ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_25303
A morte levouno de forma prematura, mais a súa pegada quedou patente na poesía, no teatro, na música, nas artes... A Asociación Cultural Alexandre Bóveda lembra, na gala do Memorial Ibán Toxeiro, a poliédrica obra de Lino Braxe, creador e activista inesgotábel cuxa obra segue pendente dunha revisión a fondo.
O activismo e a paixón vital de Lino Braxe (Mugardos, 1962 - A Coruña, 2020) fan case imposíbel resumir a súa carreira: poeta, dramaturgo, director, actor, locutor de radio, pintor, debuxante... mais tamén impulsor de moreas de proxectos e incansábel dinamizador da vida cultural galega en todos os ámbitos. O Memorial Ibán Toxeiro, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda desde hai vinte e catro anos, estará dedicado nesta edición a lembrar a súa figura e o seu traballo, durante moito tempo vencellado á Asociación. "El considerábase sobre todo, un poeta, mais o seu traballo é moi diverso, moi polifacético. E o que faremos nesta gala é lembrar todas as caras da súa obra", explica Manuela Varela, actriz e compañeira de Braxe, e encargada da dirección desta gala. "Para min é unha gran responsabilidade", confesa Varela, "porque Lino era quen viña dirixindo estas galas e, daquela, o desafío é duplo: estar a altura do listón que el estabeleceu e tratar de renderlle a honra que merece á súa figura. Ademais, persoalmente, e por mor do vínculo coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Lino e mais eu traballamos xuntos moitísimas veces, convivimos e viaxamos moito... e recoller o seu legado é unha honra e un pracer. En todo caso, si que podo asegurar que estou traballando con todo o agarimo de que son capaz". Como dramaturgo, é autor dunha prolífica obra que conta con títulos especialmente relevantes para comprender o teatro da nosa época As mil facetas de Lino Braxe O actor Miguel Pernas, con quen compartiu moitos momentos nos escenarios, será o encargado de entregarlle á familia de Braxe o Premio de Honra da Asociación. Máis a Alexandre Bóveda pretende ir máis aló e ofrecer un mosaico que dea fe da variada e fértil obra do autor de Mugardos. O teatro sempre foi un dos grandes motores que moveu a Braxe. Como dramaturgo, é autor dunha prolífica obra que conta con títulos especialmente relevantes para comprender o teatro da nosa época -A promesa, Romano, A amarga emoción do perdido, A mamma...- e que, por certo, aínda están esperando un editor que os compile. A gala presentará, como un dos pratos fortes, a estrea da última obra que escribiu, O Real Corona virus, composta durante o confinamento. Escrita para o Grupo Teatral da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o seu falecemento impediu que a puxese el mesmo en escena. Manuela Varela dirixe a montaxe que se poderá ver mañá no Rosalía de Castro. Haberá quen lembre a Lino Braxe como director teatral, grazas a obras tan significativas no seu momento como o Hamlet que dirixiu en 2007 con Luís Tosar como protagonista, como a parella de textos de José Prieto, Fobias e Carambola, montada coa compañía de Ernesto Chao e Rosa Álvarez, Lagarta lagarta, ou como o espectáculo Mundo Lois, que levou á escena o entusiasmo xerado polo Día das Letras dedicado a Lois Pereiro. Para estes, a gala contará cun sketch interpretado pola compañía Bucanero Teatro e que foi dirixido polo propio Braxe. Tamén como actor Lino Braxe desenvolveu unha dilatada carreira que será rememorada grazas a un vídeo que recolle algúns dos momentos desta traxectoria. E outro vídeo, creado este polo seu amigo o director Xosé Manuel Rabón, dará a coñecer a que quizais é a dimensión menos coñecida de Lino Braxe, a de pintor e artista plástico. Braxe deuse a coñecer na xa histórica antoloxía De amor e desamor, xunto a autores como Manuel Rivas, Lois Pereiro, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Pallarés ou Xulio Valcárcel Mais a el gustáballe que o considerasen poeta. Neste campo, Braxe deuse a coñecer na xa histórica antoloxía De amor e desamor, xunto a autores como Manuel Rivas, Lois Pereiro, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Pallarés ou Xulio Valcárcel. Seguiron títulos tan persoais como Entre ruínas, Árdora, O sangue dos árabes ou Baixo o sol de Mesina. A gala contará co recitado de varios poemas seus "para o que contaremos con persoas ligadas ao mundo literario", anuncia Manuela Varela. O acto rematará cun rexistro audiovisual do propio Braxe interpretando Negra sombra, para lembrar un cantante vocacional que tamén neste campo se desenvolveu con soltura e creatividade: formou a banda A caricia da serpe -xunto con Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luis Saqués e Rómulo Sanjurjo- co que gravou discos e xirou intensamente por todo o país. Recuperar a figura de Braxe A homenaxe volverá a poñer o foco sobre un artista de primeira fila que, quizais nos últimos tempos, por mor da doenza que padecía, era menos visíbel que noutras épocas. Aínda que o seu entusiasmo non decaeu nunca: "Seguía moi activo", aclara Manuela Varela. "Estaba á fronte do Grupo de Teatro da Asociación Alexandre Bóveda -co que puxo en escena as obras de Luís Seoane-, dirixía a compañía Bucanero Teatro, montou O paseo das esfinxes de Luísa Villalta coa compañía Teatro Proscrito... Tiña certos problemas para viaxar, pero mantiña unha intensa actividade, especialmente na área da Coruña".
PRAZA_732
A dirección do diario de PRISA comunícalle ao persoal a intención de reducir á mínima expresión as súas delegacións en Galicia, Euskadi, Andalucía e Comunitat Valenciana, xa minguadas co ERE de 2012. Catalunya ficaría á marxe do recorte.
Desmantelar o pouco que queda. Apenas dous anos despois de deixar na rúa cinco xornalistas e tres persoas do departamento administrativo o xornal El País ten a intención de recortar aínda máis esta primavera a súa redacción galega ata deixala na mínima expresión. Segundo confirman fontes do diario consultadas por Praza veñen de chegar a Galicia os plans expresados a pasada semana pola dirección da empresa en Madrid, que implican pasar a tesoira polas delegacións de Galicia, Euskadi, Andalucía e a Comunitat Valenciana, mentres que Catalunya non estaría afectada. Dun cadro de tres persoas en plantel e arredor dunha ducia de colaboradoras e colaboradores a edición galega de El País pasaría a contar unicamente cun correspondente, como acontecía ata mediados da década pasada, que disporía unicamente cun "auxiliar", o que implica unha redución aínda maior da información elaborada fóra de Madrid. No caso do resto do resto das persoas contratadas, ofreceríaselles unha recolocación na sede central ou, no seu defecto, existiría a posibilidade do despedimento. Os e as xornalistas que realizan colaboracións periódicas quedarían, simplemente, sen traballo. A redacción galega quedaría unicamente cun xornalista e un "auxiliar" Mentres noutras das autonomías afectadas se vai confirmando tamén a nova, caso por exemplo de Valencia, as fontes consultadas por Praza ratifican que El País Galicia sufriría de cheo este novo golpe que chega despois do Expediente de Regulación de Emprego de 2012, cando case 150 persoas perderon o seu posto de traballo no xornal en todo o Estado. Daquela producíronse 128 despedimentos cunha indemnización de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades, 21 prexubilacións e unha redución do 15% do salario para todo o cadro de persoal. Ademais, no caso galego, a empresa prescindiu da súa sede no centro de Santiago e os xornalistas pasaron a traballar nas instalacións da Cadena SER. Neste escenario, os traballadores valoran o xeito de afrontar as novas medidas despois de que en 2012 o Comité de Empresa promovese unha folga de sinaturas e mais unha reprobación pública ao presidente de PRISA, Juan Luis Cebrián, quen ademais é un dos fundadores de El País e que o pasado ano, segundo datos da propia compañía, percibiu unha remuneración superior aos dous millóns de euros. No outono de 2014 PRISA acumulaba unhas perdas que superaban os 2.000 millóns de euros.
NOS_4517
O último filho nasceu na Grécia. A extrema direita, abraçada na crise que flagela este país há três anos, volta ao primeiro plano 38 anos depois da queda da ditadura dos coronéis (1967-1974).
O Partido LAOS e o Aurora Dourada (Chrissi Avigi) somam mais de 8% de intenções de voto para as próximas eleições legislativas de seis de maio. Não é uma exceção na Europa. A ultradireita vai subindo ano após ano os degraus do poder e poucos são os países que estão a salvo da influência que o partido de ultradireita francês Frente Nacional exerce desde a década de 80: França, Itália, Inglaterra, Bélgica, Grécia, Holanda, Hungria, Suécia, Dinamarca, Finlândia, a bandeira ultradireitista recorre como uma doença incurável as democracias europeias.A extrema direita francesa fez escola em quase toda a União Europeia. O partido ultradireitista Frente Nacional surgiu na França a partir dos anos 80, justamente depois da eleição do socialista François Mitterrand à presidência da República (maio de 1981). O FN já existia, mas sua participação era secreta. As táticas eleitorais de Mitterrand destinadas a debilitar a direita clássica foram um dos fatores que levaram a ultradireita francesa a se converter, com o passar dos anos, em um partido poderoso, capaz de perturbar o equilíbrio político clássico e contaminar com suas ideias todos os debates, da esquerda à direita. A extrema direita francesa fez escola em quase toda a União Europeia. Três décadas mais tarde, o Frente Nacional, agora dirigido pela filha de seu fundador, Marine Le Pen, obteve o maior resultado eleitoralde sua história: quase 18% dos votos no primeiro turno das eleições presidenciais do dia 22 de abril passado. A ultradireita xenófoba e populista é um míssil político tóxico com suficiente força como para desfazer maiorias, precipitar a queda de governos e conseguir que suas ideias impregnem a ação política dos partidos conservadores. A extrema direita tem, de fato, duas fases históricas; a que vai de 1945 ao ano 2000, onde o antissemitismo foi norma, e a que se inicia com o século XXI, onde a islamofobia é o atrativo das urnas.Depois da França, o segundo marco da ultradireita teve lugar na Áustria, entre os anos 80 e 2000. O FPÖ, Partido Austríaco da Liberdade, fundado no começo dos anos 50 pela ala nacionalista e populista da extrema direita, é ainda um dos mais sólidos da União Europeia. O FPÖ teve sua hora de glória na década de 80, quando formou uma coalizão governamental com os socialdemocratas do SPÖ. Depois, sob a influência de seu carismático líder, Jörg Haider, a ultradireita nacionalista austríaca regressou ao poder em 1999 após obter 27% dos votos nas eleições legislativas desse ano.Playboy e negacionista, Haider prosseguiu a obra de Jean Marie Le Pen, o fundador do Frente Nacional Francês. Transcorreu um quarto de século e a ultradireita é agora um movimento normalizado, admitido e legitimado. Esta corrente mudou suas ideias e passou de um antissemitismo secular à islamofobia delirante e à crítica violenta contra Bruxelas. O exemplo mais moderno e devastador desta reencarnação é o líder populista holandês Geert Wilders e o Partido pela Liberdade, PVV. Desde as eleições de 2010, onde obteve 24% dos votos, o PVV é um aliado da coalizão de direita-conservadora que governou a Holanda até que o próprio Wilders fizesse balançar os alicerces do primeiro-ministro Mark Rutte forçando eleições antecipadas. Um desacordo no seio da coalizão sobre os planos de austeridade demonstrou a capacidade destrutora da ultradireita. Wilders é um islamófobo notório, defensor do fechamento por completo as fronteiras à imigração. Em 2008 o chefe do PVV assinou um panfleto infecto contra o Islã e em seguida realizou um documentário, Ftina (A Discórdia), no qual combinou imagens dos versos do Corão com atentados terroristas.Nos países escandinavos, o retrocesso dos partidos socialdemocratas deu lugar ao surgimento de partidos de ultradireita. Muitos destes passaram da marginalidade a formar alianças de governo. Esse é o caso da Dinamarca entre 2009 e 2011: em 2009, na Noruega, o Partido do Progresso alcançou 22% dos votos nas eleições: na Finlândia, a coalizão formada pela esquerda e a direita impediu in extremis que o Partido dos Verdadeiros Finlandeses integrasse o governo logo que, após as eleições legislativas de 2011, esta agrupação da extrema direita obtivera 19% dos votos e passara a ser a terceira força política do país: na Suécia, a extrema direita do partido Democratas da Suécia levou 5,8% dos votos nas eleições legislativas e entrou pela primeira vez no Parlamento. A Itália é uma exceção. Tem uma ovelha negra, a regionalista e fascistóide, Liga do Norte, de Umberto Bossi, mas o movimento ultra mais poderoso que existia sofreu uma transformação inédita até hoje. O neofascista Movimento Sociale Italiano, de Gianfranco Fini, se transformou, a partir de 1994, em um sólido partido de direita, a Alianza Nazionale. Essa transmutação foi muito além do mero nome: Fini, que depois formou aliança com Silvio Berlusconi, condenou o antissemitismo, reconheceu como válidos os valores da Resistência e os termos da Constituição. Entretanto, em dezembro passado, um militante do movimento de extrema direita italiano CasaPound, assassinou dois imigrantes senegaleses. Na Hungria, as milícias do partido neofascista Gobi, "A Guarda Húngara", praticam com toda impunidade sua brincadeira predileta: sair à caça dos ciganos, muito numerosos no nordeste do país.Uma depois da outra, em maior ou menor medida, as sociedades do Velho Continente sucumbem ao canto da sereia do ultradireitismo. A receita do êxito é sempre a mesma: a globalização e suas inúmeras e reais consequências, entre elas as deslocalizações, o desemprego, a imigração, a chama do confronto do "povo" contra as elites "corruptas", a ameaça do Islã e a identidade nacional em perigo pelo multiculturalismo. Dominique Reynié, autor do ensaio "Populismes", destaca o duplo impulso dos valores que a extrema direita apregoa hoje: "por um lado está a proteção dos chamados interesses materiais, ou seja, o nível de vida ou do emprego, e, pelo outro, o patrimônio imaterial, a reivindicação de determinado estilo de vida ameaçado pela imigração e a globalização". A força da extrema direita consiste em apresentar-se como uma resposta "anti-sistema" frente a uma arquitetura formada pelas elites corrompidas e "ofuscadas" pela globalização e o multiculturalismo. O partido de ultradireita britânico British National Party se nutre desse discurso. Os ultranacionalistas e ultradireitistas do partido Vlaams Belang conseguiram pesar de maneira decisiva no tabuleiro político com uma linha política similar. O caso grego mostra até o absurdo como a crise apaga a memória. Este coquetel de discursos remete diretamente aos anos da Alemanha Nazista. Hitler havia irrompido com um acerbo ataque às elites industriais e bancárias, além de seu criminoso e exterminador discurso sobre a pureza da raça. A repercussão deste discurso sobre as construções políticas dos países é considerável. A partir de 14 ou 15% de votos obtidos pela extrema direita, os partidos conservadores tradicionais caem na tentação de imitar seus princípios. A mutação é assim considerável e o transtorno dos valores termina em uma grande confusão da qual sai sempre o mesmo ganhador: a ultradireita. As eleições presidenciais francesas são um exemplo espetacular dessa corrida protagonizada pelos conservadores liberais para subtrair à extrema direita seu saldo eleitoral. O presidente francês, Nicolas Sarkozy, saiu em busca dos votos que lhe faltavam para ser reeleito com um argumentário digno da mais pura extrema direita: logo após perder o primeiro turno, Sarkozy considerou, entre outras delicadezas, que Marine Le Pen era "compatível com a República".O caso grego mostra até o absurdo como a crise apaga a memória. Dos dois partidos de extrema direita, LAOS e Aurora Dourada (Chrissi Avigi), o primeiro passou a formar parte da coalizão governamental criada no ano passado em meio à crise. O segundo, Chrissi Avigi, está se convertendo em um ator importante. O Chrissi Avigi é um partido pró-nazista, cujo emblema se parece com uma suástica. A recuperação do medo ao Islã, a agressão verbal contra os imigrados são hoje, nas sociedades europeias, uma das sementes mais frutíferas da conquista do poder.
NOS_29285
Tras trinta anos de escrita pública, Xavier Queipo é un deses autores cuxas obras agardamos aínda como pequenos acontecementos capaces de remover o campo literario.
Unha carreira longa e diversa que, porén, mantivo sempre a capacidade de sorprendernos. Tamén facendo gala dunha concepción da literatura como un desafío, un exercicio de tensión que, mesmo nas súas pezas menos logradas, segue a resultar imprescindíbel no noso contexto. Corazón de manteiga / Xavier Queipo / Galaxia / 2020 / 216 páxinas / 17,40 euros Corazón de manteiga mergúllanos nunha proposta diferente, con elementos das novelas de formación, aínda que revirando o sentido convencional destas e dirixíndoo por camiños inesperados que rozan o desastre. A trama está centrada na biografía de Mauro, un personaxe diferente que xa dende a infancia se caracteriza pola súa febleza física e unha aguda sensibilidade, aspectos que o separan de encaixar socialmente entre os seus coetáneos. Porén, e aínda que estes trazos son fundamentais na configuración de Mauro, así como unha sexualidade que intuímos como non convencional e en calquera caso afastada do canon hetero-céntrico, non son o máis relevante. O protagonista vive coa consciencia dunha experiencia mística que se manifesta por primeira vez na infancia, un evento que non consegue explicar e que agudiza aínda máis a súa estraña relación co mundo e a sociedade. Podemos dicir que este conflito, latente na maior parte da trama, representa o tema principal de Corazón de manteiga. En que medida unha experiencia subxectiva, pero vívida e entendida como certa, pode encaixar nun estado social que a nega e cuestiona a súa simple posibilidade. Unha reflexión sobre a verdade e o dereito á diverxencia que Queipo constrúe nun tempo lento, cheo de detalles que se achegan ao obsesivo e que nos fan acompañar unha perspectiva biográfica que non parece seguir os ritmos da narrativa convencional. A concepción literaria do autor paga tamén estas peaxes, e o lectorado debe prepararse para unha novela de ton introspectivo e reflexivo, sen grandes eventos e moi afastada doutras historias de exploración e descuberta. Tamén para un final disruptivo que cuestiona algúns principios básicos da realidade. Se cadra un final que non está entre o máis logrado da peza e que, aferrado a certa noción pretensamente subversiva sobre as enfermidades mentais, acaba por caer tamén nalgúns dos tópicos máis manidos da posmodernidade, alén de representar un escenario tremendista impropio doutras achegas ás que o autor nos acostumou. Unha obra, porén, que cuestiona e que nos cuestiona, que non é pouco nestes tempos.
NOS_32135
Pela primeira vez a Associação 25 de Abril não participou nas comemorações oficiais do 25 de Abril, ao considerar que "a linha política seguida pelo actual poder político deixou de reflectir o regímen democrático herdeiro" daquela data.
Acompanhado de militares de Abril, Vasco Lourenço, presidente da Associação 25 de Abril, leu esta semana o manifesto "Abril não desarma", anunciando: "O poder político que actualmente governa Portugal configura um outro ciclo político que está contra o 25 de Abril, os seus ideais e os seus valores. Em conformidade, a Associação 25 de Abril anuncia que não participará nos actos oficiais nacionais evocativos do 38º aniversário do 25 de Abril", segundo relata esquerda.net. O manifesto esclareceu que a associação sim que ía participar nas comemorações populares e outro atos locais de celebração" da revolução de 1974, assim como "continuará a evocar e a comemorar o 25 de Abril com uma perspetiva de festa pela acção libertadora e com uma perspectiva de luta pela realização dos seus ideais, tendo em consideração a autonomia de decisão e escolha dos cidadãos, nas suas múltiplas expressões." O citado manifesto refere também que "as medidas e sacrifícios impostos aos cidadãos portugueses ultrapassaram os limites do suportável, salienta que "Portugal é tratado com arrogância por poderes externos", algo que os actuais governantes "aceitam sem protesto e com a auto-satisfação dos subservientes". No manifesto declara-se ainda que "Portugal não tem sido respeitado entre iguais, na construção institucional comum, a União Europeia", pelo que o seu "estatuto real é hoje o de um 'protectorado', com dirigentes sem capacidade autónoma de decisão". Num inquérito na web do jornal Público, mais do 61 por cem dos participantes apoiabam o posicionamento da Associaçao 25 de Abril Pola súa parte, e nas comemorações do 38 aniversário do 25 de Abril, o deputado Agostinho Lopes decretou durante a súa intervençao em representaçao do Partido Comunista (PCP) que "não há política". "Não há opções e escolhas políticas e ideológicas. A política passou a ser uma tecnologia, uma moral, uma engenharia eleitoral", afirmou. E Portugal, acrescentou, foi transformado "numa enorme junta de freguesia".
PRAZA_9160
Os sindicatos do ensino teñen xa sobre a mesa a proposta da Xunta para as oposicións educativas do 2019. Segundo os datos feitos públicos este martes pola Xunta os plans da Consellería pasan por convocar 2.064 prazas en 35 especialidades. Así se distribúen
Os sindicatos do ensino teñen xa sobre a mesa a proposta da Xunta para as oposicións educativas do 2019. Segundo os datos feitos públicos este martes pola Xunta os plans da Consellería pasan por convocar 2.064 prazas en 35 especialidades. O Goberno galego subliña como novidade a oferta de prazas para docentes de Portugués na ESO, o que encadra no "compromiso da Xunta no desenvolvemento da Lei Paz-Andrade". Así se distribúe a proposta de prazas formulada por Educación.O sindicato maioritario no sector, a CIG-Ensino, lamenta que a proposta de OPE para 2019 chega sen "negociar coas organizacións sindicais cales deben ser os criterios para decidir que especialidades docentes" debe contemplar. "Tampouco puxo en común -lamenta- os datos que empregou para determinar o número de prazas por especialidade". Ao tempo, o sindicato teme que os resultados finais volvan acreditar que a Xunta volve "inchar" as cifras das oposicións para falar dunha oferta pública de emprego "histórica" na educación galega.
NOS_19260
A mellora da ocupación no último ano non foi quen de compensar a forte perda de emprego de 2020, o que provoca que haxa 1,4% menos mulleres traballando na Galiza das que había no 2019.
As mulleres galegas están a ter moitas máis dificultades que os homes para recuperar os valores previos á pandemia no que a actividade e ocupación se refire, unha situación que desde o sindicato CIG atribúen a que a crise sanitaria obrigounas a facérense cargo das persoas dependentes e, posteriormente, en 2020, co feche de determinadas actividades, fixo aumentar fortemente o número de mulleres en labores do fogar á custa dun descenso da ocupación. Esta é unha das conclusión do informe sobre a situación laboral das mulleres na Galiza en 2021 presentado onte pola secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, e a responsábel do gabinete técnico de Economía no sindicato, Natividade López, que evidencia que a crise económica afectou dobremente as mulleres, entre outras razóns, por unha situación máis precaria de partida, que facilitou en maior medida a non renovación de determinados contratos. Nesta liña, o documento destaca que, ao contrario que na media estatal, onde xa hai máis mulleres ocupadas que no ano 2019, na Galiza as mulleres están lonxe de acadar a situación anterior á pandemia. En todas as variábeis básicas a Enquisa de Poboación Activa (EPA) arroxa peores resultados: maior perda de poboación activa, maior perda de ocupación e igual aumento do desemprego, apuntan desde a CIG. En concreto, respecto a 2019, no país hai 12.900 persoas en activo ─traballando ou na procura de emprego─ menos que hai dou anos, das cales 68,2% son mulleres; 10.100 persoas ocupadas menos, das cales 73,2% son mulleres; 18.500 persoas inactivas máis, das cales 60% son mulleres, e 2.800 persoas paradas máis, igual en homes que en mulleres. A precariedade vai a máis Segundo explicou Natividade López, no ano 2021 a taxa de actividade feminina situouse en 48,3%, 8 décimas menos que en 2019 e a 8,8 puntos porcentuais. Mais a medida que aumenta a idade tamén a distancia entre as taxas vai incrementando polo peso dos coidados, que fai que as mulleres "teñan que se ir apartando do mundo laboral". O informe tamén constata unha menor presenza das mulleres no mercado laboral nas primeiras etapas, unha diferenza que fai temer que "nin o maior nivel formativo que neste intre sustentan as mulleres sexa capaz de acabar con estas diferenzas". No que atinxe á ocupación, asegura que "foi tan forte a perda" en 2020 entre as mulleres que, a pesar de incrementarse moito máis que a masculina en 2021, segue a ser 1,4% inferior que en 2019. De feito, respecto dese ano, as mulleres representaron 73,4% do emprego que se perdeu na Galiza. Mais o peor, apunta López, é que os empregos que resisten están marcados por unha forte precariedade e unha escasa duración dos contratos. En 2021 asináronse 421.968 novos contratos a nome de mulleres dos que 94,8% foron temporais e perto da metade (43%) cunha duración inferior a un mes. En materia de pensións, isto tradúcese, como apuntou Nicolasa Castro, en que a "carreira de obstáculos" que é a vida laboral das mulleres "fai que cheguemos á vellez sendo máis pobres que os nosos compañeiros". Dereitos da muller traballadora No mesmo acto, a CIG presentou a campaña para conmemorar o 8 de marzo, unha data que, tal e como explicou Nicolasa Castro, o sindicato quere recuperar "como xornada de loita polos dereitos das mulleres traballadoras". Así, convocaranse mobilizacións en 21 localidades do país para chamar a atención sobre a responsabilidade dos Gobernos na situación de desigualdade que seguen a padecer as traballadoras na Galiza. Segundo denuncian, non se deron pasos cara a un novo modelo retributivo, con igual salario para traballos de igual valor, nin se adoptaron medidas que contemplen compensacións económicas para compatibilizar traballo e coidados, ao tempo que critican a falla vontade para converter en ferramentas útiles os plans de igualdade ou avanzar na prevención e control do acoso no traballo.
NOS_12090
O 'Cheque Brexit' permitirá ás empresas contratar servizos de consultoría para a diagnose de mercados.
Aínda que a saída de Reino Unido da Unión Europea coñécese desde hai xa uns meses, o Goberno galego anuncia agora, cando xa é oficial, o denominado 'Cheque Brexit'. Trátase dunha liña de axudas dotada inicialmente cun millón de euros ─ que pode ser ampliado en caso de necesidade ─ para que un centenar de empresas poidan contratar servizos de consultoría co gallo de trazar plans de continxencia e diagnose de mercados. As axudas cubrirán até 80% do gasto que realice cada compañía e tramitaranse en coordinación co Igape. As empresas beneficiares serán aquelas que teñan Reino Unido como un dos seus primeiros cinco mercados intracomunitarios de exportación, cun volume de negocio superior aos 100.000 euros nos tres últimos anos. Tamén poderán acollerse aquelas nas que Reino Unido sexa destino de máis de 10% das súas exportacións. A Xunta tamén habilitará a partir do vindeiro mes de marzo unha oficina en Londres, onde ofrecerá un servizo integral de consultoría para que as firmas galegas con interese comercial no país poidan resolver as súas dúbidas en materia fiscal, laboral normativa e de aduanas. As previsións apuntan a que estea operativa na segunda quincena. Segundo os datos do ICEX, que xa alertaba hai uns días da falta de plans de continxencia en determinados sectores produtivos galegos, Reino Unido situouse como cuarto destino das exportacións galegas, cun volume de 1.500 millóns de euros. Entre xaneiro e novembro, 503 empresas venderon os seus produtos no mercado británico, das que máis de 300 fano de forma regular. Produtos industriais, tecnoloxía, bens de consumo, automoción e moda son os principais bens exportados desde Galiza.
NOS_30225
Belén Puñal, profesora na Universidade Estatal de Milagro e colaboradora de Sermos Galiza, viviu en primeira persoa o terremoto de 7,8 graos que fixo tremer o Ecuador durante un minuto que se fixo interminábel. Coñecemos da súa man como lle está a afectar o sismo ao país.
Como respira Ecuador após o terremoto? Ecuador é un país neste momento en crise. Está a verse moi afectado pola caída dos prezos do petróleo e as arcas do Estado están moi minguadas. Penso que isto está a pasar no peor momento. O pobo ecuatoriano está afeito aos sismos? Aquí a xente está acostumada aos tremores de terra, eu mesma testemuñei dous nos sete meses que levo aquí. Ecuador está no chamado cinto de fogo do Pacífico. As placas tectónicas do Pacífico fan que os movementos de terra sexan habituais, mais non desta intensidade. Ademais, esta é terra volcánica, o que tamén a fai máis vulnerábel aos tremores. "Impresionoume moito ver dúas mulleres rezando na beirarrúa. E é que este é un país moi católico e todo se pon en man de Deus" Dis que este terremoto foi de maior intensidade. Este foi moito máis forte do habitual. A terra tremeu durante case un minuto. Malia a que en Milagro non houbo danos, a xente alarmouse moito. Impresionoume moito ver dúas mulleres rezando na beirarrúa. E é que este é un país moi católico e todo se pon en man de Deus. Temes novos sismos? Si, teño medo a réplicas. De feito, houbo outro tremor grande unhas horas despois. Levo toda a noite sen durmir –cando conversamos para a entrevista eran as 7 hora local -. Prefiro estar en alerta por se volve suceder. "Ao principio, pensei que era eu que me estaba a marear. Despois decateime de que non era eu, senón a terra, a que se movía" Como foi a sensación? Foi como se a terra te abalase. Non se tratou dun movemento brusco, senón oscilante. Ao principio, pensei que era eu que me estaba a marear. Despois decateime de que non era eu, senón a terra, a que se movía. Veuche á cabeza aquel sismo con epicentro en Sarria-Triacastela-Becerreá de 1997? Si, veume á cabeza, mais eu daquela era estudante en Compostela e alí non se notou tanto. Ademais, durmo como unha pedra, así que practicamente nin me decatei. Foi en Ecuador cando os tremores foron quen de espertarme de noite. Que fixeches cando te decataches de que se trataba dun sismo? Acababa de chegar do traballo. Saía da estación de buses e estaba chegando á casa. Ía cruzar unha rúa cando notei que a terra empezaba a oscilar. Procurei afastarme dos edificios e tamén dos cabos da luz, que aquí están por todos os lados... "En Pedernales, cantón situado en pleno epicentro, o índice de pobreza é do 90,5% e as condicións de pobreza fan que os desastres naturais se convertan en traxedia" Aínda que en Milagro non se rexistraron danos. En Milagro só foi o susto. O peor foi na zona costeira do norte. É moi probábel que as cifras de mortes e persoas feridas aumente nas próximas horas porque, cando deron os últimos datos (case 80 persoas sen vida), os servizos de rescate aínda non chegaran alí. A isto cómpre engadir os problemas que aquí teñen as construcións, o que as fai pouco resistentes. Aínda que as taxas de pobreza se reduciron moito nos últimos anos, aínda seguen sendo importantes. En Pedernales, cantón situado en pleno epicentro, o índice de pobreza é do 90,5%, segundo datos do INEC (Instituto de Estatística Ecuatoriano) de 2010. As condicións de pobreza fan que os desastres naturais se convertan en traxedia. Contactaches coa túa familia? Estaría asustada. O terremoto foi ás sete da tarde ecuatorianas, é dicir, ás tres da madrugada en Galiza. Preferín non chamar, para non asustar o meu pai e a miña nai coa chamada. Mais as noticias voan, e antes de que eu chamara, xa me estaban chamando... Contactaches con algún galego ou galega en Ecuador a raíz do terremoto? Si, claro que si. De feito, estivemos boa parte da noite en contacto por whatsapp e as redes sociais. En Guayaquil, cada vez hai unha colonia de galegos e galegas maior...Moita xente con mestría ou doutoramento busca en Ecuador unha saída. Agora a colonia vai a máis porque unha empresa galega, o Grupo Puentes, conseguiu a concesión da construción dun hospital en Guayaquil. Así que á xente que traballa na Universidade únese agora a que traballa na construción do hospital.
NOS_56433
Coas entradas esgotadas para o seu único concerto no estado, que será o vindeiro 14 de xullo en Madrid, Iron Maiden vén de estrear o seu novo traballo: The Book Of Souls: Live Chapter, un directo gravado durante a xira do ano 2016 e que mostra a banda en todo o seu esplendor ao longo da xira.
Teño contado moitas veces que o primeiro disco que merquei de Iron Maiden foi Live After Death¸ un disco duplo ao vivo gravado na xira do Powerslave e editado, se a memoria non me falla, en outubro de 1985. Nese directo, que rexistaba parte dos 4 concertos ofrecidos no Hammersmith de Londres en 1984 e os 4 concertos do Long Beach Arena, de California, un entendía por que Iron Maiden é a banda de heavy metal máis venerada de todo o planeta. Malia que despois viñeron máis traballos en directo como o a Real Live One, da xira do Fear of The Dark, ou o Live At Donington, a gravación ao vivo que en calidade máis se achegaba a este mítico álbum foi o rexistado durante a xira do Seventh Son of a Seventh Son que levaba por título Maiden England. Incomprensiblemente, en 1989 este traballo foi só editado en vídeo e houbo que agardar até 1994 para ter unha versión en cd, pero na que non se incluían nin Can I Play With Madness?, nin Hallowed Be Thy Name. Ese disco tivo tanto suceso, que a banda realizou unha xira mundial baseada nese álbum que durou de 2012 a 2014. Agora, en 2017 volven os Maiden, cun novo directo gravado na xira do 2016. Esta vez, non se limitaron a gravar nun só sitio, senón que os 15 temas do repertorio que compuñan esta xira foron rexistrados en diversos puntos ao longo de todo o planeta. Dende Australia a Inglaterra, foron 15 os espectáculos elixidos para ser inmortalizados neste plástico. Probabelmente os que estiveran no concerto que ofreceron ese ano Resurrection Fest resultaralles bastante familiar, malia que non foi incluída ningunha canción gravada en Viveiro. Fronte ao repertorio que desfrutamos aquí, achamos algunhas variación como que non está (outra vez) Hallowed By Thy Name nin a espectacular Tears of a Clown. Este álbum marca ese novo ciclo que a banda abriu con The Book Of The Souls e que amosa unha banda sólida, que volve ás seus orixes de son e que ten a mesma simbiose cos seus fans en calquera parte do mundo na que toquen. O repertorio elixido fai que este plástico non sexa outra gravación en directo dos mesmos temas de sempre, senón que, como banda viva que é, engade novos temas continuamente aos seus directos e non precisa de tirar dos temas de hai décadas para facer un repertorio co que facer vibrar os asistentes. Obviamente clásicos como The Trooper, The Number of The Beast o Iron Maiden, non poden faltar, mais -sacando The Number of The Beast, representado por dous temas- a banda extrae un corte por disco antigo e dálle prioridade ao The Book of Souls, conseguindo transmitir a mensaxe dun combo actual. Este disco non é o mellor disco ao vivo da banda, mais si que é un traballo imprescindíbel para tomarlle o pulso actual ao grupo. O que puidemos ver e escoitar nesta xira é o que se transmite no álbum, onde o traballo de estudo no son dos temas é mínimo, conseguindo un disco honesto canto á comparativa entre o escenario e disco. The Book of Souls: Live Chapter é o marcador perfecto para o inicio desta nova xira e deixa a todos á espera dun novo traballo de estudo que continúe na senda do The Book of Souls. Creo sinceramente que tempos Iron Maiden por moitos anos, cousa que persoalmente considero unha boa nova. Video – Iron Maiden – Speed of Light https://youtu.be/aAsrFetnHzM IRON MAIDEN NAS REDES Web: www.ironmaiden.com Facebook: https://www.facebook.com/ironmaiden Twitter: @IronMaiden LISTAXE DE TEMAS If Eternity Should Fail - Sydney, Australia Speed of Light - Cape Town, South Africa Wrathchild - Dublin, Ireland Children of the Damned - Montreal, Canada Death or Glory - Wroclaw, Poland The Red and the Black - Tokyo, Japan The Trooper - San Salvador, El Salvador Powerslave - Trieste, Italy The Great Unknown - Newcastle, UK The Book of Souls - Donington, UK Fear of the Dark - Fortaleza, Brazil Iron Maiden - Buenos Aires, Argentina Number of the Beast - Wacken, Germany Blood Brothers - Donington, UK Wasted Years - Rio de Janeiro, Brazil
QUEPASA_1
Formalizado o 'Proxecto Anllóns' entre 5 concellos bergantiñáns e a Deputación
En xullo arrincaba o Proxecto Anllóns, e este venres 24 de setembro formalizouse cunha vixencia de 4 anos e pendente da aprobación nos devanditos plenos. A Deputación da Coruña e os alcaldes dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso asinaron o convenio que permitirá crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar a promoción turística sostible arredor dos 54 km do río que vertebra a comarca de Bergantiños. Un órgano colexiado que se denominará Consello de Dirección e que estará formado por dous representantes de cada unha das 6 administracións. O Plan incluirá accións para a recuperación e posta en valor da arquitectura tradicional e a paisaxe natural dos bosques de ribeiras do Anllóns, así como accións de erradicación da flora alóctona e plantas invasoras en ámbitos próximos ao río, que serán complementadas con accións divulgativas entre a comunidade escolar O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira explica que o "proxecto pretende poñer en valor, en primeiro lugar, a riqueza ecolóxica e a biodiversidade do trazado do río Anllóns, mais tamén desenvolver accións relacionadas co patrimonio innmaterial e mesmo coa identidade cultural relacionada co propio río". Neste sentido, salienta a importancia do propio trazado do río que nace na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha, desemboca no estuario de Anllóns, en Ponteceso. Terase en conta o patrimonio inmaterial e á identidade cultural relacionada co río Anllóns, como poden ser a recuperación de sendeiros de pescadores, a posta en valor de lendas e de historias de tradición oral ou iniciativas relativas a infraestrutuas fluviais como minicentrais ou muíños de batán.
NOS_42942
Máis un número do semanario saído do prelo. Falamos do Estado para o que tod@s son sospeitos@s, da nova fase das relacións Cuba-EUA, entrevistamos a Gonzalo Hermo, a Evencio Ferrero... e moito máis. Podes adquirilo xa na loxa.
Xa hai novo Sermos Galiza na rúa, o nº127. O tema da semana céntrase na transformación do noutrora formalista 'Estado social e de dereito' nun Estado policial e non garantista. Lei de Seguridade Cidadá, o ante-proxecto de reforma do Enxuizamento Criminal,... Un artigo do presidente de Esculca, Fernando Blanco, completa a reportaxe. Entrevistamos a Evencio Fernández, alcalde de Carballo. "Somos dos poucos concellos onde ninguén está preocupado pola corrupción". Fernández acadou -á fronte da lista do BNG- a alcaldía da súa vila en 2003, logo de décadas no activismo social e nacionalista. Unha recente enquisa de Sondaxe apunta a que podería obter nos comicios locais que se realizarán en 2015 a súa primeira maioría absoluta. Vigo e A Coruña Tamén falamos neste semanario como Coia resiste na rotonda contras as "políticas megalómanas" de Caballero. A veciñanza conseguiu paralizar as obras para instalar o Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio vigués. En 'Molestias e millóns públicos para beneficio privado na Coruña' debullamos como no populoso barrio da Agra da Orzán, o goberno local de Carlos Negreira gasta 3,3 millóns na construción dun aparcamento subterráneo que finalmente deixará en mans privadas, o que está a provocar protestas e queixas tamén pola tardanza no remate das obras na Praza das Conchiñas. 'O dereito a vivenda, unha cuestión de vontade política' é o título da nova na que abordamos como diversas políticas municipais poderían implementarse para garantir a función social da propiedade fronte aos despexos. Tarifa eléctrica 'A tarifa eléctrica galega marca a axenda política'. A Xunta, con dificuldades para explicar por que é "simplista" reivindicar para Galiza o que Madrid xa concedeu a Euskadi. A nova complétase cunha análise de Fernando Branco, secretario de enerxía da Federación de Industria da CIG. O enxeñeiro técnico agrícola Óscar Pérez analisa como o prezo do litro do leite segue a niveis de hai 25 anos malia o aumento dos custos. E falamos de como EUA admite o fracaso da súa política para "levar Cuba cara ao colapso". A Habana e Washington dan un primeiro paso cara á normalización das relacións entre ambos os dous países. Raúl Castro apela a avanzar "na normalización" e Obama fala de "fracaso" do illamento. En Viaxes na Miña Terra imos de Pontevedra a Bora polo río Lerez. Textos Entrevistamos a Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987). "A literatura galega é de calidade e ten que voar soa, sen que a política a planifique". Publicamos un avanzo de 'Celebración', o libro que abre a colección "Cera Labrada" dedicada á poesía do novo selo Apiario. Os Fenómenos, os premios Martín Codax, o Museo das Marionetas de Lalín... tamén teñen cabida neste nº127. E entrevistamos a Manu Fernández, un dos responsábeis do Festival da Candeloria de Lugo, que decorre o 27 e 28 de febreiro. ""Queremos que Lugo sexa unha festa coa Candeloria".
NOS_6144
Xa está na rede. O vídeo "Noche y Día" de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou máis de 320.000 euros xa está ao dispor do público. A premiada Pontevedra é a única capital excluída. VÍDEO NO INTERIOR.
Montaxe rápida na que se acumulan planos da muralla de Lugo, a praia das Catedrais, a Cidade da Cultura, a Praza do Obradoiro, a Ponte de Rande ou o canón do Sil conforman a apertura do video-clip da canción de Enrique Iglesias "Noche y Día" que a Xunta apoiou con máis de 320.000. A partir dese inicio, o vídeo transcorre maiormente en interiores cunha máis coidada escenografía e con formato máis cinematográfico. O clip recrea unha rave no interior dun espazo histórico que na secuencia se relaciona coa imaxe anterior do mosteiro de Carboeiro. A premiada internacionalmente Pontevedra é a única capital excluída do vídeo promocional financiado pola Xunta, xusto uns días antes de que o alcalde Miguel Fernández Lores recolla en Dubai o premio Hábitat otorgado pola ONU. "Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahia, venga nos fuimos de fiesta de noche y de día", é o retrouso do tema no que "festa" é a palabra que máis se repite. No fin, síntese como en eco un "Enrique Iglesias, la leyenda viviente" mais en ningún momento se escoita referencia a nada que teña que ver co país, a non ser a lenda sobreimpresionada no inicio "Galicia España". Enrique Iglesias - Noche Y De Dia on MUZU.TV.
NOS_47562
Vía Galega, a Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, conmemorou na mañá do domingo en Lugo o centenario da I Asemblea Nacionalista, que por vez primeira reivindicou a soberanía como obxectivo político. Fíxoo cun amplo programa de actos en que destacou a proclamación da Carta de Dereitos do Pobo Galego.
Ás 11 horas da mañá do domingo arrancaba no IES Lucus Augusti o programa de actos cos que Vía Galega, a Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, conmemorou o centenario da Asemblea de Lugo e onde se aprobou a Carta de Dereitos do Pobo Galego, un documento cuxo preámbulo foi lido por testemuñas vivas das Irmandades da Fala: Antón Santamarina, fundador das Mocedades Galeguistas; Elvira Varela Bao, filla de Elvira Bao e Bernardino Varela, e Amalia Bóveda, filla de Amalia Álvarez e Alexandre Bóveda. Cesáreo Sánchez, Xosé Luís Armesto, Isabel Risco, Paulo Carril, Virxinia Rodríguez, Elías Somoza, Teresa Ramiro, María Seijas, Xan Manuel Tobío e dúas crianzas, estas últimas en representación da Galiza do futuro, puxeron voz ás reivindicacións recollidas na carta, proclamada "por lealdade ao mellor da nosa tradición histórica, así como aos intereses colectivos das galegas e galegos de hoxe en día e por compromiso co seu futuro". Uns dereitos que "como nación nos corresponde defender". "Outro mundo en chave de progreso só é posíbel recoñecendo que todos os pobos somos iguais e que temos dereito a decidir para lograrmos a nosa emancipación" "Outro mundo en chave de progreso só é posíbel recoñecendo que todos os pobos somos iguais e que temos dereito a decidir para lograrmos a nosa emancipación desde a igualdade, a xustiza social e a sustentabilidade ecolóxica", recolle o documento, que alude, entre outras normas internacionais, á Carta das Nacións Unidas, ao Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e ao Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Neste sentido, salienta que Galiza é unha nación e o pobo galego un suxeito político diferenciado titular de dereitos colectivos, "recoñecéndose así polo IX Congreso de Nacionalidades Europeas (1933), adscrito á Sociedade das Nacións". A carta aprobada por Vía Galega érguese ao redor de nove apartados: dereito á existencia, dereito de autodeterminación, dereitos e liberdades, dereitos económicos, dereitos sociais, dereitos culturais, dereitos ambientais, dereito á memoria para ter futuro e dereito á relacións internacionais propias, todos formulados en aras de construír "unha sociedade nova, baseada na xustiza social, que só ten sentido desde a igualdade real e plena de quen a conforma". O porque da conmemoración Foi Bruno Lopes Teixeiro quen, como un dos portavoces do colectivo, explicou os motivos que levaron a Vía Galega a convocar unha xornada de marcado carácter reivindicativo. Lopes Teixeiro lembrou na súa intervención Xaime Quintanilla, "assassinado polo fascismo em Canido em agosto de 1936. Esse mesmo fascismo que em 2018 quer levar a prisom vários patriotas por defenderem a devoluçom ao povo do Paço de Meirás" e valorizou a "auto-organizaçom e a auto-gestom" como "peças angulares" de Vía Galega, vertebrada no "associacionismo de toda índole". Lopes Teixeiro: "Nom podemos viver só lembrando efemérides sem mirar ao futuro" "Nom podemos viver só lembrando efemérides sem mirar ao futuro", salientou o membro da Fundaçom Artábria, quen explicou que Vía Galega naceu coa vontade de crear consciencia nacional complementando as organizacións que existen no campo soberanista. "Trabalharemos cotovelo com cotovelo com quem quiger na socializaçom de dous conceitos claros: Galiza é umha naçom e tem direito à autodeterminaçom". Lopes Teixeiro apelou a sumar "outros setores hoje alheios a qualquer projeto soberanista" para seren "muitos e muitas mais". Referiuse, a continuación, aos 100 anos que decorreron desde a I Asemblea Nacionalista até un 2018 en que existe, dixo, "um projeto nacional em construçom vivo". Citou desde as Irmandades da Fala á Sociedade Nacionalista Pondal, desde as páxinas de A Nosa Terra á Fouce, desde o Consello da Galiza á Unión do Povo Galego, de ERGA a Erguer, da SOG até a CIG e das e dos que sufriron prisión e exilio. "Hoje estamos aquí graças a eles, porque ninguém apagou o facho de ver algum dia a República Galega feita realidade", engadiu. Reivindicouse "um diário galego e em galego, com umha linha editorial de país" Insistiu o portavoz de Vía Galega en tres espazos de contrapoder desde onde acumular forzar para o soberanismo: os centros sociais, o relevo xeracional e a información en galego "desde o nosso próprio relato". Foi neste punto onde reivindicou, alén de espazos como as Sementes, "um diário galego e em galego, com umha linha editorial de país". Lopes Teixeiro finalizou a súa intervención chamando a "colher as rédeas do nosso destino, ou a história nos vai dar finiquito em menos de um século". "É tempo de pensarmos como aprofundar no trabalho da Via Galega, onde a crítica, a autocrítica e o debate sejam práticas criadoras de consenso e onde todas as famílias do soberanismo se vejam cómodas", concluíu. O primeiro dos actos, conducido por Xurxo Souto, contou coa música de Jasper e Navia Rivas e da asociación cultural Cántigas e Frores, que interpretou o Himno Nacional. Ofrenda floral e lectura na muralla de Lugo Continuou a xornada ás 13 horas coa ofrenda floral da Convocatoria Faraldo, que cada ano organizan asociacións de base de Lugo para rematar cun percorrido pola muralla de Lugo en que cinco entidades realizaron lecturas de textos vinculados coas Irmandades da Fala. Tomaron a palabra Lugo Patrimonio; a Asociación Cultural Valle-Inclán; a Asociación Cultural Ergueitos de Sarria, a Asociación Cultural Xérmolos de Guitiriz e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA). O Himno Nacional volveu soar para poñer o broche de ouro a un programa que tivo como norte a reivindicación dos dereitos nacionais e sociais de Galiza.
PRAZA_1746
Galicia tivo dous Estatutos. Unha parella de documentos que acumulan, entre os dous, 45 anos de silencio. O do franquismo, pero tamén o da democracia. Son moi distintos entre si, porque foron froito de propostas políticas de épocas determinadas. Pero o obxectivo era o mesmo: o autogoberno de Galicia
Galegos, para conquerir a libertade hay que tronzal-a cadea. Para tronzala poñede SI cando votedes o Estatuto Díaz Pardo Galicia tivo dous Estatutos. Unha parella de documentos que acumulan, entre os dous, 45 anos de silencio.O do franquismo, pero tamén o da democracia. Son moi distintos entre si, porque foron froito de propostas políticas de épocas determinadas. Pero o obxectivo era o mesmo: o autogoberno de Galicia. O freo do Bienio Negro e a Guerra Civil O Estatuto do 36 xestouse coa redacción do Anteproxecto de Estatuto de Galicia do Seminario de Estudos Galegos. Recollía que Galicia era un estado libre dentro da República Española. No 1932, o alcalde de Santiago, Raimundo López Pol, militante da ORGA e un dos fundadores do Partido Nacional Republicano convocou aos concellos para debater o texto. O Estatuto do 36 xestouse coa redacción do Anteproxecto de Estatuto de Galicia do Seminario de Estudos Galegos Finalmente o documento recolle que Galicia é unha rexión autónoma, establece a cooficialidade de galego e castelán e atribúe numerosas competencias. Apróbase en decembro co apoio do 77% dos concellos. A chegada do Bienio Negro, durante o que gobernaron os partidos de centro-dereita republicana, encabezados polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, aliados coa dereita católica da CEDA e do Partido Agrario, imposibilitou que o proxecto chegase a Cortes. Así, haberá que agardar ata o 36. A chegada do Bienio Negro imposibilitou que o proxecto estatutario do 32 non chegase a Cortes Precisamente, o ano do comezo da Guerra Civil e para conseguir o Estatuto, o Partigo Galeguista apoiou á Fronte Popular, que provocou que a dereita galeguista se desvincunlasen do partido, aínda que colaboraron no referendo. A campaña polo Si foi meteórica, cos cartaces de Castelao, Seoane, Maside ou Díaz Pardo. O 28 de xuño de 1936 celebrábase o plesbicito do Estatuto, con 993.351 votos a favor e 6.161 en contra. A Guerra Civil escachou as arelas dunha xeración de políticos galegos que remataron asasinados ou exiliados. A aldraxe En 1979 comezouse a redacción dun novo estatuto de autonomía. Para tal fin nomeouse unha comisión de 16 representantes políticos. Oito membros eran de UCD, dous do PSOE, tres de AP, un do Partido Comunista Galego, outro ao Partido Obreiro Galego, outro ao PG e outro ao Partido dos Traballadores de Galicia. O grupo foi coñecido como "A comisión dos dezaséis". O resultado do seu traballo foi rexeitado pola xente de esquerda e os nacionalistas que o consideraron pouco ambicioso, e moi por debaixo dos de Cataluña ou País Vasco. O 4 de decembro do 79, unha multitudinaria manifestación en Vigo clamaba contra o que deron en chamar Estatuto da Aldraxe. O presidente do Estado Español, Adolfo Suárez, recoñeceu que era un texto erróneo. No 1981, un novo pacto posibilitou que saíse adiante un novo texto, que, a diferenza do 36, só contou co 30% dos votos. A abstención foi enorme. Na época do bipartito o BNG reabriu o debate sobre a necesidade dun novo estatuto, pero isto caeu, finalmente, en saco baleiro. Iso si, o goberno bipartito finalizaba a súa lexislatura con 12 competencias novas, oito máis que o último goberno de Fraga. O goberno bipartito finalizaba a súa lexislatura con 12 competencias novas, oito máis que o último goberno de Fraga. A actual parálise competencial Entre 2009 e 2014 o Goberno de España transferiu ás distintas comunidades un total de 64 competencias, case o 90% delas mentres José Luis Rodríguez Zapatero estivo en La Moncloa. Durante estes anos unicamente Navarra, Murcia e Galicia mantiveron o seu autogoberno onde estaba, sen avance ningún. Mentres, Euskadi logrou o traspaso de 14 competencias e Catalunya, de 9, todas mentres gobernou o PSOE. A continuación sitúase Aragón, con 8 competencias novas. Por certo, no 2010, e tras a resaca do Estatut catalán, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresara o seu compromiso de presentar nesa lexislatura unha "reforma constitucional" do Estatuto de Autonomía de Galicia. Por aquel entón, Feijóo declarara que a única nación que hai en España "é España, e Cataluña é unha nacionalidade histórica igual que Galicia". "Galicia", apuntaba o presidente, "con esta sentencia iniciará un proceso de reforma estatutaria constitucional e útil, aínda sendo conscientes de que non é a prioridade dos galegos". Prioridade da cidadanía galega ou non, cinco anos despois, o debate nunca se encetou. A parálise no avance do autogoberno prodúcese nun contexto no que, tanto no programa de 2009 como no de 2012, o PP se comprometeu a negociar novas competencias sobre a base do acordo parlamentario acadado pouco despois da chegada de Feijóo á Presidencia. O, daquela novo presidente, comprometíase a continuar o traballo iniciado polo Goberno anterior, fixando o seus esforzos na consecución de traspasos como as obras hidráulicos, a ordenación pesqueira, a investigación oceanográfica ou a ordenación do dominio público marítimo-terrestre, entre outras. O, daquela novo presidente, comprometíase a continuar o traballo iniciado polo Goberno anterior, fixando o seus esforzos na consecución de varios traspasos Nese paquete de competencias pendentes estaba tamén a meteoroloxía, que, en maio de 2014, o PP rexeitou pedir formalmente no marco dun debate co BNG. Daquela os populares consideraron máis oportuno "reforzar e explorar a vía de colaboración" coa Axencia Estatal de Meteoroloxía no canto de transferir a competencia e reforzar así Meteogalicia, organismo autonómico que o Goberno de España aposta por eliminar. Aquela proposta contemplaba tamén que a Xunta asumise o control das autoestradas AP-9 e AP-53, traspaso que o Ministerio de Fomento dirixido por Ana Pastor, candidata ao Congreso polo PP de Pontevedra, se nega a executar malia ás deficiencias da Autoestrada do Atlántico e ás neglixencias de Audasa.
NOS_42360
A plataforma 'Stop Eólicos do Xurés-Celanova' reuníu este sábado nunha mobilización de protestas contra o que considerán "invasión eólica" máis de medio cento de veciñas e veciños, alén das que acompañaron à saída diante do Mosteiro de Celanova a primeira hora da mañá.
Máis de vinte asociacións e colectivos, entre elas clubs deportivos, entidades veciñais como as de Vilanova dos Infantes e Ramirás, os Comités de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e do Val do Limia, grupos ecoloxistas como Verdegaia, Adega, Amigos da Terra e plataformas que loitan contra o que consideran "invasión eólica" en todo o país, apoiaron a 'I Marcha en defensa da auga, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve'. A marcha partiu da praza Maior de Celanova, diante do Mosteiro, e subiu precisamente aos catalogados como "lugares primitivos da fundación" do Mosteiro e da vila: o chamado Monte da Casa da Neve, onde unha empresa con sede en Alemaña, segundo explican desde a organización, "pretende chantar un polígono eólico que convertería en terreo industrial máis de 500 hectáreas de prados e bosques". O proxecto consta de 7 aeroxeradores de 180 metros de alto, visíbeis desde toda a contorna e aproveitando as facilidades que concede a normativa vixente para levantar unha instalación industrial a menos de 1 quilómetro das poboacións, "algo que estaría prohibido en Alemaña", apuntan.. Impactos ambientais No alto do monte, desde a chaira coñecida como Pozos da Lagoa, "onde aínda non hai tantos anos emerxía a auga no inverno", os participantes foron guiados por Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación da Natureza no goberno galego no período 2005-2009, e polo arqueólogo Davide Pérez, para constatar os impactos ambientais e patrimonios que ocasionaría o plan da empresa no caso de executarse. Ademáis, visitáronse os lugares do neveiro da Casa da Neve, os restos da mina romana a ceo aberto, e a área que domina todo o val onde estudos recentes sitúan a Casa Grande da familia de San Rosendo e as Torres de Belbís. Tamén se indicaron os lugares de mámoas no que os informes arqueolóxicos vén unha continuación do conxunto megalítico do Laboreiro. Participación veciñal Na marcha participaron veciñas de Bande, Muíños, Cartelle, Ramirás, A Merca, Ourense, Verea e Celanova, e algúns representantes políticos, como a parlamentaria do BNG, Noa Presas, e o concelleiro nacionalista en Celanova, Leopoldo Rodríguez, así como membros de avrios colectivos ecoloxistas. A última hora, tamén enviou a súa adhesión o colectivo de Mulleres Rurais As Pegureiras de Allariz, sumándose aos vinte e cinco colectivos participantes.
NOS_25022
erregueté reduce a súa periodicidade
"Estamos abocadas a desaparecer. Ese é o camiño irremediable. É unha idea á que custa afacerse pero a realidade non é outra". Con esta dureza inicia Vanesa Sotelo o editorial do último número da publicación que dirixe desde 2016, a histórica erregueté. Revista Galega de Teatro. Trinta e seis anos despois da súa fundación, a falta de apoios institucionais e a precariedade xeral que cruza a escena galega ameazan a súa continuidade. Polo momento, vén de anunciar a redución da súa periodicidade, de catro a dous números anuais. "Como ente vivo, en risco de desaparición material, está tamén a erregueté -Revista Galega de Teatro", continúa o mencionado editorial, "as axudas para facer posíbel a súa continuidade en papel diminúen en sentido inversamente proporcional aos proxectos que emprende". "A revista non vai pechar", matiza Sotelo a preguntas de Nós Diario, "pero si temos que avaliar como asegurar que siga aparecendo en papel. Non está claro". Arredor de 200 persoas subscritoras forman a primeira base de resistencia da publicación, a única en formato físico dedicada ao teatro. Houbo outras experiencias, das que Casa Hamlet foi se cadra a máis sinalada, pero hai tempo que sucumbiron. "Non queremos que a edición impresa desapareza", esténdese Sotelo, "mais os apoios que tiñamos deixámolos de ter". O número de asinantes non medrou o que agardaban e, desde 2010, "o diálogo coa Xunta foise perdendo". erregueté non é unha revista profesional. Porén, a colaboración da Xunta servía para pagar o prelo, a distribución e o envío de exemplares dos catro número anuais. En 1995 acordaron o primeiro subsidio co daquela Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem) por 800.000 pesetas (4.800 euros). En 2002 ascendera a 13.500 euros e, seis anos despois, a 15.500. "Ese apoio desapareceu", di. E aínda que outras institucións, nomeadamente a Deputación de Pontevedra, permitiron manter o ritmo, "o fondo económico da publicación foise reducindo cada vez máis". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
NOS_39328
Son de Teo e acaban de gañar o segundo certame Quero Canta de música infantil e xuvenil organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. VÍDEO NO INTERIOR
"Son muller", un canto de alento feminista, é o tema co que as mozas de MBCP se alzaron coa segunda edición do "Quero Cantar". O grupo fórmano Lúa, Valeria e Ruth (vocalistas), Ana (guitarra), Sara (baixo), Cristina (piano) e Candela (batería).
PRAZA_2321
ENTREVISTA Os sumidoiros do poder, que pode recorrer ás maiores brutalidades para protexerse, ou a crise do xornalismo conforman o fondo na última novela de Héctor Carré, Hai que matalos a todos.
Que pasaría se o herdeiro da coroa atropela un home e alguén o grava? Desta pregunta parte o novo libro do escritor e director de cinema Héctor Carré, Hai que matalos a todos (Xerais). Unha novela negra que apunta ao poder político e á relación que, como sociedade e como individuos, mantemos con el. Carré fálanos desta obra, do resto dos seus libros e dos seus filmes. Entre eles, o documental We the media, que está a preparar. O poder. Ese é, en realidade, o tema da novela. Por que? Si. A partir dun incidente, que é que o príncipe atropela un home e foxe, hai unha reflexión sobre o poder. É unha novela negra, e para min o interesante da novela negra é a crítica social. O que facían Raymond Chandler e Dashiell Hammett, que era criticar a relación da política coa corrupción. E o que me interesa é iso: o poder, como se exerce, que tentacións pode ter, que parte da súa actividade é legal e cal é ilegal. Porque en todos os países hai fondos reservados, axencias secretas… e cousas que non se confesan. Lin varios libros sobre o tema, como O poder de Bertrand Russell. Ese é o transfundo. A partir dunha historia que implica a un axente dos servizos secretos, un xornalista e, polo medio, un particular… O tema do xornalismo e a súa crise está moi presente na novela. E xusto agora estás rodando We the media. Por que ese interese no periodismo? O xornalismo en España ten, digamos, mala prensa. E motivos haberá, pero tamén é verdade que non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame. Ese tipo de periodistas adscritos a un partido político que van á televisión esbardallar, que non teñen dignidade nin honestidade. Pero creo que non hai que esquecer que a profesión xornalística é importante para a democracia. E interésame o tema da crise do xornalismo en papel e a súa posible desaparición. O tipo de xornalismo do século XX, como o de Bob Woodward e Carl Bernstein, os do caso Watergate. É necesario que haxa un xornalismo independente que poida poñer de xeonllos ao poder. E en España o xornalismo estivo na orixe da relativa rexeneración política que se está a producir, por exclusivas que despois deron lugar a procesos penais. "É necesario que haxa xornalismo independente que poida poñer de xeonllos ao poder" Quen representa ese tipo de xornalismo na novela é o personaxe de Chusco. Fronte a Néstor, que publica unha foto sen comprobar a súa veracidade e incendia internet… Si. É o xornalista serio, tradicional. Fronte a Néstor, que tende ao infotainment, (palabra que xorde de xuntar information e entertainment). E o resultado é Buzzfeed, unha das webs máis visitadas do mundo, na que todo comeza por un número: "dez maneiras de" tal cousa. Pois agora les El Mundo ou El País e tamén comezan a facer iso. Estiven gravando na redacción de La Voz de Galicia e na de El Mundo e teñen unhas pantallas onde se ve o número de xente que está conectada á web e cales son as noticias máis vistas. As dez primeiras case sempre son parvadas. En El Mundo, no mes que estivemos rodando, só dúas noticias estiveron entre as dez primeiras. Unha, o accidente de avión de Germanwings e outra a exclusiva sobre o piso de Ignacio González. Chusco dille a Néstor na novela que el non é editor, que non ten que preocuparse por se vai vender, senón por contar a verdade. De todas maneiras, non todo son motivos nobres. A Néstor móveo tamén a ansia de ser importante. Case de ser un heroe. E Toni, o axente secreto, tamén se nos acaba revelando distinto do que pensabamos. Os dous pensan que defenden a democracia. É que, claro, eu non quería ter bos e malos como nos debuxos animados. Na realidade hai moitas máis facetas. Un axente do CNI non ten por que ser un psicópata. Toni tamén ten a súa moral. É o mesmo que cando se fala de terroristas. Terroristas para quen? Os heroes da independencia para os americanos eran traidores para a raíña inglesa. O mesmo que pasa agora con Cataluña. Todo depende do punto de vista que adoptes. E iso tamén ten o seu reflexo na estrutura da novela. Por unha banda está a trama de Néstor, na que el conta o que pasou, e por outra a de Toni e Tesa, que é case como un relato xornalístico do primeiro. Así, o que acontece é ás veces contado desde dous puntos de vista distintos, e o mesmo acontecemento cambia, amosando como a verdade pode ser diferente dependendo do punto de vista. "Un axente do CNI non ten por que ser un psicópata" Falas de actualidade, na novela. Crise económica, desemprego, erosión da lexitimidade política, cuestionamento da monarquía… Di Chusco que se cadra é mellor que saia todo á luz, que caia quen caia, que é boa oportunidade para reformar o Estado e fortalecer a democracia. Non creo que sexa casualidade… Eu creo que podería ser boa idea o que di Chusco, pero nese caso son reflexións do personaxe e non miñas, a verdade. Escribín a novela no 2012, cando o rei aínda non abdicara no seu fillo. Cando escribo unha novela, é parecido a cando fago un guión para cine. Primeiro teño a estrutura e os personaxes e despois xa desenvolvo escena a escena. Dos personaxes sei quen son, que queren, que buscan e a que teñen que enfrontarse. E póñolles os pensamentos que creo que tería ese personaxe. Que non teñen que ser os meus. Antes de nada leo, investigo, e despois escribo con ese material. Hai conexións entre esta nova novela e Diario dun impostor, a primeira que escribiches. Néstor é unha persoa insegura, como Onofre, que minte para ser aceptado. En Diario dun impostor hai unha crítica sobre o "mundo da cultura" e a tendencia a evitar as críticas protexéndose uns a outros. É normal que haxa conexións porque é o mesmo autor, claro, pero eu tampouco son moi consciente diso. Se cadra o lector ou quen me faga unha entrevista pode ver máis diso ca min mesmo. E, claro, a acción dramática inclúe reflexión e, polo tanto, crítica. O que dicías da cultura é algo que si penso: na arte vexo cousas que me cheiran, como o elitismo que serve como pretexto para vestir de traxe o rei espido e que todos aplaudan. A arte moderna está, nese sentido, un pouco perdida, na miña opinión. "A arte moderna está un pouco perdida, na miña opinión" Como vai We the media? En que fase está? Levo rodando máis dun ano. Aquí na Coruña gravamos en La Voz de Galicia e en Madrid en El Mundo. Asistimos a reunións de primeira páxina, entrevistamos varios xornalistas… Tamén a Manuel Rico de Infolibre, a Iñaki Gabilondo… moita xente. Este verán fun a Estados Unidos para rodar no New York Times e en ImpreMedia, que é un grupo que ten varias cabeceiras. O director en Nova York é un galego, Juan Varela. Fomos tamén a Washington. Entrevistamos a Bill Kovach, o autor de The elements of journalism. Tamén a Noam Chomsky… E agora volveremos a Madrid e temos previsto tamén ir a Barcelona para falar co director de Vice en español. E a idea é falar da crise dos medios e da súa transformación? É coñecer en que consiste o xornalismo, como é o oficio, cal é a situación actual, como ven o futuro, cal é a súa influencia na sociedade, que se pode esperar del, que nos dá… Repasando as túas películas, hai algo que teñen en común cos teus libros: a tensión, o suspense… Cada persoa ten os seus gustos e iso nótase no que escribe… En pintura gústame a liña que vai do impresionismo ao expresionismo e non me gustan as liñas que veñen do surrealismo. Coa literatura e o cine pásame o mesmo. Aínda que tamén me gustan as comedias, o cine de terror, o cine de aventuras…, gústame sobre todo o suspense, o thriller. E, claro, para a literatura son útiles as técnicas de dosificar a información, manter o suspense… Aínda que tamén teña elementos de comedia, como a ironía… "Gústame sobre todo o suspense, o thriller" Hai algo en común entre Febre, co que tiveras un premio de Fervenzas Literarias: a atención ás persoas marxinadas. Cando estiven en Arxentina quedei abraiado. Nunha mesma rúa atopabas casas de luxo e unha vila-miseria. As diferencias eran moi grandes. E onde alguén pode sacar unha pistola e disparar, o risco que asume é moito maior. Quero dicir, que non é o mesmo tipo de conflito o que vive unha persoa marxinada que unha persoa de clase media. A dramaticidade é maior se é moito máis probable que te maten.
NOS_32644
O tamaño a nivel empresarial importa. Precisamente son aquelas compañías consideradas pequenas e medianas as que pasan máis dificultades en tempos de crise. Porén, na Galiza destacan aquelas empresas que non contan no cadro de persoal con ningunha persoa asalariada. Son 167.160 compañías.
As microempresas, aquelas mercantís con menos de 10 traballadoras e traballadores, son ampla maioría no tecido empresarial. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), en 2020, último ano con cifras, de 245.660 compañías con enderezo social na Galiza, 167.160 carecen de persoal asalariado, o que representa 68,04% do total das compañías galegas. 69.304 compañías, isto é 28,2% do total, teñen entre un e nove asalariados. 44.201 declaran un cadro de persoal conformado por un ou dous traballadores por conta allea. Asemade, 17.949 empresas certifican entre tres e cinco empregados e 7.534 declaran contar cun número de seis a nove asalariados. As pequenas empresas, mercantís entre 10 e 49 traballadores, son un grupo moi reducido no país. A este respecto, o Instituto Galego de Estatística sinala que pertencen a esta categoría 7.812 sociedades, cunha clara maioría das compañías incluídas na súa franxa baixa. Neste sentido, 5001 empresas contan cun cadro de persoal de entre 10 e 19 traballadores e 2.811 dispoñen de 20 a 49 asalariados. 4.165 empresas con actividade na Galiza pagan os impostos en Madrid 1.308 compañías teñen a consideración de mediana empresa. Neste caso, 801 declaran un cadro de persoal de 50 a 99 persoas asalariadas, 407 de 99 a 250 traballadoras e traballadores e 100 de 250 a 499 empregados. Precisamente, este grupo de sociedades vense obrigadas en moitos casos pola falta de instrumentos axeitados de financiamento a abrir as portas aos fondos de investimento. A grande empresa, isto é as compañías con máis de 500 traballadoras e traballadores, é unha excepción na Galiza. Segundo o INE, teñen esta consideración 68 sociedades, isto é 0,02% do conxunto do tecido empresarial galego. A demografía empresarial galega non presenta grandes diverxencias coa española ou coa media dos países da Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE). 95,4% das compañías galegas teñen a consideración de microempresas, só 0,7 puntos menos que a media española e 1,3 puntos inferior á media da OCDE. As diferencias son máis evidentes con aquelas áreas máis desenvolvidas da UE, como Alemaña, onde as microempresas representan 82% do total. As pequenas empresas significan na Galiza 3,1% do total, fronte a 5,3% do Estado, 5% da OCDE e 15,2% de Alemaña. As medianas empresas suman no país 0,5%, 0,6% no espazo estatal, 0,7% na media da OCDE e 2,3% en Alemaña. As grandes empresas representan 0,02% do tecido empresarial galego, 0,1% do estatal, 0,2% da OCDE e 0,4% de Alemaña. As empresas madrileñas copan a obra pública estatal na Galiza A forma xurídica A personalidade xurídica e mais o número de persoas empregadas das empresas varía en función da rama de actividade. Así, por exemplo, no sector primario 88,73% das empresas son persoas físicas, mentres que na industria e na enerxía esta porcentaxe baixa até 39,18%. Asemade, na construción, o peso das persoas físicas é tamén superior ao das sociedades limitadas, pero ambas as porcentaxes están máis próximas, marcando 51,35% e 41,19%, respectivamente. Outro tanto, acontece no sector de servizos, onde 60,13% das empresas corresponden a persoas físicas. O profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Gonzalo Rodríguez leva varios anos investigando sobre a demografía empresarial galega. Neste sentido, considera que o "característico da Galiza é a ausencia de empresas medianas, agás no sector pesqueiro", destaca a necesidade das mesmas porque "adoitan estar moi ligadas ao territorio, teñen capacidade de crear emprego, innovan e son sensíbeis á súa realidade". Advirte tamén do "problema de capitalización e da falla de músculo financeiro". Rodríguez significa a Nós Diario que "estas empresas medianas son as que presentan máis dificultades en momentos de crise". "As microempresas, maioritarias na Galiza e en todas as partes do mundo, teñen máis flexibilidade para adaptarse en momentos críticos e as grandes empresas, a minoría na Galiza e en todas partes, teñen o músculo suficiente para tirar para adiante, porén isto non acontece coas empresas medianas, moitas das cales están caendo en mans de fondos de investimento". O tamaño das sociedades importa Gonzalo Rodríguez non ten dúbida de que o "tamaño das empresas importa". Neste sentido, destaca que "garda unha relación clara co aumento da produtividade" e coa "maior capacidade para competir". Porén, lembra que "a base de toda estrutura económica son as empresas pequenas".
NOS_27959
A equipa de Fernando continúa intratábel lonxe de Riazor. Dous goles de Borja derrotaron a un Hércules que apenas inquietou a Lux.
Se non está obrigado a levar o mando do xogo, este Deportivo 2013-14 é unha equipa temíbel. En Alicante, reeditou a historia de Sabadell. Ocupou moi ben o seu campo e soubo gañar as costas da zaga rival nos momentos en que máis doe. Borja voltou tamén a ver porta e, como en Sabadell, marcou por partida dupla. Bergantiños cada día está cómodo no centro da zaga e Wilk oficia como solvente áncora no centro do campo. No que vai de liga, o Deportivo só cedeu un gol aos seus contrarios co balón en xogo (o segundo dos que encaixou en Xixón). Fernando constrúe as súas equipas desde a solvencia atrás, o cal torna a Lux en pouco menos do que un espectador. Así foi durante a primeira metade. Na segunda, o garda-redes si que foi algo exixido polo Hércules. Apareceu e mostrou as súas excelentes condicións como arqueiro, nomeadamente nunha bola envelenada que se coaba polo seu pao longo e que soubo despexar a córner. Se hai un dianteiro deses que se baleiran na presión á zaga rival e que chutan a porta todo aquilo que cazan perto ése é Borja Bastón. En Alicante voltou a ter o ponto de mira afinado. Aproveitou unha excelente asistencia de Juan Carlos para pór o 0-1 no taboleiro de marcas (m. 23) e, cun chisco de fortuna, non demorou muito en apañar a súa segunda diana do xogo (m. 34), a cuarta do que vai de campionato. O Dépor suma xa 12 pontos, após sumar 4 vitorias (3 delas fóra de Riazor) e ceder 3 derrotas Co 0-2, Fernando tiña o partido alí onde queria. O Hércules envorcouse en ataque e, xa na segunda metade, o técnico de Castrofeito reaxiu desde a bancada. Como xa fixera fronte o Alcorcón, dispuxo unha liña de 5 atrás (con tres centrais Bergantiños-Kaká-Insua) e nese muro morreron todos os ataques alicantinos. Borja viuse obrigado a abandonar o terreno de xogo por molestias nun nocello, que en principio non revisten de gravidade. Foi substituído por Luis, que máis unha vez voltou a deixar ver a súa boa relación coa pelota e a súa punta de velocidade. Abeirou o gol. Chegará porque o ex do Fabril ten descaro e non engruña xamais. Debutou tamén en liga Diego Seoane pola banda dereita, ao substituír no minuto 56 a Arizmendi. Cumpriu sobexamente. O Dépor suma xa 12 pontos, após sumar 4 vitorias (3 delas fóra de Riazor) e ceder 3 derrotas. Non coñece aínda o empate en liga. Hércules: Falcón; Ferreiro, Escassi, Borja Gómez, Peña; Yuste, Sissoko (Assulin, m.46), Sardinero (De Lucas, m.46), Font (Portillo, m.46); Eldin, y Dioni. Deportivo: Lux; Laure (Kaká, m. 56), Manuel Pablo, Álex, Insúa; Juan Domínguez, Wink, Juan Carlos, Culio; Arizmendi (Seoane, m.56) y Borja Bastón (Luis, m.75). Goles: 0-1, m. 23: Borja Bastón. 0-2, m. 34: Borja Bastón.
NOS_56246
Obtivo 51 delegad@s (9 máis que nas anteriores) dos 121 que compoñen as 5 xuntas de persoal.
A CIG gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario da Xunta, que se realizaron esta semana, ao obter 51 representantes, por 31 de CSIG, 22 CCOO, e 17 da UGT. O sindicato nacionalista aumentou a súa representación en 9 delegad@s e foi a máis votada en catro das cinco xuntas de persoal (Servizos centrais, A Coruña, Lugo e Pontevedra), mentres que CCOO se impuxo en Ourense. A CIG afirma que o voto a esta sindicato nesta cita coas urnas "foi un voto contra os recortes, as privatizacións e contra a xestión en materia de persoal da Xunta de Galiza", ademais de ser un sufraxio "en defensa do Público e da nosa dignidade e dereitos"
NOS_5770
Mike Wazowski vai a Universidade para converterse en asustador. Alí coñece a James P. Sullivan a quen non pode nin ver desde o comezo. Porén van ter que colaborar para poder cumprir os seus soños.
Ano: 2013Duración: 102 min.País: Estados UnidosDirector: Dan ScanlonGuión: Robert L. Baird, Daniel Gerson, Dan ScanlonMúsica: Randy NewmanReparto (voces): John Goodman, Billy Crystal, Steve Buscemi SINOPSE Mike Wazowski vai a Universidade para converterse en asustador. Alí coñece a James P. Sullivan a quen non pode nin ver desde o comezo. Porén van ter que colaborar para poder cumprir os seus soños. CRÍTICA Precuela de "Monstros S.A." que conta como se coñeceron os inseparables protagonistas. Mantén a calidade da factoría Pixar. Porén carece da imaxinación da primeira e constata a carencia de novas ideas da compañía tras "Cars 2" (2011, John Lasseter). A Pixar non se lle dan ben as secuelas, sendo "Toy Story" a excepción que confirma a regra. Aquí bótase moito en falta a Boo, a cativa da primeira parte que eran as risas de grandes e pequenos. De feito antes de ser precuela, o estudo quería facer unha secuela na que os protagonistas iban na procura de Boo para darlle un agasallo. Pero por discrepancias e continuos cambios do equipo non se acabou facendo, aínda que pode ser que se faga máis adiante. Optouse por facer unha precuela na que conta cómo se coñeceron as persoaxes. É unha historia de rivalidades entre irmandades universitarias americanas ao estilo da vinganza dos novatos. Wazowski (a pelota verde andante cun só ollo) e Sullivan (o xigant e con lunares violetas) coinciden na Universidade. Primeiro se levan moi mal, pero van ter que colaborar e formar parte dun grupo de perdedores para poder gañar as Sustolimpiadas e así poder converterse en profesionais do susto. Ante as evidentes dificultades van superando cada proba e se acaban convertendo en grandes amigos. Pouco contido e nada que non se vira antes. O director é novato pero conta con toda a maquinaria Pixar/Disney a súa disposición así que no tema técnico non hai nada que obxectar. Tamén está a habitual banda sonora de Randy Newman, que xa gañou o premio Oscar polas cancións de "Monstros S.A."e de "Toy Story 3" pero que nesta tampouco aporta moito. A película é bastante do montón e ben podería ir directamente ao videoclube. É bastante previsible e carece da maxia narrativa que caracteriza a este tipo de producións. Pouco que destacar salvo unha animación de gran calidade e que se ve do tirón. Moi boa técnica pero carece de chispa. En calquera caso é unha película enfocada claramente ao público infantil e nese senso non os vai a defraudar. Ten varias mensaxes que farán as delicias dos máis cativos, como a aceptación dun mesmo, a non prexuzgar aos demais pola aparencia, a pertenza a un grupo e a loitar polos soños, entre outras. Así os pais tampouco sentirán que perderon o tempo se levan aos fillos a vela.
PRAZA_15283
O ascenso do titular de Presidencia a un labor que xa exercía de facto, principal novidade na configuración do segundo gabinete de Alberto Núñez Feijóo xunto coa substitución de Javier Guerra por Francisco Conde en Economía e Industria. Cultura seguirá sen departamento propio.
Dous movementos que, a efectos prácticos, son só un. Alberto Núñez Feijóo fixo pública no mediodía deste domingo a configuración do seu terceiro gabinete, un Goberno galego que ten de novo oito consellerías e no que Alfonso Rueda ascende nominalmente a un cargo que xa exercía de facto, a Vicepresidencia. Só hai unha remuda, a de Javier Guerra, ata agora titular dunha Consellería de Economía e Industria que será dirixida por Francisco Conde, ata agora un dos asesores máis próximos a Feijóo. Como nos actos da toma de posesión, o titular do Goberno galego optou por un acto de baixísimo perfil para dar a coñecer esta decisión de continuidade. Unha convocatoria no Pazo de Raxoi só para a prensa gráfica e un correo electrónico remitido aos medios de comunicación foron as únicas pezas para oficializar o leve movemento de pezas que lle permite a Rueda gozar das competencias de coordinación do Goberno e a Feijóo, prescindir no seu organigrama dun conselleiro que, sobre todo ao inicio da pasada lexislatura, amosou escasas mañas á hora de desenvolverse na area política galega. Feijóo opta para Industria por un perfil máis discreto e académico que o de Guerra e, ademais, salda a débeda de ter un conselleiro de Lugo Co cambio de Guerra por Conde o presidente sabe que, con toda probabilidade, non se volverán producir os duros enfrontamentos parlamentarios protagonizados polo seu titular de Economía e Industria, a quen a oposición lle reprochou en máis dunha ocasión a súa "chulería" e quen tampouco mantivo unha relación especialmente fluída cos medios de comunicación. No seu lugar chega un dos homes de confianza do líder popular. De perfil sensiblemente máis discreto que o do seu antecesor, Francisco Conde suporá unha achega académica -foi profesor da Universidad San Pablo CEU de Madrid- á primeira liña dun gabinete no que, por exemplo, xa tivo un papel relevante nos últimos anos en operacións como as negociacións con Pemex. Ademais, coa súa incorporación Feijóo salda unha débeda interna de partido: agora xa hai un conselleiro da provincia de Lugo -Conde é de Monforte-. Agás estes dous cambios, a vida segue igual en San Caetano. Así, ademais de dirixir a Vicepresidencia Rueda continúa como titular de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Facenda seguirá baixo a responsabilidade de Elena Muñoz, Agustín Hernández volve encabezar Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Rocío Mosquera continúa en Sanidade e Beatriz Mato fai o propio en Traballo e Benestar. Do mesmo xeito, Feijóo tamén deixa intactas as fusións de consellerías decididas a finais de 2011, isto é, Medio Rural e Mar continúan unidas e con Rosa Quintana á fronte e Cultura segue sen departamento propio, xa que segue ligada a Educación con Jesús Vázquez como máximo responsable.
PRAZA_5599
A AGAL desenvolve unha campaña para reivindicar a importancia e relevancia internacional da lingua propia de cara á Copa do Mundo. Inclúe vídeos, unha completa web para seguir o campionato e anuncios en varios medios para lembrar que o torneo máis importante "fala galego".
"O Mundial fala galego e o galego é mundial". Con esta frase poderíase resumir a campaña que desde o vindeiro 17 de maio porá en marcha a AGAL (Associaçom Galega da Língua) de cara ao vindeiro Campionato do Mundo de fútbol que se celebrará no Brasil neste verán. "Todo o planeta conhecerá e estará pendente do que é o jogo bonito, a torcida, a bola na rede, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom de muitos lares nos cinco continentes", advirte a asociación na web que supón o punto de partida para unha iniciativa que pretende volver amosar á sociedade que o galego "vale para o dia a dia mas também para eventos tão importantes coma este". "O galego, batizado como português, será centro da atençom de muitos lares nos cinco continentes", reivindica a campaña Así o aclara Miguel R. Penas, presidente da AGAL, que encadra esta campaña (O Mundial fala galego) dentro das liñas que a asociación se marcou para este ano e coas que intenta amosarlle unha vez máis á sociedade galega que a súa lingua propia abrangue moito máis que Galicia. Que vale para todo, pero que neste 2014 "valerá, também, para organizar, e ser o eixo central, do mais grande espetáculo futebolístico internacional como é a Copa do Mundo". "Umha língua mundial para o Mundial. A norma do mundo é nossa", di o manifesto pendurado na web en referencia ao lema que os brasileiros adoitan usar para presumir da súa supremacía futbolística. A campaña inclúe o vídeo dun partido de fútbol, anuncios en diferentes medios e unha completa web para seguir o Mundial O Mundial fala galego ten varias fases e a primeira delas iniciouse co lanzamento da web, do manifesto e dos diferentes lemas e continuará o vindeiro sábado 17 de maio, Día das Letras, coa gravación dun vídeo no campo de Belvís de Compostela, onde dous equipos, un de amarelo e outro de vermello, xogarán un "jogo simbólico" que se incorporará logo ás diferentes iniciativas. "As pessoas e coletivos que entendemos o galego como esta língua extensa, internacionalmente conhecida como português, queremos mostrar à nossa sociedade como este ano um dos maiores eventos desportivos será desenvolvido nesta nossa língua", di AGAL, que insiste en que "longe das visões derrotistas e (auto)limitadoras" é necesario "ver na língua um ponto de uniom e umha riqueza coletiva para toda a cidadania galega". "O galego é sinal que nos caracteriza, que nos singulariza, mas igualmente é chave que nos abre grandes oportunidades", asegura. Pero haberá moito máis. A web incluíra desde esta mesma semana opinións de diferentes persoeiros que explicarán por que para eles o galego tamén é mundial e levarase a cabo unha campaña de crowdfunding para poder incluír banners e publicidade en grandes medios de comunicación, ademais dos anuncios que se incluirán xa en medios en galego e que serán financiados cos fondos da propia AGAL. Do mesmo xeito, e durante a disputa do campionato no Brasil, a web d'O Mundial fala galego completarase con contidos desde os que se pdoerá acceder a vídeos en portugués, blogs de interese sobre o torneo na mesma lingua, así como un seguimento dos movementos de protesta que se están a celebrar no país durante os últimos meses e que seguirán durante o evento. Neymar e Ronaldo, figuras do Brasil e de Portugal, son os dous xogadores que a campaña usa para difundir a relevancia dun galego internacional Como recoñece Miguel R. Penas, o deporte de masas e o Mundial son eventos que serven para "conectar com a gente nova que gosta do futebol". Por iso tamén que a campaña empregue as figuras dos xogadores Neymar e Cristiano Ronaldo, os respectivos líderes e figuras do Brasil e de Portugal, lembrando que eles dous "falan galego". "É preciso reconhecermos o Brasil como país galegofalante ao tempo que reconhecemos a Galiza como lusófona", reivindica esta campaña, que se apoia no fútbol como "principal desporto na Galiza, no Brasil e em Portugal" e que "aproveita esta oportunidade" para volver berrar con forza que "a nossa língua é mundial".
NOS_43812
Após a reforma do código civil, desde xullo de 2017 se algunha das persoas contraentes ten deficiencias mentais, intelectuais ou sensoriais deberá ter ditame médico sobre a súa aptitude para casar.
O BNG pide que se retire a obriga de informe médico para que as persoas afectadas por discapacidade (mental, sensorial ou intelectual) poidan contraer matrimonio. Faino a través dunha proposición non de lei presentada pola deputada Montse Prado e que agarda que teña o apoio do resto de formacións na Cámara galega. A partir do 30 de xuño de 2017 entrará en vigor a reforma do Código civil, unha reforma que se modifica o artigo 56, que pasa a establecer que se algunha das persoas contraentes está afectada por deficiencias sensoriais, intelectuais ou mentais,esixirase polo Secretario Xudicial, "ditame médico sobre a súa aptitude para prestar consentimento". Esta exixencia supón, afirma Prado, Unha "barbaridade, un despropósito, unha discriminación inaceptábel" que afecta a miles de persoas, cuxas deficiencias 3en absoluto afectan para comprender o significado do matrimonio nin para prestar o consentimento ao mesmo. A proposición non de lei presentada polos nacionalistas liga coas demandas neste sentido realizadas desde diferentes colectivos e entidades de colectivos de persoas con discapacidade, como Cogami. Así a proposta do BNG procura que o goberno galego pide ao executivo español a modificación do artigo 56 do Código Civil antes da súa entrada en vigor e que se sustitúa polo texto que propoñen desde as asociacións de discapacidade: "Quenes desexen contraer matrimonio acreditarán previamente en acta ou expediente tramitado conforme á lexislación do Rexistro Civil, que reúnen os requisitos de capacidade e a inexistencia de impedimentos ou a súa dispensa, de acordo con previsto neste código. As persoas con discapacidade que precisen apoios para a toma de decisións non poderán ser excluídas por motivo da súa discapacidade do dereito a contraer matrimonio, sendo obriga das autoridades e persoal que interveñen nestes procesos prover dos apoios precisos para a formación e emisión do seu consentimento"
NOS_56641
Un manto de loito estendeuse onte sobre os mundos da literatura galega. Porque a figura de Xabier Puente Docampo transcende a do pioneiro na modernización da literatura infantil e xuvenil, a do autor premiado, a do alquimista que cruzou Stevenson con Fole, Cunqueiro con Rodari. A súa dimensión humana é axiña salientada por colegas e amigas, por lectores distantes e achegados. Morreu esta terza feira aos 72 anos.
"A que eu prefiro entre as obras de Xabier é o arrolo que lle escribiu á miña filla cando naceu", opina emocionada Rosa Aneiros (Meirás, 1976), "detrás desa voz ás veces un pouco brusca coa que amosaba a firmeza das súas conviccións, estaba unha persoa moi sensíbel, moi tenra". A que ademais lle abriu, lembra, as portas da lectura a través do Misterio das badaladas (Vía Láctea, 1986) e Cun ollo aberto e outro sen cerrar (Vía Láctea, 1986). "Tiña eu once anos. E, de súpeto, descubrín que había aquelas historias de cuadrillas de cativos en galego. Por suposto, non era consciente do seu carácter pioneiro", engade. Así naceu como lectora, e polo tanto como escritora, Aneiros. "Até ser adulta e amiga de Xabier". E percorrer unha extensa obra -a Galipedia conta 33 libros de narrativa entre 1986 e 2017- da que salienta "unha xoia, O libro das viaxes imaxinarias (Xerais, 2008)". "Excelencia literaria" e "superación título após título" son as consideración que expresa, de entrada, o crítico Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971) a respecto dunha escrita, a de Xabier P. Docampo, "da que non se pode dicir que parise un libro menor". A súa narrativa, de gran precisión estrutural e querenza por xéneros como a aventura ou o terror fantástico, foi pioneira no vizoso eido da literatura infantil e xuvenil. Aínda que, a dicir de Requeixo, xogaba a difuminar esa fronteira entre idades. Se cadra porque, para o autor de Cando petan na porta pola noite (Xerais, 1994), non había lectores infantís. Desde logo, non os había infantilizados. "Trataba a mocidade como seres pensantes, con respecto, como persoas intelixentes", expón María Reimóndez (Lugo, 1975). Escritora tamén dirixida a audiencias non adultas, DoCampo foi fundamental na súa educación sentimental. E profesional. "Foi o primeiro e único escritor que coñecín na miña infancia. Antes eran só entes mitolóxicos ou xente morta", relata, "el viñera visitar o cole en Villalba, onde léramos O misterio das badaladas. Eu daquela xa quería ser escritora e fíxome entender que é importante visitar os nenos e as nenas fóra das cidades". Eis a vocación activista, tan consubstancial a este militante da renovación pedagóxica -a través de Nova Escola Galega ou en colaboración con Preescolar na casa-, da defensa da lingua galega e da emancipación nacional. "Entregouse á causa da lingua e a literatura deste país", di Requeixo. Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956), amigo íntimo de Docampo, é máis concreto e explica os seus desvelos políticos recentes. "Hai agora tres anos iniciamos a aventura de conseguir un 25 de xullo de unidade", sinala, "un espazo nacional, un alento compartido. Despois intentamos o da candidatura nacional galega. O seu galeguismo era absoluto. Pero aquilo resultou moi duro para nós. Creo que foi cando enfermou". Aquela angueira política levounos a falar todos os días. "Até o punto de que me dicía 'se non me chamas, non durmo". Os dous amigos coñecéranse moito antes. De Toro chegara mesmo a pedir permiso ao seu maior -dez anos máis, exactamente- para titular unha novela: 13 badaladas (Xerais, 2002). "Polo Misterio das badaladas, claro. Ademais, tamén usaba o motivo tópico das 13", di, coa voz case en creba, antes de describir o home "como un neno que se agochaba tras a máscara da barba. Unha persoa sincera e auténtica. Un escritor namorado do seu oficio". O rastro dun autor así dificilmente se extingue. A súa obra permanece, máis alá das oscilacións provisionais dos cánones. E permanece tamén a pegada en lectores e lectoras que, ás veces, mesmo metamorfosaron en autores. "Non creo que haxa ninguén que tente seguir a Xabier", expón Armando Requeixo, "porque sería infrutuoso e mesmo un pouco suicida. Pero si penso que as novas promocións o leron moi ben. Hai aires de familia, e non só polo seu traballo, tamén como interlocutor coa gran literatura universal". As redes sociais, ao xeito de novo libro de condolencias, enchéronse de pésames, lembranzas, anécdotas. Alcaldes, deputacións, asociacións gremiais amosaron pesar. Mais houbo sonoras ausencias. Denunciouno a media tarde, vía twitter, o escritor Marcos Calveiro (Vigo, 1968): "Ata Abanca lembrou Xabier. A Xunta e Feixóo non. O noso irmao estaría feliz". Nota: a foto de enriba é de Eduardo Castro bal. A de embaixo, de Distrito Xermar.
NOS_7062
O Resumo Nacional de Residencias, con datos até o 20 de xuño, hai pouca precisión nas causas de falecemento dos residentes, ausencia de depuración dos datos polo sistema, datas incoherentes ou informes de centros intervidos que non especifican as causas desta intervención.
O Ministerio de Sanidade recoñece que a escasa calidade dos datos de mortes en residencias trasladados polas comunidades autónomas durante a pandemia dificultou a súa difusión ─mesmo unha delas non os enviou─, polo que a cifra total oscila entre 27.359 e 32.843 falecidos, segundo as fontes. O Resumo Nacional de Residencias, con datos até o 20 de xuño, que o ministerio mostrou aos responsábeis autonómicos, rexistra 27.359 falecementos en residencias: 9.003 casos (32,9% das mortes) por Covid-19; en 9.830 detectouse sintomatoloxía da Covid, mais non se chegou a confirmar (35,9%); e o resto (31,2%) atribúense a outras causas. O documento recolle os datos enviados polas comunidades entre o 6 de abril e o 20 de xuño e admite as dificultades da plataforma do Sistema de Información "pouco amigábel" para o rexistro deses datos, así como erros na suma de residentes en centros intervidos e nos propios datos de falecementos totais comparados con outras fontes. Mesmo sinala que unha as comunidades autónomas non enviou os datos nin unha soa vez a este rexistro e algunhas non o fixeron coa periodicidade exixida ou fixérono fóra de prazo: dúas só notificaron datos unha vez no sistema de información, malia o marcar como obrigatorio a Orde gobernamental de 23 de marzo. Mortes pouco claras O documento engade que hai pouca precisión nas causas de falecemento dos residentes, ausencia de depuración dos datos polo sistema, datas incoherentes ou informes de centros intervidos que non especifican as causas desta intervención. Neste documento, especifícase que o número total destes centros intervidos foi de 391 (5% do total) que acollían, nese momento, 31.406 residentes, e contabiliza 7.756 centros onde residen un total de 340.571 maiores. "Abandono" A tenor deste informe, a Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais estima que os centros "non só sufriron o abandono do sistema sanitario público, senón ademais o do propio Ministerio de Sanidade". Cren incomprensíbel, ademais, que a estas alturas aínda non se iniciara unha "avaliación con recollida de datos directos de maneira unificada que permita a realización de estudos dos centros para poder pór en pé un relato obxectivo e certeiro do que pasou". Para iso ve "urxente e imprescindíbel" tomar medidas con carácter inmediato e "unificado para todo o Estado" para prepararse para un rebrote. "É posíbel que se estean a filtrar os datos, incluso manipulando, polos Gobernos autonómicos, polas empresas ou entidades xestoras e mesmo polas direccións dos centros".
PRAZA_6493
As condicións de privacidade dos aplicativos móbiles non sempre cumpren os estándares mínimos que protexen os datos de quen as utiliza. Un estudo da Rede Global de Control da Privacidade, que analiza máis de 1.200 apps, afirma que case un terzo das mesmas solicitan permisos excesivos para as funcións que realizan.
As aplicacións para móbiles son cada vez máis populares e máis numerosas pero tan só o 15% das que nos instalamos ofrecen información clara ao usuario sobre como van ser recompilados, utilizados e divulgados os seus datos. É un dos indicadores que se desprende dun estudo realizado pola Rede Global da Privacidade (GPEN) en colaboración coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). A análise -na que tamén participaron, entre outras, as Autoridades de Protección de Datos de Alemaña, Canadá, Francia, Italia ou Reino Unido- examinou máis de 1.200 aplicacións móbiles, incluíndo apps de dispositivos Apple e Android, tanto gratuítas como de pago. Segundo o informe, o 31% das aplicacións solicita ao usuario excesivos permisos en comparación coa función que desempeñan. Moitas apps, ademais, ofrecen escasa información de por que recompilan información persoal e para que a utilizan, remiten a outras páxinas web con políticas de protección de datos que non se adaptan á aplicación en cuestión ou levan a páxinas nas que se solicita que o usuario inicie unha sesión. O 31% das aplicacións solicita ao usuario excesivos permisos en comparación coa función que desempeñan Neste sentido, até no 59% dos casos estudados non lles resultou fácil aos participantes atopar as informacións relativas á privacidade antes de proceder á instalación. "É unha análise dun fenómeno que está xeralizado en todo o mundo. É unha radiografía, unha foto fixa, para concienciar non só aos usuarios de que deben saber a que lle están dando permiso, senón aos desenvolvedores tamén", afirman desde a AEPD. "Canto máis claros sexan nas súas políticas de tratamento de datos, máis fiables serán para o usuario". Onde está vostede e a quen coñece No proceso de instalación dunha aplicación nun dispositivo móbil son habituais a petición de permisos pero, como sinala o informe, algúns deles son desmesurados en relación coa utilidade que ofrecen. Até tres cuartas partes das apps examinadas solicitan un ou máis permisos ao usuario. Os máis comúns son a localización, a identificación do dispositivo e o acceso a outras contas, á cámara e aos contactos. Estas fontes de datos poden ser obxecto dun tratamento adicional, normalmente para xerar ingresos, de forma descoñecida ou non desexada polo usuario final. Que fan con eses datos? Segundo o estudo, o 31% ofrece "certa información" respecto diso, a 24% información "inadecuada" e o 30% restante non ofrece ningún dato máis aló dos permisos que se solicitan ao instalar a aplicación. Para o GPEN e a AEPD, esas mesmas fontes de datos poden ser obxecto dun tratamento adicional, normalmente para xerar ingresos, de forma descoñecida ou non desexada polo usuario final. Por iso, as aplicacións orientadas aos móbiles de última xeración e destinadas principalmente ao campo do lecer están no punto de mira da Axencia Española de Protección de Datos, quen xa realizou un ditame o ano pasado advertindo dos riscos para a vida privada dos usuarios de dispositivos intelixentes se os desenvolvedores non cumpren coa lexislación sobre protección de datos da Unión Europea. As tendas de aplicacións reciben máis de 1.600 apps novas cada día, e de media, un usuario dun smartphone descárgase 37. Con todo, do estudo extráese que as aplicacións máis populares son as mellor valoradas en canto a xestión e información relativa dos datos persoais. Outras achegas de Maite Garrido Courel, en ElDiario.es
PRAZA_3929
A xerencia da área compostelá prescinde de profesionais que xa asinaran ata finais de abril ao considerar que xa non eran necesarias na planta de Covid, pero rectifica ás poucas horas tras as súas denuncias. "Somos empregadas de usar e tirar", quéixase un sector farto de "abusos".
Eventuais en Loita, colectivo que agrupa unhas 7.000 enfermeiras en demanda de mellores condicións laborais, estoupou a pasada semana. Fartas da súa precariedade, agravada coa pandemia, denunciaron os "abusos da Xunta", á que acusaron de seguir contratando "por días ou semanas" e teimar no "maltrato laboral" deste colectivo. Só uns días antes, o Sergas tivo que rectificar logo de facerse público que a Administración rompía o seu vínculo laboral co persoal que caía enfermo de coronavirus, ao que lle deixaba de computar ese período a efectos de baremación para as oposicións, ademais de perder o 25% do seu salario. O Sergas rescindiu os contratos xa prorrogados de varias enfermeiras dunha planta Covid ao considerar que xa non eran necesarias tras un mes de traballoAgora, outro novo episodio constata a precaria contratación no sistema sanitario público galego e unha nova marcha atrás da Xunta. Desta vez, as denuncias dirixíronse á xerencia da área sanitaria de Santiago, que rescindiu unilateralmente a varias enfermeiras eventuais a prórroga dun contrato xa asinada ao considerar que xa non eran necesarias na planta de afectados polo coronavirus onde traballaban ata este mércores. Mesmo algunhas contratacións foron borradas do sistema. Horas despois de seren avisadas da súa marcha, e logo de que varias profesionais denunciasen publicamente o caso, o Sergas chamounas de volta para advertirlles de que o seu contrato seguía vixente, aínda que non para o mesmo labor nin na mesma área. Foron, como mínimo, nove as afectadas, traballadoras nun dos andares reservados aos enfermos pola Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Alí levaban desde o pasado 17 de marzo, cando acudiron a reforzar unha área que daquela contaba con 15 pacientes. A xerencia compostelá recuou tras as denuncias públicas das afectadas: horas despois de rescindirlles o contrato avisounas de que seguía vixenteSon persoal eventual, como tantas na sanidade pública, e asinan contratos de dúas semanas que se lles van renovando. Rematado un destes o 31 de marzo, foron advertidas de que lles sería prorrogado polo menos dúas veces máis, ata o 30 de abril, para seguir reforzando a planta de Covid. Colgados xa os documentos no expediente electrónico do Sergas, as enfermeiras firmaron os seus contratos, tanto o que estendía o seu labor ata o día 15 como o seguinte, ata o último día de abril. Contratos como o que se pode ver na imaxe que acompaña este texto, que é un dos asinados por unha das afectadas. Malia que o pasado martes foron advertidas de que esa prórroga ata final de mes seguía en pé, unha reunión da xerencia cambiou os plans. Segundo denuncian, a Dirección de Recursos Humanos avisounas unha a unha o mércores da rescisión da última prórroga, polo que debían abandonar o seu posto, que sería ocupado por persoal fixo doutras plantas con pouca actividade asistencial nestes días e ante o descenso no número de doentes con coronavirus. "Cando parece que todo vai mellor e xa temos unha rutina de traballo, sobramos. Non son formas", queixouse unha das afectadas"Primeiro mandáronnos á loita sen previo aviso, non recibimos formación ningunha e traballamos todo o que puidemos. Agora que parece que todo vai mellor e que xa temos unha rutina de traballo e unha organización, sobramos. Entendo que o Sergas tire do seu persoal fixo, pero non son formas", contaba a Praza.gal unha das afectadas, que denuncia tamén a "falta de previsión" e a "improvisación" dun sistema que contrata por quincenas e prescinde das traballadoras en canto baixa á presión asistencial, pero advertindo que pode volver contratalas "de aquí a uns días". Un día despois, este xoves a primeira hora da tarde e tras facerse público o caso, a mesma traballadora advertía da marcha atrás do Sergas, que chamou unha a unha as afectadas para anunciarlles que os seus contratos seguían vixentes, aínda que "nin na mesma área nin coas mesmas quendas". Xa que logo, á espera de destino definitivo, as enfermeiras que levan un mes atendendo pacientes con coronavirus pasarán agora a exercer outras funcións noutros espazos do sistema sanitario. "Un abuso e un desprezo"Antes, Prosagap, Sindicato de Profesionais da Saúde de Galicia, considerara a decisión da xerencia de Santiago "unha ilegalidade , un abuso e un desprezo total polas profesionais que estiveron en primeira línea expoñéndose día a día". Outra mostra, segundo o colectivo, que "deixa as claras a falta de planificación coa que traballan a xerente e o seu equipo", ademais da "perversa e nefasta xestión se está facendo desta crise cos traballadores e ás traballadoras da sanidade". O sindicato tamén se preguntaba se o Sergas tiña "a certeza de que estas enfermeiras non van ser necesarias dentro de dous días outra vez". "Levan un mes traballando nunha planta específica, adquirindo hábitos e rutinas... Para que agora sexan outras persoas as que teñen que empezar de cero", quéixanse tras advertir da "improvisación e falta de planificación" do Sergas e da futura presentación de reclamacións ante a Xunta.Desde Eventuais en Loita critican con dureza tamén o Sergas, a quen acusan de "recompensar" as enfermeiras "en forma de desprezo" durante o seu traballo contra a pandemia. "Vólvenos lembrar que somos empregadas de usar e tirar", din. Prosagap e Eventuais en Loita critican a "improvisación" e o "desprezo" polo seu traballo: "Somos empregadas de usar e tirar"Para a enfermería eventual, este novo episodio de precariedade é "unha ofensa á profesión, un xogo inhumano" que, segundo din, supón a "moeda" coa que se lles paga por "traballar sen medios, sen protocolos e expoñendo a vida". Ademais, o colectivo pregúntase "por que se están a derivar pacientes á sanidade privada se na sanidade pública hai xa contratado persoal suficiente para coidalos?", como parece deducirse das decisións da xerencia compostelá. "Por que non se reorganiza o persoal eventual contratado para atender as novas necesidades da poboación xurdidas nos últimos días?", cuestiónanse. A xerencia da área sanitaria de Santiago asegura que todo se debeu a "un erro de coordinación entre departamentos" e que se informou "erroneamente" da fin da contratación das nove enfermeiras mentres "a dirección si estaba asinando os contratos". "Lamentamos profundamente o malentendido e o malestar xerado nestas profesionais", explica.
PRAZA_9533
A xornada de folga e numerosas mobilizacións feministas convocadas para este 8M reclaman medidas concretas contra a desigualdade de xénero en todos os ámbitos da vida, dende o traballo remunerado ata o dos coidados, e mudanzas sociais profundas para a fin das agresións machistas
Comeza a lectura do manifesto na Coruña mentres en Vigo a manifestación continúa percorrendo as rúas, ao igual que en Compostela. Todas as marchas contaron cunha masiva presenza de persoas nun ambiente festivo e reivindicativo.As rúas de Lugo tamén rebordan neste 8M. Milleiros de persoas percorren a cidade camiño da Praza de Santa María Rúas cheas en Vigo, noutra multitudinaria manifestación que volve ateigar as rúas da cidade olívica. "Por todas as mulleres, por todos os dereitos. Revolta feminista", reza a pancarta da cabeceira da marchaHistórica manifestación na Coruña. A cabeceira da marcha está na praza de Galicia cando hai moita xente que aínda non saíu do Obelisco Vigo volve reunir milleiros de persoas nunha marea humana pola marcha feminista que percorre a cidade desde a Praza de España até a Porta do Sol con Gran Vía xa ateigadaAs rúas de Ourense, ateigadas tamén no inicio da marcha feminista desta tarde neste 8 de marzo. Milleiros de persoas secundan a manifestación. As rúas de Compostela, ateigadas xa á espera de que comece a manifestación feminista por este 8 de marzo. Milleiros de persoas agardan xa a saída da marcha, que non se dá movido ante a masiva afluencia de xenteA multitudinaria manifestación feminista da Coruña percorre xa as rúas da cidade, ateigadas con decenas de milleiros de persoasAs rúas do centro de Ferrol, ateigadas na masiva manifestación unitaria do 8M, que percorre xa a cidade Milleiros de persoas xúntanse arestora no Obelisco da Coruña para comezar a manifestación central do 8M na cidadeEurodeputadas de diversos grupos, entre elas a galega Ana Miranda (BNG), secundaron tamén este 8M a mobilización feminista en Bruxelas, ás portas da EurocámaraA científica María de la Fuente, membro do equipo do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional Oncomet, no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, explica explica neste fío de Twitter por que, ao seu xuízo, este 8M debera ser "masivo e decisivo" tamén no mundo da ciencia. De la Fuente, que levou ata o Parlamento a súa reivindicación contra ás penalizacións ás investigadoras por seren nais, coida que neste aspecto "en Galicia queda todo por facer. Urxe pasar das palabras aos feitos. É urxente actuar. As científicas galegas seguimos agardando", afirma.As manifestacións e concentracións feministas desta mañá deixaron en Galicia imaxes de rúas e prazas ateigadas, con mulleres de diversas idades secundando a mobilización. Esta galería recolle algunhas delas. Son imaxes de Galiza Contrainfo (CC-BY-SA-NC), Praza.gal (CC BY-SA), sindicatos e formacións políticas.Na mañá deste 8 de marzo a Xunta organizou concentracións institucionais no complexo de San Caetano e noutras das súas sedes administrativas. No acto principal participou o presidente xunto a diversos membros do Goberno e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, leu a declaración institucional da Xunta polo 8M baixo o lema 365 días pola igualdade. López Abella confirmou, en declaracións á SER, que prevé acudir a unha das manifestacións deste serán.O tráfico no centro de Compostela permaneceu cortado entre as 11 e as 15 horas por mor da manifestación. As rúas foron espazo para a xuntanza, o xogo e un xantar colectivo."A forza das mulleres é imparable", destaca Pilar Estévez (Plataforma Feminista Galega), que lembra os actos programados polo movemento feminista esta tarde en Compostela e a manifestación convocada ás 20 horas. Podedes ver máis vídeos sobre a xornada de folga do 8M en Rosalía TVTamén en Lugo a mobilización matinal, convocada pola CIG, tivo amplo seguimento. A manifestación da tarde parte da explanada da sede da Xunta, ao carón da Porta Falsa.Participación masiva e moita animación nas concentracións desta mañá en todo o país, á espera das manifestacións convocadas esta tarde nas sete cidades e en grandes vilas. Na imaxe, a Praza Maior de Ourense, nun vídeo do PSdeG-PSOE.Participación masiva tamén na concentración convocada en Ferrol, á espera da manifestación comarcal convocada para esta tarde.Un ano despois a Praza Maior de Ourense volve rebordar na primeira das mobilizacións feministas deste 8M, á que respondeu unha multitude.En Pontevedra a manifestación feminista no mediodía deste 8M acaba ateigando a Praza da Ferrería, onde foi lido o manifesto finalNo telemarketing, un sector moi feminizado (o 70% do persoal son mulleres) a participación na folga está a ser importante. A CGT fala dun 80% en Extel (500 traballadoras) e un 40% en Atento (600 traballadoras)A concentración convocada pola CIG na Coruña acada unha gran participación e convértese en manifestación polas rúas da cidadeAlén das cidades, as mobilizacións feministas deste 8M tamén están a atopar unha relevante resposta da veciñanza en múltiplas vilas galegas. Na imaxe, a concentración deste mediodía na Estrada.A primeira gran manifestación da xornada en Vigo pola folga feminista está a ser masiva. "Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé", corea a multitude. Está a recollelo ao vivo Galiza Contrainfo.A "treboada feminista" chama dende diversos puntos de Santiago a secundar a folga deste 8M e as mobilizacións ligadas a ela. Centos de mulleres avanzaron cara ao centro da capital galega ao son de percusións e reiterando consignas como "por todas as mulleres, por todos os dereitos, folga feminista".A Xunta cifra o seguimento da folga de mulleres entre o persoal público nun "11,27% na Administración xeral e os seus entes adscritos", do "9,55% en Educación, do 10,14% en Sanidade e do 18% na Administración de Xustiza". Nos últimos días as centrais sindicais advertiron de que os servizos mínimos fixados en diversas áreas da Administración galega son, ao seu xuízo, "excesivos", e lembran que o pasado ano a Xustiza acabou anulando parte deles.Suspendidas por falta de quórum as dúas comisións previstas para este 8 de marzo no Parlamento ao non asistir ningunha das deputadas que as integran. Ao non estar presentes o número mínimo de membros requiridos, foron adiadas as sesións das comisións de Economía -na imaxe- e de Pesca. Si acudiron, no entanto, dúas representantes da Xunta ás que ían dirixidas preguntas incluídas nas ordes do día.O Concello de Pontevedra e o CIM da cidade celebran o 8 de marzo con esta viñeta de Davila: "Listas? Todas coa fouciña na man... a rozarrrr.... queda moito machismo que arrincar"Piquetes informativos de mulleres percorren o centro de Lugo chamando á participación na folga feminista en sedes de diferentes empresas.O comité de empresa do Concello de Mugardos denuncia que dúas traballadoras "foron notificadas por SMS de que debían cumprir servizos mínimos, sen respectar o acordo acadado". A primeira hora da mañá un piquete situouse na porta da institución para protestar contra o "boiot" á folgaO Sindicato Labrego Galego salienta que no Brasil o 8M está protagonizado, entre outros, polo recordo de Marielle Franco, a activista feminista que incidiu na loita a prol dos dereitos das mulleres negras das favelas, e que foi asasinada o 14 de marzo do pasado ano. As Mulheres Sem Terra fixéronlle esta homenaxe.Integrantes do colectivo Defende a Galega resaltan que o cuadraxésimo segundo 'venres negro' na CRTVG se suma tamén á reivindicación da folga feminista. "Hoxe paramos", confirman."O 8M, cólgoo todo". As Tendalistas da Coruña situaron en diferentes puntos da cidade o chamamento a secundar a folga de "emprego, consumo, ensino e coidados".A CIG detecta unha "importante incidencia da folga de mulleres" no inicio da xornada, "especialmente nos sectores máis feminizados da área pública". Piquetes informativos do sindicato animan á mobilización en diversos centros de traballo con gran presenza feminina, como os centros de chamadas. A secretaria de Mulleres do sindicato, Margarida Corral, resalta que "non imos permitir máis conmemoración hipócritas e baleiras de contido" e por iso "facemos folga para que o poder entenda que non imos de farol nas nosas demandas". Diversos monumentos emblemáticos da cidade de Vigo locen dende a pasada madrugada faixas e mandís con lemas que chaman a secundar a folga feminista do 8M, tal e como amosa a imaxe difundida pola Plataforma Feminista Galega.A folga laboral deste 8M está acompañada en diferentes momentos da xornada por manifestacións, concentracións e outros actos reivindicativos por todo o país. Estas son as principais convocatorias, impulsadas por colectivos e plataformas feministas como Galegas 8M, así como polas centrais sindicais.Dende as 00:00 é xornada de folga feminista. A mobilización xa se fixo presente nas quendas de noite en múltiples empresas e institucións galegas, como os hospitais. A CIG, un dos sindicatos que chama á folga xeral, asegura que os primeiros datos da noite apuntaban xa a un "éxito".
NOS_40884
Non debería ser isto unha primicia, mais o é.
Verán tras verán, outono tras outuno, festival tras festival, un grupo remata, comeza outro, cambio de escenario, aproveitas para ir o baño, coller unha caña, comeza un novo concerto… e así, a peregrinaxe escenario tras escenario, festi tras festi, que imos facendo a xente que nos mola a música. Neste contexto, finais de xuño, un festival calquera, nunha vila galega calquera, estamos ao aire libre, xa é noite, e comeza o terceiro concerto que imos ver, unha amiga me mira e di: "Todo tíos!" "Si", resposto, con cara de frustración. Na miña testa estaba rondando a mesma idea cando comezou o grupo: non subira ao escenario nin unha muller en todo o que levabamos de noite, nin ía subir ningunha no que restaba de noite. Si, é sabido, hai poucas mulleres nos grupos musicais e menos aínda nos festivais ou eventos musicais varios. Hai pouca presenza de grupos musicais de mulleres nos festivais, e tamén moi pouca presenza de grupos mixtos. Pola contra, os grupos cen por cen masculinos abarrotan a escea musical en toda Galicia. Existen algunhas excepcións, algúns festis que si se preocupan por traer a grupos femininos, pero aínda son moi poucos. Pois ben, neste festival, que por riba de todo é un festival onde a música e a arte deberían ser as protagonistas…. tamén o serán as mulleres! Os grupos cen por cen masculinos abarrotan a escea musical en toda Galiza Se queremos mudar as cousas, quizais, desde o noso lugar, podemos facer grandes transformacións. As creadoras do BUXO Fest propuxeron esta idea: que alomenos nos grupos musicais exista algunha presenza feminina. Sen máis, que haxa mulleres, algunhas, poucas, moitas, pero que existan, que participen. Pois ben, de seguro que as persoas asistentes vanse dar conta disto, algo vailles descadrar… que haxa mulleres enriba dos escenarios, e non só abaixo. Ademais, o convite ábrese tamén a grupos de Portugal, onde a presenza de mulleres semella, segundo as creadoras do BUXO Fest, algo maior que en Galiza. Vamos, que non foi tan difícil a busca… Só queda darlles as grazas por este "pequeno" cambio. O certo é que a miúdo as desigualdades (de tan presentes) pasan desapercibidas. Acostumámonos tanto a elas, que non nos chaman a atención; normalizamos o que non é normal. Ese é o poder do simbólico, facer que cousas moi chamativas se asenten nos nosos miolos como algo corrente. Mais, desta vez, o poder simbólico tamén será noso. O Buxo Fest vai ter lugar este sábado (todo o día, a partir das 12.30 h) na contorna de Churruca e Irmandiños, en Vigo. Corrección: Na edición orixinal desta información aparecía erroneamente que o Buxo Fest se ía realizar a sexta feira, cando en realidade vai ter lugar este sábado.
NOS_44964
Android en Galego reuniuse esta semana con responsábeis da rede social."Trasladáronnos unha mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizo".
Representantes da campaña que pide a Google poder ter o Android en galego mantiveron esta semana unha xuntanza con responsábeis desta empresa no Estado español. Unha cita na que se informou de primeira man e directamente a Google de que o galego té unha comunidade lingüística de 3 millóns de falantes. E que, aliás, está moi presente nas redes sociais e internet. Desde Google "trasladáronnos unha mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizo". Nesta compañía informaron que na actualidade hai 60 idiomas prioritarios para eles, é dicir, idiomas aos que prestan especial atención e están na axenda de tradución ao lanzar un novo servizo, "entre os que está o galego. Deste xeito, cando lanzan calquera produto faise inicialmente en inglés, e logo vai chegando a tradución ao resto deses 60 idiomas nun prazo máis ou menos breve de tempo". É por iso que "xa podemos ter na nosa lingua Drive ou Google+, dous dos produtos máis recentes. Porén, os servizos anteriores a esa selección de 60 linguas, van por un proceso máis lento (por exemplo, os casos de Android e Gmail). Pero van. E apuntaron que teríamos novidades proximamente, aínda que non quixeron concretar nin datas nin servizos afectados".
PRAZA_2821
Feijóo, Pastor e Rojo congregan en Pontevedra menos de 300 persoas, boa parte delas cargos públicos, nun mitin no que foron recibidos por protestas contra ENCE. O presidente da Xunta sentencia que as coalicións postelectorais "non son democracia".
PONTEVEDRA Contan os medios madrileños que o candidato Rajoy non logrou este domingo encher o mitin central da súa campaña, nunha praza de touros de Las Rozas con capacidade para 4.300 persoas na que quedaron cadeiras baleiras. A 600 quilómetros de alí, na súa cidade, Pontevedra, no instituto no que estudou, as súas amigas persoais, as pontevedresas e candidatas ao Congreso Ana Pastor, ministra de Fomento, e Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia, acompañadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tropezaban tamén cun aforo moito máis modesto de 324 cadeiras dispoñibles. Non se ocuparon nin 300, e boa cantidade delas por parte de cargos públicos. Talvez por iso Feijóo apelou especialmente á mobilización e pediulles outra oportunidade aos que hai catro anos votaron polo PP. O líder local do PP, Jacobo Moreira, foi o encargado de salientar na súa intervención inicial que o instituto Sánchez Cantón de Pontevedra, aínda que daquela noutro edificio, fora no que estudara Rajoy. Ao tempo que revelaba ese dato, tentaba xustificar a pouca afluencia ao acto co partido do Real Madrid e a chuvia. Unha climatoloxía que non arredou á ducia de manifestantes que, ás portas do instituto, protestaban pola permanencia de Ence-Elnosa xunto á ría. Xunto a eles, na farola máis próxima á entrada, colgaba un cartel do comité de empresa de Elnosa culpando o alcalde do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, do alto nivel de desemprego da comarca de Pontevedra. Os populares, que foron recibidos por unha protesta contra a permanencia de ENCE, congregaron en Pontevedra menos de 300 persoas, boa parte delas cargos públicos Que xogaba na casa encargouse de dicilo nada máis comezar a súa intervención a propia Pastor. "Eu estou en Pontevedra, outros veñen de excursión", dixo, para comezar a enumerar os investimentos e proxectos realizados polo seu departamento na súa cidade nos últimos catro anos, que a ministra visitou habitualmente en fins de semana. Pastor atribuíuse, entre outras obras, o AVE do Eixo Atlántico, o nó do Pino ou a polémica circunvalación de Pontevedra, a A-57, que acaba de comezarse "de Vilaboa hasta La Hermida", dixo. Actuacións que se paralizarán, dixo, se agora goberna outro partido. E comezaron as críticas aos contrincantes. Do PSOE, que tivo algo menos de protagonismo que noutros mitins, salientouse a herdanza recibida. De En Marea, que Xosé Manuel Beiras sexa "a xove promesa de Podemos". De Ciudadanos, que queren "subir o pan e o leite, despedir funcionarios e que o AVE non chegue a Galicia, que é o máis gordo". E do BNG, que pretenden outorgar carnés de galeguidade mentres o PP defende "que somos galegos e españois e todos iguais en dereitos". Feijóo pide unha nova oportunidade aos que votaron ao PP hai catro anos e sentencia que as coalicións postelectorais "non son democracia" A todos eles referiuse como un posible "cuatripartito" e lembrou que "en Pontevedra xa nos gobernan uns señores coaligados con outros", evidenciando así implicitamente que na súa cidade e a do presidente do Goberno o PP foi apartado do poder hai xa máis de 16 anos. Fronte a esas outras opcións, a ministra de Fomento defendeu a experiencia de goberno e seguridade que supón votar ao PP. "Somos un partido de centro dereita e ímolo seguir sendo toda a vida", dixo. Malia os dardos lanzados por Pastor contra os outros partidos, Feijóo, o único que falou en galego, comezou a súa intervención asegurando que o PP non critica ao resto de formacións, senón que son estas as que se critican entre si. O presidente galego recolleu a liña argumental da ministra, volveu defender que goberne a lista máis votada e insistiu en cargar contra os pactos postelectorais. "Iso non é democracia, é intentar utilizar a democracia en beneficio exclusivo dos políticos profesionais", dixo. De Rajoy, Feijóo asegurou que é "un presidente honesto, humilde", mentres que "hai unha enorme soberbia, un enorme ego no resto dos candidatos". Na mesma liña, Pilar Rojo gabou o seu amigo como "unha persoa cercana, auténtica e previsible". No día en que Gustavo de Arístegui dimitiu como embaixador tras revelarse que cobrou comisións a empresas, Rojo asegurou que o seu partido "rexeita e rexeitará a todos aqueles que queiran ensucialo cos seus comportamentos". Antes Pastor tamén dixera algo similar: "Somos xente honrada, traballadora e de traxectoria coñecida; se hai un garavanzo negro, que se vaia fora".
PRAZA_19691
O sindicato explica que Medio Rural "impuxo as restricións en plena época de plantación, polo que agora case non hai marxe de manobra para substituír os cultivos por outros e planificar unha nova campaña"
O Sindicato Labrego Galego reivindicou este mércores que todas as explotacións que producen pataca para vender e que están afectadas pola corentena motivada pola couza guatemalteca sexan compensadas "por lucro cesante". Trátase de explotacións de horta ou mixtas "que dedican unha considerable superficie cada ano á plantación de pataca para a súa venda directa" ou almacenistas "que, por mor das restricións impostas pola Consellaría de Medio Rural, terán cuantiosas perdas este ano ao non poder cultivar", explica o sindicato. Medio Rural "impuxo as restricións en plena época de plantación, polo que agora case non hai marxe de manobra para substituír os cultivos por outros e planificar unha nova campaña" "Cómpre ter en conta que a prohibición de plantar se fixo dunha maneira precipitada e a última hora, cando a Consellaría de Medio Rural tivo toda a información e datos precisos para tomar a decisión entre outubro e novembro; porén, impuxo as restricións recentemente, en plena época de plantación, polo que agora case non hai marxe de manobra para substituír os cultivos por outros e planificar unha nova campaña", critica o SLG. O lucro cesante das explotacións afectadas debería roldar uns 8.000 euros por hectárea, segundo o sindicato O Sindicato Labrego Galego pídelle a Medio Rural que á hora de fixar indemnizacións "cubra tamén o lucro cesante das explotacións que cultivaban pataca para vender". Os cálculos do SLG, a partir das informacións facilitadas polos labregos e labregas afectadas, a produción de pataca rolda os 25.000 quilos por hectárea. Vendéndoas a un prezo medio duns 45 céntimos por quilo, esas patacas xerarían uns ingresos 11.250 euros por hectárea, aos que teriamos que restar uns 3.000 euros polos custes de produción. Polo tanto, o lucro cesante das explotacións afectadas debería roldar uns 8.000 euros por hectárea, segundo o sindicato. "É responsabilidade directa da Consellaría de Medio Rural abonalos se realmente quere afrontar a crise da couza con todas as garantías e, de paso, compensar as consecuencias da súa demora e falta de planificación á hora de actuar", conclúe.
NOS_23071
Cos votos de PSOE, PP e CS. Os letrados da Cámara baixa avalan a medida amparándose no artigo 384bis da Lei de Axuizamento Criminal.
A Mesa do Congreso decidiu esta sexta feira, último día de campaña, suspender "automaticamente" os deputados cataláns presos (Oriol Junqueras, Josep Rull, Jordi Sànchez, Jordi Turull), tal e como recomendaba o informe xurídico dos letrados e letradas da Cámara. Os dous representantes de Unidos Podemos terían amosado o seu desacordo coa decisión alegando "falla de tempo", segundo recollen diversos medios madrileños. A suspensión "automática" como deputados para estes catro electos en prisión tomouse após unha hora de xuntanza e en medio de días de tensión por este tema, con PP e Cs afirmando que de non se adoptar a suspensión pedirían a dimisión da presidenta, Meritxel Batet. Nestes días houbo un debate sobre quen e como debía tomar a decisión de suspender estes catro deputados electos nas urnas, se o Supremo ou a mesa do Congreso. Poren, non houbo nin mediática nin politicamente a nivel de Estado un debate sobre se tiñan dereito a seguir nos seus cargos, o que si se deu en Catalunya, coa participación de avogados, xuristas e exparlamentares. Voces deses sectores defenderon que estes catro presos preventivos debían seguir como deputados.
NOS_51832
Coñecer calquera idioma estranxeiro vai ser un mérito máis importante que saber algunha das linguas cooficiais no Estado. Así se dispón nas bases do novo sistema de concurso oposición para cubrir miles de prazas de persoal interino nos xulgados.
A Constitución española non recoñece a igualdade xurídica entre galego e castelán; só é obrigatorio o coñecemento do segundo. A Lei Orgánica do Poder Xudicial confire ao galego un rango subordinado: podéno usar os avogados, partes e peritos, mais só poden usalo os xuíces se ningunha parte alega indefensión por descoñecemento. Na provisión das prazas xudiciais na Galiza o galego non pasa de ser mérito pouco valorado, no canto de obriga. Este preocupante panorama para o galego na xustiza que o avogado Pérez Lema relataba en Sermos Galiza a principios de 2017 non mudou a mellor. Mais ben vai camiño do contrario. Saber grego, dinamarqués, croata ou holandés puntuará máis que o galego, vasco ou catalán para traballar nos xulgados destes territorios. Informou hai uns días disto El Punt Avui. O coñecemento de calquera lingua estranxeira valerá máis que saber unha lingua cooficial para traballar nos xulgados. Saber un idioma estranxeiro será un mérito máis importante que coñecer o galego para entrar a traballar na administración de xustiza. Así se recolle nas bases do novo sistema de concurso oposición que aprobou o Ministerio de Xustiza para cubrir miles de prazas de interinos e interinas en todo o Estado, tamén na Galiza, Catalunya ou Euskadi. "Discriminación" laboral O departamento de Xustiza da Generalitat de Catalunya xa ergueu a voz contra o que considera unha "discriminación" lingüística e require do Ministerio unha corrección. De non facelo, está disposta a presentar un recurso contencioso administrativo na Audiencia Nacional por vulneración do dereito dos cidadáns a ser atendidos na lingua propia. O BOE publicou en marzo e abril as condicións destas oposicións para cubrir categorías de funcionarias como auxiliares ou xestoras procesais. A primeira proba será un exame que, de superalo, pasarase a unha segunda, que consistirá na valoración de méritos (aplícase por primeira vez). A subir a puntuación axudan desde os cursos de formación xurídica a coñecementos de informática, e tamén o coñecemento dunha lingua estranxeira. Pasado este trámite é cando a aquelas persoas que escolleran Galiza, Catalunya ou Euskadi poderán probar os seus coñecementos, que só servirá para mellorar o seu destino nestas comunidades, non para mellorar o resultado global da oposisión. El Punt Avui aponta a posibilidade de que traballadores que leven anos traballando nos xulgados poden agora verse superados en puntuación por outros por saber un idioma estranxeiro. Até o de agora, para superar as oposicións á administración de xustiza só había que pasar un exame e ao ser un corpo estatal as linguas cooficiais non podían ser requisitos senón simplemente méritos. Tres décadas En marzo de 2015 fixéronse 30 anos da primeira sentenza en galego, unha resolución ditada pola Audiencia Provincial da Coruña en 1985 a raíz dun litixio no que estaba inmerso o Concello de Redondela, que foi quen solicitou que fose redactada no idioma propio de Galiza. "Causou estupefacción" lembraba Gonzalo de la Huerga, un dos maxistrados que elaborou aquel texto. Quizás non sexa estupefacción a palabra, mais si abraio ou certo pasmo o que segue a producir hoxe en día atopar unha sentenza en galego. As resolucións escritas no noso idioma non chegan ao 5 por cento do total, o que leva a preguntar, tres décadas despois daquel auto da Audiencia da Coruña, se aquela sentenza foi un primeiro paso para inaugurar unha etapa de normalización do idioma na xustiza ou foi máis ben un feito puntual.
NOS_21377
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) pídelle a Xosé Luis Méndez Ferrín que siga nas súas funcións e non abandone a Academia.
A AELG solicítalle a Xosé Luis Méndez Ferrín que continúa nas súas funcións como presidente e non abandone a Academia. A Asociación presidida por Cesáreo Sánchez Iglesias "respectando as súas decisións persoais" íntalle, tanto a el como a todos os membros da RAG a pensar "no papel histórico que ten a Academia e que ten que seguir a desenvolver".Para a entidade que agrupa aos escritores e escritoras, a marcha de Ferrín significaría "un empobrecemento na pluralidade que é necesario teña a RAG". Fai por iso un chamamento para que os problemas da Academia "sexan resoltos dentro dos organismos da Academia dialogando, para manter a súa independencia na defensa da nosa cultura e do noso idioma".Defenden que a sociedade precisa dunha RAG "que sexa lugar de confluencia e símbolo público de prestixio social e cultural". Para a AELG, a situación do idioma "non permite ter unha Academia en conflito interno e proxectando unha imaxe pública de descrédito".
PRAZA_7464
Mal asunto cando a cuestión da supervivencia dunha lingua e dunha cultura minorizada, historicamente estigmatizada e perseguida, trata de porse nas mans de élites autóctonas, políticamente comprometidas ou non - pois o caso é saber de qué modo e para qué se comprometen -. Mal asunto, digo, polo seguinte motivo: porque as linguas, que son os fíos de cobre, por así dicilo, a través dos que circula a información que contén a cultura, no senso máis antropolóxico do termo, non poden re-existir só a golpe de testosterona política, regulamentacions xurídicas ou chutes de financiación monetaria.
Mal asunto cando a cuestión da supervivencia dunha lingua e dunha cultura minorizada, historicamente estigmatizada e perseguida, trata de porse nas mans de élites autóctonas, políticamente comprometidas ou non - pois o caso é saber de qué modo e para qué se comprometen -. Mal asunto, digo, polo seguinte motivo: porque as linguas, que son os fíos de cobre, por así dicilo, a través dos que circula a información que contén a cultura, no senso máis antropolóxico do termo, non poden re-existir só a golpe de testosterona política, regulamentacions xurídicas ou chutes de financiación monetaria. As linguas non poden re-existir só a golpe de testosterona política, regulamentacions xurídicas ou chutes de financiación monetaria O punch político e xurídico pode axudar a que unha lingua teña máis visibilidade nos poderes públicos, nos medios de comunicación e no mundo empresarial, mais pode ter, e de feito, ten, un efecto non desexado nos cidadans de a pé que senten a curiosidade por mergullarse no coñecemento – e matínese en que falo do coñecemento, non do simple uso social para a comunicación cotiá - da historia lingüística e cultural de Galicia sen sentírense por elo obrigados por normativas xurídicas ou afiliacions ideolóxicas determinadas. Hai unha diferencia pedagóxica moi sutil entre suxerir gustos, curiosidades e preferencias basándose na auctoritas dunha normativa legal… e suxerilos sen outra axuda que o coñecemento e a divulgación mesurada e desinteresada por aquelo que se ama e se coñece na súa singularidade. Este, creo eu, debería ser o espírito pedagóxico co que se debería transmitir o gusto, a curiosidade e o interés polo estudo da historia lingüística, cultural e política de Galicia, o cal non quere dicir que a loita estrictamente política e xurídica a prol da normalización institucional e a maior visibilización da cultura galega nos medios de comunicación careza de sentido, ao contrario. Precísanse recíprocamente. O punch político e xurídico pode axudar a que unha lingua teña máis visibilidade nos poderes públicos, nos medios de comunicación e no mundo empresarial, mais pode ter, e de feito, ten, un efecto non desexado nos cidadans de a pé Que lingua e ideoloxía van da man, ninguén o dubida. Que cultura e ideoloxía van da man, tampouco. Que falar de ideoloxía é, tamén, falar da loita por hexemonizar o sistema de valoracions e practicas dunha comunidade humana lingüística e culturalmente singularizada, tampouco. Así pois, partindo destas tres premisas non sería difícil chegar a dúas conclusións xerais de partida : 1) Non existen linguas nin culturas nun máis alá ideolóxico, ou sexa, nun máis alá político, en resumo: máis alá da loita polo poder. 2) O fenómeno do poder afecta á coexistencia de comunidades humanas lingüística e culturalmente singularizadas, tanto no ágora público como na vida cotiá. Non existen linguas nin culturas nun máis alá ideolóxico, ou sexa, nun máis alá político, en resumo: máis alá da loita polo poder Estas dúas conclusions deberían ser un starting point común para todos os escritores, científicos e políticos que se expresan en galego, pois quen utiliza determinada lingua está utilizando, non só regras gramaticais abstractas, senon tamén concepcions do mundo de carácter mítico, confesional ou secular que formaron parte da imaxinación e a sensibilidade colectiva dunha comunidade, e polo tanto, que teñen raíz e tempo de seu. Non existen linguas sen comunidades humanas, nin comunidades humanas sen memoria colectiva, por moi diversa e ricaz en perspectivas que ésta sexa. Alguén coñece a existencia de sociedades humanas nas que só existen individuos des-linguados, a-culturais e ahistóricos?. Sobra dicir que tanto nas grandes comunidades que teñen representación oficial nun estado coma nas pequenas comunidades que non foron xurídica e culturalmente recoñecidas como tales, a existencia de diversidade de perspectivas e concepcions do mundo está fóra de toda dúbida. Mesmo nas pequenas comunidades non recoñecidas polos estados, cunha densidade demográfica moito menor, esa diversidade pode ser moito mais vizosa que nas grandes comunidades. Ao fin e ao cabo, o intanxíbel da imaxinación e a diversidade non ten relación causal co continxente demográfico. Sería tan absurdo coma decir que a imaxinación narrativa ou a memoria oral dos Irlandeses é necesariamente menos vizosa e ricaz que a dos Norteamericanos observando só un censo e unha pirámide demográfica. Absurdo e, abofé, surrealista. Para que as linguas e as culturas minorizadas, cando non, directamente, exterminadas pola lóxica economicista e curtoprazista da globalización neoliberal, re-existan e cobren vida de seu, cómpre un principio activo esencial: Valoralas, estudalas, e divulgalas tal e como son Para que as linguas e as culturas minorizadas, cando non, directamente, exterminadas pola lóxica economicista e curtoprazista da globalización neoliberal, re-existan e cobren vida de seu, cómpre un principio activo esencial: Valoralas, estudalas, e divulgalas tal e como son, con espírito crítico e aberto, e non tal e como nos gustaría que fosen. Esta actitude pedagóxica é radicalmente irreconciliable co feito de valoralas polo rédito político-economico que poderían darnos, pois, falemos clara e transarentemente: unha cousa é que as linguas e as culturas sexan potenciais pontes para o recoñecemento e arriquecemento recíproco entre os seres humanos, e outra, moi diferente, é que éstas teñan que cumplir o abafante rol de relacions públicas para o empresariado global e o seu soporífero exército de licenciados en comercio internacional. A denominación de orixe, a pertenza a unha pandilla underground, ou mesmo o abafante cheiro a linaxe familiar dos cenáculos e as academias, é menos importante que o aroma que desprende a auténtica intención significativa das palabras O que aquí escrebe soña, xunto con Bikhu Parek, con poder habitar o lugar mental e cultural dunha cidadanía global mestiza que valora as liberdades civís tanto como a diversidade lingüística e cultural sen xustificar ningún tipo de asimilación forzada nin tampouco o auto-illamento no guetto das linguas e as culturas históricamente subalternas. O que aquí escrebe non quere escoller entre dous males, a saber: a asimilación cultural imposta ou o tardío rancor do colonizado expresado por vangardas que elaboran canons de autenticidade cultural e revolucionaria. Por moito que siga existindo a furibunda cegueira estética e mental do imperialismo cultural - sen dúbida, o brazo máis importante do imperialismo económico, pois precísanse recíprocamente -, nin as asimilacions xustificadas en inexistentes multiculturalismos ou plurilingüismos armónicos, nin a des-politización total da creación estética, nin o auto-illamento en guettos/pandillas urbanas e familias/clans académicos farán da historia da lingua e a cultura galega unha historia con principio, desenvolvimento…. e futuro aberto. A denominación de orixe, a pertenza a unha pandilla underground, ou mesmo o abafante cheiro a linaxe familiar dos cenáculos e as academias, é menos importante que o aroma que desprende a auténtica intención significativa das palabras. Ese que leva, paseniñamente, ao labirinto da propia conciencia.
PRAZA_4790
A Comunidade O Zulo, de Mugardos, traballa no proxecto de construír unha máquina recreativa galega e de código aberto, un proceso do que se poden seguir todos os pasos na súa web.
A Comunidade O Zulo, de Mugardos, traballa no proxecto de construír unha máquina recreativa galega e de código aberto, un proceso do que se poden seguir todos os pasos na súa web. Todo comezou en 2011, contan os seus responsables, cando estiveron a piques de mercar para asociación unha máquina recreativa orixinal de principios dos noventa cunha placa jamma e o xogo Street Fighter: "Cando tiñamos o trato pechado, a furgoneta lista, e incluso tiñamos os cartos para pagala, o dono da máquina decidiu non pechar o acordo. Somos cabezóns e non baixamos os brazos". A finais do pasado ano decidiron retomar o proxecto dende cero; non mercar unha máquina, senón construíla por completo, unha máquina recreativa galega e libre que ademais será de libre acceso, e non necesitará de cartos para xogar. A máquina incorporará outras funcionalidades, como conectividade wireless, terá un modo navegador, é dicir, poderase usar a recreativa como un PC, terá un modo gramola con sistema de son incorporado para a reprodución de música e mesmo incluirá un cargador múltiple de móbiles... Na páxina Recreativa Galega describen e documentan o proxecto ("dende o deseño dos planos, os materiais, a cantidade de pintura e a configuración do software") e fan un chamamento á colaboración da comunidade Na páxina Recreativa Galega describen e documentan o proxecto ("dende o deseño dos planos, os materiais, a cantidade de pintura e a configuración do software") e fan un chamamento á colaboración da comunidade. Por suposto, liberarán toda a documentación para que as persoas ou entidades interesadas, usen e difunda libremente todos os datos do proxecto. Buscan un "equipo heteroxéneo" e sinalan que "non buscamos frikis en potencia nin hackers con demencia. Buscamos persoas. Queremos xuntar a un grupo de persoas de todas as idades e de todos os gremios. Queremos aprender!". Xuntaranse unha vez ao mes, co obxectivo de que (en oito sesións de traballo) a máquina poida estar rematada e en funcionamento para a celebración do encontro Kernel 2014, en setembro. Búscase levar a cabo un proxecto colaborativo, que sirva para a aprendizaxe recíproca, e que difunda as vantaxes do software libre O proxecto xa conta coa colaboración do Taller Garaje Mugardes, que achega un compresor de aire e materias necesarios para pintar, e tamén do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon.org). Tamén crearon un hashtag (#recregalega) para difundir en twitter o proxecto Recreativa Galega. En definitiva, búscase levar a cabo un proxecto colaborativo, que sirva para a aprendizaxe recíproca, e que difunda as vantaxes do software libre e dos programas e proxectos de código aberto. E que, como destaca Código Cero, xunte "o espírito de xogo compartido que acompañaba naquelas anos as sesións co Street Fighter cos conceptos propios do software libre".
NOS_34286
Falamos de como se presenta o curso escolar, entrevistamos Francisco Rodríguez e X.M. Pereiro, lembramos Luis Rei, tentamos entender as causas do maior éxodo após a IIGM, achegámonos á voz das mulleres na lusofonía africana... todo iso e máis, á venda na nosa loxa.
Máis un Sermos Galiza na rúa, o número 161. O inicio do curso escolar centra o Tema da Semana. Falamos con docentes, con familias, coa comunidade escolar para saber dun curso que se presenta como decisivo para a defensa do ensino público galego perante o acoso das políticas impulsadas desde a Xunta e o Estado polo PP. Un artigo de Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino completa a reportaxe a dupla páxina. En 'Mulleres independentistas a prol dunha Assembleia Nacional Galega' facémonos eco do chamado dun grupo de mulleres de diferentes ámbitos e idades que apostan en recuperar Galiza pola Soberanía (GpS) mais con novos folgos e miradas. Entrevistamos Xosé Manuel Pereiro, un dos portavoces da 'Iniciativa pola Unión', que afirma que "se fose pola xente, xa habería unha lista galega única". O xornalista manifesta que "Hai que aproveitar esa rede que tecemos para algo que permaneza. Sobre todo porque ese grupo parlamentario terá que obedecer e render contas a algo máis concreto que a Galiza, non?". Desterro Tamén entrevistamos Francisco Rodríguez co gallo do 40 aniversario da súa condena a desterro. Corenta anos despois, Rodríguez lembra unha etapa convulsa e conflitiva da súa vida e crucial para a conformación social do nacionalismo galego. "No desterro recibín máis apoio en Cádiz ca dos galegos que ían de progres". 'A parroquia de Chapela, en pé contra Fomento e Audasa'. Falamos da veciñanza que paralizou as obras de ampliación da Autoestrada AP-9 á altura da ponte de Rande ante os incumprimentos do ministerio e da empresa concesionaria. E en 'Unha depuradora que non depura' abordamos como en Ferrol se lle cobrou primeiro recibo á veciñanza sen prestar o servizo. E en 'O mercado de Santa Lucía, unha historia de dignidade e loita': De contar con 230 postos ocupados, tan só acolle a día de hoxe cinco postos de alimentación. As praceiras e praceiros viven no limbo desde hai un ano. Éxodo Europa non é o epicentro da crise humana derivada do desprazamento forzado de millóns de persoas, porén ás costas gregas e italianas chegaron un 750% máis de exiliadas en 2015 do que o ano anterior. Falamos disto en 'Orixe e destino do maior éxodo após a II Guerra Mundial'. 'Fiabilidade e programa: A forza da Unidade Popular' é o título do artigo que publicamos de Costa Lapavitsas, É economista, foi deputado de Syriza e agora é candidato pola Unidade Popular. Este texto apareceu publicado no seu blogue e foi traducido para o galego por Cilia Torna. Outro artigo que podes ler neste númewro é 'O desexo catalán', de Suso de Toro. Baixo o título 'De Telesur às rúas: a revoluçao será transmitida?' Davide Angelilli e Bruno Carvalho abordan como na Cimeira dos Povos, em Bruxelas, um dos pontos de centrais do debate transformador foi sobre o papel dos grandes grupos mediáticos e os caminhos para democratizar a comunicação. O artigo procura ilustrar como o processo bolivariano, na Venezuela, se apresenta como um exemplo na batalha por este objectivo. E a onde imos esta semana co colectivo Xea nas Viaxes na Miña Terra? Pois ao Monte dos Acebais, un bosque máxico no cerne dos Ancares. Luis Rei Núñez En 'A discreta voz criadora da muller': nas literaturas africanas de língua portuguesa a participação da mulher como voz criadora é discreta, comparada à produção dos homens. Trazemos às páginas de Sermos uma poeta: Odete Semedo. 'Luis Rei, un activista xeneroso pola cultura do país'. O escritor e historiador do Salnés faleceu o pasado 10 de agosto, aos 54 anos, após unha longa enfermidade. Deixa un importante legado que recollen agora, entre outros, Emilio Insua e Paco Fernández Rei, os seus amigos máis próximos nos últimos días, ambos escritores e profesores, cos que conversamos para coñecer de perto a súa figura."O seu soño máis inmediato era crear unha casa-museo de Ramón Cabanillas, aberta a todos e todas". E na contra-capa, o Festival de Poesía do Condando en 'Setembro, con S de Salvaterra'. Ademais, Andrés Castro, o crítico de cinema, fálanos de 'Third person', de Paul Higgins, gañador dun öscar por 'Crash'. E na crítica literaria Mario Regueira debrúzase sobre 'As paisaxes eléctricas', de Cristina Ferreiro. E Olga Brañas fálanos de 'Radio Pesquera'. o proxecto de Nono García e Pablo Novoa.
NOS_10250
17 mil asinaturas respaldan a ILP. A súa toma en consideración foi aprobada en xaneiro de 2016. Desde entón ficou varada no Parlamento galego. A CIG, entidade promotora, pide que se reactive xa.
Para a CIG, a responsabilidade na demora na tramitación da ILP aponta directamente a presidencia do Parlamento. Tan é así que a central nacionalista enviou un escrito ao titular dese órgao, Miguel Santalices, para que axilice a posta en andamento da ponencia para o debate e eventual emenda da ILP, aínda non constituída. A resposta de Santalice é que non é el o interlocutor a respeito da maior ou menor lentitude na tramitación, senón os grupos parlamentares. Con esa réplica, entende o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, o que fai é "eludir a súa responsabilidade". "De feito imos intentar ter unha reunión con el para aclarar estes feitos", engade. A parálise da lei responde a unha estratexia perfeitamente planificada. Explica neste sentido Seixo que en febreiro de 2016, un mes despois de se aprobar a toma en consideración da ILP, o portavoz do grupo parlamentar do PP, Pedro Puy, dirixiu un escrito á Mesa para que aprazase o prazo de apresentación de emendas de forma que se puidese producir a comparecencia de expertos na cámara, co argumento de que se trata dunha cuestión moi técnica. Técnicas dilatorias, entende a CIG, para conxelar a lei na Cámara e ralentizar todo o posíbel á súa chegada ao Congreso dos Deputados E non só iso. O PP demandou tamén un informe aos servizos xurídicos do Parlamento para saber se a ILP podía dalgunha maneira invadir ámbitos competencias do Estado. Técnicas dilatorias, entende a CIG, para conxelar a lei na Cámara e ralentizar todo o posíbel á súa chegada ao Congreso dos Deputados (ao atinxir competencias do Estado este texto legal -como o da transferencia da AP9- forzosamente ten de pasar pola peneira das Cortes Xerais). Esta mesma semana, a CIG como grupo promotor da ILP mantivo unha reunión co grupo parlamentar do BNG, de quen obtivo o compromiso de traballar para acelerar a tramitación da lei. "Intentaremos que o PP e o resto dos grupos atendan esta demanda para que a lei estea en tres meses aprobada", di Seixo.
NOS_34996
A formación nacionalista apoia o acceso universal aos medicamentos de última xeración, polo que participará na mobilización d@s afectad@s este domingo e xa presentou varias iniciativas parlamentares.
O BNG apoia as reivindicacións da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C que demanda o acceso aos fármacos de última xeración, como o Sofosbuvir, para tod@s @s doentes afectados que o necesiten, "fronte ao criterio restrinxido que propón o Ministerio de Sanidade que implicaría que este tipo de medicamentos só chegaría en 2015 a unhas 6.000 persoas cando a cifra de doentes ascende a 30.000", segundo explica nunha nota a formación nacionalista. "O criterio de Sanidade restrinxe a 6.00o persoas as que se atenden cando son 30.000 as que necesitan eses fármacos", asegura o Bloque A Plataforma organiza una carreira de relevos entre Vigo e Santiago de Compostela para o día 4 de xaneiro que parte ás 8.30 horas desde a árbore de Nadal da Porta do Sol da cidade olívica e conclúe as 18.30 horas na Praza do Obradoiro, onde depositarán unha singular carta reivindicativa aos Reis Magos ante a catedral compostelá. A portavoz parlamentar de Sanidade do Bloque, Montse Prado, e a deputada no Congreso de Madrid Rosana Pérez, asistirán á concentración prevista ao final do percorrido desta carreira de relevos, que se convoca baixo o lema 'Os recortes matan. Medicación para todos', e fan un chamamento a toda a cidadanía para que "se sume e contribúa coa súa presenza a amplificar as demandas das persoas afectadas". O BNG lembra, así mesmo, que "ten presentado xa diversas iniciativas parlamentares sobre este asunto, facéndose eco tanto das reivindicacións dos doentes como das recomendacións dos expertos sanitarios, para que as persoas que sofren hepatite C teñan acceso desde a sanidade pública ao mellor tratamento dispoñíbel".
PRAZA_15005
Diversos colectivos cidadáns presentaron no Congreso Iniciativas Lexislativas Populares sobre a dación en pago, pero ningunha logrou prosperar. Varios partidos solicitaron tamén modificacións normativas que foron sempre rexeitadas por populares e socialistas.
Os dous grupos maioritarios do Congreso, PP e PSOE, tiveron durante estes últimos anos máis dunha oportunidade para impulsar a reforma do sistema hipotecario e abrir unha porta á esperanza sobre a dación en pago. Pero non o fixeron. É máis, mentres milleiros de desafiuzamentos eran executados ou estaban en marcha, varias plataformas cidadás presentaban no Congreso Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) para que os políticos tomasen conciencia do drama. Ningunha destas ILP chegou a ser debatida nun pleno. Un dos primeiros rexeitamentos a calquera modificación na lei produciuse en febreiro de 2011, durante o último ano de mandato de Zapatero. Protagonizárona o PP e o PSOE, que non apoiaron unha proposta de ERC, IU e ICV a pesar de que o drama xa era palpable. PP e PSOE rexeitaron en 2011 propostas de BNG, ERC, IU e ICV malia que o drama era xa palpable A seguinte negativa chegou en xuño dese mesmo ano cando o pleno do Congreso debatía unha proposición de lei presentada polo BNG na que volvía pedirse que a lei contemplase a dación en pago en caso de insolvencia ante unha hipoteca. A proposta só foi apoiada pola Izquierda Plural. O PSOE, que seguía gobernando con grandes dificultades, votou en contra mentres o PP e os demais grupos se abstiñan. Os socialistas xustificaron o seu rexeitamento en que o Congreso acababa de aprobar a finais de abril a creación dunha subcomisión para analizar precisamente a posibilidade de reformar o sistema hipotecario español. A subcomisión segue aberta pero sen actividade desde setembro. O PSOE xustificou o voto en contra pola aprobacion dunha subcomisión para reformar o sistema hipotecario que segue sen actividade En marzo de 2012, gobernando xa o PP, o partido de Rajoy rexeitou tamén unha moción presentada por Izquierda Plural na que se pedía a dación en pago con carácter retroactivo e medidas urxentes para os desafiuzamentos en marcha. "Non podemos continuar así, non pode ser que as familias se vexan perseguidas", clamou daquela o deputado de ICV-EUiA Joan Coscubiela. O PP votou en contra e o PSOE, malia estar de acordo coa gravidade do momento, abstívose alegando que había que impulsar primeiro un proxecto de lei de insolvencia persoal, establecer unha moratoria e promover o aluguer de vivendas baratas. Pouco despois de rexeitar esta iniciativa, o Goberno de Rajoy deu un tímido paso ao aprobar por decreto un "código de boas prácticas para os bancos" aos que "convidaba" a aceptar a dación en pago no caso de que se tratase de familias con todos os seus membros en paro ou en situación comprobada de pobreza. Ao ter carácter voluntario, poucas entidades se sumaron a este código mentres a sangría de desafiuzamentos continuaba. Nos dous últimos anos, cando menos tres plataformas presentaron ILP sobre a dación en pago. Ningunha chegou ao pleno Nestes dous últimos anos -o último de Goberno de Zapatero e o primeiro de Rajoy-, cando menos tres plataformas cidadás tamén presentaron no Congreso Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) sobre a dación en pago. Con todo, ningunha delas conseguiu chegar ao pleno. Algunhas -poucas- destas iniciativas adoitan ser admitidas pola Mesa pero para que poidan ser debatidas polos grupos parlamentarios deben estar apoiadas polo menos por 500.000 sinaturas que á súa vez deben de ser verificadas pola Xunta Electoral Central. Con todo, en toda a historia da democracia, que as súas señorías lembren, só logrou este obxectivo unha ILP, a lei de Televisión sen Fronteiras -debatida o pasado mes de setembro- para que as cadeas de televisión autonómicas se puidesen ver noutras comunidades limítrofes coa mesma lingua. Deu igual porque foi rexeitada por PP e UPyD. As caixas coas sinaturas destas iniciativas populares, conseguidas con tanto esforzo, son enviadas a un almacén do Congreso situado nos arredores de Madrid onde dormen o soño dos xustos. O volume de espazo que ocupan é tal que a Mesa da Cámara estuda a esixencia de que se presenten nun futuro en soporte electrónico. Unha dos colectivos máis activos contra os desafiuzamentos, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), loita desde a anterior lexislatura para que o Congreso asuma a súa iniciativa popular. Tentouno durante o verán de 2011. Pero o feito de que con anterioridade se presentasen outras iniciativas populares moi parecidas, unha por parte dun colectivo verde-ecopacifista e outra da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae), fixo paralizar a súa proposta xa que o Regulamento impide tramitar na mesma lexislatura dúas IPL similares e sempre ten prioridade a que se presentou primeiro. Despois de moitas tiras e afrouxas, os ecopacifistas retiraron finalmente a súa o que propiciou o desbloqueo da do PAH. Pero Adicae -que no seu día estaba dentro da PAH- negouse a iso, o que provocou queos acusasen de boicot. A plataforma, no entanto, volveu á carga e leva meses recollendo firmas para evitar máis desafiuzamentos. Mesmo conseguiu que a Mesa do Congreso amplíe o prazo da súa presentación ao 25 de xaneiro de 2013. Ao PSOE lástrano os anos que gobernou sen impulsar cambios na lei hipotecaria; agora todo son présas Pero os acontecementos, desgraciadamente, precipitáronse e o suicidio en Barakaldo dunha muller que ía ser desposuída da súa vivenda levou ao Goberno a anunciar medidas de urxencia, xunto co PSOE, partido ao que o lastran os anos nos que gobernou podendo impulsar os cambios na lei hipotecaria e non o fixo. Agora todo son présas. A Plataforma de Afectados pola Hipoteca vén de emitir un comunicado no que responsabiliza politicamente a PP e PSOE dos desafiuzamentos, tras acusalos do seu "enésimo acto de arrogancia".
NOS_53833
O ex-secretario xeral de Podemos Galiza equipara a actuación dos críticos do PSOE para desbancar Pedro Sánchez coa que el sofreu a principios de ano.
"Teño moitas diferenzas con Sánchez mais pretender facer caer un secretario xeral, elexido polas bases, con demisións é unha fraúde". Pablo Iglesias expresaba así de resumido en 140 caracteres a súa postura sobre a treboada política que esta cuarta feira azotou o Partido Socialista. Para o líder de Podemos, o feito de que a través de demisións da executiva se tentase tirar do seu cargo a unha persoa eleita polas bases non podía ser considerado máis que como unha "fraude". .@Pablo_Iglesias_ saúdos do ex-secretario xeral de @Podemos_Galicia! 👋👋👋 lembras o proceso de aquí verdade? confirmas a fraude entón? #PSOE https://t.co/atJJe152jb— Breogán Riobóo Lois (@BreoganRL) 28 setembro 2016 Un chío que axiña foi recollido por Breogán Riobóo, ex-secretario xeral de Podemos Galiza. Foi eleito polas bases mais a demisión dos 'críticos' no Consello Cidadán galego provocaron o cesamento no cargo de Riobóo para nomear unha xestora que convocase un procedemento de renovación de órganos e cargos. "Saúdos do ex-secretario xeral de Podemos Galiza", comezaba o chío de Riobóo dirixido a Iglesias, para continuar "Lembras o proceso aquí, verdade? Confirmas a fraude entón" .Axiña tanto un como outro chío provocaron un fervedoiro nas redes sociais, con posicionamnetos a favor ou en contra, reciminacións, palabras subidas de tono... Twitter en estado puro. Febreiro O 9 de febreiro demitían 10 integrantes do consello cidadán galego de Podemos, entre eles os tres parlamentares do partido nas Cortes naquela altura, deixando sen 'quorum' este órgano. Sergio Pascual, daquela secretario de Organización de Podemos a nivel estatal, afirmou naquela xornada que "o proceso de renovación de todosos órganos de Galiza darase o antes posíbel". Riobóo defendeu que, ao ser eleito, polas bases, ese proceso non podía afectarlle polo que non consideraba lexítimo o proceso de primarias que se impulaba desde a dirección estatal e o sector crítico en Galiza.
NOS_50727
Os profesionais do sector sanitario protagonizaron unha marcha en Compostela na que clamaron contra a "saturación" da atención primaria" e denunciaron que "nunca" estiveron "tan saturados".
Centos de profesionais sanitarios de diferentes puntos de Galiza protagonizaron unha manifestación polas rúas de Compostela, na que clamaron "pola dignidade" da atención primaria para pedir "máis tempo" para cada paciente. A marcha, convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias en defensa da Atención Primaria, saíu ás 12 horas da Alameda da capital galega e proseguiu pola zona vella, proferindo distintos cánticos "de unidade" até chegar até Praterías, onde ocuparon toda a escalinata de subida á Quintana. Desde este espazo do casco histórico compostelán, o portavoz da Asemblea de Áreas Sanitarias, Carlos Eirea, nun discurso fronte aos seus compañeiros, dirixiuse á Consellería Sanidade para pedirlle que "defenda" e que "non esnaquice" a atención primaria. Neste sentido, Eirea admitiu que "saben" que a sanidade "é moi boa", pero relatou a continuación: "En 30 anos que levamos traballando, nunca estivemos tan saturados, nunca estivemos tan preocupados polos nosos pacientes. (...) Temos que acabar con isto e volver traballar con dignidade". Así, tras denunciar que o sistema "está a ir cara atrás", censurou os "experimentos" de Sanidade e os "cambios de cromos", tal e como denominou ao decreto publicado esta quinta-feira polo que se dota a todas as áreas sanitarios dun novo órgano de dirección para a atención primaria, en coordinación coa hospitalaria. "O único que lemos son cambios de nomes. Onde se chamaba director de procesos con ingresos, agora chámase director de hospital. E onde se chamaba director de procesos sen ingresos, agora chámase director de atención primaria. Pero todo segue igual, nada cambia, é só cambiar cromos", criticou Eirea. "Máis tempo para os pacientes" Ante as reivindicacións do portavoz da Asemblea de Áreas Sanitarias, os seus compañeiros acompañárono con aplausos e aclamacións desde a escalinata de Praterías e reiteraron as diversas consignas que foron clave nesta manifestación. "Primaria digna e de calidade"; "Todos xuntos coa atención primaria"; "Máis tempo para os pacientes"; e "Primaria, unida, xamais será vencida", foron algúns dos cánticos. Minutos antes de comezar a marcha, Jesús Sueiro, médico de familia e membro das Asembleas de Áreas Sanitarias, lembrou en declaracións aos medios que os profesionais da primaria galega secundarán a folga convocada para a partir do 26 de novembro. "Porque pensamos que, despois de tantos meses de traballo, de conclusións, de comisións... temos a sensación de que a nosa situación segue igual que sempre", explicou. Neste sentido, Sueiro insiste en que as consultas "seguen saturadas" e nunhas circunstancias que fan "moi difícil" compatibilizar a atención ao doente con outras actividades: "Se non temos tempo para os pacientes, como imos ter tempo para a investigación e a docencia?". "Sobrecarga de consultas" Así, este médico cifrou a media diaria ideal "entre 25 e 30" persoas atendidas. No entanto, asegurou que os profesionais soportan actualmente "unha sobrecarga de 40 ou 50" pacientes, algo que antes era "puntual" pero que xa se converteu en "estrutural". En vista destes datos, tachou de "insuficiente" a cifra de 241 médicos convocados polo Sergas esta semana para elixir destino e alertou de que as próximas xubilacións "van supor unha desfeita e unha falta de cobertura que vai facer o sistema sustentábel". Por iso, suxeriu que a solución pasa "por facer contratos atractivos". Pola súa banda, Carmen Loureiro, unha doutora de Vigo que tamén asistiu á manifestación deste sábado, puxo o foco en que a atención primaria é "un equipo" no que se inclúen non só facultativos, senón tamén enfermeiros, celadores e persoal administrativo, entre outros. Loureiro tachou de "límite" a situación deste servizo en toda Galiza, o cal pode repercutir "na seguridade" dos cidadáns. "Non podemos estar a ver pacientes a cinco, seis ou sete minutos máximo e ter a garantía de que sexan correctamente atendidos", declarou, para despois advertir de que, de seguir así, a atención primaria galega "morre".
NOS_9784
María Luisa Carcedo acudiu a un encontro con entidades sociosanitarias na Coruña. Despois,canda o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu ante os medios que o único "vóto útil" é o do PSOE.
A candidata número dous por Asturies ao Congreso e Ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social en funcións, María Luisa Carcedo, reivindicou esta segunda feira na Coruña ao PSOE como "voto útil" para acadar un Goberno "estábel". Así o manifestou após manter unha reunión con entidades sociosanitarias na cidade herculina, canda o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Tras a reunión, preguntada polo debate a cinco que os candidatos á presidencia do Goberno manterán esta segunda feira pola noite, afirmou que confía en que permita á cidadanía "identificar os proxectos políticos que pensan no benestar da cidadanía, en promover a xustiza social e en que haxa máis equidade". Carcedo asegurou que o PSOE ten un "proxecto político de futuro para o país". Preguntada polas manifestacións do líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, que o pasado sábado defendeu na Coruña o seu partido coma o do "o voto útil", a ministra en funcións asegurou que a diferencia do partido socialista co morado é que ofrece "un Goberno estábel". "Outros falan de contribuír a ese Goberno", dixo en alusión a Unidas Podemos. Na mesma liña, Carcedo incidiu en que o voto útil é para quen ten "máis posibilidades de configurar un Goberno". "Por iso estamos pedindo un respaldo máis contundente que no 28 de abril, para poder facer ese Goberno e que non haxa posibilidades de retroceder", proclamou.
NOS_19491
Traballadores de Navantia e empresas auxiliares emprenderon sobre as dez e media desta mañá unha marcha a pé duns oito quilómetros polos viais de acceso á cidade.
Segundo Ignacio Naveiras (CCOO), voceiro do comité de empresa de Navantia Ferrol, "os últimos anuncios son un engano para o sector naval galego". Fixo un chamamento á cidadanía para participar na gran mobilización do próximo domingo, que sairá ao mediodía do Inferniño. Os obreiros saíron dende o estaleiro para o porto de Ferrol, pasando polos treitos do Acceso Norte da AP-9 ata a rotonda do Sino. Dende alí, volveron ás factorías pola Rúa Nova de Caranza. Por outra banda, segue convocada a protesta cidadá que terá lugar o domingo 10 de xuño para lle esixir ao Goberno central e á Xunta de Galicia o cumprimento dos compromisos adquiridos: carga de traballo para unha comarca con máis de 20.000 desempregados. As mobilizacións para alertar do progresivo descenso da ocupación iniciáranse xa en abril de 2011, pero, malia os distintos compromisos, tanto dende o goberno estatal como dende a Xunta ou o municipio, séguese sen ter referencia de cando se vai situar carga de traballo" nos estaleiros de Fene e Ferrol. Nos últimos meses producíronse preto de 1.000 despedimentos.
PRAZA_3498
Almuiña destaca que o home foi atendido por "un equipo completo" no PAC. O PSdeG pídelle explicacións a Feijóo, BNG e Podemos poñen o foco en que non é o primeiro caso semellante e a asociación Defensor del Paciente reclama unha investigación da Fiscalía
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, defendeu a resposta dada polos servizos de emerxencias sanitarias no caso do home que faleceu en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia que o trasladou ao PAC da localidade, onde morreu. Houbo, dixo, dúas chamadas distintas nas que a situación descrita tiña "prioridades diferentes segundo os criterios que os facultativos do 061 seguen en moitísimos casos ao ano, en xeral cunha alta eficacia". A inicial, engadiu, era "sen prioridade médica" segundo eses criterios.Almuiña afirma que o paciente "foi tratado adecuadamente por un equipo completo" no PACO 061 explicou que a primeira chamada recibida para pedir atención para o paciente rexistrouse ás 21: 09 do luns e que 17 minutos despois comunicóuselle ao médico por vía telefónica que o estado do home empeorara. A ambulancia, que se mobilizara xa co primeiro aviso, tardou outros 19 minutos en chegar desde Chantada ata a parroquia de Catasós.Almuiña indicou que o doente foi trasladado ao PAC de Lalín e alí "foi tratado adecuadamente por un equipo completo", pero "desgraciadamente, neste caso, non puido salvar a vida".Os partidos da oposición tamén reaccionaron ao caso.O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu explicacións ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Os recortes de Feijóo na sanidade pública son de enorme gravidade", dixo e criticou que a nova ambulancia prometida tras o falecemento dun home en Dozón en outubro funciona só ata as 20:00 horas. Lamentou que os falecementos de Lalín e o da Estrada en agosto de 2018 se produciron "sen os recursos sanitarios suficientes".O secretario xeral de Podemos Galicia e candidato de Galicia en Común á Xunta, Antón Gómez-Reino, considerou que esta "non é a primeira vez" que ocorre algo semellante nin "un caso illado", senón que "forma parte estructural dos efectos dos recortes". "O sistema está montado de tal modo que, para minimizar costes, se xoga coa saúde da xente", sinalou.A oposición critica a falta de medios na sanidade e, en concreto, na comarca do DezaPor parte do BNG, o seu portavoz municipal en Lalín, Francisco Vilariño, rexeitou falar deste caso concreto aludindo aos problemas de saúde previos do falecido, pero manifestou que unha espera superior a media hora "non é un caso excepcional" na comarca. "É o habitual", lamentou e afirmou que, se na zona "non hai máis mortes polas carencias en transporte sanitario" é por "sorte". A formación reclama unha ambulancia medicalizada para atender este territorio.Pola súa banda, a asociación Defensor del Paciente dirixiu este mércores un escrito ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, no que lle pide que investigue esta morte. "Este virus da falta de asistencia é xa demasiado repetido na sanidade, con falecidos non porcontaxio, senón pola desidia da administración, pola falta de persoal e ambulancias", indica o texto.
NOS_54781
Un novo estudo confirma que o tratamento con tres picadas do fármaco de Pfizer é máis eficaz que con dúas. Porén, outra investigación apunta que a eficacia da terceira dose redúcese a partir dos catro meses após a inoculación.
Un estudo da organización Kaiser Permanente (Estados Unidos) publicado na revista científica The Lancet Regional Health-Americas descubriu que, un mes despois da terceira dose, a eficacia da vacina contra a Covid-19 de Pfizer/BioNTech é maior para previr a infección e a hospitalización que con dúas doses da vacina ao cabo dun mes. "Cando analizamos a eficacia das dúas doses da vacina fronte a tres observamos un beneficio coas tres doses que supera o conseguido con dúas", afirma a doutora Sara E. Tartof, epidemióloga do Departamento de Investigación e Avaliación de Kaiser Permanente e líder da investigación. Este estudo avaliou a eficacia da serie primaria de dúas doses da vacina contra a Covid-19 de Pfizer contra a infección, a hospitalización e a morte até oito meses despois da vacinación, e tamén avaliou a eficacia de tres doses até tres meses despois da vacinación. Para avaliar a efectividade, este estudo de investigación analizou os rexistros de saúde electrónicos de 3,1 millóns de membros de Kaiser Permanente —consorcio estadounidense de coidados xestionados integrados con sede en Oakland, California— no sur de California desde o 14 de decembro de 2020 até o 5 de decembro de 2021. Durante o período de estudo, 197.535 pacientes (6,3%) infectáronse con SARS-CoV-2 e, deles, 15.786 (8%) foron atendidos no hospital. Neste tempo, a variante predominante foi Delta e non Ómicron. A eficacia da vacina de dúas doses contra a infección baixou de 85% durante o primeiro mes despois da vacinación a 49% até oito meses despois. A eficacia das dúas doses contra a hospitalización, aliás, mantívose alta (90%) ao longo dos oito meses e non diminuíu, agás entre as persoas que tiñan 75 anos ou máis, ou que tiñan o sistema inmunitario comprometido. No caso das persoas inmunodeprimidas, a protección contra a hospitalización descendeu a 74%, e no caso dos maiores de 75 anos foi de 77%. A eficacia da vacina de tres doses, con todo, foi de 88% contra a infección e de 97% contra a hospitalización nos tres primeiros meses após a vacinación. "O que vemos nesta investigación é que o impacto na saúde pública dunha terceira dose para previr a enfermidade grave é substancial. É importante destacar que todos os estudos que avaliaron a eficacia dunha terceira dose da vacina —incluído o noso— mostraron unha mellora significativa da eficacia do fármaco contra unha ampla gama de resultados do SARS-CoV-2", explica Tartof. Diminución da eficacia aos catro meses Con todo, un estudo dos Centros para o Control e Prevención de Enfermidades dos EUA (CDC, en inglés), presentado tamén esta segunda feira, demostra por vez primeira que a inmunidade contra a enfermidade grave por Covid-19 comeza reducirse catro meses após a administración da terceira dose dunha vacina de ARN mensaxeiro —Pfizer ou Moderna—. Mais, a pesar de decaer a protección que ofrece o fármaco, as tres doses minguaron as visitas a urxencias en 89% dos casos catro meses após a inoculación —97% os dous primeiros meses—. "As vacinas de ARNm, incluída a dose de reforzo, son moi eficaces, mais a súa eficacia diminúe co tempo. Os nosos achados suxiren que poden ser precisas doses adicionais para manter a protección contra a Covid-19, especialmente para as poboacións de alto risco", explica o coautor do estudo, Brian Dixon, director de informática de Saúde Pública do Instituto Regenstrief e da Escola de Saúde Pública Richard M. Fairbanks da Universidade de Indiana.
NOS_47501
O Día das Galegas nas Letras xa ten programa e escenario. O vindeiro 15 de agosto no Areal de Berres, na Estrada homenaxearase a Dorothé Schubart cunha festa colectiva na que participarán Mercedes Peón, Paula Carballeira, Isabel Rei e Habelas Hainas entre outras.
O 15 de agosto será o día da "nosa señora" das letras, a xornada escollida polo grupo de crítica literaria feminista A Sega para a primeira conmemoración do "Día das Galegas nas Letras" que se inaugura cunha homenaxe á compiladora do Cancioneiro Popular Galego Dorothé Schubart. O escenario da conmemoración xa está decidido e será o Areal de Berres, na Estrada, un espazo natural á beira do río Ulla que a veciñanza recuperou para uso comunal. A festa vai ser colectiva á maneira das populares romarías e comezará por volta das 13.30 coa presentación do acto e a lectura do manifesto por parte das integrantes d´A Sega. Para media hora despois está previsto o inicio do "xantar compartido" ao que convidan a quen queira participar nunha convocatoria que se presenta como aberta e participativa coa alegría do canto e do baile. A festa iniciarase ás 16:00 horas e está prevista a intervención da contadora Paula Carballeira, a música Mercedes Peón, a guitarrista Isabel Rei e as pandeireteiras de Habelas Hainas. O micro permanecerá aberto para quen queira tocar, cantar e contar nun programa no que se agardan aínda novas incorporacións. A festa quere celebrar "a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular" recoñecemento que, nesta primeira edición, recae na investigadora e compiladora Dorothé Scubarth. Desde a Sega tentan que esta primeira homenaxe sexa "unha romaría na que nos xuntemos, falemos, contemos e cantemos todas as persoas que queiramos saudar a dignidade da literatura de tradición oral e o labor silenciado de todas as cantadoras que lograron manter vivo até hoxe o acervo musical que nos alimenta".
PRAZA_10849
PSOE e Unidas Podemos seguen apurando o prazo do 23 de setembro no que quedarían convocadas novas eleccións se non se produce unha investidura
PSOE e Unidas Podemos seguen apurando o prazo do 23 de setembro no que quedarían convocadas novas eleccións se non se produce unha investiduraO próximo martes, 3 de setembro, a apenas 20 días da data límite na que de non haber un presidente do Goberno xa investido quedarán convocadas novas eleccións xerais de xeito automático para o 10 de novembro, o PSOE presentará nun acto público o que denomina "programa común progresista", 300 medidas coas que quere presionar a Podemos para que vote a favor de Pedro Sánchez pero desbotando unha coalición. Pero a tres semanas dese punto sen retorno do 23 de setembro Podemos insiste no Goberno compartido e, ao tempo que lamenta a perda de tempo dos socialistas en abrir unha negociación, ofrece acordalo "en horas".Desde o PSOE destacaron este xoves que as súas 300 medidas vertébranse en seis epígrafes: emprego digno e pensións xustas; feminismo, loita contra a desigualdade social e calidade democrática; emerxencia climática e transición ecolóxica da economía; avance científico, tecnolóxico e transición dixital; España aberta a Europa e ao mundo e cohesión territorial: Estado autonómico e loita contra o despoboamento. O PSOE di que nas súas 300 medidas "fai propias a maior parte das propostas realizadas por Unidas Podemos e polas organizacións e expertos da sociedade civil" nun documento que "admite debate"Segundo os socialistas, as medidas incorporan propostas, entre outros, do documento "España avanza" do PSOE do 18 de xullo, da proposta enviada o pasado 20 de agosto por Unidas Podemos para "retomar o diálogo" e das "iniciativas expostas polas organizacións e expertos" coas que se reuniu Pedro Sánchez nas últimas semanas. Con elas, din, o PSOE "fai propias a maior parte das propostas realizadas por Unidas Podemos e polas organizacións e expertos da sociedade civil" nun documento que "admite debate", e que "poderá ser ampliado e mellorado nas conversas que se produzan nas próximas datas", apuntan."Se o PSOE nos ofrece as mesmas condicións que en xullo, sentamos e nunhas horas temos acordo", di Pablo Iglesias, que insiste no goberno de coaliciónPorén, Unidas Podemos insístese no goberno de coalición co PSOE para apoiar a presidencia de Pedro Sánchez e cre que o acordo é posible se a última oferta que fixeron os socialistas durante a sesión de investidura de xullo volvese estar sobre a mesa. Así o defendeu este xoves o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, nunha entrevista na Cadena Ser: "Se o PSOE nos ofrece as mesmas condicións que en xullo, sentamos e nunhas horas temos acordo", dixo.A pesar de que Unidas Podemos presentou hai unha semana un documento con tres propostas de goberno que incluían ministerios que se descartaron na negociación de xullo (como Traballo ou Transición Ecolóxica), Iglesias recoñeceu este xoves que a súa formación negociaría un acordo partindo da última proposta do PSOE. O secretario xeral de Podemos engadiu que se esa proposta incluíse as políticas activas de emprego, unha proposta que el mesmo lanzou desde a tribuna do Congreso, o acordo sería inmediato.Aquela última oferta do PSOE contiña unha vicepresidencia social e tres ministerios: os de Vivenda e Economía Social; Igualdade e Sanidade e Consumo, pero sen as competencias que pedían os de Iglesias, segundo Unidas Podemos."Desde a investidura de xullo Pedro Sánchez só falou comigo para felicitarme polo nacemento da miña filla", asegurou este xoves Iglesias.Iglesias insiste no goberno de coalición que o PSOE rexeita e defendeu que un acordo que non implicase a entrada de Unidas Podemos no Goberno deixaría ao Executivo nunha situación de debilidade que abocaría a un adianto electoral o próximo ano. Porén, o ministro de Fomento en funcións e secretario de organización do PSOE, José Luis Ábalos, asegurou tamén na Cadena Ser que a oferta que se lle fixo a Podemos en xullo xa non está sobre a mesa. "O que antes era unha farsa agora vai ser suficiente? Non é serio", sentenciou.Mentres se producen constantes declaracións aos medios e comunicación e actos públicos, o tempo segue a correr para que remate o prazo de investidura sen que no último mes se producisen contactos directos entre as dúas formacións ou os seus líderes. "Desde a investidura de xullo Pedro Sánchez só falou comigo para felicitarme polo nacemento da miña filla", asegurou este xoves Iglesias.
NOS_28300
Alemaña aboliu a pasada sexta feira unha lei herdada da época nazi sobre o aborto que criminalizaba as médicas e médicos que informaban sobre os procedementos para a interrupción voluntaria dos embarazos.
Os partidos do Goberno alemán -socialdemócrata, liberal e verde-, así como o Die Linke, fixeron posíbel cos seus votos, a pasada sexta feira, a derrogación do parágrafo 219 a do Código Penal. Unha disposición mediante a cal calquera médica ou médico que publicamente "ofrecese ou anunciase" servizos de aborto podería ser condenado a penas de até dous anos de cadea ou a unha multa. A conservadora Unión Demócrata Cristiá e Alternative für Deutschaland, de extrema dereita, votaron contra a anulación do precepto. O ministro alemán de Xustiza, Marco Buschmann, amosouse satisfeito da fin dunha norma que prohibía difundir información as médicas e médicos sobre o aborto, cando "calquera troll ou teórico da conspiración" podía difundir mentiras sobre as interrupcións do embarazo na internet. De Filipinas ao Senegal: Eis os lugares onde se prohibe o aborto Para abortar en Alemaña requírese que a interrupción se realice dentro das primeiras 12 semanas de embarazo, e tras un asesoramento obrigatorio, ou nos casos de violación e tamén cando se detecte un risco para a saúde. Unha norma nazi O parágrafo eliminado aprobouse en maio de 1933, na Alemaña nazi de Adolf Hitler e supuña multas e cárcere para médicos e médicas mesmo se os seus sitios web indicasen procedementos utilizados para abortar. Raramente empregada, a disposición legal foi descuberta por activistas contrarios ao aborto na segunda década do século XXI. Kristina Hänel foi unha das xinecólogas multadas. En 2017 sancionárona con 6.000 euros por infrinxir a lei ao publicar informacións sobre servizos de aborto na súa web. En declaracións á radio pública ZDF, amosouse "aliviada" e "encantada" da abolición, "significa que alcanzamos a meta de dar ás mulleres o dereito a se informaren sobre como interromper un embarazo". O Tribunal Superior dos EUA anula a protección do dereito ao aborto A revogación da citada norma tivo lugar o mesmo día en que o Tribunal Superior dos EUA anulaba a protección do dereito ao aborto. Un retroceso histórico denunciado polo movemento feminista ao longo do planeta.
NOS_20329
Gwendal, Os Cempés, Guidewires, Banda Crebinsky, Riobó, Bagad Glazik Kemper ou Dán son algúns dos grupos que formarán parte do programa da 29 edición do Festival de Ortigueira. Será entre os días 11 e 14 de xullo.
Os bretóns Gwendal regresan ao Festival de Ortigueira como unha das principais actuacións do programa que se desenvolverá entre os días 11 e 14 de xullo. A súa participación será o sábado 13, nos concertos da noite, mais desde o xoves até o domingo, Ortigueira vivirá a todas horas o festival con pasarrúas, exposicións ou mesmo cunha feira de artesanía. Canda Gwendal, Ortigueira prepara tres noites de concertos que comezarán o xoves co Proxecto Runas -para novo grupos- con Guezos, Folk on Crest, Roc e Ruaille Buaille máis os Cempés. Para o venres, a música galega estará representada por Birimbao, Escola de gaitas de Ortigueira e Riobó. Os irlandeses Kan e Guidewires completarán a noite. O sábado, ademais de Gwendal, estarán os galegos Banda Crebinsky, Bagad Glazik Kemper de Breaña, Dominic Graham School of Irish dance mais Dán de Irlanda e Harmónica Creams que chega do Xapón. O domingo á mañá, Ortigueira despertará co desfile de Bandas coa participación de sete agrupacións musicais. A exposición que se poderá visitar durante todo o Festival é unha mostr afotográfica de Vicente Ansola titulada "o retratista de Vilaeimil".
NOS_40507
O suplemento desta semana, que atoparás esta cuarta feira no teu quiosque habitual xunto co Nós Diario, inclúe unha comparativa das políticas empresariais das compañías Alcoa e Ence. Tamén presta atención ao medio cun artigo sobre a contaminación mariña e outro sobre os 15 anos do Proxecto Ríos.
Gustaríache saber como ten afectado a crise da Covid-19 as migracións? Este é o teu número perfecto do caderno 'Aprender', que mañá estará na rúa co Nós Diario. A profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC), Antía Pérez Caramés, cóntache todo na capa co artigo "A pandemia migrante". A experta, que tamén investiga desde o Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (Esomi), reflexiona sobre a globalización e o papel que ten neste mundo tan conectado o coronavirus. No 'Eureka' María Fernández escribe "Moito queda por divulgar". O recoñecido ecoloxista da asociación Adega Ramsés Pérez repasa brevemente "Os 15 anos do Proxecto Ríos e o incremento do interese entre a sociedade galega". (Podes ler os artigos do suplemento Aprender, en Nós Diario, á venda no teu quiosque ou na nosa loxa) Na sección 'Entreliñas' terás a oportunidade de seguir con Pedro Alonso as distintas dinámicas ou políticas de traballo das compañías Ence e Alcoa. Cóntache todo en "A celulosa, o aluminio e a antimateria". Ollo cos auriculares A parte central do suplemento complétase cun artigo do profesor de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Vigo, Juan Bellas, sobre o "Monitoreo da contaminación" mariña. Búscao no apartado 'Pé a terra'. Nesta cuarta feira o 'Selfie' destínase ao xefe do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), Juan Carlos Vázquez, que reflexiona sobre o problema de saúde que están a causar os auriculares. No 'Quen fai que' repártense o espazo o profesor Alberto Dafonte e os seus alumnos do grao de Publicidade do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo, e os investigadores María Permuy, Antonio González, Mónica López e Fernando Muiño, que crearon a spin-off iBoneLab a partir do seu traballo no campus de Lugo da USC. Fálase tamén dos premios da Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións. Suplementos diarios de carácter temático 'Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.
QUEPASA_499
XEA: "É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual".
Cantas veces temos falado, a través da iniciativa Salvacadelos, da necesidade de tomar en serio o abandono de animais. Son moitos os concellos que comezan a traballar con empresas especializadas para tratar dun xeito profesional e ético, este asunto. Pero son moitos os que aínda fan as cousas ás bravas. Muxía é un deses concellos en transicións. Durante anos leva metendo os cans atopados polas rúas nun galpón dunha nave do Concello, tardando moito en asumir o procedemento habitual. Parece que os últimos casos serven para dar o empurrón e a vindeira semana asinarán o convenio cunha empresa especializada da comarca. Pero tiveron que pasar cousas como as que denuncia, neste caso o PP local. Durante esta semana as redes sociais fixéronse eco dunha cadeliña que atoparon abandonada polas rúas de Ozón. Foi levada á Clínica Argos, pero segundo denuncia a veciña que a atopaba, o Concello non puido facerse cargo. O PP muxián lembra que "competencias que son exclusivamente do concello segundo establece a Lei de Benestar Animal". Unha Lei que se convertiu nunha verdadeira trampa para os concellos, pero que, en todo caso, Sandra Vilela cree que "máis alá das competencias, aínda que non fosen propias, é unha cuestión de humanidade. Non podemos desentendernos e deixar un can na calle". Agora haberá que facer seguemento para os Concellos fagan efectivos eses contratos que obriga a lei, pero que algúns asinan para rodeala pero os fan efectivos.
NOS_24421
Alberto Núñez Feixoo compareceu onte como presidente en funcións para dar conta dos acordos do Goberno galego, tamén en funcións, e despedirse definitivamente do cargo despois de 13 anos. Unha etapa, dixo a preguntas dos xornalistas, da que se sinte "orgulloso" e da que non fixo autocrítica.
Os trece anos de Gobernos de Núñez Feixoo deixaron fotografías comprometedoras (co narcotraficante Marcial Dorado, por exemplo), decisións controvertidas (Pemex, DomusVi), e políticas moi contestadas socialmente (sanidade, ensino, lingua...). Mais o aínda presidente da Xunta, agora en funcións, non ve motivos de autocrítica para a súa etapa á fronte da Xunta. Núñez Feixoo despediuse definitivamente esta quinta feira da Presidencia, pondo punto e final a 13 anos de goberno e 600 comparecencias após os Consellos da Xunta. A prensa preguntoulle polo mellor e peor desta etapa á que puxo o ramo na quinta feira. A etapa Feixoo en cinco imaxes No seu 'debe', o aínda presidente limitouse a situar os erros e "equivocacións" que puido ter por, dixo, "non ter a cintura axeitada" ou ter información que non era a adecuada. Motivos de orgullo Máis prolixo foi Núñez Feixoo ao falar do seu 'haber'. Aí anotou deixar unha Galiza que é "a sociedade menos fracturada de todas as autonomías con nacionalismo". E mesmo dixo sentirse "orgulloso" dos datos que deixa en sanidade e educación, dous sectores nos que tanto oposición como colectivos e plataformas sociais teñen sido moi críticos con Feixoo, ao que responsabilizan de que nestes anos fechase un de cada 10 centros públicos de ensino ou de que haxa mil profesionais menos en Atención Primaria ou 25% menos de pediatras. "Estou orgulloso de deixar un país fiábel e solvente" no económico, concluíu, ao tempo que afirmaba que na nova etapa que comeza en Madrid non vai "defraudar os galegos" pois, "non o fixen até o de agora", o que lle valeu "ter catro maiorías absolutas". Preguntado tamén por se haberá membros do Goberno que continuarán con Alfonso Rueda dixo que será o novo presidente quen decida. Feixoo despídese responsabilizando o Goberno español de non lograr ningún traspaso en 13 anos Formación laboral e combate á obesidade A lei estabelece que o Goberno en funcións debe limitar a súa xestión ao despacho de asuntos ordinarios, evitando adoptar medidas que condicionen aquelas que deba definir o Executivo que o substitúa. O propio Feixoo encargouse de aclarar que todos os temas aprobados no Consello desta quinta feira "teñen o visto e prace da asesoría xurídica". Entre os temas abordados estivo o investimento de 50 millóns de euros para a formación de 12.000 persoas desempregadas a través de 1.200 cursos. Os cursos están dirixidos a colectivos como o das persoas que se atopen en situación de ERTE ou cidadáns con discapacidade física, psíquica ou sensorial. No caso de que as prazas queden sen cubrir será posíbel que participen nestes cursos persoas traballadoras ocupadas. Tamén avanzou na rolda de prensa que a Xunta está a elaborar o Plan de Obesidade Zero na Galiza 2022-2025 para fomentar hábitos saudábeis. Un proxecto que, sinalou Feixoo, ten como obxectivo reducir para 2030 en 15% a porcentaxe de persoas con sobrepeso. Outras cuestións abordadas no derradeiro Consello da Xunta de Núñez Feixoo foi unha iniciativa para facilitar o retorno de xente moza emigrada. Feixoo despídese no Parlamento: "Aquí fun feliz" A Xunta aproba o novo plan contra os lumes O Consello da Xunta puxo en marcha o Plan de prevención de incendios que, dotado con máis de 33 millóns de euros, actuará en máis de 58.000 hectáreas e en case 5.800 quilómetros de pistas; ademais de levar a cabo a construción de máis de 110 novos puntos de auga e a mellora dos 4.750 existentes. Entre os obxectivos do plan Feixoo salientou "limitar a potencialidade dos grandes incendios forestais".
NOS_14851
Os dados en Galiza de accidentes no traballo son preocupantes. En sinistros graves e globais duplicamos a media estatal.
Galiza é un país líder en sinistralidade laboral, un triste recoñecemento que renovamos estatística tras estatística. Entre outubro do ano pasado e setembro de 2017 houbo no noso país 26.000 accidentes con baixa en xornada de traballo. Deles, 445 foron sinistros graves e 46 mortais. O índice de incidencia (número de sinistros por cada 100 mil traballadoras e traballadores afiliados) é na Galiza de 0,55 en sinistros graves, mentres que a media no Estado español é de menos da metade, 0,24. En accidentes mortais temos un índice de incidencia de 0,58. No Estado español é de 0,32. Case que o duplicamos. A sinistralidade laboral medrou entre xaneiro e xuño de 2017 un 6,31%, en relación ao mesmo período do ano anterior. Temos un grave problema, pois, que continúa a aumentar. Desde a perspectiva económica, e como lembra o boletín de saúde laboral da CIG, a sinistralidade laboral cústalle ao Estado español entre 15 e 20 mil millóns de euros ao ano, dependendo das fontes consultadas. Isto é, un custo equivalente a entre o 1,5% e o 2% do PIB do Estado
PRAZA_10396
Os xulgados galegos rexistraron neste comezo de ano o maior número de denuncias por violencia de xénero presentadas no primeiro trimestre dende que hai datos.
Os xulgados galegos rexistraron neste comezo de ano o maior número de denuncias por violencia de xénero presentadas no primeiro trimestre dende que hai datos. Foron 1.736, un número semellante ás dos tres últimos trimestes de 2018, pero moi por riba das cifras do primeiro trimestre do pasado ano (cun dato especialmente baixo por mor da folga no sector da Xustiza), e superiores igualmente aos rexistros do mesmo período en anos anteriores.A gráfica permite comprobar a tendencia á alza que as denuncias experimentan dende o ano 2014 e, ademais, como o primeiro trimestre é habitualmente o que rexistra as cifras máis baixas.O 82,32 % das persoas axuizadas en Galicia por delitos relacionados con violencia de xénero entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo deste ano foron condenadas. Ademais, durante o primeiro trimestre do ano solicitáronse 433 ordes de protección nos órganos xudiciais da comunidade, fronte ás 459 de 2018, o que supón un descenso do 5,7 %. Das 433 adoptáronse 261, o 60,28 por cento.O primeiro trimestre é habitualmente o que rexistra as cifras máis baixas en todo o anoPaz Filgueira, durante anos a titular do Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo e na actualidade responsable do Xulgado de Familia número 12 da cidade olívica, alertaba nesta entrevista das carencias que presentaban moitos xulgados galegos, sobre todo fóra das zonas urbanas, para dar resposta á violencia machista. A realidade é que en Galicia só hai dous xulgados exclusivos de violencia de xénero. O resto dos partidos xudiciais teñen un xulgado que cumpre esas funcións, pero son funcións compartidas. De igual xeito, Raquel Doval, coordinadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, alertaba nesta conversa de que "hai mulleres que cando van denunciar, ao final bótanse para atrás ao non verse ben atendidas"
NOS_32385
Catalunya En Comú alíñase coa posición estatal de Podemos para negaren lextimidade ao referendo impulsado polo soberanismo que só avalan como "mobilización". O Consello Nacional Extarordinario do PDECat reitera o seu apoio "ao cento por cento" á consulta. O PP continúa a lanzar mensaxes en chave de ameaza contra o proceso soberanista, mentres no PSOE, Pedro Sánchez, desautoriza a Felipe González rexeitando a aplicación do artigo 155 da Constitución española contra a Generalitat.
A convocatoria do referendo independentista do 1 de outubro é a pedra de toque na axenda política catalá e estatal. En Cataluña aumentan os movementos conforme se aproxima a realización da consulta, e transparéntanse as dúbidas e as contradicións dos diferentes actores políticos. Neste sentido é moi ilustrativo o contraste entre as posicións fixadas por Catalunya En Comú, o partido de confluencia liderado pola alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, e o PDECat. Os 'comúns' mantéñense instalados na ambigüidade, recoñecendo a necesidade dunha consulta e da súa maioritaria demanda popular, mais, ao tempo, rexeitan sumarse nin lexitimar o referendo do 1-O. Pola súa banda, o partido sucesor da extinta Convergencia, tenciona conxurar os síntomas de dúbidas ou división interna a respeito da realización e alcance da consulta, e escenificou que fechan filas co Govern e o bloque soberanista. Pola súa parte, o PP mantén desde Madrid o 'ruído de sables' con ameazas cara Catalunya e o PSOE defende que a saída pasa por unha reforma constitucional que non cuestione, iso si, a unidade de España. Referendo "non vinculante" A coordinadora nacional de Catalunya en Comú, reunida este sábado, resolveu "apoiar" a convocatoria do 1 de outubro, pero considerándoa unicamente unha "mobilización" e non un referendo. Desta maneira, os 'comúns' anuncian que non lle outorgarán lexitimidade ao resultado da votación na que se chama o pobo catalán a decidir se se constitúe en estado independente. Para a formación de Colau o referendo convocado pola Generalitat "non é o que Catalunya merece e necesita", aludindo veladamente á necesidade de que a súa realización sexa pactada con Madrid, tal e como defende a nivel estatal Podemos. Catalunya En Comú demanda un referendo pactado co Estado No entanto, o documento aprobado na coordinadora recoñece que diante do bloqueo político e institucional provocado polo españolismo, existe "unha maioría da poboación catala que considera que o actual marco autonómico está esgotado, e que é necesario avanzar cara a novos escenarios de soberanía mediante mudanzas constituíntes que teñan o seu centro no dereito a decidir". Alías, critican a coligazón soberanista Junts pel Sí (PDECat e mais ERC), a quen acusan de promover unha "fuxida cara a adiante" en troca de apostaren nun referendo "efectivo e con garantías". Pola súa banda, o líder do PSC, Miquel Iceta, mostrouse convencido de que os 'comúns' non farán "nada ilegal" de cara ao 1-O, dando a entender que a formación de Colau –con quen cogobernan en Barcelona-- non colaborará desde os concellos na organización da consulta. División en Podemos A decisión dos 'comúns' prodúcese poucos días despois de que se evidenciase a división interna no seo de Podem, a franquía catalá de Podemos. Após o secretario xeral de Podem, Albano-Dante Fachín, chamar expresamente a participar no 1-O, a dirección estatal da formación morada saía ao paso desautorizando de plano a posición da súa organización en Catalunya. Tanto o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, como o seu número dous, Pablo Echenique, manifestáronse contrarios a apoiar a consulta soberanista. "Se eu fose catalán, non participaría no referendo do 1 de outubro", afirmaron ambos os dous dirixentes. Iglesias, malia declarar formalmente o seu respeito ás decisións de Podem, foi máis alá asegurando que "nós estamos con Xavi Domènech e Ada Colau, que propuxeron o sensato: o 1 de outubro pode ser unha mobilización lexítima, mais iso non é o exercicio do direito a decidir mediante un referendo con garantías e eficacia xurídica". Unha posición que se sitúa nas antípodas do defendido por Fachín, quen xustificou a súa adhesión ao referendo explicando que "non podemos manter unha neutralidade cando escoitamos a ministra de Defensa apelando o Exército como nos tempos máis escuros deste país" . PDECat fecha filas co 'procés' Onde si parecen determinadas a poñer fin ás dúbidas e a un incipiente ruxe-ruxe de división é no Partido Démocrata Europeo de Catalunya (PDECat). O partido sucesor da extinta CDC, realizou tamén este sábado un Consello Nacional Extraordinario, coincidindo co primeiro aniversario da súa (re)fundación. O president, Carles Puigdemont, aproveitou o encontro para poñer en valor "a fortaleza interna" do seu partido, asegurando que serán garantía do referendo malia "as ameazas do Estado español". Pola súa banda a coordinadora xeral do PDECat, Marta Pascal, afirmou que "este partido está ao cento por cento comprometido co proceso político que vive Catalunya, co [president] Puigdemont e cos consellers". En termos semellantes decorreu a intervención do copresidente do partido, Artur Mas, que fixo un chamado á "unidade". Puigdemont acusa os 'comúns' de se colocaren "a carón de Felipe González, Aznar e Zapatero" en contra da consulta. Puigdemont aproveitou para criticar tamén a "ambigüidade" de Catalunya En Comú en relación ao 1-O. "Van vestidos de antisistema pero cando lles pides axuda sistematicamente están ao carón de Felipe González, de Aznar e de Zapatero", reprochoulles. O PP insiste no ruído de sables Segundo Pablo Casado, secretario de Comunicación do PP, o soberanismo catalán "desexarían que lles contestara El-Rei vestido de verde oliva en sinal realizada para todas as televisións" O soberanismo denuncia que o Partido Popular continúa na súa estratexia de "ameazas" para tentar impedir a realización da consulta. O pasado día 4, coincidindo coa presentación da Lei do referendo, a ministra de Defensa e secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, advertía de que "por terra, mar e aire, as Forzas Armadas e a Garda Civil, que se atopan onde haxa que protexer os valores da democracia e a Constitución, pero tamén a integridade e a soberanía do noso país". Este domingo, o vicesecretario de Comunicación dos populares, Pablo Casado, afirmaba nunha entrevista concedida ao dixital The Huffington Post, que os e as soberanistas "desexarían que lles contestara El-Rei vestido de verde oliva en sinal realizada para todas as televisións". "Eles [o soberanismo] tentan apelar ao símil do choque de trens, pero non hai dous trens. Hai un tren suicida que vai contra un muro, e o muro é a legalidade que está protexida pola Constitución que votaron os cataláns maioritariamente e o referendo do que agora se celebran 40 anos", acrecentou Casado. O crecente ruído de sables contra Catalunya inclúe ameazas explícitas. "Deben saber que poden ser inhabilitados, que poden recibir peticións pecuniarias como os 10 millóns que se piden a Convergencia e que, sobre todo, terán que enfrontar a propia sociedade catalá que están dividindo de forma irresponsábel" declarou o máximo responsábel de comunicación do PP. Pedro Sánchez desautoriza a Felipe González Desde o Partido Socialista, o seu secretario xeral desmarcouse da posición defendida polo ex-presidente Felipe González que días atrás advogou por aplicar o artigo 155 da Constitución española, no que se prevé a posíbel suspensións de funcións da Generalitat. Para Pedro Sánchez esas declaracións "só serven para alimentar o independentismo". Pedro Sánchez afirmou que apelar ao artigo 155 "só serve para alimentar o independentismo". O secretario xeral do PSOE mantén o seu rexeitamento ao referendo catalán, e propón como alternativa unha reforma constitucional de carácter federal que non concretou e que, segundo el propio, exixía do acordo co PP. "É ineludíbel e inescusábel que o PP participe" da reforma, asegurou. A proposta de Sánchez pasaría polo recoñecemento formal da existencia de "personalidades nacionais", mais sen comprometer en ningún caso a unidade do Estado español sobre a base da existencia dunha "única soberanía [española]".
NOS_30978
Múltiples colectivos e entidades apoian a Marcha da Dignidade que o 22 deste mes partirá de Galiza rumbo a Madrid para, en solidariedade con mobilizacións outros puntos do Estado, reclamar a fin das políticas contra a maioría social.
Hai unha realidade diaria que en Galiza pode se describir con palabras coma despexos, desemprego, recortes, miseria ou emigración. Unha realidade contra a que reclama o seu dereito a darlle un golpe, a derrocala, a derrotala, a batela, unha plataforma de sindicatos, entidades, colectivos... aue este 22 de marzo tomarán Madrid como 'Marchas da Dignidade'. Quer ser, din @s promotor@s, unha mobilización "unitaria, masiva e contundente" contra unhas políticas que atentan "contra a xustiza social". ) "Os dous trens contratados para acudir á Manifestación das Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo en Madrid xa teñen todas as prazas ocupadas", informan os organizadores da marcha galega, unha das que parte da periferia do Estado (tamén as hai de Catalunya, Euskal Herria, Andalucía...). "As peticións superaron todas as previsións e lamentablemente houbo quen non puido contratar a tempo a súa praza. En todo caso, este dato amosa a grande repercusión que están a ter no noso País as Marchas da Dignidade, malia o case total bloqueo informativo imposto desde os medios do sistema, e proba ademais a súa necesidade: o cambio social que ferve nas rúas quere abrollar tamén no corazón do estado español que ese día vivirá unha xornada de verdadeiro pulo revolucionario". Espallar, concienciar, difundir Durante estas semanas estanse a desenvolver ao longo do País palestras, concertos, coloquios, asembleas... para espallar as razóns desta marcha e animar á cidadanía a se sumar a elas. Convidan a se "Mobilizar, construír, actuar, pensar". Foto portada: CUT Galiza
NOS_11634
O 30 de outubro de 1920 saía do prelo o primeiro número da revista Nós. Dezaseis anos e ducias de persoas colaboradoras, entre elas o máis significado do galeguismo da época, conformaron a primeira achega do movemento ao que se denominaba "alta cultura". Este semanario lembra o histórico cabodano mentres prepara a saída o 2 de xaneiro de Nós Diario. Eis un estrato da peza publicada no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza.
"Nós ha ser a representación no mundo da personalidade galega na sua ansia de s'afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra". Esta frase do editorial do primeiro número da histórica revista, publicado en Ourense o 30 de outubro de 1920, condensa toda unha perspectiva, a do galeguismo que, por primeira vez, se reunía arredor dunha cabeceira de "alta cultura". Só a precedera como publicación periódica A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala, pero máis orientada ao xornalismo activista. Dirixida por Vicente Risco e con Xavier Prado Lameiro como "redautor xefe", o seu primeiro consello de redacción fórmao a plana maior do movemento: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo e Florentino L. Cuevillas. "Nós foi unha columna estrutural, capaz de aglutinar e poñer en danza tres xeracións intelectuais", explica a este semanario o investigador e ensaísta Antón Capelán, "atrae colaboradores con independencia da súa ideoloxía concreta, só con que escriban en galego. E fano desde fóra da universidade e do oficialismo". A cultura galega, autocentrada e en galego, era rexistrada e pensada en papel, de maneira máis ou menos regular -a periodicidade era teoricamente mensual-, dun xeito inédito. "Foi o torreiro, a ágora onde dialogaban e onde visibilizaban as súas arelas", resume Miguel Anxo Seixas, autor da monumental biografía Castelao. Construtor da nación (Galaxia, 2019). A secesión de Risco Mais Nós distou de reducir o seu campo de interese ao territorio galego. Esa "ansia de s'afirmare como valor universal" do editorial mencionado constrúe vías de realización. "Eles querían ir a Europa sen pasar pola peaxe de Madrid", entende Seixas. Traducións de autores coetáneos, atención a todo o que se movía nas artes continentais, a incesante procura de conexións entre a cultura nacional e a internacional. Era a consecuencia do que Capelán denomina "secesión", acontecida na mudanza de década entre os 10 e os 20, capitaneada por Vicente Risco a partir dunha fórmula de Xaime Quintanilla: a soberanía estética da nación galega. "É moi importante a intención da revista de estar ao tanto das novidades e as tendencias de fóra que se xulgaban podían servir para a cultura de aquí", comparte o historiador da literatura Xosé Ramón Pena, "mais cómpre non esquecer que esa apertura foi condicionada. Transmitíase apenas aquilo que se consideraba propicio para o programa do grupo Nós". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 369 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_41006
O ex presidente español, que dixo estar "preocupado" polo "clima de violencia" que se vive en Catalunya, defendeu a aplicación do 155 por ser unha medida "proporcional" ao desafío independentista que "vulnerou a Constitución".
A de Mariano Raxoi era a máis agardada entre as declaracións das 600 testemuñas que pasarán polo Tribunal Supremo durante o xuízo ao 'procès'. Fíxoo pouco despois de que Soraya Sáenz de Santamarina, na mesma sala, negase que o 1-O houbese brutalidade policial e defendese a "proporcionalidade" da aplicación do artigo 155. Extremos ambos os dous que tamén defendeu Raxoi, que durante as súas case dúas horas de declaración se referiu en diversas ocasións, avalando a tese da Fiscalía, á "violencia" que, asegura, se vivía e vive en Catalunya. Falou de "crecente violencia" e de "actos violentos" para xustificar a aplicación do 155. Unha medida "proporcionada" pois en Catalunya estábase a facer "o que non se podía facer". Situou en todo momento a responsabilidade última do sucedido no independentismo catalán: "Se non fixesen o que fixeron non estariamos aquí". Vox, que exerce a acusación popular, iniciou as preguntas a Raxoi, pois foi este partido quen o propuxo como testemuña da acusación. "Era unha situación excepcional e vímonos na obriga de aplicar o 155". Este foi un dos primeiros argumentos do ex mandatario español e que logo repetiría ao longo da comparecencia: a decisión de suspender o goberno catalán foi responsabilidade do propio goberno catalán por mor das súas decisións, contrarias á Constitución. "Eu non negocio a Constitución nin a soberanía nacional", dixo, fixando aí os límites para calquera diálogo. "É o pobo español o que decide que é España", repetiu en varias ocasións. Vídeo Diante da exhibición dun vídeo de cargas policiais nun dos colexios electorais do 1-O, Raxoi dixo lamentar esas escenas maus responsabilizou a aquelas persoas que "actuaron co obxectivo de violentar a lei" de que se producisen esas "imaxes". Non falou aí de violencia o ex presidente, o que si fixo cando se referiu ao "acoso" en Catalunya a alcaldes constitucionalistas se ben, a preguntas das defensas, non foi quen de citar nomes deses rexedores e rexedoras acusados ou os municipios onde se deran eses supostos feitos violentos. Limitouse a dicir que o vira "nos medios". Urkullu A preguntas da defensa das persoas acusadas de se o lehendakari Iñigo Urkullu fixo de mediador entre goberno español e catalán antes de aplicar o 155, Raxoi non soubo dicir se se reunira persoalmente co presidente vasco. "Reuninme con moita xente", manifestou, evitando aclarar se desde Moncloa se apostara por unha canle de mediación coa Generalitat. Malversación No que atinxe á acusación de malversación contra os líderes independentistas Raxoi ofreceu nova información. Así, se en febreiro de 2018 aseguraba no Congreso que non se gastara "nin un céntimo"· de diñeiro público para o referendo ( o que tamén dixera o daquela ministro Cristobal Montoro), agora precisou que a secretaría de Estado de Finanzas informou até nove veces ao fiscal do Estado ou ao fiscal do Tribunal de Contas sobre diñeiro que podería ser desviado para o referendo e así "violouse a lei".
NOS_47454
CC.OO. responde a esta interpretación e lémbralle a Jesús Vázquez que "todas as mobilizacións anteriores tiveron unha participación masiva". A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público segue cos peches rotatorios nos IES, e @s estudantes de Socioloxía que ocuparon onte a facultade abandonárona hoxe coa previsión de retomar as protestas en setembro
Baile de números máis unha vez, desta volta respecto da xornada de folga no ensino convocada esta terza por CC.OO. na Galiza co apoio da Plataforma en Defensa do Ensino Público. A consellaría de Educación, que se curou en saúde días antes do paro para restarlle importancia, ao ser unha chamada feita "por un só sindicato", aproveitou despois a baixa repercusión que tivo para interpretar "que a comunidade educativa valora o esforzo da Xunta a prol do ensino". O departamento que dirixe Jesús Vázquez reduce até o 3,36% o seguimento da folga en Infantil, Primaria e Secundaria, porcentaxe que CC.OO. eleva até "o 25% ou o 30%, dependendo da provincia". A secretaria xeral para o Ensino nesta central, Machús Fernández, respóndelle á Consellaría: "El@s saben que non é verdade --a reflexión de que o baixo seguimento implica aceptación das políticas emprendidas--, pois as mobilizacións que se fixeron até o de agora tiveron unha participación masiva", e cualifica o paro de "bastante exitoso para as circunstancias en que se produce". Así as cousas, Fernández valora de xeito positivo a implicación das nais e pais, que non enviaron @s fill@s á escola, así como a participación do profesorado e a acollida que o paro tivo no ensino universitario, onde "practicamente as aulas ficaron baleiras", di o sindicato organizador. "É certo que a participación foi menor da que desexariamos", aprecia a secretaria xeral de CC.OO.-Ensino, mais asegura que a implicación "de toda a comunidade educativa" deixa claro o "rexeitamento" aos recortes na educación pública. "Desde a Xunta dixeron tamén que se trataba dunha folga política. Os argumentos son os de sempre", lamenta Fernández, quen baralla como posíbeis causas do baixo seguimento as consecutivas mobilizacións contra as medidas aprobadas polos gobernos galego e español, que se achega o final do curso académico e a falta de unidade sindical. No Estado español a folga estivo apoiada por CC.OO., FETE-UGT, ANPE, CSIF e STES-I. A Plataforma Galega segue cos peches; @s estudantes de Socioloxía xa abandonaron a facultadePola súa banda, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa cos peches que se iniciaron o pasado 14 de maio e que se estenden por todo o país. Esta terza foi a quenda do IES Menéndez Pidal (Zalaeta), na Coruña, e o calendario continúa con accións en Pontevedra (23 de maio), Lugo (24 de maio), Burela (25 de maio), O Morrazo (29 de maio), A Guarda (30 de maio), Carballo (31 de maio), Ourense (1 de xuño). Ao peche no Zalaeta sumaranse @s estudantes de Socioloxía da UdC que na segunda feira decidiron en asemblea ocupar a facultade como acto simbólico en contra dos recortes e perante a constatación da "necesidade de fortalecer o movemento estudantil para enfrontar a degradación do Ensino público e contrarrestar a falta de conciencia crítica entre o estudantado". O peche no edificio durou unha noite, aínda que xa se falou de retomar as mobilizacións en setembro, coa chegada do novo curso académico.
PRAZA_16625
Pode darse o caso de que alumnado se vexa na obriga de cursar obrigatoriamente a materia de relixión, por ser a única materia dunha hora existente que pode cursar, dada a combinación previamente elixida.
1. O artigo 16 da Constitución española garante a liberdade relixiosa (e, por tanto, a liberdade en materia de relixión). 2. Para o caso do sistema educativo iso implica a inconstitucionalidade de calquera pretensión de impoñer ou obrigar a cursar a materia de relixión (da relixión que sexa), como si ocorría, a obrigatoriedade, na época do réxime franquista. 3. Na LOMCE tanto en primaria como en secundaria obrigatoria a materia de relixión aparece como opción alternativa á de Valores éticos, debendo cursar o alumnado unha delas obrigatoriamente (sendo voluntaria a opción, evidentemente). 4. No Bacharelato, a materia de relixión non se presenta nesta alternativa con Valores éticos, senón que se presenta como unha materia optativa, ao mesmo nivel que a Antropoloxía, a Robótica, a Psicoloxía, os Métodos estatísticos e numéricos, etc. A diferenza, de habela, entre unhas e outras é das horas académicas a cursar semanalmente (Relixión unha hora, Psicoloxía tres horas, Antropoloxía dúas horas, etc.). 5. A organización da optatividade na LOMCE establece que o alumnado poderá elixir as materias que desexe, coa limitación de seis horas en primeiro e oito en segundo (e coa limitación de só poder cursar unha materia das "optativas autonómicas" (de "libre configuración autonómica"). 5.1. Se un alumno selecciona, en 1º de Bacharelato unha materia de 3 horas, máis unha materia de libre configuración autonómica de 2 horas, NON TEN OUTRA OPCIÓN que cursar relixión (ou RENUNCIAR a esa materia de dúas horas e escoller outra: ou sexa, non cursar o que desexa, ter que modificar a selección que se adaptaba aos seus intereses formativos). 5.2. Mesmo habendo materias de 1 hora de libre configuración autonómica, a situación non variaría, pois, como diciamos, legalmente non pode cursarse dúas materias de libre configuración autonómica, polo que terían que escoller relixión, se a selección previa fose algunha de dúas horas de libre configuración autonómica. 5.3. En moitos centros non hai materias de libre configuración autonómica de 1 hora, polo que, aínda sen elixir previamente unha materia de 2 horas de libre configuración autonómica, se teñen que completar cunha materia de 1 hora NON TERÍAN MÁIS REMEDIO que cursar relixión (ou, para non cursar relixión, ter que modificar a selección que se adaptaba aos seus intereses formativos). 5.4. En 2º de Bacharelato, se alguén elixe unha materia de 4 horas e outra de 3 horas, verase na obriga, para completar as 8 horas, de escoller relixión OBRIGATORIAMENTE. Naturalmente, podería haber algún centro que dispuxese dalgunha materia cunha hora de carga lectiva de libre configuración autonómica, pero, de non haber ese caso, que seguro que non o hai en moitos centros de ensino, a opción -a ausencia de opción, en realidade- está clara. 6. Conclusión do anterior: pode darse o caso de que alumnado se vexa na obriga de cursar obrigatoriamente a materia de relixión, por ser a única materia dunha hora existente que pode cursar, dada a combinación previamente elixida. E esta obrigatoriedade pode, pois, ser imposta, sen que o alumnado desexe facelo voluntariamente. 7. Enténdese que, para ser fieis á constitución, o alumnado non PODERÍA en ningún caso verse na OBRIGA de ter que cursar esa materia, ao ser de formación confesional, e estando impedida tal IMPOSICIÓN pola Constitución. 8. Podería pensarse que se supera a obxección anterior co seguinte razoamento: "As posibles combinacións, por definición, supoñen renuncias en todo caso" . E pode ofrecerse unha casuística. Conclusión: "A materia de relixión non se impón a ninguén". 8.1. Efectivamente, pode facerse unha selección que non lles IMPOÑA esa obriga, pero non estamos ante situacións de excepcionalidade, senón diante de numerosas combinacións; en varias opcións -non unha nin dúas- hai a obriga de, ou MODIFICAR esa selección previa (non cursando materias que desexaban cursar) ou OBRIGATORIAMENTE cursar relixión católica. 8.2. Ademais, o razoamento non é válido: é falaz. E isto por asentarse nunha premisa falsa. Pártese, para que o argumento teña algún sentido non discriminatorio ideoloxicamente, nunha equiparabilidade entre as materias, que son "iguais" substantivamente. Pero non é o caso. Matemáticas, Historia, Economía, Lingua Castelá, Física e "semellantes" son "iguais substantivamente". Pero non é o caso da relixión católica. A relixión católica é unha materia de adoutrinamento, pois remite a unha confesionalidade e, por tanto, a unha crenza. Non se trata de Historia das relixións, nin de Cultura relixiosa, nin de filosofía da relixión, por exemplo, senón de "Relixión católica". Ou sexa, as primeiras son materias científicas e a relixión non o é. Fe, ideoloxía, confesionalidade, adoutrinamento, son conceptos incompatíbeis con cientificidade ou filosofía. 9. En conclusión, si hai, en certas situacións, unha obrigatoriedade de cursar a materia de relixión, sendo materia confesional que se presenta, ilexitimamente, dentro dun marco optativo científico (ou filosófico), como se fose unha opción "máis" resultado de opcións previas. Non é unha opción "máis"; nin se trata dun paradigma científico (sendo outros, por exemplo, o sunismo, o xudaísmo, o anglicanismo, o cristianismo ortodoxo, o adventismo, etc.), senón dunha confesión relixiosa; isto é, trátase dunha materia confesional, de conciencia, que non pode poñerse á par das materias científicas ou filosóficas, como "produto dunha posible combinación, que resulta nunha renuncia, debido á oferta académica do centro". Non é o caso. Obrigar a "optar" por relixión católica, sexa cal sexa a combinación previa, viola flagrantemente a constitución, a liberdade de conciencia e a liberdade relixiosa. 10. O alumnado debería dispor dalgunha materia alternativa á relixión de atoparse con que a elección previa de materias require completar a optatividade cunha materia dunha hora. 11. Obviamente, como o cálculo non é tan complicado de realizar, a situación é ben coñecida polas autoridades académicas. Mesmo é doadamente pensábel que está provocada intencionadamente. Se a preocupación fose pola necesaria formación en cuestión de relixiosidade, a alternativa non adoutrinante está ben clara, sería algunha das anteriormente sinaladas (ou unha combinación): Historia das relixións, filosofía da relixión ou cultura relixiosa, por exemplo. 12. A situación tamén é coñecida pola valedoría do pobo. 13. Cal é a resposta de ambas as dúas institucións?: asubían. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ace9876f&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ace9876f&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=391&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ace9876f' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=391&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ace9876f' border='0' alt='' /></a>
NOS_24558
Através dunha orde da Consellaría de Educación, o goberno autónomo relega o ensino da lingua galega no Bierzo a horas extra-escolares. O BNG pide que a Xunta interveña en defensa do idioma.
A Xunta de Castela e León vén de publicar unha orde através da Consellaría de Educación mediante a que se regula o currículo de Bacharelato de acordo aos novos criterios estabelecidos pola LOMCE. Na nova norma, o estudo da lingua galega, que até o de agora facía parte do currículo como materia optativa, fica relegada á súa aprendizaxe fóra do horario lectivo polo que se torna unha materia extraescolar. Neste senso, aquel estudantado interesado en estudar galego terá que ver incrementado o número de horas o que supón unha "discriminación negativa", sinalan desde Prolingua, a respeito de aqueloutro que opte por materias optativas diferentes. E é que pasarán de cursar 33 ou 34 semanas fronte ás 30 ordinarias ao se incrementar 4 horas a carga lectiva sen poder, aliás, usar o transporte escolar. O BNG pide á Xunta que interveña Após coñecerse o contido do novo currículo desde o grupo parlamentar do BNG, a portavoz de lingua, Ana Pontón, rexistrou unha proposición non de lei na que reclama a intervención do goberno galego para que abra unha "vía de diálogo" coa Xunta de Castela e León en aras de procurar o mantemento do status que posúe até o de agora o estudo do galego no Bierzo. A nova orde recolle un incremento da carga lectiva do estudantado que elixa estudar galego de 4 horas semanais Ao mesmo tempo, instan o executivo de Galiza a pular por unha mellor oferta desta materia xa que, sinalan desde a organización frontista, esta orde representa "un paso atrás" no ensino do galego no Bierzo e incumpre o establecido na lexislación vixente sobre a promoción do galego neste territorio. Para o Bloque, "urxe un diálogo entre a Xunta de Galiza e a de Castilla y León que permita resolver esta situación de xeito positivo para a lingua galega". Neste senso, engadiu Ana Pontón, "convén lembrar que os programas de promoción e difusión da lingua galega necesitan estabilidade e apoio institucional e evitarmos estes vaivéns que só dificultan o seu ensino".
NOS_2194
No seu traballo de fin de grao, o estudante da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo Moisés del Puerto, baixo a dirección dos profesores do centro Elena Martín Ortega e Iván Area, analizou a propagación destes aerosois na sala de exames do edifico do Campus Auga. Eis os resultados.
"A distancia interpersoal debería ter sido maior dos 1,5 metros empregados como medida de prevención durante a pandemia". Esta é a conclusión do traballo de Del Puerto, cuxo obxectivo era comprender a propagación de aerosois nunha aula, en particular nunha de exames, e axudar a previr a propagación do virus da Covid-19 nas pingas de saliva. O seu estudo centrouse no modelado do transporte de aerosois na sala elixida, empregada pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, baixo diferentes condicións de ventilación de HVAC, iniciais que corresponden con H (heating-calefacción), V (ventilating-ventilación) e AC (air conditioned-aire acondicionado), explica a Universidade de Vigo. "O modelo numérico implementado resolve a inxección de partículas de aerosois expulsadas por unha persoa que esbirra, analiza os peores lugares ventilados da habitación e propón contramedidas para minimizar os riscos", expón o egresado, que realizou distintos experimentos con persoas reais que serviron para afinar o modelo e corroborar a validez das hipóteses propostas. "As partículas pequenas con diámetro menor que 10 μm poden permanecer no aire durante longos períodos de tempo" Sobre os resultados acadados, Moisés del Puerto sinala que "os descubrimentos máis relevantes son que as partículas pequenas con diámetro menor que 10 μm poden permanecer no aire durante longos períodos de tempo e que case poden ser aproximadas polas liñas de fluxo". Engade que "as gotas maiores con diámetro igual ou maior que 40 μm tenden a caer antes pero vense moi afectadas pola velocidade do fluído, no noso caso facéndoas viaxar máis de dous metros". Debido ao anterior, defende que debería aumentarse a distancia interpersoal para evitar o contacto con estas pingas máis grandes. "O caso presenta poucas partículas e unha turbulencia relativamente baixa. É seguro supoñer que é unha das razóns polas que non se consegue unha alta proporción de mestura", di. "Convén continuar nesta liña de estudo para, por exemplo, ter en conta a maior transmisibilidade das novas variantes" Á vista dos resultados obtidos e das aplicacións prácticas do traballo desenvolvido, tanto o autor como os codirectores do traballo, Elena Martín e Iván Area, concordan en que "convén continuar nesta liña de estudo para, por exemplo, ter en conta a maior transmisibilidade das novas variantes". Trátase, aseguran, "dun problema moito máis complexo do que poida parecer" e que require dun coste computacional moi elevado. Os resultados deste estudo chegan cando deron comezo as aulas nas etapas de Educación Infantil, Primaria e Especial e mais as de Secundaria, para as cales a distancia entre o alumnado pode reducirse de 1,5 metros e a 1,2 metros.
PRAZA_10452
O presidente gabou instrumentos de protección como o Plan do Litoral, aprobado en 2011 e que entre outras medidas propuña recuperar espazos como o aparcamento sobre as dunas da praia de Montalbo no que se celebrou o acto deste luns
O presidente gabou instrumentos de protección como o Plan do Litoral, aprobado en 2011 e que entre outras medidas propuña recuperar espazos como o aparcamento sobre as dunas da praia de Montalbo no que se celebrou o acto deste lunsEn Sanxenxo, nun aparcamento construído hai décadas sobre as dunas da praia de Montalbo, Feijóo entregou este luns as 156 bandeiras azuis obtidas este ano por Galicia (107 a praias, 12 a portos deportivos e 22 a sendeiros). Alí, e malia que a propia organización privada que concede os galardóns admite que estes poden prexudicar espazos naturais fráxiles, o presidente vinculou os recoñecementos coa protección da natureza.As 107 bandeiras azuis a praias obtidas este ano por Galicia supoñen a cifra máis baixa da última década, froito do progresivo aumento de concellos que renuncian á distinción. Un galardón, a cuxos organizadores a Xunta paga 40.000 euros ao ano, que valora non só a calidade das augas senón tamén os servizos que ofrecen os areais, o que para as organizacións ecoloxistas pon en perigo en ocasións os valores naturais favorecendo a urbanización das praias.As 107 bandeiras azuis a praias obtidas este ano por Galicia supoñen a cifra máis baixa da última década, froito do progresivo aumento de concellos que renuncian á distinciónO lugar escollido este ano para a entrega das bandeiras en Galicia foi Sanxenxo, a vila con máis bandeiras azuis, despois de que o ano pasado se optase pola Coruña, onde acabaría sendo candidata á alcaldía a daquela conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Malia optar desta volta por unha vila que leva anos rodeada de polémicas urbanísticas pola súa progresiva ocupación do litoral, Feijóo salientou alí diversas medidas impulsadas pola Xunta para a protección da natureza, como a aprobación este martes no Parlamento dunha Lei de Patrimonio Natural ou outras figuras xa en vigor como as Directrices de Ordenación do Territorio ou o Plan de Ordenación do Litoral. Segundo dixo, a Xunta traballa para "garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional". O Plan do Litoral aprobado en 2011 apenas contiña disposicións executivas ou prazosPrecisamente o lugar escollido este luns para a entrega das bandeiras azuis, un aparcamento sobre as dunas da praia de Montalbo, evidencia as eivas dalgunha das figuras de protección citadas por Feijóo. Segundo o Plan de Ordenación do Litoral, un deses instrumentos que Feijóo presentou como elaborados para "preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional", a praia de Montalbo está clasificada como periurbana (as outras categorías son urbana, rural e natural) e nese tipo de areal "en ningún caso se autorizará o estacionamento de vehículos na praia, cordón dunar e superficies areentas anexas e fóra dos lugares habilitados a ese efecto. En todo caso, o plan urbanístico deberá establecer as previsións necesarias para que os aparcadoiros aínda existentes, que non se axusten ás determinacións deste Plan, se recoloquen". "Procurarase que as áreas de aparcadoiro non sexan visibles desde a praia, debéndose utilizar materiais e tratamentos adecuados para mellorar a súa integración ambiental e paisaxística", engade o Plan do Litoral. Porén, o documento, que entrou en vigor en febreiro de 2011, hai máis de oito anos, apenas contiña disposicións executivas ou prazos. Aquel Plan do Litoral si establecía que no prazo de 12 meses desde a aprobación do documento a Xunta elaboraría unha guía de boas prácticas de intervencións nos sistemas praia-duna para evitar intervencións agresivas, pero esa guía non foi presentada ata setembro de 2014, con dous anos e medio de atraso.
NOS_39741
Colaborarán na creación dun arquivo documental, gráfico e audiovisual sobre a historia e a memoria das mulleres a través dun proxecto implementado polo concello.
Seis centros de ensino de primaria e secundaria implícanse no resgate da memoria das mulleres en Pontevedra. Farano a través dun proxecto de carácter municipal que puxo en marcha o concello e que procura a creación dun arquivo documental, gráfico e audiovisual sobre a súa historia, a delas. Así, o alumnado dos IES Luís Seoane e Martín Sarmiento e dos CIFP A Xunqueira, Carlos Oroza, San Biento de Lérez e San Martiño de Salcedo realizará traballos de investigación mediante a recollida de fotografías, a gravación de entrevistas e a redacción de biografías. O seu traballo fará parte dunha presentación pública fixada para o mes de xuño, cando se farán públicas tamén as achegas de diversasas asociacións culturais e veciñais que tamén quixeron tomar parte neste labor de compilación da memoria histórica centrada nas mulleres. Un encontro arredor do libro de Montse Fajardo Matriarcas coa presenza de dúas das protagonistas --Gloria Lijó e Waldina Pereira--; un recital poético-musical en lembranza de Rosalía; a proxección do documental de Uqui Permui Doli, doli, doli sobre as traballadoras da conserva; un roteiro temático sobre O río, o mar e as mulleres; e un simposio sobre represaliadas focado na escola durante a ditadura completan o programa do Concello de Pontevedra para facermos memoria en chave feminista.
NOS_9437
A Consellaría de Sanidade comunicou este domingo que xa se administraron 38.000 novas doses dos fármacos para mellorar a resistencia da poboación ao coronavirus.
As autoridades sanitarias veñen de informar de que Galiza administrou máis de 38.000 dose nas últimas 24 horas, das que algo pouco máis de 1.400 destináronse a completar pautas de vacinación fronte a Covid-19. Segundo o 'Cronómetro de vacinación' ao que tivo acceso Europa Press, até última hora da tarde do 4 de decembro foron inoculados 5.095.939 remedios, o que supón 38.598 máis que un día anterior. Aliás, a Consellaría de Sanidade afirma que xa gastou o 97% dos fármacos que recibiu. Desas 38.598 doses administradas á poboación na última xornada, exactamente 1.408 foron para completar pautas. Así, xa habería 2.313.480 galegas e galegos coa inmunización finalizada. Se se teñen en conta eses números, xa foi tratado o 94% da poboación diana (até as crianzas maiores de 12 anos, pois a campaña para nenas e nenos de 5 a 11 anos comezará o 13 de decembro). En consecuencia, polo de agora os medicamentos chegaron a perto do 86% de toda da cidadanía do país. Por grupos de poboación por vulnerabilidade hai 19.809 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.133 dependentes non institucionalizados e outros 27.610 institucionalizados. Mentres, 2.112.441 persoas terminaron o proceso coa dose de reforzo chamadas pola súa idade. Por probabilidade de exposición, 68.091 profesionais vencellados ao ámbito sanitario teñen pauta completa, ao igual que 25.467 do sociosanitario e 42.305 traballadores de actividades consideradas esenciais. As sete áreas sanitarias continúan desde mediados desta semana a aplicación da dose de reforzo a cidadáns do grupo de idade de 60 a 69 anos, así como con recuperacións de poboación de 70 a 79 anos que perdera as súas citas.
NOS_17320
O banco Santander, que aumentou os seus beneficios no Estado español en 99% durante os tres primeiros semestres do ano, eliminou 35,8% do cadro de persoal na Galiza desde 2019.
O aumento dos beneficios da gran banca española, que nos tres primeiros trimestres de 2021 se incrementou 32% interanual, contrasta co fechamento de sucursais xeneralizado das entidades financeiras na Galiza. A gran banca española aumenta 32% as ganancias nos tres primeiros trimestres As catro principais entidades do sector na Galiza (Abanca-Caixa Geral, Santander, BBVA e Sabadell) fecharon entre o comezo de 2019 e o principio de 2022 un total de 397 oficinas das 1.167 coas que estas empresas contaban, o que supón máis de 33% das sucursais clausuradas nun período de tres anos. Santander, entidade que aumentou 99% os seus beneficios no Estado español nos tres primeiros trimestres, foi a que fechou unha maior porcentaxe de sucursais na Galiza, reducindo as mesmas en 58,65%. Os tipos de xuro alcanzan o maior valor desde 2009 após a suba de 0,75% do BCE Desta forma, esta firma tan só conserva 153 das 370 sucursais coas que contaba en 2019. En termos de emprego, os fechamentos de oficinas traducíronse na perda de 755 postos de traballo no banco Santander desde o comezo de 2019 até xuño de 2022, unha perda de 35,8% do cadro de persoal na Galiza. Séguelle na lista o banco Sabadell, que fechou entre o comezo de 2019 e o de 2022 até 40,74% das súas sucursais na Galiza, un total de 44 das 108 coas que contaba tres anos atrás. En termos de emprego, os fechamentos significaron a perda de 104 postos de traballo, a entidade rebaixou así 22,4% das persoas contratadas entre o comezo de 2019 e xuño de 2022. A banca galega xogou ao blackjack Pola súa parte, BBVA fechou até o comezo de 2022 un total de 38 das 154 sucursais coas que contaba a principio de 2019, o que supón un recorte de 24,68% das mesmas. En termos de emprego, a perda de postos de traballo na entidade foi de 221 nes período, un descenso de 23,4%. No caso da entidade financeira con maior implantación na Galiza, Abanca, fechou até o comezo de 2022 un total de 98 das sucursais coas que contaba a principio de 2019 (incluíndo as de Caixa Geral, entidade que integrou), o que supón unha rebaixa de oficinas de 18,3%. Abanca reduciu nese período 402 postos de traballo (7,4%) no conxunto da empresa.
NOS_38182
O persoal docente e a ANPA denuncian que a falta de recursos "imposibilitan a atención das demandas do alumnado".
Menos cartos e menos profesorado. Eis as consecuencias dos "recortes que dende hai anos se veñen aplicando na Consellería de Educación", denuncian desde o IES da Terra Chá Xosé Trapero Pardo en Castro Ribeiras de Lea. O estudantado non puido cursar FP Básica de rama agraria porque "sería necesaria a provisión dun novo profesor que impartise os módulos profesionais" e non o hai No concreto sinalan que por mor da falta de persoal docente o estudantado tivo que ficar sen algunhas das materias optativas --Latín en 4º da ESO e Debuxo Artístico en 1º de Bacharelato-- para alén de non ser posíbel a implantación da FP Básica de rama agraria, apuntan, porque "sería necesaria a provisión dun novo profesor que impartise os módulos profesionais" o que deixou "sen oferta educativa a un conxunto de alumnos de toda a comarca", sinalan. Aliás, o servizo de atención na Biblioteca "é deficiente" e o estudantado non pode facer uso da aula de informática fóra do horario lectivo dedicado a esta materia porque non contan con persoal suficiente. "Tampouco poden participar en actividades deportivas", acrecentan, pola mesma razón para alén de se estar a "incumprir" a normativa vixente na elaboración dos horarios "dunha cuarta parte do profesorado". O persoal docente denuncia carencias na atención da Biblioteca e a imposibilidade de abrir a Aula de Informática Perante esta realidade boa parte do profesorado reclamou á Xefatura Territorial de Educación máis docentes. Demanda que non foi atendida pola Xunta. "Consideramos evidente a degradación do ensino público, que non atende ás necesidades da comunidade educativa —pais/nais, alumnado, profesorado—; senón que prima os criterios económicos sobre os sociais, propios do ensino público", denuncian. Por esta razón iniciaron mobilizacións coas que reclaman máis docentes en vindeiros cursos académicos.
NOS_52695
O pleno do Parlamento da Galiza debate hoxe unha proposición non de lei para retirar o nome de Antonio Rosón á sala de reunións da Xunta de Portavoces da Cámara galega. A proposta pretende restaurar a legalidade en materia de memoria histórica e abre o debate sobre o papel das institucións en relación cos vitimarios.
O pasado 27 de xullo, a Mesa do Parlamento, cos votos favorábeis do PP, a abstención do PSOE e a negativa do BNG, acordou designar como sala Antonio Rosón a estancia da Cámara galega onde decorren as reunións da Xunta de Portavoces. A proposta ten xerado un gran malestar entre as filas do movemento pola memoria, dada a vinculación do homenaxeado coa ditadura franquista, así como en parte da oposición, que tenta agora emendar a iniciativa dos populares. Neste sentido, desde o BNG defenden "substituír o nome de Antonio Rosón Pérez por outro que concite o acordo de todos os grupos e que sexa respectuoso coa lexislación en materia de memoria histórica, co dereito internacional e coa memoria das vítimas". "As institucións públicas deben dar exemplo no respecto á memoria das vítimas da represión franquista, polo que non deben render homenaxe a unha persoa tan directamente implicada na persecución e eliminación de ninguén por motivos políticos", sinala o autor da iniciativa, Luís Bará, quen considera que "a condena do franquismo non pode ser compatíbel co enxalzamento de persoas que tiveron un papel tan destacado na imposición das ideas por medio da violencia e o terror. Non se pode, en definitiva, condenar o franquismo pola mañá e glorificalo pola tarde". Nesta dirección, considera "cando menos estraño" o procedemento seguido para a aprobación da proposta, xa que "non foi incluída como tal na orde do día, senón que foi introducida pola porta de atrás", no apartado de Comunicacións, rogos e preguntas. Bará entende que dar á unha sala da Cámara galega o nome de Antonio Rosón "non é acorde co estabelecido na Lei de memoria histórica, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se estabelecen medidas en favor de quen sufriu persecución e violencia durante a guerra civil e a ditadura". Ao tempo, sinala que "contravén os principios estabelecidos nas convencións e acordos internacionais en materia de graves violacións dos dereitos humanos, e que regulan os dereitos das vítimas á xustiza, á verdade e a reparación". Asemade, significa que Rosón "tivo un papel destacado no golpe militar contra a democracia en xullo e 1936 e foi participante directo da represión exercida na zona de Becerreá e Cervantes". A familia Rosón e a represión A sospeita paira sobre a figura de Antonio Rosón desde xullo de 1936. En xuño de 1977, o xornalista José Luis Morales daba a coñecer nas páxinas da revista Interviu un pioneiro traballo de investigación sobre a participación no aparello represivo franquista dos irmáns Antonio e Luis Rosón Pérez así como dos seus curmáns Fermín, Manuel e Pascual. A crónica de Morales recollía o testemuño de varios veciños da comarca dos Ancares que implicaba diversos membros do clan dos Rosón na persecución aos demócratas após o golpe de Estado de 18 de xullo de 1936, chegando a ordenar a un xulgado de Madrid o secuestro da publicación para protexer a esa familia con importantes ligazóns nos aparatos do Estado. Rosón deixou testemuño sobre a súa actuación como comandante militar de Becerreá entre xullo e finais de setembro de 1936, os meses máis duros da represión franquista na comarca dos Ancares con ducias de asasinados en diferentes concellos da zona. Así, na causa militar 339/37 sinala "que actuou como comandante militar de Becerreá desde o 21 a 22 de xullo, que en unión de 20 falanxistas recobrou a vila de Becerreá, expulsando dela os marxistas e que cesou a petición propia nos últimos días de setembro". Na mesma instrución, recoñece participar na columna do comandante Revuelta en Ibias (Asturias) e na columna que "mandada polo Xefe de Liña da Garda Civil de Sarria", "actuou en Donís (Cervantes)", de triste lembranza para as xentes dos Oscos e dos Ancares. Rosón volveu anos despois sobre esta etapa da súa militancia, antes de tentar agochar un pasado molesto para a súa carreira política. Así, en 1942, nun informe remitido ao Xefe Provincial do Movemento en Lugo destaca que "en Becerreá proclamou o Estado de Guerra, pola súa condición de Alférez de Complemento, e á fronte da Organización da Falanxe, pacificando a comarca, organizando destacamentos na liña fronteiriza con Asturias, sendo o único en todo o partido xudicial que fixo fronte á organización marxista…". Un corredor político de fondo Fixo parte dunha familia que ocupou importantes responsabilidades en Lugo desde a Restauración. Falanxista de antes de 18 de xullo, presidente da Deputación Provincial, persoa de referencia do sindicato vertical agrario e procurador nas Cortes franquistas, exerceu de home forte da Unión de Centro Democrático (UCD) en Lugo, ocupando a xefatura da Xunta pre autonómica e presidindo o Parlamento da Galiza como militante de Alianza Popular (AP).
QUEPASA_18
A Audiencia Provincial declara a nulidade das escoitas telefónicas da Operación Orquesta.
Estes martes 26, mércores 27 e xoves 28, retómase o xuízo da Operación Orquesta. Os 6 acusados da separata de Cee volven estar citados na Audiencia Provincial da Coruña polos delitos de falsedade en documento oficial, prevaricación, suborno e execcións ilegais. Pero semella que, trala declaración de nulidade das escoitas, todo, ou boa parte do proceso pode ser botado abaixo, como a mesma Fiscal recoñecía. Unha declaración de nulidade baseada na falta dun simple papel que a Fiscalía non soubo presentar. Nesta instrución falta o auto dunha instrución anterior que daba por válidas as escoitas a Jorge Lago Louro, o punto de partida de todo este proceso. Como falta ese papel nesta instrución (que non significa que non exista) o resto das escoitas (que están aínda que non valgan) pasan a ser declaradas nulas. Queda pendente ver que pasa a causa de Candiño, pois o seu caso non se basea nas escoitas como os outros procesos, se non que dúas confesións xudiciais, nas que recoñecía ter recibido 12.000€ dos Ogando. Piden sobre el 1 ano e 6 meses de prisión e inhabilitación. Pode caer así en apenas un par de horas de vista un procedemento xudicial de 8 anos, polo que a Fiscalía pide un máximo de 20 anos de cárcere ao alcalde de Cee. As ESCOITAS da Operación Orquesta VII: Falseando a Casa da Cultura. VI: As adxudicacións de Neria. V: De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal. IV: De verbena no Parlamento. III: 3 novos imputados. II: Aumentan os salpicados. I: Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta. Repaso completo á Operación Orquesta 15-03-19: A Audiencia Provincial declara a nulidade das escoitas telefónicas da Operación Orquesta. 12-03-19: A Audiencia Provincial suspende o xuízo da Operación Orquesta ata que analice a petición de nulidade da defensa. 12-03-19: Que pide a Fiscalía na Operación Orquesta?. Marzo 19: Que pide a Fiscalía na Operación Orquesta?. Febreiro 19: Marzo, o mes da Operación Orquesta. Setembro 18: As Eleccións Municipais de Cee estarán marcadas polo xuízo oral da Operación Orquesta. Abril 18: A Operación Orquesta queda sen músicos. Xaneiro 18: Sete anos a voltas coa "Orquestra". Decembro 16: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses. Un repaso, de primeira man, aos 18 anos de historia e 3 millóns de € da CCC. 2013: Quen é quen na Operación Orquesta: Cee. 2012: Entrevista a Ramón Vigo (II): "O sumario da Operación Orquesta é infumable". Maio 2011: Quen alimenta a Caixa B?. 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na "Operación Orquesta" por corrupción urbanística.
NOS_44115
Tras as críticas recibidas pola morte dunha muller con Covid-19 sen poder despedirse das súas persoas achegadas, Sanidade avanza cambios no protocolo de visitas.
"Estase a revisar o protocolo para que unha persoa poida acudir con acompañante a unha consulta ou a un hospital", trasladou este domingo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras as críticas recibidas pola morte dunha muller con Covid-19 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo sen poder despedirse das súas persoas achegadas. Non obstante, Comesaña sinala que tras tratar a situación no comité clínico, os cambios no protocolo de acceso a familiares nos hospitais e as consultas afectará "máis ao ámbito non Covid". Aínda que non se concretarán estas mudanzas até os vindeiros días, o conselleiro salientou que nos casos "de doentes Covid próximos ao falecemento, déixase pasar a familiares", aplicando medidas como un número reducido de persoas ou o traslado do doente a unha habitación simple. Así e todo, isto non se cumpriu no caso de Vigo, aclarou Manuel Iglesias, fillo da paciente falecida, "esta é a historia da miña nai, mais é a historia de tantas nais e tantas familias que están a sufrir", sinalou. Após xuntarse con Iglesias, a líder da oposición e voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, pediu precisamente que a Consellaría impulsara mudanzas que impedisen que situación como estas se repetisen, e que as persoas ingresadas puidesen despedirse dos seus familiares. Malia a defensa da súa actuación por parte da Xerencia da área sanitaria de Vigo, a decisión do comité clínico abre a porta a unha nova abordaxe da doenza. Colapso na sanidade Comesaña esgrimiu que "os requirimentos [para contratar profesionais na sanidade pública] son moi altos" para xustificar a saturación en servizos como Atención Primaria, e cualificou a contratación de persoal xubilado como "complemento e non como parche". Con respecto á situación da pandemia de SARS-CoV-2, amosouse prudente e reclamou "adaptarse e convivir con ela". "Con máis de 600 pacientes ingresados e con falecementos diarios, falar de que xa pasou a pandemia non é axeitado", resolveu.
NOS_28022
As potencias mundiais temen que a ofensiva ameace a seguridade da rexión e leve ao rexurdir do Estado Islámico. Os EUA negan terlle dado "luz verde" á operación do Goberno de Erdogán.
Oito persoas, entre estas dúas crianzas, son as primeiras vítimas civís da ofensiva do Exército turco sobre o Kurdistán sirio, segundo datos achegados polo Observatorio Sirio de Dereitos Humanos, con base no Reino Unido, e citado polo xornal inglés The Independent. O Ministerio de Defensa turco emitiu unha nota negando toda información relacionada coas mortes de civís: "Na planificación e execución da operación Manancial de Paz, só son obxectivo os refuxios, cuarteis, armas, vehículos e equipos pertencentes aos terroristas do PKK, YPG e Daesh". Ademais, o máximo responsábel deste mesmo departamento, o ministro Mevlut Cavusoglu, informou en Twitter de que o Exército destruíra 181 obxectivos militares, principalmente depósitos de municións da milicia Unidades de Protección Popular (YPG, pola súa siglas en kurdo), no primeiro día da ofensiva, que xa pasou a ser terrestre nas últimas horas. Reacción internacional Os organismos internacionais e potencias mundiais expresaron a súa preocupación pola ofensiva. O presidente do Consello de Seguridade da ONU -que esta quinta feira se reúne para tratar a situación-, o embaixador surafricano Jerry Matthews Matjila, esixiu a Turquía que "protexa os civís" e que exerza "a máxima contención". Desde a UE, a Alta Representante para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, a italiana Federica Mogherini, advertiu de que "a acción unilateral por parte de Turquía" ameaza a acción conxunta entre Occidente, Turquía e outros países para derrotar o Estado Islámico. A Liga Árabe, pola súa banda, manterá unha xuntanza de urxencia o sábado para abordar a ofensiva turca, despois de que as autoridades exipcias solicitasen o encontro tras saber da reunión desta quinta feira do Consello de Seguridade da ONU (a porta pechada). O secretario xeral da organización, Ahmed Aboul Gheit, afirmou que a incursión turca é unha "groseira violación da soberanía siria e ameaza a súa integridade". Pola súa banda, o secretario de Estado dos EUA (o equivalente a un ministro de Exteriores), Mike Pompeo, negou que o seu Goberno dese a Turquía "luz verde" para a operación. Con todo, repetiu os argumentos esgrimidos pola Administración do país otomán para xustificar o ataque. Pompeo defendeu, ademais, a criticada decisión de Donald Trump de retirar as tropas da fronteira turco-siria. Os EUA manteñen unha posición ambivalente con Turquía, un socio estratéxico na rexión, que á súa vez continúa a ser tentado por Moscú para entrar na zona de influencia de Rusia -firme aliado de Siria-.
NOS_30809
A Mesa anuncia que presentará unha queixa ás institucións sanitarias galegas pola "indefensión á que somete o goberno galego, unha vez máis, á cidadanía ao eliminar a nosa lingua da xestión da pandemia"
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da formación que están obrigadas a realizar as persoas que traballan en centros de atención diurna para persoas con discapacidade funcional ou maiores, para poder retomar a súa actividade. A formación só está dispoñíbel en español e emprega expresións como "Junta de Galicia". "Unha vez máis", salienta o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "é a cidadanía galega a que ten que facer o esforzo de abandonar a súa lingua para poder entenderse co sistema público de saúde naquilo que respecta á Covid". A formación só está dispoñíbel en español e emprega expresións como "Junta de Galicia" A Mesa vén denunciando dende o pasado mes de marzo que "a atención que se nos presta aos galegos e ás galegas no noso idioma é practicamente inexistente en todo o relativo á Covid", dando lugar a "unha grave limitación ao noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica". A Mesa sinala que ese "desprezo pola nosa lingua" amósase na atención telefónica, na app do Sergas ("que ofrece a información sobre o Coronavirus en castelán aínda que estea habilitada a opción en galego") e no feito de que o presidente e os cargos políticos do sistema galego de saúde "prioricen o español nas súas comparecencias públicas sobre a pandemia".
NOS_7988
A Xunta de Feijóo vén de lle dar máis unha patada ao agro ao baleirar de actividade os centros comarcais vinculados ao desenvolvemento rural. No seu discurso de investidura o presidente do goberno galego fala dun pacto co BNG para a disolución destes centros, cando a consellaría do Medio Rural estaba en mans de Alfredo Suárez Canal. Porén, confunde o mandatario centros con fundacións, e omite que o persoal da xerencia destas últimas, designado durante a administración Fraga, foi recolocado no ente público polo PP
Máis unha decisión política que chega após un mes de que o PP revalidase nas urnas a súa maioría absoluta. Así valoran @s traballador@s da empresa pública Agader o despedimento sen dereito a indemnización que a Xunta de Galiza pretende executar, e que deixará 23 persoas na rúa. Delas, 21 desenvolvían a súa actividade en centros comarcais e outras dúas en Compostela, vinculadas ao Banco de terras. Seguindo a explicación de Ana Paz, promotora do centro do Ribeiro, a consellaría que lidera Rosa Quintana xustifica os despedimentos na redución da carga laboral. Porén, a versión d@s empregad@s é outra. Alertan de que nos últimos doce meses esa carga de traballo se lles foi reducindo "de maneira deliberada" por parte da Xunta, ao tempo que se desmantelaban os centros "quitándonos a auga, a luz, a calefacción", minguando ao tempo as condicións laborais. Paz foi unha das tres traballadoras que nesta quinta feira, cadrando co "día grande" de Alberto Núñez Feijóo no Parlamento, conseguiu acceder ás instalacións da cámara galega e despregar un cartaz que dicía 'Despedidos Agader readmisión'. A traballadora desminte os argumentos da Xunta: hai carga de traballo porque os expedientes acumulados no caso do Banco de Terras son máis de 1.000, e co peche dos centros comarcais quedan "inutilizados" edificios polos que a administración Fraga pagou millóns. Feijóo bota balóns fóra e culpa a Suárez CanalNo seu discurso desta cuarta feira Feijóo sinalou como a disolución destes centros estaba pactada co BNG cando a consellaría do Medio Rural estaba en mans do nacionalista Alfredo Suárez Canal. Porén, un simple repaso á hemeroteca permite comprobar como o presidente da Xunta confunde os centros comarcais --onde @s promotor@s perciben un soldo pola volta dos 900 euros ao mes e foron designados mediante concurso público-- e as fundacións --onde @s xerent@s cobran como persoal público do grupo A, pola volta dos 3 mil euros mensuais, e que foron colocad@s a dedo polo PP-- Pois ben, a disolución das fundacións si que foi iniciada polo BNG, quen apostou por dotar tamén os centros comarcais de actividade vinculada ao desenvolvemento rural acollendo, por exemplo, actos das centrais sindicais e colectivos sociais, que até 2005 estaban vetadas. A consellaría que encabezaron primeiro Samuel Juárez e despois Rosa Quintana volveu vetalas, reducindo a labor que se facía nestes edificios á simple promoción da gastronomía ou do turismo, e deixando os edificios practicamente baleiros de actividade. De volta ao presente, cómpre dicir que, efectivamente, a disolución das fundacións completouna o PP. E fíxoo do xeito que segue: persoal da xerencia, próximo a este partido político, foi recolocado na estrutura administrativa do ente público Agader, ao tempo que @s 23 empregad@s quedaban na rúa. Cómpre dicir tamén que moitas destas persoas tiñan xa gañadas apelacións xudiciais en contra da política de contratación da Xunta, polo que tamén entenden os despedimentos como "unha represalia". Dentro do Parlamento tanto o BNG como AGE comprometéronse a introducir preguntas a respecto da última RPT, así como interpelar a Feijóo sobre a súa legalidade.
PRAZA_462
O alto tribunal constata a irregularidade da autorización para a planta de Touriñán, aprobada pola Xunta de Fraga en funcións e anulada polo bipartito en 2006. Feijóo considerou "desolador" o veto decidido pola coalición de PSdeG e BNG e asegurou que o proxecto "cumpría as leis".
O 28 de xullo de 2005 faltaban apenas cinco días para que Emilio Pérez Touriño tomase posesión como presidente da Xunta e o Goberno en funcións dirixido por Manuel celebraba o seu derradeiro Consello. Naquela xuntanza aprobáronse diversos asuntos de trámite dos que se informou, como adoito, á prensa. Pero na referencia pública da reunión non se incluíu que o gabinete lle dera luz verde á aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para que a filial de Pescanova Insuíña S.L. puidese construír unha "planta de engorde de peixes planos" no cabo Touriñán, en Muxía. Case dez anos despois o Tribunal Supremo vén de confirmar que aquela decisión foi irregular e, ademais, vén de condenar o Goberno galego a indemnizar a empresa con máis dun millón de euros. Para poder aprobar ese plan o penúltimo Consello da Xunta que encabezaba Manuel Fraga e vicepresidía Alberto Núñez Feijóo aprobara seis días antes o Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega. Esta decisión, tomada obviamente tamén co Goberno en funcións, foi tomada, segundo o Supremo, "aos efectos da aprobación" do proxecto de Pescanova. A mediados de agosto, xa coa coalición de PSdeG e BNG en San Caetano, entraba en vigor unha autorización que durou menos dun ano, toda vez que o Executivo bipartito consideraba que o seu empramento nun espazo da Rede Natura sen a previa declaración de impacto ambiental adoecía de irregularidades. O TS constata que o proxecto, aprobado pola Xunta do PP en funcións e anulado polo bipartito, era "nulo de pleno dereito" Así as cousas, o Consello da Xunta do 22 de xuño de 2006 decidiu a revisión dos plans do gabinete Fraga baixo a premisa de que "para aprobar un proxecto que poida afectar de forma apreciable" un enclave da Rede Natura "debería someterse previamente a unha axeitada avaliación das súas repercusións" ambientais para así "compatibilizar o desenvolvemento da actividade acuícola coa conservación da natureza". Este foi o contexto no que o Goberno galego de socialistas e Bloque vetou definitivamente a planta de Touriñán mentres quen xa era líder do PP galego na oposición, Feijóo, cualificaba o panorama de "desolador" e censuraba que "un proxecto aprobado con consenso" e "cumprindo as leis" agora "teña que marchar a outro lado", ao tempo que comparaba a Touriño co presidente boliviano, Evo Morales. Feijóo considerou "desolador" o veto ao proxecto e asegurou na oposición que se aprobara "cumprindo as leis" Tras case unha década e despois tamén da creba de Pescanova o Supremo sinala no seu ditame que "se algo quedou claro" nas sentenzas previas sobre este caso é que o plan aprobado en 2005 "estaba viciado de nulidade de pleno dereito" e "foi precisamente ese vicio" o que subsanou a anulación. "Dita planta en modo algún era conforme á legalidade urbanística", enfatiza o maxistrado, quen explicita tamén que "era legal a declaración de nulidade e así foi sancionada en sentenza". "Esa legalidade da declaración de nulidade deixa en evidencia a irregular aprobación do plan e do proxecto". E, precisamente, por esa irregularidade do goberno de Fraga en funcións, a Xunta ten que abonarlle agora á empresa un montante de 1,09 millóns de euros. "En modo algún era conforme á legalidade urbanística", di a sentenza Malia ter que pagar o certo é que a indeminización é notablemente inferior á que reclamaba Pescanova, que pretendía recibir 9 millóns de euros públicos en concepto de lucro cesante, isto é, dos cartos que deixou de ingresar por non poder construír a piscifactoría. Como xa fixera o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Supremo indica que a Xunta debe "resarcir" a multinacional polos gastos que fixo e que resultaron "inútiles" como "causa directa e inmediata da decisión administrativa de aprobar un proxecto" que, posteriormente, "se constatou que" dende o inicio era nulo de pleno dereito. Así as cousas, do erario sairán 968.000 euros "en concepto de instalacións técnicas" e 122.000 máis para compensar a Insuíña por "estudos ambientais, topográficos e analíticos das augas".
PRAZA_1237
A tendencia das grandes cidades consolídase tamén nas vilas medias galegas. O PP perde músculo tamén nestes núcleos ante o diverso abano que se lle abre ás forzas opositoras para levar a cabo pactos.
A tendencia das grandes cidades consolídase tamén nas vilas medias galegas. O PP perde músculo tamén nestes núcleos ante o diverso abano que se lle abre ás forzas opositoras para levar a cabo pactos. Pontevedra e o bastión lalinense Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a 10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actas. Supera así ao PSdeG, con 3 e o BNG e APAC logran 1 acta cada un. Así podería darse un goberno a 4 que desbancaría ao PP do concello do que, por certo, queda fóra o PGD. Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a 10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actas Outro concello no que a oposición ten cartas para xogar é A Estrada. O PP baixa dos 11 aos 10, o PSOE mantense cos 9 de 2011 e o BNG e Móvete 1 cada un, polo que tamén poderían explorar opcións de coalición. En Vilagarcía o PP perde o concello ao baixar de 10 a 7. A subida do PSOE de 5 a 8 e a entrada de EU-Son con 3 e o BNG con 2 é suficiente para un apoio na investidura ou, mesmo, un pacto. O Grove volve ser socialista. O PP perde 3 actas e o PSOE sube a 8, co que non lle faría falta ningún pacto para gobernar a terra meca. Despexadas dúbidas na Coruña Varios concellos tiñan abertas incógnitas nesta provincia. En Arzúa o equipo de goberno marchaba do BNG tras unha lexislatura convulsa e presentábase como independentes. Así o PP vía unha fiestra aberta para subir os 6 concelleiros que posuían. Porén o resultado final foi de 7 para Alternativa por Arzúa, a escisión do BNG, 4 para o PP, 1 para o PSOE e 1 para CxG. O BNG quedou sen representación. A marcha de Martiño Noriega para Santiago de Compostela tamén supuxo un bo argumento para o PP teense. Porén, tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG. En Teo tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG. En Ortigueira o PSOE dálle a volta á tortilla e arrebátalle ao PP o concello. Asi, 7 para o PSOE, 5 para o PP e 1 para o BNG fronte aos 7 do PP e 6 do PSOE da pasada lexislatura. En Fene o PPdeG tamén pode perder o goberno ao conseguir só 7 actas. Así o PSOE e o BNG poderían chegar a 7 cun pacto no que se poderían incorporar EU ou o PDDdeG. O BNG mellora onde goberna Así en Allariz o BNG mantense con 9 mentres que o PP perde 1 en favor do PSOE cun resultado de 3 os populares e 1 os socialistas. En Zas o BNG conserva os 8 coa única oposición dos 3 edís do PP. Evencio Ferreiro sube en Carballo un edil e chega así aos 11 mentres que o PP se derrumba de 8 a 5, TEGA 3 e o PSOE 2. En Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medio En Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medio. O PSOE cae a 1 igual que o PP e TEGA e os independentes conseguen 2 actas. Outra subida importante tamén foi a de Ribadeo onde o BNG subiu de 7 a 10. O PP conserva os seus 4, o PSOE 2 e entra Cidadáns con 1. En Tomiño revalidou goberno e mesmo subiu un edil,co que suman 10 concelleiros e o PP desplomouse ao baixar de 6 a 4. Problemas no baltarismo En Verín gobernaba o PP desde 1995. Vinte anos despois os populares perden o goberno ante o previsible pacto de PSOE e BNG que sumarían 10 coas súas 6 e 4 actas. Así o PP baixa de 10 a 7. A Rúa tamén marcha das mans do PP co probable pacto entre PSOE e BNG que sumarían 6 fronte aos 5 do PP. Barbadás tamén pode ser gobernado polas forzas que foron oposición en 2011 pois o PP quedou só con 6 e entre PSOE e BNG sumarían 8 con 5 e 3 concelleiros respectivamente. Sorpresas lucenses José María González Barcia non volverá ser alcalde de Burela. Os populares pasan de 7 actas a 4. O PSOE gobernará a vila con 7 concelleiros, o PP baixa a 4 e o BNG queda con 2. En Lourenzá o concello tamén cambiará de cor. O PP baixa de 6 a 5 e o concelleiro que tiña o BNG pasa ao PSOE, o que lle permitirá ter o goberno con 6 actas. Xermade terá alcalde socialista ao baixar o PP de 6 a 4. PSOE e BNG sumarían 7 concelleiros, 5 e 2 respectivamente. Tamén houbo sorpresa en Sarria. O PP baixou 2 actas o que podería permitir un goberno tripartito entre o PSOE, CxG e BNG.
NOS_56709
As xogadoras do Pescados Rubén Burela poderán seguir soñando con continuar sumando títulos ao seu extenso historial deportivo. A vitoria contra o STV Roldán do sábado confirma a presenza das galegas na final contra o Futsi Atlético Navalcarnero mañá en Burela e o domingo no pavillón do equipo madrileño.
De novo haberá un clásico polo título ligueiro entre o actual campión, o Pescados Rubén Burela, e o Futsi Atlético Navalcarnero, tras superar as súas respectivas eliminatorias diante STV Roldán e MSC Torreblanca Melilla. O equipo galego máis galardoado en todas as disciplinas dos últimos tempos está en condicións de seguir colleitando trofeos se consegue vencer na final da liga de fútbol sala (Futsal) que se realizará a dobre partido, primeiro en Burela esta cuarta feira (Pavillón Vista Alegre, 21 horas) e despois en Navalcarnero, Madrid (Pavillón La Estación, 12 horas) o domingo 26 de xuño. O Burela inicia o asalto ao enésimo título Na primeira eliminatoria, o Pescados Rubén Burela vencía por 3 a 2 a un STV Roldán que chegou a adiantarse no partido e que na segunda parte, co xogo de cinco estivo perto de forzar a prórroga, despois de que na ida ambas as escuadras empatasen a un. Na segunda eliminatoria, o Futsi Atlético Navalcarnero conseguía vencer por 6 a 2 para dobregar o 2 a cero en contra da ida diante un MSC Torreblanca Melilla, que a pesar da saída en tromba do equipo local no primeiro acto, conseguiu agarrarse ao envite na segunda parte. Un pase á final disputado O segundo partido do Playoff que certificou o pase á final das galegas, realizado este sábado, estivo moi disputado. Co pavillón Vista Alegre entregado ás "laranxas", o equipo de Julio Delgado tivo que ver como malia o dominio das súas pupilas e as ocasións de gol que tiveron, eran as xogadoras do STV Roldán as que se adiantaban no marcador cun tanto de Mayte no minuto 7. A presión pasou a exercela o equipo visitante mais a rápida reacción das galegas fixo que chegara o empate no minuto 12 cun gol de Peque. Os últimos minutos da primeira parte transcorreron cunhas guerreiras que buscaban seguir aumentando a súa renda, con múltiples ocasións claras e movementos excelentes en ataque. Cilene tivo as oportunidades máis evidentes de gol, con dous disparos que non entraron por pouco. Con este empate chegábase ao descanso e mantíñase o suspense. O Burela levanta a Copa da Raíña e demostra que segue a ser o mellor A segunda parte, as "laranxas" saíron a por todas e xa aos 20 segundos de comezar Emilly marcaba a diferenza cun gol de vaselina digno de enmarcar en gardar que colocaba por diante ás de Burela. Até o ecuador da segunda metade as galegas foron un vendaval de ocasións con oportunidades de Cilene e varias xogadas de Dany, mais sen conseguir furar a portaría de Cristina, a gardameta andaluza do STV Roldán. A insistencia das "laranxas" deu os seus froitos no minuto 29 cun tanto de Peque. Segundo o Roldán sacou de medio, tiveron un disparo ao pau. O conxunto de Julio Delgado tentaba controlar o partido, pero as murcianas non se ían render, e a falta de seis minutos sacaron xogo de cinco, co cal Mayte volvía anotar para recortar distancias no marcador 3-2. Os últimos minutos serían de moita tensión, coas visitantes buscando empatar con xogo de cinco. Con todo, o partido ía finalizar co resultado de 3-2. Agora toca unha final nada doada, co último partido fóra e cun equipo difícil. En caso de empate podería contarse cunha posibilidade de prórroga mais non habería penaltis e resultarían gañadoras as mellor clasificadas na competición.
PRAZA_1872
O Colectivo Agrogay da Ulloa celebra o vindeiro día 29 en Monterroso a segunda edición do seu festival, unha aposta por "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente"
"Son agrogay!". Este será o berro festivo, lúdico e reivindicativo que se escoitará o vindeiro sábado, 29 de agosto, na Granxa Maruxa da aldea de Cumbraos, a 3 quilómetros da localidade lucense de Monterroso. Baixo este lema celebrarase a segunda edición do Festival Agrogay da Ulloa, un certame que, dende a cultura, aposta por "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente". Desde as 11 da mañá o Colectivo Agrogay da Ulloa desenvolverá un amplo programa de actividades que non só se centra no eido afectivo e sexual, senón que tamén "aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios". O grupo procura "a diversidade tanto social como natural" e por iso reivindica "a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial e o ecoloxismo". Este evento sen ánimo de lucro -"todos os ingresos serán destinados a cubrir os gastos do propio evento", subliñan- comezará nunha zona de "cruising" moi particular, no que o "intercambio libre" será de sementes. A medioddía celebrarase un obradoiro-asemblea onde se procurará "a construción colectiva dunha axenda LGTBIQ para o rural". Mentres, na zona da feira de artesanía, soará a pandeirada do grupo Zoelas. O Festival Agrogay da Ulloa aposta por "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente" Tras o xantar, previsto para as dúas da tarde, será a quenda d'A historia de Brancaflor, de Fran Rei, e do espectáculo de maxia e humor d'Os sete magníficos máis un. Tras o manifesto da xornada e a entrega dos premios á visibilidade Agrogay volverá a música cos concertos de De Vacas e Davide Salvado e, acto seguido, contra as oito do serán, as persoas que participen na xornada realizarán unha "ruta polos bares agrogay friendly" de Monterroso, un roteiro "de integración" que terá a animación musical da Asociación Cultural Entropía Fol. Unha "sesión golfa" de picadiscos na área natural da Peneda poralle o ramo a unha xornada que tamén contará cunha exposición fotográfica de Rubén Vilanova que, comisariada por Vítor Nieves, promete ofrece unha "orixinal visión dos músicos e instrumentos galegos". Quen queira asistir a todo este programa pode reservar a súa entrada de 5 euros no correo-e do colectivo ([email protected]). A granxa conta cun espazo limitado, polo que o aforro é limitado, advirten.
NOS_29233
A historia e a memoria transitan, ás veces, por camiños diverxentes. Mentres as fontes orais adoitan sinalar os milicianos falanxistas e os paramilitares procedentes doutras organizacións da dereita como actores chave da represión, a documentación escrita pon o foco nos militares como principais responsábeis do operativo que segue o golpe de Estado de xullo de 1936. Achegámonos nesta primeira entrega sobre os vitimarios do Courel, Quiroga e Val de Lemos ao papel desenvolto polos militares na articulación do aparello represivo.
Os militares foron a peza central no conglomerado represivo posto en marcha após o golpe de Estado de xullo de 1936. A un tempo participaron da represión legal, ditando e inspirando as disposicións normativas do novo réxime, presidindo os consellos de guerra nas diversas xurisdicións, asinando as sentenzas de morte ou impondo as sancións administrativas. Por outra banda dirixiron a represión paralegal, determinando os obxectivos das milicias de dereita, autorizando as sacas dos cárceres e ordenando a execución dos demócratas. A traxectoria dos comandantes militares de Monforte na segunda metade de 1936 e moi particularmente daqueles que máis tempo permaneceron no cargo, Emilio Cortes Reyes e Carlos Aranguren Roldán, foron un exemplo disto. Emilio Cortes Reyes, comandante militar de Monforte entre 23 de xullo e finais de agosto de 1936, ordenou repetidas sacas no cárcere de Monforte e presidiu múltiples consellos de guerra en Lugo ou Asturias, que remataron con penas de morte, como a do veciño de Sober David Álvarez Carnero. Malia que un fillo seu, Ildefonso, foi asasinado polos franquistas en Astorga o 18 de agosto de 1936, Cortes Reyes actuou sempre con dureza, sendo nomeado, posteriormente, gobernador militar de Lugo e relevado na súa responsabilidade en Monforte por Carlos Aranguren Roldán. Aranguren, irmán do xeneral leal á república José Aranguren Roldán, a quen se negou a defender no seu consello de guerra en 1939, dirixiu ducias de procesos sumarios na xurisdición militar en Lugo co resultado de varias sentenzas a morte e autorizou pasear diversas persoas retidas na prisión de Monforte. Un proceso planificado e dirixido polos militares A represión estivo dirixida, coordinada e executada, en moitos casos, polos militares. O 23 de agosto de 1936 foron asasinados polas milicias de Falanxe de Monforte o auxiliar de farmacia Manuel Abeledo Rodríguez, o funcionario municipal Argimiro Díaz Amor e o concelleiro socialista Urbano Núñez Castro. Porén, o 22 de agosto, o comandante militar de Monforte, o tenente coronel de infantaría Emilio Cortes remitiu un oficio ao xefe do cárcere da cidade, Nicolás Torres, ordenándolle: "Sírvase pór a disposición do xefe de Falanxe desta localidade os individuos detidos nesa prisión, Urbano Núñez Castro, Manuel Abeledo Rodríguez e Argimiro Díaz Amor". Ese mesmo día, o máximo responsábel da prisión fixo entrega dos detidos a Fernando Baamonde, quen asinou como "xefe de milicias" a recepción das persoas que apareceron mortas a xornada seguinte. O procedemento seguido con Manuel Abeledo Rodríguez, Argimiro Díaz Amor e Urbano Núñez Castro repetiuse de modo sistemático con outras vítimas da represión paralegal retidas no cárcere de Monforte, tal e como se observa na documentación da prisión conservada no Arquivo Provincial de Lugo. Sen ir máis lonxe, o 7 de setembro de 1936, o comandante militar de Monforte, Carlos Aranguren, dirixiu escrito ao xefe da prisión mandándolle "facer entrega do detido nesa prisión Manuel Díaz González ao falanxista Xaime González Núñez, acompañado de cinco máis, dándome conta de ter cumprimentado ese escrito". Pola súa banda, ese mesmo día, González Núñez asinou e certificou que "recibín o detido comprendido na presente orde". Manuel Díaz González, un médico do Incio, coñecido popularmente como 'O Pequeniño', apareceu asasinado polos falanxistas un tempo despois no seu concello natal. O "terror quente" non existiu para as persoas retidas no cárcere de Monforte e Quiroga, pola contra a represión estivo perfectamente planificada e organizada desde os momentos iniciais do levantamento fascista. O masacre perpetrado o 22 de agosto de 1936 no Alto da Valiña, en Sarria, polas milicias de Falanxe de Lugo, cos veciños de Ribas de Sil Manuel Rodríguez Arias e José Casas Montero e o veciño de Quiroga Benigno Morillo Vidal foi un caso paradigmático. Retidos no cárcere de Monforte, o 20 de agosto de 1936, o comandante militar de Lugo, o tenente coronel de infantaría, Cecilio Arias, remitiu unha orde ao xefe da prisión monfortina, Nicolás Torres, instándoo "a facer entrega ás forzas da Falanxe que se presenten a recoller os detidos que no respaldo se relacionan", sinalando o oficio a "Manuel Rodríguez Arias, Benigno Morillo Vidal, José Casas Montero". O 22 de agosto, o día do seu asasinato, "o xefe de milicias", "Pedro Marzán" asina a recepción dos tres primeiros "mártires da Valiña". Paréceche interesante o que estás a ler? Atoparás este capítulo do coleccionábel 'Os nomes do terror' ao completo no Nós Diario que está nos quiosques e na nosa tenda online. Da o paso e fai agora mesmo a túa subscrición!
NOS_21545
Galiza mellor sen touradas e Libera poñen en marcha unha campaña de financiamento masivo para a colocación de tres valados publicitarios en contra dos espectáculos taurinos na Coruña. Estarían un mes cada unha, nun período inmediatamente anterior á primeira manifestación antitaurina na cidade herculina. Aliás, o Espazo parlamentar en defensa dos animais será "renovado" nesta lexislatura, con deputad@s de BNG, PSOE e AGE
Os colectivos animalistas Galiza mellor sen touradas e Libera veñen de pór en marcha unha campaña de crowdfunding con que procuran xuntar os 2 mil dólares --uns 1.800 euros-- de financiamento para a instalación de tres valados publicitarios en contra dos espectáculos taurinos na Coruña. A iniciativa vai enmarcada no obxectivo das dúas entidades, "sobrevivir" sen recibir financiamento das institucións públicas, tal e como recorda Rubén Pérez, voceiro das organizacións. Acrecenta o activista que os valados ficarían colocados por un período dun mes cada un deles, e inmediatamente antes da manifestación que preparan para 2013, a primeira contra as touradas pois até o de agora todas as accións realizadas foron concentracións. "Somos conscientes de que non están os tempos para pedir diñeiro e por iso quixemos darlle tamén á campaña un toque de singularidade", explica Pérez ao redor da escolla do crowdfunding ou financiamento masivo, empregado habitualmente para quitar adiante proxectos vinculados ao eido cultural. "É a primeira vez que se usa para custear unha campaña antitaurina", remarca, colocándoa como unha achega "pioneira en Europa". Quen colabore con Galiza mellor sen touradas e Libera terá "unha pequena recompensa" en forma de mensaxes personalizadas, un diploma virtual pola contribución á loita contra estes espectáculos ou a colocación nas propias faixas publicitarias do nome da persoa que faga doazóns por importe igual ou superior aos 50 dólares. Un Espazo parlamentar renovado Rubén Pérez valora ademais a situación do Espazo parlamentar pola defensa dos animais, creado na pasada lexislatura, após as eleccións do 21 de outubro e o panorama que se debuxa na Cámara galega. Tal iniciativa, da cal facían parte catro deputad@s do PSOE e tres do BNG, queda unicamente con dúas das persoas que a integraban, pois o resto ora non concorría nas listas ora non o facía en postos de saída. A intención de Galiza mellor sen touradas é "renovar ese espazo para dar entrada a novos deputados", que serán con toda probabilidade do BNG e de AGE, aínda tamén agardan que o PSOE apoie máis unha vez a iniciativa. Para alén do Espazo parlamentar, comenta Pérez a intención de crear "unha fronte contra as touradas" desde a cal se pulará por dous obxectivos inmediatos: garantir a transparencia nos orzamentos destinados a financiar espectáculos taurinos e prohibir a entrada neles a menores de 12 anos, idade que podería ser elevada até os 16. Hoxe en día non hai limitación de idade para presenciar unha corrida de touros na Galiza.
NOS_9434
Reclaman responsabilidades ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.
As forzas da oposición no Parlamento da Galiza celebraron onte a rectificación do Goberno de Alberto Núñez Feixoo que deu lugar á reapertura da sala de partos do Hospital Comarcal de Verín, froito dunha "vitoria" da cidadanía, que "conseguiu gañarlle un pulso a Feixoo". Porén, a oposición reclamou que tanto o presidente da Xunta como o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asuman as súas responsabilidades por estes dous meses sen servizo de pediatría en Verín. Mais lonxe de asumir responsabilidades, Almuiña comparecerá esta terza feira na Cámara galega a petición propia para "dar conta das actuacións de mellora nos hospitais comarcais" realizada pola Xunta. "Vemos que a única forma de reabrir a sala de partos de Verín foi levar a un pediatra desde a Costa da Morte", sinalou a portavoz do Grupo Común da Esquerda Luca Chao, quen censurou "a escusa" do Goberno galego de que "non hai pediatras" para "esconder" que "son os únicos responsábeis da situación" que se dá na sanidade pública con "falta" de profesionais ou a "saturación" dos servizos de emerxencias. O líder da oposición, o socialista Gonzalo Caballero, tamén incidiu en que "a Consellaría de Sanidade ten que garantir a seguridade" na sala de partos verinesa e pediu que a Xunta explique "o consentimento informado reforzado" ao que se referiu Feixoo que, en palabras de Caballero, "criminaliza os profesionais e mete medo ás mulleres". Sobre este asunto interpelará a deputada de Común da Esquerda Eva Solla ao conselleiro, a quen tamén interrogará sobre "a falla de orzamento" no "plan galego de saúde mental". Para o BNG isto é "unha conquista da veciñanza da comarca de Monterrei e das profesionais da sanidade pública que defenderon a atención das veciñas". A viceportavoz nacionalista na Cámara, Olalla Rodil, insistiu en que Feixoo "só acerta cando rectifica" e asegurou "non hai propaganda nin mordaza que tape o desmantelamento da sanidade pública". Así mesmo, avanzou que este semana pedirán no Pleno da Cámara a Feixoo "que rectifique e reverta os recortes en sanidade" porque, entre outros datos, criticou que "78 concellos perderon o servizo de pediatría desde o ano 2004". Neste sentido, Rodil fixo un chamamento a acudir este domingo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela, ao que tamén se sumaron en Común da Esquerda.
NOS_13774
Aceptaron un pacto coa acusación para, afirma Aarom Curbeira, un dos encausados, "evitar a prisión", mais manteñen a súa inocencia e agradecen as mostras de apoio e solidariedade.
Quince meses de cárcere para cada un dos tres estudantes que tomaron parte hai un ano nun escrache a Feijóo na Universidade de Compostela. Aarom, Mario e Atanes aceptaron esta petición após un acordo entre os seus avogados e a acusación, que nun principio pedía até 9 anos de prisión para os tres mozos. "Aceptamos o pacto simplemente para evitar entrar en prisión", relata Aarom Curbeira a Sermos Galiza. "Mais somos inocentes", insiste. Ademáis dos 15 meses de prisión para cada un (9 meses por 'atentado' e 6 por 'desordes públicas'), Aarom e Mario asumen unha multa de 150 euros cada un, mentres que para Atanes o importe da sanción é de 700 euros. Tamén van ter que estar localizábeis durante 6 días (Aarom e Mario), e 7 días para Atanes. Solidariedade "Aceptamos porque nesta xustiza vale máis a palabra dun policia que as probas que poidamos achegar nós. Ou sexa, que acusación e defensa non están en igualdade de condicións. E o pacto librábanos de ir ao cárcere", explica Curbeira, que agradeceu as mostras de apoio e solidariedade de organizacións galegas, vascas e cataláns, alén doutros territorios. Na entrada dos Xulgados de Fontiñas decorreu unha concentración de solidariedade cos 3 estudantes, mobilización na que estiveron presentes representantes de diversas entidades e organizacións, como Xosé M. Beiras e Antón Sánchez (Anova) ou Bieito Lobeira, Rubén Cela e Rafa Vilar (BNG).
PRAZA_18432
O comité de empresa lembra que a Constitución faculta o Goberno para a intervención de compañías se o esixe o interese xeral e para "salvagardar un sector estratéxico". "Polo momento, as presuntas ofertas son palabras e hipóteses", lembra.
Os traballadores de Alcoa na planta da Coruña volvéronse concentrar este venres fronte á factoría no polígono da Agrela. Pendentes de definir as mobilizacións e as datas nas que as levarán a cabo nos vindeiros días, o Goberno central continúa a negociar con investidores e o persoal agarda axiña a decisión sobre a denuncia presentada ante a UE polo ERE, que continúa enriba da mesa e cuxa paralización é agora o obxectivo primordial. De non paralizarse, ben por que a empresa o decida para negociar unha alternativa, ben por que o decida a propia UE, en decembro faríase efectivo ese expediente de regulación de extinción que poría na rúa 369 traballadores, algúns menos dos ameazados tamén na planta da multinacional estadounidense en Avilés. O persoal de Alcoa pide cautela respecto dos investidores e "non falar á lixeira" mentres só haxa "rumores" O delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada, insistiu este venres en que o Executivo está a traballar na busca de investidores para as plantas coruñesa e asturiana, tal e como avanzara xa a ministra de Industria, Reyes Maroto, nos últimos días. Con todo, desde o comité de empresa chámase á cautela. "Sabemos que hai interese de grupos en varias plantas, pero de aí a que poida haber unha proposta formal, con plans de investimento e de mantemento de emprego... Non se pode falar á lixeira mentres aquí seguimos con todo este sufrimento pera levantar a situación, que é o que está por riba de todo", di a Praza.gal Juan Carlos López Corbacho, o seu presidente. "Polo momento, todo son palabras e rumores, pero xa levamos moitos anos escoitando cousas", insiste quen cre que o labor de negociar ou buscar investidores correspóndelle ás administracións, "ao Goberno central e á Xunta", aos que empraza a presionar porque, lembra, "a empresa non se presta polo momento a falar de venda". "Non podemos valorar hipóteses", engade quen recoñece que a propia ministra lles advertiu do interese de varias firmas. O comité de empresa de Alcoa lembra ao Goberno que a Constitución permite intervir empresas por interese xeral Para López Corbacho, o ideal sería que administracións, compañías interesadas e a propia Alcoa artellasen unha solución para continuar coa actividade industrial e os psotos de traballo, pero tamén lembra que "o Goberno ten posibilidades se isto non é posible aplicando o artigo 128.2 da Constitución". Refírese ao que recoñece "a iniciativa pública na actividade económica", a posibilidade "mediante lei" de "reservar ao sector público recursos ou servizos esenciais", así como "acordar a intervención de empresas cando así o exisise o interese xeral". Non suporía, aclara, que o futuro da planta tivese que estar "baixo a SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) eternamente", pero si cre que "se hai que salvagardar un sector estratéxico, poderíase botar man desta facultade constitucional de haber un enquistamento nas posicións". "O ideal é sentarse e buscar solucións de consenso e que Alcoa estivese na mesa colaborando, pero se isto non é posible, o Executivo ten potestade dabonda e lexislación para buscar solucións", insiste. "O ideal é sentarse, buscar solucións de consenso e que Alcoa colabore, pero se non é posible, o Executivo ten potestade e lexislación para buscar solucións" Por último, e respecto das vindeiras mobilizacións, os traballadores e traballadoras de Alcoa están á espera de futuras respostas, tanto do Estado no que ten que ver nas negociacións como da UE respecto da denuncia presentada, para fixar un calendario. O que é seguro é que estarán o vindeiro día 8 en Avilés apoiando os compañeiros de Asturias e que seguirán coas protestas en Galicia.
PRAZA_14387
A Casa do Libro de Vigo vai acoller o xoves 27 a presentación de Sete de Biblos, obra que recolle cadanseu relato das cinco autoras e dous autores que gañaron as primeiras edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia. Agustín Fernández Paz participará na presentación do libro.
A Casa do Libro de Vigo vai acoller o xoves 27 ás oito da tarde a presentación de Sete de Biblos, obra que recolle cadanseu relato das cinco autoras e dous autores que gañaron as primeiras edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia. É o volume número 50 e derradeiro da colección Mandaio. Sete de Biblos permite unha nova achega ao traballo das firmes promesas xurdidas para a literatura galega na festa anual do premio que se celebra na Casa Grande do Bachao. Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas, Berta Dávila, Pablo García Martínez, Elena Veiga e Iria Morgade asinan traballos de gran interese con enfoques e contidos varios que so en ocasións nos lembran as novelas coas que obtiveron o galardón. Dos esforzos esperimentais aos relatos máis clásicos, das situacións máis violentas ás de maior tenrura, da realidade ao misterio, da guerra civil ás sorprendentes paisaxes do mundo virtual, de todo se pode atopar neste monllo de traballos que tratan desde a perspectiva dunha mirada xuvenil os temas eternos da vida. O escritor Agustín Fernández Paz, que no seu día foi o titor de Berta Dávila como gañadora do Premio Biblos, será o encargado de presentar o libro nun acto ao que asistirán a maioría dos autores. As bases da nova edición do premio, que levará desde esta novena edición o nome Biblos-Casa Grande do Bachao, poden consultarse en www.biblosclube.com. O galardón quedou deserto na edición deste ano pola "baixa participación", polo que María Xosé Queizán, escritora que debería ser a titora do autor premiado, fixo un chamamento para aumentar a participación o día no que se debería entregar o galardón.
NOS_35925
Ar Redadeg percorre 1.600 quilómetros polos cinco departamentos de Bretaña para recadar fondos destinados a financiar iniciativas e proxectos a prol do idioma.
'Ar Redadeg' ten xa en marcha unha nova edición. A carreira que durante 9 días (coas súas correspondentes noites) percorre Bretaña para recadar fondos cos que financiar proxectos e iniciativas de apoio e dinamización do idioma bretón. A carreira partiu de Nantes e finalizará o 9 de maio en Lokoal-Mendon após percorrer os 5 departamentos do país bretón. O financiamento obtense mediante a venda de 'quilómetros'. A 100 euros para particulares e colectivos e asociacións. A 200 euros o quilómetro para concellos e empresas. E son 1.600 quilómetros de carreira. Na edición anterior, 2014, pois son bianuais; recadáronse 165.000 euros. Deles, 40.000 reserváronse para organizar a carreira de 2016 e os 125.000 restantes foron para as 'Diwan', as escolas de inmersión lingüística en bretón. Os miles de participantes na iniciativa corren determinados tramos da carreira, pasando un testemuño que simboliza "a transmisión dunha lingua bretoa viva".
NOS_16624
A débeda pública galega prepárase para marcar outro máximo histórico en 2022. Após fechar 2021 cun total de 11.714 millóns, o Goberno galego, no seu proxecto de orzamentos para o seguinte ano, prevé un endebedamento de 12.207 millóns para o vindeiro exercicio. As previsións para 2022 continúan a tendencia da última década.
A débeda pública non deixou de medrar na Galiza desde a chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feixoo. Se á volta de 2008 se situaba en 3.954 millóns, representaba 6,80% do PIB e unha carga para cada galega e galego de 1.429 euros, 12 anos máis tarde chegou a 12.207 millóns, significou 18,72% do Produto Interior Bruto (PIB) e anotou unha contía de 3.680 euros por habitante. Segundo os datos fornecidos polo Goberno galego na súa proposta de orzamentos para 2021, os Executivos de Núñez Feixoo xeraron na Galiza unha débeda de 7.760 millóns de euros. O aumento do endebedamento foi constante desde 2009. O Goberno bipartito de PSOE e BNG logrou reducilo nun contexto de ampliación do investimento social, pasándose dunha débeda pública de 7,4% do PIB no último ano da etapa de Manuel Fraga a 6,6% en 2007. Porén, a tendencia mudou nos sucesivos gobernos de Feixoo. Neste sentido, as subas máis importantes da serie histórica correspondéronse coas anualidades de 2011, 2012 e 2017, até marcar o seu máximo absoluto ao longo deste ano, tras certificar o maior aumento porcentual desde 2011. Recortes sociais O aumento da débeda e do déficit público na etapa de Feixoo non está asociado á posta en marcha de políticas económicas expansivas, destacando a este respecto os recortes nos servizos públicos, nomeadamente na esfera sanitaria. A partida destinada á Atención Primaria nas contas públicas de 2022 sitúase en 1.389 millóns de euros, unhas cifras por baixo do último orzamento do Goberno bipartito, que en 2009 destinaba para este servizo 1.436 millóns de euros, que coa suba do Índice de Prezos do Consumo (IPC) equivalen a 1.619 millóns de euros de hoxe. O do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, construído mediante a fórmula de colaboración público-privada, é outro dos casos que explican o aumento da débeda. En virtude da citada fórmula, o Goberno galego ten que sufragar un canon anual até 2036 de 897 millóns de euros pola obra. En 2022 a Administración galega debe afrontar por esta actuación pagos de máis de 65 millóns de euros. O economista Albino Prada ten advertido de que o custo da posta en servizo do hospital público, dentro dun edificio privado polo que se paga cada mes un alugueiro multimillonario, duplica o prezo de pagalo con débeda pública. A maiores dos 11.714 millóns de euros recoñecidos como débeda, a Xunta da Galiza ten compromisos de pago até 2040 derivados de actuacións executadas mediante contratos de colaboración público-privada, por unha contía total de 2.050 millóns de euros. Así, mediante esta fórmula, financiouse a autovía AG-56 Compostela-Brión, a autovía da Costa da Morte, a autovía AG-52 coa fronteira portuguesa ou as vías rápidas do Salnés e o Barbanza. Sumada a débeda pública e as obrigas procedentes da colaboración público-privada o Goberno galego está obrigado a facer fronte a pagos por un monto total de 13.764 millóns de euros. A débeda no límite do máximo legal A débeda galega atópase no límite do máximo legal permitido. O Informe económico financeiro do proxecto de orzamentos de 2022 da Xunta da Galiza refírese ao "límite de débeda congruente coa anterior taxa, que é o importe máximo de endebedamento que pode acadar a comunidade autónoma para 2022". Na mesma dirección, apunta a un importante incremento da débeda para 2022, sinalando que "as previsións máximas de endebedamento neto dos orzamentos consolidados acadan os 492,6 millóns de euros, esgotando case na súa totalidade o límite máximo autorizado". O Informe económico financeiro do proxecto de orzamentos de 2022 advertía dunha evolución negativa entre ingresos e débeda así como dun aumento da carga financeira para o Goberno galego. Nesta liña, o documento recolle que "a relación entre a débeda e os ingresos correntes no ano 2021" será de "123% como consecuencia do aumento do stock de débeda previsto" aumentando no "vindeiro exercicio 2022 a 124%". Por outra banda, adianta unha suba nos intereses de débeda de cinco décimas para 2022, malia o contexto de tipos baixos que non grava a elevada carga financeira. A débeda pública galega non se pode disociar do actual sistema de financiamento. Se a posición de Núñez Feixoo negándose a acudir nun primeiro momento ao fondo de liquidez autonómico ou as dificultades xeradas pola situación derivada da gran recesión agudizaron o problema, as razóns últimas da alza da débeda pública están ligadas a un modelo de financiamento que se ten demostrado insuficiente para asumir os custos dos servizos públicos esenciais na Galiza. As palabras e os feitos O combate á débeda fai parte do relato da axenda neoliberal. Un discurso moi querido polos responsábeis da Xunta e polo propio Alberto Núñez Feixoo. Porén as palabras e os feitos camiñan neste caso por vieiros diferentes. A carga financeira do Goberno galego é un bo exemplo disto.
NOS_58148
Case un milleiro de antropólogas e antropólogos atópanse estes días en Santiago de Compostela na 14ª edición do Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF, nas siglas en inglés). Desde o 14 de abril e até o 17 do mesmo mes, 90 mesas servirán para que debatan especialistas chegados de máis de 50 países.
"Desde a década dos noventa do pasado século non houbo ningún outro evento semellante de antropoloxía no Estado español", explicou a presidenta da Asociación Galega de Antropoloxía e coordinadora do encontro Cristina Sánchez, "porque se van reunir figuras de primeira liña internacional neste ámbito". O lema é Rastreando cambios; reflexións sobre un mundo en transformación. A situación da antropoloxía en Galiza, o impacto do turismo ou a recuperación dos barrios son alguns dos asuntos tratados estes días na Cidade da Cultura -onde se impartiu a conferencia inaugural a cargo de Susana Narotzky sobre "as políticas económicas da incerteza"- e na facultade de Económicas da Universidade de Compostela. Ademais, haberá unha sesión plenaria especial dedicada integramente á antropoloxía galega e unha homenaxe ao pioneiro Camilo Lisón Tolosana, impulsor dos estudos universitarios da materia no Estado e investigador preocupado por Galiza. A organización enmarcou este debate "na especial precariedade" destes estudos no país, onde só é posibel cursalos a través da UNED. O Instituto de Ciencias do Patrimonio, pertencente ao CSIC, a UNED e as universidades de Santiago, A Coruña, Vigo e Trás-os-Montes organizan o Congreso da SIEF. Patrocinan, ademais das entidades organizadoras, a Xunta, a Deputación da Coruña e mais a Wenner Green Foundation.
NOS_43369
Após a anulación do PXOM de 2008 o proxecto de macrocentro comercial, que suporía a desaparición de 300 mil metros cadrados de monte veciñal en man común, non ten posibilidades de se desenolver a curto ou medio prazo. No entanto, na cidade olívica existe unha forte campaña propagandística para asegurar que o novo PXOM o permita.
Porto Cabral é a denominación coa que o fondo de investimentos Eurofunds, aliado coa promotora Intu, baptizou un proxecto de macrocentro comercial e recreativo no polígono de Liñeiriños, na parroquia viguesa de Cabral. Para alén do seu nome, pouco se coñece desta iniciativa que ameaza con facer desaparecer 300 mil metros cadrados de monte veciñal en man común. Apenas algunhas infografías publicadas na imprensa, nas que se presentaban espazos como unha lagoa artificial navegábel, pistas de esquí artificial e o reclamo da instalación de grandes marcas como Ikea. O certo é que desde que en 2013 se comezara a falar deste proxecto, a día de hoxe na Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo non hai ningún expediente iniciado. Nin unha soa páxina consignada. Anuncios, promesas e moita propaganda. Pero máis nada. Catro anos despois non se coñece ningún detalle concreto dun proxecto pantasma que continúa a ameazar o monte de Cabral. Desde que se anunciou en 2013, o fondo de investimento Eurofunds inda non presentou un proxecto concreto A anulación do PXOM do 2008 deixou fóra do ordenamento urbanístico o seu posíbel desenvolvemento. Porén, os sectores favorábeis á súa instalación, liderados pola Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral --malia esta ter rexeitado xa na altura de 2013 en asemblea apoiar o proxecto--, iniciaron durante o verán unha forte campaña propagandística e axitativa que procura sumar apoio social ao reclamo de que o novo PXOM vigués permita a súa instalación. A campaña inclúe unha intensa recollida de sinaturas, baixo a promesa de que Porto Cabral ha de supor 4 mil postos de traballo para a cidade. Polo momento xa lograron 15 mil sinaturas, mais agardan totalizar 25 mil para acompañar unha proposición non de Lei diante do Parlamento. Orixes O PXOM aprobado en 2008, e anulado por decisión xudicial en 2016, prevía un ámbito urbanístico en Cabral, o polígono de Liñeiriños, que afectaba 300 mil m2 de monte veciñal en man común, habilitando (na cualificación urbanística) a posibilidade de que se instalasen usos de tipo comercial e loxístico. No entanto, o desenvolvemento do polígono tería de ser, si ou si, de iniciativa pública, e dado que sería necesaria a expropiación pública deses terreos de monte comunal, sería indispensábel a motivación do "interese público", e este debera ser sempre superior ao beneficio que supón a existencia do propio monte. Antes da anulación, na altura do 2013 un fondo de investimento (Eurofunds) anuncia a súa intención de promover a instalación dunha "grande área comercial e de lecer", o proxecto Porto Cabral. O mesmo inclúe unha lagoa artificial navegábel, unha pista de esquí, amais dun xigantesco centro comercial. Sobre ese modelo xa se construíron outros espazos como Porto Venezia en Zaragoza, cuxo impacto supuxo un duro golpe para o pequeno e mediano comercio local e unha destrución neta de emprego no sector comercial. Imposibilidade legal Anulado o PXOM de 2008, a ordenación urbanística na cidade olívica pasou a se rexer polo PXOU do ano 1993, no mesmo non figura o polígono de Liñeiros, e polo tanto, un proxecto como Porto Cabral en ningún caso podería instalarse nese lugar. Para ser realizábel, Porto Cabral necesita que o novo PXOM que non se aprobará antes de 2022 o permita En 2016, a maioría absoluta do Partido Popular, aprobou no Parlamento galego unha modificación legal que permitía que nos concellos cun PXOM anulado, se poidan legalizar proxectos de iniciativa pública e de acreditado interese xeral ou supramunicipal, en ámbitos concretos, sempre e cando estes xa estivesen contemplados no planeamento anterior e co acordo entre Xunta e Concello. A través dese mecanismo legalizouse, por exemplo, a recente ampliación da factoría de PSA Peugeot-Citroën no polígono da Zona Franca en Balaídos. Porén, polas características do proxecto de Porto Cabral, e sobre todo dado que o mesmo inclúe expropiacións, este non podería legalizarse a través desa vía. Aliás, na ordenación provisional que está a tramitar o Concello de Vigo entrementres se elabora o novo PXOM tampouco tería posibilidade de se materializar un proxecto das características de Porto Cabral nesa localización. Catro anos despois do seu anuncio, Porto Cabral fica sen opcións a curto e medio prazo. Só a súa inclusión no novo PXOM, que non se aprobará de maneira inicial antes do segundo semestre do ano 2022, podería viabilizar que esta polémica iniciativa empresarial se tornase en realidade. Nese sentido, a campaña pública a prol do proxecto estaría a perseguir lograr o maior abrigo social para facilitar que o Goberno municipal, arestora con maioría absoluta do PSOE, non lle fechase as portas no próximo plan. Dentro desa campaña inclúese a iniciativa da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral –presidida por un significado militante do PSOE--, e outros colectivos afíns, de promover unha Iniciativa Lexislativa Popular para levar ao Parlamento galego unha Proposición non de Lei (con efectos políticos mais non lexislativos) instando a Xunta a facilitar a instalación de Porto Cabral cualificándoo de proxecto de "grande interese público" e/ou de "interese supramunicipal", para legalizar urbanisticamente esa operación malia estar anulado o PXOM. Oposición O PSOE no Concello de Vigo non parece apoiar esa opción, inda que apoia Porto Cabral, e defende volver incluílo no PXOM, posibilidade á que se opoñen radicalmente tanto o BNG como o grupo municipal de Marea de Vigo. O PP de Vigo afirma non ter fixada unha posición definitiva, inda que non ten realizado ningunha declaración nin aceno de rexeitar o proxecto de Porto Cabral. A maioría das comuneiras, colectivos ecoloxistas, comerciantes e BNG e Marea de Vigo opóñense ao macrocentro comercial, que si é apoiado por PSOE e PP. Os colectivos opositores a Porto Cabral, fundamentalmente nucleados polo sector crítico coa dirección da Comunidade de Montes, veciñanza do barrio, colectivos ecoloxistas, a maioría das asociacións de comerciantes da cidade e partidos políticos (BNG e Marea de Vigo), están a traballar en dar contestación á campaña de intoxicación promovida por Eurofunds e a Comunidade de Montes e da súa ILP, a través de accións conxuntas. Para iso, levan varias semanas avanzando na posibilidade de constituír unha "mesa de traballo" aberta a todas as entidades e colectivos sociais que quixeren sumarse á oposición a Porto Cabral, e na que queren contar cos tres sindicatos. En maio de 2013, CIG, CCOO e UGT, por iniciativa do sindicato nacionalista, emitiron un posicionamento conxunto no que expresaban o "rexeitamento" ao proxecto de Porto Cabral. Prevese que nas vindeiras semanas se inicie un calendario de accións no marco dunha contracampaña á iniciada por Eurofunds.
NOS_38115
A taxa de cobertura era en 2009 superior a 63% e na actualidade está en 57,4%, dous puntos por baixo da media estatal.
Das 166.000 persoas que na Galiza están rexistradas no paro unha parte significativa, 79.116, non perciben ningún tipo de prestación ou cobertura. Son cen máis das que había no mes anterior. Son, pois, 79.116 persoas que están no desemprego e non teñen ningún tipo de prestación ou axuda por esta situación. A taxa de cobertura por desemprego pasou de estar en 63% en 2009, inicios da crise, a ser agora de 57,4%. Unha porcentaxe que está por baixo da media española en case que dous puntos. No conxunto do Estado é de 59,2%. Mais das 87.110 persoas que están no paro e son beneficiarias dunha prestación, só 44% delas perciben prestacións de carácter contributivo. Hai máis de 41.000 parados e paradas na Galiza que reciben cobertura denominada 'asistencial' (subsidios, renda activa de inserción e PAE). Desas 41.000 só 5 están no programa de activación para o emprego (PAE). A contía media da prestación de carácter contributivo está de media mensual en 790 euros (máis de 800 no Estado e a das asistenciais entre 420 e 430 euros). Os fogares de oito comarcas galegas teñen nas prestacións sociais a súa principal fonte de ingresos. Trátase de Os Ancares, A Fonsagrada, Quiroga, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova e Viana. Segundo un informe publicado polo Instituto de Estatística de Galiza (IGE), nestas comarcas o volume salarial que entra nos fogares é menos que as prestacións. A porcentaxe da poboación maior de 65 anos supera 36% nestas oito zonas, cando a media de Galiza é de 23,98%, segundo os indicadores demográficos do IGE.
NOS_30807
Cunha frase que fora empregada polo candidato a lehendakari, Patxi López após os comicios do 21-O, o aínda líder d@s socialistas galeg@s describiu a realidade actual do PSdeG durante a súa intervención inicial no Comité nacional, que decorre este sábado na capital galega.
Pachi Vázquez apelou ao longo da súa intervención no Comité nacional d@s socialistas, á necesidade de abriren "un período de análise e debate profundo sobre o camiño que debe seguir o socialismo galego e español para recuperar a credibilidade perdida". Esa é para Vázquez a principal eiva que está a padecer o proxecto político que representan, non só na Galiza senón no Estado español. Cun discurso centrado na análise dos resultados electorais obtidos pola formación nas eleccións ao Parlamento galego, Vázquez salientou a perda de confianza "do noso electorado habitual" que ao seu entender "non nos cre", o que motivou "o castigo ao que fomos sometidos nas eleccións municipais, nas autonómicas e nas xerais". Asumindo a súa propia responsabilidade, Pachi Vázquez asegurou que @s socialistas afrontaban as eleccecións "nunhas circunstancias que dende logo non eran o mellor escenario para concorrer" e apelou ao proceso de mudanzas "internas e o desgaste que iso conleva" para afirmar que non só foran "erros propios" os que desencadearan a diminución de apoios o 21-O. Neste senso, Vázquez asegurou que "toca analizar as causas" da perda de confianza que padece o proxecto socialista, mais engade "non é un problema exclusivo do socialismo galego, é un problema do socialismo español", sentenciou ao tempo que engadíu, "o noso partido adoece neste momento de falta de confianza", cuestión cuxa solución pasa, segundo o líder do PSdeG, por re-pensar o discurso político e o proxecto a defender "nunha sociedade en crise", dixo. Así pois, emprazou á militancia socialista a enfrontar "un debate a fondo" cara a "renovación" do proxecto e da propia formación a través do tratamento --de cara ao Congreso extraordinario que terá lugar o vindeiro día 13-- de catro eixos fundamentais: política económica, política social, o modelo de Estado e o modelo organizativo. Vázquez bate contra o PSOE e os 'protagonismos' Na súa interpelación, Pachi Vázquez recuncou en diversas ocasións na perspectiva estatal e europea e alentou á militancia galega a participar "activamente" na Conferencia política que se convocará no vindeiro Consello federal fixado para mediados de decembro. Para Vázquez, tanto o Congreso extraordinario galego coma a Conferencia política estatal deben "ser a porta de entrada para un novo tempo para o socialismo galego e español". Así as cousas, o voceiro socialista subliñou a necesidade de que este sexa un tempo "para a militancia" e non "para aventuras persoais", na procura de calmar posíbeis cobizas internas. Aliás, Vázquez asegurou que a organización debía mudar e que as persoas que toman parte da mesma debían "respectar máis ao partido". Finalmente, fixo un chamamento á militancia para que participe no proceso de debate que se abre, pois dixo, "é o momento de plantexar propostas que axuden a resolver problemas, non a complicalos máis".
PRAZA_10442
O fiscal pide que se abran novas causas tras escoitar conversas dun responsable de Veicar, a empresa que xestiona a maioría dos parques comarcais de bombeiros, con funcionarios da Academia Galega de Seguridade Pública e o consorcio ourensán
O fiscal pide que se abran novas causas tras escoitar conversas dun responsable de Veicar, a empresa que xestiona a maioría dos parques comarcais de bombeiros, con funcionarios da Academia Galega de Seguridade Pública e o consorcio ourensánAs escoitas telefónicas da Operación Enredadera puxeron de manifesto non só a trama para amañar concursos públicos de xestión semafórica en toda España, tamén outros posibles casos de corrupción independentes, o fiscal cita ata 25, que hai que investigar. Así, segundo o escrito do 15 de abril ao que tivo acceso este diario, a Fiscalía considera que un dos responsables de Veicar, a empresa galega raíña nas concesións de parques de bombeiros, cometeu varios delitos polas súas conversas cun cargo da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), dependente da Xunta, e co xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense, un achado casual que hai que investigar xudicialmente.Gerardo Feijóo Feijóo, responsable de Veicar que está imputado tamén en Enredadera, tivo unha conversa o 21 de febreiro de 2017 con R. F. P., da Academia Galega de Seguridade Pública. A chamada, segundo o informe policial, realízaa o segundo, e dille que lle chama "por un tema da licitación dun seguro". Dille que xa teñen o contrato preparado e Feijóo di que llo mande. R. F. P dille que sacarán unha licitación e que eles, en referencia a Feijóo, terán que facer a mesma oferta, ao que el contesta que si, e que se cinguirán ao prego.O fiscal considera que tanto o responsable de Veicar como un cargo da Academia Galega de Seguridade Pública deben ser imputados polos presuntos delitos de prevaricación, uso de información privilexiada e fraude á administración públicaPara o fiscal, tanto Gerardo Feijóo como R. F. P. deben ser imputados polos presuntos delitos de prevaricación, uso de información privilexiada e fraude á administración pública. Este diario tentou obter a información de ambos. Gerardo Feijóo declinou facer declaracións. R. F. P si que atendeu a este medio e mostrouse sorprendido pola investigación que reclama o fiscal. "E quen é Gerardo Feijóo? Quen é ese señor?", preguntou nun principio. Pouco despois recoñecía que tratara con el porque Veicar realizou un curso obrigatorio para o seu persoal na Academia de Seguridade. Era un requisito indispensable para conseguir a concesión de parques en Ourense. "Pero pagaron eles á Academia", asegurou o responsable. En concreto, algo máis de 79.000 euros.Con todo, este home manifestou non ter nin idea da conversa reflectida no informe policial e que serve de base á Fiscalía para pedir a súa imputación. "A Academia non sacou un só concurso en 2017. O único seguro que se tramitou é o xeral da Academia, duns 7.000 euros e convidouse a varias empresas", engadiu para despois facilitar a este diario o nome de todas as aseguradoras convidadas. R. F. P tamén recoñeceu que o número que aparece reflectido no informe é o do seu despacho da Academia de Seguridade. Este funcionario considerou que a súa aparición na causa só podía obedecer a un erro e convidou a este diario a solicitar a Transparencia cantos documentos considerase oportunos.Segundo o fiscal, o responsable de Veicar tamén cometeu delitos de prevaricación no nomeamento de cargos públicos e tráfico de influencias para colocar un fillo no parque de bombeiros do CarballiñoGerardo Feijóo tamén cometeu, sempre segundo o escrito do Ministerio Publico, presuntos delitos de prevaricación no nomeamento de cargos públicos e tráfico de influencias. Baséase nas conversas que mantivo con varios cargos da Deputación de Ourense, nas que figuran un home identificado como 'José Antonio' e outro como 'Celso', este último sería o xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros, no que son socias ao 50% a Xunta e a Deputación. Nelas ponse de manifesto como Feijóo encárgase de que coloquen a un dos seus fillos nun parque de bombeiros.A Policía reflicte nos seus informes que o 27 de febreiro de 2017 Feijóo "chama a José Antonio (Deputación de Ourense) e dille que mandou a relación e horarios do curso de formación. Conclúen que só a praza de Xefe de Servizo xa está adxudicada (ao seu fillo Adrián) e logo hai 30 aspirantes a cabo, bombeiro e para a bolsa. Ante a pregunta se está decidido o Xefe de Servizo, Gerardo Feijóo contesta que está máis que probado, unha persoa de confianza da empresa, ...e aproveito para dicirche... é fillo meu, é o maior meu... é arquitecto e ten cursos de formación en tema de emerxencias... é o meu fillo maior... e... os outros aspirantes... loxicamente xa sabes ti como se fai isto...". Ademais, hai outras conversas días antes co seu fillo Adrián nas que confirma que José Manuel estívolle ensinando o parque de bombeiros de Betanzos.Días despois, o 3 de marzo, hai unha nova conversa, pero esta vez é con 'Celso', unha persoa que o fiscal non identifica pero que sería xerente do Consorcio de Bombeiros de Ourense. Na charla, este repróchalle a Feijóo que o seu fillo, ao que se vai a colocar como xefe de servizo no parque do Carballino está "a facer as prácticas sen carné". Un dos requisitos é ter o carné de conducir C. En chamadas posteriores, Feijóo aclara que o seu fillo sacará o C cando teña o posto.O xerente do Consorcio de Bombeiros atendeu a este diario e aclarou que Adrián Feijóo efectivamente é o xefe de servizo do parque do Carballiño desde que se abriu, algo "normal", tendo en conta que "é Veicar, a concesionaria do servizo, a que selecciona ao seu propio persoal", algo no que nin o Consorcio nin a Deputación entran. Ademais, asegurou non lembrar as conversas con Gerardo Feijóo porque se remontan a dous anos atrás. "É normal que falemos, é a concesionaria, pero debería ser Feijóo quen explicase isto", engadiu. O fiscal unicamente pide que se deduza testemuño, por estas conversas, contra Feijóo.
NOS_47948
Tan só unhas pequenas leiras fican sen edificar no barrio da Agra do Orzán da Coruña, unha zona onde viven 30.000 persoas e que se atopa afogada por altos edificios, estreitísimas rúas e cero zonas verdes, sen prazas nin servizos públicos. Desde a asociación veciñal Agra do Orzán reivindican que non se constrúa nestas derradeiras parcelas libres e se reserven para zonas verdes.
Nos anos 60, co chamado "desarrollismo", comezouse a construír sen parón no barrio coruñés da Agra do Orzán. Actualmente esta zona atópase asolagada de altos edificios escasamente separados por estreitas rúas e carece de zonas verdes, prazas e lugares de socialización así como dos máis mínimos servizos públicos. A Agra do Orzán congrega ademais 12% da poboación da cidade da Coruña, acollendo case 30.000 persoas, o que lle outorga unha densidade de poboación de 70.000 habitantes/km2 (a media da cidade está en 6.500 hab/km2). Sermos Galiza conversa con Marisol Mirás Mouro, secretaria da asociación veciñal, sobre as reivindicacións que o colectivo está a realizar para lograr servizos públicos para o barrio e a edificabilidade cero nas últimas parcelas libres que quedan sen construír coa finalidade de que sexan reservadas para zonas verdes e prazas públicas. Como evolucionou a Agra do Orzán? É un barrio que xa naceu mal alá polos anos 50 e 60 durante o chamado "desarrollismo". Os construtores tiveron permisos para erguer altos edificios, case todos sen ascensor, con trazados que non previron nin as infraestruturas máis básicas. Temos rúas moi estreitas e beirarrúas moitas veces inexistentes. Aquí non se fixo ningún tipo de equipamento: non hai escola, nin centro de saúde, nin prazas públicas. Naceu mal o barrio e naceron mal moitos edificios, pois unha grande parte deles están construídos con area de praia Naceu mal o barrio e naceron mal moitos edificios, pois unha grande parte deles están construídos con area de praia. Aquí hai medio areal das dunas de Barrañán e de Baldaio, e iso supuxo moitos problemas debido á mala calidade da construción. En canto a equipamento e servizos non temos nada alén dunha igrexa. Cando se desenvolveron as zonas da contorna da Agra isto si se contemplou e, de feito, temos que ir ao barrio do Ventorrillo para acudir centro de saúde, ao colexio, ao instituto... Reivindicamos equipamentos públicos de carácter social para o barrio, escolas infantís, centros de día, o arranxo do mercado de abastos, creación de zonas verdes e prazas públicas Polo tanto o barrio non evolucionou desde que se ergueu nos anos 60 e para mostra só basta ver que as demandas da asociación veciñal Agra seguen as ser as mesmas que realizaba cando esta se estabeleceu legalmente no ano 1976. Desde entón até hoxe seguimos a reivindicar equipamentos públicos de carácter social para o barrio, escolas infantís, centros de día, o arranxo do mercado de abastos, creación de zonas verdes e prazas públicas. Poucas leiras fican sen construír na Agra. Temen que sexan edificadas? Só quedan dúas parcelas libres. Unha pertence ao Estado e está sen construír porque nela desenvolve a súa actividade o Observatorio Meteorolóxico. Temos informacións de que este centro pode ser trasladado a outra zona, pois xa recortaron moitas das funcións de investigación que antes se realizaban nas súas dependencias. Se isto sucede e esta parcela fica libre tememos que as empresas construtoras se lancen sobre ela, polo que reivindicamos que se designe de edificabilidade cero. É a última oportunidade que nos queda para termos unha zona verde e unha praza pública no barrio Na mesma zona hai outras parcelas privadas que forman unha zona denominada "o polígono 22". É a última oportunidade que nos queda para termos unha zona verde e unha praza pública no barrio. Desde a asociación veciñal animan a cidadanía a solicitar edificabilidade cero e zonas verdes nesas parcelas. Onde poden facelo? O anterior goberno municipal da Marea Atlántica fixo unha proposta de informe sobre esa zona, o polígono 22, destinada á Consellaría de Medio Ambiente, xa que é o paso previo a poder facer unha modificación puntual do PXOM. O concello fixo até catro propostas, mais en ningunha delas contemplou a edificabilidade cero, que é o que demandamos ao propio Concello, Xunta e Ministerio O concello fixo até catro propostas, mais en ningunha delas contemplou a edificabilidade cero, que é o que demandamos ao propio Concello, Xunta e Ministerio. O informe está pendurado na web da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e está exposto para recibir comentarios da cidadanía. Por iso animamos a veciñanza a facer a súa solicitude nese informe a prol de que non se constrúa nesas parcelas. Desde a asociación veciñal xa apresentamos o noso comentario a esa proposta de modificación puntual do PXOM, pedindo que se esgoten as vías para a rebaixa da súa edificabilidade; tomando como principais argumentos a alta densidade de habitantes, a escaseza de espazos públicos de calidade e zonas verdes, e a mala configuración do seu espazo público; o que fai que apostemos en que esas parcelas se convertan no "Parque do Agra", un espazo libre imprescindíbel para o barrio.
PRAZA_14620
O candidato do PSdeG subliña que "ir a manifestacións non vale nada se non se vota" nun acto con mocidade no que Eduardo Madina equipara a Feijóo e Rajoy con Margareth Thatcher polo seus "recortes da cohesión social"
A campaña electoral galega foi baixando de ritmo a medida que foron pasando os días e foi caendo, por veces, en latitudes próximas á atonía. Esta sensación semella que foi tamén percibida no equipo de campaña do PSdeG e, se cadra por iso, o candidato socialista á Presidencia, Pachi Vázquez, está a converter a mobilización do electorado que "quere cambio" nun dos eixos do seu discurso. Fíxoo o mércores e o xoves no Carballiño e en Monforte e fíxoo de novo, se cadra con máis intensidade, este venres en Santiago nun acto coas Xuventudes Socialistas. Nun dos discursos máis enérxicos dos que se lle levan escoitado ao longo da carreira electoral Vázquez lanzoulles un chamamento aos máis novos do PSdeG: "animade aos desanimados, dádelles ilusión aos desilusionados". Porque a remuda no Goberno "é posible", subliña. Non lle valen ao líder socialista os apartados dos inquéritos xa publicados que manteñen ao PP nunha maioría absoluta máis ou menos cómoda. "Ás enquisas, nin caso", exhortou aos seus, botando man dun exemplo que está na mente de parte dos dirixentes da formación. "Que lle pregunten polas enquisas a [Javier] Arenas", o que fora candidato dun PP andaluz que "aínda ten o champán na neveira", por non poder utilizalo para unha vitoria electoral que, di, daban por segura. Para Vázquez o dato a salientar dos estudos demoscópicos é o que reflicte "cantos cidadáns queren cambiar o goberno" e eses, di, son "a inmensa maioría", aos que cómpre engadir "o 40% de indecisos" que "non son do PP, son nosos". A esas persoas que aínda non decidiron o voto tamén se dirixe Pachi Vázquez: "Equivocámonos, si, fixemos cousas mal, pero isto é un horror", porque a actual situación socioeconómica "vai de quen paga a crise". "Vainos saír ben, non teñades medo!", asegura. Vázquez: "Nós fixemos cousas mal, si, pero isto é un horror, porque isto vai de quen paga a crise" Transformar o "cabreo" cos recortes en votos para o PSdeG semella ser o principal reto dun candidato que alerta do "cataclismo" social que pode traer consigo, na súa opinión, un novo mandato do PP en Galicia. Pero "un país non se cambia chorando, cámbiase votando", un "cambio" que, afirma, é o seu "soño". "Ímoslle dar a volta a este país, non o van coñecer", promete, "empezando" por abordar o problema do desemprego. "Se o paro é o principal problema, estamos parvos ou que?", cuestiona Vázquez. "Diremos que hai esperanza, que non podemos seguir tendo os mozos na casa ata os 40" e neste punto, di, é no que se insire o seu plan de "25.000 bolsas contrato" para inserir laboralmente mozos e mozas "en empresas produtivas, non en concellos ou deputacións". "Xa sen que non é moito, 500 euros ao mes pagados polo goberno galego"; "non é resolverlles a vida, pero é poñelos en contacto" co mundo laboral. Isto, explica, suporá 39 millóns de euros ao ano investidos na mocidade, a "sala de máquinas do país". Madina equipara a Feijóo e Rajoy con Thatcher Madina cre que "o cambio en Galicia" será "o primeiro gran aviso a navegantes" contra os recortes do PP O acto de Xuventudes Socialistas, simbolicamente vixiado por unha figura de Mariano Rajoy en posición desafiante, estivo coprotagonizado polo secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso, Eduardo Madina, que é tamén un dos dirixentes máis mozos do PSOE. Nunha intervención que por veces raiou o ton académico Madina instou os seus compañeiros de filas a seren conscientes da "transcendencia histórica" das eleccións do 21 de outubro. "Estase xogando unha parte importante do futuro" pero "non só deste país", senón do conxunto do Estado, explica. O PP, alerta, fixo "da súa forma de goberno" un "deseño ideolóxico" para rematar coa "cohesión social". "Chámanse Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo, poderían chamarse Margaret Thatcher", ilustra. Os recortes "da dereita", di, merece que "a sociedade galega" que "non se resigna a coller a maleta" para emigrar "saque a Feijóo para sempre do seu despacho". "Porque cando o PP nos fala de recortes fala de cohesión social", tentando, como Thatcher, di, que "o poder estea sempre nas mesmas mans, a perpetuidade". Por todo isto, asegura, Madina, o "cambio" en Galicia ten que ser o "primeiro e maior aviso a navegantes" para os conservadores en todo o Estado. "O primeiro gran combate xógase aquí", advirte. Coa banda sonora do videoclip co que as Xuventudes Socialistas ilustran esta campaña Pachi Vázquez culminou o acto cun vaticinio: "o día 21 ides levar unha grandísima sorpresa e unha grandísima alegría".
PRAZA_9019
A Oficina do Censo Electoral remitiu nos últimos meses de 2018 a documentación para que a poboación procedente da UE e de Estados con acordos con España que queira participar nos comicios poida votar. No caso da cidadanía comunitaria os trámites son tamén para as eleccións europeas, que tamén se celebran o 26-M
A poboación estranxeira que queira poder votar nas eleccións municipais do 26 de maio ten que ter en conta dúas datas inminentes para realizar os trámites. A primeira, a do 15 de xaneiro.A Oficina do Censo Electoral remitiu nos últimos meses de 2018 unha comunicación por correo postal á cidadanía de países cos que España asinou acordos recoñecendo o dereito ao sufraxio nas eleccións municipais (Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Corea, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai, Perú e Trinidad e Tobago). Todos eles teñen ata 15 de xaneiro para facer inscribirse no censo electoral.A Oficina do Censo Electoral remitiu nos últimos meses de 2018 a documentación para que a poboación estranxeira que queira participar nos comicios poida votarNesta comunicación, enviada por correo postal, detállanse os datos persoais, as instrucións para que poidan votar nas próximas eleccións e unha clave de tramitación telemática (CTT) que haberá que usar no caso de realizar o rexistro por Internet. No entanto, quen non recibisen esta comunicación poderán tamén solicitar a súa inscrición ao censo electoral a condición de que cumpran os requisitos acordados.Para poderen realizar a inscrición estas persoas deben ser maiores de 18 anos e ter en regra a inscrición no Padrón municipal. Ademais, deben ter residencia legal dun mínimo de cinco anos -3 para a poboación orixinaria de Noruega- . A quen non lles faciliten o código CTT por non constar na Oficina do Censo o seu Número de Identidade de Estranxeiro (NIE), terán que inscribirse por correo postal ou, presencialmente, no seu Concello.Cidadanía doutros Estados da UEVigo é o concello galego que ten rexistrada máis poboación procedente da UE, seguido da Coruña, Ourense e LugoTamén tiveron que recibir esta comunicación nas últimas semanas as persoas procedentes doutros Estados da UE se non a recibiron en anteriores comicios. No seu caso, teñen ata o día 30 de xaneiro para manifestaren a vontade de votaren.Así mesmo, tamén tiveron que recibir esta comunicación cada unha das persoas de procedencia dos países que forman parte da Unión Europea (UE) e que residen en España, que dispoñen de prazo até o 30 de xaneiro para manifestaren a súa vontade de votar nas eleccións.No caso de Galicia a Oficina do Censo Electoral ten datos de cidadanía procedente doutros Estados da UE en todos os concellos agás Rairiz de Veiga. O que máis persoas orixinarias do espazo comunitario ten rexistradas é Vigo, con algo máis de 1.000, seguido da Coruña, Ourense, Lugo, Oímbra e Santiago.O trámite para poder votarPara que a cidadanía estranxeira con dereito a voto poida participar no 26M ten que inscribirse no censo por unha destas vías:Por internetDeeberán acceder á Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE), https://sede.ine.gob.é e no menú de arriba elixir a pestana ' Trámites'. Alí terán que seleccionar Inscrición no Censo Electoral de Estranxeiros Residentes en España de cidadáns nacionais de países con Acordos'. Por correo postal As persoas interesadas deben remitir a declaración formal que recibiron na casa á súa Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. A data límite é o devandito 15 de xaneiro.No ConcelloIdentificándose co seu documento de identidade de estranxeiro e achegando unha copia do mesmo. No caso de persoas con nacionalidade norueguesa ou islandesa é tamén válido o seu DNI. Tamén cómpre achegar un certificado de residencia.Estas opcións son as mesmas para a cidadanía da Unión Europea que desexe participar dende España nos comicios ao Parlamento Europeo, que se celebran o mesmo día. No caso da cidadanía do Reino Unido, a posibilidade de que participe ou non nas municipais e nas propias eleccións europeas depende do Brexit.O pasado outubro a Xunta Electoral Central decidiu que non fosen excluídos a priori e iniciou os trámites para eles con normalidade. Advertiunos, non obstante, de que esta é unha previsión cautelar que deixará de ter efecto se se consuma a separación de Reino Unido o 30 de marzo de 2019, como polo momento segue estando previsto.
NOS_2248
Máis de 1.800 hectáreas calcinas en Galiza en apenas catro días. Críticas á falla de planificación, estratexia e medios do goberno.
En apenas catro días arderon en Galiza máis de 1.800 hectáreas e volveron a se evidenciar eivas e erros na política de loita contra os incendios. Desde a falla de persoal e material até a tardanza en intervir [denunciada polo alcalde de Verín, onde decorreu o peor lume no que vai de ano]. A isto engádense os reproches pola ausencia de compromiso para apostar na prevención ou polo ermo que hai nas políticas para reverter o abandono no rural. A oposición volveu instar a Xunta esta segunda feira a que abra os ollos e comprobe que hai algo que non vai ben na súa política forestal. En Marea ve necesario un cambio de modelo na actual política forestal, que non é quen de poñer fin aos incendios que ano tras ano afectan Galiza. Patricia Vilán (PSdeG) critica que desde a administración galega a súa política contra os lumes se base en deixalo todo en mans "da natureza", en confiar en que a climatoloxía non sexa adversa. Para a socialista, para alén de non haber o mínimo interese na prevención, o goberno de Feijóo ten montado un "chiringuito" en torno aos incendios que non lle interesa tocar. Luís Bará (BNG) lembrou que os nacionalistas levaban tempo advertindo da necesidade de máis medios e persoal para loitar contra os incendios, Criticou que o executivo de Núñez Feijóo non teña medidas e accións para evitar o abandono do monte e do rural e lamentou que se intente tapar co recurso á culpabilidade dos incendiarios a responsabilidade da administración. A estatística que elabora cada ano o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente reflicte a traxedia que para Galiza veñen supoñendo os lumes no último medio século. Así, hoxe sábese que desde o ano 1968 ardeu unha superficie equivalente a 55% do país, isto é, 1,6 millóns de hectáreas das 2,9 millóns que conforman o territorio galego. As cifras son estarrecedoras. Ben é certo que na última década os efectos dos incendios se reduciron sensibelmente, mais, con todo, Galiza segue a liderar este dramático ranking.
PRAZA_4497
FotoTrabadas é un concurso organizado pola Asociación Trabalingua, da Universidade de Vigo, no que abonda con tirarlle unha fotografía aos erros linguïsticos que se queira denunciar.
"Vaia trabada á lingua!", "Esa trabada é das que doen...", "Toma trabada ó dicionario!"... Repetimos estas frases con frecuencia cando, día a día, atopamos algunha incorrección lingüística grave, máis graves aínda cando aparecen nalgún documento oficial ou na sinaléctica viaria. A Asociación Trabalingua lanzou hai unhas semanas un proxecto para animar a todas as persoas que así o desexen a envíarlles imaxes daqueles erros linguïsticos que queiran denunciar, seguindo o ronsel aberto o pasado ano coa iniciativa "Ti informas, Trabalingua denuncia". FotoTrabadas é un concurso organizado por esta asociación da Universidade de Vigo no que os usuarios e usuarias só teñen que tirarlle unha fotografía aos erros que detecten e compartíndoa en Facebook, Twitter ou Instagram coa etiqueta #fototrabada para poder gañar un marco de fotos electrónico e mais un lote de libros. O prazo está aberto até o día 2 de febreiro, e polo momento recibíronse xa unha vintena de imaxes, case todas enviadas por mulleres, destacan dende a organización. O gañador ou gañadora será a autora da imaxe qe reciba máis gústames na páxina de Facebook da asociación. A Asociación sinala que "pese ás nosas anteriores accións de denuncia, que afortunadamente deron bos froitos nalgúns casos, o certo é que a situación do galego na administración segue sen ser a desexable". E están convencidas de que "a mellor ferramenta para denunciar esta situación é a visual, de aí os autocolantes que usamos na campaña pasada". Porén, engaden que "son tantos os casos en que se percibe a falta do galego ou un mal uso da nosa lingua que non conseguimos chegar a todos" e de aí a aposta polas novas tecnoloxías e as redes sociais. Sinais de tráfico, cartaces de eventos ou de información, letreiros... Son algunhas das denuncias que polo de agora optan aos premios. Quen se anima?