ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_11047
"Se lles pedimos aos galegos que sinalen tres decisións positivas da Xunta nesta lexislatura non habería resposta, porque non hai acción política", di o líder socialista no seu primeiro gran debate parlamentario
"Se lles pedimos aos galegos que sinalen tres decisións positivas da Xunta nesta lexislatura non habería resposta, porque non hai acción política". O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chegou ao debate de política xeral de 2019, o derradeiro da lexislatura, cun duplo reto: afrontar o primeiro gran debate parlamentario da súa traxectoria como deputado e facelo ademais como líder da primeira forza da oposición, condición que os socialistas recuperaron tras a ruptura de En Marea. E fíxoo coa intención de presentarse como "a alternativa real" ao PP para as eleccións previstas en 2020."Se lles pedimos aos galegos que sinalen tres decisións positivas da Xunta nesta lexislatura non habería resposta, porque non hai acción política"Como nos últimos meses, Caballero asentou o seu discurso na idea do remate do "ciclo" político de Feijóo tras dez anos no poder. O presidente do Goberno galego "amosa fartura e cansanzo" e boa mostra disto, asegura, é que dende 2016 o Parlamento leva aprobado "o menor número de leis da súa historia". Feijóo, reprochou o socialista, "proclama que Galicia é o modelo", pero en realidade "Galicia é moito máis que o seu goberno", cuxas proclamas de "estabilidade" son "a estabilidade da agonía".Para Gonzalo Caballero, o discurso co que Feijóo inaugurou o debate de política xeral centruse en "volver prometer o que prometeu en anos anteriores" e "xa non é crible". "O seu discurso só certifica que o seu proxecto está esgotado, que o seu tempo político á fronte de Galicia rematou" e faino, cre, cun "suspenso notorio en moitos eidos de xestión" que torna en "palmario no eido sanitario". "Meteron a sanidade pública na UVI e só cando milleiros de persoas saíron á rúa por todo o país tiveron que recoñecer o fracaso".O secretario xeral do PSdeG contrapón o que considera fracasos do Executivo do PP coas decisións do Goberno de Pedro Sánchez en materias como a suba do salario mínimo.O secretario xeral do PSdeG contrapón o que considera fracasos do Executivo do PP coas decisións do Goberno de Pedro Sánchez en materias como a suba do salario mínimo. Esas decisións, cre, si son apoiadas pola "nova maioría" que xa hai en Galicia, a poboación que "vive nunha Galicia distinta á que vostede debuxa", a mesma pola que o PP "perdeu tres eleccións no que vai de ano".Nun discurso respondido dende as bancadas do PP con risos -algúns populares incomodáronse especialmente cando Caballero instou a Feijóo a "facer menos caso ao señor Tellado e ao señor Rueda e máis ao señor Puy-, Gonzalo Caballero concluíu tentando bosquexar o que o PSdeG presenta como "o proxecto de país" dos socialistas "para unha nova década" con medidas en materia económica, territorial ou de erradicación da violencia machista. Mentres, láiase, Feijóo "centrase" na "confrontación" con Pedro Sánchez. Especialmente no que atinxe ao financiamento e aos 700 millóns de euros pendentes de ingresar a Galicia por parte do Ministerio de Facenda. "Entregouse a un relato cun percorrido curto, o flotador estaba pinchado" e agora, que o Goberno central "resolve, vostede segue optando pola confrontación" ata acusar o Executivo socialista de deteriorar a democracia pola nova convocatoria de eleccións xerais. En realidade, acusa, "a corrupción do PP foi o que máis danou a saúde democrática" nos últimos anos.
NOS_26787
Unha conferencia a dúas voces, de título Momentos de Galiza e Portugal, servirá a vindeira quinta feira, 23 de maio, para presentar a última obra de Manuel Miragaia (A Coruña, 1958), Galeguia. Será no Espazo Enocultural Vide, Vide! de Compostela ás oito e media do serán.
Editada por Chiado, con ilustracións de Manel Cráneo, Galeguia é un libro de poemas arredor das "relacións históricas entre a Galiza e Portugal". Mitolóxico e ao tempo histórico, "recolle o pasado e sintetiza as ideas principais coas que se conformou o galeguismo desde o século XIX até hoxe". Así, polas páxinas de Galeguia desfilan Hermerico, Vímara Peres, Pardo de Cela, Rosalía de Castro, Xohán Vicente Viqueira, Castelao, Man de Camelle... Pero non só nomes ilustres, tamén dedica Miragaia páxinas ás clases populares que, ao cabo, fan a historia: labregos e mareantes, habitantes da Galiza estremeira ou do Couto Mixto. A saudade comparece, en pé de igualdade co "futuro desexábel para Galiza". "Na época do global e o rápido, a voz de Galeguia volta para o passado, joga com os mitos e tece cumplicidades entre o povo galego e o português, esses que mantêm um longe-perto inquietante", escribiu ao respecto a novelista e ensaísta Teresa Moure. Na presentación de Compostela, organizada pola asociación cultural O Galo, Miragaia estará acompañado de Luís González Blasco, Foz. Nota: cuberta de Galeguia (Chiado, 2017).
NOS_30008
Este artigo nace de revelarse contra todo o escrito sobre a guerrilla na Costa da Morte, contra esa visión tan masculinizada. Esta vez quixemos volver sobre o tema poñendo o foco nas mulleres. En principio, queríamos falar de dúas máis. Teresa Pastoriza Moreira, de Tella (Ponteceso), e Isabel Saez Castillo, que viviu en Corme aqueles anos. Pero estas dúas son mulleres das que tamén hai moito que contar, o espazo non chegaba. Finalmente, decidimos centrar o artigo en Balbina Pedro Carril e as mulleres que foron xulgadas a canda ela.
Na madrugada do luns 21 de abril de 1947, a guerrilla recibe un forte golpe. Manuel Ponte Pedreira, xefe da IV Agrupación, é asasinado pola Garda Civil no lugar do Fontao, concello de Frades. O atestado desta operación abre a causa número 200 do ano 1947, e foi entregado ao gobernador militar da Coruña a canda os dez primeiros detidos. Oito deles apreixados nos arredores do Fontao e tamén preto de Arzúa, a consecuencia doutro despregue da Garda Civil aquela mesma madrugada. En canto ás dúas restantes, hai que falar en feminino. As detidas son Fernanda Carril de 51 anos e Celia Álvarez de 32. Celia Álvarez Vivero e Fernanda Carril Devesa A caída de Manuel Ponte Pedreira provocou un efecto bolboreta en pequeno. Porque Fernanda foi detida na Coruña, e Celia na Mourela, un lugar da parroquia de Xubia, en Neda. A causa destas dúas detencións foi un evidente erro de Manuel Ponte Pedreira. Porque nun peto da guerreira levaba unha carta remitida por Seoane o 7 de febreiro de 1947, que entre outras cousas dicía: "para escribirme o para lo que quieras mandar, lo haces a la dirección: S. Andrés, 125 - Sr D José Rodríguez - Casa Pedro. Si lo mandas personalmente, pregunta primero por la señora Fernanda, y luego le dices que traes esto para el señor José Rodríguez. No te olvides hacerlo con el sistema secreto". Por outra parte, na carteira levaba unha nota na que estaba escrito: "Celia Álvarez Vivero. Estafeta Moncho. Tienda, Jubia-Fene". Celia foi valente. Durante os interrogatorios, soportou a presión á que a someteron, mantendo sempre que non se explicaba por que figuraba o seu nome na nota que portaba Ponte. Ademais, non delatou a ningún veciño como apoio da guerrilla, nin como integrante das partidas de fuxidos. A súa enteireza beneficiouna. Ao non haber ningún detido que tivera relación con ela, non tiveron ningún indicio do seu apoio á loita guerrilleira. A nota na carteira de Ponte foi a única proba contra ela. Aínda así, o fiscal pediu para ela pena de seis anos de cárcere. E foi condenada a sete meses. O caso de Fernanda foi distinto. Na sentenza consideran probado que a súa casa da Coruña funcionou como estafeta da guerrilla. Que a súa filla trasladaba á Costa da Morte todos os meses os paquetes dirixidos a José Rodríguez. Con iso e todo, aínda que a petición do fiscal foi a mesma que para Celia, a sentenza declarou a Fernanda absolta. O seu caso é un exemplo máis da arbitrariedade da "xustiza" militar franquista. Supoñemos que xogaría a favor de Fernanda o feito de rexentar un negocio na rúa de San Andrés, moi cerca dos máis importantes centros do poder franquista en Galicia. Aínda que non hai rastro disto na causa. Pero si hai un detalle que parece indicar que Fernanda interpretou ese papel de muller con influencia: o 27 de abril presentouse ante o xuíz militar vestindo un abrigo de astracán negro. Na Coruña, os abrigos de pel foron ao longo de todo o século XX símbolo inequívoco de poder, de "ser muller de". Moito máis o serían naqueles anos de forzosa austeridade. Balbina Pedro Carril Esa filla de Fernanda da que vimos de falar é Balbina, que nace en Laxe en 1912. O seu pai Antonio, portugués, mandaba unha cuadrilla de canteiros. Fernanda trasladou a súa familia a Baio (Zas) cando Balbina era unha nena, para rexentar a que foi popularmente coñecida como a Fonda de Fernanda da Pesca. Balbina casou en 1933 con Manuel García López, que traballaba na cuadrilla de canteiros do seu pai e leváballe dez anos. A parella decide emigrar a Madrid. Non temos datos acerca da actividade de Balbina nestes anos, non sabemos se traballou só na casa ou tamén fóra, se estivo sindicada, ou se militou nalgunha organización. Só temos constancia da actividade do seu home como militante da CNT e como voluntario no exército antifascista, onde acada o grao de tenente. Balbina pasa toda a guerra en Madrid. Mentres, en Baio, a súa nai ten que deixar a fonda, un negocio que segundo todos os indicios ía ben. Non puidemos confirmalo, pero o máis probable é que este abandono do negocio e cambio de domicilio estea relacionado cos problemas que debeu de ter Fernanda coas autoproclamadas novas autoridades. Ter filla e xenro no bando antifascista non axudaba. Parece que Fernanda fai un rápido traspaso do negocio e marcha para A Coruña, onde abre unha pequena fonda na praza da Cormelana. Vaille de novo ben, e cambia para un local mellor, onde a xa mencionada rúa de San Andrés cruza coa de Santa Catalina. Celia foi valente, soportando durante os interrogatorios a presión á que a someteron, mantendo sempre que non se explicaba por que figuraba o seu nome na nota que portaba Ponte Nos anos que seguen a 1939 segue a zona de sombra. Sabemos que Manolo foi procesado, e que estivo nun campo de concentración até 1940. Pero non sabemos que foi de Balbina. Volvemos ter datos en 1944, en que os dous están de volta en Baio, e viven nunha pequena casa no Chamberín. Manolo traballaba outra vez na construción. E os dous cantaban no coro de Baio, que tiña moito éxito nas vilas da redonda interpretando cancións tradicionais galegas. Por fin conseguen ter unha vida sen sobresaltos logo de anos de sufrimento. É nesta situación cando o PCE e a guerrilla petan á porta e Balbina abre de par en par. Está disposta a perder esa tranquilidade, mesmo a arriscar a vida, por ser coherente cos seus ideais, por loitar por unha sociedade máis xusta. Cremos que esta decisión é o acto máis heroico de todos os aquí relatados. Tamén cremos que a débeda que a sociedade actual ten con Balbina e con tantas e tantos coma ela é inmensa. A consecuencia inmediata da súa decisión é que a súa casa pasa a ser o máis importante punto de apoio da Costa da Morte. Balbina recoñece ante o xuíz que acolle os guerrilleiros até en oito ocasións, varias delas nun número elevado, pois chegan a pasar a noite no Chamberín nove guerrilleiros. Nun daqueles primeiros contactos coa Guerrilla sería cando Balbina Pedro contou a Manuel Ponte que a súa nai rexentaba unha fonda na Coruña, e cando se comprometeu a traer e levar todos os meses envíos da Coruña á Costa da Morte, usando o nome en clave de José Rodríguez. Ademais, o labor desenvolvido pola nosa protagonista non se limitou a facer de correo para a Guerrilla. Aínda que a xustiza militar non chegou a sabelo, algunhas testemuñas da Costa da Morte aseguran que Balbina chegou a formar parte das partidas guerrilleiras nalgunhas ocasións. Unha das veces que a guerrilla foi a Tines en Vimianzo, Balbina formaba parte do grupo, vestida de militar e co pelo recollido nunha trenza. O lóxico é pensar que non foi esta a única vez que formou parte das partidas armadas. A detención de Balbina Empezamos este artigo falando dos dez primeiros detidos da causa 200 de 1947. A seguinte en caer é Balbina. Na causa consta un documento escrito pola Garda Civil, asinado o 28 de abril e entregado ao xulgado militar da Coruña cunha sorprendente frase final: "como unión del presente escrito, le adjunto a Balbina". No escrito non consta a data da súa detención, pero máis adiante deducimos que foi detida o día 24 de abril. Lóxico, porque a Garda Civil aporta no escrito moita información, que tivo que ser obtida despois de catro días de interrogatorios seguramente atroces. Xúlgana xunto a outros moitos, a maioría deles veciños da Costa da Morte. Cáenlle seis anos de cárcere. Nos primeiros meses de 1948 é trasladada á Prisión Central de Mujeres de Segovia. Durante todo o ano 1949 estivo sancionada por un acto de "indisciplina grave" do que non temos máis datos. En xaneiro de 1950 solicita indulto da cuarta parte da condena. Concédenllo, e a data de cumprimento da súa condena pasa a ser o 24 de outubro de 1951. Despois solicita liberdade condicional, e sae do cárcere a finais de xuño de 1950, fixando a súa residencia na rúa San Andrés da Coruña, a carón da súa nai. En outubro de 1951 danlle a liberdade definitiva, pero en xullo do 52 aínda segue na Coruña, pois é aí onde se reúne de novo co seu home Manuel cando este sae do penal do Dueso en liberdade condicional.Balbina tivo a fortuna de gozar de boa saúde. Puido ver a morte do ditador, e recibir con ilusión a formación do primeiro Goberno socialista. Morreu cando lle faltaba menos dun mes para facer os 90 anos. As moitas Balbinas da guerrilla A xustiza militar tiña, neses tempos, un moi baixo concepto das mulleres. Son presentadas, sobre todo as que viven en parella, como totalmente supeditadas ao seu home, sen vontade propia nin capacidade de acción. A mesma Balbina é vista dun xeito parecido: "en principio, Manuel ignoraba por completo las actividades de Balbina, pero que llegado cierto tiempo optó por comunicárselas, y que motivado a ello la riñó y la aconsejó a que no debía desarrollar tal tipo de actividades". Debido a este baixo concepto, as mulleres non son xulgadas na inmensa maioría dos casos, e nin sequera constan os seus nomes nas causas. Aínda máis. Ás veces é difícil mesmo saber que existiron. Boa proba disto é a causa 200/1947 no seu conxunto. Nela hai 53 homes condenados por axudar a guerrilla, e só dúas mulleres (Balbina e Celia). A colaboración de Balbina coa guerrilla foi de importancia vital. Foi ela quen viaxou todos os meses á Coruña portando envíos, co risco que iso supoñía. Foi ela quen deu de comer e durmir aos guerrilleiros. Aínda así, o seu home Manuel foi condenado a quince anos de prisión, a segunda maior condena da causa 200/1947, mentres que Balbina foi condenada a seis anos. Até tal punto chegaba o menosprezo das autoridades cara as actividades femininas. No referido ás tarefas domésticas, lembremos que a máis grande axuda en todas as casas que acolleron a guerrilla era lavar a roupa dos guerrilleiros, facer de comer e preparar os lugares onde durmir. E estas tarefas eran feitas exclusivamente por mulleres. Por este motivo, eran desprezadas, consideradas actividades menores. E tamén eran consideradas tarefas feitas por orde do home, que era quen decidía. A guerrilla tivo moita máis confianza no activismo das mulleres do que toda a sociedade parecía demostrar Sabemos que a sociedade daquel tempo era aínda máis patriarcal que a sociedade actual, e seguro que houbo algunha muller que colaborou coa guerrilla contra a súa vontade. Pero estamos convencidos de que a maioría delas colaboraron por vontade propia. Polo tanto, temos unha débeda inmensa coas mulleres que axudaron a guerrilla. Especialmente coas non identificadas, as que nin sequera figuran nas causas. Somos conscientes das carencias deste traballo e en xeral daqueles que se basean en fontes documentais. Porque nesas moreas de documentos as mulleres ou non existiron ou foron infantilizadas, tratadas como seres carentes de personalidade, decisión, iniciativa. E, pola contra, aportan tal profusión de datos acerca dos homes, protagonistas oficiais dos relatos, que os nosos traballos seguen reproducindo os roles daquela sociedade tan desigual, minimizando a importancia do papel que tiveron as mulleres naquel tempo. Esta visión da muller non era exclusiva da administración. Estaba presente en todo. Por iso, congratúlanos ver nesta causa 200/1947 que os únicos dous nomes que Manuel Ponte levaba escritos nas notas dos seus petos eran os de dúas mulleres. Neste caso, a guerrilla tivo moita máis confianza no activismo das mulleres do que toda a sociedade parecía demostrar. Vaia este feito como homenaxe final a todas as mulleres que colaboraron na loita guerrilleira.
NOS_30483
Nin "Ginzo de Limia" nin "El Ferrol" nin "Ría de Arosa" nin "El Cebrero". A Mesa esixe á TVE e Telecinco que abandonen os nomes deturpados e usen a nosa toponimia oficial. Os casos recentes de topónimos españolizados provocaron numerosas queixas contra as televisións españolas.
"Doe nos ollos que se cheguen a chamar Ría de Barosa (sic) a Ría de Arousa ou que se resuciten do franquismo híbridos como Ginzo de Limia e El Ferrol", dixo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e o certo é que os nomes deturpados sobreimpresos nas pantallas causaron irritación nestes últimos días en programas informativos emitidos tanto en Telecinco como na TVE. Denuncian tamén a pasividade da Xunta que non está a cumprir a súa obriga de protexer o noso patrimonio lingüístico. Como un "revival de toponimia galega deturpada" cualifican desde a Mesa o que aconteceu nos últimos días e que levou á queixa que veñen de presentar diante da televisión pública estatal TVE e a privada Telecinco. Lémbranlle ás direccións de ambas canles que desde hai máis de tres décadas os nomes de lugar teñen unha única forma oficial legal que é a galega. Nin inxenuidade nin ignorancia Nin inxenuidade nin ignorancia son xa argumentos, ao ver da MNL, para xustificar o que volve a acontecer e por iso, Carlos Callón denuncia "unha clara decisión política en TVE" da man do PP para non respectar a toponimia oficial, o que, segundo engade, vén acompañado dun desprezo pola realidade galega en xeral. A Mesa ve "motivacións ideolóxicas" e a man do PP na deturpación da toponimia galega por parte de TVE e Tele 5 Alén dos informativos, nos que nestes días se repetiron os ataques á toponimia oficial, a Mesa lembra as denuncias perante a Defensora do Espectador polo uso de "Villagarcía de Arosa", no programa de entretemento "Saber y ganar" e tamén que o incumprimento da lei por parte de TVE foi tratado en diversas ocasións no Congreso dos Deputados. Pola súa banda, "La Coruña", "La Guardia" ou "El Cebrero", foron deturpacións detectadas tamén de maneira reiterada nos informativos dirixidos por Pedro Piqueras en Telecinco, cadea que está a destacar no desleixo no uso das formas oficiais da nosa toponimia. "Sen dúbida responde a motivacións ideolóxicas, en liña coa involución no respecto á diversidade lingüística e cultural do Estado que se está a impor nos últimos anos desde o poder", defenden desde a MNL coa acusación de que ambas canles televisivas están a "subverter a lexislación" coas súas actuacións.
PRAZA_1180
RETRATOS DE CIDADE A urbe ourensá prepárase para un consistorio máis fragmentado aínda logo de catro anos de goberno marcados pola dimisión do anterior alcalde tras as revelacións dunha operación 'Pokémon' que afectaron tamén o PP.
Ourense afronta o vindeiro domingo unhas eleccións municipais que prometen aínda un consistorio con máis partidos e máis fragmentado do que o está agora. A presumible irrupción de Ourense en Común, a consolidación de Democracia Ourensana, as forzas do bipartito, a presenza do BNG e mesmo a posible entrada doutras formacións fan prever a necesidade de pactos nunha cidade que viviu, xunto con Compostela, os catro anos de goberno municipal máis convulsos da Galicia urbana. Ourense viviu, xunto con Compostela, os catro anos de goberno municipal máis convulsos da Galicia urbana Hai agora catro anos, Francisco Rodríguez converteuse en Ourense no candidato socialista de todo o Estado que máis aumentou a súa representación nun concello. Pasou dos oito concelleiros que tiña -e que lle permitiron gobernar a cidade os catro anos anteriores co apoio do BNG- a 11. A tan só cincocentos votos do PP, empatou coa formación conservadora en número de escanos e pactou co BNG para reeditar un acordo que mantivo un goberno de progreso na urbe. Era o segundo consecutivo encabezado polo PSOE tras os tres anteriores do popular Manuel Cabezas. Pero pouco durou a tranquilidade. En setembro de 2012, Francisco Rodríguez é detido no marco da operación Pokémon por un presunto delito de tráfico de influencias, alzamento de bens e branqueo de capitais. Sete días máis tarde anuncia a súa dimisión como rexedor e é expulsado do partido. O concelleiro do PSdeG, Agustín Fernández, consegue o apoio dos tres edís do BNG e ocupa a alcaldía. O alcalde socialista Francisco Rodríguez foi detido no marco da operación 'Pokémon' substituíuno Agustín Fernández Menos dun ano despois de que Rodríguez fora detido, os presuntos pagamentos con fondos públicos de celebracións e facturas privadas provocan maís balbordo aínda no pleno municipal. O BNG afástase do alcalde socialista, que é reprobado polos outros tres grupos (PP, Bloque e Democracia Ourensana), que o acusan de situar a cidade no "desgoberno". Entre leas e conflitos varios, o alcalde acaba anunciando que non será candidato e que regresará ao seu traballo na Axencia Tributaria tras as vindeiras eleccións municipais. En xaneiro fora desimputado de varias causas, pero os problemas volven cando a Fiscalía decide que tanto el como o actual candidato, José Ángel Vázquez Barquero, deben declarar como imputados por un presunto enchufe dunha dirixente socialista. Trátase de Carmen Rodríguez, secretaria do PSOE local e número dous da actual lista, que fora nomeada directora xeral de Persoal, un nomeamento anulado logo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Barquero é agora o candidato socialista malia estar imputado e asegurar que abandonaría se era chamado a declarar "Pesan máis as responsabilidades asumidas co partido e os integrantes da lista que a coherencia do que dixen no seu momento", xustificou Vázquez Barquero, que anunciara que non levaría imputados nas listas e que dimitiría se el era chamado a declarar. Asegurárao logo de derrotar nas primarias a candidato a alcalde polo PSdeG a Pachi Vázquez, nunha contenda que escenificou tamén a división no socialismo ourensán que xa se amosara nos últimos anos. Ante esta fragmentación e como capital de provincia dominada polo baltarismo, o que fora conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, aterrou en Ourense para intentar recuperar o goberno local para os populares, que nese territorio non se libran, nin moito menos, das sospeitas da Pokémon. A xuíza De Lara detectou sobresoldos no PP de Ourense e atribuíunos á caixa B da formación. De Lara reclamou formalmente a contabilidade dos conservadores, baseándose nos documentos achegados polo ex xerente, e cifra en máis de 200.000 euros o fluxo de diñeiro ilegal entre 2007 e 2009. A xuíza De Lara sinalou o candidato popular, Jesús Vázquez, ao investigar os seus datos fiscais; tamén detectou sobresoldos en B no PP provincial Mesmo o candidato popular na cidade, Jesús Vázquez, quedou sinalado. A maxistrada decidiu investigar os seus datos fiscais. Un informe de Vixilancia Aduaneira incluído no sumario da Pokémon indica que o actual alcaldable do PP en Ourense intermediou ante Julio Flores, tenente de alcalde na Coruña, para procurar un posto de socorrista para a filla dun "gran defensor" do partido. A persoa recomendada logrou o traballo. Así, e mentres os dous grandes partidos se arrodeaban de sospeitas de corrupción, Ourense viviu tamén o auxe das mareas. A plataforma cidadá Ourense en Común foi durante meses un referente na confluencia, conseguindo o apoio e a colaboración de varias formacións políticas, entre elas Podemos, EU, Anova ou Compromiso por Galicia. Pero chegaron as primarias. O candidato de CxG neste proceso resultou ser o máis votado, pero entre acusación de múltiples irregularidades e mesmo de carretaxe. Máis de 1.500 persoas participaron nestas primeiras votacións e incluso o alcalde do PP da Peroxa recoñeceu que participara. As primarias de Ourense en Común esfarelaron unha plataforma que ía camiño dunha gran confluencia As primarias abríronse tanto -sen esixencia de sinatura de manifesto ningún e nin tan sequera de residencia na cidade- que acabaron sendo un fracaso. CxG abandonou o apoio a Ourense en Común, ao igual que Anova. Podemos retirou tamén o seu apoio oficial e explícito, ao non cumprírense as condicións esixidas para participar nestes procesos cidadáns, aínda que moitos dos seus membros manteñen a colaboración. Malia todo, as enquisas danlle varios representantes a unha plataforma liderada polo líder veciñal Miguel Doval que podería ser clave nunha posible coalición progresista xunto ao BNG. A formación nacionalista, que alcanzou en Ourense un masivo apoio na última década en varias convocatorias locais, mantén a súa aposta pola política social e a súa implicación clara e visible contra casos como os desafiuzamentos, que afectaron tamén a cidade. Os inquéritos prevén que perda algún apoio, pero o Bloque confía no aval entre a veciñanza do que considera un bo traballo na cidade. O PP, preto da maioría absoluta, confía no "desgoberno" que atribúe ao PSOE para alcanzar unha alcaldía que perdeu hai oito anos. Será un panorama fragmentado, moi posiblemente con necesidade de pactos. Unha lexislatura municipal que os ourensáns agardan que, cando menos, sexa menos convulsa. O PXOM inacabable, o termalismo e o benestar social son as prioridades que marcan todos os candidatos. Iso é o que manifestaron nos debates.
QUEPASA_246
Seguimos coa nosa serie de visitas polas librerías da Costa da Morte e hoxe falamos con Marcela Riera, dependenta dende o ano 2017 en Ler Librarías Cee. Situada na Avenida Fernando Blanco, 27, achegámonos a Cee, para coñecer máis desta fermosa libraría.
A.G.R.: Cando nace a actual Ler Libraría Cee? En 2017, cando xa levaban varios anos ao fronte da libraría, Lola e Pepe, os propietarios, vanse vivir fóra da Costa da Morte. En xuño de 2017 Isabel Ares, que é a propietaria da franquicia, faise cargo da tenda da 15. Neste mesmo mes, imos celebrar o noso cuarto aniversario. En 2017, empezo a traballar na libraría como dependenta. Antes traballaba levando a comunicación da librería de Lola e Pepe: preparando eventos, vídeos, xestión de redes sociais… A.G.R.: De onde vén a túa paixón polos libros? Xa de antes me gustaban os libros pero cando empecei a traballar con Lola e con Pepe comecei a velos doutra maneira. Son licenciada en Historia da Arte pero posteriormente formeime en materias como bibloteconomía ou arquivística, onde a presenza dos libros é esencial. Dun modo ou outro sempre estiven vencellada aos libros. É certo que agora non traballo con libros antigos, senón con libros modernos pero a esencia é a mesma. Dentro dos libros sempre vas poder atopar outras experiencias, son unha porta aberta a novas realidades. A.G.R.: En que dirías que se diferencia Ler Libraría dunha libraría convencional? Que produtos ofertades a maiores? Ler Librarías Cee non é a típica libraría con moitísimas obras que podes atopar en grandes cidades. Non é a grande, pero temos un fondo que tratamos de coidar moito, especialmente a sección de narrativa. É certo que sempre tentamos ter os últimos best seller, pero na sección de narrativa para adultos tamén contamos con libros moito máis difíciles de atopar. Cabe destacar que a nosa libraría está especializada en libro infantil en galego. Sen embargo, non se edita tanto como nos gustaría. O libro infantil, en galego, triunfa moito, ten algo que o fai especial, tal vez sexa a sonoridade das palabras. Ademais os nenos son moi agradecidos e sempre veñen contar que libros dos que levaron lles gustaron máis ou menos. O contacto non só cos pais senón cos profesores fainos facer novas lecturas, aprezar os contidos e sabes transmitilos cando veñen a comprar.Contamos tamén cunha sección de manga, cómic xaponés. Na nosa tenda sempre está presente, dende os máis clásicos ou comerciais como Dragon Ball ou Pokemon a comics descoñecidos para o gran público. A maiores traballamos moito o xogo didáctico, dende puzzles ata xogos de construcción ou de preguntas. Outra das patas da libraría é a papelería, tanto escolar como de oficina. A.G.R.: Tamén tedes tenda online, dirías que o público prefire visitar a tenda ou mercar online? Xogou un papel importante a tenda online durante os peches perimetrais? Máis que mediante a páxina web, contactaban connosco a través de redes sociais e chamadas telefónicas. Poñíanse en contacto con nós e nós encargabámosnos de facérllelo chegar. Fixemos moito envío a domicilio tanto mediante empresas de mensaxería como nós mesmos achegando libros e material ás zonas máis próximas. Os libros fixéronnos moitísima compañía para todas esas longas horas que pasamos na casa. A.G.R.: Tedes moi boas opinións e valoracións por parte dos vosos compradores. Que dirías que é o que máis valora a vosa clientela? Estamos moi agradecidos polo ben que nos tratan os nosos clientes. O que máis valoran a atención que prestamos. Tratamos de estar ao día informarnos sobre todo o que traballamos para poder ofrecerlle o mellor servizo. Valoran vir por un libro para regalo e, coa pouca información que traen sobre os gustos literarios da persoa en concreto, que nos atopemos ese libro que vai enganchar ao seu destinatario. A.G.R.: Cal diriades que é a presenza de libros en galego nas estanterías dos máis pequenos? E dos adultos? Non é tanto como nos gustaría, non porque non se vendan senón porque, como che comentaba, non se edita todo o que se edita en castelán. A gran maioría de publicacións segue a ser en castelán. Aínda así é maior a presenza de libros en galego nas estanterías dos máis pequenos que na dos adultos, pese a que estes teñen ampla variedade de títulos en galego entre os que escoller. A.G.R.: Actualmente contades con algún proxecto que poidas compartir con nós, no que che gustase especialmente participar? Na libraría botamos moito de menos facer presentacións con autores locais. O pasado sábado no Bela Fisterra tivemos a sorte de asistir á presentación de Nación Mar, de Xosé Iglesias. Contamos con grandes autores locais que publican, como son Suso Baamonde, María Lado, Rocío Leira... Estamos desexando poder ofrecerlle o noso espazo ou poder estar onde eles alá onde eles vaian a presentar a súa obra. A.G.R.: Algunha recomendacións literaria para este mes de xuño? Agora mesmo estou a ler "El alma de las piedras", de Paloma Sánchez-Guernica e como a min me encanta a novela histórica estame a gustar moito. Historia que empeza no século IX.a.C e que fala dos segresos do camiño de Santiago. Está moi ben documentada, creo que non me vai defraudar. Outras Novas sobre Libros A Tenda dos Libros: "Un dos nosos lemas é que vendemos libros recomendados por persoas, non por algoritmos". Libraría Brañas Verdes: "É vital para nós seleccionar, recomendar e sobre todo estar atento aos gustos da xente". Eva Cameán, de Punto e Coma: "A clientela valora o trato personalizado, as recomendacións e a variedade de literatura infantil en galego". Unha viaxe polas librarías da bisbarra co gallo do Día do Libro.
NOS_17284
As asembleas aprobaron na tarde desta quinta feira o documento consensuado na terza.
O persoal da CRTVG ratificou na tarde desta quinta feira o preacordo que alcanzou o comité intercentros coa compañía na terza feira, un documento que ficaba supeditado á aprobación do cadro de persoal a través das asembleas. Con 98 votos a favor, 16 abstencións 5 votos en contra, as e os traballadores do ente público referendaron agora o preacordo, que compromete "a aplicación nos medios públicos de comunicación da Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público". As traballadoras da CRTVG desconvocan o paro mentres estudan a oferta negociada polo Comité Intercentros O acordo, segundo apuntaron desde o comité intercentros a través dun comunicado, permitirá ofertar 270 prazas, das que 255 procederán dun concurso de méritos e as 15 restantes do sistema de concurso-oposición. A representación do persoal "agradece a participación nas consultas" e reafirma o seu compromiso "na defensa pola estabilización do emprego temporal", que "non acadará a fixeza a través deste proceso". A piques de ir á folga Esta semana principiou co anuncio do comité de facer un paro parcial na xornada desta cuarta feira, que finalmente non se realizou por mor dese preacordo coa empresa. O persoal da CRTVG, en folga: estes son os motivos Estas accións xurdiron como resposta a unha "oferta insuficiente" de prazas nos medios públicos, "que non recolle unha solución real a toda a temporalidade que desde hai décadas arrastra a CRTVG". "A actual oferta da empresa [en alusión á proposta anterior ao preacordo da cuarta feira] suporía, segundo cálculos da parte social, uns 40 despedimentos de compañeiras indefinidas que, ante o non recoñecemento de toda a temporalidade de longa duración existente na CRTVG, non terán opción real de consolidar nas prazas xeradas polas súas sentenzas xudiciais", subliñou o persoal que convocou as protestas.
NOS_28669
A central sindical denuncia a "trampa" de revalorizar as contías co IPC medio e non o interanual acumulado.
O Goberno español vén de aprobar esta semana a revalorización das pensións, unha suba que non chega para cubrir o aumento dos custos da vida. Amais, as pensións galegas seguen lonxe da media e ocupan a segunda posición pola cola. Ante esta perda de poder adquisitivo e a "trampa" que supón revalorizar as contías tendo en conta o IPC medio e non o acumulado ─o que supón unha perda do 4% ─, segundo denuncia a CIG, o sindicato convocou na xornada de hoxe mobilizacións nas sete cidades galegas. Como explican desde a central sindical, as protestas en rexeitamento da nova reforma das pensións céntranse en que o novo sistema non garante o poder adquisitivo das persoas pensionistas que, se ben foron manténdoo entre 2018 e 2021 grazas á mobilización social, coa nova norma está en perigo. As pensións aumentaban en xaneiro de acordo coa previsión de IPC e a principios do ano seguinte recuperábase a desviación entre o IPC previsto e o do mes de novembro con unha "paguiña", que ademais se incluía na base das pensións, explican desde a CIG. A 'trampa' da nova lei "O sistema permitía resistir a inflación", salientan. Porén, a nova lei do Goberno PSOE e Unidas Podemos preséntase como continuadora do sistema, "mais ten trampa", advirten, xa que o índice para a revalorización xa non vai ser o IPC interanual acumulado (6,5% en 2021), senón o IPC medio (2,5% en 2021). Como consecuencia deste "truco", as pensións de 2021 perderán un poder adquisitivo de 4% (6,5%-2,5%), dado que a lei non recolle a "paguiña" compensatoria, denuncian desde o sindicato, e a partir de 2022 aplicarase o IPC medio, "de modo que a perda de poder adquisitivo pode cronificarse, porque a revisión das posíbeis desviacións do IPC só vai facerse cada cinco anos (non anualmente) e non é obrigatoria". Diante disto, a CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas esta quinta feira nas sete cidades galegas para rexeitar a nova reforma e reclamar un sistema público de pensións cunhas contías dignas. As mobilizacións serán todas ás 11 horas. En Vigo, no farol de Urzáz; na Coruña, fronte á Subdelegación do Goberno; en Pontevedra, na praza da Peregrina; en Ferrol, diante do Instituto Nacional da Seguridade Social, igual que en Ourense. En Lugo a protesta será ás portas do Edificio Multiusos, mentres que en Compostela a protesta decorrerá na Praza do Toural.
PRAZA_3116
As evidencias empíricas mostran que non son os salarios nin a presión fiscal quen condicionan o investimento privado na maioría dos países occidentais e, xa que logo, en Galicia
Se comprende e, incluso, se acepta que un xefe de goberno non ten por que seren un experto en economía aínda que sempre é mellor que saiba algo, cando menos o mais elemental. E para iso deberían estar os asesores que, polo que podemos ver no caso particular da Xunta de Galicia non parecen estar moi ao día das claves económicas mais elementais. Ven isto a conto por que días atrás volvemos a asistir a un novo balbordo do presidente da Xunta de Galicia falando de economía. Tratando de xustificar o parálise do investimento privado en Galicia, neste caso na zona fronteiriza con Portugal, Alberto Nuñez Feijoo na mais pura liña neoliberal culpaba aos salarios e á presión fiscal de que non houbera investimentos nesa zona. Segundo o señor Feijoo que houbera mais investimentos en Portugal, na súa zona norte, que en Galicía debíase as vantaxes comparativas fiscais e salariais que ofrece Portugal.Fronte ao populismo e a demagoxia non hai nada mellor que as evidencias empíricas e científicas. En Europa, na UE a que pertencemos, os estados cun un maior SMI son Luxemburgo (2.071,1 euros/mes), Irlanda (1.656,2), Países Baixos (1.635,6), Bélxica (1.593,8), Alamana (1.557), Francia (1.521,2), Gran Bretaña (1.524,5). Os países escandinavos non teñen SMI pero, como é ben sabido, teñen os salarios mais elevados de Europa (por caso, Suecia ten un salario medio de 3.684 euros/mes) Parecera, segundo as teses neoliberais, que con eses salarios debera resentirse o investimento. Pois non, resulta que entre os estados anteriormente citados cinco están entre os que mais IED reciben a nivel mundial: Francia (2º), Alamana (3º), Reino Unido (4º), Bélxica (5º) e Países Baixos (8º). Non parecera, xa que logo, que os altos salarios nestes estados tiveran un impacto negativo sobre o investimento privado algo que confirma, por caso, Suecia que ten o salario medio mais elevado do mundo e a pesar diso esta no número 14º en IED e no 1º en investimento per capitá. En sentido contrario si analizamos os estados da UE cuns SMI mais baixos vemos que están tamén entre os que menos IED reciben como sucede, por caso, con Portugal (30º), Eslovaquia (52º), Grecia (54º) i Estonia (68º). As evidencias empíricas desmontan os argumentos demagóxicos e os dogmas neoliberais. Non se pode dicir que haxa unha relación inversa entre salarios e investimento privado. De habela é unha relación directa: a salarios mais elevados maior investimento. Son, xa que logo, outros factores os que retraen o investimento privado.O mesmo sucede coa influencia da presión fiscal. Entre os estados europeos que maior IED reciben hai claras diferencias a nivel fiscal. Asi unha maioría de tales estados están no grupo de estados europeos con maior presión fiscal: Francia (48,4% do PIB), Bélxica (47,2%), Suecia (44,4%), Alamana (41,5%), Países Baixos (39,2%). Dato que volve a poñer en evidencia que non hai unha relación inversa entre presión fiscal e investimento privado. Por caso os estados europeos citados anteriormente entre os que menos IED reciben están tamén entre os de menor presión fiscal: Portugal (37,2%), Eslovaquia (37,9%), Grecia (41,5%), Estonia (33%). Todos agás Grecia teñen unha presión fiscal por baixo da media da UE (40,3%).Como podemos ver as evidencias empíricas mostran que non son os salarios nin a presión fiscal quen condicionan o investimento privado na maioría dos países occidentais e, xa que logo, en Galicia. Deben ser outros os condicionantes, como xa temos subliñado nestas mesmas páxinas e que teñen que ver, por caso en Galicia, coa desfeita das caixas de aforro -tal que impide un control autonómico do aforro galego-, o axuste fiscal no investimento público –quen turraría de investimento privado– e a pouca confianza, as expectativas, dos axentes privados na recuperación da economía galega, en concreto da demanda. Factores que se suman aos negativos efectos que sobre o investimento privado en Galicia provoca a súa condición de economía periférica.
PRAZA_15802
Só resta ter a valentía de producir un instrumento novo con vimbios galegos que, por suposto, funcione con enerxías renovables autóctonas
"Sonhadores felizes são os pessimistas. Formam o mundo à sua imagem e assim sempre conseguem estar em casa". (O livro do desassossego, Fernando Pessoa). No sistema democrático que posuímos, a actividade política baséase alomenos en tres sustentáculos innegables. Un corpo ideolóxico, unha estrutura organizativa e unha pirámide de líderes que serve de nexo entre estes piares e a sociedade. O resto son andrómenas! A desafección cara unha opción política vai medrando, na medida en que esta desdeña algún deses tres elementos substanciais. E así, aquilo que, para tecelo, levou tempo e traballo, pode esfumarse nun santiamén, cando se desvirtúa o fermento ideolóxico, se non se engraxan ben as bielas organizativas, ou cando se renuncia a liderados consistentes e cribles. E, cando iso acontece, sempre por mor dos carrapatos que inzan nas estruturas partidarias, a escape saen os predicadores botándolle a culpa á intemperie, tratando de convencer a uns e outros, de todo se pode amañar con unturas de reciclaxe e refundación. Parvadas! Iso é o que está ocorrendo no campo nacionalista galego. Chegouse a tal grao de atasco, que levamos máis tempo da conta sen sermos capaces de conxugar acaidamente aquelas tres premisas. Entre outras razóns, porque o nivel de inercia conservadora das estruturas organizativas políticas non ten parangón no mundo asociativo. Polo tanto, a estas alturas da película, se a innovación non vén de fóra da casa, non hai nada que rañar. Os alicerces ideolóxicos retorcéronse de tal xeito, que xa non os entende ninguén. Os chintófanos organizativos están tan enferruxados, que xa non hai graxa no mercado para facelos funcionar. E, os líderes fiables foron trousados fóra do mapa, ou queimados con bidóns de queroseno de fabricación caseira. E agora lamentámonos porque, para salvar a colleita, hai que mesturala con uva foránea, e acabar bebendo purrela. Ou renunciar á dieta atlántica, porque o polbo con auga, seica produce vinchocas nas costas. Ah! O meu tío Lisardo di que, se as ferramentas que posuímos están desfasadas, só resta ter a valentía de producir un instrumento novo con vimbios galegos que, por suposto, funcione con enerxías renovables autóctonas. Porque o meu tío é dos que pensa que, se aspiramos a maiores cotas de benestar, só as poderemos conseguir por nos mesmos. Pois iso, algo teremos que facer.
NOS_26463
O goberno local insta o Goberno galego a que non opte "pola vía da fraude" coa adhesión da pasteira ao Porto de Marín.
O Concello de Pontevedra reclamou á Xunta que deixe de crear "expectativas absurdas" e non opte "sempre pola vía da fraude" coa súa aposta para que a fábrica de celulosa que Ence ten en Lourizán pase a formar parte do chan da Autoridade Portuaria de Marín. O concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, compareceu en rolda de prensa para achegar o punto de vista do Goberno local sobre as últimas informacións relacionadas con Ence e o seu traslado. Mosquera lembrou a posibilidade de incluír os terreos que ocupa Ence dentro do chan da Autoridade Portuaria de Marín xa foi estudada no ano 2005, a pesar de que naquel momento optaran por outra saída ao considerala "máis factíbel para saltarse a lei" e que foi finalmente o escollida "pero logo tombada pola Audiencia Nacional", en referencia á prórroga anulada polo alto tribunal este verán. O edil sinalou que a ampliación de zona de servizo do porto de Marín contou cun expediente aberto nese ano e chegou a redactarse un informe municipal, que se mostraba negativo ante esta posibilidade. A maiores, o Concello pediu un informe "ao maior experto de Portos no Estado", en alusión a Francisco Javier Jiménez de Cisneros Cid, quen redactou un documento "demoledor" para a viabilidade da solicitude. "Ence non pode estar aí e hai que buscar unha localización alternativa", sentenciou Mosquera Ese informe, continuou Mosquera, sinalaba que nos portos non pode haber actividades que non estean vinculadas e sexan necesarias para o funcionamento do porto "e é evidente que ningún porto ten unha celulosa", comentou o concelleiro. Ademais, lembrou que o Estado, despois de contemplar esta posibilidade e comprobar o seu "pouco percorrido legal", decidiu abandonar esta vía e arquivou o asunto no mesmo ano 2005. "Nestes momentos sería peor, porque está claro que a idea de adherirse ao Porto vén dada pola idea de saltarse unha sentenza. Non hai por onde collelo", asegurou César Mosquera. Para o concelleiro nacionalista "é evidente que esta vía tería e terá menos percorrido do que tivo no ano 2005" xa que "as sentenzas non poden ser saltadas facendo fraudes deste tipo". Neste sentido, Mosquera entende que a proposta formulada polos comités de empresa de Ence durante a reunión mantida esta segunda feira co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, é "volver resucitar unha vía que xa estaba cegada hai 16 anos", algo no que ve "crear unhas expectativas absurdas, marear a xente sen ningún viso de que vaia a chegar a nada". "Ence non pode estar aí e hai que buscar unha localización alternativa", sentenciou Mosquera, que tamén se referiu ao papel do Consello Consultivo de Galiza, a quen a Xunta solicitará un informe sobre a viabilidade legal desta proposta.
NOS_22793
Desde BDS-Galiza, Elvira Souto explica como desenvolver a campaña de boicote aos produtos israelitas que se promove desde 2005 a nivel internacional. "É unha acción non violenta" que xorde a petición da "sociedade civil palestina", explica. Todos os números cuxo código de barras comeza por 729 son comercializados por Israel.
Elvira Souto fai parte de BDS-Galiza desde que a campaña internacional chegou ao noso país en 2010. Este colectivo está a desenvolver unha forte actividade para promover medidas de boicote, desinvestimento e sancións contra o Estado de Israel. Conversamos con ela arredor da campaña mais tamén do acontecido esta segunda feira no Parlamento en relación coa declaración institucional de condena á masacre de Gaza. Aliás, hoxe (28 de xullo) BDS-Galiza convoca xunto a outros colectivos unha nova acción de protesta contra a ocupación israelita en Palestina. Convocan a cidadanía a recrear un checkpoint sionista na Praza do Toural, ás 20.30 horas. BDS traballa en Galiza desde hai anos, cales son os seus obxectivos?Promove a campaña nada en 2005 a nivel internacional após a petición lanzada pola sociedade civil palestina. Neste senso, reclamaban unha acción unánime a nivel global para promover o boicote, desinvestimento e sancións a Israel. Unha acción que xa tivo lugar contra o apartheid e baseada na non violencia. En 2010 fixemos o primeiro acto en Galiza para denunciar que con fondos públicos procedentes do Xacobeo se trouxera un representante sionista. Fomos á porta do CGAC onde tivo lugar a charla e, para a nosa sorpresa, asistiu moita xente á protesta. "Os produtos que proceden de Israel comezan o código de barras cos números 729" Entre as accións que promove BDS está o boicote a produtos procedentes do Estado de Israel, como pode unha persoa no seu día a día levar a cabo esta tarefa? É relativamente doado e relativamente complexo pois se ben os produtos poden localizarse através do código de barras --todos os números que comezan por 729 son comercializados por Israel-- é laborioso cotexar cando estamos a facer a compra. No entanto, tamén se pode facer evitando mercar produtos que conteñan, por exemplo, lodos e sales procedentes do Mar Morto e que en Galiza comercializa Séphora ou a franquía Tiger. Estes produtos pertencen a empresas situadas nos territorios ocupados e supón unha ilegalidade a súa venda pois foron expoliados os recursos doutro pobo. Mais para evitar sancións Israel ten mesmo mudado as sedes das empresas aos EUA. Tamén podemos levar a cabo o boicote nas tendas Imaginarium onde se comercializan brinquedos para crianzas. Chile rachou nas últimas semanas as negociacións que estaba a desenvolver co Estado de Israel en relación á sinatura dun Tratado de Libre Comercio entre ambos os dous países, mais isto non acontece na maior parte dos estados...É un disparate e, asemade, vai contra o Dereito Internacional continuar a manter relacións comerciais preferencias con Israel como fan a Unión Europea e o Estado español. En Galiza este mes de agosto desenvólvense en Cambados unhas xornadas sobre agricultura ecolóxica organizadas por Ecolóxica Galicia. Entre as palestras atópase a dun representante da Cámara de comercio israelita. Como pode ser que se traia a unha persoa procedente dun estado que non só está a cometer un xenocidio senón que asemade ten arrancado un 1 millón 600 mil cítricos e oliveiras? É un estado ecocida. Desde BDS xa lle enviamos unha carta á organización para lles demandar a retirada do convite a esta persoa. Tamén as organizacións ecoloxistas rexeitan a súa presenza nas xornadas. "A carta enviada polo embaixador de Israel é unha clara inxerencia nos asuntos internos de Galiza" O Partido Popular vén de vetar no Parlamento unha declaración institucional de condena a Israel pola masacre de Gaza. Como o valorades?Esta é outra incoherencia máis. Nos últimos dous anos o Parlamento aprobou senllas declaracións institucionais a prol do pobo palestino. Co que está a acontecer actualmente en Palestina en troca de denuncialo e condenalo o PP veta esta declaración. Mais isto acontece, cumpre lembrar, após o consulado chamar a atención polas declaracións anteriormente aprobadas. Un feito que constitúe unha clara inxerencia por parte de Israel nos asuntos internos de Galiza. Soubemos que logo da carta enviada polo embaixador israelita houbo un cruce de misivas entre el e a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, mais descoñecemos o contido da carta enviada pola presidenta. Algo que supón un claro secretismo institucional.
NOS_41988
A Fiscalía Xeral do Estado asume a investigación sobre os casos abuso, agresión e pederastia en colexios, congregacións e institucións relixiosas.
A Fiscalía da Galiza remitiu á Fiscalía Xeral do Estado información dun total de sete procedementos penais en tramitación sobre delitos de agresión ou abuso sexual a menores no seo de congregacións, colexios ou calquera outra institución relixiosa. Trátase de sete procedementos que están a tramitarse en xulgados de instrución da Galiza a raíz de varias denuncias interpostas.Nun comunicado de prensa o ministerio público explica que as fiscalías "non teñen dilixencias de investigación penal propias nesta materia", polo que non se abriron actuacións de oficio. A documentación remitida, sen que se detallasen con máis precisión os casos concretos, foi obtida polas fiscalías territoriais da Galiza e inclúe un total de sete asuntos incoados. A Fiscalía Superior da Galiza cumpre así co ordenado pola Fiscalía Xeral do Estado no seu oficio con data do 31 de xaneiro de 2022, que daba de prazo até o 10 de febreiro para cumprir con esta actuación. No seu escrito reclamaba aos territorios información dos procedementos penais en tramitación referidos a agresións e abusos sexuais a menores de idade no seo de colexios, congregacións ou institucións relixiosas. En días pasados, La Salle informou de novas denuncias por abusos sexuais que se produciron nos anos 70 e 80, das cales dúas se rexistraron na Galiza. Parlamento Sobre esta cuestión, o debate chegará ao Parlamento por mor de iniciativas da oposición -o BNG xa rexistrou unha batería de propostas e o PSdeG asegura que traballa no mesmo sentido-, nas que tamén se preguntará polas palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a respecto da proposta de abrir unha investigación no Congreso. Concretamente, os nacionalistas rexistraron preguntas nas que reclaman aclarar se o presidente da Xunta "corrixirá ou rectificará" as súas "desafortunadas" declaracións nas que dixo que habería que investigar "calquera tipo de abuso" e incluír a "todas as institucións".
PRAZA_5948
Entende que o seu despedimento e o dos seus doce compañeiros e compañeiras puido estar relacionado coa concesión a dedo dun gran número de postos de traballo nos ámbitos públicos xestionados en réxime de concesión por empresas pertencentes ao Grupo Vendex.
En xaneiro de 2012 o Concello da Coruña rescindiu o contrato de 13 traballadores e traballadoras da Torre de Hércules aludindo a suposta necesidade de realizar obras de mantemento no monumento. O Concello decidiu non subrogar os seus contratos, a pesar de que no seu convenio colectivo si se sinalaba a obrigatoriedade de subrogación. Ante a convocatoria activa de mobilizacións e denuncias públicas dos traballadores e sindicatos, o Consistorio coruñés argüíu a estratexia de abrir un concurso público "temporal" para evitar así subrogar a plantilla. Óscar López, un dos traballadores despedidos, vén de persoarse como posible afectado pola trama de corrupción política Pokemon. A súa decisión está motivada polas informacións xornalísticas que sinalarían que as "incongruencias" e "estrañas circunstancias" que rodearon o despedimento destes trece traballadores e traballadoras "poderían estar vinculadas ao interese de certas e certos membros da corporación local por abondar no reforzamento dunha rede clientelar cimentada na concesión a dedo ou por enchufe dun significativo número de postos de traballo nos ámbitos públicos xestionados en réxime de concesión por empresas pertencentes ao Grupo Vendex, dirixido polo empresario José María Tutor, un dos primeiros imputados na operación Pokemon", segundo destacan dende a reprensentación dos traballadores. As semanas posteriores aos despedimentos foron un tempo de protestas e mobilización social, cun grande apoio da cidadanía coruñesa, que se concentrou en gran número ante o monumento. Dous sindicalistas pecháronse na Torre durante cinco días para conseguir unha entrevista coa concelleira de emprego, Luisa Cid. Así mesmo, o persoal despedido entregoulle carbón ao alcalde Negreira e ao voceiro Julio Flores (ambos os dous investigados na actualidade na trama de corrupción Pokemon). De igual xeito, varias persoas encadeáronse na estatua de María Pita, e notra ocasión levaron a protesta até o evento turístico FITUR en Madrid. As dúbidas sobre o verdadeiro interese que subxacía no peche da Torre foi aumentando despois de comprobar como a Torre ficou pechada ao público durante meses malia a que as obras, tan supostamente necesarias, continuaban sen se realizar. Este personamento ten lugar ademais a poucos días de que finalice o prazo da concesión "temporal" dos contratos realizados a través de concurso público para a Torre de Hércules, este domingo 22, sen saber aínda os antigos traballadores e traballadoras se volverán ser incorporados, "e cun silencio por parte da administración local que fai sospeitar o seu desexo de eludir informar publicamentede cal será o proceso de nova contratación ou renovación da plantilla laboral do monumento máis emblemático da cidade da Coruña", denuncian.
PRAZA_19357
A vila lucense acollerá o 18 de marzo a segunda edición da Escolma de Cinema Galego, coordinada por Alberte Branco, proxectando entre outros filmes Os días afogados e No Cow on the Ice
A Casa da Cultura de Sarria acollerá o próximo 18 de marzo a segunda edición da Escolma de Cinema Galego, que xa o pasado ano achegou con grande éxito unha mostra do Novo Cinema Galego máis actual e premiado. Baixo o subtítulo Cinemas migratorios e cineastas galegos na emigración, a mostra ofrecerá (completamente de balde) unha coidada selección de historias de persoas que teñen que deixar os seus vínculos cun espazo por decisións políticas e máis de olladas de cineastas galegos que constrúen os seus discursos fílmicos en culturas alleas. Entre os filmes que se poderán ver están Os días afogados e No Cow on the Ice. Nos vindeiros días anunciarase o resto da programación que, segundo adianta Alberte Branco, coordinador, "non defraudará a todas as persoas que queiran gozar co bo cinema e coa música contemporánea do país". Os días afogados, a longametraxe documental de César Souto e Luís Avilés Baquero, narra o proceso de expropiación das vivendas e terreos que viviron os veciños das aldeas de Aceredo e Buscalque (en Lobios, Ourense), anegadas pola construción do encoro de Lindoso en 1992. A película fala dun exilio sen regreso posible, "quizais o máis desgarrador dos exilios", en palabras do xornalista cultural Fran P. Lorenzo, xa "que se asenta na imposibilidade de voltar ao teu lugar porque o teu lugar no mundo xa non existe". No Cow on the Ice (Non hai vacas sobre o xeo) é un diario filmado no que Eloy Domínguez Serén narra a súa vivencia da emigración a Suecia, os seus traballos para sobrevivir e as súas experiencias co amor, coa lingua e coa paisaxe. Os sentimentos dunha xeración que debeu emigrar pola dura situación económica en España quedan ben representados, nunha película na que moitos mozos e mozas da comarca se verán identificados. A Escolma de Cinema Galego en Sarria naceu co obxectivo de visibilizar a creación audiovisual contemporánea ao tempo que diversifica a amplía a actividade cutural do concello de Sarria. Un concello, que a pesar de ter unha poboación media e de contar ao longo da súa historia con ata media ducia de salas de proxección, na actualidade carece de cine. Na súa primeira edición converteu Sarria no epicentro do "Novo Cinema Galego", enchendo de público a Casa da Cultura da vila durante tres días, nos que se proxectaron unha ducia de fitas e se celebraron varias conversas e actividades con dez premiados cineastas.
PRAZA_877
O 2014 pechouse con 99.000 persoas traballando a tempo parcial no país por non atoparen un emprego a xornada completa
Dende o inicio da crise dende a Xunta proclamouse que Galicia era diferente ante as dificultades económicas. Do "plus de resistencia" pasouse á "anticipación", ao liderado na "austeridade" e, por último, ao prognóstico de que o país estaba en "mellores condicións" para ser "das primeiras en saír da crise". Agora, cando as cifras macroeconómicas comezan a remontar levemente, os principais indicadores dan conta do estancamento e as primeiras análises amosan que Galicia inicia a senda da saída da crise máis lenta e máis feble que a súa contorna. Neste contexto o Goberno galego apela, por boca dos seus principais responsables, a ollar cifras como a leve baixada do paro rexistrado, das inscricións nas oficinas de emprego. No entanto, a escasa creación de emprego revela un incremento da precariedade que se amosa ás claras, por exemplo, no récord de persoas que traballan a tempo parcial por non teren ningunha outra opción. Mentres, nos últimos meses, o turismo e o incremento da obra pública previa ás eleccións municipais recortan un chisco as inscricións nas oficinas de emprego a análise do mercado laboral que é homologable a nivel europeo, a enquisa de poboación activa, vén amosando que o pasado 2014 rematou con máis de 99.000 persoas traballando en Galicia a tempo parcial non por desexaren ese tipo de xornada, senón por non atoparen un emprego a xornada completa. Esa cifra non só é a máis alta da serie, senón que supón un incremento superior ao 85% a respecto do ano 2009, no que comeza os datos dispoñibles no Instituto Galego de Estatística. O 2014 pechouse con 99.000 persoas traballando a tempo parcial por non atoparen un emprego a xornada completa Fronte ao incremento de máis de 46.000 persoas que traballan a tempo parcial por obriga as cifras de quen elixe este tipo de xornada incrementáronse, pero a un ritmo moito menor. Así, a mediados de 2009 a EPA rexistraba que algo máis de 11.000 persoas non traballaban a xornada completa porque desexaban facelo a tempo parcial e a finais de 2014 o dato era de 13.700 persoas, un 22% máis. Aumento de demandas de emprego de persoas con traballo Estes incremento do traballo a tempo parcial e, polo tanto, dos baixos soldos e baixas cotizacións á Seguridade Social, producíronse nun período no que se deu outro fenómeno a ter en conta: o aumento de persoas que acoden ás oficinas de emprego para procurar un traballo malia non estaren paradas, isto é, o que adoita coñecerse como demanda para mellora de emprego. Estas incricións, que non figuran nas cifras de paro rexistrado por non tratarse de persoas paradas, acadaron as 71.689 no remate de 2014, ano no que houbo unha media de 70.145, un 12% máis que na media de 2009. As persoas que buscan emprego malia estaren traballando aumentaron un 60% dende o inicio da crise Botando a vista un chisco máis atrás é posible comprobar que antes do estourido da crise, no ano 2006, o número de persoas demandantes de emprego que non estaban no paro era moito máis escaso. Así, a media deste tipo de demandas naquel ano apenas superaba as 43.000, o que implica unha suba superior ao 60% nestes anos. O dato medio máis alto foi, non obstante, o do ano 2012, que se pechou cunha media de 78.000 persoas con traballo que aspiraban a atopar un emprego mellor a través do Servizo Público de Emprego.
NOS_1206
Axentes da Policía Nacional procederon esta noite ao desaloxo "violento" do estudantado pechado na biblioteca Nodal, de Ourense, en protesta contra a LOMCE. Segundo sindicatos estudiantíse participantes na protesta, os axentes non escatimaron o uso da violencia, alén de ameazas, intimidacións e insultos
Baixo o HT #pecheourense, os e as participantes no peche na biblioteca de Ourense en defensa do ensino público foron relatando nas redes sociais o minuto a minuto do "brutal desaloxo" a mans da Policía Nacional. Así, informaban desde o amplo desplegamento policial ("rodean a biblioteca") até a "brutalidade" no desaloxo, mesmo con "ameazas de morte e agresións", para alén de roceder á identificación de todos os presentes na protesta. Tanto Comités como Liga Estudantil Galega denunciaron os feitos e exixen responsabilidades e explicacións. Non é esta a primeira vez nos últimos meses que a Policía desaloxa con violencia a pechados na biblioteca ourensá, como lembran desde os sindicatos estudiantís
NOS_8525
Desde hoxe e até o domingo 21 de agosto, o Festaclown volve encher as rúas de Vilagarcía de Arousa con circo e con comedia. Acrobacias, música, narración, clown e humor para todas as idades serán protagonistas dun festival pioneiro que xa se transformou nun clásico da escena galega do verán.
"Un artefacto de alegría rebelde". Así definen desde a organización do Festaclown este festival que comeza esta cuarta feira en Vilagarcía. Xa un clásico da escena galega estival, o Festaclown é a cita co novo circo máis veterano da Galiza e a que con máis decisión aposta na rúa como escenario, sen por iso baixar o nivel artístico das compañías invitadas. "Parece que levamos tres anos dicindo que esta é a edición da volta á normalidade, mais parece que desta vez si é verdade, por fin volvemos sen ningún tipo de restrición", sostén Nacho Fungueiriño, da organización do festival. "O concepto non cambia: tratamos de ofrecer un tipo de espectáculos que non se ven habitualmente nas programacións dos concellos, combinando a atención ás compañías galegas con invitados de fóra cuxo traballo pode ser de interese para o público e mesmo para a profesión, aquí, na Galiza. Sempre buscamos propostas arriscadas, que escapan do habitual. E que sexan de primeiro nivel: o público de Vilagarcía, que leva uns anos seguindo o festival, xa ten un criterio moi formado e esixe que o que se lle presente teña calidade. E iso, por suposto, é unha satisfacción, porque é xusto o que nos gusta". Pallasos honoris causa [por Xoán Costa] Clásicos e novos Moitas das compañías que estarán no Festaclown son habituais do festival, mais tamén hai novidades que contribúen a ese labor de renovar e manter o nivel de calidade. Fungueiriño subliña, por exemplo, as virtudes do espectáculo que se poderá ver esta noite. "Entre nous é un espectáculo interpretado por unha desas troupes circenses clásicas, con artistas de diversas procedencias (canadienses, franceses, cataláns...) que fan unha proposta de primeirísimo nivel. Mais estas compañías clásicas do festival como Kanbahiota, tamén están aquí por calidade e porque traen un espectáculo moi orixinal e diferente ao que se adoita facer. O público quere velos e por iso repiten". Outras compañías que se estrean no Festaclown son os valencianos de La tribo malabó, gañadores de varios premios, ou Javier Ariza que, segundo Fungueiriño, "pon esa dose de gamberrada e de irreverencia que sempre debe estar presente no Festaclown. En xeral, o programa é moi variado, buscando facer un percorrido máis amplo posíbel por diferentes técnicas e tendencias para que o público, ao final dos cinco días, teña unha idea ben definida do que se está facendo e, ao mesmo tempo, non se aburra". En xeral, búscanse artistas que xa teñan o concepto de traballar en rúa, mais en ocasións, desubícanse espectáculos que están pensados para escenario, "mais sempre poñendo as condicións axeitadas para que a función poida desenvolverse con todas as garantías -tanto para as compañías como para o público- de calidade e de seguridade", comenta Fungueiriño. "A decisión de tomar a rúa responde tanto ao desexo de levar á cultura ao espazo público como á busca de novas audiencias que, polas razón que sexan, non darían o paso de ir a un teatro a coñecer este tipo de propostas". Un apoio institucional pouco decidido O novo circo vai normalizándose como unha forma artística que, moi paulatinamente, vai incorporándose ás programacións escénicas, mais non acaba de superar esa condición estacional que se lle quere dar desde as institucións. "Funcionamos moi ben no verán e na Galiza temos artistas de moitísimo nivel, mais o certo é que onde o novo circo está dando mellores resultados é onde as institucións apostaron con máis forza por apoiar esta forma de creación. València, Catalunya ou Andalucía investiron moito diñeiro en apoiar as estruturas de circo e iso é o que fai que saian espectáculos punteiros e que artistas e compañías se estabilicen e poidan medrar. Aquí o apoio non é tan claro: temos boas propostas e bos artistas pero con máis investimento lograriamos resultados aínda mellores. Mesmo en relación ao prestixio do xénero: temos moita aceptación nas propostas familiares pero segue custando introducir o circo para adultos. É unha materia que aínda temos pendente". Gala contra a guerra Pallasos en Rebeldía leva tempo traballando en lugares que son escenario de conflitos bélicos, nomeadamente en Palestina. A tradicional gala do Festaclown celébrase baixo este ano o lema Contra a guerra. "Agora mesmo parece que só se fala de Ucraína, mais acaba de producirse un novo bombardeo na faixa de Gaza cun número altísimo de vítimas mortais. Esta gala é unha declaración xeral: queremos sensibilizar sobre a necesidade de resolver pacificamente os conflitos manténdonos por riba dos intereses particulares de cada guerra, que moitas veces resultan confusos para a poboación". A XLIV Mostra de Teatro Galego de Cariño volve ao seu formato clásico
NOS_32455
Unha recente investigación de Sagrario Abelleira sitúa nesta data o nacemento da autora, e non o 24 de febreiro, como se cría até o de agora.
A Fundación Rosalía de Castro convocou na mañá desta terza feira diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24, como acontecía até o de agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. Acudiron á convocatoria da Fundación Rosalía na Casa-Museo representantes de entidades relacionadas co Día de Rosalía, como o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra; Dores Silveira, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ou Olimpio Xiráldez e Erea Estévez Campos, da Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas. Tamén participaron representantes institucionais como Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Lorena Couso, concelleira de Cultura de Padrón, ou Mercedes Rosón, concelleira de Cultura de Compostela. Tamén asistiu á xuntanza a propia Sagrario Abelleira. A Deputación da Coruña, cuxo deputado de Cultura, Xurxo Couto, non puido asistir por cuestións de axenda, manifestou o seu apoio á decisión tomada, segundo informa a Fundación Rosalía de Castro. "O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional", din desde a fundación. Logo deste acordo, a Fundación Rosalía de Castro "volve chamar á sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía, desta volta o 23 de febreiro, lendo os seus textos e facendo un Caldo de Gloria, para o que convoca de novo a escolas e restaurantes de todo o país a esta iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia". Este evento comezou a realizarse en 2017, "cun seguimento masivo en Padrón", e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego. Moitas outras entidades e asociacións propoñen outras iniciativas e actividades en todo o país que se estenden por todo o mes de febreiro.
NOS_20887
A xornada Retos desde Galiza para avanzar en feminismo, organizadas este sábado en Pontevedra polo BNG, incluíron un anuncio: o grupo parlamentario nacionalista pedirá que o Parlamento galego reprobe os xuíces que a pasada quinta feira ditaron sentenza sobre a Manada.
Anunciouno a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, para quen o ditame expresa "un caso de machismo xudicial". Segundo Pontón, o BNG reclamará que os maxistrados que emitan sentenzas machistas "sexan apartados da carreira xudicial". "Esas sentenzas destilan o máis rancio machismo e alentan a impunidade dos violadores". Para Ana Pontón, o sucedido co xuízo á Manada non é "algo puntual". "É un caso máis de machismo xudicial que nos afecta a todas, e non imos permitir que nin a Manada nin os xuízos que amparan a súa violación se saian coa súa". Fortalecer o feminismo organizado Segundo a líder do Bloque, "é imprescindíbel fortalecer o feminismo organizado en Galiza e un feminismo forte no ámbito político". Para colocar a cuestión da discriminación da muller no centro do debate político, a fronte nacionalista convocou Retos desde Galiza para avanzar en feminismo, coordinada pola responsábel de acción feminista da organización, a deputada Noa Presas. "O feminismo está na base fundacional do BNG", lembrou Ana Pontón, quen mencionou fitos como "o impulso desde o Congreso a despenalización do aborto en 1996" ou, en 2007, no Goberno bipartito, "a lei de violencia de xénero máis avanzada de todo o Estado". "Se hoxe no Estado a desigualdade tivese rostro", afirmou, "sería o dunha muller galega e pensionista. A dependencia política que soportamos fai necesarias propostas específicas sen caer nun feminismo de corta e pega que non atenda á nosa realidade, non para afastarse senón para ampliar as zonas de contacto que permitan entender as causas da desigualdade e combatelas".
NOS_35500
Alertan dunha posíbel recesión na zona euro após os datos negativos con que rematou o ano 2020.
Os datos económicos cos que rematou 2020 seguen a marcar o inicio deste ano. Segundo a compañía de información HIS Markit, a economía do sector privado da zona euro contraeuse por segundo mes consecutivo en decembro, lastrada sobre todo polo sector servizos, que acumula catro meses en descenso. Este é o motivo polo que o xefe executivo desta empresa Chris Williamson, baseándose no último índice de xestores de compra (PMI), un indicador económico que inclúe informes e enquisas mensuais de empresas manufactureiras do sector privado composto da actividade total da zona euro, apunta que "o peor aínda está por vir", antes de que a inmunidade das vacinas consiga mellorar a situación. Na súa análise observa que os últimos datos aumentan o risco de que se produza unha recesión técnica, xunto cunha nova caída do produto interior bruto (PIB) da zona euro, ao longo do primeiro trimestre do novo ano, cando a actividade seguirá estando restrinxida debido a un severo distanciamento social. O economista ten en conta que os datos da última enquisa coa que traballan foron recompilados antes da noticia da nova e máis contaxiosa cepa do virus que se deu a coñecer no Reino Unido. O sector servizos pendente das vacinas O índice PMI de actividade comercial do sector servizos da zona euro de IHS Markit recuperouse en decembro desde a súa mínima de seis meses rexistrada en novembro, impulsándose até os 46,4 puntos, aínda que se mantivo por baixo da cota dos 50 puntos, sinalando un novo declive da actividade do sector servizos. Esta menor actividade do sector servizos no seu conxunto estivo de novo estreitamente vinculada coa redución dos volumes de novos pedidos recibidos, que caeron por quinto mes consecutivo. Por último, por mor das noticias recentes sobre o desenvolvemento das vacinas, as empresas do sector privado mostráronse notabelmente máis optimistas sobre a actividade no prazo de doce meses, o período que moitos organismos internacionais dan como probábel para rematar coa situación actual de pandemia. En xeral, a pesar da situación actual, o optimismo alcanzou o seu nivel máis alto desde abril de 2018.
NOS_47959
Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte. O seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais), dá agora proba da súa potencia: acaba de publicarse en búlgaro.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta está construída a partir das relacións entre o célebre autor francés e a cidade de Vigo -onde naceu, en 1979, a propia Costas. Dirixido a unha audiencia xuvenil, conta con versións en castelán, catalán e italiano, amais da galega orixinal e a recentísima en búlgaro. Mais as viaxes das obras de Costas a outras linguas non paran en Europa. Escarlatina, se cadra o seu personaxe máis coñecido, ten -dende hai uns meses- versión coreana, da man da editorial Pink Whale. E tamén está anunciada a súa aparición en búlgaro. Traducida a numerosos idiomas, a literatura de Ledicia Costas é unha premiada escritora. En 2017 gañaba por segunda vez o prestixioso Premio Lazarillo, convocado para todas as linguas do Estado, con A balada dos unicornios, despois publicada en Xerais e, até o intre, o seu último libro.
NOS_26465
O novo presidente, Emmerson Mnangagwa, designou un goberno monocor integrado por membros da ZANU-PF e destacados mandos militares. A saída de Mugabe foi resultado dunha disputa no seo das elites dirixentes e non parece que vaia dar lugar a unha ruptura política. Mugabe foi o único presidente coñecido pola poboación desde a independencia de Cimbabue en 1980. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 275.
A recente toma de posesión dos vinte e un ministros, dous viceministros, dez ministros provinciais e un novo fiscal xefe foi o corolario da remuda no liderado de Cimbabue, após a saída do presidente Robert Mugabe. Unha renuncia que foi formalmente voluntaria mais na realidade forzada polo exército e pola fracción máis veterana da gobernante Unión Nacional Africana de Cimbabue - Fronte Patriótica (ZANU-PF), como resultado dunha trama palaciana no seo da propia formación e do aparello de Estado cando a muller de Mugabe, Grace, ameazaba con se facer co poder logo de ser designada vicepresidenta. O novo presidente, Emmerson Mnangagwa, é un histórico dirixente e até hai unha semana, un dos principais parceiros de Mugabe, e conta co apoio explícito da cúpula militar e mais coa beizón da China, un poderoso aliado da nación africana. Cimbabue, inmerso nunha profunda crise económica cunha inflación millonaria e ao borde da bancarrota, debrúzase sobre a era pos Mugabe coa perspectiva dun relevo que pouco ou nada ten de mudanza. O relevo na presidencia ten sabor a continuidade. Emmerson Mnangagwa (75 anos), alcumado "crocodilo", é unha figura política de primeiro nivel no país desde 1995. Fixo parte de sucesivos gabinetes de Mugabe, asumindo as carteiras de ministro de Finanzas, portavoz da Asemblea, ministro de Vivenda Rural e Equipamento Social, ministro de Defensa e Vicepresidente. Deste último cargo foi cesado polo propio Mugabe (93) nun último movemento táctico o pasado 6 de novembro. Ese cesamento, interpretado como unha operación conducente a facilitar o acceso á presidencia do país de Grace Mugabe, que foi designada vicepresidenta, tería acelerado o pseudogolpe que ficaba latente desde meses antes. Sexa como for, Mnangagwa era de maneira clara o candidato natural a relevar a Mugabe no caso de que este demitise ou falecese. No seu acceso á presidencia xogou un papel determinante Constantine Chiwenga, xefe das forzas armadas. No entanto, hai importantes sombras que acompañan a biografía do novo presidente. "Mnangagwa é amplamente impopular por mor da súa responsabilidade (e a súa negativa a recoñecela) nos masacres 'Gukhurahundi', entre 1982 e 1985, nos que morreron máis de 20 mil persoas nas provincias occidentais do país, na súa meirande parte membros da minoritaria etnia ndebele, cuxos disidentes armados cualificou de 'cascudas que precisaban dunha dose militar de DDT'; pola manipulación electoral de 2008; por asumir a presidencia do Comité de Operacións Conxuntas que dirixía en secreto o país, sabotando calquera iniciativa democrática; así como pola súa permisividade –como ministro de Defensa– ao saqueo xeneralizado e o contrabando de diamantes en 2008-2016", relata o analista en xeopolítica Patrick Bond. [Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 275, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_46022
O líder socialista afea que o candidato a presidir a Xunta "limitase" as súas medidas para a mocidade a "ofrecer bonificacións en albergues e 12.000 prazas en campamentos". "A mocidade precisa oportunidades de futuro", dixo.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou o discurso "autocompracente", "falto de ilusión" e sen "mensaxe de futuro para a Galiza" do candidato á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda. "Parécenos doutra época", sostivo o líder dos socialistas galegos tras a intervención de Rueda, a quen afeou que as súas medidas para a mocidade se limiten a ofrecer "bonificacións en albergues" e "12.000 prazas en campamentos". "A mocidade ao que aspira é a que nesta casa [o Parlamento] se fale das súas oportunidades de futuro, do modelo económico da Galiza do futuro", sostivo. Ana Pontón: "Empeza a conta atrás para o cambio galego" Nesta liña, referiuse tamén aos anuncios feitos por Rueda en materia educativa. Así, destacou que o PSdeG apoiará as medidas anunciadas fronte ao acoso escolar, pero censurou que non se falase de "remodelar" o sistema educativo ou de como "recuperar" as prazas de profesorado "desaparecidas". En materia de política social, afeou que, tras as "imaxes dramáticas" que se viron nas residencias de maiores durante a pandemia, Rueda só se referise aos centros que construirá a Fundación Amancio Ortega nas cidades galegas, sen facer "nin unha soa referencia" á creación de prazas públicas. Alfonso Rueda: "De Feixoo aprendín o verdadeiro significado do servizo público" "Vive no seu mundo particular cando asegura que as enquisas din que a poboación galega está encantada coa Atención Primaria", afirmou Formoso, que censurou que esta rama da sanidade estea reducida a unha "simple liña de atención telefónica", na que os galegos teñen que esperar "até 14 días" para poder ter unha cita presencial co seu médico de cabeceira. "Nunca tal mal estivo o sistema de atención primaria na Galiza", apuntou. Após formular estas críticas, Formoso deixou claro que o PSdeG non só acode a "sinalar os problemas", senón que volveu a ofrecer a Rueda chegar a acordos en materia económica, de política social e na atención primaria. Xunto a Formoso, que non é deputado na Cámara galega, compareceu o portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez, quen cualificou de "previsíbel" o discurso de Rueda". "Responde a un proxecto esgotado", sinalou. Álvarez sostivo que se trata da "repetición dun discurso de investidura" polo que o Parlamento xa pasou "hai dous anos", en referencia ao de Alberto Núñez Feixoo. O debate de investidura en cinco chaves
NOS_4145
O funeral oficial congregou a ducias de líderes internacionais e deixou imaxes para a historia como o apretón de mans entre o presidente dos EUA, Barack Obama, e xefe de Estado cubano, Raúl Castro; ou as declaracións dun Mariano Rajoy que se lembrou da selección española no estadio Soccer City de Soweto.
O acto oficial que despediu a Nelson Mandela esta terza feira en Soweto reuniu ducias de presidentes e xefes de Estado que quixeron tomar parte na cerimonia de homenaxe ao líder sudafricano. Líderes europeos, americanos, asiáticos e africanos participaron ao longo de toda a xornada no estado Soccer City da lembranza colectiva a un dos persoeiros máis relevantes do século XX, mesmo aqueles cuxos Estados até ampararon o apartheid contra o que Madiba loitou, entre eles, o primeiro ministro inglés, David Cameron, ou o presidente dos EUA, Barack Obama. Representantes gobernamentais e da familia tomaron a palabra no acto oficial co que despediron ao líder sudafricano A cerimonia que decorreu desde primeira hora da mañá --hora local-- contou coas intervencións dalgúns dos representantes institucionais como a presidenta do Brasil, Dilma Rousseff; o presidente de Cuba, Raul Castro; ou o vice-presidente chinés, Li Yuanchao. Tamén así, enunciaron unhas palabras de agradecemento e recordo tres d@s net@s do que foi presidente de Sudáfrica en nome da familia. No acto, tivo lugar unha oración inter-relixiosa que respectou a pluralidade de credos d@s asistentes e concluíu con cánticos populares africanos que se repetiron ao longo de toda a xornada ao longo e ancho do país. Imaxes para a historiaMais o acto deixou tamén algunhas imaxes para a lembranza que mesmo marcarán a historia. Así o foi o saúdo entre o presidente de Cuba, Raul Castro, e o presidente dos EUA, Barack Obama, que após 51 anos de conflito desde o triunfo da revolución cubana e a imposición do bloqueo económico, financeiro e comercial contra a illa, se deron un apretón de mans. A imaxe, que correu con celeridades pola imprensa internacional e as redes sociais, confronta coas declaracións de Barack Obama na súa intervención. O líder estadounidense apelou no seu discurso a aqueles "gobernos solidarios" como o de Madiba mais que "continúan sen liberar aos seus pobos", en clara alusión ao goberno revolucionario de Cuba ao que EUA segue a considerar unha ditadura. Fronte á intervención do mandatario estadounidense, o líder cubano salientou a figura de Madiba de quen dixo "dirixiu o seu pobo na batalla contra o apartheit para abrir o camiño cara á unha nova Sudáfrica". Unha loita que, dixo, supón un "exemplo insuperábel para América Latina e o Caribe" que ven "no diálogo e a cooperación" como o camiño para solucionar "as diferenzas" e procurar "a convivencia civilizada den quen pensa distinto". As declaracións de RajoyMais non só o saúdo entre Castro e Obama salientou nesta xornada de despedida oficial a Nelson Mandela. Neste senso, o presidente español, Mariano Rajoy saltou á palestra polas súas declaracións (podes escoitar o audio premendo nesta ligazón). O líder do executivo asegurou que o estadio de fútbol que acolleu o acto "é impresionante" ao abeiro das imaxes que viu "por televisión desde o hotel". Un terreo de xogo que para Rajoy salienta por ser aquel onde "España se proclamou campioa do mundo fronte a Holanda". Un dos lugares, dixo, "máis emblemáticos de Sudáfrica" por esa razón. Iso si, a partir de hoxe, "seráo máis", matizou, pois o Soccer City acolle as honras a Mandela. Imaxe tirada do portal de información Cubadebate
NOS_23306
A patronal Pimec "explorará vías" que permitan distribuír e fabricar a vacina rusa Sputnik V en Catalunya
Galiza amosou hai unhas semanas ante o Ministerio de Industria e as autoridades rusas a súa disposición a fabricar no país a vacina Sputnik V para a Covid-19, unha medida que, ademáis de importantes ingresos e carga de traballo, permitiría acurtar o proceso de vacinación e acadar antes do verán a chamada inmunidade de grupo. Mentres desde o Goberno español gardan silencio sobre esta cuestión, ao fondo soberano ruso RDIF non paran de xurdirlle 'noivas'. A última, a patronal catalá Pimec. Hoxe, o seu presidente, Antoni Cañete, anunciou que a institución está en conversas co fondo ruso co obxectivo de "explorar vías para favorecer a autorización, distribución e fabricación da vacina Sputnik V en Catalunya". Nun comunicado, a patronal defendeu que actualmente hai 55 países que a aplican e que a vacina ten unha eficacia do 92%, polo que Cañete remarcou que "non é o momento de priorizar a xeopolítica, senón de admitir todas as vacinas posíbeis e seguras para salvas vidas e recuperar a economía". Neste senso, considerou "inadmisíbel o modesto obxectivo de alcanzar 30% da poboación vacinada ás portas do verán" porque, dixo, podería prexudicar á tempada turística, e lamentou "que non se aproveitan todas as opcións posíbeis para acelerar o proceso" de vacinación contra o coronavirus.
QUEPASA_427
A comarca de Bergantiños ten 57 casos activos
O pasado venres, o Forum Carballo acollía a I Xornada técnica sobre violencia de xénero Carballo enRede. Unha cita adicada a profesionais, organizada polo Centro de Información á Muller, para fomentar e favorecer a coordinación entre os/as profesionais que traballan dende distintos ámbitos contra a violencia de xénero. Un xeito de "introducir a perspectiva de xénero" na estratexia de resposta á violencia machista. Foron unhas 60 persoas, a meirande parte profesionais (Garda Civís, Policía Locais, técnicos municipais…) os que acodiron a esta sesión transversal, que contou coas charlas de Juan José López Ossorio, xefe de área do gabinete de coordinación e estudos da Secretaría de Estado de Interior, ou Kavid Kaplun, membro da Asociación de Hombres por la Igualdad de Género (AHIGE). Ao acto acodiu ademais de Nieves Castañón, directora do CIM, e o alcalde Evencio Ferrero, a coordinadora de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén. Foi Debén a que puxo sobre a mesa cifras contundentes que dan conta da situación real que vive o país, se ben deixou claro que dos 57 casos activos de violenxia de xénero que hai nos sete municipios de Bergantiños ningún é un caso de risco extremo nin de risco alto. É Carballo o municipio que máis acumula (37), seguido por Ponteceso (5), A Laracha (4), Laxe (4), Malpica de Bergantiños (4), Coristanco (2) e Cabana de Bergantiños (1). A nivel galego son 3.483 os casos activos, e son xa 1.000 as mulleres asasinadas en todo o estado dende que comezaron os rexistros hai 13 anos. Así mesmo o TSXG asegura que os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre do ano 1.736 denuncias por violencia de xénero, un 38,4 % máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.254. A gran maioría das denuncias (1.390) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima. Sube tamén o número de mulleres que aparecen como vítimas, de 1.354 nos tres primeiros meses do ano pasado, ás 1.520 deste, o que supón un aumento do 13 %. O 82,32 % das persoas axuizadas en Galicia por delitos relacionados con violencia de xénero entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo deste ano foron condenadas. Este dato sitúa á comunidade por debaixo da media estatal, que é do 86,07 %. Castañón tamén puxo cifras económicas, valorando o custo da violencia de xénero para a sociedade de ata 8.500 millóns de euros ao ano en España. A Unión Europea estima nun 0,8 por cento do Produto Interior Bruto o custo da violencia de xénero en cada estado do continente, como promedio. Só en materia penitenciaria, en 2016 había 3.995 recluídos por violencia machista, o que supón un 7,83 por cento do total. Os custos penitenciarios por esta materia foron superiores aos 113 millóns de euros.
NOS_26123
Milleiros de persoas saíron ás rúas de Vigo para exixir o "resgate" da sanidade pública e reclamar un proceso de negociación coa Xunta que vise recuperar a xestión do Álvaro Cunqueiro mais tamén a implantación de solucións encamiñadas a paliar as consecuencias dos recortes en Atención Primaria ou noutros servizos da área sanitaria. Vídeo no interior
A mobilización foi convocada pola Xunta de persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública para denunciar as consecuencias dos "recortes no proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo" mais tamén para "pór de manifesto que é posíbel resgatar a nosa sanidade pública". No manifesto ao que deron leitura ao remate da mobilización denunciaron as modificacións ao proxecto inicial do actual Álvaro Cunqueiro que deviñeron na supresión dos edificios de Docencia e Investigación, o Servizo de rehabilitación, das camas destinadas a coidados mínimos e intermedios para doentes con patoloxías crónicas e mesmo do denominado Hotel do Paciente destinado a aquelas persoas que viven lonxe do complexo hospitalario ou que se atopan en situacións de exclusión social. As carencias na atención sanitaria atinxen o CHUVI mais tamén os PAC e mesmo o Centro de Orientación Familiar e a Atención Primaria Para alén diso lembraron a "redución de camas". Das 1.450 previstas inicialmente só se habilitaron 845 o que, aseguran desde a Xunta de Persoal e SOS Sanidade Pública, agrava "aínda máis a situación asistencial" e as "listaxes de agarda" que na área sanitaria son superiores á media (99,2 fronte a 79,8 en decembro de 2015). Esta redución súmase á "dispersión dos servizos asistenciais, os problemas de xestión pola existencia dunha dobre xerencia público-privada, os recurtes nos recursos de diagnose, servizos de urxencias, equipamentos de quirófanos" ou "a falta de esterilización", sinalan. Así mesmo, lembraron as "barreiras de acceso" xeradas nas novas infraestruturas por mor da falta dunha "alternativa integral para o transporte colectivo" que achegue a veciñanza a un hospital afastado da cidade ou a privatización do aparcadoiro "de elevado custo para os usuarios", sinalaron. A esta realidade, engádeselle "outras deficiencias de recursos asistenciais da área" como "o deterioro da Atención Primaria", "a limitada capacidade resolutiva dos Servizos de Urxencias Extrahospitalarios", a insuficiente atención prestada ao "dereito á saúde sexual e reprodutiva das mulleres" como resultado deos "recortes de persoal e equipamento" no COF, ou o "colapso do servizo de rehabilitación" cun número de prazas menor ás necesarias. Defenderon a creación dunha comisión que avalíe a reintegración do carácter público da sanidade a "curto e medio prazo" Porén, SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal fixeron énfase durante a mobilización na posibilidade de "resgatar" para o público a sanidade. Unha "boa nova", din, "diante desta desfeita". Resgate público Neste senso, subliñan que "é posíbel reintegrar o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Sistema Sanitario Público en base ás irregularidades da Lei de Contratos do Estado e da lexislación europea" así como "recuperar o proxecto" inicial para o que exixen "a creación dunha Comisión integrada por todos os sectores implicados" co obxectivo de avaliaren "os problemas e deficiencias" e elaborar un Plan de Recuperación do Centro a curto e medio prazo. Asemade, instan a manter o Meixoeiro e algúns dos anexos do antigo Xeral para complementar os servizos da área sanitaria. Para tal fin instaron á Xunta a abrir un proceso de diálogo coa Xunta de Persoal e coa propia plataforma para "pór en marcha o resgate" e "como primeiro paso" exixiron a "demisión ou cesamento do xerente da EOXI de Vigo pola súa responsabilidade na situación actual".
NOS_41202
Segundo o atestado da policía, non existe constancia de que os ultras do Atlético e os riazor blues se tivesen citado ás portas do Calderón horas antes do comezo do partido. Os violentos atléticos -moitos deles de ideoloxía neo-nazi- agardaron a chegada dos dous autobuses coruñeses e. unha vez que os blues puxeron pé en terra, cargaron contra eles. Os blues repeleron a agresión. O balanzo, un seareiro deportivista morto a mans dos atléticos. 12 feridos. 21 detidos. 90 persoas identificadas.
Faleceu o seareiro do Deportivo -Francisco José Romero Taboada, coñecido como Jimmy, de 43 anos e pai de dous nenos, entre eles un rapaz de catro- que foi golpeado e lanzado ao río por ultras do Atlético de Madrid na mañá do domingo perto do estadio Vicente Calderón, onde o equipo coruñés tiña que xogar contra os locais. Os feitos producíronse logo de que uns 150 membros do Frente Atlético, seguidores violentos do conxunto madrileño, se presentaran no lugar fortemente armados, ferindo tamén de arma branca a outros tres deportivistas, dos Riazor Blues. Hai doce feridos (sete do Dépor e catro do Atlético) máis 21 detidos. Malia que as circunstancias non están claras, seica o deportivista foi golpeado por varias persoas e lanzado inconsciente ao río Manzanares, de onde foi rescatado por mergulladores da policía, Saíu de alí en parada cardio-respiratoria xa que se golpeu na cabeza na caída. Non o puideron salvar. Namentres a policía detivo a varios dos ultras atléticos- todos eles de estrema dereita- e mandou de volta á súa cidade aos 70 seareir@s branquiazuis desprazados. O encontro dispútouse igual, o que provocou fortes críticas cara á LFP e mesmo cara á directiva e xogadores do Dépor, por non negarse a saír ao campo. Os incidentes comezaron ás nove da mañá e a policía non interveu até moi tarde, malia os moitos indicios de que podían producirse incidentes, e identificando e retendo os atacados, namentres fuxían os autores dunha acción planificada e con claras intencións de causar unha traxedia. Ultras de carácter fascista do Atlético de Madrid xa asasinaron hai anos a Aitor Zabaleta, un seareiro da Real Sociedade. Fontes dos seguidores coruñeses desprazados negan terse citado co Frente Atlético para unha pelexa. Si é certo que estaba acompañados de membros de Bukaneros, do Rayo Vallecano. BNG Nunha nota pública, o BNG da Coruña condena o "lamentábel asasinato do afeccionado do Deportivo a mans dos ultras neonazis do Atlético de Madrid e transmítelle as súas condolencias á familia e achegados do home falecido e a toda a familia deportivista". O Bloque critica que "a Federación Española de Fútbol non suspendese o partido entre o Atlético de Madrid e o Deportivo e denuncia que o encontro entre ambos os equipos non foi declarado de alto risco, malia ser a hinchada ultra do Atlético moi violenta coas afeccións das nacionalidades históricas do Estado español e malia os antecedentes de agresións aos afeccionados e afeccionadas do Deportivo nos desprazamentos á capital do Estado".
NOS_28767
Os produtores galegos cobran 10 céntimos menos por litro a finais de 2015 que no 2013.
En novembro do 2013 o prezo medio ao que se lle pagaba en Galiza un litro de leite ao gandeiro era de 39 céntimos. Dous anos despois, en novembro de 2015, era de 28,7 céntimos, unha queda do 26,4%, a máis grande de entre todos os territorios do Estado español. Un informe elaborado pola COAG ('Da aterraxe suave a aterra como poidas') recolle ese descenso, superior ao que rivo a media española neses dous anos (20%). O estudo indica que nese período de análise a produción de leite no conxunto do Estado aumentou, mais de novo Galiza aparece como a que ten peores rexistros: incrementou menos dun 5% mentres a media española estivo no 7%. Peche explotacións Nos once primeiros meses do 2015 pecharon no conxunto do Estado español 600 explotacións gandeiras. Delas, 475 en Galiza, o que supón o 70% do total e o 5% das que había no noso país.
NOS_402
Gustavo Pernas co Álvaro Cunqueiro, Raul Dans co Barriga Verde e o Premi Born, Juan Tallón co Lueiro Rei, Alberto Ramos co Vicente Risco e Lorenzo Moroño, Elena Sherevera e Camiño Noia no Plácido Castro de Tradución compoñen o ronsel de nomes que gañaron a manchea de premios con denominación de autor deste outono. A todos eles, premiados por obra, compre engadir o de Basilio Losada premiado pola súa traxectoria co Otero Pedrayo. Mentres, dous finalistas agardan a decisión final do Blanco Amor que, nesta edición, organiza o concello de Fene.
O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais que concede a Consellaría de Cultura e Educación recaiu nesta edición en Gustavo Pernas e a súa obra "Isobaras" mentres o Barriga Verde, da mesma convocatoria, foi parar en Raul Dans por "Un mosquito de nome Henry", autor que recibe dobremente os parabéns ao resultar tamén gañador do Premi Born de Teatro concedido polo Cercle Artistic de Ciutadella de Menorca e dotado con 14.000 euros. Con "Fin de poema", Juan Tallón fíxose co XIX Premio Lueiro Rey de Novela Curta, dotado con 3000 euros e artellado polo Concello do Grove e a Editorial Sotelo Blanco que publicará o libro, ao igual que o gañador do Vicente Risco, recentemente fallado e que foi dar no escritor e xornalista Alberto Ramos. Tamén con nome de autor, o Plácido Castro de Tradución foi dar en Loreno Moroño e Elena Sherevera por "Antoloxía de poesía rusa: de Pushkin a Evtushenko" mais en Camiño Noia, pola tradución de "O gran Meaulnes". A este amplo ronsel de nomes que se asocian a premios que honran figuras da nosa literatura compre engadir o do tradutor e primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Barcelona, Basilio Losada, que ven de ser recoñecido co XXV Premio Otero Pedrayo, dotado con trinta mil euros e convocado pola Xunta e as catro deputacións provinciais. Mentres, o Blanco Amor está aínda sen nome, á espera que esta fin de semana se dé a coñecer a obra gañadora das dúas finalistas.
PRAZA_7201
Medra a oposición dentro e fóra do Concello de Santiago á liquidación do proxecto de pisos de alugueiro para a mocidade en pleno centro e a construción de "vivenda libre" no seu lugar. Mentres, o alcalde compostelán culpa da operación ao bipartito da Xunta.
"Vivenda libre" promovida por unha construtora privada na privilexiada parcela que, a 400 metros da Catedral de Santiago, na avenida de Xoán XXIII, ía acoller un edificio de pisos protexidos de aluguer para xente moza. A cambio, a construción de 36 pisos de promoción pública, pero a uns catro quilómetros do centro. A operación urbanística anunciada polo alcalde compostelán e bendecida pola súa sucesora na Consellería de Infraestruturas que implica botar por terra o proxecto de alugueiros que el mesmo adxudicou como conselleiro ergueu, case dende o primeiro momento, suspicacias na capital de Galicia. Dentro e fóra da casa consistorial medran as voces que ven neste movemento unha priorización do "negocio" sobre a política social de vivenda. Mentres, quen é o terceiro rexedor da cidade no que vai de mandato opta polo comodín do bipartito. "A primeira operación urbanística na que intervén Agustín Hernández recorda, tanto na forma como no fondo, propostas do pasado do señor Conde Roa", di o voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, para quen fica demostrado que o cambio de "cara dos alcaldes" non implica mudanza na "política do PP". Para o aspirante do Bloque á Alcaldía compostelá resulta "evidente" que "o valor desa parcela", protexida da especulación durante décadas, "é moi superior ao custo" das vivendas sociais que "din que van executar" no barrio periférico de Lamas de Abade. "Isto é un bo negocio para un promotor privavdo, mais non é política de promoción da vivenda pública", algo que si era o proxecto de "vivenda pública para xente nova en réxime de alugueiro cun máximo de 10 anos, precisamente sen opción de compra para evitar movementos especulativos", lembra. Cela (BNG): "Isto é un bo negocio para un promotor privado, non política de vivenda pública" Mentres o BNG local censura que os conservadores regresen ao modelo de emprazar os pisos protexidos o máis lonxe posible dos centros das cidades dende o PSdeG o seu voceiro, Francisco Reyes, ve tamén evidente a procura do negocio e a intención política da medida. Mentres o propio alcalde, subliña, anuncia a revisión do Plan Especial do Casco Histórico alegando, entre outros motivos, a necesidade de asentar poboación na zona monumental, "mandamos a mocidade e os pobres fóra" mentres "os que teñen cartos, lles ofrecemos vivendas luxo" en pleno centro. En Xoán XXIII moveranse montantes económicos de ata 500.000 euros, asegura Reyes, que ve constatado o "fracaso da política social" do rexedor. Reyes (PSdeG) "Mandamos a mocidade fóra e a quen ten cartos, ofrecémoslles vivendas de luxo" Tamén Compostela Aberta saíu ao paso da liquidación do proxecto de Xoán XXIII. Para a plataforma, que traballa na elaboración dunha "candidatura cidadá" para as municipais, é "inxustificable" o "regalo" dunha "parcela nun lugar privilexiado" que, di, é representación da "política de expulsar aos barrios periféricos" as persoas que optan a unha vivenda protexida. "A crise non pode seguir empregándose como xustificación para a privatización de solo público", subliñan, nun contexto no que advirten de que a medida contradí tamén o "espírito" da vixente lei do solo e tamén da súa reforma, que o PP está a tramitar. Nesa lexislación, lembran, a vivenda protexida está encamiñada a "favorecer a cohesión social e evitar a segregación territorial dos cidadáns e cidadás por razón do seu nivel de renda". Hernández culpa o bipartito da supresión das vivendas, que a súa propia consellería chegou a adxudicar Mentres lle choven as críticas Hernández ve "evidente" que "poderíamos adoptar a decisión de facer vivenda pública en Xoán XXIII", como decidiran o goberno de Fraga, o do bipartito e tamén o de Feijóo nun contrato adxudicado pola súa propia Consellería. Pero "para facer iso necesítaríamos achegar recursos" que "non temos" pola "política que fixo o Goberno onde estaba o señor Cela", resolve, máis de media década despois do retorno do PP a San Caetano.
QUEPASA_935
Continuamos da man "Asociación Parroquial de Berdoias" e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe comezamos unha nova serie, seguimos coas construcións de transformación de gran, pero imos cos Muíños.
MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DO GRAN (VIII):CENSO TOTAL DE MUÍÑOS Nas beiras do rego de Berdoias e nas doutros regatos, así coma no tramo do río Castro que atravesa a parroquia, atopamos, na actualidade, un total 21 MUÍÑOS hidráulicos, xa ningún deles en funcionamento, e, a maioría, nun estado ruínoso. Os muíños, esas arquitecturas do pan, uns de propiedade privada e outros veciñais, son construcións de transformación de gran, de muros de cachotería, con teitos de tella ou pedra. Pequenos muíños de río, rego ou de regato, de canle ou de cubo, todos dunha soa moa para moer o millo- tan só había un muìño para moer trigo- e que funcionaban todo o ano, agás os 6 muíños de regato que había, que o facían só nas épocas máis chuviosas. Polo seu mellor grado de consrvación podemos nomear tres muíños de rego ou de rio: o do Chibarra, o que se conserva máis completo; o do Gandiño e o da Grabiela, os tres a carón do rego de Berdoias, e ubicados moi preto da Vía Mariana. E falando de muíños, non queremos deixar de mencionar ós máis primitivos e antigos dos que se ten coñecemento, tales coma, entre outros, OS MUÍÑOS CIRCULARES DE MAN, ós que os veciños chaman "AS MOAS DE MOER". Precisamente, nos lugares de Santa Cristiña, A Bouza, Boallo e Petón aínda se conservan un total de 6 exemplares deste tipo. Moa de moer do muíño de man circular en Boallo MUÍÑO DO CHIBARRA, O máis completo e mellor conservado de Berdoias Muíño do Francés no va Pedroso, en estado ruinoso Muíño de regato na Casanova TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia.
PRAZA_20435
ENTREVISTA | Falamos con Alberto de Paula, presidente da delegación ourensá do COAG, que a pasada semana presentou as súas alegacións contra o proxecto da nova estación que, na súa análise, non mellora a mobilidade nin a conexión entre barrios, dous dos obxectivos fixados
O pasado 16 de xuño fíxose público o proxecto da futura estación intermodal de Ourense. O deseño foi recibido con críticas por parte dunha parte importante da sociedade ourensá, e de forma moi destacada, por parte do Colexio de Arquitectos de Galicia, que presentou alegacións. O COAG sinala que o proxecto presentado non ofrece unha solución axeitada para avanzar cara a unha mobilidade sustentable na cidade e para mellora a permeabilidade e a conexión interna entre os barrios próximos -A Ponte e o Vinteún-, obxectivos previstos no convenio asinado en xuño de 2016 entre Ministerio de Fomento, Xunta, Concello e Adif. A entidade colexial critica, ademais, que se realizasen tres proxectos separados -para a estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade transversal, para a estación de autobuses e para aparcamento para turismos- e pide unha proposta global, que non xurda da anexión de tres proxectos diferentes. "Esta é unha oportunidade única para resolver determinados problemas existentes na cidade. Pero a solución proposta pode chegar a xerar máis problemas dos que solventa" Alberto de Paula, presidente da delegación ourensá do COAG, subliña que "esta é unha oportunidade única para resolver determinados problemas existentes na cidade. Pero a solución proposta pode chegar a xerar máis problemas dos que solventa". "Como resolvamos mal esta actuación, os ourensáns sufriremos as consecuencias durante cen anos", alerta. "Hai que facer cidade. A cidade ímola facendo entre todos ao longo do tempo, todas as súas capas e estratos son o resultado das achegas de varias xeracións. E neste momento temos que ser suficientemente responsables. Os arquitectos estamos desexando que se invistan eses 150 millóns de euros que din que custa a intervención, pero deben investirse con racionalidade e eficacia, e dunha forma que lle achegue valor á cidade, coherencia e que lle dea harmonía a este espazo", di. "Unha solución axeitada non ten por que custar máis. Temos que investir adecuadamente o diñeiro. Temos que conseguir que o tren chegue a Ourense, que non se entenda Ourense só como unha zona de paso", destaca. "Ourense, como porta de entrada do ferrocarril a Galicia, merece unha solución axeitada, tendo en conta ademais a débeda histórica que o ferrocarril ten coa cidade pola fracturación dos barrios", conclúe. De Paula aclara que a intervención do COAG neste proceso se debe ao "compromiso" que a entidade ten coa sociedade galega, "polo tanto debe pronunciarse sobre todo aquelas cuestións que nos ámbitos da arquitectura, o urbanismo e o espazo público pode ter repercusión no noso territorio". "Faino sempre dende a independencia política e a obxectividade, tendendo a man a todas as administracións e dende un espírito construtivo e positivo, co ánimo de mellorar entre todos", subliña. Tras reunirse co COAG, o estudo de arquitectura de Foster and Partners vén de comprometerse a buscar solucións para integrar no proxecto as alegacións presentadas O máximo responsable dos arquitectos ourensáns amósase optimista e destaca que este mesmo luns mantivo unha xuntanza co equipo do estudo de arquitectura de Foster and Partners, que se comprometeu a buscar solucións para integrar no proxecto as alegacións presentadas. "Unha vez que souberon que o COAG fixera alegacións ao seu proxecto, deseguida entenderon que había que falar cos arquitectos de Galicia. Foi unha xuntanza moi proveitosa, pois entenderon perfectamente as alegacións que fixemos e dixéronnos que van tentar recollelas no proxecto. É o comezo dun camiño", sinala Obxectivo: Mobilidade e conexión entre barrios Alberto de Paula pon o foco, principalmente, neses dous asuntos presentes nas alegacións: a mobilidade e a conexión entre barrios, hoxe separados precisamente polas vías do tren. En canto á mobilidade, "o proxecto non dá unha resposta axeitada, porque entre outras cuestións -como recoñece o propio estudo de viabilidade- prevese un movemento de 261 autobuses diarios, 3.2 por minuto, nunha estación situada detrás do centro de saúde da Ponte. Ademais, proponse no mesmo espazo un aparcamento público con capacidade para 250 vehículos máis outros 50 destinados a alugueiro e zonas para paradas de taxis, autobuses urbanos e o kiss and ride (aparcadoiro rápido para deixar ou recoller viaxeiros). Introdúcense novos fluxos de entrada e saída da estación, provocando unha case segura saturación do tráfico nese lugar", explica. Prevese un movemento de 261 autobuses diarios, 3.2 por minuto, nunha estación situada detrás do centro de saúde da Ponte "A estación de autobuses séguese a situar por detrás do centro de saúde da Ponte, cunha entrada e saída de autobuses situadas nos extremos, configurando este espazo sanitario como unha auténtica glorieta de tráfico. Todos os movementos dos autobuses e do resto de vehículos realízanse a través da xa saturada rúa Eulogio Gómez Franqueira, sen viais alternativos que canalicen ese substancial incremento de tránsito a maiores", engade. "Para unir os dous barrios, proponse unha praza elevada oito metros sobre as vías do tren, soportada sobre un muro dunha altura equivalente a un edificio de dous andares e 400 metros de lonxitude, todo ao longo da Avenida de Marín" Ademais, destaca De Paula, "resulta evidente que con esta proposta non se consegue a conexión urbana entre os barrios da Ponte e o Vinteún, os espazos que a propia estrutura urbana fragmentou no seu día, sobre todo a partir dos anos 50 cando o ferrocarril entrou nesta parte da cidade". "Para unir os dous barrios, proponse unha praza elevada oito metros sobre as vías do tren, soportada sobre un muro dunha altura equivalente a un edificio de baixo e dous andares e 400 metros de lonxitude, todo ao longo da Avenida de Marín. A diferenza de nivel sálvase cun ascensor ou escaleiras, co que non se consegue esa permeabilidade entre os barrios", explica. "Trátase dunha proposta case abusiva e invasora do espazo máis saturado do ámbito. É algo incomprensible, tendo en conta que Adif dispón de decenas de miles de metros ocupados por praias de vías e antigas construcións sobre as que non se intervén en absoluto e que darían a chave para solucionar a maior parte dos problemas que se observan na opción que está exposta ao público", comenta o COAG Plataforma 'Por unha estación digna' Non só o Colexio de Arquitectos expresou as súas dúbidas e críticas ante o proxecto. Nas últimas semanas entidades sociais e cidadáns e cidadás a título individual conformaron a plataforma 'Tren digno. Por unha estación digna en Ourense', que celebrou o pasado xoves a súa primeira asemblea, coa asistencia de 300 persoas, un encontro no que arquitectos e enxeñeiros avaliaron tecnicamente o proxecto e que finalizou cunhas conclusións moi semellantes ás expresadas polo COAG nas súas alegacións. A plataforma esíxelle ás institucións que "entendan que esta infraestrutura ten que resolver problemas" e achegar "valor, coherencia e harmonía" á cidade de Ourense, lembrando que "sobrados exemplos temos na historia da nosa cidade de obras e infraestruturas mal planificadas ou mal executadas que o paso do tempo deixou obsoletas". "Sobrados exemplos temos na historia da nosa cidade de obras e infraestruturas mal planificadas ou mal executadas que o paso do tempo deixou obsoletas" "Temos unha oportunidade histórica de aproveitar a chegada do AVE a Ourense para afrontar un proxecto urbano racional e a escala humana. Podemos suturar dous barrios separados por décadas e crear un punto de encontro entre os diferentes medios de transporte. Podemos facer moitas cousas se somos quen de acadar un proxecto de integración digno", sinalou a plataforma nun manifesto que se pechaba chamando á mobilización da cidade: "É pois o momento de que as ourensás e ourensáns se poñan en pé. Por riba de ideoloxías e cores políticas. Queremos un tren digno, unha estación digna. Nin máis nin menos que o que nos corresponde".
NOS_19453
Adrián Méndez, Tomé Mouriño e Manuel 'Cataqui' son tres dos oito integrantes de De ninghures, unha agrupación musical folk que presenta o seu primeiro disco, 'Aquí'. Méndez, Mouriño e 'Cataqui' falan da súa música inspirada en diferentes culturas e que mestura diversos instrumentos, desde a pandeireta até o ukelele, pasando polos bongos ou a caipira, xa que, como eles din, "viamos necesario poder aportar a nosa forma de entender a música".
—De ninghures xa ten un percorrido de cinco anos, por que sacar disco agora? Tomé Mouriño: Creo que era unha inquedanza que tiñamos todos desde que comezamos a facer os nosos temas propios. Viamos necesario facer un disco e xa non só polo que tiñamos feito como grupo, senón pola nosa propia música, a da Galiza. Viamos necesario poder achegar a nosa forma de entender a música. Comezamos a compoñer hai un ano, antes tiñamos xa algunhas pezas, mais non tiñan o enfoque que queríamos darlle ao disco, así que diría que todo o traballo que fixemos estivo concentrado nos últimos doce meses. —Aquí nace grazas ao micromecenado a través da plataforma Verkami. Adrián Méndez: Tivemos que pedir axuda para lanzar o disco que tiñamos entre mans porque non tiñamos moitos fondos. Vendo outros grupos de folk, e inclusive os máis mainstream, démonos de conta de que había moita xente que optaba por esta vía. Ía dicir que o sacamos con facilidade, porque é certo que chegamos á meta que nos propuxemos, pero penso que non é a palabra correcta nin moito menos. Houbo moita xente que nos axudou e estamos súper agradecidas pola acollida. Tamén conseguimos un pouco máis do que pedíamos e iso axudounos non só a facer o disco, senón tamén a maquetalo, facer o deseño e outros produtos de merchandising e recompensas como camisetas. Só podemos dar as grazas. —Ronsel, o último sinxelo publicado, bebe do tango arxentino. De onde nace a inspiración do disco? Manuel 'Cataqui': Procuramos fusionar a música tradicional galega con outros ritmos, especialmente os que veñen de Latinoamérica. En concreto, Ronsel é unha canción que xa veu da Arxentina, era un tango propio da illa de Ons que arranxou Tomé e que lle deu un aire máis noso. Con todo, non temos unha música predilecta, senón que buscamos mesturar a música galega con calquera outro tipo de son. T.M.: Diría que do que máis bebemos é da percusión latinoamericana, que é moi característica. M.C.: Xustamente. Levamos publicados os tres primeiros singles de Aquí: Mallao, Ronsel e Puñal. Como xa dixemos, Ronsel é claramente un tango, mais Puñal por exemplo bebe da chacarera mentres que Mallao está inspirado no merengue. E no disco hai diferentes ritmos e de distintas procedencias, por exemplo, muiñeiras e xotas e inclusive mesturamos a música galega co flamenco ou as procedentes do Magreb e do norte de África. Penso que podemos dicir que somos bastante eclécticos no que respecta á nosa música, intentamos facer bastante fusión. —Esta fusión tamén tivo lugar o día da presentación do disco, xuntando De ninghures con Oîma. A.M.: Queriamos atopar unha data que non coincidise con grandes eventos. A nosa primeira idea era presentalo a finais de setembro, mais en Compostela hai moito ambiente cultural e era complicado atopar un oco xusto neses días. Decidimos buscar outra data perto da orixinal e sinalamos o 2 de outubro, mais vimos que Oîma daba a súa despedida. Como son amigas, eu falei con Antía Ameixeiras para ver se había algunha posibilidade de facelo en conxunto. Tanto elas coma Luneda, que é a súa produtora, puxeron moitas facilidades e para nós é unha marabilla porque non hai nada máis bonito que que dean a despedida e que deixen a semente para dar nós a benvida. T.M.: Nun primeiro momento barallamos a idea, mais cando vimos que non era simplemente facer dous concertos xuntos, senón que tiña un significado máis simbólico, que ía máis alá, tanto a elas como a nós motivounos aínda máis a facelo. Ao ser o noso primeiro disco, aínda que xa teñamos un percorrido na música, é especial facelo así.
NOS_3943
Elena Ferro e Idoia Cuesta conversan sobre o sector, para o que consideran fundamental unha web de venda online de Artesanía de Galicia.
Elena Ferro e Idoia Cuesta, ambas Premio Nacional de Artesanía e renovadoras do sector desde o rural –a primeira dos zocos e a segunda dos cestos– conversaron moderadas por Rebeca Blanco-Rotea na última edición do ciclo "Dialogos Confinados", organizado polo Consello da Cultura Galega para analizar as diferentes realidades do tecido cultural galego. O inicio do confinamento supuxo para Cuesta e Ferro unha baixada nas vendas, a reorganización do stock, unha paralización da produción e a necesidade de buscar novas formas de se achegaren á clientela directa. Segundo Ferro, zoqueira e cabeza visíbel da empresa Eferro, "levamos sen feiras desde marzo, paralizouse a venda e estamos a un 20 ou 25% dos nosos ingresos habituais". Se ben ela é máis forte a través da venda online, o modelo de negocio de Cuesta aséntase na diversificación. "A nosa empresa apóiase en varias patas: produción, formación, workshop, traballar tamén para outras firmas, visitas turísticas aos obradoiros... [...] Cando falla unha ou outra, quedan recursos para poder manternos nun momento en que a facturación caeu en picado e estes tres meses houbo un gran baleiro", explica. Proximidade e venda online As dúas recoñecen grandes diferenzas a respecto da crise de 2008. Daquela estaban nun momento empresarial ben diferente e haberá que agardar a ver como evoluciona o sector. Con todo, admiten que notaron a aposta no consumo local e de proximidade, aínda que consideran que é cedo para saber como lles afectará a recesión. Neste intre a principal canle de comercio pasa por internet e as dúas pensan que sería de grande utilidade unha páxina de venda online de Artesanía de Galicia. Elena Ferro conta cun posicionamento moi activo en redes sociais, e considera que iso a favoreceu. "Non é só vender, é que tamén que se divirta e nós buscabamos non unha venda agresiva, senón que a xente se interese polo que fas e por como o fas", asegura. A necesidade de autenticidade e a ollada rural permite entender a aposta na artesanía que debe ser entendida como un modelo de negocio a longo prazo. Ese traballo devagar pero sólido é o principal consello que estas creadoras, xa convertidas en referentes internacionais, lle ofrecen á mocidade.
PRAZA_17726
VIDEO | O BDRI rexistra imaxes dun novo exemplar deste xigantesco animal na costa galega, que se suma aos que foron localizados o pasado ano. A descuberta confirma o regreso das baleas azuis a Galicia, despois de décadas de ausencia.
Os avistamentos de baleas azuis que se produciron na costa galega a finais do verán e no outono do pasado ano non foron unha casualidade. Nos últimos días o BDRI (Bottlenose Dolphin Research Institute) rexistrou imaxes da presenza deste xigantesco animal en augas de Fisterra. Trátase dun exemplar novo, duns 18 metros de lonxitude (poden chegar a medir case 30), que se alimentaba en compañía doutras baleas de distintas especies. Esta nova descuberta confirma o regreso das baleas azuis a Galicia, despois de décadas de ausencia, e semella que comezan a empregar as augas galegas, próximas á costa, como un territorio frecuente de alimentación. "A costa galega é moi famosa polos fenómenos de afloramento de nutrintes, sempre foi coñecida pola súa riqueza e pola presenza de grandes baleas", comentan dende o BDRI. Este instituto internacional de investigación con sede no Grove destaca que os avistamentos cada vez máis frecuentes poden indicar a recuperación das rotas de migración destes animais, que foran desaparecendo por mor da sobrepesca realizada no Atlántico durante séculos e que deixou a balea azul ao borde da extinción. Galicia constitúe un corredor natural nas migracións das baleas en época de apareamento, que nestas datas se trasladan dende as augas próximas a Islandia ou Noruega en dirección ás máis cálidas do norte de África. Sinalan que "é moi sorprendente ter a oportunidade de estudar aquí" estes animais, salientando "a importancia das augas galegas para a supervivencia destes xigantes do mar". O 21 de outubro de 1985 foi o día que se cazou a derradeira balea en Galicia. En 1986 iniciouse unha moratoria (en 1966 para a balea azul) que só permite a súa caza con fins científicos. A moratoria iniciada hai máis de trinta anos podería estar facendo que o comportamento das baleas regresase á súa dinámica previa, incrementando tamén a súa poboación. "As moratorias da caza de baleas son moi recentes: trinta anos non son nada para estes animais, que superan os cen anos de vida. Pero xa estamos vendo noutros lugares como se está dando unha recuperación, grazas á fin da pesca da balea. E estas especies estanse desprazando a zonas ricas de alimento", subliñaba o pasado ano Bruno Díaz (BDRI), en conversa con Praza.
PRAZA_20836
O Sergas rexistra 468 hospitalizacións de persoas coa COVID-19, 47 máis que un día antes; delas, 71 están na UCI. A media diaria de novos diagnósticos a sete días pasa en apenas dúas semanas de menos de 300 a máis de 570. Por cidades, a incidencia máis elevada segue en Santiago e a máis estable e baixa continúa sendo a de Lugo, a única cidade sobre a que agora non pesa un peche perimetral
É habitual que, os luns, os datos da Consellería de Sanidade sobre a evolución da pandemia do coronavirus reflictan un incremento no número de persoas hospitalizadas con test positivo da COVID-19. Tamén sucede esta semana, pero a suba que trae consigo a actualización deste 11 de xaneiro, con datos pechados ás seis da tarde do domingo día 10, é especialmente significativa. Tanto que é a máis pronunciada dende abril, en plena primeira vaga da pandemia.O Sergas rexistra 468 hospitalizacións de persoas coa COVID-19, 47 máis que un día antes; delas, 71 están na UCIOs principais indicadores veñen reflectindo nos últimos días un empeoramento xeneralizado da situación tras as semanas do Nadal, Aninovo e Reis. A terceira vaga pandémica semella disparada e, como adoito, uns días despois de que os datos de novos contaxios detectados e incidencia reflictan incrementos significativos, a suba chega aos hospitais. Os datos oficiais recollen este luns 47 persoas hospitalizadas máis que vinte e catro horas antes, ata un total de 468. Para atopar un incremento tan pronunciado en termos absolutos hai que retrotraerse ao 6 de abril, cando o Sergas sumara 45 persoas hospitalizadas. Ata 71 destas 468 persoas ingresadas están en unidades de coidados intensivos (17 máis que hai unha semana e 10 máis que o día previo). As restantes 397 son atendidas en unidades ordinarias de hospitalización, o que supón 37 máis que a xornada anterior e 63 máis que os rexistrados nos datos do luns da semana anterior. [Así se disparou en Galicia a terceira onda da pandemia de COVID dende as festas de Nadal]A media diaria de novos diagnósticos a sete días pasa en apenas dúas semanas de menos de 300 a máis de 570Por áreas sanitarias, a da Coruña-Cee (que vén rexistrando unha das peores evolucións na incidencia da COVID nas últimas semanas) é a que rexistra un maior número de persoas hospitalizadas (114, 21 delas na UCI) seguida da de Santiago, con 109 (8 na UCI). A continuación sitúanse Vigo e Ferrol, con 61 e 60, das que 19 e 6 se corresponden con coidados intensivos, respectivamente. As cifras máis baixas de hospitalización ligada á COVID-19 continúan polo momento na área de Lugo, que abrangue toda a provincia, con 24 persoas ingresadas das que 3 están na UCI, as mesmas que na área de Ourense, onde a hospitalización total é máis elevada, con 45 ingresos totais.701 novos positivosOs malos datos de hospitalización rexístranse nun contexto no que os indicadores de novos casos e incidencia tamén apuntan a empeoramento. Sanidade suma este 11 de xaneiro 701 novos positivos (627 deles, diagnósticos mediante PCR) rexistrados entre as seis da tarde do sábado e a mesma hora do domingo, día 10. Son 18 menos que a xornada previa, unha diminución menor nun contexto no que a media diaria a sete días de diagnósticos mediante PCR segue subindo, pasando de menos de 300 casos a finais de decembro a máis de 570 na actualidade.Estes rexistros inclúen, ademais, 5 novos falecementos, ningún deles das últimas vinte e catro horas, pero confirmados polo Sergas na xornada do domingo. O total de mortes oficialmente ligadas á pandemia en Galicia chega así xa ás 1.450.Apenas medio cento de concellos sen casos a 14 díasA incidencia acumulada a 14 días para o conxunto de Galicia segue a subir e xa se aproxima aos 300O reflexo do incremento dos contaxios durante as semanas das festas é tamén claro nos datos de incidencia (casos novos por cada 100.000 habitantes) a 14 días, indicador que para o conxunto de Galicia segue a subir, cunha evolución practicamente vertical, camiño dos 300. Boa mostra é que, fronte aos máis de 80 concellos que, a finais de decembro, non rexistraban novos positivos nos 14 días previos, agora son xa apenas medio cento os municipios que poden ser considerados como libres da COVID-10 por non ter positivos en dúas semanas ou máis.Concellos da Mariña e do Ortegal, municipios suroccidentais da provincia de Ourense, a contorna de Compostela ou puntos da Costa da Morte seguen rexistrando as incidencias máis elevadas a 14 días. É neste contexto no que, segundo avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Xunta valora a posibilidade de endurecer as restricións mesmo máis alá do marco vixente dende principios de decembro. O comité clínico aborda a decisión este martes, día 12.A incidencia máis elevada segue en Santiago e a máis estable e baixa continúa sendo a de Lugo, a única cidade sobre a que agora non pesa un peche perimetralPor cidades, os datos de incidencia -que Praza.gal calcula de agora en diante cos datos poboacionais máis recentes, os de 2020, xa incorporados polo IGE á súa base de datos- acumulada da COVID-19 a catorce días continúan claramente á alza en catro delas: Santiago, a que presenta un valor máis elevado; A Coruña, coa peor evolución das últimas semanas, e tamén Ferrol e Ourense. Todas elas superan folgadamente o limiar dos 250 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas.Mentres, nas outras tres a tendencia é polo momento máis estable, aínda que tamén á alza. É o que sucede en Vigo, Pontevedra e mais en Lugo. A cidade da Muralla segue sendo, polo momento, a que mantén unha incidencia a catorce días máis baixa e tamén a única sobre a que actualmente non pesa un peche perimetral. No entanto, tende xa a afastarse dos 100 casos por cada 100.000 mil habitantes, limiar do que logrou baixar a finais de decembro, tras dous meses de peche.A positividade media a sete días xa rolda o 8% para o conxunto de Galicia despois de aproximarse ao 3% antes das festasEstas malas tendencias en canto a hospitalizacións, número de casos e incidencia acumulada reprodúcense tamén nas taxas de positividade (porcentaxe de probas que dan positivo) das PCR realizadas en Galicia. O número de test retomou un maior ritmo nos últimos días (a media diaria a sete días xa supera as 6.000 PCR por xornada) e a positividade media diaria na última semana rolda, para o conxunto de Galicia, o 8%. Antes das festas, impulsada polos cribados e a melloría xeral, este valor chegou a aproximarse ao 3%, case dous puntos por baixo do sinalado pola OMS como referencia para dar por controlada a pandemia nun territorio.Como amosa o gráfico baixo estas liñas, as taxas de positividade media máis preocupantes seguen sendo as da área da Coruña-Cee, superiores ao 13% na media diaria da última semana. A taxa de positividade media mías baixa e tamén a única cunha tendencia claramente descendente é a de Santiago-Barbanza, que se achega agora á contorna do 5%.
NOS_38671
Os indicadores da pandemia melloran e afastan as peores cifras da quinta vaga. Galiza avanza na inmunidade da poboación ao tempo que reduce a incidencia do coronavirus.
A evolución epidemiolóxica da Covid continua a ser positiva. Segundo os datos facilitados pola Consellaría de Sanidade, Galiza mellora lixeiramente as cifras dos principais indicadores da pandemia mentres avanza no proceso de vacinación da poboación. O número de persoas inmunizadas ascende a 2.075.898, o que supón o 84,5% da poboación diana e 76,8% da poboación xeral coa pauta completa. Galiza recibiu até o momento 4.190.475 doses das que administrou xa o 98,56%, 4.130.175. En total, 2.246.769 galegos e galegas recibiron polo menos unha dose, o que representa 91,5% da población diana e 83,2% da total. A este avance na vacinación cómpre sumarlle o retroceso dos casos activos, os novos contaxios e a presión hospitalaria que reflicte o último balance do Sergas. A Covid recúa Nas últimas 24 horas rexistráronse 234 novos positivos por coronavirus na Galiza. Volven caer por debaixo dos 300. Do total, 57 corresponden á área sanitaria da Coruña, 53 á de Lugo, outros tantos á de Santiago, 30 á área de Vigo, 12 á de Ourense, 15 á de Ferrol e 14 á área de Pontevedra. No que vai de semana, Galiza suma un millar de novos contaxios menos que os rexistrados á mesma altura hai sete días, unha mellora que segue a reflectirse no cómputo de casos activos. Hai 7.163, 359 menos que un día antes. As infeccións descenden en todas as áreas, excepto na de Lugo, outra vez, onde aumentan levemente até as 1.408 infeccións. A Coruña continúa á cabeza con 1.762; seguida de Lugo; Vigo, con 1.126; Santiago, con 1.283 casos activos; Ourense, con 654 casos; Pontevedra, con 478, e Ferrol, con 452. Presión hospitalaria Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas o número de pacientes críticos baixou a 47, seis menos, mentres que os doentes ingresados en unidades convencionais aumentou até os 154, un máis. Por áreas, a carga asistencial sobe lixeiramente nas áreas da Coruña, Ferrol e Santiago e baixa no resto: Ourense, Pontevedra, Lugo e Vigo. Falecementos Desde o inicio da pandemia faleceron 2.577 persoas coa Covid tras confirmar Sanidade dous a morte dunha muller de 68 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), doutra de 90 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e dun home de 84 anos no Hospital de Povisa.
PRAZA_147
O inversionista americano Warren Buffett (a terceira fortuna mundial segundo a revista Forbes) dixo: "Hai unha guerra de clases e estámola gañando os ricos". Todo o demais son danos colaterais. Todos os demais somos individuos prescindibles.
O economista francés Thomas Piketty , no seu famoso libro O capital no século XXI, analiza o crecemento da desigualdade no mundo occidental. Estivo por aquí estes días pasados e afirmou que España é a demostración do fracaso das políticas de austeridade. Tamén expresou o seu desexo de que o previsible cambio político traspase as fronteiras para contribuír a "á refundación democrática de Europa". Vicenç Navarro xa advertira nos seus escritos que, en contra do que afirman os dogmáticos neoliberais, as desigualdades teñen un impacto negativo no desenvolvemento económico, e que "a concentración da riqueza e o empobrecemento dos traballadores son a causa da gran recesión e o baixo crecemento". Pero o certo é que a desigualdade crecente pode xerar situacións de severo conflito social. Nas dúas décadas previas á crise, desde EEUU a España, na maioría das economías avanzadas a etapa de expansión non serviu para distribuír mellor. Non só houbo un maior crecemento na remuneracion do capital fronte á do traballo, senón que se ampliou a brecha nesta última. Mais desde 2008 a desigualdade medrou de xeito brutal. En España, o país europeo onde máis aumenta a desigualdade, as empresas que operan nos mercados do luxo son as que máis aumentan as súas vendas. O mercado español do luxo é o noveno maior do mundo, e España segue a China como o país onde hai máis novos ricos. É unha realidade obscena: o número de milmillonarios duplícase durante a crise mentres a desigualdade alcanza niveis extremos en todo o mundo. As vinte maiores fortunas españolas aumentaron a súa riqueza en 15.450 millóns de dólares entre 2013 e 2014 e posúen hoxe tanto como o 30% máis pobre da poboación. Pero esta concentración da riqueza en poucas mans non revierte en beneficio da poboación (desmentindo a hilarante "teoría do derramo" defendida polos neocom): Os ricos levan o diñeiro fóra, non cotizan nin invisten no país: as sociedades dos altos patrimonios prefiren a Bolsa sobre a renda fixa, e as accións estranxeiras fronte ás españolas. Este reducido grupo de ricos rentistas e xogadores do casino da especulación universal provocan un gran sufrimento a millóns de persoas, danadas pola súa inmensa avaricia. Están afectados pola síndrome de Dióxenes (nunca cesan no seu afán de acaparar), e pola síndrome da invulnerabilidade (na súa inmensa insensatez, chegan a pensar que mesmo poden esquivar a morte). Botín exclamaba enfático, dous meses antes de morrer: "Chéganos diñeiro, moito diñeiro: entran cartos por todos os lados". Esas inmensas cantidades de diñeiro inútil (agochado, furtado aos poderes públicos e ao beneficio colectivo) poderían evitar moito sufrimento, moita enfermidade e miles e miles de mortes prematuras. Pero non existe esa vontade. As organizacións facciosas que gobernan o mundo non teñen o menor desexo de cambiar o rumbo. Ruiz-Gallardón, o que foi ministro de Xustiza con Rajoy, afirmou que "gobernar é repartir dor". O inversionista americano Warren Buffett (a terceira fortuna mundial segundo a revista Forbes) dixo: "Hai unha guerra de clases e estámola gañando os ricos". Todo o demais son danos colaterais. Todos os demais somos individuos prescindibles.
PRAZA_2132
As tres formacións confirman un acordo no que pretenden incluír outros colectivos políticos e sociais e co que din querer "facilitar a unidade popular". Aseguran que o papel dos partidos só é un dos "piares básicos" xunto ás mareas e ás "iniciativas cidadás, plataformas e demais axentes"
Anova, EU e Podemos saíron ao paso das informacións sobre o preacordo "político e non electoral" que negocian de cara ás xerais. Nun comunicado conxunto, aseguran que a súa intención é presentar este documento "publicamente" a vindeira semana e que o que pretenden con el é "facilitar a unidade popular entre a cidadanía activa que se rebela e os partidos da esquerda rupturista e de cambio". As tres formacións aseguran que o acordo pretende "facilitar a unidade popular entre a cidadanía activa e os partidos da esquerda rupturista" As tres formacións din que entre elas "existen coincidencias importantes á hora de analizar o contexto sociopolítico actual e o camiño a seguir" e aseguran que é "por iso" polo que están "traballando", como xa viñeron facendo "noutros espazos políticos e sociais" para "tratar de chegar a un marco de acordo político dende o que construirmos en común con outros actores". "Temos o compromiso de facer o noso papel como organizacións políticas, que para nós é o de facilitar a unidade popular entre a cidadanía activa que se rebela e os partidos da esquerda rupturista e de cambio", din as tres organizaciós, que cren que "só así poderemos darlle a volta ás políticas que levan anos agredindo á cidadanía do común e avanzar co horizonte posto nun cambio de réxime". Anova, EU e Podemos xustifican o seu acordo na necesidade de "chaegar a acordos políticos para definir os obxectivos" Ademais, aseguran que o papel dos partidos "da esquerda rupturista e de cambio" é só un dos "piares básicos" neste proceso de cara ás eleccións xerais. Nos outros situán ás" mareas" e ás "iniciativas cidadás, plataformas e demais axentes". "Como partidos políticos que somos, loxicamente tratamos de facer a nosa parte, chegando a puntos en común con outros partidos", din, e "animan" a que "todas as partes fagan o mesmo nos seus ámbitos para, despois, tratarmos de construír conxuntamente". Anova, Podemos e EU insisten en que traballan nun preacordo "de carácter político, non electoral", xa que entenden que "existen moitos outros actores cos que construír unha alternativa electoral concreta". "Porén", din, "cómpre antes chegar a acordos en clave política para definir os obxectivos". "Cremos que temos a obriga e a responsabilidade de irmos concretando cuestións, amais de seguir en interlocución constante con todos os axentes, por canto o réxime e a súa maquinaria non esperan", manifestan. O preacordo, segundo aclaran as tres formacións, "está a ser socializado como posíbel punto de partida cos principais actores sociais e políticos que, ao noso entender, poderían construír colectivamente unha alternativa para acadar os anteditos obxectivos". E anuncian que "unha vez feito isto", será cando se presente publicamente. "Queremos aclarar que entendemos este preacordo como un novo chanzo na conformación dun espazo amplo, rupturista e plural para o rescate da democracia, ruptura co rexime do 78 e a mudanza das políticas, mais sempre co ollar posto na referencia que constitúen os espazos de confluencia que mudaron o panorama de moitos concellos galegos o pasado 24M", rematan.
PRAZA_9010
O secretario municipal de Vigo, José Riesgo, que foi número 2 da Consellería de Economía, xa amparara ao alcalde socialista en contra do PP na constitución despois suspendida pola xustiza da Área Metropolitana viguesa
O secretario municipal de Vigo, José Riesgo, que foi número 2 da Consellería de Economía, xa amparara ao alcalde socialista en contra do PP na constitución despois suspendida pola xustiza da Área Metropolitana viguesaO Parlamento de Galicia non pode fiscalizar ámbitos de competencia alleos aos autonómicos e a autonomía local permite que o Concello de Vigo non colabore coa investigación aberta na Cámara galega sobre as responsabilidades políticas no accidente do festival do Marisquiño, no que o pasado verán resultaron feridas varios centos de persoas. Así llo vén de transmitir o Concello ao Parlamento nun escrito asinado polo secretario municipal avanzado este mércores por varios medios entre a indignación do PP. Ese máximo funcionario local que avala así a negativa do alcalde, o socialista Abel Caballero, a colaborar coa investigación é José Riesgo Boluda, que foi número 2 da Consellería de Economía e Industria no primeiro Goberno de Feijóo, con Javier Guerra como conselleiro. Non é a primeira vez que Riesgo Boluda, no seu papel de secretario municipal, no que ten que emitir informes de xeito independente e baseándose só no rigor xurídico, valida unha decisión contraria aos intereses do PP galego e favorable a Caballero. Riesgo Boluda xa era secretario municipal en Vigo, cargo que ocupou con gobernos de todas as cores, cando en abril de 2009, ao chegar Feijóo á presidencia da Xunta, foi nomeado secretario xeral da Consellería de Economía e Industria, segundo cargo da mesma só por tras do conselleiro, o tamén vigués Javier Guerra, co que xa colaborara no Concello. Estivo no posto ata setembro de 2011, cando deixou a Xunta para acabar reincorporándose á súa praza de secretario municipal en Vigo. Nese posto de secretario municipal, no que ten que supervisar a legalidade das decisións que se toman no Concello, Riesgo Boluda xa avalara a Abel Caballero en cuestións criticadas polo PP. En decembro de 2016, na constitución da Área Metropolitana de Vigo, na que igualmente actuou como secretario ao selo tamén da cidade, amparou que a sesión continuase malia as eivas de legalidade polo nomeamento de varios dos membros do plenario aducidas polos populares, que abandonaron a sala. Catro meses despois, un xuíz suspendeu de xeito cautelar aquel acto de constitución ao considerar que efectivamente aqueles nomeamentos eran contrarios a dereito e que todas as actuacións posteriores a aquel feito, malia permitir Riesgo Boluda que continuasen, "aparentan nulidade de pleno dereito". Igualmente, Riesgo Boluda foi imputado, xunto cun concelleiro, por permitir que o Concello dividise en varios contratos o alumeado de nadal de 2016, proceso criticado polo PP.O Parlamento tamén vén de recibir un documento similar no que Puertos del Estado rexeita igualmente colaborar na investigación do sinistro, ocorrido en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo, dependente dese ente estatalO actual informe amparando a negativa de Caballero a colaborar coa investigación política do Marisquiño non é o único que frustra parte desa comisión creada no Parlamento de Galicia grazas a decisión do PP de non bloquear coa súa maioría absoluta, como adoita facer noutras ocasións, a petición que formularon En Marea e BNG. Xunto coa advertencia do secretario municipal vigués de que o Parlamento autonómico non pode fiscalizar competencias municipais, a Cámara tamén vén de recibir un documento similar no que Puertos del Estado rexeita igualmente colaborar na investigación do sinistro, ocorrido en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo, dependente dese ente estatal. Nese caso é o xefe da asesoría xurídica de Puertos del Estado, José Antonio Morillo-Velarde, tamén funcionario e que chegou a ese posto durante o anterior Goberno central do PP, quen asina esa negativa argumentando igualmente que un parlamento autonómico non pode fiscalizar competencias estatais.Ese argumento é similar ao que veñen empregando distintos entes estatais para negarse a colaborar en investigacións políticas abertas no Parlamento de Galicia, desde a que pescudou na catástrofe do Prestige ata a máis recente sobre os incendios forestais, na que se negaron a comparecer o delegado do Goberno en Galicia ou responsables da Unidade Militar de Emerxencias.López Veiga, presidente do Porto de Vigo, entidade á que Puertos del Estado tampouco deixa colaborar co Parlamento, foi conselleiro con Fraga e nomeado para o posto pola Xunta de FeijóoO paradoxo da negativa de Puertos del Estado a colaborar coa investigación do Parlamento sobre o Marisquiño prodúcese polo feito de que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo é Enrique López Veiga, ex-conselleiro con Manuel Fraga e nomeado para o posto polo Goberno de Feijóo. Enfrontado con Caballero, López Veiga comunicou ao Parlamento que os seus superiores orgánicos de Puertos del Estado non permiten que a Autoridade Portuaria de Vigo colabore coa investigación, pero salienta que el mesmo está disposto a acudir persoalmente á Cámara galega.
QUEPASA_673
Hoxe comezamos unha serie de entrevistas a eses persoeiros que, dende a sombra, fan posible que rode o balón. Esas figuras que coidan que todo estea listopara que os xogadores poidan saltar ao campo sen preocupacións, e que os afeccionados teñados todo no seu sitio para arengar aos nosos. Queremos adicar unhas liñas a es@s directiv@s silencios@s e imprescindibles.
Coñeceremos un pouco máis a Manolo López, unha de esas persoas en perigo de extinción no Fútbol da Costa, que fai que o seu clube respire tranquilo sabendo que el está aí para todo. QPC - Cantos anos levas vinculado o Dumbría? Desde a súa fundación. No vindeiro mes de febreiro cumpriranse 24 anos. QPC - Despois de tantos anos, mirando atrás. Imaxina a súa vida sin estar aquí? Imaxino, pero non hai volta atrás. En calquera caso estou moi satisfeito.. QPC - Cal é a súa labor dentro do clube? Son o secretario da entidade e Delegado do primeiro equipo.Pero a labor que realizo é a de calquera de tantos directivos que formamos parte dun club de fútbol afecionado, facer un pouco de todo, estar á disposición do club e da xente para o que faga falta, traballo administrativo sobre todo (tramitación de licencias, mutualidade, pagos, cobros ...). Estar e axudar en todo o que precise o Dumbría para o desenvolvemento das competicións e dos distintos eventos que teñen lugar ao longo do ano.. QPC - Que horas o día lle dedica as tarefas do clube? Non as contabilizo. Non é cuestión de levar control das horas que lle adicas, cando fas algo para os demais intentas facelo o mellor que podes e sabes, así que sempre hai que estar pendente dos equipos. Si é certo que tódalas tardes acudo ao Conco, aos adestramentos e por suposto tódolos fins de semana para o club... Bueno, en realidade estoume dando conta que bastantes horas, jajajaja. QPC - Que momentos recordas como os mais bonitos? E desagradables? Son moitos anos, polo tanto moitos momentos bonitos, ascensos de categoría por suposto, as Copas da Costa, a creación da escola de fútbol base, os ascensos ás Ligas Galegas, máis recentemente os éxitos do voleibol Dumbría... En especial sempre recordo a primeira Copa da Costa.. Momentos desagradables deportivamente non moitos, non lle dou moita importancia a eso, ganas e perdes, é deporte, ocio, diversión, saúde, interrelación, amizades, etc. Pero fóra deso, algo que nunca se me olvida é unha situación que se deu no campo durante un partido cando un xogador noso -Fabián- se golpeou a cabeza contra o chan e empezou a convulsionar, aí si que foron momentos de tensión e de angustia ata a chegada da ambulancia.. QPC - Puido ver moitos xogadores aí. Cal cree que foi ese xogador referente? É complicado decidir entre tantos e bos xogadores que pasaron por aquí, pero pensando en clave de club quédome co gran capitán do Dumbría Suso, pois empezou a xogar aquí desde o inicio e para min, ademais da amizade que nos une, sempre foi un referente polo seu grado de sacrificio e compromiso co equipo.. QPC - Que ten o Dumbría de diferente o resto de clubes da Costa? Non son partidario de establecer ningún tipo de comparación entre clubes da Costa, cada club, cada pobo, a xente … é diferente pero quizás un elemento diferenciador é que aquí fomos forxando unha idea de deporte a nivel comarca, e agora xa é máis fácil atraer xogadores sobre todo a categorías inferiores. Eu fun vendo desde os primeiros pasos que demos como club ata o día de hoxe como Dumbría foi mellorando en instalacións e infraestrutura deportiva. Non cabe dúbida que o Conco é un exemplo claro do que se debe facer para atraer xente ao deporte.. QPC - Agora xa non hai tantas persoas que leven o peso do clube as súas espaldas. Iso e bo ou malo? Bueno, aínda queda xente así. Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos.. QPC - Está ben valorado por a entidade? Sen ningún tipo de dúbida.. QPC - Ten data de punto final ou non pensa en iso? Todo chegará. A verdade é que agora mesmo non me plantexo eso, pero o Dumbría seguirá adiante ainda que eu non estea. Dicía antes que sempre encontras a mesma xente nos campos, case sempre as mesmas directivas. Ser directivo de calquera club esixe deixar unha gran parte do teu tempo, a familia, tamén a túa vida persoal e eso queiras ou non vai pesando co paso dos anos. ENTREVISTAS QPC Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni. Miguel Ramos: "A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa". Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno". Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito". Juni, adestrador do Coristanco: "Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans". Tolo: "Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí". Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas. Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes. Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán. Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: "Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa". Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega. Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa. Raúl Periscal: "Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa" Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente. Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC. Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría. Pablo Conde: "Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente". Lelo: "Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo".
NOS_17708
O snowboard ou o esquí son a estas datas o que o volei praia ou o kitesurf ao verán. Non obstante, estas disciplinas atópanse nunha situación de parálise case total a causa dunha serie de factores que debullamos coa axuda do ourensán Miguel Barreto, presidente da Federación Galega de Deportes de Inverno.
Como está afectando a pandemia da Covid-19 á práctica dos deportes de inverno na Galiza? Estamos vivindo unha situación moi complicada. Partamos da premisa de que os nosos deportes son individuais é ao aire libre, polo que non debería haber maiores problemas, pero non é así. A razón é que as competicións de neve, como é o caso do esquí, non só dependen do protocolo que elaboramos e que aprobou a Xunta, senón tamén daqueles das propias estacións de montaña, que poden chegar a contradicir o noso. Poñamos, por exemplo, que en Manzaneda -aínda que hoxe non sería posíbel, porque permanece fechada- se disputase un campionato estatal ou europeo. Pois ben, nós podemos ter elaborado e publicitado un protocolo que di que nas telecadeiras poden ir seis persoas e nas telecabinas oito, pero a estación ten un protocolo de seu que pode rebaixar ou aumentar esa cantidade. De todos modos, e independentemente dese conflito de competencias, o fechamento da única estación galega, así como dunha importante parte do resto das estacións de montaña do Estado, impide a práctica dunha gran parte dos deportes de inverno... Pois si. Persoalmente non entendo que non se poida practicar un deporte individual e ao aire libre en tantas e tantas estacións de esquí que permanecen fechadas e, por exemplo, si que estea aberta a pista indoor de Xanadú, en Madrid. Onde se está mellor, ao aire libre a 1.000 metros de altura ou nun lugar fechado? Son máis seguros un centro comercial, un autobús ou un metro? Os bares xa están abertos, tamén se están desenvolvendo deportes de contacto e en lugares fechados, como o fútbol sala, o judo, o taekwondo ou o boxeo, e mentres tanto nós, que o máximo que teríamos que facer sería obrigar ao uso da máscara e a distancia nas pequenas fileiras que se poidan formar en determinados momentos, seguimos parados, cando non deberiamos ter ningún tipo de problema por ser os nosos deportes, insisto de novo, individuais e ao aire libre. É vostede optimista de cara a unha mellora da situación no inminente ano 2021? Non demasiado. Dependemos totalmente da evolución do número de contaxios, de que a Administración tome determinadas decisións... Non sei. Persoalmente a apertura progresiva dalgunhas estacións, como as do Pirineo Catalán, San Isidro ou Serra Nevada, que tamén o fará pronto, dá confianza. O que non pode ser é obrigar a ter totalmente fechados uns centros que xeran tantos empregos en zonas de montaña, que viven só diso, porque estás afundindo a súa economía. Eu entendo que sanitariamente hai que protexer os grupos de risco e emprender medidas cautelares, pero se ti cerras un bar dunha estación de esquí na tempada de inverno na que se tomarían as medidas de seguridade igual que en calquera outro... que consegues? Insiste na seguridade dos deportes de inverno. Como está sendo a aplicacións dos protocolos noutros lugares como Catalunya? Está a ser diferente en cada lugar, porque dentro das competicións do Estado nós temos un protocolo, pero logo vén xente de Castela, de Asturias... e teñen outro. En cada territorio actúase diferente, e ademais se a estación de montaña ten o seu propio protocolo e a xente se arrebola para mercar o forfait ou se xunta máis da conta na telecadeira, pois aí non podemos entrar, pero entendo que se todas velamos porque se respecten as normas, debería abrirse todo. En Catalunya puxeron en marcha as estacións o pasado día 14, e é un síntoma de que comezan a moverse as cousas.
PRAZA_14327
O luns 8 de outubro será a quenda de Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o candidato do PP e o do BNG. Terán lugar na CRTVG.
Haberá debate electoral. Será na primeira semana de campaña e serán tres, coa participación de PPdeG, PSdeG e BNG, que confrontarán os seus proxectos a partir do luns 8 na CRTVG. Este luns 8 de outubro será a quenda de Alberto Núñez Feijoo e Pachi Vázquez. O martes 9 debaterán Vázquez e Jorquera. E o mércores celebrarase o encontro entre o candidato do PP e o do BNG. Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos Falárase de outras opcións, coma o venres 5, desbotado por coincidir cun partido do Celta. Socialistas e nacionalistas ofrecéranse dende un inicio a participar en calquera tipo de debate, sen condicións, e finalmente os populares aceptaron a celebración dos encontros co criterio que o partido de Núñez Feijoo sempre fixara: que non houbese un debate a tres, que interpretaban como un "dous contra un". Será a primeira vez dende 1993 (co Fraga-Sánchez Presedo) que haxa debates electorais nuns comicios autonómicos galegos.
NOS_57088
A maneira en que se producen, distribúen e consumen alimentos vai derivar en diversas consecuencias sociais, ambientais e sanitarias. Estes impactos varían en escala e en dimensión, segundo sexa a forma de producir e de consumir e son analizados na Guía "Máis aló do Prato: analizando a dieta alimentaria na miña contorna", un traballo publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Xavier Simón, David Pérez-Neira, María Montero, Damián Copena e a Cooperativa Somos Terra debullan os factores que afectan a alimentación.
Que impactos ambientais, sociais e sanitarios se derivan da produción e consumo de alimentos? Para poder respostar a esta pregunta resulta preciso ter en conta diferentes aspectos do modelo agroalimentario entre os que se poderían sinalar: o modo en que son producidos os alimentos, os quilómetros que percorren desde a produción ao consumo, a maneira de transportalos, o desperdicio, o seu nivel de transformación e procesado, se son produtos da estación, etc. A actual globalización económica e do sistema alimentario significa máis produción alimentaria industrial, alimentos viaxeiros desde lugares remotos, xeneralización de comida rápida, baratas e ultrapocesadas, dispoñibilidade de alimentos estacionais en calquera momento do ano... E con estes cambios tan profundos agroman crecentes impactos negativos de diversa índole, tanto a nivel local como a escala do Planeta. Impacto ambiental da produción de alimentos A nivel ambiental, o impacto global máis importante derivado deste sistema vincúlase coas emisións de gases de efecto invernadoiro, que son os principais causantes da aceleración do cambio climático e do quecemento do Planeta. Concretamente, o sistema agroalimentario mundial contribúe con ata o 30 % desas emisións. Maior é a súa contribución á contaminación dos océanos e das masas de auga potábel: 78% da súa eutrofización é causada pola agricultura. Algúns impactos ambientais do sistema alimentario ocorren a miles de quilómetros de distancia do lugar de consumo dos produtos. É o caso dos efectos da produción industrial de carne. As granxas de porcos, de aves ou de vacas usan cereais ou oleaxinosas que chegan ao Porto da Coruña desde Indonesia, Australia ou Arxentina. Será nestes países onde se producen efectos nocivos para o ambiente a as persoas. O caso da soia é paradigmático. Base da alimentación animal industrial intensiva, a súa produción de monocultivo, produce deforestación, require o uso masivo de praguicidas que contaminan augas, terras e persoas. Todo iso para termos carne economicamente barata. A UE importa arredor de 15 millóns de toneladas anuais de soia, España, arredor de 3 millóns... A UE importa arredor de 15 millóns de toneladas anuais de soia Canta poboación sería posíbel alimentar cos cereais e a soia que comen os animais estabulados se foran destinados directamente ás persoas? Importamos, por tanto, condicións laborais negativas, contaminación e impactos ambientais negativos. Outros impactos ambientais son derivados das nosas condutas alimentarias. É o caso do desperdicio de alimentos. No ano 2012 estímase que cada persoa habitante en Europa desperdiciaba arredor de 173 kg por ano de alimentos, o que totalizaría sobre 90 millóns de toneladas de alimentos. Reducindo o desperdicio de alimentos evitariamos ter que producir máis, causando menos impactos ambientais. E tamén aforraríamos diñeiro: estimouse que o desperdicio de alimento custa 143.000 millóns de euros ao ano, contabilizando tanto o propio desperdicio de recursos coma o seu impacto ambiental. A globalización alimentaria tamén se pode verificar noutros ámbitos alimentarios que tiñan tradicionalmente un carácter marcadamente local, como acontecía por exemplo no ámbito do peixe. Antes, as rías galegas e os mares próximos eran un inmenso paraíso cheo de riqueza pesqueira. Hoxe, hai que pescar cada vez máis lonxe, a maiores profundidades, substituíndo cada vez de forma máis acusada pesca salvaxe por cultivo de especies mariñas e fluviais, confiando nas solucións "tecnolóxicas" da acuicultura que ocasionan novos problemas ambientais asociados. Con datos de 2016, as existencias de peixe existentes no Estado español chegaban só ate o 26 de maio. A partir dese día había que importalo todo. E os impactos sociais? Xa mencionamos na entrega anterior como o rural está ficar baleiro, aquí e arredor do mundo. Grave problema social que nunca cansaremos de recordar: sen mundo rural vivo, e con persoas, non hai futuro sustentábel. Pero hai máis... a alimentación é fonte de inseguridade social. Hai moitos alimentos pero os pobres non poden compralos. Producimos cantidades enormes de alimentos pero unha parte importante van destinados á produción industrial, deixando malnutrición e fame ao seu arredor. O modelo dominante desemboca nunha grande desigualdade alimentaria entre territorios, existindo lugares con grande escaseza e outros nos que existe fartura. Por outra banda, o proceso de concentración empresarial no ámbito alimentario é un proceso moi alarmante desde o punto de vista social. Megagranxas e megaproxectosprodutivos de monocultivo para producir alimentos baratos que contribúen a expulsar á agricultura familiar, sendo esta actualmente a principal responsábel da alimentación global. A agricultura estase a converter nunha actividade estresante que provoca depresión A agricultura estase a converter nunha actividade estresante que provoca depresión, baixa autoestima e enfermidades nos seus profesionais. Por outra parte ocorren continuos procesos de megafusións de empresas do sector alimentario, derivando concentración e control de diversas fases do sistema alimentario. A modo de exemplo, o 90 % do comercio mundial de grans está controlado por catro multinacionais e o 70 % da industria agroquímica (a que produce fitosanitarios para a agricultura) está en mans de só tres empresas. Crises sanitarias derivadas En tempos de Covid-19 xa todos somos conscientes dos efectos sanitarios derivados do cambio climático. O modelo agroalimentario globalizado tamén contribúe a iso, coa emisión de CO2, súa contribución á deforestación e á perda de biodiversidade. Pero hai máis... A dieta dominante (ultraproteica, ultraenerxética, ultraprocesada...) tamén ten efectos na saúde das persoas. Os datos da Organización Mundial da Saúde indican que máis do 50% da poboación europea ten sobrepeso e máis do 20% é obesa. As dietas non saudábeis son o principal factor de risco de enfermidades e de mortalidade en Europa, e afectan en maior medida os grupos sociais máis pobres. En Europa, os riscos asociados coa dieta son os responsábeis da metade das mortes e das incapacidades provocadas polas enfermidades cardiovasculares. Esas mortes e incapacidades relacionadas coa dieta supoñen na UE 102.000 millóns de euros cada ano. Pola súa banda, as enfermidades crónicas na UE supoñen outros 700.000 millóns de custo anual, e moitas delas están tamén relacionadas con dietas pouco saudabeis. En conclusión Neste contexto tan complexo e cunhas problemáticas tan diversas e relevantes, resulta imprescindíbel ter claro que outro modelo agroalimentario é posíbel baixo a aplicación de racionalidades ligadas á sustentabilidade. Efectivamente, avanzar cara a unha produción e consumo alimentos onde de maneira maioritaria estes sexan producidos localmente, consumidos en tempada e producidos cunhas técnicas respectuosas co medio ambiente é moi necesario hoxe en día desde os puntos de vista ambiental, social e sanitario. Ao noso redor podemos encontrar múltiples exemplos exitosos de agricultura ecolóxica Ao noso redor podemos encontrar múltiples exemplos exitosos de agricultura ecolóxica ou campesiña con efectos positivos moi beneficiosos a nivel ambiental e social, que fomentan a economía local mantendo a biodiversidade e xestionando os recursos propios da contorna. No mesmo senso, nos últimos anos están a aumentar os exemplos de consumo a partir de cadeas curtas de comercialización, onde os consumidores poden adquirir directamente os produtos ás persoas labregas no ámbito local apoiando e fortalecendo modelos agrarios e gandeiros máis sustentabeis. A extensión, multiplicación e o aumento de escala desta clase de iniciativas agroalimentarias positivas resulta de enorme interese para incrementar a nosa soberanía e seguridade alimentarias.
NOS_15116
A falta de materias primas que proveñen de Rusia e Ucraína xa se está a facer notar na economía. Sectores como os de alimentación, automoción, tecnoloxía e enerxía son os principais afectados.
Os sectores de alimentación, automoción, tecnoloxía e enerxía foron os primeiros que se teñen resentido de forma considerábel na súa cadea de subministración mundial polo impacto provocado pola crise en Ucraína, informou a Organización Empresarial de Loxística e Transporte UNO. A alimentación pode verse afectada porque a guerra enfronta dous países relevantes na produción de cereais como trigo, millo, centeo ou cebada, presentes en numerosos produtos comestíbeis, tanto para a nutrición humana como animal. En concreto, Rusia é o primeiro exportador de trigo e Ucraína fornece 35% de todos os cereais que entran á Unión Europea. Doutra parte, ambos os países abastecen de metais que interveñen na fabricación de automóbiles, dispositivos tecnolóxicos e electrodomésticos. Rusia acumula case 10% das reservas mundiais de aluminio, níquel e cobre, e produce 40% de todo o paladio, mentres que Ucraína é provedor de níquel, que se utiliza na produción dos chips electrónicos. Respecto da enerxía, o prezo dos combustíbeis segue aumentando desde hai meses, cun incremento medio do gas natural de 365%. "Os efectos inflacionarios preséntanse como os principais factores económicos iniciais de maior relevancia" que derivan do conflito na Ucraína, segundo Salvador Marín, doutor en Ciencias Económicas. Consecuencias que han impactar na economía europea e, así pois, tamén na galega, como acredita o economista Marcelino Fernández Mallo en conversa con Nós Diario. "A economía europea ten centros moi dependentes de Rusia en campos como o combustíbel e o gas, non tanto así o Estado español e a Galiza, mais todo se verá afectado".
NOS_28348
Aparecem os corpos de três homes irlandeses, enterrados detrás dum pub, e não é uma brincadeira. Os três corpos pertencem á cultura do Vaso Campaniforme, que tivo lugar entre o final do Neolítico, já com emprego do cobre, e o princípio da Idade de Bronze. O Vaso Campaniforme ou Bell Beaker é um recipiente que se empregava para o consumo duma bebida alcóolica, provavelmente um tipo de cerveja ou augamel —pero canto tempo levava ali esse pub?—. São irlandeses de há bastante tempo, os dous mais antigos são de 2.000 ane (antes da nossa era) aproximadamente e o mais recente de cerca de 1.500 ane, o que dá mais de 3.500 anos de antiguidade para o mais recente.
A ilha de Rathlin Rathlin é uma ilha situada na costa da Irlanda do Norte a pouca distância da Escócia. A ilha só tem uns 11 quilómetros de longo e quilómetro e médio de largo. Um dos genomas, do que se obtivo uma sequência bastante complete, mostrava uma herdanza genética substancial procedente da Estepe e de poucas gerações mais atrás o que indica um influxo de população desta origem na Irlanda poucos centos de anos antes. O parecido destes irlandeses da Idade de Bronze é mais forte cos irlandeses, escoceses e galeses modernos e vários marcadores importantes na Irlanda de agora já estavam presentes. Incluindo os da capacidade de digerir a lactasse, os olhos azuis. O grupo R1b do cromossoma Y, e uma variedade característica da enfermidade da hemocromatose. O paper pode-se descarregar aqui. Em conjunto, estes irlandeses da pré-história parecem-se mais do esperado á população actual da Irlanda e isso é um problema com duas variantes. O problema da maioria do ADN O ADN Y é um só cromossoma que procede do avó paterno e por tanto não nos informa sobre o resto dos cromossomas deste avó. E, desde logo, nada sobre a genética dos outros três avós, para isso há que avaliar o resto do genoma. O perfil genético dos corpos de Rathlin encaixa sem problemas coa população irlandesa de agora mesmo. Isto implicaria que a população da Irlanda não recebeu aportes significativos depois da época do vaso campaniforme, e que a população da Irlanda estava já formada há 3.500 anos. O perfil genético dos corpos de Rathlin encaixa sem problemas coa população irlandesa de agora mesmo Isto não seria um problema se não for por que o consenso entre os principais especialistas em línguas célticas era que o gaélico não chegou á Irlanda até a Idade de Ferro, e provavelmente não antes do 300 ane. Um livro recente —do 2013— de J. P. Mallory, considerado o principal especialista em línguas indo-europeias, ainda propõe este cenário como algo evidente. J.P. Mallory: The Origins of the Irish Os corpos de Rathlin praticamente descartam essa hipótese: se a população irlandesa era a mesma que agora há 4.000 anos, mais de 1.000 anos antes de começar a Idade de Ferro, então quem levou o gaélico á Irlanda? Precisamos uma emigração o bastante numerosa como para impor o seu idioma aos nativos e não parece que houvera nenhuma de 3.000 anos para acá. Logo, o gaélico ou uma língua que evoluiu para se converter no gaélico já se falava na Irlanda arredor do 1.500 ane O problema do R1b na Europa Ocidental A princípios deste século, começaram aparecer os primeiros estudos genéticos das linhagens do ADN mitocondrial (as mulheres) e do cromossoma Y (os homes). Os livros de Brian Sykes e Stephen Oppenheimer sobre o povoamento da Europa em geral e das Ilhas em particular oferecem um bom resumo. Entre as linhagens mais destacadas nestes estudos aparecia uma R1b que é maioritaria na Europa Ocidental. Mais do 80% dos homes no País Basco, em Catalunha ou na Irlanda; e mais do 50% dos homes em Europa Ocidental coa exceção de Asturies. As conclusões destes primeiros estudos eram que estas linhagens ao ser as mais abundantes no Ocidente da Europa seriam também as mais antigas. A explicação mais simples era que eram as mais estendidas porque eram as que chegaram primeiro e tiveram mais tempo para povoar a Europa. Mas os primeiros estudos de ADN antigo não acharam rastro desta linhagem, o mais famoso é o caso de Ötzi, o home que apareceu num glaciar, mas há outros muitos estudos menos conhecidos. Até agora a linhagem R1b não aparecia na Europa central e Ocidental até a época do Vaso Campaniforme, co que os homes de Rathlin seriam dos europeus ocidentais mais antigos registrados com esse marcador. A situação não está clara já que só há dous corpos da Europa Ocidental da época paleolítica dos que se conhece a linhagem Y. O de La Braña em Leão e o de Lochsbourg em Luxemburgo. Não se conhecem genomas dessa época na maior parte da Francia nem na Galiza, Portugal, ou as ilhas etc. Por tanto não se pode descartar que essa linhagem já estivesse presente só que ainda não se achou. Se a população irlandesa era a mesma que agora há 4.000 anos, mais de 1.000 anos antes de começar a Idade de Ferro, então quem levou o gaélico á Irlanda? Este estado de opinião vem reflectido no livro de Jean Manco: Ancestral Journeys: The Peopling of Europe from the First Venturers to the Vikings. Há uma web com dados genéticos actualizados aqui e outro livro sobre os celtas que vem dizer praticamente o mesmo no que a genética se refere. O último capítulo deste enredo apareceu em Nature a semana passada. Num estudo, publicado o 2 de Maio, sobre as linhagens dos homes europeus do Paleolítico vem incluído um R1b de há 14.000 anos em Villabruna, Itália e outro de há cerca de 8.000 anos do norte da Península, já do Neolítico, os mais antigos da Europa Ocidental com muito. O artigo é de pago mas pode-se ver um bom resumo, em inglês, aqui. O home de Villabruna andaria pelo 12.000 ane, uns 10.000 anos mais antigo que o primeiro dos corpos de Rathlin. O enterramento de Villabruna A importância destas linhagens deriva de que correspondem com bastante precisão coas linguas Indo-Europeias ocidentais (R1b) e orientais (R1a). As línguas Indo-Europeias mais difíceis de classificar, como por exemplo o grego, correspondem com populações onde se misturar R1a com R1b e com outras linhagens, mas sem que nenhuma dominar claramente. Conclusões Segundo as provas genéticas, os habitantes da Irlanda do período do vaso campaniforme já deviam ser celtas ou proto-celtas. Mas tem uma relação coas estepes que vêm confirmar outra das lendas irlandesas, Que os gaélicos vinheram da Escitia. Um comentário aqui. Na época do mais recente dos corpos de Rathlin há uma cultura descoberta há bem poucos anos: o grupo Vilanova-Atios que coincide bem coa lenda da invasão da Irlanda pelos filhos de Mile Spanne. O grupo Vilanova-Atios Cando a publicação do meu primeiro artigo sobre os celtas, vai alô de dez anos, o marco aceitável era La Tene, sobre o 500 ane e os que propunham uma data entre o 500 e o 1.000 ane eram considerados pouco rigorosos, e dizer que as línguas celtas já tinham que estar formadas ao começar o Bronze Atlântico, sobre o 1.200 ane parecia pura fantasia. A dia de hoje, já se pode propor a época do Vaso Campaniforme, uns 1.000 anos mais atrás. Vai chegando o momento em que não vai quedar mais remédio que tomar em sério, as tradições lendárias; que não é o mesmo que tomá-las ao pé da letra. Tomar em sério mesmo as que estarem recolhidas por monges medievais pouco de fiar, e não falo só das da Irlanda.
NOS_56187
Piden que non se elixa unha nova figura a homenaxear para o vindeiro ano e alargar a el a dedicatoria ao ferrolán.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) pide que se estenda a 2021 o Día das letras Galegas 2020 dedicado a Carvalho Calero. Así o manifesta nunha carta dirixida ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. A RAG decidiu trasladar a outubro os actos de celebración deste ano por mor da pandemia da COVID-19. "Sendo conscientes do esforzo que a RAG fai anualmente para a divulgación do autor ou autora elixido, e as medidas que este ano serán feitas para substituír a celebración dos actos presenciais que normalmente veñen acompañados da implicación de todas as institucións e administracións, así como nos precitados ámbitos: editorial, educativo e de diversos colectivos sociais da cultura e outros, pensamos que sería unha inxustiza histórica que o autor homenaxeado non poida ser achegado á sociedade e aos seus escolares como todo autor e autora mereceron no pasado, dentro dunha maior normalidade social e cultural", afírmase na carta. AELG pide, en consecuencia, que non se designe unha persoa a comemorar en 2021. O que si aponta tamén na carta é que agarda que a persoa elexida para 2022 "sexa unha muller". A Real Academia Galega decidiu pospor até o vindeiro 31 de outubro a celebración oficial do acto das Letras dedicado a Ricardo Carvalho Calero ante a crise que vive o territorio pola situación sanitaria. Varias voces e colectivos están a alzar a voz para pedir, ademáis, que o Ano Carvalho Calero se estenda máis aló de 2020 e que 2021 sexa tamén dedicado á memoria do intelectual e profesor ferrolán. Tanto a federación de asociacións culturais Galiza Cultura como a Associaçom Galega da Língua (AGAL) remitiron cadanseus comunicados -estando o primeiro subscrito pola súa presidenta, Pilar García Negro- na que solicitan que se faga efectiva esta iniciativa para dedicar o próximo ano a celebrar como se merece a figura de Carvalho Calero.
NOS_6534
Após botala fóra por demorar no pagamento dun mes de arrendamento, á propietaria quédalle libre a vivenda, nunha das rúas máis cotizadas da Coruña
Malia que a presión social demorou dous meses o obxectivo, o 'mobbing inmobiliario' ao que foi submetida a anciá da Coruña Aurelia Rey por parte da familia que lle arrandaba o piso saíu finalmente coa súa. Após asinar o contrato de aluguer, fóronlle entregadas as chaves dunha vivenda social adxudicada polo Instituto galego de vivenda e solo, das primeiras opcións (e das únicas) que a Xunta puxo riba da mesa e que a muller desbotara polo desarraigamento social que lle supuña o translado ás aforas da cidade após vivir na mesma casa, no medio e medio da cidade, desde 1979. A mobilización social encabezada pola plataforma Stop-desafiuzamentos arroupou Aurelia desde que se coñeceu que sería expulsa da súa vivenda por demorar no pagamento dun mes de arrendamento até esta quinta feira, cando lle axudaron a carrexar os seus enseres até o novo inmoble. Nunha entrevista en Sermos Galiza, a anciá denunciara xa as precarias condicións en que vivía: "cando cheguei o piso era inservíbel, non servía para vivir nel. Estaba até sen pintar. Aínda non ten nin quecedor da auga", polo que considerou que os 165 euros mensais que pagaba (o mesmo que pagará polo novo inmoble) "eran dabondo". Aluguer de renda antiga Non o pensou así a propietaria, María Pereira, integrante da coñecida e adiñeirada familia Pereira. Segundo denunciaron en reiteradas ocasións desde Stop-desafiuzamentos, a causa probábel para tanto interese en que Aurelia marchara do inmoble é que a muller pagaba en virtude dunha renda antiga case seis veces menos do que a día de hoxe podería custar o aluguer na rúa Padre Feijóo, das máis cotizadas da cidade herculina. Con todo, o avogado da anciá, Antonio Vázquez, está satisfeito co resultado final: "tiñamos unha sentenza de despexo que se estaba a executar. De se levar a cabo, o que tería acontecido sería que o 18 de febreiro dona Aurelia estaría na rúa cos seus bártulos". Foi a presión cidadá a que conseguiu que non fora así, nunha tensa xornada que se saldou cunha polémica carga policial que o Goberno español dixo que non existira; e cun bombeiro convertido en 'heroe' após negarse a cortar a cadea do portal da muller. Inmoble novo, novas relacións sociais Desbotada a única posibilidade que facilitou o Concello, o seu ingreso nunha residencia de persoas idosas, Aurelia Rey vivirá agora nun sexto piso e, en comparación co inmoble que habitaba antes, di que estoutro, máis novo, "é un luxo". Recibiu as chaves esta quinta feira, o mesmo día en que remataba o prazo de dous meses que a familia Pereira lle dera antes de volver activar a orde para o despexo forzoso. A vivenda non ten aínda luz nin auga, mais conta con que o subministro sexa dado de alta de inmediato para se instalar. Ela xa fai plans para se organizar: "primeiro teño que montar a miña cama e despois o comedor. O que non sei é onde porei a máquina de coser".
NOS_24264
De 1967 a 1969, Xosé Estévez foi crego na Fonsagrada. Máis de corenta anos despois regresa ao concello no que impartiu o sacerdocio para presentar o libro "Un crego atípico na Fonsagrada 1967-1969", as súas lembranzas dun tempo que lembra con entusiasmo.
Pouco despois de marchar da Fonsagrada, Xosé Estévez deixaría o sacerdocio para se dedicar a impartir aulas na Universidade de Deusto mais o tempo que pasou na montaña de Lugo deixaría pegada inesquecíbel na súa memoria. Máis de corenta anos despois, Estévez deu cun caderno de apuntes daqueles dous anos e comezou a escribir. Para a súa sorpresa, a escrita nacía lixeira, entusiasta, e de pronto converteuse no relato vital dun tempo que deita no libro "Un crego atípico na Fonsagrada 1967-1969" que presentará o sábado día 19 ás 12 no Museo da Fonsagrada e o día 20 na Casa Museo de Manuel María, un espazo especialmente vinculado ao autor pola súa intensa amizade co poeta e con Saleta Goi, a presidenta da entidade. Na Fonsagrada agárdase o regreso de Xosé Estévez, de quen teñen lembranzas dos seus dous intensos anos de estadía entre a veciñanza. Estes días, o autor recibiu chamadas de reencontro e agarda descubrir en caras máis vellas a aqueles que coñecera cando tiña corenta anos menos. A eles e elas dedícalle, en certa maneira, as súas memorias, compostas por unha primeira parte titulada "A terra e o tempo", na que describe a comarca, os costumes e tradicións. Estévez lembra nestas páxinas as polavías, aquelas noites de inverno nas que se recitaban romances, o magosto, a matanza do porco, a esmelga -quitar o mel- e mesmo as palabras que se escoitan na bisbarra como "soutar" por apañar as castañas ou "pantalois", nesa forma de facer o plural que teñen na Fonsagrada. A solidariedade como lección "Foi unha estadía moi enriquecedora. Sufrín o choque entre a formación que recibías e a vida dos labregos" Na segunda parte, as memorias persoais de Xosé Estévez toman protagonismo, compartindo o encontro cos feligreses, os lugares nos que viviu, o enfrontamento coa rica da parroquia, a resposta diante das misas en galego ou os problemas que tivo por enterrar en sagrado e facerlle un funeral a un suicida. "Tamén a situación dun crego da aldea na cuestión da sexualidade e a afectividade e, en especial, a solidariedade entre os veciños que foi o que máis me chamou a atención, compartir as tarefas do campo e colaborar en proxectos comúns", explica Estévez. Na Fonsagrada, bautizou, enterrou e, en especial, casou a moitos dos veciños e veciñas. "Fixen moitos casamentos, un deles, en Monforte no que Isaac Alonso Estraviz e eu fixemos a cerimonia en galego e alí estaba Manuel María e Lois Diéguez e dera moito que falar", lembra Xosé Estévez daquela xa nacionalista e comprometido coa lingua e os dereitos do país. Dese tempo é tamén a súa visita aos presos de Carabanchel, da que lembra ter feito de "choromiqueiro" co director para aproveitar a súa condición e traspasar os controis da cadea. O crego era, realmente, "atípico" e na súa parroquia de Cuiñas foi onde se imprimiron, nunha vella vietnamita, as volandeiras para o Día da Patria Galega de 1969. Militante nacionalista desde o Seminario Porque Estévez abrazara o nacionalismo de moi novo, xa no Seminario no ano 1965. "Militaba desde aquela e xa botara panfletos nese ano nas festas de Quiroga. Entrei no nacionalismo da man de Manuel María e Saleta Goi, practicamente cando se fundou a UPG. Sempre se di que eran todos ateos e a verdade é que había tamén cregos e seminaristas", comenta o autor que abandonou os hábitos con 24 anos, cando estudaba Filosofía en Madrid. Como se levaba entón esa militancia nacionalista co ambiente do seminario? "Eu estupendamente. Sempre tiven a idea de que o meu labor tiña que ser de tipo social, o espiritual viña nun segundo plano. Era preciso primeiro liberar o corpo para logo liberar a alma. Como contempla a teoloxía da liberación. A verdadeira liberación consiste en sacar á xente das súas miserias físicas". Tampouco lembra de maneira traumática a súa saída de crego. "Dinme conta de que aquel camiño non era o meu e optei por outro", comenta e é esa posición diante da vida a que fai que a súa memoria daqueles anos sexa serena e afectiva. "Foi unha estadía moi enriquecedora. Sufrín o choque entre a formación que recibías e a vida dos labregos que vivían en situación case de miseria. En moitas casas non había nin luz nin auga. Nin había estradas. Lembro que entre todos fixemos unha pista, todo a man, coa solidariedade comunal que tanto me chamaba a atención", sinala Xosé Estévez que quedou marcado polo corazón, a hospitalidade e a ironía sutil da xente de Fonsagrada. "Recibíranme cos brazos abertos. Cando pasaba por unha casa dicíanme que fora "comer o caldo", expresión que empregaban para te convidar a xantar o que houbera. En días de festa, o prato era o butelo", comenta Estévez, dunha das súas moitas lembranzas. Regreso a Fonsagrada e á Casa de Manuel "Militaba desde aquela e xa botara panfletos nese ano nas festas de Quiroga. Entrei no nacionalismo da man de Manuel María e Saleta Goi, practicamente cando se fundou a UPG" "Non atoparedes nas súas letras un eloxio da paisaxe, das terras ou das pedras, senón a súa grande gratitude a unha veciñanza que compartiu con el a vida. Un fermoso retallo que nos amosa como as follas do calendario viven nas das árbores, como a necesidade se transfigura en virtude e cultura e como a vivencia mística dun crego pode ser a máis telúrica das experiencias, pois po somos e ao po habemos de volver", escribe o ex-xuiz da Fonsagrada Luís Villares no limiar do libro, publicado polo Museo da localidade con apoio da delegación de Cultura da Deputación de Lugo. Villares, que residiu moito tempo despois no concello, fala do seu compromiso social e das lembranzas de agarimo, admiración e respecto que de Estévez atopou na Fonsagrada. A presentación do libro será o sábado 19, ás 12 horas, no Museo da Fonsagrada e nela intervirán, ademais do propio autor, o responsábel da área de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, o prologuista Luís Villares e María Xosefa Ortiz en representación do Museo. Para o domingo dia 20 na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei está prevista a participación ademais de Xosé Estévez de Alberte Ansede pola Fundación e Saleta Goi como presidenta. Son os dous espazos de obrigado cumprimento para o autor, a Fonsagrada porque dos veciños e veciñas é a súa memoria e na Casa Museo Manuel María porque foi o poeta o que o "armou cabaleiro nas lides patrióticas, máis que un irmá", que aparece en diversas ocasións nas páxinas do libro, en textos, fotos e poemas. Un deles, o dedicado ao butelo, produto típico da Fonsagrada. Ata a súa xubilación hai un par de anos, o autor foi profesor na Universidade de Deusto e a súa bibliografía conta con vinte libros, sendo coautor dunhas corenta obras, con especial dedicación á historia de Euskal Herria e do Galeusca.
NOS_24666
Máis unha vez, o movemento feminista galego fixo este 25 de novembro unha demostración de forza contra as violencias machistas, presentes en "todos os ámbitos", e fronte a unha "xustiza patriarcal" que "dubida máis da vítima que do agresor".
O 25 de novembro de 1960 foron asasinadas na República Dominicana as irmás Patria, Minerva e María Teresa Mirabal polas forzas ditatoriais de Rafael Trujillo, debido á súa implicación na loita pola democracia, a liberdade e a igualdade. O cruento crime provocou que a ONU declarase esta data en 1999 como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nesta quinta feira, 61 anos após aquel acontecemento, e como vén sendo habitual ao longo da última década, o movemento feminista galego volveu tomar as rúas en sinal de unidade e repulsa contra todas as violencias machistas. As primeiras concentracións decorreron na quenda de mañá nas sete cidades e outras localidades do país da man, por unha banda, da CIG, e por outra, de UXT e CCOO. O discurso destas mobilizacións centrouse en denunciar o acoso no eido laboral, que, segundo un estudo da Unión Europea, en 90% dos casos sofren mulleres. Pola contra, tal e como lembrou na concentración da CIG en Compostela a súa secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro Monteiro, "a inmensa maioría das traballadoras opta por calar por medo a non seren cridas, a represalias e mesmo ao despedimento". No Estado español denúncianse 8% dos casos, fronte a 14,9% da media da UE. Sentada contra o acoso en Políticas (USC) Precisamente para protestar contra o acoso, mais neste caso no ámbito universitario, concentráronse na mañá desta quinta feira decenas de estudantes fronte á Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), convocadas polos colectivos estudantís Xuntas por Políticas e Urxe!. Coreando consignas como "se tocan unha, tócannos a todas" ou "a USC será feminista ou non será", as alumnas e os alumnos realizaron unha sentada a modo de protesta contra o presunto caso de acoso dun estudante de Erasmus a varias compañeiras da carreira e da residencia onde vive; "cando menos 30" mozas afectadas, segundo denunciou Aida Ferreiro, de Xuntas por Políticas, que recibían insistentes mensaxes a través do móbil e mesmo notas baixo as portas das súas habitacións na residencia. Este alumno recibira máis dun cento de denuncias na súa universidade de orixe pola mesma cuestión. A USC activou o protocolo contra o acoso e abriu unha investigación, e onte o decano de Políticas, Ramón Bouzas, celebrou a "reacción do alumnado" e asegurou que este tipo de situacións "son intolerábeis" nunha institución pública que "fomenta a igualdade e o pluralismo". Andaina polas vítimas de violencia machista con enfermidades mentais Contra as 11.30 horas, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, en Cervo, organizou unha andaina reivindicativa que rematou coa lectura dun manifesto fronte ao Concello. Esta entidade rexenta a única casa de acollida para vítimas de violencia machista con problemas de saúde mental da Galiza, inaugurada a finais de 2018, a primeira no Estado español. Ten catro prazas, das que hoxe están ocupadas dúas, e neste centro traballan tamén dúas vítimas de violencia machista. "Unha vítima de violencia de xénero cunha enfermidade mental sofre unha tripla discriminación: por ser muller, pola súa patoloxía e pola dificultade engadida que isto ten para que a crean. Se xa é difícil para unha muller sen ningunha doenza mental... Por iso moitas veces non denuncian, porque pensan que non a crerán, e moitas veces é así", expuxo en declaracións a Nós Diario a directora técnica xeral e de vivenda tutelada para vítimas de violencia machista con enfermidade mental desta asociación e traballadora social, María José Nóvoa. As vítimas que padecen doenzas mentais sofren unha "tripla discriminación" Explicou que marcharon onte por Cervo, portando paraugas morados, porque a sociedade "non pode mirar cara outro lado" fronte a unha problemática social "que afecta todas as mulleres". "Oxalá non tivésemos que conmemorar o 25-N, que para nós é todos os días", dixo, ao tempo que salientou a importancia da educación desde as idades máis temperás: "Teño visto rapaces restaren importancia á violencia machista porque hai máis vítimas mortais en accidentes de tráfico, ou mozas que ven como algo natural que as súas parellas lles controlen o móbil ou con quen quedan, porque o entenden como unha mostra de amor", afirmou. Alén deste evento decorreron outros en sinal de repulsa contra as violencias machistas en concellos como Carballo, Ponteareas, Redondela, Ribeira, Tui ou Verín. Marchas do 25-N contra a "xustiza patriarcal" Pasadas as 20 horas marcharon milleiros de persoas polas rúas da Coruña, Compostela, Ourense e Vigo, e senllas concentracións en Ferrol, Lugo, Pontevedra e outros 25 municipios do país. En Pontevedra, o Colectivo Feminista organizou tamén unha concentración na que realizaron unha performance titulada "a nosa soga é unha toga", en alusión ao "sistema xudicial patriarcal". Na capital galega, unha ateigada praza 8 de marzo daba inicio á manifestación entre berros de "desculpen as molestias, estannos asasinando". Con rostro serio, paso firme e unha unánime condena do machismo a través de diferentes cánticos proseguiu a marcha até a praza de Praterías. O lema das concentracións deste ano, convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres (MMM), foi 'Combater a xustiza patriarcal para acabar coa violencia machista'. "O sistema dubida máis de nós que dos agresores", criticaron as entidades convocantes Ao remate de cada mobilización leuse un manifesto común que lamentou que se "cuestione constantemente" a palabra das vítimas: "Cando por fin reunimos o valor de facer o que se nos recomenda en todas as campañas contra a violencia e denunciamos, topamos cun sistema que dubida de nós, que nos culpabiliza polo noso modo de responder ás agresións, por como vestimos, por como falamos, pola nosa vida sexual, polo noso comportamento afectivo... E obríganos a demostrar como e cando nos agriden sen cuestionar nin un segundo os nosos agresores". Neste senso, o texto convidou a "sinalar os culpábeis de espallar a violencia patriarcal, quer por seren mornos, quer pola súa complicidade, pasividade ou acción directa", ao tempo que censurou que "determinadas institucións" pretendan "instrumentalizar" o discurso feminista. "As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non é efectivo", proseguiu o manifesto. Por todo isto, as manifestantes urxiron, entre outras cuestións, un acompañamento profesionalizado ás vítimas desde o momento da denuncia, solucións económicas "reais" para elas, formación específica para todo o persoal que atende estas mulleres, reforzar os xulgados galegos de violencia machista dotándoos de máis recursos, exixir que o acoso sexual e laboral se tipifique como un caso máis de violencia machista, revalorizar as categorías profesionais vencelladas aos coidados, rematar coa fenda salarial ou ofrecer unha atención sanitaria con perspectiva de xénero.
PRAZA_12529
Os grupos e personalidades individuais adscribíbeis no galeguismo están a vivir un proceso de debate e análise do que podería saír a formulación política do novo proxecto galeguista. Participan deste debate persoas que militaron até hai pouco (noutros casos até hai algún anos) no BNG xunto con outros sen militancia anterior notoria ou mesmo próximos e/ou até de agora integrados noutras forzas políticas estatais. O debate, arestora, deriva nomeadamente en dúas cuestións esenciais: a orgánica e a ideolóxico-programática. É dicir, a determinación da tipoloxía e fasquía da futura organización política galeguista xunto cos alicerces da súa oferta política e programática á sociedade galega.
Os grupos e personalidades individuais adscribíbeis no galeguismo están a vivir un proceso de debate e análise do que podería saír a formulación política do novo proxecto galeguista. Participan deste debate persoas que militaron até hai pouco (noutros casos até hai algún anos) no BNG xunto con outros sen militancia anterior notoria ou mesmo próximos e/ou até de agora integrados noutras forzas políticas estatais. O debate, arestora, deriva nomeadamente en dúas cuestións esenciais: a orgánica e a ideolóxico-programática. É dicir, a determinación da tipoloxía e fasquía da futura organización política galeguista xunto cos alicerces da súa oferta política e programática á sociedade galega. Deixar de considerar ao BNG un referente en negativo. Normalizar as relacións co BNG. É xeralmente coñecido o relativo peso e relevancia que moitos antigos militantes e mesmo antigas correntes do BNG teñen neste proceso de debate, polo que, de primeiras, resulta lóxico en termos psicolóxicos que estas persoas tenten marcar as distancias coa súa pasada militancia e mesmo xustificar as decisións adoptadas nos últimos meses. En non poucos casos mesmo existen tensións anímicas que cómpre ir resolvendo de xeito individual e colectivo. Mais é absolutamente preciso que o novo proxecto nacionalista poida nacer independizado do BNG como referente en positivo e-máis aínda-en negativo. Mais é absolutamente preciso que o novo proxecto nacionalista poida nacer independizado do BNG como referente en positivo e-máis aínda-en negativo. No proceso político da estruturación deste novo galeguismo partillan e partillarán sectores e sensibilidades que nunca militaron no BNG. E, o que é moito máis importante, a oferta política a definir e concretar tería de se afastar tanto do escisionismo como da consideración de que o BNG é o adversario na disputa dos votos. O novo proxecto nacional requiriría dunha nova mensaxe e cultura políticas e dunha anovada praxe para poder ser competitivo na centralidade do espazo social e electoral galego O novo proxecto nacional requiriría dunha nova mensaxe e cultura políticas e dunha anovada praxe para poder ser competitivo na centralidade do espazo social e electoral galego. E, para competir coa abstención, co PP e co PSOE,a sociedade habería advertir a radical novidade do proxecto e o seu afastamento de todos os actuais modelos partidarios. Doutro xeito, o novo galeguismo sería outra vaca no millo, a disputar os votos da esquerda co PSOE e BNG e non pagaría a pena o inxente esforzo que milleiros de persoas están dispostos a desenvolver. Ao tempo, urxiría normalizar as relacións políticas co BNG, para que de hoxe en diante ambos os dous proxectos poidan concorrer con pleno respecto e conciencia da estabilidade e permanencia de ambos os dous Ao tempo, urxiría normalizar as relacións políticas co BNG, para que de hoxe en diante ambos os dous proxectos poidan concorrer con pleno respecto e conciencia da estabilidade e permanencia de ambos os dous. As agresións orgánicas e mediáticas só danan a todos. A transversalidade do novo proxecto. Os axentes deste debate insisten ás veces na pluralidade e existencia de distintas sensibilidades nesta concorrencia galeguista, o que é un feito positivo e evidente. Agora ben, trátase dunha pluralidade creativa e integradora ou existen incompatibilidades na conformación dunha única forza política? Baixo o foco dos acordos programáticos, semella que a transversalidade daríalle largura e densidade social ao proxecto, sen xerar tensións inaturábeis Baixo o foco dos acordos programáticos, semella que a transversalidade daríalle largura e densidade social ao proxecto, sen xerar tensións inaturábeis. Os puntos básicos do programa do novo proxecto nacionalista nos vindeiros anos focalizaríanse na defensa e ampliación do autogoberno, na afirmación política da plurinacionalidade do Estado, na reivindicación dunha Unión Europea federal que mire polos cidadáns e garanta o control dos chamados "mercados", na afirmación dos servizos públicos e do Estado do Benestar como garantías da inclusión e cohesión social , na aposta polo territorio e polo desenvolvemento sostíbel no marco dunha economía social de mercado, na regulación como garantía dos dereitos e intereses das maiorías sociais, na aposta pola extensión da educación e da innovación tecnolóxica, na reforma local e administrativa… Transformar para construír unha Galicia autónoma e estimuladora do emprendemento social e empresarial que regule e corrixe o mercado para garantir unha sanidade, unha educación, uns servizos sociais e un ambiente natural de calidade Transformar para construír unha Galicia autónoma e estimuladora do emprendemento social e empresarial que regule e corrixe o mercado para garantir unha sanidade, unha educación, uns servizos sociais e un ambiente natural de calidade. Máis Galicia, máis Europa e menos España. Democracia de calidade, transparencia e afondamento na garantía real dos dereitos e liberdades públicas. Velaí os vectores unitarios. Importante sería, tamen, transmitir as ideas e solucións galeguistas dun xeito directo, sinxelo e comprensible. E, sobre todo, en positivo. Cumpriría fuxir dos "antis", das mensaxes en negativo, para amosar a capacidade de concibir, construír e axuntar Importante sería, tamen, transmitir as ideas e solucións galeguistas dun xeito directo, sinxelo e comprensible. E, sobre todo, en positivo. Cumpriría fuxir dos "antis", das mensaxes en negativo, para amosar a capacidade de concibir, construír e axuntar. Sería preferíbel definirmos como pacifistas que como antimilitaristas e, tamén, definirmos a prol da defensa dos dereitos dos consumidores e da regulación da libre concorrencia ca definirmos antimonopolistas. Semella que unha tal oferta programática, presentábel polo miúdo con máis acento aquí ou acolá, sería asumíbel por moitísimos galeguistas e, o que é máis importante, por sectores moi variados e relevantes da sociedade galega. A transversalidade, deste xeito, viría garantida pola recondución á unidade de acción programática e de praxe política dunha grande pluralidade de persoas con diferentes sensibilidades que, porén, partillarían un programa e unha acción política comúns. A sociedade require solucións moi actuais e pragmáticas, require moitas veces solucións eclécticas que combinen solvencia técnica e profesional,coñecemento da realidade e pragmatismo alicerzado en valores. Non semella, pois, bo momento histórico para que os dogmatismos arruínen a converxencia. Para aqueles que teimen en definirse en clave ideolóxica, o novo proxecto galeguista habería incluír dende o centro-dereita até a esquerda non dogmática Mais, mesmo para aqueles que teimen en definirse en clave ideolóxica, o novo proxecto galeguista habería incluír dende o centro-dereita até a esquerda non dogmática. É dicir, nin máis nin menos ca as tres sensibilidades fundadoras do Estado do Benestar europeo (democracia cristiá, radicais e liberais-progresistas e socialdemócratas), canda a sensibilidade pacifista, ecoloxista e feminista do movemento verde que abrollou na Europa e na Galicia dende os anos 70 do século pasado. Só as opcións totalitarias, autoritarias, neocom e, en xeral, de dereita conservadora e de esquerda dogmática haberían ficar "extra muros" do novo proxecto. Como,tamén, as sensibilidades abertamente antisistema. A centralidade do novo proxecto. Porque fulcral na nova estruturación do galeguismo político habería ser a súa centralidade, non entendida como centrismo ou neutralidade aséptica, senón como proximidade ás pulsións vitais e á evolución social das maiorías sociais, con nomeada atención aos novos sectores sociais emerxentes. E esta vocación obriga tanto a refugar das políticas que só miran polas elites privilexiadas como a refugar dos reducionismos de clase. O galeguismo só pode ser praxe política de inclusión, cohesión e integración, polo que as visións políticas abeiradas na loita de clases teñen outros lugares onde se desenvolver. O galeguismo só pode ser praxe política de inclusión, cohesión e integración, polo que as visións políticas abeiradas na loita de clases teñen outros lugares onde se desenvolver A transversalidade e pluralidade do novo galeguismo non pode ignorar, porén, onde habería estar o centro das súas políticas, malia que tenten integrar a sensibilidades máis sociais, máis liberais, máis ecoloxistas ou máis alternativas. E este centro de gravidade haberíase alicerzar nas devanditas políticas progresistas, de afirmación dos servizos públicos e sociais, de xestión transformadora, eficiente e transparente, de acollida ao emprendemento empresarial e social, de afirmación e ampliación do noso autogoberno nacional. Xusto as políticas que levaron ao SNP escocés, de ter o 13% dos votos no 1974 a acadar hoxe en día a maioría absoluta no actual Parlamento de Holyrood. Xusto as políticas que levaron ao SNP escocés, de ter o 13% dos votos no 1974 a acadar hoxe en día a maioría absoluta no actual Parlamento de Holyrood Pormos os marcos. Do até aquí dito tírase que a capacidade integradora deste proxecto sería amplísima. E moi potente a súa capacidade de competitividade social e electoral, dirixida aos electores mudábeis, á abstención e voto en branco e nulo e, tamén, ao electorado dos tres grandes partidos, proporcionalmente a cadansúa largura electoral. Velaí que os marcos a pormos haberían ter a flexibilidade de acomodar a base social do novo galeguismo á evolución dunha sociedade moi parella a outras sociedades europeas e, xa que logo, constantemente suxeita a remudas. Estarían de máis os que insistan en privilexiar os intereses das elites sobre as clases medias e as maiorías sociais Mais ten de haber límites á cualidade do novo galeguismo para abranguelo todo. Xa falamos antes dalgúns deles. En xeral,semella que podería participar todo o que acredite no País e na necesidade de políticas transformadoras e equilibradas. E, pola contra, estarían de máis os que insistan en privilexiar os intereses das elites sobre as clases medias e as maiorías sociais e os que non aspiraran á transformación do actual marco institucional, social e económico, senón a súa radical e integral demolición. Organización de adscrición individual. Canto a sua autoorganización, desbotada a fórmula frontista o novo proxecto tería varias alternativas: federación de partidos, coalición ou organización partidaria propia. A solución definitiva haberíase axeitar ás avantaxes e inconvenientes que cada formula presente para garantir a convivencia de todos e a meirande eficiencia institucional e electoral. Mais semella conveniente estudar formulas que posibiliten a disolución efectiva "de iure" e "de facto" de cantos grupos e partidos se integren no Novo Galeguismo para tentar unha organización de adscrición individual como garantía da meirande transparencia e eficiencia democráticas. Sen dúbida as distintas sensibilidades agromaran no futuro de xeito cotián ou recorrente, mais esta estrutura de adscrición persoal permitiría priorizar as pulsións cooperativas sobre as centrifugas e por en relación de igualdade e susceptibilidade de traballar en rede a todos os axentes, asociados e participes no marco dunha organización que habería ser, por forza, moito mais horizontal e participativa ca piramidal e xerárquica. Un proxecto que habería concibirse moi inclusivo e participativo no proceso de análises e recollidas de opinións, moi democrático na adopción das súas decisións e moi executivo e eficaz na real implementación destas. Este novo proxecto fracasaría se non recollese a experiencia das mobilizacións do 15M e se non mantivese e estruturase unha intensísima capilaridade social Conclusión. A institucionalización de Galicia. Este novo proxecto fracasaría se non recollese a experiencia das mobilizacións do 15M e se non mantivese e estruturase unha intensísima capilaridade social. Mais non sería bó que desprezara as posibilidades do marco institucional que é onde, nomeadamente, vai desenvolver a súa acción política. O novo galeguismo habería ser fondamente institucional dende a súa apertura e proximidade sociais e habería tentar facer das Institucións ferramentas participativas, democráticas e eficaces para xerar calidade de vida e benestar publico e social. Os axentes que enfronten o repto de estruturar o Novo Galeguismo desenvolverían un labor difícil, mais apaixonante. E, de moi probábel éxito se fan coexistir os valores de inclusión e cohesión cos de participación e eficacia. Se reconcilian os sectores urbanos e emerxentes coa necesaria potenciación do medio rural e a atención á terceira idade e aos sectores en risco de exclusión. Se saben ser populares sen caer no populacherismo demagóxico.
NOS_18063
A pasada fin de semana, a traiñeira galega do club de remo de Chapela participou na regata da Kontxa, coñecvida como a Olimpiada do Remo. As redondelás deron boa conta do seu potencial e remataron segundas na segunda xornada e sétimas na xeral, o que lles permitiu sumar un novo éxito para o remo galego. Nerea Cerqueira e as súas compañeiras demostraron que non teñen nada que envexar ás remeiras de Euskal Herria.
-Como viviu as dúas xornadas de competición? Do primeiro día recordo o nerviosismo que sentíamos, mais era do bo, porque saiamos de primeiras, sen ningunha referencia, e até que rematou a regata non tiñamos nin idea do resultado nin de se estabamos clasificadas. Estabamos moi nerviosas. Na primeira xornada as cousas non saíron como esperábamos por eses nervios e tamén porque non nos adaptamos a remar a dous, xa que na Galiza o habitual é remar a catro. Na segunda as cousas xa foron moito mellor. As ondas da praia da Concha acompañáronnos e puidemos amosar o noso verdadeiro nivel e a nosa técnica de remada. -Que foi o primeiro que se lles pasou pola cabeza unha vez puideron baixar da traiñeira na segunda xornada? A verdade é que foi un cúmulo de sensacións moi emocionantes. Sobre todo, por ver e sentir a ledicia e o ánimo de toda a xente que se acercara a desfrutar da nosa proba; do noso adestrador e do resto de compañeiras que quedaron en terra. Tamén das nosas seareiras, que nos apoiaron desde o primeiro momento. A verdade é que en Euskal Herria o remo vívese dun xeito moi especial e moi distinto a aquí. Nós estábamos que non collíamos da felicidade e do orgullosas que estábamos. Foi un ano difícil. Durante o verán estivemos até dúas veces confinadas. Na Liga galega non puidemos facelo como nos gustaría. Participar na Kontxa foi o premio de final de tempada. O feito de clasificarnos xa foi un soño. -O seu club caracterízase por unha gran aposta pola canteira. Que cre que é o que caracteriza ao equipo? Levamos practicamente toda a vida remando xuntas, xa que precisamente a maioría de nós somos canteiráns do club. Hai unha mestura de idades e xeracións. Eu teño dezanove anos, e tanto comparto equipo con rapazas de dezaseis como con rapazas de trinta ou corenta. Esa é a nosa principal característica, que vencellamos á experiencia e a técnica coa novidade e a forza. Por iso o noso seguinte obxectivo e intentar manter o bloque que conformamos e o ano que vén afianzar e igualar os éxitos conseguidos neste, mais, se se pode, intentaremos melloralos. -Pensa que as deportistas galegas contan co apoio suficiente por parte das institucións? Penso que, en xeral, o remo está considerado como un deporte minoritario e bastante esquecido. Mais dentro do que é o noso ámbito creo que estamos bastante igualadas con respecto os nosos compañeiros homes. E o mesmo se pode dicir para as seareiras. Penso que non nos podemos queixar da xente que nos vén animar xa que son incríbeis e dano todo por nós. Viñeron até a praia da Kontxa, en Donostia, para vernos e apoiarnos. O que si é certo é que aos homes dáselles habitualmente maior importancia e relevancia e eu penso que as mulleres movemos ao público igual que eles. Algo que si melloraría en canto ao apoio institucional é que deberiamos ter unha maior preparación en canto a normativas e estilos de remada que se empregan en lugares como Euskal Herria, para poder levar aínda máis lonxe o deporte feminino galego. -Vostede pensa que éxitos deportivos como o que obtiveron nesta fin de semana pode chegar a motivar a que outras rapazas máis novas lles tomen como exemplo para o futuro? Penso que non somos realmente conscientes desa situación e a min emocióname pensar que podemos chegar a servir de exemplo a seguir para algunha rapaza. A verdade é que en Chapela contamos cunha canteira moi ampla, e iso fai que sexa aínda máis especial pensar que algunha nena queira seguir os nosos pasos.
NOS_24821
Forman parte do chamamento sonoro a participar nas eleccións e a dirixir o voto a cadansúa ideoloxía. A música que escoitaremos estes días en cidades, vilas e aldeas apunta o sentimento e a razoar de xeito acústico para que @s votantes entendan a mensaxe que transmiten.
A música de campaña é algo máis que música. Hai diferenzas ben claras entre as formacións que se presentan cunha estrutura central en Madrid das cales son propias do país. As primeiras apostan pola produción de encargo realizadas por compositores especializados en música para televisión ou de grandes campañas publicitarias. As segundas cren na música de autor con raigames na terra, entre o folk e a contemporaneidade. A día de hoxe non todas as candidaturas decidiron aínda cal será a súa música de campaña, como é o caso da Alternativa Galega de Esquerda. A xente do BNGA música que identifica ao BNG é a canción "Xente" que abre o cuarto traballo discográfico do grupo Berrogüetto titulado "10.0" con dez temas de celebración do seu décimo aniversario. O album recibiu varios premios como o da Asociación da Crítica Alemá do Disco ao Mellor Disco de World Music en 2007 e foi finalista nos Premios da Música da Academia das Artes e Ciencias da Música como Mellor Álbum en Galego en 2006. A canción escollida está escrita por Guadi Galego e Guillermo Fernández, inspirada nunha letra de Manolo Maseda. PP e marketingO Partido Popular de Galiza contará como noutras ocasións co mesmo himno que empregan en Madrid desde 1989. Conta con 24 versións: piano, violín, sinfónica e mesmo "bakalao". A peza é do asturiano Manuel Pacho, un músico e publicista especializado en melodías corporativas de grandes empresas. Da súa empresa Wiwi Music xurdiron moitas creacións, entre as máis coñecidas están numerosos traballos para uns grandes almacéns e a da propia CEOE. Tamén traballou en bandas sonoras de series de televisión como "Platos Rotos" , "Hermanos de Leche" , "Mis bodas reales" e "Los músicos de Bremen". Unha curiosidade: o concello de Compostela conta desde 2005 cunha obra de Manuel Pacho como música "oficial" que acompaña as mensaxes municipais. Segundo afirmou nunha entrevista realizada hai uns anos unha composición súa por encargo pode ter un custe de entre 10.000 e 30.000 euros. Música de televisión para o PSOEA opción de PSdeG-PSOE é contar coa peza musical que emprega o PSOE a nivel estatal. Realizouna en 1981 un profesional con anos de traballo no mundo da composición, o músico Julio Mengod. O himno que resultou deste fillo e neto de Gardas Civís ten moito do seu medio natural: a televisión. Mengod é funcionario en TVE, onde realizou numerosos traballos para programas como Los Chiripitifláuticos (1966), Más vale prevenir (1979), A vista de pájaro (1989) e Quién sabe dónde (1991). A súa música foi tamén a escollida para celebraro 75º aniversario da D.O. de Cariñena. Tamén dirixiu orquestras en festivais da canción como o de Benidorm e a OTI. Estrea de CXGA música escollida por Compromiso por Galicia (CXG) para estas as súas primeiras eleccións é a do músico, compositor e cantante, Roi Casal, até hai moi pouco membro do grupo Milladoiro e agora cunha carreira en solitario. A peza denomínase "Vai alborexar" e forma parte do seu terceiro traballo discográfico. A voz é de Silvia Ferre e a gaita do seu pai, Nando Casal
NOS_1322
O Festival de Cinema Fantástico de Sitges homenaxea este ano Juan Pinzás, o único cineasta galego recoñecido polo movemento Dogma 95. Aproveitamos para repasar a traxectoria do vigués, cuxa estela reconstrúe o filme Universo Pinzás, de Víctor Olid, que tamén vén de ser presentado no festival.
Cámara en man, localizacións reais, en cor e sen iluminación especial. Aquí e agora, sempre, rexeitando os xéneros e en 35 mm. Tales eran algúns dos "votos de castidade" aos que se atiñan Lars von Trier e Thomas Vinterberg cando estabeleceron o Manifesto Dogma 95, co gallo de purificar a arte cinematográfica. Rexeitaban os efectos especiais e a posprodución, nun intento de lle devoltar o poder ao artista, coas excepcións que irían agretando devagar o movemento. Ao principio, para formar parte do Dogma había que ser recoñecido nunha lista, cando menos até o seu laxo e progresivo esmorecer a partir de 2002. O que non todo o mundo sabe é que o número #22 o ocupa un cineasta galego. Trátase do vigués Juan Pinzás, cuxo filme Era outra vez (2000) abría a triloxía unha triloxía que se completa con Días de voda (2002) e O desenlace (2005). Agora, un documental deixa constancia da orixinal traxectoria deste director galego. Universo Pinzás Víctor Olid (Madrid, 1976) elabora en Universo Pinzás un retrato que explora o particular mundo do cineasta, reconstruído a partir dos testemuños e conversas do propio director coa produtora galega Pilar Sueiro, o escritor Fernando Alonso Barahona e o equipo que leva a cabo a produción. Precisamente, destaca da súa experiencia filmando "a calidade humana de Pinzás e o complicado, ecléctico e fascinante universo cinéfilo que é a súa vida enteira. Pinzás fai, vive e respira cinema". Juan Pinzás é, para Olid, "un dos directores máis singulares e interesantes" que traballou no Estado español. Para alén do único representante do Dogma 95, non se rexe por "academicismos e normas non escritas" e posúe "unha personalidade moi marcada". Esta particular ollada fórxase desde a aprendizaxe dos primeiros filmes en Super-8, facendo eclosión na que sería a súa primeira curtametraxe, Opus I Homo Hominis (1981), que levou a mención especial no Festival Internacional de Cinema Documental e Curtametraxes de Bilbao. En 1982 fundou con Pilar Sueiro, a súa dona, a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films) e máis tarde Atlántico Films, coa que produciría boa parte dos seus filmes. Do Dogma ao documental Era outra vez, definida pola produtora como "unha comedia ácida psicosocial-sexual", narra a historia dun grupo de amigos da facultade de xornalismo que se reencontran transcorridos 10 anos. Aínda que todos parecen ter unha vida perfecta, as tensións son tardan en agromar nun conflito que afonda as raíces nos seus tempos de estudantes. A película contou coa participación de actores hoxe recoñecidos do audiovisual galego, como son Monti Castiñeiras, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi ou Mara Sánchez. "Pinzás fai, vive e respira cinema", afirma Olid Pinzás seguiu esta liña con dous filmes máis, pero a súa produción non se limita ao compromiso cos votos de castidade de Trier e Vinterberg. O seu filme A lenda da doncela trasládanos á Galiza de 1930, nunha trama de fantasía e bruxaría. Esta obra valeulle os premios "Colón de Plata" no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva e mellor filme no Festival de Cine Hispano de Miami (1996), así como mellor guión e mellor fotografía na Semana Internacional de Cine Fantástico de Estepona (2000). Entre outros filmes, realizou posteriormente o documental As imaxes perdidas. A outra mirada (2009), unha viaxe desde Madrid a Galiza, física e na memoria, na procura dunhas imaxes gravadas por el nos anos oitenta. Esta fita, que conta coa presenxa de Paul Naschy e Javier Gurruchaga, serviu de inspiración a Olid para pór en marcha Universo Pinzás. O madrileño define Pinzás con grande admiración: "un cineasta único e rompedor, antiacadémico e transgresor, pero sobre todo, un namorado do cinema" O madrileño define Pinzás con grande admiración: "un cineasta único e rompedor, antiacadémico e transgresor, pero sobre todo, un namorado do cinema". Ademais de director, Olid é escritor e responsábel, xunto a Ferran Herranz, do selo Vial of Delicatessens –dedicado a editar xéneros cinematográficos minoritarios, música, cómic e libros sobre cine–, que produce o documental. Sitges recoñece Pinzás Universo Pinzas estreouse en Sitges o pasado 5 de outubro, dentro da programación do 52 Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. O filme recibiu, en palabras de Olid, unha acollida "cálida e positiva", nun festival que reivindica este ano a figura de Pinzás coa proxección dun dos seus filmes máis recoñecidos: A lenda da doncela, convertida en obra de culto na actualidade. A Asociación Cultura Viva de Madrid xa recoñecera a súa carreira co XVII Premio Nacional de Cinematografía Cultura Viva (2007). Ademais, Pinzás foi nominado ao Goya en 2014 pola fotografía de New York Shadows, que tamén dirixiu, guionizou e protagonizou.
PRAZA_17701
A entrega das Medallas de Galicia facía as veces de celebración oficial do Día Nacional ata que o actual Goberno deu en trasladalo ao día 24 tras o accidente de Angrois. O acto chamado 'A Véspera', en tempos do bipartito, foi o máis semellante á instauración dunha celebración institucional do Día Nacional alén das Medallas dende os tempos da preautonomía
O 25 de xullo de 2012 a Xunta entregou a Medalla de Ouro de Galicia ás familias de tres axentes de policía falecidos nun rescate na Coruña, á Real Academia de Medicina e Cirurxía e mais ao grupo Milladoiro. Aquel acto, que o presidente Feijóo empregou para se gabar de que o seu Goberno estaba a recortar menos ca outros, foi o último que, ata o momento, a Xunta celebrou durante o Día Nacional de Galicia. Ao ano seguinte, en 2013, a entrega das Medallas prevista para o 25 de xullo ficou suspendida por mor do accidente de Angrois. En 2014, no que esta condecoración estivo centrada no accidente malia á oposición das vítimas, o Executivo trasladou o evento ao día 24 e nesa xornada o mantivo ata agora, tamén neste 2018. Así foi como na última media década desapareceu o único acto institucional da Xunta durante o Día Nacional. A entrega das Medallas, aínda que con limitada transcendencia pública por adoitar situarse na tarde do día 25, fixo as veces de celebración oficial na primeira lexislatura de Feijóo, como xa o fixera nos tempos de Fraga e tamén no mandato da coalición de PSdeG e BNG, que ademais instituira o acto d'A Véspera, unha recepción o día 24 a diferentes colectivos cidadáns na agora apenas utilizada residencia oficial de Monte Pío, onde se izaba a bandeira galega para a ocasión. A entrega das Medallas de Galicia facía as veces de celebración oficial do Día Nacional ata que o actual Goberno deu en trasladalo ao día 24 tras o accidente de Angrois A entrega das Medallas no día 24 e unha discreta campaña publicitaria que volve obviar o nome oficial da conmemoración volveron ser neste 2018, daquela, as solitarias accións do Goberno galego co gallo dun Día Nacional no que, cando menos, ten anualmente un recurso á súa disposición que nunca utilizou. Cando, no ano 2010, a Igrexa católica recuperou a titularidade do convento compostelán de San Domingos de Bonaval -fóralle retirada na desamortización de 1835-, que alberga o Panteón de Galegos Ilustres, a Xunta asinou un acordo co Arcebispado de Santiago que lle permite celebrar "determinados actos" no recinto cinco días ao ano. "Unha das datas nas que se reservará expresamente para a súa posible utilización para a celebración de actos institucionais será o 25 de xullo, día de Galicia", dicía un precepto daquel acordo, ata agora nunca utilizado. O acto chamado 'A Véspera', en tempos do bipartito, foi o máis semellante á instauración dunha celebración institucional do Día Nacional alén das Medallas dende os tempos da preautonomía Os devanditos actos d'A Véspera seguen a ser, daquela, o máis semellante á instauración de actos da Xunta polo Día Nacional alén das Medallas dende que o presidente da Xunta preautonómica Antonio Rosón procurase, con escaso éxito, a organización dun acto cívico de contido autonomista polo 25 de xullo. Deste xeito, neste 2018 a presenza pública das principais autoridades galegas limitaranse á ofrenda relixiosa ao Apóstolo na Catedral de Santiago, que presenta o presidente do Parlamento no nome do rei, e mais á tradicional misa en lembranza de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval. Ambos actos son organizados por institucións e entidades distintas da Xunta. Dez anos de conxelación do autogoberno A media década de ausencia do Goberno galego na propia xornada do Día Nacional de Galicia cadra con outro simbólico aniversario para autogoberno do país, o décimo das ata agora últimas transferencias de competencias dende o Executivo central. Foi o en xullo de 2008 cando os correspondentes ministerios do gabinete que presidía José Luis Rodríguez Zapatero fixeron efectivos os acordos para traspasar o antigo Hospital Básico da Defensa, en Ferrol, e mais o Parque das Illas Atlánticas, ademais de competencias en materia de asociacionismo e convalidacións de títulos en ensinanzas non universitarias. Aínda que tras a súa vitoria en 2009 Feijóo asegurou que continuaría a impulsar o autogoberno baseándose no paquete de ata 70 competencias pactadas por todas as forzas parlamentarias, o certo é que ningún deses procesos avanzou. Naquel conxunto de reclamacións incluíase a autoestrada AP-9, cuxo traspaso o Goberno de Rajoy bloqueou no Congreso dos Deputados ata en tres ocasións en apenas ano e medio. O actual Goberno de España, do PSOE, di ter a "porta aberta" a este traspaso, sen polo momento concretar máis.
PRAZA_13212
Estaleiro Editora presenta Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, unha compilación de textos de Antom Santos, José Ángel Brandariz, Miguel Fernández, Francisco Sampedro ou David Rodríguez, que quere ser "un acto de afirmación colectiva e unhaa ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega". Preséntase este sábado 2 en Vigo, na Asociación Cultural Bou Eva.
Estaleiro Editora presenta Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, unha compilación de textos de Antom Santos, José Ángel Brandariz, Miguel Fernández, Francisco Sampedro ou David Rodríguez, que quere ser "un acto de afirmación colectiva e unha ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega". Preséntase este sábado 2 en Vigo, na Asociación Cultural Bou Eva, a partir das oito e media da tarde. Os dez artigos que compoñen o libro correspóndense, na sua maior parte, coas palestras das II Jornadas de Edição independente, organizadas polas editoras Estaleiro e Corsárias no mes de marzo de 2011. Naquelas xornadas, o obxectivo das editoras era atopar alternativas à "xestión da barbarie", contribuíndo á difusión dun pensamento alternativo, crítico coas situacións privación política, cultural e linguística en Galicia. Por uma democracia radical é un libro de denuncia e de reivindicacións sociais e políticas, constitúe non só unha chamada á resistencia, senón que o libro pretende ser, tamén, un acto de afirmación colectiva e unha ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega. Preséntase este sábado 2 en Vigo, na Asociación Cultural Bou Eva, a partir das oito e media da tarde Os dez textos que se atopan no libro son O estado de Exceçom e nós (Antom Santos, Escola Popular Galega), A restrição dos direitos civis na ofensiva ultraliberal (Sandra Garrido, PreSOS), A restrição dos direitos e liberdades no Estado de exceção (Borxa Colmenero Ferreiro), O Estado de exceção como regra de estado (Rui Pereira), A (conflituosa) normalizaçom do Estado de exceçom (José Ángel Brandariz Garcia), Os dereitos da poboación inmigrante na Galiza (Miguel Fernández Blanco, Foro Galego da Inmigración), O coñecemento para a transformación social (Tareixa Ledo Regal, SLG), Três perguntas e uma fotografia a médio prazo para a nossa língua (Valentim R. Fagim, AGAL), Sobre o concepto de proletariado (Francisco Sampedro) e Crise capitalista, hexemonía e futuro da esquerda (David Rodríguez). Constitúe non só unha chamada á resistencia, senón que o libro pretende ser, tamén, un acto de afirmación colectiva e unha ferramenta de pensamento e acción para a sociedade galega En palabras da propia editora, "neste lugar do mundo chamado Galiza existe um contramovimento nacional e global, um cosmopolitismo subalterno, um movimento de resistência contra o deserto. Cada dia som levantados novos diques. Em cada bairro, em cada vila, há dúzias de grupos e são realizadas centos de ações de resistência, de afirmação e de construção de um mundo mais justo, de um mundo melhor para as de abaixo, de uma democracia radical. Este livro é uma pequena amostra dessa força coletiva, onde convivem praxe e teoria". Descarga aquí o libro (.pdf)
NOS_25784
'O domingo 19 a Riazor, coa bandeira galega'.É o chamamento que se está a facer a través das redes sociais para levar ao estadio o símbolo nacional de Galiza como resposta ao acontecido en Valladolid, onde se requisaron as bandeiras galegas con estrela
Valladolid semella que foi a pinga que colmou o vaso da paciencia d@s searei@s de equipos de fútbol galegos, que ao longo da temporada tiveron que aturar en diferentes estadios a requisa das bandeiras nacionalistas que portaban, cando non ameazas, prohibicións de entrar ao campo coa bandeira... En Pucela, esta fin de semana, os seareiros do Depor (como anteriormente os do Celta en, por exemplo, os estadios de Madrid) viron como estes feitos volvían acontecer: Requisa por parte das forzas de seguridade de bandeiras nacionalistas, mesmo con retencións se a persoa se negaba a que lla quitasen. Aliás, advertencias e ameazas a afeccionad@s de que con esa bandeira non se entraba ao estadio... O bandeira nacionalista galega tratada como unha cuestión de seguridade ou un problema de orde pública polas forzas de seguridade e responsábeis dos estadios de fútbol. Unha constante nesta temporada, máis que tamén se ten sofrido nas antriores. Resposta Como resposta, estase a chamar através das redes sociais a acudir este domingo a Riazor coa bandeira galega. A cita é ás 17:00 horas, inicio do encontro co Espanyol. Convídase a ir ao estadio coruñés a animar ao Depor nun partido transcendental portando a bandeira de Galiza. "Logo de a policía requisar a nosa bandeira a varios afeccionados en Valladolid, imos ir ver o domingo ao Depor coa nosa bandeira", apontan nas redes sociais en sitios como facebook.com/PoloDeportivodaCoruna, entre outros.
NOS_15405
Irmandade TV realizou unha das últimas entrevistas a Francisco Carballo. Foi en outono de 2013
Carballo deixou ver o seu enorme maxisterio, e a sua extraordinaria autoridade en materias como a teoloxía e a historia, nunha longa entrevista no programa Caleidoscopio, conducido por Pedro Alonso. Reproducimos a seguir a conversa que nos achega o pensamento de Carballo sobre os asuntos aos que dedicou a súa vida como home de ciencia, historiador, e tamén como persoa comprometida coa causa da liberación nacional e social da Galiza.
PRAZA_2900
Xosé Luís Rivas, 'Mini', obtivo na provincia da Coruña case 20.000 votos máis que NÓS; García Buitrón, senador electo de En Marea, acadou 23.500 menos que a súa formación. O apoio aos candidatos nacionalistas ao Senado supera o recibido pola propia candidatura. Louzán e Rogelio Martínez, a unha dimisión de entrar no Senado e ser aforados
Louzán e Rogelio Martínez, a unha dimisión de entrar no Senado e ser aforados No Senado cambia o conto. As listas abertas, a posibilidade de votar a candidatos de diferentes partidos, o sistema electoral, a baixada da participación, o desinterese por esta institución... Os resultados nas eleccións adoitan deixar curiosas conclusións. A primeira delas que mentres no Congreso o PP acada pouco máis dun terzo dos escanos, na Cámara Alta gozará dunha amplísima maioría absoluta, con 124 dos 208 escanos. O PP obtén 12 dos 16 senadores en Galicia e o PSOE perde a súa representación nas provincias atlánticas, onde entra En Marea con 2 O sistema maioritario -malia a posibilidade de elixir candidatos de forma persoal, máis aló da lista á que pertenzan- adoita outorgar tres dos catro representantes provinciais á forza máis votada. E así foi en Galicia, onde o forte descenso do PP non impide que manteña a mesma representación que hai catro anos. Dos 16 senadores en xogo, os populares obteñen 12. O que cambia é o resto da repartición, onde entra En Marea, acadando dous representantes pola Coruña e Pontevedra, quedando o PSOE cos dous restantes en Lugo e Ourense. En definitiva, ningún senador socialista representará as dúas provincias atlánticas. Ademais, é a primeira vez que algún representante dalgunha forza diferente aos grandes partidos tradicionais consegue un posto no Senado por Galicia nas xerais. Desde 1982, os escanos electivos corresponderon sempre a PP (primeiro AP) e PSOE. Nos comicios de 1977 e 1979 UCD, PSOE e CP acadaran representación. Pero as eleccións ao Senado sempre deixan sorpresas e detalles ben relevantes que as listas pechadas non permiten no resto dos comicios. En Galicia, por exemplo, unhas 53.000 persoas das que acudiron a votar ao Congreso decidiron non facelo á Cámara Alta. E moitos milleiros decidiron repartir os seus votos ou cambiar a súa elección segundo elixisen representantes para unha ou outra institución. 'Mini' obtivo na Coruña case 20.000 votos máis ca NÓS e García Buitrón, 23.500 menos que En Marea Destaca o caso do cabeza de lista ao Senado de NÓS-Candidatura Galega pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, Mini. Con menor participación no territorio nestes comicios á Cámara Alta -uns 23.000 votos menos que á Cámara Baixa-, o candidato nacionalista obtivo case 50.000 votos. Foron 49.940, fronte aos 30.488 que votaron por NÓS na mesma provincia: 19.452 máis. Case 20.000 persoas que, malia non votar polo seu partido, si optaron por darlle o seu voto ao que fora alcalde de Boimorto. Pasa ao revés con José María García Buitrón, senador electo por En Marea que obtivo 153.055 votos na provincia da Coruña. Foron 23.570 menos dos que o espazo de confluencia acadou no mesmo territorio. Iria Otero e Andrés Seoane, outros dos candidatos da candidatura, reduciron en máis de 10.000 sufraxios os obtidos polo cabeza de lista á Cámara Alta. Unha situación semellante, aínda que menos acusada, ocorre na provincia de Pontevedra, onde Alba Cuba, de NÓS, acadou 40.130 votos. 13.734 sufraxios máis que os obtidos pola candidatura nacionalista e tamén cunha menor participación: 16.000 votantes menos. Vanessa Angustia Gómez, senadora electa por En Marea, acadou 136.084 fronte aos 158.824 que obtivo a súa candidatura na mesma provincia. 22.740 sufraxios menos. En Ourense, pola súa banda, o candidato de NÓS ao Senado, Francisco Xabier González Sotelo, obtivo 9.905 votos, preto de 3.300 máis que os obtidos pola súa formación política e cuns 5.000 participantes menos. En Lugo, a tendencia é semellante. Cuns 2.000 votantes menos, a primeira das candidatas de NÓS á Cámara Alta, Rosa Ana Prieto, sumou 4.000 votos máis que a formación á que representaba. 11.246 fronte a 7.208. Ao final, serán senadores e senadoras en representación do PP, Paula Prado, María Aparicio Calzada e José Luis Torres Colomer pola Coruña; Marta Lucio, Miguel Fidalgo e José Crespo por Pontevedra; José Manuel Barreiro, Dámaso López e Sandra Vázquez por Lugo; e Edelmira Barreira, María del Carmen Leyte e Francisco José Fernández por Ourense. Mentres, José Manuel García Buitrón accede ao Senado pola Coruña en representación de En Marea e o mesmo fai María Angustia Gómez por Pontevedra. Luis Manuel García será senador por Lugo en representación do PSOE por Ourense e Ricardo Varela por Lugo.
NOS_12242
O Goberno galego anunciou a posta en marcha un Plan de choque en dependencia para axilizar o sistema, reducir a agarda e crear novas vías preferentes.
O Consello da Xunta comprometeuse a pór en marcha un Plan de choque en dependencia para axilizar o sistema, reducir os tempos de agarda nas valoracións e mais para crear novas vías preferentes para aquelas persoas que padezan patoloxías moi graves, como a ELA. O primeiro obxectivo, dixo esta cuarta feira, 26 de maio, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, é reducir o formulario para solicitar a dependencia. O documento supera actualmente as 26 páxinas e a pretensión é reducilo a menos da metade. Para iso, xunto á solicitude tan só se requirirá presentar o informe médico e o informe social. O chamado PIA, programa individual de atención, é dicir, o formulario coa prestación que precisa cada persoa en función da súa situación, pasará a facerse automaticamente coa solicitude inicial, para deixar así de ter que agardar a que se resolva a concesión do grao de dependencia para tramitalo. O PIA traerá ademais aparellado, de modo automático, unha prestación económica pública e incluirá opcións alternativas ao servizo preferido pola persoa dependente, mentres non haxa praza na súa opción prioritaria. Feixoo tamén anunciou a contratación de equipos de valoración itinerantes para acudir a lugares con maior lista de agarda. Novo plan contra os lumes Por outra banda, o Executivo tamén deu luz verde ao Plan de prevención e defensa contra os lumes forestais (Pladiga) 2021, que contempla a creación dun corpo de investigación de incendios, con 15 profesionais que estudarán os lumes para conseguir "probas" que permitan acusar os responsábeis. "Temos mais de 100 persoas sospeitosas, o problema está en acreditalo", aseverou Feixoo. Segundo o Pladiga incorporaranse dous novos helicópteros, compraranse novas motobombas e renovaranse 11, e aumentaranse as cámaras de vixilancia para cubrir até 70% do territorio galego. Por último, son 35 (sete máis que no Pladiga anterior) as parroquias de alta actividade incendiaria. Noutra orde, o Goberno tamén aprobou a disposición de 14 millóns de euros para facilitar a transformación tecnolóxica e achegar liquidez para realizar investimentos. Os beneficiarios serán pemes do comercio e turismo, así como a industria téxtil, naval, do ocio... Tamén ficou aprobado no Consello o Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, que, en palabras de Feixoo, "permitirá avanzar na transparencia e eficiencia da Administración". Por último, deuse luz verde ao Plan reitor de uso do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Nel estabelécense para as súas case 1.000 hectáreas tres zonificacións diferentes, reservando 56 delas (6%) para uso xeral ao cualificárense de "terreos desnaturalizados", mentres que 565 hectáreas ficarán na zona I, de máxima protección, onde o uso público queda restrinxido a aquelas áreas designadas para paso.
NOS_50984
Os combates no Sáhara Occidental van a máis, case unha semana despois de se romper o acordo de cesamento do fogo e de que a Fronte Polisario declarase a guerra a Marrocos. Rabat continúa a levar a cabo detencións nas cidades ocupadas, ao tempo que segue a negar os choques bélicos, que a propia ONU confirmou.
No Sáhara Occidental ocupado por Marrocos, ao oeste do muro militar, as forzas de seguridade marroquís seguen a asediar as cidades, e os postos de control bloquean todas as estradas. Ademais, varias casas de distintos militantes saharauís foron rexistradas, segundo informa a axencia de noticias ECS Saharaui. Desde a pasada sexta feira, todas as noites centos de manifestantes toman as rúas das cidades ocupadas de El Aaiún e Dakhla. As persoas concentradas berran e ondean bandeiras da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), coreando "Sáhara Occidental libre". Longos convois de automóbiles uníronse tocando as bucinas, e producíronse enfrontamentos coas forzas de seguridade marroquís que intentaron dispersar as concentracións. No distrito dos Bloques Vermellos, os manifestantes lograron fechar completamente as rúas, bloqueando así o acceso ás forzas ocupantes. Alí reuníronse para continuar as protestas até que os reforzos marroquís lograron desmantelar os bloqueos improvisados ao longo das estradas. As persoas concentradas foron despois escorrentadas por escuadróns de motociclistas, patrullas de Policía e forzas auxiliares. Como resultado, 25 mozos saharauís foron arrestados tras as manifestacións. Están illados en confinamento e non poden recibir visitas. Segundo varios relatos, axentes marroquís enmascarados ou vestidos de civís, mesturados coa multitude, encárganse de filmar os activistas, que despois son perseguidos e arrestados. No barrio de Oum Tounsi, cuxos habitantes son os saharauís que foron obrigados a abandonar a súa vila de Bir Anzaran, a 150 km ao leste de Dakhla, as mulleres saíron en masa, berrando contra a ocupación marroquí e en apoio ao seu Exército de Liberación. "Queremos volver á nosa vila, vivir alí libres e sen preocupacións, baixo a bandeira da República Saharauí. E tamén desexamos elixir a nosa forma de vida sen ter que ter medo", declarou un dos manifestantes. Tamén, desde o 15 de novembro, observáronse longas columnas de reforzos militares marroquís en El Aaiún, Tan-Tan, Dakhla e Smara. En Boujdour, informouse de catro cidadáns saharauís detidos na segunda feira. Secuestros E en Amgala, segundo outra fonte, os servizos de seguridade que acompañaban os vehículos militares que pasaban polo centro da cidade tentaron secuestrar un cidadán saharauí que usaba o teléfono móbil mentres estaba a pasar o operativo motorizado polo centro da cidade. O réxime de ocupación marroquí segue mobilizando as súas forzas cara aos cuarteis e bases situadas ao longo do muro da vergoña, ao tempo que encobre as condicións dos seus soldados desde o 13 de novembro ─tras se rachar o acordo de cesamento do fogo─, xa que o Ministerio de Defensa saharauí confirmou que as forzas de ocupación marroquís sufriran baixas materiais e humanas logo das operacións lanzadas polo Exército saharauí ao longo do muro. A Axencia Marroquí de Noticias (MAP) confirmou nunha noticia ─posteriormente borrada─ que as forzas militares de Marrocos foran obxecto de ataques en varios puntos do muro. Non obstante, as autoridades continúan a ocultar as perdas humanas, malia as queixas das familias que perderon os seus soldados nestes últimos días. A ONU certifica ataques A ONU dixo que certificara ataques intensos nas localidades de Smara e Auserd, centro e sur do Sáhara Occidental respectivamente, segundo o portavoz do secretario xeral das Nacións Unidas, Stéphane Dujarric. Dujarric ademais asegurou que a ONU está comprometida coa paz no Sáhara Occidental, e que aínda non é demasiado tarde para actuar, volver á vía diplomática e reiniciar as negociacións entre as dúas partes en conflito, a Fronte Polisario e Marrocos. As declaracións prodúcense nun momento en que non hai tregua na loita armada. Segundo ECS Saharaui, onte houbo serios enfrontamentos entre o Exército de Liberación Saharauí e as forzas de ocupación marroquís, que disputaron violentas batallas ao longo do muro militar construído por Marrocos en oito zonas.
NOS_42191
O movemento cidadán tentará levar o ex ministro de Economía, ex vicepresidente do Goberno, ex director do Fondo Monetario Internacional e ex presidente de Caixa Madrid a Bankia perante a xustiza.
Co suxestivo nome de Plan 15MpaRato, o movemento cidadán do 15-M vai investigar para levar a xuízo o protagonista da última desfeita bancaria no Estado español, Rodrigo Rato. Segundo informou Juan Luís Sánchez no blogue Zona Crítica de eldiario.es, os colectivos Platafoma de Afectados por Hipoteca, Democracia Real Ya, colectivo cultural Xnet ou a Plataforma Auditoría Ciudadana de la Deuda presentarán unha demanda por estafa despois de realizar unha investigación. A nova iniciativa vai ser a primeira do 15-M que ataque directamente un responsábel político e económico Catro fasesO plan de 15MpaRato terá catro fases previstas: solicitar información colectivamente, contrastala profesionalmente, darlle difusión pública e levala perante a xustiza. A nova iniciativa vai ser a primeira que ataque directamente un responsábel político e económico e polo que semella non vai ser a última. Para levar adiante a investigación aproveitan, segundo Juan Luís Sánchez, a colaboración de Minileaks, unha plataforma que funciona como caixa de correo de denuncias cidadás. Ademais contan xa con avogad@s e expert@s financeir@s. (O debuxo é de agitacion.org)
NOS_22419
Unha ducia de colectivos e organizacións galegas do ámbito social impulsan unha campaña para reclamar a posta en marcha dunha renda básica que, fronte a instrumentos como a Risga, sexa capaz de prover dunhas mínimas condicións materiais que garantan unha vida digna, para afrontar as consecuencias socioeconómicas que a crise sanitaria está a traer en forma de despedimentos, ERTE e máis precariedade.
O Foro Galego de Inmigración, a Oficina Dereitos Sociais de Coia, os Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galiza, a ONGD Viraventos, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociaisa,Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, a Coordinadora de Crentes Galeg@s, a asociación Fuco Buxán e Vangarda Obreira da Coruña son as entidades detrás desta iniciativa, que se presenta baixo o lema: "Nin Risga nin ingreso mínimo vital, renda básica xa!". Todas elas sinalan que, malia os anuncios de medidas por parte do Goberno central, polo momento non existe un ingreso mínimo vital garantido, polo que urxen a implantación da renda básica como un novo dereito suficiente, universal e incondicional. Na súa reclamación, subliñan que este instrumento deberá contar cunha contía que permita vivir cuns mínimos de dignidade, desde os que poder conquistar colectivamente outros dereitos. Como argumentan, ferramentas como a Risga "non serve para erradicar a pobreza, nin antes da crise da COVID-19, nin moito menos cara ao futuro", dada a súa "contía miserenta" --cun importe medio de 439 euros en 2019, segundo apuntan-- e "escasa cobertura" --as entidades promotoras sinalan que a prestación beneficia unhas 10.000 persoas, cando entidades como Cáritas cifran en 226.964 as que están en situación de exclusión severa--, así como polas dificultades burocráticas que supón a súa tramitación. "Exiximos superar as políticas sociais vixentes e apostar dunha vez por dereitos fortes que estean dotados do persoal e dos recursos necesarios", demandan as entidades impulsoras da campaña, que lembran as conclusións do relator sobre extrema pobreza e dereitos humanos da ONU, Philip Alston, tras a súa visita, quen denunciou as trabas burocráticas para acceder a unha prestación.
PRAZA_18465
O vindeiro sábado preséntase en Compostela a asociación Xornalistas Galegas, nun acto que abrirán Margarita Ledo e Rosa Cobo. Demandan cambios a nivel laboral e tamén nos contidos publicados nos medios de comunicación, camiñando cara a un xornalismo feminista
O pasado 8 de marzo as xornalistas foron un dos colectivos que de forma máis unánime apoiaron a folga feminista. Un manifesto inicial deu lugar a un movemento que destacaba a dobre motivación destas profesionais para apoiar a mobilización: por unha banda as mesmas problemáticas laborais que se viven noutros sectores (problemas de conciliación, teitos de cristal...) e, ademais, a existencia de contidos machistas nos medios ou a falta de mulleres entrevistadas ou asinando artigos de opinión. O 8M as xornalistas pararon e tamén pararon os medios de comunicación. Meses máis tarde constituíuse o colectivo Xornalistas Galegas, que nacía "para integrar a perspectiva feminista no xornalismo". Este sábado terá lugar a presentación oficial desta asociación. Será ás 11 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago, nun acto que abrirán Margarita Ledo, catedrática da USC, e Rosa Cobo, profesora de Socioloxía de Xénero na UDC. A continuación terá lugar unha mesa redonda na que seis mulleres destacadas nos seus ámbitos profesionais responderán á pregunta: Por que é necesario un xornalismo feminista? Trátase da xuíza Paz Filgueira, a investigadora biomédica Joana Magalhães, a profesora de Dereito Alba Nogueira, a socióloga Silvia Pérez Freire, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro e a xogadora de rugby Elena Roca. "Queremos poñer ao servizo de redactores e redactoras dos medios ferramentas para desenvolver un xornalismo feminista" "Como mulleres padecemos o machismo do mesmo xeito que todas as nosas iguais e como xornalistas estamos suxeitas a unhas condicións profesionais e laborais específicas que perpetúan a desigualdade de xénero dun xeito que consideramos inasumible", destacaba o manifesto Por un xornalismo feminista lanzado o pasado mes de xullo, que denunciaba en primeiro lugar "a precariedade laboral, a fenda salarial, o teito de cristal, o chan pegañento, o ninguneo ou o paternalismo". Nese senso Alba Taladrid, unha das voceiras da entidade, destaca especialmente ese concepto do chan pegañento, que está na base da fenda salarial existente na profesión: "Nós mesmas quedamos fixadas neses niveis máis baixos precisamente para poder asumir outras funcións que nos son asignadas como mulleres: maternidades e outros coidados". Por iso, dende o colectivo faise especial fincapé na necesidade de mellorar as fórmulas de conciliación "nun sector no que é especialmente complicado para a conciliación" e cuxas consecuencias negativas acaban sufrindo sobre todo as mulleres. Ademais, reclámase un incremento da presenza das mulleres nos postos de responsabilidade das empresas de comunicación e rematar coas "temáticas femininas" e cos "estigmas laborais de xénero", polos que en ocasións determinadas seccións teñen menor presenza feminina. A entidade está a traballar nunha axenda de mulleres destacadas nos seus respectivos ámbitos e que poden estar dispoñibles de maneira rápida para unha entrevista ou para publicar un texto de opinión O manifesto que deu inicio a Xornalistas Galegas incidía tamén en aspectos puramente xornalísticos, relacionados cos contidos publicados polos medios, a visibilidade das mulleres ou a forma de abordar problemática coma a violencia de xénero. "Queremos visibilizar á muller nos medios de comunicación, como especialistas, opinadoras e expertas en diferentes ámbitos, equiparando a súa presenza coa masculina", destacaba. Un obxectivo para o que a entidade está a traballar nunha axenda de mulleres destacadas nos seus respectivos ámbitos e que poden estar dispoñibles de maneira rápida para unha entrevista ou para publicar un texto de opinión. A asociación quere tamén levar a cabo unha "vixilancia feminista" dos contidos dos medios, denunciando de forma pública as publicacións machistas ou sexistas. Para iso, búscase poñer en marcha a medio prazo un Observatorio Feminista dos Medios, en colaboración coas universidades galegas. Esta vixilancia incidirá en todos os temas, pero de forma moi destacada nas violencias machistas. "Esiximos un tratamento especializado da violencia de xénero, fomentando a formación deontolóxica e as perspectivas feministas nos editores de contidos. Queremos acabar con esta tendencia que temos as mulleres de morrer a mans de xente que nos mata", destaca Alba Taladrid, que subliña que "para nós, máis que a denuncia o fundamental é a formación". "Queremos poñer ao servizo de redactores e redactoras dos medios ferramentas para desenvolver un xornalismo feminista", di. "Formamos parte dun sector cunha gran capacidade para xerar opinión. Podemos ser protagonistas desta revolución, porque esta revolución necesítanos como colectivo, porque podemos contribuír de maneira fundamental" Xornalistas Galegas funcionará en rede, de forma horizontal e a través de cinco grupos de traballo: laboral, profesional, organización, finanzas e un grupo de conexión co 8M e o movemento feminista. "Para nós é fundamental estar en contacto directo con entidades feministas e con mulleres organizadas noutros ámbitos", explica Taladrid. Neste senso, a mención á mobilización do pasado 8 de marzo é clave. "Ese día naceu un pouco todo isto. O 8M démonos conta da forza que tiñamos as xornalistas cando participamos nun movemento deste tipo, non a título individual, senón de maneira colectiva, identificadas como xornalistas", comenta. "Cando somos vítimas e á vez cómplices dun problema tamén temos que poñer o foco en nós", engade. As xornalistas galegas son conscientes do papel clave que xogan os medios de comunicación para a conformación da opinión pública e para dar visibilidade (ou silenciar) a actividade das mulleres. "Formamos parte dun sector cunha gran capacidade para xerar opinión. Temos que aproveitalo", destaca Alba Taladrid. "Podemos ser protagonistas desta revolución, porque esta revolución necesítanos como colectivo, porque podemos contribuír de maneira fundamental", conclúe. Acto das xornalistas da Coruña o 8M ante a estatua de Pardo Bazán | CC BY-SA | Praza Pública Web de Xornalistas Galegas
NOS_14188
Activistas e cargos do BNG, entre os que se atopaba a deputada Olalla Rodil, despregaron esta sexta feira unha faixa perante a sede da Real Academia Española en Madrid en que esixían "respecto" polo galego e unha desculpa pública pola deturpación da toponimia.
"Denunciamos a pertinaz actitude de desleixo e falta de respecto da Real Academia Española cara a Lei de Normalización Lingüística aprobada hai 35 anos por unanimidade no Parlamento galego e cara ao idioma do país", afirma a organización nacionalista nun comunicado, que ademais rexistrou un escrito de protesta na institución en Madrid. "A Academia española leva vulnerando esa lei desde hai moito tempo. A mostra máis recente foi nas súas redes sociais", sinalou a deputada Olalla Rodil, "e o Bloque non está disposto a deixar pasar por alto unha soa falta de respecto más ao país e ao noso idioma. Pedimos que se cumpra a lei". Segundo o artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística, a única forma legal e oficial da toponimia do país é en galego. "Na Real Academia Española son sabedores das normas que rexen", expuxo Rodil, que lembrou que a institución está agora dirixida por un galego, Darío Villanueva. A parlamentaria do BNG cualificou de "despropósito" os argumentos emitidos pola Real Academia Española polos que usos como sangengo, orense ou rianjo serían traducións. "A toponimia só ten unha forma orixinal e xenuína que é en galego", insistiu.
NOS_54711
As entidades censuran que se permita a mobilidade malia as restricións existentes para a maioría da poboación.
O que para entidades como a Asociación Agraria da Galiza ou a Federación Galega de Caza é un recoñecemento xusto resulta para os colectivos ecoloxistas galegos unha nova concesión a un "lobby" ben atendido pola Xunta. Seguindo este criterio, a decisión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de excluír das restricións de mobilidade e reunión a actividade cinexética respecto do xabarín e o lobo, como "esencial" en plena pandemia representa un "privilexio" a un sector "que pode supor un "duplo risco", tanto polos perigos inherentes do uso de armas como, neste caso, polo contexto sanitario. Así o sinalan desde a asociación ecoloxista Adega, que pon como exemplo os contaxios detectados hai unha semana en Sarria, vinculados unha comida de cazadores, e que ve "totalmente irresponsábel que só por dar compracencia a determinados colectivos sociais se estean a fomentar por parte da Administración prácticas de risco que potencien o aumento dos contaxios". Segundo valora a súa secretaria executiva, Belén Rodríguez, esa permisibidade "nin é xusta nin entendíbel", nun momento no que se lle está a pedir "á maioría de sectores económicos e sociais un esforzo extraordinario". "Nin cremos que esta actividade sexa esencial nun momento de excepcionalidade como o que estamos a atravesar nin consideramos que a Xunta se apoie en argumentos técnicos", censura. Na súa última circular, do pasado día 20, a Dirección Xeral explica a decisión polo "incremento" da poboación do xabarín, que vincula con "cambios de uso no medio e ás características ecolóxicas da especie", que podería chegar a duplicarse en 2025, segundo aduce. Isto leva a excluír das limitacións implantadas pola Xunta en 69 concellos por mor da incidencia epidemiolóxica as accións de caza sobre o xabaril, de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor e as accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou a gandería ocasionados por xabaríns e lobos, así como as que sexan consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico, entendéndoas todas como "medidas de control adecuadas". Trátase, a ollos do voceiro de Ecoloxistas en Acción Alberto Rivero, dunha estratexiacde "busca de votos sustentada nunha proposta de xestión do ecosistema que non ten base científica". "É unha cuestión claramente política en apoio da Federación Galega de Caza, que tamén se pode ver tamén nas subvencións ou no feito de que o permiso fose, nun primeiro momento, só para persoas federadas, malia non ser un requisito imprescindíbel", estima, e observa que, se ben foi o partido de ultradereita Vox quen levou ao Congreso a petición de darlle consideración de esencial á caza, Gobernos territoriais de todas as cores, desde o vasco ao catalán, o asturiano, o andaluz ou o estremeño posicionáronse igual que o galego. Tamén para a asociación animalista Libera, a da Xunta é "a enésima cesión ao lobby pro caza", sen que exista ningún informe que avale o desprazamento libre dos cazadores. A "contradición" de permitir a caza do depredador do xabarín Adega e Ecoloxistas en Acción concordan ao cualificar de "contraditoria" e "incoherente" a decisión da Xunta de permitir tamén a batida de lobo, "depredador natural do xabarín". O aumento da poboación de xabarín é un dos argumentos que se esgrimen para xustificar a permisividade da caza malia as restricións, e esta maior densidade achácase, entre outros motivos, á "falta de depredadores". Como lembran desde Adega, as autorizacións de controis do lobo deben cumprir, en situacións ordinarias, cun procedemento de constatación na recorrencia nos ataques e demostración de que as medidas preventivas terían sido infrutuosas. "De aplicarse con rigor o procedemento, as autorizacións de caza do lobo resultarían moi excepcionais, ou non as habería", estima.
PRAZA_70
Mantén conxelada un ano máis a dotación para promover a lingua nos centros, que descendeu en máis dun 62% e en medio millón de euros en catro anos. "Os cartos só son a punta do iceberg, o resultado dunha estratexia de desmotivación e desleixo", din os equipos de normalización.
Entre recortes, axustes e austeridade, a lingua galega adoita ser do máis prexudicado. Se nos Orzamentos para este ano 2015 os fondos destinados á promoción da lingua galega quedaron en 6,7 millóns de euros -un 70% menos cós do último goberno bipartito e a un nivel moi inferior incluso ao dos executivos de Manuel Fraga- as axudas ao fomento do uso do idioma propio no ensino manteñen a tendencia. Os fondos para o fomento do galego nos centros públicos queda en 300.000 euros, medio millón menos que hai catro anos A orde do 30 de decembro de 2014 publicada o pasado venres no DOG pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego para este curso non deixa lugar a dúbidas. Así, as axudas destinadas aos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros públicos quedan de novo nos 300.000 euros, a mesma cantidade que nos dous cursos anteriores, 50.000 euros máis que no 2011-12 e medio millón menos que hai catro anos. Desde aquel curso 2010-11, e en comparación co actual, os fondos destinados ao fomento do galego na escola descenderon nun 62,5%, polo que máis de seis de cada dez euros foron suprimidos. E isto, xusto cando as estatísticas insisten na precaria situación da lingua entre os máis novos e na continua e dramática perda de falantes entre os menores de quince anos. Os fondos destinados nos catro últimos cursos é inferior ao total dos dous cursos anteriores Xa que logo, os fondos destinados á promoción do galego nos centros públicos de Galicia nos catro últimos cursos quedou en pouco máis de 1,4 millóns de euros, menos cantidade da que se dedicara en tan só dous cursos, desde o 2009 e ata o 2011. A situación non é moito mellor nos centros de ensino privado, aínda que o descenso é menor -dun 55,4%- desde o curso 2010-11 e a pesar de que houbo un lixeiro aumento da partida a partir de 2012. Aínda así, os 78.000 euros que se destinaban aos equipos de normalización destes centros hai cinco anos quedaron agora en 22.600, bastante menos da terceira parte. CIG-Ensino reparou nos datos e destaca que a Xunta insiste neste recorte "xusto no mesmo curso escolar en que os datos do IGE sinalan a perda de falantes, poñendo o acento nas xeracións máis novas sobre as que se conclúe que nas súas tres cuartas partes nunca falan en galego". Ademais, reclama de novo que a convocatoria de axudas se realice no inicio do curso, algo no que a Consellería non recúa, o que fai "inviable" que algunha actividade normalizadora se poida realizar no primeiro trimestre. Esta queixa é compartida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), que vai moito máis aló. "Non é só a cuestión económica; os cartos son a punta do iceberg, a consecuencia dunha estratexia planificada para a anulación do traballo dos equipos de normalización", di Miguel Louzao, voceiro do colectivo, que censura o "desleixo total e continuado" que a Xunta ten sobre a situación do galego no ensino. "Os cartos só son a punto do iceberg, a consecuencia dunha estratexia para anular o traballo dos equipos de normalización" "Dálles igual o que se faga e non lles preocupa nada; é un abandono xeralizado dos equipos de normalización e dos profesores que tanto esforzo e ilusión lle dedican", insiste, tras lembrar que "antes había unha coordinación e interese polo labor que se facía", pero que agora "nin tan sequera as convocatorias de axudas se fan en tempo e forma". "O seu obxectivo é adormecernos", denuncia a CGENDL, que destaca que "o desánimo vaise transmitindo". "Van limando e desmotivando a comunidade educativa; inflúen nos que están máis motivados, que non sofren máis que atrancos, pero tamén moito nos que xa non están tan comprometidos e aos que non se lles exixe nada", finaliza Louzao, que insiste na "estratexia calculada" da Consellería de Educación neste desleixo.
NOS_8905
O coordenador de Anova mostrouse satisfeito porque entende que os resultados do domingo, coa escolla de Lidia Senra, reforzan o que cualifica de "Internacional dos pobos agredidos".
Anova descendeu a respeito dos resultados das eleccións galegas de 2012, tal e como subliñaron os críticos, mas mantivo a terceira posición na Galiza e conseguiu sen problemas a elección da súa candidata Lidia Senra como nova eurodeputada. Inquirido pola emerxencia de Podemos, que da nada deveu na cuarta forza política máis votada, Martiño Noriega entendeuna como unha oportunidade para continuar traballando no que cualifica como "concentración parcelaria da esquerda". O dirixente de Anova expresou a súa satisfacción pola aterraxe de Lidia Senra en Bruxelas, un feito que, entende, reforza o que chamou "Internacional dos pobos agredidos".
NOS_27763
O clima condiciona dunha forma determinante cada viño e o seu resultado na copa, na cata. O carácter atlántico de Galiza moldea a personalidade dos nosos viños. A variedade interior de mesoclimas no noso territorio provoca grandes diferenzas entre os viños dunhas comarcas e doutras. Ademais, cada viña non ten exactamente a mesma climatoloxía dun ano a outro. O factor climático será decisivo na proba do viño, na súa fase final, e comprendelo pódenos axudar a identificar a orixe ou a facer unha elección.
Xa mencionamos algúns dos factores destacados que afectaron negativamente á produción vitivinícola galega, en parte comúns á inmensa maioría dos viñedos europeos, e que nos sumiron nunha crise de fidelidade aos nosos viños entre o século XIX e o XX, con maiores dificultades de recuperación no noso caso. Entre eses factores negativos non está o clima, aínda que ás veces esta idea paire entre as crenzas populares. O contratempo histórico ao que nos referimos foi aproveitado para unha estratexia comercial intensa con décadas de introdución de viños foráneos, especialmente tintos por seren máis consumidos, que tamén fomentou a difusión de "mitos urbanos". Como veremos, en realidade a Galiza está localizada nunha área europea privilexiada para a produción de viños de alta calidade. A procedencia mediterránea da vide e do desenvolvemento do seu cultivo converte este macroclima no seu berce natural, o espazo de comodidade onde logra unha rápida e completa maduración sen dificultade. Nos territorios mediterráneos europeos existen en efecto importantes zonas vitícolas con grandes viños, mais non é así na Europa atlántica? Se observamos o mapa do continente veremos que a Galiza comparte macroclima templado oceánico, atlanticidade, con algunhas das zonas produtoras dos viños máis prestixiosos do mundo: Burdeos, Borgoña, Champagne, Mosel (orixe de moitos riesling alemáns)… Desde os anos 70 produciuse unha valoración dos climas frescos no mundo do viño que chegou a alterar completamente as tendencias internacionais. Galiza comparte atlanticidade con algunhas das zonas europeas produtoras dos viños máis prestixiosos do mundo Esencialmente, as condicións climatolóxicas difíciles para a vide destas zonas, con máis choiva e temperaturas máis baixas, levan a unha maduración lenta das uvas. Esta maduración lenta deriva en maior facilidade para a conservación da acidez natural (con efectos positivos sobre o potencial de garda e crianza dos viños), das sensacións de frescura, e da sutilidade e delicadeza dos aromas. A combinación de clima difícil (maduración lenta) e anadas boas (maduración completa) semella ser unha fórmula de éxito para a consecución de grandes botellas en anos favorábeis. Velaquí unha explicación para que boa parte das zonas europeas afamadas sexan atlantizadas. O sabor do clima e do tempo A incidencia que ten o clima na actividade da planta trasládase directamente ás percepcións gustativas. É un dos condicionantes máis evidentes das diferenzas entre viños de distintas zonas, e por tanto dos máis interesantes a considerar á hora de aprender a catar. O clima ten a capacidade de facer que dous viños da mesma zona diferentes entre si tendan a parecerse. Ao mesmo tempo, as diferenzas entre viños da mesma zona e características similares moitas veces explícanse maioritariamente pola diferenza de microclimas entre viñas. O clima ten a capacidade de facer que dous viños da mesma zona, diferentes entre si, tendan a parecerse. Ao mesmo tempo, as diferenzas entre viños da mesma zona e características similares moitas veces explícanse maioritariamente pola diferenza de microclimas entre viñas Lembrades a nosa instantánea do terroir? Solo, clima, variedades e factor humano. O clima é o que escapa totalmente á nosa vontade, ao noso control, ás nosas posibilidades de intervención e manipulación. O que impide que a elaboración de viño se poida converter nunha actividade humana de produción mecánica e milimetricamente regrada. É quen fai sofrir a viticultoras e viticultores, e quen lles outorga distinción. O clima é tamén o único elemento dos catro que non podemos manter invariábel dun ano a outro. Unha viña co mesmo solo e variedades de uva dun ano para outro, á que apliquemos as mesmas prácticas viticulturais e a mesma vinificación os dous anos, padecerá cada ano variacións de temperatura, horas de sol, choiva, períodos de seca, humidade, ventos, episodios extremos como xeadas ou sarabias, etc. Aquí aparece o coñecido como factor anada: as inevitábeis diferenzas que debera ter o mesmo viño, a mesma marca en realidade, entre uns anos e outros. A anada refléxase normalmente nas etiquetas dos viños e fai referencia ao ano da vendima das uvas coas que se elaborou esa botella. Unha marca habitualmente mantén unha liña identificábel co paso do tempo, anada tras anada, que o fai recoñecíbel e valorado para as persoas consumidoras. Mais ser "todos os anos igual" para un viño non é tanto unha virtude como a evidencia dunha intervención enolóxica correctora do factor anada, como mínimo. Do mesmo modo non é mellor anada a última, senón a novos de vocación máis "instantánea" de consumo. As condicións de clima e tempo (condicións meteorolóxicas nun momento concreto) deixan a súa pegada na maduración da uva, proceso decisivo para o viño no que incidiremos en distintos momentos. A uva madura en verán con sol e calor, antes ou despois en función de atopármonos nun clima máis cálido ou máis fresco. Zonas como Canarias poden estar vendimando uva madura a mediados de agosto, mentres os equipos galegos de vendima poden afrontar esas tarefas a finais de setembro ou mesmo até mediados de outubro en zonas costeiras, sempre con medo a esas primeiras choivas que poden alterar a composición da uva e alentar a actividade de fungos que traian podremia aos acios. O momento da vendima tampouco será exactamente o mesmo cada ano. Das condicións de maduración determinadas polo clima e polo tempo derivarán tamén viños máis frescos ou máis cálidos, con máis ou menos grao alcólico, con acidez equilibrada ou desequilibrada (por exceso ou por unha ausencia que en moitos casos levará a acidificar na adega para que os viños non queden planos), con notas aromáticas primarias máis verdes ou máis secas e maduras, etc. A esta variabilidade súmanse os efectos do cambio climático, ben recoñecidos no ámbito da viticultura e que suscitan preocupación, con previsións de cambios de técnicas de traballo e mesmo de variedades de uva para afrontar a evolución das temperaturas ou da escaseza de auga. Sen dúbida o cultivo, a elaboración e o consumo de viño é tamén un ámbito desde o que contribuír ao respecto ao medio ambiente. A que tivo unha combinación de condicións máis favorábeis e a que mellor evolucionou. A viveza e facilidade dos viños novos pódenos facer desfrutar moito no seu consumo, mais non debemos esquecer a capacidade dos viños, pouco estendida noutras bebidas, de mellorar co paso do tempo no caso de que o seu cultivo e elaboración tivesen esa vocación. É común probar distintas anadas do mesmo viño (proba coñecida como vertical) e atopar máis satisfacción canto maior é a idade. É así nos tintos e tamén nos brancos, ollo! Tamén é certo que isto non se cumpre frecuentemente con marcas de viños. Diversidades de mesoclimas vitícolas galegos A corrente do golfo que ascende cara ao norte de Europa próxima ás costas atlánticas tempera o clima da Galiza. A influencia marítima maniféstase nunhas precipitacións elevadas que van descendendo cara ao interior, e matiza os mesoclimas de cada zona de produción de viño. A influencia oceánica é máxima na fachada atlántica, nas plantacións máis litorais das Rías Baixas, Morrazo, Barbanza e Betanzos; vai a menos nas zonas centrais de transición climática que afectan ao Ribeiro, parte da Ribeira Sacra, terras do Navia e Baixa Limia; e redúcese moito canto máis camiñamos cara ás áreas orientais, xa con influencias climáticas continentais e mediterráneas, que atinxen a Monterrei, Valdeorras e zonas limítrofes con esta da Ribeira Sacra no curso do río Sil. Situados en verán nos extremos xeográficos que vimos de percorrer, é doado para calquera de nós lembrar a dificultade de superar os 25 ou 30 ºC nas praias galegas, e a facilidade de roldar os 40 ºC en zonas interiores como Verín ou O Barco. O clima tamén achega diversidade aos viños galegos, máis frescos na costa e máis cálidos no interior Precisamente nos meses, nas semanas, de maduración das uvas nas viñas, as diferenzas de temperatura entre distintos puntos sen saír da Galiza poden ser superiores aos 10 ºC. O resultado xeral descritivo será o de viños máis frescos na costa e máis cálidos no interior. Viños frescos serán aqueles de maduración máis lenta, elaborados con uvas que conservan máis acidez e concentran menos azucres, e por tanto, resultarán menos alcólicos, máis lixeiros, e máis afiados. Viños cálidos son os que proceden dunha maduración máis doada, apurando a baixada da acidez e o ascenso de azucres, resultando máis alcólicos, máis densos, e máis redondos. Sempre dentro desta xeneralización descritiva da tendencia dos viños en función dos condicionantes climáticos, que ten múltiples excepcións, porque dentro dos mesoclimas existen microclimas que afectan a viñas concretas. Ademais non só o clima inflúe na maduración: solos, variedades e viticultura tamén entrarán na ecuación. Nas áreas centrais de transición, a tendencia será a de atopar viños que representen o equilibrio entre os máis oceánicos e os orientais. Aquí empeza a concretarse a diversidade de viños galegos que é posíbel atopar e que xa fomos anunciando. Multiplicaranse os perfís microclimáticos en función da latitude, altitude, orientación, inclinación… de cada viña. E aumentarán exponencialmente as posibilidades cando sumemos ás combinacións tamén solos, variedades de uva, prácticas de viticultura e elaboracións en adega. Despois de afondar un pouco máis e de probar novas marcas, a frase "todos os viños galegos son…" perderá todo o sentido para ti.
NOS_37080
Maos resultados para o mercado laboral na Galiza. En decembro o paro rexistado aumentou nun total de 2.360 persoas, mentres que no conxunto do Estado desceu en 86.849.
Dados negativos para Galiza na variación mensal (de novembro de 2016 a decembro de 2016) e positivos na inter-anual. Iso é o que deitan as estatísticas do INEM sobre a evolución do mercado laboral no noso país. Destarte, en decembro o paro aumentou a respeito de novembro o 1,16 por cento, isto é, en 2.360 persoas, face un descenso de 2,29 por cento (86.849) no conxunto do Estado. En troca, se ollamos o asunto de ano en ano, as cousas melloran. O paro desceu na Galiza no conxunto dos últimos doce meses un 10,01 por cento (22.894 persoas desempregadas menos), un dado lixeiramente superior ao estatal (descenso de 9,54 por cento e 390.534 persoas paradas menos). En decembro o paro desceu en todas as comunidades do Estado agás en catro: Cantabria (aumento de 1,61 por cento), Nafarroa (incremento de 2,90, o maior de todos), a Rioxa (0.73) e Galiza (1,16). Por contra, a maior queda do paro produciuse en Andalucía, cun retroceso de 4,32 por cento. Se tomamos a focaxe inter-anual, veremos que superan Galiza en queda do paro sete comunidades autónomas, lideradas por A Rioxa (o desemprego desceu en 13,08 por cento) e Catalunya (12,03 por cento). En todo caso, teñamos sempre en conta que a estatística do INEM mide só o paro rexistado, non o real. O indicador máis fiel do mercado laboral, e o único considerado oficial por Eurostat, é a EPA. Porén, os dados de ambas estatísticas vanse achegando. Segundo as oficinas dos servizos públicos de emprego, habería neste momento no noso país 205.914 persoas no paro. En troca, segundo a EPA, serían 207 mil (unha taxa de 16,4 por cento, dados referidos ao terceiro trimestre de 2016). Cinco mil afiliad@s menos á Seguranza Social Outro dado nidiamente negativo para Galiza é a evolución do número de persoas afiliadas á Seguranza Social, isto é, aquelas traballadoras e traballadores que cotizan. Así, se o paro aumentou en 2.360 persoas máis (demandantes de emprego), a afiliación á SS caeu en case 5 mil, en concreto en 4.809 persoas, unha queda de 0,50 por cento. Neste epígrafe saímos perdendo en comparación con España, que entre novembro e decembro conseguiu aumentar o número de afiliacións en 0,39 por cento. Se vemos os dados a un ano vista, entre decembro de 2016 e decembro de 2015, Galiza tamén sae pior parada que o Estado. Aquí as afiliacións apenas aumentaron un 1,86 por cento (17.613 persoas), en tanto que no Estado incrementaron en 3,2 por cento.
NOS_33288
A próxima fin de semana, 16 e 17 de xuño, "Lalín Con Gusto" suma unha nova edición para nos deleitar coa mellor gastronomía e coa mellor música, da man de chefs como Pepe Solla ou de músicas como Ses e Mamá Cabra.
Cociña en vivo, catas, degustacións, promoción dos valores da hostalaría local… mais tamén actuacións musicais e moita máis diversión na segunda edición de "Lalín Con Gusto", o evento impulsado pola Concellaría de Turismo que na súa estrea, en 2017, desbordou todas as previsións de asistencia. O sábado 16 e domingo 17 de xuño, Lalín voltará a ser capital da gastronomía con convidadas e convidados de luxo, como o chef Pepe Solla e a música Ses. E é que este ano, a actividade impulsada polo concelleiro nacionalista Francisco Vilariño amplía as posibilidades dunha cita que chegou para ficar, pois xa é dos eventos imprescindíbeis da comarca do Deza. O programa A Praza da Igrexa –onde se desenvolverá "Lalín con Gusto" – acollerá a inauguración da cita gastronómica e musical ás 11.15 horas do sábado, para comezar ás 11.30 horas coas maridaxes con café, da man de Xan Martínez (Café A Lareira) e Ana Buján (Restaurante Asturiano). Unha hora despois será a quenda da mostra do chef convidado, o popular Pepe Solla, de Casa Solla e ás 13.30 horas encetará a sesión vermú, amenizada polo grupo Nós. Na tarde do sábado, ás 18.30 horas dará comezo a mostra de Álex Iglesias (Restaurante Cabanas), de temática oriental, e ás 19.15 horas, a de Davinia Rielo (Restaurante Catro Camiños), sobre o cocido. O prato estrela de Lalín tamén será o obxecto da mostra de Alberto González (Casa Currás), ás 20 horas. O broche de ouro á primeira xornada chegará da man de Sés, que ofrecerá un concerto acústico. "Lalín Con Gusto" iniciarase o domingo ás 12.15 horas coa mostra de Diego López (Restaurante La Molinera), a quen seguirá, ás 13 horas, Diego López Dapena (Escola de Hostalaría de Sober). A coctelaría tamén estará presente nesta segunda edición de "Lalín Con Gusto", con Xaime Rodríguez (Café Bar KUBOS), ás 13.45 horas. As crianzas serán as protagonistas da tarde do domingo. Patricia Galego (Restaurante A Cunca) fará as delicias das pequenas e pequenos de 4 ao 10 anos, a partir das 17 horas. Contará coa colaboración de Vanesa Taboada e Massimo Gioiello, dietistas. O día fecharase co concerto de Mamá Cabra ás 19.30 horas, co seu último traballo "Eu cociño. Ti cociñas?". A aposta no produto local O concelleiro Francisco Vilariño (BNG) pon de manifesto que a restauración de Lalín, ligada no inverno ao cocido, mais con moitas posibilidades no resto do ano, "é unha das nosas mellores cartas de presentación". "Lalín Con Gusto", explica, "é o reflexo da aposta no produto local, na calidade do servizo e na promoción dos valores da nosa cociña para seguir difundindo ao máximo a gastronomía de Lalín nun evento para toda a familia".
NOS_11116
Os Right Livelihood Award, que fan 40 anos, galardoaron Greta Thunberg, Davi Kopenawa, Aminatou Haidar e Guo Jianmei.
A fundación Right Livelihood entregou esta cuarta feira, 4 de decembro, en Estocolmo os chamados premios Nobel Alternativos, que nesta edición fixeron catro décadas. As e os galardoados deste ano foron a activista sueca contra o quecemento global Greta Thunberg; a defensora saharauí dos dereitos humanos e oposta á ocupación marroquí Aminatou Haidar; a avogada chinesa polos dereitos das mulleres Guo Jianmei, e o líder indíxena Davi Kopenawa xunto á Asociación Yanomami Hutukara, que defende a biodiversidade da Amazonia e os dereitos dos pobos orixinarios do Brasil. Dúas das premiadas non estiveron presentes no acto, Thunberg -presente na COP25- e Guo, que non deu detalles sobre os motivos da súa ausencia. Elas dúas e mais Haidar e Kopenawa recibiron un millón de coroas por cabeza (uns 94 mil euros) para usar nas súas respectivas causas. Ademais, tamén lles foi entregada unha escultura feita para a ocasión polo británico Tony Cragg con metal fundido de armas ilegais decomisadas no Salvador. AWARD WEEK DAY 1️⃣0️⃣ TODAY IS THE DAY! Celebrate with us the amazing achievement of the 2019 #RightLivelihoodAward Laureates: ➡️ @AminatouHaidar➡️ Davi Kopenawa / @Hutukara➡️ Guo Jianmei➡️ @GretaThunberg Follow it LIVE at 19:30 (CET) ➡️ https://t.co/MTHfmDuCLK pic.twitter.com/ISJBM5vEUc— Right Livelihood Foundation (@rightlivelihood) December 4, 2019 No seu discurso en árabe, Haidar dixo que "nos están a empuxar a renunciar á loita pacífica porque non nos deixan outra saída", e engadiu que o que máis teme é "que os saharauís se vexan forzados a tomar as armas de novo para defender os seus dereitos por mor da indiferenza da comunidade internacional". Tamén apelou a comunidade internacional Kopenawa, para forzar o Goberno brasileiro a expulsar de forma "urxente" os garimpeiros (buscadores de ouro) e a delimitar as terras doutros pobos orixinarios, como fixera no seu momento cos yanomami. "Invaden e esnaquizan a nosa terra, contaminan os nosos ríos e matan os nosos peixes co seu mercurio. Estamos a morrer, enfermar de malaria, tuberculose, oncocercose, cancro, gripe, sarampelo e enfermidades de transmisión sexual", denunciou en lingua yanomami. Rexeitamento da Fundación Nobel O ex eurodeputado sueco-alemán Jakob von Uexküll, ─pai do actual director da fundación, Ole von Uexküll─ foi quen instituíu os galardóns en 1980, un ano despois de que a Fundación Nobel rexeitase a súa idea dun premio ambiental e outro que promovese o coñecemento nos países pobres. Para os financiar, Uexküll doou a súa colección persoal de selos, valorada nun millón de dólares.
PRAZA_6144
Coincidindo co 18 de xullo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica lembra o incumprimento do acordo do pleno de setembro de 2009 que obriga á eliminación de 52 símbolos franquistas, entre eles o nome de 23 rúas
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) denuncia que o Goberno municipal "segue empeñado en manter a homenaxe e recoñecemento social á ditadura franquista" na cidade. Coincidindo co 18 de xullo, a entidade lembra o incumprimento do acordo do pleno municipal de setembro de 2009 que, co voto a favor do PSOE e BNG e a abstención do PP, obriga á eliminación de 52 símbolos franquistas, entre eles o nome de 23 rúas, ademais de 4 placas en grupos de vivendas, 21 distincións honoríficas e outros 4 monumentos. "Non podemos soportar nin un día máis que as nosas rúas rindan homenaxe a significados golpistas como o xeneral Mola, xeneral Sanjurjo, tenente xeral Gómez Zamalloa, tenente coronel Teijeiro e Comandante Barja" "Non podemos soportar nin un día máis que as nosas rúas rindan homenaxe a significados golpistas como o xeneral Mola, xeneral Sanjurjo, tenente xeral Gómez Zamalloa, tenente coronel Teijeiro e Comandante Barja" ou "que continúen as placas de Juan Canalejo, fundador da Falanxe coruñesa, Alférez Provisional, avenida dos Caídos e División Azul" ou "que continúen placas co xugo e frechas coma no grupo María Pita de Labañou", sinala a CRMH. A entidade denuncia que o PP rexeitou no Pleno mocións para que se executase a retirada da simboloxía franquista e sinala a súa confianza en que "a xustiza obrigue a cumprir o acordo plenario de hai cinco anos, como xa sucedeu noutros concellos, que se negaron a cumprir a Lei da Memoria Histórica". A denuncia engade que "a vontade do goberno municipal da Coruña para manter a simboloxía franquista e as distincións honoríficas a significados golpistas quedou manifesta cando no recorreu unha primeira sentenza para manter o título de Fillo Predilecto da Coruña a José Millán Astray, apoiando a petición da súa familia". Porén, "afortunadamente", o persoamento da CRMH na causa "conseguiu que hoxe Millán Astray non teña ningún tipo de recoñecemento social na Coruña". A CRMH sinala a súa confianza en que "a xustiza obrigue a cumprir o acordo plenario de hai cinco anos, como xa sucedeu noutros concellos, que se negaron a cumprir a Lei da Memoria Histórica" A denuncia tamén subliña que "o goberno municipal non atende a petición de veciños dalgunhas rúas, que xa dirixiron escritos ao concello para a retirada da simboloxía franquista". Por exemplo, veciños e veciñas das rúas Teniente General Gómez Zamalloa e Praza del General Mola, solicitaron por escrito a recuperación dos nomes tradicionais desas rúas: Costa da Unión e Fonte de San Andrés. A CRMH conclúe que "o non cumprimento dun acordo plenario da corporación municipal é un feito gravísimo que perverte o funcionamento democrático das institucións" e pregúntase "que autoridade moral vai ter o Goberno Municipal da Coruña para esixir á cidadanía o cumprimento da lei e dos acordos plenarios se é o primeiro en non cumprilos?". Engade que "manter hoxe a simboloxía franquista non só é un acto antidemocrático, senón unha ofensa á memoria das 600 persoas que na comarca da Coruña foron asasinadas pola ditadura franquista".
NOS_34228
O secretario xeral da UPG puxo en valor o "exemplo militante" do de Imo nuns tempos que definiu "de confusións" e "mistificacións". Neste senso, a UPG aposta en "dinámicas políticas propias" fronte ao novo período que se abre.
A Unión do Povo Galego (UPG) desenvolveu a súa tradicional homenaxe a Moncho Reboiras en Ferrol. Diante do portal número 12 da Rúa da Terra a organización política depositou un ramo de caraveis vermellos en lembranza do seu asasinato a mans da Brigada Político-Social. Posteriormente, os varios centos de persoas que acudiron ao acto baixaron até o Cantón onde tiveron lugar as intervencións políticas. A primeira en tomar a palabra foi Andrea Martíns, integrante do Comité Nacional da Unión da Mocidade Galega (UMG). No seu discurso, Martíns lembrou a figura de Moncho Reboiras e a súa participación no activismo sindical e na militancia política froito como un "rapaz que axiña descobre a realidade que atinxe o seu país". Neste senso, Andrea Martíns salientou algunhas das loitas que após trinta e nove anos do asasinato de Reboiras, continúan no centro das reivindicacións do nacionalismo. A defensa dun ensino público, de calidade, laico e en galego, a loita polo dereito a un traballo digno e na propia terra ou a prol dos dereitos políticos e sociais foron algúns dos aspectos salientados na súa intervención. Após a quenda do portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Ribas e da 'Oda a Moncho' cantada por Paco Montero, foi o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, quen saudou @s asistentes. Rego lembrou o cincuenta aniversario da fundación da Unión do Povo Galego e a "masiva manifestación" decorrida no Día da Patria Galega como exemplo das "fortalezas" que posúe "o nacionalismo a pesar das enormes dificultades en que desenvolve a súa acción política", subliñou. "Independencia organizativa" fronte ao "discurso da unidade" A respeito do actual momento político que describiu como un tempo de "confusión" e "mistificacións", Néstor Rego enxalzou o "exemplo militante de Reboiras" como parte das persoas que, dixo, "mantiveron e desenvolveron as liñas axiais" do proxecto nacionalista. O secretario xeral da UPG defendeu na súa quenda de intervención a independencia política e organizativa fronte ao "discurso da unidade da esquerda" que está a agromar. Un discurso que "pode resultar tentador", afirmou, mais que é, acrecentou, "enganoso". Así se referiu ás propostas lanzadas nas últimas semanas a respeito da conformación de candidaturas cidadás de cara ás eleccións municipais de 2015. Neste senso, comparou a realidade política e social de 1964 cando, asegurou, "o máis fácil parecería deixarse arrastrar polo discurso de unidade fronte ao inimigo común" mais un tempo en que o nacionalismo, salientou, "se reorganizou e lanzou a súa propia batalla contra o réxime". Unha loita que comparou coa actual e que centrou na defensa da "soberanía nacional" de Galiza e na que dixo, "non hai treguas" nen "tampouco parénteses". O acto clausurouse coa entoación do himno galego e berros a prol dunha "Galiza ceibe" e "popular".
NOS_12874
Hai quen di que as árbores son vida. Unha vida que desinteresadamente rexenera o aire que respiramos, amortece os sons que escoitamos e atempera o frío e a calor que sentimos. Unha vida que garda mil vidas no seu interior e que non merece morrer pola neglixencia do ser humano. Parece que seguimos sen decatarnos da importancia que presentan as árbores na calidade de vida das persoas. Moitas veces as administracións as ven como un simple estorbo e elimínanas ou trasládanas cando lles resultan molestas. Mais as árbores non son un ornamento urbanístico de quitar e pór.
Coa chegada da pandemia da COVID-19 e o consecuente confinamento, a poboación mundial puido comprobar como o planeta volvía respirar despois de tantos anos sen descanso. O exemplo máis evidente de recuperación medioambiental resultou ser a recuperación da calidade do aire pola redución da emisión de gases a causa da diminución da actividade industrial e da case paralización dos transportes polas restricións de mobilidade. A moderación na actividade destrutiva do ser humano sobre a natureza provocou unha clara recuperación do medio natural en todo o planeta durante os meses de confinamento. Pero, como xa se supoñía, a situación sería só temporal. A talla de árbores en Vigo Do efémera que resulta ser esta situación de ecosustentabilidade serven como exemplo as recentes actuacións do Concello de Vigo que, mesmo en pleno confinamento, levou a cabo desmedidas tallas de árbores na cidade nos últimos meses, continuando co labor de modificación urbanística que comezara un par de anos antes. As tallas máis recentes foron as realizadas no parque do Castro en abril de 2020, seguidas polas da praza da Ronda de Don Bosco na que se destruíron dous dos catro cedros centenarios en xuño e os dous restantes no decembro pasado e, finalmente, a efectuada na ribeira do Lagares neste mesmo 2021. Ademais, as raíces da célebre oliveira, símbolo da cidade viguesa, poderían verse danadas a causa da construción do túnel entre a Porta do Sol e o Paseo de Afonso XII. Mesmo figuras tan representativas da cidade como Méndez Ferrín, Pedro Feijoo e Manuel Bragado mostraron o seu apoio a esa campaña apadriñando árbores cuxa retirada se anunciara O Concello argumenta a necesidade destas tallas polo mal estado das árbores e, no caso da maior parte dos exemplares retirados para a construción das ramplas mecánicas da Gran Vía, comprometeuse a replantalas no parque de Castrelos. Pero non toda a poboación viguesa dá por válida esta xustificación. Esta talla deu lugar a unha mobilización social que motivou a creación dos colectivos Salvemos a Gran Vía e Amigas das Árbores que contou cos apoios de Greenpeace Pontevedra e Amigos da Terra. Mesmo figuras tan representativas da cidade como Méndez Ferrín, Pedro Feijoo e Manuel Bragado mostraron o seu apoio a esa campaña apadriñando árbores cuxa retirada se anunciara. Cristóbal López, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo, afirma que esta situación "vén de lonxe". Trátase dunha práctica do Concello para remodelar a cidade mediante a talla de árbores que posteriormente se volven plantar. "Úsanse como un elemento inmobiliario máis, de quitar e poñer". Moitas das árbores que se están a tallar, como as da actuación da Ronda de Don Bosco, son exemplares sans e cunha gran lonxevidade; algúns deles poden presentar até cen anos de antigüidade, polo que cumpriría "tratalas con cariño en vez de destruílas", opina López. Parece evidente que a vexetación dunha cidade debe coidarse e manterse e que as tallas só estarían xustificadas polo mal estado das árbores dentro dunha planificación xeral. Xabier Vázquez Pumariño, experto no tema da biodiversidade, opina que é unha cuestión de xestión, que leva traballo coidar, manter e incrementar os espazos verdes das cidades pero que acaba redundando no beneficio da cidadanía. A diferenza doutros concellos, o de Vigo si ten os recursos suficientes para poder levar a cabo estas accións de recuperación da biodiversidade da cidade pero, como indica Constantino Fernández, participante da asociación ecoloxista Adega, existen "outras prioridades, económicas ou comerciais, e non se ve que queiran actuar nesta cuestión." Fernández engade que, cos orzamentos cos que conta o Concello, suponse que habería máis posibilidades á hora de xestionar os espazos verdes, "pero non hai un traslado significativo neste ámbito". Ás veces as administracións priorizan elementos de confort, como as ramplas da Gran Vía, fronte ás necesidades medioambientais. As consecuencias das tallas A situación de pandemia manifestou a necesidade de coidar a natureza dado que a biodiversidade das cidades axuda a protexelas ante os diferentes patóxenos, como o coronavirus causante da COVID-19. As árbores contribúen tamén a atemperar o clima, polo que a súa eliminación pode contribuír ás temperaturas extremas, un feito que vai da man dun maior consumo enerxético e do descenso da calidade de vida da poboación. Segundo os expertos, as tallas realizadas en Sevilla no 2018 provocarán un lixeiro aumento da temperatura media da cidade. Por outro lado, as árbores tamén amortecen o ruído, polo que a contaminación acústica aumenta cando se prescinde delas. Vázquez Pumariño explica que a biodiversidade axuda a aumentar a calidade de vida das persoas até o punto de ser comparábel cun aumento da renda. Desta forma, a felicidade de alguén que vive nun lugar cunhas boas características medioambientais sería semellante á doutra persoa con maior capacidade adquisitiva que reside nunha cidade sen vexetación. Este aumento da calidade de vida tamén se reflicte na mellora do sistema inmunolóxico das persoas que viven en lugares cunha boa biodiversidade. Nunha entrevista para El Confidencial, o científico do CSIC Fernando Valladares, argumentaba que "a mellor protección é a natureza, é a mellor vacina, pois a natureza fai unha protección integrada". Na loita contra o cambio climático adóitase centrar o foco na redución humana das emisións de gases, sen tomar en consideración que as árbores funcionan como sumidoiros ao posibilitaren a redución bioquímica de CO2 Ademais, hai que ter en conta que as árbores, principalmente as máis antigas, pola súa gran cantidade de biomasa, son receptoras do CO2, polo que eliminar a vexetación arbórea dun lugar concreto pode ser moi prexudicial para a saúde da poboación. Na loita contra o cambio climático adóitase centrar o foco na redución humana das emisións de gases, sen tomar en consideración que as árbores funcionan como sumidoiros ao posibilitaren a redución bioquímica de CO2. Vázquez Pumariño opina que a situación do Concello de Vigo é debida a "unha mestura entre ignorancia e intereses á hora de favorecer certas empresas" e engade que "hai que ser moi inocente para pensar que estas actividades son gratis". É moi probábel que as consecuencias medioambientais non compensen os cambios urbanísticos que se están a levar a cabo na cidade viguesa, pois a modificación dun ecosistema condiciona tamén o resto das especies que viven nel. No relacionado ás recentes tallas na ribeira do Lagares, López considera que "é preciso ter moito coidado cando se talla nun río pois as árbores protexen do frío e da calor a auga e axudan a manter toda a biodiversidade". O modelo de cidade idóneo A comezos do século XX, as cidades estaban orientadas para facilitar a circulación de vehículos mais, nos últimos anos, numerosas modificacións urbanísticas realizadas arredor do planeta están a demostrar unha maior concienciación en relación á biodiversidade: as cidades comezan a pertencer ás persoas e non aos coches. O exemplo máis próximo para a poboación galega é o de Pontevedra que preferiu optar por un modelo de cidade totalmente oposto ao de Vigo. "Pontevedra é un proxecto de vangarda do século XXI, mentres que Vigo segue a ser unha cidade do século pasado" lamenta López. Cando se retira o tránsito de vehículos do centro dunha cidade descóbrese un espazo inmenso cuxas posibilidades para enchelo son infinitas En xeral, as asociacións ecoloxistas e os expertos no tema, opinan que Vigo debería seguir o exemplo de Pontevedra e modificar o seu proxecto urbanístico para que a cidade se volva máis humana ou, noutras palabras, que o seu centro sexan as persoas. Cando se retira o tránsito de vehículos do centro dunha cidade descóbrese un espazo inmenso cuxas posibilidades para enchelo son infinitas. Unha delas é o incremento de vexetación e reconversión dos espazos públicos en espazos verdes, como parques e xardíns. A ausencia de coches permite que o centro das cidades estea ocupado pola cidadanía. Actualmente, as cidades cuxa poboación rexistra unha mellor calidade de vida son aquelas nas que se coida e mantén a biodiversidade. Capitais mundiais como Londres xa presentan sistemas de protección da natureza como a necesidade de pagar para entrar co coche en certas áreas urbanas. Vázquez Pumariño engade que "Vigo ten referentes de todo tipo", tanto na propia Galiza con Pontevedra, como fóra do país noutras cidades europeas que xa camiñan desde hai tempo nesa dirección. A resposta social Desde as diferentes asociacións ecoloxistas estanse a levar a cabo numerosas actuacións para intentar frear a situación creada polo concello vigués. López, coordinador de Ecoloxistas en Acción da cidade, explica que buscan que "o concello vexa que hai unha mobilización de xente en contra das tallas" para intentar revertela. Fai igualmente fincapé no feito de que, desde a asociación, presentaron unha serie de proxectos que redactaron e enviaron ao Concello mais nunca se lles fixo caso. "Fan falta normativas pero, sobre todo, fai falta cumprilas". A poboación viguesa tamén parece apostar polo mantemento dos espazos verdes e a gran maioría, aseguran as asociacións ecoloxistas, está en contra das tallas, como se demostrou nas iniciativas anteriormente referidas. Fernández argumenta que moitas persoas chaman para informar do mal estado dalgunha árbore concreta para evitar a súa desaparición. Existe unha maior concienciación social da que parece, de feito, López engade que cada vez que publican algo nas redes encontran un gran apoio e, aínda que nestes momentos, dada a situación de pandemia, sexa complicado levar a cabo manifestacións ou concentracións, os actos realizados por Ecoloxistas en Acción si contaron co apoio da veciñanza de Vigo. Parece obvio que o tema da biodiversidade non se debe tratar como unha cuestión menor, pois dela depende a saúde da poboación e a súa calidade de vida Para moitos ecoloxistas o problema de Vigo é a falta de sensibilización co tema da natureza por parte dos responsábeis municipais. "Non hai sensibilidade coas árbores, considéranse un mero ornamento", expón López, e engade que "Vigo parece un parque temático, non existe o Vigo dos vigueses, só hai luces, como se fose un teatrillo. Vivimos nunha voraxe por converter Vigo nun parque de atraccións para turistas, de disneyficalo". Ao final, parece que Vigo é unha cidade na que a falsa necesidade de atraer turistas é máis importante que a calidade de vida dos propios vigueses. Parece obvio que o tema da biodiversidade non se debe tratar como unha cuestión menor, pois dela depende a saúde da poboación e a súa calidade de vida. De nada serve que o planeta se recuperase durante os tres meses de confinamento se agora as actuacións destrutivas sobre a natureza se multiplican. Numerosos estudos advirten que o cambio climático e a destrución dos ecosistemas poden causar migracións masivas de especies, conflitos sobre os diferentes recursos e un maior número de pandemias se non se toman medidas urxentes. Quizais é o momento de recoñecer que o mantemento das árbores é máis útil que as luces de Nadal. A importancia dos espazos verdes A pandemia, co seu consecuente confinamento, provocou o aumento da ansiedade, do estrés, mesmo da claustrofobia, así como de moitas outras enfermidades mentais. Din que un nunca sabe o que ten até que o perde, e a imposibilidade de desfrutar dos espazos abertos durante os tres meses de peche veu da man dunha crecente necesidade de desfrutar das zonas verdes. Resulta realmente importante que as cidades poidan proporcionarlle á cidadanía estes lugares abertos nos que poder socializar, practicar deporte, pasear, gozar da natureza ou simplemente respirar un pouco de aire puro. As cidades con espazos verdes achegan moitos beneficios que aumentan a calidade de vida da veciñanza, reducen os niveis de estrés e melloran a saúde física e mental das persoas. Aínda que custe crelo, a pandemia tamén trouxo algúns aspectos positivos como unha maior preocupación pola saúde, a familia, a vida e tamén polos espazos naturais e sustentábeis.
NOS_53143
A participación nos comicios, aos que tamén se presentou a oposición, foi de case 42%.
O 'chavismo' gañou as eleccións municipais e rexionais en Venezuela, que tiveron lugar este domingo e aos que, desta vez si, se presentou a oposición. A participación foi de 41,8%. Das 23 Gobernacións en disputa, o PSUV gañou en 20, mentres que os partidos de oposición gañaron en 3 estados, dixo o presidente do Consello Nacional Electoral, Pedro Calzadilla. O funcionario tamén engadiu que na alcaldía de Caracas gañou o Partido Socialista Unido de Venezuela ( PSUV). Os datos sobre as demais eleccións, en 334 alcaldías e centos de consellos locais, non foron anunciados no primeiro boletín, dado a coñecer á media noite do domingo para a segunda feira. As rexionais e municipais do 21 de novembro foron as primeiras eleccións en 4 anos nas que participaron a maioría das forzas opositoras, que boicotearon anteriores comicios por supostas faltas de garantías. "Paz e tranquilidade" Logo de coñecerse os resultados, o presidente Nicolás Maduro asegurou que o proceso transcorreu en "paz e tranquilidade". Referiuse á vitoria do PSUV como un "bo triunfo, boa vitoria, boa colleita", produto dun "traballo perseverante", e dixo que nos últimos 22 anos, no país realizáronse 29 eleccións, das cales gañaron 27.
NOS_4376
Péchase un mes de setembro no que a electricidade pagouse de media a 156,15 euros/ MWh, moi por riba dos case 106 euros/ MWh cos que se pechou agosto, o máis caro da historia até a data,
O prezo da luz vai bater esta sexta feira o seu récord. O prezo medio no mercado pool vai superar por primeira vez os 200 euros o megawatt / hora, ao que hai que sumar que a tarifa regulada pecha setembro tamén cun prezo que supera nun 50% ao do mesmo mes do ano pasado. O prezo da electricidade no mercado almacenista (pool) despide setembro esta quinta feira cun lixeiro descenso de 0,04 % até situarse en 189,83 euros o megawatt hora ( MWh), no que representa o segundo prezo máis alto da serie histórica. O prezo para esta quinta feira sitúase como o segundo máis elevado da historia, só por detrás dos 189,90 euros/ MWh que marcou o pool a cuarta feira, e por diante dos 188,18 euros/ MWh que alcanzou o mercado almacenista o pasado 16 de setembro. Con este último prezo péchase un mes de setembro no que a electricidade pagouse de media a 156,15 euros/ MWh, moi por riba dos case 106 euros/ MWh cos que se pechou agosto, o máis caro da historia até a data, e o triplo do que se pagou de media no mes de setembro do ano pasado. Os prezos do mercado almacenista repercuten directamente na tarifa regulada ou PVPC, á que están acollida case 11 millóns de consumidores no Estado español, e serve de referencia para os outros 17 millóns que contratan a súa subministración no mercado libre. En agosto, e en plena onda de calor, o prezo foi marcando un novo récord tras outro, provocando que o prezo medio do mes alcanzase os 106 euros/MWh, o máis caro da historia, seguido de xullo, que xa marcou outro récord, cun prezo de 92,4 euros. Rebaixas na factura A redución do IVE a 10%, a suspensión do imposto de 7% á xeración eléctrica, o desconto do imposto da electricidade a 0,5% ou a contribución esperada de 2.600 millóns de euros por parte das eléctricas procedente dos denominados 'beneficios caídos do ceo', son algunhas das medidas acometidas polo executivo estatal para reducir o prezo da luz.
NOS_27313
Mentres aínda colea a polémica xerada pola decisión de Feixoo de excluír da súa proposta de colaboración aos alcaldes das cidades galegas a Pérez Jácome, o presidente da Deputación ourensá, José Manuel Baltar, aparece para solicitar a dimisión de Jácome, que continúa disposto a manterse á fronte Goberno.
O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, defendeu a continuidade do pacto con Democracia Ourensá (DO) na corporación provincial, sinalando que tras unha xuntanza cos deputados desta formación, Armando Ojea e Miguel Caride, este último transmitiulle "tallante" e "contundentemente" que o acordo de Goberno segue adiante. Baltar foi máis alá e apostou por manter Ojea, o único concelleiro fiel a Jácome, como vicepresidente da deputación, puntualizando que "se vota en contra das decisións do Goberno, será cesado por perda de confianza, pero até agora sempre estivo a favor". Baltar deu por roto o acordo con Jácome e non desbotou unha moción de censura co PSOE. O máximo responsábel dos populares ourensáns puxo o foco na xestión contábel do alcalde e destacou que se lle deu "unha oportunidade" para "aclarar" os devanditos "comportamentos", pero remarcou que non o fixo, á vez que abondou en que cre "que non vai dar declaración ningunha". "Se a maior parte do teu grupo che pide que te vaias, vaste", sinalou Baltar, quen en relación a unha futura moción de censura manifestou que "está sobre a mesa e no caso de que o alcalde non renuncie". As palabras de Baltar foron contestadas polo propio Jácome. O rexedor ourensán adiantou o voto negativo da súa formación aos orzamentos da Deputación e deu por feita a saída de Ojea do Goberno provincial. "Si. Se estivemos a favor dos orzamentos era porque ser un quid pro quo. Valoraremos esta semana, seguramente mañá ou pasado, se abandona a vicepresidencia Ojea, porque non son compatíbeis os cargos", concluíu Jácome. As declaracións do alcalde de Ourense chegaron despois de culpar directamente José Manuel Baltar e Núñez Feixoo da crise do Goberno da cidade.
NOS_27053
Hai dous PSOE nestes momentos. O oficial, a parte da Executiva leal a Sánchez, propuxo esta quinta feira a realización dun congreso extraordinario para os días 12 e 13 de novembro e primarias para o 23 de outubro. O crítico tenta á desesperada forzar unha reunión da Comisión de Garantías e Ética.
Sánchez continúa co seu roteiro. Non se dá por destituído, considera vixente a actual Executiva e mantén a convocatoria de Comité Federal para este sábado. A ese foro levará unha proposta, aprobada esta quinta feira polo fragmento oficial da Executiva federal, de realización dun congreso extraordinario a ter lugar os días 12 e 13 de novembro. Con carácter previo irían realizarse unhas primarias o 23 de outubro, abertas a toda a militancia. Nelas concorrería como candidato á reelección como secretario xeral Pedro Sánchez. Entre tanto, os tres membros críticos da Comisión de Garantías e Ética preparan un ditame para forzar a reunión deste órgao, no que teñen a maioría, mais non a presidencia, en mans dunha persoa próxima a Sánchez. Só a presidenta pode convocar unha xunta desta comisión, sen o concurso da cal a resolución do sarillo xurídico político en que se sumiu o partido após a demisión en bloco dos críticos parece tarefa imposíbel. Os críticos non recoñecen a vixencia nen da Executiva nen do secretario xeral e, portanto, xulgan nulo de pleno direito a proposta de convocatoria do congreso extraordinário.
NOS_46673
Multará os Estados membros con 250 mil euros por persoa non acollida naqueles casos de urxencia cando outro país ultrapase no 150% a súa capacidade. Aliás, acordou conceder a Turquía a súa principal demanda, a desaparición dos visados.
O vice-presidente primeiro da Comisión europea, Frans Timmermans, anunciou esta cuarta feira (4 de maio) os acordos adoptados polo goberno comunitario en materia de persoas refuxiadas, dereito de asilo e do acordo asinado con Turquía no mes de febreiro. Os Estados membros que non queiran acoller refuxiadas pagarán 250 euros por cabeza rexeitada Neste senso, a Comisión propón a modificación do Regulamento de Dublín para introducir un mecanismo de distribución automática de persoas refuxiadas naqueles casos en que algún Estado membro vexa ultrapasada nun 50% a súa capacidade de asilo. Así, aqueles países que non queiran acoller serán sancionados con multas de até 250 mil euros. Ou, ollado desde outra perspectiva, poderán deixar de dar acollida pagando esta contía. Este mecanismo aplicarase só naqueles países que non teñan o seu cupo cuberto mentres que Reino Unido, Dinamarca e Irlanda poderán decidir se deciden ou non asumir esta modificación de acordo coa súa condición política particular no seo da UE. Sancións, tamén para persoas refuxiadas A decisión da UE, que no entanto deberá ser aprobada polo Consello (maioría cualificada) e pola Eurocámara (maioría simple). Así as cousas, a Unión Europea acordou unhas cifras de acollemento en xullo e setembro de 2015 que apenas foron cumpridas, caso do Estado español que tan só reasentou 18 persoas refuxiadas das máis de 8 mil que lle correspondían, polo que embora chegaren a un acordo os Estados membros poderían continuar a adiar as súas obrigas. A Comisión prevé suprimir algúns dereitos de asilo a aquelas persoas que transiten de maneira 'ilegal' polo territorio da UE Para alén diso, a Comisión tamén está a estudar un réxime sancionador para aquelas persoas refuxiadas que se neguen a ser rexistradas e mesmo a posibilidade de perder dereitos de acollida se se desprazan de maneira 'ilegal' polo territorio comunitario. Neste senso, os Estados membros poderían aplicar os seus dereitos nacionais sempre que non vulneren, di a Comisión, os dereitos fundamentais das persoas solicitantes de asilo. En comparecencia de imprensa, Frans Timmermans, avanzou que a Comisión proporá aliás o mantemento dos controis fronteirizos internos en Austria-Hungria e Austria-Eslovenia; entre Alemaña-Austria; nos portos dinamarqueses con ligazón a Alemaña e na fronteira terrestre Dinamarca-Alemaña; nalgúns pontos da Suecia e nos portos noruegueses con ligazón a Dinamarca, Alemaña e Suecia. Segundo o vice-presidente primeiro da Comisión, estas medidas previstas no Acordo Schengen (artigo 26) manteranse "mentres persistan as deficiencias na xestión de fronteiras" en alusión ao fluxo de chegadas de persoas refuxiadas e migrantes ás costas gregas. A Comisión asegura que o acordo asinado con Turquía reduciu o número de chegadas mais aínda se mantén con 154.862 no que vai de ano a Grecia e 28.593 a Italia, segundo a OIM. A contrapartida a Turquía Outra das decisións adoptadas pola UE é a desaparición dos visados para a cidadanúa turca que viaxe á UE en periodos de menos de 90 días. Esta constituía unha das principais demandas do goberno turco de cara á sinatura do acordo que tornou Ankara nun tapón para as persoas refuxiadas e estabeleceu o canxe 'dun por un'. A UE pagará mil millóns de euros a Turquía polas persoas que están a ser deportadas aos seus campos desde Grecia Neste senso, aínda que inicialmente a Unión requeriría a Turquía o cumprimento de 72 condicións para desactivar os visados e que se teña posto en dúbida o seu cumprimento perante a persecución á liberdade de imprensa, as forzas da oposición e o pobo curdo, a Comisión accedeu. Así mesmo, a UE acordou pagar mil millóns de euros a Turquía en compensación polos gastos de sanidade e manutención das persoas refuxiadas que están a ser deportadas desde Grecia con dirección aos campos turcos onde organizacións internacionais teñen denunciado abusos e vulneracións de dereitos humanos.
NOS_39673
Goretti Pina é da Ilha do Príncipe. Definida por vezes como mulher de vários talentos viaja da moda à escrita e da escrita à moda. Confessa que ambas paixões surdiram quase a um tempo.
Diz inspirar-se nas pessoas e nas paisagens e pretende, uma vez transformada a inspiração em obra, conquistar as pessoas com suas criações. Tanto falamos que a conversa dá para duas publicações. Nesta parte que agora publicamos falamos mais de moda; no semanário mais de literatura. Antes de mais, muito obrigado por aceitar o convite Sou eu quem agradece pela atenção. Dizem ser você mulher de vários talentos: moda , escrita, experiência no associativismo, licenciada em Direito, pós-graduação em Criminologia ... Enquanto cá andamos temos todas as possibilidades em aberto. E eu gosto de aprender e de experimentar. Acredito que a vida pode surpreender-nos e apresentar-nos novos desafios, o que me encanta! Resta ainda algum outro desejo por abraçar no futuro? Sempre tive algum interesse pela mecânica e pela marcenaria. Tinha esperança de que poderia vir a explorar esses campos com o meu pai, mas ele faleceu e o desejo ficou adormecido. Quem sabe um dia ressurja? Por enquanto tenho procurado aprimorar a minha aptidão para a escrita. E tentar ser uma pessoa melhor e mais consciente, utilizando as ferramentas de que disponho através das actividades que vou tendo oportunidade de desenvolver, também é um desafio para o presente e para o futuro! De onde é que nascem esses bichinhos da escrita, da moda … Sou neta, filha e irmã de modistas e desenhadores. E também sobrinha-neta de um poeta, o Marcelo da Veiga. Será por aí? Acredito que terá contribuído senão determinado as minhas inclinações. Além disso, tive uma infância num ambiente tão repleto de pessoas, cada uma com a sua história e maneira de ser, a sua gargalhada, a sua lágrima e a sua fé, que me permitia sonhar e imaginar, e construir nem que fosse uma ilusão! E ler? A minha mãe tinha sempre mais de um livro à cabeceira. Adorava ler. Cantava enquanto cuidava da casa e pedia que eu ou algum dos meus irmãos (somos oito irmãos) lêssemos os manuais escolares para ela enquanto estava à máquina de costura. E o seu pai? O meu pai era um homem fascinado pela ciência, (uma espécie de prof. Pardal), e completamente apaixonado por todas as formas de manifestação artística. Desenhava, esculpia e declamava poesia pela casa sempre que tinha oportunidade. Cresci rodeada de livros e fui, durante a infância, frequentadora assídua de uma sala de leitura (Marcelo da Veiga, na ilha do Príncipe), que ficava perto de casa, onde a dada altura a funcionária já sabia que livros eu ainda não tinha lido e já os deixava separados para mim. Como foram as suas primeiras experiências de moda? As minhas primeiras experiências de moda foram com e para as minhas bonecas. Algumas feitas por mim mesma, umas de pano, outras de folhas de bananeiras secas, eram meninas muito vaidosas. E eu punha-me ao serviço delas com todo o prazer para as vestir de acordo com as ocasiões. Você começou em 1996 no mundo da moda. Padrões africanos estavam na base do seu desenho. Como evoluíram neste tempo esses padrões? Sim, como brincadeira, fará em Dezembro vinte anos. Cada vez que recordo tudo o que envolveu aquela primeira aventura (coletiva- minha e dos/as modelos) de exposição pública, tenho uma sensação de nostalgia feliz! Uma recordação muito boa. Embora muito presente os padrões africanos, de padrões, de cores e de texturas havia um pouco de tudo. "Os padrões africanos não mudaram grande coisa. Continuam lindos, com a sua riqueza de identidade" Mudaram muito os padrões africanos? A meu ver, os padrões africanos não mudaram grande coisa. Continuam lindos, com a sua riqueza de identidade. E a minha paixão por eles, igual. Então, o que evoluiu? O que evoluiu foi o olhar do mundo sobre. E a procura aumentou de tal forma que os encontramos por toda a parte e utilizados para os mais variados fins. O padrão africano é realmente inspirador, pois sempre se vai descobrindo novas formas de o aproveitar, de o empregar, de criar sobre, o que é maravilhoso! "A diáspora tem a mesma obrigação de acompanhar, e dentro do possível, contribuir para o futuro do país" Você forma parte da diáspora são-tomense, como vê o papel da mesma para o futuro do país? A diáspora tem a mesma obrigação de acompanhar, e dentro do possível, contribuir para o futuro do país. E pode-se sempre encontrar formas de prestar esse contributo. O estar-se fisicamente distante poderá dificultar acções mais directas e interventivas. Por outro lado, o distanciamento acaba por proporcionar uma visão menos comprometida e muitas vezes mais atenta e mais crítica do que vai acontecendo, e das necessidades de melhoria do que precisa dessa atenção. Mas apontar simplesmente o dedo para os problemas como tantas vezes acontece, sem uma proposta viável que possa ajudar a encontrar novos caminhos, não os faz resolver. Acredito que pelo menos o desejo de fazer algo pelo país é preocupação da maioria. Quais são, para si, as maiores referências da escrita são-tomense? Falar de maiores referências é complicado quando sei de obras/autores como o Rafael Branco ou o Hélio Bandeira, sobre os quais me têm chegado opiniões muito favoráveis e que eu, infelizmente não tive ainda oportunidade de ler. Há os incontornáveis como o Francisco José Tenreiro, o Marcelo da Veiga, o Costa Alegre e a Alda do Espírito Santo. Escritores de outros tempos, com experiências e motivações muito próprias da época e que deixaram registos muito importantes para o conhecimento e reflexão da nossa história, do nosso caminho enquanto povo/país. Depois temos a Conceição Lima com uma poesia que parece não caber nos livros, quer caminhar solta, quer dizer. Temos o Albertino Bragança que marcou a todos com Rosa do Riboque. A Olinda Beja com uma obra notável entre poesia, romance, contos, inclusive infantis. O Espírito Santo (Bené) com muitos livros publicados, e de quem li e registei como particularmente útil A coroa do Mar. E há os novos autores com trabalhos interessantes sobretudo do ponto de vista histórico, como o Orlando Piedade. [Esta conversa continua no semanario do dia 17 de março]
NOS_58232
Nas últimas horas quedou extinguido o incendio de Mondariz, após que o lume de Bens fose controlado na noite da terza feira. O resultado son 34 hectáreas calcinadas, mentres os técnicos da Xunta denuncian xornadas de 24 horas.
Os incendios forestais desta tempada xa comezaron na Galiza, que aínda non esntrou oficialmente na fase de alto risco. Esta semana, os incendios de Mondariz e Bens deixaron 34 hectáreas queimadas, segundo trasladou a Consellaría de Medio Rural. Ambos foron xa controlados. Uns incendios que chegan mentres o persoal denuncia xornadas laborais de 24 horas e sindicatos inciden na falla de efectivos. Esta cuarta feira os equipos de extinción remataron co lume parroquia de Santa María de Gargamala, no concello de Mondariz, que queimou 15 hectáreas de superficie arborada e 6 rasas, segundo os cálculos provisionais de Medio Rural. Sete brigadas, cinco motobombas e tres axentes forestais lograron extinguilo. O incendio da pasada terza feira en Bens, na Coruña, quedou extinguido á noite despois de que "se complicasen" os labores das axentes polo forte vento e pola "imposibilidade de acceder aos camiños cos camións". Debido a isto, os bombeiros e mais os efectivos da Xunta tiveron que realizar o traballo "a man" coas mangueiras e 13 hectáreas ficaron calcinadas. Primer incendio forestal de la temporada !!! pic.twitter.com/eW1i8TNEuM— Bombero de A Coruña (@franverino) May 26, 2020 As organizacións sindicais CIG, CCOO, UXT e CSIF evidenciaron a "pasividade" de Medio Rural e criticaron a mala organización do traballo, que leva a forzar as traballadoras das que depende a extinción dos lumes a realizar quendas "interminábeis" cando non se poden permitir cometer erros. É unha denuncia constante ao longo destes anos por parte dos sindicatos a da falla de persoal e medios. Traballadoras dos servizos de prevención de incendios afirmaban a inicios do estado de alarma estar desbordados, xa que ademais das súas labores habituais, tamén formaban parte dos batallóns de loita contra o coronavirus, por exemplo desinfectando residencias ou centros de saúde, ou desenvolvendo outras tarefas de apoio como vixilancia de zonas de ocio no rural para garantir o confinamento, apoio ás residentes en espazos illados, remotos ou de difícil acceso ou distribución de material sanitario ou de alimentos. "Os lumes apáganse no inverno, pero non para a Xunta", censuraron desde En Marea, que criticou a decisión de Medio Rural de "realizar tallas de árbores e queimas preventivas en máis de 600 hectáreas nas demarcacións forestais de Fisterra, Terra de Lemos, Verín e O Condado, nun plan piloto que ameaza con estenderse a toda Galiza". Limpeza das estradas da Xunta A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse esta cuarta feira responsábeis de Seaga e manifestou que se realizarán "traballos de roza, limpeza e retirada de árbores de aquí até finais do mes de xuño en 30 estradas da Xunta para prever lumes, garantir a seguridade viaria e para ter en boas condicións as sendas e as zonas verdes para favorecer os itinerarios peonís". Vázquez salientou que a semana pasada o persoal de Seaga traballou nas estradas de titularidade galega da Mariña e do Baixo Miño e apuntou que esta semana continúan os labores de roza nas áreas da Coruña, Ferrol, Baixa Limia, Viana e Vigo. Diminúen os lumes en 2020 Por outra banda, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico informou esta semana dun descenso nos incendios forestais no Estado, que vencellan "en boa parte" a unhas condicións meteorolóxicas favorábeis e ao confinamento polo estado de alarma debido ao coronavirus. Até o 30 de abril rexistráronse 2.032 lumes con 12.947 hectáres afectadas en todo o Estado, o que representa a metade dos valores da media do último decenio, segundo trasladou o ministerio. Así, en 2019 o número de incendios alcanzou os 10.883 (89% da media do decenio), afectando a 83.962,69 hectáreas (85% da media do decenio).
NOS_3782
Foi talvez a voz máis salvaxe da poesía dos 90. Os seus textos relataban vidas periféricas en pequenas cidades grises, o traballo como condena e explotación, unha rabia existencial sen concesións, pouca esperanza. Aquela ollada directa, dura e sensíbel a un tempo, ocupou tres libros de poemas, un de relatos e unha novela. Despois esvaeuse. Agora, Kiko Neves (Ponteareas, 1969) regresa, mais ao vivo e con músicos á beira.
Esta sexta feira, 26 de xaneiro, a Gentalha do Pichel de Compostela acollerá o novo proxecto de Neves, KNeves no autoblues chicago-fornelos. Novo relativamente: aínda que apenas transcendeu as lindes da bisbarra do Condado, hai cinco anos que ensaian e tocan (pouco) en público. "Quería combinar a miña poesía coa música e as cancións de Fornelos, o Johnny Cash do Condado", explícase Neves, "e, por circunstancias, acabamos montando unha banda. Amais de Fornelos, está o guitarrista Philip Chicago, David o Inglés ao baixo e o batería Gigo". Os concertos deste ensemble adoitan arrincar cun recitado do poeta. "Emprego poemas que non están publicados", conta, antes de se corrixir a si mesmo: "Ben, un deles si, nunha publicación do concello, pero non en libro". Nun arde casa consistorial. Outro foi construído "ao longo de dez anos, foise modificando ate se facer máis preciso". De fondo, os experimentados instrumentistas acolchan con ecos blues a súa poesía descarnada, violenta. "Hai vinte anos, cando saiu Ruído de motos, chamáronme para moitos recitais. Fixen algúns cun guitarrista, que tocaba blues moi seco. Prestábame moito", lembra. Así foron os primeiros contactos entre poema e música para Kiko Neves. A quen, hoxe en día, lle reina a indietrónica de Cinta Adhesiva, a proposta da poeta Silvia Penas (Vigo, 1980). "Contoume unha vez que ela me escoitara na época de Ruído de motos. É bonito pensalo", di. Hai vinte anos do primeiro libro de Neves e oito do último, a novela O día en que morreu Steve McQueen (2010), escrito, ademais, moito antes. Por que abandonou a literatura? "Mátasme con esa pregunta", responde, "o caso é que hai que vivir de algo. E o meu traballo esprémeme o cerebro. Déixamo cuadriculado. É unha vitoria do capitalismo sobre min. As miserias do autónomo". Traballa nunha xestoría. Porén, continúa a escribir, "notas soltas, libretas que algún día haberá que corrixir". Contra unha lectura superficial e a aparencia espontánea, a escritura de Kiko Neves é produto do traballo. E, polo tanto, do tempo. "Gústame traballar moito os poemas, ate que quedan como eu considero que deben quedar. Non me dan as horas". A súa atención ao que acontece nas letras, con todo, mantense. "O último libro de Elvira Riveiro (Pontevedra, 1971) paréceme moi bo", expón de primeiras. Refírese a Welcome to Sing-sing (2017). Na singular autobiografía da súa páxina traza un mapa de intereses literarios: Charles Bukowski, Manuel Antonio, Roger Wolfe, Raymond Carver, Antón Reixa e defender Libia das gadoupas do imperialismo. KNeves no autoblues chicago-fornelos estreouse no Festival de Poesía do Condado de 2016. Ese mesmo ano pasaron polo Culturgal, en Pontevedra, e despois pola feira do libro de Ponteareas. Tras a actuación na Gentalha do Pichel -sexta feira 26 de xaneiro ás dez e media da noite-, pisaran escenarios no Barbanza ou no Baixo Miño.
QUEPASA_177
Guía para o 8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade.
Guía para o 8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade. "Amarte has, muller, o teu doce corpo, que así cho pediron, que así cho confío" é un dos moitos poemas que se poden ler estes días nos distintos locais comerciais, establecementos hostaleiros e edificios públicos do noso municipio. Esta iniciativa, que xurdiu do alumnado no CPI de Zas e que se puxo en marcha coa colaboración do Concello de Zas, é unha das actividades principais para conmemorar o Día da Muller que se celebra todos os 8 de marzo (declarado pola ONU no ano 1975). Os poemas están escritos polos nenos e nenas do CPI de Zas e para facelo toman como base o "Cantar hei, Galicia", e outros da obra de Rosalía de Castro, e que versionaron facendo referencia á figura da muller. A estreita relación de Rosalía de Castro co feminismo así como a conmemoración do aniversario da nosa escritora máis universal, que tivo lugar o pasado 24 de febreiro, serviulles aos máis novos de inspiración. A iniciativa tivo unha moi boa acollida tanto entre os responsables dos diferentes establecementos comerciais así como da veciñanza. Ademais desta actividade, o Concello de Zas, a través do Centro de Información á Muller, poñerá en marcha nos próximos días o proxecto "Axenda Escolar Contra as Violencias de Xénero" a través do cal se pretende implicar ao alumnado na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que sexan os rapaces e rapazas os que asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade. Folga Por outra parte, o goberno municipal de Zas apoia a folga/paro internacional de mulleres convocado para mañá, 8 de marzo, e anima a todos os veciños e veciñas a participar nas diferentes concentracións que terán lugar en distintos puntos da comarca e en cidades próximas. Estas son algunhas das convocatorias: • 12:00 horas: Cee (Praza 8 de Marzo) • 20:00 horas: Carballo (Xulgados) • 20:30 horas: Vimianzo (Praza do Concello) • 19:30 horas: A Coruña (saída do Obelisco) • 20:00 horas: Santiago de Compostela Entrevistas 8M Jenifer Suárez: "Gustaríame que o meu fillo aprendese de min o oficio de mariñeiro e seguise coa tradición familiar". Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte. Viki Rivadulla: "Bruxa fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia". Marta Doviro: "Fai falta incrementar a presenza de mulleres en departamentos coma o de Guión, Son, Iluminación e Dirección". Artigos 8M Mulleres da Buserana: Unha Folga común polo 8 de marzo. Marisol Soneira: A igualdalde que hai que gañar cada día. Fátima Rodríguez: Non é violencia de xénero, o feminismo non me representa: Feminismo Liberal. Viki Rivadulla: 8M, conxuro polo empoderamento. Novas do 8 de marzo Guía #8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade. Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo. Máis novas Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte. Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte. Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca. Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.
PRAZA_6370
A segunda equipaxe deportivista da nova temporada provoca unha "espectacular acollida" entre a afección e supera as expectativas do provedor do club, que agarda poder satisfacer todas as demandas "entre outubro e novembro"
A pasada primavera a nova directiva do Deportivo de La Coruña realizaba todo un xesto cara á súa afección anunciando que a segunda equipación do equipo seria branca cunha franxa azul, inspirándose na bandeira de Galicia. Cadrando co Día das Letras o club coruñés puxo en marcha a campaña #asnosascores, que incluía un sistema de reservas para que quen desexase mercase a camisola. Aínda que o prezo da elástica non é precisamente anti crise -custa case 70 euros- a expectación xerada entre a afección deportivista xa ficou clara nas primeiras vinte e catro horas cando, segundo datos do club, se recibiron "case 1.000" reservas. Tres meses despois, no inicio da Liga, a demanda de camisolas supera, con moito, a oferta dispoñible. Moitas das persoas que reservaron a camisola da bandeira, coa que o Dépor comezou a temporada ante o Granada, están a recibir correos electrónicos nos que o club pide comprensión polo atraso. "Dende o primeiro instante o Deportivo quixo atender o máis rápido posible a demanda" e "garantir que ningún afeccionado quedase sen camiseta" e, polo momento, aseguran, xa conseguiron "garantir que toda a demanda se vai cubrir", se ben "o provedor só puido surtir o Real Club Deportivo o 10% o total das reservas", unha cantidade que nin sequera representa "a demanda completa da primeira xornada de reservas". Na primeira xornada de reservas, o Día das Letras, reservouse case un milleiro de camisolas Neste escenario, a medida que as vai recibir o club entrega as camisolas "por rigorosa orde de reserva", se ben o proceso non se completará, calculan, ata "outubro ou novembro". "En canto se faga entrega de todos os pedidos a segunda equipaxe porase á venda" na tenda oficial do Deportivo e nun centro comercial da cidade, xa que, á vista do éxito, "o Deportivo solicitou unha produción a maiores da inicialmente programada para poder atender toda a demanda xerada". O club, conclúe a comunicación aos siareiros e siareiras, fixo "todos os esforzos que están na súa man para atender de maneira ordenada e eficaz todas as reservas", pero foron "circunstancias alleas" as que provocaron o atraso, sinala. En todo caso, esta "espectacular acollida" é, para a directiva deportivista, unha mostra de "fidelidade e paixón ás nosas cores", afirman.
PRAZA_20950
O xefe do Estado portugués logra recuncar no cargo con 8 puntos máis que hai cinco anos nuns comicios con dez puntos menos de participación que en 2016. Comprométese a "fazer esquecer as xenofobias, as exclusões, os medos instalados" no inicio do mandato en que será conmemorado medio século do 25 de abril. A segunda candidata máis votada, Ana Gomes, dá por logrado o obxectivo de que a extrema dereita saíse das urnas convertida en "alternativa"
Rebelo de Sousa logra 8 puntos máis que hai cinco anos nuns comicios con dez puntos menos de participación que en 2016Non houbo sorpresas no fundamental. Marcelo Rebelo de Sousa repetirá mandato como presidente da República de Portugal. O popular mandatario, avalado polo Partido Social Democrata -formación de centro dereita irmá do PP no Partido Popular Europeo- foi referendado para exercer a xefatura do Estado do país veciño por cinco anos máis por algo máis do 60% dos votos, 8 máis que en 2016, nuns comicios marcados pola pandemia, mais tamén por unha participación aínda máis baixa do que é habitual nestes comicios.Apenas o 39,49% do electorado chamado ás urnas respondeu ao apelo nun proceso electoral que, politicamente, adoita ser considerado de segunda orde. Son case dez puntos menos que hai cinco anos, as da primeira vitoria de Rebelo de Sousa, sete menos que en 2011 (cando foi reelixido Cavaco Silva) e dez menos que en 2006.Alén da esmagadora vitoria de Rebelo de Sousa, o segundo feito político relevante da noite está na segunda e na terceira posición. Ana Gomes, ex-diplomática e ex-eurodeputada socialista de dilatada traxectoria política e profesional, mais sen o apoio do Partido Socialista como organización nestes comicios (boa parte do electorado que apoiou o PS de António Costa nas lexislativas opta por Rebelo de Sousa nas presidenciais e o PS, como tal, esquivou esta votación), logrou unha meritoria segunda posición nas urnas. Mais apenas un punto por riba do candidato da extrema dereita. Gomes, tras ficar segunda e por diante do aspirante da extrema dereita, dá por logrado o obxectivo de "impedir que a ultradireita ascendesse a uma posição de possível alternativa"Así e todo e malia non acadar unha segunda volta, Gomes dá por acadado un dos obxectivos clave da súa campaña: "impedir que a ultradireita ascendesse a uma posição de possível alternativa", declarou á RTP. Agora, mantén, seguirá a traballar para que, no segundo mandato de Marcelo Rebelo de Sousa, a democracia poida reforzarse.Con todo, o aspirante da extrema dereita, André Ventura, manifestouse moi satisfeito pola terceira posición da súa formación. O referente do Chega nestes comicios, que se presenta a si mesmo como "anti-sistema", ve no seu 12% de sufraxios a demostración de que xa "não haverá governo em Portugal sem nós". Ventura, que celebrou diversos actos electorais saltando as normas contra os contaxios, gábase tamén de lograr máis apoio que o resto de opcións da esquerda, alén da propia Ana Gomes.Combater a pandemia e "o extremismo", prioridades do presidente reelectoO ascenso da extrema dereita estivo moi presente no discurso da vitoria de Marcelo Rebelo de Sousa. "Profundamente honrado e agradecido" polo triunfo electoral, o xefe do Estado do país veciño fixou como prioridade a loita contra a pandemia do coronavirus, mais tamén frear a "radicalização e extremismo". O pobo portugués, coida, non quere "uma radicalização e um extremismo nas pessoas, nas atitudes, na vida social e política".Rebelo de Sousa, "profundamente agradecido" pola vitoria, comprométese a "fazer esquecer as xenofobias, as exclusões, os medos instalados" no inicio do mandato en que será conmemorado medio século do 25 de abrilNo entanto, considera, o que si desexa a cidadanía de Portugal é "uma pandemia dominada o mais rápido possível, uma recuperação de emprego e rendimentos". Tamén, no contexto desta crise, "combate à pobreza e à exclusão e um sistema político estável com governação forte, sustentável e credível". As eleccións, lembrou, celebráronse cando restan apenas tres anos para a celebración do medio século da Revolucão dos Cravos. Neste marco encadra o seu compromiso por "fazer esquecer as xenofobias, as exclusões, os medos instalados". Sería, ao seu xuízo "inconcebível" que "não possa dizer então que somos não só muito mais livres, mas também muito mais desenvolvidos, muito mais iguais, muito mais justos, muito mais solidários do que éramos" na fin da ditadura, recolle a RTP.
PRAZA_20152
Por primeira vez dende 2005 o PP non foi, segundo o CIS, a forza máis apoiada entre a poboación menor de 35 anos. A posición do conservadores entre a xente moza é, así e todo, moito máis forte que cando perderon o goberno. O CIS pregunta ao electorado se seguiu as eleccións por xornais que non existen
O CIS pregunta ao electorado se seguiu as eleccións por xornais que non existen O comportamento electoral non é homoxéneo no conxunto da poboación e o apoio ás diferentes forzas políticas non ten a mesma proporción en todos os factores da sociedade. Algunhas das variables máis frecuentemente analizadas a este respecto son as ligadas á idade do electorado, dando como resultado en diversos sistemas políticos que a mocidade adoita ser máis proclive a apoiar forzas políticas de esquedas, mentres que a dereita tende a ser máis forte cantos máis anos ten quen emite o seu voto. Este esquema reproduciuse nas eleccións galegas do pasado setembro, segundo o estudo postselectoral sobre aquel 25 realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), se ben desta volta a fenda xeracional foi maior que, cando menos, nas dúas anteriores convocatorias electorais. Por primeira vez dende 2005 o PP non foi, segundo o CIS, a forza máis apoiada entre a poboación menor de 35 anos A análise do recordo de voto -opción á que as persoas enquisadas declaran que votaron- realizada neste inquérito indica unha diferenza fundamental na poboación menor de 35 anos a respecto do estudo postelectoral das eleccións de 2012. O PP, indica o estudo, perdeu a súa condición de primeira forza política neste sector do electorado, entre o que foi superado por En Marea por unha marxe duns 2 puntos. No grupo de idade seguinte, o de 34 a 44 anos, os conservadores recuperarían o primeiro posto, pero cunha vantaxe duns 3 puntos e medio. A contorna dos 50 anos preséntase como o limiar a partir do cal os de Alberto Núñez Feijóo acadan unha primacía esmagadora ata superar o 47% dos apoios. O devandito alargamento da fenda xeracional nesas eleccións de 2016 é máis evidente ao introducir na comparativa tamén as eleccións de 2009, nas que o PPdeG logrou a primeira maioría absoluta con Feijóo á fronte. Dado que tras aqueles comicións o CIS aínda non ofrecía unha estimación do recordo de voto alén da resposta espontánea das persoas enquisadas -as que citan na súa resposta o nome do partido ao que apoiaron-, esas son as porcentaxes a partir das cales realizar a comparativa. Os estudos do CIS sobre as eleccións de 2009 e 2012 indicaban que o PP era a primeira forza en todas as franxas de idade Partindo destes condicionantes a diferenza co panorama actual é clara: naquela altura o PP non só foi primeira forza en todas as franxas de idade, senón que entre a mocidade cruzaría o limiar do 30% dos apoios, con vantaxes de case 20 puntos entre a poboación de 18 a 24 anos a respecto da segunda forza nese sector, daquela o BNG, e cunha marxe de máis de 4 sobre o PSdeG, no segundo posto naqueles comicios entre quen tiñan de 25 a 34 anos. Así, posición que o CIS lle outorgaba en 2009 ao PP entre a mocidade é agora no que coloca a En Marea. Mentres, no que atinxe ao electorado maior de 65 anos, a primacía do PP con relación ao resto de forzas é na actualidade aínda máis ampla que en anteriores comicios. Nos comicios que deron lugar ao bipartito PSdeG e BNG compartían liderado entre a poboación menor de 35 anos e o PP só retiña a súa clara hexemonía entre maiores de 65 Así as cousas, por primeira vez en oito anos o CIS debuxa un panorama no que a mocidade tende máis á esquerda e contribúe a alargar a fenda provocada por un novo ascenso do PP entre as persoas de máis idade. As diferenzas non son, así e todo, tan acusadas como hai algo máis dunha década, no ano 2005, PSdeG e BNG deron superado en votos e escanos ao PP de Manuel Fraga. O estudo postelectoral do CIS a respecto daqueles comicios indica -tamén a partir das respostas espontáneas- que socialistas e nacionalistas compartían liderado electoral entre a poboación menor de 35 anos, deixando o PP na contorna 20%. Ademais, aquel inquérito situaba as tres forzas con representación parlamentaria nun empate técnico entre quen tiñan de 35 a 44 anos e, nuns anos marcados polo ascenso de José Luis Rodríguez Zapatero a nivel estatal, a igualdade entre PP e PSdeG mantíñase tamén no electorado de ata 55 anos. Só a partir dos 65 os populares retiñan a súa clara hexemonía. Así e todo, un hipotético escenario de recuperación de preponderancia da esquerda entre a poboación máis moza non tería por que implicar unha viraxe política como a daquel 2005. Un dos factores a ter en conta nese exercicio de extrapolación é que naqueles comicións que permitiron á esquerda conformar un goberno de coalición, a poboación menor de 35 anos era o grupo electoral -entre a poboación residente en Galicia- máis numeroso, segundo datos da Oficina do Censo Electoral. Nas eleccións de setembro de 2016 eran, segundo a mesma fontes estatística, o grupo de menor importancia en canto a número de persoas. Valoración do goberno A proporción do electorado que ve mala ou moi mala a xestión do Goberno do PP é semellante á que outorgaba esa avaliación ao bipartito Estas diferenzas de opción política en función da idade prodúcense nun contexto no que os datos do CIS tamén indican que a poboación moza é máis crítica co labor do Goberno de Feijóo que o electorado de máis idade. Así, segundo o CIS, pouco máis dun 20% do electorado de entre 18 e 25 anos cre que a "actuación" da Xunta entre 2012 e 2016 fose boa ou moi boa, mentres que máis do 40% das persoas maiores de 65 anos lle outorgan este cualificativo. Mentres, tanto entre quen teñen de 18 a 24 como no sector de 25 a 34, a opinión de que o labor do Executivo foi malo ou moi malo rolda o 40%, parecer que apenas supera o 15% entre a poboación de máis idade. Na media da poboación o aprobado á xestión do gabinete de Feijóo é outorgado por algo menos do 30% do electorado -o estudo postelectoral do CIS sitúao na contorna do 26% e o preelectoral achegábao ao 30%-. Son valores semellantes aos que obtén a consideración de labor malo ou moi malo, os cales se reducen en máis de 10 puntos con relación a 2012 e deixan o Executivo do PP, neste ámbito, en niveis semellantes ao bipartito de PSdeG e BNG tras perder o poder. A cualificación que xunta máis apoio entre o electorado a respecto do traballo do Goberno segue a ser, así e todo, a de "regular".
NOS_40555
Algún membro da dirección de Anova gravou a reunión en que se discutiu a expulsión de militantes de Redondela. E despois fíxoa circular polas redes.
Fragmentos das intervencións de Beiras e do deputado Antón Sánchez foron gravados por algunha das persoas integrantes da dirección de Anova, no que constitúe unha práctica pouco ou nada compatíbel cos principios de ética política que esa organización política proclama. A gravación rulou polas redes e nela se expresa con crueza a crise que atravesa a formación de Beiras, agravada nas últimas datas pola expulsión de militantes de Redondela e pola xestión da crise do escano abandonado por David Calviño, ocupado agora, de forma polémica, pola integrante de Esquerda Unida Carme Iglesias Sueiro. A crise é produto das tensións que existen, cada día máis virulentas, entre o sector liderado por Mario López Rico e Luís Eyré e o capitaneado por Martiño Noriega e Antón Sánchez. Aquel é máis refractario do que este a acelerar a converxencia con Esquerda Unida. En todo caso, o episodio fai inevitábel a formulación de tres perguntas. Primeira, é unha práctica habitual dentro de Anova que se graven as reunións da súa dirección? Segunda, quen realizou esa gravación? Terceira, con que obxecto a filtrou nas redes sociais? Sermos Galiza tivo acceso a esas gravacións e optou por non recoller entre aspas as declaracións realizadas por ningunha das persoas que nelas se manifestan.
PRAZA_11330
"Nós non cremos na plurinacionalidade de España", di o candidato do PP en Lalín, onde o líder dos populares galegos apela a reunificar o voto da dereita
"Nós non cremos na plurinacionalidade de España", di o candidato do PP en Lalín, onde o líder dos populares galegos apela a reunificar o voto da dereita"Vai forzar os Reis a visitar a ditadura cubana". Esa foi unha das principais acusacións que este sábado lanzou o candidato do PP, Pablo Casado, ao presidente do Goberno en funcións e candidato do PSOE, Pedro Sánchez. Fíxoo en Lalín, no mitin central da campaña dos populares en Galicia, e ante Feijóo, que xa visitou en dúas ocasións Cuba reuníndose mesmo con Raúl Castro, como xa o fixera Manuel Fraga con Fidel.Casado cargou en Lalín contra a primeira visita de Estado dun monarca español a Cuba, validada polo actual Goberno en funcións para a semana posterior ás eleccións xerais, coincidindo co 500 aniversario da cidade da Habana. Fíxoo ao tempo que intentaba identificar as políticas socialistas con diversas revolucións esquerdistas, argumento co que cargou tamén contra o modelo territorial socialista. "Nós non cremos na plurinacionalidade de España, cremos na nación española, que é diversa, é plural", dixo Casado, obviando a consideración de Galicia, Euskadi e Catalunya na Constitución como nacionalidades históricas. O popular chegou a dicir que o desexo dos socialistas é facer de España "un Estado plurinacional, como a Bolivia de Evo Morales".Casado prometeu que con el á fronte o Goberno central garantirá o AVE a Galicia, que xa está a piques de rematarse, e Catalunya "recuperará unha axenda de concordia"No mitin, Casado prometeu que con el á fronte o Goberno central garantirá o AVE a Galicia, que xa está a piques de rematarse, e Catalunya "recuperará unha axenda de concordia". Para facer realidade esas e outras moitas promesas, o popular asegurou que ten "as mesmas opcións para gobernar que Pedro Sánchez" xa que a súa formación tamén é quen de pactar con outros partidos. Porén, apelou a concentrar no PP o voto "do centro e a dereita" para evitar que a súa fragmentación poida beneficiar a Sánchez, do que dixo que non gaña en Galicia malia que os socialistas foron a forza máis votada nas xerais do 28 de abril."A única posibilidade de que teñamos unha España mellor e unha España distinta é votar o PP de Pablo Casado", asegurou Feijóo, para quen "nin Vox nin Ciudadanos" van conseguir escanos en Galiciantes de Casado, no mitin de Lalín tamén interveu Feijóo, que centrou o seu discurso nesa apelación a reunificar o voto da dereita no PP. "A única posibilidade de que teñamos unha España mellor e unha España distinta é votar o PP de Pablo Casado", dixo, tras lamentar que en anteriores comicios "perdemos os votantes do PP porque non fomos quen de manter unido o voto do PP".Feijóo asegurou que nestes novos comicios "nin Vox nin Ciudadanos van conseguir escanos no Congreso ou Senado por Galicia e os seus votos van favorecer directamente o PSOE", do que dixo que "xa só lles queda agarrarse a que votemos divididos". Dos socialistas o presidente da Xunta tamén dixo que "falan moito de si mesmos porque non queren falar dos problemas dos españois", xusto antes de enumerar supostos logros do actual Goberno galego que el mesmo preside, como presentar "por once anos consecutivos os orzamentos en tempo e forma", algo que xa viña ocorrendo desde anos antes.
NOS_37917
Caridade Valcourt é activista feminista haitiana e traballa con organizacións locais de mulleres haitianas ao redor do liderado feminino ou da integración de conceptos de dereitos humanos e das mulleres. Estivo na Galiza da man da ONGD Implicadas no Desenvolvemento para realizar un encontro con mulleres galegas.
Como comezou a súa loita como activista feminista no seu país? Pódese dicir que dei os primeiros pasos na Universidade, aínda que o certo é que sempre tiven esa preocupación pola desigualdade que existe entre homes e mulleres. Mais realmente cando tiven ese dispariño, ese clic digamos, foi durante un curso de antropoloxía na Universidade, onde unha compañeira mais eu fixemos un pequeno traballo de investigación sobre a percepción dos movementos activistas de mulleres. Foi aí onde comecei a estudar esta temática máis seriamente e foi así como comecei a preocuparme dun xeito máis consciente. Como se foi desenvolvendo o movemento feminista en Haití a través dos anos? O movemento feminista en Haití tivo varias etapas, comezou xa na época precolombina. Durante toda a historia sufrimos tres colonizacións: primeiro a española, despois chegou a francesa e por último a americana. As mulleres foron organizándose de diferentes maneiras, ás veces foron formándose con colectivos e outras xa dun xeito máis individual. Durante a colonización española tiñamos a figura de Anacaona, unha gobernadora que loitaba polos dereitos das mulleres e en contra dos abusos e explotacións que estas padecían. Cando Anacaona morreu, substituíuna a súa neta, Mencía. Xa durante a segunda etapa, na época da colonización francesa, estaba a xeneral Fanny e outra muller que era Enriette, unha prostituta que xogou un papel imprescindíbel na loita contra os colonos. Daquela época as prostitutas tiñan acceso aos militares e podían entrar nos seus campamentos. Enriette aproveitou esa situación, arriscábase e roubáballe a munición aos militares para despois darlla aos indíxenas coa finalidade de que puidesen loitar contra eles. Máis tarde, pouco despois de acabar a colonización francesa chegou a americana e, de novo, as mulleres desenvolveron un papel importante porque elas podían acceder a todas as partes do país, mentres que os homes tiñan certas zonas restrinxidas. Entón, elas accedían a eses lugares prohibidos e podían informar de onde estaban os invasores. Durante esta terceira invasión tamén houbo outras mulleres que se moveron até os Estados Unidos coa finalidade de facer un traballo de incidencia explicando todo o que estaba pasando en Haití. Deste modo, a sociedade podía concienciarse de todo o problema que estaban vivindo coa colonización americana. [Podes ler a entrevista no Sermos Galiza 281, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_13224
A presidenta da Cámara elevará unha proposta formal á Mesa do Parlamento e á Xunta de portavoces esta terza feira. Pilar Rojo propón que se fixe, por escrito, a prohibición da entrada de persoas que foran expulsadas.
Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Rojo asegurou que a súa vontade é "chegar a un acordo" coa oposición "antes do vindeiro pleno" que se desenvolverá os vindeiros días 13 e 14 de febreiro. "Gustaríame que antes do próximo pleno poidamos ter claro todo o que nos une e unhas cuestións que entendamos sexan razoábeis para todos" aseverou a presidenta do Parlamento. Neste senso, Rojo considera que entre esas cuestións debe estar a prohibición de entrada a aquelas persoas que foran expulsadas doutras sesións plenarias. No entanto, a presidenta da Cámara asegurou que "non se lle prohibiu a entrada a niguén", referíndose ao conflito xerado coa oposición o pasado día 29, cando deputad@s da oposición decidiron ausentarse en sinal de protesta pola orde emitida por Rojo en que se vetaban os convites dos grupos parlamentares como fórmula para que a cidadanía poida entrar no Parlamento, reservándose o dereito de adminisión en calidade de máxima autoridade parlamentar. A presidenta quer que as persoas que foran expulsadas teñan a entrada prohibida "Eu non son policía nin pretendo selo", aseveraba na entrevista Pilar Rojo. Porén, a presidenta matizaba "o único quero é garantir que na Cámara se traballa con normalidade". Así pois, Rojo procura que o acordo --que exixe sexa por escrito-- permita a creación dunha listaxe de persoas que non poderán participar das sesións logo de seren expulsadas dunha delas. Os grupos da oposición xa aseguraron na primeira xuntanza desenvolvida a pasa sexta feira, que "non renuncian" ao dereito da cidadanía a tomar parte dos plenos polo que --a priori-- non aceptarían a proposta feita pola presidenta que implicaría o estabelecemento dun réxime de visitas na Cámara. Sancións @s deputad@s que se ausentaron do plenoApós a suspensión da sesión, a presidenta do Parlamento xa anunciaba que se tomarían "medidas" contra aquel@s representantes que, amais de térense ausentado do Pleno, permitiran a entrada de traballadores do naval á tribuna. Rojo, quen calificou os feitos como "un atentado contra unha alta institución", solicitou aos servizos xurídicos do Parlamento un informe en que apoiar a súa decisión. Porén, até o de agora descoñécese cal será a decisión final da presidenta. Neste senso o regulamento contempla a posibilidade de @s suspenderen durante dous meses do seu cargo de representantes.
NOS_38056
Segundo expón o xornal 'El País', nin a familia nin o avogado puideron comunicarse con González, a quen identifica Polonia cos supostos alcumes de Aleksey Rubtsov e Pavel Rubtsov e sobre quen paira a unha pena de até dez anos de prisión.
As autoridades polacas veñen de comunicar á familia do xornalista vasco Pablo González, detido o pasado 28 de febreiro, que ficará en prisión provisional, cando menos, até o próximo 29 de maio. Así o adiantou esta cuarta feira o xornal El País, que tivo acceso á carta remitida por Polonia a respecto desta detención, na que se informa de que o Tribunal Rexional de Rzeszów "ordenou privar temporalmente de liberdade [a González]" e mantelo preso no centro penitenciario desta localidade. Polonia pide dez anos de prisión para Pablo González, acusado de ser un axente da Intelixencia rusa Dentro de dous meses, na citada data, pasará a disposición da Fiscalía Nacional de Rzeszów para ser xulgado. González está acusado de "colaborar" coa intelixencia rusa "como axente da Dirección Principal de Intelixencia do Estado Maior Xeral da Federación Rusa", e a Policía polaca identifícao cos alcumes de Aleksey Rubtsov e Pavel Rubtsov. Segundo recolle El País, esta é a primeira vez desde a detención do xornalista que as autoridades polacas se puxeron en contacto coa súa familia, que aínda non puido falar con González. Unha semana de cautiverio para o xornalista Pablo González Tampouco puido facelo o seu avogado, Gonzalo Boyé, que sinalou a este mesmo xornal que vive "no descoñecemento absoluto". "Non sabemos de onde sacaron as acusacións, nin a que supostas probas se refiren. O seu letrado non puido falar con el e, polo tanto, non se pode comezar traballar na súa defensa", dixo. O delito de espionaxe que se lle imputa prevé unha pena de até dez anos de prisión no caso de que a Xustiza polaca o declarase culpábel.
NOS_22055
Renovado, unido e disposto a liderar o cambio que se reclama na rúa. Así presentou o BNG Ana Pontón, portavoz nacional da formación frontista, que na mañá do sábado aprobou as bases dos programas municipais de cara ás eleccións de 2019.
O Consello Nacional do BNG aprobou na mañá do sábado as bases dos programas cos que se presentará ás eleccións municipais de 2019, ás que a formación nacionalista, en palabras de Ana Pontón, chega renovada, unida e disposta a liderar o cambio que se reclama na rúa. A base dos programas concretarase nos próximos meses no programa marco e nos programas para cada concello. A dirixente nacionalista salientou que o Bloque se atopa "á alza", cun "proxecto claro e capaz de darlle unha alternativa aos milleiros de galegas e galegos que saen á rúa contra as políticas do PP. Precisamente, instou a todas esas persoas a "traballarmos xuntas" para encetar, desde o eido municipal, "o cambio que Galiza necesita e que o Bloque está disposto a liderar". Concellos "marca de calidade" Ana Pontón aproveitou a súa comparecencia pública para resaltar a "solvencia" do BNG nos concellos en que goberna, "moi poucos poden dicir o mesmo". Así, salientou que o Bloque conta coa "fortaleza" que representa o "aval dos gobernos municipais", convertidos en "sinónimo marca de calidade". "Os nosos gobernos municipais marcan a diferenza e deixan clara a importancia de ter un proxecto propio para Galiza, e non un corta e pega deseñado e pensado desde Madrid". Concellos, agregou, "con alternativas propias, centrados na realidade do país, que non malgasten os recursos públicos en obras megalómanas, onde a igualdade de xénero sexa transversal, concellos con servizos públicos, con calidade urbana, concellos que defendan os principios democráticos máis avanzados". Ana Pontón: "Animo a militancia a actuar con apertura ante as persoas que compartan a necesidade de defender Galiza e construír alternativas desde os concellos" A portavoz do BNG animou a militancia a "dar o mellor" coa ollada posta en 2019 e a "actuar con apertura ante as persoas que compartan a necesidade de defender Galiza e construír alternativas desde os concellos". Neste sentido, Pontón afirmou que o actual "é un ano clave para enfrontar con éxito o reto das vindeiras eleccións municipais". "Traballemos con humildade, con autoesixencia, con espírito crítico e cun sorriso nos beizos", concluíu. Pensións Ana Pontón dedicou parte da súa intervención á loita protagonizada polas persoas pensionistas na Galiza. Dirixiuse a Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, para que se sume ás propostas para incrementar as prestacións. "Pídolle a Feijóo que non lle falte ao respecto ás mulleres e homes pensionistas, que deixe de escorrer o vulto dividindo e enfrontando, porque o que ten que explicarlles é por que o PP tivo 65 millóns de euros para resgatar a banca e non ten nin un euro para subir as pensións das galegas e dos galegos, que por certo son as segundas máis baixas do Estado", indicou. A dirixente do Bloque adiantou que defenderá vindeiro pleno do Parlamento galego unha proposta para subir as pensións máis baixas en 100 euros ao mes; algo "perfectamente viábel, porque supón 40 millóns de euros dun orzamento de 9.000".
NOS_29697
Logo de Sementes Viaxeiras, Paleta Planeta é o último traballo no que volven confluír a poeta Yolanda Castaño e o ilustrador Xosé Tomás Díaz. Trátase dun álbum ilustrado dirixido a nenas e nenos de 10 anos no que abordan o universo das cores dende as dimensións psicolóxica, física e cultural: atravesando a experiencia sinestésica e debullando as diversas capas de significado edúcase a sensibilidade visual, creativa e emocional. O libro será presentado o próximo 7 de decembro na libraría Berbiriana, en A Coruña.
Como nace a obra 'Paleta Planeta'? Xa temos varios libros en colaboración Xosé Tomás e máis eu e, se ben en anteriores ocasións partía máis en orixe de textos meus, en Paleta Planeta xurdiu case antes a idea da parte visual de que os textos. Existía esa idea da proposta plástica e necesitaba tamén unha parte textual que a puidese completar para finalmente chegar ao resultado final. Cando traballo para o público infantil adoito asinar a meirande parte das obras en colaboración con Xosé Tomás. Sobre que versa? A obra trata de educar o sentido e o gusto plástico, a educación visual acompañándoa da interpretación e das emocións. Vincular cores a sensacións, emocións... todo nun clima moi sinestésico no que moitos sentidos teñen que ver uns con outros. É dicir, impulsos visuais que se relacionan con impulsos auditivos e demais sentidos que se relacionan moito entre eles. Son poemas no medio dun clima moi onírico e cheo de fantasía. Cada dobre páxina é un impacto de cor vinculado a un ton da paleta e, nel, bórranse as fronteiras da narrativa e da lóxica. Porén, superpóñense as impresións vinculadas a un mundo, no que, se acaso, si que aparecen as viaxes, o amor pola natureza... Chegan ser pequenas historias nas que desaparecen os límites físicos da realidade. En cada unha destas composicións, créanse pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo. Trátanse de textos rimados, como adoito facer sempre para público infantil, no que desaparece a secuenciación lóxica. O álbum, en xeral, céntrase na conexión entre as artes, un cosmopolitismo non eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas. Que proxectos ten para o futuro? No 2020 saíu unha antoloxía bilingüe galego-castelán da miña obra e tamén a edición de Segunda Lingua en inglés, un poemario para adultos. Continúo a escribir poesía para adultos, pero todo se verá ao seu debido tempo. Agora estamos co lanzamento deste libro, que saíu hai un par de meses e cremos que pode ser un fermoso agasallo de Nadal. Traballa o gusto polo visual dando claves interpretativas de como as diferentes cores poden asociarse a diferentes emocións, fóra de estereotipos e fóra de lugares comúns. Xa houbo varias recomendacións lectoras por parte tanto de librarías como de rapazada e outros escritores que auguran un bo futuro para a obra. Cal cre que é a situación actual da poesía no ámbito da literatura galega infantil e xuvenil? Sempre se pode facer máis, por suposto. Preocúpame moito a educación do gusto pola poesía dende a rapazada máis cativa, xa que eu tamén puiden enganchar con este xénero dende ben nena, pero tamén temos algúns bos exemplos entre os nosos autores e autoras traballando neste eido. Poderíase dicir entón que non é un xénero esquecido dentro do mundo literario infantil. Non, claro. De feito, tamén temos premios nacionais traballando neste ámbito, na poesía para xente cativa. Non é un terreo, o da literatura infantil, no que coxeemos de máis na Galiza, pero convén seguir traballando e non esquecendo o xénero poético. Os datos do pasado ano que fan referencia aos clubs de lectura escolares falaban dunha escasa importante na presenza de títulos en verso.
NOS_53452
Un veciño de Tui sancionado con 601 euros por saír a un parque infantil coa súa filla
O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra ditou a primeira sentenza de Galiza na que revoga unha multa por saltarse o confinamento tras o recente fallo do Tribunal Constitucional que declarou nulas as restricións de circulación do primeiro estado de alarma. Nela, o maxistrado acolleu o recurso interposto contra a Subdelegación do Goberno de Pontevedra por un veciño de Tui sancionado con 601 euros por saír a un parque infantil coa súa filla. A administración, polo tanto, deberá devolverlle 300,50 euros, que foi a cantidade que abonou ao acollerse ao desconto por pronto pago. O xuíz lembra na resolución que a prohibición de circulación establecida no Real Decreto 463/2020, polo que se decretou o estado de alarma, "acaba de ser declarada nula polo Tribunal Constitucional". Ademais, salienta que na sentenza se sinala "con carácter expreso" que esa declaración de nulidade afecta, retroactivamente, ás sancións administrativas impostas por incumprir o confinamento. Neste caso concreto, o recorrente, que se atopaba nun parque infantil do paseo de Tui ás 18.40 horas do 31 de marzo de 2020, acompañado pola súa filla, foi multado "única e exclusivamente por incumprir, sen causa xustificada, a prohibición de circulación". O demandante explicou no xuízo que se viu obrigado a baixar ao parque porque a menor "entrou en estado de ansiedade tras varios días de encerro". O Estado, segundo a sentenza, solicitou "a suspensión do proceso por descoñecer o contido detallado da sentenza do Tribunal Constitucional, á espera de que se publique no BOE". O maxistrado, con todo, entende que non é necesaria esa espera "pola sinxela razón de que no recurso de inconstitucionalidade foi parte o Poder Executivo, representado e defendido polo avogado do Estado, quen recibiu xa a notificación do contido íntegro da sentenza, que se publicou completa hai xa uns días na web oficial". Ademais do fallo do Tribunal Constitucional, o xuíz advirte de que, neste caso, concorre outra causa adicional de anulación da multa, "por infrinxir os principios de legalidade e tipicidade", pois o recorrente e a súa filla regresaron ao seu domicilio cando llo requiriron os axentes da Garda Civil. Así, lembra que todos os xulgados contencioso-administrativos da provincia de Pontevedra emitiron "multitude de sentenzas sobre casos análogos" nas que anularon as sancións ao non desobedecer os multados unha orde directa ditada por un axente da autoridade, senón os mandatos dunha disposición de carácter xeral. Contra a resolución, que impón á Administración do Estado o pago das costas do litixio, non cabe interpoñer recurso.
NOS_2488
Desde 20 de março de 2003, quando os EUA invadiram o Iraque, já morreram mais de 112.000 civis. Neste domingo, uma explosão matou 10 pessoas na cidade de Bassorá - o atentado já foi reivindicado pela Al-Qaeda. Em entrevista, que aqui divulgamos, Maggie O'Kane fala sobre o documentário do "Guardian", que expõe a ação dos EUA no conflito sectário no Iraque. Esquadrões da morte responsáveis de millhentos asasínios de civis iraquianos.
Neste domingo, 17 de março, um carro armadilhado à entrada da cidade iraquiana de Bassorá provocou a morte de, pelo menos, e 16 feridos.Um estudo, divulgado pelo Iraq Body Count, assinala que desde 20 de março de 2003 já morreram entre 112.017 e 122.438 civis no Iraque. De acordo com o Iraq Body Count, contabilizando combatentes de ambos os lados da guerra e mortes não documentadas, o número total de vítimas mortas no conflito pode ultrapassar as 174.000 pessoas.Um documentário do jornal britânico The Guardian, intitulado James Steele: America's mystery man in Iraq, expõe o papel dos Estados Unidos no conflito sectário do Iraque.Em entrevista con Paul Jay do The Real News Network, Maggie O'Kane, produtora executiva, fala sobre a história exposta no documentário, sobre o papel do coronel James Steele de apoio à tortura, a esquadrões da morte e no brutal conflito sectário no auge da Guerra do Iraque, sublinhando que os relatórios de Steel eram entregues diretamente a Rumsfeld e Cheney.Maggie O'Kane: não se discute que o que foi feito lá pode ter sido pensado e planeado para evitar que os insurgentes continuassem a matar soldados dos EUA. Não se discute também se teria sido possível evitar a guerra civil no Iraque. Esses são outros problemas. O que se discute aqui é que a ação de Rumsfeld, que armou um grupo sectário, usando para isso gente como o coronel Steele e o general Petraeus, teve efeitos catastróficos na sociedade iraquiana. No auge daquela guerra civil em 2006, morriam quase 3.000 pessoas por mês, só de vítimas dos confrontos entre grupos sectários. A ação dos norte-americanos, naquele caso, fez do Iraque um inferno. (...)O pior de tudo que os EUA fizeram lá foi a decisão de "limpar" o exército e a polícia, extraindo dessas corporações todos os membros do Partido Ba'ath. Se se compara, é mais ou menos como, em 1989, quando, mesmo depois do fim do comunismo, todos, nos países comunistas, eram membros do Partido Comunista. No Iraque aconteceu o mesmo, porque imediatamente antes da intervenção norte-americana tudo – saúde, educação, todas as estruturas do estado estavam sob controle do Partido Ba'ath.Os EUA, nesse contexto, decidiram "limpar" todas as estruturas, expulsar todos que estivessem no Exército, na Polícia, todos os militares. Claro que muitos, nessas corporações, eram pessoas decentes, que lutavam para sobreviver como podiam, no país que tinham. Os EUA decidiram "limpar" tudo a ferro e fogo. E assim criaram no Iraque um vácuo gigantesco, que só aumentou, até que os EUA descobriram que haviam criado aquele vácuo. Então decidiram "preencher" aquele vácuo, o mais rapidamente possível, com outra força sectária, diferente da anterior. E passaram a armar os sunitas, para que se encarregassem de matar os xiitas, os quais, então, matavam soldados norte-americanos como moscas. (...)Não sei se os norte-americanos sabiam que o resultado final seria o que temos hoje, nem se procuraram ativamente esse resultado. Não tenho provas que me permitam afirmar que sim, que sabiam que o resultado seria esse e que o procuraram.Alguém sabia, naquele momento, que aquela estratégia implicava risco grave, que era perigosíssima?Sabemos, de depoimentos de altos funcionários do governo do Iraque, que aqueles e outros altos funcionários alertaram o general Petraeus, o establishment nos EUA e muitas lideranças políticas nos EUA, no sentido de que não continuassem a armar grupos xiitas sectários; e não entregassem o Ministério do Interior a alguém (como o ministro que já havia sido posto lá pelos EUA) que nutria ódio patológico aos sunitas, Solagh [...] (que perdera 12 membros da família, executados durante o governo de Saddam Hussein [sunita]). Era evidente que aquele homem recebera um poder que não tardaria a explodir, como adiante, de facto, explodiu. Houve inúmeros avisos. O general Petraeus foi diretamente alertado. Todo o establishment político norte-americano foi alertado. Todos os avisos e alertas foram ignorados.Paul Jay: Por aqui, reza a narrativa oficial que os sunitas eram brutais e violentos (no Iraque), degoladores, torturadores. Praticamente não há noticiário sobre violência xiita contra sunitas (no Iraque). Mas, agora, a sua investigação mostra que o coronel Steele sempre esteve ativo na prática de torturas; e todos os relatórios de Steele eram entregues diretamente a Rumsfeld. Ninguém pode dizer que os mais altos escalões do governo não soubessem do que se passava no Iraque.Maggie O'Kane: Em certo sentido, foi até pior que isso. O trabalho do hoje aposentado coronel Steel era supervisionar vários dos centros de detenção e tortura. Acreditamos que tenha chegado a haver 13 desses centros, centros secretos de tortura, para onde eram mandados os detidos. Vários desses detidos nada tinham a ver com a insurgência.Não há dúvidas de que estava implantado ali um processo, uma rotina, na qual a tortura era meio para obter informação de "inteligência humana" que pudesse ser usada pelos norte-americanos e pelos "commandos" especiais de grupos xiitas, coordenados pelos EUA. Em vários sentidos era, sim, processo altamente organizado. Não temos dúvidas – e o documentário comprova – que o coronel Kaufmann, que reportava diretamente ao general Petraeus, e o coronel aposentado Steele sabiam perfeitamente dos centros de tortura e do que lá acontecia e entregaram aos seus superiores listas de pessoas que haviam sido sequestradas e torturadas exclusivamente para extrair informação.Paul Jay: Tortura é crime de guerra. Vi, no seu documentário, que o coronel Steele não apenas não foi preso e julgado como, de facto, foi condecorado. O seu filme leva à conclusão de que é preciso levar aos tribunais, para julgamento, não só o coronel Steele mas toda a cadeia de comando envolvida nesse tipo de tortura?Maggie O'Kane: O nosso documentário visa apenas expor factos que puderam ser investigados e confirmados. Em todo o nosso trabalho, a maior dificuldade sempre foi a distância que há entre militares dos EUA nessa área e os commandos de iraquianos que matavam em campo, mesmo que com armamento, munição e espionagem que lhes era fornecida por norte-americanos. Havia uma espécie de "negabilidade à distância". Procuramos usar o nosso trabalho de jornalismo de investigação para estabelecer que, sim, havia relações entre eles, ouvir pessoas que viveram dentro desses centros de detenção e tortura sobre as relações que mantinham com militares dos EUA; saber qual, especificamente, era o papel do coronel aposentado Steele e do coronel Kaufmann. Isso feito, o nosso trabalho, como jornalistas, você sabe, foi apenas expor os factos.Agora, há perguntas a serem feitas. Quero dizer... Uma das perguntas que gostaria de fazer é por que a imprensa-empresa nos EUA – com o devido respeito a vocês – mas... Por que todos relutam em seguir adiante, a partir das provas que reunimos nessa investigação que se estendeu durante 17 meses? Talvez... As pessoas desejem esquecer tudo isso. De facto, não são perguntas que nos caiba fazer, a nós, à equipa com a qual trabalhei. O nosso trabalho é recolher a informação e obter provas e depoimentos de quem viu acontecer. Acho que o filme reúne material substancial para provar que, sim, os EUA têm muitas questões a responder.Paul Jay: É. Prometo perguntar a uns e outros por aí. Nós, do The Real News Network, não tivemos e não temos qualquer problema, e acompanhamos regularmente o trabalho de vocês. Mas, sim, não há dúvida, grande parte da imprensa nos EUA não trabalha assim. Vai-se ver, estão todos a fazer o que o presidente Obama mandou: "Olhar adiante, não olhar para trás". Disse também que não permitiria investigação, nem de atividades ilegais. Há muitas provas de que houve tortura em vários casos, nenhum deles objeto de processo ou investigação.Maggie O'Kane: Um dos factos que comprovámos, ao mesmo tempo fascinante, para qualquer jornalista, e também muito deprimente, é que o coronel Steele começou a trabalhar em El Salvador em 1984, recolhendo informações naquele país e, essencialmente, pelo mesmo processo. Seria importante que os EUA investigassem tudo isso...Na verdade, trabalhando como correspondente estrangeira e correspondente de guerra, o que se aprende é que... – há um idioma inteiro só de eufemismos, quase tudo que tenha a ver com contrainsurgência e coleta de informações de segurança. Em todos esses casos, fala-se, sempre, de tortura. Estamos a falar, aqui, de iniciar uma guerra civil no Iraque. E digo, como quem fez 17, 18 filmes lá, e sinto que o legado deve ser o que aprendemos dos nossos erros. Artigo tirado de Esquerda.Net
PRAZA_13102
O F.C. Barcelona e o Athlétic Club de Bilbao son dous equipos incómodos para o nacionalmadridismo, esa expresión futbolística e xornalística do nacionalcatolicismo, cuxa voz de orde nestes casos é non mesturar fútbol con política. Imposible. Fútbol e política comparten espazos desde sempre. A existencia dunhas seleccións nacionais —e a prohibición doutras, por certo— é, por exemplo, unha expresión netamente política. E non a única.
Primeiro, convénnos comprender que non falamos de nada importante, de nada que transforme as nosas vidas, aínda que condicione algúns estados de ánimo e certas reaccións instintivas. Despois, paga a pena comprender que nese espectáculo as cargas identitarias son poderosas. O fútbol apela ao primario, por iso quizais resulta tan tribal. A paixón polas cores non se pode explicar desde a razón. No fondo, e permítaseme a herexía, é como o amor á Patria. Poida que cunha boa inxección de adrenalina, pero isto do fútbol sempre atopa válvulas de escape para desviar os focos de presión A final da Copa do Rei é soamente un partido de fútbol no que se xoga un trofeo secundario e xa está. Mais cando se xuntan vascos e cataláns, xa se sabe que pode mesmo arder Troia. Entón, o nacionalismo español, que nunca se recoñece como o que é, recacha o dente. Que seguidores do F. C. Barcelona e do Athlétic Club de Bilbao asubíen o himno e a bandeira e a familia real española e o que faga falla abrouxar altera de golpe coma un trebón tóxico a regularidade existencial dos súbditos do Reino. Poida que cunha boa inxección de adrenalina, pero isto do fútbol sempre atopa válvulas de escape para desviar os focos de presión. A España nacional lidera a resposta á afronta, como ocorre sempre. Desde unha patriótica manifestación ultra que orará altiva e gallarda contra a inminente creba da unidade sagrada de España ata Esperanza Aguirre, que volve gozar no onanismo patriótico-totalitario. En España, un par de pelotas sempre tivo máis valor ca un par de neuronas. Por certo, para que os fascistas se manifesten, algunha autoridade ten que dar permiso. O F.C. Barcelona e o Athlétic Club de Bilbao son dous equipos incómodos para o nacionalmadridismo, esa expresión futbolística e xornalística do nacionalcatolicismo, cuxa voz de orde nestes casos é non mesturar fútbol con política O F.C. Barcelona e o Athlétic Club de Bilbao son dous equipos incómodos para o nacionalmadridismo, esa expresión futbolística e xornalística do nacionalcatolicismo, cuxa voz de orde nestes casos é non mesturar fútbol con política. Imposible. Fútbol e política comparten espazos desde sempre. A existencia dunhas seleccións nacionais —e a prohibición doutras, por certo— é, por exemplo, unha expresión netamente política. E non a única. Pero isto da política é coma o gato de Schrödinger: é e non é ao mesmo tempo. Ou sexa, é política que se mestura co deporte facer visibles certas opcións inconvenientes. Non é política, porén, o que expresa os consensos. Por exemplo, cando no Estadio Santiago Bernabeu, que leva o nome dun importante personaxe do franquismo, senta Aznar no palco ou se canta Puta Catalunya ou se exhibe impudicamente bandeiras e símbolos fascistas e nazis ou se lles chama terroristas aos vascos ou se fai apoloxía do mal gusto cantando "Y viva España" contra galegos e cousas así, non se fai política. Son lerias de afeccións afervoadas. Algunhas, consideradas modélicas mesmo que se mofen do asasinato de Aitor Zabaleta a mans de grupos fascistas seguidores do Atlético de Madrid. O nacionalismo español sempre se sentiu cómodo en certas condicións ambientais. Non é política, porén, o que expresa os consensos. Por exemplo, cando no Estadio Santiago Bernabeu, que leva o nome dun importante personaxe do franquismo, senta Aznar no palco ou se canta Puta Catalunya Sería unha hipérbole dicir que o réxime español é fascista. O fascismo é algo moito máis serio ca un simple termo despectivo. Pero si que hai discursos de matriz fascista próximos ao Estado e tamén en amplas zonas periodísticas e futbolísticas, discursos que evitan todo contacto coa razón, emitidos directamente para as vísceras co obxectivo de excitar os instintos tribais máis primarios. Non convén esquecermos que o réxime é constitutivamente franquista e nacionalcatólico. Tamén nos seus símbolos: desde un himno e unha bandeira restaurados por Franco ata unha monarquía lexitimada nunha decisión do ditador. Quen sabe se ese franquismo constitutivo ten algo que ver co rexeitamento que pode expresarse tamén nun campo de fútbol. Eu teño a sensación de que moi poucos asubiarían o Himno de Riego, o Presidente da República ou unha bandeira tricolor. Apenas, talvez, aqueles que vestidos coa camiseta de España asubiaban A Marsellesa nos campos de fútbol. No fútbol hai identidade. Hai bandeiras, símbolos, nacións e patrias das linguas e das culturas. Negalas non as fai desaparecer. O Athlétic Club de Bilbao e o F.C. Barcelona son tamén sinais de identidade en por si No fútbol hai identidade. Hai bandeiras, símbolos, nacións e patrias das linguas e das culturas. Negalas non as fai desaparecer. O Athlétic Club de Bilbao e o F.C. Barcelona son tamén sinais de identidade en por si. E esa condición histórica de ambos os clubs ocasiónalles unha repugnancia repetitiva a moitos xornalistas, medios de comunicación e afeccionados. Ao nacionalmadridismo en xeral, por entendernos. Esperanza Aguirre fai parte do negocio. Nada novo, nada estraño. En realidade, é doado advertir un noxo non disimulado ao diferente, unha concepción totalitaria da vida pública que cristaliza no eterno recurso á represión, á prohibición, á castración, a negación cultural, nacional, lingüística. O escándalo público cando un futbolista, adestrador ou presidente catalán emprega a súa lingua nos seus discursos públicos O escándalo público cando un futbolista, adestrador ou presidente catalán emprega a súa lingua nos seus discursos públicos. E todo iso é así porque o totalitarismo de constitución franquista e nacionalcatólica non sabe practicar o exercicio da dúbida e da pregunta. Por que as afeccións de dous equipos se manifestan pacificamente contra símbolos que non consideran propios? Esa pregunta sería suficiente para empezaren a comprender. Pero non a fan. Non a farán nunca. Non teñen dúbidas. Son constitutivamente franquistas.
NOS_52910
O cabeza de lista de Nós pola Coruña chama ao electorado a mobilizarse "para non laiarnos o 21 de decembro, se o 20 non conseguimos que Galiza estea presente no Congreso".
Que pode aportar Carlos Callón se é deputado? A experiencia do meu activismo durante anos. E ser unha voz, igual que os meus compañeiros e compañeiras de Nós Candidatura Galega, unha voz insubornábel na defensa de Galiza e na defensa dunha política coherente de esquerdas. Nunca, nunca, nunca vou a votar contra dos intereses de Galiza. En campaña sinalaches ese punto como principal diferenza respecto doutras formacións. Que implica? É a diferenza a partir da cal se explica o resto. Por exemplo, nós temos disciplina de país, non disciplina de partido. E iso se vai a notar en moitas cuestións. Se temos que debater sobre o naval, defenderemos que a carga de traballo sexa para Ferroltera, non imos entender que toda vaia para Cádiz. Ao mellor unha forza estatal, como aconteceu moitas outras veces, vai defender o contrario. Mesmo representantes que poidan saír elixidos en Galiza. Falo, por exemplo,dos mariñeiros do cerco, coa cota de pesca que distribúe o goberno español. É moi habitual que Galiza se utilice como moeda de cambio. Por iso nós imos colocar sempre os intereses do país enriba da mesa. Sempre imos colocar Galiza na axenda política, e nunca imos votar en contra. "Nós non andamos modificando o noso programa a golpe de sondaxe". Que significa ser unha esquerda coherente? Nós non andamos modificando o noso programa a golpe de sondaxe. Hai grupos que pretenden para captar máis electorado ir cambiando o seu programa cada tres meses. Nós mantémonos claros nas nosas liñas: defensa do ensino público, defensa da sanidade pública ou o non contra a OTAN e contra toda tentativa imperialista. Falando de sondaxes, a maioría agoira un mal resultado para Nós. Nós Candidatura Galega é continuadora do traballo político do BNG. Por iso sabemos cantas veces as sondaxes deron un mal resultado ao nacionalismo galego, mesmo moitas veces o deron por desaparecido, e se acabaron superando esas sondaxes grazas ao optimismo da xente. Podemos superalas se a xente se activa e se mobiliza. Por iso chamo a todas as persoas que sintan o país, que sintan Galiza, a que se activen no que queda de campaña. E que fronte a campaña teledirixida do bipartidismo a catro, traballen na rúa para facer chegar a nosa mensaxe. De nada serviría laiarnos o 21 de decembro, se o 20 non conseguimos que Galiza estea presente. Xa sabemos que significa. Antes de chegar o nacionalismo galego ao Congreso hai vinte anos, ningún dos representantes das forzas estatais colocaban ao país en primeiro termo. E cando ninguén fala polo país, acontece que acaban gobernando o teu país. "Podemos superar as sondaxes se a xente se activa e se mobiliza". Es unha persoa moi vinculada á lingua, a cultura e o ensino no país. Cales son as liñas principais da vosa proposta? Sobre a lingua, garantir a plena oficialidade do noso idioma. A Administración central do Estado actúa como se o galego non fora oficial. Vémolo en Facenda, na Garda Civil... É como se o galego non fora oficial. Tanto nas dependencias que teñen no país como cando queres facer unha xestión electrónica. Garantir que o galego sexa plenamente oficial en igualdade co castelán, esa é a reivindicación fundamental. Despois, no ámbito da cultura reclamamos que, posto que as competencias están transferidas, desapareza o ministerio de Cultura e se garanta a xestión completa dos recursos por parte do goberno galego. Iso si, naqueles asuntos como pode ser o Instituto Cervantes, hai que garantir que a cultura galega sexa tratada en igualdade respecto doutros idiomas oficiais do Estado, non existe esa potenciación internacional, que serviría para dinamizala. E sobre educación, a prioridade é sumar forzas para derrogar a lei Wert e garantirmos a transferencia da xestión das bolsas. Un ensino galego, público, laico e de calidade, que son vellas reivindicacións do nacionalismo, e que mantemos como horizonte cara ao que avanzar. "Temos unhas potencialidades económicas enormes, e por decisión políticas non se poden desenvolver". "Vivimos a vida pobre dun país rico". Unha das frases que máis utilizaches en campaña. Por que? A frase é de Valentín Paz Andrade. El constataba igual que ocorre hoxe que economicamente temos unhas potencialidades enormes, que poderíamos ser vangarda económica, e que por decisión políticas non se poden desenvolver. Eu son de Ribeira, unha vila pesqueira importante. Cando eu era neno, hai 30 anos, Galiza era a terceira potencia pesqueira mundial, só por detrás do Xapón e dos Estados Unidos. A día de hoxe estamos no posto 50 e caendo. No ámbito gandeiro, o mesmo. Temos unhas das mellores condicións do planeta para crear riqueza agraria, e vemos como retrocedemos. Ou o caso da enerxía eléctrica, que somos a primeira potencia do Estado español, e non nos beneficiamos, temos todos os custos medioambientais pero non supón ningún beneficio. E poderíamos por moitos máis exemplos. Son decisións políticas as que fan que non poidamos desenvolvernos plenamente. Por iso é fundamental que haxa unha voz galega que coloque estes problemas enriba da mesa. Como reverter esa situación? Galiza precisa medidas específicas. Por exemplo, a maioría dos postos de traballo que se perderon no país non están vinculados coa burbulla inmobiliaria. Están vinculados coa destrución dos nosos sectores produtivos. En Galiza encabezamos as horas efectivas de traballo, mesmo a nivel da Unión Europea, e non tanto estamos á cola de salarios no Estado español. Despois o tema do aforro. Non chega unha banca pública, xa existiu no pasado, e non serviu para financiar Galiza senón para drenar o aforro galego. É necesario que exista unha banca pública galega. Pensemos que cada ano vanse 14.000 millóns de euros dos nosos depósitos para financiar a industrialización doutras partes do Estado español. Ou a cuestión das pensións, que son as máis baixas do Estado español, que non se corresponden coa vida de traballo dos nosos maiores. Pedimos que a pensión non contributiva sexa equivalente ao salario mínimo interprofesional e que a contributiva teña un mínimo de 900 euros ao mes.