ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_4669 | Henrique e Miguel estaban en greve de fame desde hai unha semana contra o despedimento de dous traballadores. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, confirmou que o protesto continuará da man doutros 2 compañeiros da central nacionalista. VÍDEO NO INTERIOR. | Os dous membros da sección sindical da CIG en PSA-Citroën que iniciaron unha folga de fame hai unha semana como medida de protesto polo despedimento de dous traballadores afiliados do sindicato nacionalista están hospitalizados. Mais isto non implica o final desta medida de protesta, pois serán relevados por dous compañeiros, tal e como recoñeceron desde a propia CIG. O secretario xeral da central, Suso Seixo, que formaba parte da representación da Executiva confederal que esta terza feira se desprazou até Vigo para animar a Henrique Pérez e Miguel da Pía, explicou que ambos os dous foron trasladados ao Hospital Xeral de Vigo a primeira hora desta terza polo "deterioro" no estado de saúde. Pérez e Da Pía permanecen en Observación e sometidos a diversas probas. Seixo sinalou que a mobilización "non acaba aquí" e xa anunciou que outros dous compañeiros tomarán o relevo. O secretario xeral suliñou que a central lvai manter as protestas e mobilizacións contra o "ritmo de traballo abusivo" que, denuncia, está a impoñer a dirección da factoría de Citroën en Vigo, ademais de denunciar que os afiliados á CIG son obxecto de "persecución" por parte dos responsábeis da pranta. |
NOS_1846 | A CIG considera que nun momento no que a Xunta está a recortar en cousas tan graves como os comedores infantís,pagar ao persoal sen darlle traballo e habendo labores que desenvolver é "unha estratexia para finalmente poder alegar que non saben onde recolalos nin que ocupación darlles". | A Xunta paga ás traballadoras readmitidas de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) por orde xudicial, sen darlles traballo efectivo e nin sequera un lugar físico onde estar. Así o denunnian CIG e traballadores, asegurando que este ente público pretende así "evitar que se visualice que existe traballo que este persoal poderían realizar". En novembro de 2012 AGADER despediu a 23 traballadoras logo de facer unha modificación da Relación de Postos de Traballo "feita a medida para despedir ao persoal que denunciara unha situación laboral irregular e que gañara os xuízos", lembra Renato Núñez, de CIG-Compostela. Un grupo de traballadores pechouse en Mwdio Rural para denunciar a situación Estes despedimentos están a ser declarado nulos nos diferentes xuízos que se están a celebrar e obrigan á súa readmisión no mesmo posto de traballo e coas mesmas condicións. A CIG solicitou, ante a coincidencia en todas as sentenzas ditadas até o momento, que se procedera "á readmisión de todo o persoal despedido para evitar os custos económicos e persoais derivados desta situación". Mais o ente non só non readmite ás persoas, denuncian desde a central, que aínda están agardando a que se dite sentenza, senón que ademais "opta por manter na casa aos traballadores con sentenza ditada, pagándolles o salario e sen darlles traballo efectivo" . Labores a desenvolver O secretario de Organización da CIG de Compostela considera que nun momento no que a Xunta está a recortar en cousas tan graves como os comedores infantís, está tirando cartos, pagándolle ao persoal sen darlle traballo e habendo labores que desenvolver. "É unha estratexia para finalmente poder alegar que non saben onde recolalos nin que ocupación darlles". Fronte a isto, o persoal asegura que hai expedientes pendentes que acumulan meses de atrasos aos que se podería dar a axeitada tramitación se se contara con estas persoas para facer o que mellor saben: traballar. |
NOS_23141 | Despois da denuncia de que o alcalde do concello de Cerdedo, Silvestre José Balseiros Guinarte (PP), ordenara a corta de árbores autóctonas, a Federación Ecoloxista Galega convocou un acto en protesta na Carballeira de Meilide para o día 21 de xullo ás 20 horas. | "As políticas forestais das nosas administracións están a levar á desaparición aos nosos sistemas forestais naturais", aseguran desde a Federación Ecoloxista galega (FEG). E a mala xestión dos recursos tamén, polo que asegura esta entidade que organiza para o 21 de xullo ás 20 horas unha protesta masiva pola proposta do alcalde de Cerdedo, Silvestre José Balseiros Guinarte (PP), de corta masiva de carballos. Segundo comunicou no seu momento o concello, amparándose nunha suposta xestión de biomasa para a prevención de lumes e facendo unha lectura tendenciosa da Lei 3/2007, debíanse eliminar algunhas especies que podían provocar incendios, sen contar coas autóctonas non pirófitas e polo tanto protectoras dos incendios, moitas delas de grande antiguidade. O alcalde respondeu poñendo como límite para a corta o mes de febreiro de 2013 O alcalde respondeu ás denuncias realizadas desde hai días poñendo como límite para a corta o mes de febreiro de 2013 e xa fala das "molestias" aos camións de grande tonelaxe (os que superan as 10 Toneladas, como os que empregan as empresas madeireiras e as do Parque Eólico de O Seixo. Propostas contra ao lumeA FEG propón combater o lume forestal cunha "prevención a medio e longo prazo, que diminúa a cantidade e calidade do combustible do monte, que fomente os recursos sostibles, que protexa a biodiversidade e que mellore a percepción e o uso social do monte". Porén a política da Xunta, como tamén a dalgúns gobernos municipais como o de Cerdedo, "van en sentido contrario e amosan unha grande falla de interese por un futuro sostible dos nosos recursos forestais", segundo denuncian @s ecoloxístas."Compre seguir presionando para que ningunha árbore autóctona se corte", asegura o historiador Dionisio Pereira, membro da asociación Verbo Xido. "Nós denunciaremos as cortas fora da normativa vixente, e esiximos a Xunta dedique máis fondos e máis persoal á extinción e prevención dos lumes, agora que chegou a calor e o combustible no monte nunca estivo tan descoidado e perigoso, lembremos o que aconteceu no 2006", apunta Pereira. E as presións están a afectar ao propio alcalde, segundo Dolores Varela, presidenta de Verbo Xido, "até o punto de que primeiro informou deste tema cun edicto e logo pasou a ser un bando". De todos os xeitos Varela asegura que o comportamento do responsábel do concello é "autoritario" e "ilegal" posto que non conta coa Lei de Incendios de 2007. "Nós tamén queremos que estén limpos os viais dous metros a cada lado, mais de matogueiras e eucaliptos, as árbores autóctonas non provocan incendios".Ademais das asociacións ecoloxistas que participan da FEG apoian esta protesta Asociación galega de apicultura (AGA), A.C. O arrieiro (Moraña), A. A oliveira (Teo), A.C. Vagalumes (A Estrada), A.S. Cedofeita (Lérez), BNG, Comunidade de Montes de Meilide, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (OGCMVMC), PSdeG-PSOE, Sindicato Labrego Galego e S. C. e D. de Raxó. |
NOS_33882 | A Marcha Mundial das Mulleres anunciou ducias de mobilización por todo o país esta segunda feira 10 de febreiro | Coa confirmación da detención de F.J.B, o compañeiro da muller que foi atopada morta e con feridas de arma branca no baño da súa casa, nas Gándaras, en Lugo, o movemento feminista activou o protocolo de mobilizacións. Terán lugar esta segunda feira 10 de febreiro nestas localidades e horarios: A Coruña (20 horas no Obelisco), A Estrada (20.30 horas diante do Concello), A Guarda (20.30 horas na praza do Reló), A Gudiña (20.30 horas diante da Casa do Concello), As Pontes (20.30 horas diante da praza do Hospital), Ames (20 horas na praza da Maía), Allariz (20 horas na praza do Concello), Arteixo (20.30 horas praza do Balneario), Betanzos (20 horas a carón do Palco da Música), Bueu (20 horas diante do Concello), Cabanas (20 horas diante do Concello), Cangas (20 horas nos xardíns de Andrea punto Lila), Carballo (20 horas na praza do Concello), Carnota (20 horas na praza da Pedra), Cee (20 horas na praza 8 de marzo), Celanova (20 horas na praza Maior), Chantada (20.15 horas na rúa Leonardo Rodríguez), Compostela (20 horas na praza 8 de marzo), Ferrol (20 horas na praza Amada García, Edificio Xunta), Fonsagrada (20 horas ao abeirado do Concello), Lalín (20.30 horas diante do Casino), Lugo (20 horas na praza Maior, diante do Concello), Miño (20.30 horas na praza do Parchís), Melide (20 horas na praza do Convento), Moaña (20 horas na praza do Concello), Monforte (20.15 horas praza do Campo de Santo Antonio), Noia (20.30 diante do Concello), O Porriño (20 horas na praza do Concello), Ordes (21 horas na Alameda), Ourense (20 horas na castañeira, parque de San Lázaro), Pontevedra (20 horas na Audiencia Provincial), Redondela (20 horas na praza do Concello), Ribadavia (20 horas na praza Maior), Ribadeo (20.30 na praza 8 de Marzo), Ribeira (20 horas na praza do Concello), Sada (20 horas na praza da Peixaría), Verín (20 horas na praza Maior), Vigo (20 horas no MARCO), Vilagarcía (20.30 na praza de Galiza), Vilalba (20.30 na Casa da Cultura) e Viveiro (20 horas na praza de Fontenova). |
NOS_18656 | Nuns días comezarán as obras de mellora na fortaleza de Naraío. Construirase unha estrutura por dentro da torre para poder subir até o punto máis elevado do castelo, emulando quen viviron nel ou quen lograron conquistalo. | Concello de San Sadurniño, Deputación da Coruña e Xunta de Galiza veñen de asinar a acta de implantación das obras que comezarán en escasos días para mellorar a accesibilidade e seguridade da fortaleza de Naraío. As actuacións contemplan a instalación dunha estrutura no interior da torre para subir até o punto máis alto do castelo. Como tarde, o 9 de novembro farase realidade a conquista da fortaleza que domina o val do Castro desde hai séculos. A actuación consistirá na limpeza e preparación dos accesos con escalinatas desde o punto máis baixo do rochedo, onde se asenta o castelo, acompañadas de elementos que lle dean seguridade ás visitas. A idea, informa o Concello, é acondicionar un itinerario circular desde a porta principal que tamén permita ver partes hoxe ocultas debido á acumulación de entullos de derrubamentos ou polo amoreamento de materiais das obras anteriores. Co novo conxunto de escaleiras e plataformas, poderanse apreciar aspectos construtivos como cornixas, fiestras e arranques de arcarías que doutra maneira non se poderían contemplar. A Deputación da Coruña facilita o 80% do diñeiro necesario por medio dun convenio subscrito co Concello o pasado mes de decembro. O ente provincial reservou unha partida de 151.000 euros e o Concello outra de 37.500 -procedente dos remanentes de 2017-, mentres que a Xunta se comprometeu a facerse cargo dos custos do proxecto arquitectónico e da dirección de obra. O prezo de adxudicación final foron 169.871,90 euros tras un procedemento de licitación ao que concorreron catro empresas. O Goberno local avanza que este investimento non será o único. Xa se traballa na busca de financiamento para unha cuarta e definitiva fase que se centre tanto na rehabilitación de partes da fortaleza como na posta en marcha dun proxecto que permita interpretar a relevancia arquitectónica e histórica do conxunto. Acceder á parte máis elevada do castelo representa "un simbolismo especial", en palabras do alcalde, Secundino García. "A xente de Naraío e do resto de San Sadurniño sempre tivemos o castelo como algo noso. Percorrémolo infinidade de veces e moitos de nós de pequenos, cando non había a estada que hai hoxe, mesmo nos arriscamos a entrar na torre con escadas de madeira ou cordas. A aventura acababa aí, agardando a algún día poder seguir subindo até arriba. E parece que ese día está cada vez máis perto". Ademais de parte do val do Castro, desde o alto tamén se ven mellor os rochedos do Saíme e o desnivel do río, que conforman un dos puntos de interese do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal. Lugar de referencia na historia O castelo de Naraío data do século XII e foi construído sobre un terreo rochoso. Lugar de referencia na historia da comarca durante séculos, nomeadamente desde a súa cesión á familia dos Andrade de Pontedeume en 1364 até o seu abandono en 1609, foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994. Atopábase nun estado ruinoso até que a Xunta de Galiza, durante o goberno bipartito, iniciara os labores de recuperación da contorna e asinara un convenio co Ministerio de Fomento para consolidar os muros da fortaleza. Nas escavacións realizadas en 2008 descubríronse até tres muros perimetrais que noutro tempo converterían o castelo nun edificio con capacidade para resistir durante meses grazas ao grande alxibe de auga que aínda se conserva no interior da torre. O castelo foi un dos escenarios da primeira revolta irmandiña (1431) e entre 1466 e 1469 volvería ser un dos focos da guerra Irmandiña, desta vez contra Fernán Pérez de Andrade O Mozo. O exército de Alonso de Lanzós derrubou o castelo que, tras súa derrota, foi reconstruído como castigo polos propios sublevados. A fortaleza e as propiedades pasaron entón a mans de Diego de Andrade –fillo de Fernán– e, co tempo e os casamentos, á Casa de Alba, actual propietaria da fortaleza cedida ao Concello por un período de 30 anos. Ficou abandonado a principios do século XVII e durante tempo as súas pedras foron utilizadas alén de para vivendas para a presa e a central hidroeléctica que hai ao seu carón, segundo recolle o portal web municipal. Hoxe só se conserva a torre e parte dos muros superiores, ademais dos dous arcos. |
PRAZA_14510 | Unhas 50.000 persoas, segundo a central nacionalista, maniféstanse en diversas localidades de Galicia contra os recortes e a poucas horas do inicio da campaña electoral. Suso Seixo proporá ao resto de sindicatos unha folga xeral para o 14 de novembro. | Milleiros de persoas manifestáronse este xoves nas rúas das sete cidades galegas, ademais de en Foz e en Vilagarcía, contra os recortes aplicados polas políticas do PP e ante unhas eleccións nas que "está en xogo" que se ratifiquen e manteñan estas medidas. Convocados pola CIG, os cidadáns berraron contra os axustes baixo o lema "Paremos o PP. Existen alternativas. Non ao saqueo" e advertiron do "suicidio" que suporía unha nova maioría absoluta dos conservadores. A CIG asume que a convocatoria previa ao inicio da campaña "non é casual" Na marcha central, en Vigo, os manifestantes censuraron "o saqueo" do Estado de Benestar que estaría realizando o PP. Segundo a CIG, unhas 50.000 persoas saíron ás rúas en diversas localidades galegas para protestar contra os recortes. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, deixou claro que a convocatoria da manifestación, a poucas horas da campaña electoral, "non é casual", xa que serve para lembrar o carácter "antisocial" das políticas do PP, que se verían "reforzadas" no caso dunha nova vitoria da dereita. Seixo xustifica a manifestación pola necesidade de "conciencia a xente de que non cometa o suicidio de votar o PP" Así, xustificou a convocatoria das marchas pola necesidade de "concienciar a xente de que non cometa o suicidio de votar o PP". Ademais, en canto á denuncia desetimada pola Xunta Provincial de Lugo contra a manifestación da CIG naquela cidade, Seixo cualificou de "curioso" que un partido que acumula seis sancións "por empregas a instititucións para facer campaña" trate de "cuestionar" que un sindicato "dea a súa opinión sobre o que significa votar o PP". "Semella que só eles teñen dereito a opinar, a gobernar en Galicia, e pretenden taparlle a boca aos demais", insistiu. A CIG proporá ao resto de sindicatos unha folga xeral para o día 14 de novembro, coincidindo co paro en Portugal Xa por último, o líder da central nacionalista avanzou que vai suxerir aos demais sindicatos a convocatoria dunha folga xeral o vindeiro 14 de novembro, coincidindo coa que se vai celebrar en Portugal, xa que tanto o país veciño como o Estado español "van polo mesmo camiño". CCOO e UGT, a nivel estatal, xa apuntaron esta data como a máis probable para o paro. |
NOS_49930 | O colapso na sanidade e en concreto na Atención Primaria, a crise industrial e a recuperación económica serán os temas protagonistas que centrarán de 13 a 15 de outubro o primeiro debate na era Covid sobre o estado da Galiza. Será o primeiro desta lexislatura para Feixoo e o primeiro para Pontón como líder da oposición. | A situación dos servizos públicos como a sanidade e a educación, a crise industrial que afecta a Galiza, a situación económica e os fondos europeos Next Generation centrarán na próxima semana o debate do estado da nación, o primeiro desde a irrupción da pandemia. Será tamén o primeiro para Alberto Núñez Feixoo nesta lexislatura -o noveno como presidente da Xunta- e o primeiro para Ana Pontón como líder da oposición. Segundo o estipulado este 5 de outubro pola Xunta de Portavoces da Cámara, que elaborou a orde do debate, este iniciará ás 10 horas da mañá do día 13 coa intervención, sen límite de tempo, do presidente da Xunta. Xa pola tarde, sobre as 16 horas, intervirán as portavocías de cada grupo (PP, BNG e PSdeG). Terán un tempo aproximado de 45 minutos, tras o que Feixoo poderá responder. Os partidos contarán cunha segunda intervención de 15 minutos antes da fin da xornada por parte do presidente da Xunta. O día 14 resérvase para as negociacións das propostas de resolución, que serán votadas na sexta feira, día 15, tras as novas intervencións dos grupos. Debate na Galiza O voceiro do grupo popular, Pedro Puy, situou a realización do debate "na normalidade democrática que vive a Galiza" en contraposición co Estado. Así, o popular salientou que no Congreso o último debate sobre a situación do Estado foi hai sete anos. "Mesmo políticos como Pablo Iglesias ou Albert Rivera non chegaron a participar nunha sesión deste tipo", exemplificou. 40 propostas do BNG O BNG defenderá 40 propostas para saír da crise económica e social tras a pandemia. Así o anunciou a viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, que emprazou o PP a considerar estas ideas e non tiralas "ao caixón do lixo". No BNG enfocan o debate en dous planos. No primeiro farán unha diagnose da situación do país despois de 12 anos de Gobernos de Núñez Feixoo na Xunta. O segundo plano é o relativo á formulación das súas 40 propostas de resolución. Estas propostas centraranse en "dar resposta e solución" á situación económica e social así como aos "enormes retos" de futuro que se presentan, explicou Rodil. "Son necesarias medidas urxentes para frear o deterioro público sobre todo na sanidade e na súa chave de bóveda, a Atención Primaria", defendeu. Por iso, as propostas irán encamiñadas a "rescatar os servizos públicos, dar resposta á crise industrial nunha situación agónica antes da chegada da pandemia e que a Covid-19 aínda agravou máis, e tamén para encarar a emerxencia climática e a transición ecolóxica e enerxética". Rodil outorgou grande importancia á xestión e uso dos fondos Nex Generation para reconstruír a economía galega. Por outra banda, o BNG tamén defenderá propostas en defensa "dos dereitos laborais das mulleres e a mocidade". Unha estratexia de país Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, levará ao debate propostas para impulsar a configuración dunha "estratexia de país da que carece a Xunta". Así o explicou o viceportavoz do grupo parlamentario socialista, Pablo Arangüena. Entre os problemas do país, resaltou "o déficit en política social", nun escenario en que "hoxe [por onte] saen datos que amosan que a Galiza é a segunda comunidade con menor gasto en dependencia". Tamén enumerou "o colapso progresivo da sanidade, con listas de agarda en Atención Primaria por primeira vez ou o incremento dos prazos para entrar en quirófano ou ser atendido por especialistas". En canto "á falla de política industrial da Xunta nos últimos doce anos", Arangüena advertiu que a Galiza "está nunha situación de crise con empresas que fechan, mentres o PP non é capaz de atraer novos investimentos". Atinar coa xestión e usos dos fondos Next Generation cunha "mudanza do paradigma da Xunta", o desemprego, a falta de oportunidades para a mocidade, a ausencia de políticas de vivenda, a baixa natalidade ou a política ambiental tamén estarán nas propostas dos socialistas. Agárdanse máis roletes que consensos No PP avanzan que van ao debate con ánimo de consenso, aínda que consideran "moi difícil" asumir "que a saída da crise pasa por aplicar" o programa do BNG, porque este "está impregnado de soberanismo e intervencionismo", din. No Bloque recordan que nos últimos cinco debates de política xeral presentaron 200 propostas das que 198 foron rexeitadas polo PP. O PSdeG tamén afirma ter "máxima predisposición" ao diálogo aínda que desconfía do "rolete" dun PP "cada vez máis" escorado cara a Vox. |
NOS_5983 | Na misiva, a dirixente nacionalista pide modernizar as conexións ferroviarias galegas. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, remitiu unha carta ao ministro de Transportes e Mobilidade, José Luís Ábalos, na que demanda que se adopten as medidas precisas para garantir a aplicación da rebaixa das peaxes da AP-9, aprobada a través do acordo entre o PSOE e a formación nacionalista, de maneira "inmediata e sen demoras". A maiores, require do seu departamento investimentos para mellorar as conexións ferroviarias do país. A líder nacionalista solicita a "máxima axilidade" na tramitación do real decreto que faga efectiva a redución das tarifas que xa recollen os orzamentos do Estado cunha partida de 50 millóns de euros. "O obxectivo é evitar demora algunha na posta en marcha dunha medida longamente reclamada e esperada na Galiza, que suporá un alivio nas economías dos traballadores e traballadoras", recolle a misiva. Para Pontón a rebaixa permitirá "gañar competitividade ás empresas, en particular ás relacionadas co sector do transporte". Rede ferroviaria A portavoz nacionalista referiuse na súa misiva á urxencia de mellorar a rede ferroviaria galega. "Máis aló do debate sobre a chegada do AVE á provincia de Ourense e ao resto do territorio galego, que debe ser unha realidade no prazo máis breve posible, queremos chamar a súa atención sobre a importancia de modernizala", escribe a Ábalos. Entre outras cuestións, Pontón fai referencia á adaptación do treito Coruña-Ferrol para completar o Eixo Atlántico; dar impulso á saída sur de Vigo para unha conexión competitiva con Portugal como defende o Goberno luso; mellorar a liña entre Ferrol e Ribadeo ou axilizar a modernización das conexións Ourense-Monforte-Lugo-Coruña-Ferrol e a vía entre Vigo e Ourense. |
NOS_10687 | Nas últimas 36 horas máis de 2.000 refuxiadas foron resgatadas das balsas nas que trataban de cruzar o Mediterráneo. No que vai de 2016, un total de 2.800 persoas perderon a súa vida no mar ao intentar chegar a Europa. | Médicos Sen Fronteiras resgatou nas últimas 36 horas un total de 2.028 refuxiadas que viaxaban a bordo de balsas polo Mediterráneo. Foron necesarias 15 operacións de salvamento e tres buques de resgate para salvar as máis de 2.000 vidas, segundo informa a OG nun comunicado de imprensa. Segundo a entidade, as refuxiadas trataban de cruzar o Mediterráneo a bordo de balsas de goma e embarcacións de madeira. MSF Italia aproveitou este novo resgate para denunciar a incapacidade da UE para tratar a crise das refuxiadas con eficacia e humanidade, "mentres estas dramáticas circunstancias se repiten unha e outra vez no Mediterráneo, os líderes europeos continúan buscando alternativas para devolver estas persoas e o seu sufrimento cara a outros países". MSF critica que os líderes europeos se centren na "disuasión e na externalización do control das fronteiras cara a outros países" Na mesma liña, a ONG censura que as actuacións dos líderes europeos "continúen centrándose na disuasión e na externalización do control das fronteiras cara a outros países, en lugar de coidar e protexer a xente". No que vai de ano, máis de 2.800 persoas perderon a súa vida no mar. Son mil persoas máis que no mesmo período do ano pasado. Segundo MSF, os equipos da organización a bordo dos buques de resgate salvaron 5.653 persoas en 44 operacións diferentes. This clip shows how dangerous a rescue at sea can be. #SAR saves lives but only #SAFEPASSAGE will end deaths at sea. pic.twitter.com/b2ksvOD0aO— MSF Sea (@MSF_Sea) 24 xuño 2016 |
PRAZA_18082 | "Para min será unha honra defender os profesionais da sanidade", di o presidente, amosando o seu desexo de publicitar as súas políticas na materia na comisión que analizará o sistema sanitario galego tras a morte dun home dun centro de saúde | "Nunha vaise investigar a posible neglixencia do Concello de Vigo outorgando unha licenza que supuxo 460 feridos e outra vai investigar a sanidade pública que foi capaz de atender de forma inmediata a eses 460 feridos". Esa é a visión que ten o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, das dúas comisións de investigación que se van abrir no Parlamento de Galicia tras o accidente no festival do Marisquiño de Vigo e a morte dun home no centro de saúde da Estrada. Á espera do que pase nelas, este xoves Feijóo xa evidenciou que a primeira deixará en mal lugar ao alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, mentres que a segunda, na que avanzou que quere intervir el mesmo, permitiralle publicitar as súas políticas sanitarias. "Para min será unha honra defender os profesionais da sanidade", di o presidente, amosando o seu desexo de publicitar as súas políticas na materia na comisión que analizará o sistema sanitario galego tras a morte dun home dun centro de saúde Malia a visión de Feijóo das dúas comisións, a primeira, pedida por En Marea e BNG, rexeitada polo PSdeG e creada grazas á abstención dos populares, buscará "determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas no accidente producido o pasado 12 de agosto durante a celebración do festival do Marisquiño en Vigo, así como propoñer as actuacións necesarias para evitar que sinistros destas características poidan repetirse". Malia o enunciado e que Concello de Autoridade Portuaria de Vigo, controlada polo PP, veñen atribuíndose a responsabilidade do sinistro, este xoves Feijóo apunto de xeito persoal contra o rexedor vigués. O presidente aproveitou para criticar o alcalde tamén polas declaracións nas que de xeito hiperbólico este anunciou hai uns días que a iluminación de Nadal da cidade será a mellor do mundo. Para Feijóo iso supuxo unha "chirigota" que, ao facerse viral, prexudicou a imaxe dos vigueses e dos galegos. "Os galegos non somos como o alcalde de Vigo", asegurou este xoves Feijóo. "Os galegos non somos como o alcalde de Vigo", asegurou este xoves Feijóo, que criticou a Caballero pola "chirigota" do seu anuncio viral de que a iluminación de Nadal da cidade será a mellor do mundo Pola contra, a outra comisión de investigación, pedida por En Marea, PSdeG e BNG e que se creará grazas á posibilidade que existe de que en cada lexislatura a oposición impulse en solitario unha análise así malia que non queira o partido maioritario, ten como obxectivo "determinar as consecuencias dos recortes e privatizacións sobre o sistema sanitario galego (2009-2018), con especial incidencia en casos como a non dispensación de medicamentos necesarios aos enfermos da hepatite C ou o falecemento dun paciente sen atención no PAC da Estrada". Malia esa formulación crítica coas políticas sanitarias da Xunta, Feijóo xa avanzou este xoves que quere comparecer el mesmo na comisión para publicitar a súa acción de goberno. "Para min será unha honra defender como traballan os profesionais da sanidade pública galega e os recursos cos que contan", dixo. |
PRAZA_10392 | A operación ourensá transloce a fatiga de materiais no aparello político que comezou a funcionar cando o equipo de Feijóo tomou os mandos do PPdeG tornando practicamente todos os retos electorais en vitorias | O 11 de xuño de 2011, sábado, Alberto Núñez Feijóo tivo unha axenda apertada. Naquela mañá asistira ás tomas de posesión dos novos alcaldes da Coruña e Ferrol -actos que "presidira", segundo informara a Xunta- na súa calidade de presidente do Goberno galego. Faría o propio o 1 de xullo do mesmo ano en Santiago, onde a constitución da corporación se atrasara pola presentación de recursos contra o resultado. Carlos Negreira, José Manuel Rey Varela e Gerardo Conde Roa representaban a reprodución a nivel municipal do que sucedera apenas tres anos antes na Xunta e do que estaba a piques de acontecer aínda con máis intensidade no Goberno central. O PP, no caso galego o máis próximo a Feijóo, varría a esquerda con vitorias electorais que ou ben eran esmagadoras ou acabaron séndoo polos seus efectos políticos.Mentres na maioría dos concellos se estaban a celebrar as tomas de posesión, Feijóo pronunciaba un discurso nun congreso médico que non logrou excesiva repercusiónO pasado sábado, día 15, a axenda oficial de Feijóo non incluíu a asistencia a ningunha toma de posesión municipal como presidente da Xunta nin como líder do PPdeG. Cando, contra o mediodía, se estaban a desenvolver a maioría destes actos nos concellos do país, Feijóo interviña nun encontro de Colexios Médicos que se estaba a celebrar na Coruña, onde pediu "un pacto pola sanidade pública" e lamentou que Euskadi dispoña da competencia para homologar títulos de profesionais sanitarios estranxeiros e o resto de autonomías, non.Se as reflexións presidenciais chegasen naqueles días de expansión do poder popular -do PP- moi seguramente terían unha notable repercusión tanto dentro como fóra de Galicia pola súa condición de barón inexpugnable. Pero desta volta pasaron máis ben desapercibidas. Cando as estaba a pronunciar os titulares que ocupaban gran parte dos medios de comunicación estaban a falar de Galicia pero nun sentido ben distinto. As verbas do presidente, que noutrora terían notable impacto, chegaron á hora na que o protagonista estaba a ser Jácome, novo alcalde de OurenseTiñan como protagonista a Gonzalo Pérez Jácome, líder da terceira forza en número de votos na corporación municipal de Ourense, Concello do que é novo alcalde grazas aos votos do PP, segunda forza, unha manobra impulsada directamente por José Manuel Baltar a cambio de que os dous deputados de Democracia Ourensana na Deputación lle permitan manter o poder malia perder a maioría absoluta. O mesmo Jácome que baseou a súa popularidade en zorregar con intensidade aos Baltar e cualificou de "psicópata de gravata" ao barón ourensán. O mesmo de quen o propio Feijóo considerou hai apenas un mes que sería "letal" para Ourense no caso de acadar a alcaldía.A operación ourensá non só é a evidencia da disposición dos Baltar para ampliar os marcos da negociación ata onde corresponda para reter -se Jácome cumpre- a institución sen a que o poder da saga sería incomprensible e inexistente. Tampouco é só o enésimo efecto da primeira e moi sonora derrota interna de Feijóo no PP, cando en xaneiro de 2010 tentou sen éxito derrubar o baltarismo no congreso provincial que Baltar pai preparara -mesmo prevaricando, segundo a xustiza- para legar o mando do partido ao fillo como paso previo a facer o propio na Deputación en 2012.A operación ourensá tamén transloce a fatiga de materiais no aparello político que comezou a funcionar cando o equipo de Feijóo tomou os mandos do PPdeG tornando practicamente todos os retos electorais en vitoriasQue os sempre imprevisibles movementos de DO acabasen escorando cara ao PP e non cara ao PSdeG, forza máis votada na cidade e coa que tamén negociou, translocen tamén a fatiga de materiais no aparello político que comezou a funcionar na contorna de 2007, cando o equipo de Feijóo tomou os mandos do PPdeG. O mesmo que durante unha década tornou practicamente todos os retos electorais en vitorias, agás os tropezóns do ciclo electoral de 2014-2015 que a potente maquinaria popular e as autolesións da esquerda emendaron nos comicios galegos de 2016. Despois de caeren a niveis de apoio cidadán inéditos dende os tempos de Alianza Popular e tras o fito histórico de seren superados en votos polo PSdeG nas xerais e europeas sen seren quen de pasar do empate técnico cos socialistas nas municipais, a perda da Deputación de Ourense sería un durísimo golpe, se cadra definitivo, nun celeiro de votos clave para reter a Xunta en 2020. Máis aínda tras non dar recuperado alcaldía urbana ningunha e de teren, no conxunto de Galicia, Arteixo (31.000 habitantes) como concello máis poboado con alcalde do PP.A importancia de salvar a Deputación ourensá para encarar alentando a recta final cara ás eleccións galegas explica o sacrificio simultáneo de Jesús Vázquez e da doutrina da lista máis votadaA importancia de salvar a Deputación de Ourense para encarar alentando a recta final cara ás urnas galegas explica o sacrificio simultáneo no altar do Concello ourensán do ata agora alcalde, o ex-conselleiro Jesús Vázquez, e da doutrina de "deixar gobernar" á forza máis votada. Dende a sala de máquinas do socialismo galego poñen o foco nas extravagancias de Jácome e din interpretar a concesión do PP como outra mostra do "fin de ciclo" de Feijóo. A cúpula do PPdeG xustifica o acordo alegando que os socialistas tamén estaban dispostos a pactar con Jácome -"letal" para Ourense- e non aceptaron a devandita doutrina da "lista máis votada", quedando eles co Concello se permitían a Baltar seguir na Deputación.O ruidoso pacto ourensán permite ao PPdeG salvar a primeira bóla de partido cara a 2020, o máis complexo para os conservadores dende 2009, o inicio dos vellos bos tempos. Sirva como mostra o que este luns revela a edición ourensá do Faro de Vigo: o acordo implica o compromiso de DO de non presentar candidatura ao Parlamento.Neutralizado o eventual terremoto baltarista, as seguintes xóganse en campos diversos. Teñen que ver coa chegada do socialista Gonzalo Caballero ao Parlamento, coa posta en marcha dos novos gobernos municipais socialistas e co desenvolvemento dos acontecementos a nivel estatal, a comezar pola investidura de Pedro Sánchez. Tamén coa recomposición do líquido e axitado espazo electoral das mareas, que malia ao pau municipal e aínda coa devandita tendencia á autolesión tenderá, moi probablemente, a ser clave na construción de maiorías. A precampaña galega, por se ficaba algunha dúbida, está en marcha. |
PRAZA_8629 | A Icann publicará nas vindeiras semanas as solicitudes autorizadas, entre as que se atopa a galega, que non recibiu ningunha obxección. O dominio podería estar dispoñible na Rede a finais de 2013. | Galicia contará co seu propio espazo en internet. A Icann (Corporación de internet para a asignación de nomes e números) aprobará en breve o dominio .gal dentro dun grupo de centos de extensións que serán validadas e co que se porá fin a un proceso iniciado xa en 2008. Será a vitoria logo de cinco anos de loita encabezada pola Asociación PuntoGal, unha iniciativa que leva tempo loitando por conseguir "para a lingua e a cultura galega un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo". A Icann vén de confirmar que anunciará nos vindeiros meses a validación de novas extensións, entre elas a '.gal' O calendario da Icann prevé para estes vindeiros días a publicación dunha primeira quenda de solicitudes de extensións autorizadas. A Asociación PuntoGal confirma que o anuncio estaba previsto para antes deste verán, aínda que non coñece a data exacta. A quenda do dominio galego non é a primeira, pero si será autorizada de vez ao non ter obxección ningunha por parte dos organismos competentes, algo que si teñen outras candidatas e que podería atrasar o anuncio definitivo. A candidatura galega "non recibiu ningunha obxección", polo que os seus promotores son "moderadamente optimistas" "A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial", confirmou logo a Asociación PuntoGal nun comunicado, tras estimar que "antes de que remate o verán se coñecerá o resultado da avaliación inicial ao dominio". A asociación aclara que a Icann vén de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal e que, "co apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista". "Puntogal tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na Icann expresan dúbidas, polo que logrou o apoio das administracións locais, autonómicas e estatais", destaca. Ademais, ningún outro candidato solicitou as letras gal para o seu dominio e non hai ningunha outra candidatura para a lingua e cultura galegas. Con todo estes datos sobre a mesa, a Asociación PuntoGal é "moderadamente optimista sobre o veredito inicial" que emitirá a Icann sobre a candidatura para a lingua e cultura galegas. O dominio podería estar dispoñíbel na Rede xa a finais deste ano 2013 Pero, cando publicará a Icann esta avaliación inicial do puntogal? "De acordo aos prazos anunciados polo organismo internacional, o resultado preliminar debe ser publicado nos próximos meses, en todo caso antes de que remate o verán", insiste a asociación, que pide "tomar con prudencia os prazos". A orde pola que se publican eses resultados iniciais está determinada polo resultado dun sorteo previo, no que .gal obtivo o posto 742 dos 1917 candidaturas. De superar esta avaliación inicial, poderíanse comezar os traballos para "tratar de que o dominio estea dispoñíbel na Rede cara ao final do presente ano". Así, ás 270 extensións xenéricas e territoriais que existen a día de hoxe e internet, como .com, .es ou .net sumaranse outras moitas. Entre elas, .gal, .eus, .madrid, .barcelona, pero tamén .bike, .sport ou de empresas como .bbva ou .lacaixa. O .gal, tal e como reivindica a asociación, "é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en internet as páxinas escritas en galego e que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto". A proposta foi defendida sempre como "tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible" e permitirá a Galicia encadrarse nos dominios de primeiro nivel esponsorizados. A candidatura 'puntogal' contou co apoio de colectivos e asociacións, así como da Xunta A candidatura puntogal contou sempre co apoio decidido de numerosas asociacións e colectivos a prol da cultura e da lingua galega, así como da Xunta de Galicia, tanto do goberno anterior coma do actual. En total, desde 2007 a administración autonómica achegou máis de 490.000 euros á Asociación Puntogal para o desenvolvemento das actividades necesarias para a presentación da candidatura. Deste importe, 213.000 euros corresponden ao convenio asinado en 2012 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a asociación para financiar os custos de matrícula (145.000 euros), o aval esixido pola entidade, así como as accións de difusión e participación nas actividades que que o Icann e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán nos vindeiros meses. Ademais, a Asociación PuntoGal comprometeuse diante da Icann a que, unha vez consolidado o proxecto, se reinvistan todos os beneficios en programas que fomenten o galego nas novas tecnoloxías. Así o fai xa a Fundació puntCat coa súa Obra Social dende hai tres anos. |
NOS_44858 | O Estado español deixa de recadar 42.000 millóns de euros anuais por esas evasións. @s técnicos de Facenda propoñen especial combate contra esta fraude. | As grandes fortunas e empresas son responsábeis do 71,8% da evasión fiscal que cada ano se produce no Estado español. Unha perda recadatoria de por volta de 42.000 millóns de euros anuais, segundo cuantifica Gestha, o sindicato dos técnicos do Ministerio de Facenda.Gestha, que está a celebrar o seu congreso, insiste en exixir un maior combate contra a evasión polo que supón de sangría de diñeiro para as arcas públicas. Gestha avoga, así mesmo, por fixar un Imposto sobre a Riqueza de ámbito estatal evitando as bonificacións autonómicas, e cifra nuns 3.400 millóns de euros anuais que se poderían atinxir. Esta asociación considera que deste xeito evitaríase a necesidade de recorrer a tesoirazos e recortes. O 20% dos contribuíntes máis ricos no Estado español ten o 44% de todos os ingresos declarados. Así se detalla en 'A Desigualdade en crise: home rico, home pobre' que se presentou no congreso de Gestha. Un dato que contrasta coas rendas declaradas polo 80% restante que, malia ser catro veces máis, só representaron o 56% dos ingresos. Estes datos indican un alargamento da fenda social e salarial no Estado español, cun aumento espectacular das persoas baixo o umbral da pobreza. |
NOS_39948 | Non só de "grandes nomes" e as súas "achegas estilísticas e capacidades expresivas" vive a cultura. Esa é apenas a súa face alumeada. Na outra parte, "moito máis descoidada", atópase "o traballo colectivo, as colaboracións de artistas en talleres, en espazos independentes" que conforman "unha realidade paralela ao sistema de arte institucional". Sobre esta xeografía reflexiona o volume colectivo Im-pulsos creativos (Axóuxere, 2018). | Coordinado por Aránzazu Pérez e Lucía Romaní, o libro ten como subtítulo Canles alternativas de creación contemporánea. Nel recóllense, redactados polos propios participantes e axentes, unha ducia de proxectos e utopías culturais activas na Galiza de hoxe. Do centro cultural, especializado en músicas contemporáneas, Liceo Mutante de Pontevedra, ao propio territorio editorial de Axóuxere, arriscado e singular. Da sala Artística Vigo de teatro e danza á cooperativa de arquitectos Hábitat Social. "A independencia na xestión das iniciativas e a promoción de estruturas de traballo horizontais de tipo colaborativo emerxen como trazos significativos para caracterízar esas canles alternativas", indican Miguel Anxo Rodríguez e Federico Silvestre no ensaio Autoxestión, ilusión e precariedade, que funciona como limiar da obra. O mundo que amosa Im-pulsos creativos tan algo, ao cabo, de utopía en acto. "Non utopías como un inventar mundos avanzados e imposibles a partir da obsesión tecnolóxica", engaden os prologuistas, "senón como traballao da imaxinación a partir dunha crítica do presente". Esa forza utópica é a que explica ideas como o colectivo Alg-a, laboratorio de músicas e sons excéntricos inaugurado en 2003, ao que se refire Roi Fernández no texto Saín da panadería e a topeime cun acelerador de creatículas. O limiar de Im-pulsos creativos atina a resumir o espírito da compilación de textos e o que a lectora pode extraer dela: "Enxergamos que, ao longo de máis de 40 anosm unha serie de accións artísticas precarias pero ilusionantes constituíron unha realidade cultural paralela, que acompañou na sombra a programación cultural que contaba con respaldo institucional [...] unha historia cultural políédrica, afastada dos discursos únicos, e fértil en experiencias". |
PRAZA_12930 | Joan Antoni Melé, considerado un dos mellores coñecedores so sistema financeiro no Estado, vén de dar unha conferencia en Compostela. Subdirector en España de Triodos, unha das entidades de banca ética máis importante do mundo, defende a filosofía da súa marca e advirte dos perigos da reestruturación financeira que está a levar a cabo o Goberno. | Joan Antoni Melé, subdirector xeral de Triodos en España, está considerado un dos mellores coñecedores so sistema financeiro. Na Facultade de Económicas da USC, e baixo o título O diñeiro como camiño de autocoñecemento, deu unha conferencia centrada na necesidade dunha toma de conciencia por parte da sociedade dos fundamentos necesarios para unha nova economía. O autor do libro Dinero y Conciencia. ¿A quién sirve mi dinero?, promove unha banca con valores e representa unha das entidades éticas máis importante do mundo, que xa conta con máis de 6.000 clientes en Galicia. En conversa con Praza, recoñece que Triodos xa pensa en abrir unha oficina máis no país, desta vez en Vigo. Dentro do negativo da crise económica, axuda esta situación á banca ética? O que permitiu a crise é que máis xente se decatase de que existe outro modelo de banca. Tivemos máis difusión porque a xente deuse de conta de que é unha entidade que dá todos os servizos da banca desde unha concepción ética da mesma, pero tamén porque a nosa solvencia é moito maior que a da banca convencional. Todo isto contribuíu a un crecemento espectacular de clientes, de até un 110%, aínda que as cifras son relativas porque seguimos sendo pequenos. Desde logo, esta crise serviu tamén para espertar as conciencias. "A crise serviu para espertar as conciencias e para que a xente se decatase de que existe outro modelo de banca" Tamén en Galicia? Si, a cousa vai moi ben en Galicia, pero o desenvolvemento é incipiente. O normal, cando se abre unha oficina, é que nos primeiros tres meses se poñan as bases para logo ir medrando. No entanto, a oficina galega, situada na Coruña, creceu moito en proporción a outras do Estado desde o primeiro momento. Moita xente advertíanos de que en Galicia sería máis difícil que nos consolidaramos porque a xente era moi desconfiada, pero nada diso, senón todo o contrario. A cousa vai tan ben que é moi probable que o ano que vén abramos outra oficina en Vigo para ter dous focos nesta comunidade; e nós só abrimos oficinas cando acumulamos moitos clientes. Captan tamén grandes fortunas en Triodos? Estamos captando clientes con grandes cantidades de cartos e que acoden a nós por unha cuestión de solvencia, non só pola nosa ética. O número de clientes que apostaron por Triodos empezou a medrar a mediados do ano pasado, coincidindo tamén co movemento 15-M, porque houbo moitas persoas que nos empezaron a coñecer, informáronse, comprobaron os nos balances e decatáronse de que eramos unha entidade totalmente solvente e seria. "Estamos captando clientes con moitos cartos que acoden a nós pola nosa solvencia, non só pola ética" A solvencia será debida a algo... E que nós non fixemos especulación e non temos eses problemas que teñen outros. Cando ves ou les o que lle pasa a outras entidades pensas que como foron capaces de poñer en risco as súas entidades con esa política especulativa. Se logo che axudan con cartos públicos, a cousa semella moi fácil, pero iso vaise acabar porque un país non pode manterse así, baixo ningún concepto. Nós non ofrecemos produtos financeiros estraños á xente, que logo non sabe onde ten os seus cartos, nin sabe onde se están investindo. A xente quere unha banca solvente, sensata, prudente e seria e, se ademais é ética, pois moito mellor. "Nós non fixemos especulación, por iso non temos os problemas que teñen outras entidades" A desafección de moitos usuarios coa banca tradicional acaba levándoos á banca ética, coñece o problema das preferentes en Galicia? O problema das preferentes é que son o que son. Son un produto interesante pero para un determinado tipo de cliente ao que tes que explicarlle claramente as vantaxes, pero tamén os riscos. Non llelo podes vender aos clientes como un aforro a prazo fixo porque non o é e iso pasou en toda España, non só en Galicia. En Cataluña houbo manifestacións enormes de pensionistas diante de varias entidades pedindo que lles devolvesen os cartos. A xente confiouse e asinou o que lle puxeron diante. Agora mesmo non sei se conseguirán que lles devolvan o seu diñeiro. Que opinión lle merece a reestruturación financeira que está a preparar o Goberno? España era o país do mundo con máis oficinas bancarias por habitante e iso non era normal nin sostible. Agora ben, hai alternativas á maneira na que se está levando a cabo a reestruturación bancaria, sobre todo no que se refire ás axudas os bancos. Non pode ser así. Hai que axudar os cidadáns e non só aos grandes banqueiros. O Estado podería ter comprado todas as vivendas dos bancos e alugarllelas aos cidadáns a un prezo razonable para logo recuperar os cartos pouco a pouco cando a cousa fose ben. Axudouse aos grandes accionistas e non ao cidadán. Entendo que se reduzan oficinas, pero agora imos a unha fórmula coa que quedarán cinco ou seis bancos en España. Se antes tiñan poder, imaxínate agora. Case imos a unha situación de monopolio e iso non é san. "O Estado axuda os grandes banqueiros e non os cidadáns; por que non compra os pisos que teñen os bancos e os aluga?" Respecto á crise económica, é vostede tan pesimista como o que se tira de todos os indicadores económicos? Eu son optimista, aínda que algúns me chamen inxenuo. Sei que imos sufrir, pero a miña mensaxe é de optimismo, confianza e coraxe. O que teño claro é que ninguén vai vir de fóra a arranxar esta crise; temos que volver á época dos nosos pais e dos nosos avós, así que tocará traballar duro, pero todo o que precisamos témolo, sobre todo a xente nova, que ten moito máis que os nosos proxenitores. Iso é o que lle digou eu aos mozos nas conferencias: que non poden deixarse vencer polo medo e polo desánimo, porque iso é o que nos están metendo na cabeza seguido. Só nos inculcan desánimo e iso non pode ser. Precisamos ánimo e cooperación. Xunto ímolo sacar adiante e, desde logo, por min non quedará. |
NOS_48657 | O investigador Carlos Babío Urquidi e o historiador Manuel Pérez Lorenzo narran, para Sermos, o proceso de espolio do Pazo de Meirás como adianto da publicación en que traballan e que verá a luz nos próximos meses. Eis un extracto do publicado no semanario Sermos Galiza, que inclúe documentos inéditos. | Cen anos atrás, o nome de Meirás xa resoaba alén das fronteiras do país, nomeadamente nos círculos artísticos e políticos. As torres de estilo historicista eran daquela residencia e lugar de traballo da escritora Emilia Pardo Bazán, a mesma que as mandara edificar e deseñara a cabalo entre os séculos XIX e XX. Superados os cinco lustros logo da morte da condesa, unha sublevación militar daba lugar á Guerra Civil, que remataría coa democracia republicana. En Galiza, os sublevados facíanse co control das institucións e do territorio nos primeiros días após o golpe. Unha nova elite, política e económica, fraguábase no contexto da contenda e da instauración da ditadura de Franco, facéndose dona de todos os resortes do poder. É entón cando ese sector da burguesía coruñesa ten unha idea. Agasallar o ditador cun pazo. Facerlle un obsequio co que gañar o seu favor e, por outra banda, telo preto nos períodos estivais. Para iso, representantes das institucións e do tecido empresarial deciden reunirse, convocados polo Gobernador Muñoz de Aguilar e tomar unha serie de decisións acerca de que inmoble escoller e como xestionar todo o procedemento. O primeiro dos acordos aos que se chega é o que introduce xa a Meirás nesta historia. A residencia señorial emprazada no concello de Sada, a poucos minutos da cidade herculina, cumpría á perfección cos requirimentos dos promotores da iniciativa. Pero había algo máis. Nun informe dun tenente coronel do exército, datado en novembro de 1939, advertíase que correra o rumor de que a elección de Meirás "obedecía a que así se favorecía a una Entidad Bancaria (Banco Pastor), por el hecho de tener hipoteca sobre la finca", relacionando este feito co "precio excesivo de 415.000 pesetas que se dice importó la compra". Non por casualidade, o director do Banco Pastor era Pedro Barrié de la Maza, un dos impulsores da doazón. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 258, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_28241 | Case dous anos despois da investidura das formacións locais galegas, 24 municipios cambiaron de rexedora ou rexedor. As causas van desde as renuncias por motivos políticos,de saúde, pasamentos ou razóns persoais. | Desde o 26 de maio de 2019 até o día de hoxe, case no ecuador do mandato (que formalmente chegará o 15 de xuño) 24 dos 313 concellos galegos cambiaron de alcaldesa ou alcalde, afectando así a máis de 160.000 veciñas e veciños. Cinco destes cambios chegaron pola vía da moción de censura, mais tamén houbo renuncias por motivos políticos, falecementos e outras razóns. Entre as máis recentes está a do socialista José Miñones, alcalde de Ames, na comarca de Santiago, para asumir a Delegación do Goberno. Actualmente, Blas García é o rexedor de Ames. O primeiro concello que viviu un dos primeiros cambios de rexedor foi Baralla, na comarca dos Ancares. O popular Miguel González asumía o posto de alcalde que ostentaba seu pai, Manuel González Capón, cando este, quince días despois de tomar posesión do seu cargo, renunciaba por mor dunha enfermidade que padecía e pola que faleceu aos tres días despois deste feito. No territorio nordeste do pais, outros dous concellos cambiaron de rexedoras, o de Mondoñedo e Monterroso. En Mondoñedo, a actual deputada e presidenta provincial do PP, Elena Candia, deixaba o bastón de mando en mans de Manuel Otero para acompañar a Feixoo nas listas das últimas eleccións galegas. As crises de goberno rexistradas en Monterroso acabaron cando Rocío Seijas, de Independentes por Monterroso (IxM), substituíu a finais de xullo de 2020 na Alcaldía a Antonio Gato. Mocións de censura e renuncias Na zona noroeste da Galiza, sete foron os municipios que cambiaron de rexedor, afectando a máis de 71.000 veciñas e veciños. Dous destes cambios chegaron ao prosperar unha moción de censura nos concellos de Fene e Mugardos. A principios deste mes, edís non adscritos co apoio de PP e APIN tentaron tamén impulsar unha moción de censura en Ponteceso, pero freouna a lei antitransfuguismo e o rexedor, Lois García Carballido, mantén o bastón de mando. Outros catro cambios nesta zona producíronse após as renuncias de rexedores por diversos motivos. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, na comarca de Ordes, renunciou e deixou o cargo ao tamén socialista Luís Rei. Tamén nesta comarca, no concello de Cerceda, o socialista Juan Manuel Rodríguez substituíu en 2020 a José García Liñares, que gobernou o municipio durante case 25 anos, e dimitiu despois de ser inhabilitado por un delito de prevaricación administrativa. Por motivos persoais renunciou no seu día e tras 41 anos no cargo o rexedor de Brión, na comarca de Santiago, o socialista José Luís García, cuxo cargo asumiu o seu até entón número dous, Pablo Lago. Finalmente, en Mañón, na comarca de Ortegal, asumiu a Alcaldía o pasado mes de febreiro o popular Alfredo Dovale após o falecemento por enfermidade de Alfonso Balseiro. Substitucións e mocións Nestes dous anos, na zona sueste da Galiza, case 14.500 veciñas e veciños de sete concellos viron como as súas alcaldías cambiaron de dirixentes por distintos motivos. O primeiro destes cambios tivo lugar no Irixo, no Carballiño, onde o popular Manuel Cerdeira ocupou a Alcaldía após o falecemento do que fora rexedor durante máis de 30 décadas, Manuel Penedo Despois da cita coas urnas de maio de 2019, en Laza, na comarca de Verín, un pacto entre o PSOE e Xuntos por Laza permitiu a investidura do socialista Jesús Blanco. Con todo, após un ano de mandato optou por presentar a súa renuncia acusando os seus socios de "obstrucionismo". Coa súa marcha, o PP recuperou o bastón de mando. Neste tempo, saíron adiante tres mocións de censura neste territorio do sueste da Galiza. En concreto, en Castrelo de Miño, na comarca do Ribeiro, o popular Avelino Pazos logrou facerse coa Alcaldía após un pacto con dous ex-concelleiros do PSOE, un acordo que apartou ao rexedor do BNG, Esteban Suárez. Na mesma comarca, en Ribadavia, a socialista Noelia Rodríguez converteuse a alcaldesa ao apoiar Ribeiro en Común unha moción contra o popular César Fernández. Ademais, os veciños de Viana do Bolo verán pasar até tres alcaldes pola Casa Consistorial neste mandato. Aínda que após as eleccións un pacto entre BNG e PSOE posibilitou a investidura do nacionalista Secundino Fernández, dous dos concelleiros socialistas abandonaron o PSOE para pactar unha moción de censura. O acordo inclúe que o actual alcalde Abelardo Carballo, exsocialista, e o popular Andrés Montesinos se repartan a Alcaldía. Pola súa banda, en San Amaro, na comarca do Carballiño, a socialista María del Carmen Pérez Curral presentou a súa dimisión por razóns persoais, o que deu lugar a que o tamén socialista Rubén Gómez fose investido alcalde. Queda por ver se os socialistas e Xuntos por San Amaro cumprirán o acordo polo que tamén se prevé que proximamente rolden o bastón de mando. Ademais, a elaboración da candidatura ourensá do PP para as eleccións galegas do pasado ano provocou cambios de alcalde en dúas localidades da zona: Bande e Cenlle. Defuncións e motivos de saúde Na zona suroeste do páis producíronse cambios nas alcaldías de sete concellos que suman unha poboación total de máis de 66.000 habitantes. En Cangas do Morrazo, a morte de Xosé Manuel Pazos motivou que accedese á Alcaldía Victoria Portas, tamén de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE). Ademais, unha enfermidade apartou do cargo ao rexedor de Ponteareas, Xosé Represesas (BNG) polo que a primeira tenente de alcalde, Cristina Fernández, exerce en funcións o mando. Tamén dimitiu por consello médico o rexedor de Dozón, na comarca de Deza, o popular Adolfo Campos, quen tras 33 anos na Alcaldía foi relevado no cargo polo seu fillo, Adolfo Campos Vázquez. Pola súa banda, en agosto de 2020, o socialista Francisco Costa anunciou que presentaba por motivos persoais a súa renuncia como alcalde de Vilaboa, un cargo que pasou a ocupar César Poza, tamén do PSOE. Tamén un ano despois dos comicios, o que fose alcalde socialista de Catoira, Alberto García recuperou a Alcaldía pese ao fracaso dunha moción de censura presentada despois dun acordo do seu grupo co PP local contra o rexedor do Bloque, Xoán Castiñeiros. O nomeamento da alcaldesa de Moraña, na comarca de Caldas, Luisa Piñeiro, como delegada da Xunta na provincia motivou un cambio na alcaldía deste municipio. Con todo, após ser condenada por prevaricación e fraude en relación a unhas obras nun campo de fútbol tivo que presentar a súa dimisión. Coa súa marcha, o Goberno galego volveu optar por outro alcalde para o cargo, neste caso o de Rodeiro Luís López, quen tamén tivo que deixar o bastón de mando noutro compañeiro de filas. Ás portas de rotar de rexedora Coa chegada do ecuador do mandato, en seis concellos galegos cobran protagonismo os acordos para cambiar de rexedora nos próximos días. En Toques (Terra de Melide) e Salceda de Caselas (Vigo) non se auguran problemas para o cambio, pero a situación é distinta en Santa Comba, onde os problemas entre os socios comezaron case desde o principio e o conflito está nun punto álxido. Queda por ver tamén se o acordo cumprirase en San Amaro (Carballiño) e Viana do Bolo (Viana). Ademais, en Vila de Cruces (Deza), nin sequera hai consenso en que o pacto, do que non hai nada por escrito, chegase a producirse algunha vez. |
PRAZA_1804 | Na miña opinión as distintas concepcións existentes respecto da utilización do galego e o castelán en Galicia poden agruparse en dous grandes grupos: os que conciben a lingua coma unha ferramenta e os que a conciben coma un arma. | "Te explicas tan mal que no te entiendo" "si todos aquí hablamos castellano tienes que hablar castellano" estes son só algúns exemplos dos agravios que unha rapaza de dez anos tivo que sufrir hai escasos días por parte dunha das monitoras do campamento de verán do Centro Hípico Casas Novas de Arteixo. Como cabía agardar a indignación e as manifestacións de repulsa non tardaron en inundar as redes sociais cando os medios de comunicación se fixeron eco desta noticia. Asimesmo organismos como a Mesa pola Normalización Lingüística anunciaron a celebración dunha concentración en resposta á humillación sufrida pola rapaza. Noticias coma esta déixanme perplexo e fanme pensar que estamos bastante lonxe de ser a sociedade avanzada da que tantas veces alardeamos Noticias coma esta déixanme perplexo e fanme pensar que estamos bastante lonxe de ser a sociedade avanzada da que tantas veces alardeamos. En todo caso o acontecido estes días invitoume a reflexionar acerca da situación lingüística que se está a vivir na nosa comunidade autónoma. Na miña opinión as distintas concepcións existentes respecto da utilización do galego e o castelán en Galicia poden agruparse en dous grandes grupos: os que conciben a lingua coma unha ferramenta e os que a conciben coma un arma. O primeiro é afortunadamente o grupo maioritario cuxa característica máis definitoria é a apertura de mente dos seus integrantes, un posicionamento intelixente que explicaremos a continuación. Para os membros deste grupo tanto os galegofalantes, os castelanfalantes como os bilingües merecen o mesmo respecto, polo que atopan baldías as disputas en torno á lingua que cada persoa decida escoller para comunicarse. Como persoas tolerantes que son entenden que existen persoas que empregan o galego ou o castelán dun xeito diferente ó seu e evitan liortas absurdas. As distintas concepcións existentes respecto da utilización do galego e o castelán en Galicia poden agruparse en dous grandes grupos: os que conciben a lingua coma unha ferramenta e os que a conciben coma un arma Por outra banda atopámonos co grupo de persoas que concibe a lingua coma un arma, empregándoa como unha excusa para xerar conflito e xustificar dalgún modo un profundo extremismo que os fai incapaces de respectar os puntos de vista diferentes ó seu. De seguro que nalgunha ocasión se cruzaron no seu camiño con individuos que responden a este perfil. O curioso deste grupo é que abarca a persoas con puntos de vista opostos, alomenos a nivel teórico: por unha banda ós fanáticos do galego que parecen desprezar todo aquilo que teña que ver co castelán e por extensión coa cultura do resto do país; e por outro lado inclúe a aquelas persoas "nostálxicas" dos Séculos Escuros que conciben o galego como unha lingua inferior e rexeitan todo o relacionado con ela, dende as variedades dialectais ata as tradicións e as costumes herdadas dos nosos antepasados. Imaxino que se preguntarán por que sitúo dous posicionamentos tan distintos no mesmo grupo. A resposta é sinxela. Como diciamos anteriormente trátase de posturas opostas a nivel teórico pero ambas comparten un rasgo especialmente salientable que dalgún xeito camufla as súas diferenzas. Este rasgo é a intolerancia, unha mala compañeira de viaxe que converte ás persoas en inimigos do diálogo sereno e intelixente e predisponas ó enfrontamento. A intolerancia é prima irmá da incultura e pode que esta última explique en parte os comportamentos negativos que se derivan dela. Ó meu modo de ver ambos extremos son igualmente censurables e demostran que, tal e como expresou Aristóteles, a virtude está no termo medio Resulta obvio que o caso da rapaza que foi aldraxada por empregar o galego é inadmisible nos tempos que corren pero do mesmo xeito resulta reprochable a actitude daqueles que pretenden impor o galego sen respetar as preferenzas de cada persoa. Ó meu modo de ver ambos extremos son igualmente censurables e demostran que, tal e como expresou Aristóteles, a virtude está no termo medio. |
NOS_31959 | Os contaxios detectados nun día mantéñense en 112, a metade deles na área da Coruña-Cee. | O número de pacientes de Covid-19 hospitalizados na Galiza rexistrou outra repunta nas últimas horas. En concreto, hai en total 325 persoas ingresadas con coronavirus, cinco máis que as notificadas hai un día, aínda que si que diminuíron a 74 -un menos- os que se atopan en unidades de coidados intensivos (UCI). Isto significa que, malia o continuo descenso dos casos activos, que se sitúan nos 2.682, e do mantemento dos contaxios detectados nun día, en 112, a cifra de ingresados non descende con tanta rapidez. De acordo cos datos feitos públicos esta segunda feira pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18:00 do domingo, a maioría das áreas sanitarias notificaron unha suba da presión hospitalaria. É o caso da da Coruña-Cee, que contabiliza 124 ingresados, un máis que o día anterior, aínda que baixaron nun, ata os 27, os que están na UCI. En Vigo, os hospitalizados ascenderon 1, a 49 en total, aínda que se manteñen en 14 os enfermos en coidados intensivos. Ademais, aumentou a presión asistencial en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorrras, con 25 ingresados (+4), dos que tres (sen cambios) están críticos; e en Lugo-A Mariña-Monforte, con 25 (+1), seis deles (sen variacións) na UCI. Nos hospitais de Ferrol, os ingresados mantéñense estábeis, en 33, dos que nove seguen en coidados intensivos; igual que nos de Pontevedra-O Salnés, con 25 hospitalizados, oito deles críticos. A única área sanitaria na que se reduce a presión hospitalaria nos datos de hoxe é Santiago-Barbanza, con 34 ingresados -dous menos-, sete destes na UCI. A pesar do aumento da presión asistencial, a cifra de casos activos continúa á baixa e sitúase nos 2.682 en total, nun nivel similar a finais de agosto. Nas últimas 24 horas, descenderon en 67, o que significa que se produciron máis altas que novos contaxios por coronavirus, pero a caída retárdase con respecto a semanas pasadas. A taxa de positividade subiu levemente até o 2,1%, tras o 1,5% dos datos do domingo. Con todo, Galiza continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Faleceron na Galiza 2.300 persoas diagnosticadas con este coronavirus, tras notificar o Sergas na noite deste domingo catro novas vítimas. |
PRAZA_1724 | O 31 de xullo e 1 de agosto a Asociación Galega de Deseñadores organiza na vila mariñeira o 1º Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos, con conferencias de Marcos Dopico ou Pepe Barro e un debate sobre "políticas de deseño para Galicia" moderado por Uqui Permui | Os e as profesionais do deseño en Galicia teñen unha cita en Rianxo o vindeiro 31 de xullo e 1 de agosto, no 1º Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos, organizada pola Asociación Galega de Deseñadores (DAG). O obxectivo do encontro é analizar a situación da profesión no contexto máis próximo, poñendo en común e aprendendo a partir das experiencias dos profesionais do deseño galego. A organización do evento destacan que a iniciativa, con vontade de ter continuidade, enmárcase dentro dunha das liñas de actuación da DAG "que busca descentralizar os eventos de deseño e achegar estes tamén ás vilas pequenas". O lugar elixido para esta primeira edición foi Rianxo, concello que colabora na organización da xuntanza e que cede o auditorio da vila para a súa celebración. O encontro comezará cun debate sobre "Políticas de deseño para Galicia" moderado por Uqui Permui. Haberá ademais dúas conferencias; unha a cargo de Marcos Dopico, que falará sobre "Tipografía personalizada para sistemas de identidade corporativa"; e outra, ofrecida por Pepe Barro, titulada "Arquivar, mostrar, estudar o deseño galego". No encontro tamén se realizarán presentacións de dez proxectos e de profesionais que traballan no país: Antón García Seoane, Costa, Óscar Otero, Sond3, Uqui Permui, Desoños, Cenlitrosmetrocadrado, Artworkatwork, desescribir, Pancho Lapeña, Martiño Villaverde e Ekinocio. A xuntanza pecharase o sábado pola tarde cunha visita guiada á casa natal de Manuel Antonio, que contará coa explicación de Xosé Luis Axeitos. Ademais, celebraranse dous xantares comúns, afondando no obxectivo deste evento de servir de punto de encontro do sector en Galicia, afianzando o coñecemento recíproco dos e das profesionais, das tendencias e proxectos e marcha, e mellorarn a súa organización e coordinación. |
NOS_16972 | Andoni Ortuzar chama a "coller polos cornos" o debate sobre a data das eleccións en Euskadi, porque "o que vén no outono é moi forte. | O presidente do Euskadi Buru Batzar do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortuzar, realizou esta terza feira, 12 de maio, un chamamento para "coller polos cornos" o debate sobre a data das eleccións en Euskadi, porque "o que vén no outono" en materia económica "é moi forte" e hai que "reaccionar como país", cun Goberno e Parlamento vascos xa constituídos. Así se manifestou Ortuzar nunha entrevista radiofónica en que sinalou que "descoñece" se os comicios serán en xullo. "Depende de todos nós (os partidos) e, logo, a última palabra tena o lehendakari", engadiu. Após puntualizar que para o PNV a prioridade nestes momentos é a loita contra a COVID-19 e que o desconfinamento "se faga ben", dixo que, "en todo este maremagnum que se moveu pola pandemia, están as eleccións", previstas para o pasado 5 de abril. "De aquí a outubro hai que facelas nalgún momento, busquemos a mellor maneira", dixo, ao tempo que insitiu en non "fuxir" dunha realidade: "hai que facelas", aseverou. |
NOS_44078 | Alexandre Penas considerras que @s moz@s que na protesta a prol do ensino público cortaron o tráfico rodado "estaban a defendernos a todos" | O responsábel local do BNG en Lugo, Alexandre Penas, manifestou o apoio da organización nacionalista aos estudantes denunciados pola asentada realizada nas mobilizacións contra os recortes no ensino. Alexandre Penas sinalou que "a política represora do estado tenta meterlle o medo no corpo á xente para evitar as mobilizacións da xente que resulta afectada polas políticas do goberno". Penas fixo estas declaracións no decorrer da concentración dos e das afectadas polas preferentes diante da sede de Novagalicia banco de Lugo, acto apoiado polo BNG. O responsábel local do BNG comentou que "os rapaces e rapazas que ese día protestaron cortando o tráfico estaban a defendernos a todos" en engadiu que "queren unha mocidade domesticada, sen principios, que baixen a cabeza". O BNG de Lugoanunciou que vai apoiar a todas aquelas persoas que se implican por unha sociedade mellor. Eso é, apuntou a frente nacionalista, o que teñen que facer as administracións, utilizar os recursos para acadar unha sociedade mellor "e non facer políticas contra a cidadanía". |
PRAZA_19849 | O presidente xustifica gastar uns cen millóns na adaptación da vía actual neses 17 quilómetros e nega que supoñan renunciar ao novo trazado, que custará outros 585 millóns "O incremento da peaxe da AP-9 vai ser importante", avisa o presidente | "O incremento da peaxe da AP-9 vai ser importante", avisa o presidente Entre a cidade de Ourense e Taboadela, a uns 17 quilómetros ao seu leste, non se moveu aínda nin unha soa pedra das obras do AVE, a diferenza do resto dos treitos entre Galicia e a Meseta, que están moi avanzados. Cando estes se rematen e entren en servizo, a comezos de 2020, e mentres non se executan os anteditos 17 quilómetros, os trens de alta velocidade deberán circular nese treito pola actual vía, que vai ser adaptada cun investimento duns cen millóns de euros. PSOE e expertos consultados consideran excesivas as obras que alí se van facer para unha actuación que se di provisional, pero este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou que ese gasto non supón renunciar a que se faga o novo trazado, orzamentado noutros 585 millóns e cuxo remate situou "en 2023 ou 2024". O presidente xustifica gastar uns cen millóns na adaptación da vía actual neses 17 quilómetros e nega que supoñan renunciar ao novo trazado, que custará outros 585 millóns Durante os anos de gobernos socialistas en Madrid, a Xunta considerou que sen o treito Taboadela-Ourense, xa daquela o máis atrasado, non se podería dar por rematado o AVE galego. Porén, coa chegada do PP ao Goberno, o discurso do propio Feijóo cambiou para centrarse en que o importante é que os trens de alta velocidade cheguen, sen importar que o fagan durante 17 quilómetros por unha vía convencional que ralentizará notablemente a súa marcha. Así foi como o pasado xaneiro avalou os novos prazos achegados polo Ministerio de Fomento, que fixan a comezos de 2020 a entrada en servizo de todos os treitos excepto o Taboadela-Ourense. Pero non foi ata que se coñeceron os orzamentos do Estado para este ano, nos que tamén se indican as futuras previsións de investimento plurianual, que Fomento, logo de dubidar sobre a necesidade da obra, puxo contías e datas aos traballos entre Taboadela e Ourense: requirirán duns 585 millóns a investir ata 2024. E este xoves Feijóo asumiu por primeira vez esa data. A Feijóo preguntóuselle, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, polas dúbidas que o investimento duns cen millóns na liña convencional suscitan sobre a futura execución do novo trazado. Nesa liña convencional, segundo barallaba ata o de agora Adif, era necesario ou adaptar o ancho das vías ou o dos eixos dos trens. Porén, a decisión agora tomada pola empresa pública que xestiona a rede ferroviaria é a de acometer ambos tipos de actuacións, o que duplica o investimento. "A prioridade da Xunta é non aprazar a entrada do AVE a 2023 ou 2024", di Feijóo como xustificación das obras na vía convencional, que para o PSOE supoñen unha renuncia ao novo trazado "Todos sabiamos que ía ter un custo de entre oitenta e cen millóns", dixo Feijóo, para quen a obra para que os trens de alta velocidade circulen pola vía convencional permitirá cumprir a "prioridade da Xunta, que é non aprazar a entrada do AVE a 2023 ou 2024", cando se remate o novo trazado. En todo caso, o presidente insistiu en que "Fomento ten comprometido un trazado novo" e instouno a que o licite "canto antes". Feijóo tamén matizou que a súa responsabilidade actual é esixir que os trens de alta velocidade poidan circular por Galicia canto antes, e deixou en mans de quen goberne no futuro esixir o remate do novo trazado entre Taboadela e Ourense. Na mesma rolda de prensa, Feijóo anunciou que o seu Goberno, "fora da orde do día do Consello", constituíu unha comisión de seguimento dos investimentos do Estado en Galicia. Estará formada por representantes da vicepresidencia e das consellerías de Facenda, Infraestruturas e Medio Ambiente e asegurou que ten "vocación de permanencia en anos seguintes". |
NOS_24796 | O alcalde da cidade falou dun "incidente bastante grave" no que tres homes atacaron a esta muller na noite de San Xoán. Na cuarta feira, o Foro Galego de Inmigración xa denunciara outro episodio de "violencia racial". | O alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou nesta quinta feira que unha muller peruana foi vítima dunha agresión xenófoba na noite de San Xoán. Os posíbeis culpábeis foron un pai e os seus dous fillos. Malia que o incidente vai seguir o procedemento xudicial, o rexedor reprobou este suceso "bastante grave" de tres homes contra unha veciña da cidade de orixe peruana. Sánchez Bugallo non entrou a detallar todo o acontecido pero si explicou que foi no barrio de Conxo e que os presuntos culpábeis dixeron "frases cara esa persoa". Malia que deixou en mans da Xustiza determinar a responsabilidade que ten esa agresión, o que si ten claro é que "hai indicios dunha actuación xenófoba". Varios sucesos na mesma liña Esta nova transcende tan só un día despois de que o Foro Galego de Inmigración denunciara "violencia radial" de axentes da Policía Nacional contra un menor duns 15 anos. Interrogado sobre o suceso de Porta Faxeira, o alcalde dixo que os partes policiais sinalan que un vehículo do corpo de seguridade pasaba pola zona cando "alguén lle tirou algo, supostamente un bote". Por iso, os axentes pararon a identificar ao autor e "produciuse algún tipo de protesta" do mozo, que foi levado a comisaría, e que "xa fora detido unha semana antes por outro incidente". Segundo o Foro, en todo momento o rapaz foi vítima de agresións.O líder do Goberno municipal, que afirmou non contar con máis datos da situación do menor, tamén dixo sentirse "preocupado" e indignado" polos ataques vandálicos que padeceu unha mostra sobre as persoas refuxiadas que hai na Alameda. Por iso pediu que se respecte a calquera persoa. |
NOS_41693 | Adrián Canoura (Burela, 1991) non para. Vén do PlayDoc de Tui para chegar ao (S8) da Coruña, onde lle dedican un foco que recibe entre a alegría e a sorpresa. "Que reparen en min, sen ter aínda moita obra, é incríbel", confesa. Alén da proxección de varias pezas, levará a cabo o sábado unha performance. "A mostra é un referente para todos que estamos a crear cinema experimental, na Galiza e no Estado", asegura o director, máis coñecido polas súas colaboracións audiovisuais en Baiuca. | —Unha das liñas recorrentes na súa obra ten a ver coa etnografía e a antropoloxía. Que o atrae desta vertente? A achega a este tema é unha forma orgánica, natural. en canto estou moi próximo ás vivencias da aldea. Eu crieime alá con toda a familia e vin, dunha banda. o universo mariñeiro e, doutra, todo o ligado á agricultura e ao traballo da terra. Son dous mundos, mar e montaña, que me interesan. Desde que estaba a estudar, unha referencia é Marcos Nine, que nos dixo nunha charla que tratasemos de enfocarnos no próximo. Foi unha frase que me quedou gravada e me levou a centrarme no que tiña preto. Non fai falla ir a ningún sitio exótico, hai cousas aquí que se poden investigar para darlles outra volta, non só cun eco de costumismo, senón cun toque máis vangardista. Non fai falla ir a ningún sitio exótico, hai cousas aquí que se poden investigar para darlles outra volta, non só cun eco de costumismo, senón cun toque máis vangardista —Non sei se aí tamén xoga o de mostrar esas cousas para fóra? Evidentemente. Non temos nada que agochar aquí, xa bastante tempo estivemos escondidos. A nosa cultura ten moito que ofrecer, investigar, reflexionar. Non temos que ter medo a contala fóra. Moitas veces escóitase iso de que "se fas unha película en galego non a van ver en Checoeslovaquia". E non é así. Temos varios autores que están a exportar, cun éxito notábel en festivais internacionais. Os que vimos detrás vemos que hai unha saída ao exterior. —Tamén o tema lingüístico parece que o temos aquí moi implantado como unha barreira, pero en moitos lugares, ou en certos circuítos, domina a versión orixinal subtitulada, e vense filmes en galego sen ningún problema. Total. No cinema máis comercial vén todo normalmente traducido. Cando se fan películas máis pensadas para vender en salas ou na televisión, non lle dan tanta importancia. Véñense aproveitar de todo o que hai aquí e o lingüístico déixano de lado, cando é o máis interesante case. Moitos autores estamos a traballar sobre a lingua e a recepción é moi boa en salas e festivais de todo o mundo. Dá igual que os filmes estean en galego, xaponés ou no que sexa. E co tema das plataformas estase a diversificar un pouco, a xente afaise a ver máis versión orixinal... É un tema complicado. Véñense aproveitar de todo o que hai aquí e o lingüístico déixano de lado, cando é o máis interesante case —Dentro desa vertente etnográfica, a achega supera o realismo para entrar nunha dimensión máis mítica, especialmente en Caerán lóstregos do ceo. Que o leva a explorar estes sendeiros? Case todas as películas teñen un compoñente do real, son moi terreais, e quizais a que mencionas foi a máis fantástica ou máxica, non sei como chamarlle. Exploramos un pouco o libro Historia de Galiza, de Otero Pedrayo, que ten unha parte de Vicente Risco que investiga a cultura espiritual. É un apartado moi interesante, con sete divisións, e navegando sobre esas reflexións do mito érguese o filme. Investigamos tamén cun son un pouco máis tenebroso, poemas de Rosalía... Foi algo máis onírico. Interésame seguir con isto noutros proxectos, aínda que igual non a curto prazo. —Menciona o son, que papel xoga este xunto á música na súa obra? É unha parte fundamental, nas miñas obras funcionan case de guión. Sérvenme moito para marcar tempos, estruturas, ir construíndo o vídeo a raíz deles... Estou moi conectado á música desde pequeno por meu tío, que estaba ligado á vertente máis experimental. Iso foi medrando dentro de min e co tema de Baiuca tamén inflúe. Para min ten moita importancia, xa non só como inspiración na música que poida escoitar cada día. Gústame moito, por exemplo, David Lynch, que é de sobra coñecido polo traballo de imaxe, pero á parte (el tamén fai música) como traballa o son nas secuencias é incríbel. É todo un referente nese aspecto. Existe un desequilibrio, dáselle tanta importancia á pantalla, a xente está tan obsesionada con demostrar cousas na imaxe, que moitas veces o son queda a un segundo paso e non te emociona —Hai unha tendencia a primar a imaxe sobre o son no cinema? Normalmente si. Existe un desequilibrio, dáselle tanta importancia á pantalla, a xente está tan obsesionada con demostrar cousas na imaxe, que moitas veces o son queda a un segundo paso e non te emociona. A música e o son poden transmitir tanto ou máis que unha imaxe. Ou o silencio mesmo. Aínda que ultimamente estase a apostar máis no son, traballando con artistas sonoros. É un punto moi interesante para desenvolver. Eu pásoo xenial traballando co son. —Como concibe Adrián Canoura o proceso creativo? Seica adoitaba dicir que vostede era punki. Moi caótico, no bo sentido. O outro día no Playdoc [Tui], nunha charla de videocreadores, todos tiñan un método moi específico e a moderadora, cando me foi presentar, dixo: "Ti es o rebelde". Voume deixando levar polo espazo, polo que xurda na rodaxe, nunca traballo con guións fechados. Podo ir con secuencias ou estruturas marcadas, e a raíz de aí evolucionar. Tampouco me movo con orzamentos moi amplos, polo que podo permitirmo. Gústame facer como un pintor, estar aí co cabalete e co lenzo, usar a cámara como un pincel. —Como se observa a posibilidade de traballar desde a Galiza? Temos sorte de que moitos artistas que viñeron un pouco antes exploraron novas vías e saíron a festivais moi importantes. Iso deunos aos que vimos detrás ilusión, fíxonos conscientes de que podemos traballar cousas de aquí e poden ter interese. Así xorden artistas, tamén ligados a festivais como o Curtocircuíto ou o (S8), ou outros como Cans, o ChanfainaLab ou o Playdoc, que poñen en valor o rural. Todo isto fai que haxa uns vínculos entre artistas, de amizade, compartindo equipos e proxectos, que é case o máis positivo. Moitas veces a xente pregúntase "que pasa na Galiza?" e eu creo que ten moito que ver con isto. Porén, é difícil atopar un camiño. Cada ano sae das escolas moita xente e o traballo está complicado, na parte máis técnica. Moitas veces hai que saír fóra para darte conta tamén de cousas que pasan aquí, aprender, traer ideas e que poidamos evolucionar. —Falando dos festivais, que representan para as creadoras? Son plataformas ou espazos, chámalle "x", onde se crean sinerxías moi positivas por parte dos directores e programadores, artistas... Ir ao (S8) e ver películas de vangarda que son moi difíciles de atopar, estar nese espazo con persoas que traballan cousas que igual che poden axudar a trasladalas aquí... Créanse oportunidades de partillar con produtores ou distribuidores, ver procesos dos compañeiros... Son lugares que oxalá poidamos seguir mantendo e temos que protexer, porque se creou unha rede moi interesante. Tamén axudan aos creadores a continuar, sobre todo aos que están a comezar. —En que anda metido agora? Estou cun proxecto marítimo. Fun gravar nun barco aos mares de Escocia, parte da miña familia faena alí. Levo tempo querendo facelo pola vinculación co meu pai, ao que parte da miña vida non puiden gozar porque estaba fóra. É unha achega case máis humana que fílmica. Se non gravase este filme, non tería ido con el no barco, e fíxonos moita ilusión aos dous. Compartimos espazo de traballo, el pescando e eu filmando, iso é do máis positivo que saco do proceso. Despois se a película queda aproveitábel, mellor que mellor. Gravei o ano pasado e agora co da Covid-19 quedou un pouco en stand by. Estou no (S8) no apartado de Input de proxectos, con Rocío Mesa, unha directora dun festival de Los Ángeles. Teño moitas ilusións postas no proxecto. Ten pinta de que vai ser unha longametraxe, pero a ver. Logo hai outras ideas que van xurdindo, cousas con Baiuca, que ultimamente temos bastantes xiras... No proxecto no que estou, compartimos espazo de traballo eu e meu pai, el pescando e eu filmando, iso é do máis positivo que saco do proceso —Teño entendido que ten vontade de explorar outros espazos do cinema, por exemplo os museos. Si, levo tempo pensándoo e no PlayDoc tiven unha oportunidade marabillosa cos cinema-percorridos. O festival leva anos traballando coa recuperación do material de arquivo de Tui, dos anos 70 ou 80. Cedéronnos imaxes a cinco videoartistas para que as tratásemos libremente. Foi interesantísimo e divertido operar nesa dimensión, tamén ligada ao espazo. Eu estiven no Vello Cárcere e fixen unha instalación multimedia. Tiña intención de que fose interactiva, había unha máquina para crear cores... Pero co tema da Covid-19 ten que ser todo moi medido. E pareceume fantástico ver os procesos dos demais artistas. |
NOS_8222 | Vídeo-lembranzas, a música preferida, fotografías, biografía. A arte funeraria incorpora os códigos QR para facilitar información sobre os ocupantes dos túmulos. | Foi unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño custoume desentoller as pernas e cando me erguín e botei a miña cachola fóra da terra, fiquei pasmado. . . Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sírveme agora pra mirar.Tolo de contento quitei o ollo, dinlle catro bicos e volvino pór no seu sitio (Un Ollo de vidro, Castelao) Castelao utiliza un esquelete que conta cun ollo de vidro, que en vida non lle servía para nada, para nos contar cousas do Alén. Mais desde 2012 para aquí son moitos os cemiterios que, non habendo ollo de vidro, colocan placas de código QR nos xacigos, o que permite a obtención de información sobre os ocupantes dos túmulos. Sempre que os vivos autoricen, claro. E paguen os 150 euros que pode custar. O cemiterio de São João Batista, no Rio de Janeiro, é un deles sendo, ademais, o primeiro cemiterio da América Latina a entrar para o Google Street View, permitindo a realización dunha "visita virtual" polo seu interior. Inaugurado por Pedro II en 1852, nunha época en que as persoas eran enterradas nos terreos das igrexas, o San João Batista reúne obras de arte de distintos estilos, de neoclásico a gótico, que foron obxecto de sinalización especial Esculturas de Rodolfo Bernardelli e Humberto Cozzo están entre os destaques. Mais é sobre todo o coñecemento público dos mortos que alí repousan o que lle dá esa proxección, pois este é o lugar en que se enterran todos os escritores da Academia Brasileira de Letras. A propia Academia ten aquí o seu mausoleo. Non ter onde caer mortos Cando Machado de Assis fundou a Academia Brasileira de Letras, seguindo os moldes da Academia Francesa, o lema adoptado foi "Ad immortalitatem" e seica por iso os seus membros comezaron a ser chamados inmortais. Preguntaron a Olavo Bilac, o home que fixo estudos de medicina, que foi xornalista e ocupou cargos públicos, alcumado príncipe dos poetas e un dos fundadores da Academia Brasileira de Letras alén de autor do Hino à bandeira, a razón da tal clasificación. O poeta, rápido na resposta, dixo, ou disque dixo, que os escritores eran chamados inmortais porque non tiñan onde caer mortos. No Río, a visita ao cemiterio e ao mausoleo da Academia Brasileira de Letras (ABL) é parada obrigatoria. O amplo espazo fica no fondo do cemiterio e ten o mesmo gardián hai 20 anos. Alén dos códigos QR que estarán dispoñíbeis tamén para quen desexar rexistrar a historia de seus familiares, a aposta é que o San João Batista vire unha referencia en turismo, como xa acontece noutros cemiterios do mundo, como o Père Lachaise, en París, a Recoleta, en Buenos Aires, e o Saint James, en Londres. Ou os da Ruta Europea de Cemiterios Singulares entre os que está San Froilán, en Lugo, Santo Amaro, na Coruña, Santa Mariña de Dozo, en Cambados, e o Cemiterio dos Ingleses, en Camariñas. Un panteón académico para os inmortais. Non hai moito, un titular de xornal dicía: "Corpo de Ferreira Gullar é sepultado no mausoléu da Academia Brasileira de Letras" Foi daquela que souben que a ABL ten un mausoleo onde se enterran os membros dela. Un panteón académico. O túmulo de Ferreira, por exemplo, fica ao lado da sepultura do poeta Ivan Junqueira, a quen Gullar sucedeu en 2014 logo da súa morte, e abaixo da do poeta J. Cabral de Melo Neto.No Río, a visita ao cemiterio e ao mausoleo da Academia Brasileira de Letras (ABL) é parada obrigatoria. O amplo espazo fica no fondo do cemiterio e ten o mesmo gardián hai 20 anos. Mais son moitas outras as curiosidades que atinxen a ABL. Eis algunhas. Todas as quintas feiras os membro da ABL reúnense para un té na sede da institución, no Río de Xaneiro. O ritual existe desde a creación da academia. O mesmo facían os membros da Real Academia de Agricultura, que se reunían na Coruña todos os domingos á tarde. Como xa vimos, Olavo Bilac dicía que os escritores eran chamados inmortais "porque non tiñan onde caer mortos". Hoxe en día, todos teñen dereito a seren enterrados no mausoleo da ABL. Todas as compañeiras e compañeiros dos inmortais teñen tamén ese dereito. O alfaiate Francesco Rosalba é o responsábel da confección do uniforme de gala - ou "fardão", como é coñecido - usado polos inmortais en ocasións formais. De 1979 a 2005, só o pernambucano Ariano Suassuna rexeitou usar as roupas costuradas por Rosalba. O modelo do fardão está inspirado na roupa dos carabineiros de Calabria, Italia. Componse dunha casaca verde mofo bordada con fíos de ouro, camiseta, suspensorio e un chapeu estilo Napoleón. Algúns inmortais foron enterrados usando o seu fardão. É o caso de Assis Chateaubriand. O problema foi que como el non usaba a roupa había moitos anos, cando foron vestir o cadáver tiveron que cortar a parte de tras para caber. Na biblioteca da academia hai coleccións que pertenceron a Machado de Assis, Olavo Bilac e Manuel Bandeira. Entre as obras raras, figura unha edición de 1572 de Os Lusíadas, de Camões. En 2005, o presentador e humorista Jô Soares publicou a novela "Asasinatos na Academia Brasileira de Letras". O lanzamento da obra foi realizado no mesmo local onde ocorren os crimes da trama: o Petit Trianon, sede da Academia Brasileira de Letras. A historia conta o caso dun asasino en serie cuxo albo preferencial son os membros da ABL. Pasaron 80 anos até que unha muller fose electa para ocupar unha cadeira na Academia. A primeira foi Rachel de Queiroz, en 1977. Os "inmortais" teñen, de media, 77 anos de idade. Eles foron elixidos con, en media, 63 anos. Cemiterios multimedia Na Galiza varios cemiterios incorporan a tecnoloxía QR. O de San Froilán en Lugo ou o de San Francisco de Ourense, mais estes códigos son para ofrecer información do cemiterio e facer unha visita guiada polo recinto. Non están nas lápidas como si están nos cemiterios de Barcelona, por exemplo. A empresa guipuzcona Druyen Fotoerámica especializada en accesorios e elementos para arte funeraria propón o vídeo-lembranza mediante código QR para as lápidas. O vídeo-lembranza é un recordatorio dun ser falecido pero no canto de formato papel, en formato vídeo. Pode capturarse cun dispositivo móbil ou tablet a través dun código QR. Mais, tratándose de novas tecnoloxías nada como o "Sunset Memorial Park", un cemiterio do suburbio norte de Filadelfia (este de Estados Unidos). O visitante pode escoitar as cancións favoritas do defunto, ler textos dedicados, asinar nun libro de ouro e mesmo compartir sentimentos e fotos a través de Facebook ou Twitter. Un auténtico cemiterio multimedia. Aínda ben que na Galiza para cantar e bailar hai moito que temos habilitada a Santa Compaña! |
NOS_57262 | 24 de xullo de 2013. A maior catástrofe terrestre da historia moderna da Galiza. 80 mortos e 144 feridos ao descarrilar un tren Alvia na curva de A Grandeira, na entrada de Compostela. As responsabilidades políticas continúan sen se depurar. Esta segunda feira comparecen perante a comisión de investigación as dúas persoas ao mando de Fomento involucradas no asunto, | Ás 16 horas será a quenda do socialista José Blanco, ministro de Fomento cando se inaugurou a liña en que se produciu o sinistro e actualmente eurodeputado. Unha hora despois tomará a palabra Ana Pastor, sucesora do política de Palas de Rei ao fronte do ministerio e actual presidenta do Congreso. Son as últimas comparecencias na comisión e desde logo as de maior relevancia política. Após os seus testemuños, este órgano da cámara terá que estabelecer as súas conclusións. Que pesa en concreto sobre eles? Sobre Blanco unha decisión que os expertos concordan en sinalar que debilitou as condicións de seguranza no tramo en que tivo lugar o sinistro: a mudanza do proxecto orixinal para manter o ancho de vía ibérico e non o internacional que si rexe no resto das liñas AVE. O ministro do PSOE, aliás, vendeu a liña Ourense-Compostela como se fose alta velocidade, cando non era así en aspectos básicos para preservar a integridade dos equipamentos e para evitar riscos ás persoas. Nese sentido foi clave que non se contemplase a instalación do sistema de control de velocidades ERTMS nos últimos quilómetros da vía, xusto onde se produciu o descarrilamento. Canto a Pastor, o cargo básico que se lle fai é que, xa con ela ao fronte de Fomento, tomouse a decisión de desconectar o sistema de control da velocidade a bordo do tren por supostamente dar continuos erros. Ao desafacerse del sen alternativa os expertos pensan que se puxo en risco a seguridade. |
NOS_23525 | A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura organiza máis un ano a leitura pública de "Alba de Gloria" desde o Pico Sacro. Terá lugar o sábado día 21 a partir das 12 horas. | Como cada ano, desde 2011, Galiza Cultura, da man da Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada) e da Asociación Cultural O Galo (Santiago), un acto simbólico que abre as portas ao Día da Patria Galega coa leitura pública do discurso Alba de Gloria desde o Pico Sacro. Un acto que dará comezo ás 12 horas do sábado día 21 coa concentración na fonte roubada do Pico Sacro, onde terá lugar o recitado dun poema dedicado a este lugar tan simbólico a cargo do obradoiro de poesía da Asociación Veciñal da Agra do Orzán (A Coruña), entidade convidada a partir a lectura do discurso de Castelao. Ás 12.15 horas a escritora Mercedes Queixas, colaboradora de Sermos Galiza, dará a benvida ás persoas participantes, que de seguido subirán o último treito do cumio do Pico Sacro. Prevese o izado da bandeira e a leitura de Alba de Gloria ás 12.45 horas. Tomarán a palabra a ecoloxista Elvira Cienfuegos; Belén Núñez Romero e o escritor David Otero, tamén colaborador deste medio. Será entón cando se desenvolva un dos momentos máis emotivos da xornada: a interpretación do Himno Nacional e, posteriormente, a baixada con visita ás covas da raíña Lupa. A escritora Iolanda Aldrei descubrirá as lendas e a historia do fermoso espazo. Ás 14 horas actuará o grupo Bico do Mar no adro da capela do Pico Sacro e ás 15 horas terá lugar o xantar no restaurante Aldea Grande, en Santa Cruz de Ribadulla. A música voltará coa chegada da sobremesa. Ás 17.30 horas está convocada a ofrenda literaria no adro da igrexa de Berres nos enterramentos de Avelina e Marcial Valladares. Continuará a xornada cunha visita guiada ao pazo de Vilancosta dos homenaxeados e rematará co recital poético no areal de Berres, á beira do Ulla. Con este acto, Galiza Cultura recupera o espírito do discurso máis coñecido de Castelao, Alba de Gloria, pronunciado polo intelectual galego o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires. Un texto co que evocou a terra da que se tivera que exiliar. En 1924, o autor de Sempre en Galiza acudía en peregrinación até o Pico Sacro, cando a ditadura impedía celebrar a festa nacional. Castelao volveu imaxinariamente ao cumio co citado discurso de celebración do Día da Patria Galega, unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profundas. A federación voltará, así, sobre os pasos físicos e intelectuais do rianxeiro. Unha tradición que alumea un futuro mellor, unha "Alba de Gloria" para Galiza. |
PRAZA_18979 | Se con esas políticas, que teñen entre os seus principios fiscais a estabilidade orzamentaria e a sostibilidade financeira (amais do teito do gasto), non hai crecemento económico, nin creación de emprego e ao tempo medran a desigualdade e a débeda pública, como se pode manter que son a base para impulsar o crecemento económico e a creación de emprego? | Hai escasamente unha semana o CPFF (Consello de Política Fiscal e Financeira) aprobaba fixar o 0,6% como obxectivo do déficit das CCAA para o ano 2017. Un obxectivo fiscal que so contou co apoio da metade das CCAA –as gobernadas polo PP mais Canarias-. Un obxectivo fiscal que se complementaría co do 0,3% para no ano 2018 e o 0% -equilibrio fiscal- no 2019. Pola súa parte a débeda pública non deberá situarse por riba do 24,1% no ano 2017, o 23,6% no 2018 e o 22,7% no 2019. Nesta nova xuntanza do CPFF unha vez mais a representación da Xunta de Galicia (PP) comportouse coma un fiel defensor da política neoliberal e centralista do goberno español de torno (PP). Dar o seu beneplácito a tal política, de axuste fiscal compulsivo, non é sómente apostar, como se está vendo, por disparar as desigualdades sociais en Galiza e en España senón tamén por que os históricos desequilibrios territoriais se consoliden e agudicen. Co gallo de embridar este dogma fiscal o goberno español de torno (PP) sacou no seu día a Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera (BOE 103 de 30 de abril do 2012) que xa no seu limiar introduce o dogma fiscal sobre o déficit: "A estabilidade orzamentaria consagrada constitucionalmente, é a base para impulsalo crecemento e a creación de emprego na economía española, para garantir o benestar dos cidadáns, crear oportunidades aos emprendedores e ofrecer unha perspectiva de futuro máis próspera, xusta e solidaria. A salvagarda da estabilidade orzamentaria é un instrumento indispensable para lograr este obxectivo, tanto para garantir o financiamento axeitado do sector público e os servizos públicos de calidade sobre os que descansa o sistema de benestar como para ofrecer seguridade aos investidores respecto á capacidade da economía española para medrar e atender os nosos compromisos". Toda unha declaración de principios metafísicos –isto non é economía senón metafísica: homilías como diría o profesor P. Samuelson- derivados dun dogma neoliberal que, como mostran tódalas evidencias, non resiste nin a mais mínima análise empírica. Sáibase que a historia móstranos como nunca, repito, nunca na economía mundo capitalista deuse un caso no que, nunha economía en crise, o crecemento económico e a creación de emprego se apoiara en políticas de consolidación fiscal e/ou estabilidade orzamentaria, políticas chamadas procíclicas. E son incontables os casos en que estas políticas si conduciron aos países que as aplicaron (Latino América, Sueste Asiático, Leste Europeo, Europa do Sur..) a unha longa e terrible crise económica e social da que so saíron cando cambiaron o rumbo das súas políticas (J. E. STIGLITZ: "El malestar de la globalización", Edit. Taurus, E. TOUSSAINT: "La bolsa o la vida, las finanzas contra los pueblos". Edit. Tercera Prensa). Antes de analizar os resultados derivados da aplicación desa lei cumpre subliñar que a referencia que se fai a "estabilidade orzamentaria consagrada constitucionalmente" refírese a modificación que no seu día o goberno de J.L. Zapatero (PSOE) co apoio do PP fixo na Constitución Española, e mais en concreto no seu artigo 135. Modificación que supuxo por os intereses da banca por riba dos intereses da maioría dos cidadáns como se pode ver na redacción final: "1. Tódalas Administracións Públicas axeitarán as súas actuacións ó principio de estabilidade orzamentaria, 2. O Estado e as CCAA non poderán incorrer nun déficit estrutural que supere as marxes establecidas, no seu caso, pola Unión Europea para os seus Estados Membros. Unha lei orgánica fixará o déficit estrutural permitido ao Estado e as CCAA en relación co seu produto interior bruto. As Entidades Locais deberán presentar equilibrio orzamentario, 3. O Estado e as CCAA terán que estar autorizadas pola lei para emitir débeda pública e contraer crédito. Os créditos para satisfacelos xuros e o capital da débeda pública das Administracións entenderanse sempre incluídos no estado de gastos dos seus orzamentos e o seu pago gozará de prioridade absoluta (……). O volume de débeda pública do conxunto das Administracións Públicas en relación co PIB do Estado no poderá superalo valor de referencia establecido no Tratado de Funcionamento da Unión Europea (….) 6. As CCAA, de acordo cos seus respectivos Estatutos e dentro dos límites a que se refire este artigo, adoptarán as disposicións que procedan para a aplicación efectiva do principio de estabilidade nas súas normas e decisións orzamentarias". Quedou así en evidencia, como sinalei anteriormente, que a modificación constitucional fíxose para poñer os intereses dos bancos –que son os maiores titulares de bonos da débeda pública española- por riba dos intereses dos cidadáns españois. Ademais de embridar, sen equívocos, as políticas de consolidación fiscal ou de estabilidade orzamentaria. Un auténtico disparate dende o punto de vista político e económico. Sáibase por caso que eses criterios do déficit nin teñen base científica nin xustificación algunha, que os mesmos fundamentos económicos que se empregan para xustificar eses obxectivos para o déficit poderían utilizarse para fixar déficits do 4, o 6 ou o 10%. Uns criterios que son un disparate pero que, nembargantes, trouxeron aparellada unha grande perda de soberanía por parte tanto das CCAA como do Estado español. Que pasou en España, e en Galiza, nos derradeiros anos en relación a eses obxectivos fiscais?. Pois que, segundo se recolle nos respectivos Informes sobre o grado de cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira do Ministerio de Facenda, son cada vez menos –en número- as comunidades autónomas que cumpren o primeiro dos obxectivos –estabilidade orzamentaria- sendo maioría as comunidades autónomas que o incumpren (8 de 17 no ano 2013, 14 de 17 no ano 2015) ao tempo que a administración central case nunca o cumpre. En relación ao obxectivo de sostenibilidade financeira sucede practicamente o mesmo cun incumprimento xeral por parte das administracións autonómicas (agás o ano 2015) mentres a administración central si cumpre os obxectivos que se lle fixan sen por iso evitar que se dispare a débeda pública. Se cando estalou a crise económica (2008) a débeda pública española equivalía ao 40,2% do PIB español e a débeda galega o 6,7% do PIB galego, pecharemos 2016 cunha débeda española equivalente ao 101% do PIB español e unha débeda galega equivalente ao 19% PIB galego –neste caso significa que triplica o seu valor ao pasar dos 3.950 millóns de euros aos 10.625- Os datos empíricos poñen así en evidencia que, a pesares dos enormes esforzos fiscais –a xeito de brutais recortes no gasto público- feitos pola maioría das comunidades autónomas estas non son quen de cumprilos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. Non son quen de cumprilos por ser un despropósito e estar carentes de toda lóxica económica e fiscal: si se recortan os gastos –demanda- estes detraerán os ingresos –oferta- desequilibrando a balanza fiscal e disparando os déficits e con eles a débeda pública. O balance final, nestes anos de duro axuste fiscal tanto a nivel autonómico como central, debera ser suficiente para dar un xiro radical nas políticas fiscais impostas en España, e en Galiza, co gallo da crise económica. Unhas políticas que ademais de non conseguir os obxectivos fiscais fixados provocan que se disparen as desigualdades e a pobreza. Cando estalou a crise o PIB/per capitá galego equivalía ao 90,7% do PIB/per capita medio de España, agora equivale ao 87,7% -cunha perda en termos reais de 6 puntos tal que a sitúa no furgón de cola das CCAA con menor crecemento económico-. Neste mesmo período perdéronse en Galiza mais de 175.000 empregos ao tempo que supera os 205.000 a cifra de parados. Un período no que se acadaron en Galiza uns niveis de desigualdade e pobreza sen precedentes: o número de familias galegas en risco de pobreza e exclusión supera o 23%, e o de familias que teñen enormes problemas para chegar ao fin de mes o 36%. Se con esas políticas, que teñen entre os seus principios fiscais a estabilidade orzamentaria e a sostibilidade financeira (amais do teito do gasto), non hai crecemento económico, nin creación de emprego e ao tempo medran a desigualdade e a débeda pública, como se pode manter que son a base para impulsar o crecemento económico e a creación de emprego? Como se poden seguir aplicando? |
NOS_11957 | A deportista, medalla paralímpica en Tokio, difunde nas redes sociais o seu novo carné e explica na Radio Galega a decisión. | O pasado de 3 febreiro a galega Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon nos recentes Xogos de Tokio 2020, anunciaba nas redes sociais que xa contaba coa con licenza da Federación de Tríatlon da Rexión de Murcia. Aínda que en atletismo seguirá correndo pola Galiza, a confirmación desta decisión é un duro golpe para a Federación. A deportista falaba desta decisión na mañá deste sábado para a Radio Galega, sinalando que "non estaba contenta co trato que se lle deu". Puxo como exemplo que a Federación "tardou dez días en felicitarme polo meu éxito paralímpico". Segundo algunhas fontes, a tamén campioa de Europa e do mundo decidiu abandonar a Federación Galega de Tríatlon por desavinzas cos seus dirixentes. Unha das razóns sería o despedimento do seu adestrador, Luís Piña, e este sería o motivo polo que elixira Murcia para participar en probas nacionais e internacionais. Susana Rodríguez foi nomeada esta semana para os prestixiosos Premios Laureus como a mellor deportista con discapacidade. Nesta categoría estará nominada con deportistas como o atleta Marcel Hug, os tenistas Shingo Kunieda e Diede De Groot, o ciclista e triatleta Jetze Plat ou a ciclista Sarah Storey. |
NOS_5485 | Após dez anos de goberno de Alberto Núñez Feixoo, Galiza non obtivo ningunha transferencia de competencias nin de infraestruturas. Co logro acadado polo nacionalismo vasco ao facerse coa súa autoestrada negociando na Comisión permanente do Congreso, Feixoo amosouse disposto a reclamar competencias. Mais ao día seguinte mudou de criterio debido ao anuncio de Casado a prol da recentralización. Coñezamos que opinan as demais forzas políticas en materia de competencias a través dos seus programas electorais. | As transferencias non son prioritarias para o presidente da Xunta de Galiza, quen afirma que a "inmensa maioría" das que se recollen na Constitución xa están realizadas. Mais iso non é certo, e Galiza carece de competencias en materia de tráfico ou en seguridade marítima e segue agardando a que o Congreso queira seguir debatendo a transferencia da AP-9, que foi un acordo unánime de todas as forzas no Parlamento Galego e unha longa demanda a base de mobilizacións e confronto político. Finalmente e pese a ser o BNG quen historicamente defendeu esixir ao Estado a transferencia da AP-9, vetouse a súa participación do pleno do Congreso en que se admitiu a trámite debate. De feito, o debate competencial voltou a protagonizar o último pleno do Parlamento galego, cun Feixoo que conseguiu cero competencias nos seus dez anos de goberno e cun BNG que cargou as tintas no bloqueo da transferencia da xestión da AP-9 e poñendo como exemplo o logro da cesión da AP-68 a Euskadi. Ana Pontón acusou a Feixoo de cambiar de criterio, pois o presidente afirmara que esixiría competencias para Galiza. Porén, no debate do pleno parlamentario, o presidente da Xunta sinalou que o momento actual non é "oportuno" para reclamar transferencias do Estado para Galiza, debido ao auxe do independentismo. Un PP recentralizador que promete paralizar e reverter transferencias No seu programa electoral para as eleccións xerais, o Partido Popular comprométese a aprobar na vindeira lexislatura unha moratoria para paralizar a cesión de novas transferencias ás comunidades autónomas. Argumentan que nese tempo queren avaliar "o funcionamento do Estado autonómico desde unha perspectiva de eficiencia e equidade". Nesa liña recentralizadora, optan por estabelecer fórmulas para que "aquelas comunidades autónomas que o desexen" devolvan competencias ao Estado. O BNG pula para que Galiza logre todas as competencias que lle pertencen Na banda oposta ao PP está o BNG, cargando as tintas na necesidade de Galiza contar con todas as súas competencias. O nacionalismo reclámaas en multitude de aspectos, a iniciar pola materia de relacións laborais, "co obxectivo de que a Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais" e tamén para poder pór en marcha unha renda social básica. O programa recolle a histórica defensa do traspaso AP-9 e AP-53 e a nacionalización destas infraestruturas O programa recolle a histórica defensa do traspaso AP-9 (Ferrol-Vigo) e AP-53 ( Santiago-Lalín) e a nacionalización destas infraestruturas "para acabar co espolio económico que representan actualmente". Defenden tamén a transferencia das competencias en materia de seguranza social e pensións, co obxectivo de "garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado". Queren ademais desde a formación nacionalista o traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal. Así mesmo, esixen o traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral (portos, aeroportos, control de tráfico aéreo e estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego) e a transferencia das competencias en materia de costas. O nacionalismo defende tamén o traspaso para Galiza das competencias sobre as bacías hidrográficas e os servizos de salvamento marítimo e gardacostas. Outras transferencias que defenden son as relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galegas e dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas institucións e organismos do Estado. O PSOE aposta en recoller na Constitución cales son as competencias intransferíbeis Baixo o título "A clarificación do reparto competencial", o PSOE trata no seu programa o modelo de transferencias. Afírmase que "o modelo de reparto derivado da Constitución, con referencias xenéricas e remisión aos estatutos, xerou diversos problemas que deben abordarse" e cita, entre eles, a falla de claridade no reparto "con duplicidades, excesiva conflitividade ao no estar ben definido o marco do reparto e a excesiva intervención do Tribunal Constitucional". Apostan desta maneira en recoller na Constitución "as facultades concretas do Estado nas distintas materias competenciais, da forma máis precisa posíbel" No programa electoral de Sánchez apostan desta maneira en recoller na Constitución "as facultades concretas do Estado nas distintas materias competenciais, da forma máis precisa posíbel" e sinalan o desexo de deixar por escrito na lexislación que "todo o non atribuído ao Estado pola Constitución é de competencia autonómica". En Común-Unidas Podemos reclama as transferencias pendentes O programa electoral de En Común-Unidas Podemos recolle a aposta da coalición por viabilizar as transferencias pendentes. Esixen as referidas á titularidade e competencias da AP-9 e AP-53, as de inspección de traballo, seguranza social... En particular, esixen as referidas á titularidade e competencias da AP-9 e AP-53, as de inspección de traballo e da seguranza social, as transferencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria, así como a de portos de interese xeral do Estado, salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña e sanidade penitenciaria. En Marea esixe as competencias pendentes para desenvolver o Estatuto de autonomía Desde En Marea reclaman no seu programa electoral as competencias en materia de portos, aeroportos, ordenación do litoral, sector pesqueiro, confederación hidrográfica, parques nacionais, así como as referentes a regulación e xestión das bolsas de estudo. Reclaman as competencias en materia de portos, aeroportos, ordenación do litoral, sector pesqueiro,.. Comprométense, neste sentido, a efectivizar as transferencias pendentes por parte do Estado para o desenvolvemento do Estatuto de autonomía de Galiza. Defenden ademais reactivar a Comisión Mixta de Transferencias e a Comisión Bilateral de Cooperación do Estado con Galiza, así como viabilizar as transferencias pendentes referidas á AP-9, inspección de traballo, transferencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria, portos de interese xeral do Estado, salvamento marítimo e sanidade penitenciaria, entre outras. Compromiso por Galicia tamén esixe as competencias pendentes O partido galeguista formula no seu programa para as eleccións xerais a necesidade de Galiza contar coa competencia de portos e autoridades portuarias, como sector fundamental da economía galega. Optan pola transferencia das competencias pendentes en sanidade, como é a formación sanitaria especializada, o control sanitario das baixas e incapacidades laborais e sanidade exterior, así como a participación de Galiza nos órganos encargados da autorización, rexistro e fixación dos medicamentos. Ciudadanos quere rematar coa negociación das transferencias A formación de Rivera enuncia nos seus compromisos electorais "acabar cos privilexios do nacionalismo" aludindo a que "a igualdade de todos os españois non se negocia", en referencia aos debates abertos no ámbito competencial. Ademais, prometen rematar co concerto vasco. |
NOS_52628 | O Boletín Oficial Arxentino, a través dunha resolución, informa da obrigatoriedade de estabelecer os prezos máximos de venda de alimentos, bebidas, hixiene e produtos de limpeza, entre outros, seguindo o marcado polo Sistema electrónico de publicidade de prezos arxentinos (SEPA). | O Goberno arxentino está a tomar medidas contundentes para evitar que algunhas empresas se aproveiten da pandemia no seu país. A través do Ministerio de Comercio Interior, decidiu intervir os prezos de 304 produtos durante un mes para frear os incrementos xerais provocados pola situación de emerxencia sanitaria a causa do coronavirus. A listaxe de produtos inclúe alimentos, bebidas, hixiene e produtos de limpeza, entre outros. A medida afectará a todos os almacéns, mercados, supermercados, supermercados e hipermercados, a excepción das pequenas e medianas empresas, así como a estabelecementos comerciais con venda en grandes cantidades que conten con superficie propia de cara ao público. Os estabelecementos deberán ter os prezos máximos de venda dos seus produtos seguindo o marcado polo Sistema electrónico de publicidade de prezos arxentinos (SEPA) vixente a partir do pasado 6 de marzo. Esta medida tamén se aplica a todos os distribuidores, produtores e comerciantes de inmobles, obras e servizos, beneficios, destinados á produción, construción, procesamento, comercialización, saúde, alimentos, roupa, hixiene, vivenda, deportes, cultura, transporte e loxística. |
NOS_21724 | O acto de homenaxe e lembranza decorrerá o 5 de setembro e quer honrar os concelleiros da corporación de 1936, asasinados e condenados polo fascismo. | O vindeiro 5 de setembro Bueu acolléra un acto de lembranza e homenaxe aos membros da súa corporación municipal en 1936 e que foron albo de asasinatos e represión a mans dos fascistas. No acto procederase a nomear membros honoríficos e predilectos para os concelleiros Francisco Piñeiro Barreiro, Franscisco Escaneo Franco, Francisco García Villanueva, José Bernárdez Santaclara, Francisco Padín Novas, Ramón González Soliño, Manuel Casaleiro Pereira, José Estévez Villar, José Rodríguez Estévez, Ramón Pastoriza Gestido e Manuel Gutiérrez López, e membro honorífico adoptivo (por non ser nado en Bueu) ao daquela alcalde José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. Ademais, tamén se fará unha mención especial ao tesoureiro municipal, Ricardo Gómez Buceta, debido ao desagravio público e persoal ao que foi sometido con atentados e mentiras sobre o exercicio do seu cargo, polo que foi acusado de roubo co mero propósito de colocar a unha persoa afín ao réxime no seu posto. En decembro de 1936 houbo 2 consellos de guerra en Bueu: condenaron a morte a 26 veciños A homenaxe do 5 de setembro faise en cumprimento do aprobado en pleno en agosto de 2012, atendendo unha petición da Asociación de amigos Johan Carballeira. Ao acto asistirán familiares dos homenaxeados. En decembro de 1936 houbo 2 consellos de guerra en Bueu, que impuxeron penas de morte a 26 veciñ@s, entre eles o alcalde e varios concelleiros. Ademais, foron paseados 5 veciños (entre eles, 2 edís) cando tentaban fuxir dos calabozos. E o tenente-alcalde de Bueu e o tesoureiro foron paseados cando estaban baixo custodia dos fascistas após a súa detención. |
NOS_54312 | A militante independentista anunciara publicamente hai unha semana que "non ía chamar á porta de ningunha prisión" durante un acto de apoio no que participou por videoconferencia entre un grande operativo policial. | A Garda Civil detivo esta noite en Ponferrada (O Bierzo) á independentista María Osório López, sobre quen pesa unha orde de ingreso en prisión ao ser condenada a 7 anos, 9 meses e 1 día de prisión por "pertenza a organización terrorista" (Resistencia Galega) e falsificación de documento público, informou o Ministerio de Interior. A organización de apoio a pres@s galeg@s Ceivar di non saber nada do seu paradoiro actual e convocou concentracións de repulsa á detención para esta segunda-feira, ás 20:30 horas en todas as cidades e algunhas vilas. O pasado sábado, nun acto realizado na Gentalha do Pichel en Santiago, María Osório participou nunha videoconferencia pública na que expresou a súa intención de non presentarse de xeito voluntario para cumprir a condena e "loitar pola súa liberdade desde a clandestinidade". "Non chamarei á porta de ningunha prisión para que me deteñan por loitar para vivir en dignidade", avisou. O acto estivo acompañado dun inmenso despregamento policial, que identificou a vari@s independentistas pero non puido conseguir o seu obxectivo de deter á fugada. Osório permanecía en busca pola Policía desde o pasado 12 de maio por orde xudicial despois de que a sentenza da Audiencia Nacional fose feita firme polo Tribunal Supremo. |
NOS_14022 | Nos municipios vascos de Zaldibar, Ermua, Elgeta e Eibar só EH-Bildu suma máis papeletas que nas eleccións de 2016, mentres que o resto de forzas políticas perden sufraxios. | O PNV perdeu arredor dun milleiro de votos nas eleccións vascas deste domingo en Zaldibar, Ermua, Elgeta e Eibar, os catro municipios afectados polo derrubo do vertedoiro de Zaldibar, que desde o pasado 6 de febreiro mantén a dous operarios sepultados baixo os escombros. O accidente estivo moi presente na campaña electoral vasca e todos os partidos criticaron a xestión da crise do Goberno de coalición de PNV e PSE. En Zaldibar, cun censo de 2.303 habitantes con dereito a voto e unha abstención de 45,3%, o PNV atinxiu 436 votos, 27 menos que nos anteriores comicios e o PSE sumou PSE, 28 menos. Paralelamente, EH-Bildou gañou 32 sufraxios máis, sumando un total de 465, mentres que Elkarrelin Podemos-IU perdeu un centenar de votos, conseguindo 97. A coalición do PP e Ciudadanos perdeu aínda máis votos que as forzas no Goberno, con 90 menos e apañando 39. En Eibar, cun censo de 21.033 habitantes e unha abstención de 45,69%, os jetzales perderon 461 votos respecto aos anteriores comicios, sumando 3.762. Pola súa banda, EH-Bildu, logrou 459 sufraxios máis, até 3.357 votos, mentres que Elkarrekin Podemos-IU a metade das papeletas logradas hai catro anos, mentres que os socialistas viron descender os seus votos a 2.432 tras perder 352 sufraxios. PP e Ciudadanos obtiveron 479 papeletas, perdendo 618. En Ermua, con 12.624 habitantes con dereito a voto e unha abstención de 49,39%, o PNV perdeu 462 votos con respecto aos conseguidos en 2016 e fican con 1.562 papeletas. EH-Bildu sumou 381 sufraxios máis, alcanzando os 1.333, mentres que Elkarrekin Podemos-IU perdeu 549 papeletas e queda con 759. Os socialistas restaron 69 sufraxios e fican con 1.672 e PP e CIudadanos obtiveron 582 papeletas menos, sumando 632. En Elgeta, con 658 veciños e veciñas e unha abstención de 31,93% o PNV perdeu 27 votos en relación a 2016 e suma 200 papeletas, mentres que EH Bildu sumou 23 e alcanza os 309 sufraxios. Elkarrekin Podemos perdeu 25 votos e suma 33, ao tempo que o PSE consegue 8 votos, 13 menos que hai catro anos, e PP e Ciudadanos perden 5, quedando en 8 sufraxios. |
NOS_4548 | Cifra en 18 millóns o aforro polas bonificacións na AP-9. | A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, asegurou que o Goberno español fará "todo o posíbel" para que os trens Avril cheguen no verán a Galiza e tamén vexa mellorados os tempos do AVE, xa que a conexión de Ourense co resto de urbes reducirase en 20 minutos; aínda que se mostrou cauta e advertiu que, aínda que existe "o compromiso" de Talgo, dependerá das probas de seguridade. Así o trasladou na rolda de prensa posterior á reunión que mantivo en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo. Na súa quenda, o mandatario galego defendeu que ter estes trens circulando "en xuño" sería o óptimo e subliñou que "non é o mesmo" que cheguen nese mes, previo á maior afluencia turística dos meses estivais, que "en setembro". Pola súa parte, a preguntas dos medios, a ministra confirmou que o verán é "o horizonte desexábel" para que poidan circular por Galiza os trens Avril e que, dado que existe o "compromiso" de Talgo, están a realizarse "todos os esforzos" para que se materialice. Aínda así, advertiu que as probas de homologación e seguridade "requiren os seus tempos". "Partindo desa premisa e con esa base, faremos todo o posíbel para que poidan circular no verán. Hai que ser cautelosos, pero sería o desexable", sentenciou Sánchez. Ap-9 A ministra de Transportes, cifrou en 18 millóns de euros o "aforro" dos usuarios e usuarias da AP-9 na Galiza entre 29 de xullo e 31 de decembro, debido ás bonificacións nas peaxes aprobadas no seu día polo Goberno español. Sánchez lembrou que se articularon 2.300 millóns de euros ata 2048 en bonificacións da AP-9, incluída a gratuidade entre Vigo e Redondela, polo que se poden cualificar, dixo, como "históricas". A preguntas dos xornalistas sobre o expediente aberto en Europa e a carta a España pola prórroga da concesión da AP-9 até 2048, confirmou que "se procedeu a contestar á mesma", mais evitou concretar o contido porque se trata, esgrimiu, de "información reservada". "Haberá que ver como finaliza este expediente", resolveu. Financiar autovías En relación ao novo modelo para o financiamento de estradas no que traballa o Goberno, Sánchez dixo que tentará que o sistema saia adiante cos "máximos consensos". A ministra ratificou que a proposta do Goberno español "someterase a consideración de todos os territorios implicados". |
PRAZA_6696 | No marco do IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado presentouse o informe Por unha RISGA efectiva, realizado a partir de entrevistas con 74 profesionais e beneficiarios e que busca mellorar a aplicación desta renda en Galicia | 667.657 galegos e galegas (un 24,3% da poboación) atópanse en risco de pobreza o exclusión social, segundo os datos do INE. A Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) supón un apoio imprescindible para moitas delas. Porén, as limitacións orzamentarias (a pesar do recente incremento da dotación) e os atrasos e dificultades na súa concesión limitan a súa efectividade. De feito, en 2013 foron denegadas un 41,27% das solicitudes e entre aquelas que si foron aceptadas houbo importantes atrasos na tramitación dos expedientes: 2,7 meses de media na administración local e 5,8 meses na administración autonómica. En 2013 foron denegadas un 41,27% das solicitudes e entre aquelas que si foron aceptadas houbo importantes atrasos na tramitación dos expedientes: 5,8 meses na administración autonómica No marco do IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, celebrado o pasado xoves e venres en Compostela, presentouse o informe Por unha RISGA efectiva, realizado a partir de entrevistas con 74 profesionais e beneficiarios e que busca axudar a mellorar a aplicación desta renda en Galicia. O informe parte dunha análise crítica da situación actual e cun enfoque construtivo, político e técnico, ofrece suxestións de mellora do funcionamento da RISGA. En Galicia 11.753 persoas son beneficiarias da RISGA, segundo datos de 2013 En Galicia 11.753 persoas son beneficiarias da RISGA, segundo datos de 2013, unha cifra que máis que duplica o número de perceptoras de 2011 (5.793). Esta cifra representaba en 2012 (último ano con datos oficiais do Ministerio) unha taxa de 3,1 beneficiarias por cada mil habitantes, por debaixo da media española (4,6) e moi lonxa das rexistradas noutras comunidades do norte: Euskadi (31,9), Navarra (12,3), Asturias (8,8) ou Cantabria (7,5). Hai dez meses aprobouse a nova Lei de Inclusión, valorada en xeral de forma moi positiva polas entidadas que traballan na loita contra a pobreza e a exclusión social, como destacaba hai uns días Xosé Cuns (EAPN-Galicia) en entrevista con Praza: "valoramos moi positivamente a Lei de Inclusión entre outras cousas porque recoñece -a diferenza do que sucede noutras comunidades autónomas- que nestas situacións de exclusión non só teñen que intervir os servizos sociais, senón que isto é un continuo: os servizos sociais atenden a súa situación persoal e familiar, pero despois ten que haber unha relación moi estreita cos servizos de emprego e cos servizos de formación para o emprego". Dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza tamén se destaca o notable incremento orzamentario para o pagamento da Risga, que pasou de 23,8 millóns de euros en 2012 até os 39,7 millóns na actualidade. Dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza tamén se destaca o notable incremento orzamentario para o pagamento da Risga, que pasou de 23,8 millóns de euros en 2012 até os 39,7 millóns na actualidade Porén, a Lei de Inclusión aínda non foi acompañada do necesario regulamento que a debe desenvolver e facer efectiva a súa aplicación, e que debería ter sido aprobado antes do verán, nos seis primeiros meses de vixencia da lei. "Hai moitas dúbidas e é un clamor a necesidade de formación e de información que teñen os servizos sociais comunitarios e as nosas organizacións, as persoas que directamente traballan sobre esta realidade", salientaba Cuns. A Lei de Inclusión aínda non foi acompañada do necesario regulamento que a debe desenvolver e facer efectiva a súa aplicación, e que debería ter sido aprobado antes do verán Estes son algúns dos aspectos nos que máis incide o informe Por unha RISGA efectiva. O texto lembra que "un número elevado de solicitantes non poden acceder por non cumprir os requisitos ou por dificultades orzamentarias" (en 2013 foron denegadas un 41,27% das solicitudes) e incide en que "se deixa fóra a novos perfís de solicitantes derivados da crise económica actual: parados de longa duración e afectados pola precaridade laboral". Ademais, outros colectivos tamén sofren esta exclusión, sobre todo migrantes en situación irregular ou regular, persoas sen fogar e residentes en vivendas temporais. O informe conclúe que estas denegacións provocan "incerteza e desánimo" na poboación e que "moitos beneficiarios potenciais non a solicitan porque non saben que teñen dereito ou porque presupoñen que non lla van conceder". O documento fai fincapé nos constantes atrasos nas concesións (case seis meses de media, e numerosos casos de ata oito meses), e destaca que houbo moi escasas resolucións de solicitudes presentadas no 2014. Tamén denuncia que en moitas ocasións, cando se excede o prazo legal para resolver as peticións, a concesión resólvese negativamente por silencio administrativo. "Déixase fóra a novos perfís de solicitantes derivados da crise económica actual: parados de longa duración e afectados pola precaridade laboral" O texto lembra tamén a "importante escaseza orzamentaria" en comparación con outras comunidades autónomas, que provoca unha "escasa" contía da prestación que non garante "un nivel de vida digno", aínda que recoñece o incremento das partidas dedicadas a este tipo de axudas nos dous últimos anos. Critica tamén a "imposibilidade de aboar atrasos" e lembra o efecto negativo provocado polos recortes de persoal en servizos sociais comunitarios, que fai que creza o xa importante peso das entidades do terceiro sector na asistencia destes colectivos. O informe denuncia o "sobresforzo e frustración dos profesionais dos servizos sociais comunitarios e ONG implicadas" provocados en boa medida pola elevada carga burocrática xerada pola diversidade e complexidade de instrumentos. Neste senso critica que en moitas ocasións realízase "traballo para os papeis, non para as persoas". Ademais, afirma que "o gran volume de solicitudes denegadas supón unha gran cantidade de traballo inútil que impide seguimentos eficaces e un proceso de inclusión real". Entre as 74 persoas entrevistadas, un 58% considera que a documentación manexada é "excesiva" e que o proceso de tramitación é "pouco fluído". O informe denuncia o "sobresforzo e frustración dos profesionais dos servizos sociais comunitarios e ONG implicadas" provocados en boa medida pola elevada carga burocrática Critícase tamén a "mellorable" comunicación entre as distintas administracións e departamentos, sinalando que semella existir unha "aparente desconfianza entre os distintos niveis da Administración e cos demais organismos e entidades participantes". Así mesmo, afirma que os e as profesionais non están aínda instruídas nin formadas sobre os cambios que introduce a nova Lei de Inclusión. Finalmente, o informe realiza unha serie de recomendacións ou suxestión de mellora destes procesos, que deberían comezar polo incremento do persoal existente nos concellos e entidades asociadas, co obxectivo de cumprir as ratios previstas e "posibilitar un seguemento efectivo dos casos". Así mesmo, pide máis persoal específico encargado dos itinerarios de inserción. E, buscando reducir a complexidade burocrática, propón realizar máis comprobacións de información por vía telemática, unha "maior complementariedade entre o informe social, máis adaptado, e a documentación requirida", así coma unha simplificación do Informe Social (ISI) para a área de Inclusión. |
NOS_34704 | Valdeorras no oriente ourensán é o centro xeográfico da bacía media do Sil, que abarca O Bierzo e A Cabreira, en León, as terras de Trives e Viana, en Ourense, así como a luguesa terra de Quiroga. Neste amplo espazo engarzado por todo tipo de relacións sociais, regado por profundos ríos e rodeado de grandes e altas serras, desenvolverase unha importante resistencia armada á implantación da ditadura. | Cando un dos primeiros fuxidos ou "escapados" e último guerrilleiro en Valdeorras Mario Rodríguez Losada 'O Pinche' logra chegar a Francia en agosto de 1968, levaba 19 anos desvinculado da guerrilla e entoupado na aldea de Seadur (Larouco). Pasaran máis de tres décadas do golpe de Estado militar que implantou o franquismo. Pero a actividade guerrilleira nas comarcas da raia ourensá-leonesa acabara antes, en 1952, tras a morte de Manuel Girón e o exilio dos seus compañeiros superviventes. Tres quinquenios de efectiva loita armada dominados pola solidariedade, a supervivencia, a represión, o desexo de liberdade e a volta das conquistas sociais da II República. Na "guerrilla do chan", o traballo das mulleres que máis mobilidade tiñan, como as leiteiras e pastoras, foi fundamental A toma de Valdeorras o 21 de xullo de 1936 por forzas combinadas da Garda Civil e falanxistas desata unha onda de represión sobre os homes da Fronte Popular. Desde os primeiros días as denuncias provocan multitude de detencións arbitrarias na Casa do Riocigüeño do Barco, o centro do terror comarcal. Tras a execución do ebanista italiano, veciño do Barco, Rafael Mostellori, os "paseos" converten as cunetas da vella N-120 (actual N-536), en especial os arredores da Ponte Bibei, da Médua de Sobradelo, e de Candís, nos lugares preferidos polos verdugos fascistas. A represión Un total de 42 valdeorreses foron "paseados" ou executados sobre o terreo nos tres anos que durou a guerra. O 80% eran labregos aínda que algúns riparon a morte ao estar na sega en Castela, caso de Santiago Álvarez, posteriormente fundador e líder do PCG. Cóntanse entre os asasinados Segundo García Núñez, avogado e líder do Partido Galeguista; Manuel Martínez Álvarez e Manuel Martínez Martínez, pai e fillo, secretario do concello de Rubiá e presidente local de Esquerda Republicana; Augusto Sierra, socialista e alcalde de Vilamartín; Clemente Fernández, comunista e secretario do concello da Veiga; Hilario Vázquez, concelleiro de Carballeda. Tras consellos de guerras son fusilados no mesmo período 22 veciños da comarca, como o alcalde do Barco. Abdón Blanco García, presidente local de Esquerda Republicana, que se negara a fuxir. As represalias levan a centos de veciños a marchar ao monte. A maioría permanecerán nos arredores das súas casas agardando a finalización da guerra e dependen do apoio de familiares, amigos e correlixionarios para sobrevivir. Os máis comprometidos optan por internarse en Portugal ou marchar ao territorio asturiano que permanecía leal ao Goberno republicano. Viaxe polas serras que reportaba o risco de morte e detencións. Tiñan que sortear as batidas de falanxistas e o cordón militar que pechaba Asturias. Desde 1945 a guerrilla padece a actuación sobre o terreo das contrapartidas que concentran a represión sobre a rede de "enlaces" Tras a caída de Asturias en novembro de 1937, algúns valdeorreses retornan e con eles veñen bercianos, cadros políticos do exército republicano que terán un papel determinante na agrupación dos dispersos fuxidos que nos montes de Casaio xiraban arredor de Manuel Álvarez 'Bailarín' e Manuel Girón. Son Manuel Blanco Pascual, comunista e tenente-alcalde do Barco de Valdeorras, capturado e fusilado en Sigüeya (A Cabreira) en xullo de 1940; Manuel Fernández Villanueva 'Gafas', os irmáns César e Arcadio Riós, o comunista Guillermo Morán e Marcelino de la Parra, cenetista. Nomeados os "asturianos", logran transformar os grupos de fuxidos que, ante o acoso ás familias que os axudaban, sobrevivían asaltando reitorais, tratantes de gando e casas fartas de falanxistas. Acabada e perdida a guerra era o momento de crear un organismo político-militar que traspasase os límites da supervivencia. A Federación de Guerrillas No mes de abril de 1942 na aldea berciana de Ferradillo/Ferradelo, estremeira de Valdeorras, fúndase oficialmente a Federación de Guerrillas León-Galicia. Organización armada unitaria integrada polas forzas política-sociais que apoiaran a Fronte Popular, e que servirá de exemplo para a posterior creación doutras agrupacións no resto do Estado. Son tres valdeorreses entre os 24 guerrilleiros que discuten e aproban os estatutos, elixen un Estado Maior e un comité de disciplina. Marcan o obxectivo político de sentar as condicións para a intervención dos aliados na Península Ibérica que acabase co franquismo. Ao tempo impulsan un servizo de información de apoio a actividade armada, a "guerrilla do chan", integrada por colaboradores encubertos, onde o traballo das mulleres se volverá fundamental, xa que como pastoras ou leiteiras dispuñan de maior mobilidade. "Enlaces" que padeceron consellos de guerra, cadeas e execucións, sendo a crueldade maior cando os apresados eran mulleres. En xullo de 1946 a Garda Civil detén a Carme Jerez Rodríguez, veciña da aldea de Fervenza (O Barco) e compañeira do guerrilleiro Abelardo Macias 'Lebre'. Tras pasar polos cuarteis da Rúa e de Ponferrada onde a someten a todo tipo de torturas e violacións coa intención de que delatase o acubillo do 'Lebre' o seu cadáver aparece, en maio de 1947, xunto á tapia do cemiterio de Montearenas (Ponferrada) embarazada de varios meses. Entre 1939 e 1952 a violencia armada deixou 151 mortos en Valdeorras: 65 guerrilleiros e enlaces, 51 veciños asasinados ben polas forzas represivas ben polo maquis, 27 gardas civís, cinco policías armados e tres lexionarios Tamén deciden reforzar a agrupación dos chozos nos montes de Casaio, a "Cidade da Selva", como base loxística e de formación, o que lles permitía controlar a produción de volframio na mina de Valborrás, da empresa nazi Montes de Galicia SA, que utilizaba e explotaba penados republicanos. Información que pasaban ao axente da intelixencia británica Alexander Easton, residente nunha granxa de Carracedo (O Bierzo), a cambio de axuda. O 'Inglés' facilitáballes soporte sanitario (descanso, medicamentos, penicilina), e o papel e a multicopista coa que editaron o periódico El Guerrillero. Exército Guerrilleiro de Galicia En 1947 disólvese oficialmente a Federación de Guerrillas de León-Galicia que se atopaba en proceso de esfarelamento desde 1945 cando o PSOE decide abandonar a loita armada ao renunciar os Aliados a intervir en España. Mais o Partido Comunista viña traballando cos seus militantes nunha nova organización: o Exército Guerrilleiro de Galicia, que integra amais a cenetistas e socialistas que deciden continuar no monte. Os homes e mulleres de Valdeorras e O Bierzo formarán a II Agrupación. Acolle amais a vellos enlaces en perigo como Odilo Fernández "Blas", de Correxais (Vilamartín), e Roberto López 'Paxariño', da Rúa, que aguantarán no monte até 1952, ano no que se exilian xunto coas súas compañeiras Gloria Blanco Diéguez e Gloria Blanco Blanco, nai e filla, de Freixido (Petín). O ano de 1946 marca o punto álxido dos enfrontamentos en Valdeorras. O 15 de abril unha partida do maquis mata tres policías armados en Arcos (Vilamartín), e o día 16 a dous gardas civís en Santigoso (O Barco). As forzas represivas responden organizando un grande operativo. O día 20 máis de cen números en varios vehículos ocupan Baxeles (Vilamartín) e marchan cara aos montes de San Vicente (Vilamartín). Na persecución dos maquis un dos camións precipítase polo cavorco do río Leira morrendo 16 gardas civís e dous policías armados. A derrota final da guerrilla comeza a albiscarse a partir de 1948. Desde 1945 padece a actuación sobre o terreo das contrapartidas que concentran a represión sobre a rede de "enlaces". Os maquis que permanecen activos comezan a preparar a súa fuxida. Os que non conseguen exiliarse van caer pouco a pouco até desaparecer definitivamente a partir de 1952. Balance Entre 1939 e 1952 a violencia armada deixou 151 mortos en Valdeorras: 65 guerrilleiros e enlaces, 51 veciños asasinados ben polas forzas represivas ben polo maquis, 27 gardas civís, cinco policías armados e tres lexionarios. A guerrilla en Valdeorras, que contou cun amplo apoio popular, foi a última manifestación da rebeldía comarcal que sufrira a súa gran derrota en xullo de 1936. A acumulación ideolóxica e organizativa que se produce durante o sexenio republicano: creación de sindicatos de xornaleiros nas aldeas; folgas agrarias e obreiras; mobilizacións de solidariedade con Asturias en outubro de 1934; artellamento e impulso dos partidos de clase; triunfo das candidaturas da Fronte Popular en concellos do oriente ourensán; non se podía eliminar totalmente durante os tres anos da guerra (1936-39). Foi necesario para completalo un período de máis de 13 anos. A derrota foi posíbel por un conxunto de factores. En primeiro lugar, a extraordinaria dureza e persistencia da represión que empregou todo tipo de mecanismos. Valeuse da totalidade do aparato do Estado: leis terroristas e tribunais especiais; impulso da Garda Civil coa montaxe da comandancia móbil de Ponferrada e as contrapartidas; creación da Policía Armada; despregue de unidades do exército; utilización das redes da Falanxe: militantes militarizados, servizo de información, somatens… Amais contou, non hai que esquecelo, co apoio da parte da poboación que se reclamaba vencedora da guerra civil e que dispuxo do grande aliado ideolóxico: a Igrexa. Mais o factor determinante foi o desentendemento polas democracias occidentais da situación política da Península Ibérica tras iniciarse o período da "guerra fría". Valdeorras baixo o terror da Lexión Tras a vitoria na Guerra Civil a ditadura centra todos os esforzos en acabar dunha vez coa a oposición armada. Desprega nas zonas non "pacificadas" os Terzos da Lexión. Valdeorras acollerá a III Bandeira do I Terzo desde o verán de 1939, que monta o cuartel na escola de Viloira (O Barco), emprestada polo matrimonio de Marcelino Suárez-Elena Quiroga, propietarios da Casa Grande, e hospedan os oficiais no seu pazo. A Lexión vai practicar a táctica da terra queimada. Duras e puntuais intervencións, como no Rif marroquí, que consisten en violentar, aterrorizar, e paralizar a poboación para cortar toda axuda "aos do monte". O día 18 de outubro de 1939, ao mando do tenente Sergio Peñamaría de Llano (alcalde da Coruña 1959-63), desprázase un pelotón de lexionarios a Soulecín (O Barco), tras unha confidencia do cura Xosé García, para deter os irmáns Roxelio e Sebastián Rodríguez López, mozos da aldea fuxidos dende 1936 e 1938. Na casa deteñen aos pais dos dous mozos: Domingo e Amalia, de 54 e 55 anos. Ao non delatar os fillos, tras torturalos, executáronnos e obrigaron os veciños a enterralos nunha gabia nun camiño. O día 18 de outubro de 1939, ao mando do tenente Sergio Peñamaría, desprázase un pelotón de lexionarios a Soulecín e remataron asasinando Domingo e Amalia por negarse a delatar os fillos Quedaban orfos, á parte dos dous escapados, cinco fillos máis. Todos, agás o maior Francisco, acabaron integrándose na guerrilla. E todos acabaron pagando en distinto grao un alto prezo. A Roxelio, detido en Portugal cando intentaba embarcar para América, fusilarano en Ourense en outubro de 1941. Sebastián morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Borruga (Manzaneda), en outubro de 1942. Alfonso finou en febreiro de 1949, no combate de Ocero (O Bierzo). A Domingo, o máis novo, matouno a Garda Civil nas aforas de Soulecín en decembro de 1946. As dúas irmás, Antonia e Consuelo 'Chelo', despois de ser encarceradas, integráronse desde 1946 na guerrilla. Antonia en outubro de 1948 exiliouse en Francia tras fuxir con 27 compañeiros nun barco desde o porto de Luanco (Asturias) e faleceu en setembro de 2012. Chelo tamén se estabelece en París en 1949, tras unha fuga que a levaría a Madrid e a Catalunya. Finou en xuño de 2019 na illa de Ré en Aquitania. Ao día seguinte da masacre de Soulecín outra columna da Lexión chega a Oval (Rubiá), aldea estremeira do concello do Barco. Igualmente ían coa idea de dar caza ao fuxido Xerardo Núñez Rodríguez, mozo da familia dos 'Perdigueiros'. Ao ser descuberto, na casa da súa moza Remedios Fernández, escapou ferindo un dos perseguidores. En represalia os lexionarios aforcaron nas aforas da aldea a Remedios e a súa nai Concepción Fernández. A outra irmá e filla, Felicitas, fuxiu ao monte. Na súa procura volveu a Lexión ao lugar o día 23. Pero desta vez detiveron a tres irmáns de Xerardo Núñez: Ramón, Francisco e Xosé, aos que tamén aforcaron na entrada da aldea. Xerardo foi detido pola Garda Republicana portuguesa xunto a Roxelio Rodríguez López, dos irmáns de Soulecín, e Constantiño Santos Morán, de Bembibre (León). Os tres foron fusilados en Ourense en outubro de 1941. Felicitas tras pasar semanas acubillada contactou cos "do monte" e uniuse sentimentalmente a Xesús Quiroga Arias 'Chucho', o último fuxido morto en Valdeorras (agosto de 1952). |
NOS_26538 | María Jesús Rodríguez, membro do Teleclube de Lugo, participa na primeira edición de 'Convivio. A ponte perfecta', que organiza hoxe a asociación Arteficial en Ribadavia. Haberá dous faladoiros e un concerto que procurarán tecer rede entre axentes culturais e diferentes colectivos da Galiza e Portugal. O evento xira ao redor da idea da descentralizar a actividade cultural, que adoita centrarse nas cidades do eixo atlántico. | Como nace o Teleclube de Lugo? Xurdimos en 2018 polas inquedanzas de catro persoas cunha amizade previa. Naceu da idea de que había máis vida cultural alén de Vigo, Compostela e A Coruña. Por que temos que coller un tren ou un coche para ir aos concertos ou exposicións que nos gustan? En Lugo contamos cunha serie de programadores de salas que estaban facendo cousas interesantes e sumámonos a ese carro. Decidimos programar pola nosa parte facendo eventos algo distintos. A nosa marca de identidade, inicialmente, é que queremos seguir mantendo e apostar por espazos diferentes. Lugares que non están pensados para, por exemplo, facer concertos e que nós empregamos para ese fin. Ribadavia acolle o 'VI Festival Arteficial' Como será esta experiencia de convivio entre a cultura galega e portuguesa? O propio nome do evento introduce a idea de que será a ponte perfecta, como unha maneira de tender pontes entre Portugal e a Galiza. Falarase de distintas actividades e programacións culturais que teñen lugar ás dúas beiras da raia. Partillaremos as diferentes formas que temos de crear acontecementos artísticos e culturais á marxe da grande industria. Desde Arteficial sempre contaron coas experiencias lusas e a nosa relación con esta entidade de Ribadavia sempre foi moi boa. Para esta edición convidáronos a estar nun dos dous faladoiros e tamén a programar o concerto do artista Garza. A colaboración continuará en Lugo onde Arteficial organizará un concerto o 7 de maio no local Ho Gruf. O MIT de Ribadavia afronta a súa última fin de semana No debate en Ribadavia tratarán a descentralización da programación cultural. De que maneira podería levarse a cabo? Eu creo que apostando pola xente que está traballando e que ten ideas. Sempre participei en concertos e festivais. Pódoche dicir que desde a Costa da Morte até o Val Miñor e tamén no interior do país hai moita actividade en localidades pequenas. Con máis ou menos tradición, de menor ou maior formato. Considero que hai que apostar pola xente que os organiza, que ten ideas. Creo que para as institucións e as Administracións públicas sería máis doado axudar ás persoas que programas, aínda que sexa cedendo espazos ou facilitando determinadas instalacións, recursos humanos e difusión. Non fan falta grandes investimentos económicos. Se queren apostar poden. Trátase de falar coas persoas que xa se moven na actualidade. Un detalle importante é contar sempre coa veciñanza. Non se pode programar de costas ás persoas que viven nunha aldea, vila ou comarca. Hai que saber as necesidades que teñen para coincidir coas demandas da xente. Que vantaxes traería incidir máis na colaboración cultural con Portugal? Coa lingua e culturas tan semellantes, mesmo idénticas en certos aspectos, temos máis da metade do camiño andado. É moi sinxelo facer colaboracións con Portugal, sobre todo coa parte norte. Certo é que hai esa maior presenza do eixo Vigo-Porto por ter unhas mellores comunicacións. Mais temos esa magnífica raia e todo o que significa a nivel histórico, político, cultural e social. Zonas como a Baixa Limia tiveron unha comunicación directa con Portugal de sempre. Hai que fixarse nesa outra parte da Galiza que comunica directamente con Portugal. Vantaxes véxolle todas. É un enriquecemento para ambas as comunidades. Por outro lado, sempre houbo moitas facilidades no sector cultural. Nós en Lugo, por exemplo, malia estar afastados de Portugal temos programado desde hai tempo grupos e artistas lusos. A comunicación é moi doada e son profesionais moi serios, que o facilitan todo. Canto máis estreitemos estes lazos e apostemos pola colaboración mutua, mellor será. |
PRAZA_12953 | O valor engadido do ecolóxico e a persecución dunhas condicións dignas para os produtores locais tamén no Norte centran as celebracións do Día Mundial, esta fin de semana. | No Día Mundial do Comercio Xusto a decena de ONG e fundacións que distribúen en Galicia produtos baixo o selo Fair Trade reflexionan sobre a evolución no último ano. Sorprendentemente, a pesar da crise, os datos non son tan negativos como cabería esperar. "En produtos de artesanía si que se notou un descenso nas vendas, pero en alimentación non", explica Gonzalo, portavoz de Panxea, organización que vende en Santiago. "É verdade que a pesar de que este ano as empresas non fixeron tantos pedidos de cestas do Nadal, as administracións e o sector privado mantiveron o seu compromiso co Comercio Xusto encargando máis catering ou apostando por máquinas de vending con produtos xustos", explica María Paz, directora de Solidariedade Internacional, con tres tendas en Galicia. "A moitos dos nosos clientes móveos a solidariedade, pero sobre todo hai moitos comprometidos coa idea de que o Comercio Xusto é un paso para cambiar o actual sistema económico" Unhas condicións laborais dignas, a igualdade de trato, a ausencia de traballo infantil, o respecto ao Medio Ambiente e ás culturas indíxenas son as bases dun comercio que pretende mellorar a xustiza social desterrando o actual sistema de imposición Norte-Sur. Uns principios que levan, á súa vez, a falar de soberanía alimentaria, o final da especulación, os intermediarios abusivos e a sustentabilidade. "Isto fai -comenta Gonzalo- que moitos dos nosos clientes os mova a solidariedade, pero sobre todo hai moitos comprometidos coa idea de que o Comercio Xusto é un paso para cambiar o actual sistema económico". Unha conciencia que se alcanza ata en situacións moi malas, como a de Grecia, que a pesar dos rescates e os recortes viu como crecían as vendas de produtos de Comercio Xusto ata case triplicarse. "Café con leite" Como noutros países de Europa, o auxe por este tipo de comercio tivo uns anos de crecemento moi marcado, en parte, pola súa tardía chegada a Galicia. A Cova da Terra foi a primeira organización en abrir unha tenda estable en 1995 en Lugo. Isto fixo que o aumento da demanda fóra dun 400% nos seguintes anos. Unha década e media despois, o ritmo de crecemento é menor pero sostido. "As diferenzas de vendas entre os anos 2010, 2011 ou o que levamos de 2012 son moi pequenas. A xente segue apoiando o Comercio Xusto pero o fai comprando menos cousas", comenta a directora de Amarante, Fernanda Couñago. "Aínda que tivemos que pechar dúas tendas, a de Vigo e a de Ourense, estamos buscando formulas que nos permitan sobrevivir a estes tempos", indica Maica López del Prado, quen cede parte do seu local de artesanía en Ribadeo aos produtos Fair Trade de Amarante a demais de ser parte da asociación. Unha das formulacións novas en Galicia é a necesidade de atender ás condicións dos produtores do Norte e non só aos do Sur Unha das formulacións novas en Galicia é a necesidade de atender ás condicións dos produtores do Norte e non só aos do Sur. "Trátase de ter un concepto máis amplo de Comercio Xusto e ser máis ecolóxicos", explica Fernanda, en clara referencia ao impacto medioambiental que leva transportar os produtos ao longo de miles de quilómetros. Por iso, moitas das actividades de Amarante fanse en conxunto co Sindicato Labrego, porque esixen un Mercado Transparente e unha Banca Ética tanto aquí como alí. "Nós -expón o representante de Panxea- usamos o exemplo do café con leite. Importamos produtos que só se poden conseguir fora e beneficiamos a comunidades que, pese ao Comercio Xusto, non deben depender só de nós. E os que se producen aquí conseguímolos de cooperativas de pequenos produtores, con selos ecolóxicos e con prezos pactados e xustos". Grandes superficies, si ou non? Dentro do debate de como aumentar máis este tipo de comercio está un que divide ás ONGD: Débese vender en grandes superficies? Intermon Oxfam é unha das organizacións que defende esta medida, pero non de calquera forma. "Temos tres avaliacións para o supermercado que queira vender os nosos produtos. Facemos unha análise do comportamentos da empresa en Responsabilidade Social Corporativa, supervisamos calquera campaña que fagan en nome dos nosos produtos e esiximos que teñan o mesmo prezo que nas tendas de Comercio Xusto", asegura o encargado de mercados de IO, Juanjo Martínez. É o caso de Eroski, con quen empezaron a traballar primeiro, ou Gadisa, que distribuía ata hai pouco estes produtos. "O obxectivo de todo isto -prosegue Juanjo Martínez- é axudar ao máximo de produtores e só se consegue vendendo máis". Aínda que o grao de visibilidade se mutiplica nos supermercados, non é unha práctica válida para outras ONGD, como Solidariedade internacional. "As grandes superficies son contra o que loitamos" Aínda que o grao de visibilidade se mutiplica nos supermercados, non é unha práctica válida para outras ONGD, como Solidariedade internacional. "As grandes superficies son contra o que loitamos: non respectan dereitos laborais, copan sectores, non respectan regras ecolóxicas, nin de marxes de beneficio ou ás tendas pequenas. En definitiva, son o modelo de consumismo que rexeitamos", argumenta a directora de SI, que xunto con Taller de Solidariedade, Labañou Solidaria, Panxea, A Cova dá Terra, Axuda en Acción, Intermon Oxfam ou Amigos da Terra forman a Comisión de Comercio Xusto dentro da Coordinadora Galega de ONGDs. |
NOS_48353 | O Pontevedra elude agónicamente caer á Terceira na mesma xornada en que o Deportivo Abanca queda moi tocado na loita pola salvación | Un dos grandes favoritos para o ascenso a Segunda División chegou á derradeira xornada de campionato sabendo que unha derrota significaría o descenso a Terceira, que equivale á quinta categoría do fútbol español. Afortunadamente, o Pontevedra foi quen de superar cunha goleada (3-0) o seu compromiso ante o Real Oviedo B, asegurándose así unha praza na Segunda RFEF. O adestrador granate, Luisito, avisou na previa: "Son 90 minutos nos que hai que morrer". E abofé que foi así, porque unha vez finalizado o tempo regulamentario coa vitoria dos seus xogadores, o técnico teense prorrompeu en bágoas, atopando acougo nos brazos da súa familia, que se atopaba presenciando o transcendental partido xunto con outras 3.000 almas nun estadio de Pasarón que foi un constante clamor de ánimo e apoio aos seus xogadores. Polo menos, até que o colexiado López Jiménez determinou o final do encontro, momento no que moitas das alí presentes manifestaron a súa molestia co devir da tempada do Pontevedra. Na rolda de prensa posterior ao partido, un aliviado Luisito revelou que tiña ben claro que "se chegamos a descender, non adestro máis", engadindo que o formato de competición nesta tempada, ao que definiu como "unha estafa", prexudicounos "moito". Pola súa banda, a presidenta do club e deputada do Partido Popular no Parlamento Galego, Lupe Murillo pedía "desculpas" a afección, e afirmaba que xa está a traballar en "buscar melloras" de cara á vindeira tempada na Segunda RFEF. Alí coincidirán cun Coruxo que afrontou a derradeira xornada coa tranquilidade de saberse matematicamente salvado, o que non foi óbice para que conseguise un traballado triunfo ante o Covadonga (3-2). Os vigueses remontaron un resultado adverso de 0 a 2 que lucía no marcador xa no minuto 11 de partido, confirmando así a súa posición de campións do grupo 1-E da última Segunda B da historia. Luis Enrique deixa Iago Aspas fóra da Eurocopa O Celta, xa salvado e sen opcións de alcanzar os postos europeos, despediu a tempada nun intranscendente encontro ante o Betis (2-3) no que o único aliciente foi o regreso do público a Balaídos 14 meses despois. Noela, unha das 1.738 seareiras que tiveron a posibilidade de asistir ao partido, manifestou a Nós Diario a súa "emoción" por volver a Balaídos e, se ben para ela "todo era un pouco raro, por estar dispersas e non poder celebrar os goles con ninguén", tamén salientou que "todo estivo moi ben organizado, sen aglomeracións nin nas entradas nin nas saídas". A nota emotiva do encontro púxoa Iago Aspas, autor do primeiro tanto celeste, quen revelou na celebración do mesmo que agarda polo seu terceiro fillo. Lamentabelmente, non poderá dedicarlle máis goles durante a Eurocopa, pois o adestrador do Celta durante a tempada 2013/14 e hoxe seleccionador español, Luis Enrique, non o incluíu na listaxe de 24 convocados para disputar o prestixioso torneo continenal, optando no seu lugar por homes que ofreceron un rendemento foi inferior ao do astro galego ao longo de toda a tempada, caso do madrileño da Juventus Álvaro Morata. A derrota do Deportivo Abanca déixao a piques de descender Mala xornada para o único representante galego na máxima categoría do fútbol feminino estatal. O Deportivo Abanca apañou unha dolorosa derrota en Huelva ante o Sporting (3-0), un rival directo na loita pola salvación, e queda practicamente sentenciado. A boa noticia foi que ningún dos outros equipos que pelexan por evitar caer no pozo da Segunda conseguiron a vitoria, polo que a chama da esperanza segue viva no cadro branquiazul e pasa por conseguir algo que sería case milagroso: gañar os tres partidos que lle quedan por disputar. Os que lograron o seu obxectivo foron os rapaces de División de Honra Xuvenil, que se proclamaron campións do seu grupo por vez primeira en 11 anos e agora competirán polo título na Copa de Campións, onde se enfrontarán cos outros sete mellores equipos da categoría en todo Estado. Outra boa nova para a parroquia branquiazul -ou, polo menos, para unha boa parte da mesma, segundo o sentir expresado nas redes sociais- foi a marcha do até o de agora director deportivo da escuadra herculina, Richard Barral, sinalado desde o mesmo momento en que o Dépor foi incapaz de loitar polo ascenso. |
NOS_14986 | O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, destacou ademais que hai menos tempo de agarda para renovar os tratamentos. Así respondeu ás críticas do sistema actual por parte do deputado socialista Julio Torrado. | Nin as críticas de plataformas en defensa da sanidade pública e dos propios pacientes nin os argumentos doutros partidos como o do deputado socialista Julio Torrado a respecto dos problemas que está a padecer o servizo de Atención Primaria na Galiza fan que a Consellaría de Sanidade recoñeza que a redución das consultas presenciais está a pasar factura. O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, asegurou hoxe a unha pregunta de Torrado que ao longo do ano pasado o 58% das citas foron achegándose ás consultas das facultativas. Recoñeceu que aumentaron as atencións telemáticas pero non afondou en se iso está a provocar danos ás e aos doentes. Ademais destacou que, segundo a versión da Xunta, o que se atrasan as consultas para renovar receitas de fármacos foi "inferior a un día". Nunha intervención no Parlamento, Aboal insistiu en que as máis de 600.000 citas para receitas que rexistrou o sistema galego tiveron unha espera media "inferior a un día", algo que Julio Torrado cualificou de "non real". O cruce de declaracións deuse no marco dunha pregunta formulada polo socialista respecto das dificultades que están a sufrir as e os pacientes crónicos para renovar as medicacións desde que comezou a pandemia. Vinculou esta situación á decisión do Goberno galego de derivar boa parte das consultas á atención telefónica. Por iso, segundo Torrado existen "varios problemas na Atención Primaria non presencial", tales como "grandes esperas nas rúas, demoras nas citas ou a práctica dunha medicina reactiva que se pagará a longo prazo pola tardanza en remitir a pacientes ás especialistas". Esta non é a primeira denuncia desta situación, pois xa outras persoas alertan en Nós Diario de que está a falecer xente que non é atendida como corresponde. |
NOS_47098 | O partido da oposición critica a política de "abandono de funcións, descoido e ocultación de datos" do Executivo galego respecto aos xeriátricos. | "Narcotraficantes montan residencias concertadas coa Xunta", así de concretos foron hoxe o viceportavoz do grupo socialista, Pablo Arangüena, e a voceira da área de Política Social, Mariña Ortega, que consideran que o Executivo galego ten unha política sobre os xeriátricos de "abandono de funcións, descoido e ocultación de datos". Esta mesma semana o PPdeG lograba frear no Parlamento unha iniciativa para que a Xunta tivera que dar conta pormenorizada das mortes vinculadas coa Covid-19 nestas infraestruturas, mesmo fornecendo listaxes por centros. Pero ante a negativa e as novas que foron saíndo á luz durante a pandemia -moitas delas publicadas en exclusiva por Nós Diario- o PSdeG reclama unha "investigación exhaustiva" do que aconteceu e tamén quere coñecer como era o sistema de residencias antes de que chegara o virus. "Hai un problema grave derivado dunha tendencia extrema á privatización dos servizos xeriátricos, que nos sitúa á vangarda de España en privatización, xunto coa comunidade de Madrid", lamentou Arangüena, que sumou a esta realidade o feito de que case non haxa corpo de inspectores para ver que os centros residenciais funcionen correctamente. Un repaso á hemeroteca Para apoiar a súa denuncia, os socialistas tiraron de hemeroteca para repasar algúns casos de irregularidades. Tanto é así que declararon que "narcotraficantes internacionais montan residencias de maiores concertadas coa Xunta". Desta forma se referiron á infraestrutura de Salvaterra do Miño ou a "residencia dos horrores", na que o 50% da empresa é dun "antigo fuxitivo da Interpol, preso na actualidade por narcotráfico en Brasil, detivo en 2011 por introducir cocaína en Europa e identificado como líder da rede en Europa dun gran narco colombiano". Así mesmo, fixeron alusión á Fundación San Rosendo -responsábel de varias das instalacións que padeceron grandes surtos de coronavirus- porque o seu presidente de honra "é un señor que foi condenado por sentenza firme do Tribunal Supremo a cinco anos de prisión e inhabilitación por estafarlle 600.000 euros a unha señora con alzheimer que residía nun dos seus centros". Dos cinco anos que tiña que cumprir na cadea, "unicamente cumpriu dous meses", algo que ligan ás "vantaxes de ter contactos no ceo e no PP". O PSOE galego tampouco se esqueceu das polémicas que rodearon á compañía DomusVi, onde houbo "denuncias reiteradas por impoñer unhas condicións laborais de semi escravitude e por unha mala alimentación para aforrar custos até o punto de provocar casos de desnutrición", ademais de "por non cumprir os cocientes de persoal". "Nunca son sancionados porque están en conivencia coa Xunta", criticou o viceportavoz, que afeou que o interese máximo da Xunta en termos globais sexa "facer a vista gorda ante o que acontece" nas residencias. |
NOS_58006 | Na escena política galega Ana Miranda é sinónimo de hiperactividade. Sacha en múltiples leiras á vez, así que desta volta, e para non dispersármonos de máis, acotamos a conversa -na redacción de Sermos- a tres frontes: Pazo de Meirás, Catalunya e Angrois. A principios de 2018 tomará posesión do euroescano do BNG en Bruxelas. A súa paixón por aquilo que fai, por aquilo no que se compromete, non ten límite. É a entrevista política do Sermos265. Eis un avanzo da conversa. | -No tema de Angrois [sinistro ferroviario que se saldou con 80 vítimas mortais], se finalmente se demostrar que houbo unha neglixencia por parte de Madrid, isto pode acabar en algún tipo de sanción para o Estado? -Nós non aspiramos a que haxa unha sanción. Ao que aspiramos é a que haxa verdade e a que haxa reparación e xustiza para as vítimas e, sobre todo, evitar accidentes futuros. Entón, cando coordenamos en novembro de 2015 a visita a Bruxelas dunha delegación das vítimas, pois o que se conseguiu é que a Axencia Ferroviaria Europea se posicionase cun informe demoledor que cuestiona o Estado por como investigou o accidente e por ter sido neglixente á hora de non avaliar os riscos do trazado en que se produciu o sinistro. Hai indicios suficientes para condenar o Esado español. E condenalo porque aí hai moitos fondos metidos nos cambios de proxectos e eu estou moi convencida de que o tema de Angrois está vinculado á corrupción. É que cada vez é máis evidente. Houbo cambios de proxectos, moitas variantes desde o estudo inicial até a súa execución... E logo o mínimo que se exixe pola lexislación europea -a avaliación de riscos do trazado previa e integral, no trazado e nas máquinas- non se fixo. Entón? Onde van eses cartos? E era diñeiro europeu. Esa ligazón entre publicidade enganosa, uso de fondos e falla de cumprimento de normativa... -Inflouse o orzamento nas obras para desviar fondos? -Estou convencida. Non teño as probas suficientes aínda, pero estounas recabando. En todo caso, un ERTMS [o sistema de freado automático que tería evitado a catástrofe] non era caro, as balizas non eran caras. Unha baliza anda polos 600 euros. É unha cuestión de cumprir ou non cumprir coa normativa. Agora, en xullo, acabo de apresentar o procedimento de infracción [contra o Estado español] e chegoume agora en setembro unha carta [da Comisión Europea] a me dicer que o están estudando. En principio teño unha reunión coa comisaria en Outubro, o que é un indicio bon. Se a Comisión lle dar luz verde ao procedimento, entón o asunto será xulgado polo Tribunal de Xustiza europeu. [A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos265, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais] |
NOS_54882 | O terceiro dunha serie de editoriais en que o grupo de comunicación procura exercer presión sobre o goberno español co fin de aprobar substanciais reformas políticas, bate contra os dereitos das nacións sen estado e demanda a modificación do actual mapa competencial. | El País apuntaba no primeiro dos seus editoriais a "urxencia" dun rescate da economía española e aseguraba que --intervido ou non-- o Estado español debería afrontar --e así o demandaba o diario español-- reformas "de fondo" como a do sistema das pensións. Segundo o grupo de comunicación, en beneficio da sustentabilidade do mesmo e perante a actual realidade económica, social e laboral, o executivo de Mariano Rajoy está case na obriga de reformar as pensións pois é, segundo apuntan, "un dos cambios estruturais que precisa abordar a economía". Aliás, demandan no El País celeridade na decisión argüíndo que é "inevitábel" fronte, din, "á presión da demografía e o deterioro do mercado laboral". Prisa demanda a redución dos Parlamentos, a revisión das deputacións e a supresión de concellos e edís Porén, o diario español, vai alén de modificacións políticas concretas e sectoriais e demanda a "corrección" do cal denominan "excesos" a través da exixencia dunha reforma da actual estrutura política territorial, en beneficio do "saneamento das finanzas públicas". Así pois, o editorial feito público esta terza feira avoga por unha redución de competencias para as autonomías --batendo nomeadamente contra as nacións sen estado como Catalunya, Galiza e Euskadi-- pois entenden no grupo de comunicación que estas unidades administrativas "canalizan bastante máis dun terzo do gasto público". Neste sentido, a "urxencia económica" --que motiva a publicación da serie de editoriais-- exixe, aseguran no xornal, "correccións urxentes" demandadas, din, desde un "sector da sociedade" que procura a redución de "persoal e empresas públicas". El País asegura que a actual realidade económica exixe grandes mudanzas no mapa territorial Así pois, Prisa demanda a redución dos Parlamentos --como "operación aconsellábel-- mais tamén "as deputacións provinciais, o número de concellos e de edís" e, finalmente, "reducir un 20%" o número de traballadoras e traballadores públicos até 2020- "Sexa cal for o mapa resultante", aseveran desde Madrid o obxecto é dar cun "control moi serio e profesionalizante do gasto públco". No entanto, desde Prisa lanzan un aviso a navegantes para as forzas políticas soberanistas cuxas pretesnsións, afirman no El País, só engaden unha "fonte de inestabilidade á crise e non axuda a resolver os motivos de descontento" --argumento empregado en repetidas ocasións no goberno de Mariano Rajoy. Neste sentido, o grupo Prisa demanda un amplio "consenso" político para mudar as estruturas territoriais en beneficio da redución do gasto público e da suposta "responsabilidade" política. Porén, o chamado non é só para as "forzas de ámbito estatal" senón que vai para alén até a participación "dos nacionalistas", iso si, "de maior implantación". |
PRAZA_8626 | Outra empresa canadense que busca prata, ouro e cobre ameaza varias áreas protexidas da provincia de Lugo. | Novas minas ameazan Galicia. A Consellería de Economía volve colaborar cunha empresa de capital canadense, neste caso Goldquest Ibérica, á que vén de conceder o permiso de investigación mineira para buscar cinc, chumbo, prata, cobre e outros mineiras nun territorio que abrangue dúas reservas da biosfera (Río Eo-Oscos-Bourón e Terras do Miño) en catro concellos (A Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá). A Xunta concedeulle o permiso de investigación a Goldquest para explorar as posibilidades de dúas reservas da biosfera Será unha máis entre as dez compañías que buscan o seu dourado en Galicia e ás que a Xunta pon alfombra vermella desde hai meses. A zona que se prevé explotar ocuparía tamén unha importante superficie do LIC Serra de Foncuberta, contemplado na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia actualmente en tramitación En canto ás reservas da biosfera, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) xa advertiu das posibles afectacións directas do proxecto mineiro en diversas zonas tampón e indirectas sobre a zona núcleo da cabeceira do río Eo, o que provocaría tamén consecuencias río abaixo e na súa desembocadura, zona núcleo da Reserva, LIC e Zona Húmida de Importancia Internacional pola Convención de Ramsar. A SHGN pide ao Comité de Reservas da Biosfera que avalíe o impacto e que lle traslade o informe á Unesco En canto ás Terras do Miño, o proxecto mineiro que prevé a empresa canadense afectaría directamente unha gran superficie na bacía alta do río Miño, que protexe as cabeceiras dunha morea de ríos e regatos que drenan todo o territorio. Ante estes riscos, a SGHN xa solicitou ao Comité Español das Reservas da Biosfera que avalíe cientificamente o impacto deste permiso de investigación e da futura explotación sobre o estado de conservación dos hábitats, a súa flora e fauna, que están estritamente protexidas na zona. Ademais, reclama tamén que os informes que se desprendan sexan tidos en conta no proceso de avaliación decenal da Reserva da Biosfera ou que lle sexan remitidos aos departamentos da Unesco e da Rede Mundial de Reservas da Biosfera para que os teña en conta. Eran xa moitos na comarca os que sospeitaban deste proxecto mineiro, pero só cando a Consellería de Economía tramitou o permiso de investigación se fixo real a ameaza 68 cadrículas mineiras dun territorio que agocha unha multitude de especies protexidas de flora e fauna. |
PRAZA_5854 | Mentres a mentalidade española non cambie, xulgo, difícil vai ser que se provoque un verdadeiro diálogo sobre da forma de goberno, un verdadeiro diálogo que unicamente se pode dar nas urnas. | Tristemente, no Estado Español ten de se produciren acontecementos especiais para que os e as súas habitantes procedan a esixiren cambios tras analizar unha situación concreta que, disque, enodoa as súas vidas. Isto é o que, ao meu xuízo, está a ocorrer co debate sobre da monarquía, un sistema de goberno que, seica, moitos e moitas –mesmo os e as españolas case en tropel— recoñecían como a mellor forma política de organización estatal, unha forma que, aliás, eles e elas dicían visada pola enteira poboación da España que, disque, a institucionalizou propiamente alá por 1978, a cuarta feira do 6 de decembro nun proxecto que foi aprobado polo 87,78% de votantes que representaba o 58,97% do censo electoral de entón. Tristemente, no Estado Español ten de se produciren acontecementos especiais para que os e as súas habitantes procedan a esixiren cambios tras analizar unha situación concreta que, disque, enodoa as súas vidas Desde hai trinta e cinco anos, portanto, boa parte das bocas das e dos españois enchíanse en eloxios para un tal Juan Carlos Alfonso Víctor Mª Borbón, fillo do exinfante Juan Carlos Teresa Silverio Borbón, un dos vástagos máis novos do exrei Alfonso XIII, e da exprincesa das Dúas-Sicilias Mª Mercedes Borbón y Orleáns, que usaban, sen ningunha validez como se desprende do feito de que nun Estado non monarquista non existen títulos de nobreza ningúns, a mercé de condes de Barcelona. Co beneplácito de seu pai, aquel cativo, que a súa familia chamaba "Juanito", foi educado por un Franco Bahamonde máis monárquico que ninguén, e mesmo foi designado como seu herdeiro directo. Salvagarda da patria, pai da democracia, gobernante excelso, embaixador de excepción, home bonachón, son algúns dos cualificativos que recibiu, e recibe quen semella que, atendendo ás novas publicadas no New York Times, construíu un patrimonio de dous mil trescentos millóns de dólares, patrimonio que, seica, está fóra do territorio do Estado que tan ben e con tanto acerto rexe, dirixe e preside. Non vou entrar en asuntos de cama. Non son quen de facelo nin me interesa con quen fode ese Juan Borbón y Borbón Non vou entrar en asuntos de cama. Non son quen de facelo nin me interesa con quen fode ese Juan Borbón y Borbón que para non emporcar os degoxos dun pai que non paraba de se chamar Juan III de España –e, claro, talvez porque desexaba instaurar unha dinastía nova, máis ben un novo momento dunha caste que, disque iso pensa el, é consubstancial aos destinos de España— quixo propiamente, ou foi nomeado así polo franquismo que tan ben coñecía e recoñecía, usar o nome de "Juan Carlos I de España" para aparecer en moedas, selos, títulos universitarios e outros asuntos en que exercía como xefe estatal. Portanto, pouco me interesa se ten dous ou trinta e sete fillos fóra do seu casal ou se foi, como alguén di, amante de Bárbara Rey, de Sara Montiel ou da Corinna Larsen que gusta de se autocualificar como princesa porque casou cun aristócrata alemán descendente dos vellos condes e príncipes de Wittgenstein. Estes días, semella, parte da poboación anda preocupada por se non se trata coa súa esposa, por se dormen en camas ou en cuartos afastados, mesmo polas propietarias das babecas que, seica, andou ou anda a furar. O certo é que o asunto dos reis fura-conas non é nada novo. E o dos reis que enchen o seu reino de fillos e fillas nados e nadas de parrochas que nada teñen a ver coa da súa rexia partenaire menos! Lémbrese o conto do tío Leandro, disque fillo do exrei Alfonso XIII, a quen non se lle recoñeceu expresamente tal circunstancia mais a quen si se lle permitiu o uso do apelido Borbón, que desde entón anda a transitar polos platós das varias televisións que hai en España. Os feitos son outros. Si. E as persoas españolas semella que non aturan xa o que chaman un relevo na xefatura do Estado cara a un preparadísimo individuo –é así como o cualifica alguén— que quixo aparentar coa 'clase media' casando coa neta dun taxista, divorciada e cun currículo enchido de acontecementos ben xugosos para a prensa rosa que tanto inflúe nas vidas dos e das que percorren as rúas de España –doutro xeito non se entendería o éxito literario que teñen asinaturas como Belén Esteban Menéndez, exnoiva dun extoureiro de fama absoluta na España dos anos 90 do pasado século e tertuliana de prestixio en medios de comunicación do mesmo prestixio que os programas en que se levan a cabo tales faladoiros. Si. Milleiros de persoas enchen as manifas que queren cambiar de forma de goberno, malia que os e as que rexen os ministerios e a presidencia do goberno digan que son uns e unas desfarrapadas que, nun número máis que exiguo, se conectan coa conformación política dun politólogo criticado por mercar a roupa en Alcampo ou por se conectar co terrorismo independentista de Euskal Herria. España, señoras e señores, semella que está de loito; e non é por, como di o "Romance de la reina Mercedes", ter morto unha raíña guapa e amante de seu marido, unha xoia doméstica vamos. España está de loito porque en case quince días, sen ninguén sabelo, din que nin os mesmos e mesmas implicadas, artella unha abdicación real e trata de desconectar a xefatura do Estado coas prácticas da corrupción, favoritismos, censuras, roubos e escándalos aos que, disque, tiña afeito aos e ás españolas. A partir de agora, portanto, o rei da España non vai ser irmán dunha imputada por delictos fiscais, non vai ser sogro dun posíbel delincuente por falsidade, malversación ou prevaricacións e non vai ser esposo dunha aldraxada muller a quen fai residir a poucos metros da cama dunha amante alemana que se gaba de ser alteza serenísima. Tampouco vai ter protagonizado safaris onde se abatían elefantes nin vai mandar calar de xeito maleducado un xefe de Estado elixido democraticamente polo pobo dunha nación americana. Nunha democracia real e verdadeira, que non rexia, o que se fai é procurar que o pobo se manifeste e elixa, e unha vez manifestado e coa súa capacidade de elección desenvolvida, reformar todas as constitucións que sexan necesarias Non. O conto vai cambiar. E o novo rei da España, seica, é un home de hoxe, alto, guapo, amante esposo, bon pai de dúas fillas, viaxeiro, embaixador exquisito, licenciado universitario, marido dunha outrora xornalista, moderna, guapa e dinámica por cuxas veas talvez discorra o mesmo sangue obreirista que o da súa nai sindicalista. España é diferente, que se dicía no franquismo ese ao que os novos Borbóns lle deben os cartos e a sona. Falta agora, iso si, que o pobo decida se quere manter un rei tan alto e tan guapo, tan preparado para ser xefe de Estado, ou se quere apostar por unha República, unha situación que algúns –poucos, claro— xa coñecen. Talvez pensen, eses e esas que apostan por unha República Española, que as súas vidas poden mellorar se se lles quita de diante unha familia absentista que unicamente serve para representar os intereses dunha 'nación española' que se gaba de unida polo mundo adiante. E talvez así ocorra. Mais o feito é que nunha democracia verdadeira, nunha desas democracias que a España lle fican tan lonxe, non se para a pensar en vantaxes monárquicas nin en embaixadores de luxo, que vai! Nunha democracia real e verdadeira, que non rexia, o que se fai é procurar que o pobo se manifeste e elixa, e unha vez manifestado e coa súa capacidade de elección desenvolvida, reformar todas as constitucións que sexan necesarias. Hai, seica, españois e españolas que pensan que as constitucións son documentos feitos por homes e mulleres para rexérense durante un tempo, e que non son como as táboas que o Moisés aquel recibiu directamente dunha divindade no Monte Sinaí. E en España? Crerán que a constitución de 1978 foille ditada a Cisneros Laborda, Pérez-Llorca, Herrero y Rodríguez de Miñón, Fraga Iribarne, Peces-Barba, Roca i Junyent e Solé-Tura –óllese que persoal!— polo propio xefe do panteón divino dos e das católicas… Mentres a mentalidade española non cambie, xulgo, difícil vai ser que se provoque un verdadeiro diálogo sobre da forma de goberno, un verdadeiro diálogo que unicamente se pode dar nas urnas Mentres a mentalidade española non cambie, xulgo, difícil vai ser que se provoque un verdadeiro diálogo sobre da forma de goberno, un verdadeiro diálogo que unicamente se pode dar nas urnas. Mais este conto é como o dos e das catalás, que piden e piden que se lles deixe elixir a súa pertenza ou non ao Estado Español e ven enodoado o seu dereito en aras desa mesma Constitución Española que, seica para sempre e por sempre, di que España é un reino adscrito á póla familiar de quen, en 1938 e en Roma, naceu como simple fillo dun exinfante español que xa por entón tiña arelas de rei dun Estado que aguantou unha ditadura fascista até que a súa cabeza foi chamada pola divindade para ser depositado, con honras de santo varón, nun monumento funerario inmenso que aínda hoxe é obxecto de culto e subsidios polos sucesivos gobernos desa España que di que republicana si, faltaría máis!, mais juancarlista e unitaria. Non vaia ser que agora comecen a querer separárense dela os vascos e as vascas, os cataláns e as catalás, e os galegos e as galegas, eses e esas que pensan que non son España e que esquecen que a unidade española é un asunto divino que iniciara un devanceiro de Filipe Borbón y Grecia alá polo século VIII, un asunto que, se a monarquía de Juan Borbón y Borbón está institucionalizada para sempre desde 1978, está máis que fixado e non admite aposicións desde hai máis de mil anos. |
NOS_24208 | Con este número 296 do semanario Sermos Galiza repártese un suplemento especial de 64 páxinas no sobre o proxecto de 'O Diario Galego', e por iso mesmo tamén é un especial sobre o xornalismo, a sociedade e o noso país. O nº 296 do semanario, xa na nosa loxa. | O nº 296 do semanario Sermos Galiza estará nos quioscos e librarías esta cuarta feira, adiantando un día a súa publicación a respecto do que é habitual (quinta feira) por ser este festivo, 17 de maio, Día das Letras Galegas. Co semanario vai un suplemento de 64 páxinas, 'Sermos O diario galego. Ti contas', no que diferentes voces e perspectivas conflúen sobre a necesidade dun proxecto xornalístico diario e na nosa lingua. Deste especial tíranse 5.000 exemplares que, ademais de se distribuír con este número do semanario, repartiranse esta quinta feira entre as persoas asistentes á manifestación de Queremos Galego. O suplemento acolle unha entrevista con Xoán Costa, presidente do Consello de Administración e conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A: "O Diario Galego é parte do porvir de Galiza". Tamén falamos con Martxelo Otamendi, director do Berria, xornal integramente en euskera, que afirma que "a información bilingüe é un fracaso". Outra voz entrevistada neste caderno é Esther Vera, directora do Ara, unha peza fulcral no puxante espazo catalán de comunicación. "O papel sempre manda moito", sentenza. Màrio Ramires, director do i e do Sol completa as entrevistas do caderno. "Acreditamos muito na informaçao própria". 'Un xornal para a liberdade e a reflexión' é o artigo de Tareixa Navaza, unha peza na que acredita en que O Diario Galego "vai iluminar o debate democrático", un diario para que as lectoras e lectores poidan deterse "a reler, reflexionar e buscar explicacións". Margarida Ledo Andión fai a pregunta e atopa a resposta 'Un diario en galego? Si, grazas'. "A lingua é un sistema de pensamento, de visión, que reforza ou pode esfarelar o vencello social", explica no seu artigo, no que aponta como os medios "son un síntoma do estado xeral dunha sociedade". "Outra prensa é posíbel… e necesaria". Erik Dobaño considera que "o letorado non baixou, hai que dar con el" lembra nunha peza na que indica que "o poder político determinou a funcionalidade dos medios, que están ao seu servizo". Xosé López fálanos dun 'Sistema mediático en mudanza', no que "sopran entos que poden abrir espazos para un cambio nas industrias culturais". Manuel Vilas aborda as subvencións, convenios e publicidade cos medios de comunicación. 'Quen paga, manda'. Pon sobre a mesa datos para entender a realidade mediática galega, como que 90% das axudas da Xunta aos medios repartouse á marxe das convocatorias de subvencións do DOG. #Sermos 296 Esta cuarta feira chega aos quioscos e librerías o novo número do sem,anario Sermos Galiza, centrado no 17 de Maio, Día das Letras Galegas. O tema principal é María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano. Daniel Salgado fai un percorrido polas obras sobre esta mestra e escritora. Entrevistamos Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que ás portas da manifestación do 17M fala sobre a situación do noso idioma, as responsabilidades das administracións e do pulo social por defender a lingua. A política lingüística de Galiza é outra das cuestións abordadas neste número, no que tamén falamos do 'pulo viaxeiro' de Feixóo ou das novidades a respecto da situación de Catalunya. A realidade do plan estratéxico para o naval ou dos recortes nos fondos europeos tamén son analizados neste número, no que temos espazo tamén para falar dos 200 anos do nacemento de Marx. Unha nova entrega de cómo se trata Galiza nos mapas históricos e unha entrevista a Xosé Ballesteros polo 20 aniversario de Kalandraka completan este número. E non faltan as colaboracións e achegas de Xoán Costa, David Otero, Marga do Val, Nacho Hortas e Tokio, Míriam Ferradáns, Mario Regueira, Andrés Castro, Francisco Castro, Merche Espiño, Colectivo Xea, Silvio Falcón, Teresa Moure e Manuel Gago. |
NOS_41948 | No marco campaña conxunta que CIG, ELA e I-CSC teñen en marcha para impulsar os cambios legais precisos no Congreso | A derrogación das reformas laboral e da negociación colectiva e o reforzo da axenda social diante da grave situación xerada pola pandemia son dúas das demandas principais das concentración simultáneas que hoxe, día 25, decorreron na Galiza, Euskal Herria e Catalunya. CIG, ELA e a Intersindical-CSC convovaron estas mobilizacións simultáneas no marco da campaña conxunta que teñen en marcha para impulsar os cambios legais precisos no Congreso Dentro desta campaña, as tres centrais sindicais solicitaron unha reunión coa ministra de Traballo, Yolanda Díaz, para a que aínda non recibiron resposta; e mantiveron unha xuntanza telemática cos representantes dos grupos cataláns, galego e vascos no Congreso, a quen chamaron a forzar, canto antes, os cambios legais necesarios para impedir que, unha vez se poña fin aos ERTE, estes se convertan en ERE, grazas a unha reforma laboral que facilita os despedimentos colectivos ao non precisar as empresas da autorización administrativa algunha. CIG, ELA e I-CSC denuncian tamén que o actual modelo de estatalización da negociación colectiva ten provocado unha maior precarización e empobrecemento da clase traballadora, ao dar prioridade aos convenios estatais sobre os provinciais e deteriorar os convenios sectoriais e de empresa. Por iso reclaman que se remate cun modelo que afasta a negociación colectiva das e dos traballadores, mais que tamén impide a participación dos sindicatos que democraticamente os representan para pechar acordos sobre as condicións de traballo en calquera sector. Na concentración que decorreu na Coruña, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, reiterou a necesidade urxente da derrogación das reformas laborais, que cualificou de "fosa común onde van enterrando os nosos dereitos laborais". Denunciou que no actual contexto resulta "inmoral e incluso un delito contra os dereitos da clase traballadora" manter plenamente vixentes estas reformas por parte do Goberno español, mentres avanza a precariedade laboral e o desemprego "como se fora unha realidade sen causas e sen responsábeis". |
NOS_7488 | Nun auto ditado esta cuarta feira, a xuíza De Lara pide os dados fiscais de Negreira, ben como tamén os do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o ex conselleiro de Cultura e candidato do PP en Ourense, Jesús Vázquez. | Unha trama de corrupción arredor basicamente do concello da Coruña, embora tamén salfire o presidente da Deputación, é a que debuxa a xuíza Pilar de Lara. A súa tese, vistas as investigacións policiais, é que a empresa Véndex obtiña contratos públicos en troca de favores económicos -"pagamentos de diñeiro", "entregas de agasallos"- e da colocación de persoas, isto é, en troca de enchufes, no que pretensamente constituiría un caso de tráfico de influencias. Os personaxes básicos da trama serían, por parte de Véndex, o "delegado rexional" da empresa na Galiza e director da súa delegación provincial na Coruña, José María Tutor, e por parte do concello da Coruña o tenente de alcalde e número 2 de Carlos Negreira, Julio Flores, o seu asesor Juan Carlos Boga, a xefa de contratación Gloria Díaz Crespo e a xefa de servizos de Cultura, Susana Martínez Portabales. Todas estas persoas aparecen no auto referidas como "importantes contactos" de Véndex no concello da Coruña. Julio Flores é a primeira vítima política do caso e xa anunciou a súa intención de non concorrer como candidato o 24 de maio. Atribuíu a súa decisión a cuestións de índole persoal, mais ninguén na súa contorna dubida que se vai para protexer politicamente Carlos Negreira. A xuíza pide os dados fiscais e de Seguranza Social de Carlos Negreira e o ex-conselleiro Jesús Vázquez, entre outras 40 persoas Coñecía Negreira os tratos da equipa de Flores con Véndex? A xulgar polas investigacións policiais e pola instrución do caso por parte da xuíz, si. No auto, De Lara escrebe o seguinte: "Esta [unha conversa entre Flores e Tutor para enchufar persoas] non sería unha actuación isolada por parte do tenente de alcalde Julio Flores, senón que atinxiría a outros concelleiros do concello da Coruña como Francisco Mourelo, concelleiro de Deportes, ou Miguel Lorenzo Torres, concelleiro de Servizos Sociais, existindo mesmo conversas que alcanzarían o alcalde, Carlos Negreira". Agora a xuíza dá un paso máis e, a través desta instrución, pide os dados de Carlos Negreira que podan ter interese para o esclarecimento do caso e que eventualmente obren en poder da Axencia Tributaria e/ou da Tesourería Xeral da Seguranza Social. En realidade, De Lara demanda dados fiscais e da Seguranza Social dun total de 42 persoas, entre as que figura tamén o ex conselleiro de Cultura e candidato do PP en Ourense, Jesús Vázquez. |
NOS_6157 | A portavoz do BNG no Parlamento Europeo e o alcalde nacionalista de Rianxo -Ana Miranda e Adolfo Muíños- dirixen unha carta a Carolina Bescansa en resposta a unhas recentes declaracións da dirixente de Podemos á edición galega de El País. | Estimada Carolina Decidimos enviarche esta carta despois de ler a entrevista publicada a semana pasada na edición galega do xornal El País. Somos dous cidadáns galegos. Somos, ao mesmo militantes dunha organización política galega nacionalista e de esquerdas como é o BNG, que ti coñeces sen dúbida. Adolfo é alcalde na vila de Rianxo e Ana é a representante do BNG no Parlamento Europeo. Somos xente do noso País, como ti defines cando falas de Galiza. Sabemos da túa traxectoria no mundo da investigación politolóxica e con todo o respeito e nengunha acritude, queremos transmitirte unhas consideracións constructiva e positivamente. O sábado 27 de decembro coincidimos ambos en Rianxo nunha das moitísimas xuntanzas que estamos tendo nos últimos meses por un problema que lle pode sacar o pan a moitos mariñeros da arte pesqueira do xeito. E sabes por que estabamos aqui? Porque hai unha proposta europea que pode prohibir as artes de deriva incluido o ancestral arte do xeito que é unha arte sustentable medio ambientalmente e que fai que moitas familias da costa galega poidan pagar as facturas de cada día. E sabes tamén por que estamos con este sector que pode perder o sustento de moitas familias? Porque o Goberno galego, ese goberno do irracional e inxusto PP que todos criticamos pasou e pasa deles e non defende os intereses pesqueiros galegos, nen aquí nen a nivel estatal nen a nivel europeo. Por iso estabamos alí, a pé de ría, a pé de porto, a pé das protestas desta xente humilde e traballadora, porque se non ninguén os defendería. No noso caso pola falla de peso político de Galiza e a súa renuncia a ser por parte dos dirixentes leva a que Madrid e Bruxelas, mesmo desde o goberno popular galego, prohiban pescar sardiña nas nosas rías. Se tiveran esa consciencia de país impedirían que outros lexislasen sobre as augas interiores e protexerían a pesca artesanal. Mais non é só o caso da pesca, o sector naval, o sector agrogandeiro co escandaloso prezo do leite, facendo a vista gorda diante de práticas de dumping empresarial nos supermercados vendendo o cartón de leite por baixo do seu valor de produción, malia ser un país productor de leite. Que decirche dun sector estratéxico como o naval que no caso de Vigo e Ferrol, pola deixadez dos gobernos de alternancia bipartidista para calar diante dun inxuto veto, ou priorizando outras nacións e territorios, deixa a milleiros de persoas desas comarcas sen traballo. E isto, que é preocuparse de que é Galiza, é preocuparse do pan tamén. Para nós, a idea de Galiza está ligada ao pan, ao traballo, a defensa dos recursos naturais, á xustiza social e á igualdade. Nós pensamos, a diferenza da túa opinión transmitida no xornal, que defender Galiza é defender traballo, pan, vivenda e sobre todo, dignidade. Nós pensamos, a diferenza da túa opinión transmitida no xornal, que defender Galiza é defender traballo, pan, vivenda e sobre todo, dignidade E non falamos por falar nen por parecer presuntuosos de que temos a razón ou a verdade. Falamos dende a experiencia vivida, vivida e contrastada dende hai moito tempo. De estar a carón da xente, facendo moitos kilómetros na nosa nazón, cos pés na terra, nas folgas e manifestacións, nas demandas de liberdade, na loita antifranquista dun par de xeracións, na defensa da industria e o traballo, na defensa das explotacións agrarias nunha terra altamente produtiva que ve como van perdendo peso pola deixadez de gobernos galegos que non defenden o seu e gobernos estatais que nos ignoran unha e outra vez, de clamar repetidamente pola necesidade de investimento na economía produtiva e non na especulativa. Non somos unha anécdota que se queixa diante dunha opinión que consideramos controvertida, senón que transmitimos unha opinión común que pensou moita xente despois de ler a túa entrevista, e no canto de calar ou verquer comentarios nas redes, pensamos que era máis constructivo trasladar unha opinión que toca un sentir nacional, porque a idea de Nazón, na Galiza, está íntimamente ligada á supervivencia como país, e á supervivencia das persoas que viven aquí. Non é unha demanda nominal, senín chea de contido, de historia, e de defender o que consideramos que é xusto, pola falla de competencias políticas, pola ausencia consciente destes Gobernos corruptos de gobernar para as mulleres e homes desta terra, que é rica, moi rica máis altamente empobrecida por políticas que obrigan o desterro da nosa mocidade, como no pasado. Sabes que Galiza é un País productor de enerxía. Pois poucos beneficios deixa aquí, mentras se exporta a prezos de ouro e reverte nesas multinacionais de portas xiratorias dos bipartididmos. Por último, gostarianos que repares que a mensaxe do teu titular é similar a de Rajoy para o problema de Catalunya. Coincidides: Vamos a dedicarnos a lo que importa a todos, la economía. (El Pais. 12 Nov. 2014). Preocuparse do pan, non do encaixe de Catalunya. E se a raíz do problema está aí precisamente? Convidámoste a que penses nesta idea. Defender Galiza é defender pan, terra, traballo e vida. Polo menos, eso é o que nós e a nosa xente pensa dende Ortegal ao Miño. Un cordial saúdo. |
PRAZA_9298 | Se quere facer críbel esa presunta aposta polo autogoberno, Feijoo ten un camiño mais solvente: promover, dende o Parlamento, unha reforma do actual Estatuto que permita incorporar novas competencias | Como é sabido, as eleccións galegas de Xuño de 2005 propiciaron a existencia dunha maioría parlamentaria de 38 escanos entre o PSdeG e o BNG que permitiu a conformación dun goberno de coalición encabezado por Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana. Unha das prioridades daquela nova maioría foi a reforma do Estatuto de Autonomía de 1981 mediante o debate entre as tres formacións presentes na Cámara galega. O propio texto estatutario esixe -para a súa modificación- un apoio cualificado (concretamente, as dúas terceiras partes das 75 persoas que integran o Parlamento).Por iso era necesario o concurso do PPdeG para facer realidade semellante pretensión reformista. Durante varias semanas, o traballo de discusión e negociación realizado entre as tres forzas permitiu pensar na obtención dun proxecto consensuado. Finalmente, tal expectativa fracasou porque Alberto Núñez Feijoo -previa consulta coa dirección estatal comandada por Mariano Rajoy- non quixo ratificar os acordos establecidos na Comisión parlamentaria. Eran tempos nos que o PP practicaba unha oposición belixerante ao goberno de Zapatero e xa tiña presentado un recurso contra o Estatut de Catalunya diante do Tribunal Constitucional.O presidente do PPdG tivo a oportunidade histórica de participar nunha mellora cualitativa do autogoberno galego pero optou pola subordinación á lóxica centralizadora que se postulaba dende os despachos da rúa Génova. Cando, na primavera de 2009, Feijoo acada, sorprendentemente, a presidencia da Xunta proclama a súa disposición a retomar a reforma frustrada poucos anos antes. O acontecido nesa lexislatura e nas seguintes demostrou que tal alusión formaba parte dunha retórica presidencial sen percorrido práctico pola asunción acrítica das directrices emanadas dende un PP que chegaba á Moncloa no 2011 cunha abondosa maioría absoluta. Mais aínda: Alberto Núñez renunciou a reclamar transferencias ao goberno central, mesmo naqueles casos nos que xa existían trámites iniciais acometidos polo bipartito.As recentes declaracións do presidente da Xunta advertindo que ía esixir o mesmo nivel competencial que puideran demandar as administracións vasca e catalá hai que situalas no marco dunha vella táctica utilizada polos dirixentes do PP: cando o PSOE ocupa os ministerios de Madrid, exhiben a máxima belixerancia reivindicativa; cando están os amigos do partido gardan un significativo silencio cómplice.Se quere facer críbel esa presunta aposta polo autogoberno, Feijoo ten un camiño mais solvente: promover, dende o Parlamento, unha reforma do actual Estatuto que permita incorporar novas competencias de poder ás institucións galegas e, o que resultaría mais importante, fixar mecanismos de blindaxe das mesmas ante calquera intento de neutralizalas dende outras institucións do Estado. Se non opta por esta alternativa, o inquilino de Montepío estará xogando cunha foguetería propagandística de pouco alcance temporal. Pablo Casado está mirando para Vox e para C's e non vai aturar semellantes cerimonias publicitarias. No PPdG non deberían esquecer a vella máxima de que Roma non paga traidores. |
NOS_44720 | O conselleiro insta, "tanto os positivos como os seus contactos", a non manteren "actos de actividade sexual" durante 21 días. | A Consellería de Sanidade confirmou esta terza feira un terceiro caso da patoloxía coñecida como varíola do mono, que supón o segundo na área sanitaria da Coruña-Cee, mentres que na de Vigo hai outro. Así o notificou, en declaracións aos medios, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, antes de participar na entrega de premios de 'Clases sen fume' en Compostela. Comesaña puntualizou que, como nos casos anteriores, o paciente está "en bo estado, leve, sen ningunha complicación médica máis que as derivadas das medidas de illamento", engadiu, "tanto do caso confirmado como nos [seus] contactos". Un só mundo e unha soa saúde contra os virus do futuro O titular de Sanidade puntualizou que tamén neste caso foi aplicado o protocolo do Ministerio de Sanidade, que recomenda "medidas de prevención lóxicas", como "quedar na casa, interaccionar o menos posíbel cos seus convivintes e usar a máscara en todo momento". Complicación A todo o anterior engádese "ter coidado cos utensilios que se utilizan e coa roupa", abundou o conselleiro. "Se teñen algún tipo de complicación deben porse en contacto co 061 ou co seu médico para facer un seguimento específico", destacou. Preguntado sobre aspectos concretos do protocolo, o titular de Sanidade confirmou que se recomenda, tamén, tanto "aos casos confirmados como aos contactos" que durante 21 días "non manteñan actos de actividade sexual", xa que os contaxios "teñen que ver coa interacción e esta especialmente". O gromo de varíola do mono, en cinco chaves "Fálase de 21 días. É o tempo que pedimos que se manteñan estas condicións", explicou en relación ao protocolo fixado polas autoridades sanitarias en relación á varíola do mono. Así, insistiu en que os casos e contactos deben "tentar reducir o contacto próximo". |
NOS_51543 | A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, percibe que "o que pasou en Verín pode converterse nun 'Prestige' para Feixoo" e alude a un posíbel cambio de Goberno na Galiza despois do sucedido co peche e posterior reapertura da sala de partos e o servizo de urxencias pedriátricas no hospital comarcal desta localidade. | Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Díaz reafirmou o seu apoio á cabeza de lista de Galiza en Común-Anova Mareas para as eleccións galegas do 5 de abril, Antón Gómez Reino, un candidato, dixo, "magnífico". A dirixente manifestou tamén que falou co presidente, Pedro Sánchez, e "os dous vanse envorcar na campaña galega", porque "por primeira vez, hai unha posibilidade de derrotar Feixoo". "Cónstame que todas as formacións políticas imos estar de acordo niso e vaise a ver como somos capaces de pornos de acordo, da mesma maneira que o facemos a diario no Goberno central", manifestou. Preguntada pola coalición do Goberno estatal, admitiu que "hai diferenzas" en cada unha das formacións, aínda que o considera "algo positivo". Neste sentido, recalcou que "non cre" que os rozamentos entre ministerios, que esta semana se intensificaron en relación á nova lei de liberdade sexual que prepara o departamento da ministra de Unidas Podemos Irene Montero, vaian a máis e veo dentro da normalidade. |
PRAZA_6082 | Ouvirmos inaugura a súa colección de Biografías co libro de María Luisa Losada Sanmartín sobre este monfortino, considerado pai da química moderna en Galicia e definido por Manuel Bermejo como un "visionario, o científico máis brillante e prolífico do seu tempo". Falamos coa autora | Ouvirmos inaugura a súa colección de Biografías e faino cun libro dedicado a Antonio Casares, considerado pai da química moderna en Galicia. A autora da obra, María Luisa Losada Sanmartín, leva anos investigando a figura deste monfortino que, a pesar de ter sido moi coñecido e recoñecido no seu tempo (mesmo conta cunha rúa no centro de Compostela), foi obxecto dende entón dun total esquecemento. A obra sobre "o científico galego máis importante do século XIX", foi presentada este mércores no Consello da Cultura Galega, que dende hai un tempo lle dedica un interesante espazo no seu Álbum da Ciencia. Manuel Bermejo afirmou que Casares "era un visionario, o científico máis brillante e prolífico do seu tempo" Casares Rodríguez foi un químico eminentemente práctico e moi preocupado polos usos sociais da ciencia. Na homenaxe que hai dous anos organizou o Grupo de Termofísica da Universidade de Vigo, o profesor da USC Manuel Bermejo afirmou que Casares "era un visionario, o científico máis brillante e prolífico do seu tempo" e salientou que "dedicou a súa vida a investigar para resolver os problemas da sociedade nun momento, o século XIX, cando a física, que daquela non estaba desligada da química, estaba empezando a alumear o século XX, no que foi fundamental para o benestar da sociedade". Pois a ciencia para Casares tiña interese "non tanto como simple actividade de erudición, senón como instrumento aplicado á realidade e destinada ao seu servizo", como salientou tamén Xosé Carlos Álvarez Flórez nun artigo en publicado Praza, no que o sinalaba como Pai da Química en Galiza, "así como o iniciador da actual I+D+i, nesta especialidade científica". María Luisa Losada Sanmartín destaca igualmente a súa vocación práctica, como analista da química: "A el o que lle gustaba era a divulgación. El traballaba co obxectivo de que os avances da química tivesen aplicacións prácticas e que delas se beneficiasen os labregos. El tivera experiencia nisto, traballando co viño en Monforte". E estes beneficios prácticos da química tamén os aplicou á análise das augas galegas, levando a cabo algunhas das primeiras investigación sobre a composición e calidades das augas termais. Losada Sanmartín lembra tamén a importancia que lle daba á formación e ao que hoxe coñeceríamos como I+D+i: "El estaba convencido de que había que formar os obreiros, para o seu beneficio e o da economía galega" "Quixo poñer a cidade de Santiago no mapa a través da ciencia e do coñecemento. E conseguiu que Compostela e un grupo de colaboradores que traballaban con el saísen nas revistas científicas de toda Europa", destaca Losada Sanmartín, que lembra tamén a importancia que lle daba á formación e ao que hoxe coñeceríamos como I+D+i. "El estaba convencido de que había que formar os obreiros, para o seu beneficio e o da economía galega", di. No eido da docencia, tiña Casares, especial preocupación polo ensino a través da experimentación; de aí que fose un pioneiro en levar o seu alumnado ao laboratorio, a realizar visitas ao campo. Así mesmo, a súa vocación docente conduciuno á tradución de numerosas obras estranxeiras, co fin de que o estudantado dispuxese dunha formación completa e actualizada. Esa vocación foi a que o levou tamén a escribir e publicar numerosos libros de grande utilidade para a docencia e que acadaron enorme repercusión: Tratado Práctico de Analisis Química, Manual de Química General, que se converteu en manual de referencia na materia, en numerosas universidades españolas, ao longo de case 40 anos. Un pioneiro "A súa vida abrangue todo o século XIX, pasa da luz dos candís á luz eléctrica e ao gas, do carro de bois ao ferrocarril, e dunha química que era moi primitiva, practicamente alquimia, á química moderna, xa cunha base teórica importante" María Luisa Losada destaca que "a súa vida abrangue todo o século XIX, pasa da luz dos candís á luz eléctrica e ao gas, do carro de bois ao ferrocarril, e dunha química que era moi primitiva, practicamente alquimia, á química moderna, xa cunha base teórica importante". Antonio Casares puxo as bases de boa parte do traballo científico que en Galicia se fixo nas primeiras décadas do século XX. En 2012, no segundo centenario do seu nacemento, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dedicoulle a V Edición do Día do Científico Galego. Fillo dun boticario progresista de Monforte, con só 24 anos gañou por oposición a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Posteriormente, converteuse no primeiro catedrático de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cargo que ocupou dende 1845 ata o seu falecemento. Foi decano da Facultade de Filosofía (que daquela abranguía as disciplinas de Letras e Ciencias), en 1857 asume o decanato da recén creada Facultade de Farmacia e dous anos despois converteuse no primeiro decano da Facultade de Ciencias (Química). En 1872 foi nomeado reitor da USC, cargo que exerceu ata o seu falecemento, o 28 de Abril de 1888. Foi un dos creadores da análise química e un dos iniciadores da técnica da espectrocopía en España. A el débense os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos. No primeiro caso, os seus traballos de análise de metais en augas levárono a realizar as súas primeiras investigacións en Caldas de Reis e Cuntis, ás que logo seguiron outras en Arteixo, Carballo, Mondariz, A Toxa, Sousa, etc. O seu prestixio nesta área era tan grande que os seus servizos foron requeridos por toda España. A el débense os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos No ano 1847, tan só unhas semanas despois das primeiras experiencias mundiais en Massachussets (EE.UU.) e Edimburgo (Reino Unido), sintetizou cloroformo e éter cos que se realizaron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia en España. O seu carácter emprendedor levouno, no ano 1851, a acender no claustro do edificio da Universidade de Santiago -hoxe Facultade de Xeografía e Historia- a primeira luz eléctrica con arco voltaico que funcionou en España. En 1847, só unhas semanas despois das primeiras experiencias mundiais en Massachussets e Edimburgo, sintetizou cloroformo e éter cos que se realizaron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia en España Tamén realizou investigacións no ámbito da Mineraloxía, ata o punto de que no curso dos seus traballos de campo en Cabo Ortegal (A Coruña) logrou descubrir dous novos minerais: a morenosita e a zaratita. Ademais, como curiosidade, foi un dos tres especialistas que, a petición do cardeal Miguel Payá Rico, ditaminaron sobre se os restos descubertos na Catedral de Santiago en 1879 correspondían ao Apóstolo e a dous dos seus discípulos. |
NOS_3913 | A falta de 20 días para que comece o primeiro encontro profesional de música entre Galiza e Portugal, a organización do MUMI avanza a primeira selección de showcases que van ter lugar en distintos espazos da localidade de Verín os vindeiros 12, 13 e 14 de marzo. | A falta de 20 días para que comece o primeiro encontro profesional de música entre Galiza e Portugal, a organización do MUMI avanza a primeira selección de showcases que van ter lugar en distintos espazos da localidade de Verín os vindeiros 12, 13 e 14 de marzo. Serán un total de 12 concertos, máis unha animación de rúa, na que se inclúe programación aberta ao público xeral. A selección de propostas musicais é unha mostra da diversidade de estilos e formatos musicais dos dous territorios, nunha programación "que mestura novos valores e figuras consagradas en espectáculos multidisciplinares para público familiar e adulto". O comité de selección, formado por profesionais das distintas empresas galegas e portuguesas que integran o MUMI, fixo a escolla entre as 185 propostas musicais recibidas desde Galiza e Portugal, seguindo criterios de calidade e diversidade, co obxectivo de "dar espazo a proxectos de ambos territorios e contemplando un amplo abano de estilos musicais". Música electrónica en OFF Na semana previa ao encontro está previsto anunciar a programación completa na que se integrarán tamén un concerto de apertura, actividades profesionais e outros dous showcases dentro da sección OFF, con música electrónica en locais de Verín. A programación profesional incluirá charlas e palestras con festivais, salas, programadores públicos, e empresas que patrocinan música; speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, e os propios showcases, cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, nunha feira sectorial con presenza das empresas das diferentes áreas do sector. |
NOS_2750 | A a mesa local e a plataforma en defensa da sanidade pública cualifican de alarmante a situación da Casa do Mar. | "Coa nosa saúde non se xoga". A veciñanza de Moaña secundou este domingo as demandas da Mesa da Sanidade local nunha mobilización "masiva" que busca reverter a "situación" alarmante que atravesa o servizo de Atención Primaria do municipio. A mediados de novembro a Mesa da Sanidade de Moaña confirmou a negativa do Sergas devolver as Urxencias á Casa do Mar de Moaña, como reclamaba, un servizo que agora contan poder perder de forma prolongada. Como consecuencia da pandemia o Sergas centralizou as urxencias no Punto de Atención Continuada de Cangas, a onde se debe dirixir a veciñanza en caso de emerxencia. Non podemos ter o centro de saúde fechado nin esperar unha hora por unha ambulancia, porque cando a necesitamos é por unha emerxencia vital A esta perda, a mesa local engade a falta de persoal médico suficiente para poder atender a demanda actual da poboación. Así, co fin de frear o desmantelamento da Atención Primaria e de devolver á vila os recursos sanitarios imprescindíbeis para garantir unha asistencia "digna", a Mesa da Sanidade de Moaña, coa participación de numerosas asociacións veciñais e da plataforma en defensa da sanidade pública local convocou este domingo unha mobilización que terá a súa réplica o mesmo día de cada semana. Atención sanitaria digna "Non imos renunciar a unha atención sanitaria digna", reiterou no feche da manifestación a alcaldesa de Moaña e presidenta da mesa local de sanidade Leticia Santos. "Unha vila de 20.000 habitantes como a nosa non pode ter o centro de saúde fechado como temos hoxe. Non podemos esperar unha hora por unha ambulancia, porque cando a necesitamos é por unha emerxencia vital", afirmou. Moaña reclama ademais estabilidade para o persoal médico na quenda de tarde do centro de saúde. "Temos dereito a saber quen é o noso médico, porque agora mesmo temos unha persoa para cubrir a catro profesionais, e así, é imposíbel", concluíu Santos, quen agradeceu a participación activa das entidades locais na "defensa da veciñanza dos ataques de Feixoo", da que se desmarcou o Partido Popular. |
NOS_57539 | A exposición Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada escolma a obra de 30 artistas saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra nos últimos 30 anos. | O proxecto expositivo Cultivar incertezas: Reformular o espazo / conmocionar a mirada ofrece unha panorámica de 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra por medio da obra de trinta artistas escolmados entre as distintas promocións saídas da escola. Cultivar incertezas: Reformular o espazo | conmocionar a mirada / Comisariada por Ángel Cerviño / CGAC / Até o 23 de maio de 2021 O título escollido polo comisario Ángel Cerviño quere transmitir a vontade de mudanza presente na arte das últimas décadas, nun mundo en plena transformación onde os artistas amosan unha acentuada consciencia da súa capacidade para interpretaren o mundo que os rodea. Un panorama que manifesta as complexas relacións sociais, as dificultades e os logros para o entendemento, a comunicación e a convivencia, entre a reflexión intelectual e a axitación cívica. Aspectos que resultan evidentes ao analizarmos a presenza da Facultade de Belas Artes no espazo artístico galego e a súa repercusión e influencia no mesmo. Desde unha perspectiva global, a mostra tamén permite enxergar algunhas chaves do xenérico ollar contemporáneo, onde destaca a variedade, desde artistas que optan polos trazos máis sutís da linguaxe plástica, polo carácter máis acabado da obra artística até os que, pola contra, presentan unha maior preocupación pola configuración ou consistencia dos motivos captados. Estes fenómenos non deixan de ser reflexo dos múltiples procesos que se poden percibir nas artes desde hai décadas, e de maneira especial nas últimas, mais que foron adquirindo na sociedade actual unha xeneralización absoluta e nel as novas xeracións non poden deixar de participar, evidenciando a exposición inesperadas ligazóns entre obras aparentemente desemellantes. Outramente, nos contidos salienta unha certa tendencia ao inmediato que fai que moitos creadores consigan os seus mellores logros na reinterpretación, lectura e diálogo coa cultura de masas e cos fluxos de información, fenómenos xa inseparábeis e mesmo indistinguíbeis da creación artística. É aí onde abrochan moitas peculiaridades do contexto galego que, sen dúbida marcado pola cultura global e a súa evolución, permite enxergar a súa singularidade, procurada ou non polos artistas, mais sempre presente. Froito desta nova realidade, as obras presentadas, ben variadas en técnicas e motivacións, teñen en xeral unha preocupación crítica que semella responder aos novos tempos. En resumo, estamos perante un proxecto meditado e atractivo e enormemente oportuno, testemuño do complexo presente (non só artístico) e do lugar onde moramos e que en certo sentido patentiza tamén un relevo xeracional e a calidade e capacidade de innovación das xeracións de creadores e creadoras galegos formados "entre dous séculos". |
NOS_24308 | Mantiveron unha conversa telefónica de sete minutos. | Quim Torra e Pedro Sánchez mantiveron esta quinta feira a primeira conversa telefónica desde que o líder do PSOE foi investido presidente do goberno español. Segundo fontes da Presidencia catalá citadas por medios como Nació Digital, a chamada durou sete minutos e serviu para que os dous líderes se emprezasen a se reunir após a constitución do novo Goberno español. Sánchez prevé nomear o seu novo Executivo a vindeira semana. O president, segundo as mesmas fontes, trasladou que o nomeamento ten que servir para "encarrilar" a mesa de diálogo institucional entre o Estado e a Generalitat. Torra deixou claras as condicións para constituír esta mesa de negociación: só comezará cando o decida o president da Generalitat e o propio Sánchez. A portavoz do goberno, Meritxell Budó, xa adiantara a inicios desta semana que o president "convocaría" partidos e entidades para definir a proposta catalá. |
NOS_9236 | A través do seu blog, o ex delegado da Sgae e ex-director de Agadic, Xoán Carlos Fasero abre a guerra contra o presidente da SGAE, Antón Reixa, un mes despois de ser destituído do seu cargo. Confésase "vítima" a acusa a Reixa de mentir e se ter aproveitado da SGAE. Ao seu ver, Reixa é o que tería que estar fora da presidencia da entidade. | A través dun longo texto, Xoán Carlos Fasero quere deixar claro o proceso que levou ao seu despedimento como delegado da zona noroeste da SGAE e acusa ao presidente Antón Reixa de ocultar información e se beneficiar da propia entidade. Xoán Carlos Fasero xustifica o seu proceder na subvención concedida ao musical producido por Antón Reixa desde a AGADIC -Axencia Galega de Industrias Culturais- pouco antes de abandonar o cargo de máximo responsábel para se poñer a fronte do centro da SGAE na chamada zona noroeste. "Non inflúe na mesa que o espectáculo en cuestión teña sido ou non un fracaso, senón que a empresa facturara o que dixo que ía facturar" explica, para confirmar o carácter "lícito" dunha convocatoria na que, segundo di, o director de Agadic non intervén. O clan galego de Reixa Segundo Fasero, a subvención é a "gota que colma o vaso" na xestión de Reixa diante da SGAE, "posta en dúbida en numerosas ocasións, debido ao seu enfrontamento coas televisións, a caída na recadación ou a aparición dun novo clan, que substitúe ao canario, e que agora se chama clan galego. Clan, por certo, ao que non pertenzo, dado o carácter do meu despido" anota. Para o ex delegado da SGAE no noroeste, a subvención concedida por Agadic é siplemente o "detonante" polo que a xunta directiva pide explicacións a un Reixa que "bota balóns fóra" a través dunha moción de confianza que remata co despido do propio Fasero que se considera "unha vítima"· "É difícil explicar que se referende ao presidente e se despida ao delegado" anota. Confesa Fasero que a SGAE chamara por el desde 2010, desvinculándoo así da subvención concedida a Reixa e el só aceptara se agardaban a que rematase a lexislatura. Nese tempo, Fasero asumira o posto máximo da Axencia Galega de Industrias Culturais a proposta do PP, partido do que con anterioridade fora concelleiro. Deixa así o posto como director da Agadic tan só caro días despois de se celebraren as eleccións ao parlamento galego. Fasero sinala que o posto que ocupaba era público e que todo o mundo coñecía as súas competencias, entre elas a xestión das subvencións que a axencia concedía. "O actual presidente da SGAE (e administrador único de Filmanova Invest cando se solicitou a subvención. En data de 24 de xullo de 2012) di que non sabía iso" afirma indicando que na súa carta de despido o acusan "de ter ocultado a información de que sendo eu director de Agadic, déralle unha axuda á empresa do presidente da SGAE". Reixa non sabía nada "Exactamente pon que o presidente non intervén na selección do director de SGAE Noroeste. É dicir que cando me propoñen, parece ser que non sabe quen son" sinala, con certa ironía. Lamenta polo tanto Fasero que despois de ter sido reclamado durante tres anos o despidan en 6 meses o que, ao seu ver, xéralle "danos morais e prexuizos" ao non poder traballar en dous anos con empresas que tiveran expedientes en curso. Líbrase da acusación de tráfico de influencias e pon a pelota no tellado de Reixa xa que o presidente da SGAE presentou o 24 de xullo a solicitude de subvención para o musical e soubo o 22 de outubro a concesión, tres días antes de que Fasero abandonase Agadic e apenas oito de que se incorporase á Sgae. Segundo Fasero, fora seleccionado o 13 de setembro, cando aínda non coñecía a resolución do expediente da convocatoria á que concorría a empresa de Reixa. Sen embargo, Reixa si sabía que estaba pendente da concesión de axudas da Agadic, di Fasero. "Si a subvención é legal, Reixa debería deixar a presidencia de SGAE por ocultar a información que para o Consello de Dirección era relevante e despois por mentir defendendo a súa cabeza a cambio de sacrificar a dos outros" conclúe non sen acusar a Reixa de aumentar os poderes do presidente ou contratar e "pagar un diñeiral" a unha empresa amiga para xestionar os edificios de Arteria. Fasero non se refire ao tema no seu blogue mais iniciou xa accións xudiciais contra o seu despedimento. |
NOS_44320 | A Asociación Pola Defensa da Ría presentou dúas denuncias contra Ence nos xulgados de Pontevedra debido o intento da empresa contaminante de boicotear a marcha contra celulosas celebrada o pasado 16 de xuño. O presidente da APDR, Antón Masa, en declaracións a Sermos Galiza afirma que tal actuación puido ser constitutiva de delito e lamenta que a empresa manipulase o himno galego para tentar impedir coa súa sintonía a lectura do manifesto. | Os xulgados de Pontevedra acolleron un acto da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) no que se realizou a apresentación de dúas denuncias contra a empresa Ence polos feitos acontecidos o pasado 16 de xuño no marco da anual marcha contra celulosas. Cando a mobilización chegou perante as portas do complexo contaminante e ía comezar a lectura do manifesto a empresa pinchou gravacións a altos decibelios (consistentes en consignas en prol da "sustentabilidade" do xigante contaminante e na melodía do himno galego) a través de megafonías orientadas cara ás persoas manifestantes, co obxectivo de que o manifesto non se puidese escoitar. Masa considera que o intento da empresa contaminante de boicotear a marcha contra celulosas pode ser constitutiva de delito Antón Masa, presidente da APDR, quen aquel día tamén era o encargado de dar lectura ao manifesto, foi a persoa que esta terza feira formalizou a denuncia. Masa considera que o intento da empresa contaminante de boicotear a marcha contra celulosas pode ser constitutiva de delito e lamenta profundamente que a empresa se atrevese a chegar ao extremo de manipular o simbolismo do himno galego para lanzalo como mordaza contra a poboación. Unha das denuncias apresentouse no Xulgado de Instrución de Garda e a outra ante Fiscalía. "Nelas denunciamos que con esa actuación se lesionou de forma grave o dereito de manifestación e entendemos que isto pode ser precisamente un delito contemplado no artigo 514.4 do Código Penal", afirma Masa en declaracións a Sermos Galiza. Nestas denuncias solicitan ao xulgado que proceda admitir a denuncia, incoar as dilixencias e iniciar unha instrución penal. "Achegamos tamén probas formadas por gravacións de vídeo e audio onde se amosa o comportamento da empresa", sinala Masa "Achegamos tamén probas formadas por gravacións de vídeo e audio onde se amosa o comportamento da empresa", sinala Masa, quen apunta que tamén solicitaron á Fiscalía a apertura de dilixencias informativas de cara a poder percorrer a vía penal. A denuncia vai dirixida ao conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenero, porque segundo Masa apunta "é a persoa que debe buscar quen é responsábel dos feitos". Ano a ano a loita continúa Máis de 10.000 persoas volvéronse manifestar o pasado 16 de xuño contra a presenza do complexo contaminante na ría de Pontevedra. Desde as alamedas de Marín e Pontevedra até a porta de Ence en Lourizán déronse cita veciñas e veciños de todas as idades das localidades desta rica ría afectada pola presenza do xigante contaminante. Este ano atopáronse con esa resposta por parte da empresa, mais tamén o presidente da APDR sinala que a actitude das persoas que desde o interior de Ence "sempre nos están a gravar", foi este ano moito máis "chulesca", mofándose de nós. Para Antón Masa a manobra responde á situación "desesperada" que está pasando Ence Para Antón Masa a manobra responde á situación "desesperada" que está pasando Ence, "xa que son sabedores de que teñen que marchar porque a licenza caducou o ano pasado" e a prórroga outorgada por Mariano Raxoi cando estaba como presidente en funcións do goberno do Estado español será seguramente declarada como ilegal", razoa Masa. |
NOS_28585 | Francisco Nogueiras leva 42 anos na Suíza. É empresario e membro do Consello Comarcall da Emigración do BNG e tocoulle o 13 como número que acompaña ao seu nome na candidatura de Ourense ao Parlamento de Galiza nestas eleccións. | Qué diferencias ten un galego que quere votar no estranxeiro?A diferencia máis palpábel é que votamos a destempo. Cando aquí aínda se está de debates os nosos votos xa teñen que estar na papeleta. Como representante, non só do BNG na emigración, senón como emigrante, defendo o voto en urna e no mesmo día en que se fai en Galiza. Eu non quero que o meu voto sexa deturpado, pois o voto, normalmente, lixa a quen o emite, e non a quen o recibe. Co sistema de agora calquera dos votos poden ser corruptos.O BNG divídese estructuralmente por comarcas, e a da emigración tamén ten esa nomenclatura. Xeográficamente é a "comarca" máis grande de todas, pero non en militancia... Concorda con ese reparto?Temos agora unhas grandes posibilidades de incrementar a militancia na Comarca da Emigración, cada vez chegan máis mozos e mozas, de feito xa o notamos.En canto ao reparto... non comparto esa forma de dividir a militancia de fóra da Galiza administrativa. Eu son Responsable Comarcal dunha comarca que ten múltiples e diferentes problemas con outras tantas diversas solucións. E é moi difícil traballar. Temos militantes nas autonomías do estado, na Suíza, en Venezuela, en Alemaña, en Brasil... Non é o mesmo un emigrante que viva en Madrid, que un que vive na Suíza ou en América. O contacto e a cercanía con Galiza é moi diferente, e o que reivindica cada grupo é distinto.Logo debe ser complicado organizar á militancia...Desde o meu punto de vista debería haber tres divisións no que chamamos a Comarca da Emigración, que serían: A Comarca de España, a de Europa e a de América. Temos por exemplo, militancia en Catalunya, en Arxentina, Suíza, e moitos máis países, co que a comunicación é vía internet.Como ven os/as emigrantes a Galiza desde fóra?A xente non che está moi ao día, e pensan que con ver a TVG de cando en vez xa lles chega. Non se dan conta da manipulación da canle galega, pois non teñen forma de contrastalo. Cren todo o que lles solta o telexornal. Hai de todo. Hai emigrantes, coma min, que temos moito contacto ao vir varias veces por ano, pero a maioría non.Como se organiza unha campaña para votantes tan desconectados da realidade do País no que exercen o dereito ao sufraxio?Pois os discursos son diferentes, adaptados tamén ás realidades de cada país no que se está a falar. En todas as campañas se organizan mesas redondas en diferentes países onde se expoñen os problemas de Galiza e as solucións que da o BNG. Nesta campaña non se desprazaron candidatos, pois xeralmente a campaña facémola a militancia que vive en cada país para aforrar recursos ao partido, e porque sabemos que os votos nacionalistas dos residentes ausentes son escasos. Ademais estamos en contacto cos Centros Galegos de todo o mundo onde facemos actos e mandamos información.Nos últimos anos asistimos á redución do estado. As políticas viraron cara a dereita restando dereitos ás clases medias, as que tamén se viron privadas de poder adquisitivo, e os mercados van fagocitando todo abertamente. O emigrante sempre soña con voltar á súa terra. Como inflúen os cambios políticos no retorno?As políticas do PP teñen esquecida á clase traballadora, co que tamén á emigración. Só se lembran en campaña para encher a saca de votos. Afortunadamente moitos dos que voltan fano coa pensión propia dun país que protexe aos seus cidadáns e son pensións dignas para vivir. Estes pouco van notar a crise. Pero persoas que non teñan unha pensión completa da Suíza ou da Alemaña, vano pasar moi mal, pois veñen acostumados a un nivel de vida diferente, e, sobre todo, a ter un poder adquisitivo moito maior ao que se pode ter en Galiza. Hoxe, a diferencia de hai anos, os emigrantes que quedan fóra viven ben, teñen unha boa posición. Coas políticas de recortes que, en xeral, aplica Feijoo, e en particular, na sanidade, moitos non van voltar, pois non lles compensa. Non hai moito dábase a coñecer un dato que conmocionou á sociedade galega: Cada día, 2.000 mozos e mozas abandonan Galiza...Moito máis. Nótase moito. O outro día saía de casa e vin un coche con matrícula do Reino de España cos cristais abafados, cada vez é máis común ver galegos durmindo en coches na procura de traballo. Vese moita xente na rúa con camisolas do celta ou do deportivo falando galego pedindo traballo, sobre todo nas grande cidades. Hai poucos días que a prensa suíza falaba da invasión de españois que se instalan en tendas de campaña. Aquí se perciben como cando os subsaharianos durmían na rúa para traballar na tempada en El Ejido.Diso non se fala aquí...Están chegando familias que os estafan ofrecéndolle un traballo e ao chegar non teñen nada. Contratei eu un matrimonio de murcianos con fillos que chegaron aquí sen nada que levar á boca, porque pagaran os seus últimos 3.000 € a uns estafadores en concepto de arranxo de trámites para conseguirlles traballo no estranxeiro.Como é, logo, o perfil do novo emigrante? Que diferencias ten co emigrante medio dos anos 60?Coma a lúa e o sol. Nos 60 e 70 moitos dos que chegabamos eramos analfabetos, nunca subiramos nun tren, ou non viramos nunca un váter. Os mozos que veñen hoxe é a xeración mellor preparada da historia de Galiza. Na miña empresa entran currículos a diario de xente cunha preparación altísima. Pero a diferencia de antes, teñen menos oportunidades. Na Suíza, por exemplo, o mercado laboral está saturado, a porcentaxe de paro é ridícula. Os nosos mozos van ocupar postos de traballo que ninguén quere e nos que van estar explotados. É unha mágoa que Galiza deixe escapar á mocidade máis preparada e que esta nunca desenvolva o traballo para o que está capacitada. O que ten que facer Feijoo é cumprir o que promete e xerar emprego para a mocidade, que hoxe non ten futuro no seu país, e Galiza non merece. |
NOS_10895 | O Consello da Xunta aprobou onte dous decretos polos que se nomea a Manuel Corredoira López como novo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, e se dispón o cesamento de José Luis Mira neste mesmo cargo. | Manuel Corredoira López (A Coruña, 1955) é enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña e licenciado en dereito pola Universidade da Coruña, e na actualidade desempeñaba o cargo de subdirector xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Forma parte do Corpo de inspectores de Educación e desde 1984 exerce como profesor de ensinanza secundaria na especialidade de formación profesional de organización e procesos de mantemento de vehículos. Foi xefe de estudos do IFP Someso da Coruña entre 1993 e 1997; asesor técnico docente na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en 1997; subdirector xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 1998 a 2000; e subdirector xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación Cultura e Deporte entre o 2000 e o 2004. É tamén representante da Administración educativa no Consello Escolar de Galicia e foi presidente do Comité nacional para o programa Leonardo da Vinci II do Ministerio de Educación Cultura e Deporte entre 2000 e 2004. Ademais, participou como coordinador en varios informes e proxectos europeos e nacionais vinculados coa educación. |
PRAZA_7033 | A Xunta segue evitando publicar os salarios de todo o seu persoal asesor aínda que é obrigatorio dende o ano 2006. O PSdeG introduce unha emenda nos Orzamentos de 2015 para tentar conseguir os datos e AGE insta a publicar tamén os salarios do Consello de Administración da CRTVG, igualmente descoñecidos. | "Transparencia". Cando, no ano 2006, o Goberno da Xunta comezou a tramitar a Lei de Transparencia atopou numerosas chanzas na bancada do PP. "Lei da páxina web da Xunta" ou lei "ridícula" foron algúns dos cualificativos que os conservadores lle dedicaron a un texto que consideraban innecesario por non achegar nada novo, se ben finalmente deron en votar a favor. Máis de oito anos despois da posta en marcha da norma que abriu a porta por primeira vez á publicación de soldos e contratos públicos ou que vetou os agasallos aos dirixentes gobernamentais, o Goberno galego incumpre reiteradamente un dos seus artigos máis sensibles, o 17, que obriga á publicación "nominal" de todos os salarios do persoal eventual e de gabinete, os coñecidos popularmente como "asesores". Diante destes incumprimentos o PSdeG introduciu nos orzmaentos de 2013 e 2014 senllas emendas para forzar o Executivo a ofrecer esta información. As achegas foron aprobadas pero, cando xa se está a tramitar o proxecto orzamentario de 2015, os datos seguen sen ser públicos. Así, nos Orzamentos Xerais para o vindeiro exercicio o Goberno destina un montante global de 5,8 millóns de euros para pagar os salarios do persoal eventual de gabinete -un 2,2% máis que en 2014- pero non detalla de cantas persoas se trata. Deste xeito, nos anexos de persoal dos proxectos de contas públicas é posible coñecer, por exemplo, o número de funcionarios e funcionarias que traballan ao servizo de cada consellería pero os recadros destinados a explicitar o número de asesores están, simplemente, en branco. Os Orzamentos inclúen un montante global de 5,8 millóns para o persoal asesor das consellerías, que non revelan de cantas persoas se trata nin os seus salarios individuais Os Orzamentos non informan de canto persoal asesor sufraga o erario autonómico nos diferentes departamentos gobernamentais e tampouco o fan as propias consellerías a través dos seus respectivos sitios web, como manda a lei de transparencia. Así, por exemplo a Presidencia da Xunta informa en internet dos nomes e remuneracións concretas de seis asesores e asesoras cuxos salarios suman algo máis de 200.000 euros ao ano. No entanto, só a Secretaría Xeral da Presidencia ten orzamentados para 2015 máis de 800.000 euros para pagar os soldos dun número descoñecido de asesores. De idéntico xeito, a Vicepresidencia publica na súa web os soldos de persoal asesor por importe de algo máis de 80.000 euros pero, contando só as partidas da súa Secretaría Xeral Técnica para este fin, superan os 350.000 euros. Neste contexto, e menos de dous meses despois de que o PP se negase abertamente no Parlamento a revelar estes datos porque, segundo a súa deputada Paula Prado, a Xunta xa está "cumprindo a lei de transparencia", os socialistas presentan de novo unha emenda a este respecto para as contas públicas do ano que vén. Trátase, sinala o seu voceiro en materia económica, Juan Carlos González Santín, de que a Xunta publique a "identificación, funcións e remuneracións" de cada un dos asesores e asesoras para que a cidadania poida teña esta información "de forma directa" Os descoñecidos soldos do Consello da CRTVG Durante a tramitación dos novos Orzamentos saíu de novo á palestra outro buraco negro no que á transparencia dos soldos públicos se refire: o consello de administración da CRTVG, o órgano de 12 membros concibido para velar polo bo funcionamento dos medios públicos e que, sobre o papel, está formado por persoas de "acreditado prestixio profesional" no mundo da comunicación, se ben adoitan acabar nel persoas elixidas cun criterio unicamente partidario, caso por exemplo do dirixente do PP de Lugo José Luis Iravedra, entre outros. Como no caso dos asesores das consellerías, a información contida nos orzamentos do ente público, incluídos nas contas da Xunta, fai imposible saber as remuneracións concretas de cada un destes directivos. O último dato do que dispón o Comité Interempresas data do ano 2012, cando se destinaron a estas remuneracións un total de 941.610 euros, segundo puido saber Praza Pública. O último dato dos soldos do Consello da CRTVG é de máis de 900.000 euros A reclamación por esta falta de información chegou tamén ao Parlamento, neste caso a través de AGE, que a través da súa vicevoceira, Yolanda Díaz, e do deputado Ramón Vázquez esixe que "a Xunta deixe de ocultar os datos" que o grupo vén solicitando reiteradamente. Dado que non existe información pública concreta, Alternativa sinala que, segundo os seus propios cálculos, "se están a agachar de xeito consciente cantidades obscenas" que o Goberno oculta mentres "fai declaracións grandilocuentes na defensa da transparencia". Se estes datos non son públicos "antes do remate da tramitación dos orzamentos", advirten, a coalición verase "obrigada" a "acudir aos tribunais para conseguir esta información". |
PRAZA_16878 | Todo o que non sexa penalizado nos tribunais resultará eticamente aceptábel. Este é o automatismo que, explícita ou implicitamente, pregoan habitualmente os voceiros dos partidos hexemónicos e unha boa parte dos creadores de opinión | O "affaire" Cifuentes permite realizar unha radiografía da lóxica dominante na acción política do PP e, ademais, posibilita medir os efectos que provoca ese xeito de actuar na vida pública que se desenvolve no Estado español. A presidenta da Comunidade de Madrid non está imputada -como é o caso doutros compañeiros do seu partido- por presuntos episodios de corrupción. Máis aínda: ten manifestado explicitamente a súa incompatibilidade con todas aquelas persoas que utilizan os seus cargos representativos para buscar distintas vantaxes materiais. A pesar deses precedentes, a señora Cifuentes non foi quen de superar a súa particular proba do nove con esa titulación da URJC: acumulación de mentiras, negativa a mostrar o traballo académico supostamente presentado, translación das posíbeis responsabilidades polas irregularidades cometidas ás autoridades desa Universidade... Hai tempo que, neste ámbito, o comportamento dos principais partidos que veñen hexemonizando a política española non resulta homologábel co que se rexistra noutros territorios da UE. Por exemplo:na República Federal alemá -onde habitan eses xuíces tan criticados polos defensores do maxistrado Llarena- un ministro do goberno Merkel non tardou 24 horas en dimitir cando transcendeu que unha parte da súa tese de doutoramento era copia dun traballo anterior. Non foi preciso que outras formacións pediran o seu cesamento ou que se abrira unha investigación e moito menos que se promovera a xudicialización do sucedido. Abondaba coa constatación da existencia dunha mentira protagonizada por un persoeiro público. Aquí, certamente, non se aplica a mesma terapia. Se alguén do PP ou do PSOE incorre nun comportamento inapropiado, o primeiro que fan os afectados e os seus dirixentes é proclamar a súa inocencia e remitir o asunto ás instancias xudiciais. O siloxismo argumental sempre foi o mesmo:a condición necesaria para pensar nunha eventual dimisión é a existencia dunha imputación por unha determinada figura delictiva. A partir de aí dependeu dos casos concretos:nalgunhas ocasións foi suficiente co referido encausamento pero noutras foi precisa a existencia dunha sentenza condenatoria firme. Na filosofía dominante na política española, a ética fusionase coa legalidade. Mellor dito:coa interpretación que fai o poder xudicial do corpo legal vixente. Todo o que non sexa penalizado nos tribunais resultará eticamente aceptábel. Este é o automatismo que, explícita ou implicitamente, pregoan habitualmente os voceiros dos partidos hexemónicos e unha boa parte dos creadores de opinión. Por iso Cifuentes non presentou a dimisión cando se coñeceu a impostura do seu expediente académico. E por iso, tamén, Pablo Casado trata de agachar compulsivamente as pegadas dun currículo construído para facer viábel unha ambiciosa carreira política. Con tal obxectivo non lles importa arruinar a reputación dunha universidade pública -a URJC- que xa dera probas de estar dirixida por algúns funcionarios sen escrúpulos, dispostos a vender a invocada autonomía universitaria a cambio de proveitosos favores das autoridades políticas. Neste contexto, a dimisión presentada polo deputado de En Marea na Cámara do Hórreo ten un relevante valor pedagóxico. Nin se parapetou na evidencia legal de que o escano parlamentario é potestade exclusiva da persoa electa nin utilizou a coartada, tan repetida, de que o seu caso é diferente de outros que están no escenario público. Fixo unha demostración práctica de que non todo o mundo comunga coas rodas de muíño que se ofrecen dende os sectores que se resisten a promover unha rexeneración críbel da vida política. Non debería haber dúbidas: sen que se visualice unha exemplaridade contundente nas persoas que ocupan postos de representación institucional non será posíbel revitalizar a calidade do sistema democrático. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a> |
NOS_14820 | O cadro de persoal denuncia que a propietaria, General Dynamics, non ofrece á factoría herculina o mesmo prazo que a outras fábricas que ten no Estado para atopar unha solución | A multinacional General Dynamics non está a tratar nas mesmas condicións á factoría que ten na Coruña que as outras que posúe no Estado español e que tamén entran dentro do proceso de reestruturación (despedimentos e peches) anunciado a comezos de ano. Esta discriminación, denunciada polas e polos traballadores, é o motivo do peche idefinido que o cadro do persoal comeza esta quinta feira e que terá carácter indefinido. @s operarios sosteñen que a multinacional ofertou non despedir ao cadro de persoal até o 1 de xuño, polo que sería ERE temporal e non o de extinción. Para sindicatos e comité de empresa iso non abonda. E apontan a que noutras factorías a propietaria está a ofrecer prolongar esa situación até 8 meses, dando tempo así a procurar unha solución que evite o peche. Variacións General Dynamics modificou, iso si, algúns puntos en relación a súa proposta inicial, mais mantese no peche da factoría herculina. Propón aumentar até os 56 anos a idade para pedir a prexubilación voluntaria. E mesmo estaría a avaliar aumentar a indemnización para adscripción voluntaria a incrementar 20 mensualidades. |
NOS_26592 | Un menor de 14 anos vén de recibir a alta no Hospital Teresa Herrera da Coruña tras recibir con éxito un transplante cardíaco en asistencia ventricular minimamente invasiva, unha técnica probada en persoas adultas, mais inédita entre a poboación infantil. | Un equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou o primeiro transplante cardíaco infantil en asistencia ventricular minimamente invasiva do Estado español, polo que se converte no primeiro hospital público dos seis que hai en todo o territorio galego con programa de transplante cardíaco infantil en completar esta operación. A intervención tivo lugar o pasado 7 de setembro, de madrugada, precisou esta terza feira o centro hospitalario, a cargo do equipo médico de Cirurxía Cardíaca Infantil do Hospital Público Universitario da Coruña. O paciente, un rapaz de 14 anos de fóra da Galiza, estaba de vacacións en Vigo cando sufriu un síncope en plena rúa. Nese momento foi trasladado de urxencia ao hospital cunha disfunción ventricular que provocou unha insuficiencia cardíaca aguda. Posteriormente foi derivado á Coruña para implantarlle un dispositivo de asistencia ventricular que suplise a función do corazón nas mellores condicións até a aparición dun órgano compatíbel. Así, desde que entrou en urxencia cero para un transplante, o mozo estivo dous meses na UCI conectado a un corazón artificial. Pioneiro na infancia O hospital público coruñés convértese é o primeiro do Estado en abordar cunha asistencia ventricular minimamente invasiva un transplante cardíaco infantil. Esta técnica, explican desde o centro hospitalario, adóitase empregar en persoas adultas con problemas cardíacos graves xa que, á espera dun órgano compatíbel co receptor, facilita que o paciente chegue ao transplante nunhas condicións excelentes. Neste caso, a experiencia con doentes maiores permitiu abordar "esta complicada técnica nun menor, coas máximas garantías". Corazón artificial O implante da asistencia ventricular -ou corazón artificial- minimamente invasiva realízase mediante unha pequena incisión na parte lateral esquerda do tórax. A continuación, describen, localízase a punta do corazón e introdúcese unha cánula que extraerá o sangue do paciente para, máis adiante, a través dunha punción na arteria femoral, devolvela ao torrente sanguíneo coa presión idónea permitindo unha correcta perfusión dos órganos. "Con este dispositivo conséguese substituír a función do corazón en condicións excelentes á espera da aparición dun órgano compatíbel", recalcan desde o Chuac. A intervención cirúrxica "foi todo un éxito", polo que dez días despois de recibir o corazón dunha persoa doante "o paciente foi dado de alta no hospital, realizando o seguimento da súa evolución de maneira ambulatoria". Fogar de Corazóns Ao tratarse dun paciente doutra comunidade, durante o seu ingreso activouse o protocolo do programa 'Fogar de Corazóns', financiado pola Fundación María José Jove, que permite o aloxamento dos seus familiares sen custo algún en hoteis da cidade. |
PRAZA_7339 | ENTREVISTA O que fora director xeral para o Deporte no goberno bipartito e un dos principais impulsores da selección galega rebate os argumentos da Xunta e do PP contra aqueles partidos amigables. "Nin había confrontación política nin era un problema económico", asegura. | Santiago Domínguez foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entre 2005 e 2007 e un dos principais impulsores das seleccións galegas que en diferentes disciplinas agromaron naqueles anos do bipartito no Goberno galego. Nove anos despois da reestrea da selección de fútbol contra o Uruguai en Compostela, a Irmandiña cumpre xa seis anos sen disputar o encontro amigable do Nadal e cumprirá sete se a Administración autonómica e o novo presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, non o remedian. O novo dirixente do deporte rei no país di querer o "regreso" do combinado pero só se iso non supón "confrontacións políticas", uns supostos problemas que o actual concelleiro do BNG en Vigo nega unha e outra vez nesta entrevista na que rebate os argumentos dos populares contra a festa do fútbol galego. "O argumento económico é absolutamente falso; foi un problema político mal entendido polo PP", di. Que sente ao ver pasar outro Nadal sen partido amigable da selección galega? Sinto mágoa porque é unha pena que puideramos ver este domingo un partido entre dúas seleccións como a de Euskadi e a de Cataluña, que poden gozar dos seus xogadores e dos seus equipos, mentres ves que da selección galega xa non queda nada. "O argumento económico é falso; a selección galega non só non custou cartos, senón que chegou a dar superávit" A Xunta, desde a volta do PP, xustificou a súa negativa a impulsar o partido polo importe económico que supuña... É unha absoluta falsidade o argumento do tema económico. A selección galega non só non custou cartos á administración pública, senón que chegou a dar superavit. Tiñamos importantes patrocinadores, como Caixanova e Gadisa, e as súas achegas, xunto coa venda de entradas, permitíannos sufragar os gastos. Ademais, lembro que o partido da reestrea en Compostela contra Uruguai, en 2005, foi o programa de máxima audiencia en todas as canles de televisión e iso poucas veces se ten en conta. Non había un problema económico, senón un problema político mal entendido para o PP. Cando decidimos levar adiante as seleccións galegas, non só a de fútbol, non o fixemos cunha motivación política, senón deportiva porque criamos que os seareiros galegos tiñan dereito a vero os seus deportistas representando o seu país. Pero Feijóo chegou a cifrar nun millón de euros o gasto por cada un daqueles partidos... Iso é falso, absolutamente falso. A Xunta o único do que tiña que facerse cargo era do desprazamento e aloxamento da selección rival, pero iso naquel primeiro partido xa foi cuberto cos cartos que achegaron os distintos patrocinadores e máis os billetes que se venderon ao público. Insisto: o primeiro partido deu superávit e nos outros quedouse practicamente a pre. Pero a Xunta e Feijóo tiveron que empregar eses argumentos para xustificar a desaparición de todos aqueles símbolos que non lles gustaban. "Calquera partido da selección tiña un 80% menos de orzamento do que supón traer unha etapa da Vuelta, onde non hai un só galego" Era un gasto asumible? Calquera partido da selección galega tiña de orzamento un 80% menos do que supón hoxe para a Xunta traer unha etapa da Vuelta Ciclista a España. Aí o Goberno non ten reparo en gastar eses cartos nunha competición onde non corre ningún equipo galego -ao contrario do que sucedía antes co Xacobeo Galicia- e onde non hai nin un só ciclista galego que nos represente. Cun 80% menos facíanse dous partidos da selección galega, masculina e feminina, onde máis de 22 deportistas se daban a coñecer, porque o escaparate que aquilo supuxo tamén foi moi importante, especialmente para as rapazas. Verónica Boquete defendía a importancia e necesidade da selección galega para as mulleres e non tan para os homes. E era verdade que así era, pero outros non quixeron nin ver esa vantaxe naqueles partidos. Agora todo o mundo se apunta aos éxitos do deporte galego, pero aquelas seleccións galegas e aqueles partidos internacionais tamén lles serviron de escaparate a moitos deportistas e no caso do equipo feminino de fútbol foi un pulo moi importante. Houbo quen nin tan sequera o entendeu así ou non o quixo entender así. "Non había problema político ningún; destacados deputados do PP saltaban e vibraban coa selección no palco" En definitiva, o PP entendeu que aquilo era un problema político ou de politización? Entendérono así, pero problemas non houbo ningún. O claro exemplo de que daquela non había tema político é que no palco daquel primeiro partido en San Lázaro non só estabamos representantes públicos do goberno bipartito, senón deputados moi ilustres do PP que viron o partido, saltaron e vibraron cos goles da selección galega. É obvio que non houbo politización e que aquilo serviu para unir a todos os galegos, independentemente do que pensasen. E iso tamén era unha achega moi importante dos partidos amigables de Galiza. Vendo todo o que está a pasar coa violencia no fútbol, hai que ter en conta que aquela selección foi quen de xuntar dúas afeccións como a do Celta e a do Deportivo baixo unha mesma bandeira, unidas e animando un mesmo equipo, pero tamén a do Lugo, do Compostela, do Pontevedra, do Ourense, do Racing... Os Riazor Blues e os Celtarras uníronse por un mesmo equipo e aquilo tamén era unha contribución moi importante. "É de risa que desde a Xunta e o PP se diga que non se debe politizar o deporte despois do visto na Federación Galega de Fútbol" Sorprende un pouco escoitar o da "politización do fútbol" despois de que destacados membros do PSdeG e do PP fosen os candidatos ás eleccións da Federación Galega. É de risa que desde a Xunta ou desde o PP se diga que non se debe politizar o deporte cando un destacadísimo membro dese partido e presidente da Deputación de Pontevedra se presenta a esas eleccións. Pero non só iso. Os mesmos que falan de que se politiza o deporte son os que coas súas decisións provocan recortes nas bolsas económicas a moitos deportistas galegos ou as dificultades que pasan deportistas paralímpicos, discriminados pola falta de axudas do Goberno galego. Pero eses mesmos, como Feijóo ou o director xeral para o Deporte, son os primeiros que sacan as fotos con eles cando conseguen medallas en importantes torneos. Pois Louzán insiste en que só regresará a selección galega "se o partido non é unha confrontación política". Insisto en que non houbo nunca problemas políticos. Que me digan no PP cales foron esas polémicas ou confrontacións que se crearon cando no palco ou na bancada había deputados dos tres principais partidos de Galicia. O que ten que facer Louzán, se cre na selección galega -algo que dubido- é facer o que fixemos nós: coordinarse coa Dirección Xeral para o Deporte e organizar un encontro amigable no vindeiro Nadal. Que non se poñan desculpas sobre hipotéticas confrontacións políticas cando nunca houbo nada diso. "Se Louzán quere o partido do Nadal, que se coordine coa Xunta e o organice e non busque desculpas sobre hipotéticas confrontacións" O que é obvio, e entendible, é que quizais aquel que se sente máis nacionalista ou galeguista poida vibrar máis coa selección galega... Pero nin tan sequera ocorría iso porque dos milleiros de espectadores que viron os partidos pola TVG, estou ben seguro que non eran todos nacionalistas. Oxalá o fosen, pero non era así. Aqueles amigables non foron ningún problema político porque a xente, a diferenza do que lle pasao aos dirixentes populares, saben diferenciar as cousas. Se imos animar un equipo galego significa iso que todos somos nacionalistas? Por suposto que non. Simplemente, hai persoas que lle teñen apego ao seu, ao que somos, ás súas cores e ás súas sinais de identidade e os equipos galegos, e tamén a selección, son unha das sinais de identidade, independentemente da súa adscrición ou preferencia política. Cando todos os futbolistas galegos e todos os equipos se xuntan nun é normal que os galegos o apoien e iso é o que algúns non acaban de entender. |
NOS_20529 | Quem lhe pode tirar mais proveito ao governo da gerigonça é o Partido Socialista de António Costa. Assim o indicam os últimos inquéritos. A sondagem mais recente, publicada pelo Jornal das Notícias, coloca o PS à beira da maioria absoluta. As eleições legislativas terão lugar o vindouro mês de outubro. | O PS, embora não ter sido o partido mais votado em 2015, governa Portugal com o apoio parlamentar, num fenómeno inédito do Bloco de Esquerda e o Partido Comunista Português. A colaboração entre estas três forças da esquerda lusa tem sido chamada o governo da gerigonça. A direita, quando começou a andar, prognosticou que a coisa não calharia pelas inevitáveis tensões entre os parceiros. Nada disso tem acontecido e a experiência tem sido avaliada positivamente pela opinião pública portuguesa. Coisa distinta é quem vai beneficiar mais da gerigonça do ponto de vista dos ganhos eleitorais. E aqui as sondagens concordam em assinalar que vai ser o PS quem saia reforçado, enquanto os seus sócios registam leves descensos, mais acentuado no caso do PCP. Com efeito, e segundo a sondagem elaborada por Pitagórica para o JN e TSF, a formação liderada por António Costa conseguiria 43,2% dos votos, o qual supõe que na prácica dobraria o principal partido da direita, um PSD que apenas alcançaria 21,6%. O 43,2% é um grande resultado para o PS, que aumentaria 11 pontos a respeito de 2015, mas fica aquém do preciso para a maioria absoluta, lograda por José Socrates em 2005 quando chegou a 45%. A terceira força com mais apoios segundo o inquérito é o Bloco de Esquerda, com 9,2% (10,19% em 2015), enquanto que a quarta posição seria para o PCP; com 6,8% (8,25% nas eleições anteriores). |
PRAZA_6371 | Deveríamos multiplicar por 18 as nossas exportaçons a França se queremos compará-las em forma equitativa com as exportaçons dirigidas a Portugal. A potencialidade do espaço galaico-português, que a muito doestada Europa conseguiu resgatar das maos incompetentes e timoratas das burocracias madrilena e lisboeta, é um campo de forças que estamos obrigados a potenciar | Parceiros comerciais externos, a Galiza tem muitos. Perto de duzentos países registam as estatísticas de compradores e fornecedores estrangeiros de produtos galegos. Entre eles, apenas uns poucos alcançam peso significativo. Em definitivo, a economia galega gravita em torno de duas economias comunitárias: umha potente como a francesa e outra modesta como a portuguesa. Os dados do comércio exterior galego de 2012 confirmam o singular papel de ambos parceiros. Dos 162 países que figuram como fornecedores externos da economia galega e dos 197 que figuram como compradores, a República Francesa figura em ambos os casos com o número um e Portugal como o dous. As importaçons galegas alcançárom em 2012 um montante de 15.008,9 milhons, 2.198,8 dos quais (14,65%) procediam da França e 1.696,8 (11,31%) de Portugal: 26% em conjunto. As exportaçons no mesmo período ascendérom a 16.662,8 milhons, 3.928,6 destinadas a França (23,6%) e 2.231,8 (13,4%) a Portugal: 37% em total. Se tomamos em consideraçom o facto de que as importaçons energéticas galegas – cru e gás natural – alcançarom nesse ano os 4.361 milhons de euros – 29% do total das importaçons - e que nem França nem Portugal som países produtores, podemos concluir que o peso conjunto da França e Portugal nas nossas importaçons sobe do 26% para o 37%, excluídas as compras energéticas. Conclusom: França e Portugal som responsáveis de quase 2/5 partes do nosso comércio externo. Deveríamos multiplicar por 18 as nossas exportaçons a França se queremos compará-las em forma equitativa com as exportaçons dirigidas a Portugal Talvez nom esteja de mais apontar umha breve digressom acerca da singular relaçom comercial que une à Galiza com Portugal. A magnitude de França, medida em termos de PIB, multiplica por 12,4 à de Portugal e por 1,43 o poder aquisitivo dos consumidores. Como consequência, deveríamos multiplicar por 18 as nossas exportaçons a França se queremos compará-las em forma equitativa com as exportaçons dirigidas a Portugal1. A consequência da correcçom proposta seria que a França absorveria em solitário quatro vezes bem contadas a totalidade das exportaçons galegas! A fortíssima atracçom comercial que observamos nas relaçons entre a Galiza e Portugal nom é assunto fácil de explicar. A composiçom da cesta das nossas compras em Portugal assemelha-se muito à das nossas vendas. Embora seja possível detectar o efeito de Megasa, Alcoa e a indústria da carpintaria de alumínio, Citroën e Inditex, e de Repsol e a indústria conserveira na nossa cesta de exportaçons de aço, alumínio, automóveis e componentes, confecçom com destino a Portugal, também é certo que há um avultado conjunto de produtos primários (peixe e marisco, carne, leite, madeira) com ampla presença tanto na cesta de exportaçons como na de importaçons. Na analítica económica costuma-se qualificar-se esta circunstáncia como tráfego interindustrial, denotativo de que o destino dos trocos som processos produtivos mais bem do que demanda final. Troco interempresarial, em definitivo, sinal certo da existência de um mercado comum de signo cooperativo. A potencialidade do espaço galaico-português, que a muito doestada Europa conseguiu resgatar das maos incompetentes e timoratas das burocracias madrilena e lisboeta, é um campo de forças que estamos obrigados a potenciar A potencialidade do espaço galaico-português, que a muito doestada Europa conseguiu resgatar das maos incompetentes e timoratas das burocracias madrilena e lisboeta, é um campo de forças que estamos obrigados a potenciar. Evaporada a onerosa fronteira que nos mantinha confinados em celas separadas, Galiza recupera a dimensom perdida e Portugal o Norte negado. O nosso idioma está avocado a renovar-se como galego-português na mesma medida que o tecido económico que o Minho seccionava está chamado a reorientar-se como regiom europeia sul atlántica em transo de formaçom. Esta é a via certa para superar a excentricidade que nos limita e os gravosos custos que comporta. A agulha magnética dos indicadores económicos aponta para a existência de um campo gravitacional galaico-português sulcado por linhas de força precursoras mensuráveis em termos económicos. É tempo de orientar-se nele e tirar as consequências de sermos Atlántico europeu de vocaçom afro-americana, tal como a economia aponta e a língua confirma. 1- 12,4*1.43=17,7 |
NOS_11073 | O seu mundo non era deste mundo. Ou si. Porque Arturo Baltar empregaba a materia máis humilde, a arxila, o barro. Mais adoito facíao para modelar retablos, maternidades, desposorios, imaxes de santos, cruceiros, nacementos, peregrinos. A relixión na obra de Baltar era, non obstante, popular, apegada á terra, afastada dos palacios. Onte morreu en Ourense, 93 anos despois de nacer en Noalla, San Cibrao das Viñas. | Amigo dos intelectuais inadaptados -Eduardo Blanco Amor, o gran novelista, ou Vicente Risco entre eles- o escultor opúxose ao gris dominante na Galiza de posguerra con fermosas figuras policromadas. E que aprendían as súas formas das artes populares. Costureiras, campesiñas, mozas cantando ou a pelar patacas, a muller traballadora foi fundamental nun universo creativo marcado, en segundo que etapas, polo expresionismo e próximo, en ocasións, á pintura de Laxeiro. Arturo Baltar foi autodidacta. Mais nas súas esculturas non é difícil detectar a pegada do románico ou da arte anónima dos petos de ánimas. Traballaba coas mans, e o seu material procedía da terra. A súa imaxinación era a que xurdía do pobo. Que un ano após outro celebra a súa arte no Belén de Ourense, obra en progreso iniciada en 1967. Foto da AELG: Arturo Baltar cunha das súas obras. |
NOS_25852 | Valoran positivamente a adquisición dun "activo esencial" como a compañía galega para se converter nun operador "relevante" no Estado e Europa. | A Xunta de accionistas de Euskaltel aprobou esta quinta feira nunha convocatoria extraordinaria a compra da compañía galega de cabo R, un "activo esencial" que convertirá á compañía vasca nun operador líder no norte do Estado e "relevante" no mercado europeo, segundo destacou o seu presidente, García Erauzkin. A adquisición, acordada a comezos de outubro, ten un custo de 1.190 millóns de euros, dentro dos que se inclúen os 300 millóns de débeda. A operación implica que hai pagar 890 millóns netos en efectivo. Euskaltel financia a compra a través da ampliación de liñas de financiamento bancario en 600 millóns, a contratación dun tramo de débeda institucional de 300 millóns e a emisión de novas accións por 255 millóns. O novo grupo de telecomunicacións nace nun mercado de 5 millóns de habitantes, con 715.000 clientes e e ingresos de 570 millóns. "A integración é un fito na historia de ambas as dúas compañías e ten un senso estartéxico para a consolidación dos operadores de cabo de España". |
PRAZA_18412 | Á solvencia para narrar cómpre sumar a intromisión frecuente do sentido do humor particular do autor, Carlos Meixide, e unha vontade de introducir un universo adolescente moi desafectado, libre de toda pretensión de tratar os temas que supostamente interesa tratar cos adolescentes nunha aula | Que ninguén esqueza que a literatura é, máis que outra cousa, unha construción innecesaria. Digo isto con plena conciencia de estar a facer unha gabanza deste exercicio ingrato que é poñer unha palabra detrás doutra sobre unha páxina en branco e chegar, nalgún punto, a conmover (entendámolo no seu significado estrito: a provocar algo) a outro que non se coñece. Neste sentido hai moitos tipos de literatura e moitos tipos de conmoción posible, que inclúen os xéneros lixeiros que devoramos como unha froita de verán, as novelas divertidas, as novelas de aventuras trepidantes, de amores inverosímiles que nos manteñen pegados á páxina, de cidades encantadoras que nos gustaría revisitar e de xentes que devecemos por coñecer algunha vez. Son todos eses libros, os innecesarios, os que tanto ben nos fan, como as cancións innecesarias que coreamos nunha viaxe en coche ou abrazados aos amigos a horas tardías en bares a piques de pechar, como as películas que nos gusta ver cando estamos cansos e temos frío. Algo moi parecido a todo isto é o que ocorre coas últimas novelas que asina Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977) dentro da serie "os cinco de Ons", protagonizadas por un grupo de catro adolescentes e unha cadela carismática (a Rula) ao xeito daquelas icónicas aventuras dos cinco da británica Enid Blyton, coa que o vilagarcián comparte, se cadra, unha certa idea da escrita como o oficio e da lectura para adolescentes como lugar de ocio. 'Arousa' é a cuarta entrega da serie dos 'cinco de Ons', catro adolescentes e unha cadela carismática ao xeito daquelas icónicas aventuras da británica Enid Blyton Á serie, que arranca con Ons, e á que seguen Cans e Guitiriz, vén sumarse agora unha cuarta entrega, Arousa, ambientada na Illa de Arousa, e protagonizada polos mesmos Fátima, Roi, Suso e Anabel que, de vacacións na illa, haberán de enfrontar, por unha banda, a resolución dunha intriga pseudopolicial e, pola outra, a vivencia intensa da sexualidade da última adolescencia, superada a descuberta do corpo, coa furia de quen precisa explorar todos os instintos coma se fosen a esgotarse. Así a aparición na contorna dun envelenador de cans vainos levar a afrontar unha intriga que volve un pouco á orixe dos primeiros libros e abandona parcialmente o ton reivindicativo do volume anterior, Guitiriz, en favor da aventura. Do mesmo xeito, a presencia de Léa, unha adolescente francesa de visita, haberá de introducir a ambivalencia e as ganas de explorar da parella que forman Roi e Anabel, pero tamén os ciumes, as incertezas, as inseguridades e os preconceitos. Á solvencia para narrarcómpre sumar a intromisión frecuente do sentido do humor particular do autor e unha vontade de introducir un universo adolescente moi desafectado, libre de toda pretensión de tratar os temas que supostamente interesa tratar cos adolescentes nunha aula A solvencia para narrar, para contar historias que sosteñen ao lector disperso, e para crear tramas que manteñen de xeito eficaz as viraxes climáticas ao longo de todo o libro, son, se cadra, os activos principais de Arousa. A iso cómpre sumar a intromisión frecuente do sentido do humor particular do autor e unha vontade, creo eu, de introducir un universo adolescente moi desafectado, libre de toda pretensión de tratar os temas que supostamente interesa tratar cos adolescentes nunha aula de secundaria. Pola contra, as novelas da serie procuran, se cadra, eses outros temas dos que eles falan a gargalladas no patio de recreo, ou fóra do instituto, sentados na parte alta dun banco do parque mentres comen pipas, se é que iso aínda se fai. Algo ten, esta claro, unha serie de novelas que leva vendidos tres mil exemplares entre o público adolescente e adulto, sobre todo tendo en conta que se trata de autoedicións do propio autor que se moven fóra e dentro do circuíto comercial habitual. Creo que ten que ver cunha cousa que dixo a brasileira Clarice Lispector nunha ocasión e que debería, se cadra, guiarnos máis do que o fai á hora de escoller esas cousas innecesarias das que acompañamos a vida: que ninguén esqueza que a subida máis escarpada e máis a mercé dos ventós, é sorrir de alegría. |
PRAZA_7420 | O alto tribunal ratifica por terceira vez a decisión do antigo goberno bipartito da Coruña, o que obrigará a cambiar dunha vez o nome da rúa dedicada ao falanxista. | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala nunha nova sentenza a retirada das honras, as distincións e a rúa dedicadas a varios falanxistas na cidade da Coruña, unha decisión que tomara o antigo goberno municipal bipartito, segundo aclara o grupo municipal do BNG da Coruña nun comunicado. A Xustiza confirma a validez da retirada de distincións a este falanxista Así, nunha nova sentenza, de novembro de 2012, o alto tribunal confirma a validez da retirada da distinción -e polo tanto da rúa- a Juan Canalejo, destacado falanxista represor e que ata hai poucos anos tamén lle daba nome ao hospital, agora Chuac, tal e como vén de destacar o BNG, que amosa a súa "satisfacción", pero pide "prudencia" ante os casos aínda pendentes. Con esta xa son tres os ditames do TSXG que amparan a decisión municipal de retirar as honras e distincións a militares, falanxistas e persoas ás que o réxime franquista decidiu conmemorar e en aplicación da Lei da Memoria Histórica, malia o recurso da familia. Con esta nova sentenza enténdese que se avala a retirada das honras a Juan Canalejo, pero queda pendente a retirada da estatua ao fundador da Lexión, Millán Astray, un caso que aínda espera resolución despois de que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) recorrese a sentenza que obriga ao Concello a repoñer a Millán Astray a condición de fillo predilecto da cidade. No seu auto, o xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, asegura que non pode aplicarse a este caso a lei de Memoria Histórica xa que o nomeamento aprobouse nun pleno municipal de agosto de 1922, catorce anos antes da sublevación militar que provocou, en xullo de 1936, a Guerra Civil española. A xurisprudencia do TSXG sobre a aplicación retroactiva da lei semella indicar que o recurso da CRMH pode ser aceptado. En canto a Juan Canalejo, queda pendente a eliminación da rúa -que agora deberá cambiar de denominación- á que aínda dá nome no centro da cidade. Este falanxista antigo tenente de Intendencia estivo sempre moi achegado a Primo de Rivera. Un informe da comisión de expertos permitiu que o Concello da Coruña lle retirase os títulos honoríficos de fillo predilecto e concelleiro honorario, pero a familia rexeitou esta medida, xa que entendía que non participara no golpe de estado fascista. O TSXG emitiu un ditame en contra do recurso que pretendía rehabilitar a Canalejo, detido en Madrid en 1936 e fusilado en Paracuellos sen xuízo previo. Malia haber poucas referencias históricas á súa figura, as que hai destácano como un dos principais organizadores da Falange na Coruña e famoso polas súas accións violentas xa durante a época da República. De feito, contan as crónicas que era famoso por facer tragar gasolina ás súas vítimas, que adoitaban ser obreiros membros de sindicatos, labregos ou mariñeiros, que sufrían malleiras e eran abandonadas na rúa polos violentos que el mesmo dirixía. Foi detido en varias ocasións antes do golpe de Estado e asasinado violentamente en Paracuellos xunto a milleiros de militantes fascistas. |
PRAZA_19857 | Precisamos un modelo de gobernanza laica que se adapte á secularización, á nosa diversidade nos planos moral e relixioso. Por iso sería unha mostra de intelixencia colectiva dotarnos dun código protocolario que minimice a coloración relixiosa dos actos públicos | Segundo o CIS, o número de persoas practicantes de todas as relixións parece estar claramente por debaixo do 30% do conxunto da cidadanía. Tendo en conta que o 25% se declara non crente, parece xustificado preguntarnos se España é un país propiamente católico. Despois de todo, a secularización parece seguir avanzando e o número dos non crentes está a aproximarse ao dos practicantes. Isto non quita que a semana santa sexa unha festividade de gran relevancia social, aínda que non sempre por motivos estritamente espirituais. Así que as nosas autoridades públicas, obviamente preocupadas polo impacto electoral dos seus actos, non dubidan en implicarse con desenvoltura nas cerimonias relixiosas. Nesta semana santa puidemos ver a participación do rei, de membros dos gobernos de España e autonómicos, de alcaldes, de concelleiros e de militares. Particularmente rechamante foi a actuación da lexión, que exhibe unha estética chocante, impropia dun Estado europeo occidental do século XXI. Por outra banda, as televisións e as radios públicas, non contentas co seu carácter gobernamental de facto, convertéronse ademais, en moitos casos, en verdadeiras canles confesionais. Tamén é significativo que a fixación dos calendarios laboral e escolar estea tan condicionada polas celebracións católicas como a da semana santa. No caso das festas, historicamente ligadas á relixión maioritaria, é obvio que non se poden evitar certas discriminacións indirectas. Pero é sensato que a maior parte das nosas festas laborais sexan celebracións católicas? É razoábel que o Día da Muller, o 8 de marzo, non fose festa laboral, pero que si o vaia ser o 8 de decembro para podermos celebrar a inmaculada concepción da virxe María (sic)? A todo isto, un grave andazo de amnesia afectou os nosos irados defensores da Constitución, ningún dos cales foi quen de lembrar estes días o artigo 16.3 da lei fundamental. Precisamos un modelo de gobernanza laica que se adapte á secularización, á nosa diversidade nos planos moral e relixioso. Por iso sería unha mostra de intelixencia colectiva dotarnos dun código protocolario que minimice a coloración relixiosa dos actos públicos Estamos moi condicionados pola nosa senda nacionalcatólica, reinventada ao abeiro da Constitución, dos acordos de 1979 e da lexislación en materia relixiosa. Pero os tempos cambian e o contexto relixioso é cada vez máis plural, polo que é posíbel que as prácticas militantemente confesionais dos poderes públicos dificulten a cohesión da comunidade política. Non é doado, desde logo, atoparmos un equilibrio entre a laicidade e mais a nosa tradición católica. Pero debemos preguntarnos se as autoridades públicas fomentan a conciencia de pertencermos a un Estado non confesional e nos invitan a adherirnos a principios superiores en que todos, crentes e non crentes, poidamos recoñecernos. Unha democracia sólida é unha democracia dúctil. Precisamos un modelo de gobernanza laica que se adapte á secularización, á nosa diversidade nos planos moral e relixioso. Por iso sería unha mostra de intelixencia colectiva dotarnos dun código protocolario que minimice a coloración relixiosa dos actos públicos e que restrinxa a presenza dos representantes das institucións públicas en cerimonias relixiosas. Durante a semana santa, a bandeira de España foi izada a media hasta nos edificios militares, incluída a sede do Ministerio de Defensa. Enténdese que foi pola execución de Xesús de Nazaret hai dous mil anos. É así como separamos aquí o Estado da relixión? |
NOS_31562 | Un percorrido de enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico polo litoral de Fisterra que mira ao océano e forma parte da Costa da Morte, protexida como LIC e ZEPA. | Tomamos como punto de partida a praia do Rostro e subimos á punta do Rostro e as Pedras Manchadas ata chegar á punta do Castelo, nun promontorio coroado polo castro de Castromiñán, defendido do mar por altos cantís e desde terra por unha dupla liña defensiva e un foxo. A partir de aquí temos o Gavoteiro e outro tramo con varios pequenos seos con coídos e furnas. Subimos á estrada de Denle e de alí baixamos á praia da Arnela, que parece recollida no fondo do seu seo pero con carteis que avisan da súa perigosidade. Seguimos logo até punta da Arnela, onde se estreita o camiño e gañamos moita altura. Paraxe: Costa da Morte / Concello: Fisterra / Percorrido: 15 km (lineal) máis desvíos / Dificultade: Alta No nivel dos 100 m, pasamos por enriba da illa do Vilar, do seo que se forma entre ela e a punta do Sul, e seguimos ascendendo até chegar ao cume do Veladoiro (234 m), que ten por debaixo o cabo da Nave e os seus Berróns. odeando o peche das antenas, pola banda do mar, incorporámonos á estradiña de acceso ás mesmas, pola que baixamos até a curva, na que conflúen varios camiños, un á dereita que baixa ao cantil, outro á esquerda que se achega a lugares do interior, e entre eles un terceiro no que hai uns indicadores artesanais de ruta de Mar de Fóra, que é o que temos que seguir. Por el, collendo os desvíos que máis se achegan ao cantil, imos pola beira dos piñeirais até unha baixada longa e pina que nos deixa ao pé da fonte de Ouro, na praia de Mar de Fóra, o último punto no que estaremos ao nivel do mar. Despois hai que subir até o lugar da Ínsua e alí outra volta á dereita para, polo camiño vello, empedrado nalgúns dos puntos de máis pendente, continuar a subir até acadar unha das pistas que percorren ao longo o monte. E pola propia pista seguimos até atopar un desvío á dereita -non o primeiro que, aínda que vai máis perto do mar, é un camiño abandonado polo que non transita ninguén desde hai tempo e que, ademais de non mellorar nada o que podemos ver, atrasaríanos moito a marcha-, senón o seguinte que, baixando pouco a pouco, nos vai achegar á punta dos Oídos, fermoso punto panorámico e con cantís duns 70 m de caída vertical. Na punta dos Oídos comeza a derradeira dificultade do tramo, subir de 50 a máis de 200 m en pouco máis de 700 m de camiñada. Ao achegar ao alto, na estrada asfaltada podemos facer un desvío á esquerda para achegarnos ao cume do monte Facho, onde podemos gozar dunhas fermosas panorámicas e ver as pedras Santas. De volta, baixamos dos 220 aos 100 da altura do faro pola beira da estrada, onde rematamos. |
NOS_24747 | Os tremores foron demasiado febles para ser percibidos pola veciñanza. | O concello de Vilaboa, na comarca do Morrazo, rexistrou cinco pequenos terremotos entre as 7:22 horas e as 11:02 horas da mañá desta cuarta feira, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional. Con todo, os tremores foron demasiado febles para ser percibidos pola veciñanza, xa que oscilaron entre o 1.8 e o 2.7 de magnitude na escala Richter. O máis intenso -2,7- foi ás 7:22 horas e a unha profundidade de 21 quilómetros; mentres que o segundo deles tivo lugar un minuto despois, ás 7:23 horas e tivo unha magnitude de 2,6. Pola súa banda, ás 7:28 horas rexistrouse un terceiro, a 15 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 1,8. Xa ás 8:05 horas produciuse o cuarto destes tremores, a 24 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 1,9. O último detectouse ás 11:02 horas, a unha profundidade de 26 quilómetros e 2,1 na escala de Richter. |
NOS_24905 | Ambos os eventos congregarán máis de 300 persoas | A Deputación da Coruña vén de anunciar a publicación das bases dos primeiros torneos de xadrez e de golf organizados pola institución provincial en colaboración coas respectivas federacións destas disciplinas deportivas. Deste modo, co I Torneo Open Internacional de Xadrez Deputación da Coruña a institución continúa "coa súa aposta pola promoción do deporte na provincia", segundo indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán. Este evento terá lugar do 4 ao 11 de setembro na localidade de Sada, e máis concretamente no Hotel Mariña Sada ou no Pavillón Municipal da localidade. A inscrición -que é de balde e poderá realizase a través da páxina web oficial da competición- estará aberta a calquera xogador ou xogadora que conte con licenza deportiva até un máximo de 200 persoas. Con respecto aos premios, repartiranse un total de 13.050 euros, distribuídos en 2.250 para o gañador ou gañadora, 1.500 euros para o segundo clasificado e 1.200 euros para o terceiro. Por outra parte, a área de Deportes da Deputación anunciou que tamén está traballando na organización do I circuíto de golf Pitch & Putt, que se desenvolverá en diferentes sedes e datas: A Coruña (setembro), Paderne (outubro), Boiro (novembro) e Oroso (decembro). No referente a esta proba, poderán participar todas as persoas empadroadas en calquera concello da provincia que conten coa licencia federativa, até un máximo de 54 parellas e 108 xogadoras en categoría scratch, hándicap, hándicap sénior, hándicap damas e hándicap infantil. A inscrición pode realizarse na Federación Galega de Golf até a quinta feira previa á realización de cada xogo, dos que se informarán as datas concretas con antelación. |
NOS_44736 | Os populares ven perto un acordo co PSOE e sen Podemos para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), aínda que Ábalos rexeita pactos "con vetos". O CXPX mantén unha maioría afín ao PP que caducou hai dous anos, e a renovación é crucial sobre todo en pleno xulgamento ao ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas. | A renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) podería estar máis perto, segundo o anunciado esta segunda feira, 22 de febreiro, polo secretario xeral do Partido Popular, Teodoro García Egea, quen afirmou nunha entrevista que o PSOE estaría a aceptar que Unidas Podemos ficase fóra da negociación para renovar o órgano de Goberno das e dos xuíces, unha das condicións dos populares para pactar a nova composición do CXPX. O secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, rexeitou onte en rolda de prensa as "chantaxes" do PP para negociar a renovación do Consello mais non confirmou se o acordo contará ou non co visto e prace de Podemos. Ábalos subliñou a necesidade de pór fin aos máis de dous anos de "bloqueo" no CXPX e pediu ao PP que recapacite e permita acordos "sen vetos". En concreto, Ábalos destacou que as negociacións as leva o Goberno, o cal tamén representa a Unidas Podemos, e que o encargado de negociar é o ministro de Xustiza en representación do "todo" o Executivo, así como o secretario xeral da Presidencia. Dado o anuncio de negociacións, o presidente do CXPX, o conservador Carlos Lesmes, acordou non incluír na orde do día do pleno do Consello desta quinta feira oito nomeamentos. Lesmes tamén tería en conta a división existente no pleno do CXPX, pois non todas as vogalías estarían de acordo con facer nomeamentos na alta xudicatura tendo o seu mandato expirado (desde que caducou, en decembro de 2018, o CXPX aprobou 47 nomeamentos). Precisamente, este órgano é quen nomea a Presidencia da Audiencia Nacional, do Tribunal Supremo, dos Tribunais Superiores de Xustiza, e demais postos gobernativos. E todo, mentres a Audiencia Nacional está a xulgar presuntas irregularidades relacionadas coa caixa 'B' do PP. E como non houbo acordo nos últimos anos para renovar CXPX, a vintena de vogalías deste órgano, que designan as Cortes Xerais, aínda responden ao acordo fraguado en 2013, cando o PP contaba no Congreso con 186 escanos, fronte aos 89 actuais. Así pois, de haber renovación, o PP perdería a súa actual maioría no Consello. A xustiza ordena "repatriar" 50 millóns dos líderes da Gürtel e Bárcenas en Suiza A Audiencia Nacional que xulgou a primeira época da trama Gürtel (1999-2005) ordenou que se repatríen ao Estado español máis de 50 millóns de euros que se atopan "bloqueados" en contas bancarias en Suíza do líder da rede corrupta, o empresario Francisco Correa, de quen fora o seu 'número dous', o empresario e político galego Pablo Crespo, e do ex tesoureiro do Partido Popular, Luis Bárcenas. Segundo indica o decreto de execución da Audiencia Nacional, ditado o pasado 12 de febreiro e que transcendeu esta segunda feira publicamente, as contas foron bloqueadas durante a instrución do caso, polo que acorda que se "pasen as actuacións ao maxistrado relator" para que solicite "auxilio xudicial internacional" a Suíza e poña ao dispor da Audiencia Nacional un total de 50.342.107,52 euros. |
NOS_6721 | O españolismo máis extremista manifestouse este 12-O, Día da Hispanidade, en Barcelona. Nova marcha unionista na capital catalá e, como se agardaba, nada que ver co músculo mobilizador exhibido o pasado domingo. Esta quinta feira, a convocatoria "Catalunya é España" apenas reuniu uns miles de persoas. Entre elas fascistas que queimaron esteladas. | Dous días após o president Puigdemont chamar ao diálogo con España, os sectores máis duros do españolismo mostraron a súa intransixencia e a súa nula vontade de destensar o conflito. "Puigdemont a prisión" voltou a ser a consigna máis coreada nesta nova convocatoria de Sociedade Civil Catalá, nunha marcha que evidenciou que en Catalunya o mascarón de proa españolista é o Cs de Albert Rivera. con moitos máis efectivos na manifestación do que o PP. Entre os cánticos proferidos polos unionistas destacaron, alén do desexo de levar Puigdemont á cadea, os de "Eu son español, español" ou "TV3, manipuladora". Mais as imaxes máis impactantes que deixa esta marcha son as da queima de esteladas por parte dun grupo de facistas. Agardaron a que a manifestación chegase a Montjuïc, o ponto final, para prender lume ás bandeiras independentistas catalás. Nos últimos días o protagonismo de grupos ultra de ideoloxía nazi-falanxista está a ir en claro ascenso quer en Catalunya quer no resto do Estado. O Goberno Rajoy aínda non condenou estes abrollos ultra. Campuzano chama falanxista a Rivera e Ana Pastor borra a palabra do diario de sesións No debate posterior á comparecencia de Rajoy decorrido onte no Congreso, Carles Campuzano -parlamentar do Partit Demòcrata Europeu Català- cualificou de "falanxista" o discurso de Albert Rivera. A presidenta do Congreso, Ana Pastor, pediulle que retirase ese adxectivo para non figurar no diario de sesións da cámara. Campuzano non só se negou a facelo, senón que se reafirmou no dito. Pastor decidiu unilateralmente, en uso das súas atribucións, borrar do rexisto do debate a palabra. O episodio ilustra á perfección como o PP non dá amparo ás denuncias contra a ideoloxía fascista, até chegar ao extremo de falsear a transcrición dun debate parlamentar. [Nun recente debate no Parlamento da Galiza ocorreu algo parecido cando Luís Villares, líder de En Marea, foi cominado polo presidente da cámara, Miguel Santalices, para que retirase o cualificativo "Narcochófer" co que se referira ao presidente da Xunta. Ao recusar facelo, Santalices ordenou que o vocablo non figurase no diario de sesións]. |
NOS_40257 | María Gómez de Soutomaior foi outra mártir da rebelión galega contra Castela do século XV. Irmá de Sueiro Gómez de Soutomaior e curmá de Pedro Madruga, exemplifica aquela nobreza que apostou por unha Galiza de seu, arredada de Castela, unida a Portugal e virada cara aos pobos do Atlántico. | Soubemos do martirio de María Gómez de Soutomaior por Francisco Rodríguez. O historiador galego dá conta no seu último libro, Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval galego, editado pola AS-PG; do seu asasinato polas forzas do arcebispo compostelá, Alonso de Fonseca, naquela altura ao servizo dos Reis Católicos, por considerala sospeitosa de apoiar a causa da raíña Xoana, dada a súa relación familiar con Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido popularmente como Pedro Madruga. Rodríguez, na súa decisiva investigación para coñecer a historia do Reino da Galiza, explica as causas da dependencia do país e entender o problema nacional galego, sinala, seguindo a Benito Vicetto, en relación con María Gómez de Soutomaior, que "foi feita prisioneira e encarcerada en Santiago, morrendo aos tres días na prisión de pena". Na mesma liña, indica que "foi enterrada no convento de San Domingos cunha lápida en galego. "Aquí iaze a nobre señora dona María Gómez de Soutomaior, irmá de Sueiro Gómez de Soutomaior, Mariscal. E muller de Sueiro de Oca. Deus perdoe a súa ialma". O asasinato de María Gómez de Soutomaior explícase no contexto da revolución galega contra Castela do século XV e no marco da loita das forzas castelás contra o sector da nobreza do país que defendía a causa da raíña Xoana. A este respecto, Rodríguez explica como Fonseca, "sospeitando da relación política, de opinión de Sueiro de Oca, señor das terras do mesmo nome, próximas a Santiago, con Sueiro Gómez, por estar casado coa súa irmá, e ser curmán do Conde Caminha, asaltou as súas terras en dirección á súa casa forte, para collelo sen capacidade de reacción. Sueiro de Oca logrou fuxir a Ourense". O partido xoanista Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga ou Conde Caminha, foi o máis significando representante do partido xoanista ou portugués na Galiza. Contou co apoio dalgúns dos máis caracterizados nobres galegos de momento, entre eles con case total seguridade con Pardo de Cela, mantendo apoios, aínda a comezos do século XVI. Porén, a adhesión á causa de dona Xoana na Galiza non respondía a razóns de lexitimidade dinástica, senón á consideración de que representaba a causa dunha Galiza de seu, arredada de Castela e ligada a Portugal. Galiza con Portugal A revolta estivo perto de acadar o éxito. No marco das diversas conversas estabelecidas entre Afonso V e os Reis Católicos para pór fin ao conflito, o rei portugués solicitou a separación da Galiza de Castela e a súa incorporación a Portugal. Segundo recolle a Crónica de Afonso V, nas negociacións abertas tras a batalla de Toro, nas que participou Pedro Madruga, o monarca luso solicitou polos dereitos que tiña como esposo de Xoana: "tinha nos Regnos de Castella, lhe soltssen liuremente algua parte do senhorio della, e que esta seria bo regno de Galiza como todos os seus termos". Á volta de xuño de 1476, momento no que o monarca portugués achega a súa oferta a Isabel e Fernando, a Galiza é o único territorio peninsular onde a súa causa conta con base territorial. A revolución galega contra Castela nas décadas finais do século XV só puido ser derrotada após dunha gran campaña militar dos exércitos dos Reis Católicos coa colaboración de forzas mercenarias francesas e unha dura represión sobre a poboación galega. A mesma, deixou mártires mitificados polo pobo e expulsados da historia oficial como Pardo de Cela, executado en Mondoñedo en 1483, ou a súa filla Constanza, morta en combate no castelo de Caldaloba, en Cospeito, a mediados de 1844. Ao seu carón é onde cobran sentido figuras como María Gómez de Soutomaior, unha mártir da mesma causa esquecida por un relato dirixido a agochar a rebeldía galega e o proceso político de incorporación subordinado a Castela. Unha mostra do alcance da represión castelá na Galiza contra esta revolución galega concrétase no exilio portugués e bretón de arredor de 1.500 galegos que participaron na revolta. Hernando del Pulgar, secretario de Estado e cronista oficial dos Reis Católicos, na súa Crónica de los Señores Reyes Católicos Don Fernando y Doña Isabel de Castilla y de Aragón, dá información da represión contra os galegos e do seu exilio. Así, escribe en 1487, que "no Reino de Galiza había moitos homes que por mortes e delitos estaban condenados a penas de morte e desterro, e outras penas corporais, e estes eran en grande número, os cales por medo ás penas, fuxiran ao Reino de Portugal, Ducado de Bretaña e á Francia". Dona Xoana, unha raíña de nós Dona Xoana pasou á historia como A Beltranexa, a raíña que a Galiza puido ter pero que "o malfado" da historia impediu. A "excelente señora para os galegos e portugueses", a "monxa tola para os casteláns", exemplifica nun tempo histórico a vontade de conformar unha Galiza de seu. |
NOS_15712 | Aumenta a tensión no seo do PSOE conforme se achega a votación do 21M. Pedro Sánchez estará esta sexta feira en Vigo. A súa principal valedora na Galiza, Rocío de Frutos, afirmou esta cuarta feira que está convencida de que o ex secretario xeral gañará as primarias. En caso contrario -isto é, de se impoñer Susana Díaz- De Frutos abandonaría o partido. | Cada día que pasa é máis evidente que estas non son unhas primarias máis dentro do Partido Socialista e que, gañar quen gañar, a formación socialdemócrata está abocada a sofrer un serio desgarro interno. O risco de esgazadura sobrevoa a organización. As pontes entre sanchistas e susanistas están absolutamente rotas. E no meio Patxi López advirte de que a tensión entre o sector de Díaz, atrincheirado no aparato, e o de Sánchez, en teoría con maior respaldo das bases do que a dirixente andaluza, conduce o partido ao "suicidio". É neste contexto que un dos principais activos da candidatura de Sánchez na Galiza -a parlamentar no Congreso Rocío de Frutos- anunciou esta cuarta feira na Radio Galega que ela abandonaría a militancia do partido se Susana Díaz consegue a vitoria o 21M. A parlamentar non quer que o PSOE se conforme con ser un "partido reformista", en alusión ao proxecto de Díaz, e pide que aposte en ser un partido "transformador", en alusión ás ideas de Sánchez. Porén, De Frutos é optimista. Pensa que Sánchez se acabará impondo a Díaz porque ten o apoio da maioría da militancia da organización e está convencida de que o economista madrileño "representaría moi ben os valores da socialdemocracia" e que, con el de volta á ponte de mando en Ferraz, "estaríamos no bon camiño". A deputada ourensá, unha das quince parlamentares que racharon a disciplina de voto do partido e votaron non a Rajoy no Congreso, fixo un novo chamamento a Patxi López a que se integre na candidatura de Sánchez. Non parece que iso vaia ocorrer, a teor das declaracións realizadas esta mesma cuarta feira polo ex lehendakari. López continúa co seu discurso de equidistancia entre "o esquerdismo impostado" de Sánchez e o "optimismo voluntarista" de Susana Díaz. |
PRAZA_3025 | Guillermina Agulla dirixiu o centro en dúas etapas, a última delas ata que se xubilou en xaneiro de 2017, e regresa agora en substitución de Miguel Abad, que dimitiu en medio da polémica pola supresión da atención aos partos. | O Sergas recupera unha antiga xerente para dirixir o hospital de Verín tras a dimisión o pasado 27 de decembro de Miguel Abad, que abandonou a xerencia por motivos "estritamente persoais" en medio da polémica polo peche do paridoiro e coa protesta cidadá e de profesionais instalada no complexo hospitalario. O posto será ocupado, tal e como reflicte o DOG deste xoves, por Guillermina Agulla, quen dirixiu xa en dous períodos nos últimos anos o centro de Valdeorras e estaba xubilada desde xaneiro de 2017.A dimisión de Miguel Abad, que fontes profesionais atribúen ao seu desacordo coa decisión do Sergas de suprimir a atención aos partos e as urxencias pediátricas, afondou na crise no hospital de Verín, que agora recupera a xerente que dirixiu o centro entre 2010 e 2013 e nunha posterior etapa entre 2016 e principios de 2017. Nese intervalo entre ambas experiencias, encargouse da xerencia do outro hospital comarcal da área sanitaria de Ourense, o do Barco, polo que é unha gran coñecedora da situación sanitaria na provincia. O Sergas recupera a Guillermina Agulla, quen fora xerente do hospital de Verín en dúas etapas, a última ata xaneiro de 2017, cando se xubilouXubilada desde xaneiro de 2017, a Xunta recupéraa agora para regresar ao cargo que ocupou durante varios anos e para afrontar o conflito provocado pola supresión do paridoiro desde o pasado 1 de decembro. Fontes facultativas entenden a súa chegada como un intento da Consellería de Sanidade de aplacar os ánimos do persoal e da cidadanía mobilizada e mesmo coa posibilidade de que dirixa a recuperación dos servizos suprimidos ante o impacto social creado. Pero outras fontes tamén lembran que a súa chegada non supón cambio ningún coa política sanitaria levada a cabo polo Sergas nos últimos anos e advirten das críticas que a súa xestión recibiu na súa etapa á fronte do hospital de Valdeorras. No verán de 2014, 35 médicos dos hospital comarcal do Barco asinaron un comunicado no que denunciaron a "xestión deficiente e perigosa" da xerencia do hospital que daquela encabezaba Guillermina Agulla, á que acusaban de buscar o "desmantelamento progresivo de gran parto do conseguido con tanto tempo e traballo de todos". 35 médicos do hospital do Barco asinaran en 2014 un comunicado denunciando a "xestión deficiente e perigosa" de Guillermina AgullaOs facultativos denunciaron "contratos en precario, sen gardas e sen posibilidade de ingresar pacientes que deben ser trasladados a outros hospitais", consultas "masificadas" e "recortes no persoal de garda", ademais dun trato "prepotente e vexatorio" por parte da que agora será a encargada de dirixir o hospital de Verín. Mesmo o sindicato CESM-Omega, que representaba a maioría do persoal facultativo do Sergas, denunciara ante a Fiscalía a que consideraba "crecente e perigosa diminución" de médicos, a "precariedade" das gardas e a carencia de servizos no hospital do Barco. Aínda que fontes do persoal do hospital de Verín ven na súa chegada continuísmo, outras advirten dunha xerente "razoable, correcta e seria" e destacan que durante o seu mandato "sempre defendeu o hospital", experimentáronse importantes melloras en medios na área de Xinecoloxía e Obstetricia, incluíndo material reclamado moitas veces por profesionais e obras para a mellora das instalacións. |
NOS_54339 | As finalistas son bandas de Caión, Laxe e Ames e solistas de Sada, A Coruña e Vila de Cruces. | Bandas de Caión, Laxe e Ames na categoría e infantil e solistas de Sada, A Coruña e Vila de Cruces no xuvenil son as finalistas da cuarta edición do certame de música infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, Quero Cantar. A final terá lugar no Teatro Colón da Coruña o día 24 ás 17.30 horas nunha gala conducida por Sole Felloza na que Magín Blanco e a Banda das Apertas protagonizarán a actuación convidada. As bandas infantís finalistas desta nova edición son: "A música das baleas", do CEIP de Caión, co tema "A peor xogada"; Rap-osiños, grupo da escola municipal de música de Laxe, coa canción "Panchita blues" e Baroubanda, alumnado de guitarra do CEIP A Barouta, en Ames. Na categoría xuvenil elixíronse como finalistas tres solistas: Veiga, de Sada, coa canción "A ilusión dun porvir", na que o artista canta e toca a guitarra; Isma Kalo, nome artístico de xove coruñesa Laura Marín, co seu tema "A quen lle importa?", interpretado tamén con voz e guitarra e finalmente a pianista Noa, de Vila de Cruces, segunda clasificada na edición xuvenil do ano pasado, e que este ano volverá estar no teatro Colón co tema "As ondas do mar". Os músicos Pablo Díaz, Paco Nogueiras e César Freira, a cantante Xoana e a mestra e tamén música Bárbara Mourelo, compuxeron o xurado presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e coa xefa de servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, que escolleu as cinco bandas de cada categoría, infantil e xuvenil, que pasarán a formar parte do do disco Quero Cantar 19, e, de entre esas cinco, as tres primeiras en cada categoría que o próximo 24 de novembro, a partir das 17.30, terán que defender en directo o seu tema ante o público do Tteatro Colón para decidir os premios da nova edición. Os premios aos que aspiran estes seis finalistas son de 1.500 euros para a compra de material musical e mais a gravación dun videoclip para os primeiros clasificados de cada categoría; e 1.000 e 500 euros para compra de material, respectivamente os segundos e terceiros clasificados de cada categoría. O CD recompilatorio do certame coas dez cancións finalistas distribuirase nos colexios públicos. |
NOS_4557 | Cidades e vilas catalás acolleron ducias de mobilizacións masivas convocadas por ANC e Òmnium contra a suspensión do referendo catalá polo Tribunal Constitucional. "Queremos decidir", afirman. | Apenas 24 horas despois de que @s 12 maxistrad@s do Tribunal Constitucional español decidisen suspender a consulta catalá, milleiros e milleiros de persoas saíron ás rúas e prazas de cidades e vilas de Catalunya para reclamar o seu dereito a votar e rexeitar o veto do tribunal español. Malia poalla que caía en gran parte do país, as mobilizacións, convocadas por ANC e Òmnium, tiveron unha moi ampla asistencia en Barcolana, Lleida, Vic, Terrassa ou Tarragona, ateigando as zonas onde decorrían. 'Queremos, podemos, votaremos', 'Queremos votar' e 'desobediencia, independencia' foron algúns dos lemas coreados polas persoas asistentes. ERC. CUP e CDC apoiaban plenamente as concentracións, nas que tamén estiveron presentes cargos e militantes de Unió, IC-v, sindicatos, plataformas sociais, organismos ambientalistas, polo idioma, anti-despexos ou mesmo casals libertarios, entre moitos outros. "Estamos ante a oportunidade de facer un país novo" Nas concentracións deuse lectura a un manifesto no que se criticou a "total dependencia do TC do poder executivo español" así como se denunciaba " o pouco respecto que os poderes públicos españois teñen polas reglas democráticas". "É unha gran oportunidade para construír un país novo e para resolver os problemas nacionais e sociais. Votar é democracia" finalizaba o manifesto. |
NOS_9799 | O fechamento "indefinido" decorrerá nas dependencias de Educación do Edificio Administrativo da Xunta da Galiza en Lugo, a partir das 10 horas desta cuarta feira. | A Xunta de persoal docente non universitario da provincia de Lugo inicia nesta cuarta feira, ás 10 horas un fechamento indefinido en contra da decisión da Consellaría de Educación de clausurar o CEIP de Baamonde, no concello de Begonte. O encerro realizarase na sala de Educación do edificio administrativo da Xunta da Galiza en Lugo. "Consideramos que a existencia dun centro educativo próximo, na contorna rural, alén de ser un servizo público esencial é un elemento dinamizador deste ámbito, xa que contribúe a manter e fixar a poboación, así como facilitar a vida das e dos habitantes da zona axudando ao coñecemento e á integración no seu medio", expuxo, a través dun comunicado, o presidente da Xunta Docente luguesa, Xosé Mariño. Neste senso, salientou que a desaparición de servizos "de proximidade" como o centro de ensino provoca que se acelere o "desmantelamento" das poboacións rurais. "Esta decisión conta cunha oposición importante das familias afectadas", lembrou Mariño. En consecuencia, exixiu ao Goberno galego que paralice o fechamento do colexio. "A xestión dun servizo público esencial como o educativo non se pode levar a cabo con criterios unicamente económicos", sentenciou. Proposta no Parlamento O pasado 9 de marzo, unha caravana de vehículos procedente de Baamonde desprazouse até o Parlamento da Galiza para amosar o rexeitamento das familias ao feche do colexio. No día seguinte debateuse unha proposición non de lei presentada pola bancada socialista e apoiada polo BNG para instar a Xunta a recuar, mais foi rexeitada polo voto maioritario do Partido Popular. |
PRAZA_3574 | No caso de que as forzas políticas desenvolvan algunha actividade, rexerá sobre elas o límite de asistencia fixado para todo tipo de eventos públicos | A xuntanza convocada pola Presidencia da Xunta cos principais líderes políticos para o vindeiro luns terá sobre a mesa a proposta de suspensión de todos os actos de precampaña mentres continúa a pairar a posibilidade de adiamento dos propios comicios. Non obstante, o PP xa avanzou que non celebrará acto ningún ata esa xuntanza e, minutos despois, o BNG anunciou o mesmo e Galicia en Común fixo o propio pouco despois, ademais de confirmar o inicio da corentena por parte do seu candidato, Antón Gómez-Reino, por recomendación sanitaria a causa dos seus contactos con membros do grupo parlamentario de Unidas Podemos no Congreso nos últimos días.No caso de que as forzas políticas desenvolvan algunha actividade, rexerá sobre elas o límite de asistencia fixado para todo tipo de eventos públicosNo caso de que as forzas políticas desenvolvan algún tipo de actividade terán, en calquera caso, que axustarse ás restricións que rexerán para todo tipo de eventos durante, cando menos, as dúas próximas semanas. Así, en virtude do que vén de aprobar o Consello da Xunta, as concentracións de persoas quedan limitadas a 50 persoas en recintos pechados ou a un terzo da capacidade do espazo no que se celebren. No caso de áreas abertas, o límite son 500 persoas. |
PRAZA_11804 | A crise de confianza era a timidez de Zapatero que o mantiña atoutiñado nos cumios europeos e esa proba de confianza Rajoy sabía perfectamente como vencela: "hola chavales, aquí estoy, soy uno de los vuestros, más chulo que ravachol, sin complejos, estoy ducho en manejar el látigo y si hace falta el capote y la espada como aprendí en la plaza de toros de mi pueblo, y olé!". | O desembarco de Rajoy no seu primeiro cumio europeo non puido ser máis "colosal", como a el lle gustaría dicir. Para empezar, facendo gala das súas dotes idiomáticas, entrou pola sá de reunións falando a diestro e siniestro en español. Sen complexos!. Porque había de telos sabendo, como el ben sabe, que para iso é home de mundo, que o español é a lingua universal, a que fala todo o mundo. Porque é de sentido común. Cal ía ser senón? Por iso o miraba tan atento o primeiro ministro finlandés cando Rajoy lle explicaba con grande convicción e mirando para unha cámara que estaba a poucos metros, que a situación en España era moi difícil pero que non se precupen os finlandeses que a el non lle tremerá a man para meter aos españolitos en cintura. Xa avisou que vai convocar unha folga xeral. Si, "ya sé que la reforma laboral me va a costar una reforma laboral". A ver que gobernante da perifería europea pode aspirar a algo se non é quen de pasar pola verdadeira proba iniciática dunha folga xeral. É requisito imprescindíbel para ter credenciais e credibilidade no clube dos retalladores. Por iso canto antes esa folga xeral mellor. El xa avisa para que a a vaian convocando. Non vaia ser que Cándido Méndez e Toxo non estean a altura das espectativas. Despois de que Rajoy anuncia que o normal é que haxa folga, a ver que argucias van poder encontrar os dirixentes de CCOO e UGT para dicir que non, que a responsabilidade histórica reclama máis sacrificios. En fin, en tres palabras e en inglés: "colosal". Pero a cousa non acaba aí. Na rolda de prensa no aerópago comunitario Rajoy estivo brillante e convincente. Reiterou o seu xa sabido profundo diagnóstico da crise que trae de cabeza ao mundo e aos economistas: "compartimos que estamos delante de una crisis de confianza". Vaia, agora xa entendemos porque a UE leva dando páus de cego tres anos. O diagnóstico é realmente profundo: crisis de confianza. Menos mal que Rajoy o remedia rapidamente. Para inspirar confianza nada mellor que anunciar unha folga xeral (no ben entendido que é unha para empezar, logo xa poderán vir máis, unha vez que nos entrenemos un chisco e desenferruxemos as pancartas). Claro está que a vista dese despropósito non cabe outra que pensar que o tipo de confianza no que estaba pensando Rajoy todo este tempo era doutro tipo. A crise de confianza era a timidez de Zapatero que o mantiña atoutiñado nos cumios europeos e esa proba de confianza Rajoy sabía perfectamente como vencela: "hola chavales, aquí estoy, soy uno de los vuestros, más chulo que ravachol, sin complejos, estoy ducho en manejar el látigo y si hace falta el capote y la espada como aprendí en la plaza de toros de mi pueblo, y olé!". No cumio europeo quedaron impresionados da audacia de Rajoy. Si fai falta baixar o déficit do 8,2% ao 4,4% nun ano baixase e xa está, onde está o botón?. Que vai ser ano de recesión cunha caída do PIB do 1,5%, e que máis da?. Con confianza, con dous pares, que botón hai que premer? Os nórdicos marcharon para a casa pasmados. Que tipo tan simpático!. Que confianza inspira!. Que confianzas se gasta!. Que pena que non entenderamos antes o secreto da confianza. Coma sempre, os nórdicos, tan frios, tan calculadores. Nunca pensaran que o futuro de Europa estaba no sur, na "confianza torera". Si, asi, dito en inglés. Que gran lección!. Colosal! |
PRAZA_19132 | A entidade anunciou os e as gañadoras dos seus premios Osíxeno e Dioxina, cos que cada ano distingue as "mellores actuacións ambientais" e as "accións máis nefastas", respectivamente. O conflito de Reganosa e a problemática da eucaliptización estiveron moi presentes nas escollas. | ADEGA anunciou esta semana os e as gañadoras dos seus premios Osíxeno e Dioxina, cos que cada ano distingue as "mellores actuacións ambientais" e as "accións máis nefastas", respectivamente. O conflito de Reganosa e a problemática da eucaliptización estiveron moi presentes nas escollas. En primeiro lugar, con motivo da celebración dos 40 anos da asociación, ADEGA quere recoñecer co premio Osíxeno de Honra o labor de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e científico experto en contaminación atmosférica. "O seu compromiso coa defensa do ambiente e do país fronte a agresións como nucleares e celulosas, continúa hoxe cun traballo excepcional e rigoroso sobre as fontes de contaminación industrial na Galiza", destaca a entidade. Con motivo da celebración dos 40 anos da asociación, ADEGA quere recoñecer co premio Osíxeno de Honra o labor de Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e científico experto en contaminación atmosférica O Premio Osíxeno 2016 na súa categoría individual foi para Patricia Gabeiras, avogada do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, "polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de Reganosa" que tivo como resultado a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción. Na súa categoría colectiva, o recoñecemento foi para as mulleres de Ribeiregas, marca da cooperativa Ribeiras do Navia (Negueira de Muñiz) "por ir moito máis aló da produción ecolóxica de alimentos e contribuir co seu proxecto á revitalización das aldeas e a fixar poboación no rural galego". O Premio Dioxina 2016 na súa categoría individual foi para Alberto Platas, alcalde de Aranga, "pola súa intención de desprotexer o 9% do seu territorio, con importantes valores naturais, para adicalo á plantación de eucaliptos" Pola súa banda, o Premio Dioxina 2016 na súa categoría individual foi para Alberto Platas, alcalde de Aranga, "pola súa intención de desprotexer o 9% do seu territorio, con importantes valores naturais, para adicalo á plantación de eucaliptos". O premio na súa categoría colectiva foi para os responsables políticos da Consellaría de Medio Rural "pola súa total entrega ao lobby pasteiro-enerxético e o abandono no cumprimento da lexislación, favorecendo intencionadamente o caos normativo arredor do eucalipto". Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partir das 14:30 horas no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, rúa Comandante Fontanes 19, A Coruña). |
PRAZA_6806 | Asociación Animalista Libera, a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber elaboraron un manifesto que se ocupa dos circos con animais, da situación do canís, do comercio ilegal ou do acceso dos animais ao transporte público. | A Asociación Animalista Libera, a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber veñen de publicar un manifesto preelectoral para defender os animais, cunha serie de propostas concretas que lles presentarán ás distintas candidaturas para que se sumen a elas. As organizacións subliñan o potencial que unha convocatoria local supón para mellorar certos aspectos das políticas públicas sobre protección animal. Lembran que os Concellos ostentan a totalidade das competencias en materia de recollida e acollida de animais abandonados, e que por exemplo aínda hai gobernos municipais que subsidian eventos tauromáquicos e mesmo autorizan a presenza de circos con fauna silvestre. Estas entidades promoverán encontros e reunións para presentar estas iniciativas nos vindeiros meses. Afirman que "os colectivos animalistas e abolicionistas non somos só os da protesta, senón os da proposta. Cremos que o avanzo social producido nestes últimos anos e os pasos que si se deron nalgunhas institucións permiten comprobar como as reivindicacións son posibles, reais e factibles de convertirse en políticas públicas". Poñen como exemplo destes avances a recente reforma e endurecemento da Lei de Protección Animal. Sinalan que os concellos non deben permitir nin patrocinar espectáculos e circos con animais en instalacións, espazos e terreos públicos, así como a súa publicidade ou promoción No manifesto sinalan, en primeiro lugar, que os concellos non deben permitir nin patrocinar espectáculos e circos con animais en instalacións, espazos e terreos públicos, así como a súa publicidade ou promoción. Ademais, piden que non se utilicen os animais nas festas, prohibindo a instalación ou desenvolvemento de atraccións ou emprego de animais como reclamo en calquera outro tipo de evento público en todo o termo municipal. En segundo lugar reclaman "proactividade contra o maltrato e o abandono". Piden unha aposta polo modelo de "sacrificio cero" en canceiras e canís municipais, provinciais ou mancomunados, e promoción, en todo caso, da xestión municipal directa ou concesionada a organizacións sen ánimo de lucro. Este sistema de non sacrificio xa se adopta en refuxios de animais xestionados por ONG e tamén en comunidades autónomas como o exemplo de Cataluña dende 2003. E, igualmente, o desenvolvemento de iniciativas para combatir o abandono e maltrato dende os medios de comunicación, advertindo das consecuencias destes actos. Piden unha aposta polo modelo de "sacrificio cero" en canceiras e canís municipais, e a promoción, en todo caso, da xestión municipal directa ou concesionada a organizacións sen ánimo de lucro Propoñen potenciar iniciativas como a adopción de animais abandonados, fomentar prácticas de tenza responsable e apostar pola cooperación con entidades e colectivos en defensa dos animais. Reclaman tamén impulsar "o acceso flexible para os animais no transporte público" a través de decretos ou ordenanzas que inclúan as normas e características deste transporte inclusivo. Esixen loitar contra o comercio ilegal de animais, "responsable dunha importante porcentaxe dos abandonos nos municipios galegos" Esixen loitar contra o comercio ilegal de animais, "responsable dunha importante porcentaxe dos abandonos nos municipios galegos". Neste senso, propoñen o control da publicidade de comercio ilegal de animais e a eliminación destes elementos promocionais para cortar potenciais canles de transacción e disuasión destes actos. Finalmente, apostan pola esterilización das colonias felinas, control veterinario e alimentación a partires dun modelo de xestión compartido entre a administración local e as entidades ou voluntarios acreditados Descarga aquí o manifesto (.pdf) |
NOS_52836 | A Guardia Civil atribúe a Resistencia Galega os tres artefactos que localizou na xornada seguinte a encarcerar a un militante independentista nunha acción na que, segundo o organismo antirrepresivo, utilizáronse pistolas para ameazar a outras persoas presentes. | Un grupo "especializado" da Guardia Civil española atopou o que definen como "zulo" nunha zona natural do Pedrouzo, en O Pino, onde segundo a súa versión había tres artefactos explosivos. O corpo estatal asegurou decontado que pertencían "a Resistencia Galega" e mesmo que "estaban preparados para cometer ataques como o sufrido polo edificio do concello de Baralla". Este anuncio ten lugar un día despois da detención en Compostela de Raúl Agulheiro, que xa foi culpado polos medios de ser o responsábel do ocorrido en Baralla, usando como "indicios" a súa militancia a prol d@s pres@s independentistas. Segundo a versión de Ceivar, durante esa acción da Guardia Civil, unha persoa que se atopaba no domicilio do detido -Luzia R.- foi obrigada a pasar moito tempo no chan, sendo golpeada cunha pistola para que non se movese e recibindo ameazas verbais sobre unha suposta captura e posta en illamento que logo non se produciu. |
PRAZA_16207 | Galicia pechou o ano 2017 co dato de abandono escolar temperán máis baixo dende que hai rexistros, o 14,9%. Esta taxa non é unha foto fixa, senón que reflicte a situación da mocidade que rematou a ESO entre os últimos dous e oito anos. Os conservadores cargan contra o antigo Goberno de coalición polo dato de 2009 | Galicia pechou o ano 2017 co dato de abandono escolar temperán máis baixo dende que hai rexistros. O 14,9% co que finalizou o pasado ano supón atravesar o limiar marcado pola UE para España para 2020 tres anos antes do previsto e continuar máis de 3 puntos por baixo da media estatal. Estes bos números, que foron celebrados a pasada semana dende a Consellería de Educación, poderían ter ademais un valor engadido para o actual Goberno galego, toda vez que é o dato de abandono escolar máis ligado ao seu período de xestión. No entanto, na súa interpretación do resultado do PPdeG non se limitou a eloxiar o Executivo de Alberto Núñez Feijóo, senón que tamén cargou contra o Goberno de coalición de PSdeG e BNG esgrimindo unha comparación coa que deu en criticar datos tamén correspondente aos tempos de Manuel Fraga. O novo presidente das Novas Xeracións dos populares galegos, Adrián Pardo, ofreceu este mércores unha comparecencia ante os medios para abordar a política educativa da Xunta partindo do argumento de que "fronte a aqueles que fan da educación un foco de conflito e adoutrinamento, nós facemos un motor de progreso". Segundo Pardo, "resulta moi curioso" que "algúns dirixentes do PSOE ou do BNG critiquen" a xestión do actual Executivo en materia educativa se "cando eles gobernaban deixaron un fracaso escolar [en referencia ao abandono escolar temperán] en torno ao 26%". A crítica do dirixente conservador refírese ao dato de abandono escolar temperán feito público no remate do ano 2009, do 25,8%, que se ben é certo que atinxe ao mandato de socialistas e nacionalistas, non o é menos que o fai en igual medida ao do derradeiro gabinete de Fraga, que tivo a Alberto Núñez Feijóo como vicepresidente. A taxa de abandono escolar temperán non é unha foto fixa, senón que reflicte a situación da mocidade que rematou a ESO entre os últimos dous e oito anos Ao contrario do que adoita ser afirmado ou suxerido dende ámbitos políticos de signo diverso, a do abandono escolar temperán non é unha foto fixa do actual sistema educativo, senón un diagnóstico do pasado recente neste ámbito. Tal e como detallan o Instituto Galego de Estatística, o INE e mais Eurostat, esta taxa é tirada do traballo estatístico da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e reflicte a porcentaxe da poboación de entre 18 e 24 anos que no ano de referencia "non completou o nivel de educación secundaria de segunda etapa e non segue ningún tipo de formación". Ou, o que é o mesmo, á mocidade que chegou á idade de rematar a ESO entre hai dous e oito anos e non continuaron a estudar Bacharelato, Formación Profesional ou outro tipo de formación regrada ou non regrada. Deste xeito, mesmo dando por boa a tese de que a cor política do Goberno galego inflúe nestes resultados, os de 2017 serían os últimos con certa vinculación co Executivo bipartito, pero terían relación fundamentalmente co do PP, xa que o obxecto de estudo é a poboación en idade de rematar a ESO entre 2009 -ano no que a esquerda goberno a Xunta ata o 17 de abril- e 2016. Mentres, o dato de 2009 aludido polos populares é o resultado de analizar á mocidade que saíra dos estudos secundarios de 2001 a 2007. Ou, o que é o mesmo, durante os anos que cadraron coa derradeira lexislatura de Fraga e ata o segundo ano completo da coalición de PSdeG e BNG na Xunta, cuxa xestión estaría ligada aos datos de abandono escolar temperán dende 2007 e ata 2012. Así e todo, tal e como sinalaron repetidamente as principais centrais sindicais e evidencia a propia EPA, a evolución dos datos de abandono escolar temperán responde a unha vertente educativa, pero tamén está intimamente ligada á evolución ou degradación do mercado laboral e ás oportunidades de traballo para a xente máis moza. A mocidade foi, precisamente, un dos sectores da poboación máis afectados polo estrago laboral nos anos da crise. Mostra disto é que o ritmo de redución de menores de 30 anos a traballar en Galicia foi o duplo de intenso que a mingua xeral da poboación desas idades pola baixa natalidade-. Así, unha ollada á serie histórica da EPA ofrecida polo IGE, que comeza en 2009, amosa como o mercado laboral galego rematou 2017 con apenas 25.000 persoas menores de 29 anos a traballar que só rematasen a Educación Secundaria Obrigatoria antes de incorporárense ao mundo do traballo, a cifra máis baixa dende que hai datos na oficina estatística galega. Son 6.000 menos que un ano antes e un 60% menos que a finais do devandito ano 2009. Mentres, o número total de mozas e mozos nesta franxa de idade tamén minguou, pero fíxoo moito menos -algo máis dun 24%, de 424.000 a 320.000 persoas-, o que suxire unha maior permanencia no ámbito académico que contribúe a uns mellores resultados de abandono escolar temperán. |
NOS_35819 | A CIG-Saúde vén de presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo para que requira á Xerencia da área sanitaria de Compostela-Barbanza o cumprimento da normativa de prevención. O sindicato pide a paralización inmediata na UCI de persoas adultas do CHUS "mentres non se garanta a seguridade de profesionais e doentes". | "A nefasta xestión e a falta de actuación da Xerencia da área sanitaria de Santiago-Barbanza para resolver as problemáticas que afectan á UCI de Adultos do Hospital Clínico levan a CIG-Saúde de Compostela a ter que presentar denuncia na Inspección de Traballo solicitando a paralización inmediata da actividade nesta unidade mentres non se garanta a seguridade de profesionais e doentes". Así o advirte o sindicato nunha nota enviada aos medios. A denuncia ten lugar despois de que na avaliación realizada a principios de decembro se detectase na UCI de persoas adultas "un risco importante na exposición á Covid-19", o que, segundo os protocolos, obriga a Xerencia a realizar unha planificación preventiva e adoptar de maneira inmediata unha serie de medidas para controlar e reducir estes ricos. Pon a CIG como exemplos "contar con box fechados individuais cunhas dimensións adecuadas para a atención a doentes críticos; prever as necesidades de equipamento; adecuar o número de box á presión asistencial; ou dotarse dos medios humanos e materiais que sexan precisos". As deficiencias seguen sen corrixirse Neste momento, malia o "contundente resultado da avaliación de riscos", malia que as traballadoras e traballadores da UCI levan nove semanas en folga para esixiren unhas condicións dignas e malia os surtos que se están producindo, "a realidade é que a Xerencia continúa sen corrixir as deficiencias e sen aplicar as medidas preventivas para minimizar as posibilidades de contaxio e protexer a saúde do persoal sanitario e dos doentes". A CIG pon de manifesto que "chegar ao punto de ter que solicitar a paralización da actividade na UCI-A (unidade de referencia para as persoas enfermas de Covid-19) polo riscos que existen é unha mostra máis da ineptitude desta Xerencia, da súa irresponsabilidade e da súa absoluta desidia á hora de implementar as medidas necesarias". Os sindicatos levan meses reclamando que se acometan as reformas comprometidas para resolver as deficiencias estruturais da unidade e demandando medidas organizativas e preventivas que permitan traballar e recibir atención sanitaria en condicións de seguridade. "Até o momento non se fixo nin unha soa actuación neste sentido", advirte o sindicato nacionalista. Material deteriorado sen arranxar O desleixo é tal, acrecenta a CIG, que a Xerencia "nin sequera atende as reivindicacións para a renovación do material deteriorado ou en mal estado nin as referidas á falta de material funxíbel para os distintos aparellos". "Resulta inconcibíbel que, no medio dunha pandemia mundial, haxa que acudir á Inspección de Traballo para pedir a paralización da actividade desta UCI", conclúe o sindicato. Na última semana, a Xerencia volveu saír ao paso das protestas que realizan as traballadoras e traballadores da UCI e asegurou que as obras non puideron acometerse o ano pasado "porque ningunha das empresas consultadas daba un prazo inferior a cinco meses para rematalas". |
PRAZA_792 | A Facultade de Informática da UDC acolle este xoves unha charla deste experto en estratexias de Software Libre e Open Source, baixo o título de Modelos de negocio colaborativos. Por que o Software Libre domina no mercado? | A Asociación Universitaria Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza este xoves unha charla sobre modelos de negocio colaborativos na Facultade de Informática da Coruña, dentro dos seus xoves libres. A sesión será impartida por Roberto Brenlla, experto en estratexias de Software Libre e Open Source, que falará sobre as vantaxes que ofrecen o Software Libre e os modelos de negocio colaborativo fronte a outras alternativas privativas e outros modelos de negocio tradicionais. Será ás 17 horas no laboratorio 0.1w. "Queríamos aproveitar esta auxe do emprendemento TIC en Galicia para mostrar que existen alternativas aos modelos de negocio tradicionais" "Modelos de negocio colaborativos. Por que o Software Libre domina no mercado?" pode servir de orientación a todas aquelas persoas con algún proxecto empresarial en marcha ou en preparación, e que aínda non coñecen as posibilidades que estas fórmulas e estratexias lles poden abrir e os beneficios, de todo tipo, que poden recibir, tanto en materia de seguridade, coma a nivel ético e (tamén) económico, permitindo un grande aforro de custes e permitindo un desenvolvemento exponencial dos proxectos. "Dende GPUL sempre estamos tratando de mostrar que isto do Software Libre aporta moreas de valores e vantaxes fronte as alternativas privativas pero fai tempo que queríamos aproveitar esta auxe do emprendemento TIC en Galicia para mostrarlles a aqueles que están a por en marcha un proxecto empresarial relacionado co software, que existen alternativas aos modelos de negocio tradicionais, respectando as liberdades do posible cliente e incluso axilizando o desenvolvemento e a expansión dunha iniciativa empresarial baseada en software libre", destacan dende a organización do evento. "A saúde do Software Libre en Galicia e das iniciativas TIC baseadas nel é enorme, cada vez se demandan máis especialistas en software libre" Roberto Brenlla estudou económicas na USC e foi un dos fundadores da empresa galega Tegnix, dedicada a consultoría baseada en software libre e a xestión de sistemas en entornos empresariais, traballando tamén en proxectos para a administración pública como o proxecto Abalar da Xunta de Galicia con máis de 75.000 equipos administrados remotamente. Presidiu a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) durante varios anos e leva toda a súa vida dedicado ao software libre, converténdose nun experto no tema e actualmente traballa como Freelance experto en estratexias Software Libre e Open Source. "Non hai un modelo único e xeral de negocio" -destaca Brenlla- "Depende de cada persoa e grupo de persoas, e do que queiran poñer en marcha. Si hai modelos nos que nos podemos inspirar, pero deben ser adaptados a cada caso", advirte. "A saúde do Software Libre en Galicia e das iniciativas TIC baseadas nel é enorme, cada vez se demandan máis especialistas en software libre" -salienta- "E fai falla aínda máis xente que traballe neste campo para non frear o seu gran desenvolvemento". Bota en falta, iso si, un maior compromiso das distintas administracións públicas co software libre, por razóns de aforro económico, pero tamén de seguridade: "Non se pode ter neutralidade en algo no que non se pode ser neutral, como quedou demostrado co caso da espionaxe da NSA", di. Cre que aínda hai un campo moi grande no que as administracións, as empresas e a sociedade civil pode aproveitar as posibilidades abertas polo software libre e os modelos abertos e colaborativos, e reclama que se aposte por elas, a pesar de que algúns sectores poidan perder, nun primeiro momento, algúns espazos de negocio. "Pensemos no mundo do ensino, por exemplo. Poderíase conformar unha galipedia de contidos para o ensino secundario en Galicia. Nun primeiro momento estaríanse destruíndo postos de traballo nas editoriais, pero estas poderían tamen aproveitalo para distribuir contidos multimedia. O aforrro sería inmenso, non habería que estar mercando e cambiando libros todos os anos ou financiando servizos de préstamo", explica. "A pesar de que o Android é unánime, por riba del hai centos de aplicacións privativas que ademais invaden a nosa privacidade e se apropian da nosa información" Brenlla explica tamén a razón do título da súa charla e ese dominio do mercado a cargo do software libre, por exemplo a través dos sistemas android, o sistema operativo que copa o sector dos smartphones. Con todo, advirte de que "a pesar de que o Android é unánime, por riba del hai centos de aplicacións privativas que ademais invaden a nosa privacidade e se apropian da nosa información". "Estamos sendo máis espiados ca nunca: Déixome xeoposionar, deixo que un teclado pegue todos os meus contrasinais... É unha espionaxe masiva, e aí temos unha nova fronte de batalla", alerta. |
QUEPASA_385 | O Concello comeza o saneamento na zona de Area da Vila | Hai un mes a Xunta anunciaba as restricións que cada porto imporía para a pesca recreativa. Un dos primeiros concellos en presentar alegacións será o de Camariñas, que presentará alegacións ante Portos de Galicia pola resolución que impide a pesca recreativa en Camariñas e Camelle. O goberno local presentará unha moción no vindeiro Pleno da corporación, o 25 de setembro, para intentar modificar as zonas que vén de calificar a Xunta como prohibidas para a pesca. "Supoñen unha afectación á actividade usual de moitas e moitos veciños", aseguran, polo que pedirán que "se modifiquen as zonas nas que está permitida a práctica da pesca en ambos portos, xa que nestes tramos en concreto, as actividades portuarias non son intensivas". Os edís do grupo de goberno están en constante contacto coa veciñanza que vén practicando esta actividade desde hai tempo, e que supón unha tradición para o pobo, sendo outro dos atractivos turísticos do municipio. Os planos nos que se marcan as zonas nas que podería permitirse a pesca por non "interceder nas actividades portuarias" serán enviados a Portos de Galicia, Restricións no porto de Camelle rmación: Ver os planos dos portos con restricións. Obras Mentres, o Concello comeza as obras da rede de sumidoiros de Area da Vila ca finalidade de recoller todas as acometidas das casas, co obxectivo de eliminar os verquidos ao mar e recuperar a calidade da auga no areal. |
NOS_48649 | 2019 recolleu no seu paso conflitos sanitarios en distintas comarcas e ramas profesionais da Galiza. Profesionais da Atención Primaria, traballadoras dos Puntos de Atención Continuada ou das Urxencias, celadoras, condutoras de ambulancias ou enfermeiras e facultativas eventuais únense á cidadanía, as pacientes, para reivindicar melloras no sistema de saúde cunha manifestación nacional convocada o domingo por SOS Sanidade Pública. | Como en febreiro do pasado ano, as protestas sanitarias da Galiza volven confluír nunha manifestación en Santiago de Compostela. De novo, a plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha mobilización, apoiada e secundada polas deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e ducias de municipios, para frear "os recortes de recursos, o desmantelamento de hospitais" ou "o abandono da Atención Primaria". Conformada por distintas entidades sanitarias, os sindicatos e os partidos da oposición, tamén reclama a falta de recursos na atención á saúde mental, para o tratamento integral das mulleres ou a fin da"ocultación das listas de espera". A mobilización deste domingo, 9 de febreiro, chega ás portas dunhas eleccións galegas sen data confirmada. Durante a que se produciu o pasado ano, mentres a cidadanía enchía a praza do Obradoiro, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixoo, manifestábase en defensa da unidade do Estado en Madrid. Entón, coma hoxe, o Executivo galego negou as acusacións de profesionais, sindicatos, asociacións de pacientes ou forzas da oposición. A sanidade en cifras A Consellaría de Sanidade gábase do aumento do número de profesionais sanitarias no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e nega recortes durante as lexislaturas de Núñez Feixoo. E o certo é que o total de traballadoras en 2018 supera as cifras de 2009, aínda que con pouca marxe: 35.079 na saída do bipartito fronte a 35.136 hoxe. Unha gran parte deste persoal confórmano as profesionais non sanitarias. Peneirando os datos, e segundo o Ministerio de Sanidade con cifras de 2018, Galiza conta cun total de 8.212 profesionais de medicina, das cales 2.161 forman parte dos equipos de Atención Primaria; incluíndo as ramas de Medicina Familiar e Pediatría, 4.744 en hospitais e 118 nos servizos de Urxencias. No mesmo período, as profesionais da Enfermaría suman un total de 10.661 traballadoras, das que a meirande parte atenden nos hospitais. Porén, as cifras actuais agochan a eliminación de postos de traballo que o Goberno galego mantivo durante os anos da crise. Entre 2009 e 2014 chegaron a desaparecer arredor de 2.000, ao tempo que a Xunta da Galiza diminuía os orzamentos destinados á sanidade pública. No eido das especialidades médicas as cifras volveron as previas á crise, mais isto non foi así noutras ramas segundo os datos do Ministerio de Sanidade, nomeadamente no eido da Atención Primaria. Entre 2009 e 2018 perdéronse 34 postos de Medicina de familia, 5 de pediatría ou 10 de Enfermaría; todas elas ramas que rexistraron os seus niveis máis baixos de profesionais durante a crise. Precisamente, a falta de profesionais nesta rama da sanidade motivou moitas das protestas cidadás que cobraron forza nos últimos anos. Se ben as protestas da comarca de Monterrei centraron focos e titulares; veciñanza da Costa da Morte, a comarca de Ferrolterra, ou municipios como Touro, O Pino ou Sada tamén se mobilizaron os pasados meses pola mala cobertura pediátrica. Noutros territorios é a falta de médicas de familia a que motiva as protestas, como en Valeixe, no municipio da Cañiza, ou no concello de Soutomaior. Ou o peche de servizos en hospitais comarcais, como o Hospital da Costa, na Mariña, ou o Hospital de Verín. Os recortes tamén tiveron consecuencias nas dotacións estruturais. Na última década pecharon as súas portas 25 consultorios locais e perdéronse 671 camas nos hospitais galegos, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Das 7.093 instaladas, hoxe están en funcionamento 6.543. Profesionais precarias 2019 tamén se caracterizou polas mobilizacións das profesionais da sanidade pública en distintos eidos. Un mes antes da gran mobilización convocada por SOS Sanidade Pública en xaneiro, as traballadoras das Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela (CHUS) tomaban as rúas da cidade a causa dos continuos colapsos no servizo, que se repetiron de novo este inverno antes mesmo dos "picos" de gripe. As traballadoras dos Puntos de Atención Continuada (PAC) mantivéronse en folga, baixo o lema "En pé de guerra" durante meses. As médicas de Atención Primaria celebraron dúas folgas; tres no caso da área de Vigo, unha no mes de abril e outra en novembro, para exixir o aumento do cadro de persoal á par que estabelecer un límite de 30 consultas diarias. As enfermeiras eventuais constituíron unha plataforma, Enfermeiras Eventuais en Loita, para trasladar as súas demandas, cifrando o índice de temporalidade do colectivo en 40% na Atención Especializada e 28% da Primaria. A precariedade tamén atinxe as médicas sen praza asignada, reunidas no colectivo Facultativas Eventuais en Loita. Unhas e outras sinalan o encadeamento de contratos por días e por horas, ou a ausencia de dereitos como as baixas médicas, as conciliacións ou os servizos. O propio presidente do Goberno galego recoñeceu a sexta feira que Galiza ten "contratos temporais excesivos" e anunciou unha nova Oferta de Pública de Emprego para o sector. |
NOS_40978 | O actual rural galego non se pode entender sen o que nel provocou a PAC, a Política Agrícola Común, ferramenta da Unión Europea que transformou o tecido socioeconómico do agro galego e cuxo impacto mantense na actualidade. A proposta de reforma da PAC presentada pola Comisión europea -con importantes recortes nos fondos- xera preocupación e inquedanza. Esperanzas, poucas. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 297 de Sermos Galiza. | A PAC, Política Agrícola Común, é un dos tanques da Unión Europea. Por dotación económica - proponse 350.000 millóns de euros para o período 2021/2027- e pola importancia do tema ao que afecta: o agro. Na Galiza hai nesta campaña 33.000 persoas preceptoras da PAC. Son case 200 millóns de euros de axudas os que se reparten no noso país, cantidade afastada da que perceben outros territorios do Estado español, como Andalucía. Ou como Extremadura, Castilla-León e Castilla-La Mancha, embora ter estes tres territorios -e así o acredita o censo agrario- menos traballo agrícola que Galiza. E isto é así porque a PAC responde a uns criterios e baremos nos que Galiza sae prexudicada. "A PAC é un mecanismo discriminatorio para Galiza a respecto doutras zonas", sostén Bernardo Valdês, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e que ten analizado polo miúdo a política agrícola comunitaria e o seu impacto no noso país. Criterios que permiten, explica pondo un exemplo, que nas axudas á produción vexetal prime a extensión ou que non sexa necesario desenvolver case actividade nas mesmas. Isto favorece os grandes cultivos de zonas como ambas as dúas castelas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_40765 | A central sindical fai pública a "persecución" de Inditex contra as traballadoras de Zara cunha concentración diante dun estabelecemento do xigante téxtil no centro de Compostela. | A sección sindical da CIG en Zara na Coruña mobilizouse esta quinta feira para denunciar publicamente a "represión sindical" que está a exercer o grupo Inditex sobre as súas traballadoras. Cunha concentración diante do estabelecemento de Zara no centro de Compostela, a CIG pretende dar a coñecer a "persecución" contra as traballadoras por parte de Inditex, nomeadamente contra a presidenta do comité coruñés, Carmiña Naveiro. Unha "persecución" que comezou, segundo traslada a central sindical, tras manifestar a súa oposición á modificación unilateral das condicións laborais "sen negociación previa e impedindo o dereito á conciliación". A CIG rexeita as prácticas "intolerábeis que atentan contra a dignidade das persoas traballadoras" exercidas polo xigante téxtil e lembra que o pasado 18 de maio a empresa ordenou unha modificación dos horarios e das quendas, afectando incluso ás persoas con medidas de conciliación familiar, sen especificar canto tempo ía durar a medida e sen deixar constancia por escrito destes cambios. A consecuencia desta modificación, a empresa ordenoulle á presidenta do comité que abandonara o seu posto de traballo durante a súa quenda ordinaria, aducindo que agora o seu horario laboral remataba ás 20:15h e non ás 22:30h. Naveiro negouse a abandonar o seu posto se non lle comunicaban por escrito esta mudanza, ao que á empresa respondeu "da maneira máis abusiva posíbel" e chamou a Policía. "Así é como actúa a dirección desta empresa", alertou Carmiña Naveiro, para lembrar que "seis homes vestidos de uniforme (catro policías e dous gardas de seguridade) entraron non almacén onde estaba a traballar eu soa; sentinme totalmente coaccionada". Naveiro criticou que o grupo Inditex aparece nos medios de comunicación coma "unha alma caritativa" que fai doazóns, non aplica ERTE, etc., "pero logo resulta que amparándose no estado de alarma modifica a xornada do seu persoal e chama a policía para obrigar as súas traballadoras a abandonar o seu posto, aplicando a represión contra elas e as súas representantes". |
NOS_26737 | É o festival máis antigo do país e leva 38 anos ininterrompidos enchendo Guitiriz en agosto de propostas culturais e lúdicas. Volve Pardiñas do 4 ao 6 de agosto cun amplo cartaz musical e con moitas actividades paralelas. | O Festival de Pardiñas programará entre o 4 e o 6 de agosto un completo cartaz que contempla música en directo, concursos de debuxo, mostras de artesanía e de instrumentos tradicionais e até un certame de cantos de taberna. Este festival non só é especial pola súa lonxevidade, senón tamén porque, segundo eles, é o único organizado ao 100% por unha asociación sen ánimo de lucro, Xermolos, que dirixe Alfonso Blanco. Trátase dunha cita na que se involucra toda a vila e onde todos os traballos son levados adiante por voluntarios. Este festival non só é especial pola súa lonxevidade, senón tamén porque, segundo eles, é o único organizado ao 100% por unha asociación sen ánimo de lucro, Xermolos Pardiñas comezará o 4 de agosto -sexta feira- coa celebración do V Certame de Cantos de Taberna, que funconará como pistoletazo de saída para unha fin de semana que combinará música, artesanía, tradición e innovación. O sábado pola tarde abrirá as portas a mostra de instrumentos de música tradicional e a mostra de artesanía, ademais de ter lugar a carreira popular. E, pola noite, logo do pregón a cargo de Antón Corral, subirán ao escenario Bloquinho de Xermolos, Os Melidaos, Quique Escamilla (Mexico), Kalakan & Luis Peixoto (Euskadi/Portugal), Cúig (Irlanda) e Skandalo GZ . A festa rematará o domingo, con pregón de Fina Casalderrey e cos concertos da última noite, con Abóbriga, Davide Salvado, Yves Lambert Trío (Canadá) e Sacha na Horta. |
NOS_51106 | "O seu silencio faino cómplice", reprochoulle Ana Pontón a respecto das prolongacións galegas da Operación Lezo nun debate parlamentar no que o presidente defendeu a política de "bilingüismo harmónico" e asegurou que en Galiza "estase a consolidar o medre económico". | Feijóo volveuno facer, no que xa é toda unha marca da casa. Perante unha pregunta da oposición sobre unha ou varias cuestións concretas, 'escorre o bulto' para evitar responder e basea as súas respostas e réplicas nunha fiscalziación da oposición. Unha estratexia que se volveu ver esta cuarta feira na Cámara galega, na sesión de control ao presidente. A primeira en intervir foi Ana Pontón, que puxo sobre a mesa dúas cuestións concretas: por unha banda, as consecuencias ("paro e emigración") das políticas económicas. Por outra, a corrupción do PP, nomeadamente a 'Operación Lezo' e as súas prolongacións en Galiza a través de Villar-Mir, dono de Ferroatlántica. Pontón volveu pedir que se investiguen os contratos da administración galega con Villar Mir. "Non pasamos por alto as doazóns que fixo á fundación Fraga apóas as tres concesións que lle deu a Xunta, que caducaron en 2012 e que vostede volveulle adxudicar a dedo". E instou o presidenta a que se pronunciase en sede parlamentar, "asegure que non vai ceder á chantaxe de Villar-Mir", que quer vender as hidroeléctricas. Feijóo non se pronunciou nin se referiu na súa resposta a esta pregunta. Acusou a portavoz do BNG de traer á Cámara "un popurri" de temas e dixo que toda a oposición xunta sumaba menos votos que os que tivera o PP, peculiar argumento para evitar críticas as súas políticas. Acusou a nacionalista de "non se tomar en serio a corrupción" e afirmou que no seu gabinete non hai ningún imputado por corrupción. "Vostedes gobernaron catro anos e teñen un", engadiu. O galego Luis Villares preguntou ao presidente en relación á situación do galego, en constante perda de falantes. "Algunha responsabilidade terá o goberno, non?", ironizou o portavoz de En Marea, que lembrou as problemáticas e dificultades do idioma propio de Galiza no ensino, na xustiza, na empresan, no día a día. Lembroulle a Feijóo que o mesmisimo Consello de Europa recriminou á Xunta a súa política lingüística. Defendeu Villares o pulo da sociedade que, embora esa situación, apostan no galego e continúan a traballar e se mobilizar "ano a ano" polo idioma. "Que mal lle fixo o galego a vostede?", preguntoulle a Feijóo. O presidente defendeu o "bilingüismo cordial" que, dixo, "existe nas rúas galegas", e afirmou que o seu goberno, no que a lingua se refire, "traballa para unir, non para dividir". Apelou á Lusofonía ao dicir que co galego "entendémonos con millóns de persoas en todo o mundo", meteu a zoca co Día das Letras Galegas, que situou no 15 de maio [posteriormente diríao correctamente, 17 de maio] e recomedou a Villares que "lese máis a Carlos Casares", escritor homenaxeado este ano polo 17M. Fernández Leiceaga preguntou sobre o mercado de traballo de Galiza, alertando dos malos datos ao respecto. Afirmou que ao ritmo experimentado en 2016, o estado español recuperaría en dous anos o nivel de emprego de antes da crise, mais que a Galiza íalle levar 11 anos. O portavoz do PSdeG afirmou que o noso país ten peores rexistros que a media estatal e que esa fenda non mingua. Na súa resposta, Feijóo respondeu con datos do goberno 'bipartito' e criticando a política de emprego "socialista" de Andalucía. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.