos imaxinarios culturais foi o eixo da sexta mesa redonda, Cultura, medios de comunicación e poderes. "En Galiza cómpre resaltar que se está inviabilizando a posibilidade de que haxa unha industria cultural galega por circunstancias relacionadas cunha lingua e unha cultura minorizadas e polo desinterese dos poderes maioritarios", sintetizou. O Parlamento de Escritoras da AELG contou co apoio do Concello de Pontevedra e da organización de dereitos de autor Cedro. Os nomes dos participantes nos diferentes debates pódense consultar nesta ligazón: https://www.aelg.gal/actividades/parlamento-de-escritorases/2019/3/15/parlamento-de-escritorases-identidade-e-dereitos-civis-desde-a-escrita |
NOS_47479 | A catedral de Santiago de Compostela atende tamén á axenda internacional do Reino de Galiza e a súa acción diplomática no marco europeo. | É a expresión da hexemonía de Galiza no contexto dos reinos cristiáns ibéricos. A creación e posta en marcha do fenómeno xacobeo, en disputa con outras áreas do espazo peninsular, nomeadamente con Asturias, ou a construción dunha obra pública da magnitude da catedral de Santiago de Compostela son o resultado dun programa político impulsado pola oligarquía galega, só explicábel desde a perspectiva do seu papel reitor na área cristiá. Ao fin, unha operación de grande magnitude, na que será decisiva a actuación dos reis galegos, sinalándose de xeito moi particular nas obras Fernando II, alcumado despectivamente ao igual que o seu fillo "o galego" por leoneses e casteláns, e o seu sucesor Afonso VIII, mal chamado o noveno pola historiografía españolista. Sinalou Serafín Moralejo, o máis reputado estudoso do templo compostelán, que o xeneroso patrocinio de Fernando II e Afonso VIII aos traballos da catedral, achegando fondos e mesmo autorizando o cabido a acuñar moeda coa que financiar as obras, responde á vontade de concluír o santuario nacional do seu reino e rematar o seu propio panteón dinástico, enterrándose un e outro monarca na súa capela real, nuns sepulcros que segundo o experto citado garda grande semellanza coa arte do Pórtico da Gloria. A folla de ruta destes dous reis, coherente coa orientación tradicional da monarquía galega, non terá continuidade con Fernando III, fillo de Afonso VIII, enfrontado ao pai que o apartou da liña sucesoria e que rematará por unir Galiza e Castela baixo unha mesma coroa. A catedral de Santiago de Compostela atende tamén á axenda internacional do Reino de Galiza e a súa acción diplomática no marco europeo. Unha reivindicación de vello da oligarquía galega para aumentar o seu poder e a proxección exterior do país era a división da orbe cristiá en tres sés apostólicas, mantendo a de Roma en relación con San Pedro e poñendo en marcha a de Efeso ligada a San Xoán e a de Compostela vinculada a Santiago. A consecución deste obxectivo, que no seu momento provocou a excomuñón do bispo Cresconio e que está perfectamente fixada no mapa do beato de Osma, guiou toda a política de Xelmírez e dos monarcas galegos, até o punto de sinalar Fernando II, no diploma polo que contrata o mestre Mateu para executar as obras do Pórtico da Gloria, o templo como lugar de encontro das nacións do mundo e parada obrigada de reis. |
PRAZA_1832 | Dous son os problemas fundamentais que penduran sobre esta Maré galega: a falla de flexibilidade de determinados elementos do BNG para integrar persoas e sectores alleos ao ámbito do galeguismo e a decisión de Podemos de se presentar en Galicia só ou en coalición ao xeito de PODEMOS máis X | Semella que gañou moito apoio social a proposta dunha candidatura cidadá e unitaria galega ás vindeiras eleccións xerais. Unha Maré galega, que integre aos partidos, mais dende o predominio cidadán e social, dende esquemas que posibiliten a adscrición persoal de todos os cidadáns. É dicir, ao xeito no que xurdiu e tomou corpo a Marea Atlántica coruñesa. Esta candidatura cidadá podería integrar todo o espectro político e social agás aos partidos do bipartidismo dinástico que crearon a grave crise institucional que sofrimos e a Ciudadanos (C's), por desbotar toda colaboración co galeguismo político. Porque excluir uns ou outras do ámbito do acordo limitaría substancialmente as posibilidades de suceso electoral sen gañar nunha meirande fortaleza ou coherencia internas. Dous son os problemas fundamentais que penduran sobre esta Maré galega: a falla de flexibilidade de determinados elementos do BNG para integrar persoas e sectores alleos ao ámbito do galeguismo e a decisión de Podemos de se presentar en Galicia só ou en coalición ao xeito de PODEMOS máis X, no canto de diluir as súas siglas na eventual Maré, como de feito están dispostos a facer o resto dos partidos. E os dous problemas son solúbeis, con intelixencia e xenerosidade. A candidatura galega habería ter o seu centro de decisión en Galicia e os seus órganos e grupo parlamentario ser totalmente independentes de calquera outra estrutura política ou partidaria. Mais habería integrar ás persoas alleas ao galeguismo político que asuman Galicia como referente de decisión. Canto á integración de Podemos precisa dunha reflexión dende este partido, no que xogarían un papel fulcral os cadros galegos que viviron o éxito da Marea Atlántica ou de Compostela Aberta e coñecen os riscos da desunión e, pola contra, o agasallo que sempre obtén a unidade en política. Mais para que os partidos poidan adoptar as súas decisións, de xeito que uns e outras collan na futura Maré, compre tamén dotar ésta dun "corpus" doutrinal e programático (a plataforma Somos Nós ven de presentar unha primeira achega) e, sobre todo, dun pulo social, que xurda dende a cidadanía e, quizais, dende o Poder local de moitos concellos grandes, medianos e pequenos. Pulo social que comeza ser urxente, pois que perder máis tempo sería perigoso. |
NOS_564 | Unha delas está interesada nas dúas plantas, A Coruña e Avilés, e a outra, en principio, só na asturiana. | Dos sete investidores que mostraron interese por adquirir as plantas de Alcoa da Coruña e Avilés só dous continúan adiante. Dúas empresas con dúas ofertas de compra. Representantes de ambas as dúas reuníronse na tarde desta quinta feira con representantes dos sindicatos e de Alcoa para explicar as súas ofertas. Unha delas, o fondo suizo Parter Capital, aposta por ambas as dúas plantas, coruñesa e avilesina, mantendo a actividade ao completo, fundición e series de electrólise, mais condiciona a oferta a lograr un prezo da enerxía estábel, predicíbel e competitivo. Senón, mantería só a fundición e proporía un aumento da produción para poder asumir todo o persoal. A outra oferta, da alemá Quantum, céntrase na planta de Avilés e o proxecto pasa por industrializar a factoría conservando e3xclusivamente o forno de reciclado (fundición). Non volvería iniciar a electrólise e deixaría pois de producir aluminio primario. Iso si, esta empresa comprométese a manter todo o emprego. E non desbota a posibilidade de se facer tamén coa factoría coruñesa. |
NOS_22139 | O certame aRi[t]mar da Galiza e Portugal vén de decidir que a asociación 'Ponte... nas Ondas!' será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona nesta edición de 2022. Esta entidade leva 27 anos traballando na recuperación do patrimonio inmaterial e editando publicacións con pezas audiovisuais. A última, titulada Meniños Cantores 2, suma contidos á realizada en 2005 e incorpora, ademais, unha serie documental de catro capítulos. Todo isto executado en plena pandemia da Covid-19. | A volta do proxecto audiovisual Meniños Cantores e a decisión do certame aRi[t]mar de galardoar a asociación Ponte... nas ondas! co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona nesta edición de 2022 pon, outra vez, esta entidade no centro mediático das iniciativas conxuntas entre a Galiza e o norte de Portugal. Non era doado emprender o desafío de que colaborasen conxuntamente profesionais da música e da educación a carón de rapazas e rapaces a ambos os lados da raia mais conseguiuse. "Para nós foi todo un reto, primeiro por ser un proxecto máis ambicioso. A produción de Meniños Cantores en 2005 culminara cun impresionante videoclip do tema principal, 'Máis perto', gravado por máis de 500 mozas e mozos enriba da vella ponte internacional que une Tui e Valença do Minho", explica a Sermos Galiza o responsábel da iniciativa, Santiago Veloso. En 2006, Meniños Cantores foi recoñecido cun premio pola Fundación Premios da Crítica na categoría de música. Naquel entón foran un helicóptero e un barco no Miño os medios empregados para gravar a canción que Uxía e Segundo Grandío crearan para aquel libro-disco-dvd. Perto quedaba a nova de que o Estado español e Portugal presentaran na Unesco a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e as escolas das dúas beiras, que foran as promotoras, daban a súa mellor nota coa edición do traballo protagonizado por 17 escolas situadas entre Vigo e Porto. Foi un dos primeiros traballos dirixidos á mocidade que incluía, non só as partituras das cantigas en galego e en portugués, senón tamén os karaokes das 33 cancións do disco. E, a maiores, dous documentais, un explicando todo o periplo da gravación e outro recollendo os testemuños de persoas portadoras do patrimonio inmaterial. En 2006, Meniños Cantores foi recoñecido cun premio pola Fundación Premios da Crítica na categoría de música. Pasaron 16 anos desde aquel traballo e desde Ponte... nas ondas! decidiron volver facelo malia que atoparon polo camiño un poderoso elemento en contra: a pandemia por Covid-19 que marcou o curso escolar 2020/21. Repetilo coas condicións sociosanitarias negativas non se cuestionou por ter que aproveitar que Portugal e o Estado español presentaran a candidatura de Ponte...nas ondas! ao rexistro das Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial e contar, ademais, cunha axuda do Xacobeo. "Ponte... nas ondas", vinte anos de enerxía polo patrimonio común galego-portugués Gravar en pandemia For pola ilusión de lembrar aquel 2005, for por realizar unha actividade que mellorase a situación anímica nos colexios, a proposta de repetir experiencia foi moi ben acollida polos 17 centros educativos situados ao longo da fronteira galego-portuguesa. O profesorado implicado entendeu moi ben o que se pretendía e puxéronse mans á obra: a procura do tema musical, os arranxos, a instrumentación, a selección de alumnado... todo nunha carreira por ir diante da situación epidemiolóxica adversa. No esqueleto do proxecto atopábase Segundo Grandío, responsábel de Casa de Tolos, un dos estudios de gravación máis recoñecidos da Galiza e cun historial significativo en traballos discográficos e audiovisuais de todo tipo. Involucrado na iniciativa desde o seu inicio, explica a Sermos Galiza que colaborar neste Meniños Cantores 2 supúxolle "unha volta ao pasado" nas lembranzas que tiña do anterior, realizado 16 anos antes. Para este produtor e músico foi outra vez un desafío ter que introducir nun mesmo traballo participantes tan dispersos pola xeografía galega e portuguesa con até dezasete localizacións diferentes. "O complicado foi a coordinación de temas, de datas de desprazamento, sobre todo en Portugal, que tivo un confinamento moito maior que o noso", conta. Non tivo outro remedio que botar man das novas tecnoloxías como a de "partillar bases midi a través de discos virtuais na nube" e comunicándose cos colexios para realizar as modificacións que se precisasen. Despois viñan os desprazamentos, para o que empregaron entre un e dous días por centro educativo. "No caso galego nós faciamos a base musical e as crianzas cantaban por riba mais no caso portugués empregaban músicos", relata, e pon como exemplo que, "nalgún caso eran grandes formacións, como foi a gravación da Banda de Música de Monção ou a Orquestra Sinfónica de Valença do Minho". Por parte dos colexios tamén houbo traballo. Para Meniños Cantores 2 había dúas propostas a maiores: escoller léxico específico de cada localidade para facer un glosario de expresións dos dous lados e escoller unha persoa portadora do patrimonio para recoller o seu testemuño. E, de repente, xorde un grave problema: o Ministerio de Educación portugués fecha as escolas a partir de mediados de marzo e non se sabe cando as volverá abrir. Mais as ondas xa corrían ao longo da fronteira e do lado galego comezábase a trazar o plan para visitar cada localidade. Todo se precipita coa chegada da primavera e coa data de xuño como límite para as gravacións co alumnado, a unidade móbil de Casa de Tolos comeza, o 23 de abril de 2021 en Tui, a primeira gravación, con Pancho Álvarez como padriño do CEIP Nº1. A totalidade do alumnado grava coa máscara que só quitarán para as entrevistas individuais. O 27 de abril o equipo de Casa de Tolos desprázase ás Neves, pois na parroquia de Taboexa esperan as e os meniños máis pequenos do proxecto, o alumnado da escola infantil. Eles van compartir interpretación cun dos grupos galegos máis veteranos, A Roda, que cantarán coas crianzas unha das súas cancións máis populares, O gato. E xa nos meses de maio e xuño apurouse o proceso de gravación nas demais localizacións e nos centros colexios do Rosal, Verín, Valença, Montalegre, Monção, Melgaço, Salvaterra de Miño, Tomiño, Caminha, Viana do Castelo, A Guarda, Crecente, Salceda de Caselas, Vila Nova de Cerveira e Chaves. que reciben a visita da unidade móbil do estudio Casa de Tolos. As máis de 40 horas de gravacións fixeron que o material recollido permitise a edición dunha serie documental na que os protagonistas de Meniños Cantores 2 tiveran voz, desde os alumnos e alumnas participantes ao profesorado colaborador, Documentar a experiencia nunha serie Rematado todo o proceso, as máis de 40 horas de gravacións fixeron que o material recollido permitise a edición dunha serie documental na que os protagonistas de Meniños Cantores 2 tiveran voz, desde os alumnos e alumnas participantes ao profesorado colaborador, as direccións dos centros, as persoas portadoras e tamén os padriños e madriñas do proxecto. O documental estruturouse en 4 capítulos de 50 minutos cada un e nela faise un percorrido polos concellos da fronteira galego-portuguesa para dar a coñecer cada un dos centros educativos e tamén contar cunha breve descrición de cada municipio. A maiores, engádese un videoclip para axudar a comprender a cancións que se gravaron en cada lugar. Como colofón, a serie remata coa interpretación do tema "Máis pert"o por parte dos padriños e madriñas de Meniños Cantores 2. A TVG interesouse pola serie documental e emitiuna polo Nadal. Para Veloso, a serie "aínda ten un longo percorrido, está aí para seguir mostrándose en diferentes ámbitos e hai proxecto para continuar con esa liña iniciada". Grandío tamén foi o responsábel da parte documental. "O que procuramos foi saber se as rapazas e os rapaces eran capaces de valorar o noso patrimonio cultural inmaterial, de entender a música ou certos valores que desde Ponte... nas ondas! levan promovendo desde hai 27 anos". Para Grandío foi moi interesante que, a través de cada madriña e padriño, "as nenas e os nenos participantes se mergullasen no mundo artístico". A serie relata unha viaxe entre Verín e Chaves até a desembocadura do Miño mesmo chegando a Viana do Castelo. Ponte nas ondas! Un fío entre Galiza e Portugal Madriñas, padriños e profesorado En toda esta iniciativa xogou un papel moi importante a participación de madriñas e padriños, artistas ou grupos que escollían os colexios, para apoiar o alumnado na gravación do tema musical que tiñan seleccionado. Desta vez foron Pancho Álvarez (Tui), A Roda (As Neves), Lucía Pérez (O Rosal), Zaraida de Maskarpone (Verín), António Zambujo (Montalegre), Augusto Canário (Valença e Viana do Castelo), Sons do Minho (Monção), Daniel Pereira (Melgaço), Vozes da Radio (Chaves), Cuarteto Caramuxo (Salvaterra), Andrea Pousa (Tomiño), Jaime Álvarez (Caminha), Luis Caruncho (A Guarda), Castriño de Rebordechán (Crecente), Uxía (Salceda de Caselas), e Cándido Miranda (Vilanova da Cerveira). Andrea Pousa, ten unha historia moi particular, xa que no seu caso participou como alumna no primeiro Meniños Cantores e agora como madriña do seu instituto Unha destas madriñas, Andrea Pousa, ten unha historia moi particular, xa que no seu caso participou como alumna no primeiro Meniños Cantores e agora como madriña do seu instituto, o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. "Foi fechar o círculo, para min foi todo un honor e notei o mesmo entusiasmo agora que daquela", sinala a Sermos Galiza; "eu tiña 15 anos cando colaborei no proxecto por vez primeira cunha peza que escolleu o meu profesor, Luís Lechuga, e daquela xa sabía que me quería dedicar ao mundo da música", engade. A nivel docente tamén hai casos singulares como o de Jorge Fernandes, profesor e director do Centro de Formação de Professores de Monção, ademais de ser presidente da Banda Musical de Monção que tamén implicou no proxecto. En conversa con Sermos Galiza sinala "o interesante" que foi esta colaboración entre ambas entidades "e as voces que compoñen o propio coro que temos. O resultado final foi un libro ilustrado por Andrés Meixide, con textos da escritora galega Rosa Aneiros e o escritor portugués Marco Neves. Letras, vocabulario, fotografías e unha tarxeta USB con 18 temas musicais, 18 videoclips, 18 karaokes e os 4 capítulos da serie documental. A implicación no proxecto da xente que participou foi total. "Sempre defenderei a unión da cultura e da lingua da Galiza e de Portugal, deberíamos facer máis proxectos en común", asegura Pousa e subliña que "moitas veces semella que esteamos virados de costas e non debería de ser así". Agora, con este traballo á venda nas librarías, agardan que medre. Fernandes argumenta que Ponte... nas ondas "é un proxecto fantástico" ao "unir as dúas partes da fronteira" e só lamenta que "non se lle dea a importancia institucional que merece", sinalando en concreto ao Ministério da Educação, cando entende que crea "unha fronteira viva que partilla vivencias para non estar afastados malia vivir próximos". |
NOS_16389 | A illa e os EUA reabren as súas embaixadas após a ruptura das relacións diplomáticas polo goberno de Eisenhower en 1961. | Esta segunda feira (20 de xullo) o goberno dos EUA e de Cuba marcarán de maneira simbólica o fechamento da primeira rolda de negociacións após iniciaren o seu desxeo a finais de 2014. Neste senso, ambos os dous países re-abren hoxe as súas embaixadas a comezar pola cubana na capital estadounidense, Washington. Nunha cerimonia oficial que congregará arredor de 700 persoas, entre convidad@s e imprensa, a bandeira de Cuba ondeará no número 2630 da Rúa 16, no bairro Adams Morgan. Un fito histórico após 54 anos da ruptura unilateral das relacións diplomáticas por parte do daquela presidente dos EUA, Dwight Eisenhower. Ao que seguiría a imposición do bloqueo comercial, económico e financeiro por J.F Kennedy. A persoa encargada de abrir oficialmente a embaixada será o ministro de Relacións Exteriores da illa, Bruno Rodríguez. Pola súa banda, o goberno de Obama tamén prepara unha acto embora non fixar aínda a data para a abertura da súa embaixada na Habana. Após, Cuba e os EUA iniciarán a segunda rolda de negociacións que se prolongará máis no tempo debido á magnitude dos asuntos a tratar, de índole principalmente económica. Até o momento, foron cuestións políticas --de grande simbolismo-- as que marcaron o desxeo das relacións entre a illa e Washington, entre elas a posta en liberdade dos 5 cubanos prisioneiros en Miami. |
NOS_36535 | Fanse 100 anos do naufraxio do Santa Isabel, un dos sucesos marítimos máis tráxicos das costas galegas, no que catro mulleres se converteron en salvadoras. Paula Cons non foi a única en querer ficcionar os feitos. Unha mostra que se inaugura hoxe en Ribeira dá conta da intención de Valle Inclán de escribir unha traxedia. | "Ho que dia desgraciado/ fue el día 2 de enero / que en las rías bajas / dejó tan triste recuerdo", comeza un dos cantares de cego que na década dos anos 20 do pasado século contribuíu a esparexer a noticia do tráxico naufraxio do Santa Isabel. Esta espectacular historia volveu á actualidade en 2020 coa estrea do filme A illa das mentiras, no que Paula Cons pon o foco na historia de tres mulleres de Sálvora que se converteron en heroínas no medio desta catástrofe, inspirada nestes feitos reais que caerían co tempo no esquecemento. E que tal día coma hoxe, hai 100 anos, as habitantes da illa protagonizaron un dos rescates marítimos máis famosos da historia da Galiza. Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor-correo 'Santa Isabel', un dos buques máis modernos da Compañía Transatlántica Española, naufragaba fronte ás costas de Sálvora. Viña da Coruña e dirixíase ao porto de Vilagarcía de Arousa, para recoller máis pasaxeiros en Vigo. Con destino na emigración arxentina ían 266 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulantes. Deles, salváronse só 53. Á altura de Fisterra comezaría un temporal do suroeste que desencadearía o naufraxio, ante as difíciles condicións de navegación na orografía da zona. O vapor embarrancou, montando sobre o baixo da Pegar, e abríronse tres fendas polas que comezou a entrar auga. Eran a 1:50 horas da madrugada. A nova chegaba á illa por volta das 5 da mañá, por medio dun dos torreiros do faro. Os homes marcharan celebrar o aninovo a terra firme e non puideran retornar por mor do mal tempo, polo que só ficaban os máis mozos e os máis vellos. E as mulleres. Tres delas botáronse ao mar sen dubidalo: María Fernández, de tan só 16 anos; Cipriana Orujo, de 24 e Josefa Parada, de 32. Desde terra axudábaas unha cuarta, Cipriana Crujeiras, de 48 anos. Navegaron nas dornas até a zona do sinistro varias veces, rescatando algúns dos tripulantes do barco e poñéndoos a salvo nunha enseada próxima. Procuraban que non subisen á barca, pois corría o risco de emborcar. Sobre as 10 da mañá, xa se sabía da catástrofe en Santa Uxía de Ribeira, co que saían varios pesqueiros que levarían os náufragos ao continente. As declaracións dos vivos eximiron o capitán, o asturiano Esteban García Muñiz, de calquera responsabilidade. Dicíase del que respectou a obriga de ser o último en abandonar a embarcación e mesmo intentou suicidarse ao ver o desastre, mais o seu segundo, Luís Cebreiro, evitouno. Este último figura como o oficial máis condecorado da mariña civil española da primeira metade do século XX e conseguiu nesta ocasión reter a no bote salvavidas número 8 a case 30 persoas. O labor dos habitantes da illa, en particular desas mulleres que bautizaron como "heroínas de Sálvora", sería posteriormente recoñecido con diversas condecoración, entre elas a medalla de salvamento marítimo. Os titulares da época recollen os feitos, nos que afogaron 213 pasaxeiros, entre os que a prensa conta 60 crianzas. Rexistrouse así como o quinto naufraxio en número de vítimas na nosa historia marítima e o segundo en mortos civís. A lenda dos raqueiros A fazaña, con todo, foi enzoufada polas faladorías, que tiraron de imaxinario popular para emparentar o suceso coa lenda dos raqueiros. Coñecidos como piratas de terra, facíaselles responsábeis de prender luces na ribeira, colgadas de cornos de bois e vacas para remedaren o balanceo das embarcacións en porto e confundir os barcos, levándoos ao naufraxio. Cando os navegantes eran arrastrados á costa, ficaban cos obxectos de valor que levasen e devolvíanos ao mar. Aínda que a investigación oficial e a prensa desmentiría estas interpretacións, a sombra ficou na oralidade. Co tempo, o rescate caeu no esquecemento, vivo en parte da memoria popular mesmo en cantares de cego como o que se refire ao comezo, que recolle Xosé María Fernández Pazos no libro Sálvora: memoria dun naufraxio. Mais tamén hai quen non esqueceu: din que os buques da Compañía Transatlántica Española farían soar durante décadas as sereas ao pasar fronte a Sálvora. Exposición en Ribeira Un século após estes acontecementos, inaugúrase hoxe en Ribeira a exposición Bravura, 100 anos do naufraxio do Santa Isabel. Esta mostra, instalada no museo municipal, relata o suceso desde a saída do vapor de Bilbo até o accidente, alén do contexto cun capítulo especial dedicado á emigración, no que se repasa este fenómeno na Ribeira dos anos 20 e 30 a través do "libro de emigrantes" do concello. A exposición recolle obxectos orixinais do barco, como unha campá ou a luxosa louza de prata. Tamén se atopan as medallas que recibiu o segundo oficial ou a creada especialmente para as "heroínas de Sálvora". Entre os contidos inéditos, destacan unhas notas manuscritas de Valle Inclán sobre o naufraxio, coas que o autor tiña previsto escribir unha traxedia que nunca chegou a ser publicada. |
PRAZA_6512 | O auditorio do Concello de Vigo acolle este sábado 27 a estrea do documental A Volta dos 9, de Antonio Caeiro, que lembra os asasinatos de nove mariñeiros de Baiona e Panxón en 1936. O Concello de Nigrán denegou o uso do salón de actos para a estrea. Falamos co seu director. | O 15 de outubro de 1936 un grupo de falanxistas asasinou na Enseada da Bombardeira, preto de Baiona, nove persoas (Felicísimo, O Ghonda, O Lijó de Corrubedo, O Rei Quiquito, Fidel, O Pelonio, O Ferreiro do Burgo, Generoso e Manuel Aballe), os máis deles mariñeiros e afiliados a sindicatos anarquistas. Días antes da matanza, dous irmáns, os Ineses, un anarquista da CNT e outro sindicalista da UXT, que vivían agochados dos falanxistas, deran morte a un garda civil cando os fascistas entraron na casa a detelos. No asalto morreron os dous irmáns e outras dúas persoas que vivían alí. Ademais, a vinganza dos falanxistas acabou coa vida destas outras nove persoas, que foron sacadas dos calabozos de Vigo. Porén, dende entón cada 15 de outubro aparecían no lugar, xa coñecido coma a Volta dos Nove, outras tantas cruces, unha por cada executado. Os franquistas tentaron saber quen as pintaba pero cada ano volvían aparecer as nove cruce pintadas para lembrar o sucedido. O auditorio do Concello de Vigo acolle este sábado 27 a estrea do documental A Volta dos 9, de Antonio Caeiro, despois de que o Concello de Nigrán denegase o uso do salón de actos para a estrea. O acto deste sábado non só servirá para lembrar os mortos do ano 36, senón que coincide co aniversario das últimas execucións do franquismo, as de Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot, Ángel Otaegui e os vigueses Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo. "Queriamos establecer unha especie de ponte entre algúns dos primeiros executados do franquismo, os da Volta dos nove, e os últimos executados", destaca Antonio Caeiro, director do documental. Falamos con el sobre este filme, que se une a unha lista moi ampla de traballos audiovisuais relacionados coa memoria: A memoria dos tempos do volfram, Aillados, Arde Madrid, ou o labor realizado dende o proxecto O Faiado da Memoria, en Vilagarcía de Arousa. "Queriamos establecer unha especie de ponte entre algúns dos primeiros executados do franquismo, os da Volta dos nove, e os últimos executados" Comezaches este proxecto hai xa anos, en 2006, deixáchelo aparcado, retomáchelo... Supoño que é difícil sacar adiante traballos coma este, sobre todo nestes tempos, non si? Si, require de moito traballo e paciencia. Eu comecei este proxecto no ano 2006, e naquel tempo estaba case rematado, pero despois quedou un pouco apartado, si, sentía que lle perdera un pouco a perspectiva, e necesitaba poñerme en situación. O ano pasado lanzamos un crowdfunding, simplemente para recadar 1.200 euros para algúns detalles que lle quedaban ao documental. Pero sobre todo quería comprobar se valía a pena rematalo, case coma unha enquisa, e a resposta foi moi boa. Estamos pasando por unha época na que os temas de memoria volveron a un espazo un tanto marxinal. Sempre foron marxinais, se cadra houbo un momento co bipartito no que había un apoio institucional e xurdían asociacións de memoria. Pero rematou iso e desapareceron, e volvemos estar os de sempre, os que non recibimos nada nin nos tempos bos, nin nos tempos malos. A estrea é en Vigo porque o Concello de Nigrán denegou o uso do salón de actos? Si. Xa pasou cando quixemos consultar unha documentación no Concello de Baiona e non nos deron permiso. Tivo que actuar o Valedor do Pobo para que nos deixasen entrar. E en Nigrán acontece o mesmo: din que non nos deixan facer alí a proxección porque hai actos programados. E en realidade non hai acto ningún. Esta é unha historia sobre a Memoria, na que a propia memoria xoga un papel protgonista, con ese esforzo, xa nos anos inmediatamente posteriores aos asasinatos, para que o crime non quedase impune... Resultábache interesante, como símbolo? Esta é a memoria da Memoria, si. É coma aquel poema de Cernuda de 'recuérdalo tú y recuérdalo a otros'. Asasinatos hóuboos en todos os lugares, pero non o feito de que esa historia se lembrase a partir desas marcas no chan. Eu son de Gondomar, e cando era pequeno escoitaba historias de algo que pasaba en Baiona, de persoas que facían marcas. Até moitísimos anos despois non souben de que eran esas marcas e aínda máis anos despois souben de verdade o que significaban. Ese tema callou tanto na xente que a historia non rematou nunca. "Eu son de Gondomar, e cando era pequeno escoitaba historias de algo que pasaba en Baiona, de persoas que facían marcas. Até moitísimos anos despois non souben de que eran esas marcas" Eu no documental falo dos nove asasinatos, pero tamén de todo o que sucedeu antes, do contexto, da historia dos Ineses, e de quen eran estas persoas, como quedou truncada a súa vida, todo o que cambiou. Aínda o outro día, presentando o documental Arde Madrid nun colexio de Monforte, preguntáballe aos rapaces se sabían que fora o Foucellas. E dicían "un guerrilleiro". E eu insistía: "Pero que era? Que profesión tiña?". E só un dixo: "carpinteiro". Foucellas era carpinteiro, os mesmo que os nove da Volta eran mariñeiros, e teríano sido toda a vida de non ser pola guerra. Que elementos utilizas para contar a historia? Hai tres elementos nos que baseamos todo o traballo: primeiro, as propias testemuñas; despois, unha serie de pequenas interpretacións realizadas por persoas. E tamén unhas animacións que serven para recrear algúns momentos da historia, sobre todo as execucións dos nove, ou o episodio dos Ineses. Ademais, tiña claro que non quería utilizar a voz en off, pero había elementos na historia que non sabía como contar. Asi que utilizamos unha gravación, que se escoita nun radiocasete, que relata estas partes da historia. "Creo que a memoria e o diñeiro non se levan demasiado ben" Como vai o traballo do Faiado da Memoria? Seguimos traballando, xusto hoxe veño dunha casa, de recoller un material ben interesante. O Faiado segue funcionando, iso si, non funciona na parte económica. Creo que a memoria e o diñeiro non se levan demasiado ben. |
PRAZA_7551 | Pablo García esíxelles a Cospedal e a Rajoy que se pronuncien sobre a investigación dos contratos na Deputación de Ourense e considera a Feijóo e a Rueda "cómplices" por "consentir catro anos esta situación" | O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, ofreceu unha rolda de prensa esta mañá en Ourense para valorar as accións dos socialistas a respecto da investigación sobre as contratacións presuntamente fraudulentas realizadas por Baltar. O día no que o PPdeG comeza o seu congreso Pablo García esixiulles a Dolores de Cospedal e a Mariano Rajoy que se pronuncien sobre a investigación e tamén afirmou que consideraba a Feijóo e a Rueda "cómplices" por "convivir e consentir catro anos esta situación". Para o socialista, "non existe un PP bo e un PP malo", senón máis ben que o primeiro "é cómplice do que está pasando e leva pasando moitos anos" na provincia de Ourense. Pablo García considera a Feijóo e a Rueda "cómplices" por "convivir e consentir catro anos esta situación" De feito, seguindo o fio aberto polo escándalo en relación ás prácticas do ex tesoureiro popular Luis Bárcenas, Pablo García criticou que Feijóo se amose "indignado se se lle pregunta polo extesoreiro do PP", cando "ten o seu propio Bárcenas a 50 quilómetros do seu domicilio", en alusión ás contratacións de Baltar. García esixiulles aos populares que, aproveitando o congreso que celebran esta fin de semana, expresen "a súa determinación de erradicar a corrupción do PP galego, porque teñen aquí casos tan sangrantes e escandalosos como o de Bárcenas". Finalmente, a Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia, "e polo tanto sobre quen recae a responsabilidade de supervisar as deputacións", recriminoulle que leve catro anos sendo "cómplice destas actuacións". Os socialistas afirman que todos os deputados provinciais do PP -agás o alcalde de Avión- teñen relación directa coas persoas cuxa contratación pola Deputación se investiga En canto ao proceso concreto da investigación ao redor das contratacións realizadas por Baltar, o PSdeG-PSOE anuncia que lles pedirán un informe á Secretaría da Deputación porque consideran que 14 dos 15 deputados provinciais do PP que este venres votaron en contra de que o ente investigue o caso puideron incorrer en prevaricación ao votar un asunto "gardando parentesco, consanguinidade ou afinidade coas persoas afectadas". Os socialistas afirman que todos os representantes populares -agás o alcalde de Avión- teñen esta relación directa coas persoas cuxa contratación pola Deputación se investiga. |
PRAZA_5104 | É evidente o fracaso deste modelo, mais as persoas que crearon o problema seguen a mallar no mesmo: recentralización educativa potenciando o ensino en castelán, recorte de competencias fiscais ás autonomías, tarifa enerxética que grava os países que producimos e as empresas que coxeneran… | Concordo coa avaliación do profesor Pereira Menaut, constitucionalista da USC, considerando fracasado o proxecto de recentralización desenvolvido ao longo de máis de vinte anos de felipismo e aznarato. Un proxecto que imaxinou un inmenso hub aéreo (lembran o billón de pesetas, con b de burro investidos na T-4?) en Madrid, centro dun sistema radial de estradas e alta velocidade, mentres os eixos ferroviario atlántico e cantábrico, fulcrais para os obxectivos galegos foron aparcados ou ralentizada a aínda non rematada Transcantábrica. Tratábase de facer a España cañí, alicerzada sobre o eixo Madrid-Valencia/Murcia-Andalucía. Unha España que non entendía a súa propia pluralidade cultural, lingüística e de estrutura e vocacións produtivas PP e PSOE, canda as elites financeiras de Madrid potenciaron a capital do Estado como único centro financeiro, de comunicación e empresarial, cando a Comunidade de Madrid contaba con só o 12% da poboación estatal. Tratábase de facer a España cañí, alicerzada sobre o eixo Madrid-Valencia/Murcia-Andalucía. Unha España que non entendía a súa propia pluralidade cultural, lingüística e de estrutura e vocacións produtivas. Esa España que deixou ao pairo na negociación do ingreso da CEE á pesca, gandaría ou construción naval galegas para beneficiar ás producións mediterráneas da oliva andaluza e da laranxa valenciana. Onde Esperanza Aguirre permítese requirir do millonario galego residente na Coruña: "Fulano, a ver cando ves vivir a España" ou a TVE non convida nunca a un artista que non cante en castelán. Tamén é evidente que só será viábel unha España policéntrica, en rede, que politicamente podería funcionar cun federalismo fiscalmente competitivo e moi descentralizado É evidente o fracaso deste modelo, mais as persoas que crearon o problema seguen a mallar no mesmo: recentralización educativa potenciando o ensino en castelán, recorte de competencias fiscais ás autonomías, tarifa enerxética que grava os países que producimos e as empresas que coxeneran… Semellan non ser conscientes de que xa queren liscar máis da metade dos cataláns e vasco e da inviabilidade desa España cañí cun único cerebro que todo o entende e todo o sabe. Tamén é evidente que só será viábel unha España policéntrica, en rede, que politicamente podería funcionar cun federalismo fiscalmente competitivo e moi descentralizado, ao xeito dos USA. Federalismo mesturado con solucións confederais no que atinxe aos asuntos de lingua, cultura, educación e Dereito civil, polo menos no que respecta ás nacionalidades galega, vasca e catalá. O outro xa non ten futuro. |
NOS_27408 | Oliver Laxe, o galardoado cineasta galego, estará este sábado no Teatro Principal para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas. O sábado, FEST-NOZ, foliada bretoa con música e danza tradicionais, sidra e doce típico. | Sexta feira Cineuropa Santiago de Compostela Até 27 de novembro O festival Cineuropa cumpre tres décadas acompañado do mellor cine, dando exhibición este ano a máis de 200 filmes e incluíndo por vez primeira no Estado español películas que a censura franquista prohibiu no seu momento. Nesta sexta feira, 11 de novembro, o cineasta Oliver Laxe estará no Teatro Principal, ás 20.00h, para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas. Sábado Mañás conscientes Carballo Biblioteca Rego da Balsa 10-13.00h Unha proposta alternativa para toda a familia con actividades como aulas de ioga, obradoiros de percusión, poesía e música. Diferentes disciplinas destinadas a axudar ás persoas e mellorar no día a día. Todas as actividades son de balde previa inscrición. FEST-NOZ, a foliada bretoa Santiago de Compostela Nave de Vidán 18.00h A Agrupación Cultural O Galo propón un serán de música bretoa en directo con agrupacións musicais como Tis Che Tein, Carricobanda... Ademais, contarán con obradoiros de baile e danzas tradicionais como gavotte, an dro, laride, cercle circassien, scotish... Sidra e doce típico! A praia dos afogados Mos Auditorio Fundación Pazo de Mos 22.15h Proxección do filme galego de drama e suspense, onde o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas é arrastrado pola marea até unha praia. Os da ría íntimos Cervo Sala O Muíño 00.30h Espectáculo humorístico- musical con temas clásicos do grupo, unha hora na que Os da Ría miran ao pasado e á actualidade do país. Domingo Ale-hop Pontevedra Auditorio Municipal 18:00 Espectáculo infantil de danza moderna, hip hop e teatro a cargo da compañía As Dríadas, recomendado para crianzas a partir dos cinco anos. Falar sen cancelas San Sadurniño Casa da Cultura 19-20.30h Teatro protagonizado por Fran Rei, Pedro Brandariz e Isa Risco cruzando monólogos, humor e comedia, coa palabra como gran protagonista. Exposición Pontevedra Sede Afundación de Pontevedra Exposición centrada na obra de Francisco Leiro (Cambados, 1957), un dos artistas galegos máis internacionais, onde se recolle o proceso creativo do artista en Cambados, Madrid e Nova York. Inclúense esculturas e traballos en papel e, para complementar, un documental, Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro, escrito e dirixido por Aser Álvarez. Mostra de Teatro de Malpica Malpica Centro Cívico Até 02.12.2016 Os espectáculos galegos máis laureados serán os protagonistas desta nova edición, o mellor da escena galega ao longo de varias semanas. |
NOS_35250 | As novas limitacións saíron da reunión que mantiveron a Consellaría de Sanidade e o comité clínico esta cuarta feira. Agárdase que mañá poidan transcender cambios a nivel da hostalaría, pois xa comezaran a analizarse a semana pasada, ao entender que a mellor evolución epidemiolóxica permitía tomar medidas independentes por concellos. | A Xunta vén de comunicar que, xunto coas expertas consultadas, imporá o fechamento dos municipios de Vilardevós, Paradela e Maside, estabelecendo tamén o resto de restricións que van ligadas ao nivel máximo. Así mesmo, as e os especialistas recomendaron que pasen ao nivel alto de prohibicións outras sete localidades, pois os contaxios do coronavirus evolucionaron á alza. En concreto estarán nese espazo Arteixo, Neda, Sobrado, Soutomaior, Pontecesures, A Mezquita e Boborás. Estas medidas, entre outras, foron aprobadas no decorrer dunha nova reunión da Consellaría de Sanidade co comité clínico que asesora ao Executivo galego sobre a evolución do coronavirus e os seus efectos na Galiza. Malia que estaba previsto que se notificasen cambios de horario na hostalaría, esta noite non se comunicou nada ao respecto. Haberá que agardar até a comparecencia de Sanidade de mañá para coñecer máis sobre o contido do encontro. Polo de agora o único claro é que o resto de municipios van seguir no nivel medio de limitacións, se ben as variacións entrarán en vigor na medianoite da sexta feira. Despois do paro na inoculación da AstraZeneca Estas modificacións na realidade de galegos e galegas decorren na mesma semana na que foi anunciada a suspensión da vacinación contra o virus de AstraZeneca. En calquera caso, desde a comunidade médica galega xa comezaron a transmitir unha mensaxe de tranquilidade para aquelas persoas que recibiron unha ou as dúas doses do remedio. Así mesmo, tamén se suceden as denuncias polos efectos derivados da pandemia como poden ser as listaxes de agarda nas especialidades médicas da rede sanitaria galega, o atraso no tratamento para algúns colectivos profesionais e mesmo o enriquecemento con algunhas das vítimas da pandemia. Prioridades Por outra banda, hoxe o delegado do Goberno do Estado español no país, Javier Losada, presidiu o encontro de traballo do Centro de Coordinación pola Covid-19, após o cal afirmou que as prioridades das forzas e corpos de seguridade van seguir sendo que se respecten as restricións "na hostalaría e o control do fechamento perimetral da Galiza". Esta última opción xa foi aprobada para intentar controlar os contaxios tanto na ponte de San Xosé como durante a Semana Santa. |
NOS_49912 | Terán lugar entre o 18 e 20 de xuño en oito cidades e vilas galegas. | A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 entidades, convoca novas mobilización en toda Galicia co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das persoas refuxiadas. Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollerán estas concnetracións. Algunhas das demanas que se realizarán nestas concentracións serán as exixencia de rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame. Lugar, hora e día das concentracións: A Coruña. 19 de xuño, ás 12 horas, dende o Orzán. A Guarda. 18 de xuño ás, 20 horas, dende a Alameda.Compostela. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Alameda.Ferrol. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Praza España.Lugo. 20 de xuño, ás 20 horas, diante do Edificio da XuntaOurense. 20 de xuño, ás 20:30 horas, dende a Subdelegación do gobernoPontevedra. 19 de xuño, ás 12 horas, na Praza da Peregrina.Vigo. 19 de xuño, ás 11:30 horas, na Doblada |
NOS_53962 | A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo agasallou Francisco cunha estola de plástico reciclado feita por Carmelitas Descalzas e unha edición especial de 'Follas Novas', de Rosalía de Castro | Yolanda Díaz visitou o Vaticano este sábado onde conversou co Papa Francisco sobre os decretos lexislativos que emprendeu o Estado para paliar a crise mais sobre o concepto de traballo, como axente social que dá dignidade e achega igualdade, informaron fontes do Goberno. Neste sentido, aseguran que durante o seu encontro falaron en xeral destes asuntos sen mencionar especificamente a reforma laboral, e abordaron, ademais a crise derivada da pandemia e o cambio climático. A propia Díaz, que acudiu acompañada do secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey, limitouse a asegurar que foi "un encontro moi emocionante". "Debo de ser respectuosa e non lles vou poder revelar o contido da conversación co Santo Pai", referiu aos xornalistas concentrados na Praza de San Pedro. Hoy me he reunido con el @Pontifex_es en el Vaticano para dialogar sobre el trabajo decente, la crisis de la Covid-19 y el futuro del planeta. Construir un mundo más solidario y más justo solo es posible con diálogo entre diferentes en favor del bien común. Hay esperanza. pic.twitter.com/KsPWbnf1Js— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) December 11, 2021 A cita durou uns 40 minutos. Como é habitual, ao non tratarse dun xefe de Estado ou de Goberno non está previsto que a oficina de prensa do Vaticano emita ningún comunicado. Frente a las desigualdades y la precariedad, la mejor vacuna es la fraternidad y la justicia social. Moitas grazas, @Pontifex_es, por la excelente acogida y la lucidez. pic.twitter.com/DKHGiMTzrJ— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) December 11, 2021 Fontes do Executivo cualificaron a visita como un encontro cordial do que estaba informado o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como xa explicou esta sexta feira a portavoz do Goberno, quen sinalou que o presidente sabía da cita desde hai quince días. Polémica A vicepresidenta preferiu non facer comentarios con respecto á polémica xerada despois de que a secretaría de Comunicación do PP de Madrid, Macarena Puentes, cualificase de "cumio comunista" o encontro co Papa. Fontes do Goberno incidiron en que en ningún momento se tratou de instrumentalizar a visita ao Vaticano ou darlle visibilidade, aínda que cualificaron como "desconcertantes" as posicións dalgúns partidos con respecto a este encontro. Así, recalcaron que durante a cita destacouse a necesidade de promover traballos que dignifiquen o ser humano para construír unha sociedade máis xusta e fraterna, unha idea que está presente na encíclica do Papa 'Fratelli Tutti'. Non transcendeu se durante o seu encontro falaron dunha posíbel visita do Papa a Santiago ao ano que vén. Regalos A vicepresidenta segunda agasallou o Papa cunha estola feita de plástico reciclado e unha edición especial do libro de poesías da escritora galega Rosalía de Castro, Follas novas. Os obsequios encarnan tanto a visión ecolóxica do mundo como a defensa dos migrantes que o Papa e Díaz comparten, sinalaron fontes gobernamentais. |
NOS_8382 | O poeta Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903-Fair Oaks, EUA, 1987) será o homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Así o decidiu esta sexta feira o Plenario da Real Academia Galega, que elixía entre a candidatura do valdeorrés, de Fiz Vergara Vilariño (Samos, 1952-Lugo, 1997) e a conxunta de Ánxel Casal e de Federico García Lorca. | Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México, será a persoa homenaxeada en 2022 co Día das Letras Galegas. Decidiuno na mañá da sexta feira o Plenario da Real Academia Galega, con 14 votos a favor. A candidatura de Fiz Vergara Vilariño recibiu catro votos, os mesmos que os da candidatura conxunta de Ánxel Casal e Federico García Lorca. Delgado Gurriarán licenciouse en Dereito na Universidade de Valladolid e exerceu como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933, ingresou no Partido Galeguista, do que chegou a ser secretario de Propaganda. Precisamente, debido á súa militancia política tivo que exiliarse após o golpe de Estado. Chegou a México tras lograr escapar a través de Francia no ano 1939, fíxoo a bordo do Ipanema, un dos barcos que levaron os exiliados a América e no que fuxiron tamén, entre outros, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro ou Elixio Rodríguez. Unha vez en América mantería o compromiso cívico e cultural que desde moi novo o achegara tamén ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos, do que fora socio protector. Foi un dos fundadores da revista Vieiros, da que foi director xunto con Carlos Velo e Luís Soto. Durante a época de conformación de Vieiros, o protagonista do Día das Letras Galegas 2022 mantivo unha especial relación con intelectuais do exilio interior como o académico Francisco Fernández del Riego ou Valentín Paz-Andrade e estivo en contacto cos mozos do Grupo Brais Pinto. Membro numerario da Real Academia Galega, promoveu iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953) e a audición radiofónica "Hora de Galicia", que estivo en antena todos os domingos durante case dúas décadas, e de doutras publicacións de carácter político e cultural. Asinou artigos xornalísticos baixo os pseudónimos Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño. Obra poética Entre a súa obra destacan o poemario Bebedeira (1934); a Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949), en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández; Galicia infinda (1963); Cantarenas. Poemas (1934-1980), de 1981, e O Soño do Guieiro. Opúsculos de poesía (1986). Tanto en Cantarenas como n'O soño do guieiro hai mostras elocuentes do seu talento satírico, retrate ao ditador Franco ou describa o desleixo lingüístico de certos falantes. "A RAG non só celebrará o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras. A través da súa figura tamén homenaxeará, por primeira vez, a Galiza do exilio republicano en México", sinala a Academia nun comunicado enviado aos medios. A entidade presidida por Víctor Freixanes lembra que México foi un país en que Delgado Gurriarán e outros colegas "desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da nosa identidade e que constitúen un referente obrigado da nosa historia contemporánea". |
NOS_54920 | O artista poñerá voz á lenda de 'O holandés errante', de Wagner, e transladará o público ao mar entre cada un dos 'Catro interludios mariños', de Britten. | A importancia do mar no noso país é inmensa. O mar dá vida, mais tamén a leva. O que si que deixa son historias, que serán desveladas esta sexta ás 18:00h no Palacio da Ópera. Baixo o nome de 'Historias do mar', a Orquestra Sinfónica da Galicia, dirixida por Diego García Rodríguez, outro do Barbanza, presenta unha nova proposta didáctica dentro do programa educativo 'Son Futuro', baseada na importancia que ten o mar para Galiza. Para iso, contará coa colaboración de Quico Cadaval, quen poñerá voz á lenda do buque pantasma da obertura de 'O holandés errante', de Richard Wagner e levará ao público asistente ao mar despois de cada un dos 'Catros interludios mariños', de Benjamin Britten, a partir de imaxes mitolóxicas e historias vencelladas ao mar . Ademais, as e os escolares poderán desfrutar de diversas representacións didácticas e de concertos para a familia arredor da temática mariñeira. |
NOS_55334 | A Fiscalía Anticorrupción chama a declarar ao exdeputado do PP Jorge Trías, que recoñeceu ter visto os papeis de Luis Bárcenas. Tamén citará ao extesoureiro do PP. Aliás, a maioría do PP veta que Rajoy teña que comparecer no Congreso para dar conta dos pagamentos | A Fiscalía Anticorrupción pide a Axencia Tributaria todos os pagamentos do Partido Popular desde o ano 2000. Aliás, chama a declarar mañá ao exdeputado popular Jorge Trías, que recoñeceu que veu a contabilidade de Luis Bárcenas. O propio extesoureiro popular tamén declarará como testemuña, segundo fontes xudiciais. O xornal El País vén de entregar a Fiscalía os coñecidos como 'papeis secretos de Luís Bárcenas' Ademáis, o Partido Popular vén de empregar a súa maioría absoluta para impedir que Mariano Rajoy acuda ao pleno do Congreso para falar dos casos de corrupción, alén de impedir a creación dunha comisión de investigación Ana Mato A Audiencia Nacional cita como imputado o exmarido da ministra Ana Mato polos pagamentos da rede Gürtel. Un informe da Policía desvelou que a trama Gürtel pagou á familia da ministra de Sanidade, Ana Mato, e o seu ex marido, o alcalde de Pozuelo de Alcorcón, Jesús Sepúlveda, viaxes turísticas por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, sufragou "eventos familiares particulares" como festas de aniversario con pallasos (11.800 euros). E tamén houbo a entrega de 75.000 euros para a oficina do PP en Pozuelo. |
NOS_3834 | A banda máis veterana do rock en galego saca á rúa un novo traballo. Vídeo no interior. | 'Benvidas ao futuro' é o título do novo traballo de Zënzar, o décimo da súa carreira, e que se publicará o vindeiro mes de abril. "O máis maduro dos editados até o momento, tanto en composición coma en son", indica a veterana banda de Cerceda. Un disco no que, indican, "falamos da realidade que nos toca vivir e que pode tocarlle ás xeracións que veñen". Zënzarsinala que mantén a aposta por "poñer voz e música aos problemas existentes na Galiza do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas...". O traballo vai acompañado dunha nova xira, na que "seguimos apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais". O proceso de gravación, mestura e masterización foi da man do técnico de son do grupo, Roi Gil. O deseño corre a cargo de Laura Romero, baixista da banda . |
PRAZA_7435 | O xuíz ordena o embargamento de bens mobles e inmobles a estes dous ex directivos de Novacaixagalicia que non fixeron fronte ás obrigas impostas. | O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno vén de ordenar o embargo do patrimonio do ex presidente de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso e do ex director xeral adxunto executivo Javier García de Paredes, logo de que non depositasen as fianzas impostas en novembro de 2012 para poder facer fronte ás responsabilidades civís que se puidesen derivar do procedemento. Fernández Gayoso e García de Paredes non fixeron fronte ás fianzas impostas no pasado mes de novembro O titular do Xulgado Central de Instrución número 2, no marco da investigación sobre as prexubilacións millonarias destes dous ex directivos e doutros tres antigos drixentes, ordenou o embargo de bens mobles e inmobles, entre eles un vehículo ou varios produtos financeiros. O embargo chega logo de que o maxistrado impuxese o pasado 6 de novembro unha fianza de máis de sete millóns de euros a García Paredes e tras declarar que Fernández Gayoso debía ser responsable civil solidario tanto desta caución como das que impuxo a outro tres ex directivos, que achegaron os dereitos económicos das pólizas das pensións que eles mesmos se atribuíron. Así, o ex director xeral da caixa José Luis Pego, tivo que afrontar unha fianza de case 2 millóns euros; o ex responsable do Grupo Inmobiliario Gregorio Gorriarán avalou 1,22 millóns; mentres que o responsable da oficina de integración Óscar Rodríguez Estrada, asumiu uns 350.000 euros. Segundo a Fiscalía Anticorrupción, esas foron as cantidades que os ex directivos terían percibido irregularmente, máis o que tiñan previsto ingresar se o seu plan de cobros até xubilárense concluíse con éxito. De non constituírse as fianzas, segundo sinalaba o auto, procederíase ao "embargo de bens da súa propiedade en cantidade suficiente para responder as sumas que se lles reclama". Os ex directivos están imputados por un presunto delito de administración desleal ou apropiación indebida Todos eles están imputados na comisión dun delito de administración desleal ou, alternativamente, de apropiación indebida. Na súa querela, Anticorrupción apuntaba que os exdirectivos "dispuxeron fraudulentamente de bens da entidade, ocultando ao consello de administración e ao Banco de España o importe das súas prexubilacións, e ás cales en parte non tiñan dereito, todo iso en menoscabo da entidade crediticia que administraban e do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB)". O Estado é actualmente propietario do 90,6% da entidade, tras inxectarlle no momento da fusión 1.162 millóns de euros e outros 2.465 millóns de euros en 2011, a través do FROB. Logo desta nacionalización, a auditora BDO realizou un informe no que concluíu que a contabilidade de Novacaixagalicia non reflectía a súa "verdadeira" situación patrimonial e foi valorada en 188 millóns de euros, segundo explica Anticorrupción. |
QUEPASA_355 | O Volantes non tivo que xogar para ascender a 1ª provocando ademais a permanencia do Cee na Liga da Costa. Todas as táboas copeiras en www.copadacosta.com. | Menudo sabor máis magnífico que está deixando esta #CopadaCosta. Volveunos deixar un carrusel tecnolóxico fantástico, con emoción ata o último suspiro. Volantes, novo equipo da 1ª, e Cee mantense na LigadaCosta Un carrusel ademais que deixa ao Volantes en 1ª Galicia. Ao cadro laranxa valeulle o empate entre Villestro e Cacheiras para non ter que competir nas dúas últimas xornadas. Ademais, o ascenso libera unha praza de descenso á 3ª, polo que o Cee mantén así a categoría. Unha Copa de época Preciosa esta volta dos Cuartos da Copa da Costa. Un luxo ver competir a 4 equipos da 3ª man a man con outros de superior categoría. Como o Castriz, que fixo sufrir ao Corme ata o último suspiro. Finalmente os cormeláns enfrontaranse a unha Esteirana que loitou o seu pase vencendo no Platas Reinoso ante o poderoso Baio, na eliminatoria que se presenta como unha final anticipada. No outro lado do cadro, o Camariñas fixo valer o 3-0 da ida, o que foi a primeira derrota do curso do Coristanco, e se mete nas semis. En fronte terá, tralo choque máis vivido destes Cuartos, ao Cabana despois dun partido de infarto ante o Malpica que se decidiu na lotería dos penaltis.Ollo ao baile de Eusebio no penalti que transformou Iván Mato que serviu para empatar a eliminatoria. Copas de base Xa temos final en Cadetes e semis en Xuvenís e Infantís. Outes e Esteirana veranse as caras na final Cadete desta Copa da Costa despois de eliminar aos Miúdos e Ponteceso nas semis. Falaremos estes días. Ademais, en Xuvenís déronse auténticos resultados curiosos. O Cabana chegaba ao Cunchido cun claro 5-2 e acabou sucumbindo por 6-2. O Outes medirase en semis a un Soneira que remontaba o 3-2 da ida en Esteiro.No outro lado do cadro o Corme non dou lugar a sorpresas e tamén venceu en Muros, e terá en fronte a un Sofán que superou ao Xallas. Ademais, en Infantís tamén haberá boas semis. Os Miúdos puido nesta categoría co Corme despois da igualada do Cairo. O potente Cee non deu opcións ao Cabana, igual que o Xallas á Esteirana. A eliminatoria máis igualada, o Fisterra gañou ao Muxía por un só tanto. Veteranos Doble cita para os Veteranos, coa ida das Semis de Copa e a Copa Galega. Notouse que o San Román está pensando máis no Campionato Galego, pois venceu o sábado 2-0 e pasa de rolda (o Zas caía e despide o curso), pero caía o domingo na Copa ante o Porteño, que dá un paso de xigante para volver meterse nunha final de Copa. No outro lado, o San Lorenzo vencía pola mínima ao Ponteceso. |
NOS_2599 | Os concellos de Viana do Bolo, Manzaneda e Vilariño de Conso veñen de presentar Terra do folión. A maxia comeza aquí, proxecto que aglutina de maneira conxunta a programación do entroido deste ano. | Esta campaña expúxose na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, nun acto no que participaron a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, o alcalde de Viana, Secundino Fernández, e o de Manzaneda, Amable Fernández. Ademais, estiveron acompañados polas máscaras principais dos seus Entroidos: os Boteiros e as Mázcaras, no caso de Manzaneda. Por outra banda, en representación da Xunta asistiu Carmen Pita. Os tres concellos únense para ofrecer un percorrido pola tradición do entroido. Así, o sábado 22 de febreiro propoñen unha primeira parada en Vilariño de Conso, onde se celebra o desfile de folións e a Festa do Cabrito. A súa personaxe principal é o boteiro, que dirixe o folión e, dependendo da zona, ten diferente pantalla. Aquí tamén se celebra a foliada, que resume o ano nas súas obras satíricas. En Viana do Bolo o Domingo Gordo (23 de febreiro) os boteiros saen coas súas pesadas pantallas, pegando saltos e apartando a xente coas moncas para abrir paso a folións e carrozas. A gastronomía marca este evento coa Festa da Androlla, que celebra este ano o 50 aniversario. A terza feira 25 a festa trasládase a Manzaneda, seguindo a figura da Mázcara, que deleita o público bailando ao ritmo do folión. As súas obras en verso resumen tamén o ano en clave de comedia na foliada. Este día pódese gozar ademais do xantar popular. |
NOS_45188 | A última reunión entre Goberno español, Xunta e Comité de empresa de Alu Ibérica remataba co anuncio dun grupo de traballo para buscar solucións ao futuro da planta. Desde a representación sindical poñen enriba da mesa a posibilidade de entrar nos fondos europeos Next Generation. | O anuncio realizado polo Goberno español, a Xunta e o comité de empresa de Alu Ibérica da constitución dun grupo conxunto de traballo coa intención de procurar solucións para o futuro da planta, tras reunirse a pasada quinta feira na Coruña, abre a porta á esperanza na continuidade da factoría. Esta "fronte común" foi moi ben recibida por todas as partes, comezando pola do seu cadro de persoal. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, confía en que nestas xuntanzas "se presenten proxectos en base ás nosas necesidades e complementalos con fondos que poden vir dos Next Generation". López Corbacho considera que "dentro das dificultades sempre aparecen as oportunidades" e por esa razón a pandemia "é unha oportunidade a través deses fondos europeos" que se tería que aproveitar. "Hai que presentar unha proposta para a planta máis alá do conflito xurídico que hai", propón en declaracións a Nós Diario, "a nosa misión é darlle percorrido industrial á planta e manter o emprego industrial da comarca", engade. De cara á primeira xuntanza que terá lugar a vindeira cuarta feira 4 de agosto, sinala que "de entrada o grupo ten que avaliar a situación da planta para estabelecer os pasos a dar e a partir dese paso debería saír á venda". Para que se faga cargo da factoría "un investidor do noso sector produtivo" este sindicalista cre que "a planta ten que ter unha condicións industriais apoiadas polas Administracións galega e española". A CIG urxe a intervención pública Desde a CIG reiteran que "cómpren decisións políticas para materializar a intervención pública das plantas de aluminio da Coruña e Avilés, pois este é o único camiño para garantir realmente a continuidade industrial e os postos de traballo". Aseguran nun comunicado que as últimas resolucións xudiciais "demostran a enorme fraude e o engano que significou a operación de venda que no seu momento fixo Alcoa ao fondo de investimentos Parter Capital e que contou coa aprobación e o aval do Goberno español, mais tamén do Goberno da Xunta de Galiza". Con estes antecedentes a central nacionalista insiste en que "a solución definitiva para estas fábricas non está nos xulgados" senón "na intervención pública e despois, con tranquilidade, buscar un novo grupo que adquira as instalacións con todas as garantías de solvencia e viabilidade". A aparición do novo administrador xudicial A remate da xuntanza desta quinta feira a ministra de Industria non deixou de comentar a súa alegría polo nomeamento dun novo administrador xudicial, que "dá tranquilidade para poder traballar no futuro", como afirmou aos medios de comunicación. Desde o comité de empresa tamén viron con bos ollos esta mudanza aínda que o seu presidente informara que polo de agora "dixeron que aínda non tomaría posesión e agardamos que non tarde moito en facelo". En canto o faga o seu primeiro encargo será emitir un informe sobre a situación respecto da solvencia financeira real das compañías nun prazo de dous meses. A razón deste nomeamento é, segundo a xuíza, que as sociedades intervidas non dispoñen de procedementos formalizados e de controis internos que permitan dar "unha seguridade razoábel no exercicio das funcións de intervención xudicial" e ademais "incumpriran de forma reiterada os requirimentos de información realizados pola intervención xudicial". Contraproposta de Alcoa por San Cibrao, Cervo En relación á factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo), a multinacional mantivo onte unha reunión coa ministra de Industria, Reyes Maroto, segundo informan, "para propor solucións alternativas aos retos da planta de aluminio". Nun comunicado posterior á xuntanza, o Presidente de Alcoa, Roy Harvey, explica que a súa proposta consiste, nun primeiro paso, na firma dun Memorando de Entendemento (MoU) antes do 15 de setembro de 2021 por parte da compañía, o Goberno español, a Xunta, os sindicatos e a representación do cadro de persoal, "garantindo a subministración de enerxía a un prezo que permita á planta ser competitiva a longo prazo". Nel, a multinacional mantería as operacións da planta e non iniciaría o despedimento colectivo até o 31 de xullo de 2022, no caso de que o Tribunal Supremo fallase a favor de Alcoa antes desa data. "Este prazo empregaríase para abordar os problemas enerxéticos da planta de aluminio primario e obter un prezo de enerxía garantido", asegura a multinacional. Unha vez resolto o reto enerxético, Alcoa comprométese a realizar un novo proceso de venda directa. |
NOS_16768 | "O achegamento puntual de xabarís e doutra fauna silvestre á cidade de Lugo non debe entenderse ou presentarse como un feito inusual, xa que entra dentro dos parámetros de normalidade dunha cidade cun carácter e cunha contorna profundamente rural", explican. | A presenza puntual de fauna silvestre, como o xabarín, na cidade de Lugo non debe ser motivo de alarma, entre dentro da "normalidade" cunha contorna rural. Así se explican desde a recen constituída Plataforma pola convivencia ética coa fauna silvestre, que poñen en andamento diversos colectivos (Adega, Anonymous For The Voiceless, EQUO Galicia e Lugo Animal Save ) e cidadáns a título particular. Recoñecen a súa preocupación pola resposta que desde as administracións se poda da a esta presenza destes animais na cidade. "As alarmantes e confusas novas na prensa sobre as intencións da Xunta e do Concello de Lugo, xunto coa Federación Provincial de Caza de Lugo, de tomar medidas de control, entre as que se barallan as batidas nocturnas" levaron á creación deste colectivo. A respecto das noticias que apontan a un aumento de accidentes de tráfico na contorna da cidade por mor dos xabarís, lembran que non se ofrecen datos fiables que sosteñan esta tese, nin estudos que avalen o incremento de desprazamentos da especie na periferia de Lugo. A Plataforma pide, así que se promovan estudos científicos sobre este fenómeno, que se prioricen medidas non cruentas de xestión deste tipo de fauna, ou que se incida na concienciación social. |
NOS_23415 | O control das listas electorais divide a converxencia. Esta terza feira comeza o período de primarias, que concluirá un día após. | A presentación de 18 listas ao proceso de primarias que vai desenvolver En Marea entre o 16 e 17 de agosto para elixir as súas candidatas e candidatos non é máis que outro capítulo da lea interna polo control das candidaturas para as eleccións autonómicas do 25 de setembro entre as diversas forzas que conforman este espazo electoral. O fracaso do intento dos diversos aparatos das forzas políticas que dirixen o proceso por tentar conseguir unhas listas de consenso era evidente nas últimas semanas, tanto pola forte tensión vivida nas xuntanzas desenvolvidas no ámbito local e nacional como polas declaracións públicas de diversos dirixentes dos partidos de En Marea. O mesmo Manoel Santos, militante de Anova moi próximo a Beiras e responsábel de comunicación desta organización, chegou a manifestar no seu perfil de Facebook que "Se a Cámara galega fose de 200 escanos estaba todo resolto. O problema é o das estreiteces do Hórreo". Pola Coruña pelexan 5 listas, por Lugo 3, por Ourense 3 e por Pontevedra 7 Son 5 as candidaturas que pelexan polos postos da lista na circunscrición da Coruña, "Onda Verde", encabezada por Xesús Pérez Balirac e promovida por militantes de Equo e do Espazo Ecosocialista; "Unha Marea para un País", encabezada polo deputado de AGE Antón Sánchez e promovida por unha parte de Anova; "A Marea do Pobo", encabezada polo economista Manolo Lago e promovida por Esquerda Unida; "Mar de Todas", encabezada polo sindicalista Xan Xove e promovida por "Marea Atlántica", e por último a lista do militante de Anova Eduardo García Santiago. A loita en Lugo líbrase entre 3 candidaturas, Lugo Plural, encabezada por Elías Pérez e promovida por militantes do Espazo Ecosocialista; "Marea do Pobo", encabezada pola militante do PCE Vanessa Somoza e promovida por Esquerda Unida, e "Rede de Mareas de Lugo", encabezada polo antigo afiliado de "Compromiso por Galicia" Víctor Álvarez e promovida por ex militantes de "Compromiso por Galicia" canda membros de Cerna e persoas pertencentes ao Foro Galego. A pelexa en Ourense enfronta "Somos Quen", encabezada polo alcalde de Manzaneda David Rodríguez e promovida por unha parte de Anova; "Marea das Terras de Ourense", encabezada pola afiliada de Anova Rita González e promovida por algúns militantes desta formación e de "Ourense en Común", e "Somos Marea", encabezada pola dramaturga Ánxeles Cuña e promovida por Esquerda Unida. Son 7 as listas que batallan en Pontevedra, "A Marea do Pobo", encabezada pola Secretaria Xeral do PCG Eva Solla e promovida por Esquerda Unida; "En Movemento por Pontevedra", encabezada pola militante de Podemos Paula Quinteiro e no que ocupa o segundo posto o líder da FPG Mariano Abalo e promovida por Anova coa incorporación de afiliados da formación morada críticos con Carme Santos; "Marea da clase traballadora", encabezada polo antigo secretario de CCOO no Salnés Ramón Bueno e promovida por militantes de Esquerda Unida; "Tendendo Pontes", encabezada pola deputada escindida de AGE Chelo Martínez e promovida por Cerna; "Onda Verde, encabezada por Xosé Manuel Ledo e impulsada por Equo; "Mareas abertas en común", encabezada polo dirixente ecosocialista Xoán Hermida e promovida por membros desta formación e de Anova, e "Marea Brava", encabezada por Paulino del Río e promovida por membros da candidatura municipalista "Gondomar Concello Aberto". A lea chegou ao interior das propias organizacións que conforman "En Marea" até o punto de que militantes e tendencias da mesma organización confróntanse en diversas candidaturas Mestura nas listaxes A lea chegou ao interior das propias organizacións que conforman "En Marea" até o punto de que militantes e tendencias da mesma organización confróntanse en diversas candidaturas por ocupar os postos nas listas electorais. Así, a militancia de Esquerda Unida na circunscrición de Pontevedra divídese en 2 candidaturas, "A Marea do Pobo" e a "Marea da clase traballadora", formada por persoas moi próximas no seu momento ao deputado do Salnés de AGE Xóan Fajardo, que si participa da lista oficial de Esquerda Unida. Anova é a organización que se presenta máis divida, na Coruña loitan entre si a candidatura de Antón Sánchez, avalada por Xosé Manuel Beiras, contra a liderada por Eduardo García Santiago, da que forma parte o secretario de Organización deste partido, Rafael Dópico. O mesmo acontece en Ourense, a candidatura "Somos Quen", que aglutina o sector beirista de Anova, enfróntase a "Marea das Terras de Ourense", cuxo primeiro e segundo posto ocupan militantes de Anova, se ben neste caso aliñados coas teses da FPG. As diverxencias no seo do partido liderado por Mariano Abalo, formación integrante de Anova, que tiveron o seu reflexo no abandono da FPG dun sector encabezado polo secretario xeral da CUT, Manolo Caamaño, aboian de novo co apoio deste grupo á lista encabezada por Xoán Hermida contra a da propia Anova onde Abalo ocupa o segundo posto. A incorporación de Podemos A Marea Atlántica e Esquerda Unida, segundo fontes consultadas por Sermos Galiza, chegáronlle a ofrecer a Podemos entre o 20 e o 25% total da representación total da converxencia A incorporación de Podemos á confluencia, o encaixe da formación morada nas candidaturas e particularmente as cotas das diversos partes no grupo parlamentario de "En Marea" está aumentando nas últimas horas a xa de por si conflitiva situación interna. A pasada sexta feira, na xuntanza mantida polos representantes de "En Marea" con Pablo Echenique e Carolina Bescansa, fixéronse varias achegas sobre a porcentaxe de deputados que lle corresponderían aos podemitas no parlamento do Hórreo, chegándolle ao ofrecer desde Marea Atlántica e desde Esquerda Unida, segundo fontes consultadas por Sermos Galiza, entre o 20 e o 25% total da representación total da converxencia. Na mesma reunión foi palpábel a tensión entre Anova, Marea Atlántica e Esquerda Unida, até o punto de que estas dúas organizacións viron como os de Beiras se fechaban en banda ás diversas formulas ofrecidas por estes para desatascar a situación. A menos de 24 horas para que arranquen as votacións para decidir os candidatos e candidatas de "En Marea" as espadas continúan en alto, sen que ningunha das forzas que conformen a confluencia se atrevan a prognosticar un resultado. |
NOS_38394 | A nova web da formación de Albert Rivera será monolingüe en español. Unha decisión que coincide coas instrucións do cumio do PP os seus dirixentes de se referir a Ciudadanos como un partido catalán. | Ciutadans-Ciudadanos está a ser a nova estrela política da grella televisiva e dos analistas e opinólogos dos medios de comunicación maioritarios, que se debruzan sobre esta formación á que algúns inquéritos conceden un sorprendente 13% na intención de voto. O partido liderado por Albert Rivera semella querer se desprender do seu 'pasado catalán' e presentarse como unha forza española. Segundo recollen varios medios cataláns (Nació Digital ou Vilaweb, entre outros), Ciutadans vai estrear unha nova web na que o catalán xa non vai ter presenza. A anterior páxina web si que dispoñía desta opción, permitindo elixir entre castelán e catalá, mais a nova ferramenta vai ser monolingüe en español. Como destaca Nació Digital, esta decisión coincide coa estratexia deseñada polo PP a respecto deste partido e que menciona El País. A secretaria xeral popular, Dolores de Cospedal, ordenou a todos os dirixentes e altos cargos do PP que se refiran a Ciudadanos como unha formación catalá, sen proxecto para o Estado español. |
PRAZA_10245 | O PSdeG-PSOE obtivo cando menos o 49% dos votos en 242 das 244 seccións censuais da cidade e arrasou en barrios e parroquias como Lavadores, Candeán e Beade. Os socialistas multiplicaron por cinco os apoios recibidos polo PP, que só resistiu nas rúas máis céntricas | O pasado domingo Abel Caballero revalidou o seu triunfo en Vigo cunha esmagadora maioría absoluta: o 67,64% dos votos, multiplicando por 5 os apoios recibidos pola popular Elena Muñoz. O PSdeG-PSOE creceu 28.000 sufraxios e, por suposto, impúxose en todos os barrios. De feito, a formación superou o 49% dos votos en 242 das 244 seccións censuais da cidade.O PSdeG superou o 49% dos votos en 242 das 244 seccións censuais da cidadeÉ mais, obtivo máis do 70% dos sufraxios en 92 deles, sobre todo en barrios e parroquias como Lavadores, Coia, Candeán e Beade. Porén, tampouco baixa do 50% no centro da cidade e só nalgunhas zonas próximas ao Areal, e ás rúas Policarpo Sanz ou García Barbón (os feudos máis importantes do PP), Caballero ficou no 40%. Iso si, en primeiro lugar e con ampla marxe con respecto aos populares.O PP, en cambio, obtivo o seu peor resultado histórico na cidade de Vigo, con só o 13,69% dos votos e só 4 concelleiros, un mínimo que os populares non acadaban dende os 3 edís de Coalición Democrática en 1979. Tan só nalgunhas rúas do centro e na zona de Oia o PP supera o 25% dos apoios e hai amplas áreas da cidade nas que os populares mesmo baixan do 10%.A Marea de Vigo perdeu cinco puntos e seis mil votos, mantendo certa forza nos barrios de Coia, Teis e Navia, (superando o 10%) pero baixando tamén nestas prazas.O BNG, pola contra, gañou algo máis dun punto e uns 1.600 votos, recuperando a súa presenza na corporación municipal. Os nacionalistas obtiveron os seus mellores resultados en Zamáns e na Cidade Vella. |
NOS_47596 | A repunta de casos da Covid-19 que se produciu na Galiza nos últimos días ten a ver, segundo a Consellaría de Sanidade, con contaxios que tiveron relación con viaxes de fin de curso a Mallorca. Segundo o departamento de Julio García Comesaña, a variante británica e a Delta, procedente da India, estarían detrás destes surtos. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cifrou ao redor de 50 os casos de Covid-19 na Galiza asociados ás viaxes de fin de curso a Mallorca, dos cales 30, o "núcleo maior", localízanse na cidade de Pontevedra. O resto, están repartidos entre Lugo, Ourense e Vigo. Así o confirmou o titular de Sanidade da Xunta a preguntas dos medios após visitar esta sexta feira o Hospital Clínico de Santiago. Porén, a Galiza aínda non conta co mapa dos centros educativos que tiveron algún vínculo con estas viaxes. O conselleiro afirmou que espera telo "nas próximas horas" para facer "canto antes a proba correspondente e, de ser o caso, sometelos á corentena estabelecida". García Comesaña tamén asegurou que o aumento dos casos activos e os repuntes nos contaxios nos últimos días "corresponden fundamentalmente" a este brote que afecta non só os alumnos, senón aos familiares directos. Ademais, estes positivos están vinculados tanto coa variante británica como coa Delta, procente da India, á que se lle atribúe unha maior transmisión. Estímase, de feito, que sexa a predominante en tan só unhas semanas. 400 casos derivados no Estado Trátase dun brote do cal "nin nos peores momentos" da pandemia se tivo coñecemento, segundo manifestou García Comesaña, xa que podería alcanzar os "400 casos derivados" en todo o Estado. "Ten unhas dimensións que non estabamos afeitos manexar", recoñeceu. Así, sobre se á Consellaría lle preocupa o impacto que poida ter sobre a incidencia, respondeu que "calquera incremento" e mesmo "cando o descenso é máis lento" pon en alerta a Xunta. Na quinta feira, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, cifrou en 25 os casos confirmados da variante Delta, con presenza na Coruña e en Vigo. Hai precisamente unha semana Nós Diario daba conta dos resultados do proxecto CovidBens, que indicaba a presenza da variante procedente da India nas augas residuais da comarca coruñesa. Preocupa a propagación da Delta entre a mocidade, pois é o colectivo que máis tardará en ser vacinado. |
NOS_23461 | Por diante quedan unha visita ao Madrigal e recibir ao Real Madrid en Riazor | O Deportivo meteuse en problemas despois dunha aciaga segunda volta na que só sumaron 12 puntos, a falta de dúas xornadas. Tendo chegado ao remate da primeira volta con moi boas sensacións e con 27 puntos. Afastámonos do Deportivo que se achegaba a postos europeos, que facía sufrir a grandes equipos como o Barcelona no Camp Nou, arrincándolle un empate, ou daquel equipo organizado que chegou a ser un dos 5 conxuntos que menos ocasións concedía en toda Europa. A excelente primeira metade de tempada deu paso a unha crise de resultados, ao encadear unha xeira de empates, que rematou por dexenerar en crise de xogo e falta de confianza. Dez empates nas últimas vinte xornadas e tan só unha victoria. Esas son as cifras que obrigan, agora, a facer contas. Os equipos involucrados na loita pola permanencia son Xetafe, Sporting, Raio, Granada, Deportivo e Espanyol Entremos en materia. Vexamos as combinacións posíbeis para que o Dépor continúe un ano máis en Primeira División: Tras a certificación do descenso do Levante, os equipos involucrados na loita pola permanencia son Xetafe, Sporting, Raio, Granada, Deportivo e Espanyol. Este último, con 40 puntos, só descendería no peor dos casos. O que queda por diante O Deportivo enfrontarase domingo ás 17.00 horas ao Vilarreal, fóra da casa. Os de Marcelino chegan ao encontro xa clasificados para Champions League e sen nada en xogo. Os coruñeses poderían certificar esta fin de semana a salvación, impoñendo a súa necesidade sobre o rival. De ser así, sumarían 42 puntos e afrontarían con absoluta tranquilidade a última xornada fronte ao Real Madrid, que probablemente visitará Riazor loitando polo título. Unha vitoria no Madrigal ou en Riazor fecharía tódalas cávalas, mais de non gañar, as contas do Depor seguirían en pé. Dobre empate contra Vilarreal e Real Madrid O escenario máis esixente, marcaría a permanencia en 41 puntos, no caso de que Granada, Raio e, ou ben Sporting ou Xetafe, que se enfrontan esta xornada, gañasen os dous partidos. Imaxinando unha situación na que o decimo oitavo sume 41 puntos, ao Deportivo non lle chegaría con igualar a suma, xa que Granada acadaría 42 e produciríase un triple empate entre Depor, Raio e Sporting ou Xetafe. No caso de triple empate a diferenza de goles entre os tres implicados marcará as posicións finais Neste caso, a diferenza de goles entre os implicados marcaría as posicións finais e o Deportivo da Coruña, que son tén saldo positivo ante o Raio Vallecano veríase perxudicado na maior parte de combinacións.Só sairía beneficiado nas combinacións Dépor - Granada e Sporting e Dépor - Raio - Sporting. Nos demais casos o Deportivo descendería. Empate co Vilarreal e derrota en Riazor, ou á inversa Con 40 puntos a salvación é moi probable. O Granada, con 36 puntos, precisaría un empate e unha vitoria para chegar a eles. Difícil. Os nazaríes enfróntanse ao Sevilla no Pizjuán e ao FC Barcelona nos Cármenes, coa liga en xogo. O lado negativo é que o goal average perxudica aos galegos. O Raio, con 35, enfróntase á Real Sociedade e ao Levante. Non fará 40 puntos en ningún caso, mais superaríaos de gañar ámbolosdous encontros. Sporting e Xetafe enfróntanse esta xornada no Coliseum, un empate imposibilitaría que acadasen os 40 puntos. Se un dos dous se impón, o derrotado tampouco chegaría aos 40 e o gañador podería sumar 41 de repetir victoria. O Xetafe irá ao estadio do Betis na última xornada e o Sporting recibirá ao Vilarreal. Dobre derrota Perdendo no Madrigal e en Riazor co Real Madrid, os de Víctor Sánchez del Amo terían que esperar que, como mínimo, dous equipos rematen con 39 puntos ou menos. O Deportivo tén o goal average en contra con Xetafe, Sporting e Granada No empate a 39 puntos o goal average gañaría protagonismo. Sería unha mala nova para o Dépor, que só o tén gañado co Raio Vallecano. Tanto Xetafe como Sporting e Granada teñen este factor ao seu favor contra os coruñeses. Os triples empates, polo de agora, benefician ao Deportivo e só unha derrota abultada lle faría perder esa vantaxa. Con todo, podemos concluir que o Deportivo da Coruña é o mellor situado para lograr a permanencia, obviando ao Espanyol, e só a dificultade dos enfrontamentos que restan o meterían en apuros. Os de Víctor só precisan unha victoria e dependen de si mesmos. Só queda esperar que, desta vez, o home non sexa o inimigo do home. |
PRAZA_16781 | ENTREVISTA | Xaquín Pérez-Sindín (As Pontes, 1979) obtivo a prestixiosa bolsa europea Marie Curie, que recoñeceu o valor das súas investigacións, centradas nos efectos sociais da minaría. Na súa tese de doutoramento afondou nos impactos provocados pola actividade extractiva na súa vila natal e no posterior proceso de recuperación da contorna | O pasado mes de febreiro o sociólogo Xaquín Pérez-Sindín López (As Pontes, 1979) obtivo a prestixiosa bolsa europea Marie Curie, que recoñeceu o valor das súas investigacións, centradas nos efectos sociais da minaría. A súa tese de doutoramento (Megaproyectos y comunidad: impacto de un proyecto minero-eléctrico a gran escala desde una perspectiva sociológica), presentada en 2015, afondaba en concreto nos impactos provocados pola mina das Pontes (en activo durante tres décadas, ata 2007) sobre a poboación residente nesta vila e o proxecto de recuperación da contorna unha vez que a mina pechou. Integrante do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC, dende o ano 2011 é profesor na universidade polaca de Gdansk. Agora, a Marie Curie permitirá continuar as súas investigacións entre Dinamarca e Colombia, afondando sobre todo nos efectos das actividades extractivas neste país latinoamericano. Na tese estudas os efectos que a actividade mineira e da central térmica tiveron nas Pontes, semellantes aos doutras boomtowns [poboacións que experimentaron un crecemento rápido por algún ou outro factor]. Cales son eses efectos, en termos xerais? Na maioría dos casos, este tipo de proxectos teñen lugar en zonas rurais remotas que acaban por duplicar ou triplicar a súa poboación debido ao crecemento explosivo de oportunidades de emprego no campo da construción e extracción enerxética. A diferenza dos crecementos demográficos normais, este tipo de booms estimulan o fluxo de poboación nova masculina con altos salarios e poucas raíces na comunidade e que ou ben se desprazan a diario desde localidades próximas ou ben residen de forma temporal. Así, a socioloxía rural americana apunta a que estes cambios demográficos poden derivar en desequilibrios no rateo homes/mulleres, unha ruptura dos patróns de interacción social e un dano na fábrica social. Igualmente, na maioría dos casos, as comunidades non teñen o capital institucional e as infraestruturas suficientes como para acoller os novos fluxos de poboación, podendo derivar en estados de crise e incapacidade para afrontar problemas sociais como aumento do crime, abuso de substancias aditivas e problemas de saúde mental. "Tres estudos científicos sinalan As Pontes como un dos lugares con maior risco de suicidio durante os anos que suceden ao boom mineiro-eléctrico" O acontecido nas Pontes vén constatar algúns destes impactos, especialmente no referente ao boom demográfico e os problemas de subministro de servizos básicos nos primeiros anos. O número de asociacións durante os anos de máximo crecemento demográfico mantense a niveis moi baixos cando se compara con concellos próximos de igual tamaño ou coa media galega e española durante os mesmos anos. Este dato é moi significativo na medida en que a existencia de organizacións sociais adoita ser un indicador de protección social. É dicir, o problema dos rápidos procesos de industrialización rural como o vivido nas Pontes non radica necesariamente na desaparición de formas de solidariedade social como a familia tradicional ou a importancia dos lugares e aldeas como fontes de socialización e protección. O verdadeiro problema xorde cando estas institucións non son substituídas por institucións propias de sociedades modernas como poden ser as asociacións veciñais, grupos de apoio, sindicatos ou, simplemente grupos de interese. Este dato estanos a falar dun maior risco de padecer o que na socioloxía clásica se coñece como anomia, é dicir, unha situación na cal a sociedade é incapaz de proporcionar un mínimo de orientación moral aos individuos que a compoñen. Na miña tese fágome eco da existencia de ata tres estudos científicos realizados por institucións diferentes nos que sinalan As Pontes como un dos lugares con maior risco de suicidio durante os anos que suceden ao boom mineiro-eléctrico. "Os labores de construción van atraer a moita man de obra non especializada que acaba por abandonar o mundo agrario, incapaz de competir en termos de salario. Cando a situación se normaliza tras o boom, os problemas de desemprego persisten e aparece o conflito" Na tese fas especial fincapé na creación dunha sociedade desigual, cunha mellora das condicións de vida dunha parte da poboación. Xerouse nas Pontes unha fronteira entre ser de Endesa vs non ser de Endesa? As raíces da categorización "ser de Endesa" vs. "non ser de Endesa" hai que atopalas nas políticas industrialistas implementadas desde os anos 40 no rural galego e que debido á súa magnitude, fan das Pontes un caso verdadeiramente paradigmático. No contexto da segunda guerra mundial e autarquía, o Estado Franquista, por medio do Instituto Nacional de Industria, vai construír nas Pontes unha fábrica de combustibles líquidos que, finalmente, e debido á irracionalidade do investimento -apuntada por diversos historiadores- acabaría por converterse nunha fábrica de fertilizantes. Co fin de acoller a enxeñeiros e traballadores, o INI constrúe ás aforas da vila unha das primeiras cidades planificadas de Galicia acorde ao modelo de cidade xardín. A segregación nos primeiros anos era absoluta e reflectía á perfección a coexistencia de dous mundos completamente alleos o un do outro. Por unha banda, a vila das Pontes, máis vinculada ao sector agro-comercial e con certa centralidade no mercado interrexional do norte de Galicia. Por outra banda, o poboado do INI, vinculado á nova industria e que, ao estar dotado de todo tipo de servizos, facía innecesario achegarse á vila. A segregación vai desaparecendo co paso dos anos, ata que nos setenta se constrúe a gran central térmica e a historia repítese, pero a maior escala. A necesidade de traballadores especializados fai que moitos dos postos de traballo non sexan cubertos por locais. Sociólogos como Summer e Kristi Branch chegan a demostrar, tras o estudo de 245 grandes plantas manufactureiras nos Estados Unidos, que non só o desemprego local persiste, senón que a economía pre-boom se ve fortemente danada. Algo así tería sucedido no caso das Pontes. Os labores de construción van atraer a moita man de obra non especializada que acaba por abandonar o mundo agrario, incapaz de competir en termos de salario. Cando a situación se normaliza tras o boom, os problemas de desemprego persisten e aparece o conflito. "Xorde unha especie de carreira por facerse un oco na central ou mina. A debilidade da sociedade civil e do movemento sindical daquela época vai facer que esa loita se lide, principalmente, a nivel individual, creando así un caldo de cultivo para as relacións caciquís e os tratos de favor" Os oitenta foron anos moi convulsos nas Pontes e a loita por democratizar os beneficios da produción enerxética trasládase a todas as esferas da sociedade. Xorde, en primeiro lugar, unha especie de carreira por facerse un oco na central ou mina. A debilidade da sociedade civil e do movemento sindical daquela época vai facer que esa loita se lide, principalmente, a nivel individual, creando así un caldo de cultivo para as relacións caciquís e os tratos de favor. Mesmo algúns dos entrevistados no traballo de campo relatan situacións de chantaxe por parte daqueles que tiñan capacidade de contratar, como requirir diñeiro ou mesmo manter relacións sexuais coa parella a cambio dun posto de traballo. No plano político, xorde un partido de corte localista coa consigna de defender os dereitos do pobo e cunha actitude belixerante con Endesa que acaba por auparse ao poder a finais dos oitenta, sinal inequívoco do conflito social subxacente. Co paso do tempo, hai unha maior cohesión en termos identitarios pero persisten ou mesmo se incrementan as diferenzas económicas. Moitos logros sociais non reverteron no conxunto da sociedade, mentres que a crise fixo florecer se cabe máis aínda as diferenzas e moitos dos entrevistados falan de agravio comparativo. "Este tipo de proxectos requiren dunha gran celeridade debido ás flutuacións dos custos da materia prima nos mercados internacionais, polo que democratizar a súa execución podería facelos inviables" Estas desigualdades, esa creación dunha illa económica, son inevitables neste tipo de megaproxectos? Esta pregunta non ten unha fácil resposta. Existe, en efecto, unha ampla literatura sobre políticas de intervención nestes casos, incluíndo maior transparencia, participación comunitaria, sistemas fiscais alternativos, programas de capacitación agraria, ou programas de formación profesional para mellorar a empregabilidade da poboación local. Isto podería ter evitado os efectos vividos en casos como o das Pontes e mesmo revitalizar outros sectores. Pero na práctica este tipo de medidas requiren de tempo e compromiso e non está claro que sexan compatibles coa propia actividade extractiva. Este tipo de proxectos requiren dunha gran celeridade debido ás flutuacións dos custos da materia prima nos mercados internacionais, polo que democratizar a súa execución podería facelos inviables. Noutras palabras, se a empresa tivese que asumir os custos sociais, económicos e medioambientais tanto directos como indirectos, o negocio podería non ser rendible. É por ese motivo que o que ocorre en moitos casos é simplemente unha desigual redistribución da riqueza, alén da acumulación de capital en mans das empresas promotoras. Hai quen resume isto cunha soa palabra: capitalismo. "A represión vivida durante a guerra e posguerra, así como as políticas industrialistas implementadas desde entón acabarían por desgastar a economía local ata a súa case desarticulación no momento en que comeza a construción da central térmica" O máis prexudicado pola actividade mineira e industrial ligada á planta foi a produción do sector primario? Máis ben habería que falar dun cambio radical no modelo produtivo. Ata os anos 40 do século pasado a economía local non presentaba grandes diferenzas con relación a outras vilas galegas de igual tamaño, é dicir, sector primario e unha relativa importancia do sector agro-comercial. Non só iso, As Pontes, ao igual que boa parte do norte de Galicia, foi unha das zonas onde tivo máis incidencia a corrente de modernización agraria do agrarismo, como proba a importancia que chegou a acadar o sindicalismo agrario ou a posta en marcha de proxectos agro-industriais. A represión vivida durante a guerra e posguerra, así como as políticas industrialistas implementadas desde entón acabarían por desgastar a economía local ata a súa case desarticulación no momento en que comeza a construción da central térmica. En realidade, o acontecido nas Pontes habería que encadralo dentro nun fenómeno máis amplo a nivel galego, no que estaría incluída a construción de pantanos e grandes fábricas en zonas rurais desde os anos 40-50, polo que as conclusións extraídas neste caso tan paradigmático deberían servir para comprender o atraso económico de moitas comarcas do interior de Galicia. "As políticas de incentivos fiscais tiveron nun primeiro momento certo éxito coa implantación de numerosas empresas nos novos polígonos industriais, mais a crise económica veu destapar a debilidade do tecido económico e foron moitas as que decidiron marchar" Neste tipo de situacións ábrese un abismo a partir do momento en que a actividade principal declina ou desaparece, e se buscan fomentar alternativas económicas: novas empresas, novas industrias, actividade turística... Como está a ser esta transición nas Pontes? De que forma se podería deseñar (ou ter deseñado) unha transición con mellores resultados? A loita sindical dos noventa, encabezada pola CIG, deu os seus froitos e lográronse acordos importantes, coma o plan de prexubilación ou investimentos en infraestruturas. As políticas de subvención e incentivos fiscais tiveron nun primeiro momento certo éxito coa implantación de numerosas empresas nos novos polígonos industriais, mais a crise económica veu destapar a debilidade do tecido económico e foron moitas as que decidiron marchar mesmo despois de ter recibido cuantiosas subvencións. Por outra banda, a pesar das melloras en infraestruturas de comunicación, estas limitáronse á construción de autovías e estradas e ignorouse por completo o sistema de medios públicos. Hoxe por hoxe, os veciños das Pontes non poden ir e volver en autobús no mesmo día á cidade máis próxima, como é Ferrol, mentres que o tempo de viaxe á Coruña é de case dúas horas, o dobre que en coche. "Cando un viaxa polas zonas rurais de Alemaña ou Inglaterra, chama a atención a existencia de facultades universitarias, sedes de grandes empresas e centros de investigación en pobos que non son máis grandes que Ortigueira ou Cedeira" Polo tanto, un veciño das Pontes non só se enfronta ao problema do desemprego como noutros moitos sitios, senón que os custos de desprazamento diarios son máis altos e a emigración acaba sendo unha opción. Cando un viaxa polas zonas rurais de Alemaña ou Inglaterra, o que máis chama a atención son dúas cousas, primeiro, a densa rede ferroviaria e de autobuses que permite desprazarse diariamente a pobos e cidades relativamente afastados das principais urbes. E, en segundo lugar, a existencia de facultades universitarias, sedes de grandes empresas e centros de investigación en pobos que non son máis grandes que Ortigueira ou Cedeira. É lamentable que Endesa, no seu día, non tivese escollido As Pontes para ubicar parte das súas oficinas. Sería o prezo xusto a pagar polos enormes custos de décadas de explotación mineira. Poderíamos estender esta análise a outras realidades, como cidades en exceso dependentes dunha determinada industria, como sucede na comarca de Ferrol coa construción naval? A importancia da industria naval en Ferrol e da produción enerxética nas Pontes responde a intereses de Estado en momentos moi puntuais da historia. Cando eses intereses cesan ou son incapaces de xerar emprego, este tipo de comarcas experimentan o que algúns autores chegan a cualificar como drama socioeconómico. As políticas de revitalización económica de rexións posindustriais no contexto europeo apostaron en gran medida pola exención de impostos para atraer capital inversor. Políticas que, no caso galego, traducíronse nunha especie de obsesión por construír polígonos industriais que hoxe están baleiros. Unha especie de adicción industrialista co fin de repetir os booms de antano. Mais os incentivos fiscais non son o principal factor de atracción de capital hoxe en día. Si o son a existencia de conglomerados económicos e a proximidade co mercado obxectivo das empresas, léase, zonas máis densamente poboadas ou ben conectadas no contexto global. "De momento, o desembarco mais destacable no porto de Ferrol é o de carbón e gas natural para manter funcionando a central térmica máis contaminante de España. É como se todo tivese cambiado para que non cambiase nada" E volvendo á pregunta de antes, o futuro de Ferrol ou das Pontes, así como o doutros concellos de Ferrolterra, non pasa por destinar partidas orzamentarias municipais a programas de dinamización turística ou comercial ou por desfrutar de subvencións para incentivar a chegada de empresas aos seus respectivos polígonos. Pasa pola capacidade de articular políticas públicas a nivel comarcal que optimicen os investimentos, a xeración de emprego e a mobilidade interna. Diso vai depender que Ferrolterra sexa capaz de integrarse nunha economía cada vez máis globalizada e hiperconectada. A densidade de poboación entorno a ría de Ferrol, así como o potencial do porto exterior deberían ser suficientes para consolidar un único e verdadeiramente competitivo polígono industrial no norte de Galicia. Mais, de momento, o desembarco mais destacable no porto é o de carbón e gas natural para manter funcionando a central térmica máis contaminante de España. É como se todo tivese cambiado para que non cambiase nada. "A lagoa das Pontes está a apenas media hora en coche dalgunha das mellores praias de Galicia, polo que xorde a dúbida de se Endesa desestimou outros modelos de restauración desde un principio e se limitou a replicar o modelo alemán" Analizaches tamén os procesos de recuperación dos terreos, unha vez que as minas pechan, convertidas por exemplo en lagos. É esta unha boa idea? É unha boa idea no momento en que existe un oco de 200 metros de profundidade; existen infinidade de alternativas que tiveron un grande éxito, como no proxecto Edén, no suroeste de Inglaterra, onde se chegou a crear unha especie de xardín botánico a gran escala nun antigo oco mineiro. Agora ben, o proxecto de enchido xa se coñecía desde o ano 1983. Neste sentido, chama a atención que Endesa continuase a actividade extractiva ata o último momento, cando xa sabía das dificultades de encher un oco de tal profundidade. A empresa estivo asesorada desde un principio por enxeñeiros procedentes do Leste de Alemaña; eu mesmo tiven a oportunidade de falar con algún deles durante unha das miñas estancias de investigación en Leipzig. Hai que ter en conta que alí existen máis de 100 lagoas mineiras e, algunha delas, desde finais dos anos 70. Trátase dunha das rexións mais densamente poboadas de Alemaña, situada a máis de 500 quilómetros do mar e en zonas enormemente devastadas tras décadas de explotación, polo que o enchido supuxo unha verdadeira revitalización económica e paisaxística en moitos casos. Sen embargo, a lagoa das Pontes está a apenas media hora en coche dalgunha das mellores praias de Galicia, polo que xorde a dúbida de se Endesa desestimou outros modelos de restauración desde un principio e se limitou a replicar o modelo alemán. "Deseñar, sen máis, pode crear espazos sen alma, con maior o menor aceptación social, pero sen xerar lexitimidade social e, moito menos, entusiasmo" O éxito destes procesos de recuperación depende do grao de participación social no seu deseño e desenvolvemento? Os enxeñeiros ou deseñadores pasan boa parte do seu tempo formándose e investigando sobre como construír determinados espazos. Para iso utilizan infinidade de técnicas, a miúdo con boas intencións e "as mellores prácticas", pero que non sempre teñen o resultado esperado nun contexto dado. A participación social non é unha garantía de éxito e pode chegar a alongar e mesmo paralizar os procesos de restauración (diso son perfectamente conscientes os enxeñeiros que se encargaron da restauración da mina das Pontes ou Cerceda). O problema é que deseñar, sen máis, pode crear espazos sen alma, con maior o menor aceptación social, pero sen xerar lexitimidade social e, moito menos, entusiasmo. En Alemaña, país que sempre se toma como referencia segundo para que, os procesos de restauración son abrumadoramente máis transparentes. Non só en aspectos coma a participación pública, que tamén, senón na cultura de comunicación dos riscos existentes. E dicir, Alemaña é un país cuxa cultura política está enormemente influenciada por sociólogos como Ulrich Beck e a súa teoría sobre a sociedade do risco. Non hai moito a prensa española facíase eco dun comunicado feito polo goberno alemán no que instaba a toda a poboación a proverse de subministros para autosubsistir durante un mes en caso de ataque terrorista. Aquí o goberno está asumindo a visión de Beck ao recoñecer abertamente e sen complexos que non pode controlar todos os riscos debido á complexidade do problema. O mesmo sucedeu co enchido dalgún dos ocos mineiros que tiven a oportunidade de coñecer de preto no sur de Leipzig. Hai un recoñecemento público das limitacións técnicas. "Falta información, a maioría das noticias limítanse a aspectos puramente lúdicos ou turísticos e cando por fin se informa de aspectos ambientais faise nun ton moi técnico e optimista, como se ninguén tivese que preocuparse de nada porque xa están eles aí para arranxalo todo" Abondan as noticias que abordan os retos aos que se enfrontan as vilas próximas e todo iso fomenta un tipo de sociedade mais informada e activa. No caso de España sucede exactamente todo o contrario. Actualmente estou implicado nunha investigación para comparar a forma na que os medios de comunicación de masas teñen tratado o enchido de lagoas mineiras en Alemaña, España e Polonia. Os resultados preliminares permiten falar dun modelo de comunicación hermético e paternalista no caso do enchido dos lagos de As Pontes e Cerceda. Falta información, a maioría das noticias limítanse a aspectos puramente lúdicos ou turísticos e cando por fin se informa de aspectos ambientais faise nun ton moi técnico e excesivamente optimista, como se ninguén tivese que preocuparse de nada porque xa están eles aí para arranxalo todo. O peor é que por un lado se está fomentando un tipo de cidadanía pasiva e, por outro, espérase que esa mesma cidadanía teña cultura emprendedora. Vai ser difícil unha verdadeira transición mentres non se corrixan este tipo de paradoxos. No mellor dos caso acabarán por beneficiar os catro de sempre. "Vou estudar o impacto da minaría a gran escala en Colombia e contribuír a un dos debates de maior transcendencia nas ciencias sociais hoxe, como é o paradoxo de que países con moitos recursos naturais teñan menores niveis de desenvolvemento que outros con menos recursos" Acaban de concederche a bolsa Marie Curie. En que vas centrar a túa investigación nos vindeiros anos? Vou estudar o impacto da minaría a gran escala en Colombia e tratar de contribuír así a un dos debates de maior transcendencia nas ciencias sociais hoxe, como é o paradoxo de que países con moitos recursos naturais teñan menores niveis de desenvolvemento que outros con menos recursos. Trátase non só de analizar o impacto socioeconómico senón tamén o nivel de contaminación das augas, polo que o estudo en si requirirá dun enfoque multidisciplinar. Aínda que farei traballo de campo en Colombia, a maior parte do tempo o pasarei na universidade de Copenhague. Tratarei de aproveitar a oportunidade para coñecer de preto o sistema económico de Dinamarca, un país que garda certas similitudes históricas con Galicia pero que baseou o seu progreso na modernización do sector primario. |
NOS_12725 | O sector pide unha "contestación social, política e xurídica" ante a UE | A decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico —16.419 km cadrados en zonas do Gran Sol, Cantábrico-noroeste e Golfo de Cádiz— para "salvagardar ecosistemas" caeu como unha bomba no sector pesqueiro galego e no de Estados afectados como España, Irlanda, Portugal ou mesmo Francia. Desde a Galiza, non son poucas as voces que advirten do impacto que vai ter esta decisión. Torcuato Teixeira, asesor xurídico da Federación nacional de confrarías, explica a Nós Diario que o segmento máis afectado directamente pola medida vai ser o da pesca do Gran Sol, "cuns 70 buques que terían que amarrar", mais as consecuencias poderían afectar centos de embarcacións máis. Algo que tamén apunta Basilio Otero, presidente das confrarías, cando lembra que os barcos "que non poidan faenar nesas zonas que se van vetar terán que facelo noutras onde xa hai outras embarcacións traballando", polo que haberá un 'efecto en cadea'. A UE veta a pesca de arrastre en 87 zonas do Atlántico, incluído o Gran Sol Os datos da Consellaría de Mar sobre o impacto desta decisión de Bruxelas cifran en case mil as embarcacións galegas que dun ou outro modo van ver ameazada a actividade, o que supón case unha de cada catro (o censo da frota galega é de 4.237 barcos). Afecta barcos de palangre de fondo e arrastre de NEAFC (Gran Sol), e as de arrastre, palangre de fondo, volante e rasco, e artes menores do Cantábrico Noroeste; buques que capturan gamba, lagostino, pescada, ollomol, ou sabre negro. Son por volta de 21.000 toneladas de capturas e un volume de negocio de 120 millóns de euros os que estarían en xogo. 2.100 mariñeiros afectados Por volta de 2.100 mariñeiros galegos estarían prexudicados por esta decisión da Comisión, adoptada, como inciden desde a Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi), sen pasar polo proceso obrigatorio de consultas nin facer unha análise do seu impacto socioeconómico. "Non ficaremos de brazos cruzados", di Javier Touza, presidente da Cooperativa. Pola súa parte, Teixeira avanza unha contestación "social, política e xurídica" contra a decisión da UE, "unha máis que prexudica a frota e pesca galega". "É bo para Galiza estar na política pesqueira común?" O asesor xurídico das confrarías do Estado mesmo pregunta "se é bo" para a frota galega e española "estar na política pesqueira común", á vista da "restra de medidas draconianas e prexudiciais" tomadas nese ámbito. En sectores como o cerco a preocupación tamén era onte patente, como recoñece a Nós Diario Alberto Castro, secretario da Asociación de armadores do cerco da Galiza: "Vemos como cada vez hai menos áreas para pescar, como cada vez se nos pon máis difícil". A Xunta teme que o veto á pesca de fondo da frota de altura se estenda "máis adiante" á artesanal O Goberno español anunciou onte que pedirá á UE quer "revise" esta decisión, ante a que expresou o seu "malestar". Desde a Xunta, pola súa parte, sinalaron que van convocar o sector pesqueiro para analizar "vías xudiciais" ante a medida. O PP europeo exixiu xa a "paralización" desta decisión e o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, di que dará a "batalla" nesta Cámara para reverter a medida. En dúas décadas Galiza perdeu 48% dos buques de altura A frota galega perdeu 25% dos seus barcos desde 2004. Un descenso constante que deixa pegada en todos os segmentos, desde a frota artesanal que faena no interior das rías até os grandes barcos que traballan en caladoiros internacionais. En 2004 o censo da frota galega era de 5.565 embarcacións fronte ás 4.237 que ten na actualidade, perdeu unha de cada catro. No que atinxe á pesca de altura— a que se desenvolve en augas comunitarias e que sería a máis afectada pola decisión de Bruxelas— a Galiza ten agora 76 barcos cando no 2004 tiña 144: perdéronse 48% dos barcos. A frota artesanal, a máis numerosa, componse agora de 3.767 embarcacións fronte ás case 4.900 que tiña en 2004. En grande altura, a pescaría en augas internacionais, pasouse de 121 buques a 103. |
PRAZA_15934 | O líder dos populares galegos responde así aos rumores que sitúan o seu número dous, Alfonso Rueda, presentando a súa candidatura para presidir o partido nesta provincia, que Feijoo considera "clave". O 20D PP perdeu alí un terzo dos seus votos | Na fin de semana do 12 e 13 de marzo o PP celebrará os seus congresos provinciais na Coruña e Pontevedra, precedidos polos de Lugo e Ourense, unha semana antes. Se Diego Calvo, Elena Candia e Manuel Baltar aparecen como grandes favoritos nas súas provincias, case sen oposición, a situación podería estar máis aberta en Pontevedra, aínda que nos últimos días foi gañando peso a posibilidade de que se presente Alfonso Rueda, actual secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta. Ademais da posible candidatura de Rueda, aparecen como posibles aspirantes a sudecer a Rafel Louzán a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o delegado da Xunta en Vigo, José Cores Tourís. Feijoo destacou que "sen ningunha dúbida, [Pontevedra] é unha das provincias clave no futuro político de Galicia", pero rexeitou comentar a posible candidatura de Rueda Preguntado este xoves por esta cuestión, Alberto Núñez Feijoo eludiu responder sobre a posibilidade de que o seu número dous, Alfonso Rueda, lance a súa candidatura, o que o convertería no máximo favorito para converterse en presidente provincial do PPdeG en Pontevedra. O presidente da Xunta limitouse a dicir que será "a militancia a que decida". Así mesmo, destacou que "sen ningunha dúbida, [Pontevedra] é unha das provincias clave no futuro político de Galicia", engadindo a seguir que "importantes" son as catro provincias, matizando a súa primeira afirmación. Pontevedra escolle 22 dos 75 escanos do Parlamento (e podería sumar un máis nas eleccións deste ano). Nas eleccións do 2005, nas que o PP ficou sen maioría absoluta (por un deputado), Pontevedra foi decisiva, pois alí os populares deixaron 2 dos 4 representantes que perderon (un máis na Coruña e outro en Lugo). En 2009, en cambio, o PP gañou un escano por Pontevedra (e outro pola Coruña), decisivo para a recuperación da súa maioría absoluta. Nas eleccións xerais do 20D, o PP pasou en Pontevedra do 50,84% dos votos ao 34,46%, perdendo case un terzo dos seus votos. A preocupación dos populares é máxima ante un descenso electoral que podería ser máis importante nas provincias atlánticas e que os podería afastar do poder. De feito, nas eleccións xerais do 20D, o PP pasou en Pontevedra do 50,84% dos votos ao 34,46%, perdendo case un terzo dos seus votos. Na cidade de Vigo, ademais, En Marea foi a forza máis votada. |
NOS_39091 | O BNG vén de presentar unha proposición non de lei en que insta o goberno da Xunta a adherir Galiza á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP). | Bieito Lobeira, voceiro de Política Lingüística do BNG, presentou esta segunda a proposición non de lei con que o grupo parlamentar do BNG insta a Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias para solicitar a integración da Galiza na CPLP. Segundo Lobeira, a entrada do noso país nesta comunidade suporía unha oportunidade para saírmos da crise "grazas aos tratados e convenios en diversos sectores" que se desenvolven entre os estados membros. O voceiro nacionalista asegurou estarmos a "desaproveitar as enormes potencialidades que esta realidade lingüística abre para Galiza" pois 240 millóns de habitantes falan galego. Asemade, o deputado do BNG no Parlamento galego, definiu como "desnaturalizada e madriñalizada" a actitude do conselleiro de Presidencia e máis do propio presidente, ao empregaren intérpretes na súa viaxe ao Norte de Portugal á fin de seren traducidos ao portugués e ao español. Segundo Lobeira, Núñez Feijóo, "máis ben parecía un enviado da Deputación de Murcia e non o presidente dun país coa mesma lingua". |
PRAZA_13454 | Os populares rexeitan unha iniciativa do BNG a prol dos combinados deportivos galegos e acúsanos de ter unha "visión nesgada" da sentenza do Tribunal Constitucional que permite ás seleccións catalás xogar competicións supraestatais se non se enfrontan a España | Do "circo identitario" con "nulo valor deportivo" aos paralelismos co estado máis novo de África. A retirada de apoio e os impedimentos aos partidos amigables das seleccións galegas, especialmente a de fútbol, foi unha das primeiras decisións do actual Goberno da Xunta, reafirmada na práctica coa nova Lei do Deporte. Este xoves o debate sobre os combinados deportivos volveu ao Parlamento da man do BNG que, apoiándose na recente sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a participación de Catalunya en torneos internacionais sempre que non se enfronte a España, apostou polo mesmo tratamento para Galicia. O parlamentario nacionalista encargado de defender a proposta, Alfredo Suárez Canal, atopouse cunha especial dureza na banda do PP que, ademais de rexeitar a iniciativa cos seus votos, se adentrou no terreo da especulación á hora de analizar as, ao seu xuízo, intencións do Bloque nesta materia. Para a deputada conservadora María Seoane entre a Lei do Deporte de Galicia e a sentenza do TC non hai diferenza ningunha a non ser que se realice unha "lectura nesgada" do ditame do alto tribunal. Isto é precisamente o que fai o BNG, acusa, que dende o seu punto de vista ve a resolución xudicial como "unha porta aberta" non a que a selección galega xogue competicións oficiais, senón "ao seu afán de converter a nosa terra no Sudán do Sur", Estado independente dende 2009. Segundo Seoane o Constitucional só encaixa a participación internacional das federacións deportivas vascas e catalás cando "se trate de deportes nos que non exsiten federacións españolas" e sempre que "en ningún caso se impidan ou perturben as competencias do Estado" en materia de "coordinación e representación internacional do deporte español". Segundo Seoane o Bloque, pero tamén o PSdeG -que se abstivo na votación- debe "deixar de facer política co deporte" para impulsar a "política deportiva". O argumentario da popular contrastou co de Suárez Canal, para quen o salto das seleccións galegas ao ámbito interancional "non debería ter ningún tipo de impedimento", como "xa ocorre noutros estados". "Todo o mundo recoñece", mesmo o Tribunal Constitucional, di, que "as federacións internacionais deportivas teñen carácter netamente privado" e por iso, coida, "son dificilmente entendibles as iniciativas do Goberno do Estado" para "impedir a presenza das federacións depoertivas das nacionalidades históricas". Ademais, lembra o BNG, o propio Estatuto de Autonomía lle outorga á Xunta competencia exclusiva no ámbito deportivo, polo que debería promover que o país estea representado directamente nas federacións internacionais. En opinión de Seoane o Executivo de Alberto Núñez Feijóo xa realiza unha "defensa" axeitada "da súa competencia exclusiva no ámbito do deporte" e mostra disto, asegura, é a propia lei, "que recolle perfectamente como un dos principios xerais de actuación da administración a promoción e difusión do deporte galego nos ámbitos supraautonómicos, así como a participación das seleccións galegas nos mesmos". |
NOS_30542 | O protesto estaba convocado pola Asemblea de Estudantes de Vigo. Hai unha persoa detida: unha muller de 15 anos que lle fixo unha figa a un axente da policía. | A policía española desprazou esta quinta feira varios furgóns, carros e un helicóptero para "custodiar" a zona centro de Vigo. O motivo foi unha manifestación do estudantado en contra da LOMCE, que saíu ás 11.30 horas da Praza América convocada pola Asemblea de Estudantes de Vigo. O alumnado, pertencente aos níveis da ESO e Bacharelato, concentrouse diante da sede do PP e da Xunta de Galiza antes de dar por rematado o protesto na farola de Urzáiz. A organización política Nova Esquerda Galega informou nun comunicado da detención dunha muller de 15 anos, Amanda P.A., após facer unha figa a un axente ao ver como a policía española "procedía de maneira agresiva" contra outr@s moz@s, colocadas en ringleira e contra a parede. Após ser conducida á escuadra policial (comisaría) e informar o pai, a policía presentou contra esta muller unha denuncia perante a Subdelegación do Goberno por "insultos", feito que se sanciona cunha multa económica. |
NOS_44093 | AER acusa o Concello de eliminar o único vestixio que ficaba daquelas mobilizacións de finais dos 70 contra unha obra cualificada de "navallada no corazón da vila". | A finais dos anos 70 veciñanza de Redondela mobilizouse contra a construción do 'Scalextric' ou 'Desviación', unha obra que deu prioridade ás necesidades do tráfico rodado, alterando a vida e deseño da vila e a calidade de vida dos seus habitantes. Como a súa xemelga do 'scalextric' de Vigo, na Rúa do Lepanto. Este eliminouse, o de Redondela, porén, permanece. Daquela loita ficaba un único vestixio: o mural pintado daquela no propio lateral desa infraestrutura. Unha mostra de patrimonio inmaterial e cultural da vila, segundo AER (Agrupación de Electoras de Redondela), que vén de denunciar a súa destrución polo Concello. Unha manifestación da mobilización social fronte a unha "aldraxe cometida desde a administración central, gobernada daquela pola UCD". "Esnaquizaron unha manifestación cultural popular que lembraba parte da nosa historia", denuncia AER, que engade esta acción responde á "falla de sensibilidade do alcalde", Javier Bas. Esta agrupación anima o rexedor redondelán que se quere facer desaparecer vellos graffitis ou murais "que se atreva e elimine as pintadas fascistas da fachada da Igrexa de Redondela". |
NOS_1244 | O seu presidente, José García Liñares, asegurou que está a negociar dous partidos da selección absoluta masculina contra Catalunya para o vindeiro 2014. De se confirmar, a Irmandiña volvería de maneira oficial após cinco anos da loita de Siareir@s galeg@s. | Segundo informou a Federación Galega de Fútbol a través das redes sociais e do seu presidente, José García Liñares, o organismo estaría a estudar unha posíbel volta da selección absoluta masculina para o 2014. Neste senso, e de acordo coas declaracións de Liñares no programa Coruña deportiva, desde hai semanas a Federación galega estaía a negociar coa catalá para enfrontar ambos os dous combinados. "Aínda estamos falando", sinalou o presidente da FGF mais "o problema que hai", indicou, "son as datas". Neste senso, a Federación prevé que os encontros se disputen nas dúas nacións, un na Galiza e outro no Principat e, segundo Liñares, "non hai moitas opcións" polo que podería ter lugar o vindeiro mes de decembro. Mais, acrecentou, "se non poden ser os dous en 2014 pois que, cando menos, se dispute un e o outro fique para máis adiante". De saíren adiante as conversas, a selección absoluta masculina de fútbol volvería aos terreos de xogo de maneira oficial e con apoio institucional após cinco anos en que o traballo de Siareir@s Galeg@s manitivo aceso o facho da Irmandiña con combinados mixtos e xogador@s de Terceira División. Este 28 de decembro, Galiza batirase contra Occitania en Lugo. |
PRAZA_15533 | CIG, UGT, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes anuncian "medidas de presión" que leven a que "se reconduza este espolio indecente en contra de Galicia, da súa sociedade, do seu benestar e do seu progreso". | Os representantes do persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pertencentes a todas as seccións sindicais, CIG, UGT, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes denuncian que o seu desmantelamento supón un "espolio" contra Galicia. Afirman que as medidas imposta polo Ministerio de Economía, o FROB e a Comisión Europea constitúen "un atentado contra un patrimonio colectivo que é froito do aforro dos galegos e das galegas e constitúen tamén un duro prexuízo para as persoas maiores, o sector da cultura, as ONG que operan en Galicia a prol dos máis desfavorecidos e dos colectivos con maior risco de exclusión social, e para o conxunto de persoas e organizacións que abrangue a Obra Social coa súa actividade". Os representantes do persoal da Obra Social de Novacaixagalicia pertencentes a todas as seccións sindicais, CIG, UGT, CCOO, FSIE, ASCA e Independentes denuncian que o seu desmantelamento supón un "espolio" contra Galicia Din a este respecto que os traballadores de Novacaixagalicia "non imos consentir que leven a termo este atraco planificado desde hai tempo". E pregúntanse "a quen favorece todo isto". Denuncian que "nin os dirixentes da Xunta de Galicia, do Goberno de España, do FROB e da Comisión Europea quixeron frear o espolio da Obra Social galega, abdicando da súa obriga de actuaren en defensa dos intereses de Galicia". E esixenlle aos representantes políticos actuais "vías de actuación que garantan a persistencia da Obra Social, tal e como expresou o ministro De Guindos na súa comparecencia do pasado día 18 de decembro". Finalmente advirten que "de non ser así, desde Novacaixagalicia promoveremos todas as medidas de presión que leven a que se reconduza este espolio indecente en contra de Galicia, da súa sociedade, do seu benestar e do seu progreso". |
PRAZA_5873 | A cooperativa de produción e comercialización de electricidade celebrará este sábado asembleas en todo o Estado español. A Coruña acollerá a xuntanza galega. Falamos con Daniel Espiñeira, un dos impulsores do grupo galego. | Cada vez son máis as persoas que se interesan polas novas alternativas para a produción e comercialización de enerxía eléctrica, sobre todo despois do incremento de prezos vivido nos últimos anos, e das incertezas xeradas a raíz dos sucesivos cambios lexislativos. Dende hai uns meses, ademais, asistimos ao crecemento dalgunhas cooperativas de produción e comercialización electricidade, coma Goiener, Enerplus, Zencer, Nercoop, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega ou Som Energia. Estas cooperativas garántenlles aos seus socios e socias que toda a enerxía que reciben procede de fontes limpas, renovables, e así mesmo o feito de seren unha cooperativa ofrece a posibilidade de que os usuarios participen con voz propia na toma de decisións, e de que estas se toman de maneira transparente. Som Energia, con orixe en Catalunya, é probablemente a máis importantes. Supera amplamente os dez mil socios en todo o Estado (nomeadamente en Catalunya, Baleares, Madrid, Andalucía, Valencia e o País Vasco), e en Galicia, onde contan cun grupo territorial, contan con máis de 200. A cooperativa celebra este sábado a súa asemblea xeral, en Girona, pero simultaneamente cada un dos seus grupos territoriais (un total de 15) manterán tamén a súa respectiva asemblea, que ademais estarán conectadas por videoconferencia con Catalunya. En Galicia terá lugar na rúa Bugallal Marchesi da Coruña, a cidade na que dispoñen dunha implantación máis consolidada. Daniel Espiñeira é un dos impulsores do grupo galego, que comezou a traballar algo despois do verán de 2012. En xullo dese ano, no marco dun Encontro sobre enerxías renovables na economía social e solidaria en Galiza, presentouse a iniciativa por vez primeira no noso país. Dende entón, o grupo galego foi consolidándose, estruturándose como tal agrupación territorial, e funcionando de maneira moi autónoma, sobre todo nas tarefas de difusión, comunicación e captación de socios e socias, tamén na de procura de proxectos de produción, ou nas xestións coas administracións públicas. Som Energia crece de vagar pero de forma constante en Galicia, cada mes con entre 5 e 10 novos socios e socias. "A xente que se achega á cooperativa é xente cunha certa conciencia ecolóxica e que lle dá un valor importante ao tema das enerxías renovables. Achégase tamén moita xente que está indignada coas grandes empresas eléctricas e coas portas xiratorias entre a política e elas, xente que quere apoiar un proxecto que defende outro modelo de sistema enerxético", destaca Daniel Espiñeira. "En principio non ofertamos un servizo máis barato, o prezo é moi semellante ao que ofrecen o resto das comercializadoras, aínda que nesta asemblea se vai debater e aprobar unha nova facturación. O bo do noso prezo é que é transparente e xusto: é o que nos custa á cooperativa, xa que non temos ánimo de lucro", engade. Espiñeira conclúe que "a outra vantaxe é a posibilidade de participar de forma horizontal na xestión da cooperativa, a posibilidade de tomar decisións de forma democrática sobre o seu funcionamento". "A xente que se achega á cooperativa é ten unha certa conciencia ecolóxica. Achégae tamén moita xente que está indignada coas grandes empresas eléctricas" Nas asembleas desta fin de semana, ademais de debater varios asuntos xerais e de xestión interna da cooperativa, debaterase e aprobrase unha nova facturación, produto dos recentes cambios legais neste apartado. Tamén se debaterán novos criterios para os novos proxectos de produción, que son os que definen como queremos xerar a enerxía e que proxectos financiamos. A cooperativa acordou unha serie de criterios xerais e outros específicos para cada tecnoloxía: fotovoltaica, eólica, biogás, biomasa e hidráulica. Así mesmo aprobarase unha declaración antinuclear de rexeitamento á nova posta en marcha da central de Garoña, e que incluirá unha acción preparada polo grupo local de Barakaldo. Tamén se aprobará unha declaración antinuclear de rexeitamento á nova posta en marcha da central de Garoña, e que incluirá unha acción preparada polo grupo local de Barakaldo As asembleas deste sábado servirán para consolidar unha entidade que nos últimos meses, a pesar dalgunhas dificultades legais impostas a este tipo de proxectos, foi consolidando a súa alternativa. Por exemplo, en marzo inaugurouse en Lleida unha nova planta de biogás que, xunto con outros proxectos que pouco a pouco se irán poñendo en marcha nos vindeiros anos (xa conta con varias plantas fotovoltaicas), permitirá que a cooperativa distribúa cada vez máis enerxía propia, no canto de depender das grandes empresas xeradoras. De igual xeito, hai uns días o concello de Sant Celoni (Barcelona) converteuse no primeiro de todo o Estado en contratarlle electricidade a Som Energia. |
NOS_14372 | A previsíbel marcha de Jesús Vázquez da Xunta para liderar a candidatura do PP en Ourense deixará unha vacante na consellería de Cultura e Educación en cuxo perfil podería encaixar o actual Director Xeral de Cultura, figura moi criticada pola oposición durante a polémica do decreto da lingua e no seu día achegado a posicións "progresistas". | Cada vez semella máis claro. Jesús Vázquez será o candidato do PP na cidade de Ourense. Así o filtran desde a formación, onde subliñan que o seu perfil como cabeza de cartel gusta a Feijóo e tamén a Baltar fillo, en quen recae a decisión final. A maiores, o polémico conselleiro desexa dar ese paso, polo que todas as pezas cadran. Pero se abre outra. A crise de Goberno en San Caetano. A crise de Goberno na Xunta pode ser maior se Elena Muñoz acaba como cabeza de lista d@s populares en Vigo As municipais nas que con case que toda probabilidade Vázquez será candidato terán lugar a finais de maio. O lóxico parece que como moi tarde en marzo deixe o seu posto na Xunta para centrarse na pre-campaña nun Ourense onde @s populares agardan que a dispersión do voto poida axudarlle a recuperar o concello. Pero o de Cultura e Ensino podería non ser o único cambio no Executivo de Feijóo, xa que existe a opción de que Elena Muñoz deixe Facenda para competir pola alcaldía de Vigo, decisión que aínda non se tomou entre bastante discusión interna e a posibilidade de que o concelleiro local José María Figueroa opte a ese posto. Existen dúbidas sobre a profundidade dos cambios que deberá decidir o presidente galego. Pero o de Vázquez é máis que probábel. De seguir certa tendencia moi instalada no PP de Rajoy e Feijóo, unha das principais opcións para suplir a un ministro ou conselleiro sempre é alguén do seu equipo. E é neste punto onde para a consellería de Cultura e Ensino aparece unha persoa que está marcada pola polémica pero semella contar coa experiencia necesaria que xustifique o seu acceso ao cargo. Trátase de Anxo Lorenzo, o actual Director Xeral de Cultura e anteriormente Secretario Xeral de Política Lingüística. Polo seu posto actual e pola súa condición de profesor -de filoloxía galega na Universidade de Vigo- podería ser presentado como alguén con coñecementos nos dous eidos que abrangue a carteira. Ademais, leva con Feijóo desde 2009. Nese cambio naceu unha polémica que un posíbel ascenso volvería reproducir. Moi criticado pola oposición, a Lorenzo sempre se lle considerou achegado ao que a metade da década pasada denominábanse "posicións progresistas". Estivo na órbita do PSOE. E tiña un grande prestixio no mundo da filoloxía e a lingua galega. Por iso chamou tanto a atención a súa fichaxe por un PP que acababa de manifestarse con grupos galegófobos. Liderou a protestada Política Lingüística de Feijóo e Vázquez, onde se lle acusou de "rebaixar a presenza do galego no ensino por primeira vez en Autonomía". Posteriormente ascendeu a Director Xeral de Cultura. Agora, as municipais poden facerlle culminar esa viaxe cunha consellería. E non se trata dunha carteira calquera, senón unha das que máis relevantes e tamén das que máis protestas na rúa adoitan xerar. Desde logo, na axenda de Feijóo para o relevo de Jesús Vázquez ocupa un importante lugar Anxo Lorenzo. E poucas designacións poderían provocar maior debate que a súa. Haberá que esperar. |
NOS_13796 | O acordo pasará ao Senado sen máis apoios que os dos partidos impulsores. | O Congreso español aprobou esta quinta feira (19 de febreiro) o 'pacto antijihadista' promovido por PP e PSOE. A medida inclúese na reforma do Código Penal en materia de "terrorismo". A medida non sumou o apoio de máis grupos parlamentares que os dos seus promotores que abranguen tamén a Foro Asturias, UPN e Coalición Canaria, tamén asinantes da proposición de lei. Agora dirixirase ao Senado. As demais forzas políticas, agás CiU e UPyD que se abstiveron, votaron en contra dunha reforma que inclúe de maneira implícita e prisión permanente revisábel. A proposta deseñada por PP e PSOE foi modificada sucintamente nos últimos días para suavizar algúns dos aspectos máis controvertidos da medida como a consideración das "desordes públicas" como "terrorismo". Aliás, engadíron aos delitos terroristas de "captación, adoutrinamento e adestramento" os de trata de mulleres con finalidade de explotación sexual e matrimonio obrigado. A deputada do BNG na Cámara galega, Olaia Fernández Davila amosou o rexeitamento da súa formación política e exixiu a retirada da prisión permanente revisábel que "na práctica", denunciou, "é unha cadea perpetua". "Pedimos unha definición obxectiva e concreta de delito de terrorismo, alonxada de ambigüedades que permitan a súa aplicación punitiva indiscriminada segundo a política que desexe exercer o poder executivo de turno", afirmou Davila. |
PRAZA_15966 | A Xustiza vén rexeitando pretensións da concesionaria de aforrar indemnizacións con argumentos como que as xeadas son imprevistas, que os condutores non usaban luces longas ou que non demostraron que pagaran a peaxe En marcha a primeira suba de peaxes do ano na AP-9: percorrela enteira xa supera os 20 euros A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe | En marcha a primeira suba de peaxes do ano na AP-9: percorrela enteira xa supera os 20 eurosA Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxeO 1 de xaneiro Audasa aumentará pola inflación un 2% as peaxes na autoestrada AP-9, que ao longo de 2018 subirán preto doutro 2% en aplicación da compensación polas obras de ampliación da ponte de Rande e a circunvalación de Santiago e pola gratuidade das viaxes de volta entre Vigo e Pontevedra. Con esas peaxes, en 2016 Audasa obtivo uns beneficios despois de impostos de 45 millóns de euros, pero cando é a ela á que lle toca pagar, nos casos de accidentes producidos polo mal estado da vía, a concesionaria recorre a todo tipo de argumentos para tentar reducir a súa responsabilidade. Culpar a xeadas imprevistas, á impericia dos condutores sinistrados ou pedirlles que demostren que pagaran a peaxe son algunhas das estratexias da empresa que a Xustiza vén rexeitando. Así o reflicten varias das sentenzas que só no último ano acabaron con condenas a Audasa.A Xustiza vén rexeitando pretensións da concesionaria de aforrarse indemnizacións con argumentos como que as xeadas son imprevistas, que os condutores non usaban luces largas ou que non demostraron que pagaran a peaxeO pasado 20 de outubro a Audiencia Provincial da Coruña ratificou a responsabilidade de Audasa nun accidente ocorrido na madrugada do 14 de febreiro de 2014 cando unha árbore caeu sobre a calzada á altura de Ordes. Un vehículo colidiu contra a árbore e posteriormente outro chocou contra o primeiro.Audasa tentou rebaixar a súa responsabilidade argumentando que os condutores dos vehículos non empregaban as luces largas e circulaban demasiado rápido, pero a Audiencia rexeitou ese argumento dicindo que "non pode considerarse unha neglixencia o non facer uso nun momento dado do alumeado de larga distancia, de moi difícil emprego na autoestrada AP-9, dado o risco constante de deslumbramento a outros usuarios", e engade que "hai un feito desencadeante de todo o evento danoso: a caída da árbore sobre o carril dereito; trátase dunha vía de alta capacidade, de obrigada velocidade mínima, onde non pode esixirse aos condutores que adecúen a súa velocidade á posibilidade de deter os seus automóbiles no espazo visible coas luces de cruce". Para a Audiencia, "un vehículo circulando pola autoestrada a 60 quilómetros por hora, como propón a apelante [Audasa], converteríase nun gravísimo risco para os demais usuarios".Ante o argumento de Audasa de que condutores sinistrados deberían circular máis despacio a Audiencia da Coruña retrucou que "un vehículo circulando pola autoestrada a 60 quilómetros por hora, como propón a apelante, converteríase nun gravísimo risco para os demais usuarios"Noutra sentenza do pasado abril sobre o mesmo accidente na que analiza a situación doutros dos lesionados nese sinistro a Audiencia incide en que "a árbore estaba arraigada no noiro contiguo á autoestrada, dentro do seu recinto, e polo tanto en zona directamente comprometida polas obrigas de mantemento que incumben á concesionaria para preservar a seguridade dos usuarios". O tribunal di que a "anormalidade" que supón a presenza dunha árbore na calzada dunha autoestrada "non está na previsión dun condutor, non xa dun normalmente atento, senón incluso do extraordinariamente precavido". E conclúe que os sinistros "debéronse a unha defectuosa e neglixente observancia das normas de coidado que a lei impón á concesionaria"."Neglixencia" de Audasa tamén atopou a mesma Audiencia da Coruña nunha sentenza emitida o pasado 30 de marzo sobre un sinistro múltiple ocorrido o 3 de decembro de 2010 nas proximidades da peaxe de Guísamo, no comezo do ramal da autoestrada cara Ferrol, pola existencia na calzada dunha placa de xeo. Nesa causa a concesionaria tentou argumentar que non podía prever a presenza de xeo e mesmo que os condutores non tiñan dereito a reclamar porque non acreditaran o pagamento da peaxe.O tribunal rexeitou a pretensión de Audasa de que un condutor sinistrado demostrase que pagara a peaxe replicándolle que ela mesma non o denunciara por impagoAudasa argumentou que "é de todos coñecido o feito de que múltiples usuarios de toda España se negan a aboar as peaxes por entender que tales servizos deben ser gratuítos, así pois non se pode presumir que se perfeccionou o contrato se non se acredita o pagamento da peaxe" por parte do condutor sinistrado. Porén, a Audiencia retrucoulle dicindo que "o feito de que o vehículo circulaba pola autoestrada acredita" por si só a relación contractual entre o usuario e Audasa, engadindo que esta non presentara "denuncia ou reclamación algunha contra algún dos condutores dos vehículos afectados por impago da peaxe".Audasa tamén tentara argumentar nesa causa que fixera todo o posible para evitar a placa de xeo e que fora imprevista. Porén, non foi quen de acreditar que tipo de actuación acometera na zona do sinistro nas horas previas a este. O que a Xustiza considerou "acreditado testemuñalmente" foi que "na calzada non había restos de sal nin da aplicación de calquera outra substancia fundente" malia que nas horas previas estivera activa unha alerta meteorolóxica. A Audiencia desestimou todos os argumentos de Audasa e ratificou a sentenza condenatoria, na que se di que "a responsabilidade na causación do sinistro que nos ocupa corresponde única e exclusivamente á actuación neglixente da concesionaria"."A responsabilidade que deriva da titularidade dunha concesión, se esta se considera como un beneficio, en canto faculta a un particular explotar no seu beneficio un servizo público, leva aparellado outras cargas, como sería o deber de prestar cun coidado extremado o servizo"Hai agora un ano a Audiencia da Coruña tamén fixo responsable a Audasa doutro accidente ocorrido o 25 de marzo de 2015 en Narón, cando un vehículo colidiu cun fito de sinalización viaria que ocupaba o carril dereito da calzada polo que circulaba tras ser desprazado do seu lugar orixinario. A concesionaria tentou argumentar que fora o condutor o neglixente: "A tese da parte demandada é que dito fito atopábase correctamente situado na calzada, cumprindo a súa función sinalizadora cando o turismo colidiu neglixentemente co mesmo", di a sentenza. Porén, a Audiencia sinala que os axentes da Garda Civil "deixan constancia do lugar onde se atopaban os restos do fito, é dicir sobre a calzada destinada ao tráfico viario" e que outra testemuña dos feitos "descarta que fora un despiste do condutor o que provocase a colisión".Nestes e noutros casos, xunto cos argumentos para tentar facer responsables dos sinistros aos condutores, Audasa tamén se cura en saúde e tenta rebaixar a súa propia responsabilidade para o caso de que acabe sendo considerada culpable das súas propias neglixencias. Así, non só son recorrentes os seus intentos de rebaixar o grao das lesións dos accidentados para así ter que lles pagar menos, senón que tamén vén argumentando que o mantemento da autoestrada o ten subcontratado con outra empresa e que os accidentados deben recorrer contra esta. Os tribunais veñen rexeitando esa pretensión lembrando que os condutores pagan a súa peaxe a Audasa, e debe ser ela quen responda de xeito directo e quen coide ao máximo do estado da vía. A Audiencia da Coruña lembra, nunha das súas sentenzas, "a responsabilidade que deriva da titularidade dunha concesión, xa que se esta se considera como un beneficio, en canto faculta a un particular explotar no seu beneficio un servizo público, leva aparellado outras cargas, como sería o deber de prestar cun coidado extremado o servizo". |
NOS_27228 | A comparecencia parlamentar do director xeral da CRTVG para explicar as últimas normas e circulares aprobadas pola compañía deu pé a un vivo debate sobre a canle. A oposición denunciou a intención do PP de "controlar os traballadores", aos que a compañía pon "baixo sospeita permanente". O Partido Popular, porén, defendeu que a actual TVG "ten máis credibilidade ca nunca". | Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, compareceu na Comisión permanente non lexislativa de control da Compañía a petición de BNG e AGE. Ambas as dúas forzas solicitaran a presenza de Izquierdo para que explicase as normas impostas aos traballadores no que atinxe a uso dos sistemas informáticos e vestimenta. O director xeral defendeu esas circulares, tentando mesmo tirarlles importancia ("non fixemos nada que non fixesen outras empresas nesta materia, incluídas outras televisións públicas e privadas"). Xustificounas na necesidade de "protexer a imaxe e labor da TVG" e negou que as circulares afectasen "a actividade". Sánchez Izquierdo: "Non fixemos nada que non fixesen outras empresas nesta materia" A respecto da vestimenta, o director xeral sinalou que eran "indicacións" para os profesionais que aparecen na pantalla. Indicacións desta caste: "A imaxe que se reflicta do traballador non debe centrar a atención, en ningún caso o traballador debe ser protagonista, vestiario correcto e xesticulación amábel...". No que atinxe aos sistemas informáticos, Sánchez Izquierdo argumentou que "hai que protexer a información da CRTVG e cumprimento da legalidade vixente." "Vostedes sospeitan dos traballadores" As explicacións do alto cargo non convenceron a oposición. Montse Prado (BNG) acusou a Sánchez Izquierdo de "na súa exposición pretende trasladar que isto é unha cuestión aséptica, técnica, unha cuestión de norma e seguridade... mais non é así". Para a deputada nacionalista, "vostedes poñen o foco para que os traballadores se sintan vixiados e en sospeita permanente. Teñen baixo sospeita a todos os traballadores. Un auténtico Gran Irmán". Montse Prado (BNG): "O que fan é control puro e duro da CRTVG nun momento en que a sociedade pide medios públicos veraces" Foi entón cando a parlamentar nacionalista perguntou a Sánchez Izquierdo a que viñan tantas normas de control e restricións:"Teñen medo de que os traballadores marchen de alí coa fórmula secreta de Luar e llela pasen á competencia? Ou de que filtren como vai acabar Padre Casares?", inquiriu a deputada do BNG. Juan Fajardo (AGE): "Derroguen estas normativas" Manipular a realidade Tampouco a Juan Fajardo (AGE) o convenceron as explicacións do director xeral. O vilagarcián dixo: "queren que non se poda demostrar a realidade da CRTVG, que é unha ferramenta para manipular a verdadeira realidade". Engadiu tamén que con estas normas "procuran vostedes a auto-censura do traballador" e até "queren anular a personalidade dos profesionais e mesmo poñen en dúbida a súa profesionalidade". Baamonde (PP): "A CRTVG ten agora unha credibilidade que non tiña antes" Desde as filas socialistas centráronse en criticar a liña informativa da CRTVG, denunciando que só daba as novas favorábeis ao goberno. Mentres, o voceiro do PP na comisión, Agustín Baamonde, defendeu que "estas circulares son unha garantía para os propios traballadores" e responsabilizou a oposición de facer acusacións "moi graves de manipulación, censura" contra a CRTVG... sen dar "nin un argumento de peso que as xustifique". Normas homologábeis Na súa quenda de réplica, o director xeral da CRTVG insistiu en que esas normas eran homologábeis co que estaban a facer os outros medios públicos e privados. "Non estamos a facer nada que non fixeran os demais", alegou. |
PRAZA_10636 | Por sétimo ano consecutivo non haberá acto ningún da Xunta na xornada do Día Nacional; o protagonismo político do 25 de xullo volve ser para as forzas da oposición e outras organización sociais, que si organizan actividades políticas e de lecer | O acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia do 25 de xullo de 2012 foi o último, ata o momento, celebrado pola Xunta durante o Día Nacional de Galicia. En 2013 estaba previsto ese mesmo evento o propio día 25, pero foi adiado por mor do accidente de Angrois. Ao ano seguinte o Goberno galego entregou o seu máximo galardón o día 24 para facer cadrar o acto co primeiro aniversario da catástrofe malia á oposición das vítimas e dende aquela, xa nunca regresou ao 25. Deste xeito, por sétimo ano consecutivo non haberá acto ningún da Xunta na xornada do Día Nacional de Galicia, denominación oficial da festividade que o Executivo de Alberto Núñez Feijóo volveu obviar na súa campaña publicitaria por esta xornada. Tamén optou pola fórmula Día de Galicia o PPdeG na súa celebración adiantada, nesta ocasión desenvolvida o día 23 en Lalín cun acto semellante ao celebrado hai dous anos en Vilalba, municipio no que agora os populares xa non gobernan.Por sétimo ano consecutivo non haberá acto ningún da Xunta na xornada do Día Nacional; o protagonismo político do 25 de xullo volve ser para as forzas da oposición e outras organización sociais, que si organizan actividades políticas e de lecerA representación institucional do Goberno galego vólvese circunscribir, un ano máis, aos dirixentes gobernamentais que acudan á ofrenda da Casa Real ao Apóstolo Santiago, presentada nesta ocasión polo novo alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo. A cerimonia celébrase desta volta no mosteiro de San Martiño Pinario por mor das obras na Catedral compostelá. Tamén está previsto que membros do Executivo galego acudan á Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval.Sen a Xunta nin o PP con actividade de seu, o protagonismo político do 25 de xullo volve ser para as forzas da oposición e outras organizacións sociais. A cita máis veterana, a manifestación coa que o BNG culmina a súa campaña do Día da Patria, volverá percorrer as rúas da zona histórica de Santiago a partir das doce da mañá para finalizar cun acto político na Praza da Quintana, como é xa tradición. Despois, a militancia da formación soberanista continuará a xornada na contorna da carballeira de San Lourenzo, con xantar popular e actividades ligadas ao Festigal.Tamén a mediodía ten a súa cita tradicional o PSdeG, no seu caso en Rianxo. Por segundo ano consecutivo a comitiva dos socialistas galegas estará encabezada ante o monumento a Castelao na vila rianxeira polo seu secretario xeral, Gonzalo Caballero. Nesta ocasión o acto estará inevitablemente marcado pola definitiva votación da investidura de Pedro Sánchez, que se decidirá no Congreso apenas dúas horas despois do propio acto.A maior parte das formacións políticas escollen a capital galega para os seus actos do 25 de xullo, no que as intervencións políticas se combinan con xantares populares e outras programacións lúdicasTamén Anova e En Marea desenvolven actos políticos e de lecer este 25 de xullo. A formación que lidera Antón Sánchez xa iniciou a súa axenda de actos o pasado día 23 en Vigo e reserva para o Día Nacional a vertente máis lúdica, cun xantar popular no compostelán parque de Galeras. A organización que encabeza Luís Villares ten os seus actos centrais no parque de Vista Alegre, en Santiago, centrados nesta ocasión "no ecoloxismo e no feminismo", anunciaron. Esquerda Unida, pola súa banda, volve celebrar o Día Nacional en Mugardos. Alí a formación desenvolverá un acto centrado no cuadraxésimo aniversario dos primeiros concellos elixidos democraticamente tras a ditadura e despois a súa militancia compartirá un xantar popular. Na axenda política deste 25 de xullo figuran tamén convocatorias de organizacións sen representantes no Parlamento. É o caso de Compromiso por Galicia, que centra os seus actos do Día Nacional no parque Eugenio Granell, en Santiago. Tamén a plataforma independentista Causa Galiza, que chama á participación na súa manifestación, dende as doce e media na Alameda de Santiago, centrada nesta ocasión no centenario da declaración do 25 de xullo como festa nacional galega por parte das Irmandades da Fala. |
NOS_49318 | Beneficiar concellos gobernados polo Partido Popular. Isto é o que pretende Augas de Galiza, segundo o grupo parlamentar do BNG, unha vez analizado o reparto de fondos do ente público. E é que de 66 convenios asinados, foron beneficiados 57 concellos gobernados polo PP. | O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, vén de presentar no parlamento unha batería de preguntas para pedir explicacións en relación ao "uso partidista dos fondos públicos" por parte de Augas de Galiza. O nacionalista sinala que o DOG do 3 de novembro non deixa lugar a dúbidas. De 66 convenios que se asinaron entre o 13 de xuño de 2016 e o 31 de agosto de 2016 (datas próximas a convocatorias electorais) resultaron favorecidos 57 concellos gobernados polo PP.O parlamentar nacionalista pon a ollada, pola súa contía, nos convenios asinados coa Laracha (por valor de 2 millóns); Boqueixón (1 millón); Cotobade (1,85 millóns); Arteixo (1 millón); Foz (8 millóns). "Da información publicada dedúcese que Augas de Galiza actúa dunha maneira escurantista, partidista e arbitraria na distribución dos seus fondos, favorecendo concellos gobernados polo PP e discriminando concellos doutros signos político", denuncia o grupo parlamentar nun comunicado de prensa. Relación de convenios cuxo valor supera os 200.000 euros Foz (PP): 8.000.000 A Laracha (PP) 2.000.000 Cotobade (PP) 1.850.000 Betanzos (PSOE) 1.000.000 O Boqueixón (PP) 1.000.000 Valga (PP) 930.000 Noia (PP) 900.000 Frades (PP) 800.000 Cospeito (PP) 733.650, 71 Vedra (PP) 700.000 Outeiro De Rei (PP) 600.000 Ourense (PP) 600.000 Crecente (PP) 555.000 Castro De Rei (PP) 500.000 *Consorcio Louro e Mos (PP) 500.000 Porto Do Son (PP) 451.059, 54 *Consorcio Louro e O Porriño (PSOE) 425.000 Trazo (PP) 415.000 A Peroxa (PP) 411.129, 52 Sober (PP) 405.000 Fisterra (PSOE) 382.969,79 Salvaterra (PP) 365.000 Celanova (PP) 360.000 Mos (PP) 350.000 Lobios (PP) 350.000 Paradela (PP) 350.000 Riós (PP) 348.299, 81 Ortigueira (PSOE) 341.043, 96 A Gudiña (PP) 304.912 Abegondo (PP) 300.000 Dodro (PP) 250.000 Ribeira (PP) 225.000 Oímbra (PP) 204.735,52 Cerdedo (PP) 202.630,95 Lousame (PP) 200.000 Cervo (PP) 200.000 Baltar (PP) 200.000 Friol (PP) 200.000 Coirós (PP) 200.000 |
NOS_48026 | As tres escuadras galegas xogarán o seu primeiro partido fóra da casa | Os tres equipos galegos da LEB Ouro xa contan con calendario para a tempada 2020/21. Nunha campaña condicionada polo novo formato de competición, o sorteo levado a cabo durante a xornada de onte nas dependencias da Federación de Baloncesto en Madrid deparou que Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e Breogán de Lugo debuten fóra da casa o vindeiro día 16 de outubro ante Universidade de Burgos, Real Valladolid e Liberbank Oviedo, respectivamente. Os rivais das escuadras galegas neste grupo A serán -ademais dos devanditos Burgos, Valladolid e Oviedo- Melilla Sport Capital, Cáceres Patrimonio da Humanidade e Destino Palencia. O primeiro derbi galego decorrerá na terceira xornada, prevista para o 30 de outubro, cando se enfronten Leyma Coruña e Leite Río Bregoán no Pazo dos Deportes de Riazor. Tres semanas máis tarde, na sexta xornada, serán Ibereólica Ourense e Leyma Coruña os que compitan no segundo choque entre galegos da tempada. Cambios... pero non moitos A renovada Leb Ouro presenta cambios moi importantes, que van desde os equipos participantes ao formato de competición. Así, con respecto ao ano pasado desaparecen o Gipuzkoa Basket -que ascendeu á Liga ACB- e entran Real Murcia, Tizona de Burgos e Bàsquet Girona -propiedade do xogador catalán da NBA Marc Gasol- logo dos seus ascensos desde a LEB prata. Por outra banda, a liga estará dividida desde esta tempada en dous grupos (A e B) nos que se distribúen os 19 conxuntos que militan na categoría. Logo da conclusión das 18 xornadas que conforman esta primeira fase -o vindeiro 5 de marzo-, os cinco primeiros clasificados de cada conferencia competirán polo ascenso, e os cinco últimos por non descender. Tanto os play-off de ascenso como os de descenso terán lugar entre o 21 de maio e o 19 de xuño, sendo unicamente un equipo o que consiga a meta do ascenso á Liga ACB. Porén, conquistar a praza sobre a pista non quere dicir nada, pois -como acontece cada verán desde hai anos- os clubes que integran a Liga ACB votarán en contra dos ascensos ou ben os equipos que se gañan deportivamente o dereito de competir na máxima categoría renunciarán pola falta de músculo financieiro para asumir o famoso "canon de entrada" na ACB. Esta anómala situación permitiu que, por exemplo, o histórico Estudiantes de Madrid se salvase de perder a categoría até tres veces nos últimos oito anos. |
NOS_50545 | A portavoz nacionalista contrapón o "avance" en xestión e calidade de vida nos concellos gobernados polo Bloque fronte aos outros. | O modelo municipal do BNG fronte ao "fracaso da vella política caciquil" do PP, a defensa do Bloque de veciñanza e sectores produtivos, o compromiso das e dos nacionalistas nuns concellos "abertos e transparentes"... Ana Pontón esgrimiu este domingo diversos argumentos para instar a xente a que confíe no nacionalismo para gobernar os seus municipios. Pontón participou no mitin comarcal na Mariña en Xove, coas intervencións dos rexedores e candidatos á reelección nos concellos de Ribadeo e de Muras, Fernando Suárez e Manuel Requeijo, así como as candidatas por Viveiro e Barreiros, Miriam Bermúdez e Ana Hermida, e o candidato por Xove, Xosé Manuel López Hermida. Contrapuxo o modelo municipal de éxito do BNG "co fracaso nos concellos desta comarca", tomando como exemplo de transformación en positivo a favor das persoas os gobernos nacionalistas de Ribadeo e Muras. Por iso pediu "estender o modelo municipal do BNG aos concellos da Mariña e de Galiza a partir do 26M, porque demostramos que somos capaces de facer política municipal con maiúsculas dan man dun proxecto sólido".Apelou á mobilización para sumar máis a un Bloque "en remontada". Garantía en Europa Ana Miranda, candidata do BNG ao Europarlamento reivindicou a eficacia política do Bloque en Bruxelas a favor do país fronte "ao desleixo do PP e do PSOE", en temas como o saneamento das rías, na defensa dos sectores produtivos, da preservación do medio ambiente. "Porque somos garantía de seguir defendendo os intereses de Galiza na Eurocámara, porque temos vontade de traballo, compromiso e somos a voz galega que non cala". |
NOS_53755 | Cantigas da Terra conmemora ante o seu público as súas primeiras gravacións. | Cantigas da Terra conmemora co seu público os seus primeiros rexistros sonoros que fixo en 1921. O coro coruñés, a través deste espectáculo, reflexiona sobre si mesmo e sobre o seu desenvolvemento ao longo dos anos. Para iso, ademais de contar con todo o elenco da entidade (coro, grupo de gaitas, grupo de teatro e corpo de baile), permitirá escoitar, de novo e no formato orixinal, aquelas primeiras gravacións de 1921. O público asistente gozará tamén de novas interpretacións recreadas pola formación actual de Cantigas de Terra a través dun compendio de obras que definen a traxectoria da centenaria institución. Ademais, no acto haberá, tamén, un pequeno coloquio con varias especialistas que reflexionarán sobre a repercusión que, na súa época, tiveron estas históricas gravacións. O espectáculo desenvolverase no recinto do Teatro Colón da Coruña a partir das 30 horas do 30 de xuño, terza feira, e a pesar de que os boletos son de balde, é necesario tramitalos a través da plataforma oficial do recinto, que lembra que a causa da normativa sanitaria resulta obrigatorio o uso da máscara, a aplicación de solución hidroalcohólica na entrada e a imposibilidade de acceder no caso de contar con calquera tipo de síntomas compatíbeis coa enfermidade |
NOS_2254 | O grupo municipal do Bloque pediu a demisión de Jorge Caldas que é tamén primeiro tenente da Alcaldía e responsábel da área de Igualdade municipal. | "Mala zorra" e "sinvergüenza". Nestes termos se referiu o concelleiro do PP, responsábel da área de Igualdade e primeiro tenente da Alcaldía de Moraña, Jorge Caldas, á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Os comentarios en Facebook foron escritos ao fío do conflito polos recursos económicos do rally Rías Baixas Foi após o pleno municipal que tivo lugar o 29 de xaneiro e através das redes sociais logo de que un simpatizante do Partido Popular proferira comentarios "denigrantes" e "pexorativos" contra a mesma persoa através do seu perfil na rede social Facebook, explican desde o grupo municipal do BNG de Moraña nun comunicado de imprensa no que exixen a demisión do que foi, tamén, candidato do PP ao Congreso español por Pontevedra. As opinións foron vertidas froito dun conflito aberto pola negativa do goberno provincial a apoiar un rally. Desde a organización frontista aseguran que a actitude de Jorge Caldas "só pode definirse como inadmisíbel, intolerábel e vergoñenta" ao tempo que a consideran "especialmente grave" por se tratar dun representante público. "Un insulto sexista", acrecentan, "que atenta non só contra un cargo público polo simple feito de ser muller, senón tamén contra a dignidade de todas as mulleres". Así pois, instan a que a saída do concelleiro sirva de exemplo para demostrar que "estas condutas machistas non poden ter cabida en ningún espazo da sociedade e moito menos dun responsábel político" quen ten "a obriga" de manter un "compromiso activo" na loita pola igualdade. "O PP de Moraña e a Alcaldesa teñen que depurar responsabilidades políticas de inmediato" "Desde o BNG consideramos que o PP de Moraña e a Alcaldesa teñen que depurar responsabilidades políticas de inmediato, pois esta persoa non pode seguir nin un minuto máis ostentando a representación institucional dos homes e tamén das mulleres deste Concello. Son uns insultos inadmisibles e vergoñentos, á parte que reiterativas, o que dá mostra do carácter deste concelleiro e da permisividade do PP con comportamentos machistas deste calibre", sinalou Marcos Suárez, voceiro municipal do BNG de Moraña. Do contrario, aseguran, "estará avalando e sendo cómplice dos seus comportamentos machistas". A alcaldesa de Moraña di que se trata dun "calentón desafortunado" e o PSOE pide o "cesamento fulminante" do concelleiro A alcaldesa de Moraña, María Luísa Piñeiro, xustificou o acontecido apelando a un "calentón desafortunado" mentres que o PSOE, exixiu a Alberto Núñez Feijóo, como presidente do Partido Popular, o "cesamento fulminante" de Jorge Caldas ou, do contrario, sinalan, "estará dicindo que é un presidente machista". Carmen Gallego asegurou que "chove sobre mollado" e instou o líder popular a "pór orde" na formación ao lembrar o caso que atinxe o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por un presunto caso de acoso sexual. |
NOS_36580 | Na asemblea nacional extraordinaria decorrida o 20 de xuño considera "esgotado" o seu ciclo político. | Nós-Unidade Popular emitiu un comunicado de imprensa esta quinta feira (25 de xuño) no que anuncia a súa disolución como proxecto político após 14 anos da súa fundación. A organización independentista así o acordou nun encontro nacional decorrido, con carácter extraordinario, o 20 de xuño na capital galega. Na declaración final emanda desde conclave a militancia de Nós-UP considerou que o seu ciclo político fica "esgotado". "En momentos históricos extraordinarios como o actual, é necesario tomar decisións extraordinarias que permitan rectificar e avanzar", sinalan, ao tempo que afirman "a unidade da esquerda patriótica é unha necesidade ineludíbel e urxente". Neste senso, recoñecen a iniciativa social que está a pular por unha convocatoria unitaria de cara ao 25 de xullo, Día da Patria Galega, no que, din, a filiación da xa disolta Nós-UP participará se finalmente se chega a materializar. No seu comunicado de imprensa, a organización independentista entende que o "proxecto nacional galego e a súa esquerda patriótica" están en "crise" polo que apelan á "reflexión" de todas as organizacións políticas. "Deberá ser cada organización da nosa esquerda nacional a que avalie a súa propia traxectoria e evolución futura no camiño de servizo ao pobo traballador galego". Así mesmo, amosan o seu recoñecemento ás persoas que ao longo de 14 anos "contribuíron para o traballo político patriótico, feminista e de esquerda" a prol da "independencia e o socialismo". A disolución de Nós-UP prodúcese semanas despois de que un nutrido grupo de integrantes do Comité Central de Primeira Linha abandonasen a formación. |
NOS_37174 | Os positivos diarios na Galiza baixan a 268 nunha xornada con 1.145 PCR menos | O número de casos de Covid-19 detectados na Galiza caeu este domingo por baixo dos 300 positivos, concretamente até os 268, aínda que a presión hospitalaria creceu lixeiramente, con oito ingresados máis, durante unha xornada na que se fixeron 1.145 PCR menos que 24 horas antes. Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá desta segunda feira na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras recollidas até as 18:00 horas do domingo. Até ese momento, nas 24 horas previas foran descubertos 268 casos novos, 60 menos que o día anterior. Así mesmo, realizáronse 6.857 PCR, 1.145 menos que 24 horas antes, polo que a taxa de positividade mantívose no 3,8%. Pola súa banda, a presión hospitalaria repunta de novo na Galiza. En concreto, hai hospitalizados 354 pacientes Covid, 8 máis que a xornada anterior, aínda que as persoas en UCI continúan sendo 53. Un día máis, os datos de Sanidade recollen que as áreas sanitarias de Vigo e Santiago-Barbanza son as que máis positivos notificaron, aínda que cun descenso. En concreto, a área compostelá notificou 61 positivos, 16 menos que nas 24 horas anteriores, e a de Vigo 68, unha caída de 11. Doutra banda, unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia na Galiza continúan en aumento e ascenden xa a 1.341 tras a morte de tres persoas notificada nas últimas horas |
NOS_9359 | O secretario xeral da institución, Xoán Vázquez Mao, apoia a decisión de facer máis probas PCR aos visitantes estranxeiros, se ben recorda que o sur do país e o norte luso actúan como un "territorio común". | O Eixo Atlántico remitiu ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, unha carta para pedirlle que o incremento das PCR para visitas do estranxeiro non se teñan en conta no caso da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal pola "excepcionalidade" dos movementos neste territorio. A medida, segundo o secretario xeral da institución, Xoán Vázquez Mao, tomouse para que se teña en conta este caso en particular no caso de que se demanden PCR a visitantes de fóra do Estado "máis aló de portos e aeroportos". Se ben hai un "apoio" á decisión do Ministerio de Sanidade, na misiva explícalle a Illa que "deben terse en conta as circunstancias moi características da fronteira con Portugal, a máis longa e estábel de Europa". No caso específico da Galiza e o norte de Portugal, hai un "perfil dun territorio común", como se pode comprobar polo feito de que cidades como Verín e Chaves ou Cerveira e Tomiño actúen con eurocidades con servizos complementarios malia estar separadas polo Miño. "Ten moitas máis afinidades cotiás que as que poidan existir, por exemplo, entre Galicia e Levante ou Andalucía", indica, precisamente, o representante do Eixo. Neste sentido, fala de movementos constantes por cuestións laborais, mais tamén de "estudantes e investigadores de universidades, executivos e comerciais, e cidadáns do ámbito cultural". "Vostede mesmo tería ocasión de comprobalo no recente Cumio Ibérico", escribe na misiva, recordando que tomar o territorio como estranxeiro habería problemas "para o desenvolvemento económico" da eurorrexión. |
NOS_44777 | Concepto Circo e Van Kraft encargaranse das intervencións artísticas, que se realizarán ao longo da semana e que forman parte das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor de Rosalía. | Alfoz, Foz, Barreiros e Viveiro acollerán nos vindeiros sete días cadansúa intervención artística arredor da figura de Rosalía de Castro. Os graffiteiros e muralistas Manuel Andrés Pallín, de Concepto Circo, e Van Kraft encargaranse de realizar as actuacións que evocan a autora en diferentes espazos públicos. No caso de Alfoz, o mural realizarase nun lateral do pavillón polideportivo. A sexta, a intervención será nun muro do polideportivo situado a carón da Praza de Rosalía de Castro de Foz, no Campo da Cabana. O sábado será a quenda de San Cosme de Barreiros, que homenaxeará Rosalía no parque de skate situado a carón do teleclube, recentemente instalado. Por último, o día 19 a figura de Rosalía renovará a entrada da biblioteca pública de Viveiro. As intervencións artísticas forman parte da programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da figura de Rosalía de Castro, en colaboración con concellos e centros educativos. Os murais de Rosalía xa locen noutros concellos da comarca como Ribadeo, na rúa Rodríguez Murias, no centro histórico da vila, e Lourenzá, na entrada do CEIP Juan Rey. |
NOS_14645 | O complexo pesqueiro galego atravesa un momento delicado derivado da situación económica xeral e das súas lóxicas propias. O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista en economía pesqueira Gonzalo Rodríguez analiza a situación do sector para 'Nós Diario'. | —A Comisión Europea vén de propor o veto á actividade pesqueira nalgunha das áreas do caladoiro do Gran Sol, onde traballa desde hai décadas a frota galega. Que valoración fai desta iniciativa?Neste momento, estase a acentuar o desequilibrio entre o obxectivo de sustentabilidade ambiental da Política Pesqueira Común e o de sustentabilidade económica e social. De feito, en relación a esta medida, se o soporte científico ambiental é insuficiente, o soporte científico sobre os impactos económicos e sociais é nulo. O problema xa non é só que se restrinxa a pesca en determinadas zonas, senón a suma de restricións e a perspectiva de que detrás aínda veñan máis. Nos últimos anos, hai que sumar a política de descartes, está en marcha un novo imposto ao gasóleo, a maiores da suba do prezo experimentado até agora, na plataforma continental restrínxense tamén espazos de pesca para dedicalos á produción e evacuación de enerxía eólica... Ao mesmo tempo, existen reparos a nivel europeo ao estabelecemento de subvencións que poidan facilitar a modernización da frota e a súa adaptación ás esixencias de sustentabilidade e seguridade. Na medida en que no horizonte se van sumando máis e máis restricións, o pesimismo está a estenderse entre pescadores e armadores. O efecto conxunto é socavar as expectativas de viabilidade do sector. —Nas próximas semanas, o Goberno do Estado vai facer público o Plan de ordenación do espazo mariño, onde se fixarán as áreas litorais nas que se poderá instalar a eólica mariña. Que consideración fai da proposta de erguer diversos parques eólicos mariños en puntos do noso litoral?Vaia por diante que eu creo que é necesario incrementar a produción de fontes renovábeis, incluída a eólica. Creo ademais que a produción enerxética debe ser pensada a escala europea e non só nacional ou rexional. Pero dito isto, a implantación de eólicos segue un deseño feito a medida do oligopolio enerxético existente no Estado español. Por exemplo, nin se buscou favorecer o autoconsumo doméstico, das administracións, das empresas ou das explotacións gandeiras, nin se procurou favorecer unha maior competencia na produción. Iberdrola é, con diferenza, o principal produtor, seguido por Acciona. Fronte as grandes corporacións, a balanza negociadora dos territorios, das poboacións e dos sectores afectados está desequilibrada e isto produce resultados inxustos. —En moitas ocasións, non se ten en conta canto representa en termos económicos o complexo pesqueiro. A grandes trazos que significa en termos de emprego e PIB?A contribución ao PIB do complexo mar-pesca, é dicir, pesca, marisqueo, miticultura, piscicultura mariña, conservas, outros alimentos a base de peixe e marisco, depuradoras e grosistas de peixe, supuxo o 4,8% do total, cunha facturación que rolda 12.000 millóns de euros. Isto supón uns 64.000 postos de traballo directos. Ese elevado peso da pesca é unha das características definitorias da economía galega. O mantemento da súa elevada contribución económica non se debe só a un mero acceso aos recursos, factor que se dá en múltiples lugares, senón ao desenvolvemento continuado de vantaxes competitivas, ao esforzo constante de adaptación e mellora e á acumulación de técnica e coñecemento. —Cando falamos da pesca, moitas veces só nos referimos á actividade extractiva e non temos en conta a industria asociada en terra. Que representa todo isto para as localidades do litoral galego e tamén para o conxunto da Galiza?Efectivamente, esquecemos que producir cada unidade de produto pescado require un enorme número de recursos e servizos que, na súa meirande parte, se producen ou adquiren na Galiza, multiplicando o impacto económico da pesca. Referímonos á necesidade de frigoríficos, transportes, brokers de pescado, estaleiros, efectos navais, cabos e redes, pinturas náuticas, servizos de enxeñaría, de I+D, maquinaria, servizos xurídicos, servizos portuarios, e así até un largo etcétera. A cadea de valor da pesca é a máis complexa e sofisticada de cantas existen na Galiza. En termos territoriais, isto significa que a columna vertebral de moitas vilas costeiras é a pesca, non só polo impacto directo, senón porque é soporte necesario para manter asesorías, xestorías, comercio, hostalaría, gasolineiras e mesmo para manter servizos públicos. A relación entre a banca e a industria A decisión de Abanca de reducir a súa exposición a Pescanova preocupa no complexo pesqueiro galego. A este respecto, Gonzalo Rodríguez sinala que "os pasos dados por Abanca apuntan na dirección de manter unha posición estratéxica en Pescanova e esta é unha boa noticia para a Galiza porque permite manter a ligazón aquí dunha empresa que é a maior do complexo mar-pesca galego". Rodríguez explica que "nese punto pode observarse a importancia de ter un sistema financeiro propio, como o que representaban as antigas caixas, co fin de proporcionar capital paciente que facilite o desenvolvemento da industria". "Aínda que Abanca teña vocación de investir en industrias do país, a súa capacidade vese limitada pola súa exposición financeira", afirma Rodríguez, quen pide "a aproximación entre a industria e a banca galega". |
NOS_40491 | Exixen a reunión da Deputación Permanente e a comparecencia do presidente da Xunta. No que vai de ano arderon máis de 6 mil hectáreas na Galiza. | Os grupos parlamentares do BNG e AGE solicitaron esta quinta feira (13 de agosto) a convocatoria "urxente" da Deputación Permanente do Parlamento perante a vaga de incendios que asolaga o país este verán. As dúas forzas instan a convocatoria dun pleno extraordinario no que compareza o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo. No que vai de ano na Galiza arderon máis de 6 mil hectáreas, segundo os dados fornecidos polo goberno galego sendo que nun só día, o 9 de agosto, se rexistraron máis de 70 focos activos. O líder do executivo galego atribúe a vaga de incendios a "unha actividade criminal moi interesada en provocar un caos na Galiza". Aliás, desde a Consellaría de Medio Rural desvinculan os lumes a un interese especulativo após a entrada en vigor da nova Lei de Montes que autoriza a recalificación de terreos ardidos cando exista un "interese público". Porén, desde as organizacións ecoloxistas, os grupos da oposición e as organizacións sindicais denuncian a falta de medios, humanos e materiais, na loita contra os incendios ao tempo que acusan o goberno de Núñez Feijóo de proporcionar "o chisqueiro" ás persoas incendiarias, en palabras da vice-portavoz de AGE, Yolanda Díaz. Neste senso, sinalou a deputada do BNG, Carme Adán, a única política do goberno da Xunta nesta materia é "rezar ao Apóstolo para que chova". Perante a inacción institucional, desde a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) lembraron unha batería de 10 medidas coas que combater de maneira "eficaz" os incendios. |
NOS_9146 | "O Burgo morre", advirten, ao tempo que demandan o pagamento das compensacións pola paralización da actividades marisqueiras. | Os mariscadores do Burgo volveron exixir á Xunta e mais ao Goberno estatal un acordo sobre o pagamento das compensacións polo dragado da ría, ademais da publicación no Boletín Oficial do Estado desta obra. Fixérono hoxe nunha comparecencia xunto a representantes do Burgo, que anunciaron pola súa banda que trasladarán a situación actual a Bruxelas. Así o avanzou o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, xunto a deputada nacionalista no Parlamento galego, Mercedes Queixas, e a portavoz da formación na Unión Europea, Ana Miranda. Nunha rolda de prensa, logo dunha reunión, Baldomir denunciou o "menosprezo" por parte da Administración estatal e da Xunta, aos que reprochou non ter atendido as súas peticións de reunión sobre a licitación do proxecto e o pagamento de compensacións. Por outra banda, cualificou de "ridículo" por parte do Goberno estatal que "faga público na prensa que comeza cos trámites de licitación, pero que non se vexa reflectido no BOE, que é o que dá a legalidade a este proxecto". Baldormir tamén asegurou que o novo paso ante Bruxelas servirá para denunciar "o retardo inxustificado" no saneamento da ría, que cualificou dun SOS. "A ría do Burgo está a morrer", recalcou. Iniciativas do BNG A deputada Mercedes Queixas sinalou que a súa formación presentará emendas para tratar de que se recollan partidas nos orzamentos da Xunta para unhas compensacións que cualificou de "xustas e necesarias". Mentres, en relación ao escrito ante Bruxelas, Ana Miranda lembrou que hai xa dez anos tivo lugar unha denuncia na Comisión de Peticións por parte da Confraría.A portavoz nacionalista na Unión Europea reclamou que se executen xa os fondos para as obras sinalando o risco de perder as axudas europeas e criticou o "desleixo" da Xunta nas súas funcións. Visita de Pablo Casado O líder estatal do PP, Pablo Casado, visitou a ría do Burgo na mesma xornada. Alí, reclamou ao Goberno estatal a "cumprir coa súa palabra" en relación ao "dragado da ría tal e como está presupostado". Posteriormente uniuse ao presidente galego Alberto Núñez Feixoo nun acto económico sobre fondos europeos. |
NOS_47457 | 60 concellos galegos están fechados perimetralmente, polo que 253 están abertos e, como tamén a Comunidade de Madrid está aberta, unha cidadá da capital española pode ir dar unha volta por Baiona ou calquera dos 253 concellos abertos, mentres que unha de Vigo non. "A nosa situación epidemiolóxica permítenos ese ofrecemento", di o presidente da Xunta. | A Comunidade de Madrid reabriu as súas fronteiras após a festividade do Día da Almudena, celebrado na segunda feira 9 de novembro, e a Xunta da Galiza xunto a Estremadura e a propia Madrid son as únicas comunidades peninsulares que teñen os seus lindes abertos. Así pois, unha cidadá madrileña que non estea confinada pode atravesar Castela e León -sen parar, xa que esta comunidade si está fechada- e visitar e facer vida social en até 253 concellos galegos dos 313 que ten o país -60 si están fechados pola Xunta-. Así, unha persoa de Vigo -municipio con fechamento- non pode ir a Baiona, pero si un visitante de Madrid. Para o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, esta situación non ten nada de raro. "Quen veña ten que actuar como os galegos. A nosa situación epidemiolóxica permítenos ese ofrecemento. Estamos a darlles o mesmo trato que aos galegos", dixo o presidente esta quinta feira, 12 de novembro, ao rematar a reunión do Consello da Xunta, ao ser preguntado polos medios por esta estraña situación en tempos de pandemia e restricións. |
PRAZA_7524 | Unha ducia de bandas, dende Machina a Nao e Ruxe-Ruxe, pasando por Pito de Pikasso, Medomedá, Os tres Trebóns ou Dios ke te Crew, preparan un álbum de versións do grupo para celebrar os 25 anos de Zënzar. | Zënzar fai 25 anos e non ían quedar sen festa. Unha ducia de bandas: Machina, Deseqilibrio Mental, Invivo, Som do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, Medomedá, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os tres Trebóns, Os homes sen medo, Dios ke te Crew e Secho e os invisibles preparan un álbum de versións do grupo. O disco está listo e presentarase nas vindeiras semanas aproveitando un concerto dos propios Zënzar e poderanse mercar exemplares do disco na rede en breve Todo comezou pouco antes do verán, na sala Josfer do Mesón do Vento onde os Zënzar presentaban o seu último disco Vaise armar. Esa noite uns cantos músicos amigos e admiradores da banda lanzaron a idea de celebrar os 25 anos zenzarianos facéndolle un disco tributo e aínda foron maís lonxe: fariase sin que os mesmos Zënzar o soubesen para darlles a sorpresa. Non houbo chamamento público senón que o proxecto foi pasando de boca en boca, sen saber os seus promotores se ao final ficaría nun EP ou se daría para un álbum completo. E deu, vaia se deu. Os beneficios que poida traer a venda dos discos irán destinados "a unha moi boa e xustificada causa", contan os Ruxe-Ruxe no seu blog, "pois en ningún momento houbo ningunha intención de sacar ningún beneficio nin económico nin de ningún tipo en toda esta historia por parte de ninguén". E como sentencian os de Aríns: "25 anos de Zënzar non nos chegaron a nada". |
PRAZA_15567 | A cervexaria Grândola en Ourense acolle este xoves esta cita, máis lúdica que musical, que acada a súa terceira edición, organizada polo Espazo Cultural Aberto. | O grupo de colectivos do Espazo Cultural Aberto (EsCuA), "diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns, (a pesar da Constitución española) en promocionar un credo relixioso" organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas, "contra o nadal e a autoridade competente". A actividade, que tivo diferentes nomes en anteriores citas, chega a súa terceira edición, co nome de FECAL (Festival ecuménico da canción atea e libertaria), e desenvolverase na tetería-cervexaria Grândola (na praza S. Marcial do casco histórico) o próximo día 27 de decembro, a partir das 20 horas. EsCuA, "diante da dilapidación de cartos públicos de todos os cidadáns en promocionar un credo relixioso" organiza unha noite de xoldra, a modo de festival ou concerto de panxoliñas, "contra o nadal e a autoridade competente" O formato, diferénciase do ano pasado -no que se parodiaba os telemaratóns televisivos da época de nadal- e adopta o formato orixinal puro de festival de cancións pouco ensaiadas, pero perfectamente enraizadas coa situación de crise actual, e non só económica. Para aderezar a actividades, e profundizar no estilo da gala, graváronse algúns skechs ou gags que se intercalarán entre as actuacións dos grupos participantes. EsCuA (Espazo Cultural Aberto – Ourense) está formado por un conxunto de asociacións/colectivos sociais, ecoloxistas, feministas, culturais e medioambientais da cidade de Ourense que promoven un espazo cultural aberto e autoxestionado para a cidade. Actualmente participan en EsCuA: Algaravía, Anacos da cidade, Aula de música tradicional Gomes Mouro, Cineclube Padre Feijoo, Marcha mundial das mulleres (Ourense), Mobi-liza, Mondoxíbaro, Os car Allos, O Espertello, Saramaganta ou Semente. EsCuA (Espazo Cultural Aberto – Ourense) está formado por un conxunto de asociacións/colectivos sociais, ecoloxistas, feministas, culturais e medioambientais da cidade de Ourense que promoven un espazo cultural aberto e autoxestionado para a cidade E así é como se presenta: Se pensas que os anuncios de colonias apestan Se escoitas voces na cabeza cantando Noite de paz Se a mensaxe do Rei parece-che un editorial do ABC Se estás cansado de pesebres públicos para Herodes privados Se queres que o Papa use minisaia e que a relixión só se ensine nas escolas caninas Se pensas que a miséria non é "un estilo de vida alternativo" Se pensas rescindir este ano o contrato a Santa Claus, os Reis Magos e o Rato Perez Se prefires que chegue o fin do mundo antes que o comezo do Nadal..... F.E.C.A.L. (Festival Ecuménico da Cantiga Atea e Libertária) |
NOS_5096 | No día en que se publica o número 500 de 'Nós Diario' preguntamos ás e os subscritores que opinan destes case dous anos nas rúas. | Desde que saíu por vez primeira do prelo o 2 de xaneiro de 2020 téñense publicado 500 números de Nós Diario. Medio milleiro de exemplares en case dous anos, algo que non tería sido posíbel sen as achegas das máis de 3.000 subscritoras e subscritores que hoxe seguen a depositar a súa confianza neste proxecto. As subscricións son a principal vía de financiamento deste xornal, xa que a Xunta da Galiza vén de excluílo do reparto de subvencións aos diarios en papel. Mais foi precisamente carecer de calquera tipo de ataduras o que permitiu a Nós Diario seguir a medrar cada día e informar as lectoras e lectores de todas as cuestións que afectan á Galiza cunha ollada crítica, rigorosa e con conciencia de país. Neste tempo o xornal informou en detalle das eleccións galegas de 2020, do modelo enerxético do país, dos feminismos, da promoción da lingua galega e, sobre todo, da pandemia e das súas consecuencias a todos os niveis. Tamén ofreceu unha ampla cobertura dos eventos culturais do país e as súas protagonistas, unha temática que valoran especialmente as persoas subscritas a Nós Diario. As persoas lectoras, así mesmo, cren que os coleccionábeis achegan valor engadido ao medio e avogan por darlles pulo, ao tempo que demandan máis contidos deportivos. Aliás, as persoas entrevistadas celebran o "éxito" do xornal malia carecer de axudas institucionais, e instan a seguir mellorando os contidos e "chegar a un público máis amplo dentro do galeguismo e o progresismo". Trasladamos as seguintes preguntas: Que valoración fai dos primeiros 500 números de Nós Diario? Que aspectos cre que cómpre mellorar de cara ao futuro? Aurora Malvárez, traballadora da hostalaría (A Coruña) Gústame a liña que ten o xornal, centrada na Galiza e a lingua do país, e destaco isto especialmente porque vivo na Coruña e habitualmente se fala máis en castelán, eu mesma, e é importante dispormos dun medio en galego. Co Nós Diario podo estar ao tanto de todas as cuestións que afectan á Galiza en xeral, porque colles outros xornais e a súa visión é demasiado ampla, non poñen o foco no país. Non creo que haxa moitas cousas que mudar polo que vin até o de agora, mais, como ex árbitra de fútbol que son, si boto en falta unha maior cobertura deportiva. Creo que se lle podería dedicar máis espazo ás noticias e os eventos de deportes. Tareixa Navaza, xornalista (Brión) A miña valoración é positiva, noto que co tempo o diario vai mellorando, vaise afianzando entre a sociedade galega, e é sorprendente poder facelo nestes tempos precarios e sen axudas institucionais. Neste senso, creo que é lamentábel e bochornoso que no reparto de subvencións da Xunta non se teña en conta o único xornal en galego que existe actualmente. A nivel de contidos destacaría a ampla cobertura de información internacional, a atención á lusofonía, a sección de Cultura e a axenda de eventos, que é de moita utilidade para coñecer a oferta cultural de todo o país. Estou moi tranquila porque sei que baixo a dirección de María Obelleiro hai unha grande equipa de mulleres e homes que traballan arreo por facer cada día o mellor xornal posíbel. Penso que todos os aspectos negativos vanse ir superando co tempo, como contar con máis persoal na redacción ou ter máis tempo para elaborar e tratar os temas en profundidade. Mais hai que darlle tempo, é difícil sacar un xornal só coas achegas das subscritoras e subscritores, e para ser prensa libre non se pode depender nin do poder nin da banca. Penso que toda a cidadanía galega debería apoiar Nós Diario. Xoán Antón Pérez-Lema, avogado (A Coruña) Creo que a marcha destes primeiros 500 números foi moi positiva. O xornal conseguiu achegar contidos con información moi relevante para os intereses do país, e iso é unha cuestión esencial, ser pluralista, defender os intereses da sociedade da Galiza e de todos os sectores económicos. Tamén destaco o uso da lingua, e está moi ben que non se restrinxa ás normas da RAG-ILG, así como a atención ao deporte e as diferentes seleccións galegas. Cando se lanzou o diario eu, persoalmente, non acreditaba moito no papel, mais Nós Diario demostrou nestes dous anos que segue a ter unha gran presenza, algo que outros medios intentaron e non conseguiron. Iso ten moito mérito. Este é o xornal que leva a Galiza ao mundo e trae o mundo á Galiza, sen depender dos grupos mediáticos de Madrid. Cumpriría abordar máis temas, máis enfoques e máis persoas opinadoras. Tamén creo que cómpre ollar cara aos problemas do rural, mais sen esquecer a Galiza urbana. E deberían afianzarse os vínculos con medios doutros países, nomeadamente de Portugal, que malia ser un país moi centralizado está a amosar interese en estabelecer contactos directos coa Galiza. É interesante a conexión con Vilaweb e Berria, e penso que isto podería estenderse a outros xornais coma The National escocés ou o Irish News irlandés. Por outra banda, eu aumentaría os contidos na web [nosdiario.gal]. Maribel Tato, libreira (Vigo) Valoro moi positivamente o feito de termos un xornal diferente, en galego. Os demais non ofrecen a mesma visión sobre a Galiza, antes tiñamos A Nosa Terra e agora só nos queda o Nós Diario. E penso que a denegación das axudas á prensa, dentro da política caciquil de Feixoo, é unha loanza ao voso traballo, pois podedes dicir o que pensades; se non, estariades vendidos. As seccións que máis interese espertan en min son Cultura e Política. Non vexo moito que mellorar, mais si penso que, a nivel xeral, o tratamento dos diferentes temas é demasiado 'serio'. Todos os contidos son moi lineais e penso que cómpre darlles un pouco de 'alegría' na redacción. Branca Novoneyra, poeta (Lugo) Valoro moito os contidos culturais, e destaco sobre todo o traballo que se fai os sábados co semanario. É necesario porque xa non o fai ningún diario na Galiza, practicamente desapareceu o xornalismo cultural. Tamén saliento os coleccionábeis, penso que é unha liña a reforzar. E se me pregunta que diferencia Nós dos seus competidores non podo responder, xa que non creo que os teña na Galiza. Penso que sería interesante afondar na banda deseñada, en relación ao tratamento da información de actualidade, e tamén reforzaría a crítica literaria e de arte como espazos diarios. Outra boa idea sería publicar unha folla poética semanal, porque é moi necesario que a poesía volva ter un espazo habitual nos diarios. Henrique Alvarellos, editor (Compostela) En primeiro lugar, parabéns polos 500. Agora polos 1.000! O que máis que gusta é a sensibilidade cultural do diario. Cando a cultura está en retroceso en moitos medios de comunicación, vós potenciádela. Melloraría o deseño dalgunhas das grandes reportaxes para que se lean con máis comodidade. E en canto ao contido, ter vocación de chegar a un público o máis amplo posible, dentro do galeguismo e do progresismo. Ensanchar estes límites. Por último, facer reportaxes, máis reportaxes con boas plumas. Un "novo xornalismo" en clave galega. Patricia Varela, profesora (A Coruña) Destaco moi positivamente, a diferenza doutros xornais, os pasatempos do Nós. Hainos de diferentes dificultades, adaptados a todos os gustos, e son moi entretidos e dunha calidade enorme. Tamén me gustaron especialmente este ano os coleccionábeis, coma o dos apelidos ou o dos castros, que son temas que xa me gustaban de antes e agradezo que os trate o xornal. E lembro o inicio da lexislatura no Estado, foi un luxo poder ver as propostas do BNG e todos os temas que afectaban á Galiza e lelas en galego. Non vexo moitas cousas a mellorar, todas as mudanzas que se foron introducindo gustáronme; este é un xornal que leo con gusto, releo e recomendo a todo o mundo. |
NOS_7037 | A Academia Galega vén de publicar 'Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización' no que establece un estándar para a galeguización destes. | Bermejo en lugar de Vermello, Corujo por Coruxo, Gestal por Xestal, Villarino por Vilariño ou Rajo por Raxó son só unha pequena mostra das formas deturpadas de apelidos galegos que xurdiron ao longo de cinco séculos. Co propósito de facilitar a restitución das formas correctas, a Real Academia Galega acaba de editar 'Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización', obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos. Con este obxectivo, a edición impresa complétase coa dixital, que xa está dispoñible na súa web en pdf. O galego como idioma instrumental foi desprazado na escrita desde principios do século XVI. O libro é un avance do dicionario de apelidos galegos no que está a traballar o Seminario de Onomástica, unha obra que, ademais de incrementar a listaxe, conterá información de tipo etimolóxico ou histórico. Cando estea rematado, "xa non haberá razón ningunha para acometer máis antroponimicidios", salientou na presentación o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Cinco séculos de deturpación O galego como idioma instrumental foi desprazado na escrita desde principios do século XVI. Unha das consecuencias, recordou Ana Isabel Boullón (coordinadora do equipo que realizou o traballo), foi que os nomes propios, tanto os dos lugares coma os das persoas, comezaron a ser modificados. No caso dos apelidos, que xa eran hereditarios, sufriuse un proceso de deturpación que lles afectou de xeito desigual. Malia manterse esta presión cinco séculos, calcúlase que o total de formas castelanizadas é de apenas o 16%. Aféctanlles, iso si, a algúns dos apelidos máis frecuentes, de modo que o seu impacto social é maior. Na inmensa maioría dos casos os apelidos casteláns en Galicia son produto da deformación case sempre involuntaria dun apelido orixinariamente galego. Tamén se dá o paradoxo de que moitas formas normalizadas na toponimia permanecen castelanizadas cando funcionan como apelidos, como sucede con Seijas en lugar de Seixas ou Abeijón por Abeixón, puxo como exemplos. Logo da reforma de 1999, a Lei do rexistro civil, permite -mediante un sinxelo trámite- mudar a forma dos apelidos para regularizalos ortograficamente Ademais da forma correcta de 1.500 apelidos, seleccionados maioritariamente cun criterio de frecuencia, 'Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización' inclúe un glosario de formas e grafías anómalas coas súas correspondentes formas estándares para facilitar a resolución de dúbidas. "Preténdese, así, avanzar nun aspecto tan importante da normalización lingüística como é o dos apelidos, que nos identifican como persoas e como pobo", resume a académica correspondente, que agarda que o paso dado con esta publicación vaia tamén "acompañado por medidas oficiais que fomenten a recuperación dos nosos apelidos tradicionais". Sinxelo trámite para cambialo Logo da reforma de 1999, a Lei do rexistro civil, permite -mediante un sinxelo trámite- mudar a forma dos apelidos para regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita non se adecúe á gramática e á fonética da lingua correspondente. Con esta obra, a institución responsable por lei dos aspectos normativos da lingua galega achega aos rexistros civís un elenco de formas estandarizadas que permitan aos cidadáns e cidadás exercer o seu dereito ao uso da forma correcta do seu apelido, un dereito que non figura explicitamente nas leis, mais que se infire da Lei de normalización lingüística (1983). En diante, este trámite será máis fácil, xa que non será preciso entregar no rexistro unha certificación da Academia no caso dos apelidos incluídos nesta listaxe. A RAG continuará, en calquera caso, expedindo este tipo de documentación, de xeito gratuíto, para aquelas persoas que así o demanden. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, explicou que a obra xa está a disposición dos traballadores da administración de xustiza, a través da súa intranet, e agradeceu á RAG o traballo realizado. En termos similares, o secretario xeral de Política Lingüística valorou a utilidade desta ferramenta e coincidiu con Xesús Alonso Montero en que a preservación do "patrimonio inmaterial" que conteñen os apelidos "é un dereito". |
NOS_51759 | O secretario xeral dos socialistas galegos alerta do abandono do rural por parte da Xunta da Galiza | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou este domingo o "abandono do rural" por parte da Xunta como un dos factores determinantes para que a Galiza "sexa a Comunidade autónoma co peor comportamento demográfico". Tres de cada cinco persoas que abandonan o agro son mulleres O líder dos socialistas galegos expresouse así na súa visita á Festa da Malla de Meira onde recalcou que o abandono do medio rural é un elemento crítico sen o cal non se pode explicar nin atallar a crise demográfica. O PP só ve no rural un territorio no que sancionar Formoso apostou por "facer unha revolución tranquila no mundo rural", que permita "ilusionar, moralizar e respectar á xente nova que queira vivir no rural". Reclama así "políticas de reactivación da actividade económica que permitan que os pobos pequenos recuperen poboación". Perda de poboación Instou tamén a tomar medidas para recuperar o talento e á xente nova "que hai décadas que comezou a irse, cando empezou a gobernar o PP", e lembrou que esta etapa supuxo a perda de 150.000 habitantes na Galiza, "onde só nacen cada día 38 nenos, en contraste con Irlanda, que nos anos 60 tiña a mesma poboación que Galiza e hoxe supera o seis millóns", fronte aos 2,7 do territorio galego. A Galiza, co peor saldo vexetativo do Estado en 2021: 18.057 mortes máis que nacementos Neste sentido, Formoso criticou o partido no Goberno, "un PP que só ve no rural un territorio no que sancionar, en lugar de aproveitar as potencialidades que atesoura, que é un dos piares do futuro dunha Galiza vinculada á ciencia, á tecnoloxía, á industria, á cadea mar-industria e agroalimentaria". Finalmente apuntou cara ao sector forestal, "un alicerce que está en perigo polo abandono demográfico que se evidencia en que cada ano hai máis incendios". Réplica O PP de Lugo recomendou ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en resposta ás súas palabras, que "dea instrucións" aos alcaldes socialistas para que "traballen para crear as condicións para asentar poboación no rural". |
NOS_10137 | Este mes desenvólvense os Xogos Olímpicos, polo que cómpre recordar o moito que loitaron as mulleres por conseguir unha presenza igualitaria nestes Xogos. Hoxe en día a participación feminina representa o 49% do total, pero hai 113 anos, nas olimpíadas de 1908, só participaran 37 mulleres. | Dentro de 10 días, o 23 de xullo de 2021, comezan os Xogos Olímpicos de Toquio, un ano despois do previsto. A consecuencia das restricións debidas á Covid-19, as olimpíadas tiveron que se aprazar un ano, dificultando a situación de moitos e moitas deportistas que tiveron que manter a súa forma física nunhas condicións moi difíciles durante o confinamento. A pandemia chegou de maneira tan inesperada que agora algún que outro participante ten que convivir con tatuaxes algo confusas, ben o saberá o atleta paraguaio Deryls Alaya que levará para sempre na súa perna Toquio 2020. Desta vez, os Xogos Olímpicos non só serán especiais pola longa espera que supuxeron, senón tamén porque esta competición fai 125 anos de historia. Porén, estes xogos levan existindo desde 776 a.C., ano no que se realizaron por primeira vez na cidade grega de Olimpia, é en 1896 cando comezan os Xogos Olímpicos da Era Moderna nun lugar a case 300 quilómetros de onde se orixinaran, na capital grega de Atenas. Tanto na antiga Olimpia como na Grecia de finais do século XIX, aínda que pasaran 2.672 anos polo medio, a presenza da muller en calquera contexto social seguía a ser case inexistente. Neses Xogos, só os homes contaban coa posibilidade de participar. Nunca unha muller conseguiu a coroa de oliveira que se lles entregaba aos vencedores na antiga Grecia nin as primeiras medallas dos xogos modernos. Nunca unha muller conseguiu a coroa de oliveira que se lles entregaba aos vencedores na antiga Grecia nin as primeiras medallas dos primeiros Non foi até o 1900, nos segundos xogos despois da consolidación dos Xogos Olímpicos da Era Moderna, decorridos en París, cando lles foi permitido ás mulleres deportistas participar nas competicións. Nesa edición participaron 22 mulleres dun total de 997 atletas nas modalidades de tenis, vela, croquet, hípica e golf, aínda que só as dúas primeiras era integramente femininas; as demais continuaban a ser mixtas. Foi nesa edición cando unha muller, a británica Charlotte Cooper, conseguiu o ouro na modalidade de tenis por primeira vez na historia dos Xogos Olímpicos. Con todo, Pierre de Coubertin, o presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), manifestouse totalmente en contra da participación feminina nos Xogos, ao igual que moitos outros personaxes recoñecidos da época, que puñan en dúbida o interese das competicións femininas para as persoas espectadoras. Se ben os xogos de París de 1900 resultaron ser un evento especialmente importante para a reivindicación da presenza da muller no deporte, hai quen pensa que foron os de 1908, decorridos en Londres dúas edicións posteriores aos franceses, os que deben ser considerados os Xogos das mulleres, debido ao incremento da participación feminina, que chegou até un total de 37 mulleres atletas, que se presentaron no primeiro desfile de apertura da historia dos Xogos Olímpicos o 13 de xullo de 1908, hai exactamente 113 anos. Nesa edición, foron dúas mulleres as que gañaron nunha modalidade nova neses Xogos, a de patinaxe artístico. Ao longo do tempo, esta situación foi cambiando. Como en calquera outro ámbito da sociedade, a muller foi loitando por abrirse paso entre os estereotipos sexistas e a discriminación de xénero até conseguir chegar a unha situación máis igualitaria. Aínda que quede moito para alcanzar a igualdade real entre homes e mulleres na nosa sociedade, é innegábel o aumento da presenza feminina en disciplinas tradicionalmente consideradas masculinas como o deporte. O claro exemplo disto é a filosofía dos Xogos Olímpicos de Toquio deste ano 2021, coñecidos xa como os Xogos da paridade, dado que por primeira vez terá que haber polo menos unha muller e un home en cada delegación, segundo anunciou o Comité Olímpico Internacional. Ademais, segundo datos do mesmo, o 49% das persoas participantes nos xogos serán mulleres, converténdose así as olimpíadas deste ano nas primeiras da historia con equilibrio de xénero. Tamén os paralímpicos de Toquio destacarán pola paridade de xéneros e baterán o récord de participación feminina, con máis dun 40% de mulleres deportistas, 100 máis que na edición anterior. No que respecta á Galiza, son varias as mulleres que participarán nos Xogos Olímpicos de Toquio. Unha delas, Susana Rodríguez, galardoada en numerosas ocasións na modalidade de tríatlon adaptado, é licenciada en medicina e fisioterapia. Rodríguez compaxina o deporte co seu traballo no Hospital Universitario da cidade de Compostela e representará o Estado español en atletismo e tríatlon. Outra muller vinculada a Galiza clasificada é a judoka María Bernabeu, nada en Salamanca pero residente no noso país. Un deporte con participación feminina galega, novidade nesta edición dos Xogos Olímpicos, é o skateboarding-parque, modalidade que defenderá Julia Benedetti, deportista coruñesa de só 16 anos. Tamén participará nas olimpíadas xaponesas a regatista galega Tamara Echegoyen xunto coa mallorquina Paula Barceló. Estes son os terceiros Xogos Olímpicos nos que participa Echegoyen, quen xa alcanzou o ouro en Londres no ano 2012 con Sofía Toro. Finalmente, as deportistas máis relevantes na listaxe de galegas participantes nos Xogos Olímpicos de Toquio |
QUEPASA_826 | Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción. XEA: "É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual". | A Muiñada son moitas cousas. Non só de música tradicional vai a cousa, se non tamén de concienciación. Porque a recuperación dos valores tradicionais é concienciar do noso patrimonio Pero o noso patrimonio tamén é o respecto animal. Nesa liña, a organizadora Asociación Xuvenil Cherinkas, da man da comprometida "adoptadora" Vicky Ulloa, quere deixar un espazo para concienciar sobre o abandono dos animais, e para iso invitaron a dous proxectos, perfectamente compatibles, que teñen cambiado o mapa do abandono da Costa da Morte. De XEA (Xestión Ética do Abandono), xa temos falado. Máis aínda témolo feito do noso proxecto Salvacadelos, creado dende o seo de QPC hai xa 12 anos, da man da comprometida Clínica Veterinaria Argos. Un proxecto, reconvertido en comunidade que pode ter creado xa máis de medio millar de familias dende o seu nacemento. Son case 5.000 as persoas que forman parte da comunidade creada a través da páxina de Facebook "Salvacadelos", que conta co apoio de Prodemar, Stolt Sea Farm, e que comparte e expande cada animal en situación precaria, para atoparlle unha casiña. A aparición de XEA, un cambio na realidade Moito cambiou a situación dende aquel 2007 nos que "aparecían aquelas caixas de cachorros" ás portas da clínica. "Eran para chorar", recoñece Silvia Souto, veterinaria de Argos e "coidadora" de Salvacadelos, a intermediaria que pon en contacto familias con animais. "Agora non pasa, por sorte, pode ser porque a xente se concienciou máis co tema da castración, e non vemos tantas camadas coma antes", explica. Tamén certifica a menor incidencia dos cans que aparecen nos fins do Camiño… Agora, dende a aparición da empresa XEA (Xestión Ética do Abandono) na comarca, as cousas fanse polo libro. Non en todos os lados, pero cada vez en máis, os Concellos fanse cargo a través dun convenio coa entidade para a recollida, o coidado e a recolocación de animais abandonados. Deste xeito, "a Comunidade Salvalcadelos funciona mellor movendo cans adultos, por xentes que non se poden facer máis cargo deles, e queren buscarlle outro fogar. E sobre todo con desaparicións. É incrible o rápido que funciona a rede, cando algunha persoa se pon en contacto para denunciar que perdeu un can. Cando publico e vexo números de compartidos en apenas minutos, alucino", explica Silvia, que entende que ten tanta incidencia por ser a iniciativa pioneira en toda a comarca, unha vez que agora hai redes semellantes en zonas como Ponteceso, Carballo, Negreira… "Cando naceu Salvacadelos non había ningunha cousa parecida, e ademais o altofaltante de QPC abre moitas portas", explica a veterinaria. Historias bonitas Silvia recoñece que pasan cousas estranas na bisbarra, como a cantidade inxente de cans que aparecen nas estradas de Vimianzo… Será porque Vimianzo ten canceira… Pero quédase con esas historias bonitas. "Segue habendo xente boa no mundo, que atopa animais feridos, os trae á Clínica para curalos, fanse cargo dos gastos, e os acolle ata que se lle atopa un novo fogar. É moi gratificante vivir esta clase de accións", conta orgullosa. |
NOS_53438 | No relatório divulgado esta quinta-feira pelo Programa das Nações Unidas para o Desenvolvimento, entre os 187 países analisados é Portugal que regista a maior queda no índice que tem em conta a esperança de vida, o rendimento e a escolaridade. Artigo tirado do jornal digital Esquerda.net | O relatório do PNUD foi apresentado na Cidade do México e intitula-se "A Ascensão do Sul: Progresso Humano num Mundo Diversificado", uma ascensão que "não tem precedentes, nem em ritmo, nem em dimensão". O relatório sublinha os "rápidos avanços em alguns dos países de maior dimensão, nomeadamente o Brasil, China, Índia, Indonésia, México, África do Sul e Turquia" e prevê que em apenas um século (de 1950 a 2050) o Produti Interno Bruto do Brasil China e India passarão de 10% do PIB mundial para 40%, "superando de longe as previsões para o produto combinado do atual G-7". Quanto à evolução do Índice de Desenvolvimento Humano, que não tem apenas em conta o produto e o rendimento, mas também a esperança de vida e a escolaridade da população, as Nações Unidas estão otimistas ao verificarem que "o ritmo de progresso do IDH foi mais rápido nos países que se situam nas categorias baixa e média do desenvolvimento humano. Trata-se de uma boa notícia", afirma o relatório, embora assinale que "não será desejável, nem sustentável, que os progressos no IDH sejam acompanhados pelo aumento das desigualdades de rendimento, padrões insustentáveis de consumo, despesas militares elevadas e uma fraca coesão social". "Como foi possível a tantos países do Sul mudar as suas perspetivas em matéria de desenvolvimento humano?", questiona a dada altura o relatório da ONU, apontando três fatores para explicar essa evolução: "um Estado pró-ativo no domínio do desenvolvimento; a exploração de mercados mundiais e uma aposta numa política social inovadora". No entender do relatório, estes fatores põem em causa as "abordagens preconcebidas e prescritivas: por um lado, põem de lado uma série de procedimentos coletivistas e geridos a nível central e, por outro, afastam-se da liberalização desenfreada adotada pelo Consenso de Washington". Portugal na contramão da estrada do desenvolvimento humano Se o otimismo é a tónica geral do relatório em relação aos países do Sul, os leitores portugueses do relatório ficam sem grandes razões para festejar: o país é o campeão das descidas no Índice de Desenvolvimento Humano 2012, caindo 3 lugares. Portugal ocupa agora a 43ª posição em 187 países, entre os Emirados Árabes Unidos e a Letónia. Ou seja, está apenas 5 lugares acima da linha que separa os países com desenvolvimento humano na categoria "muito elevado" dos que pertencem à categoria "elevado". Em comparação, a Grécia manhtém-se estável no 29º lugar do índice e a Espanha também mantém o 23º lugar nesta lista de países. A par do Indice do Desenvolvimento Humano, que "reflete o desenvolvimento humano potencial, que poderia ser alcançado se as realizações fossem distribuídas de forma igualitária entre os residentes" de cada país, a ONU apresenta o mesmo índice ajustado à desigualdade, que desconta "o valor médio de cada dimensão [saúde, educação e rendimento] de acordo com o seu nível de desigualdade". Neste índice ajustado à desigualdade, Portugal regista uma perda de 10,8% em relação ao índice original. Este retrocesso do desenvolvimento humano português vem contrariar a tendência positiva que se registava nas últimas décadas. O índice recua a 1980 para fazer estas comparações e regista uma subida de 27% neste período. Decomposto por décadas, verifica-se que a evolução anual portuguesa neste índice foi de 1,04% na década de 80, nos anos 90 abrandou para 0,93% e continuou a cair para 0,43% na primeira década do século XXI e 0,35% se contarmos o período entre 2000 e 2012. Artigo tirado do jornal digital Esquerda.net |
PRAZA_13032 | Os que tivemos o privilexio de coñecer ao emigrante coruñés Manuel Cordeiro Monteagudo estamos de loito. Foise un home bo e xeneroso. As súas creacións artísticas enchen de alegría os nosos corazóns ao gozar diante de calquera dos seus fermosos coiros. Aí nas paredes dos centros galegos de Bos Aires e Montevideo están pendurados anaquiños da Galicia lonxana. Unha vieira ou un hórreo ou un carballo abondan para facernos sentir que viaxamos ao noso afastado lar. | Os que tivemos o privilexio de coñecer ao emigrante coruñés Manuel Cordeiro Monteagudo estamos de loito. Foise un home bo e xeneroso. As súas creacións artísticas enchen de alegría os nosos corazóns ao gozar diante de calquera dos seus fermosos coiros. Aí nas paredes dos centros galegos de Bos Aires e Montevideo están pendurados anaquiños da Galicia lonxana. Unha vieira ou un hórreo ou un carballo abondan para facernos sentir que viaxamos ao noso afastado lar. Aí nas paredes dos centros galegos de Bos Aires e Montevideo están pendurados anaquiños da Galicia lonxana A última vez que estiven con el na capital arxentina volveu recordar aos amigos de Montevideo do Centro Coruñés que o aplaudían cando cantaba no coro Brétemas e Raiolas. Non sabía que morrera a entusiasta Laura Touriño que era a súa grande amiga na beira montevideana. Non era home de queixarse. Tivo a xentileza de agradecerme o meu artigo na prensa onde pedía a Medalla Castelao para el. Con sincera humildade comentoume que non fixera ningún mérito especial para ser premiado. Lembrou que a pena foi que morrese sen ela o seu bo amigo Tacholas que sobradamente a merecía. Sei que agora mesmo está falando con Luis Seoane para preparar a súa toma de posesión como membro de pleno dereito dentro do seo da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense Sei que agora mesmo está falando con Luis Seoane para preparar a súa toma de posesión como membro de pleno dereito dentro do seo da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense. Non quere perderse as roldas de mate nas que se xuntan os compañeiros que compartiron esforzos para que o paso do tempo non fixese esvaecer a imaxe de Galicia. Ao seu carón estarán: Alfonso Rodríguez Castrelao, Eduardo Sánchez Millares, Antonio Pérez Prado, Segundo Pampillón Rodríguez, Antón Crestar Faraldo, Bieito Cupeiro Vázquez e Xosé María Cao Luaces. Os tertulianos recibirán cumprida información sobre a crise do Centro Galego e tamén sobre o crecemento do país da man da neta Cristina da Fonsagrada. Reciba o meu máis fondo agradecemento polo seu honroso labor de egrexio Mantedor-Identitario das esencias culturais galegas no Río da Prata. Quero aproveitar para facerlle chegar o poema titulado Una luz, obra do noso neto Lisandro Penelas. Una luz veloz un fantasma eso es me queda, acaso fue, inadvertida, mi niñez. El sueño del destino borró en una bruma imaginaria mi infancia inacabada. Como el viajar lento de las nubes así debe leerse este poema. Así quizás, debiera pasar la vida. |
NOS_31039 | O colectivo veciñal considera "insuficiente" o investimento previsto por Cobre San Rafael, xa que "só se cubrirá unha mínima porcentaxe da área realmente prexudicada pola antiga explotación de cobre". | A plataforma veciñal Cornado Mina Non emitiu esta sexta feira un comunicado no que "agradece" a aclaración pública que fixo a empresa Cobre San Rafael o día anterior para garantir que investirá os 1,9 millóns de euros prometidos para restaurar a contorna e non pouco máis de 38.000 euros, como apuntaba este colectivo. "En realidade, o desembolso é de Explotaciones Gallegas S.L. [sociedade matriz de Cobre San Rafael] e a cifra exacta sitúase nos 38.146 euros, o que equivale aos traballos dunha obra de saneamento de carácter menor a nivel municipal, moi lonxe da actuación a gran escala publicitada pola mineira", dixeran. A veciñanza de Touro e O Pino critica a "utilización" do CSIC a favor da mina de Touro Porén, a compañía mineira cualificou de "inxurias" eses comentarios e explicou que a meirande parte das actuacións de rehabilitación se producirían no termo municipal do Pino, onde, dixeron, xa recibiron dúas licenzas, cunha contía asignada de 850.000 euros cada unha, e o resto das obras previstas "non requiren de licenza municipal", motivo polo que os gobernos locais aínda non terían recibido notificación. Na súa resposta desta sexta feira, Cornado Mina Non salienta que, malia todo, tal e como están proxectadas estas actuacións son "claramente insuficientes", xa que "só se cubrirá unha mínima porcentaxe da área realmente prexudicada pola antiga explotación de cobre". A restauración, coartada para reabrir a mina Touro-O Pino "Non só están afectadas canles fluviais como as do Portapego ou o Brandelos, senón que outros moitos ríos e ducias de regos sofren o impacto negativo dos arrastres de metais pesados procedentes da mina abarcando unha extensa área de moitos quilómetros cadrados de superficie de solos profusamente contaminados", argumentan. En consecuencia, a plataforma considera "puro fume" e un "parche propagandístico" o proxecto de restauración da compañía mineira, "ante a presenza de miles de toneladas de lodos tóxicos nun problema provocado por décadas de ilegalidade e desleixo desde o fechamento da explotación en 1988". É posíbel a "minaría sostíbel" en Touro? Por outra parte, o colectivo veciñal "celebra" o "novo golpe" á mina tras a desestimación do recurso de reposición presentado pola empresa fronte á resolución negativa da Xunta da Galiza."Esta nova actuación da Administración galega certifica a inviabilidade ambiental do proxecto mineiro, ratificada na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa emitida oficialmente no seu momento, dando a razón á cidadanía", subliñan. |
NOS_14991 | A onda de violencia machista contra as mulleres non cesa. | Unha muller de 38 anos foi asasinada en Barro pola súa parella. Disparoulle dous tiros cunha escopeta. É o sexto asasinato machista no que vai de ano. Segundo fontes próximas á Garda Civil, a muller foi tiroteada pola súa parella, de 48 anos, en Barro, no lugar de Portela. Os feitos decorreron esta segunda feira, por volta das 8.30 horas. Despois de a asasinar, el proprio chamou á Garda Civil para confesar o seu crime. A seguir enforcouse. |
PRAZA_17359 | A primeira proposición de lei para o traspaso formulada por En Marea segue adiante despois de que C's deixase de secundar os populares no bloqueo e a segunda tamén se activa porque o novo Goberno central non a vetou O PP esixe a Pedro Sánchez o traspaso da AP-9 que o Goberno de Rajoy vetou tres veces | O pasado venres o secretario xeral do PPdeG ofrecía a súa primeira rolda de prensa para repasar a actualidade semanal dende a toma de posesión do Goberno de Pedro Sánchez. Nela Miguel Tellado adiantou as dez demandas que, dixo, o seu partido formulará ao novo Executivo central do PSOE. Entre elas figuraba o traspaso de competencias da AP-9 á Xunta, que o gabinete de Mariano Rajoy vetou ata en tres ocasións en apenas ano e medio malia tratarse dunha petición unánime de todas as forzas políticas con representación parlamentaria en Galicia. Apenas catro días despois desa comparecencia pública de Tellado, este martes, a Xunta de Portavoces do Congreso volveu ter que abordar a cuestión da AP-9 por iniciativa de En Marea, que reclamara unha reconsideración do veto gobernamental á lei do traspaso da AP-9 que presentou por iniciativa propia despois de que o gabinete do PP bloquease a remitida polo Parlamento galego. A decisión tiña que ser tomada despois de que o Tribunal Constitucional sentenciase o pasado abril que o xeito en que o Goberno de Rajoy aplicou os vetos, apelando aos orzamentos, non se axustaba á legalidade. Ademais, no caso concreto da Autoestrada do Atlántico, ese veto estaba baseado en cálculos económicos erróneos. A sentenza do Constitucional propiciou a mudanza en C's e deixou este martes o PP como único grupo partidario do veto Esa sentenza, precisamente, foi a que contribuíu a mover o taboleiro. Todas as forzas políticas que apoiaran con anterioridade o trámite desta lei volveron facelo, pero a elas engadiuse outro partido, Ciudadanos, que ata agora secundara o PP no bloqueo á lei galega. Os de Rivera mudaron de postura coa sentenza do TC como argumento, explican fontes parlamentarias consultadas por Praza.gal, e prevén facer o mesmo no seguinte filtro para que a lei siga tramitándose, a Mesa do Congreso. Os populares, no entanto, mantivéronse como único grupo partidario do veto á lei para propiciar o traspaso que esixiran en rolda de prensa catro días antes. Outra lei para o traspaso en marcha O prazo para vetar a segunda lei proposta por En Marea caducou sen que o Goberno de España tentase bloqueala Os tempos parlamentarios van dar lugar, ademais, a unha coincidencia favorable para que o traspaso da AP-9 poida chegar. No mesmo día en que a Xunta de Portavoces votou a prol de erguer o devandito veto cumpríase un prazo clave para o segundo intento En Marea fixo a prol do traspaso: volver rexistrar unha proposición de lei practicamente idéntica cuxos prazos seguiron correndo mentres a moción de censura provocou a caída do Goberno do PP. Este martes, 12 de xuño, caducaba o prazo para que o Goberno de España rexistrase se o consideraba oportuno un veto á segunda lei de En Marea. O Executivo popular deixouno sen facer e o socialista tampouco o fixo, polo que agora hai formalmente dúas leis do traspaso da AP-9 a tramitarse no Congreso e non existe, coa mudanza de Ciudadanos, maioría dabondo na Mesa da Cámara Baixa para que o PP poida vetala. Agora, explica a deputada Alexandra Fernández, o grupo de En Marea tentará "acurtar prazos" para que a lei sexa debatida en pleno o antes posible. As mesmas fontes consultadas por este diario calculan que podería suceder antes de fin de ano, no seguinte período de sesións. Contra o "duplo xogo do PP" Alexandra Fernández ve a vía libre para a lei como unha vitoria da "presión política e institucional a prol do traspaso" A xuízo de Alexandra Fernández o acontecido é unha vitoria da "presión política e institucional" a prol do traspaso, pero tamén unha evidencia do "duplo xogo do PP". "Logramos romper cos vetos antidemocráticos do anterior Executivo e da Mesa do Congreso" e mentres, lamenta, os populares seguen a "votar unha cousa en Galicia e despois, nas Cortes, fan a contraria". A súa formación, pola contra, "trasladamos ás Cortes a posición que se defende en Galicia", resalta, tanto no rexistro das dúas proposicións de lei como nos recursos interpostos contra os vetos. As dúas iniciativas agora reactivadas, matiza Fernández, "respectan en todo momento os acordos do Parlamento de Galicia", tamén o novo intento do lexislativo galego para solicitar o traspaso mediante a aprobación dunha terceira lei por iniciativa do BNG que, previsiblemente, volverá ser aprobada por unanimidade. Unha vez enviada de novo o texto galego entraría á 'lista de espera' do Congreso para iniciativas autonómicas, un proceso de "prazos dilatados" que podería prolongarse uns dous anos, como sucedeu entre 2008 e 2010 coa petición da transferencia das competencias en materia de tráfico. |
PRAZA_20646 | Que o PP empregue a cuestión venezolana como unha cortina de fume para os problemas internos de España non pode levar a enganos: Venezuela ten problemas e o seu goberno é mellorable, pero a oposición non é mellor e suma tantos partidarios como detractores acérrimos | O goberno dun país econpmicamente disfuncional, endebedado, cunha desigualdade crecente, vítima da corrupción sistémica, incapaz de garantir dereitos básicos e cerca do colapso ecolóxico e territorial non ten mellor ocurrencia que tomar novamente partido no conflicto político en Venezuela. A decisión de Rajoy de non recoñecer a elección da Asemblea Constituinte de Venezuela é un paso arriscado pero previsible tendo en conta a traxectoria do Partido Popular e dos seus apoios socioeconómicos respecto a Venezuela (a ETA do século XXI para a agitprop pepera). A decisión de Rajoy de non recoñecer a elección da Asemblea Constituinte de Venezuela é un paso arriscado pero previsible tendo en conta a traxectoria do Partido Popular e dos seus apoios socioeconómicos respecto a Venezuela Sucede que a posición non só é torpe senón que resulta incoherente e perigosa. Por unha banda, é incoherente non recoñecer o resultado da elección da Constituinte e darlle amparo ao referéndum do 16 de xullo convocado pola Asemblea Nacional, carente das máis elementais garantías (destrucción inmediata de votos e rexistros, entroutras rarezas). Se o proceso da Constituinte non é lexítimo nin verificable, como parece entender o Partido Popular, a actuación da Asemblea Nacional non parece cumprir tampouco cos mínimos esixibles. Doutra banda, a utilización do goberno de España para apoiar á oposición venezolana lexitima toda unha serie de comportamentos que trasladados ao ordenamento español estarían reflectidos nuns cantos artigos do Código Penal. A oposición venezolana a través dos seus representantes na Asemblea Nacional estivo en aberta rebeldía fronte a diversas resolucións xudiciais e foi declarada en desacato. Cal sería a reacción do PP se en España acontecese o mesmo? A oposición venezolana amparou a violencia nas súas manifestacións e considera loitadores pola liberdade a grupos armados que atacan non só ás forzas de seguridade senón tamén a civís (caso de Orlando Figuera, quemado vivo o 20 de maio por un grupo de manifestantes antigubernamentais en Chacao). Certo é que se argumenta que sería unha forma de defensa contra a violencia do goberno, mais resulta difícil crer que o PP e os medios que o amparan xustificasen eses comportamentos en España. Se nunha manifestación en Madrid grupos de encapuchados atacasen aos antidisturbios, se estoupasen bombas ao paso de motocicletas da policía, a reacción dos medios mainstream sería pouco menos que esixir a saída dos tanques ás rúas, e o goberno estaría tentado de facelo de non ser polo caro que resulta. Que o PP empregue a cuestión venezolana como unha cortina de fume para os problemas internos de España non pode levar a enganos: Venezuela ten problemas e o seu goberno é mellorable, pero a oposición non é mellor e suma tantos partidarios como detractores acérrimos Tampouco debería esquecer o goberno que a súa posición pode levar a Venezuela e outros estados a empregar medidas de retorsión que sigan a estela da actuación española e teñan unha relevancia interna. As medidas poden ser moi diversas, pero dada a situación política non sería descartable un hipotético recoñecemento da independencia de Cataluña no caso de que sexa proclamada. Non servirá afirmar que é unha intromisión nunha cuestión interna, porque a propia España entrométese en cuestión internas de terceiros países. Que o PP empregue a cuestión venezolana como unha cortina de fume para os problemas internos de España non pode levar a enganos: Venezuela ten problemas e o seu goberno é mellorable, pero a oposición non é mellor e suma tantos partidarios como detractores acérrimos. Moitos venezolanos lembran que os problemas estructurais do país foron creados polos sectores sociais e políticos que durante décadas gobernaron excluindo a amplos sectores da poboación, explotando as rendas petroleiras e pondo o país ao servizo de intereses alleos. Eses sectores que agora conforman a oposición e que non entenden como poideron perder o poder fronte a uns descamisados, representan a parte dos venezolanos, pero non a todos, e tomar partido por eles obviando aos restantes é un erro. |
NOS_11165 | Un feche privado pode ser inevitábel pero un público é un despropósito, pois é no seu límite onde a amabilidade urbana debe ser extrema. O grao de canto de público é un edificio mídese tamén polo número de limiares, controis ou portas que podemos atravesar libremente. | O enreixado urbano evidencia un problema por resolver: unha rúa sen saída, un soportal estraño, un feche de parcela innecesario, etc. Canto máis longo é o feche e con menos aperturas, maior é a desconexión urbana. Un enreixado menos é máis vida urbana, é dicir, máis posibilidades e menos impedimentos. Empregar hoxe esta solución medieval é hostil, debería ser o último recurso. Hai valados quilométricos: os portuarios e os militares cuxos espazos irán incorporándose empezando por eliminar estes límites; os eclesiais onde a Igrexa debe facer unha reflexión sobre como atraer a máis cidadáns e non só fieis; e as infraestruturas-fronteira ferroviarias que deberan ser soterradas. A forma dun bo edificio de certo tamaño nunca cadra co perímetro estrito da parcela, ese sobrante ou desaxuste entre edificio e cidade é o mellor pegamento urbano e cercalo significa illalo. Non fechalo é ser xeneroso coa rúa, con nós mesmos. É na construción do límite da parcela (muros, feches e posíbeis desniveis) onde se manifesta a relación fundamental do edificio ca rúa. O público debe reducir ao máximo a presenza destes cercados. Entristece ver a innecesaria identidade de marca no valo que se repite nas novas estacións intermodais. Un feche privado pode ser inevitábel pero un público é un despropósito, pois é no seu límite onde a amabilidade urbana debe ser extrema. O grao de canto de público é un edificio mídese tamén polo número de limiares, controis ou portas que podemos atravesar libremente. Non ter que atravesar ningún é un ideal aplicábel á maior parte das plantas baixas. O bo edificio nunca precisa dun enreixado. Á maior representación de poder dunha institución, maior demostración de forza. Concellos, complexos administrativos ou centros cívicos que deben simbolizar a maior e máis atractiva apertura semellan recintos militares. Aínda máis, o Parlamento ou o Goberno Civil lembran a embaixadas en conflito. Estes, ademáis da disposición estratéxica dos feches, deixan na súa contorna beirarrúas cativas rodeadas de tráfico que evitan calquera concentración. Nin asaltar Capitolios nin rodear Congresos. Medo a nós mesmos. Aínda por riba, a videovixilancia que nos invade só reforza o control e non serve para eliminar estes límites físicos. Os valos e cámaras que ateigan colexios ou hospitais son propios de contornas carcelarias ou de fronteiras absurdas. Aos equipamentos privados como os clubes enriba do mar, rías ou ríos débeselles esixir un paso público xeneroso na beira, maior accesibilidade e transparencia. Pola súa banda o plan urbano esixe reducir a altura e a opacidade dos miles de quilómetros de feche non obrigatorios de casas unifamiliares e urbanizacións. Como curiosidade, noutros países ata os valos de obra teñen por lei unhas xanelas para que calquera poida ver que se está a facer. Prohibir o paso con estes elementos de feche pode ser cómodo para a xestión, tanto pública como privada, baixo pretexto de non ter que vixiar ou limpar estes espazos. Pero, que custo mínimo pode ter o mantemento e que perigos poden entrañar en comparación coa marabilla do seu goce? É necesario abrir máis nosas rúas comezando por eliminar os enreixados innecesarios para "deixar que o trigo medre nas fronteiras". |
NOS_57352 | O volume reúne máis de 20.000 entradas e o seu antecedente é o dicionario en liña que mantén o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. | Este dicionario cobre un baleiro nos dicionarios en galego e incorpora vocabulario de uso diario e 30.000 correspondencias, ademais de 60.000 contextos de uso paras as palabras. As entradas están baseadas en traducións reais o que, segundo a editora, proporciona unha ampla información semántica sobre os usos ingleses. Ten o seu precedente no dicionario en liña do Seminario de Lingüística Informática, e foi revisado por un equipo de especialistas de Reverso e elaborado por un equipo de especialistas en lexicografía da Universidade de Vigo. |
NOS_2622 | A posibilidade de entendemento entre as principais forzas da esquerda en Portugal ─Partido Socialista (PS), Bloco de Esquerda (BE) e Partido Comunista Português (PCP)─ continúa atoada de cara ás lexislativas do 30 de xaneiro. Púxose de manifesto novamente no cara a cara na RTP entre os líderes socialista e bloquista, António Costa e Catarina Martins. | O formato deste tipo de debates, de menos de media hora de duración, non permite afondar en cuestións de calado e serve, porén, para recalcar as diferenzas con que xa se chegaba. O primeiro ministro en funcións acusou a dirección do BE de irresponsabilidade: "Em Outubro de 2020, o Bloco rompeu com o PS, com o PCP e o PEV [partido dos Verdes, que concorre coaligado cos comunistas]. Não foi uma atitude responsável". Costa criticou ademais que esta decisión fose tomada no "pico da pandemia, quando ainda não havia vacinas contra a Covid-19". Martins respondeu lembrando que o BE mantivo o seu apoio ao Goberno para aprobar os múltiples estados de emerxencia, así como o Orçamento Suplementar de 2020. E, moi ao contrario, asegurou que o divorcio na esquerda que levou á fin da geringonça e á non aprobación do Orçamento do Estado de 2022 (OE22) veu provocado pola mudanza de comportamento do PS durante a lexislatura, nomeadamente nos dous últimos anos de "intransigência" nas negociacións por parte do Goberno. Neste sentido, a bloquista criticou que se mantivese a lexislación laboral dos tempos da troika ─a tutela económica que impuxo un severo programa de austeridade, entre 2011 e 2014, a cambio dos 78.000 millóns de euros prestados pola UE e o Fondo Monetario Internacional (FMI)─, algo que segundo Martins é unha chiscadela ao electorado conservador para o PS lograr a arelada maioría absoluta. "Tem sido obstáculo este desejo de maioria absoluta, mas acho que toda a gente sabe que não a teremos", asegurou. Costa resumiu as acusacións ao BE de "irresponsabilidade", argumentando primeiro que "há dois Blocos, o que aparece na campanha, que é muito mel, e o que está na Assembleia da República, que é cheio de fel". E incidindo máis tarde: "A direção do BE cansou-se de ser parte da solução e quer voltar a ser partido de protesto", en referencia ao financiamento adicional para Sanidade que, por exemplo, a proposta de OE22 recollía. Mais Martins lembroulle que o número de médicos prometido era igual antes da pandemia que agora, e que "gastamos 150 milhões a contratar tarefeiros [temporais, por obra e servizo] para as urgências". Costa tamén reprochou a Martins, citando partes do programa do BE, que o seu partido "propõe a emissão de dívida pública para fazer a nacionalização da ANA, da EDP, da REN, dos CTT e da Galp", algo que segundo o socialista significaría "agravar a dívida pública em 14,5% para fazer uma bravata ideológica". "Talvez o PS ache normal que seja o Estado chinês a mandar na energia em Portugal ou os CTT [oficinas de servizo postal] serem completamente destruídos", retrucou a líder do BE. Triunfo do cara a cara Para o Público ─tradicionalmente próximo ao PS─ "Costa ganhou, Catarina perdeu", segundo a crónica do debate asinada pola súa redactora xefa, Ana Sá Lopes. "António Costa não apareceu a Catarina Martins com a mesma fúria com que enfrentou (e pôs KO) Jerónimo de Sousa. Mas se Catarina Martins não saiu do debate em KO técnico, na RTP diminuiu a luz da sua boa estrela dos frente-a-frente pré-eleitorais. Este adversário vinha para matar, embora mais educadamente do que o tinha feito com o outro ex-parceiro, e Catarina esteve à defesa quando Costa acusou o Bloco de ter já chumbado o Orçamento de 2021", recolle este diario. Mentres, en esquerda.net ─o portal de información do BE─ recompilaron diversas opinións en Twitter dos televidentes para elaborar a crónica do debate. Así, resumen: "O primeiro-ministro trouxe um soundbite novo ["mensaxe político pegadizo", en referencia á frase sobre 'o mel e o fel'] e as velhas acusações sobre o voto da esquerda contra o Orçamento do PS. Catarina Martins foi 'incisiva' e 'eficaz', marcando os temas que faziam a diferença". |
NOS_37668 | O PSdeG di que con Ciudadanos Feixoo pode "salvar os mobles" nas vindeiras eleccións galegas. | Ciudadanos insiste a Alberto Núñez Feixoo na necesidade de artellar unha fórmula "transversal" para as próximas eleccións galegas. Unha proposta que a líder do partido laranxa lanzou a semana pasada ao Partido Popular na Galiza, mais tamén en Euskadi e Catalunya. Inés Arrimadas non quer que a súa iniciativa fique fóra do debate entre os populares galegos, mentres que o presidente da Xunta xa manifestou que a militancia de Ciudadanos ten a "porta aberta" no PP da Galiza. "O debate ten que ser nos tres territorios", declarou onte Arrimadas nunha entrevista en Onda Cero, recollida por Europa Press, na que incidiu en que nestas "circunstancias excepcionais" non deben primar os "intereses de partido". Neste sentido, a líder de Ciudadanos criticou que o PP se mostre favorábel a sumar en Catalunya, onde ten moitos menos deputados que a súa formación, pero non na Galiza, onde goberna con maioría absoluta e os laranxas non teñen representación parlamentar. Unha proposta de C's que foi respondida con claridade desde o PP galego, que se considera a "casa común" da "actitude moderada e reformista" e non ve necesario estabelecer outras unións electorais. Fontes próximas aos populares confirmaron a Nós Diario que buscan incorporar persoas de C's. Contactaron ao respecto con Mónica Martínez, concelleira na Coruña e Olga Louzao, concelleira en Lugo. Así o trasladou onte o seu portavoz na Cámara galega, Pedro Puy: "O Partido Popular, especialmente na Galiza, desde hai moito tempo, é unha casa común do conxunto de persoas cunha perspectiva conservadora, liberal, demócrata cristiá, reformista, que consideramos que hai que defender a Constitución e a pertenza á Unión Europea e que apostamos por unha economía social e de mercado". Este escenario proposto por C's tamén foi considerado polos socialistas galegos a través do seu líder, Gonzalo Caballero, quen sostivo que o presidente da Xunta "se puidese ter algún voto de Ciudadanos intentaría salvar os mobles" nas galegas. Arrimadas, no seu intento de pacto, deixou claro que a súa idea é agrupar desde o "centro" político que ocupa C's parte do espazo "conservador" do PP e o "elemento socialdemócrata fundamental" do PSOE, "se lle dese algo e cambiase de opcións", mais deixa fóra desta fórmula electoral a Vox. Pedro Puy abundou en que "a situación" no país é distinta do resto dos territorios. "É evidente que na Galiza o PP é a mellor garantía de defensa do Estatuto e da Constitución", sinalou. Reiterou que a súa formación ten "a porta aberta" a aqueles que puideron simpatizar con Ciudadanos porque "agrupa todo o voto que recolle un sentir no centro dereita" como "evidencian" os resultados electorais galegos, segundo manifestou Puy. Pola súa banda, Gonzalo Caballero, asegurou que "Ciudadanos marca o seu camiño político desde o momento no que pactou co PP e Vox para facer Gobernos en distintos territorios do Estado". O socialista aseverou que o presidente da Xunta "está moi preocupado porque non lle saen as contas". "Feixoo esquece que, incluso sumando todos os votos de Ciudadanos e de Vox, a mellor enquisa da Galiza falou nas eleccións de 2019 e todos xuntos eran o 44%", agregou. "O PP e C's, que teñen tantos pactos no Estado, non está mal que falen de se queren buscar unha estratexia na Galiza para salvar os mobles de Feixoo", dixo. |
NOS_46043 | A atleta de Lugo competiu nos 2000 metros obstáculos no Campionato de España sub18 que tivo lugar no Estadio Chapín de Xerez da Fronteira parando o crono en 6:30.31. | Xela Martínez volveu dar boa conta da súa tremenda calidade nun amplo abano de probas do medio fondo e fondo. Nesta ocasión, a atleta da Atlética Lucense participaba esta fin de semana no Campionato de España sub18 que tivo lugar no Estadio Chapín de Xerez da Fronteira. Competiu nos 2000 metros obstáculos e triturou o anterior récord do Estado español que posuía María González con 6:44.59 desde 2018, e tamén o dos campionatos, en poder de Jimena Blanco desde 2020 con 6:45.30. Xela Martínez confirma a súa progresión no Galego Sub-18 A lucense parou o crono en 6:30.31, unha marca que lle outorga a mínima -por case 25 segundos- para acudir ao Campionato de Europa de Xerusalén que terá lugar entre o 4 e o 7 de xullo. Ademais, o tempo marcado pola galega nesta competición supón a terceira mellor marca europea e mundial do ano, só superado polos 6.23.82 da alemá Jolanda Kallabis e os 6.28.55 da súa compatriota Adia Budde. Mellores marcas de no sub 23 en Pontevedra Tamén esta fin de semana, as pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra presenciaron o Campionato Xunta da Galiza Sub23 individual e de Probas Combinadas absoluto con rexistros e actuacións destacadas. O máis salientábel desta edición foron os 12.23 sobre os 100 metros da velocista Cristina Garrido, que ademáis lograba o título nos 200 con 25.62 (MMT). Tamén en velocidade, Pablo Tomé levaba o título logrando unha mellor marca persoal (MMP9 con 10.88 na proba do hectómetro. Xan Rodiño: "Estamos nun momento histórico de mudanzas, como ten acontecido no pasado" Olaia Guisela Bacerril na lonxitude, conseguía un mellor salto de 6,02 (MMT). O campión galego absoluto indoor do Celta, Raúl Cortizo tamén lograba un salto sobre este mesmo foso de 7.28 m. (MMT). Na altura, mellor marca para a Andrea Villaverde quen superaba o listón a 1.68 m. En lanzamentos, Irene Gómez chegaba aos 53.53 metros e sobre a mesma especialidade, Yago Araujo chegaba aos 60.11 metros. Nos valos, tanto Guzmán Carril do Atletismo Santiago sobre os 110 como Xavier Lires do Marineda nos 400 destacaban sobre esta modalidade cos seus 15.44 e 55.73 (MMT) respectivamente. No mesmo sector, Lucía Ferrer fixo 14.48 nos 100. Por último o campionato galego Absoluto de combinadas foi nesta edición para Verónica Arteche na categoría feminina con 2.788 puntos e para Nicolás Arias na masculina con 5.363 puntos. |
PRAZA_13748 | Unidade sindical. Os tres principais sindicatos galegos acordan unha convocatoria conxunta de mobilizacións para o vindeiro día 19 contra os duros axustes anunciados polo Executivo central a pasada semana e baixo o lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen | Unidade sindical. Agora si. Logo dunha xuntanza celebrada na mañá deste luns, CIG, CCOO e UGT decidiron realizar unha convocatoria conxunta de mobilizacións para o vindeiro xoves 19 de xullo e contra as últimas medidas de recortes anunciadas polo Goberno de Mariano Rajoy a pasada semana e baixo o lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen. A gravidade dos axustes levan as centrais sindicais a unirse nunhas protestas que agardan sexan masivas nas principais cidades e vilas de Galicia. As protestas pretenden ser masivas nas principais cidades e vilas de Galicia Logo de meses (moitos) de convocatorias por separado, a CIG secundará as mobilizacións do vindeiro xoves da man de CCOO e UGT, nunhas protestas que pretenden ser masivas en todo o país e no conxunto do Estado. O acto central en Galicia, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, celebrarase na Coruña, cunha manifestación que sairá da praza da Palloza ás 20 horas. As tres centrais fan un chamamento a toda a cidadanía para que apoie a protesta e "poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de escenificalos". De feito, o secretario xeral de Comisións, Ignacio Fernández Toxo, advertiu tamén que os sindicatos contactarán tamén con "profesionais, confederados e outras organizacións da sociedade civil para promover unha ampla resposta cidadá". Nunha entrevista concedida a RNE, o líder sindical asegura que as protestas serán un test para saber até onde está disposta a chegar a sociedade para combater os recortes e a política de austeridade promovida polo Executivo do PP. Logo de meses de desunión, CIG, CCOO e UGT secundarán xuntos as mobilizacións do vindeiro xoves A diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses, o incremento do IVE, a supresión da paga extra de Nadal aos empregados públicos, a delimitación da prestación de servizos por parte dos concellos, a liberalización do sector servizos, a privatización do transporte ou a flexibilización dos horarios comerciais son só algunhas das "graves medidas" denunciadas por todas as centrais sindicais e que xa teñen provocado varias mobilizacións espontáneas en diversos puntos do Estado desde que se anunciaran o pasado xoves. Ademais, a CIG xa anunciou que proporá ao resto de sindicatos a convocatoria dunha folga xeral para o vindeiro mes de setembro, unha medida que para nada descartan xa as centrais estatais. Toxo declarou este mesmo luns que ve "inevitable" un paro total se o Goberno o "forza". Os horarios e puntos de saída das manifestacións son as seguintes: Compostela: 20 horas, con saída da Alameda A Coruña (acto central): ás 20 horas da Praza da Palloza Vigo: 20:30 horas da Vía Norte Ourense: 20 horas, do Pavillón dos Remedios Lugo: 20 horas con saída da Ronda da Muralla, do local sindical Burela: 20 horas, da Praza da Mariña Vilagarcía de Arousa: 21 horas, da Casa do Mar Pontevedra: 20:30 horas, da Praza da Ferrería Ferrol: 20:30 horas do Inferniño |
NOS_18135 | Libros con pan de agasallo, porque os dous son produtos básicos. Esa é o lema co que Editores de Compostela ofertan os seus libros no Día das Letras Galegas. Cada compra de 10€ levará un pan de agasallo. | Alvarellos Editora, Urco, Contos Estraños, Edicións Positivas e Hugin e Munin son Editores de Compostela que sairán á rúa cos seus libros o vindeiro 17 de maio, para achegar a literatura á xente no Día das Letras Galegas. Queren, nesa data, destacar a condición de "produto básico" da lectura e por iso lémbranse tamén do pan para conmemorar a data. De 11 da mañá ás 20 horas agasallarán cun pan a quen merque por un importe de 10 € e no posto o público poderá atopar as novidades das cinco editoras ademais doutros títulos en oferta e descontos en coleccións especiais que non é doado atopar en librarías. |
PRAZA_3994 | O autor foi encarcerado dous anos por ter escrito esta novela, aínda non publicada e dedicada aos guerrilleiros antifranquistas galegos. As tres únicas copias perdéronse durante medio século, ata que o investigador da Universidade de Vigo Fernando Ramallo as localizou en 2018 en Salamanca. | En 1969 Xosé Luís Méndez Ferrín foi detido e enviado ao cárcere durante case dous anos por un delito de propaganda ilegal. Decretárase o estado de excepción e a policía atopara entre as pertenzas do autor tres exemplares dunha novela inédita, Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, asinada baixo o pseudónimo de Laín Feixóo e que se compuña de 41 páxinas mecanografadas. Aínda que no xuízo Méndez Ferrín alegou que se trataba dunha ficción alegórica e que non tiña intención de publicala, o autor foi condenado. Méndez Ferrín foi encarcerado por ter escrito esta novela, aínda non publicada e dedicada aos guerrilleiros antifranquistas galegosA sentenza recolle un gran número de fragmentos da novela, entre eles a dedicatoria que lle daba inicio: "Ao Piloto, último guerrilleiro de Galicia, abatido a tiros en Belesar en 1964. En memoria de Foucellas, Bailarín, Ponte, Raúl, Curuxás e de todos os xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade e a democracia na Nación galega, e morreron".Méndez Ferrín foi encarcerado, primeiro en Vigo e posteriormente na prisión de El Dueso, en Cantabria, onde escribiu Retorno a Tagen Ata (publicada en 1971 por Edicións Castrelos) e Antón e os inocentes (publicada en 1976 por Edicións Xistral). Porén, tanto os tres exemplares da novela como a tradución ao castelán encargada a Francisco Fernández del Riego polo xuíz instrutor do Tribunal de Orden Público desapareceron, coñecéndose unicamente da novela os fragmentos recollidos na sentenza condenatoria. Durante 50 anos. Ata agora.Fernando Ramallo iniciou no ano 2018 unha procura, despois de falar co propio Méndez Ferrín. Localizou a novela en SalamancaO investigador da Universidade Vigo e director da Área de Normalización Lingüística, Fernando Ramallo, iniciou no ano 2018 unha procura, despois de falar co propio Méndez Ferrín. Ramallo localizou a novela no Centro Documental da Memoria Histórica, dependente da Secretaría de Estado de Cultura e con sede en Salamanca. A finais dese ano 2018 recibiu a confirmación de que o texto se atopaba nese arquivo, coa documentación ligada ao proceso xudicial contra o autor. Porén, "a obra quedara convertida nun bloque compacto por efecto da humidade, o que tamén derivara na presenza de microorganismos diversos como fungos ou insectos", explican dende a Universidade de Vigo, razóns polas que o equipo de restauración do Archivo Provincial de Salamanca desaconsellaba por completo a súa manipulación. Ramallo insistiu na necesidade de levar a cabo o proceso de restauración, atendendo á importancia da obra e do propio Ferrín, "cuxa candidatura ao Premio Nobel de Literatura foi presentada en numerosas convocatorias", subliña o investigador. Finalmente, a restauración foi aprobada e culminouse con éxito en setembro de 2019, despois de 15 meses de traballo, recibindo Ramallo as imaxes dixitais de dúas copias da novela e da tradución de Fernández del Riego.A restauración realizouse ao longo de 15 mesesAínda que unha parte importante do texto estaba danado e non puidera ser recuperado, a casualidade permitiu que as partes perdidas nunha e noutra copia fosen diferentes. "Esta 'complementariedade' dos fragmentos irrecuperables permitiunos unha edición sobre a que apenas tivemos que deixar partes en branco, por seren ilexibles nos dous textos", explica Ramallo. E, naquelas partes que si se perderan nas dúas copias, a tradución de Del Riego, que case non sufrira danos, permitiu completar o texto.A novela transcribiuse completamente, acordándose ademais con Xosé Luís Méndez Ferrín facer unha transcrición literal, "respectando integramente os fragmentos perfectamente lexibles nos manuscritos, estivesen ou non de acordo coa normativa actual e marcando con cores diversas as partes construídas, incluídas as tomadas da tradución", sinálase dende a Universidade de Vigo. Ramallo anima a Méndez Ferrín a que faga pública a novela: "O texto, alén do seu innegábel valor literario, ten un valor histórico de primeira magnitude"Fernando Ramallo explicará o proceso de recuperación desta novela no artigo De arquivos, memoria e literatura política: a recuperación da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luis Méndez Ferrín, que se publicará en breve en A Trabe de Ouro. "O texto, alén do seu innegábel valor literario, ten un valor histórico de primeira magnitude, polo que animamos ao seu autor a que a faga pública. Confiamos que así sexa, porque a súa publicación será o punto final da restauración e, asemade, Galicia quedará agradecida", afirma Ramallo, que tamén quere subliñar o traballo desenvolvido polo arquivo. |
PRAZA_16892 | A manifestación, convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA), contaba co apoio da Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano e da Mesa pola Normalización Lingüística. O pasado ano unha enquisa amosou que o 53% da poboación defende a oficialidade. | "Llegó'l momentu". Milleiros de persoas manifestáronse este sábado en Oviedo en reivindicación da oficialidade para a lingua asturiana e tamén para o galego na parte occidental de Asturias. Nun ambiente festivo e cunha gran presenzas de nenos e nenas pequenas, máis de 5.000 persoas (na estimación ofrecida pola Policía Local, 30.000 segundo a organización) marcharon xuntas nunha mobilización histórica na rexión. O pasado ano a III Encuesta Sociolingüística de Asturias amosou por primeira vez unha maioría de poboación en favor da oficialidade, cun 40% "de acordo totalmente" e un 13% "de acordo parcialmente" A manifestación foi convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) e contou co apoio dos principais sindicatos asturianos (CCOO, UGT, Suatea, CSI, USC e Intersindical) e tamén do secretario xeral do Sindicato de los Obreros Mineros de Asturias (SOMA), José Luis Alperi. En canto aos partidos políticos, participaron Podemos Asturies, IU-IX e mesmo a Federación Socialista Asturiana do PSOE, sendo a primeira vez que o PSOE ten unha representación oficial nunha marcha en favor da oficialidade para o asturiano dende 1976. O debate sobre a oficialidade vén gañando peso en Asturias nos últimos anos. O pasado ano a III Encuesta Sociolingüística de Asturias amosou por primeira vez unha maioría de poboación en favor da oficialidade, cun 40% "de acordo totalmente" e un 13% "de acordo parcialmente". Un 20% dicía ser "indiferente" e só un 25% se amosaba en desacordo, total ou parcialmente. Un 53% manifestaban nesta enquisa que o asturiano "é unha lingua coma o resto de linguas oficiais en España". Este estudo tamén revelaba que un 91% da poboación demandaba unha maior presenza no sistema educativo da lingua asturiana, hoxe case inexistente. Con todo, o 70% cría que o asturiano debía ser tan só unha materia optativa e non obrigatoria. O outro gran cambio marcouno a propia FSA do PSOE, que no seu último congreso, celebrado o pasado mes de outubro, aprobou apoiar a oficialidade para a lingua asturiana. A marcha contou tamén co apoio de Reciella-Families pol Asturianu, Iniciativa pol Asturianu e a Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano, ademaos doutras entidades do ámbito social e cultural asturiano. Así mesmo, detrás da faixa de Conceyos pola Oficialidá participou na marcha un grupo de cargos municipais de distintas localidades, representando a edís de PSOE, Podemos, IU-IX, Foro Asturias, PAS ou Conceyu Abiertu. "Facémolo cunha idea clara: a de darlle normalidade a unhas linguas, o asturiano e o galego-asturiano, que viven unha situación clara de anormalidade. Condenadas a desaparecer porque non teñen o apoio institucional que teñen as linguas oficiais" Ao remate da marcha leuse un manifesto, no que se destacou que "moita xente leva décadas loitando por defender a lingua. Xente que deixou atrás a vergoña e o sentimento de inferioridade e que quere que ese patrimonio siga vivo e transmitido de xeración en xeración". "A xente que estamos aquí vimos desa tradición reivindicativa e orgullosa do noso. Non porque sexa mellor, senón porque é noso e somos nós quen o temos que defender", engadiuse. Concluíndo: "Facémolo cunha idea clara: a de darlle normalidade a unhas linguas, o asturiano e o galego-asturiano, que viven unha situación clara de anormalidade. Condenadas a desaparecer porque non teñen nin a validez, nin os dereitos, nin o apoio institucional, nin a presenza social que teñen as linguas oficiais. Iso é o que garante a oficialidade". Apoio da Mesa A marcha tiña o apoio, ademais, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano, que persegue acadar a oficialidade do galego en Asturias, que "debe ser recoñecido como lingua oficial e propia da zona Eo-Navia", reclama a Mesa. "Dende a Mesa lembrámoslle á Xunta que a Lei de Normalización Lingüística no seu título V artigo 21.2 que establece a obriga do Goberno Galego a facer 'uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de autonomía a fin de protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes coa comunidade autónoma'", destaca a entidade. A marcha tiña o apoio, ademais, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano, que persegue acadar a oficialidade do galego en Asturias, que "debe ser recoñecido como lingua oficial e propia da zona Eo-Navia" Así mesmo, a Mesa insta ao Estado español, á Xunta e ao goberno de Asturias "a cumpriren a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias" que no artigo 14 recolle a necesidade de "facilitar e/ou promover a cooperación a través das fronteiras, principalmente entre colectividades rexionais ou locais no territorio das cales se fala a mesma lingua de maneira idéntica ou próxima". A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias tamén estipula que no eido educativo "as partes comprométense a autorizar, a fomentar ou a poñer en práctica, se o número de falantes dunha lingua rexional ou minoritaria o xustifica, un ensino na ou da lingua rexional ou minoritaria nos niveis apropiados de ensino". No manifesto que se leu ao remate da marcha fíxose fincapé na necesidade de que tamén o galego sexa oficial na parte occidental de Asturias e teña presenza no sistema educativo. "Hoi manifestáronse da mao, xuntos, xente que fala asturiano y xente que fala gallego-asturiano. A normalidá llingüística tamén é eso: que conózamos, respetemos y apreciemos esta llingua na que tou falando agora, qu´é a llingua d´úa parte da población asturiana, a que nacéu nel estremo occidental. Y sentímola tan nosa como a del resto del territorio asturiano. Por eso pedimos el mesmo respeto llegal pral asturiano que prá llingua que se fala nas veiras del Eo y el Navia. Nun podía ser d´outro xeito", díxose. Música Na manifestación houbo moita música e soaron especialmente dúas cancións, "Agora" e "Agora ye'l momentu" coas que nas últimas semanas a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana chamou á mobilización da poboación. A primeira, interpretada por Vito Álvarez e Xune Elipe, con música de Sergio Rodríguez e letra de Pablo Texón, ten unha parte en galego-asturiano. A segunda ten letra e música do gaiteiro Xuacu Amieva. |
NOS_15396 | A entidade que preside Escotet aumentaría en 4.374 millóns o volume de negocio, | Abanca subscribiu un acordo preliminar co grupo Crédit Agricole para a compra das súas accións en Bankoa, co que a entidade galega adquiriría o negocio bancario minorista de Crédit Agricole no estado español e reforzaría o seu posicionamento en Euskal Herria. Segundo informou Abanca, o acordo prodúcese unha vez realizada satisfactoriamente a 'due diligence' sobre a situación da entidade vasca. Se a negociación culmina cun acordo firme para a adquisición de Bankoa, iniciarase o proceso de obtención das autorizacións administrativas correspondentes e, a partir de entón, comezará a integración. Coa compra, Abanca aumentaría en 4.374 millóns o volume de negocio, ata situalo en 93.000 millóns de euros, e consolidaríase como a sétima entidade bancaria no Estado español por activos, con máis de 65.000 millóns. A potencial operación profundiza no acordo estratéxico que asinaron Abanca e Crédit Agricole hai dous anos, cuxo primeiro froito foi a compañía conxunta que xestionará os seguros xerais no mercado español e portugués os próximos 30 anos. Bankoa, que naceu en 1975 como un banco industrial, ten o seu domicilio social en Guipúscoa e conta con 30 oficinas situadas maioritariamente en Euskadi, ademais de Nafarroa, A Rioxa e Madrid, concentradas en contornas urbanas e municipios con tecido empresarial. A operación permitiría a Abanca multiplicar por sete a súa presenza na País Vasco, onde actualmente conta cunha rede de cinco oficinas. Na actualidade, Bankoa desenvolve un modelo de negocio especializado e centrado en empresas, pemes e xestión de patrimonios e conta con 4.374 millóns de euros de volume de negocio, dos que 1.788 millóns corresponden ao crédito á clientela, 1.575 millóns de euros a depósitos da clientela e 1.011 millóns son fondos fóra de balance. |
PRAZA_2504 | Entregarán este martes unha proposta de moción na que demandan modificacións lexislativas e accións políticas para evitar os desafiuzamentos, crear un parque público de vivenda e alugueiro social e garantir os subministros básicos. | Os grupos galegos das PAH e entidades de loita contra os desafiuzamentos entregarán este martes no Parlamento unha proposta de moción na que demandan unha serie de cambios lexislativos -a nivel galego e estatal- e accións políticas para combater as situacións de urxencia habitacional e de pobreza enerxética que sofren milleiros de cidadáns e cidadás. Piden a paralización de todos os desafiuzamentos e a creación dun parque público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira, nomeadamente a que é propiedade das entidades bancarias e da SAREB Entre as propostas, destacan a dación en pago retroactiva, mecanismos de segunda oportunidade, condonación da débeda, liberación de avais e eliminación das cláusulas abusivas. Tamén piden garantir o acceso a vivendas de alugueiro "estable e asequible" e modificar a lei para que os contratos de alugueiro sexan "máis estables e seguros". Co obxectivo de mellorar o acceso á vivenda para toda a poboación, piden a paralización de todos os desafiuzamentos e a creación dun parque público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira, nomeadamente a que é propiedade das entidades bancarias e da SAREB. Ademais, esixen que os subministros básicos estean "garantidos", introducindo mecanismos para evitar cortes de luz, auga e gas nos casos en que unha familia non os poida pagar. Finalmente, demandan a creación dun Observatorio da Vivenda. As entidades asinantes da moción (STOP Desahucios Coruña, Stop Desafiuzamentos Compostela, PAH Vigo-Tui, StopDesafiuzamentos Ourense, PAH Lugo, Forosocial Ferrolterra, PAH Ponteareas, PAH Barbanza, PAH Pontevedra, PAH Ferrol e PAH Vilagarcia) afirman que "sempre soubemos que rematar coas leis inxustas é unha cuestión de vontade política". "Miramos de fronte ao Parlamento de Galicia e dicímoslle ben alto 'Eu #ExixoAMeuPAHrlamento" que cumpra co seu deber e que defenda ou meu dereito á vivenda digna'". Esixen que os subministros básicos estean "garantidos", introducindo mecanismos para evitar cortes de luz, auga e gas nos casos en que unha familia non os poida pagar As plataformas queren "forzar o debate no Parlamento de Galicia destas medidas necesarias para abordar a urxencia habitacional e para conquistar o dereito á vivenda". "Imos desenmascarar en plena campaña electoral a aqueles que non as asuman, porque escollen seguir limitando o acceso aos dereitos fundamentais da cidadanía para protexer os privilexios duns poucos", sinalan, denunciando que "logo de máis de sete anos de crises, o Goberno do PP non fixo outra cousa que políticas austericidas que empobreceron os máis e fixeron mais ricos os menos". Propostas de cambios lexislativos no Congreso "Imos desenmascarar en plena campaña electoral a aqueles que non as asuman, porque escollen seguir limitando o acceso aos dereitos fundamentais da cidadanía para protexer os privilexios duns poucos", din Dación en pago retroactiva e condonación da débeda para os debedores hipotecarios de boa fe e en relación coa súa vivenda habitual e única. Modificación da Lei Hipotecaria e a Lei de Enxuizamento Civil. Eliminación automática das cláusulas declaradas abusivas polas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea nos contratos hipotecarios con entidades bancarias, sen precisar de petición expresa do titular. Imposibilitar a execución da vivenda dos avalistas, cando sexa a súa vivenda habitual e única, para esixir a súa responsabilidade nos contratos hipotecarios. Modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos introducindo mecanismos de seguridade na tenencia, estabilidade na renda e alargando o prazo de duración do alugueiro. Eliminación de todos os requisitos restritivos para acceder á moratoria de desafiuzamento e ao código Guindos, salvo vivenda habitual, debedor/a de boa fe e carencia de recursos. Medidas a adoptar pola Xunta de Galicia Piden que o Goberno galego lles esixa ás entidades bancarias que "garantan un alugueiro social para as persoas debedoras de boa fe, e as súas unidades familiares, que tendo cedido a súa vivenda única e habitual en dación en pago non dispoñan de alternativa habitacional". Esixen que se deteñan todos os desaloxos ou desafiuzamentos "de persoas en situación de vulnerabilidade, xa sexa por impago de alugueiro ou ocupación en precario motivada pola falta de vivenda", ata que a Xunta de Galicia "garanta un realoxamento adecuado". Creación dun parque público de vivenda a través da mobilización de pisos baleiros en mans de entidades financeiras e filiais inmobiliarias, fondos voitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da reestruturación bancarias e entidades inmobiliarias). O prezo a pagar en concepto de alugueiro social non superará o 30% dos ingresos da unidade familiar, incluídos gastos de subministros, de acordo cos estándares de Nacións Unidas, sempre e cando os ingresos familiares superen o salario mínimo profesional; en caso contrario o prezo a pagar en concepto de alugueiro será do 10% dos ingresos e os subministros correrán a cargo das empresas subministradoras. Subministros básicos: Piden que se impidan os cortes de subministros básicos (auga, luz e gas) das persoas e unidades familiares en situación de vulnerabilidade. Os custes asociados a garantir este dereito e a débeda acumulada que non poidan ser cubertos polas persoas vulnerables "serán asumidos polas empresas subministradoras". Creación dun Observatorio de Vivenda, composto por representantes das institucións e da sociedade civil, e encargado de investigar e analizar a situación da vivenda en España. Contaría con capacidades non só consultivas senón tamén control, seguimento, denuncia, executivas e de proposta lexislativa. Moción parlamentaria das PAH galegas (.pdf) |
NOS_41710 | A fiscal do xuízo contra o ex líder dos socialistas (PSdeG) e ex alcalde do Carballiño, Pachi Vázquez, e contra outros catro edís por prevaricación na contratación de 60 persoas, mantén a acusación e ve "fraude" na cobertura de "necesidades estruturais" con "contratos temporais". | A decisión de manter a acusación de fraude pola contratación de 60 persoas deuse a coñecer onte, na décima e derradeira xornada do xuízo e na que se presentaron os informes de cada un dos avogados, así como o da acusación por parte do Ministerio Público. A conclusión realizouna a fiscal cun resumo das nove xornadas precedentes, onde subliñou as declaracións de testemuños como o da segunda secretaria. Dela, lembrou que "so foi capaz de falar en xeral" mentres que tamén chamou á atención sobre o feito de que outra das secretarias asegurase que "rubricar so significaba a existencia do documento e non a legalidade do mesmo". Tamén se fixo fincapé nas diversas declaracións de persoal que decretaba ter sido chamado polo servizo de emprego pero non lembraba nin como nin en que momento. Por todo iso, a fiscal elevou as súas peticións de inhabilitación ao rango de definitivas ao considerar que a contratación "pola porta de atrás" implica un delito de prevaricación que ten unhas consecuencias penais. "Privaron de acceder en igualdade de condicións, ao concatenar os contratos, ao resto da veciñanza", sostivo, e cualificou os feitos de "arbitrariedade groseira e un delito doloso ao saber que vulneraban os principios de mérito, capacidade e publicidade". A letrada considera, por tanto, que se perseguía que os contratos se convertesen en indefinidos. "Aos acusados non lles importaba, é o que buscaban, e a proba son os decretos que recoñecen esta condición sen esperar a resolución da xurisdición social", asevera. |
NOS_13086 | A AS-PG organiza o ciclo de conversas «Fálase de...», que durante os meses de novembro e decembro reunirá protagonistas e expertas en diversos temas de actualidade. | A AS-PG organiza o ciclo de conversas «Fálase de...», que durante os meses de novembro e decembro reunirá protagonistas e expertas en diversos temas de actualidade. Todos os encontros terán lugar ás 20 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, que patrocina o evento. Na cuarta feira 20 de novembro, a analista Marola Padín Novas e o xornalista de Sermos Galiza Fernando Arrizado Abuín intervirán en Tensión estratéxica China-EE.UU. Fálase de guerra comercial entre China e EEUU. Na sexta feira 22 novembro, o químico e divulgador científico Manuel Vicente e o doutorando Xavier Fonseca darán resposta á pregunta Por que o cambio climático é a maior ameaza da historia? A semana seguinte, na sexta feira 29 de novembro o tema será Quen son sen desterro? Emigración, inmigración e exilio na Galiza actual, explicado por Belén Puñal Rama, profesora de comunicación social, e o escritor Moncho Iglesias Míguez. Na cuarta feira 4 de decembro a tópica é Fálase de xornalismo. Que xornalismo precisa o momento actual? Cales deben ser os seus códigos de actuación? Levarán a conversa o xornalista Rafa Cabeleira e María Obelleiro, a directora de Nós Diario. O ciclo pecharase a cuarta feira seguinte, 11 de decembro, coa intervención de Vero Boquete, futbolista embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, e Cristina López Villar, profesora na facultade de Ciencias do Deporte, dialogando desde a primeira persoa sobre Mulleres que abren camiños no deporte. |
NOS_21219 | Do 18 ao 25 de outubro desenvólvese en Valladolid a Seminci, o Festival de Cine internacional que nesta 59 edición inclúe no programa unha película con título galego.A viaxe de Leslie de Marcos Nine estreouse na sección documental. | O primeiro día de xuño de 1943 nas costas de Cedeira cazas alemáns tombaron un avión comercial que facía a liña Lisboa-Bristol. No atentado morreu o actor Leslie Howard. As incógnitas arredor do acontecido e as razóns do ataque ao avión continúan sendo unha incógnita. Nas preguntas sen respostas afondou o director Marcos Nine no documental A viaxe de Leslie que se estreou en Valladolid na sección Doc España da Seminci. O de Nine é o único filme con título en lingua non española do apartado de documentais. O outro papel de Leslie Howard Se Leslie Howard era o obxectivo do ataque alemán é unha das cuestións que se abordan no filme, investigando tamén no papel oculto do actor. A viaxe de Leslie é a segunda longametraxe de Marcos Nine despois de que en 2012 estreara A brecha no Festival de Cine Independiente de Buenos Aires. Da súa autoría son tamén Carcamáns, arredor do desastre do Prestige ou Historia dunha parroquia ademais de varias curtas como Radiografía dun autor de tebeos ou Manuscritos pompeianos. En A viaxe de Leslie, Marcos Nine asume a dirección, a montaxe e comparte o guión con Daniela Arias e Pepe Coira. A voz en off é da poeta Lucía Aldao, a fotografía de Jaime Pérez e a música de Nani García. O filme estreouse o día 22 no Festival Internacional de Valladolid que remata o día 25. Unha historia lineal O documental dálle a Nine para afondar na biografía da que fora estrela de Hollywood e retratar aquel mundo e tamén as consecuencias da guerra. Para reconstruír a historia, o director fixo un intenso traballo de investigación do que falou na presentación do filme en Valladolid. Segundo recolle a páxina oficial do festival, Nine explicou a relevancia das imaxes de arquivo no filme, tanto documentais como de secuencias de películas do actor. "Quería contar unha historia lineal, cunha estrutura de cine tradicional", explicou para apuntar tamén o perigo de construír unha historia fragmentaria con tantas imaxes de arquivo. Destacou tamén a sensación de tranquilidade ao asistir á estrea do seu segundo documental. "O tempo que pasa desde que rematas unha película até que se estrea faise eterno, aínda que non sexa moito en realidade", dixo. |
PRAZA_16916 | Unha concentración convocada por alumnado, PAS e PDI denuncia a intensificación das accións policiais no interior das facultades e nos campus. No paro estudantil do pasado 19 de abril varios integrantes de piquetes e un bedel foron identificados polos axentes, o mesmo que na folga do 8M, cando algunha muller foi mesmo acusada de "coaccións". Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo | Durante a folga estudantil do pasado 19 de abril algunhas das persoas que integraban piquetes informativos foron identificadas por axentes de policía no interior de varias facultades da Universidade de Santiago, onde se viviron algúns momentos de tensión que tamén afectaron a un bedel, tamén identificado polos corpos de seguridade do Estado. Este martes ao mediodía tivo lugar unha concentración ante a Facultade de Medicina, impulsada en réxime de auto-convocatoria por estudantes, PAS e PDI para protestar contra a presenza policial na universidade. Denuncian que esta situación vén repetíndose cada vez con máis frecuencia e que, por exemplo, tamén se produciu durante a folga feminista do pasado 8 de marzo. Daquela, tamén varias estudantes que formaban parte de piquetes informativos foron identificadas pola Policía no interior das facultades e cando menos unha delas foi acusada de coacción. "Veñen producíndose dende hai catro anos. Tamén durante a folga do 8 de marzo as estudantes sufrimos unha represión policial brutal: identificacións, agresións verbais, cacheos..." Na concentración deste martes participou un cento de persoas. "Estamos aquí para denunciar as agresións recibidas dos corpos policiais no interior do campus universitario. Sucedeu durante a folga estudantil do pasado 19 de abril, pero veñen producíndose dende hai catro anos. Tamén durante a folga do 8 de marzo as estudantes sufrimos unha represión policial brutal: identificacións, agresións verbais, cacheos...", sinala Sofía Mediero (Asemblea Aberta de Estudantes), que explica que "no 8 de marzo fun identificada pola Policía e acusada do delito de coacción por participar nun piquete informativo, totalmente pacífico. E os axentes advertíronme de que se reincidía podía recibir unha multa de entre 300 e 6000 euros". "Isto non só está a suceder durante as xornadas de folga" -di- "a policía campa ás súas anchas polos campus da USC". "Nos días anteriores ao paro do 19 de abril varias compañeiras foron identificadas pola policía simplemente por pegar carteis", engade. "Esta situación non era así hai uns anos. Ou ben a Reitoría está permitindo que a Policía entre libremente nas Facultades ou ben os corpos policiais entran sen máis comunicación porque saben que ao final non van ter represalias", afirma. "Esta concentración quere ser unha reflexión sobre o uso da violencia por parte das forzas de seguridade nunha institución como a Universidade que se debe dotar dos seus propios mecanismos de control e lexitimación" De igual xeito, María López (PAS) esixe "que as nosas autoridades universitarias expliquen exactamente en que consiste para elas o concepto de autonomía universitaria e de que maneira se van garantir os nosos dereitos laborais para que non se vexan comprometidos por actuacións coma as que ocorreron nestes últimos días". "Esta concentración quere ser unha reflexión sobre o uso da violencia por parte das forzas de seguridade do Estado nunha institución como a universidade que se debe dotar dos seus propios mecanismos de control e lexitimación", di. "Cremos que deberíamos ter sido informados, a través das nosas propias xerarquías de que a Policía ía intervir nos centros", conclúe. |
NOS_55414 | O arquivo da última causa aberta contra o que fora secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, abre novas variábeis de cara ao futuro congreso do partido na Galiza. | A recente decisión da Audiencia de Lugo de arquivar a coñecida como "Operación Pulpo", a última causa aberta contra José Ramón Gómez Besteiro, non só despexa a situación procesual do antigo secretario xeral do PSdeG, senón que introduce novas variábeis no proceso congresual dos socialistas galegos. A falla de concretar a data exacta para a realización do conclave, previsto para outono, as fontes socialistas consultadas por Nós Diario dan por feito que Besteiro está chamado a xogar un papel destacado no futuro inmediato da formación na Galiza. José Ramón Gómez Besteiro, apartado da primeira liña das responsabilidades políticas desde marzo de 2016, mantén practicamente intacta a súa influencia e ascendencia sobre os socialistas das comarcas lugueses. Neste sentido, ninguén cuestiona a proximidade e lealdade ao antigo presidente da Deputación de Lugo de importantes referencias institucionais da formación, como as alcaldesas de Lugo ou Viveiro, Lara Méndez ou María Loureiro, así como da maioría dos rexedores dos 30 concellos presididos polos socialistas na circunscrición de Lugo. Os dirixentes socialistas lugueses conectados por Nós Diario significan o seu peso entre a afiliación do partido. A este respecto, un alcalde socialista da Terra Chá, cualifícao "de líder natural" e pon en valor " a súa empatía innata". Pola súa banda, a responsábel da área económica da Deputación de Lugo e alcaldesa de Trabada, Mayra García, ten recibido nas redes sociais a desimputación de Besteiro como "esta gran noticia que chega con tanto retraso, porque despois de seis anos, o socialismo galego recupera un líder que nunca debeu perder". A posición de Besteiro no próximo congreso dos socialistas non é unha cuestión menor. Ao seu favor xoga o apoio que concita na circunscrición de Lugo, unha área que Caballero deu por controlada tras apostar José Tomé como presidente da Deputación, contra a opinión maioritaria da dirección do partido na zona. Neste sentido, as fontes consultadas por Nós Diario dan por feito que a maioría dos socialistas lugueses van estar con Besteiro no vindeiro congreso dos socialistas. Ao tempo, significan a proximidade e a relación con Pedro Sánchez, a quen apoiou nos momentos máis complicados da súa traxectoria política e que ten moi en conta a opinión de Besteiro no referido a Galiza. A amizade e sintonía entre Besteiro e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso é coñecida. Así as cousas, no caso de que Valentín Formoso dea un paso adiante para disputar o liderado dos socialistas a Gonzalo Caballero, semella probábel que o barón coruñés conte co apoio do dirixente lugués nesa batalla. Neste sentido, as fontes da formación consultadas por Nós Diario consideran que un candidato á secretaria xeral da organización avalado pola afiliación de Lugo e A Coruña ten moitas posibilidades éxito, polo peso cuantitativo de ambas as agrupacións. O futuro político de Besteiro está máis que nunca en mans de Besteiro. Unha vez liberado da súa última imputación correspóndelle decidir que papel desexa xogar, se ben dentro das filas socialistas non dubidan que está dispoñíbel. Neste sentido, a práctica totalidade das fontes consultadas por Nós Diario dan por seguro o seu retorno á primeira liña política porén discrepan á hora de determinar o seu encaixe, moi condicionado polos resultados do congreso pero sobre todo polas decisión de Valentín Formoso. |
NOS_25918 | En resposta á denuncia presentada polo BNG e as Enfermeiras Eventuais en Loita. | A Comisión Europea, en resposta á Comisión de Peticións da Eurocámara, vén de anunciar que está investigando se existe unha violación da normativa comunitaria pola utilización de sucesivos contratos temporais no sector sanitario, segundo informa o BNG. "Que a Comisión de Peticións recoñeza a existencia de abusos na contratación pública que realiza o Sergas, tal e como denunciaron en Bruxelas as representantes das Enfermeiras Eventuais en Loita hai xusto un ano, supón un tirón de orellas ao modelo de xestión de Feijóo, ao incumprir a normativa comunitaria", destaca Ana Miranda, representante nacionalista en Europa. Na xornada de traballo que tivo lugar en Bruxelas en decembro de 2019, organizada pola portavoz do BNG en Europa, as Enfermeiras Eventuais en Loita entregaron a vicepresidenta da Comisión de Peticións, a eurodeputada letoa Tatjana Zdanoka documentación sobre a precariedade laboral existente na profesión de enfermería, "consecuencia das prácticas abusivas e a contratación en fraude de lei que leva realizando o Goberno galego durante anos, con casos escandalosos de sucesivos contratos de duración determinada para cubrir servizos permanentes". "A existencia desta práctica abusiva na contratación non só é recoñecida pola Comisión de Peticións da Eurocámara, tamén o é por parte da Comisión de Emprego, que foi consultada sobre a denuncia galega e que vén de constatar que o uso da contratación temporal para cubrir necesidades permanentes supón un abuso e vulnera a normativa comunitaria", subliña Ana Miranda en referencia á resposta da presidenta da Comisión de Emprego, Ďuriš Nicholsonová, á presidenta da Comisión de Peticións, Dolors Montserrat. Resolución do Tribunal de Xustiza da UE En concreto, o documento sinala que esta abusiva utilización dos contratos temporais incumpre a cláusula 5 do Acordo Marco sobre o Traballo de Duración Determinada do anexo da Directiva 1999/70, así como a Resolución do Parlamento Europeo sobre a precariedade laboral aprobada en de maio de 2018, incumprimentos das autoridades sanitarias do Estado e do Sergas que está investigando a Comisión Europea. Precisamente o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sentenciou en marzo de 2020 que esa cláusula 5 "oponse a unha normativa e a unha xurisprudencia nacionais en virtude das cales a renovación sucesiva de relacións de servizo de duración determinada se considera xustificada por razóns obxectivas". Por outro lado, no seu escrito, a presidenta da Comisión de Emprego do Parlamento Europeo pon de manifesto que os e as profesionais de enfermería están sufrindo, enriba de condicións laborais abusivas, altos niveis de risco para a súa propia saúde e un cansazo excesivo neste contexto de loita contra a pandemia, polo que considera urxente o tratamento da súa situación. |
NOS_52266 | Un total de 26 forzas políticas presentan candidatura ás eleccións galegas. Só 13 concorrerán polas catro provincias galegas. | O Diario de Oficial de Galiza publica hoxe a relación completa das candidaturas que concorrerán ás eleccións autonómicas. O 21-O @s elector@s poderán optar entre un total de 26 opcións políticas, sete máis que en 2009. Porén, só a metade destas se presentan polas catro circunscricións galegas. Terán papeletas en todos os colexios electorais de Galiza, alén das xa previstas --PP, BNG, PSOE, AGE, CxG, UpyD e CXXI--, o Partido da Terra, UCE, Escaños en branco, FE de las JONS, CDL. Finalmente, Sociedad Civil y Democracia --o partido de Mario Conde-- tamén presentará candidaturas en todas as provincias. Ausencias Máis non todo é engadido de novas candidaturas. Seis forzas que concorreran aos comicios de 2009 desta volta non se presentan. Nas papeletas do 21-O non figurarán os logotipos de Unión Centrista Liberal, Galicia Unida, Os Verdes, Asemblea de Votación Electrónica, + Galicia e NÓS-UP --ausencia da cal xa informamos días atrás-- . Quen se presenta e onde? Elaboramos o seguinte cadro explicativo onde se relacionan todas as candidaturas e por que circunscricións se presentan: |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.