ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_38873 | O proces soberanista catalán deu a sexta feira un gran paso ao se constituír de maneira formal o novo Pacto Nacional polo Referendo, que substitúe o Pacto Nacional polo Dereito a Decidir. Os principais partidos implicados explicaron que se encetará unha campaña internacional de recollida de adhesións. | O Pacto Nacional polo Referendo foi constituído a sexta feira en Catalunya, feito que representa un avanzo importante no proces soberanista. No cumio, que durou arredor de tres horas e en que participaron os dirixentes dos principais partidos implicados –Carles Puigdemont, Ada Colau, Oriol Junqueras e Anna Gabriel- decidiuse encetar unha campaña de recollida de adhesións para lograr convocar unha consulta pactada co Estado español. A campaña buscará apoios no resto do Estado e no ámbito internacional e iniciarase após a presentación do manifesto que os impulsores redactarán nas próximas semanas. En declaracións aos medios após o cumio, o president da Generalitat puxo de manifesto o "salto adiante" que implica o pacto e subliñou o apoio do que goza o referendo. Colau asistiu á reunión como representante dos "comúns" e, á saída da reunión, amosouse satisfeita da base social que ten a consulta. Junqueras e Anna Gabriel, dispostos ao referendo unilateral Junqueras, pola súa banda, amosouse pesimista sobre un posíbel pacto co Goberno español e emprazou os partidarios da vía acordada apoiar o referendo unilateral se se confirma a negativa do Executivo encabezado por Mariano Rajoy. Na mesma liña pronunciouse Anna Gabriel, quen insistiu en que o horizonte da CUP segue a ser o próximo setembro. Comisión executiva Na reunión da sexta feira decidíronse os nomes das persoas que formarán parte da comisión executiva do pacto. Son Joan Ignasi Elena, ex-deputado socialista que desenvolverá o papel de portavoz da comisión; a ex conselleira de Ensino, de CDC, Carme-Laura Gil; a ex deputada de ERC Carme Porta; o ex-deputado de ICV-EUiA Jaume Bosch; a ex alcaldesa socialista de Badalona, Maite Arqué; o director da Catalán International Review, Francisco de Dalmases; o ex deputado de ICV Frances Pané e a ex rexedora independente de Ciutat Vella, Itziar González. |
NOS_8177 | O anuncio que a pasada semana fixo o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez concretouse na Mesa Sectorial en 93 novas prazas para secundaria máis 24 de promoción interna, só en 5 materiais. A CIG-Ensino cualificou a oferta de "raquítica e insignificante". | Milleiros de persoas estaban pendentes da convocatoria de prazas para ensino secundario e onte a realidade deuse a coñecer na Mesa Sectorial Docente non Universitaria, órgano no que a Consellaría de Educación presentou a súa vontade de convocar para o próximo ano 93 novas prazas en quenda libre e 24 en promoción interna. Só Xeografía e Historia (24), Matemáticas (24), Bioloxía e Xeoloxía (20), Inglés (15) e Administración de Empresas (10) son as materias para as que a Xunta abrirá convocatoria pública. En quenda de promoción interna convocaranse, segundo a Consellaría, 6 de Xeografía e Historia, 6 de Matemáticas, 5 de Bioloxía e Xeoloxía, 4 de Inglés e 3 de Administración de Empresas. A CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, definiu a oferta como "insignificante e raquítica" e un grupo de delegad@s do sindicato concentráronse diante da EGAP par reclamar unha oferta de emprego que responda ás necesidades do ensino público. "A Consellaría de Educación converteuse nunha fábrica de destrución de emprego e de amortización de prazas", denunciou o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que falou da insuficiencia cando nos últimos anos non se realizou oferta de emprego e haina actualidade máis de 3.000 interin@s en Secundaria. Segundo os datos do sindicato nacionalista, nestes anos nos que a Consellaría non convocou novas prazas, producíronse máis de 4.000 xubilacións e os cadros de persoal reducíronse en 3.000 docentes. |
PRAZA_15602 | As leis non poden xustificarse de forma autorreferencial. Isto quere dicir que o feito de que a Constitución Española diga que a soberanía nacional recae sobre o pobo español non constitúe lexitimación algunha para ese estado de cousas | 1.- As persoas temos tendencia a aceptar os argumentos que apoian o que cremos, aínda que sexan argumentos pouco consistentes, e a rexeitar ós que contradín a nosa opinión, aínda que sexan moi aquelados. Vou esbozar uns criterios teóricos sobre a cuestión sen que iso prexulgue calquera posición respecto á autodeterminación, ó dereito a decidir ou á independencia. 2.- As leis non poden xustificarse de forma autorreferencial. Isto quere dicir que o feito de que a Constitución Española diga que a soberanía nacional recae sobre o pobo español non constitúe lexitimación algunha para ese estado de cousas, senón que ten que acadar unha xustificación externa á propia lei. Isto sería tamén aplicable a calquera estatuto de autonomía hipotético que expresase que a soberanía nacional lle pertence ó pobo catalán, vasco ou galego, polo que tamén precisarían dunha lexitimación externa á lei que así o establecese. As constitucións dos estados só reflicten á realidade de forma retroactiva, de tal xeito que lle dan lexitimidade ó que hai, sexa isto o que sexa 3.- As constitucións dos estados só reflicten á realidade de forma retroactiva, de tal xeito que lle dan lexitimidade ó que hai, sexa isto o que sexa. Se a historia tivese sido distinta e Portugal pertencese a España, ou as Baleares á Italia, a nosa Constitución diría exactamente o mesmo: que a soberanía nacional recae sobre o pobo español, aínda que o conxunto ó que apuntase a expresión "pobo español" sería sensiblemente diferente en cada caso. 4.- Neste sentido en que as constitucións son só o reflexo de como están as cousas nun momento dado, é evidente que as autonomías históricas non teñen o dereito de autodeterminación porque se redactou antes a Constitución Española para unha situación xerada ó longo da historia polas conquistas militares. Se esa forza tivese inclinado a balanza cara ó outro lado, o que se terían redactado primeiro serían as constitucións das nacionalidades históricas, que recollerían a súa soberanía nacional. Vemos que do que estamos a falar é sempre de feitos consumados traducidos a leis e non de lexitimidades en si mesmas. Unha forma externa de xustificar as leis consistiría en apelar á lei natural, como se houbese algo así como un estado de cousas natural que as leis redactadas polos parlamentos deberían reflectir imperativamente 5.- Unha forma externa de xustificar as leis consistiría en apelar á lei natural, como se houbese algo así como un estado de cousas natural que as leis redactadas polos parlamentos deberían reflectir imperativamente. A lei natural non é algo que alguén defenda seriamente (salvo a Conferencia Episcopal, que vive na Idade Media) porque só existe o dereito positivo, o que establecen os parlamentos. Temos o mesmo fundamento para apelar a unha inexistente lei natural como o que habería para a lei divina de calquera relixión, ou sexa ningún. Isto inclúe tanto o suposto carácter natural da nación española como o das nacións catala, vasca ou galega. Perder o tempo con este tipo de debates non leva a ningures porque non son máis que entelequias metafísicas, resultando moito máis útil argumentar a bondade dunha determinada lei desde a racionalidade das consecuencias que ten. 6.- A cuestión non é se un territorio é ou non unha nación e se iso leva aparellado ou non o dereito á autodeterminación, senón cal é a vontade das persoas que viven nel respecto a selo e a autodeterminarse. Para dicilo máis claramente, non ten sentido perderse en cuestións históricas, antropolóxicas ou filosóficas sobre o ser das nacións e o seus dereitos senón que hai que apelar ó único fundamento para a lexitimidade das decisións políticas que non é outro que a vontade política das persoas. Da igual que Galicia sexa unha nación se as persoas que viven nela deciden libremente pertencer a outro estado; daría igual que Galicia non fose unha nación se a decisión libre da súa cidadanía quixese a independencia. 7.- Como cada quen pode ter unha posición diferente sobre o tema, só cabe tomar a decisión política aplicando o criterio da maioría e complementándoo co do respecto ás minorías (sen esquecer que o poder manipula a opinión pública grazas ó seu formidable aparato de propaganda asentado nos seus medios de comunicación). O cumprimento da vontade da maioría non é algo tan sinxelo en tódolos casos como podería parecer. A modificación da Constitución para cuestións relevantes ten que facerse cunha maioría de dous terzos. Isto debería ser nulo a tódolos efectos porque un terzo máis un non pode mandar sobre dous terzos menos un. Os procedementos de modificación poden ser todo o esixentes que se queira, pero, ó final, se o 50% máis un da poboación quere un cambio, este non pode ser impedido por esixencias de maiorías cualificadas, que se impuxeron no pasado sobre temas que quedaron lexislados tal como lles pareceu nesa época. Agora mesmo a vontade dos mortos prevalece sobre a da cidadanía viva sempre que teña do seu lado un terzo de escanos de bloqueo, o cal é un auténtico disparate. Non se podería cambiar a estrutura territorial de España cara a un auténtico estado federal aínda que o aprobasen 233 escanos do parlamento sempre que se opuxesen 117. Onde está a democracia como goberno da maioría? Non se podería cambiar a estrutura territorial de España cara a un auténtico estado federal aínda que o aprobasen 233 escanos do parlamento sempre que se opuxesen 117. Onde está a democracia como goberno da maioría? 8.- Que ocorre se un grupo minoritario (que pode ser o 49,99% da poboación ou unha única persoa soa) considera que non está a ser respectado pola maioría e que esa é unha situación inaceptable para el? O que hai que deixar claro e que non existe ningunha obriga a someterse á vontade da maioría. É evidente que o politicamente correcto nas nosas democracias occidentais consiste en dicir que hai que respectar as decisións maioritarias, pero isto non é unha verdade metafísica senón só algo útil como procedemento xeral de toma de decisións. Así non existe unha obriga moral de acatar a vontade da maioría baixo o argumento de que se está a promover o ben común porque, as veces, as maiorías non promoven o ben común senón só o seu propio. O goberno da maioría é o mellor que se encontrou, pero se a maioría non respecta suficientemente ás minorías, estas teñen lexitimidade para rebelarse contra esa situación e empregar os medios que consideren oportunos, como a desobediencia civil. Temos que lembrar que, aínda que Hitler chegou ó goberno de Alemaña de forma democrática, ninguén poría en dúbida a lexitimidade que podería ter exercido a xente para rebelarse, incluso polas armas, contra esa legalidade perversa. 9.- Recapitulando: a) as leis non se poden lexitimar a elas mesmas senón que hai que xustificalas externamente; b) as constitucións só reflicten os feitos consumados da historia que se fixo e segue a facerse pola forza; c) non existen leis naturais ás que recorrer para lexitimar soberanías, cabendo só argumentar desde a racionalidade se algo convén ou non polas súas consecuencias; d) en último termo, á única lexitimidade para as decisións políticas é a vontade da xente sen que importen a historia ou a antropoloxía, que só poden servir como argumentos para mobilizar esa vontade; e) o mellor goberno que atopamos ata o de agora é o da maioría, pero as minorías deben ser respectadas ou terán toda a lexitimidade para rebelarse contra a legalidade da maioría, porque a única soberanía real é a que ten cada persoa sobre si mesma, sendo as soberanías nacionais simples entelequias metafísicas construídas para xustificar o status quo vixente ou intentar cambialo. 10.- Como se pode ver, esta análise non presupón ningunha posición sobre a autodeterminación nin favorece nin prexudica as ideas independentistas ou centralistas, senón que só pon o debate sobre o dereito a decidir baixo criterios teóricos aceptables para o século XXI. Cabe subliñar para rematar que, os dereitos, non os concede nunca graciosamente o poder senón que sempre son conquistados desde a loita social. |
NOS_50421 | A Xunta non recoñece de forma directa unha falla de previsión após as críticas da cidadanía estes últimos días. Porén, anuncia a apertura de oito novos puntos para realizar exames gratuítos cando se incrementaban as críticas polo colapso do sistema de control da Covid-19. Indican que serán para atender a viaxeiras de regreso á casa polo Nadal pero non fechan as portas ao resto da cidadanía. | O colapso dos puntos de cribado da Covid-19 repartidos por toda a xeografía galega para a realización de probas PCR gratuítas parece ter chegado ao Goberno galego. Malia que a Xunta non recoñeceu oficialmente a existencia de problemas de organización, o seu presidente, Alberto Núñez Feixoo, anunciou esta quinta feira que van abrir oito puntos máis para realizar exames en aeroportos e estacións de tren. Se esta cuarta feira o máximo responsábel do Executivo galego insistía en pedir a realización de máis test para detectar a enfermidade ao tempo que ducias de galegas e galegos agardaban colas de até 7 horas para facer a proba no Sergas, un día despois a Xunta anuncia a posta en marcha doutros oito puntos de control chegando así aos 23. Estes van estar nos tres aeroportos do país, é dicir, en Alvedro (A Coruña), Rosalía de Castro -o antigo Lavacolla- (Compostela) e Peinador (Vigo). Aliás, os equipos sanitarios instalaranse tamén nas estacións de ferrocarril desde as que hai conexións a outros puntos do Estado español como son as de Vigo, Ourense -que vén de incorporar o AVE-, A Coruña, Pontevedra e Compostela. Feixoo explicou que estas áreas estarán ao dispor das persoas que regresen á casa para pasar as festas, se ben non indicou nada ao respecto de que outras persoas poidan facer cola alí para evitar o colapso noutros puntos. Onde se realizan as probas de balde?Na área sanitaria da Coruña e Cee os lugares de referencia son o Hospital Virxe dá Xunqueira, o aeroporto de Alvedro, a estación de tren de San Cristóbal, e o Covidauto Ventorrillo; e na de Lugo e A Mariña están habilitados espazos para facer a PCR no edificio da delegación territorial de Sanidade, a Casa do Mar de Burela e o Hospital de Monforte de Lemos.No caso de Compostela e O Barbanza, a Xunta manterá o Hospital Clínico, o Auditorio Vidal Bolaño, o Hospital do Barbanza e engadirá a estación de tren e o aeroporto Rosalía de Castro. O resto de puntos serán a Casa dá Xuventude de Ourense, o Hospital de Verín, o Hospital do Barco de Valdeorras e a estación de tren de Ourense; o Hospital Provincial de Pontevedra e a estación de tren; a Politécnica de Enxeñaría de Ferrol; o Real Club Naútico, a estación de tren de Vigo e o aeroporto de Peinador O comité clínico debatirá sobre Fin de Ano e Reis Por outra parte, o presidente da Xunta pediu responsabilidade á cidadanía e insistiu na idea de que tanto en Noiteboa como en Nadal os encontros sexan dun máximo de dúas unidades familiares. Tamén avanzou que o Comité Clínico que asesora ao Goberno galego desde o comezo da pandemia volverá ter unha reunión a semana próxima. Será o momento de estudar a evolución dos contaxios e tomar "decisións" sobre a prohibición ou non das festas de Fin de Ano e a posibilidade de que as cabalgatas de reis sexan de carácter estático. |
PRAZA_7641 | Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela pola lingua malia a forte chuvia. Novo éxito de convocatoria de Queremos Galego, que encheu as rúas da capital galega para reclamar a derrogación do decreto e a presenza do idioma propio na escola. Galería de fotos e vídeo no interior. | "Aínda que se molle, o galego non encolle", berraban os milleiros de persoas que este domingo desafiaron un día de chuvia e frío para manifestarse en Compostela pola lingua propia. Convocados por Queremos Galego, cidadáns chegados de todos os puntos do país volveron saír á rúa solicitar a "derrogación inmediata do decretazo", logo das múltiples sentenzas do TSXG que eliminan o cerne da polémica norma do Goberno da Xunta de Núñez Feijóo, e para amosar o seu rexeitamento á lei Wert, a reforma educativa que deixaría o idioma nunha posición residual. Milleiros volveron encher Compostela malia a chuvia e o frío; foi unha nova mostra de dignidade Pero foi, sobre todo, unha nova manifestación de dignidade e pola dignidade dun idioma galego minorizado e desprazado, nomeadamente no ensino. Unha marcha contra a política lingüística desta Xunta e tamén do Goberno central. "Queremos galego na escola", foi unha das reivindicacións máis escoitadas nunha marcha que, malia o mal tempo, volveu superar as expectativas. Cando a manifestación entraba na zona vella de Compostela, a cola aínda non saíra da Alameda. "Manda carallo, sen galego e sen traballo", berraron tamén os manifestantes, que mesturaron na marcha a súa indignación polas consecuencias da crise coa reivindicación ante os continuos ataques que está a sufrir a lingua, sobre todo desde a chegada do goberno de Núñez Feijóo á Xunta. "Nas aulas de Galiza, queremos galego", insistían unha e outra vez os asistentes, que só se comezaron a librar da auga ao pouco de chegar á Praza da Quintana, cando co comezo dos discursos parou de chover. O acto final da marcha pediu a volta ao consenso do Plan Xeral de Normalización Precisamente, neses discursos mesturouse a reivindicación coas críticas ao Concello de Santiago, que impediu a colocación dun palco para o acto final da marcha de Queremos Galego, unha medida que xa foi denunciada nos tribunais pola plataforma. Así o lembrou Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro do colectivo, que recordou tamén a situación de penuria pola que pasa a lingua galega na escola. "O 95% dos centros de Ensino Infantil das cidades non empregan o galego", asegurou. Antes, Uxía Senlle e Sés amenizaron o acto coa súa música, mentres Luís Iglesias, Pepe Penabade, Marta Dacosta ou Mercedes Queixas repartíanse para ler o manifesto. Nel, reivindicouse a "derrogación de forma inmediata" do decreto do plurilingüismo e reclamouse que o Goberno galego "promulgue unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega". Pachi Vázquez cre "lamentable" que "o principal inimigo do galego sexa o Goberno de Galicia" Na marcha puidéronse ver representantes de todas as forzas parlamentarias da oposición, así como dos principais sindicatos e organizacións estudantís. Toda a oposición denuncia a política lingüística da Xunta. Así, o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, considerou "lamentable" que "o principal inimigo do noso sinal de identidade, que é o galego, sexa o Goberno de Galicia". O líder dos socialistas galegos considera "incrible" que teñamos que defender o galego "loitando contra o goberno que en teoría estaría encargado de defendelo". Advertiu que "segue habendo persecución por parte do goberno" contra o galego a pesar da sentenza do TSXG que desbotou as principais medidas do decreto do plurilingüismo aprobado por Feijóo. Por iso, chamou así a "buscar un novo consenso" e instou ao Goberno a "deixar de usar a lingua propia como elemento de confrontación política". Jorquera critica que a Xunta "condene o galego á marxinalidade" e Beiras cre que o PP "ten o problema dos colonizados" Pola súa banda, Francisco Jorquera, voceiro do BNG no Parlamento, criticou que a Xunta "teime en seguir aplicando" o decreto que "condena o galego á marxinalidade no ensino" malia "a opinión contraria da comunidade educativa e da cidadanía". Ademais, o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, cualificou os gobernantes do PP de "nazinecios" por crer que "toda a produción da cultura galega desde hai máis de mil anos é unha arte dexeneradora". Para Beiras, o Goberno de Feijóo ten "o problema dos colonizados" porque manifesta "o seu autoodio e desprezo aos valores do seu pobo". "Eles non forman parte deste pobo, son unha excrecencia que parasita as enerxías deste pobo", engadiu, tras reivindicar que é "a cidadanía quen saca adiante o país mentres eles lle poñen freo". "Axita terán o seu castigo porque non hai que npoda pelexar contra un pobo en pé permanentamente", rematou. |
PRAZA_12605 | Tralo falecemento o pasado 27 de marzo dun brigadista en Castrelo do Val, o concelleiro popular Manuel Pérez Araújo asegurou que os medios dos que dispón o concello ourensán non se usaron adecuadamente. Isto provocou a reacción dos socialistas e do alcalde, Vicente Gómez, quen manifestou que "se o PP quere falar de culpas ou neglixencias debe recordar cando no ano 2006 lle poñía encima da mesa a Touriño todas as mortes por incendios forestais" | As responsabilidades sobre a extinción dos lumes forestais seguen a provocar liortas entre os dirixentes políticos. Tralo falecemento o pasado 27 de marzo dun brigadista en Castrelo do Val, o concelleiro popular Manuel Pérez Araújo, a través dunha nota oficial, asegurou que os medios dos que dispón o concello ourensán non se usaron adecuadamente. O concelleiro referíase a un vehículo para incendios urbanos do que dispón a entidade municipal e que non se utilizou na loita contra o lume. Esta aseveración provocou a rápida reacción dos socialistas e do alcalde, Vicente Gómez, quen manifestou este mércores que "se o PP quere falar de culpas ou neglixencias debe recordar cando no ano 2006 lle poñía encima da mesa a Touriño todas as mortes por incendios forestais" para asegurar que "tamén debería coller este cadáver e colocarllo encima da mesa a Feijóo". O rexedor, visiblemente molesto coa insinuación do edil popular de que non facilitara os medios para a extinción de incendios, non entende como o PP pode permitir este tipo de afirmacións e "como non fai uso das súas competencias e non asume a súa responsabilidade". A pesar da gravidade do asunto, o alcalde reflexionou en voz alta e sinalou: "Non sei se comprar unha mangueiriña para que Feijóo vaia apagar os lumes". Tralos dardos políticos Vicente Gómez fixo un relato de como sucederon os feitos nesta zona do interior ourensán. "Foron os propios veciños e veciñas os que participaron na extinción dos lumes, os equipos de brigadistas non tiñan nin vestiario, nin una motobomba que funcionase" Segundo explicou o primeiro edil, "foron os propios veciños e veciñas os que participaron na extinción dos lumes, os equipos de brigadistas non tiñan nin vestiario, nin una motobomba que funcionase" e engadiu que "as dúas brigadas de Xinzo que foron desprazadas non coñecían o terreo e foi a veciñanza quen tivo que guiar aos equipos de extinción". "Non hai un plan de emerxencias, non se cubriron as vacantes dos brigadistas e o operativo non está funcionando" Na mesma liña, a secretaria provincial de Medio Rural do PSdeG ourensán, Sandra Álvarez, cualificou de irresponsable a actitude do Partido Popular e aproveitou para dar detalles sobre o planeamento da Xunta na loita contra o lume. Para Álvarez, igual que ocorre noutros lugares do país, en Ourense e no distrito forestal XIV, onde se rexistraron os incendios, "non hai un plan de emerxencias, non se cubriron as vacantes dos brigadistas e o operativo non está funcionando". Os socialistas cren que a Xunta ten "unha política de extinción obsesiva e rexeitan a prevención e as consecuencias para o medio e as persoas son funestas". Neste sentido, o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, manifestou a Praza que "o caso do meu concello e paradigmático porque foi a propia Garda Civil quen me manifestou que o lume de marzo foi a causa dunhas queimas controladas e o presidente e a conselleira Quintana están a falar de coller os culpables". Brigadistas sinalan que "este ano apenas se levaron tarefas de prevención" e puxeron como exemplo a Serra do Xurés, o val de Monterrei ou o Macizo Central, que xa arderon o ano pasado e "practicamente non se tocaron" Mentres, distintos brigadistas consultados por Praza Pública certificaron as críticas da oposición ao Goberno. Salvagardando o seu anonimato explicaron que "este ano apenas se levaron tarefas de prevención" e puxeron como exemplo a Serra do Xurés, o val de Monterrei ou o Macizo Central, que xa arderon o ano pasado e "practicamente non se tocaron". Os profesionais entenden que "dende que o Feijóo tomou posesión hai unha diminución dos orzamentos tanto en materiais como en medios humanos". Representantes dos brigadistas tamén fan un chamamento aos políticos para que non fagan batalla "cos compañeiros que morren traballando". |
PRAZA_5814 | O BNG da Coruña acusa o goberno de Carlos Negreira de "loitar contra os pobres e non contra a pobreza" ao figurar por primeira vez multas por "manipulación de contedores do lixo" na memoria da policía local. | O pasado mes de maio a Policía Local da Coruña presentaba a súa memoria anual con, cando menos, unha novidade. No apartado de "procedementos e actuacións máis significativos de infraccións administrativas" o corpo policial dependente do Concello coruñés incluíu, no referido á ordenanza de limpeza, un reconto de sancións por "manipulación" de contedores do lixo. Nun contexto no que o propio goberno municipal comezaba o ano tramitando unha ordenanza para multar a quen remexa nos lixo á procura de alimentos o BNG local ve nestas cifras o inicio ese tipo de sancións, un "castigo con multas" para "persoas famentas" perpetrado polo goberno que dirixe Carlos Negreira. Dado que nas memorias dos anos anteriores "non aparece recollida ningunha denuncia" pola devandita "manipulación" dos contedores o Bloque, a través da súa edil María Xosé Bravo, pregúntase se "isto quere dicir que se comezou en 2013 a presentar denuncias por este motivo". Isto, sinala a nacionalista, suporía afondar en que "a marca PP é a loita contra os pobres e non contra a a pobreza", toda vez que "o señor Negreira emprega a policía local para resolver os problemas que non resolven os servizos sociais do Concello". A memoria da policía local da Coruña recolle 19 multas por "manipular" os contedores do lixo A xuízo da concelleira, que agarda pola resposta do goberno local, "só unha administración inhumana, insensíbel e prepotente, só un Estado policial manda a policía contra as persoas que pasan fame". Isto, argumenta, supón realizar "un uso fraudulento e inxusto da ordenanza de limpeza", concibida para manter en boas condicións as rúas e non "para castigar as persoas en situación de pobreza extrema, que se ven na obriga de buscar alimentos que os servizos sociais non son quen de fornecerlles". Agora, di, agarda saber "onde está tipificada esta infracción contra a ordenanza municipal" de limpeza. Mentres, dende o Concello, o seu voceiro, Julio Flores, argumenta que as sancións foron impostas a persoas que deitaron lixo na rúa reiteradamente. Decomisos por venda ambulante "O señor Negreira segue mantendo unha actitude belixerante" contra a venda ambulante, di o BNG coruñés A xuízo de Bravo a belixerancia policial contra persoas desfavorecidas non só se manifesta con estas multas, senón tamén coa persecución a persoas que exercen a venda ambulante, maioritariamente migrantes. A memoria da Policía Local, di, reflicte que "o goberno do señor Negreira segue mantendo esa actitude belixerante", se ben a lixeira caída no número de decomisos practicados ao longo do pasado ano "pon de manifesto que as reiteradas denuncias feitas polo BNG e polas ONG non caeron en saco roto". Así, fronte ao "annus horribilis do 2012, onde os decomisos se incrementaron nun 42%", no pasado exercicio descenderon nun 13%, ata quedar en 503. Así e todo, manifesta, a diferenza segue a ser evidente a respecto do ano 2011, no que chegou o PP ao goberno municipal, cando estas incautacións de materiais a vendedores e vendedoras ambultantes foron 406. |
NOS_30789 | #EuSonRosalía, a campaña que botou a andar a AELG para conmemorar o día da poeta inunda de Rosalías a rede. Centros de ensino, o mundo da cultura e distintas entidades prepáranse para conmemorar a xornada. | O domingo 22 de febreiro, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) conmemora o acto central arredor do Día de Rosalía. Como en anos anteriores, será no Panteón de Galegos Ilustres, onde foron trasladados os restos da poeta, ás 12:00 horas, cun acto público con música e poesía. A Coral Solfa e Uxía porán o son a unha sesión poética e de homenaxe que contará coa participación, entre outros e outras, de Xurxo Souto, Mercedes Queixas, Xosé Iglesias, Fran Barcia, Ledicia Costas, Fernando Patricio, Andrés Collantes, Isabel Vaquero,Paula Carballeira, Carlos Lema, Vicki Rivadulla, Mónica Caamaño e Isabel Kerdudo. Lerase, como nas anteriores edicións, un manifesto da xornada que desta volta foi elaborado pola poeta Rosalía Fernández Rial e realizarase unha ofrenda floral. No acto, pronunciará un saúdo o presidente da Asociación, Cesáreo Sánches que, máis unha vez, reivindicará a apertura pública do Panteón de Galegos Ilustres e a implicación social e institucional na conmemoración do Día de Rosalía. "Que Rosalía e Castelao, os dous enterrados no Panteón, estean desta maneira é metáfora do propio país. O recoñecemento de Rosalía significa tamén a capacidade de comprender o país e a súa problemática e transitar polo camiño de esperanza para construír unha sociedade nova, un novo tempo para a nosa terra", sinala Cesáreo Sánchez. Emocionante, parécelle, a resposta que está a ter a campaña #EuSonRosalía, en especial, nos centros de ensino e na xente nova que busca a maneira de identificarse coa poeta. "Nótase o traballo consciente do profesorado nos centros escolares. A xornada estase a consolidar aínda que é preciso aínda que produza os desexados efectos, entre eles, a accesibilidade do Panteón e que no calendario escolar sexa recoñecido como un día dedicado á escritora. O lema deste ano quere mostrar a solidariedade coa obra e a figura de Rosalía, a identificación tamén", defende Cesáreo Sánchez. "A xornada estase a consolidar aínda que é preciso aínda que produza os desexados efectos, entre eles, a accesibilidade do Panteón e que no calendario escolar sexa recoñecido como un día dedicado á escritora", di Cesáreo Sánchez. Diversos concellos aprobaron mocións para dedicarlle oficialmente o día á poeta e son múltiples as entidades que arredor do 24 de xaneiro organizan actos dedicados a Rosalía. Como en anos anteriores, animan a agasallar un libro en galego e unha flor nese día. Durante os próximos días a AELG promoverá ou apoiará diferentes actos en moitas localidades e centros de ensino. Na propia páxina da asociación pódense consultar actos organizados tamén por outras entidades. e polos centros de ensino que están a organizar as súas propias programacións. Tanto grupos de alumnado como persoas coñecidas do mundo da cultura están a sementar a rede de videos co cancelo #EuSonRosalia. Xurxo Souto, Marilar Aleixandre, María Canosa, Xabier Díaz, Xosé Iglesias, Rosalía Fernández Rial, Mónica Caamaño, Francisco Castro ou Ledicia Costas son algúns dos nomes que se puxeron na pel de Rosalía e o contraron a través dun video. Nesta ligazón pódense consultar algúns dos videos xa publicados. "De Cantares Hoxe" na súa casa Pola súa banda, a Fundación Rosalía, presentará o libro-CD, "De Cantares Hoxe" para conmemorar o día de nacemento da poeta. A terza feira, 24 de febreiro, cando se fagan 178 anos do nacemento da poeta organizará tamén a tradicional ofrenda floral en Santiago ademais do acto de presentación do libro-CD que terá lugar á tarde en colaboración coa Radio Galega. O Diario Cultural de Ana Romaní realizará un programa especial arredor da figura de Rosalía na Matanza de Padrón. "De Cantares hoxe" reúne poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos escritos por Rosalía para "Cantares Gallegos". No acto intervirán Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luís González Tosar, Olalla Cociña e Xosé María Álvarez Cáccamo ademais das críticas Ana Salgado e María Xesús Nogueira. Pechará a actuación musical de Najla Shami interpretando temas do seu disco dedicado a Rosalía. Rosalía ten frío A plataforma de crítica literaria feminista A Sega prepara para esa xornada un acto que consistirá en cubrir con prendas de abrigo as estatuas dedicadas a Rosalía para quitarlle o frío deste tempo. Na 1ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza que se desenvolverá en Braga dos días 23 a 28 de febreiro Rosalía estará tamén moi presente coas intervencións musicais de Uxía e Narf ademais do relatorio de Anxo Angueira, investigador e presidente da Fundación Rosalía de Castro. Tamén outras Fundacións de casas de escritores homenaxean a Rosalía arredor do seu nacemento e, desta maneira, a Casa-Museo Manuel María acolle este sábado a proba final do concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva" na que participan 74 estudantes de toda Galiza. O programa inclúe tamén visitas guiadas á casa de Outeiro de Rei para o estudantado e as súas familias ademais de contacontos e xogos para as crianzas. A Fundación Risco, con Aira das Letras, adianta a este 20 de febreiro as actividades polo día de Rosalía coa presentación do volume da poesía completa ilustrado por Manolo Figueiras (El Patito Editorial) ademais dun concerto de Najla Shami. |
NOS_11399 | A escritora Olga Novo fala para o caderno 'Máis' da realidade dunha autora en tempo de vacacións. Aliás, fai algunhas recomendacións ás lectoras e lectores. | -O primeiro que cómpre preguntar é se unha escritora da súa fama colle vacacións. Por suposto, como todo o mundo. Eu ademais de escritora son docente, polo tanto, teño as vacacións do meu traballo. Porén, no que se refire ao descanso do exercicio poético ou da creación, penso que a creación é por si mesma unhas vacacións constantes. Coido que o exercicio creativo é xa un descanso permanente dado que é unha actividade de liberación integral e profunda. -Durante o período estival, que actividades lle gusta realizar no seu tempo libre? Adoito estar coas persoas que quero. Gústame moito viaxar, aínda que, ultimamente, coa situación que temos debido á pandemia da Covid-19, é máis complicado. No entanto, pola Galiza semella máis factíbel. En xeral durante o verán gústame estar coa xente que quero, pasear, ir á praia e as típicas cousas que fai todo o mundo. "Recomendo visitar a Ribeira Sacra pola humanidade do seu patrimonio" -A Covid-19 mudou, e continúa a mudar, os plans vacacionais de todos e todas. Vostede pensa viaxar este verán aínda que sexa polo país? E en chave aventureira ou turista? Si, probabelmente pola Galiza. Pero non como turista, a verdade é que non me sinto moi identificada con esta palabra. Hai un verso dun poeta que é moi importante para min, que di nun dos seus poemas "eu son alguén que anda por aí". A palabra turista, dalgunha forma, implica que un non é do lugar ao que vai, e como eu non creo nas barreiras e nas fronteiras, eu síntome de todos os lugares aos que vou. -Recoméndenos un libro, ou unha película ou grupo de música para desfrutar este verán. Pois recomendaría o libro El infinito en un junco, de Irene Vallejo; un libro de longo alento para ler coa calma que se pode ter no tempo de verán, durante as vacacións, e desta forma poder gozar del lentamente. No referido ao cine, se tivese que escoller un filme diría Liberté, do director francés Tony Gatlif. Para rematar, gustaríame recomendar calquera punto da Ribeira Sacra porque, máis alá de ser patrimonio da humanidade, o que realmente importa é a humanidade do patrimonio. |
NOS_1219 | O Consello de Administración do Deportivo, reunido esta terza feira na sede da Praza de Pontevedra, acordou o encerramento simbólico e provisorio, durante os dous próximos partidos, de Maratón Inferior, a zona do estadio que ocupan os riazor blues. O Dépor demanda ás autoridades celeridade nas investigacións para deter "os responsábeis do asasinato" e para que o "crime" non quede impune. | Maratón Inferior estará simbolicamente baleiro no estadio de Riazor os dous próximos partidos oficiais da equipa galega, a disputar face o Málaga esta quinta feira (20 horas) e o próximo sábado (22 horas). Trátase dun encerramento simbólico e provisorio, co que o Deportivo quer patentizar a súa repulsa perante a violencia. Nos próximos días, hase de informar desde o clube da praza de Pontevedra sobre o operativo de reubicación das socios e das socias deportivistas afectados por esta decisión. O anuncio foi realizado polo presidente do clube, Tino Fernández, ao termo da reunión do Consello de Administración. Leu un comunicado durante dous minutos perante a imprensa, mais non admitiu perguntas. No seo do consello de administración, nas horas previas á súa reunión, non existía consenso sobre como xestionar este asunto. Aparentemente, a decisión de ir a un encerramento simbólico e provisorio, só dous partidos, ten o aspecto de ser unha solución de compromiso. Non fican aí os símbolos. O Deportivo quer que o partido do vindeiro sábado sexa unha manifestación masiva contra a violencia no fútbol. Por iso convida a toda a cidadanía a encher Riazor, até o ponto de que se poñerán entradas a un prezo simbólico, só 1 euro. Tamén haberá, ao comezo do xogo, un minuto de silencio. O Deportivo pide respeito á intimidade da familia de Jimmy, cuxo funeral se verificará esta tarde: "Estes días están a ser moi complicados para unha familia coruñesa que perdeu a un ser querido e á que, desde o Real Clube Deportivo, queremos enviar o noso apoio". Asasinato e crime O Deportivo non ten dúbidas sobre como cualificar a morte do seareiro deportivista. Fala de asasinato e de crime: "Exiximos ás autoridades que non descansen até deter os responsábeis do asasinato do domingo en Madrid, para este crime non ficar impune". O Dépor exixe ás autoridades que "non descansen" para "este crime non ficar impune" Tampouco quer deixar dúbidas o Deportivo sobre a súa actitude nos días previos ao match. Contra o dito polo secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez Vázquez, quen afirmou que non existían indicios que fixesen prever que o xogo fose ser de alto risco, o presidente deportivista enfatizou que o clube se puxo en contacto "co coordenador de seguranza da Policía na Coruña, a mediados da semana pasada" para comunicar que tiñan constancia de que ía haber desprazamento de blues a Madrid. A pasada quinta feira, a policía enviou un correo á Comisión Anti-Violencia en que informaba do deslocamento a Madrid dos blues, segundo revelou onte o secretario xeral do SUP na Galiza, Roberto González. Ese mesmo día, e pasando por alto esta alerta, Anti-Violencia declarou o partido de baixo risco. E que significa iso? Que apenas se despregaron 160 policías e que estes só estiveron sobre o terreno por volta das 10 horas, isto é, 2 horas antes do comezo do xogo, cando os blues chegaron a Madrid ás 8.30. Cando apareceu en escena o dispositivo policial, xa todo tiña acontecido. Atlético de Madrid di que vai expulsar o Frente Atlético Miguel Ángel Gil Marín, conselleiro delegado do Atlético de Madrid, anunciou que o club madrileño expulsará das bancadas do seu estadio os radicais do Frente Atlétic. "Unha cousa é expulsar e outra moi diferente disolver. Hai uns días preguntábanme se iamos a disolver a peña. Non son quen para iso, o que imosfacer é expulsar á peña do Vicente Calderón", dixo Gil. |
NOS_6455 | Os datos do INE sinalan que no país hai 133 persoas sen fogar por cada 10.000 habitantes, cando a media do estado español é de 71. Galiza é o cuarto territorio do estado nesta clasificación | Só Ceuta, Melilla e Euskadi superan a Galiza en número de persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes. No noso país hai 133 persoas nesta situación por cada cen mil habitantes, mentres a media estatal é de 71. Así o sinalan os datos do estudo elaborado polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Nesta enquisa tamén se indica que, e xa a nivel de estado, o 45% das persoas que quedou sen fogar en 2012 ficou nesta situación por quedars en traballo, mentres que un 21 por cento foi pola separación da súa parella. Aliás, a metade destas persoas sen fogar teñen fillos. As persoas sen fogar atendidas en centros asistencias de aloxamento e restauración foi neste ano de perto de 23.000 persoas. O 57,7% das persoas sen fogar ten menos de 45 anos, o 38,4% entre 45 e 64 anos e os maiores de 64 anos representan o 3,9%. A idade media destas persoas sitúase en 43 anos. Desde o punto de vista do tempo que levan sen fogar, o 31,9% das persoas levan menos dun ano sen dispor dun aloxamento, o 23,6% entre un e tres anos e o 44,5% levan máis de tres anos sen aloxamento propio. |
NOS_42960 | O veto á manifestación, convocada para este sábado, vén amparado no argumento esgrimido pola fiscalía: que detrás da iniciativa cidadá Tantaz Tanta está Herrira, que ten a actividade suspendida desde outubro por orde deste tribunal español. | A Audiencia Nacional prohibiu a manifestación en prol dos dereitos dos e das presas de ETA que a iniciativa cidadá Tantaz Tanta tiña convocada para este sábado. Pedírao a fiscalía, argumentando que este colectivo está vinculado ao colectivo Herrira de apoio a familiares dos e das presas, cuxa actividade o tribunal español suspendeu en outubro de 2013 após prender 18 activistas. A petición da fiscalía fora elevada ao xuíz Pablo Ruz, quen ditaminou que a manifestación podía celebrarse porque "non se achegaron elementos suficientes que permitan superar a fase de sospeita e alcanzar a fase de alta probabilidade indiciaria esixíbel para apreciar o delito" de enaltecemento do terrorismo. Baseou Ruz a súa argumentación na doutrina máis recente do Tribunal Supremo onde se indica que unha mobilización en prol dos dereitos d@s pres@s non carrexa nin eloxios nin xustificacións de actos de terrorismo. Porén, o xuíz Eloy Velasco, o mesmo que instrúe a causa de Herrira, contradí Ruz e aprecia enaltecemento ao considerar, como indicou a fiscalía, que a organización da marcha a realizou Herrira. A fiscalía baseou a súa argumentación nun informe da Garda Civil que demostraría "de maneira acreditada e xustificada", din, a vinculación entre Tantaz Tanta e Herrira. Destaca a AN que desta volta o documento non sería coma outros anteriores "en que se remiten oficios plagados de convicións policiais sen baseamento fáctico algún". O fiscal Carlos Bautista transladou así a petición de prohibición da marcha que realizaron tres organizacións de vítimas de ETA. Insiste en que Tantaz Tanta é Herrira e que "non se pode consentir a celebración da manifestación dunha organización da cal indiciariamente se presume o seu carácter terrorista". Malia estar apoiada por entidades sociais, organizacións culturais, músic@s, escritor@s, sindicatos, formacións políticas, colectivos veciñais, entidades deportivas, plataformas internacionalistas e até sacerdotes e grupos de cristiás e cristiáns de base, a Audiencia Nacional prohibiu a marcha. |
NOS_2275 | Esta segunda feira marcará rexistros próximos aos da pasada semana, os máis elevados desde 2013. O recibo da luz creceu máis dun 28% con respecto o mesmo período do ano pasado e un 55% desde o inicio de 2017. | A fin de semana significou un aliviou na factura eléctrica, despois de dous días consecutivos marcando prezos máximos. Pero o prezo da luz volverá a subir esta segunda feira a rexistros próximos aos da pasada semana, cando se acadaron as tarifas máis elevadas desde 2013. E tamén continuará a vaga de frío, cando menos até a quinta feira. Se o domingo o prezo baixaba a 72 euros o megawatio hora, este 23 de xaneiro subirá aos 84 euros, o terceiro máis alto desde que comezou o ano, segundo información recollida por Europa Press do operador Omie. Cara ás 21 horas chegará case até os cen euros. Cara as 21 horas desta segunda feita o prezo roldará os cen euros o megawatio hora En contexto, o prezo medio anual do 2016 ficou por baixo dos 40 euros, en 2015 en 50. Así, o recibo da luz encareceuse un 28% a respecto do mesmo período do ano pasado. E comparado co inicio de curso, no que vai de mes incrementou o seu prezo nun 55%. Porén, as temperaturas apenas variarán en Galiza, con máximas próximas aos dez graos e mínimas por baixo do cero no interior e os cinco na costa, segundo as predicións de Meteogalicia. A chegada dun centro de baixas presións desde o Atlántico traerá choivas cara a cuarta feira, o que se espera suavice as temperaturas en todo o país esta quinta. |
NOS_49830 | Infancia, natureza e patrimonio cultural. Estes son os tres eixes fundamentais sobre os que se ergue Miudiño Sociedade Cooperativa Galega. Desde a música de Cé Orquestra Pantasma até os obradoiros de xoguetes tradicionais, talleres para crianzas con base na creatividade ou a estimulación cognitiva até a educación ambiental. Todo isto é Miudiño. Conversamos con César Freiría, un dos impulsores da cooperativa, para saber máis deste proxecto. | Como se condensaron estes tres piares -infancia, natureza e patrimonio cultural- na cooperativa Miudiño? Eses son os tres grandes trazos que nos definen e, a partir de aí, fixemos a cooperativa, que naceu en 2016. Estaba integrando Cé Orquestra Pantasma, por un lado, co traballo discográfico, e a elaboración de xoguetes tradicionais, mediante o Tastarabás, a enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas, desde a que fixemos un primeiro católogo. Á faceta editorial, na que de momento sacamos 2 traballos discográficos con Cé Orquestra Pantasma, súmase agora unha nova colección na que vén de saír á luz o primeiro libro, Os nosos bosques. Por outra banda, Cé Orquestra Pantasma ten actuacións e obradoiros en espazos de xogo e sempre con base na natureza, aprendizaxe e respecto á infancia. Agora tamén incorporamos unha liña de eduación ambiental, aínda que o proxecto máis potente no que estamos inmersos agora é a modificación, enriquecemento e naturalización de patios de escolas. Que se procura coa naturalización dos patios de escola? Nós facemos formación nas escolas, reflexións para lograr un cambio de mirada na educación e, sobre todo, na mirada dos adultos cara aos pequenos, para recoñecer as súas necesidades básicas. O dos patios vén a raíz do monopolio do fútbol e dunha pérdida da cultura do xogo brutal. Por outro lado tamén un afastamento da sociedade e da natureza, da súa falta de contacto. Neste senso, atopámonos con patios cheos de cemento, cun espazo moi grande utilizado por uns poucos privilexiados. O xogo libre, a mochila de coñecementos que nós levábanos, cortouse alá polos anos 90. No xogo é onde as crianzas aprenden a gobernar a súa vida, a decidir con quen queren estar, a gañar, a perder, a frustrarse, a avanzar, a alcanzar obxectivos... As crianzas xa non xogan na rúa, e a escola ten que darlle ese espazo, ten que servir de compensador de toda esa falta de movemento e liberdade das nenas. Hai que procurar ese cambio de mirada dos mestres. Require a implicación da sociedade educativa en total. Nós demos ese paso e facemos desde formacións até un proxecto para crear un bosque no patio, para enriquecelo sempre con materiais naturais, madeira, e crear espazos, con mobiliario feito por nós. Tanto nos xoguetes como nos patios respectamos a madeira e a súa naturalidade. Estes días tamén están achegando vídeos para crear brinquedos desde a casa. Si, e o outro día fixen tamén un concerto que tiña pendente no Salón do Libro, xusto o espectáculo novo que ía presentar alí. Está colgado na web. E tamén comezamos a facer brinquedos. Por un lado entendo que a xente procure contactar a través das redes, mais ao tempo ten bastante perigo que nos enchoupemos no dixital e que procuremos todo na pantalla, que mal usadas son un dos grandes problemas que ten a infancia hoxe en día. O tema dos brinquedos é algo diferente, non é un concerto no que estou pasivo, senón que podes ser partícipe. Nos próximos días iremos soltando máis, con algunha volta. Nós temos un obradoiro de creación libre que se chama "Argallando". Nestes vídeos a xente copia o que eu fago, mais será interesante que eu apareza con algo feito e que cada persoa pense como crealo. A información está a golpe de clic, trátase de buscar xente que lle poida dar á cabeza ante un problema e que atope solucións, traballar o pensamento creativo. Para os tempos que nos tocan precisamos solucións creativas. O importante, alén do propio proceso manipulativo, é o equilibrio mente-mans. Dar todo feito implica que, ao final, só creemos robots. |
NOS_13989 | Greve laboral, de coidados, de consumo e estudantil. O movemento feminista chama a paralo todo esta sexta feira para denunciar e evidenciar a desigualdade e violencia contra as mulleres en todos os campos. Convocatorias en cidades e vilas de todo o país reforzan unha xornada, 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, chamada a facer historia. | A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas (Copenhage, 1910) fixou a proposta de Clara Zetkin de instaurar o 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A elección da data continúa a ter diferentes versións: desde que se elixiu o 8M polo motín de mulleres rusas nese día de 1917 perante a falla de alimentos até a greve de operarias do téxtil en Nova Iork que nese día de 1857 rematou con ducias de traballadoras asasinadas por reivindicaren os seus dereitos. En todo caso, elas, en feminino plural, suxeitos da historia, protagonistas. 109 anos despois daquel transcendental congreso este 8M amence cunha greve xeral das mulleres en marcha. Unha folga que colle o testemuño dunha convocatoria, a do 2018, na que o feminismo fixo historia. Nestes meses traballouse para que a greve deste 8M do 2019 vaia un paso máis alá en incidencia e seguimento. Quen convoca? Galegas8M, unha rede de colectivos xurdida ao albor da folga do pasado ano. Ese ano fixeron a súa primeira convocatoria unitaria -multitudinaria manifestación do 4 de marzo en Vigo- e tras o éxito decidiron apostar de novo por esta fórmula este ano 2019. Non só convocan a manifestación unitaria nacional, senón que se encargan de organizar mobilizacións por todo o país o día 8: percorridos, peches, bloque non mixto ou espazos de coidados, entre outros. A xornada é o resultado do traballo de meses en asembleas que tiveron lugar en distintos puntos. Está composto por máis de 50 colectivos e asociacións, ademais de mulleres a nivel individual. O lema deste ano é "Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista". Galegas8m chama á greve feminista de 24 horas, se ben non todos os sindicatos se uniron á súa convocatoria. As asembleas de mulleres de CIG, CUT, CNT, e SLG forman parte de Galegas8m e convocaron cadansúas convocatorias de paros de 24 horas. CCOO e UXT convocan a nivel estatal paros de dúas horas por quendas, aínda que con posibilidade de amplialos. Cales son os obxectivos? A Folga de Mulleres asúmese desde o movemento feminista "como ferramenta para reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa". Reivindícase así a soberanía sobre os nosos corpos e identidades, a soberanía sobre os nosos desexos, a soberanía sobre a vida que escollemos vivir, a soberanía alimentar, a soberanía política para o noso país, unha sociedade xusta na que os coidados sexan tarefa de todas e todos e a vida o centro da axenda política, garantir a igualdade de oportunidades e de dereitos nas condicións de traballo e na esfera social e o dereito a unha vida sen violencias de ningún tipo. É legal? É, a greve foi rexistrada polos sindicatos perante os organismos correspondentes (Traballo) e cumpre con todos os requisitos legais. "Todas as mulleres que secunden a Folga Xeral Feminista de 24 horas terán cobertura legal para exercer este dereito", indican desde o colectivo. Como se sumar á greve? A folga está formulada como un paro total de eixos da vida diaria nos que as mulleres teñen parte fundamental, polo que se estrutura en folga laboral, folga estudantil, folga de coidados e folga de consumo. Quen se quer unir á folga pode secundar os paros laborais e estudantís, secundar as diferentes mobilizacións e concentracións convocadas por todo o país, deixar de coidar sen delegar noutras mulleres, deixando de mercar e consumir nesta xornada, nomeadamente naquelas grandes empresas símbolo de explotación ás traballadoras ou amosar o seu apoio á greve pendurando mandís e outros elementos nos balcóns. Os homes poden sumarse? Legalmente si. A convocatoria de greve cobre homes e mulleres. Desde o feminismo clarifican que o papel dos homes nesta xornada debería ser o de axudar e apoiar as mulleres para que elas poidan levar o protagonismo no seu día de loita sen acumular cargas na súa vida privada. Así, deberían asumir as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, evitando que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Deberían tamén difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións, acudir aos centros de traballo e visibilizar a folga de mulleres nos seus postos. Que partidos apoian a convocatoria? Na Galiza, En Marea, PSdeG e BNG amosaron o seu apoio á folga de mulleres. Segundo o movemento feminista, a Xunta está a poñer trabas e dificultar o desenvolvemento da xornada mediante o incremento dos servizos mínimos. Ciudadanos, a nivel estatal, sumouse este ano á folga logo de que o ano pasado a rexeitase nos días previos e se unisen no último momento en vista do éxito. Mobilizacións. Hora e lugar A Coruña: 19.30h. Obelisco. Ames: 12h Praza do Concello Allariz: 12h. Praza da Barreira. A Estrada: 12h. Praza do Mercado A Guarda: 12:30H. Praza do Reló A Pobra de Trives: 19h Casa do Concello. As Pontes: 12h. Praza do Concello. Baiona: 11.50h. Quedada no Peirao de Baiona para ir á concentración na Ponte da Ramallosa (13h.). Betanzos: 12h. Praza da Constitución. Bueu: 12h. Casa do Concello. Burela: 20h. Estación de Tren. Cangas do Morrazo: 20h. Praza do Concello. Carballo: 20h. Xulgados Cee: 12:30. Praza 8 de Marzo Chantada: 12h. Praza Galiza. Castro Caldelas: 17 h. Praza do Prado Cedeira: 12h diante do concello Compostela: 11.30h. Treboada Feminista. Manifestación 20 h. Praza 8 de marzo. Cuntis: 19.30h. Centro Saúde. Ferrol: 19h. Praza Amada García. Gondomar: 11.50h. Encontro para ir á Ramallosa. Praza de Abastos. Lalín: 12h. Praza da Igrexa. Marín: 20.30h. Praza Concello. Melide: 20h. Praza do Convento Miño: 12.30h. Rotanda da Rúa Raxel. Moaña: 12h. Praza do Concello Monforte: 20:30h. Praza España Nigrán: 11.50h. Encontro para ir á Ramallosa. Noia: 20h na Praza do Concello O Barco de Valdeorras: 20h. Escoita as mulleres de Valdeorras na Praza do Concello Ortigueira: 12h. Diante do Concello. Ourense: 13h. Concentración e xantar Praza Maior. 20h. manifestación desde a Subdelegación do Goberno. Padrón: 20h na estatua de Rosalía Poio: 15h. Xantar colectivo no Fogar Armadiña. 17h Plantación de plantas lilás no fogar. Asistencia á concentración da mañá e á manifestación da tarde en Pontevedra Ponteareas: 12h. Praza Bugallal. Pontevedra: Concentración 13h. na Praza da Ferraría. Manifestación 20h. Praza do Hospital. Redondela: 12h. e 19h. Praza da Constitución Rianxo: 20h. Praza Castelao. Ribadeo: 12h. Praza 8 de Marzo. 18.15h. saída do aparcadoiro de San Lázaro para manifestación en Burela ás 20h. San Cibrao: 19.30h. Porto, saída cara a Burela para acudir á manifestación das 20h. Trabada: 18h na Praza do Concello. Valadouro: 10:30h. Tendal de mandís Viana do Bolo: 12H. Praza Maior Vicedo: 18h. Porto. Saída para Burela. Vilamartín de Valdeorras: 11:30h Praza do Concello Vigo: 20h. Praza España. Vimianzo: 20:30h Praza do Concello. Vilagarcía: 20.00h. Praza de Galiza. Vilalba: 12.30h. (Praza Circular) e 20.30h. (Praza Constitución) Viveiro: 12h. Praza Maior. 18.30 horas, saída para Burela. Xove: Xuntanza de mulleres, 17h. local das Bolboretas. Xantar colectivo e faladoiro feminista. |
NOS_24495 | Máis de 300 actividades en vinte días para o vinte aniversario. Son as cifras que resumen o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que tomará literalmente a cidade entre o 22 de marzo e o 12 de abril. "O proxecto naceu para revolucionar a cidade", expuxo a concelleira de Cultura Carme Fouces (BNG), "non hai un evento similar en todo o país". | Fouces encargouse de presentar o evento aos medios de comunicación esta cuarta feira: "Trescentas actividades e moitas novidades". Algunhas delas serán: troca de libros organizada polas Anpa da contorna -o 7 de abril-; xornada lúdica para "prolongar a vida dos libros" e de nome Contos, cancións e electricidade; o espectáculo de clausura Veñan máis vinte. O Salón do Libro, aínda con epicentro no Pazo da Cutura, esténdese por toda Pontevedra. Cincuenta estabelecementos incluirán nas cartas petiscos de países lusófionos. A residencia de maiores de Campolongo acollerá, o 5 de abril, un concerto de Sérgio Tanus e Marta Bravo. No Teatro Prinicipal habeá función o 28 de marzo con Helena, de Teatro Atlántico, e o 4 de abril, con Celebración, de Sarabela Teatro. Fouces avanzou, ademais, que "non faltarán as actividades exitosas que forman parte do programa ano tras ano", por caso, espectáculos dramatúrxicos, musicais ou orientados a bebés. O auditorio do Pazo da Cultura acollerá músicas de estrea: A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco; Comboio da lusofonía, de Maria Fumaça; Canciónspara desafinar, da Gramola Gominola, e Conto contigo, de Paco Nogueiras. Nas "xornadas dos bebés", cada domingo, haberá teatro -Comenoites, dos Náufragos, ou Afinal o caracol, de Andante-, ou música -Crash babies de We Tum Tum. Cinco clases mestras de ilustración, un congreso de mediación lectora ou a escola de familia para lecturas serán algunhas outras actvidades do Salón do Libro. "Son en total máis de 300 actividades para todos os públicos e en toda a cidade", din desde o Concello de Pontevedra. |
PRAZA_6177 | A ferramenta, que pode descargarse de balde, incorpora un dicionario composto de medio millón de entradas, preparado para unha ampla variedade de erros comúns con dez mil correccións preditivas e erros frecuentes. | FAZ. Cultura e Desenvolvemento e Cilenis, dúas spin-off da Universidade de Santiago, veñen de lanzar o primeiro teclado galego específico para Android. Na actualidade, destacan, calquera persoa que merque un dispositivo Android, sufrirá ao escribir que o teclado lle corrixa as palabras automaticamente ao castelán. Isto é así porque aínda que Google lanzou xa o seu teclado en galego, este non acaba de funcionar en moitos dos dispositivos android Isto foi o que levou estas dúas empresas a desenvolver un teclado galego baseándose no teclado orixinal de Android, xuntando desenvolvemento informático, lingüístico e de consultoría cultural, e incorporando un moi completo dicionario. Teclado Galego Android pódese descargar de balde. Ademais, é software libre, empregando unha modificación do módulo teclado (Keyboard) de AOSP, e facendo uso do dereito de modificación e distribución contemplado na Licenza Apache 2.0. O dicionario que inclúe o teclado galego está composto de medio millón de entradas; ademais traballa cunha ampla variedade de erros comúns, con dez mil correccións preditivas e erros frecuentes. É moi salientable, destacan os seus responsables, o especial coidado que o dicionario do Teclado Galego Android ten cun dos habituais erros en outros correctores: as formas verbais conxugadas con pronome (exemplo: díxenlle) das que se inclúen máis de cincuenta mil. Isto é posible grazas ao coñecemento xerado con Cilenis Conxugador e aos estudos de lingüística de corpus do Grupo de investigación ProLNat (CITIUS) do que naceu a spin-off universitaria Cilenis. Así mesmo, ao igual que outros teclados deste tipo, é un teclado preditivo, pois canto máis se empregue o teclado, máis te coñecerá, mellorando así a súa capacidade preditiva. Finalmente, permite a escritura xestual, formando palabras facendo correr o dedo sobre a pantalla, unindo letras. FAZ. Cultura e Desenvolvemento (que traballa fundamentalmente no sector da innovación ligado á cultura, para que o deseñamos novas estratexias de actuación que impulsen o seu crecemento) e Cilenis (composta por un equipo con formación en Lingüística e Informática) destacan que a sociedade demanda cada vez máis recursos lingüísticos que incidan na maior calidade do galego escrito. E, nese senso, o Teclado Galego para Android é "unha ferramenta que sae ao encontro destas necesidades, ao converterse na ferramenta que permite escribir en galego no móbil con total corrección". |
NOS_47302 | A número 2 de ERC rebaixa a DUI de 27 de outubro a "unha declaración simbólica". A Fiscalía pide para ela liberdade baixo fianza de 60.000 euros. Marta Pascal, a coordenadora do PDeCAT, fica na rúa sen medidas cautelares. | A estratexia de Marta Rovira é clara e remite para a ensaiada polos distintos referentes do independentismo: exercer o direito de auto-defensa perante as autoridades xudiciais españolas. Dito doutro xeito, o seu depoimento desta segunda feira perante o xuíz do Supremo Pablo Llarena ten como único obxectivo evitar a prisión. A número dous de ERC -e potencial candidata a presidir a Generalitat- cualificou de "simbólica" a declaración de independencia formulada polo Parlament o 27 de outubro e, alén do máis, dixo coñecer a folla de rota deseñada por Carles Puigdemont. Rovira respondeu as perguntas de Llarena, do fiscal e do seu avogado. O Ministerio Público pide para a dirixente republicana liberdade baixo fianza de 60.000 euros, o que significa que mantén o cargo de rebelión contra ela. A acusación particular -exercida polo partido de ultradireita españolista Vox- demanda, en troca, prisión sen fianza. O previsíbel é que o xuíz atenda a petición da fiscalía. Esta semana asistiremos a un carrusel de comparecencias de dirixentes soberanistas perante o TS. Esta segunda feira é a quenda de Marta Rovira e de Marta Pascal, coordenadora do PDeCAT. Terza feira irán declarar Artur Mas e Neus Lloveras. Cuarta seria o día de Anna Gabriel, quen -áchase en Suíza segundo comunicou a propia CUP- é probábel que non compareza perante Llarena. Todas estas persoas están acusadas polo xuíz de faceren parte dunha sorte de estado maior independentista ao que se responsabilizaría do deseño da rebelión, un delito que segundo o código penal implica necesariamente a utilización da violencia. Moitas voces xurídicas téñense alzado estas semanas para negar que esa tipificación delictiva se lle poda aplicar aos acontecimentos de Catalunya. Marta Pascal, liberdade sen medidas cautelares Por súa parte, a coordenadora do PDeCAT, Marta Pascal, fica en liberdade e sen medidas cautelares, após prestar tamén declaración perante Llarena. Porén, continúa imputada, por un delito de rebelión. O seu discurso no TS foi nunha liña moi semellante á do de Marta Rovira, na mesma dirección de restar validez xurídica ao pronunciamento do Parlament do 27-O. No caso de Marta Pascal nen a fiscalía nen sequer o ultradireitista Vox pediron para ela medidas cautelares. Noticia actualizada ás 16.18 |
NOS_13996 | Fernanda Lois é presidenta do comité de empresa da Residencia Valle-Inclán, na que traballou por volta de dúas décadas. Foi despedida xunto con outras 38 compañeiras por "defender os nosos dereitos". | Embora contar con 15 sentenzas de nulidade que exixen a súa readmisión nas mesmas condicións de traballo, a xerencia da residencia de idos@s continúa a se negar executar a súa re-incorporación. "O simple feito de estarmos sindicadas era unha sentenza de morte para el", conta Fernanda a respeito do xerente da empresa adxudicataria dun concerto da Xunta de Galiza. Aliás, denuncia, foron atinxidas por unha campaña de acoso laboral que tamén foi denunciada perante a xustiza. Sodes 39 traballadoras despedidas. Contades con 15 sentenzas de nulidade que exixen a vosa readmisión mais seguides na rúa. Que é o que está a acontecer na residencia Valle-Inclán?Comezaron a nos sacar das nóminas uns pluses que tiñamos e a adebedarnos pagas extras. A raíz de comezar a reclamar eses dereitos e estarmos sindicadas, comezou a botarnos. Primeiro cambiounos de turno, á xornada partida, estivemos algúns meses sen cobrar, despois, como continuabamos a defender os nosos dereitos, comezou a nos despedir. Denunciástedes acoso, persecución laboral e sindical. Credes que houbo un delito contra os dereitos das traballadoras? Si, moito delito. O simple feito de saber que estabamos sindicadas ou que tiñamos algo a ver con un sindicato --daba igual que foses da CIG, de CCOO ou de UGT-- iso era unha sentenza de morte para el [refírese a Enrique Martínez Núñez, xerente da residencia Valle-Inclán]. El non quería alí ningún sindicato. Recorréstedes á xustiza...Antes de reclamar nada primeiro falamos con el para vermos de arranxar dalgunha outra maneira. Mais houbo que recorrer á xustiza. Acaban os xuízos en abril e até o momento gañámolos todos cunha nulidade. Aínda así néganse a cumprir as sentenzas, non?Si. As sentenzas din que nos tiña que readmitir nun prazo de 15 días. Non nos readmiteu e nós recorremos. A min tíñaseme que readmitir hai 2 meses e non o fixo. Hai case un mes que tiñamos que recuperar os nosos postos de traballo en 3 días, mais nada. Despediron unha das traballadoras por solicitar unha xornada reducida que lle permitise conciliar a súa vida familiar Tamén hai traballadoras que levan meses sen cobraren por defenderen os seus dereitos, non si?Son 3 ou 4 que comezaron a reclamar e recibiron ameazas de que as ían despedir se seguían. Deron para atrás en todo e agora continúan traballando mais aínda están sen cobrar o mes de xaneiro. El o que non quere é ningún sindicato na empresa. A residencia é del e manda el. Unha traballadora ten mesmo demandas por acoso, chamoulle cousas fortísimas, insultos horríbeis. Houbo casos onde se lle negou a conciliación á traballadora, non si?Si. Foi a tres traballadoras. Unha delas botouna polo simple feito de pedir a xornada reducida. Na residencia non se pode pedir nada, semella que chegou Franco á empresa. Que papel xoga en todo isto a Xunta? Xoga un papel moi importante porque, imos ver, a Xunta di que non ten nada a ver porque é un conflito laboral. Mais tamén ten que facerse cargo dos traballadores, de feito, Beatriz Mato [cuxa Consellaría de Traballo e Benestar adxudicou o concerto coa empresa que xestiona a residencia] é tamén conselleira de Traballo. Aí estanse pasando cartos dunha empresa para outra. A Consellaría de Beatriz Mato lávase as mans e rexeita reunirse coas traballadoras que, di, non teñen "nada a ver" coa Xunta Cónstavos que se están a transferir cartos da Xunta ilegalmente?Si, si. Agora mesmo os idosos privados --que pagan unha parte dos custos da residencia-- teñen que pagarlla a Nurtime. Mais a parte que paga a Xunta estalla a pagar a Nurtime, tamén, que é a empresa que xestiona a residencia. Mais non pode nen sequera facelo porque non conta con autorización e é unha empresa de xardinería. Hai un desvío [de fondos] moi grande. A Xunta reuniuse con vós?Reuníronse moito antes de que nos despedisen, mais foi a secretaria, da secretaria, da secretaria. Despois, cando comezou o conflito e comezaron os despedimentos, foi cando solicitamos reunirnos con Beatriz Mato. Mais nada, fomos alí dúas ou tres veces, para que se nos atenda, mais nada. A min chamáronme directamente para me dicer que non se ían reunir con nós porque non tiñamos nada a ver coa Xunta de Galiza, que non era cousa deles. Hai algunha relación entre o xerente da Residencia Valle-Inclán [Enrique Martínez Núñez] e o partido que goberna a Xunta, o PP?Si. Foi nas listas do PP á alcaldía de Cambados. Aliás, abertamente di que é do seu partido. Alardea moito diso. |
NOS_48856 | O uso oportunista do aniversario de voda de Felipe Borbón dálle moito xogo á imprensa sistémica. E, claro, ao noso espía na campaña isto non lle pasa inadvertido. | Ninguén vai dubidar da importancia dos aniversarios, pero na súa xusta medida. O que ocorre é que desviar a atención, sobre todo nos sectores cidadás que máis sofren a crise, é obxectivo total da campaña das formacións sistémicas, que sempre atopan axuda para este traballo na prensa masiva, que a catro días duns comicios de enorme importancia prefiren centrar a súa axenda na lembranza... dunha voda. Certo que en Galiza os escandalos do PP son de tanto alcance que resulta inviábel sequera imaxinar que Paula Prado -a número 3 de Feijóo- non ocupase as capas (mais no Correo aparece moi, moi diluído). Pero nos xornais estatais -en todos, coincidencia non é- do que falan é da Casa Real española, porque o Borbón herdeiro casou hai dez anos cunha xornalista, e iso parece que algo fundamental nas nosas vidas. Volvamos á famosa comparación con Corea do Norte, xa utilizada aquí hai uns días. Nos medios sempre atoparán denuncias sobre como alí adoutrinan a rapazada no amor ao líder nacional, pola contra, que exactamente iso sexa o que se fai no estado español con El-Rei, nin palabra. Non atoparán na prensa críticas a eses concursos que levan a cativ@s á Zarzuela porque fixeron un debuxo que retrataba a Juan Carlos I como Supermán. O mesmo en Corea do Norte... xa saben. E iso aparece nuns periódicos que no momento decisivo dunha campaña prefiren dedicar o seu espazo a dicir o marabilloso que é o Príncipe e o gran acerto do seu casamento. Nese ton. Cortesán até a repugnacia. Pura idade media. |
NOS_24375 | Do coração da cidade de Donetsk, na Praça Lénine, à Universitetskaya são cerca de dez minutos a pé. É nesta avenida que testemunhamos a destruição provocada pela artilharia ucraniana uma hora antes numa das faculdades. A fachada está negra e as janelas estão destruídas. Felizmente, os alunos estudam para os últimos exames e o ensino é à distância. | Apesar de ser dia da semana, ali bem perto, num extenso parque verde, dezenas de pessoas fazem piqueniques e há até quem nade num poluído lago para combater o calor que se faz sentir. De repente, ouvimos o assobio de rockets e várias explosões seguidas. Tão perto que não conseguimos sair dali. Estamos presos entre um lago, onde o mesmo homem nada despreocupadamente, e o centro da cidade debaixo de um pesado bombardeamento que acabaria por durar mais de três horas. Há um silêncio pesado como chumbo, só interrompido pela sirene das ambulâncias, quando conseguimos atravessar a cidade envolta numa estranha névoa, resultado de vários incêndios. Não há um único carro a circular apesar de ser a hora de saída do trabalho. Um homem atravessa a artéria central de Artem a correr e uma mulher com sacos nas mãos esconde-se dentro de uma loja. É este o retrato do mais violento dos ataques sobre a maior das cidades da região do Donbass em muitos anos. "Os ferimentos são mais graves do que em 2014 e 2015 porque os combates são mais agressivos" Nos dias seguintes, visitamos o Centro de Traumatologia da República Popular de Donetsk, localizado numa zona cêntrica da cidade. Este hospital com capacidade para 380 camas recebe a maioria dos feridos deste conflito. Segundo Vadim Onopriyenko, diretor assistente para o trabalho cirúrgico, os funcionários deste serviço já trataram mais de 1.000 pacientes relacionados com a guerra. "Os ferimentos são mais graves do que em 2014 e 2015 porque os combates são mais agressivos. Como pode ver por si próprio, agora todos os bairros estão a ser bombardeados. Tratamos os feridos de toda a cidade. No sábado, durante o bombardeamento massivo de Donetsk, recebemos 15 pessoas. Infelizmente, não foi possível salvar duas delas. Tinham ferimentos muito graves", descreve, explicando que as "armas mais pesadas fornecidas pela União Europeia" provocam mais danos entre a população civil. Crónica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida" Até ao momento, desde fevereiro, receberam cerca de 100 crianças. Também cerca de 30 prisioneiros de guerra ucranianos que, segundo Vadim Onopriyenko, foram tratados como qualquer outro paciente neste hospital que já foi atingido várias vezes. "Para um médico, não há diferença quando tem um paciente na mesa de operações. O médico deve prestar a assistência adequada, competente, e concentrar todos os seus conhecimentos, a fim de proporcionar ao paciente cuidados médicos competentes e qualificados", afirma. De acordo com este médico, as feridas estão, sobretudo, relacionadas com lesões no sistema músculo-esquelético. Questionado sobre quem é responsável pelos bombardeamentos, se a artilharia russa ou ucraniana, enerva-se e pede que pensemos "com a cabeça". "Pense no que está a dizer. Acha que a Rússia vai disparar sobre os seus próprios cidadãos?". Testemunhos desde o hospital Depois deste momento de tensão, aceita que entrevistemos alguns pacientes mas deixa um aviso. Muitos deles foram atacados com armas da NATO e podem reagir mal se souberem que somos de um país membro da Aliança Atlântica. Alguns recusam, outros aceitam testemunhar o que viveram. Crónica desde o Donbass: a vitória celebrada em Mariupol oito anos depois À nossa frente, deitada numa cama, está Olga Adjigay, de 40 anos. Explica que estava a entrar numa loja quando ficou debaixo de fogo de granadas de morteiro. "Atingiram-me imediatamente nas pernas e caí. Não perdi a consciência durante algum tempo. Rastejei até aos degraus da loja. Subi. Lá, encostei-me à bancada e comecei a perder a consciência. Vi os meus pés. Estavam com mau aspecto, envoltos em sangue. Comecei a perder a consciência. Então, um tipo aproximou-se de mim. Fez um garrote numa das minhas pernas com uma fita. Não havia nada para fazer o mesmo na outra perna. Esperámos muito tempo por uma ambulância. Quando chegou e me levou para o hospital, já tinha perdido a consciência". Ficou sem uma perna. Olga Adjigay estava a entrar numa loja quando ficou baixo de fogo. (Foto: Bruno Carvalho) Com três cirurgias pela frente, tenta ganhar forças para enfrentar um futuro com dois filhos. Diz que é uma "guerra sem sentido" e aponta o dedo à Ucrânia. Para Olga, a presença do exército russo é fundamental para "defender a região de Donetsk" e "proteger" a população. Uns quartos adiante, encontramos Alexander Kucherenko. O panorama é terrível. Este homem de 61 anos tem os membros engessados e a pele queimada. "Estava no meu local de trabalho. Nesse momento, um projétil caiu. Trabalho numa empresa de abastecimento de água, numa oficina", descreve. Uma explosão inesperada atirou-o para o chão e desde então tudo mudou. Alex Kucherenko no Centro de Traumatologia de Donetsk. (Foto: Bruno Carvalho) "Perdi um olho. Não tenho um olho. Não pode ser recuperado. Posso perder a perna esquerda. Não sei se a vão salvar ou não. Há que tentar. Os braços e vários ossos do corpo estão partidos. Tudo está queimado. Havia algum tipo de substância inflamável. A minha perna ficou esmagada. Mal consegui sair da oficina. Caí e chamaram uma ambulância. Eles ajudaram-me. Os que estavam perto de mim chamaram uma ambulância e puseram-me um torniquete", é assim que narra a maior tragédia da sua vida. |
PRAZA_650 | O número de horas de traballo de todos os paros laborais levados a cabo o pasado ano en España, catro veces menos que en 2012, foi o máis baixo dende 1972. En Galicia fixeron folga en 2014 3.734 traballadores, fronte aos 25.642 de 2013. | 2014 foi o ano con menor número de horas de traballo perdidas por folga en España dende 1972, segundo revela o Informe de Conflitividade Laboral que esta semana publicou a CEOE. En total, leváronse a cabo 958 paros laborais, moi por debaixo dos 1.259 de 2013, representando esta cifra o número máis baixo de folgas dende 2007 (cando houbo 852). Descendeu tamén a cifra total de traballadores e traballadoras folguistas, un total de 328.356, fronte aos 582.396 de 2013 e aos 3.931.646 de 2012, ano da aprobación da reforma laboral e da convocatoria da última folga xeral no Estado. O número total de horas de traballo ocupadas por folgas foi de 9.180.580, fronte ás 15.535.694 de 2013 e ás 40.483.799 de 2012. Como curiosidade, o ano con maior cantidade de horas de folga na historia de España foi 1979, con máis 171 millóns. O ano con maior número de traballadores e traballadoras que levaron a cabo algún tipo de paro laboral foi 1988 con algo máis de oito millóns. O récord de folgas corresponde a 1987, con 3.194. A rebaixa da conflitividade laboral en Galicia nótase especialmente no número total de horas de traballo perdidas polos paros laborais: 192.596. En 2013 foron 507.968 e, por poñer un exemplo, en 2009 foron 3.915.772 A cantidade de horas perdidas por folga, que chegara a acadar importantes picos na crise de comezos dos noventa (ao redor de 88 millóns de horas de folga en 1992), descendeu nos anos de bonanza económica entre 1995 e 2007, situándose sempre por debaixo dos 30 millóns. A presente crise incrementou a conflitividade entre 2008 e 2010, descendendo os datos en 2011 e volvendo a aumentar de forma espectacular en 2012, para caer en 2013 e chegar en 2014 a este mínimo histórico, con 9.180.580. Temos que remontarnos á ditadura franquista, e ao ano 1972, para atopar un ano cun menor número de horas de folga, que dende ese momento sempre superaron os dez millóns. 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Folgas 1.019 1.125 1.112 1.168 1.284 1.259 958 Traballadores/as 359.753 546.330 2.659.606 613.514 3.931.646 582.396 328.356 Horas 42.239.832 47.992.406 35.329.284 14.089.202 40.483.799 15.535.694 9.180.580 Número de folgas, traballadores/as implicados/as e horas totais no conxuto de España. Fonte: CEOE En canto a Galicia, a tendencia é semellante. O informe da CEOE ofrece información sigularizada dos paros de ámbito autonómico, provincial e local. En 2014 convocáronse 57 folgas en Galicia, menos que en 2013 (71). Participaron 3.734 traballadores e traballadoras, oito veces menos que en 2013 e moi lonxe tamén dos niveis previos á crise (12.145 en 2012). A rebaixa da conflitividade laboral en Galicia nótase especialmente no número total de horas de traballo perdidas polos paros laborais: 192.596. En 2013 foron 507.968 e, por poñer un exemplo, en 2009 foron 3.915.772 e en 2008, 1.688.944. |
NOS_29292 | Segundo os últimos datos do Ministerio de Agricultura, o prezo é de 35 céntimos/litro. | O prezo do leite que vende o sector ganadeiro galego repuntou en novembro do pasado ano até os 35 céntimos por litro (eran 34,2 céntimos en outubro), segundo os datos que vén de publicar o Ministerio de Agricultura. Porén, esta cifra segue á cola do Estado, onde a media fica en 36,2 céntimos/litro. O seguinte territorio cunha peor tarifa é A Rioxa, con 35,2 céntimos/litro. Deste modo, o dato galego sitúase case tres céntimos por baixo do prezo na veciña Asturies. Perda de granxas Pola súa parte, as granxas con entregas lácteas na Galiza continúan á baixa, con 6.432 en novembro, once menos que o mes anterior. No que atinxe á produción, no undécimo mes de 2021 caeu até as 339,3 toneladas, unhas nove menos que en outubro. Protestas do sector O sector lácteo galego vén denunciando esta situación nos últimos meses a través de diferentes mobilizacións por todo o país. |
NOS_10564 | Ducias de persoas saíron á rúa na Coruña e Pontevedra para protestar pola privatización da sanidade pública e a venda do Hospital Povisa de Vigo. | A Marea Branca contra o desmantelamento da sanidade pública trasladouse este domingo, 17 de novembro, ás rúas da Coruña e Pontevedra para censurar a venda do Hospital Povisa de Vigo a Ribera Salud -da norteamericana Centene Corporation- e defender un sistema sanitario público e de calidade para a cidadanía galega. Ducias de persoas acompañaron ás representantes da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública nunha mobilización que se repite cada terceiro domingo de mes e que xa supera o medio cento de convocatorias. Povisa Miguel Ángel Jiménez, voceiro da coordinadora, criticou a venda de Povisa á mesma empresa americana que durante dúas décadas xestionou outro hospital en Valencia. "Despois de 20 anos de administración fraudulenta, ineficiente e antieconómica" agora "Feixoo ofrécelles Galiza para continuar co saqueo", afirmou. As manifestantes condenaron expresamente "a complicidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, neste negocio, e reclamaron "unha Atención Primaria que chegue a todas as galegas e reforce as estruturas existentes até alcanzar 25% dos recursos sanitarios públicos". Promoción dun modelo público Canto ao Goberno progresista que acordaron Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, a Coordinadora amosou a súa "prudente satisfacción", e asegura que "permanecerá atenta" para saber se a protección da sanidade pública se cumpre, co fin de recuperar a "universalidade 100%". Insuficiencias xeralizadas, gastos ineficaces, falta de transparencia, atrasos e sobrecustos son as principais deficiencias dos modelos público-privados. Neste sentido, lembrou que o Tribunal de Contas Europeo arremete "duramente" -nun documento publicado en marzo de 2018- contra a participación privada en infraestruturas e servizos públicos, ao tempo que recomenda aos países membros da Unión Europea "non promover os modelos público-privados". Nese informe, destacan desde a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública, figuran as principais deficiencias deste tipo de servizos: "insuficiencias xeralizadas, gastos ineficaces, falta de transparencia, atrasos e sobrecustos". |
NOS_18733 | O calendario depara un duro inicio de campaña para o único representante galego na ACB | O Monbus Obradoiro de Compostela, único representante galego na máxima categoría do baloncesto estatal, xa ten calendario para esta tempada 2020/21, na que a institución festexará o seu 50 aniversario. Os de Moncho Fernández estrearanse xogando como locais o sábado 19 de setembro, ás 18 horas, recibindo o Baloncesto Fuenlabrada no Multiusos Fondes do Sar. As tradicionais dúas xornadas de descanso serán ambas en xaneiro e, oito meses máis tarde do comezo da competición, o conxunto compostelán despedirá a tempada como visitante na pista do San Pablo de Burgos a fin de semana do 15 e 16 de maio. Non obstante, e a pesar de que a ACB publicou o calendario completo de emparellamentos, tan só se fixo público o horario das sete primeiras xornadas. Así, tras debutar na casa recibindo o Baloncesto Fuenlabrada, o Obradoiro disputará a primeira xornada entre semana na pista do Baxi Manresa o xoves 24 ás 19 horas, case sen tempo de prepararse para o seguinte encontro, na casa ante o Coosur Real Betis o 27 de setembro ás 17 horas. Xa en outubro, a entidade presidida por Raúl López visitará a pista do Bilbao Basket, o sábado día 3 ás 18 horas. A quinta xornada disputarase na pista do Real Madrid o domingo 11 de outubro ás 12.30 horas. Unha semana máis tarde, o sábado 17 de outubro, os obradoiristas recibirán en Sar o Delteco GBC (20.45 horas), mentres que o domingo 25 de outubro o Monbus Obradoiro porá rumbo a Gran Canaria para enfrontarse o Herbalife ás 13 horas. Fernández, na súa liña Tras coñecer o calendario de emparellamentos, o adestrador Moncho Fernández insistiu, como é habitual nel, en que non dará "maior importancia" a aquelas cousas que estean fóra do seu control. "A peculiaridade deste ano é que, ademais das circunstancias propiamente ditas do calendario, hai unha serie de factores arredor, que todos coñecemos, e que fan que as valoracións sexan un exercicio un tanto en balde. Nós o que temos que facer é prepararnos o mellor posíbel para esa primeira semana de Liga, que vai ser moi dura, tanto, que imos xogar practicamente tres partidos en oito días, o que suporá unha enorme esixencia física para uns xogadores que levan tanto tempo sen disputar partidos oficiais", sinalou Fernández. Polo de agora, o preparador galego xa conta cun novo reforzo para conseguir o obxectivo da permanencia nesta tempada tan especial para a afección do Obradoiro: o ala-pivote israelí-americano de 29 anos Jake Cohen, que conta con experiencia en equipos do nivel do Maccabi de Tel Aviv. |
NOS_40373 | Velaquí dúas listaxes comentadas do mellor e do peor que puidemos ver este ano nas salas de cinema, segundo o noso crítico de referencia, Andrés Castro. | O mellor 1. SICIXIA. En todos os sentidos, a experiencia audiovisual do ano. [Crítica] 2. A CHEGADA. Marca un antes e un despois no cinema de ciencia-ficción. [Crítica] 3. UN MONSTRO VÉNME VER. Extraordinario deseño de produción nunha historia que chega á alma. [Crítica] 4. ELLE. Verhoeven vai da man de Hitchcock e Buñuel nun thriller incómodo máis aló do límite do desexo. 5. MIGAS DE PAN. Unha viaxe moral e emocional que estremece. Necesaria. 6. AQUARIUS. Adaíl de denuncia contra o golpe de estado perpetrado no Brasil. [Crítica] 7. MIMOSAS. Cinema de autor a contracorrente que non deixa de acaparar premios. [Crítica] 8. TONI ERDMANN. Ciclotimia levada ao cinema cunha das escenas máis hilarantes dos últimos anos. 9. O PRINCIPIÑO. Mestura de stop-motion e as técnicas de animación máis avanzadas que consegue transmitir o espírito da novela. [Crítica] 10. MARÍA (E OS DEMAIS). Bárbara Lennie encarna á perfección á xeración dos "trinta e tantos". [Crítica] O peor 1. ESCUADRÓN SUICIDA. Gastaron os cartos nunha banda sonora de luxo en detrimento de dirección, guión, diálogos e montaxe. Iso si, é o mellor videoclip do ano. [Crítica] 2. PREMONICIÓN. Ía para segunda parte de "Seven" e queda ao nivel dun episodio piloto de serie de televisión. [Crítica] 3. INDEPENDENCE DAY: CONTRAATAQUE. Aborrezo o día que lle quixen dar unha oportunidade a este pastiche sen pés nin cabeza. 4. VICTOR FRANKENSTEIN. É tan mala que é un esmendrelle. [Crítica] 5. PESADELOS. Nin medo nin risas cun Jack Black desnortado. 6. WARCRAFT: A ORIXE. Outro videoxogo levado á pantalla con máis pena que gloria. [Crítica] 7. X-MEN: APOCALIPSE. A peor da saga. Xa pintaba mal cando o supervilán semellaba saído do "Xovenciño Frankenstein". [Crítica] 8. MONEY MONSTER. Jodie Foster conta cunha boa premisa, mais tira todo por terra ao caer no politicamente correcto. [Crítica] 9. NUNCA APAGUES A LUZ. Moito bombo por un trailer "non apto para crianzas", pero o filme non dá medo. [Crítica] 10. AVE CESAR!. (Hail, Caesar!). Unha das maiores decepcións do ano, sobre todo por estar dirixida polos irmáns Coen. [Crítica] |
NOS_36851 | A portavoz nacional salienta que este é "o BNG máis forte da súa historia", e afirma sentirse "moi apoiada por todo o mundo" dentro da forza política. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou esta mañá en rolda de prensa a apertura dun "proceso de reflexión" para analizar cal será o seu papel na formación frontista após a XVII asemblea que decorrerá o vindeiro 7 de novembro. "Abro este proceso de reflexión con toda a normalidade, para analizar neste momento cal é a achega que eu debo facer", dixo, ao tempo que asegurou sentirse "moi apoiada por todo o mundo dentro do Bloque". O BNG "máis forte da súa historia" Pontón explicou que a vindeira asemblea producirase "nunhas circunstancias moi diferentes das dúas últimas [en febreiro de 2016 e marzo de 2017]", xa que o BNG "remata un ciclo político" que se iniciara daquela coa "resistencia, a consolidación e finalmente o despegue" do partido. "Hoxe o Bloque é o máis forte da súa historia. Unha organización que medra, con presenza municipal, con gobernos que son referencia e cun incremento do apoio social e electoral como resultado dun traballo intenso", salientou. Neste senso, agradeceu o "compromiso imprescindíbel" da militancia e das persoas simpatizantes, e reivindicou unha "liña política que conseguiu conectar e situar o nacionalismo como alternativa de goberno". Aliás, apostou por unhas "bases sólidas para enfrontar con garantías de éxito" un obxectivo "de primeira magnitude" como é prepararse para gobernar a Xunta "desde a presidencia". "Non rexeitou presentarse á reelección nin moito menos" Fontes da formación nacionalista consultadas por Nós Diario confirman que Pontón deu conta da apertura desa reflexión no primeiro encontro que mantivo a Executiva nacional do BNG para abordar o inicio do curso político. "Dixo que quería determinar que é o mellor para o partido e para ela mesma, en que medida pode seguir contribuíndo ao desenvolvemento do proxecto, mais non rexeitou presentarse á reelección nin moito menos", sosteñen. Malia non marcar ningunha data concreta para anunciar a súa continuidade á fronte do proxecto, si sinalou que o resolverá "antes" do prazo que fixa a asemblea para a presentación de candidaturas. Porén, segundo puido saber Nós Diario, non se valora ningunha alternativa á candidatura de Pontón. "Non hai que dar nada por sentado nin na vida nin na política, que os logros hai que conquistalos cada día. Hai que pensar as decisións e actuar con valentía, sopesando os pros e os contras e pensando con rigor, seriedade e logo traballar sen ningún desalento, con todo o ánimo e toda a forza", reiterou, para argumentar que é unha persoa "reflexiva" á que non lle gusta "actuar desde a rutina senón desde a reflexión". |
NOS_32533 | O Parlamento Europeo rexeitou a proposta de recortes no orzamento comunitario para 2013 feita polos vinte e sete en eidos como o emprego e a agricultura. O BNG avogou porque as contas comunitarias teñan en conta os sectores produtivos galegos | A postura defendida polo BNG no debate, a través da súa eurodeputada Ana Miranda, é que se teñan en conta os sectores productivos de Galiza para alén da economía real do país e do resto do tecido comunitario. O Parlamento europeo rexeitou os recortes propostos polos vinte e sete ao orzamento comunitario de 2013 en capítulos que considera fulcrais, como son os fondos que se destinan á agricultura, ao empego e á administración, ente outros. Nesta liña, @s eurodeputad@s instaron os estados a non incluiren nas contas o recorte de 1.900 millóns de euros que propuñan nestes campos. Perigo A Eurocámara advirte que os recortes que barallan os estados para os orzamentos van supor poñer en perigo actuacións "cruzais" para relanzar a economía. @s eurodeputad@s tamén se opuxeron ao recorte de 1.600 millóns de euros que propón o Consello para a política rexional, así como nos fondos adicados á agricultura. |
PRAZA_10054 | Augas de Galicia cualifica as actuación de Explotaciones Gallegas como posible "figura delitiva" por desviar un regato sen autorización. A empresa xa foi multada en tres ocasións en medio ano pola Administración. | Outro expediente sancionador contra Explotaciones Gallegas, máxima accionista de Cobre San Rafael e impulsora da reapertura da polémica mina de Touro. É outra vez Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, quen sinala unhas obras non autorizadas na cabeceira do rego Portapego. Segundo a acta de inspección dos axentes, a empresa desviou o curso do rego e mesmo puido subtraer augas públicas. No informe, Aguas de Galicia cualifica as actuacións de Explotaciones Gallegas como posible "figura delitiva", ao constatar os feitos que foran denunciados pola asociación Aldea Viva. Augas de Galicia cualifica as actuación de Explotaciones Gallegas como posible "figura delitiva" por desviar un regato sen autorizaciónO colectivo relatou como o pasado outono e inverno, as augas do rego Portapego, cargadas con lodos da mina, rebordaron polas rúas do núcleo de Fontedíaz, en Touro, logo de que a compañía propietara da mina levase a cabo momentos de terra e desviase parte deste rego. "Púidose comprobar por ambos axentes unha desviación do leito natural do regato, ou ben a subtracción do curso de augas públicas, puidendo ser esta última figura delitiva dado que esta conduta debera ser catalogada como unha distracción das augas, como entendendo diso a desviación das mesmas sen contar coa pertinente autorización do organismo da conca", di o informe. Aldea Viva defende que o propietario da mina, "como causante, é que ten que restaurar os terreos e resolver a contaminación do Portapego". E lembra que xa reprobou en reiteradas ocasións os investimentos públicos feitos por distintas administracións nese regato coa finalidade de "tapar as desfeitas causadas polo propietario da mina". "A última, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez que en recente visita a Touro, comprometeu 60.000 euros de diñeiro público para ampliar unha canalización coa pretensión de que os lodos da mina non entullen o leito e circulen río abaixo até o Ulla", explica Aldea Viva, que lembra que Augas de Galicia tamén notificou ao Concello de Touro para que se absteña de dar calquera permiso ou licenza nestes terreos mentres non se resolva o expediente.A mineira de Touro foi sancionada tres veces en medio ano por Aguas de Galicia, que certificara hai un ano que todos os ríos na contorna da mina están xa contaminadosAgora queda por determinar cal será a sanción que Augas de Galicia estableza para Explotaciones Gallegas, que en apenas medio ano recibiu tres por un total de 80.000 euros (30.000, 20.000 e outros 30.000 máis). O organismo dependente da Xunta foi quen certificou tamén hai case un ano que todos os ríos na contorna da mina de Touro están xa contaminados, baseándose nos datos das analíticas realizadas en todos os puntos de control da contorna dunha explotación mineira que agora quere reabrir Cobre San Rafael, malia o forte rexeitamento social e político. |
PRAZA_6894 | ENTREVISTA Inés García Holgado, promotora da querela arxentina contra a ditadura fascista xunto ao galego Darío Rivas, visita Galicia e volve criticar o Goberno español por non colaborar coa xustiza. "O que pasa aquí é algo incrible; debería haber presión internacional", di. | Inés García Holgado foi, xunto ao galego Darío Rivas, unha das promotoras da querela que o 14 de abril de 2010 se presentou en Arxentina contra a ditadura franquista por xenocidio e crimes de lesa humanidade e ante a nulidade e falta de progreso das causas abertos contra o fascismo en España. Nela pedíase que se procurasen os nomes e enderezos dos membros dos gobernos existentes entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, así como dos mandos militares, da Garda Civil, de Seguridade e da Falanxe no mesmo período. Consideraba a demanda que os seus delitos son imprescritibles baixo o criterio de xustiza universal e a pesar da lei de Amnistía de 1977. A causa foi medrando e acumulando milleiros de casos de represaliados, torturados, desaparecidos e asasinados durante o franquismo, tamén moitos desde Galicia. A pasada semana, a xuíza María Servini de Cubría ditou unha orde de detención, con solicitude de extradición, de vinte dirixentes e altos funcioarios franquistas, entre eles o ex vicepresidente do Goberno e comisionado para a catástrofe do Prestige, Rodolfo Martín Villa. Inés García Holgado, que se atopa en Galicia para dar unha conferencia sobre esta querela convidada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña, cre que, "coma sempre", España non cumprirá a lei, obviará os mandatos internacionais e evitará extraditar os reclamados. Sobriña e sobriña-neta de tres asasinados polo franquismo -concelleiro e alcalde incluídos-, advirte que tanto ela como o galego Darío Rivas -fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado en 1937- seguirán "loitando ata a morte" para dignificar a memoria dos seus familiares e levar ante a xustiza os responsables de milleiros de mortes. Fará caso o Goberno español da orde de extradición ou repetirá o que fixo nos casos anteriores? A Interpol xa ten as ordes de arresto e España xa tería que ter detido estas vinte persoas, pero como fai sempre, non cumpre e temo que non cumprirá. Foi un novo informe do fiscal federal Ramiro González o que propiciou estas novas ordes de detención e iso xa é importante, porque o detallado do texto fixo que a xuíza tomase estas medidas. É clave porque nomea todos os denunciantes e querelantes e reclama outras medidas que a maxistrada podería solicitar no futuro. "O informe achegado polo fiscal é moi importante porque reclama máis medidas que a xuíza podería solicitar no futuro" Que máis medidas podería solicitar Servini de Cubría? No caso de Galicia, por exemplo, ver in situ as fosas comúns, así como as que hai noutros lugares de España. Ademais, o fiscal solicita varias exhumacións e toda a documentación que se posúa sobre os denunciados e a súa extradición, e tamén que se solicite ao Vaticano e aos arcebispados españois para que remitan á causa toda a documentación que consta nos seus arquivos relativa á colaboración da Igrexa española coa ditadura franquista. Tamén se piden datos ao Goberno e á Generalitat sobre a detención e o fusilamento de Lluís Companys. Tan importante é este novo informe do fiscal? É importante por todo o que poida supoñer no futuro para esta causa, pero tamén porque por primeira vez moita xente ve reflectida a súa denuncia e o seu caso nun documento oficial xudicial. Unha persoa de Galicia buscou o seu nome no documento, puido ler alí a súa historia e emocionouse e iso é algo fundamental tamén. "Unha vítima galega puido ler a súa historia no informe do fiscal e emociouse; iso tamén é algo fundamental" Tanto esforzo e sufrimento para que o Goberno español non acate as ordes de extradición? Paga a pena todo o que se está a lograr se España non colabora? É algo totalmente incrible. En principio, e como mínimo, debería haber unha presión en todo o mundo de organismos internacionais para que España cumpra e colabore coa xustiza. Iso sería algo moi importante, pero o máis importante aínda sería atopar cun xuíz que sexa coma a xente, que cmpra a lei, faga o que teña que facer e acate o Dereito internacional. O que pasou en España foi un xenocidio, houbo delitos de lesa humanidade... Pero o Tribunal Supremo segue a dicir que son crimes comúns, o que é totalmente incoherente coa súa xurisprudencia respecto de Guatemala ou da propia Arxentina. Antes, incluso, poderían facerse outras moitas cousas a prol das vítimas e dos represaliados. Como que? Facer unha lei dunha vez que nulifique os sumarios polo que os nosos familiares seguen a ser considerados uns delincuentes. Que se anulen todos eses sumarios porque non é moi difícil facelo. "O que pasa en España é algo incrible; como mínimo, debería haber unha presión de organismos internacionais para que colabore coa xustiza" Coñece algún caso dun Estado que actúe así ante unha denuncia por crimes contra a humanidade? Non vexo nada igual, desde logo en Europa non. Que un membro da UE se comporte deste xeito é algo inaudito e incoherente con todos os tratados internacionais que ten asinado sobre dereitos humanos. Como pode España seguir sendo membro da UE sen cumprir coa lexislación internacional? Neste Estado hai unhas 140.000 persoas desaparecidas e fosas comúns nas que aínda hai 4.000 cadáveres soterrados. Como pode ser?! É arrepiante. "Como pode España estar na UE sen cumprir coa lexislación internacional? É algo inaudito e incoherente cos tratados que asina" Non sente impotencia? Non cansa de bater contra un muro? Algunhas veces sinto unha gran tristura. É entón cando os querelantes nos apoiamos e entre todos seguimos adiante, porque imos loitar ata o final das nosas vidas. Pero para que todo isto funcione tamén é moi importante a educación nas escolas. En Arxentina damos conferencias nos colexios e explicamos o que foi a República ou o que veu despois, pero iso non se fai en España porque nin tan sequera se inclúe este tema nos programas educativos. É triste que alá se explique máis desa historia que aquí. É terrible. Cre que a querela contra o franquismo conseguirá o seu obxectivo? Creo que si, para iso comezamos coa querela. Seguiremos ata o final, ata que morramos, e se non conseguimos o que buscabamos, terán que vir novas xeracións a logralo, pero os nosos será reivindicados sempre. Ata o final. "Seguiremos reivindicando os nosos ata o final, ata que morramos; se non conseguimos nada, terán que vir outras xeracións a logralo" Polo momento, non parece que España vaia extraditar os vinte novos reclamados... Pois non, parece que non o vai facer... Non obstante, que sexan chamados a declarar, que lles retiren o pasaporte e que teñan ordes internacionais de detención é algo que molesta e incomoda e cando menos conseguimos iso. Se esta xente sae de España, serán detidos de inmediato. O terrible é que aquí non poidan ser detidos porque, como dicía o letrado Carlos Slepoy, España é o paraíso da impunidade. |
NOS_52007 | Asinarán un documento común o sábado 28 en Irún | Á espera de que o Tribunal Supremo legalice a marca Sortu, que engloba a esquerda abertzale chamada tradicional, o importante proceso de acumulación de forzas soberanistas en Euskal Herria que se abriu primeiro con Bildu e despois con Amaiur sobe outro chanzo coa sinatura o sábado 28 de abril dun "acordo nacional estratéxico", no que ademais dos sectores que sofreron a ilegalización por parte do estado español tamén participarán Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba e, como novidade, Aberzaleen Batasuna, organización que ten o seu ámbito de actuación no territorio vasco baixo administración francesa. Malia o ambiente electoral que rodea Euskal Herria, coa vista posta nas eleccións ao Parlamento da Comunidade Autónoma Vasca, as formacións da esquerda nacionalista prefiren centrar os seus esforzos na creación dun polo alternativo que mire alén das urnas e "exprese a vontade de traballar por obxectivos comúns para que este pobo sexa unha realidade aceptada e respectada en Europa, situando a práctica política dos partidos abertzales dentro dunha estratexia nacional cuns valores progresistas". As cinco forzas que asinarán o acordo consideran necesario "un novo modelo diferenciado do que creou a actual crise sistémica" e pensan que contan no seu país "cunha ampla base social que comparte os nosos obxectivos, que axiña obterán uns resultados visíbeis". |
NOS_51809 | Adega organiza un ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións para analizar coa comunidade universitaria cuestións coma o impacto dos lumes nas Fragas do Eume, a mobilidade, a calidade do aire ou da xestión de residuos, ademais das posibilidades da enerxía solar | A oficina de medio ambiente (OMA) da Universidade da Coruña e Adega organizan o ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións Primavera ambiental, co que pretenden achegar á comunidade universitaria as diferentes problemáticas ambientais que existen a día de hoxe en Galiza. Na mesma liña, o que se persegue é tamén unha posta en común de achegas para solventalas, tanto desde a nivel individual como colectivo.Segundo informa a asociación ecoloxista, ao longo das xornadas --que rematarán o vindeiro 29 de maio-- varias persoas expertas falarán do impacto do lume nas Fragas do Eume, a mobilidade, a calidade do aire, a xestión de residuos, o aforro enerxético ou o aproveitamento da auga. Así mesmo, Adega aproveitará para celebrar o Ano Internacional da eficiencia enerxécica, co I encontro solar na UDC --Universidade da Coruña--, no que se fará un repaso polos diferentes usos da enerxía solar vendo o funcionamento de aparellos que a usan como alimento.Alén disto, programarase tamén unha visita guiada a unha exposición sobre a pegada ecolóxica e un obradoiro para facer papel reciclado, explicarase o funcionamento dos composteiros comunitarios situados nos campus da USC --Universidade de Santiago de Compostela-- e ensinarase a correcta xestión dos residuos orgánicos. Toda esta teoría porase en práctica no derradeiro día das xornadas, sachando e sementando un pequeno horto. Unha escolma de curtametraxes con temática medioambiental clausurarán as xornadas. |
NOS_29039 | A presentación do balance anual de actividade da Confederación de Empresarias e Empresarios de Pontevedra (CEP) reafirmou a grande división que existe na patronal galega. | A Confederación de Empresarias e Empresarios de Pontevedra (CEP) confirmou o seu distanciamento da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG). No encontro informativo para facer balance de actividade da CEP, o seu presidente, Jorge Cebreiros, asegurou que a patronal galega non deu o seu apoio nin tivo ningunha iniciativa, nos últimos dous anos, para "reclamar o que preocupa a empresarias e empresarios" por estar "noutras batallas". Cebreiros lembrou que desde a organización que dirixe participaron en ducias de encontros coa administración pública, reunións, foros e actos institucionais así como en xornadas sobre internacionalización ou negociación colectiva. "Fíxose todo sen a CEG, nunca atopamos o seu apoio", indicou o presidente da CEP. Desde a patronal de Pontevedra "non poden entender" que a CEG "leve dous anos de transitoriedade", e aseguran que non se dan de baixa "por ser nós a fundadora da mesma" e "por non facer dano" con esta decisión. A organización galega, segundo Cebreiros, debería "sentar" coas confederacións provinciais para abordar unha posición conxunta en aspectos que afectan ás empresas. Serían temas como as peaxes, os cambios na lei de costas, ou o corredor Atlántico. "Non o fixeron en dous anos e non nos sentimos representados", asegurou. A CEP adiantou no encontro as principais liñas do seu plan estratéxico para 2020 e prevé unha xuntanza coa Ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Preocupación polo Brexit e o coronavirus O empresariado desta organización amosou a súa preocupación polas "incertezas" relacionadas coa actualidade socioeconómica mundial. O vicepresidente da organización e responsábel da Cooperativa de Armadoras e Armadores, Javier Touza, apuntou que hai "tres cisnes negros" no horizonte económico: a guerra comercial entre os Estados Unidos de América e a China, as consecuencias do Brexit e os efectos do coronavirus. En relación a esta última cuestión, Touza reclamou "medidas de continxencia a curto e medio prazo" polas cifras de impacto da epidemia que están a dar algúns organismos. Sinalou que algúns países, como Italia, están entre os principais destinatarios das exportacións das comarcas de Pontevedra. |
PRAZA_17275 | O último episódio da rebeldia catalã pom perguntas de difícil resposta: Que independência fora Espanha, fora de Europa, fora da metade da sociedade catalã? Conflito [Catalunha ↔ Espanha] ou conflito entre duas Catalunhas? Inclusom ou exclusom? O dilema segue aberto. | Três de março de 1936, vésperas de catástrofe, Manuel Chaves Nogales (Sevilha 1897, Londres 1944), lúcido cronista republicano, azanhista convicto e testemunha insubornável do tempo convulso que lhe tocou viver, cunhou umha sentença memorável com valor de diagnóstico acerca de Catalunha: "Reconozcamos que Cataluña tiene esta virtud imponderable: la de convertir a sus revolucionarios en puros símbolos, ya que no pueden hacer de ellos perfectos estadistas" A sentença saía nas páginas do diário madrileno Ahora (1930 - 1939). A crónica aludida, relatava á transformaçom que o cronista observara em Lluís Companys "aquel revolucionario audaz, aquel hombre de acción que proclamó el 14 de abril la República Catalana antes que la española (...), de aqui a pouco será, como Maciá, apenas um símbolo". A fina antena de jornalista, testemunha de tantos acontecimentos históricos, que nom duvidara em qualificar Joseph Goebbels, ministro de Propaganda de Hitler, depois de entrevistá-lo, de "personaje ridículo e impresentable", detectara umha invariante nom descrita na história política de Catalunha: a vocaçom martirial, assumida polos seus líderes como passaporte VIP para ingressar no sagrado panteom de pátria idealizada. Se nom há capacidade para erguer um Estado soberano, executemos polo menos um memorável haraquiri em honra da pátria inalcançável. Decorridos cinco meses desde as eleiçons catalãs de 21 de dezembro de 2017 que dêrom maioria parlamentar às forças independentistas, o presidente eleito acaba de formar governo, depois de render o culto devido no panteom patriótico. A governaçom bem pode esperar até o oficiante concluir o rito. Estadistas nom se esperam, como Chaves Nogales diagnosticara. Nom me valem argumentos baseados na malevolência, indolência e incapacidade desse urso cavernário da direita espanhola pós-franquista que se hospedava na Moncloa: comparto-os sem discussom. Mormente nestes momentos em que a condena judiciária somada á parlamentar acaba de enviar a deplorável tribo popular á usseira inóspita da regeneraçom. Do conflito, ficam presos e exilados que os democratas contemplamos desolados, incapazes de mediar entre a contínua provocaçom dos cruzados da España eterna e os diligentes artífices da Catalunha milenária. Um milénio bem contado que vencia no 22 de outubro de 1987 segundo as minuciosas contas do Parlamento de Catalunha. Foi ele quem proclamou o milénio da naçom catalã na data citada em comemoraçom da negativa de vassalagem do conde Borrell II de Barcelona ao rei transpirenaico Hugo Capeto no ano de 988. O relato que pode ser partilhado ou nom mas que convém confrontá-lo com o facto histórico inegável de que o conceito de naçom tem também a sua história, com data de nascimento e padrinho bem conhecido: o provençal Emmanuel Joseph Sieyes que no seu ressoante opúsculo de 1789, Que é o Terceiro Estado? Proclamou: "O que é umha naçom? Um corpo de associados que vivem baixo umha lei comum, representados por umha legislatura". Certificado de nascimento da naçom cívica á qual deveríamos acrescentar ainda a naçom como expressom da língua e cultura própria, a naçom romántica, a dos Discursos á naçom alemã de Johann Gottlieb Fichte, redigidos entre 1807 e 1808 num Berlim ocupado polas tropas napoleónicas. Um milénio, portanto, de 200 anos com, a vénia de Borrell II. Estas reflexons inspiram-se num livro singular dedicado á história política de Catalunha que pretende explicar a impressionante eclosom independentista revelada em 2017. O autor é historiador de profissom, de impecável trajectória académica, e actualmente lecciona na École des Hautes Études en Sciencies Sociales (EHESS) de Paris: Jordi Canal1. O título, fai referência, naturalmente, a O Processo de Kafka em intencionada alusom ao procés catalám. O último episódio desta acidentada história é a interrupta declaraçon de independência de 2017 por decisom unilateral sustentada numha frágil e heterogénea maioria parlamentar de 70 deputados (JuntsxCat: 34, ERC: 32, CUP:4) sobre um total de 135, representativos de 2.079.340 sufrágios de um total de 4.392.891: 47 % do total. Embora J. Canal equipare a prosápia histórica dos três nacionalismos periféricos, catalám, basco e galego datando o seu nascimento nos anos finais do século XIX, a verdade é que o nacionalismo catalám, exibiu desde os seus inícios umha singular pujança que alcançou o seu clímax em 2017. Três potentes cenários soberanistas explicam a indiscutível primazia do nacionalismo catalám. O primeiro nos começos do século XX com a Lliga Regionalista, Solidaritat Catalana e, sobre todo, esse exemplar produto da capacidade de anticipaçom e empenho irredutível de autogoverno que late na Mancomunitat Catalana de Enric Prat de la Riba, habilmente negociada com o poder central. O segundo cenário é o desenvolvido no período republicano que marca dous pontos culminantes, o da redacçom e aprovaçom do Estatuto de Autonomia de 1932 e o da sublevaçom independentista de 6 de outubro de 1934 e proclamaçom do Estat Catalá por Lluís Company, episódio este último que provocou a imediata prisom do presidente e de todo o seu governo e o seu triste final mediante entrega da Gestapo ao franquismo triunfador. Finalmente, a etapa que culmina na proclamaçom unilateral e interrupta da Republica Catalana polo presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, que constitui o episódio final do paciente processo de construçom nacional empreendido pola Generalitat desde o acesso á presidência de Jordi Pujol em 2003. A resposta do poder central ao desafio á ordem constitucional foi, como é sabido, a activaçom do artigo 155 da Constituiçom, apesar da convocatória de novos comícios em 21 de dezembro de 2017 e da proclamaçom de Quim Torra como novo presidente legítimo. O colapso definitivo da legislatura de Mariano Rajoi, afogado num mar de corrupçom finalmente certificada, julgada e sentenciada, abre inquietantes fendas no edifício constitucional, na imagem interior e exterior da democracia espanhola. O processo catalám derivou em conflito aberto que derivou em desafeiçom, esse termo recém-cunhado para essa parte da sociedade catalã que renunciou definitivamente á cidadania espanhola. O incisivo trabalho historiográfico de Jordi Canal debulha devagar as circunstáncias que concorrérom no acidentado percurso histórico do independentismo catalám, com especial atençom aos fundamentos mitopoéticos do relato, na esteira da história sagrada dos povos inaugurada pola obra pioneira de Eric Hobsbawm e Terence Ranger: The invection of tradition (1983). Com rigor de historiador, analisa Canal o riquíssimo repertório do relato independentista: hinos e danças, bandeiras e heráldica, efemérides pátrias, heróis da independência certa, lugares de memória; nada deixa sem perscrutar o implacável escalpelo do historiador. Con permiso de Kafka tende — á maneira de fio de Ariadna — um roteiro que convida o leitor a contemplar os intrincados corredores da memória secular destilada pinga a pinga desde começos do século XX. O último episódio da rebeldia catalã pom perguntas de difícil resposta: Que independência fora Espanha, fora de Europa, fora da metade da sociedade catalã? Conflito [Catalunha ↔ Espanha] ou conflito entre duas Catalunhas? Inclusom ou exclusom? O dilema segue aberto. A capacidade analítica de Jordi Canal permite-lhe impugnar ainda, a maneira de epílogo, as posiçons de alguns historiadores consagrados á causa catalã como Pierre Vilar ou Josep Fontana, num traço de ousadia consciente: a crítica aos mandarins nom é bem-vinda e as suas consequências nom som subestimáveis. Esta breve síntese pretende convidar os interessados na problemática plurinacional do Estado espanhol á leitura da obra, sejam ou nom adeptos ao relato independentista catalám, com dispensa, se acaso, aos adictos a mitomanias fideístas. Nom é o seu livro. A todos eles, de qualquer modo, gostaria de transmitir-lhes umha breve confissom persoal. O abaixo-assinante sustém a clara superioridade do discurso soberanista galego enunciado por Castelao. Umha República Federal espanhola capaz de reconhecer a sua índole plurinacional e disposta a confederar-se em pé de igualdade com a República Portuguesa para abordarem conjuntamente a construçom de Europa. Este é, com certeza, o lugar mais propício e realista para a libertaçom nacional da Galiza. Ninguém se atreverá a afirmar que o cenário proposto por Castelao seja menos verosímil que a confederaçom de Païssos Cataláns, incluída a cidade de Alguer (Sardenha) e o Roussilhom (França), ou que a Euskal-Herria que aspira a integrar a Baixa Navarra (Nafarroa Beherea), Lapúrdi e Zuberoa, em território francês. Portugal é para nós umha segunda pátria e, além do mais, guarda o secreto da inabalável fortaleça do relato soberanista galego: a posse partilhada de um idioma global em expansom. Nada a invejar, todo a fazer para que Galiza nom continue muda no desconcerto espanhol. 1- Jordi Canal Morell (2018): Con permiso de Kafka. El proceso independentista en Cataluña, Ediciones Península, Grup Editorial 62, Barcelona. Publicidade |
NOS_12118 | O Museo de Pontevedra ven de ampliar a súa mostra da obra completa dos álbums de guerra de Castelao con 14 pezas dos artistas galegos, Monteagudo, Feijoo e Campos, que "completan a visión da Guerra Civil, represión e exilio que se viviu nesa época", sinala a conservadora dos fondos do museo, Ángeles Tilve a 'Nós Diario'. | O Museo de Pontevedra, institución dependente da Deputación pontevedresa, ven de ampliar a súa colección permanente adicada á Guerra Civil, represión e o exilio, formada pola obra completa dos Álbums de Guerra realizados por Castelao.A través dos traballos doutros artistas galegos como Federico Ribas Monteagudo, Arturo Souto Feijoo e Uxío Souto Campos, o museo amplía a mostra localizada na sala 5 do segundo andar do edificio Castelao con 14 pezas máis "que completan a visión da Guerra e do exilio que viñamos mostrando coa obra de Castelao, para que a xente non pense que só el reflectiu esta época", expón a conservadora dos fondos xerais do Museo, Ángeles Tilve, en conversa con Nós Diario. Estas novas incorporacións, que "levaban desde fai bastante tempo no museo", son de artistas que "tiveron unha relación intensa con Castelao e, máis ou menos, tamén a súa traxectoria se asemella a do persoeiro xa que todos eles viviron a represión da época e tiveron que acabar por marchar ao exilio", explica Tilve. O gran impacto da Guerra en Monteagudo Federico Ribas Monteagudo era un ilustrador de Vigo "con unha grande fama nacional e considerado un artista igual de consagrado que Castelao", sinala a conservadora. A súa obra era "festiva, xa que era famoso polo seus carteis publicitarios e debuxos de mulleres modernas dos anos 20 nas revistas españolas". As pezas expostas no Museo de Pontevedra "consideráronse no seu momento novidosas, xa que non era a temática habitual nel e isto é un reflexo da gran impresión que lle causa a Guerra", conta Tilve. Monteagudo pasaba os veráns en Bueu, onde se relacionaba con diversos persoeiros do momento como Maruxa Mallo e onde quedou afincado desde que comeza a Guerra Civil até o mes de outubro, para logo exiliarse a Arxentina. Neses meses en Bueu el "vive de primeira man a represión e a reflicte nun álbum fantástico que é moi semellante na súa concepción cós álbums de Castelao, sobre todo o de Galiza mártir". Neste álbum titulado Visións galegas baixo o yugo da falanxe, Monteagudo fai "referencias a algúns dos protagonistas da barbarie como José de la Torre López, quen formou parte da última corporación republicana de Bueu e foi asasinado en 1936", sinala a conservadora. Da obra de Monteagudo, Tilve destaca as pezas "Negra sombra" ou "Galiza quedou sen mariñeiros", "na que se pode apreciar de fondo a ría de Pontevedra, perfectamente", resalta. Peza exposta en Paris xunto ao Guernica Xunto á obra de Monteagudo exponse tamén a obra de Arturo Souto Feijoo e Uxío Souto Campos, quen tiveron que exiliarse en México. No caso de Feijoo, "ao igual que Castelao, era un artista moi comprometido politicamente e a súa arte estivo ao servizo do ministerio de propaganda da república". Para esta exposición escolleuse un par de litografías e unha augada titulada "Bombardeo en Madrid" que, segundo destaca a conservadora, "estivo na Exposición Internacional de París co Guernica de Picasso en 1937". Sobre esta peza, Tilve resalta que é a primeira vez que se expón no Museo de Pontevedra porque "cando se fixo a antoloxía a Feijoo no museo, a finaisdos anos 90, só coñeciamos este debuxo a través da reprodución en prensa da Guerra e, posteriormente, conseguimos atopar e mercar a orixinal que é a que se expón nesta mostra ampliada", comenta a conservadora ao xornal. Esculturas de Campos Sobre o célebre escultor galego, Uxío Souto Campos, a conservadora sinala que se exporán tres esculturas súas ademais dalgúns debuxos, "xa que consideramos que é un artista fundamental para a arte e o pensamento galeguista no primeiro terzo do século XX que foi asasinado o 14 de agosto de 1936". A parte da mostra realizada por Campos inclúe un busto en homenaxe ao pintor Camilo Díaz Baliño, un relevo de bronce titulado "Procesión ao amencer" e a obra "Solidariedade", unha peza onde se reflicte o apoio dun home a outro para erguerse do chan. Xunto a estas pezas inclúense dos debuxos de Campos "moi significativos que reproducen o triste destino dos vencidos da Guerra que teñen que cruzar os Pireneos. O propio artista reflicte esa realidade en primeira persoa xa que, ademais, estivo no campo de refuxiados de Saint Cyprien de Perpignan (Francia)", destaca. Este debuxo, "Cruce dos Pireneos", "é unha obra moi expresiva da dor que viviu a xente que tivo que abandonar a súas casas sen esperanzas", salienta Tilve. |
PRAZA_12121 | Presentámosche aquí unha selección dos contidos elaborados por Praza ao longo da semana, para que os leas máis de vagar, se non tiveches tempo de facelo antes. | Presentámosche aquí unha selección dos contidos elaborados por Praza ao longo da semana, para que os leas máis de vagar, se non tiveches tempo de facelo antes. Política O PP só aceptou unha das 18 leis propostas pola oposición Os conservadores tombaron ata seis proposicións de lei de PSdeG e BNG para regular materias que despois a Xunta abordou tamén mediante novas leis. Só a lei de Caixas, a do catálogo de medicamentos e a dos medios públicos tiveron o apoio de máis dun grupo parlamentario. O 'holding mediático' do alcalde de Quiroga blinda o seu poder tras 25 anos de goberno Julio Álvarez converteu o concello nun fortín inexpugnable. Superado o tempo de Cacharro na Deputación e de Fraga na Xunta, non goza dunha relación tan privilexiada coa nova oligarquía popular pero así e todo resiste. A súa ferramenta para manterse son os empregos que lle ofrece á veciñanza e un aparello propagandístico que conta cunha radio e televisión municipal como instrumentos. Feijóo aproba por trámite de urxencia as súas leis máis polémicas O Goberno bota man da vía de lectura única, que apenas permite participar á oposición, para sacar adiante no Parlamento os seus proxectos máis controvertidos, o que para PSdeG e BNG converte a Cámara nun mero trámite "burocrático". O plan de recortes aos empregados públicos vén de iniciar este procedemento. Beiras: "O resultado da creba pode non ser negativo, porque o espazo resultante da suma dos dous pode ser máis amplo" No interior podedes ver a segunda parte do vídeo da entrevista que lle fixemos a semana pasada a Xosé Manuel Beiras. Movementos sociais Público pecha a súa edición en papel. Cales son as alternativas? Os traballadores veñen de decidir en asemblea que o xornal xa non sairá este sábado. O diario seguirá na web, aínda que cun futuro incerto, pois non figura no plan de viabilidade. Víctor Sampedro denuncia que "a economía non dixital da información está fóra do alcance de sectores que non conten co apoio dos poderes bancarios". Unha factura de 350 euros por ir a urxencias? Unha parella de orixe cubana (el con nacionalidade española) levou a súa filla de dous meses a urxencias. Dado que non contaban co suficiente tempo de empadroamento para teren acceso á tarxeta sanitaria (despois da modificación efectuada polo goberno Feijoo en setembro), un mes despois recibiron unha factura de 351,01 euros. "Estamos perdendo o timón do futuro de Santiago" Unha plataforma cidadá, formada por colectivos sociais, colexios profesionais e veciños, denuncia o espolio da Finca do Espiño e a política urbanística de Conde Roa. Afirman que "estamos afeitos a ver este tipo de operacións urbanísticas noutros territorios do Estado español e non queremos que comece a ocorrer no Concello". Economía Labregos e gandeiros arremeten contra a supresión da Comisión de Competencia O Consello de Ministros aprobou este venres a unificación de oito organismos supervisores nun único ente: a "Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia". Xorden voces que claman contra a desregulación nun proceso similar ao acontecido en EEUU na era Lehman Brothers "Dixéronme que era un cliente preferente e que por iso eran boas as participacións" O caso de Antonio repítese con ata 100.000 galegos atrapados polas participacións preferentes que as entidades financeiras colocaron durante anos. Os afectados mobilízanse a nivel local, comarcal e estatal. O día tres organizarán unha gran protesta Milleiros de persoas rexeitan nas rúas galegas os recortes nos servizos públicos As manifestacións unitarias, convocadas por CIG, UGT, CC.OO. e CSI-CSIF, co apoio de CGT, USO, Satse e SAE, reuniron máis de 6.000 persoas en Vigo e Coruña, 5.000 en Ferrol, e cifras menores, aínda que importantes, en Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e O Barco. Galicia perde o liderado estatal de contratación no sector naval Antes da supresión do tax lease, suspendido de xeito cautelar en xullo de 2011, a caída da contratación xa era unha constante. Galicia perdeu o liderado na negociación de novos pedidos. Brasil impón penalizacións ás firmas de construción naval que non boten man de auxiliares autóctonas A Xunta suprime Investigación Agraria malia que a PAC triplique os fondos para financiala O 5 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o cesamento de Alejandra Álvarez de Mon, responsable da dirección xeral de Innovación, Industrias Agrarias e Forestais. Con el suprimiuse este departamento malia que a Unión Europea teña decidido triplicar os fondos para a esta partida no agro. O director xeral de Investigación da Comisión é o galego Xosé Manuel Silva. Cando a crise é peor que a morte Un estudo de varios investigadores de Oxford apunta a que a taxa de suicidios medra un 0,79% por cada punto porcentual que aumenta a de desemprego. En Grecia e Irlanda a porcentaxe deste tipo de mortes violentas medrou un 17 e 13% desde 2008. Foron os dous primeiros países en ser rescatados pola troika Cultura "Rosalía era a voz dos silenciados, das maltratadas, da lingua, era a voz que falaba por todos" O día de Rosalía celébrase en todo o país impulsado pola AELG, que conseguiu que máis de trinta concellos aprobasen mocións declarando o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. Durante toda a xornada organízanse ducias de actos nas rúas e prazas de todo o país "Este goberno é unha brigada de demolición que chegou e dixo 'imos acabar con todo'" O director Jorge Coira levará ao cine a obra teatral de Ruibal Limpeza de sangue. Os dous creadores falan con Praza da futura película, da crise, da corrupción e dos recortes en cultura da Xunta "Estamos chegando ao final dunha etapa de 30 anos de teatro" "Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual". Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán 'Morris'. 2012, un ano crítico para os festivais galegos Os recortes nos apoios económicos de Xunta, concellos e dalgunhas entidades financeiras, poñen en risco a continuidade dalgunhas citas musicais e obrigan á máxima austeridade a outros eventos. Ángel de la Cruz: "Non sería raro que un filme de animación fose nominado na categoría de mellor película" 'Arrugas' acadou dous premios Goya este domingo, nas categorías de mellor longametraxe de animación e na de mellor guión adaptado, obra de Ángel de la Cruz, director do filme. É a primeira película animada que consegue este recoñecemento "A clave do peche do Diario de Galicia estivo nos erros internos de xestión" Na súa tese de doutoramento, lida o pasado venes na Facultade de Xornalismo da USC, Denís Fernández Méndez afonda na historia do xornal progresista e galeguista, un proxecto que durou once meses entre 1988 e 1989. O underground galego sobe o volume ante a crise Falamos con Mano de Obra, Franc3s, Carrero Bianco, Novedades Carminha, Noise Project, Disco Las Palmeras, Mequetrefe, Metralletas Lecheras e Sr. Anido sobre o momento actual da música galega, o ruído, o bizarrismo e as dificultades económicas de festivais e salas. Ciencia e novas tecnoloxías O bipartito logrou os fondos do Plan de Banda Larga do que se gaba Feijóo A antiga Consellería de Innovación conseguiu 100 millóns a través dun convenio co Estado poucos meses antes das autonómicas de 2009. O persoal da Fundación Calidade, á que o anterior Goberno lle encomendou parte da súa política tecnolóxica, teme ser despedido por "razóns económicas" a través da reforma laboral. Os datos desmenten a Feijóo: pouco máis da metade dos galegos ten acceso a Internet O presidente da Xunta asegura que "nove de cada dez" galegos dispoñen xa de conexión de banda larga. Estudos do IGE, do INE e de consultoras privadas sitúan a cifra no entorno do 50% e no rural non chega ao 40% |
NOS_40281 | O BDP acusa a esta rede social de "censurar" e de colaborar co partido gubernamental turco, AKP, na represión contra o independentismo curdo. | O Partido da Paz e a Democracia (Partiya Aştî û Demokrasiyê, BDP) é unha organización independentista curda, á que tradicionalmente se vencella coa loita armada do PKK. Naceu en 2008 e ten un importante apoio entre a poboación curda. Mais Facebook vén de pechar a súa páxina oficial na rede social, denuncian desde BDP. O motivo, que emprega a palabra Curdistán. O BDP acusa Facebook de aumentar a censura e culpou da situación aos anceios de " cooperación" desta rede social co gobernante Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP). "Facebook cita o uso da palabra Curdistán, que é unha palabra lexítima e legal. A decisión da empresa é irracional ", afirman os nacionalistas curdos Represión "Facebook segue a súa colaboración co AKP, partido que se decatou do valor e importancia das redes sociais durante os días de resistencia en Gezi , en referencia ás manifestacións antigubernamentais deste ano en Istambul, sen diminuír o ritmo", dixo o BDP través nun comunicado. "A censura contra o noso partido aumenta gradualmente. A censura política na rede fé similar á política de presión exercida no campo político ", engadiu. Así, o BDP considerou que a posición da empresa baséase no seu desexo de abrir unha oficina en Turquía para atinxir mellores oportunidades de expansión, segundo recoñece o propio xornal turco Hurriyet. |
NOS_47918 | Satisfacción polas medallas en Santander. | O Club Atletismo Rías Baixas, da parroquia pontevedresa de Cerponzóns, será o encargado este ano de organizar mañá a sétima edición da Festa do Atletismo Galego. Por este motivo, reunirá en Pontevedra a decenas de atletas con varios premios en liza. As competicións, que se desenvolverán na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), serán en categorías masculina, feminina e mixta en idades cadete, sub-16 e absoluta. Incluirán disciplinas de velocidade como os 150 metros lisos, os 200 metros valados, os 300 metros e a de 4x200; carreiras de medio fondo como os 600 metros, os 1.000 metros, e os 1.500 metros obstáculos, ademais do salto de lonxitude e o lanzamento de martelo de tres quilos. Desta vez, o formato de competición, no caso dos lanzamentos e os saltos, está limitado a un máximo de 16 deportistas por disciplina, mentres que nas substitucións está permitida agora a inscrición de atletas de diferentes clubs do país. Balance positivo no Campionato de España Desde a Federación Galega de Atletismo amosan a súa satisfacción polos resultados do Campionato de España disputado esta fin de semana e con participación galega de atletas Sub-23 en Santander que se saldou cun balance total de catro medallas e catorce postos de finalistas. O atletismo galego sobresae en Xerusalén no Campionato de Europa Sub-18 "O máis salientábel foi o título logrado polo velocista Jacobo Soler, quen nun fantástico campionato lograba parar o reloxo nun menos extraordinario 47.06", afirman nun comunicado. Ademais salientaban as medallas de Elian Numa, Uxía Sureda e Irene Gómez, xunto ao bo papel na competición, entre outras, de Eva Queimaño, Olaia Guisela Becerril e Andrea Villaverde. |
NOS_47748 | A Rede Decrecemento Eo-Navia-Galiza-O Bierzo organiza esta fin de semana o seu primeiro congreso. Será en Ferrol e entre os relatores atópanse firmes defensores e divulgadores das teses decrecentistas. Por caso, a escritora Teresa Moure ou o ensaísta Carlos Taibo. | "Queremos decrecer para sobrevivir", explican os promotores no seu documento de introdución, "e facelo dunha maneira decidida, social e internacionalmente xusta. A alternativa a este decrecemento democraticamente controlado e socialmente xusto será un decrecemento autoritario dirixido e socialmente inxusto. Xa o estamos a ver agromar por todas partes". O movemento decrecentista parte da constatación da imposibilidade do crecemento continuado da economía capitalista e da súa incompatibilidade co ecosistema do planeta. As xornadas deste 6 e 7 de outubro serán no Ateneo Ferrolán. Na primeira, o acto forte será este sábado ás seis da tarde, coa mesa de debate arredor dos "obxectivos da organización do movemento decrecentista". Nela participarán Moure, Taibo, a enxeñeira Begoña de Bernardo da asociación Véspera de Nada, o escritor Jorge Leandro da Rede do Decrescimento en Portugal, Marlola López da Rede de Decrecemento e mais a pedagoga Iolanda Teixeiro. Pero antes haberá discusións colectivas sobre os documentos da rede, unha feira de produtos eco artesanais ou intervencións das organización decrecentistas convidadas. O programa do 6 de outubro pechará cun concerto de Ariel Ninas -Só Sanfona- e con cantos de taberna. O domingo 7 de outubro haberá diversos obradoiros enmarcados dentro da feira de produtos ecoartesanais. Ás 12.00 horas, música en directo e sesión vermú. E unha hora máis tarde, Carlos Taibo, un dos principas difusores das teses decrecentistas no Estado español, ofrecerá a conferencia de clausura. "Este é o grande reto antropolóxico (e cultural, social, económico e político) que temos ante nós como pobo", sinalan desde a organización do I Congreso Decrecemento. |
PRAZA_4996 | Un informe policial conclúe que 'el Bigotes' reclamou en 2003 ao actual presidente do Goberno que intervise para o pago por parte do PP galego de campañas organizadas por empresas da trama. | Un informe policial remitido ao xuíz Pablo Ruz conclúe que o imputado no caso Gürtel Álvaro Pérez, el Bigotes, pediu en 2003 ao daquela secretario xeral do PP, Mariano Rajoy, a súa mediación para poder cobrar actos realizados por empresas da trama en campañas electorais do PP de Galicia. Así se conta na referencia baixo o título Carta Mariano (Galicia)2 que aparece nun informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía (UDEF) e que foi remitido esta semana ao xuíz Pablo Ruz. Nese documento analízase un pendrive intervido noa casa dun empregado da trama Gürtel. 'El Bigotes' pediu en 2003 a Rajoy que mediase para poder cobrar pola organización de actos electorais para o PP de Galicia Nese dispositivo que a rede tratou de ocultar nese domicilio ao destaparse o caso, hai unha serie de arquivos sobre a trama, moitos deles relacionados coa campaña electoral para as eleccións municipais de 2003 en Galicia, celebradas o 25 de maio. Aínda que os documentos localizados céntranse principalmente en actos celebrados en Madrid, existen tamén outros tantos para o PPen Galicia e en Cataluña. Compróbase ademais que existen dificultades de pago por parte dalgunhas delegacións rexionais do Partido Popular ás empresas que organizaron os actos, polo que, o considerado número dous da rede, Pablo Crespo, en calidade de conselleiro delegado de Special Events, enviou a distintos cargos do PP cartas solicitando o cobro. Pablo Crespo enviou cartas a Xesús Palmou reclamando o pago de cantidades pendentes de cobro Estas cartas están dirixidas a xerentes ou secretarios rexionais do PP reclamando o pago de cantidades pendentes de cobro (Beltrán Gutiérrez e Francisco José Granados en Madrid, Xesús Palmou en Galicia ou Luis Bárcenas a nivel estatal) e están redactadas e subscritas por Crespo. Dos arquivos analizados en relación co cobro de actos destaca a mención nalgúns deles á palabra "Bárcenas", que a Policía cre debido a que "naquel momento era xerente do Partido Popular a nivel nacional" e xa que logo destinatario deses documentos. Así, no caso do cobro dos actos de campaña do PP en Galicia, ademais da misiva do Bigotes a Rajoy, a UDEF fai referencia a unha carta remitida por Crespo ao secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Xesús Palmou Lorenzo, pola cal solicita o diñeiro debido pola devandita organización en concepto de actos realizados por Special Events (empresa do presunto líder da trama, Francisco Correa), vinculados a campañas políticas. Na carta apreciaríase unha "relación tensa" entre Pablo Crespo e Palmou "Posteriormente e ante os reiterados incumprimentos de pago, solicítase a intervención do secretario xeral do Partido, Sr. Arenas, que, de acordo coa seriedade que o caracteriza, insta a estes a pagar e van facéndoo, aínda que con constantes atrasos", recrimínalle Crespo a Palmou nesa misiva na que se aprecia "unha relación tensa" entre ambos, di a UDEF. A UDEF cre que a relación entre o PP e a Gürtel era "simbiótica" e permitía suculentos negocios a costa do erario público Noutro informe da UDEF no que se analiza a axenda de Crespo, a Policía conclúe que a actividade da organización de Correa "estaba intimamente vinculada á actividade política dos municipios ou Administracións autonómicas onde tiñan intereses". "Esa relación simbiótica é a que permitiu a realización de negocios suculentos a costa do erario público, obtendo, por unha banda, os compoñentes do grupo de Francisco Correa importantes beneficios económicos e, doutra banda, os membros do goberno municipal ou rexional unha parte da comisión, agasallos e/ou viaxes", destaca o informe. |
PRAZA_417 | Amoréanse escenografias do cambio mas o mapa non é o territorio. As formas permanecen intactas, as medias verdades que se tornan mentiras e o silencio conducen á nula transparencia, e esta, á desconfianza. A disonancia entre o que se di e o que se fai | No tempo da internet, trunfa a telepolítica. Na sociedade da información, coa ben a patrimonialización da cousa pública. Reparemos nesta última impropia apropiación cando o ministro de Facenda espetou a coitelada político-partidaria divulgando o que Monedero non debullara. Os usufrutuarios da telepolítica responden con grande disonancia respecto ao tele-activismo que os alicerzou no escenario político dos debates de plasma. Porén, Monedero non soubo debullar calquera cousa convincente e Montoro, que sempre recunca coa hipocrisía dos partidos patrimonializadores do Estado, guinda o nome, a palabra-frecha: "encubrir gastos". Abonda con iso. O nome sempre fai a cousa, mas nunca é inocente. Tanto sirve para visar feitos inexistentes como para agochar o que temos diante dos fociños. Velaí que o monotema Podemos tornou invisíbel o proceso soberanista en Catalunya, por poñermos un exemplo. Na idade da tele quen non saía en pantalla non existía, hogano por mor do presentismo cibernáutico quen esvaece uns días semella ter pasado ao rexistro dos óbitos acontecidos. A crise seica erosionou a política e as clases sociais, mas as súas estruturas, acenos e modismos teiman ergueitos e intactos. Entanto Monedero desinfla expectativas coa mesma habelencia con que as creou, Sáenz de Santamaria canea os medios cando lle preguntan por Gürtel. Éche o envés da moralización cando non se achega información certa e explicacións convencedoras. Fica a dúbida sen tañeiras que patrimonializa a caste, viches, son coma todos! Eis o que precisaban os duopolistas e quen leva toda a lexislatura a mentir e terxiversar o estado de dereito. Ver como a crianciña medra e se parece aos pais non deixa de provocar unha mestura de alivio e de pánico malia estar coas medras, en construción de cadros e programa. Porén, mentres apaña intención de voto nos celeiros de PSC- PSOE, ANOVA, IU e BNG, e do mesmo PP, hai mostra de síntomas perigosos. A telepolítica crea escenarios imprevisíbeis, fai priorizar o aceno sobre a reflexión, a inmediateza diante da estratexia e o discurso sobre a práctica. A imprevisibilidade do teleactivismo descoloca aos actores tradicionais e aos novos actores que poden converterse na segunda forza de España, goste ou non goste. Alén diso, todos son portadores da boa nova e da mudanza. No entanto, hai quen non regulariza a situación fiscal ao tempo que os outros patrimonializan os instrumentos de Estado. Preguntémonos, polo tanto sobre cal pode ser o alcance dese cambio e se no medio do poleiro é posíbel debullar e diferenciar o que é mudanza das estruturas e o que é mudanza que afecta ás estruturas. De momento, o máis preocupante é a reprodución do mesmo estilo dos adversarios. Amoréanse escenografias do cambio mas o mapa non é o territorio. As formas permanecen intactas, as medias verdades que se tornan mentiras e o silencio conducen á nula transparencia, e esta, á desconfianza. A disonancia entre o que se di e o que se fai. Acrecéntanse termos ao debate político, novas facianas en formacións que foron emerxendo a través da telepolítica e nas redes sociais a modo de altofalantes que tenden a simplificaren a mensaxe. A horizontalidade de Podemos acabou no funil do único liderado vertical esquecendo no lance carismático as esquerdas da "periferia". O problema dunha insuficiente reflexión sobre o que é "representación" ten levado á urxente e pouco requintada asignación de atributos, o de máis suceso o de "caste". Un conxunto que deriva, xa que fai parte del, do atribulado e famoso "os políticos son todos iguais". Unha reviravolta produto do hiperliderado que non poderá obviar nen adiar por máis tempo que o proxecto de "ruptura en España" (rexeneración radical do sistema político español alicerzado en "botar a caste") ten nas forzas soberanistas galegas de esquerda unha condición imprescindíbel xa que a simples proposta de reforma do modelo territorial debería atinxir aquel que permita aos galegos exercer o dereito a decidir. Porén, a patrimonialización da España monocorde permanece porque segue alicerzada no mesmo modelo territorial, a hexemonía capitalista de matriz española, a do espolio enerxético, e o supremacismo lingüístico e a que teima en non aceptar as outras cidadanías e o seu dereito de autodeterminación. Como podería acadar Podemos algunha desas cousas sen contar con aliados? Evidentemente se non respecta de xeito democrático a liberdade nacional non atopará aliados nas forzas galegas de esquerda que levan décadas a propor unha mudanza do modelo territorial. Inhibir o encadramento non o erradica. Eis o dilema de Podemos por moito que lle saia a aritmética electoral, porque as forzas soberanistas de esquerda coñecen de primeira man o réxime bipartidista español e os vellos acenos dun estatalismo transversal que vai dun extremo ao outro, para teimar malia o devalo, simbolizando aínda as disonancias obxectivas, as disparidades laborais, culturais, medioambientais e enerxéticas da realidade galega respecto da española. Hase de ver onde atopa Podemos os seus aliados para a ruptura democrática se é quen de rachar co bipartidismo de sempre. Alén diso, hai unha cousa en común ao que agora se suma Podemos, que é o de acadar un diferente reparto do poder no estado español. A partires de aquí a cousa difire, custándolle recoñecer -sen ter tocado poder- a diversidade lingüística do Estado e non ter a cuestión territorial entre as súas categorías de análise, porque o seu discurso rupturista de estado no que ten en común co discurso político e social da esquerda nacionalista non é diferente en Galiza e España, mas o rupturismo postulado pola esquerda nacionalista galega -mesmo padecendo tamén a erosión da esquerda da que se nutre Podemos e o devalo da socialdemocracia- presiona na liña de flotación do rupturismo estatalista de Podemos xa que, partillando algúns dos seus eixos programáticos (crítica da austeridade e do bipartidismo), a defensa dunha socioeconomía ortodoxa non é incompatíbel coa defensa da ruptura democrática con España, como se está a ver en Cataluña. Alén diso, a posibilidade de practicar políticas económicas e sociais de emponderamento ten na súa territorialización un dos seus alicerces para facer un país máis xusto. De feito, o galeguismo histórico sempre tivo unha arela de exixencia e de ambición e abertura de espírito, comezando por mudar a idea de España. Non semella ser este o espírito do galeguismo actual ao visar o soberanismo como vieiro de democratización- a acelerada españolización dos derradeiros decenios foi desmedida, onde aquén e alén Padornelo desaba un estado que o controla todo e cando quer, afunde o que lle peta, sexa individuo, xeito ou competencia. Porén, no horizonte do Leviatán español, o do galeguismo sempre foi o fráxil equilibro defensivo entre substituir as exixencias non correspondidas e a crítica a un responsábel externo e a exixencia dunha autocrítica que permitira maiores cotas de inclusión e confluencia. Os aliados cos que conta Podemos para facer realidade os seus propósitos son mesmo incompatíbeis. Ao cabo, que é o que quere Podemos? Até cando durará o feitizo? A ruptura democrática no Estado só será posíbel se percebe como potencialmente complementaria a esquerda soberanista galega sen por iso obrigar a renunciar ao obxectivo exposto por Castelao no Sempre en Galiza, unha diagnose de grande vixencia para o escenario de cambio actual que continua a provocar as mesmas fobias que outrora na "democracia ortegana" e para a cal o de Rianxo albiscaba un funil democrático de non reverter a secular lóxica de dominación territorial á que foran sometidas as clases populares da nación galega. A mesma que momifica a xestualidade política co fin de conservar a hexemonía actual. Quer dicir, se non atrancan como fixo no seu dia a UCD-PSOE e despois PSOE-PP o desenvolvemento do autogoberno galego. Cómpre perspectiva histórica e a telepolítica non gosta de analizar os procesos de cambio social. No entanto, reparemos no prezo de desconfianza de manterense as incoherencias dos que patrimonializan con grande hipocrisía o que non é deles e dos que querendo mudar iso, seguen encadrados na xestualidade adquirida e na teima por apropiarense dunha diagnose que non é só súa e cuxa terapia terá de precisar de máis parceiros. |
NOS_58572 | O estudantado da universidade compostelá vén de iniciar máis un peche na facultade de Historia para manter un servizo de estudo as 24 horas fronte ao desleixo do reitor, Casares Long, e da propia consellaría de Educación. Nas fins de semana o problema perante a falta de prazas "é brutal", cunha ringleira de até 800 metros de persoas que quedan sen un oco nas bibliotecas máis grandes | Tan pronto como puxemos un pé dentro da facultade de Historia de Compostela, un aviso pintado en papel xa nos advertiu do que iamos atopar dentro: Feijóo, escoita, o ensino está en loita. Andando os corredores chegamos até unha sala de estudo onde tres estudantes tomaron o relevo d@s que pasaron a noite no centro. E é que tal e como explican Raúl, Sara e Adrián, do que se trata é de manter viva a acción, que durará cando menos até que rematen os exames. Mais, por que se queixa o estudantado? "Porque hai un problema brutal coa falta de espazo nas bibliotecas", conta Adrián, exemplificando a súa afirmación co acontecido este sábado na Concepción Arenal, ubicada no Campus Sur e unha das dúas --xunto con Económicas-- que se habilitan para estudar polas noites durante a semana. A fin de semana o horario é, para todas, de dez da mañá a tres do serán. Así as cousas, a ringleira de estudantes que o sábado quedou sen unha cadeira e un bocadiño de mesa "chegaba até a facultade de Químicas", por volta de 800 metros. Calculan que xuntando todas as bibliotecas dos campus composteláns "tocariamos a un posto de estudo para cada 20 alumnos". Políticas "contra" a universidade pública Con todo, aínda que o desleixo do reitor da USC Juan Casares Long e da propia consellaría de Educación é o albo das protestas do estudantado, non esquecen tampouco as políticas educativas "contra a universidade pública" que fomentan ambas as dúas institucións. Tense queixado Casares Long de que a universidade compostelá está "politizada", mais Raúl, Sara e Adrián teñen outra explicación para as constantes protestas que as organizacións estudantís argallan contra o reitor. "Non lle rebentamos os plenos porque nos caia mal senón porque as súas políticas van claramente contra nós e contra o ensino público", subliña Sara. Acrecenta Adrián que o reitor da UdC, Xosé Luís Armesto, "non ten que enfrontarse día si día tamén co estudantado" e, malia recoñecer que non ten a débeda da USC, lembran que "tamén ten menos recursos". "Había que reactivar o peche de maio de 2012" Non é o primeiro peche que se fai na facultade de Historia. En maio de 2012 o estudantado xa escolleu o encerro como acción de protesta perante o desleixo do reitor compostelán. Xa daquela os postos de estudo eran insuficientes, e Casares Long comprometeuse a habilitar máis unha biblioteca. Porén, malia que pasou xa case un ano, a posibilidade de abrir a ubicada na facultade de Filosofía colocouna riba da mesa aínda agora. "É un logro para nós, porque levamos só oito horas pechados e xa conseguimos que abra a biblioteca, se a abre finalmente", sosteñen @s estudantes, se ben revólvense porque serían unicamente 40 prazas máis. "Podería encherse só cos alumnos do noso mestrado", apunta Raúl, que prepara un exame para unha materia de nome pouco atractivo: Modelos de acumulación e cambio estrutural. Aínda que avaliarán nunha asembleia a repercusión deste paso á fronte do reitor, todo apunta a que o peche seguirá activo "porque temos que seguir garantindo un espazo de estudo as 24 horas" até que finalicen os exames. PAS e PDI, co estudantado: a sombra dos recortes podería deixar 250 traballador@s na rúa Desta volta non estarán soas nin sós. Traballador@s de PAS --Persoal de administración e servizos-- e de PDI --Persoal docente e investigador-- transladáronlles o seu apoio e a intención de facer público un comunicado segundo o cal secundarán o peche "formalmente", e non a título individual como aconteceu até o de agora. Segundo as cifras feitas públicas pola sección sindical da CIG na USC, o "severísimo" recorte que a Xunta do PP prepara para as universidades públicas da Galiza ascende a 21,7 millóns de euros, dos cales 15,7 serían zugados dos salarios. A central nacionalista calcula que por volta de 250 PAS e PDI poderían perder o seu posto de traballo se os Orzamentos son finalmente aprobados. Voltando á protesta estudantil, en Lugo a biblioteca de referencia para o alumnado universitario é a Intercentros. Ten cinco salas de estudo, mais só unha fica habilitada durante as fins de semana, polo que o panorama é semellante ao de Compostela. Desde a reitoría reproducen o argumento da austeridade e da falta de diñeiro para xustificar o seu desleixo. Segundo conta Adrián, que estivo presente no último Consello de Goberno e tivo esta mesma discusión con Casares Long, o reitor quéixase de que estudantado que non está matriculado na USC ocupe postos de estudo nas bibliotecas vinculadas a esta universidade. "Colocaron un lector na Concepción Arenal para que ninguén poida acceder sen o cartón de alumno da USC", informa Sara, quen alega que o alumnado de ensino medio "non ten outra biblioteca a onde ir estudar". Cando a banca tamén pecha bibliotecas A estudante de Historia da Arte recalca que na capital de Galiza non hai a día de hoxe practicamente ningunha biblioteca que abra polas noites, nin sequera as públicas. "As de algún museo e pouco máis", di Sara, en referencia á do museo Eugenio Granell "que debe ter unhas doce prazas". A biblioteca de Caja Madrid "abría día e noite" até que foi pechada por Bankia. A moza aproveita para facer unha crítica á propia organización do peche, crítica que Adrián non partilla. Di Sara que "empezamos moi tarde e desantendemos o alumnado de Grao, que rematan antes as aulas". E responde Adrián que "non é responsabilidade nosa manter un espazo de estudo, quen os desatendeu foi a USC e a Xunta". Acrecentan amb@s que cando Casares Long dispuxo o horario extraordinario de bibliotecas, o 2 de xaneiro, na UdC "xa levaban tres semanas con el". Polo de agora o peche non está a ser multitudinario, e Sara atribúeo á "falta de compromiso" pois, como ben di, "é unha acción que vai máis aló de estar aquí unhas horas mirando cara a uns apuntamentos". Sen contradicir a súa compañeira, Adrián fala tamén da "desideoloxización" do estudantado, se ben apunta a que a medida que vaian pasando os días a protesta irá medrando. Unha noite xogando ás cartas con Prosegur Coa cabeza posta no acontecido no peche da biblioteca municipal de Ourense a finais de maio de 2012, cando os antidisturbios disolveron pola forza a mobilización estudantil, Raúl, Sara e Adrián lembran que "a policía na Universidade non pode entrar" sen autorización expresa do reitor, e cos traballadores da empresa de seguranza Prosegur non tiveron "ningún problema". Din que lles trancaron as fiestras porque no peche de maio entraban por elas, xa que a reitoría mandara pechar as portas de acceso á facultade, mais desta volta as entradas están abertas. "Os de Prosegur están tan queimados coma nós", di Sara. E debe ser verdade, pois ás noites, na facultade de Historia, seguranza e estudantado matan o tempo xunt@s, botando partidas de cartas. |
NOS_47646 | A Coruña abócase definitivamente a unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos para 2017. Esta mañá racharon as conversas PSOE-Marea porque o grupo socialista quería limitar o acordo ás contas, isto é, non asumía as condicións marcadas para o acordo pola asemblea da confluencia. | A última conversa produciuse esta sexta feira de mañá, mais non houbo acordo. En realidade, a sorte estaba botada desde esta quinta feira, cando o PSOE, nunha reunión entre o seu grupo municipal e a súa xestora, acordaron limitar o alcance dun eventual pacto ás contas do concello. A Marea quería máis, quería un compromiso dos socialistas noutras materias, como o proxecto da área metropolitana e o futuro da fachada marítima da cidade, ameazada de privatización polos planos da Autoridade Portuaria. O PSOE non deu opción a falar destes asuntos -queríano cinxir todo aos orzamentos- e aí acabou todo. En último termo ficou demostrado que o asunto Mar Barcón -o veto sobre a concelleira do PSOE que a asemblea da Marea Atlántica, A Rede, levantou o pasado 1F- non era a chave das conversas. O grupo municipal socialista non parece interesado en dotar de estabilidade o goberno local, que só dispón de 10 concelleiras e concelleiros nun pleno de 27. Esa soidade vaise ver reflectida con toda seguranza no pleno deste sábado (12.30 horas) en que se substanciará o debate da cuestión de confianza. Se non prosperar a cuestión de confianza neste primeiro asalto, ábrese un prazo dun mes en que a oposición ten de formular unha moción de censura con candidata ou candidato alternativo. De non o facer, a confianza entenderíase por outorgada e os orzamentos ficarían automaticamente aprobados. |
NOS_55051 | O crítico Ramón Nicolás vén de pechar o Taboleiro do Libro Galego no que daba conta das obras máis vendidas do sistema literario galego. Así que aproveitamos para falar con el e botarlle un ollo ao estado da cuestión. | - Vés de anunciar o peche do Taboleiro do Libro Galego, unha ferramenta ben útil e non hai moitas cando se refire a produtos culturais galegos. Tampouco hai listaxe dos discos galegos máis vendidos, por exemplo. A estas cousas non se lle dá importancia até que faltan. - Eu con este proxecto empecei hai cinco anos porque detectaba que non había listaxes que puideran servir de orientación sobre os libros que máis se venden. Aí había unha eiva. Eu só recordo as listaxes de A Nosa Terra, e xa hai anos daquela. E para min como lector gustábame saber por onde ían as tendencias do público. E algún tempo despois de comezar o blog decidín botar a andar este proxecto dentro del. Creo que cumpriu unha etapa e estou moi satisfeito do traballo feito, no sentido de que sei que era unha páxina moi consultada. O que ocorre é que chegado a determinado momento, decidín que cumpriu un ciclo e que debía de pechalo, tamén por cuestións de carácter persoal. Implica investir moito tempo, a pesar de que as librarías colaboradoras son moitas e colaboraron xenerosamente, chega un momento no que hai que deixalo, e agardar que haxa outras iniciativas que veñan cubrir o baleiro. E hai unha Lei do Libro Galego aprobada hai dez anos que na realidade nunca entrou en vigor e en cuestións relativas á promoción dos libros, debíase botar a andar. Este traballo deberíase poder facer sen voluntarismos de carácter persoal. Hai unha Lei do Libro Galego aprobada hai dez anos que na realidade nunca entrou en vigor e en cuestións relativas á promoción dos libros, debíase botar a andar - Esa é máis ben unha tarefa dos medios ou da administración, efectivamente. - Claro, empecei porque había aí unha eiva, pero sempre defendín a idea de que debería ser levado adiante por algunha institución, por exemplo, a Federación de Libreiros, ou algún xornal. Entón tamén poñer o punto e aparte quere ser tamén unha invitación a que outras plataformas se ocupen deste espazo, que como orientación, ten o seu público. - O Caderno da Crítica continúa, non?- Si, si, houbo un malentendido na rede, pero si, segue aberto e seguirei traballando nel en temas de literatura galega. Só pecha o Taboleiro, que era o máis seguido do blog, sen dúbida. Son consciente diso. - Ademais pechas con liderado feminino na maioría das categorías. É indicador de algo? Están as mulleres a tomar o poder na literatura galega?- Pois oxalá, francamente. E eu non me dei conta até que alguén mo sinalou. Eu creo que é algo extraordinariamente positivo que o traballo das mulleres na literatura galega se vexa refrendado nos datos de vendas. Encantaríame desde logo que seguise así, sería un bo sinal de normalización dun país. As mulleres están aí moitas veces invisibilizadas, e eu sempre intentei no meu traballo como crítico sempre intento visibilizar a autoría feminina. Poñer o punto e aparte quere ser tamén unha invitación a que outras plataformas se ocupen deste espazo, que como orientación, ten o seu público. - Nestes cinco anos de Taboleiro, como dirías que evolucionaron as tendencias na literatura galega?- Esa é a pregunta do millón. Nunca reparei nunha análise dos resultados do taboleiro ao comezo e ao final. Tal vez o dato máis relevante é que por vez primeira neste que se despide a maior parte dos lugares iniciais nas vendas en todos os xéneros sexa o obtido por autoras. É unha percepción moi superficial, habería que analizar con vagar os resultados para ver as preferencias do público en xeral. Eu o que si vin observando é a cuestión do teatro. Un dos xéneros é teatro-ensaio, entre outras cousas, porque o teatro era o xénero que menos aceptación tiña no público. E realmente é unha mágoa. E un sistema literario sen que haxa un teatro escrito que se consuma está eivado. - Como crítico como ves a evolución creativa nos últimos anos? Hai pouco alguén [Xosé González, presidente do Foro Peinador] dicía nun medio que só o 2% do que se publica en galego é de calidade. - A 'boutade' dese señor é indignante, no sentido de que veña alguén que probablemente lle caen na man un ou dous libros que diga iso creo que lle fai un fraco favor á literatura galega, á cultura galega e á normalización da nosa propia lingua. E el está nunha asociación de funcionarios pola normalización lingüística, ademais dándolle argumentario a persoas que están en contra da nosa cultura e da nosa identidade, léase Galicia Bilingüe e cousas semellantes. A min indignoume porque, coma en calquera outra literatura, hai de todo, hai libros extraordinarios, libros brillantes, libros menos brillantes e libros que a moita xente non lle gustan. Dicir iso é un desatino e un disparate dos máis grandes que teño ouvido. Un sistema literario sen que haxa un teatro escrito que se consuma está eivado - Á marxe destes comentarios, como ves a saúde da literatura galega?- Eu vexo que hai figuras no ámbito da narrativa que levan unha traxectoria moi destacada, que teñen o seu nicho de lectores. Penso evidentemente en Rivas, en Riveiro Coello, ou tamén en María Reimóndez ou en Inma López Silva. Ou María Solar. Hai voces que van creando unha fidelización, e iso creo que é moi relevante. E logo penso que están saíndo voces novas importantes, o máis recente que está no primeiro posto do Taboleiro, Ana Cabaleiro, que son libros e voces ilusionantes que marcan unha continuación no discurso literario galego. Falo de narrativa, pero evidentemente tamén está moi presente na narrativa e no ensaio. Falta perspectiva para poder analizar globalmente que é o que acontece, pero eu creo que no sistema literario galego en xeral ofrécense libros de todas as características e para moitos gustos. O Taboleiro neste sentido quería contribuír á visibilización dos nosos libros. - E a evolución da industria e do mercado? Hai máis traducións (cara a fóra) que nunca...- É un tema delicado, si que é certo que se traducen moitas obras, pero a min particularmente non é algo que me preocupe moito. Se os nosos autores acadan resonancia fóra, mel nas filloas, pero a min interésame o que se fai aquí. Con todo, como indicio de que hai interese fóra do que se fai aquí, é moi positivo e beneficioso para o propio sistema. Coma en calquera outra literatura, hai de todo, hai libros extraordinarios, libros brillantes, libros menos brillantes e libros que a moita xente non lle gustan - Claro, dicíao como indicador imparcial, digamos, de que hai un certo avance no sistema literario galego. - Nese sentido si. Hai certa madureza, hai libros que xa automaticamente se traducen ao catalán ou o castelán. A min paréceme estupendo sempre que tamén se consuman en galego aquí. - Esa resposta contén a grande pregunta: se o público acompaña o bo momento do que fala todo o mundo. - Eu tampouco teño datos realmente. Para a composición do Taboleiro os datos das librarías que eu consultaba, xa facían eles mesmos unha estatística, eu non sei a realidade do consumo. Son as editoriais quen teñen eses datos. Con todo, nos últimos anos as edicións foron minguando, pero aí están. Hai figuras no ámbito da narrativa que levan unha traxectoria moi destacada. Penso evidentemente en Rivas, en Riveiro Coello, ou tamén en María Reimóndez ou en Inma López Silva. Ou María Solar. - Eu máis ben referíame a que se os falantes de galego minguan como están a minguar o lóxico é que os lectores en galego tamén mingüen. - Si, a ecuación está clara, pero sempre hai algún autor ou autora que atrae a lectores que se cadra nunca se achegaran á lectura en galego. Con todo, estou de acordo: a realidade da mingua de falantes e o desentendimento que existe no coidado e na promoción da lingua tamén se vai ver reflectido no número de lectores. É algo inevitable. Ademais de crítico son ensinante e esa realidade véxoa todos os días. |
PRAZA_9616 | Os populares ourensáns levan ao pleno da Deputación unha moción que reclama facer oficial a homenaxe aos "mártires da liberdade na historia do pobo galego" na data en que se lembra o asasinato de Alexandre Bóveda, cuxa "rehabilitación" tamén piden baseándose nunha proposición do BNG aprobada no Parlamento en tempos do bipartito | O presidente do PP, Pablo Casado, di telo claro. Ao seu xuízo, a lei da memoria histórica foi "irresponsable e innecesaria" e promove unha "sectaria reescritura da historia" que só serve para deitar "rancor sobre a sociedade". Por iso, anunciou xa hai meses, se chega ao Goberno de España vaina "derrogar" para substituíla polo que denomina como "lei de concordia".Os populares ourensáns levan ao pleno da Deputación unha moción que reclama facer oficial a homenaxe aos "mártires da liberdade na historia do pobo galego" no aniversario do asasinato de Alexandre BóvedaMentres a cúpula dos populares teima na ofensiva contra a lei de memoria histórica o PP de Ourense, cuxa dirección provincial apoiou abertamente a Soraya Sáenz de Santamaría durante as eleccións internas do partido, vén de formular unha proposta que vai nun sentido abertamente oposto. Poucos días despois de recibir en instalacións da Deputación o cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, símbolo da condena do galeguismo e o republicanismo fronte á represión franquista, o grupo dos populares na institución provincial vai pedir formalmente ao Parlamento, e a través del á Xunta, facer oficial a conmemoración do Día da Galiza Mártir. Ou, o que é o mesmo, que o Parlamento e o Goberno galego homenaxeen cada ano as vítimas do franquismo na xornada en que se lembra o asasinato de Alexandre Bóveda e se evoca a súa figura, como xa pediron diversos concellos galegos nos que o PP non goberna.Os de José Manuel Baltar argumentan esta petición, xa comunicada á Fundación Alexandre Bóveda, nunha moción de seis páxinas rexistrada o pasado 13 de marzo para sometela ao pleno da institución, onde contan con maioría absoluta. O texto comeza explicando que "o marco constitucional da II República española" foi a "primeira vez que os dereitos e liberdades do pobo galego foron recoñecidos xurídica e politicamente" mediante o Estatuto de Autonomía de 1936, aprobado "poucas semanas" antes da "sublevación dunha parte das forzas armadas" xunto a "sectores reaccionarios e organizacións paramilitares" contra "o Estado de dereito constitucional" e "o lexítimo goberno" republicano.É "sabido", continúa a moción do PP, que en Galicia non existiu "fronte de guerra", senón que "o chamado Movimiento Nacional" foi imposto "pola forza das armas" mediante unha "brutal represión" que Castelao retratou no seu álbum Galicia Mártir e despois, no devandito cadro, no que se representa un mestre asasinado co rostro de Bóveda, "home cristián e decente" con "insubornable compromiso político coa súa terra".Das homenaxes a Bóveda no exilio, lembran, xurdiu a conmemoración do 17 de agosto como 'Día dos Mártires galegos', xermolo do Día da Galiza Mártir que a Fundación Alexandre Bóveda e forzas do nacionalismo e da esquerda celebran cada ano. O PP obvia esta data agás contadas excepcións, caso do alcalde de Cerdedo-Cotobade.A moción do PP de Ourense insta tamén á "rehabilitación institucional" da figura de Alexandre Bóveda mediante o cumprimento dunha proposición do BNG aprobada polo Parlamento na etapa do bipartitoA "inxustiza histórica" do asasinato de Alexandre Bóveda, continúa a moción do PP, debe ser "reparada" mediante a "rehabilitación institucional da súa figura" e da "divulgación do seu inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia, do autogoberno e do progreso de Galicia. A través del, reclaman, cada 17 de agosto deben ser honradas "todas as persoas mártires da liberdade na historia do pobo galego".Con todos estes argumentos o PP ourensán remata a súa moción apelando ao cumprimento dunha proposición aprobada no Parlamento a instancias do BNG no ano 2006 -cando PSdeG e Bloque sumaban maioría- para rehabilitar a figura de Alexandre Bóveda, na que o Grupo Popular se abstivo parcialmente. Xunto a esa petición "instarán" formalmente o Parlamento a "instituír como Día da Galicia Mártir o día 17 de agosto de cada ano, con carácter de celebración na comunidade autónoma de Galicia, en memoria e homenaxe" da cidadanía galega que "deu a súa vida ou padeceu o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e do pobo galego, plasmados no marco constitucional daquela vixente, no primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, plebiscitado o 28 de xuño de 1936. |
PRAZA_8785 | A captación de voos debería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de país e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas. Neste contexto sería posíbel certa especialización aeroportuaria, sempre que nos decatemos que os tres aeroportos están comunicados deficientemente co resto do territorio galego | AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE Os aeroportos galegos son un bo exemplo de como esa catástrofe chamada AENA xera ineficiencia e división entre galegos. AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE. Mais a futura Administración aeronáutica galega non poderá incorrer no mesmo erro de AENA. Hai que descentralizar a xestión aeroportuaria. Os servizos (aparcadoiro, handling, restauración...) poderíanse xestionar por tres Consorcios público-privados autónomos, liderados pola Xunta e cadanseus concellos e nos que se integren os axentes sociais principais de cadansúa área urbana. A captación de voos debería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de país e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas Dende estes alicerces, a captación de voos debería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de país e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas. Neste contexto sería posíbel certa especialización aeroportuaria, sempre que nos decatemos que os tres aeroportos están comunicados deficientemente co resto do territorio galego. Xa que logo se decidimos, por exemplo, que o aeroporto "x" monopolice a interconectividade galega coas Illas Británicas, ha existir, coma en Irlanda, un servizo frecuente de bus-lanzadeira que comunique ese aeroporto coas outras cidades, sexa cal for a remuda normativa que cumprise. Se decidimos, por exemplo, que o aeroporto "x" monopolice a interconectividade galega coas Illas Británicas, ha existir, coma en Irlanda, un servizo frecuente de bus-lanzadeira que comunique ese aeroporto coas outras cidades Os aeroportos serven para conectar Galicia co resto da Europa, nomeadamente para garantirmos unha ampla e conveniente achega de turismo destes países e do resto do mundo. Cumpriría decatármonos que este, o turismo, é o obxectivo principal e non, pola contra, as conveniencias do pequeno grupo de galegos que usan decote os aeródromos. Nos aeroportos, como en tantas outras cousas, o problema chámase centralismo. E o centralismo chama polo localismo e pola ineficiencia. Galicia ten que xestionar a súa política aeroportuaria e esta basearse nos seus tres-si, tres- aeroportos. |
PRAZA_17526 | Este luns presentouse na Coruña un informe realizado polo Catedrático de Dereito da UDC Carlos Amoedo que insta o Goberno Galego á declaración como BIC deste fenómeno, que define a identidade galega e que se atopa en risco ante o proceso de despoboamento, o incremento do IVE para as orquestras e a crecente burocratización. | Non é posible entender Galicia sen as súas festas parroquiais, sen o papel que historicamente xogaron e seguen xogando a nivel cultural e social. Este luns presentouse na Universidade da Coruña o informe realizado por Carlos Amoedo, Catedrático de Dereito Administrativo da UDC para a Asociación Galega de Orquestras, no que se pide á Xunta a declaración da "festa parroquial galega" como como patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Unha declaración como BIC (Ben de Interese Cultural) inmaterial que permitiría recoñecer un fenómeno "que amalgama toda unha serie de tradicións, vivencias e modos de organizar o tempo de lecer no noso país". E que, sobre todo, facilitaría a protección desta tradición cultural antes as actuais ameazas que poñen en perigo a súa "autenticidade e integridade". "Malia contar cun importante patrimonio cultural neste ámbito, Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que non fixo ningunha declaración dos usos rituais e festivos como patrimonio inmaterial" A reivindicación parte da Convención da UNESCO para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, que insta os Estados asinantes a adoptar as medidas necesarias para garantir a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial presente no seu territorio, unha perspectiva cada vez máis presente nas políticas culturais de todos os países. O propio informe lembra que neste 2018 o Goberno central iniciou o expediente de declaración da tradición cultural das Tapas como manifestación representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. E que "malia contar cun importante patrimonio cultural neste ámbito, Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que non fixo ningunha declaración dos usos rituais e festivos como patrimonio inmaterial". Destácase, por exemplo, que Cataluña desenvolveu unha política moito máis avanzada en materia de recoñecemento das festas como patrimonio cultural inmaterial, xa dende os anos 90, aprobando no ano 2006 un decreto do patrimonio festivo de Cataluña. "Non se trata de declarar unha concreta festa que destaque pola súa notoriedade, potencial turístico, enxebrismo ou singularidade: alén das políticas que centran a súa atención na perspectiva turística, aquí trátase de recoñecer unha modalidade festiva tradicional galega, que posúe uns valores propios singulares e transversalidade territorial. Son estes valores os que lle outorgan carácter sobranceiro para a pervivencia da nosa identidade ao longo do tempo", di o informe, que alerta de que "a desaparición paulatina das festas parroquiais suporía a ruptura dunha tradición antiga e con ela a desaparición dun dos nosos trazos de identidade cultural". Entre as ameazas que nestes momentos poñen en risco a pervivencia das festas parroquiais, tal e como hoxe as coñecemos, hai factores estruturais (modernización económica, crise demográfica, reformulación do territorio, emigración...), destacando o informe que "nun momento de globalización económica, profundos cambios sociais e, tamén, de grave crise demográfica, a bagaxe cultural disposta arredor da festa parroquial galega, tal e como a coñecemos, está experimentando distintos procesos de perda, transformación e reinvención". Con todo, hai tamén un "crecente intervencionismo administrativo" e importantes elementos de "burocratización" coma a suba do IVE para as actuacións das orquestras ata o 21% (a rebaixa do IVE Cultural ata o 10% non terá efectos nas festas parroquiais) ou a entrada en vigor (precisamente este luns) da Lei de Espectáculos Públicos, da que o informe destaca "a súa calculada ambigüidade e os problemas que cara o futuro deixa abertos". "Trátase de recoñecer unha modalidade festiva tradicional galega, que posúe uns valores propios singulares e transversalidade territorial. Son estes valores os que lle outorgan carácter sobranceiro para a pervivencia da nosa identidade ao longo do tempo" A declaración BIC da festa parroquial galega permitiría "desenvolver unhas políticas públicas de reapropiación e control deses procesos, de modo que se lle poda dar unha pervivencia a esta tradición que garanta a súa autenticidade e integridade", salienta o informe. Así mesmo, contribuiría a estimular "o desenvolvemento de políticas municipais de estudo, inventario e, de ser o caso, protección nos correspondentes catálogos urbanísticos" dos espazos e dos bens materiais nos que se veñen desenvolvendo as festas (campos de festa, adros, torreiros, palcos tradicionais, rutas procesionais, cruceiros...). O propio informe lembra o inventario dos palcos da música do país que está a levar a cabo a Rede Galega de Patrimonio. O documento conclúe que a declaración permitiría "poñer o acento das políticas públicas no ámbito patrimonial cultural, reordenando a seu redor o resto das perspectivas interventoras sobre este fenómeno". A declaración BIC da festa parroquial galega permitiría "desenvolver unhas políticas públicas de reapropiación e control deses procesos, de modo que se lle poda dar unha pervivencia a esta tradición que garanta a súa autenticidade e integridade" Finalmente, a petición subliña a importancia das "comunidades" que sosteñen e organizan os milleiros de festas parroquiais que todos os anos se celebran en Galicia e tamén a relevancia cultural "da autoorganización asumida polos propios veciños e veciñas mediante fórmulas informais de financiamento". E incide na necesidade de involucrar "a maior cantidade posible de portadores desta forma festiva" a través "da mobilización das comunidades portadoras desta tradición". De feito, o informe péchase cunha proposta de Manifesto de apoio á declaración das festas parroquiais galegas como patrimonio cultural inmaterial de Galicia para a súa sinatura por comisións de festas, asociacións veciñais, entidades locais ou empresas, como organizadoras, colaboradoras ou usuarias das festas parroquiais. O texto proposto manifesta que "estas festas parroquiais constitúen unha tradición cultural viva e arraigada ao longo do tempo, que contribúe decisivamente a conformar a identidade e a cohesión social dos veciños e veciñas". O informe propón impulsar a creación dunha Asociación de defensa das festas parroquiais de Galicia que poida dar personalidade xurídica, organización e interlocución única a todas as persoas e entidades favorables a esta declaración. E que sería a entidade que podería recibir no futuro a condición de entidade de xestión do Ben de Interese Cultural. As razóns da declaración como patrimonio cultural inmaterial "Poucas manifestacións culturais sinalan tan claramente a singularidade dun pobo como as súas formas de facer festa" "Poucas manifestacións culturais sinalan tan claramente a singularidade dun pobo como as súas formas de facer festa", comeza dicindo o informe, que subliña a "transversalidade territorial" das festas parroquiais, que se estenden pola maior parte das 3.772 parroquias existentes en Galicia. Unhas festas que constitúen unha "forma tradicional de organización territorial do país que ten chegado até hoxe logo dunha longa historia na que se mistura permanencia, cambio e adaptación", cunha "mistura de elementos relixiosos e populares, unha aleación de aspectos sagrados e profanos que dotan a nosa tradición dunha fonda singularidade". O informe destaca que "a festa parroquial era un tempo de lecer colectivo que rompía coa rutina dos traballos agrarios e marcaba unha referencia temporal no decorrer dos días. Ningunha festividade se celebraba ao chou". A festa parroquial é "un fenómeno de autoorganización, de democracia cultural popular, non profesionalizada e informal, cuxo protagonista é a comisión de festas" O informe subliña así mesmo que outro elemento destacable da identidade das festas parroquiais foi e é a presenza de música ao vivo. E destaca o mural realizado en 1915 por Joaquín Sorolla como encargo de Archer Milton Huntington para a decoración da sede da Hispanic Society en Nova York, unha pintura coa que Sorolla "describiu simbolicamente Galicia mediante a imaxe dunha feira de gando convertida en romaría grazas á foliada dun gaiteiro". Unha música ao vivo que foi variando co tempo, coa chegada das bandas de música e tamén das orquestras, xa dende os anos 20 do pasado século, e que hoxe se contan por centos en Galicia, convertidas nunha auténtica industria cultural. O texto fai fincapé tamén en que a festa parroquial é "un fenómeno de autoorganización, de democracia cultural popular, non profesionalizada e informal, cuxo protagonista é a comisión de festas". Unha "peculiar modalidade non burocratizada de voluntariado que se caracteriza por organizarse para buscar as fontes de financiamento (insercións publicitarias na cartelería, rifas, "ir polas portas") e así desenvolver as festas parroquiais conforme a uns códigos culturais de longa tradición". |
NOS_3520 | A Fiscalía de Pontevedra e o xulgado de Instrución número 1 da Coruña chamarán a declarar sindicalistas da CUT, CIG e STAJ que participaron na folga da administración de Xustiza entre febreiro e maio deste ano. As traballadoras denuncian "unha campa de persecución" contra as centrais "que non obedeceron á patronal". | Os sindicalistas ofreceron esta quinta feira en Vigo unha comparecencia de prensa en que explicaron que o seu paso polos xulgados é "unha cuestión política para reprimir os que non obedeceron á Xunta". A CUT, a CIG e STAJ foron as organizacións que se negaron a asinar o acordo co Goberno galego para poñer fin á folga que si refrendaron Comisións Obreiras, UGT, USO e CSIF. O xulgado coruñés abriu dilixencias previas por coaccións e chama a declarar á delegada da CIG Consuelo Rodríguez e ao de Alternativas na Xustiza-CUT Javier Fernández. Os feitos teñen orixe nun piquete informativo que intentou falar coa secretaria de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Ela mesma presentou unha queixa ante o propio tribunal ao tempo que o xulgado de Instrución iniciaba as dilixencias mencionadas. Outros tres sindicalistas, Josefina Iglesias e Pablo Valeiras da CUT e Enrique Araújo de STAJ, declarán chamados pola Fiscalía de Pontevedra a raíz dunha denuncia ante o Superior presentada por un delegado de USO. Acúsaos de presuntas coaccións o día da votación do acordo coa Xunta. Dito acordo foi rexeitado polos traballadores e traballadoras. "Temos moi claro que isto é represión sindical", afirmou Valeiras esta quinta feira, e lembrou a exemplaridade da súa folga, que durante dous meses mantivo un seguimento de máis do 80%. Os sindicatos represaliados advertiron ademais que estudan accións legais contra o Goberno de Feixóo polo que consideran unha persecución. CUT, CIG e STAJ contaron co apoio de En Marea e o BNG. |
NOS_29022 | O teatro coruñés vén de presentar 'Colón Queer', un ciclo que porá sobre as táboas catro propostas que englobarán textos dramatizados, teatro, danza e unha gala de Drag Queens. | O proxecto Colón Queer nace, segundo a institución, coa idea de dar cabida no teatro a toda a diversidade afectivo-sexual desde unha perspectiva cultural, dinámica, inclusiva e positiva, e dará comezo o vindeiro 10 de marzo coa representación de 'Pantone', textos dramatizados de temática LGTBI+. O ciclo continuará o 24 de marzo coa danza contemporánea de 'Eu'; o 28 de abril coa obra Judy Garland 'Alén o Arco da Vella', e rematará o 16 de maio coa Gala Drag Prix. José Díaz Castro, representante de ALAS (Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual), explicaba a posta en marcha do proxecto como unha necesidade de "normalizar e incluír dentro da programación dos teatros e das artes escénicas a realidade do colectivo LGTBI". Segundo explicou Xosé Leis, director dunha das montaxes, a selección dos espectáculos busca "afondar na realidade LGTBI presentando propostas atractivas, artisticamente interesantes, e que abranguen todo tipo de artes, desde o teatro convencional até a danza pasando por proxectos inspirados no cabaret". |
NOS_53562 | Nas bibliotecas, salas de exposicións, actividades deportivas centros de ensino non regulado ou bares e restaurantes das zonas con restricións non poderá haber reunións de máis de cinco persoas. | A Consellaría de Sanidade endureceu desde este sábado as medidas restritivas en catro rúas de Ourense, con reunións limitadas a cinco persoas, ao detectar un aumento de casos da Covid-19 que relaciona "fundamentalmente" con surtos familiares "debido a reunións". Segundo recolle o Diario Oficial da Galiza (DOG) nunha orde publicada na noite da sexta feira, 18 de setembro, a Dirección Xeral de Saúde Pública observa que as taxas de contaxio diarias acumuladas a tres e sete días desde o pasado sábado, 12 de agosto, observan "unha tendencia ascendente" que coloca o número reprodutivo por riba de un, é dicir, que cada persoa con coronavirus contaxia máis dunha outra. En concreto, as medidas de prevención se endurecen nas rúas Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal, desde o cruzamento con rúa Ervedelo ao cruzamento coa rúa Irmáns Xesta, mais mantéñense no resto do termo municipal de Ourense porque, segundo alerta Sanidade, o surto "non ten unha clara tendencia á mellora", senón unha "evolución tórpida [que non mostra tendencia a mellorar nin a empeorar] máis acusada" desde finais de agosto. No entanto, a orde do DOG recalca que a distribución de casos "non é uniforme" na cidade e que hai unha "agrupación de casos" nas rúas onde desde este sábado hai maiores limitacións. O surto, asevera o texto, "continúa a ter características de alto risco" como a taxa de incidencia nos últimos tres días e a porcentaxe de positivos de todas as PCR realizadas. Por todo iso, o informe de Saúde Pública recomenda manter restricións en todo o termo municipal ourensán "e ademais tomar medidas específicas respecto das zonas da cidade onde existe unha maior concentración de casos". Así, nas rúas citadas ─como xa acontecera anteriormente co barrio da Milagrosa, en Lugo, e co municipio de Arteixo─ non poderá haber reunións de máis de cinco persoas, e nin bares nin cafeterías poderán servir no interior dos estabelecementos. Terrazas a 75% Nas terrazas, con capacidade limitada da mesma maneira que no resto de áreas con medidas especiais ─a 75%─, non poderá haber grupos de máis de cinco persoas, como tampouco nos restaurantes, aínda que estes si poderán servir dentro do local. Tampouco poderán superar as cinco persoas en academias, autoescolas e outras institucións de ensino non regulado, así como zonas comúns de hoteis e aloxamentos, actividades culturais en bibliotecas, arquivos museos, salas de exposición e actividades deportivas. En canto a eventos deportivos con público, cines, teatros, auditorios, circos de toldo e similares, ademais de congresos e conferencias, o aforo deberá ser como máximo de 50%, mais cun límite de 30 persoas para lugares fechados e de 75 ao aire libre. Iso si, poderán ter até 50 persoas en lugares fechados e até 150 ao aire libre se os organizadores presentan un plan de prevención de contaxios e este é autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. No caso de actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, desenvolveranse en grupos de até cinco participantes ─incluíndo os monitores─ que non manterán contacto entre si. No entanto, os espazos cumprirán a restrición xeral de 50% do aforo e o máximo de 50 persoas ao aire libre e de 25 en espazos fechados. A orde publicada no DOG tamén estabelece que a vixilancia, inspección e control de todas estas medidas, que serán obxecto de seguimento e avaliación continua "nun período non superior a cinco días naturais", corresponden ao Concello de Ourense dentro das súas competencias e sen prexuízo das competencias da Consellaría de Sanidade. |
PRAZA_9261 | Babcock-Inaer, adxudicataria da gran maioría dos servizos aéreos da Xunta, volve recorrer o concurso gañado por unha competidora, o que lle permite seguir operando o servizo con prórrogas | Babcock-Inaer, adxudicataria da gran maioría dos servizos aéreos da Xunta, volve recorrer o concurso gañado por unha competidora, o que lle permite seguir operando o servizo con prórrogasMáis dun ano despois de iniciar, en decembro de 2017, o concurso público para renovar o contrato de xestión do seu servizo de emerxencias aéreas con helicópteros, a Xunta, a través do 061, vén de paralizar por cuarta vez o proceso por un novo recurso dunha das dúas empresas candidatas. Babcock, principal adxudicataria da gran maioría dos servizos aéreos da Xunta e empresa que viña operando eses helicópteros sanitarios, volve bloquear así o concurso gañado por unha competidora, o que lle permite seguir prestando e cobrando o servizo a través de prórrogas á espera de que se resolva o conflito administrativo. O servizo dos helicópteros do 061 viña sendo prestado, como a maioría do resto de helicópteros da Xunta (como os polémicos de Salvamento Marítimo ou loita contra os incendios) pola empresa Inaer, adquirida en 2017 pola multinacional Babcock. Porén, ao concurso aberto polo 061 hai máis dun ano para renovar o seu servizo por outros catro anos prorrogables dous máis, e por 2,5 millóns de euros ao ano, presentouse tamén outra firma, Habock, presidida por Luis Miñano, empresario que no seu momento impulsara o crecemento de Inaer antes da súa adquisición por Babcock.O 061 non aclara o contido do novo recurso e limítase a lembrar que sobre el decidirá o Tribunal Administrativo de ContrataciónDurante o concurso, a Xunta descualificou á anterior adxudicataria, Inaer-Babcok, por considerar que a oferta que presentou para volver facerse co servizo do 061 non cumpría os requisitos establecidos, o que deixou o contrato en mans da nova aspirante, Habock. Porén Babcock vén recorrendo diversos trámites da adxudicación a Habock e forzou sucesivas paralizacións do proceso que lle veñen facilitando seguir prestando o servizo. A última suspensión do proceso, a cuarta, ten data do pasado martes, 29 de xaneiro, e segundo o 061 débese á interposición por parte de Babcock doutro recurso especial en materia de contratación contra o acordo de adxudicación do servizo adoptado pola Xunta o 4 de xaneiro. A fundación pública que xestiona o 061 non aclara o contido deste novo recurso e limítase a lembrar que será o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia o que decida ao respecto.O sindicato de pilotos considera que o servizo pode resentirse pola menor experiencia da nova adxudicataria e as súas peores condicións laboraisO anterior recurso de Babcock que paralizara o proceso de contratación databa do pasado 5 de novembro e fora atendido polo tribunal administrativo de contratos o 30 de novembro. Na súa resolución, o tribunal obrigara ao 061 a retrotraer o proceso de adxudicación para que Habock, que neste tempo xa cambiou de nome ao de Eliance Helicopter Global Services SL, presentase correctamente "a documentación acreditativa dos medios persoais adscritos á execución do contrato". A empresa que quere facerse co servizo entregou esa documentación ao 061, que a considerou válida e o 4 de xaneiro volveulle adxudicar o contrato. Nesa cuestión, a do persoal que traballará para Habock-Eliance, é na que pon o foco o sindicato de pilotos, que defende aos traballadores que viñan operando os helicópteros para Babcock-Inaer e considera que o servizo pode resentirse pola menor experiencia da nova adxudicataria e as súas peores condicións laborais. De feito, a segunda das catro paralizacións do proceso de adxudicación estivo relacionada con esa cuestión, ao considerar o tribunal administrativo que a Xunta debera comprobar antes de adxudicar o contrato a Habock se a tripulación que esta asignaba aos helicópteros contaba con habilitacións para operalos no que se coñece como voo instrumental e multipiloto, requisito que indica unha maior habilidade do persoal e polo tanto seguridade nas súas operacións."A lei de contratos establece que, posto que é un servizo esencial para a poboación, continúe a prestarse pola actual adxudicataria", di a XuntaMentres non se resolve de xeito definitivo o proceso, Babcock-Inaer seguirá a prestar o servizo, di a Xunta. "A lei de contratos do sector público establece que, posto que se trata dun servizo esencial para a poboación, o servizo de transporte sanitario urxente aéreo de Galicia continuarase a prestar pola actual empresa adxudicataria ata a adxudicación definitiva do servizo", explica o 061. |
NOS_35510 | Escritora. Feminista. Activista polo desenvolvimento. E agora vídeo blogueira. María Reimóndez acaba de estrear o seu vblog Coordenadas. Cada quince días, en Sermos. | Máis voces vídeo blogueiras no Sermos. Ás achegas de Carlos Callón e Xosé Mexuto únese agora a de María Reimóndez, tituladas xenericamente Coordenadas, que aparecerán con carácter quincenal. En Coordenadas Reimóndez fará reflexións "sobre temas de fondo" e non encosertados polas présas e a actualidade. Asuntos que transparentarán a bon seguro as súas preocupacións, desde o feminismo até o compromiso polo desenvolvimento nas áreas do planeta máis castigadas polo colonialismo. Comeza a viaxe. Aquí en Sermos. Non a perdan. |
PRAZA_3488 | Donald Trump fixo a súa primeira visita de Estado á India cunha importante misión xeopolítica en axenda. Moi atrás semellan quedar definitivamente os anos en que a India formaba parte activa do Movemento dos Países non Aliñados. Para a India, a principal preocupación é como neutralizar a ameaza que supón China | Donald Trump fixo a súa primeira visita de Estado á India cunha importante misión xeopolítica en axenda. Moi atrás semellan quedar definitivamente os anos en que a India formaba parte activa do Movemento dos Países non Aliñados, e mesmo sen el, obsoleto semella o propósito de se conformar como unha forza anti-hexemónica, calquera que fose o signo desa supremacía. Moi atrás semellan quedar definitivamente os anos en que a India formaba parte activa do Movemento dos Países non Aliñados. Para a India, a principal preocupación é como neutralizar a ameaza que supón ChinaAbandonada esta idea, como para os EUA, Xapón ou Australia, para a India, a principal preocupación é como neutralizar a ameaza que supón China. E aí, a colaboración estratéxica con Washington desempeña o papel determinante, como xa quedou en evidencia en xuño de 2017, cando o presidente Modi visitou a Casa Branca. De pouco valen os esconxuros e declaracións de fe de Beijing a prol da multipolaridade.Esta India un día suprime a autonomía de Caxemira, desprega na rexión 30.000 efectivos das forzas de seguridade, sobre todo militares, arresta aos membros do goberno rexional e os líderes políticos principais, reprime duramente aos cidadáns que se manifestan… Outro día completa aquela acción coa aprobación dunha lei de cidadanía que os seus detractores cualifican de "anti-musulmá" (14 por cento da poboación do país, a terceira maior poboación musulmá do mundo) desatando protestas que derivan en ducias de mortos e feridos e liquidando as tradicións seculares do país en aras da exaltación do nacionalismo hindú…. Pero, claro, tratándose da "democracia mais poboada do mundo", a boca pequena prima nas denuncias e nas coberturas informativas. Se por caso, China disolvera a autonomía de Hong Kong, metera o exército a reprimir aos manifestantes, detivera aos líderes opositores, etc., imaxinemos por un momento os titulares ….Tratándose da "democracia mais poboada do mundo", a boca pequena prima nas denuncias e nas coberturas informativasEn Nova Delhi, Trump, con moitos socios comerciais no país e desexoso de que Modi colabore este ano no tombo electoral da moi pro demócrata comunidade hindú nos EUA, fixo importantes negocios militares, chegando a venderlle ata dróns aéreos "Guardian", de uso exclusivo entre os países da OTAN. Antes da visita, o importe comprometido de compras militares cifrouse en 3.500 millóns de dólares. A cooperación militar entre ambas as dúas capitais gaña en importancia a cada paso. Os exercicios militares conxuntos, xa bastante habituais, vanse intensificar no futuro inmediato. Pero igualmente a colaboración diplomática estratéxica en ámbitos como Afganistán, Irán, Corea do Norte ou os mares da China, un dos principais escenarios de tensión. India é un compoñente integral da estratexia Indo-Pacífico, lembrou Trump, e peza clave para o seu éxito no empeño de dobregar a China.Esa alianza entre India e os EUA afecta claramente aos BRICS e acentúa as súas hipotecas no inmediato. O Brasil de Bolsonaro tamén deixou en claro que no estratéxico as preferencias van por outros camiñosEsa alianza crecente entre India e os EUA afecta claramente aos BRICS e acentúa as súas hipotecas no inmediato. O Brasil de Bolsonaro, pese a manter a escala dos negocios con China, seu primeiro socio comercial, ao se retirar da CELAC (Comunidade de Estados de América Latina e o Caribe) hai unhas semanas, tamén deixou en claro que no estratéxico, as preferencias van por outros camiños. A partida continúa…. |
NOS_54942 | O Concello levou a cabo un traballo pioneiro co sector após unhas charlas realizadas en maio de 2012. Agora comezará un programa específico aberto a estas traballadoras. | Poio conta cun número importante de mariscadoras no seu municipio. É un traballo duro que exixe un bon estado físico que ás veces non se ten. O ano pasado, recollendo as inquedanzas deste sector, a Concellaría de Deportes realizou unha serie de charlas a partir das achegas das propias traballadoras. O fisioterapeuta Jesús Aboal Quintas impartiu unha xornada teórica na que presentou un estudo realizado na UDC coas patoloxías máis frecuentes. "Tivemos a oportunidade de comentar coas mariscadoras eses datos e elas achegar outros novos", comenta a Sermos Galiza Jesús Aboal, "non só no que trata o propio traballo no mar, senón tamén o carrexo de varios quilos que se realiza logo". Segundo datos do propio sector, un 80% non traballa por doenzas creadas a partir do seu traballo Marga Caldas, concelleira de deportes de Poio, considerou a actividade de moita importancia, polo que se fixo un seguimento dos resultados todos estes meses. "Quixemos dar resposta aos problemas que teñen e nada mellor que tratar este tipo de doenzas", asegura, "polo que pensamos en seguir en contacto coas confrarías e con especialistas profesionais". Segundo dados do propio sector, un 80% non traballa por doenzas que son produto do seu traballo. Agora o concello comeza esta mesma semana unha actividade na que poderán participar até oito mariscadoras ás que se lles aplicarán tratamentos para mellorar a súa calidade de vida. Serán clases físicas que realizarán co apoio dun especialista. "Pensamos que o mellor era que as propias mariscadoras complementaran o traballo físico co terapéutico", indica a concelleira de Deportes. "Tentamos que as mariscadoras melloren as súas condicións de traballo no aspecto físico", afirma Jesús Aboal, "mirando que realicen os esforzos mínimos e repartindo mellor o tempo que dedican a cada parte das súas actividades". Segundo o fisioterapeuta, as doenzas non se superan na súa totalidade, mais as melloras poden chegar a ser importantes. |
NOS_53828 | Eva Solla será a candidata de Esqueda Unida á Presidencia da Xunta á espera de fechar un acordo con Podemos e Anova. | A Coordinadora Nacional de EU ratificou este sábado as candidaturas para os comicios de 2020, a falta de fechar un acordo con Podemos e Anova. Eva Solla será a aspirante á Presidencia da Xunta, Vanesa Somoza encabezará a lista por Lugo; Loreto Taibo por A Coruña; Sofía Díaz por Ourense, e Estela Miller Fernández irá por Pontevedra. A formación aposta en "recuperar e conformar, desde a diversidade e a diferencia, a unidade dunha alternativa seria de esquierda para Galiza" que lle plante cara a un Alberto Núñez Feijóo que está "a vaciar o país de servizos públicos". Neste contexto, a súa coordinadora nacional, Eva Solla, xa se manifestou en repetidas ocasións a favor de reeditar un acordo con Podemos e Anova, cos que comparte grupo no Parlamento, para concurrir de forma conxunta aos comicios. Ademais, a Coordinadora Nacional acordou realizar o vindeiro mes de marzo unha conferencia política en Santiago de Compostela para "analizar a situación real" de Galiza e elaborar o seu programa para as elección autonómicas de outono de 2020. |
NOS_29064 | "A Garda Civil díxonos que nos presentáramos en Ordes. Metéronnos nun camión e chegamos a Soria. Eu traballei nunha casa de comidas, outros na terra, de sol a sol". María Penedo Villaverde, desterrada Entre 1945 e 1949, mentres que os guerrilleiros antifranquistas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro se batían a morte contra as forzas represivas da ditadura, as autoridades decidiron aplicar un mecanismo represor sobre as familias dos combatentes: o desterro forzoso a terras castelás. O obxectivo do réxime era duplo: por un lado, culpar e castigar os guerrilleiros co sufrimento das súas familias e, por outro, privalos da posíbel axuda dos seus. | Ao contrario que noutras comarcas do país, na bisbarra de Ordes imperou a barbarie dos desterros (ou deportacións, segundo outros investigadores). Por orde do Goberno Civil familias enteiras eran obrigadas a subirse a un camión e dun día para outro aparecer nun descampado a 600 quilómetros das súas casas, das súas leiras, dos seus animais… Eran abandonadas en terras estrañas, con outra lingua e outra cultura, sen oficio, sen recursos, sen nada; sinalados, marxinados e vixiados pola Garda Civil por seren familiares de loitadores antifranquistas. Mais, como é posíbel que isto sucedese ou cal era o soporte xurídico que permitía estas vexacións a xente inocente? Os desterros Desde os primeiros anos, a ditadura militar crea as súas leis para manter o réxime totalitario e para vingarse dos perdedores da guerra. A Lei de responsabilidades políticas criminalizaba a todos os que colaboraron coa legalidade democrática republicana. A aplicación desta lei levaba consigo penas de inhabilitación (depuracións), multas económicas, embargo de bens, así como confinamentos e desterros. Esta lei conviviu con outras normas represivas, como a Lei de represión da masonaría e o comunismo de 1940, a Lei de seguridade do Estado de 1941, o Decreto lei de represión da bandidaxe e o terrorismo de 1947. Polo tanto, a excepción dos fieis mantedores do réxime ditatorial, para o común da poboación era difícil librarse da aplicación deste corpus lexislativo represivo que sustentaba o franquismo. A Lei de responsabilidades políticas levaba consigo penas de inhabilitación, multas económicas, embargo de bens, así como confinamentos e desterros É preciso recalcar que esta lexislación represiva era totalmente arbitraria: emanaba dun tribunal militar sen ningún tipo de garantías procesuais (acusadores e defensores eran militares), de tribunais ordinarios, de xurisdicións especiais… A represión tamén podía executarse mediante ordes gobernativas. Un exemplo desta aplicación dábase cando un mando da Garda Civil (por exemplo, o tenente da Garda Civil de Ordes, o represor Rafael Serrano Valls) propuña ao gobernador civil da Coruña o desterro dunha familia como castigo co fin de previr que calquera dos seus membros apoiase ou colaborase co seu parente na guerrilla. No ano 1946, os combatentes integrantes da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro distribuídos pola bisbarra de Ordes deixaban en ridículo as forzas da Garda Civil, mediante accións espectaculares que chamaban a atención. Á altura dese ano permanecían operativos os máis destacados guerrilleiros da comarca: Manuel Ponte Pedreira, Benigno Andrade García 'Foucellas', José Remuiñán Barreiro, Antonio Nouche Costa, Manuel Pena Camino, Saúl Mayo Méndez… apoiados por unha rede de enlaces e colaboradores que se converterían en imprescindíbeis para a supervivencia dos loitadores e para o éxito das súas operacións. A persistencia da Garda Civil, a actuación da temíbel brigadilla, os enfrontamentos armados cos guerrilleiros… non daban o resultado agardado a curto prazo, que non era outro que a liquidación física dos 'Foucellas'. Comezou deste xeito o abafamento contra os seus familiares máis achegados (habitualmente, todos os que formaban a unidade familiar). O acoso exercíase primeiramente en forma de ameazas, multas, rexistros de casas e incautacións de bens. Posteriormente chegaron os encadeamentos arbitrarios de familiares, que eran detidos despois de interrogatorios nos que a Garda Civil non conseguía respostas ás súas esixentes preguntas. Por exemplo, os pais do guerrilleiro Antonio Nouche Costa (Jesús e Dolores) permaneceron presos en Ordes e posteriormente na Coruña de forma preventiva, sen seren axuizados, unicamente como castigo e escarmento debido a que o seu fillo formaba parte da resistencia. O argumento das autoridades para ordenar os desterros era erradicar as posíbeis canles de axuda aos guerrilleiros e acosalos psicoloxicamente para que se entregasen Mais o encadeamento de familiares dos guerrilleiros aínda non era suficiente. É neste intre cando a Garda Civil toma medidas precautorias que non proviñan dunha sentenza xudicial, polo que informa e propón ao Goberno Civil a proscrición de familiares de guerrilleiros ou enlaces, sendo a Garda Civil a parte executora en todo o proceso. O argumento das autoridades era erradicar as posíbeis canles de axuda para os guerrilleiros e acosalos psicoloxicamente para que se entregasen. Esta situación de confinamento remataría en calquera destes casos: a entrega voluntaria do combatente ás autoridades (que suporía o procesamento xudicial e unha segura condena a morte) ou a súa liquidación física por parte da Garda Civil. Os desterrados Ademais dos significativos casos de Maruja Rivas Vaamonde, muller de Manuel Ponte Pedreira, desterrada a Olmedo (Valladolid); de María Pérez Mellid, muller de Benigno Andrade García, desterrada e falecida en Valladolid; e de Pilar Sánchez Vázquez (muller de Manuel Pena Camino), ocupámonos de revelar brevemente a inhumana odisea dalgunha das familias da bisbarra aldraxadas polo franquismo. Antonio Nouche Costa, o guerrilleiro de Deixebre (Oroso), deserta do exército mentres realizaba o servizo militar e únese á guerrilla no verán do 1947. Desde que a Garda Civil constata que Antonio pasa a formar parte do Destacamento Enrique Líster, comeza o acoso contra a súa familia en forma de continuos interrogatorios e rexistros. Á altura dese ano a unidade familiar estaba formada por dez membros: a súa avoa María Liste, que permanecía encamada por enfermidade, os seus pais, Jesús e Dolores, xunto cos fillos deste matrimonio (e irmáns de Antonio) Manuel, Isolina, Jesusa, María e Dolores Nouche Costa. Tamén vivían na casa a nena Mª Carmen (filla de Isolina) e Jesusa Cores, muller de Manuel. Cinco familiares do guerrilleiro Antonio Nouche Costa foron desterradas a Soria nun camión Despois dunha primeira fase de rexistros e coaccións por parte da Garda Civil, os pais de Antonio e o seu irmán Manuel son recluídos como represalia. A Garda Civil decátase de que o encadeamento dos tres familiares non consegue que Antonio abandone a guerrilla, xa que logo comunica a orde de proscrición contra a súa irmá Isolina (coa súa nena María del Carmen), María, Dolores e Jesusa Cores. As cinco persoas desterradas chegan a Soria nun camión. De inmediato a Garda Civil divide a familia en dous grupos: Isolina (coa súa filla pequena María del Carmen) e Jesusa Cores son obrigadas a traballar nun orfanato atendendo nenos xunto coas monxas; mentres, as irmás Dolores e María son destinadas a traballar na cociña dun hospital. Todas elas reciben como única retribución comida e sitio para durmir. Ás cinco mulleres desterradas só se lles permite volver despois da morte de Nouche Costa nun cerco tráxico da Benemérita que causou seis falecementos. A familia Remuiñán Barreiro José Remuiñán Barreiro e a súa familia teñen as súas raíces na parroquia de Parada (Ordes). Formou parte do Destacamento Manuel del Río Botana, mandado por Manuel Ponte. Posteriormente militou no Destacamento Arturo Cortizas. A data da súa morte non está suficientemente contrastada, aínda que a maior parte das fontes indican que foi en outubro de 1949 en Pazos (Monfero), lugar onde morreron varios guerrilleiros. O desterro de oito membros da familia de José Remuiñán Barreiro foi especialmente doloso e aínda agora moitos informantes lembran as penalidades que sufriron, como a morte en terras alleas da súa nai Antonia e o desterro dun irmán que padecía unha deficiencia psíquica. Excepto unha irmá de Antonio que vivía na Coruña, toda a familia foi desterrada: os seus pais, José e Antonia, e os seus irmáns Asunción, Jacinto, Andrés e Francisco. Tamén desterraron a muller de Francisco, Dolores, coa súa filla pequena Dorinda. A familia Remuiñán foi separada e espallada pola provincia de Burgos. Nunca en Ordes se oíran tantos topónimos burgaleses: José Remuiñán e Antonia Barreiro a Villahoz, en Lerma; Andrés Remuiñán a Gumiel del Mercado, en Aranda de Duero; Francisco Remuiñán, Dolores Naveira e Dorinda Remuiñán a Villafruela; Asunción Remuiñán rematou finalmente en Villahoz, despois de pasar por outra localidade, e Jacinto Remuiñán a Fuentecén, na comarca de Aranda de Duero. Os berros de dor da familia Remuiñán do Casal de Ordes chegaron ao exilio. Luís Seoane recolleu estes feitos dramáticos no poema "Verdadeiro sucedido nun Nadal", incluído na súa obra A Maior Abondamento. Juan Penedo López (Queis, Ordes) era un enlace da guerrilla. Cinco membros da súa casa foron desterrados a Soria. A súa familia levárona para o desterro despois dun tiroteo entre a Garda Civil e un grupo de guerrilleiros na súa casa, en maio de 1945. A noite do suceso estaban agochados na vivenda de Penedo tres guerrilleiros e o enlace Manuel del Río Botana, de Ordes. Como consecuencia do tiroteo faleceu o mozo Manuel del Río, mentres que os guerrilleiros puideron fuxir. Temendo pola súa vida, Juan Penedo foxe para agocharse polos montes da zona. Na casa quedaron a súa muller Carmen e catro fillos: María, Elvira, Manuel e Dolores. Juan Penedo non se entregou polo que as autoridades militares castigaron co desterro a súa muller, Carmen Villaverde, e os seus catro fillos, entre eles María, que estaba embarazada e á que deixaron volver pronto, e Manuel, que aínda conservaba as secuelas da meninxite. Pasou o tempo e Juan Penedo entregouse á Garda Civil para ser encadeado na Coruña. A súa familia puido volver a Queis, aínda que axiña colleron o camiño da emigración; en Ordes non lles quedaba nada... Traumatizados, sen futuro e sen liberdade. A memoria esquecida dos desterrados Pilar Pallarés pregúntase nun verso se alguén virá a salvar os nomes dos que sufriron tales humillacións e que quedaron impunes. O "Obradoiro da História" está a investigar estes feitos que quedarán reflectidos nunha publicación. Para indagar sobre o itinerario seguido polas persoas desterradas visitamos localidades de Burgos, Valladolid, Soria... Os testemuños que se recollen, tanto na comarca de Ordes, como en Castela son arrepiantes... e lembramos neste intre un feito aterrador que debe permanecer na memoria: unha testemuña lembra como de nena a Garda Civil foi buscar toda a familia á casa... "Nós a chorar e a chorar, berros de medo, non nos deixaron coller nada, fomos co posto. Leváronnos para o cárcere de Ordes e despois subíronnos a un camión descuberto... Unha sobriña de miña avoa, que era panadeira e tiña un tabernucho, arrebolounos uns bolos de pan para ir comendo polo camiño… Todos chorando por nós... e os animais nas cortes, e os prados, e a eira, e o can preso, e a nosa lareira e a nosa casiña... alí quedaban". |
NOS_14384 | Doutor en Teoloxía Dogmática na Universidad Pontificia de Salamanca e de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, Victorino Pérez Prieto debulla El grupo Nós. Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas y Antonio Losada Diéguez (tradución, introdución e notas de Mª Pilar García Negro), obra que considera "un magnífico pórtico de entrada no centenario da revista Nós (1920-2020)". | A "xeración Nós" ou "grupo Nós" foi, posiblemente, o colectivo máis xenial e frutífero da historia da cultura galega; con tres xigantes: Castelao, Otero Pedrayo e Risco. O capítulo que lle dedicou Ricardo Carvalho Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, é un fito fundamental para comprender esta xeración. O compromiso do grupo Nós coa cultura e o pobo de Galiza sentaron as bases do galeguismo e do nacionalismo galego. "Por eles tamén nós somos nós", escribiu Carlos Baliñas e Chao Rego: "Hoxe constitúen non só obrigado, senón devoto punto de referencia para aqueles que queiran enrolarse na ringleira dos bos e xeneroso". Desde que souben deles na miña mocidade, Castelao, Otero e Risco foron persoeiros moi queridos para min; forman xa para sempre parte moi importante da miña historia de compromiso co galego e con Galiza. Non nado aquí, senón chegado de fóra, sen eles, posiblemente, o meu vencello a esta Terra non sería tal. Por iso, dediqueilles o meu primeiro libro A xeracións "Nós". Galeguismo e relixión –que vén de facer xa os seus 30 anos, e foi o primeiro libro que se publicou sobre o senlleiro grupo, polo que escribe Xosé Chao no limiar: "unha introdución como aínda non existe para entendermos á xeración Nós"–. Dediqueilles tamén unha parte importante do meu seguinte volume Galegos e cristiáns (1995), e bastantes artigos máis aparecidos en publicacións como Encrucillada, Grial, Irimia, etc. O longo capítulo de Carvalho Calero sobre o grupo "Nós" na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea (Galaxia 1963, 2ª edición ampliada en 1975, 3ª e última en 1981) é fundamental para comprendelo. Desgraciadamente, a obra non se volveu editar ao longo dos case corenta anos que pasaron desde entón. Falla de interese do público lector e comprador ou falla de interese da editorial na que viu a luz, por ser o seu autor un "herexe" do galego, a causa do seu reintegracionismo? Eu vía hai un tempo un magnífico deseño dun monumento a Carvalho Calero coa lenda: "As Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, en desagravio". Até cando este agravio a un dos meirandes das nosas letras? 2020 podería ser unha data magnífica. O baleiro de catro décadas na reedición desta obra senlleira véno encher, polo que respecta á xeración Nós, un libro que acaba de ver a luz; a tradución española, con introdución e notas de Mª Pilar García Negro: El grupo Nós. Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas y Antonio Losada Diéguez (La balsa de la medusa, Madrid 2018). Este volume aparece nun momento importante, como pórtico do centenario da aparición da revista Nós (2020), que lle dá nome á xeración: o grupo ourensán formado sobre todo por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, xunto con Castelao. Este volume aparece, ademais, nun momento conflitivo para a mesma cultura e lingua galega, en claro descenso polo desleixo político. [Podes ler a peza íntegra no número 342 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_21685 | Na súa comparecencia desta cuarta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, confirmou as sospeitas dos últimos días arredor da ampliación do toque de recoller nunha hora. Unha medida que alén de darlle máis liberdade de movementos á cidadanía permite aos negocios de restauración comezar a ofertar ceas, asumindo unha serie de condicionantes. Porén, a ampliación horaria non afecta a outros locais hostaleiros. | Comité Clínico que asesora a Xunta da Galiza en materia de Covid-19 reuniuse na terza feira para abordar a situación do país após as vacacións da Semana Santa. Unha xuntanza que tivo continuidade na mañá da cuarta feira, 14 de abril, e sobre a que deu conta en rolda de prensa Alberto Núñez Feixoo, quen se encargou de comunicar unhas medidas de apertura que afectan, sobre todo, a algúns servizos da hostalaría e ás residencias de maiores, e que entran en vigor na medianoite da próxima sexta feira, 16 de abril. Feixoo debullou tamén os datos de incidencia da Covid-19 desde o 23 de marzo e fixo un repaso pola situación actual da Galiza en canto a contaxios, persoas hospitalizadas e vacinas, incidindo no lixeiro aumento de casos, que rexistran sobre todo as áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra-O Salnés, e que sitúa a cifra de activos en 2.400, e súmase un falecido máis nas últimas 24 horas. O fechamento dos restaurantes amplíase até as 23 horas A pesar do temor a unha cuarta vaga, que "xa se está a sentir noutras áreas do Estado español", afirmou o presidente da Xunta, os datos revelan que a evolución da Galiza é marcadamente máis positiva que a media española "cunha incidencia acumulada a 14 días case tres veces por debaixo". Do mesmo modo, o presidente lembrou que Galiza é unha das comunidades con menos camas UCI (Unidade Coidados Intensivos) ocupadas e cunha hospitalización de 2,2% fronte a 7,96% do Estado español. Así e todo, Feixoo tivo que lembrar que Galiza tamén ten unha menor taxa de positividade, o que indica, "por tanto, que ten unha poboación máis vulnerábel". Por iso, en relación ás campañas de vacinación, o presidente da Xunta agarda que 29% da poboación diana "estea vacinada a finais desta semana", e pon no mes de xuño o horizonte para que as persoas maiores de 60 anos estean inmunizadas "cunha ou coas dúas doses da vacina". Flexibilizar as medidas "Van ser pequenos pasos" dixo o presidente da Xunta en referencia ás novas medidas a adoptar desde o 16 de abril, mais teremos "maiores horarios e maiores servizos". Así, Feixoo explicou que se mantén o fechamento perimetral á vista "do incremento da incidencia a 7 e a 14 días no resto de España" pero amplíase a hora de recoller até as 23 horas coa incorporación da oferta de ceas nos servizos de restauración. A baixa taxa de positividade fai a poboación "máis vulnerábel" Os locais hostaleiros que poderán fechar ás 23 horas son aqueles que posúen licenza de restaurante, que atendan con cita previa e leven rexistro de clientes e que garantan a calidade do aire mediante controis de CO2 no estabelecemento. Cafetarías e bares continuarán a ter a súa hora de fechamento ás 21 a pesar de que nas súas valoracións da situación actual, o presidente da Xunta, afirmou que "as galegas actuaron con sentidiño e cada vez maior compromiso no uso da hostalaría". Residencias con máis visitas e máis saídas para as usuarias Para o presidente da Xunta a hostalaría é un "sector clave para Galiza e aos galegos gústanos acudir aos bares, son unha ampliación do noso propio fogar" por iso lembrou que no prazo de 10 ou 12 días "o Comité Clínico avaliará de novo" a situación para ver "se pode abrir máis a hostalaría". O presidente recalcou que a situación dos que soben e baixan de nivel se actualiza "automaticamente" cada terza e sexta feiras. Máis visitas nas residencias As residencias de maiores tamén se ven favorecidas pola flexibilización das medidas porque "Galiza leva 25 días sen un só positivo nas residencias", sentenciou Feixoo. Así, desde agora calquera persoa con cita previa pode acudir a visitar un residente, sempre que as visitas acudan de unha e unha. Até o de agora, cada maior só podía recibir un máximo de dúas visitas. En canto as posibilidades de saída dos residentes nos centros de maiores, a partir da sexta feira poderanse realizar saídas tres veces por semana, cunha duración máxima de catro horas cada saída, o dobre do que se permitía até o de agora. Pontevedra e vigo, as áreas con máis novos casos de covid "Os maiores están todos vacinados", sentenciou Núñez Feixoo ao explicar esta nova medida restritiva, para engadir que "iso non significa que non poidan ser portadores, do virus, aínda que a carga viral é menor". Precisamente en relación coa campaña de vacinación, o presidente da Xunta adiantou en roda de prensa que a Consellaría de Sanidade volverá a citar as persoas maiores de 80 anos que non acudiran na primeira chamada, tanto se a ausencia foi debida a un problema coa citación como se se tratou dunha das 6.000 persoas que rexeitaron activamente a súa dose. "Temos que convencelos de que se vacinen", dixo Feixoo. Rexistro dos peores datos Na tarde deste 14 de abril, o servizo vigués se Saúde comunicaba a detección de seis positivos relacionados con dous gromos, catro deles da variante brasileira, mentres outros 10 casos se manteñen en estudo. En canto aos concellos en peor situación, son tres os que conservan o fechamento perimetral e da hostalaría: A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e O Grove. No seguinte nivel, con servizo hostaleiro só de terraza están: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. No nivel medio sitúanse O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. Lixeira suba de casos activos até 2.400 Por sexta xornada consecutiva os datos da Covid-19 manteñen a súa tendencia ascendente na Galiza. Así, logo dunha decena de días transcorridos desde a Semana Santa, os casos activos soben lixeiramente até os 2.400, mentres a cifra de pacientes ingresados nos hospitais descende a 184, un menos que na véspera. Os novos contaxios tamén baixan e sitúanse deste modo en 158. Segundo os datos actualizados na cuarta feira pola Consellería de Sanidade, descenden a 26 os pacientes Covid en UCI, o que supón tres menos, mentres soben a 158 os que se atopan noutras unidades, dous máis. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña-Cee, Ourense e Compostela e Barbanza; mantense na de Vigo; e aumenta lixeiramente nas de Ferrol, Pontevedra-O Salnés e Lugo. Os casos activos descenden nas áreas da Coruña e Cee, con 16 menos; mantéñense igual nas de Lugo e Compostela-Barbanza; mentres que aumentan nas de Ourense, en sete; Ferrol, tamén con sete máis; Pontevedra-O Salnés, medra en nove novos casos; e Vigo faino en 11. Dos 158 novos contaxios, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos cales 44 corresponden á área de Vigo; 28, á da Coruña e Cee; 19, á de Ourense; 13, á de Santiago-Barbanza; 12, á de Lugo; nove, á de Pontevedra-O Salnés; e oito, á de Ferrol. No que respecta á taxa de positividade, mantense nun 2%, polo que continúa por baixo do 5% que a OMS fixa para dar por controlada a pandemia. Situación das escolas Nos centros educativos non universitarios da Galiza mantense a tendencia ascendente no rexistro de novos casos de Covid-19. Así, na cuarta feira situábanse en 425 casos, 18 máis que na véspera. Logo de arrancaren as clases tras as vacacións de Semana Santa sen aulas nin centros fechados, agora hai 12 aulas non operativas, o que eleva a cifra en tres desde a terza feira. Residencias e falecementos Desde o inicio da pandemia faleceron na Galiza 2.370 persoas por Covid-19, unha máis nas últimas 24 horas. As residencias de maiores e grandes dependentes, que sufriron o maior número de pasamentos neste ano de Covid- mantéñense sen novos positivos desde o comezo deste mes de abril. |
NOS_56950 | Entrevistamos Goretti Sanmartín, falamos da imposición de agregacións de concellos contra a vontade veciñal, da maternidade subrogada, sobre xogar cos límites da literatura na rede... todo isto, e máis, neste número. Á venda xa na nosa loxa. | Ten Galiza demasiados concellos? É urxente a fusión de municipios, mesmo contra a vontade veciñal? Galiza foi a única en iniciar procesos de fusión, cando a metade dos concellos do Estado teñen menos de 500 habitantes. Cuestións que debullamos na reportaxe 'Fusións de despacho', a raíz do proceso de Cerdedo e Cotobade. A veciñanza presentou máis dun millar de alegacións contra a fusión en Cotobade, con 2.700 electores. 'Maternidade subrogada, alugar un útero'. Portugal regulará a maternidade por substitución, tamén coñecida como "ventres de aluguer" e que no Estado español é, até o de agora, ilegal. Desde 2014 os Estados membros da UE teñen obriga de recoñecer estas crianzas após unha sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Que din as voces que defenden e rexeitan esta práctica de reprodución asistida? Impacto 'Máis lonxe de ser Patrimonio da Humanidade'. A construción da A-70 pon en risco a candidatura da Ribeira Sacra. O informe técnico elaborado por unha comisión multidisciplinar a instancias do anterior Valedor do Pobo deberá ser revisado, o que atrasa a presentación da candidatura xa en risco pola construción da A-76 . As filtracións a respeito dos documentos sobre os que se está a negociar o Trade in Services Agreement (TISA) evidencian que o obxectivo é abrir o negocio da educación ás grandes transnacionais, minguando a capacidade lexislativa dos gobernos. Unha cuestión que tratamos en 'Acordo TISA, a educación como negocio'. Entrevistamos Goretti Sanmartín. Vicepresidenta Deputación da Coruña e integrante da Executiva nacional do BNG, asume a dirección de campaña do BNG-Nós Candidatura Galega nun contexto obxectivamente difícil, mais ao tempo apaixonante no político, coa refundación do nacionalismo na axenda e a aposta de o país reaparecer no escenario estatal no horizonte. "Hai moita xente desencantada co que viu no Congreso estes meses. Temos que ver o futuro con esperanza e transmitir a idea da dupla utilidade do voto ao BNG". Análise política Publicamos unha análise do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz sobre como está o taboleiro político a menos de catro semanas de que se volten a abrir as urnas. "Máis aló das estratexias políticas preelectorais de cada formación a verdade é que o escenario que nos amosan as enquisas caracterízase porque todo vai ser similar a efectos de investir presidente, mais tamén que o nacionalismo volverá ser decisivo, como xa o foi ao longo destes meses nos debates políticos ". Subida de impostos indirectos, liberalizacións e nova vaga de privatizacións son as medidas adoptadas polo goberno grego para recortar 5.400 millóns de euros e cumprir as condicións exixidas polo Eurogrupo para liberar o terceiro "resgate". 'Novo episodio na capitulación grega face a Troika'. Neste número do semanario incluimos a segunda parte da análise de Carlos Morais sobre a negociación en Colombia entre o Estado e as Farc. 'Bilderberg, a grande festa da clase dominante mundial'. As reunións do clube Bilderberg son un evento de grande relevancia na axenda xeoestratéxica global. A pesar de carecer de ningunha lexitimidade como espazo de decisión, as súas resolucións atinxen un impacto decisivo na orde internacional. Nel participan líderes políticos, dirixentes de grandes corporacións transnacionais e da banca e representantes do ámbito militar. Literatura e rede, Manuel María A crise puxo a proba a consistencia das economías dos diferentes países. Tamén a galega. Oito anos de gran recesión que alteraron a nosa estrutura produtiva, empurrando cara a unha tercerización en ramas de actividade de baixo valor engadido, inestábeis e que garanten a precariedade laboral. O ránking de profesións máis demandandas polo mercado en Galiza encabézana camareiros, vendedores e persoal de limpeza. 'O modelo produtivo que nos deixa na Galiza a crise'. E tamén publicamos a análise 'O sector forestal en Galiza'. Os Premios da Gala do Libro recoñeceron o Poétic@ de Fran Alonso como o proxecto literario na rede máis destacado do pasado 2015, que se suma a outros experimentos literarios que levan explorando desde a aparición da internet novas linguaxes e novos xeitos de creatividade literaria. Mais, onde está o límite? Onde remata a literatura e comeza outra posíbel arte, outra linguaxe? Falamos do tema en 'De Camilo Franco ao Poétic@ de Fran Alonso. A xogar cos límites da literatura na rede'. En 'Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta', Mercedes Queixas debúllanos a súa nova obra. "A autenticidade da obra do poeta, do escritor, reside na aproximación á rede temática de interese universal como o amor, a morte, a nostalxia, a paisaxe, o intimismo, a metafísica, a relixiosidade, o ecoloxismo, a emigración, o humor, mais tamén no recoñececemento da súa entrega comprometida na defensa incondicional dos valores individuais e colectivos da súa xente, como voz dos silentes e das expatriadas, na dignifcación da lingua galega para a súa imprescindíbel normalización e da cultura que nos constrúe con personalidade propia". Tamén de Manuel María escribe Felipe Senén na sección 'Eira das Mouras'. A Ítaca de ida e volta de Manuel María, a base do seu sistema métrico para medir o mundo, cóutase en Outeiro de Rei, arredor da antiga e por il tan cantada Casa de Hortas, hoxe feliz Casa- Museo Manuel María. Nada mellor para enxergar a vida e a obra dun autor que tripar os lugares de seu. En 'andar e ver' imos co Colectivo Xea ao 'Río de San Xoán, pedra e auga', na comarca da Barbanza. E na contra-capa, a selfie entrevista é coa xornalista e escritora María Solar. Ademais, as achegas de Antón Losada e Luz Darriba, así como a crítica literaria de Mario Regueira, a de cinema de Andrés Castro, así como Olaia Ledo. Tamén nos acompañan as opinións de Mónica Pazos e Carme Fernández Pérez-Sanxulián. |
NOS_50391 | Pide manter a candidatura 'Entre Todas' neste proceso electoral e posiciónase a favor de "reinventar" o espazo común. Podemos e Esquerda Unida valoraron toda a xornada se participar ou non nas votacións reactivadas polo Consello das Mareas e que arrincan este sábado. | A Coordinadora Nacional de Anova aposta en que se participe nas primarias de En Marea que comezan este sábado e decorrerán até a segunda feira. "Diante da chantaxe á que nos vemos sometidos por este estado de excepción no que os organismos en funcións suplantan os acordos do Plenario do 27 de outubro, dende Anova entendemos que debemos manter a candidatura Entre Todas neste proceso interno para convertelo nun revogatorio contra a Coordinadora de Luís Villares", indican nun comunicado. A formación considera que "neste contexto" é necesario "relanzar a Unidade Popular contando con aqueles continxentes que actúan nos diferentes espazos que compartimos, dándolle protagonismo ás mareas municipalistas e reinventado o espazo común". Anova dá, pois, un paso á fronte e é a primeira das tres formacións do sector crítico en mostrarse favorábel a acudir a votar nas primarias. Falla por saber agora que decidirán Podemos e Esquerda Unida, que nas últimas horas deron diversos indicios de que a vontade era a de non participar. Porén, finamente, apóntase a que si o farán. As persoas inscritas foron convocadas polo Consello das Mareas a votar durante esta fin de semana unha vez que considera o órgano que hai garantías para retomar as primarias. Os horarios de votación serán de 9h do sábado 22 de decembro ata ás 9h do luns 24 de decembro. Os locais de votación serán publicitados polas canles habituais de En Marea. |
QUEPASA_863 | As axudas teñen unha contía media de 1.700€ por negocio | A Xunta fai contas do Plan de de Rescate que está realizando desde o inicio da pandemia. A través de tres liñas de apoios complementarias, afirman que xa recibiron axudas máis de 1.000 establecementos de restauración, bebidas e aloxamento e dirixidas ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e especificamente ao sector da hostalaría. Aseguran dende a Xunta que aínda haberá un terceiro Plan de rescate, coordinado polas 3 administracións, aportando a Xunta o 50%, as catro deputacións o 30% e os concellos o 20% restante. CONCELLO TOTAL AXUDASCONCEDIDAS INVESTIMENTO Cabana 40 56.175,00 € Camariñas 10 21.075,00 € Carnota 8 12.400,00 Carballo 305 532.300,00 € Cee 65 110.625,00 € Corcubión 11 25.200,00 € Coristanco 43 60.325,00 € Dumbría 28 46.675,00 € Fisterra 34 78.300,00 € Laracha, A 93 155.600,00 € Laxe 39 49.250,00 € Malpica 67 88.275,00 € Mazaricos 13 26.725,00 € Muros 11 25.200,00 € Muxía 47 80.375,00 € Ponteceso 64 83.825,00 € Santa Comba 51 124.000 € Vimianzo 100 165.275,00 € Zas 11 22.500,00 € TOTAL 1040 1.764.100,00€ OS GALP e GDR Entre O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR) (que traballan en Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas), durante o 2020 axudaron a poñer en marcha na comarca 9 proxectos que mobilizaron 1,4 millóns de euros con axudas que ascenderon a 431.000€. En relación co GALP tamén tramitou 9 proxectos con axudas que ascenderon a 900.000 euros. Deste importe o GALP dedicou o 94,4% ao desenvolvemento de proxectos produtivos e o 5,6% a proxectos non produtivos. Este Grupo aglutina a 51 entidades sociais e a 9 concellos da comarca: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. O |
PRAZA_589 | O psicopedagogo Francesco Tonucci repasa en Galicia o seu modelo urbano, baseado en cidades no que a infancia sexa "prioritaria" fronte "aos coches", e as súas aplicacións prácticas en urbes como Roma ou Pontevedra. | "Antes tiñamos medo do monte" e "sentiámonos seguros nas casas, na vila e no barrio". "Á volta de poucas décadas cambiou todo" e "a cidade volveuse fea, gris, hostil, perigosa e monstruosa". Así comeza A cidade dos nenos, a obra clave do psicopedagogo e educador italiano Francesco Tonucci, xa dispoñible en galego en Kalandraka, que plasma o seu modelo de cidade. Tonucci pasou esta semana por Galicia para compartir o seu pensamento con institucións, estudantes, representantes políticos e co público en xeral e tamén para comprobar sobre o terreo, en Pontevedra, os efectos que trae consigo o "cambio de prioridades": pensar na infancia antes que nos coches, e non ao revés. En senllas conferencias en Pontevedra e Compostela Tonucci detívose a explicar, cun ton pedagóxico e cun aquel de amable provocación, o que, ao seu xuízo, é o paradigma de "cidade mal feita", ese que xurdiu tras as guerras do século XX e que "está feita para os coches". "Se está feita para os coches non está feita para os nenos, nin para os anciáns, nin para os discapacitados". Isto é tan certo como que a cidade ou, máis concretamente, quen a goberne, "pode elixir pasar de ser para os coches a ser para as persoas". De aí que o seu sexa un proxecto "non educativo, senón político". Tonucci defende o cambio de "prioridades", que a cidade "elixa pasar de ser para os coches a ser para as persoas" Tonucci propón unha cidade na que a infancia exerza como cidadanía activa. Pero "se os nenos non poden saír sós da casa non poden ser bos cidadáns, non contribúen a facer a cidade mellor". É aquí onde cómpre atallar o "paradoxo" de que "os pais non lles deixan saír porque a rúa é perigosa", pero "eu creo que a rúa é perigosa porque non hai nenos na rúa, está abandonada". Se as vías urbanas "só serven para que pasen os coches, os coches -evidencia- non coidan a ninguén". No entanto, se o espazo reservado para os automóbiles pasa a ser dos peóns estes "comunican, míranse, piden desculpas se baten entre si...". E "se hai nenos na rúa, fanse cargo deles", convertendo a rúa nun espazo "máis seguro, máis belo e máis vivido". Dous paraugas en paralelo en cada beirarrúa Rúa Michelena, no centro de Pontevedra Lonxe de limitarse á teoría, o proxecto A cidade dos nenos xa é unha realidade total ou parcial en varias urbes do mundo, xa sexa coa coordinación directa de Tonucci, caso de Roma, ou co seu proxecto como base inspiradora, que é o que aconteceu en Pontevedra, a onde o autor chegou tras dez anos de aplicación das súas liñas inspiradoras. Alí, lembra, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou que a análise comezou para transformar "unha rúa de nove metros con seis metros para os coches, con dous sentidos e un aparcadoiro, e un metro e medio para as beirarrúas". Contando o mobiliario urbano reservaba apenas un metro para os peóns. "Propoño que á entrada de Pontevedra poña: 'Coidado, os nenos desta cidade van á escola sós e xogan na rúa" "A cidade convidaba os peóns de Pontevedra a camiñar en fila india", ilustra Tonucci, quen confesa que ficou un chisco abraiado ao coñecer a referencia da transformación, baseada nunha pregunta: "Canto espazo precisan os peóns?". Sobre ela "inventaron unha media que non é convencional, como os metros ou os quilómetros: a medida era dúas persoas cun paraugas aberto". "Encantoume", ri sorrindo. "Os peóns precisaban seis metros e aos coches quedáronlles tres, cun sentido de circulación e sen aparcadoiro". "A cidade cambiou" e paou a "convidar os nenos a iren á escola sen adultos". "Eu -chancea- propóñolle ao alcalde de Pontevedra que ao entrar na cidade poida haber un cartaz que poña: Coidado, os nenos desta cidade van á escola sós e xogan na rúa", sinalou entre aplausos. Algo que contar ao chegar á escola "Os deberes non serven para nada" Esta formulación de Tonucci non ten repercursións unicamente urbanísticas, senón tamén educativas. "Se os nenos non poden saír da casa" tampouco "poden ser bos alumnos" na escola. "Se non viven experiencias propias e interesantes, se non poden vivir a experiencia da aventura, do descubrimento, da marabilla... Non terán nada para levar á escola" ao día seguinte. E iso obsérvase cando mestras e mestres lles lanzan unha pregunta crucial: "Que fixeches onte?". "E din 'nada". "É verdade, non fan nada, non fan nada que mereza ser contado, pasan a tarde con mestres e adestradores" ou "a facer deberes", un "tempo perdido" para Tonucci. "Unha boa escola precisa nenos ceibos, que pasan a tarde a xogar". E neste escenario "os deberes non serven para nada". "Eu defendo a idea de que os nenos poidan votar" Unha infancia activa será a que protagonice o segundo eixo do proxecto: "a participación", que non é outra cousa que aplicar a Convención sobre os Dereitos do Neno, que dende comezos dos 90 fai que "os nenos deixen de ser futuros cidadáns" para seren "cidadáns, pequenos, pero cidadáns de pleno dereito". E a súa cidadanía é tal "que eu defendo a idea de que poidan votar", ilustra. E se non votan, cando menos deben participar, toda vez que o artigo 12 da Declaración lles recoñece o dereito "a expresaren a súa opinión libremente en todos os asuntos que lles afecten". Esta obriga de participación e escoita tornou en "enorme mentira", di Tonucci, xa que "vinte e cinco anos despois non se fixo case nada ao respecto". É por isto que o seu modelo inclúe a creación de Consellos de Nenas e Nenos que, escollidos aleatoriamente entre a infancia de cada cidade, se reunan periodicamente para facer propostas e debater, un traballo de fondo que pretende, en última instancia, que nenas e nenos deixe de "repetir o que pensamos nós", a xente adulta. Un bo traballo neste ámbito permite, por exemplo, que "unha nena dun Consello de Nenos de Rosario" na Arxentina, chegase á seguinte conclusión en público: "A culpa de tódo é dos maiores, hai que lles poñer límites". |
NOS_38305 | O diario catalán Ara vai denunciar a "involución educativa" que supón a Lei Wert saíndo impreso este sábado día 18 en branco e negro. | O xornal catalán Ara imprimirase o sábado en branco e negro, renunciando á cor para "denunciar a involución que supón o proxecto do goberno español". Agás as insercións publicitarias -que manterán a cor- o resto de páxinas sairán publicadas só en branco e negro como medio de denuncia da "involución educativa e o ataque á escola catalana" que supón a lei Wert. O xornal catalán incluirá tamén un tratamento amplo dos efectos e as reaccións á aprobación do anteproxecto por parte do Consello de Ministros ademais dun editorial titulado: "Retorn al blanc i negre". |
NOS_9193 | Parte do primeiro premio repartiuse nestas localidades galegas | O primeiro premio da lotaría de Nadal (72.897) recaeu en parte na Galiza, concretamente en Vigo e O Grove. Un segundo premio, o 6.095, recaeu en Ferrol, segundo a información facilitada pola Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE). Foi despois das 13,00 horas cando se coñeceu este segundo premio, ao que pouco despois se sumou un quinto premio, o 43.831, tamén vendido en Galicia en distintas localidades galegas neste caso. O terceiro premio do Sorteo de Nadal, o 52.472, recaeu en Ourense, xunto a outra decena de localidades do estado. Fíxoo sobre as 11:30 horas. Trátase dun premio con 500.000 euros á serie e un total de 50.000 euros por boleto premiado e que se suma aos quintos premios que recaeron na Galiza. Na Galiza caeron neste sorteo tres quintos premios: 86.986, 37.023 e 19.371. Ademais, parte dun cuarto premio (75.981) caeu tamén no noso país, en Cambados e O Porriño. |
NOS_32669 | A Memoria da Fiscalía da Galiza constata que en residencias de maiores dos grupos DomusVi e San Rosendo non se cumpre a ratio de persoal, unha vulneración da normativa da que se informou por parte do Ministerio Público "varias veces" á Xunta da Galiza, mais sen resultado. | Nova constatación por parte dun organismo público das deficiencias en residencias de maiores na Galiza dos grupos privados San Rosendo e DomusVi e tamén nova constatación da responsabilidade da Xunta, con quen manteñen concertos. Hai dous anos fora o Consello de Contas quen, como informou nunha exclusiva Nós Diario en abril de 2020, sinalaba no seu informe de 2017 que en diversas residencias de DomusVi e da Fundación San Rosendo a cifra real de traballadoras "non coincide en número de efectivos co cadro de persoal ofertado para a contratación, apreciándose valores inferiores". Agora, outubro de 2022, é a Fiscalía da Galiza quen constata incumprimentos neste sentido por parte das principais empresas que xestionan na Galiza os centros de maiores privados e tamén algúns de titularidade pública. Na memoria correspondente a 2021 e presentada recentemente, o Ministerio Público afirma que "se observou, sobre todo en grandes residencias dependentes da Fundación San Rosendo e DomusVi que non se cumpre de forma estrita a ratio mínima de persoal". Unha vulneración da normativa de residencias que, prosegue a Fiscalía no informe, "xa se comunicou varias veces á Administración autonómica, con quen [as mencionadas empresas] manteñen concertos, mais non observamos correccións". A Xunta deberá informar das mortes Covid en residencias Esta falta de persoal é unha das denuncias reiteradas que se fai desde hai anos por parte de Trega, Traballadoras de Residencias da Galiza, que a respecto de DomusVi critica a "endémica falta de persoal". Suxeicións de maiores A Memoria da Fiscalía tamén aborda outra cuestión a respecto das residencias, o recurso á medida de suxeición de pacientes. Neste sentido, recolle, máis unha vez, a diferenza entre públicas e privadas. "Nas residencias de titularidade pública e nas miniresidencias existe unha baixa incidencia de medidas de suxeición nas persoas maiores debido á utilización de alternativas ás mesmas (camas articuladas, cadeiras de brazos especiais, maior ratio de persoal especializado, maior actividade lúdica, etc)". Porén, continúa, "no extremo oposto sitúanse os centros residenciais de titularidade privada ou de xestión privada en grandes centros, como San Rosendo e DomusVi [...], cun número excesivamente elevado de suxeicións físicas". Petición de explicacións A publicación da memoria suscitou a reacción da oposición. O deputado do BNG Iago Tabarés manifestou que o recollido pola Fiscalía da Galiza sinala a Xunta pola súa "tolerancia fronte aos incumprimentos contractuais ou da mala xestión dos recursos públicos en determinados centros de maiores". Para o parlamentario nacionalista, do informe tamén se desprende que "cabe a posibilidade de que a Xunta non lle comunicase á Fiscalía feitos" que, advirte, considera "de extrema gravidade". Residentes de 'Mi Casa', abandonados Pola súa parte, Marina Ortega (PSdeG) apunta á responsabilidade da Xunta da Galiza por esta situación: "Somos das comunidades con este sector máis privatizado e a segunda pola cola en número de inspectores para comprobar que nas residencias se cumpra coa normativa". "Insuficientes inspeccións" nos centros de maiores Na Memoria da Fiscalía de 2022, inclúense seis dilixencias de investigación penal durante 2020 e tres en 2021, e detállanse as incidencias e particularidades das relativas á Residencia A Nosa Señora de Fátima-O Barco de Valdeorras, que finalizaron con denuncia por delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave. Esta residencia foi unha das intervidas pola Xunta en 2020 durante a pandemia. Dez anos antes xa fora obxecto doutra intervención, xudicial, que destapou unha trama acusada de utilizar os xeriátricos con fins lucrativos. Na Memoria da Fiscalía advírtese de que houbo "insuficientes inspeccións" nas residencias nestes dous anos. Desde marzo de 2020 non se realizaron visitas de inspección por parte dos fiscais adscritos a protección de maiores por mor da Covid, recoñece a memoria. |
NOS_45191 | A doazón ao Consello da Cultura Galega dunha serie de documentos relacionados coa figura do empresario e político Urbano Feijóo Sotomayor devolve á actualidade o seu proxecto de colonización para levar centos de galegos a Cuba, un plan que ocultaba unha terríbel realidade de explotación e escravismo. | O 6 de marzo de 1854 chegaba á Habana a fragata de Villa de Neda, que transportaba 314 traballadores galegos destinados aos "ingenios", nome polo que se coñecían daquela as plantacións de cana de azucre. Nos seis meses seguintes, chegaron á illa outras sete expedicións que levaron a Cuba un total de 1744 emigrantes da Galiza. Todos eles formaban parte dun proxecto argallado por Urbano Feijóo Sotomayor, un empresario e político de Viana do Bolo que fundara en 1853 a Compañía Patriótica Mercantil, con dous obxectivos declarados: "socorrer a los desgraciados gallegos" e "contribuir a la agricultura y al aumento de la población blanca de la isla". Feijóo fundamentaba a empresa no seu amor polos dous países, e ofrecíalles aos emigrantes galegos un contrato para traballar na illa durante cinco anos, asegurando a volta á casa ao cabo dese tempo. Porén, Feijóo resultou non ser de fiar. Para contextualizar este episodio hai que lembrar que o Congreso de Viena aprobara a abolición da escravitude en 1815. Inglaterra suprimíraa nas súas colonias en 1833 e presionaba outros países para que adoptasen a mesma medida, de modo que o Reino de España se viu obrigado a asinar tratados que proscribían a trata. Non obstante, as autoridades coloniais buscaban a forma de eludir a prohibición, que iniciou un importante mercado ilegal de escravos que encarecía a forza de traballo. O proxecto Entrementres, na Galiza sufríase unha importante crise de subsistencia: en 1853, unha época de fortes chuvias provocou a ruína das colleitas, fame e, a seguir, unha epidemia de cólera que estendeu a miseria. Feijóo de Sotomayor presentou o seu plan como un proxecto de salvación para o país. Aínda que todo indica que o que realmente pretendía salvar eran os cinco ingenios azucreiros, os tres cafetais e as varias facendas que administraba na illa. Feijóo botou contas e chegou á conclusión de que un galego saía máis barato que un escravo e que un negro emancipado. A un destes últimos pagábaselle un salario de vinte pesos, ao que había que engadirlle un real de manutención. Un galego saía por "non moito máis de oito pesos ao mes" e proporcionaría "un proveito polo menos do duplo do que ofrece o escravo e incomparabelmente maior do que pode esperarse do negro xornaleiro, aos prezos de hoxe". Sen sabelo, os emigrantes asinaron unhas cláusulas leoninas: non podían dispor do pasaporte e aceptaban sufrir castigos corporais se non cumprían coas súas "obrigas". Ademais, facían xornadas moito máis longas que as estipuladas, en ocasións suxeitos con cadeas e grillóns. O escándalo A realidade non foi tan indulxente. Sen sabelo, os emigrantes asinaron unhas cláusulas leoninas: non podían dispor do pasaporte e aceptaban sufrir castigos corporais se non cumprían coas súas "obrigas". Ademais, facían xornadas moito máis longas que as estipuladas, en ocasións suxeitos con cadeas e grillóns, e recibían unha alimentación claramente insuficiente. Moitos foron traspasados a propietarios que compraban os seus contratos e os escravizaban nas súas plantacións. Outros, foron destinados polo goberno colonial á construción do ferrocarril. Aos dous meses da chegada á Habana da primeira expedición xa faleceran máis de 300 homes, sometidos a un trato infrahumano. Ao final da "aventura", foron máis de 500 os que acabaron morrendo. Tiñan que enfrontarse a un clima ao que non estaban afeitos, ao cólera e a unhas xornadas de traballo de máis de 15 horas diarias, que non eran en absoluto as pactadas. Se protestaban eran castigados duramente. Se escapaban -resolución que moitos tomaban ante a crueldade do trato a que eran sometidos- acababan encarcerados cando eran atopados vagando pola illa. Algúns deles, co pouco diñeiro que lles quedaba, contrataron escribentes para enviar cartas ás súas familias denunciando a súa situación. Os xornais fixéronse eco da traxedia e axiña foi medrando o escándalo. Nun primeiro momento, o goberno alegou que se trataba dun tema da colonia, até que en 1855 un deputado galego, Ramón de la Sagra, solicitou a discusión parlamentar do asunto, reclamando a liberación urxente dos traballadores e a concesión de indemnizacións. Feijóo responsabilizou do fracaso os propietarios cubanos, as autoridades españolas en Cuba, e os propios traballadores, e optou por cobrar as subvencións e desaparecer da illa. Feijóo acabou sendo reelixido deputado dúas veces máis O escándalo foi investigado por unha comisión parlamentar que recoñeceu as condicións inhumanas a que foron sometidos os galegos e eximiunos das súas obrigas contractuais, mais non lles concedeu axudas para retornar nin compensacións polo maltrato recibido. Co argumento de que se precisaba man de obra para a agricultura e a industria cubanas, non se lles exixiron responsabilidades nin ao goberno nin ao empresario galego. Feijóo acabou sendo reelixido deputado dúas veces máis: en 1872 por Verín e en 1881 como representante de Matanzas (Cuba). Un documento atípico A listaxe de colonos contratados por Urbano Feijóo é un documento atípico, integrado dentro do fondo que acaba de recibir o CCG. Contén información dos preto de 2.000 galegos levados a Cuba no marco do plan de colonización promovido por Feijóo e que rematou cun escándalo polo trato denigrante que sufriron. |
PRAZA_2703 | O TS considera que o plan vigués tería que ser sometido a un requisito ambiental creado despois do inicio da súa tramitación e declara "radicalmente nulas" as autorizacións outorgadas polo Concello e pola Xunta. DOCUMENTO: Consulta a sentenza íntegra | DOCUMENTO: Consulta a sentenza íntegra Tras case un cento de sentenzas favorables, o Tribunal Supremo tomba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, aprobado case integramente polo Goberno bipartito da Xunta en 2007 e con luz verde definitiva en 2009, xa con Feijóo na Xunta. Con esta decisión o tribunal emenda a decisión adoptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, atendendo a reclamación do colectivo Alternativa Veciñal, suspende as normas urbanísticas da maior cidade do país ao considerar que na súa tramitación está ausente un trámite de avaliación ambiental que, indica, era obrigado. A sentenza, datada no 10 de novembro e coñecida a últimas horas deste luns, atende o recurso de casación do colectivo cidadán ao considerar que o Goberno galego tería que ter tramitado sometido o PXOM vigués a unha avaliación ambiental estratéxica, figura regulada nunha lei de 2006. O criterio da Xunta, tanto co bipartito como co PP, foi que realizar a devandita avaliación ambiental era "inviable, por razóns de premura na execución de determinadas infraestruturas e proxectos" porque cando se tramitou o PXOM esta obriga instaurada en 2006 aínda non estaba en vigor. Pero o TS contradí este argumento. O Supremo contradí o TSXG e di que si era necesario o trámite ambiental contemplado na lei de 2006, posterior ao inicio do trámite do plan Se ben o PXOM foi inicialmente aprobado polo Concello de Vigo en decembro de 2004 e provisionalmente, en marzo de 2006, a daquela Consellería de Política Territorial deulle luz verde o 31 de maio de 2006 e a novo departamento de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en 2009. A Xunta, argumenta a sentenza, "deixou transcorrer practicamente dous anos ata declarar inviable" o "sometemento ao trámite" ambiental aludindo tres razóns: a demora na execución de proxectos, que xa se desenvolvera a exposición pública e porque se avaliarían ambientalmente os proxectos desenvolvidos ao abeiro do propio PXOM. Para o Tribunal, que o plan non quedase definitivamente aprobado ata 2009 "demostra que a pretextada premura non existía". O TS sustenta esta argumentación remitíndose a outro ditame do mesmo tribunal, sobre o PXOM de Teo, en outubro do mesmo ano 2008. Daquela, di, a Xunta "utilizou" unha "idéntica argumentación para xustificar a inviabilidade de someter" o plan teense á devandita avaliación ambiental, e o Supremo declarouna "insuficiente e inxustificada". A sentenza argumenta que non existía premura, porque entre os primeiros trámites e os últimos transcorreron dous anos Así as cousas, o Supremo acepta o recurso de casación da asociación veciñal contra a sentenza do TSXG que amparaba o plan, así como os contenciosos administrativos contra as ordes da Xunta en 2008 e 2009. Todas estas sucesivas aprobacións do PXOM de Vigo e o propio plan "deben ser declarados radicalmente nulos", indica, polo que o goberno vigués, que se pronunciará ao respecto este martes, fica agora sen ordenamento urbanístico. Con esta resolución o Tribunal Supremo vai en dirección contraria a unha sentenza feita pública o pasado marzo, na que o mesmo tribunal desestimaba un recurso de casación interposto por tres colectivos veciñais. Daquela o alcalde, Abel Caballero, destacou que tras noventa e oito sentenzas favorables, o urbanismo vigués ficaba por fin en "situación de seguridade xurídica por primeira vez na historia da cidade". |
NOS_3451 | O BNG fai un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación do 8F convocada por Queremos Galego, con independencia "da súa cor ideolóxica". | O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence mostrou o seu apoio á convocatoria do 8F de Queremos Galego e animou á participación despois dun encontro co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. Denunciou Vence que o idioma recibe hoxe un 70% menos de recursos e ten menos presenza no ensino polo que definiu como política "lingüicida" do PP desde a Xunta ao tempo que fixo un chamamento á cidadanía para que asista a mobilización como mostra da vontade do país para evitar que o idioma "esmoreza". A campaña de ignominia de Feijóo "Feijóo chegou ao goberno da Xunta en 2009 upado por unha campaña ignominiosa en base imposición do galego e, desde entón, afondou no desprestixio, no abandono e na exclusión da lingua do país", sinalou Vence que situou o decreto do plurilingüísmo ou o recorte do 70% en axudas a promoción do galego como dous claros exemplos da política lingüística do PP no goberno galego que non dubidou en poñer un exemplo próximo para demostrar o retroceso do galego, o da súa filla escolarizada nun instituto público no que recibe a maior parte do ensino en español. Como "unha boa oportunidade para empezar a recompoñer a desfeita deste Goberno e demostrar que o galego non é unha lingua a tempo parcial", definiu no encontro o presidente da MNL a convocatoria do vindeiro 8F en Compostela mentres esixiu, máis unha vez, que se faga efectiva a normativa e a lexislación aprobada e convidou ao goberno a "abandonar a axenda oculta" que elimina o seu cumprimento. Un regueiro de apoios Nestes días están a se producir un reguerio de apoios a manifestación do #8F a través de diversos formatos. Desde Anova ou a CUT até as MNG ou Mocidades Nacionalistas, entre outras. Apois que aumentan a medida que se aproxima a data. |
PRAZA_7249 | O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta noite a segunda edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados pola Asociación de Músicos Ao Vivo. Máis de 700 persoas asistiron á gala, que reivindicou a presenza da muller na música e no mundo | O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta noite a entrega dos Premios Martín Códax da Música, organizados pola Asociación de Músicos Ao Vivo, que completaron a súa segunda edición. Máis de 700 persoas asistiron á gala, que foi dirixida por Chévere e conducida por As Fillas Bravas, cun obxectivo claro: reivindicar a presenza da muller na música e no mundo. O espectáculo, de feito, pechouse coa interpretación do tema Matriarcas de Guadi Galego, que cantou acompañada no escenario por ducias de mulleres músicas ás que se sumaron tamén no final todos os premiados e premiadas desta edición. Nas 18 categorías foron premiados e premiadas artistas e bandas de longa traxectoria, coma Nao, Los Satélites ou Sumrrá, e outros máis recentes coma Sub Rosa ou Cuarteto Caramuxo. En ningunha das categorías se repetiu gañador ou gañadora dende a edición do pasado ano. Estreáronse ademais novos apartados para recoñecer a actividade de salas, festivais e medios de comunicación, premiando a Aturuxo, Festigal e Planeta Furancho. Os galardóns, consistentes nunhas fermosas estatuíñas de madeira realizadas polo escultor Víctor Lorenzo (bautizadas como Os Melómanos) foron entregados por artistas tan consagrados coma Abe Rábade, Mercedes Peón, Susana Seivane, Gloria Mosquera, Santi Cribeiro, Pablo Novoa, García MC ou Sonia Lebedinsky. Ademais, a formación N.H.U. recibiu o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo, que recoñeceu un "proxecto musical avanzado ao seu tempo, aglutinador dunha xeración de músicos inquedos, inconformistas e entregados a un proxecto minoritario, underground e carente de referentes próximos" e que "trazou novas formas de facer música nunha Galicia recén saída da ditadura franquista". Nesta edición inscribíronse un total de 360 proxectos (307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación). No seu discurso de clausura, o voceiro de Músicos Ao Vivo, Xacobe Martínez Antelo, reivindicou "un mundo onde a empresa privada non vinculada ó sector cultural, sexa quen de investir en cultura, en música de proximidade, sen complexos, con orgullo, con intelixencia e con amor ó propio, un mundo onde o corazón e a ilusión teñen un oco privilexiado nos balances anuais, onde as administracións públicas, as políticas e os políticos están ó servizo das ideas, por riba de fronteiras competenciais, de siglas, ou bandeiras" Lista de premiados e premiadas Pop e indie: Ataque Escampe Rock: Cró Blues, funk & soul: Cats and Monkeys Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 Folque: Cuarteto Caramuxo Música tradicional galega: Davide Salvado Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores Canción de Autor: A Cada Canto Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc Electrónica: Sub Rosa Metal: Nao Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi Orquestras, grupos e música de verbena: Los Satélites Premio Organistrum Salas: Aturuxo Premio Organistrum Festivais: Festigal Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Planeta Furancho |
NOS_14500 | Cando pensas que Ignacio Vilar tocara teito con A esmorga, vai e saca Sicixia. E cando pensas que xa si, volve abraiar con María Solinha. | O director de Petín, ás portas dos 70 anos, afronta cada novo proxecto como se fose o primeiro, coa mesma enerxía, afouteza e ilusión dun rapaz que acaba de empezar nisto e quere papar o mundo. María Solinha / 2020 / Galiza / Ignacio Vilar / 123 minutos O guión está inspirado nas historias e lendas arredor da canguesa María Solinha, acusada de bruxaría e sentenciada á fogueira en 1621, pero tamén na peza teatral Anne Peddersdotter, sobre a meiga do mesmo nome queimada en 1590, así como nas "bruxas de Salem", condenadas en 1692 en América do Norte. Sen desvelar demasiado, porque –xa sabedes– "o número de spoilers é inversamente proporcional á calidade do filme", dicir que non se trata dunha recreación de época na onda d'O crisol, de Nicholas Hytner, senón que vai máis na liña do Louis Malle de Vania na rúa 42, é dicir, un grupo de teatro que prepara unha obra, neste caso "María Solinha". Coma no testamento cinematográfico de Malle, os actores e actrices ensaian e recitan os textos con roupa de rúa non acorde cos decorados da posta en escena da peza. Se naquela todo acontecía no interior dunha casa, aquí atopámonos en localizacións naturais en lares, rúas, praias e bosques de diferentes lugares de Cangas, Redondela ou Moaña. Podería definirse como teatro filmado; ou documental ficcionado; ou filme teatral; ou, mellor aínda: "cinema-teatro-documental-ficcionado". Un inusitado fío argumental de dramas persoais, relacións familiares e de parella -que se desenvolven entre bambolinas- derivando nun fascinante exercicio de estilo de ficción-realidade que homenaxea o mundo da interpretación e, ademais, logra conectar de maneira intelixente e inesperada as lendas de dragóns, a Inquisición e a época actual. Grial Montes e Laura Míguez encabezan un reparto cheo de facianas tan coñecidas como as de Santi Prego, Mabel Rivera, Melania Cruz ou Antonio Durán 'Morris', entre outras e outros. Destacar tamén a dirección de fotografía de Lucía Catoira Pan, o deseño de son, os breves pero ben integrados efectos especiais e a soberbia banda sonora do especialista en "música antiga" Abraham Cupeiro, usando cornas, buguinas ou karnyx (trompeta celta). María Solinha require certa complicidade por parte do público para que a experiencia cinematográfica sexa completa. A partir do 19 de xuño poderá verse nuns 200 concellos ao aire libre, e con todas as garantías de hixiene que require "a nova normalidade". |
PRAZA_13660 | Compostela acolleu os actos do Día do Cooperativismo Galego, no que se fixeron entrega dos premios a varias empresas de todo o país e se pecharon tres días de actividades de fomento desta fórmula societaria. | A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar este 2012 o Ano Internacional das Cooperativas. Baixo o lema As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor o Consello Galego de Cooperativas, participado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e as diferentes asociacións de cooperativas, organizou os pasados días 5 e 6 de xullo o Encontro Internacional Cooperativo no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Nel, os diferentes actores do sector de Galicia e alén, chegados de Portugal, Ecuador, Francia, Bélxica, Suecia e doutras comunidades autónomas coma Euskadi, Catalunya, Estremadura ou o País Valencià expuxeron os seus proxectos, experiencias e perspectivas no presente e cara o futuro do cooperativismo. Este sábado celebrouse o Día do Cooperativismo Galego, no que se fixeron entrega dos premios á cooperación a varias empresas con esta fórmula societaria. Amais, houbo unha Mostra Cooperativa, na que se podían coñecer diversas e innovadoras propostas cooperativas de Galicia. Este sábado celebrouse o Día do Cooperativismo Galego, no que se fixeron entrega dos premios á cooperación a varias empresas Os pioneiros de Rochdale que crearon na Inglaterra de mediados do século XIX a Sociedade Equitativa, a primeira cooperativa de consumo que repartiu os seus excedentes entre os seus socios, xermolo das cooperativas modernas, de seguro non pensaron que case 170 anos despois os principios e valores que elaboraron seguirían a ter plena vixencia e que o movemento cooperativo sería unha certeza, tanto a nivel social como a nivel económico. Na Galicia de finais do século XIX, os precursores do cooperativismo foron as sociedades de mariñeiros e as sociedades agrarias, que xa que logo eran portadoras de valores solidarios e de apoio mutuo. As confrarías de mariñeiros funcionaban no inicio do século XX como auténticas cooperativas, pois actuaban tanto na produción, na comercialización, na seguridade social e mesmo con actividades formativas. A primeira lexislación cooperativa en España foi do ano 1931 coa chegada da II República. 88 mil cooperativistas en Galicia Na actualidade hai máis de 1.150 cooperativas activas en Galicia con máis de 88.000 socios, cunha tendencia positiva. O cooperativismo galego agrupa 88.000 socios en 1.136 entidades. O Informe de Síntese do Cooperativismo Galego recolleu no 2007 que había preto de 20.000 persoas cun emprego directo ou indirecto en relación co cooperativismo. No ano 2011, datos da Consellería de Traballo e Benestar aseguran que o 3% dos ocupados en Galicia son cooperativistas ou relacionados. As empresas cooperativas galegas presentan un volume de facturación de máis de 2,4 millóns de euros. A media de idade dos asociados está por debaixo da media xeral da poboación galega, e a presenza de mulleres, aínda que segue sen chegar á igualdade (46%), non deixa de crecer. As empresas cooperativas galegas presentan un volume de facturación de máis de 2,4 millóns de euros O descoñecemento por parte da maioría da poboación e falta de divulgación da fórmula cooperativa e o seu funcionamento, tanto interno coma externo, así como o seu verdadeiro impacto na economía real é un problema que o Encontro Internacional Cooperativo tratou. O presidente de CICOPA-ACI, Manuel Mariscal, puxo enriba da mesa esta cuestión na palestra sobre a panorámica das políticas de fomento cooperativo no mundo: "Vivimos nunha sociedade educada no pensamento polo cal se entende que só as grandes empresas teñen futuro e suficiente esperanza de vida e os feitos estannos a dar moitos exemplos de que isto non é así en absoluto. As cooperativas demostraron ser un modelo perdurable e estable con futuro, cos seus 170 anos de historia", comentou. Por que os países emerxentes como Brasil non padecen apenas a crise? "Investiron en intelixencia con recursos financeiros e aforros na economía real, para tentar reparar as grandes eivas sociais que padecen. Non se entregaron á economía especulativa como Europa e os EE.UU" Non esqueceu referirse ás vicisitudes económicas. "Por que os países emerxentes como Brasil non padecen apenas a crise? Porque investiron en intelixencia con recursos financeiros e aforros na economía real, para tentar reparar as grandes eivas sociais que padecen. Non se entregaron á economía especulativa como Europa e os EE.UU.", comentou. Defendeu que o investimento "intelixente" tamén é potenciar a promoción e creación de cooperativas dende as administracións públicas. Para rematar deixou unha frase para a reflexión: "Teño o convicción de que as cooperativas non somos parte do problema, senón todo o contrario, podemos ser parte dunha solución viable". O vicepresidente da Alianza Cooperativa Internacional en Europa e presidente de Cooperativas Europa, Felice Scalvini, explicou a clave desta alternativa: "As cooperativas incitan a un mundo mellor porque ofrecen a emancipación á humanidade do drama dos últimos 200 anos de historia: o capitalismo. Karl Marx baseou á replica ao capitalismo de empresa no capitalismo de Estado, a grandes riscos, mais isto revelouse coa experiencia ineficiente, porque cambia o patrón máis non a relación entre traballador e empresa. A cooperativa racha con isto, dá unha alternativa, son empresas diferentes xa que os propios traballadores son donos dos factores de produción: traballo, capital e terras". "Marx baseou á replica ao capitalismo de empresa no capitalismo de Estado, a grandes riscos, mais isto revelouse coa experiencia ineficiente, porque cambia o patrón máis non a relación entre traballador e empresa" Porén, chegado a este punto, que é unha cooperativa? As sociedades cooperativas son parte da economía social e solidaria, a cal responde a uns principio éticos certos formulados pola Alianza Cooperativa Internacional: adhesión voluntaria e aberta, xestión democrática e participación económica das socias, autonomía e independencia, educación, formación e información para as socias, intercooperación e interese polo ben común. En resumo, nunha empresa cooperativa prima o común e a democracia directa á diferenza das empresas con fórmula mercantís, como as sociedades anónimas (S.A.) ou as sociedades de responsabilidade limitada (S.L.), que teñen o seu centro no interese privado e a relación de propiedade, no que o principal obxectivo é a maximización dos beneficios. Hai diferentes tipos de cooperativas que a vixente Lei de Cooperativas de Galicia recolle na súa modificación do 16 de decembro de 2011. As máis usadas e numerosas son as cooperativas de traballo asociado como Máis Galicia, empresa de comercialización de marisco e peixe, Tagen Ata, empresa de servizos lingüísticos e comunicación; cooperativas agrícolas como Os Irmandiños ou Milhulloa; ou as cooperativas de ensino como a recentemente creada Avoaescola. Exemplos de éxito O movemento cooperativo ten un fondo contido filosófico e, en concreto, político, mais isto non é traba para que existan proxectos empresarias xa consolidados, algúns deles con ideas innovadoras. Entre todos os proxectos que se presentaron no Encontro Internacional Cooperativo e compartiron a experiencia ao longo das dúas xornadas de charlas destacou a cooperativa ServiMayor procedente de Losar de la Vera (Cáceres). Un exemplo de autoorganización e autoxestión dos servizos sociais por partes dos usuarios. Sobranceiras tamén foron as presentacións da cooperativa de aforro e crédito Detodas de Ecuador, que brinda apoio financeiro e capacitación a mulleres de moi escasos recursos para tentaren crear emprego digno Esta iniciativa é xa un centro residencial que foi financiado co investimento dos propios anciáns interesados hai uns anos en recibir uns coidados dignos e encarar os seus últimos anos de vida da mellor forma posíbel. O seu representante, Martín Carvajal, destacou que mentres as residencias privadas financiadas por bancos ou seguros custaban na súa comunidade unha media de 1.500 € ao mes, os usuarios do complexo residencial podíana acceder ao servizo por 600 €. O xigante das cooperativas na península, a corporación Mondragón, nada no 1956 na localidade gipuzkoana do mesmo nome tamén tivo o seu espazo para explicar o seu proxecto que se basea nunha fórmula de cooperativa mixta de traballo asociado, unha figura que combina a prestación do labor coa achega de colaboracións económicas, tecnolóxicas e financeiras externas. Hoxe agrupa cooperativas como Eroski, Fagor ou Orbea, entre as máis coñecidas. Sobranceiras tamén foron as presentacións da cooperativa de aforro e crédito Detodas de Ecuador, que brinda apoio financeiro e capacitación a mulleres de moi escasos recursos para tentaren crear emprego digno e, por tanto, suba a súa calidade de vida. Esta fórmula tamén se está a experimentando no ámbito galego con Coop57 e a banca ética Fiare, entre outras. Ante estes exemplos, é obvio que para emprender nestes momentos a sociedade cooperativa se presenta como un modelo válido, perdurable e viable, coas súa propias dinámicas creadores de riqueza, cohesión social e emprego estable e conciliador, diferentes pois da maioría dos exemplos actuais das sociedades de capital. |
NOS_44762 | O presidente de Novas Xeracións (NN.XX.) e diputado, Adrián Pardo, está entre os militantes e cadros ligados á formación popular que están movendo en redes sociales o manifesto. | A organización xuvenil do PP urxe, nun manifesto publicando en redes sociais, designar unha dirección provisional que se faga cargo das cuestións ordinarias do partido até a celebración dun congreso. No medio da crise desencadeada polo enfrontamento liderado polo presidente do PP, Pablo Casado, e a titular da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, Novas Xeracións publica este manifesto bautizado co lema 'En defensa dun PP á par dun gran país'. Nel pídelle á actual dirección popular que convoque "de urxencia" os membros da Comisión Executiva e que designe unha dirección provisional até o conclave popular. "Cremos que o período de transición debe ser o máis curto posíbel. España non merece ser consciente da nosa vida orgánica e hai que voltar a centrarse canto antes no que realmente importa aos cidadáns", subliña o manifesto, que acompaña Pardo no seu perfil de 'Twitter' cunha mensaxe: "Temos que estar á altura do noso país. Debémosllo aos nosos militantes e a todos os españois". No devandito manifesto tamén se subliña que o PP é "a principal forza política do centro reformista en España", polo que debe seguir sendo "un punto de encontro para a cidadanía que require do diálogo, consenso e moderación popular". O manifesto alude ás "incertezas económicas e sociais" e á "debilidade parlamentaria" do actual Goberno, ademais de destacar a "vocación de gobernar" do PP, así como o seu "legado ao servizo de España". "Non estivemos á altura" No manifesto lamentan que nos últimos días non se estivo "á altura" da súa propia historia nin da confianza que "millóns de españois" depositaron no partido. O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, cara a quen están agora todas as miradas, lanzou xa a pasada quinta feira, xusto cando estouraba a crise, unha mensaxe en que precisamente chamaba a "estar á altura". "O contexto actual exixe decisións extraordinarias e dolorosas, que permitan recuperar a confianza e a unidade interna para poder ofrecer ao Goberno de Pedro Sánchez a alternativa que España merece. Somos un partido democrático que debe trazar o seu camiño da man de militancia", recolle o texto, que o líder galego da organización xuvenil vinculada ao PP difunde pola súa conta. |
NOS_10559 | Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Superoito, Caxade, Carapaus, Habelas Hainas, Maianas, O Mago Antón e Ibuprofeno teatro actuarán no Festigal 2015 que terá lugar os días 24 e 25 en Compostela, no marco do Día da Patria. | "O Festigal vén cargado de música da Terra", dixeron os Carapaus despois da presentación esta terza feira en Compostela do Festigal, o encontro da cultura galega que se desenvolverá no campus sur de Santiago de Compostela os 24 e 25 de xullo no marco do Día da Patria Galega. Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas compoñen un programa que se completa até un cento de actividades que forman a xenerosa proposta do Festigal que, máis unha vez, se converte en escaparate da actualidade da nosa cultura. Aposta pola creatividade Trátase dunha "aposta polo talento e a creatividade do noso país", en palabras de Alberte Mera, de Galiza Nova, que defende que a cita quere "reivindicar a nosa cultura, en momentos en que as institucións e poderes intentan calar a nosa nación, a nosa lingua, artistas e novos valores". A xornada do 24 serán As Maianas quen abran un programa como gañadoras do concurso "Novos Valores Festigal 2015. A seguir subirán ao escenario Habelas Hailas para, despois, abrirlle o paso a Caxade que, canda a Banda de Música a Bandeira presentará unha das sorpresas musicais do ano. Ruxe Ruxe e 4Sokram pecharán a xornada. Para o día 25 resérvase un espectáculo do Mago Antón, o humor de Isa Risco e Marián Bañobre con "O Furancho" ademais do folk de Carapaus e o rock de Familia Caamagno e Superoito. Música, teatro, presentacións de libros, debates, coloquios, espazo infantil, obradoiros, deporte, artesanía... son algúns dos ámbitos do programa dun encontro que se celebra desde 2002 e conseguiu o pasado ano o premio da música Martín Códax como mellor festival galego. Conta tamén coa posibilidade de acampada na noite do 24, para o que se hai que inscribir en [email protected] por un prezo simbólico de 3 euros. |
NOS_41788 | Artista, teórico, militante político incombustíbel e pioneiro da banda deseñada na Galiza. Reimundo Patiño será o protagonista do Día da Ilustración Galega, unha oportunidade inigualábel para recuperar unha das figuras fundamentais da cultura da segunda metade do século XX hoxe un tanto esquecido. | Compromiso coa arte, co seu país e co seu tempo. Se cadra, ese sería un bo resumo da traxectoria de Reimundo Patiño, protagonista da edición deste ano do Día da Ilustración Galega e elemento fundamental da evolución da arte e da cultura galega na segunda metade do século XX. Nado en 1936, o golpe de Estado obrigou a súa familia a refuxiarse en Río de Quintas. En 1942 trasladouse a Monforte de Lemos, onde unha enfermidade o mantivo na cama cinco anos. Mais, sen dúbida, a experiencia que o marcou para sempre foi a profunda amizade que o ligou a Xohán Casal, quen lle deu acceso á biblioteca de seu pai e o puxo en contacto coa cultura galeguista. Patiño e Casal fundan a Liga Nórdica e a Unión de Artistas Ceibes, cuxa importancia non pasa de ser testemuñal mais que ilustra sobre o compromiso do artista coa arte do país. En 1958, Patiño trasládase a Madrid e alí participa na fundación do grupo Brais Pinto -xunto con, entre outros, Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Herminio Barreiro, Bernardino Graña ou Ben Cho Shey- e A Gadaña, que aposta nunha pintura de acción e polo carácter autosuficiente da experiencia artística. O seu compromiso político levouno a ser tamén un dos fundadores da UPG, sendo un dos que redactaron os célebres 10 puntos programáticos. Patiño estudou as formas da paisaxe e da arte popular (as figuras de Santo André de Teixido, os cruceiros, os gravados nos xugos do gando, a arte medieval, os petróglifos) para vencellar a cultura galega á modernidade que representaban o expresionismo e o surrealismo que triunfaban en Europa e nos EUA Patiño introduciu o expresionismo abstracto na pintura galega; estudou as formas da paisaxe e da arte popular (as figuras de Santo André de Teixido, os cruceiros, os gravados nos xugos do gando, a arte medieval, os petróglifos) para vencellar a cultura galega á modernidade que representaban o expresionismo e o surrealismo que triunfaban en Europa e nos EUA; foi un teórico de primeira orde que publicou diversos ensaios sobre a arte galega (Encol do informalismo, Noticias do grabador Ortiz , Seoane "Botella ó mar" no tempo, A actual pintura gallega); participou na fundación de Estampa Popular Galega e do grupo Atlántica... E, non obstante, a súa figura parece terse desdebuxado desde o seu pasamento en 1985. Que foi o que ocorreu coa súa lembranza? "Espero que dedicarlle o Día da Ilustración Galega sirva para volver proxectar a súa figura e recoñecer a grandísima importancia que tivo na cultura galega", di Xulio Carballo, doutor en filoloxía e autor dunha tese sobre a banda deseñada na Galiza. "Patiño foi moi recoñecido no seu tempo: o seu falecemento provocou unha catarata de homenaxes, artigos e poemas dedicados á súa persoa -desde a práctica totalidade de artistas plásticos até escritores como Uxío Novoneyra ou Manuel Rivas- que o evocaban como unha figura transcendental da nosa cultura. E a min fáiseme moi estraño ver como todo iso se foi diluíndo no tempo. Deixouse de falar del, como se desaparecese, e non chego a entender a razón. Creo que hai que devolverlle o lugar que lle pertence como pintor, como pioneiro da banda deseñada, como teórico e, sobre todo, como un guieiro cara á modernidade para moitísima xente". Aproveitar o potencial da cultura de masas A evolución de Patiño como artista foi decantándose por formas populares e da cultura de masas que lle permitían transmitir mensaxes de carácter ideolóxico sen renunciar á complexidade artística, de aí a súa relevancia como pioneiro da banda deseñada. "El foi quen fixo que todo estoupase", explica Carballo. "Grazas a el, moitos artistas enfocaron a súa obra cara a esas formas procedentes da cultura de masas. Un dos seus compromisos foi o de dignificar o cómic para aproveitar esa capacidade de conectar cun público amplo e quitarlle esa consideración negativa que tiña en ámbitos académicos. E ademais, relacionándoo coa nosa arte popular, creando unha amálgama artística na que a tradición galega e a modernidade internacional se daban a man". A finais da década de 1960 e no inicio da de 1970 existía xa unha reflexión teórica sobre a cultura de masas que rompía cunha visión anterior que a rexeitaba de plano por frívola ou intranscendentes. Os cómics entraban nas galerías de arte e transformábanse en voceiros das novas correntes underground a través da reivindicación da sexualidade, das drogas e da mobilización antibelicista contraria á guerra do Vietnam; a iconografía pop chegaba ás obras de arte; e a música e o deseño asimilaban estas novas formas para fundirse con elas nun gran movemento contracultural. "Estaba moi atento a todo o que sucedía a nivel internacional, non só a respecto da banda deseñada, senón tamén da arte e da literatura. E trasladaba todos eses coñecementos a xente que o arrodeaba e que buscaba novas formas de expresarse", di Carballo "A consideración do cómic empeza a ser outra e xorden novos conceptos que se expanden desde Francia e desde os EUA", declara Carballo. "E Patiño coñecía todas estas correntes: estaba moi atento a todo o que sucedía a nivel internacional, non só a respecto da banda deseñada, senón tamén da arte e da literatura. E trasladaba todos eses coñecementos a xente que o arrodeaba e que buscaba novas formas de expresarse. Era unha especie de Vicente Risco, transmitindo todas as novidades que chegaban de fóra a un grupo amplo de xente inquieta e cun compromiso político semellante ao seu. E todo iso cun coñecemento teórico vastísimo". Grazas ao exemplo e á obra de Patiño, moitos artistas descubriron o cómic. "O grupo do Castro, por exemplo, con Luís Esperante, ou, sobre todo, Xaquín Marín, a quen el mesmo convenceu de que os seus cadros eran tan narrativos que tiña que desenvolvelos en banda deseñada. Así naceu esa primeiro historieta galega publicada en prensa, O emigrante (1971) de Marín, ou o volume composto entre os dous, 2 viaxes". O home que falaba vegliota A obra máis coñecida de Patiño, O home que falaba vegliota, unha clara reivindicación do galego, un idioma perseguido naqueles últimos anos do réxime franquista, é un exemplo desa vocación popular que guiaba os pasos do autor. "É unha banda deseñada en forma de mural e que el proxectaba exhibir por varias localidades da Galiza", explica Carballo. "Quería unha arte que puidese espallarse e chegar a un amplo número de persoas". De feito, aquela obra chegou a un gran número de xente que despois se animou a facer banda deseñada, ao comprobar que era un xénero que podía conxugar o refinamento artístico e o compromiso político. "El demostrou que aquilo era arte cun enorme potencial non un subproduto cultural". |
PRAZA_17148 | O seguimento entre os maxistrados foi maior no conxunto do Estado, ao superar o 65%. O comité de folga do persoal da Administración de Xustiza leva á Valedora e ao Defensor o peche do conflito na mesa sectorial ao considerar "ilegal" por ir contra un dereito constitucional. A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos da folga da Xustiza | A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos da folga da Xustiza Un día despois de que a folga de funcionarios da Administración da Xustiza se dea case por rematada logo de que a Xunta desactivase os servizos mínimos, os xulgados galegos viviron este martes outro paro. Desta vez, de xuíces e fiscais, que volveron mobilizarse para reclamar unha mellora nas súas condicións laborais nunha protesta secundada polas catro asociacións de maxistrados e as tres de fiscais. Centos de xuízos serán adiados ao día seguinte de que a Xunta desactivase os servizos mínimos doutro paro de máis de cen días Cuns 20.000 xuízos e milleiros de trámites suspendidos pola folga do persoal administrativo, o paro deste martes fixo que se adiasen en Galicia centos de vistas máis, así como declaracións de testemuñas e outros traballos. Só os efectos do paro do funcionariado e os atrasos acumulados puido facer descender o seguimento con respecto a outros puntos do Estado, onde foi de máis do 65% entre os maxistrados e do 52% entre os fiscais. En Galicia a última hora da tarde non había aínda datos definitivos, aínda que entre os xuíces foran 166 dos 342 totais en activo os que anunciaran que secundarían o paro, practicamente o 50%. En total, suspendéronse unhas 146 actuacións xudiciais, xuízos ou declaracións, segundo os datos facilitados polos xulgados e os tribunais ao presidente do TSXG. Entre os fiscais, e segundo as fontes consultadas, tamén sería arredor do 50% do persoal o que secundaría esta folga. Foi, segundo estas mesmas fontes, un "éxito" que se deixou sentir "con forza" nos xulgados e que debería facer "reflexionar" o Goberno central. Todo neste martes, no que a Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) comezaron a preparar o plan de recuperación de traballo tras máis de cen días de folga. Ademais, os catro sindicatos que aínda se manteñen no comité de folga (CUT, CSIF, STAJ e CIG) decidiron recorrer á Valedora do Pobo e ao Defensor do Pobo a decisión do Goberno de abordar as reivindicacións do paro na mesa sectorial ao considerar que se está a vulnerar un dereito constitucional. Os sindicatos aínda no comité de folga recorren á Valedora e ao Defensor do Pobo o uso da mesa sectorial para pechar o conflito Para estes sindicatos, a Xunta pasou por riba do comité de folga "para pechar o conflito", algo que cren que é "ilegal" por ir contra o dereito de folga recollido no artigo 28 da Constitución. Ademais, reclaman á Administración que "non peche en falso e cunha minoría" o problema tras lembrar que SPG-USO, UGT e CCOO, os tres sindicatos que se adheriron á proposta da Xunta, representan un 45,6% do colectivo. Ademais, valoran tamén "as accións legais" que poderían levar a cabo en canto se publique o acordo porque consideran que pode estarse cometendo unha "ilegalidade" ao ser o comité de folga "o único interlocutor válido" cando o paro non está desconvocado senón suspendido. Protesta de xuíces e fiscais Pola súa banda, a folga de xuíces e fiscais chega logo de catro paros parciais que se iniciaron o pasado 26 de abril e se repetiron cada xoves. Reclaman máis autonomía orzamentaria, maior independencia do Consello Xeral do Poder Xudicial ou cargas de traballo menos longas e máis axeitadas. Tamén a modernización da Administración de Xustiza, a mellora das condicións profesionais, a atribución á Fiscalía Xeral do Estado da formación de fiscais, a derrogación do sistema de prazos máximo de instrución ou a paralización da implantación da xustiza dixital polas eivas detectadas. Os datos de mobilización falan de que este martes 3.537 de 5.407 xuíces (65,4%) e 1.297 sobre 2.500 fiscais (51,9%) apoiaron a protesta no conxunto do Estado. A folga chega logo de que as asociacións se reunisen co Goberno central e non visen avances nas súas reivindicacións. O Executivo considera que a maioría das 14 propostas consensuadas están xa en trámite e o resto estudándose. Precsamente, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, participaron este martes na reunión da Comisión Mixta, que tivo lugar en Santiago. Tras a xuntanza aclararon que o plan para recuperar o traballo atrasado pola folga dos funcionarios non se poderá "materializar" ata setembro como mínimo e requirirá dun "importante esforzo económico" e da participación de xuíces, fiscais e secretarios xudiciais. Por iso, o Goberno galego reclamará a "implicación" do Ministerio de Xustiza e do Consello Xeral do Poder Xudicial. |
NOS_39055 | Ante os efectos da crise actual na pesca e no marisqueo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enviou unha carta ao presidente da Xunta con medidas urxentes para defender estes sectores, tales como decretar o "peche" do marisqueo por causa de forza maior, aprobándose ao mesmo tempo compensacións e axudas; e o estabelecemento de medidas de seguridade nos barcos que saen a faenar. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enviou esta quinta feira, 2 de abril, unha carta ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, onde o insta a tomar medidas urxentes para protexer o sector da pesca e do marisqueo, ante as dificultades polas que está a pasar por mor da crise económica e social causada pola pandemia do coronavirus. Cinco son as medidas que o Bloque formula a Feixoo. A primeira é decretar o peche do marisqueo por causa de forza maior, estabelecendo compensacións ao sector. Na segunda ínstase a Xunta a pór en marcha medidas que garantan a seguridade nos barcos que saen faenar e aseguren unha saída comercial do peixe que se descarga nas lonxas galegas. En terceiro lugar, o Bloque pide a Feixoo que inste o Goberno español a rebaixar o umbral para poder acceder ás axudas por peche, xa que co actual, situado en 75%, "moita xente quedará fora a pesar de en marzo ter perdas moi importantes e a pesar de que en abril vaia ter cero ingresos", dixo Pontón. A líder nacionalista tamén demanda nesa carta axudar as confrarías, polo que considera que a Xunta "debería pór en marcha axudas a ese ámbito". En quinto lugar, Pontón reclama que se realicen "as modificacións que sexan necesarias para axilizar os usos dos fondos da Unión Europea, o fondo marítimo e da pesca, para facer fronte a esta situación", segundo expuxo esta quinta feira en rolda de prensa. Antes da comparecencia virtual aos medios, a voceira do Bloque mantivo un encontro con cinco representantes do sector e a deputada nacionalista Montse Prado. Pontón explicou nesa reunión que a situación en que se atopa o sector, como consecuencia da crise sanitaria, é "crítica" "Compartimos a preocupación, non hai mercado para estes produtos. As vendas que teñen, son irrisorias, e con prezos tan baixos que non é sostíbel manter a actividade", constatou a dirixente nacionalista, que avisou de que isto "afecta moitísima xente deste país", con 6.600 persoas só no ámbito do marisqueo, "que viron como caeron os seus ingresos ao non haber actividade". Tamén alertou de que no ámbito pesqueiro "é moi difícil" manter a seguridade a bordo dos barcos, xa que é complicado tomar "as distancias de seguridade e son case imposíbeis as medidas de protección adaptadas ás condicións do mar". Caída da venda e dos prezos A portavoz do BNG salientou tamén que o peixe que se descarga nas lonxas "mantén prezos moi baixos", co que caeron as vendas e algunhas pecharon por falta de actividade, ao non haber mecanismos de distribución. Por todos estes motivos, avisou da situación "crítica", cunha "caída da actividade moi forte" e con "consecuencias económicas e sociais moi graves". "Non se pode deixar caer un sector tan importante na economía da Galiza como é o sector do mar", aseverou. Ante esta situación, Pontón repetiu a súa petición á Xunta e ao Goberno central para que "actúen" e dean unha "saída social" a este sector. "Debemos garantir unha saída social aos mariñeiros, á xente do marisqueiro, que en moitos casos xa tiñan unha situación crítica, e que agora se agudiza coa situación do coronavirus", remarcou. Miranda critica a parálise da UE perante a crise Esta quinta feira a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, urxiu á Comisión Europea a impulsar unha actualización diaria de toda a poboación afectada pola COVID-19 co obxectivo de dar unha resposta sanitaria, social e económica á pandemia. Miranda criticou a falta de datos globais de todos os Estados membro afectados pola emerxencia sanitaria e a súa "falta de ambición", poñendo de relevo a falta de previsión loxística e estatística da Unión Europea, que dificulta a solución coordinada a crise. A Comisión Europea debería instar á Oficina Estatística das Comunidades Europeas (EUROSTAT) "a realizar un control de datos urxente e unha actualización diaria para prever diversos escenarios", valorou Miranda, considerando "indispensábel" contar con datos "sólidos, fiábeis, actualizados e coordinados para realizar estimacións do material sanitario preciso". "Resulta impresentábel a parálise e a falta de actuación coordinada da Unión Europea, froito do egoísmo de algúns estados que buscan beneficios económicos por riba da emerxencia sanitaria", sinalou Ana Miranda, quen defende que a Unión Europea "tiña que ser exemplo de solidariedade e actuacións conxuntas". Flexibilización dos Fondos de Cohesión Para a portavoz do BNG en Europa, hai semanas que a UE debería ter posto en marcha medidas de emerxencia coordinadas a nivel europeo, entre as que figura a mobilización de forma felxíbel dos Fondos de Cohesión. "Os fondos europeos deben servir neste momento de crise global para dar solucións como a adquisición de material sanitario de probas e prevención, axudas a profesionais autónomas e traballadoras e traballadores afectados, así como a familias sen recursos", explicou. Precisamente respecto á proposta da Comisión Europea de activar un fondo de 100.000 millóns para axudar o Estado español e o italiano a financiar os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), Miranda criticou a súa "falta de ambición" ao falar unicamente de préstamos aos países para pagar os ERTE e non ser capaz de aprobar un subsidio de paro europeo. "A proposta formulada pola presidenta da Comisión Europea non chega", puntualizou Miranda. |
NOS_38381 | Convocan unha manifestación nacional que partirá do Campo da Leña para se dirixir a Riazor. | 'Galiza Nación, Oficialidade' é o lema escollido para a manifestación nacional convocada por Seareiros Galegos para o 20 de maio, xornada na que a selección galega volverá aos campos de fútbol, para se enfrontar ao combinado venezuelano. A manifestación está convocada para as 19:00 horas, hora e media antes de que comece o partido de fútbol en Riazor (20:30). O seu punto de partida será o Campo da Leña. Tal e como reflexa o lema, a manifestación reclamará a oficialidade das seleccións galegas, para que poidan competir en igualdade de condicións coas doutros países do mundo. Seareiros Galegos encargouse, após que Núñez Feijóo acabse coa selección en 2009, após chegar á Xunta; de recoller a luva e organizar en Nadal as xornadas de reivindicación da selección galega e a súa oficialidade. No 2009 xoga unha selección de futbolistas galegos contra o CD Paraguayo. Nos anos seguintes, os enfrontamentos serán contraPalestina (2010), Sahara (2011), Kurdistán (2012) e Occitania (2013). En 2014 non houbo encontro, e volveuse recuperar no 2015. SS.GG dispoñibiliza autocarros para o desprazamento a Coruña para ver o partido, así como entradas para o mesmo. A seguir, a relación de lugares onde poder anotarse. Adata lçimite para se anotar e reservar entrada é o 15 de maio. - Compostela: C.S. Gentalha do Pichel (Rua Santa Clara, nº21)- A Coruña: Bar Faluya (Rua Orzán, nº75), C.S. Gomes Gaioso (Rua Marconi, nº9)- Ferrol: Fundaçom Artabria(Travesa de Batalóns, nº7)- Lugo: Bodegón A Fouce (Rua Ramón Montenegro, nº2) C.S. Mádia Leva (Rua Serra de Ancares, nº18)- Pontevedra: Cafetería Pasaje (Soportais da Ferraria, nº6)-Vigo: C.S. Faisca (Rua Toledo, nº9), C.S. Revolta ( Rua Real, nº12)- Ourense: Luscofusco (Rua da Liberdade, nº9)- A Guarda: C.S Fuscalho (Fronte Atalaia da Guarda)- Burela: C.S. Xebra (Rua Leandro Cucurni, nº9) |
PRAZA_13153 | Un documental de Manuel Darriba, Pacios, as fotos da memoria, percorre o traballo do fotógrafo sarriao Toño de López, que retratou os últimos habitantes desta aldea do Incio, na que se criou, como unha forma de recuperar o recordo do seu pai. Preséntase este mércores en Lugo, no salón de actos da Deputación. | O salón de actos da Deputación Provincial de Lugo acolle o mércores 30 ás oito da tarde a estrea do documental Pacios. As fotos da memoria, escrito e dirixido polo xornalista Manuel Darriba. Porén, o proxecto ten outra orixe. Pacios narra un proxecto moi persoal do fotógrafo sarriao Toño de López, que o pasado ano quixo regresar á súa aldea natal de Pacios, no Concello do Incio, para retratar os últimos veciños cunha vella cámara de placas. Era un traballo de fin de curso para a Facultade de Belas Artes, pero era algo máis. Era unha forma de procurar a memoria de seu pai e a súa propia, a da súa infancia, e a da aldea no seu conxunto, salvando con imaxes e co complexo (e longo) proceso de retratado cunha cámara obsoleta a fenda que o separa dese tempo. Era unha forma de procurar a memoria de seu pai e a súa propia, a da súa infancia, e a da aldea no seu conxunto, salvando con imaxes a fenda que o separa dese tempo Durante eses días de convivencia, Toño reabriu a casa familiar, abandonada na actualidade e durante ese tempo conversou cos veciños, retratounos coa cámara e coa conversa. Manuel Darriba recolleu ese proceso en vídeo e pouco despois convertiuno nun documental, que xa se puido ver nos festivais internacionais de Tesalónica (Grecia) e Lucerna (Suíza), e que despois da súa estrea este mércores no Salón de Actos da Deputación de Lugo estará en xuño no Festival de Cine Etnográfico do Museo do Pobo Galego, en Compostela. Non será a primeira vez que o filme se vexa en Galicia, pois xa se realizou un pase privado para os propios veciños que son os protagonistas da película, e tamén se proxectou en Sarria, coincidindo coa exposición das fotografías tiradas en Pacios por Antonio López. |
NOS_38312 | "Non caiamos de novo na falacia de que o desenvolvemento económico se debe facer a costa da degradación ambiental", alertan aos partidos políticos que se presentan ás eleccións no Día Mundial do Medio Ambiente. | A Federación Ecoloxista Galega (FEG), en representación das entidades ecoloxistas e naturalistas Adega, Adenco, APDR, CES, MEL, Néboa, Papaventos, Vaipolorío,Verdegaia, e Amigos da Terra envía no Día Mundial do Medio Ambiente as súas propostas de cambio na xestión pública cara a un modelo máis ecolóxico e sustentábel ás formacións políticas candidatas ás eleccións do 12 de xullo, co obxectivo de que as incorporen nos seus programas electorais e, posteriormente, na súa acción de Goberno ou de oposición. Desde a FEG salientan que debido á crise ambiental global "o futuro Goberno da Galiza se enfronta ao enorme reto de promover unha mudanza radical nos diferentes eidos de xestión pública". "Agora máis que nunca, tras a experiencia vivida pola situación de alarma sanitaria derivada da Covid-19, debemos ser conscientes e actuar en consecuencia a prol do coidado do noso entorno", manifestan, para engadir que "o confinamento humano amosou efectos moi positivos para a biodiversidade galega e parámetros de calidade ambiental como a diminución da contaminación atmosférica". "O que parecía imposíbel, agora é posíbel" A FEG incide en que "non podemos agardar máis a mudar profundamente o noso sistema económico, a nosa maneira de pensar e actuar, as nosas prioridades vitais, os nosos valores e a forma na que nos organizamos e nos mobilizamos como sociedade". "O coronavirus demostrounos que o que parecía imposíbel, agora é posíbel", aseveran. "Non caiamos de novo na falacia de que o desenvolvemento económico se debe facer a costa da degradación ambiental", trasladan as formacións políticas ao considerar que perante a crise que vén se deben "evitar" os "recortes en medio ambiente" e a "flexibilización das normativas ambientais". Accións que "en pasadas crises económicas non contribuíron a resolver nada e, pola contra, instensificaron e aceleraron a degradación do noso territorio". Entre as propostas que consideran urxentes recollen o abandono do carbón para "promover a socialización das renovábeis para reducir drasticamente as emisións e acadar a xustiza climática", aplicar unha política de ordenación do territorio que "limite" o crecemento urbanístico e "defensa" da costa, apostar por trens "de proximidade" para o transporte e "ordenar a industria extractiva con criterios sociais e ambientais". |
NOS_4286 | O termo inglés 'stealthing' significa "en sixilo" e serve para nomear un acto de violencia sexual que a coñecida como "Lei do só si é si" considerará agresión. Refírese a quitar o preservativo durante a copulación sen o consentimento da outra parte. | As organizacións defensoras dos dereitos sexuais das mulleres consideran que o stealthing debe ser tratado como unha violación. Un estudo de Alexandra Brodsky publicado en Columbia Journal of Gender and Law, da Universidade de Columna, pon de manifesto que é común entre persoas novas e sexualmente activas. Aprovéitase un cambio de postura para retirar a protección sen que a outra parte se decate, a pesar das consecuencias para a saúde sexual e reprodutiva das mulleres. "Moitas experiméntano como unha grave violación á súa dignidade", expresa a autora do estudo. Avogadas expertas en delitos sexuais defenden que se a outra persoa non sabe ou non está de acordo na retirada do preservativo cométese unha violación, ao entender que se acorda ter relacións sexuais usando un preservativo e o home o quita sen dicir nada, xa non ten consentimento e constitúe unha manifestación de violencia e como un atentado á liberdade sexual. Os delitos sexuais repuntan un 16% no primeiro semestre Hoxe en día, quitar o preservativo sen que a outra persoa dea o seu consentimento é abuso sexual, aínda que non se recolle como tal no artigo 181 do Código Penal. Porén, a Lei orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual, coñecida como "Lei do só si é si" recoñecerao como agresión sexual, de maneira que endurecerá as penas dos 4 aos 12 anos de cárcere. Prevese que a lei comece a súa tramitación parlamentaria en setembro e porá fin á distinción que estabelece o Código Penal entre agresión e abuso sexual, de modo que todo acto sen consentimento será considerado agresión. O xuíz interpreta Hai escasa xurisprudencia ao respecto, e considerar delito ou non esta forma de violencia machista está suxeito á interpretación da xuíza ou do xuíz. Na Galiza, a Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra, nunha sentenza con data de 18 de xullo de 2017, pon de manifesto que "as probas referidas acreditan a existencia de relacións sexuais entre vítima e acusado" e afirma que "acreditan tamén, "conforme ás manifestacións da vítima, que nun determinado momento ela opúxose a seguir mantendo relacións sexuais, ante a decisión unilateral do acusado de quitar o preservativo, manifestándolle aquela a súa oposición explícita". Aulas sen sexualidade, mocidade en desigualdade A Audiencia de Pontevedra condenou o home como autor dun delito de agresión sexual, ao violar o acusado a muller. |
NOS_56264 | Está en bon estado de saúde. Estaba nun hostal de Lugo para evitar as presións dun mozo co que mantiña unha relación. | A moza de 26 anos cuxa desaparición denunciaran os seus pais apareceu nun hostal de Lugo e en bo estado de saúde, segundo informan diversos medios. Optou por se ocultar nun hostal para evitar as presións dun mozo de Baralla co que tiña unha relación, mozo que foi detido pola Policía a raíz da desaparición desta muller. O veciño de Baralla segue detido por suposta violencia de xénero Desde un primeiro momento na investigación non se descartou ningunha hipótese, incluída unha desaparición voluntaria. |
NOS_18244 | Despexada a incógnita. A RAG si leva o decreto do galego ao Supremo. A Academia vai presentar un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que só estimaba en parte os argumentos da institución. O TSXG anulaba dous artigos do decreto, o que a RAG considera insuficiente. No seu recurso perante o Supremo pide a anulación completa do decreto de plurilingüísmo. A RAG podería, sen embargo, retirar o recurso se a Xunta accede a negociar o decreto e comprometerse nun cambio de rumo nesta materia. A decisión de presentar o recurso foi tomada pola unanimidade das persoas que compoñen o plenario. | Dous días despois do que a propia Academia anunciou como o último acto público de Xosé Luís como presidente da RAG, despois de que anunciara mediante un correo electrónico o día 25 de febreiro a súa demisión, o escritor vén de oferecer esta mesma mañá unha rolda de imprensa. Nela acaba de anunciar que a institución presentará no Tribunal Supremo un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o decreto de plurilingüísmo. A RAG pide a anulación total do decreto."O bo para o noso idioma, o bo para Galiza é a anulación total" dixo Ferrín, que chamou ao texto o "decreto da discordia". A decisión de presentar o recurso foi tomada por unanimidade do plenario. A Academia convocou a rolda de prensa apenas dous días antes de que teña lugar o pleno no que se tratará o tema da demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente da RAG. Os tres actos, sen embargo, non son feitos aillados. O secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos, relacionounos no propio día no que se deu a coñecer o contido da carta de demisión enviada por Ferrín a todas as persoas que forman parte do plenario así como académicos e académicas correspondentes. Nunha entrevista en La Voz de Galicia, Axeitos acusaba ao Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega de estar a "colonizar" a Academia alén de denunciar presións para que a institución non apresentara o recurso diante do Supremo. Días despois, tanto o CCG, presidido polo tamén académico Ramón Villares, así como o ILG, dirixido até hai días pola tamén académica Rosario Álvarez, apuráronse a rexeitar as acusacións de Axeitos e confirmar a súa oposición ao decreto do plurilingüísmo, remitíndose a textos e informes asinados por ambas entidades. A denuncia de Axeitos creou un novo foco de atención arredor do conflito que reventara no anterior pleno, cando un grupo de académicos esixiron da directiva as contas de gastos dos orzamentos así como explicacións da política de contratación da institución, unha vez se fixera público que diversos membros da executiva tiñan empregado na institución a familiares directos. A situación saldouse coa presentación da demisión de Ferrín e un conflito na propia institución que, mália diversas intervencións que avogaban polo consenso no grupo dos 27 que compoñen o plenario neste momento semella non calmar. A expectación é agora aínda maior polo que acontecerá o próximo mércores, data fixada para a aceptación por parte do plenario da demisión de Ferrín. Na xuntanza, alén dese tema central, queda sobre a mesa a petición de aclaración de contas que se acarrea desde o pasado pleno máis a aclaración das distintas posturas arredor da presentación por parte da Academia do recurso no Supremo. |
PRAZA_18566 | O eurodeputado Miguel Urbán (Podemos) e a deputada na Assembleia da República Maria Manuel Rola (Bloco de Esquerdas) debateron na Coruña sobre o auxe dos fascismos en Europa e as estratexias máis axeitadas para combater o seu ascenso | O eurodeputado Miguel Urbán (Podemos) e a deputada na Assembleia da República Maria Manuel Rola (Bloco de Esquerdas) debateron este venres na Coruña sobre o auxe dos fascismos en Europa e as estratexias máis axeitadas para combater o seu ascenso. A mesa serviu para abrir a Escola Municipalista de Outono, organizada ao longo da fin de semana pola Asociación M. "Constrúese unha guerra entre o último e o penúltimo. O primeiro expulsado é o migrante, convertido nunha especie de chibo expiatorio para que poidamos cuestionar quen ten acceso ao reparto pero non cuestionemos o propio reparto" Tanto Miguel Urbán como María Manuel Rola fixeron fincapé no contexto socieconómico no que crecen os movementos de ultradereita no continente: desigualdade crecente, pobreza, desemprego e precariedade laboral, recortes nos servizos públicos e problemas no acceso á vivenda, unha situación da que responsabilizaron ás políticas neoliberais aplicadas nas últimas décadas. "O neoliberalismo non só é unha máquina de destrución de dereitos sociais, senón que tamén construíu un imaxinario de escaseza entre as clases populares europeas. Isto xera unhas dinámicas de exclusión social. Se 'non hai para todos' a lóxica que se alimenta dende o poder -e na que se asenta a ultradereita- é a da expulsión de sectores sociais polo reparto dos recursos escasos: diñeiro, traballo, servizos públicos...", sinalou Urbán. "Constrúese unha guerra entre o último e o penúltimo e o primeiro expulsado é o colectivo máis débil: o migrante, convertido ademais nunha especie de chibo expiatorio, para que poidamos cuestionar quen ten acceso ao reparto pero non cuestionemos nunca o propio reparto", dixo, concluíndo que "o cuestionamento do reparto debería ser a base dunha política anti-neoliberal e tamén dunha política antifascista". "A esquerda debe evitar combater a inseguridade que na actualidade vive a poboación coas mesmas lóxicas da dereita e o neoliberalismo: exclusión e competencia entre os de abaixo" De igual xeito, Maria Manuel Rola apuntou que "as políticas neoliberais están a provocar un incremento da inseguridade da poboación: inseguridade para acceder ao sistema público de saúde, para acceder a unha vivenda, para contar cun emprego estable...". "A esquerda debe evitar combater a inseguridade que na actualidade vive a poboación coas mesmas lóxicas da dereita e o neoliberalismo: exclusión e competencia entre os de abaixo", salientou, concluíndo que "a defensa da sanidade pública, dunha política de vivenda que garanta o acceso á poboación, unha política de emprego que garanta o acceso a emprego estable..., deben ser o núcleo das políticas de esquerda". A UE "Para eles é máis doado falar contra Bruxelas que contra a patronal italiana. Así é como Salvini escenifica o seu teatro político" Os partidos de extrema dereita manteñen unha constante retórica contra as institucións da Unión Europea, críticas nas que en ocasións coinciden cos partidos de esquerda, aínda que con motivacións distintas. As sondaxes apuntan a un importante ascenso dos partidos de ultradereita nas eleccións europeas do vindeiro mes de maio. Cal debe ser a estratexia das formacións de esquerda neses comicions e ante as políticas deseñadas dende a UE? "Hai moitas extremas dereitas distintas en Europa, pero a retórica antiestablishment parece que si une a todos estes partidos, sobre todo se entendemos o establishment como 'Bruxelas'. Porque para eles é máis doado falar contra Bruxelas que contra a patronal italiana. Así é como Salvini escenifica o seu teatro político", explicou Urbán. "A esquerda debe comezar a ter un discurso claro sobre a construción europea, porque ata agora a súa posición foi moi morna. E, así, a esquerda foi vista como parte substancial da construción da Europa neoliberal" O eurodeputado estableceu diferenzas entre as críticas dende a esquerda á política europea: "Hai mil razóns obxectivas para que a poboación vexa a UE como un problema e nós estamos en contra da UE, eu defendo que a UE é irreformable, pero si creo que hai que impulsar un proxecto europeo, non estou a favor dun repregue nacional. Pero así como digo isto, tamén creo que a esquerda debe comezar a ter un discurso claro sobre a construción europea, porque ata agora a súa posición foi moi morna. E, así, a esquerda foi vista como parte substancial da construción da Europa neoliberal" "Vivimos unha gran polarización política, que xa non se da só en eixos esquerda-dereita, senón en eixos de dentro e fóra do sistema. Nese esquema a esquerda é vista como establishment e a extrema dereita como antiestablishment, recibindo unha parte importante do voto de protesta xerado pola situación creada polo neoliberalismo. Ou a esquerda comeza a queimar o tratado de Maastricht non terá lexitimidade ante as clases populares. Hai que reverter a camisa de forza que supoñen os tratados europeos. Non é posible un goberno de esquerdas dentro da UE, non é posible dentro dos límites que impoñen os actuais tratados europeos. Gobernos de esquerda deberían comezar a tomar en serio a desobediencia ao marco imposto dende Bruxelas", concluíu. "Debemos poñer sobre a mesa unha idea diferente de Europa e asegurar unha soberanía popular que permita a democracia. Temos que colocar enriba da mesa como os tratados nos dificultan a vida" Tamén Rola apostou por "poñer sobre a mesa unha idea diferente de Europa e asegurar unha soberanía popular que permita a democracia". "Temos que colocar enriba da mesa, en concreto, que os tratados nos dificultaron a vida. Vimos os obstáculos que tivo Grecia, demostrándose que o modelo europeo non permite neste momento que un país dea respostas ao que a súa cidadanía demanda. Tamén en Portugal tivemos nos últimos tempos varios conflitos coas institucións europeas, pero de menor intensidade", dixo. Identidade ou redistribución? "Non temos que escoller entre representación e redistribución. O movemento feminista está resolvendo ben esta cuestión, como se viu na folga do 8M" A esquerda europea vive nos últimos tempos varios debates sobre que estratexia adoptar para conformar maiorías sociais e dar resposta ás situacións de desigualdades. Voces que denuncian que se concede máis importancia a demandas identitarias (feminismo, dereitos das persoas LGTBI...) que á resposta ás necesidades materiais. E, de igual xeito, debates internos (nomeadamente en Alemaña) mesmo sobre a conveniencia de fixar un discurso máis duro sobre a inmigración. Tanto Urbán como Rola rexeitaron a utilidade destes debates formulados de forma tan simplista, rexeitando "elixir entre identidades oprimidas e clases oprimidas". "Non temos que escoller entre representación e redistribución. O movemento feminista está resolvendo ben esta cuestión, como se viu na folga do 8M", concordaron. Urbán criticou "a permeabilidade dos discursos da extrema dereita dentro dos partidos de esquerda" que se está dando nalgúns lugares. "Plantéxase que a extrema dereita soubo conquistar a alma e o corazón das clases populares, asumindo que a clase obreira se volveu racista da noite para a mañá. Eu sublévome contra esa idea. Hai que defender a tradición solidaria e internacionalista da clase obreira, que sempre se levantou contra a xenofobia. A realidade é que o voto da clase obreira vai máis para a abstención que para a extrema dereita. E vémolo tamén nos EE.UU. e Brasil, onde Trump e Bolsonaro non gañaron entre as clases populares", dixo. E, de igual xeito, Rola cualificou de "simplista e perigoso para a esquerda" esta posición "por estarmos a contribuír a un discurso que neste momento é hexemónico, o da xustificación da desigualdade". "Non é un discurso anticapitalista, non pon o foco en quen fica coa maior parte dos recursos", concluíu. "A esquerda ten un perigo de moderación en momentos políticos que non son moderados. Hai que volver falar de nacionalizar sectores estratéxicos e de intervir social e medioambientalmente a economía" "Nunca máis guerras entre o último e o penúltimo. Hai que sinalar os culpables da crise", resumiu Urbán. "A esquerda debe volver ter un discurso impugnador, un discurso anti-elites, un discurso que non se pode moderar. A esquerda ten un perigo de moderación en momentos políticos que non son moderados. Hai que volver falar de nacionalizar sectores estratéxicos e de intervir social e medioambientalmente a economía. O gran problema da esquerda é que nos normalicen, que sexamos un partido más", engadiu. As posibilidades reais dun ascenso da extrema dereita en España e Portugal Existe un risco real de que no Estado Español ou Portugal vexamos a aparición dun partido de extrema dereita homologable ás que existen noutros países da UE, como Austria, Italia, Suecia, Francia ou Alemaña, cun 20% dos votos? Ou o risco é que con menos apoio social unha formación política de ultradereita poida definir a axenda e o relato dos restantes partidos de dereita? Maria Manuel Rola destacou que en Portugal "a maioría de esquerdas e a aplicación dunha serie de medidas políticas que conseguiron avances contra a pobreza, a pobreza enerxética, melloras nas pensións ou a maior suba do salario mínimo" funcionaron como vacina contra a extrema dereita. Con todo, alertou do risco de "contaxio dende Brasil", trala vitoria de Bolsonaro e dada a relación directa entre os dous países. "Estamos vendo xa casos de fake news e de utilización das redes sociais para a construción dunha narrativa moi dirixida contra a esquerda", comentou. "O perigo non é tanto que un partido de ultradereita poida acadar un 20% de todo, senón que unha forza pequena como Vox cun 3% ou un 5% poida marcar a axenda política do conxunto da dereita española, de PP e Ciudadanos, e do propio PSOE no goberno" "A actual fragmentación da dereita española, por primeira vez dende a Transición, abre unha nova fiestra de oportunidade para o nacemento dunha forza de ultradereita homologable a fenómenos que estamos a ver noutros países europeos", sinalou pola súa banda Urbán, que subliñou que "o perigo non é tanto que un partido de ultradereita poida acadar un 20% de todo, senón que unha forza pequena como Vox cun 3% ou un 5% poida marcar a axenda política do conxunto da dereita española, de PP e Ciudadanos, e do propio PSOE no goberno". "Xogámonos moito nas eleccións de dentro dunhas semanas en Andalucía", engadiu. "O gran problema de Vox é a competencia entre Casado e Rivera para ver quen é máis de extrema dereita, a ver quen lle compra máis o seu discurso sobre Cataluña ou sobre a inmigración. Vox non vai gobernar, pero si pode condicionar políticas de goberno. Cando se merca o discurso da extrema dereita, o que se fai é normalizala e poñer bases para que creza", concluíu. |
NOS_13554 | A prestación aprobada polo Goberno español pretende chegar a 850.000 fogares, un 16% deles monoparentais (que nun 90% están encabezados por unha muller). | O Goberno español aprobou esta sexta feira, nun Consello de Ministras Extraordinario, o ingreso mínimo vital que pretende reducir nun 80% a pobreza extrema no Estado. Esta prestación chegará a 850.000 fogares (un 16% deles monoparentais) e oscilará entre os 460 e os 1.000 euros, dependendo da composición do fogar. A Xunta da Galiza xa solicitou ao Goberno estatal que lle transifira a xestión do ingreso mínimo vitial, como xa van facer en Euskadi e Navarra, e como reclamaron tamén desde Catalunya e Valencia. O ingreso mínimo vital poderase solicitar a partir do 15 de xuño, aínda que, para as solicitudes presentadas nos tres primeiros meses, concederase con efectos retroactivos ao día 1. Ademais, durante o primeiro mes de vixencia da prestación, actuarase de oficio para que se abone a uns 100.000 fogares que cumpren os requisitos, sen que sexa necesario que a soliciten. A prestación pretende chegar a 850.000 fogares, un 16% deles monoparentais (nun 90% encabezados por unha muller), nos que viven 2,3 millóns de persoas, un 30% delas menores, tal e como explicaron hoxe os ministros responsábeis da medida, o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e o vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias. Escrivá salientou que con este ingreso mínimo vital prevén reducir nun 80% a pobreza extrema, unha situación que actualmente afecta a 600.000 fogares e 1,6 millóns de persoas. Ademais, precisou que esta redución podería chegar "ao 90% nos fogares monoparentais e outro tipo de fogares con fillos". "É un ingreso que vai ter un impacto extraordinario de redución da pobreza daqueles que teñen as rendas máis baixas, pero non é unha prestación ao uso máis, incorpora toda unha serie de elementos con outras Adminsitaciones públicas para introducir ese elemento dinámico de inclusión, ese será o éxito final da prestación", engadiu Escrivá. Parte de 14 tipoloxías de fogares (en función do número de membros e de se son monoparentais) e estabelece un nivel de renda garantizábel diferente para cada tipo de fogar. O nivel mínimo, que corresponde aos fogares unipersoais, é de 5.538 euros ao ano, o equivalente a unha pensión non contributiva. A partir desta contía estabelécese un coeficiente adicional por cada membro do fogar e un beneficio para os fogares monoparentais. Renda media garantida de 10.070 euros anuais Esta prestación está deseñada de forma que completa as rendas preexistentes (entre outras, as salariais), até o limiar garantido para cada tipo de fogar. Se non se conta con rendas, aseguraríase a totalidade do limiar garantido; pero se se dispón delas, cubriríase a diferenza entre o limiar garantido e a renda xa existente. Desta maneira, a renda media garantida é de 10.070 euros ao ano por fogar, mentres que o importe da prestación será duns 4.400 euros anuais. O Goberno estima que custará 3.000 millóns de euros ao ano. En cada fogar haberá un titular que solicitará a prestación. Se o fogar está formado por unha soa persoa, a titular deberá ter entre 23 e 65 anos e levar polo menos tres anos constituído como fogar. Se o fogar ten dous ou máis membros, de maneira xeral a idade da titular estará entre 23 e 65 anos salvo nos casos en que se conte con menores a cargo. Estes fogares deberán levar constituídos polo menos un ano. Para todos os tipos de fogar requirirase polo menos un ano ininterrompido de residencia legal e efectiva en España, excepto nas situacións de violencia de xénero, trata de seres humanos e explotación sexual. Para que lle sexa recoñecida a prestación, o fogar debe ter uns ingresos totais inferiores á renda garantida para o seu tipo de unidade de convivencia. Ademais, para certificar que o ingreso mínimo vital chegue aos fogares máis vulnerábeis, esixirase un patrimonio (descontando a vivenda habitual) inferior a tres veces a renda garantida anual para un fogar unipersoal, cunha escala de incrementos por número de membros no fogar. Solicitude e incentivos á contratación A solicitude poderáse presentar a través da sede electrónica da Seguridade Social ou enviando a documentación por correo ordinario. Máis adiante permitirase o acceso a través dos concellos, unha vez se asinen os convenios previstos, e dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social cando retomen a atención ao público. Para facilitar información porán en marcha un teléfono 900 e un simulador na páxina web da Seguridade Social, onde tamén se poderán consultar dúbidas a través do asistente virtual. Ademais, as beneficiarias contarán con incentivos á contratación e crearáse un 'selo social' para as empresas que lles ofrezan formación e emprego. "Aquelas empresas que axuden a estes colectivos e lles permitan unha maior integración no mercado de traballo ou lles fagan descontos en compras, se cumpren determinadas condicións, van ter un selo social cun recoñecemento ao labor que están a facer", indicou José Luis Escrivá. Pobreza pola COVID-19 Para o recoñecemento da prestación teranse en conta os ingresos do ano inmediatamente anterior, aínda que para atender as situacións de vulnerabilidade xeradas pola pandemia da COVID-19, tamén se poderá recoñecer para solicitudes cursadas durante 2020 tendo en cuenta a situación de ingresos deste ano. "Se un fogar dáse conta de que está a ter unha caída de ingresos moi intensa, pode facer unha declaración responsábel, preséntanos os seus ingresos do ano 2020 e se esa caída supera o 50% da renda que tivo en 2019 e se ten un patrimonio particularmente pequeno, recibirá o ingreso mínimo vital", precisou o ministro de Inclusión. |
NOS_58403 | Afirman nun comunicado que "acadar representación parlamentaria, a cambio de renunciar ó que de radicalmente anovador ten Compromiso, é un absurdo" | Un grupo de militantes e afiliados de Compromiso por Galicia, "de diferentes sensibilidades e niveis de responsabilidade", vén de emitir un comunicado polo cal advirten do perigo de que, coa urxencia electoral, se confronten dous planos: A creación dunha alternativa electoral viábel "que poida aspirar a ocupar un relevante lugar na confianza d@s galeg@s" e, por outro lado, os tempos propios do "desenvolvemento dun proxecto político galeguista e progresista, afastado do sectarismo nacionalista e do sucursalismo doutras opcións políticas". Para os asinantes deste escrito, "a urxencia das eleccións pode levar a primar o primeiro obxectivo sen atender ó risco de diluír o proxecto político de Compromiso por Galicia nun maremagnum de siglas, de personalidades pretéritas do nacionalismo, de reivindicacións maximalistas e de ortodoxias afastadas do sentir maioritario da pobo galego. Acadar representación parlamentaria, a cambio de renunciar ó que de radicalmente anovador ten Compromiso, representa para nós un absurdo". Requisitos mínimos En base a estes argumentos, estas e estes afiliados consideran que calquera alianza de CxG debe cumprir tres requisitos mínimos: Un programa político orientado á Xunta "co seu nivel actual de competencias e as súas capacidades económicas, normativas e políticas", que os postos iniciais das candidaturas saian de primarias abertras á cidadanía; e a exclusión de "introducir elementos con vencellos e subordinacións a estruturas de fóra do noso país" (no que se entende coo unha clara referencia a IU). Para as e os asinantes, "cumpridos estes requisitos mínimos, a participación de Compromiso por Galicia en calquera alianza electoral pode conxugar o obxectivo de desprazar do poder ó conservadurismo radical, ós que poñen atrancos ó potencial galego, así como o obxectivo de garantir a viabilidade futura dun proxecto nacional e progresista". Asinantes: Inhigo Jesus Ansotegi Suárez, Xurxo López González, Jacobo García Domínguez, Saúl Santín Da Branca.Lugo, Cristian López Vázquez, Carlos Durán Estan, Manuel Piñeiro González., Xosé Mosquera Casero, José Manuel Pantín Morado, Roi Lamas Baños, Antía Rodríguez Neira, Manoel Bello Salvado, Alexandre Fernández Pino, Domingo Iglesias Couceiro, Luis Cavada Currais, Belén Galdo Espada, Manuel Pacior Pérez, Rosendo Gonzalo Covelo Roma, Xaime Da Pena Ceide, Xosé Paradelo Pombo, Simón Caaveiro Fraga e Pilar Neira Martínez. |
NOS_43695 | O Dépor perde por 3 goles a 2 diante do Xerez e deixa fuxir a posibilidade de volver a primeira o mesmo día en que se cumprían 365 días do descenso | A festa do ascenso terá que agardar. O Dépor caeu este domingo diante do Xerez cando se cumprían xustamente 365 días do descenso a segunda, e diante dunha boa oportunidade para festexar o ascenso. Dous goles de Maldonado e un de Mendoza frustraron as ansias de celebración d@s seareir@s branquiazuis, a pesar dos dous tantos que Lassad anotou para o conxunto coruñés. A tres xornadas do final da Liga, o Dépor mantén 4 puntos de diferenza sobre o Celta, segundo na táboa. |
NOS_49710 | O Premio do Público da XXXVI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) recaeu na obra Electra, da Compañía do Chapitô. O espectáculo, que recibiu un 4,77 sobre 5, foi representada pola compañía portuguesa a pasada quinta feira, no Auditorio de Cangas. | Electra é a gañadora do Premio do Público da XXXVI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Dirixida por Jose Carlos García e Cláudia Novóa, narra a historia da filla preferida do rei Agamenón, que consumará a vinganza polo asasinato do seu pai coa axuda do seu irmán Orestes, matando a súa propia nai e o seu tío Existo, que usurpou a coroa. Todo este baño de sangue familiar decorre co estilo cómico de Chapitô. Con 36 creacións orixinais ás súas costas desde o ano 1996, a compañía portuguesa elabora un enxeñoso espectáculo de actualización, coherencia estilística e traballo físico. Para conseguir este resultado, só precisan catro intérpretes e unha escenografía a base de culleres para traer até a actualidade o mito de Sófocles en clave humorística, mais sen perder a súa natureza tráxica. Chapitô comunícase principalmente a través do xesto e da imaxe, rompendo as barreiras lingüísticas e poñendo de relevo a súa vocación universal. Quico Cadaval e Generación Why A segunda obra máis votada polo público foi Vacas, guerras, porcos e cregos, da compañía galega Producións Teatrais Excéntrias. Co dramaturgo e actor Quico Cadaval sobre o escenario, o monólogo foi puntuado polos espectadores cun 4,74 sobre 5. Cadaval, que este ano tamén fixo o pregón da 36 Mostra, actuou no Singlot Festival (dirixido por André Buenafuente) de Sant Feliu de Guíxols (Girona), en virtude da irmandade entre os dous festivais de humor. Generación Why, de Teatro en Vilo, foi a terceira obra máis votada polo público, cunha puntuación de 4,67 sobre 5. Nesta obra, tres actrices procedentes de España, Reino Unido e Italia, enfróntanse sobre o escenario a unha pregunta: Que queres para o teu futuro? |
NOS_36476 | A reparación política de Ánxel Casal culmina, dalgún xeito, a vindeira cuarta feira ás oito do serán. O Concello de Santiago de Compostela, do que foi alcalde polo Partido Galeguista antes de ser asasinado polos fascistas en 1936, nomearao Alcalde de Honra. | Non será a única distinción outorgada en acto solemne no Auditorio de Galiza. A corporación municipal fará efectiva a decisión do pleno do pasado xullo, que inclúe o recoñecemento da cidade a Federico García Lorca como Fillo Adoptivo -en Compostela publicou os Seis poemas galegos, xustamente na editorial Nós de Ánxel Casal. A xornalista e novelista Begoña Caamaño (Vigo, 1964-Compostela, 2014) recibirá idéntica homenaxe. Tres Fillas Predilectas completarán, tamén de maneira póstuma, a homenaxe institucional: a poeta Xohana Torres (Ferrol, 1929-Vigo, 2017) e os músicos, cantautores antifranquistas e integrantes de Voces Ceibes, Bibiano Morón (Compostela, 1950-Vigo, 2016) e Benedicto García Vilar (Compostela, 1947-2018). Os nomeamentos derivan dunha moción plenaria aprobada por Compostela Aberta, BNG e PSdeG e na que se abstivo o PP. O texto aporbado implica ademais a retirada das condecoracións outorgadas a nove ministros franquistas. |
NOS_56874 | O foco de coronavirus detectado o domingo na residencia público Nosa Señora da Milagres de Barbadás, que afecta 57 residentes e catro profesionais, sumado aos 10 novos casos detectados no centro Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, até os 16, eleva de forma significativa a incidencia da Covid-19 nestes centros. | Segundo os últimos datos que traslada a Consellaría de Política Social, nesta segunda feira eran 267 as persoas usuarias afectadas pola enfermidade, e 162 traballadores e traballadoras, mentres o sábado os positivos estaban en 196 e 138, respectivamente. Preguntado onte por Nós Diario, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, informou de que, no caso de Barbadás, se trata de casos asintomáticos e indicou que será o persoal técnico de Servizos Sociais enviado "inmediatamente" ao xeriátrico para avaliar a situación quen tomará "todas as decisións para cumprimentar o protocolo elaborado polo comité clínico sensu stricto: illamentos, circuítos Covid e non Covid, e o que corresponda", así como o número de persoal que se contratará para atender o centro, tal e como lle solicitou o Concello. " O importante é estabilizar a residencia e detectar coa maior rapidez posíbel, nun universo de 37.000 persoas entre traballadoras e usuarias, cales poden estar infectada". manifestou Feixoo, despois de sinalar que tanto esta como o resto de residencias se someten a cribados quincenais, do persoal traballador e do residente. Para o BNG, porén, o caso de Barbadás resulta "especialmente elocuente do neglixente proceder da Administración autonómica", ao se tratar dun centro de titularidade e xestión da Xunta "e que se sitúa nun concello que, desde hai máis dunha semana, estaba suxeito a medidas de restrición da liberdade ambulatoria, de circulación e de reunión. "Desde hai tempo, existían datos que advertían da existencia dun perigo certo de contaxio no Concello de Barbadás, polo que era imperativo extremar ao máximo as medidas de prevención e coidado nos centros situados nese concello e, dentro destes, pola especial vulnerabilidade dos residentes no centro de maiores", observan desde o grupo parlamentar nacionalista. Segundo vén de anunciar, trasladará á Xunta unha serie de preguntas sobre as medidas de prevención implantadas nesta residencia, modificación do plan de prevención de riscos laborais para reducir o perigo de contaxio ou datas e resultados dos tests PCR ás residentes e traballadoras deste centro. |
NOS_7908 | O alacalde de Lobeira, Antonio Iglesias, subliñou a Europa Press que existen indicios de que o lume puido ser intencionado. | A superficie afectada polo incendio declarado na noite da cuarta feira no parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés elévase xa a 560 hectáreas. Incendio en #lobeira, na Baixa Limia-Xurés: "1 técnico, 15 agentes, 50 brigadas, 26 motobombas, tres palas, once aviones y 13 helicópteros". 💰Cuánto cuesta apagar este incendio? Y los militares que están en la zona por el convenio con el Ministerio?https://t.co/hKcoCwAHx7 pic.twitter.com/Nqf0kegtvi— Montse (@montse_eco) August 26, 2022 Así figura na última actualización facilitada pola Consellaría de Medio Rural a través da conta de Twitter @incendios085 á primeira hora da mañá. [VÍDEO] As hectáreas calcinadas no parque natural da Baixa Limia-Xurés ascenden até 410 O lume, que continúa activo, iniciouse ás 21.15 horas da cuarta feira na parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira. As lapas afectan unha área de difícil acceso, o que, segundo as fontes consultadas, dificulta as tarefas dos servizos anti incendios. 12:04🎥#IFSanXesLobeira #Ourense Este es el aspecto que presenta el incendio de Lobeira a la llegada de @briftabuyo para trabajar en labores de extinción junto a medios @Xunta. Somos #BRIF de @mitecogob pic.twitter.com/T3he5iCksa— ATBRIF (@AT_Brif) August 26, 2022 Aínda que nun primeiro momento a Consellaría de Medio Rural informou que a súa evolución era "favorábel" e encamiñábase á "estabilización", o vento do nordés que se levantou na zona durante a madrugada complicou a situación e fixo avanzar o lume con rapidez. Medio Rural dá por controlado o incendio de Moaña Até o momento traballaron na zona un técnico, 15 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, tres pas, once avións e 13 helicópteros. Indicios de intencionalidade O alacalde de Lobeira, Antonio Iglesias, subliñou a Europa Press que existen indicios de que o lume puido ser intencionado. Segundo detallou, o incendio "comezou despois das 21 horas para que non poidesen operar medios aéreos. Os indicios, o que se fala, é que houbo intención". Porén, non quixo asegurar é que esa fose a causa definitiva, e remitiuse ás investigacións que leven a cabo os técnicos. O fogo de Verín puido ser provocado por artefactos lanzados desde un dron O rexedor destacou a melloría da situación nas últimas horas, grazas a que os medios aéreos de extinción poderon comezar a facer uso do encoro das Conchas, que estivera cuberto de néboa. |
NOS_5558 | De 11 a 20 horas. Durante nove horas a Praza do Obradoiro sentirá a protesta das vítimas das preferentes de todo o país que desprazarán ao centro da capital galega na máis longa das súas mobilizacións. | As plataformas de todo o país desprazaranse a Compostela o sábado dia 22 para unha nova mobilización, desta volta cunha feitura distinta. As persoas afectadas polas participacións preferentes e subordinadas concentraranse na Praza do Obradoiro de 11 da mañá a 20 da noite, co xantar incluído na praza. O programa está xa a circular entre as distintas plataformas, que contactaron con representanes do mundo da cultura para intervir na xornada mostrando o seu apoio ás persoas que están a desenvolver unha longa loita por conseguir a devolución íntegra dos seus cartos. Será esta a primeira mobilización despois de ter rematado de forma oficial o tempo da arbitraxe e a segunda desde que se coñece a quita aplicada ás afectadas de NGB, despois de que o pasado sábado se manifestaran en Ourense. A concentración comezará a partir das 11 horas, cando as distintas plataformas cheguen a praza máis simbólica do país. A seguir, intervirán as distintas plataformas a través de comunicados ou mesmo poemas, cancións ou textos literarios. Ás 13 horas lerase o manifesto para, a continuación, comezar coas intervencións das persoas convidadas do mundo da literatura, da música ou das artes escénicas. Para as 14 horas está fixada unha foto central con pancartas nas escaleiras da catedral, xusto antes do tempo de xantar, na propria Praza do Obradoiro. Ás 16 horas, convidados por Adicae desenvolverase un pasarrúas pola cidade para despois ter lugar unha asemblea aberta con intervencións de membros da plataforma e, a seguir, repetir lectura de manifesto e intervencións do mundo da cultura antes de que ás 20 horas, unha anova foto diante da catedral coas pancartas despregadas poñan fin á xornada. As vítimas das preferentes anunciaron na mobilización e Ourense que ían intensificar aínda máis as súas mobilizacións e esta de Compostela sitúaos sen dúbida, na praza máis referenciada de Galiza, cita obrigada de turistas e pelegríns que chegan a Santiago co cal, de especial forza á hora de darlle visibilidade á protesta. |
PRAZA_16367 | O caso de Touro é máis serio, leva o carimbo de Riotinto e iso acolloa. Non da multinacional Riotinto, que parecería responsábel, senón da empresa Atalaya Mining, con domicilio social en Chipre, que baixo a marca local de EMED Tartessus explota agora a vella mina de Huelva | Pois xa parece claro, o sr. Núñez Feijóo non está disposto a deixar o cargo sen agasallarnos co herdanza envelenada dunha macromina a ceo aberto. Deixouse tentar primeiro pola estafa de un bufette lobbista canadiano disfrazado de empresa mineira que prometía o ouro e o mouro, pasando polo cianuro, en Corcoesto, e agora contraataca con un avatar cupro-chipriota de Riotinto en Touro. No caso de Corcoesto a empresa tiña un capital cero, o capital esperaba conseguilo aquí de calquera paspán que se deixase engaiolar, sempre os hai. Mesmo é discutíbel que tivese intención de ir adiante coa explotación. O primeiro triunfo acadouno cando a Xunta de Galicia lle outorgou a concesión, aínda agora estamos a desviar fondos de I+D+i para facerlle fronte ás compensacións pola suspensión. O peor é que o pleito do lobby canadiano está en Bruxelas con avogados de verdade que falan inglés e francés e, ante a inacción e a incapacidade da administración galega, pode acabar custándonos unha verdadeira millonada, esa é a segunda fase. Xa cantaron liña pero agora van polo bingo. O caso de Touro é máis serio, leva o carimbo de Riotinto e iso acolloa. Non da multinacional Riotinto, que parecería responsábel, senón da empresa Atalaya Mining, con domicilio social en Chipre, que baixo a marca local de EMED Tartessus explota agora a vella mina de Huelva. En Touro a marca local é Cobre San Rafael. Así, cando veñan mal dadas, será máis difícil serguirlles a pista e delimitar responsabilidades: Cobre San Rafael quebrará, Atalaya acollerase a unha cláusula que a desvincula da filial e deriva a responsabilidade á propia Xunta e: "Síntoo, debeuse trabucar de número. Atalaia di vostede? Aquí non vive ninguén que se chame así". Para as consecuencias que a mina tería sobre a paisaxe ou a economía da zona, desde as explotacións agrogandeiras ao turismo (ao pe do camino de Santiago) ou o marisqueo na Ría de Arousa, así como sobre a saúde da poboación, remítome aos informes da Plataforma "Mina Touro O Pino Non" . Eu, que coma os avogados canadianos falo inglés, mergullei na rede en busca de información e atopei o seguinte: O director executivo de Atalaya é Alberto Lavandeira, un galego que tamén se fixo con Río Narcea Gold Mines e foi fichado pola canadiana Black Dragon (xa me diredes se non mola o nome) pola súa experiencia en minas en Katanga. Se funciona no Congo, por que non vai funcionar en Galiza? Dicimos Edgewater ou Black Dragon e parece que falamos de Microsoft, cando a acción de calquera delas vale 5 céntimos de dólar, co redondeo á alza. O capital constituído de Cobre San Rafael era ata hai catro días de 5.000 euros. Atalaya Mining ten presenza en unha soa mina, a de Huelva. Agora Lavandeira, que tamén fala un inglés puído, ponlle cara a un investimento de fondos suizos, británicos, chineses, árabes, etc, para especular coa febre do cobre en China ou India e coa necesidade dos concellos sen escrúpulos e os gobernos autonómicos de armar promesas de conto de fadas en torno ao emprego: A Junta de Andalucía inxecta incentivos para o desenvolvemento e, no caso de Corcoesto, falábase de 300 empregos e a Xunta xa os multiplicaba por catro. O proceso Nun estudo americano favorábel a este tipo de explotacións leo que as cuestións medioambientais son as que marcan o deseño económico dun proxecto e determinan a súa viabilidade: a menos regulación e menos esixencia, máis viabilidade. Pensade en Núñez Feijóo e poñerédesvos a tremer. Esas cuestións son o que no sector chaman o dano estético, o ruído e as vibracións das explosións diarias e o tránsito de camións xigantescos, a erosión, a calidade do aire (entre parénteses aclaran: po e productos contaminantes empregados), afundimentos e avalanchas, procesamento dos residuos, contaminación das augas en superficie e no subsolo, danos nas infraestruturas, etc. Un dos puntos máis delicados é o de que facer cos residuos. Por unha parte están os sólidos e por outra os líquidos, ou lamacentos, resultado estes dos procesos químicos para separar a ganga de, neste caso, o cobre. Os sólidos, o entullo, xunto co buraco, constitúen o dano estético. Tamén ocasionan filtracións e unha saída é convertelos en vertedoiros e colmatalos con capas de terra e vexetación esperando que se estabilicen. Non se pode deixar que se convirtan en lagos porque iso contribuiría ás filtracións, de modo que esa solución non vale para climas con altas precipitacións ou con acuíferos, como por exemplo… Suponse que para que un destes depósitos adquira unha acidez neutra e deixe de filtrar poden ter que transcorrer entre centos e milleiros de anos. Como este tipo de explotación é relativamente novo non hai datos concluíntes: será unha sorpresa. Xa o saberán as xeracións futuras. Os residuos lamacentos son a nai do cordeiro. Hai que depositalos en balsas, que son tóxicas debido á presenza de sulfuros non extraídos, que ao contacto coa auga se oxídan e producen ácido sulfúrico, así como chumbo, arsénico e outros metáis pesados. O proceso descrébese ao detalle na web da propia empresa para Riotinto. Tras os barrenos e o transporte en camións de grande tonelaxe o mineral extraído sométese a unha triple trituración e unha fase de moído para convertelo en micropartículas de 1 milímetro, mestúrase con auga para convertelo en pulpa e pasa á fase de flotación. Alí, en palabras da empresa, "prodúcense os procesos físico-químicos que permiten recuperar o seu contido metálico… Isto faise en tanques sucesivos que xeran burbullas que, asistidas por produtos químicos, levan as partículas de metal á tona e deprimen os elementos innecesarios… O material que vai desbotándose é bombeado ata o Depósito de Estériles". A negriña é miña pero as palabras son súas. En concreto ese depósito de estériles en Touro ocupará 300 hectáreas. O exemplo No canto de seguir imaxinando imos examinar un caso real, a mina de cobre a ceo aberto de Bingham Canyon en Utah, nos EUA. É propiedade do grupo Riotinto, empresa británico-australiana, non vaiades pensar. Se a buscades en Google Maps só aparece na versión satélite, seica é visíbel desde a lúa, diso fachendea a empresa. O buraco ocupa 9 km cadrados e ten unha profundidade de 1.200 metros. Os helicópteros teñen prohibido sobrevoalo porque as circulacións de aire poderían engulilos coma un remuíño. O aparcadoiro dos empregados é diminuto, o que dá idea de cantos son. As balsas están a carón do cemiterio de Copperton (algo así como Cobreburgo) e conteñen 1.800 millóns de toneladas de "estériles". Nos anos 80 descubríuse que as augas subterráneas estaban contaminadas e que o encoro da explotación ameazaba unha poboación cercana. A empresa mercou os terreos e sobornou as autoridades para agochar o informe. Nos '90 sóubose que a zona estaba altamente contaminada de chumbo, arsénico, mercurio, selenio, zinc, cadmio, cromo, sulfuros… A empresa foi obrigada a retirar 25 millóns de toneladas de residuos, "calderilla". O resto consolidouse e colmatouse sobre o terreo. Nesta década rexistráronse sete vertidos e descubriuse que o po en suspensión tamén poñía en grave perigo a saúde das persoas. Entre o 2000 e o 2011 houbo outros 18 vertidos, algún de varios millóns de litros de arsénico, un deles de case 20 millóns de litros de ácido sulfúrico. Na cidade máis próxima, Salt Lake City, plantéxanse solucións para aportar a auga de consumo humano en superficie dada a estimación de que en 70 km á redonda non se aconsellan os pozos para extraela. En 2013 producíronse na mina dous corrementos de terras no buraco, un deles de 70 millóns de metros cúbicos. Isto é o que ocorre nunha mina no primeirísimo mundo. Agora se queredes cóntovos o que ocorre nas de Katanga. Pode ser que Mr. Lavandeira nolo vaia deixar todo limpo e fregado pero de momento xa foi denunciado porque o aire en torno a Rio Tinto superaba en dez veces os niveis normais de arsénico. E a ver: vós imaxinades unha empresa pantalla radicada en Chipre que, ao rematar a actividade da que obtén os ingresos diga: "E agora, antes de marchar, ímoslle dedicar 400 millóns de euros (esa é unha estimación do custo, que supera con moito o capital constituído de Atalaya Mining) a rexenerar a zona, en mostra de agredecemento coas terras de Touro, que levaremos para sempre no corazón". Imaxinádelo? Si, non? Pois eu tamén. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9fdbc02&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=363&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9fdbc02' border='0' alt='' /></a> |
NOS_20474 | Así se acordou esta segunda feira nun encontro entre o presidente, Alberto Núñez Feixoo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. | Hai algunhas semanas, coincidindo con todo o proceso de devolución do pazo de Meirás ao pobo, a Real Academia Galega (RAG) demandou á Xunta que declarase Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, parte da cal debería estar no inmoble que tentaron vender as e os familiares do ditador Francisco Franco. Xusto agora que o BNG denunciou que houbo movementos para sacar obxectos do inmoble, dado que a Xustiza obrigou a entregar a propiedade ao Estado malia que sexa de forma temporal mentres se resolve un recurso, o Goberno de Alberto Núñez Feixoo acaba de apurar esa declaración como BIC. Segundo explicaron hoxe fontes do Executivo galego, a petición da RAG terá resposta e o procedemento iniciarase de maneira "urxente". Esa cualificación de BIC afectará tanto aos máis de 7.000 fondos que xa garda a Real Academia -e que ficaban na propiedade do municipio de Sada- como aos 3.000 volumes da colección da escritora que hai (ou deberían estar) en Meirás. Así o comunicou Núñez Feixoo esta mañá ao presidente da RAG, Víctor Freixanes, co que mantivo un encontro, acompañado do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Neste momento o equipo de Feixoo considera "fundamental" tirar desa figura de protección para garantir "a divulgación do legado". Así mesmo, quérese blindar "xa de maneira provisional a protección xurídica desta colección ao alcanzar o máximo nivel de tutela previsto na lexislación vixente". Así evitarase a desaparición dese patrimonio da Galiza. |
NOS_23261 | A xornada "Construíndo a Unidade" convocada pola Marea Galega recolleu a vontade a prol da unidade de Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Equo, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida e Podemos, mais sen resolucións concretas. | Este sábado tivo lugar en Compostela a xornada "Construíndo a Unidade". Máis unha iniciativa no amplo e diverso proceso que procura confluencias das que abrolle unha candidatura de unidade cara aos comicios xerais de decembro. O acto estivo convocado polo Encontro Cidadá pola Marea Galega, unha das dúas grandes plataformas --canda Iniciativa pola Unión-- que nas últimas semanas se afanan en tecer espazos de encontro. Na axenda de traballos da xornada o evento central foi a mesa de partidos. Oito forzas sentaron para dar cadansúa resposta a unha mesma pregunta: que pode achegar a miña organización ao proceso de construción da unidade popular? Tomaron a palabra Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Equo, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida e Podemos. Iniciativa pola Unión ficou ausente por diferenzas previas arredor de cal debera ser a finalidade do encontro. Malia existir unha coincidencia xeneralizada arredor da unidade son inda importantes as diferenzas A posta en común visou o xa sabido. Que malia existir unha coincidencia xeneralizada arredor da necesidade de que Galiza articule unha candidatura unitaria de seu, son inda importantes as diferenzas que impiden, polo momento, concluír o proceso en marcha. Sen consenso continúan cuestións chaves arredor desa eventual candidatura. Como son a súa fórmula xurídica, a súa independencia --ou non-- de espazos estatais, se contará con grupo parlamentar propio ou que denominación e siglas figurarán na papeleta electoral. Se a moderadora da mesa, e integrante da coordenadora de Marea.gal, Marilar Aleixandre se mostraba segura de que o proceso desembocará na unidade, a posta en común de onte non supuxo grandes avances no concreto. Para alén de permitir que oito forzas con perfís diferentes debatesen en público, diante das 400 persoas asistentes na Facultade de Ciencias da Comunicación, do debate non xurdiu ningunha resolución nin acordo. A sensación xeral coa que rematou o acto era a de que o tempo corre a présa e non semella que o proceso avance nin se concrete á mesma velocidade. Os vindeiros días serán fulcrais para ver en que se materializa, finalmente, ese apelo común á unidade. E en que termos. |
NOS_14779 | No ensaio Vidas culpáveis, subtitulado O controlo neoliberal do crime, o avogado Borxa Colmenero mapea as metamorfoses do sistema penal do Estado español. Refuga lugares comúns da crítica á prisión, detecta contradicións, diagnostica a dominación neoliberal tamén na maneira en que as sociedades tratan co crime. | Alérxico a simplismos e debedor das teses foucaultianas sobre o control e a disciplina nos estados capitalistas modernos, Colmenero alerta da deriva "excepcionalista" da lexislación e de como esta busca non só reprimir se non tamén "fabricar inimigos". O modo de funcinamento do sistema, engade, é "moito máis complexo" do que adoita supor o movemento antirrepresivo. O autor presentará Vidas culpáveis, publicado por Edicións Laiovento, no centro social A Comuna da Coruña esta quinta feira ás 20.30 horas, a sexta feira ás 20.00 horas na Fundaçom Artábria, e a quinta feira 30 de novembro na Gentalha do Pichel en Compostela. - Cal é o sentido común dominante sobre o sistema penal e carcerario? - Existen dúas visións. A primeira é a, digamos, progresista, que se impón a partir da II Guerra Mundial e que está baseada no principio de resocialización. Así o recolle a Constitución española e outras constitucións europeas. Mesmo a dos Estados Unidos. Mais, na práctica, o Estado emprega o sistema carcerario como forma de xestión da exclusión social. A prisión entendíase como un depósito de persoas excluídas. Agora, o Estado enténdea desde o neoliberalismo e analiza o custo beneficio económico. Así se explica o descenso da poboación reclusa dos últimos 15 anos no Estado español. Pasou dos 75.000 ás 60.000 persoas. - Pero cal é a percepción social? Non ten a impresión de que domina unha visión reaccionaria? - Non o comparto. Formalmente existe o principio da resocialización. Na práctica, a visión dominante é a economicista. - No libro, porén, refírese á "deslexitimación do modelo rehabilitador" dos cárceres. - O gran pacto sobre a inclusión social, segundo o que as persoas presas tamén son responsabilidade do Estado, opera sobre dúas patas. A primeira, o principio de resocialización. Sectores progresistas denuncian, desde hai anos, que non se cumpre. E a segunda, o papel disciplinador da sociedade que, e aquí sigo a Michel Foucault, inclúe tamén a escola, a fábrica, etcétera, como dispositivos de inclusión social. Cando o Estado do benestar ten problemas, derivados da reacción neoliberal e neoconservadora iniciada nos anos 70, para manter esas axencias inclusivas, o resto do sistema é ineficaz. Tamén o cárcere. E as persoas deben pasar a responsabilizarse de si mesmas, de acordo á ideoloxía neoliberal. - Vostede analiza en Vidas culpáveis un penalismo cuxa transformación está en curso, non é un proceso acabado. - O libro deriva das investigacións que fixen para a tese de doutoramento. O meu propósito era intentar ver os cambios que se estaban dando na lóxica penal. Porque desde a visión crítica máis superficial sempre se fala do carácter disciplinario, totalitario -non no sentido político, senón no sentido en que se ocupa de toda a existencia- do Estado. Porén, esa lóxica está sendo ultrapasada por lóxicas gobernamentalistas que cadran co proxecto neoliberal. En calquera caso, non se trata de modelos puros. Nas prisións segue habendo módulos de corrección que conviven con módulos de respecto, que responden á lóxica neoliberal. Ao tempo, o Estado Leviatán, o Estado monstro -polo seu tamaño-, desprega dinámicas de excepcionalidade penal e carceraria. - Mais haberá unha dominante. - A dominante é a lóxica economicista, que se inicia co neoliberalismo nos anos setenta e eclosiona a partir da Gran Recesión. E máis no Estado español, que se incorpora de maneira serodia por mor da Ditadura. - Diagnostica o "fracaso da institucionalidade welfarista". Canto houbo de fracaso e canto de derrota política? - Bebo da tese de David Garland, que estudou o welfarismo penal. El considera que as prisións fan parte do sistema welfarista e que, para comprender o seu funcionamento, cómpre unha análise completa do chamado Welfare State. Pero é certo que sufriu unha derrota político ideolóxica a mans dos que o combateron con éxito, o neoliberalismo e a súa disrupción neoconservadora. Con todo, o penalista italiano Luigi Ferrajoli fala de que houbo tamén un fracaso real e o sistema de benestar non foi capaz de conseguir o obxectivo da resocialización das persoas presas. É dicir, fracasou e ademais a crítica neoliberal, en base á ineficacia e á presunta carga económica, tamén lle afectou. - Hai unha involución autoritaria do Estado español que se materializa na lexislación? - Creo que para facer unha crítica axeitada do sistema é preciso comprender a súa complexidade. De feito, a reforma do Código Penal de 2015 o que fai é principalmente despenalizar delitos. O que sucede, ao meu ver, é que o Estado xira cara ao economicismo. Descárganse os cárceres. Facilítanse mecanismos de acceso á liberdade. Nos últimos anos houbo récords de sentenzas condenatorias sen entrada en prisión. Mais esta lóxica convive coa lóxica da excepcionalidade. - En que consiste? - Ao mesmo tempo, houbo un récord de delitos relacionados co terrorismo, xusto no intre en que o terrorismo ten un menor impacto na sociedade española. Por que? Porque hai un xiro excepcionalista na lexislación cando esta se dirixe a grupos sociais específicos: a aqueles que poñen o sistema en cuestión, aos migrantes... Por exemplo, os CIE [centro de internamento de migrantes], onde de encerra os migrantes e prohíbense os seus dereitos fundamentais apenas por un problema administrativo, dado que a migración ilegal no Estado non é un delito penal. Ao tempo que se despenalizan delitos e descárganse as prisións, aparece a prisión permanente revisábel aplicada a determinados casos... - Son lóxicas compatíbeis. - Conviven en función do sector social ao que se dirixe o Estado. - A mirada de Vidas culpáveis difire dos lugares comúns críticos sobre o cárcere. - O libro quere ser crítico co poder e as elites en todos os sentidos. Pero tamén coas certezas do movemento antirrepresivo, que ten unha visión unidimensional desta problemática. É moito máis complexo. Nin sequera as experiencias de gobernos democrático radicais -porque máis alá non houbo- apenas introduciron cambios na política penintenciaria. Non tiñan en conta esta complexidade. - Asegura que a sociedade se atopa nunha "crise de lexitimación". A xulgar pola argumentación do seu libro, non resulta doada de detectar... - Se entendiamos que as sociedades contemporáneas baseaban a súa lexitimación no pacto social, as elites rompérono. Non teñen interese en que se renoven os consensos, se non en xestionar os conflitos. Da responsabilidade do Estado pásase á responsabilidade do eu, á xerencia do público a partir do new public management [nova xerencia pública]. |
PRAZA_5908 | A realidade, en síntese, é que temos ao Vicevaledor 3º -figura inexistente na reforma legal do PPdG- facendo as funcións de Valedor do Pobo, quen tiña que ser nomeado hai case dous anos polo Parlamento galego -que domina o PPdG-, que ademáis está incumprindo a Lei da institución por non ter Vicevaledores -en aras dun aforro virtual- mais que sí ten asesores na súa oficina | Ao fío da comparecencia do Sr. José Julio Fernández (Valedor, en funcións) no Pleno do Parlamento galego creo que vai sendo hora de abrir un debate ben interesante, estruturado nas dúas mentiras fundamentais que arrodean a institución do Valedor do Pobo. Ao fío da comparecencia do Sr. José Julio Fernández (Valedor, en funcións) no Pleno do Parlamento galego creo que vai sendo hora de abrir un debate ben interesante Galiza, coma moitas outras nacións e territorios do Estado ten unha institución propia que debe ser garante da defensa dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas constitucional e internacionalmente recoñecidas que corresponden á cidadanía galega: o Valedor do Pobo. A situación que se vén dando no seo da institución é tan dramáticamente sinxela que ten un pronto resumo: non hai Valedor. Legalmente, non hai Valedor. Cando o Sr. Benigno López dimitiu ocorreron unha sucesión de renuncias dos Vicevaledores primeira e segundo a encabezar a institución, polo que acabou sendo Valedor -sempre en funcións- o Vicevaledor terceiro, o Sr. Fernández. Até aquí a sucesión dos feitos é clara. Cal é o debate entón? Pois o debate vén dado pola situación de limbo legal que rexe nesa institución. O Grupo Parlamentar do PPdG rexistrou hai dous anos unha Proposición de Lei de modificación da estrutura do Valedor do Pobo, para a súa tramitación parlamentar polo trámite de urxencia; sendo xustificada esta urxencia pola situación de interinidade na que se atopaba xa naquela altura o Sr. Fernández, aproveitando aqueles pasos para a reorganización eficiente da estrutura da institución do Valedor do Pobo. Primeira mentira. A vontade do Partido Popular, plasmada no Informe Cora, para a reforma das Administracións Públicas, que encargou o Goberno Rajoy, é a de suprimir o Valedor do Pobo, propoñendo a asunción plena das competencias deste polo Defensor del Pueblo do Estado; todo isto en aras do aforro no orzamento galego, que se vería incrementado para outras partidas ao non ter que soster unha institución duplicada. Segunda mentira. A vontade do Partido Popular, plasmada no Informe Cora, para a reforma das Administracións Públicas, que encargou o Goberno Rajoy, é a de suprimir o Valedor do Pobo Chegados a este punto só fica desmontar as mentiras e aclarar a situación da institución, que non é outra que a preconstitución da proba desexada polo Partido Popular para chapodar unha Valedoría que atende sobre 22000 expedientes de queixas de cidadáns e cidadás ao ano, baixo o principio da territorialidade. A Lei do Valedor do Pobo dí que se iniciará no prazo dun mes o procedemento de elección dun novo Valedor. O Sr. López dimitiu en Maio do 2012 e non se iniciou polo Parlamento -no que o PPdG ostenta a maioría- o procedemento para designar novo Valedor ou Valedora do Pobo, polo que se está a conculcar a lexislación vixente. Mais, logo da aprobación da Lei de modificación da estrutura do Valedor, a que rexe é esa Lei, non? Pois non, non rexe, porque a modificación establece na súa Disposición Derradeira Segunda que a Lei entrará en vigor ao día seguinte da toma de posesión no seu cargo dun Valedor do Pobo titular, e temos un Valedor que leva en funcións dous anos cando a Lei prevé non máis dun mes porque o Partido Popular non quere iniciar os trámites de novo nomeamento. Na mesma Lei créanse as figuras do adxunto ao Valedor, da Secretaría Xeral -ligada ao Adxunto- e dos catro asesores adscritos á oficina do Valedor E isto lévame á segunda mentira: o aforro. A Lei do Valedor do Pobo establece que o titular estará auxiliado por ata un máximo de tres Vicevaledores, como era o caso até o momento da dimisión do Sr. Benigno López; estando o persoal ao servizo do Valedor sometido ao cadro de persoal do Parlamento galego. Coa Lei de modificación da estrutura do PPdG, publicada no DOG e no BOE mais en vacatio legis sine die, elimínanse as Vicevaledorías ofrecendo un maior aforro, e pola contra, na mesma Lei, créanse as figuras do adxunto ao Valedor, da Secretaría Xeral -ligada ao Adxunto- e dos catro asesores adscritos á oficina do Valedor; polo que é pouco críbel a teoría do aforro que emana desa brillante Subcomisión de Duplicidades da CORA. A realidade, en síntese, é que temos ao Vicevaledor 3º -figura inexistente na reforma legal do PPdG- facendo as funcións de Valedor do Pobo A realidade, en síntese, é que temos ao Vicevaledor 3º -figura inexistente na reforma legal do PPdG- facendo as funcións de Valedor do Pobo, quen tiña que ser nomeado hai case dous anos polo Parlamento galego -que domina o PPdG-, que ademáis está incumprindo a Lei da institución por non ter Vicevaledores -en aras dun aforro virtual- mais que sí ten asesores na súa oficina -cumprindo coa reforma estrutural que aínda non entrou en vigor-, actuando, case, en fraude de lei. Dixo naquela altura o deputado Alfredo Suárez Canal que a tramitación da modificación da Lei do Valedor do Pobo era "a representación dunha película, unha caricatura da democracia". Eu, hoxe, con todo o que está a pasar, así o creo. |
PRAZA_14391 | O Bloque ourensán garante "coherencia" nas súas decisións sobre Fernando Varela, de cuxa inocencia "estamos certos" mentres o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, seguirá no cargo cando menos ata o xoves, cando o someterá á decisión da asemblea local do PSdeG | A denominada operación Pokemon segue a ser unha treboada política que semella coller cada vez máis intensidade a menos dun mes das eleccións do 21 de outubro. O BNG de Ourense saíu na mañá deste mércores ao paso da detención do seu concelleiro Fernando Varela, actual responsable de Deportes no consistorio ourensán e que no pasado mandato estivera á fronte da área de Seguridade e Policía Local. Á espera de coñecer "cando se vai producir a declaración" ante a xuíza de Lugo que instrúe o caso, Pilar de Lara, así como de saber "as causas da detención", o Bloque avanza que "manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando dende sempre", tamén cando esta situación "lle afecta a un membro da nosa organización". Así, avanzan, no caso de que se "produza unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais e estamos seguros de que el mesmo tomaría esta decisión", sinalan. "Manteremos a liña de coherencia que vimos practicando", advirte o BNG Con todo, e á espera de obter máis datos os nacionalistas explican que a súa postura implica tamén "reservas" sobre o "procedemento xudicial" de detención con incomunicación, "por consideralo desproporcionado e pouco respectuoso cos dereitos das persoas". Do mesmo xeito, "no ámbito persoal" a formación frontista amósase "certa" da "inocencia do noso compañeiro" a cal, din, "ficará de manifesto ao longo deste proceso". Rodríguez, alcalde cando menos ata o xoves Mentres isto acontece o aínda alcalde ourensán, o socialista Francisco Rodríguez, seguirá no seu cargo cando menos ata o xoves. Malia á presión que chega dende as direccións nacional e federal do partido para que dimita e aínda que ten suspendida a militancia Rodríguez asume o mandato da Executiva local do PSdeG en Ourense, que na noite do mércores avalou a súa continuidade. A dirección ourensá confronta así co criterio do secretario xeral e candidato á Xunta, Pachi Vázquez, que considera necesaria a marcha de Rodríguez non só por estar imputado por delitos de suborno e prevaricación, senón tamén e sobre todo por estar "en liberdade baixo fianza". Así as cousas, e mentres a dirección provincial do PSdeG se aliña coas teses de Vázquez, Francisco Rodríguez fía a súa continuidade ao apoio ou non da asemblea local da formación, que reunirá a toda a militancia da cidade o vindeiro xoves. Pase o que pase nesa asemblea o futuro político de Rodríguez na alcaldía antóllase complicado, xa que o BNG xa avanzou que non continuará no goberno local se o alcalde permanece nel. |
PRAZA_18876 | O Goberno galego aproba o seu plan estatístico para 2019 sen incluír ningún barómetro de tipo político e o presidente di que suprimiu os que facía o bipartito polo seu custo | O Goberno galego aproba o seu plan estatístico para 2019 sen incluír ningún barómetro de tipo político e o presidente di que suprimiu os que facía o bipartito polo seu custo O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal deste xoves o programa estatístico anual para 2019 tanto do Instituto Galego de Estatística (IGE) como do resto de departamentos autonómicos que emiten ese tipo de estudos. Nel, novamente, non se inclúe ningunha enquisa electoral ou de valoración política da Xunta por parte da cidadanía, cuestión pola que foi preguntado Feijóo. O presidente xustificou que o Goberno galego siga sen facer ese tipo de enquistas, como si fan Euskadi ou Catalunya, entre outras comunidades, polo seu elevado custo e porque xa existen estudos similares elaborados por distintos medios de comunicación. Durante o bipartito de PSdeG e BNG, a daquela Secretaría Xeral de Análise e Proxección, dependente da Presidencia da Xunta, elaboraba diversos barómetros sobre tendencias políticas. Foron suprimidos cando Feijóo chegou ao Goberno galego hai case dez anos porque "son estudos que non son baratos", segundo argumentou este xoves o presidente, quen engadiu que "teñen importancia sen dúbida para os partidos políticos, pero menor importancia para as empresas e menor importancia para os cidadáns". Porén, neste tempo a Xunta si encargou a empresas alleas enquisas de diverso tipo sobre, por exemplo, a "eficacia" da súa propia publicidade."Nos informamos a través dos medios de comunicación e dos excelentes estudos dos medios de comunicación", di Feijóo, que renunciou ás enquisas que facía o bipartito pero que neste tempo encargou outras sobre cuestións como a "eficacia" da publicidade da XuntaFeijóo di que, dez anos despois, segue sen considerar adecuado destinar cartos públicos autonómicos a enquisas de tipo político, como fan Catalunya ou Euskadi, e argumenta que "nos informamos a través dos medios de comunicación e dos excelentes estudos dos medios de comunicación". Fronte a esa situación, o presidente galego critica a manipulación que ao seu ver están a sufrir as enquisas políticas do estatal Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que considera manipuladas polo Goberno socialista. Así pois, en 2019 seguirá sen haber enquisas de tipo político entre as 183 estatísticas que elaborarán diversos departamentos autonómicos sobre cuestións como territorio, poboación, sociedade ou tecnoloxía. |
NOS_30151 | A fronte nacionalista opúxose no Congreso ao o proxecto de Lei de Caixas de Aforros e Fundacións bancarias por centralizadora e prexudicial para a maioría social. | Ninguén, tirando o PP, está de acordo coa Lei de Caixas de Aforros e Fundacións bancarias, un proxecto a debate no Congreso e que consegue a unanimidade da oposición en rexeitalo. "É un proxecto de lei que aspira a que sexa definitivo o mapa resultante da reestruturación financeira, coa desaparición e integración en grandes bancos privados de múltiples Caixas de Aforros, sen posibilidade de retorno", afirmou Olaia Davila, deputada do BNG na Cámara baixa española. Fernández Davila lembrou que o Bloque desde o inicio do proceso rexeitou sempre a reestruturación financeira, "xa que os seus obxectivos son só a bancarización das Caixas e a centralización das competencias sobre o sector financeiro, que sitúan ás Caixas na órbita do Estado". NCG, sistémica para Galiza A parlamentar do BNG reprochou ao Ministro de Economía que empreguen dúas varas de medir "en función dun interese centralista, xa que por un lado se salvan entidades sistémicas a nivel estatal e se lles permite manter a súa estrutura e remontar o voo en solitario". Davila pediu unha revisión a fondo do proceso en marcha para a venda de NCG, "avalíen o seu futuro como entidade propia de Galiza, vital para o desenvolvemento dos seus sectores produtivos básicos, como se puxo de manifesto cos estaleiros, e como unha única garantía para asegurar a vinculación a Galiza dun instrumento financeiro propio". |
NOS_20159 | O presidente da Cámara sostén que "a democracia e o autogoberno sentaron moi ben á Galiza e á súa xente". O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, enxalza o Estatuto e a Constitución, mentres que Ana Pontón (BNG) defende un novo status de nación cara á Galiza soberana que ambicionaba a xeración de Castelao para facer realidade unha "Galiza en grande". Gonzalo Caballero (PSdeG) avoga por actualizar o Estatuto. | O Parlamento da Galiza celebrou este domingo, 19 de decembro, unha sesión solemne conmemorativa do seu 40 aniversario que contou coas intervencións das e dos portavoces dos tres grupos parlamentarios (PP, BNG e PSdeG) e dos presidentes da Xunta e da Cámara. O presidente do Parlamento, Miguel Santalices Vieira, recordou que a 19 de decembro de 1981, cando decorreu, no Pazo de Xelmírez a primeira sesión constitutiva da institución, "todo estaba por facer e case nada se daba por sentado". Reivindicou o éxito da transición "culminada con éxito por persoas valentes sobre a base do diálogo, a tolerancia e as renuncias persoais", un proceso que "conduciu a España, e con ela a Galiza", dixo, "ao selecto club dos países avanzados, e dotounos dun estado de benestar que para si quixeran noutras latitudes, algunhas ben próximas". Botando a vista atrás, Santalices concluíu que "o tempo transcorrido acredita o acerto daquela aposta" na medida en que "a democracia e o autogoberno sentaron moi ben á Galiza e á súa xente, en todos os ámbitos". O acto contou coa actuación musical de Xabier Díaz, desde o Pazo de Xelmírez, e da Real Filharmonía da Galiza desde o Pazo de Fonseca, como lembranza das dúas primeiras sedes provisionais da Cámara. A terceira das actuacións, no vestíbulo do Parlamento, correu a cargo da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, que celebra o seu 100 aniversario. O acto rematou coa interpretación do Himno Galego a cargo de Uxía Senlle, acompañada por un coro de nenas e nenos do CEIP Petelos (Mos). Feixoo enxalza o Estatuto e a Constitución No acto, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, referiuse ao Parlamento como unha caixa de resonancia, lugar de encontro ou canle para que as discrepancias discorran dun modo racional que permite avanzar na obrigación de escoitar, pero tamén como ese "espello en que o pobo galego se recoñece". Afirmou que esta institución chegou "da man do Estatuto de Autonomía fillo da Constitución española, consecuencia de procesos democráticos que eluden a confrontación e buscan o consenso". "Ante este logro singular, reclamarse autonomista é facer xustiza a un proceso exemplar e a unha realidade modélica", aseverou. O BNG reclama poder político para a Galiza Na súa intervención, a líder da oposición e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou para reivindicar máis poder político e novas ferramentas para dar solucións á Galiza do século XXI. Pontón sostivo que a celebración do 40 aniversario do Parlamento "non pode ser mera liturxia, nin gradilocuencia baleira de contido", senón que debe de ser "o centro da vida política" e a caixa de resonancia "dos problemas reais" da xente. Por iso, dixo, "esta Cámara ten que ser o centro da vida política e equivócanse aqueles que intentan amordazar o Parlamento, os que intentan convertelo nunha casca baleira a base de propaganda, crispación ou deturpando o debate. O único que conseguen é debilitar a democracia e afastar cada vez máis a cidadanía das súas institución. Son estratexias moi perigosas sempre, pero moito máis nun momento no que sopran ventos de intolerancia, de ruído e de furia. O BNG seguirá co seu empeño", dixo, "de converter o Parlamento nun lugar de debate, de diálogo de ideas e caixa de resonancia dos problemas reais dos galegos e das galegas". "40 anos despois estamos moi lonxe da Galiza soberana que soñou a xeración de Castelao", afirmou Pontón, para chamar a atención sobre un feito: "nin sequera se cumpre o Estatuto e levamos 12 anos coas transferencias en dique seco. Ningún galeguista de corazón consentiría este agravio. Hai que pasar das declaracións á acción". Por iso defendeu "máis poder político para a Galiza, que se cumpra o Estatuto e avanzar un novo status de nación. Decidir aquí sobre o noso, iso é a soberanía, ferramentas para mellora a vida das galegas e dos galegos", sentenciou. Pontón rematou citando Castelao: "O verdadeiro heroísmo consiste en converter os soños en realidades e as ideas en feitos". Por iso, dixo, "imos seguir soñando, ninguén nos vai roubar o dereito a soñar, pero sobre todo, imos seguir traballando para facer realidade ese soño dunha Galiza sen límites, dunha Galiza en grande". O PSdeG reivindica a reforma do Estatuto Pola súa banda, o portavoz do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, aproveitou para soster que, "lonxe da autocompracencia", é necesario "afrontar os retos de futuro". Así, consciente de que non se pode caer no conformismo e estar "a se mirar no espello dicindo que todo vai ben", fixo un chamamento a que, a medida que pasen os momentos máis duros da pandemia", se actualice o Estatuto, o fundamento sobre o que se basea a Cámara galega. Neste obxectivo e como piar fundamental, avogou por elaborar unha Carta de Cidadanía coa que "este Parlamento poida traballar para blindar e dar novos dereitos aos galegos e ás galegas". "Esa reforma", sinalou, "é algo que está pendente e que haberá que abordar antes ou despois". "Queremos unha Galiza mellor e, para iso, necesitamos un Parlamento mellor, unha autonomía mellor e a mellor vocación de servizo público", argumentou Caballero, que apelou aos presentes para pórense "deberes de autoexigencia" para traballar polo futuro desde a Cámara galega e nunha "España plural, federal e constitucional". |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.