ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_40034
O Foro Económico de Galicia sinala un cambio de patrón no crecemento da economía galega a prol do consumo interno.
As exportacións volveron caer no terceiro trimestre do ano e a condicionar o crecemento da economía galega, da que tira agora a demanda interna. Segundo os datos do último Informe de Conxuntura Socioeconómica presentado esta quinta feira polo Foro Económico de Galiza, son xa seis os trimestres nos que decrecen de forma consecutiva as exportacións. Desta vez o impacto negativo no PIB é de 1,2 puntos, unha décima máis que no trimestre anterior. Con todo, o importe total das exportacións ascende a 5.549,4 millóns de euros, o que representa o 32,1% do PIB galego, porcentaxe inferior ao obxectivo de 40% fixado para7 2020. O coordinador do informe, Fernando González Laxe, debullou os síntomas de "debilitación" da economía galega, que por primeira vez após 14 trimestres consecutivos ten unha taxa de crecemento interanual por baixo da española (1,7% fronte 2%). Neste senso, alerta de que a economía galega crece, pero retrocédese a niveis de "fai cinco anos". Cambio de patrón Laxe Identifica un "cambio de patrón" que considera "moi significativo" na Galiza ao basearse na demanda interna, pois a contribución das vendas ao exterior, especialmente no sector da automoción, están en caída desde 2018. De feito, as exportacións seguen a ter en Francia e Portugal os seus principais mercados, pero non son quen de ampliar a rede de vendas. A este respecto, observa unha moderación no investimento empresarial no terceiro trimestre, cun menor peso da aposta en Galicia no investimento en I+D+i. E é que demanda políticas que fomenten a atracción para un maior dinamismo empresarial. Con todo, o ex presidente da Xunta reflexiona sobre que 2020 será ano de eleccións autonómicas, polo que espera un maior investimento público.
NOS_47710
Prevese que as medidas inclúan tamén o impulso de instalacións fotovoltaicas para autoconsumo en edificios, que poderían contar con subvencións.
Comezan a coñecerse as primeiras medidas que o Goberno español aprobará esta segunda feira no Consello de Ministros e Ministras. O Executivo estatal instará a empresas, oficinas, negocios, centros comerciais e transportes a controlar as condicións de temperatura para fomentar o aforro enerxético. O Goberno español aprobará un plan de medidas "urxentes" para impulsar o aforro enerxético O obxectivo é que no verán os aires acondicionados de locais, estabelecementos e transportes non estean por debaixo dos 27 graos centígrados, mentres que no inverno os sistemas de calefacción non deberían superar os 19 graos, segundo informaron a Europa Press fontes coñecedoras das medidas. Este primeiro paquete de medidas estará dirixido ao sector privado, pero non terá carácter coercitivo, e prevese que os fogares queden á marxe nunha primeira instancia. As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise O Goberno estatal tamén apelará a racionalizar os horarios de aceso e apagado das instalacións de climatización, ventilación, auga quente sanitaria, iluminación e equipamento ofimático dos edificios de oficinas, así como o resto dos equipos consumidores de enerxía. Outras medidas Prevese que as medidas inclúan tamén o impulso de instalacións fotovoltaicas para autoconsumo en edificios, que poderían contar con subvencións. Novas axudas para impulsar a enerxía fotovoltaica Cabe sinalar que esta sexta feira, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) adaptou unha serie de iniciativas que simplifican os trámites para contratar o autoconsumo eléctrico no Estado español, co obxectivo de impulsar a entrada de enerxías renovábeis, a descarbonización da economía e a competencia no mercado retallista. En concreto, o regulador simplificou os trámites administrativos relacionados coa contratación, facturación e reclamacións do autoconsumo de baixa potencia e colectivo. Colectivos sociais advirten que a nova normativa estatal sobre renovábeis mingua a participación pública Con vistas á racionalización do uso dos edificios, recomendaranse medidas que manteñan un nivel óptimo de ocupación dos inmóbeis.
NOS_53605
O novo traballo de Gal Costa busca actualizar o seu son rodeándose de novos colaboradores.
Con Caetano Veloso pasou unha cousa que pasa moito: mitificouse un de tantos artistas que elevaron, nun momento determinado, un estilo musical até o seu cume. Que non se me malinterprete: é comprensíbel. Ao fin e ao cabo, poucos artistas poderían sacar en catro anos discos tan bos coma os seus tres homónimos e Transa. Pero, e tras Caetano, que había? Nenhuma Dor /Gal Costa / Biscoito Fino / 2021 / Dez pezas / 8.99 euros O tropicalismo foi un movemento contracultural que non semellaba ter límites. Poesía e psicodelia navegaban xuntos nun país no que o réxime militar tiña moitas voces que calar. Non tanto por unha cuestión de letras directas e políticas, senón porque eran capaces de imaxinar unha realidade tan abstracta como libre. E así, ese Caetano, así coma os Gilberto Gil, as María Bethânia, os Tom Zé, Os Mutantes, ou, por suposto, as Gal Costa, eran os peores inimigos que a tiranía podería desexar. Pasou o tempo, e así se diluíu o movemento. Pero os artistas continuaron, sendo Gal Costa unha delas. Aquela á que acompañou Caetano nunha inesquecible "Baby" nunca apagou a súa voz. E é que a día de hoxe, Nenhuma Dor convértese no seu cuadraxésimo primeiro álbum. De feito, desta vez, "Baby" volve ser protagonista. Igual que con tantas outras que forman o álbum, Gal Dacosta volve ao seu pasado para escribir o seu presente. Nenhuma Dor non busca crear, senón actualizar o seu son. Para isto, rodéase de colaboracións. Tanto, que un artista foi invitado para cada tema. Lonxe de ser algo negativo, a pregunta a facerse sería que quen é o máis ilusionado, se Gal Costa por poder contar con tantos artistas para o seu novo traballo ou se os artistas por ter a honra de colaborar con Gal Costa? Os invitados son todos máis novos que ela, podendo destacar nomes como Jorge Drexler, Rodrigo Amarante ou Zeca Veloso. Con todo, a súa presenza é residual. O seu labor non é, nunca, ter máis protagonismo que Gal Costa. Acompañan, ás veces case en silencio, as historias da artista brasileira. Pero, en todo momento, deixan reflectida a súa versión nas cancións de Gal Costa. A visión deses artistas novos, cun son non renovábel, senón actual, axuda a que cada tema colla un corpo diferente. Mais non tanto como para que, de a ter escoitado antes, sintamos algo distinto. Respéctase o material orixinal, pero créase a partir deles un sentimento novo. Trátase dun traballo que non era necesario, mais é ben recibido. Unha mostra de que os anos, na música, non pesan tanto. Que, aínda co paso do tempo, as ganas de crear non cesan. Un álbum sen ningún tipo de pretensión, pero que ao mesmo tempo consegue máis do que podiamos pensar. En Nenhuma Dor, Gal Costa continúa a súa lenda.
PRAZA_6596
Dende esta semana están á venda entradas diarias para os 18 concertos que se celebrarán na praza da Quintana. Ademais, pódese adquirir un bono para ver tamén os espectáculos que acollerán o Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia ou a Sala Capitol.
Womex vén de facer público o seu programa oficial, ao tempo que pon á venda as entradas de día (por 20 euros) para os 18 concertos que se celebrarán na Praza da Quintana nas noites do xoves 23, venres 24 e sábado 25 de outubro. Ademais, aínda se pode obter un bono de 55 euros para ver os demais espectáculos, ademais dos da Quintana, no Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia ou a Sala Capitol. En total, actuarán máis de 300 artistas, entre eles os galegos Uxía e Davide Salvado, ademais do zanfonista residente en Galicia Germán Díaz. Da escena peninsular haberá concertos tan interesantes coma o de Raúl Rodríguez, fillo de Martirio, o grupo folc mediterráneo Zoobazar, o vasco Korrontzi, o catalán Calima, ou os portugueses Custódio Castelo, Batida (Angola/Portugal), Lula Pena e DJ Marfox. Xoves 23 Auditorio Abanca 21:30 - 22:15 Cesária Évora Orchestra (Cabo Verde) 23:00 - 23:45 El Gusto Orchestra (Alxeria/Francia) 00:30 - 01:15 Ed Motta (Brasil) Praza da Quintana 21:00 - 21:45 Raúl Rodríguez - Razón de Son (España) 21:45 - 22:30 Otava Yo (Rusia) 23:15 - 00:00 Spiro (Reino Unido) 22:30 - 23:15 Guayo Cedeño & Coco Bar (Honduras) 00:00 - 00:45 Ajinai (China) 00:45 - 01:30 Mayito Rivera & The Sons of Cuba (Cuba) Atlantic Connections | Teatro Principal 21:00 - 21:45 Custódio Castelo (Portugal) 22:30 - 23:15 Germán Díaz (Galicia) 00:00 - 00:45 La Chiva Gantiva (Colombia/Bélxica) offWOMEX | Salón Teatro 21:45 - 22:30 Lleuwen (Gales) 23:15 - 00:00 Volosi (Polonia) 00:45 - 01:30 Rura (Escocia) Venres 24 Auditorio Abanca 21:30 - 22:15 Noreum Machi (Corea do Sur) 23:00 - 23:45 Oum (Marruecos/Francia) 00:30 - 01:15 Maru Tarang (India/Australia) Praza da Quintana 21:00 - 21:45 Sekouba Bambino (Guinea-Conakry/ Francia) 21:45 - 22:30 Džambo Aguševi Orchestra (Macedonia) 22:30 - 23:15 Baloji (República Democrática do Congo / Bélxica) 23:15 - 00:00 Ethiocolor (Etiopía) 00:00 - 00:45 Kuenta i Tambu (Curação/Países Baixos) 00:45 - 01:30 Batida (Angola/Portugal) Atlantic Connections | Teatro Principal 21:00 - 21:45 Korrontzi (País Vasco) 22:30 - 23:15 Uxía (Galicia) 00:00 - 00:45 Zoobazar (España) offWOMEX | Salón Teatro 21:45 - 22:30 Paulo Flores (Angola) 23:15 - 00:00 Geng Wak Long (Malaisia) 00:45 - 01:30 Abavuki (Sudáfrica) DJ Summit | Sala Capitol 01:00 - 02:30 Isa GT (Colombia/Reino Unido) 02:30 - 03:30 Rebel Up! Soundclash (Bélxica/Países Baixos) Sábado 25 Auditorio Abanca 21:30 - 22:15 Kareyce Fotso (Camerún) 23:00 - 23:45 Lula Pena (Portugal) 00:30 - 01:15 SöNDöRGő (Hungría) Praza da Quintana 21:00 - 21:45 Orkesta Mendoza (EUA) 21:45 - 22:30 Troker (México) 22:30 - 23:15 Davide Salvado (Galicia) 23:15 - 00:00 Tribu Baharu (Colombia) 00:00 - 00:45 Ester Rada (Israel) 00:45 - 01:30 Bostich + Fussible from Nortec Collective (México) Atlantic Connections | Teatro Principal 21:00 - 21:45 Calima (Cataluña) 22:30 - 23:15 Sertanília (Brasil) 00:00 - 00:45 La Yegros (Arxentina) offWOMEX: Nordic Club | Salón Teatro 21:45 - 22:30 Dreamers' Circus (Suecia/Dinamarca) 23:15 - 00:00 Gjermund Larsen Trio (Noruega) 00:45 - 01:30 Tarabband (Irak/Exipto/ Francia/ Suecia) DJ Summit | Sala Capitol 01:00 - 02:30 Greg de Villanova (Francia) 02:30 - 03:30 Den Sorte Skole (Dinamarca) 03:30 - 04:30 DJ Marfox (Portugal) Consulta aquí o programa completo
NOS_55376
A taxa de positividade baixa a 8,6% e os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 67, deles 10 seguen en UCI
Os novos contaxios de Covid-19 repuntan en Galiza até os 766, a maior cifra desde o inicio deste verán, 24 máis que a xornada pasada, mentres que a taxa de positividade descendeu lixeiramente a un 8,6%. Os casos activos aumentan a 6.298 e os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 67, catro máis, dos cales dez permanecen en UCI. Segundo os datos publicados este mércores pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, recollidos por Europa Press, mantéñense 10 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 e soben a 57 as que se atopan noutras unidades de hospitalización -catro máis-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en cinco da sete: Vigo, Ourense, A Coruña e Cee, Santiago e Barbanza e Pontevedra e Ou Salnes; mentres que se alivia nas de Lugo e Ferrol. En canto aos casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente durante 21 días consecutivos e sitúanse en 6.298, que implican 614 máis que a xornada pasada, ao haber de novo máis contaxios (766) que altas (152). Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente durante 21 días consecutivos Ao comparar estes datos cos de hai unha semana, supoñen 3.381 máis que o pasado 7 de xullo cando había 2.917 infeccións activas na Galiza. Deste modo, mantéñense en niveis de finais de febreiro deste ano. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete de novo, en maior medida na de Ourense (+151), seguida da de Pontevedra e O Salnés (+134), Vigo (+119), Santiago e Barbanza (+94), A Coruña e Cee (+59), Lugo (+43) e Ferrol (+14). En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galiza por segunda xornada consecutiva superan os 700 e alcanzan os 766, que implican 24 máis que os 742 da xornada anterior tras arrincar esta semana con 630. Así, seguen por riba do medio milleiro desde o 9 de xullo e mantéñense por riba dos 200 desde o 1 de xullo e do cento desde o 24 de xuño. En toda Galiza foron confirmados 780 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 51 máis que a xornada pasada, dos cales 164 corresponden á área de Vigo; 163, á de Ourense; 153, á de Pontevedra e O Salnés; 111, á da Coruña e Cee; 106, á de Santiago e Barbanza; 59, á de Lugo; e 24, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das PCR na Comunidade galega descendeu a un 8,6% tras dispararse a un 13,2% a xornada anterior despois de empezar a semana nun 8%. Así, continúa por riba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, até a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro. Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 no conxunto de Galicia desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.439, ao non notificar Sanidade esta terza feira ningún novo óbito por sexto día consecutivo.
PRAZA_17154
O ex-ministro de Aznar, voceiro parlamentario de Rajoy na oposición, foi detido nunha operación contra o branqueamento de capitais. "Introduciuse un compoñente ideolóxico: agora sabemos que é necesario saber galego para apagar lumes", ironizaba tras a vaga de incendios de 2006, que sinalou como "consecuencia" de que Zapatero fixera do Estado "un mero residuo"
No verán de 2006 Galicia sufriu a súa peor crise de incendios en dúas décadas, cunhas 77.000 hectáreas de monte ardido en apenas dúas semanas de agosto que dispararon o balance anual ata preto das 100.000. Apenas dous días despois da fin da vaga incendiaria, o 17 de agosto, o PP propiciaba no Congreso dos Deputados a xuntanza da Deputación Permanente para solicitar diversas comparecencias do Goberno do PSOE sobre o acontecido. O encargado de solicitalas foi Eduardo Zaplana, ex-ministro de José María Aznar, ex-presidente da Comunitat Valenciana e, na altura, responsable xunto a Ángel Acebes do núcleo duro da oposición que dirixía Mariano Rajoy. Zaplana vén de regresar á actualidade pola súa detención nunha operación contra o branqueamento de capitais, entroutros delitos, na que se manexan cifras millonarias de presuntas comisións ilegais; e con el volve tamén ao primeiro plano a súa traxectoria política. Na súa esixencia de responsabilidades políticas corenta e oito horas despois da fin da vaga de lume Zaplana observaba xa como "evidente" a principal causa dos incendios, a "letal" combinación "entre gobernos autonómicos socialistas e o Goberno do señor Rodríguez Zapatero". "O que ocorreu en Galicia", proclamara o dirixente conservador no Congreso tras os milleiros de hectáreas ardidas e catro persoas mortas, non era máis ca "unha proxección máis da España do señor Zapatero". Tratábase, dixo describir, dunha "España invertebrada e fragmentada" que "é incapaz de coordinarse nos momentos críticos". O ex-ministro de Aznar, voceiro parlamentario de Rajoy na oposición, foi detido nunha operación contra o branqueamento de capitais Porque para o ex-ministro detido este martes o desastre ambiental provocado polo lume estaba tamén directamente vinculado co autogoberno autonómico. "Débense sinalar" os incendios como parte das "consecuencias para os cidadáns" do "debate sobre as competencias que nos meteron a todos os españois o señor Zapatero e os seus socios nacionalistas". Aínda que naqueles anos Galicia non asumira ningunha competencia forestal adicional ás que xa manexaba durante a etapa de Manuel Fraga, Zaplana advertía que a "parcelación de España" promovida ao seu xuízo pola Xunta e o Goberno central fixera "do Estado un mero residuo" e "tiña, entre outras, estas consecuencias". "Mentres a Zapatero lle preocupa a memoria histórica, os estatutos, as linguas...", agregara, "o resultado é que os bosques se queiman máis ca nunca". "Introduciuse un compoñente ideolóxico: agora sabemos que é necesario saber galego para apagar lumes", ironizara Zaplana, que vía na vaga de incendios unha "consecuencia" de que Zapatero fixera do Estado "un mero residuo" Antes de mofarse do daquela presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, por "declarar como verdadeiro culpable" dos incendios "á ordenación do territorio", Eduardo Zaplana tamén atopara lugar na súa asignación de responsabilidades para a lingua galega. Na liña do publicado por algúns xornais editados en Madrid naquelas semanas, o voceiro do PP dixo "saber" que "se primaras intereses partidistas na contratación dos servizos de extinción de incendios". "E non só iso -agregara- senón que se introduciu un compoñente ideolóxico nesta actividade: agora sabemos que é necesario saber galego para apagar lumes", sinalara en ton sarcástico. As cifras "dos satélites da NASA" Zaplana tamén utilizara aquela controvertida intervención parlamentaria para acusar o Goberno galego de difundir datos de hectáreas ardidas moi por baixo do que segundo os conservadores era a realidade. Nun contexto no que a Consellería do Medio Rural difundía partes diarios sobre a situación de todos os focos, o deputado do PP tiña claro que a Xunta "ocultaba" datos e vía as cifras achegadas por Touriño e o conselleiro Alfredo Suárez Canal como "escandalosamente" baixas. Zaplana recollera o informe dunha web de mapas divulgado por Feijóo días antes para asegurar que arderan "máis de 180.000 hectareas", cando realmente foran 77.000 Esta afirmación sustentábase nas "achegadas utilizando datos dos satélites da NASA, que se sitúan en máis de 180.000 hectáreas", dixera. A fonte desa información era en realidade un informe que publicara un sitio web de mapas -a desaparecida mapasnet.com- a partir de fotografías da axencia espacial americana, documento que o naquela altura novo líder do PP en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, divulgara entre a prensa catro días antes da intervención de Zaplana. Non obstante, na véspera do debate no Congreso Medio Rural concluíra as medicións oficiais e ofrecera a cifra de 77.000 hectáreas, que ficou ratificada despois nos balances definitivos tanto da Xunta como do Goberno central na súa estatística de incendios forestais, dependente do Ministerio de Medio Ambiente. Neste contexto Zaplana aproveitara tamén para rir da "tese da trama" que algúns ministros do Goberno de España dixeran non desbotar como posible explicación aos incendios de Galicia -o actual gabinete de Rajoy manexouna como posibilidade a respecto dos incendios de 2017, os máis destrutivos dende 2006- e caricaturizar a creación da Unidade Militar de Emerxencias que daquela ultimaba Zapatero, un "novo corpo" que "máis se parece a un corpo de militares-axentes ao servizo directo do señor Zapatero, unha especie de garda republicana propia doutros réximes non parlamentarios", proclamara.
NOS_53130
Votaron un total de 1.012 persoas. 960, 94,8 por cento, fixérono a prol de Galiza ter unha tarifa eléctrica propia.
O debate sobre a xestión da enerxía eléctrica que produce Galiza foi o argumento do inquérito da pasada semana no espazo de participación do Sermos. A enquisa tiña como orixe a discusión tida sobre o asunto polo deputado do PSdeG Abel Losada e o economista da USC Adrián Dios, confronto dialéctico que viu a luz no número 250 do semanario. Na sondaxe votaron 1.012 persoas, 480 delas -unha esmagadora maioría, 94,8 por cento- pronunciáronse a prol de Galiza ter unha tarifa eléctrica propia. 11 (2,1 por cento) dixeron non ter unha opinión formada ao respeito, en tanto que 16 (1,5 por cento) apoiaron manter unha tarifa eléctrica única para todo o Estado. 14 persoas, 1,3 por cento, votaron pola opción de que só se bonificasen na Galiza determinados segmentos do consumo eléctrico.
NOS_35657
O recurso presentado pola aseguradora do Sergas contra a sentenza que o condena a pagar 273.139,82 euros logo de derivar un aborto a Madrid que rematou con graves danos á paciente segue a espertar reaccións. A Plataforma polo Dereito ao Aborto pon a súa ollada na Xunta de Galiza, "quen ten a competencia de parar isto non ten a máis mínima intención de facelo".
A Plataforma polo Dereito ao Aborto lamenta que a Xunta de Galiza non presionara á compañía aseguradora Zurich para disuadila de presentar un recurso contra a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo que lle impón ao Sergas unha indemnización de 273.139,82 euros polos graves danos a unha paciente que derivou a Madrid a abortar após reiterados atrasos no diagnóstico do seu feto inviábel. Marga Corral, activista da plataforma, explica, en declaracións a Sermos Galiza, que "quen ten a responsabilidade de iniciar accións non di nada e só fai declaracións como as que pode facer calquera veciño ou veciña. Vimos a Feijóo amosando a súa solidariedade polo caso de Paula (nome ficticio da muller afectada) pero despois segue sen modificar o protocolo e sen garantir que as mulleres galegas poidan abortar na sanidade pública galega". A activista sinala que o recurso da aseguradora, que "só atende os termos económicos", representa "unha nova pedra no camiño dunha muller á que se lle puxeron impedimentos e decenas de trámites burocráticos". "Agora que ten unha sentenza que recoñece as neglixencias do Sergas, atópase con que a aseguradora ratea parte dunha indemnización imposta por un xuíz polos danos que tivo que sufrir". "Quen ten a competencia para poder parar isto non ten a máis mínima intención de facelo" A Plataforma polo Dereito ao Aborto, que vén de integrarse na Coruña no seo da Marcha Mundial das Mulleres, critica que "quen ten a competencia para poder parar isto [a derivación das interrupcións voluntarias dos embarazos a Madrid e os abortos sen asistencia médica en hospitais públicos galegos] non ten a máis mínima intención de facelo". "Parécenos moi impactante que a pesar do que supuxo a sentenza de Paula, sigamos co mesmo protocolo. É indignante ver que cunha sentenza tan dura, o Sergas manteña as mesmas liñas de actuación", engade Marga Corral". As activistas preparan novas accións para que as autoridades "respecten os nosos dereitos" e para "esixírmoslles responsabilidades" polos danos cometidos. Aliás, a Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña e a coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña reuníronse a pasada sexta feira, 11 de novembro, para faceren seguimento da causa aberta pola Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña a respeito dos abortos sen asistencia sanitaria. O obxectivo da plataforma pasa por que a Fiscalía abra unha causa penal.
QUEPASA_222
O Festival ten que aprazar, polo tempo, os concertos desta fin de semana no Forum Carballo
Ademais das citas no Parador, no Fórum Carballo, e Portocubelo, Lira, a Costa da Morte albergará unha nova sesión do Festival Orballo Cultural. Seguindo a boa experiencia do ano pasado no Buño deMostra, a organización do Orballo volve a Malpica. E faino con 7 eventos ao longo de todo o mes de xullo, en localizacións como o Ecomuseo do Forno do Forte. Abrirán o mes os carballeses Apart, acompañados pola música do noso picadiscos de cabeceira Dj Set Maikel. Tamén pasarán pola capital oleira os Fabulous Resaca Brothers con Garbayo; Fer BR, Barbara Lago, Bluckr e Zars B; as costeiras Caamaño & Ameixetas con Sara, a camariñá Belem Tajes con Su Garrido Pombo; Caldo e Akazie ou Johny B Zero e Wavy Gravies. As entradas estarán dispoñibles a partir das 17:00 en www.orballocultural.gal. Aprazamento Despois de que a pasada fin de semana tivese que finalizar precipitadamente a actuación de Baiuca nas Torres de Altamira e despois de moito pensalo, toan a decisión de adiar os concertos do Forum desta fin de semana. Porque despois dun ano no que tanto temos sufrido, merecedes gozar ao máximo de todos estes eventos que estamos a organizar. Por iso, considerando a posibilidade de chuvia nesta fin de semana en Carballo, non queremos que se repita o mesmo que nas Torres de Altamira, onde a tormenta detivo un acto cheo de maxia. Deste xeito, as actuacións de Tanxugueiras e Sheila, e de Sés e Rusinha quedan adiadas ata o mes de agosto, nunhas datas que confirmaremos moi pronto.Hai que destacar que esta decisión non afecta aos eventos programados para o 26/7 e o 27/7, tamén no Fórum de Carballo.
PRAZA_2860
Yolanda Díaz advirte no seu mitin de Santiago de que as organizacións que forman a coalición apostan tamén por gañar a Xunta. Beiras e Noriega apelan ao proceso das mareas como mostra do cambio político.
O albo veuse formulando dende hai semanas e acentuouse nos derradeiros días da campaña do 20-D. Este mércores, cando menos por dúas veces. En Marea citouse nun teatro santiagués para o seu acto central na capital galega, un mitin obviamente centrado nas eleccións xerais do domingo pero con, cando menos, dous ingredientes máis: a reivindicación da experiencia de Compostela Aberta, agora gobernante no Concello, e a vista tamén posta noutro proceso electoral do que polo momento só se coñece o ano: as eleccións galegas de 2016. Se pola mañá, no acto da Coruña con Pablo Iglesias, os membros da plataforma que agrupa a Anova, Esquerda Unida e Podemos alentaron a "gañar" a Xunta, no mitin compostelán a apelación repetiuse. A número dous pola Coruña e actualmente deputada no Parlamento, Yolanda Díaz, bosquexou na súa intervención a "faciana" do país que compoñen "todas as persoas que tiveron que emigrar, 177.000 persoas sen protección social, no que uns fan beneficio con nós e outros, sofren". "As decisións tómanse nos mercados" e "iso non é decente", proclamou Díaz, e por iso "temos que reiventar a democracia". Trátase, ao seu xuízo, de que "gobernemos os máis e non eses que non se presentan ás eleccións e gobernan contra nós", caso por exemplo, do seu punto de vista, do PP no Estado pero tamén en Galicia. Neste sentido, a líder de EU diríxese directamente ao presidente da Xunta e líder do PPdeG: "Señor Feijóo, prepárese: o domingo imos a Madrid, pero nas seguintes eleccións imos por vostede", afirmou. Díaz: "Señor Feijóo, prepárese: o domingo imos a Madrid, pero nas seguintes eleccións imos por vostede" Da Xunta falou tamén no seu discurso Xosé Manuel Beiras, que vén acompañando os candidatos de En Marea en diversos actos. O líder de Anova procurou trazar a historia do proceso político do que nace En Marea, que para el non vén só do nacemento de AGE, senón que cómpre buscalo mesmo nos anos 90, cando el mesmo era portavoz naconal do BNG. "Non hai teorización nin tese que poida ir contra a realidade", di, en referencia ao que interpreta como crecemento desta opción política. "O motor do cambio non estaba nas forzas políticas -afirma- unhas domesticáranse, outras vendéranse, outras entrar na guerra de ti máis, preocupados por que non lles movesen os marcos das súas leiras". Mentres, "o motor estaba na cidadanía que se defendía a sia mesma" da "brigada de exterminio empoleirada en San Caetano". Noriega: "Acúsannos de roubar o Nadal, pero son eles os que llo rouban ás miles de persoas condenadas á pobreza" "Cada vez que atacan a En Marea -di Beiras-, cada vez que difaman, están a matar outra vez a Ánxel Casal, a Camilo Díaz Baliño, aos familiares das Marías; cando agreden o pobo galego están a refusilar a Bóveda e non o imos tolerar", proclamou. A cambio e ataques refírese tamén o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que apela á experiencia das mareas municipais como "mostra de que o cambio é posible". "Estamos aquí para cambiar as cousas", di Noriega, para "poñer as políticas das persoas por diante dos poderes económicos" aínda que mesmo "nos acusen de roubar o Nadal, cando a realidade é que son eles os que lles rouban o Nadal aos miles de mozos e mozas que teñen que emigrar porque non atopan traballo na sú aterra, aos miles de persoas condenadas á pobreza" ou a quen "non poden pagar a calefacción ou a luz".
PRAZA_1806
Os deputados Antón Sánchez e Juan Fajardo reuníronse con dúas integrantes do colectivo Salvemos A Fracha. Sinalan que a actuación forma parte "dun sistema de saqueo ás arcas públicas"
O proxecto de construción da autovía A-57 en Pontevedra forma parte, segundo Alternativa Galega de Esquerda (AGE), "dun sistema de saqueo ás arcas públicas, que xa amosou as súas consecuencias con esta crise e que agora pretenden repetir". Así o expuxo o deputado Antón Sánchez nunha comparecencia de prensa esta mañá no Parlamento, xunto ao tamén deputado Juan Fajardo e ás integrantes do colectivo Salvemos A Fracha, Cruz Villaverde e Blanca Barcia. "O plan inicial da autovía é da época de Cascos, das vacas gordas, como presunta alternativa gratuíta á AP-9", relatou Villaverde, "e daquela a maioría da xente xa pensaba que o mellor era quitar a peaxe da propia AP-9". O reactivado proxecto de construción de 64 quilómetros de autovía, orzamentado en máis de mil millóns de euros, é regresar "ao malgasto de cartos de todas as contribuíntes, cando se podería retirar a peaxe da AP-9", sinalou. A maiores, engadiu, "Fomento adxudicou a obra a San José, que presentou un proxecto por 24 millóns de euros menos do calculado pola Administración". A activista de Salvemos A Fracha tamén denunciou "a falsa propaganda que a Administración está a realizar da obra" ao cualificala de "circunvalación de Pontevedra". "É unha falsa circunvalación que os e as pontevedresas deberán ir coller a sete quilómetros da cidade e que nin sequera comunica as parroquias polas que pasa", explicou. Explicou, ademais, que o proxecto se realizouse sen ter en conta o impacto ambiental do mesmo, que segundo a plataforma será "enorme". Porque, de ir adiante a obra, haberá "recheos e noiros que non respectan a orografía da zona e que cegan numerosos puntos de auga". "O estudo de impacto ambiental localiza nove puntos de auga. Nós contamos máis de 50 entre regatos, fontes ou mina", afirmou Villaverde. "Todo o proceso foi escurantista. Intentamos reunirnos co Ministerio de Fomento e non obtivemos resposta, malia que a propia ministra, Ana Pastor, pasa moito tempo en Pontevedra. Do Concello de Pontevedra só nos responderon a través dos medios de comunicación para negarnos unha xuntanza", dixo Villaverde, antes de concluír: "Non queremos cambios no plan da autovía. Esa estrada non é necesaria. Xa temos a AP-9. Que lle retiren a peaxe". Alternativa Galega de Esquerda, pola súa banda, comprometeuse coas activistas de Salvemos A Fracha a seguir combatendo na Cámara este, en palabras de Fajardo e Sánchez, "sistema de saqueo das arcas públicas".
PRAZA_19367
A directora de arte recibirá o premio de honra Fernando Rey en recoñecemento á súa traxectoria, na que foi responsable dos decorados de Pratos Combinados, Rías Baixas, ou A Casa de 1906. O programa deportivo da TVG, con máis de 30 anos de traxectoria, recibirá o José Sellier
Historia viva da televisión en Galicia. A directora de arte Marta Villar e o programa deportivo da TVG En Xogo, con máis de 30 anos de traxectoria, serán premiados na gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o 4 de marzo no Palexco da Coruña e que será presentada pola actriz Iolanda Muíños. A AGA subliña a relevancia que ten entregarlle un premio de honra á unha profesional técnica xa que "son moi poucas as ocasión nas que estes galardóns recaen no persoal técnico e menos aínda en mulleres" Marta Villar recibirá o premio de honra Fernando Rey por decisión da Academia Galega do Audiovisual (AGA), que con este galardón quere "recoñecer os moitos anos de traballo e a impecable traxectoria dunha compañeira que aínda que esté ‑e neste caso máis que nunca‑ detrás do decorado, forma parte sustancial do noso audiovisual". A AGA subliña a relevancia que ten entregarlle un premio de honra á unha profesional técnica xa que "son moi poucas as ocasión nas que estes galardóns recaen no persoal técnico e menos aínda en mulleres". Villar, natural de Vigo, formouse como deseñadora de interiores na Escola de Arte Mestre Mateo a principios dos anos 80. O seu primeiro traballo profesional no mundo do audiovisual foi no cine da man de Chano Piñeiro para quen, en 1986, fixo os decorado da curtametraxe Esperanza. Dous anos despois, no 88, realizou o seu primeiro traballo para televisión, o decorado do programa Vivir Aquí, da TVG. E en 1994 creou por primeira vez os decorados dunha serie, Pratos Combinados. Para TVG ten deseñado os platós de series como Rías Baixas, Fíos, Os Atlánticos, Avenida América ou A Casa de 1906 e de programas actualmente en parrilla como A Revista ou Zig Zag. No ámbito do cine foi directora de arte de películas como Heroína, Agallas, Los muertos van deprisa, A Praia dos afogados ou recentemente Migas de Pan. De igual xeito, a AGA decidiu este ano conceder o premio especial José Sellier, dedicado a recoñecer iniciativas salientables no sector audiovisual, ao programa deportivo de TVG En Xogo. Con este galardón a Academia quere poñer en valor "o traballo levado a cabo durante máis de 30 anos por este programa a prol da normalización da língua e de apoio ao deporte, no só aos maioritarios, senón principalmente ao deporte de base, aos femininos e a aqueles que adoitan ter escasa repercusión nos medios". A AGA quere tamén recoñecer o feito de que En Xogo ten sido ao longo destas tres décadas "unha grande escola de profesionais pola que pasaron moito e moi bos profesionais do audiovisual galego". A AGA destaca que En Xogo "é sen dubida unha das mellores canles para potenciar o uso do noso idioma entre os mais novos e normalizando o uso do galego" O primeiro presentador do programa foi Ovidio González pero por aí pasaron boa parte da redacción de Deportes de TVG, con nomes como Manuel Pampín, Jorge Mariñas, Sergio Delpont, Terio Carrera, Alfonso Hermida, Óscar Benito ou Gustavo Varela. A AGA destaca que "é sen dubida unha das mellores canles para potenciar o uso do noso idioma entre os mais novos e normalizando o uso do galego". Contou ademais cunha boa representación feminina o longo destes mais de 30 anos de emisión, xa que por el pasaron Ana Carragal, Araceli Gonda, Carme Otero, Leticia Piñeiro, Loreto Costa, Irene Lourido, Bibiana Cabo ou Patricia Rodríguez Yuste.
NOS_41736
O goberno local de Barcelona mantén unha posición de ambigüidade calculada sobre se participará ou non no referendo do 1-0. Esta sexta feira, o tenente de alcalde Gerardo Pisarello -quen a título persoal anunciou esta semana que votaria SI na consulta- alegou que o concello non tomará unha decisión até saber que pensa facer o Govern para garantir que o referendo se faga con garantías de que non danará nen a institución nen as e os funcionarios.
60 por cento dos concellos de Catalunya -máis de 500- xa teñen comunicado á Generalitat a súa disponibilidade para ceder locais de votación o 1-0. Non é un aceno menor, sendo que a Fiscalía Xeral do Estado anunciou que daría instrucións aos gobernos locais cataláns con vistas a non prestaren nengunha caste de apoio ao referendo. Do contrario poderán incorrer en delitos de desobediencia e prevaricación, perseguíbeis penalmente. Mais loxicamente todos os ollos están postos en Barcelona, a maior cidade de Catalunya, dirixida por unha formación política, Barcelona en Comú, que aínda non ten formalmente tomada unha decisión colectiva sobre o sentido de voto a emitir no referendo. Esta sexta feira, a axenda política vespertina tiña unha cita ineludíbel. O pronunciamento do concello de Barcelona. ElNacional.Cat anunciou que o goberno local daría a coñecer a súa posición por volta das 18.30. Pois haberá que continuar a agardar. Barcelona non esclarece que fará finalmente e remítese ao Govern. Segundo explicou aos meios Gerardo Pisarello, o concello quer saber que medidas vai adoptar a Generalitat para que unha eventual participación de Barcelona no referendo se poda facer "sen pór en risco a institución e os funcionarios". Ao receber en primeira instancia o requerimento de cesión de locais públicos por parte da Generalitat, o goberno local de Barcelona -informou Pisarello- deu orde ao secretario municipal de que comprobase a disponibilidade de espazos utilizábeis como colexios eleitorais. Mais iso foi antes de o TC ter suspendido cautelarmente a convocatoria. Con ese dado novo cima da mesa, Barcelona en Comú non garante a súa participación no referendo, gaña tempo e coloca a presión sobre o Govern.
PRAZA_18857
A lista 'Coidando a casa' logra 1.596 votos e 'Entre todas' obtivo 1.098 apoios, segundo o escrutinio provisional das eleccións internas desenvolvidas dende o día 22. A candidatura do sector crítico reclama unha "auditoría independente" do reconto antes da proclamación definitiva do resultado
A candidatura Coidando a casa foi a máis votada nas eleccións internas de En Marea. Segundo os resultados provisionais divulgados este 24 de decembro, a lista encabezada polo actual voceiro orgánico e parlamentario da formación, Luís Villares, logrou o 59,24% dos votos. Mentres Entre todas, liderada por David Bruzos, obtivo o restante 40,76% dos sufraxios e xa reclamou unha "auditoría independente" do escrutinio.A candidatura 'Coidando a casa' logrou 1.596 votos e 'Entre todas' obtivo 1.098 apoios nas eleccións internas desenvolvidas dende o día 22O vindeiro mércores, día 26, será definitivo o resultado da votación desenvolvida dende o pasado día 22, na que participaron 2.694 persoas das arredor de 4.500 inscritas con dereito a voto. Para a lista de Villares foron un total de 1.596 votos, mentres que a candidatura que aglutinou o que veu sendo sector crítico da formación nos últimos tempos, apoiada por Podemos, Esquerda Unida e boa parte de Anova, así como por algunhas das principais mareas municipais, quedou con 1.098 apoios.Unha vez proclamados definitivamente os resultados o día 26, o seguinte paso é a constitución do novo Consello das Mareas, o día 29Unha vez proclamados definitivamente os resultados, trámite previsto para o día 26, o seguinte paso do turbulento proceso interno de En Marea é a constitución do novo Consello das Mareas, o órgano de dirección ordinaria do partido instrumental. Esa primeira xuntanza do Consello, prevista para o día 29, debera bosquexar tamén a composición da futura coordinadora e despexar os primeiros interrogantes sobre o encaixe ou non do sector crítico tras os resultados da votación.A priori, cabe agardar que estes resultados permitan a Villares continuar como voceiro de En Marea tamén no Parlamento. Neste sentido, outra das incógnitas tras os resultados é o papel que xogarán no grupo parlamentario da formación os membros abertamente integrados no sector crítico. A fractura que marcou o período final de AGE na lexislatura pasada paira dende hai meses sobre o grupo de En Marea.Marcadas polos enfrontamentos previosEstas eleccións internas de En Marea estiveron marcadas polos enfrontamentos internos e os reproches cruzados de ambos sectores. Alén das discrepancias sobre a liña política, institucional e organizativa de En Marea, a tensión foi aínda maior dende o día 30 de novembro, cando a coordinadora advertiu da suspensión do proceso tras detectar, denunciou, accesos "irregulares" ao censo das votacións.Entre todas reclama "unha auditoría independente" dos resultados "antes da proclamación definitiva"Tras máis de dúas semanas de acusacións de fraude e condutas contrarias á normativa interna, a pasada semana a dirección de En Marea anunciaba que xa existían "garantías" para as votacións. Aínda que con receos, o sector crítico decidiu participar -coa discrepancia de EU-, mentres que a candidatura de Villares, agora gañadora segundo o escrutinio deste 24 decembro, considerou que a limpeza do proceso ficaba, agora, si, plenamente "garantida".Villares: "A nosa tarefa segue sendo conseguir un cambio e nese traballo para transformar Galicia non sobra ninguén"Neste sentido, pouco despois de transcender os resultados provisionais a candidatura Entre todas fixo público un comunicado no que "esixe unha auditoría independente" antes da proclamación definitiva porque "o reconto se fixo sen presenza dos interventores" desta candidatura "e as votacións non están auditadas". "Os resultados que acabamos de coñecer polos medios de comunicación indican que non poderemos recuperar a dirección política de En Marea para as políticas de unidade popular", afirma a candidatura de Bruzos, que atribúe á coordinadora unha "xestión escurantista" do proceso.Na súa primeira reacción pública tras a proclamación dos resultados provisionais por parte do comité electoral, Villares subliñou que a "tarefa" de En Marea "segue sendo conseguir un cambio para as galegas e galegos". "Nese traballo para transformar Galicia non sobra ninguén", agregou a través das redes sociais.
NOS_12305
Galiza rexistrou en 2020 un total de 46 mortes de asalariados debido a accidentes de traballo, tres falecementos máis que no ano anterior, a pesar de que foi un exercicio marcado polo estalido da pandemia do coronavirus e o confinamento.
Entre asalariados, en total, os accidentes con baixa laboral caeron de 27.225 a 20.450, polo que o índice de incidencia tamén se reduciu, até 2.661,6 -próximo aos 2.668,4 da media-. Con todo, como consecuencia do aumento das mortes en accidente laboral, tamén se incrementou o índice de incidencia, até 5,99, case dous puntos e medio por encima da media (3,52). En canto aos traballadores por conta propia, os accidentes laborais con baixa reducíronse até 1.847 e os que resultaron en morte tamén caeron, até seis. Desta maneira, diminuíron os índices de incidencia, até 874,3 e 2,84. No seu conxunto, os accidentes laborais con baixa diminuíron na Galiza en 2020 até 22.297 e os falecementos descenderon a 52. Desta maneira, contraeuse o índice de incidencia dos accidentes con baixa, que é inferior ao da media, pero a de accidentes mortais, a pesar de baixar, é superior á do conxunto estatal. A cifra mantense estábel malia a Covid Comisións Obreiras (CCOO) alertou onte nun comunicado enviado aos medios de que, en global, a cifra de falecementos por accidentes laborais mantense "estábel" na Galiza a pesar da diminución da actividade causada pola pandemia da Covid. O sindicato lamentou que a diminución da actividade durante 2020 non implicase "unha redución significativa" dos accidentes laborais con resultado de falecemento. Así, explicou que, de acordo cos datos do Goberno estatal, os accidentes laborais mortais experimentaron un "pequeno" descenso do 3,7% ao pasar de 54 a 52 entre 2019 e 2020. Porén, explicou que o impacto da redución da actividade reflectiuse nos accidentes de traballo leves e graves, de maneira que os primeiros diminuíron un 24,49% ao reducirse en 7.231, após pasar de representar 29.528 a 22.297. Mentres, os graves caeron un 20,17% ao decrecer en 95 após pasar de sumar 471 a 376. CCOO advirte dun "problema de fondo" A este respecto, o secretario de Saúde Laboral de CCOO, Roi Fernández, advertiu dun "problema de fondo" que causa que os accidentes de traballo mortais non se reduzan da mesma maneira que os demais a pesar da menor actividade en 2020. De feito, destacou que, en comparación co ano anterior, os traballadores galegos tiveron máis posibilidades de padecer un accidente con resultado de morte en 2020. En concreto, en 2019 produciuse un sinistro mortal por cada 546 accidentes de traballo, mentres que en 2020 representou un de cada 428. "Isto debe facernos reflexionar", sinalou Fernández, quen insistiu en que os datos mostran que a sinistralidade mortal "está moi arraigada" e é necesario adoptar "medidas urxentes" para erradicala dos centros de traballo.
NOS_43870
Bruxelas ve "realista e factíbel" que estea a punto en xuño
O pleno do Parlamento europeo quer que os test PCR que se realicen aos viaxeiros e viaxeiras para poder desprazarse dentro da Unión Europea co certificado Covid sexan probas "gratuítas" para evitar a discriminación entre os europeos que poderán viaxar por recibir sen custo a vacina contra o coronavirus. É unha das liñas vermellas fixadas polos eurodeputados e eurodeputadas para a negociación que a Eurocámara iniciará agora cos 27 e a Comisión Europea co obxectivo de que o novo certificado estea a punto antes de que acabe xuño, de modo que sirva de impulso ao sector turístico na tempada de verán. O mandato de negociación, que se votou na cuarta feira aínda que o resultado coñeceuse esta quinta, saíu adiante cunha ampla maioría de 540 votos a favor, 119 en contra e 31 abstencións. O texto pide tamén mudar o nome para que sexa máis descritivo (Certificado UE Covid-19) e corrixa a errónea impresión de que ten relación con cuestións ambientais como ocorre co nome proposto de saída (Certificado Verde Dixital). O Executivo comunitario está convencido de que é "realista e factíbel" lograr o acordo a tempo e que o seu desenvolvemento técnico estea tamén a punto para xuño, dixo un portavoz comunitario tras o voto da Eurocámara. Sobre o prezo dos test, o portavoz lembrou que non é un asunto que Bruxelas leve na súa proposta inicial porque o prezo dos medicamentos é un asunto que recae exclusivamente nas competencias dos Estados membro. Os eurodeputados coinciden con Bruxelas e o Consello en que debe ser un documento gratuíto para todos, que se poderá expedir en formato físico ou dixital, e que en ningún caso deberá ser entendido como un "pasaporte" que abra fronteiras, senón como un documento con información médica para adaptar ao viaxeiro as restricións por pandemia. O certificado servirá ao seu titular para certificar se foi vacinado -con que vacina e cando-, se está inmunizado porque superou xa a enfermidade ou, como terceira opción, se conta cun test diagnóstico negativo realizado nas 72 horas previas á viaxe. Por iso, os eurodeputados advirten na súa posición de negociación que cren que os test vinculados ao certificado deben ser "universais, accesíbeis e gratuítos" para todos os europeos, para evitar que as persoas que non foron vacinadas sufran unha discriminación de tipo económico. En canto ás vacinas recoñecidas polo certificado, os eurodeputados piden que só sexan expedidos a pacientes que fosen inoculados con vacinas autorizadas pola Axencia Europea do Medicamento ( EMA), aínda que deixa a porta aberta a que cada país decida se recoñece outros certificados emitidos por Estados membro para vacinas recollidas na lista da Organización Mundial da Saúde.
NOS_54535
Unha iniciativa anima a encher as redes sociais con esta planta tan emblemática (dedaleira, estalote, tastalás...) para escorrentar o mal da represión e solidarizarse cos presos independentistas. Entre os que se animaron a participar, Beiras, Otegi ou Anna Gabriel #bilitroquescontraarepressom
Estalote, bilitroque, estralote, dedaleira, abeloura, croques, sanxuás... Estes son só algúns dos múltiples nomes cos que en Galiza se denomina esta planta (Digitalis purpurea), tan común no noso país. Até o de agora, da estoupona ou tastalás (outros dos nomes que recibe) coñecíanse as súas propiedades ornamentais, medicinais (contén unha substancia alcaloide, a dixitalina), así como o seu arraigo popular: na tradición galega, empregábase para protexer a casa contra meigallos e maleficios, colocándoa en portas e xanelas. Pois a todas estas propiedades, agora súmaselle unha máis, e non menos importante que as citadas: a antirepresiva e solidaria. Así o procura Carlos Calvo Varela, independentista que leva desde 2012 preso en diferentes cadeas españolas e que suxeriu facer da semana previa ao San Xoán unha semana de "Sam Joám Anti-Repressivo e pola Liberdade d@s Pres@s Polític@s e Independentistas Galeg@s", segundo o chamado de amigos que figura nas redes sociais. De que se trata?. Explícase no mencionado texto."Como fazê-lo? Mui singelo. Saca unha foto pessoal ou de grupo com com um bilitroque ou vários, como melhor queiras, à vez que deixas umha mensagem de petiçom de liberdade ou do que considerares relacionado coa causa e envia a foto e a mensagem por mail [email protected] ou polo facebook à página @bilitroquescontraarepressom ou sube-a ti directamente às tuas redes sociais incluindo a etiqueta #bilitroquescontraarepressom". Nas redes sociais xa rulan imaxes de persoas que decidiron sumarse a esta iniciativa, entre elas Xosé Manuel Beiras, Anna Gabriel (CUP) ou Arnaldo Otegi, líder da esquerda abertzale e ex-preso.
NOS_41264
Os hospitais de Pontevedra e Lugo non contan con camas suficientes nas Unidades de Coidados Intensivos, segundo o Sindicato de Enfermaría. O Estado exixía dispor de entre 1,5 e 2 camas UCI por cada 10.000 habitantes para avanzar no desconfinamento e frear a pandemia, unha capacidade que Galiza debe garantir.
O Sindicato de Enfermaría, Satse, asegura que Lugo e Pontevedra non contan con camas suficientes nas Unidades de Coidados Intensivos nos seus centros hospitalarios de acordo cos criterios estabelecidos polo Goberno do Estado para afrontar o proceso de desconfinamento e as indicacións realizadas agora no decreto lei de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para enfrontar a crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Satse lembra que, entre outros criterios, o Executivo estatal determinou que, para poder avanzar no desconfinamento, sería preciso dispor de entre 1,5 e 2 camas nas Unidades de Coidados Intensivos por cada 10.000 habitantes, ou, polo menos, ter acceso ou capacidade para poder instalar as necesarias no prazo de cinco días. Reforzo de cara a posóbeis rebrotes O decreto lei publicado esta semana no Boletín Oficial do Estado (BOE) estabelece que as comunidades autónomas deben contar con esa mesma disposición, capacidade para habilitar os recursos necesarios para responder a incrementos rápidos de casos, de acordo coas necesidades observadas durante a fase epidémica da enfermidade. Así, segundo os resultados do estudo realizado polo Sindicato de Enfermaría no conxunto do Estado, un total de 36 cidades, ademais de Ceuta, non dispoñen de camas UCI suficientes, entre elas dúas galegas: Lugo e Pontevedra, polo que a organización insiste "na necesidade de aumentar o número de camas nestas unidades hospitalarias nas que se proporciona unha asistencia intensiva integral as 24 horas do día a pacientes críticos ou con un alto risco de presentar complicacións". E urxe os Gobernos territoriais a reforzar canto antes este servizo ante a posibilidade de que se produzan rebrotes nos próximos meses. "Non se poden volver producir as situacións de caos, saturación e desbordamento sufridas ao inicio da crise por non contar de maneira estrutural con camas suficientes", advirten desde Satse, que tamén aproveita o chamamento para incidir na falta de persoal de enfermaría que presta os seus servizos na UCI. Escaseza de enfermeiras Ademais de camas, nas UCI botan en falta enfermeiros e enfermeiras para coidar das doentes de maneira que "non se superen, en ningún caso, os dous pacientes por cada profesional". Segundo o sindicato, é frecuente que se supere esta cifra en moitos centros sanitarios nos que non se cumpren as cotas de pacientes estabelecidas. No caso concreto das Unidades de Coidados Intensivos, apuntan, unha mesma profesional pode chegar a atender até catro doentes, o que dificulta a atención e pon en risco a seguridade e a saúde da persoa ingresada. Durante a crise, na Galiza chegou a dispor de 274 camas UCI, 114 máis das que contaba antes da pandemia. Con todo, non chega ao mínimo de 1,5 camas UCI por cada 10.000 habitantes. Esa esixencia marca un mínimo de 405 postos. Un millar de camas menos nunha década Segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Compostela, integrante do movemento SOS Sanidade Pública que aglutina, tamén, todos os partidos da oposición mais as organizacións sindicais, desde 2019, "a Consellaría de Sanidade diminuíu o número de traballadoras en 1.325 persoas e o número de camas en 970". A finais de 2019, segundo datos facilitados a Nós Diario por CCOO Sanidade, o Servizo Galego de Saúde contaba con 7.524 camas destinadas á sanidade pública, o que supón, de media, unhas 3,4 por cada mil habitantes. As camas dispoñíbeis nas UCI sumaban 163, ás que neste tempo engadiron os postos habituais nas Unidades de Reanimación, incorporados como espazos de illamento grazas á súa dotación tecnolóxica e de persoal
NOS_873
A convocatoria do Premio de Poesía do Concello de Carral estará aberto até o día 3 de abril de 2020.
O Concello de Carral vén de convocar unha nova edición do Premio de Poesía, dotado con 2.500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior. O certame de 2020 fai a edición número 23 deste galardón, un concurso de referencia no ámbito da poesía galega. O prazo para apresentación de exemplares estará aberto até o día 3 de abril. Poderán participar obras de autoras e autores maiores de idade, con poemarios formados por un mínimo de 500 versos escritos en lingua galega. A entrega do premio terá lugar 29 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas do Concello de Carral, acto no que tamén se exporá o libro gañador da anterior convocatoria, Cantar de Cortegada, de Xurxo Alonso.
NOS_34617
Abril comezou con polémica artística, a referida á autoría duns cadros atribuídos a Maruxa Mallo e a Luís Seoane que hai un ano se expuñan en Lalín avalados pola Consellaría de Cultura da Xunta. O rebumbio estoupaba esta semana e o mundo da cultura e da política exixen ás autoridades que despexen as dúbidas.
Creacións máxicas de medidas exactas. Maruxa Mallo e Luís Seoane en Bos Aires. 1936-1965 foi o título co que, desde o 10 de xaneiro até o 13 de marzo de 2020, o Museo Ramón María Aller de Lalín repasaba o período destes dous artistas no seu exilio na Arxentina logo do golpe de Estado franquista. Un total de 43 obras, 25 de Seoane e 18 de Mallo, que agora ven cuestionada a súa autenticidade. O xornal dixital eldiario.es destapaba nos últimos días a presentación, diante da Real Academia Galega de Belas Artes, que preside o pintor Manuel Quintana Martelo, dunha carta na que se denunciaba que a autoría de 14 deses óleos e tres debuxos non lle correspondía a Maruxa Mallo. Os asinantes da misiva eran o crítico de arte Juan Pérez de Ayala, o galerista Guillermo de Osma e mais o sobriño da pintora, Antonio Gómez Conde, responsábeis, a petición da familia da artista, do catálogo razoado co que se quere listar toda a obra de Mallo. Unha polémica que xa saltara, mais en relación con Luís Seoane, en 2020 cando a propia Fundación negara a autoría dalgunhas obras como tamén o facía, nunha entrevista con Nós Diario, a especialista en museoloxía Rosa Espiñeiro, que denunciaba as "sospeitas da mostra de Lalín". Aínda así, consultada por este xornal, a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, declinou facer declaracións por "respecto ao procedemento" das súas actuacións ante o padroado. Naquela altura Guillermo de Osma defendía a tese de que Maruxa Mallo só elaborara arredor dun cento de óleos, afirmación que desmentían tres expertos galegos no tema: Xosé Ramón Barreiro, Pilar Corredoira e Beatriz López Morán. Nesta primeira polémica escúdase hoxe Antón Castro, comisario da exposición Creacións máxicas de medidas exactas, que acusa a De Osma de sementar as dúbidas polos seus propios intereses. A este respecto, o historiador Carlos Nuevo, autor de Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, non pasa por alto "que sexa unha soa persoa a que defenda a autenticidade" fronte a tantas outras que a cuestionan. Entre elas, el mesmo, que en conversa con Nós Diario explica que "Maruxa Mallo mantivo sempre álxidas as diversas etapas da súa pintura, e aínda que nunca renunciou ás fases previas, tampouco se repetiu". Nuevo conta nos seus estudos sobre a artista que "era moi coidadosa, gardaba todos os seus recortes de prensa, ordenados con data de publicación... Despois de todo iso e de meterme en profundidade na vida e obra de Maruxa Mallo non me encaixan estas obras entre as súas". "Era moi rigorosa no tratamento artístico, estudaba profundamente esta obra é máis descoidada e non está nos apuntamentos, sería unha involución", di dos lenzos cuestionados. Carlos Nuevo non pasa por alto tampouco que, especialmente nos últimos tempos, a obra de Maruxa Mallo, igual que a de Seoane, está disparada en termos económicos e por iso apunta tamén a necesidade de que a Xunta da Galiza cree un "comité técnico formado por especialistas que coñezan amplamente a artista", e constatar a procedencia o percorrido de cada obra. O padroado da Fundación Luis Seoane reúnese de modo urxente Na xornada de hoxe lévase a cabo a xuntanza extraordinaria do padroado da Fundación Luis Seoane co obxectivo de analizar a situación creada polas "dúbidas da autoría dalgunhas obras de Seoane" expostas na mostra realizada en Lalín o pasado ano. A este respecto, o Goberno local, que preside o padroado da Fundación a través da súa alcaldesa, Inés Rey, desvinculábase desa mostra en declaracións a Europa Press, posto que nin o concello nin a Fundación eran os organizadores. A este respecto, Marea Atlántica exixiu ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que si avalou dita exposición, e a Rey "unha resposta conxunta e contundente" en relación ás dúbidas sobre a autoría dos cadros. Ademais, reclama "un estudo cualificado e exhaustivo das pezas postas en dúbida".
NOS_31882
O escritor Salman Rushdie, atacado na sexta feira por un mozo durante unha conferencia no noroeste do Estado de Nova York, sobrevive con respiración asistida, explicou o seu axente, Andrew Wylie.
Nunha mensaxe ao diario The New York Times, Wylie puxo de manifesto que "non hai boas noticias, Salman perderá probabelmente un ollo e ten cortados os nervios dun brazo, e o fígado tamén foi apuñalado e está danado". Explicou que sobrevive con respiración asistida. Pouco antes destas declaracións, a Policía do Estado de Nova York revelou que o escritor fora ingresado no Hospital Eire, en Pensilvania, onde Rushdie "seguía no quirófano" seis horas despois do ataque, o que dá idea da gravidade do seu estado. O agresor, que foi detido, é un mozo de 24 anos, Hadi Matar, e residente en Nova Jersey. Polo momento, aínda non revelou os motivos do seu ataque, que se produciu ás 11 da mañá (hora local) cando Rushdie ía a participar nunha conferencia sobre as cidades refuxio. Desde 1989 pendía sobre o escritor indio unha condena á morte, cando o aiatolá Jomeini do Irán pronunciou unha fatua para condenar a publicación do seu libro Versos Satánicos, considerado blasfemo polas súas críticas ao islam. O Goberno dos Estados Unidos cualificou de reprensíbel o ataque contra o escritor. "O país e o mundo foron testemuñas hoxe dun ataque reprensíbel contra o escritor Salman Rushdie. Este acto de violencia é horroroso. Todos nós na Administración Biden-Harris rezamos para que se recupere pronto", indicou nun comunicado o asesor de seguridade nacional da Casa Branca, Jake Sullivan. A agresión provocou unha vaga de solidariedade con Rushdie. A asociación de escritoras e escritores PEN Internacional, da cal o escritor indio fora presidente, publicou un comunicado en rexeitamento ao ataque e no que desexa unha pronta recuperación a Rushdie. "PEN International utterly condemns the brutal attack on Salman Rushdie. Salman is an esteemed and celebrated author and beloved member of the PEN community" - Burhan Sonmez, PEN International President. Read the statement: https://t.co/1NKsfJV99Z #SalmanRushdie pic.twitter.com/wMbvnPLBEf— PEN International (@pen_int) August 12, 2022
NOS_48043
En folga indefinida desde o 19 de agosto, exixen que a concesionaria da praza, Culinaria, renuncie a ela para que o ente público convoque un concurso e adxudique o servizo a outra empresa.
Traballador@s da cafetaría da CRTVG okuparon as instalacións do ente público en que o Consello de administración realizaba unha xuntanza --no edificio de San Marcos, en Compostela-- para reclamar a demisión de tres persoas despedidas pola adxudicataria da concesión, Culinaria, con sede en Silleda. Segundo a voandeira informativa que editaron, a empresa comprometeuse a restituíl@s nos seus postos se a dirección da televisión pública se comprometía a ampliar o horario de apertura da cafetaría. Após as pertinentes negociacións e conseguir que a TVG aceptase tal condición, agora Culinaria reclama garantías de que o volume de vendas se vai incrementar para devolver os empregos ao persoal despedido. En greve indefinida desde o 19 de agosto, a actividade na cafetaría está practicamente paralizada. Os e as traballadoras contan co apoio do cadro de persoal da televisión e da radio públicas no "boicot" a Culinaria. Exíxenlle que renuncie á concesión para que a CRTVG adxudique, mediante concurso público, o servizo a outra empresa. A garda civil disolve un protesto "da Galiza profunda" Culinaria fíxose coa concesión do estabelecemento hostaleiro o 1 de agosto e ese mesmo día xa lles prohibiu a entrada a tres empregad@s, que recibiron a carta de despedimento. Tal e como denunciou a CIG naquela altura, a empresa negouse a lles entregar a documentación necesaria para acceder ao subsidio por desemprego. O 29 de agosto, cando se facían dez días de folga e após varias mobilizacións en San Marcos, ducias de persoas realizaron unha concentración diante das instalacións de Culinaria, no polígono industrial de Silleda. Seis d@s manifestantes entraron no edificio para protagonizar un peche simbólico. O protesto foi disolto pola Guardia Civil após advertir o responsábel do corpo armado "que non ían permitir esas manifestacións da Galiza profunda", explicaron desde a central nacionalista. Segundo contaron, o axente levaba posto o tricorne.
NOS_26508
O pleno do Parlament dará comezo por volta das 12 horas, 90 minutos após concluír o prazo para rexistar as propostas de resolución. Todas as hipóteses están sobre a mesa. Ningún cenario é desbotábel. Mais a opción máis probábel é a de que o soberanismo dea finalmente luz verde á DUI. A iso aponta a demisión a última hora do conseller Santi Vila, partidario das eleccións anticipadas.
Basicamente hai dúas opcións. A primeira, a de que PP e PSOE pacten non aplicar o 155 se Puigdemont anticipa as eleccións. Aí o president podería voltar a mover a súa posición e chamar ás urnas. A segunda, a de que o soberanismo poña a directa e dea luz verde á DUI. Para iso tería de rexistar unha proposta de resolución en que se declarase a independencia ou se levantase a suspensión decretada sobre ela por Puigdemont no pleno do 10-O. Calquera especulación está condenada a ser refutada pola realidade. Todo pode pasar. Puigdemont pode voltar ao plano A ou pode manterse no plano B, ou pode acabar habendo un plano C. Esta quinta feira, Puigdemont pasou da póla das eleccións anticipadas á da comparecencia no Palau nun pinchacarneiro que tampouco se pode desbotar que tiña camiño de retorno. Mais en absoluto é descartábel que o soberanismo, moralmente rearmado após a marcha atrás do president, consiga desta volta vencer todas as presións e converter esta sexta feira 27 de outubro nun día para a historia, no día en que Catalunya proclama formalmente a súa independencia. Nese sentido, podería ser moi revelador o indicio da demisión de Santi Vila, conseller de Empresa e claro partidario de esquecer a DUI. A súa marcha -que se coñeceu a última hora, após a conclusión do debate no Parlament- mostraría que neste momento a opción pola independencia se abre paso de forma clara no núcleo de dirixentes que acompañan Puidgemont. En todo caso, nada debe ser dado por feito. O soberanismo emitiu dous tipos de sinais esta quinta feira: a ambigüidade calculada de Puigdemont e os apelos á República dos portavoces soberanistas no pleno do Parlament, posterior na súa realización ao discurso do chefe do executivo catalán. En todo momento deu a impresión de que o president non se quer fechar a porta a ningunha saída, como proba o facto de no seu discurso non ter mencionado a hipótese da independencia. Remitiuse exclusivamente á resposta que desde o Parlament se daría á activación do artigo da Constitución que liquidaría o autogoberno. Na cámara o unionismo (PP, PSC, Cs) actuou como un partido único, a demandar a rendición de Puigdemont, a súa comparecencia no Senado esta sexta feira e a convocatoria de eleccións no marco estatutario e constitucional. Catalunya sí que es Pot abalou entre o discurso de Lluís Rabell -moi crítico co bloco soberanista, aínda que desde a oposición ao 155- e a voz de Dante Fachín, que foi máis celebrada nas bancadas independentistas do que nas súas propias. O secretario xeral de Podem dixo que coa aplicación do 155 non desaparecerían de Catalunya 2 millóns de persoas, as que votaron no referendo do 1-O. Por súa parte, o bloco soberanista mostrou a súa determinación por alterar o statu quo e dar pé ao nacimento do Estado catalán: "Estamos dispostos a defender até as últimas consecuencias a República" (Benet Salellas, CUP) e "a unidade de España non pode estar nunca sobre a democracia e os direitos das persoas" (Lluís Corominas, JxSí).
NOS_52006
O poemario 'Da terra asoballada' (1917) de Ramón Cabanillas é froito do redencionismo do sindicato agrario Acción Gallega e do movemento cultural e político das Irmandades da Fala. Trátase dun libro social e político, o máis compacto de poesía civil da literatura galega. Nos versos agraristas chama os labregos a queimaren pazos e triparen na tumba dos caciques, mentres que nos da xeira irmandiña pretende educar e concienciar o pobo galego para achegalo ó nacionalismo. Os dous poemas máis populares son dous himnos de loita patriótica e revolucionaria, o agrarista "Acción Gallega" e o irmandiño "En pé!". En 1926 editouse a segunda edición, que case constitúe un libro novo, con só catro poemas da primeira.
Cabanillas e o agrarismo En El Cometa, xornal que Cabanillas fundou no seu Cambados natal en 1910, ano en que marchou a Cuba, adheriuse á causa redencionista e anticaciquil do sindicato agrario Acción Gallega, que ese ano creara Basilio Álvarez, quen prologaría na Habana o seu poemario No desterro (1913). Basilio dicía que se encontrara "al gran poeta que nos llevaron el día que enterraron a Curros", mais o libro ten poucos textos cívicos; e no poema "Curros!" admira o cantor da Virxe do Cristal, non o Curros rebelde. Na obra predomina un lirismo neorromántico rosaliano con mostras da estética modernista. En Vento mareiro (1915), publicado tamén na Habana, hai lirismo, costumismo, modernismo, saudosismo e versos de loita na sección "Da terra asoballada", co himno agrarista "Acción Gallega" (texto I da escolma anexa) e versos na liña de Curros: mallar nos caciques, queimar o pazo (símbolo do antigo réxime), promover a abolición dos foros e rebelarse contra a inxustiza. Nesa sección aparece "Galicia" (texto II), outro himno de loita patriótica e revolucionaria, onde propón romper con Castela por aldraxe a Galicia, atacar o opresor co "lume" e co "fouciño", manter a "espranza" da "Redención" e xurar "doente ou san, vivo ou morto / gallego... soio gallego!" (Rodríguez Fer 1988: 62). Da Terra asoballada, poemario de loita cívica En 1917 publicouse en Vilagarcía da Arousa Da terra asoballada (en adiante DTA) con cuberta de Castelao. O libro, co título da sección cívica de Vento mareiro, é froito do redencionismo agrario de Basilio Álvarez e do movemento cultural e político das Irmandades da Fala de Antón Vilar Ponte, creadas en 1916 como alternativa global á problemática social de Galicia. Alonso Montero considérao o libro máis compacto de poesía civil da literatura galega, sen "poema que non denuncie ou non combata unha miseria colectiva do vivir galego". É social e, á vez, político; fala de liberdade para Galicia e do papel que Castela xogou como causa das mágoas dos galegos (Cabanillas 1980: 7-8). Agás "A un cacique", que nunca máis publicou, os poemas cívicos de Vento mareiro (e algúns de No desterro) figuran en DTA, a carón doutros escritos á volta de Cuba (xuño 1915). O libro ábrese con "Camiño adiante", apoloxía do campesiño galego, que tamén abría No desterro, e féchase co tríptico "A Basilio Álvarez": un soneto de No desterro, onde proclamaba que chegara a hora do comezo da sega na "loita vingadora"; un soneto de Vento mareiro, onde lle pedía o sinal para comezar a batalla; e un texto novo onde considera que Basilio é o capitán necesario para a hora da batalla, polo que debe volver á terra e fuxir da retagarda madrileña (Rei 2009: 174). Cabanillas asume o papel de poeta cívico e pon a pluma ao servizo das ideas, sen case concesión á poesía intimista Segundo Millán (1996: 558), o paso do agrarismo de Acción Gallega ás Irmandades non lle afectou o estilo, pero revolucionoulle a temática. Asume o papel de poeta cívico e pon a pluma ó servizo das ideas, sen case concesión á poesía intimista: "fronte aos chamamentos enraibecidos aos labregos para queimaren pazos ou triparen por riba da tumba dos caciques, agora Cabanillas adopta unha actitude educadora, de concienciación paulatina do pobo para aproximalo ao nacionalismo". Isto explica a sección Santos da nosa Terra, con sonetos en louvanza de Rosalía (texto III), Pondal, Brañas e Murguía, e co poema "Curros!" de No desterro. E dá razón de poesías combativas e patrióticas con Castela/España de antagonista (e non a "vila podre"), como "Meu carriño!" (texto IV), dedicado a A. Villar Ponte, co sentimento nacionalista superposto ó agrarismo; e "¡En pé!" (texto V), himno nacional-revolucionario dedicado a Porteiro Garea, en que chama os galegos a recuperaren o orgullo nacional. Ademais, DTA contén textos melancólicos como "Desque a morte" ou "A rosa que sangra" (texto VI). En "Diante dunha cunca de viño espadeiro", segundo Pena (Cabanillas 1994: 38), exalta o sentimento da terra e homenaxea o chan e a paisaxe galega ó cantar un viño propio do Salnés. É o único poema alleo á estética civil, mais remata con dous versos de combate: Ou, espadeiro amante! Ou, roxo e quentesangre do corazón da nosa terra!Encende os corazós dos apoucados!Prende lume nas almas, viño celta! O esmorecemento da musa cívica A partir de 1917 a súa musa cívica murcha. No ano 1926 edítase a segunda edición de DTA, tamén con cuberta de Castelao, que case é un libro novo, con só catro poemas da primeira edición. Rescaldo da causa agrarista é "A aldea esquecida", paráfrase dun poema de N. A. Nekrásov, poeta ruso que avogara pola liberación dos servos; e "Sobredo", na honra dos mortos do enfrontamento (22-11-1922) nese lugar de Guillarei (Tui) entre a Garda Civil e labregos concentrados contra as rendas forais e o embargo ("nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!"). Contén poemas sociopolíticos como "Vía Crucis", dedicado a Castelao, onde Galicia é a anciá que sobe ó Calvario como un novo Xesucristo; "O Noso Señor Sant Iago", que o considera "Patrón da Terra nosa" e non o matamouros da "sanguiñosa xente das Españas"; "Irlanda", saúdo á loita independentista da "irmanciña adourada"; "Alén"... E textos non sociais como "A gran muralla", alegoría de ambientación chinesa; "A Calzada de Cambados", glosa dun lenzo de Lloréns; "A roseira da saudade" ou "Probiña da tola", incluído en No desterro. Recepción de 'DTA' Imprimíronse mil exemplares, que se venderon axiña. O libro comentouno case toda a prensa galega, en xeral con eloxios. Non se cuestionaba o talento literario do autor, senón a ideoloxía dos poemas e a virulencia de moitos versos (Rei 2009: 176). A Nosa Terra publicou (30-08-1917) unha recensión moi favorable, sen asinar, cualificando a obra de "xenial, admirabre", feita por "un dos mellores poetas, non soio d'España senon da Europa latina". Nese xornal, Peña Novo arremeteu contra o rexionalista Barcia Caballero, que nunha recensión moi aceda de DTA no xornal El Eco de Santiago acusaba Cabanillas de se contaminar "por la peste reinante", é dicir, polas reivindicacións patrióticas das Irmandades. Peña Novo reprochaba duramente a actitude de Barcia e definía o escritor cambadés como "o poeta máis grande nado en Galicia" (Ínsua 2016: 172-173).M. Casás dirixiu unha "epístola al poeta": non o insultaba, mais "ao igual que Barcia, non pretende facer unha louvanza ou unha análise do libro ao parecer tan conflituoso, senón advertilo, desde un punto de vista insidioso e cheo de cinismo, dos perigos de signo político que ha de evitar". Para Casás, "si ese es el nuevo regionalismo que ciertas gentes pregonan para Galicia, maldito mil veces sea" (Rei Romeu 1988: 72-74). A finais do 1917, A. Villar Ponte publicou n'A Nosa Terra o ensaio Ramón Cabanillas, poeta da raza, que o consagrou como "Poeta da Raza" e escritor "representativo" polo que agardara a literatura patria desde a morte de Rosalía, Lamas, Curros e Pondal. O ensaio foi definitivo para canonizalo literariamente (Ínsua 2016: 173-174). Cancións e traducións Na década de 1970, os Voces Ceibes Xerardo Moscoso e Miro Casabella cantaron "Acción Gallega"; Fuxan os Ventos, o poema agrarista "No escuro"; e Benxamín Rey fixo a curtametraxe A fouce esquecida. Décadas despois, Xoán Silva, os grupos de rock Xenreira e Nao, e o trío Gelría cantaron o himno do agrarismo. No 1976 Juan Pardo interpretou "En pé!" (e tamén "A Rosalía" e "Pobriña da tola"), ano en que prohibiron ó grupo Roi Xordo cantar ese poema musicado por Antón Seoane; e no 2015 Joaquín Pixán e Alejandro Zabala gravaron a música para voz e piano de "En pé!" de Rogelio Grova. A finais dos 70, Miro Casabella gravou "Meu carriño" (e no 2010 fíxoo A. González Vilela) e "A gran muralla". No ano 2016 Quintas Canella musicou "Alén". Os poemas "Acción Gallega", "Galicia" e "A rosa que sangra" editounos en ruso E. Zernova en 2007 e en italiano G. Álvarez Maneiro no ano 2018. "En pé!" e "Diante dunha cunca de viño espadeiro" publicounos parcialmente en xaponés T. Asaka en 2013 e enteiros en ruso Zernova, que tamén editou outros poemas agraristas de DTA; e Asaka traduciu "A Rosalía". Bibliografía citada —Cabanillas, R. (19802): Da Terra Asoballada. Edición, prólogo e notas de X. Alonso Montero. Madrid: Akal. —Cabanillas, R. (1994): Da Terra Asoballada. Edición de Xosé Ramón Pena. Vigo: Xerais.—Ínsua, E. X. (2016): A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). A Coruña: Baía.—Millán Otero, X. M. (1996): O anuncio dos novos tempos: Ramón Cabanillas. Vigo: AS-PG.—Rei, L. (2009): Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades. Vigo: Galaxia.—Rei Romeu, M. (1988): "A recepción crítica da obra de Cabanillas", en Ramón Cabanillas. Camiño adiante. Vigo: A Nosa Terra, A Nosa Cultura, 10, 66-78.—Rodríguez Fer, C. (1988): "Hinos de loita patriótica e revolucionária", en Ramón Cabanillas. Camiño adiante. Vigo: A Nosa Terra, A Nosa Cultura, 10, 58-64. Escolma de textos Reprodúcense os poemas da edición de Dobarro e Pena (Cabanillas 2009) [1] Irmáns! Irmáns gallegos!Dende Ortegal ó Miñoa folla do fouciñofagamos rebrilar! Que vexa a Vila podrecoveira de canalla,á Aldea que traballadisposta pra loitar. Antes de ser escravosirmáns, irmáns gallegos!que corra a sangre a regosdende a montana ó mar. Ergámonos sin medo!Que o lume da toxeiraenvolva na fogueirao pazo siñorial! Xa o fato de caciques,ladróns e herexes, fuxeó redentor empuxeda alma rexional. Antes de ser escravos,irmáns, irmáns gallegos!que corra a sangre a regosdende a montana ó val. (1913) [2]Galicia Galicia! Nai e Señora,sempre garimosa e forte;preto e lonxe; onte, agora,mañán... na vida e na morte! Galicia! A Galicia santade romeiros e xuglares!A de historia que abrilantaa Tradición nos fogares! (…) A facenda, o creto, a vida,o fogar... todo por ela!Con Castela, ben querida;aldraxada... sin Castela! Irmáns! Rubamos o cumedesatrancando o camiño,e botemos man do lumeonde non chegue o fouciño! Todo prá nosa Galicia,fror de tódalas virtudes;prá sedenta de xusticia,ferida de escravitudes! Namentras a sangre vibreen beizos e corazón...a espranza de vela libree este berro: Redención! Xuremos! "Dereito ou torto,sin máis alcuño ni achego,doente ou san, vivo ou morto,gallego... ¡soio gallego!" (1915) [3]A Rosalía de Castro Dúas nais me bican e me dan arrolo.Unha, a do tempo neno, a pomba aquelaque me acochou, mimosa, no seu coloco xeito homilde da virtú sinxela. Afundido no dor, frebente, tolo, chamaba á morte a berros ó perdela,cando ó ler os teus libros ou consolo!surdiche ti: contigo tornou Ela! Dende entón, si ferido dos penaresque ensanguentan a vida con que loito,pouso a ialma nas FOLLAS i os CANTARES. Rosalía! Ña Nai! miña Santiña…!Méntra-la Rula milagreira escoito,Sinto unha doce man que me acariña! (1917) [4]Meu carriño Para a alma acesa de Antón Villar Ponte Carriño forte e xeitosomeu carriño,arrolador e mimosocomo o berce dun meniño! Meu carriño cantareiro!O de xugo e cabezallacoa puntiña da navallapulidos da miña man!Sempre ó paso, sempre xuntosentre estripos, e entre frores,cantemos nosos amores,sin sair do noso chan! Meu amor de carreteiro!Meu carriño!O do eixo de ameneiroe os canisos de sanguiño!Lévame, meu carro, leva,pola meiga terra nosaque a miña alma saudosalonxe dela non se afai.Lévame por onde escoitea fala doce e sentidaentre bicos deprendidano colo de miña nai!Roda polos nosos eidos!Anque hai lama no camiñoé túa terra, meu carriño,e a terra de meus avós! Non collas para chan alleo!Non me leves a Castelaque non quero nada delaxa que arrenegóu de nós! Vermello, leva coidadoco carriño,que pode caír tumbadono goio dun tremesiño! Canta, meu carriño, cantaa redención esquencida,o dor da Terra feridade traidores e ladróns.A alma galega dorme,a santa Ideia está mortae tes que ir porta por portaencendendo os corazóns!(…) (1917) [5]En pé! A Luís Porteiro Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida,envoltos na brancurada luz que cai de riba,o corazón abertoa toda verba amiga,e nunha man a foucee noutra man a oliva,arredor da bandeira azul e branca,arredor da bandeira da Galicia,cantémo-lo dereitoa libre nova vida! Validos de treidoresa noite da Frouseiraá patria escravizaronuns reises de Castela.Comestas polo tempo,xa afloxan as cadeas…irmáns asoballadosde xentes extranxeiras,ergámo-la bandeira azul e branca!E ó pé da enseña da nazón galegacantémo-lo dereitoa libertar a Terra!Irmáns no amor á Sueviade lexendaria historia,¡en pé! en pé dispostosa non morrer sin loita!O día do Meduliocon sangre quente e roxamercámo-lo dereitoa libre honrada chouza! Xa está ó vento a bandeira azul e branca!A oliva nunha man, a fouce noutra,berremos alto e forte:"A nosa terra é nosa!" (1917) [6]A rosa que sangra A alma é unha roseirafrorecida, cuaxadade rosiñas vermellase de rosiñas brancas. Alegrías e penasson o vento que pasa;ás veces como un bico,ás veces trebonada. Unha bágoa que surde, unha risa que estala...son rosiñas que caienda roseira da alma! Miña nai que me arrola, un amor que me chama, a estreliña da groriano sendeiro da espranza... Cando a vida comenza, cantas rosiñas brancas! Un filliño que morre, un amor que se apaga, a ilusión que se afogano remuiño das ágoas... Cantas rosas vermellasó mediar a xornada! Xa son vello, e o vento, vento de trebonada, desfolloume a roseira, a roseira da alma. Pero este dor da Terraferida e escravizada...que rosiña vermella!como doi! como sangra! (1917)
NOS_23974
Son 2 máis ca onte e 4 máis que no sábado.
O brote da Mariña continúa a deixar pegada nos datos de coronavirus na Galiza e fai que o número de casos activos aumente por segundo día consecutivo. Se o domingo eran 310 (2 máis que no sábado), esta segunda feira son 312. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 312. Deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 308 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 179.717. Segundo informaba a Consellaría de Sanidade este domingo, non se detectaron cambios nos dous brotes localizados nas comarcas do Barbanza e da Mariña. O primeiro mantense con nove positivos e o segundo con 22, logo dos casos detectados onte con máis de 200 probas PCR realizadas na área. Residencias de anciás Nas residencias de anciás hai 4 casos activos, que corresponden a 3 persoas residentes e 1 traballador. En total, houbo 274 falecementos nestas instalacións.
NOS_42824
Veciñas e veciños da parroquia de Cabral organizaron este domingo unha andaina até o monte para manifestar a súa oposición ao proxecto de Porto Cabral. Vídeo no interior.
"O monte non se vende!". Baixo esa consigna varios centos de persoas participaron a mañá deste domingo da andaina veciñal en defensa do monte de Cabral, en Vigo. O acto impulsado por un colectivo de veciñas e veciños preocupados polo proxecto de instalación en Liñeiriños (Cabral) dun grande complexo comercial e de lecer, que suporá a expropiación de 600.000m2 --a meirande parte de monte en man común-- consistiu nunha camiñada desde o adro da igrexa parroquial até o parque forestal de Cotogrande. Nela participaron representantes do BNG, co seu responsábel local á cabeza (o ex-deputado Henrique Vieitez), o secretario comarcal da CIG, Serafín Otero, así como membros de AGE e de diversos colectivos ambientais, como a plataforma "A ría non se vende". A andaina, na que salientaba a participación da mocidade, concluíu cunha asemblea aberta ao ar libre. Na mesma sucedéronse intervencións de veciñas e veciños, salientándose as de algúns comuneiros, nas que se expresou o rexeitamento contra o proceder da xunta reitora da comunidade de montes á que acusan de falta de transparencia e de "actuar de costas á veciñanza". Precisamente o pasado mes de abril suspendíase por mor da presión veciñal a asemblea xeral da comunidade de montes, na que estaba prevista a ratificación do proxecto comercial. "Non imos permitir que se desfagan desta maneira do monte de todas e todos" Neste senso os reclamos centráronse en demandar información e participación na toma de decisións. "O primeiro que ten que funcionar é a democracia na parroquia" asegurábase nunha das intervencións. Aliás, acusaron á xunta reitora da comunidade de montes de "facilitar a venda do monte que teñen obriga de protexer e defender". No concreto demandan que na vindeira asemblea xeral da comunidade, prevista para o domingo 26 de maio, a votación que ha de fixar a posición das e dos comuneiros sobre este proxecto se faga en urna e non a man alzada como medio de "evitar a coacción e as presións". O obxectivo é claro "non imos permitir que se desfagan desta maneira do monte de todas e todos" afirmaron. Un proxecto descoñecido que abandeira Abel Caballero A pesar de que se descoñece o proxecto concreto do futuro complexo Porto Cabral, impulsado polo fondo de investimentos Eurofund, este conta arestora cunha importante oposición política e social. De facto apenas trascenderon publicamente infografías coa simulación dese complexo, que amais de instalacións comerciais contempla outras ligadas ao lecer como unha lagoa artificial. Malia a falla de información concreta o Alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, foi o primeiro en expresar o seu entusiasta apoio a unha iniciativa privada que segundo el podería crear até 5.000 postos de traballo, cifra que a propia promotora rebaixa a pouco máis de 3.000. Creación de emprego posta en dúbida pola veciñanza da parroquia, quen puxeron os exemplos recentes de Marineda City na Coruña e As Cancelas en Compostela, que segundo aseguraron "supuxo apenas o traslado de postos dun sitio para outro mais non a creación de máis emprego". Para alén do rexeitamento de boa parte da veciñanza da parroquia, BNG e EU xa se amosaron contrarias á instalación de novas áreas comerciais na cidade, posición coa que recentemente cadraron os colectivos de comerciantes. Nos vindeiros días prevese un posicionamento das diferentes centrais sindicais que segundo puido saber Sermos Galiza será tamén desfavorábel.
NOS_14934
A taxa anual redúcese o 1,7%, o menor adianto anula desde 2014.
O Produto interior bruto (PIB) galego continúa coa súa lentitude ao rexistraren un incremento de 0,3% no terceiro trimestre en relación cos tres meses anteriores. Segundo os datos que publica esta quinta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE), a economía galega medrou o 1,7% en taxa interanual, un aumento inferior ao experimentado en trimestres anteriores. En realidade descende a cifras que non había desde o ano 2014. No primeiro trimestre de 2019, o ascenso do PIB de Galiza foi unha décima superior, é dicir, do 0,4%, e a subida anual situábase en 2,3%. Unhas cifras que descenderon nos últimos meses. Aínda así, hai un pequeno aumento das exportacións de ben e servizos no terceiro trimestre após as caídas anteriores, cun alza de 5,9% respecto o trimestre anterior e de 0,8% interanual. As importacións de bens e servizos tamén se elevan no terceiro trimestre, un 6,8% máis fronte os tres meses anteriores, así como un 3,4% máis interanual.
NOS_16741
A cara visíbel do proxecto Podemos aproveitou a presentación dun libro para narrar o altercado.
O profesor e cara máis coñecida da iniciativa electoral Podemos, Pablo Iglesias, contou durante a presentación do libro 'Abaixo o réxime' os detalles dun altercado en que se viu envolto "non porque alguén da miña situación socioeconómica se vexa moitas veces nesa situación". Nunhas declaracións enmarcadas no contexto dunha análise que fai a respeito do uso da violencia nos protestos sociais, o profesor relata que "só partín un óso unha vez na miña vida e foi por dar unha pancada co puño". Os feitos producíronse nun centro social onde "un grupo de lúmpens, de xentiña dunha clase moito máis baixa que a nosa" intentou roubar, sempre segundo o profesor, unha mesa de misturar son propiedade duns músicos de rap. "Os rapeiros querían partirlles a boca e eu creo que cun criterio normal [...] e chamáronnos aos políticos universitarios para que calmaramos a situación", continúa explicando. O desenlace foi unha liorta en que "gañamos" porque eran "tres contra un". No enfrontamento, Iglesias partiu un óso dun dedo. NOTA: os vídeos pendurados corresponden cun estracto e a conversa íntegra mantida por Pablo Iglesias e Nega, de Los Chikos del Maíz, durante a presentación dun libro que asinan xuntos. Na conversa íntegra, o fragmento estractado aparece a partir do minuto 49.
NOS_45962
TS resolve en contra dunha sentenza que deu a razón ao Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) ao reclamar a unha cidadá a devolución de 15.369 euros 'cobrados indebidamente' tras saír do estado durante 21 días sen previo aviso por mor da enfermidade dun parente directo que reside en Ucraína.
O Tribunal Supremo vén de avalar cunha sentenza, que unifica doutrina, que os e as receptoras de prestacións de desemprego poidan viaxar ao estranxeiro por un tempo de até 90 días sen que iso supoña perder o dereito a cobrar o paro, aínda que o pagamento deste queda en suspenso até o regreso ao Estado español. O TS resolve así en contra dunha sentenza que deu a razón ao Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) ao reclamar a unha cidadá a devolución de 15.369 euros 'cobrados indebidamente' tras sair do estado durante 21 días sen previo aviso por mor da enfermidade dun parente directo que reside en Ucraína. A lei española fixaba que o traslado de residencia ao estranxeiro é motivo de extinción da prestación por desemprego, mais permite mantela se as estancias no exterior non sobrepasan os 15 días ao ano e previa comunicación á administración. Norma complexa que deu lugar a numerosos litixios Porén, o organismo xudicial entende que a norma é complexa e ten sido motivo de un amplo abano de supostos litigosos, polo que opta por unificar diferentes resolucións. Así o supremo considera que se poderá suspender a prestación, mais non extinguila, cando a persoa viaxe ao estranxeiro menos de 90 días, pois tres meses é o periodo estabelecido na lexislación de extranxeiría para determinar o paso da estancia á residencia temporal.
NOS_7325
Os de Montealto sacaron nova canción, 'A Rabaleira', fixeron un videoclip, subírono ás plataformas dixitais e fíxosenos a boca auga. Haberá novo disco, pensamos. "Pero non", díxonos Xurxo Souto. Despois de estrear o tema no Festival de Cans, volven desaparecer até que lles cadre. "Temos esa liberdade para facer o que nos pete".
Este ano fan 25 anos do lanzamento do seu primeiro disco, 'Arroutada Pangalaica', e si, poden facer o que lles pete. Como presentar o videoclip que acompaña 'A Rabaleira' (realizado por Pulpiño Viascón) no Festival de Cans e que lles pase "o mellor que lle pode acontecer a un grupo", segundo Souto: "Marchounos a luz en plena actuación e mandámoslle á xente que cantase con nós cancións populares e foi máxico, foi un subidón inmenso. Hai 20 anos pasounos algo parecido nun local en Muíños e o subidón foi tal que até vimos un futbolín voando" [risas]. "Non, non imos facer un disco", reitera o cantante e escritor, para desgraza da xornalista. "Cando chega un texto que che emociona, por que non podemos facer un tema? É que eramos nós: falaba da Rabaleira, de Montealto profundo, e de protagonistas que son veciños nosos". E insiste na liberdade: "E de vez en cando podemos facer no que nos pete. É un privilexio e unha felicidade". Os Diplomáticos tocarán a noite de San Xoán con Siniestro Total na praia do Orzán e tamén no Nordestazo Rock de Malpica Pero haberá concertos este verán: "o 23 tocamos na praia do Orzán con Siniestro Total, a noite de San Xoán, e logo imos tocar en Malpica no Nordestazo Rock, e estamos moi contentos porque alí tamén fixemos unha canción con outro poeta do mar, Toro de Pito, un mariñeiro malpicán co que fixemos dúas pezas e ímolas recuperar. Así que estámonos reencontrando con amigos da ruta cargados de talento". A historia d'A Rabaleira' Na contraportada do seu primeiro disco, 'Arroutada Pangalaica', aparecían unhas pedras a carón da Torre de Hércules. Daquela eles non sabían cales eran os nomes daqueles cons, pero anos máis tarde Xurxo averiguou como se chamaban e nun obradoiro literario no Club do Mar da Coruña pediulle á xente que acudiu que escribisen un relato, un poema, o que quixeran, con un dos nomes das pedras percebeiras da Torre de Hércules. Xurxo Souto: "Foi como un mandato da poesía musicar ese poema" "Aí está a Rabaleira, o Gueivouteiro, Os Coitelos de Terra, os Coitelos de Mar", conta Souto, "entón esta señora -Teresa Ramiro, mariscadora da Ría do Burgo- apareceu un día con ese poema, 'A Rabaleira', e desde entón sempre o cantei. Foi como unha conmoción cando llo escoitei, foi algo marabilloso. Entón chegou un momento en que lle puxemos música Os Diplomáticos, con naturalidade. E o guitarrista Guni, con esa referencia que tiñamos clara, o tema de Radio Océano, e foi como a cadratura do círculo, porque era un tema que falaba da Torre, do noso entorno, e era como unha homenaxe a Radio Océano, e aínda por riba Teresa díxome que escribira o poema pensando nun percebeiro que se chama Xulio, que sae tamén no videoclip. Digamos que foi como un mandato da poesía musicar ese poema. E logo encargámoslle a Pulpiño Viascón que fixese o videoclip. E non pode haber mellor realizador para darlle ritmo ao videoclip que o noso propio batería".
NOS_18141
A Xunta quere realizar a entrega das Medallas Pardo Bazán no pazo de Meirás.
O Goberno estatal denega á Xunta da Galiza o permiso para utilizar o Pazo de Meirás para a entrega das Medallas Pardo Bazán, galardón que o Executivo galego entrega o 8 de marzo a persoas e entidades que traballan pola igualdade. Segundo fontes do Executivo galego, o Goberno estatal rexeita a petición debido ás obras de acondicionamento que se están acometendo tanto no interior como no exterior do recinto. O Goberno galego solicitara ao Estado levar a cabo o acto nos xardíns de Meirás. Estas medallas, creadas no ano 2019, recoñecerán este ano o traballo da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense e da Asociación Rede Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Ademais, tamén recaerá este premio, a título póstumo, na ex presidenta da Casa Galiza Xapón, Megumi Shiozawa, falecida o pasado mes de marzo. A Deputación considera a intención da Xunta "unha provocación" O deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, o nacionalista Xosé Luís Penas, considera en declaracións á Cadena Ser que a petición da Xunta é unha "provocación". Lembra que o pazo aínda non abriu ao público e cando chegue ese momento terá que ser unha homenaxe á democracia. A maiores, a Iniciativa Galega pola Memoria tacha de "burla" que a Xunta trate de inaugurar Meirás cun acto "alleo" á memoria. Fala dunha nova "utilización retorta" do feminismo e da figura de Emilia Pardo Bazán para tratar de que o Pazo de Meirás sexa inaugurado cun acto "totalmente alleo" á memoria histórica. Así o sinala nun comunicado remitido aos medios: "O feito de que non se escolla inauguralo cun recoñecemento ás vítimas do franquismo e á propia loita en contra da impunidade e o esquecemento é unha burla á memoria", sinala.
NOS_7182
O PP votou en contra da petición conxunta de En Marea e PSOE
Desta volta, foi a vencida. Catro anos despois do sinistro ferroviario no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, o Congreso español aprobou a toma en consideración dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. Para chegar até aquí, as vítimas, principais impulsoras da loita por que houber unha investigación política sobre o sinistro, tiveron que soportar ver como se vetaban e rexeitaban en varias ocasións a petición dunha comisión. Desta vez saíu adiante. En Marea e PSOE chegaron a un "acordo de mínimos" que garantiase sacar adiante a proposta, para a que gozaban do apoio do grupo mixto, PNV ou Ciudadanos. Só o Partido Popular votou en contra, mais desta volta de pouco lle serviu. Celso Delgado (PP) xustificou a postura popular apelando a que había en marcha unha investigación xudicial sobre o sinistro. Argumentou que o importante é "preservar a independencia xudicial", dando a entender que unha investigación no Congreso batería con ese principio. O deputado galego mesmo afirmou "lamentar" o cambio de actitude dos socialistas, cuxo voto permitiu aprobar que haxa comisión. O PSOE centraba boa parte das miradas. O seu posicionamento até o de agora impediu que noutros ocasións esta petición realizada no Congreso, quer BNG , quer En Marea; puidese saír adiante. Pilar Cancela afirmou desde o estrado da Cámara que "sentimos o atraso, pero camiñaremos xuntos". Parabenizou o "tesón" das vítimas e sinalou que as novidades, tanto xudiciais como da Axencia Ferroviaria Europa, xustifican que o PSOE apoie esta investigación. Alexandra Fernández, de Unidos Podemos-En Marea- En Comú, agradeceu o apoio do PSOE, "despois de tres intentos". Fernández agradeceu o traballo e teima das vítimas, que non abandonaron a loita e cando atoparon as portas fechadas do goberno español foron a Europa para seguir alí a procurar xustiza. A parlamentar de En Marea reprochou o PP que votase non a esta comisión e preguntouse se non haberá que "investigalos a vostedes" para saber por que se negan a esta investigación. Reprochou ao PP non ter escoitado nin atendido a demanda das vítimas ao longo destes catro anos. "Tiveron que acudir a instancias europeas" debido ao bloqueo que existiu no Estado español. "Un bloqueo promovido polo Ministerio e polos responsábeis políticos: vetos, silenzos, investigacións non independentes e vostedes mirando cara outro lado".
PRAZA_18495
O alcalde, Jorge Suárez, cre que o freo á construción das fragatas para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés "pon de manifesto" a intención final de virar cara a un "modelo privado" e lembra, como o comité, que se "xogou dous anos" con miles de postos de traballo. O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés Cospedal encargou por 9,5 millóns á empresa de Morenés avaliar os mísiles que atrasaron as fragatas de Ferrol
O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés Cospedal encargou por 9,5 millóns á empresa de Morenés avaliar os mísiles que atrasaron as fragatas de Ferrol "Non tiñamos coñecemento ningún de que o atraso se debese ás peticións da empresa de Morenés". Javier Galán, presidente da coordinadora de comités de empresa dos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, confirma que nin os representantes do persoal coñecían os motivos do aprazamento da construción das fragatas F-110. "Todo o que soubemos foi o que se deslizou no Parlamento hai uns meses", confirma. O Goberno central do PP, como destacou eldiario.es, freou a construción das fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés. Ademais, a daquela ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, encargou por 9,5 millóns á compañía do propio Morenés avaliase a idoneidade deste armamento que aprazou durante meses a carga de traballo da que dependen milleiros de empregos na ría ferrolá. "Estiveron xogando durante dous anos; atrasaron unha carga de traballo que podía estar finiquitada hai tempo", di o comité de empresa "Estiveron xogando durante dous anos con que empresa ía fabricar os mísiles cando a Armada xa deixara claro cal era o tipo de armamento que ía levar; atrasaron unha carga de traballo que podía estar finiquitada hai tempo", denuncia Galán sobre un contrato que aínda non está asinado pero que prevé rubricarse antes de final de ano. Os sindicatos evitan cifrar o que suporá en termos de emprego, pero o Executivo aclara que o investimento de 4.000 millóns de euros traerá consigo carga de traballo aos estaleiros ferroláns durante polo menos unha década. Calcula a creación de 7.000 postos de traballo directos e indirectos na comarca de Ferrolterra, unha zona moi castigada pola reconversión naval nas últimas décadas. Deles, 1.300 empregos serían directos, 2.000 asociados á industria auxiliar e outros 3.500 empregos indirectos xerados por outros subministradores. Desde 2009, a grave crise económica provocou, segundo aclara a propia Navantia, que se esvaecese o 50% da súa carteira de pedidos. En Galicia, as eternas promesas da Xunta tras o seu acordo coa petroleira mexicana Pemex quedaron en moito menos do asegurado por Feijóo. Para Ferrol, o Goberno galego chegou a falar de 2.000 empregos coa construción do flotel para o país azteca, pero a cifra máxima foi de 500 a pleno rendemento. No limbo quedaron o resto dos numerosos anuncios do Executivo para o país: tres buques tanque, un atuneiro, un barco de apoio a plataformas petrolíferas, a renovación de parte da frota, dous quimiqueiros e os remolcadores. Nada se fixo. A leve recuperación económica chegou tamén ao naval ferrolán, que nos últimos meses traballou en dous buques de apoio loxístico para Australia, nos BAM (buque de acción marítima) para a Armada española ou no mantemento de fragatas para Noruega, ademais de diversos e importantes encargos para a eólica mariña. Ademais, a entrada en vigor do polémico contrato de construción de cinco corbetas para a Armada de Arabia Saudita tamén supuxo un respiro, xa que aínda que só medio cento dos 6.000 empregos creados serán na ría ferrolá, posibilita que as fragatas F-110 se constrúan en Ferrolterra sen necesidade de compartir a carga con Andalucía. Segundo a propia Navantia, a empresa pública xera 15.500 postos de traballo en Galicia entre os directos, indirectos e inducidos Durante o ano 2017, segundo Navantia, a empresa pública achegou a Galicia uns 4.000 empregos "de calidade directos e de industria auxiliar". "Se a iso se lle engaden os empregos inducidos xerados na zona pola actividade de Navantia, a cifra alcanza os 15.500 postos, o 23% do emprego industrial da provincia da Coruña", explicaba a compañía hai uns meses. Para o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o freo á construción das fragatas para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés "pon de manifesto, de xeito palmario e documental, o que era un segredo a voces: a intención do Goberno do PP de desmantelar os estaleiros públicos da ría de Ferrol". E lembra, ademais, que en xogo están "miles de postos de traballo e familias" que están "pendentes dun sector estratéxico e estratexicamente dilatado desde o Executivo", que se une á "perda demográfica para o municipio, con todo o que iso leva aparalledo para a economía local, que depende do naval como cabeza tractora". "O caso pon de manifesto a intención do Goberno do PP de desmantelar os estaleiros públicos da ría de Ferrol", di o alcalde Agora, unha vez se asine o contrato das fragatas, chegará "unha necesaria e moi agardada concreción dun programa do que se viña falando desde hai anos, pero que non se comprometera realmente". "Ten que vir, indisolublemente, acompañado do Plan Industrial que o cadro de persoal de Navantia Fene e Ferrol leva anos demandando e do Asteleiro 4.0", di Suárez, que non aforra críticas cara a José Manuel Revuelta, antigo presidente de Navantia e que deixou o cargo en abril de 2017. "Foi o presidente mais nefasto e destrutivo, que desde o inicio viña co encargo de despezar as factorías de Ferrol e Fene e reconvertilas nun modelo privado similar ao da automoción", dixo.
NOS_47585
Unhas xornadas que decorrerán en Compostela os días 24, 25, 26 e 27 de maio falarán de coeducación e diversidades desde unha óptica que sitúa as diversidades e o territorio no centro do debate.
A esmorga de Eduardo Blanco Amor, o casamento en 1061 de Pedro Díaz e Muño Vandilaz en Rairiz da Veiga ou o travestismo na historia de Marcela e Elisa, o primeiro casal lésbico na Galiza, son algunhas das pegadas que a loita polos dereitos dunha sexualidade diversa foi deixando na historia do país. Porén, fixo falta que nos últimos anos fosen resgatadas para rachar coa idea de que Galiza non fai parte da vangarda do movemento transfeminista, menos aínda se pensamos no rural. "Queremos desmitificar o rural e a idea de que o máis vangardista está fóra" Desde esta premisa, a de "desmitificar o rural" e a "idea de que o máis queer está en Londres ou nos EUA" xurden as I Xornadas sobre Coeducación rural e diversidades coordenadas por Ángel Amaro, e Isabel Álvarez xunto con Nova Escola Galega. Un conxunto de actividades que terán lugar en Compostela os días 24, 25, 26 e 27 de maio. Através de distintas dinámicas e dunha metodoloxía que procura a participación activa das persoas e colectivos que queiran achegarse até o CERSIA, o obxectivo das xornadas é "rachar cos tópicos do rural" que o conciben como un espazo "homófobo" e "atrasado" para o situar como un medio "diverso", moderno e vangardista desde o que "reformular a co-educación" e "pór en dialéctica o xénero, os afectos, as sexualidades" e tamén o binomio "rural-urbano", explica Ángel Amaro, en conversa con Sermos Galiza. A iniciativa vai dirixida principalmente a aquelas persoas que están vencelladas "en espazos formais ou non formais" coa tarefa educativa, colectivos ou cooperativas, mais tamén "ao conxunto da sociedade", di, en tanto en canto todas as persoas educan dunha ou doutra maneira. Nese senso, visan, "adaptar cousas moi teóricas" como a teoría queer, "á realidade cotiá, de maneira amena" pois, sinala, "ás veces vese como unha focaxe moi complexa" cando, de facto, "Galiza é unha nación queer". O estraño, o diverso E que é iso? "O movemento queer nace como unha estratexia identitaria de autodefensa fronte á invisibilidade do que non é heteronormativo". Consistiu na "reapropiación do insulto" --queer significa raro, estraño-- "para o lanzar ao agresor con toda a súa forza". Puta, bollera ou marica pasan de ser termos despreciativos para seren reivindicados polos propios colectivos como identidade. "Galiza é moi retranqueira, a nivel identitario é moi queer", asegura apelando ás "esmorgas e fiadeiros". "Queremos vivenciar e darlle voz a todo isto" para "decatarnos de que a sexualidade é un espazo de resistencia" "Queremos vivenciar e darlle voz a todo isto" para "decatarnos de que a sexualidade é un espazo de resistencia". "Queremos pór en común esta materia e rachar cos tópicos" mesmo a respeito da propia diversidade. Neste senso, Amaro asegura que se está a crear un cánon do que é gai. Homes, brancos, urbanos, con poder adquisitivo e capacidade de consumo que viaxan a Madrid ao Orgullo oficial... é o que define como 'modelo Mediaset', en referencia á canle de televisión. "Onde queda o resto? ficamos como algo exótico ou raro". "Estase a dar un modelo oficial do gai, da lesbiana", advirte e mesmo a usar as identidades sexuais como unha arma para "destruír ou atacar". É o que se coñece como pinkwashing, por exemplo, resorts situados nos territorios ocupados ilegalmente polo Estado de Israel en Palestina dirixidos ao colectivo gai, "mentres se bombardea Gaza", apunta. Desde a "intersección" que mestura as distintas identidades xerando outras novas as xornadas 'Constuíndo igualdade nas nosas aldeas' quere repensar a "coeducación desde unha óptica rural" para defender a idea de que "o rural tamén pode ser vangarda".
NOS_27853
O Auditorio de Verín acollerá durante os días 24 e 25 de xaneiro a terceira edición das xornadas de Novela Negra, dedicadas ás personaxes reais que inspiran o xénero literario.
O Auditorio de Verín acollerá durante os días 24 e 25 de xaneiro a terceira edición das xornadas de Novela Negra, este ano dedicada ás personaxes reais que se agochan neste xénero literario. Así o confirmaron na mañá da cuarta feira 18 de decembro a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e os organizadores do evento, Vicente Rodríguez Xusto, director da Biblioteca Municipal e Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Artelladas conxuntamente pola Biblioteca do Concello e a SAGA, as xornadas reunirán escritoras e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves do xénero. "Pretendemos que sexa un percorrido polas tripas mesmas dunha realidade que transcende o literario e camiña na escuridade da psique humana", afirmou Losada. "Detrás desta literatura podemos atopar as luces da creatividade chovendo sobre as teclas, mais tamén as sombras da que bebe tantas veces a narrativa humana", engadiu. A Novela Negra, vizosa rama do panorama editorial, é un fetiche social que protexe e esconxura contra ese atavismo que son as formas da violencia. Escribila é todo un rito, unha catarse sen volta atrás, porque o imaxinado, neste caso, non resulta ser inventado, senón máis ben froito dunha recreación. Así o abordará, por exemplo, Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, figura á que deu vida na serie Fariña de Antena 3 o actor Tristán de Ulloa, nunha sesión titulada "Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas na Galiza". Fernando Serrulla Rech, médico e antropólogo forense da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, fará o propio na sesión "O corpo do delito". Participarán tamén os escritores José Antonio Vázquez Taín (que tamén exerce como xuíz) e Pedro Feixoo. O evento porá o peche cunha mesa redonda.
NOS_46324
O psicólogo membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Hafdallah Menni prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.
O mundo é tremendamente inxusto; esta inxustiza é palpada cando tes que soster a quen foxe da guerra e decides acompañalos nunha viaxe interna, para que sintan que aínda están vivos e que non todo está perdido. A Vitali, a Warda e a Petronila ninguén lles falaba do que ían vivir, tampouco lles falaron do que ían sentir: non había tempo, nin forza, nin esperanza para mirar dentro e integrar todo o vivido nas últimas semanas. O obxectivo é seguir fuxindo, sen mirar atrás. As persoas ao longo da vida estamos expostas a unha infinidade de eventos vitais, moitos chegando a poñer en risco noso benestar, e ata a vida mesma. Estas situacións que nos exceden, por inesperadas, intensas, desbordantes requiren de medios excepcionais. É tarefa da psicoloxía de emerxencias amortecer o impacto emocional que estas situacións xeran na persoa ou colectivo. Entendemos unha crise psicolóxica como un estado en que as ferramentas e os mecanismos psíquicos que adoitaban ser utilizados por unha persoa para manexar e resolver distintas situacións non funcionan. Estas situacións imposibilitan o funcionamento ou a operativa da mesma forma que noutras situacións. O desbordamento emocional é tal que a persoa se ve excedida, supoñendo para ela unha transformación non contemplada que pode chegar a romper con todo o coñecido. O evento ou o trauma é tan forte que a persoa é incapaz de poñelo en palabras, non é quen de significalo. É por iso que se di que as ferramentas ou os mecanismos que se utilizaban sempre, non funcionan. A crise debe de ter un estado de transitoriedade e non ser normalizado polas persoas. Con todo, en moitas ocasións este estado eternízase e remata por naturalizarse, o que xa non é unha crise, senón un novo estado, unha franca orde de desequilibrio, o cal inhabilita aínda máis a persoa para atopar unha solución. Que pasa cando a situación crítica é a guerra? Que pasa cando o tempo aprema e a fuxida é inevitable? Que pasa cando a única equipaxe é a incerteza e a indefensión? Acompañar a Vitali, a Warda e a Petronila no que é, probablemente, o peor momento da súa vida, non é unha tarefa fácil, quizais tampouco haxa unha resposta a todo o aluvión de preguntas que as invaden. Unha das primeiras reaccións instintivas é a necesidade de atopar un sentido ao que ocorre, un sentido ao absurdo, á inxustiza, ao perdido, un indicio de lucidez para encaixar o ocorrido, para asimilalo, para poder seguir avanzando sen que a culpa nos paralice. Cando a crise é a guerra ou ter que abandonar todo o que construímos, o coñecido, o vivido; a incerteza e as perdas ou os dós múltiples son innumerables (o estilo de vida, as persoas, os lugares, as pertenzas…) que hai que acompañar e sobre as que é necesario intervir. Aparece tamén a incerteza para adaptarse a un novo contexto, uns códigos culturais, unha lingua, uns costumes. Trátase de despatoloxizar a ollada: o enfermo é a situación, non a persoa, á que hai que facerlle ver que os seus recursos persoais e as súas fortalezas seguen aí Nestes primeiros momentos de chegada e onde as emocións recobran unha intensidade inusual, dolorosa e desproporcionada, os psicólogos e psicólogas de emerxencias temos a tarefa de acompañar, propiciar na persoa unha narrativa adaptativa do sucedido, sentirse sostida, vista e asistida. Sempre desde a dignidade humana e contando cos propios recursos e fortalezas persoais. Un dos primeiros obxectivos nunha intervención destas características é darlle o permiso á persoa para que poida poñer en palabras o que está a sentir, normalizar as súas respostas e incidir no anormal da situación que lle tocou vivir. Trátase de despatoloxizar a ollada: o enfermo é a situación, non a persoa. Falar coa persoa, non cos seus síntomas, facerlle ver que os seus recursos persoais e as súas fortalezas seguen aí, a pesar do anormal e inhumano da situación. Vitali, Warda e Petronila están decididas a seguir soñando, porque sobre calquera experiencia, os seres humanos temos esa capacidade tan natural, tan nosa, tan da vida que é rexurdir e seguir loitando por aquilo que nos importa. O mundo é mundo, a inxustiza pertence á perversión duns poucos.
NOS_47345
Quen non viu a estas alturas o vídeo de Nós, Candidatura Galega no que se recolle o bico entre Jorquera e Callón para reivindicar as liberdades sexuais e os dereitos de todos e todas? Esta peza forma parte da campaña creativa da coligazón. Descubrimos que hai detrás da idea.
A pasada quinta feira, Nós, Candidatura Galega publicaba o vídeo "Para divers@s, nós", unha peza que se converteu en viral e que saltou ás páxinas dos xornais e ás televisións do país por recoller a imaxe do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, bicándose co cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón. Tamén deixaba ver a candidata Isa Risco bicándose con Navia Rivas. "Non esperabamos tanta acollida, nin sequera as previsións máis optimistas", sinala en declaracións a Sermos Galiza Marcos Paino, responsábel da edición e do son destes vídeos. "Converteuse nun vídeo viral. O feito de que haxa fakes da peza é un indicador do éxito que colleitou", engade. "Para diver@s nós" foi o primeiro dunha serie de pezas audiovisuais que a coligazón da que forma parte o BNG lanza cada día. Após este vídeo, publicouse "Para modern@s, nós", unha peza que reivindica a autenticidade e no que aparece o candidato ao Senado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, "Mini", no medio de rapaces coa estética propia dos hipster. A continuación, Nós lanzou o vídeo "Para galeg@s nós", coa idea de ilustrar que é de Galiza quen quere e non quen nace aquí. Nesta peza, aparece Cheikh Faye, senegalés que forma parte da candidatura, cunha bandeira da Patria pintada na cara. A última das pezas publicadas é a protagonizada pola cabeza de lista por Pontevedra, Carme Adán, que reivindica o valor da terra, do natural e do propio de Galiza. A partir desta segunda feira, Nós parodiará grandes discursos do cinema cunha nova xeira de vídeos "Adiántovos que mañá –esta segunda feira, 30 de novembro- encetamos unha nova tirada de vídeos nos que parodiamos grandes discursos do cinema", sinala Marcos Paino, quen explica que a idea destes micro vídeos "xurdiu nunha reunión de campaña na que se acordou que fose comedida en medios pero orixinal e o máis creativa posíbel". Sobre a súa produción, Marcos Paino pon de manifesto que dirixen as pezas entre todos e todas. "O máis gracioso é que non nos dedicamos a isto. Ás veces, as gravacións son caóticas, mais son divertidas e, a vista do resultado, funcionan moi ben", salienta. "Boa parte dos guións débense a Isa Risco –actriz e candidata- que, amais de crear bo ambiente nas gravacións, fai de todo, desde a interpretación até o atrezzo", engade. Xavier Campos: "Buscamos unha campaña coa que a xente se vincule e se recoñeza nela" Tamén forma parte da equipa encargada das micro pezas audiovisuais Xavier Campos, quen afirma que o obxectivo desta xeira de vídeos trata de vincular as persoas espectadoras coa campaña: "buscamos que a xente se recoñeza nela desde a identidade como valora positivo, desde o humor, desde o recoñecemento da nosa idiosincrasia… mesmo ríndonos de nós mesmos cando é preciso". Campos subliña a aposta de Nós na creatividade galega, pois entende que "é a mellor maneira de mostrar que somos un país con talento e capacidade. Un país creativo, con cultura e identidade propia, que mostramos orgullosos, de forma amábel e ao tempo reivindicativa". Sinala que persoas do ámbito cultural "están a trasladarnos motu proprio materiais feitos por eles". Pon como exemplo o vídeo de Margarita Ledo "Coa luz á porta" ou fotografías achegadas das mans de Vítor Vaqueiro. Entre os vídeos que prepara Nós, Candidatura Galega atópanse videoclips nos que participarán algún dos grandes artistas musicais do momento Este membro do equipo de campaña, do que tamén forma parte Xosé Antón Rubal, membro da Executiva do Bloque, revela que nos próximos días aparecerán "máis sorpresas", sempre co "ton de orgullo de sermos galegos e galegas, porque temos un país capaz de saír adiante e de garantir traballo e benestar para todos e todas. Queremos futuro e voz propia para Galiza". Entre os vídeos que prepara Nós, Candidatura Galega atópanse videoclips nos que participarán algún dos grandes artistas musicais do momento.
PRAZA_11424
O anuncio será realizado este sábado por descendentes de ambos os dous políticos asasinados en 1936. Destacan o apoio emprestado pola Deputación de Pontevedra, que facilitou que se adherisen á vía xudicial.
Alexandre Bóveda foi asasinado na Caeira (Poio) o 17 de agosto de 1936, fusilado despois de que catro días antes fose condenado a morte, acusado de "traizón". No mesmo lugar foi tamén executado en novembro de 1936 o médico e político Amancio Caamaño, integrante de Izquierda Republicana e que chegou a ser Presidente da Deputación de Pontevedra, ademais de Gobernador Civil da provincia.A adhesión das familias á querela será anunciada este sábado por Amalia Bóveda e Valentín García Bóveda, filla e neto de Bóveda; e por Begoña e Olga Caamaño por parte da familia de Amancio CaamañoEste luns os seus descendentes anunciaron a súa intención de unirse á querela xudicial aberta no ano 2010 pola xuíza arxentina María Servini para perseguir os crimes do Franquismo, ao tratarse de crimes de lesa humanidade. A decisión das familias farase efectiva este sábado 16, no marco dun acto institucional que se celebra nas xornadas sobre memoria histórica organizadas pola Deputación de Pontevedra. Nas xornadas participarán, de feito, integrantes da Coordinadora estatal de apoio á Querela Arxentina contra os crimes do franquismo (CeaQua).O anuncio foi realizado pola deputada de Memoria Histórica, María Ortega, que destacou o apoio da Deputación a esta iniciativa, subliñando que o ente provincial quixo ir "máis alá" neste apoio, poñéndose a carón da familias e facilitándolles que se adhiran á vía xudicial. Valentín García Bóveda afirmou que, de haber un maior traballo para a reparación da memoria histórica, non estariamos a ver como "o discurso dos verdugos" chega ao CongresoA adhesión das familias á querela será anunciada por Amalia Bóveda e Valentín García Bóveda, filla e neto de Bóveda; e por Begoña e Olga Caamaño por parte da familia de Amancio Caamaño. Valentín García Bóveda, vicepresidente ademais da Fundación Bóveda, agradeceu o interese e o apoio amosado pola Deputación, e salientou que sexa "a primeira institución" que apoia a vía xudicial para a recuperación da memoria histórica. García Bóveda xa participara nunha viaxe a Bos Aires xunto con outros familiares de vítimas da ditadura, pero sinalou que ata agora a súa familia non decidira dar este paso, que agora si leva a cabo grazas en parte ao apoio institucional. O neto de Alexandre Bóveda concluíu que "non hai mellor momento para facelo", lembrando o ascenso electoral da ultradereita nos comicios deste domingo. Destacou que se os sucesivos gobernos tiveran traballado máis nas últimas décadas pola restauración e a reparación da memoria histórica, non estariamos a ver resultados electorais como os actuais, coa chegada ao Congreso "do discurso dos verdugos".
NOS_10308
Máis 346 positivos confirmados por PCR na Galiza nas últimas 24 horas. Deles 81 rexistráronse na área sanitaria de Ourense, 68 na de Vigo e 60 na de Compostela.
Segundo os os datos actualizados na web da Consellaría de Sanidade, nas últimas 24 horas detectáronse 346 novos contaxios na Galiza. Distribúense da seguinte maneira: 81 na área sanitaria de Ourense; 68 na de Vigo; 60 na de Compostela; 57 na da Coruña; 31 na de Pontevedra; 30 na de Lugo e 19 na de Ferrol. Tamén aumentaron os casos activos a respecto da quinta feira en 111 e sitúanse en 4.680, con incrementos en todas as áreas, excepto na de Pontevedra, onde caen. En concreto, a de Ourense rexistra 1.601 -nove máis-; a da Coruña, 784 -14 máis-, a de Santiago, 660 -21 máis-; a de Vigo, 592 -58 máis-; a de Lugo ten 475 -oito máis-; a de Pontevedra, 401 -18 menos- e a de Ferrol rexistra 167 -19 máis-. Até a data curáronse 22.788 persoas, o que supón 238 máis que as contabilizadas na quinta feira. E realizáronse 572.690 PCR fronte ás 566.061 contabilizadas até onte. Galiza rexistrou até a data o falecemento de 808 persoas con Covid-19. Aumentan as hospitalizacións En relación ás persoas hospitalizadas, segundo o Sergas, 231 mantéñense en planta (8 máis que hai 24 horas) e 41 (un menos que hai 24 horas) en Unidades de Coidados Intensivos. Segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá da sexta feira con datos recollidos até as 18 horas da quinta feira, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco soben a 105 os pacientes con Covid-19 ingresados, deles 13 en UCI. Na área da Coruña e Cee mantéñense en 47 os pacientes con Covid hospitalizados, deles 43 en planta e catro en Unidade de Coidados Intensivos. Mentres, na área de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados soben a 43, deles oito en unidade de críticos. Na área de Vigo increméntanse a 34 os pacientes con Covid-19 hospitalizados, deles nove permanecen en UCI e 25 noutras unidades de hospitalización. Pola súa banda, na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con coronavirus ingresadas descenden a 24, delas cinco en UCI -1 menos- e 19 noutras unidades de hospitalización -cinco menos-. Na área de Pontevedra e O Salnés baixan a 16 as persoas ingresadas con Covid, delas 14 en planta e dúas en UCI. E na área de Ferrol os hospitalizados con Covid descenden a tres -un menos-, ningún deles en unidade de críticos. No día de hoxe, o Sergas incorporou Ordes á lista de once municipios galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 nos últimos sete días.
PRAZA_15240
A feira cultural que comeza o venres en Pontevedra ofrece un amplo abano de actividades para os e as máis pequenas da casa.
Poucos plans mellores para esta fin de semana haberá que o de ir a Pontevedra e darse unha voltiña polo Pazo da Cultura onde, un ano máis, terá lugar o Culturgal cun programa do máis completo. E ademais con actividades pensadas para todas as idades. Máis de 30 actividades de todas as disciplinas permitirán aos cativos e cativas pasar unha fin de semana única xunto cos seus pais e nais e coñecer de primeira man a calidade e variedade das propostas que a industria cultural galega ten para eles. A todas as actividades programadas hai que engadirlles os obradoiros de manualidades divertidas que haberá durante todas as xornadas para os nenos e nenas que cheguen tarde e non poidan acceder ás actividades programadas, porque estea chea a sala, ou que prefiran estar pintando e creando ao seu aire. Por suposto, haberá numerosa e variada oferta de libros e discos para nenos nos stands das editoriais infantís e na propia tenda, por se alguén quere adiantar os agasallos do Nadal. Programación familiar do Culturgal Venres 30 11:00h. Baobab Teatro: Contos para ti (actividade programada con centros educativos). 11:00h. Asociación ORAL: obradoiro de regueifas (con centros educativos). 11:00h. Viravolta: Titerehop. Actividade de FalaRedes (con centros educativos). 12:00h. Babaluva: Lume. Os títeres protexen o monte (con centros educativos). 12:30h. Conversa con Marcos Calveiro (con centros educativos). 14:00h Presentación do libro/cd Na Ponte, de Ponte nas Ondas. 17:00h. Patasdepeixe: Cociña extraterrestre. Un obradoiro para aprender a facer os postres máis divertidos. (6 a 10 anos) [Inscrición previa 15 minutos antes] 18:00h. Pepe Carreiro: Cousas de cans. De dálmatas a sabuxos, pasando por palleiros e bulldogs. 19:30h. Caramuxo Teatro: Ñam (1 a 4 anos) [Ata encher a sala] 20:00h. María Inés Cuadrado: A Berenguela. Opereta de voz narrada. Sábado 1 11:30h. Abrakadabra: obradoiro de maquillaxe. Para integrarse dende o primeiro momento no mundo de fantasía de Culturgal. 11:30h. Ventos: obradoiro de escritura, encadernación artesanal e reutilización de papel para nenas e nenos. [Inscrición previa 15 minutos antes] 12:00h. Presentación da programación de TVG para nenos e nenas. 12:00h. O señor das dunas. Actividade de FalaRedes. [Ata completar aforo] 17:00h. Patasdepeixe: O trenciño de Relouco. (6 a 10 anos) [Inscrición previa 15 minutos antes] 17:30h. Luis Prego: Xogos infantís tradicionais. 18:00h. Quinquilláns: Contos de Artur e Morgana. 18:30h. Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento. Ilustrando o nacemento dunha praia. 19:00h. Galaxia Tales. Unha plataforma de contos en rede. 19:30h. CSIC Galicia: Que traballo tan curioso! 19.30h. Xoga con Komoko. Taller lúdico con videoxogos didácticos. 20.00h. Mamá Cabra: Bicos de música. Miniconcerto. Domingo 2 11.30h. Pupi Apertas visita o Cuarto dos nenos. 12.00h. Elefante Elegante: Nuncabunga. Espectáculo cómico e poético. 12.30h. Carballo con botas: a música das árbores. Contacontos de sensibilización ambiental. 13.00h. María Fumaça. A feira bota fume coa locomotora máis festeira. 16.30h. Na Ponte. Unha historia de Ponte nas ondas. Programa de radio en directo. 18.30h. Os sete magníficos máis un: A historia de Brancaflor. Un conto máxico sobre a forza do amor. 19.30h. Fantoches Baj: As pombas do carboeiro. Un romance antigo contado por trovadores contemporáneos.
NOS_27970
Informou os alcaldes da comarca e traballadores que a petición non cumpre cos requisitos. "A mobilización social consegue evitar a segregación e venda das centrais", sinalan desde o comité.
A Xunta denega a solicitude presentada por Ferroatlántica para segregar as actividades enerxética e industrial, un paso que lle permitiría vender as centrais hidroeléctricas que Villar-Mir explota nos ríos Xallas e Grande, na Costa da Morte. A Xunta responde así á petición que desde hai meses lle trasladaban traballadores, veciñanza e alcaldes da Costa da Morte. Esta cuarta feira, 26 de xullo, a Xunta informou os alcaldes da comarca e os traballadores que a petición non cumpre cos requisitos necesarios que fixa a lexislación. "Carece das condicións que establece a propia concesión de velar polo interese público". "A negativa de Augas de Galiza confirma que as pretensións do Grupo Villar Mir son ilegais, por máis que a empresa buscara lexitimar social e xuridicamente esta operación, recorrendo mesmo a prácticas de tipo mafioso", indica CIG nun comunicado. O sindficato atribúe a decisión da Xunta á gran mobilización social ao longo destes meses contra a segregación. "Á espera de coñecer os pormenores da resolución de Augas de Galiza, o Comité non pode deixar de lamentar a demora na resposta da Xunta, nunha cuestión na que a legalidade era ben clara, prorrogando innecesariamente a inquedanza e a preocupación dos traballadores e traballadoras". Desde Ferroatlántica anuncian que van recorrer a decisión da Xunta e ameazan con consecuencias para os traballadores e comarca. Din que van "revisar as súas actuacións de mecenazgo das que se benefician numerosos clubes e sociedades da contorna, ás que se destinan anualmente 400.000 euros". Afirma, aliás, que a negativa da Xunta vai supoñer "precarización" ddos empregos na Costa da Morte e en Sabón (Arteixo). "A decisión da Xunta prexudica gravemente os intereses de Galiza ao despreciar a creación de 200 empregos directos e 300 indirectos". Reaccións As reaccións a esta decisión non se deixaron agardar. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, parabenizou "a todas as persoas que loitaron en defensa do emprego e do futuro desta comarca, das que plantaron a cara a chantaxe que pretendía Villar Mir". "Estou convencida que sen esa unidade en defensa do país, do emprego, da dignidade da Costa da Morte e de Galiza o resultado sería radicalmente oposto", dixo. Tamén desde En Marea se parabenizou os traballadores de Ferroatlántica e a toda a xente da Costa da Morte que se mobilizou contra a segregación. Luis Villares afirma que a unidade contra a segregación das centrais "ten que ser un exemplo da Galiza que non se resigna, que non se cre as mentiras de Feijóo e dque quere ter un futuro digno na súa terra sen ter que emigrar" O pasado mes de febreiro coñecíase un feito relevante remitido ás autoridades bursátiles de Londres e Nova Iorque e polo cal as centrais hidroeléctricas de Villar Mir nos ríos Xallas e Grande ían venderse por 255 millóns de euros. Ferroglobe, resultante da fusión de Ferroatlántica coa estadounidense Globe, informaba que atinxiu un "acordo definitivo" para se desfacer das hidroeléctricas por esa cifra. Dela, o grupo recibirá 153 millóns, unha vez descontados gastos financeiros. A venda, para se materializar, está supeditado a certas cuestións. Unha delas, en palabras da empresa, é a das "aprobacións gubernamentais". O que situaba a pelota no tellado da Xunta, que agora vén de denegar a petición.
NOS_57966
Nuns días esfarelouse todo o traballo realizado durante máis dunha década a prol da cultura propia e da súa lingua no Seminario de Estudos Galegos. Nuns días rompeuse o soño acariñado coas mans dun Estatuto de Autonomía para Galicia. Nuns días perdeu Fraguas a súa cátedra gañada con moito esforzo e converteuse nun dos exiliados en terra. Eis unha ollada ao ensino e á investigación após o golpe de Estado.
O golpe fascista de 1936 truncou a vida de toda a sociedade, ao tempo que esfarelou todas as institucións e os proxectos que emerxeran arredor do galeguismo. Desta maneira, aquelas persoas significadas na defensa da lingua e da cultura propias, con ideas demócratas defendidas a través dunha militancia política activa foron represaliadas. Antonio Fraguas non foi unha excepción e escapou ao monte durante uns días, ata que entendeu que a súa vida estaba salvo, pois era coñecedor do asasinato doutros compañeiros. A súa participación en política como secretario xeral do Partido Galeguista na Estrada, onde era profesor, sinalábao, así como ser o director do periódico bimensual La Voz de Cotobad, do que só se publicou o primeiro número uns días antes da sublevación fascista baixo o subtítulo: "Órgano defensor de los intereses del municipio, su comarca y limítrofes". En tan só uns días implantárase o terror e o horror dunha represión sen precedentes. Fraguas incorporouse en setembro ao seu posto de traballo na Estrada para realizar os exames de pendentes, pero no canto de examinar o alumnado foi paseado polas rúas da vila para escarnio público cantando o "Cara al sol" coa bandeira falanxista. Tamén o obrigaron a inxerir aceite de rícino e a borrar coas mans e sosa cáustica as pintadas a favor do Estatuto de Autonomía. Por se non fose suficiente, uns días despois notifícanlle a suspensión de emprego e soldo e prohíbenlle volver impartir clases. Fraguas foi quen de volver camiñar sen apartarse da estela do galeguismo. Será en 1950, cando gaña novamente a cátedra de Xeografía e Historia Así as cousas, escolle Compostela para asentarse e comezar de novo. Xa nada quedaba das Irmandades da Fala ou do Seminario de Estudos Galegos, institucións das que formara parte activa antes da ditadura. A isto uníase a imposibilidade de exercer a docencia de maneira regrada, que o levou, como a tantos mestres represaliados, a impartir clases privadas nunha academia, onde non cesou o acoso por parte do réxime franquista. Con todo non renunciou nunca á súa vocación docente e durante os anos corenta Antonio Fraguas presentouse en varias ocasións ás oposicións a cátedras, pero os seus antecedentes políticos –"separatista gallego de la rama católica"— impoñíanse sobre a súa valía profesional. A investigación A súa carreira investigadora non foi allea á ditadura e, aínda que na longa noite de pedra se refuxiou na investigación e vai dar ao prelo moitas publicacións, tivo que pagar a peaxe de abandonar o galego dos seus escritos. A Lei de Prensa de 1938 instaurara a censura previa que impedía a publicación de textos nesta lingua se contiñan temática técnico-científica e tiñan un nivel de elaboración lingüística e socio-cultural alta. Así as cousas, Antonio Fraguas viuse privado de publicar en galego os seus ensaios e os seus traballos de divulgación, a non ser aqueles que vían a luz fóra, como un artigo na Revista de Guimarães (1946), e outro no libro homenaxe a Otero Pedrayo publicado en Caracas (1958). Os intentos de recuperar proxectos como o do Seminario de Estudos Galegos (SEG), que marcara un fito histórico en Galicia como centro de estudos interdisciplinario, foron moitos, pero dotar o país de investigación era perigoso para o réxime se non estaba controlado. Deste xeito, 14 de febreiro de 1944 inaugurábase o Instituto Padre Sarmiento, que dependía do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), e que se presentaba como continuador daquela institución. O seu director era Francisco Javier Sánchez Cantón, persoa vista con bos ollos polo réxime, pero o certo é que pouco tiña que ver co SEG, pois o Instituto Padre Sarmiento era unha entidade que dependía do Estado opresor e ditatorial e, en segundo termo, porque apartaba a lingua galega de toda a actividade cultural levada a cabo pola institución, algo que só comezou a mudar de maneira moi tímida na década dos sesenta. O certo é que boa parte do galeguismo viu nesta reconversión unha manobra do réxime para edulcorar a situación e contentar en parte a un sector da intelectualidade galega. Como ben deixou escrito, Fraguas sempre traballou por e para Galicia A biblioteca do SEG fora requisada e depositada na Universidade e, como primeiro xesto, devolven parte dese fondo á nova institución para marcar esa continuidade. A Fraguas, que fora bibliotecario do Seminario de Estudos Galegos, pedíuselle que catalogase o fondo e aceptou a encarga, polo que durante moitas noites fixo ese traballo calado, sabedor de que estaba incompleta, pero tamén de que era un primeiro paso para comezar. O certo é que se sumaron ao Instituto Padre Sarmiento algúns integrantes do Seminario de Estudos Galegos, entre eles Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino LópezCuevillas. Tamén entrou Fraguas en 1946 e ocupou o cargo de bibliotecario, para despois asumir a secretaría e a dirección da sección de Etnografía e Folclore na que tamén estaba o seu amigo Xaquín Lorenzo. Na biblioteca Sen dúbida, Antonio Fraguas formou parte da nova institución para traballar, para seguir realizando catalogacións de castros ou estudos etnográficos. Por iso son habituais estudos seus nas publicacións do Instituto, a primeira "Una página de la vida académica del Doctor Fontán" (1946), no Anejo dos Cuadernos de Estudios Gallegos. Tamén como bibliotecario se preocupou de formar unha biblioteca de interese, coas dificultades que tiña ao non dispoñer de moitos recursos. Así, nos anos corenta deixou de escribir en galego, pero non de investigar sobre a cultura de noso, como tampouco se apartou da causa galeguista, como demostra a súa participación no primeiro Padroado Rosalía de Castro. Neste caso, a finalidade principal era arranxar a Casa da Matanza, onde Rosalía pasara os últimos anos da súa vida e que quedara baleira despois da súa morte. Tras moitos intentos de adquisición, finalmente conseguen facerse con ela e proxectar as obras de restauración, que seguirán os planos de Gómez Román, arquitecto e secretario xeral do Partido Galeguista cando se produce a sublevación fascista. As obras comezaron en 1951, pero ata vinte anos despois non se puido inaugurar. Antonio Fraguas foi quen de volver camiñar sen apartarse da estela do galeguismo. Será en 1950,cando gañanovamente a cátedra de Xeografía e Historia e se incorpora á docencia regrada no Instituto Masculino de Lugo, o actual Lucus Augusti, que sinta conforto, non en van confesa que foi un dos días máis felices da súa vida. En Lugo recuperou parte do perdido e iso deulle azos para seguir afrontando o camiño con rectitude, con compromiso e con entrega, pois como ben deixou escrito sempre traballou por e para Galicia. [Este artigo forma parte do A FONDO especial sobre Antonio Fraguas que vai ser entregado co semanario en papel Sermos Galiza número 346 e que estará á venda a partir da quinta feira]
NOS_26730
O xornalista galego Ignacio Ramonet, autor de Fidel Castro: biografía a dúas voces, publicou este texto, que resgatamos na súa versión portuguesa de OperaMundi, o mesmo día en que se produciu o falecimento do líder cubano.
Fidel morreu, mas é imortal. Poucos homens conheceram a glória de entrar vivos na lenda e na história. Fidel é um deles. Pertenceu a essa geração de insurgentes míticos – Nelson Mandela, Patrice Lumumba, Amilcar Cabral, Che Guevara, Camilo Torres, Turcios Lima, Ahmed Ben Barka – que, perseguindo um ideal de justiça, se iniciaram, nos anos 1950, na ação política com a ambição e a esperança de mudar um mundo de desigualdades e de discriminações, marcado pelo começo da guerra fria entre a União Soviética e os Estados Unidos. Naquela época, em mais da metade do planeta, no Vietnã, na Argélia, em Guinea-Bissau, os povos oprimidos se revoltavam. A humanidade ainda estava, nessa época, em grande parte submetida à infâmia da colonização. Quase toda a África e boa parte da Ásia se encontravam ainda dominadas, avassaladas pelos velhos impérios ocidentais. Enquanto isso, as nações da América Latina, independentes na teoria há um século e meio, continuavam sendo exploradas por minorias privilegiadas, submetidas à discriminação social e étnica, muitas vezes marcadas por ditaduras sangrentas, amparadas por Washington. Fidel suportou a investida de nada menos que dez presidentes estadounidenses (Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush pai, Clinton e Bush filho). Teve relações com os principais líderes que marcaram o mundo depois da Segunda Guerra Mundial (Nehru, Nasser, Tito, Jrushov, Olaf Palme, Ben Bella, Boumedienne, Arafat, Indira Gandhi, Salvador Allende, Brezhnev, Gorbatchov, François Mitterrand, João Paulo II, o rei Juan Carlos, etc). E conheceu alguns dos principais intelectuais e artistas do seu tempo (Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Arthur Miller, Pablo Neruda, Jorge Amado, Rafael Alberti, Guayasamin, Cartier-Bresson, José Saramago, Gabriel Garcia Marquez, Eduardo Galeano, Noam Chomsky, etc). Sob sua direção, seu pequeno país (100.000 km², 11 milhões de habitantes) pôde conduzir uma política de grande potência em escala mundial, batendo de frente até com os Estados Unidos, cujos dirigentes não conseguiram derrubá-lo, nem eliminá-lo, nem sequer modificar o rumo da Revolução Cubana. E finalmente, em dezembro de 2014, tiveram que admitir o fracasso das suas políticas anticubanas, sua derrota diplomática e iniciar um processo de normalização que acarretava no respeito ao sistema político cubano. Em outubro de 1962, a Terceira Guerra Mundial esteve a ponto de explodir por causa da atitude do governo dos Estados Unidos, que protestava contra a instalação de mísseis nucleares soviéticos em Cuba, cuja função era, acima de tudo, impedir outro desembarque militar como o da Playa Giron (Baía dos Porcos) ou outro diretamente realizado pelas forças armadas estadounidenses para derrubar a revolução cubana. Há desde mais de 50 anos, Washington (apesar do restabelecimento de relações diplomáticas) tem imposto a Cuba um devastador embargo comercial – reforçado nos anos 1990 pelas leis Helms-Burton e Torricelli – que impede o seu desenvolvimento econômico normal. Com consequências trágicas para seus habitantes. Além disso, Washington continua conduzindo uma guerra ideológica e midiática permanente contra Havana através das potentes Radio Marti e TV Marti, instaladas na Flórida para inundar Cuba de propaganda como nos piores tempos da guerra fria. Por outro lado, várias organizações terroristas – Alpha 66 e Omega 7 – hostis al regime cubano têm sede na Flórida, onde possuem campos de treinamento e de onde enviaram regularmente, com a cumplicidade passiva das autoridades estadounidenses, comandos armados para cometer atentados. Cuba é um dos países que mais vítimas teve (cerca de 3.500 mortos) e que mais sofreu com o terrorismo nos últimos 60 anos. Cuba é um dos países que mais vítimas teve (cerca de 3.500 mortos) e que mais sofreu com o terrorismo nos últimos 60 anos Diante de tantos permanentes ataques, as autoridades cubanas anunciaram, no âmbito interior, a união a qualquer custo. E aplicaram à sua maneira o velho lema de São Inácio de Loyola: "Em uma fortaleza assediada, toda dissidência é traição". Mas nunca houve, até a morte de Fidel, nenhum culto à personalidade. Nem retratos oficiais, nem estátuas, nem selos, nem moedas, nem ruas, nem edifícios, nem monumentos com o nome ou a figura de Fidel, nem de nenhum dos líderes vivos da Revolução. Cuba, um pequeno país apegado à sua soberania, obteve sob a direção de Fidel Castro, apesar da perseguição exterior permanente, resultados excepcionais em matéria de desenvolvimento humano: abolição do racismo, emancipação da mulher, erradicação do analfabetismo, redução drástica da mortalidade infantil, elevação do nível cultural geral... Em questão de educação, de saúde, de pesquisa médica e de esporte, Cuba teve níveis que a situam no grupo de nações mais eficientes. Sua diplomacia segue sendo uma das mais ativas do mundo. Havana, nos anos 1960 e 1970, apoiou o combate das guerrilhas em muitos países da América Central (El Salvador, Guatemala, Nicarágua) e do Sul (Colômbia, Venezuela, Bolívia, Argentina). As forças armadas cubanas participaram em campanhas militares de grande envergadura, particularmente nas guerras da Etiópia e da Angola. Sua intervenção neste último país resultou na derrota das divisões de elite da República da África do Sul, o que acelerou de maneira indiscutível a queda do regime racista do apartheid. Nem retratos oficiais, nem estátuas, nem selos, nem moedas, nem ruas, nem edifícios, nem monumentos com o nome ou a figura de Fidel, nem de nenhum dos líderes vivos da Revolução A Revolução cubana, da qual Fidel Castro era o inspirador, o teórico e o líder, continua sendo hoje, graças a seus êxitos e apesar das suas carências, uma referência importante para milhões de deserdados do planeta. Cá ou lá, na América Latina e em outras partes do mundo, mulheres e homens protestam, lutam e às vezes morrem para tentar estabelecer regimes inspirados pelo modelo cubano. A queda do muro de Berlim em 1989, a desaparição da União Soviética em 1991 e o fracasso histórico do socialismo de Estado não modificaram o sonho de Fidel Castro de instaurar em Cuba um novo tipo de sociedade, mais justa, mais saudável, mais educada, sem privatizações nem discriminações de nenhum tipo, e com uma cultura global total. Até a véspera do seu falecimento aos 90 anos, continuava atuando em defesa da ecologia e do meio ambiente, e contra a globalização neoliberal, continuava na trincheira, na primeira fila, conduzindo a batalha pelas ideias nas quais acreditava e às quais nada nem ninguém lhe fez renunciar. No panteão mundial consagrado àqueles que lutaram com mais empenho pela justiça social e que mais abundaram solidariedade a favor dos oprimidos da Terra, Fidel Castro – agrade ou não aos seus detratores – tem um lugar reservado. O fracasso histórico do socialismo de Estado não modificaram o sonho de Fidel Castro de instaurar em Cuba um novo tipo de sociedade Eu o conheci em 1975 e conversei com ele em múltiplas ocasiões, mas, durante muito tempo, em circunstâncias sempre muito profissionais e precisas, devido a reportagens na ilha ou à participação em algum congresso ou algum evento. Quando decidimos fazer o livro Fidel Castro. Biografia a duas vozes (ou Cem horas com Fidel), ele me convidou a acompanhá-lo durante dias em diversos trajetos. Tanto por Cuba (Santiago, Holguin, Havana), como no exterior (Equador). De carro, de avião, caminhando, almoçando ou jantando, conversamos muito. Sem gravador. De todos os assuntos possíveis, das notícias do dia, das suas experiências passadas e das suas preocupações presentes. Que eu reconstruía depois, de memória, nos meus cadernos. Depois, durante três anos, nos vimos muito frequentemente, vários dias pelo menos, uma vez por trimestre. Descobri assim um Fidel íntimo. Quase tímido. Muito educado. Escutando com atenção a cada interlocutor. Sempre atento aos demais, e especialmente aos seus colaboradores. Nunca ouvi dele uma palavra mais alta que a outra. Nunca uma ordem. Com modos e gestos de uma cortesia de outrora. Todo um cavalheiro. Com um alto sentido de dignidade. Que vive, pelo que pude perceber, de maneira espartana. Mobiliário austero, comida saudável e frugal. Modo de vida de monge-soldado. Seu dia de trabalho costumava terminar às seis ou sete da madrugada, quando amanhecia o dia. Mais de uma vez interrompeu nossas conversas às duas ou três da manhã porque ainda tinha de participar em "reuniões importantes"... Dormia só quatro horas, mais, de vez em quando, uma ou duas horas a qualquer momento do dia. Descobri assim um Fidel íntimo. Quase tímido. Muito educado. Escutando com atenção a cada interlocutor. Sempre atento aos demais, e especialmente aos seus colaboradores Porém, era também um grande madrugador. E incansável. Viagens, deslocamentos, reuniões seguiam uma atrás da outra sem trégua. Em um ritmo insólito. Seus assistentes – todos jovens e brilhantes de uns 30 anos – estavam, no final do dia, exaustos. Adormeciam de pé. Esgotados. Incapazes de seguir o ritmo desse infatigável gigante. Fidel pedia notas, relatórios, telegramas, notícias, estatísticas, resumos de emissões de televisão ou de rádio, ligações telefônicas... Não parava de pensar, de refletir. Sempre alerta, sempre em ação, sempre à cabeça de um pequeno Estado maior – constituído pelos seus assistentes e ajudantes – lutando uma batalha nova. Sempre com ideias. Pensando o impensável. Imaginando o inimaginável. Com um atrevimento mental espetacular. Uma vez definido um projeto. Nenhum obstáculo o detinha. Sua realização era induvidável. "A intendência vem por último", dizia Napoleão. Fidel, igual. Seu entusiasmo atraía a adesão. Levantava vontades. Como um fenômeno quase de magia, via-se as ideias materializarem, feitos palpáveis realizarem, coisas, acontecimentos. Seu entusiasmo atraía a adesão. Levantava vontades. Como um fenômeno quase de magia, via-se as ideias materializarem Sua capacidade retórica, tantas vezes descrita, era prodigiosa. Fenomenal. Não falo de seus discursos públicos, bem conhecidos. Mas de uma simples conversa depois de uma refeição. Fidel era uma torrente de palavras. Uma avalanche. Que acompanhava a prodigiosa gestualidade das suas finas mãos. Ele gostava da precisão, da exatidão, da pontualidade. Com ele, nada de aproximações. Uma memória surpreendente, de uma precisão insólita. Avassaladora. Tão rica que até parecia às vezes impedí-lo de pensar de maneira sintética. Seu pensamento era arborescente. Tudo se encaixava. Tudo tinha a ver com tudo. Digressões constantes. Parêntesis permanentes. O desenvolvimento de um assunto lhe conduzia, por associação, por lembrança de tal detalhe, de tal situação ou tal personagem, a evocar um assunto paralelo, e outro, e outro, e outro. Afastando-se assim do tema central. A tal ponto que o interlocutor temia, por um instante, que tivesse perdido o fio da meada. Mas depois desandava o andado, e voltada a retornar, com soltura surpreendente, à ideia principal. Em nenhum momento, ao longo de mais de cem horas de conversas, Fidel pôs algum limite às questões a serem abordadas. Como intelectual que era, e de um calibre considerável, não temia o debate. Ao contrário, o requeria, o estimulava. Sempre disposto a litigar com quem fosse. Com muito respeito ao outro. Com muito cuidado. Era um debatedor e um polemista terrível. Com argumentos em abundância. A quem só repugnava a má-fé e o ódio.
NOS_34821
En dous minutos sobre a bucina o Atlético dálle a volta ao marcador e gaña un partido disputado (3-2)
O Celta chegaba ao Calderón disposto a borrar o mal sabor da eliminación de Copa. Un rival de caza maior, como o Atlético, era o reto que os celestes precisaban para superar o golpe recibido en Mendizorroza. Por iso o Celta saíu intenso e enchufado ao campo, disposto a facer esquecer non só a derrota contra o Alavés senón tamén o mal xogo, a renuncia ao seu estilo que fixeron ese día. Os celestes despregaron no Calderón o seu xogo habitual, indo a pola pelota, procurando o control. No minuto seis Cabral marcaba o primeiro gol para o Celta e pouco despois empataba Torres. Mais o equipo galego non se puña nervioso. Ambos os dous, Celta e Atlético, xogaron con intensidade, ambos os dous quixeron a pelota. Foi un partido aberto e intenso no que os celestes por momentos recuperaron o seu estilo de marabilla. Cando o partido emproaba o seu tramo final, Guidetti adiantaba o Celta no que semellaba premio a un equipo que volvera apostar no seu estilo. Mais fútbol é fútbol. O partido semellaba controlado e sen maiores perigos. Moi mal se tiña que dar para non puntuar no Calderón debían pensar os celtistas... e viñeiros dous minutos que condenaron o Celta. Case sobre a bucina, goles para enmarcar de Carrasco e Griezmann e vitoria para o Atlético. Máis unha vez, o equipo galego encaixaba no último tramo de partido. Xa leva recibidos 14 goles nos últimos quince minutos de partido no que va de Liga. Ficha técnica Atlético (3): Moyá, Juanfran (Vrsaljko, min.46), Savic, Lucas, Filipe, Gabi, Saúl (Correa, min.72), Koke, Carrasco, Griezmann, Torres (Gameiro, min.76). Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Jozabed (Wass, min.64), Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.85), Sisto (Bongonda, min.70), Guidetti. Árbitro: Hernández Hernández, do comité das Palmas. Amoestou Gabi (Atlético); Jonny e Guidetti (Celta). Goles: Cabral, 0-1, min.6; Torres, 1-1, min.10; Guidetti, 1-2, min. 78; Carrasco, 2-2, min.86; Griezmann, 3-2, min.88.
NOS_27207
O presidente da Xunta participou na Convención estatal do seu partido cun discurso de ton claramente unionista no que afirmou que o ex-ministro franquista "estaría orgulloso deste PP" e defendeu a Carta Magna española de 1978 no momento no que máis posta en dúbida se atopa por amplos sectores da cidadanía.
No momento no que máis postos en dúbida se atopan, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo saíu en defensa da Constitución e do proceso de reforma do franquismo coñecido como Transición, como fixo no discurso que ofreceu dentro da Convención estatal que esta fin de semana celebra o PP en Madrid. Nun ton unionista e nun acto de grande importancia para as súas aspiracións -cada vez máis evidentes- de pasar á política estatal, Feijóo afirmou que "a Constitución é unha gran catedral política, obra de todos os cidadáns, e defendémola con orgullo xa que é o resumo das achegas e renuncias de todos os españois en prol do consenso". "A Carta Magna pechou anos de enfrontamento", engadiu, esquecendo que na actualidade é criticada por millóns de persoas. O titular do Goberno galego tamén aproveitou a súa intervención para gabar a figura do fundador da súa formación e ex-ministro franquista Manuel Fraga, do que asegurou "estar seguro de que se estivera vivo e acudise á Convención, estaría máis orgulloso que nunca do PP". Curiosamente, estas declaracións coinciden cun pico de casos de corrupción que afectan a este partido. Así mesmo, poden entenderse como unha defensa de Rajoy ante as críticas que recibiu do ex-presidente José María Aznar.
NOS_34895
Dionisio Pereira é un das voces autorizadas nos estudos da memoria na Galiza. Autor dunha abondosa bibliografía arredor dos movementos sociais e político no período republicano e sobre a represión franquista e autor dunha investigación sobre os vitimarios na Terra de Montes que se distribúe a cuarta e a quinta feira no coleccionábel 'Os nomes do terror', con Nós Diario.
Tense afirmado en moitas ocasións que non hai vítimas sen verdugos, pero cal foi realmente a dimensión e as características da represión na Terra de Montes? A día de hoxe temos documentado 38 persoas asasinadas entre 1936 e 1940 na Terra de Montes pontevedresa, ademais, outras 260 foron represaliadas de diversas formas como cadea, multas, roubos ou expropiacións, sancións diversas, expulsións dos seus traballos no caso dos funcionarios públicos, malleiras ou agresións sexuais. Un castigo certamente relevante, se temos en conta que tanto Forcarei como Cerdedo eran pequenos concellos rurais. Compre sinalar, asemade, que a grande maioría dos asasinatos se cometeron fóra do territorio da bisbarra, habida conta o volume da poboación itinerante (os canteiros e seitureiros da Terra de Montes) que andaba ciscada non só por Galiza adiante, mais tamén por Asturias, Madrid, Castela, León, Catalunya ou Andalucía. Outra cuestión relevante é o feito de que a represión mortal acontecida na contorna non deixou rastro documental, dado que non foi recollida nin en rexistros civís, nin en causas xudiciais; para desvelala, houbo que recorrer a fontes orais e á documentación privada. Fala no seu traballo que os primeiros falanxistas en varias localidades da comarca proceden das familias acomodadas vinculadas aos vellos poderes da Restauración, cal foi a súa actuación na represión e até que punto podemos falar dunha continuidade nas elites locais durante o franquismo? A Falanxe pioneira estivo inzada de xente nova pertencente a familias que participaron do poder municipal na Restauración ou na Ditadura de Primo de Rivera e que, na IIª República, sustentaran as Juventudes de Acción Popular, ao partido de Calvo Sotelo Renovación Española e, en menor medida, aos Requetés. Este vínculo á Falanxe de primeira hora determinou tamén a súa participación relevante, primeiro como trama civil do golpe en Cerdedo, Forcarei e Soutelo de Montes e despois como decisivo apoio á Guarda Civil na imposición da nova orde na bisbarra mediante a violencia. Respecto da súa continuidade no franquismo, cumpriría un estudo pormenorizado da composición das sucesivas Corporacións municipais; porén, hai indicios que permitirían estabelecer esa hipótese: o "camisa vieja" de Cerdedo Manuel Gutiérrez Torres foi rexedor ao finalizar a Guerra Civil e, logo, ocupou a alcaldía durante boa parte da década dos 50 do século pasado. En Forcarei, o seu correlixionario Francisco Filgueiras Gulías estivo como alcalde dende 1949 ate 1974. Tamén é de salientar que en Cerdedo, José Luis Jorge Caramés, neto do carlista José Caramés Gamallo que ocupou a alcaldía no tempo da Ditadura de Primo, estivo á fronte do concello nada menos que dende 1974 ate 2004. Aparecen na súa investigación nomes de vitimarios que ficaron na memoria popular como Ricardo Menéndez "O Cubano", Ramón Bao ou José Filloy, que papel xogaron as milicias fascistas no conglomerado represivo e por quen estaban realmente dirixidas? Nestes tres casos, foron milicianos da Falanxe de sinistra sona. Fora das milicias propiamente falanxistas, nos concellos de Cerdedo e Forcarei actuaron Guardias Cívicas ou Somaténs, compostas por xente "de orde", normalmente de dereitas ou de esquerda "reconvertidos", que tan só unha parte pertencía á Falanxe. De todos xeitos, estas partidas foron organizadas moi cedo polos delegados gobernativos, tal que o de Forcarei Sabino Mariño, equipadas pola Guarda Civil coas armas confiscadas aos veciños de esquerdas e infiltradas pola Falanxe, que ocupou os postos de responsabilidade. O papel das milicias falanxistas foi de notorio protagonismo a carón da Guarda Civil nas represalias de todo tipo, mentres que a Guarda Cívica empregouse máis ben para labores de acompañamento e vixilancia, malia que algún dos seus compoñentes, caso de Secundino Antelo Hortas "Lapote", estivo implicado en numerosos castigos. En todo caso, os falanxistas cerdedenses, entre os que tamén houbo persoas con comportamentos humanitarios, tamén actuaron fora do seu territorio, pois participaron nas campañas de limpeza en Tui nos primeiros intres do golpe, no caso de Quireza compartiron coa Falanxe do cuartel da Consolación (A Estrada) múltiples abusos e, mesmo, pretenderon facer incursións na zona de A Cañiza. O xefe provincial de Falanxe de Pontevedra, Manuel Castro Pena ocupa un lugar de relevo no traballo pola súas violencias e o aproveitamento do cargo para o seu lucro persoal, até que punto a súa actitude non é un caso illado e responde ao patrón de conduta doutros moitos dirixentes falanxistas? Antes que nada, non está de máis lembrar que aínda falta moito para avaliar o volume e as consecuencias das multas, extorsións, roubos, confiscacións e incautacións pola brava que tiveron lugar nos primeiros meses do golpe militar, antes de que a represión económica se regulara polo decreto–lei do 10 de xaneiro de 1937. En diversas entregas que se publicarán na serie Os Nomes do Terror, fanse referencias explícitas a estas prácticas que non foron nin esporádicas, nin, semella, espontáneas. Agora, compre elaborar unha visión de conxunto e complementala cos traballos de Julio Prada, que investigou a represión económica derivada dos Expedientes de Responsabilidades Civís e Políticas, operativos a partir de 1937 e 1939, respectivamente. Para iso, sería de grande interese facer un seguimento das actividades do xefe de Falanxe da provincia de Pontevedra, Manuel Castro Pena, que planeou unha mesta trama de extorsión económica contando coas forzas de choque das Falanxes de A Estrada e Quireza (Cerdedo), coa achega de pedáneos e algúns cregos para a elaboración de "listas negras" de antigos esquerdistas. Nesta trama, operativa entre o verán e decembro de 1936, non faltou de nada, dende o asalto nocturno a domicilios para esixir a entrega de cantidades de diñeiro ou outro tipo de bens, ate o secuestro expreso utilizando o chantaxe e a extrema violencia. Os feitos, que saíron á luz mercé a intervención do xuíz de 1ª Instancia de A Estrada, Fermín Bouza Brey, revelaron contactos que alentan a sospeita de que a trama ía máis alá de Tabeirós-Terra de Montes. En consecuencia, permite que nos fagamos a pregunta de se esta pauta de actuación criminal foi frecuente ou non Galiza adiante. Refírese no seu estudo á colaboración coa represións dalgúns cregos como Aquilino Picón, Ventura Pérez ou Jesús Rodríguez Anllo, que valoración fai do papel xogado pola igrexa en Terra de Montes? Compre apuntar que Terra de Montes foi escenario durante a IIª República dunha dura pugna entre o laicismo emerxente e uns cregos que rexeitaban a perda de privilexios. Daquela, tras o golpe militar unha parte notoria dos sacerdotes reaccionaron con resentimento. En todo caso, foi un papel dual, repartido case por igual. Cregos como os que se apunta e outros como o párroco de San Martiño de Figueiroa (Cerdedo), Manuel López Vizcaíno, destacaron como instigadores e delatores; mesmo, algúns ingresaron na Falanxe e foron sinalados como presuntos responsables de castigos físicos, humillacións sexuais ou cousas peores, caso do devandito Aquilino López Picón. Outro tema do que pouco se fala, é do papel que xogaron os cregos no sometemento das mulleres a un agresivo patriarcado que as invalidaba como suxeitos sociais, tarefa para a que contaron coa axuda de coñecidas damas cerdedenses e souteláns incorporadas á Sección Femenina e certas asociacións confesionais. Na outra cara da moeda, tamén houbo cregos que defenderon á súa parroquia impedindo males maiores, caso de Manuel Fraíz Garrido abade de Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) ou o párroco de Pedre (Cerdedo) José Paramé Ferro. Dáse por asumido que os militares ocuparon un papel central no aparato represivo e no caso das vilas un corpo militar como a Guarda Civil, que significaría da actuación da benemérita para os concellos desa comarca? No caso dos asasinatos da xente de Cerdedo e Soutelo de Montes, a execución dos mesmos adxudícase ás milicias da Falanxe, con apoio de cívicos e falanxistas doutras zonas como Pontevedra ou do Salnés, mentres que a Guarda Civil aparece como colaboradora, pois foi a que entregou os presos que, logo, ían ser "paseados". Porén, a responsabilidade última destes actos criminais semella estar na liña de mando que chega até o titular da Comandancia da Guarda Civil de Pontevedra Joaquín Velarde y Velarde e, en todo caso, co beneplácito do delegado gobernativo e gobernador civil da provincia, Ricardo Macarrón Piúdo. Fora disto, a mecánica represiva presenta como protagonista das detencións, simulacros de execución e malos tratos durante os interrogatorios nos cuarteis, á forza mixta composta por gardas civís, falanxistas e cívicos, con especial énfase nos primeiros. Entre eles, salientaron Jesús Maceiras García e Desiderio Carbajo García, números destinados en Cerdedo e Forcarei, respectivamente.
NOS_33716
Tal e como explica Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), os centros sanitarios galegos precisan unha cantidade aproximada de 400 ou 500 doazóns diarias para poder manter o labor asistencial.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) vén de emitir un comunicado no que chama á doazón de sangue aqueles galegos e galegas que pertenzan aos grupos sanguíneos 0-, 0+ e A+, debido á escaseza de reservas nos hospitais da Galiza. Tal e como explica ADOS, os centros sanitarios galegos precisan unha cantidade aproximada de 400 ou 500 doazóns diarias para poder manter o labor asistencial. "En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais da Galiza son imprescindíbeis os compoñentes sanguíneos", abunda ADOS. Neste senso, puntualiza que en ocasións pode baixar o número de doazóns, como nas circunstancias actuais, mais non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios, polo que resulta "imprescindíbel" a "xenerosidade e altruísmo" de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un "esforzo especial" para incrementar as reservas de sangue. Neste sentido, e co obxectivo de facilitar as doazóns, as unidades móbiles da Axencia de Doazón percorrerán varios puntos do país. En concreto, as unidades móbiles percorrerán na segunda feira, 2 de maio, os concellos das Pontes, Abegondo, Mera, Padrón, Cospeito, Lugo, Ourense, A Illa de Arousa, Agolada e Vigo.
NOS_30657
A segunda vaga do novo coronavirus segue a medrar en Europa. O medo a que se descontrole e poida colapsar os servizos sanitarios levou a medidas drásticas nos principais Estados da Unión Europea e no Reino Unido.
O avance da infección está a deixar récords no número de contaxios en Europa, cunha curva que non parou de subir desde finais do verán. Francia O presidente de Francia, Emmanuel Macron, anunciou na cuarta feira unha serie de medidas máis restritivas, alertando de que "estamos nunha situación preocupante que implica que nin podemos entrar en pánico nin tampouco non facer nada". Con 1.633 pacientes en coidados intensivos nos hospitais franceses, a partir de mañá entrará en vigor un toque de queda na rexión parisiense de Île-de-France e en oito áreas metropolitanas (Grenoble, Lille, Lyon, Aix-Marseille-Provence, Montpellier, Rouen, Toulouse e Saint-Etienne). O fechamento farase efectivo diariamente entre as 21 horas e as 6 horas, e permanecerá en activo como mínimo seis semanas. Macron sinalou que, se ben regresar a un confinamento xeral nas casas sería "desproporcionado", "o toque de queda é unha medida relevante", manifestou. O presidente galo é consciente, dixo, de que "haberá consecuencias económicas" para sectores como os bares e restaurantes, a cultura, os deportes e outros eventos. Ademais, anunciou que se reactivarán as xornadas laborais reducidas e prometeu "medidas suplementarias" para os pequenos negocios nas áreas afectadas polos toques de queda. Alemaña Mantense en Francia a posibilidade de viaxar entre rexións, cuestión polémica nun país descentralizado como Alemaña, onde tamén se están a bater récords diarios de contaxios. Até a madrugada de onte o Goberno federal e os länder estiveron negociando as medidas a tomar para controlar a propagación do SARS-CoV-2. Non houbo acordo a respecto de prohibir a estancia en estabelecementos hoteleiros ás persoas procedentes de zonas de alto risco de contaxio a menos que presenten un test negativo en coronavirus cunha antigüidade non superior ás 48 horas. Esta opción recibiu críticas tanto de líderes da Unión Demócrata Cristiá (CDU) como do Partido Socialdemócrata (SPD). O epidemiólogo e responsábel de sanidade desta formación, Karl Lauterbach, criticou o veto, asegurando que "ningún estudo mostrou que viaxar a través de Alemaña sexa un condutor da pandemia". No que si houbo acordo entre Goberno central e Estados federados foi en unificar criterios á hora de estabelecer restricións. Estas aplicaranse en áreas onde se superen os 50 contaxios por 100.000 habitantes nun período de sete días, e contemplan toques de queda a partir das 23 horas, que inclúen o fechamento de bares e restaurantes. Tamén se limitan as reunións en lugares públicos a un máximo de dez persoas, co compromiso de reducilas a cinco de dous grupos familiares diferentes se non abonda para frear os contaxios. No caso de xuntanzas en vivendas privadas, o máximo estabelecido esta semana é de dez persoas de dous grupos familiares diferentes. E en áreas con 35 contaxios por cada 100.000 habitantes no período de sete días, obrígase ao uso de máscara nos lugares públicos ateigados de xente. Todas estas medidas foron cualificadas de "insuficientes para previr o desastre" pola chanceler alemá, Angela Merkel. "A sensación é que todo o mundo está á procura de pequenos tecnicismos" para non aplicar medidas "máis duras", dixo. España Noutro Estado descentralizado, onde as decisións sobre esta materia se toman nos territorios autónomos, España, non existe un criterio común entre as Comunidades Autónomas. A media estatal de casos é de 265 por cada 100.00 habitantes nos últimos sete días. Asturias, por exemplo, con 186 casos, estabeleceu esta semana unha serie de medidas como limitar as reunións a seis persoas, mais non estabeleceu toque de queda e permite o consumo en bares. Pola contra, en Catalunya (263 casos) obrigouse ao fechamento desde onte e durante 15 días de todos os estabelecementos de restauración. E en Madrid (463 casos), ante a falla de iniciativa por parte do Executivo rexional, o Goberno do Estado decretou hai unha semana o estado de alarma neste territorio, un dos máis afectados da UE. Reino Unido Tamén descentralizado e con criterios autónomos xestiona o Reino Unido a crise sanitaria. En Escocia, cinco das 14 áreas sanitarias superan os 100 casos por 100.000 habitantes nos últimos sete días, entre estas as que inclúen Edimburgo (132 casos) e Glasgow (238). O Goberno escocés anunciou onte que nos próximos días se implementarán novas restricións, mais por agora mantén as vixentes. Pola súa banda, o Executivo de Irlanda do Norte decretou a clausura de colexios e bares. E Gales anunciou que vetará a entrada de persoas procedentes de zonas de alto risco do resto das home nations. Inglaterra, desde a cuarta feira, ficou dividida en tres zonas de risco. Liverpool está na máxima, a 3, que contempla a clausura de bares e a prohibición a que persoas de diferentes fogares interactúen en interiores. O Gran Manchester pode seguir os seus pasos, e hoxe está previsto que o Goberno británico inclúa Londres na categoría 2. Italia E o primeiro ministro de Italia, Guiseppe Conte, aprobou o veto a festas privadas. Restrinxe tamén o horario dos bares até a medianoite en terrazas até as 21 horas─. E recomenda usar máscara na vivenda propia cando se estea con persoas alleas. Porén, o Goberno confirmou onte que as escolas non fecharán.
NOS_9857
O palense fala sobre o festival Agrocuir, que terá lugar o 24 e 25 de agosto na Granxa Maruxa de Monterroso.
Áureas, Sacha na Horta, Alba María, Baiuca… O festival Agrocuir xermola na última fin de semana de agosto na parroquia monterrosina de Cumbraos. A carballeira da Granxa Maruxa será escenario da quinta edición deste festival que afonda os pés no patrimonio natural da comarca da Ulloa e pon a ollada firme na loita LGTB. Braulio Vilariño, un dos impulsores do evento, debulla nunha conversa para Sermos Galiza os avatares da programación e do impacto do evento na comarca. -As reivindicacións do ano pasado estaban centradas na mudanza de nome, de Agrogay a Agrocuir, e na deseucaliptización. Este ano, en que focades? -Hai dous pivotes fundamentais nos que se apoia o noso festival. Un piar é a reivindicación de xénero, de calquera xénero. Outro piar é a defensa do patrimonio natural, en concreto o bosque autóctono da Ulloa. Iso sempre vai ser así. Logo, este ano estamos traballando o concepto de "naturalización" que nos relaciona co medio natural diverso, non orientado exclusivamente a unha produción como o caso do eucalipto, millo transxénico, gandaría extensiva… A biodiversidade completa ben entendida, e ao mesmo tempo a naturalización da cuestión de xénero fronte a un concepto máis do pasado que é a "normalización". A norma é algo aleatorio, que se fai en determinado momento e que sempre ten unhas pautas. Nós imos polo concepto de "naturalización". Logo, este ano na carballeira da granxa imos ter algo que se vai chamar A Carballeira das Mulleres, na que grupos de mulleres van ter o seu carballo, agrupados por devanceiras da Galiza, literatas do XIX… e a partir da Guerra Civil e da represión franquista até hoxe xa van ser adicados a persoas do mundo da ciencia, da literatura, da historia, que foran represaliadas polo franquismo, grandes mestras… Son carballos centenarios. -Ao fío da produción no rural, hai unha cuestión chave que é a ideoloxía anticapitalista. Fuxides da comercialización típica das grandes cidades no Orgullo? -Ten que existir e está ben que exista, mais non levamos esa liña. A nosa liña é precisamente anticapitalista. O capital sabe engulir axiña todo o que en principio nace e o contradí. Entón, rapidamente engóleo e o asimílao, devolvéndonolo convertido en produto. A cuestión homosexual no século XIX e despois dos anos 60 foi ao principio algo revolucionario e logo se converteu nunha mercadoría que segue estando aí. Foi chegando a unhas contradicións incríbeis. Por iso cando alguén fala hoxe do "lobby gay", pois podemos chegar a pensar que así é, porque en moitos casos do mundo, hai grandes capitalistas que defenden ese pink washing. Todo moi pintadiño de rosa mais agochando que segue habendo unha homofobia grande mais defendendo esa postura e esa actitude. Por iso, nas grandes cidades a liña do Orgullo vai un pouco por aí. E os partidos políticos evidentemente apóianse nestas cuestións. Está ben que se regulamentaran certas cousas, mais tamén hai outras coas que nós estamos totalmente en contra. -Por exemplo? -A historia da subrogación da maternidade, que se chama así e é outro pink washing, porque realmente non é máis que un comercio con seres humanos, son ventres de aluguer e é outra explotación máis. E nós estamos totalmente en contra, sobre todo desas parellas gays homes que reclaman un dereito. Que dereito? Eu creo que teñen dereito de adopción, que hai moitos nenos que precisan pais, mais non hai lugar a que, como teñen moita pasta, aluguen ventres de mulleres do terceiro mundo onde se está a xerar outro mercado de humanos, cousa coa que estamos totalmente en contra. E claro, iso está apoiado por eses lobbys capitalistas rosas. Claro, "queremos ter un fillo, mais coa xenética nosa". -Ten isto moito que ver coa capacidade do capitalismo de ir comercializando todos os aspectos da vida humana? -Si. E nós nesa cuestión estamos na liña da defensa dos dereitos das mulleres. -Ves tamén curioso como certos partidos que hai anos estaban en contra de loitas como a legalización do matrimonio homosexual tomen agora partido polo "dereito a ter fillos" das parellas gays? -Claro, é un nicho de voto! E precisamente ao ter avanzado tanto nas liberdades xenéricas e sexuais hai moitos gays e lesbianas e trans de ideoloxías non esquerdistas. Durante moito tempo iso foi asimilado por unha ideoloxía esquerdista mais xa non. Viven nunha contradición, evidentemente, mais van ser tamén votantes de partidos de dereita. Nós estamos á marxe disto. A nosa historia é militante, mais de esquerda. -O ano pasado considerabades a opción de incorporar as casas de recepción. Finalmente deuse levado a cabo? -Isto foi difícil, convencemos a máis xente para poñer a disposición algún cuarto, mais non deu tempo aínda. A idea é convencer de que é posíbel, de meter a alguén na casa e que sexa agradábel. Custa porque, por exemplo, aquí faise cos músicos e os propios organizadores procuran sitio, mais son menos sitios. Nós conseguimos algunhas casas, e non é unha cousa de aluguer senón a vontade. Isto a ver se se vai pouco a pouco desenvolvendo máis. -O Agrocuir dista moito doutro tipo de celebracións polo seu rexistro, que procura incluír xente de todas as idades, crianzas, familias… -Si, e cada vez hai máis nenos! O noso realmente é unha romaría popular e tamén busca esa reivindicación. Fronte todas esas celebracións nas vilas e nas aldeas que é toda esa historia espectacular tardísima e carísima, nós queremos volver ás xornadas diurnas, onde a xente se encontra, comparte a comida, as actividades da mañá, están os nenos, os maiores, todo o mundo xunto. Hai un espazo tamén para tomar a sesta e estar tranquilo… Procuramos ese ambiente, que é realmente o que gusta do festival, independentemente do contido ou orientación que poida ter. Unha romaría popular e familiar. -A xente que vive aí, como recibe o festival? -Cada vez están máis identificados con el. Cada vez vén máis xente de aquí. Moitos xa levan o xantar e van comer alí. É iso tamén, o poder estar no chan, enriba duns manteis como era hai 50 anos. Ou sexa, é ese espírito da romaría. A ese nivel, cada vez hai unha implicación maior. E despois, a nivel empresarial, cada vez están máis contentos porque hai beneficio e hai negocio. Todos están cada vez máis encantados e cada vez ven máis xente da zona. De feito, coa limitación de aforo agora están máis nerviosos co tema das entradas. -En realidade, desde o primeiro ano o festival foi un éxito de convocatoria. Ves perigo de masificación ou de adoecer de éxito? -Claro, nós este ano estamos a recibir chamadas de medios, están a darnos moita voz, mais desta volta procuramos non facer nada especial, porque senón xa será problemático asumir a cantidade de público que pode querer vir. E tivemos que poñer un límite, e despois haberá venta de entradas na porta mais procuraremos que siga habendo ese ambiente cómodo. E logo está a xente que traemos para as actuacións... desde logo hai calidade, mais non é a historia de súper figuras que chaman moito e que todos queren ver. Son artistas revelación, procuramos dar a coñecer xente emerxente nese ámbito máis íntimo. Falabas da Carballeira de Mulleres e das mulleres literatas. -Pensades facer algo arredor da literatura de xénero? -A literatura é algo que temos sempre pendente. Ao final non dá tempo para tanto. O ano pasado tivemos proxeccións de cinema e xente que participou, mais ao final non dá tempo a tanta actividade. Este ano, por exemplo, a literatura estará presente no senso en que Alba María estará a facer regueifas [actúa na sesión vermú do sábado 25] e dalgunha maneira a poética popular de xénero estará aí. Logo, Chan da Pólvora montará o seu stand e evidentemente estarán poetas alí e farán algo porque son cuestións improvisados. De súpeto en 15 minutos pode haber alguén recitando en Chan dá Pólvora. Porén, non hai unha actividade específica marcada porque senón, non nos dá tempo, teríamos que estar tres días ou catro. Todo se andará tamén. [ri] -Tes abordado tamén que o Agrocuir non só pretende desbotar os prexuízos cara á diversidade de xénero, senón tamén cara ao rural, do que se pensa que hai máis discriminación só por ser un entorno rural. -Si, claro. Ese prexuízo está dentro do rural e fóra. Por exemplo, iso de que desde fóra se vexa como un atraso ou unha paletada e ao mesmo tempo outra parte da xente ve o rural cun punto exótico. Está moi ben para ir uns días, "que guay, tío, vas á aldea..." [ri] E logo dentro do rural tamén. Ves que non é posíbel vivir e queres escapar. Porén, cada vez hai máis proxectos nos que vai quedando xente, mesmo de persoas que marcharon estudar fóra e de súpeto volven para incorporarse a proxectos de produción dentro do rural, e é iso tamén polo que estamos loitando. E está resultando. Habería que facer políticas moito máis axeitadas para a recuperación da poboación rural moza, que non marchen, porque logo calquera que queira vir aquí o único que atopa é trabas laborais, económicas… Non obstante, afortunadamente hai xente que vai incorporando. Ás veces cómpre darlle máis voz a iso e que a xente vexa que se pode vivir no rural. -O voso colectivo centra todos os esforzos no festival ou reparte o seu traballo noutras cuestións ao longo do ano? -O colectivo estamos noutras cousas tamén. Por exemplo, coa cuestión medioambiental estamos sempre traballando: con Quercus Sonora, Couza de Raíces, fomos ao Parlamento Europeo para denunciar a eucaliptización… Estamos en actividades ligadas a iso, tamén participamos no Instituto de Estudos Ulloáns, apoiamos o movemento contra a mina de Touro-O Pino… O do festival require ao longo de todo o ano traballo, mais estamos sempre traballando en outras cousas. -Haberá sexta edición do Agrocuir? -Si, desde logo! Isto ten vocación de seguir para diante. A loita non se acaba!
NOS_10385
O candidato popular e o presidente do goberno español só coincidiron no mitin de Pontevedra. Esta fin de semana Rajoy participou en tres actos en Galiza. En ningún estivo presente Feijóo.
Como xa se deixou entrever na precampaña, Feijóo tenta marcar distancias con Rajoy. Procurando esconxurar o "efecto Feijoi" para evitar que o PPdeG sexa castigado electoralmente a consecuencia do maioritario rexeitamento social ás políticas levadas a cabo polo partido desde Madrid. Neste sentido, as declaracións de Feijóo tentando desligar os comicios do 21-O das políticas do goberno central son reiteradas desde hai semanas. O pasado 22 de setembro os populares ofrecían unha curiosa estampa, cando Rajoy participaba nun encontro con militantes en Ourense mentres ao tempo Feijóo falaba a 175 quilómetros de distancia, na Coruña. Desde que encetou a campaña electoral Feijóo e Rajoy só compartiron escenario unha vez, no mitin de Pontevedra do pasado día 6. A ausencia de Rajoy nun acto na súa cidade natal resultaría inexplicábel. Aliás, Rajoy non acompañou o candidato popular á Presidencia da Xunta en ningún dos outros actos que o PP realizou neste primeiro treito da campaña en Carballo, Vilagarcía, Compostela, Tui, Ferrol, Foz, O Barco ou A Coruña, en que o protagonista en solitario foi Feijóo, acompañado por outr@s integrantes das candidaturas. Esta mesma fin de semana Rajoy realizou unha incursión electoral en Galiza con actos en Guitiriz, As Nogais e Coruña. En ningún estivo presente Núñez Feijóo. Contrasta o perfil baixo da participación de Rajoy nesta campaña se se compara coa de 2009, en que o líder estatal do PP fixo parte de máis de 40 actos por toda a xeografía galega. Daquela a imaxe constante era a de Feijóo e Rajoy xuntos. A mesma estampa da cal hoxe semellan fuxir.
NOS_22322
Concentración contra a deslocalización de traballo en Unitono na cidade ourensá após decidir Naturgy prescindir do servizo de atención en galego.
Traballadores e traballadoras de Unitono concentráronse diante da sede de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) para denunciar a deslocalización de empregos que vén da man da decisión da eléctrica de prescindir do servizo de atención en galego. "Naturgy escoita, estamos en loita" oi un dos lemas coreados por empregados e empregadas, que denuncian que desde mediados de novembro o maior volume de chamadas atenderase desde Colombia. Representantes de sindicatos e organización políticas como BNG e Grupo Común da Esquerda, así como da Mesa pola Normalización Lingüística, estiveron presentes na movilización. O comité de empresa de Unitono denunciou a inicios deste mes que a partir deste 15 de novembro farase efectivo o cesamento do servizo de atención ao cliente de Naturgy (Gas Natural Fenosa) en galego desde Ourense, co conseguinte perigo para os 130 empregados e empregadas. Outras 150 traballadoras afectadas na Coruña. Reus e Colombia A presidenta do comité de empresa, Miriam Varela, anunciou a recolocación en Reus (Tarragona) e, na súa maior parte, en Colombia do servizo que se prestaba desde hai 10 anos en Ourense . O comité de empresa teme polos efectos no cadro de persoal, xa que Naturgy é o seu principal cliente e que "Unitono só presta outros pequenos servizos a outras empresas que non son suficientes para cubrir o horario laboral dos seus traballadores e traballadoras". O persoal afectado apuntou tres culpábeis: "Primeiro, Naturgy, seguido de Unitono que negou durante meses ter coñecemento do proceso de recolocación". Tamén sinalan que a administración é responsábel da falta de lexislación para evitar este tipo de situacións. Ademais, o comité de empresa ve como principais razóns que levaron a esta situación "a baixada dos salarios e ao compoñente político que leva a Naturgy a querer desconectar de Galiza". Idioma A Mesa solidarizouse cos e coas traballadoras e anima a participar na concentración que terá lugar o 14 de novembro. A Mesa pola Normalización denunciou reiteradamente a situación que se produce pola falta de garantías que permitan o uso do galego nas relacións económicas, ofrecendo alternativas legais que amparasen os dereitos lingüísticos e laborais como a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, rexeitada en 2016 polo Partido Popular no Parlamento tras xuntar os apoios de arredor de 30.000 galegas e galegos.
PRAZA_16366
A cidade acollerá o vindeiro 2 e 3 de marzo un encontro que analizará a realidade do xornalismo de opinión en España. Participarán Rosa Montero, Ana Pardo de Vera, Elisa Beni, Lucía Taboada, Celia Blanco, Ana Isabel Bernal Triviño, Anita Botwin, Fernanda Tabarés, Inma López Silva, María Varela, Emma Gascó ou Diana López Varela.
Pontevedra acollerá o vindeiro 2 e 3 de marzo un Encontro de Mulleres Columnistas baixo o título de As mulleres que opinan son perigosas. No evento, organizado pola Deputación e o Concello de Pontevedra, participarán xornalistas de diferentes xeracións, con nomes tan destacados coma os de Rosa Montero, Ana Pardo de Vera, Elisa Beni, Lucía Taboada, Marta García Aller, Celia Blanco, Ana Isabel Bernal Triviño, Anita Botwin, Fernanda Tabarés, Inma López Silva, María Varela, Emma Gascó e Diana López Varela. Nunha quincena de relatorios e debates afondarán na situación das freelances, da opinión no xornalismo local ou no acoso machista en redes. Durante a presentación do evento, que tivo lugar este luns na cidade, Carmela Silva -presidenta da Deputación de Pontevedra- resaltou que "na sociedade a muller sempre está infrarrepresentada e no caso do xornalismo os datos son escandalosos, xa que o 64% das persoas coa carreira de xornalismo son mulleres e, sen embargo, é un sector dirixido maioritariamente por homes, de feito o 89% dos postos de dirección dos medios do noso país está ocupado por homes". O encontro "servirá para reivindicar o papel das mulleres xornalistas que levan anos intentando derribar un teito que non é de cristal, é de cemento armado", engadiu Silva. "O 64% das persoas coa carreira de xornalismo son mulleres; porén, é un sector dirixido maioritariamente por homes, de feito o 89% dos postos de dirección dos medios do noso país está ocupado por homes", lembrou Silva Susana Pedreira e Diana López Varela, organizadoras do encontro, explicaron como naceu a idea de organizar este foro: "O pasado verán, cando saíu o cartel do Congreso Capital do Columnismo de León formouse un gran alboroto nas redes sociais polo feito de que todos os participantes eran homes. Finalmente os organizadores rectificaron pero tan só invitaron a cinco mulleres dos vinte cinco xornalistas que participaron no evento". "En outubro, cando tivo lugar o congreso, en Twitter foi "trending topic" #HayMujeresColumnistas, tratando de crear un congreso paralelo que hoxe, en Pontevedra, podemos facer realidade", subliñaron. Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou sentirse encantado "de que a nosa cidade acolla unhas xornadas tan necesarias que son unha resposta ao machismo existente nos medios de comunicación, especialmente no que se refire ás mulleres que opinan". Ao redor do 80% dos artigos de opinión nos medios españois son asinados por homes. A entrada para todas as charlas do encontro será libre ata completar aforo pero aquelas persoas interesadas en garantise unha butaca poderán facer a súa reserva a través da web da Deputación de Pontevedra. O programa completo do foro pódese descargar aquí.
NOS_50697
As pensións subirán só un 1% en 2013, un 2% as inferiores a mil euros. Mais a inflación pechou en novembro rozando o 3 por cento.
O goberno español non pagará aos e ás pensionistas a desviación da inflación. O executivo do PP racha así tanto cunha promesa electoral, non sería a primeira que rompe, como coa lei que obriga a compensar @s xubilad @s pola suba do IPC (Índice de Prezos ao Consumo). A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría xustifica a decisión en que o "panorama económico" non permite ese axuste. A inflación pechou en novembro cunha suba do 2,9%, polo que o IPC queda por riba do 1% con que o goberno di que vai subir as pensións en 2013, un 2% para as que fiquen por baixo dos 1000 euros. Xa que logo, @s pensionistas perden poder adquisitivo. Algo que, no caso da Galiza, supón unha diminución maior, pois ten as pensións máis baixas do estado. Galiza Galiza, con 701 euros, mantense como furgón de cola do Estado español canto á contía de pensións. Unha media de 135 euros menos no noso país que no nivel do estado. Os outros territorios coas pensións máis baixas son Murcia (736 euros) e Estremadura (706). No outro extremo sitúanse Euskal Herria e Asturies. A pensión media na CAV está nos 1.100 euros mensuais, entrementres @s asturian@s cobran case 990 euros. Na Galiza as pensións por xubilación sitúanse en 786,74 euros de media, con 453.390 pensionistas; as de viuvez en 508,19 euros e 185.361 beneficiari@s; entrementres as de incapacidade permanente teñen unha media de 779,5 euros e 69.977 pensionistas.
NOS_3089
Mario Regueira escribe a súa crítica semanal sobre o último do profesor Xulio Pardo de Neyra, A cor áspera do veludo.
Xulio Pardo de Neyra é unha figura peculiar dentro da literatura galega dos últimos anos. O autor, tamén coñecido polo seu traballo ensaístico sobre literatura galega e historia, daba ao prelo a mediados da década pasada dúas pezas narrativas marcadas pola súa orixinalidade e pola incursión, ben pouco habitual, no subxénero da literatura erótica. Este 2021 vemos o seu regreso á escrita creativa con dous poemarios: O abecedario no país das alvarizas (Medulia) e este A cor áspera do veludo do que hoxe nos ocupamos. E á vista deste libro, é difícil desligar a súa proposta desa imaxe do autor pescudador, comprometido con ofrecer visións alternativas do erotismo, sen temor a resultar chocante pero tamén sen renunciar á elaboración dun discurso profundo, con calas filosóficas e que apuntan a un certo ton intelectual. Trátase, como xa mencionamos, dunha combinación inusual, capaz de construír un estilo extremadamente particular. E como acostuma pasar nestes casos, é tamén unha característica de dobre fío. Desta forma, o que máis destaca nunha primeira lectura d'A cor áspera do veludo é unha enunciación poética que recala nas referencias das vangardas do século pasado. As alteracións tipográficas e a forma dos poemas son só unha das caras, pero tamén existe unha vontade de innovación demoledora na forma de construír o eu poético ou o seu discurso, e mesmo no atrevido de certos recursos líricos, con especial mención ás aliteracións ou ás sinestesias que se perciben desde o propio título. Componse así un fluír da mensaxe poética moi disruptivo e cunha acusada densidade. Ás veces tanto que o propio contido erótico queda diluído e a súa referencia sobrevive nas marcas léxicas que nolo evidencian. Unha aposta que non desmerece a orixinalidade, situada como primeiro obxectivo, pero que pode chocar ao lectorado que procure unha noción máis dixeríbel do discurso lírico. Por outra banda, o mesmo tratamento dese erotismo tamén está filtrado por a intención rompedora e que procura por momentos os límites da expresión. Pardo de Neyra estabelece un lugar desde o que falar que media entre o individual e o colectivo. E dentro deste último espazo aparecen tamén conceptos como a historia, os mitos ou a memoria, elementos que enmarcan un furioso sentimento de pertenza e unha identidade que conforma rotundamente a ollada diverxente do eu poético. Un libro para deixarse prestar por uns momentos unha ollada persoal e independente.
PRAZA_14515
O xornalista galego Carlos Alonso publica no seu blog Astillero.org unha serie de análises dos comicios do 21-O a través de ferramentas de visualización de datos.
Os medios repiten estes días cifras e máis cifras sobre as eleccións: 2,7 millóns de votantes, 400.000 que forman parte do denominado censo de residentes ausentes (CERA), 82.284 novos electores... E moitos máis. Este datos abruman moitas veces e parece que non engaden moita información. Pero se se analizan con detemento, poden ofrecer claves moi interesante sobre como é Galicia e, polo tanto, a política galega e estes comicios. Unha forma clara de facelo é visualmente, con mapas e gráficas que resuman e afonden nun océano de números, permitindo cunha soa ollada ver o que hai detrás. É o que intenta o xornalista galego Carlos Alonso, afincado en Barcelona, no seu blog astillero.org. Dende hai uns días vén publicando unha unha serie de análises dos comicios do 21-O a través de ferramentas de visualización de datos, partindo de bases que son públicas, coma as do INE. Así podemos ver con facilidade que concellos e comarcas teñen unha meirande porcentaxe de votantes residentes no estranxeiro. A media é du 15% pero cun rango que vai do 0.88% de Burela até o 55% de Avión, Bande e Gomesende. Outra das análises céntrase na distribución por idades do censo electoral en cada provincia. E as gráficas amosoan con claridade o feito coñecido de que as provincias occidentais, sobre todo Pontevedra, son as máis novas, mentres que Lugo e sobre todo Ourense son as máis envellecidas. Os menores de 45 anos rozan o 45% na Coruña e Pontevedra e se sitúan ao redor do 30% nas outras dúas provincias. Astillero.org
PRAZA_20340
O alcalde da localidade recibe chamadas "cada pouco" de medios e colectivos interesados na iniciativa pola que o municipio socializa os beneficios da enerxía eólica e financia os recibos da luz do 75% da veciñanza. A última reportaxe resume a medida nun vídeo para varios países
"Do que me decato é de que esta iniciativa interesa moito máis e ten mais impacto fóra de aquí que no propio país". Manuel Requeixo, alcalde de Muras, recibe chamadas "cada pouco" de medios de comunicación ou colectivos interesados na súa pioneira ordenanza, aquela coa que decidiu sufragar a factura eléctrica dos seus veciños e socializar así os beneficios da enerxía eólica nunha localidade pragada de aeroxeradores. Entrevistado por canles de televisión estatais, emisoras de radio e diarios, a última reportaxe foi a da produtora internacional Zoomin.tv, que traduciu a varios idiomas unha peza que acumula milleiros de visitas en diferentes webs de información. "A iniciativa interesa moito mais fóra que no propio país; Galicia é unha potencia enerxética, pero a nivel político o tema non se trata" "Aquí parece que non se quere falar disto; Galicia é unha potencia en produción de enerxía e en cantos lugares non se podería facer algo parecido, pero a nivel político ou parlamentario este tema queda un pouco de lado e non se trata", insiste Requeixo, do BNG, que accedeu á alcaldía nas eleccións de 2015. Refírese á medida pola que o Concello financia as facturas eléctricas da veciñanza cos impostos que cobra de empresas como Iberdrola, Acciona ou Norvento, que explotan os 20 parques eólicos e 381 aeroxeradores que se espallan pola localidade. Cun importe subvencionable anual máximo de 500 euros e que ten en conta a renda per cápita de cada casa e o consumo, o 75% dos veciños de Muras accederon á axuda. Unhas 200 familias que reciben -maioritariamente- uns 400 euros anuais que supón que non teñan que pagar a luz ou que apenas abonen un mínimo. O Concello financia o recibo da luz do 75% dos veciños de Muras, onde cada dúas persoas hai máis dun muíño de vento Falamos dun concello onde por cada dúas persoas hai máis dun muíño de vento. Neste municipio da serra do Xistral localízanse o 13% das centrais eólicas que hai en Galicia: 20 dun total de 153. Perto de 400 aeroxeradores que enchen a paixase desta localidade de 164 quilómetros cadrados e menos de 700 habitantes. "É cuestión de vontade política que a xente non sufra pobreza ou vulnerabilidade enerxética e que poida ter unha vida digna", lembra o alcalde Requeixo, que advirte que "non se fai milagre ningunha máis que poñer os recursos naturais ao servizo das veciñas e dos veciños". "Sorpréndeme que noutros concellos con grande implantación de parques eólicos e onde se pode facer algo semellante non se faga nada, nin tan sequera unha medida que afecte a xente máis necesitada", di o rexedor nacionalista, que entende que o problema vén de lonxe. "Cando en Galicia se empezaron a instalar aeroxeradores, a Administración non buscou o desenvolvemento industrial que beneficiase a todo o mundo, incluídos propietarios e veciños, senón que en conivencia coas empresas buscouse o negocio rápido e tirar cara adiante; ninguén se preocupou da xente de abaixo", reflexiona, antes de alertar dos "intereses moi grandes que sempre houbo por detrás". "Había unha minoría moi consciente dos grandes beneficios e dividendos que este negocio daba, algo que a maioría descoñecíamos e que non se encargaron de explicarnos", quéixase. Na propia ordenanza, o goberno local explicaba que o obxectivo é "compensar a xeración de riqueza dos recursos naturais explotados por empresas con sedes fiscais fóra do territorio", "compensar o impacto medioambiental de forma directa nos veciños e veciñas", "fomentar o asentamento de veciños no noso municipio, evitando o éxodo rural á costa e ás cidades" e, por último, "erradicar do municipio a pobreza enerxética". Para levar a cabo a medida, o Concello destinou 150.000 euros no pasado ano e 130.000 neste. "Non é unha medida cara", insiste Requeixo, que asegura que a maioría dos veciños solicitaron a axuda "malia as mensaxes do PP advertindo que Facenda lles ía facer devolvela". O alcalde pregúntase por que a Xunta, "que tanto fala de recuperar o rural", non pon en valor medidas como a do seu Concello Ademais, o alcalde pregúntas por que a Xunta, "que tanto fala de recuperar o rural", non pon en valor medidas como esta ou as impulsa noutras localidades. "O que non vale é vendernos iniciativas nos xornais que logo non supoñen nada a cambio para a veciñanza, a xente quere vivir no rural pero se ten as mesmas condicións de vida que noutros lugares", insiste. "Nótase", di un veciño no vídeo de Zoomin.tv. "Eu veño pagando entre 35 e 40 euros ao mes e ingrésanme 173 euros cada seis meses", di outro na peza que destaca no seu título que L'energia eolica sostiene un piccolo comune spagnolo.
NOS_26808
Esta mañá finaba Fernando Acuña Castroviejo, o primeiro catedrático de Arqueoloxía que tivo este país. Un mestre de mestres e un "galeguista convencido", segundo Justo Beramendi.
A capela ardente instalouse no Tanatorio do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. O funeral e posterior sepelio serán mañá cuarta feira ás 12h00 en San Andrés de Trobe, Vedra. Fernando Acuña Castroviejo (Santiago de Compostela, 1945) foi o primeiro catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Comezou na sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, co grupo de Bouza Brey, e foi tamén correspondente da Real Academia Galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes e vicepresidente, ademais de formar parte do seu grupo fundador, do Museo do Pobo Galega. Justo Beramendi: "Sempre foi unha persoa que estivo dedicada ao país, desde moi novo, cando foi discípulo de Bouza Brey no Padre Sarmiento" Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. Ten publicado os ensaios 'Arredor da arqueoloxía' (USC, 2002), e 'Mosaicos romanos de Hispania citerior: Conventus Lucensis' (1974), ademais de moitas outras obras colectivas. O presidente do Padroado do Museo do Pobo, Justo Beramendi, destaca del que "sempre foi unha persoa que estivo dedicada ao país, desde moi novo, cando foi discípulo de Bouza Brey no Padre Sarmiento". Logo, formou parte, xunto con el, do "grupo que fundou e construíu o Museo do Pobo". Justo Beramendi: "Estivo toda a vida traballando e foi un galeguista convencido" "Foi un mestre de mestres", afirma Beramendi. "Fixo un labor de crear unha escola que logo desgrazadamente imos ver o que pasa con ela, con tantas reduccións na Universidade". "Estivo toda a vida traballando e foi un galeguista convencido", remata o seu compañeiro no Museo do Pobo, sen esquecer o Acuña Castroviejo máis humano: "Foi unha excelente persoa e un grande amigo".
PRAZA_19562
Tras conxelala durante tres anos o PP vén de evitar ampliar o obxecto da investigación sobre as caixas desaparecidas. Na operación do rescate Novagalicia Banco transferiulle ao 'banco malo' activos inmobiliarios tóxicos por 5.096,90 millóns de euros.
A pasada semana o Parlamento sacou adiante cos votos do PP as normas de funcionamento da comisión de investigación das caixas, que o partido do Goberno deu en reabrir no inicio da nova lexislatura tras manter os seus traballos paralizados durante tres anos para, xustificaron os populares, "arrefriar o debate" durante un período no que se sucederon as convocatorias electorais. Neste reinicio formal dos traballos os conservadores volveron advertir que a comisión apenas se limitará a culminar o labor xa iniciado na pasada lexislatura coa engádega de "documentos novos" como as sentenzas condenatorias aos ex-directivos. A resistencia a ampliar o obxecto da investigación ficou reafirmada na negativa do PP a indagar nun dos aspectos máis controvertidos da xestión das desaparecidas Caixanova e Caixa Galicia: as súas aventuras inmobiliarias que derivaron en máis de 5.000 millóns de euros de 'ladrillo tóxico'. Nas súas emendas ao funcionamento da comisión o PSdeG tentou, sen éxito, incorporar unha amplicación ao artigo 14 destas normas, o que regula os contidos do ditame da comisión, isto é, das súas conclusións. Este documento, pedían os socialistas, debería iniciar na "xénese da burbulla inmobiliaria, tendo en conta as decisións tomadas sobre a fusión, as auditorías existentes e as actuacións do Banco de España, así como o deterioro das caixas, considerando os investimentos e os riscos inmobiliarios asumidos, así como os cambios regulatorios". Este precepto supuña alargar, de feito, o ámbito da investigación, e o PP rexeitouno. Tras conxelala durante tres anos o PP vén de evitar ampliar o obxecto da investigación ás caixas Quedará así sen investigar, cando menos en Galicia, a etapa das alegrías inmobiliarias das caixas desaparecidas, as que segundo a investigación xudicial chegaron á fusión en estado de "insolvencia", no caso de Caixa Galicia, e con "serios problemas de viabilidade", no de Caixanova. Si é posible, así e todo, trazar un retrato robot da exposición ao ladrillo do que despois foi Novacaixagalicia e Novagalicia Banco a partir das propiedades inmobiliarias da entidade fusionada que acabaron transferidas á Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), isto é, o banco malo creado polo Estado. Na operación do rescate Novagalicia Banco transferiulle ao 'banco malo' activos inmobiliarios tóxicos por 5.096,90 millóns de euros En decembro de 2012, cando o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria executou o rescate completo de Novagalicia e achegou á deteriorada entidade a inxección máis relevante de fondos públicos, máis de 5.400 millóns, a entidade nacionalizada tivo que transferir as súas propiedades inmobiliarias 'tóxicas' á Sareb. O importe daquela transferencia foi, concretamente, de 5.096,90 millóns de euros, prezo que o banco malo abonou con "valores de renda fixa (...) coa garantía irrevogable do Estado español", informara daquela. Un 60% dos pisos fóra de Galicia Entre as condicións do rescate a Novagalicia figuraba tamén a obriga de desfacerse dos seu lastre inmobiliario e, entre outras operacións, a entidade que quedara co negocio bancario de Novacaixagalicia decidira facelo a través dunha nova marca, Escoge casa, que tras a venda de NGB ao venezolano Banesco tornou no portal inmobiliario de Abanca. Como informou Praza.gal, inmediatamente despois da nacionalización Novagalicia ofertaba máis de 9.000 vivendas a través da súa firma inmobiliaria e apenas o 40% delas estaban en territorio galego. Non en van, outra das esixencias do rescate foi a fin da expansión a outros puntos do Estado. Xusto despois de ser rescatada Novagalicia tiña á venda máis de 9.000 vivendas, das que apenas o 40% estaban en Galicia Así, Novagalicia tiña nas comunidades do Levante practicamente as mesmas vivendas sen vender que en toda Galicia (3.400 fronte a 3.500) e dábase a circunstancia de que contaba, por exemplo, con máis pisos en Castellón (638) ou Almería (480) que en Lugo (450) ou Ourense (193). Tamén destacaban naquela relación de vivendas sen vender as que NGB ofrecía en Madrid (622) ou Barcelona (374). Tras aquelas primeiras cifras aínda transcenderían, mesmo despois da privatización, detalles que escurecían aínda máis o pasado inmobiliario das caixas quebradas. Un dos máis resaltables fora a constatación, por parte da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) de que Caixa Galicia "manipulou" o mercado bursátil coas accións que manexaba na inmobiliaria Parquesol, un dos emblemas da España da burbulla que acabara tamén en mans galegas, da construtora Grupo Sanjosé, apenas uns meses antes da caída de Lehman Brothers, no verán de 2008. O ladrillo das caixas galegas pode acabar sendo investigado en Madrid Así as cousas, é posible dar practicamente por seguro que o ladrillo das caixas galegas non será investigado en Galicia, pero non así na comisión de investigación sobre o rescate bancario que se prepara no Congreso dos Deputados. O acordo que dará lugar esta comisión contempla levar as pescudas ata comezos de século, ata a xénese da burbulla coa liberalización do solo decidida polo Goberno de José María Aznar, o que pode derivar no paradoxo de que o ladrillo das caixas galegas apenas se toque na comisión galega, pero si se profunde sobre a súa xestión en Madrid.
NOS_9037
Europa entre 4 paredes é un proxecto teatral impulsado por Ricardo Correia a través da Casa da Esquina - Associação Cultural de Coimbra que conta coa participación de 4 dramaturgas de diferentes países de Europa, entre as que se atopa Vanesa Sotelo. Co obxectivo de dar continuidade á iniciativa, a Asociación Cultural A Turbina levou a cabo a presentación da lectura dramatizada na Biblioteca Ánxel Casal, na que Sotelo exerce como directora do espectáculo.
Como xorde esta iniciativa? É un proxecto de dramaturxia contemporánea que nace o ano pasado a convite do dramaturgo portugués Ricardo Correia. Correia é unha persoa que traballa o teatro do momento e que está moi interesado na relación entre o real e a ficción. Convidounos a outras catro dramaturgas europeas a crear un texto cunha serie de premisas para o mesmo: que fose breve, sobre Europa e para tres intérpretes, partindo do que viamos a través da xanela nese tempo de confinamento. Cada unha elaborou a súa peza e construíuse así unha ollada poliédrica sobre Europa dende diferentes perspectivas e ámbitos. Foron presentadas en Coimbra no mes de xullo e desde a Asociación Cultural A Turbina queriamos desenvolver un proxecto así. Presentamos entón a posibilidade de darlle continuidade coa tradución ao galego desas pezas, como unha fase máis da iniciativa. Que obxectivos persegue? A idea sempre é difundir a dramaturxia contemporánea e aquí, sobre todo, dar a coñecer esta iniciativa que naceu en Portugal. Ampliar eses límites e contribuír a tecer estas redes que se producen dende a dramaturxia, incluíndo tamén as tradutoras. É un modo de darlle continuidade e que non morra unicamente con esa escrita individual, podendo mostrar así esa diversidade e os lugares comúns e compartidos. E por suposto, contribuír a facer memoria dese período de confinamento, que semella que quedou atrás pero dalgún modo aínda seguimos nel. Sobre que versa a súa peza, titulada 'Idus'? O nome vén desa cita dos "idus de marzo", da advertencia que lle trasladan a Xulio César de que hai que gardarse dos "idus de marzo", que ao final foi onde Xulio César foi asasinado e como comezou o estado de alarma. Semellaba que non ía acontecer nada e de repente mudou a nosa forma de relacionarnos co exterior e co mundo. É un pouco tamén o que aconteceu no Estado español, persoas de idade que morreron soas nas residencias. O texto pon de manifesto a importancia de non deixar que ningunha persoa faleza en soidade. Articúlase a redor de tres personaxes, que son dúas veciñas: unha enfermeira confinada e unha muller de 85 anos que acolle na súa casa unha persoa que o necesita. Xérase entón o conflito entre o sacrificio individual e a solidariedade. Lémbranos a súa importancia, mais tamén denuncia os recortes na sanidade pública e aborda a cuestión das persoas sen teito. No 2018, 'Nome: Bonita' foi escollida mellor peza teatral en galego da década polo premio Mondoñedo 10. Si. É un texto que recentemente puiden compartir en Coimbra, pero dentro doutro ámbito. Se vai todo ben, no 2022 aparecerá publicado en galego e portugués nunha antoloxía de dramaturxia galega. É unha peza que me ten dado moitas alegrías, pero que aínda non puidemos levar á escena. Agardemos que nun futuro se poida materializar. Cal cre que é a situación da escena teatral galega actual? Coma sempre, en alerta e con resistencia. No último ano, onde presentei diferentes proxectos, sobre todo coa compañía Incendiaria, vemos que hai moita necesidade de asistir ao teatro, entusiasmo por parte do público. Vivimos coa inestabilidade permanente, é a nosa gran loita, e tamén coa necesidade de crear redes e de xerar alianzas fortes para reforzar ese traballo tan precario e que tanta forza de vontade require. Deixando esa parte que require máis esforzo, achegarse ao público e como o público se achega aos teatros é irrenunciable. O teatro sempre é un espazo para o debate, para o intercambio, para pensarse e para non perderse.
PRAZA_19425
Por que non se admitiu polo PP o pacto competencial e financeiro incorporado ao novo Estatut? Por que en 37 anos de autonomía non se completaron as transferencias?
Estes días ficamos pampos diante dos manexos do Fiscal Xeral e do Goberno do Estado para nomear aos Fiscais do seu gosto político. E puidemos lembrar cando en novembro do 2014 o Fiscal Xeral daquela, Eduardo Torres Dulce, ordenou a interposición dunha querela criminal contra Artur Más e algúns dos conselleiros do seu Goberno por mór da consulta do 9-N. Unha actuación ordenada dende Madrid, que descoñecía que a Xunta de Fiscais adscrita á Fiscalía Superior de Catalunya determinara, por unanimidade, que non cumpría interpór querela por non existir delito ningún. Foi esta a primeira dunha ampla xeira de actuacións paraxudiciais e xudiciais (xuízos do 9-N contra Más e conselleiros, nova querela contra a Mesa do Parlament, a espionaxe policial ordenada polo ex ministro Jorge F. Díaz…) que tentan parar coa represión unha realidade política e social incuestionábel. Porque pode ser que haxa máis persoas a prol de ficar no Estado ou de marchar, mais o que ratifican todas as enquisas é que entre un 75 e un 80% da cidadanía catalá queren decidilo, queren votar. E esta normalidade democrática (pór as urnas) constitúe anatema para o Goberno Rajoy e as tres forzas unionistas, que negativizan o que de por si é positivo: que a xente decida. Os gobernos canadiano e británico actuaron dun xeito moi distinto canda os referendos de independencia quebequeses e o plebiscito escocés de 2014. Permitiron cadansúa consulta vencellante establecendo as súas regras de xogo para o caso de que a independencia gañase. Nas tres ocasións perdeu a opción independentista, pero non caeu o mundo Eu estaba en Edinburgh aqueles días de setembro e ao día seguinte funcionaron a xeito hospitais, transportes e servizos públicos, abriron os pubs e xogouse a liga a finde seguinte. Non pasou nada. Cal é o problema para que PP, PSOE e Ciudadanos consideren calquera consulta á cidadanía en Catalunya como unha catástrofe? Por que a vella pseudoesquerda (Juan Luis Cebrián, Alfonso Guerra) reclama a suspensión da autonomía? Por que non se admitiu polo PP o pacto competencial e financeiro incorporado ao novo Estatut? Por que en 37 anos de autonomía non se completaron as transferencias? Por que moitos cataláns séntense rexeitados en Madrid e Castela? A represión non poderá parar indefinidamente que a xente de Catalunya decida.
NOS_30221
Rosa Regueiro leva moitas horas dedicadas a investigar o desenvolvemento do sector eólico na Galiza. Profesora de Economía Aplicada da USC, a súa tese de doutoramento versou sobre as orixes do negocio eólico na Galiza. Nesta conversa, achega a súa visión sobre a situación actual do sector.
—Leva moito tempo investigando sobre os operadores do sector eólico na Galiza, pero realmente quen son os auténticos donos do vento galego?Os verdadeiros propietarios do vento galego son un grupo heteroxéneo formado fundamentalmente por grupos enerxéticos multinacionais e fondos de investimento internacional, que aproximadamente posúen 88% da potencia eólica instalada na Galiza. Este dato corresponde á análise fechada para o ano 2020, que non pareza que mudase de forma significativa vendo os resultados preliminares para datos actuais. Así, por exemplo, pódese afirmar que a enerxía eólica na Galiza pertence a Tussen de Grechten B.V. e Wit Europeae Inch de Holanda; Capital Research, Blackrock Group, Capital Group, Europacific Group e outros dos Estados Unidos; ou Qatar Investment Authority e Qatar Holding, localizados en Luxemburgo, ou mesmo Three Gorges da China. Estas empresas son os receptores finais dos beneficios xerados por esta actividade. —Como explica que o complexo eólico estea basicamente en mans de empresas foráneas?Cando en ano 2010 defendín a tese de doutoramento sobre a xénese e o desenvolvemento da enerxía eólica na Galiza desde 1995 até 2010, os resultados que se obtiveron foron semellantes, de feito, xa daquelas 75% de potencia eólica instalada na Galiza estaba en mans alleas. Toda iniciativa enerxética é intensiva en capital, aínda que non en man de obra. E tamén sabemos que o capital non ten patria, senón que busca aquelas oportunidades que lle poidan dar maiores beneficios o antes posíbel. Ademais, na Galiza a normativa eólica que se articulou e o modelo de desenvolvemento que se promoveu, caracterizouse por ser extremadamente produtivista, e favorecía a participación de empresas aparentemente arraigadas aquí, tamén aparentemente non vinculadas, pero que en moitos casos só cumprían ter un domicilio social, ser como un satélite dun gran conglomerado internacional. Dispuñan de capacidade económica, financeira, propia ou facilitada pola casa matriz, e tamén tecnolóxica, polo que podían competir por unha maior presenza dentro do negocio eólico galego. Medio milleiro de colectivos piden ao Miteco unha "moratoria científica" aos eólicos nas reservas da biosfera —Que representan as compañías galegas dentro dese negocio eólico no país?As empresas galegas tamén estiveron presentes, cunha maneira de negocio diferente e á vista dos datos, cunha presenza que semella testemuñal, e que se foi reducindo desde 2010 a 2020. Cabe citar empresas como Norvento, Engasa, Adelanta, Jealsa, Vento Continuo Galego, Fergo Galiza, entre outras. —Á vista do acontecido nos últimos tempos, cales cre que van ser as tendencias futuras?A situación semella non ter visos de cambiar, a pesar de que noutros países existen outros patróns de desenvolvemento eólicos de éxito, que promoven a participación de empresas locais, e mesmo da cidadanía propietaria dos solares eólicos ou quen o desexe. A este respecto, destacan os casos de Dinamarca, pero tamén hai exemplos en Alemaña, Francia ou Xapón. Os modelos de propiedade eólica poden exercer unha forte influencia sobre a comunidade afectada e tamén sobre os responsábeis políticos. Na Galiza, a presenza maioritaria de inversores estranxeiros, que lideran procesos de concentración de capital, está favorecida por un marco regulatorio que non permitiu nin permite a participación doutros inversores/accionistas, como os propietarios de terras, agricultores ou particulares, feito que favorecería a aceptación social e o desenvolvemento local e rexional. A hora da política Rosa Regueiro "urxe unha profunda reflexión sobre o que está a acontecer coa expansión eólica na Galiza, sobre a afectación ambiental, e tamén sobre a lesión derivada da concentración do dereito de explotación nun reducido número de propietarios reais estranxeiros, que non teñen preocupación polo entorno no que se localiza o parque eólico, e que non promoven a visibilidade dos beneficios sociais". Precisamente, estas circunstancias están a provocar un rexeitamento aos proxectos eólicos até o momento descoñecida na Galiza e que debuxa un escenario moi diferente ao daquelas instalacións promovidas a finais do século XX e comezos do XXI. Porén, como sinala Regueiro "os gobernantes teñen capacidade para cambiar esta tendencia" polo que cómpren políticas que favorezan un desenvolvemento real do país.
NOS_38411
O Consello de Europa deberá pronunciarse a respeito da extracción mineira que prexudica un xacemeto arqueolóxico único, en Triacastela.
A denuncia presentada pola plataforma Salvemos Cabana considera que a aprobación da licenza en Triacastela vulnera o establecido no Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico e no Convenio Europeo da Paisaxe e insta á paralización da actividade. Unha medida que xa foi demandada perante o Parlamento de Galiza polo grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (AGE). No concreto, a plataforma denuncia que a autorización administrativa concedida a Cementos Cosmos para reiniciar a extracción mineira en Don Isidro (Triacastela) supón graves prexuízos patrimoniais na zona onde se atopa o principal xacemento prehistórico de Galiza, a Cova Eirós, así como varios tramos do Camiño de Santiago ao seu paso por este concello. A mina pon en perigo o xacemento arqueolóxico máis antigo do noroeste peninsular A licenza foi outorgada polo Concello de Triacastela, en mans do Partido Popular, e a súa retirada xa foi exixida polo deputado de AGE, Antón Sánchez, o pasado 26 de agosto ao considerar que a empresa, Cementos Cosmos, non cumpre coas exixencias legais para desenvolver os traballos na mina. "A eficacia da licenza e, polo tanto, o comezo de actividades pola empresa, quedaban expresamente supeditados ao cumprimento dunha serie de condicións (autorizacións da Confederación Hidrográfica, cautelas de protección sobre a Cova de Eirós e Camiño de Santiago, entre outros)", afirmaron desde Alternativa. Feitos que, aseguran, non se cumpren na actualidade. AGE e Salvemos Cabana exixen a paralización da actividade mineira para protexer a Cova Eirós E é que estes bens patrimoniais protexidos pola lexislación vense gravemente prexudicados pola actividade na mina para cuxa extracción se empregan, entre outros métodos, explosivos. Dunha banda, a Cova Eirós acolle restos humanos con máis de 200.000 anos, exemplos de arte rupestre semellantes aos atopados nalgunhas das salas do xacemento de Atapuerca e numerosos úteis prehistóricos que foron considerados por distint@s arqueólog@s como unha "reliquia histórica". Neste senso, desde Salvemos Cabana advirten "supón un alto risco" para a súa conservación a única medida de seguranza adoptada pola cementeira que é a separación en 50 metros da mina e a cova. "De pouco serven na práctica", subliñan, "cando dúas terceiras partes" dos restos arqueolóxicos de Eirós "están en terreos da concesión e por baixo da canteira". Boa parte dos restos arqueolóxicos de Eirós atópanse soterrados baixo a mina de Cementos Cosmos, o uso de explosivos podería destruílos Neste senso, instan a Xunta de Galiza a catalogar como BIC a Cova Eirós "pola presenza de numerosas manifestacións de arte rupestre" e a cumprir cos artigos 4 e 5 do Convenio europeo para a protección do Patrimonio Arqueolóxico polos que se require "pór en práctica medidas de protección física do patrimonio arqueolóxico" que comprendan "a adquisición ou a protección polos medios apropiados, por parte dos poderes públicos, de espazos destinados á constitución de reservas arqueolóxicas", "a conservación e mantemento do patrimonio arqueolóxico, preferentemente in situ" e "a modificación dos plans de ordenación que poidan afectar negativamente ao patrimonio arqueolóxico". O Camiño Francés Da mesma maneira, desde a Plataforma Salvemos Cabana salientan os prexuízos que carrexa a actividade da cementeira sobre algunhas etapas do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Triacastela. "A explotación minera de Cementos Cosmos ten unha incidencia directa sobre un dos tramos máis espectaculares de todo o Camiño de Santiago, declarado como Itinerario Cultural Europeo en 1987 polo propio Consello", explican. Polo que Salvemos Cabana "considera que a autorización administrativa a Cosmos incumple tamén os términos do Convenio Europeo da Paisaxe , que lanzado polo Consello de Europa ten como obxectivo fundamental promover a súa "protección, xestión e ordenación", acrecentan nun comunicado de imprensa.
NOS_21296
Nelly (Nina Hoss) consigue saír con vida dun campo de concentración nazi tras rematar a II Guerra Mundial. Volve co rostro totalmente desfigurado por mor dun disparo así que, coa axuda da súa amiga Lene (Nina Kunzandorf), pide a un eminente cirurxián que llelo reconstrúa para que sexa o máis parecido a como era antes e así buscar a Johnny (Ronald Zehrfeld), o seu marido pianista, coa esperanza de comezar xuntos de novo.
Pasa en contadísimas ocasións o de meterse nunha sala de cine calquera, sen saber moi ben o que se vai ver, tirando un pouco do descarte, iso si, e saír cun sorriso de orella a orella pola inmensa satisfacción de non haber tirado os cartos e, sobre todo, por haber presenciado unha das mellores películas, de seguro, do ano. Ou mais ben do ano pasado inda que se estreara este... Trata de Nelly, unha sobrevivente dun campo de concentración que reconstrúe a súa faciana desfigurada para tratar de ser como era antes e así reencontrarse co seu marido. Como é de esperar a cousa non sae como ela esperaba. Christian Petzold volve a contar coa súa musa Nina Hoss para o papel protagonista. Coñécea tan ben que sabe perfectamente ate onde pode chegar e así poder explotar todas as súas facetas interpretativas para darlle a cada secuencia a cantidade de matices necesarios para construír esta demoledora historia de amor en tempos de posguerra no medio da paisaxe derruída do Berlín Occidental de 1945 tras un dos maiores conflitos do planeta. Época convulsa de renacemento das cinzas pero tamén o inicio doutros problemas que aínda colean hoxe en día. Destaca por riba de todo o tema da recolocación pactada dos xudeus en territorio palestino. Un breve apunte de historia, pero ben recalcado por Petzold, que parece querer darlle un enfoque máis realista e neutral do que xa apuntara Paul Verhoeven en O Libro Negro. Con todo, o quid de Phoenix non é os crimes de guerra, os xudeus ou o holocausto. Tócase o tema si, porén a cousa é máis ben un mero mcguffin para enfocar o tema no drama dunha muller namorada ate os miolos que apenas se recoñece a si mesma, insegura polas circunstancias e traumatizada polo horror, que logra sacar forzas de onde non ten para tratar de recuperar ao seu marido e, de paso, a si mesma cal ave fénix. Visto así podería parecer un filme do montón, pero nada máis lonxe da realidade. A maneira in crescendo coa que avanza o nivel de confianzas, desconfianzas e posibilidades da trama é pura delicia. Multitude de capas, matices e sentimentos encontrados, como se de unha cebola se tratara, que se van abrindo ate chegar verdadeiramente ao corazón. Un deses filmes que paga a pena ir descubrindo paseniño segundo se nos van revelando os feitos que nos levan da man ate un clímax final que é, sen exaxerar, para enmarcar. E ate aquí podo ler... Destacada banda sonora, sobre todo coa peza Speak Low interpretada a capela pola propia Nina Hoss que encrespa o cabelo, e unha fotografía de Hans Fromm, tamén habitual de Petzold, non tanto pola mestría na encadre, que tamén, senón polo uso narrativo das tonalidades cromáticas. Phoenix é a sorpresa da tempada. Unha tremenda xoia de reminiscencias hitchcockianas que por riba se proxecta nun par de salas en versión orixinal... Preciso dicir máis? PHOENIX (Alemaña 2014, 98 min.) Director: Christian Petzold Guión: Harun Farocki e Christian Petzold Fotografía: Hans Fromm Música: Stefan Will Elenco: Nina Hoss, Ronald Zehrfeld, Nina Kunzendorf, Uwe Preuss, Michael Maertens, Imogen Kogge, Kirsten Block, Eva Bay, Megan Gay
NOS_34911
Avanzouno esta cuarta feira o dixital InfoLibre. A multinacional canadiana afirma que un intermediario -alto cargo de Sacyr, grande constructora española coa que Edgewater mantivo unha alianza- lle transmitiu no seu día que o proxecto de Corcoesto só iría adiante se se efectuaba un pagamento de 1,5 millóns de euros a Feijóo e altos cargos do seu goberno.
Ao serlle denegado por parte da Xunta o permiso de explotación de Corcoesto, a multinacional canadiana Edgewater iniciou unha ofensiva contra a administración galega perante os tribunais. Primeirou apresentou un contencioso administrativo, un recurso en que xa deslizaba que desde a contorna de Feijóo se exixía un diñeiro -unha mordida- a cambio de facilitar a autorización para abrir a mina. A seguir, rexistou unha denuncia de arbitraxe. A multinacional demanda unha indemnización por ter investido 20 millóns de euros no proxecto. A Xunta negou a autorización para explotar Corcoesto -con decisións adoptadas entre outubro de 2013 e febreiro de 2015- perante a falta de garantías económicas e técnicas oferecidas por Edgewater e perante tamén a forte oposición social que se ergueu contra a autorización da mina de ouro. Edgewater filtrou no seu momento aos meios un correio electrónico enviado polo seu presidente, George Salamis, ao xerente da súa filial, Mineira de Corcoesto, en que a multinacional canadiana se gababa de que pagar mordidas a cambio de concesións públicas non facía parte do modus operandi da empresa. A Xunta contra-atacou cunha demanda por calumnias contra a multinacional perante o xulgado de instrución número 3 de A Coruña. A acción xudicial non surtiu efeito e foi arquivada en maio do ano pasado. O goberno galego apresentou unha apelación contra o arquivo e na documentación que sustenta o seu recurso aparecen as graves acusacións de corrupción deitadas por Edgewater contra Feijóo e a súa contorna, contidas na denuncia de arbitraxe interposta pola mineira contra a Xunta. Son esas acusacións as que trascenden agora a partir da información publicada por InfoLibre. A apelación da Xunta tampouco foi tida en conta pola Audiencia Provincial, órgao que confirmou o arquivo do asunto decretado polo xulgado número 3 de A Coruña. A Audiencia argumenta que as acusacións de corrupción, embora seren graves, escapan da "esfera penal" por non implicaren "unha imputación certa, directa e eficaz". As acusacións contra os altos cargos do goberno galego formúlaas directamente o presidente de Edgewater, George Salamis, quen no documento apresentado pola multinacional na demanda de arbitraxe di literalmente o seguinte: "En outubro de 2014, un alto cargo de Sacyr díxome que teríamos que pagar 1,5 millóns para obter o permiso para o desenvolvemento do proxecto de Corcoesto e que estes fondos se distribuirían entre altos cargos da Xunta, incluíndo o presidente Feijóo e o señor Tahoces [director xeral de Enerxía e Minas]" . O documento leva por título Notice of arbitration e nel sinálase tamén que uns intermediarios -cuxa identidade non se precisa- demandaron "pagamentos ilícitos" no outono de 2014 para os librar a cargos do goberno galego, "incluídos o presidente Feijóo e Agustín Hernández", ex conselleiro de Meio Ambiente e a quen na demanda de arbitraxe se lle atribúe o inexistente cargo de "vicesecretario xeral da Xunta".
NOS_19763
Após case catro anos de ausencia, a Real Federación Galega de Fútbol, por boca do seu presidente, recoñece que a Irmandiña podería volver "neste 2020 ou en 2021". Porén, Rafael Louzán condiciona ese retorno a unha serie de condicionantes e impedimentos, especialmente os "económicos", que poderían dilatalo aínda máis.
Após case catro anos de ausencia, a Real Federación Galega de Fútbol, por boca do seu presidente, recoñece que a Irmandiña podería volver "neste 2020 ou en 2021". Porén, Rafael Louzán condiciona ese retorno a unha serie de condicionantes e impedimentos, especialmente os "económicos", que poderían dilatalo aínda máis. "Coa pelota nos pés e as cores patrias no peito, o xogador que encarna á nación marcha a conquistar glorias en afastados campos de batalla". Esta frase do defunto Eduardo Galeano representa como poucas a transcendencia de contar cunha selección nacional de fútbol na que un pobo con identidade e cultura propias se poida sentir representado. É imposíbel negar que, como apunta o uruguaio, as identidades hoxe se constrúen sobre o verde dos terreos de xogo, e non sobre o vermello sangue dos campos de batalla. Un ollar retrospectivo sobre os éxitos do combinado español no período 2008-12, a esas fachadas incluso acuguladas até o exceso cromático coa bandeira roxigualda, dan fe de que o fútbol de seleccións é un inmellorábel axente nacionalizador. Pero na Galiza, ese sitio distinto do que falaban Os Resentidos, van para catro os anos de ausencia da Irmandiña, doce segundo os máis puristas, que non recoñecen a selección galega naquel combinado de 2016 que substituíu a icónica camisola das franxas que configuraban a bandeira no peito dos xogadores por unha publicidade de Abanca. Agora, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, apunta nunhas declaracións aos compañeiros de Ao Contraataque, da Radio Galega, que está "traballando" nun retorno que "non é doado". "A nivel deportivo temos, probabelmente, a mellor selección galega a nivel deportivo de toda a nosa historia, e por tanto queremos vela e vivir ese día de festa, mais a xente debe entender que é un proxecto que hai que facelo ben para que non teña repercusións negativas, sobre todo desde o punto económico", conclúe. O calendario FIFA, un "obstáculo" Ademais dos problemas económicos -a RFGF recoñeceu a Nós Diario que o custo dos tres encontros organizados polo bipartito "movíanse en cifras entre os 800.000 e o millón de euros", mentres que o artellado baixo o Goberno de Feixoo en 2016 ante Venezuela foron "300.000"-, que se relativizan ante o continuo crecemento do orzamento da Secretaría Xeral para o Deporte -que en 2020 chegou aos 25,3 millóns de euros, 31% máis que en 2017-, Louzán aduce outro grande obstáculo para adiar o retorno da selección galega: o calendario. "A experiencia que fixemos en maio do 2016 gustounos, pois no inverno ás veces faise complexo, pero o problema é que hai moi poucas datas libres no calendario FIFA, e máis este ano coa Copa América e a Eurocopa", explica o presidente do ente federativo. Ademais, recoñece contactos coa selección do Paraguai, dirixida polo ex técnico do Celta Eduardo Berizzo, e co conxunto nacional de Costa Rica.
PRAZA_1069
Pese a que a porcentaxe de PIB dedicado á saúde é dos máis baixos da contorna, os indicadores sanitarios son dos mellores do mundo. O SNS constitúe un elemento clave para a cohesión social.
A atención sanitaria, tal como hoxe a coñecemos, ten unha curta vida. Pouco máis de tres décadas. A extensa rede de hospitais e centros de saúde que cobren toda a xeografía fíxose nun tempo moi recente. Recordemos que a guerra civil deixou a este país sumido na miseria máis absoluta, baixo a opresión do ditador e co medo e a pobreza esmagando á maioría da poboación. Ninguén visitaba ao médico salvo en casos de extrema gravidade. Durante a II República xa se crearon diversos seguros para protexer a saúde dos traballadores. Pero, tralo final da contenda, non é ata 1944 cando se implanta o Seguro Obligatorio de Enfermidade (SOE), dirixido a protexer aos traballadores economicamente débiles. Tiveron que pasar corenta anos máis para que se aprobase a Lei Xeral de Sanidade (LXS), promovida polo ministro Ernest Lluch, que senta as bases do actual modelo sanitario de España. Seguiu o esquema do National Health Service (NHS), -que xa en 1948 propuxo unha asistencia preventiva e curativa "para todo cidadán sen excepción"-; ademais do Reino Unido, os países nórdicos e outros europeos estableceron sistemas sanitarios baseados no financiamento público, acceso universal e unha oferta de servizos sanitarios con independencia dos ingresos, da posición social ou lugar de residencia (J. Benach). En España este proceso foi máis tardío. Na LXS establécese a universalización do dereito á atención sanitaria, cun modelo baseado na prevención e a promoción da saúde, que integra os servizos sanitarios e que ten unha provisión maioritaria e hexemonicamente pública (Sánchez-Bayle). Esta lei garante o dereito dos cidadáns á atención sanitaria e configúrase un Sistema Nacional de Saúde (SNS) como elemento integrador e coordinador dos servizos sanitarios transferidos ás Comunidades Autónomas (CCAA). Ademais da LXS foron importantes para o bo desenvolvemento do sistema outros feitos. Para conseguir uns hospitais con elevado nivel de calidade foi decisiva a creación, nos anos setenta, do sistema MIR (Médicos Internos e Residentes) para a formación postgraduada, o que dotou aos nosos hospitais de especialistas altamente cualificados que, á súa vez, formaron a outros compañeiros. Para o desenvolvemento do nivel de Atención Primaria (AP) foron momentos clave a creación da especialidade de Medicina de Familia (1978), e o Decreto de Estruturas Básicas de Saúde (1984) que favoreceu a construción de numerosos centros de saúde para acoller o traballo de equipos multidisciplinares que integraron as actividades curativas coas de promoción e prevención. O dereito á atención sanitaria foi unha das conquistas sociais máis importantes da segunda metade do século XX, un ben público equiparable ao dereito ao voto, a educación ou ter unha pensión (J. Benach). Este dereito está garantido polo SNS. Pero este SNS non é perfecto. A súa deficiencia máis notable é o escaso financiamento. Vicenç Navarro recorda (no libro La salud como negocio) que a Transición non foi tan modélica: "os herdeiros da ditadura controlaban os aparellos do Estado e os medios de comunicación, mentres que as forzas democráticas acababan de saír da clandestinidade". O dominio das forzas conservadoras fixo que o Estado fose moi pouco redistributivo: "España é o país que ten un dos gastos públicos sociais per capita (incluíndo o sanitario) máis baixos da UE-15 (o grupo de países da UE de semellante nivel de desenvolvemento) así como un Estado moi pouco redistributivo". A insuficiencia financeira, que arrastra o SNS desde o seu nacemento, débese, sobre todo, ao déficit recadatorio do Estado. España non é un país pobre: o diñeiro existe pero o Estado non o recada. As clases podentes teñen un gran poder e non contribúen a financiar o Estado do benestar na mesma proporción que as súas homólogos da UE-15. Aí é onde está o problema, segundo sinala en profesor Navarro: "as rendas do capital, que supoñen a maioría das rendas das clases máis podentes do país, aportan ao Estado moito menos que as rendas do traballo". Pese a que a porcentaxe de PIB dedicado á saúde é dos máis baixos da contorna, os indicadores sanitarios son dos mellores do mundo. O SNS constitúe un elemento clave para a cohesión social. O SNS xerou bos resultados no estado de saúde da poboación, na cobertura sanitaria, na calidade e seguridade das prestacións e na satisfacción dos usuarios. Os cidadáns españois dispoñen, aínda hoxe, dun SNS con boa relación custo-calidade, e é un sector clave do Estado de benestar, así como un elemento estratéxico da economía, de alto valor engadido e xerador de emprego. É necesario defendelo ante o ataque depredador da dereita gobernante, empeñada en subtraer un dereito aos cidadáns para converter a sanidade nun espazo de negocio. Este texto forma parte do libro "La Sanidad no se vende", Editorial Akal Foca, 2015
NOS_57401
Nova comparecencia de Feijóo perante os meios en pleno escándalo sobre o financiamento do PP. O presidente da Xunta comparecerá hoxe ante a imprensa, como todas as quintas feiras após a reunión do consello, e farao despois de se coñecer que a acusación popular estima en máis de 23 millóns de euros os sobresoldos percibidos pola cúpula directiva do PP entre 1990 e 2011.
Até o de agora, Feijóo ten practicado o máis puro escapismo político en relación ao caso Bárcenas, o tesoureiro do partido promovido como tal por Manuel Fraga e ascendido até chegar a cúpula da dirección xerencial do partido por Mariano Rajoy. A escusa favorita de Feijóo ten sido a de afirmar que nos anos 90, cando Pablo Crespo regaba as arcas do PP español desde Galiza, el non militaba no partido. Crespo foi secretario de Organización do PP galego, con Fraga como chefe da direita galega. Mais foi algo máis do que iso: sentouse no consello de administración de Portos de Galiza como representante da Xunta, en concreto da consellaría de Política Territorial da que Feijóo foi titular. O agora presidente da Xunta non o cesou no seu cargo. Quen o fixo foi o goberno de coligación formado por PSdeG-PSOE e BNG. Agora o caso Bárcenas comeza a adoptar forma de caso Rajoy. A Asociación de Abogados Demócratas por Europa, entidade que exerce a acusación particular, apunta directamente o presidente do PP e do goberno español. Acúsano de ser o dirixente que ficou coa parte do león dos sobresoldos pagos por Bárcenas. En concreto, percibiu 1,5 millóns de euros procedentes da contabilidade secreta do tesoureiro que amasou unha fortuna persoal -todo apunta a que ilícita, todo apunta a que proveniente de mordidas do PP a empresarios da construción- estimada en máis de 40 millóns de euros. Agora o caso Bárcenas comeza a adoptar forma de caso Rajoy O que a AADE quer saber, e nese sentido se ten dirixido ao xuíz instrutor do caso, é se Rajoy declarou ou non a Facenda ese 1,5 millóns de euros. Alén das eventuais responsabilidades xudiciais que puidesen decorrer do caso, é obvio que no plano político o presidente do goberno español ficaría inhabilitado de se probar que ese diñeiro era diñeiro negro, diñeiro procedente dos sumidores aos que pretensamente recorría o PP para financiar as súas campañas eleitorais. Presumibelmente, as cuestións que a imprensa realice a Feijóo na súa comparecencia non só versarán sobre este tema. O presidente da Xunta terá de esclarecer se partilla a decisión de limitar o alcance da comisión de investigación das caixas -con documentación moi relevante que até o Banco de España nega ao Parlamento de Galiza.
PRAZA_19738
A Consellería de Cultura afirma que os cambios, que sorprenderon ao persoal destes centros, responden a unha modificación "habitual" dos equipos directivos. Bamad-Galicia cualifica os ceses de "decisión errada" e pide que estas prazas se cubran por concurso de méritos
O pasado venres a Subdirección Xeral de Bibliotecas decidiu o cese das directoras das bibliotecas centrais territoriais de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela. A decisión sorprendeu ás propias afectadas, ao persoal dos catro centros e a entidades profesionais como a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (Bamad), que "lamentou" a decisión "xa que supón apartar das súas responsabilidades a catro profesionais das bibliotecas sen que se teña explicado nin motivado publicamente as razóns destes ceses". A Consellería de Cultura afirma que os cambios, que sorprenderon ao persoal destes centros, responden a unha modificación "habitual" dos equipos directivos A Consellería de Cultura, en conversa con Praza Pública, sinala que os catro ceses "responden a unha modificación dos equipos directivos dos ditos equipamentos bibliotecarios, modificación que vén sendo habitual nas lóxicas de traballo das diferentes unidades da Administración pública galega". Bamad-Galicia: "Ter cesado sen previsión de recambio a estas persoas deixa o funcionamento das bibliotecas baixo mínimos, impedindo que exerzan con normalidade as súas funcións" Bamad-Galicia sinala que é "unha decisión errada ter cesado estas persoas xusto cando as bibliotecas se encontran, nos meses de abril e maio, coas celebracións dunhas das datas máis relevantes para a dinamización das bibliotecas como son o Día Internacional do Libro infantil, o Día Internacional do Libro e o Día das Letras galegas". E engade que "ter cesado sen previsión de recambio a estas persoas deixa o funcionamento das bibliotecas baixo mínimos, impedindo que exerzan con normalidade as súas funcións". A entidade lembra a súa demanda de que as prazas das Direccións das bibliotecas xestionadas pola Xunta "non se cubran mediante o sistema de libre designación, sistema que posibilita o nomeamento e o cese discrecional por parte da administración, senón mediante concurso, como se tiña realizado até 2013, ano no que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu cambiar o sistema de provisión prazas de dirección de arquivos, bibliotecas e museos". Os cambios nas direccións de catro das seis bibliotecas dependentes da Xunta chegan nun contexto de recortes orzamentarios continuados. A partida que as contas da Xunta lle dedican cada ano á adquisición de fondos bibliográficos para as bibliotecas públicas sufriu un brutal recorte entre 2009 e 2013, caendo dende os 2,4 millóns ata os 650.000 euros, ao redor da cuarta parte. Nos tres últimos orzamentos presentados polo Goberno galego a achega continuou reducíndose, sendo de 560.000 euros para o ano 2016. A esta situación únense as dificultades que experimenta o seu persoal, sobre todo os e as auxiliares de biblioteca, para ver recoñecida a súa categoría profesional. Os ceses chegan nun contexto de recortes orzamentarios continuados e de precarización no emprego Nos últimos anos veu descendendo o número de bibliotecas en Galicia (hoxe hai 497, fronte ás 591 de 2006). Destas 497, só 122 permanecen abertas máis de 40 horas á semana. A maior parte (258) abre entre 20 e 40 horas semanais, 76 fano entre 10 e 20 horas e outras 41 son de acceso público menos de 10 horas cada semana. Aínda así, centos de milleiros de galegos e galegas seguen demandando os servizos ofrecidos polas bibliotecas. En Galicia, máis dun millón de persoas son socios e socias dalgunha destas entidades (en concreto, 1.023.183), o que representa o 38% da poboación.
NOS_11488
Posíbel prevaricación por parte do Goberno na xestión do baleirado dos encoros de Cenzas e Portas, advirte Adega, que reclama depurar responsabilidades no eido xudicial tanto da Xunta como de Iberdrola e Naturgy.
Logo do baleirado de varios encoros da bacía hidrográfica Miño-Sil en xullo e agosto, a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) vén de comunicar que decidiu interpor unha denuncia na Fiscalía en contra da Xunta da Galiza e das empresas Iberdrola e Naturgy. A primeira é concesionaria dos encoros de Cenza e Portas, ambos no concello de Vilariño de Conso (comarca de Viana), que sufriron unha baixada de caudal "particularmente grave e brusca", apunta, que os levou a non superar o 15% da súa capacidade. No caso de Naturgy, que xestiona o encoro de Salas no concello de Muíños (comarca da Baixa Limia), e mailo de Belesar (entre Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín), a capacidade das infraestruturas baixou até o 30%, un nivel que en 2020 non alcanzara até finais de outubro. A entidade ecoloxista destaca que as sociedades demandadas resolveron rebaixar os caudais "en plena época de estiaxe para producir electricidade cando o seu prezo acadaba máximos anuais". O Regulamento de pesca fluvial obriga as concesionarias a comunicar á Xunta da Galiza calquera operación que implique unha diminución do 80% do volume de auga encorada, por mor das competencias exclusivas que ostenta sobre o medio ambiente da zona na que se sitúan os encoros, así como sobre a pesca nos ríos. Ademais, a norma estabelece que estes baleirados teñen que efectuarse como mínimo un mes despois da comunicación. No que atinxe aos encoros que sufriron unha maior baixada, Cenza e Portas, a asociación sinala que a Xunta foi informada o 10 e 12 de xullo das intencións de Iberdrola. Así e todo, a empresa non agardou o prazo mínimo e procedeu a deixar os encoros por baixo do 20% só 12 días despois de comunicalo, no caso de Portas, e 25 días despois no encoro de Cenza. Efectos no medio ambiente Ao non respectar os prazos legais, "o ecosistema fluvial e a fauna puideron verse afectados", advirte Adega, que indica no documento remitido o pasado 10 de setembro á Fiscalía que é preciso investigar se a concesionaria incorreu nun delito contra a protección da fauna e da flora, de danos aos recursos naturais e ao ambiente, e contra valores naturais de espazos protexidos como a Rede Natura 2000, na que se encadra o ZEC Macizo Central. Todos eles tipificados no Código Penal. Posíbel prevaricación da Xunta da Galiza Outro dos delitos tipificados, nesta ocasión no artigo 329, é o de prevaricación por omisión. Este presunto delito, defende Adega, é o que tería cometido a Xunta após tardar en enviar os servizos técnicos de Medio Ambiente a revisar os encoros 70 e 38 días (Cenza e Portas) despois de ser alertada. Isto supón un "grave deixamento de funcións por parte da Xunta, logo de renunciar á súa capacidade inspectora", inciden, xerando "un máis que posíbel resultado de danos aos recursos piscícolas, ás especies protexidas e aos recursos naturais da ZEC Macizo Central".
NOS_11897
O xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra estimou un recurso interposto pola Comunidade de Montes de Tameiga e ordenoulle ao Concello de Mos a revisar de oficio a licenza outorgada en 2018 ao Real Club Celta para construír os campos de adestramento na parroquia de Pereiras, á vez que declarou nula a licenza concedida en 2019 para a construción duns vestiarios e outras instalacións auxiliares nese mesmo complexo.
Así, a xuíza sinalou na súa resolución que, aínda que o Concello de Mos, gobernado por Nidia Arévalo (PP), non incorreu en ilegalidade por non inscribir no Rexistro da Propiedade a superficie esixíbel á construción e os seus usos (un dos argumentos utilizados polos comuneiros), si que se produciu un "vicio de nulidade susceptíbel de provocar a admisión a trámite dunha solicitude de revisión de oficio" da licenza, como reclamaron os recorrentes. Nese sentido, o xulgado razoa esta posición polo feito de que as instalacións construídas polo Celta (un campo de fútbol dobre de 16.576 metros cadrados cun aparcadoiro de 5.500 metros cadrados, ao que habería que sumar os vestiarios) non son unhas meras instalacións deportivas ao aire libre, que poderían executarse cunha licenza directa. Equipamento deportivo privado A maxistrada sinala que esas actuacións responden a un equipamento deportivo privado e, para que se autorice a súa execución en solo rústico, debe elaborarse previamente un Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas, algo que, neste caso, non se fixo. A maxistrada indica que o proxecto autorizado finalmente, como resultado deses dous acordos, "ten un alcance ou entidade moi superior ao que se entende por implantación en solo rústico dun campo de fútbol cuns vestiarios (mínimos, pequenos, necesarios para o uso da instalación orixinaria)". Así, subliña que "encaixa, máis fácil e claramente, no que se denomina 'equipamento deportivo'" privado. "Observadas, na súa xusta dimensión, todas as obras con motivo de cada un deses dous acordos, constituirían un resultado final conxunto, un todo, que se viu licenciado/autorizado nuns termos alleos aos que esixiría a normativa urbanística de aplicación (Lei do Chan de Galicia)", recolle a sentenza. Precisamente, tendo en conta que as actuacións forman un conxunto, o xulgado entende que debe anularse o acordo de xunta de goberno que outorgou a segunda licenza, para a construción dos vestiarios e instalacións auxiliares.
PRAZA_15198
A Deputación de Pontevedra cederá a xestión das instalacións, nas que se investiron 200.000 euros, a Tragsa. Colectivos coma A Revira ou Os Palleiros denuncian que a empresa poderá exterminar os cans que non sexa quen de atender.
Dende hai meses os colectivos de defensa e protección dos animais da provincia de Pontevedra veñen denunciando os plans da Deputación para cederlle a unha empresa privada a xestión das instalacións da canceira de Armenteira, en Meis. As instalacións construironse hai dous anos, pensadas para dar servizo á comarca do Salnés, e polo de agora non chegaron a entrar en funcionamento. Estes colectivos reclaman que a Deputación lles outorgue a xestión deste espazo, que custou 200.000 euros de cartos públicoa, aos grupos de protección do animais, sen ánimo de lucro, e non a unha empresa privada, que con toda probabilidade será Tragsa. Mesmo chegaron a concentrarse hai un par de meses diante da sede da Deputación, nunha convocatoria que foi secundada por máis dun milleiro de persoas que acudiron acompañadas dos seus animais. Os distintos colectivos, coma A Revira, temen que a empresa extermine aqueles cans que non poida atender, no que cualifican de "xenocidio animal" As denuncias non se limitan ao carácter privado do xestor senón que se alerta de que o denominado Centro de Acollida se convirta en realidade nun centro de exterminio de animales abandonados. A razón é que a canceira está pensada para 500 animais e calcúlase que terá que dar servizo a máis de 2.000. E os distintos colectivos, coma A Revira, temen que a empresa extermine aqueles cans que non poida atender, no que cualifican de "xenocidio animal". Como alternativa A Revira propón unha serie de ideas para mellorar o servizo: crear un censo canino, campañas que impulsen a colocación do chip, medidas legislativas novas contra o abandono e o maltrato, a prohibición da venda e negocio cos animais, sensibilizar a poboación desde idades tempranas e o apoio real ás entidades de protección dos animais que traballan no ámbito local, priorizando a acollida, e non o extermínio. Ademais lembran que cos cartos investidos poderian crearse ate catro protetoras de animais en diversas localidades, con capacidade de atender máis animais. Entre os colectivos denúnciase ademais a falta de sensibilidade dos xestores do ente provincial e lembran que nunha xuntanza que mantiveron hai uns meses Rafael Louzán pechou o debate sobre as opcións de xestión da canceira cun "A mí los perros me la sudan".
NOS_25720
O informe mantén que os crimes cometéronse en todas as provincias afganas, un total de 34.
A Fiscalía da Corte penal internacional (CPI) da Haya considera que hai razóns sólidas para crer que o exército de Estados Unidos cometeu crimes de guerra en Afganistán, principalmente nos anos 2003 e 2004 se ben nalgúns casos continuaron até 2014. Nun informe que se vén de facer público, os fiscais da CPI afirman que forzas de EUA cometeron crimes relacionados coa tortura e outros tipos de violacións dos dereitos humanos en campos secretos de detención. A Corte considera que estes centros eran xestionados pola CIA e os crimes de guerra cometéronse nas 34 provincias afganas, se ben sinala como aquelas máis afectadas as de Kandahar e Helmand. O documento recolle que "membros das forzas armadas de EUA parece ter sometidos 61 persoas detidas a tortura" e que os oficiais estadounidenses terían torturado outras 27 persoas detidas. A fiscalía suliña que posúe razóns fundadas para crer que os talibán e os seus aliados tamén son responsábeis de crimes de guerra e crimes contra a humanidade. De crime de guerra e torturas tamén a fiscalía deste organismo considera que hai indicios abondo para sinalar o goberno afgano.
PRAZA_8343
A Corte de Apelación do Tribunal Superior de Hiroshima ditou unha sentenza sinalando que as eleccións xerais celebradas en Xapón en decembro de 2012 eran "inconstitucionais e inválidas". Segundo a sentenza, existía unha desigualdade do valor do voto nas últimas eleccións xerais. Os distritos electorais divídense segundo o número de habitantes. Por iso, un voto nun distrito onde existe un numeroso electorado ten menos valor que un voto no distrito onde hai pouco electorado.
A Corte de Apelación do Tribunal Superior de Hiroshima ditou unha sentenza sinalando que as eleccións xerais celebradas en Xapón en decembro de 2012 eran "inconstitucionais e inválidas". Segundo a sentenza, existía unha desigualdade do valor do voto nas últimas eleccións xerais. Os distritos electorais divídense segundo o número de habitantes. Por iso, un voto nun distrito onde existe un numeroso electorado ten menos valor que un voto no distrito onde hai pouco electorado Xa que logo, esta sentenza afectará á política de Shinzo Abe? Os distritos electorais divídense segundo o número de habitantes. Por iso, un voto nun distrito onde existe un numeroso electorado ten menos valor que un voto no distrito onde hai pouco electorado. Esta diferenza de valor do voto viola o Artigo 14 da Constitución, que referenda o principio de "igualdade ante a lei". Existían problemas e preitos políticos en torno a este punto desde hai moito tempo. As sentenzas anteriores en torno a este problema foron declarando inconstitucionalidades ou "situacións inconstitucionais" (pode ser inconstitucional se non se reforma o sistema dentro dun prazo fixo racional), co cal as eleccións xerais eran consideradas como válidas. Os antecedentes O valor do voto no distrito 3 da provincia de Kochi era 2,43 veces máis grande que o do distrito 4 da provincia de Chiba En marzo de 2011, a Corte Suprema de Xustiza de Xapón sentenciou que as eleccións xerais en 2009 quedaron viciadas por "unha situación inconstitucional". Por iso, os poderes lexislativos debían tomar medidas canto antes para reformar o sistema electoral. Con todo, os poderes lexislativos non as tomaron e finalmente as eleccións xerais celebráronse en decembro de 2012, malia que xa pasara máis dun ano e medio trala sentenza da Corte Suprema de Xustiza. Resulta que a diferenza de valor do voto non foi reformada. O valor do voto no distrito 3 da provincia de Kochi era 2,43 veces máis grande que o do distrito 4 da provincia de Chiba. Os poderes xudiciais xa non podían tolerar a neglixencia dos poderes lexislativos. É a primeira vez que os poderes xudiciais ditan unha sentenza que declara como inválidas unhas eleccións xerais. O Tribunal Superior de Hiroshima sentenciou o pasado 25 de marzo de 2013 que as eleccións xerais en 2012 nos distritos 1 e 2 da provincia de Hiroshima son inválidas. O Tribunal Superior de Hiroshima aprazou a execución de invalidez ata un día despois para non crear inestabilidade na política xaponesa. Din que o Comité Electoral de Hiroshima recorrerá á Corte Suprema de Xustiza, así que os parlamentarios elixidos nestes distritos non perden o seu posto ata que a Corte Suprema de Xustiza dite unha sentenza de invalidez. No entanto, a sé local de Okayama do Tribunal Superior de Hiroshima tamén sentenciou o pasado 26 de marzo de 2013 que as eleccións xerais no distrito 2 da provincia de Okayama son inválidas. É pertinente considerar que en Xapón existen oito Tribunais Superiores, sendo estes Tokio, Osaka Nagoya, Hiroshima, Fukuoka, Sendai, Sapporo e Takamatsu, así como seis sedes locais do Tribunal Superior en Kanazawa, Okayama, Matsue, Miyazaki, Naha e Akita. Nesta sentenza do Tribunal Superior de Hiroshima non se admite a moratoria, polo tanto entra en vigor inmediatamente. Pero espérase que o Comité Electoral de Okayama tamén recorra á Corte Suprema de Xustiza. Noutros Tribunais Superiores tamén existen preitos a propósito do problema da diferenza de valor do voto nas últimas eleccións xerais. Aínda non terminaron todos os preitos pero case todos os Tribunais Superiores ditarán unha sentenza relativa a que as eleccións xerais son "inconstitucionais" ou viciadas por unha "situación inconstitucional". Unha repetición sen consecuencias políticas En caso de repetírense as eleccións xerais, non parece probable que afecten seriamente ao goberno de Shinzo Abe e do PLD, o cal mantén unha alta porcentaxe de popularidade e apoio xeral Estas sentenzas afectarán á política do Partido Liberal Democrático (PLD)? O PLD non perde escanos inmediatamente, polo menos ata que a Corte Suprema de Xustiza dite unha sentenza unificada de invalidez. Con todo, a Corte Suprema de Xustiza xulga sobre a constitucionalidade das eleccións xerais en 31 distritos electorais. Polo tanto, hai probabilidade de que se repitan as eleccións xerais en moitos distritos. En caso de repetírense as eleccións xerais, non parece probable que afecten seriamente ao goberno de Shinzo Abe e do PLD, o cal mantén unha alta porcentaxe de popularidade e apoio xeral. Trala sorprendente sentenza, Shinzo Abe indicou que reformaría a curto prazo a Emenda da Lei das Eleccións Públicas. O certo é que en novembro de 2012 foi aprobada unha lei para reducir cinco escanos na Cámara Baixa, coa finalidade de diminuír a diferenza de valor do voto. A diferenza, o entón goberno de Yoshihiko Noda prometeu a disolución da Cámara Baixa. Trala disolución, estaba en preparación o anteproxecto de novos distritos electorais e elaboraba a Emenda da Lei das Eleccións Públicas. Shinzo Abe estaba preparando a presentación deste proxecto de lei á Cámara Baixa en abril de 2013. Xa que logo, esta sentenza dos poderes xudiciais premeu a Shinzo Abe. A política xaponesa cambiará nun futuro próximo. Estase aproximando o tempo de modificar o sistema político deseñado trala Segunda Guerra Mundial e de creación dun novo sistema Ademais, os partidos políticos da oposición opinan que o proxecto do PLD non é suficiente para corrixir o problema de diferenza de valor do voto, co cal demandan unha reforma drástica do sistema electoral. Argumentan que a Emenda da Lei das Eleccións Públicas para reducir cinco escanos non debe adiantarse á reforma en profundidade, senón que debe abordarse simultaneamente a redución e a reforma. Aínda o PLD e os partidos da oposición non chegaron a un acordo. É posible que Xapón estea ás portas dunha transición cara a un novo sistema político. A política xaponesa cambiará nun futuro próximo. Estase aproximando o tempo de modificar o sistema político deseñado trala Segunda Guerra Mundial e de creación dun novo sistema. A sentenza dos poderes xudiciais arredor da diferenza de valor do voto deu ao pobo xaponés unha ocasión para repensar o sistema político do país.
NOS_15752
Lixeira rebaixa no prezo medio da electricidade durante este fin de semana, malia iso, Facua estima un incremento do 43,7% no prezo da factura con respecto ao mesmo período de 2020.
100,51 euros/Mwh, este é o prezo medio da electricidade este domingo. A pesar de supor unha baixada do 8,74%, reducindo a cifra por segundo día, segundo datos de OMIE (o operador do mercado eléctrico designado na península), agosto mantén un prezo medio superior aos 100 euros/Mwh, superando todos os récords. Precisamente, a sexta feira, 13 de agosto, estabeleceuse o prezo medio máis alto da serie histórica, con 117,29 euros/Mwh. Hai un ano, o prezo medio diario estaba nos 32 euros/Mwh, tres veces menos que na actualidade. A mínima rebaixa do prezo o sábado e o domingo está motivada en que, teoricamente, durante os fins de semana a menor demanda impulsa un abaratamento deste prezo. Ao longo do día, entre as 18.00 e as 19.00 estará o prezo máis baixo da xornada, con 88,14 euros/Mwh. Pola contra, entre as 00.00 e a 01.00 chegouse a pagar 110,41 euros/Mwh. Facua-Consumidores en Acción, calcula que a factura da luz en agosto será "a máis cara da historia", cun aumento no que vai de mes dun 43,7% da factura con respecto ao mesmo período de 2020. Ista implica, baseados nas súas estimacións sobre a tarifa semirregulada (PVPC), que os primeiros 15 días de agosto deixan unha factura mensual de 91,62 euros, hai doces meses foi de 63,77 euros. Todo isto, após o cambio no IVA do 21% ao 10%, que foi aprobada polo Goberno estatal para ser aplicado nas facturas posteriores ao 26 de xuño e no que resta de 2021.
NOS_18458
Barreras logra evitar a entrada en concurso gracias a un acordo 'in extremis' coas acredoras.
A semana comeza ben para o estaleiros vigués Hijos de J.Barreras. Tras contar co plácet da Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Cesce) ao plan de reestruturación do financiamento do estaleiro exposto por Ritz Carlton, Barreras logra evitar a súa entrada en concurso de acredores. Este domingo, 2 de febreiro, era o último día contemplado para chegar a un acordo cos provedores. A semana pasada, a firma norteamericana pedira un prazo de tres meses ás auxiliares para facer fronte as débedas. Estas firmas, agrupadas na sociedade Uninaval, aceptaron este período de gracia para que o estaleiro faga efectivo o pagamento dos preto de 25 millóns de euros que lles debe. O plan presentado ante o Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo contempla a modificación do contrato inicial do cruceiro 'Evrima' de modo que o seu armador, a compañía estadounidense Ritz Carlton, que podería adquirir o 51% das accións, actualmente en mans da mexicana Pemex, asumirá o sobrecusto da embarcación, cifrada en 70 millóns, e cubrirá así o buraco de 50 millóns do estaleiro, en situación de preconcurso desde o pasado 3 de outubro. A empresa tamén solicitara ao xulgado a disolución da sociedade ao atoparse en situación de desequilibrio patrimonial. A empresa tiña até este domingo, 2 de febreiro do 2020, para chegar a un acordo cos seus provedores e esquivar a liquidación. Nos últimos meses Ritz Carlton, que constrúe no estaleiro o seu primeiro cruceiro de luxo, ao que podería sumarse un segundo, chegou a un acordo cos principais accionistas de Barreras, a mexicana Pemex (51%) e o grupo Albacora (24%) para facerse coa xestión e tratar de manter a flote a compañía.
NOS_4584
Catrocentas páxinas divididas en oito capítulos levoulle ao profesor e colaborador de Sermos Galiza Ramón Varela Puñal escribir un duro alegato contra os fundamentos filosóficos e mesmo históricos do cristianismo. O cristianismo contra a razão (autoeditado, 2018) preséntase o vindeiro 25 de abril na Libraría Couceiro de Compostela.
O ensaio comeza no denominado Edito de tolerenacia do ano 313, cando o emperador romano de Occidente, Constantino, comezou a actuar como a autoridade suprema da Igrexa. "A partir de Constantino, a Igrexa foi favorecida con privilexios de toda índole", escribe, "económicos, laborais, xudiciais, legais, inmobiliarios, privilexios que se manteñen". Estabeleceuse daquela "o tándem da espada e da cruz". A Igrexa convértese nunha máquina de represión, "a maior das que houbo até hoxe". Herexes de toda condición, apóstatas, xudeus, maniqueos, priscilianistas, todos e todas son perseguidos pola xerarquía cristiá. Que chegaba a intervir en cuestións médicas: "Prescribiran como único medio de cura a sangría e deixou de cultivarse a técnica e a ciencia empírica". É daquela cando o título do traballo de Varela Puñal toma corpo: "O cristianismo emprendeu unha campaña de fustigación en contra da razón e da filosofía, en nome da fe e da irracionalidade". O escritor adéntrase despois na crítica teolóxica. A tríade divina -o Pai, o Fillo, o Espírito Santo- e a doutrina trinitaria, a transubstanciación -"que transgride as leis da realidade material e repugna a razón humana" ou a Inmaculada Concepción de María pasan polo implacábel bisturí de Varela Puñal. O ensaísta remóntase, finalmente, ás fontes relixiosas e filosóficas do cristianismo. "O concepto de Deus dos hebreos", considera, "non difería do concepto de Deus que tiñan os pobos veciños. Todos eran pobos politeístas, e só durante o cativerio de Babilonia se reafirmou a crenza nun Deus único, identificado co deus tribal de Xerusalén". Tampouco, afirma, "a inmortalidade da alma está na Biblia, agás no Apóstolo Paulo. Non hai proba algunha que demostre que existe este concepto platónico ni que o ser humano é inmortal". O cristianismo contra a razão, escrito en galego internacional, está a venda nas librarías Couceiro, Follas Novas e Galaécia de Compostela; en Couceiro e Suevia da Coruña; na Central Librera de Ferrol; na Paz de Pontevedra; na Trama de Lugo; na Brañas Verdes de Carballo, e mais na Sementeira de Noia.
PRAZA_5927
O Foro Galego de Inmigración presenta o documento final da súa campaña contra a discrminación das persoas migrantes e envía o texto ao presidente do Goberno para que "mellore as políticas dirixidas cara a este colectivo".
O Foro Galego de Inmigración presentou este mércores o documento final da campaña SOS Dereitos das Persoas Migrantes en Grave Perigo. Foi diante da Subdelegación do Goberno da Coruña onde se fixo público o texto definitivo que foi remitido ao presidente do Goberno do Estado para que "o estude e considere de cara a mellorar as políticas dirixidas cara a este colectivo desde as diferentes administracións públicas". Este documento final é resultado dunha campaña desenvolvida desde o pasado 29 de marzo e ata o 7 de xuño e queu conta co apoio de numerosos grupos, asociacións e colectivos como Fronte Cívico, SOS Sanidade Pública, Ve-la Luz, 15M, Stop Desafiuzamntos, o Concello de Oleiros, EU, BNG, SOS Racismo, Equo, AGE ou o PSdeG de Ferrol, entre outros. A campaña pide un cambio de rumbo nas políticas cara aos migrantes e "concienciar o conxunto da sociedade galega" sobre as dificultades que sofre este colectivo Foi a campaña unha maneira de "concienciar o conxunto da sociedade galega" do forte impacto que as políticas das administracións están a producir nos dereitos dos migrantes e "as intolerables situacións que padecen". Os "aberrantes e vergoñantes" acontecementos que levan meses ocorrendo nas fronteiras españolas de Ceuta e Melilla foi o que levou o Foro de Inmigración a denunciar esta e outras situacións. Así, denuncia o "intolerable anuncio" do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que "van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos". Ademais, o Foro de Inmigración lembrou tamén a exclusión sanitaria que sofren os inmigrantes en situación irregular, a intensificación das redadas racistas e "persecución sistemática" deles, así como a "persecución específica do colectivo de vendedores ambulantes en Galicia". Os acontecementos en Ceuta e Melilla foron o impulso que levou o Foro a facer a campaña Na campaña, denunciouse tamén o aumento das situacións de explotación laboral do colectivo no país, especialmente nos ámbitos do emprego doméstico das explotacións agrogandeiras e do sector pesqueiro, os fortísimos recortes dos orzamentos públicos dedicados aos inmigrantes, así como "a existencia no Estado español dos CIEs e a continua violación de dereitos que se producen dentro deles". Por iso, o documento propón que se derrogue o decreto que exclúe da Sanidade aos inmigrantes e que se implante unha renda básica das iguais que "supere as limitacións das rendas de inserción que xestionan as diferentes autonomías". Ao tempo, piden que se errogue tamén a lei de reforma local para que así se poida "garantir o mantemento duns servizos mínimos de benestar social para toda a cidadanía e sen discriminación ningunha". O Foro tamén reclama a derrogación da actual Lei de Estranxeiría e do seu regulamento de aplicación e, xa que logo, que remate "a persecución cara ao colectivo migrante e as redadas racistas por cometer simples faltas administrativas", así como o peche dos CIEs, o cesamento dos voos de deportación masivos e que se acabe co incumprimento "dos máis elementais dereitos humanos" en Ceuta e Melilla. O Foro destaca que a reforma laboral provocou un "importante deterioro" dos dereitos laborais dos inmigrantes Tamén aposta por acabar coa persecución cara ás persoas que desenvolven a venda ambulante e que se implementen programas de integración sociolaborais "que permitan outras alternativas máis dignas para estas persoas". Ao tempo, advirten do deterioro "importante" dos dereitos laborais dos migrantes como consecuencia das sucesivas reformas laborais dos últimos anos. Por iso, o Foro reclama que se varíe a lexislación laboral e se desenvolvan inspeccións de traballo como medio efectivo "para a loita contra a explotación laboral".
PRAZA_12159
Pancho Casal, presidente de Continental, reflexiona sobre a resposta da industria audiovisual ao novo escenario de distribucion de contidos e pide cambios para que os filmes se poidan difundir na rede días despois da súa estrea en salas. Falamos tamén con Manuel Cristóbal (Perro Verde) e Paula Cons (Wecoop)
Pancho Casal, presidente de Continental, reflexiona sobre a resposta da industria audiovisual ao novo escenario de distribucion de contidos e pide que produtoras, distribuidoras e exhibidoras cheguen a un actrodo para que os filmes se poidan difundir na rede días despois da súa estrea en salas. Amósase crítico coas operadoras de Internet, que son para Casal as grandes beneficiadas das descargas gratuítas e co discurso "do gratis total" que, asegura, vai "rematar coa diversidade cultural, que é o que está detrás dalgunhas destas persoas que promoven a 'liberdade'". Casal atópase estes días no Brasil, no Rio Content Market, o máis importante mercado audiovisual de Sudamérica, xunto con outras empresas galegas coma Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media. Canto de morto está o negocio das salas e canto de maduro está o da rede? Internet é a salvación do cinema, como dixo Álex de la Iglesia? Non sei como cualificar as palabras de Álex de la Iglesia ... , a realidade é que el non podería producir as súas películas, cobrando os 600 mil euros que el cobra por película, se só distribuíse os seus filmes por Internet, ou se lles dese prioridade a esas fiestras. Porque hai unha realidade: as vías tradicionais de distribución, comezando pola asistencia aos cinemas, están indo a menos, pero están indo a menos dunha maneira moi lenta. No 2011 a recadación baixou un 4%, é un negocio que aínda move 600 millóns de euros en España. E o negocio na rede pode ser de 5 millóns de euros ao ano. Pero si que hai moita xente que deixou de ir ao cinema... A xente adulta deixou de ir ao cine. Pero deixou de ir ao cine porque a inmensa maioría dos filmes que se estrean están dirixidas ao público adolescente. Pero cando hai outro tipo de filmes, si que van, o que pasa é que se proxectan poucos. Hai xente que di, 'pois se non hai cartos, que as películas malas non se produzan', pero é que o que vai pasar é que non se van producir nin as malas, nin as boas nin as regulares. Antes había xente que dicía: 'Eu baixo a película porque non teño onde vela". Pois ben, agora si ten onde vela e séguea baixando Por que a xente baixa películas en páxinas de enlaces? Fallan as alternativas de pago ou é unha cuestión cultural, máis profunda? Hai que ser realistas, en España a lexislación autoriza os enlaces, hai sentencias ao respecto, pero unha cousa é que algo non sexa ilegal e outra é que sexa correcta ou autorizada. Antes había xente que dicía: 'Eu baixo a película porque non teño onde vela". Pois ben, agora si ten onde vela e séguea baixando. Case todas as películas premiadas nos Goya estaban dispoñibles ese mesmo día para velas nas plataformas autorizadas de distribución de contidos. Así que creo que non é suficiente con presentar alternativas, hai que educar e hai que romper esa posibilidade de que alguén poida dispoñer do traballo doutra persoa sen a súa autorización. Porque se alugar un DVD no ano 2000 por tres euros era un prezo razoable, alugar hoxe un filme na rede por 1'90 ou 2'90 tamén o debería ser. É que se non, non se van poder producir películas. Neste movemento que hai en twitter hai unha porcentaxe alta de xente ben intencionada, pero hai outra porcentaxe moi alta de xente que o está facendo é defender os intereses das operadoras de Internet. Alguén leva os cartos, e lévaos o que cobra 50, 60, 70 euros polo aluguer de liña. O ideal sería que nese pago tamén se abonase unha parte para a produción de contidos. Hai que dar alternativas de pago, pero tamén hai que dificultar as alternativas de balde É posible poñer límites ou dificultar as opcións de descarga gratuíta? Non digo que teña que ser necesariamente por unha vía coercitiva, pero algo ten que haber. Ten que haber controis. Despois do peche de Megaupload, vese nas estatísticas que o tráfico de seriesyonkis e peliculasyonkis baixou a menos da metade do que tiñan antes, porque a maior parte dos seus enlaces ían a Megaupload. Hai que evitar que xente se enriqueza co traballo dos demais. Hai que dar alternativas de pago, pero tamén hai que dificultar as alternativas de balde. Eu teño amigos músicos que antes vendían trinta mil exemplares e non eran ricos, pero podían vivir da música. E si, agora poden tocar máis en directo, pero tocan por 200 euros. Non poden vivir da música. O que non ten sentido é que un filme que xa non está nas salas, non se poida estrear na rede Como se poderían mellorar as plataformas de distribución autorizada de contidos? O que quizais non é posible agora é pensar que un filme vai estar dispoñible na rede no mesmo día da súa estrea nas salas. O de 'ver o filme como eu queira, cando queira e ao prezo que eu queira' non pasa en ningún sector. Hai que respectar esa fiestra inicial das salas, pero seguramente o que non ten sentido é que sexa de 16 semanas como é agora. Seguramente debería ter que ver coa recadación e en función dun grande acordo entre produtores, distribuidores e exhibidores, do tipo de 'se a película recada menos de 100 mil euros, pois pode estrearse ás dúas semanas en Internet'. O que non ten sentido é que un filme que xa non está nas salas, non se poida estrear na rede. Por exemplo, coa última película de Xavier Villaverde, queríamos facer unha estrea en Internet moi masiva e moi rápida, ás dúas semanas. E os distribuidores e exhibidores entendérono como unha agresión. Cando creo que non ían perder nada, porque a xente que a vise na rede, non iría ao cine. Hai películas cuxo público non está nos cines e si en Internet. Por exemplo Engurras. Se o ADSL en vez de custar 60 euros custase 30, poderías dedicar outros trinta a pagar por estas plataformas de distribución de contidos Tamén se lles critica a estas plataformas, por exemplo a Filmin, que non teñen suficiente catálogo... Pode dicirse que Filmin se dirixe a unha audiencia de nicho, pero un nicho que creo que en España é de varios millóns de persoas que se poden interesar por ese tipo de filmes independentes. E Filmin ten unha cifra anecdótica de abonados. E o catálogo é de 1800 películas, que non tes tempo de velas en toda a túa vida, e o 80% delas foron premiadas en Cannes, Berlín, Sundance... E despois está o tema das televisións, por exemplo Canal+ poñendo dificultades a que outros operadores poidan ter en video on demand os filmes que produce. E coma se ColaCao dixese que só distribúe ColaCao nun supermercado e non nos demais. Filmin nunca vai cubrir todo o espectro, pero se o ADSL en vez de custar 60 euros custase 30, pois poderías dedicar outros trinta a pagar por estas plataformas de distribución de contidos. Houbo moita xente que durante moito tempo estivo pagando 50 euros por ver Digital+ para ver media ducia de canles realmente. E moita xente paga por ver o fútbol na tele. Co orzamento que vai ter a CRTVG este ano, se non facemos algo neste sentido, en decembro non quedan catro produtoras en Galicia Que outras vías estades ensaiando dende Continental para adaptarvos ao momento actual? A nosa aposta máis forte, como o consumo audiovisual crece e vai seguir crecendo exponencialmente, o que plantexamos é cambiar o sistema dende o desenvolvemento do produto. As industrias pequenas, coma a nosa, temos que buscar a cooperación, que dende o inicio do proxecto haxa implicados moitos axentes que garantan que a produción, a distribución e a difusión sexa global. O que ten que cambiar é que fagamos producións para a TVG e aí quede, e iso ten que cambiar dende a orixe. Co orzamento que vai ter a CRTVG este ano, se non facemos algo neste sentido, en decembro non quedan catro produtoras en Galicia. E a TVG tamén incide niso: o 80% do seu investimento vai destinado a estas produtoras que non teñen esta visión global. Poderase chegar a puntos de encontro entre produtores e realizadores, e os activistas que na rede defenden a gratuidade? En twitter hai xente sentando cátedra sobre que hai que cambiar o modelo de negocio e a maioría nunca montou un negocio. Son xente que leva toda a vida vivindo dos cartos do Estado. Eu quero falar de negocios con xente que saiba diso, con xente que coma min viva coa tensión de estar no día 29 de cada mes sen saber se lles vas pagar á xente que traballa contigo. Se non, ao final, o "gratis total", co que vai rematar é coa diversidade cultural, que é o que buscan algunhas destas persoas que promoven a 'liberdade'. A Bisbal a pirataría fódelle, pero vive ben igualmente, a quen lle fode de verdade é a Siniestro Total, que xa non poden vivir da música. Blog de Pancho Casal Páxina de Continental
NOS_23629
É o principal motivo de malestar co sistema sanitario público. Mentres os responsábeis da Xunta da Galiza destacan a mellora dos tempos de espera na sanidade galega, malia os atrasos provocados pola paralización da actividade como consecuencia da pandemia, profesionais da saúde ou organismos independentes poñen en cuestión os datos fornecidos polo Executivo galego. A Consellaría de Sanidade recoñece que máis de 300.000 galegas e galegos fan parte da lista de agarda de Atención Especializada con tempos de espera que nalgún caso superan os prazos legais.
A Consellaría de Sanidade presume da rebaixa do tempo medio de espera no sistema galego de saúde. Segundo os últimos datos oficiais da Administración galega, referidos a xuño deste ano, a agarda media para cirurxías no Servizo Galego de Saúde (Sergas) sitúase en 70,3 días, practicamente 16 días máis que en decembro de 2019, última cifra anterior á pandemia. Neste sentido, colócase á cabeza dos tempos de espera a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco, con 77,9 días; seguida de Ferrol, con 77,5; A Coruña-Cee con 74,3; Santiago de Compostela-A Barbanza con 71,9; Pontevedra-O Salnés con 71,7; Vigo con 66,3 e Lugo-A Mariña-Monforte con 53. 150.068 galegas e galegos agardan por unha consulta en Atención Hospitalaria. Así, Sanidade recoñece un tempo medio de espera de 65,8 días na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte; de 50,7 na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco; de 43,1 na área sanitaria de Ferrol; de 37,9 na área sanitaria da Coruña-Cee; de 34,2 na área sanitaria de Vigo; de 31,6 na área sanitaria de Pontevedra-Salnés e de 30,4 na área sanitaria de Santiago de Compostela-A Barbanza. Neste caso, o tempo medio de agarda para o conxunto do sistema sanitario colócase en 42,6 días, unha duración semellante aos momentos previos á pandemia, cando a Consellaría de Sanidade declaraba unha espera de 41,5 días. Os tempos de agarda para unha proba diagnóstica téñense incrementado de maneira moi importante no último ano e medio. Por exemplo, o período medio de espera para unha endoscopia é de 156 días, 37 días máis que en 2019; 101 días para unha tomografía axial computerizada (TAC) ou 100 días para unha resonancia magnética. Neste contexto, son moitas as especialidades, en función das áreas sanitarias, onde a espera supera de longo os prazos fixados nos diversos protocolos de atención asinados polo Goberno galego. A propia Xunta da Galiza recoñece máis de 100 días de agarda nas consultas de ecografía vascular, de endoscopia dixestiva, de ecografía xinecolóxica, de endoscopia otorrinolaringóxica, de radioloxía de mama, de estudo do sono ou de intervencionismo. "Maquillaxe" das listas A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp) cuestiona as cifras ofrecidas polas autoridades sanitarias galegas. O seu presidente e voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, en conversa con Nós Diario, sinala que "seguen maquillando as listas de agarda ao non publicarse os doentes que se acumulan nas listaxes non estruturais" e denuncia "o importante incremento nos últimos tempos". Neste sentido, apunta que "o número real de persoas en lista de agarda pode ser entre 30% e 60% superior aos recollidos nos datos oficiais da Xunta" e lembra un estudo elaborado polo seu colectivo en 2019 que "situaba en 17.000 ou 18.000 as persoas nesta situación na área sanitaria de Vigo". "A realidade das listas", continúa Martín, "coñéceas ben a poboación, que debe agardar meses antes de ser intervida. A media de tempo dun doente desde que acode á Atención Primaria por un problema achégase a 200 días, dado que hai que sumar o tempo da primeira consulta en Atención Especializada, das probas diagnósticas e da agarda para cirurxía". Na mesma liña, advirte que "mentres non se normaliza a situación na sanidade a cousa vai seguir empeorando, xerándose problemas novos como o colapso dos servizos de Urxencias polo fechamento dos centros de saúde ou atopándose nas consultas persoas con patoloxías graves moi avanzadas, porque a enfermidade non espera". A Asociación do Defensor do Paciente é outra das entidades que dúbida dos datos fornecidos pola Xunta da Galiza. Así, no seu informe de 2020 recolle que "o número de galegos á espera de someterse ao bisturí é de 36.576 cun período medio de 101 días", sendo "os servizos máis agarrotados traumatoloxía, cirurxía plástica e cirurxía maxilofacial". Na mesma liña, discrepa da "mellora" anunciada polas autoridades sanitarias en relación coas listas de agarda "posto que os recortes orzamentarios, a falla de persoal sanitario e o fechamento de camas en toda a rede do Sergas estiveron á orde do día durante a pandemia pola escaseza de recursos, mentres que, paradoxos do destino, estívose derivando diñeiro". O "truco" do Sergas A análise ofrecida por este colectivo para 2020 mantén semellanzas coa formulada na anualidade anterior. Precisamente no relatorio de 2019 afirma que na Galiza "constatamos, ao igual que en Madrid, que se chama a doentes que estaban en espera de cirurxía para informalos de que as axendas estaban fechadas e cando volveran estar abertas xa os avisarían; claro está, desaparecendo da lista mentres tanto, ese é o truco". O medico internista do Hospital da Mariña Iago Villamil cualifica as responsábeis da Consellaría da Sanidade como "auténticas enxeñeiras das cifras". "O Sergas dispón de dúas listas de agarda. A primeira, a oficial e que fai pública, coñecida como lista de espera estrutural, onde inscriben os doentes desde que teñen a certeza de que van poder atendelos no prazo de 60 días fixado pola lei. A segunda, denominada como lista de agarda non estrutural, xestionada a través da chamada caixa de correo do Ianus, o sistema informático do Sergas, onde as persoas esperan o tempo que faga falla para que lle cadren os tempos. Hai xente que bota anos na lista non estrutural, polo que as cifras fornecidas pola Xunta da Galiza non teñen ningunha credibilidade", advirte Villamil en declaracións a Nós Diario. A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denuncia en conversa con Nós Diario a "falla de transparencia do Sergas" e "a maquillaxe das cifras". "Só nos ofrecen os datos daquelas persoas sinaladas polos facultativos como de prioridade 1 pero non dan ningunha información sobre os asignados a prioridade 2 e prioridade 3", manifesta Abuín, quen considera que "a única preocupación das autoridades sanitarias é vender bos datos, como se fose unha campaña de El Corte Inglés pero prescindindo de dar información clara sobre a situación real". Os doentes da pública, chantaxeados As listas de agarda son o principal motivo de queixa dos doentes do sistema sanitario galego. O tempo de espera converteuse nun dos principais argumentos para pór en cuestión a eficacia do modelo sanitario público e favorecer o negocio das clínicas privadas subvencionadas, baixo o eufemismo do concerto. Neste sentido, son múltiples as queixas daquelas persoas obrigadas a tratarse na privada baixo a presión de ser excluídas das lista de agarda do Sergas. María Xosé Abuín non dubida en cualificar como "chantaxe" o acontecido con estes doentes, "aos que non se lle garante ningún tempo máximo de espera, nin control de calidade se renuncian a acudir á privada como esixe o Sergas". Asemade, advirte da "ilegalidade desa medida, tal é como teñen indicado diversos organismos" e reclama que "se lles garanta os dereitos recollidos na lexislación de aplicación". A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, tense referido a esta problemática. Así, no seu informe de 2020 critica a "particular situación daqueles doentes que estando na lista de espera estrutural para ser intervidos dunha patoloxía, xeralmente con prioridade 3, rexeitaban a oferta dun centro concertado. Como xa comentabamos no anterior informe, estes doentes -ao rexeitar o centro privado- pasaban a formar parte dunha lista de espera diferente, coñecida como 'lista de espera non estrutural' na que non resultaba de aplicación o tempo de espera máximo estipulado legalmente para a realización da devandita cirurxía". A recomendación de Galiño é clara. Neste sentido, afirma que "para estes doentes que rexeitan a oferta do centro concertado, igualmente un prazo máximo de tempo, de xeito que se garanta a súa atención sanitaria nun período definido, dando así cumprimento ao mandato do lexislador estatal estabelecido no artigo 4 da Lei 16/2003 de 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, ao referirse aos dereitos da cidadanía no conxunto do sistema, incluíndo entre eles o dereito a recibir unha asistencia sanitaria na súa comunidade autónoma de residencia nun tempo máximo".
PRAZA_8601
Galicia Mellor Sen Touradas recolle sinaturas co obxectivo de presentar unha moción no Concello e pide que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais".
A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia Mellor Sen Touradas (GMST) dan un paso máis na súa loita contra as corridas de touros na Coruña. O veto continuo a diferentes mocións no Concello -onde goberna o PP con maioría absoluta- e a falta de debate no consistorio levan a agrupación a promover unha moción popular. Así, abriuse xa un espazo na Rede no que pretende reunir 10.000 sinaturas que dean forza a unha petición na que solicita ao consistorio que "suprima os festexos taurinos". "Non podo entender como un concello non suprime os festexos e as súas axudas e dedica eses fondos a fins sociais", di a moción "Non podo entender como un goberno municipal é capaz de non escoitar a xente, suprimir os festexos taurinos e as súas axudas públicas, e dedicar eses fondos a fins sociais", di o texto que será trasladado ao goberno municipal e que acompañará a cada unha das sinaturas. Galicia Mellor Sen Touradas lembra que o Concello gastou máis de medio millón de euros desde 2009 na organización de corridas desde 2009 e lembra que as touradas "resultan ser un fracaso económico e de asistencia". "En 2012 xeraron perdas por 135.000 euros en tres días", advirte. Na Coruña, pero tamén en todo o país. Rubén Pérez, membro de Libera e voceiro de GMST espera contar co apoio dos grupos municipais do BNG e de EU para achegar a moción ao Concello e confía tamén en que "a forza das 10.000 sinaturas" facilite que a moción "sexa debatida no consistorio" logo dos continuos vetos do executivo local do PP nos últimos anos. Ademais, e malia contar coa posibilidade de presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) a nivel local, lembra que esa opción "sería moi custosa" tanto en termos económicos como de capacidade, máis tendo en conta que a posibilidade de que saia adiante é pequena. As organizacións antitaurinas confían en que a moción popular tamén "aumente o debate entre a cidadanía" Aínda así, Pérez insiste na importancia de que "se dea e aumente o debate na cidadanía", que desde hai tempo amosa xa o seu rexeitamento ás touradas nunha cidade con escasa tradición taurina. O voceiro de GMST confía en conseguir as 10.000 sinaturas no vindeiro mes e levar a moción popular ao pleno do mes de xuño, ao tempo que agarda que o Concello dea resposta ás preguntas sobre a futura organización das touradas no verán. "Sabemos que xa están a falar coas empresas concesionarias, pero non din nada", lembra.
NOS_52067
A contía destinada a Atención Primaria nos orzamentos da Xunta non deixa de caer desde a chegada de Alberto Núñez Feixoo á presidencia do Goberno. Mentres en 2009, último ano de executivo bipartito entre PSOE e BNG, as contas públicas recollían para Atención Primaria un investimento de 1.436 millóns de euros, 13 anos despois, no exercicio 2022, os presupostos galegos achegan 1.389,08 millóns de euros para este servizo sanitario.
A Xunta da Galiza dedica en 2022 a Atención Primaria 74,8 millóns de euros menos que en 2009. A rebaixa nas achegas públicas a este servizo médico prodúcense malia que o que o Produto Interior Bruto (PIB) galego en termos correntes de 2022 é claramente superior a 2009. A maiores, os orzamentos deste de ano de primaria recollen un recorte de máis de dous millóns de euros coa anualidade pasada, dedicándose unha contía importante do mesmo a fins non asistenciais, como a construción de novos equipamentos. A rebaixa deste ano formalízase nun contexto onde o gasto en Atención Primaria na Galiza se sitúa nos postos de cola do Estado. Segundo os dados fornecidos polo Ministerio de Sanidade para 2018, último ano con cifras, Galiza destina a Atención Primaria 182,3 euros por habitante, situándose só por diante de Madrid con 147,97 euros e as Illes Balears con 178,38 euros. Así, o gasto neste servizo do Goberno galego é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura, 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61, 6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. "Unha aposta dirixida ao desmantelamento da sanidade pública" A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, sinala a Nós Diario que "os orzamentos da Consellaría de Sanidade para o ano 2022, reflicten claramente cal é a aposta do Goberno galego pola sanidade pública e pola saúde do pobo galego. Unha aposta dirixida ao desmantelamento da sanidade pública" "Non podemos quedar só co dato de que os orzamentos do ano 2022 son inferiores na contía económica, aos orzamentos destinados á Atención Primaria no ano 2009, senón que tamén hai que ter en conta a redución dos orzamentos dos últimos anos", sinala Abuín, quen lembra que "as consecuencias da actual situación que está a sufrir a Atención Primaria son motivadas polo recortes orzamentarios dos últimos anos, que se traduciron en diminución do cadro de persoal, precariedade laboral na contratación e intento de desprestixio da Atención Primaria ao diminuír a súa capacidade resolutiva". O médico do centro de saúde de Outes e secretario da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, Xosé María Dios, comenta a Nós Diario, que "non se pode facer máis con menos. Coa que está caendo coa pandemia, sumada aos recortes efectuados polo PP nos últimos 12 anos, fai que os orzamentos que se necesitan para unha atención sanitaria de calidade non se poda realizar". "Se a escusa para non pór os reforzos que se precisan é a falla de médicos é unha falacia", conclúe Dios pois "ao MIR preséntanse 14.000 persoas e convocan 6000 prazas". Faltan médicos ou vontade política? "Médicos hai o que non hai é o investimento e a vontade política necesaria para darlles traballo na sanidade pública", afirma Xosé María Dios, quen cuestiona os argumentos do Goberno galego sobre a falla de profesionais. "Como que non hai médicos?", pregúntase Dios, "hainos e moi bos, o que sucede é que están en sistemas sanitarios que valoran o seu traballo. Ou pode pensar alguén que por igual salario e estabilidade a xente marcharía a traballar a sitios afastados?. Abuín pon "en valor o traballo desenvolvido por todos os profesionais que traballan na sanidade pública, que co seu esforzo mantiveron os niveis de calidade na asistencia sanitaria, a pesares do desmantelamento encabezado por Feixoo".
PRAZA_16981
Alegacións á modificación do Plan Parcial -que prevé a construción de 1.595 vivendas e 1.230 prazas de aparcamento- piden que se respecten as masas forestais existentes e tamén os acuíferos e zonas húmidas, moi degradadas xa polas anteriores fases do polígono.
O barrio de Navia é un dos máis novos de Vigo. Nos últimos anos construíronse na zona, na parte máis meridional do concello, un gran número de edificios, un proceso que se viu freado nos últimos anos. Porén, o pasado mes de xaneiro a Xunta de Goberno Local aprobou a modificación do Plan Parcial de Paio de Navia, que permitirá que o Goberno galego poida licitar e iniciar a urbanización da nova fase do polígono. Esta incluirá a construción de 1.595 vivendas e 1.230 prazas de aparcamento, así como a transformación de 24.000 metros cadrados en zonas verdes e edificios dotacionais e unha superficie esquivalente destinada a equipamiento comercial. Varias alegacións alertan dos efectos negativos que a construción do polígono terá para o medio, nomeadamente no que respecta ás carballeiras existentes na zona e tamén á rede hidrolóxica e humidais Que hai agora mesmo no espazo que será construído? Pois, esencialmente, campo e leiras, con vexetación e arborado en mosaico e a típica poboación dispersa do rural galego, "un ámbito de urbanización agrícola difusa", como a define o Documento Ambiental Estratéxico do Plan Parcial. Varias alegacións presentadas nas últimas semanas contra a modificación do Plan Parcial alertan dos efectos negativos que a construción do polígono terá para o medio, nomeadamente no que respecta ás carballeiras existentes na zona (algunhas das últimas existentes no espazo urbano do Concello de Vigo) e tamén á rede hidrolóxica e humidais. "Son ecosistemas dunha gran riqueza en flora e fauna e forman parte do ecosistema do río Lagares, tendo zonas húmidas tamén. Hai carballos centenarios, bidóns, bidueiros, piñeiros e salgueiros. Ademais hai unha gran riqueza ornitolóxica, de réptiles e insectos", sinala unha veciña do barrio. "Segundo este plan, van tallar toda a masa forestal. Xa o fixeron na parte xa construída do Pau de Navia, creando un parque inhóspito e horrible onde antes había unha carballeira chea de vida", engade. Pola contra, o Documento Ambiental Estratéxico cualifica de "baixo e medio" o valor ambiental da zona e afirma que "os previsibles efectos ambientais xerados pola actuación pública non son significativos, todo o contrario, representa unha oportunidade única de revitalizar unha área urbana da Cidade de Vigo", engadindo que "o desenvolvemento deste ámbito permitirá tamén corrixir a situación de degradación dos terreos nas parcelas abandonadas e sen uso, que perderon no seu momento a función previa de terreos de cultivo". O Documento non fai case mención á vexetación autóctona reivindicada, e só comenta que "o máis destacado en canto ás formacións vexetais existentes é o seu alto grao de degradación. Xunto algunha zonas de matogueiras e eucalipto, predominan as zonas incultas cubertas por vexetación ruderal e arvense de escaso valor ecolóxico. Destacan algúns conxuntos de masas arbóreas (formadas por carballos, eucaliptos e piñeiros)". "Nas actuacións previas ás da actualidade non quedou nin unha soa árbore das existentes. Os terreos de Poza Cabalo, Os Limpiños ou Lamelas estaban ocupados dunha importante masa forestal" O plan especifica que "o desenvolvemento da Modificación do Planeamento vai encamiñado a respectar na medida do posible estes conxuntos arbóreos". Porén, esta veciña denuncia que "a realidade constatable é que tal norma, nas etapas ata agora desenvolvidas foi totalmente incumprida. Nas actuacións previas ás da actualidade non quedou nin unha soa árbore das existentes. Os terreos de Poza Cabalo, Os Limpiños ou Lamelas estaban ocupados dunha importante masa forestal. Non ficou nin un en pé". Neste senso, unha das alegacións esixe "a adecuación das zonas verdes, lecer, edificacións e viarias ás masas forestais aínda existentes. Nomeadamente, a eliminación do viario-continuidade da rúa As Teixugueiras na Etapa IIIB en dirección a rúa Tomada, para salvar na súa integridade a carballeira existente". As zonas húmidas Salientan que "os edificios xa construídos teñen que bombear auga dos seus sotos para que non se lles inunden" Outra das alegacións fai fincapé no tratamento que reciben as zonas húmidas existentes na contorna, a rede hidrolóxica, acuíferos e demais. O Plan recolle que "o ámbito non esta atravesado por ningún elemento da rede hidrográfica superficial e na contorna non se aprecian valores naturais que merezan unha especial protección". A alegación lembra que "a rede hidrográfica superficial eran multitude de regatos que chegaban até o Lagares e que foron desaparecendo coa urbanización da zona" e subliña que "esta zona", pertencente ao esteiro do río Lagares, "é húmida, estaba asolagada pola auga gran parte do ano (segue estando)" e salienta que "os edificios xa construídos teñen que bombear auga dos seus sotos para que non se lles inunden". A alegación destaca "a desaparición da zona de A Gándara, que se perdeu pola urbanización de anteriores fases da execución de Navia" O propio Plan recolle que "a unha distancia aproximada de 170 metros ao leste do ámbito delimitado localízase o humidal de Gándara, e a outros 930 metros ao surleste o da Xunqueira do Lagares, ambas zonas húmidas catalogadas". A alegación destaca "a desaparición da zona de A Gándara que aparece indicada no Inventario de Humidais de Galicia, que na actualidade se perdeu pola urbanización de anteriores fases da execución de Navia". E sinala, así mesmo, que segundo o POL (Plan de Ordenación do Litoral) de Galicia "os límites do esteiro do Lagares están dentro da ampliación a desenvolver e non a 930 metros como indica o texto mencionado". A alegación pide a modificación do plan para asegurar a protección destas zonas húmidas e dos acuíferos existentes e que teña en conta "as implicacións que ten o feito de que a edificación permitida sexa case a tripla da considerada nun inicio, coa sobrecarga que este feito supón para o medio ambiente e especificamente para o solo".
PRAZA_10876
O novo grupo reivindícase como "lexítimo herdeiro" das iniciativas de unidade popular e o portavoz de En Marea chama a Anova a "unha reflexión" e advírtelle de que as portas da súa formación "están abertas".
O grupo parlamentario no que permanecen os dez deputados de Anova, EU e Podemos denominarase Grupo Común da Esquerda e reivindícase como "lexítimo herdeiro" das diferentes iniciativas de unidade popular pero, sobre todo, como "unha peza" máis coa que se pretende construír unha futura candidatura rupturista para as autonómicas do vindeiro ano. Así o explicaron a maioría dos seus compoñentes nunha rolda de prensa na que advertiron dunha denominación que só denomina o grupo parlamentario pero non ten nada que ver co nome dunha suposta marca electoral para os comicios. A esta presentación contestou axiña Luís Villares, portavoz do grupo que saíu da antiga En Marea e mantivo o nome para marchar ao grupo mixto, que asegurou que sería "mellor" que o novo grupo "se chamase directamente Podemos para que ninguén se chamase a confusión". Villares cre que sería "mellor" que o novo grupo "se chamase directamente Podemos para que ninguén se chamase a confusión"Para Villares, o proxecto presentado este martes "nada ten que ver" coa "idea" de unidade popular concibida por Xosé Manuel Beiras, chama a Anova a "unha reflexión" sobre "o camiño" que levan da man de EU e Podemos e avisa de que as portas de En Marea "están abertas". Ademais, asegurouse convencido de que a formación morada é "quen manda de forma férrea" no novo grupo. Villares tamén asegurou que a pasada lexislatura estatal amosou un grupo "que se chamaba confederal" pero que era "absolutamente centralista" e "anulou" En Marea como espazo politico "con capacidade de incidir" cunha axenda galega. Para o portavoz de En Marea, Podemos "aproveitouse" de "réditos electorais" achegados por Beiras e foron "usados en beneficio propio, desprezando o proxecto común de nación galega da que falaba o histórico mestre". Por outra banda, na presentación do Grupo Común da Esquerda, o seu portavoz institucional, Manuel Lago, aclarou que haberá "unha candidatura de unidade rupturista" e que este grupo será "unha peza" na súa construción, pero sen aclarar se Anova formará parte dela. "Común da Esquerda representa esa tradición da unidade popular en defensa dos intereses da cidadanía e de Galicia como nación""Común da Esquerda representa esa tradición da unidade popular en defensa dos intereses da cidadanía e de Galicia como nación; isto é un cambio de nome, non un camboi de proxecto. O proxecto vén de lonxe e vai para lonxe. Naceu con AGE e continuou co éxito das mareas municipalistas. O noso grupo é lexítimo herdeiro desa experiencia", explicou Lago. Ademais, o grupo asegurou que xa ten acordado que a representación publica sexa "coral e plural" porque "a idea dun portavoz único" non lles gusta porqueue"non se correspondía coa realidade do grupo". Así, Lago será portavoz institucional con Carmen Santes e Luca Chao e Antón Sánchez exercerán de viceportavoces, sendo este último o protagonista dos debates no Parlamento e Chao a encargada da relación cos medios.
NOS_42617
O voceiro nacional clarifica que o BNG respecta a decisión de Anova, "son as súas decisións e son as súas responsabilidades", mais lamentou que non se apostase en reforzar "o polo do nacionalismo de esquerda".
Respecto para a decisión de Anova de concorrer ás eleccións europeas integrada na listaxe en IU, mais tamén pena polo que iso supón de non apostar en reforzar o nacionalismo galego e si "en reforzar o proxecto de forzas estatais". O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence valorou o referendo de Anova deste domingo a preguntas dos xornalistas cando estaba nun acto de homenaxe a Rosalía en Carballo. "A cidadanía galega (...) ten a garantía de que ese proxecto nacionalista e de esquerdas existe e esta aí, é o proxecto do BNG" Vence quixo deixar claro que desde o BNG "non podemos máis que respectar as decisións democráticas das distintas formacións políticas". "Son as súas propias decisións e as súas propias responsabilidades", engadiu. Mais o portavoz nacional si fixo unha "valoración política" da decisión, considerando que "é unha pena que se aposte en reforzar o proxecto de forzas políticas estatais, neste caso de Esquerda Unida, en vez de apostar por reforzar o que Galiza necesita, que é un nacionalismo de esquerdas forte e potente". Nacionalismo como resposta desde Galiza contra a Troika Unha esquerda nacionalista, proseguiu, "que leve a Galiza e os problemas de Galiza, da sociedade galega, da nosa economía, da nosa xente, dos que están sufrindo as consecuencias das políticas desastrosas da troika e da UE. Cremos que é unha pena que non aposten en reforzar ese polo que representa o nacionalismo galego de esquerdas". "Cada un que dea conta das súas responsabilidades no presente e no futuro de cara ao país" Iso si, independentemente da decisión de Anova, sostén Xavier Vence, "a cidadanía galega e a base social do nacionalismo de esquerdas deste país, teñen a garantía de que ese proxecto existe e esta aí, é o proxecto do BNG". Un proxecto que o portavoz cualificou como "aberto a toda a sociedade e inclusivo para todo o nacionalismo de esquerdas", e que vai ser quen garanta "esa presenza de Galiza en Europa a través da nosa propia candidatura ás eleccións europeas. Os demais, cada un que dea conta das súas responsabilidades no presente e no futuro de cara ao país".
NOS_29594
O I Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría, organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas, tivo como obxectivo compartir información sobre esta problemática no país
Organizacións ecoloxistas e sindicais, plataformas investigador@s celebraron en Teo o I Encontro Galego sobre o Impacto da Minaría. O incremento dos estudos para a creación de novas minas no noso país alarma cada vez mais aos sectores máis concienciados e xornadas como esta deitan algo de luz sobre os perigos e consecuencias deste tipo de explotacións. Abriu as xornadas Alba Nogueira, profesora da USC, quen explicou as últimas leis aprobadas polo goberno que "amparan" este tipo de proxectos mais tamén deixan abertas algunhas portas para loitar contra o beneficio legal das empresas. Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural, puxo en evidencia os datos de empregos que moven as empresas e os que coinciden coa realidade e Isabel Vilalba, SLG, denunciou a "cultura colonial" de gobernos como o galego. Emilio Menéndez, enxeñería de Minas, explicou o alto grao especulativo deste tipo de explotacións e os beneficios que recollen as empresas. por último Xoán R. Roldán, profesor da USC, falou do impacto da minaría no tecido socioeconómico a nivel económico.
NOS_16259
A primeira obra de teatro galego da que temos noticia fala das sempre ambiguas relacións con Portugal: O entremés famoso da pesca no río Miño xa exploraba os equívocos que rodeaban os vínculos co país veciño, aínda que, ao final, o conflito revelábase máis de clase que de nacionalidade. A coincidencia no tempo de varios proxectos liderados por creadores galegos en Portugal pode ser unha boa ocasión para revisitar o estado en que se atopan esas sempre desexadas concomitancias entre os teatros –e, en xeral, da cultura– da Galiza e de Portugal
Portugal segue sendo un escuro obxecto de desexo, unha especie de Ítaca perdida na que proxectamos as ansias de emancipación. E, non obstante, as oportunidades de encontro entre as dúas culturas son máis escasas e azarosas do que nos gustaría. O teatro galego e o portugués teñen un longo historial de colaboracións, mais nos últimos anos houbo un certo distanciamento, unha certa relaxación das dinámicas de intercambio que se estabeleceran cando a escena de ambas as beiras do Miño comezaban a reconstituírse tras o longo período das ditaduras. Porén, o diálogo segue aberto e, en ocasións, a coincidencia de proxectos comúns pode permitir imaxinar outra forma de relacionarse cos veciños do sur. Agora mesmo, por exemplo, coinciden nos teatros portugueses varios proxectos liderados por autores e directores galegos. En Viseu, vén de estrearse De volta sem Magalhães, un texto escrito e dirixido por Carlos Santiago. Manuel Guede estreou coa Companhia de Teatro de Braga unha nova versión do Calígula de Camus –vinte anos despois da que dirixira co Centro Dramático Galego– que permanecerá en repertorio na cidade. E este mes comezan os ensaios de Especies Lázaro, unha obra de Vanesa Sotelo que a propia autora dirixirá para a compañía Teatro Art'Imagem de Maia. Esta coincidencia de proxectos pode dar lugar a pensar que existe unha relación máis normalizada da que realmente se dá. Carlos Santiago explica que, no seu caso, leva máis de vinte anos colaborando con compañías portuguesas e que uns proxectos van tirando doutros. "A penúltima colaboración foi unha iniciativa moi interesante: un programa de teatro na rúa –non de rúa exactamente– vinculado á historia de Portugal contada desde o punto de vista dalgunhas personaxes reais da cidade de Viseu. Aquí xa traballamos sobre unha temática histórica desde unha perspectiva bastante paródica e desmitificadora e, a partir desa experiencia, apareceu a idea de facer un espectáculo sobre Magalhães, aproveitando o quinto centenario da primeira volta ao mundo". "En realidade", di Santiago, "nunca se viu unha gran fluidez no intercambio entre Galiza e Portugal. Houbo moitas colaboracións puntuais ao longo do tempo– Fran Pérez e mais eu si que tiñamos unha relación moi seguida, con moitos espectáculos feitos en colaboración con compañías portuguesas– pero nunca se viu unha presenza galega continuada". "Portugal é un mito para a cultura galega", continúa Santiago, "pero funciona moi ben como mito e parece que non hai que tocalo moito máis: á hora de crear proxectos comúns todo se volve moi delicado. Para que realmente esta relación funcione é fundamental ter unha resposta aquí, acoller a colaboración de creadoras portuguesas na Galiza, e iso non sucede. En Portugal, pola contra, si que se dan moitos proxectos nos que se conta connosco, moitas compañías e estruturas que nos chaman para colaborar. Unha compañía como Trigo Limpo, por exemplo, case merecería unha Medalla Castelao por ser unha das mellores embaixadas da nosa cultura en Portugal. E hai outras como A Escola da Noite, de Coímbra, que invitou moitas veces autores como Cándido Pazó… Sempre houbo esa curiosidade, o cal non é tan fácil, porque existe un gran descoñecemento sobre a nosa identidade cultural. Mais aínda así, creo que a balanza pesa máis do lado portugués que do galego". Manuel Guede, que como director do Centro Dramático Galego impulsou numerosas iniciativas de intercambio con Portugal, cre que o papel do teatro institucional é chave para normalizar esa relación: "O CDG é o paradigma e, na medida en que sexa quen de liderar esa sensibilidade cara á cultura portuguesa, abriranse máis ou menos portas de colaboración co país veciño. Eu non creo que exista ningún prexuízo no teatro galego cara ao que se fai en Portugal, ao contrario. Mais hai que ter en conta que eles son un Estado e nós somos o que somos. Temos un sistema raquítico e non posuímos estruturas homologábeis ás dos portugueses, non temos compañías residentes nin teatros liderados por compañías de repertorio; xa que logo, non estamos en condicións de acoller compañías portuguesas cun mínimo de garantías, de pagarlles coa mesma moeda". Portugal como referente Vanesa Sotelo coincide con esta opinión: "Levo tempo seguindo e apreciando con admiración o traballo e as iniciativas que se desenvolven en Portugal tanto polo traballo esixente e constante de estruturas históricas como de novas creadoras. Houbo un momento de cambio xeracional que coincidiu cos efectos da crise do ano 2008 no que a circulación entre Galiza e Portugal pareceu decaer, pero creo que as relacións existentes seguen a ser resistentes e produtivas. Un dos problemas é que desde o noso lado, a precariedade e o grao de inestabilidade no que nos movemos, así como a falta de liñas para a xestión de espazos e desenvolvemento de proxectos a medio prazo, non permiten ofrecer garantías para que as compañías portuguesas estean presentes no noso territorio". Sotelo subliña a importancia que ten estabelecer lazos de veciñanza cunha cultura moi próxima á nosa e cun grao de desenvolvemento no cultural máis avanzado: "Portugal é importante polos referentes e os modelos de xestión que posúe pero tamén por contar con espazos de programación e exhibición que ofrecen importantes referentes internacionais, resultando un espazo de reflexión escénico e de encontro moi interesante e cunha certa proximidade. Aínda que os recursos sempre son insuficientes, os proxectos cuadrienais e as compañías residentes ofrecen unha estabilidade ao traballo de equipos que, ademais das tarefas de creación, dedícanse á dinamización comunitaria e á creación de públicos reforzando a vocación de servizo que ás veces aquí esquecemos. Esa estabilidade fai que exista unha certa desigualdade á hora de relacionarnos. Hai iniciativas de Escena Galega para asegurar a circulación; tamén hai lazos creados e que se estabelecen desde o apartado de formación entre as Escolas de Arte Dramática; tamén proxectos de difusión conxunta de dramaturxia. Un apartado persoal, vínculos artísticos e persoais que habería que reforzar de forma institucional. Aí temos todo por gañar". Guede coincide na valoración das estruturas portuguesas e pon como exemplo a Companhia de Teatro de Braga, que liderada por Rui Madeira, mantén dez obras de repertorio ao longo do ano. "É un esforzo que, cos seus máis e os seus menos, conta co apoio das institucións culturais, desde os concellos até o ministerio. Nós non contamos con eses apoios e, en consecuencia, non podemos proxectar a longo prazo, non podemos dar pasos que poidan estabilizar a cooperación internacional nin sequera cun sistema que temos ao lado, xeográfica e culturalmente". A cuestión da lingua En moitas ocasións, apélase á dificultade de comprensión lingüística para eludir compromisos co teatro portugués. Nese sentido, Guede di que se precisa un traballo de educación e difusión que nunca se promoveu seriamente: "É certo que os portugueses teñen unha maior apertura cara a outras linguas por esa cuestión do subtitulado nas televisións e no cinema, pero aquí, se traballas un pouco en desmitificar a pretendida diferenza fonética, axiña atopas resposta". O programa Troco x troco foi un proxecto de intercambio entre compañías galegas (Sarabela Teatro, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Teatro do Noroeste en coprodución co CDG) e portuguesas (A Escola da Noite, de Coimbra, Centro Dramático de Évora, Companhia de Teatro deBraga e a Seiva Trupe, do Porto), que tentou romper con eses prexuízos. "Daquela buscabamos a complicidade das Escolas Oficiais de Idiomas", explica Guede, "e o alumnado destas escolas foi tirando doutro público até que as funcións acabaron tendo uns niveis de ocupación moi respectábeis. Eu tiven que investir moitas horas en convencer os programadores de que aquilo era posíbel, porque eles están sometidos a esa tiranía do público: o político que paga ao programador quere que os teatros estean cheos desde o primeiro momento e, daquela, o programador tende a ser conservador nas súas eleccións, tende a non arriscar. Pero hai que convencerse de que o traballo de creación de públicos leva un tempo, que hai que comprometerse e aventurarse. E como demostrou aquela experiencia, a medio prazo os resultados son bos". Sotelo tamén se revolve contra ese mito da incomprensión: "Escoito sempre relatos sobre os prexuízos que existen na Galiza no momento de ir ao teatro en portugués e a necesidade de facer en español as pezas de compañías galegas en Portugal, pero quero pensar que son iso: prexuízos contra os que hai que loitar a base de experiencias continuadas. Non é a primeira experiencia nin será a última pero persoalmente, resúltame interesantísima a aposta de Teatro Art'Imagem de facer convivir a lingua implicando ademais unha equipa artística dos dous lados do Miño. Recentemente volvín ver Armazenados [un espectáculo da compañía de Maia na que convivían actores galegos e portugueses] e a harmonía era total e a recepción do público foi moi positiva. O teatro é a mellor forma de ensaiar a lingua e de sensibilizarnos sobre a súa potencia. O feito de que exista unha lei como a Paz Andrade debería ser motivo suficiente para desenvolver unha aposta seria ao respecto". A interferencia da pandemia Fran Núñez, recentemente nomeado director do Centro Dramático Galego, coincide con Manuel Guede en considerar que a institución ten unha gran responsabilidade á hora de abrir as vías que permitan unha colaboración máis fluída. O seu proxecto, declara, visa a privilexiar a relación con Portugal, mais a súa entrada no Centro coincidiu case exactamente coa entrada en vigor das medidas de prevención derivadas da pandemia da Covid-19. "En realidade, xa temos varios proxectos iniciados en colaboración con diversas estruturas portuguesas, e mesmo existe o propósito de distribuír os espectáculos do CDG en Portugal, pero agora mesmo a situación é tan inestábel que non podemos facer público nada do proxectado, porque non sabemos como nin cando será posíbel materializalo. Se xa é complicado moverse e programar espectáculos dentro das fronteiras galegas, no plano internacional as dificultades multiplícanse". "En todo caso", continúa Núñez, "sería necesario explotar máis as axudas que existen para proxectos de colaboración internacional. A compañía Limiar, na que eu estiven até agora, vén de recibir unha axuda de Iberescena para un proxecto en coprodución con Portugal e co Brasil de clara vocación lusófona. E compañías como Voadora hai tempo que recorren a estes incentivos para levar a cabo coproducións moi ambiciosas". Guede dá fé destes impeitizos. "A estrea de Calígula en Braga tivo que adiarse dúas veces e o período de ensaios prolongouse durante case o duplo de tempo que estaba previsto. No noso caso, foi unha vantaxe, porque interrompemos os ensaios, mais o espectáculo continuou a medrar, xa fose polo traballo que o elenco realizaba na casa, xa polos diálogos e reflexións que mantivemos nese período de pausa. Pero á hora de encontrarse co público e de levar o espectáculo a outros lugares a situación complica moito as cousas". Vanesa Sotelo recunca na curiosidade que o noso teatro esperta en Portugal e desvela como a chegada da pandemia desbaratou algúns plans: "Desde o punto de vista persoal, teño que dicir que só unha compañía se interesou por montar Nome: Bonita –Premio Mondoñedo á mellor obra teatral en lingua galega da década– e foi a portuguesa Narrativensaio en coprodución coa Casa das Artes de Famalicão. A Covid-19 paralizou ese proxecto cunha clara vocación lusófona pero espero que poidamos retomalo nun futuro próximo". Carlos Santiago concorda en que "até que non se aclare a situación sanitaria non sabemos moi ben como continuar. A produción de De volta sem Magalhães interrompéusenos tres veces e houbo que adialo todo en varias ocasións. Mais esta é unha situación transitoria (esperemos!), que non ten a ver coas dificultades que ten mover un espectáculo portugués na Galiza. Tráfico [unha obra de Santiago dirixida por outro galego, Chiqui Pereira, nunha montaxe das compañías do Alentejo Baal 17 e AL Teatro] chegou ao Salón Teatro de Compostela porque insistimos moito, mais en xeral, resulta difícil chegar aos teatros galegos". Mais a pandemia tamén pode ser un lugar onde inspirarse para realizar novos proxectos: Vanesa Sotelo recibiu unha invitación este ano para un novo desafío. "Foi o que lanzou o dramaturgo Ricardo Correia co seu Huis clos. Trátase dun proxecto dramatúrxico que pretende investigar a correlación entre o real e a ficción na dramaturxia contemporánea política a partir de pezas que utilicen como temática a crise europea. O ciclo de Peças Breves sobre a Ascensão e Queda de uma Egoísta chamada Europa está composto por dúas caras, como un álbum de música. Cada unha desas caras funciona de forma autónoma. "O LADO A está composto por pezas curtas escritas por Ricardo Correia prepandemia e designadas Welcome to Europe. O LADO B está realizado por pezas breves escritas despois dos confinamentos resultantes da pandemia, titúlase Huis Clos. A Europa entre catro paredes, e están escritas por Ricardo Correia (Portugal), Maxi Obexer (Itália/Austria), Julia Holewinska (Polonia), Deborah Pearson (Reino Unido) e por min mesma desde a Galiza. É unha encomenda da Câmara Municipal de Coimbra, o ámbito da programación do Convento São Francisco, con estrea prevista para o 19 de marzo de 2021". Aínda hai futuro para a colaboración entre as dúas beiras do Miño.
PRAZA_20208
O Goberno emite un ditame contrario á toma en consideración dunha proposición do PSdeG para fixar prazos de cumprimento á lei dos medios públicos de comunicación. O Executivo non promulgaba un informe negativo coma este dende novembro de 1995.
No outono de 2014 o Parlamento deu luz verde a unha proposta pouco habitual. Por iniciativa do PSdeG o lexislativo aprobaba unha proposición non de lei para reclamar o cumprimento da nova lei dos medios públicos de comunicación audiovisual, a norma que substituíra en 2011 a lei de creación da CRTVG cun calendario de aplicación que naquela altura xa se incumpría en diversos puntos. Máis de dous anos despois, o pasado abril, o voceiro dos socialistas na Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, instaba o presidente da Xunta a promover o cumprimento das partes da lei que aínda non se aplican. O debate saldouse cunha esixencia de "desculpas" de Alberto Núñez Feijóo a Leiceaga e, pola banda do PSdeG, coa presentación dunha proposición de lei ao respecto que, alén do seu contido, vén de dar lugar a unha circunstancia que o Parlamento non vivía dende tempos de Fraga. Por primeira vez en máis de dúas décadas o Goberno galego oponse formalmente a que a oposición impulse unha lei no Parlamento. O artigo 123 do Regulamento do Parlamento estipula, dentro do apartado que regula a presentación de proposicións de lei -iniciativas coas que os grupos políticos propoñen textos legais novos ou modificacións nos vixentes-, que cando unha destas iniciativas chega á Cámara, a Mesa remítelle o texto á Xunta para que "manifeste o seu criterio respecto da toma en consideración", así como "a súa conformidade ou non á tramitación" se o texto supón incremento dos gastos ou diminución dos ingresos -precepto semellante ao vixente no Congreso e no que, por exemplo, o gabinete de Rajoy se apoiou para vetar a lei do traspaso da AP-9 a Galicia-. A Xunta non ten a obriga de pronunciarse e, de feito, as máis das veces non o fai. Pero desta volta si o fixo, en sentido negativo, algo que non sucedía dende a segunda lexislatura con Manuel Fraga na presidencia do Goberno. Nomeadamente, dende o 2 de novembro de 1995, cando o daquela Conselleiro da Presidencia, Dositeo Rodríguez, se opuxo a unha lei para a creación de consorcios de transportes que asinaba quen na altura era voceiro socialista, Miguel Cortizo. O Goberno pode pronunciarse sobre se apoia a tramitación das leis propostas pola oposición, aínda que na maioría das ocasións non o fai Foi o pasado 8 de maio cando Leiceaga concretou por escrito a reclamación que, sen éxito, formulara días antes ante Feijóo. O texto pretende, fundamentalmente, poñer prazos concretos a tarefas pendentes nos medios públicos xa fóra de data, como a aprobación dun contrato programa e do Estatuto Profesional do seu persoal, así como a regulamentación dunha autoridade audiovisual independente, ademais da derrogación da reforma sobre a elección da dirección xeral aprobada pola Xunta e o PP xunto aos orzamentos de 2016. A Xunta indica que a proposta do PSdeG para cumprir a lei dos medios públicos "non mellora" a norma, que "precisa dos seus propios tempos" Ao día seguinte o Parlamento notificou ao Goberno, como corresponde, a presentación da iniciativa, e o pasado 29 de maio o Executivo rexistrou no Parlamento o seu criterio. Nunha breve resposta asinada pola Secretaria Xeral de Medios, Mar Sánchez, o Goberno manifesta o seu "criterio contrario á toma en consideración da proposición de lei" porque, indica, "esa iniciativa non mellora en absoluto a lei vixente". A proposición dos socialistas, abonda, "simplemente establece prazos para o desenvolvemento de determinados aspectos da lei actual", apartados que "precisan dos seus propios tempos, como así o ten posto de manifesto a experiencia dende a entrada en vigor da lei", conclúe o texto, que opón á toma en consideración pero non se pronuncia sobre a tramitación por motivos orzamentarios, xa que a proposta non ten compoñente económico. Máis rixidez que co bipartito ou con Fraga O gabinete de Feijóo emite deste xeito o seu primeiro ditame negativo á toma en consideración nunha lei dende o retorno dos conservadores ao poder na primavera de 2009. Nas súas dúas primeiras lexislaturas o Executivo rexistrou un total de 11 destes criterios formais, todos eles positivos. Durante o pasado período lexislativo (2012-2016) a Xunta fixou criterio sobre un total de 7 proposicións de lei, todas formuladas polo PP. Na lexislatura de 2009 a 2012 foron 4 os informes coma estes, tamén afirmativos e, paradoxalmente, dous deles referíanse, como o de agora, aos medios públicos. Tratábanse, precisamente, da proposición de reforma da lei da CRTVG defendida polo BNG e do texto rexistrado conxuntamente por socialistas e populares, o que o PSdeG reclama sen éxito que se cumpra. Os outros dous textos eran propostas do PP. É o primeiro ditame negativo do Goberno de Feijóo; o bipartito só emitiu dous, ambos positivos Na lexislatura do bipartito a Cámara tramitou ata 19 proposicións de lei e o Goberno de PSdeG e BNG emitiu o seu criterio positivo sobre dúas elas, ambas asinadas polos todos os grupos para modificar aspectos do dereito civil galego. Nas tres lexislaturas anteriores, con maiorías absolutas de Fraga -a base de datos do Parlamento só ofrece información ao respecto dende 1993-, a Xunta emitiu o seu criterio formal sobre 7 proposicións de lei, 5 delas da oposición, e só se opuxo a devandita proposta do PSdeG sobre transporte. Mesmo nun caso, o dunha proposición de Anxo Guerreiro (EU-EG) sobre incentivos á redución de xornadas laborais presentada en 1998, o Executivo de Fraga expresou diversos reparos pola gran repercusión económica que implicaría a medida, se ben indicou que non era "contraria á súa toma en consideración nin á súa tramitación". Leiceaga: "O PP vai ter oportunidade de retratarse, e dicir se comparte o criterio do Goberno contra a lei que eles mesmos apoiaron en 2011" Este ditame da Xunta contrario á toma en consideración da proposición de lei non impide, a priori, que sexa tramitada, pero si é un xesto político de relevancia que anticipa cal será a posición do PP na propia Cámara. A xuízo de Leiceaga os conservadores va ter a "oportunidade de retratarse" e "dicir se comparten o criterio do Goberno en contra da lei que eles mesmos apoiaron en 2011. Para o voceiro socialista a recepción deste escrito contrario á toma en consideración da lei é "unha sorpresa", por tratarse dunha operación moi pouco frecuente no Parlamento de Galicia, pero tamén unha constatación de que no Executivo segue sen haber "ningunha intención de cumprir" a lei que, dende o seu punto de vista, de aplicarse integramente "garantiría a pluralidade e obxectividade" dos medios públicos.
NOS_58464
O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego "A autoestrada do Sur", en tradución de X. Fernández Naval.
Un atasco na autoestrada de Fontainebleau a París un domingo á tarde como metáfora da sociedade é o argumento de "A autoestrada do Sur" o relato de Cortázar que tomou parte do libro "Todos los fuegos el fuego" e que agora ve a luz en galego publicado por Trifolium con tradución de Francisco Fernández Naval. O relato de Cortázar deu pé ao filme Weekend de Jean-Luc Godard en 1967. Cortázar, do que este ano se cumpre un duplo aniversario, visitou Galiza e tivo unha relación intensa co país, da man da galega Aurora Bernárdez coa que casaría en 1953. O escritor Francisco Fernández Naval, tradutor do libro, é tamén autor de "Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar", editado na Arxentina por Corregidor. Entre outros episodios que relacionan ao escritor con Galiza está o ter tido como editores a Lorenzo Varela e Luís Seoane e entrou en contacto tamén con exiliados como Rafel Dieste, domicilio arxentino no que o autor escribiu escribiu "El examen"
NOS_13659
Aos 84 anos de idade.
Xosé Luis Franco Grande faleceu aos 84 anos de idade. Foi un dos membros da xeración Illa Nova, autor do imprescindíbel volume "Os anos escuros" (que permite coñecer a resistencia cultural no franquismo") e autor do dun Dicionario galego-castelán publicado en 1968 e que coñeceu numerosas edicións. Naceu en Tomiño, onde viviu os seus primeiros anos. Estudou en Compostela. Recén saído da universidade comprometíase coa causa galeguista para implicarse en accións para a recuperación do legado cultural, lingüístico e nacional de Galiza, como lembra Galaxia, editorial a cuxo nacemento contribuiu cun traballo "bo e xeneroso". Hai un par de semanas, saía do prelo a súa derradeira obra nesa editorial, titulada A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos. Se hai un libro esencial na súa abondosa e prolífica bibliografía é Os anos escuros, verdadeira crónica testemuñal dunha época. Destacábel é tamén a súa creación poética, con obras como A miña vida toda (1967) ou, xa relativamente próximas, Xoguetes do tempo (Galaxia) e o Libro das Abandonadas, (Teófilo). Fixo parte do movemento literario denominado Escola da Tebra. Foi tamén articulista en distintos medios. Autor tamén de varias pezas teatrais, cultiva tamén o ensaio e a crítica literaria. Ingresou na Real Academia Galega o 3 de xullo de 1998 co discurso O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño. Participou na creación do Partido Socialista Galego (PSG) na clandestinidade. A súa traxectoria vital estivo chea de compromisos e implicacións en diferentes eidos culturais e do activismo. Dirixiu un espazo radiofónico -Raíz e Tempo-; participou como fundador da Asociación Cultural de Vigo; Cintia, unha cantautora catalá, gravou na discografía Digsa, o poema "Venceremos Nós" (Joan Báez, Xosé Luís Franco Grande, Xosé Manuel Beiras). Anos despois converteuse no himno das mobilizacións estudantís que se produciron en Compostela no 1968 contra o franquismo.
PRAZA_15397
Os españois monolingües descoñecen un terzo da España que fala catalán e o que falan o outro 10% da poboación, vascos e galegos. Seica os galegos só podemos ser españois en castelán. Eis o recalcamento socialmente aceptado e operante. Xa o dicían os cartazes fascistas Si eres español, habla la lengua del Imperio.
Atrévome a supoñer que os suízos alemáns non queren helvetizar aos de fala italiana do mesmo xeito a como os herdeiros de Franco pretenden españolizarnos a todos con esa propensión feudal a enxergaren as propia accións temporais como ao servizo de poderes superiores Teriamos que habitar unha outra cultura, saír dos estritos límites do cuarto e non habitalo como o paxaro autómata que emite un canto cada media hora. Sentíndose ameazado desde fóra, o cuco ignora que o seu mecanismo de reloxería está interiormente asentado. Como poderán os cucos libertárense uns aos outros se non é quebrando o mecanismo e andaren arredor de si? Podería semellar un conto de Hoffmann, ou máis ben un artefacto kafkiano, mais gravita como aquel outro máis próximo do Otero Pedrayo. Acho de grande interese o humor iconoclasta que encerra o talante do cuco asociado a Suíza, tanto ou máis ca o tópico do reino onde os cartos non feden (pecunia non olet). Quizais non sexa este o mellor camiño teórico. Porén, hai que festexar o papel modesto que lle conceden ao mecanismo de reloxería contra a frecuente autosuficiencia dos que pretenden agochar por decreto lei a complexidade da vida despolitizando material que é de seu gravemente político. Eis o incidental canto do cuco en contraste coa seria función que o reloxo ten na realidade. Unha esperanza sen coñecemento, unha operante, moderada e breve acción que non elude dar as horas e cumprir así unha grande función social non exenta de ironía. Como non teño preto a un suízo a quen lle preguntar polo fecundo e civilizado acto do cucú, atrévome a supoñer que os suízos alemáns non queren helvetizar aos de fala italiana do mesmo xeito a como os herdeiros de Franco pretenden españolizarnos a todos con esa propensión feudal a enxergaren as propia accións temporais como ao servizo de poderes superiores. Quer dicir, e non será que os suízos son suízos en alemán, francés, romanche ou italiano por efecto do modesto canto do cuco e non por esa estratéxica e tan coñecida habelencia para á pecunia? Acontece que a Suíza é un país tan monolíngüe como calquera estado que se precie: monolingües son os suízos franceses e os suízos italianos, como os casteláns monolingües, tamén os suízos alemáns son monolingües. Ao parecer, como aquí, o lacón con grelos non ultrapasa o Padornelo. Xaora, na Suíza tamén hai bilingües, os falantes de romanche nos concellos da raia entre o alemán e o francés. Ao parecer, como aquén do Padornelo. Os grisóns disque son bilingües como na Galiza ou na Cataluña, mais acontece que a Suíza é monolingüe como Castela. Ainda asín, foron quen de inventaren o reloxo de cuco no canto de andaren descubrindo continentes. É para ficar marabillado, na Suíza os alemáns aprenden o francés obrigatorio, e os franceses, o alemán É para ficar marabillado, na Suíza os alemáns aprenden o francés obrigatorio, e os franceses, o alemán. Na España, os españois monolingües son menos do 60% da poboación, entanto na Suiza, o suizo-alemán acada o 80%. O que é cousa de pasmo é que os españois sexan incapaces de aprenderen o galego ou o catalán – que fala o 30% da poboación española. No canto de teren presente a posibilidade de inventaren algo incidental como o mecanismo do cuco, teimaron en invadir territorios e iren impoñendo, entre absolutismos e ditaduras, o castelán pola gracia de Dios. Eis o estilo suízo que cómpre reter: substituír Deus polo reloxo de cuco. Un Estado que desconfía da súa pluralidade interior ten como correlato cidadáns que nada ou pouco saben dos outros idiomas, nin un triste bocado da historia de Galiza, e mancheas de prexuízos Habería que ensaiar a terapia do cuco que lles axude a tirar dos miolos o supremacismo, esa a neurose tan franquista na que o castelán é símbolo de la Patria e a única identidade nacional española a costa de eliminar ou ocultar as outras linguas. A quen lle pode sorprender que Cataluña encete unha solución diverxente se diante ten unha soberanía, a española, incapaz de compartir nada? Un Estado que desconfía da súa pluralidade interior ten como correlato cidadáns que nada ou pouco saben dos outros idiomas, nin un triste bocado da historia de Galiza, e mancheas de prexuízos. Mais é para ficarmos petrificados ao fitar esa teimosa falsificación da historia de España alicerzada en silenciar todo o que non sexa castelán- preto da metade da poboación do Estado. Os españois monolingües descoñecen un terzo da España que fala catalán e o que falan o outro 10% da poboación, vascos e galegos. Os españois monolingües descoñecen un terzo da España que fala catalán e o que falan o outro 10% da poboación, vascos e galegos. Seica os galegos só podemos ser españois en castelán Seica os galegos só podemos ser españois en castelán. Eis o recalcamento socialmente aceptado e operante. Xa o dicían os cartazes fascistas Si eres español, habla la lengua del Imperio. Unha declaración pública que seica quere revisitar o goberno do PP coa súa ignorancia abafante e autcompracente, enxurrando a escola de competitividade mal entendida (un estado do benestar deseñado para protexer certos votantes de clase media e media-baixa, e non aos mais necesitados) e dunha cuestión políticamente adversa: ao denominar troncais as materias das que se teñen que examinar todos os alumnos españois, sob esta perspectiva a lingua propia non pode ser troncal, senón materia de especialidade. Era previsíbel baixo esta diferencia conceptual, mais non o evitaron. Non é que o reloxo de cuco sirva para sabermos máis os uns dos outros mais abofé que lles ten servido para convivir aínda que sexa na mutua ignorancia. A España dos Wert e dos Rajoys só quere españois que falen coma eles. Como no conto ruso de Dostoievski, ao autocompracente e vaidoso Wert acontécelle como aquel funcionario que non estaba disposto a perder o tempo no bandullo do crocodilo que o enguliu.
NOS_27317
Tras os cambios producidos en América Latina e as fortes convulsións e desafíos que vive a rexión, escóndese algo máis que un cambio social espontáneo. As inxerencias estranxeiras, a instrumentalización do poder xudicial e os golpes militares resultaron claves para que en apenas unha década a "Marea Rosa" tornase nunha volta á dereita.
O triunfo da chamada revolución socialista bolivariana non só supuxo un brusco cambio político para Venezuela, senón que, aproveitando a viraxe do rumbo xeopolítico de Washington cara a Oriente Medio e baixo o liderado de Hugo Chávez e o apoio da Cuba castrista, Venezuela logrou en apenas un par de anos estruturar unha serie de organizacións políticas con carácter propio en América Latina que arrebataron gran parte do poder que até entón posuían os Estados Unidos. Case dúas décadas despois de que Chávez propuxese a creación dun organismo de cooperación, complementariedade e solidariedade coñecido como Alba (A Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América), co que o líder bolivariano pretendía afrontar a loita contra a pobreza e a exclusión social en América Latina e o Caribe, desde postulados moi afastados da doutrina neoliberal imposta polos Estados Unidos, a rexión atópase hoxe sumida nunha serie de conflitos sociais e políticos, cuxo nexo común debúxao o retorno de Gobernos de signo conservador aos diversos Estados que se situaron en posicións que desafiaban a política imposta por Washington no seu "patio traseiro". Contragolpe conservador Tal e como sucedeu nas décadas dos setenta e oitenta no marco da Guerra Fría, a actualidade de América Latina atópase de novo marcada pola tensión xeopolítica, aínda que a complexidade actual evolucionou en consonancia coa realidade dun mundo multipolar. Á constante presión diplomática e económica á que se viu sometida Venezuela por parte dos Estados Unidos e ao histórico bloqueo sobre Cuba, temos que sumar unha serie de iniciativas políticas, xudiciais e militares que, de maneira oportuna para o conservadorismo, remataron coa instauración de gobernos favorábeis á implantación de medidas económicas neoliberais. A balcanización de proxectos como o Alba, Petrocaribe, Unasur (Unión de Nacións Suramericanas) ou a Celac (Comunidade dos Estados Latino-Americanos e Caribeños) e o consecuente repregamento da Marea Latinoamericana, ten o seu inicio coa chegada de diversos Gobernos de índole conservador a países como Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e Perú. Aínda que a sombra da inxerencia estadounidense sempre acompañou ao xiro conservador en América Latina. En 2004, con George W. Bush á fronte da Casa Branca, forzas especiais estadounidenses secuestraron o presidente de Haití, Jean- Bertrand Aristide, obrigándoo a asinar unha declaración de renuncia "baixo a ameaza dos fusís M-16". En 2009, esta vez baixo o mandato de Barack Obama, un novo golpe de Estado remata co terratenente e socialdemócrata Manuel Zelaya, tras anunciar este a convocatoria dunha asemblea constituínte cara a aprobar unha Constitución progresista no país. Xa en 2012, o Congreso do Paraguai inicia un xuízo político rápido para destituír o bispo e líder da Alianza Patriótica para o Cambio Fernando Lugo, abrindo desta maneira a porta á instrumentalización do poder xudicial por parte do poder político e económico, que propiciaría unha serie de actuacións destinadas a alterar significativamente o equilibrio de poder na rexión. Brasil e Arxentina No Brasil, en 2015, o presidente da Câmara acolle unha petición de impeachment contra a presidenta Dilma Rousseff, por incumprimento da Lei de Responsabilidade Fiscal. Iníciase así unha serie de acontecementos que rematan coa inhabilitación da mandataria do Partido dos Trabalhadores (PT) e coa posterior vitoria electoral do candidato conservador Jair Bolsonaro en 2018. Unha vitoria marcada pola invalidación da candidatura de Lula da Silva, froito dun proceso xudicial que podería estar vinculado a unha trama política corrupta cuxo obxectivo final consistía precisamente en neutralizar a carreira electoral do ex presidente. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
PRAZA_16334
No recinto feiral arzuán participan do 2 ao 4 de marzo setenta queixerías e doutros puntos do Estado. Tonhito de Poi será o pregoeiro da celebración.
O indie á homenaxe á máis grande. A cuadraxésimo primeira edición da Festa do Queixo de Arzúa quece xa motores para despregar do 2 ao 4 de marzo un programa que certifica a aposta pola reorientación da festa nos últimos anos, combinando a feira tradicional dedicada ao emblemático produto da Ulloa coa celebración dun verdadeiro festival de música que neste ano terá os cataláns Sidonie como un dos principais atractivos, aínda que compartindo protagonismo con músicas do país como as de Rosa Cedrón. O Concello arzuán presentou este xoves os detalles dunha festa sobre a que pairará a figura dunha das figuras máis insignes do municipio, a da cantante Ana Kiro, de quen se inaugurará unha escultura na súa lembranza no campo da feira no mediodía do sábado 3, xusto despois da inauguración oficial e do pregón do músico Tonhito de Poi, que tamén foi guionista e subdirector do programa Tardes con Ana, que a artista presentaba na TVG. Ademais, o prato conmemorativo da Festa reproduce neste 2018 a sinatura de Ana Kiro. A festa, indica o alcalde de Arzúa, José Luis García, tornou xa nun "inmenso motor económico para a vila e a comarca" e por iso o Concello destina un gran volume de recursos a ela. Esta aposta estratéxica, sinala o goberno local, reflíctese no cartel do festival de música, un dos eixos da celebración. O sábado 3 os primeiros en subir ao escenario serán No Crafts, gañadores do concurso musical ligado á feira, o Queixo Maquetón. Despois será a quenda de Ilegales e tras eles, Sidonie. Lembranza de Ana Kiro na presentación / Festa do Queixo No recinto feiral arzuán participan do 2 ao 4 de marzo setenta queixerías e doutros puntos do Estado Unha sesión de picadiscos pechará a xornada do sábado e, xa o domingo, a banda municipal de Arzúa será a protagonista da sesión vermú. Dende as seis da tarde o menú musical porano Rosa Cedrón e mais a orquestra folk Son de Seu. Alén da música as actividades en torno ao queixo serán, como cada ano, moi amplas, e irán dende os obradoiros de cociña ata o concurso de elaboracións con pan e queixo. O festival Pequequeixo para a rapazada, na Praza de Galiza, animación de rúa e actuacións de grupos de música tradicional completan un programa que pretende servir como apoio á difusión do traballo de ata setenta queixerías galegas e doutros puntos do Estado, cun "cheo total no recinto feiral". Programa da Festa do Queixo 2018
NOS_49760
Após 6 xornadas sen coñecer a derrota, este domingo o Deportivo cedeu os tres pontos en Ipurúa face un bon Eibar (2-1). O sábado xa caera o Lugo en Vitoria, fronte o Alavés, tamén por 2-1.
O Lugo tivo as súas opcións e mereceu no mínimo puntuar na súa visita ao Alavés. Cando menos gozou de aproximacións á area e mostrou que, embora estar a atravesar unha má xeira de resultados (4 xornadas con esta sen coñecer a vitoria), a equipa de Setién mantén o gosto polo toque da pelota e unha indisimulada vocación ofensiva. Na portería retornou á titularidade o galego Dani Mallo. Sandaza marcou o gol lucense. En Ipurúa vimos a pior versión en moito tempo do Deportivo. Fernando Vázquez apostou no retorno do 4-1-4-1 e Borja apenas entrou en xogo. As bandas, calamitosas, foron incapaces de producir un centro con xeito á area rival. En Ipurúa vimos a pior versión en moito tempo do Deportivo O Eibar foi a equipa intensa que se agardaba e sobre a que xa advertira nas vésperas Fernando, mas o Deportivo non estivo en ningún momento na mesma onda de conexión co partido. Estivo desligado, até lánguido. Fracasou Seoane como interior dereito e botouse ben de menos a Insua. Marcou Luís Fernández, o terceiro na súa conta, após aproveitar o único centro con cara e ollos que a equipa branco-azul foi quen de colocar perante a baliza basca. O autor da asistencia foi Antonio Núñez. Mágoa que non estea aínda con folgos abondos para ocupar praza titular nunha equipa que ten a súa principal debilidade nos seus flancos, quer o dereito quer o esquerdo. A imaxe está tirada de CanalDeportivo.Com
NOS_14733
Kiko da Silva reproduciu no Salón Castelao do Museo de Pontevedra 'A derradeira leición do mestre'. "O presidente non debe tentar cambiar a historia nin as circunstancias que levaron a Castelao a facer esta obra".
O debuxante Kiko da Silva pintou ao vivo unha versión de 'A derradeira leición do mestre' de Castelao, para reivindicar o verdadeiro significado da obra e facer honra ao representado nela: Alexandre Bóveda. Foi na Sala de Castelao do Museo de Pontevedra, onde está depositada a lámina de 'A derradeira leición do mestre' – que nestes días está en Compostela na exposición onde tamén está o cadro- . Un acto para respostar ao sucedido esta cuarta feira, cando Feixoo obviou a represión facista e o asesinato de Alexandre Bóveda na recepción do óleo pintado polo rianxeiro. "Non se debe tentar cambiar a realidade nin a historia nin as circunstancias que levaron a crear esta obra", manifestou Kiko da Silva, que lembrou que Castelao pintou o cadro no exilio e en homenaxe ao seu amigo e compañeiro de militancia nacionalista Alexandre Bóveda. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, afirmou neste ato no Museo que "non queremos que se esqueza a memoria das persoas asesinadas". De por parte, Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua, incidiu en que "temos que loitar por que a obra de Castelao volva á nosa Terra".
PRAZA_1764
A ENTREVISTA ALTERNATIVA Buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias.
Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias. Rafa Cuiña aínda segue sendo para algúns o "fillo de". Pero o certo é que a través das redes sociais está demostrando que o seu lema de precampaña "hai alternativa" cúmprese: o alcalde de Lalín declarou o concello libre de desafiuzamentos ,de circos animais, retirou cartos públicos de Bankia e non deixa de humanizar a contorna da súa vila. Prognosticaba en precampaña que ía ter 3.000 votos e vía a posibilidade de derrocar ao histórico alcalde do PP, Xosé Crespo. As enquisas non lle daban tanto. Finalmente foron 3.010 votos e un goberno en coalición con PSOE e APAC. O mellor almorzo leva... A compaña dos meus fillos Nunca saes da casa sen... Poñer aos AC/DC a tope para motivarme. Fai falla moito rock and roll na nova política O primeiro que pensaches ao entrar no despacho logo da investidura foi... Aquí sobra algunha bandeira Madrugador como o cuco ou ave nocturna como o moucho? Moi madrugador. Ás 6.30 xa estou activo. Durmo pouco e mal Love of Lesbian ou Los Planetas? Love of Lesbian. O tema "Mal español" marcoume Lalín ou San Vicente? Lalín sen dúbida. E cada día máis... Costela ou cacheira? Cacheira, aínda que son de bo dente. Mencía ou albariño? Mencía. Estanse facendo algúns moi interesantes agora. Antes eran "complicados de tomar" Con quen irías de cañas: con Xosé Crespo ou con Núñez Feijóo? Con Feijóo. Con Crespo xa fun e non é precisamente la alegría de la huerta. Bufanda ou foulard? Foulard... cheguei a marcar tendencia en TV con eles (é brincadeira) Frisonas ou do país? Frisonas para un bo leite, do país para unha boa carne Baloncesto ou balonmán? O balonmán, deporte ao que sempre xoguei, aínda que ao que mellor xogaba era ao basket. Moi fan do Obra O mellor sitio en Galicia para mocear é... A rúa dos viños de Lalín A frase máis vívido que tes de Xosé Cuíña é... "Algún día tes que ser alcalde de Lalín" De 0 a 10, canta esquizofrenia hai no nacionalismo? Doulle un 11. É un pouco cansino todo.
PRAZA_6730
Dentro dos movementos xa leva tempo falándose sobre a hipótese de tentar construír novas candidaturas de corte popular baixo procesos de confluencia, amplos e abertos, asumindo as contradicións e enriquecéndonos coas diferenzas, pero sempre pegadas á rúa e cun horizonte rupturista.
Se as elites controlan os medios de comunicación que constrúen o sentido común da maioría da xente. Se controlan tamén as escolas e universidades impoñendo un sentido mercantilista da educación que serve para crear man de obra especializada para os mercados, ademais de adoutrinarnos. Se empregan o Estado para rematar coas nosas liberdades e transferir o noso diñeiro a mans privadas a través do mecanismo da débeda. Se lexislan en favor dos intereses dunha minoría de privilexiados. Se os tribunais e a súa xustiza serven para condenar as persoas que loitamos por un mundo mellor ou a aquelas outras que se atopan en situación de exclusión. Se ese mesmo Estado serve para atacar a autonomía das mulleres e o seu dereito a decidir por si mesmas. Se a legalidade actual está baseada no racismo institucional que permite a existencia dos novos campos de concentración (CIE) e as políticas migratorias asasinas que converten os mares nun gran cemiterio. Se a única lóxica de desenvolvemento que entenden os que nos gobernan é a do crecemento económico, onde cada vez haberá maior desigualdade social e máis persoas sobrevivindo na exclusión. Se levamos anos, décadas, construíndo alternativas dende abaixo e de xeito autónomo que non terminan de socializarse en favor das grandes maiorías que continúan a mercar no Lidl, o Mercadona, Inditex e Ikea ou a ver o mundo e opinar a través da realidade que presentan os grandes medios nas mans dos banqueiros. Chegou o momento de asaltar as institucións para levar as axendas dos movementos, disolvelas e construír (ou non) as de todas? Resulta que temos alternativas, sabemos e queremos facer as cousas doutro xeito Chegou o momento de asaltar as institucións para levar as axendas dos movementos, disolvelas e construír (ou non) as de todas? Resulta que temos alternativas, sabemos e queremos facer as cousas doutro xeito, polo menos temos claro como non facelas. Pero temos que arriscar e artellar novos xeitos de facer política, tamén no plano institucional, chegou o momento de mudar as regras, de rachar coa lóxica dos sistemas políticos actuais, é o tempo de concretar as novas culturas políticas que levan anos desenvolvéndose nos colectivos autónomos e nos movementos sociais. Dende estes, sempre houbo moitas dúbidas, mesmo rexeitamento, a participar nunhas institucións que non deixan de estar baleiras de soberanía popular e rexidas polos intereses egoístas das elites. Sempre tivemos claro que nos seus petos non caben os nosos soños, que non nos representan, que é fundamental construír alternativas dende as bases sociais, implicando ao maior número de persoas, que é preciso ir amodo porque imos lonxe, que na autoxestión está parte da solución ao sen sentido capitalista. Pero sempre deberiamos ser conscientes do contexto no que estamos a vivir, sen caer en dogmatismos e guettos revolucionarios onde non conseguimos construir, ou non de xeito transversal, para as maiorías das que tantos falamos nos espazos políticos (non institucionais). Dentro dos movementos xa leva tempo falándose sobre a hipótese de tentar construír novas candidaturas de corte popular baixo procesos de confluencia, amplos e abertos, asumindo as contradicións e enriquecéndonos coas diferenzas Neste sentido, dentro dos movementos xa leva tempo falándose sobre a hipótese de tentar construír novas candidaturas de corte popular baixo procesos de confluencia, amplos e abertos, asumindo as contradicións e enriquecéndonos coas diferenzas, pero sempre pegadas á rúa e cun horizonte rupturista. Porque a casa do amo non se bota abaixo coas ferramentas do amo, pero tal e como ten montado o amo a casa hai que entrarlle ás institucións para, como dicía, clausuralas e construír outras (ou non) radicalmente participativas nas que todas as persoas, e digo todas, teñamos voz. Así xurdiron Guanyem Barcelona ou a Marea Atlántica, e máis tarde outros procesos. Nos últimos tempos, á calor do 15M e doutros proxectos que xa levaban anos traballando nos barrios e nas vilas, recuperouse o traballo veciñal que supón un terreo moito máis fértil para que a democracia dende abaixo, a das persoas non a dos mercados, poida intervir garantindo ao tempo conquistas concretas e evitando as perversións intrínsecas ao xogo electoral. Se nalgún espazo a potencia política que ten caracterizado todo o último ciclo de movementos ten posibilidades de xerar un proceso de institucionalización radicalmente democrático é no plano local. A cita do próximo ano preséntase coma unha oportunidade para artellar candidaturas sociais de base Por iso, a cita do próximo ano preséntase coma unha oportunidade para artellar candidaturas sociais de base. Isto non quere dicir que teñamos que vincular o futuro á toma do poder institucional ou deixar de facer e propoñer no plano concreto das alternativas autónomas: temos que seguir a crear alternativas nos centros sociais, nas cooperativas integrais, na nosa vida cotiá, en calquera ámbito e espazo. Ese traballo debe continuar e reforzarse, debe seguir sendo a hipótese para construír unha alternativa radical a este mundo neoliberal que está a caer, para non depender de salvadores mesiánicos, e para conseguir acadar a xustiza social e a emancipación popular. Pero, ao mesmo tempo, hai que entrarlle á loita institucional, nestes tempos de urxencia temos que pelexar en todos os lugares, aquí e agora, compas!
PRAZA_273
Datos dos informes policiais sobre os graves altercados aseguran que os afeccionados galegos foron sorprendidos mentres almorzaban, que os seus atacantes se repartiron coitelos de cociña dun bar e que radicais doutros equipos foron recollidos nun hotel a primeiras horas da mañá.
Dous meses e pouco despois do asasinato do afeccionado ultra do Deportivo, Javier Romero, Jimmy, os primeiros datos que se revelan do sumario que investiga os altercados acontecidos en Madrid apuntan cada vez con máis forza á emboscada por parte do Frente Atlético e non a unha pelexa pactada -como mantiveron fontes policiais e oficiais desde un inicio- entre ambos os dous grupos. Datos revelados do sumario apuntan á emboscada por parte do Frente Atlético e non a unha pelexa pactada Diversos medios achegan xa datos dese sumario da operación Neptuno, que investiga os violentos incidentes do 30 de novembro antes do encontro do Deportivo no estadio Vicente Calderón, nos que parece claro que os radicais do Frente Atlético, xunto a outros doutros grupos ultras, quedaran para atacar os ultras coruñeses. TVE, no seu telediario deste xoves, advertiu de novidades da investigación da que se tira que "os Riazor Blues estaban a almorzar nun bar e foron sorprendidos pasadas as oito e media da mañá polos seus rivais". "Empezaron a voar cadeiras, producíronse persecucións e o xa coñecido asasinato de Jimmy, ultra do Deportivo. O máis complicado para a policía foi identificar os catro autores materiais de morte", asegurábase na peza elaborada polo xornalista Xaquín López, acompañada de imaxes nas que se basearía a policía para deter os catro presuntos asasinos do seareiro deportivista, xa no cárcere. Testemuñas aseguran que os ultras madrileños repartíronse coitelos de cociña para o ataque e que os Riazor Blues foron sorprendidos mentres almorzaban Ademais, tal e como adianta a Cadena SER, declaracións de testemuñas recollidas nese mesmo sumario aseguran que membros do Frente Atlético repartíronse coitelos de cociña que un ultra ofreceu nunha bandexa dun bar achegado á zona da liorta. O testemuño dun afeccionado deportivista fala dun líder máis do grupo "que ía en cabeza todo o tempo e dirixía as accións dos demais cun pau de grandes dimensións" e doutra persoa que retaba a berros aos galegos "con dúas navallas tipo mariposa nas mans". Tamén asegura esta testemuña que entre o grupo do Frente Atlético había individuos que poderían ser de orixe polaca e que apoiaría a versión dada por membros dos Riazor Blues -e por fontes do mesmo mundo ultra consultadas por este diario- que aseguran que na presunta emboscada terían participado elementos de extrema dereita estranxeiros, así como afeccionados radicais dos Ultra Boys -ultras do Sporting- ou mesmo un dos Ultras Sur, do Real Madrid, que tería agochado material para a pelexa nun vehículo. Ultras asturianos terían sido recollidos nun hotel por un membro do Frente Atlético ás 6.30 da mañá De feito, informacións do xornal Estrella Digital achegan datos que indican que un membro do Frente Atlético foi recoller ultras do Sporting de Gijón a un hotel ás 6.30 da mañá. Ás 7, segundo diversas informacións policiais, os seareiros radicais quedaran para almorzar, un dato que coñecía a policía pero que non evitou os altercados. Os Riazor Blues seguen a defender que nesta ocasión tratouse dunha "emboscada neonazi" por medio dun grupo que ía armado con paus e barras metálicas, malia que os ultras do Deportivo protagonizaron nos últimos meses outras importantes pelexas, algunhas delas sabidas de antemán. Non semella que fose así neste caso e a investigación parece insistir na teoría de que os ultras atléticos agardaban os afeccionados galegos para atacalos con elevada violencia. Tal e como destacan fontes consultadas por Praza e outras achegadas á investigación, todos os feridos por arma branca pertencían á peña deportivista. Os catro presuntos asasinos do afeccionado galego están xa na cade e hai outros 77 ultras en liberdade con cargos Nun principio, a policía argumentou no uso dun coche lanzadeira conducido por membros de Bukaneros, ultras do Rayo, e na presenza de ultras doutros grupos de esquerda como clave para apuntar á quedada, pero fontes do mundo ultra aseguran que eses achegamentos son algo habitual nestas viaxes. Tamén se advertiu de que os Riazor Blues intentaran evitar a vixiancia da policía alugando o autocar a unha empresa de Lugo, algo habitual desde hai anos, que ademais saíu do centro da cidade da Coruña. O Ministerio de Interior, que apuntou sempre á teoría da quedada entre grupos ultras, recoñeceu tamén que non tiña probas dese pacto para a pelexa e as mesmas fontes consultadas por Praza insisten en que os ultras do Deportivo foron sorprendidos por un "ataque neonazi" que acabou con varios feridos e co asasinato de Francisco Javier Romero, Jimmy, que sufriu unha malleira e foi lanzado ao río Manzanares. Os catro presuntos autores do asasinato atópanse xa na cadea e hai, ademais, 77 ultras en liberdade con cargos, aínda que a policía espera deter máis persoas nas vindeiras semanas.
NOS_31568
Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou un beneficio neto atribuído de 175 millóns de dólares (146 millóns de euros) entre xaneiro e marzo, o que representa un incremento do 119% respecto do resultado de 80 millóns de dólares (67 millóns de euros) contabilizado pola multinacional no primeiro trimestre de 2020, segundo informou a compañía.
Alcoa atribuíu a mellora dos seus resultados no primeiro trimestre de 2021 aos prezos máis altos do aluminio e a alúmina, así como aos menores cargos relacionados coa reestruturación da empresa e o impacto positivo da venda de activos. As vendas da compañía estadounidense no tres primeiros meses do ano sumaron 2.870 millóns de dólares (2.397 millóns de euros), un 20,5% máis que un ano antes, mentres que o endebedamento neto de Alcoa se reduciu a 492 millóns de dólares (411 millóns de euros), unha mellora do 47% respecto da súa posición a 31 de decembro de 2020. "Tivemos un primeiro trimestre excelente co noso mellor resultado trimestral desde 2018", dixo o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey. De cara ao resto do exercicio, Alcoa espera un 2021 "sólido" baseado nunha continuada recuperación económica e unha maior demanda de aluminio en todos os mercados finalistas. En calquera caso, fontes de Alcoa subliñan que a súa previsión "segue sendo" que a planta de San Cibrao (en Cervo) teña perdas no conxunto do exercicio de 2021, e aseguran que tamén anotou números vermellos no primeiro trimestre. En calquera caso, evitan trasladar os datos concretos porque a compañía "non adoita" dalos "individualizados" para cada un dos seus centros. Alcoa comunica os resultados no medio da negociación para a venda da fábrica de aluminio de San Cibrao á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI). A de alúmina queda á marxe das conversacións. Na quinta feira o comité de empresa apelou a que a compañía reduza as súas esixencias no marco dun proceso estancado hai semanas debido, entre outras cuestións, á petición de inmunidade que demanda en relación con eventuais reclamacións futuras sobre a operación. A falta de avances tamén responde á situación financeira que afecta a Liberty, que por agora se presenta como principal interesado para ser o comprador final da factoría.
NOS_5243
Ademais da astroloxía e da ciencia, o caderno 'Aprender' desta semana tamén inclúe un artigo sobre o "greenwashing", así como información sobre as aves migratorias que retornan despois do inverno.
Ademais do Nós Diario e do semanario Sermos Galiza, este sábado tamén podes conseguir o caderno Aprender, que presenta un gran abano de temas interesantes como o "greenwashing", as aves migratorias, o cambio na posición das constelacións nesta primavera ou a concepción que ten a sociedade da ciencia. O tema de apertura é "O lavado verde do dicionario da transición ecolóxica", un artigo de Diego Ferranz que analiza a apropiación de termos relacionados coa ecoloxía por parte de grandes empresas, unha estratexia coñecida como "greenwashing" Entre chirlos continuamos coa peza "Chegan as nosas aves máis viaxeiras", do educador ambiental Ramsés Pérez, na que fala das aves migratorias, como o cuco, a bubela, a papuxa ou o picafollas, que, despois de pasar o inverno en lugares cálidos, tornan á Galiza da man da primavera. Nas páxinas centrais atoparemos a reportaxe "Seráns tranquilos do cariñoso abril", elaborada por de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. O texto pretende descubrir como vai variar a paisaxe celeste na noite de primavera do próximo nove de abril. Os cambios na posición das constelacións farán do ceo nocturno un espectáculo silencioso que rematará coa saída do sol ás oito da mañá. O centro do caderno tamén estará ocupado polo artigo de André Vidal titulado "Arredor da ciencia como ferramenta de avance social", un texto que explica como a humanidade concibe a ciencia, explicando o seu sentido así como as súas formas de uso e os seus propósitos. Por último, é tamén protagonista Diego Ferraz, divulgador científico nas redes e creador de Naturiza; así como A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas na Galiza que reivindica as "Matildas" galegas. Na parte de artigos de opinión poderás ler "Na procura da noite", de Paula Cermeño; tamén "Entre pastores e lobos, a historia do home e a terra", unha peza de Juan de Castro, xestor e programador do The Wild Fest; e "Nova orde no tratamento á diversidade" de Aurora Barba Gasamáns da Asociación Socio-Pedagóxica galega. Para gozar de todos estes contidos non tes máis que ir ao quiosco, a libraría ou a nosa tenda online para mercar o Nós Diario deste sábado. Como poderás observar, comezamos a ofrecer algúns contidos baixo pagamento. Iso é porque temos a subscrición ao papel pero tamén unha versión web. Sexa como sexa, apóianos!
NOS_8997
Cristina Pato é moito máis que a gaiteira de cabelo verde sobre cuxa imaxe quizais pesaron moito, nalgúns momentos, os estereotipos. Ademais de desenvolver unha exitosa carreira internacional como pianista está implicada en varios proxectos musicais e educativos alicerzados na responsabilidade social a través das artes. Vén, ademais, de presentar a súa primeira novela, No día do seu enterro (Galaxia), inspirada na memoria do seu pai. Falamos con ela deste libro e da súa traxectoria profesional en xeral.
Todo parte, na novela, da morte de Ervigio, un home que se dedica á venda polo fiado de ouro e xoias. Como xorde este personaxe? Esta é unha obra de ficción, unha historia pequena sobre o poder da palabra, a nobreza dos invisíbeis e as verdades non contadas que está inspirada na profesión e no xeito de traballar do meu pai, que morreu hai case 20 anos de súpeto, que vendía mercancía polos bares e que tivo unha moi diversa clientela atraída polo feito de que o seu era o negocio da confianza. Pois o meu pai fiaba e cada cliente podía decidir a cantidade que quería ou podía pagar cada semana. Esa escena inicial, a do enterro de Ervigio Raposo, é realmente moi próxima á escena real do enterro de Dositeo Pato, o meu pai, e a partir de aí funme deixando levar polos diferentes personaxes que ían aparecendo nesoutra viaxe vital, a do protagonista da novela. Quixen crear unha historia que honrase a memoria de todos aqueles que como o meu pai fixeron todo o posíbel para ter unha vida digna e para sacar adiante unha familia, independentemente de que a profesión que escollesen (ou que a vida escollera por eles e elas), os levase por camiños máis complexos do que imaxinaban. A novela fala de confianza, de lealdade... Cales son, para vostede, os temas principais? Sen dúbida a supervivencia e a nobreza entendida como calidade humana, moral; pois sexan cales sexan as túas circunstancias, todos nós vémonos nalgún momento das nosas vidas co dilema de como temos que actuar ante momentos complexos. Pero esta é tamén unha historia sobre as circunstancias da vida e sobre a idea de que non sempre temos (ou non sempre nos conceden) a capacidade de aprender a aceptalas ou de lidar con elas, sen xulgalas. De fondo están e emigración ou a vida nos barrios. Xente humilde cuns valores e xeito de vida que non idealiza e que tenden a contrastar cos das clases sociais máis acomodadas. Por que quixo falar dese contraste? Esta historia bebe das realidades arredor de min, dos meus pais, dos seus familiares e amigos a través do filtro da miña perspectiva. Para min ese contraste sempre foi como un muro invisíbel, incribelmente presente, pero tamén imposíbel de derrubar. E desa idea, a das múltiples realidades que conviven nunha mesma cidade, que se cruzan, pero que realmente non se recoñecen, vén esta historia na que a supervivencia é o fío que os conecta a todos. Quixo falar dunha parte da emigración da que normalmente non sabemos moito? (Negocios non legais que foron moi habituais pero que quizais non forman parte do relato oficial do éxito do emigrante). Cando comecei a documentarme para escribila, entre outras cousas, decidín entrevistar os amigos e familiares dos meus pais que emigraran pola mesma época... e nese proceso, que comecei simplemente para poder imaxinar como podería ter sido a viaxe do meu pai (pois por desgraza nunca me interesara por ela mentres vivía), fun descubrindo moitos pequenos relatos contraditorios sobre as razóns polas que marchaban e sobre cales eran os pasos que seguían para chegar ao seu destino. Hai cousas das que nunca se fala nunha familia de emigrantes. A personaxe de Dolores é especialmente interesante. Que representa esta muller? Quizais foi a personaxe máis complexa para min. Con Dolores quixen crear unha muller forte e intelixente, cunhas circunstancias vitais complexas, e intentei non deixarme levar polos estereotipos das realidades nas que se moven ela e o resto dos personaxes. Pois en xeral todas as mulleres da novela son complexas, como todas nós, e non se poden "sintetizar" nunha soa frase, aínda que todas teñen en común a forza que as empurra a levar adiante a vida. Ese era para min o relato. O máis complexo para min foi atopar a estrutura que me axudase a contela e a contala, e quizais esa sexa a parte máis musical da novela, o tomar prestada a forma sonata para estruturala, e o deixarme levar pola improvisación unha vez os temas principais e os seus personaxes estaban debuxado É a súa primeira novela, mais coñecémola como profesional da música. Como foi para vostede publicar un libro non académico? A verdade é que para min o maior contraste foi pasar de 1.700 caracteres con espazos, que é o límite que teño para as miñas columnas na prensa, a un texto sen límites, e pasar de reflexionar en público sobre temas cotiáns a escribir unha ficción. O máis complexo para min foi atopar a estrutura que me axudase a contela e a contala, e quizais esa sexa a parte máis musical da novela, o tomar prestada a forma sonata para estruturala, e o deixarme levar pola improvisación unha vez os temas principais e os seus personaxes estaban debuxados. Ten publicados seis discos como gaiteira, mais tamén ten dous álbums como pianista e moitas colaboracións con músicos de diferentes estilos. Que relevancia tivo o encontro con Yo-Yo Ma? O violonchelista (e humanista) Yo-Yo Ma é realmente a persoa que me cambiou a vida e que me axudou a entender a idea de responsabilidade social a través das artes, que me axudou a ver o papel e o valor das artes na sociedade. Coñecino no ano 2006 e desde aí, a través tanto de Silkroad coma do Bach Project, tiven a fortuna de ter traballado en ducias de proxectos desenvolvidos na intersección entre arte e sociedade, que é realmente unha das partes máis importantes da miña vida profesional hoxe, tanto a nivel educativo coma de produción. O Cristina Pato Trío Galego investigara a relación entre música galega, jazz e música contemporánea. O Cristina Pato Quartet, que formou en Nova York, xuntaba world music, latin-jazz e jazz. A mestura estivera sempre presente na música galega, como mostran as músicas da emigración. Como xurdiron estes dous proxectos? Ao longo da miña carreira funme deixando levar polas miñas inquedanzas musicais e polas influencias dos músicos cos que tiven a sorte de irme atopando polo camiño. Tanto o trío coma o cuarteto foron momentos cruciais para a miña aprendizaxe como música, pois de todos os músicos cos que tiven a sorte de ter traballado de seguido aprendín moito, tanto a nivel artístico como persoal. A mestura da música galega co jazz ou coa contemporánea está presente en proxectos de grandes músicos galegos que fixeron historia nese eido moito antes de que chegara eu, pero para min houbo un antes e un despois da gravación do disco de cincuenta aniversario do Sketches of Spain de Miles Davis, o disco Miles Español (eOne 2010), no que me chamaran para colaborar para recrear a fonte orixinal do tema Panpiper, recollido por Alan Lomax en Nogueira de Ramuín... (curiosamente a terra do meu pai...). O proxecto que compartiu con Mazz Swift, Invisible(s), ten que ver coa reivindicación dos xeitos de ver o mundo que permanecen invisíbeis e, en concreto, co racismo... Para min o máis importante dese proxecto era a reflexión sobre o tema da invisibilidade, pois non falamos ou non loitamos polas cousas que non vemos ou non sentimos como nosas. Coñecer a Mazz Swift fíxome pensar moito na idea de que o que pode ser a túa realidade pode ser completamente invisíbel para min e viceversa, e sobre cal é a nosa responsabilidade, especialmente nos tempos que corren, de aprender a ver todas as verdades arredor de nós. Hai demasiados "ismos" na nosa sociedade e moitas veces eses "ismos" multiplícanse e amplifícanse simplemente porque non somos conscientes de que os cometemos, porque non os vemos... Ese proxecto ía precisamente diso, e foi un intento de reflexionar en público e a través da música sobre esa idea. Aquí ás veces laméntase tanto a falta de vontade de saír tocar a outros países -se non é con axudas institucionais- como a imposibilidade práctica de vivir da cultura sen traballar máis fóra que dentro (nalgúns casos). Como se posiciona vostede nestes dous debates? Como foi no seu caso a decisión de marchar a Nova York? Hai algún tempo que escribira un artigo sobre o que significa vivir entremedias, tanto a nivel físico (no meu caso entre Nova York e Ourense), como a nivel profesional (na música, na docencia) ou persoal. E sobre o que significou para min aceptar que ese lugar no medio, entremedias, era realmente o lugar no que máis aprendía e no que mellor me sentía, a pesar de que é un lugar complexo. Hai unha conferencia de Yo-Yo Ma na que fala do Efecto de Borde, que en ecoloxía é o punto de encontro entre dous ecosistemas, e que aparentemente nesa intersección é onde se crean máis novas formas de vida. Yo-Yo utiliza ese exemplo como metáfora sobre a creatividade na natureza, e coido que cos anos eu aprendín a habitar (e aceptar) ese espazo inestábel sen sentirme obrigada a depender de ningunha forza ou institución. Para min foi necesario ese pulo entre aquí e alá (no que aínda sigo), pois foi o que me deu perspectiva e o que me axudou a crecer a nivel persoal. Pero cada artista é diferente, cada persoa é diferente, e hai grandes artistas universais na Galiza que teñen unha visión riquísima sobre o mundo e que chegaron moi alto sen ter marchado vivir fóra... Cada carreira é un mundo e non é xusto xeneralizar... Levo traballando nese proxecto educativo desde o ano 2016, cando coñecín o neurocientífico Kenneth S. Kosik e comezamos a maquinar sobre a idea da conexión entre a perda da memoria a nivel cognitivo e individual e a perda da memoria a nivel cultural e colectivo Como educadora traballa en proxectos que conectan arte, humanidades e ciencia. Por exemplo, Memory: an interdisciplinary exploration, coa Universidade de California, que realiza unha achega multidisciplinar á realidade das persoas refuxiadas e migrantes… Levo traballando nese proxecto educativo desde o ano 2016, cando coñecín o neurocientífico Kenneth S. Kosik e comezamos a maquinar sobre a idea da conexión entre a perda da memoria a nivel cognitivo e individual e a perda da memoria a nivel cultural e colectivo. E desa reflexión naceu esa clase interdisciplinar, na que intentamos achegarnos cada ano ás cuestións máis complexas da sociedade relacionadas coa memoria e cos movementos migratorios (falando de perda da memoria cultural...) a través de diferentes disciplinas e do traballo en colaboración tanto por parte dos e das estudantes como por parte dos profesores, que veñen tanto das ciencias coma das humanidades. Tamén colaborou coa Universidade de Harvard, onde ademais foi artista en residencia. Como levou o traballo feito en Harvard e California ao proxecto que despois desenvolveu na cátedra de cultura española da Universidade de Nova York? En que consistiu o proxecto sobre a música "invisíbel" do norte de España? Cada traballo como artista en residencia en cada universidade é un mundo. Tanto en Harvard coma en California a miña conexión actual é a través das ciencias e a través do papel das artes na sociedade. Na universidade de Nova York (NYU) estiven invitada no curso académico 2019-2020, nunha posición relacionada co departamento de lingua e literatura española e portuguesa, e tentei deseñar unha programación que conectase todas as miñas inquedanzas a nivel educativo e musical e que utilizase a diversidade lingüística do Estado español como metáfora da diversidade cultural. A clase sobre as "músicas invisíbeis" do norte do estado foi un xeito de introducir unha perspectiva máis rica e diversa sobre o que se entende como músicas de España nos EUA. Como produtora realizou proxectos como Esencias 20/50, ou Galician Connection, que tiña por obxectivo crear relacións entre artistas galegos e doutros países. Houbo e hai outros proxectos semellantes -ás veces polémicos polo investimento público que supoñen- mais é difícil quizais avaliar até que punto crean esas relacións internacionais que se buscan... Esta é unha cuestión para a que aínda non teño unha resposta clara. Esenciais 20/50 foi un proxecto en colaboración con Xaime Fandiño, Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento (Ugia Pedreira e Marina Oural) que naceu en 2020 como unha reflexión pública sobre o idadismo e que se financiou de xeito privado, co apoio da Fundación Carasso. Galician Connection, que sobreviviu tres edicións (2012-2014), era un proxecto en colaboración que unía artistas da Galiza con artistas doutras culturas a través dun encontro no que se buscaba a colaboración e a aprendizaxe, ademais das redes de contacto. Tanto un como outro son difíciles de definir cunha frase, e nos tempos dos chíos, é complexo facer que proxectos así teñan percorrido se non habitan nunha institución educativa ou nunha fundación, se non teñen unha residencia na que este tipo de laboratorios, pois iso é o que teñen en común, poidan contar co tempo necesario para poder crear este tipo de reflexións e vínculos, tan necesarios na sociedade... Con respecto a avaliar esas relacións: a nivel intanxíbel é complexo, especialmente no caso de Esenciais 20/50, pero a nivel tanxíbel o espazo do Galician Connection trouxo moitas cousas moi emocionantes que dalgún xeito se orixinaron alí, sen mediación, por simplemente ter tido a oportunidade de coñecerse e traballar xuntos, por descubrirse os uns aos outros. Por exemplo a relación de Paquito D'Rivera co Quinteto Cimarrón, ou o traballo de Anxo Pintos con Sandeep Das na India ou con Wu Tong na China... En xeral, séntese recoñecida na Galiza ou pesou quizais nalgún momento o estereotipo? (O pelo verde, ir tocar onde a chamasen sen escoller por ideoloxía, etc). Os estereotipos levámolos todos ás costas, sexamos ou non persoas públicas... Para min o importante foi non deixarme eu levar por eles para poder seguir construíndo o meu camiño, seguindo as miñas paixóns e inquedanzas. Hoxe emociónome cando alguén me para e me comenta unha columna, ou para dicirme que hai 20 anos coñeceu á súa parella nun concerto meu. Para min non hai mellor recoñecemento ca ese. É importante lembrar que os artistas sempre están moito máis avanzados que as chamadas políticas culturais, e que se como comunidade somos capaces de entender e apoiar os artistas comprometidos co seu medio, entón sempre haberá esperanza Compartiu algún proxecto con Juan Carlos Fasero, que foi despois director de Agadic. Que pensa en xeral das políticas culturais galegas respecto da música? A Juan Carlos Fasero coñézoo desde nena, pois fundara o grupo Mutenrohi xunto con, entre outros, a miña irmá Raquel Pato, e o que hoxe é o meu marido, Xan Padrón... E Mutenrohi, que ensaiaban na casa da miña nai, é o grupo onde comecei a miña carreira en solitario. Con respecto ás políticas culturais en xeral, ao residir a medio camiño entre dúas realidades opostas con respecto á xestión cultural a nivel institucional e ter xirado intensamente por lugares nos que as institucións o controlan todo, para min é importante lembrar que os artistas sempre están moito máis avanzados que as chamadas políticas culturais, e que se como comunidade somos capaces de entender e apoiar os artistas comprometidos co seu medio, coa súa contorna, coa sociedade, coa arte, entón sempre haberá esperanza. Pois como dicía o meu amigo, o músico persa, Kayhan Kalhor, "(os artistas) non somos a nosa identidade política. Ninguén lembra quen era o rei nos tempos de Beethoven, pero a cultura permanece".