ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_58
CIG-Industria de Ourense considera "inadmisíbel" os feitos e acompañou o operario na comparecencia no xulgado.
Primeiro foi despedido da empresa, Cumegal, "por concorrer ás eleccións sindicais na lista da CIG", e posteriormente, foi denunciado perante a Garda Civil por repartir panfletos "denunciando a represión sindical á que foi sometido". A CIG-Industria de Ourense considera "inadmisíbel" a actitude da empresa e quixo amosar a súa solidariedade para con este traballador. Así, o secretario comarcal da federación, Indalecio Gónmez, acompañou a este traballador durante a súa comparecebcia xudicial nos Xulgados do Carballiño.
PRAZA_20098
O acto de entrega tivo lugar este domingo no Concello de Bueu, organizador do certame. María Reimóndez obtivo o galardón na categoría de poesía
Montse Dopico e María Obelleiro recolleron este domingo en Bueu o Premio Johán Carballeira de xornalismo. A nosa compañeira en Praza Montse Dopico foi recoñecida pola reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural", publicada en Luzes; María Obelleiro, polo texto "O apartheid sanitario na Galiza", publicado en Sermos Galiza. O acto, ao que asistiron medio cento de persoas, estivo presidido polo alcalde, Félix Juncal, e os concelleiros e concelleiras do goberno municipal Silvia Carballo, Fidel Castro, Teresa López e Ana Isabel Otero, ademais de Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos Johán Carballeira. A entrega dos galardóns inseriuse no marco dunha charla sobre o tratamento das mulleres nos medios de comunicación, impartida por Llerena Perozo coa participación das dúas premiadas. Nesta charla, que se celebrou ao mediodía na Sala Domínguez Búa, a editora e feminista encargouse de facer un percorrido pola situación de infrarrepresentación que viven as mulleres en todos os ámbitos da vida, pero máis concretamente no xornalismo. Perozo falou de conceptos como o "teito de cristal", e sobre como a maior parte dos postos directivos están ocupados por homes, aínda que as mulleres sexan maioría nesta profesión. Pola tarde celebrouse no Centro Social do Mar o VI Festival Poético, no que se inseriu a entrega do Premio Johán Carballeira de Poesía, que este ano chega xa á súa vixésima edición, e que recalou no poemario Galicia en bus de María Reimóndez. O acto estivo presentado por Manuel A. Mosteiro, e contou coa participación dos poetas Daniel Costas e Xosé María Álvarez Cáccamo.
NOS_54502
O Consello Político Nacional de EU ratificou estav fin de semana á coordinadora nacional, Yolanda Díaz. Díaz afirmou nunha entrevista en Ser Galicia, que a coalición con Anova goza de boa saúde ("non houbo nin unha discusión ideolóxica" no grupo parlamentar) e que AGE recolle os desexos de cambio da cidadanía
Nunha entrevista na cadea Ser Galicia, Yolanda Díaz defendeu AGE como a fórmula que está a amosar ser válida para canalizar e recoller os desexos cidadáns de poñer fin ao actual sistema político. Díaz defendeu a coaligación con Anova ("non houbo nin unha discusión ideolóxica que nos diferenciase") e mesmo afirmou que "hai formacións políticas que traballan todos os días para que AGE rache". Díaz sinalou na entrevista que "a xente votounos para rachar co discurso político" existente, tanto no fondo como na forma, de aí apuntou a que no Parlamento AGE opte por un posicionamento afastado de "moqueta". Considera que "o actual rexime está cada vez máis en cuestión" e, nese sentido, acrecentou que a ferramenta de AGE vai ter moito que dicir. Extrema dereita A coordenadora de EU en Galiza cualificou o goberno de PP de "extrema-dereita", e atacou a reforma da lei eleitoral proposta por Feijóo, cualificouna de "pucheirazo" que "agrede a minorías políticas e electorais". Electa Yolanda Díaz afirmou na súa reelección como coordenadora de EU que "a responsabilidade de Esquerda Unida nesta nova etapa política pasa por artellarmos unha ferramenta de loita quen de parar as políticas da dereita". A nova executiva nacional de Esquerda Unida está composta por nove persoas. Trátase dun órgano cuxa responsabilidade primeira, como aseverou Yolanda Díaz, é a de "facer de Esquerda Unida un dos piares fundamentais para a construción do bloque alternativo quen de facer confluír a todas as forzas da esquerda transformadora no proxecto de non só parar as políticas destrutivas da dereita encabezada por Feijóo, senón tamén de construír a alternativa política".
NOS_58363
Organizacións ambientalistas e sociais critican que o Goberno galego achegue fondos públicos para a "promoción do 'lobby' mineiro".
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, deu comezo nesta segunda feira, na Cidade da Cultura de Compostela, ás xornadas Minerais estratéxicos para a industria galega, cuxa programación se estende até a cuarta feira. "A industria e a minaría son dous vectores inseparábeis desde o punto de vista do proceso de sostibilidade cara o que camiñan o tecido produtivo e a nosa economía, polo que temos que, cada vez con maior intensidade, vencellar todas as actividades mineiras á propia industria", apuntou. Na súa intervención, Conde tamén salientou que a Estratexia de Minaría Sostíbel na que está a traballar a Xunta busca "favorecer a economía circular, acompañar as necesidades do sector industrial e o desenvolvemento da propia minaría e compatibilizar o medio ambiente coa creación de emprego e oportunidades". Neste senso, incidiu na necesidade de diminuír a dependencia da industria de determinadas materias primas e situar o sector mineiro como un "aliado" para a modernización das principais cadeas de valor. "Falta de transparencia" Diversos colectivos sociais e ecoloxistas, como a plataforma Mina Touro-O Pino Non, Cornado Mina Non ou Ecoloxistas en Acción, acusaron o Goberno galego de "esquecer" os seus compromisos sobre o cambio climático ao "achegar fondos públicos para promocionar" nestas xornadas o lobby mineiro, un sector "directamente responsábel dunha emisión de gases de efecto invernadoiro que oscila entre 4 e 7%". No encontro participaron representantes das empresas promotoras dos proxectos mineiros de Varilongo (Santa Comba), San Finx (ídem) e San Rafael (Touro e O Pino), mais non foron convidadas as organizacións ecoloxistas. Así as cousas, desde a plataforma de Touro-O Pino lembraron as dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza da Galiza que obrigan a Xunta a permitir o acceso aos expedientes das subvencións outorgadas á Cámara Oficial Mineira e a Asociación Galega de Áridos, que terían por obxectivo crear campañas "de propaganda positiva da minaría". O colectivo acusa o Goberno galego de "falta de transparencia" e "desobediencia" dos fallos xudiciais, xa que aínda non os cumpriu.
NOS_57769
A Xunta entregou as Medallas Emilia Pardo Bazán no 8-M, e concellos e deputacións levaron actos reivindicativos pola igualdade.
As institucións galegas conmemoraron o Día Internacional das Mulleres con distintos actos en prol da igualdade. Na Coruña, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, presidiu o acto de entrega das medallas Emilia Pardo Bazán, galardón co que o Goberno recoñece persoas e colectivos que traballan pola igualdade, nesta edición: a Federación de Mulleres Rurais de Ourense, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e, a título póstumo, Megumi Shiozawa, que presidiu a Casa Galiza Xapón. Deputacións e Concellos Tamén na Coruña, o presidente da Deputación, Valentín González, presidiu un acto ao redor da Árbore da Igualdade, instalado pola institución nos xardíns de Méndez Núñez e en cuxas ramas cidadás e responsábeis sociais e institucionais puideron pendurar mensaxes. A Deputación de Ourense presentou as actividades organizadas polo 8-M, entre as que se inclúen un espazo expositivo virtual, un vídeo debate sobre as mulleres na pandemia e a creación da aplicación 'Vou-contigo', que facilita información e recursos ante malos tratos ou agresións sexuais. En Lugo, a fachada da sede da Deputación ilumínase estes días de lila e loce unha pancarta que reivindica "Querémonos vivas, libres e iguais". E pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, incidiu nun acto desenvolvido na cidade do Lérez na necesidade de conmemorar un 8-M "máis reivindicativo que nunca", á vez que criticou que se trate de "criminalizar" o movemento feminista prohibindo manifestacións. Aliás, no Concello de Pontevedra, todas as edís do Goberno municipal comunicaron que secundaron a folga. Mentres, en Santiago, os grupos da corporación participaron na lectura de textos de autoras como Xela Arias ou Rosalía de Castro. En Lugo, a alcaldesa, Lara Méndez, presidiu un acto en que se leu unha declaración institucional aprobada polo pleno e no Concello de Ourense concedeuse o Premio Clara Campoamor á Igualdade ás traballadoras do Servizo de axuda ao fogar. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou na presentación do libro Cidade das mulleres. Veciñas ilustres da Coruña. Na cidade de Vigo, a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presidiu un pleno do Consello municipal da muller, e rendeuse homenaxe a pensadoras e escritoras feministas.
PRAZA_1042
Ademais do Congreso da AIEG, celebrado en Bos Aires, houbo encontros académicos en Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Brasil, Estados Unidos e Francia. Alemaña e Estados Unidos organizarán tres importantes eventos máis nos vindeiros meses
O mes de abril que vén de rematar resultou excepcionalmente fecundo para os Estudos Galegos, coa celebración de oito encontros académicos en sete países de todo o mundo. Ademais do Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), celebrado en Bos Aires, houbo congresos en Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Brasil, Estados Unidos e Francia. Alemaña e Estados Unidos organizarán dous eventos máis nos vindeiros meses. A AIEG destaca "a boa saúde dos Estudos Galegos" , demostrada nestas citas A AIEG destaca "a boa saúde dos Estudos Galegos" , demostrada nestas citas. "Estas citas demostran tamén que os Estudos Galegos se van asentando nas axendas de investigación con estratexias que navegan entre dous polos: dunha banda, eventos académicos que visibilizan a existencia dos estudos galegos, e da outra, a infiltración noutros eidos de investigación, onde as problemáticas de Galiza teñen moito que achegar para a comprensión de fenómenos tan complexos como a migración, a xeopolítica ou a globalización". "Con todo, estes dous eixos de actividade non se exclúen mutuamente e pódense combinar de xeitos diversos para propiciar outras propostas e formatos na internacionalización dos Estudos Galegos". engaden. A Asociación fai igualmente un balance moi positivo do seu congreso trianual, que tivo lugar en Bos Aires entre os días 6 e 8 de abril. O evento contou con máis de 120 asistentes chegados de Galicia, Arxentina, Alemaña, Brasil, Reino Unido, Polonia e Estados Unidos, entre outros países provenientes de catro continentes. O Congreso contou cunha grande participación por parte da comunidade e do asociacionismo galego en Bos Aires. Durante a celebración da Asemblea Xeral saíu elixida nova xunta directiva da AIEG para o período 2015-2018, encabezada por Carmen Mejía Ruiz, profesora titular da Universidade Complutense de Madrid e responsable do Centro de Estudos Galegos desta cidade. A vindeira edición do Congreso da AIEG celebrarase en Madrid en 2018. A Asociación fai igualmente un balance moi positivo do seu congreso trianual, que tivo lugar en Bos Aires entre os días 6 e 8 de abril Ademais, nas últimas semanas celebrouse o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos (I EBEG) na Universidade Federal da Bahia (Brasil); a University of Exeter (Reino Unido) celebrou o décimo aniversario da posta en marcha dun panel específico sobre Estudos Galegos dentro da celebración da Annual Conference of the Association of Hispanists of Great Britain and Ireland (AHGBI); en Irlanda, na University College Cork, tivo lugar o simposio Texts and Identities: A Symposium on Contemporary Galician Studies e tamén as xornadas Translation, Language and Performance on the Galician Stage. Tamén houbo unha presenza destacada dos estudos galegos e as súas temáticas en encontros científicos celebrados na Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3, na Universidade de Varsovia e na Universidade Nova de Lisboa. En xaneiro celebrarase a a MLA Annual Convention, en Austin (Texas), onde os Galician Studies terá por vez primeira unha sección propia. De igual xeito, na University of Wisconsin-Milwaukee celebrouse o simposio Galician Studies North America: Creating Community, Bridging Gaps, abrindo camiño para o vindeiro 2016 cando neste mesmo país terán lugar dous importantes eventos. O primeiro será entre o 7 e 10 de xaneiro, durante a celebración do congreso anual da Modern Languages Association, a MLA Annual Convention, en Austin (Texas), onde Galician Studies terá por vez primeira unha sección propia. O segundo desenvolverase na tamén estadounidense University of Michigan-Ann Arbor, terá lugar o II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos: Renovación académica, comunicación artística e innovación social entre os días 20 e 23 de abril. Tamén está aberta a chamada á comunicacións para a sección de Estudos Galegos dentro do 11º Congreso Alemán de Lusitanistas, que terá lugar en Aquisgrán (Alemaña), o próximo 16 de setembro de 2015. O seu título é Cibercultura, linguaxes e medialidade. Hibridación e conflito nos espazos xeoculturais galego e lusófono.
NOS_6747
O ditador Francisco Franco reinicia en 1937, mediante a publicación dun decreto, a ofrenda ao Apóstolo Santiago como obriga institucional e determina a data do 25 de xullo como "Festa Nacional Española" en contraposición ao "Día Nacional de Galiza" que fora instaurado en 1920 polas Irmandades da Fala, que pasará a celebrarse na emigración, no exilio e na clandestinidade.
O rei Filipe IV instituíu en 1643 esta ofrenda co obxectivo de compensar a Igrexa compostelá e de conservar o padroado de Santiago, perante as presións á Coroa española de que fose San Miguel o patrón de España. Este acto mantívose até que as Cortes de Cádiz acordaron a súa supresión, durante o goberno revolucionario de 1869 anulouse a contribución económica e interpretouse como unha nova suspensión, o que propiciou que perdese interese. Só foi rescatado por Afonso XII en 1877 e Afonso XIII en 1909, ao visitaren Santiago e realizaren a ofrenda con motivo do Ano Santo. Na Segunda República española, o Goberno rexeita darlle continuidade a este acto de marcado simbolismo relixioso e político conservador. Segundo as lendas, o Apóstolo Santiago prestáralle a súa axuda na Reconquista aos cristiáns, co obxectivo de que vencesen os musulmáns, por iso no ideario franquista da cruzada iniciada en 1936 agardábase que apoiase tamén na "reconquista da España roxa". Deste xeito, o 21 de xullo de 1937 Franco restabeleceu por decreto a ofrenda ao Apóstolo, explica a profesora Laura Lara Martínez en Simboloxía e relixión na España franquista preconciliar. En 1943, Franco usou a propia data do 25 de xullo para indultar presos políticos e en 1949 o artista Arturo Reque Meruvia pintou o mural da Alegoría de Franco e a Cruzada onde o Caudillo aparece retratado baixo o cabalo branco do Apóstolo Santiago. Porén, esta cruzada emprendida por Franco en coincidencia cos actos de enxalzamento das lendas do Santiago Matamouros é contraditoria co seu nomeamento como comandante do Exército de África e a incorporación da Garda Moura como símbolo do réxime. Para acoller a multitude de persoas na celebración da ofrenda de España ao Apóstolo Santiago, na década de 1950 realizáronse obras na Catedral de Santiago para eliminar o coro dos canónigos, porque se este precisaba espazo para "unha cerimonia que recuperou o franquismo e que poñía de manifesto a clara inclinación relixiosa do Estado español", expón a profesora Pilar García Cuetos na investigación Restauración e reconstrución monumental en España 1938-1958. "Eu felicítovos, Excelencia, por ser elixido por Deus para reafirmar a nosa Unidade Católica e para asentar en España este sistema de relacións entre a Igrexa e o Estado", replicoulle o cardeal Fernando Quiroga Palacios, na ofrenda ao Apóstolo do 25 de xullo de 1954, presidida por Franco logo de que se se fixese unha promoción turística do Camiño de Santiago no estranxeiro. Foi nomeado presidente da Conferencia Episcopal Española 12 anos despois. O daquela ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, foi encargado de realizar unha campaña internacional para publicitar o Camiño de Santiago en 1965, data en que se realizan numerosas obras tanto na cidade como en monumentos significativos da ruta xacobea. Ese 25 de xullo, o NO-DO transmite unha reportaxe da ofrenda ao Apóstolo protagonizada polo ditador, acompañado por ministros e militares golpistas que acoden cada Ano Santo compostelán á bautizada como "praza de España" naquel momento. No Ano Santo de 1971 volveuse usar a data do 25 de xullo para aplacar as reivindicacións de amnistía e Franco conmutou as penas de morte dos presos do Proceso de Burgos. Coa chegada da democracia, a praza do Obradoiro recuperou o nome orixinal mais durante a chamada Transición española non se suprimiu esta ofrenda ao Apóstolo Santiago, de marcado carácter político-relixioso e de simboloxía inzada da xenofobia das cruzadas. En 1976, o rei Xoán Carlos de Borbón e a súa familia apresuráronse a participaren o 24 e 25 de xullo nestes actos para recibiren un baño de multitudes, mais non exento de faixas reivindicativas. Un mes despois, congregáronse na misa do peregrino 5.000 rapaces da Organización Juvenil Española (OJE) procedentes de todo o Estado español nun acto de reafirmación do réxime. Na actualidade, para presidir este acto do Patrón de España, mantense a presenza da delegación da realeza con destacada asistencia militar e eclesiástica, ao tempo que se celebran noutros lugares da cidade de Santiago de Compostela as mobilizacións reivindicativas e festivas do Día da Patria Galega.
PRAZA_15457
O secretario xeral dos socialistas coida que o partido debe comezar a "recuperarse" nas eleccións europeas e municipais. "Se alguén sabe como se fai iso ás présas, mellor para todos", di.
Pachi Vázquez terza no debate interno. Tras semanas de silencio ao respecto o secretario xeral do PSdeG aproveitou este sábado a súa presenza no consello territorial do PSOE en Madrid para deixar caer a súa mensaxe a respecto dos movemento que se están a producir no seo do partido de cara ao vindeiro proceso congresual. Na xornada en que botaba a andar a corrente interna En Positivo e case á mesma hora á que, en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro ratificaba a súa aposta por "dar un paso á fronte cando chegue o momento", Vázquez "celebrou" a existencia de debate interno porque todas as voces "enriquecen coas súas achegas a procura de solucións". Pero sempre "dende unha grande unidade e sen présa", advirte. Mentres na sede federal do PSOE se producían tensos intercambios de pareceres -o que máis, segundo as novas que chegan dende Madrid, entre o líder do PSOE madrileño, Tomás Gómez, e Alfredo Pérez Rubalcaba- Vázquez consideraba que o PSdeG está agora "no gran debate" e non "en debates pequenos sobre persoas". Ata o momento "avanzamos coa constitución dun grupo parlamentario sólido" e agora "tócano straballar por un modelo de sociedade e un novo modelo de partido nas datas que sempre propuxen", abonda. Vázquez sitúa o inicio da recuperación nas europeas e nas municipais: "se alguén sabe como se fai iso ás présas, mellor para todos" Neste contexto, o líder dos socialistas galegos sinala que o seguinte paso a dar é a convocatoria dunha Executiva nacional para o vindeiro luns, na que o PSdeG "abordará o calendario e as propostas" que o partido trasladará ao comité federal de xaneiro. "Temos que traer a Madrid unha proposta forte e sólida" para "adaptar o ideario socialista aos novos tempos", explica. De xeito paralelo, asegura, a súa intención é "construír unha alternativa propia para gobernar Galicia dentro de catro anos", se ben a "recuperación", di, debe comezar "nas europeas e nas municipais" de 2014 e 2015. Neste contexto, o do Carballiño bota man da retranca para sinalar que "se alguén sabe como se fai iso ás présas, mellor para todos", pero "hai que dar con fórmulas e solucións dende grandes consensos". "Un partido como o socialista, con vocación de goberno, ten que construírse en grandes consensos e grandes acordos e niso estamos traballando", asegura Pachi Vázquez, nun escenario no que, asegura, o PSOE no seu conxunto xa está a "sentar as bases reais para abordar os grandes cambios que está a demandar a sociedade de nós". As novas propostas programáticas, augura, "van ir acompañadas dunha remodelación orgánica" do conxunto do PSOE, "que debe virar o rumbo" para ser "máis áxil, máis vertebrado, máis operativo e útil nun momento en que a sociedade o está a pasar fatal". Todo isto, conclúe, "collerá corpo, calendario e datas" a partir do devandito comité federal.
PRAZA_18894
Hai un ano as taxas das autoestradas permaneceron conxeladas na práctica, pero para 2022 volven medrar
Hai un ano as taxas das autoestradas permaneceron conxeladas na práctica, pero para 2022 volven medrarA inflación elevada do último ano, obras pendentes de pagar que se repercuten nas peaxes e rebaixas e compensacións das administracións deixan para 2022 un panorama nas autoestradas galegas con subas de entre o 2% e o 3%. A suba máis baixa, de case o 2% será na estatal AP-53 Santiago-Lalín, nun punto medio quedarán as autonómicas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Vigo-Val Miñor, cun 2,5%, mentres que a AP-9 aumentará preto dun 3%. As propias autoestradas deben poñer a disposición dos seus usuarios información das novas tarifas actualizadas desde o mesmo momento da súa aplicación ás cero horas deste 1 de xaneiro.Hai un ano a inflación negativa dos prezos rexistrada en 2020 e a obriga de redondear as peaxes de 5 céntimos en 5 céntimos fixo que a gran maioría dos treitos das autoestradas galegas, tanto de titularidade estatal como da Xunta, visen conxeladas as súas taxas, nalgún caso mesmo con algunha lixeira redución, especialmente para os vehículos pesados. Iso non foi así no caso da AP-9 porque a caída da inflación foi compensada polo aumento engadido do 1% anual das peaxes co que gobernos centrais de PSOE e PP decidiron compensar durante 20 anos á concesionaria, Audasa, polo custo de ampliación da ponte de Rande, inaugurada hai agora catro anos malia seguir pendentes de rematarse varias obras na súa contorna.Durante o último ano esas peaxes non variaron, pero en verán comezaron a aplicarse na AP-9 as rebaixas para usuarios frecuentes implantadas polo Ministerio de Transportes que supoñen entre outras cuestións a gratuidade de calquera viaxe de volta realizada menos de 24 horas despois da de ida para calquera vehículo que dispoña de dispositivo de telepeaxe, ademais doutras rebaixas en treitos concretos.A AP-53 Santiago-Lalín será a autoestrada que menos suba, un 2%, e a AP-9 a que máis, un 3%, coas autonómicas do Val Miñor e A Coruña-Carballo nun punto medio, o 2,5%Agora, no caso das autoestradas de titularidade estatal, o Ministerio de Transportes vén de establecer, a partir de diversas variables entre as que a inflación é a principal, que as peaxes deben subir a partir do 1 de xaneiro de 2022 un 1,97% como porcentaxe xeral que en cada treito posible debe redondearse de cinco en cinco céntimos e en función de se no ano anterior o redondeo foi á baixa ou á alza. Esa suba xeral será a que experimente en Galicia a AP-53 entre Santiago e Lalín, a única autoestrada sen descontos.No caso da AP-9 a esa suba xeral o ministerio engádelle o outro 1% adicional acordado no seu momento como compensación pola ampliación da ponte de Rande e a entrada en Vigo, polo que a suba total será próxima ao 3%. O decreto co que o ministerio implantou no pasado verán o novo sistema de rebaixas na AP-9 contempla a posibilidade de que o Goberno de España decida cada ano se evita a aplicación dese 1% de suba adicional nas peaxes asumíndoo co que sobre de pagar o resto das rebaixas, opción que non se produce neste primeiro ano. Pola súa banda, nas autoestradas autonómicas a Xunta decidiu achegar medio millón de euros para que este ano, de xeito extraordinario, as peaxes non suban tanto como requiriría a inflación segundo as fórmulas empregadas para calcular as tarifas das dúas vías, a AG-55 A Coruña-Carballo e a AG-57 Vigo-Val Miñor. Aínda así, a suba nesas dúas autoestradas quedará nun punto intermedio ao das dúas autoestradas estatais, no 2,5%.
NOS_2757
Votará polo seu candidato ou absterase porque di, en "moitos casos" o seu proxecto está nas "antípodas" do que goberna a cidade desde hai 16 anos.
A Marea de Pontevedra, que obtivo nas eleccións municipais do 24 de maio 2 edís, non apoiará a investidura de Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) como alcalde. En troca, votará polo seu propio candidato, Luis Rei ou mesmo valora a abstención. Nun comunicado de imprensa a candidatura municipalista asegurou que en "moitos casos" o seu modelo de cidade está nas "antípodas" do que desenvolven @s nacionalistas desde hai 16 anos. Aliás, criticaron que o grupo maoritario --o BNG atinxíu 12 escanos-- "non se dirixiu" á Marea para iniciar un diálogo á fin de coñecer as súas demandas de cara ao primeiro pleno da lexslatura que terá lugar o 13 de xuño. Nunha asemblea decorrida con posterioridade aos comicios municipais avaliaron os resultados obtidos pola Marea (3.222 votos) como "moi positivos" xa que o seu obxectivo, sinalan, era "irromper con claridade" e evitar unha maioría absoluta facendo que "a dereita non avanzase". Neste senso, entenden que após as locais o proxecto poderá "ir avanzando como alternativa real nos próximos anos".
PRAZA_14835
Que lle compre, pois, ao noso Dereito electoral? Recuperar certa proporcionalidade que, de primeiras, esixe unha circunscrición electoral única para toda Galicia en toda caste de eleccións superalocais (galegas, estatais e europeas), evitando que o voto dun ourensán valla moito máis ca o dun coruñés ou ferrolán.
A nosa normativa electoral é a que é e cómpre acatar os resultados obtidos de acordo coa súa aplicación. Mais semella que as regras da representación non se están a cumprir de xeito moi acaido á vista de que o voto do 45% (28,5% do censo electoral) xera unha maioría absoluta de 41 sobre 75. A caída do segundo partido a niveis do vinte e poucos por cento poderá seguir a deparar esta caste de escenarios, á vista da fortísima corrección que a normativa D'Hondt impón a proporcionalidade a prol do partido máis votado. Proporcionalidade que, de primeiras, esixe unha circunscrición electoral única para toda Galicia en toda caste de eleccións superalocais (galegas, estatais e europeas), evitando que o voto dun ourensán valla moito máis ca o dun coruñés ou ferrolán Que lle compre, pois, ao noso Dereito electoral? Recuperar certa proporcionalidade, para non contribuír ao desleixo cara o público, evidente nas últimas eleccións na alta abstención e votación nula, en branco ou a prol do partido Escanos en Branco. Proporcionalidade que, de primeiras, esixe unha circunscrición electoral única para toda Galicia en toda caste de eleccións superalocais (galegas, estatais e europeas), evitando que o voto dun ourensán valla moito máis ca o dun coruñés ou ferrolán. Tamén require da substitución da regra D'Hondt por un sistema proporcional no que cada partido quitaría un número de escanos proporcional aos seus votos, adxudicándose os últimos escanos aos mellores restos. Xa que logo, cos resultados do 21-O, o PP tería 35 deputados e AGE 10. Neste sistema suprimiríase a pouco democrática limitación de acceso ao Parlamento ás forzas que obtiveran menos do 5% dos votos. Mais unha tal reforma requiriría dun certo consenso social e político e para iso compre,en primeiro lugar, asumir a plena conciencia de que o noso sistema electoral é antigo, pouco representativo e favorecedor en exceso dos partidos maioritarios e, nomeadamente, do bipartidismo. Ao mesmo tempo, a adopción das candidaturas abertas semella, tamén, inaprazábel. A arrincadeira: Unha Europa a 29? Rajoy e Cameron coinciden en ameazar escoceses e cataláns coa súa suposta exclusión da Unión de se decidir pola independencia, sen dúbida para lles asustar no seu imparábel proceso de autodeterminación. Territorios tan vencellados á Europa acadarían a plena integración como novos Estados da UE en moi pouco tempo, mesmo sen períodos transitorios. Alemaña e os pequenos e medianos Estados serían moi favorecedores desta integración. Ou sexa que ese conto, a forza de se repetir, cada vez vai asustar a menos xente.
NOS_36995
Xeopolítica internacional cunha visión galega.
O Igadi Annual Report 2020-2021: Nova normalidade e sociedade de risco global foi presentado nesta quinta feira, 15 de abril. a través dunha videoconferencia mediante Zoom. A 14ª edición do anuario que publica o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) identifica na emerxencia da Covid-19 o potencial punto de inflexión dos riscos acumulados pola sociedade internacional nas últimas décadas. O asalto ao Capitolio, as primeiras consecuencias do Brexit, a dificultosa xestión da produción e administración universal das vacinas alertan de novos escenarios que se veñen a sumar ás crises da última década, reflexionan desde o Igadi. O escenario electoral de 2021 en Alemaña e o caso Navalny en Rusia son analizados por Christoph Schreinmoser e Miriam Francisco, respectivamente. Tamén se analiza a situación en Marrocos, a China e as Américas, coa colaboración de David Alvarado, Lan Bo e Wesley ST Guerra. Ademais, entre outros, Alfredo Toro Hardy aborda a guerra tecnolóxica entre os EUA e a China; e María Xosé Porteiro, o impacto da pandemia sobre os feminismos.
NOS_17772
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática da Galiza (CPEIG) recoñece a transcendencia para a enxeñaría informática do labor de Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora da que este mes de marzo se celebra o 125 aniversario do seu nacemento.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática da Galiza (CPEIG) recoñece a transcendencia para a enxeñaría informática do labor de Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora da que este mes de marzo se celebra o 125 aniversario do seu nacemento. Leonesa de nacemento e galega de adopción, co gallo do Día Internacional da Muller, que se conmemorará o vindeiro domingo día 8, o CPEIG desenvolveu durante a xornada de onte un acto na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). En nome da homenaxeada asistiron ao evento tres das súas netas, María Luisa, María do Carme e María Elvira Souto Grandal, que recibiron das mans do presidente do Colexio de Enxeñaría Informática, Fernando Suárez, a figura institucional do CPEIG, unha peza da casa de cerámica galega Sargadelos. Participaron tamén no acto a directora da Escola Superior de Enxeñaría, Julia González, e o subdirector da ETSE, David Losada, xunto con outros profesores da Escola. Na súa intervención, Fernando Suárez fixo unha análise xeral da situación actual da enxeñaría en informática e do papel da muller, unha profesión que segundo indicou sofre unha "alta masculinización", con apenas 17% de mulleres. A pesar destes datos negativos, tanto no ámbito académico como profesional, Fernando Suárez asegurou que a informática "tamén é cousa de mulleres", e foron moitas as que xogaron "un papel crucial durante décadas", como a coñecida Ada Byron, filla do poeta Lord Byron, que pasará á historia como a primeira programadora. David Losada, pola súa banda, destacou a importancia de "visibilizar o talento feminino a través da figura desta pioneira da posguerra española", co obxecto de converterse nun "exemplo inspirador" para alcanzar o reto de aumentar o número de mulleres nos graos tecnolóxicos. Unha vida de película De pai farmacéutico e nai ama de casa, Ángela Ruiz Robles naceu na primavera de 1895 na vila leonesa de Villamanín. Xa desde ben pequena amosou a súa paixón e vocación pola ensinanza, comezando unha traxectoria como docente con tan só 22 anos, impartindo clases ininterrompidamente na Galiza desde o seu traslado, xa en 1918, á parroquia de Santa Uxía de Mandiá, en Ferrol. Non obstante, ademais da súa dedicación á ensinanza, tamén ten unha relevante obra científica. Escribiu un total de 16 libros entre 1938 e 1946, ideou diferentes inventos entre 1944 e 1949 e impartiu multitude de conferencias. O seu proxecto máis relevante foi a invención da Enciclopedia Mecánica. Patentada con data do 7 de decembro de 1949, recibiu a patente número 190.698 o 10 de abril de 1962, cando o Ministerio de Industria lle concede a segunda patente (número 274.246) de invención do Libro Mecánico- Enciclopedia Mecánica, ao que define como "aparato para lectura e exercicios diversos". Ángela dirixiu os traballos do prototipo da Enciclopedia Mecánica, construído no Parque de Artillería de Ferrol, e no ano 1970 rexeita unha oferta estadounidense para explotar as súas patentes, por querer que o libro mecánico fose desenvolvido na súa terra.
NOS_21694
A electricidade págase na Galiza 15% máis cara, tamén os carburantes (14%); o alugueiro disparouse até 16%, a froita fresca subiu un 11%, os ovos e verduras máis de 5%... O aumento do prezo en produtos básicos nestes meses contrasta cuns salarios inamovíbeis (0,1% de suba no primeiro semestre). E así, como no título da popular serie televisiva española, non hai quen viva. Eis un extracto da reportaxe que publicamos ao respecto no número 318 de Sermos Galiza.
Chegar a final de mes é para un de cada tres fogares galegos (32%) unha heroicidade e para case un de cada dez (8,6%) unha milagre. Son as familias que recoñecen, segundo o Instituto galego de Estatística, que acaban o mes con dificultade ou moita dificultade: 40%, miles de fogares galegos. Este 2018 está a poñer a proba a capacidade de resistencia das familias galegas para cadrar as contas, máxime cun horizonte ao que a desaceleración económica actual pon a etiqueta de preocupante. Non é de estrañar, logo, que o índice de confianza dos consumidores e consumidoras galegas caese en 1,2% no terceiro trimestre a respecto do anterior. Nestes meses o encarecemento da cesta da compra e de produtos básicos produciuse a unha velocidade de vertixe mentres os salarios están inertes: no primeiro semestre de ano o soldo medio na Galiza subiu en 0,1%. En paralelo, rexístranse incrementos de até 15% en produtos básicos. A perda de poder adquisitivo prodúcese a pasos de xigante. A luz e a electricidade aumentaron nestes meses en 15%. A mesma suba que experimentaron os carburantes (que só en agosto representaron 40% da inflación na Galiza). A listaxe de produtos cada vez máis caros durante este ano é moito máis longa. Abrangue desde o gas (suba por riba de 8%) até a vivenda (que nas principais cidades galegas entrou nunha espiral de encarecemento que deixou subas de até 16% nestes meses). Alimentos como as patacas (8%), a froita fresca (11%), os ovos e verduras (5,5%), o pan (1,7%)... E, como guinda, o incremento de peaxes na AP-9, que vai subir en 2% para compensar Audasa (desde 2010 as peaxes subiron en 25%). Pinga a pinga todo suma para incrementar as dificultades dos fogares galegos. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 318 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_47653
A Central Unitaria de Traballadores pide unha reunión coa CIG -a central que tomou a iniciativa e convocou greve xeral para o 19X- para tratar a necesidade da "unidade sindical" na convocatoria do paro.
O Secretariado Nacional da CUT propón unha xuntanza coa CIG para trasladarlle as súas consideracións sobre a convocatoria de greve xeral, e que fai públicas a través dun comunicado. Así, a CUT parte de que "a Folga Xeral é unha necesidade e unha urxencia obvia ante un contexto de recorte de dereitos sociais, económicos, civís e políticos para o conxunto do pobo traballador. Pero tamén é unha ferramenta de transformación social. Non caben convocatorias intempestivas, inútiles, propagandísticas ou mesmo electoralistas que sirvan a fins alleos aos intereses do conxunto das traballadoras e traballadores de Galiza". Considera que "unha folga mal convocada ou mal enfocada pode supoñer un retroceso histórico (…) é a desafección pola convocatoria pero tamén polo propio movemento sindical. Se ben este sindicato considera que CCOO e UXT son "tamén responsables e xestoras cómplices da actual", apela a conseguir que se sumen á convocatoria para que esta sexa masiva [no entanto, as centrais de ámbito estatal xa deixaron claro que non van secundar a greve]. CUT tamén advirte que "non imos permitir que se cuestione a utilidade dunha folga en chave nacional galega", en clara alusión ás manifestacións do secretario xeral da UXT, cuxo secretario xeral, José Antonio Gómez, cuestionou a eficacia dunha folga de ámbito exclusivamente galego. Para a CUT, " só existe unha opción de levar cara adiante esta convocatoria con garantías: a unidade sindical de todas as forzas que se sumen á convocatoria". De aí que aposte en "unha gran mobilización social que pase polo deseño dun programa de mobilizacións baixo o principio da unidade sindical e a igualdade entre centrais sindicais, asembleas en unidade sindical nos centros de traballo, mobilizacións previas conxuntas, a formulación de piquetes e accións de todas as centrais convocantes e tamén a convocatoria de mobilizacións unitarias e en pé de igualdade entre todas as participantes".
NOS_37017
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas do Estado español premiou co seu máximo galardón, os Premios Goya, as galegas Benedicta Sánchez, como mellor actriz revelación, e Mauro Herce, como mellor dirección de fotografía. Ambos os obtiveron o recoñecemento cinematográfico polo filme 'O que arde', de Oliver Laxe.
Benedicta Sánchez, aos seus 84 anos, fíxose co Premio Goya a mellor actriz revelación polo seu papel coprotagonista na longametraxe 'O que arde', do director galego Oliver Laxe. A actriz premiada subiu na noite so sábado 25 de xaneiro ao cenario da gala que todos os anos organiza a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas do Estado español e dedicou o galardón á súa familia, a Oliver Laxe e a todo o equipo do filme, referíndose en varias ocasións a Galiza e expresándose tamén en galego. "Son galega e quero tamén o Goya para Galiza", afirmou Benedicta Sánchez, após iniciar o seu discurso dicindo que "a vida dá sorpresas e esta é unha moi grande para a miña longa existencia". Tamén 'O que arde' foi premiada co Goya a mellor dirección de fotografía, que recolleu Mauro Herce. O director de fotografía do filme de Oliver Laxe competía con José Luis Alcaine, de 'Dolor y gloria'; Javi Agirre Erauso, por 'La trinchera infinita'; e Álex Catalán, por 'Mientras dure la guerra'. 'O que arde' tiña en total catro nominacións na gala dos Goya, xa que tamén optaba a ser premiada como mellor filme e mellor dirección. Finalmente ambos os dous premios foron para 'Dolor y Gloria', de Pedro Almodóvar, quen demandou desde o cenario aos poderes do Estado que axuden, protexan e se impliquen no cinema. 'O que arde' vén de ser premiado este mesmo mes como mellor filme europeo na XII edición dos Premios Gaudí da Academia del Cinema Català e é xa o filme galego con maior número de espectadoras ao superar a cifra da histórica 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro. En novembro de 2019, o filme de Laxe pasaba das 62.500 persoas que viron a longametraxe en salas. O vigués Santi Prego tamén estaba nominado pola súa interpretación como o ditador Francisco Franco en 'Mentres dure a guerra', mais finalmente o Goya ao actor revelación foi para Enric Auquer polo seu traballo na produción galega 'Quen a ferro mata'. Foi a gala número 34 dos Premios Goya e tivo lugar por primeira vez na cidade de Málaga. Foi apresentada por Andreu Buenafuente e Silvia Abril.
NOS_23604
O sindicato afirma que "non pode ser que no momento en que estes reforzos educativos son máis necesarios" a Consellaría decida "recortar o reforzo educativo" do que dotou os centros educativos.
A sección de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de facer público un comunicado no que exixe á Xunta que manteña os apoios educativos até o 30 de xuño, ante a pretensión da Consellaría de Educación de suspendelos o día 15 do vindeiro mes. "A CIG-Ensino recibiu nos últimos días comunicacións dos centros educativos, sobre todo de educación secundaria, e do persoal afectado, denunciando que o persoal do programa PROA (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio) vai ser cesado o 15 de xuño", explica a central no escrito. A CIG reclamará á Xunta a aplicación das melloras ao apoio educativo O sindicato sinala que "non pode ser que no momento en que estes reforzos educativos son máis necesarios" a Consellaría decida "recortar o reforzo educativo" do que dotou os centros educativos. Neste sentido, lembra que na educación secundaria o tempo entre o 6 e o 22 de xuño, segundo a orde de calendario, dedicarase á "preparación e realización das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, ampliación e titorización". O ensino, un "gasto" CIG-Ensino denuncia que "estamos ante a enésima mostra de que para o goberno do Partido Popular o ensino é só un gasto no que se pode e se debe aforrar". A falta de persoal eiva o apoio educativo Tamén afirma que se trata dunha "incongruencia máis da Consellaría de Roman Rodríguez" que, no momento en que son máis necesarios os reforzos, elimínaos.
PRAZA_1708
Cómpre apelar á responsabilidade e á intelixencia para non malograr esta oportunidade. Para non ser un obstáculo para esa sociedade viva que traballa por un cambio. Por esa pota galega que segue a ferver dende abaixo.
Nas últimas semanas tense escrito moito, moito, moito, sobre confluencias, sobre a fórmula en que os movementos transformadores deste país deben enfrontar as eleccións máis importantes dos últimos 38 anos. Apóñense razóns demoscópicas, aritméticas (a necesidade de sumar, de superar o PSOE, de vencer os límites da Lei D'Hont), morais e de coherencia (dada a evidente proximidade entre as propostas de Podemos, IU, Equo, Compromís; MÉS ou Anova), e razóns máis subxectivas, de ilusión, ligadas á importancia de xerar un momentum produto da converxencia de ideas diversas e complementarias nunha mesma candidatura (como sucedeu con AGE ou con Ahora Madrid). Eu quero incidir nestas últimas. O que estamos vivindo, esta aceleración histórica, naceu dun movemento de abaixo a arriba que puxo en cuestión o que semellaba inamovible. Sen ter perdido a súa forza, si necesita un novo impulso, necesita xerar un momentum de cambio Escoiteille algunha vez a Manolo Barreiro un proverbio africano que di que "a pota comeza sempre a ferver dende abaixo". En tempos de spindoctoring e de enxeñarías sociais, isto é tan certo coma sempre, máis aínda se cadra, cunha sociedade máis consciente, informada e interconectada ca nunca. O que estamos vivindo, esta aceleración histórica que emerxeu no 15M, naceu dun movemento de abaixo a arriba que puxo en cuestión o que semellaba inamovible. Sen ter perdido a súa forza, si necesita un novo impulso, necesita xerar un momentum de cambio. Podemos é o máis importante que pasou na política española nas últimas décadas. Soubo analizar unha realidade social e aplicar as ferramentas necesarias para mudar o taboleiro. Sabía como gañar. E iso é o que debe seguir poñendo en práctica. Podemos debe ser fiel á súa prédica, xogar para gañar, rachar cos corsés das estruturas partidarias. Efectivamente, non se pode presentar unha sopa de siglas ás eleccións xerais. Efectivamente, os comicios non se gañarán desde a esquerda retórica (si dende a programática) e cómpren novos imaxinarios que non escoren a proposta a un extremo do taboleiro. E, efectivamente, Podemos debe ser o actor principal. Xa o dixo Martiño Noriega:"Ninguén lle nega a Pablo Iglesias e a Podemos a centralidade do proceso de cambio". Pero o cambio non pertence a ninguén, é de todos e todas. Javier Gallego deu no albo: "Partamos de aí. Podemos-Iglesias como ferramenta fundamental. Desequilibrou o contrario pero non o sobrepasou. Para desbordar, hai que sumar os que non están dentro de Podemos nin queren entrar. Hai formas de conseguilo. Se queres que todo o mundo pase polo aro, faino máis grande". A marca é o de menos. O que conta é que a pota ferva dende abaixo. E a confluencia sería un golpe de lume indiscutible A confluencia ben podería darse no interior de Podemos se Podemos ofrecese unha actitude aberta que o propiciase, no canto de impor unhas inxustas, contraproducentes e -en moitos sentidos- absurdas listas-prancha. Sobre isto Antón Baamonde escribiu que "é natural que Pablo Iglesias queira construír un partido coherente. Pero estes non son os tempos. Aínda estamos na fase de emerxencia: non toca unha institucionalización prematura. Hai procesos de recomposición política no Estado Español que necesitan de tempo e diplomacia, non de OPAS arrogantes". O que quero dicir con todo isto é que a marca é o de menos. O que conta é que a pota ferva dende abaixo. E a confluencia sería un golpe de lume indiscutible. As razóns para a confluencia non poden ser só demoscópicas. Pero a demoscopia ou a aritmética importan As razóns para a confluencia non poden ser só demoscópicas, afirmou Beiras recentemente con razón. Pero a demoscopia ou a aritmética importan. Unha candidatura unitaria probablemente gobernaría hoxe en Aragón ou a Comunidade Valenciana, por exemplo. Debateuse moito sobre se as candidaturas municipalistas sumaron ou restaron, sobre se constituíron por si mesmas un plus. Á evidencia dos éxitos de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Cádiz e Galicia, a dirección de Podemos opuxo os datos rexistrados en moitas outras cidades nas que as candidaturas municipalistas apoiadas por Podemos obtiveron un resultado inferior ao de Podemos nos comicios autonómicos en solitario. Porén, a realidade é que en moitos destes casos non houbera procesos reais de confluencia ou, peor, presentáranse dúas e mesmo tres candidaturas de unidade. Ademais, unha das conclusións que se poden tirar das eleccións municipais é que a confluencia foi máis exitosa alí onde os comicios se xogaron nun terreo máis ideolóxico (grandes cidades). Na campaña electoral de AGE en 2012, ou nas das candidaturas de Marea Atlántica e Compostela Aberta e outras candidaturas municipalistas en 2015 produciuse un evidente efecto arrastre. Podías sentir como día a día aumentaban as opcións de triunfo, en parte polo convencemento de que a vitoria -por unha vez- era posible, en parte polo exemplo dado en unir, dende abaixo, dende a base, forzas e ideoloxías con mínimos comúns moi importantes. A confluencias son importantes para obter un bo resultado electoral. Pero son moito máis importantes noutros aspectos, comezando polas ligazóns con movementos sociais, plataformas profesionais, coa sociedade. Podemos avanzou moito neste senso -o partido ten apenas un ano e uns meses de vida- pero aínda está lonxe de contar cunha presenza social en todos os niveis acorde co seu peso electoral. E aí tamén poden xogar un papel outras forzas de cambio e movementos sociais. Dixo Antón Baamonde: "Non sería desaconsellable repetir o esquema de Ahora Madrid, de Barcelona en Comú, das Mareas galegas. Podemos, que aínda está en fase de emerxencia, tería moito que gañar de novos aportes humanos". Tamén son importantes as confluencias para construír interna e socialmente un posible goberno, para fortalecelo, para defendelo. Gañar as eleccións é difícil, pero o máis complicado ven despois, como xa están vendo case todos os gobernos liderados por candidaturas municipalistas. Cómpre esa unión. Unha unión que en si mesma sexa un parlamento da cidadanía agredida, da cidadanía deixada á marxe nos últimos catro anos, nos últimos trinta anos. Non só os desafiuzados, as paradas, os pobres e excluídos (aínda que moi especialmente eles e elas), senón tamén as empresas de enerxía renovable, os impulsores do autoconsumo eléctrico, os usuarios da bicicleta, as investigadoras sen acceso a un contrato, as feministas, os autónomos, as mileuristas, os pequenos produtores agrícolas e tantos e tantos outros colectivos. Espero que todo isto non sexa máis que unha longa partida de póquer, unha loita de egos masculinos que rematará cando todos admitan que as súas debilidades suman unha fortaleza moi grande Non sei como se resolverá. E espero que todo isto non sexa máis que unha longa partida de póquer, unha loita de egos masculinos que rematará cando todos admitan que as súas debilidades suman unha fortaleza moi grande, a primeira oportunidade real de mudar España (e Galicia) dende a Transición. Sen unión, posiblemente Podemos obterá un número moi importante, aínda que insuficiente, de votos e deputados. Pode parecer que IU é quen máis ten que perder, pois de non haber acordo é probable que quede (no mellor dos casos) cun par de deputados. Tampouco é esperable un bo resultado de AGE ou as Mareas (ou a Marea Galega) concorrendo sen Podemos nunhas eleccións que van estar completamente polarizadas entre tres grandes opcións (agás en Catalunya e Euskadi). Pero se para algunhas forzas o risco é a irrelevancia ou o extraparlamentarismo, para Podemos a diferenza entre un pacto ou a súa ausencia pode ser acadar o goberno ou non facelo. E ese risco corrémolo todos e todas. Galicia como exemplo "As cousas decote comezan nas marxes, periferias e arrabaldes", escribiu Antón Fernández de Rota. Na súa curta vida Podemos pasou o seu peor momento entre marzo e abril deste ano, coa primeira baixada nas enquisas (de moverse en cifras por riba do 25% pasou a facelo nun 15%) e a irrupción de Ciudadanos. Perdera o momentum, a posibilidade de presidir algunha comunidade e, aparentemente, a opción de gobernar tralas eleccións xerais. As eleccións municipais e autonómicas, a pesar de que significaron un incremento moi importante do poder do PSOE, foron lidas como un triunfo de Podemos, que recuperou algo de forza nas enquisas. A razón: as candidaturas unitarias (sobre todo de Madrid e Barcelona). "Sen outra irrupción marxinal, desde abaixo, desde os movementos a nivel municipal, a aposta de Podemos xa faría augas. Certo que o municipalismo e o presidencialismo engarzáronse de maneira virtuosa. O espazo aberto por Podemos contribuíu significativamente á chegada do partidos-movemento ás alcaldías de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Coruña, Cádiz e outras localidades menores. As vitorias destes renovaron a posibilidade de estar nas xerais de novembro con posibilidades", escribiu Fernández de Rota. Foron, sobre todo A Coruña e Compostela, exemplos modélicos de confluencia, de impulso cidadán, de xeración de redes, de construción dun novo espazo político, diverso, amable A xestión que agora fagan as Mareas (e Ahora Madrid, e Barcelona en Comú...) nestes primeiros meses de lexislatura será fundamental. Fundamental para o propio éxito do seu proxecto de cambio, e tamén como efecto arrastre para as eleccións xerais (e as galegas de 2016). As Mareas marcan o camiño, como tamén o fan Ahora Madrid e Barcelona en Común, pero se cadras as mareas galegas teñen algúns elementos propios que as fan aínda máis interesantes. Foron, sobre todo A Coruña e Compostela, exemplos modélicos de confluencia, de impulso cidadán, de xeración de redes, de construción dun novo espazo político, diverso, amable. Un exemplo de coordinación de forzas e pensamentos distintos. E un exemplo tamén de abandono das marcas. As confluencias nacen moitas veces da asunción dunha debilidade, e como reflexo dunha sociedade máis fragmentada, pero dunha sociedade -sobre todo- viva. Pero desa debilidade xorde un vizoso resultado. A propia debilidade das forzas políticas que tamén confluíron nas mareas galegas (Podemos-Galicia, EU, Anova, Espazo Ecosocialista, Equo...) facilitou o abandono dos corsés partidarios. Diluíronse para gañar. As mareas son a continuación dun proceso de conformación dun espazo político de ruptura que en só catro anos (dende o 15M) pasou de ser inapreciable a superar o 30% de voto en Compostela e A Coruña Ademais, as mareas son a continuación dun proceso de conformación dun espazo político de ruptura que en só catro anos (dende o 15M) pasou de ser inapreciable a superar o 30% de voto en Compostela e A Coruña. As mobilizacións de 2011 consolidaron un espazo político que antes estaba disperso e sen un referente. Como escribe Xoán Hermida na súa tese de doutoramento (Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE. 2002-2012), "a irrupción do movemento da indignación (15M) convértese no punto de arranque (simbólico) dun novo tempo político. O xurdimento de AGE, neste contexto, é a primeira concreción de novos interfaces políticos construídos en boa medida pola incidencia dos novos movementos sociais e abre un período de (re)construción dunha nova esquerda cívica, democrática e nacional". As mareas son unha nova oportunidade, unha nova fase deste proceso, se cadra cunha maior probabilidade de consolidación. Este espazo amosa, polas súas características, moitas debilidades organizativas, falta de concreción e coordinación nas fórmulas que adquire para concorrer aos comicios e exercer posteriormente a representación acadada Naceu, pois, un novo espazo político AGE-Podemos-Mareas diverso, extenso, flexible, con fronteiras difusas; que amosa, polas súas características, moitas debilidades organizativas, falta de concreción e coordinación nas fórmulas que adquire para concorrer aos comicios e exercer posteriormente a representación acadada, e tamén na conformación de redes e estruturas (por laxas e líquidas que sexan) para a incidencia na sociedade. Porén, a pesar da debilidade social dos partidos que forman a fronte de AGE e dos seus problemas a nivel comunicativo e estratéxico, o espazo político do que forman parte foise fortalecendo elección tras elección. Nas autonómicas de 2012 AGE obtivo o 13'9% dos votos, mentres que nas europeas de 2014 a suma de AGE, Podemos e Equo ascendeu ao 19,54%. O éxito deste espazo foi maior nas cidades, moi especialmente nas tres urbes da provincia da Coruña, onde xa en 2012 AGE fora a segunda forza en Compostela (21'8%) e A Coruña (20,62%) e quedara en Ferrol (20,18%) a un só voto do PSOE. En 2014 a suma de AGE-Podemos-Equo superou o 25% nas tres localidades. E nas municipais de 2015 as Mareas obtiveron o 34'58% en Compostela, o 30'89% na Coruña e o 26'93% en Ferrol (suma de Ferrol en Común e Marea Ártabra), unha porcentaxe inferior da que podemos responsabilizar á división deste espazo. A pesar da debilidade social dos partidos que forman a fronte de AGE e dos seus problemas a nivel comunicativo e estratéxico, o espazo político do que forman parte foise fortalecendo elección tras elección A súa fortaleza procede desa calor social, desa pota que seguiu fervendo dende abaixo. O electorado crecente demostrou ser moito máis constante e consecuente que as forzas políticas ou coalicións que asumían a súa representación, dando forma por si mesmo ás conseguintes marcas, e demostrando ao mesmo tempo que as marcas importan cada vez menos. Antón Dobao escribiuno hai unhas semanas: "AGE quedou xa superada por desbordamento, e esa é, precisamente, a proba do seu éxito (...) Un novo espazo de ruptura está conformándose como expresión dunha necesidade colectiva, de resposta e creativa, ou sexa, en absoluto resistencialista. Ten dificultades para se articular, por suposto, pero parece determinado a seguir desenvolvéndose". "O último paso desa recomposición política son as Mareas -engade- Non será o derradeiro". Dobao conclúe que "tras as eleccións municipais se consolida a configuración dun suxeito social que teima en mudar o estado das cousas. E ese suxeito opta por non comprar marcas (...) Xa non se trata nunca máis de competir pola posición de mercado dunha marca electoral senón de articular o suxeito de ruptura que nos leve colectivamente a outro escenario". Neste senso, sería bo que os deputados galegos da candidatura constituísen un grupo galego. Pero tan importante é que exista legalmente ou nominalmente un grupo galego como que o movemento político que opere en Galicia o faga con autonomía, con autonomía de estruturas externas de decisión e tamén de estruturas internas. Que o poder de decisión recaia na asemblea e ante ela respondan os e as representantes. O carácter non nacionalista deste espazo constitúe unha das súas fortalezas, encaixando nun electorado, nunha cidadanía, nunha nación que non é nacionalista O espazo AGE-PODEMOS-MAREAS non é nacionalista, aínda que si desenvolve políticas nacionais. O carácter non nacionalista deste espazo constitúe unha das súas fortalezas, encaixando nun electorado, nunha cidadanía, nunha nación que non é nacionalista. Neste espazo político hai forzas nacionalistas, pero que souberon ver que a mellor forma de defender e afianzar o nacionalismo era entendendo o país no que queren operar. O galeguismo, o nacionalismo galego, non pode ser anti-español nin construírse contra España (cando menos neste momento), porque a inmensa maioría dos galegos e galegas son galeguistas, nun sentido laxo, pero non teñen un sentimento de rexeitamento contra España. Non se trata unicamente da opción predilecta para a organización territorial, senón do sentimento que se establece cara aos demais pobos do Estado e a propia estrutura política e cultural española. Séntense galegos e, ao mesmo tempo, españois. Sen ver nisto un conflito e, sobre todo, sen situar esta dicotomía nin esta elección como prioritaria na súa ideoloxía. Cómpre apelar á responsabilidade e á intelixencia para non malograr esta oportunidade. Para non ser un obstáculo para esa sociedade viva que traballa por un cambio. Por esa pota galega que segue a ferver dende abaixo O nacionalismo non ocupa o centro do taboleiro. E as forzas nacionalistas que non entenden isto adoitan caer nun infantilismo que as illa e que lles impide aproveitar o excelente traballo que realizan nas administracións, nos parlamentos, e nos movementos sociais. Como unha bicicleta sen cadea. Dito doutro xeito: os éxitos do BNG, por exemplo os excelentes resultados acadados en moitos concellos, non se deben ao seu nacionalismo, senón que chegan a pesar del. Na enquisa postelectoral realizada polo CIS en 2012, só o 1'9% dos entrevistados declaraba sentirse só galego, e outro 16'6% máis galego que español. Tampouco había un sentimento españolista: apenas o 5,6% afirmaba sentirse só español ou máis español que galego. A inmensa maioría (o 74'8%) dicía ser tan galego como español. Outro indicador que reforza esta impresión é a pregunta que tamén introduce o CIS sobre o sentimento nacionalista, valorado nunha escala de 10. O máximo sentimento nacionalista (9-10) descendeu dende o 8% de 1997 ata o 3'4% de 2012. E o seguinte nivel (7-8) caeu dende o 24,9% ata o 11,5%. Este espazo político está agora ante o seu maior reto, unhas eleccións que poden significar un cambio histórico en España e abrir, ao mesmo tempo, o camiño do cambio en Galicia. Cómpre apelar á responsabilidade e á intelixencia para non malograr esta oportunidade. Para non ser un obstáculo para esa sociedade viva que traballa por un cambio. Por esa pota galega que segue a ferver dende abaixo.
NOS_38831
Será un dos acontecementos culturais do ano. O regreso do pergameo Vindel a Vigo -aínda que non sabemos se estivo alí algunha vez- traerá consigo unha exposición asociada, concertos, ciclos de cine e un congreso internacional arredor da lírica galego-portuguesa.
Cando restan menos de tres meses para a chegada do pergameo Vindel a Vigo, na que será a súa primeira exhibición fóra da Morgan Library de Nova York, a Universidade de Vigo e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subscribiron esta mañá un convenio para a realización conxunta de actividades, que teñen o obxectivo de achegar á cidadanía de Galicia a obra que contén as sete cantigas de Martin Codax, seis delas coa súa notación musical. "É un fito único para Galiza e Vigo que nos permite poñer a nosa cultura no mundo", asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. A que está considerada como un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, será a peza central da mostra 'Pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas' que se desenvolverá no Museo do Mar de Galicia, entre os meses de outubro de 2017 e marzo de 2018. Dividida en sete partes, unha por cada cantiga que integran o pergameo, e comisariada polo historiador Francisco Singul, a mostra será o eixo central dun programa de actos no que as actividades culturais e de investigación terán especial protagonismo. Concertos, ciclos de cine e un congreso internacional co pergameo como eixo central, son algunhas das accións que valorizarán a presenza da obra de Martin Codax en Vigo. Escrito por unha soa cara a catro columnas con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente e cunha dimensión de 34 x 45 centímetros, nada se soubo da obra de Martin Codax durante séculos ata que en 1914 o comerciante madrileño de libros antigos Pedro Vindel atopouno na garda interior dun exemplar do século XIV, aínda que encadernado no XVIII, do libro 'De officiis' de Cicerón. O diplomático e musicólogo Rafael Mitjana mercou o documento con intención de estudar a súa música e despois da súa morte foi adquirido polo bibliófilo Otto Hass e posteriormente posto á venda en Londres, onde foi adquirido pola J. Pierpont Morgan Library, onde permanece desde o ano 1977 coa sinatura MSM.979, a disposición dos estudosos que desexen traballar con el. Foi una visita a Nova York da asociación Pertenza a que puxo en marcha un proceso que dous anos despois desembocou na confirmación da saída, por primeira vez, do pergameo de Nova York para a súa exhibición.
NOS_41097
Varrer das rúas os sectores máis desfavorecidos e converter os cascos históricos en escaparate. É o que se coñece como xentrificación. Dela falamos no vindeiro A Fondo, nos quiosques esta quinta feira 19 de febreiro.
A cidade de Vigo está a virar prototipo nisto de converter a urbe en escaparate. O acoso policial aos colectivos desfavorecidos increméntase cada vez que un cruceiro vomita no porto turistas de consumo rápido. O traballador social Diego Lores e o historiador Eduardo Rodríguez coordenan, dende Vigo, o A Fondo desta semana, sobre os procesos xentrificadores. -A xentrificación aínda é unha verba que soa estraña. Que debemos entender por tal? -É un proceso de transformación urbana mediante o cal un sector da cidade, ben por acción ou por omisión, se abandona e se degrada, co fin de acometer posteriormente unha rexeneración que ennobreza o espazo, desprazando á veciñanza orixinal en prol dunha nova de maior poder adquisitivo. -Os cascos históricos, antes abandonados, agora convértense en escaparates para o turismo. En que medida o city marketing vai parello a unha debilitación da cidadanía e do espazo público, ao feito de sermos concibidos cada vez máis como consumidores e consumidoras e non como cidadanía? -A xentrificación non é máis que outra das expresións agresivas do capitalismo. Calquera cousa é convertida en mercadoría, e os barrios, as vilas, as cidades, non son menos. A paisaxe urbana é secuestrada, e pasa a ser unha mercadoría máis dentro das lóxicas mercantís. A veciñanza dilúese e xorde o consumidor e o turista. "A paisaxe urbana é secuestrada, e pasa a ser unha mercadoría máis dentro das lóxicas mercantís. A veciñanza dilúese e xorde o consumidor e o turista." -Dende cando traballades neste tema? -Dende hai un tempo vimos traballando na historia do barrio de Coia, centrándonos no paso dunha parroquia rural tradicional a un barrio prototípico do desenvolvemento tardofranquista. Sen ser un proceso xentrificador clásico, decatámonos que aparecían varias das premisas (extorsión, expulsión, novos habitantes) que definen a xentrificación. A partir de aquí, abrimos o foco, apoiándonos en persoas que levaban moito máis percorrido, como as xentes do colectivo Xentrificación en Vigo. TURISMO VERSUS CIDADANÍA -En que medida noutras cidades galegas teñen lugar procesos xentrificadores? -Este fenómeno non entende de fronteiras nacionais. Non garda relación con ningún espazo en concreto, senón cun sistema económico. Os barrios históricos das nosas vilas sufriron, polo xeral, o abandono por parte das administracións ata hai poucas datas. Porén, ao decatarse dos beneficios que podían obterse ao recuperar estas areas degradadas, non para poñer ao servizo da veciñanza senón para o comercio e o turismo, aparece a xentrificación. -Foron publicados diversos libros que abordan a problemática noutras cidades como Barcelona ou Bilbao. Existe masa crítica en Galiza ao respecto? -Un primeiro paso positivo é que o termo xentrificación comece a gañar terreo en cada vez máis lugares, xa forma parte da linguaxe común. Ademais hai colectivos que están a traballar arreo para difundir e concienciar á cidadanía. Precisamente, no mes de marzo desenvolveranse unhas xornadas sobre o tema en Vigo, con proxeccións, palestras, obradoiros,.. "A paisaxe urbana é secuestrada, e pasa a ser unha mercadoría máis dentro das lóxicas mercantís. A veciñanza dilúese e xorde o consumidor e o turista." -Podedes adiantar, brevemente, cales son os contidos que estruturan este A Fondo? -Comezarase explicando o concepto de xentrificación, para a continuación centrarnos no exemplo concreto de Vigo. Falarase do impacto da recuperación dos barrios históricos sobre os seus habitantes tradicionais, que se ven abocados a trasladarse lonxe do seu entorno habitual. Tamén trataremos un aspecto moi interesante como é o patrimonio cultural como un axente máis que favorece a xentrificación. Por último, achegarémonos ao caso de Coia como un exemplo que se afasta da concepción tradicional de xentrificación, pero no cal poderemos atopar moitos nexos comúns cos procesos actuais. -Cos procesos xentrificadores o problema de fondo non se soluciona, só o sacamos de diante da nosa vista, desprazando a e sectores da poboación como as persoas con drogodependencias, as que se prostitúen ou as sen teito. Que é delas? Cara a onde son desprazadas? -Nos procesos xentrificadores o que priman son os intereses económicos, deixando de lado as necesidades das persoas. No decorado para atraer cartos, os colectivos máis desfavorecidos afean a foto, e sofren o abandono ou a persecución como resposta. Non importa onde vaian, só se retiran para quen non molesten á vista do resto dos seus concidadáns. "Temos que tomar conciencia de que o urbanismo do futuro está aínda por construír, e que a cidadanía ten que ser un axente moi activo na súa construción." -Os procesos de xentrificación non son novos. En que medida o acontecido co barrio vigués de Coia dende os 70 nos permite facer prospectiva das consecuencias que poden ter os actuais procesos de xentrificación? -A situación sociopolítica non era a mesma que a actual, como tampouco o era o proceso xentrificador en si. Unha posible lectura que pode facerse dende a Coia dos 70, pero tamén dende a dos 80, cando a nova veciñanza xa estaba asentada no barrio, é a importancia da colectividade, da veciñanza organizada para solucionar os problemas. Temos que tomar conciencia de que o urbanismo do futuro está aínda por construír, e que a cidadanía ten que ser un axente moi activo na súa construción. -Cales son, na vosa opinión, as alternativas á xentrificación? -O primeiro paso é identificar o problema, interiorizar que hai intereses económicos por riba do benestar da xente na recuperación do Barrio Histórico de Vigo ou no Barrio do Cura, por poñer dous exemplos. E logo a alternativa debe ser a que a cidadanía decida: se nós non pensamos nas cidades e os barrios que queremos, alguén o fará por nós.
NOS_25648
Por mor do adiamento de moitas das citas audiovisuais da primavera, o outono de 2020 promete ser un dos máis cinematográficos. Os festivais de contidos fílmicos están a procurar novas fórmulas e equilibrios entre virtual e presencial que, segundo parece, virán para ficar. Aínda que as modificacións das bases na convocatoria das axudas da Xunta publicadas esta semana atende algunhas das súas demandas para esta situación extraordinaria, as subvencións continúan sen resolverse, o que dificulta o traballo das entidades organizadoras.
O adiamento de datas por mor da pandemia de coronavirus concentra boa parte dos festivais de cinema a partir de setembro. O primeiro sinalado no almanaque, fechando a época estival máis forte, é a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que organiza o Museo do Pobo Galego. Programada de 23 a 29 de marzo e con notábel presenza internacional, foi tamén unha das primeiras en se ver obrigada a cancelar o evento coa chegada da Covid-19 á Galiza e as conseguintes medidas de confinamento. Malia todo, xa nas datas oficiais facilitou unha serie de contidos en liña, se ben o ciclo terá lugar en Compostela de 25 a 29 de agosto.Para alén da MICE, tamén se viron aprazadas outras citas de referencia no panorama audiovisual galego –o Carballo Interplay, o Play-Doc (Tui), o Festival de Cans (O Porriño) e o (S8) Mostra de Cinema Periférico (A Coruña)– que foron recolocadas no segundo semestre do ano, logo duns momentos iniciais ateigados de incerteza. Isto fará o outono de 2020 especialmente atractivo e axitado para as amantes do cinema, que mesmo terán que escoller entre eventos que coinciden no tempo. O festival de Cans abrirá setembro coa súa 27ª edición, entre o día 2 e o 5. O FicBueu xa fixo pública a súa programación, así como revelaba onte a homenaxe á actriz Melania Cruz co Premio Cine Galego, outorgado no marco dun ciclo que correrá do 11 ao 19 de setembro. A semana seguinte terá lugar o Play-Doc, de 23 e 27 de setembro, solapándose coa Semana de Cine de Lugo, de 21 a 27, e co (S8) Mostra de Cinema Periférico, que fechará a tempada máis estival cunha programación entre 27 de setembro e 3 de outubro. O Play-Doc e o (S8) tiveron que moverse desde as datas habituais en abril e comezos de xuño, respectivamente. A estes é previsíbel que se sumen citas como o Curtocircuíto, que adoita remover Compostela a comezos de outubro, mais aínda non confirmou se este ano manterá a tendencia. De 24 a 27 dese mesmo mes está convocado o Intersección na Coruña, ao tempo que o Curtas - Festival do Imaxinario (con cambio de nome incluído) chegará de 23 de outubro a 1 de novembro para encher da maxia fílmica e banda deseñada Vilagarcía de Arousa, tamén na época que habitualmente o acolle. O Carballo Interplay terá lugar xa en novembro, do 18 ao 21, logo de ter que cancelar o programa axendado a comezos de abril. A 7ª edición dun dos eventos de contidos dixitais máis relevantes do Estado acudirá, segundo revelou o concello, a unha fórmula "híbrida" entre presencial e telemático, que no seu caso, co virtual como cerna, semella que terá unha adaptación bastante orgánica, aínda que non por iso menos traballosa. O equilibrio entre o virtual e o presencial O peso da virtualidade parece abocado a gañar espazo, de maneira complementaria á presencial e en maior ou menor medida, en boa parte das mostras do país. A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publicou a comezos desta semana no Diario Oficial da Galiza unha modificación na convocatoria das axudas a festivais que admite a posibilidade de apoiar aqueles que se realicen en liña, o que era unha demanada do sector. Afonso Pato, director da mostra de Cans, considera que os novos modelos nos que están a traballar, case contrarreloxo, "veñen para quedar". "Fálase moito de reinventarse, pero eu ás veces case penso que é máis rebentarse", comenta cun chisco de humor o organizador en referencia á enorme cantidade de esforzo que a adaptación lles está a exixir. "Traballamos o triplo para facer un festival máis pequeno", resume o que vai de experiencia, sen desvelar aínda todas as chaves do ciclo do Porriño, que a pasada cuarta feira adiantaba a necesidade da reserva previa de entradas para uns espazos con capacidade limitada. Para compensar isto, as actividades serán retransmitidas en streaming, na procura dese equilibrio que cada proxecto debe negociar. Agadic muda as bases, pero non resolve as axudas Esta mudanza nas bases das axudas a festivais enmárcase dentro do Plan de reactivación da cultura e o turismo, un roteiro que desde a súa presentación provocou bastante mala aceptación por parte das profesionais do eido cultural. As modificacións chegan logo de conversas con Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais, polo que o texto non colle por sorpresa as entidades ou colectivos organizadores das mostras. Ademais da modalidade virtual, Agadic amplía nun mes máis, até 30 de novembro, a data de realización dos eventos, e aumenta en 20%, cun máximo de 80%, o orzamento subvencionábel cando o solicitante sexa unha entidade privada. Contémplase tamén a reformulación das solicitudes presentadas con anterioridade para axeitarse a estas novas bases e declárase unha exención de constitución de garantías para pagamentos anticipados de máis de 18.000 euros. Por outra banda, os gastos incorridos e non recuperábeis como consecuencia do estado de alarma estarán suxeitos a axuda. Porén, o que se bota en falta é coñecer o propio reparto dos orzamentos. "Non temos resolución e estamos a pouco máis dun mes, sen saber dos recursos que se nos van adxudicar", explica Pato. Os comités de persoas expertas encargados de valorar a concesión están constituídos desde marzo, mes no que na anterior convocatoria se publicou o resultado no DOG. Neste 2020, continúan á agarda.
NOS_35520
Pasou un ano desde que Alcoa decidira aplicar un ERE ao cadro de persoal da súa factoría en San Cibrao (Cervo). Comité e sindicatos valoran este período coa intervención da xustiza e as institucións.
O 28 de maio de 2020, mañá hai un ano, Alcoa anunciaba un expediente de regulación de emprego (ERE) para todo o cadro de persoal da súa factoría en San Cibrao (Cervo). Os acontecementos precipitábanse cando xa a multinacional dera varios avisos os últimos meses de 2019 de que perigaba a súa continuidade na Galiza, aludindo aos "elevados prezos da enerxía" que tiñan as empresas selectrointensivas. En agosto dese ano o fondo suízo Parter facíase coas instalacións da Coruña e Avilés coincidindo coa decisión da multinacional americana de redución a súa produción na Mariña. Comezan as mobilizacións con concentracións e manifestacións multitudinarias até a chegada do estado de alarma como consecuencia da pandemia da Covid-19. Alcoa semella decidida a fechar a factoría e a frear a conservación de actividade nas cubas, elemento esencial para o proceso de produción. A comunicación do despido colectivo abría un período de mobilizacións por parte das traballadoras e traballadores ademais de incrementar as conversas coa mediación do Ministerio de Industria. En outubro comeza unha folga xeral na factoría e as forzas sindicais acoden á xustiza denunciando o ERE e conseguindo que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) resolvera o 17 de decembro de 2020 decretalo nulo ao apreciar "mala fe" nas negociacións por parte da empresa. A multinacional recorre esta decisión que aínda agarda sentenza definitiva. En xaneiro deste ano o cadro de persoal da factoría levanta a folga para facilitar o proceso de venda, unha situación que continúa hoxe. Para lembrar a data do anuncio do ERE por parte de Alcoa o comité de empresa anunciou que realizarán unha concentración este domingo 30 de maio na praza do Concello de Xove a partir das 12 horas. Un ano sen o ERE José Antonio Zan, presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo) recoñece a Nós Diario que este ano se viviu "con moitas dificultades" mais, con todo, animados por pensar "que temos viabilidade como fábrica", iso si, a normalidade non é tal por "ter algunhas cubas paradas e pendentes dun ERE". Ademais, este sindicalista lembra que "a xustiza deunos a razón mais Alcoa non quere seguir aquí coa planta de aluminio" polo que cualifica a circunstancia de "estraña". O responsábel do comité afirma que "seguimos aguantando e cremos que a loita é o único camiño que temos para saír desta". Xosé Paleo, delegado da CIG na factoría, resume para Nós Diario este ano valorando que "a loita serve". O mellor exemplo para este sindicalista é que despois deste período difícil "a fábrica coas súas cubas segue funcionando". Sobre esta circunstancia ve positivo contar "cun acordo de venda que contempla o arranque das cubas que se van parando, algo que no anterior acordo que caducou non se conseguira". Opina que a fábrica "non parou malia a vontade de Alcoa de fechala e ese obxectivo conseguímolo nós". Para Víctor Ledo, secretario xeral de Industria de CCOO, a sensación que ten pasado este ano é "agridoce". No apartado positivo salienta a loita sindical e a "actitude que depende das e dos traballadores" coas mobilizacións que se levaron a cabo e que conseguiron en todo momento "involucrar a toda a sociedade no seu conxunto sobre a importancia que ten Alcoa para a Mariña e para a industria galega". Confía a Nós Diario que "hai que aplaudir esa presión e tenacidade que ten o persoal da factoría e a propia sociedade". Desde FICA-UXT na Galiza, o seu secretario xeral, Javier Carreiro, valora a resistencia do persoal da factoría e da propia comarca polo "desgaste tremendo que están a sufrir nun período de tempo como é un ano vivindo na incerteza de non saber que futuro lles espera". A xudicialización do conflito laboral O ERE trouxo a xudicialización do conflito laboral. Segundo Zan, apelar á xustiza no caso de Alcoa "era o único camiño que nos quedaba se non queriamos pactar unha saída económica e apostabamos pola continuidade da factoría". Paleo salienta a "unidade de acción dos tres sindicatos con representación no comité de empresa que achegaron en todo o proceso as súas asesorías xurídicas" algo que, co resultado obtido até agora "anima a seguir na loita e contar coa opción que temos agora, algo que non tiñamos daquela". Ledo coincide ao valorar o resultado "despois de ter que afrontar unha negociación cun ERE que nos deixaba nunha situación de indefensión", en relación á reforma laboral de 2012. Recoñece a achega de Inspección de Traballo e a autoridade laboral para chegar á sentenza do TSXG. "Está pendente de recurso mais agardamos que se manteña". O papel das institucións A actuación das institucións en todo este proceso non sae ben parada mais con excepcións. Por parte do comité, o seu presidente valora como "moi boa" a actuación da autoridade laboral polas continuas "resolucións e advertencias á empresa para que desistira do ERE". Non pensa o mesmo do Ministerio de Industria e botou en falta "máis concreción e contundencia no tocante á actuación da SEPI tal e como acordaramos". Paleo, polo seu lado, considera que se sentiron "desamparados" e razoa que os avances que tiveron coas actuacións das institucións viñeron sempre da man da presión do cadro de persoal e da sociedade. "Este parón que tivemos estes meses dá a impresión que ten que ver coa postura do Ministerio de comprometerse de dar marcha atrás a usar o SEPI como instrumento intermediario que nacionalizaría temporalmente a factoría até formalizar a venda". "Estamos totalmente coxos neste aspecto", asegura Ledo. Este sindicalista non entende que "despois de tantos meses desde o Ministerio de Industria non se fixo absolutamente nada". Denuncia que a súa actitude foi de "obstaculizar a comisión de seguimento do proceso de venda" cando querían que "capitanearan ese proceso". Carreiro, polo seu lado, fala de "decepción" na participación das institucións para garantir a continuidade de Alcoa. Lembra a Nós Diario que cando comezou todo este conflito "a Xunta camiñaba por un lado e o Ministerio por outro". Continúa a paz social O comité de empresa decidiu manter a paz social e non volver ás mobilizacións para darlle unha oportunidade á negociación. Zan asegura que están "pendentes de reunión as seis empresas interesadas que o Ministerio lle pasou a Alcoa para coñecer que planes industriais e enerxéticos hai para saber que viabilidade teñen". A empresa, a cambio, comprometeuse a enviar información cada quince días. "Dúas das cuestións que estaban en dúbida como eran a cláusula de indemnidade, algo que avogacía do Estado xa rexeitou e foi retirada, e a dúbida, agora desbotada, sobre a capacidade financeira do grupo que quería mercar polo que entendo que non ten que tardar máis de quince días ou un mes", prognostica o responsábel de Industria de CCOO, "sería tempo abondo para chegar a ese compromiso de venda", opina.
PRAZA_9119
Este xoves inaugúrase no Palexco da Coruña a exposición 'Máis Nunca Máis', composta por catro mil imaxes das mobilizacións que seguiron á catástrofe do Prestige. Está comisariada por Pepe Barro, Anxo Varela e Pepe Galán, con quen falamos
O 28 de decembro de 2002 máis de 15.000 persoas participaron na Coruña no Velorio do Mar, unha das máis simbólicas manifestacións convocadas polo movemento Nunca Máis, na que as persoas asistentes, vestidas de loito, portaban cruces negras, que acabaron en gran parte chantadas no xardín da Delegación do Goberno ou na praia de Riazor. Na xénese desta mobilización estiveron artistas como Pepe Galán, ao igual que a moi recordada Manifestación das Maletas (10 de febreiro de 2003) na que decenas de miles de persoas marcharon polas rúas da Coruña ao berro de "Salvemos o mar, ou só nos quedará a maleta".Pepe Galán é, xunto con Pepe Barro e Anxo Varela, un dos comisarios da exposición Máis Nunca Máis, que este xoves se inaugura no Palexco da CoruñaPepe Galán é, xunto con Pepe Barro e Anxo Varela, un dos comisarios da exposición Máis Nunca Máis, que este xoves se inaugura no Palexco da cidade herculina, no marco das actividades de Unha Burla Negra. A mostra, dirixida e deseñada polo colectivo Radio Buguina, permanecerá aberta ata o 3 de marzo, e poderá visitarse libremente todos os días en horario de 12 a 14 e de 18 a 21.A apertura da mostra terá como acto inicial unha mesa redonda (este xoves ás 20 horas no propio Palexco) na que intervirán Manuel Rivas, Uxía Senlle, Felipe Louzán e Suso de Toro. A mesa redonda dálle continuidade ás actividades de Unha Burla Negra na Coruña, que comezaron o pasado venres cunha conferencia de Amador Fernández Savater no Paraninfo da UDC baixo o título de "Unha mutación antropolóxica: imaxes e prácticas da revolución cultural". A programación completarase o xoves 24 de xaneiro cunha mesa redonda titulada "O Nunca Máis como fin do réxime fraguián. Dezaseis anos dun vergoñento consello de ministros". En efecto, o acto coincidirá co 16º aniversario do Consello de Ministros que acolleu o Concello de Coruña, ofrecido a José María Aznar polo alcalde Francisco Vázquez. A mesa, que se celebrará no Salón de Plenos, contará coa participación dos xornalistas Xosé Hermida, José Precedo e Comba Campoy.Máis Nunca Máis"Eses días estabamos alucinados pola gran mobilización que existía. Estabamos todos activados, dun xeito case compulsivo e coñecendo xente nova"A mostra compose principalmente de 4.000 imaxes, procedentes do fondo documental da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, que serán emitidas de forma continua por vinte proxectores. Fotografías das actividades dos voluntarios, de manifestacións e doutras accións de protesta nas semanas posteriores ao inicio da catástrofe do Prestige, e a pegada de Nunca Máis, tanto en Galicia como noutros lugares do planeta. "Será un maremagnum de imaxes proxectándose sen parar", explica Pepe Galán, que engade que á vez se proxectará un un vídeo con algunha das frases máis polémicas lanzadas polos políticos gobernantes.Noutra parte da exposición proxéctanse os nomes de 300 persoas que tiveron un papel destacado naqueles días. Ademais, pódense consultar os libros que sobre o tema editou Difusora. Así mesmo, ao longo do percorrido da exposición presentarase unha nova obra sobre o Prestige e Nunca Mais que recolle textos de políticos, poetas, manifestos ecoloxistas e científicos, que incluirá un prólogo de Manuel Rivas e un epílogo de Xurxo Souto."Foi unha grande explosión de creatividade que durou un tempo. Pensaba que iso ía callar, pero teño a sensación de que ao final todo volveu ao seu sitio""Eses días estabamos alucinados, primeiro, polo nivel da catástrofe, o chapapote que o cubría todo. Pero tamén pola gran mobilización que existía. Estabamos todos activados, dun xeito case compulsivo e coñecendo xente nova", destaca Galán. "Queríamos actuar e cada un facía o que sabía facer: os poetas e escritores escribían, os músicos actuaban, os deseñadores gráficos creaban os símbolos, e os artistas plásticos poñíamos a nosa experiencia na creación de elementos, por exemplo para as manifestacións", di. "Era outro xeito de deseñar as protestas, non sei se máis creativo, pero sen dúbida máis divertido", engade. "Foi unha grande explosión de creatividade que durou un tempo. Pensaba que iso ía callar, pero teño a sensación de que ao final todo volveu ao seu sitio e mantívose o funcionamento cultural que imperaba anteriormente, que non é precisamente o mellor", reflexiona. "Temos que aprender do que pasou nese tempo e por iso é interesante o traballo de análise que está facendo Unha Burla Negra, unha nova xeración que reivindica o que se fixo neses anos", di.Cruces e maletas"Coas cruces ou coas maletas o que se buscaba era crear unha performance xigantesca. O máis importante era que cada persoa elaborara o seu artefacto. Iso daba lugar a unha grande obra colectiva""Coas cruces ou coas maletas o que se buscaba era crear unha performance xigantesca. O máis importante era que cada persoa elaborara o seu artefacto, o seu símbolo. Iso daba lugar a unha grande obra artística colectiva", explica. "Se ti elaboras o teu elemento de protesta, coa túa rabia, coa túa conciencia, coa túa creatividade, están formando parte activa dun todo. Todo ser humano é un artista en potencia, por que non?", di. "Os símbolos son moi importantes para unha mobilización, sobre todo nestas claves de participación creativa", reflexiona. "Aínda que por suposto, uns símbolos funcionan mellor que outros. A maleta significa moito en Galicia, por exemplo", engade."Din que as mobilizacións de Nunca Máis serviron de exemplo e referencia para o que despois foi o 15M ou as manifestacións do 8M do ano pasado. Pode ser. Aínda hai uns días viamos como os traballadores de Alcoa levaban cruces nunha das súas protestas, ao igual que se fixera no Velorio do Mar", destaca Galán.
NOS_19997
Catedrático de Economía Aplicada e Facenda Pública, faleceu aos 79 anos de idade no Grove, concello do que foi alcalde polo PCG entre 1979 e 1981. De mozo, xogou no R C Celta.
O profesor Joaquín Álvarez Corbacho faleceu esta cuarta feira aos 79 anos de idade. Recoñecido experto en municipalismo, era doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e catedrático de Facenda Pública. Foi vicerreitor de Asuntos Económicos da universidade compostelá entre 1985 e 1990. Tamén foi catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e conselleiro do Consello de Contas de Galiza. O seu compromiso coa loita pola democracia e contra a ditadura levouno a ser o primeiro alcalde da democrático no Grove, polo PCG, após o final do franquismo e desde o ano 1979 ata 1981. De mozo foi tamén futbolista, pasando por clubs como o Real Club Celta ou o Racing de Santander. OCCOO de Galiza lamenta nun comunicado o falecemento do que era un colaborador "moi activo" do sindicato e da Fundación 10 de Marzo durante décadas. "Exemplo do seu maxisterio están as súas colaboracións, entre outros, nos libros colectivos Os problemas dos concellos. O pacto local ou Reforma do Financiamento Autonómico: Perspectivas dende Galicia, editados pola fundación". Premios 10 de Marzo En recoñecemento á súa traxectoria, a Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO de Galiza distinguírono en 2013 cun dos Premios 10 de Marzo que entregan anualmente a persoas significadas na loita polas liberdades e en defensa da clase obreira.
PRAZA_20135
O 26 de maio de 1997, a SGHN solicitou formalmente o inicio do proceso para constituír o Parque Natural das Serras do Courel e Enciña da Lastra. En 2002 foi protexida a Serra da Enciña da Lastra. A entidade reclama unha vez máis a extensión da protección para a zona do Courel.
Hai hoxe 20 anos, o 26 de maio de 1997, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) solicitoulles formalmente ao Ministerio de Medio Ambiente, á Xunta de Galicia e á Junta de Castilla-León o inicio do proceso para constituír o Parque Natural das Serras do Courel e Enciña da Lastra. O espazo, de 87.400 hectáreas (65.345 delas en Galicia), abranguería as Serras do Courel, de Oribio e do Rañadoiro, as serras do Bierzo leonés limítrofes con Lugo ao sur da N-VI, e as Serras de Cereixidos, dos Cabalos, de Enciña da Lastra e os Montes de Oulego. En 2002 a Xunta deu un primeiro paso, parcial, coa declaración do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra (cunha superficie de 3.151 hectáreas). Porén, non houbo máis avances. En 2002 a Xunta deu un primeiro paso, parcial, coa declaración do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra (cunha superficie de 3.151 hectáreas). Porén, non houbo máis avances O Goberno galego anunciou en 2005 o seu compromiso de aprobar o Parque Natural do Courel, un proxecto que debía estar completado en 2007. Había, previamente, un Plan de Ordenación de Recursos Naturais Ancares-Courel (iniciado en 2001), pero en 2005 o Goberno galego optou pola fórmula de crear dous parques naturais separados. O proceso foi alongándose sen que a Consellería de Medio Ambiente aprobase o Plan de Ordenación de Recursos Naturais que debía servir de base para a creación do parque do Courel. O documento que preparaba Medio Ambiente foi, ademais, criticado polos grupos ecoloxistas polo pequeno tamaño do espazo protexido (apenas 20 mil hectáreas), deixando fóra algunhas das zonas de maior riqueza biolóxica da Serra do Courel, coma o entorno de Froxán e Vilamor. O regreso do poder do PP en 2009 acabou por soterrar o proxecto, aínda que dende colectivos como SOS Courel nunca se deixou se reivindicar a creación do parque natural, unha demanda que os grupos da oposición levaron ao Parlamento en varias ocasións e que tamén foi reclamada dende o ámbito académico. En 2012 a Escola Politécnica Superior de Lugo elaborou, a través do catedrático de Produción Vexetal Antonio Rigueiro e do profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián, as directrices estratéxicas de actuación para a Serra do Courel. "Se as cousas se fan ben, a declaración como parque natural traerá maior riqueza para todos os veciños, e tamén traerá a creación de postos de traballo, e iso contribuirá á fixación de poboación", destacaba Rigueiro en conversa con Praza. Na proposta inicial realizada pola SGHN incidíase nas vantaxes de todo tipo que traería a declaración de Parque Natural para as serras do Courel, non só para unha mellor conservación do medio natural e da rica biodiversidade da zona, senón para potenciar o desenvolvemento económico, sostible e ecolóxico, destes concellos, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes e contribuíndo a frear o devalo demográfico. A entidade destacaba que o espazo que se propoñía protexer (un 2% da superficie total de Galicia) acollía a metade da diversidade florística galega; sinalaba igualmente o "sobresaínte valor faunístico" da zona; a súa riqueza xeomorfolóxica e xeolóxica; os "sobranceiros valores paisaxísticos" pola singularidade da utilización dos sistemas agrosilvopastorais adaptada as diferentes condicións do medio de montaña; e finalmente os seus "destacables valores culturales tanto prehistóricos" (castros, indicios de ocupación paleolítica), "como históricos" (sinais do proceso de romanización, a entrada en Galicia do camiño de Santiago). Hoxe, 20 anos despois do inicio dese proceso que ficou inconcluso, a Sociedade Galega de Historia Natural reclama a ampliación da protección da que goza Serra de Enciña da Lastra ás Serras do Courel, de Cereixido e dos Cabalos, e os Montes de Oulego. E faino facendo fincapé nos beneficios obxectivos que nos últimos anos tivo para as zonas afectadas a declaración en 2002 do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra. O parque sitúase na súa totalidade no termo municipal do Concello de Rubiá que, destaca a SGHN, é unha das tres localidades da contorna que mellor (ou menos mala) evolución demográfica tivo neste tempo. Dende o 2002, Rubiá perdeu un 18% dos seus habitantes, un descenso inferior ao 24% que rexistrou o conxunto dos 16 concellos da zona Dende o 2002, Rubiá perdeu un 18% dos seus habitantes, un descenso inferior ao 24% que rexistrou o conxunto dos 16 concellos (galegos e castelan-leoneses) que abranguen as Serras do Courel, de Cereixido e dos Cabalos, e dos Montes de Oulego. De feito, Rubiá é a cuarta localidade con mellor evolución demográfica, só superada polo Barco de Valdeorras (+3,5%, beneficiada pola súa condición de capital comarcal), A Rúa (-12%) e Carucedo, en León, (-13%). Os outros 12 concellos presentan perdas de poboación superiores ao 20%, chegando ao 33% de Samos, o 30% de Folgoso e Pedrafita e o 27% de Vilamartín de Valdeorras, con diminucións semellantes na parte leonesa (entre o 21% e o 47%). "Lonxe de prwxudicar aos habitantes do espazo protexido semella claro que a declaración do Parque Natural contribuíu de xeito notable a paliar o abandono do rural e o despoboamento do Concello de Rubiá", destacan os responsables da SGHN "Lonxe de prexudicar aos habitantes do espazo protexido semella claro que a declaración do Parque Natural contribuíu de xeito notable a paliar o abandono do rural e o despoboamento do Concello de Rubiá", destacan os responsables da SGHN. Unha idea na que xa incidía Antonio Rigueiro, que salientaba que coa transformación da serra en Parque Natural "haberá algunhas limitacións, pero tamén compensacións: maior número de visitantes e máis demanda para os establecementos de turismo rural, máis investimentos e polo tanto máis emprego, posibles subvencións directas polas limitacións, lucro cesante polo impedimento de cambio de uso de terreos...". Rigueiro concluía que "os veciños deben entender que a súa galiña dos ovos de ouro son os valores naturais, paisaxísticos e culturais da serra, e deben ser os primeiros interesados en conservalos".
NOS_56419
O partido de Merkel logrou 40,7% dos votos nesta rexión mentres que o SPD e Die Linke perderon apoios. Os Verdes e Partido Pirata fican fóra do parlamento, onde entra a extrema dereita.
A CDU revalidou vitoria en Sarre, un pequeno land do oeste de Alemaña onde os cristianodemócratas levan dominando dúas décadas. Aumentou en apoios, obtendo case un 41% de votos, o que supón un aumento de cinco puntos a respecto dos anteriores comicios rexionais, en 2012, cando lograron 35,2%. Unha vitoria importante a seis meses das eleccións federais, para as que as actuais enquisas vaticinan empate técnico entre socialdemócratas e demócratacristiano. O bo resultado da CDU contrasta colleitado polas tres forzas de esquerda. O 'efecto Martin Shultz' non parece que fixese efecto e o SPD perdeu 1 punto a respecto de 2016, ficando en 29,6% dos votos. Die Linke (A Esquerda) mantense como terceira forza, mais obtivo un apoio 3 puntos menor que hai cinco anos: 13% agora, 16,1% en 2012. De por parte, Os Verdes ficaron fóra do Parlamento, onde tiñan 2 deputados, ao ter un 4% de apoio nas urnas e non superar a barreira do 5% para ter representación na Cámara do Sarre. O Partido Pirata, que dera a sorpresa en 2012, tampouco obtivo votos abondo para revalidar a súa presenza parlamentar en Sarre, onde tiña 4 representantes. Quen si lograr entrar na Cámara é a extrema deita, AfD, que logrou un 6% dos sufraxios e convértese na cuarta forza parlamentar de Sarre. A AfD ten presenza xa en 11 dos 16 parlamentos rexionais alemáns, e colle pulo para entrar na Cámara federal. A participación nas eleccións foi alta, un 70%, superior á rexistrada en 2012 (61,6%). As vindeiras citas electorais serán os comicios rexionais en Schleswuing-Holstein e Renania-Westfalia, ambas as dúas en maio. No primeiro dos lands citados goberna unha coligazón entre socialdemócratas, verdes e un partudo da minoría danesa. No segundo, unha coligazón entre SPD e Os Verdes.
NOS_54576
Se houver uma escritora mítica na literatura brasileira essa é Clarice Lispector (1920-1977). Oito capitais do Brasil comemoraram o seu aniversário com o evento "Hora de Clarice", com diversas acções culturais promovidas pelas instituições mas também pelos milhares de pessoas leitoras que adoram a escritora.
Por toda a parte aconteceram palestras, concertos, publicações e distintas acções para lembrar a escritora que no dia 10 teria feito 92 anos. A mais relevante, a posta na rede do site http://www.claricelispectorims.com.br que junta e-books, recensões literárias, fotografias e diferentes materiais para o encontro com a autora. Além disso, recolhe um mapa do Rio de Janeiro que assinala os lugares onde ela morou ou aqueles citados em suas obras. A autora de A Hora da Estrela, um dos seus mais reconhecidos romances, nasceu na Ucrânia mas passou quase toda a sua vida no Brasil para se converter num dos grandes nomes da literatura do país. Um dia antes de fazer os 57 anos morreu de cancro depois de ter escrito romances, contos, crónicas e tendo contribuído como jornalista de maneira singular ás letras brasileiras. A sua vida foi complexa, com problemas pessoais e familiares graves e algum acontecimento que marcou com força a sua biografia, como o incêndio de 1966 causado por um cigarro que ela mesma fumava e que quase lhe produz a morte. Com forte carga psicológica e do sentido filosófico da existência, começou a escrever com só 24 anos, idade em que escreve o romance Perto do coração selvagem, uma surpresa já para a crítica. O Lustre (1946), Cidade sitiada (1949) , Alguns contos (1952) A maçã no escuro (1961), A paixão segundo G.H. (1964), Uma aprendizagem ou o livro dos prazeres (1969), Água Viva (1973) e a A Hora da Estrela (1977) som alguns dos seus títulos. No Brasil há vontade de instituir a jornada como o dia dedicado à memória da genial autora e figura que levanta paixões com o seu carácter mesmo mítico. A poeta galega Iolanda Gomis homenageou também á escritora brasileira por meio do video-poema "As flores do vento", escolhido entre os dez melhores da Fliporto do Brasil. Recolhemos a peça de Iolanda Gomis diante dun documento audiovisual arredor da escritora.
NOS_17198
Máis de 50 actuacións musicais soarán na nova edición do Surfing The Lérez amosando a variedade e calidade musical feita na Galiza. Durante a sexta feira 21 e sábado 22 de xuño a Illa do Covo, na cidade de Pontevedra, acollerá este festival que ten a Terbutalina, Heredeiros da Crus e Familia Caamagno como cabezas de cartel.
Pontevedra acolle unha nova edición do festival Surfing The Lérez que se desenvolverá durante a sexta feira 21 e o sábado 22 de xuño, en horario ininterrumpido desde as 12 horas do mediodía até a medianoite de cada xornada. Nos catro escenarios situados na Illa do Covo, coñecida tamén como a Illa das Esculturas, haberá máis de 50 actuacións nunha nova cita deste festival de rock xa consolidado, que presta especial atención á programación infantil e que marca o inicio das festas de verán da cidade do Lérez. Os cabezas de cartel serán os grupos galegos Heredeiros da Crus, que actuarán o a sexta feira a partir das 22 horas, mentres que o sábado será tempo para o rock n'roll de Terbutalina e para a Familia Caamagno, cos seus sons de rock, rhythm & blues e garage. Máis de 50 actuacións amosarán a variedade e calidade da música que se fai na Galiza. Os escenarios Mahou, Sala Karma e O Pequeno acollerán a sexta feira as actuacións de Fondo Norte, Selvática, Malkeda, Heredeiros da Crus, e La Cabronía DJS. Pensado para o público infantil, o escenario Bonobo acolle tamén na sexta feira unha nova aposta de música electrónica e rock realizada por alumnado de 4 a 6 anos e a pola Escola do rock Paredes de Coura. O sábado 22 de xuño será a quenda nos escenarios Mahou e O Pequeno para Basanta, Tony Lomba e Elio dos Santos, Sex Museum, Rayotaser, The Lelli Kelly's, Ortiga, Familia Caamagno, Mushu, Santi Araújo, Holywater, Terbutalina, Maneiro, Anaut e Thee Blind Crows e os DJ Charlie Swamp, Sr Fiuz e Malaguita Certain Music. O sábado o escenario Bonobo ofertará para crianzas e persoas de todas as idades 38 agrupacións en formato banda de alumnado entre 7 e 18 anos, que se sucederán cada 10 minutos. Hai programados diversos obradoiros porque Surfing é tamén unha romaría familiar A maiores, este festival coorganizado polo Concello de Pontevedra, ten programados diversos obradoiros porque Surfing "é tamén unha romaría familiar", como din desde a organización, e por iso tamén haberá postos de venda de comida e bebida, un mercadiño de creadoras e creadores emerxentes e atraccións infantís, como un tíovivo de madeira que xira a golpe de pedal e outros xogos de madeira. O festival non ten entrada ao igual que nos anteriores anos, mais si se solicita unha colaboración coa recollida de alimentos organizada pola Redeaxuda.
NOS_19794
A organización nacionalista presentará unha Proposición de Lei impulsada por Galiza Mellor sen Touradas que poña fin á tauromaquia no noso país. "Non é cultura, é tortura" denuncian.
En comparecencia de imprensa esta segunda feira, Ana Pontón e o portavoz parlamentar d@s nacionalistas, Francisco Jorquera, presentaron unha proposición de lei que pulará pola modificación da lexislación galega a respecto das tourada. Acompañad@s por Rubén Pérez, voceiro de Galiza Mellor Sen Touradas, emprazarán ao executivo galego a incluír a prohibición deste "espectáculo" e denunciaron "os subsidios directos e indirectos" que aínda manteñen estas prácticas en concellos como A Coruña ou Sarria. Para as organizacións promotoras da modificación lexislativa, a tauromaquia "non ten implantación" na Galiza e mantense nalgúns emprazamentos do noso territorio grazas á subsidiación concedida polos gobernos do Partido Popular. "Os subsidios son como un respirador artificial para un enfermo", apuntou Rubén Pérez en relación coas axudas concedidas polas administracións malia vulneraren "o marco estabelecido que fixa a obriga de respectar os dereitos dos animais", denunciou a deputada Ana Pontón. Exixen unha modificación lexislativa que prohíba por lei esta "práctica cruenta e anacrónica" Neste senso, desde o BNG exixen que a Lei de protección de animais domésticos e salvaxes vixente no noso país desde 1993 inclúa expresamente a prohibición das touradas e aqueles "espectáculos que inclúan a morte do animal" ou a aplicación "das 'sortes' da pica, as banderillas e o estoque", ao igual que acontece noutros territorios do Estado español e de Europa. "Catalunya por lei fixou a prohibición das touradas", sinalou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera, ao igual "que Portugal". Así pois, aseguran que na Galiza "por razóns históricas mais tamén polo carácter cruel destes espectáculos" tamén debe fixarse por lei esta prohibición do que consideraron "unha práctica cruenta" mais tamén "anacrónica". Desde Galiza Mellor Sen Touradas e o Bloque lanzaron un chamamento a "abrir o debate social e institucional á fin de eliminar" estes espectáculos que "non son cultura, senón tortura".
NOS_14928
A candidatura do PSOE ao Congreso por Ourense está liderada pola psicóloga Marina Ortega. Desde 2015 é concelleira de goberno no Carballiño, onde está á fronte da área de Servizos Sociais e Benestar. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A? Xógase dous modelos de país diferentes, un modelo conservador marcado polo retroceso, e outro marcado polo avance e o progreso. Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza? Tras sete anos de goberno da dereita, con Galiza en parálise e retroceso, a cidadanía experimentou cambios evidentes coa chegada de Pedro Sánchez. Estes cambios déronse en tan só dez meses e con oitenta e catro deputados, froito dun traballo complexo e comprometido dun goberno socialista que abriu as portas ao talento, para poder liderar un proxecto solvente e que mellorase directamente a calidade de vida da cidadanía. Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza? En Galiza preocúpanos o estado actual da sanidade pública froito dos recortes dos gobernos da dereita. Debemos loitar para que a sanidade galega volva satisfacer as demandas da sociedade actual. Preocúpanos o estado actual da sanidade pública froito dos recortes dos gobernos da dereita Preocúpanos a aposta polo rural, xa que é unha das características e fortalezas da nosa terra. Debemos dotalo de servizos, de infraestruturas e de benestar social, ademais de desenvolver estratexias concretas de innovación e actualización das empresas do rural aos novos tempo. De feito, co programa Cervera o goberno de Pedro Sánchez investiu máis de 500 millóns de euros para que pequenas e medianas empresas innovasen a súa actividade da man de centros tecnolóxicos. Preocúpanos incrementar o número de postos laborais e a calidade dos mesmos, por iso nestes meses de goberno, unha das primeiras medidas foi o plan Director polo emprego digno, que transformou miles de postos eventuais en indefinidos, ademais de loitar contra os falsos autónomos. Debemos dotar o rural de servizos, infraestruturas e benestar social Ademais en Galiza preocúpanos a despoboación e o envellecemento pola baixa natalidade, por iso este goberno activou o Alto Comisionado polo Reto Demográfico e puxo en marcha políticas transversais para que, de xeito progresivo, a situación poida reverterse. Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso? Teño que facer especial mención ás 84 deputadas e deputados destes meses de goberno de Pedro Sánchez, xa que valeron por 176. Fixeron un traballo incríbel pola cidadanía, en poucos meses e cunha minoría evidente. É o primeiro presidente que superou a trintena de decretos leis, mostra dun gran traballo en equipo e vocación polo servizo á cidadanía. O goberno de Pedro Sánchez devolveu a decencia á clase política. Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso? A experiencia no ámbito municipal ofrece unha visión próxima e directa da realidade. Nos últimos anos percíbese unha necesidade de adaptar as políticas a unha poboación marcada por una modelo de familia distinto. Cada vez máis, as unidades familiares están compostas por un único membro e dentro da radiografía poboacional galega atópanse moitas persoas maiores que viven soas. Ademais Galiza ten unha tarefa pendente co rural e co despoboamento. Como ve as opcións do PSOE na cita electoral? Son cauta coas enquisas xa que a porcentaxe de persoas indecisas é alta, así que considero que o golpe nas urnas virá determinado pola mobilización do electorado. Que ninguén se quede sen exercer o seu dereito ao voto Se o 28 de abril a xente sae á rúa a deixar o seu voto, a deixar claro o poder da cidadanía e a impedir que o retroceso invada o país, entón será posíbel que teñamos as urnas cheas de avance e progreso. Depende de cada un de nós, que ninguén se quede sen exercer o seu dereito ao voto.
NOS_3568
A ministra de Defensa afirma que todas as actuacións do Goberno e do CNI "están sometidas á lexislación vixente", mentres a vicepresidenta Yolanda Díaz empraza ás declaracións de Margarita Robles e defende que "España é un país democrático".
A ministra de Defensa, Margarita Robles, reivindicou esta cuarta feira o traballo do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) no suposto caso de espionaxe contra dirixentes independentistas a través do programa israelí Pegasus, e garantiu que todas as súas actuacións están sempre "sometidas á lexislación vixente", ao tempo que rexeitou que se fagan acusacións "sen probas". En declaracións á canle pública 24 horas, Robles evitou dar detalles sobre a actuación do CNI e non aclarou se conta co programa Pegasus, alegando que todo o relacionado co centro de intelixencia está suxeito ao segredo por lei. "É moi fácil atribuír determinadas actuacións ao CNI porque se sabe que o CNI non pode defenderse", lamentou, logo de que o president da Generalitat, Pere Aragonès, sinalase directamente o centro de intelixencia. Robles comparecerá no Congreso pola espionaxe de 'Pegasus' e Puigdemont anuncia medidas legais Neste contexto, asegurou que o Executivo ofrecerá toda a súa colaboración á Xustiza se for preciso e mesmo animou as persoas afectadas a acudir á Xustiza para que se aclare o caso. Aliás, lembrou que o CNI tamén está sometido ao control parlamentario a través da denominada Comisión de Gastos Reservados, que aínda non se constituíu nesta lexislatura. Por iso, convidou o Congreso a iniciar o funcionamento desta comisión e a que a directora do CNI, Paz Esteban, poida comparecer nela para dar contas "sen ningún tipo de restrición nin reserva". A constitución desta comisión require do visto e prace do pleno do Congreso con tres quintas partes da Cámara (210 votos). Robles solicitou comparecer cedo no Congreso, pero na Comisión de Defensa e para falar da política de defensa da Unión Europea, polo que alí non dará moitas máis explicacións sobre o suposto caso de espionaxe, aínda que lle pregunten os grupos parlamentarios. "O CNI está limitado por lei a que todo o que fai é secreto", lembrou a ministra de Defensa, insistindo en que, en todo caso, todas as súas actuacións están sometidas a "control xudicial" e tamén hai control parlamentario. "Espero que esta comisión se constitúa pronto", dixo. "Que todo o mundo o teña claro. Temos que sentirnos orgullosos de España como Estado democrático de dereito. Non podemos sementar dúbidas nin sospeitas sobre unha organización que non se pode defender", reivindicou. As cinco cuestións que descoñeces do 'Catalunyagate' Por outra parte, asegurou que durante o mandato de Pedro Sánchez "tanto o CNI como o conxunto da Administración actuaron conforme á lexislación vixente". Ademais, pediu que "non se esqueza" a "aposta" do Executivo de Sánchez pola "vía do diálogo e a política" en Catalunya, aínda que lle custase "críticas" en determinados momentos. "O Govern [de Catalunya] sabe que o Goberno de Pedro Sánchez sempre asumiu unha aposta política polo diálogo", lembrou, respondendo ás críticas de Aragonès e tamén da presidenta do Parlament, Laura Borrás, que chegou a solicitar a dimisión do titular do Executivo. Noutra orde, a ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno estatal, Yolanda Díaz, engadiu sobre esta cuestión: "España é un país democrático e os países democráticos non deben ter ningún temor para facer gala da transparencia e de cantas aclaracións sexan precisas".
NOS_56905
O xornal basco Gara publica un comunicado da organización armada na que esta anuncia "achegas significativas' para 'alimentar' o proceso de paz. Para @s mediador@s internacionais no proceso, estase no limiar do desarmamento de ETA.
Nun comunicado en euskera remitido ao xornal basco Gara, ETA anuncia a adopción de tres compromisos chaves a corto prazo: "Realizar achegas significativas para alimentar o proceso de paz, sen tardar", "pórse en contacto coa Comisión para Impulsar o Proceso de Paz" e "tomar parte nas conversas e negociacións que se poidan empregar co obxectivo de lograr a resolución e a paz". No que atinxe a este último punto, incide o Gara, ETA detalla que daría ese paso coa finalidade de "ofrecer o noso punto de vista e para introducir na axenda de diálogos as cuestións que atinxen directamente á nosa organización, que están entre os ingredientes para unha resolución integral". Compromiso cunha vía basca ETA amosa o seu compromiso cunha vía basca cara a resolución do conflito, sostén o Gara. Unha vía que vai tomando corpo perante o "intento de bloqueo" dos estados español e francés. Nesta liña, a organizacións insta ao lehendakari Iñigo Urkullu e ao goberno basco a que "máis que ir a Madrid escoitar o non de España" sexan conscientes de que o que cómpre é "concretar unha acción para poñer o si de Euskal Herria no centro". É aquí onde se refiren á gran mobilización do 11 de xaneiro, no que máis de 135.000 persoas marcharon por Bilbo contra a dispersión e polos dereitos das e dos presos bascos. Unha manifestación que reuniu a persoas de diferentes sensibilidades e que "debuxa o camiño para avanzar". Firmeza En canto á resolución do conflito, ETA propón a todas as partes un amplo diálogo con todos os que desexan a paz en Euskal Herria. Avoga por construír en Euskal Herria unha "soa voz" que con firmeza pule pola paz ante o inmobilismo dos estados español e francés.
PRAZA_15698
Antonio Hernando reuniuse este luns con representantes das coalicións nas que participou Podemos en Galicia, Catalunya e Valencia. En Marea advirte de que non apoiará a Patxi López como presidente do Congreso se non se facilita o seu grupo.
O PSOE non quere permitir que as candidaturas que se presentaron vinculadas a Podemos en Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana teñan grupo parlamentario propio. A decisión non está pechada, pero dela dependerán en boa medida as opcións de Pedro Sánchez para conseguir o apoio de Podemos e as confluencias nunha virtual investidura do socialista. A pesar da súa posición inicial en contra, o negociador socialista, Antonio Hernando, reuniuse este luns cos responsables das confluencias para sondar apoios de cara á configuración da Mesa do Congreso e ante unha eventual investidura de Sánchez. Antonio Hernando reuniuse este luns cos responsables das confluencias para sondar apoios de cara á configuración da Mesa do Congreso e ante unha eventual investidura de Sánchez Fontes parlamentarias do PSOE repiten o argumentario que o PP tamén fai seu: as confluencias son Podemos e, polo tanto, non poden ter grupo propio. O regulamento do Congreso aclara que para ter grupo propio é necesario obter un 15% dos votos nas circunscricións nas que se concorreu e, ademais, ter polo menos cinco deputados. Todas as confluencias asociadas con Podemos cumpren esta premisa, pero enfróntanse agora á acusación de que os seus catro grupos parlamentarios serían catro partes da mesma cousa. Fronte a esta situación está a doutras formacións como ERC que non conseguiron o 15% dos votos que esixe o regulamento pero que, con toda probabilidade, acabará tendo grupo propio. Os republicanos cataláns lograron un 15,98% dos sufraxios en Cataluña, pero non lograron superar o 15% na circunscrición de Barcelona, onde obtiveron un 14,48%. O regulamento do Congreso esixe superar esa porcentaxe en todas as circunscricións nas que se concorre como condición para ter grupo propio. ERC logrou un 23,44% en Xirona, un 22,26% en Lleida, e un 17,48% en Tarragona. Quedan poucas horas para que os principais partidos negocien a posibilidade de apoios para decidir a presidencia do Congreso. Os socialistas xa puxeron enriba da mesa o nome de Patxi López. O lehendakari apresurouse a pregoar a postura oficial do seu partido, contraria á configuración de catro grupos. Neste contexto, o PSOE traballa na procura de novos apoios e non descarta ceder un dos postos que lle tocan na Mesa do Congreso para cederllo ao Partido Nacionalista Vasco. Os seis deputados do PNV non parecen suficientes para equilibrar ningunha balanza en favor de Sánchez pero en Ferraz non queren dar por perdido nin un só voto por se os equilibrios finais os convertesen en necesarios. O PSOE aspira a lograr o voto favorable na segunda rolda polo menos de Ciudadanos. Cos 40 votos dos de Albert Rivera conseguirían superar os 123 do PP Os socialistas dan por feito que sacarán adiante o nomeamento de López como presidente do Congreso. Non será por maioría absoluta pero consideran que lograrán máis votos que o candidato do PP. O PSOE aspira a lograr o voto favorable na segunda rolda polo menos de Ciudadanos. Cos 40 votos dos de Albert Rivera conseguirían superar os 123 do PP. Pensan que os demais grupos non votarían a favor do PP, senón que como moito se absterían, polo que lograrían ter máis votos a favor do exlehendakari. As negociacións seguirán ao longo deste martes e poden prolongarse até primeira hora do mércores. O Pleno de composición das Cortes arrinca ás 10 da mañá. Fontes parlamentarias socialistas expresan que Ciudadanos sairía gañando se alcanza un acordo co PSOE para ocupar máis postos na Mesa do que lle correspondería. No entanto, todo segue moi aberto, posto que o partido de Rivera está tamén negociando co PP.
NOS_38976
A disciplina de voto funcionou á perfección no grupo parlamentar socialista e Rajoy estrelouse contra a granítica oposición de Pedro Sánchez. Todo indica que a sexta feira (19 horas) o taboleiro de marcas non rexistará ningún movimento. A partir daí, un monte de especulacións.
Sánchez anunciou nas vésperas que o non do PSOE a Rajoy non iría ter ningunha fenda no seu grupo parlamentar. Tiña razón. Os fieis de Susana Díaz, basicamente a representación andaluza, maioritaria no grupo parlamentar, seguiron as directrices do secretario xeral e do comité federal. Así, Rajoy non tiña ningunha opción de pasar o primeiro trámite da investidura, o que exixe maioría absoluta. Na súa intervención, Sánchez extremou a súa posición crítica de forma deliberada, até alcanzar un ponto de non retorno. Nisto coinciden agora quer o seu sector quer os críticos: non hai volta atrás, o PSOE non se irá mover do non para a abstención en ningún caso. Vencido na investidura de marzo, o secretario xeral da formación socialdemócrata non contempla outro escenario que a derrota de Rajoy neste trámite de agosto-setembro. O segundo capítulo da investidura está axendado para esta sexta feira. Ana Pastor convocou novo Pleno ás 19 horas. A votación, especificou, non será antes das 20 horas E se o PP muda de candidato? Antonio Hernando, portavoz do PSOE, deixou claro esta quinta feira, na antena da SER, que iso non ía mudar as cousas, "porque o programa do partido continuaría a ser o mesmo". Para os socialistas, a única posibilidade que ten o PP de se rexenerar é pasar unha temporada na oposición. O segundo capítulo da investidura está axendado para esta sexta feira. Ana Pastor convocou novo Pleno ás 19 horas. A votación, especificou, non será antes das 20 horas. Os portavoces disporán de 10 minutos para argumentar a súa posición. Non cabe agardar a menor mudanza a respeito do dito e feito esta cuarta feira: os 170 continuarán a favor e os 180, en contra. A partir do 2S ábrese un océano de incertezas e unha morea de especulacións. A variábel na que confía o PP é que o PSOE teña un mal resultado eleitoral na Galiza e en Euskadi que o leve a reconsiderar a súa posición. Agarda tamén que o PNV precise dos votos dos conservadores para reter Ajuria Enea. As cábalas do PP teñen, claro, un reverso: se Feijóo non alcanza os 38 escanos no Hórreo (só ou na compaña de Cs) e se finalmente o parceiro de Urkullu é o PSE, as opcións de a formación direitista manter a chave da Moncloa volatilizaríanse. O PSOE, por súa parte, non desbota inteiramente a opción de tentar unha maioría alternativa no Congreso, co argumento de que neste momento non toca, de que neste momento aínda estamos na investidura de Rajoy. "O PSOE vai estar sempre na solución", ten dito enigmaticamente Pedro Sánchez, ao tempo que ten rexeitado o escenario dunhas terceiras eleccións. Nas últimas semanas Sánchez ten presionado o PP co razonamento de que debería procurar un acordo cos seus correlixinarios do centro-direita, PNV e Partit Demòcrata Català. Sabía que pedía un imposíbel, mais talvez o fixera para branquear eses partidos soberanistas, isto é, para criar a atmosfera de que é lexítimo pactar con eles. A xogada podería ser que quen finalmente o fixese fose el.
NOS_14972
A plataforma cidadá pola defensa da lingua Queremos Galego considera que o "desprezo" do presidente da Xunta ao galego, "excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia", non só "non contribúe á loita contra a epidemia", senón que "incide en prexuízos ideolóxicos".
Queremos Galego -plataforma cidadá pola defensa da lingua integrada por máis de 600 entidades- lanza unha petición ao presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, para que ofreza a información sobre a pandemia do coronavirus na lingua do país. O colectivo denuncia que na crise da COVID-19 "a nosa lingua está a ser excluída da maior parte das informacións e mensaxes das autoridades públicas, tanto en comparecencias como en insercións publicitarias, incluídas as intervencións do presidente da Xunta que abandona o uso do noso idioma no exercicio das súas funcións, precisamente nos momentos de maior transcendencia. Usando reiteradamente o castelán para se dirixir ao conxunto de galegas e galegos, o que redunda no falso prexuízo da inutilizade da nosa lingua para o realmente importante" "Lembrámoslle que desprezar o galego, excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia, non só non contribúe á loita contra a epidemia, senón que incide en prexuízos ideolóxicos sobre a nosa lingua e sobre Galiza", apuntan desde a plataforma. "Negar a utilidade do galego, renunciando ao usalo como o seu máximo representante institucional é tamén negar a capacidade do pobo galego perante a crise", sinala Queremos Galego, que considera que a "obriga" do presidente da Xunta é "defender todos os dereitos da cidadanía galega á que representa, e iso é incompatíbel con converter a nosa lingua noutra vítima do COVID-19".
PRAZA_4253
As medidas excepcionais polo coronavirus foron aproveitadas por Sanidade para situar persoal en formación en postos de eventuais con experiencia, que denuncian o empeoramento das xa precarias condicións.
"É un sistema de contratación que che quita as ganas de todo; fano moi mal e non dan resposta a nada". O testemuño é dun dos centos de profesionais sanitarios afectados pola última polémica nos contratos do Sergas: o aproveitamento das medidas excepcionais por mor da pandemia para prorrogar ata un ano contratos temporais de persoal residente en formación, obviando o propósito inicial de que actuasen como reforzo na crise sanitaria para acabar ocupando en calquera especilalidade os postos de profesionais eventuais con anos de vinculación e nas listas de contratación. "É un sistema que che quita as ganas de todo; fano moi mal", di un traballador tras a decisión do Sergas de saltar as listas de contratación para contratar residentesA denuncia chegoulle á Consellería de Sanidade, ás diferentes xerencias de áreas sanitarias e ao propio presidente Feijóo en forma de moreas de escritos e reclamacións, tanto de persoal, como de sindicatos ou colexios e asociacións profesionais. Centos de denuncias dunha situación que "afonda na precarización do persoal sanitario", segundo profesionais que devecen por unha explicación --ou rectificación-- do Sergas que non chega. Paula é unha das que denunciou o caso xunto ás súas compañeiras. Enfermeira pediátrica nunha área sanitaria, traballa desde hai anos con contratos de días, semanas "e como moito algúns meses no verán". "Asinei uns cen contratos en catro anos", lembra. Coa chegada da covid, a súa vinculación seguiu sendo mensual, pero continua. Coa redución da presión asistencial dos últimos días, o que antes era un labor nunha planta de coronavirus pasa a selo noutros servizos, pediátricos ou non. "Sen quendas estables", advirte. "O persoal residente non ten culpa de nada; entenden a nosa protesta porque saben que mañá poden ser os prexudicados"Agora, e ante a posiblidade de encadear algún mes de traballo seguido e minimamente estable durante o verán, como nos últimos anos, as dificultades aumentan. Varias enfermeiras residentes en formación serán, segundo anuncia o Sergas, prorrogadas ata un ano no posto de especialista, provocando que persoal nas listas de contratación, con puntuación e anos de experiencia acumulada, acabe sometida a continuos cambios de traballo, contratos de semanas ou días noutros ámbitos ou, en moitos casos, ao desemprego. "Inevitablemente, parte dos contratos que nos eran asignados serán agora cubertos por elas, que non teñen culpa de nada e que entenden a nosa protesta porque saben que o día de mañá poden ser as prexudicadas", explica Paula (nome ficticio). O Sergas, en virtude das medidas excepcionais aplicados polo Goberno central pola pandemia, decidiu prorrogar os contratos do persoal MIR (Médico Interno Residente) e EIR (Enfermeira Interna Residente) ata por un ano. O que contaba con ser un reforzo determinado pola crise sanitaria acabou, segundo sindicatos e colexios profesionais, sendo utilizado "para cubrir ausencias de profesionais" en diferentes ámbitos, "sen razón que xustifique" as súas encomendas e habendo persoal dispoñible, tanto agardando nas listas como traballando en situación temporal. O Sergas asegura que as prórrogas a residentes son unha "ferramenta excepcional" que non prexudica os aspirantes das listas de selección temporalÁ espera aínda dunha contestación ás preguntas realizadas por este diario, o Sergas si respondeu a algunhas das numerosas reclamacións recibidas nos últimos días ante unha política de contratación cualificada de "inxustificable" por persoal de diferentes especialidades. Nunha das cartas ás que tivo acceso Praza.gal, o xerente dunha das áreas sanitarias rexeita a acusación de "fraude ao mecanismo regulamentario de provisión de persoal temporal" e á petición de indemnización dun dos afectados. Sanidade non entra en detalle respecto das razóns que motivaron a prórroga dos contratos de residentes e as súas encomendas en lugar de tirar das listas de contratacións habituais e limítase a aclarar que "derivan da propia situación excepcional provocada pola pandemia da covid" e que son unha "ferramenta excepcional" que "en ningún caso supoñen un prexuízo aos aspirantes inscritos nas listas de selección temporal". Segundo Sanidade, só se producirán estas contratacións "en supostos nos que as necesidades asistenciais así o requiran". Un dos profesionais afectados nega o argumento do Sergas e recorda que a medida levada a cabo supón "un prexuízo" para "todas aquelas persoas que se atopan en listas de contratación". En moitos casos, suporá que non poidan volver traballar nos vindeiros meses ou que teñan que mudar de localización, rutinas de traballo e compañeiros. "Unha vinculación estable que algúns non viron na vida""É un sistema que, no mellor dos casos, nos obriga vivir colgados do teléfono, sen poder facer plans, sen saber ata última hora a onde ir traballar... Agora, pode que nin tan sequera iso", explica quen advirte, como outros testemuños, que a chegada do coronavirus non fixo máis que afondar na precariedade do persoal eventual e nun sistema de contratación "que teiman en facelo mal". No fondo, un problema que implica desigualdade e diferentes criterios de contratación entre compañeiros de profesión. E unha vinculación e estabilidade de varios meses e mesmo un ano para os últimos en chegar que "non viron na vida a maioría de profesionais que levan anos encadeando contratos". "Eles non teñen culpa de nada, víronse no medio dun fogo cruzado e é normal que acepten unhas condicións que noutras circunstancias non soñaban con ter", explica un profesional afectado. "O problema non son eles, o problema é quen se aproveita deste sistema", di en referencia aos xestores sanitarios. Como exemplo, o acontecido en Ferrolterra, cando unha das enfermeiras residentes contratadas como reforzo pola pandemia acabou cubrindo un posto nun centro de saúde e nunha función que nada que tiña que ver coa crise sanitaria pero que si impediu tirar do persoal das listas de contratación. Casos como estes foron denunciados tamén polos colexios profesionais de enfermería de Galicia, que puxeron xa en mans de avogados unha situación que podería acabar nos tribunais. Ademais, están á espera tamén dunha resposta do Ministerio de Sanidade, á quen se lle requiriu unha aclaración urxente que determine se, como consideran, a Xunta está a facer unha "interpretación falaz" das medidas excepcionais polo coronavirus para cubrir ausencias e asumir substitucións de forma xeneralizada.
PRAZA_19205
O Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo recoñece o dereito a recibir esta renda cando se comparte vivenda con outras beneficiarias pero que non pertencen á mesma unidade familiar. A Xunta vén empregando un criterio moi restritivo, que obriga a moitas persoas a mudarse
A Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia sinala no seu artigo 11 que "como regra xeral concederase unha soa renda por domicilio, entendido como marco físico de aloxamento da unidade de convivencia da que forma parte a persoa titular da prestación". A Xunta vén empregando este criterio de unha RISGA concedida por domicilio, equiparándoo a unidade familiar, o que ten derivado nalgúns conflitos, cando nunha mesma vivenda conviven -sobre todo por razóns de aforro económico- varias perceptoras de renda de inclusión social que non pertencen á mesma unidade de convivencia. Isto está obrigando nalgúns casos a estas persoas a ter que trasladarse a outro domicilio. O Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo vén de recoñecer o dereito dunha muller a recibir esta prestación mesmo compartindo domicilio con outra persoa que tamén cobre a RISGA pero que non é da súa familia. O ditame destaca que o propio artigo 11 da lei define o concepto de unidade de convivencia como "o conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio e manteñan con respecto á persoa solicitante un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao, respectivamente", facendo fincapé en que a conxunción e obriga a que concorra unha "específica relación persoal" que neste caso non existía. O xuíz sinala que "sería inverosímil que dúas persoas que perciben senllas prestacións para eludir a súa exclusión social, tivesen que excluírse mutuamente para non incorrer en esaxerada inclusión" O xuíz conclúe que "a demandante convivía con outra persoa perceptora da Risga e esa compañía habitacional era perfectamente compatible coa norma reguladora". E subliña que "sería inverosímil que dúas persoas que perciben senllas prestacións para eludir a súa exclusión social, tivesen que excluírse mutuamente para non incorrer en esaxerada inclusión". A Oficina de Dereitos de Sociais de Coia, que colaborou coa demandante no proceso, salienta que "o ditame desta resolución xudicial é de suma importancia para todas aquelas persoas que, no país, vense obrigadas a mudarse de domicilio para non xuntar dúas ou máis Risgas nunha mesma vivenda, aínda que só compartan piso, ou non teñan máis relación ca da simple amizade. Por unha vez, un xuíz sae da lóxica perversa dos políticos e técnicos de Benestar Social e dálle a razón á cidadanía". "O ditame é de suma importancia para todas aquelas persoas que, no país, vense obrigadas a mudarse de domicilio para non xuntar dúas ou máis Risgas nunha mesma vivenda, aínda que só compartan piso", di a ODS Coia No caso desta muller -Lucía-, a sentenza chega algo tarde, aínda que lle vén dar toda a razón na súa reclamación. Lucía viña cobrando os 400 euros da Risga dende decembro de 2010. En 2015 comunicou que trasladara o seu domicilio a unha vivenda máis económica, que compartía con outras persoas que non eran da súa familia, sendo unha delas tamén perceptora da Risga. A Xunta notificoulle nese momento que lle daba seis meses para buscar outro domicilio, no caso de que quixese seguir recibindo esta prestación. Lucía presentou unha reclamación, que foi denegada (malia recoñecer a administración que se trataba de dúas unidades familiares distintas), o que a levou a iniciar a vía xudicial para defender o seu dereito. Con todo, en maio de 2016 a muller mudouse a outra vivenda, na que reside soa, para poder seguir percibindo a renda. É certo que a lei de 2013 engade unha excepción para as persoas con cargas familiares ("Excepcionalmente, sempre que exista unha solicitude motivada ao respecto polos servizos sociais comunitarios, poderanse aboar dúas rendas a persoas residentes nun mesmo domicilio cando quede acreditado que se trata dunha situación en que unha persoa con cargas familiares non compartidas se ve na necesidade de acollerse noutro fogar independente"), pero varias entidades sociais denuncian que non é suficiente e demandan cambios na norma e nos criterios de aplicación. En 2015 a Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso) alertaba das dificultades que os e as perceptoras de Risga atopan para afrontar o pagamento en solitario dun aluguer, o que as leva en moitas ocasións a compartir vivenda con outras beneficiarias da renda. A plataforma pedía que a normativa relaxase as esixencias neste punto, permitindo a convivencia nun mesmo domicilio de dúas persoas perceptoras, independentemente das súas cargas familiares. Un novo criterio que pouco a pouco vai sendo asumido Hai uns meses Lucía mudouse a outra vivenda, na que reside soa, para poder seguir percibindo a renda O criterio de unha prestación de inclusión social por domicilio é habitual nas normativas de concesión de rendas deste tipo, pero nas iniciativas máis recentes comezan a recoñecerse as situacións de convivencia de varias unidades familiares nunha mesma vivenda. Así, na da Renda Social Municipal da Coruña sinálase que "como regra xeral concederase unha soa renda municipal por domicilio", aínda que se engade que "no caso de que nun mesmo domicilio convivan dúas ou máis unidades de convivencia e se valorase a necesidade de acceso a vivendas independentes, o número máximo de rendas sociais municipais que se poderán percibir será de dúas". De igual xeito, a Ordenanza de Garantía Básica Cidadá de Santiago de Compostela xa non explicita o límite de rendas sociais concedidas por domicilio, falando en todo momento de unidades de convivencia e incorporando o concepto de residencia colectiva, definido como "conxunto de persoas físicas que convivan nun mesmo enderezo sen manter os vínculos dunha unidade de convivencia". Nas normas máis recentes comezan a recoñecerse as situacións de convivencia de varias unidades familiares nunha mesma vivenda Fóra de Galicia, normas recentes comezan a aplicar estes mesmos criterio. Así, por exemplo, a nova renda valenciana de inclusión establece unha nova definición das unidades de convivencia, de maneira que dúas unidades distintas que convivan no mesmo domicilio poden ser receptoras da renda. Tamén en Navarra, a nova Lei de Renda Garantida inclúe a posibilidade de que exista máis dunha unidade familiar nun mesmo domicilio.
NOS_58250
Laura Mintegui, candidata a lehendakari nas vindeiras eleccións nacionais vascas, encabeza o proxecto da coalición EH Bildu.
No número 7 de Sermos Galiza, falamos con ela. Eis un petisco da entrevista. Bulide aos quiosques e mercade o voso semanario. Que alternativas propón EH Bildu no seu programa de goberno para superar a situación económica actual?Nestes días estamos escoitando que a solución pasa por fortalecer as institucións que garanten o autogoberno, agarrarse ao concerto económico como unha lapa e conseguir un amplo consenso para manter o status quo até que pase a crise. Mais resulta que ese marco autonómico está superado, e iso ficou claro coas últimas medidas do PP. É hora de conseguirmos as ferramentas para decidirmos a nosa economía e crearmos un novo modelo social e económico. Precisamos recursos, precisamos confianza e identidade. Entre as vosas propostas está a creación dunha banca pública, de capital vasco e social. Como contribúe este proxecto na creación dunha Euskal Herria máis libre e xusta?A agricultura, a industria e a banca son os eixos da economía dun país e sen o apoio financeiro os outros dous dificilmente poden saír adiante. Porén, máis que os bancos, son as caixas as que sosteñen a comunidade. En Alemaña hai 400 caixas unidas en 12 federacións que financian o 70% das PEMES dos Länders, que son a orixe da riqueza do país. Os bancos teñen o perigo de que, ao admitiren investimento estranxeiro, desvíen a súa riqueza fóra do territorio.
NOS_49610
Adega e Mariña Patrimonio responsabilizan a "industria do eucalipto" e denuncian que os labores forestais afectaron "gravemente" a croa, os foxos, o parapeto e maila muralla pétrea deste xacemento.
O Castro da Rilleira, en Cabarcos (Barreiros), na Mariña de Lugo, volveu sufrir importantes danos polos labores e tarefas realizadas na zona en relación coa industria do eucalipto, segundo denuncian Adega e Mariña patrimonio. "Hai exactamente un ano, denunciamos a desfeita provocada pola plantación de eucaliptos noutra parcela deste mesmo castro sen que a día de hoxe, malia o tempo transcorrido, teñamos recibido ningunha resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta", lembran nun comunicado. Desta volta, denuncian, "os labores forestais afectaron gravemente a croa, os foxos, o parapeto e maila muralla pétrea, deixando á vista en toda a superficie abundantes restos arqueolóxicos. Empregouse maquinaria pesada, deuse apertura a unha pista que cortou o parapeto, arrincáronse as raíces dos vellos eucaliptos e realizáronse novos furados con pá mecánica para plantar os novos". Adega e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia por estes feitos. "Unha vez máis vemos como a industria do eucalipto actúa con total impunidade e con absoluto desprezo polo noso patrimonio ao danar un xacemento arqueolóxico catalogado e protexido". Afirman, sinalando as responsabilidades da administración polo seu desleixo. Para algúns investigadores, o castro da Rilleira, situado no val de Cabarcos, tería unha grande significación histórica, xa que sería o lugar onde se asentaban os cibarcos, unha tribo galaica da que nos fala o historiador romano Plinio o Vello. Este castro conta cun impresionante sistema defensivo formado por tres foxos picados na rocha e, probablemente, a croa contase cunha muralla pétrea de módulos. Problema de vello O colectivo Mariña Patrimonio denunciaba a mediados de 2016 que tiña constancia de máis de 30 lugares protexidos (mámoas, castros...) destruídos durante talas e traballos relacionados co eucalipto na comarca. Nada que nos deba estrañar se temos en conta, como denuncia este colectivo da mariña lucense, que a metade dos 500 xacementos arqueolóxicos "que ten inventariados Patrimonio no norte de Lugo teñen eucaliptos enriba".
NOS_23897
A Zarzuela nega que presionase para favorecer a conferencia na sede do organismo en Bruxelas mais "agradece" as palabras do ditador guineano.
Teodoro Obiang viu cumpridos un dos seus anceios: falar no Instituto Cervantes da presenza do español en África. E cumpriu o desexo grazas, segundo el mesmo afirmou, ao apoio de Juan Carlos de Borbón, rei de España. Obiang falou nesta terza feira na sede do Instituto Cervantes en Bruxelas. Ante menos de mdio cento de persoas que o aplaudiron a arrabear. Entre @s presentes, o secretario xeral do Cervantes, Rafael Rodríguez-Ponga, do embixador español ante o Comité Políticoda UE, Nicolás Pascual. O ditador guineano quixo, expresamente, agradecer a "influencia" do rei español para que poidese dar a conferencia. É o segundo acto español en 48 horas onde Obiang toma parte, o primeiro foron os funerais por Adolfo Suárez. "Quero agradecer á súa Maxestade o Rei de España, que influíu para que puidese vir hoxe aquí", dixo Teodoro Obiang. A Zarzuela, porén, aclarou que non fixo nada por facilitar a intervención. Mais, curiosamente, "agradeceu" o 'agradecemento' do ditador. Guinea Ecuatorial vive desde 1979 baixo a man de ferro de Teodoro Obiang.
QUEPASA_504
Dende os temporais do pasado mes de novembro, a pista de Reira, a fermosa pista en plena Rede Natura que une Arou e o Cabo Vilán, está nun estado catatónico. Unha situación que se repite ano tras ano, e que para o Concello de Camariñas supón un investimento de arredor 10.000€ anuais.
Xa lle teñen pedido axuda, sen sorte, a Augas de Galicia, e seguen esperando unha reunión conxunta con Deputación e Xunta, pero ambas entidades botan balóns fóra… Esta semana, a alcaldesa Sandra Insua e o Concelleiro Juan Carlos Canosa reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. E parece que por aí pode chegar a solución. O Concello camariñán pídelle á Xunta que utilice ese formato que está usando Costas do Estado para as súas novas sendas, un material chamado "suelo-cemento", que vén sendo unha zahorra con algo de cemento, máis duro, máis compacto. Conscientes de que asfaltar é absolutamente imposible en rede natura, piden este material que tamén está xa instalado no paseo de Lingunde e no que se vai facer dende Lingunde ata Area da Vila en breve.
NOS_37974
A MNL afirma que a Axencia Tributaria remitiulle a notificación dun expediente sancionador por "resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria".
Axencia Tributaria de Compostela remitiu á Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) a notificación dun expediente en curso por "resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria". Unha decisión adoptada após que esta plataforma en defensa do idioma propio de Galiza lle solicitase por escrito que as notificacións que se lle remitisen estivesen en galego. Marcos Maceira: "O Goberno do PP usa as administracións de todas e todos para impor a súa ideoloxía excluínte por medio da represión" Unha petición orixinada o pasado 15 de xullo, cando A Mesa recibiu unha notificación de requeremento da Oficina de Xestión Tributaria de Compostela en relación coa certificación do cambio de representante legal da entidade derivada do cambio de directiva levada a termo na súa última asemblea nacional. O requerimento estaba escrito unicamente en español. E a Mesa pediu que se lle remitise en galego "Ilegal" e "indecente" "Tras pasaren varios meses sen obter resposta, volvimos presentar esta solicitude por escrito ante a Axencia Tributaria o pasado 10 de setembro, sen obter tampouco resposta por parte da Administración até que o día de onte, 28 de outubro, recibiu unha notificación (máis unha vez, excluíndo o uso do galego) na que se comunicaba o inicio dun expediente sancionador por "resitencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria". A Mesa calificou a resposta da Axencia Tributaria de "ilegal" e "indecente", e anunciou que recorrerá a sanción da Axencia Tributaria perante todas as instancias administrativas e mesmo xudiciais que sexa preciso para denunciar esta "agresión intolerábel" dos nosos dereitos lingüísticos.
NOS_1756
As condicións laborais e de seguridade no traballo no mar son materia pendente. O índice de sinistros laborais neste sector é superior ao de calquera outro. "Ése máis laxo e tolerante co concepto de perigo ou risco laboral no mar que en terra", sinala Xosé M. Carril, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social.
Balbino González, de Porto do Son, fixo a súa primeira marea con pouco máis de 15 anos ao caladoiro do Gran Sol. Acumula case catro décadas de traballos en caladoiros como Terra Nova, Namibia ou Noruega. "Neste tempo melloraron as condicións técnicas, melloraron a comodidades a bordo e melloraron os barcos; mais as condicións de traballo pouco melloraron", afirma. As condicións e seguridade laboral no mar continúan a ser materia pendente. Ningún outro sector laboral rexistra a incidencia de sinistros laborais e mortalidade que o do mar: case 400 falecidos en 25 anos. O presidente da Federación Galega de Confrarías, o ribeirense José Antonio Pérez Sieira, resumíao nunhas declaracións a Nós Diario: "O traballo do mar é moi duro, non hai outra". Porén, esa dureza non debería de implicar un 'fatalismo' ou 'desculpa' a respecto do traballo no mar e os seus perigos. Así o apunta Xosé Manuel Carril, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade da Coruña: "Cando hai un risco ou perigo en terra, por exemplo un temporal, paralízase a actividade; mais en certas frotas pesqueiras, non", sinala a Nós Diario. "Visión integral" Para Carril, todo o relacionado coa prevención de riscos laborais, condicións de traballo e a Seguridade Social "deberíase facer tendo en conta de que se trata dun centro de traballo itinerante". Neste sentido explica que "gran parte da lexislación está pensada desde terra para terra e non para o mar". Este profesor da Universidade da Coruña salienta que a propia Organización Internacional do Traballo (OIT) e a Unión Europea (UE) "poñen de manifesto que onde máis accidentes hai é nas actividades marítimo-pesqueiras", sobre todo aquelas que se realizan a bordo dos buques de pesca. Por este motivo cre que o Estado español "debería mellorar a regulación das condicións de traballo nas embarcacións". O que resume en ir cara a un traballo "ben protexido, ben regulado e ben remunerado". Apunta que o convenio 188 da OIT sobre a pesca "non foi ratificado polo Estado español" da mesma maneira que a directiva específica europea para aplicación deste convenio, "a 2017/159 tampouco a foi en prazo". Engade, ademais, que se se compara a situación do Estado español "con outras como Portugal ou Francia, aquí segue a ser unha materia pendente". Diferenzas "O traballo no mar é penoso, duro e perigoso", salienta Carril, e incide que mentres nos oficios en terra está asumido "que se paralice a actividade laboral se hai risco ou perigo para as vidas", no mar isto segue a ser "máis laxo". "Por que hai barcos que traballan cando hai temporais no canto de capear ou buscar refuxio?", pregúntase. Convenios Xabier Aboi, da CIG-Mar, resume a situación do sector marítimo cunha pregunta — "Cantos convenios colectivos hai no sector do mar no Estado?"— que el mesmo responde: "Ningún". Así pois, engade, poucas garantías laborais, de seguridade e salariais pode haber. Para Balbino González, no mar hai moito que traballar para lograr unhas condicións dignas: "Hai barcos onde traballas 18 horas e descansas seis, e así até que enchas as adegas". A Organización Internacional do Traballo (OIT) considera o de mariñeiro como unha das profesións máis perigosas. Entre 1994 e 2020 perderon a vida na Galiza 384 traballadoras e traballadores do mar. Tan só entre 2014 e 2020 foron 70 os falecidos, e o número de sinistros laborais relacionados coa pesca foi de 7.091.
PRAZA_4582
A próxima vez que senta a necesidade de saír á rúa contra as políticas de sufrimento masivo do Goberno, pense no rostro admonitorio de Sáenz de Santamaría e non o faga. Ela non o faría.
Á Vicepresidenta Marabilla non lle casan a inconveniencia de tanta protesta e a excelencia dos datos económicos que lle pasan os asesores pagos para fabricar powerpoints onde se demostra que todo vai de película. O que quixo rumorearnos, con esa linguaxe diplomática tan propia dunha avogada do Estado, é que lle custa comprender como un Goberno que o está facendo todo tan ben debe soportar e atender uns cidadáns que o fan todo tan mal. Ou somos parvos porque se acaba a crise e non nos decatamos. Ou somos idiotas por deixarnos manipular para manifestarnos sen razón. Ou algo peor, somos malos e protestamos por pura malicia. Os 4.701.338 parados do INEM saben que merecemos un Goberno disposto a esquecerse deles para poderlle contar ao mundo o ben que nos recuperamos Desde que comezou a recesión os cidadáns estamos a facelo todo fatal e desde que goberna o PP, de pena. Recoñezámolo. Menos mal que xentes preparadas como Soraya Sáenz de Santamaría están ao cargo, senón España non sería unha marca, e non chegaría nin a adhesivo. Afortunadamente, o seu liderado está claramente por encima das nosas posibilidades. Os 4.701.338 parados do INEM saben que merecemos un Goberno disposto a esquecerse deles para poderlle contar ao mundo o ben que nos recuperamos. Elixan o colectivo que elixan, somos un desastre. Os funcionarios, por exemplo, teñen o mal costume de xubilarse moi amodo. Se sentisen España como a sente Soraya, xubilaríanse máis para recortar os persoais máis rápido. Así, no canto de prescindir de máis de 375.000 traballadores públicos, poderiamos aforrar os soldos dun millón ou millón e medio. Imaxínese canto podería baixar a prima de risco con semellante aforro, mentres o Executivo seguía contratando a dedo para as empresas públicas, as únicas que crecen en emprego. Ou cantos servizos se poderían subcontratar alegando que a administración carece de capacidade para prestalos directamente. Este Goberno tamén tivo que lle facer fronte aos pensionistas. O peor do peor. Ademais de arruinar a sanidade pública consumindo ibuprofeno coma se se tratase de coñac, queren cobrar a pensión cada ano, malgastando así uns cartos da Seguridade Social que o executivo podería empregar en rescatar outro banco arruinado por algún colega ou engordar aínda máis o balance das eléctricas. A xente mobilizándose contra unha obra que supuña un bo negocio para todos. Como nos bos tempos da burbulla, gañaba o construtor, gañaba o alcalde, corría o diñeiro público e ademais quedaba precioso o barrio alicatado até o teito O dos bolseiros raiou a pura deslealdade. Todo o mundo sabe o mal que está a educación en España. Alguén tiña que impedir que o mundo se seguise infectando con universitarios españois mal preparados. Ao Executivo non lle tremeu o pulso. Como non lle treme cos dependentes, ou cos inmigrantes, ou os enfermos crónicos. Dos parados mellor nin falamos. A propia vicepresidenta debeu polos no seu sitio cando denunciou como máis de medio millón cobraban o desemprego de maneira fraudulenta. Certo que logo resultaron sumar preto de dez mil, pero iso son detalles. A vicepresidenta Soraya é como Tom Cruise en Minority Report, destapa a fraude antes de que se produza. As protestas de Burgos constitúen o colmo da cidadanía mal entendida. A xente mobilizándose contra unha obra que supuña un bo negocio para todos. Como nos bos tempos da burbulla, gañaba o construtor, gañaba o alcalde, corría o diñeiro público e ademais quedaba precioso o barrio alicatado até o teito. Onde imos chegar? Que será o seguinte que quererá parar o xentío? A Lei do Aborto? as obras do Val dos Caídos? A próxima vez que senta a necesidade de saír á rúa contra as políticas de sufrimento masivo do goberno, pense no rostro admonitorio da vicepresidenta e non o faga. Non lle dea ese desgusto. Ela non o faría A próxima vez que senta a necesidade de saír á rúa contra as políticas de sufrimento masivo do goberno, pense no rostro admonitorio da vicepresidenta e non o faga. Non lle dea ese desgusto. Ela non o faría. Non lle faga perder o seu valioso tempo. Non deixe que a realidade lle estrague un bo dato. Non o merece. Ela non viviu por encima das súas posibilidades, só por baixo das súas estatísticas e a súa humanidade.
PRAZA_4899
Os mass media frecuentemente xogan un papel relevante na concreción de pautas de opinión pública, polarizando a tradicional dicotomía entre autoritarismo e democracia que dilúe a perspectiva de observar cales son os factores de poder realmente existentes detrás destas crises.
Non deixa de constituír unha curiosa coincidencia que países tan distantes como Ucraína e Venezuela estean inmersos actualmente en agudas crises políticas, lastradas pola radicalización das accións violentas, fracturas políticas, tensións e presións internas e externas con incertos escenarios abertos. Os mass media frecuentemente xogan un papel relevante na concreción de pautas de opinión pública, polarizando a tradicional dicotomía entre autoritarismo e democracia que dilúe a perspectiva de observar cales son os factores de poder realmente existentes detrás destas crises Ambos casos, se ben levemente periféricos dentro da dinámica da xeopolítica global pero con notable capacidade de incidencia de cara a confrontación de intereses dos grandes actores do sistema internacional (particularmente mais visible no caso ucraíno), abren unha diversidade de lecturas, aproximacións, perspectivas e expectativas, dalgún xeito definidos polo confrontación de diversos tipos de intereses, internos e externos, diametralmente enmarcados dentro da dinámica de contestación global motorizada pola crise económica e por diversos aspectos relativos á crise de lexitimidade política. Nese contexto, concretamente no aspecto relativo á lexitimidade política e a contestación cidadá, os mass media frecuentemente xogan un papel relevante na concreción de pautas de opinión pública, polarizando a tradicional dicotomía entre autoritarismo e democracia que dilúe a perspectiva de observar cales son os factores de poder realmente existentes detrás destas crises. A radicalización como móbil Ucraína está sumida nunha prolongada crise de lexitimidade política, dificultades económicas, antagonismos na identidade nacional e intereses contrastados Sen aparente conexión directa, ambas crises apuntan notables paralelos e antagonismos. Ucraína está sumida nunha prolongada crise de lexitimidade política, dificultades económicas, antagonismos na identidade nacional e intereses contrastados dentro do seu péndulo xeopolítico desde a aparición da célebre Revolución Laranxa que en decembro de 2004 levou ao poder a líderes pro-occidentais como Viktor Yushenko e Iulia Timoshenko, esta última en prisión domiciliaria desde 2012. Pero o contexto 2013-2014 afronta o panorama da violencia política como móbil de actuación. A brutal confrontación entre opositores e forzas gobernamentais acaecida o pasado 18 de agosto na Praza Maiden de Kiev, con saldo de 26 mortos, unido á violencia que se estende polo Oeste ucraíno e as eventualidades dunha fractura estatal (tensións pola eventual separación de feito de Crimea, Lvov, etc), son factores que evidencian os síntomas de polarización política e territorial e de identidades nacionais, mobilizadas obviamente por directos intereses externos (principalmente EUA, Europa e Rusia) que se moven aleatoriamente dentro do estratéxico péndulo euroasiático. En comparación, a crise venezolana antecede levemente á ucraína pero apunta a direccións contrastantes. A confrontación de intereses e expectativas xeradas polo triunfo democrático da Revolución Bolivariana a partir da súa chegada ao poder en 1999 dirimiu diversos pulsos internos e externos, os cales contribuíron igualmente a afondar unha polarización social e política que, no contexto 2013-2014, retrotrae a situacións anteriores de violencia social e política, abordando toda serie de expectativas. Estas expectativas intensifícanse principalmente polos dilemas establecidos en torno ás incertezas do chavismo post-Chávez en mans do actual mandatario Nicolás Maduro. A crise económica, a radicalización de diversos sectores (chavistas e opositores) e as presións internas e externas (EUA, países veciños, organismos internacionais), os cales contemporizan as súas presións cara unha eventual crise de lexitimidade e de autoridade presidencial, son factores igualmente visibles no actual contexto venezolano. Este retorno da violencia política, con mediano grao de intensidade, retrotraeu momentos anteriores críticos da historia contemporánea venezolana, como foron o Caracazo (1989), as fracasadas tentativas de golpe militar (1992), o breve golpe contra Chávez (2002) Sen alcanzar o caudal de violencia e de persistente rebelión (ou sedición) a través de barricadas e asaltos a instalacións gobernamentais como no caso ucraíno, a renovación da violencia en Venezuela ofrece unha perspectiva diametralmente similar. Os focos de protestas e confrontacións, iniciados a comezos de febreiro a través de manifestacións de estudantes alcanzaron un radio de actuación nacional, que levaron a confrontacións entre cidadáns, organismos de seguridade e incluso bandas irregulares armadas en diversas zonas da capital Caracas e das principais cidades venezolanas, como Valencia, Barquisimeto e San Cristóbal, este último no estado andino de Táchira, fronteirizo con Colombia. Desde mediados de febreiro, estas protestas e confrontacións deixaron cinco vítimas mortais, decenas de feridos e acusacións desde diversos ángulos de represión política e de fomentar focos desestabilizadores. Este retorno da violencia política, con mediano grao de intensidade, retrotraeu momentos anteriores críticos da historia contemporánea venezolana, como foron o Caracazo (1989), as fracasadas tentativas de golpe militar (1992), o breve golpe contra Chávez (2002) e as denominadas guarimbas ou barricadas de sectores opositores (2003-2004). Tanto como a polarización, estes crises e sucesos violentos manifestan un factor de notable incidencia e influencia de cara ás perspectivas de crise de lexitimidade política. O contexto actual vese igualmente determinado pola súbita aparición dunha crise económica que xa alcanza o nivel de desabastecemento de produtos básicos Así, o contexto actual vese igualmente determinado pola súbita aparición dunha crise económica que xa alcanza o nivel de desabastecemento de produtos básicos (co derivado descontento en diversos sectores sociais), sumado a problemas xa crónicos como a imparable inseguridade cidadá e os ralentizados canais de diálogo entre o goberno e a oposición, cun elevado grado de confrontación e violencia verbal que inflúe dalgunha forma na configuración dunha cultura política regresiva. A fractura como opción Con todo, a xeopolítica xoga un factor relevante nas crises ucraína e venezolana. No mesmo momento en que Kiev e outras cidades ucraínas se sumían na brutal confrontación entre opositores e as forzas gobernamentais do presidente Viktor Yanúkovich, as tensións nas rúas venezolanas reapareceron tras numerosas protestas e manifestacións, intensificadas esta semana coa entrega do líder opositor Leopoldo López ás autoridades venezolanas, para ser sometido a xuízo pola súa presunta participación nos recentes sucesos violentos. En Venezuela, a fractura da oposición (igualmente visible no caso ucraíno) da a entender unha polarización entre elementos eventualmente moderados, liderados polo candidato presidencial Henrique Capriles Radonski; e un sector máis radical Ambos aspectos constitúen a creba dunha tensa tregua política en ambos países. En Ucraína, tras tres meses de protestas, o alzamento da praza Maiden rompeu unha tregua de quince días sen protestas, sepultando case definitivamente as expectativas dun acordo político entre o presidente Viktor Yanúkovich e unha oposición cada vez máis radicalizada. En Venezuela, a fractura da oposición (igualmente visible no caso ucraíno) da a entender unha polarización entre elementos eventualmente moderados dentro da plataforma da Mesa da Unidade (MUD), liderados polo candidato presidencial Henrique Capriles Radonski; e un sector máis radical, tendente a focalizar na mobilización persistente nas rúas, aparentemente liderado por López e a deputada María Corina Machado, ambos afiliados ao partido Vontade Popular (VP). Este sector descoñece claramente a lexitimidade presidencial de Maduro, presuntamente fomentando accións de insurrección popular contra o seu goberno. Tras gañar as eleccións primarias na MUD en febreiro de 2012, cun inicial apoio por parte dos demais líderes opositores (entre eles precisamente Leopoldo López e María Corina Machado) a figura de Capriles foi impulsada e promovida polos sectores antichavistas dentro e fóra de Venezuela como unha nova faciana da oposición venezolana, aparentemente comprometida cos canais democráticos e constitucionais. Neste sentido, Capriles activou contactos en EUA e América Latina, principalmente en gobernos aliados de Washington como Colombia e Chile. A estela de Capriles foi esvaecéndose tralas súas derrotas nos comicios presidenciais de outubro de 2012 (contra Chávez) e abril de 2013 (contra Maduro), así como nas recentes eleccións municipais de decembro de 2013 (contra o PSUV) Non obstante, a estela de Capriles foi esvaecéndose tralas súas derrotas nos comicios presidenciais de outubro de 2012 (contra Chávez) e abril de 2013 (contra Maduro), así como nas recentes eleccións municipais de decembro de 2013 (contra o PSUV). A pesar de que a oposición alcanzou os seus mellores rexistros electorais contra o chavismo baixo o liderado de Capriles, en diversos sectores da MUD e da oposición venezolana comezou a cuestionarse a súa lexitimidade como líder unitario da oposición, a pesar de ser elixido nunhas primarias onde participaron tres millóns de cidadáns. Paralelamente, e a pesar de que o goberno o acusa de presuntamente perpetrar os actos de violencia post-electoral tralos comicios presidenciais do 14 de abril de 2013, Capriles manifestou unha posición mais moderada cara o goberno de Maduro, incluso abrindo canais de diálogo para tentar solucionar os problemas económicos e de inseguridade, o cal causou notable malestar entre os sectores máis radicais, liderados actualmente por López e Machado, e que aparentemente gañan peso dentro dunha MUD cada vez máis dividida. Capriles manifestou unha posición mais moderada cara o goberno de Maduro, incluso abrindo canais de diálogo para tentar solucionar os problemas económicos e de inseguridade Como no caso venezolano, en Ucraína pode observarse unha polarización de axendas políticas dentro da oposición na que, igualmente, se manifesta o ascenso dun sector radical liderado por figuras de corte nacionalista como Vitali Klitschko (partido UDAR) e Oleg Tyahnibok, do partido nacionalista Svoboda, en cuxo seo proliferan os grupos paramilitares radicais, algúns deles afiliados a movementos protofascistas, moi activos nas barricadas en Kiev e noutras cidades. Ambos, Klitschko e Tyahnibok, semellan constituír unha nova oposición nacionalista e antirrusa, co visible apoio europeo e estadounidense, e que claramente sepultaría a aparente levedade dos herdeiros da revolución laranxa, hoxe posiblemente desacreditados entre diversos sectores opositores e que, ante os recentes acontecementos, seguen a apostar pola negociación co presidente Yanúkovich para evitar unha maior radicalización da violencia. A presenza de Klitschko no cumio da OSCE celebrado a finais de xaneiro en Múnic (Alemaña) dá a entender cales son as cartas da Unión Europea en Ucraína. En Ucraína pode observarse unha polarización de axendas políticas dentro da oposición na que se manifesta o ascenso dun sector radical liderado por figuras de corte nacionalista como Vitali Klitschko e Oleg Tyahnibok Por tanto, Ucraína e Venezuela corresponden a escenarios de estratéxico interese xeopolítico para Occidente. No caso ucraíno, as tensións anuncian a alteración do péndulo xeopolítico euroasiático, con especial incidencia e afastar a este país da órbita de influencia rusa e hipoteticamente de China, a tenor dos recentes achegamentos cara Pequín por parte de Yanúkovich, con primordial acento económico. A inclusión de Ucraína na OTAN e na Unión Europea, fomentada durante a presidencia de Yushenko (2005-2010) supón unha peza estratéxica para Occidente tanto como Rusia calcula incluír a este país no seu proxecto de Unión Euroasiática previsto para 2015, precisamente o ano no que están pautadas as próximas eleccións presidenciais en Ucraína. Se ben as protestas e manifestacións que desde novembro pasado tentan acabar infrutuosamente co goberno de Yanúkovich non logran o seu cometido, polarizando aínda mais á sociedade ucraína, a perspectiva dunha secesión política e territorial de feito entre un Oeste ucraíno proeuropeo y un Leste prorruso ameaza con cobrar o seu protagonismo, alterando sensiblemente o panorama rexional, en especial pola persistencia de diversas comunidades nacionais e lingüística entre Ucraína e os seus países veciños, en particular Hungría, Eslovaquia, Romanía ou Bulgaria. A perspectiva dunha secesión política e territorial de feito entre un Oeste ucraíno proeuropeo y un Leste prorruso ameaza con cobrar o seu protagonismo No caso venezolano, a persistencia do modelo chavista no poder desde 1999 confronta claramente cos intereses xeopolíticos, principalmente enerxéticos, de EUA e dos seus aliados rexionais. Paralelamente, a Venezuela de Chávez manifestou unha reorientación da diplomacia venezolana, alterando a preponderancia de EUA e Europa nas relacións exteriores de Caracas a favor de rivais e polos incómodos para os intereses estadounidenses, principalmente China e Rusia no sector enerxético e militar, e Cuba e Irán no sector político e da cooperación. As incertezas emanadas do actual contexto dun chavismo post-Chávez en mans de Maduro, focalizado nun aparente triunvirato no poder xunto a outras figuras do chavismo como Diosdado Cabello e Rafael Ramírez, intensifica os parámetros de fractura política en diversas bandas e intensidades dentro da aguda polarización social e política que vive Venezuela nos derradeiros anos. O chavismo de base, sen liderados visibles pero que se autoproclama como o herdeiro indiscutible do legado de Chávez, en particular no cometido da construción do Estado socialista e comunitario, recea dos sectores de poder instalados no goberno de Maduro Estas fracturas políticas crean diversas expectativas tanto como inevitables incertezas. O chavismo de base, sen liderados visibles pero que se autoproclama como o herdeiro indiscutible do legado de Chávez, en particular no cometido da construción do Estado socialista e comunitario, recea dos sectores de poder instalados no goberno de Maduro, nas estruturas burocráticas do gobernante Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV) e das novas elites económicas. Por tanto, a confrontación política xa non se traduce unicamente contra unha oposición clasista cualificada de "dereitista", "fascista", "apátrida" e "proestadounidense" senón que o pulso se move lentamente dentro do péndulo chavista, implicando toda serie de tensións e contrapesos para a presidencia de Maduro e as elites no poder. Á espera de observar se estas eventuais fracturas dentro do chavismo resultan certas e decisivas, o péndulo igualmente móvese dentro da oposición. A visible confrontación de poderes entre unha MUD atomizada polo crecente peso de sectores mais radicais, confirma unha fractura cuxa incidencia pode medirse de cara aos futuros procesos electorais venezolanos, en particular as eleccións lexislativas pautadas para decembro de 2015 e a eventualidade de convocar a un referendo revogatorio da presidencia de Maduro, constitucionalmente previsto a partir de 2016. Como sucedera coa Revolución Laranxa ucraína de 2004, en Venezuela ven sendo persistente, desde 2007, a configuración de espazos de actuación do movemento OTPOR (Resistencia), principalmente dentro de sectores estudantís e outros movementos cívicos, un aspecto que retrotrae no escenario local a reprodución dos movementos contestatarios que levaron a cambios en países da periferia euroasiática en Serbia, Ucraína, Xeorxia e Kirguizistán entre 2000 e 2005, e que tiveron unha clara implicación de EUA e Europa. No fondo, a aparente crise política dentro do chavismo, dunha oposición agrupada nunha MUD cada vez máis debilitada así como de diversos sectores sociais que comezan a emerxer no escenario pero que non manifestan unha representación política clara, son factores que identifican, no fondo, unha crise de lexitimidade dentro da política venezolana que pode resultar persistente e prolongada. Divide e vencerás? Un derradeiro factor tería que ver cunha incerta pero non menos potencial manifestación dunha fractura territorial, moito mais palpable e politicamente posible no caso ucraíno. Sectores do Partido das Rexións do presidente Yanúkovich anunciaron a eventualidade de reinserir á península de Crimea cara Rusia ante a perspectiva de alzarse un nacionalismo radical en Kiev As discusións na Rada ou Parlamento de Crimea esta semana, onde sectores do Partido das Rexións do presidente Yanúkovich anunciaron a eventualidade de reinserir á península de Crimea cara Rusia ante a perspectiva de alzarse un nacionalismo radical en Kiev, correu paralelo ao asalto por parte de manifestantes antirrusos e anti-Yanúkovich nas cidades de Lvov e Lutsk, ao Oeste de Ucraína, con tomas de edificios gobernamentais e de estacións de policías. Como se sabe, Rusia cedeu en 1992 a soberanía da península de Crimea a favor de Ucraína. En Lvov, os manifestantes anunciaron a súa autonomía política co respecto a Kiev, toda vez o asalto das estacións policiais permitiu o saqueo de todo tipo de armamento, como eventual preparación para unha pre-guerra civil, imprimindo un clima de balcanización en Ucraína. Con todo, compre considerar que no Leste ucraíno, as manifestacións anti-Yanúkovich e antirrusas tiveron menos incidencia e potencialidade. A eventualidade dunha fractura política e territorial de feito en Ucraína entre un Oeste proeuropeo e un Leste prorruso non só alteraría o péndulo xeopolítico euroasiático senón que confirmaría a plasmación do pulso de intereses entre Occidente e Rusia por controlar as súas respectivas zonas de influencia en Ucraína. No caso venezolano, a crise política non manifesta ningún tipo de reclamación ou reivindicación de soberanía territorial algunha. Non obstante, existen acusacións de implicacións exteriores, principalmente por parte do goberno de Maduro, que acusa a EUA e Colombia de perpetrar accións violentas a través da fronteira con Venezuela, especialmente nos estados andinos de Táchira e Mérida, a fin de presuntamente tentar desestabilizar ao goberno de Maduro. Compre considerar que a fronteira colombo-venezolana é escenario desde fai varios anos da incidencia do conflito interno que vive Colombia, coa presenza de grupos paramilitares e da guerrilla das FARC e do ELN, aspecto este último que cobrou intensidade ante os reiterados contactos de Chávez coa guerrilla colombiana e os presuntos vínculos de sectores radicais da oposición venezolana cos grupos paramilitares colombianos. Igualmente, percíbese nas altas esferas do poder en Caracas a percepción de que o Plan Colombia de cooperación militar e antidrogas impulsado por Washington a partir de 1999, ten unha directa incidencia na desestabilización do proceso boliviariano venezolano. Existen acusacións de implicacións exteriores, principalmente por parte do goberno de Maduro, que acusa a EUA e Colombia de perpetrar accións violentas a través da fronteira con Venezuela Outros sectores, simpatizantes co chavismo, aducen que a fronteira colombo-venezolana, especialmente nos estados venezolanos de Zulia (produtor do 40% da renda petroleira venezolana), Táchira e Mérida (de potencial agroindustrial e gandeiro), pode constituírse nunha especie de territorio-tapón entre Colombia e Venezuela, intensificando así unha forte presión territorial e política cara o goberno venezolano. Aínda que non é visible nin potencialmente real a consideración dunha eventual desintegración territorial do Estado venezolano, dende o chavismo acúsase constantemente a EUA e Colombia de propiciar actos de desestabilización nesa zona, co presunto apoio de sectores radicais da oposición venezolana. Dentro das tensións e polarizacións da actual xeopolítica global e dos reacomodos de intereses estratéxicos existentes entre os principais actores do novo sistema internacional, que non menoscaban a persistencia das antigas rivalidades e intereses xeopolíticos, as crises paralelas de Ucraína e Venezuela amosan notables similitudes como antagónicas asimetrías. Todo isto enmarcado nun contexto se ben periférico pero de considerable amplitude global.
PRAZA_13246
A aposta do presidente ourensán por unha reforma electoral e competencial para reforzar as deputacións obriga a dirección do PPdeG a facer equilibrios para encaixala no seu discurso e dálle folgos a PSdeG e BNG para cuestionar, respectivamente, o modelo e a supervivencia das institucións provinciais
Presentouno sen entusiasmo o presidente da Xunta e debullou un argumentario difícil de conciliar coas chamadas á "austeridade" e á "redución" da Administración. Vinte e catro horas despois, as propostas do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, encamiñadas a dotar de máis competencias e a elixir directamente nas urnas os gobernos provinciais ecoaron no Parlamento e o voceiro do PPdeG na Cámara, Pedro Puy, tentou encaixalas na doutrina oficial da Xunta e do Goberno central. O reto non era menor, tendo en conta que o ourensán non deixou lugar a ambigüidades: "As deputacións non poden limitarse a ser meros gobernos asistenciais dos concellos", afirmou ante un auditorio poboadísimo de cargos populares e no que tamén sentaba o ex banqueiro Mario Conde. "As provincias existen, os intereses provinciais existen e, polo tanto, deben existir competencias provinciais propias e substantivas", abondou. Baltar reclamou máis competencias para as deputacións e elección directa nas urnas dos seus membros "Non estiven nesa conferencia", anticipou Puy este martes ao ser cuestionado polas reflexións de quen xa se amosa asentado na baronía provincial que foi do seu pai durante dúas décadas. Pero malia a esa inasistencia o voceiro do PPdeG ve coincidencias entre o afirmado por Baltar e os "importantes acordos en materia de reforma local" acadados no propio Parlamento nos últimos meses. Así, por exemplo, se o ourensán defendeu a "fusión de facto dos servizos municipais", para que a "cooperación" non estea rifada co "respecto á identidade política dos concellos", Puy interpreta a afirmación como un apoio ao "impulso ás fusións voluntarias, ás que se referiu como perfectamente viables". Do mesmo xeito, coida que Baltar ve con bos ollos a comisión de expertos "que xa está publicada e que se vai constituír en datas breves" para redeseñar a Administración local, a "promoción da cooperación intermunicipal" e a "atribución de competencias correctas". Tamén coida Puy que Baltar concorda con "que as deputacións tendan, fundamentalmente", a prestar servizos "aos concellos de menos de 20.000 habitantes". Na súa palestra o tamén líder do PP de Ourense considerou que "as deputacións non poden limitarse a ser meros gobernos asistenciais dos concellos". Unha vez aberta a veta, a oposición non a desaproveitou. Así, dende o PSdeG o seu voceiro parlamentario, Abel Losada, acolleu non exento de retranca as colisións entre "o que dixo Baltar Segundo -en referencia á sucesión do seu pai- e o discurso de redución de Administración case radical" co que o gabinete de Feijóo empezou a lexislatura. O discurso de Manuel Baltar foi, para o socialista, "unha emenda á totalidade da política local do presidente Feijóo". "Dixo que de fusións, nada", subliña. Na súa opinión, faino porque "lle é moito máis fácil controlar concellos de 1.000 que de 20.000 habitantes". En calquera caso, "o que teñen que deixar de ser" os entes provinciais é, a xuízo dos socialistas, "instrumentos político-partidarios" e "axentes electorais de primeira magnitude para o PP". "Están claramente superadas pola realidade do país", engade, polo que "nos concellos de máis de 20.000 habitantes teñen que desaparecer e poden prestar servizos a concellos máis pequenos". Losada e Pontón ven unha contradición entre a aposta do presidente ourensán e a redución administrativa que propugnan Feijóo e Rajoy Pola desaparición, pero total, avoga o BNG. Para súa voceira no Pazo do Hórreo, Ana Pontón, propostas como a de Baltar "o único que buscan é lexitimar unha institución absolutamente prescindíbel e que non cumpre ningunha función real", nin "no actual marco" nin "nunca no noso país". "Hai unha maioría social que comparte con nós a opinión de que as deputacións son unhas institucións prescindíbeis -di a nacionalista- que deberían desaparecer", polo que a proposta que "mantén" o Bloque é "a da súa desaparición". En calquera, caso, di Pontón, "sorprende" que este tipo de propostas cheguen dende o PP cando ao mesmo tempo "falan de reducir concellos e mesmo o autogoberno". As consideracións de Losada e Pontón sérvenlle ao voceiro do PP para desdeñar a súa posible unidade de acción. "Un grupo pide a desaparición e no outro hai quen di que está superado o debate sobre a existencia das deputacións". Segundo o conservador na oposición "non hai unha postura común e dentro do PSdeG hai posturas non exactamente coincidentes, dependendo do posto onde estea cada un". Así as cousas, Puy tenta zanxar a a cuestión aberta por Baltar lembrando ademais que calquera modificación é "materia de lexislación básica do Estado". E se do propio Estado chega "un cambio no mecanismo de elección que reforce a lexitimidade democrática", como pide o barón ourensán, á Xunta e ao PPdeG "loxicamente non lle vai parecer mal, senón todo o contrario".
PRAZA_17926
"Os medios públicos galegos están ao servizo da Xunta e do PP", din representantes dos comités de empresa dos medios públicos galegos e da delegación de CRTVE, cuxos profesionais participan tamén na manifestación prevista para o próximo sábado en Santiago
No 15º venres negro do persoal da CRTVG, tres máis dos celebrados en CRTVE, onde se suspenderon o pasado 13 de xullo, profesionais das dúas corporacións presentaron en Santiago a manifestación que, baixo o lema "Pola dignidade dos medios públicos", o próximo sábado 8 de setembro os unirá, cun chamamento tamén á cidadanía, para reclamar polas rúas da capital galega a fin da inxerencia política no seu traballo. Un inmobilismo o do Goberno galego e da dirección dos medios autonómicos á hora de cumprir a lei autonómica impulsada polo propio PP hai xa sete anos que nas últimas semanas está a quedar máis en evidencia tras novas represalias e declaracións dos seus responsables contra o persoal que contrastan cos avances rexistrados a nivel estatal. "Os medios públicos galegos están ao servizo da Xunta e do PP", din representantes dos comités de empresa dos medios públicos galegos e da delegación de CRTVE, cuxos profesionais participan tamén na manifestación prevista para o próximo sábado en Santiago Este venres, nunha rolda de prensa en Santiago encabezada polos presidentes do comité intercentros de CRTVG e do comité de empresa de CRTVE na Coruña, Raimundo Méndez e Suso Ramos, os convocantes salientaron que será "a primeira vez que nos xuntamos para un acto de tal magnitude". Segundo dixeron, a súa reivindicación é sinxela: "queremos que se cumpra a lei" para que os medios públicos cumpran o seu obxectivo de ser un servizo público "de todos os galegos e galegas" e non como na actualidade na que, segundo Méndez, "están ao servizo do Goberno galego e do PP". Os venres negros, a protesta simbólica vestindo desa cor do persoal dos medios públicos en reclamación dunha maior independencia no seu traballo, comezáronos os traballadores e traballadoras de CRTVE en toda España o venres 27 de abril. Un mes despois, o 25 de maio, só un día antes de que se coñecese o intento da CRTVG, salientado este venres polos traballadores, de limitar a 40 segundos a información sobre a sentenza do caso Gürtel que acabou durante 76 segundos, o persoal do ente galego sumouse aos venres negros con convocatorias que foron gañando en seguimento, especialmente despois de que a mediados dese mes dimitisen os presentadores do Telexornal Serán, Alfonso Hermida e Tati Moyano. O presidente Feijóo tentou desentenderse da cuestión: "Eu non dirixo a TVG", chegou a dicir, obviando que el impulsou hai sete anos a lei de medios públicos que aínda non está cumprida A xestión por parte da compañía da crise interna que se desencadeou foi acollida con malestar no Goberno galego ata o punto de que o presidente Feijóo tentou desentenderse da cuestión. "Eu non dirixo a TVG", chegou a dicir, ante o aumento das críticas internas e externas contra o control que o seu Goberno mantén sobre a información dos medios públicos galegos. Porén, unha das principais reivindicacións do persoal é o cumprimento da lei sobre os medios públicos galegos que o propio Feijóo impulsou en 2011 e que sete anos despois aínda non está aplicada entre outras cuestións na creación dun Consello de Informativos do que o presidente se desentende. A lei, salientaron este venres os representantes do persoal, tampouco se cumpre no referente ao esixido incremento da produción propia, na creación dunha autoridade audiovisual independente ou na propia elección do director xeral da CRTVG por unha maioría cualificada do Parlamento. Desde a dirección da compañía o seu máximo responsable, Alfonso Sánchez Izquierdo, deu por "moi cumprida" a lei de medios e negou que o aínda non creado Consello de Informativos sexa "o bálsamo que vaia garantir a calidade dos contidos". Nesa comparecencia ante o Parlamento de Galicia a mediados de xullo, Sánchez Izquierdo chegou a negar "valentía" ao persoal mobilizado. O contraste a esas palabras evidenciouse só dez días despois, cando se soubo que a compañía viña de apercibir, e posteriormente ameazar de despido, á presentadora que dimitira do Telexornal, Tati Moyano, despois de que esta criticase o uso partidista da TVG ante Feijóo nun acto benéfico ao que asistiu o presidente e que ela mesma presentaba de xeito desinteresado. Por parte do Goberno galego, a resposta habitual que verbaliza o propio presidente Feijóo é que a situación da CRTVG non era mellor durante o goberno bipartito de PSdeG e BNG Por parte do Goberno galego, a resposta habitual que verbaliza o propio presidente Feijóo é que a situación da CRTVG non era mellor durante o goberno bipartito de PSdeG e BNG ata o punto de asegurar que a "manipulación" nela rematou coa súa chegada á Xunta. Así respondeu ao PSdeG cando este o instou o ano pasado a cumprir a súa propia lei de medios. Esta mesma semana o BNG denunciou a situación no Parlamento Europeo asegurando que a Xunta incumpre a directiva 2010/13/UE de Servizos de Comunicación Social Audiovisual que considera esencial que os estados membros "eviten feitos que poidan restrinxir o pluralismo e a liberdade de información". Do mesmo xeito, este mesmo venres a eurodeputada de AGE Lidia Senra presentou varias preguntas sobre a mesma cuestión instando ás autoridades europeas a interesarse polo conflito. Malia esta situación e as reiteradas protestas, os representantes do persoal criticaron este venres que a dirección da CRTVG mantense no inmobilismo. "Só hai reunións coa dirección por cuestións laborais pero ningunha de tipo profesional desde hai máis dun ano", exemplifican, e engaden que "lonxe de escoitar o clamor, o que recibimos é unha negación da realidade" e "unha represión que se está agudizando", lembrando os devanditos casos. A situación na CRTVG contrasta coa de CRTVE nas últimas semanas. Alí o último venres negro celebrouse o 13 de xullo, ao tempo que o Goberno nomeaba unha nova dirección dirección provisional á espera de que se resolva o concurso convocado para elixir outra de xeito independente. Eses cambios fixeron que o persoal dos medios públicos estatais no resto de España suspendese de momento as súas mobilizacións -"imos estar pendentes", salientaba este venres o representante dos traballadores de CRTVE en Galicia a respecto da mellora ou non da situación na súa propia empresa-, pero en Galicia seguirán a apoiar aos seus compañeiros da CRTVG. A manifestación sairá ás 10.30 horas das instalacións de CRTVG e CRTVE en San Marcos e rematará dúas horas despois xunto á Catedral Así o farán o próximo sábado día 8, cando sairán ás rúas de Santiago "pola dignidade dos medios públicos de comunicación". A manifestación consiste nunha marcha que sairá ás 10.30 horas das instalacións da CRTVG en San Marcos, ás aforas de Santiago, pasará inmediatamente despois pola veciña sede que CRTVE ten a uns centos de metros, e rematará na compostelá Praza das Praterías por volta das 12.30 nun longo percorrido coincidente co último treito do Camiño de Santiago. Xa xunto á Catedral, procederase á lectura dun manifesto común das dúas empresas públicas que recolle os motivos da manifestación e as demandas que pretenden facer públicas as e os representantes do persoal da CRTVG e de CRTVE. A música de Uxía, Guadi Galego e Xabier Díaz acompañará o acto reivindicativo, que suporá un antes e un despois para os medios de comunicación públicos de Galicia e en Galicia. Elas, as Rebuldeiras, poñen música a este #VenresNegro15CRTVG por uns medios públicos sen manipulación. #NonCoasNosasMans pic.twitter.com/WSCs2E9Vd4 — DefendeAGalega (@DefendeAGalega) 31 de agosto de 2018
NOS_17807
Foron detidos nunha vivenda na localidade de Luhuso. Nunha carta dada a coñecer após a súa detención din que estaban a destruír un stock de armas que representaba o 15% do arsenal de ETA.
Nunha operación en Iparralde das forzas de seguridade españolas e francesas procedeuse á detención de cinco persoas, entre elas tres coñecidas personalidades do ámbito social e sindical do País Vassco francés: Jean-Noël Etcheverry, Txet, activista ambientalista; Michel Berhocoirigoin, un referente do sindicalismo agrícola e ex-presidente de Euskal Herriko Laborantza Ganbara; e Michel Tubiana, presidente de honra da Liga polos Dereitos doHome de Francia. Foron detidos nunha vivenda dunha coñecida xornalista na que, segundo o Ministerio do Interior, había agochado un arsenal de ETA. Diferente é a versión que dan medios como Naiz, que citan un documento ao que tiveron acceso - "escrito prevendo unha posíbel operación policial", din- e no que afirman que "como membros da sociedade civil e sin ningunha ligazçon nin subordinación a ETA, decidimos comezar co proceso de desarme da organización armada e proceder á destrución dun primeiro stock de armas" que suporía por volta do "15% do arsenal do que dispón ETA". Unha tarefa que encetaron o pasado 3 de outubro.
NOS_42218
Consuelo Rodríguez "Chelo" finou na noite desta cuarta feira a piques de cumprir os cen anos na súa casa de Ile de Ré en Franza, onde residía desde a súa fuxida ao exilio á volta de 1949. Segundo informou a Sermos Galiza o seu compañeiro de loita, o guerrilleiro do Bierzo Francisco Martínez "Quico" trátase "dunha grande perda para todos cantos loitaron pola democracia".
Consuelo Rodríguez López naceu en Soulecín,parroquia de Santigoso, concello do Barco o 18 de outubro de 1919 no seo dunha familia numerosa e de convicións progresistas. A posición política dos seus e a persecución ao que foron sometidos os demócratas polo fascismo remataron por marcar a traxectoria vital dunha muller cuxo nome ocupa un lugar chave na loita guerrilleira na Galiza. A decisión do seu irmán Roxelio, mobilizado polo exército franquista, de pasarse ao exército popular abriu a veda á persecución contra unha familia de significación democrática, provocando o fusilamento dos seus pais Domingo Rodríguez e Amalia López ante a negativa de entregar o fillo que estaba agochado en Soulecín desde a caída da fronte norte en outubro de 1937. O compromiso antifranquista de Consuelo Rodríguez arrancaría en 1939, momento no que comezou a colaborar como enlace coa guerrilla, sendo detido en diversas ocasión e pasando por diferentes establecementos penitenciarios da Galiza A persecución contra a familia continuaría tras a morte dos pais. Roxelio, incorporado á resistencia armada ao franquismo, será detido polas forzas de seguridade portuguesas en Vilanova de Gaia, sendo entregado ás autoridades españolas que o fusilarán o 2 de outubro de 1941 canda os seus compañeiros Constantino Santos e Xerardo Núñez. Un outro irmán, Sebastián, fixo parte da agrupación guerrilleira liderada por Mario Rodríguez Losada "Mario de Langullo", e morreu nun enfrontamento armado coas forzas da orde en Borruda, Manzaneda, o 30 de outubro de 1945. Os outros dous irmáns varóns de Chelo morrerían tamén en enfrontamentos armados coas forzas franquistas. Domingo caeu abatido perto da súa casa natal en Soulecín o 18 de decembro de 1946 e Afonso, membro do Destacamento Santiago Carrillo, finaría o 24 de febreiro de 1949 na Veiga de Espiñareda, canda Eduviges Orozco, tras ser baleado pola Guarda Civil. A práctica totalidade dos Rodríguez López, agás un irmán chamado Francisco, participarían da oposición armada ao franquismo, sinalándose entre elas a súa irmá Antonia, compañeira co tempo do líder da Federación de Guerrillas da Galiza e León Cesar Ríos e que remataría abandonando a Península camiño do exilio nun barco fretado pola dirección do PSOE no exilio en 1948 para retirar do Estado a un grupo de guerrilleiros antifranquistas. O compromiso antifranquista de Consuelo Rodríguez arrancaría en 1939, momento no que comezou a colaborar como enlace coa guerrilla, sendo detida en diversas ocasión e pasando por diferentes establecementos penitenciarios de Galiza e do Bierzo. A consecuencia dos rigores represivos veuse obrigada, como tantos outros enlaces, a pasar á clandestinidade, residindo na Cidade sa Selva [Montes de Casaio] e participando dos grandes fitos dos anos finais da Federación de guerrillas de Galiza e León. A vida de Chelo foi obxecto de diversos traballos de investigación e mesmo de filmes, como o dirixido por Odette Martínez, significándose en palabras do seu amigo e camarada Francisco Martínez "Quico", como unha das auténticas imprescindíbeis.
PRAZA_14004
A formación reivindica a "vixencia da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira"
A Frente Popular Galega (FPG) manterá contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de "alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras". A formación afirma que procurará facer posible "unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro cara a nosa soberanía política e económica como pobo". A FPG manterá contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de "alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras" En canto á xuntanza mantida hai uns días con Esquerda Unida, no marco das reunións que a coalición está mantendo para avaliar a posibilidade de conformar unha fronte ampla de esquerdas en Galicia, a FPG anuncia que as decisións que poida adoptar estarán definidas por un "máximo respecto" e pola "aceptación da decisión soberana que a ANOVA decida democrática e asembleariamente". A FPG salienta a vixencia "da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira" e engade que "a loita de clases, se ben é internacional, nunca se dá en abstracto, dáse sempre no seo dun marco nacional concreto, no noso caso na Galiza dependente e aínda colonizada do século XXI".
NOS_755
As primeiras informacións indican que sufriu un paro cardíaco na mañá desta cuarta feira na súa casa da localidade de Tigre.
O astro do fútbol arxentino, Diego Armando Maradona, faleceu hoxe ao sufrir un paro cardíaco. Así o avanzou o diario Clarín, que especifica que o protagonista do episodio deportivo da "mano de Deus" nunha ampla cobertura da nova. Segundo as primeiras informacións, o ex xogador de 60 anos (cumpriu o 30 de outubro) faleceu na mañá desta cuarta feira na súa casa do barrio de San Andrés, na localidade de Tigre. A priori a causa do falecemento foi un paro cardíaco. Hai escasas semanas, esta lenda do deporte fora intervida nunha clínica médica de Bos Aires por un hematoma atopado no seu cerebro. Porén, o seu médico persoal, Leopoldo Luque, destacara en público que "asombraba" o ritmo de recuperación despois desa operación. Aínda así, carrexaba varios problemas de saúde desde hai moito tempo debido a unha vida marcada polos excesos. Parte da carreira como deportista de elite do arxentino decorreu no Estado español. Xogou na liga profesional tanto no FC Barcelona (do 82 ao 84) como no Sevilla FC (tempada 92-93). No medio da súa traxectoria , tamén pasou polo Nápoles. Na súa última entrevista, concedida precisamente ao diario Clarín hai escasas semanas comentaba: "Fun e son moi feliz. O fútbol deume todo o que teño, máis do que tivera aimaxinado. E se non tivera esa adición tería xogado moito máis. Mais hoxe iso é pasado, estou ben e o que máis lamento é non ter aos meus vellos". A nova provocou numerosas mostras de pesar, de figuras coñecidas e cidadáns anónimos, nas redes sociais. Compromiso político Maradona, nado en Villa Fiorito, a 40 Km do centro de Bos Aires, unha zona moi pobre e violenta, nunca ocultou as súas simpatías e fidelidades cara á esquerda. Lula, Chávez, Evo Morales, os Kirchner e,sobre todo, Fidel Castro, foron líderes políticos que contaron co apoio e admiración do arxentino.
NOS_26757
As prais son sinónimo de mar... ou non? Repasamos neste artigo as mellores praias fluviais do país.
Aínda queda verán, e as praias non son só sinónimo de mar, pois Galiza está inzada de praias fluviais de primeiro nivel. Estas son algunhas das máis populares: Sela (Arbo) O municipio de Arbo, coñecido pola súa estrela gastronómica, a lamprea, tamén ten moitos outros encantos máis ou menos ocultos, como a praia fluvial de Sela, que tamén permiten ver de preto as tan coñecidas pesqueiras, desde as que se pescan as lampreas do Miño. A Calzada (Ponte Caldelas) A única praia fluvial do país que conta co recoñecemento de Baneira Azul, as augas cristalinas do río Verdugo atraen xente de toda a contorna. O Pozo do Boi (Lalín) Tamén coñecida como praia fluvial de Vilatuxe, este curruncho natural do río Deza conta con zonas diferentes para gozar do sol, a auga e os xogos, así como doutras áreas destinadas a xantar ou ao aseo. A Veronza (Ribadavia) Dun quilómetro e medio de extensión, merendeiro, piscina infantil, árbores e outros moitos encantos conforman o principal atractivo desta praia fluvial situada na beira do río Avia, en Ribadavia.
PRAZA_20046
Feijóo defende que Galicia "ten que estar" no corredor atlántico da Rede Transeuropea de Transportes, cuxo trazado actual non pasa por territorio galego
Os vindeiros días 29 e 30 de maio os gobernos de España e Portugal celebrarán en Vila Real a vixésimo novena Cimeira Ibérica. A apenas dúas semanas da cita que presidirán António Costa e Mariano Rajoy a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal xuntouse este luns en Braga para intercambiar "boas prácticas de cooperación na Eurorrexión" e mais para "abordar as perspectivas" da propia institución transfronteiriza nun acto no que serviu tamén para transferir á Xunta a presidencia rotatoria da entidade por un período de dous anos. Nun contexto no que o Goberno de España pasou de desdeñar abertamente o Executivo portugués a condecoralo e estreitar relacións con el o titular da Xunta, xa tamén como presidente da Comunidade de Traballo, asegurou ante o plenario que os gabinetes de Rajoy e Costa xa contan "cunha lista de demandas conxuntas" galego-portuguesas en "distintos eidos". Segundo Alberto Núñez Feijóo algunhas destas demandas son as incluídas na lista histórica de peticións de entidades como o Eixo Atlántico, tales como a "necesidade de definir un plan territorial de emerxencias transfronteirizas" ou "estreitar a colaboración no ámbito sanitario". Entre esas demandas, segundo Feijóo, está tamén a "reclamación" dunha "sensibilidade especial" para que "a liña ferroviaria de altas prestacións que xa une A Coruña e Vigo se estenda ata Porto". A Xunta non especifica, neste sentido, se conta con novas máis concretas por parte do Goberno de España, toda vez que o Executivo portugués xa ten en marcha os traballos de modernización da Linha do Minho e prevé ter rematada a electrificación ata Valença no ano 2019, polo que só restaría saber os prazos concretos da coñecida como saída sur de Vigo. Feijóo defende que Galicia "ten que estar" no corredor atlántico da Rede Transeuropea de Transportes, cuxo trazado actual non pasa por territorio galego No ámbito das infraestruturas o presidente galego enunciou tamén outro obxectivo tan ambicioso como pouco concreto, o vinculado ao corredor atlántico da Rede Transeuropea de Transportes. Segundo Feijóo, "Galicia e o resto de d do norte de España e a rexión norte de Portugal temos que estar" nesa "conexión loxística multimodal que unirá Irún con Aveiro", unha vía de transporte esencial en ámbitos como a exportación de mercadorías a toda Europa cuxo trazado, non obstante e malia a súa denominación, non pasa por Galicia. Este encontro celebrouse despois de que o pasado xoves, ao termo do Consello da Xunta, Feijóo evitase concretar os asuntos a tratar nela. "Imos informar desposi da xuntanza para que poida haber rolda de prensa posterior, non creo que antes de que se produza unha reunión bilateral unha das partes deba dar conta do que imos tratar", respondeu a presuntas dos xornalistas sobre a orde do día do plenario. "Permítame que pense que as persoas que comparecemos nesa reunión sabemos de que imos falar", agregou. Pola banda portuguesa a Comunidade de Traballo escoitou este luns voces como a do ministro portugués do Planeamento e das Infraestruturas, Pedro Marques, ou o do alcalde de Braga, Ricardo Rio, que apelou á elaboración dun "novo plano de cooperação transfronteiriça" e defendeu a necesidade "de continuar a potenciar os recursos existentes na região, quer do ponto de vista da investigação, quer do ponto de vista turístico". "Entendemos que o Norte de Portugal e a Galiza têm sido e poderão continuar a ser um exemplo de cooperação transfronteiriça no plano europeu", sinalou.
NOS_47201
A prórroga do segundo rescate será finalmente de só 4 meses e non de 6 como propuxera Grecia na terza feira. O acordo é precário e aínda se ignora a que se compromete Atenas en troca da liña de financiamento.
Grecia e o Eurogrupo acordaron realmente comprar tempo. 4 meses de prórroga do segundo rescate. En termos políticos, non hai gañadores nen vencedores. Táboas. Mais os problemas de fondo continúan sen resolver. Atenas comprometeuse cos seus parceiros europeus a informar a segunda feira das condicións que asume ao aceitar o alargamento do programa de financiamento. Non é debalde: a chave está agora en sabermos se a dupla Tsipras-Varoufakis conseguirán salvar o programa económico co que gañaron as eleccións ou se, en troca, terán de renunciar a el para se manter na eurozona. A presión sobre Atenas foi fortísima nas horas previas á esta nova cimeira do Eurogrupo. Der Spiegel publicou esta sexta feira que o Banco Central Europeu se estaba a preparar para unha eventual saída helena do euro. Alemaña dobraba a aposta horas antes de se voltar a sentar na mesa con Grecia. Merkel xoga, en realidade, coas cartas marcadas, sabendo que o Goberno Syriza quer manterse na eurozona e que faría concesións para conseguilo. Esta sexta feira gañou sen dúbida o statu quo dunha zona euro a 19, con Grecia dentro Tsipras tentará vender agora á sociedade grega que chega a un acordo con Alemaña sen ceder en nada relevante e mantendo o país na zona euro. Merkel poderá dicer que Atenas non obtén ningún botín significativo e que Grecia, contra o afirmado por Syriza nada máis gañar os comicios, acabou por solicitar unha prórroga do rescate. A posta en escena deste acordo en termos políticos será, portanto, chave. É moi significativo que o texto do acordo fora redixido polos dous grandes protagonistas da negociación, Yanis Varaoufakis pola parte grega e Wolfang Schäuble pola xermana, ben como polo presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbluem. Varoufakis: "Desde hoxe seremos co-autores do noso futuro, desde hoxe seremos nós os que decidamos as reformas" O Eurogrupo fala de flexibilidade, termo que promete ser fetiche, o que quer dicer que permitirá a Grecia aplicar medidas menos draconianas das que se viu obrigado a implementar o goberno de Nova Democracia. Atenas terá agora de precisar que axustes irá asumir durante estes 4 meses. En todo caso, e ao remate da cimeira, Varoufakis optou por facer da necesidade, virtude, e declarou que "deixamos atrás o tempo en que Grecia era tratada como unha estranxeira. Desde hoxe seremos co-autores do noso futuro, desde hoxe seremos nós os que decidamos as reformas". A cuestión central é sabermos agora que entende Varoufakis -economista que se autocualifica como marxista "errático", por heterodoxo- por reformas: se emprega este termo como sinónimo eufemístico de recortes -ao estilo Rajoy/Hollande- ou se se referir a cambios graduais na economía helena que a afasten, sequer sexa paseniñamente, do paradigma neoliberal en que se viu mergullada desde a intervención do país por parte da Troika. Hai aínda moitas incógnitas por despexar, mais esta sexta feira gañou sen dúbida o statu quo dunha zona euro a 19, con Grecia dentro.
NOS_19747
A xuntanza do conselleiro de Industria co comité de Navantia e alcaldes de Ferrolterra (agás Mugardos e San Sadurniño, que declinaron ir) foi unha simple "exposición de boas palabras, mais sen concretar nada", segundo os sindicatos. O naval retoma as mobilizacións o día 13, cansos dos "incumprimentos" da Xunta e Madrid
"Un regueiro de boas palabras mais sen concretar nada" ou "unha tomadura de pelo" foron algunhas das deficións dadas polos sindicalistas da xuntanza que mantiveron esta cuarta co conselleiro de Industria para falar do naval de Ferrol. A reunión produciuse após o plantón que esta terza deu presidente da Xunta e conselleiro a representantes do naval ferrolán que se desprazaron até Compostela. De aí que alcaldes como os de Mugardos ou San Sadurniño xa anunciasen que non asistirían á nova cita "pois non queremos ser monaguillos nas exequias do naval". Representantes do comité de empresa de Navantia lamentaron que o encontro só servise para escoitar declaracións de boas intencións por parte do conselleiro, "e con iso non se salava este sector, que perdeu nestes meses perto de 2.000 empregos". Desde a CIG consideran que a xuntanza servíu para que o titular do departamento autonómico "botase balóns fóra sobre o incumprimento do dique flotante". Neste sentido, o conselleiro volvería insistir no guión que os populares manteñen desde que a SEPI dixese que non ía haber esta infraestutura. É dicer, o PP di que o que formulaba para Navantia era "ou carga de traballo ou dique". Con ese discurso como base, afirma o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que non haxa dique non é unha responsabilidade ou incumprimento da Xunta ou goberno central. Porque, prosegue, hai "carga de traballo". E que carga de traballo? Pois a que viría de Pemex, di o conselleiro, alegando que o compromiso coa multinacional mexicana xa está practicamente feito. A realidade, porén, é outra: Pemex decidirá entre ofertas de estaleiros de varios países. Novas mobilizacións O naval de Ferrol mantén o calendario de mobilizacións, que terá unha nova cita o vindeiro 13 de febreiro, cunha manifestación en Compostela. E a finais de mes,unha protesta a nivel comarcal.
NOS_35083
Que é un sleeper en termos cinematográficos?? Un filme revelación. Unha película que racha todas as previsións
Segundo a publicación elblogdecineespanol.com, A Esmorga, de Ignacio Vilar, é un dos grandes "sleepers" da temporada, un deses filmes cos que en principio non se contaban e que acaban gaveando na escaleira dos máis vistos. Os dados -a fonte é Rentrak Spain- son incontestábeis. Embora se ter estreado só na Galiza e con apenas 18 copias, o filme xa ten recadado máis de 223.000 euros. A estrea en salas españolas está prevista para a primavera de 2015. A Esmorga reuniu nas salas galegas máis de 37.500 espectadoras e espectadores. De acordo con Rentrak Spain, o filme -estreado o 21 de novembro- tivo esta resposta nas distintas cidades galegas: – Vigo: 8.602 espectadoras e espectadores.– Santiago: 6.606 espectadoras e espectadores.– A Coruña: 6.250 espectadoras e espectadores.– Ourense: 5.468 espectadoras e espectadores.– Lugo: 3.176 espectadoras e espectadores.– Ferrol/Narón: 2.227 espectadoras e espectadores.- Pontevedra: 1.607 espectadoras e espectadores.
PRAZA_11852
A Asociación Ecoloxista Coto do Frade de Ribadavia alerta dos perigos que a incineradora do Irixo tería para a saúde dos habitantes da comarca e para a produción do viño.
Cando no ano 2007 se pretendía instalar unha macroplanta para a xestión dos residuos do sur de Galiza, no concello de Carballeda de Avia, houbo unha masiva resposta social no Ribeiro. A xente non a quería, nin polos problemas medio ambientais derivados nin polo mal nome que lle quedaría ós nosos caldos, base fundamental da economía desta bisbarra, tanto a nivel industrial como a nivel de supervivencia ou familiar. O PP posicionouse en contra, granxeándose un enorme número de votos nas posteriores eleccións á Xunta do 2009. Maioría absoluta. O bipartito estaba, daquelas, a favor. Agora, cun novo plan de xestión de residuos que é basicamente o mesmo, pero co perigosísimo engadido do experimento químico permanente que supón a incineración, as tornas mudan. Quen antes estaba a favor agora está en contra: o que antes ser moi mal, permanecer todo igual, e hoxe resultar excelente… Pero que ninguén se leve a enganos. Se antes levaríamos a mala fama, agora tocaranos a contaminación. É que unha incineradora contamina, e moito. E o Irixo está demasiado preto, pese o que poidan pensar algúns, crendo que o Irixo está en África, e por iso hoxe o Ribeiro apenas se manifesta. Os ventos da zona de ubicación da planta traerannos os contaminantes atmosféricos, derivados de incinerar todo tipo de residuos, durante unha media de 100 días/ano: CO2, óxidos de nitróxeno e xofre, partículas, ácidos, dioxinas,… Algúns destes elementos provocan o que se coñece como choiva ácida que, o depositarse na terra, provoca mudanzas no pH da mesma por diminución. As terras vinícolas do Ribeiro conteñen enormes concentracións de cobre, debido ó emprego masivo deste contido no sulfato empregado para a loita contra enfermidades criptogámicas (mildiu, botrite, oídio, …) durante décadas. Estudos da universidade de Vigo, pioneira na análise das dinámicas de cobre en solos de viñedo, dos cales quen escribe formou parte, determinaron que este cobre, retido no solo por certas estruturas do mesmo, será liberado se o pH dos solos diminúe, dado que hoxe en día o propio solo actúa de retén para este metal pesado. Se este cobre, retido en estruturas edáficas de forma masiva, se libera por mor da acidificación do solo atoparémonos, indefectiblemente, cunha diminución na calidade e cantidade das colleitas e, en último caso, coa morte dos viñedos e da socioeconomía do Ribeiro. Non hai medias tintas. Pero si hai algo máis. A incineración leva consigo tratamento de efluentes (augas). Este tratamento de efluentes se traducirá nunha contaminación de arsénico, cadmio, mercurio e fenois, produtos altamente contaminantes das augas, incluso a pequenas concentracións, ademais dos nocivos lixiviados (líquidos rezumantes procedentes dos residuos almacenados). Os principais ríos do Irixo coma o son o Viñao, Arenteiro e os tributarios destes, son os afluentes máis importantes do río Avia. O Ribeiro converterase así pois, por imperativo da Xunta, no retrete do lixo galego.
NOS_16209
Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) deuse a coñecer a pasada sexta feira como gañador do Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña con 'O rosario e a buguina', unha novela que se centra no conflito relixioso entre o poeta Manuel Antonio e a súa nai durante os últimos meses de vida do primeiro. A obra verá a luz o próximo ano.
Vostede xa se achegara á biografía e obra de Manuel Antonio Vida e misterio dun poeta galego (Galaxia, 2018). Que o leva agora a tratalo desde a ficción? Foi fundamentalmente a raíz de escribir a biografía, que ten as súas exixencias, sobre todo a nivel de rigor. Había unha parte, os tres últimos meses da vida de Manuel Antonio, que sempre me foran un pouco enigmáticos en relación a como se relacionara coa nai. Esa foi a idea inicial, na biografía non tiña datos suficientes para apoiar unha hipótese e pensei que a ficción me podería permitir especular un pouco máis e dar unha visión do que eu consideraba que poderían ser eses meses. Sempre coa convicción de que non intentaba escribir o que pasou, porque iso sería imposíbel, senón reflexionar sobre o vínculo entre unha nai e un fillo nunhas circunstancias moi difíciles, pois desde moitas perspectivas estaban bastante afastados. "Non intentaba escribir o que pasou, porque iso sería imposíbel, senón reflexionar sobre o vínculo entre unha nai e un fillo nunhas circunstancias moi difíciles" En concreto, hai uns versos de Viladomar [1928], o último libro que escribe Manuel Antonio, que sempre me chamaron moito a atención: "Alá no mar sen fin / eu estou axionllado tamén". Esas palabras conflúen nese enigma que expresa o título: por un lado o "rosario" da nai, seguindo o catolicismo, e, polo outro, a "buguina". Reflexionar sobre ese contraste é o que me apetecía. Apuntan eses versos precisamente ao que sería o conflito relixioso que se volve central na novela, non? Si, o núcleo da novela está enfocado fundamentalmente a dúas cousas: por unha banda, ese conflito relixioso, no que hai unha parte máis ficcionalizada -a nai case o emprega como unha especie de chantaxe emocional-, e pola outra, a vocación poética de Manuel Antonio, que ela, por mor das circunstancias da época, nunca entendeu e sempre intentou contrarrestar. Neses últimos momentos, aparece a necesidade que el tiña de explicarlle á nai a súa vocación poética. Esas son as dúas liñas que exploro. Como se insire a poesía na obra? Porque, polo que di, entendo que estará moi presente. Si, esa foi xa a idea da miña biografía. Creo que Manuel Antonio ten unha mentalidade romántica, como el mesmo sinala en moitas ocasións, aínda que tamén fala ás veces de antirromanticismo, penso que intentando responder precisamente a esa visión sentimental que el tiña. É un caso prototípico, desde a miña interpretación, dun "letra ferido", un home no que vida e obra non poden separarse. "É un caso prototípico, desde a miña interpretación, dun 'letra ferido', un home no que vida e obra non poden separarse" Era ademais un seguidor moi fiel de Nietzsche, unha persoa que lle daba moita importancia a todo o que é o trasmundo psicolóxico. El mesmo se chega a definir como un "psicólogo do alén", que é algo curioso. É imposíbel desligado da biografía psicolóxica, aínda que evidentemente sempre é arriscado entrar aí, mais áchoo imprescindíbel e necesario. Aparecen ademais moitos datos e indicios que revela constantemente no seu epistolario. E como é esta psicoloxía de Manuel Antonio? É unha pregunta difícil de contestar. Eu na biografía penso que racho algúns moldes que había sobre Manuel Antonio, desde a miña interpretación, para intentar contrastala con outras. Por resumir moito, creo que era froito dun proteccionismo excesivo da nai, aínda que pode parecer o contrario, desde moi neno, que se foi prolongando. Ten así unha psicoloxía claramente inmadura. Deixa o eido do familiar moi cedo e vaise a outro totalmente distinto. Neses ámbitos pasa a estar un pouco na sombra e nel hai unha personalidade explosiva e moi irascíbel, que para min é algo fascinante, porque precisamente a partir do manifesto "Máis alá" decátase diso e entra nun proceso de madurez que é a parte máis apetecíbel de Manuel Antonio, desde o punto de vista psicolóxico. Dáse conta de que era demasiado provocador, de que non tiña nada que ofrecer até aquel momento e ponse a escribir dunha forma obsesiva ese libro fantástico que é De catro a catro. Constrúe así unha das aventuras máis extraordinarias da literatura galega desde a perspectiva psicolóxica e literaria. Estilisticamente, como se materializa todo isto? A novela vai alternando capítulos en primeira persoa: nuns fala a nai e noutros Manuel Antonio. É unha novela curta, de aproximadamente 130 páxinas nas que se van contrastando as dúas visións que teñen o un do outro como da propia vida, da morte e dos diferentes problemas que se expoñen. E, sobre todo, as olladas de cada un no conflito que expresa a novela de se finalmente Manuel Antonio aceptará ou non recibir a extrema unción, un dos fíos narrativos que propón a obra. Fiel á verdade Con cautela para evitar spoilers, Losada adianta O rosario e a buguina vira sobre un conflito relixioso: "Manuel Antonio é unha persoa que seguiu toda a vida cos rituais católicos, confesábase e ía á misa regularmente, como aparece nas cartas". Porén, el non tiña "a concepción do catolicismo da nai, centrada nos exercicios espirituais. É, de feito, moi crítico con ela". Con todo, nos últimos momentos "o decisivo é que ambos os dous se foron separando desde o óptica humana e precisan un encontro que é propiciado pola morte", di o escritor. Todo isto, matiza, responde a unha "interpretación moi persoal" do poeta rianxeiro, sen a intención "de minusvaloralo, senón todo o contrario. Eu creo que é fundamental que os autores que admiras os enfoques desde a verdade, mesmo coas súas contradicións: amalos e valoralos por como realmente foron", cousa que tamén aparece "na novela como subtexto", opina Losada.
NOS_37400
Presión continuada até o acoso laboral ás persoas que mediaron para vender preferentes. A dirección de Caixa Galicia deseñou unha estratexia de control dos traballadores para vender as accións.
A alta dirección de Caixa Galicia deseñou unha estratexia de presión para a comercialización de preferentes das que foron vítimas non só ás persoas estafadas senón tamén traballadores e traballadoras da entidade que se viron sometidas a forzas presión e a un acoso laboral que repercutiu en moitas ocasións na súa saúde. O Secretario nacional de CIG-Banca, traballador entón de Caixa Galicia, Clodomiro Montero, relata nun artigo os mecanismos da dirección que chegaron a someter ao cadro de persoal a 38 campañas de venda simultaneas e un intenso control de resultados.
PRAZA_14414
O Goberno aproba os Orzamentos para 2013, nos que prevé recadar 4.375 millóns con novos impostos e nos que recorta nun 9% os gastos ministeriais. O Estado pagará máis de 38.000 millóns de euros en 2013 para financiarse e recorrerá a máis de 3.000 millóns do Fondo de Reserva. Dá o visto e prace a un plan de reformas que incluirán 43 novas leis ao ditado de Bruxelas.
"Que o paguen os cidadáns é inevitable", dixo o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, preguntado polos axustes e subas de impostos que sufrirá a cidadanía. Foi claro o membro do Goberno ao presentar os Orzamentos Xerais do Estado para 2013, uns presupostos nos que os intereses da débeda e o cumprimento das esixencias de déficit que marca Bruxelas son as claves para explicar outra brutal recorte de gasto e a implatanción de novas medidas tributarias. Os intereses da débeda increméntanse en case 10.000 millóns, o que case triplica os recortes ministeriais Así, os Orzamentos recortarán o gasto dos ministerios nun 8,9%, o que suporán algo máis de 3.800 millóns de euros, un desconto que comerá -e con moito- o incremento dos intereses da débeda estatal, que sobe un 33%, algo máis de 9.700 millóns, pero tamén xunto o aumento de IVE xa anunciado hai tempo (máis de 6.300 millóns) e as novas medidas tributarias que prevén recadar 4.375 millóns en 2013 e que inclúen un gravame do 20% aos premios de loterías que superen os 2.500 euros e co que se esperan recadar 824 millóns. Aplicarase un gravame do 20% aos premios de loterías que superen os 2.500 euros En total, o Estado deberá desembolsar un total de 38.600 millóns de euros en 2013 para financiarse, unha cantidade que supera en algo máis de 9.000 millons á de 2012 e cuxo aumento duplica o aforro previsto na redución de gastos ministeriais. Ademais, o Goberno terá que asumir tamén o incremento nas transferencias á Seguridade Social para garantir as prestacións, polo que traspasará ao organismo 6.662 millóns, dos que algo máis da metade (3.603 millóns) chegarán do Fondo de Reserva para poder pagar as pensións, sendo a primeira vez que se acode a este, pero sen aclarar se se actualizarán as prestacións en función do IPC ou non. O Estado recorre por primeira vez ao Fondo de Reserva para poder pagar as pensións O gasto do Estado aumenta así nun 5,6% (case 9.000 millóns), até un total de 169.775 millóns. Deses cartos, e segundo aclarou a vicepresidenta Sáenz de Santamaría, o 63,5% irá destinado ao gasto social. No capítulo de ingresos, o Goberno confía en ingresar 90 millóns do imposto ás plusvalías no primeiro ano incluído no IRPF, unha cantidade semellante á que se obterá coa supresión da deducción fiscal pola compra de vivenda.Tamén confía en obter uns 700 millóns coa prórroga do imposto de patrimonio e preto de 2.800 polos límites ás amortizacións nun 70%. Porque nestes Orzamentos "para saír da crise", como destacou o Goberno, só se incrementarán as partidas destinadas ás bolsas de estudo, as pensións e, por suposto, os intereses da débeda. O plan de reformas inclúe 43 novas leis, unha autoridade independente para o control das contas públicas ou unha comisión tripartita que resolva os conflitos por convenios laborais Ademais, o Goberno anunciou un plan para incentivar a venda de automóbiles cunha axuda de 2.000 euros, ademais de reformas para aumentar a competitividade e o libre mercado. Nese plan de reformas estruturais, que se aplicará o vindeiro semestre e co que tamén se prevé facilitar o crecemento e o emprego, inclúense 43 novas leis que se axustan ás esixencias de Bruxelas. Entre elas incluiranse a reforma do sistema financeiro, a creación dunha autoridade fiscal independente para o control das contas públicas, o desenvolvemento da reforma laboral, novas reformas nas administracións públicas, o fomento da unidade de mercado, un plan para emprendedores e a liberalización de sectores estratéxicos como o enerxético, o de servizos e o de telecomunicacións. Dentro deste paquete inclúese tamén a creación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, que agrupará os reguladores e simplificará o sistema de supervisión de sectores como as telecomunicacions e a enerxía, mentres que o desenvolvemento da reforma laboral conta coa creación creación dunha comisión tripartita (de empresarios, sindicatos e Goberno) que resolverá os desacordos na aplicación dos convenios colectivos. O Goberno subirá as pensións só un 1%, por baixo do custo da vida En canto ás previsións macroeconómicas, o Goberno mantén a previsión da caída do 0,5% do PIB, unha previsión demasiado optimista, xa que os organismos internacionais e os servizos de estudos privados prevén unha caída de máis do dobre. Por outra banda, o Goberno subirá as pensións en 2013, pero só un 1%, por baixo do custo da vida, malia que as recomendacións do Pacto de Toledo. O IPC de agosto situouse no 2,7%, pero todas as previsións sinalan que en novembro podería quedar en arredor do 3%.
PRAZA_17455
O pasado 12 de xuño o PP tentou volver vetar o traspaso na Mesa do Congreso, pero Ciudadanos aludiu á recente sentenza do Tribunal Constitucional para deixar de apoialo e a iniciativa promovida por En Marea seguiu adiante
O vindeiro 17 de xullo Pedro Sánchez recibirá o presidente da Xunta no Palacio de La Moncloa. Nun clima político aínda marcado pola súa renuncia á carreira pola sucesión de Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo vén debullando nos últimos días cales serán as demandas que formulará ao novo titular do Goberno central. Como nos case tres anos nos que conviviu con José Luis Rodríguez Zapatero como xefe do Goberno de España, Feijóo avanza esixencias en materia de financiamento autonómico e tamén sobre os prazos do AVE -o último horizonte é 2020-, pero tamén afirma que esixirá a Sánchez a transferencia de competencias sobre a AP-9 a Galicia, traspaso que o propio PP tentou volver bloquear hai pouco máis de dez días no Congreso dos Deputados. No marco dunha entrevista na Radio Galega o presidente da Xunta considerou a pasada fin de semana que bastará con instar a Sánchez a ser coherente para lograr o traspaso. O Goberno socialista non poderá dicir 'non' se "hai un mínimo de coherencia política" porque "nos últimos anos, o Partido Socialista en Madrid e en Galicia dixo que si á transferencia da autoestrada", polo que "o único que hai que facer agora é concretar cales son os investimentos previstos na autoestrada, cal é o custo das peaxes, que o sabemos todso, e asinar o real decreto de transferencias" para que as competencias muden de mans. Ese roteiro para o traspaso é, precisamente, o que marcaban as proposicións de lei que o goberno de Mariano Rajoy vetou ata en tres ocasións en apenas ano e medio. Como vén informando ese diario, ese veto gobernamental baseouse en cálculos económicos erróneos e foi alén das facultades que a Constitución outorga ao Goberno central para bloquear leis que provoquen variacións nos Orzamentos Xerais do Estado, segundo o criterio fixado polo Tribunal Constitucional o pasado abril. Por esta vía o antigo gabinete de Rajoy impediu dúas veces que chegase a votarse no pleno do Congreso a lei para o traspaso que chegou ás Cortes co aval da unanimidade do Parlamento de Galicia e fixo o mesmo cando a lei da transferencia foi formulada por En Marea. O pasado 12 de xuño o PP tentou volver vetar o traspaso na Mesa do Congreso, pero Ciudadanos aludiu á recente sentenza do Tribunal Constitucional para deixar de apoialo e a iniciativa promovida por En Marea seguiu adiante Pero tras eses tres vetos chegou a devandita sentenza do Tribunal Constituciona e tamén a moción de censura que tombou o Goberno de Rajoy. O pasado 12 de xuño a Mesa do Congreso reuniuse para avaliar as leis que estaban paralizadas polos vetos gobernamentais, entre elas a do traspaso da AP-9 que presentara En Marea. O PP volveu apoiar mantelas vetadas, pero o grupo que fora o seu aliado para o bloqueo, Ciudadanos, mudou de criterio apoiándose no ditame do TC. A proposta de En Marea quedou desbloqueada e, case ao mesmo tempo, expirou o prazo legal no que o Executivo socialista podía ofrecer argumentos para tentar vetar a proposición de lei que este mesmo grupo presentara para procurar un segundo intento de transferencia cun texto case idéntico. Foi así como deixou, por partida dupla, de existir veto á lei do traspaso, toda vez que os tres votos do PP na Mesa do Congreso non foron dabondo para paralizala. Dez anos despois das últimas transferencias Se o traspaso da Autoestrada do Atlántico á Xunta chega a converterse en realidade sería a primeira transferencia do Goberno de España ao galego en máis dunha década Deste xeito, xa nada impide que no Congreso continúe o curso cara ao pleno da lei do traspaso. Tal e como figura no texto da proposta xa publicado no Boletín Oficial das Cortes Xerais, se o texto é aprobado a Xunta asumirá as competencias sobre a AP-9 que agora ostenta o estado, incluíndo a "potestade sancionadora a respecto de incumprimentos da concesionaria na explotación da autoestrada". Mentres, a Administración Xeral do Esatdo "conservará ao seu cargo" as "obrigas con repercusións económicas e financeiras derivadas da concesión en vigor" que fosen asinadas antes da sinatura do traspaso. Os termos concretos da transferencia ficarían ratificados, en todo caso, nun "acordo da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Xunta de Galicia" que se plasmaría no correspondente real decreto de traspasos. Se o traspaso da Autoestrada do Atlántico á Xunta chega a converterse en realidade sería a primeira transferencia do Goberno de España ao galego en máis dunha década. Non en van, este 1 de xullo faranse dez anos dende que a daquela ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, promulgou os reais decretos que culminaban a tramitación das últimas transferencias negociadas polo gabinete de Zapatero coa Xunta que daqueala dirixían PSdeG e BNG. Menos dun ano despois o PP chegaba á Xunta coa promesa de "recobrar" a "axenda de traspasos pendentes" e de "comezar" a facelo "pola Autoestrada do Atlántico". O que veu despois, no entanto, foi o período máis prolongado da historia da autonomía sen ningunha competencia nova para o Goberno galego.
NOS_50796
Editada en galego e inglés pola Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man.
Coñecer diversos puntos de interese da cidade, adentrarse na historia e unha escolma de frases útiles en galego e inglés son algunhas das compoñentes da 'Guía alternativa de Santiago de Compostela', que vén de editar A Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o Festival Feito á man. A guía que pretende achegar a cultura e lingua galegas ás persoas que visitan a capital de Galiza, comeza cunha breve historia da cidade e alén de citar os monumentos máis representativos a visitar, tamén dá información de lugares onde tomar algo ou expresións simples en galego e inglés. Os idiomas nos que está editada son galego e inglés. Podes vela aquí.
NOS_30591
Representantes de CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP mantiveron desde a mañá desta cuarta feira e até as 14.30 horas o seu encerro na Consellaría de Educación para reclamar unha xuntanza coa súa titular na que abrir a negociación para a devolución do horario lectivo que, finalmente, se producirá a semana vindeira.
Tres horas e media durou a protesta das forzas sindicais con representación na Mesa Sectorial no interior da Consellaría de Educación para forzar unha xuntanza conxunta coa súa responsable, Carmen Pomar, coa que abrir a negociación. O obxectivo, recuperar o horario lectivo que, denuncian, "foi recortado por Feixoo con anterioridade ao real decreto de 2012". Ás 11 horas comezaba o encerro na secretaría, que concluía pasadas as 14.30 horas, tras recibir os e as representantes sindicais confirmación da xuntanza por parte do secretario xeral técnico e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, nunha data aínda por pechar da semana vindeira. "Houbo un intento inicial de forzar encontros por separado, mais a nosa negativa a saír nesas condicións logrou o compromiso da conselleira para a xuntanza unitaria, tal e como reclamabamos", sinala a Sermos Galiza o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, que advirte na estratexia da Xunta "un intento de demorar e dividir". A petición para este encontro remitíraselle á titular de Educación, nunha carta conxunta das catro organizacións sindicais o pasado 11 de outubro que non recibiu resposta. "Finalmente, tras case un ano sen que a conselleira se reúna coa mesa, poderémoslle trasladar en persoa as nosas demandas: a volta aos 18 períodos lectivos máximos en secundaria e aos 21 en primaria, un dereito que xa recuperaron nestes intres noutros lugares do Estado español", expón Bermello.
PRAZA_18334
Nosa Enerxía presentou este martes en Rianxo o seu servizo de mobilidade con coche eléctrico. A cooperativa galega adquiriu un vehículo que poderá ser utilizado previa reserva polos seus socios e socias. O obxectivo é adquirir máis en función da demanda e que os coches sirvan para fomentar as alternativas aos motores de combustión. Falamos co seu presidente, Pablo Álvarez
A cooperativa eléctrica galega Nosa Enerxía presentou este martes no Auditorio de Rianxo o seu servizo de mobilidade con coche eléctrico. A entidade adquiriu un vehículo eléctrico que poderán empregar, previa reserva, todas as persoas socias e que quere ser, ademais, un elemento de promoción dos coches sen combustión e, en xeral, da mobilidade sustentable e dun novo modelo enerxético. "Por primeira vez unha compañía enerxética pon a disposición das súas persoas socias consumidoras a opción de mobilidade cun coche eléctrico, garantindo un gran aforro económico e baseado nun novo modelo enerxético sostible e empregando enerxía renovable", destaca a cooperativa, que lembra que "o gasto medio en combustible dunha familia é de 1.200 euros ao ano". Nosa Enerxía fíxose por 16.000 euros cun Sono Motor Sion, un vehículo fabricado por unha start-up alemá coa que a cooperativa galega ten un acordo de cooperación. O coche conta cunha autonomía de 250 quilómetros, ademais de placas solares que lle permiten recargar as baterías cando está aparcado. "Interésanos porque non é unha multinacional e incide moito nos aspectos medioambientais", destaca Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía. "Nas localidades nas que os Concellos son socios da cooperativas, como Rianxo, Ames, Moaña ou San Sadurniño, a cidadanía poderá ter tamén o coche á súa disposición" O coche poderá ser alugado, previa reserva, por todas as persoas socias da entidade (na actualidade 585), tanto persoas físicas como xurídicas. "Isto significa que nas localidades nas que os Concellos son socios da cooperativas, como Rianxo, Ames, Moaña ou San Sadurniño, a cidadanía poderá ter tamén o coche á súa disposición", sinala Álvarez. Na presentación deste martes en Rianxo estivo presente o propio alcalde da vila, Adolfo Muíños. O prezo diario do alugueiro do vehículo será moi baixo, entre 5 e 7 euros, que inclúe o pagamento dos custos de xestión e do seguro. Con todo, nunha fase inicial, unicamente as persoas socias que están no grupo promotor (116) poderán facer uso deste servizo. O obxectivo de Nosa Enerxía é ir adquirindo máis vehículos, en función da demanda dos socios e socias, para que cando menos haxa un en cada cidade galega. "Os vehículos eléctricos vanse ir impoñendo, pero dende Nosa Enerxía queremos darlle un modelo de xestión diferente", explica Pablo Álvarez. "Nós non promovemos que o coche de gasolina sexa substituído polo coche eléctrico sen máis. Hai que fomentar que a xente se mova andando, en bicicleta e en transporte colectivo. E, cando se necesite, en coche eléctrico", di. "Ata agora moitas das iniciativas de fomento da mobilidade en vehículos eléctricos veñen poñéndose en marcha sen ter en conta a xente ou lánzanse nas grandes cidades do Estado e despois chegan a Galicia de rebote" Nosa Enerxía fomenta, ademais, que a carga eléctrica se realice sempre "con enerxía renovable, non con enerxía procedente da central das Pontes e outras térmicas ou con enerxía nuclear", subliña. "Todos os socios e socias de Nosa Enerxía teñen enerxía exclusivamente renovable nos seus fogares. Se é fóra da casa, queremos promover en concellos e outras entidades que se comprometan a ofrecer puntos de recarga de enerxía renovable", explica, engadindo que "este coche será tamén un elemento de promoción e fomento dun novo modelo enerxético". "É a primeira vez que dende unha cooperativa enerxética se fai unha aposta tan clara polo fomento do coche eléctrico", destaca o presidente de Nosa Enerxía para rematar. "Ata agora moitas das iniciativas de fomento da mobilidade en vehículos eléctricos veñen poñéndose en marcha sen ter en conta a xente ou lánzanse nas grandes cidades do Estado e despois chegan a Galicia de rebote", di. "Hai que apostar por unha mobilidade sostible e por non depender do petróleo. É importante lembrar que somos o país do Nunca Máis", conclúe. Páxina de Nosa Enerxía
NOS_8757
Baixo a supervisión dos profesores Merilin Kotta e Francisco J. López Arias.
No verán estará dispoñíbel en modo on-line o primeiro dicionario galego-estoniano, que están a elaborar once estudantes da Universidade de Tallín. Un traballo que conta co apoio do Instituto da lingua estonia e que se centra, informan nun comunicado, no nivel básico equivalente aos niveis Celga 1 e Celga 2, mais que se agarda ir ampliando nun futuro. A preparación deste proxecto forma parte dos proxectos LIFE ("Aprender nun ambiente interdisciplinario") ofrecidos pola Universidade de Tallín, nos que estudantes de diferentes campus colaboran con docentes e institucións privadas de fóra da Universidade. Os estudantes tiveron a opción de 40 proxectos diferentes. Os motivos para elixir este proxecto foron variados, pero destaca o interese dos estudantes pola cultura galega. "Unha estudante inscribiuse porque é de Valga (cidade estoniana duns 15.000 habitantes) e a coincidencia do seu nome co do concello galego pareceulle curiosa. Ambas vilas están irmandadas". Quen consulta o dicionario descubrirá que o galego en estoniano é galeegi keel, a amizade é sõprus e cidade é linn. "Calquera persoa interesada nunha definición de amor pode ler un poema do poeta estoniano Jüri Talvet titulado Armastus, que é un dos poucos exemplos de tradución do estonio ao galego ou viceversa".
NOS_46100
A Administración asegurou e balizou onte a zona.
A Xunta da Galiza anunciou onte que procederá, nos "vindeiros días" a abrir a lagoa de Baldaio, no concello de Carballo, co obxectivo de evitar futuras inmediacións neste ecosistema que forma parte da Rede Natura e é Zona Especial de Protección de Aves. No mesmo día a área afectada foi sinalizada e balizada. Os recentes temporais do mes de febreiro provocaron o illamento de tres veciñas da área e danaron os recursos marisqueiros da contorna. A decisión de abrir a lagoa, a través dunha encomenda de carácter urxente, adoptouse tras a reunión celebrada a pasada semana dunha mesa de traballo na que participan as Consellarías de Medio Ambiente e Mar. Técnicos dos departamentos galegos e do Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago desprazáronse estes días a Baldaio para analizar o estado do ecosistema da lagoa, marisma e praia e acordar as medidas adecuadas. A apertura da lagoa será a primeira medida a executar, para que o nivel da auga descenda; ante a imposibilidade de que este proceso se dea de forma natural. A xefa territorial de Medio Ambiente na Coruña, Cristina Carrión, reunirase coas asociacións ecoloxistas que realizan tarefas de limpeza na área.
NOS_38776
A CIG empraza o Sergas a empregar os recursos, espazos e persoal da sanidade privada para paliar a falta de camas hospitalarias ante a presión sanitaria en aumento do coronavirus, no canto de recorrer a hospitais de campaña, tal e como proxecta facer en cidades como A Coruña e Compostela.
De "despilfarro" tachan desde o sindicato CIG-Saúde a posibilidade, anunciada o pasado domingo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, de recorrer a hospitais de campaña en cidades como A Coruña e Compostela para afrontar a necesidade dun maior número de camas hospitalarias e o aumento da presión asistencial derivada da incidencia do coronavirus, no canto de recorrer o Servizo Galego de Saúde (Sergas) aos recursos da sanidade privada. "Na Galiza hai centros hospitalarios privados infrautilizados que poderían colocar ao dispor da sanidade pública as súas camas e equipamentos", observa a central sindical, que considera "incomprensíbel" a opción de levantar hospitais "extramuros" cando o decreto de declaración do estado de alarma "obriga os centros privados a pór a disposición da sanidade pública non só as súas instalacións, senón tamén o seu persoal". No caso de Compostela, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou os contactos coa Consellaría de Sanidade para o acondicionamento do multiusos Fontes do Sar para empregalo como hospital, en caso de ser necesario. Na Coruña, fontes municipais indican a Europa Press que tamén o Sergas está a estudar a viabilidade de estabelecer un hospital de campaña en recintos como ExpoCoruña. A CIG-Saúde reclama do Sergas información dos motivos clínicos que levan a valorar a posibilidade de instalar hospitais de campaña nesas áreas sanitarias, así como o gasto desta medida. "Agardamos que a decisión de manter fóra da asistencia da COVID-19 a rede de centros privados non sexa preservala e que, unha vez pasada a curva da pandemia, a estes centros se derive a cirurxía concertada que está suspendida", advirte o sindicato. CCOO pide probas a todo o persoal Pola súa banda, o sindicato CCOO reclamou onte á Consellaría de Sanidade que realice a proba da COVID-19 a todo o persoal do ámbito da sanidade e da dependencia, "quen está na primeira liña da loita contra a pandemia", ante o "aumento cada día" do número de contaxios.
NOS_40104
O presidente dos EUA aproveita a súa última lexislatura e o recordo da traxedia de Connecticut para presentar unha batería de propostas encamiñadas a restrinxir a posesión de armas.
"Over my dead body" (Por enriba do meu cadáver). Esa foi a frase máis repetida polo actor e presidente da NRA, Charlton Helston durante o seu mandato. Os asasinatos en centros de secundaria como os de Columbine ou Virginia facían que numerosos grupos de persoas exixisen mudanzas na lexislación a fin de evitar máis masacres cuxas principais vítimas fron acotío crianzas. Porén, o arraigo co que a sociedade estadounidense acepta e lexitima a posesión de armas --recollida como dereito fundamental pola segunda emenda da Constitución-- explica a inacción das sucesivas administracións en materia de regulación armamentística. "Quen é que defende os nosos fillos? A policía? O Goberno? Non. Compétenos a nós defendermos aos nosos. Se non o fas estás fallando aos teus deberes". Quen así falaba era un dos integrantes das coñecidas como Milicias de Michigan. A súa testemuña en pleno campo de tiro era recollida no documentario producido polo director Michael Moore en Bowling for Columbine. A produción audiovisual, daba conta á altura de 2002 da concepción que a sociedade norteamericana posúe das armas. Unha realidade que no ano 2011 rachou coa vida de tres persoas cada hora. Milicias de Michigan: "Compétenos a nós defendermos aos nosos. Se non o fas estás fallando aos teus deberes" Connecticut e a última lexislatura Obama Así as cousas, o acontecido en Connecticut e a imposibilidade legal de que Obama sexa re-eleito crearon unha coxuntura política favorábel á aprobación dun plan de regulación que restrinxa a compra-venda e posesión de armas nos EUA. No entanto, após a proposta presentada esta semana polo presidente dos Estados Unidos, o Congreso acolleu con reticencias as iniciativas presidencias malia constituíren decretos de execución. "Temos a obriga de actuar agora", afirmou Obama no acto de presentación pública dos 23 decretos asinados en aras dun endurecemento lexislativo en materia armamentística. Rodeado de crianzas que segundo fontes gobernamentais, enviaran sendas cartas ao presidente dos EUA para que puxese fin ás masacres escolares, Obama puña a primeira pedra cara ao que será unha longa batalla lexislativa. Asi as cousas, a imaxe lembra inevitabelmente á sinatura do feche de Guantánamo, aínda por executar. Barack Obama: "Temos a obriga de actuar agora" Neste senso, nin o Congreso --de maioría republicana-- nin a Asociación Americana do Rifle (NRA) porán as cousas doadas ao presidente. O poder conseguido pola NRA ao longo dos últimos anos, proxectado de maneira directa no apoio económico que empresta a múltiples senadores/as e congresistas, iniciará unha dura ofensiva contra as veleidades pacifistas de Obama. O seu plan, bate directamente contra unha das empresas máis lucrativas dos EUA pois solicita ao Congreso a prohibición de venda das armas de asalto, a limitación a 10 balas dos cargadores e a orbiga de certificar da identidade e antecedentes penais daquelas persoas que queiran mercar unha arma de fogo. Todo isto, nun país cuxas entidades financeiras agasallan rifles cando unha persoa se encamiña a abrir unha conta bancaria.
PRAZA_1587
O sucedido na deputación de Lugo alimenta a opinión de que moitos representantes institucionais só buscan satisfacer os seus intereses particulares. Velaí a importante responsabilidade contraída polos causantes deste auténtico despropósito.
Pola súa propia natureza e polas prácticas dominantes desenvolvidas no seu interior, as Deputacións constitúen un escenario privilexiado para constatar as graves eivas da chamada vella política. O sucedido nos últimos días na Deputación de Lugo acadou niveis esperpénticos que mesmo sorprenderon aos sectores mais críticos coa existencia destas institucións provinciais. O sucedido nos últimos días na Deputación de Lugo acadou niveis esperpénticos que mesmo sorprenderon aos sectores mais críticos coa existencia destas institucións provinciais O BNG explicitou a súa folla de ruta a respecto das negociacións para acadar un goberno de coalición na deputación lucense. Ademais das cuestións programáticas e dos criterios de funcionamento desta institución (variábeis coñecidas polos oito anos precedentes nos que houbo un acordo gobernamental entre os mesmos actores que agora tiñan que negociar a renovación do pacto), a organización nacionalista sinalou como liña vermella a inexistencia dunha imputación xudicial na persoa proposta para ocupar a presidencia do organismo. A pesar desta advertencia e despois de renunciar a outras posibilidades (Lara Méndez, González Santín), a dirección do PSdeG postulou como candidato a Manuel Martínez e, nas horas inmediatamente anteriores á elección, decidiu presentar ao alcalde da Pontenova ante a evidencia de que os deputados do BNG non ían apoiar ao imputado alcalde de Becerreá. O resultado final xa é coñecido: Martínez non seguiu a disciplina do grupo socialista e posibilitou a chegada da candidata do PP á presidencia da deputación. As declaracións posteriores do deputado "rebelde" certifican o código que manexa este responsábel político:só aceita a lóxica de funcionamento do seu partido cando coincide cos obxectivos que decide establecer para materializar a súa particular ambición. Todo o demais non é admisíbel e, polo tanto, é susceptíbel de merecer as maiores descualificacións ("talibáns", dirixido aos deputados do Bloque). A exhibición obscena de personalismo que realizou nesa comparecencia pública só tivo unha carencia notoria: non anunciar a inmediata constitución dunha nova formación política –co nome de Independentes de Becerreá ou co propio de Manolo Martínez- para competir no mercado electoral. A pregunta resulta pertinente: como é posíbel que concelleiros, alcaldes e dirixentes do PSdG promovan e avalen a designación dun persoeiro destas características? Lamentabelmente, a resposta semella evidente:a pesar do que ten chovido na vida política nos últimos anos, o Partido Socialista non foi quen de tomar a serio a tarefa da rexeneración democrática no interior da súa organización. Obviamente, se non se mudan os criterios, as prácticas e as persoas na propia casa non se vai ter a credibilidade suficiente para enfrontar os cambios que se requiren no conxunto do sistema político. O sucedido na deputación de Lugo alimenta a opinión de que moitos representantes institucionais só buscan satisfacer os seus intereses particulares. Velaí a importante responsabilidade contraída polos causantes deste auténtico despropósito Dende hai algún tempo, os grandes partidos políticos –sobre todo o PP e o PSOE- padecen a desconfianza de sectores relevantes da cidadanía por mor dos efectos combinados dunha xestión gravemente inxusta da crise económica e a reiterada constatación de intolerábeis episodios de corrupción. O sucedido na deputación de Lugo alimenta a opinión de que moitos representantes institucionais só buscan satisfacer os seus intereses particulares. Velaí a importante responsabilidade contraída polos causantes deste auténtico despropósito.
NOS_2022
Trátase da 'vela' 2B do hospital, con 46 camas, unha zona que xa fora empregada con esta finalidade no seu día, pero clausurada en abril ante a baixada da incidencia e o descenso no número de hospitalizadas.
O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conta desde hoxe cunha nova área destinada a albergar pacientes contaxiados por Covid-19. Trátase da 'vela' 2B do hospital, con 46 camas, que foi habilitada para enfermos de coronavirus á primeira hora da tarde deste mércores, segundo confirmaron fontes sanitarias, e que se suma á vela 3D, que xa estaba a ser utilizada, con outras 44 camas. Esta zona do hospital xa foi empregada no seu día para enfermos de Covi-19, pero clausurouse en abril pasado ante a baixada da incidencia e o descenso no número de hospitalizados. Con todo, a "situación complicada" da evolución da pandemia na área sanitaria de Vigo (con 3.135 casos activos e 79 persoas ingresadas) levou aos responsables sanitarios a reabrir a 'vela' 2B do centro vigués. Fontes sanitarias admitiron que a actividade do hospital "terá que adaptarse" ás necesidades asistenciais Deste xeito, o Álvaro Cunqueiro conta agora mesmo con 90 camas de hospitalización convencional para casos Covid, e 15 postos na Unidade de Coidados Intensivos. Así mesmo, segue reservada a 'vela' 3C, con 24 camas para "casos sospeitosos". Fontes sanitarias apuntaron que, en todo caso, o hospital conta con máis camas de 'críticos', xa que existen postos adicionais tanto en UCI como na unidade de Reanimación. Ademais, admitiron que a actividade do hospital "terá que adaptarse" ás necesidades asistenciais. Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade, dos 79 pacientes Covid ingresados na área de Vigo, 48 están no hospital Álvaro Cunqueiro (12 na UCI e 36 en 'planta'). Así mesmo, hai 22 persoas en 'planta' e 3 en UCI do Hospital Povisa; e outras 5 en 'planta' e unha en UCI do Hospital Vithas Vigo.
NOS_27507
O secretario xeral do PSdeG reta FeEixoo a ter "altura de miras" e "poñer fin á empresa familiar dos Baltar" na Deputación de Ourense.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este sábado ante o Comité Nacional do PSdeG para manifestar que o partido está "preparado" para afrontar as eleccións autonómicas cando Feixoo decida convocalas. "Unha nova Galiza falou nas urnas para dicir que a maioría quere progreso", resaltou, indicando que o 26M ficou superado superado o estereotipo de que "Galiza é de dereitas". En canto ás municipais, Gonzalo Caballero destacou que o PP fica fóra do goberno das sete cidades e das principais vilas galegas, ao tempo que carece de maioría suficiente nas catro deputacións. Centrado no caso de Ourense, pediu "un pacto pola rexeneración política". Sinalou a Ciudadanos que toca elixir entre "o caciquismo e o nepotismo" e "a rexeneración e o futuro", e retou Feixoo a ter "altura de miras" para "poñer fin á empresa familiar dos Baltar" na Deputación de Ourense. Gonzalo Caballero avanzou que unha vez tome posesión do seu escano, seguirá percorrendo Galiza para defender que é o tempo de "abrir un novo tempo político en Galicia". O comité de dirección do PSdeG aprobou unha resolución na que ratifican o seu compromiso de contribuír á articulación de "gobernos progresistas" nos concellos galegos onde sexa posíbel. Os socialistas conseguiron 66 maiorías absolutas nas municipais do 26M e están en disposición de gobernar seis das sete cidades galegas, todas agás Pontevedra.
NOS_23959
Proxectos consolidados e prometedores debutantes, artesáns da melodía e investigadores sen domesticar, veteranos de mil batallas e aquelas que se estrean, metaleiros e tradis, corais e funk soul, Los Satélites e Bala, Tanxugueiras e Nación Quilombo. Os 54 finalistas da sexta edición dos premios ofrecen unha ampla panorámica da música galega aquí e agora.
As e os elixidos que optarán ás 17 categorías dos galardóns fórono despois de que as socias e socios de Músicas ao Vivo votasen algunhas das 441 opcións inscritas. "Hai moitísimos proxectos novos que entran a formar parte da gran familia de escollidos que cada ano optan aos galardóns da nosa música", sinala a organización. "O espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios", expuxo a presidenta de Músicas ao Vivo Sonia Lebedynski no acto nas Bodegas Martín Códax de Cambados onde esta cuarta feira, 24 de abril, se deron a coñecer as finalistas. Canda ela estiveron o director de Agadic Jacobo Sutil, o deputado da Deputación de Pontevedra Xosé Leal, a alcaldesa de Cambados Fátima Abal e o presidente de Martín Códax Xoán Allegue. O xurado que decidirá os premios, "integrado por profesionais da música nos ámbitos da intepretación, a industria, a formación, as salas e a comunicación", terá á súa disposición "propostas moi aclamadas fóra de Galiza", unha "relevante presenza feminina", "festivais de pequeno formato" ou "espazos informativos de longa andaina". A gala de entrega de premios será o 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ese mesmo día, o músico de jazz e arranxista Carlos Barruso recibirá o premio honorífico Músicas ao Vivo "en homenaxe a un compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galiza". Velaquí as finalistas nas 17 categorías dos premios Martín Códax: Pop / Indie:Oh Ayatollah! / Espiño / Igloo Rock:Bala / Familia Caamagno / Mad Martin Trio Músicas urbanas:Ezetaerre/ Rebeliom do Inframundo - Ilegal / Wöyza Clásica / Contemporánea:Adrián Saavedra / Son Trío / Tangata & Orquestra Clásica de Vigo Música tradicional galega e folque:Tanxugueiras / Os d'Abaixo / Habelas Hainas Músicas do mundo:Marcos Teira 'Nós'/ Oîma / Turma Caipira Música infantil:Xoan Curiel e a Banda do Verán / Concerto Punkinfantil / Olga Brañas Música electrónica:Baiuca / Cintaadhesiva / Músculo Metal:Raiba / Nao / Cabodano Reggae / Ska / Mestizaxe:García Mc & Nación Quilombo / Banda Crebinsky / The Turre's Band Orquestras / Grupos / Música de verbena:Los Satélites / América de Vigo / Timparrantela Blues / Funk / Soul:Carmen Rey / Vudú / Carla Green & The Demons Canción de autora:A Banda da Loba / MJ Pérez / Su Garrido Pombo Coros e grupos vocais:Zoelas / Sisters in the House / Ejazz Jazz / Músicas improvisadas:Xacobe Martínez Antelo Trío / Xosé Miguelez – Ontology / Pablo Castaño Quartet Quartet feat. Ugia Pedreira Festivais:Nigranjazz / Festival de Pardiñas / Jazz de Ría Salas: A Arca da Noe / Sala Mardi Gras / El Contrabajo Club Espazos de comunicación musical:Diario Cultural-RG / Músicas Galegas Ilustradas / Lume na Palleira-RG
NOS_9004
A nova norma para os Estados membros non chegará até 2023.
A Comisión Europea anunciou nun comunicado que prorroga por dous anos as regras sobre axudas de Estado aos sectores da agricultura e da pesca, até 31 de decembro de 2022. Será á espera da entrada en vigor da nova Política Agrícola Común (PAC) en xaneiro de 2023. O Executivo comunitario prolongou, en concreto, a vixencia das directrices sobre axudas públicas á agricultura en zonas rurais, a normativa sobre axudas públicas en agricultura, pesca e acuicultura que non deben ser comunicadas a Bruxelas, e tamén o regulamento das axudas 'de mínimos' en pesca e acuicultura. A norma actual tiña data de caducidade, remataba este próximo 31 de decembro e estaban a ser revisadas na actualidade pola Comisión Europea. O seu deseño final, explicaron as autoridades comunitarias, dependerá das reformas tanto da PAC como da Política Pesqueira Común (PPC). Bruxelas asegurou no documento enviado aos medios de comunicación que a súa actualización entrará en vigor tamén o día 1 de xaneiro de 2023 e estarán "estreitamente aliñadas" coas novas PAC e PPC. Após a chegada da crise provocada pola pandemia da Covid-19, a Comisión Europea tamén axustou as regras para permitir axudas públicas a empresas que non tiñan problemas financeiros antes do 31 de decembro de 2019 pero que os comezaran a sufrir en 2020 ou que os sufrirán antes de xuño de 2021.
NOS_47177
Lúa Carballo e Anxo Varela, do estudo Pruden Tatoo de Ourense contan como é traballar de maneira itinerante e os seus inicios na profesión.
Pruden Tatoo é un estudo galego de tatuaxe con sede en Ourense que traballa de maneira itinerante. O seu creador, Anxo Varela, comezou hai catro anos de maneira autodidacta, facendo todo o proceso, cun estilo propio. Hai pouco máis dun ano incorporouse ao proxecto Lúa Carballo, levando o deseño e promoción da proposta a través de internet. A pandemia ofreceulles a oportunidade de desenvolver a páxina web e comercializar tamén roupa e láminas con deseños propios que espallan por toda Europa. Como se aprende a arte de tatuar corpos? É algo bastante complicado. Igual que para o deseño gráfico tes moita información, mesmo nas redes sociais, de tatuaxe a información é moi escasa e a que hai non é moi boa. Aprendes como podes. Hai xente que accede a través de tendas. Eu aprendín só, polo que tiven un proceso lento. Ao principio tes a oportunidade de tatuar amizades, as máis arriscadas, para conseguir avanzar. Que é o máis difícil deste proceso? Debuxar ben non significa que tatúes ben. Tes que comezar de novo. Eu debuxei toda a miña vida mais hai que adaptarse para que sexa traducíbel á tatuaxe. Que os negros non coincidan entre si ou que as liñas ofrezan un bo contraste... é a chave de ser capaz traducir o teu debuxo e conseguir o teu estilo para que guste. Cales son os temas máis comúns? Estamos nun momento bastante bo na temática de reivindicación a través da roupa e das novas correntes de expresión artística. Están nacendo moitas novas marcas de xente nova que recollen a parte popular da nosa cultura. Está moi ben adaptalas aos nosos días e facelo cunha linguaxe que sexa atractiva para a mocidade tamén. É moi necesario poder incluír esa linguaxe e que non sexa sempre o estilo máis recoñecido de Old School, moi americano en formas. Emprego bastante os debuxos de Castelao, sobre todo os dos vellos porque penso que son unha pasada a nivel de composición. Teño feito moitos para Alemaña, caso curioso que os interpreten como da mafia polas súas formas, e teño que explicalos. Tamén fago deseños propios, quizais sen mensaxes claras. Que significado teñen hoxe en día as tatuaxes? Agora mesmo o mundo da tatuaxe deixa un pouco máis á marxe o significado das pezas e busca que sexa algo máis estético. Pasa a ter un valor artístico en si. Dáselle máis importancia ao traballo da artista que ao significado da obra en si mesma. Hai dúas vertentes. Os estudos de tatuaxe clásico, onde vas cunha idea, sexa o nome da túa nai ou un realista, e logo hai outra máis de artista. Cando viaxo, a xente vén a min polo estilo, non me preguntan por algo que estea lonxe do que eu fago. Fixen moitas veces campesiñas, como as de Seoane, en Suíza e Alemaña. Cando buscas referencias na túa cultura é unha maneira de facela universal por ser un tema común. Máis alá dos significados, é algo aberto e interpretábel. As tatuaxes mudan co tempo? Mudan si, máis ou menos dependendo da técnica, do estilo e da pel de cada persoa. Se fas unha tatuaxe fotorrealista tes que ser bo polos pigmentos que se perden, as sombras. Eu, por exemplo fago unha tatuaxe simple, en negro, e teño que decidir que tipo de agulla vou escoller. Dáselle unha importancia excesiva ao feito de que as tatuaxes teñen que estar perfectas e é algo que non é real. Para min é interesante atoparte de súpeto cunha persoa que ten 60 anos e ver que a súa tatuaxe mudou, da mesma maneira que tamén mudou esa persoa. Estes meses de pandemia marcarán o mundo da tatuaxe? Creo que xa cambiou bastante. Neste mundo os procesos de hixiene sempre estiveron aí. Agora é algo máis complicado. O que chamamos guest, viaxar dun estudio a outro, altérase polo tema da ocupación.
NOS_10828
A Deputación de Pontevedra anunciou esta segunda feira a adxudicación das obras da última fase deste proxecto. Investiranse máis de 260.000 euros para crear unha experiencia audiovisual neste espazo que enriqueza a visita das e dos turistas.
A musealización do castelo de Sobroso, en Mondariz pero parte do patrimonio do concello de Ponteareas, está na súa última fase para facer deste espazo outro atractivo turístico ao nivel do castelo de Soutomaior. A Deputación de Pontevedra informou hoxe da contratación dos traballos para a execución dun proxecto audiovisual que complete os atractivos que fornece o conxunto monumental do século X. A institución vai destinar 261.631 euros a esta última etapa da iniciativa, coa que se pretende crear unha experiencia única para as e os visitantes. A empresa Intervento2 será a encargada do deseño, instalación e posta en marcha dun novo equipamento para o museo que irá "acorde coas tendencias da demanda turística, convertendo a visita a Sobroso nunha experiencia na que se mestura a aprendizaxe co entretemento". Entre outras cousas, a fortaleza contará cunha visita teatralizada dunha hora de duración. Haberá oferta en galego, castelán e inglés e seguirase un protocolo antiCovid mentres dure a alerta sanitaria. O itinerario percorrerá sete salas temáticas que van desde a paisaxe até a historia do castelo na Ideade Media, pasando pola súa destrución e recuperación. Será unha fórmula a maiores para aproveitar este espazo, posto que a Deputación xa viña organizando actividades no complexo o verán pasado. "A terraza, equipada con atrís con imaxes panorámicas e perfís para recoñecer os fitos xeográficos da paisaxe, pon punto final á experiencia museográfica de Sobroso e está chamada a converterse nunha nova referencia obrigada para o turismo de Pontevedra", informan fontes da Deputación.
NOS_2069
Manuel Martín, médico de familia, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
Nos últimos anos, especialmente desde os recortes sanitarios que introduciron Mariano Rajoy e Núñez Feijóo nos recursos do sistema –coa coartada de facer fronte á crise económica do 2008 e das estratexias para combater a epidemia da Covid–, a privatización sanitaria avanzou de maneira significativa en Galicia, tanto na provisión como no financiamento dos servizos. Aínda que o gasto sanitario creceu moderadamente nos últimos dous anos, destínase esencialmente a Atención Hospitalaria, compra de aparatos tecnolóxicos –que venden as multinacionais apoiadas por Feijóo– o que desequilibra o sistema e abre o camiño á privatización. O orzamento sanitario para o 2022 representa o 34 % do orzamento galego e creceu en 268,7 millóns con respecto ao 2021. Estes fondos destínanse preferentemente a: —Atención hospitalaria, que crece un 16,5% (28 millóns de euros). A pesar diso, moitos servizos seguen funcionando a baixo rendemento coa coartada de que é necesario reservar camas e recursos á Covid, algo que non se corresponde coa realidade. Esta situación xerou un enorme tapón nas listas de espera de consulta, probas diagnosticas e cirurxía, que deterioran gravemente o sistema e a súa imaxe pública.—Comprar equipamento tecnolóxico ás empresas multinacionais que os fabrican, 6,4 millóns para equipos de ultrasón, 25,6 para bloques cirúrxicos e 61,3 millóns para equipos de diagnóstico por imaxe. Mentres tanto, o orzamento para Atención Primaria, semiparalizada e ao bordo do colapso, reduciuse en dous millóns con respecto ao pasado 2021, debilitando aínda máis a Atención Primaria que é a base do sistema público e absolutamente imprescindible para garantir unha atención integral baseada na promoción, prevención e a rehabilitación da saúde. No 2009 o gasto privado supoñía 25% do gasto total e creceu nos últimos 10 anos de maneira moi importante ata alcanzar 31% do gasto, o que representa un aumento de 20%. A este ritmo, en 20 anos poderiamos ter a sanidade privatizada na súa case totalidade. A privatización medra a pasos axigantados As políticas do Sergas para combater a epidemia da Covid en Galicia baseáronse en limitar o acceso aos centros de saúde para evitar contaxios e en paralizar a actividade de numerosos servizos para deixar espazo ás persoas afectadas polo virus. Esta política favoreceu o crecemento do seguros privados. Incrementáronse un 3 % nos últimos anos, pasando dun gasto per cápita de 98 euros en 2014 a 121 no 2021, o que supón un incremento de 20%. Con todo, moitos dos novos seguros ofértanse unhas primas de 15 euros mensuais (seguros lixo) incompatibles cunha cobertura real da enfermidade (con primas superiores a 600 euros). Por outra banda para obter os maiores beneficios moitas aseguradoras explotan ao persoal médico con contratos de entre 7-30 euros por consulta de medicina xeral ou de 16-40 na especializada, o que obriga a este persoal a masificar as axendas con grave deterioración da calidade da atención. Outra privatización do financiamento constitúeo o chamado gasto de peto, é dicir o pago que ten que realizar a poboación para pagar ao dentista, comprar medicamentos, próteses e órteses, fisioterapia, etc. Este gasto supón 457 euros per cápita ao ano ou 2.000 euros por familia. Resulta inxusto e un atentado para a equidade que a poboación que paga a súa sanidade pública con impostos teña que realizar a maiores estes importantes gastos, que non todo o mundo é capaz de afrontar. A masificación das axendas supón unha grave deterioración da calidade da atención Os hospitais privados están a ser adquiridos por empresas multinacionais e viven das subvencións públicas. Este sector sanitario dispón en Galicia de 62% dos hospitais e 24% das camas. Os centros privados realizan 27,8% das intervencións cirúrxicas, 20,4% das hospitalizacións e atende 21,8% das urxencias, en gran parte grazas a concertos co Sergas. Ata hai pouco a maioría dos hospitais pertencían a pequenas empresas familiares ou cooperativas médicas. Estes hospitais acumulan importantes recursos tecnolóxicos, como 59% dos equipamentos de resonancia magnética ou 50% dos PET (tomografía por emisión de positróns). O 80% dos hospitais privados (16 dun total de 24) teñen concertos coa seguridade social que lles envía pacientes en lista de espera. Durante o Goberno de Núñez Feijóo, puxéronse en práctica diferentes fórmulas para facilitar o transvasamento de diñeiro da sanidade pública á privada: —Concertos parciais, polos que o Sergas envía volumes de pacientes determinados e garantidos a 13 centros.—Concertos substitutorios, polos que prestan toda a actividade asistencial a unha poboación asignada polo Sergas. Esta fórmula aplícase a tres hospitais (30% do total do Estado).—Concertos singulares, polos que a Clínica Povisa, de titularidade privada, se integrou na Rede de Hospitais de Utilización Pública. A maior parte destes concertos especiais benefician empresas multinacionais que adquiriron nos últimos anos numerosos centros privados tradicionais: Quirón Saúde (aseguradora estadounidense Centene), 1 Vithas, 2 HM Hospitais e 1 Ribeira Saúde (multinacional alemá Fresenius). É dicir, boa parte da actividade hospitalaria financiada co orzamento público galego está en mans de grandes multinacionais.
NOS_34378
O libro 'Aceite e oliveiras de Galicia', do fotógrafo coruñés, vén de ser premiado como mellor libro en galego dos Gourmand World Cookbook Awards.
A obra de Lobato, colaborador de Sermos, foi nominada tamén ás categorías de mellor tradución e mellor fotografía nas categorías xerais. Os galardóns coñeceranse e entregaranse nunha gala que terá lugar en maio en Yantai, principal porto importador de China e considerado como a capital do viño e da gastronomía deste país. É a terceira vez que Lobato é recoñecido nos Gourmand Awards grazas a este traballo, que foi editado en galego, español e inglés pola empresa Aceites Abril, e que ten como obxectivo "dar a coñecer o mundo da oliveira en Galiza, que tivo bastante desenvolvemento no val do Sil entre os séculos XVI e XVII, pero logo frustrouse", segundo o autor.
PRAZA_17231
Tras adiantalo o pasado xoves o Eixo Atlántico de cidades, este xoves o portavoz de En Marea, Luís Villares, recibiu a confirmación da comisaria de Transporte ao tempo que o director xeral de Mobilidade da Xunta o comunicou ao Parlamento de Galicia
Tras adiantar o pasado xoves o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal que a Comisión Europea prevé iniciar xa a tramitación para incorporar a Galicia ao Corredor Atlántico de mercadorías ferroviarias, este mércores a propia comisaria de Transporte da UE, Violeta Bulc, ratificoullo en persoa ao portavoz de En Marea, Luís Villares, nun encontro que mantiveron en Estrasburgo. Ao tempo, o director xeral de Mobilidade da Xunta, Ignacio Maestro, comunicou esa mesma decisión comunitaria ao Parlamento de Galicia. Tras adiantalo o pasado xoves o Eixo Atlántico de cidades, este xoves o portavoz de En Marea, Luís Villares, recibiu a confirmación da comisaria de Transporte ao tempo que o director xeral de Mobilidade da Xunta o comunicou ao Parlamento de Galicia A inclusión de Galicia, a través da liña A Coruña-Vigo-Monforte-Palencia, na rede principal de transporte ferroviario da Unión Europea enlazando coa xa incorporada liña Aveiro-Palencia-Francia, permitirá á comunidade acceder de xeito máis directo a fondos comunitarios para mellorar o transporte de mercadorías por ferrocarril, área na que Galicia ten na actualidade as liñas máis obsoletas do Estado. Segundo En Marea, "a comisaria garantiu esta conexión" e "asegurou que haberá garantías orzamentarias para que esta infraestrutura sexa realizada". En Marea reclama agora que tanto a Xunta como o Goberno central axilicen o seu traballo para poder executar as obras necesarias de mellora das infraestruturas nos prazos que establece o marco de financiamento comunitario. En Marea tamén salientou que no encontro cos seus cargos a comisaria europea recoñeceu o papel dos colectivos sociais que se mobilizaron para reclamar a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico. A comisaria Bulc é tamén a responsable de supervisar diversas actuacións pendentes por parte de España en relación co accidente de Angrois, cuestión que non foi mencionada por En Marea. A Xunta atribúese o mérito Foi unha das entidades que máis se mobilizou en favor da incorporación de Galicia ao Corredor Atlántico ferroviario, o Eixo Atlántico de cidades, quen fixo pública a semana pasada, tras un encontro co responsable directo da rede europea de transporte, a decisión de incorporar a Galicia ao Corredor Atlántico. Previamente o Eixo Atlántico impulsara diversas actuacións como un cumio de diversas administracións celebrado en Valdeorras do que se descolgou a Xunta. Igualmente, a raíz do incremento da presión social, tamén o Ministerio de Fomento intensificou as súas negociacións en Bruxelas para acelerar a incorporación do noroeste peninsular. Fronte a eses movementos, este mércores o Goberno galego, por boca do seu director de Mobilidade, atribuíuse no Parlamento de Galicia a incorporación de Galicia ao Corredor Atlántico. A Xunta atribúe ao seu propio "liderado" a incorporación de Galicia ao Corredor Atlántico "A Xunta salienta que a súa acción de liderado permitiu acadar o apoio do Ministerio de Fomento e a Comisión Europea á inclusión de Galicia", chegou a titular a nota de prensa oficial emitida este mércores polo Goberno galego ao tempo que informaba ao Parlamento da decisión comunitaria case unha semana despois de que a avanzase o Eixo Atlántico. Nesa nota nada di a Xunta dos seus plans para dotar de contido o Porto Seco de Monforte, infraestrutura loxística presentada como a porta ferroviaria de Galicia cara a Europa pero que catro anos despois da súa inauguración segue sen ter unha soa empresa instalada. Reunión de responsables do Eixo Atlántico e da Comisión Europea a pasada semana [Foto: Eixo Atlántico]
NOS_14345
Uns 50 países do mundo superaron os 100.000 contaxios. A China, o país onde se orixinou a pandemia, contabiliza 90.925 e 4.739 vítimas mortais.
Con máis de 349.000 casos novos durante as últimas 24 horas en todo o mundo, a pandemia de coronavirus orixinada na cidade chinesa de Wuhan prosegue este sábado a tendencia ascendente que rexistrou ao longo de toda a semana até pasar os totais aproximados de 39 millóns de persoas contaxiadas e os 1,1 millóns de vítimas mortais, segundo o balance publicado actualizado ás 8 horas pola Universidade Johns Hopkins. En total, 39.329.770 persoas contraeron o virus, das que máis da metade atópanse nos tres países máis afectados ─os Estados Unidos, a India e o Brasil─, mentres que as vítimas mortais son xa 1.104.367. Polo que se refire ás recuperacións, son xa máis de 27 millóns de persoas as que conseguiron superar a Covid-19, a enfermidade respiratoria provocada polo virus. A India encabeza o listado, con máis de 6,5 millóns de pacientes curados. Os Estados Unidos continúa a ser o país máis afectado a nivel mundial pola pandemia tras superar nas últimas horas os oito millóns de contaxios. O país rexistrou xa 218.588 vítimas mortais, despois de disparar a cifra de casos diarios até os 69.156. A India, pola súa banda, acumula 7,43 millóns de persoas contaxiadas e 112.998 vítimas mortais. En terceira posición, o Brasil rexistra 5,2 millóns de contaxios e 153.214 mortes tras contabilizar case 31.000 casos novos no último día. Rusia, Arxentina e Colombia Na cuarta posición, Rusia acumula 1,36 millóns de casos e 23.580 falecementos logo de rexistrar case 15.000 casos nas últimas 24 horas. A quinta praza está ocupada pola Arxentina, cun total de 965.609 casos e 25.723 mortes despois de sumar 16.500 positivos, seguida por Colombia, con 945.354 contaxios e 28.616 pasamentos. A continuación, España rexistra un total de 936.560 persoas contaxiadas e 33.775 vítimas mortais, seguida de Francia, con 876.342 casos e 33.325 mortes; balance este último que xa supera ao de Perú, que acumula 859.740 contaxios e 33.577 falecementos. Segue a lista México con 841.661 casos e 85.704 vítimas mortais. Sudáfrica, o país máis afectado do continente africano, pasou xa os 700.203 casos e 18.370 decesos. Pola súa banda, Reino Unido suma 15.600 casos no último día e rexistra 692.112 contaxios e 43.519 decesos, mentres que o Irán contabiliza 522.387 persoas contaxiadas e 29.870 falecementos, en Chile hai 488.190 contaxios e 13.529 mortes e no Iraq o balance ascende a 420.303 casos e 10.142 pasamentos. 300.000 casos Xa no arco dos 300.000 contaxios están Italia (36.427 mortes), Bangladesh (5.623), Alemaña (9.773), Indonesia (12.347), Filipinas (6.531), (9.153), Arabia Saudí (5.144), Paquistán (6.638), e Israel (2.141). Entre 200.000 e 300.000 contaxios están Ucraína, Países Baixos e Bélxica. Con máis de 100.000 casos figuran Canadá, Romanía, Marrocos, República Checa, Polonia, o Ecuador, Bolivia, Qatar, Nepal, Panamá, República Dominicana, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Kazajistán, Omán, Exipto, Suecia e Guatemala. A China, o país onde se orixinou a pandemia, contabiliza 90.925 persoas contaxiadas e 4.739 vítimas mortais.
PRAZA_13832
Nom hai volta atrás. Mentres os especuladores lançam ataques sobre a dévida, e ditam as leis que devem aprovar os parlamentos outrora "soberanos", os ultracatólicos e neoliberais aproveitam para dar o finiquito a direitos e liberdades, desmontar e privatizar empresas e serviços públicos e mesmo a reformular a estrutura do Estado, ameaçando com reduzir ou eliminar o poder local, autonomias...
Nom hai volta atrás. Mentres os especuladores lançam ataques sobre a dévida, e ditam as leis que devem aprovar os parlamentos outrora "soberanos", os ultracatólicos e neoliberais aproveitam para dar o finiquito a direitos e liberdades, desmontar e privatizar empresas e serviços públicos e mesmo a reformular a estrutura do Estado, ameaçando com reduzir ou eliminar o poder local, autonomias... mas mantendo, isso sim, a santa monarquia, o centralismo asfixiante e os ninhos de caciquismo provinciano das diputaçons. Começarom umha contrarreforma que, nesta nova etapa, tivo o seu pistoletazo de saída na reforma constitucional aprovada numha vergonhenta sessom do parlamento espanhol, onde PP-PSOE entregarom a "soberania" aos mercaderes europeus. Aproveitando a situaçom socioeconómica que provoca esta Estafa chamada Crise, esta-se produzindo, nos estados ocidentais, umha auténtica revoluçom neoliberal, comandada polas oligarquias financeiras e amplos sectores das burguesias "nacionais", neoliberais no económico e conservadoras no social. A grande estafa da especulaçom financeira e inmobiliaria, a sobre produçom industrial, cria no mundo umha crise económica e social que nom deixa ver a profundidade e importância vital das outras crise, a alimentaria, a energética e a medioambiental. Cumpre que tomemos consciência desta situación mundial e do novo marco político-jurídico onde nos estam encorsetando. E cumpre analisar se é possível volver, cum simples cambio de governos, à situaçom anterior. Para esta nova etapa, de acumulación do Capital, necesitan o control dos recursos, a guerra e uns povos temerosos e sem dereitos. Cumpre que tomemos consciência desta situación mundial e do novo marco político-jurídico onde nos estam encorsetando. E cumpre analisar se é possível volver, cum simples cambio de governos, à situaçom anterior. Umha situaçom onde a corrupçom política, a especulaçom bancaria ao redor do cemento, a energia e o asfalto, ficavam num segundo plano, pois a capacidade de consumo insuflada qual bebediço nas maiorias sociais, dava a impressom de coesionar a toda umha sociedade ao redor do lema "consume até o infinito e mais alá, que eu deixo-che os cartos". Nom vai ser possível volver atrás, porque as directrices da Troika, do FMI e o BM, obrigariam a manter o caminho de pedras ardentes por onde se nos está obrigando a caminhar. Nom abonda com eleger nas eleiçons aos melhores gestores e gestoras, mesmo se fossem os que cumpriram co critério de maior honradez. O déficit e as arcas baleiras, e o desmantelamento do público, seria a realidade a gestionar. E umha dévida imensa, cos seus correspondentes interesses, estaria colocada na mesa das reunions governamentais. As cadeiras e carteiras estariam agrilhoadas por um pacote legislativo que faria ilegal qualquer medida que tentasse um golpe de leme. Nom som gestores ou gestoras o que precisamos nas instituiçons, precisamos pessoas que liderem o cambio de paradigma, pessoas insubmissas, descridas co sistema capitalista, dispostas à construçom de algo novo. Mesmo dispostas a desconstruir essas mesmas instituiçons e construir outras novas se houver lugar. Cumpre assumir que temos que abrir-nos a um novo tempo. Estamos numha situaçom onde, ou damos um salto adiante para salvar o precipício, ou nos afundimos nele para umha longa e gris etapa histórica, que have-las hai-nas. Cumpre assumir que temos que ir a um processo constituinte. E cumpre explicar-lho a todo o mundo. Um processo político e social que construa uns novos alicerces onde os materiais nom podem ser outros que os aportados polos movimentos sociais, os movimentos cidadáns e as forças políticas de esquerdas, que sejam quem, para si mesmas, fazer o seu próprio processo constituinte. É por isso que neste 25 de Julho, com cinco atos diferentes em Compostela, e mais algumhas organizaçons que nom tenhem organizado ato algum, nom devemos quedar-nos na imagem de divisom, fragmentaçom ou sectarismo da esquerda nacional Hai que construir e assinar um novo acordo. Temos que pensa-lo todo de novo, como queremos viver, como nos imos organizar, quem e como tenhem que ser as pessoas nas que deleguemos funcións de governanza e representatividade. Como organizar a justiça, a economia, as finanças... Como erradicar a pobreza e limitar a riqueza. Como construímos a nova democracia, e como é que o território que habitamos, vai ser respeitado e nos vai poder aturar. Este processo constituinte está começando a gestar-se em Grecia, Italia, Portugal e nos territórios que conformam o caduco Reino de Espanha. Devera logo, este processo constituinte, de jeito lúcido e duradeiro, devolver a soberania aos povos que a vimos reclamando por séculos, e o dereito a decidir que tipo de alianças concretadas em federaçons, confederaçons, unións, ... hai que construir para começar cum bo pé a nova etapa histórica que nos está aguardando aí, a um salto de precipício. É por isso que neste 25 de Julho, com cinco atos diferentes em Compostela, e mais algumhas organizaçons que nom tenhem organizado ato algum, nom devemos quedar-nos na imagem de divisom, fragmentaçom ou sectarismo da esquerda nacional. Devemos ver, neste 25 de Julho, a imagem das peças do mosaico que estám chamadas a entender-se, e conformar este novo processo constituinte. Como se coloquem, os cámbios e processos internos que haja que dar, o tempo que precisam, nom deixam de ser simples variáveis, porque os tempos obrigam ao entendimento, à uniom, à colaboraçom e à complementariedade. Todas e todos, a pola constituinte!
PRAZA_5434
CRTVG, AELG e Gálix propoñen usar o hashtag #EnGalegoLeo para destacar libros en galego neste 23 de abril. Quérese que a etiqueta se convirta en trending topic entre as 12 e as 14 horas.
"#EnGalegoLeo E releo un dos meus favoritos: Un ollo de vidro, de Castelao :)", "#engalegoleo a narradoras como @RosaAneiros e o seu Ámote Leo A.", "#EnGalegoLeo filosofia, por que non?", "#EnGalegoLeo O Manifesto Comunista de Marx, o Sempre en Galiza de Castelao, e O segundo sexo de Beauvoir", "#EnGalegoLeo, e falo, e escribo, e vivo. En galego todo o que se queira!", "#engalegoleo unha literatura infantil e xuvenil excelente, froito do talento e o bo facer d@s nos@s autores e autoras ou mesmo", "#EnGalegoLeo os chíos e rechouchíos vosos" ou "#EnGalegoLeo os 365 días do ano, non só no #DíaDoLibro". Son algunhas das ducias de mensaxes que nas últimas horas comezan a poboar twitter, neste Día do Libro, empregando o hashtag proposto pola CRTVG, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Búscase que os lectores e lectoras comenten ou destaquen libros en galego que lles gusten especialmente, que sexan importantes para eles ou, simplemente, que nestes momentos teñen entre as mans. Quérese sobre todo que as mensaxes se concentren entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde, para elevar o hashtag a trending topic. Quérese sobre todo que as mensaxes se concentren entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde, para elevar o hashtag a trending topic Entre as mensaxes hai moitas recomendacións literarias, dende os máis clásicos Castelao, Rosalía ou Cunqueiro ("#engalegoleo Merlin e Familia. E sigo sendo feliz lendoo") até os contemporáneos Marcos Calveiro ou Rosa Aneiros. Hai outros máis xenéricos ("#engalegoleo muita poesía e máis lería se máis houber!") ou ("Eu #EnGalegoLeo todo o tempo"). Hai moitas reivindicacións, ademais: "#EnGalegoLeo guións de películas que se rodarán en castelán. Por un #cinemagalego sen prexuízos linguísticos" ou "#EnGalegoNONLeo a noticia sobre #engalegoleo que publica @lavozdegalicia". Algunha reivindicación é mesmo de carácter persoal: ""#EnGalegoLeo .Non atopo nin Polaroid nin Calzados Lola, quen os colleu que mos devolva!". Nesta iniciativa conxunta tamén se anima a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentar Nesta iniciativa conxunta tamén se anima a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentar. Tanto as mensaxes coma as fotos serán recollidas nunha páxina que a CRTVG creou para a ocasión. O chamamento xa tivo unha resposta moi significativa, xa que desde o día 16 xa se teñen twitteado ou retwitteado máis de 2.000 chíos con esta etiqueta, que tiveron un impacto potencial de máis de 2,2 millóns de impresións. Na presentación da iniciativa, Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, dixo que "esta nova liña de traballo será como unha gran xanela aberta ao través das redes sociais o que contribuirá a impulsar a literatura galega no mundo", mentres que Francisco Castro, presidente de Gálix, indicou que desta maneira vaise "visualizar moito o libro en galego, e máis en concreto o libro infantil e xuvenil, nun exercicio de modernidade propio do século XXI".
PRAZA_12638
O aumento sen precedentes do número de despedimentos -ben pola vía do ERE ben de xeito individual- que experimentou Galicia no ano 2011 (cun repunte superior ao 40%), amosa xa as primeiras consecuencias sobre a competitividade laboral.
O aumento sen precedentes do número de despedimentos, ben pola vía do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), ben de xeito individual, que experimentou Galicia no ano 2011 (cun repunte superior ao 40%), amosa xa as primeiras consecuencias sobre a competitividade laboral. A destrución de emprego para aliviar os gastos das empresas xera un efecto negativo nas mesmas: rebaixan a súa competitividade Malia a posta en marcha da reforma laboral do PSOE en 2010 e a do PP hai apenas uns meses, os datos extraídos do Instituto Nacional de Estadística (INE) demostran que a destrucción de emprego para aliviar os gastos das empresas xera un efecto negativo nas mesmas: rebaixan a súa competitividade, a clave, segundo cansan de apuntar dende o Ministerio de Economía, para que repunte a actividade. Segundo un estudo da Asociación de Grandes Empresas de Traballo Temporal (Agett), a rebaixa de competitividade para as firmas galegas non ven motivida só por unha cuestión de persoal á cargo, falla de motivación dos traballadores polos despedimentos nin outros factores intanxibles sobre os que non hai datos cuantificados, senón que a rebaixa da competitividade é unha consecuencia econónomica dos despedimentos. É dicir, despedir abarata custos a corto prazo, pero auméntaos a longo. Unha hora de traballo en Galicia xera un custo á empresa de 17,1 euros, case un euro máis que a media española, situada no ano 2011 en 16,8 euros por hora Para entendelo, Agget explica que os cutos laborais en Galicia aumentaron un 1'6% en 2011 con repecto ao ano anterior e mantéñense por riba da media do Estado. Isto quere dicir que unha hora de traballo en Galicia xera un custe á empresa de 17,1 euros, case un euro máis que a media española, situada no ano 2011 en 16,8 euros por hora. Desta cantidade, 12,6 euros destínanse directamente ao pago de salarios, unha partida que só medrou un 1,4% no último ano, mentres que os 4,5 euros restantes adícanse a pagar despedimentos e indemnizacións. Esta partida medrou un 2,2% en Galicia en taxa interanual, e non xera beneficio, como a primeira, senón únicamente aforro. Canto mellor sexa a formación do empregado, maior será a súa produtividade e, por tanto, o custe laboral que asumirá o empresario O custo laboral varía tamén, entre outros moitos aspectos, en función da cualificación dos traballadores, de tal forma que, canto mellor sexa a formación do empregado, maior será a súa produtividade e, por tanto, o custe laboral que asumirá o empresario. En 2011, as comunidades autónomas con maior custe laboral por hora foron aquelas en as que existe unha maior porcentaxe de poboación ocupada cualificada, entendida esta como aquela que conta con estudos superiores (é dicir, universitarios e de doutoramento). Galicia, unha das comunidades onde menos aumentou o custe por empregado no pasado ano Grazas a esta maior produtividade e formación da súa poboación ocupada, presentan tamén unas das menores taxas de paro da xeografía española. Non pasa o mesmo en Galicia, unha das comunidades onde menos aumentou o custo por empregado no pasado ano. Para o consultor de Afr José Antonio Herce, a partida que as empresas dedican aos despedimentos dende o inicio da crise, e nomeadamente no ano 2011, está a crear un descenso notable da competitividade, o que, para Herce, está "complicando" a "reestructuración do mercado laboral". A competitividade é factor "clave" para a recuperación e non se logrará unha mellora "mentres as empresas non estabilicen os cadros de persoal" Segundo apuntou, a competitividade é un dos factores "clave" nos que "descansa a recuperación" e non se logrará unha mellora, asegura, "mentres as empresas non estabilicen os cadros de persoal"
PRAZA_1040
O grupo popular rexeita a decisión e o alcalde López Orozco gaba a figura de Manuel Fraga, tras aclarar a marcha atrás na decisión de darlle o nome dunha rúa ao ex presidente da Xunta.
O ditador Francisco Franco xa non ten as honras do Concello de Lugo. Deixa de ser alcalde honorario perpetuo da cidade máis de 60 anos despois do seu nomeamento e malia o voto en contra do grupo municipal do PP a esta decisión. Foi no pleno celebrado este luns onde se acordou a retirada destas homenaxes e para o que se precisou o voto de calidade do alcalde, Xosé López Orozco, ante a ausencia por unha lesión da concelleira do BNG Cristina Ferreiro. Franco deixa de ser alcalde honorario perpetuo logo de máis de 60 anos Foi un polémico pleno, no que o Bloque tamén amosou a súa contrariedade co feito de que o rexedor socialista reivindicase a figura de Fraga e tras o que o PP quixo matizar que o seu voto en contra era só contra a retirada da medalla de ouro da cidade a Antonio Pedrosa Latas, que fora gobernador civil durante a ditadura. Non obstante, o pleno municipal acordou tamén retirar as medallas de ouro a outras persoas vinculadas ao réxime fascista e contou tamén co rexeitamento dos doce concelleiros populares, e o cambio de nome de sete rúas, que agora estarán dedicadas a figuras como Isaac Díaz Pardo ou Adolfo Suárez. Fora retirada antes a proposta para nomear algunha vía co nome de Manuel Fraga, unha intención que a Paz Abraira, voceira nacionalista, pareceulle unha "covardía" por parte de Orozco, que non dubidou en defender o ex presidente da Xunta. "Un dos pais que me deu liberdade, dereito ao voto, dereito á libre expresión, dereito á libre reunión e que lle deu a este país a posibilidade de vivir na autonomiía de Galicia foi o presidente Fraga, que foi elixido polo conxunto dos galegos en catro ocasións en maioría absoluta. Nunca o votei, pero creo que as persoas teñen dereito a cambiar e a traballar a favor da democracia", dixo. Orozco considera a Fraga "un dos pais" que lle deu "liberdade, dereito a voto, libre expresión ou autonomía a Galicia" Ademais, Orozco aclarou que non todo o grupo socialista estaba de acordo con darlle unha rúa a Fraga, mentres que o portavoz popular, Jaime Castiñeira, que pediu que non se faga "revisionismo" e asegurou que moitos veciños poden estar molesto ao retirarse nomes de rúas que si cumpren coa Lei da Memoria Histórica. "Están afeitos a que se lles chame así e o único que se fai é meterlles gastos innecesarios", di.
NOS_58105
María Pilar García Negro (Lugo, 1953) vén de recoller nun volume editado pola Fundación Manuel María as 33 obras de teatro que deixou o prolífico escritor. Ademais, a profesora da Universidade da Coruña (UDC) e escritora vén de ser recoñecida co diploma ad honorem no marco da XVII Asemblea da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) polos seus estudos sobre Rosalía de Castro e pola súa traxectoria feminista. Conversamos con ela ao respecto. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 318 de Sermos Galiza.
O libro recolle un total de 33 obras, algunhas das cales resultan inéditas e sorprendentes. A que responde a súa edición? Do ponto de vista persoal era xa un vello compromiso meu, neste caso coa Fundación Manuel María, que mantén non unha memoria ritual do noso grande escritor, senón unha memoria viva, perseverante e con moitas actividades. En 2005 celebramos na UDC, con colaboración directa da fundación e coa organización da AS-PG, o Congreso Manuel María, e no programa houbo dúas palestras dedicadas ao teatro, a de Henrique Rabuñal –que está recollida nesta obra– e a miña. Arrinca de aí, como mínimo, a idea de preparar esta edición. Eu tiña un ponto de partida valiosísimo, que é o traballo de Camilo Gómez Torres, o grande investigador da obra total de Manuel María e é autor dunha tese de doutoramento sobre o escritor. Aparecen citadas dúas obras que non demos atopado, dos anos sesenta. Non desistimos de que poidan aparecer. É unha produción amplísima, 33 obras, un abano temático e estilístico variadísimo, así que a satisfacción é grande por poder incrementar a obra dun escritor proteico, poliédrico, con amplísima dedicación a todos os xéneros literarios e con tantísimo servizo á cultura galega no seu conxunto. Por iso, o primeiro que afirmo é que nace un dramaturgo para a literatura e a escena galega. Precisamente, nos seus estudos sobre o autor demostra que non é amador, senón un dramaturgo de pleno dereito malia que a súa obra teatral non fose o suficientemente divulgada. Exactamente, porque se privilexiou a súa amplísima e constante dedicación á poesía, mais aquí podemos comprobar a escrita teatral desde 1957 até 2001. Facémolo apoiándonos nas súas proprias declaracións, que pasaban por afirmar que para el o teatro era unha das actividades literarias que lle producían máis pracer. Destacan os seus autos, un subxénero que Manuel María modernizou e adaptou dun xeito renovador ás necesidades da épica galega e da lírica galega como nación, segundo ten explicado vostede. Aí cómpre lembrarmos en primeiro lugar o significativo de títulos como Auto do mariñeiro, Auto do labrego, Auto da costureira, que son a socioloxía laboral galega, a clase traballadora galega absolutamente predominante até hai pouco tempo. Vai aparecer tamén a loita obreira, os conflitos de Vigo e Ferrol de comezos dos anos setenta, nunha historia sindical e de mobilización social galega enorme que non existiu na historiografía española. Aí hai unha redefinición da épica e do auto tradicional, un xénero de amplísimo tratamento do denominado 'Siglo de Oro' da literatura española e mais da literatura portuguesa, mais nun sentido estabilizador e rendendo un servizo cerrado e dogmático á xerarquía católica, unha pedagoxía social conservadora e bloqueante de calquera protesta social. Aquí Manuel María a esa modalidade teatral dálle a volta, como tamén o fixeron no seu tempo Rosalía de Castro ou Castelao coa épica do pobo galego. Esa é toda unha veta interesantísima da tradición literaria galega. Na lírica tamén, porque hai no comezo un teatro poético, un entrecruzamento de xéneros literarios e outras moitas opcións temático-estilísticas. Hai unha auténtica construción da historia de Galiza, a través da ficción teatral en tempos onde non existían manuais da historia de Galiza. E unha componente didáctica e de pedagoxía social moi importante. [Podes ler a entrevista íntegra no número 318 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_34510
Ambas as dúas redes sociais desenvolveron ferramentas para describir as imaxes partilladas. E non son as únicas.
Nas últimas semanas as redes sociais Twitter e Facebook foron adaptándose a persoas con diversidade funcional visual. Ambas as dúas despregaron ferramentas que permiten describir as imaxes penduradas polas persoas utentes permitindo que aquelas con visión reducida ou mesmo cegueira poidan coñecer o seu contido. A primeira foi Twitter que permite incorporar unha breve descrición, de "420 caracteres", explica o enxeñeiro en telecomunicacións e editor de Mallando no Android Iago Varela en conversa con Sermos Galiza. Desta meneira, cando partillamos unha fotografía podemos indicar os elementos que a compoñen ou os seus trazos principais. Facebook introduce un elemento novidoso que é a aplicación de intelixencia artificial no procesamento das imaxes Pola súa banda, Facebook foi un bocadiño alén diso e introduce un elemento "novidoso" ao "usar intelixencia virtual" no procesamento das imaxes. Isto é, é a propia rede social a que recoñece os elementos da fotografía ou vídeo da man de "cen palabras" como árbore, persoas, ceo ou os sonados selfie (autorretratos). A decisión de incoporar esta posibilidade partiu dun dos enxeñeiros da empresa, Matt King, invidente. Após o procesamento da imaxe unha voz virtual dá leitura ao contido. Até o momento está en beta e disponíbel só para iOS (Apple) mais visan que co tempo se amplíe a outros sistemas operativos. "Polo de agora é a cegueira a que máis se atende", sinala Iago Varela a respeito da adaptación das redes sociais ás necesidades das persoas con diversidade funcional. Neste senso, "Youtube xa permite desde hai tempo crear automaticamente e en tempo real subtítulos", explica. Google e Apple permiten ditar ordes e mesmo texto aos teléfonos, unha ferramenta útil para persoas con mobilidade reducida E que acontece coas persoas que posúen mobilidade reducida? Tanto Google como Apple "permiten falar ao teléfono e ditar", por exemplo, "pon un chío". Pola súa banda, Google "permite usar practicamente todas as súas ferramentas con voz, non só as redes sociais", así podemos "ditar texto tipo .word [.odt]" e mesmo indicar a Excel [Calc] o que queremos redixir nunha folla de cálculo. Nun momento da historia no que cada vez son máis as persoas usuarias deste tipo de ferramentas e espazos de comunicación, as empresas van adaptándose á rica diversidade que compón o mundo.
PRAZA_11363
Dende este martes e ata o vindeiro 19 de novembro xa se pode votar online. O galardón do público entregarase no marco da 12ª edición do festival, que se desenvolve dende o venres 29 de novembro ata o domingo 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O Culturgal 2019 entregará un ano máis o xa tradicional 'premio do público', un galardón elixido por votación popular que recoñece iniciativas partidas da sociedade civil que fan crecer á cultura galega, que fomentan a implicación da cidadanía e que tecen redes, promovendo a transversalidade e a colaboración. Nesta ocasión as tres candidaturas son as de Novos Cinemas (Festival Internacional de Cinema de Pontevedra), o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest (Fundación Uxío Novoneyra no Courel).Pódese votar por algunha das tres candidaturas ata o 19 de novembroDende este martes e ata o vindeiro 19 de novembro xa se pode votar online por algunha destas candidaturas. A 12ª edición do Culturgal, que se desenvolverá dende o venres 29 de novembro ata o domingo 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, reserva un acto na xornada de peche para a entrega do Premio do Público.Nas anteriores edicións de Cuturgal levaron os premios do Público da Feira, sen dotación económica, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2013). Diario Cultural da Radio Galega (2014), o Festival de Cine Curtocircuíto (2015), Festival Agrogay da Ulloa (2016), Play-Doc (2017) e Casa de Rosalía (2018).O premio recoñece iniciativas partidas da sociedade civil que fan crecer á cultura galega, que fomentan a implicación da cidadanía e que tecen redes, promovendo a transversalidade e a colaboraciónAs asociacións gremiais que forman parte de Culturgal acordaron seleccionar estas tres iniciativas, salientando as súas fortalezas e méritos:Novos Cinemas: Do 10 ao 15 de decembro, chega a súa cuarta edición de Novos Cinemas, un festival que centra a súa proposta no cinema dos creadores e creadoras que comezan. Con preto de 3.000 espectadores na súa última edición, está organizado pola Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas con Ángel Santos, Dani Froiz e Suso Novás no equipo de dirección.Clavicémbalo: En Lugo cidade existe unha sorte de oasis que se chama Club Clavicémbalo, o Clavi para a veciñanza e amizades. O Clavi foi fundado no ano 1986 e desde agosto de 1995 atopou o seu espazo físico estable na rúa Paxariños 23. Na feble engrenaxe da industria musical en Galicia, as salas de concertos son as "grandes empresas musicais", salvadoras do directo, mecenas dos artistas noveis e refuxios culturais nas cidades do século vinte e un.Festival dos Eidos: O Festival dos Eidos celébrase no mes de agosto desde 2015 con 3 días de programación cultural de diferentes expresións artísticas ligadas á literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiadas, obradoiros, actividades para rapazada e exposicións nos diferentes espazos, do interior e exterior da casa-museo de Novoneyra e o seu territorio íntimo.
NOS_21670
Segundo informou nun comunicado, a central sindical busca retomar a negociación do convenio sectorial de viaxeiros para loitar contra "a precarización e perda do poder adquisitivo" do seu persoal.
A Confederación Sindical Galega (CIG) realizou esta segunda feira a súa primeira concentración para demandar a reunión da comisión negociadora do convenio do sector de transporte colectivo por estrada en Lugo. Segundo informou nun comunicado, a central sindical busca retomar a negociación do convenio sectorial de viaxeiros para loitar contra "a precarización e perda do poder adquisitivo" do seu persoal. O convenio Este convenio tiña vixencia até o ano 2015. Con posterioridade ao conflito xerado na folga do sector a nivel galego polos novos contratos produciuse un acordo marco para o sector en 2017 que determinou a actualización das táboas salariais deste convenio para os anos 2016 e 2017, segundo apunta o sindicato nacionalista. A CIG chama á mobilización pola "saída galega xusta da crise" o 29 de novembro Despois, en marzo de 2019 produciuse a constitución da mesa negociadora e desde ese momento non se avanzou e a CIG denuncia "parálise". Desta forma, remarca que no ámbito social é "destacábel" a acumulación do diferencial negativo para o persoal do sector dos IPC reais dos anos 2018 a 2021, que supoñen 8,5% de perda do poder adquisitivo nos salarios e que, na actual situación "ten que ser un claro obxectivo a superar" no proceso da negociación colectiva. A CIG concéntrase para exixir a revalorización das pensións coa suba do IPC "Clara indiferenza" Fronte a isto, en palabras da CIG, o persoal de sector "pode contrastar" que existe unha "clara indiferenza das parte da comisión negociadora para que o convenio evolucione".
NOS_48635
O que para as ONG's é "escravitude", para a FIFA é un "orgullo".
A Copa do Mundo de fútbol que comezará en Qatar o 21 de novembro deste ano leva manchado coa polémica case desde o mesmo momento da concesión do torneo ao emirato, un país sen infraestrutura nin tradición futbolística co único -pero vital- aval duns petrodólares que utilizou nunha cantidade próxima aos catro millóns de euros para subornar os suficientes dirixentes da FIFA para ser escollido, nun caso coñecido como o "Qatargate". Mais o peor deste Mundial nacido baixo a mácula da corrupción son as repetidas e violacións aos dereitos humanos na construción dos diferentes estadios que albergarán os partidos nos que Messi, Cristiano, Benzema e compañía saltarán alleos á ausencia dos máis de 6.500 traballadores procedentes de Pakistán, a India, o Nepal ou Bangladesh que emigraron até Qatar para levar a cabo xornadas laborais de até 18 horas á semana de luns a domingo e que acabaron atopando a morte. Infantino equiparou as condicións de "escravitude" en Qatar, segundo as ONG co "duro traballo" da súa familia emigrante O escándalo chegou ás páxinas dalgúns dos principais diarios do planeta, incluído Nós Diario, e mesmo o papa Francisco I recibiu no Vaticano unha delegación da ONG Fundación para a Democracia Internacional, que leva anos denunciando por todo o mundo a situación duns traballadores que o CEO de Qatar 2022, Nasser Al-Khate, nega rotundamente, afirmando que con data de decembro de 2021 tan só perderan a vida "tres traballadores". A FIFA, máximo organismo reitor do deporte rei a nivel mundial, como a maioría dos sectores implicados no fútbol desde os xogadores até as federacións, permaneceu de perfil ante este escenario. Até agora. Recentemente, o seu presidente, Gianni Infantino, asegurou que o ente que dirixe non pode ser "a policía do mundo" nin "responsábel de todo o que sucede". "Cando se fala do que é o traballo duro... incluso en condicións difíciles, estaslle dando á xente dignidade e orgullo, non caridade", apuntou o presidente da FIFA, xustificando as difíciles condicións duns traballadores emigrantes en Qatar que teñen por diante os duros meses de verán, no que as temperaturas poden alcanzar incluso os 50 graos centígrados.
NOS_4372
Carlos G. Reigosa é un dos nomes máis respectados e prolíficos das letras galegas. No seu último traballo, A Galicia máxica de García Márquez, reúne con mestría a paixón do escritor e a do xornalista para acompañar o Nóbel colombiano na procura das súas raíces. Realidade e ficción conviven no rastrexo dunha "forma de contar" que, apunta, ten o aspecto de provir da outra beira do Atlántico
Após unha edición non venal que se repartiu polas bibliotecas do estado no ano 2008, a última obra de Reigosa chega ás librarías do país de mans de Xerais. O devir da profesión xornalística, a reivindicación da lingua materna ou a ineludible pegada da infancia son algúns dos temas que o escritor da Pastoriza debulla para nós nesta entrevista. Como nace esta pesquisa arredor de García Márquez e as súas raíces galegas ? Esta é unha obra cun obxectivo clarificador da relación de García Márquez con Galicia. El, nos anos 80, sempre dicía que quen máis o influíra na súa literatura fora a súa avoa galega. O libro responde a esa fantasía ou realidade do escritor de atopar as súas raíces literarias en Galicia, a través de Tranquilina, que tiña a facultade de contar as historias máis estremecedoras cunha cara de pau, é dicir, sen cambiar a expresión. Polo tanto, o núcleo e esencia desta obra é a propia peripecia do escritor colombiano e como, ao longo da súa vida, vai descubrindo que unha cousa é a fantasía e outra a realidade. El non ten verdadeiramente unha avoa galega directa. Tranquilina xa nacera en Colombia, malia que existe a posibilidade de que os seus antepasados procedesen de Galicia. Logo, non ten esta investigación moito de realismo máxico? É evidente. O que eu procurei neste traballo non era dilucidar a ascendencia do escritor, senón explicar algo que é moito máis importante. Cando un se acerca á biografía de García Márquez, dáse de conta de que esa avoa galega, que el teima en ter, está detrás de todas as súas obras. E, cando por vez primeira viaxa a Galicia, percibe unha remota proximidade con esta terra. Porén, a realidade é moi testana. A irmá de Márquez comeza entón unha investigación, absolutamente convencida de que os seus antepasados eran galegos, mais o único que atopa son datos dispersos. Polos apelidos élle moi difícil avanzar. Descobre que os seus tataravós chegaran a Colombia dende España e, tendo en conta as migracións masivas de galegos que se produciron no século XVIII, posiblemente procedesen de Galicia. Con todo, anos máis tarde, Márquez pide á súa irmá que deixe de darlle voltas ao tema porque a súa terra, unicamente, é O Caribe. Así, decátase de que un é de onde respirou a infancia. No artigo que publicou en El País, após a súa estancia na Galiza no 1883, García Márquez fala dun "país mítico-moito máis do que os propios galegos imaxinan-". Por que? Eu creo que Márquez fai esta afirmación porque, entre outras cousa, nesta estancia ía ao seu lado Domingo García-Sabell facendo de guía. Este tiña a idea de que, en Galicia, hai moitos elementos ahistóricos e, polo tanto, míticos. Isto vese nas aldeas de Galicia cando un chega e pregunta "e esa igrexa de cando é?", e o paisano contesta, "meus avós non lembraban quen a construíra". A mítica empeza, logo, a partir dun descoñecemento histórico e Galicia ten como identidade esa confrontación entre mito e realidade. "Neste país hai unha densidade máxica extraordinaria. Malia que Cunqueiro preferira chamarlle realismo fantástico, son literaturas moi próximas" Atopou algúns trazos do realismo máxico latinoamericano na mitoloxía galega? Moitos. Neste país hai unha densidade máxica extraordinaria. Malia que Cunqueiro preferira chamarlle realismo fantástico, son literaturas moi próximas. De feito, ambos coñecéronse persoalmente e comeron xuntos en Barcelona, tal e como relata Márquez no seu artigo de El País. Creo que, ao longo das súas carreiras, ollaron reciprocamente para as súas obras de esguello. No entanto, é moi difícil establecermos similitudes ou proximidades. O propio Cunqueiro dicía que el se sentía máis próximo de Alejo Carpentier ou de Borges que de García Márquez. Polo tanto, a pesar dos paralelismos, cada un posuía cadanseus temas e obsesións e, dende logo, non podemos falar de plaxios ou copias. E non foi vostede, dalgunha maneira, herdeiro deste realismo máxico? Eu teño o meu propio mundo literario, mais si é certo que nel roldan dúas liñas que me preocupan especialmente. Sempre procuro retratar a realidade dun modo creativo no que a ficción sexa o instrumento narrativo esencial. Para min, é apaixonante conxugar nun libro como é A lei das ánimas dous mundos antagónicos: o espazo rural, máxico e supersticioso e o espazo urbano, racional e moderno. Retratar os dous mundos, o máxico e o racional, é esencial se un se considera un escritor galego. "Eu teño o meu propio mundo literario, mais si é certo que nel roldan dúas liñas que me preocupan especialmente: a realidade e a ficción" Nunha entrevista afirmara que, no seu caso, primeiro nacera o xornalista e logo se forxou o escritor. Hoxe en día, concibe unha das cousas sen a outra? Creo que teño unha enorme vocación xornalística e que a tiven sempre, mais que, ao lado dela, convive unha profunda paixón de novelista. Porén, mentres o xornalismo me permitía comer e vivir con estabilidade, a realidade novelística non me ofrecía iso. Nunca me foi posible inverter os termos. É dicir, escribir novelas para vivir e facer xornalismo cando me apetecera. Ao longo da miña vida, sen lle restar un minuto ao xornalismo, esforceime para escribir as miñas novelas nos poucos momentos que me quedaban libres e, se non fose por esta profesión, tería máis libros publicados. É certo que o xornalismo me secuestrou moito tempo, mais quérolle moito porque creo que foi moi xeneroso comigo. Por que defende esa xenerosidade? Eu son un neno que naceu tras da corda alá na Pastoriza de Lugo e, malia todo, fun durante moitos anos director de Información da axencia EFE, recorrín o mundo e entrevistei aos grandes escritores dos que falamos, como García Márquez ou Borges. E, dende logo, se os coñecín persoalmente, foi polo xornalismo e non pola literatura. Pola deles si, mais non pola miña [ri]. Como ve a crise da profesión xornalística, tanto a económica, como a de prestixio e credibilidade? O xornalismo ten unha definición que non cambiou e que non vai cambiar. O que si mudou é a súa rendibilidade. Houbo un tempo no que os xornalistas estabamos ben pagados e ben considerados e facíamos o que tiñamos que facer, xornalismo. As estreiteces económicas que atravesa a profesión, loxicamente, afectan o profesional e o medio de vida, mais a súa definición é a mesma. Non hai dúbida de que, para os que están comezando, tornouse un medio moito máis difícil á hora da supervivencia. Cando eu comecei, eramos poucos xornalistas e agora licéncianse a moreas, o que produce salarios baixos e unha competencia atroz. Agora vexo chegar á profesión mareas de universitarios cunhas medias moi altas, mais o xornalismo nunca foi iso. O xornalista non é un tipo cuns coñecementos enormes nunha especialidade, senón o que sabe facer unha boa pregunta no momento oportuno e ser rigoroso na súa transcrición. Defendo que, hoxe en día, tamén se fai xornalismo de alta calidade e non é certo que antes non existise o xornalismo mediocre. "O xornalismo ten unha definición que non cambiou e que non vai cambiar. O que si mudou é a súa rendibilidade" Imaxinou que Crime en Compostela, best-seller e premio Xerais en 1983, se convertera no referente do xénero para unha longa lista de autores galegos que virían despois ? Con esta obra tiña claras dúas cousas. A primeira era facer unha novela de intriga. Eu achegárame ás obras dos grandes autores galegos e parecíanme complicadas. De feito, moita xente me comentara que nunca conseguiran rematar unha novela en galego. Creo que toda novela ten que ter unha capacidade de sedución e que un lector que le dez páxinas debe ter un estímulo para continuar. En segundo lugar, procuraba unha certa calidade literaria; facer desa historia de intriga o que algúns chamaban antes alta literatura e que, para min, é simplemente literatura. Isto consiste en que, ao finalizar a novela, o lector teña máis información sobre o mundo ou, concretamente, sobre ese mundo particular, que cando a encetou. Eu nunca aspirei a escribir coma James Joyce, cuxo Ulises é unha obra difícil de ler, ao meu entender. Procuro que a miña obra estea o alcance do lector normal. De feito, a miña avoa leu a súa Pepa A Loba tres veces. Mira, pois que bonito! Neste caso, tiven unha liberdade creativa enorme porque só existían tres datos históricos do personaxe: a data de nacemento, a data de detención e a carta que Concepción Arenal lle envía ao cárcere da Coruña. A partir de aí, fixen varios viaxes en coche pola zona da Estrada, Ourense e Lalín, falando coas xentes do lugar e, malia que ás veces dicían cousa contraditorias, eu sentíame libre de escoller só as que quería contar. Creo que foi toda unha rehabilitación deste mito da narrativa oral que sobrevivía esnaquizado. De feito, por respecto á imaxe da tradición popular, non describín a Pepa A Loba en ningún momento. Cando Miguelanxo Prado preparaba a portada do libro, chamoume para preguntar onde estaba a súa descrición e, ao non habela, tivo liberdade absoluta para pintar a Pepa como el a imaxinaba. "Eu nunca aspirei a escribir coma James Joyce. Procuro que a miña obra estea o alcance do lector normal" Quince anos pasaron até que decidiu publicar a versión en castelán de Crime en Compostela. Quería obrigar a ler @s galeg@s na súa lingua? Si, iso é así. É tan así como que tiven a oferta de traducir a novela ao español ao ano seguinte de se publicar en galego e rexeiteina. Si que accedín que fose traducida ao valenciano pero non consentín a edición en castelán até que pasaron moitos anos, alá polo 1999. E creo que foi unha boa idea. Independentemente de que perdín cartos, gañei moito en coherencia. Moita xente me parou pola rúa para dicirme que fora a primeira novela en galego que conseguiran rematar e iso vale máis có diñeiro. Evidentemente, hai que poñerse neses anos inda que, a boa acollida que tivo, non deixa de ser unha cousa sorprendente e milagrosa. Ademais, quixen escribila para non esquecer as anécdotas de Compostela, onde fora durante tres anos delegado de EFE porque sabía que, a partir dese instante, comezaría o tempo de demolición da memoria. Como escritor en lingua galega, algunha vez lle pechou as portas o feito de escribir nunha lingua minoritaria? Nunca me fixen esa pregunta no sentido profundo, quizais porque non me interesaba a resposta. Nacendo nunha esquina da Pastoriza e co compromiso de ser fillo de monolingües galegos, non ten sentido formularse esas cuestións. Se seguise ese criterio escribiría en inglés ou en chinés. Este compromiso é persoal, nin sequera ten un carácter racional ou social. Os meus primeiros contos foron en galego e sempre recordo á miña nai esnaquizándose coa risa. Para min, escribir en galego era esencial porque iso significaba manexar os mesmos códigos e a mesma lingua cá ela. Por iso, nunca dubidei en que idioma tiña que escribir as miñas novelas. Iso non quere dicir que non respecte outros escritores que abandonaron a súa lingua natal e adoptaron outra para desenvolveren a súa actividade profesional. Estas eleccións dependen duns códigos de valores e non son uns mellores cós outros, senón que cada quen ten os seus. "O meu compromiso coa lingua galega é persoal, nin sequera ten un carácter racional ou social" Após media vida vivindo en Madrid, por que sempre usou a literatura para volver á súa terra, quer co idioma quer con temas coma os maquis, o contrabando ou o narcotráfico? O meu mundo creativo e literario está en Galicia. Teño a teoría de que a esencia do escritor é a mirada e que esta vén da infancia. Polo tanto, a miña é unha mirada de neno labrego e nada importa que, como xornalista, dese a volta ao mundo, porque todo o que vin nesas viaxes vino baixo a perspectiva dun rapaz do rural galego. Non tiven que entrar en reflexións sobre a lingua que adoptar en cada momento porque xa me viñeron dadas. Para sobrevivir, só puiden facer xornalismo en castelán. Eran outros tempos. Pero, na literatura, a miña aposta non tiña nada a ver e, por iso, sempre fixen novelas en galego. O meu código moral está escrito aí e iso nunca cambia.
QUEPASA_920
Todas as actividades arredor do Día Internacional da Violencia de Xénero.
Este luns 25 de novembro é o Día Internacional para a erradicación da Violencia de Xénero. Unha das máis activas entidades feministas da comarca, que ademais vén de participar na Tertulia Violeta de QPC, a Organización feminista Buserana convoca un acto na Praza 8 de marzo, en Cee, baixo o lema "Se é machista, non é xustiza". A cita será o propio luns ás 20:30h. Deste xeito, nesta ocasión poñemos o foco, xunto cos colectivos feministas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e da Plataforma feminista galega, nos procesos que teñen que pasar, e con demasiada frecuencia sufrir, as mulleres que denuncian algún tipo de violencia machista. A falta de medios, persoal non especializado nen formado na atención as mulleres que sofre estas violencias, a desprotección das crianzas ante os agresores, son só algúns dos aspectos para os que demandan tanto o financiamento coma vontade política e institucional necesarias para evitar unha violencia engadida. Comunicado da Buserana do 25 de novembro de 2019:"SE É MACHISTA, NON É XUSTIZA!" Nos últimos anos constatamos o incremento da toma de conciencia feminista das mulleres e dos avances formais que o feminismo organizado impulsou e conseguiu trasladar ás institucións e á sociedade en canto á violencia machista. Mais todos estes avances resultan insuficientes, e moitos, ademais, están reproducindo violencias contra as mulleres que temos a obriga de visibilizar e denunciar. Queremos neste 25N colocar o foco sobre a violencia xudicial que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres e as crianzas. As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non se esta facendo efectivo na súa aplicación.. E a reprodución das violencias durante os procesos xudiciais remata por facer que as mulleres se cuestionen o feito mesmo da denuncia. Cada día nas comisarías e xulgados da Galiza mulleres que denuncian violencia machista ven violentados os seus dereitos á defensa, á protección das súas fillas ou á protección fronte aos seus agresores. Falta de asesoramento cando se decide denunciar e no momento da denuncia e do atestado policial que as acompañará durante todo o proceso posterior, medidas cautelares nas que se dita afastamento para os agresores e ao tempo vistas do agresor coas súas crianzas, réximes de visitas para agresores sexuais das crianzas, informes que culpabilizan, xulgan ou revitimizan as mulleres, unha xudicatura machista empeñada en que os maltratadores poden ser bos pais para crianzas que a lexislación xa define como vítimas de violencia machista, falta de formación, falta de empatía e implicación dos axentes que interveñen nos procesos xudiciais, falta de xulgados específicos de violencia machista, … E así, a violencia non remata coa denuncia, senón que pasa do ámbito máis privado ao público, engadindo ao xa sufrido unha violencia a institucional. A responsabilidade de que isto remate é colectiva, dende quen recibe á agredida cando vai denunciar, pasando por quen realiza os informes ignorando o benestar das mulleres e das crianzas, a quen dicta sentenza ou atende nos puntos de encontro familiar. Cada unha destas intervencións pode xerar unha violencia ou contribuír para acabar con ela. Por isto reclamamos ás institucións: ➡Información pública do proceso de denuncia machista e dos dereitos das mulleres: a estar acompañadas por avogadas no momento da denuncia, á atención psicolóxica e o acompañamento, a solicitar medidas de protección, a coñecer os recursos á súa disposición. ➡Formación específica de todo o persoal e axentes que atenden a mulleres que sufren violencia machista en todos os níveis da administración pública: policial, xudicial, administrativo e social. ➡Dotar aos CIMM da Galiza de medios suficientes para a atención e asesoramento de mulleres que sufran violencia e que ese persoal acredite formación específica en violencia machista. ➡Esixir a coordinación dos recursos públicos de atención e acompañamento ás mulleres que sofren violencia, así como información da súa disponibilidade, pois a violencia non sabe de horarios. ➡Revisión da atención e servizo que se presta nos organismos públicos nos que se emiten informes que afectan aos procesos de denuncia. ➡Modificar o decreto dos Puntos de Encontro Familiar. ➡Solucións económicas reais para as mulleres que denuncian violencia machista que garantan a súa capacidade económica como incrementar o salario da liberdade en cuantía e duración. Esiximos á Xunta de Galiza instar ao Ministerio de Xustiza e ao goberno do Estado a: ➡Aplicar a lexislación internacional en materia de violencia machista retirando as visitas das crianzas a homes denunciados por agresións machista ate a existencia dunha sentenza firme.➡Retirar as visitas e patrias potestades das crianzas a homes denunciados por agresión sexual ou maltrato infantil ante a existencia de sentenza firme por violencia machista. Reclamar o fin da imposición da custodia compartida imposta con maltratadores. Modificar a lei para establecer medidas de protección das crianzas vítimas de violencia machista fronte ao agresor. ➡Creación de máis xulgados específicos de violencia machista na Galiza con persoal especializado. Resistimos para vivir, marchamos para transformar!!
NOS_7597
A portavoz do goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría, adicou boa parte da súa comparecencia após o Consello de Ministros a apelar ás bondades do presidente Mariano Rajoy (vida recta e exemplar") fronte a unha posíbel implicación en irregularidades. Nas redes sociais xa piden, con sarcasmo, a beatificación de Rajoy
Os papeis de Bárcenas non están a afectar ao goberno español. E, aliás, o presidente Mariano Rajoy é un compendio de virtudes que fai impensábel que poida estar relacionado co escándalo de pagamentos en B. Eis o argumentario esgrimido esta sexta feira pola portavoz do executivo central, Soraya Sáenz de Santamaría, ante o escándalo xerado a nivel internacional polas informacións desveladas por El País. Na súa comparecencia, Santamaría afirmou que "este goberno é estábel, tanto pola súa maioría parlamentar como polo feito de que fai o que ten que facer". Nesa liña contou co apoio do ministro de Economía, Luis de Guindos, que aseverou que o escándalo "non ten un impacto significativo no mercado". Rajoy: "ejemplar" e "dedicado" A portavoz tamén quixo blindar ao presidente español, adicándolle toda unha serie de calificativos que farían imposíbel que poidese ter relación con conductas non legais. Así, Santamaría afirmou que Mariano Rajoy ten "unha conducta exempla", alén de ser "un exemplo de vida recta e adicada ao servizo público". Nos doce anos que leva traballando con el, prosegui Soraya Sáenz, "nunca lle vin saltarse unha norma". Para saber o que opina Mariano Rajoy sobre o escándalo que está nas portadas de xornais de todo o mundo haberá que esperar a este sábado. Rajoy dará a coñecer a súa opinión na xuntanza que con carácter extraordinario vvai manter o Comité Executivo Nacional do PP. "Beatificación de Rajoy, xa!" As palabras da portavoz do goberno xa xeraron un regueiro de reaccións nas redes sociais, onde máis dun piden a "beatificación xa" de Mariano Rajoy polo cúmulo de virtudes que atesoura. Tamén hai quen propón que, con esa "vida recta e exemplar", o fagan demitir de presidente para poñelo á fronte dun mosteiro.
NOS_49657
As galegas e os galegos imos pagar máis impostos na tarifa eléctrica. O BOE vén de publicar unha orde ministerial pola que se demanda ás comunidades autónomas que cuantifiquen o montante total dos suplementos territoriais recadados en 2013 que afectan á actividade eléctrica, para devolver esas cantidades ás empresas do sector que os pagaron.
A CIG considera que isto "é un disparate", demanda da Xunta que reconsidere a tarifa eléctrica galega e exixe que diga o que vai facer para que "non paguemos máis polo recibo eléctrico cando producimos, somos excedentarios e asumimos ademais, as consecuencias sociais e medio ambientais". A orde, explica o sindicato nacionalista é de aplicación aos "suxeitos que desenvolveran actividades de transporte de enerxía eléctrica, distribución de enerxía eléctrica, produción a partir de fontes de enerxía renovábeis, coxeneración e residuos, con réxime primado, e produción nos sistemas eléctricos nos territorios non peninsulares con réxime retributivo adicional durante o exercicio 2013". No caso de Galiza, os impostos territoriais que se recuperarán son catro: canon de saneamento; imposto sobre contaminación atmosférica; imposto sobre dano medio ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada e canon eólico. Segundo explica Fernando Branco, responsábel do sector de Enerxía da CIG-Industria, a orixe é unha norma aprobada polo PP en 2012, cando tiña maioría absoluta, "pola que se di que o que pagaron as empresas eléctricas teñen que o recuperar e que, para iso, se gravará cun suplemento aos galegos e galegas por valor desa cantidade". Deste xeito, afirma, "eses impostos que serán recuperados nós pagámosllos ao sistema eléctrico, este trasládao a Comisión Nacional de Mercado de Competencia e esta a súa vez reembólsallo ás empresas que pagaron os impostos". Tarifas diferenciadas por territorios Branco lembra que cando se debateu a ILP da CIG por unha tarifa eléctrica galega, un dos argumentos fortes do PP, foi que non podía haber tarifas eléctricas diferenciadas por territorios. "Isto cae con esta Orde, porque cada comunidade ten os seus propios impostos e non é igual o que recadan".
NOS_35376
Fruga considera que o anuncio de baixadas de prezo e cambio das condicións dos contratos son "totalmente inxustificábeis".
O consumo de leite aumentou nestas semanas, indica a Federación Rural Galega (Fruga). Un incremento da demanda que "obrigou as industrias lácteas galegas a aumentar considerabelmente a súa produción, mesmo chegando a facer uso de cisternas cargada de leite procedente de diversos puntos da xeografía europea". Porén, sinala a organización, algunhas industrias están aproveitando estas circunstancias para "baixar os prezos de forma encuberta, ou ben xa directamente". Sinala Fruga Celta e Lactalis, "que están a aplicar baixadas de 0,03 euros litro na produción ecolóxica", ou Reny Picot e Naturleite, "que lle ofrecen contratos de 3 meses os gandeiros e gandeiras". Falan, ademais, outras industrias "que intentan promover certo modelo de leite diferenciado ligado a promesas de aumento de prezo que non sabemos en que vai quedar". Fruga considera estas actitudes como "totalmente inxustificábeis". Inciden en que no sector lácteo galego "os abusos da industria son frecuentes, en parte debido a que a administración competente, neste caso a propia Xunta, non pon a funcionar ningún tipo de órgano interprofesional que impida unhas relacións comerciais inxustas, que sempre acaban prexudicando ás explotacións gandeiras. En cambio os beneficios da industria e da distribución non sofren ningún tipo de baixada".
NOS_800
O número de inxeccións supera ao de vacinas recibidas dado que, segundo explicou Sanidade, os profesionais sanitarios están a sacar máis doses por cada vial que reciben.
Un total de 2.273.739 habitantes de Galiza contan con pauta completa da vacinación contra a Covid-19, tras finalizar o proceso outras 5.969 nas últimas 24 horas. Isto é, 92,63% da poboación diana ─maiores de 12 anos─ está inmunizada, ou o que é o mesmo: 84,21% dos habitantes do país. Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellaría de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación', administráronse 4.392.539 doses da vacinas contra a Covid-19, 6.695 máis que as rexistradas até o día anterior, que representan máis do 100% das 4.389.629 recibidas até a data. Isto explícase, segundo sinala Sanidade, debido a que os profesionais sanitarios están a sacar máis doses por cada vial que reciben. Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 17.143 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.602 dependentes non institucionalizados; e 26.967 persoas institucionalizadas. Mentres, 2.067.600 vacináronse por idade. Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.729 profesionais do ámbito sanitario e 27.187 do sociosanitario, ademais de 44.074 traballadores de actividades consideradas esenciais.
NOS_23795
O partido laranxa celebrará as primarias para a designación da súa cabeza de lista ás galegas esta cuarta e quinta feira.
Non haberá candidata de Ciudadanos para a presidencia da Xunta esta fin de semana, tal e como estaba inicialmente previsto. Os problemas técnicos no sistema de votación electrónica, que impediron votar a boa parte das afiliadas, o partido laranxa decidiu adiar o proceso de primarias até mediados da vindeira semana. Segundo informou a formación nun comunicado, a votación para a elección da candidata á presidencia da Xunta de Galiza será a vindeira cuarta feira, 26 de febreiro, desde as 00,01 horas até a quinta, 27 de febreiro, ás 19,00 horas vía telemática. "Trasladar a toda a nosa afiliación a seguridade de que todo o proceso se levará a cabo con todas as garantías e dereitos e a convicción de que os próximos días de votación serán dunha afluencia que demostre o grao de democracia e liberdade do noso partido", asegurou o presidente da Comisión de Garantías e Valores, Jesús Galiano, nunha mensaxe á afiliadas. Na Galiza, foi o candidato ás primarias José Manuel Blanco quen recurriu ante a Comisión de Garantías do partido a nivel estatal pola falla de garantías no proceso. "A pesar da mala imaxe que este proceso fallido ten para o partido que queremos representar, debíamos esixir garantías e neutralidade, o mesmo que queremos para a sociedade", declarou o candidato do sector crítico. Un erro humano Pola súa banda, a empresa encargada de prestar o servizo electrónico explicou que a incidencia se debeu a un erro humano do equipo de Scytl na configuración do servizo que permitía aos usuarios o acceso á plataforma de votación e, como provedor de tecnoloxía externo a Ciudadanos, "asume integramente" o fallo. "Scytl lamenta profundamente os incidentes ocasionados durante a xornada de onte e hoxe e descúlpase ante a afiliación e a dirección do partido polo erro ocorrido, así como polos prexuízos ocasionados á súa imaxe e calquera outro dano causado", remarcou a empresa.
NOS_10364
A capital do Baixo Miño entrará esta fin de semana no circuíto de pistas oficiais desta modalidade de surf naútico. O compostelán Alvaro Montes parte como favorito en figuras de esquí
O río Miño, ao seu paso por Tui, estrearase hoxe como centro neurálxico do wakesurf, o deporte náutico de arrastre máis antigo que existe. Será grazas ao Campionato Ibérico e co Trofeo Xunta da Galiza en xogo, organizado para esta ocasión polo Dumies de Ourense, o Club Marítimo de Vigo e a Federación Galega de Esquí Náutico (FGEN). O wakesurf xa forma parte de maneira oficial da Semana Abanca e sumará por primeira vez a Pista do Miño de Tui, co seu Centro Interfederado, ao grupo estatal de pistas oficiais de competición como son a de Entrepeñas (Guadalaxara), Gimenells (Lleida) Pinto (Madrid). Benidorm (Alacante), Zaragoza, Castelldefels (Barcelona), Cubelles (Tarragona) ou Castelldefels (Barcelona). O Surf sopra 35 candeas en Valdoviño A organización anunciou, a través duun comunicado que durante a xornada realizaranse cinco categorías: Rookies, Open, Mulleres, Boys e Open skim style. As mangas comezarán ao fío das dez da mañá e a previsión é que rematen cara as sete da tarde. Deportistas de calidade En total unha vintena de deportistas de moita calidade participarán nas diferentes probas. Entre os que comezan estará o campión de España de figuras de esquí náutico, o compostelán Alvaro Montes, que representará a Dummies de Ourense e é o gran favorito. En Open Antonio Castelo Lourido, Alejandro Iglesias e Alfonso Rey foron os que conformaron o podio do último Ibérico de Wakesurf. Na categoría de mulleres contan para a vitoria a viguesa Miña Guzman, a pontevedresa do Náutico de Arcade Martina Senra así como a ourensá Alejandra Alonso (prata no Ibérico 2020) e a viguesa Aitana Vidal (bronce). O mellor surf do mundo regresa á Galiza da man do Pantín Classic Na división de Boys, destaca Luís Wizner, membro dunha familia de grandes deportistas náuticos que conta entre os seus membros con Laureano Wizner, un dos mellores patróns da vela española dos últimos anos, e con dous irmáns con grandes esperanzas a curto prazo para a vela olímpica. Probas náuticas até novembro As competición náuticas da Semana Abanca 2022 continuarán en outubro coa Copa Ibérica de QFoil e Fórmula Windsurf en Vigo. En novembro haberá competicións de cruceiros no municipio de Cabanas; de remo tradicional e ergómetro na ría de Pontevedra; e finalmente en novembro, na Coruña, terá lugar a Regata Isabel Zendal para tripulacións femininas e o Cidade da Coruña de optimist.
NOS_36258
A maré pola independencia non se detén. Alén do que digan os inquéritos, as rúas son do movimento independentista. Hoxe, máis de 20.000 persoas marcharon en Edimburgo para patentizar que queren unha Escocia libre no mundo.
Se xulgamos polas cifras de participación neste rally pola independencia (#indyRally en twitter), hoxe a causa independentista é o duplo de forte que hai un ano. En 2012, Edimburgo acolleu unha marcha con 10.000 persoas. Hoxe, no mínimo manifestáronese 20.000. Mesmo algunhas voces especialmente entusiastas falaron de 30 mil. A un ano da celebración do referendo -axendado para o 18 de Setembro de 2014- o movimento nacionalista escocés vive en estado de euforia. Con independencia de gañar ou non dentro dun ano, a interpretación que fan as e os independentistas é que o principal trunfo, a conquista do direito a votar, xa está conseguido. "O estado de euforia aquí é total e absoluto. Isto é unha auténtica pasada", declara Pilar Fernández, colaboradora de Sermos Galiza, presente no Rally A maré humana, após facer un percorrido que deu comezo en High Street, findou por confluír en Calton Hill, un outeiro de Edimburgo que no seu día foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. "O estado de euforia aquí é total e absoluto. Isto é unha auténtica pasada", declarou Pilar Fernández, colaboradora de Sermos Galiza, que presenciou o rally ao vivo. "Hai moita presenza internacionalista, bandeiras de moitas nacións sen Estado, entre elas, por suposto, bandeiras da Patria [galegas coa estrela vermella]", dixo. En Calton Hill tomou a palabra, como principal estrela do acto, o líder do Scottish National Party e primeiro ministro escocés, Alex Salmond. "O referendo", dixo, "é unha oportunidade única para conseguir unha cousa que ningunha xeración previa de escoceses puido facer, algo que está ao alcance de moi poucos países"- Por que hai que estar por unha Escocia independente? A esta pergunta respondeu Salmond nestes termos: porque a maioría da populación escocesa quer ter o poder para decidir "sobre os recursos naturais, o Estado do benestar ou as pensións". "Este pode, o poder da xente, só se pode conquistar votando si", defendeu. E en que se basea a campaña do NON? Para Salmond, os unionistas alicerzan o seu discurso no que deu en chamar "o sistema de Westminster", algo que "non representa nin a opinión escocesa nin as arelas de Escocia". Falou ainda Blair Jenkins, o portavoz da campaña Yes Scotland. Dixo que cando as cidadás e os cidadáns se deteñan a "examinar os feitos" findarán por votar a prol da independencia. "Pensionistas, pais, estudantes, homes de negocios, mulleres, xente de toda a sociedade hanse de decatar de que un voto polo "si" ten sentido para nós como nación e como individuos", afirmou.
NOS_49573
O ensaio político de referencia do nacionalismo do século XX fai 75 anos. E é que o 10 de marzo de 1944 saía do prelo en Bos Aires Sempre en Galiza, de Castelao.
Corría o 10 de marzo de 1944 cando vía a luz en Bos Aires Sempre en Galiza, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra de referencia do nacionalismo do século XX. Un guieiro que chegou a Galiza de maneira clandestina como un tratado de patriotismo galego. A obra compréndese de artigos, ensaios, conferencias e discursos, alén de material escrito especificamente para o libro. O limiar, baixo a denominación Adro, inclúe os artigos que Castelao escribira desde Badaxoz para A Nosa Terra en 1935. A primeira parte correspóndese cos escritos publicados en Nueva Galicia, o xornal que os exiliados galegos publicaban en Madrid. A segunda parte escribiuna en Nova York e durante a viaxe que o levou a Bos Aires en 1940. A terceira e cuarta parte –cuxo primeiro capítulo inclúe o comezo do discurso "Alba de Groria"– foi tecida en Bos Aires entre 1942 e 1943. A respeito do contido, Castelao realiza un achegamento á historia do país, propostas para a reconstrución do Estado español en que se conciba Galiza como nación, unha defensa apaixonada da lingua galega e aclaracións conceptuais sobre termos como Estado, autodeterminación ou nación. "Unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. "Galiza é unha nación e, por conseguinte, ten dereito a federarse con outros povos iguais a ela; e non recoñecerlle o dereito de autodeterminación -inclusive para viver con absoluta independencia- será sempre un acto tiránico e antiliberal", escribiu o intelectual. Sermos Galiza dedícalle o A FONDO Setenta e cinco anos após saír do prelo, Sempre en Galiza mantén a vixencia e a actualidade nos postulados recollidos, dada a dependencia que segue a sufrir Galiza. Sermos Galiza revisita esta peza teórica fundamental do nacionalismo galego na súa próxima edición en papel. O semanario número 338, que chega a quinta feira, día 14 aos quiosques, dedicará o suplemento A FONDO a esta obra de Castelao para conmemorar os seus 75 anos.
NOS_11819
O Celta acaparou todos os focos na fin de semana futbolística galega logo de apañar un triunfo vital para a loita pola permanencia. Na Segunda, o Lugo asinou un empate co Málaga, e na categoría de bronce o Deportivo levou o derbi galego ante o Rácing, nunha xornada na que o Coruxo, por fin, gañou o seu primeiro partido do campionato.
Moito choveu en Vigo desde que o 19 de setembro o Celta derrotase o Valencia na casa por 2-1. Pero, como a Lei da Gravidade, hai unha cousa que permanece inmutábel: o nivel de Iago Aspas. O de Moaña vestiuse de crack para guiar os celestes á súa primeira vitoria (3-1) en case tres meses, nun recital de xogo no que xa se pode albiscar unha nova dinámica que racha por completo coa etapa de Óscar García. Porque con Chacho Coudet á fronte o obxectivo non é outro que a portaría contraria. Co mesmo once que predicimos o sábado en Nós Diario sobre o terreo de xogo, o maior obstáculo que atopou a escuadra viguesa non foi o sólido Granada de Diego Martínez -fillo pródigo da cidade olívica que volvía á casa por un día-, senón a alarmante falta de efectividade de Nolito e Santi Mina de cara á portaría, ademais dunha ausencia de solidez defensiva na que Coudet deberá incidir nos adestramentos se quere solventala nas seguintes semanas. O Chacho mostrouse "moi satisfeito" co rendemento dos seus pupilos despois do partido, e apuntou que nin sequera se lle pasaba pola cabeza a idea de non facerse cos tres puntos. O Lugo empata Concluída a triunfal xeira de resultados que o levou directamente do pozo do descenso até os postos de play-off, o Lugo tenta volver agora a unha nova normalidade na que empates como o conseguido fóra da casa ante o Málaga (2-2) son todo un éxito de cara á consecución do obxectivo da permanencia, a pesar de que os de Nafti ben puideron levar a vitoria após ir 0-2 no marcador até o minuto 70. O Coruxo rexorde A noticia da xornada na Segunda División B foi a primeira vitoria do Coruxo, 2-1 ante o Guixuelo. Os de Vigo xa mereceran gañar noutros partidos, pero esta vez a sorte estivo da súa parte. Tamén gañou o Celta B, 0-3 en Salamanca, e un pouco máis ao norte, en Compostela, o equipo local empatou 2-2 ante o líder Pontevedra, nun choque no que os do Lérez foron peores. A consecuencia directa dese resultado, sumado á vitoria conseguida ante o Rácing de Ferrol (1-0) é que o Deportivo é novo líder en solitario da categoría, a pesar de que unha vez máis o estilo defensivo de Fernando Vázquez provocou críticas entre un sector da afección branquiazul.
NOS_23475
'A enfermeira escolar: un debate inaprazábel' é o título dunha sesión de traballo que organiza esta terza feira, 29 de setembro, o Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña en Compostela.
O Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña organiza unha xornada de traballo arredor da figura da enfermeira escolar. Unha profesional da saúde que a Covid-19 volveu poñer no punto de mira e cuxa ausencia da maioría dos centros educativos motivou a creación dunha plataforma estatal que reivindica "un modelo de consenso entre Sanidade e Educación", que facilite a súa presencia dentro da comunidade escolar. Promoción da saúde 'A enfermeira escolar: un debate inaprazábel' é o título da sesión na que vai participar Ángeles Sánchez, presidenta da Asociación Galega de Enfermaría e Saúde Escolar e enfermeira do colexio Santa María do Mar da Coruña. "Cheguei no ano 97 e desde entón atendo o labor asistencial, de accidentes, programa agudos ou enfermidades crónicas; mais o piar fundamental da enfermaría escolar é a promoción da saúde e a prevención da enfermidade", explica en declaracións a Nós Diario, mediante a adquisición de hábitos saudábeis e a prevención de condutas nocivas. Un traballo que desenvolve en coordinación co equipo directivo e o persoal docente e a colaboración dos servizos de Atención Primaria e de medicina especialidade da área sanitaria. "Cada ano formamos o profesorado e o alumado, en ocasións, coa axuda do 061, de Urxencias do CHUAC, ou a unidade de Trauma do hospital infantil". Non é eficiente crear una rede de enfermeiras escolares independente, desvinculada da Atención Primaria. Sánchez defende que a enfermeira escolar é unha necesidade en todos os colexios. "Non só pola pandemia que vivimos agora, senón porque hai nenos e nenas con patoloxías crónicas que requiren un control minucioso". Ademais, incide, "estamos sempre formando o alumando. Agora, coa pandemia o traballo é máis intenso. Levamos meses elaborando os protocolos que se están aplicando, para os que se precisan coñecementos sanitarios, co fin de levalos a cabo da mellor maneira posíbel". Sánchez é autoridade sanitaria en materia de Covid-19 no seu centro a canda o equipo directivo, unha función que a Plataforma Estatal da Enfermeira Escolar reclama para este perfil en todos os centros. Neste sentido, xa trasladou á Fiscalía de Menores a situación "de grave risco" que sofre o alumnado nos centros educativos debido ao desinterese das distintas Administracións públicas de dotar as aulas cunha especialista. Na Galiza, non superan a ducia, asegura Sánchez, en centros privados-concertados e de atención á diversidade. Saúde escolar integrada Desde a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria defenden que non é eficiente crear una rede de enfermeiras escolares independente, desvinculada da Atención Primaria, polo que insisten en reforzar o servizo para "gañar capacidade e asumir o programa de saúde escolar", como facían no inicios dos anos 90. "A educación para a saúde no ámbito escolar non ten que recaer só en persoal sanitario. O profesorado é un axente de saúde moi importante", por iso avogan por participar en entes colexiados, multidisciplinares, coñecedores da realidade social e escolar, capaces de traballar de forma coordinada "no marco dunha estratexia global de saúde pública, válida para atallar a Covid-19 mais tamén outros desafíos urxentes como pode ser a obesidade infantil, con 45% de prevalencia na Galiza", afirma o presidente Álvaro Carrera.