ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_12066 | A plataforma Queremos Galego instou a "desconfinar o idioma", colgando a bandeira nacional nas fiestras e con mensaxes coordinados nas redes sociais ás 12.00 horas. | Neste domingo, 17 de maio, unha pequena representación da plataforma Queremos Galego, con elementos de protección e seguridade, realizará unha ofrenda floral ante a estatua de Ricardo Carvalho Calero en Compostela ás 12 horas. Alí lerán o manifesto dedicado ao homenaxeado e asinado pola escritora María Pilar García Negro. A plataforma Queremos Galego instou a "desconfinar o galego", colgando a bandeira nacional nas fiestras así como carteis conmemorativos. Tamén fixo un chamamento a visibilizar a necesidade da lingua con mensaxes coordinados nas redes sociais ás 12.00 horas deste domingo, tanto con textos, vídeos, fotografías e audios coas etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio ou #Eufalogalego. Por último, a plataforma chamou a saír ás 13.00 horas ás fiestra a cantar A fala, tema musicado por Uxía e Sérgio Tannus sobre o poema de Manuel María. |
NOS_49487 | Estamos en 2015 e parece pouco rupturista que todo o que ofereza a esquerda española aos interlocutores galegos máis dispostos a pactar con ela sexa unha reedición do grupo parlamentar que o PSC tivo até 1982. Pouca concesión parece. Beiras sábeo. A Candidatura de Unidade Galega está máis perto. Porén, a partida de póker continúa. | Pablo Iglesias xogou ao póker descuberto nesta ocasión. Todos coñecíamos as súas cartas. Nunha entrevista coa imprensa mainstream galega, co diario hexemónico, concedida antes de se deslocar a Galiza, o político e destacado tertuliano revelou até onde podía chegar na negociación con Beiras: até un si á constitución dun grupo parlamentar galego distinto ao de Podemos. A baza parece escasa para selar o acordo con Anova, porque en troca do caramelo do grupo parlamentar a Beiras se lle pedía que tragase coa marca Podemos na papeleta e, máis do que iso, coa retórica de que é Podemos o axente fundamental do cambio e da ruptura política. En realidade, Pablo Iglesias viaxou no tempo e deveu no Felipe González do período 77-81, o que convivía sen aparente problema no Congreso dos Deputados co grupo parlamentar do PSC, separado formalmente do do PSOE. Aquel grupo durou até 1982 e a súa desaparición foi unha das secuelas do enroque españolista que abaneou a política no Estado após o golpe de estado do 23F de 1981. Iglesias, que en tantas cousas evoca a figura do máis novo Felipe González, propón agora a restitución dese grupo, un para Catalunya e outro para Galiza. Até aí pode chegar na asunción das "particularidades". Nen un milímetro máis. Nada de disolverse en ningunha unidade superior. Nada de renunciar ás siglas propias. O proxecto de Podemos é un proxecto de ámbito estatal e boa proba diso é como formula as súas primarias internas, cunha circunscrición eleitoral única para todo o Estado, o soño de todo xacobino: todos votando a todos, os individuos existen, os territorios [por moita retórica plurinacional que gastemos], non. O proxecto de Podemos é un proxecto de ámbito estatal e boa proba diso é como formula as súas primarias internas O grupo parlamentar galego que Iglesias autorizaría sería un grupo con deputadas e deputados de Podemos e que tería unha relación especial, vía protocolo, co grupo parlamentar podemita. En que consistiría esa relación especial? Até que punto se vería condicionada a formación da súa vontade? En caso de discrepancia co grupo parlamentar de Podemos, que farían os deputados podemitas incluídos no grupo galego? Esas perguntas sen dúbida pairaron sobre o ánimo de Beiras na súa reunión con Pablo Iglesias. En Anova hai neste momento unha tensión dialéctica entre dous polos, o máis proclive a continuar explorando a relación coa esquerda estatal -isto é, AGE era un embrión da nova entente con Podemos- e aqueloutro que se move máis en coordenadas dun espazo nacional galego. Esa tensión, que no seu momento deu lugar á excisión de Cerna, aínda non está resolvida. E evidentemente o factor que a pode resolver para un lado ou para outro continúa a ser Beiras, daí os aloumiños de Pablo Iglesias que recebeu na entrevista deste con LVG ("faríame moita ilusión que Beiras fose candidato nas xerais", etc). En IrmandadeTV, na súa comparecencia do 26 de xuño, Beiras foi moi claro ao priorizar o ámbito nacional galego na súa política de alianzas e ao citar como compañeiros de viaxe o BNG, Compromiso e Esquerda Unida, non así a Podemos. Embora neste momento pareza máis probábel a Candidatura de Unidade Galega do que o acordo de Podemos con Anova, isto está lonxe de ter rematado. As cartas vanse continuar barallando. |
PRAZA_3225 | O ministerio formaliza os contratos para probar sete posibles inventos contra a falta de visibilidade que corta de xeito recorrente un treito de 16 quilómetros que custou uns 200 millóns de euros | O ministerio formaliza os contratos para probar sete posibles inventos contra a falta de visibilidade que corta de xeito recorrente un treito de 16 quilómetros que custou uns 200 millóns de eurosO 3 de febreiro de 2014 a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor, inauguraba o último treito pendente da Autovía do Cantábrico (A-8) en Galicia, ao seu paso polo alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín. Só neses 16 quilómetros invertéranse uns 200 millóns de euros, pero apenas medio ano despois, o 26 de xullo, un accidente múltiple cunha falecida e medio cento de feridos obrigaba ao ministerio a embarcarse en máis gastos para intentar atopar unha solución ao problema que supón para a seguridade da circulación a mesta néboa que se rexistra na zona nos meses centrais do ano. Seis anos despois da inauguración o actual Ministerio de Transportes aínda vén de formalizar agora a contratación de prototipos de posibles inventos que palien ou eviten unha néboa que non foi contemplada de xeito específico como un problema durante a construción e cuxa solución aínda tardará meses ou anos. Tras o accidente múltiple do 26 de xullo de 2014, a DGT e a Garda Civil de Tráfico estableceron uns criterios estritos para pechar á circulación ese treito de 16 quilómetros da A-8 no que se concentran os problemas por falta de visibilidade e desviar o tráfico pola estrada N-634, que descorre a unha cota inferior pola ladeira oposta do mesmo val. Ao tempo, Fomento foi reforzando progresivamente a sinalización tanto horizontal como vertical, con paneis informativos e luces laterais. Pero o ministerio foi máis alá e decidiu aplicar ao problema alí existente un novidoso procedemento de contratación consistente en pedir a calquera empresa ou particular que lle ofrecesen ideas ou inventos para evitar a néboa ou paliar os seus problemas de visibilidade.En 2015 e 2016 Fomento recibiu ideas de posibles inventos, pero non licitou ata 2018 as probas dos que lle parecían mellores, proceso do que aínda está a formalizar agora os contratosEsa denominada consulta preliminar do mercado desenvolveuse entre 2015 e 2016, e produto dela Fomento recibiu 26 propostas, das que seleccionou sete para probalas nunha segunda fase. Porén, os problemas posteriores para formar Goberno e aprobar os orzamentos do Estado foron adiando a sinatura dun convenio entre os ministerios de Fomento e Economía para financiar as probas dos prototipos deses sete inventos con cargo a fondos europeos. Finalmente, Fomento licitou os traballos de comprobación de que inventos funcionarían mellor en marzo de 2018 por 7,2 millóns, pero tras tardar ano e medio en adxudicar o proceso, en setembro de 2019, os contratos aínda están a ser formalizados agora, outros catro meses máis tarde, segundo vén de publicitar o propio Ministerio de Transportes.Os inventos deberán probarse sobre o terreo en primavera e verán, a época con máis néboa, pero despois aínda haberá que contratar a gran escala a soclución elixidaAgora, segundo a planificación de traballos que fixo no seu momento o propio ministerio, unha vez formalizados os contratos haberá que avaliar os inventos en laboratorio e despois instalar prototipos sobre o terreo, nuns espazos xa definidos nas proximidades da A-8. Pero para que esas probas no propio Alto do Fiouco sexan útiles deben realizarse no período do ano en que máis problemas de visibilidade se rexistran, durante a primavera e o verán. En caso de que eses prototipos cheguen a tempo para instalarse este ano, despois Fomento aínda terá que decidir cal ou cales deles combinados lle parece que ofrecen unha mellor solución e convocar un novo concurso público para contratalos e instalalos a grande escala en toda a zona afectada pola néboa. Isto é, cando menos as dúas próximas temporadas de néboa na A-8, as de 2020 e 2021, non terán aínda solución.Paliar a falta de visibilidade con iluminación intelixente, bloquear fisicamente a néboa ou desfacela con aspersores son os grandes grupos de propostasCanto aos inventos que agora comezarán a ser probados, Fomento dividiunos en dous grandes tipos, segundo estean centrados en mellorar a visibilidade cando haxa néboa ou en combater directamente a néboa. No primeiro eido as tres propostas que se analizarán baséanse en sistemas de sinalización e iluminación mentres que no segundo as catro ideas contemplan desde barreiras que desvíen a néboa ata a súa aspersores que a disolvan. |
NOS_40649 | Foi proposto para sanción pola Policía Municipal de Cambados por rachar o fechamento perimetral. | O venezolano Leopoldo López afirmou que a súa viaxe a Galiza tiña como motivo manter xuntanzas con "compatriotas exiliados e vítimas da ditadura de Maduro". Así se expresou a través dunha mensaxe na súa conta oficial de Twitter, despois de que a Policía Local de Cambados propuxese para sanción a López por saltar o peche perimetral. López atopábase nunha terraza céntrica deste concello arousá, na que estaba coa súa muller, Lilian Tintori, outra parella e menores. "Non me consta que fose multado nin incumprido ningunha norma", asegura tamén Leopoldo López na súa mensaxe a través das redes sociais. Estoy en Galicia reunido con compatriotas exiliados y víctimas de la dictadura de Maduro. No me consta que haya sido multado ni incumplido ninguna norma.— Leopoldo López (@leopoldolopez) March 30, 2021 A Policía Local incoa este expediente sancionador que se remite á Xunta, que decidirá agora sobre se se multa ou non Leopoldo López e ao resto de persoas que se atopaban con el. Leopoldo López vive en Madrid coa súa familia. Actualmente, existe un peche perimetral entre comunidades como medida contra a pandemia. |
PRAZA_34 | Pese a todo Feijóo debería perder as eleccións de 2016. Iso sería o lóxico e natural dadas as circunstancias, sobre as que non hai que insistir, e que son extremadamente graves. Antes terán lugar as municipais e as xerais que previsiblemente debilitarán a súa forza. Que o PP en solitario alcance o 40% dos votos semella difícil. Feijóo&co deberían de quedar, por tanto, fóra da circulación. E iso pon sobre a mesa, unha vez máis, a responsabilidade da que hoxe é oposición | Repasemos os datos de conxunto dispoñibles: nas últimas décadas, dende unha posición de partida na que a dereita era hexemónica, mesmo dun modo esmagador, a suma da oposición –PSdeG e BNG- igualou ou superou en apoio electoral ao PP. A finais dos noventa foi cando se produciu esa equipotencia, ás veces virada en sorpasso. A crecente urbanización e modernización do país constitúe o obvio pano de fondo desa transformación electoral. Que iso non dese lugar a un novo ciclo político en Galicia haino que atribuír non só ás circunstancias obxectivas, senón á pertinaz incapacidade de socialistas e nacionalistas, cada un á súa propia maneira, evidenciada no período do goberno bipartito, pero tamén, anos antes, en grande número de concellos. Non repetirei agora os motivos desa incapacidade, que é simultaneamente intelectual e moral. Fatiga facelo. Quede consignado, no entanto, que a responsabilidade desta nova frustración de Galicia –tal vez a súa consunción como suxeito político- está tamén na ribeira esquerda e nacionalista do parlamento. As bases para outra Galicia están, por tanto, dadas dende o punto de vista da estrutura social. Nos últimos lustros, segundo o CIS, a autoubicación dos electores en Galicia xirou á esquerda, ao tempo que se reducía a súa conciencia nacional. Unha observación fría parece confirmar ese dato. Dedúcese de aí que se se quere defender o estado do benestar e ao mesmo tempo evitar a consunción da identidade do país hai que abrir paso a outras dinámicas sociais e políticas. A ninguén se lle escapa, polo demais, que a recente crise-estafa está reducindo, outra volta, a influencia e a lexitimidade da dereita no poder. Que, no medio de semellante tormenta, sexa pensable que o PP siga a gobernar demostra a inanidade do que ten enfronte. Que o descrédito alcance non só aos dous partidos do que se da en chamar o réxime do 78, senón tamén ao BNG debería dar que pensar a quen corresponda facelo. Por outro lado, Anova, a grande esperanza de hai dous anos está partida e desorientada. O experimento AGE, con EU, veuse ultrapasado polo fenómeno Podemos. Aínda que non é o lugar para desenvolver o asunto é obvio, ou así mo parece a min, que o nacionalismo terá que enfrontarse á disxuntiva entre implosión ou recomposición. Ao tempo. Que, no medio de semellante tormenta, sexa pensable que o PP siga a gobernar demostra a inanidade do que ten enfronte A hexemonía da prensa conservadora foi, e segue sendo, un dos datos relevantes. Mesmo hoxe, no que a prensa vive unha crise que a fai tan vulnerable, ninguén é capaz de sentar os alicerces de medios que dean voz á parte do país que non se recoñece nos tradicionais ou de deslexitimar a perniciosa influencia que exercen, como secuaces que son do poder que lles paga. Ao contrario, a prensa convencional é mimada con raro masoquismo por aqueles con puntos de vista que se supón distintos e distantes. Durante os anos nos que Francisco Vázquez foi a alma innoble dos socialistas La Voz, expresión do lobby de intereses de certos empresarios coruñeses, serviu fielmente ao entón alcalde coruñés, compartindo esa lealdade coa de Fraga. Ese triangulo era o poder establecido en Galicia, con algún que outro engadido de xeometría variable. Polo seu lado, os nacionalistas, tan clásicos e decimonónicos eles, nunca entenderon o papel dos media nas sociedades contemporáneas nin a súa función decisiva á hora de conformar opinións, mentalidades e valores, unha vez que a hora dos vellos partidos de masas e mesmo dos de cadros xa soou. Non só iso, cando tiveron ocasión tampouco retaron a influencia do xornal coruñés, nin a daqueles outros -o Faro de Vigo, sobre todo- que no país están. Por certo, compróbese documentalmente para que conste en acta, quen e cando fixo ou fai hoxe explícita esta crítica aberta aos medios maioritarios no país: constarase a xeneral e calculadora acomodación á súa hexemonía, por non falar, tantas veces, da directa adulación aos amos da finca. Pode dicirse, en definitiva, con certa acritude, que a prensa e os dous partidos forman parte tanto do problema como da solución. Se non se reformulan os dous campos –a saber de que maneira podería suceder iso, pero agora Podemos introduce outro factor na ecuación, o mesmo que a fragmentación nacionalista- non haberá nin a mera esperanza de que algo tan modesto e de caixón como unha modernización alternativa á que propón a dereita e o centralismo suceda. Que o PP en solitario alcance o 40% dos votos semella difícil. Feijóo&co deberían de quedar, por tanto, fóra da circulación. E iso pon sobre a mesa, unha vez máis, a responsabilidade da que hoxe é oposición Pero pese a todo Feijóo debería perder as eleccións de 2016. Iso sería o lóxico e natural dadas as circunstancias, sobre as que non hai que insistir, e que son extremadamente graves. Antes terán lugar as municipais e as xerais que previsiblemente debilitarán a súa forza. Que o PP en solitario alcance o 40% dos votos semella difícil. Feijóo&co deberían de quedar, por tanto, fóra da circulación. E iso pon sobre a mesa, unha vez máis, a responsabilidade da que hoxe é oposición. Se non son capaces de fraguar un programa común e de conformar maiorías alternativas pode ocorrer outra vez unha derrota moral e, como consecuencia dela, a progresiva desaparición de Galicia non só como suxeito político senón, mesmo, como singularidade étnica, por non falar da estrutura económica e social, de tan pouco prometedoras perspectivas. Galicia precisa desprenderse dese ferrollo que son as maiorías absolutas do PP, máis aínda dende que este virou a ser un puro subproduto da dereita madrileña, baixo o comando dun presidente que se por un lado ten as súas miras postas no goberno central carece polo outro da máis mínima emoción galega. Fraga era un españolista, un fascista e todo o que vostedes queiran, pero non un acomplexado.Non creo que poda dicirse o mesmo de Feijóo e da súa troupe. Cos datos das enquisas hoxe dispoñibles, se a fragmentación do Parlamento non lle ofrece a vitoria unha vez máis ao PP, ese goberno alternativo será previsiblemente tri ou tetrapartito. PSdeG e Podemos marcarían a pauta, co BNG e AGE en posición subordinada. CxG quedaría fóra. Por suposto, dado o ámbito da convocatoria pode que a relación de forzas variase en beneficio das forzas nacionalistas, pero a foto seguiría a ser extremadamente fragmentada e a tendencia de fondo a apuntada. Un goberno así sería un crebacabezas, caso de que chegara a nacer, pois cabe que fose frustrado de antemán polas luces curtas usuais no país ou polas dinámicas políticas estatais. Sería máis que probable que as leas internas deixasen as do bipartito en asunto menor. O mellor modo de garantir unha gobernación que non se suicide outra vez, se sobrepasa os graves obstáculos previos, é definir as grandes liñas de actuación e, ata diría, os nomes, que poden ofrecer confianza ou actuar de modo disuasorio Considerada a experiencia pasada, o mellor modo de garantir unha gobernación que non se suicide outra vez, se sobrepasa os graves obstáculos previos, é definir as grandes liñas de actuación e, ata diría, os nomes, que poden ofrecer confianza ou actuar de modo disuasorio. Sen consensos previos non só sobre os contidos, senón tamén sobre os modos, un goberno alternativo pode estoupar ás primeiras de cambio. Con obxecto de poñer sobre o tapete ese escenario posible e a necesidade de adiantarse ás circunstancias para evitar que, ao final, todo quede en nada -cousa máis que posible, coñecendo o pano- propoño, totalmente gratis, de balde, for free, uns posibles puntos mínimos, non exhaustivos, para un programa de goberno. É evidente que hai sectores obvios que nin se mencionan, e moi importantes, pero abonde con propoñer uns puntos para mostrar que sen un mapa claro e unha xerarquía de obxectivos non hai nada que facer, tampouco á hora de xerar consensos non só entre as forzas políticas, senón coa sociedade mesma. 1) Programa para favorecer a natalidade -tómese en consideración mesmo o exemplo portugués, dado que Suecia queda moi ao norte-. Reducións no IRPF, no IVA, no IBI, aumento do tempo de baixa por maternidade, programa de garderías, etcétera. 2) Activar o Eixo Atlántico con forte vontade política. Racionalizar as redes transeuropeas de transporte -o corredor atlántico, etc- dende a óptica dos intereses galegos. Impulsar a conectividade -ferroviaria, etcétera- co norte de Portugal e máis alá, con Lisboa. Hai que falar co goberno lisboeta directamente, favorecendo todas as formas de intercambio. Tamén: colocar a Vigo como autoestrada marítima. Formas transmodais de comunicación e transporte. Liñas de pasaxeiros-mercadorías de transporte ferroviario. Especialización dos aeroportos. Pensar a escala continental, favorecendo a relación con América Latina, Brasil nomeadamente, e África, especialmente a lusófona. Por suposto, impulsar a rede de trens para comunicar as areas urbanas do país. 3 ) Aproveitar o período de estancamento económico para tecer as areas urbanas e periurbanas, densificalas de modo ordenado, e para establecer unha rede galega de cidades favorecendo a súa conexión e cooperación. Acabar co localismo, na medida do que se poida. Atención: iso non significa non valorar e promover o sentimento e os intereses locais, sempre que non entren en competición co interese xeral galego, tal e como se poida precisar de modo explícito. Definir, con grupos de expertos e axentes sociais, as grandes liñas de acción en cada grande cidade na perspectiva da integración. Interpelar á concesionaria para baixar as peaxes da AP-9 na perspectiva de acurtar os prazos de amortización, etcétera. Denunciar a concesión, se é o caso. Desenvolver o uso do ferrocarril como transporte de cercanías e en xeral do transporte público, particularmente nos intercambios entre as grandes cidades coas súas entornas. 4 ) En particular, a través dos concellos identificar as bolsas de pobreza e as necesidades de recursos e abordar medidas de protección social. Nunha época de crise este tería que ser un eixo de actuación prioritario. 5) Forte programa de I+D+i. O labor do bipartito neste campo, por certo, foi prometedor. 6 ) Medidas económicas. Desenvolver esta cuestión con detalle elaborando unha política industrial e definindo un modelo produtivo. Non pode vivirse do mero ciclo económico español sen tomar medidas proactivas. Tomar en consideración aos expertos, evitando a arbitrariedade das decisións. Pero, en todo caso, aspectos posibles a desenvolver: Papel do Igape. Facenda galega. Crear algún tipo de Instituto de crédito ou banco público. Cluster do automóbil. Entender Citröen.Turismo. Marca Galicia: en viños, pizarra, etc. Atraer investimento exterior non pirata. Tomar en consideración o papel de Abanca e esixirlle –dado que foi produto de rescate público- políticas de crédito reflexivas, evitando o clientelismo. Hai que combater o paro no posible -outros deciden o principal do ciclo económico- pero mirando máis alá. Promover unha política fiscal que, a diferenza da actual, non constitúa un roubo aos pobres para regalarllo aos ricos. Esa política está, no fundamental, en mans do estado: pero é posible sentar bases discursivas. Por suposto defensa da xoia da Coroa: o sistema sanitario público. Busca de maior peso da investigación sanitaria e da modernización tecnolóxica intentando acordos con Ongs, fundacións e empresarios relevantes –Amancio Ortega-. Tamén da educación pública. 7 ) Aprobar unha nova Lei do Galego, non só no ensino, despois de ser discutida socialmente. Non pode ser, nin moito menos percibirse como unha imposición, nin coma un uso forzado do DOG. Sacar o galego de calquera intento de patrimonialización. Incorporar a organizacións médicas, colexios de avogados, asociacións profesionais de todo tipo. Discutilo socialmente respectando a diversidade de contextos sociais e urbanos, etcétera. Un timing pensado e reflexivo. Dende logo: unha canle de programación infantil atractiva. Promover a cultura popular: deportes, corais, música pop.. Evitar o elitismo e o culturalismo, salvo, claro, no ámbito da elite cultural. Favorecer as iniciativas de redes de ensino concertado e privado en galego. 8) Política de comunicación definida e compartida: especialmente tanto en relación ao grupo Voz, como en relación á Prensa Ibérica. Nada de sostelos con diñeiro público. O mercado é para todos. Axudar, ou polo menos non boicotear, á creación dun medio galego de referencia, con realismo, distancia e prudencia que contribúa a crear unha axenda diferenciada da dos grupos conservadores. Fiarse de Santiago Rey é como se EU ou Podemos fiaran en Madrid no El Mundo ou no ABC: unha estupidez e un delirio. Pero hai que ser cauto, ademais de firme. No terreo dos símbolos promover o uso dos galegos compartidos: a bandeira azul e branca, etcétera. Fuxir do que sexa ou poida aparecer como sectario. 9 ) Unha visión de Europa que, sen arrefriar a crítica ao proxecto neoliberal, entenda que Galicia teno máis fácil con Europa que si só fora co Estado Español. Non confundir as críticas á austeridade coa impugnación da UE. Desenvolver unha política internacional consistente, por máis modesta que sexa. Dialogar coas autoridades europeas. 10 ) Con toda conciencia favorecer a remuda das elites locais, empresariais e profesionais promovendo novas xeracións intelectualmente formadas e máis favorables a unha política galega e progresista. Nada de seguir premiando, como o fan os gobernos do PP, á parte máis arcaica do país, favorecendo as empresas "amigas" nin de practicar políticas de tribo para aumentar a clientela dependente do erario público. 11 ) Unha Lei electoral que favoreza o pluralismo e prime a igualdade do peso dos representados. 12) Naturalmente, definir o papel de Galicia ante un previsible cambio constitucional: este probablemente abra paso cara algunha forma de federalismo asimétrico. Definir un Estatuto que teña en conta esa posibilidade ou, se os tempos se precipitan, esa realidade. Se foran como é debido deberían ter na cabeza os nomes clave dunha política alternativa e, mesmo, un goberno na sombra, para non improvisar Esta modesta proposición define uns eixos posibles de actuación, sobre os que pode estarse de acordo ou non, pero, sobre todo, indica que unha certa xerarquía de actuacións ten que ser definida con precisión e que non podemos volver a contemplar a deplorable imaxe dun goberno que se devora a si mesmo. É evidente que esa xerarquía ten que ser compartida por todos aqueles que formen parte do goberno. Teñen que significar, polo tanto, un mínimo común denominador. É máis, se foran como é debido deberían ter na cabeza os nomes clave dunha política alternativa e, mesmo, un goberno na sombra, para non improvisar. Xa se sabe que un goberno formado por PSdeG, Podemos, BNG, AGE, vai a ser difícil, pero non convén aumentar a súa complicación innecesariamente. Ter claro qué facer axudaría. Por non dicir que, en ausencia dun programa común compartido, non sería de estrañar ata que o PP gobernara en minoría. Todo é posible en Galicia. Ao fin e ao cabo, xa o estamos vendo: acaso haxa –é o máis probable- unha reforma constitucional: de ser así nada se fará sen tomar en consideración o peso –político, demográfico, económico- de Andalucía ou Valencia. Galicia, que era antes unha "nacionalidade histórica", cos dereitos adquiridos que dimanaban da aprobación do Estatuto no período republicano, apenas ten hoxe nada que dicir, está desaparecida despois de case corenta anos de democracia. |
PRAZA_16056 | ENTREVISTA | Manuel Vicente é o máximo responsable de Efervesciencia o espazo de divulgación científica da Radio Galega, que hai uns meses celebrou o seu décimo aniversario. Falamos con el | O programa de ciencia da Radio Galega Efervesciencia celebrou hai uns meses o seu décimo aniversario. Non é habitual, nestes tempos de rápidos cambios, que un espazo comunicativo supere os dez anos, e o mérito é aínda maior tendo en conta o importante labor de divulgación que leva a cabo esta iniciativa producida pola USC e financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. Supera a decena en plena forma, ademais, superando as 50.000 descargas online ao longo de 2017 e convertido nun dos máis veteranos espazo de ciencia da grella das radios en España. Á súa fronte está dende o ano 2006 Manuel Vicente, que celebra que "dez anos son un éxito", destacando que "este é un proxecto persoal no que levo investidos moitos esforzos". "Moitas veces dise aquilo de que 'o que resiste, gaña' e neste caso debe ser así. Sobre todo nos medios de comunicación, nos que ás veces é complexo estar tanto tempo. Aínda que se cadra é algo máis doado na radio, e esta é unha das vantaxes deste soporte", comenta. Naquela celebración do décimo aniversario, celebrada nun Teatro Principal de Compostela ateigado participaron algúns colaboradores do espazo, como Ángel Carracedo, José Edelstein, Minia Manteiga, Ana Ulla ou Fernando Aguado. Apenas unha pequena representación dos máis de mil investigadores e investigadoras que nestes anos pasaron polos seus micrófonos. Outros momentos a destacar de 2017 foron a gala Stat Wars: O espertar dos datos na que participaron 400 nenos e nenas de toda Galicia nun evento de divulgación da estatística organizado polo grupo interdisciplinar de Bioestatística da USC con financiamento da FECYT ou a Noite Efervescente de observación inclusiva do ceo no Náutico de Castrelo. Falamos con Manuel Vicente. Cal é o perfil dos e das oíntes de Efervesciencia? Investigadores, docentes, afeccionados á ciencia...? É difícil coñecer ao detalle quen te escoita, quen é o teu público. Pero por exemplo no momento en que se emite o programa, temos un pequeno grupo de oíntes, moi activos en twitter, que actúan un pouco como os nosos community managers, expandindo os contidos do programa. Hai ademais moitos profesores de ciencia, que escoitan sempre o programa, que traballan con el na aula e que o difunden entre os seus alumnos Os contidos do programa son moi variados, buscando diversas fórmulas para interesar o público, como por exemplo as dramatización de episodios da historia da ciencia. Dádeslles moitas voltas ás formulas para chegar aos e ás oíntes? Intentamos explotar as diversas posibilidades que ofrece o soporte radio, aproveitando os distintos xéneros. Aínda que fundamentalmente facemos entrevistas, sempre buscamos algunha forma de rompelas un pouco, de buscar a sorpresa. Nós pensamos sempre nun público adulto, por riba de 14 anos cando menos. Moitas veces parece que a divulgación da ciencia está pensada para a rapazada, pero neste caso non é o noso obxectivo. "O meu obxectivo é, sobre todo, que cando unha persoa escoita un tema no programa pense 'que interesante é isto' ou 'non sabía que en Galicia había alguén que traballaba estas cousas'" Dende fóra pode parecer doado, pero non sempre é fácil explicar de forma sinxela temas complexos. É esa a clave da divulgación científica? Hai temas nos que é máis fácil captar a atención que noutros; que sei eu, é máis doado interesar falando de dinosauros que de cosmoloxía. Pero o meu obxectivo é, sobre todo, que cando unha persoa escoita un tema no programa pense 'que interesante é isto' ou 'non sabía que en Galicia había alguén que traballaba estas cousas'. O noso obxectivo principal non é 'ensinar cousas' ou darlle moitísimos coñecementos á xente, quen queira ter coñecementos sobre ese tema xa ten moitos lugares nos que informarse. Pero nós buscamos ese outro obxectivo, que pode parecer pouco ambicioso pero para nada o é. Isto da divulgación non se pode conseguir nunha tarde. Explicar o que hai detrás da ciencia, máis alá de novas concretas, é algo que se fai programa a programa, que leva tempo. Pouco a pouco imos dando idea de como son as cousas no mundo da ciencia. Falando de divulgación, como son eses obradoiros de comunicación para investigadores que organizades? Imos xa pola sétima edición. Búscase que os investigadores e investigadoras sexan conscientes de cales son os intereses que temos os xornalistas cando eles veñen a un medio de comunicación: que sexan capaces de cambiar o chip e saiban que os seus intereses non son exactamente os nosos intereses. Buscamos que reflexionen sobre algunhas cousas que se cadra para nós son obvias, pero non para eles: que ti non podes contar absolutamente todos os detalles da túa investigación, que hai cousas máis interesantes e outras menos interesantes, que teñen que saber contextualizar a súa investigación, e que deben saber comunicar os resultados da súa investigación. "Hai unha frase que escoitei non hai moito, nun congreso en Portugal que dicía que 'o proceso da ciencia non está rematado ata que está comunicado'" Hai unha frase que escoitei non hai moito, nun congreso en Portugal que dicía que 'o proceso da ciencia non está rematado ata que está comunicado'. Dado que a maior parte da investigación que se fai en España é investigación pública, é dicir, feita cos cartos de todos, os investigadores deben entender que comunicar o que están facendo forma tamén parte do seu traballo. Hai xente que o pode facer directamente, porque ten esa habilidade, e para o resto estamos os xornalistas e os investigadores deben ver que estamos aí. Nos últimos anos multiplicáronse os espazos de divulgación científica -blogs, podcasts...- e grazas á rede pódese acceder aos contidos xerados en todo o planeta. Hai máis interese pola ciencia que hai dez anos? Eu creo que si, aínda que estas cousas son complicadas de medir. Hai un público consumidor de ciencia que creo que cada día crece. Unha cousa boa é que se está comezando a normalizar algo no que nós insistimos moito, que é incluír a ciencia dentro da cultura, aquilo que nos axuda a entender o mundo no que vivimos. De que podemos presumir en Galicia en materia de divulgación científica e, en cambio, que aspectos deben ser mellorados? Galicia é un dos lugares máis activos en divulgación científica de toda España, tanto a través dos museos científicos, coma a través de iniciativas concretas de divulgación ou proxectos de difusión. Hai catro ou cinco nomes de divulgadores -Xurxo Mariño, Jorge Mira, Carracedo, Débora García Belllo...- que están entre o mellorciño de España. O problema que temos é o financiamento, que é o punto débil de todos os proxectos de divulgación e cultura científica. Falta que chegue o momento de que sobre todo a administración, pero tamén as entidades privadas, vexan que é rendible socialmente investir en comunicación da ciencia. Isto ten un efecto claro: como hai un bo número de que xente que é moi entusiasta, é relativamente fácil botar a andar proxectos, pero resulta complicado ter continuidade no tempo e que se poidan consolidar, porque iso depende de que teñan detrás un financiamento constante. "Galicia é un dos lugares máis activos en divulgación científica de toda España. Hai catro ou cinco divulgadores -Xurxo Mariño, Jorge Mira, Carracedo, Débora García Belllo...- que están entre o mellorciño. O problema que temos é o financiamento" Cales foron para ti as grandes novas da ciencia no ano 2017 que vén de rematar? Unha sería a descuberta das ondas gravitacionais, e aí coincidimos co que di Science, xa levamos dous anos tratando o tema. E outra sería o CRISPR, a técnica de edición xenética que permite editar o xenoma letra a letra; e detrás está o Francis Mojica, que é candidato ao Premio Nobel. Nun dos últimos programas do ano tivemos un debate entre varios colaboradores sobre cal dos dous é o descubrimento máis importante dos últimos tempos. A nivel galego, gustaríame resaltar a loita contra a contaminación luminosa, que é algo ao que lle damos moita cancha no programa. Creo que se pode dicir que no 2017 houbo grandes avances na concienciación sobre este problema, o que resultou unha demostración clara das cousas que se poden conseguir con divulgación científica. As agrupacións astronómicas (en especial Ío, da Coruña) levan anos traballando moito neste senso. E o feito de que consigan meter este tema no debate político é algo moi valioso, demostra que a divulgación científica vai máis aló do incremento do coñecemento. "No 2017 houbo grandes avances na concienciación sobre a contaminación luminosa, o que resultou unha demostración clara das cousas que se poden conseguir con divulgación científica" E cal será o tema a seguir neste 2018? Un dos temas ao que haberá que estar atentos está relacionado precisamente co CRISPR, no que hai unha guerra de patentes detrás. Haberá cambios en Efervesciencia neste ano que comeza? Hai unha cousa que levamos facendo un tempo, pero que imos facer cada vez máis, que é entrevistar os investigadores e investigadoras no seu lugar de traballo, o que creo que lle dá máis frescura aos programas. Estamos tamén sempre tentando incrementar o noso equipo de colaboradores e neste senso imos iniciar colaboración con Joana Magalhães, unha investigadora que traballa moito en cuestión de mulleres e ciencia, e imos incluír unha sección con ela. Blog de Efervesciencia |
NOS_31922 | A Federación Alcer Galiza e Alcer Coruña aseguran que levan padecendo "un ano de desprotección e abandono" no servizo de transporte a persoas que precisan desprazarse a facer hemodiálise | A Federación Alcer Galiza, así como a delegación na Coruña, veñen de denunciar o que consideran un "abandono" por parte do Servizo Galego de Saúde. Segundo comentan, hai un ano que advertiron ao Sergas de que as e os usuarios do transporte público para ir a hemodiálise tiñan unha sensación de desprotección nos traslados. Afirman que o ano pasado fixeron varias reclamacións ao respecto da situación na que eran trasladados en ambulancia, avisando de que as recomendacións de protección fronte ao coronavirus estaban a ser "incumpridas desde o inicio da pandemia". Porén, afirman, o Sergas limitouse a responder que se atenden as medidas de actuación estipuladas pola Sociedade Española de Nefroloxía. Isto implicaría viaxar até os centros sanitarios nun vehículo privado e, no caso de acudir en ambulancia, a capacidade máxima sería de catro doentes por traxecto ademais da condutora ou condutor. Así mesmo, deixan en mans do persoal encargado as medidas "de autoprotección e de prevención", tales como asegurarse de que as e os usuarios non teñen síntomas da Covid-19, que levan máscaras... "A resposta desde o Sergas sempre ten sido que lle comunican as incidencias ás Áreas Sanitarias afectadas de Ferrol, A Coruña Santiago e Vigo", comentan, se ben consideran que o suposto intercambio de información non deu resultado posto que as ocupacións estiveron "en números moi superiores do máximo de 4 persoas máis condutor/a por ambulancia". Ao entender do colectivo de doentes con enfermidades renais crónicas a atención axeitada pasa por que a responsabilidade da protección durante os traslados sexa asumida polas áreas sanitarias e por que se lles dea prioridade, polos seus riscos de saúde, aos "intereses das concesionarias". "Se a comunicación do incumprimento non é efectiva entendemos que será necesario tomar outro tipo de medidas e non deixar en situación de abandono a un colectivo altamente vulnerábel como o de persoas que acoden a tratamento de hemodiálise que non poden non acudir ao seu tratamento vital", avisan. |
NOS_9745 | O pasado domingo, María Reimóndez e Eric Dopazo botaron a andar unha iniciativa para demandar a presenza do galego nas plataformas audiovisuais. "A imaxe que se transmite é que os galegofalantes non existimos", opina Reimóndez das recentes estratexias que reducen o galego a un "sotaque local" e que o presentan "xa non como un dialecto, senón como algo residual ou exótico". | HBO, Netflix, Disney+, Prime Video ou Movistar+ son espazos que a cidadanía galega transita con frecuencia, mais nos que o seu idioma permanece excluído. "Chama poderosamente a atención que, en plataformas que basean o seu negocio na difusión de producións en diversas linguas, o galego continúe ausente tanto na produción orixinal como na estranxeira", apunta a campaña que arrincou o pasado domingo en change.org, pedindo precisamente a consideración da nosa lingua na produción, na tradución, na dobraxe e no subtitulado. "As persoas galegofalantes debemos ser consideradas un público e clientas en pé de igualdade coas das demais linguas", expón na petición Tras ela atópanse María Reimóndez e Eric Dopazo, que a botaron a andar desde a súa perspectiva de consumidoras, procurando visibilizar unha demanda -das poucas leis que o mercado entende- que ten moito detrás. A idea xurdiu de maneira natural: "É evidente que hai unha desigualdade manifesta na presenza do galego nestes espazos", denuncia como detonante Reimóndez. Dopazo sinala a inacción da "Área de Normalización Lingüística", ao que Reimóndez suma que "visto que quen ten a responsabilidade e a obriga de reclamalo non o vai facer, debe ser a cidadanía a que se mobilice". Peza fundamental para a normalización A presenza do galego nestes lugares, que están a cambiar as formas de consumo favorecendo o visionado en versión orixinal subtitulada, é unha cuestión que toca ámbitos moi diferentes, desde a xustiza até a creación do emprego. "As persoas galegofalantes debemos ser consideradas un público e clientas en pé de igualdade coas das demais linguas", expón na petición, á que calquera persoa pode sumar virtualmente a súa sinatura. Dopazo coloca ademais o foco nas persoas que non tiveron contacto coa lingua, desde as neofalantes, galegas ou estranxeiras, até as crianzas. "A miña xeración tivo o Xabarín", destaca, salientando a recente iniciativa popular da Mesa pola Normalización Lingüística a prol dunha canle para a infancia e a mocidade 24 horas, cunha App actualizada, cuxo prazo de recollida de apoios se estendeu até o 2 de abril. O mozo tamén relata como soubo hai relativamente pouco que "toda a saga de Harry Potter estaba dobrada ao galego". Os oito filmes atópanse no catálogo de Amazon Prime, mais sen acceso á opción galega. Se cadra nun caso coma este sería tan sinxelo como ter a vontade institucional de ceder ese traballo da CRTVG. Outro exemplo: a exitosa serie de Breaking Bad ouviuse en galego antes que en español, pero emitida de madrugada. Xa no Nadal de 2019 A Mesa, a Asociación profesional de actores e actrices da dobraxe de Galiza (APRADOGA) e a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI) pedían á Xunta que facilitase o lexendado e a dobraxe dos filmes e series que ofertan as principais plataformas chegando a acordos con elas, tal e como fan os gobernos euscaldún e catalán desde hai anos, incorporando aos catálogos uns recursos dos que xa dispón a CRTVG. E é que aínda que estes contidos existen, moitas veces non se atopan dispoñíbeis. De feito, a Galega obrigou en 2013 a fechar a web Xeración Xabarín, baixo ameaza de emprender accións legais, un espazo creado polas seareiras do programa ante o desleixo da canle pública por facilitar o acceso aos debuxos. Desde as redes da entidade argumentaban a responsabilidade de "vixiar a propiedade intelectual". Alén de aproveitar esas dobraxes xa existentes, Dopazo menciona a necesidade de "revitalizar o sector, que sempre foi 20 pasos por diante doutros países". Ligado a todo isto atopamos ademais o tema da tradución no sector audiovisual, unha realidade que Reimóndez, desde o seu labor profesional, coñece de primeira man: "Temos moita xente formada, que se ve obrigada a traballar en castelán". O labirinto da produción "É irrisorio que haxa producións como 3 caminos en castelán", denuncia Reimóndez a respecto dunha das últimas estreas de Amazon, este xaneiro, financiada con 1,5 millóns por parte da Xunta, a través dunha convocatoria específica de 2018 para proxectos que fomentasen os valores do Camiño de Santiago, de cara ao Xacobeo 2021. Sen maior vontade institucional, a oferta en galego destes catálogos, inmersa na voráxine de series, redúcese a dous títulos: O sabor das margaridas (Netflix) e Auga seca (HBO). A primeira estivo entre as producións en lingua non inglesa máis vistas en Reino Unido e Irlanda, para quen aínda fique co prexuízo que a lingua poida supor. Auga seca vén da coprodución de Portocabo coa portuguesa SPi, para TVG e RTP, igual que Vidago Palace, filmada esta última maioritariamente en portugués. Sen querer entrar en debates normativos ou de relación coa lusofonía, Dopazo comenta a necesidade de reclamar a elaboración de contidos con sotaque galego. "O audiovisual é un dos espazos máis potentes de perpetuación da lingua e creación de autoimaxe", sintetiza Reimóndez Esta demanda xorde ademais nun contexto que liga coas recentes problemáticas da entrada do castelán da Galega. "O audiovisual é un dos espazos máis potentes de perpetuación da lingua e creación de autoimaxe", sintetiza Reimóndez, que no noso caso acusa unha infrarrepresentación, con grande impacto na autopercepción, que se espalla desde TVG a outros espazos. A Galiza e a súa lingua fican decote reducidas a escenarios e paisaxes, cheas de tópicos onde o galego non existe. A serie El desorden que dejas, estreada en Netflix, preséntase como un dos últimos exemplos, que se suma a outras producións para televisión estatal como Fariña ou Néboa nas que se emprega o castelán con acento galego e algunhas expresións con selo local. O galego reducido a un "sotaque local" O uso desta estratexia implica para Reimóndez a imaxe do galego "xa non como un dialecto, senón como algo residual ou exótico", tal como acontece nas literaturas coloniais. Nacen así produtos "locais, pero producidos por e para unha ollada externa", engade a escritora, que non teñen "nada que ver coa realidade excéntrica na que convivimos", referíndose aos conflitos sociolingüísticos que sería ben interesante retratar, mais que polo momento non aparecen. "É gravísimo. A imaxe que se transmite é que os galegofalantes non existimos", critica Reimóndez, "e non é certo. Para iso sería preferíbel que se fixese en castelán neutro". "É gravísimo. A imaxe que se transmite é que os galegofalantes non existimos", critica Reimóndez, "e non é certo" E é que o galego reducido a un "sotaque local" remata sendo "un obxecto de museo", algo que Reimóndez conecta coas políticas do PP, mesmo desde antes da entrada de Feixoo, que van no senso de considerar o galego como "lingua estranxeira que se ensina na escola desvinculada desa realidade sociopolítica incómoda", que levaría a considerar aspectos como as marcas de clase. A lexislación estatal O pasado ano o Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) presentaba alegacións ao proxecto de Lei xeral de comunicación audiovisual, que traspón a directiva 2010/13/UE, centrada nunha actualización da normativa que incorpore servizos de televisión baixo demanda, como Netflix ou HBO, e plataformas para partillar vídeos, como YouTube. Actualmente a cota de financiamento de proxectos en linguas propias é de 5%, mais o CAC reclamaba pasar, na liña doutros países europeos, a 10%, coa metade dedicada a catalán, euskera ou galego; ou polo menos unha porcentaxe consonte ao peso de poboación do conxunto de territorios con linguas cooficiais. |
PRAZA_2636 | Na Inauguración do Festival do Cine en Ourense, o sábado 14 de Novembro, asistimos á estrea da película de Simon Casal De Miguel, Lobos sucios, xogando coas palabras wolff-ram , wólfram | Na Inauguración do Festival do Cine en Ourense, o sábado 14 de Novembro, asistimos á estrea da película de Simon Casal De Miguel, Lobos sucios, xogando coas palabras wolff-ram , wólfram. O director trata o tema da mina do Casaio, na comarca de Valdeorras, tamén chamada dos alemáns. O wólfram é un mineral de grandes cualidades: Ten a máxima dureza, superada só polo diamante, o punto de fusión máis alto de todos os metáis, e alta densidade. Moi valorado polos alemán na II Guerra Mundial para fabricar armamento. Hoxe emprégase na electrónica, nos teléfonos móbiles, nos avións… En Alemaña servíanse da produción deste metal na China, pero a importación se dificulta cando os nazis atacan a URS e pechan a vía de entrada. É así como España, produtora e "amiga" pasa a subministrar o wolfram a Hitler. O embaixador alemán era explícito: "o wolfram é para nós o que o sangue para os homes". Necesitábano para a construcción de armamento. Franco quedaba ben con Hitler, e de paso conseguía diñeiro para poder pagar as débedas da Guerra Civil. En Galicia, onde había varias minas do prezado metal, deixaba tamén o seu. Deu emprego a miles de traballadores, evitando o éxodo. Houbo tamén moito contrabando de wolfram que adquirira un alto prezo. Pasa de 42 euros por tonelada en 1941, a 2.000 en 1944. O metal conseguido polos que ían á roubeta vendíase caro no mercado negro. Neste momento histórico nos sitúa o film, reflectindo o ambiente pobre dun pobo mineiro, e unha casa onde viven, coa nai vella, dúas irmás, unha delas, Manuela, cunha filla de solteira enferma, tuberculosa, e a máis nova. As dúas mulleres interpretadas maxistralmente por Marián Álvarez e Manuela Vellés, son as personaxes fundamentais da película, que podemos cualificar como feminista; Presenta dúas mulleres valentes, que actúan e se arriscan por motivos éticos. Viven da mina e tamén van á roubeta e conseguen sacas de wólfram. A menor, Candela, apiádase dun vello xudeu que quere fuxir a Portugal. A moza coñece ben a zona e sabe cando, a que hora, se pode vadear o río e conseguir a liberdade. Serán moitas as persoas que salve dos nazis, incluso a unha rapaza alemá, que descoñece totalmente a lingua, e refuxia na súa casa. Seguindo o rastro, chega o militar, coronel?, con mando en praza. Sentan á moza a xantar na mesa e fana pasar por unha prima que está de visita. Un dos moitos momentos de tensión que se viven na película que non deixa tregua. Ademais dos nazis e da xente do pobo hai uns personaxes que viven na clandestinidade. Demócratas, republicanos, comunistas, un deles, inglés, pertence á familia dos antigos donos da mina. Este grupo pretenden roubar o cargamento de mineral almacenado, que virán recoller os nazis. Para conseguilo deben tomar contacto cos presos políticos que trouxeron a traballar como escravos na mina. Algúns deles coñecidos activistas e rebeldes. Son as dúas irmás as que van a servir de contacto e a maior se entenderá co mando militar, home atractivo, que busca nela non só a muller, senón á bruxa, a que sabe misterios dun bosque de lobos, do que nos mostran imaxes fermosísimas. O alemán ten veleidades esotéricas en relación con certas lendas e ese será o punto fraco que aproveita a viva e intelixente Manuela para conseguir o que quere. Aínda que Manuela mira, e se entenden coa mirada, a un preso político, non é aínda unha relación amorosa explícita. Aspecto relevante desde o punto de vista da dignidade da muller, é que Manuela, mesmo se se entrega ao militar nazi para axudar ao roubo do wólfram, non a vemos anoxada, e máis ben parece compracerse nas relación sexuais. Son moitos temas mesturados, xunto a actividades estratéxicas de gran importancia na II Guerra Mundial que se desenvolveron nun pobo galego. Son feitos reais e a película ten un valor informativo, histórico, ético e estético. A fotografía magnífica e os efectos especiais axudan a configurar os lugares e a manter a expectación das persoas asistentes. Celebro a chegada de cine e cineastas galegos que nos fagan sentir orgullo e nos interesen, ensinen e engaiolen con films coma Lobos Sucios. A sala completa felicitou con aplausos aos seus integrantes, director, actrices e actores. |
NOS_46900 | As medidas aprobadas por México para atallar a epidemia de obesidade están a bater coa oposición dos EUA ou da UE, economías que albergan as maiores produtoras de alimentos do mundo. O 1 de outubro debe entrar en vigor a nova norma de etiquetaxe da 'comida lixo', mais compañías como Nestlé presionan por unha moratoria. | Máis da metade da poboación en 34 dos 36 países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) padece sobrepeso e unha de catro persoas é obesa, segundo o último informe deste organismo ao respecto. Calcúlase que nos próximos 30 anos as enfermidades relacionadas coa obesidade cobraranse a vida de máis de 90 millóns de persoas nos países da OCDE, alén de reduciren a esperanza de vida en case tres anos. Para a economía dos Estados supón ademais un gran desembolso. Os países da OCDE dedican 8,4% do seu orzamento en sanidade ao tratamento de enfermidades relacionadas coa obesidade, o equivalente a 209 dólares (máis de 175 euros) per cápita ao ano. As cifras indican tamén que é un problema regresivo; é dicir, afecta máis ás persoas con menos ingresos. Por exemplo, na UE preBrexit, os homes e as mulleres no grupo máis baixo teñen, respectivamente, 90% e 50% máis de probabilidades de seren obesos. Nos países menos desenvolvidos, como México, este cóctel é insustentábel. Segundo datos do Goberno, entre 2020 e 2050 perderá 5,3% do Produto Interior Bruto (PIB) anual como consecuencia da epidemia de obesidade que sofre e que o levou a decretar a emerxencia nacional en 2016. Unha emerxencia económica, xa, segundo declarou recentemente o subsecretario de Industria mexicano, Ernesto Acevedo. Avisos nas etiquetas Para reverter a situación, a propia OCDE recomendou investir nunha mellor etiquetaxe dos alimentos, coa presentación da información nutricional, ou na regulación da publicidade, especialmente a enfocada a público infantil. Cada dólar dedicado á prevención da obesidade ─sinala o informe─ pode xerar un retorno económico multiplicado por seis e salvar a vida de entre 51.000 e 115.000 persoas ao ano nos 36 países incluídos na análise. Seguindo estas directrices, o Senado mexicano aprobou en outubro de 2019 unha reforma da lei sobre saúde en materia de sobrepeso e obesidade. A norma, que entrará en vigor o vindeiro 1 de outubro, obriga as empresas a incluír unha etiquetaxe frontal nos alimentos e bebidas non alcohólicas que indique cando os produtos exceden os límites máximos de calorías, azucres engadidos, graxas saturadas ou sal e describa claramente os riscos para a saúde que presentan. Tamén prohibe que conteñan personaxes, debuxos animados, celebridades, deportistas, mascotas ou elementos interactivos que, estando dirixidos ás crianzas, inciten ao consumo deste tipo de produtos popularmente coñecidos como "comida lixo" ou, nos países de América Latina como México, "comida chatarra". Un terzo das nenas e dos nenos mexicanos en idade escolar sofren sobrepeso ou obesidade, segundo os últimos datos oficiais. Presión internacional Non obstante, os Estados Unidos, a Unión Europea, o Canadá e Suíza están a presionar a México ─o maior consumidor de alimentos procesados de América Latina e o cuarto máis grande do mundo─ para que estabeleza unha moratoria nesta normativa, segundo figura nun documento da Organización Mundial do Comercio (OMC). As catro entidades albergan as maiores empresas de alimentos do mundo, a máis importante, a suíza Nestlé, que en 2019 xerou arredor de 86.000 millóns de euros en vendas, a maioría en América do Sur e do Norte. Segundo as actas da OMC dunha reunión do 13 e 14 de maio, a delegación suíza manifestou que a norma sumará dificultades "nun momento en que os produtores, importadores e retallistas están a tratar de asegurar a subministración ininterrompida de alimentos e bebidas ao mercado mexicano", en referencia á crise sanitaria polo coronavirus. Polo seu lado, os EUA e a UE pediron un período de transición de dous anos, e o Canadá, de polo menos 12 meses. Non é a primeira vez que as grandes multinacionais tentan frear a norma. En marzo, a xustiza aceptou un recurso de amparo presentada pola Confederación Nacional de Cámaras de Industriais para suspender de maneira provisional o proceso. E desde a primeira semana de xullo, empresas como Grupo Bimbo, Unilever, Coca-Cola Export Corporation, Mondelez, Jugos del Valle, Corporación del Fuerte e Hershey ─que argumentan que se verán na obriga de realizaren investimentos millonarios para modificar as liñas de produción─ presentaron tamén novos recursos de amparo. Con todo, a xustiza rexeitou conceder suspensións contra a aplicación da nova normativa. A respecto das presións no seo da OMC, un membro da delegación mexicana citado por Reuters, manifestou: "Díxoselles que no habería máis tempo". |
NOS_47366 | Ana Pontón denuncia que o actual sistema é "discriminatorio e inxusto" con Galiza, critica a indefinición da Xunta nun debate chave e aposta na "autonomía fiscal e financeira plena" para o noso país. | "Un concerto económico que nos permitiría recadar o 100% dos nosos ingresos e despois facer contas co Estado", que permita ter unha facenda galega e unha banca pública galegas, "evitando a fuga de 15.000 millóns de euros para outros". Ana Pontón volveu este sábado, após o Consello Nacional do BNG, a poñer sobre a mesa as propostas da fronte nacionalista sobre financiamento, agora que este debate se vai situar abrir no Estado e coas consecuencias que iso, e o que nel se decida, vai ter sobre o noso país. "O que queremos saber é que propón a Xunta", engadiu a portavoz do BNG. Para o Bloque non é de recibo que o goberno galego non dea nin un chío sobre o debate de financiamento. Que fai Feijóo como presidente de Galiza a este respecto?, preguntaban retóricamente os nacionalistas,"Nada", era a resposta, segue agardando "con submisión" a ver cal é o posicionamente desde Madrid. Por iso Pontón instou a Núñez Feijóo a se pronunciar sobre o financiamento, inquerirlle sobre en que bando está, "a favor de Galiza ou de Rajoy e Montoro". Co último exercicio fiscal liquidado, explicou a portavoz nacionalist , Galiza achegou ao Estado vía impostos 11.131 millóns de euros, mentres este transferiu 7.043 millóns co actual modelo de financiamento. As cifras constatan, recalcou, que o actual sistema de financiamento "é discriminatorio e inxusto" e faille perder a Galiza arredor de "3.400 millóns de euros anuais". Bases Democráticas A portavoz nacionalista tamén se referiu á campaña do BNG en torno ao documento Bases democráticas. Ademais de actos públicos e presentación a diversos sectores da sociedade, a campaña, dixo, continuará co contacto coas forzas políticas da oposición. Nese sentido, anunciou, xa hai contactos para facer unha presentación formal das Bases coas direccións do PSdG e En Marea,. |
NOS_178 | As farmacias xa venden os tests de autodiagnóstico de anticorpos da Covid-19 | Os primeiros tests de autodiagnóstico da Covid-19 xa están dispoñíbeis nas farmacias galegas. Comezaron a venderse esta mesma semana e son as primeiras probas accesíbeis para comprobar na casa se se tivo ou non contacto previo co coronavirus. Os tests de anticorpos son unha técnica rápida, barata e pouco agresiva que permite saber se unha persoa pasou a enfermidade, pero non indican necesariamente unha infección activa. Detectan anticorpos, polo tanto, non serven para confirmar un contaxio activo como fan as PCR ou os tests de antíxenos. Grandes expectativas "Son días de moitas preguntas", explica a Nós Diario María José García, presidenta da Federación de Farmacias da Galiza. "A xente está moi interesada neste tipo de probas rápidas e, de feito, hai despachos que traballan con listas de espera, mais ao requirir receita médica non sabemos aínda se poderemos satisfacer a demanda que hai de tests de anticorpos". Pode ter sentido no marco dos cribados poboacionais para saber canta xente estivo en contacto co virus, mais para o diagnóstico dunha enfermidade activa non lle vexo utilidade Nina Villasuso é farmacéutica en Mugardos e membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. "De momento non recibín ningunha prescrición mais estou desexando ver a primeira para saber como xustifica a comunidade médica a conveniencia destas probas", que, entende, vai depender do criterio facultativo. O autotest de anticorpos ten un prezo de 25,50 euros e "non se vende a petición das pacientes". Ademais, incide, "eu tampouco lle vexo moita utilidade a nivel individual dentro do status da pandemia. Pode ter sentido no marco dos cribados poboacionais auspiciados polas administracións para saber canta xente estivo en contacto co virus, mais para o diagnóstico dunha enfermidade activa, creo que é un paso innecesario", advirte. Concorda con ela Francisco Fernández, médico internista na área sanitaria de Vigo. "Os anticorpos nunca van detectar unha infección aguda recente porque tardan varios días en aparecer tras o contacto co virus. Polo tanto, unha persoa pode estar infectada e obter un resultado negativo, dándolle unha sensación de falsa seguridade". Ou "pode darse un resultado positivo, que habería que confirmar mediante PCR, porque non vai ser sempre verdadeiro", engade Villasuso. Cautela Mentres non haxa vacina a farmacéutica avoga por garantir medidas de hixiene, distancia e máscara. "O que hai que descartar é que isto sexa un salvoconduto para as reunións familiares" de cara ao Nadal, "porque non ofrece ningunha seguridade". Esta técnica pode ser cómoda pero non é fácil de interpretar Nina Villasuso rexeita calquera debate arredor do interese das farmacias por vender este tipo de probas. "Ninguén nos preguntou, pero sen dúbida é a vía para dispensar este tipo de produtos sanitarios, baixo supervisión. Desde aquí sabemos a quen se lle dá e en que condicións", porque realizar esta proba tampouco é tan doado como se di. "Hai que asegurar que non se estrague o proceso e que o resultado chegue a quen ten que chegar". Cada proba ten a súa utilidade e o seu contexto. "Esta técnica pode ser cómoda pero non é fácil de interpretar", recalca Fernández, quen recomenda tomar os resultados "sempre con cautela". |
NOS_36698 | A análise económica semanal de Sermos pon o foco no floreciente negocio bancario no Estado -coa Moncloa como aliado-, na caída do indicador de criación de empresas na Galiza, na nova poxa eólica -co país a perder posicións- e nos preparativos da greve de mulleres para o 8 de marzo. | 1) A creación de empresas en Galiza cae 15%. Xaneiro despediuse con 375 novas empresas creadas no noso país, 15% menos que no mesmo mes do ano anterior. Unha de cada catro desas novas firmas pertence ao sector do comercio. Xaneiro vén así a se sumar a un 2017 en que se crearon 10,5% menos de sociedades que no exercicio anterior. Os dados oficiais cifran en 6.070 as compañías galegas que cesaron a súa actividade entre 2008 e inicio de 2013, os momentos máis duros da crise. Ademais, nese tempo 255 empresas con sede social noutros territorios do Estado español mais que tamén operaban en Galiza deixaron de traballar no noso país. 2) O goberno español incentiva os plans de pensións privados. De aí o real decreto que permitirá liquidar sen limitacións as achegas feitas a estes plans aos 10 anos. Na Galiza hai por volta de 400.000 persoas que son partícipes de plans de pensións. O estado español adica ao gasto en pensións apenas 10,5% do seu Produto interior bruto (PIB). Porcentaxe moi inferior á que dedican outros países, incluso os golpeados pola crise. Así, Portugal e Grecia destinan 13 e 14,3% respectivamente. Francia 14% e Italia case 18%. No estado español, as pensións fináncianse unicamente coas cotizacións das nóminas das persoas asalariadas e das empresas. Os orzamentos do estado non xogan aquí ningún papel. Mais das contas xerais si que saen partidas para, por exemplo, a Casa Real, o exército ou a igrexa. E por que non podería haber logo partidas para o sistema público de pensións?, preguntan sindicatos e colectivos sociais. 3) A gran banca cada vez gaña máis: 14.000 millóns en 2017. As seis grandes entidades (Santander, BBVA, CaixaBank, Bankia, Sabadell e Bankinter) gañaron en conxunto 7% máis en 2017. En total, obtiveron un beneficio de 13.624 millóns, impulsado en dous clásicos da conta: diversificación xeográfica da maioría dos bancos e o tirón das comisión. Galiza está no alto das listaxes dos territorios con máis aforro nos bancos mais desaparece deses postos de privilexio en canto se fala de crédito concedido. As prazas pasan entón ser ocupadas polas comunidades do Levante, sur e centro do Estado, onde os créditos superan os aforros. Son por volta de 59.000 millóns de euros o aforro nas entidades financeiras existentes en Galiza. E crédito anda nos 44.000 millóns de euros. Unha fenda, pois, de 15.000 millóns. 4) A poxa de maio de 3.000 megawatios con incentivos deixa 165 proxectos, a súa maioría eólicos, que teñen que estar en marcha en 2019. Destes, 25 callarán en novos parques eólicos en Galiza. Aragón terá 80. Galiza pasou de ser hai una década un referente eólico en Europa a caer até o cuarto posto en produtores no Estado. No entremedio, perdeuse por volta do 80% dos postos de traballo existentes nun sector que aspiraba ser alternativa creadora de emprego e desenvolvemento. Un retroceso así neste sector non se deu en ningún outro lugar de Europa. O "nefasto" papel da Xunta do PP foi sinalado por non poucos axentes para entender o devalo destes anos. Con dados de 2016, a gran maioría dos megawatios galegos están en mans de oito empresas. Catro delas controlan o 60%· das instalacións que hai no noso país. 5) Cara á greve de mulleres do 8 de marzo. Asembleas, xuntanzas, coloquios, encontros, debates… Vai collendo forma e forza a convocatoria da greve de mulleres do 8 de marzo. "Sobran as razóns para facer un chamamento á greve feminista deste 8 de marzo", coinciden sindicatos e colectivos. As secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego Galego (SLG) canda o Sindicato Ferroviario Intersindical, e co apoio do Sindicato da Elevación de Galiza, rexistraron esta semana en conxunto o preaviso de greve laboral de 24 horas de duración convocada para o 8 de marzo en Galiza. Días antes, a CIG formalizou no rexistro da Consellaría de Economía, Emprego e Industria a convocatoria da greve de mulleres no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións. A greve, que afectará todas as actividades e centros de traballo de Galiza, quer das empresas privadas quer do sector público, farase efectiva nas franxas horarias comprendidas entre as 00h e ás 02 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo. |
NOS_52369 | Nin "Sangenjo" nin "Orense", a plataforma ProLingua diríxese á RAE para que mude as súas recomendacións en materia de topónimos xa que contemplan nos seus manuais as formas deturpadas ilegais. Consideran que a RAE voga en sentido contrario por motivos ideolóxicos e extralingüísticos. | ProLingua esíxelle á Real Academia Española a través dunha carta que reconsidere os seus ditames sobre a toponimia galega e remítelle a misiva tamén a Real Academia Galega, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e aos partidos políticos para que presionen á RAE a mudar o emprego de nomes de lugares deturpados. A plataforma lembra que tanto no Diccionario panhispánico de dudas como na última edición da Ortografía de la lengua española do ano 2010 recoñécese que se poden usar formas que non están contempladas na legalidade vixente como "Sangenjo" ou "Orense". "Nin Sangenjo nin Orense son formas lexítimas" é o título dunha carta que comeza dando conta da deturpación dos nosos topónimos en libros escolares e medios de comunicación para indicar que é posíbel que empreguen así os nomes por ignorancia da formas oficiais mais tamén pode ser "que actúen así por seguir as recomendacións e ditames da RAE en moitas ocasións enfrontados coa legalidade vixente". Ilegalidades para as dúbidas Recollen o consello da RAE de que "en textos escritos en castellano debe empregarse el topónimo castellano", no Diccionario panhispánico de dudas no que aínda recoñecen como oficial "La Coruña" ou "Orense". Como outro dos casos que deixa á vista a actitude da RAE está tomado da Ortografía de la lengua española (2010), na que contempla que "los hispanohablantes pueden emplear, siempre que exista, la forma española de estos nombres geográficos, y transferir aquellos topónimos que posean una expresión única, catalana, gallega o vasca", poñendo como exemplo "Paso la mayor parte del verano en Sangenjo". Argumentan a súa solicitude, non só no cumprimento da legalidade vixente que recoñece como oficiais unicamente as formas en galego senón ao tratamento que a RAE lle dá aos exónimos, nomes de lugares noutras linguas, ámbito no que recomenda o uso da lingua de orixe. Pídenlle, polo tanto, que revise os ditames e recomendacións sobre a toponimia galega e que respecten a forma única dos nomes de lugares sexa cal sexa a lingua na que se fale. "Non damos comprendido esa teima a contracorrente e paralegal da RAE se non é por motivos estritamente ideolóxicos e extralingüísticos". Reclámalle á Real Academia Galega e solicita que a RAG, Política Lingüísica e os partidos políticos e demais entidades e particulares tamén o fagan que "respecte a toponimia autóctona da lingua galega (non tan diferente como para provocar descoñecemento nun hispano falante) e que recomende o seu respecto nos manuais de estilo dos medios de comunicación e das editoriais e aos responsables de universidades, corpos e forzas de seguridade do estado, administracións públicas etc". |
NOS_25789 | A resistencia armada na provincia pontevedresa, agás nas comarcas do interior, tivo menos actividade que noutras provincias; aínda así, as actuacións na zona de Arousa nos primeiros meses, o destacamento Paco Barreiro e os grupos que o precederon na área viguesa acadaron unha relevancia que, en gran parte, é descoñecida. Neste artigo deixaremos á parte o proceso de formación da guerrilla así como o sucedido nas terras do Deza, pois serán obxecto de tratamento noutros apartados deste monográfico. | A zona do Salnés tivo unha relevante actividade de oposición armada tras o golpe militar; numerosos grupos buscaron refuxio nos montes do Xiabre e Lobeira. Contaban cunha rede de información así como unha estrutura de apoios na poboación, levaron a cabo numerosas accións de carácter económico, sabotaxes, secuestro de falanxistas e deron morte a tres membros das forzas da orde. Non acadan o nivel de organización do posterior movemento guerrilleiro pero grupos como o dirixido por Rodrigo Berruete 'O Xitano' tiveron un nivel de actividade apreciábel. Estes grupos de fuxidos sufriron unha persecución implacábel; as forzas represoras chegan a contar coa participación de hidroavións do polígono Janer de Marín, que bombardean os seus refuxios; contra eles empréganse todo tipo de medios e vanse eliminando os seus compoñentes e colaboradores. Aínda así, os últimos membros activos mantéñense até o ano 1939; neste ano foi desarticulada a "partida latro-facciosa" de Serafín Nogueira Santorum 'Valeiro' e Valentín Patiño Salgado. Condenados a morte, foron executados en Pontevedra o 22 de outubro de 1940. A resistencia en Pontevedra Na década dos 40 teñen lugar nos arredores da capital numerosos atracos a man armada; a existencia de coñecidos fuxidos refuxiados na zona leva as forzas da orde a atribuírlles a autoría pero o feito de que, en localidades máis distantes como Caldas de Reis, tamén se realizaran do mesmo xeito e aparentemente polos mesmos autores, levou a desbotar esta hipótese e atribuírllos a "bandoleiros". Ás veces é difícil deslindar o móbil político do que son actividades de mera delincuencia; é o caso do grupo formado por Rafael Gómez Nóvoa, o seu irmán Ramiro, Laureano Camiña 'O Peruano' e varios máis, que cometen roubos e atracos na zona da Lama e proximidades da capital; refuxiábanse nunha cova en Cotobade e detéñenos no ano 1943. Os antecedentes políticos de varios deles, así como declaracións nas que se afirmaba que asistían pola noite a reunións de carácter político en Pontevedra e a intención expresada de matar a Víctor Lis, danlle un matiz político que non se pode pasar por alto. A zona do Salnés tivo unha relevante actividade de oposición armada tras o golpe militar, con numerosos grupos refuxiados nos montes do Xiabre e Lobeira Os feitos que, de xeito probábel, podemos atribuír a grupos guerrilleiros teñen unha alta compoñente propagandística; así, no día de defuntos de 1944, realizaron unha acción de forte simbolismo en dous lugares ligados á represión: a avenida de Bos Aires, zona onde tiveran lugar as execucións dos consellos de guerra, e a volta do Couto, entre Bora e Tenorio, onde se fusilaran once persoas tras unha saca de San Simón. Nestes lugares colocáronse coroas de flores xunto cunha cruz de madeira coa lenda "Honor a nuestros mártires". As liñas de condución eléctrica eran un branco axeitado para cometer atentados; en Bora, un transformador que servía de electricidade á zona foi obxecto de danos con cargas explosivas o 7 de xuño de 1945. Anos despois o Destacamento Paco Barreiro colocou e fixo explotar cargas de dinamita no Pinto (Vilaboa), o 26 de xaneiro de 1947, e en Cesantes (Redondela) o 29 de decembro do ano anterior, causando danos en torres da condución de alta tensión. Instrúense dilixencias militares e o xornal clandestino El Guerrillero dá conta do feito. Na zona de Carracedo (Caldas de Reis), Valga e Pontecesures tamén se levaron a cabo golpes de tipo económico (asaltos, extorsións) polo Destacamento Manolito Bello antes de sufrir varias baixas en Teo en maio de 1948. Accións de castigo contra os represores O 8 de xaneiro de 1949, a guerrilla mata a José Couceiro Taboada, cabo do somatén e xefe falanxista de Soutelo de Montes, e a súa dona. A acción encádrase na típica represalia a persoas afectas ao réxime cun pasado represor ou colaborador coa Garda Civil. Os obxectivos, ademais do mestre, parece que eran algúns membros da familia Gutiérrez. Tanto nos desprazamentos cara a Soutelo como no regreso contaron coa axuda e colaboración de varias persoas que lles deron refuxio, comida e información. A Garda Civil localizou, nunha casa da zona, escritos elaborados polos compoñentes do grupo guerrilleiro nos que se sinalaban algúns dos posíbeis obxectivos: Couceiro "falanxista recalcitrante. Requisó ganado y frutos a los campesinos. Posible asesino", Ángel Ballesteros 'O Xordo', comerciante, sinalado como falanxista destacado, perseguidor e ladrón dos labradores e posíbel asasino; tamén aparecen como responsábeis de asasinatos o cura da Madalena, Aquilino López Picón e outros. Os compoñentes da partida que levou a cabo estas mortes foron: Antonio López Jaspe, Manuel Bastida Franco, Benigno Andrade García, José Blanco Núñez 'Ferreirín' e José Ramuñán Barreiro 'Ricardito'. O grupo estaba uniformado con boinas negras e estrelas vermellas de cinco puntas. A actitude da patrulla da Garda Civil que se enfronta aos guerrilleiros foi sospeitosa, con declaracións contraditorias e inexactas sobre o sucedido, polo que foron sancionados. Nun principio afirmaran que pasaban por diante do estabelecemento de Ramona Gutiérrez cando o tiroteo e, máis tarde, comprobouse que estaban nun reservado do interior do estabelecemento e foran bastante lentos en saír a perseguir os guerrilleiros. As últimas referencias a actividade importante na zona de Cerdedo están relacionadas co intento de sumarse á guerrilla de dous mozos residentes en Vigo; o seu final dános idea dos métodos empregados polas forzas policiais na loita antiguerrilleira. Jesús de Sojo e Alfonso Pino, o 9 de decembro de 1948, logo de vender en Pontevedra algúns obxectos, parece ser que subtraídos en Vigo, contratan un taxi co pretexto de ir a un enterro a Ourense; ao chegar a Bora atracan o taxista e foxen co coche, que se avaría cerca de Cerdedo. Son perseguidos pola Garda Civil coa que se enfrontan a tiros, cruzan o Lérez e, máis tarde, detéñenos no lugar das Casetas, despois de cear. Manifestan que tiñan como pretensión unirse a elementos fuxidos nesa demarcación. Levados ao monte Espiñeira polo tenente Llorente e os comandantes de posto de Cerdedo e Forcarei para buscar as armas que agocharan, metralláronos co pretexto de que tentaran escapar. Foron enterrados no cemiterio de Figueiroa (Cerdedo). No sur da provincia, a comarca pontevedresa na que a guerrilla actuou con máis intensidade foi a da bisbarra viguesa; á parte a presenza ocasional dun grupo volante dirixido por Melchor Díaz 'Pepito', o grupo máis importante foi o chamado Destacamento Paco Barreiro, que tiña como responsábel militar a Manuel Simón Campos 'Xanote' ou 'Luis Peña' e responsábel político a Avelino Otero Montes 'Avelino' ou 'M. López', ambos comunistas. Estaba integrado por superviventes dun grupo moi activo coñecido por 'Os Maletas' con novas incorporacións como Basilio Calvar, Claudio Rodríguez, Estanislao Cantero, Víctor García e outros. Este grupo realizou numerosas accións na zona do Deza en unión co grupo, radicado en Bandeira, liderado por Miguel Nicolás Esperante 'O Corcheiro' e o seu cuñado Eugenio Rueda Perosanz, un asturiano que foi personaxe fundamental na articulación da guerrilla e na reorganización do PC na Galiza. En Vigo actuaron contra persoas sinaladas como participantes na represión ou como confidentes, sendo o caso máis apuntado a execución de Eusebio Lago, nunha taberna de Cabral, o 30 de xaneiro de 1947. A execución de Lago foi asumida polo Destacamento Paco Barreiro e así o publica El Guerrillero (25 de marzo de 1947), que o acusa de cometer asasinatos no 36, denunciar antifranquistas e de roubar colleitas aos labradores; declaracións no atestado do tenente de alcalde e xefe falanxista da zona, Manuel Mariño, recoñecen o carácter de colaborador e confidente da Garda Civil de Lago. A represión contra a guerrilla Na menor actividade guerrilleira na provincia, un dos factores que influíu de xeito significado foi a táctica, sorpresiva, de diálogo adoptada polo gobernador Gómez Cantos respecto aos fuxidos, porque contribuíu a retirar do monte un elevado número de potenciais integrantes das guerrillas. O labor represor nas distintas zonas estivo a cargo da Garda Civil; destacan na persecución mandos curtidos na represión de outubro do 34 en Asturias e nas guerras de África, como os capitáns Bernal, Pou, Salinas e Maquieira, así como compoñentes do sector interprovincial de persecución de "bandoleiros" de Lalín mandado polo comandante Montero Galvache. Empregáronse todo tipo de tácticas: confidentes, torturas, aplicación da lei de fugas, infiltracións (como a de Alejo Mora, que resultou fatal para a organización polas "caídas" que provocou) etc. Acaba así a etapa máis significativa do movemento guerrilleiro na zona. A Garda Civil sinalou que nas comarcas de Pontevedra entre 1943-1952 foron asasinados 70 guerrilleiros, resultando detidos 34 combatentes e 703 enlaces Pouco a pouco foise desmantelando o grupo vigués, 'Xanote' e 'Avelino' caen o 21 de maio de 1947, tras unha reunión de guerrilleiros decorrida no monte do Poulo na que, probabelmente, houbera infiltrados das forzas da orde e o último membro significado foi Agustín Álvarez Araújo 'O Tito' ou 'Caralladas', abatido na praza de Teis o 30 de maio de 1947. A versión ofrecida pola Garda Civil foi a de morte nun enfrontamento cun sarxento e dous gardas logo da información proporcionada por un garda municipal que o vira xunto ao mercado de Teis, pero os testemuños de veciños que recolle o atestado proporciónanlle un carácter épico de confrontación co xefe dos perseguidores; deles despréndese que 'Tito' estaba acurralado tras unha persecución de varios días, atribúenlle o asasinato de dúas veciñas e nesa noite, sen esperanzas de sobrevivir, desafía as forzas represoras facendo algún disparo na madrugada, canta o himno da República, reta o capitán Maquieira e grita: "Tanta tropa para matar a un hombre, pues estoy yo solo". Logo da desarticulación do grupo vigués, os sobreviventes marchan para a zona do Deza e intégranse na Vª Agrupación baixo o mando de 'Foucellas'. O cambio de estratexia dos partidos da oposición ao réxime, as leas internas, o esvaecemento da esperanza de derrocamento do réxime tras o fin da Segunda Guerra Mundial, a perda de apoios entre a poboación, que os consideraba un problema pola represión contra ela exercida polas forzas da orde e a eficaz actuación da "Brigadilla" da Garda Civil, deron lugar ao desmantelamento da resistencia armada na provincia. O balance da súa actuación entre os anos 1943-1952, segundo a versión da Garda Civil, foi o seguinte: 18 asasinatos, 15 secuestros, 12 actos de sabotaxe, 152 atracos, 70 guerrilleiros mortos, 34 detidos, 703 enlaces detidos e 5 mortos das forzas da orde. |
NOS_45773 | Unha exposición na Fundación Torrente Ballester de Santiago presenta unha imaxe rupturista de Colmeiro, que o distancia dos tópicos que o definen como un paisaxista "lírico" e clasicista, e que presenta a súa obra entre dous polos en diálogo: a construción nacional galega e a vangarda artística internacional. | As primeiras décadas do século XX foron testemuñas, en Europa e América, das contradicións xeradas pola consolidación dos valores da cultura burguesa nun ambiente de grande axitación social e de arelas revolucionarias. As vangardas artísticas, a polarización política arredor do comunismo e o fascismo, e o derrubamento da vella orde mundial tras a Gran Guerra propiciaron un enorme fervedoiro de novas ideas que, na Galiza, deu lugar a un debate cuxos polos se situaban nos conceptos de identidade e modernidade. A arte galega da altura trataba de responder, como no resto do continente, ás incertezas daquel tempo de desacougo desde unha posición que era, ao tempo, ética e estética. A identidade non podía desvelarse sen recoñecerse no contexto social e os artistas que participaron no movemento de renovación estética que se deu naqueles anos, eran conscientes de que unha arte nacional tiña que ser, tamén, unha arte comprometida coas clases populares. A exposición Manuel Colmeiro (1919-1939). Arte en tempos de desacougo, que agora se exhibe na Fundación Torrente Ballester de Santiago de Compostela, mostra a obra de Colmeiro durante dúas décadas nas que a xeración de artistas galegos coñecidos daquela como Os novos tentaba renovar a arte conciliando as vangardas internacionais coa tradición estética autóctona, coa intención de afondar na identidade galega a través dunha incuestionábel vocación de intervención social. A mostra ten a súa orixe na investigación levada a cabo polo seu comisario, Carlos López Bernárdez, sobre a figura de Colmeiro, que xa dera lugar a outra exhibición sobre o artista, Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, que decorreu no Marco de Vigo en 2020 e que logrou transformar radicalmente a visión que se tiña sobre o artista. Fronte a idea máis tópica do pintor clasicista e lírico que se estendeu nas últimas décadas, Bernárdez descubría un pintor que se enfrontou coas contradicións e convulsións da súa época e que reaccionou cun forte compromiso social contribuíndo á busca dunha arte propiamente galega. Non debemos esquecer que, nesta procura, ecoa aquela esixencia das Irmandades da Fala de reivindicar a soberanía estética do país. No caso de Colmeiro, ese compromiso amósase na atención prestada ao mundo do traballo, que irá evoluíndo cara á creación das figuras icónicas do labrego e da mater, a muller galega traballadora. O artista formárase na emigración, en Bos Aires, onde traballou nun ambiente de fortes preocupacións políticas, culturais, estéticas e filosóficas. A influencia marxista e o impacto da Revolución soviética tórnase evidente nun pintor que chegou a "proletarizarse", a entrar a traballar nunha fábrica de zapatos para comprobar, segundo as súas propias declaracións, "como funcionaban os sindicatos obreiros". Os debuxos da guerra A gran sorpresa desta nova mirada sobre Colmeiro son os debuxos cos que o pintor responde a todo o horror desatado tras o golpe de Estado de 1936. Son obras que tratan de reflexar a barbarie provocada polos fascistas e que deben situarse nunha tradición que inclúe os álbumes de guerra de Castelao ou as obras de Seoane sobre ese tema. Trátase de deseños que se alinean coa arte de guerra de influxo expresionista goyesco que entroncan, mesmo, coa obra doutros autores internacionais como Henry Moore, Philip Guston, George Grosz ou o mesmo Picasso. É certo que xa foran expostos algunha vez, pero pasaron desapercibidos até o seu "redescubrimento" na exposición do Marco de Vigo. Como subliña Bernárdez, "No caso concreto de Colmeiro, a xestualidade das obras, o dramatismo dos rostros e o saudoso das expresións falan do pesadelo, do desacougo, da morte e do sombrizo mundo que lle tocou vivir. A súa visión da guerra, como a doutros artistas galegos: Castelao, Federico Rivas, Arturo Souto, Luís Seoane, Uxío Souto, Cándido Fernández Mazas, está marcada pola denuncia da represión e os asasinatos como motivo nuclear e dá tamén protagonismo á defensa da legalidade republicana e dos valores identitarios destruídos polos sublevados". Un novo Colmeiro que se presenta como imprescindíbel para a comprensión do que somos. A obriga de dar a coñecer unha obra imprescindíbel para comprendernos A mostra chega nun momento en que a revisión dos realismos europeos e da súa relación coas vangardas "clásicas" permiten enmarcar con maior exactitude a traxectoria de Colmeiro dentro do devir das vangardas de principios do século XX: a creación dun movemento de renovación que crea un discurso estético cosmopolita e nacional a un tempo, unha arte que responde aos estímulos do seu tempo desde un contexto propio, o galego. |
NOS_22340 | O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve no verán de 1990 en Ribadeo, protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas. | Lois Pérez Díaz (Lugo, 1979), mestre e escritor, é o gañador da V edición do premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil e Xuvenil pola igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais. Unha vez rematada a reunión do xurado, este emitiu un ditame no que sinala: "O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada 'A gruta da Torre, presentada baixo o lema ou seudónimo de 'Un peso sempre se gastou'". O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve no verán de 1990 en Ribadeo en espazos recoñecíbeis así como polo seu carácter como historia de formación protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas que emprenden unha viaxe de descuberta seguindo o fío das viaxes nos libros e na memoria. "Escrita con mestría, empregando diversos recursos e rexistros, a novela mantén un pulso narrativo que non decae", engaden. Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre e contador de historias, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, coa obra Saltimbanqui, dirixida e adaptada por Quico Cadaval e interpretada por este canda Xan Cejudo e Xosé Olveira Pico, publicada en libro-cd (Xerais, 2008). En 2013 publicou LP, o seu primeiro poemario, editado por Emerxente. Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e ocasionalmente exerce de cronista do rock and roll para a revista "Ruta 66" e como locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colabora coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e no eido do ensino traballou e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas. Long Play (2017) é o seu primeiro libro de poemas en Xerais. |
PRAZA_555 | Syriza pensa que o cambio pacífico en Grecia só pode vir polo apoio esmagador da cidadanía e para iso necesítase pedagoxía. Por iso están dando pasos que lle demostren aos gregos o que é en realidade a UE. Se esta non acepta un plan tan descafeinado como o que lle acaban de entregar á troika, entón é que non hai saída dentro da eurozona. | O Capitalismo, na súa teima orwelliana por deturpar o significado das palabras, foi reducindo o exercicio da Política a un mero papel subalterno na xestión institucional, separando esa esfera da Economía e deixando esta para os "entendidos": as institucións económicas internacionais. Con esta concepción pretendíase transmitir a idea de que a economía se gobernaba por unhas regras propias e naturais —a todopoderosa man invisíbel dos mercados, segundo Adam Smith— e, en consecuencia, a intervención dos poderes públicos nesta esfera constituía unha aberración, unha mala práctica (o demonizado intervencionismo), que había que desterrar. Foi tal o éxito desta filosofía que aínda hoxe, máis de douscentos cincuenta anos despois, ten plena vixencia e forma parte do discurso económico de todos os partidos liberais, etiquétense de esquerdas ou de dereitas. Os resultados sociais da "man invisíbel" durante todo este tempo de economía liberal foi tan desastroso que o mundo dividiuse en clases sociais e zonas xeográficas perfectamente diferenciadas, caracterizadas por abismais desigualdades económicas e sociais Sen embargo, os resultados sociais da "man invisíbel" durante todo este tempo de economía liberal foi tan desastroso que o mundo dividiuse en clases sociais e zonas xeográficas perfectamente diferenciadas, caracterizadas por abismais desigualdades económicas e sociais, froito do desenvolvemento producido pola desapiadada explotación dos mercados a través da súa celestial "man invisíbel". Chegados a este punto, reputados economistas do sistema concluíron que os mercados financeiros non guiarían aos individuos nin ás empresas (v.g: as corporacións transnacionais, os bancos, os fondos de investimento, …) cara á eficiencia económica, senón a satisfacer os seus propios intereses1. Marabilloso achado, non era sen tempo. Pero esta reflexión aínda non levou aparellada, para esa lexión de economistas críticos, outra conclusión que se deriva automaticamente da anterior. Se a man invisíbel non garante a eficiencia económica nin o reparto equilibrado da riqueza, e é a causa dos graves desequilibrios económico-financeiros actuais, iso implicaría que a artificial división entre economía e política é un inmenso erro que habería que remediar con urxencia. En definitiva, a aseveración de que os mercados non funcionan mediante unha lei natural, infalíbel e intanxíbel, implicaría que as decisións económicas e financeiras forman parte da Política e que só as institucións democráticas, baseadas na soberanía popular, estarían lexitimadas para tomalas. De acordo con este corolario a intervención na economía non só sería desexábel, senón imprescindíbel. Os feitos demostran que a estrita división entre Economía e Política no seo da UE impide, en principio, calquera cambio nese sentido O anterior ven a conto do que sucede estes días en Grecia. A irrupción de Syriza no panorama político europeo xerou moitas expectativas na esquerda, coa posibilidade de que as políticas deseñadas polo Banco Central, o FMI e a Comisión Europea se flexibilizasen e se producise un cambio, froito do apoio popular e do sentido común demandado polas novas autoridades gregas. Soñar non é pecado. Sen embargo, os feitos demostran que a estrita división entre Economía e Política no seo da UE impide, en principio, calquera cambio nese sentido. En realidade a Política, entendida esta como o exercicio soberano do poder, non reside xa nas institucións comunitarias senón en instancias alleas —estas si verdadeiramente invisibles, aínda que se pronuncien a través de Merkel e da Comisión— e un cambio das políticas neoliberais percíbeno como unha ameaza directa ao seu poder omnímodo. Non van cambiar agora as regras que os levaron ao control total das estruturas da UE, consagrado co Tratado de Maastricht e outros acordos similares. Nin Syriza en Grecia, nin calquera outra forza política noutro país da UE, poderán facer nada nin cambiar as cousas a favor da maioría social se a economía e as finanzas non están nas mans dos lexítimos representantes democráticos dos cidadáns Entón, que fai Syriza? Non creo que a análise que acabo de facer lles sexa allea aos dirixentes desta forza política. Máis ben, quero crer, que os gregos están agora na fase pedagóxica. Eses douscentos cincuenta anos de pensamento liberal necesitan dun paciente proceso de demostración, ao conxunto da poboación grega, de que o que persigue a UE non é o benestar da inmensa maioría dos cidadáns, senón o interese dunha minoría egoísta, criminal e insolidaria. Syriza pensa que o cambio pacífico en Grecia só pode vir polo apoio esmagador da cidadanía e para iso necesítase pedagoxía. Por iso están dando pasos que lle demostren aos gregos o que é en realidade a UE. Se esta non acepta un plan tan descafeinado como o que lle acaban de entregar á troika, entón é que non hai saída dentro da eurozona. Quero crer que a ameaza de convocar un referendo para saír do euro é auténtica e que o levarán a cabo se Europa non atende as súas demandas. En calquera caso nin Syriza en Grecia, nin calquera outra forza política noutro país da UE, poderán facer nada nin cambiar as cousas a favor da maioría social se a economía e as finanzas non están nas mans dos lexítimos representantes democráticos dos cidadáns. 1- Stiglitz, Joseph E. There is no invisible hand. The Guardian. 2002. |
NOS_54886 | O último informe PISA, dado a coñecer esta terza feira, pon de manifesto que alumnado galego de 15 anos mellora cinco puntos en matemáticas a respeito do informe anterior, de 2012; sobe 10 puntos en lectura e mantense en ciencias. | Véñense de dar a coñecer os dados do último informe de Programa para a Avaliación Integral de Alumnos de 2015 (PISA, polas súas siglas en inglés) e as cifras a respeito de Galiza experimentan unha mellora. Así, o rendemento do alumnado galego de 15 anos increméntase en 10 puntos a respeito da competencia lectora (509 puntos) e cinco puntos a respeito da competencia en matemáticas (494 puntos) de atendermos ao informe anterior, de 2012. En cambio, mantense en ciencias (512 puntos). A nivel estatal, o alumnado galego obtén rendementos superiores nos tres indicadores As probas realizáronse no segundo semestre de 2015, cando aínda non se implantara a LOMCE na ESO, que é a etapa en que se atopaba o estudantado analizado. En total, realizáronselle probas a 37.000 alumnos e alumnas dun total de 980 centros de todos os territorios do Estado español. A nivel estatal, o alumnado galego obtén rendementos superiores nos tres indicadores. O país mellor clasificado nas tres áreas é Singapur, que fica con 556 puntos en ciencias; 564, en matemáticas e 535 en lectura. Na primeira das competencias, séguelle o Xapón (538) e Estonia (534). En matemáticas, Hong Kong (548 puntos) e o Xapón (532). E en lectura, Hong Kong e o Canadá (ambos os dous con 527) e Finlandia (526). |
NOS_23082 | Rosalía de Castro e María Victoria Moreno abren a colección de libros infantís 'Mulleres bravas da nosa historia', abrigadas por Urco Editora. Falamos con Andrea Jamardo, coordenadora da colección. | Xa podemos encontrar nos andeis das nosas librarías os dous primeiros exemplares da colección de libros infantís 'Mulleres bravas da nosa historia', con Rosalía de Castro e María Victoria Moreno como protagonistas principais. Unha colección diferente, con filtro lilás, para as crianzas leren e aprenderen ao tempo que gozan con divertidas actividades. Quixemos coñecer máis en profundidade como xurdiu esta nova colección e para iso conversamos con Andrea Jamardo, coordinadora do proxecto. "Decidimos facer este proxecto para rescatar esas mulleres que ao longo da historia permaneceron invisibilizadas e facerlle un sitio" - 'Mulleres bravas da nosa historia' é unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer ás crianzas unha serie de mulleres exemplares da historia de Galiza, como xurde a idea? - A colección 'Mulleres bravas da nosa historia' xurde desde Urco Editora en colaboración coa libraría de mulleres Lila de Lilith porque considerabamos que a sociedade actual galega necesitaba unha colección deste tipo para as crianzas. Mais a verdade é que se trata dun proxecto no que está involucrada moita xente, non só Urco ou a libraría Lila de Lilith. Temos unha comisión de xénero na que participa a propia propietaria da libraría, Patricia Porto, que é educadora social, e María Mariño, técnica da Comisión de igualdade do Consello da Cultura Galega. Teño que dicir que neste proxecto todas as persoas que participan son mulleres: as escritoras son mulleres, a ilustradora, Eva Agra, a correctora lingüística, Raquel Vila Amado... "Consideramos que a María Victoria non se lle recoñeceu a súa labor como docente, como editora e como escritora" Decidimos facer esta colección coa finalidade de rescatar e traer á actualidade esas mulleres que ao longo da historia permaneceron invisibilizadas, e tamén para darlle unha voltiña ás que xa coñeciamos como é o caso de Rosalía de Castro. Porque Rosalía é a nosa poeta máis senlleira e máis coñecida, e inda que é certo que agora se están facendo outros estudos desde outra perspectiva sobre a autora, vimos que non había libros para crianzas. No caso de María Victoria Moreno cabe recoñecer que foi unha das primeiras en incorporar personaxes femininas como protagonistas na literatura infantil e xuvenil galega. Mais sempre que se fala dos primeiros escritores de literatura infantil e xuvenil en Galiza, fálase de homes, como Neira Vilas. Por iso consideramos que a María Victoria non se lle recoñeceu a súa labor como docente, como editora e como escritora. "O que procuramos é recuperar as que ao noso parecer non se lle dou o seu sitio, darlle visibilidade e facer biografías desde outra perspectiva, usando os lentes lilás, porque queremos libros para crianzas que estean libres de diferenzas por xénero, clases, relixión" Entón o que procuramos é recuperar as que ao noso parecer non se lle dou o seu sitio, darlles visibilidade e achegar biografías desde outra perspectiva, usando os lentes lilás, porque queremos libros para crianzas que estean libres de diferenzas por xénero, clases, relixión... Porque o noso xeito de mudar o mundo é a través da literatura. Vivimos nun mundo caótico, convulso e este é o noso xeito de cambiar un pouco as cousas. As crianzas van crecer con estes libros, que ademais teñen actividades. - Para botar a andar o proxecto primeiro lanzastes unha campaña de crowdfunding, como sentiches a experiencia? - Coa campaña conseguimos a cantidade que precisabamos en tres días practicamente. Desde Urco pensabamos que había unha necesidade de lanzar unha colección deste tipo e a xente deunos a razón. No momento en que sacamos a campaña as persoas comezaron a partillar a iniciativa polas redes sociais, entón, sentímonos arroupadas porque non eramos nós soas as que pensabamos que era necesario este proxecto. Conseguimos máis financiamento do marcado e agora xa estamos traballando nos vindeiros números que sairán trimestralmente, se todo vai ben. Agora estamos enviando os primeiros exemplares ás persoas que participaron e que axudaron no financiamento de 'mulleres bravas'. Resulta moi gratificante que a xente comparta con nós esta experiencia, que nos envíen as fotografías e todo. É un proxecto coral no que participa moita xente e que fose un crowdfunding fai que a colección sexa de todas. Así mesmo, agradécese moitísimo a todas as persoas que apoian e que apoiaron este proxecto. O apoio que recibimos das librerías foi moi importante, como a libraría Suévia, da Coruña. A libreira da Suévia é unha persoa que axuda en todos os proxectos nos que pode, ela involúcrase moito. E tamén é de agradecer ter unha resposta así desde os libreiros, que ao fin e ao cabo van ser os que vendan os libros. É un proxecto coral no que participa moita xente e que fose un crowdfunding fai que a colección sexa de todas" - As biografías das 'mulleres bravas' están escritas por diferentes mans, cada unha mantendo o seu propio estilo. A Rosalía de Castro achéganos María Lado e de María Victoria Moreno encárgase Eli Ríos. - Escollemos autoras distintas para que cada unha lle dea o seu toque persoal, senón sería un pouco aburrido. Mais escoller as autoras que pensabamos que podían facer parte do proxecto tamén foi complicado. Comezamos a colección con María Lado e Eli Ríos. As dúas teñen contos infantís, son poetas... De feito fomos nós as que lle propuxemos facer os textos. A María Lado suxerímoslle que fixese un sobre Rosalía, e a Eli Ríos sobre María Victoria Moreno. Eli Ríos enviounos o primeiro borrador aos tres días. Ela xa traballara coa figura de María Victoria Moreno, nunha homenaxe que xa lle fixeran no II Día das Galegas nas Letras desde a plataforma A Sega, da que tamén fai parte. De feito, a contracapa deste libro é tirada da homenaxe que A Sega lle fixo a María Victoria Moreno. Nós quixemos que esa homenaxe tamén estivese presente no libro e a ilustradora baseouse nun vídeo dese tributo. - As ilustracións, deseñadas por Eva Agra, compóñense de cores vivas, lilás, debuxos animados, achegando unha imaxe fresca e xovial da colección e das protagonistas que a compoñen. - Eva Agra é a ilustradora de toda a colección e teño que dicir que foi ardua tarefa atopar unha ilustradora que nos convencese porque hai moitas, está claro, mais queriamos algo un pouco distinto, que marcase diferenza. Con ela conseguímolo e a verdade é que estamos moi contentas por iso. O comentario xeral é moi positivo, as ilustracións son acaídas para as crianzas porque moitas veces fanse libros para peques pero as ilustracións parecen máis para adultos... "Maruja Mallo, Xulia Minguillón e Pepa Noia serán as próximas 'mulleres bravas'" - E cales serán as próximas 'mulleres bravas' da colección? Estamos traballando nunha terceira publicación sobre Maruja Mallo, con Elvira Ribeiro escribindo o texto; sobre Xulia Minguillón, pintora galega descoñecidísima que estivo exiliada, a cargo de María Reimóndez; e sobre Pepa Noia, da man de Ledicia Costas. Mais temos unha lista bastante extensa e hai moita xente que xa nos escribe ofrecéndose para a creación dos textos, para dar máis nomes e todo. Somos unha editora pequena e isto agradécese moito. A colección 'mulleres bravas na nosa historia' está coordinada por Andrea Jamardo Seijo, de Urco Editora, e conta cun comité conformado por Patricia Porto Paderne (educadora social e libreira experta en xénero) e Mariám Mariño (Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega). Igualmente, a revisión lingüística dos textos correrá a cargo de Raquel Vila Amado (traballadora do ILG e correctora profesional). Por outra banda, as ilustracións de todos os libros son de Eva Agra e o texto é de diferentes autoras galegas como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez… |
PRAZA_20051 | DÍA DAS LETRAS GALEGAS Os actos do 17 de maio volven estar marcados pola reivindicación dun uso normal na vida cotiá da lingua galega, que tamén é ferramenta básica para o traballo innnovador de múltiplas empresas e entidades do país. Conversamos con persoas impulsoras de Leite Noso, Dinahosting e Milhulloa sobre os seus proxectos e a súa aposta polo idioma "É máis probable que os meus fillos sigan falando galego que vivindo do leite" "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos" Facendo país en rede desde Palas de Rei | Innovación e talento en galego. É a combinación que poñen en práctica cada día numerosas empresas e entidades do país, cuxas experiencias nos seus ámbitos sociais e económicos amosan ás claras que o idioma propio de Galicia vai tamén da man de traballos exitosos e de futuro. No marco do Día das Letras deste 2017 nace ao abeiro de Praza.gal e mais da Fundación Praza Pública, editora do xornal, o proxecto Praza I+T, un escaparate para o labor innovador e talentoso que leva ao seu carón outra letra, o G do galego empregado con normalidade na vida cotiá. Ese uso normal da lingua galega é o que desenvolven no seu traballo diario en Leite Noso, Dinahosting ou Milhulloa, proxectos de referencia en cadanseus ámbitos aos que nos achegamos neste 17 de maio. "É máis probable que os meus fillos sigan falando galego que vivindo do leite" Diego Fraga, gandeiro subministrador de Deleite, o pasado domingo na feira de Parga/ Praza Pública Diego Fraga, gandeiro de Guitiriz, é un dos provedores de Deleite, a marca que fai do galego antídoto contra as dificultades pola que atravesa o sector lácteo. "É a primeira vez que te sentes identificado coa marca e coa industria", di como parte dun proxecto que máis que compradores, ten seguidores e múltiplas ligazóns co eido cultural. A explotación de Diego, na parroquia do Buriz, en Guitiriz, é propiedade súa e doutros dous socios. Os tres viñan de familias dedicadas ao agro e hai dez anos decidiron unirse baixo o nome Portagándara, que hoxe conta cuns 460 animais, dos que 220 son vacas leiteiras que producen uns 9.000 litros ao día. O traballo cotián da explotación e a venda dos produtos realízase "na lingua de toda a vida". Seguir lendo "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos" A empresa conta na actualidade con 96 traballadores e traballadoras Dinahosting, empresa compostelá de rexistro de dominios e hosting, leva 15 anos medrando de forma constante. Hoxe suma case un cento de traballadores/as e unha facturación anual de 13 millóns de euros e sempre empregando a lingua galega con total naturalidade e sen complexos. "En Dinahosting o debate sobre o idioma realmente non apareceu en ningún momento: é a lingua do país e dunha parte importante do cadro de persoal e a nivel interno sempre se viviu como algo completamente natural e sen imposturas estrañas", explican. "A política lingüística de Dinahosting vai en consonancia coa política de atención á clientela: se queremos dar unha atención de verdadeira calidade, temos que expresarnos na lingua da nosa xente, desde unha relación de proximidade". Seguir lendo Facendo país en rede desde Palas de Rei Dúas das traballadoras de Milhulloa Milhulloa, cooperativa de cultivo ecolóxico de Palas de Rei, vén de unirse á Granxa Maruxa para sacar unha liña de cosméticos con herbas aromáticas, leite de Monterroso e auga do Carballiño e busca colaboración con outras empresas innovadoras galegas para lanzar novos produtos. Foi así como naceu Muuhlloa, un traballo innovador que, resalta unha das súas impulsoras, Carmela Valiño, tamén "fai país". "Economicamente foi complicado, pero agora que conseguimos saír adiante e asentarnos, queremos continuar onde estamos", salienta. Todo, desde Galicia e desde o rural. Sen complexos. Tampouco co idioma. A etiquetaxe en galego para Galicia mesmo ante as recomendacións contrarias da regulación farmacéutica. "Ninguén nos volveu dicir nada e nós seguiremos etiquetando en galego". Seguir lendo |
NOS_41792 | Presentáronse 53 traballos. | 'Alpabardas verdes', do autor ribeirense Carlos Lixó, investigador e profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e poeta., é o gañador da XIV edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo. A este certame presentáronse 53 traballos. O premio está dotado con 1.250 euros e a publicación do artigo no Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. Segundo indicou o xurado na acta, valorouse "a súa calidade narrativa e lingüística" así como "a súa capacidade de incidencia no público", e destaca "o ben que liga o particular co tema xeral que quere transmitir. Partindo dunha anécdota do uso dun termo local concreto, o autor consegue facer unha reflexión global sobre a importancia do uso da lingua, e da súa diversidade e riqueza". Ademais, "o artigo conecta coa actualidade e coa mocidade, exemplificando o uso do galego nas novas tecnoloxías e nas redes sociais, onde é tan importante a súa visibilización e normalidade". Carlos Lixó Gómez (Carreira-Ribeira, 1991) traballa como investigador no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén imparte aulas de Historia Medieval. Neste mes de maio sae do prelo o seu primeiro poemario, As casas, merecente do XXX Premio Nacional Pérez Parallé. O xurado do certame estivo composto por Iria Veiga, médica psiquiatra, e gañadora da edición anterior; Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Noelia Antelo, xornalista; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello, como secretario, con voz e sen voto; ademais de Xosé Regueira, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o idioma galego e promover o seu uso na prensa escrita. Nas trece edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo F. Carballido, Olga Patiño, Ana R. Barreiro, Ramón Vilar, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures, Borxa Tenreiro ou Iria Veiga. |
PRAZA_5743 | O presidente da Xunta atribuíra nun primeiro momento a perda de 200 mil votos dos populares en Galicia á "desmotivación", mais este mércores concedeu "un peso non menor" aos escándalos de corrupción. Chamou a facer "autocrítica dende a vitoria" | Tres días. É o tempo que Alberto Núñez Feijoo tardou en asumir que unha das razóns da perda de case 220 mil votos nas eleccións europeas deste domingo tivo que ver co impacto causado na poboación polos sucesivos casos de corrupción que implican a cargos políticos da formación. Se pouco despois de coñecerse os resultados o presidente da Xunta atribuía este descenso á "desmotivación" dos votantes populares e a que "non se xogaban os concellos, as cidades galegas, a Xunta ou o Goberno de España", este mércores apuntou a outra hipótese. "Os asuntos relativos á corrupción teñen, sen dúbida ningunha, un peso non menor na decisión das persoas que votaron en branco, se abstiveron, votaron formacións inéditas ou non votaron" "Os asuntos relativos á corrupción teñen, sen dúbida ningunha, un peso non menor na decisión das persoas que votaron en branco, se abstiveron, votaron formacións inéditas ou non votaron", afirmou en declaración á prensa. O PP foi o partido máis votado en Galicia, pero perdeu case 220 mil votos e quince puntos, obtendo o seu peor resultado dende 1989, e continuando a tendencia descendente que xa iniciara nas autonómicas de 2012 (cando obtivo 127 mil votos menos que nas galegas 2009 e 204 mil menos que nas xerais de 2011). De feito, nos comicios europeos deste domingo a caída do PP foi especialmente importante en dúas das cidades máis afectadas polas investigacións do caso Pokémon: A Coruña (perdeu 17,6 puntos) e Compostela (20 puntos menos). Con todo, Núñez Feijoo quixo salientar que mesmo así o Partido Popular foi o partido máis votado en Galicia, e chamou a facer autocrítica "dende a vitoria": "É bo facer autocrítica dende a victoria e facela a tempo, para non ter que facela a destempo". Neste senso, propuxo que o PP porte a bandeira da "rexeneración democrática" e traballe por recuperar a confianza e a ilusión dos cidadáns no sistema: "no abonda con recuperar os indicadores económicos, senón que tamén hai que recuperar a ilusión cidadá nas institucións". De igual xeito, pediu que os populares fagan pedagoxía da necesidade das decisións adoptadas, coma os recortes en gastos e servizos sociais, e defendeu que deben "trasladar que faríamos o mesmo que eles, se estivesen no noso lugar". Valoración de Anova: "A correlación de forzas moveuse cara á esquerda" Anova saúda o "avance" das "organizacións, colectivos e persoas da esquerda rupturista" que "abre espazos á esperanza e fainos albiscar unha oportunidade" Pola súa banda, a Comisión Permanente de Anova-IN valorou este mércores os resultados electorais rexistrados o pasado domingo. Anova saúda o "avance" das "organizacións, colectivos e persoas da esquerda rupturista" que "abre espazos á esperanza e fainos albiscar unha oportunidade". "A correlación de forzas moveuse cara á esquerda de tal xeito que, se cadra, o pasado domingo foron chantados os piares desa creba democrática pola que Anova apostou dende a súa constitución en 2012", salientan. Engaden, neste senso, que Anova seguirá a traballar na "procura de alianzas, de frontes amplas e populares, de unidade da esquerda fronte aos partidos do réxime", unha "posibilidade" e unha "necesidade" da que "por responsabilidade histórica non podemos fuxir". Destacan igualmente o "obxectivo cumprido" de levar a Lidia Senra ao Parlamento europeo, "unha fabulosa e valiosa oportunidade para situar o noso país nesa fronte ampla das esquerdas europeas para enfrontármonos á troika". "AGE debe medrar en calquera que sexa a fórmula sociopolítica que derive. A cidadanía é quen lidera e debe liderar o proceso. É a cidadanía a que decide que ferramenta usar" Celebran que AGE se consolide como terceira forza política en Galicia e sobre a irrupción de Podemos, subliñan que "concibimos a acción política como cooperación e non como competencia", facendo unha aposta por ampliar a "fronte ampla": "AGE debe medrar en calquera que sexa a fórmula sociopolítica que derive. A cidadanía é quen lidera e debe liderar o proceso. É a cidadanía a que decide que ferramenta usar". Engade a este respecto que "tomamos en conta, aínda que non estea no centro das nosas preocupacións, a redución en tres puntos da porcentaxe de voto á coalición –que asumimos por erros propios nestes tempos convulsos en todos os eidos–, pois que esta se ve traducida no avance de forzas tamén rupturistas e no beneficio da maioría social agredida". "O camiño está marcado. O réxime abanea", conclúen. |
PRAZA_11886 | Os depósitos procedentes do exterior dos bancos domiciliados no paraíso fiscal das Illas Caimán superaron en setembro os 1.515 billóns de dólares, por riba dos 1.332 que teñen os alemáns | As axencias de calificación arrebataron a Francia a máxima calificación crediticia. Unha nota de gran valor económico e mesmo patriótico que agora, e entre os principais países da Unión Europea, só posúe Alemaña. Malia á reivindicada fortaleza do sistema económico alemán a súa banca non é capaz de captar tantos depósitos procedentes do estranxeiro como entidades doutros países. Outros o fan mellor. Entre eles está un dos principais paraísos fiscais do mundo: Illas Caimán. O Bank of International Settlements (BIS) elabora cada trimestre un informe no que se detallan tanto os préstamos como os depósitos que as entidades conceden ou captan do exterior. No último boletín difundido por este organismo internacional ponse de manifesto que os chamados tax haven (na súa versión inglesa) gozan de boa saúde. As Caimán tiñan, a 30 de setembro de 2011, 1,151 billóns de euros en depósitos procedentes do exterior. A banca alemana, por contra, apenas superaba o billón de euros. Depósitos externos. Saldo pendente en billóns de dólares País Decembro 2009 Decembro 2010 Xuño 2011 Setembro 2011 Illas Caimán 1.639,3 1,693 1,594 1,515 Alemaña 1,250 1,291 1,274 1,332 Francia 1,724 1,727 1,851 1,649 Bahamas 440,7 510,5 506,1 608,5 Hong Kong 463,5 563 632 663,5 Macao 20,7 28,3 33,8 33,1 O caso de Francia é singular. A súa banca está moi afectada pola crisis grega, ao igual que a alemana, con altos niveis de exposición á débeda soberana deste país. Non obstante supera amplamente o nivel de depósitos captados no exterior, sempre segundo estes datos do BIS. A aposta galega Alén das apostas bancarias, tamén os sectores produtivos utilizan os paraísos para reducir completa ou parcialmente a presión fiscal. A modo de exemplo, as empresas e particulares galegos investiron máis de 141 millóns de euros en paraísos fiscais nos últimos cinco anos, segundo os datos recompilados por Praza. Máis de 65 foron xestionados con estes territorios entre xaneiro e setembro de 2011, o dobre que durante todo 2010. |
PRAZA_13101 | Levamos máis dun ano con idas e vidas pero sen poñer por escrito nun documento as bases do acordo ou convenio de colaboración para a recuperación da nosa histórica entidade na capital arxentina. Se hai vontade de arranxar e así o manifestan tanto desde a Xunta [Sr. Camba] como desde o propio Centro [Sr. Vello] é o momento de desenguedellar o enredo e poñer na cancha aos mellores dianteiros que son a presidenta Fernández e o presidente Feijóo. | Dona Diáspora está cada día máis preocupada xa que a crise do Centro Galego de Bos Aires non se soluciona. Levamos máis dun ano con idas e vidas pero sen poñer por escrito nun documento as bases do acordo ou convenio de colaboración para a recuperación da nosa histórica entidade na capital arxentina. Se hai vontade de arranxar e así o manifestan tanto desde a Xunta [Sr. Camba] como desde o propio Centro [Sr. Vello] é o momento de desenguedellar o enredo e poñer na cancha aos mellores dianteiros que son a presidenta Fernández e o presidente Feijóo. Se hai vontade de arranxar e así o manifestan tanto desde a Xunta [Sr. Camba] como desde o propio Centro [Sr. Vello] é o momento de desenguedellar o enredo Ben, imos por partes. A ninguén máis ou menos informado se lle escapa que o noso presidente estivo na Arxentina e non visitou a dona Cristina. Aquí estiveron de visita os presidentes arxentinos Alfonsín e Menem e tamén Fidel Castro e os presidentes uruguaios Lacalle e Sanguinetti. Algo está a pasar que non cumpre as normas protocolarias e que está prexudicando os intereses galegos na Arxentina sen esquecer que o Centro Galego forma parte do valioso patrimonio material e inmaterial da emigración galega. O presidente Fraga recibiu con todos os honores un ditador comunista e non pasou nada, non si? O arranxo non será posible sen a colaboración das dúas administracións. A galega poñendo euros enriba da mesa e a arxentina concedendo prazos para o pagamento das débedas cos organismos públicos O arranxo non será posible sen a colaboración das dúas administracións. A galega poñendo euros enriba da mesa e a arxentina concedendo prazos para o pagamento das débedas cos organismos públicos que no seu día deixou sen pagar a empresa concesionaria da xestión sanitaria no Centro Galego. Quere dicir que a recuperación beneficiará por igual a Galicia e a Arxentina xa que os asociados son emigrantes ou descendentes. Non hai que furar máis na ferida da fracasada privatización e avanzar para non quedarmos atoallados ao albur das correntes do Río da Prata. Dona Diáspora leva máis dun século polo mundo da emigración. No seu corazón emigrante garda alegrías e penas pero sempre sentiu ser parte activa do espírito emprendedor e solidario dos fillos de Galicia. Se ben nunca falou co presidente Feijóo, sabe que don Alberto non quere pasar aos libros de historia como o enterrador do Centro Galego de Bos Aires. O presidente ten un compromiso co seu paisano Prada Chamocín e por nada do mundo o quere desilusionar. Na súa vindeira visita a capital arxentina visitará o cuarto onde faleceu o egrexio don Rodolfo dos Peares para renderlle unha sinxela homenaxe de agradecemento a quen fixo sempre os maiores esforzos para a busca do consenso integrador nos debates do Centro Galego. Se ben nunca falou co presidente Feijóo, sabe que don Alberto non quere pasar aos libros de historia como o enterrador do Centro Galego de Bos Aires Agora podemos facer números, a xeito de suxestión xa que as cifras que se barallan só as coñece o secretario xeral de Emigración. Se falamos de 7 millóns de euros temos a posibilidade de repartilos do seguinte xeito: a) 3,5 millóns para o Centro Galego [ingresados na súa conta]; b) 3,5 millóns para AFIP [Administración Federal de Ingresos Públicos]. Os cartos que se entregan permitirán que a Xunta de Galicia estableza por escrito unha serie de recomendacións que sexan o roteiro obrigado que leve a unha efectiva consolidación dos servizos sanitarios mantendo os postos de traballo [máis de 1300 empregados] xunto coa mellora da atención e do benestar dos asociados. No convenio pódese incluír unha claúsula sobre o nomeamento dunha especie de supervisor-colaborador que estea a beira do presidente do Centro Galego para apoiar e asesorar no intenso labor de recuperación da saúde perdida. A persoa designada non poderá ser imposta, sen máis, senón que deberá de recibir o "placet" por parte da directiva do Centro Galego. Non estamos falando dun interventor ou fiscalizador das contas. Estamos pensando nun compañeiro de singradura, unha persoa comprometida co futuro que sexa un firme Valedor do Patrimonio Galego nas terras arxentinas. Diante dos xornalistas comunicará que será recibido pola presidenta Fernández a quen convidará oficialmente para unha visita a Galicia Cando estea redactado o convenio o presidente da Xunta viaxará a Bos Aires para proceder a súa sinatura no edificio da avenida Belgrano. Diante dos xornalistas comunicará que será recibido pola presidenta Fernández a quen convidará oficialmente para unha visita a Galicia. Lembrará que dona Cristina é unha neta da emigración e que terá o pracer de acompañala ata a aldea de Mazaeda na Fonsagrada onde os seus familiares [Adela, Manuel e Óscar] terán a mesa preparada para xantar un saboroso butelo. Logo do café, de pota naturalmente, os seus curmáns terán présa por ensinarlle un arborado monte da aldea. Moi compracidos e sorrintes dirán que aqueles fermosos carballos son seus xa que o terreo aínda está rexistrado a nome do seu avó Pascasio Fernández Gómez. |
NOS_46235 | CIG-Saúde da comarca de Vigo denuncia que o Sergas feche de camas hospitalarias no canto de aproveitar para reducir as listas de espera. | Achégase o verán e con el o feche de camas nos hospitais galegos, unha circunstancia que, como denuncia CIG-Saúde da comarca de Vigo, no caso desta área sanitaria prodúcese mentres a Xunta negocia con Ribera Salud (propietaria do hospital Povisa) un novo contrato para operar a lista de espera da Área Sanitaria de Vigo. En total, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) fechará 135 camas hospitalarias na área sanitaria de Vigo entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Esta cifra representa 12,59% das 1.090 prazas dispoñibles entre o Hospital Meixoeiro e o Álvaro Cunqueiro. Segundo apuntan desde o sindicato, o período do verán, que soporta menos presión de determinadas patoloxías, podería ser unha oportunidade para incrementar o número de cirurxías para acortar as listas de espera, tanto a histórica da Galiza como a ocasionada pola diminución de actividade durante a pandemia. "No canto de facelo á Consellaría de Sanidade aposta por dedicar máis cartos á sanidade privada", denuncian. "Mentres se fechan camas, a Consellaría de Sanidade negocia con Ribera Salud un contrato de varios millóns de euros para que a empresa de Centene Corporation, con sede en St. Louis, Missouri (EUA), opere a lista de espera da Área Sanitaria de Vigo. Sería difícil de explicar que se incremente a derivación e os cartos que se entregan á empresa de Missouri, no canto de utilizalos para reforzar os recursos públicos", apuntan. Neste senso, desde a central sindical apostan por manter as camas abertas, "e se é necesario incrementar os recursos humanos, que se faga a cargo dos cartos que se pensan dedicar a o incremento da concertación coa sanidade privada", propoñen. |
NOS_5237 | A manifestación a viabilidade da factoría naronesa e denuncian o "concurso intencionado e fraudulento" presentado polo grupo Peralada, que deixa 108 operarios e operarias na rúa. | Por volta de 1.500 persoas participaron en Narón na manifestación convocada polo comité de empresa de Poligal e que marca o inicio, segundo os sindicalistas, dun inicio da "intensificación das medidas de protesta". Esta cuarta feira, una delegación das e dos traballadores estivo no Parlamento de Galiza, onde se debatían mocións que pedían solución para a factoría naronesa. Poligal é un dos principais fabricantes europeos de film de polipropileno biorientado e cast (BOPP e CPPP respectivamente), que se empregan para producir solucións de envasado. Ten tres plantas: unha en Narón, outra en Polonia (empezou a funcionar en 2017) e máis unha en Arcos de Valdevez, Portugal, operativa desde 2016. A dirección do holding catalán quere pechar a fábrica naronesa aducindo perdas millonarias nos últimos cinco anos e a nula viabilidade dun sector que, din, adoece dunha excesiva potencia instalada. Desde o cadro de persoal, porén, deféndese a viabilidade da factoría: "Ben xestionada, é viábel e ten futuro", manteñen desde o comité de empresa, que subliña como o fechamento da planta "é un desastre para esta comarca". Consideran que o que fai a dirección é derivar a produción a Portugal e Polonia para maximizar beneficios. |
NOS_58185 | O partido, que se disputará na cidade olívica, vén precedido do duelo que ambos combinados mantiveron en marzo deste mesmo ano e no que houbo incidentes entre xogadores e seareiros. | A Comisión de Antiviolencia vén de declarar partido de alto risco o encontro entre o filial do Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, correspondente á cuarta xornada da Primeira División da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Reto do Club Deportivo Lugo ao líder da Segunda e Dépor-Celta B na Primeira RFEF O partido, que se disputará na cidade olívica, vén precedido do duelo que ambos combinados mantiveron en marzo deste mesmo ano e no que, despois de gañar o filial celeste por dous goles a un, produciuse un enfrontamento entre xogadores de ambos clubs, con agresións desde ambos lados. Sinceramente la rivalidad siempre va exisitir sea celta b,Depor,Depor b o celta,pero el comportamiento por parte del celta y depor está mal por parte de los 2, se puede celebrar la victoria con respeto y la derrota si estás jodido para el vestuarioLa invasión no se a que viene pic.twitter.com/6wSDmIE4Zl— Manuel (@Manuelrayofene) March 27, 2022 Posteriormente, os seareiros do Celta invadiron o céspede de Balaídos e dirixíronse até a grada onde se atopaban os do Dépor, incrementando a tensión e obrigando a Policía Nacional a intervir para despexar o terreo de xogo. Un cento de persoas, propostas para sanción polos altercados entre seareiros do Celta B e o Deportivo Os axentes antidisturbios xa tiveran que intervir antes do comezo do partido, cargando contra dous grupos de afeccionados ultras que estaban a cometer actos vandálicos nos arredores do estadio de Balaídos. Que implica a declaración? A decisión da Comisión de Antiviolencia implica a toma dunha serie de medidas adicionais para reforzar o dispositivo de seguridade habitual neste tipo de eventos deportivos. Dépor, Celta B e Racing de Ferrol definen equipos Neste sentido, haberá un incremento considerábel dos efectivos policiais presentes, tanto nas inmediacións do estadio (queda por saber se decorrerá en Barreiro ou en Balaídos), como dentro do propio campo. Tamén se despregará un continxente de cámaras arredor do estadio para que os axentes policiais teñan un maior control e monitorización das accións que leven a cabo os grupos de seareiros de cadanseu equipo. A previa: O fútbol galego, a por todas na categoría de bronce mentres o Lugo busca a primeira vitoria en Segunda Aliás, a declaración de partido de alto risco, recollida na lei 19/2007 contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, tamén obriga os equipos a adoptar unha serie de medidas relacionadas co sistema de venda de entradas, a separación das afeccións rivais e control de acceso aos estadios. |
PRAZA_3887 | Un lusitanismo xamais debería substituír ningún xenuíno vocábulo galego pro si unha gran parte dos castelanismos que usamos no noso idioma, posibilitando que este estea máis próximo da nosa lingua irmá e á vez sirvan pra poñermos máis unha barreira contra o proceso de asimilación que sofremos pola lingua hexemónica. | Segundo o dicionario da RAG un lusitanismo, tamén chamado portuguesismo ou lusismo, é "un trazo idiomático ou vocábulo propio do portugués", e, por tanto, é un préstamo lingüístico do portugués. Mais como ocorre cos préstamos lingüísticos que tódalas linguas posúen, poden ser considerados necesarios ou innecesarios consonte ocupen un espazo baleiro dentro da lingua de recepción, destarte "cóndor", "hamaca", "puma" ou "tomate" son americanismos necesarios chegados a través do castelán porque serviron pra denominar conceptos inexistentes no galego patrimonial, en tanto que os anglicismos "boom" (auxe/expansión), "casting" (audición/proba de selección), "jeans" (pantalón vaqueiro), "sponsor" (patrocinador) ou "tícket" (billete) –este admitido pola RAG–, son claramente innecesarios porque se poden substituír por palabras galegas sen problema ningún. Estes préstamos innecesarios son tamén denominados "de luxo", porque como este indican máis status ca necesidade.Xa que logo, os lusitanismos de luxo son todos aqueles que usamos na nosa lingua, fundamentalmente no galego estándar, no canto das formas propias xeradas polo galego. Algúns son portuguesismos absolutos, porque nunca denantes da época contemporánea se documentaran en galego, como: a locución no entanto (con todo, emporiso), que se documenta a partir da década dos vinte do século pasado; ou xanela, palabra inexistente na Idade Media que só rexistra "feestra/fiestra", a primeira forma dominando no s. XIII e a segunda nos séculos seguintes, e que tampouco rexistra o vocábulo hoxe maioritario "ventá", castelanismo evidente documentado dende o s. XIX, mentres que "xanela" comeza a usarse no s. XX; etc.Mentres que outros, formas minoritarias pro si documentadas en galego, posibelmente deben o seu suceso actual no galego estándar a seren as formas usadas polo portugués normativo, e mesmo substituíron as nosas palabras maioritarias patrimoniais, como: até, forma moi minoritaria na Idade media que reaparece a comezos do século pasado pra competir con "ata", forma maioritaria medieval, substituída na Idade Moderna pola palabra castelán; coñecer, forma apenas documentada na Idade Media (3 rexistros na lírica do s. XIII) fronte á maioritaria "coñocer/coñoscer", que sucumbiu ante a forma castelá, reaparece con forza a finais do s. XIX pra combater o castelanismo; milagre, que na Idade Media soamente aparece rexistrada unha única vez no s. XIV fronte a "miragre", a forma predominante, convértese na forma maioritaria dende o inicios do s. XIX fronte a "miragre" e o castelanismo "milagro"; néboa, rexistrada unha soa vez no s. XIV (neuoa) fronte á máis usual "nebla/nebra", reaparece a comezos do s. XVII e despois xa con forza a partir do último cuarto do s. XIX, namentres que "nebra" tivo moito menos emprego; raíña, forma minoritaria medieval fronte a "reíña", escrita como reyna, reinna… e mesmo reinha en 4 rexistros líricos, volve usarse dende finais do s. XIX pra desterrar o dominante castelanismo, sorte que non correu "reíña", moi pouco utilizada; testemuño, forma moi minoritaria na Idade Media fronte á maioritaria "testemoio" e outras menos usadas como: testimonio, testimoio, testemuio, testemonio ou testimuio, que volve ser usada no galego contemporáneo a partir da década dos 30 do pasado século pra substituír o hexemónico castelanismo, en pugna coa forma maioritaria medieval que non tivo éxito malia ser usada na Revista Nós e por autores como Castelao, Vicente Risco ou Ramón Piñeiro; etc.Porén, alén dos citados, todos eles asumidos polo galego estándar, hai unha gran cantidade de lusitanismos innecesarios, non aceptados pola lingua estándar, que amais moitos deles son contraproducentes, ben porque xa o galego ten a súa palabra axeitada ou un castelanismo plenamente asumido, ben porque é maior a confusión que crean cá solución que proporcionan. Son do primeiro tipo: barata (cascuda), beco (rúa cega), berma (beiravía), caneta (bolígrafo), comboio (tren), envelope (sobre), frango (polo), gafañoto (saltón), greve (folga) –e "dia de folga" (día festivo)–, lenzol (saba), louva-a-deus (barbantesa), maca (padiola), morango (amorodo, morote), omelete (tortilla), pirilampo (vagalume), sande (bocadillo), torneira (billa), travón (freo), urso (oso), ventoíña (ventilador), vereador (concelleiro), xirino (cágado) etc. E do segundo tipo: asa (á), banco "dun coche" (asento), bengala (caxato), carriña (furgoneta), carro (coche), chifres (cornos), corrente (cadea), cravo (caravel), deseño (debuxo) –e "design" (deseño)–, eléctrico (tranvía), farol (faro), fregués (seareiro), garrafa (botella), macaco (mono), mariposa (avelaíña, velairiña), nota (billete monetario), oficina (taller), paseo (beirarrúa), pasta (carpeta), plano (plan), prego (cravo), presunto (xamón), reforma (xubilación), romance (novela), salsa (perexil), sinal (lunar), sotao (faiado) –e "cave (soto)–, taller (cuberto de mesa) etc. Tamén podemos incluír aquí os lusitanismos morfolóxicos, que son as variantes portuguesas de palabras comúns preferidas ás usadas polo galego estándar. Aínda que moitas destas variantes teñan presenza no galego dialectal, o seu emprego vén motivado unicamente por seren as formas utilizadas polo portugués estándar, como as que engaden -E final: mole (mol), pele (pel) ou vale (val); as que suplimen algunha consoante: baú (baúl) ou feto (fento); ou suplimen algunha vogal: funcho (fiuncho) ou teto (teito); as que levan algún L máis: esquilo (esquío), floresta (foresta) ou gelo (xeo); ou algún E máis: carregar (cargar), fevereiro (febreiro), oferenda (ofrenda) ou úbere (ubre); as que engaden un A- inicial: alaúde (laúde), apresentar (presentar) ou aquecer (quecer); ou o suplimen no inicio: cá (acá/acó), lacrau (alacrán) ou vespa (avespa); ou no final: avó (avoa), maré (marea), mó (moa) ou só (soa); as que trocan o A polo E: enguia (anguía), rebanho (rabaño) ou selvagem (salvaxe); ou mesmo polo O: engodo (engado) ou fome (fame) –mais "famelgo" (famento)–; ou o E polo I: direito (dereito), dívida (débeda), inveja (envexa), inteiro (enteiro), tépido (tépedo) ou vizinho (veciño); ou o U polo O: comprido (cumprido), cobrir (cubrir), colher (culler), coruja (curuxa) ou tossir (tusir); ou o U polo ditongo OI: fruta (froita), luta (loita) ou truta (troita); ou o ditongo OI polo OU: açoite (azoute), coice (couce) ou foice (fouce); ou ao revés o OU polo OI: couro (coiro), tesoura (tesoira) ou vassoura (vasoira); ou o ditongo UI polo OI: entruido (entroido), cuidar (coidar) ou muito (moito); ou o EI polo E: brejo (breixo), carqueja (carqueixa), cereja (cereixa) ou texugo (teixugo); ou o OU polo O: aposento (apousento) ou mocho (moucho); as que teñen iode antihiático: baleia (balea), cheio (cheo), ideia (idea) ou seio (seo); as que teñen ditongo no canto de hiato: céu (ceo), troféu (trofeo), vau (vao) ou véu (veo); as que preferen o D ao T: bigode (bigote), faculdade (facultade) ou fadiga (fatiga); ou o T ao D: natal (nadal) ou potro (poldro); ou o L ao R: flauta (frauta), flecha (frecha) ou javali (xabaril); ou o S/SS ao X: asinha (axiña), pássaro (paxaro) pêssego (pexego), sabom (xabón) ou seringa (xiringa); ou o S ao Z: sapato (zapato), soco (zoco), sugar (zugar) ou sumo (zume); as que engaden unha sílaba inicial: alçapão (zapón), enxaqueca (xaqueca) ou enxofre (xofre); ou as que a perden: cânfora (alcanfor) ou cipreste (alcipreste); as que presentan metátese consonántica: borboleta (bolboreta), disfarce (disfrace), grinalda (grilanda) ou melro (merlo); ou mesmo vocal: joelho (xeonllo); etc.Un lusitanismo xamais debería substituír ningún xenuíno vocábulo galego pro si unha gran parte dos castelanismos que usamos no noso idiomaEn verdade, todos estes portuguesismos aparecen fundamentalmente nos textos reintegracionistas, moitos deles escritos directamente en portugués, polo que inciden moi pouco no galego estándar.Con todo, tamén hai ou pode haber lusitanismos necesarios, que nunca son ou serían "de luxo", na nosa lingua porque chegan pra substituír os moitos castelanismos que, por motivos históricos e diglósicos, inzan o galego. Moitos deles xa admitidos na lingua estándar, por veces compartindo sinonimia coa palabra que nos entrou a través do castelán, como: altofalante (*altavoz), ananás (piña), andar (piso, planta), atol (*atolón), axuda de custo (*dieta), bixutería (*bisutería), bolsista (*bursátil), cachimba (pipa), caixa do correo (*buzón), cervexa (*cerveza), chinés (*chino), citania (castro grande), colete (chaleco), crioulo (*criollo), despedimento (despido), espinafre (espinaca), investir (*invertir), ferro de pasar (*plancha), garfo (*tenedor), gravata (*corbata), materia (*asignatura), miraxe (espellismo), nicaraguano (*nicaraguense), orquestra (*orquesta), orzar (presupostar), pagode [m.] (*pagoda [f.]), papagaio (*loro), parágrafo e alínea (*párrafo), paralama (gardalama), patibular (*patibulario), peúgo (calcetín), rañaceos (*rascaceos), tartaruga (*tortuga), til (acento de nasalidade), tucano (*tucán), varredor (*varrendeiro), vertixe (*vértigo), vírgula (coma), vocábulo (*vocablo), xuro (rédito) etc.Mais tamén hai aínda unha gran posibilidade de incorporación de lusitanismos pra seguir na senda de descastelanizar o noso vocabulario, excesivamente influído pola lingua estatal. Así poderiamos incorporar palabras como: abacate e abacateiro (aguacate), aceite – só pró de oliva e "óleo" pró resto–, amendoín (cacahuete), arame farpado (arame de espiño/de pugas), baixel (barco), beterraba (remolacha), billeteira (despacho de billetes), búsola (compás), cientista (científico [s.]), ciúmes (celos), diplomata (diplomático [s.]), embondeiro (baobab), lexenda (lenda) –nas acepcións de pé explicativo e inscrición–, magrebino/marroquino etc. (magrebí/marroquí etc.) –seguindo os xentilicios tradicionais: monfortino, fonsagradino etc.–, melancía (sandía), orgullar(se) (sentir orgullo), osga (Tarentola mauritanica) –usada xa en textos de herpetoloxía–, parlamentar (adx.), percurso (percorrido), poboación/populación –lugar poboado/conxunto de persoas dun lugar–, predio (edificio), recife (arrecife), retábulo (retablo), salada (ensalada) –do fr. "salade"–, saldos (rebaixas), seiva (zume), sotaque (pronuncia dun lugar), tatú –no dRAG só admitido prá especie Dasypus novemcinctus– (armadillo), tourada (corrida de touros), tubarón (tiburón), vocabular (adx.), xiboa (serpe boa) etc.Aínda que a inmensa maioría dos lusitanismos son léxicos, como ocorre cos demais préstamos lingüísticos doutras linguas, tamén existe algún morfolóxico como o sufixo "-bel/-beis" na súa forma plural. O estudo do profesor R. Mariño Paz: "Forma e función do sufixo -uel no galego medieval" publicado en Cadernos de Lingua nº 27 (2005) non deixa marxe á dúbida verbo da galeguidade do sufixo "-bel" < lat. "-bilis", maioritariamente escrito con V na Idade Media e forma dominante ata mesmo a metade do s.XV, fronte ao sufixo castelán hoxe dominante "-ble/-bre", mais á súa vez tamén documenta como o plural patrimonial era predominantemente "-veles" e minoritariamente "-viles" e "-vi(i)s" pro nunca "-veis". Esta forma plural portuguesa principiou a usarse en galego a comezos do s. XX pra ao cabo ser a única utilizada neste sufixo. Con todo, é moi preferíbel empregar este sufixo parcialmente portugués –só na súa forma plural–, admitido pola RAG, có dominante e preferido "-ble(s)", puro castelanismo na súa totalidade.En definitiva, un lusitanismo xamais debería substituír ningún xenuíno vocábulo galego pro si unha gran parte dos castelanismos que usamos no noso idioma, posibilitando que este estea máis próximo da nosa lingua irmá e á vez sirvan pra poñermos máis unha barreira contra o proceso de asimilación que sofremos pola lingua hexemónica. |
NOS_55910 | A reivindicación da poesía como xeito de crear comunidade. A perspectiva ecolingüística. A denuncia do desequilibrio nas relacións de poder, todas elas políticas: de xénero, de clase, de nación. A reflexión sobre a identidade galega e as súas contradicións. A visibilización do poema nos seus diferentes formatos, do máis clásico ao máis popular. Foron algúns dos alicerces do III festival Alguén que respira!, que tivo que reducir o seu programa e mudar as súas datas por causa da Covid-19. | Ir a un teatro como exercicio non só de reafirmación contra o medo, senón como un acto político. Como unha maneira de reivindicar a relevancia social e vital dunha cultura que é segura. De mostrar que a distancia será física, pero non mental nin afectiva, porque seguimos a ser comunidade en tempo de segregación. O director do Alguén que respira!, Antón Lopo, repetía isto nas súas presentacións de cada un dos espectáculos que conformaron a terceira edición deste festival compostelán de poesía, que concluíu na tarde da segunda feira. E a intervención dos diversos participantes -perto de corenta- non deixou de confirmalo. Dicía María Reimóndez que non somos unha sorte de arbusto continxente, de efémero adobío consumista como unha árbore de Nadal, senón acivro rebelde de tronco rexo. Sempre vivo, latexante, agardando pola liberdade. Foi en Linguas elementais, o recital musical que compartiu con Mercedes Peón para fechar o Alguén que respira!. Un dos máis enérxicos espectáculos do festival, pese aos atrancos técnicos que xurdiron ao principio. Linguas elementais é, na súa orixe, un tema do disco Déixaas de Mercedes Peón. Nel, é o alemán a lingua tratada como exótica e é o galego a que dá sentido. Toda unha alegación ecolingüística, anticolonial e feminista, como o foi o recital, baseado nesta canción, que puido verse no Alguén que respira!. Co discurso antipatriarcal de Reimóndez e Peón conectou, coa forza inmensa do seu recitado, Rosalía Fernández Rial, que compartiu con Rafa Lobelle e Lara López o acto Poetas en escena no terceiro serán do Alguén que respira!. "Arei, sementei, traballei na corte e ningún home o fixo nunca mellor ca min", dicía Rial, coa súa inesquecíbel presenza escénica. Antes ca ela, Rafa Lobelle, autor da plaquette Cotodamina (Chan da Pólvora), achegou ao público tamén con grande atino escénico a súa xeografía dos afectos tecida nun rural esmorecente. Comezara o Poetas en escena Lara López, quen leu versos dos seus libros Insectos e Derivas e cuxa reclamación de aplausos que interrompesen, nos silencios, a súa intervención, creou un ambiente moito máis cálido para o que veu despois. Entre outras propostas, o saúdo a escuras e sen imaxes -agás as da breve presenza ao final de Juan Loriente- de Pablo Fidalgo a Fran Cortegoso. Abisal achegamento ao poeta ausente realizado unicamente desde a lectura e interpretación dos seus textos. Un ton moi diferente tivo a volta de Rompente aos escenarios no seo do Alguén que respira!. Cun ritmo vibrante, Antón Reixa, Manuel R. Romón e Alberto Avendaño leron textos inéditos e históricos do grupo en Que hostia din os rumorosos?, recital fragmentario que actuou como metáfora, aínda, das contradicións dun país en desbocado proceso de transformación. Ler Galiza Mais se Alguén que respira! serviu para ler Galiza, demostrouno sobre todo un dos recitais máis especiais das tres xornadas do festival: o Atravesei a cerca, ascenso emocionante -exclusivo para grupos de dez persoas- polas entrañas do Teatro Principal. Alí agardaba, en primeiro lugar, Samuel Solleiro, que igual que cando escribiu O mundo dos vivos desde o impulso naïf de contar a verdade, reivindicou a verdade que pode conter o cursi. No ambigú, Carlos Quiroga leu, entre outros textos, un "exabrupto" reintegracionista no que rexeitou aceptar, como tal, as "migallas" do sistema cultural galego. [Podes ler a información completa no Nós Diario de 23 de setembro de 2020, á venda mañá nos quioscos ou a partir desta noite na loxa. Se non es subscritora ou subscritor podes facelo aquí] |
NOS_36753 | Os efectos da pandemia déixanse tamén notar nos eidos da tradución e a interpretación, cun incremento da demanda de servizos en remoto. Iria Taibo, reelixida presidenta da asociación galega de profesionais nestes dous ámbitos, explica a 'Nós Diario' os principais desafíos que enfronta o sector. | A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) vén de renovar a súa xunta directiva, á fronte da que se mantén Iria Taibo na presidencia. Nós Diario aproveita para conversar con ela sobre os desafíos e transformacións que enfronta o sector en tempos de pandemia. A asemblea, alén de apoiar por unanimidade o novo órgano de xestión, apunta as liñas de traballo da asociación profesional, especialmente marcadas pola actualidade da crise sanitaria. O eido que se viu máis afectado neste senso, explica Taibo, é o da interpretación, que viu de súpeto totalmente paralizada a súa actividade durante o confinamento e nos meses posteriores, ante a cancelación de múltiples eventos internacionais, que constitúen a súa maior fonte de traballo. Taibo refire certo movemento para tratar de darlle pulo á interpretación en remoto, ante o que xorde a preocupación "de que sexan grandes empresas as que copen ese sistema". Con todo, moitas profesionais están intentando formarse para adaptarse a esa vía laboral que, segundo todos os indicios, vén para ficar. "Hai que ver tamén quen asume os custos diso", sinala a tradutora. Normalmente, en ámbitos como o da interpretación simultánea viña sendo a empresa a que se facía cargo de instalacións e material (cabinas, microfonía...), pero coas dinámicas introducidas por traballos a distancia estes aspectos quedan no ar, aínda por definir. Tradución remota "Eu mesma, que non fago interpretación, teño clientes pedíndome que faga remota", conta Taibo, o que reflicte claramente o incremento de demanda destes servizos. Para as axencias ou a clientela final isto pode resultar a priori máis cómodo, pois "pode asumirse que vai ser a intérprete a que poña o equipo ou a conexión a internet". Ao transitar por un terreo indefinido, a asociación decidiu elaborar unha pequena guía que resume os aspectos a ter en conta á hora de ofrecer un servizo deste tipo. A parte técnica é a máis complicada, xa que en circunstancias normais non serían preocupación do seu traballo. "Algunhas compañeiras están a montar un hub para poder facer interpretación remota pero desde un local cunhas condicións de son e outras características máis axeitadas", conta Taibo. Na tradución, segundo os datos recollidos por unha enquisa ás persoas socias de AGPTI, as circunstancias dependen bastante do sector. "Hai xente que máis ou menos mantivo a actividade. No eido médico, por exemplo, continúa a haber bastante traballo", mentres noutros a situación complicada das empresas levou a reducir custos en tradución. No literario, unha das caras máis visíbeis, ficou parado en certo momento, mais agárdase que se recupere. Esa é a sensación, estar a observar como evoluciona o contexto. Tradución xurada Fóra destes puntos críticos a raíz da pandemia, a asociación pretende continuar liñas de traballo previas. Unha das máis salientábeis ten a ver coa tradución xurada e a Administración pública. Na Galiza, hai moitos anos nos que non se convocan exames de acreditación, o que orixina unha situación anómala. "Desde a reforma universitaria, non mudou a lei que permite habilitar as graduadas para seren tradutoras xuradas, polo que hai uns 12 anos que só se poden habilitar as persoas que teñan estudos previos", resume Taibo. "Ao non haber profesionais para galego, poden darse situacións tan absurdas como que haxa que pasar polo castelán, porque para certas linguas non haxa os profesionais suficientes ou porque a propia Administración en ocasións non recoñeza as sinaturas das profesionais galegas", engade, como consecuencia desta problemática. Dereitos e regulación na sanidade A pandemia deu impulso tamén a outra liña de traballo moi interesante, a que ten que ver coa interpretación no ámbito sanitario. "Non está moi claro cales son os dereitos das pacientes e hai un grupo de traballo que está a estudar a situación legal noutros países, máis ou menos próximos, ou que sexan vangarda neste sentido", di a presidenta. A recollida de datos facilitaría a elaboración dun documento que levar á Administración na procura de aprobar un texto de mínimos que garanta os dereitos das pacientes. "Ás veces estes dependen de que haxa persoal no hospital sensibilizado con esa cuestión, o modo de contratación é tamén algo moi aberto...", comenta. Así, parte do labor da asociación transcende a defensa máis evidente dos seus propios dereitos laborais para ocuparse de cuestións que atinxen a xustiza social. |
PRAZA_11180 | Son precisamente as kaleko borroketan ("loitas na rúa") as que fan a Historia, as que conquistan dereitos sociais e políticos. Non o depositar a papeleta de ningunha das forzas políticas que se presentan o vindeiro 10N | O procés é, valga a redundancia, un proceso aberto ainda lonxe de atopar resolución. Sentenciado a morte mil veces polo nacionalismo español, rexorde outras tantas para lembrar o seu presente á Historia. Como referimos en anteriores partes deste monográfico, as medidas represoras do 155, os chamados paternalistas á "sentatez", etc. do unionismo poden, abofé, encarcerar a un presidente electo democráticamente, "moderar" ás aliadas titubeantes do proceso, e mesmo instaurar certo temor xeral na sociedade civil catalá aos seus cans de presa armados; mais de ningún xeito poden suprimir os anhelos de autodeterminación dun pobo oprimido.A independencia secuestrada ao pobo catalán, é hoxe tamén a causa internacionalista de revolucionarias e progresistas de todo o mundo. Contra os desexos do unionismo (que podía abofé contar con certa simpatía cara o independentismo catalán de parte da sociedade vasca ou galega), xorden imparables ao longo do estado máis amigas do pobo irmán catalán que cuspen sobre a bandeira da falsa unidade españolista, e erguen orgullosas como súa a Estelada en Murcia, Zaragoza, Sevilla ou na propia Madrid.A loita nacional na Cataluña, mal que lles pese ás esquerdas españolas que depositaron directa ou indirectamente a súa política na represión do Estado, pode falar xa con toda propiedade de varios avances considerables precisamente fronte á alternativa "ruturista unionista": a deslexitamación ante millóns da fraude dunha Transición que sempre tivo máis de "Réxime do 39" ca de "Réxime do 75", da súa Constitución, a monarquía que o representa e mesmo da UE da que forma parte. Como aconteceu tantas veces nas loitas das oprimidas, puxo de manifesto a quen os descoñecía os fundamentos violentos da Democracia, e apuntou co seu dedo de dignidade a unha esquerda cómplice que seguiu chamando "á unidade" mesmo cando ás centos de feridas civís do 1-O, seguíronlle os encarceramentos sen xuízo baixo acusacións de "rebelión" ou "terrorismo".Os seus fracasos son, de certo, os fracasos da vía reformista da clase social que a encabezou ata o de agora. Lamentablemente para o seu pobo, ningún dos partidos políticos do procés (do PDeCat á CUP, pasando por ERC) estivo en ningún momento á súa altura. Abonde de exemplo as imaxes de Oriol Junqueras renegando ante os xuíces do Supremo de todo o que houbo de positivo na súa actuación e a do Govern naqueles meses de setembro e outubro, é dicir, o incumprimento deliberado das leis españolas e facer posible a celebración do referendo de independencia.Tentar convencer á sociedade civil catalana de que "Nada do que se fixo é delito", presenta a España como algo que nunca foi: un Estado plenamente democrático no que se pode exercer libremente, e acorde á Lei, o dereito de autodeterminación. A isto, respóndelle por si soa a propia forza dos feitos, que pasou polas cargas policiais e a entrada en prisión ou exilio forzado dos líderes políticos do referendo.Ese temor ao "delito" non é, para desconcerto de toda a esquerda "posibilista", algo que comparta nin moito menos a totalidade do independentismo catalán. É máis ben, como decimos, patrimonio case exclusivo dos líderes "procesistas". O mellor do pobo catalán non dubidou dende o primeiro día en botarse enriba o peso da súa loita pola autodeterminación organizado hoxe nos chamados Comités de Defensa da República: os CDR. Saben moi ben que os seus "delitos" son os que dictaminan uns tribunais que non recoñecen, como sabe a nosa esquerda reformista que os seus aliados son outros. Hoxe máis que nunca.Aquel fin de semana do 1-O de 2017, houbo dúas actitudes ben diferentes ante o referendo: a da Generalitat (PdeCat e ERC), Òmnium e ANC, que chamaban a unha "performance" masiva coas papeletas impresas da casa fronte aos colexios electorais dende as 8 da mañá para lograr a foto da Policía e Guardia Civil impedindo o voto (ás que prestou, por certo, a colaboración dos Mossos), e a de quen logrou a celebración do referendo ocupando durante todo o fin de semana eses mesmos colexios. Os CDR nacían cunha primeira victoria onde outros só vían un fracaso seguro. E non sería a última.Virían logo as folgas xerais do 3-O e 8-N: empregando os métodos de loita clásicos do movemento obreiro e sindical, prodúcense cortes de autovías e levántanse barricadas urbanas para frear grilleiras policiais a toda velocidade entre manifestantes con risco de atropelo mortal. O unionismo de dereita e esquerda, xunto co independentismo institucional reformista, responden ao unísono condenando a "escandalosa violencia" dos radicais CDR e chamando á orde. Ao calificativo de "delito" veñen sumárselle outros menos "amables": dende Ciudadanos a La Sexta, fálase de "comandos" para referirse aos CDR, e das súas accións como a "kale borroka" catalana.Dende logo, é un exercizo a todas luces inútil indignarse aquí polos exabruptos do discurso españolista. Ten bases ben materiais que a retórica ou razoar, por lúcido que sexa, non vai demoler. Mais quizais si vale a pena dirixir algunhas palabras finais a quen polo menos, e ainda non defendendo consecuentemente a independencia catalana, o termo "autodeterminación" non lle provoca unha fobia incontrolable.Cando na nosa terra se repite o discurso de "os CDR non son kale borroka" (ERC), da "revolta da paz e os sorrisos" (ANC), estase dando por boa a estratexia criminalizadora do inimigo unionista. Na língua vasca, o termo kale borroka significa literalmente "loita na rúa". Nun momento dado, a estratexia represora do Estado contra o independentismo vasco, transformouno en "terrorismo urbano" para así poder reprimir á mocidade vasca detendo, torturando e encarcerando a centos. Os CDR en Cataluña cortando unha estrada, os murcianos protestando polo soterramento das vías do tren, as feministas concentradas fronte ao Parlamento andaluz contra o fascismo; abofé que son todos kale borroka, mais nun sentido ben diferente do que di a prensa e medios do réxime. Son precisamente as kaleko borroketan ("loitas na rúa") as que fan a Historia, as que conquistan dereitos sociais e políticos. Non o depositar a papeleta de ningunha das forzas políticas que se presentan o vindeiro 10N. A comparación aquí co pobo vasco debera ser motivo de congratulación, non de espanto. Pobre Galiza se seguimos tragando con esta perversión podre da linguaxe! Chegará o día (senón chegou hai xa tempo e non somos aínda de todo conscientes) en que sexamos todas e todos "terroristas" nalgunha medida. Despois de todo, o concepto "terrorismo" téñeno reservado para sinalar á disidencia, fortalecer o pensamento único e amordazar: terrorismo queimar a foto do Borbón, terroristas Valtonyc e os rapeiros de La Insurgencia, a esquerda abertzale e o independentismo galego, e seguramente quen asina estas liñas. Se hai algo positivo en todo isto, quero pensar, é que o medo está cada vez menos do noso lado. |
NOS_24107 | Non se auguran cambios no grupo parlamentario até o congreso do partido en decembro | O viceportavoz do grupo parlamentario socialista, Pablo Arangüena, tamén vicesecretario xeral na Executiva de Gonzalo Caballero no PSdeG, asegurou que é "obvio e evidente" que, a pesar de non resultar elixido nas primarias, o até o de agora xefe de filas dos socialistas protagonizará o cara a cara parlamentario co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na sesión de control da semana próxima. Preguntado esta terza feira pola prensa a respecto do papel que terá Caballero nos próximos debates no Parlamento, Arangüena lembrou que Caballero "é o portavoz" e, como tal, corresponde a el facer as preguntas ao presidente e engadiu que "non ten sentido que haxa cambios" até o congreso do 7 e 8 de decembro. Tras perder nas primarias contra o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, Caballero terá que deixar a secretaría xeral da formación, mais Arangüena descartou onte cambios inmediatos no Hórreo. "O grupo parlamentario ten unha dirección, elixida polo propio grupo parlamentario, e vai seguir funcionando con total normalidade", defendeu, antes de subliñar que o congreso está convocado para decembro e aí adoptaranse "as decisións" que o PSdeG considere "oportunas". "Decisións", engadiu, que "poden ou non" ter reflexo no grupo e que verán "no seu momento". "Isto foi un proceso de primarias interno, que ten o efecto que ten. Non ten efecto no grupo parlamentario nin, polo de agora, na Executiva", dixo. De feito, a Executiva non se designará até o congreso. "Temos que estudar esa decisión", dicía pola súa banda o propio Valentín González Formoso ao ser preguntado nunha entrevista en prensa na fin de semana por se faría mudanzas no grupo parlamentario. O vencedor das primarias sinalaba que a nova Executiva será un reflexo dun novo PSdeG, máis vinculado á sociedade galega, polo que, indicaba, tamén haberá algún cambio no grupo parlamentario. Iso si, matizaba que todas as mudanzas serán en función do interese xeral do PSdeG, ordenadas e tranquilas. Con todo, a diferenza do que lle aconteceu a Caballero, Valentín González non ten opcións de entrar no Parlamento até as eleccións de 2024. Gonzalo Caballero, cando foi electo secretario xeral, tivo que agardar a acceder ao Parlamento a que houbese un corremento de listas. Porén, Formoso non foi na candidatura do PSdeG nas eleccións galegas e polo tanto non poderá ser voceiro do grupo socialista nesta lexislatura. |
PRAZA_9014 | Unha familia de Carnota viaxa ata Muros e de aí a Santiago no último día do ano na procura da atención axeitada para un pequeno cun problema respiratorio. O seu relato denuncia a ausencia de especialistas e substitutos, o colapso no centro de saúde ou a carencia de camas nas Urxencias. "É desesperante comprobar as eivas e falta de medios", di. | En plena vaga de conflitos e protestas pola progresiva "deterioración" da sanidade galega, Núñez Feijóo presumiu no discurso de fin de ano de contar "con mellores hospitais e centros de saúde públicos" en Galicia e dun sistema sanitario que só unha semana antes definira como un dos de "referencia de España". Con todo, o presidente da Xunta recoñeceu que a calidade dos servizos públicos no país debíanos "preocupar e ocupar", aínda que adoita advertir de que os problemas no Sergas son "comúns" aos que sofren todas as autonomías. Unha familia da Costa da Morte despediu 2018 entre ausencia de pediatras, colapsos en Urxencias, falta de camas e longos desprazamentos pola doenza dun filloA escaseza de médicos de familia ou de pediatras é unha desas eivas que atribúe a todas as comunidades. En Galicia, as protestas chegan tamén polo colapso nas Urxencias, a precariedade nos PAC e nas ambulancias ou pola saturación e falta de medios na Atención Primaria. Hai casos, especialmente en períodos estivais ou de Nadal como o actual, no que usuarios parecen sufrir todas as eivas e problemas da sanidade pública galega á vez. É o caso dunha familia da Costa da Morte que despediu 2018 entre ausencia de pediatras, médicos de vacacións sen substitutos, colapsos en Urxencias, falta de camas e desprazamentos a quilómetros do seu centro de referencia pola doenza dun pequeno. Unha crónica paradigmática dunha situación. O problema iníciase por unha eiva tantas veces denunciada en Galicia: a escaseza de pediatras. Tanta que nos últimos quince anos 78 concellos perderon o único que tiñan. Un 60% dos municipios carecen de pediatra e moitos compárteno cunha localidade veciña. É o caso de Carnota, localidade onde reside a familia que relata a Praza.gal a súa odisea no último día do ano. A familia, de Carnota, tivo que acudir co pequeno de dez meses ao centro de saúde de Muros porque no seu non atendía ningún pediatra ese díaUn profesional atende no centro de saúde carnotán en días alternos, algunhas horas pola mañá, compaxinando o seu labor co que fai no ambulatorio de Muros, onde hai outro pediatra máis. O procedemento é confirmado por fontes oficiais da área sanitaria de Santiago, que recoñece que funciona así "desde hai anos" e que é sabido polos usuarios. "Cando un ten vacacións ou falta, o outro permanece en Muros e Carnota queda sen servizo", explica a nai dun neno de dez meses afectado por bronquiolite aguda neste 31 de decembro.Así aconteceu. Os dous pediatras dispoñíbeis alternaban vacacións, polo que só había servizo en Muros, cuxo centro de saúde atende case 6.700 consultas en pediatría ao ano segundo datos do Sergas, que sitúa en máis de 1.000 as que se realizan no de Carnota. Obter oco era imposible nos dous ou tres días seguintes, polo que a familia presentouse no centro de saúde muradán sen cita ante o agravamento da saúde de seu fillo. A familia acudiu sen cita ao centro de saúde de Muros; no tempo de espera, o bebé empeorou e tivo que ser derivado ás Urxencias en Santiago, a máis dunha horaAo chegaren, sobre ás 11:30, tiña unhas 15 persoas diante, moitas delas tamén sen cita, o que "masifica o traballo da único pediatra, xunta nenos enfermos con risco de contaxio e evita que haxa unha selección das auténticas urxencias por mor da cantidade de doentes". Segundo o relato, a familia esperou hora e media cun bebé cun "problema respiratorio que se agravou no tempo de espera". A pediatra, segundo relata a nai, recoñeceu que o seu caso debería ser prioritario pero que aquela situación de "caos" fixera imposible "facer triaxe". Durante a agarda, o pequeno empeorou e houbo que colocarlle unha máscara de osíxeno. O bebé foi derivado ás Urxencias do Hospial Clínico Universitario de Santiago, a máis dunha hora en coche. "Aquí veu outro problema". Malia que está moito máis próximo o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee --que non pertence á área sanitaria compostelá na que se inclúe Carnota--, a profesional considerou que era precisa a atención dun especialista en pediatría, algo que, segundo explican os médicos, non está asegurado nas Urxencias do centro ceense de non ser horario de consulta e ao depender a súa presenza da decisión dos profesionais santiarios, habitualmente saturados. O pequeno foi tratado axiña nas Urxencias en Compostela tras serlle colocada unha máscara de osíxeno; ás poucas horas, algo recuperado, tivo que deixar a cama para deixar sitio a outro nenoNas Urxencias pediátricas de Compostela, xa pasadas as dúas da tarde, o panorama era o que levan denunciando tempo usuarios e profesionais: colapso e masificación. "Había dúas pequenas salas ateigadas de nenos, mesturados e con todo tipo de doenzas, desde lesións varias até problemas infecciosos con risco de contaxio", resumen. Pola urxencia da doenza do neno, este foi atendido axiña e asignóuselle unha cama nunha sala con oito prazas máis. Horas despois, en canto o tratamento e a máscara de osíxeno fixeron efecto e a súa respiración foi normalizada, tiveron que marchar de alí. "Fomos desaloxados e derivados de novo á sala de espera masificada para completar o seguimento da efectividade do tratamento e para que outro neno doente dispuxese de cama". "Quedamos nunha esquina, acurrunchados e agardando que o bebé non collese algo máis porque había moita xente enferma e tusindo", explica a nai. "Había dúas salas ateigadas de nenos, mesturados e con todo tipo de doenzas"Desde o Sergas explican que este é o procedemento normal ante un pequeno que ten que estar deitado para recibir o tratamento pero que pode logo pasar á sala de espera para comprobar a súa evolución. Con todo, fontes oficiais recoñecen que a afluencia nestas datas en Urxencias é maior á habitual. Outro pequeno máis tivo que ser tamén enviado de novo á sala de espera pola ausencia de camas para máis nenos enfermos. "Non atopo palabras para expresar a miña indignacion por isto. Expoñemos un bebé que ingresou en Urxencias cunha crise respiratoria aos xermes dun espazo ateigado, pequeno, mal ventilado e sen criterios de clasificación e separacion de doentes?", pregúntase a nai. "Comprobas con desesperación a falta de medios, o colapso e as eivas graves da atención pediátrica"Case ás 20 horas, a familia chegou por fin á súa casa de Carnota. 140 quilómetros e tres horas de coche despois. "Non é cuestión do tempo que tardamos, co que xa contabamos, senón de comprobar con desesperación a falta de medios e o colapso que se produce, sobre todo en certas datas, e as eivas graves que sofre a atención pediátrica en moitas localidades", explica a nai. O seu pequeno, superado o susto do último día do ano, volveu empeorar algo dous días despois. Desta vez, acudiron ás Urxencias do Hospital de Cee. Nos corredores, máis de media ducia de doentes. "Xa non sei a onde mandárvolos", queixábase da saturación unha profesional sanitaria encargada da triaxe. |
NOS_16750 | Así llo transmitiu o ministro a Feijóo, que fixera súa a proposta do concello de Compostela. | Foi o 19 de xaneiro o día en que por unanimidade o Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou unha declaración institucional en que se instaba o cambio de nome do aeroporto, da actual denominación para o nome Aeroporto Rosalía de Castro, Santiago-Lavacolla". A proposta foi moi ben acollida por todo o tecido asociativo e veciñal da cidade e hai unhas semanas, durante a súa visita a Fitur, en Madrid, recebeu o respaldo explícito de Feijóo, que en todo caso a condicionaba á luz verde da administración que ten a competencia sobre a aeródromo, isto é, o Ministerio de Fomento. Esta terza feira o titular do ministerio, Íñigo de la Serna, comunicou a Feijóo que porá en marcha o procedimento administrativo -unha orde ministerial- para o cambio de nome. Sobre o asunto é preceptivo que se pronuncien tamén as autoridades internacionais en aviación civil. |
NOS_25277 | Neste curso só se informará unha vez á semana dos novos contaxios. | Até o remate do anterior curso escolar, a Xunta da Galiza remitía aos medios de comunicación un boletín diario cos casos da Covid-19 rexistrados en cada centro de ensino entre a terza feira e o sábado. Porén, no presente ano escolar enviará un único informe cada semana. Para a CIG-Ensino, o Goberno galego dá con esta decisión "un paso máis" na "ocultación" dos datos da pandemia. "E todo isto ocorre sen que teñamos aínda un informe pormenorizado sobre os efectos da pandemia no curso pasado, por grupos de idade, sectores profesionais, zonas xeográficas, tipoloxía de centros, ratios das aulas afectadas...", lamenta nun comunicado o sindicato, Igualmente lembra que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, se comprometera a ofrecer esta información no Consello Escolar da Galiza do 30 de agosto de 2021. Sen datos sobre os casos do profesorado A CIG-Ensino pon tamén o foco nunha cuestión que xa se producira no curso 2020-21, a desagregación dos datos: "Só despois de que comezásemos a publicar os datos diarios de afectación, obtidos a través da prensa e non da consellaría, empezaron a enviar os boletíns, mais sen diferenciar en ningún caso se os contaxios eran do alumnado, do profesorado ou doutro persoal dos centros educativos", censura. Aliás, a forza sindical lamenta a "total falta de transparencia na comunicación da incidencia" por parte da Consellaría de Educación "desde o comezo da pandemia". A este respecto cómpre salientar, como xa informou Nós Diario, que a Xunta tampouco informa das infeccións das e dos traballadores das residencias de maiores e de atención á diversidade desde o pasado 16 de maio, ao consideralo un dato "innecesario". |
NOS_31574 | A decisión do tribunal supón a sétima ilegalización dunha forza prokurda deste 1990. O HDP é a terceira forza política de Turquía, con 67 escanos na Gran Asemblea Nacional, o que non impediu a persecución e ilegalización do partido. | O Tribunal Constitucional turco decidiu esta terza feira prohibir e disolver o Partido Democrático dos Pobos (HDP), a terceira forza política do Estado, polos supostos vencellos co tamén prohibido Partido dos Traballadores do Kurdistán. Esta decisión implica que a formación terá que entregar todos os seus activos e contas bancarias, e supón a sétima ilegalización dun partido político prokurdo desde 1990. Tamén prohibe a 500 persoeiros significados polo apoio á minoría kurda exercer a actividade política, entre eles os copresidentes do HDP Pervin Buldan e Mithat Sancarr. A resolución do tribunal, que pode ser recorrida nos vindeiros dous meses mais con poucos visos de prosperar, supón o final de anos de persecución por parte do Executivo encabezado por Recep Tayyip Erdoğan, que leva desde 2014 exercendo a Presidencia despois de ser primeiro ministro entre 2003 e 2014. Persecución Desde a aparición do HDP e con maior énfase desde a súa irrupción electoral en 2015, o sistema xudicial turco perseguiu tanto a dirección como a militancia, o diario belga Le Soir estimou en 2018 que 26.000 persoas relacionadas coa organización estaban en prisión. No caso da maioría de alcaldesas e alcaldes do HDP, foron engaiolados e acusados para evitar que asumiran os cargos para que os que foron electos. A deputados como Faruk Gergerlioğlu quitóuselle a inmunidade parlamentar por facer "propaganda dunha organización terrorista" tras rechouchiar unha nova na que se chamaba a Turquía e ao PKK a acadar un acordo de paz. Neste intre estase a desenvolver un xuízo contra 108 militantes do HDP, entre eles os ex copresidentes Selahattin Demirtaş e Figen Yüksekdağ. Esta segunda feira o Consello de Europa sinalou a Turquía polo trato as forzas prokurdas no informe no que cuestionaba a actuación do Estado español en contra de Catalunya. Despois de facerse público o fallo do Tribunal Constitucional turco, a voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, criticou a ilegalización do HDP e apuntou que "supón unha grave deriva antidemocrática en Turquía e da onda represiva encabezada polo ditador Erdogan", asemade, transmitiulle a solidariedade do BNG. Seis millóns de votos O HDP converteuse despois da súa fundación en 2012 no referente da esquerda en Turquía, apostando pola igualdade de dereitos para as mulleres, as minorías, ou a comunidade LGTBI, así como polo impulso dunha economía sostíbel. Nel integráronse persoas e forzas turcas mais tamén kurdas, previamente organizadas no Congreso Democrático dos Pobos. A súa estratexia permitiulle acadar nas primeiras eleccións as que se presentaron, as parlamentares de 2015, 80 escanos grazas a seis millóns de votos. O resultado abondou para superar o 10% dos sufraxios (alcanzaron o 13,12%), a barreira mínima para acceder a Gran Asemblea Nacional turca e mais para poder presentar legalmente unha candidatura presidencial. Na repetición electoral e nas últimas eleccións lexislativas obtiveron un porcentaxe de voto semellante, que lles permitiu en 2018 reter 67 escanos e manter a súa presenza no hemiciclo, sendo a forza máis votada no Kurdistán situado dentro das fronteiras turcas. |
PRAZA_3006 | Dende o 2009 a poboación de Galicia descendeu en case 100.000 persoas, pero os cambios non foron homoxéneos, cunha parte do país sufrindo unha caída moi superior. Dozón perdeu o 40% do seu padrón na última década e outras seis localidades tiveron perdas superiores ao 30%. | Galicia perdeu case 100.000 habitantes entre 2009 e 2019. Porén, esta caída distribuíuse de forma moi diferente entre unhas e outras zonas do país. En función da maior ou menor natalidade e tamén das migracións internas e externas, hai unha Galicia que gaña poboación e outra que a perde (unhas tendencias que nalgúns casos se manteñen dende comezos do século XX). O pasado ano 232 concellos, máis de dous de cada tres, perderon poboación; outros 6 mantiveron os seus datos; e tan só 75 gañaron habitantesO INE publicou a pasada semana os datos definitivos de poboación do ano 2019 en todos os concellos. En conxunto, Galicia perdeu algo máis de dous mil habitantes (-2.244), situándose por debaixo dos 2,7 millóns por primeira vez en varias décadas. 232 concellos, máis de dous de cada tres, perderon poboación; outros 6 mantiveron os seus datos; e tan só 75 gañaron habitantes. Vigo foi a localidade que máis incrementou o seu padrón (+1.722), seguida da Coruña, Santiago, Oleiros, Ames, Sada, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Culleredo, San Cibrao das Viñas e Miño. Fronte aos incrementos de boa parte da Galicia urbana e do eixo da AP-9, Ferrol foi o concello que máis poboación perdeu (-734), seguido de Ourense, Tui, A Estrada, Ribeira, Monforte, Cedeira, Vilalba, Bueu, Muros e Ortigueira.Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade teñen hoxe 234 e 372 habitantes menos, respectivamente, que antes das súas fusións municipaisA suba de Vigo achega a cidade ao 300.000 habitantes do mesmo xeito que Compostela e Lugo están un pouco máis preto do desexado nivel dos 100.000. Pola contra, o descenso de Ourense deixa esta urbe moi preto desta liña dos 100.000, tan importante para acceder a máis servizos municipais e financiamento. O mesmo sucede no límite dos 20.000, que A Estrada está en risco de perder, e ao que en cambio pode acceder O Porriño. O nivel dos 10.000 foi perdido por Foz, mentres que As Pontes pelexa por conservalo. Vedra, Ribadavia, Cerceda, Ribadumia, Castro de Rei e Neda están lixeiramente por riba da liña dos 5.000 habitantes e continúan a perder poboación ano a ano.En canto aos concellos resultado das recentes fusións municipais, Oza-Cesuras segue a diminuír o seu padrón. As dúas localidades tiñan -por separado- 5.335 no ano 2013 e hoxe suman 5.101, preto do límite dos 5.000. En canto a Cerdedo-Cotobade, que sumaban 6.071 por separado no ano 2016, hoxe contan con 5.699 habitantes, case 400 menos, mantendo a mesma tendencia negativa de anos anteriores, que só se invertiu no 2017.Evolución dende o 2009Ferrol, Vigo, Ourense, Marín e Ortigueira foron os concellos que máis poboación perderon dende o 2009Se abrimos o foco e comparamos os datos de 2019 cos de dez anos antes, a realidade é máis negativa e maiores os desequilibrios. Neste caso unicamente 42 concellos gañan poboación e 271 a perden, nunha listaxe encabezada por Ferrol, que perdeu 8.208 habitantes dende o 2009, máis de 1 de cada 10. A continuación aparecen Ourense, Vigo, Marín, Ortigueira, A Cañiza, A Estrada, Vilalba, As Pontes, Arbo, Muros, Vila de Cruces, Fene e Coristanco, todos con perdas superiores aos 1.000 habitantes na última década.O mapa amosa que unicamente algúns concellos das áreas urbanas que rodean ás grandes cidades (pero non as propias cidades, na maior parte dos casos) gañaron poboación dende o 2009. Así, a área metropolitana da Coruña píntase de verde, o mesmo que o Baixo Miño, parte do Morrazo e do Salnés e os arredores da cidade de Ourense e Compostela.Ames, Oleiros, Arteixo, O Porriño, Culleredo foron as localidades que máis medraronAs localidades que máis poboación gañaron foron Ames (+4.810), Oleiros, Arteixo, O Porriño, Culleredo, Compostela, Barbadás, Lugo, Pontevedra, Cambre, Narón, Sada, San Cibrao das Viñas, Poio e Salceda de Caselas. Pode buscar os datos no teu concello na táboa, e ordenala de maior a menor en cada unha das columnas.Entre 2009 e 2019 Dozón perdeu máis do 40% dos seus habitantes, pasando de 1.827 a 1.082 persoas empadroadasEn termos absolutos, os maiores descensos corresponderon a cidades como Ferrol, Ourense e Vigo. Pero a realidade é que hai un gran número de concellos máis pequenos que perderon máis poboación, en relación co seu tamaño. Entre 2009 e 2019 Dozón perdeu máis do 40% dos seus habitantes, pasando de 1.827 a 1.082 persoas empadroadas. As caídas en A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Arbo, Avión, San Xoán de Río e Castrelo de Miño superaron o 30%. E outros 65 concellos sufriron perdas que supuxeron entre o 20% e o 30% do seu padrón.No outro extremo, tan só Salceda de Caselas, Carral, Miño, O Porriño, Ames, Barbadás e San Cibrao das Viñas rexistraron aumentos superiores ao 10%. |
NOS_58532 | Rosa Sánchez e Pablo Carpintero ceden o seu arquivo particular de rexistros de campo ao Museo do Pobo Galego, probabelmente un dos máis estensos da península ibérica. | Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, ambas músicas vencelladas ao tradicional e implicadas na recollida de testemuños orais, anunciaron a segunda feira 11 de decembro a cesión do seu arquivo de gravacións de campo ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), un programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial xestionado polo Museo do Pobo Galego. "Queremos que se comparta con todo o mundo e que volva a ser tocado", afirma Carpintero Os rexistros cedidos comprenden máis de 700 horas de gravacións, fundamentalmente na Galiza, mais tamén en Portugal, Zamora e Asturias. Trátase, con seguridade, dun dos arquivos particulares máis amplos da Península Ibérica. Aínda que se atopan elementos diferentes, a maior parte dos cortes son rexistros musicais de cantigas, destacando os repertorios completos de 120 gaiteiros. O acordo da doazón íntegra inclúe que o material sexa dixitalizado completamente e posto á disposición de todas as persoas Segundo relata a Sermos Galiza Carpintero, o arquivo de sempre foi público, froito do seu compromiso coa difusión da nosa tradición. Calquera persoa podía ir e consultalo no seu domicilio, mais chegou un punto no que lles roubaba demasiado tempo. Por iso decidiron cedelo integramente ao APOI. "Queremos que se comparta con todo o mundo e que volva a ser tocado", afirma Carpintero. Pois ese é o sentido do seu traballo. "Xa se cedera unha parte hai tempo, pero non se fixo público", comenta. Desta volta, o acordo da doazón íntegra inclúe que o material sexa dixitalizado completamente e posto á disposición de todas as persoas. "Ademais, irase subindo á rede", explica o investigador, que participou entre 2006 e 2010 no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial da Galiza. "Non hai consciencia institucional da importancia dos arquivos na conservación do patrimonio inmaterial", denuncia Carpintero Os arquivos na Galiza "Hai unha situación dos arquivos na Galiza?", pregúntase con indignación Carpintero. "É unha porcallada, en realidade", di con contundencia, pois "non hai consciencia institucional da súa importancia na conservación do patrimonio inmaterial". O pouco e insuficiente traballo que se ten feito responde á iniciativa particular. "Unicamente co esforzo e o tempo de persoas que se consagran a isto", insiste, se conserva unha lembranza que é de todas nós, e moitas delas rematan por teren que ceder as súas gravacións "para que poidan ser difundidas, a cambio de nada", subliña. A chamada ás institución é, daquela, urxente. |
PRAZA_11347 | A compañía terá que adaptar a xornada laboral da traballadora, de xeito que pase a ter quendas semanais alternas para poder conciliar. O xuíz subliña que a empregada "nada ten que acreditar sobre se o seu home ten máis doado conciliar ou non" ou se terceiras persoas poderían coidar dos fillos | A empresa terá que adaptar a xornada laboral da traballadora, de xeito que pase a ter quendas semanais alternas para poder conciliarUnha empresa viguesa do sector cárnico terá que adaptar a xornada laboral dunha das súas traballadoras, casada e con dous fillos, de xeito que pase a ter quendas semanais alternas para poder conciliar a súa vida familiar e laboral. Así o obriga unha sentenza pioneira, ditada polo Xulgado do Social n.º 2 de Vigo, que acredita que a empresa dispón de persoal suficiente e coa preparación necesaria para poderlle conceder á denunciante a súa "petición razoable".A sentenza subliña que o dereito é "personalísimo da traballadora" e que "nada ten que acreditar sobre se o seu home ten máis doado conciliar ou non" ou se terceiras persoas poderían coidar dos fillosO ditame, que é firme, rexeitou de plano as alegacións da empresa, que chegara a esixirlle á traballadora que procurase que fose o seu home o que intentase o cambio de horario no seu propio centro de traballo ou que tentase que terceiras persoas se ocupasen dos fillos. Porén, a sentenza subliña que o dereito exercido é "personalísimo da traballadora" e que "nada ten que acreditar sobre se o seu home ten máis doado conciliar ou non" ou se terceiras persoas poderían coidar dos fillos menores, lembrando neste senso unha sentenza do TSXG ditada o pasado mes de maio.A demanda fora presentada polos servizos xurídicos de CCOO ao abeiro do Real Decreto-lei 6/2019 de medidas urxentes para a garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e na ocupación. É a primeira sentenza destas características que o sindicato consegue na comarca viguesa desde a aprobación do decreto.A demandante, que xa ten recoñecida unha redución de xornada, traballa de luns a venres de 16 a 22 horas. A súa parella traballa en dúas quendas horarias rotatorias, unha semana de 7 a 15 horas e a seguinte de 15 a 23 horas. A traballadora pediu adaptar o seu horario, de xeito que nas semanas nas que o seu home traballase polas tardes, ela o fixese polas mañás, de 8 a 14. De cumprirse o esixido pola empresa, "podería abocarse á traballadora a abandonar o seu posto para poder acudir ao coidado dos seus fillos; e isto non é o que persegue a igualdade efectiva entre homes e mulleres"A empresa alegou que iso non era posible, sinalando que a parte máis importante da súa actividade se realizaba polas tardes e que na compañía non hai quendas rotatorias. Porén, o xuíz lembra o contido no artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores, que dende a reforma deste verán sinala que "as persoas traballadoras teñen dereito a solicitar as adaptacións da duración e distribución da xornada de traballo, na ordenación do tempo de traballo e na forma de prestación, incluída a prestación do seu traballo a distancia, para facer efectivo o seu dereito á conciliación da vida familiar e laboral".A sentenza destaca así mesmo que, de cumprirse o esixido pola empresa, "podería abocarse á traballadora a abandonar o seu posto de traballo para poder así acudir ao coidado dos seus fillos; e isto non é o que persegue a igualdade efectiva entre homes e mulleres". E conclúe que a compañía non demostrou "unha imposibilidade real de adaptar o horario laboral" da traballadora, pois na empresa hai varios empregados e empregadas que poderían cumprir esa función específica nas tardes das semanas que ela traballase pola mañá. |
QUEPASA_533 | As persoas que queiran participar no Campamento Kamikaze ou obter financiamento para o seu proxecto de webserie en galego, poden inscribirse a través da páxina web do festival | Na súa sexta edición, o festival de contidos dixitais Carballo Interplay continúa a ser un dos principais impulsores da creación de series web en Galicia a través de dúas das súas iniciativas: o Campamento Kamikaze e o Premio a proxectos de webserie en galego. Dúas producións nacidas noutras edicións do festival optan de feito, esta fin de semana, a un Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. É o caso de Hai vida en Bran? -gañadora do premio a proxecto no 2017- e de Dinosaurio, nacida na primeira edición do Campamento Kamikaze. Estes días grávase, tamén, en Compostela Sígueme, a webserie impulsada por un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da USC baixo a dirección de Nuria Cancela que obtivo o premio ao mellor proxecto no 2018 e que se presentará, no Interplay, o xoves 4 de abril. Sígueme conta a historia dunha psicóloga que leva a cabo unha terapia experimental e está protagonizada por Paula Cereixo, acompañada por actores e actrices tan coñecidos e recoñecidos como Antonio Mourelos, María Costas, Xosé Barato ou Monti Castiñeiras. As persoas que queiran seguir os pasos deste novísimo equipo e presentar os seus proxectos de webserie en galego poden facelo ata o 17 de marzo a través da web carballointerplay.com. O galardón, que ten unha dotación económica de 1.500 euros que deberán destinarse á produción dos tres primeiros capítulos da webserie, resolverase cun pitching en directo durante o festival. E o resultado estrearase na sétima edición do Carballo Interplay. Unha selección da creatividade galega na rede No último ano vivimos unha explosión de creatividade na rede galega, con Youtubers, Instagramers e moitas rapazas e rapaces novos exhibindo o seu talento nas redes. Unha selección deles daranse cita a primeira semana de abril no Carballo Interplay. Alí estarán Marcos López, creador dunha das canles máis populares do Youtube en galego, Telejaita; Miguel Silva Conde, gañador do premio Youtubeir@s 2018 con Aquel-e; Laura Cruxeiras, gañadora do Youtubeir@s 2017 coa súa canle "Corasón de churrasco" e que triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista co dúo Branca e Tinta; o artista coruñés Edu Fernández, a medio camiño entre a videocreación, a parodia e a seriedade de calquera youtuber profesional que se fixo viral en 2015 con "Chica de la Coru"; a crítica millennial, feminista e queer Olaxonmario; a xornalista da TVG Alba Mancebo; e mais a actriz e presentadora María Mera, moi activa nas redes sociais, nas que se converteu nunha verdadeira influencer da maternidade. Código Fonte Audiovisual con Aldaolado, Autopoética en liñaO Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Na sexta edición do Carballo Interplay as encargadas de seleccionar e amosar as súas lembranzas dixitais baixo o título Autopoética en liña serán o dúo poético-musical Aldaolado. Lucía Aldao e María Lado realizan unha mestura de poesía con humor e música con carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa coa persoa espectadora. Uníronse en 2005, cando o Consello da Cultura Galega montou o proxecto Translítera dirixido por Rafa Xaneiro. Co fin de participar nel, ambas preparan o seu primeiro espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi dende ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas desfrutaban recitando. Dende entón o grupo foi aumentando a audiencia destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións. Inscrición aberta para o Campamento KamikazeA organización do certame pon en marcha unha nova edición deste particular campamento os próximos 2, 3 e 4 de abril, no que se adicarán tres xornadas á convivencia e á creatividade na contorna incomparable da praia de Razo. As persoas soleccionadas para participar nesta experiencia traballarán en equipo con profesionais do mundo das series dixitais e do audiovisual como Andrés Goteira, Suso López, Nati Juncal, Sandra Sánchez, Daniel D. García, Lucía Estévez ou Dani Viqueira. Xuntas, xuntos, enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir o seu Dinosaurio, un capítulo da serie que se iniciara xa na pasada edición do Campamento Kamikaze. Todos os Dinosaurios serán estreados na apertura da VI edición do festival e ademais, de entre todos eles, un será premiado con 400 euros. |
NOS_17141 | O xornalista Pello Urzelai recupera da hemeroteca de Euskaldunon Egunkaria as respostas de Robles nunha entrevista por mor das escoitas telefónicas que o Cesid realizou a Herri Batasuna (HB) nos anos noventa. Nada que ver co que dixo onte no Congreso. | "Sendo demócratas, non podemos permitir que haxa guerras sucias ou escoitas ilegais". Son palabras de Margarita Robles, pero non actuais. A declaración de Robles non ten nada que ver co caso de espionaxe do programa Pegasus que saíu recentemente á luz. Non é esta, con todo, a primeira vez que o Estado español fai estas cousas. Exemplos son moitos. E as declaracións de Robles corresponden a outro deses casos. Era o ano 1998 e sóubose que o Cesid, o centro dos servizos secretos españois desa época, levara a cabo escoitas ilegais na sede de HB en Vitoria, cando a coalición aínda era legal (ilegalizada en 2003). Robles era maxistrada da Audiencia Nacional española en 1998, pero foi secretaria de Interior do Ministerio de Interior e Xustiza entre 1994 e 1996, e o 22 de abril de 1998 foi entrevistada por Euskaldunon Egunkaria. Pello Urzelai fíxolle a entrevista, que lembrou nas redes sociais. Robles xustifica na Cámara a espionaxe e forzas nacionalistas reclaman a súa dimisión El Mundo desvelou o 3 de abril de 1998 as escoitas ilegais a HB en Vitoria. Vixiábanos desde o piso de arriba. Segundo ela, a coalición abertzale foi espiada desde 1992 sen informar o Goberno español. Segundo o diario madrileño, os teléfonos, computadores e faxes foron controlados sen autorización xudicial. Na entrevista de Egunkaria, días despois, Robles asegurou que durante a súa etapa no Ministerio do Interior (1994-1996) non tivo constancia diso, pero sinalou que, en calquera caso, para un demócrata é imposíbel aceptar algo así. Duela 34 urteko Margarita Robles (orduan magistratu ari zela berriro, Felipe Gonzalezen gobernutik pasatu ondoren).1998-04-22#Egunkaria#Hemerotekahttps://t.co/uTSUkgO8mI pic.twitter.com/ugUKuIpZLx— pello urzelai (@pellourzelai) April 28, 2022 24 anos despois, Robles referiuse de forma contraria ás escoitas ilegais. Preguntado onte no Congreso polas escoitas do caso de espionaxe do programa Pegasus, dixo: "que ten que facer un goberno cando alguén vulnera a Constitución? Cando alguén declara a independencia? Cando alguén corta as vías públicas? Cando comete desordes públicas ?". Robles, sobre a espionaxe de 'Pegasus': "É moi fácil acusar o CNI sen probas porque non pode defenderse" Robles sinalou que o Goberno español e os seus organismos públicos actúan conforme a dereito, "Cos controis que estabelecen as leis". Pero, ao mesmo tempo, insinúa que está xustificado a espionaxe contra os independentistas. Non o pensaba así hai 24 anos, nunha entrevista concedida a Euskaldunon Egunkaria, cando o conflito estaba de actualidade (ETA asasinou a trece persoas en 1997): "Contra a violencia só pode haber unha resposta: o cumprimento estrito da lei. Calquera cousa que non sexa cumprir a lei, que sexan escoitas ilegais, que sexa guerra sucia, eu creo que é equivocado". Logo engadiu: "Non podemos esquecer que é un problema político que só se resolverá politicamente". Na época da entrevista, Robles asinou xunto a outros 145 profesionais e intelectuais un documento a favor do diálogo e a negociación. Moncloa autorizou o CNI a espiar 18 membros de Tsunami Democràtic A diferenza do caso do programa de espionaxe Pegasus, as escoitas de 1998 non foron negadas por Robles, aínda que engadiu que non cría que fose unha actividade xeneralizada. Á pregunta de se era posíbel un caso de escoitas ilegais deste tipo, respondeu que había que esperar ao que dirían os xuíces. A causa por escoitas da sede de HB en Vitoria chegou á Audiencia Territorial de Áraba, que condenou a tres anos de prisión e oito de inhabilitación aos directivos do Cesid Emilio Alonso Manglano e Javier Calderón, exculpados despois polo Tribunal Supremo español. Ademais, a Mario Canteiro González e Francisco Buján González condenounos a dous anos e medio de prisión e seis de inhabilitación por ser os autores materiais das escoitas. Absolveu a Víctor Casterán e Francisco Millán. A sentenza responsabilizou civilmente o Estado español. Pontón insta Sánchez a "non minimizar" a presunta espionaxe con 'Pegasus', que considera "un ataque á democracia" |
NOS_44770 | A organización Unións Agrarias (UUAA) comezará unha campaña de denuncias para presionar á Xunda da Galiza sobre a problemática do xabaril. | Unións Agrarias (UUAA) explicou esta terza feira en rolda de prensa que "muda de estratexia" para evitar os danos causados polo xabaril nas explotacións agrogandeiras galegas. A intención é promover unha campaña para reclamar nos tribunais aos xestores dos terreos ordenados de maneira cinexética (Tecores) "o 100 por 100" dos custos que esta especie ocasiona e buscar así que a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda "reaccione". A organización agraria, ademais, pedirá a declaración de emerxencia cinexética, como xa ocorreu na segunda metade do ano 2019, e que a Xunta poña en marcha o Fondo de Corresponsabilidade contemplado na Lei galega de caza de 2013, aínda que avisa que "quedará curto". "É o momento de expor que hai que ir a un cambio radical", asegurou Jacobo Feijóo, responsábel de Desenvolvemento Rural de UUAA, "non pode ser que as poboacións de xabaril sigan descontroladas, que os danos vaian a máis ano a ano e que o custo dos danos estean a repercutir cada vez máis nas rendas dos produtores e dos gandeiros", engadiu. Máis Os danos deste animal son albo constante das organizacións agrarias. Así hai unhas semanas a Fruga denunciaba a demora no pagamento das axudas anunciadas pola Xunta da Galiza destinadas ás explotacións agro-gandeiras que sufriron danos de xabaríns. O sindicato pon de manifesto os prexuízos que a situación está provocando "nas economía e funcionamento das explotacións agrarias". "Son moitos os labregos e labregas que nos están transmitindo esta situación e por eso, proximamente imos realizar un escrito dirixido a Consellaría de Medio Ambiente para que cumpra cos compromisos adquiridos", sinalaban desde a Federación Rural Galega. |
PRAZA_4574 | Coa crise da Monarquía e a decisión da sociedade catalana de decidir libremente o seu futuro nacional, previsíbelmente achégase unha crise de estado e unha refundación ou reformulación dun xeito ou doutro. Enfrontamos novamente decisións estratéxicas do mesmo xeito que as afrontamos hai corenta anos. Como ficará Galiza nesa nova reestructuración? Ou, dito doutra maneira, que fará a sociedade galega? Terá capacidade para decidir o seu futuro nesa conxuntura? | Coa crise da Monarquía e a decisión da sociedade catalana de decidir libremente o seu futuro nacional, previsíbelmente achégase unha crise de estado e unha refundación ou reformulación dun xeito ou doutro. Enfrontamos novamente decisións estratéxicas do mesmo xeito que as afrontamos hai corenta anos. Como ficará Galiza nesa nova reestructuración? Ou, dito doutra maneira, que fará a sociedade galega? Terá capacidade para decidir o seu futuro nesa conxuntura? E quen non acredite en que estamos indo xa cara esa nova situación concordará en que a dereita española xa ten decididas as armas políticas e ideolóxicas para manterse no poder: mellora da economía e nacionalismo. Dunha banda, agardar a que aparezan síntomas de mellora da actividade económica e unha sociedade debilitada e traumatizada se lle entregue novamente e, doutra banda, seguir recentralizando e reafirmar a "indisolúbel unidade da gran nación española" fronte aos nacionalismos vasco e catalán. A utilización de calquera conflicto ao que se lle poda chamar "terrorismo" é o sal e a pementa dese guiso. O QUE TEMOS POR DIANTE NESE MARCO POLÍTICO xa non é a reforma do Estatuto de Autonomía, como quería o goberno bipartito do PSdeG e BNG e ao que se opuxo o PP, senón defender a mesma existencia da Galiza, a desaparición do noso país como proxecto político. O marco estatal dentro do que estamos pretende afogarnos. O que Feijóo pretende é transformar definitivamente a autonomía nunha deputación, unha mera plataforma que lle sirva para dar el un pincho a Madrid, liquidar politicamente definitivamente a Galiza, un trofeo ao servizo da súa carreira política O RECORTE DE DEPUTADOS QUERE SER A MORTE DA AUTONOMÍA. Desde a recuperación do recoñecemento como nacionalidade e o dereito á autonomía non se deu un atentado contra a nosa autonomía tan claro como este. A mutilación do Parlamento ten dúas lecturas, as dúas gravísimas. Trátase, primeiro, é un truco totalitario utilizar as regras da democracia representativa para acabar coa propia democracia. E, segundo, o vaciamento do noso Parlamento é consecuencia do vaciamento político do autogoberno. O que Feijóo pretende é transformar definitivamente a autonomía nunha deputación, unha mera plataforma que lle sirva para dar el un pincho a Madrid, liquidar politicamente definitivamente a Galiza, un trofeo ao servizo da súa carreira política. QUEN CREOU E QUEN CREA O PROXECTO COMÚN, NACIONAL da Galiza senón os galeguistas? Foi o galeguismo quen defendeu a existencia do noso país cando se liquidou definitivamente o Reino partido e perdido nunha faramallada das provincias. Foron Faraldo, Rosalía, Murguía..., quen desde o inicio lle deron un contido político ao galeguismo, desde a "proclama da constitución da Xunta do Goberno Provisional de Galicia". O galeguismo naceu directamente do humanismo de Sarmiento e da conciencia cívica de Faraldo e Murguía, posteriormente avanzou en diversas correntes políticas, fíos que se tecen e destecen, mais por consistir en pensar descolonizadamente desde aquí conduciu a crear forzas políticas propias. A LIÑA DO GALEGUISMO FOI ROTA POLA GUERRA, perviviu únicamente como realidade virtual no exilio co Consello da Galiza representado na figura de Castelao. Piñeiro non continuou esa liña, rompeu o fío do galeguismo histórico e republicano e fundou outra. Unha nova liña que se remitiu ao Risco dos anos vinte, unha liña moi reaccionaria pois o propio galeguismo conservador de Brañas comprendía que era necesaria a acción política. Sen dúbida o contexto opresivo da posguerra e o contexto internacional influiron nesa decisión, porén non se tería dado tampouco sen a complexa personalidade de Piñeiro. Galiza precisaba daquela e precisa hoxe expresión política colectiva e, na práctica, o camiño do piñeirismo foi unha rendición histórica. O resultado da renuncia a organizacións e política propia foi o desarme político da Galiza. Deslexitimar e romper co Consello da Galiza e renunciar ao PG tivo como consecuencia chegar á Transición con total debilidade para reafirmar a existencia colectiva e defender os lexítimos intereses particulares. As persoas e as figuras políticas pasan, a continuidade nacional só existe en proxectos colectivos. Galiza precisaba daquela e precisa hoxe expresión política colectiva e, na práctica, o camiño do piñeirismo foi unha rendición histórica. O QUE GARANTE A EXISTENCIA DUN PAÍS non é o marco xurídico que estea vixente nun momento concreto senón o posuir proxectos políticos propios, e isto quere dicir organizacións propias. Euskadi, Catalunya ou Escocia xa son nacións malia non contar neste momento con estructuras de estado propiamente. Sexan o que sexan os estados hoxe dentro da Europa e no mundo. A propia Galiza podería ter existido todos estes anos nacionalmente, e moito mellor nos tería ido, se a autonomía estivera gobernada por partidos galegos, cousa que ocorreu en Euskadi e Catalunya. Con independencia de que as políticas varíen segundo os partidos sexan conservadores ou progresistas o resultado tería sido infinitamente mellor para a Galiza. Con cada desastre que padecemos, sexa a desaparición do sistema financieiro galego, o prezo do leite, o futuro do sector naval sexa..., temos que lamentar a nosa pouca forza politicamente: a debilidade do nacionalismo galego. Galiza, hoxe, existe políticamente grazas a ter unha organización e unha política propia. Iso sábeno ben a dereita nacionalista española. O ÚNICO QUE ARESTORA MANTÉN A EXISTENCIA NACIONAL GALEGA son as organizacións soberanas propias. Arestora , Galiza pode verse a si propia como nación e pode ser vista por España enteira para si mesma e para a España únicamente grazas ás dúas actas de deputados do BNG nas cortes. Galiza, hoxe, existe políticamente grazas a ter unha organización e unha política propia. Iso sábeno ben a dereita nacionalista española. A XUNTA BIPARTITA presidida por Touriño, malia as súas insuficiencisas e o fracaso electoral, fixo políticas beneficiosas para a sociedade, isto pódeo ver agora quen padece a Feijóo: as solucións aos nosos problemas colectivos sempre han pedir alianzas e pactos con partidos estatais, así foi e seguramente así ha ser no futuro próximo. Mais só pensando o mundo e o tempo desde aquí, descolonizadamente, poderemos construir un país digno para vivir. O galeguismo político, o nacionalismo galego, élle imprescindíbel a esta sociedade. O proceso de acumulación de forzas e de lento madurecemento, lento de máis, que conduciu ao BNG e que viviu o pasado episodio de explosión xa fica atrás. É NECESARIO CONVERXER DE NOVO aprendendo dos erros e deixando os personalismos. Importan as persoas, son decisivas as organizacións. Porén, as organizacións non están feitas de ideas abstractas senón de persoas e cando hai un conflicto de posturas e de ideas é un conflicto persoal, unha ruptura nunha organización é sempre traumática. As feridas e ofensas persoais non se esquecen dun día para outro e os militantes frecuentemente pasan a vivir esas experiencias traumáticas dun xeito obsesivo, como a primeira e única realidade, deixando nun segundo plano as ideas primeiras que os levaran a construir unha organización de esquerdas e galeguista. Non podemos pedir que unha organización política que sexa o suficientemente ampla para ser socialmente útil nos exprese completamente a ninguén ANTE UN "TSUNAMI" POLÍTICO. Mais a historia nos apreta e non temos tempo. Non podemos pedir que unha organización política que sexa o suficientemente ampla para ser socialmente útil nos exprese completamente a ninguén, cada un somos un mundo e non vai existir un partido para cada un. Precisamos reconstruir a unidade, reconstruir un BNG que vaia evolucionando coa sociedade e no que caiban todas as persoas que crean nun programa para que este país sobreviva ao ciclón político que se aveciña. ESTE É UN MOMENTO HISTÓRICO para a existencia da Galiza, obríganos a todos. Non se pode falar polos que non están aquí mais estou convencido de que hoxe Ánxel Casal, Castelao, Bóveda, Suárez Picallo..., estarían no BNG. Non quero mitificar esas figuras como un absoluto, con todo eses cidadáns tan dignos danme unha referencia e sitúanme na historia do meu país e dinme onde hai que achegar forzas. |
PRAZA_2628 | Marrocos segue coa súa política de hermetismo e bloqueo. Son numerosas as expulsións de observadores. A delegacións sindicais, a avogados, a políticos, a asociacións de mulleres, a activistas na defensa dos dereitos humanos impídeselles constatar de primeira man a grave situación na que vive a poboación autóctona do Sahara Occidental. | O pasado 14 de novembro cumpríronse 40 anos da firma dos Acordos Tripartitos de Madrid, que representou a entrega por parte de España do territorio do Sahara Occidental a Marrocos e Mauritania, desentendiéndose das súas obrigacións como país colonizador, e posibilitando a Marrocos ocupar o territorio. Estes acordos son nulos de pleno dereito, "ningún país pode ceder a soberanía dun territorio de forma unilateral", por tanto España segue sendo legalmente a potencia administradora do Sahara e responsable do sufrimento da poboación saharauí no Sahara Occidental. A ilegalidade destes acordos fai que Marrocos non sexa máis que o seu ocupante ilegal. Tras o abandono do territorio por parte de España, Marrocos expulsou das súas casas aos saharauís, que tiveron que refuxiarse en Alxeria en campamentos; os que quedaron sufriron persecución, desaparicións, tortura e prisión, prácticas que continúan a día de hoxe. Marrocos non quere testemuñas destes atropelos, polo que somete ás zonas ocupadas do Sahara Occidental a un férreo bloqueo informativo. Son continuas as expulsións de observadores internacionais de dereitos humanos que Marrocos realiza con total impunidade e sen ningunha base legal. Só durante o ano 2014, as forzas de ocupación marroquís expulsaron máis de 65 observadores internacionais de diversas nacionalidades, estadounidenses, británicos, españois, portugueses, franceses, tunisianos, noruegueses e italianos, das zonas ocupadas do Sahara Occidental. Durante este ano as cousas non cambiaron, Marrocos segue coa súa política de hermetismo e bloqueo. Son numerosas as expulsións de observadores. A delegacións sindicais, a avogados, a políticos, a asociacións de mulleres, a activistas na defensa dos dereitos humanos impídeselles constatar de primeira man a grave situación na que vive a poboación autóctona do Sahara Occidental, son expulsados en moitas das ocasións desde a mesma escada do avión que os traslada. Marrocos, no seu paranoia por bloquear toda información sobre a situación das zonas ocupadas do Sahara Occidental, chegou a vetar as visitas de Christopher Ross, enviado especial do secretario xeral das Nacións Unidas, e de Joaquim Chissano, representante da Unión Africana, e atacar a casa onde se atopaban reunidos os delegados do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos cos membros da asociación saharauí de dereitos humanos CODESA, presidida pola activista saharauí Aminetu Haidar. Marrocos aplica esta política mesmo con asociacións de prestixio e imparcialidade demostrada na defensa dos dereitos humanos como Amnistía Internacional, o seu director para Europa e Asia Central, John Dalhuiseny a súa compañeira IremArf, investigadora sobre os dereitos dos migrantes e os refuxiados, foron expulsados o pasado 11 de xuño, e máis recentemente Human RightsWatch, que supervisa a situación dos dereitos humanos no mundo, que viu suspendidas as súas actividades polas autoridades marroquís tanto en Marrocos como nas zonas ocupadas do Sahara Occidental. A poboación saharauí, a pesar de coñecer o grave risco que para a súa integridade física supón, loita a diario contra este bloqueo. Varias asociacións saharauís traballan na realización de informes e solicitando información sobre a violación de dereitos humanos, sobre a situación dos presos políticos nos cárceres marroquís, sobre o espolio de recursos naturais, sobre a situación dos menores e as mulleres baixo a cruel ocupación e sobre as diferentes discriminacións que sofre os saharauís. Informes que logo son presentados en forma de denuncia en distintos organismos. Mención especial merece o grupo de mozos saharauís que baixo o nome de "Equipo mediático" traballan, con máis ganas que medios, na realización e difusión de vídeos das moitas accións e protestas que de forma pacífica realizan as saharauís en todas as cidades do Sahara Occidental. Gravando a brutalidade desmedida coa que as forzas de ocupación marroquís aplacan estas accións. Esta actividade fixo que estes mozos sexan obxectivo prioritario para os marroquís, o que fixo que algúns deles acaben sendo encarcerados e torturados. |
PRAZA_13335 | Un grupo de investigadores da Escola Politécnica Superior de Lugo constata melloras na calidade da madeira, benestar animal, eliminación da aplicación de herbicidas ou prevención de incendios en comparación coa rozadura química e mecánica. | O grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da Escola Politécnica Superior (EPS) de Lugo, dirixido polo catedrático Antonio Rigueiro, desenvolve un proxecto consistente no emprego de ovellas para o pastoreo nunha plantación de frondosas produtoras de madeira de calidade (neste caso cerdeiras), co obxectivo de comprobar a eficacia do silvopastoreo en comparación coa rozadura química e mecánica, así como para avaliar o impacto sobre o solo e o arborado. Logo de dous anos de traballos, os resultados son incontestables: o emprego de ovellas para o control de especies vexetais no sotobosque resulta tanto ou máis efectivo ca os outros sistemas de limpeza, co valor engadido ademais da diminución do impacto ambiental e da maior rendibilidade económica que se xera pola redución de custos e o incremento da calidade da produción animal. "Os beneficios son de todo tipo: para os propietarios dos terreos e dos animais, para o benestar dos propios animais, que son criados baixo as condicións da gandería ecolóxica, para os seus consumidores, e para a sociedade en xeral, xa que evitamos a aplicación de produtos contaminantes" "Os beneficios son de todo tipo: para os propietarios dos terreos e dos animais, para o benestar dos propios animais, que son criados baixo as condicións da gandería ecolóxica, para os seus consumidores, e para a sociedade en xeral, xa que evitamos a aplicación de produtos contaminantes, a biodiversidade aumenta, a captura de carbono é maior e o risco de incendios diminúe", explica Antonio Rigueiro. O único prexuízo detectado polo emprego das ovellas en silvopastoreo nesta plantación de cerdeiras é un pequeno desprendemento de casca na parte baixa do tronco dalgunhas árbores, "pero trátase dunha capa fina moi superficial, polo que estimamos que non supón un dano para as árbores nin terá impacto logo na venda da madeira", indica o director do grupo de investigación. Até 500 euros de aforro por hectárea e ano "Traducido a rendemento económico, a produción animal estímase en 250 euros por hectárea e ano no caso da carga animal máis baixa, e ata 500 euros por hectárea se empregamos oito ovellas por hectárea" O estudo desenvólvese desde o ano 2010 nunha parcela de máis de 100 hectáreas propiedade da empresa Bosques Naturales e situada no concello coruñés de Boimorto. Para a recollida de datos nesta superficie establecéronse dúas cargas gandeiras diferentes: catro e oito ovellas por hectárea, co obxectivo de comparar os efectos da cantidade de animais destinados a silvopastoreo en parcelas de características similares. Segundo Antonio Rigueiro, "traducido a rendemento económico, a produción animal estímase en 250 euros por hectárea e ano no caso da carga animal máis baixa, e ata 500 euros por hectárea se empregamos oito ovellas por hectárea. Ademais, hai que considerar o aforro que supón prescindir do uso de herbicidas, que pode ter un custo aproximado de 200 euros por hectárea e ano, considerando o custo do produto e a man de obra para aplicalo". Para a obtención de resultados, a investigación, da que tamén é responsable a profesora da EPS María Rosa Mosquera Losada, analiza parámetros coma a biomasa de raíces, a acidez do solo (que resulta máis elevada nas zonas sen pastoreo) e o seu contido en elementos como fósforo, potasio, magnesio ou calcio. Tamén se recollen as variables de produción de pasto e a súa calidade, así como o crecemento en altura e diámetro do arborado. O silvopastoreo do sotobosque en zonas de plantación de especies arbóreas pode realizarse tamén con outras especies ademais das ovellas, como cabras, vacas, cabalos ou mesmo porcos O silvopastoreo do sotobosque en zonas de plantación de especies arbóreas pode realizarse tamén con outras especies ademais das ovellas, como cabras, vacas, cabalos ou mesmo porcos, dependendo do tipo de cuberta vexetal do sotobosque: "Cabalos e cabras funcionan moi ben en pasto leñoso, mentres que as ovellas e as vacas adáptanse mellor ao pasto herbáceo. No caso das cabras, só son recomendables con eucalipto, ou con outras especies cando se trata de árbores adultas e a casca do tronco xa está engrosada. Tamén temos experiencias moi positivas con porcos en soutos de castiñeiros", explica Antonio Rigueiro. |
NOS_14416 | 53% mudaron o seu domicilio a Madrid. | O traslado de domicilio social dun territorio a outro non é unha novidade. Mesmo o goberno de Núñez Feixóo ordenou no seu día á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empresas localizadas na Galiza a Madrid atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos. Mais a dinámica continúa. Un Informe de D&B sobre o cambio de domicilio de empresas deita luz sobre Galiza. Nos tres primeiros trimestres de 2019 marcharon do noso país para se asentar noutros territorios do Estado 126 empresas. Facturaban entre todas elas 207 millóns de euros. Neses mesmos 9 meses o país recibiu doutras autonomías 161 compañías. Un saldo positivo de 35 firmas. A facturación sumada de todas as empresas que durante eses trimestres optaron por se mudar a Galiza era de 81 millóns de euros, moi inferior á cifra de vendas das que marcharon do país: 207 millóns. Porén, a facturación sumada de todas as empresas que durante eses trimestres optaron por se mudar a Galiza era de 81 millóns de euros, moi inferior á cifra de vendas das que marcharon do país: 126 millóns de euros menos. Destino E a onde foron as empresas que estaban na Galiza e mudaron o seu domicilio? Pois 53% delas a Madrid, principal receptora das firmas que marchan non só de Galiza, senón tamén do resto de territorios do Estado. As seguintes comunidades de 'destino' foron Catalunya, Canarias e Asturies. Entre 2013 e 2016 foron 458 as empresas que mudaron o seu domicilio social, deixando Galiza por outra autonomía. Unha mudanza que implicaba, en termos de facturación, uns 540 millóns de euros. A principal beneficiaria destes traslados foi Madrid, que pasou acoller 207 desas 458 sociedades, e 67% deses 540 millóns de euros. Non é algo exclusivo de Galiza. Madrid, cabalgando no efecto capitalidade que lle permite unha política fiscal de mínimos, actúa como succionador de empresas de todos os territorios do Estado. |
NOS_49237 | Continúa a polémica política arredor do documento que manexa Podemos, En Comú Podem e En Marea na negociación co PSOE, a conta da ausencia no texto de propostas galegas. | Beiras atribuíu o problema a unha "falta de conexión" entre as/os parlamentares de En Marea e Podemos, mais o coordenador da xestora da organización podemita na Galiza, José García Buitrón, non avala esta visión do veterano líder de Anova. En realidade, García Buitrón nega a maior. En declaracións a La Voz de Galicia, recusa a tese de que o texto ningunee Galiza. "Tampouco hai ningunha proposta sobre Estremadura e Castela-A Mancha", afirma. García Buitrón vai alén diso ao revelar que Yolanda Díaz, coordenadora de Esquerda Unida, é unha das coautoras dun documento no que se estabelece a tese de que o Estado debe aceitar o dereito a decidir daquelas "nacións" que o pidan "con especial intensidade". Esa "especial intensidade" non debe ser de aplicación a Galiza, a xulgar polo documento, que limita a demanda de referendo a Catalunya, deixando fóra a proposta dunha consulta para Galiza realizada por Alexandra Fernández, portavoz de En Marea, en distintas comparecencias perante os meios. Buitrón ten un perfil político -durante anos estivo nas proximidades do PSOE coruñés- moi distante das posicións de Anova dentro de En Marea. En todo caso, ao sinalar Yolanda Díaz como coautora do documento, refuta a tese beirista do "desfase" ou da falta de coordenación entre En Marea e Podemos. |
NOS_48233 | O concello do Grove acolle un dos litorais máis amplos (case 50 quilómetros lineais), variados e valorados da Galiza. | Combina tramos na ría de Arousa, onde abundan os bancos marisqueiros, e tramos de costa exposta ao Atlántico, con áreas rochosas e longas praias que conservan, en xeral, bos sistemas de dunas. Un percorrido en coche permite achegarse a moitos puntos de interese para un primeiro coñecemento. Paraxe: O Salnés / Concello: O Grove / Percorrido: 50 quilómetros (circular) / Dificultade: Baixa Entramos no territorio do Grove na primeira rotonda do istmo da Lanzada e, a 800 metros, temos outra na que facemos a primeira parada, ao pé do observatorio das aves, para ver a enseada. Seguimos en dirección ao Grove e, de novo, a 800 metros chegamos a outra rotonda que ten un desvío á Telleira, onde podemos ver o que queda do forno de tella que lle dá nome ao lugar. De volta na estrada chegamos, após dous quilómetros, a outra rotonda na que collemos á dereita en dirección á illa da Toxa para darlle unha volta. De regreso, na saída da ponte, imos á dereita para achegarnos ao porto do Grove e, seguindo pola beiramar, rodeamos o Esteiro e chegamos á punta de Cantodorxo. Hai que volver atrás uns 500 metros para chegar até unha desviación á dereita, que pasando por Rons nos leva até o porto de Meloxo, especializado na descarga de mexillón. Deixamos Meloxo e a 1,5 quilómetros atopamos un desvío sinalizado a San Vicente do Mar e, por el, en 900 metros, chegamos á estrada que vén do Grove e collendo á dereita logo atopamos, a 200 metros, unha variante á esquerda para subir ao miradoiro do monte Loureiro, desde o que temos unhas amplas panorámicas de toda a ría, do istmo da Lanzada e da costa exterior coas illas de Sálvora, Ons e Cíes. Alí mesmo está o Centro de Interpretación do Espazo Natural e ao seu carón o monte da Siradella. Volvemos á estrada principal e continuamos até o desvío a punta Moreiras. De novo en ruta asfaltada, a uns 2 metros temos un camiño á dereita, á praia da Mexilloeira, que acolle, na trasduna, a Bodeira, unha lagoa litoral de gran riqueza vexetal e animal. De novo na principal temos por diante outro quilómetro e medio antes de desviarnos á dereita para baixar á praia do Carreiro, onde se atopa a necrópole medieval de Adro Vello, e á punta de San Vicente, onde a costa deixa de ser ría para volverse mar aberto. De novo arriba imos á dereita para, a uns 300 metros, volver deixar a estrada principal e poder baixar ao Con Negro. O seguinte lévanos a Pedras Negras (urbanización, porto deportivo, praias e fermosas panorámicas). Desde aquí temos 3,5 quilómetros ao miradoiro que hai ao comezo da praia da Lanzada, pasando antes ao pé de varias praias recoñecidas e visitadas (Balea, Raeiros...). De volta na Lanzada completamos o percorrido. |
NOS_10283 | Martín Romero (Xión, 1981) é o ilustrador galego convidado na XVIII edición de Viñetas desde o Atlántico, o salón do cómic da Coruña, que se inaugura esta segunda feira (10 de agosto). Estudou Deseño Gráfico en Lugo e Ilustración en Barcelona. A súa obra, con grande acollida en Francia, recibiu numerosos premios. | Que supón para vostede participar no salón do cómic? Faime moita ilusión, máxime tratándose do salón do cómic da cidade de onde vivo. Véxoo como un recoñecemento á miña carreira e supón toda unha experiencia compartir espazo con autores e autores que admiro. En que consiste o seu papel no salón do cómic? Participarei nas actividades destinadas aos convidados e esta cuarta feira (13 de agosto) ofrecerei unha conferencia no Kiosko Alfonso. Da quinta ao sábado terán lugar as sesións de sinaturas e tamén o sábado participarei no festival de autoedición "Autobán". Ademais, no Kiosko Alfonso presento a exposición máis grande que tiven a oportunidade de facer até o de agora. Que traballos presenta na exposición? Consiste nun breve percorrido desde o principio da miña traxectoria. Abrangue desde os traballos en fanzines, de cando empecei a debuxar ao redor de 2007, até as obras da actualidade, mesmo tres traballos que anda non saíron publicados. En canto aos estilos, expoño toda unha variedade de páxinas de cómic, serigrafías, ilustracións… Tamén hai partes do meu último traballo publicado aquí, "Episodios lunares", pois xa fora publicado en Francia hai dous anos. Que contan as historietas de "Episodios lunares"? Recompila historias que creei do 2007 ao 2009 cun nexo en común: a perda. As historias falan de volver comezar e están tratadas con humor negro, sempre empapadas de fantasía. Que destacaría da evolución da súa obra? Penso que a evolución foi coherente. Tratei de pulir o que me gustaba e probei aspectos diferentes en cada proxecto, pero sempre na miña liña. Fun variando un pouco e formulándome novos retos: do branco e negro á cor, de historias curtas a historias longas, de historietas dunha páxina a historietas amplas… tratei de ir cambiando para non aburrirme. Gosto de propoñer novos e de traballar coa fantasía para falar de temas cotiás ou dun imaxinario fantasioso. Estamos pasando por un momento con moita variedade no mundo da banda deseñada galega Hai quen cualifica de poéticas as súas páxinas… Pode ser, eu intento traballar moito coa fantasía e que a característica coa que debuxe un personaxe, por exemplo un monstro, teña unha aparencia física que fale da personalidade que lle quero dar. Supoño que a relación entre a idea e a representación gráfica poderá chamarse poético, mais eu non o considero unha influencia poética. Tamén din que é un mestre da cor. Leva bastante tempo elixir as cores e, ao final, sempre traballo cunha paleta moi reducida de cores á que trato de sacarlle o máximo partido. Busco cores particulares para cada historieta, pois a cor axuda a potenciar cada historia. Por que cre que trunfa en Francia? Non lle chamaría triunfo. Simplemente, en Francia os libros que fun publicando tiveron boa acollida e estou realmente satisfeito por iso. Porén, sigo sen vivir do cómic. É complicado facelo. Centro o meu investimento no que é o cómic, mais vivo da ilustración. Agora concedéronme unha bolsa do Vegap (Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos) e estou finalizando outro proxecto de cómic. Como ve o mundo da banda deseñada en Galiza? Véxoo ben porque hai moita actividade con moita xente nova que fai traballos interesantes- É de salientar a personalidade dos autores e autoras, moi diferentes entre eles. Estamos pasando por un momento con moita variedade no mundo da banda deseñada galega. Cales son os seus próximos proxectos? Rematei un cómic pequeniño "Lost horizon" para una pequena editorial canadense que sairá publicado ao longo deste ano no Canadá. Estou traballando noutro cómic coa axuda do Vegap. Vai ser longo pero espero rematalo en breve. |
NOS_82 | Foi ratificada polo reino de Tonga, o último dos 187 membros da OIT que aínda non o fixera. Non obstante, aínda hai uns 152 millóns de nenas e nenos no mundo sometidos a explotación laboral. | A Convención sobre as Peores Formas de Traballo Infantil converteuse na primeira, en 100 anos de historia da Organización Internacional do Traballo (OIT), adoptada de forma universal por todos os membros do organismo, anunciou na cuarta feira, 5 de agosto, o seu director xeral, Guy Ryder. A convención, adoptada en 1999 e que pide a eliminación de todas as formas de explotación infantil, incluíndo a escravitude e o traballo forzado, terá alcance universal despois de que o último dos 187 membros da OIT que aínda non a ratificara, o reino de Tonga, fixéseo a nivel nacional, explicou Ryder. O histórico paso, subliñou, supón que "todas as crianzas do mundo se beneficiarán da protección legal" que se extrae da convención, tamén comprometida a eliminar o recrutamento de menores de idade en conflitos armados ou a súa explotación sexual. Da teoría á práctica Pese a este importante paso adiante, Ryder recordou que se calcula que aínda hai uns 152 millóns de nenas e nenos no mundo sometidos a explotación laboral, e case a metade, 73 millóns, en actividades de risco. Máis de dous terzos destes menores traballan no sector agrario e en actividades familiares non retribuídas, explicou. O máximo responsábel da OIT engadiu que a actual pandemia da Covid-19 "ameaza con reverter anos de progresos", dado que a perda de empregos e o incremento da precariedade de numerosas familias fará que "moitas buscarán formas suplementarias de lograr ingresos para sobrevivir, e nesas circunstancias a tentación de poñer a traballar os seus nenos aumenta". Ryder sinalou que unha das rexións do mundo onde ese risco é maior é América Latina, onde se calcula que 5,3% dos menores de idade (máis de 10 millóns) exercen diferentes formas de traballo infantil ilegal. |
NOS_45813 | No primeiro semestre de 2020 | Galiza rexistrou 16.518 mortes e 7.562 nacementos no primeiro semestre de 2020 o que deixa un saldo vexetativo negativo de 8.956 persoas. Deste modo, o saldo vexetativo galego agudiza os seus datos negativos respecto ao mesmo período de 2019 (cando esa fenda entre nacementos e falecementos era de 8.456), segundo publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). Con todo, Galiza deixa de ser o territorio con peor saldo vexetativo, pero non porque mellore as súas cifras, senón por empeoramento doutras comunidades nun semestre marcado pola primeira vaga do coronavirus. Así, Cataluña presenta a maior diferenza entre defuncións e nacementos (-15.347), seguida de Madrid (-14.895) e Castela e León (-12.668). Na Galiza, as 16.518 mortes son 323 (+2%) máis que no primeiro semestre de 2019. Neste caso, é unha diferenza menor ás cifras de falecidos na Galiza na primeira onda (619). Pola súa banda, os nacementos (7.562) seguen á baixa, pois son un 2,3% menos que no seis primeiros meses de 2019 (7.739). Aínda así, esta diminución é menos acusada que o ritmo de baixada dun ano antes (-7,4%). De feito, o 2,3% de decrecemento do primeiro semestre de 2020 é inferior ao da media española (-4,2%). Galiza disputa con Mónaco e Xapón ser o país coa taxa de natalidade máis baixa do mundo. Con 7 nacementos por cada mil habitantes só superamos, en todo o mundo, o ratio de Mónaco, con 6,7. A isto engádese que temos dos índices de fecundidade máis baixos. Ou sexa, que estamos entre aqueles territorios onde o número de fillos e fillas por muller ao longo da súa vida fértil é menor. Galiza forma tridente con Asturies e Canarias. E moi perto delas está Madeira (Portugal). Son catro territorios en serio risco do que se denomina 'inverno demográfico', con baixas taxas de fecundidade e natalidade, e poboación aventellada. |
NOS_3098 | Perto de 10.000 persoas asistiron en San Lázara o partido en homenaxe ás vítimas do sinistro do Alvia e en recoñecemento á veciñanza de Angrois | Empate a ceros entre a SD Compostela e o Celta de Vigo en San Lázaro, o estadio da capital de Galiza que acolleu o partido en memoria das 79 vítimas mortais do accidente de tren do 24 de xullo. E un partido tamén en homenaxe á veciñanza de Angrois e a tod@s @s que axudaron nesa xornada e as seguintes. Que o partido finalizase en empate non significa que estivese escaso de emoción e oportunidades por parte de ambas as dúas escadras. Houbo fútbol, ocasións... e irmandade entre dúas afeccións que historicamente mantiveron, e manteñen, moi boas relacións. |
NOS_57464 | Tres semanas de intensa actividade chegaron á súa fin este domingo, 29 de abril. Máis de 30.000 persoas visitaron o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Desde a organización salientan, sobre todo, os públicos adolescente e profesional. | A que a dirección do certame -que atinxiu a súa edición número 19- cualificou de "salón máis internacional" reuniu máis de 150 actividades. Nelas participaron, ademais do público xeral, uns 60 centros escolares, 14 deles de ensino secundario e os demais de infantil e primaria. O primeiro Congreso Internacional de Mediación Lectora, encontros profesionais de ilustradores, conferencias agrupadas baixo o epígrafe A lectura é unha arma cargada de futuro, o primeiro Encontro de Clubes de Lectura ou a Escola de Pais e Nais foron algunhas das novidades do certame. Con elas chegaron novas audiencias. Na XIX edición do Salón de Libro México foi o país convidado. Unha delegación de doce profesionais impartiron arredor de 60 actividades. Ademais, autoras e autores galegos "transmitiron directamente o seu saber": Rosa Aneiros, Anair Rodríguez, Ledicia Costas, Tamara Andrés, Anxo Fariña, Fran Alonso, María Reimóndez, Antonio García Teijeiro, Luz Beloso, Mercedes Queixas, Víctor Rivas, Kiko da Silva... Librarías efémeras, obradoiros, contacontos e, tamén por primeira vez, o Salón máis alá do Pazo da Cultura e espallado por toda a cidade fixeron do encontro un con "gran repercusión a nivel Galiza e internacional", segundo afirmou a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces. |
NOS_2407 | Case 200.000 euros investirá o Concello de Pontevedra no polígono empresarial de O Campiño. Un dos principais obxectivos desta intervención non é outro que pór fin ás carreiras ilegais que se realizan nas súas rúas. Unha práctica perigosa e coñecida pola veciñanza da zona, que pese ao control policial segue sucedéndose nalgunhas noites. | O plano deseñado polo Concello de Pontevedra aposta na instalación de pasos de peóns sobreelevados, máis coñecidos como lombos, nas rúas do polígono ben como na zona de estacionamento. Este último punto foi usado ao longos dos últimos dez anos como lugar de encontro para seareiros do motor. Situada nun dos extremos do polígono, perto do cruzamento que vai cara á Fracha, é unha das ubicacións críticas segundo constatan os corpos de seguridade. Por suposto, o plan do goberno local non está destinado exclusivamente a lle pór freo a esta práctica ilegal, aínda que iso si estea entre os seus obxectivos principais. O proxecto apreséntase coma unha mellora da seguranza viaria e da accesibilidade, e creará itinerarios peonís para comunicar as áreas do estacionamento co resto do polígono. Estes percorridos segregados de uso exclusivamente peonil servirán tamén para acadar o calmado do tránsito e impedir actuacións fóra da lei. O concelleiro e delegado do goberno local na parroquia de Marcón, Alberto Oubiña, recoñece que esta actualización do polígono é unha vella demanda da zona e sinala a obvia problemática e a perigosidade das prácticas automobilísticas ilegais. "A situación de O Campiño, situado nun val, fai que todos os veciños da zona se percaten da presenza dos coches que suben a grandes velocidades", sinala. "É algo incomodísimo e inseguro. No propio polígono hai xente que, polos turnos de traballo das empresas nas que exercen, entra de madrugada no seu posto. Temos que protexelos. Este é un proxecto moi necesario tanto para os veciños coma para os traballadores". Unha vez se adxudique a obra en cuestión, a empresa que se faga co contrato terá un prazo máximo de tres meses para executar o encargo. A cifra concreta para realizar o proxecto é de 197.000 euros. A intervención era de extrema necesidade, explica Oubiña, porque tamén se refará un tramo extenso da estrada que chega até a fronteira con Ponte Caldelas. A importancia de reconverter este tramo fíxose aínda máis acuciante após o accidente mortal dunha condutora o ano pasado, e as continuas saídas de vía rexistadas nesta zona. "As vidas das persoas non teñen prezo, por iso o proxecto non é caro nin barato, simplemente é necesario". "As vidas das persoas non teñen prezo, por iso o proxecto non é caro nin barato, simplemente é necesario", di o concelleiro Alberto Oubiña No ano 2006, O Campiño chegou a ser famoso en toda a provincia, após acoller concentracións de case un millar de persoas. Derrapes, queimaduras de rodas, carreiras ilegais... Unha fin de semana de agosto os corpos policiais contaron perto de 700 individuos. Naquela ocasión interpuxéronse máis de setenta denuncias por condución temeraria ao longo dunha soa noite. A principios deste ano, a Gardia Civil de Tráfico tivo que facer acto de presenza para disolver unha reunión cuns 300 participantes. O certo é que as accións para o control do tráfico e a mellora na seguridade viaria implantadas polo Concello de Pontevedra demostraron o seu éxito ao longo do tempo. O modelo, que moitas veciñas asocian coa instalación dos lombos, mostra unhas cifras que deixan en nada calquera comentario negativo sobre a súa posíbel incomodidade a hora de atravesalos. No pasado mes de febreiro, a cidade de Pontevedra celebrou o seu sétimo ano consecutivo con cero mortos nas vías urbanas. A seguridade é un feito, e agora o Concello tratará de levar estas cifras tamén as parroquias do ámbito rural. No pasado mes de febreiro, a cidade de Pontevedra celebrou o seu sétimo ano consecutivo con cero mortos nas vías urbanas. No 2016 rexistáronse un total de 884 sinistros en vías urbanas cun saldo de 113 feridos leves e 18 graves (que requiriron atención hospitalaria). Os futuros plans de seguridade que manexa o goberno local contemplan baixar tamén esa cifra até o cero. Un reto necesario, mais cun valor humano engadido de suma importancia. Na fotografía que acompaña o corpo do texto, da autoría de C.P., aparece o concelleiro Alberto Oubiña |
NOS_49139 | Oito de cada dez prazas residenciais e seis de cada dez centros de día na Galiza son privados, e a teleasistencia apenas atende 8.370 persoas, nun país onde 122.731 persoas maiores de 65 anos viven soas. | A maioría de escanos coa que o PP conta no Parlamento galego impediu que esta terza feira, 9 de novembro, prosperase unha iniciativa na Cámara para mellorar o modelo de coidados, especialmente os destinados á dependencia, co reforzo do Servizo de Atención no Fogar, ampliando o seu financiamento pola Xunta, así como os tipos de coidados e horas do servizo, e despregando ao mesmo tempo un plan de inspección para garantir o cumprimento dos dereitos laborais e salariais das traballadoras deste servizo. Así constaba nunha moción presentada pola deputada Olalla Rodil (BNG), que tamén defendía a ampliación da rede de centros de día e residencias públicas, priorizando os concellos e comarcas que non contan na actualidade con este servizo e mudando o actual modelo residencial cara a un baseado "en máis persoal de atención directa, centros de menor tamaño, unha maior integración sociosanitaria e unha maior participación de residentes e familiares nos órganos de xestión". A estes dous eixos, Rodil engadiu un terceiro: o despregue real e efectivo da teleasistencia como recurso fundamental e co obxectivo de dar cobertura progresivamente ao conxunto das persoas maiores de 65 anos que viven soas e non só como formula o Goberno español, ás de grao de dependencia. Trátase de ir implementando "un modelo de coidados máis humano e, sobre todo, máis público, que garanta o dereito á autonomía persoal e a unha vellez digna, para que non volvan ser nunca máis un negocio". Rodil criticou o modelo asistencial do PP por facer que "oito de cada dez prazas residenciais na Galiza sexan privadas, seis de cada dez centros de día sexan privados e que a teleasistencia apenas atenda as 8.370 persoas nun país en que hai máis de 65.200 con algún grao de dependencia e 122.731 persoas maiores de 65 anos que viven soas". Vacinación indebida O Partido Socialista instou o PP a retirar o seu apoio á alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, por empregar o seu "cargo de influencia" para vacinarse da Covid-19 sen pertencer a ningún grupo de poboación vulnerábel. Así o pediu o deputado do PSdeG, Julio Torrado, no debate dunha moción no pleno do Parlamento galego de rexeitamento das vacinacións indebidas e na que os socialistas pedían contratar 200 profesionais de enfermaría adicionais para o plan de vacinación. A moción foi rexeitada polo PP. Torrado puntualizou que "estamos agardando que o PP diga que a alcaldesa de Boimorto debe dimitir", e lembrou que por moito que Novo teña causado baixa no partido, o PP municipal segue a apoiala á fronte do Concello. |
PRAZA_8069 | O concelleiro ex socialista que os censores promovían como novo alcalde di valorar accións legais contra o consistorio vimiancés por non tramitar a moción e contra o PSOE por non expulsalo seguindo os procedementos establecidos. | "Non vai haber moción de censura". O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo (BNG), ratificaba esta tarde, ante a prensa e apoiado por veciños e veciñas da localidade, que a operación artellada por sete edís da corporación -os grupos do PP e do PSdeG sen os seus voceiros xunto a Independientes por Vimianzo (IxV)- viña de ser dobremente desactivada. A moción ficou invalidada, segundo un informe do secretario municipal, por non "reunir os requisitos" legais, a saber: primeiro tiña que ser o propio secretario quen validase o documento e, posteriormente, tería que ser rexistrada. Advertidos dese defecto formal os edís censores tentaron este martes volver tramitar a moción, desta volta polo cauce axeitado, pero dous deles viñan de ser expulsados do PSdeG. E neste punto a moción si ficaba invalidada. Ao contrario do que aconteceu nas diversas censuras realizadas en concellos galegos ao longo do pasado mandato municipal, á de Vimianzo xa lle afectaba a reforma da lei electoral, segundo a cal para aprobar unha moción na que estean implicados concelleiros considerados tránsfugas polos seus partidos non abonda con que conten coa maioría absoluta do pleno -neste caso tíñana-, senón que precisan un ou unha edil máis por cada tránsfuga implicado. Así as cousas, precisarían dúas sinaturas máis coas que non contan e a censura non chegará a bo porto. "O pobo de Vimianzo ordenou non á corrupción", resume o alcalde. A nova lei electoral esixe un concelleiro adicional por cada tránsfuga implicado na moción Mentres na casa do Concello vimiancés Antelo informaba do cambio de rumbo dos acontecementos, nun coñecido hotel compostelán tres dos edís censores explicaban a súa versión dos feitos. Quen compareceron ante a prensa foron José Manuel Rodríguez, o agora ex socialista que fora proposto como candidato á alcaldía na moción de censura, e dous dos tres membros do grupo municipal de IxV, Manuel Soto e Mónica Rodríguez. Os tres aseguran que están a valorar recorrer á Xustiza porque o sábado, cando foron rexistrar a moción, "non estaba a secretaria" municipal. Segundo Soto, o propio alcalde tamén "desapareceu" para así impedir que a moción se tramitase. Pero as ameazas sobre posibles accións legais esténdese tamén ás direccións do PSdeG e do PSOE. Segundo Rodríguez, el mesmo acudio á sede nacional dos socialistas galegos para consultar se seguía a constar como afiliado do partido e alí non foi informado. Neste escenario, optou por acudir á sede federal socialista, en Madrid, onde "me din que son afiliado de toda lei". Xusto despois, de volta en Galicia, remata, é informado de que no Concello de Vimianzo xa foi rexistrado un escrito, con data de 4 de marzo, no que o PSOE notificaba a súa baixa como afiliado. Isto, acusa, produciuse sen que se lle dese dereito a "audiencia". Segundo os edís implicados, a censura era apoiada "pola maioría silenciosa" de Vimianzo A cuestión procedimental foi, non obstante, residual na comparecencia de Rodríguez, quen investiu notablemente máis tempo en cargar contra o que xa é o seu ex partido e tamén contra o BNG. Antelo, acusa, está "facendo unha política rastrera, con ameazas, ataques a funcionarios" e por iso "eu falei con Fran Caamaño", secretario xeral do PSdeG na Coruña, para que "falase con Jorquera", voceiro parlamentario do Bloque, "para que parase o acoso e estábamos dispostos a parar a moción". Non obstante, advirte, a operación "íalle dar unha alcaldía ao PSOE, que non ten tantas". Segundo Rodríguez, as alertas lanzadas polo alcalde sobre as "corruptelas" desenvolvidas no Concello durante anos non son máis que "para machacarnos, como fai o BNG en todos os sitios" e iso tamén valora denuncialo. Mentres, di Soto, de IxV, a "maioría silenciosa" da vila comezou a sentir "alegría" pola presentación da censura. A existencia desa suposta maioría, asegura, "vaina comprobar" o alcalde "cando volva haber eleccións". Capítulo final, cando menos de momento. |
QUEPASA_695 | "É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares". | Segue medrando o proxecto dos Ecocomedores Escolares na Costa da Morte, que nace dende as cociñas da comarca, pero que conta co apoio do GDR Costa da Morte. O pasado venres tiña lugar unha nova reunión en Vimianzo na que participaron unha ducia de representantes de centros de ensino interesados en adherirse á esta iniciativa. Unha proposta para mellorar a comida d@s nos@s fill@s, aproveitando a calidade gastronómica da nosa comarca, fomentando o uso de produtos de km.0 e de temporada, e fomentando a creación dun menú saudable común. Esta reunión, promovida por unha das impulsoras, a pontecesá Sandra Varela, cociñeira no CEIP Os Muíños, serve para ir saldando dúbidas e ir presentando os avances. Varela amosou as fichas técnicas que ten realizado de moitos pratos para o menú e "as vantaxes son moitísimas en aforro, facilidade de traballo e control de materias", explica. Aproveitou para debullar a experiencia que levan, despois de 3 anos, no centro muxián, e os cambios positivos que levan acadado. Foron moitas as dúbidas suscitadas, sobre todo como aceptan os nenos (e os pais) ese cambio. E sendo conscientes de que "non vai ser fácil", a iniciativa é ben fermosa. O "circuito corto" O "circuito curto", é dicir, consumir produtos de km.0, de proximidade, fomentando ademais a produción ecolóxica na comarca e animando a produtores locais a facer máis cousas, é unha das ideas que mellor cala. Pero Varela, sinala que "traballar en común pais-direccións-productores-comedores, aínda que moitas veces non sexa fácil, é o ideal. Así como a idea de que o comedor forme parte do programa educativo do cole, e non un servizo aparte". Desta volta presentes representantes das ANPAS, DIrección ou cociñas de Zas, Laxe, A Picota, Ponteceso, Baio; Cabana, Dumbría, Coristanco e Os Muíños, e o proxecto segue aberto aos 22 centros de ensino da comarca, dende Laracha ata Muros. |
PRAZA_18896 | Haberá que agardar aos próximos días para analizar correctamente a habitual distorsión das tendencias durante as fins de semana, nesta co engadido das celebracións de fin de ano | Haberá que agardar aos próximos días para analizar correctamente a habitual distorsión das tendencias durante as fins de semana, nesta co engadido das celebracións de fin de anoSe nas fins de semana xa era habitual que a diminución de probas e altas hospitalarias distorsione os datos da evolución da pandemia de coronavirus en Galicia, a esta que agora remata coa celebración engadida do Aninovo haberá que mirala mellor nos próximos días para saber como se están a comportar as curvas de novos casos detectados. O que si é un feito é que nos hospitais, á espera das altas que se poidan producir este luns, había na tarde deste sábado día 1, momento en que o Sergas pechou os datos que facilitou o domingo pola mañá, 360 persoas hospitalizadas con COVID-19, 70 máis que as 270 da tarde do xoves día 30.Analizando a situación hospitalaria a respecto de hai unha semana, os casos ingresados son 86 máis. Pero a gravidade dos que precisan atención intensiva nas UCI non parece estar a aumentar, con 52, cifra similar ás que se veñen rexistrando desde hai dúas semanas. En todo caso, eses números hai que contextualizalos coas seis novas mortes comunicadas polo Sergas nas tres últimas xornadas, ata un total de 2.766 desde o comezo da pandemia.Canto aos novos positivos detectados, a cifra diminuíu progresivamente nas dúas últimas xornadas desde o pico de 5.800 novos casos sumados o venres, con 5.200 o sábado e 3.500 engadidos polo Sergas ao cómputo global este domingo. Pero as probas PCR, por exemplo, aínda que non sexan as únicas empregadas para detectar positivos, pasaron de 17.400 comunicadas o xoves a 13.200 comunicadas este domingo. |
NOS_36595 | O prezo máximo rexistrarase entre as 9:00 e as 10:00 horas, con 172,77 euros/MWh. | O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira 8,73% con respecto a este domingo, até os 146,43 euros por megawatt hora (MW), segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista -o denominado 'pool'- situarase esta segunda feira en 139,8 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 9:00 e as 10:00 horas, con 172,77 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 107,57 euros/MWh, darase entre as 23:00 e as 00.00 horas. O prezo do gas deixa sen aplicación, por primeira vez desde a súa entrada en vigor, a 'excepción ibérica' A este prezo do 'pool' súmase a compensación ás gasistas de 6,63 euros/MWh, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada ou teñen que renovar o seu contrato. En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da electricidade no Estado sería de media158,22 euros/MWh, o que supón11,79 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así un 7,45% menos de media. O encarecemento da enerxía dispara os prezos industriais até 42,8% O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros. |
PRAZA_98 | A construtora, que xa intentara un acordo con Edgewater en Corcoesto, negocia a compra de dereitos mineiros e a reapertura de explotacións de ouro, cobre ou wolframio. | Sacyr vén por todas. A compañía construtora acaba de chegar a un acordo con Macquari Capital, o maior financiador do mundo no negocio da minería extractiva, para ir mercando dereitos mineiros por todo o Estado e reabrir vellas explotacións e filóns de ouro, cobre, wolframio e outros metais. Os seus obxectivos son terreos en Estremadura, Andalucía, Castela A Mancha e Galicia, que é un dos territorios nos que fixou os seus propósitos. Sacyr, que xa intentara un acordo en Corcoesto, alíase cun xigante para reabrir vellas explotacións ou filóns no Estado, tamén en Galicia O acordo entre estes dous xigantes xorde nun cambio de estratexia por parte de Sacyr, que a través da súa filial Valoriza Minería alíase co xigante Macquari asegurando que o seu obxectivo é o desenvolvemento económico e o fomento de emprego en épocas de crise. As intencións da construtora xa quedaran claras cando hai meses chegara a un acordo con Edgewater para facerse cunha parte importante dos dereitos mineiros na zona a cambio de avalar as exixencias económicas que impuxera a Xunta. Pero os últimos atrancos legais, como a perda das concesións, así como o forte rexeitamento social imposibilitaran o pacto. A idea de Sacyr Vallehermoso é ir adquirindo dereitos mineiros vixentes ou explotacións que xa estean paralizados para xuntar unha importante carteira axiña, polo que xa hai negociacións en marcha. O propio conselleiro delegado de Valoriza, Gonzalo García, confirma en Cinco Días estas xuntanzas e advirte que "hai moitos permisos outorgados a pemes e incluso a enxeñeiros que están paralizados pola imposibilidade de asumir a parte da explotación". E aí entraría Sacyr, apoiado por Macquare Capital, que conta con máis de cen acordos en distintas industrias e lugares desde hai cun investimento que case alcanza os 2.000 millóns de euros. Corcoesto e outras explotacións paralizadas ou abandonadas poden ser o obxectivo de Sacyr E Corcoesto pode verse ameazado. Malia ter Edgewater a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada -a pesar de que o propio Valedor asegura que xa é totalmente inválida ao rexeitarse o proxecto- as súas intencións en Cabana de Bergantiños foron paralizadas pola Xunta e logo dun forte rexeitamento da cidadanía. O Goberno galego argumentara que non cumpría cos requirimentos técnicos e sobre todo financieros, que exixían uns fondos propios de máis de 100 millóns de euros. Agora, son moitos dos activistas contrarios á minería salvaxe que ven nesta aposta de Sacyr unha serie ameaza. Pero hai máis explotacións con problemas en Galicia que poderían ser adquiridas por Sacyr e máis nun territorio cunha lexislación mineira que pon unha alfombra vermella ás explotacións e cun Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia (Psaeg) de incidencia supramunicipal que prevalece mesmo sobre os plans urbanísticos de cada zona. Salvemos Cabana advirte dos riscos nesta aposta por "proxectos especulativos" efímeros que poden provocar "graves impactos ambientais" A plataforma Salvemos Cabana xa alertou de que a chegada de Sacyr fomentará os conflitos, xa que a súa intención son "proxectos especulativos" e "acaparar dereitos mineiros en todo o Estado e a apertura de novos filóns de ouro, cobre e wolframio baixo a escusa do desenvolvemento económico". O colectivo cre que, "tanto en Galicia como noutras zonas a minaría de gran porte non ten nin terá no futuro licenza social para o seu desenvolvemento, ao tratarse proxectos de escaso horizonte temporal pero que ao cabo dos anos poden carrexar graves impactos ambientais". Por iso, cre que o concepto empregado de "minería sostible" non deixa de ser "unha simple estratexia de comunicación creada polo sector extractivo co único fin de beneficiar as contas de resultados dos seus accionistas e investidores". Salvemos Cabana insiste en que "o auxe do neoextractivismo derivado da crise financeira internacional é, en definitiva, un intento moderno de recuperar o espírito da África colonial do século XIX, continente hoxe abatido na loita polos recursos e o saqueo das grandes corporacións transnacionais". |
NOS_52227 | A empresa enerxética ten pensado instalar outros sete aeroxeradores nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos. | O Boletín Oficial do Estado (BOE) somete nesta sexta feira a exposición pública a documentación do novo proxecto de macroparque eólico que a compañía Greenalia promove na comarca dos Ancares, e que estará composto por 19 aeroxeradores de 180 metros de altura. En concreto, a empresa instalaría estes muíños nos concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol. Presentan alegacións aos proxectos de parques eólicos Caíño e Brancellao, na comarca de Ordes O parque eólico Levante, así denominado, contará cunha potencia bruta de 106,4 megaWatts (mW) e 5.600 kiloWatts (kW) de potencia nominal unitaria. O orzamento total para o desenvolvemento destes 19 aeroxeradores será, segundo se detalla no BOE, de 111.324.279,58 euros. Asemade, o macroparque contará cunha rede subterránea de media tensión de evacuación, unha subestación colectora SET, e unha liña de alta tensión que conectará coa colectora SET do parque eólico de Ventisca, que tamén pertence a Greenalia. Desde este sábado, día seguinte á publicación dos informes sectoriais no BOE, ábrese un prazo de 30 días hábiles para que calquera persoa física ou xurídica que o vexa oportuno presente alegacións contra este proxecto. Paso polo Camiño de Santiago Segundo recolle a publicación do BOE, a evacuación de enerxía do parque eólico Levante levarase a cabo a través de tramos de liña aérea de alta tensión, a excepción dun tramo no que o tendido eléctrico será subterráneo, xa que cortará polo medio dunha etapa do Camiño de Santiago. A patronal eólica aplaude a proposta do PSdeG Desde a colectora SET Levante, a liña aérea de alta tensión conectará primeiro coa SET Pena do Pico, e despois coa subestación Monteiro. Porén, entre Monteiro e a colectora SET Ventisca, a aprobación do proxecto implicaría facer un cambio a un tendido subterráneo con canalizacións de formigón, xa que nese tramo atópase unha zona do Camiño de Santiago. Segundo proxecto de Greenalia nunha semana Esta pasada terza feira, o Diario Oficial da Galiza (DOG) sometía tamén a exposición publica o proxecto de parque eólico que a compañía ten pensado construír nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos. Máis de 2.500 muíños eólicos están situados en lugares da Rede Natura O parque, Lamas de Feáns, estará formado por sete aeroxeradores de 127,5 metros de altitude, cunha potencia nominal unitaria aproximada de 5mW, 33 en total. O orzamento superará os 27 millóns de euros. Parte das instalacións deste proxecto estarían situadas na zona de transición da Reserva Transfronteiriza Gerês-Xurés, mais Greenalia argumentou que o parque está a "máis de 5,5 quilómetros da zona de núcleo". |
PRAZA_8729 | Mulleres afectadas pola violencia en Guatemala viaxan á Coruña para denunciar ante a sede da empresa galega a súa intención de construír unha central hidroeléctrica que conta co rexeitamento masivo da comunidade indíxena e cuxo conflito derivou en asasinatos e represión contra os opositores. | O pasado 7 de abril o líder indíxena Daniel Pedro Mateo foi secuestrado e posteriormente asasinado por opoñerse á construción da hidroeléctrica que a transnacional Hidralia Energía, con sede na Coruña, promove en en Santa Cruz de Barillas, en Guatemala. O caso recorda moito ao sucedido hai case un ano, o 1 de maio, cando outro líder indíxena oposto ao proxecto, Andrés Francisco Miguel, tamén foi asasinado. Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, aínda que as autoridades se apresuraron a desementir toda relación e culparon a un enfrontamento entre veciños e mesmo a un asunto relacionado con drogas. Sexa como for, nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila, botando abaixo as portas das casas, esnaquizando as colleitas, detendo 21 persoas e traendo á memoria os tempos do xenocidio indíxena no país. Semanas despois foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica. O proxecto de Hidralia derivou nun ambiente de violencia e represión contra os opositores á hidroeléctrica Estas dúas mortes enmárcanse nun ambiente de violencia xerado ao redor deste polémico proxecto. Hidralia Energía instálase en Guatemala en 2008 e comeza a traballar nunha serie de proxectos de produción de enerxía hidroeléctrica en centroamérica coa conivencia dalgúns gobernos da rexión, comezando polo guatemalteco. Entre eles está o de Santa Cruz Barillas, unha pequena central de apenas 5.000 kW, xestionado pola empresa Hidro Santa Cruz e que dende o inicio contou coa oposición das comunidades indíxenas da zona. Non só porque se trate dun macroproxecto que podería borrar do mapa literalmente as súas comunidades, senón porque estas persoas se opoñen ao modelo enerxético proposto: explotación para a exportación e porque din que a empresa se negou a negociar con eles en todo momento. Ademais, argumentan quen en 2007 os habitantes da rexión votaron masivamente en referendo contra a instalación na zona de explotacións mineiras, petrolíferas ou eléctricas. "Na consulta, a cidadanía dixo claramente que non quería o proxecto, pero aínda así comezáronse os traballos; logo chegaron as mortes e os feridos, como dous homes que se negaron a venderlle as terras á compañía", denunciaron este martes Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas, representantes da coordinadora que agrupa os 38 colectivos que rexeitan a instalación hidroeléctrica e que se trasladaron á Coruña para denunciar a situación e protestar diante mesmo da sede de Hidralia na Coruña, apoiados por varios activistas sociais e con pancartas nas que se podía ler: "A mesma situación, a mesma resistencia: Galiza-Guatemala" ou "Hidralia: Cantas mulleres precisa violar para producir luz?". Natalia Atz e Paula Irene del Cid denuncian asasinatos, violacións, represión e meses de cadea para os activistas contrarios ao proxecto Ademais os colectivos de mulleres da rexión denuncian igualmente a responsabilidade da empresa coruñesa dos abusos e violencia que -alertan- están sufrindo as mulleres das comunidades indixenas desta rexión de Guatemala. Estes colectivos afírman que "a presenza de uniformes no seu territorio convértese nunha ameaza constante de violación sexual". Así, lembran a represión e os nove meses de cadea que sufriron once cidadáns "acusados de sedición ou terrorismo" por feitos que "terían ocorrido de maneira simultánea". "É unha incoherencia", lembran, tras advertir de que "non foron escoitados polos xuíces" para acabar sendo xulgados na capital, a 500 quilómetros, pero sen darlle opción a escoitar os cargos na súa lingua nai, que non é o castelán. "As persoas que se negan a vender as terras son as acusadas, van á cadea, perden os seus empregos e corren o risco de que lles sexan embargados os seus terreos polas débedas que acumulan", explican Natalia e Paula Irene, que insisten en alertar da situación que sofren as mulleres da súa comunidade. "Son perseguidas e ameazadas e moitas delas quedan sen marido nin fillos", engaden. "Acúsannos de estar contra o desenvolvemento, pero o que estamos é contra este tipo de desenvolvemento" Ademais, reiteran a oposición xeral da cidadanía ao proxecto de Hidralia -"non somos dous ou tres, somos moreas de persoas en contra", lembran-, que "xeraría moi poucos empregos a cambio de provocar unha enorme división no tecido social", á marxe da destrución do territorio e da súa forma de vida. "Acúsannos de situarnos en contra do desenvolvemento, pero o que non queremos é este tipo de desenvolvemento", aseguran. "Cantas veces temos que dicir que non?", pregúntanse, resumindo un conflito que equiparan na orixe ao que acontece en Galicia con proxectos mineiros como o de Corcoesto. O proxecto está paralizado á falta dunha última licenza municipal e é precisamente o Concello quen sofre as presións de cidadanía e empresa. "Mentres a xente lle pide que a rexeite, a empresa presiona a través dos seus avogados para que lle dea o visto e prace" Este martes a partir das 19:30 Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas participarán nun coloquio na Casa Museo Casares Quiroga con afectadas pola mina de ouro que Edgewater quere explotar en Corcoesto: Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza. O xoves manterán encontros cos grupos parlamentarios de AGE e BNG e ofrecerán unha palestra en Compostela sobre "Estado de sitio e violencia patriarcal en Barillas". O venres, en Vigo, manterán un encontro cos movementos sociais da cidade, organizado por Amigas da Terra e a Marcha Mundial das Mulleres. 'A trama enerxética' No caso de Hidralia, ademais, cómpre poñer sobre a mesa, como xa o fixeron algúns medios latinoamericanos, coma a Agencia Latinoamericana de Información, o seu documentado pasado de conflitos e ilegalidades. Foi fundada en 2006 polo empresario Luis Castro Valdivia, agora tamén representante legal de Hidro Santa Cruz; o seu irmán David é CEO de Hidralia e propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz. Porén, xa dende os anos oitenta Luis Castro Valdivia creou unha multitude de sociedades interpostas que foron recibindo distintas concesións para a construción de minicentrais e centrais eólicas. Nesta trama enerxética, revelada polos medios de comunicación e denunciada polo TSXG, tamén foron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia. As acusacións por tráfico de influencias, prevaricación e fraude foron desestimadas polo Xulgado de Instrución número 1 da Coruña en 2010, pero unha sentenza do TSXG de 23 de xuño de 2011 confirma as malas prácticas do proxectos. Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia por parte de medios de comunicación coma La Opinión, organizacións ecoloxistas coma ADEGA ou partidos coma o BNG, que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas. |
NOS_32845 | O comité de empresa de Alcoa avisou de que as mobilizacións subirían de intensidade se non había solucións ao fechamento anunciado pola multinacional. Onte deu un primeiro paso cunha xornada de folga que paralizou toda a comarca da Mariña e trasladou o conflito ás mesmas portas da sede da Xunta da Galiza en Compostela. | As fábricas de aluminio e alúmina da Mariña viviron este 1 de xullo unha xornada de folga apoiada, segundo o comité de empresa de Alcoa, por "100% dos concellos e estabelecementos da comarca". Ao mediodía centros de traballadoras e traballadores trasladáronse até Compostela para concentrarse ás portas dos edificios administrativos de San Caetano da Xunta da Galiza coa intención de exixir ao Goberno galego que apoie "unha intervención de Alcoa para que a planta continúe outros 40 anos", como resumiu aos medios de comunicación José Antonio Zan, presidente do comité de empresa. A falta de solucións ao fechamento anunciado pola multinacional e a forte presenza policial quentaron o ambiente polo que desde o comité rexeitaron aceptar unha reunión co responsábel de Industria da Xunta. Entre as consignas máis repetidas estaba a petición de intervención e o aviso de que "a próxima visita será con dinamita". As auxiliares contan "Xogámonos o futuro da comarca", explicaba Xosé Paleo, delegado da CIG en Alcoa, ao tempo que subliñaba que a decisión de levar as mobilizacións á capital galega "é para lembrarlle á Xunta que ten competencias en industria e que pode facer unha cousa fundamental, xunto co Goberno español, que é intervir as fábricas". As empresas auxiliares tamén estiveron presentes na concentración. O seu voceiro, Kike Rocha, instaba a Xunta e o Ministerio "a deixar xa de xogar e escoitar as reivindicacións que lle estamos a facer tanto desde o persoal da factoría como desde o conxunto da veciñanza da Mariña" e demandaba "que poñan en marcha de inmediato medidas contundentes". Na concentración participou tamén persoal doutras industrias electrointensivas como XEAL, Celsa Atlantic ou Alu Ibérica. Feixoo aposta máis polo turismo "O Xacobeo 21 non vai ser como tíñamos previsto, mais será motivo de reactivación social e económica para toda Galiza", anunciaba onte o presidente da Xunta e candidato do PP Alberto Núñez Feixoo. Esta afirmación, con todo o seu simbolismo, realizouna no acto de apertura do Camiño de Santiago, que consistiu en percorrer o tramo urbano de Compostela a poucos metros dos edificios administrativos da Xunta da Galiza no mesmo momento en que tiña lugar a concentración do persoal da factoría de Alcoa. Desde A Coruña, o conselleiro de Economía e Industria Francisco Conde, teimaba nos argumentos da multinacional norteamericana Alcoa sobre os prezos da enerxía e exixía "un prezo eléctrico competitivo" por parte do Goberno español. En declaracións aos medios omitía a proposta presentada polo secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, na última reunión multilateral e rexeitaba valorar a intervención da empresa, medida que piden desde o comité de empresa, afirmando que "falar de nacionalizar é tentar confrontar". |
NOS_7200 | A Fiscalía solicita penas de entre 6 e 12 anos de cárcere para as 12 independentistas, baixo unha acusación ("banda criminosa") que levaría a disolución de Causa Galiza e Ceivar. As procesadas apelan a colectivos e organizacións sociais, políticas e sindicais a "tomar parte" na denuncia do proceso. | Seis das doce independentistas procesadas na 'Operación Jaro' compareceron esta cuarta feira no local da CIG en Vigo para denunciar a escalada represiva que supón a petición formulada pola Fiscalía da Audiencia Nacional: 102 anos de prisión. Unha petición de entre 6 e 12 anos de cárcere para cada unha das encausadas, para alén que a acusación de 'banda criminosa' implicaría a disolución das organizacións no albo deste operativo: Causa Galiza e Ceivar. Desde as procesadas salientan que hai outras cuestións non menores: as multas de ducias de miles de euros ou o feito de que, de prosperar estas peticións, iso implicaría a suspensión de emprego nas administracións públicas para algunhas das encausadas. As persoas sometidas a este proceso da Audiencia Nacional española fixeron un chamamento a dar unha "resposta de país" fronte a esta escalada represiva. Así, apelan ao tecido social e político da Galiza a participar o 7 de decembro nunha reunión na que se informaría polo miúdo de todo o concernente ao proceso xudicial e se debaterían accións e mobilizacións a promover. Manifestación nacional "Hai diferentes proposta e e alternativas riba da mesa", afirma Joam Peres, unha das persoas encausadas, a Sermos Galiza, "como unha manifestación nacional, posibelmente en febreiro, presentar mocións, etc...". Calculan que o xuízo sexa en primavera-verán de 2020, polo que tamén contemplan accións de denuncia nas datas das sesións. "Estamos perante algo grave como é tentar tirar do mapa o independentismo organizado", salienta, "mais tamén a un ataque aos mínimos dereitos e liberdades políticas". Por iso, aponta, a resposta a esta vaga represiva debe de ser "ampla e plural". "O PSOE adiantouse a Vox" "O PSOE adiantouse a Vox", ironiza. Lembra a recente proposta da formación ultradereitista de ilegalizar organizacións independentistas e indica que iso é o que fai a Fiscalía ("e Pedro Sánchez aclarou hai pouco quen mandaba na Fiscalía") con este proceso. "Non nos encontrarán atemorizados, non baixaremos a cabeza", afirmaron as encausadas na comparecencia de imprensa, na que pediron a "anulación total do xuízo". |
NOS_33344 | As cifras da EPA e do IGE poñen de manifestó a perda de poboación moza na Galiza e a precariedade laboral que atinxe as persoas máis novas. | Desde o ano 2009, data na que Alberto Núñez Feijóo chegou ao goberno da Xunta, 132.000 persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos abandonaron a Galiza na procura dunha oportunidade laboral. Así o evidencian os dados extraídos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que, aliás, describen para a mocidade que fica no país unha realidade de desemprego e precariedade laboral. Neste senso, a taxa de paro segundo a propia EPA é do 40% entre os 16 e os 24 anos cunha ocupación, xa que logo, de apenas o 21% para esta faixa de idade. 312 mil persoas entre 18 e 34 anos viven na casa familias, case a metade sen ingresos Aliás, 312 mil persoas menores de 18 a 34 anos mora aínda na casa familiar perante a imposibilidade de se emanciparen, de acordo coas cifras da Enquisa estrutural aos fogares do (IGE). Case a metade delas sen ingresos, isto é aproximadamente 150 mil (47%), mentres que 30 mil perciben menos de 200 euros ao mes; 52 mil menos de 600 e 42 mil entre 600 e 1.000 euros. A principal causa é a temporalidade que predomina nas contratacións –dun 93%-- e os baixos ou nulos salarios derivados das reformas laborais que, entre outras cuestión, encadearon os contratos en prácticas ou formativos até os 33 anos. |
NOS_19317 | Pegadas, plumas e outros indicios ofrécennos pistas sobre a veciñanza dos ríos. | A ausencia de choivas deste verán ten levado a milleiros de ríos aos seus niveis históricos máis baixos e outros mesmo a secar. As precipitacións dos primeiros días de outubro van devolverlles aos ríos unha auga vital, que precisan e precisamos "como auga de outono". Pero de seguro que tamén van ofrecer unha oportunidade única para achegármonos á fauna máis esquiva dos ecosistemas fluviais. Indicios no río Os ríos, ademais de lugares nos que situar altas paredes coas que deter o fluír natural da auga para producir electricidade ou nos que construír peiraos para barcas de recreo, son, non o esquezamos, ecosistemas. Espazos naturais que acubillan multitude de organismos que desenvolven neles, por completo ou en parte, o seu ciclo vital. Boa parte dos animais, debido a anos de persecución, teñen hábitos esquivos ou mesmo nocturnos coa finalidade de evitar o contacto cos humanos. Non os poderemos ver pero si saber da súa presenza. Indicios e sinais de diversa índole aportan información sobre eles. No río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras, no Tambre atravesando a vila de Sigüeiro, no Sar en Padrón ou en calquera curso fluvial temos plumas ou pegadas que achegan evidencias da fauna que os habita. Tipos de indicios Entre os sinais máis habituais están as pegadas que aves e mamíferos deixan nas beiras lamacentas dos ríos e encoros, pero tamén podemos atopar excrementos e plumas. Son todas elas unha maneira indirecta de achegármonos á fauna sen interferir na súa vida. Recoñecer os indicios que deixan mamíferos e aves permítenos gozar da vida do ecosistema fluvial sen molestar. A garza e a lontra son dúas especies frecuentes dos nosos ríos que van marchar ante a nosa presenza. Pero ambos, se o substrato é o acaido, teñen unha pegada que poderemos aprender a diferenciar con relativa facilidade e así e identificalos sen necesidade da observación directa. O mesmo sucede con outras moitas especies de pelo, como o xabaril e a raposa, ou de pluma, como o lavanco e o bilurico. Así, diante dunha pegada de tres dedos duns cinco centímetros con marcas de palmaduras saberemos que estamos ante un lavanco que pode estar observándonos agochado entre a vexetación próxima. Pero quen sabe, nestas datas de paso postnupcial, podemos atopar tamén a pegada que hai uns días deixou unha ave e que no momento da nosa observación está sobrevoando o deserto do Sáhara cara ao seu refuxio invernal. Aquí andou a lontra Podemos saber se unha lontra está presente nun río por varios indicios, fundamentalmente por pegadas e excrementos, pero tamén polos restos de comida ou as típicas rabuñaduras que emprega para marcar. En ocasións podemos atopar todos os indicios xuntos. A pegada da lontra, se o solo está en condicións, é ben característica e descarta outros habitantes do río. Deixa na area ou no limo cinco dedas coas unllas marcadas e unha almofadiña alongada na pata posterior e máis cativa na anterior. En ocasións, pode marcar o rastro tamén do longo e forte rabo que na auga actúa de temón. Se a pegada nos fai dubidar podemos procurar un segundo rastro, o excremento de lontra. Iso é o que chamamos "integración de indicios", que vén sendo procurar máis dun sinal para podermos asegurar a identificación cando algún deles é dubidoso. As cacas desta especie teñen unha cor gris característica e un forte cheiro a peixe. Como outros moitos mamíferos as feces teñen unha función de marcaxe, polo que soen depositalos sobre pedras ou elementos que destaquen no camiño. E como fan tamén outros mamíferos, as lontras marcan preto de onde defecan, e podemos atopar tamén rabuñaduras. Por último, podemos saber igualmente da lontra por restos de alimento. Unha evidencia da súa presenza son as "camisas de sapos". Se atopamos a pel dun sapo dada a volta, como se quitara a camisa, poderemos deducir que foi comesto pola lontra, xa que teñen o costume de tirarlle a pel tóxica para comer o interior do anfibio. Parrulos e garzas A capacidade de alzar o voo permítelles ás aves manter unha distancia de seguridade diante dos humanos. Aínda así é habitual que escapen ante a nosa presenza. Porén, as garzas teñen unha pegada ben recoñecíbel, grande e asimétrica que marca catro dedos longos, duns 13 a 17 cms. Os lavancos, como dixemos, teñen tamén unha pegada ben característica con tres dedos, e se o terreo é acaído pódese observar tamén a palmadura. Porén, alén das pegadas, estas dúas especies, poden deixar tamén outras evidencias da súa presenza no río. As plumas que cobren o corpo das aves desgástanse e deterióranse pola acción do sol, a auga, etc, e téñenas que mudar cada certo tempo. Sen entrar en fonduras, podemos dicir que hai aves que van mudando aos poucos ou teñen unha época na que facelo case por completo como fan os lavancos. Se atopamos unha pluma longa, duns vinte centímetros, de cor gris cincento, sen dúbida ningunha estamos ante o resto dunha garza. Outras máis pequenas desa mesma cor con toda seguridade van ser de garza. Rastros e pegadas do río As pegadiñas do nervioso bilurico bailón tamén poden ser frecuentes nas beiras do ríos que percorren co seu andar nervioso á procura de pequenos invertebrados. E diminutos excrementos cilíndricos verdes duns 10 milímetros, moitas veces ao carón de xuncos rillados, indican que no lugar está presente a rata de auga común. O Proxecto Ríos, que na Galiza coordina Adega, editou unha ficha sobre a cuestión que vimos de abordar. Ademais das especies das que xa falamos, ofrece información sobre os indicios da algaria e o tourón. Tamén do auganeiro, o muraño patibranco e a rata de auga común ou de mamíferos invasores como o mapache e o visón americano. Contén o debuxo da especie e do indicio co tamaño e lugares habituais nos que se atopan. Pódese descarregar no seguinte código QR: |
NOS_350 | En Marea vén de dar a coñecer a listaxe provisional coa que concorrerá ao Congreso e ao Senado, á espera de convocar unhas "eleccións primarias de validación". | Á espera de organizar unhas "eleccións primarias de validación", En Marea, a candidatura da coligazón de Anova, EU e Podemos, vén de facer públicas na súa páxina web as listaxes coas que concorrerá aos comicios xerais do 20 de decembro após o reparto de postos entre as formacións políticas. Aínda que moitos dos nomes recollidos na candidatura xa se fixeran públicos, hoxe podemos coñecer que Miguel Anxo Fernán Vello, escritor, editor e colaborador de Sermos Galiza, encabezará a candidatura ao Congreso pola provincia de Lugo. Seguen Fernán Vello, Sol González-Ruiz Carcur, José Manuel Pérez Afondo (Podemos) e Rocío Somoza López (EU). Luis Daporta, Modesto Renda (Vilalba Aberta) e Carmen Granxeiro serán os candidatos ao Senado por Lugo. O dirixente de Podemos Antón Gómez-Reino encabezará a lista pola Coruña, seguido de Yolanda Díaz (coordinadora nacional de EU); Flora Miranda (Compostela Aberta); o portavoz de Galicia, Mellor sen Touradas e de Libera, Rubén Pérez Sueiras; Xaime Subiela (politólogo); Gladys Afonso (Anova); María José Bóveda e Loreto Taibo. Ademais, José García Buitrón (Podemos); Iria Otero Romero (Anova) e André Seoane Antelo (Compostela Aberta) concorrerán ao Senado pola Coruña. Por Ourense presentarase como número un David Bruzos (de Ourense en Común), ao que seguen María Sofía Díaz (EU), Carmela Docampo (Podemos) e Carlos Lorenzo Simón (Anova). No que respecta ao Senado presentaranse por Ourense Pilar Barros (Anova), Juan Villarino (Podemos) e Isabel Peña-Rey (EU). Xosé Luís Méndez Ferrín, candidato ao Senado por Pontevedra Por Pontevedra encabezará a lista Alexandra Fernández (Anova), seguida de Ángela Rodríguez Martínez (Podemos), Josué Villar Ballesteros (EU), Lara Rodríguez Peña (APAC), Francisco Díaz, Blanca Barrio Gutiérrez e David Carballal Vázquez (Anova). María Vanesa Angustia Gómez (IU), Marta Díaz (Podemos) e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín serán os candidatos de En Marea ao Senado por Pontevedra. A candidatura de En Marea reponde ao acordo político asinado entre Anova, EU e Podemos. Como xa publicara Sermos Galiza, o número 1 da candidatura de En Marea ao Congreso pola Coruña corresponderíalle a Podemos e o número 2, a EU. Ademais, o número 1 ao Congreso por Pontevedra corresponderíalle a Anova e o número 2, a Podemos. A coligazón garante a representación parlamentaria de Anova, EU e Podemos ao longo da lexislatura No acordo político entre as tres formacións principais que forman a coligazón recóllese o estabelecemento de "mecanismos de rotatividade" nos escanos. Así, en función do resultado electoral, garantirase "a representación parlamentaria das tres partes coaligantes ao longo da lexislatura". O acordo tamén sinalaba que o resto dos postos da candidatura serían "estabelecidos no marco de consenso con todos os axentes participantes no proceso". Nota de corrección: nunha primeira versión desta peza, informamos erroneamente que Flora Miranda é de Anova. En realidade, fai parte de Compostela Aberta. |
NOS_17076 | Louis Mapou é o líder da Unión Nacional pola Independencia | Louis Mapou converteuse no primeiro presidente independentista da historia de Nova Caledonia. Se non decorre unha nova crise de Goberno, Mapou será presidente durante o terceiro referendo de independencia, que está previsto realizarse o 12 de decembro. Mapou é o líder da Unión Nacional pola Independencia (UNI), unha das dúas forzas principais partidarias da independencia de Nova Caledonia. Militante da esquerda independentista durante a década de 1970, Mapou (62 anos) dirixiu varias compañías mineiras, un dos sectores máis importantes -e controvertidos- da economía de Nova Caledonia, segundo recolle a información de Nationalia. O novo presidente, que tamén é o primeiro canaco en ocupar presidencia, obtivo os votos favorábeis dos membros independentistas do Goberno (dos partidos UC-FLNKS e UNI). Os outros cinco membros, dos partidos unionistas franceses, non o apoiaron e catro deles votaron a prol do último presidente, Thierry Santa. O Goberno de Nova Caledonia traballa cun sistema de asociación no que teñen obrigatoriamente que estar representados independentes e unionistas. Até o de agora, os Executivos sempre tiñan o unionismo como sector maioritario, o que reflectía a maioría unionista no Congreso, o órgano encargado de escoller a composición do Goberno. O novo presidente, tamén é o primeiro canaco en ocupar este cargo Porén, o mes de febreiro o Congreso elixía por vez primeira unha maioría gobernamental independentista despois de que o partido L'Éveil Océanien, unionismo 'moderado', sumase as súas forzas ás dos independentistas UC-FLNKS e da UNI, co cal atinxían 29 dos 54 representantes do Congreso. Mapou chega á presidencia do Goberno só cinco meses antes de se realizar o terceiro referendo sobre a independencia de Nova Caledonia. Nos dous referendos anteriores, o "non" á independencia foi o gañador. En 2018, houbo o 56,7% dos votos; En 2020, cunha marxe inferior do 53,3%. Os partidos independentistas consideran que a diferenza entre o "non" e o "si" vai seguir reducíndose progresivamente. A celebración dos tres referendos estaba prevista para os acordos de Nouméa, asinados en 1998 polo Estado francés e os principais partidos de Nova Caledonia. Os acordos establecerán un sistema autónomo para o territorio e crearán unha cidadanía de Nova Caledonia, o único caso no que a República francesa admite a existencia dunha cidadanía 'suplementaria' á francesa. |
NOS_56309 | Con motivo da homenaxe que estes días lle rende o Concello de Cambre a Miro Casabella, publicamos un texto de Xosé Casabella, irmá de Miro, en clave familiar. | No seo dunha familia de comerciantes dun pequeno pobo da provincia de Lugo, Ferreira do Valadouro, xorde para a canción galega o cantautor Miro Casabella. Pero non de forma espontánea. Foi preciso que súa prima Elsira (emigrada en Venezuela) lle regalara una guitarra, por ver se emulaba o seu avó Cecilio. Sendo aínda rapaz, Cecilio quedou completamente cego a causa da varíola, pero coa perda da visión aquel neno desenrolou outras capacidades que lle permitiron acadar as habilidades necesarias para completar unha vida chea de experiencias. Cecilio vivía coa súa familia na parroquia de Frexulfe (O Valadouro) e aprendeu a tocar o violín cun cego que vivía "na montaña", cerca de Labrada (Abadín). Para asistir ás clases debía percorrer a pé moitos quilómetros e pernoctar na casa do profesor. Probablemente, o seu mestre musical fose, segundo información facilitada por Francisco Piñeiro González, o "O cego de Espiñarcao", Manuel Reigosa. E, seguramente aconsellado polo seu mestre, Cecilio decidise realizar a súa primeira expedición á Arxentina (ano 1900) en compañía de Eliseo Cabeza, fillo de solteira da súa muller Amalia. A experiencia americana, tocando o violín en clubs privados, debeu resultar proveitosa e rendible, de maneira que Cecilio aínda realizaría dúas novas viaxes á Arxentina (en 1910 e 1915), agora en compañía dun dos Roquitos de Lagoa que tocaba o clarinete con el. En Ferreira, Miro esforzábase por sacar algunhas notas daquela súa primeira guitarra, pero avanzaba moi lentamente. Foi precisa a axuda daquel moi querido médico, Don Pepe (Pepe Mel), do que aprendeu os primeiros acordes e posicións que lle permitiron comezar a "facer" música. Os primeiros pasos musicais deunos Miro con dous veciños, Quico Cancio e Nano Lorenzo, cos que formou o Trío Soberano, baixo o patrocinio do representante do coñac do mesmo nome. Cantaban cancións populares e facían versións de temas de moda, que preparaban teimudamente nunha pequena bufarda da nosa casa, que chamaron "Garibolo", e que aínda conservamos intacta. Co apoio da familia, Miro inicia unha nova etapa cando se despraza a estudar a Barcelona no ano 1964, onde residirá ata o ano 1970. Alí participa na tuna universitaria de Arquitectura Técnica, coñece a súa muller, Mónica, e ábrenselle novas posibilidades que non fan máis que enriquecer a súa personalidade. É preciso recordar que nese momento en Cataluña se está producindo un rexurdimento cultural e político do que agroma inmediatamente a "Nova Cançó", co valenciano Raimon á fronte, o que lle produce a Miro unha grande impresión. Pouco a a pouco esta nova situación emerxente trasládase a Galicia, impulsada inicialmente polo poeta Manuel María, o que dará lugar á Nova Canción Galega e ao grupo Voces Ceibes. A editora musical Edigsa comeza a editar discos en galego de poesía e música. Nese intre Miro saca á luz algunha das súas primeiras creacións, con letras propias, de Xavier Costa Clavell e de destacados poetas galegos, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, etc. A pesar de esa escasa e reducida bagaxe musical, Miro foi seleccionado para participar no I Festival Internacional da Canción de Barcelona, coa súa composición Soia, onde gaña o terceiro premio, actuando xunto a Joan Manuel Serrat, Pí de la Serra, e outros destacados cantantes e compositores. No ano 1969, Miro edita un segundo disco con letras de Celso Emilio Ferreiro, Cantigas de Escarnio e Maldicer e, xa definitivamente integrado no grupo Voces Ceibes, trasládase a Galicia, fixando a súa residencia na Coruña. Aínda así, non descoida a súa relación con músicos e cantantes doutras nacionalidades, participando en festivais cos máis destacados da canción de autor daqueles anos, Paco Ibáñez, Raimon, Labordeta, Mikel Laboa, etc., actuando nos Festivais da nova canción dos pobos ibéricos por toda Europa. Como importante foi o recital con Raimon na Coruña en outubro do 2008 e outros tantos con Voces Ceibes. O gran pintor galego, Luís Seoane, escribía no ano 1973 en La Voz de Galicia: "Miro fala do seu avó Cecilio, que fixo cartos tocando o violín na Arxentina... Miro é un xograr do noso tempo que lle veu o amor á música como herdanza do seu avó. No ano 1972 actúa en París diante dun auditorio de 600 mil persoas xunto a Paco Ibáñez, Joan Baez, Georges Moustaky, Mikis Teodorakis....Segue a cantar o amor a Galicia, cuxas desditas veñen dende moi lonxe porque el sabe que hoxe a canción ten unha obriga nova...". [Esta colaboración foi publicada no A FONDO especial Miro Casabella, recollido no Sermos Galiza 255, á venda na loxa] |
NOS_49921 | O comité entende que "se a empresa considera que as centrais hidroeléctricas xa non son rendíbeis, entón é o momento de recuperar o control público das concesións" . | O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a "campaña de mentiras e contaminación" coa que a empresa "pretende enganar a opinión pública". Refírese ás afirmacións do presidente de Ferroatlántica nas que indicaba que a venda das centrais era "unha oportunidade para todos" para alén de afirmar que as hidroeléctricas apenas representan o 5% do negocio. Para o Comité, "esa 'operación de ouro' para o grupo significa a ruína da comarca". Partillan preocupación e oposición á venda os alcaldes da comarca, cunha delegación dos cales se reuniu o presidente de Ferroatlántica. Recuperar o control público das concesións "Nin as centrais nin os nosos recursos naturais están á venda, polo que agardamos que o goberno do PP tome boa nota", apuntan. Tanto a representación social como os alcaldes, indican desde a CIG, volveron solicitar a intervención inmediata da Xunta de Galiza e do seu presidente pois "é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa". Sobre esta punto, destacan que se a empresa considera que as centrais hidroeléctricas xa non resultan rendíbeis para o grupo porque representan menos do 5% e, tal como asegura a dirección, as factorías xa non dependen da produción de enerxía, "entón é o momento de que a Xunta, e como salvagarda do interese público, recupere o control público das concesións e non permita unha operación especulativa cos recursos naturais da nosa comarca". |
PRAZA_2771 | Este vai ser un libro moi valorado en Negreira e bisbarra, pois recupera relatos e persoaxes que merecen estar na memoria colectiva e que poderían quedar no esquecemento | A flor da figueira (Edicións do Cumio) é o título do libro que ven de publicar o meu amigo Xosé Manuel López Tuñas. O propio autor preséntase como aquel que deixa pasar o tempo, no caer da tarde, vendo como os raios do sol penetran a través das follas da figueira. Mais esa semblanza de home contemplativo non se corresponde estrictamente coa realidade. López Tuñas é unha persoa de acción, un home comprometido que deixou moitas horas da súa vida no exercicio da profesión, na actividade política e no compromiso social. Tamén é un home culto que adicou moito tempo á lectura, ao estudo e a tentar profundizar na realidade para comprender a vida, a historia e o acontecer diario. Moitas desas reflexións foinas publicando no seu blog Ágora e son a base principal deste libro. Ainda que os textos foron publicados na rede, o volume que os recolle ten unha certa unidade, un fio conductor que enlaza os sucesivos capítulos e dalle ao libro unha consistencia propia. Non se trata, por tanto, dun feixe de artigos, reunidos para publicar en conxunto, senon que o libro ten entidade propia, ten unha categoría superior ao simple amoreamento de textos. Este é un texto híbrido, pois non é un libro de memorias -ainda que reflicte e analiza moitos acontecementos da vida local e universal; non é unha autobiografía –ainda que fai referencia a numerosos momentos da vida persoal e familiar; non é un ensaio –ainda que hai moita reflexión e análise sobre diversas materias-; e non é un libro de historia, pero reflicte e analiza numerosos acontementos históricos de tempos remotos e máis recentes. É un pouco de todo eso, escrito con amenidade e ben documentado. Agradécese a documentación gráfica que acompaña os distintos capítulos. Algunhas fotos falan por sí mesmas. O fío condutor do libro é a propia vida do autor, que relata momentos especialmente emotivos do seu avó, dos pais, dos amigos e da súa vida familiar, con especiais referencias á compañeira da súa vida, Luz. A través dese leve fío vai enlazando, como elos dunha cadea, numerosas anécdotas, feitos históricos e reflexións sobre a vida cotiá, para conseguir un texto unitario, coherente e sólido. Hai capítulos máis narrativos e outros máis reflexivos. Algúns teñen unha carga emotiva (cando se recorda a sí mesmo na fonte do Carme, a relación cos avós e cos pais, os primeiros pasos como ensinante), outros teñen un tono claramente humorístico (como Que ven o touro!, donde narra unha frustrada corrida de touros en Negreira); adica moitas páxinas a relatar episodios da emigración –e o admirable labor que fixeron os emigrados en América para mellorar a vida na comarca, coa construccións de escolas e outras dotacións públicas-, e outras a recuperar, con nostalxia, a historia recente da vila de Negreira e da bisbarra (o tempo antiguo do Casino, a chegada do cinema, os inicios da modernización agraria, etc). Hai capítulos máis análiticos nos que reflexiona sobre o drama das guerras (a guerra civil, a II guerra mundial, os campos de concentración), e noutros fai un un encendido eloxio da educación pública e unha defensa firme do dereito á cultura e á igualdade. Nas páxinas adicadas á guerra civil e á sua repercusión na comarca, fai unha rendida homenaxe aos mortos e os perseguidos, que tiveron o valor e a decencia de defender a legalidade da República. XM López Tuñas é un home comprometido, xa o dixemos. Venlle dende o berce. É un home de esquerdas que nunca escondeu o seu pensamento nin eludíu o compromiso. Tivo, desde moi novo, unha decidida vocación pola docencia, á que se adicou profesionalmente ata a súa recente xubilación. Moitos alumnos recordan con afecto a súa entrega no traballo, porque Manolo é deses mestres que deixan pegada na vida dos alumnos –como aquel que interpretaba Fernán Gómez na película A lingua das bolboretas-. A súa actividade política comezou xa nos tempos da ditadura. Na súa adolescencia integrouse nas actividades das XARC e participou na organización dos primeiros campamentos comarcais –que permitiron a moitos nenos da comarca ver, por primeira vez, o mar-. Xa no tardofranquismo foi un dos principais impulsores da Asociación Cultural Afonso Eans e da asociación veciñal de Negreira. Nos inicios da democracia foi alcalde de Negreira, cargo que exerceu durante doce anos, en tres mandatos sucesivos. É o mellor alcalde da historia deste concello. Fixo unha xestión municipal participativa e puxo as bases para que a vila e o concello entrasen na modernidade. Deixou a alcaldía por decisión propia, sen ceder á presión dos conveciños que o animaban a seguir. Recuperou o exercicio da docencia ata a xubilación e foi o principal impulsor da Sociedade "Alén Mar", adicada a fomentar os lazos coa emigración de Cuba. López Tuñas é, por enriba de todo, unha excelente persoa, cunha traxectoria persoal, politica e profesional exemplar. É un home bó, cun profundo sentido da amizade -neste libro honra a memoria dalguns amigos-, e eu teño a sorte de contar co seu afecto. Agora preséntase tamén como un excelente escritor. Este vai ser un libro moi valorado en Negreira e bisbarra, pois recupera relatos e persoaxes que merecen estar na memoria colectiva e que poderían quedar no esquecemento. Máis tamén despertará interese fóra da comarca pois, a fin de contas, as historias que aquí se recollen poderían ter sucedido en calquera outro lugar. (O libro A flor da figueira será presentado o vindeiro día 11 de decembro, ás 20.00 horas, na Casa de Cultura de Negreira. Este texto é o prólogo do libro). |
PRAZA_9717 | Vigo segue a ser o lugar no que este proceso ten unha duración maior, con máis de cinco meses de media. Na Coruña e Ourense sitúase entre 2 e 3 meses e en Santiago, Lugo e Ferrol rolda os 50 días. Pontevedra é a que presenta unha menor espera, de menos dun mes. | Menos dun mes ou máis de cinco. Este é o tempo que unha persoa sen recursos pode ter que agardar ata que se resolve a súa soliticitude de concesión da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), en función de se reside nunha ou noutra cidade de Galicia. Os tempos medios de espera no pasado ano reducíronse en case todas as urbes, pero seguen a presentar enormes diferenzas entre unhas e outras.Vigo segue a ser o lugar no que este proceso ten unha duración maior, cun total de 157 díasAsí, Vigo segue a ser o lugar no que este proceso ten unha duración maior, cun total de 157 días, unha cifra que -iso si- mellora notablemente os datos de 2017, fixados en 191 días (máis de seis meses de espera). En calquera caso a cidade olívica segue a multiplicar os indicadores das restantes urbes galegas. A Coruña (85) e Ourense (67) son os seguintes lugares no que a tramitación leva máis tempo, por diante de Lugo (57), Ferrol (53) e Santiago (51). A gran distancia aparece, finalmente, Pontevedra, con só 22 días de espera.Os obstáculos burocráticos e os longos tempos de espera veñen sendo criticados nos últimos anos por colectivos sociais e entidades profesionais, que reclaman unha mellora da coordinación entre administracións e dos mecanismos postos en marcha pola Consellería de Política Social. As sete cidades galegas suman 5.877 perceptoras da RISGA, máis da metade das existentes en Galicia. Vigo é con moita diferenza o concello con máis persoas perceptoras, xa que suma case unha cuarta parte (2.427) do total galego. No conxunto de Galicia o número de rendas concedidas experimentou un crecemento espectacular entre 2012 e 2017 (+52%), pero nas áreas urbanas este incremento foi aínda maior, dun 66% nos últimos cinco anos. |
NOS_42116 | Dous parques da enerxética Greenalia, Orzar (56 MW) e Tornado (67,2 MW), proxectados nas comarcas de Carballo e Ordes, respectivamente, van ser os que inauguren a 'excepcionalidade' disposta pola Xunta para permitir estudar a implantación de parques fóra das áreas do Plan sectorial eólico. O argumento para isto é que ambos os parques fornecerán de electricidade unha planta industrial na Coruña, Showa Denko. | O Consello da Xunta acordou esta quinta feira impulsar a tramitación de dous proxectos eólicos cos que a empresa Showa Denko trata de abaratar a factura eléctrica na súa planta da Coruña. O propio presidente, Alfonso Rueda, anunciou após a xuntanza do Executivo que a Administración galega acóllese, "por primeira vez", á figura da excepcionalidade recollida na lei para declarar estes parques de Greenalia como proxectos de clara incidencia territorial "pola súa entidade socioeconómica e función vertebradora do territorio". Isto permitirá -no caso de se aprobar- a súa execución fóra das áreas do Plan sectorial eólico da Galiza. Ao se tratar de proxectos de tramitación estatal —superan os 50MW—, o Goberno galego agarda "sensibilidade" do Executivo español para axilizar ambos os dous parques eólicos. Greenalia subsministrará 45% da enerxía de Alcoa mais condiciona o acordo aos novos parques eólicos Unha lei que abre a porta A Lei de áreas empresariais da Galiza especifica que se dará prioridade a aqueles eólicos que destinen 50% da enerxía que produzan á industria asentada no país. Os parques eólicos que se vinculen ás -PPAs (Power Purchase Agreement, acordos de compra de enerxía) poderán beneficiarse desta nova normativa, como tamén xa está explorando Alcoa para a súa fábrica da Mariña —e tamén con proxectos eólicos de Greenalia, empresa en cuxo consello de administración está Beatriz Mato, ex conselleira de Medio Ambiente co Goberno de Alberto Núñez Feixoo—. Axenda Enerxética 2030 Na súa comparecencia, Alfonso Rueda tamén informou da análise por parte do Consello da Xunta da Axenda Enerxética da Galiza 2030, unha "folla de ruta" que contará cun investimento inicial de 630 millóns de euros no período 2022-2024. Un investimento para atinxir obxectivos coma chegar a 2030 con "85% da xeración eléctrica na Galiza de fontes renovábeis, e que as emisións de gases invernadoiro se reduzan 55%". Bonos vivenda O Goberno galego tamén aprobou onte a convocatoria dos bonos de aluguer para persoas mozas, que achegarán 250 euros mensuais durante dous anos para case 4.000 beneficiarios de entre 18 e 35 anos cunha fonte regular de ingresos. Rueda, avanzou que esta liña, bautizada como 'Bono Aluguer Mocidade', estará dotada dun orzamento de 23 millóns de euros para 2022 e 2023. Ademais, aXunta tamén aprobou a renovación do 'Bono Aluguer Social', que cubrirá o alugueiro de 2.000 familias "vulnerábeis" cun orzamento de 11 millóns de euros. Noutra orde de cousas, o presidente tamén anunciou que a Xunta vai habilitar un teléfono, "canle preferente", dixo; para facilitar acceso e trámites coa Administración ás persoas maiores de 65 anos. Taxas universitarias Por duodécimo ano consecutivo, os prezos das matrículas universitarias nas tres universidades públicas galegas para o vindeiro curso 2022-23 seguirán conxeladas. Foi outro dos acordos aprobados onte no transcurso do Consello da Xunta. Alfonso Rueda indicou que os prezos medios de todas as matrículas sitúanse en 11,89 euros por crédito, "exactamente igual que até o de agora", algo que non é así no Estado, dixo. Marisqueo e ensino Tamén se deu o visto e prace a un convenio para a rexeneración de máis de tres millóns de metros cadrados en bancos marisqueiros. Para esta fin haberá un importe de perto de 1,4 millóns de euros. Por último o Consello aprobou comprar 9.000 pantallas interactivas para os centros de ensino e avanzar na "aula dixital". |
NOS_5756 | Fernando Blanco preside o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades (Esculca). | A abertura de xuízo oral por un presunto caso de torturas no penal de Teixeiro denunciadas polo recluso A.P.R. en 2012 "é unha boa nova aínda que a Fiscalía reduce a gravidade das lesións", sinala en conversa con Sermos Galiza o presidente de Esculca, Fernando Blanco. Pouco antes de conversar o Tribunal europeo de dereitos humanos ditou máis unha sentenza, e suman oito, pola que condena o Estado español por non investigar "en profundidade" e de maneira "eficaz" as denuncias de torturas. E non só o sinala Estrasbugo, tamén as Nacións Unidas e mesmo o Tribunal Constitucional español se teñen pronunciado neste senso. Desde Esculca aseguran que, até o momento, "ao máis que temos chegado foi a un xuízo de faltas, considerado polo Código Penal como un delito leve, polo caso do Motín de Teixeiro" --que inspirou o filme Cela 211. Malia as denuncias presentadas, recompiladas recentemente nun relatorio remitido ao Comité europeo para a prevención da tortura (CPT), na práctica totalidade non chegan a ser investigadas nen xulgadas, como aconteceu ao cidadán vasco, Xabier Beortegi. "As investigacións son sumarias e rexe de maneira case automática o principio de veracidade do funcionario" A administración de xustiza "As investigacións son sumarias e rexe de maneira case automática o principio de veracidade do funcionario", explica Blanco, ao tempo que entoa o 'mea culpa' e subliña a "grande ignorancia" que existe a respeito dos "protocolos de prevención da tortura" como o de Istambul, mesmo por parte dos profesionais. "Resúltannos moi alleos". Aliás, sinala, por parte da "administración de xustiza hai unha negativa" a recoñecer "a existencia de maltrato e tortura baixo custodia" o que se torna nun "primeiro atranco" para que as denuncias sexan investigadas ao que engade a "tendencia na praxe penal á presunción de legalidade e veracidade" no proceder policial, tamén fóra dos penais argüíndo que desenvolven o seu traballo en "condicións moi difíciles" e que o uso da forza "é sempre limitado". Así as cousas, recoñece, que existe "xudicatura que asume con independencia e malia as presións as investigacións" e remarca a "presunción de inocencia" da que gozan os funcionarios de prisións como calquera outra persoa. Malia todo, acrecenta, "o poder xudicial, a administración de xustiza non ten interiorizado que hai un problema", o que para Blanco "amosa a febleza do estado de dereito" e mesmo "o debilita". Presos do Módulo 15 de Teixeiro definen o penal como "un buraco negro" no sistema penitenciario español Corpo médico penitenciario "Hai moitas dificultades" que "entorpecen a investigación" dos feitos para alén das "cuestións políticas" que os visan "ocultar", apunta lembrando casos coñecidos como o 8-F en Barcelona que protagonizou o documentario Ciutat Morta. A comezar porque no primeiro paso para denunciar algunha agresión "hai que tentar documentar as posíbeis lesións ou secuelas" através dun parte que nas prisións desenvolven "médicos dependentes do Ministerio do Interior", lembra. "Nos casos de isolamento e detención penitenciaria as militacións da lei de enxuízamento criminal dificultan acceder a un avogado e médico de confianza", apunta, polo que as lesións son avaliadas por un "corpo médico que depende xerarquicamente de Institucións Penitenciarias". Neste sentido, lembra, "houbo casos excepcionais como o de Bonxe no que a facultativa denunciou directamente" asumindo "un elevado custe persoal". Lidia Senra (AGEe) preguntou á Comisión europea que medidas pensa adoptar para evitar que continúen a acontecer casos de torturas como os denunciados por Esculca No relatorio remitido por Esculca ao CPT relatan nove casos dos que tivo constancia directa o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades e que atinxiron reclusos do penal de Teixeiro. Con el solicitaron ao Comité que visite a cadea durante a súa estadía no Estado español. Estamos perante un dos penais máis duros do Estado español?, preguntamos. "Remítome ao que persoalmente me teñen contado os presos do Módulo 15", sinala Fernando Blanco e que definen esta prisión como "un buraco, un buraco negro" da que foxen, principalmente a poboación en FIES 1, tan axiña como poden. "É moi dura". A europarlamentar de AGEe, Lidia Senra, rexistrou recentemente unha pregunta dirixida á Comisión a respeito de que medidas pensa adoptar a UE para "garantir" que casos como os denunciados por Esculca "non sigan a acontecer". |
PRAZA_11613 | Estamos preparados para um acontecimento de um buque de grande calado que fique à deriva nas nossas águas como é o caso do Blue Star? Em vista do acontecido não parece que seja assim | Um barco com produtos químicos fundeado à capea na ria de Ares. Uma noite de forte vento de Inverno. Inicia o buque-tanque a manobra para entrar no porto da Corunha apesar da alerta meteorológica. Perde a máquina no médio da noite. A derrota do barco leva-o a acabar encalhado nas rochas... Soa-lhes?Em efeito, estou a falar do caso Aegean Sea (Mar Egeo)."Nestes dias estou a escutar que o caso do Blue Star é idêntico ao do Prestige. E não. O que é idêntico é ao Mar Egeo"Porque nestes dias estou a escutar que o caso do Blue Star é idêntico ao do Prestige. E não. O que é idêntico é ao Mar Egeo. Por sorte o barco desta volta ia baleiro e disponha de duplo casco. Alias, a dia de hoje já parece que o risco principal ecológico de uma vertedura do combustível do motor não existe. O que faz com que o caso fique praticamente à altura de um simulacro. Tirando, claro, os graves inconvenientes económicos na pesca do lugar que está a ter a proibição de faenar.Mas as similitudes são surpreendentes 27 anos depois. E a dia de hoje, igual que no acontecimento do Aegean Sea, temos muitas perguntas sem contestar. A principal, que engloba o resto: como pode ser que um barco embarranque a escassas milhas da torre de vigilância marítima do centro de coordenação de salvamento da Corunha? Falhou a coordenação com o centro do monte Enxa? Estava informada capitania marítima da situação do buque? Por quê o barco estivo praticamente uma hora sem governo e sem receber ajuda alguma na ria de Ares? Tinha o buque o AIS desativado? Pediu ajuda tarde desde a ponte a tempo ou é que a tardança foi dos médios de Salvamento em acudir? É certo que o único remolcador disponível nesse momento na Corunha, o Maria Pita, não tem capacidade para esse tipo de actuações? Demasiadas dúvidas abertas...Seja o que for o caso, não se foi quem de evitar que um barco encalhe na ria de Ares, entre os portos da Corunha e Ferrol, numa zona relativamente protegida de mar aberto e fortemente povoada por centos de milhares de pessoas. E se isto é assim neste lugar, que capacidade de intervenção rápida e eficaz temos de acontecer um caso semelhante, por exemplo, no cabo Ortegal ou em Fisterra?A grande dúvida é: estamos preparados para um acontecimento de um buque de grande calado que fique à deriva nas nossas águas como é o caso do 'Blue Star'? Em vista do acontecido não parece que seja assimOutro caso de menor entidade causou polémica entre a gente do mar também por este tema nas últimas semanas: o caso do cerqueiro Luz Divina de Portosín. Embarrancado com forte polémica na costa de Baronha, que não pôde ser salvo e também com destino quase definitivo no desguace neste caso com o desgraçado resultado de uma pessoa falecida. E que quede claro que são consciente de que temos uns serviços de salvamento realmente extraordinários. Cada dia levam-se a cabo todo tipo de acções de pequena escala, um trabalho calado mas imprescindível. Mas a grande dúvida é: estamos preparados para um acontecimento de um buque de grande calado que fique à deriva nas nossas águas como é o caso do Blue Star? Em vista do acontecido não parece que seja assim…Claro que a proximidade do barco à costa reduz o tempo disponível de reação, mas também isto é preocupante, pois o risco associado ante avarias críticas, sabotagens, colisões entre navios etc, etc… é também maior. Pergunto-me se não seria necessário que o sistema AIS que marca o posicionamento dos buques que o portam tiveram uma alerta de rumo de colisão conectado em tempo real com a comandancia marítima. E que este sistema não só advertira de colisão entre navios, se não que também o faça com outros obstáculos como si faz o ARPA, sistema que não interactua com o anterior. Sobre os planos de continência ante contaminação marítima, apesar de que a Junta afirma que ativou o plano CAMGAL, e não duvido que isto fora assim, a realidade é que não se viram as barreiras anti-polução pela zonaA situação e a seguridade nas manobras dum barco destas dimensões não pode estar unicamente supeditado às decisões das pessoas da ponte. Ademais no caso Blue Star alem de não evitar o encalhamento, também não se logrou refrotar o barco varado com médios próprios. E uma vez que o governo percebeu que não havia risco ambiental (com 105.000 litros de combustível a bordo?) o estado "solicitou" à empresa que se fizera cargo do buque que decidiu recorrer à empresa privada holandesa Smit Salvage BV (empresa encarregada de "resgates" como o do Prestige ou o do Casón), aparentemente por não dispor de tecnologia similar por estes lares.Há muito que fazer ainda porque outro 'Urkiola', outro 'Casón', outro 'Aegean Sea', outro 'Prestige', outro 'Erkowtitz' são ainda hoje demasiado possíveisSobre os planos de continência ante contaminação marítima, apesar de que a Junta afirma que ativou o plano CAMGAL, e não duvido que isto fora assim, a realidade é que não se viram as barreiras anti-polução pela zona, com a escusa exibida pela Conselheira de Pesca em sé parlamentar de "não entorpecer as labores de resgate", o que não se ajusta à realidade pois a partir do terceiro dia não se levou a cabo ação alguma desde o mar, senão que a extração do combustível foi sempre levada a cabo desde terra. De facto ante a rutura da mangueira chegou a haver uma pequena vertedura, e nesse momento, segundo as imagens observadas, não existia barreira alguma na zona.Insisto: demasiadas dúvidas, demasiadas perguntas sem resposta de um grave incidente que tem que nos fazer levar a uma avaliação completa do acontecido. E que tem que servir como grave aviso a navegantes de que há muito que fazer ainda, é que outro Urkiola, outro Casón, outro Aegean Sea, outro Prestige, outro Erkowtitz são ainda hoje demasiado possíveis. Tomemos medidas antes de que seja tarde… |
NOS_30182 | As 40 propostas de resolución fan fincapé na necesidade de defender "o estado de benestar". | O portavoz do Grupo do PSdeG no Parlamento galego, Fernández Leiceaga, afirmou que as 40 propostas de resolución presentadas no debate do estado da nación responden a un "alto nivel de exixencia" e que esas medidas mostran "o camiño" do PSdeG como "eixo da alternativa a Feixoo" con propostas centrais en materia de revitalización demográfica, defensa dos servizos sociais, sectores produtivos ou o diálogo co goberno central. O PSdeG propón propostas para defender o ensino público, recuperando a gratuidade dos libros de texto na educación obrigatoria, ou a posta en marcha dun Plan que permita dar "pasos efectivos" para conseguir as residencias para maiores nas grandes cidades. Fernández Leiceaga reclamou ademais garantías de que a entrada da universidade privada no mapa galego garanta unha educación superior "de calidade" e complementaria á oferta pública, e reclamoulle ao goberno galego que garanta as condicións desta nova oferta. Que Galiza estea "expulsando" aforro e traballo cualificado ao mesmo tempo. As propostas socialistas inclúen o impulso da formación para o emprego, solo industrial ou o aumento dos recursos en I+D+i. Ademais, propuxo un Pacto Industrial que garanta unha transición enerxética "xusta",. Fernández Leiceaga defendeu unha posición "construtiva e reivindicativa" co Estado central, reivindicando os compromisos pendentes sinaladamente en materia de infraestruturas, como é o caso do AVE ou do Corredor Noroeste de mercadorías ferroviarias. |
NOS_23826 | Portugal reabriu entre o 14 e o 17 deste mes o curso académico, pasadas dúas semanas de que o Goberno fixese público o protocolo de actuación no caso de contaxios. Antes, a principios de xullo, iniciara a publicación de orientacións que foron actualizadas a finais de agosto e que van ligadas á evolución da pandemia. | Con similitudes e diferenzas ao que ocorre na Galiza, a volta ás aulas en Portugal cumpre dúas semanas de implantación coas modificacións que impón a pandemia, que alí alcanza os 24.188 casos activos e os 1.957 decesos. Como no caso galego, o reinicio do curso escolar veu acompañado dunha folga do profesorado, convocada polo Sindicato de Todos os Professores (STOP), anunciada a principios de mes e que chegou a fechar algún centro no distrito de Lisboa. Nos motivos principais invocados polo colectivo docente estivo, de forma concordante, o número de estudantes por aula, que no caso portugués queda delimitado polas medidas de distanciamento interpersoal, que recomendan os dous metros ou un e medio de separación, pero que permiten reducir a marxe até o metro, de faltar espazo. Igualmente, a protesta pide mellores condicións para o persoal en risco, que alí non ten a posibilidade de facer teledocencia e debe acollerse á baixa médica para non asistir, mentres que no caso galego, ten que acudir ao centro até que o servizo de prevención de riscos determina, previa solicitude, que se dan as condicións para non incorporarse. O paro portugués serviu ademais para reclamar un maior número de asistentes operativos, persoal de reforzo de limpeza, acompañamento e outras funcións, que se viron multiplicadas polas novas necesidades da situación sanitaria –Portugal permite que os centros amplíen horario lectivo–. Máis recursos No entanto, o novo curso supuxo no país veciño a contratación de 900 profesionais técnicos de intervención –en especialidades como psicoloxía, educación social ou audición e linguaxe– e 3.300 docentes de reforzo, máis que os 847 contratados para Secundaria pola Xunta neste curso, aos que se suman 953 dos distintos programas de reforzo para Primaria e Secundaria. Cunha estratexia baseada na prioridade do ensino presencial, e na celeridade á hora de enfrontar os focos mendiante rastrexo temperá, co fechamento do centro completo como a última opción, numerosas medidas a adoptar nos centros lusos achéganse ás que están a desenvolver nos colexios, escolas e institutos galegos. Grupos estábeis, entrada e saída graduais, máscara obrigatoria –a partir do quinto curso–, son algunhas das directrices pautadas nos centros, que, como ocorre na Galiza, tiveron que preparar un plan de continxencia e dispor dun espazo de isolamento para os casos sospeitosos e teñen fixados itinerarios para xestionar abrollos. En ambos os dous casos, a información ao respecto non é fluída, e se Portugal non facilita –segundo denuncian medios como Público– datos dos centros afectados a Xunta faino de forma intermitente: os últimos datos oficiais, do sábado, apuntaban a 51 aulas fechadas e 258 contaxios. Para reducir a fenda dixital, o programa portugués Escola Dixital destina 400 millóns de euros para a adquisición de 1,5 millóns de equipos informáticos para alumnado e profesorado, con prioridade para aquel con maiores necesidades. Na Galiza, a dotación de equipos prevista pola Xunta alcanza os 55.000. Outro dos recursos postos a andar –xa no pasado curso– en Portugal, e que agora se amplía, é o de Estudo em Casa, que ofrece programas educativos e recursos a través da televisión –a antiga "telescola"–, ademais de por internet. |
NOS_2437 | Adrián González é veciño da parroquia de Santa Eufemia no Courel. Leva desaloxado da súa vivenda desde o pasado domingo. Após ter participado todos estes días nos traballos de extinción de incendios na súa localidade, explica a Nós Diario a súa situación persoal actual e dá a súa versión sobre o acontecido. | —Vostede é un dos máis de 600 veciños e veciñas do Courel desaloxado, no seu caso desde o domingo. Como se produciu a evacuación e como están vivindo esta situación?O domingo apureime a chegar a casa, porque unha veciña advertiume de que estaban preparando o desaloxo de Eufemia (Courel) e foi chegar, recoller, unhas poucas cousas e marchar. Aínda así, a maioría dos veciños querían ficar para protexer o lugar e evitar que chegase o lume. A decisión resultou un pouco precipitada, sobre todo o segundo desaloxo desde a parroquia de Folgoso até Triacastela. Porén, moi pouca xente marchou a ese concello, a maioría ficou aquí en casas de amigos ou parentes non ameazadas polo lume. O motivo de tentar mandarnos a Triacastela debeuse a que alí tiñan mellores instalacións e o pavillón preparado para acoller xente do Courel. —Os efectos dos lumes están resultando devastadores no seu concello e tamén na súa parroquia, en Eufemia, como pensa que se puido chegar a esta situación?Penso que isto é resultado dun conxunto de factores. Por un lado, están os de carácter natural derivados de dúas semanas cunhas temperaturas moi elevadas e dunha tormenta eléctrica sen auga, en definitiva cousas propias dun ano de moita seca. Por outro lado, están aqueles ligados á ausencia de medios materiais e humanos para facer fronte a un incendio. Unha mostra disto é que en todo o distrito forestal VII, onde están incluídos concellos como o Courel, Quiroga ou Monforte, a día de hoxe non hai ningunha brigada municipal de extinción de incendios funcionando. Sen ir máis lonxe, no Courel comezarán a traballar esta fin de semana, algo que nunca pasou, posto que o normal era que no mes de xuño xa estivese operativa. —Unha das queixas é a falla de medios materiais e humanos para combater o lume, mesmo que o concello non contase con brigadas municipais de extinción. Cre que con máis persoas e equipos se podería evitar a magnitude da traxedia?Que faltaban e faltan medios é evidente. En Eufemia, onde estiven colaborando nos traballos de extinción, o lume achegouse ás casas por dous puntos. Un foco viña pola ladeira do monte e outro, que era o máis perigoso, pois chegaba ao centro da parroquia, viña por debaixo da propia estrada. Neste caso catro veciños de Eufemia e tres bombeiros voluntarios chegados do Salnés cunha motobomba fomos os que paramos o lume e evitamos que chegase ás propias casas. A sensación foi moi dura porque nos víamos sobrepasados pola situación e non podiamos máis. Rueda sostén que hai "moitísimos medios" no terreo para loitar contra os incendios —A maiores do impacto social e humano dos lumes, estes teñen unhas consecuencias económicas, hai persoas que perderon a súa vivenda, outras o seu medio de vida... Que pode dicir disto?Antes de entrar ao que me pregunta, debo dicir que os veciños salvaron todos os núcleos do Courel. Isto foi xeneralizado, non só en Eufemia senón noutros puntos como Vilamor que foron salvados por dous rapaces do lugar que quedaron a defendelo, malia a orde das autoridades de desaloxar ese espazo. Tamén é de xustiza agradecer o traballo dos brigadistas que dobraron quendas e dos bombeiros voluntarios chegados doutras partes. As consecuencias dos lumes son terríbeis. Así, na parte de abaixo do concello do Courel ardeu todo a ambos os lados do monte. Podemos dicir que toda a masa forestal desde o municipio de Quiroga a Folgoso do Caurel foi arrasada polo lume. As razóns da falla de medios Adrián González non dubida de que "a falla de medios ten provocado que o lume arrasase hectáreas e hectáreas en todo o concello" e considera que "chegaron tarde e a Unidade Militar de Emerxencias (UME) provocou máis desorganización no operativo". As queixas aos dispositivos da UME son habituais nos distintos lugares da Galiza onde empregan militares para combater os incendios, criticando a súa ausencia de profesionalidade á hora de actuar contra o lume. A historia de Adrián repítese noutros focos incendiarios da Galiza. Neste sentido, existe unha sensación estendida de ausencia de medios para responder aos lumes e a falla de coordinación á hora de actuar. Nesta liña, consideran que os atrasos da Xunta ao asinar os convenios cos concellos para pór en marcha as brigadas municipais ten dificultado a capacidade de resposta. |
NOS_7516 | O presidente sitúa o Xacobeo como o evento no que a "Galiza ferida" deixará paso á "Galiza esperanzada". | O presidente da Xunta elixiu para o seu discurso de Fin de Ano o mesmo atril que empregou ao longo destes meses para dirixirse en 'prime time' a galegos e galegas co gallo da pandemia da Covid. Comparecencias, moi criticadas pola oposición, nas que o anuncio de novas medidas ou informes sobre datos do virus ían da man de ataques ao Goberno español. Con ese mesmo atril se dirixiu Feixoo este 31 de decembro durante o seu discurso de pouco máis de 9 minutos aos galegos e galegas. Un discurso no que a pandemia foi protagonista e no que non faltaron gabanzas á súa propia xestión. "En cada resposta [fronte á Covid] que estivo á altura atopo inspiración para a política", manifestou. "Defendo unha política exemplar", dixo, "unha política baseada no consenso", acrecentou. Un resumo en apenas tres frases de como gostaría que se lle vexa. No discurso lembrou os diferentes colectivos que enfrontaron a crise, indicando que sente un "lexítimo orgullo" polo seu traballo nestes meses: sanitarios, profesionais educativos, traballadoras de residencias... Moitos destes colectivos, porén, denunciaron ao longo destes meses as dificultades na súa situación e a responsabilidade da Xunta na mesma. "Galiza deu a galla como Comunidade" ante a Covid-19 e r5esumiu a resposta da sociedade galega como exemplo de "rigor e afectos", todo elo para evidenciar, dixo esa "Galiza como fogar común, como familia". Xacobeo e UE A vacina "marca o principio da fin", manifestou, se ben non hai que cometer "o erro de pensar que todo pasou". O presidente empregou a Catedral como metáfora do final do camiño, este caso da pandemia, que ha chegar. E foi entón cando falou da Galiza "que se apresta a celebrar o Xacobeo 21", indicando que "hai motivos para a esperanza". O Xacobeo e as medidas de "reactivación" da UE permitirán "avanzar" o país e ir así cara a un "mañá na que a Galiza ferida deixe paso á Galiza esperanzada". |
NOS_36243 | O candidato do PSC ás eleccións do 14 de febreiro ten previsto traballar algún tempo máis desde o ministerio, que sufrirá un relevo en plena pandemia da Covid-19. | O ministro de Sanidade, Salvador Illa, seguirá a traballar no departamento até que comece a campaña electoral. Malia que esta semana foi confirmado como o candidato do PSC ás eleccións catalás, prefire manterse un tempo máis no cargo. "Deixarei de ser ministro cando comece a campaña electoral. Até entón ocupareime das miñas tarefas como ministro", incidiu nunha entrevista concedida ao xornal La Vanguardia e recollida por Europa Press. De feito o departamento que aínda dirixe terá que ser reestruturado no medio da pandemia e da campaña de vacinación, que comezou o pasado 27 de decembro. Ao respecto, xa se especula con que a súa compañeira na carteira de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, vai ser a que ocupe o posto que quedará baleiro. Nese caso, cabe a posibilidade de que tamén acceda ao Goberno do Estado español Miquel Iceta, o que era candidato en Catalunya até o nomeamento de Illa. Alleo a estes cambios, Illa amosou que de momento quere seguir en Sanidade porque "en quince días de campaña hai tempo para explicar a nosa proposta aos cataláns". O ministro evitou contestar de forma directa á pregunta de se empregará o seu cargo para facer campaña e gañar votos. Recoñecemento a Iceta Que fora cabeza de lista era un asunto do que falaban "desde metade de novembro", se ben "a decisión non se tomou até o último momento". Respecto ao seu antecesor, afirmou: "Iceta fixo un acto de xenerosidade pouco habitual na política. El renuncia ao que quería e eu asumo unha responsabilidade á que non aspiraba". "Díxome que fago falla aquí, que non podemos afrontar as eleccións como unhas máis, que hai que romper a dinámica da resignación. E non podo cruzarme de brazos", resumiu Salvador Illa. |
NOS_11172 | 'Mar do Con', a embarcación de Moaña, finaliza sexta (e a 80 centésimas dun 4º posto) nunha regata con claro dominio da embarcación biscaíña de Urdaibai. O patrón de Tirán, David Álvarez, encabeza a clasificación de mellor patrón | Comezou unha nova temporada da ACT, a Liga da Asociación de Clubs de Traiñeiras na que compiten embarcacións vascas (8 de 12), cántabras e unha galega, Mar do Con, de Tirán, cunha tripulación renovada en grande medida. A primeira regata tivo lugar, por esas cousas relacionadas coa promoción e a publicidade, en augas de Barcelona. Un lugar onde a cultura das traiñeiras é, simplemente, inexistente. Entre o público, quizás só Andoni Zubizarreta (o vasco actualmente director do Barça) entendese moi ben que facían aquelas doce embarcacións a vogar con forza baio un sol dos de esmagar. Foi a primeira regata e xa varias cousas ficaron claras: Dominio abafante das embarcacións vascas, que coparon os cinco primeiros postos: Urdaibai, Kaiku, Orio, Hondarribia e San Pedro. As cántabras, que noutrora copaban podios (con Astillero á cabeza) semellan non telas todas consigo neste inicio de temporada. Urbaibai gañou esta primeira regata con autoridade: Sacoulle 9 segundos ao segundo clasificado, Kaiku, e 13 ao terceiro, a Mirotza de Orio. Os de Bermeo, pois,puxeron sobre a mesa xa desde o principio, a súa candidatura para se meter no peto esta ACT. Tirán, moi bo sabor de boca Tirán ficou sexta, un papel máis que digno. De feito, estivo só a 80 centésimas de acabar cuarta. E, aliás, deixando moi bo sabor de boca. Os propios xornais vascos recoñecen que é a única embarcación da ACT que pode dar unha sorpresa ao podería de traiñeiras de Euskal Herria. Tirán é sexta, de doce, na claisificación, con 7 puntos. Un por baixo de San Pedro e a dous de Hondarribia. O patrón da embarcación galega, David Pérez, vai na cabeza da clasificación de mellores patróns, por diante de Endika Pérez (traiñeira de San Juan) e Asier Zurinaga (Kaiku). |
NOS_5318 | Causaron danos no muro perimetral e defensas do Castro de Pastoriza, informa o Seprona. | O Servizo de protección da natureza (Seprona) da Garda Civil detivo en Arteixo 2 persoas acusadas dun delito sobre o patrimonio histórico ao realizar unha tala sen autorización nas inmediacións dun xacemento arqueolóxico que resultou con danos. Segundo recolle a axencia Europa Press, a tala tivo lugar na zona de protección integral do xacemento arqueolóxico, da Idade de Ferro e causaron danos no muro perimetral da croa e as defensas do Castro de Pastoriza. A Garda Civil detivo en abril un veciño ao que acusou de delito sobre o patimonio por preparar o terreo para plantar eucaliptos no Castro da Pastoriza, labor no que causou danos no parapeto principal e foxo da xona norte do xacemento. O Seprona puxo de manifesto o descoñecemento das obrigas que os titulares de fincas que conteñen bens declarados, catalogados ou inventariados teñen de conservalos e protexelos. |
NOS_30205 | Impulsada por 282 profesionais --un terzo do sector--, preséntase o Movemento Galego de Saúde Mental para rachar cun panorama onde o 30% das camas non se poden usar malia estaren baleiras namentres a atención está colapsada mesmo no servizo de urxencias. | "Dixéronnos que esta declaración era dura. O duro está ás noites en Urxencias, cando os pacientes chegan e hai que os mandar de volta porque estamos a falar de portas xiratorias non en hospitalización, senón no servizo de urxencias". Así de taxativo se manifestou o psicólogo clínico no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela Miguel Anxo García Álvarez, voceiro da plataforma Movemento Galego de Saúde Mental que se presentou en sociedade esta quinta feira para rachar cunha situación "moi preocupante" derivada do uso "inaceptábel" dos recursos e "limitando os dereitos asistenciais das persoas". No panorama que debuxou García Álvarez, hai na Galiza 80.000 doentes mentais e del@s máis da metade --até 41.000-- non tiveron acceso aínda ás prestacións e servizos que garantiría a lei de dependencia "á cal teñen dereito". Aliás, o 30% das camas de hospitalización psiquiátrica "están sen ocupar, que non pechadas, en periodos prolongados", polo que "están aí mais non se poden usar" namentres a atención nos centros públicos de saúde mental está colapsada mesmo en urxencias. Hai máis. A distancia entre as consultas de revisión --as chamadas consultas sucesivas-- "pón en cuestión que se estea a prestar ben o servizo" pois, no canto de atender @ doente cada 15 días, as consultas teñen que se dar "para dentro de varios meses" porque o servizo "está saturado". Acrecentou o psicólogo clínico que o acceso á unidade de rehabilitación "está pechado, non de maneira taxativa mais en grande medida" e que esta situación se produce ao tempo que as persoas sen teito son cada vez máis "e calculamos que o 50% delas precisarían atención psicolóxica". U-las políticas relacionadas coa prevención de suicidios? Para alén de reclamaren que se solucione esta situación, que voltou cualificar de "moi preocupante", Miguel Anxo García Álvarez botou man dos dados fornecidos polo Instituto español de Estatística (INE) para dar conta de que a Galiza é o territorio do Estado coa maior taxa de suicidios. As recomendacións da Organización Mundial da Saúde na liña de axudar a aliviar a débeda familiar, reforzar a protección social e a atención primaria e implementar políticas activas de creación de emprego "non se cumpriron" e entre 2011 e 2012 a cifra de persoas que se suicidaron por mor da súa situación socio-económica medrou dous puntos na Coruña (do 11,7 ao 13,1%), en Lugo (do 13,4 ao 16,1%) e en Pontevedra (do 8,8 ao 9,1%). En Ourense baixou do 12,9 ao 11,8%. O Sergas está a crear "unha situación de risco" "As políticas relacionadas coa prevención de suicidios tiñan que se ter implementado xa e iso tampouco se fixo", subliñou García Álvarez, quen non dubidou en sinalar que a situación provocada polas políticas da consellaría de Sanidade nos servizos públicos de saúde mental da Galiza "crea un panorama de risco e incrementa a inseguranza para os pacientes". Por todo isto, o recentemente nado Movemento Galego de Saúde Mental comezará o seu traballo cunha procura de información para debullar o caso concreto de cada centro público e investirá esforzos nunha campaña informativa onde denunciarán como "o deterioro da asistencia pública quebra a equidade", na medida en que as persoas con diñeiro poderían resolver esta situación petando na porta dunha clínica privada. --------------------------------------------------- NOTA: Integran o Movemento Galego de Saúde Mental 27 psiquiatras, 44 enfermeir@s, 33 psicólog@s clínicas, 21 auxiliares, 42 TCAE, 16 traballadoras sociais, 14 médic@s intern@s residentes, 10 psicólog@s intern@s residentes, 3 enfermeir@s intern@s residentes, 4 terapeutas ocupacionais, 7 celador@s e unha pedagoga. Aliás, tamén fan parte desta plataforma as federacións de Saúde na CIG e de Sanidade en CC.OO. e as organizacións Asociación de familiares e amigos de enfermos mentais Fonte da Virxe, Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Agrupación Socio Deportiva Alter-Nativa, ONG Solidarios Anónimos, Asociación Xaruma, Asociación de profesionais de drogodependencias e outras conductas adictivas, Asociación galega Dédalo (axuda a nenos con trastornos de Comportamento e TDHA) e Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria. |
NOS_3187 | Carme Pereiro, coordinadora dos Premios Youtubeiras, presenta este proxecto que busca tecer redes máis alá da plataforma. Pereiro aborda para Nós Diario a normalización da lingua en temáticas e formatos diversos, as formacións en liña e presenciais e o incremento de participantes edición tras edición xa que, como ela di, "as creadoras están apostando por unha lingua minorizada e poñéndoa en valor". | —Que se agarda da sexta edición dos Premios Youtubeiras?Queremos que continúe medrando a comunidade, que se fagan máis vídeos en galego, xa non só en Youtube, en todas as redes sociais. Estamos moi contentas pola evolución porque na primeira edición houbo 202 vídeos, mentres que por exemplo na cuarta eran máis de 500. Interésanos que as persoas, a xente nova sobre todo porque o futuro do galego está nela, saiban que hai contido en galego, porque creo que hai moita mocidade que non o sabe. Este ano as inscricións estarán abertas até o 15 de novembro e, como novidade no xurado, estará o gañador da categoría Youtubeiro 2021, Olaxonmario. Cremos moi importante incorporar a visión dunha persoa que coñece o proceso de creación e a doutras creadoras e por iso será algo habitual nas vindeiras edicións. Ademais, o apoio institucional vén sendo máis ou menos o mesmo, coa volta de Carballo e coa nova incorporación de Rois, xa que un dos requisitos para formar parte é ter un servizo de normalización lingüística, entón eu animo a todos os concellos que están nesta situación a que se sumen e, os que non teñan o servizo, que o implementen. —Este ano, a novidade está nas categorías 'revelación' e 'rede'.A primeira está pensada para premiar unha creadora que non estivera inscrita nas edicións pasadas e, sobre todo, que teña a capacidade de xerar novas temáticas, formatos e contidos. Isto é importante, porque é unha forma de abrir a mente de maneira que se poida ver que o galego pode ser utilizado en calquera eido. Non pode ser que a nosa lingua estea relacionada cunhas temáticas e non con outras. Todos os vídeos que se presentaron ao longo das edicións contaban con diferentes temáticas, mais ao mellor si que hai algúns pouco traballados ou persoas que pensan que, polo tipo de público ao que se dirixen ou por non ser galegofalantes habituais, esta non é a lingua máis apropiada. Mais a creación de contido pode ser un comezo para elas, para neofalantes e para xente que quizais máis adiante fale galego no día a día. Con respecto á segunda categoría, aínda que o premio se chame Youtubeiras, pretendemos ir moito máis aló: valoramos o feito de crear comunidade noutras redes sociais como Twitter, Twitch, Instagram ou Tik Tok. —Como funcionan os encontros en liña e presenciais?Este ano a formación presencial está dirixida aos centros educativos, onde están funcionando moi ben. Paralelamente, organizamos unha conversa en liña, Unicornios e linguas non hexemónicas na rede, que se pode ver na nosa canle de Youtube e na que participaron creadoras de Catalunya, Asturias, Euskadi e Galiza. Tamén organizamos outra formación en liña, Xestións, contas e outros enigmas coa xestora laboral Paloma López Retorta, e outra presencial, a Megacolab, dinamizada por Gingko, como unha oportunidade para a creación colectiva. —Cal é o obxectivo final?Youtubeiras non é só un certame e pretendemos incrementar a presenza do galego na rede, que o número de creadoras de contido en galego continúe aumentando. A finais de ano tamén crearemos un catálogo de youtubeiras para ofrecer un lugar de referencia na busca de contido dixital. Na situación na que está o galego hoxe en día penso que temos que pór en valor esta creación, que inclusive pode fomentar que outras persoas se sumen a facelo. Non hai esa eiva que se comenta moitas veces de que non che van entender noutros lados, porque para algo están os subtítulos. Nós temos un patrimonio lingüístico moi importante e, precisamente, as creadoras están apostando por unha lingua minorizada, póndoa en valor e dignificándoa. |
NOS_4585 | Logo do falecemento de Andrea, a nena de 12 atinxida por unha doenza terminal, Alfonso Alonso, ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, considera "irresponsábel" abrir un debate "oportunista" sobre unha lei de morte digna. | Para o Goberno español non é momento de abrir un debate sobre unha lei de morte digna. De feito, considérao "oportunista" e "irresponsábel". "Non me gusta abrir debates oportunistas e moito menos facelo porque un ten un interese electoral sobre unha situación dramática como a que vivimos e na que hai que ser moi coidadoso coa situación dos pais e moi respectuoso tamén cos profesionais", sinalaba esta mañá en declaracións aos medios. Alonso, que solicitou "moita máis serenidade e unha reflexión pausada", aludiu á Lei de Autonomía do Paciente, que recolle que ningunha persoa usuaria da sanidade pode ser obrigada a seguir un tratamento, e ao código deontolóxico dos profesionais da sanidade, onde considera que "todas estas cuestións quedan perfectamente claras". O debate sobre a morte digna cobrou actualidade despois do caso de Andrea, a rapaza de 12 anos atinxida por unha doenza neurodexenerativa terminal que, tras a loita dos pais en defensa dunha morte digna, faleceu no día de onte. No número 166 do semanario en papel tratamos nunha reportaxe a lexislación internacional a respeito do dereito a unha morte digna e conversamos con Emilia Irimia (Asociación polo dereito a unha morte digna) e o profesor de Bioética e Filosofía Moral, Óscar Horta, o debate arredor da vida e morte. |
NOS_17626 | O barco de Chapela impúxose na final feminina e Robaleira deu a sorpresa en xuvenil masculino. A armada galega prepárase para asaltar o Campionato de España que esta fin de semana vai decorrer en Santander. | Cabo de Cruz non quer que ninguén lle tusa. Nin en traiñeiras (13 remeiros + patrón) nin en traiñeiriñas (6 remeiros + patrón). O clube barbanzán síntese forte e disposto a facer fronte a calquera reto que lle poñan por diante. Esta fin de semana vogaba en casa e non deixou pasar a oportunidade de revalidar o título de campión galego de traiñeiriñas en categoría absoluta que conquistou en Meira (Moaña) en 2014. Non deu tregua nin pausa. A tripulación crucense impúxose na regata cun tempo de 13:31:81, meténdolle 17 segundos de diferenza aos segundos, Tirán (13:49:23). De terceiros, os veciños -compartindo concello- do Náutico de Boiro, e de cuartos Amegrove. Mais non foi esta categoría senior absoluta a única que se disputou en augas de Cabo de Cruz esta fin de semana. Aí estiveron tamén as tripulacións femininas a baterse no Barbanza, unha competición na que a campioa foi a traiñeiriña de Chapela, fincando as de Mecos en segundo lugar, as de Meira en terceiro posto e de cuartas, San Martiño (barco composto por remeiras de Vilaxoán e Coruxo). Na categoría xuvenil impúxose Robaleira, seguida de Mecos, Tirán, Cabo de Cruz e A Pobra. A primeira fin de semana de xuño Santander acollerá o campionato estatal de traiñeiriñas, unha cita na que a armada galega aspira a meter no peto o maior número de títulos posíbeis. Foto: Clube Remo Chapela |
NOS_49320 | Os dous principais partidos xamaicanos, ambos republicanos, levan anos prometendo un referendo sobre a continuidade da raíña Isabel II como xefa do Estado, mais nunca acabou por se concretar. Agora, de cara ás eleccións xerais do 3 de setembro, o actual líder da oposición comprometeuse cunha data en firme. | "Amo a raíña, é unha dama fermosa; e ademais de ser unha dama fermosa é unha dama intelixente e marabillosa. Mais penso que os tempos son chegados". A ex primeira ministra de Xamaica Portia Simpson-Miller, durante o acto da súa toma de posesión en 2012, anunciaba que ese ano ─coincidindo co 50º aniversario da independencia do Reino Unido─ sería un bo momento para organizar un referendo sobre a continuidade de Isabel II ─oficialmente, raíña de Xamaica─ como a xefa de Estado. Ese referendo, porén, nunca aconteceu. Simpson-Miller, líder do Partido Nacional do Pobo (PNP, socialdemócrata), foi substituída tras as eleccións xerais de 2016 por Andrew Holness, do Partido Laborista de Xamaica (JLP, na siglas en inglés, de centrodereita). Holness, o primeiro xefe de Goberno xamaicano nacido logo da independencia de 1962, chegou ao Executivo coa intención de transitar cara a un sistema republicano como unha das súas principais prioridades. Mais nestes últimos catro anos, o referendo tampouco aconteceu. Agora, a tan só dúas semanas dunha nova cita electoral ─esta terza feira, 18 de agosto, é o Día da Designación de Candidatos de cara á data sinalada do 3 de setembro─, a cuestión de monarquía ou república volve estar sobre a mesa. O Parlamento bicameral xamaicano elíxese cada cinco anos. As eleccións xerais debían organizarse entre febreiro e xuño do ano que vén, mais Holness decidiunas adiantar dadas as boas expectativas actuais do seu partido fronte ao PNP e o medo a que os casos da Covid-19 medren durante os meses de outono e inverno erosionando así o seu capital político. O JLP e o PNP son as principais formacións do sistema bipartidista xamaicano. As dúas coinciden na cuestión republicana, mais a necesidade de facer emendas na Constitución, que deben ser aprobadas previamente pola cidadanía en referendo, foron adiando o proceso de cortar definitivamente os lazos coa ex colonia. Por outra banda, a pesar do estendido sentimento republicano no país, a actual raíña Isabel II ─que exerce o seu poder a través do gobernador xeral de Xamaica─ goza dunha gran popularidade entre boa parte da poboación. Non obstante, a promesa do presidente do PNP e actual líder da oposición, Peter Phillips, de organizar un referendo pola república dentro dos 18 meses posteriores a asumir o cargo puxo en pé o auditorio da universidade en que fixo o anuncio. Foi a semana pasada ─recolle o xornal The Gleaner─ no campus de Mona da Universidade das Indias Occidentais durante a presentación dos 63 candidatos á Cámara baixa do Parlamento. Macroeconomía e cohesión social En 2016, o JLP venceu por un axustado 32 a 31. Phillips quere virar as tornas con esta e outras medidas enfocadas ao ámbito da educación e da saúde. Así, prometeu "acabar co apartheid no sistema educativo facendo a educación de calidade universal e accesíbel economicamente para todas as crianzas, anovando escolas e mellorando as condicións do profesorado"; e "dar acceso gratis ou economicamente accesíbel a un sistema sanitario universal". Pola súa banda, o JLP de Andrew Holness busca un novo mandato en base aos datos macroeconómicos. Segundo un informe do Banco Mundial publicado en abril, a débeda pública xamaicana caeu por baixo do 100% do Produto Interior Bruto (PIB) e "agárdase que descenda por baixo de 60% para 2025-26". Ademais, salienta que o desemprego "caeu ao mínimo histórico de 7,2% en outubro de 2019", aínda que sinala que cómpre "un crecemento económico maior e máis resiliente para eliminar a pobreza e compartir a prosperidade". Tamén, recolle que "os niveis de crime e de violencia permanecen altos, o que remarca a necesidade de abordar as cuestións do desemprego xuvenil, da educación e da cohesión social". O Instituto de Planificación de Xamaica, informa Jamaica Observer, calcula ademais que a economía podería contraerse este ano até 14%. Outra razón que se apunta como causa do adianto electoral por parte de Holness. Estes temas marcarán as eleccións, así como a pandemia. Xamaica, cunha poboación de tres millóns de habitantes, contabiliza 1.113 casos de coronavirus e 14 mortes. Holness contrapón a súa xestión á do anterior Executivo cando en 2014 o país sufriu un gromo de chikungunya. Daquela na oposición, foi crítico coas medidas adoptadas para evitar, sen éxito, a epidemia. 16 países do mundo comparten a actual raíña de Inglaterra, Isabel II, como a xefa do Estado A raíña Isabel II é a xefa de Estado en 16 países do mundo. Malia compartiren monarca, cada reino é independente e legalmente distinto. Son os chamados Reinos da Mancomunidade ou Commonwealth realms, en inglés. Así, oficialmente fálase, por exemplo, da Monarquía de Xamaica ou da raíña de Nova Zelandia. Son Estados que gañaron a súa independencia do Reino Unido en diferentes datas, mais que optaron por permaneceren como monarquías parlamentarias. Entre os máis populosos están o Canadá (1867) e Australia (1901). Outros Estados membros da Commonwealth, como Suráfrica ou a India, tamén foron reinos da Mancomunidade no pasado mais actualmente son repúblicas. A maioría de Reinos da Comunidade están no Caribe. Paradoxalmente, malia seren países que sufriron a escravitude fomentada polo Imperio británico e os seus rexentes, a simpatía pola Coroa permaneceu alta até que na década de 1960 os movementos anticoloniais, antirracistas e panafricanos como o rastafarismo comezaron a callar na sociedade. |
NOS_54922 | A sensación de fracaso que deixou no ecoloxismo social e a sociedade civil a Cimeira do Clima chega até Galiza, da man de entidades que participaron ou seguiron o encontro oficial e a súa versión social, que opoñen as prioridades que impón o capitalismo ás medidas necesarias para frear o cambio climático. | Fracaso, cando non directamente burla. O balance que fan desde Galiza asociacións ecoloxistas e vinculadas ao rural da COP25, a Cimeira do Clima clausurada este domingo en Madrid, comparte pesimismo coas decenas de miles de persoas que durante a súa celebración saíron á rúa para alertar da crise climática global e protestar contra a falta de ambición e resultados do encontro internacional. Pesimismo polo acadado a nivel xeral, mais tamén polo que significa para Galiza. "Galiza vese afectada en tanto que non se pon freo ás predicións que se proxectan sobre o noso territorio: mediterranización do clima atlántico, secas máis prolongadas, lumes máis intensos relacionados co estrés hídrico e monocultivo de eucaliptos, eventos atmosféricos máis extremos, perda de biodiversidade...", resume Ánxel Enrique López, presidente de Adega en Vigo. Para a organización ecoloxista, a cimeira supón "unha oportunidade perdida, porque se adía a presentación de plans e medidas concretas e máis ambiciosas por parte dos países para facer fronte ao cambio climático", o que é "un novo fracaso das partes e das elites para adoptar acordos firmes ante a situación actual de emerxencia climática e social consecuencia directa do poder destrutivo que ten o sistema capitalista". "É un acordo de mínimos, débil e simbólico, que resta ambición ao Acordo de París de 2015 e imposibilita conseguir o obxectivo de manter o incremento da temperatura por debaixo do 1,5 graos para finais de século e conseguir o balance de emisións cero para 2050", apunta o activista. Desde Amigos da Terra subliñan, para concordar en que o encontro fracasou, a "falta de compromiso coas comunidades máis afectadas pola crise climática e a escasa ambición para reducir as emisións de carbono". "A pesar da emerxencia climática, os países do norte global ,en lugar de deixar os combustíbeis fósiles no subsolo, aproveitan calquera lagoa para evitar levar a cabo acciones efectivas e os mercados de carbono non reducirán as emisións", advirte a entidade, que alerta da "presión" das empresas máis contaminantes do mundo para influír nas negociacións "para conseguir eludir a súa débeda mentres lavan a súa imaxe na zona verde". Tamén o Sindicato Labrego Galego afea o papel das grandes empresas na Cimeira. "É un esperpento que Endesa e outras das empresas máis contaminantes fosen as patrocinadoras ou tivesen presenza ampla. O cumio oficial foi unha burla á cidadanía e aos sectores da poboación onde baten os efectos climáticos, como son unha burla as dinámica dos gobernos como o Español e das propias empresas, que son as que máis impacto xeran", avalía a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba. Máis eucalipto Aos seus ollos, o encontro reflectiu, a nivel galego, "a situación global do capitalismo verde, e de querer facer negocio das empresas máis contaminantes". "Cuestións enormemente preocupantes, como a posibilidade de queimar cultivos forestais para crear enerxía supostamente limpa da que está a falar a Xunta, baseánse no éxito dos lobbies empresariais, ao lograr que non se computen as emisións na queima de materiais como estes cultivos forestais, o que é un grave problema para Galiza", denuncia, poñéndoo en relación coa apertura da planta de biomasa de Teixeiro (Curtis)."Con ela, vai haber unha presión para facer cultivos forestais para queima –sinala–. Isto significa unha nova versión de Ence, e pode que aínda máis intensiva, porque eses cultivos están moito menos tempo na terra, esquilman auga e nutrintes da terra, supoñen só ocupación de eucalipto e erosión do terreo". Poñendo o acento no sector agrario e gandeiro, a portavoz alerta de que se use "como cabeza de turco", cando "a maior parte das emisións veñen pola queima de combustíbel fósil, polos transportes de miles de quilómetros de alimentos para as persoas e o gando ou os fertilizantes químicos". Vilalba fai unha excepción no seu balance negativo ao encontro no papel da sociedade civil e de gran parte da comunidade científica, "que deixan unha mensaxe coa que o Sindicato Labrego concorda, como é que existe unha situación grande de emerxencia e que necesitamos un cambio de paradigma económico con urxencia". Na mesma liña, desde Adega, Ánxel Enrique López pon en valor o papel da sociedade civil mobilizada e o ecoloxismo social, e destaca o funcionamento da plataforma do Movemento Galego polo Clima, como exemplo de "construción colectiva" e "confluencia" que, ao seus ollos, son ferramentas esenciais na loita contra o cambio climático. |
NOS_9858 | As Forzas Armadas de Ucraína afirmaron esta cuarta feira ter repelido varios ataques das forzas rusas no Donbás. O xornal 'The New York Times' evidencia o uso ucraíno de bombas de acio en contraofensivas para repeler o avance ruso. | As Forzas Armadas de Ucraína afirmaron esta cuarta feira ter repelido varios ataques das forzas rusas para tomar as localidades de Rubizhne e Severodonetsk, situadas no Donbás, na rexión de Luhansk, mais non baixo o control da República Popular homónima. Rusia di que agora comeza a "seguinte fase" da "operación especial en Ucraína", centrada no Donbass Así mesmo, o Estado Maior do Exército ucraíno incidiu en que Rusia "está a tentar continuar as súas operacións ofensivas na Zona Operacional Leste para lograr o control total das rexións de Donetsk e Luhansk". A máxima institución do Exército de Ucraína agregou que en dirección a Donetsk e Tavriya, as forzas rusas "seguen atacando as liñas de fronte e buscando puntos débiles na defensa en toda a liña de contacto". Que levou ao estalido da guerra no Donbás en 2014? "Os combates continúan en áreas de Kreminna, Torske e Zelena Dolyna", sinalaron os representantes do Estado Maior ucraíno, ao tempo que afirmou que o Exército ruso "se reagrupa para atacar en dirección a Lyman". Bombas de acio A organización non gobernamental Human Right Watch (HRW), con sede en Nova York, apuntou a comezos de marzo que as forzas rusas terían empregado bombas de acio na invasión de Ucraína. A ONU alerta de que tanto Rusia como Ucraína estarían a cometer crimes de guerra Porén, nun artigo titulado 'Para facer retroceder as tropas rusas, Ucraína golpea unha aldea con bombas de acio', o xornal The New York Times publicou evidencias despois dunha visita á área de Husarivka que apuntan que as bombas de acio atopadas neste lugar foron "lanzadas polas tropas ucraínas que intentaban retomar a área". As bombas de acio de Husarivka "non foron disparadas por forzas rusas", afirmaron esta semana os xornalistas do rotativo estadounidense Thomas Gibbons-Neff e John Ismay. Diante desta información, HRW laiouse polo comportamento das forzas ucraínas. Case 100 gobernos de todo o mundo asinaron o 3 de decembro de 2008 o Tratado contra as bombas de acio, co que se comprometeron a desterrar o seu uso. Os Estados Unidos de América, Rusia e Ucraína non se atopan entre os Estados asinantes. |
NOS_39551 | Afirma que o seu partido concorrerá con En Marea nas eleccións galegas deste ano e mostrouse convencido de que "gañarán". | Pouco durou o vóo da posibilidade expredada por Podemos Galiza de concorrer en solitario ás eleccións galegas que van ter lugar neste 2016. O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, saiu ao paso para desautorizar a porta aberta polo secretario xeral da organización en Galiza, Breogán Riobóo, de ir aos comicios galegos en solitario. "Podemos partilla folla de ruta coas súas forzas irmás en Galiza. Estou convencido que nas vindeiras eleccións, En Marea, co apoio de Podemos, gañarás as eleccións", asegurou Iglesias, en resposta ás afirmacións de Riobóo. Preguntado sobre as críticas do secretario xeral de Podemos Galiza a unha campaña que ao seu xuízo se centrou excesivamente en captar o "voto nacionalista", Iglesias limitouse a repetir: "Podemos partilla folla de ruta coas súas forzas irmás en Galiza". As reflexións de Breogán Riobóo tamén tiveron nestes días respostas de alcaldes das mareas, como Martiño Noriega (Compostela) e Xulio Ferreiro (A Coruña), que sinalaron que a aposta nas eleccións galegas debía ser por "máis unidade". |
NOS_19797 | Son 4.259, oito máis que na xornada de onte. | Galiza rexistrou outro falecemento dun paciente con Covid-19 na residencia de Outeiro de Rei, que acumula 131 usuarios contaxiados, e detectou outros 195 positivos nunha xornada na que os casos activos experimentaron un lixeiro aumento de oito casos para situarse en 4.259. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 4.259, o que supón 8 máis que os rexistrados na cuarta feira. Segundo os datos actualizados esta quinta feira, os casos activos baixan nas áreas da Coruña até os 964 -11 menos-; Ferrol até os 129 -que supoñen 19 menos que onte-; Lugo, con 524 -trece menos-; e Santiago, que ten 534 -tres menos-. Por contra, aumentaron os casos activos nas áreas sanitarias de Ourense, que rexistra 799, o que supón 34 máis; Vigo, que conta con 514 -once máis- e Pontevedra, onde ascenden a 795 -nove máis-. Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 4.023 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 19.129 persoas curadas, rexistrándose 747 falecementos. En relación ás residencias de maiores hai 453 casos activos, a maior parte deles en persoas usuarias (314), mentres que en traballadoras e traballadores son 139. Das 747 persoas falecidas na Galiza pola pandemia da Covid, 179 foron en residencias ou hospitais procedentes de residencias. Por último e xa relacionado coas escolas infantís e centros educativos, hai 350 casos activos e o número de aulas pechadas son 37. |
NOS_51754 | O presidente anuncia cambios no Goberno despois dunha derrota que a dereita trata de capitalizar, aínda que a meirande parte das forzas defende un novo proceso de redacción constitucional. | O pobo chileno rexeitou de forma maioritaria a proposta de nova Constitución elaborada pola Convención Constitucional, o que obriga a reiniciar o proceso para redactar unha nova proposta, tras optar en 2020 case 80% dos votantes por acabar co texto vixente, impulsado pola ditadura de Augusto Pinochet. Os resultados foron claros: 61,86% optou o domingo polo "rexeito", mentres que 38,14% introduciron a papeleta do "aprobo", cunha participación de 86% após recuperarse nestes comicios o voto obrigatorio. A negativa impúxose no plebiscito en todas as rexións chilenas, vencendo o apoio á proposta constitucional en só 8 das 346 comunas do país (tres en Valparaíso e cinco na capital, Santiago de Chile), así como nas mesas instaladas na emigración. "Recollo esta mensaxe e fágoa propia, hai que escoitar a voz do pobo", dixo Boric Pouco despois de confirmarse os resultados, xa na madrugada de onte na Galiza, o presidente, Gabriel Boric, recoñeceu a derrota nas urnas e sostivo que "recollo esta mensaxe e fágoa propia, hai que escoitar a voz do pobo". Boric anunciou que haberá un novo proceso constituínte cun fragmentado Congreso como "protagonista", e mais cambios no seo do Executivo para "facer fronte a importantes desafíos". Cando menos dous dos integrantes do gabinete substituídos serán Izkia Siches e Giorgio Jackson, moi próximos a Boric, revela La Hora. Tanto para os medios locais como para a oposición, Boric é o principal afectado por este resultado, primeiro por ser un dos primeiros valedores do proceso como solución ás revoltas sociais que xurdiron en 2019, mais tamén por mor de que a coalición que o levou ao poder, Aprobo Dignidade, converteuse a nivel político na cara da campaña de apoio. De feito, o nivel de aprobación do mandatario nas enquisas é moi similar aos resultados do "aprobo". A poboación chilena rexeita a nova constitución e Boric anuncia "axustes" no seu Goberno Causas O rexeitamento á Constitución, que superou por ampla marxe as cifras que manexaban as enquisas, ten varias causas, entre elas unha das máis significativas foi a división no arco progresista, explica La Tercera. Ao sumarse parte do centro esquerda á campaña en contra, especialmente persoeiros do Partido Demócrata Cristián e do Partido pola Democracia, fundado polo ex presidente Ricardo Lagos, alargouse o marco político do "rexeito", que até entón estaba copado pola dereita. Arredor desa cuestión, Isabel Castillo, investigadora da Universidade de Chile, advertiu en El Mercurio que aínda que na campaña "tiveron maior protagonismo figuras de centro esquerda ou ex centro esquerda, á hora das negociacións esta xente non está presente, e a que si ten poder é a dereita". Boric: grandes retos, grandes expectativas Ademais, os estudos demoscópicos estiman que aproximadamente a metade do rexeite á nova Constitución responde á visión negativa sobre a Convención. Ao longo do proceso producíronse varios escándalos que cuestionaron o seu traballo, desde o descubrimento de que un convencional mentira sobre un diagnóstico de cancro, a intervencións con disfraces pasando por representantes votando desde a súa ducha. Esta situación foi explotada polos medios conservadores do país nunha votación marcada pola desinformación previa, que reiteraba, entre outras cousas, que a propiedade privada sería abolida. Boric trata de impulsar a redacción dun novo texto Tanto ao interior da campaña do "aprobo" como do "rexeito", sinalábase antes do plebiscito que se a poboación non aceptaba a Constitución habería que reiniciar o proceso. Non obstante, con visións diferentes; pois entrementres os primeiros apuntan que as chilenas e chilenos xa aprobaron en 2020 que tería que facelo unha asemblea elixida para iso, os conservadores procuran que o Congreso teña un maior peso, o que lles permitiría bloquear aqueles aspectos cos que non concorden. Pola súa parte, Boric convocou onte unha xuntanza con todos os partidos políticos para avaliar o mellor camiño. Con todo, Chile Vamos, a principal forza conservadora, trasladou que non asistiría, reclamando unha lectura crítica do resultado ao Executivo antes de aceptar, e ratificando a súa disposición a seguir o proceso de cambio constitucional. |
QUEPASA_38 | Na recta final da campaña para as eleccións municipais do próximo domingo, falamos con Evencio Ferrero, actual alcalde de Carballo, que repite, logo de 16 anos no poder, como cabeza de lista do BNG Carballo. | QPC: Como valora estes catro anos? Non me gusta facer valoracións do traballo propio, serán os veciños e veciñas de Carballo quen terán que facer esa avaliación pero estamos altamente satisfeitos do traballo desenvolvido porque demostramos que somos un goberno para as persoas, sensible cos problemas e comprometido coas solucións. Grazas ao apoio que recibimos fomos quen de avanzar no Carballo que queremos para que se converta nun bo lugar para vivir. QPC: Como foi o de gobernar en maioría? É verdade que por vez primeira gobernamos con esa maioría. Nos mandatos anteriores fomos quen de chegar a acordos con outras forzas políticas para gañar estabilidade. Esta maioría permitiunos centrar nas solucións ás demandas porque o noso concello ten unha excelente saúde económica que permite, non só realizar obras, senón atender ás persoas con máis necesidades ou tamén colaborar coas entidades que viron como outras administración aplicaron políticas de recortes sen sentido. QPC: Como ve o escenario electoral en Carballo de cara aos comicios do próximo 26 de maio? Teñen confianza nunha nova maioría? Agardo que se manteña a estabilidade polo traballo desenvolvido e hai inquéritos que apuntan a iso. Agradecemos a altísima valoración que a xente de Carballo fai do noso traballo desde o goberno e desde a alcaldía. De todos xeitos, non hai aínda ningún voto emitido polo que traballaremos para cumprir esas tendencias. QPC: Que destacaría do programa do BNG Carballo? O noso é un programa elaborado desde o coñecemento profundo das demandas veciñais. Neste mandato puxemos en marcha o consellos parroquiais como órganos de consulta e asesoramento e que nos permite priorizar as demandas de cada unha das parroquias. As necesidades están expresadas: circunvalación, ampliación do solo industrial no polígono de Bértoa, abastecemento de auga ás parroquias de Lema, Noicela, Vilela e Rebordelos, travesía de Bértoa e continuar cos procesos de transformación urbana e ampliación de servizos no rural. O meu compromiso con Carballo penso que está acreditado, e resulta curioso que outros utilicen decisións persoais para facer política ficción QPC: Desde o PP de Carballo insisten na idea de que vostede deixará o BNG Carballo na metade do mandato. Que ten que dicir a isto? Que é un pobre argumento de quen se sinte perdedor. O meu compromiso con Carballo penso que está acreditado e resulta curioso que utilicen decisións persoais para facer política ficción porque non teño pensado facelo. QPC: A mobilidade e o tráfico son dous dos temas que máis preocupan a día de hoxe aos carballeses e carballesas. A nova ordenanza de tráfico do casco urbano desatou un sen fin de comentarios. Como reciben as críticas? As críticas sempre poden valer para mellorar pero neste caso o concello de Carballo pretende como prioridade a seguridade das persoas . Que un coche cruce de un extremo a outro o noso concello significan 2 minutos máis de tempo ao reducir a velocidade a 30, pero si hai un atropelo a 50 km/h as posibilidades de morte increméntanse desde un 8% a un 60%. Penso que dous minutos non merecen esas valoracións negativas. QPC: Outro dos temas electorais é o referente á construción da circunvalación. Segue sendo unha prioridade para o BNG Carballo? É inadmisible que o tráfico pesado pase por diante de unhas instalacións deportivas, un centro de secundaria, unha escola infantil e o segundo centro de Galiza en número de alumnado de primaria. O tráfico pesado ten que circular por fóra das vías urbanas porque unicamente así será un tráfico seguro. A Xunta de Galicia ten que entender que a circunvalación é unha prioridade absoluta e as declaracións de Feijóo nas que condiciona a súa construción a un resultado favorable ao seu partido, descalifícao como presidente para todos. Son un insulto a Carballo esas afirmacións do presidente da Xunta e agardo que as rectifique. QPC: Durante estes catro anos tamén insistiron na necesidade da ampliación do Polígono de Bértoa. Como está este tema? Que resposta teñen desde a Xunta? O polígono de Bértoa unicamente ten dispoñible un 19% do seu solo para novas industrias. Foi o polígono que máis solo público adxudicou en todas as convocatorias e non sería de recibo que unha empresa que teña como opción preferente instalarse en Carballo non o puidera facer por falta de solo industrial. O crecemento industrial en Carballo é unha realidade e por iso estamos a construír unha estratexia compartida cos concellos de Laracha e Arteixo para que as administracións e as empresas perciban esa necesidade de ampliación, pero a Xunta, polo de agora, non atendeu a esta demanda. |
PRAZA_5038 | O Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebra do 2 ao 6 de abril, dedicaralle unha retrospectiva integral ao realizador, coñecido por mesturar ficción e documental en relatos que reflexionan sobre a situación social e a historia do seu país | O Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebra do 2 ao 6 de abril, dedicaralle unha retrospectiva integral ao realizador mexicano Nicolás Pereda. Este novo director, de trinta e poucos anos, conta xa no seu haber con nove películas e é habitual de festivais como Cannes, Locarno ou Venecia, onde resultou premiado na sección Orizzonti en 2010 polo seu filme Verano de Goliat. O seu estilo caracterízase pola fusión entre a realidade e a ficción, co ánimo de "evocar o sentimento dun pobo enteiro", o contraste entre o campo e a cidade, o mundo do traballo, as diferenzas entre ricos e pobres, a intimidación do exército, as relacións de parella... O seu estilo caracterízase pola fusión entre a realidade e a ficción, co ánimo de "evocar o sentimento dun pobo enteiro" Outro dos aspectos máis destacables no seu cinema é o modo no que os seus actores fetiche, Teresa Sánchez e Gabino Rodríguez, van medrando en cada filme, desde a súa ópera prima ¿Dónde están sus historias? (2007) até a máis recente El palacio (2013), interpretándose a si mesmos, en papeis con sutís variacións, nos que o proceso de construción do personaxe, cos seus ensaios e repeticións, móstrase ao espectador, a modo de reflexión sobre como se representa un relato. Outro dos aspectos máis destacables no seu cinema é o modo no que os seus actores fetiche, Teresa Sánchez e Gabino Rodríguez, van medrando en cada filme O propio Pereda explícao moi ben, ao falar do seu maior éxito ata o momento, Lo mejores temas (2012): "Logo de facer algúns filmes cos mesmos actores interpretando papeis similares, decidín facer unha película sobre o proceso de representación. Isto abriu un mundo de novas posibilidades, incluíndo os ensaios, as repeticións e as interaccións entre personaxes de ficción e os actores que interpretan a eses personaxes. Seguín esta procura mediante a substitución dun dos actores co meu tío, á metade de rodaxe. O meu tío entra na película como un obxecto documental que ten que relacionarse cos personaxes de ficción que actúan coma se el fose un deles". Esta inxerencia do documental na ficción, ou viceversa, e a reflexión e a deconstrución do relato cinematográfico, xunto cun particular sentido do humor, son aspectos comúns a toda a súa filmografía. Ademais de presentar todas as súas películas, Pereda ofrecerá unha clase maxistral, o sábado 5 de abril, ás 5 da tarde, aberta tanto a profesionais coma a público en xeral. Algúns dos filmes do cineasta poderán verse posteriormente no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), en réxime de colaboración coa filmoteca galega. |
NOS_23721 | Exixe ao conselleiro Román Rodríguez que "deixe os triunfalismos e poña todas as medidas para garantir a seguridade nas aulas na terceira onda da pandemia". | CIG, sindicato maioritario no ensino público, considera que no retorno ás aulas após o parón de Nadal a Consellaría "volve acusar falta de planificación e non ten ningunha medida adicional prevista para cumprir cos requisitos de ventilación nos centros educativos en plena afectación da borrasca Filomena e con temperaturas que roldan os 0 graos e neve e xeo en boa parte do país". O sindicato sinala nun comunicado que se "fai eco" do malestar e preocupación que hain a comunidade educativa. "Familias e profesorado amosan a súa preocupación por como xestionar esta situación e compatibilizar a seguridade cunha situación de mínimo confort térmico dentro das aulas". Segundo a CIG-Ensino, as direccións non recibiron aínda ningunha circular sobre o uso da anunciada aplicación da USC para dar pautas aos centros neste sentido e "que de momento non está activa, tal e como prometera o conselleiro". Denuncia a central que non se fixera balance no primeiro trimestre "da verdadeira afectación que tivo a Covid no ensino galego, ao contrario do que si fixeron noutras comunidades" e lembrou que Galiza "é das poucas que non publica os datos desagregados por alumnado e profesorado". Falta por saber tamén, afirma, cantos foron en realidade os casos totais acumulados e a afectación diferenciada por etapas educativas, por tipoloxía de ensinanzas e por titularidade do ensino entre público, privado e concertado. "A falta de transparencia que caracterizou a actuación do departamento que dirixe Román Rodríguez desde o comezo do pasado curso escolar é a que impide comprarlle o discurso triunfalista de que os centros educativos son lugares seguros", indica a central. "Cabe pensar que no caso dos centros pechados e na maior parte dos casos das aulas pechadas, que seguimos sen coñecer o dato exacto, si houbo transmisión comunitaria do virus polo que o principal argumento de Román Rodríguez xa queda totalmente en evidencia. Tampouco hai datos facilitados por Sanidade cando menos do número de profesorado e alumnado que necesitara hospitalización por mor da COVID no primeiro trimestre do ano". |
NOS_24814 | Ciclo Amal en Ruta no Principal entre o 7 e o 11 de setembro | O Amal en Ruta volverá de novo, por sexto ano consecutivo, a Pontevedra. O ciclo de cine euroárabe arribará no Teatro Principal o 7 de setembro, sendo sede e lugar de proxección até o 11 de setembro. O ciclo buscará romper estereotipos, achegando a sociedade árabe ao país e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional dunha cultura milenaria e erudita. Na práctica, Amal en Ruta é un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, que decorreu en Santiago de Compostela en outubro de 2020. A escolla deste ano é representada a través de tres ficcións e dous documentais, permitindo crear un percorrido audiovisual polo mellor cine árabe da actualidade. Nesta edición, o público poderá asistir ao ciclo de maneira gratuíta, aínda que si existirá unha limitación e unha restrición de capacidade dentro da sala do teatro. Aqueles espectadores que se acheguen poderán gozar de cinco películas que reflicten unha gran diversidade de eidos e de realidades sociais. Cinco filmes Adam (día 7), dirixida por Maryam Touzani, conta a historia de superación dunha muller na que se aprecia como a comunidade serve de escudo protector; For Sama (día 8), un documental dirixido por Waad al-Kateab e Edward Watts, é o diario dunha moza siria que dá a luz entre o horror da guerra; e It must be heaven (día 9) preséntase como unha cinta palestina dirixida por Elia Suleiman, un dos máximos expoñentes do cine palestino con obras cheas de retranca ao estilo galego, lembrando que a vida tamén precisa de risas para ser tal. Tamén se proxectarán o documental Gaza (día 10), de Garry Keane e Andrew McConnell, retrata a vida cotiá dos cidadáns na Fronte de Gaza; e, por último, Tel Aviv on Fire (día 11), de Sameh Zoabi, aparece como unha metaficción do conflito árabe israelí. Segundo as medidas especiais de hixiene, protección e acceso á sala para manter a seguridade sanitaria, será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, de xel hidroalcohólico, manter a distancia mínima de seguridade dun metro e medio, e entrar e saír da sala ordenadamente, evitando as aglomeracións. As portas do teatro abriranse ás 20 horas. Non haberá butacas previas asignadas, e será o persoal da sala quen asigne as butacas segundo a orde de chegada. |
NOS_29691 | O conxunto vigués logrou un empate no estadio do Athletic (1-1) nun encontro que comezou perdendo tras un polémico penalti en contra que transformou Aduriz pero no que soubo reaccionar. | Segue en boa forma o Celta, que aínda non coñece a derrota a domicilio no que vai de Liga e que este sábado obtivo un destacábel punto de San Mamés Berria ante o Athletic de Bilbao (1-1) nun encontro no que os vigueses amosaron carácter, dispuxeron de moi boas ocasións e igualaron grazas a outro tanto de Nolito, que segue nun momento de forma alto que apunta cara a internacionalidade. O partido comezou con polémica e cunha labazada para os celestes, posto que cando ían só cinco minutos disputados, o colexiado Fernández Borbalán -moi protestado polo Celta- asinou unha discutíbel pena máxima, que Aduriz converteu en gol. Víanse obrigados os xogadores de Berizzo a remar río arriba e iso fixeron, desde o principio, con Nolito e Orellana combinando até o final e con Sergio na portería pechando a porta á opción de que o Athletic aumentara a vantaxe. Foi diminuíndo a presión vasca e o Celta, sobre todo após o descanso, sentiuse máis cómodo. Así, na recta final Nolito obtivo o empate e mesmo dispuxo a ocasión que tería concedido os tres puntos para os celestes, que aínda así regresan de Bilbo cun bo sabor de boca e intactas as aspiracións europeas que cada vez parecen revelarse como real obxectivo do curso. |
NOS_10654 | Investigadores da USC estudan a presenza deste metal en restos óseos arqueolóxicos a partir da colección de esqueletos da necrópole da Lanzada. | A investigadora da USC Noemi Álvarez Fernández, en colaboración con outros dous membros do grupo EcoPast, Antonio Martínez Cortizas e Olalla López Costas, acaba de analizar o impacto da exposición crónica ao mercurio en poboacións antigas. O artigo, publicado na revista Journal of Archaeological Science, avanza entre as súas conclusións que as poboacións romana e tardoantiga que viviron na Lazanda entre os séculos I e VII d.C. estiveron expostas de forma crónica a niveis relativamente baixos de contaminación atmosférica por mercurio, o cal contrastaría con investigacións previas, centradas no estudo de altas concentracións deste metal relacionadas principalmente con ritos de enterramento, tratamentos médicos ou mesmo envelenamento. "Neste estudo demostramos que a contaminación crónica por mercurio xa era un problema no período romano, como un prezo que tiñan que pagar pola intensa actividade mineira e metalúrxica na Península Ibérica" O traballo levado a cabo a partir da colección de esqueletos da necrópole da Lanzada permitiu estudar a exposición á contaminación atmosférica por mercurio nun lapso de tempo ininterrompido de 700 anos que, ademais, abarca dous períodos moi diferentes no que a contaminación atmosférica se refire. Trátase do período romano (s. I – IV d.C.) e tardoantigo (s. V – VII d.C.), o que lles permitiu observar como afectan os cambios na interacción humano-ambiente nas propias poboacións humanas. Este traballo profunda en como se transfire o mercurio ao noso esqueleto utilizando restos arqueolóxicos. A investigación tamén permite entender cal é o alcance poboacional da exposición a metais tóxicos, xa que os nenos e nenas están igualmente afectados que as persoas adultas. Explotacións mineiras e contaminación atmosférica Durante o período romano, a Península Ibérica foi a gran mina do imperio, sobre todo no relativo ao mercurio. Cando o imperio romano cae, afúndese tamén con el esta intensa explotación de recursos mineiro-metalúrxicos. As consecuencias deste cambio vense reflectidas nos rexistros ambientais, que mostran niveis de contaminación atmosférica moi diferentes para estes dous períodos. Grazas a esta investigación, constátase a pegada do impacto da explotación intensiva dun recurso natural nas propias poboacións humanas. Esta pegada que quedou rexistrada nos ósos dos seus habitantes, permite extraer unha lección do impacto que ten a contaminación ambiental sobre a poboación, especialmente cando se fala dun metal cunha toxicidade tan elevada como a do mercurio. Ademais, durante a antigüidade, este metal tivo diversos usos culturais; entre eles o seu emprego con fins medicinais ou a utilización do cinabrio –un mineral de cor vermella brillante, con alto contido en mercurio– en rituais funerarios. Prezo a pagar pola intensa actividade mineira "Neste estudo demostramos que a contaminación crónica por mercurio xa era un problema no período romano, como un prezo que tiñan que pagar pola intensa actividade mineira e metalúrxica na Península Ibérica. Hispania era a mina de Roma e como consecuencia os seus habitantes estaban contaminados por mercurio mesmo en áreas tan illadas como A Lanzada", explica Noemi Álvarez. A contaminación atmosférica ten estado presente ao longo de toda a historia humana. Estudos como o de EcoPast permiten constatar as consecuencias directas que tivo a explotación da contorna sobre o conxunto da poboación a través da contaminación atmosférica, unha contaminación do aire que se foi incrementando considerablemente ao longo dos séculos. |
NOS_42306 | Irene Lozano non gaña para desgustos. Se a súa imaxe xa quedara moi tocada logo do escándalo do 'Caso Fuenlabrada', a inaptitude do Consello Superior de Deportes en relación á elaboración dun protocolo marco para as competicións non profesionais converteuna en obxecto de todas as críticas do mundo do deporte no Estado. | O deporte non profesional atópase en pé de guerra contra o Goberno de España, e concretamente contra o Consello Superior de Deportes (CSD) e a súa presidenta, Irene Lozano, pola súa renuncia a elaborar un protocolo marco para as competicións amadoras de ámbito estatal. Logo de varias semanas de reunións con representantes das distintas Comunidades Autónomas e de máis de 60 federacións deportivas diferentes, e tan só 10 días despois de que o ministro de Deporte, Rodríguez Uribes, se comprometese á elaboración do devandito protocolo e á creación dunha plataforma de traballo conxunta entre todas as partes implicadas, o CSD sorprendeu desmarcándose cun comunicado que colleu todo o mundo do deporte co pé cambiado. No mesmo, a entidade presidida pola ex deputada de Unión Progreso y Democracia (UPyD) tan só garantía a actividade das atletas olímpicas e paralímpicas, das 5.000 persoas distinguidas coa categoría de Deportista de Alto Nivel (DAN) que existen no conxunto do Estado e das ligas masculina e feminina de fútbol e baloncesto, deixando de lado o resto do deporte non profesional. A explicación que achegou o Consello Superior de Deportes foi a "ausencia de consenso" arredor de varios eidos, sendo as probas de detección da enfermidade o determinante. "O CSD comprometeuse a contribuír economicamente á creación dun fondo, nutrido tamén coas achegas das Comunidades Autónomas, para sufragar esas probas, pero comprobou que as sensibilidades nese eido son distintas entre as propias autonomías e entre os deportes", indicaron. Para o CSD resulta "indispensábel" a realización de controis, como mínimo, antes do inicio e logo da finalización de cada competición, "con carácter aleatorio e reiterativo", algo que desde o deporte non profesional consideran "inviábel" e un calco "do que acontece no fútbol profesional" non aplicábel ao seu contexto. O outro gran motivo de discrepancia foi a asistencia de público aos eventos. O Consello Superior de Deportes propón permitir a presenza de até 1.000 espectadores e espectadoras ao aire libre e 500 nos espazos fechados, unhas cifras máximas que "de seren superadas, poderían resultar prexudiciais á hora de deter a propagación da pandemia". Non obstante, neste ámbito son as Comunidades Autónomas as que teñen as competencias, sendo a galega unha das que máis en contra se manifestou ante esta medida, indicando que "aboca á desaparición da maioría de clubes non profesionais". A Xunta, moi crítica Na Galiza a reacción ao comunicado do CSD non se fixo esperar, e José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, expresou a súa "enorme decepción pola renuncia do Consello Superior de Deportes ás súas competencias, nomeadamente no que respecta á elaboración do protocolo marco para a competición non profesional de ámbito estatal". A Xunta considera que esas competencias para a elaboración do protocolo para as competicións non profesionais non son súas, "senón do CSD, xunto ás federacións estatais", e criticou que pola súa "parálise" xa se vise "obrigada" a actuar para evitar a paralización do deporte amador. Mais as críticas van alén da Galiza. Por exemplo, a Asociación de Futbolistas Españolas (AFE), a pesar de que desde o CSD se garantiu o regreso das competicións femininas de fútbol, expresou a súa "fonda preocupación por unha decisión que prexudica miles de futbolistas", e reclamaron do Consello Superior de Deportes o "liderado" dunhas negociacións que leven a un protocolo que "garanta a saúde de todos e todas" as deportistas e se evite a discriminación entre profesionais e non profesionais. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.