ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_11936 | Os sindicatos agrarios galegos saen en defensa dun modelo baseado en explotacións familiares, respectuosas co medio no que se asentan e que favorecen a fixación de poboación no rural. | O ministro de Consumo, Alberto Garzón, volveu atacar a produción de carne de vacún. Desta vez fíxoo nunha entrevista no diario británico The Guardian, na que criticou a sustentabilidade e a calidade da produción de carne no Estado español. Este novo ataque tivo á súa vez unha forte contestación por parte dos sindicatos agrarios, que non dubidaron en esixirlle unha inmediata rectificación e, nalgúns casos, mesmo o seu cesamento como ministro. Como indica a Nós Diario Elías Somoza, coordinador de servizos gandeiros da Federación Rural Galega (Fruga), no sindicato comparten a súa oposición á construción de macrocebadeiros como o de Soria, "o que non implica que non defendamos o modelo de gandería familiar que se practica no país". Somoza apunta que, no caso da Galiza, son milleiros as explotacións de vacún existentes, "algunhas con unha ou dúas vacas, outras con máis", cuxa actividade "é totalmente sustentábel e respectuosa co medio" e contribúe a manter un rural "vivo". Neste senso, abunda en que moitos deses produtores están amparados baixo o selo de calidade 'Tenreira Galega', un modelo que avoga por "seguilo defendendo" xa que "é o único que está a evitar que o rural se converta a Galiza nun deserto demográfico". Petición de cesamento A este respecto pronunciouse tamén Unións Agrarias (UUAA), que reclamou a saída do goberno español do ministro de Consumo, Alberto Garzón, polas súas declaracións, nas que, segundo o sindicato, amosou unha "actitude de desprezo ao sector agrogandeiro e ao medio rural" sen contemplar a contribución económica, social e ambiental deste sector en moitas comarcas do país. Unións Agrarias, ao igual que a Fruga, destacou o modelo da 'Tenreira Galega', un selo de calidade ao que están adscritas unhas 8.000 explotacións no país, como exemplo de tratamento animal lonxe dos malos tratos dos que falaba o ministro. Ademais, en referencia ás "tramas" que mencionaba Garzón na entrevista, lembran ao titular de Consumo que, lonxe de enriquecerse, moitas das explotacións galegas están a vender a carne de vacún "por menos do que lles custa producir". Esta práctica, prohibida na lei da cadea alimentaria, está estendida tanto neste sector como no lácteo, poñendo en risco a continuidade dunha actividade sustenta moitas comarcas no país, como teñen denunciado estas formacións xunto co Sindicato Labrego Galego (SLG). |
NOS_22540 | Á desesperada, Rajoy reedita a narrativa dos gromos verdes que en parte lle custou a Moncloa a Zapatero. O primeiro arauto da recuperación económica foi o seu ministro Montoro, quen dixo a terza feira que 2013 será o último ano da crise. No canto de se distanciar del, Rajoy defendeu esta cuarta feira perante a Xunta Directiva do PP -máximo órgao entre congresos- que en 2014 a economía voltará a medrar "con clareza" e tamén a criar emprego. | Os dados que hai sobre a mesa non convidan ao optimismo. A taxa de paro é histórica. Supera o 25 por cento da populación activa. Os dados de déficit público son catastróficos. Os oficiais son o 6,7 por cento, malia os enormes cortes practicados no gasto público. Mais os dados reais son aínda piores pois o déficit oficial non computa as axudas públicas á banca privada. Se o fixesen, o desaxuste nas contas entre ingresos e despesas atinxiría o 10 por cento do PIB. En realidade, as declaracións de Montoro e Rajoy son simplesmente un desideratum político. Hai apenas uns días, o propio Goberno admitía que tería que retocar (claramente a pior) as súas previsións económicas para 2013. Non hai indicios serios de recuperación en ningún sector dos que dependen do consumo interno, da capacidade de compra das e dos cidadáns. Expertos afirman que no mercado laboral español só é posíbel criar emprego neto (isto é xerar suficiente traballo para absorber a nova populación activa e compensar os postos de traballo que se destrúan) se a economía medrar por enriba do 2 por cento. Ningún analista serio vaticina un aumento desa envergadura nen para 2014 nen para 2015. Rajoy vende optimismo económico porque non lle queda outra, dado como ten o frente orgánico, coa dereita sumida nunha cruenta guerra interna Entón? A explicación é netamente política. A Rajoy non lle queda outra que vender optimismo, dado como ten o frente orgánico, coa dereita sumida nunha cruenta guerra interna cada vez máis evidente aos ollos da opinión pública. Xa non é só o confronto co sector levantisco de Esperanza Aguirre. Tamén na contorna do chefe hai leas. Dun lado, os partidarios de Soraya. Doutro, os de Cospedal. E polo medio, a sospeita de que Bárcenas aínda garda cadáveres no armario. Nese contexto as fotografías de Feijóo, o delfín de Rajoy, na compaña do narco Marcial Dorado, deixaron Génova literalmente sen alento. Rajoy sabe que a súa supervivencia -cada día máis improbábel- pasa por un milagre económico. Os seus dados demoscópicos son os piores dun presidente na historia da democracia, piores mesmos que os de Zapatero nos seus estertores. O problema é que a economía non funciona con voluntarismo e todo apunta a que a marxe de manobra da equipa Rajoy -cunha Merkel cada día máis disposta a continuar polo vieiro da ortodoxia neoliberal, véxase a crise de Chipre- é máis ben pequena, por non dicer nula. Con todo, e no curso da Xunta Directiva do PP, Rajoy declarou ante os seus -e os xornalistas puideron acompañar a súa intervención através da xa mítica pantalla de plasma- que grazas ás súas políticas o Estado ten evitado o resgate e ten logrado controlar o déficit público. Sabemos que isto último apenas se compadece coa realidade e a respeito da evitación do resgate os economistas máis serios teñen advertido que as políticas practicadas por Rajoy durante os seus meses de goberno apenas difiren, nos aspectos cualitativos, das promovidas polos primeiros ministros dos Estados formalmente intervidos. |
NOS_37334 | A rede provincial pertencente á Deputación anuncia a adaptación ás condicións restritivas causadas polo coronavirus. Así terá alternativas quer para as crianzas, quer para as persoas máis maiores. | A rede de museos provinciais de Lugo aposta na arte en tempos de pandemia grazas a unha programación de novembro adaptada as restricións sanitarias. Aurelia Balseiro, Maite Ferreiro e Encarna Lago presentaron esta cuarta feira unha axenda que decorre xunto ás novas tecnoloxías e os recursos dispoñíbeis a través da internet. Por iso o vindeiro día 16 empezará a funcionar unha plataforma con propostas artísticas, tamén destinadas ao profesorado que non pode levar ás crianzas de excursión como noutros cursos. O obxectivo de repensar o sistema é poder "continuar coa labor expositiva e divulgativa" dos catro museos provinciais: o museo de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Pazo de Tor (Monforte). A xerente da Rede, Encarna Lago, explicou esta cuarta feira na rolda de prensa para dar a coñecer a plataforma multicanle, que non van ofrecer só "percorridos virtuais ao uso, senón visitas temáticas, deseñadas e guiadas polo persoal que acompaña ás persoas usuarias nesa experiencia inmersiva". Vivirase así a partir do día 16 de novembro, data na que coincide co Día do Patrimonio Mundial e Natural, grazas a un intenso traballo para captar vistas en 3D cun "escáner de última xeración". Esta oferta é unha das máis novidosas porque o público vai estar preto dos fondos e exposicións, mais tamén haberá actividades didácticas pensadas para facer nas aulas. Solucións para evitar a fenda dixital Como complemento á estratexia dixital da Deputación para promocionar os seus museos, tamén está previsto fornecer visitas "audiodescritivas a través de chamadas telefónicas, unha alternativa pensada para as persoas que non manexan a internet". Lago ideou este sistema pensando nas usuarias de residencias e centros de maiores e tamén para asociacións que agrupan a xente maior. Pola súa parte, a vicepresidenta e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, destacou "a capacidade do persoal dos museos para adaptarse á situación sanitaria na que nos atopamos e seguir ofrecendo contidos interesantes" para todo tipo de públicos, quer crianzas, quer maiores. |
NOS_52807 | En 2016 circularon perante Galiza máis buques con produtos de risco nas súas adegas que no ano en que afundiu o Prestige. Estamos preparados para facer fronte a un sinistro como o provocado polo afundimento daquel barco monocasco abandeirado en Bahamas? | O ano da catástrofe do 'Prestige' (2002) circularon polo Corredor de Fisterra 12.446 buques que transportaban materias perigosas, cualificación baixo o que se engloban produtos como hidrocarburos, gas, materiais tóxicos ou produtos corrosivos, entre outros. O 'erro' en só un deles -0,008% do total- provocou un dos maiores sinistros marítimos do noso país. Quince anos despois son 12.786 os buques con produtos de risco que navegan fronte ás nosas costas. Son 340 máis agora que entón. Embarcacións que, como denunciaban desde hai tempo colectivos da defensa do medio ambiente como a Plataforma en defensa da Ría de Arousa, entre outras, son "bombas de reloxaría potenciais". Ao longo de 2016 navegaron perante as costas do noso país 12.786 buques con mercadorías perigosas, segundo dados de Salvamento Marítimo, o que supón unha media de 35 cada día. En total, son por volta de 100 os que circulan fronte ao Corredor de Fisterra. O desastre do Prestige provocou que se derramasen máis de 64.000 toneladas de combustíbel, co conseguinte impacto ambiental, económico e social. Mais non foi o sinistro máis grave que sufriu Galiza se nos cinximos á cantidade de hidrocarburos vertidos. Aí a listaxe encabézaa o Urquiola (1976), con 101.000 toneladas, seguido do 'Mar Egeo' (1992), con 80.000. Dos 135 sinistros de petroleiros que aconteceron nas costas do Estado español desde 1991, un total de 22 tiveron lugar en Galiza, o territorio máis afectado despois de Andalucía. Avanzos? Unha das decisións adoptadas após o desastre do Prestige foi a de habilitar catro carrís de navegación (antes había dous) no Corredor do Atlántico, fronte a Fisterra: a 21,7 millas (40 quilómetros); 28,3 millas (52 Qm); 35,5 millas (65 quilómetros) e 39,5 millas (73 Qm) das nosas costas. Quince anos despois do desastre, Galiza continúa a carecer das competencias necesarias para afrontar un accidente das características do Prestige. A falta de medios e toma de decisións en Madrid impedirían actuar coa axilidade que requiren as actuacións de emerxencia. Así, e aínda que cada ano pasan pola costa galega un maior número de mercantes, con mercadorías perigosas, o Goberno central non contempla o traspaso das competencias en materia de seguranza marítima a Galiza. Un plano con eivas Aínda que se deron pasos a nivel lexislativo, o risco dunha nova marea negra persiste e as demandas de colectivos implicados na mobilización social que seguiu a catástrofe do Prestige, como a plataforma Nunca Máis, non foron atendidas. O Plano de Continxencia contra Contaminación Mariña Accidental (Camgal), derivado das obrigas impostas na Directiva 2009/17 sobre seguranza marítima en Europa, conta con lagoas significativas. Por exemplo, non recolle os portos refuxio, de maneira que non se designan os lugares da costa aos que deberían achegarse os buques en problemas. Serían, outra vez, os mandos políticos, e desde Madrid, quen decidirían cara a onde debería dirixirse o barco. Aliás, as bases loxísticas en que se localizan ferramentas como barreiras anticontaminación para facer fronte a un accidente atópanse en Vigo, Cambados, Ribeira e na Pobra, malia que a maior incidencia de tráfico marítimo se produce na Costa da Morte (cada día pasan polo corredor de Fisterra 35 buques con mercadorías perigosas). Máis recursos O presidente da Xunta afirmou esta segunda feira que "temos máis medios, máis protocolos, máis barcos, máis barreiras anticontaminación, máis almacéns loxísticos" para facer fronte a un sinistro como o do Prestige. Porén, o propio presidente da Xunta recoñeceu que o risco cero non existe. |
NOS_56055 | Nin quita nin cambio por accións. As vítimas das preferentes esixen a devolución íntegra dos seus cartos e anuncian que non se cansarán até os conseguir. As dez mil persoas que participaron na manifestación de hoxe na Coruña dan proba diso. | Até un ataúde participou hoxe na mobilización nacional que as vítimas das preferentes e subordinadas convocaron na Coruña. O centro da cidade colapsouse ante os milleiros de persoas que viñeron de todo o país ás que se sumaron, ao decir da organización, moreas de cidadáns da Coruña como mostra dunha cada vez maior solidariedade e apoio social coas vítimas da estafa. "Goberno escoita, seguimos na loita" foi unha das lendas coreadas nunha marcha que durou máis de dúas horas. Arredor de dez mil pesoas, se "Fala de oídas. Só é o goberno central a través do FROB quen pode facer esa comunicación. En todo caso, esa circunstancia é completamente inasumíbel. O día que comuniquen a quita acenden a mecha dunha bomba" destaca Xesús Domínguez, voceiro da plataforma de Compostela.gundo fontes da organización, demostraban, máis unha vez, que continúan a ter forza para reclamar a devolución íntegra dos seus cartos. Unha faixa na que se podía ler "Estafados polos bancos, expropiados polo goberno" abría unha marcha sobre a que pairaban as recentes declaracións de Castellano que aventuraba un próximo canxe das preferentes por accións cunha quita do 50%. "Premian a corruptos e queren facer que os estafados paguemos o rescate bancario" Os ánimos mostráronse aínda máis acesos despois de se destapar a corrupción do PP co caso Bárcenas, episodio que se comentou de maneira abondosa na mobilización. "Premian a corruptos e queren facer que os estafados paguemos o rescate bancario. Novagalicia Banco leva un ano sen pagar nin un euro de xuros", denunciou. Nas intervencións finais sinalouse a posibilidade de que un suicidio producido na pasada semana en Melide teña a ver coa estafa, dato que a coordinadora das plataformas non ten confirmado mais hipótese que preocupou máis aínda á xente. "Hai tamén moitos afectados de idade que están a a ver como os seus cadros clínicos se agudizan. De seguir así, a situación vai ir moito a peor" comenta Domínguez. "Roubo do goberno central" "A quita é un roubo ditado polo goberno central" é a máxima que as vítimas xa teñen asumida e que se repetiu na Coruña. "Non somos investidores. Metemos os nosos cartos cando eran Caixas de Aforros. A próxima manifestación será con fouciños e forquiñas, coas ferramentas do traballo" engade Domínguez. César Cambeiro e Isabel Risco puxeron fin á mobilización cunha parodia dos ladróns de luva branca, ás veces disfrazados de ministros. (Reportaxe gráfica: Zapa Da Costa) |
NOS_28149 | O Sindicato Labrego Galego afirma que peran te un escenario como ese os 16 millóns en axudas que se establecen para o sector de Galiza son "insuficientes". | As granxas de leite galegas deixaron de ingresar 47 millóns de euros durante os meses de abril, a xullo; os mesmos meses que se toman como referencia para calcular as axudas. "Se ampliamos o período dende abril até a actualidade, as perdas elévanse a 82 millóns de euros". Son cálculos do Sindicato Labrego Galego realizados a partir de datos do Ministerio de Agricultura. "Os produtores e produtoras de leite na Galiza perderon case 12 millóns de euros por mes", resume o sindicato. Á vista destes datos, explican, o orzamento para dotar a axuda 'de minimis' ofrecida polo Ministerio de Agricultura para as granxas leiteiras que menos perciben polo leite é "absolutamente insuficiente, xa que só hai consignados 20 millóns de euros, dos cales, segundo o propio Ministerio, o 80% (16 millóns) serán para as granxas galegas". O orzamento para dotar a axuda 'de minimis' ofrecida polo Ministerio de Agricultura para as granxas leiteiras que menos perciben polo leite é "absolutamente insuficiente" O Ministerio de Agricultura nin sequera cumpre as axudas prometidas no BOE, afirma o sindicato, que consisten en dar 300 euros por vaca a aquelas explotacións que cobrasen por baixo dos 0,259 euros no segundo cuadrimestre de 2015, e de 110 euros por vaca para as que ingresasen menos de 0,285 euros por litro. "En ambos casos, o tope a cobrar está fixado no BOE en 10.000 euros. Sen embargo, tras comprobar a listaxe de persoas beneficiadas, descubrimos que as de maior intensidade de axuda están a cobrar 233 euros por vaca, cando en teoría deberían cobrar 300; e 85,40 euros ás que deberían cobrar 110." "Fracaso do acordo lácteo" Diante deste escenario e "do manifesto fracaso do acordo lácteo", dende o Sindicato Labrego Galego instan "o Ministerio de Agricultura a convocar de novo a tódolos axentes do sector para retomar as negociacións de cara a buscar fórmulas que nos permitan chegar a un acordo que contemple prezos dignos e remuneradores para os produtores e as produtoras". |
NOS_13563 | Das 12.000 persoas que optaron a esas axudas só se beneficiaron 350, denuncian desde o grupo parlamentar socialista. | O goberno galego só executou 76.000 euros dos perto de 4,5 millóns previstos para os programas de alugueiro de vivendas. Un nivel de cumprimento que é de 1,5%. Dos 12.000 galegos e galegas que optaron a esas axudas apenas se beneficiaron 350. Son datos expostos pola portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, nunha pregunta oral en Comisión. A parlamentar advertiulle aos representantes da Xunta que "mentres que vostedes se comprometen no Parlamento a duplicar o parque de vivenda pública, a incapacidade económica dos nosos mozos para alugar ou comprar vivenda medra día a día". Denunciou tamén o "incomprensíbel de executar só 1,9 millóns de euros dos 14,2 previstos para vivendas públicas para a mocidade, reducindo a construción de vivendas en 87 por cento". Pierres afirma que "todas as políticas de vivenda, promoción de solo, construción, axudas e impulso ao aluguer" destes anos da Xunta, "fracasaron". |
NOS_31546 | A AC Alexandre Bóveda e a Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules gañaron o premio nas anteriores edicións. A Deputación da Coruña colabora co Foro Cívico neste galardón. | A Deputación da Coruña colabora co Foro Cívico na convocatoria da terceira edición do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade que se presentou esta mañá na sede da institución provincial. "Desde a Deputación estamos polo labor de alimentar o compromiso social e, nese sentido, colaboramos cun premio que é fundamental tanto para relanzar e impulsar a figura de Marcelino Liste como aquelas iniciativas que contribúen a fomentar a xustiza e liberdade", destacou o deputado de Cultura, Xurxo Couto. Antón Luaces, presidente do Foro Cívico, subliñou que con este certame "tribútase unha homenaxe anual á figura de Marcelino Liste, que desenvolveu un labor importantísimo como representante do movemento veciñal". Compañeiro de Marcelino Liste no movemento veciñal foi Ricardo Vales que destacou o labor que tanto no fin da ditadura como no comezo da Transición significou o asociacionismo nos barrios. Manuel Monge, de por parte, fixo fincapé nas dúas palabras que acompañan a convocatoria. "Xustiza porque Marcelino LIste loitou e gañou moitas veces na xustiza os temas que defendía e liberdade porque coincide co manifesto fundacional do Foro Cívico que redactou Manuel Rivas", explicou. Poderán presentar a súas propostas para este premio entidades ou persoas da comarca da Coruña. A proposta irá acompañada do nome da entidade ou persoa que se propón para a distinción, así como dos datos (enderezo, teléfono, correo electrónico), historial e actividades desenvolvidas nos últimos anos. As propostas poderán enviarse ao correo electrónico do Foro Cívico: [email protected] ; tamén por correo ordinario, ou presentarse en sobre pechado, neste enderezo (indicando Premio Marcelino Liste): Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto, Campo de Marte, s/n 15002 A Coruña. O prazo para a presentación será até 2 de decembro de 2019. Un xurado composto por socias e socios do Foro Cívico, que non sexan membros da Xunta Directiva, decidirá entre as candidaturas presentadas. O premio será entregado anualmente nas datas arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro). |
NOS_1050 | Máis de 400 poetas en activo teñen identificado Suso Díaz e Maripaz Paz, os promotores do proxecto "As escollas electivas" no que no que foron citad@s 194, boa parte xa con perfil biográfico e obra. Abonda con que alguén entre na rede "escolla" a outr@ poeta para pasar a formar parte da iniciativa. Achegámonos aos versos "elexidos" para conmemorar o Día da Poesía. | Menos de tres millóns de habitantes e máis de 400 poetas en activo. O país non está mal dotado de poesía, segundo os datos que manexan Suso Díaz e Maripaz Paz, autores da iniciativa "As escollas electivas" que naceu no día do centenario de Celso Emilio Ferreiro, como homenaxe ao poeta de Celanova. A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía e convidou a nacións, entidades e organizacións a que se fixeran eco dunha celebración que na Galiza ten, cando menos, 400 seguidores e seguidoras que continúan mantendo o xénero como o máis visitado na creación galega. 194 poetas de "escollas" "As escollas electivas" é un exemplo da prolífica creatividade poética galega. Desde o 4 de xaneiro de 2012 que se activou na rede, día do centenario de Celso Emilio, conta xa con 194 poetas "escollid@s" por colegas das letras dos que, boa parte deles, teñen xa no proxecto a súa biografía, obra, referencias e enlaces na rede e tamén un ou, maiormente, varios poemas. A iniciativa ideouse na Arxentina mais o modelo reproduciuse en boa parte das culturas do mundo. O procedemento é sinxelo, cada poeta que se incorpora a "As escollas electivas" cita os nomes doutros que serán convidados a participar enviando o material para compoñer a súa ficha. "A un poeta que resulta citado por outros solicitámoslle que envíe unha biografía, unha imaxe e algúns poemas e que cite outros poetas para seren convidados", di Suso Díaz Os dous primeiros autores que formaron parte de "As escollas electivas" foron convidados polos propios promotores, Suso Díaz e Maripaz Paz e tiñan unha estreita vinculación coa Celanova de Celso Emilio. Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte iniciaron unha listaxe na que, aos poucos, se foron engadindo nomes, por afinidades literarias de quen xa estaba dentro. En cada unha das fichas aparecen quen nomeou e a quen nomeou o autor protagonista. Para poñer un caso concreto, Baldo Ramos aparece nomeado pola Escollas Electivas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Alberto Lema e Carlos Negro e el decidiu nomear a Manuel Vilanova, Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés e Olga Novo que serían convidadas pola organización a participar no proxecto. Os nomes de poetas máis citados son os de Olga Novo, Pilar Pallarés, Gonzalo Hermo, Ana Romaní, Xosé Luís Méndez Ferrín e María Lado. Marca de identidade "A un poeta que resulta citado por outros solicitámoslle que envíe unha biografía, unha imaxe e algúns poemas e que cite outros poetas para seren convidados. Eses son os criterios básicos. Logo tamén nos agrada que falen da súa visión da poesía. A idea era que medrara o máximo posíbel porque na Galiza a poesía é marca de identidade", di Suso Díaz, que tamén escribe poesía mais, curiosamente, aínda non forma parte das "escollas". Tanto el como Maripaz Paz traballan na función pública mais gozan dedicando o seu tempo libre a espallar a poesía. En "As escollas electivas" hai, segundo o seu promotor "poetas moi coñecidos e outros non tanto, algúns non teñen obra publicada como Luís Antón, que é a entrada máis recente, un personaxe moi importante e moi descoñecida", explica ao tempo que defende as posibilidades da rede para difundir a creación literaria. O seu obxectivo é que os 400 poetas que teñen localizado, con obra publicada en libro individual ou colectivo, en papel ou na rede, entren a formar parte de "As Escollas Electivas", unha xa ampla antoloxía para ler e coñecer a poesía galega viva. |
PRAZA_12017 | De Luanda -a súa cidade natal-, a Lisboa ou Compostela, pasando polo Brasil ou Cuba, o primeiro álbum de Aline Frazão, Clave Bantu, realiza un percorrido polas sonoridades que a conformaron como artista. Aline participou no 2010 no Cantos na Maré e xa non deixou Galiza. Hoxe é unha máis do grupo de músicos da lusofonía que botaron raíces na nosa terra. | "Tens que entender/ Que não há diferença entre nós/ É a mesma essência/ E se a minha liberdade não existe/ A tua é só aparência". Así remata Primeiro mundo, un dos temas de Clave Bantu, o primeiro disco da cantora angolana Aline Frazão. De Luanda -a súa cidade natal-, a Lisboa ou Compostela, pasando polo Brasil ou Cuba, o álbum realiza un percorrido polas sonoridades que a conformaron como artista. Aline participou no 2010 no Cantos na Maré, e xa non deixou Galiza. Hoxe é unha máis do grupo de músicos da lusofonía que botaron raíces na nosa terra. Este xoves 16, ás nove e media da noite, abre no Teatro Principal de Santiago o ciclo Íntimo&Acústico, organizado desde a concellaría de Cultura. Que tes previsto tocar no concerto? A idea é presentar o disco, mais tamén tocarei algún tema do meu proxecto anterior, 'A minha embala', como 'Maria Silêncio', co que gañamos o concurso 'Musicando Carvalho Calero'. E algo da música tradicional angolana, que difundila é un dos meus obxectivos. Cancións como 'Primeiro Mundo' ou 'Na boca de Angola' teñen un contido máis político, fronte a outras de corte máis intimista. Mais hai inquietudes túas que están moi presentes no traballo, como a emigración... Si, as cancións reflicten os meus intereses, por iso é normal que se repitan temas que me preocupan como o da emigración. A min non me pasou o que conto en 'Primeiro Mundo', pero observei as dificultades que moitos africanos e sudamericanos teñen para conseguir papeis. 'Na boca de Angola' fala de desencanto coa clase política, coas persoas que conseguiron a independencia do país pero que se manteñen no poder por beneficio propio, como pasou en moitos outros lugares do mundo. Por iso digo que ten que haber unha xeración nova... 'Camiño do Sur' idealiza o Sur como unha solución para o planeta, para falar no fondo do contraste entre a cidade e o rural... Outras temáticas teñen máis que ver coa saudade, o sentimento. E con ese xeito de ver a vida da cultura africana, máis relaxado, deixando que a clave te guíe... Tamén hai imaxes que aparecen moito, como o mar. A túa traxectoria ten moito que ver co océano, a viaxe... O mar forma parte do meu imaxinario. Cando vivín en Madrid foi a primeira vez que non tiña o mar. E con el asocio a saudade, tamén. Desa época venche o formato acústico que este disco mantén. Guitarra e voz, con algo de percusión. Lembra bastante a música brasileira. É moi típico da música brasileira, si, a guitarra máis voz, sobre todo da bossa nova. Pero no disco tamén está o contrabaixo de José Manuel Díaz, a batería de Carlos Freire, o trombón de Ruben da Luz e a guitarra de Sérgio Tannus. Todos os instrumentos son importantes para crear a textura que queriamos. E que textura é esa, entón? A que xorde ao xuntarse tres músicos tan distintos como somos José Manuel Díaz, Carlos Freire e eu. Queriamos manter ese son acústico, esa frescura e intensidade do formato de guitarra e voz, tan próximo do público. A música africana é o eixo central, ao que se unen outros ingredientes como a brasileira ou a cubana. Ademais de África é de onde procede a raíz de moitas músicas do Brasil e doutros países. Cantos na Maré marcou o inicio da túa relación con Galiza. Como te encontraches cos membros do teu grupo, José Manuel e Carlos? A José coñecino no Dado Dadá, de Carlos faláronme... Comezamos a traballar xuntos e foi ben. No disco son todas composicións túas, menos 'O céu da túa boca' de José Eduardo Agualusa e 'Amanheceu' de Ondjaki. Xa antes musicaras poesía. A literatura é importante no teu traballo. Si, e sobre todo a literatura africana, dentro da lusófona. Non se pode falar de literatura angolana sen falar de Ondjaki ou de Agualusa. Con eles comparto imaxinario, xiros da lingua... e agardo facer máis colaboracións neste sentido. Formas parte de 'Cacimbo', obradoiro educativo para nenos impulsado pola Agal. Cal é o teu papel nel? O obxectivo é achegar aos nenos aos países africanos a través da lingua. Falta moita información aquí e en toda Europa sobre África. A música, os vídeos e as actividades interactivas serven para conversar cos nenos sobre os países africanos de fala lusófona. Para min a lusofonía é unha bandeira, e creo que ademais só ten sentido con Galiza. Porque entre os países que forman parte dela houbo no pasado unha relación xerárquica que pode complicar as relacións. Pero Galiza é un país neutro que non participou daquilo. E penso que potenciar a lusofonía sería bo para todos, non só a nivel cultural. Tamén a nivel científico, de emprego... |
PRAZA_15472 | A Asemblea de Desempregados da CIG levou a cabo unha acción en Ferrol para denunciar a política de eliminación dos alimentos próximos á caducidade que realizan as grandes superficies e cadeas de supermercados | A Asemblea de Desempregados da CIG levou a cabo este domingo no Alcampo de Ferrol unha acción para denunciar a política de eliminación dos alimentos próximos á caducidade que realizan as grandes superficies e cadeas de supermercados. A protesta comezou cunha concentración ás portas do centro comercial e posteriormente se trasladou ao seu interior. Un dos berros máis repetidos polos participantes foi "non pode ser, non pode ser, alimentos no lixo e xente sen comer". A Asemblea presentou unha denuncia ante a fiscalía para que elabore un informe sobre as prácticas das grandes e pequenas superficies comerciais de destrución de alimentos básicos antes da súa caducidade A Asemblea presentou unha denuncia ante a fiscalía para que elabore un informe sobre as prácticas das grandes e pequenas superficies comerciais de destrución de alimentos básicos antes da súa caducidade. Ademais, alertou en concreto que Alcampo dispón "dunha compactadora para destruír os alimentos que xa non son atractivos para a venda pola súa proximidade á data de caducidade". O colectivo tamén criticou que os responsables deste supermercado en Ferrol se negaron a recibilos para escoitar as súas reivindicacións. Os voceiros da Asemblea salientaron que "en tempos onde se nos reclama 'austeridade' ou 'que nos apretemos o cinto', foméntase o consumismo compulsivo coa chegada do Nadal, e mentres, hai xente obrigada a meterse nos contentores do lixo para buscar algo de comer". E enunciaron a súa intencion de "seguir mantendo o debate social que creamos coa expropiación simbólica de alimentos de primeira necesidade a principios do mes de xuño pasado no Maxi-Dia de Ferrol, para demostrar que por riba de calquera beneficio privado está a dignidade das persoas". O colectivo realiza unha proposta alternativa ao actual sistema consumista e que pasa pola creación de comedores sociais e de economatos populares nos barrios O colectivo realiza unha proposta alternativa ao actual sistema consumista e que pasa pola creación de comedores sociais e de economatos populares nos barrios, nos que se podan adquirir productos alimentares básicos a baixo prezo ao ser subvencionados polo Estado. Tamén pola instauración de bancos de alimentos de control público e dun servizo municipal de xestión e recollida dos alimentos próximos á caducidade que rexeitan os supermercados. Tamén demandan a posta en marcha dun servizo de comedor escolar gratuíto para fillos e fillas de traballadoras en situación de desemprego e dunha renda básica para aqueles desempregados que non perciban prestación ningunha, para que podan adquirir produtos de primeira necesidade. |
NOS_7318 | Cun feche no salón de plenos do Concello de Bueu, iniciado na mañá de onte, está a responder a veciñanza á reserva de prazas habilitada para a poboación a pasada sexta feira pola Xunta para acceder á illa de Ons. | As 300 prazas que permite a plataforma supoñen "a ruptura" do acordo asinado coa Xunta en setembro do ano pasado, tras meses de conflito, "no que se estabelecía en 800 o número de autorizacións para veciñas e veciños, diferenciadas do cupo xeral para visitantes." "A idea é quedar aquí até que a Xunta cumpra", sostén a presidenta da Asociación de Veciños e Amigos de Ons, María José Pérez, que acusa a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, de modificar de forma unilateral as condicións pactadas para o sistema de acceso á illa coa veciñanza e o Concello e, á Xunta, de non atender ningunha das súas peticións de información nas últimas horas. Como sinala, esta fin de semana foi a primeira na que a veciñanza puido regresar a Ons. Foi ao acceder á páxina de autorizacións da Xunta cando a entidade detectou o cambio das condicións. "Nin sequera saíu de nós a cifra das 800 reservas, senón que partiu dun cálculo da Xunta sobre as 86 vivendas que hai na illa. Para nós eran sobradamente suficientes, pero o que agora se habilita levounos a mobilizarnos", expón. A asociación desvincula tamén esa redución de prazas ás restricións polo coronavirus, que si están tendo impacto na súa protesta. "Aínda que na mañá tivemos visitas, non nos xuntamos máis de dez ou doce para cumprir coas medidas de distancia", advirte Pérez. Contra a declaración da illa de Ons como Patrimonio da Humanidade O "incumprimento" por parte da Xunta do número de reservas para persoas da illa implica, para a asociación veciñal, unha creba do pacto, que no lado da veciñanza supoñía o apoio –en contra da súa posición inicial– á candidatura para a declaración de Ons como Patrimonio da Humanidade. "Se eles rompen a súa parte do trato, nós entendemos que a nosa tamén rompe", advirte agora a entidade. |
NOS_1025 | A sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña afirma que é "inexcusábel a análise de cada caso concreto". Deste xeito, fecharíase a porta á anulación de todos os contratos suscritos e a devolución integra dos aforros. A Fiscalía estuda hipotéticos vías alternativas. | A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso da Fiscalía do TSXG que avogaba pola nulidade colectiva das preferentes e subordinadas de NGB. Para a Audiencia, resulta "inexcusábel a análise de cada caso concreto" dos titulares deste tipo de produtos financeiros, polo que o Ministerio Fiscal "só ten lexitimación para a acción de cesación". O auto rexeita a declaración de nulidade dos contratos de participacións preferentes solicitado pola Fiscalía, que permitiría aos afectados recuperar os cartos investidos en produtos híbridos. Novas vías Mais a Fiscalía semella non estar disposta a se render. Analiza se volver solicitar a nulidade colectiva, desta volta baseándose en xurisprudencia europea qque sinala que en caso de que haxa práticas abusivas reiteradas (algo no que entrarían as preferentes, entenden) o xuíz pode anular de oficio os contratos. |
NOS_33756 | Xa son tres os encontros suspendido na Liga Endesa por contaxios da Covid-19. | O duelo Monbus Obradoiro-Urbas Fuenlabrada, igual que o Iberostar Tenerife-Casademont Zaragoza, ambos os dous correspondentes á primeira xornada da Liga Endesa, foron suspendidos por un positivo no equipo compostelán e outro no aragonés, confirmaron ambos os clubs este sábado, 19 de setembro. "A ACB comunícanos oficialmente que o encontro desta tarde contra o Urbas Fuenlabrada será adiado pola detección dun positivo no noso equipo. Como marca o protocolo, o persoal ao completo xa repetiu a proba", comunicou o Monbus Obradoiro. Posteriormente, era o club maño o que informaba da mesma decisión no seu partido. "Tras as probas PCR realizadas ao equipo de Casademont Zaragoza de Liga Endesa, cuxos resultados coñecemos na última hora da noite desta sexta feira, a expedición non viaxou hoxe sábado a Tenerife ao detectarse un positivo por Covid-19", confirmou. "O equipo, seguindo o protocolo marcado pola ACB e o CSD, atópase á espera de coñecer o resultado das novas probas efectuadas a primeira hora deste sábado para poder, no seu caso, disputar o encontro ante o Iberostar Tenerife en próximas datas", engadiu. Terceira suspensión Desta maneira, non se poderá disputar o duelo fixado para este sábado ás 18 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela entre o Monbus Obradoiro e o Urbas Fuenlabrada, nin o previsto o domingo ás 12.45 horas no Santiago Martín de San Cristóbal de la Laguna, entre o Iberostar Tenerife e o Casademont Zaragoza. Con isto, xa son tres os partidos suspendidos da xornada inaugural, despois de que na sexta feira, tamén partido entre o Joventut de Badalona e o Unicaja, previsto para este sábado ás 18 horas no Palau Olímpic de Badalona, fose adiado até a segunda feira ás 20.30 horas por un positivo no equipo visitante. |
PRAZA_14541 | Coinciden en prognosticar unha clara maioria absoluta ao PP e outórganlle 39 e 40-41 escanos ao tempo que publican amplas entrevistas a Alberto Núñez Feijoo. Tamén auguran un forte descenso do PSdeG, que caería até os 22 (Voz) ou 18-19 (ABC). As dúas enquisas diverxen nos resultados restantes: La Voz dálle 12 escanos ao BNG e 2 a AGE. E ABC dálle 8 escanos ao BNG, 7 a AGE e 1 a CxG. | La Voz e ABC publican senllas sondaxes este domingo que coinciden en prognosticar unha clara maioria absoluta ao PP. Outórganlle 39 e 40-41 escanos, respectivamente e tamén auguran un forte descenso do PSdeG, que caería até os 22 (Voz) ou 18-19 (ABC). As dúas enquisas diverxen nos resultados restantes: La Voz dálle 12 escanos ao BNG e 2 a AGE. E ABC dálle 8 escanos ao BNG, 7 a AGE e 1 a CxG. Segundo La Voz, o PP subiría un escano por Ourense e Pontevedra e o perdería pola Coruña. O PSdeG-PSOE tería descensos na Coruña, Lugo e Pontevedra. O BNG gañaría un pola Coruña e perderíao por Ourense. E AGE tería representación pola Coruña e Lugo. PP PSOE e BNG perden votos con respecto ao 2009: os populares algo máis de dous puntos os socialistas ao redor de cinco e os nacionalistas unhas décimas. Esta enquisa realizouse do 2 ao 5 de outubro e continuará nos vindeiros días con entregas díarías. La Voz tamén inclúe datos de valoración de líderes. Feijoo é o que acada unha mellor nota (5,16), seguido de Beiras (4,11) Pachi Vázquez (3,87), Jorquera (3,62), Bascuas (3,27), Canedo (2,92) e Conde (2,03). Segundo a sondaxe máis da metade dos galegos cren que o PP non vai conseguir maioría absoluta o 21-0, fronte a un 27% que si o cre. O PP é o partido con maior fidelidade de voto (57%) por diante de PSdeG e BNG que só reteñen o 46% e o 40% dos seus votos. Porén, apenas se rexistran trasvases de voto entre os partidos: o máis importante é o 5% de votos do BNG en 2009 que agora votarian AGE. Segundo ABC, o PP gañaría un escano pola Coruña e outro por Pontevedra, manteríase en Lugo e podería manterse ou subir un por Ourense. O PSdeG-PSOE sufriría unha abrupta caída na Coruña e Pontevedra, perdendo tres escanos en cada provincia, en Lugo manteríase e en Ourense podería manterse ou baixar un. O BNG perdería un escano por circunscrición segundo esta sondaxe. Os descensos de PSdeG e BNG serían aproveitados sobre todo por AGE, que entraría con forza no Parlamento con 7 escanos: 3 pola Coruña 3 por Pontevedra e 1 por Lugo. CxG obtería así mesmo un escano pola provincia de Ourense. Esta enquisa realizouse do 1 ao 4 de outubro. |
NOS_6892 | A raíz das informacións sobre o deposito nunha conta suíza de 1,7 millóns de euros procedentes presuntamente do sultán Bahrein. | A Mesa rexeitou admitir a trámite unha iniciativa que respondía forma de pregunta presentada polo BNG e na que se preguntaba ao Goberno español sobre as accións que ía promover ou desenvolver para esclarecer as acusacións sobre prácticas corruptas de Juan Carlos de Borbón, o rei emérito. O BNG presentou o pasado 2 de maio unha iniciativa solicitando ao Goberno estatal coñecer que actuacións pensa desenvolver co obxecto de investigar "actuacións que afectan de forma directa á Xefatura do Estado, ao fío de novas informacións sobre prácticas corruptas de Juan Carlos de Borbón". En concreto, Nestor Rego fai referencia á confesión de quen foi o seu "xestor" nesa operación, Arturo Fasana, diante da fiscalía suíza en que -segundo recollían algúns medios- tería asegurado que xestionou para Juan Carlos de Borbón o deposito nunha conta suíza de 1,7 millóns de euros procedentes presuntamente do sultán Bahrein. Para o BNG, a decisión da Mesa do Congreso mostra, "máis unha vez, a pretensión dos principais partidos estatais, incluídos o do goberno, de tapar a corrupción da monarquía". O BNG destaca que estamos diante dunha sucesión de informacións que comprometen a pouca credibilidade que queda a unha monarquía xa profundamente desprestixiada. "Desde o punto de vista do BNG non investigar este tipo de condutas que afectan directamente á Xefatura do Estado é equivalente a amparalas e mesmo a lexitimar socialmente a corrupción", indicou Néstor Rego. |
PRAZA_6942 | Os responsables do festival acusaron a Xefatura Territorial en Ourense de dar orde de "ter apagadas as luces da sala onde se expón Soledades, de Santi Ayuso". Convocaran un acto para retirar as obras, anulado finalmente despois de que a delegación do Goberno galego reaccionase á denuncia. | A xestión da antiga Casa da Xuventude de Ourense, hoxe Espazo Xove, esperta periódicas críticas no tecido cultural e asociativo da cidade. Desta volta proveñen dos organizadores do Outono Fotográfico, o máis importante festival fotográfico de Galicia e un dos máis lonxevos da Península, creado en 1983 e xa con máis de trinta edicións ás costas. Denunciaron publicamente que os responsables da Casa da Xuventude "ninguneaban" unha das exposicións da programación, Soledades, de Santi Ayuso, inaugurada o pasado 3 de novembro. Chegaban a afirmar que "a Casa da Xuventude recibiu ordes da Xefatura Territorial de Ourense da Xunta de Galicia de ter apagadas as luces da sala" ChegaBAn a afirmar que "a Casa da Xuventude recibiu ordes da Xefatura Territorial de Ourense da Xunta de Galicia de ter apagadas as luces da sala" En resposta ao que cualificaban como "hostilidade" dos representantes do Goberno galego, a organización do Outono Fotográfico convocara para a tarde deste mércores un acto público para retirar a exposición de Ayuso deste espazo. Finalmente, "logo do envío da nota de prensa aos medios, a propia Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, titular da Casa da Xuventude, recuou na súa decisión de manter a sala de exposicións sen luz e así llo fixo chegar á Asociación Proxecto Benito Losada, organizadora do festival Outono Fotográfico", segundo destaca esta entidade nunha nova comunicación aos medios. A equipa de organización do festival decidiu, en consecuencia, manter a exposición até o día previsto na programación "logo de se ter solventado as hostilidades". O Outono Fotográfico desenvólvese entre novembro e decembro en 92 espazos expositivos de 32 localidades de Galicia e do norte de Portugal O Outono Fotográfico desenvólvese entre novembro e decembro en 92 espazos expositivos de 32 localidades de Galicia e do norte de Portugal, de Chaves a Braga pasando pola Coruña, Lugo, Oleiros, Ferrol, Chantada ou Allaríz, ademais da propia cidade de Ourense. En total son 121 exposicións (28 da Sección Oficial), nas que participan 443 autoras e autores (entre individuais e colectivas). Os seus organizadores destacaban na súa denuncia que a Casa da Xuventude é o único espazo expositivo que depende da Xunta, e é o único no que se atoparon con problemas. Lembraban que o Goberno galego decidiu retirar o patrocinio ao evento, que durante décadas mantivera, e só respectou o apoio ao Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, evento que copatrocina a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e que foi creado a iniciativa da Asociación Proxecto Benito Losada e o Outono Fotográfico como evento absolutamente autónomo e independente do Festival. Outono Fotográfico acusaba o Goberno galego de "ningunear" o proceso de traballo e custe económico que conleva para o autor producir o seu traballo e expoñelo na cidade, de "cercenar" unha acción cultural que xera visitantes e movemento económico en Ourense e de "proxectar unha imaxe de cutreza casposa que non merecemos os habitantes desta cidade nin os axentes sociais, económicos e políticos que intentan situar a Ourense no lugar cultural que lle corresponde". Denunciaban, ademais, que os responsables de Xefatura Territorial da Xunta "descoñecen" o que é unha exposición e a dimensión do Festival "como única acción cultural de proxección galaico/portuguesa que se xera dende Ourense". Outono Fotográfico acusaba o Goberno galego de "proxectar unha imaxe de cutreza casposa que non merecemos os habitantes desta cidade nin os axentes sociais, económicos e políticos que intentan situar a Ourense no lugar cultural que lle corresponde" "Se de aforros se trata, diminúan aínda que só sexa 0,2 grados de temperatura a calefacción dos edificios administrativos, por exemplo, ou que os xefes da administración camiñen non usen os coches oficias na cidade e camiñen ou usen o transporte público como facemos os demais veciños", engadían. "Iso daría para respectar os dereitos das persoas que como Santi Ayuso nos vistan coa súa obra e a súa intelixencia creadora", concluían. O legado de Benito Losada O Outono Fotográfico está organizado pola Asociación Benito Losada, que busca manter vivo o espírito e a forza creadora que caracterizou a actividade do antigo director da Casa da Xuventude, finado en 2011, que dende ese espazo impulsou en 1983 a creación deste festival fotográfico. Un dos responsables da asociación e, dende hai anos, do propio Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez, destacaba hai unhas semanas en entrevista con Praza que trala morte de Losada "a familia de Benito e persoas próximas a el, coma eu mesmo ou Xavier Paz, adquirimos o compromiso de que, unha vez fóra da Casa da Xuventude, había que salvar, sobre todo, dúas cousas: o Outono Fotográfico e a Semana de BD". Engadía que co traballo da asociación "aspiramos a que o labor de Benito Losada non se perda, a que se manteña a súa memoria e a esa riqueza cultural" e sinalaba que "até agora manter esta actividade era xa un deber cidadán porque situaba a Ourense no mapa galego da cultura, pero agora con moita máis razón: porque todo ese sistema está sendo desmontando". Programa do Outono Fotográfico (.pdf) |
PRAZA_18167 | A empresa sanitaria viguesa alega que perde cartos atendendo pacientes do Sergas, pero o pasado decembro volveu reclamar menos "restricións" para poder captar máis. En Marea, PSdeG e BNG reclaman conxuntamente unha comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade ante a "incerteza creada polo anuncio" de Povisa Povisa solicita preconcurso de acredores para forzar o Sergas a mellorar o concerto asinado hai catro anos | Povisa solicita preconcurso de acredores para forzar o Sergas a mellorar o concerto asinado hai catro anosA finais da pasada semana o hospital privado Povisa, centro sanitario de referencia para case 140.000 persoas da área de Vigo en virtude do concerto que mantén co Servizo Galego de Saúde, fixo público que viña de solicitar preconcurso de acredores. Trátase do procedemento legal que abre un período de negociación co seu principal cliente, a Xunta, para procurar un acordo que lle permita paliar os seus problemas financeiros. Caso contrario pode acollerse ao concurso de acredores, isto é, o procedemento habitualmente asociado á suspensión de pagamentos.Entre os argumentos esgrimidos polo hospital, pertencente ao grupo Nosa Terra 21 do empresario José Silveira, destaca a acusación de que o Sergas interpreta o vixente concerto co hospital, en 2014, dun xeito que lle está a provocar perdas acumuladas de algo máis de 40 millóns de euros. Segundo a empresa, leva meses a manter conversas co Goberno galego para tentar reconducir a situación. No entanto, mentres se estaban a producir esas negociacións aludidas pola compañía, o propio hospital Povisa emitiu queixas públicas por non poder captar máis pacientes. Os mesmos que agora afirma que lle causan perdas por ser "insuficientes" os 540 euros por paciente e ano fixados no concerto.Entre as condicións que rexen o acordo de 2014 figuraba a posibilidade de que pacientes da área viguesa puidesen solicitar ser trasladados dende outros hospitais da cidade ata Povisa como centro de referencia. Este novo procedemento botou a andar case ao mesmo tempo que o novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, abría as súas portas entre diversas polémicas por mor das súas deficiencias e mais a causa do modelo público-privado que rexe nos seus servizos non estritamente sanitarios. O novo centro, publicitado pola Xunta como un dos mellores hospitais de Europa, foi construído e aberto sen contemplar que as ata 139.000 tarxetas sanitarias que atende o privado Povisa por encargo do Sergas fosen asumidas no Cunqueiro.A empresa sanitaria alega que perde cartos atendendo pacientes do Sergas, pero o pasado decembro volveu reclamar menos "restricións" para poder captar máisAo remate da última campaña de traslados, desenvolvida durante novembro de 2017, Povisa gabouse da gran aceptación da súa oferta, pero agregou queixas. Segundo as cifras que fixera públicas daquela, un total de 1.424 persoas incorporáranse ao hospital e 356 máis tamén o solicitaran, pero non puideran aceptalas por non cumprir "os requisitos esixidos polo Sergas". Con estas cifras, afirmaba a empresa, "supérase xa o límite máximo de 139.000 pacientes fixado no concerto co Sergas" e por iso reclamaba a fin das "restricións propias do sistema actual" para poder sumar máis pacientes da sanidade pública. Reclamaba, por exemplo, que "a capacidade de cambio se estenda a todos os centros de saúde da cidade, evitando dese xeito agravios comparativos".Tras anunciar o preconcurso de acredores Povisa puxo o acento noutra queixa: non pode captar novos pacientes do Sergas todo o ano, senón que só pode facelo en novembro. Deste xeito, lamenta, se durante os restantes once meses perde clientelela, non pode recuperala ata o novembro seguinte. Así e todo, segundo as cifras divulgadas pola propia empresa en decembro de 2017, antes do inicio da campaña de traslados "tiña aproximadamente 138.000 pacientes do sistema público". Daquela, a marxe de captación de nova poboación dentro das marxes do vixente concerto era de apenas un milleiro máis.No inicio da investigación sobre os recortes sanitariosEn Marea, PSdeG e BNG reclaman conxuntamente unha comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade ante a "incerteza creada polo anuncio" de PovisaO inicio das negociacións do preconcurso de acredores de Povisa e a proposta de que o Sergas asuma os 139.000 pacientes do hospital concertado se non hai acordo -esta medida de presión xa foi activada por parte de Povisa, segundo publicou Faro de Vigo- prodúcese mentres no Parlamento bota a andar a comisión de investigación sobre os efectos dos recortes sanitarios, pactada por todos os grupos da oposición. En Marea, PSdeG e BNG volveron amosar este luns unidade de actuación nesta materia asinando conxuntamente unha petición de comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Segundo o documento asinado por Luís Villares, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ana Pontón, cómpre que Almuiña ofreza explicacións "urxentes" ante a "incerteza creada polo anuncio" de Povisa.No seo das forzas da oposición lese este movemento do hospital do grupo Nosa Terra 21 como unha "chantaxe" ao Sergas para forzar a mellora das condicións do convenio, ao tempo que se reprocha ao Goberno galego que non aproveitase a apertura do Álvaro Cunqueiro para que o sistema público deixase de depender na maior cidade de Galicia dun hospital privado que vén sendo o principal lastre do Sergas no que atinxe ás listas de espera cirúrxicas -malia ás reducións de tempos dos últimos, a demora media en Povisa segue máis de 20 días por riba do promedio do Sergas-. Na contorna do PP, pola contra, vese na ameaza do concurso de acredores a proba de que o Goberno de Feijóo non está a privilexiar os tratos coa sanidade privada fronte ao servizo público sanitario. |
PRAZA_3899 | PSdeG, BNG e Galicia en Común reiteran a necesidade de coñeceren información "pormenorizada" do que acontece nas residencias de maiores e dependentes por seren o principal "foco" da pandemia actualmente no país. Tras non recibiren a chamada da Xunta para un novo encontro con Feijóo medra o malestar entre as formacións da esquerda galega, que instan o Goberno a redobrar "a cooperación" ao estar o Parlamento disolto | "Non pode comparecer só para confrontar co Goberno central e poñerlle deberes". "Demostra deslealdade cando o que hai que facer é colaborar". "Está máis preocupado en facer propaganda". Entre as tres principais forzas da esquerda galega esténdese o malestar coa xestión política do Goberno do PP na crise do coronavirus. Co Parlamento disolto e o Goberno en plenas funcións por mor da anulación das eleccións, PSdeG, BNG e Galicia en Común ven preciso un extra de diálogo que, lamentan, o actual presidente está a substituír por "desplantes" e "propaganda" sen sequera, láianse, ofrecer explicacións satisfactorias por un dos principais "focos" da pandemia no país, as residencias de persoas maiores e dependentes. As mesmas polas que toda a oposición (PSdeG, Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto -En Marea-) rexistrou unha petición de comparecencia do presidente xa o pasado día 6.Tras non recibiren a chamada da Xunta para un novo encontro con Feijóo medra o malestar entre as formacións da esquerda galega, que instan o Goberno a redobrar "a cooperación" ao estar o Parlamento disoltoAs formacións da actual oposición agardaban, na liña do pactado tras a suspensión electoral, ter un novo encontro por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo o pasado domingo, para así coñeceren de primeira man o tratado co Goberno de España e trasladárenlle preguntas concretas sobre a evolución do virus nos centros de maiores. Pero esa chamada non chegou e o malestar incrementouse. Por iso, subliñaron este luns Gonzalo Caballero, Ana Pontón e Antón Gómez-Reino, é aínda máis urxente que Feijóo acceda a dar contas "pormenorizadas" na Deputación do Parlamento sobre as residencias e as medidas para frear os contaxios nelas.Para o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, resultou especialmente molesta a rolda de prensa de Feijóo do pasado domingo, retransmitida ao vivo pola TVG. No canto de redobrar "a cooperación e a responsabilidade", lamenta o socialista, optou por "un discurso de confrontación que non está á altura das circunstancias" sen "dar contas do que é a súa responsabilidade", achegando "a información que el reclama" a Pedro Sánchez. Por iso "é importante que compareza con información exacta" sobre "cada unha" das residencias no menor tempo posible.PSdeG, BNG e Galicia en Común reiteran a necesidade de coñeceren información "pormenorizada" do que acontece nas residencias de maiores e dependentes por seren o principal "foco" da pandemia actualmente no paísEsa información tamén a reclama a líder do BNG, Ana Pontón. "Feijóo foxe do Parlamento e incumpre a súa palabra" a respecto do diálogo coa oposición, pero tamén "resulta cínico", cre, que "pida a Pedro Sánchez que as xuntanzas non se convertan nun trámite" mentres "ten secuestrado o Parlamento", o mesmo no que "debe comparecer de xeito inmediato para dar explicacións en relación á xestión nas residencias". "A xestión dunha crise -abonda Pontón- non pode limitarse a usar a TVG como canle de propaganda", toda vez que dende o inicio da pandemia, o presidente da Xunta xa interveu "quince veces na TVG e só unha no Parlamento".Nesa disparidade entre as intervencións televisivas -en referencia á retransmisión ao vivo de roldas de prensa pola canle pública- repara tamén Antón Gómez-Reino, voceiro e candidato de Galicia en Común. "Feijóo saíu 14 horas en rolda de prensa" pola TVG "e 42 minutos no Parlamento", lamenta nun contexto no que urxe "transparencia" sobre as residencias, toda vez que segue sendo imposible saber, á luz dos datos divulgados polo Goberno galego, datos como a residencia da que proceden as persoas usuarias dos centros de maiores que falecen pola covid-19 en hospitais do Sergas. "Non pode ser que critique outras Administracións por falta de transparencia e despois, el non dea eses datos", remarca Gómez-Reino, que tamén ve a Feijóo "máis preocupado por facer propaganda" que por pactar medidas co resto de forzas. |
PRAZA_12723 | A conformación de asembleas é urxente, e desde aquí facemos un chamamento a que en cada lugar do país a cidadanía, que considere necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir, comece a autorganizarse constituíndose en asembleas nacionalistas, cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. Este proceso precisará, por parte de todos e todas, dunha atención ben demorada, fóra de lindes temporais e de condicionantes mediáticos. | *Texto elaborado conxuntamente por David Rodríguez, Manoel Santos e Xurxo Martínez González Nestes meses de treboada política acumuláronse diferentes opinións e moitos rexoubes, en ocasións insubstanciais, para o artellamento dun proceso político en marcha. Como tal movemento en obras precisa das achegas, individuais e colectivas, que fornezan elementos de debate concretos na procura de botar os alicerces do Novo Proxecto Común. Recollemos ese murmurio, que de tan repetido comeza a ser enxordecedor, para botalo á esfera pública coa finalidade de converterse nunha panca que accione o debate colectivo Os que isto escribimos sabemos que non estamos a descubrir nada que non se diga aquí e acolá. Recollemos ese murmurio, que de tan repetido comeza a ser enxordecedor, para botalo á esfera pública coa finalidade de converterse nunha panca que accione o debate colectivo. Propomos rozar na ramalleira informe que é o intre de creación de calquera organización e diferenciar dous espazos con dinámicas de seu. Dous espazos interconectados pero a distinta velocidade. Dous carrís en paralelo que nos leven cara a constitución dun movemento nacional, con base protagónica na cidadanía activa, que sexa quen de se expresar na esfera política con actores, actrices e un guión común xurdidos dun escenario estritamente asembleario que agrome dende as localidades e se espalle polo país enteiro. Reparemos na imaxe dunha zanfona na que os dedos deben, por unha banda, deslizarse con axilidade polas teclas para que soe a melodía mais na que esta só se produce, pola outra banda, co xirar moito máis pausado, menos espectacular e rimbombante, do manubrio que, con constancia, acciona a outra man. Como se fósemos tanxedores de zanfonas debemos imaxinar este proceso. Xebremos o que é a elaboración dunha candidatura de consenso (máis vistosa, amiga de focos e apurada polas datas) do que é a conformación dunha nova e renovada expresión política (máis subterránea, traballosa e de tempo pausado). Unha e outra manteñen unha relación biunívoca e neses vencellos cómpre poñer o acento. A alianza electoral é unha urxencia para frear o desmantelamento do ben común e do minguado poder público e tamén unha referencia necesaria para quen desexe traballar, sexa cal for o seu nivel de implicación, no horizonte das posibilidades e das alternativas concretas. Responde a un intre histórico. Probablemente, nos anos pasados non sería unha fórmula válida, nin sabemos se o será na mesma cuadratura do mañá. Estamos obrigados a termos unha idea ampla das candidaturas que dea unha resposta concreta ao neoliberalismo que está a minar os dereitos e as economías dos máis. Consideramos que a amplitude desa alianza táctica vai dende a socialdemocracia cara á esquerda, nun abano xeneroso composto por diversas sensibilidades. Hai un límite temporal (a convocatoria das autonómicas) que reclama unha celeridade non por iso transmutada nun cheque en branco a determinadas maiorías ou aceptación pasiva do que digan as cúpulas. Facemos un chamamento a que en cada lugar do país a cidadanía, que considere necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir, comece a autorganizarse constituíndose en asembleas nacionalistas, cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. A conformación das asembleas é urxente, e desde aquí facemos un chamamento a que en cada lugar do país a cidadanía, que considere necesaria a converxencia na defensa dos ataques que estamos a sufrir, comece a autorganizarse constituíndose en asembleas nacionalistas, cidadáns, ou do nome que cada grupo decida soberanamente. Este proceso precisará, por parte de todos e todas, dunha atención ben demorada, fóra de lindes temporais e de condicionantes mediáticos. O poder das asembleas constitúese dende abaixo e coa implicación dos seus axentes. Que ninguén agarde a construción dun movemento e dunha nova cultura política como un suceso ao chou, que veña dado, que estea ditado mentres nós copiamos coa cabeza agachada mirando para o papel. Calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas Un guión escrito dende a cúpula, que conciba as asembleas como o lugar onde debemos aplaudir coas orellas, non concorda cos principios de construción de abaixo a arriba. Mais tamén, calquera xesto público das organizacións, deberá recoller a pluralidade (incluído o arredismo) que se está a producir arestora nas bases e que excede a catro siglas. Cremos necesaria unha rexeneración que emana da experiencia da ocupación das prazas e da lectura da política como un exercicio desprestixiado. Hai que introducir novas prescricións que abrangan dende a revogabilidade e a subordinación dos cargos electos ás asembleas até a blindaxe do poder de decisións nas bases, dende o obrigado compromiso constante (e non só puntual e interesado) cos procesos asembleares até a fraternidade como cultura política, ao cabo, dende a democracia participativa á implicación do pobo mediante o traballo. Por iso, pensamos que a nova ferramenta política que se constrúa para as vindeiras eleccións debe facer pública e expresa a súa vinculación ás asembleas e debe asumir o seu carácter de medio para levar ás institucións os mandatos daquelas. Non entendemos a vindeira expresión emerxida das asembleas unicamente cal se fose unha sigla. Comprendemos o nacionalismo e a esquerda real como un movemento ancho que recolla os distintos eidos de actuación. A panca política é a expresión nas institucións de todo ese movemento pero é parte igual e horizontal aos movementos sociais. Observamos un anaco do pobo ateigado de ilusión e que cre necesario elaborar un novo voceiro que evite e corrixa as eivas doutras experiencias. Hai que reflexionar en comunidade, repasando os vellos postulados e introducir ideas chegadas doutros ensaios. Precisamos erguer un altofalante mediante a afirmación dun programa e non por medio da negación do outro. Isto non é un axuste de contas. O resultado final responderá á participación da cidadanía, ao seu protagonismo activo, e non á creación dende arriba dun receitario pechado e inamovible O peche deste proceso resulta unha incógnita. Non cremos nos dixomedíxomes nin no prexuízo como argumento político. Pensamos que non se pode construír o común coa mentalidade do porteiro de discoteca que, arbitrariamente, escolle quen entra e quen non entra ao club. O resultado final responderá á participación da cidadanía, ao seu protagonismo activo, e non á creación dende arriba dun receitario pechado e inamovible. O difícil é enfrontarse ao debate, á argumentación e á exposición pública do pensamento político. Primeiro deamos a batalla e despois decidamos se o desenlace resulta óptimo ao baremo particular. Toca arremangarse, poñer a funda e traballar. |
NOS_1857 | A deputada nacionalista entende que as declaracións de José Freire poñen en entredito principios como o da "imparcialidade" das forzas de seguridade. E ve interese d@s populares na campaña de ataques ao BNG "para distraer a atención" de problemas como a corrupción. | Ana Pontón considera as acusacións verquidas contra o BNG polo secretario xeral de SUP en Galiza como "desafortunadas" e acordes coa estratexia do Partido Popular. Así o manifestou a deputada nacionalista nunha entrevista na Radio Galega ao ser preguntada polas declaracións de José Freire (acusou a parlamentares do BNG de seren "hooligans" e "incitar á violencia"). Pontón afirmou que Freire debería "rectificar" esas declaracións e apuntou a que as mesmas puñan en entredito un dos principios que deben seguir as forzas de seguridade, "como é o da imparcialidade política". Considera, aliás, que o realmente grave é que houbo "unha actuación desproporcionada contra mariñeiros que simplemente pedían unha solución a un problema", en referencia ao cerco. Tapar escándalos A deputada do BNG tamén entende que hai un interese do PP en crear campañas contra o BNG pola súa coligación ás europeas e intentar así "distraer a atención" de graves problemas que ten, como a corrupción. Defendeu que o 25 de maio aquela persoa que queira votar BNG "vai poder votar o BNG, con papeletas co logo do BNG". Defendeu, así, a necesidade de apoiar a opción do nacionalismo galego "para que Galiza teña presenza directa en Europa, para modificar unha UE que é dos estados e das transnacionais e non dos pobos; e para que se respecten os dereitos sociais". |
NOS_40486 | O Partido Democrático dos Pobos (HDP) superaría o 12% dos votos, un resultado histórico, co escrutinio das lexislativas case completo. O AKP obtén o seu peor resultado en anos e está obrigado a negociar coas forzas que atacou durante a campaña. | Sorpresa nas eleccións lexislativas turcas. O Partido Democrático dos Pobos (HDP), unha fronte de forzas de esquerdas e prokurdas, conseguiu entrar por primeira vez no Parlamento. Unha vitoria que significou o fin da maioría do presidente Recep Tayyip Erdogan, do AKP, que obtén o peor resultado en 12 anos. O HDP, cualificado de "sedicioso" por Erdogan, conseguiu dar un xiro a situación política. Co escrutinio case completo, superaría superaría o 12% dos votos, pasando o corte do 10% imposto polos golpistas para deixar fóra da Gran Asemblea Nacional ás forzas kurdas. O AKP perdeu máis de 65 deputados con respecto aos anteriores comicios. Erdogan terá que pactar para manter o poder coas forzas que atacou durante a campaña. Centenares de persoas celebran nas rúas uns resultados históricos en Turquía. |
NOS_58020 | A organización critica un proceder que cualifican "claramente ilegal e sistemático", que as compañías de seguros realizan "de maneira xeneralizada". | A Mesa informa que vén de coller unha denuncia contra dúas aseguradoras, Liberty e Caser Seguros, por "negar a posibilidade de facer un contrato en lingua galega a un cliente", o que vai contra o que a lexislación vixente estipula. Unha denuncia que se produce apenas unha semana despois de que outra aseguradora, neste caso Génesis, anunciase que disporá de documentación en galego, tal e como lle obriga a lei, após a denuncia da Mesa. Segundo A Mesa, a persoa afectada solicitou expresamente o contrato de seguros en lingua galega, tal e como ten dereito por lei. "Porén, ambas as dúas compañías negáronlle a posibilidade ao cliente de ter o seguro do vehículo en galego baixo a desculpa de "no emitimos ningún contrato ni documentación en esa lengua". Desde A Mesa denunciar un proceder que cualifican "claramente ilegal e sistemático", que as compañías de seguros realizan "de maneira xeneralizada". Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, a Xunta debe actuar "para protexer os consumidores e consumidoras". Tamén instar a Secretaría Xeral de Política Lingüística a actuar. "Non pode ser que en Galiza se pisen os dereitos dos galegos e galegas, se trate á lingua propia como un dialecto e a Xunta non faga o máis mínimo". Desde A Mesa informan que notificarán a Liberty e Caser Seguros a obriga de cumprir co artigo 8 da Lei 50/1980, de contrato de seguro que especifica: "a póliza do contrato deberá redactarse, a elección do tomador do seguro, en calquera das linguas españolas oficiais no lugar onde aquela se formalice. Se o tomador o solicita, deberá redactarse noutra lingua distinta, de conformidade coa Directiva 92/96, do Consello da Unión Europea, de 10 de novembro de 1992." |
NOS_12330 | Desde que comezou o conflito na Unidade de Reparto número 1, acumúlanse 241.000 obxectos sen repartir. Iniciaran unha folga a media xornada para protestaren contra a decisión da compañía de eliminar 13 postos. | Dende a CIG-Correos explicaron que os milleiros de obxectos sen repartir acumúlanse dende hai días nas instalacións da empresa sen que a dirección se amose disposta a reunirse cos traballadores/as. "A compañía non quere dialogar, polo que nos vemos obrigados a incrementar as mobilizacións", indican. Anuncian que o vindeiro día 22 estenderán o paro, que está a deixar sen servizo postal a unhas 184.000 persoas, a toda a xornada. Ademais, para mañá martes teñen convocada unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de Compostela, ás 20.00. Ao tempo, os traballadores/as continúan cos percorridos diarios por rúas de Vigo. |
NOS_13172 | A elección da nova Executiva Confederal da CIG e de Paulo Carril como novo secretario xeral da CIG, en substitución de Suso Seixo, puxo fin ao VII Congreso Confederal, que concluíu o proceso de renovación de cargos e aprobou a folla de ruta que guiará a acción sindical no período que enceta este domingo. | Paulo Carril clausurou o VII Congreso da CIG após ser elixido secretario xeral, en substitución de Suso Seixo. Fíxoo cunha intervención marcada polas chamadas ao asemblearismo e á participación, así como á necesidade de seguir na contestación social e no compromiso constante "como mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega". O novo secretario xeral encetou o discurso salientando o relevo xeracional que marcou o congreso. Citou, entre outros, os nomes de Suso Seixo, Francisco Miranda Vigo, Antolín Alcántara, Ramiro Oubiña, da finada Elvira Patiño ou de Manuel Currás Meira, quen "cun enorme sacrificio persoal, coherencia e un compromiso inquebrantábel co noso país e coa clase traballadora galega, foron quen de erguer o sindicalismo nacionalista até convertelo no que hoxe é a CIG". Carril puxo a CIG como exemplo de instrumento reivindicativo útil e capaz, con competencia para ofrecer alternativas e solucións á clase obreira. E, neste contexto, apelou as afiliadas e afiliados a seren "colectivamente atrevidos á hora de lanzar as nosas alternativas, para termos presenza nos centros de traballo e pórnos á fronte das loitas sociais". O obxectivo, apuntou, "a transformación revolucionaria que o noso proxecto estratéxico defende dunha Galiza ceibe e sen explotación. Papel da UE e do neoliberalismo O novo secretario xeral da CIG cargou co papel da UE na imposición dun capitalismo neoliberal caracterizado pola "inxente concentración da riqueza e que pula por consolidar unhas relacións laborais altamente precarizadas e individualizadas". Tamén foi crítico co "papel servil" da Xunta de Feijóo, un goberno "de obediencia cega" ao español e ao que dita a troika. A continuación, Paulo Carril defendeu o papel da CIG como "principal activo para enfrontar esta situación, levando aos centros de traballo unha mensaxe que transforme a resignación, o individualismo, a pasividade e os medos, en afiliación, organización, participación sindical e acción colectiva organizada". Folga xeral Carril lembrou que a CIG traballa na acumulación de forzas e nas mobilizacións para "chegar á convocatoria dunha folga xeral que obrigue o PP a retroceder nas súas posicións antiobreiras e antisociais, unha folga xeral para demostrar a nosa disposición á resistencia, á loita pola recuperación dos nosos dereitos e como a mellor defensa ante unha inminente e regresiva reforma das pensións". Porén, criticou o "papel submiso" das centrais UXT e CCOO co goberno español e a patronal, que nestes momentos "cociñan un novo pacto social e un novo Acordo Estatal de Negociación Colectiva", colaborando, apuntou, deste xeito coa perda de dereitos, a aplicación da reforma laboral e das novas formas de empobrecemento da clase traballadora. Aliás, o novo secretario xeral da CIG censurou o papel das forzas da oposición e da esquerda no Parlamento español, "incapaces até agora de aproveitar a perda da maioría absoluta do PP para promover proxectos de lei encamiñados a derrogar as contrarreformas laborais e as políticas austericidas". Necesidades Entre as necesidades urxentes salientadas por Carril atópase o resgate dos sectores produtivos, "básicos para crear emprego digno", e a de pór o desenvolvemento da economía ao servizo da maioría social. "Obxectivos para os que precisamos ter capacidade de decidir. Non queremos que sigan decidindo máis por nós nin os de fóra, nin os banqueiros, nin os especuladores". "Aínda nestes tempos duros, desde a CIG chamamos a participar nunha contestación social permanente e dun compromiso constante para avanzar na conquista dun sistema económico ao servizo da clase traballadora, sen explotación e na que o pobo galego, a nación galega, poida existir en pé de igualdade con todos os pobos e nacións do mundo", concluíu. Votacións Segundo informa a CIG nun comunicado, a candidatura da Executiva Confederal foi referendada por 506 congresistas (95%). 22 votaron en branco e 3 emitiron voto nulo. Forman a nova Executiva: Paulo Carril Vázquez; Margarida Corral Sánchez; Francisco Xabier Cartelle Pérez; Susana Méndez Rodríguez; Fernando Acuña Rúa; Lucía Freire Ces; Miguel Malvido Cabirto; Nicolasa Castro Monteiro; Paulo Paio Rubido Bará; Anxo Noceda Carballo; Renato Núñez da Silva e Francisco González Sío. Ademais, Paulo Carril resultaba elixido novo secretario xeral, con 511 votos (96%), 17 brancos e 3 nulos. A comisión de garantías contou con 515 votos a favor, 14 en branco, e 2 nulos e estará integrada por Birino Marcos Baamonde, Marta Dacosta Alonso, María Mar Peteira Cabana, Nieves Somoza López, Luís Burgos Díaz e Xosé Ramón González Losada. Na xornada da tarde do sábado, o VII Congreso da CIG ratificaba as propostas recollidas no relatorio de Organización con 313 votos a favor, 23 en contra e 16 abstencións. Un texto en que, para combater o modelo neoliberal, a CIG asume que é absolutamente imprescindíbel unha central sindical "viva, dinámica, insubornábel, que practique un sindicalismo combativo, antipacto social, participativo e defensor dunha Galiza democrática e soberana". O congreso aprobou na tarde do sábado o Relatorio de Acción Sindical que analizou a situación da clase obreira galega no actual contexto económico e social e onde se formularon as propostas da central nacionalista "para enfrontar o modelo de relacións laborais precarizado que pretende impor o capital e as consecuencias das políticas antiobreiras aplicadas nos últimos anos baixo a escusa da crise". O documento recibiu 381 votos a favor, 3 en contra e 19 abstencións. Tamén na xornada do sábado fora aprobado o informe de xestión da executiva saínte co voto favorábel da práctica totalidade das persoas asistentes (458 votos), ningún en contra e 3 abstencións. Ana Pontón e Antón Sánchez Ao congreso asistiron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez. Pontón, afiliada á CIG, salientou o "enorme traballo" da dirección saínte e, sobre todo, a figura de Suso Seixo, "unha persoa con firmeza, conviccións e a capacidade suficiente como para situar a CIG nun proceso de crecemento e referencia clara da defensa dos dereitos da Galiza e dos traballadores". Ana Pontón criticou CCOO e UXT, a quen acusou de se desnortaren "no significado real do que supón a defensa dos dereitos dos traballadores". "Se o nacionalismo é máis necesario que nunca, o sindicalismo nacionalista é importante nun momento en que se arrasa cos dereitos dos traballadores". Sobre Paulo Carril, a portavoz do Bloque asegurou que é "unha aposta segura", xa que é unha persoa "con moita experiencia" no sindicato. Sinalou que tanto el como a nova dirección "serán quen de encarar con honestidade e convición todos os problemas". Pola súa banda, Antón Sánchez salientou a importancia de ferramentas "moi necesarias" como a CIG, pois "o traballo nas institucións non é suficiente". "Necesítanse ferramentas onde a clase traballadora se organice para loitar, recuperar os seus dereitos e superar este modelo de desigualdade". |
PRAZA_16820 | A vida do editor vai deixar paso á do pedagogo que nunca deixou de ser. Tal vez por iso mirou pola cultura galega dunha forma comprometida, didáctica e sabia, como un mestre | Teño dito, e escrito, que o que nunca me faltou na miña, xa longa, vida, de escritora galega, foron editores. Sempre o souben e sempre o cuestionei. Por que quererán editarme sabendo que a crítica non me vai salientar, nin os premios favorecer? Por que quererían editar a unha escritora proscrita? A pregunta non impediu que me sinta igualmente agradecida por editarme. Por que quererán editarme sabendo que a crítica non me vai salientar, nin os premios favorecer? Por que quererían editar a unha escritora proscrita? A pregunta non impediu que me sinta igualmente agradecida por editarme Tamén teño dito que non tiven capela, que o meu criterio independente e mesmo intransixente, non permitiu a miña acollida, aínda que tamén sei que factores externos quixeron levarme a camiñar por unha corda frouxa. Porén, os meus criterios sempre foron firmes, que non quere dicir que sempre fosen acertados. E isto a que vén? Hai xa anos que publico, maioritariamente, en E. Xerais. Diríase que a editorial acolleu a miña obra. Certo. Agora ben, debo dicir que non era unha autora da casa. Pouco visitaba a editorial, só en situacións necesarias, e non sentía que entrase nun fogar acolledor cando traspasaba a súa porta. Ou sexa, mesmo se era a editorial que me publicou libros difíciles no relativo á venda, xéneros non comúns, a unha autora inqueda que choutaba dun xénero para outro, de flor en flor, como unha abella polígrafa, non era, ou non libaba dun xeito comunal nese panal. Sen embargo é o meu panal e desde hai moitos anos, e nos últimos 24, Manuel Bragado foi o meu editor, nome que lle daba sempre cando o aludía. Nome que xa non lle darei no sucesivo. Porque o binomio Xerais- Bragado está desfeito desde onte, e a vida do editor vai deixar paso á do pedagogo que nunca deixou de ser. A vida do editor vai deixar paso á do pedagogo que nunca deixou de ser. Tal vez por iso mirou pola cultura galega dunha forma comprometida, didáctica e sabia, como un mestre Tal vez por iso mirou pola cultura galega dunha forma comprometida, didáctica e sabia, como un mestre. O seu labor non foi só o de editor, senón que percorría Galicia como unha Barraca de coñecemento, desas indispensables en cada momento histórico, que a nós nunca nos faltou. Este 12 de abril pensei que era un día nefasto. Agora sei que era Xoves o día de Xúpiter, un día fasto para un mestre co mester máis xubiloso do país. Boa viaxe, editor. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a> |
NOS_26325 | A coalición Por Andalucía, liderada por Podemos e IU, tentara excluír a formación de Teresa Rodríguez argumentando que era unha "formación extraparlamentaria e sen representatividade acreditada", após ser expulsada ela e mais outros oito deputados pola formación morada. | A Xunta Electoral de Andalucía deu esta cuarta feira o visto e prace á participación da portavoz da coalición Adiante Andalucía, Teresa Rodríguez, nos debates televisados a seis entre as persoas candidatas á Presidencia da Xunta nas eleccións andaluzas do vindeiro 19 de xuño, que se emitirán por RTVA e RTVE. Así o confirmaron fontes parlamentarias e de Adiante Andalucía, coalición que podía verse afectada polos escritos de reclamación que contra os plans de cobertura propostos polas canles públicas presentara a coalición Por Andalucía, que integra Esquerda Unida, Máis País, Podemos, Iniciativa do Pobo Andaluz, Verdes-Equo e Alianza Verde, e que se opuña a que a candidata Teresa Rodríguez participase dos devanditos debates. Por Andalucía argumentou no seu escrito contra o plan da RTVA que Adiante Andalucía "non reúne ningún dos criterios legalmente previstos para participar" nos debates expostos pola RTVA, sendo unha "formación extraparlamentaria e sen representatividade acreditada". Cómpre lembrar que Rodríguez e outros oito deputados foron expulsados en novembro de 2020 do grupo parlamentario de 17 representantes que Adiante Andalucía formou tras as eleccións do 2 de decembro de 2018. O Parlamento andaluz expulsa Teresa Rodríguez do grupo de Adelante Andalucía a petición de Podemos Fronte a ese escrito presentou alegacións Adiante Andalucía, sostendo que "a coalición de Esquerda Unida vai contra os seus propios actos, xa que acordou co resto de partidos xusto o contrario do que solicita na súa reclamación", polo que trasladaba que "o devandito acordo non debería ser alterado unilateralmente por quen se achaba obrigado a respectala". Finalmente, a Xunta Electoral deu o visto e prace á proposta de debates a seis trasladada por RTVA e RTVE no marco dun acordo que xa se comunicou ás partes implicadas. Está previsto que o pacto quede asinado e sexa feito público ao longo da xornada desta cuarta feira, a véspera do día de inicio oficial da campaña electoral dos comicios do 19 de xuño, que arrinca na medianoite desta sexta, 3 de xuño. "Non era razoábel que, dentro do bloque de esquerdas, houbese organizacións que preferisen que non estivésemos, porque ademais iso non supuña que eles tivesen menos capacidade de intervención, senón ao revés; é darlle máis tempo e peso proporcional ao bloque das dereitas, que presenta tres persoas nos debates —candidatos de PP, Cidadáns e Vox—, tres espazos informativos, tres bloques de entrevistas", subliñou Rodríguez. |
NOS_55306 | Rusia cualifica de "alarmista" o prognóstico de Washington: "E se dixésemos que EUA podería apoderarse de Londres nunha semana e causar 300.000 mortes de civís?". | Na tarde deste domingo aterrou en Polonia un novo continxente de tropas dos Estados Unidos de América (EUA) para reforzar as posicións militares da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) no leste de Europa, co gallo da crecente tensión na fronteira entre Rusia e Ucraína. O propio presidente estadounidense, Joe Biden, confirmou que se trata de 3.000 efectivos, dos cales 1.700 ficarán en Polonia, outros 300 irán a Alemaña e os restantes serán enviados a Romanía, na cerna do conflito. Pola súa parte, o ministro de Defensa polaco, Mariusz Blaszczak, expresou a súa satisfacción pola chegada de tropas dos EUA e salientou que é a "mellor resposta" á "política agresiva" de Rusia a respecto da súa veciña Ucraína. Unha hipotética e cruenta guerra O estoupido dun conflito bélico entre Rusia e Ucraína, coa consecuente participación dos socios de ambas as dúas nacións, podería causar na rexión "entre 25.000 e 50.000 vítimas civís mortais", alén de entre 5.000 e 25.000 efectivos do Exército ucraíno e entre 3.000 e 10.000 das forzas rusas, segundo as estimacións de fontes da Administración Biden que proporcionaron ao xornal New York Times. A guerra tamén produciría unha nova vaga de desprazamentos masivos cara ao centro de Europa; nomeadamente, "entre un e cinco millóns de persoas", cuxo principal destino sería Polonia. Segundo estas mesmas fontes, Rusia tería concentrado na fronteira, até o momento, "70%" das forzas precisas para iniciar unha invasión, algo que, a ollos de Washington, podería acontecer a partir do 15 de febreiro. Rusia cualifica de "alarmistas" as estimacións de Washington O embaixador ruso ante a ONU, Dimitri Polianski, cualificou este domingo as estimacións da Casa Branca como un acto de "alarmismo e tolemia". "E se dixésemos que EUA podería apoderarse de Londres nunha semana e causar 300.000 mortes de civís? Todo isto baseado nas nosas fontes de intelixencia que non revelaremos", apuntou. Porén, ante a crecente tensión na rexión, o propio Ministerio de Defensa ruso vén de confirmar o traslado dun número indefinido de cazas a aeródromos militares de Belarús para unha manobra militar prevista neste país nos vindeiros días. Participarán uns 13.000 soldados e outros 3.500 paracaidistas, así como 800 carros de combate, ao longo da fronteira sur, que linda con Ucraína. Belarús apoia Rusia e boicoteará Ucraína Neste contexto, o presidente de Belarús, Alexander Lukashenko, avanzou este domingo que cortará o suministro de enerxía a Ucraína que pase polo seu país no caso de que Kiev entrase en guerra con Moscova. "Ucraína nunca loitará contra nós, mais se iso ocorrese a guerra duraría un máximo de tres ou catro días; non quedará ninguén alá para combater", dixo, nunhas declaracións recollidas pola axencia rusa Sputnik nas que tamén acusou os EUA de "empurrar á guerra" ao Goberno ucraíno de Volodimir Zelenski. |
NOS_54467 | A poboación reduciuse en 0,21% nun ano. | Galiza foi o cuarto territorio que perdeu máis poboación en 2020, cun descenso do 0,21%, ao pasar de 2.702.592 ao 1 de xaneiro de 2020 a 2.696.995 na mesma data de 2021, segundo os datos que publica esta cuarta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). De media, de feito, houbo no Estado un crecemento poboacional relativo do 0,13%. Por baixo da Galiza só se situaron, cos descensos de poboación máis acusados, Castela e León Asturias (ambas as dúas con -0,58%) e Estremadura (-0,37%). O saldo vexetativo de Galiza foi negativo (17.610 mortes máis que nacementos), mentres que foron positivos os saldos migratorios exterior (+7.540) e interior (+4.593). Os nacementos rexistrados na Galiza nos catro primeiros meses de 2021 supoñen un descenso do 7,71% respecto ao mesmo período do ano anterior. O saldo vexetativo de Galiza foi negativo (17.610 mortes máis que nacementos), mentres que foron positivos os saldos migratorios exterior (+7.540) e interior (+4.593). En 2016 a taxa de natalidade foi en Galiza de 7,02. É dicer, sete nacementos por cada mil habitantes. Unha ratio das máis baixas que hai en todo o planeta. De feito, e segundo dados internacionais, só Mónaco ten peores rexistros: 6,6 nacementos por cada mil habitantes. Nos outros por volta de 200 estados que hai no mundo, a taxa de natalidade é mellor do que a galega. Economistas ven na caída poboacional unha das maiores eivas da recuperación. Un dos problemas ao que aluden varios deles é a necesidade de reter e atraer talento creando un sistema de innovación que consiga fixar na Galiza xente nova, un reto que, á vista das estatísticas, que apuntan a unha forte perda de poboación activa nos últimos sete anos, en especial no grupo de idade entre os 20 e os 29 anos, con 5% menos, está aínda lonxe de materializarse, pero pode impulsarse coa axuda dos fondos de reconstrución. |
NOS_20595 | Todo aponta a que se trata dunha acción do Daesh, organización terrorista que non se sente vinculada polo cesar-fogo pactado entre Ankara e Moscova. | A guerra en Siria está moi lonxe de chegar ao seu epílogo. Esta sexta feira, a detonación dun coche bomba nas inmediacións dun estadio de fútebol na cidade de Jableh matou no mínimo 11 persoas e feriu outras 35. O balanzo de vítimas estímase que irá en aumento conforme pasen as horas. Jableh é un enclave de maioría alauita, o grupo relixioso de tendencia chiíta ao que pertence a familia de Bashar al Assad. Está sob control do goberno sirio. No mes de maio, Jableh e Tartus, ben como outras localidades de Latakia -un dos 14 departamentos en que se divide a República Árabe Siria, situado á beira do Mediterráneo- sofreron unha intensa vaga de atentados, perpetrados na súa maioría polo Daesh, cun balanzo de no mínimo 150 vítimas mortais. O ataque mostra que a paz en Siria é unha quimera mentres o Exército Islámico manteña capacidade militar para facer dano nas zonas sob control do goberno. A chave está agora en ver como se van mover sobre o cenario bélico Turquía e Estados Unidos, actores que durante distintos momentos do conflito, e con distinto grao de intensidade, teñen sido aliados da organización jihadista, segundo teñen denunciado meios con presenza sobre o terreno ou Wikileaks. |
PRAZA_1667 | A organización pide a retirada do proxecto elaborado polo Ministerio de Sanidade, que cualifica de "absolutamente surrealista" e do que alerta que "pretende abrir a porta á privatización da xestión sanitaria e á laboralización do persoal estatutario" | O Colexio de Médicos de Pontevedra fixo públicas as súas alegacións ao Real Decreto de bases para a implantación das Unidades de Xestión Clínica, elaborado polo Ministerio de Sanidade. A organización colexial maniféstase rotundamente en contra deste proxecto e pide a súa retirada, cualificándoo de "absolutamente surrealista" e alertando de que a norma "pretende abrir a porta á privatización da xestión sanitaria e á laboralización do persoal estatutario". Alerta de que a norma "pretende abrir a porta á privatización da xestión sanitaria e á laboralización do persoal estatutario" O texto sinala algunhas contradicións no proxecto, como pode ser a previsión de que as Unidades de Xestión sexan creadas "de oficio" polos departamentos de saúde de cada comunidade autónoma e que a súa creación non supoña "en ningún caso o incremento de postos de traballo, infraestruturas e custes", algo "contrario á autonomía de xestión" que o decreto prevé. Nas alegacións, a entidade conclúe que "parece" que "do que se trata" con este proxecto é "designar capataces en estruturas de xestión cuxo obxectivo é o de ser privatizadas e dotadas con persoal laboral". Subliña, ademais, que o decreto non ten en consideración cal será a situación laboral do persoal estatutario fixo que optase pola non integración nas Unidades de Xestión Clínica. Alerta igualmente de que o distinto desenvolvemento normativo do proxecto nas distintas comunidades autónomas, podería provocar unha situación de inequidade entre os diferentes territorios do Estados, non garantíndose a igualdade de dereitos entre todos os cidadáns. As alegacións péchanse demandándolle á Organización Médica Colexial (que agrupa os Colexios de todo o Estado) que en caso de que o decreto "non sexa retirado" utilice "todos os medios xurídicos dispoñibles para proceder á súa impugnación". Alegacións do Colexio de Médicos de Pontevedra (.pdf) |
NOS_15491 | O cantor de intervención e sindicalista Benedicto García Vilar morreu esta segunda feira en Santiago de Compostela, onde nacera hai 71 anos. Con el extínguese parte da memoria fundacional da Nova Canción Galega e a canción antifranquista. | Integrante de Voces Ceibes, amigo íntimo de José Afonso -colaborou no mítico Eu vou ser como a toupeira (1972) do portugués-, autor de dous elepés de aguerrida protesta -Pola Unión (1976) e Os nomes das cousas (1979)- e mestre de formación, a Benedicto debéselle boa parte do pulo inicial da música antifranquista. Con homes despois á marxe de toda actividade musical como Vicente Araguas ou Guillermo Rojo, García Vilar participou en 1968 no considerado concerto inaugural da Nova Canción Galega. Poemas de Manuel María, Lois Diéguez, Celso Emilio Ferreiro ou Curros Enríquez convertéronse da man daquelas voces nunha das primeiras manifestacións en certo sentido pop de oposición á ditadura. Ao pouco tempo adquirirían o nome colectivo de Voces Ceibes. Benedicto foi militante do Partido Comunista de Galicia e despois de Comisiós Obreiras, sindicato para o que traballou unha vez restaurada a democracia. Os seus achegamentos á música apenas foron máis que testemuñais tras o seu segundo disco. En 2008 publicou un volume de estampas memoriais, Sonata de amigos (Xerais, 2008). Unha enfermidade dexenerativa foino apartando da presenza pública e acabou finalmente coa súa vida. O acto de despedida será esta terza feira, 5 de xuño, ás sete do serán no tanatorio de Boisaca, en Santiago de Compostela. |
NOS_55638 | O tecido social agrupado no colectivo A rúa é nosa! reivindica o uso e goce da vía pública para o pobo compostelán cunha Feira das actividades prohibidas da que fixeron parte desde o teatro até os xogos tradicionais. Aquí pode verse un traballo de GalizaContrainfo | Un bispo. Un policía. Un alcalde. Unha agrupación de choronas. Un espontáneo chegou en representación das persoas pensionistas afectadas polo decreto da Sanidade. E un cadaleito cunha rúa pública á que queren enterrar en vida. Todos estes elementos fixeron parte da performance que o centro social okupado Casa do Vento representou polo casco vello de Santiago cos colectivos sociais da cidade facendo as veces de cortexo fúnebre desde a Praza do Toural até a Praza do Pan, onde tres poderes que representaban o Goberno local, a policía española e a Igrexa quixeron enterrar a rúa, prometendo facer da capital da Galiza "un Xacobeo perpetuo" do que gozarán "os turistas con cartos".A actividade foi a primeira da listaxe aprobada en asembleia polo tecido asociativo da cidade que se integra no colectivo A rúa é nosa!, que organizaron para esta cuarta unha Feira das actividades prohibidas. Con ela achegaron a curios@s e implicad@s os xogos populares, fixeron teatro e, da man d@s activistas da Rede Feminista Galega, adiantáronse á reivindicación do Día do Orgullo LGBT --que se conmemora esta quinta feira-- para visibilizar as 'Mulleres prohibidas', todas "as que fican agochadas na cotidianeidade, desde as migrantes até as viúvas, pasando polas lesbianas ou as sen teito", segundo nos contou unha das integrantes da Rede. O que se procuraba con esta xornada lúdica era denunciar a ordenanza "da exclusión", en referencia á normativa que regula os usos da vía pública, e que foi aprobada no último pleno de maio do Concello de Santiago cos votos a favor do PP, a abstención do PSOE e a postura en contra do BNG. Queda agardar, como dixo a representación da rúa na performance da Casa do Vento, "que alguén volte e toque unha canción para min". |
NOS_24539 | Celso Parada recibe o Premio ao mellor actor no Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) no ano no que conmemora o 25 aniversario da súa compañía Teatro do Morcego. A actriz Rosa Álvarez e o espectáculo Bye, bye honey da compañía Obras Públicas foron tamén recoñecidas. | O Festival de Teatro Galego do Carballiño recoñeceu nos premios da súa 25 edición ao actor Celso Parada, director da compañía Teatro do Morcego que está a conmemorar o seu 25 aniversario coa xira do espectáculo Misterio Cómico de Darío Fo, unha revisión da obra que representou nos inicios da súa historia teatral. Canda Celso Parada, o Fetega premiou a traxectoria da actriz Rosa Álvarez da compañía Lagarta, lagarta e a obra "Bye, bye honey" da compañía Obras Públicas, dirixida por Xosé Prieto como mellor espectáculo teatral por votación do público. O Premio Honorífico Fetega 2014 recaeu en Xan Pinal, fundador do creador do Festival. O actor Celso Parada está de xira cunha nova versión da obra Misterio Cómico de Teatro do Morcego coa que conmemora o 25 aniversario da compañía, baixo a dirección de Julio Cardoso. Co "Misterio Cómico" conseguira a comezos dos anos noventa o premio Compostela de Teatro. Celso Parada fundou xunto con Isabel Ávila a compañía Teatro do Morcego en 1989 e desde entón desenvolveu a súa traxectoria teatral sen interrupcións. Espectáculos como Lazariño de Tormes, O burgués Fidalgo, Os vellos non deben de namorarse, A gran ilusión ou Morte accidental dun anarquismo contaron con directores como Júlio Cardoso, Bernardo Galli, Alvaro Lavín, Andrés Pazos, Xan Cejudo ou Quico Cadaval e un amplo elenco de actores e actrices entre as que se atopan Carlos Blanco, Laura Ponte, Miguel Varela, Miguel Pernas, Maxo Barjas, Inma Antonio, Luísa Merelas, Gonzalo Uriarte, Casilda García, Mónica Camaño, Susana Dans, Elina Luances e E. R. Cunha "Tatán" entre moitos outros nomes. |
NOS_37885 | O prezo da luz semella non chegar ao seu teito. Esta segunda feira segue aumentando, a quinta vez no que vai de ano. A tarifa máxima será de 20 e as 21 horas, con 375 euros/MWh. | A electricidade segue o camiño alcista dos últimos días e volve subir esta segunda feira no marcado almacenista alcanzando os 339,84 euros o megawatt hora (MWh), unha nova marca histórica. É a quinta vez este ano que supera o limiar dos 300 euros con este aumento dun 6,32% en relación ao deste domingo e un 682,65% superior e facemos a comparativa interanual con respecto ao 20 de decembro de 2020, cando se pagaba 43,42 euros/MWh. Horario máis caro e máis económico Segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE), o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 375 euros/MWh, mentres que o prezo mínimo será de 267,99 euros entre as 4 e as 5 horas, Estes prezos repercuten directamente na tarifa regulada que teñen contratada case 11 millóns de consumidoras e consumidores no país, e serve de referencia para os outras 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre. O encarecemento nos últimos meses no mercado eléctrico explícase, principalmente, polos altos prezos do gas nos mercados e dos dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2), en máximos históricos neste ano. Decembro de récord O mes de decembro comezou sendo un mes marcado por unha gran volatilidade, con caídas na media dalgúns días até ao redor dos 100 euros/MWh e con certos momentos nos que se superou amplamente a cota dos 200 euros/MWh e agora dos 300 euros/MWh. Porén, desde o 9 de decembro o prezo da luz non baixou dos 200 euros e na última semana os aumentos foron considerábeis, situando o prezo medio mensual en 235 euros, é dicir, 35 euros máis que o pasado outubro, o mes coa media máis cara até a data. A promesa de Sánchez Segundo unha análise de Facua-Consumidores en Acción, de manterse as mesmas tarifas o resto do mes, a última factura do ano alcanzaría os 134,45 euros para o usuario medio, un 94,1% por encima dos 69,28 euros de decembro de 2020. "A factura eléctrica de decembro tería que ser negativa para que o presidente Sánchez e a ministra Ribeira cumprisen a súa promesa de que este ano os consumidores pagarán o mesmo que en 2018 unha vez descontado o IPC. Así, para que se alcanzase ese obxectivo, un usuario medio tería que recibir unha factura na que a súa compañía lle devolvese 12 euros cando finalice este mes", sinala o secretario xeral de Facua, Rubén Sánchez. Até agora, o paquete de rebaixas fiscais aprobado polo Goberno contempla a baixada do 21% ao 10% do IVE, a suspensión do imposto de xeración ao 7% que pagan as empresas, e a rebaixa do imposto especial eléctrico do 5,11% ao 0,5%, mínimo legal. A asociación está a reclamar ao Executivo que impoña durante polo menos seis meses un desconto mínimo do 50% na factura eléctrica sometida á tarifa semirregulada PVPC da inmensa maioría de familias, excluíndo só ás de rendas máis altas, correndo a cargo de compañías enerxéticas de maneira proporcional ás súas cotas de mercado. |
NOS_7970 | O encontro co Outro, co diferente. A ollada á propia cultura, e ás demais, alén dos estereotipos. A confianza na propia fortaleza. O respecto á natureza. A "tribo" que somos, tamén, nós. Son algúns dos temas que alicerzan A folla azul, a novela coa que Andrea Maceiras vén de gañar a XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, a historia dunha nena do Amazonas brasileiro destinada a axudar o seu pobo a través do coñecemento. Aínda que iso supoña un determinado modo de relacionarse co poder. | Husu Aké -a nena dos ollos de luz- é unha rapaza intelixente, curiosa, espelida. A avoa Arumi sabe que é especial e que só ela poderá axudar o seu pobo, os Tacaré, na Amazonia, cando chegue o gran desastre causado pola ambición do home branco, que perdeu a conexión coa natureza e apagou a empatía co Outro, co diferente. Diso vai A folla azul, a novela coa que a escritora Andrea Maceiras vén de gañar a XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil. "Non quería contar a historia dunha tribo concreta, aínda que os Tacaré están inspirados nos Cayapó, un pobo que tivo bastante repercusión mediática, que loitou contra a construción da presa de Belo Monte no río Xingu. A protagonista quería que fose unha nena, unha personaxe feminina que rompese cos esquemas da tribo", explica a autora. Tamén a personaxe da avoa, Arumi, está inspirada en casos reais. "Os Tacaré deciden ser un pobo invisíbel. Tiveran contacto coa civilización occidental, pero tomaran a decisión de deixar de telo. A avoa tivera relación co mundo civilizado, ou como queiramos chamarlle, e por iso coñece os dous mundos. A relación de desequilibrio entre eles leva a que os Tacaré se vexan forzados a emprender o camiño da experiencia que vai máis alá do que coñecen, que é por onde levará a avoa a Husu", indica Maceiras. Aínda sendo unha ficción, córrese sempre o risco, ao falar de realidades tan diferentes, de deitar un ollar simplificador ao presentar por exemplo esquemas de xénero que non representan a diversidade da realidade indíxena: homes cazando e mulleres no espazo doméstico. "Eu tratei de documentarme ben. Procurei buscar voces reais dos Cayapó e dos Yanomami. Vin documentais, entrevistas… Porque eles decatáronse de que a única maneira de preservar o seu xeito de vida era darse a coñecer. E claro que sempre podes caer en estereotipos. Canto aos roles de xénero, lin libros e vin documentos orais e escritos. Mais a miña idea era falar máis do simbólico, do contraste entre os dous mundos, dunha realidade que descoñecemos e que representa un dos grandes problemas ecolóxicos do noso tempo. Despois, claro que a realidade indíxena é diversa, e mesmo os Cayapó e os Yanomami son diversos", reflexiona a autora. A presión á que están sometidas as comunidades indíxenas tornouse, ademais, quizais, un tema máis mediático coa chegada de Bolsonaro á presidencia do Brasil, coas súas políticas de desprotección das terras indíxenas. "Certo que se está a falar máis diso, pero é un problema que vén moi de atrás. Agora volveuse máis evidente. Primeiro foron os misioneiros, despois os Estados… O colonialismo tivo distintas fases e implicou sempre un maltrato por parte do mundo civilizado ou branco", asegura autora. Mais, alén de visións exotizantes, a novela pode apuntar, no fondo, aos nexos entre modos de vida alternativos que poden atoparse, tamén, entre nós. E é por iso que a autora di que "a súa tribo é tamén a nosa". Na súa experiencia como profesora -subliña Maceiras- puido albiscar unha maior conciencia ecolóxica da actual infancia e adolescencia. "En parte debida á educación e en parte a unha lucidez que parece que perdemos co tempo. Entre nós tamén podemos atopar formas de vida alternativas, como toda a tradición de agricultura sustentábel. O que pasa é que ás veces é distanciándonos, mirando para o externo, como mellor vemos o que temos a carón", asegura. Polo demais -admite- o final da novela pode resultar "triste", mais tenta ser "realista", pois moitas comunidades indíxenas non tiveron outra opción que visibilizarse, achegarse ao mundo dos brancos e "unirse para facer fronte común", promovendo iniciativas de comercio xusto, artesanía, cultivos ecolóxicos… Pegada poética A novela amosa, polo demais, un alento poético que, para a súa autora, relaciónase coa visión do mundo da nena protagonista. "Ela non pensa como unha occidental, senón desde unha concepción de unidade coa natureza", salienta. Non é, por outra banda, a primeira vez que a autora explora, como fixera en Violeta Tamurana ou Proxecto Bolboreta, outros xeitos de vivir e ver o mundo. "Hai dous temas recorrentes, que son a construción da identidade e a natureza. É un libro para público infantil, que é receptivo a outras visións do mundo, que deben estar presentes na literatura", comenta. Do mesmo modo, tanto en Conta nove estrelas como en O que sei do silencio unha moza enfrontábase ao pensamento hexemónico para achegarse ao Outro, ao diferente e socialmente rexeitado. Trátase, segundo a autora, de subliñar a "aceptación da diferenza e a súa integración no que parece que aparentemente non encaixa", para o cal crea "personaxes femininas que representan a valentía, a rebeldía, a transgresión do sistema", achegándose tamén "ao marxinal, o esquecido", convidando a "reparar no que non ollamos, a ollar a realidade con outra mirada", como en Nubes de evolución ou Miña querida Sherezade. |
PRAZA_6449 | A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou unha enquisa de satisfacción a 13 mil clientes de empresas de telefonía que deixa nos últimos lugares a Orange, Vodafone, Jazztel ou Movistar. | "O pequeno é fermoso" foi un concepto popularizado dende os anos setenta polo economista alemán E. F. Schumacher e que ben se podería aplicar nestes momentos á oferta de servizos de telefonía fixa e móbil e internet en España. Iso é, cando menos, o que reflicten as conclusións dun estudo de satisfacción realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) a través de máis de 13 mil enquisas. En todos os soportes e en case todos os parámetros estudados son as meirandes empresas (Orange, Vodafone ou Movistar) as que saen peor paradas, e en cambio, tanto os operadores de ambito autonómico (R, Euskaltel ou Telecable) coma as operadoras sen rede propia (Pepephone, MásMóvil ou Simyo) obteñen as mellores puntuacións, ademais de Ono. OCU maniféstase sorprendida pola "fidelidade" dos e das clientes das compañías, mesmo das que valoran máis negativamente, pois son poucos os usuarios e usuarias que manifestan a súa disposición a mudar de empresa OCU maniféstase sorprendida, ademais, pola "fidelidade" dos e das clientes das compañías, mesmo das que valoran máis negativamente, pois do mesmo estudo tamén se conclúe que son poucos os usuarios e usuarias que manifestan a súa disposición a mudar de servidor. Nos casos de Orange e Vodafone (as empresas peor valoradas) estas cifras crecen algo máis, pero fican no 40 e 44 por cento respectivamente. No servizo de telefonía móbil son tres operadores móbiles virtuais os que obteñen os mellores rexistros de satisfacción No servizo de telefonía móbil son tres operadores móbiles virtuais os que obteñen os mellores rexistros de satisfacción: Pepephone (85 sobre 100 puntos), Simyo (77) e Masmovil (76), seguidos de R e Eroskimovil (75) e Tuenti (74). A moita distancia sitúanse Ono (71), Amena e Yoigo (70) e, sobre todo, Movistar (67), Vodafone (64), Jazztel (63) e Orange (62). A galega R, en cuarta posición na valoración global, acada as súas mellores valoracións en atención ao cliente (81 puntos) e cobertura de voz (79), e perde algúns puntos no apartado de internet no móbil (67). R é a empresa máis valorada nos servizos de telefonía fixa e internet no fogar En canto a telefonía fixa R é a empresa máis valorada de toda España, con 87 puntos sobre 100, por diante de Euskaltel, Ono e Telecable, e cunha ampla diferenza sobre Movistar e Jazztel (77), Vodafone e Orange (70). A operadora galega lidera todos os apartados, sobre todo o de calidade de son (87 puntos) e atención ao cliente (82). R tamén é a compañía máis valorada no servizo de internet no fogar, con 79 puntos sobre 100, superando a Ono, Pepephone e Telecable (75). De novo Movistar (63), Jazztel (63), Orange (59) e Vodafone (57) pechan a lista. R é a empresa máis valorada en velocidade (79 puntos, por diante de Ono) e estabilidade da liña (80 puntos, por diante de Ono), só é superada por Pepephone en atención ao cliente e en facturación, onde R obtén a súa peor cualificación (75 puntos). Orange e Vodafone obteñen valoracións por debaixo de 60 puntos en case todos os apartados e Movistar e Jazztel roldan esa cifra, sobre todo en facturación e velocidade. OCU pregunta tamén polo servizo de televisión de pago, no que domina Ono, por diante de R, Euskaltel e Canal+. Orange TV obtén aquí tamén a peor cualificación. |
PRAZA_19286 | O que fora secretario de Organización do PPdeG vén de ser condenado xunto a Correa e 'El Bigotes' no caso que investiga o amaño de contratos para Fitur co Goberno valenciano. A Fiscalía Anticorrupción pide a entrada inmediata no cárcere dos tres líderes da trama corrupta. De home do maletín a cerebro da trama Gürtel | É tan só a primeira pero Pablo Crespo terá que volver á cadea. O Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana vén de condenar a 13 anos de prisión os líderes da trama Gürtel, Francisco Correa, Álvaro Pérez El Bigotes e o ex-secretario de Organización do PP. Todos eles por delitos de malversación de diñeiro público, suborno, falsidade, tráfico de influencias e asociación ilícita. Correa, o 'Bigotes' e Crespo son condenados por malversación de diñeiro público, suborno, falsidade, tráfico de influencias e asociación ilícita Condénase ademais a 9 anos a unha ex-consellera do PP, Milagrosa Martínez, pola operación na que concederon de xeito irregular varias adxudicacións da Generalitat entre 2004 e 2009, cando o PP gobernaba esta autonomía, a unha empresa desta trama. O xefe de gabinete de Martínez, Rafael Betoret, que xa fora condenado no caso dos traxes no que Francisco Camps fora absolto, foi castigado a seis anos de cadea, mentres que outra ex-consellera de Turismo, Angélica Such, tfoi absolta, ao igual que o ex-xefe xurídico da Agencia Valenciana de Turismo, Juan Bover. A Fiscalía Anticorrupción solicitou que os líderes da trama corrupta ingresen xa na cadea A Fiscalía Anticorrupción xa pediu que se execute a sentenza contra os líderes da trama e que ingresen os tres en prisión as penas. Fíxoo ao pouco de coñecerse o ditame e serán os días 14 e 15 cando o tribunal, logo dunha vistilla, se pronuncia sobre esta reclamación. Así, o tribunal da Audiencia Nacional que xulga a primeira época da Gürtel na Audiencia Nacional xa suspendeu a sesión do martes á espera da decisión. No caso de que entren na cadea, Correa, Crespo e El Bigotes terían que ir ás sesións do xuízo en furgón desde o cárcere. A condena limítase ao caso da adxudicación irregular á trama Gürtel dos traballos do pavillón do Goberno valenciano en Fitur En total, 11 dos 13 encausados nesta primeira condena limitada á Comunitat Valenciana foron condenados nunha sentenza notificada a primeira hora deste venres. Investigaba o tribunal se a Generalitat, tal e como defendía a Fiscalía, adxudicara de maneira irregular entre 2005 e 2009 a Orange Market, unha empresa da trama Gürtel, os traballos do pavillón valenciano en Fitur. Segundo a acusación pública, fíxoo malia a falta de experiencia da compañía, dos seus prezos -case sempre os máis caros- e de que a xustificación dos traballos facíanse alegando tarefas non feitas ou directamente facturas falsas. Orange Market facturou 5 millóns de euros só cos seus encargos para Fitur. Precisamente, o ditame chega un día despois de que varios empresarios, contratistas habituais da Administración, recoñecesen que financiaron ilegalmente o PP valenciano. Pablo Crespo fo secretario de Organización do PP durante case unhah década e conselleiro do Portos de Galicia entre 2003 e 2005 A sentenza, que xulga feitos cometidos desde 2005, tardou dez meses en redactarse desde a conclusión do xuízo e fontes xudiciais confirman que condicionará a estratexia de defensa de Correa e os seus achegados no resto das causas xudiciais da Gürtel. É esta a primeira condena para Pablo Crespo, un dos grandes líderes da gran trama corrupta vinculada ao PP e que xa anunciou que a recorrería. Este ex-director de sucursal de Caixa Galicia en Vilagarcía de Arousa foi número 3 do PPdeG e exerceu durante case unha década como como secretario de Organización dos populares galegos, entre 1995 e 2003. Foi neste último ano, logo da dimisión de Xosé Cuíña como secretario xeral do PP galego, cando Xesús Palmou o relevou, pero acabou como conselleiro de Portos de Galicia (2003-2005), sendo o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, conselleiro de Política Territorial e até que o goberno bipartito accedeu a San Caetano. Durante a súa etapa no PPdeG foi un home discreto, pero todo o mundo sabía do seu poder: era o home do maletín nunha época na que circulaban moreas de lendas sobre o financiamento irregular do partido. Discreto home do maletín no PPdeG Pasou máis dunha década e tres anos de cárcere para que Crespo, acusado dunha lista interminable de delitos como un dos xefes de Gürtel, develase os segredos económicos do PP de Fraga en 2013 a Jordi Évole no programa Salvados: "Declarabamos que nas campañas se gastaban 1,2 millóns de euros, cando en realidade custaban tres ou catro. Recibía doazóns que non se declaraban. Cada ano, polo menos uns 300.000 euros, o cal se incrementaba moitísimo en campaña. Entre un 35% do diñeiro era regular e o 65% era irregular, non declarado, por así dicilo. Metíase nuns cartafois de cartón azul con gomas que había hai anos. Era diñeiro non declarado. Era parte do meu traballo, eu tiña que coidar que esas doazóns que chegaban non se perdesen polo camiño. A organización por dentro funcionaba así e até hai pouco seguía facéndoo. O meu traballo era conservar a estrutura aboiando, que a xente cobrase a fin de mes e os provedores cobrasen a fin de mes. Eu era consciente de que eran métodos irregulares". En 2013 revelou os segredos económicos do PPdeG: "Entre un 35% do diñeiro era regular e o 65% era irregular, non declarado" Nunha entrevista de hai case catro anos, recoñecía tamén que "no PPdeG era normal recibir doazóns en metálico". "É certo que eu lle entreguei, no meu papel de secretario de Organización do partido, 21 millóns de pesetas ao tesoureiro nacional do PP, concretamente a Álvaro Lapuerta", dicía. E así o deixou escrito Luis Bárcenas nos seus famosos papeis. Porque esta primeira condena é a menor. No caso que leva a Audiencia Nacional, a Fiscalía pídelle 85 anos de cárcere por unha morea interminable de delitos: "fraude continuada ás Administracións Públicas, suborno activo continuado, falsidade continuada, malversación de caudais públicos continuada, delito continuado de malversación en concurso con delito de prevaricación continuada, delito contra a Facenda Pública polo concepto de IRPF de 2003 e 2004, branqueo de capitais, tráfico de influencias continuado, delito continuado de fraudes e exacciones ilegais ás Administracións". Foi, ademais, durante ese xuízo onde ratificou as débedas que o PPdeG mantiña coa Gürtel e asumiu que a trama reclamou a Fraga unha débeda por campañas electorais de 1999 e 2001. A Fiscalía aínda lle pide 85 anos de cárcere por unha morea interminable de delitos no caso da Gürtel que leva a Audiencia Nacional Rematadas as guerras fratricidas no PPdeG, tan só un pequeno círculo de dirixentes están convencidos de que Crespo podería aínda contar máis. Por exemplo, os sobresoldos que recoñeceu pagar a varios políticos do PP galego "co coñecemento da dirección do partido", cando Rajoy era secretario xeral. Pero polo momento, decidiu calar. |
PRAZA_18872 | A marcha, baixo o lema de "Pola dignidade da Atención Primaria" foi convocada polos 25 xefes de servizo que dimitiron hai unhas semanas. Case 40.000 persoas reclamaron solucións para as eivas asistencias que presenta a área sanitaria viguesa | Unha masiva manifestación, baixo o lema de "Pola dignidade da Atención Primaria" percorreu este xoves as rúas de Vigo, dando resposta aos problemas asistencias que dende hai tempo vén presentando esta área sanitaria. A marcha partiu do PAC da rúa Pizarro (situado nas instalacións do antigo Hospital Xeral), para rematar en Urzaiz. Os e as asistentes, procedentes de todos os concellos da área metropolitana viguesa, portaban faixas nas que se podía ler "Coa nosa saúde non se xoga", ao berro de "Feijoo, atende, a sanidade non se vende", "Sanidade, pública e gratuíta" ou "Xerente, atende, a Primaria non se vende".A manifestación foi convocada polos 25 xefes de servizo dos centros de saúde da área sanitaria de Vigo que presentaron a súa dimisión hai dúas semanas pola "deterioración sanitaria" da Atención Primaria, unha denuncia que foi referendada e apoiada logo por moitos outros colectivos sanitarios como o de médicos, os profesionais dos PAC, as plataformas pola sanidade pública, así como a oposición e os sindicatos.Unhas 40.000 persoas reclaman melloras na atención primaria na marcha máis concorrida en Vigo desde que en 2016 outra defendera a sanidade públicaFoi un clamor, de novo, ao que se xuntaron preto de 40.000 persoas, segundo a policía local, e en medio do Nadal. E non será a última mobilización. A presidenta da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, María José Diéguez, xa anunciou outra manifestación para o 24 de xaneiro. A deste xoves foi a máis concorrida na cidade desde que en maio de 2016 outra marea humana saíse defender a sanidade pública.A masiva marcha deste xoves volve pór de manifesto os graves problemas que leva sufrindo a sanidade en Galicia, deteriorada aos poucos desde hai anos e cuxa situación provocara xa importantes mobilizacións antes. As queixas nos diferentes ámbitos son sempre as mesmas: falta de medios e persoal, recortes, colapso, precariedade… E de fondo, o desleixo no sistema público. A manifestación reuniu milleiros de cidadáns, pero hai meses que se levan mobilizando os profesionais das ambulancias, dos Puntos de Atención Continuada, das Urxencias ou da Atención Primaria. Con maior ou menos impacto, as protestas son constantes.A manifestación segue o ronsel das continuas mobilizacións de diversos colectivos sanitarios en Galicia ante a "deterioración" no Sergas"Pola dignidade da Atención Primaria". Ese foi o lema que encabezou unha marcha centrada nun ámbito no que o persoal se queixa da obsolescencia do material empregado, da sobrecarga dos médicos de familia –chegando a atender nalgúns casos a até 60 pacientes nun día--, as listas de espera elevadas, a precariedade dos doutores máis novos ou a falta de substitutos.Moita xente da área sanitaria de Vigo, pero tamén chegada desde moitas outras partes como O Morrazo, desde onde concellos e plataformas pola sanidade pública organizaron a viaxe en autobuses.Pero antes, este mesmo xoves, profesionais dos PAC concentráronse ante as portas do Parlamento antes de acompañar os seus compañeiros na manifestación de Vigo. Volveron reclamar máis persoal e medios logo de meses de protestas e folga.Con todo, Feijóo acusou a oposición de "facer política" poucas horas antes da marcha de Vigo e deu por feito que "os problemas e tensións" do sistema sanitario galego poderanse superar "con humildade, xestión e verdade".Feijóo acusa a oposición de "facer política" coa sanidade, mentres o xefe de Atención Primaria da Estrada denuncia a "frecuencia" coa que os centros de saúde quedan sen atención médicaMentres, na Comisión de investigación sobre a sanidade pública que se celebra no Parlamento, o xefe de servizo de Atención Primaria da Estrada, Juan Sánchez Castro, denunciou a "frecuencia" coa que os centros sanitarios quedan sen atención médica por mor da actual organización da Atención Primaria, un sistema de quen denunciou a súa "delicada situación".Ante isto, pediu máis recursos tras tratar a problemática da falta de médicos dun PAC cando estes deben atender unha emerxencia fóra. Precisamente, foi nese centro de saúde onde faleceu un home por falta de atención médica. |
NOS_36858 | Arcadio López Casanova é recoñecido como un dos grandes renovadores da lírica galega grazas ao seu poemario Mesteres, mais no é tan coñecida a influencia que tivo no seu momento a única peza teatral que publicou, Orestes. Tivo un ascendente calado, mais notábel, sobre a literatura dramática posterior. | "Falaban, en lingua galega, Orestes, Electra e Clitemnestra, e facíano, velis nolis, co nobre eco dos hexámetros de Homero e dos parlamentos da Orestiada de Esquilo. Estábase a ofrecer un texto que confería ao noso idioma a nobreza dos clásicos". A cita pertence á resposta do profesor Xesús Alonso Montero ao discurso que Arcadio López-Casanova deu na Real Academia Galega ao ser elixido Membro de Honra, en 2013, e refírese a unha obra da que se fala demasiado pouco: o Orestes, a única peza teatral publicada polo recentemente falecido escritor e crítico. Pesar polo falecemento de Arcadio López Casanova A historia comeza en 1960, cando se convocou en Lugo o I Certame de Teatro do Miño (non habería máis edicións), que tiña como obxectivo o recoñecemento e revitalización do teatro galego. Das obras presentadas, o xurado seleccionou seis: A noite vai como un río de Álvaro Cunqueiro, que resulto a gañadora; Nicolás Flamel, de Daniel Cortezón; A volta de Ulises, de Xosé L. Franco Grande; O auto do labrego, de Manuel María; Orestes, de Arcadio López Casanova; e Os homes poden ser deuses, de Juan Mª Gallego. Nese momento, López-Casanova contaba con só 18 anos, mais a peza constitúe un sorprendente exemplo de madurez que prefigura moitos dos temas que posteriormente serían tratados na súa poesía. No momento da escrita, o autor participaba de forma moi activa na vida universitaria galega, comprometido coa limitada oposición ao réxime que se podía exercer desde o campo cultural. Foron anos de intensa actividade política, cultural e literaria, desde os círculos próximos a Ramón Piñeiro ou desde a Asociación Cultural O Galo de Compostela. Na Galiza, en 1959, foi o teatro universitario o que puxo en pé un dos primeiros espectáculos teatrais en lingua galega de que se ten constancia desde 1936: a Antígona de Jean Anouilh Naquela altura, as compañías de teatro universitario -denominadas T.E.U., Teatro Español Universitario- constituían espazos dunha certa liberdade en medio do ambiente de represión que se vivía ao longo de todo o Estado. Malia a férrea censura, o teatro que se refuxiaba na Universidade, logrou abrir pequenas fírgoas no monolitismo cultural do réxime. Na Galiza, en 1959, foi o teatro universitario o que puxo en pé un dos primeiros espectáculos teatrais en lingua galega de que se ten constancia desde 1936: a Antígona de Jean Anouilh, traducida ao galego por Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Franco Grande e Ramón Silva e dirixida por Rodolfo López Veiga, un grande animador do teatro na Universidade que ese mesmo ano, pasaría a traballar como director teatral en Cantigas e Agarimos. O Orestes de López-Casanova foi estreada polo T.E.U da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago e a expectación que describe Alonso Montero, converteu a función -dirixida por Lolita Ferro e con Teresa García-Sabell entre as actrices do elenco- nun pequeno éxito daquela vida cultural disidente que ía collendo forma á sombra da ditadura. Á función asistiron Otero Pedraio, Méndez Ferrín ou Manuel Rabanal, que se apresuraron a encomiar o resultado na prensa da época. Pódese rastrexar a pegada desa "poética da mitoloxía" -como a chamou o dramaturgo e investigador Roberto Salgueiro- en obras de autores tan dispares como Manuel Lourenzo ou Xohana Torres. Unha nova poética Pero ademais do papel xogado pola obra dentro da complexa vida político-cultural da época, o Orestes de López-Casanova tamén inauguraba unha forma de facer teatro que tería unha especial relevancia no devir do teatro do futuro. A peza, baseada na de Sófocles, rompía coa estética socialrealista que imperaba na época, para crear unha escrita poética, atenta á linguaxe e a estética, mais sen abandonar a preocupación social nin a actitude crítica ante a situación política. Ademais, integraba o existencial na temática da traxedia, en especial a angustia ante o paso do tempo e a morte. López-Casanova puña así o teatro galego na frecuencia do que se estaba a escribir en Europa, fundamentalmente baixo a influencia de Jean-Paul Sartre. A lectura política da obra estaba asegurada naquel momento, cun escenario, a cidade de Nova Argos, desolado, hostil e lúgubre que era sinxelo identificar coa escuridade da ditadura. Mais a forma de internarse no mundo da opresión resultaba extremadamente novidoso e fornecía de novas ferramentas literarias a autores que, nos anos seguintes, explorarían a oposición ao réxime desde unha escrita que combinaba a lírica e a parábola. Pódese rastrexar a pegada desa "poética da mitoloxía" -como a chamou o dramaturgo e investigador Roberto Salgueiro- en obras de autores tan dispares como Manuel Lourenzo ou Xohana Torres. O Orestes de López-Casanova, -por certo, a súa primeira obra publicada en galego na revista Grial, en 1963- merece unha atención máis detallada da que tivo nos últimos anos e, desde logo, unha nova edición que poña á disposición do público unha peza fundamental da nosa literatura dramática. |
NOS_2634 | A aprobación do estado de alarma en todo o Estado español puxo en primeira liña do ámbito laboral a posibilidade de implementar o teletraballo en numerosas empresas. Máis alá da imposibilidade de que se realice nalgúns sectores, a súa introdución non está exenta de dificultades. | A obriga por parte de numerosas empresas de acollerse a esta nova situación non está a ser doada nin na propia administración. A Xunta da Galiza admite que xa hai 6.000 traballadoras e traballadores da administración que están neste sistema sempre que conten cos medios para facelo efectivo. A normativa estatal para teletraballar atopámola recollida no artigo 13 do Estatuto das Traballadoras e é de obrigado cumprimento. A lei determina, entre outras cousas, que a propia traballadora escollerá o seu lugar de emprego e sempre como modo alternativo ao desenvolvemento presencial. A empresa ten a obriga de estabelecer por escrito esta relación contractual mantendo as traballadoras os mesmos dereitos que as que presten os seu servizos no centro de traballo. Tamén é a empresa quen ten que estabelecer os medios necesarios para formar a traballadora e favorecer a súa promoción profesional. O apartado que queda en moitas ocasións sen control é o relativo a que a empresa ten que coidar de que a traballadora teña unha axeitada protección en materia de seguridade e saúde segundo a normativa de riscos laborais. Por último este sistema de traballo non pode impedir contar cos dereitos de representación colectiva. Reticencias das empresas até última hora A posibilidade de teletraballo naquelas empresas en que non sería complicado a súa instalación tardou en chegar mesmo en sectores onde debería contarse con el desde o primeiro momento. É o caso dos centros de chamadas, cun volume de persoal moi elevado, que agora comezan a súa instauración. "Tarde e mal", segundo sinala a Nós Diario Patricia Cordo da CIG. Algunhas mesmo tiñan parte do seu cadro de persoal con este sistema aínda que "unha gran maioría comeza agora, após as protestas por non contar co espazo de seguridade nin con medidas de desinfección", asegura, "estamos a monte, sen ningún tipo de medidas de prevención", engade. Esta sindicalista relata que algunhas empresas nin respectan a normativa cando inician a mudanza para traballar a distancia. "Dan a asinar contratos con cláusulas abusivas cando entregan os equipos", comenta. Nelas indican que a traballadora tería que indemnizar á empresa se hai algún tipo de filtración de información. "Nos domicilios non temos as medidas de seguridade dunha empresa", explica Cordo. No sector das Teconoloxías da Información e a Comunicación (TIC) a presenza do teletraballo é de 70% segundo informa Álex Espinosa, responsábel desta área na CIG. Aínda así, moitas agardaron a esta mesma semana para trasladar o traballo ás casas do seu persoal. "Temos o caso de Altia Compostela que se resistía como moitas das empresas que traballan na Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)", asegura este sindicalista. Grandes empresas, como o caso de Indra, mesmo obrigaron ao seu persoal a mercar material para traballar "ou vir de maneira presencial ao centro de traballo", asegura Espinosa. Difícil teletraballar Lidia teletraballa desde hai dous anos para unha empresa da Coruña e recoñece que a situación actual non lle afecta "máis alá da propia circunstancia de non poder saír da casa". Trátase de organizarse e contar cun espazo propio aínda que compartido, no seu caso con dúas crianzas. Conta con material que lle proporcionaron ao inicio e xestiona o seu horario. Nos centros de chamadas a situación é diferente. "Non hai rexistros de xornada máis alá de que quede constancia de acender o computador e conectarse ás aplicacións, non hai garantía de desconexión dixital e non hai avaliación de riscos", asegura Patricia Cordo. E non todo é o material. "Asinamos un documento que di como ten que ser a cadeira, o tipo de luz, mais ao final estás na túa casa e a empresa non pon todos eses medios", relata. |
PRAZA_12945 | Atentado é o delito polo que a policía denuncia os seus conflitos con particulares, sempre que a escalada da tensión teña chegado a calquera contacto físico, aínda que non sexa agresivo. Nese sentido, trátase dun delito previsto non para a protección da poboación, senón exclusivamente para a tutela da policía e do principio de autoridade do Estado. No Reino de España condénase mais por atentado que, p. ex., por delitos sexuais, furtos, ameazas ou violencia de xénero, e practicamente o mesmo que por tráfico de drogas. | a A. G., compañeiro migrante perseguido e acosado pola policía municipal da Coruña por crer no dereito á tutela xudicial efectiva de todos os seres humanos Unhas 12000 persoas descobren cada ano no Reino de España unha amarga realidade: que cando alguén ten un conflito coa policía o Estado de Dereito tende a estar ausente. Cando alguén ten un conflito coa policía o Estado de Dereito tende a estar ausente Por iso, desde o Observatório de Direitos e Liberdades Públicas Esculca pensamos que unha etapa na que desde o ministerio do interior se están a facer propostas para expandir e endurecer os delitos de atentado a axente da autoridade é un momento especialmente bo para analizar algo ben coñecido por calquera persoa próxima ao mundo xurídico, pero ignorada polo conxunto da poboación: a tendencial ausencia do Estado de Dereito en materia dos denominados delitos de atentado. No Reino de España condénase mais por atentado que, p. ex., por delitos sexuais, furtos, ameazas ou violencia de xénero, e practicamente o mesmo que por tráfico de drogas Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, 12.000 é aproximadamente o número de persoas que cada ano (11.612 en 2010, 492 delas en Galiza) son condenadas a nivel español por atentado. É unha cifra simplemente descomunal. De feito, das case 100 categorías de delito que contempla o Código penal español, os atentados son a 5ª con maior número de condenas. Dito doutro xeito: no Reino de España condénase mais por atentado que, p. ex., por delitos sexuais, furtos, ameazas ou violencia de xénero, e practicamente o mesmo que por tráfico de drogas. A contemplación destes datos é abondo para saber que algo vai mal. Ou a poboación española é especialmente insubmisa ao principio de autoridade, ou hai algo no sistema de control social que está funcionando mal. E ese algo é a refractariedade dos casos de atentado á consolidación do Estado de Dereito. Atentado é o delito polo que a policía denuncia os seus conflitos con particulares, sempre que a escalada da tensión teña chegado a calquera contacto físico, aínda que non sexa agresivo. Nese sentido, trátase dun delito previsto non para a protección da poboación, senón exclusivamente para a tutela da policía e do principio de autoridade do Estado. Atentado é o delito polo que a policía denuncia os seus conflitos con particulares, sempre que a escalada da tensión teña chegado a calquera contacto físico, aínda que non sexa agresivo A primeira disfunción dos casos de atentado dáse no propio momento do conflito. Unha porcentaxe moi relevante dos supostos que rematan nos tribunais como atentado non chegarían a tal punto se os axentes policiais puxesen especial atención a cumprir o seu mandato normativo, que os obriga a "observar en todo momento un trato correcto y esmerado en sus relaciones con los ciudadanos, a quienes procurarán auxiliar y proteger" (art. 5 Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado). Alén diso, se tivesen a imprescindible formación en xestión de conflitos os resultados serían ben outros. Nese punto xa se amosa a ausencia do Estado de Dereito, desprazado por un exercicio do monopolio da forza mais propio da Razón de Estado. Non obstante, o problema principal xurde nos tribunais. Os casos de atentado a axente policial presentan na práctica unha case absoluta ausencia de dereitos de defensa. Normalmente son casos nos que existe unha confrontación de testemuñas (policía fronte a particular), e na que a presunción de veracidade do axente policial permite a condena sen ningún outro elemento probatorio. Máis aínda: en casos en que a policía poda ter empregado a forza de xeito inxustificado ou ilegal, a denuncia por atentado tende a exonerar de calquera análise xurídica sobre a responsabilidade policial, trasladando a carga dunha proba imposible á vítima do uso da forza. Normalmente son casos nos que existe unha confrontación de testemuñas (policía fronte a particular), e na que a presunción de veracidade do axente policial permite a condena sen ningún outro elemento probatorio O exceso de traballo dos tribunais, a súa identificación implícita co exercicio do poder que representa a policía, ou os problemas que xeraría aos xuíces investigar as denuncias falsas ou o emprego ilícito da forza por parte da policía, conducen a esta situación, na que os casos de atentado se amosan como un espazo privilexiado do carácter quimérico dos dereitos procesuais do individuo do art. 24 Constitución. Por se iso non bastase, os delitos de atentado teñen penas bastante severas. De feito, non é nada infrecuente que conflitos confusos, con escasa sustancia probatoria, conclúan en condenas firmes de prisión efectiva. Ben o soubo Patricia Heras, moza barcelonesa condenada por atentado, e suicidada tras a sinistra resolución do denominado "caso 4F". Todo iso explica a anomalía anteriormente mencionada: que o noso sistema penal dedique boa parte do seu limitado tempo a axuizar e condenar por delito de atentado, en detrimento doutros feitos, seguramente mais lesivos. Os recursos son escasos, e os datos evidencian que non se está precisamente facendo un uso eficiente deles. O sistema penal acaba priorizando o emprego deses recursos escasos na persecución de delitos que tutelan exclusivamente aos axentes de policía. Trátase, polo demais, dun réxime privilexiado que xera envexa. Cando na pasada lexislatura o Fiscal Xeral impulsou unha interpretación segundo a cal era necesario considerar o persoal docente e sanitario como autoridade, aos efectos de ampliar os delitos de atentado, partindo do simulacro do labor docente como actividade de risco, o único que se fixo, co desafortunado aplauso sindical, foi incrementar estes problemas dun Estado de Dereito sempre adiado. O noso sistema penal dedica boa parte do seu limitado tempo a axuizar e condenar por delito de atentado, en detrimento doutros feitos, seguramente mais lesivos Esta é a situación na que o ministro do interior, tras a violencia policial no centro de València en febreiro pasado, anuncia que unha prioridade do seu departamento é endurecer os delitos de atentado, coa intención de que "siendo España un país muy garantista, sea también garantista con los policías". Como é obvio, nada hai mais lonxe da realidade, tanto na primeira como na segunda parte desa afirmación. Se algo puidese vir matizar este triste panorama en materia de dereitos e liberdades, sería que as condenas por atentado son especialmente democráticas. A diferenza de moitos outros tipos de delito, que centran as súas condenas nos sectores mais pobres, o atentado ten unha orientación bastante interclasista na súa restrición de dereitos. A nada infrecuente discusión coa policía de tráfico acaba a miúdo nunha detención por atentado. Non obstante, nin sequera o interclasismo é un consolo. As denuncias e condenas por atentado teñen unha especial proxección sobre os sectores mais criminalizados e perseguidos, desde migrantes a persoas que exercen o seu dereito político de protesta e son obxecto de violencia policial. Até nisto hai inercias postfranquistas que, como diría un poeta sardo que pasou o último cuarto da súa vida en prisión, non acaban de morrer. |
NOS_41914 | O Rexenera Fest de Carballo é unha cita coa arte urbana que desde o 2015 actúa como axente rehabilitador contra as políticas construtivas dos anos 60, especialmente visíbeis na capital bergantiñá. Cada ano, artistas da Galiza e doutras partes do mundo achegan a súa obra a este museo ao aire libre que son as rúas da vila, cunha veciñanza que colabora activamente co fin de renovar espazos deteriorados e mellorar a paisaxe urbanística. | Esta interacción entre cidadanía e arte fai que cada vez sexan máis as persoas que ceden de forma voluntaria e gratuíta as súas paredes privadas para que sirvan de lenzo en branco ás artistas participantes, nun proceso aberto durante o cal veciños e visitantes poden ver de perto o traballo de cada obra desde o comezo até o final. Amais, o festival inclúe na súa programación distintas actividades, como a organización de seminarios, masterclass, microconferencias, música en directo e un roteiro guiado, todas elas de balde. Falamos con Maite Parga, coordinadora do proxecto e técnica de turismo do Concello de Carballo. O Rexenera comezou o 23 de maio e decorre até o 3 de xuño. -Como xorde este proxecto? -Rexenera Fest nace no ano 2015, data na que xa levaba un ano e medio funcionando Derribando muros con pintura, un proxecto global de intervencións sobre medianeiras do núcleo urbano de Carballo que traballaba co obxectivo de renovar os espazos deteriorados da vila e así crear un museo ao aire libre. O proxecto creceu moi rapidamente e desde a organización vimos a necesidade de crear un evento concreto a partir da experiencia de Derrubando muros con pintura, que finalmente foi o Rexenera. Arredor dunha semana, artistas galegos e tamén de ámbito internacional traballan en murais de gran formato nas paredes municipais de Carballo, aínda que cada vez son máis os veciños que oferecen voluntariamente o soporte para que as artistas poidan traballar sobre el. Esta interacción entre público e privado e entre cidadanía e organización é un dos ingredientes máis importantes do proxecto. -Durante as pasadas edicións o Rexenera Fest foi creando un museo a pé de rúa. Cal é a relación da veciñanza con estas obras? -O certo é que o proxecto global funcionou moi ben desde os seus inicios, e en concreto o Rexenera especialmente ben. Simultaneamente píntanse entre cinco e até nove murais, como foi o caso da pasada edición. Tanto para os visitantes como para os veciños de Carballo resulta moi enriquecedor ver todo este proceso de traballo en directo. Nunha semana poden ver como se vai transformando unha parede, que funciona como lenzo en branco, a unha obra totalmente rematada e, ademais, de dimensións importantes. No Rexenera trabállase cun mínimo de tres alturas, e de aí, cara arriba. -Carballo é un concello que foi castigado pola urbanización acelerada da década dos 60 do pasado século. Supoño que un dos obxectivos é transformar essa realidade. -Por suposto. Por desgraza Carballo é un dos exemplos que hai en Galiza nos que o espazo urbano está moi deteriorado polas políticas erróneas de urbanización. Toda esta especulación urbanística dos anos 60 levou a desfigurar totalmente os espazos urbanos facéndoos moito máis agresivos para a xente. Derrubando muros con pintura e en concreto Rexenera Fest o que fan é traballar sobre este concepto de facer moito máis humanos e cercanos estes lugares. É unha forma de renovar espazos deteriorados e se traballa non só para a poboación local senón que, indirectamente, tamén se está xerando un produto turístico que a xente gosta moito de desfrutar cando vén a visitarnos. -A arte urbana ten futuro en Galiza? Pódese dicir que hai un volume importante de actividade e artistas? -Galiza conta cun cartel importante de artistas urbanos que se adican a este mundo. As propostas que nos amosan os artistas galegos sempre son moi boas e estamos moi contentos nese sentido. Non só é que Galiza conta con artistas de excelente calidade, senón que a día de hoxe en Galiza estase pintando e traballando moito en plástica. Nese sentido, Carballo é un pouco pioneiro á hora de desenvolver un proxecto desta envergadura dentro da arte urbana. Ás veces se nos consulta doutros concellos para ver un poco cal é a dinámica que seguimos. É un proxecto que nos está a dar moitas alegrías. -Que vantaxes ten a arte urbana fronte a outras correntes artísticas á hora de achegarse a xente e de intervir máis na súa vida diaria? -É accesíbel a todo o mundo e amais existen propostas moi variadas. Xera un diálogo en espazos de convivencia cidadá e iso sempre é positivo. É un intermediario entre os habitantes dun lugar e o espazo no que habitan. Esta relación, facéndoa máis humana e amábel, xerando debate e achegando o mundo da arte urbana á rúa, eu penso que só pode aportar cousas positivas. -É un fenómeno recente? -Non. Si é certo que nos últimos anos está a experimentar un despunte importante e a xente e os artistas que adoitan visitarnos moitas veces teñen unha traxectoria de pintar en partes moi variadas do mundo. A día de hoxe está moi demandado pero é un movemento que naceu hai varias décadas, nun principio cun xeito máis "fóra da norma". A verdade é que aos poucos foise introducindo desde un formato máis "regrado" e menos subversivo. |
NOS_7942 | Ducias de bens precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. | Os bens que integran as listas vermellas elaboradas por asociacións e colectivos de defensa do patrimonio de Galiza continúan a aumentar. Son listaxes nas que se inclúen aqueles bens e elementos do patrimonio que estean en grave risco de degradación, deterioro ou desaparición. Unha 'comisión científica' integrada por especialistas na materia é quen elabora esta lista en base a criterios como a importancia histórica e arquitectónica do ben ou o estado no que se encontra. Hai dúas listas a ter en conta, a de Patrimonio Galego (que supera os 10.500 bens catalogados) e o de 'Hispania Nostra'. 'Hispania Nostra' naceu hai 40 anos para defender e poñer en valor o patrimonio do Estado español desde a sociedade civil. En 2007 impulsou a coñecida como 'Lista vermella do patrimonio. En 2014 integraban esa listaxe 12 bens galegos, un número que aumentaba a 18 a mediados de 2016 e que a comezos de 2017 estaba na vintena, cifra que se mantiña en 2018. En 2020 hai máis dunha trintena. A Torre de Taboi, en Outeiro de Rei, O Pazo de Baldomir en Bergondo ou a Panificadora de Vigo son algúns dos elementos sobre os que HN advirte do risco no que se atopan. Mais da lista tamén saíron algún bens grazas aos plans de recuperación, como os murais de San Xulián de Moraime (Muxía) ou o Mosteiro cisterciense de Oia, do século XII. Protección Máis completa e traballada é aínda a lista vermella (definición empregada a nivel internacional para se referir a aqueles en estado de abandono ou risco) que fai Patrimonio Galego, que leva catalogados máis de 10.500 bens culturais por todo o país. Na súa lista vermella figuran case 120 tesouros do noso pasado "en perigo inminente". De conventos a cruceiros, pasando por pontes, igrexas ou círculos líticos, diversos elementos integran esta lista de Patrimonio Galego, que di que "está formada por aqueles bens que corran grave perigo, xa sexa de destrución, alteración ou desaparición". A principios de 2015 figuraban nesa lista por volta de 40 elementos e en 2019 son case 120. Así pois, a lista non para de alargarse. O Castro das Baradas (Lugo), o Pazo de Bergazos (Lalín), Convento de Montecubeiro (Castroverde), a Ponte Cabirta (Bugallido-Ames), o Círculo Lítico de Castrotión (Oca-A Estrada) ou a Igrexa de Santo Estevo de Pardollán (Rubiá) son exemplos de bens patrimoniais galegos que figuran na 'lista vermella' elaborada por 'Patrimonio Galego'. |
PRAZA_9974 | O pleno aprobou unha moción do BNG, impulsada polo colectivo de presos e presas políticas na Ditadura, que contou tamén cos votos a favor de Ferrol en Común e PSdeG-PSOE. Ciudadanos abstívose e o PP votou en contra de retirar esta distinción, que fora concedida no ano 1965 | Manuel Fraga, ex-presidente da Xunta e ministro da ditadura franquista, comezou este xoves a deixar de ser fillo adoptivo do Concello de Ferrol. O pleno municipal aprobou unha moción presentada polo BNG a iniciativa do colectivo de presos e presas políticas para que lle sexa retirado este título.A proposta tivo tamén os votos favorables de Ferrol en Común e do PSdeG-PSOE, mentres que Ciudadanos se abstivo e o PP votou en contraA proposta tivo tamén os votos favorables de Ferrol en Común e do PSdeG-PSOE, mentres que Ciudadanos se abstivo e o Partido Popular votou en contra, defendendo a concelleira Martina Aneiros que Fraga foi "un dos pais da democracia". Manuel Fraga fora distinguido como fillo adoptivo de Ferrol no ano 1965.Dende o pasado mes de xaneiro unha trintena de presos e presas políticas da ditadura veñen reclamando que concellos e deputacións anulen este tipo de recoñecementos que durante o franquismo recoñeceron a Manuel Fraga e outros cargos do réxime. Lembran que Fraga foi ministro e sumou "case 40 anos de militancia no franquismo ou fascismo, desde 1937". A través dun manifesto pediron "tolerancia cero co franquismo", subliñando que "ningún ministro de Franco pode seguir mantendo distincións honoríficas polos servizos prestados a unha ditadura criminal".Fraga "nunca manifestou arrepentimento nin pediu perdón polos crimes do franquismo"No pleno interviron Manuel Monge e Nicanor Acosta en representación do colectivo, que destacaron que "estamos ante unha auténtica anomalía dentro das democracias europeas, que hai que superar". "Algún ministro dos gobernos de Hitler ou Mussolini conserva hoxe a distinción de Fillo Adoptivo nalgún concello de Alemaña ou Italia?", preguntáronse, lembrando tamén "os asasinatos de Amador Rey e Daniel Niebla, os feridos, o cárcere e represión de centos de persoas, o asasinato en Galicia de máis de 6.000 persoas despois do golpe de Estado de 1936".Nos últimos días, o manifesto recibiu ademais o apoio de case medio cento de historiadores e historriadoras, destacando que Fraga "nunca manifestou arrepentimento nin pediu perdón polos crimes do franquismo. Se vivise hoxe sería citado a declarar pola xuíza arxentina María Servini, como outros ministros da ditadura franquista, no marco da Querela Arxentina, por crimes contra a humanidade, que non prescriben". |
NOS_34121 | Facíanse 37 anos da expropiación de terras da parroquia das Encrobas por Fenosa para a construción da mina de lignitos e foi esa a data escollida para que Moncho Valcarce volvera ter presenza por medio dun novo monumento, colocado no lugar do roubado hai uns meses. | A memoria do cura das Encrobas, como foi coñecido Moncho Valcarce, volveu ser protagonista da conmemoración do 37 aniversario daquela data na que a veciñanza fíxose forte para facerlle fronte a Fenosa, empresa que quería facerse coas súas terras para a construción da mina de lignitos. Moitas persoas feridas, e detencións múltiples, entre elas, a do propio Moncho Valcarcel, foi o balance daquelas horas nas que mulleres e homes das Encrobas impediron que as súas terras fosen roubadas. Ese foi o balance mais tamén unha lección de dignidade e heroísmo que pasou a se converter nun dos episodios máis valorados das mobilizacións sociais do país como un episodio de relevo na nosa historia recente. Toda Galiza se mobilizou entón en apoio e solidariedade coa veciñanza nuns acontecementos dos que Moncho Valcarce se converteu en símbolo. |
NOS_51892 | A líder da formación apelou a "ensanchar as bases do nacionalismo" tras a XVII Asemblea Nacional, que se desenvolverá a próxima fin de semana na Coruña, co obxectivo de chegar á presidencia da Xunta da Galiza en 2024 | O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ratificou na mañá de hoxe, e por unanimidade, a candidatura de Ana Pontón para optar a un terceiro mandato como portavoz nacional da organización, baixo a "premisa básica" de "manter o que funciona" e "aproveitar ás persoas e os equipos que demostraron a súa valía". Así o explicou este sábado a propia Pontón ante a reunión do máximo órgano do Bloque no Hotel Congreso de Teo, desde onde apelou a "ensanchar as bases do nacionalismo" tras a XVII Asemblea Nacional, que se desenvolverá a próxima fin de semana na Coruña, co obxectivo de chegar á Presidencia da Xunta en 2024. "A candidatura que hoxe aprobamos -dixo a portavoz do BNG-, parte dunha premisa básica, manter o que funciona, aproveitar as persoas e as equipas que teñen mostrado capacidade e valía nos seus postos, tanto de xeito individual como colectivo, e manter o groso dunha equipa de dirección que foi capaz de levar o BNG, desde unha situación difícil e complexa, ao mellor resultado electoral da súa historia, de tal modo que hoxe somos a segunda forza política do país e estamos en disposición de afrontar con éxito o reto de liderar o Goberno de Galiza". No ano 2016, lembrou a líder nacionalista, o BNG deu paso a "unha nova equipa para coller as rendas da organización", asumindo responsabilidades e conformando unha Executiva Nacional que "mesturou con acerto a experiencia e a renovación, como demostran os resultados en termos electorais e sociais". "Ese acerto é o que buscamos repetir coa candidatura que hoxe sae deste consello nacional que, en esencia, consolida unha equipa que demostrou a súa capacidade para levar o BNG á maior cota de apoio social da súa historia", indicou Pontón antes de engadir que desexa "seguir traballando e sumar a máis galegos e galegas ao proxecto do Bloque para darlle a Galiza un futuro mellor". Na súa intervención, Pontón dedicou unha mención especial ao traballo e dedicación das catro persoas que saen, "por decisión propia", da actual executiva nacional: Susana Camba, Duli Diniz, Xosé Manuel Marcote e Xosé Emilio Vicente. Ademais, tamén falou dos seus catro novos membros: Lucía López, Breixo Lousada, Lois Pérez Castrillo e Manuel Lourenzo. "Sei que ides dar o mellor de vós para lograr todos os grandes retos que temos por diante como organización, que son moitos e moi ambiciosos", afirmou. Ademais destes nomes, destacan os do número dous, Luís Bará ; Xavier Campos, número tres; Rubén Cela, que ocupa o posto número catro; Carme da Silva e Olaia Ledo, en quinto e sexto lugar, respectivamente; Bieito Lobeira no oitavo e a devandita Lucía López na novena, sendo a primeira das caras novas na candidatura. Para a portavoz nacional esta candidatura será a que pilote "un novo ciclo político" no que o Bloque ten a obriga de "seguir interpretando acertadamente o momento social", resaltando o acerto da formación en optar por "un discurso claro é actualizado, pola unidade e pola coherencia". "Acertamos manténdonos firmes nos nosos principios, que nos permitiron endereitar o rumbo do barco", concluíu. XVII Asemblea Nacional Con respecto á Asemblea Nacional do vindeiro 7 de novembro na Coruña, que fechará un ciclo do BNG e dará o pistoletazo de saída a outro co "gran obxectivo" de "liderar o Goberno de Galiza en 2024", Pontón puxo en valor o "traballo intenso e inmenso da militancia, o principal valor da organización", así como a escolla dunha liña política "que conseguiu conectar con miles de galegas e galegos" "Sen renunciar a ningún dos nosos principios conseguimos situarnos como a alternativa ao PP, cun discurso claro e actualizado, centrado nas preocupacións da cidadanía e ofrecendo alternativas e solucións aos problemas que impactan de cheo nas familias, na clase traballadora, nas persoas autónomas, nas pequenas e medianas empresas", explicou. Entre os retos para os vindeiros anos, a portavoz do BNG avogou por "fortalecer a organización e ensanchar a base social", "avanzar nas eleccións municipais", "aumentar a representación nas Cortes do Estado como garantía de defensa dos intereses da Galiza ante o Goberno central" e "sentar unhas bases sólidas para lograr o obxectivo de presidir o Goberno de Galiza en 2024". "Galiza necesita un novo rumbo, e non podemos escatimar esforzos para pór fin á desfeita das políticas do PP de Feixoo e ás nefastas consecuencias da súa submisión ao centralismo madrileño. Temos que evitar que o descontento neste contexto de crise económica provoque pasotismo, frustración e desmobilización entre a xente, porque iso só favorece ás forzas políticas que queren manter un status quo, un madricentrismo nocivo para Galiza", finalizou unha Ana Pontón que non se quixo despedir sen lanzar a mensaxe de que da Asamblea Nacional da Coruña sairá "un BNG con máis forza que nunca para traballar a favor da Galiza e da súa xente". |
NOS_34106 | O pasado 11 de marzo publicouse o último libro de Alberte Blanco Casal, Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo, unha análise concienciuda das relacións de poder entre as elites e as potencias en loita pola hexemonía mundial. O autor verinense, despois de tres anos de traballo, expón na súa obra a estratexia do capitalismo financeiro así como a evolución das elites que controlan o mundo demostrando que o que ocorre no noso país e en diferentes partes do planeta non é alleo ás manipulacións duns grupos que controlan os resortes do poder global. | Advirte na publicación do desarme ideolóxico da esquerda e critica o que denomina "as alternativas brandas de carácter altermundista". Considera que a esquerda renuncia ao pensamento forte e está a regalarllo á dereita? O capitalismo, na súa fase neoliberal, desde a década dos 70 até hoxe, viviu un rearme clarísimo. A combinación entre a ofensiva neoliberal e a caída do sistema socialista clásico resultou un mazazo moi forte ás orientacións de esquerda e ás organizacións progresistas. Isto entendeuse como unha especie de derrota histórica. Desde esa época a esquerda estivo dando bandazos; isto non significa que a todos lles afectase da mesma maneira, pero o que é evidente é que as transformacións profundas que se produciron desde a nova fase neoliberal foron cambiando as formas de pensar da sociedade. O capitalismo acumulou unha gran riqueza e gañou moito poder, pero tamén na esfera superestrutural, a nivel ideolóxico, mudou o pensamento da xente, que se fixo máis egoísta e individualista, debilitando a tradiciónal cultura solidaria da esquerda. Produciuse entón unha rotura ideolóxica importante no pensamento progresista. Por unha parte, un sector da esquerda radicalizouse de forma artificial mentres outros evolucionaban cara á socialdemocracia dun modo absolutamente irresponsábel e oportunista. Polarizouse cara aos dous lados evitando unha saída máis pensada sobre as razóns de por que ocorrera a vitoria neoliberal; e segue enfrascada na actualización do seu pensamento progresista, sen lograr aínda a formulación dunha estratexia acaída para a "derrota" do sistema liberal capitalista. Tendo en conta que o neoliberalismo vive unha fase na que se atopa máis débil que noutras épocas, penso que esa debilidade non se está aproveitando da mellor maneira pola esquerda. No libro expoño que o poder que teñen as elites é moi grande, por iso non debe sorprendernos que teñamos enormes dificultades para superar esta fase. Un exemplo é a viaxe de Greta Thumber que fixo nun veleiro de alta tecnoloxía desde Europa até Nova Iorque cun custo de 40.000 dólares. A súa argumentación era que ela non utilizaba o avión porque contaminaba máis; pero non, contaminan máis os investimentos necesarios para esa viaxe, Destaca no seu traballo "a trampa neoliberal subxacente no proxecto ambientalista", a que se refire? Unha das razóns do éxito neoliberal foi o deseño dunha estratexia que dividise a esquerda. E lográrono. Hoxe en día estase perdendo perspectiva: se un se entretén en distintas parcelas que só afectan a sectores concretos, deixa de lado a estratexia de cambio xeral que axudaría a solucionar moitos outros problemas. Unha desas trampas é a ambientalista. Non quero dicir que a loita medioambiental sexa unha trampa neoliberal no seu conxunto. O curioso é que toda esta loita, lexítima, necesaria e indispensábel para defendérmonos dos ataques das multinacionais, foi asimilada polos neoliberais a través de múltiples organizacións medioambientalistas internacionais. Un exemplo é a viaxe de Greta Thumber que fixo nun veleiro de alta tecnoloxía desde Europa até Nova Iorque cun custo de 40.000 dólares. A súa argumentación era que ela non utilizaba o avión porque contaminaba máis; pero non, contaminan máis os investimentos necesarios para esa viaxe, que resulta unha alternativa irracional. Porén, todo o mundo estaba obnubilado con esta rapaza tan nova, que seguro estaba chea de boas intencións, pero manipulada por un poderoso sector vinculado ás finanzas internacionais. Non todo é tan romántico e máxico, hai uns poderes bastante sinistros que están detrás desa manobra para atraer a atención da xente. Estase a amañar unha transición sociofinanceira na cal as mesmas persoas que antes se lucraban contaminando o noso planeta, agora pretenden facer negocio mediante as cuestións ecolóxicas; pero non polo interese do planeta, senón por razóns exclusivamente económicas, financeiras e políticas. Cuestiona nunha parte do volume o discurso hexemónico da esquerda a respecto da emigración e de determinadas formas de entender a solidariedade. Por que lle interesa ao sistema capitalista a migración? A inmigración prodúcese por razóns obxectivas, como desequilibrios no benestar e na riqueza, ou a explotación do gran capital en distintos países do mundo. Para roubar esas riquezas é necesario controlar politicamente as zonas da periferia e, unha forma de facelo, é desestabilizándoas desde o punto de vista militar, o que produce grandes desprazamentos de xente polas guerras, os atentados terroristas e a propia actividade destrutiva do capital. Como se produce todo o trafego de persoas do norte de África a Europa? A través de mafias que cobran cantidades inxentes aos que queren fuxir desa situación de extrema pobreza e violencia; mais tamén a través do propio sistema. Os traficantes de persoas que están no norte de África traballan co permiso da OTAN polo que, se non se liquidan esas mafias é ben porque as crean eles, ben porque as toleran. A isto súmaselle o problema de natalidade de Europa, que necesita unha gran cantidade de traballadores e traballadoras, como é o caso de Alemaña, que cubran ese déficit. Unha forma de conseguir man de obra é ir aos campos de refuxiados sirios, onde hai persoas moi cualificadas que están fóra do seu país, e o que se intenta é unha operación de dobre sentido: atraer a esa xente cualificada a Europa e, ao mesmo tempo, destruír o Estado sirio. É unha estratexia económica e militar con aparencia humanitaria. O discurso fácil sería dicir que se abran as fronteiras de Europa, pero iso, se non leva unha reflexión máis profunda de por que ocorren estas cousas, nunca será a solución. En África hai millóns de persoas en situacións moito máis críticas que as das que poden pagar a viaxe a través do Mediterráneo. A esquerda perdeu a capacidade de afondar nos problemas, por iso falo das trampas neoliberais: cando un se conforma coa alternativa que lle dan desde a Unión Europea, a esquerda perde o discurso, e quen recolle a súa incapacidade de facer unha crítica aos culpábeis reais é a extrema-dereita. Pero esta non fai a análise da esquerda, simplemente di que non quere inmigración. A esquerda está atrapada nas súas propias trampas e, se non fai unha reflexión crítica, estará traballando a favor da estratexia neoliberal. Ninguén se pregunta quen pon o diñeiro para os barcos das ONG? Hai alguén que as está financiando e non son millóns de persoas de esquerda ben-pensantes, son multinacionais que pon eses barcos nas zonas onde se van producir os traspases. Saben perfectamente onde está o problema. Defende que a contradición principal a nivel global se produce "entre a globalización neoliberal coa soberanía das nacións" e por conseguinte "ao imperialismo co soberanismo". Como se concreta isto no plano da acción política á marxe de consideracións doutrinais? O que se leva dicindo desde a esquerda nacionalista e anti-imperialista é que a contradición principal está entre o imperialismo e o nacionalismo. O capital transnacional explota todos os pobos do planeta, que non teñen capacidade para defenderse, incluída a clase traballadora do primeiro mundo. Co imperialismo, mentres non exista unha autoorganización, con capacidade suficiente, de cada un dos países, non hai solución, pois vai impor o seu criterio porque ten a capacidade militar, tecnolóxica, cultural e mediática para darlle unha capa mesmo progresista a esa agresión. Se gaña case sempre o imperialismo é grazas á debilidade da capacidade de resistencia das nacións. Isto vémolo na Galiza, na nosa dificultade para xestionar o que queremos ser. Por exemplo, temos grandes problemas para defendernos das eólicas impostas polos grandes consorcios internacionais. Eis a contradición entre os poderes globais e as nacións, sobre todo as nacións sen estado. Que non poidan controlar a China e Rusia, que contan cunha gran parte considerábel da superficie e da poboación do planeta, con enormes recursos naturais, poder económico e militar, créalles un problema gravísimo. Centrándonos nas derivadas económicas da pandemia, afirma que sempre existiron "alquimistas encargados de transformar as crises en ouro para as súas arcas sen fondo". Quen son os alquimistas desta nova crise? Non me refiro exclusivamente á pandemia, senón ás crises de carácter financeiro. Sobre a pandemia, eu non son dos que cre que as cousas pasan por casualidade, si é certo que en xeral hai problemas espontáneos, mais a maioría das cuestións non o son. Con novos alquimistas refírome ao poder financeiro, aos grupos de poder que controlan o planeta a través da banca internacional, das súas transnacionais e de grupos de presión. Estamos falando dun poder que xa sobrepasa o que racionalmente se podería estabelecer como unha oligarquía clásica con gran capacidade de manipulación e de someter gobernos. Estes grupos de presión poden acelerar o desenlace dunha crise no seu beneficio ou mesmo creala, porque teñen a capacidade necesaria a todos os niveis. Poden controlar o devir do planeta sen facer grandes esforzos pois teñen controlados os grandes resortes que moven o mundo. Hoxe en día xa non existen "dous bandos" de poder como cando existía o antigo campo socialista. Non obstante, a China e Rusia, a pesar de estar dentro do sistema neoliberal empregan unhas regras de xogo cada vez máis nacionalistas en defensa dos seus intereses, o que está a crear unha crise do sistema neoliberal e das elites a nivel global. Que non poidan controlar a China e Rusia, que contan cunha gran parte considerábel da superficie e da poboación do planeta, con enormes recursos naturais, poder económico e militar, créalles un problema gravísimo. Até que punto a agresividade de Biden contra Rusia e a China non é a expresión da debilidade dos Estados Unidos e unha mostra do temor a perder a hexemonía a nivel internacional? EUA é un país que todos percibimos como hexemónico en Occidente e, formalmente, así é, pero o poder é transnacional. EUA é o país máis potente, rico e desenvolto tecnoloxicamente do mundo, cunha gran capacidade militar e pode exercer a súa forza en calquera punto do planeta. Pero está nunha fase decadente polo crecente poderío militar ruso e a imparábel economía chinesa nesta nova dialéctica entre hexemonismo e cooperación internacional na que Rusia e China teñen moito que dicir. Biden representaría, nesta división enorme que vemos a nivel mundial, o sistema neoliberal clásico dos EUA. Non obstante, Trump no ano 2016 e o Brexit que se inicia case nesa época son feitos paralelos que cuestionan ese modelo. A faceta agresiva de Biden só é unha maneira de encubrir a debilidade crecente dos Estados Unidos e da orde neoliberal. Afirma que en Europa e no Estado español hai unha imaxe estereotipada de Trump. Partindo diso, en termos políticos, que representa Trump e que representa Biden? Trump representa o capitalismo proteccionista americano que viu que nos últimos 40 anos unha gran parte da poboación empobreceu bastante. Necesitaban alguén que tivese unha gran capacidade de comunicación e que conectara cunha gran parte do pobo normal, máis próximo aos problemas da xente común, e Trump soubo pórse ao nivel dese sector traballador. Como nos EUA non hai unha forza de esquerdas o suficientemente potente, o que fixo Trump foi atraer esas masas de persoas descontentas para dicirlles que quería facer América grande outra vez e, desde o punto de vista da dereita conservadora, fixo unha revolución positiva para unha parte dos americanos. Incluso, moitas das eivas de Trump en cuestión de discriminación social tamén as vemos en Biden, que lles acaba de dicir a todos os inmigrantes que queden na súa casa cargándose o seu discurso electoral. Cando falo das trampas neoliberais tamén me refiro a isto. EUA é un país complexo no que o problema real non son os presidentes senón quen está detrás manipulando todo isto. Eles son só as cabezas visíbeis que están diante do escenario. Trump tiña moita personalidade, Biden non tanta pero non a necesita porque, controlando os medios como os controla, non lle fai falta; pode pór o seu discurso en calquera parte chegando a millóns de persoas. Nos EUA os problemas non se resolven, podrecen, quedan aí de por vida veña un partido ou veña outro. Inglaterra considérase como un país que perdeu o seu imperio e iso non é certo, pois segue manexando unha gran parte do volume de movementos financeiros internacionais. George Soros amosouse moi crítico coa vitoria do Brexit e co triunfo electoral de Trump en 2016. Uns feitos que vostede considera unha derrota das elites globais. Como chega a esa conclusión? É unha derrota momentánea. Existen movementos moi sutís que están provocando cambios moi profundos no sistema neoliberal sen saír á vista máis que a través de cambios como Trump ou como o Brexit. O Brexit é un cambio histórico cunha transcendencia enorme que non ocorre como capricho, é unha xogada de longo percorrido que soamente a pode facer un país como Gran Bretaña cunha capacidade de pensamento e de intelixencia militar enorme. Inglaterra considérase como un país que perdeu o seu imperio e iso non é certo, pois segue manexando unha gran parte do volume de movementos financeiros internacionais. No libro intento descubrir cales son as zonas que teñen a capacidade de dirixir o planeta, que están parindo ideas e que nós as estamos a seguir como ovellas, e unha delas é Londres. Soros xoga un papel moi importante. Está vinculado ao tema de inmigración, das drogas, das finanzas, polo que era un personaxe moi interesante de analizar. El representa unhas elites clásicas neoliberais da alta finanza, e esta estaba en contra do Brexit. Unha das cousas que eu poño de manifesto no libro é que nada é branco ou negro. En realidade, as elites neoliberais crearon un sistema complexo no que xogan a varias bandas collendo finalmente a tendencia que mellor lles resulte, como ocorreu nas guerras napoleónicas. É unha forma de gañar sempre. Comeza unha nova fase que non rematou nin co triunfo de Biden nin co do Brexit. Hai unha división enorme entre as elites e hai unha loita de poder que xa se verá como acaba. Cómpre ver a evolución dos feitos e non os feitos en si mesmos. A Unión Europea está desaparecida como bloque rexional autónomo, ao tempo que debe enfrontar as consecuencias do abandono do Reino Unido. Que futuro lle augura? O problema da UE é que está nunha situación case de morte cerebral, como dicía Macron, está nunha situación crítica. Xa o vimos coa vacina sueco-británica AstraZeneca; se fose doutro país menos importante esta vacina estaría completamente apartada. A UE está moi manipulada por Londres e polos EUA e algúns non se decatan. Na medida en que non sexa capaz de independizarse destes, Europa non terá futuro. A situación entre Rusia e a China vai acabar nunha alianza estratéxica a medio prazo que eu chamo euroasiática, e Europa deberá decidir que quere facer. Agora mesmo é un xogador un pouco noqueado e sen perspectiva. |
PRAZA_13276 | Jesús Vázquez afirmaba, tras aprobar o "decreto do plurilingüismo", que en "máis do 60%" dos centros de ensino a lingua galega primaba sobre a castelá. A Consellería recoñece agora que sabía que o idioma propio era "minoritario" entre o alumnado. | Eran meses convulsos. Despois dunha campaña electoral na que o PP axitara con medida precisión a bandeira dunha suposta "imposición" lingüística a chegada de Alberto Núñez Feijóo a San Caetano fixo prender as alarmas en boa parte da comunidade escolar, nos sindicatos educativos e nos movementos de defensa da lingua. O novo presidente prometera ata a saciedade derrogar o decreto 124/2007 de promoción do galego no ensino e substituír os seus preceptos -un "mínimo" de 50% de materias en galego- por "unha casilla no sobre de matrícula" a través da cal as familias do alumnado condicionarían a distribución dos idiomas entre materias. A finais de abril, co Executivo conservador xa constituído, o novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, concedía as súas primeiras entrevistas nas que, como moitos dos seus compañeiros de gabinete, daba mostras da locuacidade propia de quen nunca antes pisara a primeira liña política. Facíao, por exemplo, ao responder ás preguntas do Faro de Vigo, ao afirmar que o Goberno bipartito pasara "o rodete", ata o punto de que "coñezo moitos exemplos de situacións nas que se imparte en castelán só unha materia". Fronte ao discurso público a consellería, tal e como ten informado Praza, xa era consciente de que a posición da lingua propia era "moi desfavorable" nas aulas do país. Coa Secretaría Xeral de Política Lingüística aínda vacante Vázquez reafirmábase naquela primeira entrevista na teoría da "imposición". "Unha persoa pódese trabucar, cando se fala de milleiros, non", ilustraba, en referencia ao resultado electoral". Ademais, dicía, a educación "debe evolucionar coa sociedade". Estas primeiras declaracións aplacaban, cando menos en parte, as ansias dos grupos contrarios ás medidas de normalización da lingua galega que, como a asociación viguesa Galicia Bilingüe, xa se erixían daquela en "vixilantes" do cumprimento das promesas electorais dos populares. Non os deixou tan tranquilos o segundo movemento orgánico efectuado polo Executivo na materia. Nos días previos ao Día das Letras dese mesmo 2009, o primeiro con Feijóo na Xunta, dende San Caetano anunciábase a sorpresiva designación do lingüista Anxo Lorenzo como novo responsable de Política Lingüística. Lorenzo, que defendera vivamente en público o decreto do bipartito, mesmo chegara a colaborar coa súa antecesora, do PSdeG. Vázquez aseguraba en 2010 que o galego primaba nas aulas, agora a Xunta recoñece que a súa posición era "moi desfavorable" fronte ao castelán Pero a relativa tranquilidade entre a comunidade escolar e os grupos a prol do galego durou moi pouco, nomeadamente, ata que o 5 de xuño Lorenzo comparecía en público por primeira vez. Facíao xunto ao conselleiro e para presentar a enquisa que, anunciaban ambos, supuña "o primeiro paso para a derrogación" da normativa lingüística coa que noutrora concordara o novo secretario xeral. "Os obxectivos son superar a conflitividade e solventar os problemas de legalidade suscitados polo anterior decreto", afirmaba Vázquez que, de novo, volvía teimar nun teórico "desequilibrio" entre galego e castelán. O inquérito, a contratación dunha empresa privada para sistematizar os resultados, 19.800 euros para realizala e 90.000 euros máis para publicitala na prensa seguiron a caldear os ánimos mentres o novo decreto non daba chegado, algo que acontecería no serán do 30 de decembro, nunha convocatoria vespertina do Consello da Xunta que non se volveu repetir ata o momento. En pleno proceso de elaboración do decreto e con dúas masivas manifestacións máis ás súas costas, en marzo de 2010 Jesús Vázquez volvía asegurar que "a sociedade" quería "volver ao equilibrio" entre as linguas, xa que en "moitos" colexios o galego primaba sobre o castelán, insistía. "Máis dun 20% dos centros impartía ou imparte máis dun 80% das materias en galego e máis do 60% supera o 50%", mantiña. "Abriuse a porta á inmersión lingüística", condenaba. Con estes números Vázquez xustificaba un teórico privilexio do galego que, dous anos despois, o Goberno galego recoñece que non existía. Como ten detallado este diario, "ao inicio da vixencia" do chamado decreto do plurilingüismo o "uso do galego por parte do alumnado" era "minoritario" na "xeralidade dos centros galegos", "especialmente nas provincias atlánticas" e "nas sete cidades máis poboadas", nas que a presenza do galego entre o estudantado "poderíase dicir que é escaso". Malia este recoñecemento non é previsible que haxa mudanza ningunha xa que, no propio mes de marzo de 2010 Lorenzo sinalaba, a preguntas dos xornalistas, que non habería incrementos do número de horas lectivas e de materias en galego aínda que ficase constatada unha redución de competencias entre o alumnado no uso e comprensión da lingua propia de Galicia. |
PRAZA_15458 | Milleiros de afectados polos produtos financeiros da actual Novagalicia Banco percorren as rúas luguesas para esixir a devolución dos seus aforros e rexeitar a quita pactada entre o Goberno central e a UE | Aseguraron que manterían a súa loita na rúa e estano a cumprir. Máis de 3.000 persoas afectadas polas participacións preferentes e as subordinadas das antigas caixas de aforros galegas volveron saír á rúa, desta volta en Lugo e cadrando con protestas semellante en todo o Estado, para denunciar a "estafa" á que as someteu a actual Novagalicia Banco e para esixir a devolución dos seus aforros, reclamacións que veñen realizando dende hai moitos meses e á que agora se engade unha máis: que o Goberno central non aplique a quita pactada coas autoridades europeas no marco do rescate bancario. "Estafados polos bancos, expropiados polo Goberno", rezaba a pancarta principal dunha mobilización que tivo como escenario en parte do seu percorrido o adarve da Muralla romana da cidade. Bandeiras de Nunca Máis readaptadas a estas novas reivindicacións ou carteis con alusións directas á responsabilidade da Xunta serviron para ilustrar unha protesta na que o voceiro dos afectados lugueses, Javier Novo, explicou a súa frontal oposición á quita, isto é, a que o Estado avale a perda de parte dos aforros. "Non estamos disposta a aceptar ningunha quita porque, como eles mesmos recoñeceron, as prefernetes foron un produto mal comercializado". "Non estamos dispostos a aceptar ningunha quita, que recoñezan a fraude xeralizada, sobre todo á xente maior" "Somos aforradores, non especuladores", coreou a multitude, á que apoiaba o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, ademais de outros representantes do Bloque e tamén de Alternativa Galega de Esquerda. Mentres, dende a plataforma de afectados Novo explicitaba que a única petición que se está a realizar nestas protestas é a devolución "dos nosos cartos". "Que se recoñeza a fraude xeralizada e a estafa, sobre todo á xente maior", a mesma, que, lembra, xa está a protagonizar outras accións de protesta como peches en caixeiros, froito da desesperación. O manifesto ao final da marcha, ante o edificio administrativo da Xunta na cidade, incidiu na mesma liña. Cómpre a devolución do "100% dos aforros" das persoas "estafadas", maís aínda cando agora o Goberno central ten, a través do FROB, na súa man os cartos enviados pola UE para sanear a banca. Tamén en Bruxelas "están ao noso favor", afirman o voceiros dos afectados, en cuxa opinión os únicos "refractarios" a resolver o conflito satisfacendo a quen foi estafado "son a Xunta e o PP". Ao PP dirixiuse tamén durante a marcha Francisco Jorquera. Para o nacionalista, a Xunta debe "buscar unha saída global aos milleiros de persoas afectadas" polas preferentes, a comezar por "impugnar" o decreto do Goberno central "que permite a "expropiación dos cartos", isto é, a devandita quita. A xuízo do voceiro nacionalista na Cámara a Xunta só tentou "apaciguar os ánimos" durante a campaña electoral das autonómicas abrindo a vía da arbitraxe de consumo, un recurso que agora está "paralizado". Mentres, "non é de recibo" que as persoas enganadas poidan chegar a perder "ata o 70%" do seu diñeiro, recibndo o resto en accións que, por outra banda, os afectados "non poden vender, porque Novagalicia Banco está intervida". |
PRAZA_5715 | Un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas a PP, PSOE, AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas. Nalgúns casos, coma UPyD, C'S, Pacma ou CxG, con resultados importantes nalgúns concellos. | As eleccións europeas son uns comicios que habitualmente tenden a dispersar o voto. A circunscrición única incrementa as opcións para as candidaturas minoritarias e o propio perfil das eleccións leva a facer un voto máis ideolóxico ou de simpatía ca ligado á xestión. Este domingo PP e PSOE só sumaron o 56,89% dos votos en Galicia (fronte ao 85,3% de hai cinco anos), pero de igual xeito un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas tamén a AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas. Esta cifra é a suma dos resultados das distintas candidaturas, dun tres por cento de voto en branco (29.927) e dun número semellante de votos nulos (26.714, o 2,58%). A porcentaxe de votos nulos ou brancos foi moi semellante á rexistrada nas últimas eleccións autonómicas. Un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas a PP, PSOE, AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas Destaca, para comezar, o crecemento experimentado por UPyD, que cun 3,47% e 35.099 votos acada o seu mellor resultado relativo en Galicia, multiplicando por 2,5 os seus resultados de hai cinco anos. A formación liderada por Rosa Díez está lonxe, iso si, da súa media de voto en todo o Estado (6,5%), pero consegue resultados moi notables, sobre todo nas cidades. O 4,39% ao que chega na Coruña, o 3,84 de Ferrol, o 4,06% de Santiago, o 3,74 de Ourense, o 4,45 de Pontevedra, ou o 3,96 de Vigo deixaría a formación maxenta preto de obter un concelleiro nas eleccións municipais. Tamén son destacables as súas cifras en Ames (5,32%), Arteixo (5,18%), Cambre (5,65%), Narón (4,64%), Oleiros (5,53%) ou Marín (4,1%) Nestas eleccións UPyD mantivo unha competencia moi intensa con Ciudadanos, outra das formacións que acadaron un éxito importante nos comicios, obtendo dous escanos. En Galicia os seus resultados foron máis modestos que en Catalunya e que noutras zonas do Estado, pero aínda así o 1,61% dos votos obtidos na nosa comunidade (16.309) son dende logo unha cantidade notable de apoios. Ao igual que UPyD, C'S obtén os seus mellores resultados nas cidades, destacando o 2,95% que levou na Coruña, o 2,17% de Ferrol, o 2,67% de Santiago, o 2,21% de Ourense, o 2,49% de Pontevedra, ou o 2,21% de Vigo. Tamén son destacables as súas cifras en Ames (3,05%) ou Cambre (2,45%) A oitava forza política en Galicia foi o Partido Animalista, PACMA, que tamén superou o un por cento dos votos (1,07%), cun total de 10.871. Galicia foi, de feito, unha das comunidades autónómas nas que esta forza obtivo os seus mellores resultados, só por detrás dos que levou en Canarias, Baleares ou a Comunidade Valenciá. PACMA superou o un por cento en case todas as cidades galegas, destacando por exemplo os máis de mil votos obtidos na Coruña ou os máis de dous mil que levou en Vigo (1,89%). O caso de Compromiso por Galicia é singular neste capítulo de outros. A diferenza doutras formacións, esta si ten unha forte implantación en varios concellos, o que fai que acade importantes porcentaxes de voto nalgunhas localidades. En conxunto, CxG obtivo 9.641 votos, o 0,95% do total, un resultado lixeiramente inferior ao obtido nas eleccións autonómicas de hai dous anos (1,01% e 14.459 votos). Os seus resultados máis importantes acádaos en Vilar de Santos, onde foi a forza máis votada, cun 63,41% dos votos, pero tamén en Muros (6,66%), Lalín (4,1%) e Betanzos (3,09%), ou noutras localidades coma Ames (1,83%), Compostela (1,6%) ou Carballo (1,3%). Vox non acadou o eurodeputado que buscaba, e tampouco en Galicia se pode dicir que destaquen os seus resultados, apenas 7.790 votos, o 0,77% do total. Porén, si chama a atención o 1,81% que levou na cidade da Coruña, 1.648 votos. Nas restantes cidades galegas rolda o un por cento, pero por debaixo dos datos da urbe herculina. Outras formacións que tamén obtiveron un bo número de votos en Galicia son Escanos en Branco (7.914 votos, o 0,78% do total); Movimiento Red, con 7.560 (o 0,74%); Primavera Europea, a coalición na que se integraba Equo, con 6.952 (o 0,68%); o Partido X, con 5.006 (o 0,49%); os Piratas, con 3.284 (o 0,32%); Recortes Cero, con 2.428 (o 0,24%); o PCPE, con 2.223 (o 0,22%); ou o Partido da Terra, con 2.185 (o 0,21%) |
NOS_29999 | Na segunda feira botou a andar o primeiro dos obradoiros que integran este 2021 a Escola das Letras que organizan Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra. Logo de que a edición de 2020 tivese que ser adiada até o último trimestre do ano, conversamos coa persoa que fechou a primeira edición e abre agora esta, a escritora Inma López Silva. | Esta segunda feira botou a andar en Vigo a segunda edición da Escola das Letras, que organizan a Deputación de Pontevedra e mais a Editorial Galaxia. A encargada de abrir este novo curso da escola, que polo de agora decorrerá só de modo telemático, foi a escritora Inma López Silva. A autora, que fechara a primeira edición, trae agora o taller "Tod@s temos unha historia que contar", que decorre os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 e 26 de abril; e 3, 10 e 24 de maio. En cada aula virtual vai haber un máximo de 15 persoas, mais o obradoiro decorrerá tamén desde a sede da Deputación na cidade de Pontevedra a partir da cuarta feira 17 de marzo, e os días 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; e 5, 12 e 19 de maio. En conversa con Nós Diario, Inma López Silva explicou que "'Tod@s temos unha historia que contar' consiste nun percorrido polos elementos que son necesarios para contar unha historia en formato narrativo". "Imos facer exercicios prácticos arredor de todos os factores estruturais que fan falla para estruturar un argumento, desde o propio medo ao papel en branco até o deseño das personaxes, ou como se organizan os espazos, ou que tipo de finais podemos realizar", explica a escritora, que insiste en que "do que se trata é de que a xente escriba e de que ao final do obradoiro o alumnado teña todo un arco de ferramentas para construír un bo relato, ou un relato breve, unha boa novela...". En relación co formato en liña dos obradoiros, a autora, que xa realizou o seu taller da primeira edición da Escola das Letras deste modo, Inma López Silva reflexiona: "É pracenteiro, pero non é o que debía ser, porque cando estamos a falar de actividades creativas hai algo na presenza de todas as outras que te retroalimenta". "Pérdese un pouco de comunicación mais tamén aprendemos a mirarnos doutro modo, con outra atención", engade López Silva. Sobre o que agarda do taller, afirma que "estas cousas acaban formando parte dun proceso que ten que ver co aprender da lingua galega, que é aprender e ensinar". "Eu podo pór unha serie de ideas da creación literaria mais as persoas que están do outro lado tamén son autoras pondo aí a súa creatividade, e xa non é só un obradoiro senón un espazo de literatura". A Escola oferta seis cursos impartidos por Antonio García Teijeiro, Anna R. Figueiredo, Diego Giráldez e Elvira Ribeiro Tobío. Todos os obradoiros están completos e con listaxes de agarda, que permanecen abertas a novas inscricións. |
PRAZA_9115 | Xulia foi saíndo da infección coa lentitude propia dunha sibarita e totalmente abrigada por xente que se dedica a salvar vidas | Con catro meses de xestación, á miña filla Xulia diagnosticábanlle unha cardiopatía conxénitaCon catro meses de xestación, á miña filla Xulia diagnosticábanlle unha cardiopatía conxénita. Trátase dunha "tetraloxía de fallot". Non é das máis graves pero, no seu caso, si posuía certa complexidade. Foron días que pasaban lentos entre prognósticos esperanzadores e longos silencios no sofá do salón. Ademais, ao carón dun sofá sempre hai unha manta baixo a que desaparecer. En pleno mes de xullo. Tania, a súa nai, decidía continuar co embarazo. Comunicoumo na terraza dun bar habitual chamado "Maloserá", baixo o palio dunha caña e unha clara de limón. Aí choramos por segunda ou terceira vez. Quizais foi a cuarta. Non o faciamos por medo, era outra sensación, decataríamonos máis tarde.Afogados pola présa, pisamos a privada. Un especialista axudábanos a seguir respirando con optimismo. Lembro aquela charla dunha hora e tamén a despedida: "E non volvades por aquí, no Teresa Herrera da Coruña estaredes nas mellores mans". Porque nese hospital público traballa un dos equipos de cardioloxía pediátrica máis eficaces do meu planeta. Non é un hospital moderno. Para min, os seus corredores son deprimentes, tamén as súas salas de espera, os seus cuartos e o lavabo no que desinfectas as mans antes de atravesar a porta da UCI. Todos os hospitais teñen un exceso de penumbra. Mais nos despachos nos que atenden os profesionais desa unidade, detectas rapidamente a intelixencia, a precisión, a fría e necesaria contundencia dunha nave espacial.Pero co que non contabamos era co nacemento prematuro de Xulia. Cambio de perspectiva. O contratempo era importante. Pulmóns inmaduros, hipotonía acusada, a súa respiración, a súa alimentación, tubos, pulxioxímetros. O equipo médico do Álvaro Cunqueiro, de Vigo, con todas esas enfermeiras entregadas da unidade de neonatos, traballaba contra o tempo: Xulia tiña que salvarse, recuperarse e engordar porque, todo apuntaba, habería que sometela á operación de corazón –unha operación así- antes do previsto.Xulia foi saíndo da infección coa lentitude propia dunha sibarita e totalmente abrigada por xente que se dedica a salvar vidasO 6 de marzo de 2017 ingresabamos no Hospital Teresa Herrera. Ás 09:00h. do día seguinte, Xulia entraba en quirófano. Despois de nove horas de espera, o doutor Víctor Bautista, mago de profesión, comunicábanos que todo saíra ben. De novo o aire. Pero tres días despois, unha infección bacteriana provocáballe unha sepsis realmente grave. A esperanza era moi pobre. Non era doado saír dunha infección en sangue desa magnitude. "Se o seu corazón soporta isto, aguantará todo", sentenciaba Bautista no despacho como se falara dos futuros disgustos por desamor que Xulia terá que sufrir algún día. Dende Vigo, o seu pediatra e a súa cardióloga, os doutores Pumarada e Santamarina, permanecían atentos e, no WhatsApp, a doutora Coto Ocampo, pioneira da Neonatoloxía en Galicia, brillante profesional, a persoa á que lle debemos todo (a calma, a paciencia, o optimismo, a valentía, a fortaleza, o descanso) non deixaba de escribirnos parágrafos de oxíseno. Xulia foi saíndo da infección coa lentitude propia dunha sibarita e totalmente abrigada por xente que se dedica a salvar vidas. Logo dun mes e pico sedada, espertou sorrindo, linda, drogada e viva. Dura e, de xeito indudable, insistente.Cada vez que un profesional da sanidade emigra porque se lle rebaixa o soldo, ou vexo os doentes amontoados nos corredores de urxencias, recaio na hipocondriaEu son un dos desafortunados que non cre en Deus. Non apoio a miña existencia no divino. Toda a miña fe, a única que teño, está posta nos avances médicos. Só creo no progreso sanitario porque, dun xeito práctico, representa a verdadeira salvación. Por iso, cada vez que un profesional da sanidade emigra porque se lle rebaixa o soldo, ou vexo os doentes amontoados nos corredores de urxencias, a doutores queixándose dos recortes reais que nos desamparan, ás excusas ofensivas recomendadas por un gabinete asesor, a un político insistindo en que todo está controlado, recaio na hipocondria. Sufro a ansiedade de quen cre estar condenado a morrer só, sen alternativa; a impotencia de ver como desmantelan, sen remorsos, coa falla de empatía característica dos psicópatas, o meu proxecto de seguir vivo, ao que tanto tempo lle dedico.A estas alturas dos meus corenta e pico só pretendo que, se chega o momento, me curen. Que ninguén interrumpa con estupideces interesadas o meu tratamento. Por iso, como maniático, só confío nestas realidades: nos profesionais da sanidade pública como os que salvaron a Xulia, no inxenio de Hugo, o seu irmán (dende os 8 anos está a traballar cunha claridade desconcertante na futura vacina da inmortalidade), e nela e o seu xeito de subirse ás mesas para bailar.Xulia ensinounos que non existe o corazón perfecto. Fíxense que incluso hai xente que anda por aí sen el. |
NOS_52799 | O auto afea que a defensa "pareza afirmar" que a sentenza que condenou Santi Mina "adoece de incongruencia". | A Audiencia Provincial de Almería rexeitou a petición da defensa do futbolista Santi Mina de rebaixar a súa condena a catro anos de cárcere por abuso sexual por reparación do dano á vítima xa que, segundo remarca, esta circunstancia atenuante "non a solicitou en ningún momento" nin como "simple" nin como "moi cualificada" no xuízo. A xustiza deixa Santi Mina en liberdade e poderá xogar en Arabia Saudita O auto afea que a defensa "pareza afirmar" que a sentenza que condenou Santi Mina "adoece de incongruencia" cando a reparación do dano que se pide por consignar 50.000 euros de indemnización á vítima antes do xuízo "non foi nunca obxecto de debate" no procedemento. O tribunal da Sección Terceira tamén rexeita o solicitado pola defensa do futbolista en relación a deducir testemuño contra o avogado da vítima por "revelar" supostamente información sometida ao segredo profesional xa que "non hai pronunciamento algún na sentenza" sobre este tema, nin se trata "en absoluto dunha cuestión sometida a debate durante o acto de xuízo sobre a que deba pronunciarse a resolución xudicial". A avogada de Santi Mina, antes da vista para decidir o seu ingreso en prisión: "Non ten medo" "Sobre a súa solicitude no acto do xuízo no se deu ningún traslado ás demais partes mentres que a súa queixa ou solicitude ao final do acto, ao final do seu informe, non forma parte en ningún caso do obxecto de axuizamento e non cabe facer pronunciamento algún respecto diso da mesma na sentenza", afirma. Conclusións da Audiencia de Almería A Audiencia de Almería conclúe que, "de modo obvio", a defensa pode solicitar ao tribunal "os testemuños da causa que estime oportunos, sen que tal emisión sexa labor xurisdicional, e exercitar as accións xudiciais que entenda pertinentes en lexítimo exercicio do seu dereito". As investigacións forenses reforzan a versión dunha presunta agresión sexual cometida por Santi Mina Neste sentido, o alto tribunal almeriense si estima unha das alegacións para rectificar un erro nos apelidos do futbolista á hora de declarar as costas de oficio. A defensa de Santi Mina argumentou que a consignación por parte do futbolista de 50.000 euros para indemnizar á vítima antes de que se celebrase o xuízo por abuso sexual é unha atenuante "moi cualificada" de reparación do dano e pediu ao tribunal que lle condenou a catro anos de cárcere que lle aclarase a súa aplicación no fallo, o que suporía unha rebaixa substancial da pena. |
NOS_54118 | O 18 de maio de 1916 creábase na Coruña a Irmandade dos Amigos da Fala, a primeira organización política con vocación de masas do nacionalismo galego. Sería o xermolo que, coa pasaxe dos anos, daría lugar ao nacimento, en 1931, do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda. | A primeira Irmandade dos Amigos da Fala creouse o 18 de maio de 1916 no local que daquela ocupaba a Real Academia Galega na rúa Rego de Auga da Coruña da man do viveirense Antón Vilar Ponte, convocante da xuntanza, e arredor de 20 galeguistas máis, entre os que se encontraban seu irmán Ramón Vilar Ponte, Manuel Lugrís Freire ou Lois Porteiro Garea. Tras dela foron constituíndose outras agrupacións locais ata que, en 1931, se funda o Partido Galeguista, no que quedan integradas as 46 irmandades existentes que se repartían por toda Galiza e mesmo alén das súas fronteiras, en países con comunidades galegas de emigrantes. "Era un gran irmanamento dos que recoñecían Galiza como nación. Había diferenzas, claro, mais foron quen de, en torno a un mínimo común en chave patriótica, sumar, non restar" (Uxío Breogán-Diéguez) O nacemento das Irmandades da Fala non se produce no baleiro. Como antesala inmediata está a publicación en xaneiro desde ano, 1916, de 'El Nacionalismo gallego, nuestra afirmación regional', obra de Antón Vilar Ponte que recolle as palabras de Aurelio Ribalta, que chamaba desde o medio que dirixía en Madrid, 'Estudios Gallegos', a crear unha "liga de amigos da fala" para defender o idioma e o país. "Tratábase de reunir a todas as persoas defensoras do idioma e da existencia de Galiza", indica Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña, director da revista Murguía, e coordinador dunha obra sobre as Irmandades da Fala que sairá do prelo da man de Laiovento en mes e medio. Fala da importancia de persoeiros como os irmáns Vilar-Ponte ou Aurelio Ribalta, mais tamén de Rodrigo Sáenz, unha figura de referencia no agrarismo galego e polo que este movemento supuxo para entender as Irmandades. "Antes de 1916 había un traballo no agrarismo en chave galeguista, patriótica... e iso deu os seus froitos", sostén. Abrir un novo tempo Para Uxío Breogán Diéguez, a importancia das Irmandades da Fala reside en que "abriron un novo tempo, ensaiaron unha Galiza moderna, actualizada a respeito de Europa" ao tempo que foron quen de crear "toda unha constelación de proxectos e actividades", desde medios de comunicación (A Nosa Terra, 1916), até as 'escolas de ensiño en galego' (1924), pasando pola súa importancia no nacemento do Seminario de Estudos Galegos (1923), entre outras. Foi, sostén, a constancia no compromiso desde e para cun país, entendendo, interpretando e afirmando Galiza como unha nación. "Era un gran irmanamento dos que recoñecían Galiza como nación. Había diferenzas, claro, mais foron quen de, en torno a un mínimo común en chave patriótica, sumar, non restar". E en base a esa idea, explica este profesor da UDC, foron quen de deseñar, sendo conscientes das carencias do país, institucións, entidades... "Mais non so deseñalas ou pensalas, tamén crealas!, que é o máis importante". "Abriron un novo tempo, ensaiaron unha Galiza moderna, actualizada a respeito de Europa" Pulso do pobo Fronte a tentativa de presentar as Irmandades da Fala como algo propio de "notábeis vilegos", Uxío-Breogán destaca que eran algo moito máis amplo e rico que o que recolle esa cualificación reducionista. "En maio de 1916 creábanse na Coruña e axiña se estenderon por todo o país, tanto nas cidades como no rural", reiterando de novo a importancia do agrarismo para entender esta expansión. Ademais, a partir de 1923, hai tentativas no seo das Irmandades da Fala e por parte de xente como Ramón Vilar-Ponte ou Xosé Pasín (un dos nomes do anarcosindicalismo galego) de constituír unha "organización sindical propia, galega". Unha mostra de que as Irmandades tiñan vocación de servizo á maioría do país. |
NOS_10706 | A Rede Galega Stop Eólicos alerta dos graves problemas aos que se vai enfrontar a Galiza menos urbana se continúan adiante todas as tramitacións de polígonos en marcha. "Se o plan da Xunta en connivencia con determinadas empresas enerxéticas sigue adiante, estariamos diante da vulneración flagrante de Dereitos Humanos inalienábeis das persoas individuais e das comunidades rurais", din, ao aludir ás 275 peticións que virían a sumar muíños aos máis de 4.000 que xa están dentro da paisaxe do país. | O boom eólico na Galiza e o profundo rexeitamento social son ben coñecidos a nivel social desde hai meses, pero agora a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) fai unha advertencia máis alá de todos os puntos negativos que se resaltaron ante a tramitación de novos polígonos enerxéticos ao subliñar que o rural está nunha situación de "emerxencia social". O colectivo, que trasladou a información a través dos representantes Margarida Prieto (do Sindicato Labrego Galego) e Bruno Centelles (de SOS Groba e o Instituto de Estudos Miñoráns), tenta reducir o número de muíños que sen van instalar, e polo tanto o seu impacto, sinalando os efectos desa "invasión eólica do medio rural galego". "Amparándose na estratexia de transición enerxética, e nunha carreira por facerse polo fondos europeos da Covid-19 para a recuperación económica, o noso rural está a vivir un auténtico pesadelo: ducias de solicitudes en tramitación que criban as nosas aldeas coa instalación de aeroxeradores e liñas de alta tensión", lamentan. No momento actual hai perto de 275 peticións para pór en marcha outros tantos parques eólicos con máis de 7.500 mw. -só ligados a esas solicitudes novas- mentres que, atendendo á información do Observatorio Eólico da Galiza, en 2019 había instalados xa 4.026 muíños cunha potencia de 3.900 mw. "É unha invasión clara do medio rural: dos 4.000 aeroxeradores que temos instalados a metade están en municipios de entre 2.000 e 4.000 habitantes", lamenta o colectivo, que tamén lembra que outras comarcas enfróntanse á vez a esta explotación enerxética e a concesións mineiras tamén vixentes. Algúns exemplos do que está por vir Os exemplos que dan son sobre a presión eólica son o Parque Eólico Vilartoxo, que Green Capital, prepara para os municipios da Baña e Val do Dubra. Na zona está previsto instalar 303 aeroxeradores ademais dos 127 en funcionamento. Aliás, no Deza a mesma compañía ten previsto o polígono Alborín e Enel Green Power programa o Badulaque, que ocupará terreos dentro dos límites municipais das Pontes, As Somozas, Cedeira, Cerdido, Moeche e Valdoviño. "Este escenario implica deixar de coñecer o noso rural como o vimos coñecendo até o dagora. Galiza converteríase nun xigantesco parque industrial. As terras, os montes, converteríanse nunha paisaxe cada vez máis industrial, co abandono progresivo e crecente dos tradicionais mosaicos agroforestais", denuncia a RGSE. Isto implica, segundo incide, esa "emerxencia" na paisaxe, na "fragmentación dos hábitats", a perda da biodiversidade... Así, a rede considera que "se o plan da Xunta da Galiza en connivencia con determinadas empresas enerxéticas sigue adiante, estariamos diante da vulneración flagrante de Dereitos Humanos inalienábeis das persoas individuais e das comunidades rurais". |
PRAZA_16443 | Política Social atribúe a demora a "cuestións administrativas" que non aclara e resta importancia á vacante HEMEROTECA | A Xunta tutela máis de 3.000 persoas adultas con só 23 traballadores | HEMEROTECA | A Xunta tutela máis de 3.000 persoas adultas con só 23 traballadores A Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) asume a supervisión de máis de 3.000 persoas con só dúas ducias de traballadores e sen ninguén á fronte da súa dirección-xerencia desde hai xa tres anos. A entidade vén acumulando sentenzas que evidencian a súa incapacidade para atender de xeito adecuado a todos os seus tutelados, responsabilidade que deita noutras entidades sociais. Porén, a Xunta resta importancia a esa vacante para o funcionamento da fundación e atribúe a demora en cubrila a "cuestións administrativas" que non aclara. Política Social atribúe a demora a "cuestións administrativas" que non aclara e resta importancia á vacante Hai agora tres anos, o 2 de marzo de 2015, o padroado da Funga acordou convocar un proceso selectivo para ocupar a vacante da súa praza de dirección-xerencia. O mesmo padroado declarou deserto ese proceso selectivo o 17 de decembro de 2016, decisión que non se publicou no Diario Oficial de Galicia ata o 27 de marzo de 2017, dous anos despois da convocatoria. E tres anos despois esa praza segue baleira. Hai máis de catro meses, cando este diario publicou unha serie de informacións sobre as eivas na atención que a Funga dá aos seus tutelados, a Consellería de Política Social, da que depende a fundación, respondeu que "neste momento está próxima a cobertura desta praza". Malia que entre outras cuestións se lle preguntaba se a entidade está a funcionar correctamente sen esa figura, a consellería eludía a cuestión e limitábase a responder que "en todo momento se cubriron as funcións e responsabilidades inherentes a ese cargo". A directora xeral de Familia tivo que comparecer no Parlamento, onde admitiu a existencia de "certos riscos" de que persoas tuteladas cometan ou sexan vítimas de delitos e xustificouse: "Estámolo a facer da mellor maneira posible" O Goberno galego salientaba o normal funcionamento da institución malia que persoas tuteladas cometeron ou foron vítimas de delitos ou obrigadas a exercer a mendicidade, segundo evidencian numerosas sentenzas. Tras as informacións deste diario, a directora xeral de Familia, María Amparo González Méndez, tivo que comparecer no Parlamento de Galicia para dar explicacións á oposición e alí admitiu a existencia de "certos riscos" de que persoas tuteladas cometan ou sexan vítimas de delitos e xustificábase: "Estámolo a facer da mellor maneira posible". Agora, aos tres anos da vacante e case cinco meses despois da promesa de "próxima cobertura" da praza, Política Social volve contestar practicamente o mesmo, igualmente por escrito e sen afondar nas explicacións malia as reiteradas peticións deste medio de coñecer polo miúdo a súa versión sobre o funcionamento da Funga e o trato que dá ás persoas que tutela. A consellería di que o proceso selectivo "foi declarado deserto e malia que estaba prevista a súa cobertura para finais do ano pasado, cuestións administrativas fixeron imposible finalmente levalo a efecto". E engade que "no entanto, en todo momento se están a cubrir as funcións e responsabilidades inherentes a este cargo e se está a traballar para que se poida efectuar a dita cobertura do posto no menor prazo de tempo posible". Non aclara que "cuestións administrativas" son as que están a atrasar a cobertura da praza nin como está a "cubrir as funcións e responsabilidades inherentes a este cargo". Cambio de sede A Xunta explica o traslado da sede da Funga ao novo edificio de atención á discapacidade, que levaba catro anos rematado pero pechado, porque "moitas das persoas coas que traballa esta fundación presentan algunha discapacidade" Por outra banda, a Funga vén de trasladar a súa sede dos baixos dun bloque de vivendas situado ao norte da cidade de Santiago ao novo edificio construído no barrio de San Lázaro para albergar o Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI) orientado á discapacidade, rematado en 2013 pero pechado ata principios deste ano. A Consellería de Política Social explica que o local no que estaban as oficinas da Funga ata o de agora é "propiedade do IGVS, estando o seu uso cedido á Funga de xeito temporal" ata este mesmo ano, "motivo polo cal era preciso buscar unha nova localización". A Xunta explica que "a idoneidade das instalacións dun centro como o CEGADI para albergar as dependencias da Fundación radica principalmente en que moitas das persoas coas que traballa esta fundación, ademais de ter a súa capacidade de obrar modificada ou estar incursas nun proceso xudicial de modificación da súa capacidade, presentan algunha discapacidade, estando as instalacións do CEGADI totalmente adaptadas para facilitar o acceso destas persoas". A consellería salienta que estas novas instalacións "supoñen unha mellora considerable para o propio persoal da fundación". |
NOS_40767 | As autoridades manteñen abertas todas as liñas de investigación, incluída a dun atentado terrorista. | Dúas explosións no metro de San Petersburgo causaron un mínimo de 10 persoas mortas e por volta dunhas 50 feridas, segundo a prensa rusa. Imaxes e vídedos nas redes sociais amosan vagóns destruídos e abundante fume negro nalgunhs estacións. Todas as estacións foron fechadas. A axencia Interfax aponta que na orixe dun dos estoupidos estaría un aparello "envolvido en elementos destrutivos". As explosicións tiveron lugar en dous vagóns do metro que enlaza as estacións de Praza Sennaia e do Instituto Tecnolóxico. En decembro de 2013 un duplo atentado suicida na estación de tren e autobuses deixou 18 persoas mortas. E en 2010, morreron 39 persoas cando dous terroristas suicidas estouparon os explosivos que levaban no metro de Moscú. |
NOS_46112 | Os centros de cría de visón no país supoñen 75% do total do Estado español. | A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) instou esta quinta feira a Xunta da Galiza que feche todas as granxas de visóns que aínda permanecen abertas na Galiza, despois de que se dera a coñecer que un surto de gripe aviaria nun complexo de Carral obrigou a sacrificar 50.000 exemplares deste mamífero. A Xunta ordena o sacrificio de todos os visóns dunha granxa de Carral cun gromo de gripe aviaria Para o colectivo ecoloxista, este "recente" episodio "volve pór o foco sobre os riscos destas instalacións para o medio ambiente e a saúde das persoas". "Como temos denunciado en reiteradas ocasións, as granxas de visón son unha bomba biolóxica que non só poñen en risco a biodiversidade autóctona, senón tamén a saúde pública", salienta Adega. En alerta dúas granxas de visóns de Abegondo afectadas por surtos da Covid-19 Neste sentido, alerta que, "ao seren focos de transmisión de enfermidades como a Covid-19 ou a gripe aviaria", poden derivar na aparición de "novas variantes descoñecidas para as que aínda non hai vacinas e que poderían transmitirse ás persoas". Posíbel impacto económico "Este novo surto de gripe aviaria nunha granxa de visón americano apunta tamén aos posíbeis impactos económicos que para a gandaría tradicional podería ter a dispersión de individuos afectados polo virus H5N1", lamenta Adega. WWF denuncia a gravidade dos contaxios de Covid nas granxas de visón americano A asociación ecoloxista asegura que tanto os surtos de Covid-19 como os de gripe aviaria deixan patentes "as insuficientes medidas de control de risco das instalacións de cría de visón". Adega solicitou "en reiteradas ocasións" aos Gobernos galego e español que, en aplicación do principio de precaución e ante unha situación de emerxencia sanitaria," decretasen o feche cautelar das granxas de visón, na Galiza. Segundo os datos que achega o colectivo, no país hai actualmente 25 destas granxas, 75% do total do Estado español. Urxen a Xunta a fechar as granxas de visóns para evitar unha "bomba pandémica" "Non fica claro se estas instalacións van ser prohibidas cando se aprobe a nova Lei de dereitos dos animais", actualmente en tramitación no Congreso español, "xa que co actual texto dependería das excepcións contidas no regulamento que a desenvolva", explica a asociación ecoloxista. Finalmente, Adega subliña que o feche destas instalacións está xa previsto para 2030, ao abeiro do Plano estratéxico do patrimonio natural e da biodiversidade. "Porén, os cada vez máis frecuentes surtos de Covid-19 e agora H5N1 nestas granxas debería provocar o seu feche inmediato como medida cautelar por parte da Xunta". Adega advirte de que a cría masiva de visóns na Galiza pode ampliar a dispersión da Covid-19 Para a asociación ecoloxista, "o contrario suporía xogar á ruleta rusa biolóxica expoñendo a nosa biodiversidade e a saúde pública a un risco inasumíbel, só para beneficio dun negocio minoritario e elitista cada vez máis cuestionado e prohibido en toda Europa". |
NOS_53272 | "Nin quito nin poño presentadores", afirma o presidente nunha entrevista o día despois da manifestación que percorreu Compostela pola dignidade dos medios públicos. | O presidente da Xunta non ve os informativos da televisión pública galega, TVG, canle que o pasado mes de agosto rexistrou unha audiencia de 10,8%. O propio Núñez Feixoo recoñeceu isto apenas 24 horas despois de que centos de persoas percorresen Compostela "pola dignidade" dos medios públicos convocados polos comités de CRVG e RTVE. Fíxoo nunha entrevista na Cadea Ser Preguntado se ve a programación e os informativos da TVG, foi contundente: "Non, non porque non me gusten, senón porque as miñas obrigacións non me permiten estar diante dunha pantalla cada vez que hai un informativo, sabe a xente que me coñece que nin quito nin poño presentadores de Telexornais". O presidente defendeu o modelo da CRTVg fronte ao que, sostén, hai agora na TVE: "o exemplo de PSOE e Podemos facendo o que están a facer, modificar e cesar por real decreto lei a todo un consello de administración". "Se ese é o modelo do PSOE e as Mareas de Podemos, quedo co modelo da radio e televisión galega". A cadea máis vista en Galiza (agosto) foi tele5, con 12,5% de audiencia, seguida de A3, con 11%, segundo o estudo de Barlovento Comunicación. |
PRAZA_15382 | O Foro Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros presentan en Vigo a campaña Consumosgustos Etiquetados en Galego. As adegas do pais manteñen o seu bo momento e Terras Gauda vén de ser incorporado aos restaurantes de Gordon Ramsay. | O Foro Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros presentarán este luns, na Casa da Cultura Galega de Vigo a campaña Consumosgustos Etiquetados en Galego, apoiada por Antón Reixa, os actores Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", Uxia, Farruco Bernal, Ernesto Chao, Rosa Álvarez ou a xornalista Julia Otero, que aparecerán en cadanseu cartel personalizado coa súa fotografía e unha frase da súa autoría reforzando o lema da campaña. No acto tamén se presentará a Carta do Consumo Responsable e Solidario. Antón Reixa, Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", Uxia, Farruco Bernal, Ernesto Chao, Rosa Álvarez ou Julia Otero aparecerán en cadanseu cartel personalizado A Irmandade Galega de Adegueiros está constituída por ao redor de 35 adegas de todo o país comprometidas coa lingua e cos produtos da terra e ao acto asistirán ademais representantes de todas as denominacións de orixe para facer forza na comercialización do produto. O obxectivo máis inmediato é impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios, para nunha segunda fase artellar unha estrutura capaz de establecer alianzas para unha mellor comercialización. |
NOS_41253 | O PP rexeita no parlamento unha iniciativa do BNG na que se pedía instar o Estado a que informase sobre o custo real para as arcas desa operación. | En decembro de 2013 o banco venezuelano Banesco compraba NovaGalicia Banco (NGB) por pouco máis de mil millóns de euros, após que o Estado inxectase cartos públicos na entidade galega por máis de 8.000 millóns de euros. Mais houbo máis custos para o erario público nesa operación, lembrou o BNG nunha iniciativa na que pedía que o Estado informase do custo real de "vender antecipadamente NGB". Porque se vendeu en 2013 mais había de prazo até 2018. A venda anticipada de Novagalicia Banco,tivo "consecuencias ruinosas para Galiza", dixo o portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera. Lembrou que a venda de Novagalicia Banco "foi unha venda a perdas" cun prezo oficial de 1.003 millóns de euros ao que hai que descontar o custe das coberturas públicas e créditos fiscais dos que se beneficiou o comprador , "non se recuperou un só euro dos 8.981 millóns destinados ao seu sanemento senón que se pagou por colocala", recalcou Jorquera. O FROB, engadiu o deputado, recoñeceu que a venda ocasionaba unha perdas para o Estado de máis de 8.000 Millóns e o Plan de Reestruturación aprobado pola Dirección Xeral da Competencia constara que as garantías a favor do comprador ascenden a 2.322 millóns de euros, "unha cantidade moi superior ao prezo oficial da venda". A proposición non de lei foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular. |
NOS_53394 | A deportista recoñeceu nalgunhas entrevistas que tanto ela como outras compañeiras de equipo foron acosadas desta forma a través das redes sociais. Ao mesmo tempo, a acción de Dapena foi un dos actos con máis repercusión nas redes sociais durante a xornada de hoxe. | A futbolista galega Paula Dapena, que a estas horas é coñecida no mundo enteiro por negarse a gardar o minuto de silencio polo falecemento de Diego Armando Maradona, denunciou hoxe que está a ser vítima de ameazas pola súa acción. A xogadora de 24 anos do Viaxes InterRías FF de Pontevedra fixo este domingo un xesto de protesta e denuncia contra as mostras de homenaxe ao arxentino. Dapena explicou ao longo desta segunda feira os seus motivos: aliás de falar de algunhas das leas nas que estivo vinculado o xogador, incidiu en que "polas mulleres vítimas da violencia de xénero non se gardou un minuto". "Os meus ideais feministas non me permitían homenaxealo", recalcou recordando que o deportista foi un "abusador". Os seus argumentos e a súa actuación tiveron moi boa acollida entre moitas persoas, facendo que a xogadora mesmo se convertera nun dos principais trending topic durante horas na rede social Twitter. No entanto, tamén está a traerlle problemas. Outra xente aproveitou para atacala. Así, a galega denunciaba en varios medios que estaba sendo vítima de "ameazas de morte" por parte de fanáticas e fanáticos de Maradona. Estas mesmo chegaron ás súas compañeiras de equipo. Tras estas declaracións aumentou o apoio en redes aludindo á necesidade de deixar o patriarcado. Nalgúns grupos este ataque a Dapena foi interpretado como un síntoma máis dunha sociedade patriarcal, como se podía ler en diversos chíos. |
NOS_44745 | Na súa comparecencia na Comisión de Peticións do Parlamento defendeu a súa inocencia fronte unha sentenza do TSXG que a sinalaba por "desvío de poder" o nomeamento para un cargo da irmá do portavoz do PP. | Milagros Otero non vai dimitir como Valedora do Pobo. Deixouno ben claro esta quinta feira no Parlamento galego, onde compareceu na Comisión de Peticións. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera probado que Otero se inmisciu no proceso de designación como xefa do servizo de administración e persoal da institución dunha persoa coa que tiña relación e que, alén de máis, é irmá do portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy. Mais Milagros Otero aférrase ao cargo pois, afirma, en ningún momento intercedeu a favor desa persoa. Milagros Otero acata a sentenza pero non a partilla pois mantén que está baseada en indicios. Defendeu que o proceso selectivo foi escrupuloso e achegou ata 8 documentos como proba. A oposición insiste en que debe deixar o cargo e avanza que vai exixir iso no vindeiro pleno, a semana que vén. A portavoz nacionalista na Comisión de Peticións, Montse Prado, considera que a contundencia e claridade da sentenza "inhabílitaa para seguir nin un minuto máis á fronte dunha institución á que está desacreditando e causando un enorme dano na súa imaxe e na súa credibilidade ante á cidadanía". Luís Villares defendeu o cese de Milagros Otero por parte do Parlamento para non trasladar á cidadanía unha "imaxe de que o Parlamento fai vista gorda diante das irregularidades". O portavoz de En Marea insistiu que as explicacións dadas na comisión por parte da Valedora non cambia en nada "o coñecido neste asunto e faise necesario que o Parlamento actúe e cese á Valedora". Patricia Vilán (PSdeG) lembroulle á Valedora que a sentenza do TSXG é "durísima", pedindo a demisión de Otero pois a súa permanencia no posto causa un dano "irreparábel" á institución. Paula Prado (PP) acusou a oposición de facer "un xuízo político" sobre a valedora sen nin sequera escoitar a súa versión, e avanzou que se esta presenta recurso o PP agardaría a que finalizase a tramitación xudicial para fixar o seu posicionamento, no que é un balón de osíxeno para Milagros Otero. A vindeira terza feira terá lugar un pleno no Parlamento no que se debatirá a reprobación da Valedora e se esta debe dimitir. Para iso serían precisos 45 votos favorábeis: non abonda co apoio de todos os deputados e deputadas da oposición. |
NOS_11466 | O fiscal pide 8 anos de internamento e 3 de liberdade vixiada para o único acusado pola morte do seareiro deportivista. | O xulgado de menores nº4 de Madrid sinalou para o 25 de xaneiro de 2016 o xuízo ao menor de idade acusado do asasinato do seareiro do Dépor Francisco Javier Romero Taboada 'Jimmy' o 30 de novembro de 2014. O fiscal solicita 8 anos de internamento e 3 de liberdade vixiada para o único acusado polo asasinato de 'Jimmy', e ao que considera autor de pelexa tumultuaria e tenza ilícita de armas. Canda el no banco dos acusados sentarán outros dous menores, que tamén tomaron parte na 'emboscada' a seareiros do Dépor. Para eles a Fiscalía pide que se lles condene a traballos en beneficio da comunidade. Fontes xudiciais citadas por EFE sinalan que antes de que teña lugar este xuízo, a xuíza decidirá sobre o valor da declaración da testemuña protexida, que é a principal proba contra o menor. A defensa do acusado reclama a nulidade desa declaración por entender que a testemuña figura como imputado na causa principal sobre o acontecido o día do asasinato, polo que non goza de credibilidade. |
NOS_33120 | Os pacientes hospitalizados aumentan a 42. | Os novos contaxios de Covid-19 repuntaron a 100 no conxunto da Galiza, que supoñen 26 máis que a xornada anterior, e os casos activos ascenden a 844 -implican uns 300 máis que hai unha semana-, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben a 42 -tres máis-. Segundo os datos publicados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, aumentan a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid -dúas máis- e a 30 as hospitalizadas noutras unidades -unha máis-, mentres que 802 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo e Ferrol; alíviase nas de Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés -a única sen hospitalizados -, mentres que se mantén sen cambios na de Vigo. Os casos activos de Covid-19 aumentan por décima xornada consecutiva até os 844, que supoñen 46 máis que o día pasado ao haber máis contaxios (100) que altas (54). En concreto, as infeccións activas ascenden en seis de sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+24), seguida das de Pontevedra e O Salnés (+9), Ourense (+7), Santiago e Barbanza (+3), Lugo (+3) e Vigo (+3), mentres que descenden unicamente na de Ferrol (-3). Os novos contaxios de Covid repuntan a 100 no conxunto de Galiza, que representan 26 máis que os 74 da terza feira, tras comezar esta semana con 54. A cuarta feira anterior rexistráronse 37. Até o momento, o 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, ascende lixeiramente ao 2,42%, após situarse no 2,19% o día anterior, despois de iniciar esta semana cunha caída ao 1,56%. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galiza mantéñense en 2.655, ao non notificar esta terza a Consellaría de Sanidade ningunha vítima. |
NOS_12836 | O Tribunal Supremo estabelece a xurisprudencia aplicábel ás limitacións de dereitos para loitar contra a pandemia, aclarando que as autonomías non poden impor toques de recoller de modo xeral, só nun territorio e tempo limitado. Anula así as restricións aprobadas polo Govern das Illes Balears. | O Tribunal Supremo decidiu esta quinta feira que non se poden restrinxir dereitos fundamentais de modo xeral para loitar contra a pandemia da Covid-19 ao non estar cubertos pola Lei de medidas especiais en materia de saúde pública de 1986. No auto, no que anula tanto o toque de recoller como a limitación de persoas nas reunións sociais nas Illes Balears, tamén incide en que na situación epidemiolóxica actual non son proporcionais. O levantamento destas restricións estaba previsto polo Executivo dirixido por Francina Armengol para a noite do sábado ao domingo. O tribunal defende na resolución que o principio de prudencia non é suficiente para permitir a aplicación destas medidas, así como que as restricións aprobadas no Consell de Govern non están xustificadas. Este auto chega despois do recurso de casación introducido pola Fiscalía a raíz da decisión do Tribunal Superior de Justícia de Balears, que autorizara por segunda ocasión ambas as dúas medidas a solicitude do Govern, mais co voto particular de dúas maxistradas, que apuntaban que non estaba xustificado aplicar estas restricións nos domicilios privados. O primeiro permiso non puidera ser recorrido ao Tribunal Supremo ao ser outorgado o 7 de maio, antes da entrada en vigor do decreto do Goberno estatal que permitía utilizar ese recurso xurídico. Xurisprudencia O veredicto do Supremo remata de estabelecer a xurisprudencia sobre a limitación de dereitos que implica o toque de recoller e a limitación de persoas nas reunións sociais. Hai dúas semanas, na decisión sobre o recurso interposto por Canarias para fechar as illas nos niveis de alerta 3 e 4, opción que xa fora rexeitada polo seu Tribunal Superior, o Supremo resolveu contra Canarias e decidiu que estas limitacións tiñan que estar delimitadas territorial e temporalmente con base no número de doentes. O toque de recoller aínda estará vixente no País Valencià até o 8 de xuño. |
NOS_33231 | A lista dos sete candidatos é a seguinte: Marta Fernández-Tapias (Vigo), Miguel Lorenzo (A Coruña), Manuel Cabezas (Ourense), Elena Candia (Lugo), Borja Verea (Santiago), Rafael Domínguez (Pontevedra) e José Manuel Rei Varela (Ferrol). | O Partido Popular (PP) confirmou esta cuarta feira as sete persoas que encabezarán as listas municipais nas cidades galegas de cara aos comicios locais que decorrerán en maio de 2023, co obxectivo de obter algunha alcaldía. As formacións políticas perfilan as candidaturas locais Así, a lista dos sete candidatos é a seguinte: Marta Fernández-Tapias (Vigo), Miguel Lorenzo (A Coruña), Manuel Cabezas (Ourense), Elena Candia (Lugo), Borja Verea (Santiago), Rafael Domínguez (Pontevedra) e José Manuel Rei Varela (Ferrol). O BNG comeza a preparación das municipais co obxectivo de "construír outra Galiza" En declaracións antes do inicio do Comité de Dirección do PP, Alfonso Rueda asegurou que espera "uns magníficos resultados en xeral", non só nas sete cidades, onde os populares non teñen ningún alcalde. "En todas as eleccións hai que tentar sempre mellorar o resultado anterior, e nesta ocasión eu creo que tamén", afirma. "Temos enormes posibilidades", agregou. PSdeG deixa para outono as primarias das locais O presidente do PP galego agradeceu a "disposición" e "valentía" dos sete candidatos e candidatas por "este paso adiante" dez meses antes das municipais, xa que "nunca é sinxelo". Podemos escollerá os cabezas de lista para as municipais após o verán Aliás, Rueda afirmou que "se lles vai a pedir máis" que a outros candidatos, pois "non chega con gañar as eleccións", senón ter unha "maioría suficiente que permita gobernar", no que considera un "reto engadido". Sen "localismos" O líder dos populares galegos explicou que lles demanda que "traballen pensando nas necesidades das cidades" e que saian á rúa para "pedir a confianza" dos cidadáns, pero que "non caian en ningún caso en políticas localistas". A incerteza paira sobre o Goberno de Ourense a menos dun ano das eleccións Alfonso Rueda apuntou que as cidades galegas "están chamadas a ser os motores sociais e económicos de toda a autonomía", polo que tiveron "moito esmero e coidado en elixir os mellores candidatos". "A Galiza é unha cidade única tamén en moitos sentidos, por tanto, necesítase que as cidades traballen en rede e tecendo alianzas", remarcou. |
NOS_44422 | O comisario da Competencia confirmou que hai que devolver o 'tax-lease'. Perto de 2.800 millóns de euros. O sector naval galego entende que é un paso máis cara a súa defunción. Esta tarde, ás 20:30, hai unha manifestación en Vigo | Joaquín Almunia, comisario da Competencia, confirmou que o naval vai ter que devolver as bonificacións fiscais, o 'tax-lease'. Fíxoo nos almorzos de Nova Economía Forum. O vindeiro 17 de xullo será a decicisón efinitiva a este respecto. Mais o anunciado or Alumnia deixa pouca marxe á esperanza. Se ben o comisario indica que estarán exentos de devolver o 'tax-lease' os estaleiros, non así os armadores e investidores. O que nunha economía tan relacionada supón, como indican desde Pymar, un durísimo golpe para todo o sector. Os servizos de Competencia da UE son partidarios de que o sector devolva todas as axudas concedidos desde 2005, o que implica o 98% d total. Por volta de 2.800 millóns de euros. O RIP para o naval galego, como alertan desde o propio sector. Considera que Almunia decantouse por Holanda e os seus intereses fronte o naval de Galiza e resto de Estado español. Mobilización Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron unha nova mobilización en defensa do sector naval na Ría de Vigo, protesto que decorrerá esta quinta feira, 27 de xuño. Nesta ocasión, a marcha partirá de Vía Norte ás 20.30 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade. |
NOS_47790 | O Concello da Coruña pagou a unha empresa privada 19.914 euros pola elaboración da ordenanza de transparencia e bo goberno mais oito meses despois aínda non pasou pola Xunta de Goberno Local. O BNG denuncia a "inxustificábel" demora. | Case 20.000 euros lle custará á cidadanía da Coruña a ordenanza de transparencia e bo goberno que o equipo de Negreira encargou a unha empresa privada mais, oito meses despois, continúa sen presentar na Xunta de Goberno Local. O Grupo Municipal do BNG denuncia a demora que o grupo de goberno do PP xustificou en resposta escrita dicindo que se atopa en fase de revisión xa que está en "proceso de mellora de estrutura e contido do documento así como na definición dos procesos organizativos internos necesarios para a posta en marcha desta ordenanza". Para o grupo nacionalista, as razóns aludidas por Negreira non xustifican a demora dunha ordenanza que, segundo o goberno local, aínda levará a pleno a fins de ano. A aprobación da ordenanza está contemplada na lei 19/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberno. Pola súa banda, o grupo municipal de Esquerda Unida considera "paradigmático" que o goberno de Negreira garde nun caixón a ordenanza de transparencia "xusto dende que estoupou o escándalo de corrupción municipal pokemon". Segundo EU, o alcalde está a "gañar tempo" cos argumentos que emprega para demorar a súa aprobación. |
PRAZA_296 | O tribunal que debe velar polo cumprimento e garantía dos dereitos constitucionais (e a negociación colectiva é un deles) ratifica na súa sentenza a perda de poder da negociación colectiva como instrumento de regulación das relacións laborais fronte ao poder unilateral do empresario. | É obvio que a mellor defensora da clase traballadora é a propia clase traballadora organizada sindicalmente. Con todos os matices, diferenzas e críticas pero, sobre todo, con toda a forza que dan a mobilización e a unidade. Non é esperable ningunha concesión na defensa dos dereitos conseguidos tras anos de loita; só o propio respecto e recoñecemento que esperta a nosa capacidade de mobilización. En ningunha negociación se gañarían máis dereitos ou se defenderían os que se teñen se non fose pola presión exercida polos afectados ou, solidariamente, polo conxunto das traballadoras e traballadores. É obvio que a mellor defensora da clase traballadora é a propia clase traballadora organizada sindicalmente Dá igual que o ciclo económico sexa de crise ou de bonanza. Tanto ten que as empresas teñan perdas ou repartan dividendos. Ninguén mellor que o persoal para defenderse da voracidade de mediocres empresarios e empresarias, que empurran á ruína as empresas despois de levaren todo o rendemento excedente, sen pensaren na importancia de reinvestilo na propia empresa para cando as cousas non vaian tan ben. A atención sempre está posta en meterlles man aos dereitos laborais, como remedio superficial a unha situación de crise na empresa, deixando claro quen manda, mesmo sabendo que así non se vai resolver ren A atención sempre está posta en meterlles man aos dereitos laborais, como remedio superficial a unha situación de crise na empresa, deixando claro quen manda, mesmo sabendo que así non se vai resolver ren. Ao montar unha empresa, ninguén dubida que ha pagar o alugamento do local, o recibo da luz e outras subministracións imprescindibles para a boa marcha da empresa. Iso mesmo debería ocorrer ao considerar a ferramenta clave en calquera empresa, a que lle dá valor e a fai funcionar: os traballadores e traballadoras. Non se debe pensar que o investimento (que non custo) que supón o pagamento dos salarios é dispoñible, porque as empresas deixan de ser competitivas, non polos custos laborais, senón pola súa deficiente produción ou pola mala calidade dos servizos prestados. Ambas as situacións son resultado de non coidar os valores de produción(persoal suficiente, salarios dignos, organización do traballo eficiente). Pero por máis que se tente desviar a atención, a responsabilidade das crises nas empresas só pode ser de quen as dirixe. A aplicación dos convenios colectivos, que son os mínimos aplicables en cada caso, non pode levar unha empresa á quebra, xa que iso sería afirmar que o aboamento de impostos e subministracións tamén pon en perigo unha empresa, e, chegados a esa situación, igual estamos a falar de algo que non debería ser nunca unha empresa se non é capaz de comportarse en todas as ordes como tal. Todo isto vén a conto da recente sentenza do Tribunal Constitucional que desestima os recursos de inconstitucionalidade presentados polos grupos parlamentarios Socialista e de Esquerda Plural (antes xa fora desestimado tamén o recurso interposto polo Parlamento de Navarra) á lesiva reforma laboral aprobada polo goberno do PP en 2012. Todo isto vén a conto da recente sentenza do Tribunal Constitucional que desestima os recursos de inconstitucionalidade presentados polos grupos parlamentarios Socialista e de Esquerda Plural á lesiva reforma laboral aprobada polo goberno do PP en 2012 O tribunal que debe velar polo cumprimento e garantía dos dereitos constitucionais (e a negociación colectiva é un deles) ratifica na súa sentenza a perda de poder da negociación colectiva como instrumento de regulación das relacións laborais fronte ao poder unilateral do empresario. Tamén sinala a sentenza a constitucionalidade da non aplicación das condicións de traballo dos convenios colectivos nas empresas e a preferencia do convenio de empresa sobre o sectorial en aspectos que afectan esencialmente ás condicións de traballo, aínda que sirva para empeorar as condicións previstas no convenio sectorial. Só queda esperar que esta situación teña os días contados, e tanto este Tribunal como o resto de institucións estean realmente ao servizo da cidadanía e non dos poderosos Pero o Tribunal Constitucional non queda aí, e permite a non aplicación dun convenio colectivo simplemente co voto da administración na Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos (CCNCC), volvendo a maneiras da época franquista, amais de declarar a "constitucionalidade" do contrato de apoio aos emprendedores, amparando a posibilidade do despedimento sen causa e a rotación, aínda maior se cabe, no mercado de traballo. O posicionamento do Tribunal Constitucional esperta sospeitas, máis aínda cando o seu presidente é un recoñecido militante do PP, partido que elaborou a cuestionada reforma laboral, e con anterioridade foi o seu asesor xurídico. Só queda esperar que esta situación teña os días contados, e tanto este Tribunal como o resto de institucións estean realmente ao servizo da cidadanía e non dos poderosos. Ata entón, coma sempre, quen mellor vai defender a clase traballadora seguirá sendo a propia clase traballadora organizada sindicalmente. |
PRAZA_9465 | nNon debemos esquecer que se trata dun xuízo político que se leva a cabo polo revanchismo do Estado contra actos democráticos e lexítimos dun pobo ao que non se lle deu a máis mínima oportunidade de expresarse | O nacionalismo español, desde o que se di progresista até o indisimuladamente reaccionario, non cesa de repetir e de insistir, en modo ladaíña autoconfirmatoria, que o xuízo contra os líderes do proceso soberanista catalán é xusto; que goza de todas as garantías; que o estado de dereito funciona e que a democracia española supera todos os estándares de calidade. Xuran ou prometen, aparentando convicción, que os xulgadores son quen de prescindir da súa concepción centralista intransixente, da súa entusiasta adhesión á causa nacional española ou da súa expresada animadversión ás causas nacionais periféricas. É dicir, aseguran que nesta causa, cuxo cerne estase a presentar como un ataque a España e aos españois ou como unha agresión á súa esencia e identidade e, onde se presenta aos protagonistas como sediciosos traidores contra a convivencia e desertores contra a historia, a imparcialidade e a neutralidade van ser os imperativos que triunfen sobre as paixóns, os prexuízos ou os degoxos por dar un escarmento. Mais saben que se isto acontecese nalgúns outros lares máis civilizados, sería moito probábel que o que é un problema político acabase nunha solución política e non nun delirio xudicial con peticións desorbitadas e exemplarizantes de penas propias de situacións bélicas. Mais é España quen xulga e xa se sabe como as gastan por aquí cando de resolver o cuestionamento do sagrado concerne: con autos de fe para castigo de herexes, inconformistas e amedrentamento de díscolos. Pero tamén cómpre algo máis que alegar.Ben, como xa sabemos, a causa está no Tribunal Supremo, pero antes foi a instrucción. Comecemos por esta. A dureza das decisións adoptadas pola xuíza Carmen Lamela, ben coñecida por casos coma os do activista Nahuel ou o dos mozos de Altsasu, como foron a de envío a prisión sen fianza ou a da calificación dos delitos, foron respondidas tanto por Amnistía Internacional como por Xuices para a Democracia. E por non falar do varapao europeu á emisión da euroorde contra dos exiliados. Posteriormente o xuíz Pablo Llarena acumulou as causas contra os membros da Mesa do Parlament e a dos membros do Govern, Omnium Cultural e Asemblea Nacional Catalana, ficando Lamela coa do destituído major dos Mossos Josep Lluís Trapero e a da súa intendente Teresa Laplana. Este xuíz, Pablo Llarena, xa fora obxecto de polémica polo seu ascenso á Sala Segunda do Tribunal Supremo, tutelado polo seu presidente, Manuel Marchena, e onde foron excluídos a maioría dos candidatos, Pois ben, foi esta Sala do Penal do Tribunal Supremo, presidida polo propio Manuel Marchena, a que pasando por diante de cinco maxistrados con maior antigüidade, lle asignou ao devandito xuíz a instrucción desta causa xeral contra o proceso soberanista, decisión esta que deu moito que falar. E non esquezamos o peche de filas da dereita política e do poder xudicial co xuíz Llarena perante a demanda interposta contra él en Bélxica por Puigdemont.Chegamos ao xuízo. Preside o Excm. Sr. Manuel Marchena, un maxistrado en extremo conservador, criticado pola súa parcialidade cara ao PP, e que ao pouco de acadar a cúpula desta Sala do Penal (encargada de xulgar aos aforados) mantivo un encontro-xantar con Angel Acebes, implicado no caso dos papeis de Bárcenas. De feito baixo o seu mandato, arquivouse a querela contra o exministro de Interior Jorge Fernández Díez, acusado de utilizar medios e recursos do ministerio para espiar e desacreditar a políticos e partidos rivais do PP e, sobre todo, soberanistas cataláns. Designado a presidir o Tribunal Supremo e o Consello Xeral do Poder Xudicial, foi a saída á luz das mensaxes de Ignacio Cosidó, portavoz do PP no Senado, nas que daba por feito que con él o PP se aseguraba o control desta Sala, as que o obrigaron a renunciar. Ben, fagamos un alto, e despois comentamos as súas actuacións neste xuízo ao independentismo; mais agora imos ver o clima de hostilidade xudicial na que se achan os encausados.Nunha mágnifica recopilación de chats e correos elctrónicos de membros da xudicatura, o xornalista Quico Sallés publicou un artigo no diario elmom.cat titulado "L´"A por ellos judicial". El jutges espanyols a través dels seus forums". Neste artigo amósase como a través da canle oficial do Consello Oficial do Poder Xudicial, deseñada para intercambiar información, documentación, dúbidas e comentarios agroma descaradamente a animadversión e a antipatía ao catalanismo, ao próces e aos seus protagonistas. Expresións tan imparciais e elegantemente xurídicas como golpistas, nazis, fillos de puta, criminais, violentos, barbarie nacionalista, portadores da bandera do odio e da estrela gamada, ou outras coma extremistas que teñen que ser vencidos e cos que non se pode ser equidistante, fan parte da linguaxe empregada polos membros dunha casta á que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ten que lle lembrar periodicamente que a liberdade de expresión tamén está pensada para o resto dos mortais. As críticas viscerais contra quen cuestione os métodos ou a intransixencia do Estado tamén teñen o seu lugar salientábel, e das que non se librou nin o portavoz da Comisión Europea, a xustiza belga, a xustiza alemaña, ou algún que outro xuíz que chamou á contención e á racionalidade.Voltemos á causa no Supremo. Manuel Marchena, presidente da Sala, no auto de conclusión do sumario, rexeitou todas e cada unha das testemuñas e probas propostas polas defensas para demostrar que a instrucción vulnerou dereitos constitucionais básicos perante a xustiza, coma os do xuíz ordinario, os de investigación imparcial ou se produciron vicios de transparencia e de procedemento. Esta decisión é considerada polas defensas, e por moitos xuristas, unha vulneración do dereito fundamental á defensa e do de igualdade de armas fronte ás acusacións. Vexamos. En primeiro lugar Marchena proclama impertinente a proba proposta para demostrar a coincidencia de identidade entre o teniente coronel Daniel Baena (xefe da policía xudicial da garda civil de Catalunya que asinaba todos os atestados nos que se basean as acusacións de rebelión) e a figura de "Tácito" en Twitter, desde a que se arremeteu visceralmente contra os líderes soberanistas e os Mossos investigados, verquendo as súas ideas políticas, amosando o seu odio e vulnerando as obrigas de neutralidade, imparcialidade e obxectividade á que está obrigado por Lei. Pois para Marchena isto carece de trascendencia para o enxuizamento dos feitos. En segundo lugar denégase o testemuño de Ignacio Cosidó, si o de antes, malia que a meirande parte das testemuñas citadas son axentes que estaban baixo o seu mando, como Director Xeral da Policía, cando se produciron os feitos. Denégase o levantamento do anonimato de dous testemuñas propostas polo Ministerio Fiscal, o que limita a capacidade de defensa. Denégase a proba documental relativa ás denuncias sobre violencia policial durante o referendum, importantísimas para desmontar a imputación de violencia ao soberanismo. Declárase a impertinencia da proba documental relativa ao sumario instruído en Barcelona e na que consta a ordenación de decenas de intervencións telefónicas ordenadas nunha causa xeral contra o soberanismo, e sobre a que as defensas pretendían probar a súa ilegalidade.Nun panorama así, ademais de evidenciarse unha desigualdade procesual entre acusacións e defensas, existen fundadas dúbidas sobre a falla de imparcialidade da instrucción e da propia Sala. O Tribunal Constitucional ou o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos van ter que pronunciarse sobre o que aparenta unha farsa. Certamente non debemos esquecer que se trata dun xuízo político que se leva a cabo polo revanchismo do Estado contra actos democráticos e lexítimos dun pobo ao que non se lle deu a máis mínima oportunidade de expresarse. E, tamén certo, que a xa baixa calidade democrática do reino de España pode ficar definitivamente arrastrada polo chan. España ten agora o seu Caso Dreyfus anticatalanista. |
PRAZA_8999 | Nesta I Assembleia Nacional jogamo-nos a criaçom de um marco de convivência respeitoso e estável em que cimentar a nova cultura que o nacionalismo e a esquerda da Galiza precisa para ser umha opçom hegemónica e solvente, tanto nas ruas como nas instituiçons, dentro da nossa sociedade. | Que tempos som estes em que temos que defender o óbvio? Bertolt Brecht Ninguém, nunca, afirmou que o processo de recomposiçom do nacionalismo que trouxo consigo o nascimento de Anova ía ser doado. Existiam diferenças. Existiam tradiçons que, se bem se conheceram já noutros espaços de combate cívico polos direitos e liberdades do país, nunca encontraram sinergias dentro da mesma organizaçom, ou polo menos nom todas elas. Existiam precedentes, como as conversas tripartidas (FPG, EI e MpB) para fraguar umha alternativa para as eleiçons nacionais de 2009, em que este último deixou o BNG. Hoje, felizmente, encontramo-nos num cenário muito mais interessante e também complexo do que o de há um ano, em que podemos somar a umhas maiores expectativas também umha maior responsabilidade. Se bem o passado 14 de julho trouxo-nos, nom isento de discrepáncias e de contradiçons, o êxito relativo e a importantíssima implosom de AGE –relativo porque nom fomos quem de expulsar Núñez Feijóo de Sam Caetano, importante porque foi quem de conectar com a maioria social agredida, e projetar-se também no futuro-, nesta I Assembleia Nacional jogamo-nos a criaçom de um marco de convivência respeitoso e estável em que cimentar a nova cultura que o nacionalismo e a esquerda da Galiza precisa para ser umha opçom hegemónica e solvente, tanto nas ruas como nas instituiçons, dentro da nossa sociedade. Nesta I Assembleia Nacional jogamo-nos a criaçom de um marco de convivência respeitoso e estável em que cimentar a nova cultura que o nacionalismo e a esquerda da Galiza precisa para ser umha opçom hegemónica e solvente Nunca insistiremos o suficiente, do meu ponto de vista, na necessidade de estabelecermos espaços de cooperaçom com os movimentos sociais e demais formas organizadas do nosso povo, que todos os dias encabeça a nossa dignidade coletiva diante da ofensiva neoliberal e centralizadora que sofremos como naçom. Pórem, nom só temos que defender um processo de democratizaçom de umhas instituiçons sequestradas polo estamento da porta giratória, senom que temos de iniciar um processo nacional constituinte para este país. Precisamos para isso partidos abertos e transparentes, em que a nossa sociedade encontre calor e trabalho para poder sair da atual situaçom de emergência nacional. Três ideias-força centrais: frente ampla, partido-movimento e radicalizaçom na democracia Nestes momentos AGE é a marca com mais reconhecimento a nível social, e os inquéritos assinalam que hoje ainda manteria o seu efeito multiplicador, capaz de fazer que muita gente trabalhadora nom fique na casa e decida apostar por ela Na assembleia deliberativa de Anova encontrei-me com três ideias-força que considero importantes. Nom quero dizer com isto que sejam as únicas ideias que lá se defendérom, nem tam sequer que a minha interpretaçom sobre elas seja a única. Em qualquer processo político tenhem umha importáncia relevante os matizes, e nom se trata de construir um dogma compartilhado, mas um fio condutor sobre o que poder construir um comum denominador que nom for umha imposiçom de parte, mas umha soma de matizes para umha organizaçom que nasce para prevalecer durante anos. A primeira das ideias tem a ver com a implosom de AGE. Nestes momentos é a marca com mais reconhecimento a nível social, e os inquéritos assinalam que hoje ainda manteria o seu efeito multiplicador, capaz de fazer que muita gente trabalhadora nom fique na casa e decida apostar por ela. Resulta evidente que se defendemos umha concepçom dinámica e reivindicativa da esquerda tem que ser algo mais do que um grupo parlamentar e que servir de altifalante para os diferentes conflitos sociais. Sem esquecermos também, como comentou recentemente Antón Dobao numhas jornadas em Teio, que o espaço conquistado nom se abandona. Um discurso renovado que conecte com amplos setores sociais nom pode ocultar a necessidade de + esquerda num momento em que nos estám a roubar a democracia Tem que ser um dispositivo ao serviço do partido-movimento, a segunda das ideias-força, que parte da diferença que existe entre organizaçom e comunidade. Enquanto em qualquer organizaçom o indivíduo é valorizado em funçom do que pode aportar ao interesse coletivo, a comunidade funda-se entendendo que a realizaçom individual é fundamental para sermos fortes e eficazes a nível coletivo. A forma-partido nom pode ser um instrumento burocrático, porque sabemos perfeitamente que sem oxigénio e crítica, sem contradiçons, qualquer formaçom pode oxidar-se e degradar-se, servindo unicamente para se reproduzir. E este perigo aparecerá de maneira flagrante a partir de 2015. As necessidades som claras, e se nom entendemos que a rua vai ser o cenário central da açom política seremos incapazes de estarmos à altura dos enormes reptos que temos por diante. Um discurso renovado que conecte com amplos setores sociais nom pode ocultar a necessidade de + esquerda num momento em que nos estám a roubar a democracia. Democracia 2.0: ensaiar a lista aberta com correçom de número Neste momento ensaiar o mecanismo da lista aberta é importante. Porque conecta com a sociedade que quer organizaçons transparentes. Porque é umha demanda da militáncia. Porque nom valem discursos paternalistas Neste momento ensaiar o mecanismo da lista aberta é importante. Porque conecta com a sociedade que quer organizaçons transparentes. Porque é umha demanda da militáncia. Porque nom valem discursos paternalistas e as bases som maiores de idade, e parece que umha voz importantíssima dentro de Anova. Temos direito a errar, embora eu tenha a conviçom de que neste momento nom nos equivocamos. Se tenho de pedir algo falaria de listas abertas com mecanismos de correçom de género e de número, como dispositivo para começar a ensaiar umha nova cultura política. E este é o terceiro grande repto, tem a ver com a radicalizaçom da democracia. A esquerda tem que se apropriar de um conceito sequestrado pola direita nos últimos anos, e pervertido como manto de seda em que camuflar o contragolpe conservador de um PP vanguardista na destruiçom do país e na precarizaçom da vida. Pensemos no que nos demanda a sociedade e ajamos em consequência. Nom vamos ter muitas mais oportunidades como esta. |
NOS_20981 | Os orzamentos do Estado para 2014 provocarán un afondamento da crise económica. É a valoración da CIG despois de estudar as contas preparadas para o próximo ano polo goberno de Rajoy, uns números que mostran unha acaída do investimento público e o gasto social e unha subida da débeda pública e a presión fiscal. | Para o sindicato nacionalista, a caída do investimento público e do gasto social, a perda de poder adquisitivo de traballadores e traballadoras do Estado e pensionistas, e o incremento da débeda pública para paliar a desfeita do sector financeiro ademais do aumento da presión fiscal debuxan unhas contas preparadas polo PP que contribuirán a afondar na profunda crise e na precariedade da maioría da poboación. En canto á política tributaria, a CIG estima que non se producen grandes novidades, antes ben, concéntranse as subas postas en marcha como o aumento dos tipos marxinais do IRPF, a suba dos tipos de IVE ou aumento dos impostos especiais e ambientais. As contas prevén o remate do 2013 cunha baixada da actividade económica do 1,6% fronte ao 0,5% que se estimaba no proxecto de orzamentos do ano anterior e indícase un incremento do PIB de 0,7% para o 2014 mais sen creación de emprego. Pola contra, agárdase que descenda nun 0,2% ao longo do ano malia que se constate un descenso da taxa de paro nun punto, suponse, segundo a CIG, que coo efectos da emigración. O sindicato nacionalista fala de "panorama desolador" cun proxecto de orzamentos no que os ingresos non financeiros se reducen un 1,1% con respecto ao ano anterior debido á caída da actividade e as altas taxas de desemprego ademais da redución de salarios, para a CIG, a "única consecuencia da última reforma laboral". O proceso que a central sindical denuncia , segundo as contas do PP, contempla unha caída de ingresos tributarios que redunda nun descenso de ingresos non financeiros, compensados cun novo endebedamento utilizado para facer fronte á amortización da débeda utilizada para paliar a desfeita do sistema bancario e o pagamento dos xuros, non para a creación de emprego nin investimento produtivo. |
NOS_26064 | Conmemórase o Día Mundial da Radio e, con este motivo, traemos un especial sobre podcast en galego, un formato que se atopa en auxe grazas ás novas tecnoloxías e ás plataformas de publicación. A día de hoxe, cando se alerta de falta de tempo para ler, a escoita pode ser unha boa opción para achegar novos contidos desde a frescura. Falamos coas responsábeis de 'A Tribo', 'A Ollada Violeta', 'A Lareira', 'Viaxantas', 'Descifrando a historia', 'A Gruta de Gizamaluke' e 'Té con gotas'. | As novas tecnoloxías e os soños de moitas persoas de comunicar contidos na lingua propia son os acicates da proliferación dos podcasts, que medraron exponencialmente a raíz do confinamento domiciliario estabelecido pola Covid-19 o pasado ano. Todo iso, asociado á falla de tempo da sociedade actual, fai que este formato radiofónico se expanda e que na actualidade contemos con proxectos que falan de feminismo, ecoloxismo, historia, xornalismo, cultura, viaxes ou videoxogos, coa lingua galega como medio de comunicación, e coa difusión en diversas plataformas dixitais, como Ivoox, Spotify, Apple Podcasts ou Google Podcasts, entre outras. O podcast supón, tamén, unha forma de achegar contidos de forma amena e fresca a persoas que doutro modo non escoitarían a radio convencional. 'A Tribo', un programa comunitario O 8 de maio botaba a andar A Tribo, da man de Xosé Antón Bocixa como realizador, Verónica Álvarez na coordinación, Laura Romero no deseño gráfico, Rosabel Candal na comunicación, Duarte Crestar na supervisión, Tingaralanga, na produción, e a Asociación Touda na realización do web. Foi no confinamento cando comezou a xestarse esta idea cuxo obxectivo era, segundo Bocixa, "dar voz a toda a comunidade que nese momento estaba fechada, e que aspira a conformar unha sociedade crítica, máis xusta e igualitaria". De aí nacen programas longos, de arredor de 100 minutos de duración, nos que se abordan "temáticas que non están en ningún medio de comunicación do país de forma seria e independente", tales como o confinamento, repensar e coidar a aldea, o turismo sustentábel, a auga como ben indispensábel, o modelo enerxético que queremos, as redes de cooperación social, as redes de apoio mutuo e de coidado, a Renda Básica Universal… Mesmo realizaron un especial en directo desde Combarro sobre a cultura do país. As cifras falan por si soas, pois con máis de 5.000 visitas á web e 70.000 descargas, A Tribo é un dos podcasts máis exitosos, e nel participan voces relevantes de sectores como o xornalismo e a comunicación, a literatura, a ciencia, o activismo, a ecoloxía, a música… A través delas, "pretendemos fuxir da pasividade pero tamén da agresividade, e crear un programa libre, tendo en conta que a liberdade non é un estado senón un proceso", apunta Bocixa. Após sete programas de grande acollida, desde a equipa de A Tribo teñen na cabeza xa unha segunda tempada, "aínda que resulta moi complexo manter a calidade sen financiamento". O que si aseguran é que haberá novos episodios, con posíbeis temáticas como a cooperación e a defensa dos bens públicos, os servizos sociais ou mesmo o patrimonio material e inmaterial. Sobre a acollida do público, Miriam Couceiro valora que "o número de escoitas vai medrando, mais a min o que máis me gusta son as mensaxes, que me escriban, que compartan, que me pidan que fale dalgún tema…". 'A Ollada Violeta', espazo para os feminismos Miriam Couceiro é a voz que se agocha tras o podcast A Ollada Violeta, nacido o ano pasado e no que se abordan temas diversos desde unha perspectiva feminista e en galego. Segundo salienta a fundadora, A Ollada Violeta é un espazo seguro, unha casa, un lugar que como Rose Red di pode ir mudando… un día pode ser unha casa antiga situada nun outeiro na que todas e todos nos refuxiamos dunha tormenta ou dunha apocalipse; outro día, un salón confortábel desde o cal viaxamos ao noso fogar interior; outro día é un berro de basta xa de violencia cara ás nosas compañeiras trans; outro convértese en reflexión…" Couceiro, que proximamente publicará un ensaio sobre feminismo, creou este podcast con tres obxectivos fundamentais: o primeiro, que as mulleres feministas con referentes atopen a súa forza e un espazo onde poder falar sen medo a ser xulgadas; o segundo, traer algo de paz nun lugar acolledor que acompañe, nun tempo como o que estamos a vivir; e o terceiro, gozar comunicando. A Ollada Violeta conta xa con máis dunha decena episodios, nos que se abordaron temas como o terror, a socioloxía e a política, o feminismo e a literatura, sen esquecer o terreo das emocións, eixo que actualmente se torna imprescindíbel. Xustamente nun dos últimos episodios, a escritora comezou cunha nova aposta, a través da lectura dramatiza do relato A sociedade de Virginia Woolf.Sobre a acollida do público, Couceiro valora que "o número de escoitas vai medrando, mais a min o que máis me gusta son as mensaxes, que me escriban, que compartan, que me pidan que fale dalgún tema…". 'Descifrando a historia': a reflexión histórica en galego "Divulgar a Historia da Galiza e facelo en galego, con programas de entre 20 e 30 minutos". Esta máxima de falar sobre a historia do país e fomentar a reflexión e o debate é a que levou a David Gesteira a pór en marcha, en setembro do ano pasado, o podcast Descifrando a historia, en cuxa imaxe destaca unha viñeta de Castelao. Graduado en Historia, Gesteira cursa actualmente un Mestrado de Arquivos e Bibliotecas e dirixe un programa "pedagóxico e divulgador", no que xa abordou temas como o Pazo de Meirás e a familia Franco, a independencia de Portugal no século XII, a historia do wolframio na Galiza, ou os suevos en Gallaecia, e entrevistou as persoas integrantes da Asociación O Sorriso de Daniel, amais de internarse na historia máis oculta de Josep Broz Tito. Descifrando a historia concíbese como un proxecto persoal, na boca do seu autor, quen avanza que "a idea é ir contactando con especialistas para completar dunha forma máis correcta todos os puntos de vista que pode ter un feito histórico, mais sempre, desde a historia da Galiza e coa lingua galega como código transmisor". A propósito do futuro deste formato, Gesteira salienta que é moi bo e "na Galiza tamén vai triunfar, aínda que necesitamos moitos máis que empreguen o galego como lingua difusora; non nos vale soamente que os creadores e creadoras nacesen aquí, senón que por compromiso a rapazada que vén detrás ten que comprender que a nosa lingua vale para todo: falar, escribir, ensinar etc.". A propósito do futuro deste formato, Gesteira salienta que é moi bo e "na Galiza tamén vai triunfar, aínda que necesitamos moitos máis que empreguen o galego como lingua difusora 'Viaxantas', ou como viaxar desde a casa Ás persoas amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida, diríxese o podcast Viaxantas, unha proposta de Cristina Terceiro, xornalista que traballa en comunicación política e novas plataformas dixitais, e que adora viaxar. Debido ao confinamento "tiña a necesidade de traer á miña vida unha das cousas que máis me gustan: as viaxes, a lembranza de bos momentos, as sensacións e as experiencias diferentes…". A proposta conta, polo de agora, con dous episodios, e ten como finalidades "pasalo ben e ilusionarnos con novos destinos para cando poidamos saír da casa; redescubrir Galiza, as súas festas e pratos; e crear contido en galego para que aquelas persoas que gocen desta temática teñan unha opción en formato podcast na súa lingua". Aínda que Viaxantas se atopa nunha fase inicial, pola cabeza da súa fundadora xa fermentan algúns temas como os segredos do Entroido, que se sente ao entrar até o corazón dunha pirámide exipcia, ou coñecer outras caras das cidades máis contadas. Así, "o que comezou como un pasatempo, unha terapia contra o encerro, está a converterse na comunidade de consellos, intercambio de lembranzas e boa enerxía que soñaba cando comecei a dar forma a isto". 'Té con gotas', xornalismo desde o Reino Unido Co xornalismo como bandeira naceu a finais de 2018 Té con gotas, unha proposta radiofónica comandada por Duarte Romero e Miguel Rodríguez, dous xornalistas galegos emigrados no Reino Unido e traballadores no sector da comunicación en Londres. Como eles mesmos confesan, "os nosos camiños atopáronse en Londres e nas conversas do lunch break na estación de tren de Victoria falabamos moito da actualidade política do Reino Unido, na altura moi emocionante, xa que estabamos no medio das negociacións do Brexit, da vida de galegos que coñeciamos neste país e tamén dos podcasts que seguiamos". Desas conversas xermolou o podcast no que se abordan "os debates políticos que se están a producir no Reino Unido, ao tempo que se dá voz a moitos galegos e galegas que desenvolven a súa vida profesional aló e das que nada se sabía nunha prensa galega que só recorría a elas para os temas clásicos de atentados ou o Brexit". Así, os seus programas centráronse nas temáticas que consideraban ausentes nos medios tradicionais, como o Green New Deal, a semana laboral de catro días, as ambiciosas políticas de vivenda pública do Reino Unido, as experiencias de promoción do cooperativismo a nivel local, o funcionamento dos medios públicos como a BBC en oposición á CRTVG… Os programas exixen un labor intenso de documentación, aínda que a conversa xorde de forma amena e natural, "como se quedásemos para tomar algo nun bar e llo explicásemos a un terceiro convidado", confesan retranqueiros. Raquel Besteiro salienta que "se está a formar unha comunidade moi bonita de persoas creadoras de contido en galego, xa sexa podcast, streaming, vídeos de YouTube, TikTok etc e penso que eses formatos dixitais son chaves para achegar o galego á xente nova". 'A Lareira', as conversas demoradas Sobre cine, música, literatura, ciencia e cultura pop, vai o podcast A Lareira, creado por Raquel Besteiro, graduada en Comunicación Audiovisual. Ela conta cun círculo de amizades relacionadas coa cultura ou que ten moito interese nela, e cando quedaba cos seus amigos e amigas, mantiña conversas moi estimulantes arredor de diversos temas, de aí que ese formato servise de base do que é A Lareira. Nela preténdese conversar de modo relaxado, reflexionar e debater con persoeiros culturais sobre os diversos campos sempre "co equilibrio entre o humor e a seriedade". De aí que, aínda que existe moita documentación previa, os programas se conciban desde a frescura e a improvisación, co fin de crear espontaneidade. Sobre as futuras convidadas, Besteiro avanza que a curto prazo traerá a súa amiga Carol, meiga e artista que falará de ocultismo, tarot e como se relacionan estes coa música e as artes; ademais dalgún ou dalgunha deportista de elite e da aposta por novas seccións. Besteiro salienta que "se está a formar unha comunidade moi bonita de persoas creadoras de contido en galego, xa sexa podcast, streaming, vídeos de YouTube, TikTok etc e penso que eses formatos dixitais son chaves para achegar o galego á xente nova". 'A Gruta de Gizamaluke', videoxogos Vinculado á Revista Morcego naceu no ano 2018 o podcast sobre videoxogos A Gruta de Gizamaluke, cuxa equipa está conformada por Ana Beloso, Sara Orozco, Juan Sanmartín e Carlos Pereiro. O obxectivo, contar o que está a pasar no mundo do videoxogo, resumir a actualidade, e opinar sobre certos temas puntuais que van aparecendo, ademais de facer recensións. Baixo o paraugas do estudio radiofónico de PontevedraViva, Carlos Pereiro salienta que "de cara á próxima tempada prestaríanos poder contar con convidadas da industria, que falen co seu propio micrófono sobre diversas cousas, é dicir, dar voz". "O formato está máis vivo que nunca, sobre todo nun momento de estarmos máis tempo na casa, e cando buscamos propostas novas para pasar as horas, mais tamén fóra, ante esa problemática moderna de non termos tempo para nada; os podcasts só precisan orellas", culmina Pereiro. Podgalego Conscientes da necesidade de crear comunidade entre as persoas que apostan polos podcasts na nosa lingua, nace Podgalego, unha plataforma que acolle máis de cincuenta espazos de diversas temáticas. Da man de Uxío Broullón e Isaac González, a plataforma nacía hai dez anos. Segundo recolle Broullón nun artigo que se pode ler na web podgalego.agora.gal, "a primeira experiencia coñecida de podcasting en galego foi sempre atribuída a plan Galicia, de Mariano Grueiro, definido como un proxecto artístico", "un estudo desde os eidos da foto e do ensaio ao redor dos carteis instalados no rural na era post-Prestige". Só houbo unha emisión, datada no 1 de xullo de 2005. Máis tarde, produciu un novo podcast, Libros falados, que durou moi pouco tempo, pero que serviu de inicio do que hoxe xa é unha comunidade asentada e en auxe, na que se recoñecen un bo monllo de propostas que demostran a boa saúde do formato na nosa lingua. |
NOS_30975 | Reducirá o número de sucursais en todo o Estado para "corrixir o solapamento" de oficinas trala integración do Banco Pastor, tal e como anunciou en maio pasado. | O Banco Santander pechará na Galiza 26 oficinas, e 150 no resto do Estado, a partir desta sexta feira, 20 de setembro. Esta é a primeira quenda de peches que se contempla na execución do ERE e que inclúe a desaparición dunhas 1.100 sucursais en todo o Estado. Os peches comezaron a principios de mes -foron 86, pero non afectaron a Galiza- e continuarán nos dous seguintes até eliminar un total de 601 oficinas antes de decembro. O banco que preside Ana Botín xa anunciara en maio que executaría este plan unha vez finalizado o proceso de integración tecnolóxica das sucursais de Banco Popular no grupo. O Santander adquiriu por 1 euro o negocio e a rede do Popular en xuño de 2017. Agora, desmantelará o equivalente a tres cuartas partes da rede comercial do Popular, que mantiña 1.584 sucursais cando foi comprado. |
PRAZA_10797 | A violencia contra as mulleres é un problema político. Esas palabras son as definitivas, creo, coas que a autora pon punto final ao libro. | Comecei a lectura deste libro hai meses, na altura en que a súa autora mo dedicou xenerosamente, pero é agora cando a retomo e podo escribir sobre el.Carme Adán, amiga feminista e persoal desde hai anos, ten traballado no eido literario, xornalístico, educativo e político deste país, de forma que non necesita ser presentada. Tampouco a palabra Feminicidio, tan latina, necesita explicación, sabendo como sabemos perfectamente o que significa Homicidio. Aínda así, falta en el Dicionario de la RAG. Algo incomprensíbel cando o Dicionario da RAE, corrixira a definición a finais de 2018, como "asasinato dunha muller a mans dun home por machismo e misoxinia". Comeza a autora denunciando o silencio que rodea ao feminismo e á violencia contra as mulleres, chámese machista, sexista, de xénero. Defende esta última acepción porque sitúa a acción no eido cultural. Sexista tamén. E o resto. Segue falando a autora do desprestixio que leva implícita a condición feminina, e do patriarcado que serve para desmontar e subverter a orde establecida, a través do coñecemento. Continúa comentando que este libro quere indagar cunha ollada crítica sobre os conceptos que nos permiten coñecela como feminista. Compráceme a proposta, así como a denuncia do sistemático esforzo por manter á muller afastada do saber, un comportamento histórico que aínda se quere seguir utilizando. Introdúcese na epistemoloxía feminista e afirma que o feminismo necesita formar un corpus teórico. Non podo estar máis de acordo. En realidade consiste niso. Pero acto seguido me confunde cando di como podedes comprobar o das palabras raras vai en serio, coma se quixese solidarizarse coa ignorancia feminina. Hai momentos nos que a dorna que escolleu para navegar por este doloroso tema, virase perigosamente e pregúntase : por que falo de coñecemento, se o libro propón unha reflexión sobre a violencia das mulleres?? Non é a través do coñecemento como pretende analizala? Sigo lendo e quedo confundida. Non é unha pandemia ou unha lacra é un tema de longo percorrido filosófico e político. Velaí!! Mais a continuación introduce na reflexión "os valores", que, segundo a autora "son obviados". É urxente analizar os valores desde os que coñecemos o mundo. Cómpre decidir que valores son máis acaídos e por que. Pregúntome, que son os valores? Hai valores positivos e negativos. Deben ir adxectivados. E pode variar a consideración dos mesmos segundo o momento histórico. Pero non teñen unha definición filosófica ou científica. Valor, nesta acepción, non é un termo ontolóxico. Menos mal que a autora déixao aí esbozado para pensar nel ??, e continúa a pensar a violencia contra as mulleres en termos políticos, dicindo: Agardo que non esteades tan mareadas como para non seguir adiante. Este é xustamente un dos temas que me chocan na lectura do libroAínda que a autora, profesora de filosofía e coñecedora da filosofía feminista, cousa que reflicte neste libro, non sexa unha filósofa, no sentido de creadora dun pensamento propio, concreto e diferente, non me parece adecuada a vacilación que amosa con esas frases coloquiais que demostran inseguridade nos criterios. Expresións como:Seguro que vos asaltan as dúbidas…; Aínda máis, que é ser unha muller? Defínenos a carne ou o concepto?? Como compaxinar esta pregunta coa cita de Simón de Beauvoir, de quen se di lectora e debedora, incluída a continuación, "non se nace muller senón que se chega a selo" ? Ou, cando remata outro capítulo : Polo menos para min, e para vós? Ou, Non sei se é correcto darlle forma lingüística ás sensacións. A risco de confundirme, vouno facer. Ou: Queremos unha lexislación feminista ou queremos lexislar como feministas. Que opinades?Ela é a escritora do libro e opina. Ela dirixe a dorna, que é moi mariñeira. Ningunha das múltiples autoras que cita, ou non cita, fan algo semellante nos seus escritos. As indecisións non favorecen o traballo deste libro. As lectoras terán que escribir para comentar a súa opinión. Carme Adán é quen escribe, neste caso, e ten dereito a defender os propios criterios. Falando de criterios, ignoro por que non cita os meus, incorporados en moitos dos meus ensaios feministas e artigos publicados en galego. Sobre todo porque veñen a conto en varios dos temas do libro que foron pensados e reflexionados por min. Hai unha desconsideración cara o ensaio en lingua galega? Ou pouca valoración e de min mesma? Non se sostén esa actitude coa consideración que me amosa noutras ocasións cando me nomea, algo do que non pretendo ser merecedora. Pero si creo que o son de figurar alí onde os comentarios do libro tratan aspectos do feminismo que traballei e nos que fun deixando uns xuízos e unha ideoloxía propia desde hai anos. E sabe ben, Carme, que non é a vaidade o que me leva a esta digresión. É simple curiosidade. Reforzada polo feito de que non é Carme a única, nin moito menos, que actúa dese xeito, no país. Remata Carme o exhaustivo percorrido polo Feminicidio facendo unha síntese. Primeiro que o patriarcado segue forte, e que a violencia segue sendo o principio fundamental. Segundo, os estados seguen reproducíndoo…mantendo as esferas do público e do privado.Aquí falo eu, Carme, porque son a dona deste texto. Esa división sistémica dos estados, é o leit motiv do meu ensaio Anti- natura, e de moitos artigos sobre este tema. Afirmar que as propias mulleres se meten voluntariamente no pozo privado, que é onde asasinan á maioría das vítimas, no noso e no resto dos países, se tratamos o Feminicidio, ou a Violencia contra as mulleres polo feito de selo. Nesa liña indica Carme Adán como restabelecer a xustiza. Porque a violencia contra as mulleres é un problema político. Esas palabras son as definitivas, creo, coas que a autora pon punto final ao libro. Parabéns, Carme. |
PRAZA_8214 | Armando Requeixo analiza A luminosa mirada dos ollos de Isaac, o volume no que Xosé Ramón Fandiño compilou a obra ensaística dispersa de Isaac Díaz Pardo. | É difícil imaxinar como tería sido a Galicia dos últimos tres cuartos de século sen o imprescindible concurso de Isaac Díaz Pardo. Se un repasa as iniciativas e proxectos, as actividades e empresas nas que, directa ou indirectamente, a súa persoa ou as plataformas que capitaneaba estiveron implicadas decatarase ao instante de que practicamente non existiu conclave cultural ao longo de décadas no que a súa sombra benéfica non pulase por nós. Sabido o anterior, entenderase que defenda calquera homenaxe que se lle teña feito en vida ou se leve a cabo agora que o botamos en falta, pois decote han merecer todos non só a miña atención, senón o meu aprecio admirativo. Así acontece co volume A luminosa mirada dos ollos de Isaac, entrega primeira da compilación que da obra ensaística dispersa do intelectual levou a cabo unha das persoas que máis o tratou e mellor o coñeceu, Xosé Ramón Fandiño, quen publica este libro formando parte dos Cadernos Ramón Piñeiro do centro homónimo coa colaboración da Fundación Pedrón de Ouro e mais o Museo do Pobo Galego. Unha edición, a de Fandiño, estruturada en oito grandes bloques nos que os distintos artigos do propio Díaz Pardo van informándonos sobre os principais aspectos da súa biografía e obra, así como tamén das relacións amigables e contacto creativo que mantivo con algúns dos máis senlleiros persoeiros das nosa arte pictórica e literaria. Coñecemos, así, as súas xeiras de Preguerra, entre os cadoiros de ilusión autonomista e plebiscitaria e o alternar familiar co máis brillante do galeguismo do momento, pero tamén a represión brutal do 36, que se cebou na figura de seu pai ata facelo desaparecer, obrigando os seus a unha vida de agochos e silencios. Mais estes artigos infórmannos tamén do ambiente compostelán daqueles anos, dos seus inicios como pintor e, dando o salto á Posguerra, de toda a aventura galego-americana que fixo posible o milagre de Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o IGI, o Museo Carlos Maside e tantas outras beneméritas empresas que a Díaz Pardo deberemos por sempre. A luminosa mirada dos ollos de Isaac péchase cunha coda do profesor Luís Cochón titulada "Retrato de si propio", peza literaria de altura na que a rememoranza persoal de Díaz Pardo consegue facer estralar faíscas de brillante semblanza Especial interese teñen, coido, os traballos dedicados por este a Castelao, Seoane, Dieste, Granell, Lorenzo Varela, Maside ou Ánxel Casal, intelectuais dos que Díaz Pardo non só amosa ter un coñecemento directo da circunstancia vital que animou a súa traxectoria (pois non en van todos eles foron bos amigos seus), senón que tamén evidencia a súa fonda capacidade analítica para, moitas veces nunhas poucas liñas, realizar un retrato revelador da personalidade humana e artística que os singularizou para a nosa Historia. A luminosa mirada dos ollos de Isaac péchase cunha coda do profesor Luís Cochón titulada "Retrato de si propio", peza literaria de altura na que a rememoranza persoal de Díaz Pardo consegue facer estralar faíscas de brillante semblanza, facéndonos o personaxe aínda máis humano e admirable, se é que iso era posible. Meritorio labor de edición, por tanto, o de Xosé Ramón Fandiño neste volume, que haberá que agardar se vexa continuado sen tardanza por novas entregas recompiladoras da escrita de Isaac Díaz Pardo, o humilde máis brillante dos que entre nós teñen sido. |
NOS_35446 | O tesouro que agocha o Fondo Ben-Cho-Shey, depositado no Arquivo Provincial da Deputación de Ourense, permítenos rescatar dous dos primeiros poemas da liña satírica de Anxel Fole, Rimas e El Borbón y su Lacayo que até a data permanecían inéditos ao ficar excluídos da edición das obras completa deste autor. Alén dos valores literarios dos mesmos, a súa divulgación permítenos repasar e coñecer o contexto político do final do réxime de Alfonso XIII e o conxunto de forzas que asentaran a II República. | Achegarnos a un e outro poema, o primeiro deles elaborado a finais da Ditadura de Primo de Rivera e o segundo durante a Ditabranda de Berenguer, require necesariamente situar, aínda que sexa a grandes trazos, o Fole daqueles anos, deténdenos de xeito particular na súa dupla faciana de dirixente da FUE e de activista republicano. Aínda así o de Lugo, xa organizado no nacionalismo e operando como Secretario Provincial do Partido Galeguista, non renunciara a este tipo de composicións como as recollidas sob o titulo de Romancero Político de Galicia algunha das cales aparecen recollidas na súa obra completa. Naqueles anos finais da I Restauración, Fole era canda Seoane cabeza e dirixente daquela facción de mozos que facían parte da FUE pero nunha posición sen ningún tipo de preocupación nacionalista. Mentres Carvalho ou del Riego, tamén importantes dirixentes da organización estudantil, participaban do Seminario de Estudos Galegos ou tiñan como grandes referencias ás xentes de "Nós" ou das Irmandades, os primeiros declarábanse marxistas, as súas lecturas de cabeceira eran Barbusse ou Ehrenburg e o espello onde mirarse a Unión Soviética. Asemade se para os mozos marxistas os esforzos dirixíanse case en exclusiva ao eido político, no caso dos nacionalistas a actividade cultural era prioritaria. O poema Rimas fai referencia ás protestas que levan a cabo os estudantes de todo Estado ao longo de 1929, unhas mobilizacións que se iniciaron por motivacións de orde académica e que xa provocaron que en setembro dese ano o Ditador derrogaba a "Lei Callejo", que permitía aos centros relixiosos conceder títulos académicos, e que tomarán un carácter claramente político en xaneiro de 1930 coa extensión da folga á práctica totalidade das universidades, en Compostela xa se declara o día 24, e que rematarían con Primo de Rivera xa dimitido. Porén non rematou aquí a loita, en febreiro dese ano, con Berenguer no Goberno continuarían as mobilizacións en Galiza en demanda da amnistía para os estudantes detidos ou expedientados. O poema El Borbón y su Lacayo, de ampla circulación na Galiza da época, enmárcase no contexto de descomposición política dos finais do reinado de Alfonso XIII, pero tamén na posición dun Fole que xa actúa como recoñecido dirixente republicano. Pénsese que xa o 1 de Abril de 1929, Fole aparece como conferenciante no "Centro Republicano de Compostela", onde analiza a nova orde constitucional de posguerra en Europa, se ben o 10 de Marzo do mesmo ano asina como fundador ao pé de Seoane, Manteiga e Xoán Xesús González a constitución dunha nova forza política, Vanguardia de Izquierda Republicana, na que aparece como secretario. Os textos que vos deixamos non son máis que unha pequena mostra das tres grandes liñas de creación poética que cultivou o de Lugo, isto é, unha primeira, tamén a máis abondosa, fondamente influída pola "Xeración do 27", unha segunda de carácter revolucionario, influída polo futurismo de Maiakosvki e unha terceira, esta coa que quedades, de carácter satírico que viña a ser un reflexo do momento político do momento e polo que circulan situacións como esta ou persoas como o famoso cacique de Lugo Pepe Benito ou o non mesmos cacique Emiliano Iglesias. RIMAS Cerraron las aulas,fregaron los suelos,tapiaron las puertas,pusieron los sellos,y lanzando vivasal régimen viejo,de sus Facultadestodos se salieron...Las blancas paredesdel augusto temploquedaron cubiertasde grandes letrerosalusivos todosa los hombres nuevos... Va cayendo el día,se oscurece el cielo,los muchachos pidenque muera Callejo...Ante tantas cargasy guardias tan fierostiros y sablazos,medité un momento¡Dios mío, que solose queda el Gobierno. Notas oficiosasy Reales Decretosaumentan las filasde los descontentos.Sufrió un castigola Corte, primero,luego Salamancay más tarde Oviedo,después Barcelonay Valencia luegoy, en fin, Zaragozaa quien no valieronlas humillacionesde su claustro en pleno. Ya no habrá culturamas que en el ejército;ya no serán sabiosmás que los sargentos.Y al mirar que el chuloautor de todo estosolamente cuentacon beatas y clérigosy cuatro marquesesde rancio abolengoque a cuatro marquesasles toman el peloMimi Castellanosimplora así al cielo:¡Dios mío, no he vistoun tío más fresco! El día catorcedel mes que corremosal balcón se asomael jefe, cubierto,sin quitarse un puntodel coco el sombreroy por los jardinesde su ministeriopasan cuatro gatosformando el cortejo.Es la Unión Patrióticagentes de ambos sexosentre las que abundanpersonas de mérito:Dolores la Chatay Paca la Pelos,Mercedes la Loca,Delgado Barreto,Dómine, Del Valle,el rector de Deusto,Matesanz, Reguera,Largo Caballero,un par de agustinos,tres curas de puebloy un comisionadode los del babero...¿Llenan estudiantesla Cárcel Modeloy ésta gente fuera?...Yo no me contengo.¡Dios mío, que genterodea al Gobierno! Todas las nacionestomaron ejemplode la pobre España;Ya no habrá más médicosni más abogados...¿Que falta hacen estossi está José Antonioganando mil pleitos?Ya no es necesarioestudiar Derecho.Basta la influenciadel nombre paterno.Para nada sirvenAcademias, Centros,Universidades,Juntas ni Ateneos.Los intelectuales(de españoles nietos)de la Sud-Américasiguiendo este ejemplodirán desde ahoracon gran sentimientolo mismo que dicede España el Gobierno¡Dios mío, que brutosson nuestros abuelos! …............................... ¿Sobre la violenciatriunfará el Derecho?¿Volverán a versechicos y maestros?No sé, pero hay algoque explicar no puedo,que al par nos producetristeza y desprecio¡Y es ver como Españasoporta al Gobierno! Esta reportaxe apareceu no Sermos Galiza nº108, publicado a 7 de agosto de 2014. |
NOS_6453 | Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, Sanxenxo, 1954), alcalde de Pontevedra (BNG), recíbenos no seu despacho, no que se contan por ducias os premios recibidos ao modelo de cidade. "Os máis importantes están fóra, á vista de todo o mundo", dinos. Refírese, entre outros, ao premio da ONU-Hábitat e ao premio á excelencia que entrega unha axencia do ex alcalde de Nova Iorq, Michael Bloomerg. Eis un extracto da entrevista que publicamos no Sermos Galiza número 303. | Preparado para un sexto mandato? Nós temos un proxecto para esta cidade cun equipo moi potente de xente que levamos traballando trinta anos e que está dando resultados positivos e ao que ademais quédalle moito percorrido, porque o mellor está por vir. Xa estamos recollendo os resultados do modelo urbano, que fai que esta sexa unha cidade dinámica e atractiva, desde o punto de vista turístico e da creatividade, da actividade cultural, da calidade urbana. Hai xente que vén vivir aquí e hai todo un ruxe ruxe de novos emprendedores, estranxeiros que traballan nas novas tecnoloxías e viven aquí. Todo iso fai que Pontevedra estea medrando no centro da cidade porque ten alta calidade de vida. Temos moitísimos proxectos en marcha: circunvalación, novo hospital, paseo de Marín, a mellora do nu do parque de bombeiros, a recuperación do edificio da Xunta... acabamos de adxudicar o contrato da auga, de 66 millóns, e imos rematar todo o saneamento rural –quédanos un 10%– e iniciar a ampliación da auga potábel a todas as parroquias perimetrais. Facía alusión a 30 anos. Que papel desenvolveu a súa estadía na oposición antes de comezar a gobernar? O tempo na oposición foi imprescindíbel. Non se pode chegar sen coñecemento, sen unha idea clara do que queres facer, sen ter unha estratexia clara de futuro. Se non tes formación, experiencia e coñecemento en profundidade, dás paus de cego e non funcionan as cousas. Nós nalgún momento usamos un lema espléndido "Sen rumbo certo non hai vento favorábel". Hai que ter unha formulación de longo e medio prazo que che faga ser coherente. A xente estráñase porque cando entramos no 99 tomamos decisións no primeiro mes e iso é porque había tres mandatos na oposición elaborando un proxecto serio, rigoroso. Sabiamos o que queriamos e contamos coa participación de moita xente activa que quería cambiar a situación, que era insostíbel. [Podes ler a entrevista íntegra no número 303 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_18556 | O profesor e escritor Xesús Alonso Montero formaliza a súa candidatura á presidencia da Real Academia Galega co aval de Margarita Ledo, Xesús Ferro, Díez Fierros e Henrique Monteagudo. No seu equipo xa anunciou que contará coa lingüísta Rosario Álvarez e o teólogo Andrés Torres Queiruga. A carreira para presidir a RAG acelérase. | O proceso para cubrir a vacante da presidencia da RAG colle velocidade coa presentación formal das candidaturas que concorrerán a presidir a insitución. O profesor Xesús Alonso Montero escolleu o primeiro de abril para presentar a súa proposta que conta coa aval de Margarita Ledo, Xesús Ferro, Díaz Fierros e Henrique Monteagudo alén de estar acompañado por Rosario Álvarez e Andrés Torres Queiruga no equipo que propón para dirixir a Academia. Polo de agora, ningunha das candidaturas presentou máis de dous dos catro membros que tomarán parte na executiva, deixando a porta aberta a un posíbel acordo que se podería materializar nunha candidatura unitaria. Mália ese xesto, o propio Alonso Montero manifestou despois de rexistrar a candidatura que a presidencia non é negociábel. Tiñan tres meses para cubrir a vacante de Ferrín mais os prazos non se apurarán até o final. Este luns o profesor Alonso Montero, que foi segundo en anunciar a súa candidatura, adiantouse na convocatoria dun acto público presentación formal da proposta que o candidatará a ser sucesor de Méndez Ferrín á fronte da institución na que entrou en 1993 ocupando a cadeira que deixara vacante Rafael Dieste. Avalaban entón a Alonso Montero na súa entrada Carlos Casares, Ramón Piñeiro e Xosé Filgueira Valverde, encargado tamén de darlle réplica no discurso. Xesús Alonso Montero anunciou a súa presentación unha vez o académico Manolo González fixera pública a través dunha carta aos membros da institución a súa vontade de concorrer á convocatoria para suceder a Ferrín. Na presentación na rúa Tabernas, Alonso Montero afirmou que, a presentación de González pechou a porta a unha candidatura unitaria e empurrou a callar a que vén de formalizar. Coa presentación dos dous candidatos, o plenario da Academia enfróntase a unha situación insólita xa que, até o momento, todos os presidentes saíron dunha única lista apoiada por unha inmensa maioría dos membros do pleno. Con respecto ás acusacións vertidas por Ferrín e Axeitos a repecto dun posíbel control da RAG por parte do CCG e o ILG, Alonso Montero defendeu a independencia da institución e negou calquera intromisión externa. Avogou, no entando, por unha coordinación entre as tres entidades. Aconteza o que aconteza no pleno no que se vote por un dos dous candidatos, o que si é certo é que, de non haber un acordo previo que non se albisca nese momento, o novo presidente non chegará coa unanimidade que amparou a Ferrín como candidato único. Mália a facilidade coa que se botan contas nos poucos membros do pleno, únicos con dereito a voto, ninguén se anima a dar a vitoria por segura. Antes ben, os números bailan dunha parte para outra. Por unha banda, a constitución dos equipos cos que os candidatos se presentan diante do plenario afonda máis nas incertezas. Xesús Alonso Montero adiantou dúas das persoas que participarán na súa candidatura. O teólogo Andrés Torres Queiruga e a filóloga e até hai ben pouco presidenta do ILG, Rosario Álvarez, deron un paso adiante para avalar a candidatura de Alonso Montero. Canda eles, agárdanse que apoien ao escritor os membros vencellados ao Consello da Cultura Galega -da que Torres e Álvarez son activos representantes- mais, contra o agardado, non todos os vencellados ao ILG. Coa candidatura do filólogo Manolo González, á fronte do Instituto Ramón Piñeiro, anunciaron a presentación os filólogos Xosé Luís Regueira e Francisco Fernández Rei, tamén membros do consello científico do ILG. González e Fernández Rei, da anterior executiva Manolo González leva na Academia desde 1992, un ano antes que Alonso Montero, e na súa dirección ocupou os cargos de secretario e tesoureiro, este último no equipo presidido por Xosé Luís Méndez Ferrín. A candidatura de González componse, desta maneira, con dous dos membros da anterior equipa directiva, el mesmo e Francisco Fernández Rei, polo que se entende como continuidade da executiva precedente. A Academia aínda non fixou a data na que se desenvolverá o pleno do que saia o seu novo presidente mais todo indica que será antes de remate deste mes e mesmo se pode adiantar á próxima semana, a tempo para que o novo cargo se poña á fronte das conmemoracións do Día das Letras Galegas. |
PRAZA_14832 | A cidadanía únese ás mobilizacións contra a inxustiza social e o recorte de dereitos propiciados polo actual sistema. | O pasado sábado 27 de outubro tivo lugar en todo o país unha mobilización cidadá desobediente e non violenta que xorde como protesta masiva ante a crecente restrición de dereitos e liberdades públicas ás que o actual sistema económico e político está sometendo á cidadanía. Un nutrido grupo de cidadáns e cidadás que, en representación dunha parte importante da cidadanía que non está de acordo co rumbo que están tomando as cousas e coas medidas adoptadas polo Goberno, manifestan pacificamente o seu desencanto e a súa negativa a perpetuar un sistema inxusto que permite que cada vez sexan máis as persoas que viven na pobreza mentres a minoría privilexiada sigue aumentando as súas contas bancarias. Estas mobilizacións veñen motivadas pola determinación do pobo a facer fronte a un réxime inxusto, desigual e indigno que, amparado na imposición de austeridade que chega dende Europa, prolonga e lexitima a dominación da minoría que ostenta o poder fronte á maioría. As irregularidades cometidas polo sistema financeiro e as grandes empresas e multinacionais pasan hoxe factura ao pobo, afogado polos estragos dunha "crise" da que non ten culpa Non foi o única mobilización que tivo lugar nos últimos días. As accións dos días 23 e 25 de outubro coincidiron coas xornadas de debate para a aprobación definitiva dos presupostos xerais para o ano 2013. Uns presupostos que, como cabía esperar, destinarán unha porcentaxe desproporcionada ao pago da débeda contraída por unha elite económica (grandes empresas e sector financeiro) que durante anos e de xeito impune realizou unha pésima xestión encamiñada, unicamente, a engrosar as súas propias contas en detrimento da cidadanía, mentres a clase política e os medios de comunicación maioritarios facían a vista gorda. Así, as irregularidades cometidas polo sistema financeiro e as grandes empresas e multinacionais pasan hoxe factura ao pobo, afogado polos estragos dunha "crise" da que non ten culpa, e que se salda co recorte de liberdades e dereitos básicos, o desmantelamento dos distintos mecanismos de solidariedade, altísimas taxas de desemprego, aumento dos impostos, retroceso nas condicións laborais dxs traballadorxs ou ataque e limitación das liberdades, entre outras. A desigualdade é un mal endémico e crecente da nosa sociedade. Así, os ricos son cada vez máis ricos, e os pobres cada vez máis pobres, coa particularidade de que este segundo grupo está medrando a marchas forzadas como resultado das políticas neoliberais que Goberno ven adoptando. Así, esta desigualdade destápase como consecuencia lóxica dun sistema creado para favorecer á minoría privilexiada a costa dunha maioría sometida, que ve ademais como os seus chamamentos á xustiza social son reprimidos polas forzas de seguridade. Unha parte importante da cidadanía opta pola toma de conciencia crítica e a adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo Por iso nestes tempos, máis ca nunca, cómpre manter a fe no cambio e no poder do pobo. Neste contexto unha parte importante da cidadanía opta pola toma de conciencia crítica e a adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo que promove a desigualdade e pretende despoxar á cidadanía da súa dignidade. Hoxe a mobilización cidadá destápase como a opción máis responsable para facer fronte a un sistema que persegue a limitación dos dereitos da cidadanía e a restrición das liberdades. Cómpre promover, por tanto, a participación activa na FOLGA XERAL do vindeiro 14 de novembro, unha folga que atinxe tanto ao ámbito laboral como ao social (atendendo a reivindicacións relacionadas co recorte de dereitos, o imperialismo, a ditadura dos mercados, as restricións ás liberdades individuais…). A cidadanía, en coherencia cos seus principios éticos e a súa conciencia e compromiso social, rebélase contra o sistema. Compre saír á rúa sen medo, en defensa do pobo e duns principios universais como a xustiza, os dereitos e a igualdade. ¡¡¡Defendamos os dereitos e as liberdades de todxs nós!!! |
NOS_51838 | Abel Caballero e Carlos Negreira foxen dos debates sobre corrupción que afectan á súa xestión, a menos de dous meses das eleccións municipais. | As acusacións por 'enchufismo' nos concellos de Vigo e da Coruña teñen acurralados aos seus líderes, a menos de dous meses das eleccións municipais. Os alcaldes Abel Caballero (PSOE) e Carlos Negreira (PP) sortearon esta semana as esixencias da oposición política, que pedía un debate público sobre as denuncias. O rexedor vigués evitou unha primeira solicitude do PP para celebrar un pleno extraordinario por cuestións formais. Viuse na obriga de convocalo tras unha segunda petición, pero puxo todas as trabas ao seu alcance. Limitou a sesión a vinte minutos, con intervencións de cinco para cada grupo e sen dereito a réplica. Caballero viuse na obriga de convocar un pleno extraordinario, pero puxo todas as trabas ao seu alcance. Caballero inhibiuse e delegou as explicacións no concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, malia que as denuncias sinalan á súa man dereita e tenente da alcaldía, Carmela Silva. O edil socialista xogou a mesma baza que Silva nos últimos días e desviou o debate sobre as investigacións por corrupción que afectan ao PP. O Bloque, por medio da súa voceira, Iolanda Veloso, lamentou que durante meses o PSOE de Vigo non deu explicacións aos numerosos procesos xudiciais que afectan ao Concello. Negreira veta o debate Estratexia similar seguiu o alcalde da Coruña. Negreira tombou sendas peticións de BNG e EU grazas a maioría absoluta do seu grupo, evitando pronunciarse sobre se coñeceu e consentiu 'enchufes' en concesionarias municipais nas que tería mediado presuntamente Julio Flores, o seu número dous. Negreira tombou sendas peticións de BNG e EU para dar explicacións grazas a maioría absoluta do seu grupo. Flores, imputado na investigación, si aproveitou o penúltimo pleno do ano para presentarse como unha vítima, "masacrada publicamente por meras sospeitas", dixo. Da alegación de defensa pasou ao ataque e sinalou a outra parte do sumario que implica ao PSOE coruñés. Decenas de contratos baixo sospeita No caso da Coruña, as investigacións apuntan a 54 contratos sospeitosos de amaño coa empresa Vendex, destapadas hai un ano no último auto da Operación Pokemón. En Vigo xúntase a imputación da cuñada de Carmela Silva e tres altos funcionarios do Concello, coas acusacións do exalcalde socialista, Carlos Príncipe, que deu a coñecer até 28 casos, sen descartar máis. Algunhas das súas denuncias serviron de base para a Operación Patos, que afecta tamén a empresas que xestionan servizos públicos. |
NOS_57565 | Presentado en Vilagarcía o torneo que se disputa esta fin de semana. | Breogán-Joventut e Obradoiro-Unicaja. Son os dous partidos de semifinais na primeira xornada do sexto Torneo EncestaRías ACB que esta fin de semana se disputa en Vilagarcía de Arousa. A competición regresa despois dun ano de parón como consecuencia da pandemia da Covid-19. Esta terza feira, 7 de setembro, foi presentada oficialmente na localidade arousá, nun acto presidido polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ex xogador nos seus inicios do Breogán e xa ao final da súa carreira deportiva, do Obradoiro. Lete fixo referencia a esta experiencia do pasado durante a súa intervención, en que considerou que tanto o lucense como o compostelán son "dous dos mellores equipos galegos". Tamén fixo referencia á primeira Copa Galiza, disputada en 1986 por Breogán e Obradoiro, choque que se volveu repetir o pasado 28 de agosto en Ferrol. O conxunto celeste, o máis laureado da competición, gañou na primeira edición (70-67) e volveuse impor este ano (82-76). De venceren os seus respectivos partidos, volveríanse ver as caras na final do Torneo EncestaRías ACB, "un dos máis importantes do verán", en palabras de Lete. Mais primeiro, na sexta feira, o Breogán deberá superar o conxunto catalán do Joventut de Badalona (19 horas), e o Obradoiro, ao andaluz do Unicaja de Málaga (21.15). O sábado será xornada de descanso, e o domingo disputaranse o terceiro e cuarto posto (10.45 horas) e a final (13 horas). Siña Abeijón, histórica xogadora do Cortegada, foi designada madriña do evento. Por outra banda, o representante gobernamental anunciou que a Xunta colaborará co Concello de Vilagarcía na reforma e mellora do pavillón de Fontecarmoa, escenario un a no máis do EncestaRías. Presentación Liga ACB Ademais, tamén na xornada da terza feira se fixo a presentación oficial da Liga ACB, na sede de Endesa en Madrid, coa presenza de representantes dos 18 clubs participantes nesta tempada 2021-22. Polo Obradoiro estivo o seu veterano xogador Albert Oliver, e polo Breogán, Sergi Quintela. Tamén participaron Pierre Oriola (Barça), Adam Hanga (Real Madrid), Fran Guerra (Lenovo Tenerife), Jasiel Rivero (Valencia Basket), Tadas Sedekerskis (Baskonia), Vitor Benite (San Pablo Burgos), Guillem Vives (Joventut), Dylan Ennis (Gran Canaria), Babatunde Olumuyiwa (MoraBanc Andorra), Rafa Martínez (Manresa), Darío Brizuela (Unicaja), Augusto Lima (UCAM Murcia), Dino Radoncic (Casademont Zaragoza), Osas Ehigiator (Fuenlabrada), Pepe Pozas (Real Betis) e Ángel Delgado (Bilbao Basket). |
NOS_54272 | Alertan do "centralismo voraz" que silencia a cultura galega e subliñan o compromiso da organización nacionalista na defensa do país. | Máis de 150 persoas dos diferentes campos da creación literaria apoiaron xa 'Aquí e Agora, para ter voz propia', o manifesto de apoio á candidatura do BNG nas elección xerais do 28 de abril. Nomes do cinema, da música, da literatura, o teatro, a pintura, o activismo cultural ou a memoria histórica súmanse a este documento, que foi presentado ao público en Compostela pola escritora Ana Cabaleiro, o escritor e ensaísta Suso de Toro, a actriz Iria Piñeiro e o director de cine, Alfonso Zarauza. "Queremos facer expreso o noso apoio a esta candidatura por considerar que é a única forza capaz de defender os intereses dos e das galegas no marco político do Estado", explicou Cabaleiro, quen salientou a diversidade e pluralidade das persoas asinantes. "Todas as asinantes temos en común que queremos darlle voz a nosa propia cultura, para mantela viva ante un centralismo voraz que despreza outras identidades", dixo. Suso de Toro falou da "responsabilidade dunha intelectualidade que desde sempre ten o dobre reto de ser voz crítica do seu tempo e de dicir que este país existe", engadindo que exercer esa "responsabilidade" "moitas veces ten un coste". "O BNG é unha voz imprescindible porque é a única que di que Galiza existe como nación, a única que non está sometida a estratexias da corte madrileña", afirmou. "Non están os tempos ni para parvadas nin para frivolidades fronte a unha dereita española que está volvendo a unha recentralización radical, con postulados predemocráticos dando pasos para atrás moi perigosos" A actriz Iria Piñeiro apelou á necesidade "de ensinarlle os dentes ao Estado español", e reclamou políticas propias "tendo en conta que as persoas que nos dedicamos á cultura somos clase obreira e precisamos que se atenda ao noso traballo porque este sector é un recurso de riqueza". "Penso que vivimos baixo un tellado de uralita, que o amianto non nos fai ben e temos que retellar con tella do país", expresou graficamente actriz. O director de cine, Alfonso Zarauza considera que "non están os tempos ni para parvadas nin para frivolidades fronte a unha dereita española que está volvendo a unha recentralización radical, con postulados predemocráticos dando pasos para atrás moi perigosos", advertiu. Para sumarse ao manifesto o enlace web Paratervozpropia.gal, que xa recolle as sinaturas de destacados creadores como Alfonso Becerra (dramaturgo), Antón Riveiro Coello (escritor), Carme Adán (escritora), Caxade (músico), Faia Díaz (cantante), Manuel Sendón (fotógrafo), María Lado (escritora), María Reimondez (escritora), Quique Costas (docente UVI), Roberto Pascual, (director da mostra de Teatro de Ribadavia), Ugia Pedreira (música), Vanesa Sotelo (dramaturga), Xurxo Souto (músico e escritor) ou Anxo Fazáns (directora de cine), entre outras. |
NOS_13642 | Hai moito Álvaro Cunqueiro aínda por descubrir. A un lado, unha personalidade politicamente poliédrica iniciada no nacionalismo máis rexo de orientación arredista, obrigada a subsistir na conxuntura da ditadura. Ao outro, un xigante da escrita, cunha parte da súa obra literaria en verso e prosa aínda inédita. Corenta anos após a súa morte, un proxecto da Universidade de Vigo, coordinado polo profesor Xosé Henrique Costas, traballa na recuperación dos textos descoñecidos do mindoniense e prepara a súa publicación para os vindeiros meses. | Á volta de xuño 2014, Sermos Galiza daba a coñecer dous poemas inéditos de Álvaro Cunqueiro. Os textos, achegados ao xornal por unha subscritora que os atopara entre diferente documentación do Partido Galeguista agochada polo escritor mindoniense nos momentos posteriores a 18 de xullo de 1936, evidenciaban a existencia de moito material aínda sen publicar deste autor. Naquela altura, o profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas levaba anos pelexándose cos arquivos tras o rastro da obra descoñecida dun autor ao que xa tiña dedicado diversas investigacións. Costas sinala a Nós Diario que "en vida, Cunqueiro publicou cinco poemarios cun total de 113 poemas. Nestes últimos 30 anos téñense recuperado arredor de 180 poemas e fragmentos ou poemas incompletos que nunca foran publicados en libro na vida do mindoniense. A estes deberiámoslles engadir os traballos recollidos no por nós denominado Caderno de 1928, os aparecidos en follas soltas e en cartas á Arxentina". O Caderno de 1928 A investigación de Costas deu unha volta cando se atopou nos arquivos da Fundación Penzol co denominado Caderno de 1928, un cartafol que facía parte dun fondo sobre o autor depositado polo seu fillo César. "A descuberta deste Caderno de 1928 supuxo para nós un tesouro impagábel. Nel hai uns 21 poemas manuscritos inéditos en galego, xunto con varias páxinas de estrofas de carácter popular reproducidas nas que se inspiraría o autor para algúns versos ou poemas seus que seguen o ronsel popularista de Noriega Varela, e algúns versos soltos, ideas desbotadas ou aproveitábeis para outros poemas, xunto cunha ducia de poemas en castelán de tipo modernista e popularista", indica Costas. "A descuberta deste Caderno de 1928 supuxo para nós un tesouro", confesa Costas O profesor da Uvigo destaca que "na documentación depositada na Fundación Penzol achamos a maiores tres poemas mecanografados, 18 poemas manuscritos en follas soltas e seis poemas incompletos tamén manuscritos en follas soltas, mais, por estaren estes seis escritos en follas rotas ou rilladas con partes ilexíbeis, non os demos reconstruído completos, e iso que algúns deles teñen varias versións dunha mesma estrofa. Alén disto, esparexidos polas follas do Caderno hai frases poéticas ou versos soltos inconexos ou simples anotacións fugaces". Os poemas descubertos por Costas introducen novidades no analizado até agora arredor da poesía de Cunqueiro. "De maneira abraiante, descubrirmos tamén como antes do Cunqueiro vangardista e popularista dos tres poemarios de preguerra ou dos poemas en Vallibria ou Galiza, houbo un tímido Cunqueiro modernista seguidor de Rubén Darío, de Cesário Verde e de Baudelaire do que non tiñamos coñecemento até o de hoxe. Sorprendeunos dar con este Cunqueiro moi novo adorador do modernismo de Rubén Darío, sobre todo porque Cunqueiro anos despois rexeitou esta etapa, iniciática e adolescente", afirma Costas. "Hai moitos traballos aínda inéditos" Costas considera que fica aínda moita obra de Cunqueiro por descubrir. "Estamos seguros de que hai moitos traballos aínda inéditos. O atopado no fondo da Fundación Penzol achegado polo fillo do escritor é un parte pero están tamén toda unha serie de traballos custodiados en arquivos particulares. Pensamos nos poemas que Cunqueiro remitiu aos seus amigos, nos poemas de ocasión elaborados para celebración populares como Os Maios ou as panxoliñas e que posteriormente en moitos casos teñen cantado as agrupacións musicais do seu amigo Manuel Ledo "O Pallarego", apunta Costa, que fai un chamado a todos aqueles que dispoñen de materiais de Cunqueiro para facelos públicos. Anuncian a edición nos próximos meses dunha revista onde se van recoller diversos traballos sobre Cunqueiro A Universidade de Vigo prepara a publicación de toda a poesía de Cunqueiro. Xosé Henrique Costas canda os seus compañeiros Rexina Vega, Manuel Forcadela e Iago Castro teñen previsto pór en funcionamento no mes de setembro unha páxina web de recursos sobre Cunqueiro, onde vai atopar acubillo a obra lírica coñecida do autor mindoniense. Costas adianta a Nós Diario que "poderiamos estar a falar de 400 pezas" e anuncia a edición nos próximos meses dunha revista onde se van recoller diversos traballos sobre o autor, así como o groso destas composicións. Poemas inéditos de Álvaro Cunqueiro procedentes de "Caderno de 1928" e achegados para a súa publicación por Xosé Henrique Costas. Os textos veñen dunha doazón realizada á Fundación Penzol polo fillo do autor César Cunqueiro Oración ao Recordo de Ela (29/08/1928) Nin verbas enganosas, nin falas mentireirasvan en istes versos que son unha oración E neles o recordo como unha maldición como as espiñas nas frores das roseiras! O Recordo de Ela, que é recordo de morte e que foi outro día de vida e de salud, o Recordo que treme porque xa non ten luz O único recordo que nesta vida é forte! Quen poidera teu Recordo cantar nunhas trobas galanas que foran sinceiras como son as froliñas marelas das toxeiras Quen poidera no tempo ser xograr! Eu son un probe louco, probe e triste porque na miña vida xa non hai ilusión porque busco na terra o que xa non existe Por iso istes versos son como unha oración! Oración que n'é vida, oración que é de morte porque Ela no mundo tan soio é inmortal porque sober da terra, tan soio Ela é forte coma as frores malditas…coma as frores do malNin verbas engañosas nin falas mentireirasvan en istes versos que son unha oración.Oración que non canta ningunha ilusión coma as frores marelas das toxeiras!Como as folerpas da neve, que caen silenzosassober do céspede verde daquel murcho xardín… Folerpas que caendo van recubrindo as rosas os caraveles roxos e o roxo silín É así o Recordo na miña triste vida…Tamén as falerpas que saen das almas son o murcho recordo dunhas horas calmas pro é tan probe a i-alma que a Ela non olvida tembran as almas e estas olvidan Pro queda o Recordo, o Recordo do olvido O recordo que fai que queiramos morrer e en brazos da morte, a carne adormecer como as frores no Paixa[…] do Mido . Esas frores malditas, as frores do mal as frores que cantaba Beaudelaire con tristura tenra de anoitecer. Frores que querendo ser signo son un sinal! Fantasía triste (15/10/1928) Ao Rubén Darío Teu nome é unha oración! Ao pronuncialo trema de tenrura a voz dóbranse as pernas e rézase como se reza a Dios. Rézase lentamente coa man posta sober do corazón Cada sílaba evoca unha alegre visión Visión que pasa pola vida coma un raio de Sol Unha visión que canta nos recordos igual que un rusiñol. Unha visión que nos perfuma a ialma coma un rosal en fror. Teu nome é unha oración! É auga viva, no medio do deserto, sombra e frescura en horas de calor, ten o encanto dunhas vellas sonatas que pasan na vida cantando dolor. Teu nome é unha oración! Ao pronuncialo trema de tenrura a voz e mórrese chorando… ¡Como morrera un Dios! Morreu o xograr! A eterna tecedora descarnada nunha fresca frorida alborada levouse o cantor Treidora! Desalmada! = = = = = Nin tristeza lle dá da terra nosa nin de nosoutros a door lle asusta! A muller da gadaña é fría e adusta En tódalas vidas o beber lle gusta Dun soio golpe da gadaña roxa levouse o cantor. Non lle importou o enchernos de congoxa nin lle importou o facernos chorar = = = = = A terra enteira ao unísono chora o Profeta, Señor da Suevia, tamén plora Choran os ceos, os campos e ribeiras Choran os páxaros, árbres e silveiras Todo chora! Todo á vella tecedora lle pregunta "E atrevíchete levarnos o cantor?" Treidora desalmada! |
NOS_14480 | Repuntan as hospitalizacións en planta (+8) e nas UCI (+4) | Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse ao chegar ao ecuador de xullo a 1.097, que supón a cifra máis alta desde o inicio deste verán no marco da quinta onda, e os casos activos repuntan a 7.208. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus increméntanse a 79, unha ducia máis, e a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 9%. Segundo os datos publicados esta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta cuarta feira, recollidos por Europa Press, aumentan a 14 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 -catro máis- e soben a 65 as que se atopan noutras unidades de hospitalización -oito máis-. Pola súa banda, 7.129 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas de Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña e Cee; descende nas de Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza e mantense na de Ferrol. Ao comparar estes datos cos de hai unha semana, supoñen case 4.000 máis que o pasado 8 de xullo cando había 3.231 infeccións activas Os casos activos repuntan a 7.208, que supoñen 910 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.097) que altas (185), ao que se engaden dous falecementos. Así, mantense a tendencia ascendente por vixésimo segunda xornada consecutiva. Ao comparar estes datos cos de hai unha semana, supoñen case 4.000 máis que o pasado 8 de xullo cando había 3.231 infeccións activas. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan no sete de novo, na de Vigo de forma máis acusadas (+202); seguida da de Ourense (+186); Santiago e Barbanza (+146), Pontevedra e O Salnés (+146); A Coruña e Cee (+105); Lugo (+92) e Ferrol (+33). En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galiza disparáronse por riba do milleiro a 1.097 -que implican 331 máis que o día anterior- após manterse as dúas últimas xornadas por riba dos 700 e após iniciar esta semana con 630. En toda Galiza foron confirmados 1.082 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 302 máis que a xornada pasada, dos cales 227 corresponden á área de Vigo; 214, á de Ourense; 183, á de Pontevedra e O Salnés; 165, á de Santiago e Barbanza; 149, á da Coruña e Cee; 105, á de Lugo; e 39, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das PCR aumenta lixeiramente a un 9% tras descender a un 8,6% o día pasado despois de dispararse a un 13,2% a xornada anterior e comezar a semana nun 8%. Deste modo, continúa por riba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, até a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro. Polo seu lado, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia aumentan a 2.441, após notificar Sanidade esta cuarta feira dúas novas vítimas despois de seis xornadas sen comunicar mortes. En concreto, esta cuarta as autoridades sanitarias galegas informaron da morte de dúas anciás de 88 e 100 anos. |
NOS_38886 | Os axentes acudiron ao piso avisados por unha veciña mais, ao non lles abriren a porta, marcharon. Catro horas despois voltaron alertados por unha nova discusión, mais xa só puideron certificar a morte da muller, emigrada en Madrid. É a segunda galega morta por violencia machista este ano | O Parlamento español debaterá o protocolo de actuación da Policía en relación co asasinato feminicida en Madrid de J.C.S., de 74 anos. Trátase da segunda muller galega morta por violencia machista neste ano.Segundo indicaron fontes da Xefatura Superior da Policía, unha unidade achegouse ao domicilio que a muller compartía coa súa parella logo de recibir a chamada dunha veciña informando dunha forte discusión. Segundo esta testemuña, os axentes "chamaron á porta e como non lles abrían non fixeron nada". Catro horas despois un novo aviso alertando doutra rifa levounos de volta á vivenda. A muller estaba morta e a súa parella --de 85 anos e que xa está detido-- feriuse ao intentar quitarse a vida e foi transladado ao hospital.Tras coñecer a actuación da Policía, o PSOE pediu no Congreso a comparecencia do responsábel deste corpo, Ignacio Cosidó, para explicar o motivo polo que os axentes non procederon "da maneira habitual", isto é, levantando un atestado, tomando declaracións, investigando os feitos e separando á muller de quen, naquel momento, debera ser tratado coma un posíbel agresor. Á petición de investigación deste protocolo para a súa revisión en casos relacionados cos malos tratos ás mulleres sumouse o Observatorio contra a Violencia de Xénero. A primeira morta por violencia machista en Galiza foi no concello de Vilardevós (Ourense). Tiña 65 anos e foi asasinada polo seu home, que despois tamén se suicidou. |
NOS_5965 | "No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano", exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros. Un familiar denunciou os feitos ante o Sergas | O galego? Nin na propia casa, esa república independente de que fala a publicidade. Non tan independente cando é persoal do Sergas para atender un paciente e, fóra do asunto da vista, lle dá por recriminarche que fales no teu idioma e exixirche que fales en español. Isto pasou (certo, pasou, non é unha brincadeira) en Oleiros, segundo vén de denunciar a Mesa pola Normalización Lingüística. Unha doutora do servizo de emerxencias do Sergas nesa localidade, ao observar que nese fogar utilizaban o galego exixiu a un dos familiares: "No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano". A Mesa reclama que o Sergas responda a esta denuncia cunha "investigación a fondo e as medidas disciplinarias correspondentes" xa que se trata dunha "discriminación moi grave, non só no plano lingüístico, pois prodúcese nunha situación de especial vulnerabilidade". Ademais, a maior asociación cultural de Galiza responsabiliza directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que haxa unha "maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica", froito das "reiteradas mensaxes galegófobas do goberno". A Mesa achega tamén o escrito de denuncia que entregou un familiar afectado perante a Xunta: |
PRAZA_1060 | Rafael Rodríguez Villarino, alcalde de Amoeiro, achegou vídeos á Xunta Electoral nos que se probaría a presión do PP a anciáns impedidos nos xeriátricos ou mesmo nas casas para forzar o voto á dereita. Levará o caso á Fiscalía e anima os galegos a que "esperten e denuncien" estas prácticas | O PSdeG de Amoeiro acudirá á Xustiza para desenmascarar e denunciar a presunta carretaxe de votos e o intento por influenciar na decisión de anciáns impedidos por parte do PP. Os socialistas desta localidade ourensá denunciaron xa á Xunta Electoral por un posible delito electoral, pero o organismo aínda non ditaminou. No caso de que non aprecie irregularidade ningunha ou de que non leve o caso á Fiscalía, será o PSOE quen o faga. Así llo asegurou a Praza Rafael Rodríguez Villarino, alcalde socialista de Amoeiro, que nin tan sequera entende a tardanza da Xunta Electoral. "É curioso que aínda non decidira porque parece que o están a pensar moito; deberían actuar e trasladar o caso á Fiscalía, agardemos que o fagan e que o fagan xa; se non o fan eles, farémolo nós", asegura o rexedor, que aposta por continuar a vía xudicial "para que a xente que quere tapar isto non o consiga". O alcalde de Amoeiro denunciou con dous vídeos as presións e intentos de carretaxe por parte do PP a ancións impedidos O pasado luns, o PSdeG de Amoeiro presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral por un posible delito electoral cometido polo PP da mesma localidade. Para iso achegaron dous vídeos, gravados polo candidato e rexedor. No primeiro deles, a administradora dunha residencia de anciáns conta como tres traballadoras do Concello (dous auxiliares de axuda no fogar e unha administrativa), que á súa vez se presentan nas listas do PP, recomendábanlle que facilitase o voto por correo dos anciáns ao seu cargo, co fin de orientar o seu voto en plena precampaña. No segundo vídeo achegado como proba á Xunta Electoral xúntase toda a esencia do mal gusto, da falta de ética na manipulación de anciáns impedidos co fin de orientar o seu voto, pondo ao seu servizo todos os medios da ben engraxada maquinaria electoral do PP. Son dous vellos os que explican como as xa mencionadas traballadoras de axuda no fogar, Silvia Gómez Manso (candidata) e Natalia Vázquez Rodríguez (irmá doutro candidato do PP), presentábanse -fóra do seu horario laboral- na casa de dúas ás que coidan durante a semana para facer descaradamente campaña electoral a favor do PP. O PP xa anunciou con "denunciar" o PSdeG de Amoeiro, ao que acusa dunha "campaña de desprestixio" O PP de Ourense reaccionou anunciando que medita "denunciar" o PSdeG de Amoeiro, ao que acusa de intentar promover "unha campaña de desprestixio orquestrada" para "desviar a atención da noticia bomba" nese partido. "O candidato socialista aproveita o día do funeral político do seu mentor, Pachi Vázquez, para desviar a atención da súa inminente morte política", asegurou o voceiro do PP na localidade, José Sampayo. "Teño visto escusas moito mellores", di Rodríguez Villarino, que ve curioso que precisamente o PP o acuse de intentar desviar a atención "cando todos os medios estaban pendentes da rolda de prensa de Pachi Vázquez e a nova saíu ao mesmo tempo". "Queren facer pasar a xente por parva", insiste o rexedor, que aclara que a denuncia de carretaxe non foi iniciativa propia, senón que xurdiu tras a chamada da directora da residencia de anciáns. "Estaba consternada e preocupada e comezamos a atar cabos e fomos dándonos conta do que se estaba argallando; foi daquela cando fomos a un domicilio para comprobar o que se denunciaba", explica. O rexedor advirte que decidiu denunciar tras a chamada da directora da residencia de anciáns, que advertiu das prácticas do PP Rodríguez Villarino non destacar, nin moito menos, que haxa máis casos e cre que a nova, que "supón un escándalo en calquera lugar do Estado", é tomada "como algo natural en Galicia". "Esa é a impresión que teño... E isto non é natural, senón algo aberrante, ilegal e eticamente noxento. A xente ten que espertar e empezar a falar, pero hai presións, medo e unha semicultura que parece que nos empurra a pensar que isto é unha tradición que hai que aceptar", denuncia. "Isto é un escándalo en calquera lugar pero vese como algo natural en Galicia, e non é, é aberrante, ilegal e eticamente noxento" "Seguro que hai máis casos, pero outra coussa é que se poida demostrar ou que a xente sexa valente e chos conte", engade o rexedor de Amoeiro, que apunta a máis arriba cando se lle pregunta pola maquinaria de carretaxe e compra de vontades. "Hai quen presume de ser asesor con moita fachenda malia ser colocado a dedo", di. Refírese ao candidato do PP en Amoeiro, que está colocado de asesor do presidente da Deputación, José Manuel Baltar, fillo de José Luis Baltar, condenado hai uns meses por un xuíz a nove anos de inhabilitación por enchufar a dedo a 104 persoas na Deputación ourensá na o ano 2010. "No inconsciente colectivo está instalado que isto é normal, que que se lle vai facer... E non pode ser", engade, quen agarda que a súa denuncia traia consigo outras. O que si cre é que, cando menos, "a xente xa está moito máis alerta". Aínda así, non confía moito. "Houbo casos e hainos máis escandalosos, como aquel concello onde se empadroaban familias portuguesas en casas baleiras e en ruínas", lembra. "Abonda tirar de hemeroteca", insiste Rodríguez Villarino, que aclara que os vídeos enviados á Xunta Electoral son máis longos e con máis detalle que os que foron publicados por este medio. Nun dos vídeos, a administradora da residencia do Cerval, María Manuela Dias da Costa, un núcleo de Amoeiro, denuncia que a administrativa e candidata do PP Beatriz Álvarez Pérez, acompañada das traballadoras de axuda no fogar Silvia Gómez Manso (tamén candidata) e Natalia Vázquez Rodríguez (irmá doutro candidato do PP), ofrecíanse a proporcionar gratis notarios "do partido", insinuando que para iso era necesario que votasen á súa formación política, pois advertían que, pola contra, os gastos de notario ascenderían a 50 euros. Para enriquecer a oferta daban a entender que a esposa dun dos médicos do centro de saúde de Amoeiro, María Ángeles González Bayón, tamén candidata da súa formación nos próximos comicios, facilitaría que o seu marido estendese sen problemas certificados que xustificasen o estado de saúde dos anciáns para que puidesen votar por correo. Todo vantaxes e facilidades. Un equipo electoral perfecto. A alcaldesa popular de Sandiás tamén foi denunciada por un presunto delito electoral No outro vídeo, dous anciáns deixan en evidencia as supostas prácticas caciquís do Partido Popular. Unha de tantas das denunciadas desde hai anos: a última delas en Sandiás, tamén en Ourense. O candidato da Agrupación de Electores de Sandiás, Felipe Traveso, vén de presentar unha denuncia no xulgado de Xinzo contra a alcaldesa, Concepción Méndez (PP) por presunto delito electoral cometido coa colaboración de empregados do Concello. Segundo a demanda, teríase amedrentado os veciños, obrigándoos a solicitar o voto por correo para despois introducir eles mesmos a papeleta. "En Galicia todos escoitamos casos", remata o rexedor de Amoeiro, a última localidade dunha lista interminable de carretaxes e presións políticas. |
NOS_43718 | A Assembleia da República aprovou uma reforma do Código de Trabalho a proposta do Partido Comunista Português. As horas de formação anual à que têm direito as e os trabalhadores portugueses aumentam 5 horas, das 35 atuais para 40. A inicaitiva teve o apoio do Bloco de Esquerda e do Partido Socialista de António Costa. | A proposta da bancada comunista também foi aprovada a eliminação da norma que fazia cessar ao fim de três anos os créditos de horas de formação não utilizados. Do mesmo jeito, o Grupo de Trabalho que debate as alterações à lei laboral tem dado o seu apoio à proposta do Governo do PS que limita a dois anos, atualmente está fixado em três, a duração máxima dos contratos a termo certo. Quanto aos vínculos laborais asinados sem prazo definido, o período tope, agora de seis anos, ficará em quatro. Estas alterações saíram adiante com o respaldo da esquerda parlamentar —PS, BE e PCP— e a rejeição da bancada da direita —PDS e CDS-PP. |
NOS_43193 | O rescate da UE a Chipre pagarase en boa medida cunha taxa sobre todas as contas bancarias existentes na illa. Unha quita. O mesmiño que se impón en Galiza aos afectados polas preferentes para pagar o rescate dos bancos que os estafaron. | O rescate de Bruxelas a Chipre supón un salto cualitativo a respecto doutros anteriores (Grecia, Portugal, Irlanda). Non polas condicións draconianas asociadas (recortes, privatizacións,...) senón porque, como di o economista Carlos García. "a diferenza dos anteriores, xa se fai a cara descuberta". Refírese García ao anuncio de que este rescate (polo que se inxectarían por volta de 10.000 millóns de euros) ía se pagar en boa medida cunha taxa ou imposto sobre as contas bancarias existentes nesta illa mediterránea. Vía para obter os 5.800 millóns que Chipre "ten que pagar para ser rescatada". "A diferenza dos anteriores, este rescate faise sen pasamontañas, a cara descuberta", ironiza o economista C. García Para garantir que van cobrar, decidiron mesmo un corralito, para que eses depósitos non poidesen ser levados fóra. Os bancos permanecerán pechaddos até a quinta feira. Esa quita aos aforros dos chipriotas vaina haber. Falla por acordar a porcentaxe a aplicar. Nun primeiro intre falouse do 9,99% para as que superen os 100.000 euros; 6,75% para os de menos cantidade, mais, ante o medo a un estoupido social, estase a avaliar unha rebaixa na quita. De feito, Bruxelas pasa a bola a Nicosia, que sería a que teña que decidir se lle pon quita ou non aos aforros de menos de 100.000 euros. Aliás, Rusia (50.000 rus@s residen nesta illa), xa cualificou este rescate de "perigoso, inxusto e non profesional". O Parlamento de Chipre ten que se pronunciar hoxe, terza feira, sobre as condicións impostas para o rescate pola Unión Europea. Conservadores e centristas teñen a maioría na Cámara por un só deputado. E entre as ringleiras desta coligación non hai moita certeza de que todos os seus parlamentares digan amén sen máis ao rescate. "Arruinaron a vida a miles de galegos, por que non de chipriotas?" Hai unha palabra que estes días se está a empregar ao falar do rescate de Chipre e que é ben coñecida na Galiza: quita. Os milleiros de estafados polo calote das preferentes no noso país saben ben o que é. "Do que tiñamos aí aforrado vannos quitar unha boa tallada. Quedan cos nosos cartos! E para pagar o rescate dos mesmos bancos que nos enganaron e estafaron!!". Quen así fala é Xosé Vicente, dunha plataforma de afectad@s arousá. "Rescatan o banco que nos estafou e temos que dar o 40% do que aforramos en preferentes para iso, para que o salven" A principios deste mes o goberno español anunciaba que a quita media das preferentes roldará o 40%. O que supón millóns e millóns dos pequenos aforradores galegos. "Na Galiza hai sobre 90.000 estafad@s por preferentes e subordinadas, a metade do que agora é NCG banco", lembra Vicente. Desde esta plataforma mesmo falan, nunha mistura de ironía e indignación, do 'roubo perfecto': "Os bancos engánannos. Logran os nosos aforros. Xestionan todo mal e vanse a pique. Hai que salvalos. E fano cos nosos cartos. E ese rescate págase, en parte, co 40% que nos rouban do que tiñamos aí metido. E eles vanse de rositas, sen que lles pase nada". |
NOS_26077 | O sindicato nacionalista pide que o goberno central respete a lexislación internacional e española a respeito dos dereitos d@s pres@s independentistas | A Executiva Confederal da CIG acordou amosar a través dun comunicado o seu rexeitamento á dispersión penitenciaria que o Goberno español lles aplica sistematicamente os pres@s independentistas. Dende a central nacionalista reclaman que se garantan os dereitos das persoas presas e das súas familias e censuran que esta práctica -que conculca a propia lexislación española- castiga tamén a familiares e amig@s. Dende a CIG critican que con esta política de dispersión penitenciaria que o Estado español aplica "dende hai máis de tres décadas unicamente contra os pres@s independentistas penalízase tamén ás súas familias e amizades". Neste senso, lembran que a tanto a propia Lei Penitenciaria como a Constitución españolas establecen o dereito dos pres@s a permaneceren recluídos en centros que se atopen o máis cerca posíbel do seu domicilio habitual. Finalmente, salientan que os constantes incumprimentos nesta materia por parte do Goberno español motivou numerosas denuncias de distintos organismos e institucións internacionais. |
NOS_47233 | O goberno español nomea un asesor de Farmaindustria á fronte do plan estratéxico da enfermidade mentres o Congreso dos EUA investiga o laboratorio do Sovaldi (Gilead) por especular co prezo do tratamento. | A fabricación do tratamento que precisan 180 millóns de persoas atinxidas no mundo polo virus do VHC custa menos de 10 dólares por dose. Porén, o prezo que este alcanza no mercado rolda os mil dólares. O seu nome comercial é Sovaldi, principio activo do sofosbuvir cuxa patente pertence aos laboratorios Gilead. Unha compañía pertencente a diversos fondos de investimento e de pensións encabezados Capital Research Global Investors, o maior accionista de Gilead. Polo seu Consello de Administración tamén pasaron importantes persoas da política estadounidense como George P. Shultz, ex-secretario de Estado con Ronald Reagan ou Donald Rumsfeld, ex-secretario de Estado con George W. Bush. Desde a Plataforma de afectad@s pola Hepatite C en Córdoba veñen de facer público un documento intitulado 'Gilead: a bolsa ou a vida' no que se debruzan sobre os intereses económicos do laboratorio en relación co tratamento dunha enfermidade que, até o momento, era incurábel. Segundo recolle a Cadena Ser o voceiro da plataforma, Pablo Martínez, asegura que "detrás" do Sovaldi hai "unha nova burbulla especulativa". "Son abutres, o seu interese na saúde pública é nulo. Só lles preocupa o investimento". Espular co prezo No informe elaborado polo colectivo de persoas afectadas apuntan a un acordo entre o Ministerio de Sanidade e o laboratorio Gilead para reducir o custe do tratamento --60.000 euros inicialmente por doente-- a 25 mil euros. Así as cousas, sinalan no documento, "o prezo continúa a ser abusivo e desproporcionado se temos en conta que o tratamento ten un prezo que é 1100% máis alto que o medicamento máis caro da mesma empresa contra o VIH, Stribild". Aliás, continúan, "os cálculos de custe real de produción do medicamento varían entre os 50 e os 100 euros por doente segundo os estudos publicados". Asemade, acrecentan, o prezo muda dependendo do país que se tratar. Así, nos EUA alcanza un custe de 69 mil euros / persoa, mentres na India ou Exipto custa 750 euros. Neste senso, Gilead está a ser investigado polo Congreso estadounidense quen demandou ao laboratorio explicar as razóns que xustificarían ese sobre-custe no mercado. Mesmo o Estado de Philadelphia se querelou contra Gilead perante o que, coidan, supón unha "manipulación" e "violación" das leis anti-monopolio. E é que esta transnacional é a única en producir o Sovaldi cuxa patente mercou en 2012 através da absorción de Pharmasset por 11.200 millóns de dólares. As análises bursátiles, sinala o informe, prevén un incremento do 457% dos beneficios de Gilead para os vindeiros anos froito dunhas vendas valoradas en 21-23 millóns de dólares Grazas a esta especulación co único tratamento que cura a Hepatite C os beneficios de Gilead previsibelmente aumentarán. Así, as análises bursátiles, sinala o informe, prevén un incremento do 457% dos beneficios para os vindeiros anos froito dunhas vendas valoradas en 21-23 millóns de dólares. E é que cos millóns de persoas atinxidas polo virus VHC --180 milóns segundo a OMS-- serían precisos 9 billóns de dólares para tratar o conxunto da poboación doente. Ou o que é o mesmo, explican desde a Plataforma de persoas afectadas de Córdoba, "o PIB conxunto de Alemaña, Francia, España, Reino Unido e Italia". A patronal farmacéutica española Mais os intereses das farmacéuticas arredor do tratamento da Hepatite C non fican aí. No Estado español o goberno de Mariano Rajoy vén de nomear á fronte do Plan estratéxico da enfermidade a Joan Rodés, ex-xerente do Hospital Clinic de Barcelona e integrante do Consello social de Farmaindustria, a Asociación empresarial de industrias farmacéuticas. Esta organización abrangue os laboratorios que operan no Estado español e, para o colectivo de persoas afectadas, o nomeamento de Rodés, vén a pór á fronte do plan gobernamental "os intereses de Gilead. É como pór a raposa a coidar do galiñeiro", sentenciaron. Pola contra o ececutivo español preséntao como "unha das principais autoridades da Hepatoloxía en España". |
NOS_19787 | A participación na consulta interna foi de 70% do censo, composto por 8.500 persoas con dereito a voto | A militancia de ERC avalou a dirección do partido independentista para que explore unha negociación co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez. Un voto das bases que tamén significa que se as socialistas non aceptan unha mesa de negociación, as republicanas premerán o botón do non na investidura de Sánchez. 94,6% das afiliadas de ERC votaron si na consulta interna que se celebrou esta segunda feira e na que participou 70% do censo de 8.500 persoas con dereito a voto. 5,4% votou non. A pregunta formulada era: "Estás de acordo en rexeitar a investidura de Pedro Sánchez se previamente non hai un acordo para abordar o conflito político co Estado a través dunha mesa de negociación?". Coa vitoria do si, a dirección de ERC interpreta que ten o mandato das bases para negociar co PSOE e, de se dar as condicións, votar si á investidura de Sáchez. Esquerra reclama unha mesa de negociación sobre Catalunya que teña catro eixos, segundo o coordinador nacional de ERC, Pere Aragonès, explicitou este domingo: unha mesa de goberno a goberno, sen condicións previas; e na que se poida falar de autodeterminación e de presos; que se fixe un calendario a cumprir. Por último, os acordos deben de ser validados nunha consulta. |
NOS_25697 | BNG, AGE e Grupo Mixto denuncian o "ataque á democracia" que supón o pacto bipartidista para renovar os Consellos de CRTVG e Contas e reforma regulamento parlamentar. Yolanda Díaz considera que é unha mostra da "indixencia moral do réxime" e Chelo Martínez fala dun "acordo indecente". | Comparecencia conxunta no Parlamento de BNG, AGE e Grupo Mixto, unha imaxe de unidade que quixeron dar os tres grupos parlamentares para denunciar o acordo do PP e PSOE para reformar o regulamento da Cámara e renovar os consellos de CRTVG e Contas, un pacto do bipartidismo que constitúe "un verdadeiro cambalache", en palabras de Francisco Jorquera, portavoz do BNG na Cámara galega. Yolanda Díaz, co-portavoz de AGE, acusou populares e socialistas de "querer poñer límites á democracia", mentres que para a deputada Chelo Martínez, estamos perante un "pacto indecente" froito do "nerviosismo do bipartidismo a perder". A reforma do regulamento supón, coincidiron, un importante recorte da capacidade de iniciativa dos grupos, limitando a súa capacidade de actuación e control do executivo, e tratando así de impedir que cheguen ao Parlamento cuestións de interese e que preocupan a cidadanía. Jorquera chamou ao Partido Socialista a rectificar "e deixar de facer o traballo suxo ao PP". Yolanda Díaz (AGE): "A proposta é unha mordaza para a oposición, queren poñer límites á democracia" Blindar a maioría do PP Esta alianza de PP e PSOE vai permitir renovar os consellos de administración da CRTVG e Contas, nunha decisión adoptada na recta final da lexislatura e que, por exemplo, vai blindar a maioría absoluta do PP no consello da redio televisión pública galega durante os vindeiros 5 anos, mesmo que perda as eleccións previstas para 2016. Segundo recolle a lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación @s integrantes deste órgao serán eleit@s por "maioría de dous terzos" como tamén a súa renovación ou revogación antes de rematar o mandato. Neste senso, perante unha hipotética mudanza na composición do Parlamento o vindeiro ano e mesmo se o Partido Popular perdese a maioría da que goza na actualidade, a composición non mudaría: ao partido de Feijóo bastaríalle con reter un terzo de escanos do Parlamento (25) para bloquear calquera renovación. Esta renovación faise "sen transparencia" e nunha decisión "entre bambalinas" que "anula o Parlamento", explicou Francisco Jorquera, que lembrou que o acordo se tomou mesmo sen esperar que o Parlamento aprobe o mandato-marco desta entidade pública. O portavoz nacionalista foi moi duro co PSOE, afirmando que "as présas dalgúns por colocar os seus a custo de poñer en perigo a CRTVG e entregar o seu control ao PP" están a xerar un gran malestar mesmo nas filas do grupo parlamentar socialista. Chelo Martínez (Grupo mixto): "Queren asegurarse a falla de pluralidade na CRTVG" Convocar eleccións Para Yolanda Díaz o pacto entre PP e PSOE é un exemplo da "indixencia moral do réxime" e considera que ao adoptar estas decisións a estas alturas, "o bipartidismo dá por acabada esta lexislatura", motivo polo cal "instamos as forzas do réxime a que convoquen as eleccións". Para a co-portavoz de AGE populares e socialistas procuraban con estes acordos "poñer límites á democracia" e "amordazar a oposición", polo que chaman a cidadanía a "rebelarse". De "pacto indecente" cualificou a deputada Chelo Martínez (Grupo Mixto) o acordo acadado entre o PP e o PSOE, sinalando que con el "asegúranse a ausencia de pluralidade" nos medios de comunicación públicos galegos. |
NOS_50645 | Andrés Castro achéganos a última entrega, e van cinco, do filme por excelencia de Tom Cruise. | Mission: Impossible – Rogue Nation(Estados Unidos 2015, 131 min.) Dirección e guión: Christopher McQuarrie Fotografía: Robert Elswit Música: Joe Kraemer Elenco: Tom Cruise, Rebecca Ferguson, Sean Harris, Simon Pegg, Jeremy Renner, Alec Baldwin, Ving Rhames, Simon McBurney, Tom Hollander, Jens Hultén, Hermione Corfield, Nigel Barber, Robert Maaser, Wolfgang Stegemann SINOPSEA Forza de Misión Imposíbel é desmantelada da rede de servizos de intelixencia estadounidenses e se emite unha orde de busca e captura de Ethan Hunt (Tom Cruise). Todo forma parte dun elaborado plan dunha sociedade segreda que leva anos manexando desde a sombra o destino do mundo. Ethan Hunt terá a dobre misión de limpar o seu propio nome e capturar ao líder da organización. CRÍTICA Quinta entrega da saga de Misión Imposible de Tom Cruise e segunda producida, tamén, por J.J. Abrams. Si, o mesmo que "actualizou" Star Trek (para desgraza dos trekies) e o mesmiño que está a piques de estrear o sétimo episodio de Star Wars (no que esperemos non repita os erros de Star Trek). Pois ben, nesta Misión Imposible toca unha vez máis que Ethan Hunt, esa mestura de James Bond e Jason Bourne, deba enfrontarse a un perigoso inimigo que dirixe unha organización que está sementando o caos no mundo. Desta volta terá ademais que limpar o seu nome perante a súa propia axencia FMI (Forza de Misión Imposible) e, de paso, volver a reinstaurala tras a súa supresión e inclusión forzosa dentro da CIA (Centro de Investigación Aeroterr... digo Central Ingelligence Agency). Nada novo no horizonte salvo que hai menos uso de máscaras (para que, se Cruise leva tanta maquillaxe e/ou botox que xa parece que leva careta), moito máis humor (grazas a presenza do británico Simon Pegg, moi habitual xa neste tipo de papeis de alivio cómico) e unha historia máis próxima á serie orixinal (coa incursión, por fin, da mítica organización do Sindicato que aparecía nas últimas temporadas do serial televisivo). "Atención á secuencia de apertura, que sae directamente da trama de Protocolo Pantasma" Por suposto, Tom Cruise segue facendo el mesmo a maioría das escenas de acción xa sexa pendurado no ar a centos de metros, conducindo motos, coches, saltando ao baleiro e levando todo tipo hostias... Todo el. Tampouco podía faltar Ving Rhames, o único, xunto con Cruise, que aparece en todas as da saga. Repite tamén, tras Protocolo Fantasma, Jeremy Renner (Os Vingadores, O legado de Bourne) que se antolla sucesor natural de Hunt, sobre todo porque para a sexta parte (si, hai proxecto de que a cousa continúe) tamén contan con el. Como malo malísimo temos a un Sean Harris (Prometheus, Macbeth) que, por dicilo dunha maneira suave, non supera a ningún dos malos anteriores. Destaca a colaboración estelar de Alec Baldwin como xefe da CIA, con certa reminiscencia ao rol de Jack Ryan que interpretara en A caza do Octubre Vermello e que, pese a que non sae moito, merendase ao resto do elenco en cada plano que aparece. A presenza feminina ven da man da sueca Rebecca Ferguson (vista na serie da BBC The White Queen) con aires entre mata-hari e Ingrid Bergman. De feito este parecido está buscado, xa que interpreta a unha axente dobre do MI-6 chamada Ilsa Faust, en claro homenaxe a Ilsa de Casablanca e, por riba, parte da traba desenrólase na cidade de Casablanca e, por se non quedaba clara a homenaxe, unha das conversas que manteñen Hunt e Ilsa seméllase poderosamente á de "sempre nos quedará París". Mais non é nin moito menos a única homenaxe. Outra bastante evidente e a secuencia hitchcockiana da Ópera de Viena que bebe directamente de O home que sabía demasiado. Por certo unha das partes mellor elaboradas do filme xunto coa da persecución das motos. Atención tamén á secuencia de apertura, que sae directamente da trama de Protocolo Pantasma. Pura adrenalina a lombos dun avión con interruptus de títulos de crédito incluído sobre os coñecidos acordes de Lalo Schifrin, que nos deixa coa mel nos labios e gañas de máis... Máis acción, máis ritmo e moito máis sentido do humor fan de Nacion Segreda un máis que destacable episodio da saga (o cal tampouco é difícil) e supón un agradable entretemento de evasión... A quen guste das teorías conspiranoicas resultaralle un pouco sospeitoso que os "bos" sexan do FMI e os "malos" os do Sindicato. Os primeiros loitan por manter todo tal e como está e os segundos pelexan por cambiar as cousas. Sospeitosa coincidencia de nomenclatura que seguramente sexa mera casualidade... inda que vindo dun líder da ciencioloxía cun ego tan grande, penso que non puido evitar introducir na trama o ideario ultracapitalista conservador do que fai ostentación. Esta mensaxe se autodestruirá en 5 segundos... |
NOS_39928 | A Plataforma en defensa da universidade pública incide en que supón un "ataque á igualdade de oportunidades" e que "a educación non debe converterse nunca nun negocio". | A Plataforma galega en defensa da universidade pública concentrouse esta cuarta feira nos sete campus universitarios da Galiza para mostrar o rexeitamento ao "ataque contra a igualdade de oportunidades" que supón a creación dunha universidade privada. A mobilización desenvolveuse nos sete campus universitarios: Lugo, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela. Na capital galega, ademais, está previsto que o vindeiro 12 de xuño haxa unha manifestación nacional con saída ás 12 horas desde a Alameda. Cunha faixa co lema En defensa da universidade pública, contra a privatización, ao redor dun cento de persoas entoaron na Universidade de Vigo consignas como "non, non, non á privatización", "Feiixoo, escoita, a universidade está en loita", "a Xunta de Galiza recorta e privatiza" e "o ensino na rúa, a loita continúa". Na lectura do seu manifesto, a Plataforma comunicou que "aceptar a universidade privada é aceptar a venda de títulos", o que representa "un castigo ao ensino público". Nesa liña, remarcou que o que Galiza precisa é "unha universidade pública e de calidade apoiada pola administración e a sociedade". "A educación non debe converterse nunca nun negocio", incidiu a Plataforma, tras o que lamentou que "a oferta de titulacións sobre a que se sustenta (a creación da universidade privada) vai en contradición e non complementa". "Só busca o lucro e beneficio da universidade privada", o que "sería nefasto para o sistema universitario galego", resolveu. "Desigualdade" O responsábel de universidades da CIG- Ensino en Vigo, Xosé Manuel Adanes, criticou que a Xunta primeiro "regalase" as caixas de aforros "a este empresario" e "agora tamén as universidades, para competir en desigualdade de condicións coa pública". "Unha alfombra vermella para que se instale a clase privilexiada", reprobou. En declaracións aos medios, o secretario xeral de UXT en Vigo, Arturo Parada, asegurou que o proxecto da universidade privada "leva fraguándose desde hai bastante tempo", e considerou que tras el existe unha "relación evidente con favores e contraprestacións entre Abanca e o Goberno galego". Así mesmo, por parte de CCOO, Jorge Quintana remarcou que a plataforma está "totalmente en contra da universidade privada, cando non é precisa, vai crear as mesmas carreiras e non vai achegar nada novo A futura lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada en Galiza impulsada por Afundación, seguirá a súa tramitación parlamentar tras superar o pasado 25 de maio o debate da totalidade, no que tanto BNG como PSdeG mostraron o seu rexeitamento á iniciativa por considerar que "duplica" a oferta das universidades públicas. |
NOS_51340 | A Galiza rexistra unha caída dun 30% na formación de empresas. No mes de xuño creáronse 251 compañías mentres que nesa mesma mensualidade en 2018 o número de compañías constituídas acadou as 359. | Os datos de creación de empresas na Galiza recollidos no mes de xuño indican que o noso país continúa a caer nesta materia. Así, rexístrase unha baixada dun 30% na formación de empresas, após comparar as 251 compañías creadas no mes de xuño na Galiza e as 359 que se crearon no mesmo período do ano pasado, segundo os datos que publica esta cuarta feira 3 de xullo o Instituto Galego de Estatística (IGE). A maioría das empresas creadas foron baixo a fórmula de sociedades limitadas e unicamente houbo tres que fosen sociedades anónimas. O capital medio subscrito polas sociedades constituídas en xuño ascendeu a case 260.000 euros por sociedade. En xuño tamén ampliaron o seu capital social 87 sociedades mercantís (unha ducia menos que en 2018) que ascendeu a 118,4 millóns de euros. O 22,7% das empresas constituídas en xuño pertencen ao campo do comercio, un 15,9% á hostalaría e un 13,9% á construción. Continúa tamén a fenda entre sexos, sendo os homes maioritarios na creación de empresas 234 socios (o 73,13% do total) fronte a 86 socias (26,88%) en xuño de 2019. O IGE xa avanzou en abril co seu estudo do primeiro trimestre de 2019 a caída que se estaba a producir na creación de empresas na Galiza, comparando estas coas constituídas no mesmo período de 2018; e sinalaba ao mesmo tempo como a formación de novas compañías estaba a medrar no estado Español en 4,1%. |
PRAZA_568 | A Consellaría difunde o informe vetado da Comisión de Bioética, que conclúe que o decreto que limita o acceso á sanidade das persoas migrantes sen papeis "puxo en cuestión os principios de universalidade, equidade e gratuidade do modelo ético do Sistema Nacional de Saúde" | O Efecto Streisand é un mecanismo comunicativo polo cal o intento de censura ou de ocultamento dunha información por parte dunha persoa ou institución se volve na súa contra, provocando o efecto contrario e facendo que a noticia, ás veces de difusión moi limitada nun principio, multiplique os seus receptores por mor da denuncia desa censura. O efecto leva o nome de Barbra Streisand dende que a artista denunciou en 2003 a un fotógrafo por tomar unha imaxe aérea da súa casa; a fotografía, nun comezo intranscendente, deu a volta ao mundo a consecuencia da demanda xudicial iniciada. Cando a pasada semana se fixo público que a Consellaría de Sanidade se negara a difundir un informe sobre desigualdade no acceso á sanidade elaborado pola Comisión Galega de Bioética, non eran moitas as persoas fóra do ámbito sanitario que coñecían a existencia deste órgano, e dende logo a audiencia dos seus informes e recomendacións non era masiva. Semella que a censura aplicada polo departamento dirixido por Rocío Mosquera, preocupado polo alcance dun documento crítico, conseguiu exactamente o contrario do que pretendía. Obrigados finalmente a facer público o informe, as súas recomendacións enchen este xoves titulares e portadas nos medios de comunicación. E, ademais, despois de varios días de críticas e de desgaste, a conselleira tivo que aceptar unha reforma no funcionamento desta Comisión de Bioética, que gañará en independencia, ao deixar de estar presidida por un cargo político. Semella que a censura aplicada polo departamento dirixido por Rocío Mosquera, preocupado polo alcance dun documento crítico, conseguiu exactamente o contrario do que pretendía A polémica fixo máis fráxil a xa difícil situación de Mosquera, moi criticada por outros asuntos, coma as situacións de colapso nos centros hospitalarios, ou as promesas incumpridas para a dotación de servizos ao Hospital de Lugo. Nos últimos días o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, buscou distanciarse do problema creado, descargando a responsabilidade na súa conselleira ou negando que o informe se referise a Galicia, sinalando que "ese informe non se refire nin á asistencia no SERGAS, nin á súa calidade. É unha opinión, moi respetable, do persoal sanitario sobre determinadas normas estatais". O informe E que di o documento que tanta preocupación (e despois tantas dores de cabeza) xerou na Consellaría de Sanidade? O informe Desigualdade na asistencia limítase a concluír -ao igual que nos últimos anos fixeron moitas entidades sociais e colectivos médicos- que o RD 16/2012, que restrinxiu o acceso á atención sanitaria a varios colectivos comezando polas persoas migrantes non regularizadas, incrementou a desigualdade sanitaria en España e Galicia. O documento, aprobado o pasado 17 de setembro, consta dun total de 16 páxinas, pero o seu texto, moi sintético, ocupa tan só cinco, nas que analiza a situación de partida, os supostos éticos da cuestión e presenta unhas recomendacións. O informe conclúe que o decreto de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do SNS "puxo en cuestión os principios de universalidade, equidade e gratuidade do modelo ético do Sistema Nacional de Saúde, ao garantir a asistencia sanitaria completa unicamente daquelas persoas que tivesen a condición de aseguradas ou beneficiarias". E denuncia que puxo en cuestión "o valor superior da igualdade, recollido no artigo 1.1 da Constitución española, e o dereito fundamental á saúde". O informe conclúe que o decreto "puxo en cuestión os principios de universalidade, equidade e gratuidade do modelo ético do Sistema Nacional de Saúde" O texto sinala que unha vez transcorridos algo máis de dous anos dende a súa publicación, os seus efectos "percíbense como parcialmente paliados grazas ao compromiso e ao esforzo dos diferentes axentes e colectivos", mais iso "non derroga esta norma con forza de lei, nin cambia o seu mandato". "Mais ben ao contrario" -di- "a precariedade que xera esta situación e a denuncia permanente que acompaña o empeño de mitigar os seus efectos no ámbito sanitario, xurídico e social, non fan senón reforzar a valoración negativa que a Comisión Galega de Bioética comparte sobre a devandita norma". A Comisión lembra "a obriga ética de manter un sistema sanitario que non só diminúa as desigualdades en saúde, senón que trate de eliminar as desigualdades inxustas. En definitiva, que as políticas sanitarias ditadas pola Administración sanitaria galega se orienten cara ao obxectivo de lograr a equidade". Neste senso, detecta varias "fontes favorecedoras de situacións de desigualdade na asistencia sanitaria", algunhas "instaladas no sistema con anterioridade e con independencia da publicación do Real decreto lei 16/2012", e outras "directamente relacionadas con el". A Comisión lembra "a obriga ética de manter un sistema sanitario que non só diminúa as desigualdades en saúde, senón que trate de eliminar as desigualdades inxustas" En consecuencia, pide "seguir profundando na detección e na análise destas para atenualas e para procurar a súa eliminación". E conclúe recomendando "que, no marco das competencias da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, se adopten e se apliquen as medidas que permitan o obxectivo proposto". O texto péchase dicindo: "Por isto, ademais do deber ético de deixar constancia destas consideracións ante a Administración sanitaria, vese na obriga de lle propoñer que faga a adecuada difusión deste documento". Unha difusión que ata agora tiveran, sen conflitos, todos os documentos aprobados pola Comisión. Descarga aquí o informe Desigualdade na asistencia (.pdf) |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.