ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_41743 | O presidente ecuatoriano, Lenín Moreno, fixo oficial a derrogación do polémico 'paquetazo' tras chegar a un acordo coa Confederación de Nacionalidades Indíxenas do Ecuador (Conaie) despois de case dúas semanas de protestas. | O presidente do Ecuador, Lenín Moreno, fixo oficial a derrogación do polémico decreto 883 tras chegar a un acordo coas organizacións indíxenas despois de case dúas semanas de fortes protestas. A derrogación confirmouse coa publicación na Gaceta Oficial do decreto 894, "déixese sen efecto o Decreto Executivo 883 de 1 de outubro do 2019, publicado no Suplemento ao Rexistro Oficial número 52 de 2 de outubro de 2019", sinala. "Procédase, de xeito inmediato, á elaboración dun novo decreto executivo que permita unha política de subsidios de combustíbeis, cun enfoque integral, con criterios de racionalización, focalización e sectorialización, que prevea que estes non se destinen ao beneficio de persoas de maiores recursos económicos, nin a contrabandistas de combustíbeis", estipula o artigo dous do novo decreto 894, que estabelece ademais que a partir desta terza feira, 15 de outubro, os prezos da gasolina e do diesel se manterán até a publicación dun novo decreto. Pola súa banda, o presidentes da Confederación de Nacionalidades Indíxenas do Ecuador (Conaie), Jaime Vargas, deu unha conferencia de prensa esta segunda feira, 14 de outubro, na que anunciou a derrogación do decreto 883 e a "liberación" do pobo. "Perdemos o medo, xa non somos eses indíxenas que nos deixabamos humillar polo Goberno. O pobo ten que expresarse", dixo. |
NOS_20812 | Xosé Bermejo Martín, Xermán Parga Varela, Xosé Bouzón Sobral, Estanislao Fernández, Pedro Villoldo, Ricardo Rosales, Xosé Cajaraville, Baltasar Iglesias, Tomás Cue, Francisco Macías, Anxo González, Xoán Rivas, son os nomes dalgúns demócratas asasinados da comarca de Vigo nas xornadas que seguiron o 18 de xullo de 1936 polo oficial da Guarda Civil Francisco González Rodríguez. | Chamábase Francisco González Rodríguez pero pasou a lista da ignominia como "O Rabioso". Á volta de 1916 colaborou na detención dunhas persoas que viñan de cometer un roubo en Vigo, axudando a esclarecer a identidade dos autores e participando no apresamento de varios deles, entre os que se atopaba un mozo do concello de Lavadores, Xesús Lago Barbeito, coñecido popularmente como "O Rabioso". Mentres eran trasladados ao xulgado de Vigo para prestar declaración, Lago Barbeito conseguía fuxir e leva adiante unha espectacular escapada pola cidade, perseguido por un grupo de números da Guarda Civil que remata cun novo apresamento a mans de González Rodríguez nas augas de Bouzas. Segundo escribe o autor anónimo do libro O que fixeron en Galiza " o sarxento furioso decidiu facer co rebelde un escarmento. Un como estaba e tremilicando pola friaxe, amarrouno polos pulso á cauda do seu cabalo e doutro garda e ao trote lixeiro, levouno a rastras desde Bouzas a Vigo. Cando entrou polas rúas da cidade o sarxento, levando tras de si tal que un trofeo aquel home esgotado, a xente recoñeceu que maior máis terríbel era " a rabia" do axente da autoridade que a do delincuente e quitoulle a este o alcume do "rabioso" para darllo o sarxento da Guarda Civil". Xesús Lago Barbeito, agochado desde o 18 de xullo pola súa militancia libertaria, será asasinado en Vigo o 10 de setembro de 1936 tras ser detido outra vez por González Rodríguez cando tentaba visitar a súa parella en estado de gravidez. Antes de encher de sangue a comarca de Vigo nas xornadas que seguiron ao 18 de xullo de 1936 xa deixará pegadas da súa brutalidade pola Galiza enteira. Nado en Madrid o 24 de xaneiro de 1883, fillo dunha galega de Ferreira de Pantón e dun Guarda Civil, incorporouse ao colexio de gardas mozos aos once anos, ocupando o seu primeiro destino na comandancia de Pontevedra, provincia onde desenvolve o groso da súa carreira profesional, agás dúas estancias na República do Salvador e nas colonias españolas de Guinea. Significouse en agosto de 1917 no combate á folga xeral revolucionaria declarada no conxunto do Estado, recibindo por ese motivo unha felicitación de Afonso XIII nunha real orde asinado no mes de setembro, destacouse en decembro de 1930 na persecución á revolta republicana que remataría cos fusilamentos de Jaca sendo outra vez obxecto de parabéns polo monarca ou sinalouse no período republicano na loita contra o movemento obreiro, cunha grande relevancia nas xornadas de outubro de 1934 pero particularmente nos conflitos do mar da cidade, sendo condecorado pola súa actuación coa "Cruz de San Hermenexildo". A súa participación será decisiva na organización e execución do operativo represivo en Vigo. As posicións ideolóxicas reaccionarias de Francisco González Rodríguez así como as profundas convicións monárquicas eran coñecidas de vello no conxunto da cidade, non debendo desvincular a orde de traslado a Xaén en abril de 1936 co seu compromiso nas tramas golpistas. Porén, non chegaría a abandonar a provincia de Pontevedra, aparecendo no primeiro momento á fronte das forzas fascistas que venceron a resistencia popular en Vigo e sendo nomeado Delegado da orde publica, cargo no que permanece até comezos de febreiro de 1937, momento no que é cesado e destinado a Anadalucía, probabelmente pola súa ligazón coa trama mafiosa e criminal do xefe do campo de concentración de San Simón Fernando Lago Búa. O Rabioso, na súa condición de tenente da Guarda Civil pero sobre todo de Delegado da orde pública en Vigo, dirixiu centos de pesquisas, ordenou e levou a cabo detencións, implicouse directamente nas torturas, correspondéndose o seu mandato cos meses máis duros da represión na comarca de Vigo. O nome d´O Rabioso ficará ligado a ducias de asasinatos de demócratas no sur galego. Se durante moito tempo a memoria popular sinalou a González Rodríguez como responsábel de diversas actuacións criminais, a día hoxe, as informacións achegadas por Xosé Carlos Abad Gallego así como as informacións de testemuñas dos feitos non deixan ningunha dúbida. Sabemos da súa presenza no cárcere do frontón de Vigo dando lectura as listas cos nomes das persoas que ían ser paseadas, así como na recepción de movementos de preso que remataban coa súa morte. Por exemplo, a súa sinatura aparece o 10 de outubro de 1936 recibindo mo cárcere de Vigo aos presos Xosé Bermejo Martín, Xermán Parga Varela, Xosé Bouzón Sobral, Estanislao Fernández, Pedro Villoldo e Ricardo Rosales, aparecendo os seus corpos asasinados o día seguinte sen que mediara ningunha resolución xudicial. Non é a primeira ocasión que o vemos participando directamente nun operativo deste tipo, repetíndose en datas posteriores, polo que a súa presenza na represión paralegal será unha constante neste período. |
NOS_26723 | A investigadora Aurora Marco recibe o nomeamento de Republicana de Honra, outorgado pola Comisión da Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, convencida de que o recoñecemento non é só a ela senón a todas as mulleres que sufriron a represión franquista e ás que lle dedicou os últimos anos da súa vida de investigadora. | Autora, entre outras moitas obras, de Mulleres na guerrilla antifranquista galega (Laiovento), considérase transmisora da voz de todas as mulleres que viron a súa historia silenciada. -Que supón para vostede o nomeamento de Republicana de Honra pola CRMH? Vendo as persoas que foron recoñecidas con anterioridade no inicio preguntábame que facía eu xunto a xente que padeceu tanto como Mariví Villaverde, Isaac Díaz Pardo ou Teresa Alvajar mais eles mesmos puxeron que se recoñecía tamén á voz das silenciadas e eu endendo como un premio á investigación e unha homenaxe a todas esas mulleres, en especial, ás guerrilleiras, ás que lle dediquei catro anos de investigación. Interpreteino como o recoñecemento a todas as mulleres que a historia ocultou. "Comecei a coñecer as súas historias, as traxedias, os traumas e adoptei a decisión de que, mentres teña azos, vou continuar nese camiño, achegándome ás memoria das mulleres represaliadas". -A súa implicación na recuperación da memoria de investigadora pasou a persoal. Que supuxo para vostede ese traballo? De todas as investigacións que levo feito en 43 anos, hai moitas que me encheron de satisfacción como o libro dedicado a Carvalho Calero, o de Avilés de Taramancos ou o Diccionario de Mulleres Galegas mais o traballo para min máis importante é das mulleres na guerrillas. Foron catro anos nos que me impliquei persoalmente porque comecei a coñecer as súas historias, as traxedias, os traumas e adoptei a decisión de que, mentres teña azos, vou continuar nese camiño, achegándome ás memoria das mulleres represaliadas. Desde o ano 2006 centreime na recuperación e divulgación da súa historia en xeral e das guerrilleiras en particular e é por iso que agora digo que a homenaxe é a todas elas. -A súa investigación foi reveladora para descubrir o papel das mulleres na guerrilla antifranquista, un tema nunca antes tratado. Na bibliografía que coñecía sobre a guerrilla había unha monografía sobre Enriqueta Otero e algúns artigos sobre Josefina Abeledo ou Consuelo, mais a descuberta de que esas mulleres foron a columna vertebral da guerrilla foi o que me levou a continuar. O traballo comezou sendo menos ambicioso, pensei facer unha pequena monografía centrándome en determinadas familias, na Rodríguez López, na Gallego Abeledo e nunha de Cabanas na que había varias mulleres que estiveran encarceradas mais nunca pensei que tomaría esta dimensión. Foi tirar do fío e unhas persoas foron levándome a outras e así comecei a percorrer toda Galiza en busca de informantes. Foi un traballo moi gratificante porque comprendín que aquelas traxedias ficaron non só nas persoas senón tamén nas xeracións seguintes. O outro día lía unha entrevista coas psicanalistas Anna Miñarro e Teresa Morandi, que acaban de publicar unha recompilación do seu proxecto "Trauma e Transmisión" na que dicían que esas situacións se transmiten até a cuarta xeración. Salientan que o esquecemento non é posíbel e iso tamén eu o comprobei en primeira persoa. -Cal é a reacción cando as vítimas contan o seu pasado? A xente cando fala libérase dunha carga que levaba enriba por manter en silencio durante tempo esa traxedia. Comprobeino en moitas ocasións pero, en especial, nunha entrevista en agosto do 2006 que me impactou especialmente. Era coa filla e as netas de Carmen Rodríguez Nogueira. Apenas podían falar porque choraban todo o tempo. Querían buscar o recoñecemento para a súa avoa e tamén o seu avó, que fora fusilado antes. Por iso tamén é tan importante o traballo para recuperar a memoria histórica. -Conseguiu falar con algunhas das protagonistas activas na guerrilla? A única que vive é Chelo Rodríguez López á quen fun varias veces a visitar na súa casa nunha illa de Francia. Vai camiño dos 95 anos e eu coñecina en xullo de 2006. A partir dese momento foi unha referencia para min e manteño con ela unha intensa amizade. A forza, a falta de rancor, a valentía e a firmeza dos seus principios deixáranme abraiada. Contou para min todos os momentos tráxicos e duros que viviu e sempre me repetía a mesma frase: "Sigo na loita". A esta altura, a súa loita se concreta no recoñecemento do labor que fixeron as mulleres na guerrilla. Coñecela e a entrevista coa filla e as netas de Carmen Rodríguez marcaron un antes e un despois na miña vida. "Comprendín que aquelas traxedias ficaron non só nas persoas senón tamén nas xeracións seguintes". -Recuperar a memoria segue a ser unha materia pendente con todas elas? Era unha débeda que chegou moi tarde. Na Transición fraguouse a idea de deixar a un lado o pasado, un pacto de silencio inxusto. Desde os anos oitenta varios investigadores a nivel particular comezaron a traballar nese sentido mais o momento definitivo para a recuperación foi a declaración do ano 2006 como Ano da Memoria polo goberno galego. Desde a Consellaría de Cultura promovéronse actos de homenaxe institucional como os da illa de San Simón, apoiouse a investigación, a elaboración de documentais, exposicións e moitas actividades que deron un xiro ao proceso de recuperación da memoria. Desde o 2009 desapareceu o apoio institucional e deuse mesmo un rexeitamento por parte do goberno da Xunta, que defende que non hai que remexer o pasado. Queda aínda moito que facer e as feridas seguen abertas. Temos a obriga de dar esa mínima satisfacción ás familias. Aínda doe ver a negativa como a de onte do PP no Parlamento a outorgarlle a medalla de Galiza a Daniel e Amador. Temos que continuar e ese camiño é xa imparábel. Hai moitas persoas e asociacións de memoria histórica moi activa e medios que nos apoian para seguir adiante. -Cal é o seguinte paso na súa investigación? Decidín, como che dicía, que non penso parar de deitar luz sobre vidas e traxectorias de mulleres represaliadas e estou traballando na biografía da anarquista Joaquina Dorado, unha muller que vai para 97 anos e ten unha traxectoria de compromiso militante admirábel. Unha vez Chelo díxome que eu era a "voz das silenciadas" a gústame verme como transmisora da súa traxedia, sen vivir o seu tempo identifícome coas súas historias. Desde o 2006 non fixen outro tipo de traballo e centrei a miña actividade, desde a investigación até xornadas ou conferencias, na recuperación da súa memoria e así teño vontade de seguir. |
NOS_12111 | A nova onda da pandemia chega no peor momento. A redución dos cadros de persoal e dos medios materiais como consecuencia das decisións do Goberno galego limitan a capacidade de resposta dun sistema sanitario estruturalmente debilitado. A presión concéntrase nesta ocasión nos centros de Atención Primaria. | "A Atención Primaria non está en condicións para enfrontar unha quinta vaga da pandemia", sinala a Nós Diario Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade e médico no centro de saúde de Seixo, en Marín. Lembra que "as condicións non son óptimas porque os centros de saúde están fechados e as decisións políticas e estratéxicas da Administración están a provocar todo tipo de recortes". Neste sentido, destaca que "estamos diante de listas de agarda dun mes en Atención Primaria para unha consulta presencial e hai demoras de 10 días para unha cita telefónica" Martín denuncia que "naquelas localidades con máis presión turística, onde a poboación aumenta de xeito considerábel, non só non se reforza a atención, senón que se reducen os cadros de persoal". Asemade, destaca que "nestes momentos a xente ten dificultades moi serias para contactar cos centros e danse atrasos importantes para que a médica devolva a chamada". "A falla de persoal é escandalosa. O Plan de mellora para a Atención Primaria estabeleceu en 2007 a necesidade de 350 médicos máis, pero desde aquela fóronse producindo moitas vacantes que quedaron sen cubrir polas limitacións á contratación impostas pola taxa de reposición. Máis do 50% das médicas e médicos de Atención Primaria teñen máis de 1.400 tarxetas de usuarias e usuarias", sinala Manuel Martín, quen critica que "é unha ratio moi elevada que supera todas as recomendacións da Organización Mundial da Saúde". O escaso investimento do Goberno galego en sanidade, que destina á Atención Primaria 182,3 euros por habitante, explica esta situación. Segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Sanidade, só inviste menos que a Galiza Madrid, con 147,97 euros, e as Illes Balears, con 178,38 euros. Así, o gasto neste servizo da Xunta é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura; 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61,6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. Ao tempo, outros territorios cunha poboación menos avellentada están por diante, chegando no caso de Andalucía a 220,74 euros por habitante ou no País Valenciá a 196,46 euros por habitante. A secretaria da federación da saúde da CIG, María Xosé Abuín, partilla algúns destes argumentos. "Aos problemas habituais de todos os veráns na Atención Primaria, como a falla de persoal, o fechamento das axendas ou as listas de agarda, súmase este ano o coronavirus. A vaga actual da pandemia aténdese fundamentalmente en Primaria, onde está aumentando a presión asistencial e a ausencia de medios é evidente. Todos coñecemos casos de persoas que botan todo un mes dobrando quendas e con só dous ou tres días libres", destaca Abuín. A presión, na Primaria A presidenta da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, Genma Rodríguez, salienta que a presión se está a centrar en Atención Primaria. "Se nas pasadas vagas da pandemia o problema estivo nos hospitais, agora, por sorte, moita xente non precisa de ser internada, pero si de asistencia sanitaria e esta préstase desde os centros de saúde. Así, por exemplo, boa parte do traballo de rastrexo recae sobre os profesionais de Primaria, fundamentalmente das enfermeiras", sinala Rodríguez. "A metade dos postos de persoal de enfermaría nos meses de verán están sen cubrir nos centros de saúde", afirma Rodríguez, quen critica que a Consellaría se preocupa esencialmente de "reforzar os hospitais, cubrindo as baixas provocadas polas vacacións de moitos facultativos, pero non atende as necesidades que xorden en Atención Primaria". Rodríguez denuncia que "a Atención Primaria é considerada como secundaria e as enfermeiras especialistas en familia son derivadas a outros servizos, polo que o modelo non é eficiente ao non aproveitar os recursos". |
NOS_40592 | A aplicación das medidas lexislativas aprobadas polo Goberno Central e o fechamento do rexistro de preasignación fan imposíbel a materialización real do Concurso Eólico do Goberno Feijóo, sinalan desde o BNG | O deputado do BNG Fernando Branco Parga denunciou que coa aplicación das medidas lexislativas aprobadas polo Goberno Central, en concreto coa suspensión das primas a renovábeis e o fechamento do rexistro de preasignación é imposíbel a materialización real do Concurso Eólico do Goberno Feijóo. Branco Parga argumentou a afirmación aludindo ao Real Decreto-Lei 1/2012, ao Informe da CNE que só prevé 1.474 Mw eólicos novos até o 2015 e a distintas declaracións públicas do propio sector que cuestionan a súa viabilidade sen primas, ante o que o Director Xeral de Industria, Bernardo Tahoces, continuou insistindo en que o Concurso segue adiante. Porén, tivo que recoñecer que ningún Mw deste Concurso entrara no Rexistro de Preasignación, que estivo aberto entre xuño de 2009 a Xaneiro de 2012, requisito imprescindíbel para permitir a instalación de parques Eólicos. O director xeral tamén quixo desvincularse do cronograma anunciado no seu día pola Consellaría de Industria, onde fixaba o comezo de 2012 como data prevista para a entrada en funcionamento dos aeroxeradores. O deputado nacionalista quer lembrar que o propio presidente Feijóo considerou este Concurso Eólico como o gran plano industrial do seu Goberno e que, segundo el, ía xerar 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros. "Estamos diante doutro grande fracaso do Sr. Feijóo, semellante á perda das entidades financeiras galegas, que amosa a falla dunha política industrial, como reflicten os dados dos últimos 19 meses do Índice de Produción Industrial, onde Galiza está permanentemente no furgón de cola". |
NOS_50615 | A inauguración en Compostela do novo centro comercial Carrefour - As Cancelas non ficou exenta de polémica. Numerosas foron as persoas que se achegaron até o impoñente edicifio de 50 mil metros cadrados a estrear para berrar contra o uso de produtos reclamo como o leite, contra unha política lingüística onde o galego non ten cabida, contra a destrución de postos de traballo no pequeno comercio e contra o modelo de consumo que se promove desde as grandes superficies | O centro comercial As Cancelas abriu hoxe as súas portas. Máis unha grande superficie que virá destruír catro postos de traballo en pequenas tendas por cada un que se cree novo, segundo datos asociación de comerciantes Compostela Monumental. O alcalde da cidade, Ángel Currás (PP), foi o encargado de cortar a cinta na inauguración deste negocio privado que recibiu tamén beizón relixiosa. Serán 50 mil metros cadrados a repartir entre transnacionais como Carrefour ou Inditex e as súas filiais. O impoñente edificio xuntou máis de 7 mil visitas na primeira hora após a súa apertuda, 50 mil en toda a xornada. Por un prezo digno para o leite Até as portas da grande superficie fóronse achegando ao longo do día diversos colectivos para protestar contra a política lingüística, en defensa do pequeno comercio e en prol da produción local e contra o uso do leite como produto reclamo. Chegaron primeiro @s gandeir@s. Ao redor de 500 percorreron varios supermercados das firmas Gadis, Alcampo e Carrefour e, após accederen ao interior, retiraron dos andeis os cartóns de leite cuxo prezo estaba por debaixo dos 56 céntimos para deixalos depositados nas caixas de cobro. Polo dereito a mercar en galego Responsábeis das centrais sindicais destacaron que desde o 5 de xuño seguen a agardar a que o PP cumpra a súa promesa e procure solucións ao "colapso económico" das comarcas leiteiras. Mostraron tamén o seu rexeitamento á lei da cadea alimentaria, que "bendí o dereito de pernada da industria e da distribución" en detrimento de quen produce. Ao redor do mediodía arrincou a segunda protesta. Unha comitiva da Mesa revolveuse en contra da exclusión da nosa lingua nesta grande superficie á mesma hora en que o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e outros altos cargos do PP abandonaban o centro comercial após participaren nun acto de inauguración realizado integramente en español. Queixáronse @s manifestantes de que o galego fica excluído tanto na comunicación como na publicidade e mesmo na sinalización, supondo tal decisión un retroceso respecto do apoio "histórico" que o comercio de Compostela viña dando á lingua propia de Galiza. Para alén dun desfile que percorreu practicamente todos os recunchos, interromperon a entrevista en directo que a televisión pública TVG emitía co xerente do centro comercial, Abraham Cano, quen se negou a respostar en galego. Polo pequeno comercio Á última hora do serán máis unha mobilización volveu interromper unha conexión en directo da TVG. Foi a convocada pola Candidatura do Povo 'En defensa do pequeno comercio, a produción local e o emprego', da que fixeron parte ao redor de dúas ducias de persoas. Con sonoras proclamas que chamaban a atención das numerosas persoas que abandonaban a grande superficie cargadas de bolsas, chamaron a boicotear o Carrefour polos "ruinosos efectos" que esta empresa francesa provoca, efectos que foron denunciados en reiteradas ocasións por diferentes colectivos en defensa dun consumo responsábel e do chamado 'comercio xusto'. Para alén das condicións laborais en que o persoal desenvolve a súa xornada --segundo puido saber este diario os contratos contemplan xornadas de 10 horas á semana para actividades como limpeza ou dobrar pezas de roupa e as entrevistas de traballo foron realizadas en espazos cedidos polo Concello de Santiago--. Desde os andeis de Carrefour non se garanten uns prezos que cubran os custos de produción nin se avoga pola venda directa, eliminando os intermediarios e os beneficios destes. Non se aposta tampouco polos circuítos curtos de produción, preferindo os alimentos da contorna fronte a aqueloutros 'quilométricos'. Polo produto local e os postos de traballo Fronte á maneira de comprar que se potencia desde as grandes superficies, existen en Compostela e na contorna outras alternativas. Cooperativas de consumo alternativo como Eirado, grupos de consumo como Fabas Lobas ou Naviza Ceive, mercados con ampla variedade de produtos locais como o de Lusco e Fusco ou o de Teo e un dos máis visitados: a praza de Abastos. Porén, coa implantación das novas tarifas da ORA para o casco histórico obriga a que quen desexase aparcar o carro nas inmediacións da praza de Abastos e facer a súa compra, disporía unicamente de 60 minutos e non podería voltar polo lugar até pasadas dúas horas. As consecuencias do novo sistema afecta tamén ás persoas que traballan na zona monumental e aparcan na contorna. Canda o diñeiro, o parquímetro reclama o número da placa de matrícula do carro. Cada hora, o carro hai que aparcalo nun punto distinto da cidade. Con todo, o novo centro comercial de As Cancelas dispón de máis 2.200 prazas de aparcamento de duración ilimitada. Diante das consignas berradas ao respecto, consumidor@s que saían do lugar apuntaban que "está claro. Xa nos están a dicir a onde temos que vir comprar".NOTA: A imaxe de portada desta información foi tirada do cómic 'Que é o comercio xusto?', de Iago Araúxo, no que se explican as consecuencias da proliferación de grandes superficies e áreas comerciais en detrimento das pequenas tendas de barrio e das redes sociais que se tecían ao redor desta forma de consumo alternativa. |
NOS_10825 | A CIG, diante das instalacións da EGAP en Compostela, e CCOO, ás portas da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, protestaron contra os "recortes" e a non prolongación do programa ARCO. | Os sindicatos educativos CIG-Ensino e CCOO denunciaron esta quinta feira en Compostela a falta de cobertura de baixas e a finalización do programa vencellado ás necesidades especiais ARCO. Delegadas e delegados da CIG-Ensino concentráronse ante a sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Compostela para mostrar a súa indignación diante o que consideran unha "pandemia dos recortes" no sistema educativo e reclaman "menos ratio e máis docentes" para asegurar a atención aos menores, especialmente aos máis vulnerábeis. O secretario nacional da central nacionalista, Suso Bermello, condenou que a Xunta antepoña "cuestións económicas" ás didácticas e sanitarias a pesar de que nos centros educativos galegos está a maior parte da poboación que non recibiu a vacina. Rexeita que se mantivera a proporción máxima de alumnado por aula en infantil e primaria "por ese concepto inventado" dos 'grupos burbulla' e que agora se agrava coa falta de cobertura das baixas e a non ampliación do programa ARCO. Bermello apunta que este tipo de prácticas "non son novas" e son as que segue a Consellaría cada ano "en vésperas de Nadal, en vésperas de Semana Santa e final de curso", atrasando contratacións ou eliminado a posibilidade de cubrir estas vacantes. O representante sindical engade que nas actuais circunstancias de pandemia a situación empeorou. Segundo datos da central nacionalista mantéñense 193 baixas sen cubrir, das que 131 son de infantil e primaria, a pesar de ser o sector "máis castigado sanitariamente" na actualidade nos centros educativos. Remate do programa ARCO A decisión da Xunta de non ampliar as contratacións vinculadas á iniciativa ARCO foi tamén criticada aínda que desde a CIG non compartan ese modelo de contratos "temporais, a media xornada", e que unicamente é "un parche". Porén, Bermello afirmou que "unha vez que existen non ten sentido que se limiten e botar á xente agora nestas datas". Estes reforzos cesarán o vindeiro 21 de decembro mais algúns entraron a traballar mesmo en novembro polo que só traballarán un mes. Brais Pedreira, do centro San Cosme de Barreiros, denuncia que con esta decisión o alumnado con necesidades quedará "á súa sorte" e "abandonado", polo que pide "que se amplíe" para así garantir a atención destes menores. Petición á Valedora do Pobo Ás portas da Consellaría concentrábase tamén CCOO para esixir a cobertura de baixas médicas nos centros docentes do territorio e denunciar a non prolongación do programa ARCO de apoio, reforzo de competencias e orientación, a pesar de que os centros educativos así o demandan. Este sindicato solicitou á Valedora do Pobo que interceda ante a Administración galega na cuestión das incapacidades temporais e a ampliación do programa ARCO e volveu reclamar estas cuestións ante a mesa sectorial docente. Desde ANPE Galiza advertiron neste órgano negociador que o programa tiña unha duración de tres meses e "quedou de facto nun mes" e denunciou a falta de cobertura de substitucións tanto en primaria como secundaria. |
PRAZA_2881 | Este domingo é día de eleccións e chuvia, pero nin sequera as precipitacións, que irán cesando durante o día, serán escusa dabondo para evitar ir votar. Praza.gal comezará unha cobertura especial da noite electoral ás 19:50, co inicio da emisión radiofónica na que, contra as dez e media da noite, agardamos contar xa con datos definitivos duns comicios apaixonantes. Que elixe Galicia nas xerais? Trece forzas políticas concorren nas circunscricións galegas | Este domingo é día de eleccións e chuvia. Tras un outono que apenas semellou tal, a madrugada do sábad foi de temporal, con ventos fortes e chuvias abondosas no país e tamén noutros puntos da península ibérica. A predición de 4gotas.com para esta xornada electoral indica que durante toda a mañá deste 20-D o electorado galego terá que ir exercer o seu dereito ao sufraxio baixo unha chuvia intermitente, moderada por veces. Pero nin iso será escusa para non ir votar. O portal meteorolóxico indica que, contra o mediodía, o vento comezará a cesar e aínda existirá risgo dalgún ballón. Pero estes serán cada vez máis espallados no tempo e, contra últimas horas da tarde -antes do peche dos colexios, ás oito- xa se poderá ir votar sen apenas risco de nos mollar. Este pequeno contratempo debera ser o único dunha xornada no que un total de 2.705.846 persoas teñen dereito ao voto en Galicia para elixir quen senta nos 23 escanos do Congreso e os 16 do Senado que son elixidos nas circunscricións galegas. Son, segundo os datos definitivos do censo, 17.047 persoas máis que nas anteriores eleccións xerais de 2011 e neles inclúense as algo máis de 80.000 persoas que votan por primeira vez nuns comicios coma estes en Galicia por cumprir 18 anos dende a última convocatoria. Na liña do augurado polos inquéritos, prevese que esta sexa unha xornada de alta participación no conxunto do Estado, con gran afluencia de cidadanía nas 3.996 mesas de todo o territorio galego. A elas chegarán, durante a xornada, os sufraxios emitidos por correo. Nesta ocasión, foron arredor de 54.000 persoas as que elixiron esta vía en Galicia, segundo os datos provisionais de Correos, que aínda poden variar e que non teñen por que corresponderse coa participación definitiva. Plan para a noite electoral Praza Pública inicia a súa cobertura especial das eleccións ás 19:50, hora de comezo da segunda edición de Radio Praza Estas son as condicións nas que se desenvolverá unha xornada tras a que chegará unha noite electoral que se prevé apaixonante. Praza Pública informará do desenvolvemento das eleccións durante todo o día e ás 19:50 comezará a súa cobertura especial por dupla vía: a través das páxinas de Praza.gal, como adoito, e tamén coa segunda emisión de Radio Praza, que poderá ser escoitada dende a páxina principal do xornal. As televisións públicas ofrecerán unha enquisa a pé de urna ás oito e, dúas horas e media despois, o Goberno central agarda ter datos reais case definitivos Este programa radiofónico será o espazo no que, en primeiro termo, analizaremos a partir das 8 da tarde os datos da enquisa a pé de urna encargada pola CRTVG e o resto de televisións públicas. O inquérito, segundo informaron as propias canles, está elaborado pola empresa TNS Demoscopia e nel investiron case medio millón de euros para, a través dunha mostraxe de 177.000 entrevistas -dez veces máis que na preelectoral do CIS-, ofrecer unha proxección cunha marxe de erro "mínima", aseguran. Así e todo, os datos de sondaxes estarán pouco tempo sobre a mesa. Segundo o Goberno central, arredor das dez e media da noite o escrutinio estará moi avanzado e os datos que poida ofrecer serán practicamente definitivos. A través de Praza.gal poderase seguir o reconto dos votos e a asignación de escanos e, asemade, a evolución do procedemento no resto do Estado contará cunha ampla cobertura en eldiario.es. |
NOS_38534 | A deputada Rosana Pérez, do BNG, vén de reclamar que o Ministerio de Interior investigue a actuación da policía nacional en relación á fractura da man do músico Roi Vázquez. | O BNG vén de levar a fractura da man do músico Roi Vázquez nunha actuación policial en Compostela ao Congreso dos Deputados por medio dunha pregunta para a que se require resposta por escrito. Na iniciativa parlamentar, dáse conta do acontecido na noite do xoves 10 de xaneiro cando, segundo a súa declaración e a de testemuñas alí presentes, Roi Vázquez e os seus acompañantes foron parados na rúa pola policía municipal que lles pediu identificación, na noite na que na cidade se produciran altercados despois da concentración que reclamaba a liberdade do mozo independentista Hadrián Mosqueira Pazos, coñecido como Senlheiro. Segundo o relato do músico, os policías sospeitaron que participara nos incidentes, ao que el respondeu que viña de tocar con Narf no pub Modus Vivendi diante de máis de cincuenta testemuños. A policía, ao seguir no relato, tentou inmobilizar o músico e fracturoulle tres falanxes dun dedo e provocoulle, segundo o diagnóstico médico, a perda dun 30% da mobilidade da man. A policía nacional asistiu aos acontecementos e, segundo Roi Vázquez, participou nos feitos, conducindo a unha das persoas que o acompañaban á comisaria. Investigación de Interior O BNG sinala na súa iniciativa que "esta actuación policial debe ser investigada por parte do Ministerio de Interior no que atinxe a policía nacional"."Conculcáronse os dereitos dun cidadán, o que debe levar á demanda de responsabilidades por parte do Ministerio aos axentes implicados nos feitos" apunta a iniciativa presentada por Rosana Pérez. |
NOS_4627 | Colerctivos sociais e sindicais chaman a se concentrar ás 18:00 horas perante o Marco para defender que "a contra-partida á barbarie de París non pode ser a guerra". | Perante o Marco, este sábado 5 de decembro ás 18.00 horas, e baixo o lema 'Galiza pola paz. Non á guerra imperialista'. É a convocatoria que diferentes colectivos e movementos de Vigo e comarca realizan para lembrar que "a Paz é un valor sempre ameazado polo odio e polos intereses imperialistas en todo o mundo. A primeira vítima das tensións bélicas mundiais son os dereitos e a democracia". Entre as e os convocantes están a Asemblea Popular de Vigo, RSP, CUT, Ninguéns, Asemblea Republicana, CGT, Sindicato Ferroviario, STEG, PAH Vigo-Baixomiño-Tui, Acouga, SLG, Queremos Pasar, SAGAP, Plataforma en defensa Ensenada de San Simón, Piratas, FOAMPAS, A. Pensionistas Retornados, Ponte Solidaria, AGABO, Plataforma Cidadá de Redondela, Sindicato da Elevación, Plataforma Hepatites C, Fronte Cívica e Foro Social de Cangas. "A contrapartida á barbarie de París non pode ser a guerra, e si a desactivaciòn das ofensivas internacionais que deixan tras de si regueiros de medo, torturas e matanzas indiscriminadas de milleiros de persoas", manifestan nun comunicado que será lido no acto polo escritor Ásvarez Cáccamo. |
PRAZA_5714 | O que me anima ainda a escrever em normativa institucional, quer dizer com grafia espanhola, é o fato de existir um bom número de pessoas que a reconhecem não só como galega mas como intimamente sua, desde que ligada ao seu próprio jeito de galeguizarem o mundo | O que me anima ainda a escrever em normativa institucional, quer dizer com grafia espanhola, é o fato de existir um bom número de pessoas que a reconhecem não só como galega mas como intimamente sua, desde que ligada ao seu próprio jeito de galeguizarem o mundo. É essa passiva espanholidade, mais común e profunda do que somos capazes de reconhecer, que me merece um grande respeito, até porque eu mesmo não me dou desembaraçado dela e talvez nunca consiga. O fato de vivermos referencialmente em Espanha antes do que na Galiza, como diariamente experimentamos os galegos, deve ter muito a ver com isto. |
NOS_46595 | É difícil desligar a produción poética das outras facetas intelectuais de Carvalho Calero, sobre todo a que ten que ver coa crítica literaria. Máis aínda a que desenvolve no período no que estivo vencellado ao proxecto de Galaxia. | Os seus poemas son absolutamente acordes co ideario da poesía total que defendía nos textos máis teóricos e que sancionaba a política de publicacións da editorial: a perspectiva filosófica, a inclinación transcendental e o culturalismo a través das referencias ao clasicismo grecolatino, á Biblia ou aos mitos de raizame atlántica. Antologia da poesia em galego / Ricardo Carvalho Calero / edición de Paulo Fernández Mirás / Através / 2019 / 239 páxinas / 15 euros As circunstancias históricas tamén dificultaron que se consolidase a súa vocación principal, a de poeta, como el tiña manifestado, agochada polas urxencias de pór en pé un campo cultural galego. Podemos ler a obra poética do ferrolán tendo en conta estes factores, como a biografía lírica dun autor que tivo que cargar co peso da historia, mais que en si mesma tamén desvela a crónica do tempo "dos que tiverom que viver morrendo / entre os seus matadores". Mais podemos lela simplemente como a obra dun poeta, dun bo poeta, que fixo da contradición un dos piares da súa lírica. Xa desde os textos anteriores a 1936, moito máis próximos ao modernismo que ás vangardas, aparece a tensión entre "o ser e o deber ser, / o real e o ideal". A pulsión filosófica que se debate entre a humildade e a soberbia, a terra e o ceo que calla na dicotomía entre sinxeleza horaciana e mito, será unha constante ao longo da súa vida: "Se somos como somos, por que pujo /quem pujo esta arela / de sermos de outro jeito?". Paseniño despóxase dos artificios simbolistas para acoller unha concepción existencialista, cun estilo cada vez máis narrativo, que desemboca no recoñecemento da condición submisa da humanidade, mais así e todo contraditoria. Mesmo na temática erótica e na perspectiva metaliteraria que se proxecta desde un eu escritor, asúmese a incoherencia dos amores clandestinos e os paradoxos aos que se enfronta a voz lírica. Carvalho Calero merece unha lectura como poeta. Calquera dos seus poemarios ou das antoloxías que saíron nestes meses a merecen. Esta ofrece unha panorámica axeitada da súa produción e coherencia lingüística entre tanta controversia. O editor optou por seguir as modificacións ortográficas que realizou o propio autor no final da súa vida e manter a grafía orixinal naqueles textos que non foron revisados. En definitiva, respectouse o último ser, ou deber ser, que fixou o autor. Unha convicción no medio de moitas incertezas. |
NOS_37207 | Nun xesto inédito, a executiva da Real Academia Galega saíu ao paso da polémica suscitada pola designación de Xosé Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas de 2015. Explican que ningún dos seus membros avalou a candidatura, mais aclaran que "asumen" a decisión do plenario. | A designación do autor ao que se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas está a provocar episodios até agora nunca producidos na historia da Academia Galega. Cinco días despois de darse a coñecer o nome de Filgueira Valverde como homenaxeado para o 2015, a executiva saíu ao paso da polémica a través dun comunicado para explicar que ningún dos seus membros avalou a súa candidatura e só se limitaron a cumprir o regulamento da institución. No entanto, din asumiren a decisión do Plenario de dedicarlle a celebración a esta "importante personalidade das nosas letras". Singular é tamén que a Academia faga públicos os avais de cada un dos candidatos presentados á elección. Nun comunicado, a Comisión Executiva indica os nomes dos membros da Academia que avalaron cada un dos candidatos, un xesto único tamén no proceso de elección da persoa homenaxeada o 17 maio. Segundo informan, Xela Arias Castaño foi avalada polos académicos Xosé Ferreiro, Ramón Lourenzo e Antón Santamarina; Carvalho Calero por Francisco Fernández Rei, Manuel Lourenzo e Euloxio Rodríguez Ruibal; Celestino Fernández de la Vega por Rosario Álvarez, Andrés Fernández-Albalat Lois e Andrés Torres Queiruga; Manuel María por Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey, Xosé Luís Regueira e Margarita Ledo e Xosé Fernando Filgueira Valverde por Xosé Ramón Barreiro , Francisco Díaz Fierros, Pegerto Saavedra e Ramón Villares Paz. A Comisión Executiva quere, a través do comunicado, aclarar o proceso de elección que, segundo lembran, depende do propio Plenario. Informan tamén de que a votación final se decidiu entre Xosé Valverde e Celestino de la Vega, dato que a RAG non fixera público até agora. Nota aclaratoriaCos dados dos que dispuña nese momento, Sermos Galiza publicou días atrás que a de Carvalho Calero fora a candidatura "finalista" e alternativa a de Filgueira Valverde na votación definitiva para nominar a persoa á que se lle dedicaría o Día das Letras Galegas 2015. En realidade, e tal e como esclarece oficialmente a RAG nunha nota feita pública esta tarde, Carvalho Calero non chegou á última votación. Quen o fixo foi Celestino Fernández de la Vega. A confusión que deu lugar a este erro, que lamentamos, ten a ver co feito de que por vez primeira a candidatura de Carvalho Calero tivera un apoio considerábel no plenario da RAG, o máximo de todas as veces que fora presentado, como foi informado a este medio por fontes da propia Academia que manifestaron tamén ter votado pola candidatura do investigador e escritor de Ferrol. |
PRAZA_5023 | Este sábado remata a campaña de crowdfunding iniciada hai corenta días polos promotores da revista de banda deseñada en galego para público infantil e xuvenil. Buscaban un número de subscricións suficiente para manter a publicación, e polo de agora o obxectivo segue lonxe. | "É a fin?" É a pregunta que os responsables da revista Oink! e tamén os seus lectores e lectoras se fan estes días. Este sábado remata a campaña de crowdfunding iniciada hai corenta días polos promotores da revista de banda deseñada en galego para público infantil e xuvenil. Buscaban un número de subscricións suficiente para manter a publicación, un total de 36 mil euros e polo de agora o obxectivo segue lonxe, a pesar de ter recadados máis de sete mil. A revista presentouse este verán cunha declaración de intencións: "O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que darlle esperanzas ás novas xeracións". Un espazo para os talentos galegos da banda deseñada e da ilustración, un espazo tamén para a rapazada, unha alternativa amena e de calidade para nenos, nenas e adolescentes, e ademais en galego, ante a ausencia de publicacións na nosa lingua para o público infantil e xuvenil. "Seguimos pensando que fai falla unha publicación para a rapazada. Todo na TDT é en castelán, parece que estamos borrando do galego toda unha xeración", dicía o seu director, Marcos Ferreira, nunha entrevista publicada en Praza. "Contabamos con estar en todos os colexios de Galicia, en case todas as bibliotecas, e iso non sucedeu", explicaba tamén Ferreira. E dado o custe de impresión e distribución da publicación, e ante a posibilidade de ter que editar a revista nos vindeiros meses por falta de ingresos, a comezos de xaneiro os responsables de Oink! decidiron non imprimir o número 5 e comezar unha campaña de crowdfunding co obxectivo de asegurar a continuidade da revista, que ademais pasaría a ser bimensual, para aforrar custes. Oink! buscaba recadar un total de 36 mil euros, unha cantidade que cubrise os gastos dun ano completo. Ademais doutras moitas recompensas e modalidades de apoio, o groso da campaña eran as subscricións anuais, un total de seis números por 30 euros. E o obxectivo estaba situado nos mil subscritores, unha cifra que aseguraría a continudade do proxecto. "Chámannos pedindo que non pechemos a revista, como se fose algo que dependa de nós. Non podemos seguir asumindo este risco económico, pero estas mensaxes demóstranos que hai interese", dicía Marcos Ferreira. Os responsables da publicación seguen realizando un chamamento para que 900 persoas se subscriban por un ano (30 euros). Esa cantidade aseguraría a supervivencia de Oink! Corenta días despois, a só 24 horas do remate da campaña, o obxectivo segue lonxe. Recadáronse polo de agora 7.346 euros, unha cantidade non pequena, pero que deixa no aire a continuidade de Oink!. En calquera caso, os responsables da publicación seguen realizando un chamamento para que 900 persoas se subscriban por un ano (30 euros) ou lle ofrezan esa subscrición como agasallo a un amigo, fillo, filla ou familiar. Esa cantidade aseguraría a supervivencia de Oink!. En galego e de calidade "Queremos lembrar o que moitas veces esquecemos: os nenos e nenas son capaces de pensar, imaxinar, idear e deseñar cousas incribles. Só fai falla tratalos coma persoas que son e darlles os recursos que precisan para sacar todo ese potencial" Oink! lanzouse este verán buscando levar ao papel, a unha publicación mensual, o mellor daquel Xabarín Club que marcou a unha ou varias xeracións. "Nun tempo en que todo o dirixido á rapazada pasa polas factorías das grandes marcas. Cando todo o que se pensa para nenas ten forma de princesa rosa e para nenos forma de superheroe. Agora que os libros, as películas, a roupa e mesmo os iogures están inzados cheos dos mesmos personaxes infantís co único obxectivo de vender, nace algo diferente". Destacaban que "queremos lembrar o que moitas veces esquecemos: os nenos e nenas son capaces de pensar, imaxinar, idear e deseñar cousas incribles. Só fai falla tratalos coma persoas que son e darlles os recursos que precisan para sacar todo ese potencial". E cunha perspectiva galega: "Dende Galicia ollaremos para todo o planeta, veremos que acontece en lugares moi distantes, pero tamén pescudaremos a nosa terra. Queremos que a mirada local lles demostre que moi preto deles hai cousas incribles que paga a pena descubrir". |
NOS_32881 | Ministerio e goberno galego son contrarios a este tipo de medidas para afectados por xeadas ou secas. As organizacións de produtores galegos piden que se apliquen | As xeadas de finais do pasado mes de abril provocaron importantes prexuízos e perdas económicas aos viticultores de denominacións de orixe de Lugo e Ourense, uns danos con efectos directos na economía desas comarcas. Produtores e organizacións agrarias demandaron desde un primeiro momento o apoio da administración, solicitando que se abrise unha liña de axudas directas para damnificados. Mais desde a Xunta negáronse a dar o paso, argumentando diferentes cuestións, mesmo de carácter legal. Nestas semanas, decorreron varias mobilizacións de viticultores (Ourense, Verín, Ribadavia) reiterando a necesidade das axudas directas. A Rioxa anunciou que ela si que vai dar axudas directas para os produtores afectados pola seca. Racha así co discurso da Xunta e do goberno central de negativa a establecer este tipo de medidas para damnificados por xeadas ou seca. Unha delegación de Unións Agrarias estivo nesta sexta feira no Parlamento para procurar o apoio das diferentes forzas de cara a "impulsar axudas directas aos damnificados como as que ven de aprobar o goberno da Rioxa para os produtores afectados pola seca nas súas explotacións". A organización afirma, nun comunicado, non entende cómo é posible que a Xunta "se peche a librar fondos de apoio aos afectados, establecendo todos os mecanismos de control necesarios para garantir que as axudas cheguen so a quen as precisa, cando sabe que é a única vía para poder rescatar de xeito efectivo aos viticultores que perderon todo en Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras". |
NOS_31973 | A entidade financeira pronunciouse através de Twitter a respeito da polémica xerada sobre o uso da lingua propia na súa publicidade. | Abanca saiu ao paso das críticas após a denuncia pública realizada por CxG e asegura que "o galego é a lingua prioritaria e de referencia" nas súas comunicacións. A entidade financeira fixo estas declaracións através da súa conta oficial na rede social Twitter perante a "preocupación", din, amosada por numerosas persoas após aseguraren desde Compromiso por Galicia que a lingua propia desaparecería das campañas publicitarias de Abanca. Así pois, aseguran que "nada cambiou" e que manterán o uso do galego nas promocións. Até o momento, Abanca combinou o uso do español e da lingua galega nas súas comunicacións. Neste senso, A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou após a compra de NovaGalicia Banco por parte do grupo venezolano Banesco, unha xuntanza co conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas. Porén, aínda non obtivo resposta. Desde A Mesa teñen amosado en diversas ocasións a súa "preocupación" polo "retroceso" que reflicte a presenza da lingua galega nas comunicacións da entidade financeira en relación coas extintas caixas de aforro. |
NOS_27428 | O 90% dos 200 traballadores da empresa de Boqueixón secundan o paro que se mantén de maneira indefinida. A segunda feira terá lugar unha xuntanza de mediación arbitrada polo Consello Galego de Relacións Laborais. | O pasado 1 de xullo o cadro de persoal de Santos, unha empresa radicada en Boqueixón (na contorna de Compostela) inserida no sector da carpitntería e dedicada a cociñas e baños, iniciaba unha folga indefinida. Facíano fartas das condicións económicas e laborais que padecen, após varios anos sen actualización salarial e ante a negativa da patronal a se sentar na mesa de negociación do convenio provincial do sector. O Comité de Empresa, composto pola CIG, a CUT e CCOO (esta última afastouse da convocatoria de greve) fixo diversos intentos por abrir unha vía de negociación sen obteren resultados até esta segunda feira. Logo da xuntanza, convocada de maneira inminente pola empresa e que decorreu por varias horas, a única resposta que se ofreceu por parte da dirección era a súa negativa a negociar nada entrementres non se suspendera a folga. Extremo rexeitado polo Comité. O plantel demanda unha suba salarial de 30€ mensuais O plantel, que atinxe a 200 traballadores e traballadoras, reclama un incremento salarial de 30€ para cada unha das 14 pagas correspondentes aos anos 2014, 2015 e 2016. Reivindican tamén limitar a xornada de traballo para non sobrepasaren as oito horas continuadas. De cara a favorecer a negociación o Comité de Empresa decidiu aparcar polo momento a suba referida ao ano 2016, mais mantendo a exixencia para os dous anos anteriores. En 2012 e 2013 as retribucións aumentaran por baixo do 1%. Ante a negativa da empresa a negociar o conflito ameaza con se enconar. "A única alternativa que nos deixan é continuar coa folga o tempo que faga galla, porque estamos sen incremento salarial desde 2013" explica Manuel Seijas, Presidente do Comité (CIG). A asemblea de persoal acordou por unanimidade manter a greve. "Non se entrará a traballar mentres non haxa un acordo". Esta sexta feira volvéronse concentrar en defensa das súas demandas, un acto que contou co apoio de Anton Sánchez, deputado de AGE e Tareixa Paz, deputada do BNG. Diante da falla de avances na negociación coa empresa, o Comité solicitou a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, que se concretizará na convocatoria dunha reunión a tres bandas (empresa, Comité e CGRL) a se celebrar esta segunda feira. Convenio Segundo denuncian desde a representación sindical a empresa límitase a remitilos ao Convenio Provincial de Carpitenría e Ebanistería. Un convenio para o que nin se iniciou a negociación, dado que a constitución da mesa está pendente de que se reactive a asociación empresarial que aglutina a patronal do sector, que após do fechamento de varias empresas fica inoperativa. Porén, o Comité non está dosposto a agardar por un proceso que podería demorarse moitos meses. "Para o futuro podería valernos ese marco [o do convenio], pero non hai prazos nin nada. Por moi rápido que fora en menos dun ano non habería avanzos", denuncian. ERE Seijas lembra que o persoal de Santos Cocinas e Baños xa aceptara a aplicación dun ERE que supuxera unha redución da xornada, de cara a garantir a continuidade da empresa durante a crise. Mais o cambio de situación, cun incremento das encomendas lévaos a exixir que se lles compensen "os esforzos realizados". |
NOS_56265 | Os 27 socios da Unión, reunidos a nivel de embaixadores, son partidarios de estender o prazo por terceira vez, mais manteñen as dúbidas sobre a súa duración. Boris Johnson, pola súa banda, acepta que haxa máis debate en Westminster sempre e cando as deputadas e os deputados apoien a súa moción de convocar comicios anticipados o 12 de decembro. | A UE non puido pechar un acordo sobre canto durará a nova prórroga da data de saída do Reino Unido do bloque comunitario, co que os embaixadores dos 27 socios da Unión volveranse reunir a vindeira semana. Os diplomáticos dos 27 Estados membros que permanecerán na UE despois do Brexit mantiveron unha xuntanza sobre este asunto na mañá desta sexta feira, 25 de outubro, onde se amosaron partidarios de conceder o adiamento. Neste sentido tamén se manifestou o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, durante un debate ante o pleno da Eurocámara organizado a semana pasada. Tusk sinalou que os 27 farán sempre todo o que sexa necesario para evitar un Brexit sen acordo. Bloqueo en Westminster Pola súa banda, o primeiro ministro británico, Boris Johnson, aceptou que haxa máis debate sobre o Brexit en Westminster coa condición de que as deputadas e os deputados apoien a súa moción de convocar comicios anticipados o 12 de decembro. De ser así, o Parlamento británico tería até o 6 de novembro para tramitar a Lei do Brexit, após a aprobación deste proceso a pasada segunda feira, 21 de outubro. Porén, a oposición desconfía de Johnson, co que se lle complica a consecución dos 434 apoios necesarios, dous terzos do total dos Comúns, para facer posíbel a convocatoria. |
PRAZA_319 | Todas as formacións de esquerdas da cidade adhírense á proposta da CRMH, que pide retirar calquera símbolo da ditadura "nun prazo de tres meses" e cumprir así co acordo plenario. Os alcaldes de Vigo, Lugo e Verín, denunciados por incumprir a Lei da Memoria Histórica. | A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña amosou este mércores a unión de todos os partidos e organizacións progresistas da Coruña, comprometidos a incorporar no seu programa de cara ás municipais a proposta da entidade para a retirada dos máis de trinta símbolos franquistas aínda presentes na cidade e para o cumprimento da Lei da Memoria Histórica. Todas as formacións progresistas da Coruña comprométense a retirar a simboloxía franquista e incluír a proposta no seu programa Representantes de dez formacións (BNG, Anova, Cerna, Compromiso por Galicia, Marea Atlántica, Podemos, EU, PSOE, Equo e Espazo Ecosociaista) apoiaron a Comisión e comprometéronse así, no caso de ter responsabilidades de goberno, a dar cumprimento aos acordos municipais do propio goberno local para a supresión desta simboloxía fascista que se mantén no rueiro coruñés. "Representan unha gran maioría social ao unir todas as organizacións progresistas da cidade; é a unión popular", explicou Rubén Afonso, secretario da CRMH, que aclarou que son ata 16 o total de organizacións da comarca que se adheriron á proposta. "O éxito ten que ser da cidadanía porque será a presión social a que acabe con isto", insistiu Afonso, que asegura "non entender por que se mantén aínda a simboloxía franquista", aínda que aludiu a "intereses electorais" por parte do alcalde Carlos Negreira para non cumprir coa lei e mesmo con acordos do pleno municipal. "Ten un grupo de votantes que son contrarios a retirar esa simboloxía, que el considera importantes e determinantes e que non quere perder; entre 5.000 e 7.000 votos", di Afonso, secretario dunha CRMH que xa enviou ao rexedor a mesma proposta para a retirada do rueiro fascista. Será, non obstante, o resultado electoral quen determine o futuro do rueiro que exalta a ditadura: só a maioría absoluta do PP impediría que non se eliminase de vez. "Negreira mantén aínda a simboloxía franquista por intereses electorais", di a CRMH Logo de que o xulgado do contencioso-administrativo número 4 da Coruña admitise a trámite o recurso interposto pola CRMH polo incumprimento dos acordos municipais, o que obrigará ao Concello a responder ante a xustiza por manter rúas franquistas, a Comisión asegura agora o compromiso de todas as forzas progresistas para acabar con esta anomalía histórica. Nesta proposta, a CRMH solicita a supresión da simboloxía franquista que aínda queda na cidade "no prazo de tres meses" e en cumprimento así do acordo plenario de setembro de 2009 xa que, malia ser licitada a retirada das placas, nada nunca se fixo. A Comisión lembra que deberían suprimirse as denominacións de diferentes lugares como a avenida Calvo Sotelo, peirao de Calvo Sotelo, praza de José Toubes, avenida Salgado Torres, peirao Almirante Vierna, Diego Delicado Marañón, Disciplina (recuperando o seu nome tradicional de Liberdade) ou avenida de Primo de Rivera. Tamén se reclama, entre outras, a eliminación da distinción honorífica de fillo adoptivo a Manuel Fraga, concedida en 1968 polos "servizos prestados á ditadura franquista", así como a Laureano López Rodó, ministro da ditadura; Diego Delicado Marañón, presidente da Deputación no franquismo, José Manuel Pardo de Santayana, gobernador civil na ditadura e xefe provincial do Movimiento e José Calvo Sotelo, que tamén é fillo predilecto. Ademais, a proposición reclama unha lembranza aos funcionarios municipais represaliados e o recoñecemento a todas as vítimas do franquismo por parte do Concello. Denuncia a tres alcaldes galegos por manter símbolos franquistas O compromiso de todas as forzas progresistas na Coruña chega un día despois de que o TSXG dese a razón ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, e permitise manter en pé a Cruz do Castro franquista da cidade, cuxa derruba fora admitida por un xulgado da urbe. O presidente da CRMH da Coruña, Rubén Afonso, amosou a súa disconformidade co ditame e dixo estar "de acordo" co voto particular dunha maxistrada que considera que a supresión do símbolo debería terse levado a cabo en cumprimento coa Lei da Memoria Histórica. "Non é só unha cruz relixiosa, é unha conmemoración das matanzas e fusilamentos levadas a cabo nese lugar por parte dos franquistas", lembrou. Os alcaldes de Vigo, Lugo e Verín son denunciados por manter simboloxía franquista nunha querela que abrangue 38 municipios do Estado, pero non A Coruña Precisamente, Vigo é unha das cidades cuxo alcalde será denunciado por desobediencia ao acusalo de ter incumprido presuntamente a Lei de Memoria Histórica ras non retirar os símbolos que conmemoran a Guerra Civil e a ditadura. Son un total de 38 os rexedores da querela impulsada polo avogado Eduardo Ranz Alonso, entre os que se inclúen tamén o de Lugo e Verín. Curiosamente, A Coruña -unha das capitais que máis símbolos franquistas mantén- non está na listaxe. "Faremos todo o que poidamos para colaborar nunha iniciativa que hai que aplaudir e apoiar", aseguran desde a CRMH da Coruña, que xa levou aos tribunais ao Concello tamén polo incumprimento da mesma lexislación e do acordo plenario. Os escritos de denuncia acusan os alcaldes de desobediencia por ter incumprido a normativa vixente desde 2007 que establece que "as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura". |
NOS_11384 | Tiña 54 anos de idade. En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas. | Era una das grandes mestras da abstracción pictórica galega e vén de deixarnos aos 54 anos, "de maneira inesperada" na súa casa de Coruxo. Berta Álvarez Cáccamo iniciou o seu camiñar na arte nos anos 80 da man do Grupo Atlántica, a partir do cal foi ampliando perspectivas, sendo una das representantes da pintura abstracta e conceptual no noso país. En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas. "Amiga inseparable de aventuras, muller de grande cultura, amena compañeira de faladoiros e entusiasta axitadora do panorama artístico galego", defínena en Chan de Pólvora, a editorial na que publicou canda o seu irmán Pepe Cáccamo a obra 'Tinta de luz', o primeiro libro da colección Udra, especialmente dedicada aos lectores máis novos. Ela poñía as ilustracións e o seu irmán os poemas. Exixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha ollada inquieta, emocional e afectiva Berta Cáccamo fixo en 2017 a súa última exposición, exhibida na galería Trinta de Compostela, coa que traballaba desde había anos de maneira habitual. O que máis lle gustaba era traballar con grandes masas de cor e descubrir nelas a sua linguaxe secreta. "A súa pintura abstracta, de forte compoñente conceptual, foi unha invitación á exploración de formas non regradas e universos paralelos de rebelión", inciden desde Chan de Pólvora. Recoñecemento A súa obra forma parte das máis importantes coleccións de arte que hai no Estado español. "Berta Cáccamo", en palabras de David Barro, curador da retrospectiva que no 2016 lle dedicou o Centro Galego de Cultura Contemporánea (CGAC), "é capaz de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súa imaxes. Exixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha ollada inquieta, emocional e afectiva. De aí que o título da exposición fale de expansión porque a súa obra é ao tempo un proxecto vital, e de ensaio, porque se escribe en presente continuo e se inscriben na memoria da pintura como material fundamental". Foi unha das voces participantes no documentario sobre muller e arte que realizou a crítica Rosario Sarmiento e que o pasado mes de abril se estreou na Coruña. Unha peza na que tamén tomaron parte Fina Mantiñán, Rosalía Pazo, Elena Colmero, Soledad Penalta, Mónica Alonso, María Xosé Díaz, Almudena Fernández Fariña,Menchu Lamas e Tatiana Medal. |
NOS_32868 | Sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais e integrantes da Federación de municipios e provincias, erguéronse da reunión deste organismo perante o que consideran "un atentado sen precedentes contra a liberdade de expresión", ao non permitirse o debate das emendas presentadas ao anteproxecto | O goberno español vén de practicar "un atentado sen precedentes contra a liberdade de expresión" ao impedir o debate dun dos informes alternativos ao presentado pola Permanente do Consello escolar sobre o anteproxecto da chamada Lei de mellora da calidade educativa. Así o denunciou o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen informou de que todas as organizacións sindicais, estudantís, de nais e pais e integrantes da Federación de municipios e provincias --ao redor do 40% do Consello escolar--, se ergueron da mesa e abandonaron a reunión. "É un feito insólito que non se ten producido en todos os anos de funcionamento do Consello escolar, con gobernos de diferente signo", subliñou Louzao, remarcando a actitude da dereita española e valorando como "máis que preocupante que se negue o debate e se persigan as ideas e a ideoloxía que non concordan co PP". CIG-Ensino presentou un documento con até 83 emendas ao anteproxecto da Lei educativa exixindo "que se retire esa norma e se abra un amplo debate social para darlle un xiro de 180 graos", acrecentou Louzao. Para alén de non quitar adiante este texto por supor "unha intromisión nas competencias" da Galiza, o informe alternativo presentado pola central nacionalista sinala o procedemento "totalmente antidemocrático" que seguiu o ministerio que encabeza José Ignacio Wert para a aprobación do anteproxecto, anulando as posibilidades de participación "real" da comunidade educativa. Ao respecto do contido apunta Louzao que as reformas que se practicarán de se aplicar a lei española "son de grande importancia e poñen en cuestión o dereito universal á educación, e son máis unha tentativa de centralización e españolización" do que queda do ensino público galego e en galego. |
NOS_42971 | Calquera pode ser membro do xurado dos Premios Xerais. A editorial abre unha convocatoria pública na que quen queira pode presentarse para formar parte do grupo que decide as obras gañadoras do Xerais, o Merlín e o Jules Verne. | Os xurados dos Premios Xerais xa non estarán compostos por persoas decididas só pola propia editorial. A través dunha convocatoria pública, quen queira participar no proceso de elección de obras gañadoras do Premio Xerais de Novela, do Merlín de literatura infantil e máis o Jules Verne de literatura xuvenil pode presentarse para formar parte dos xurados desta nova convocatoria dos recoñecidos premios literarios. Se desde hai tres décadas a editorial optou por integrar lectores e lectoras non profesionais como membros dos xurados dos seus premios, agora dá un paso adiante e abre a posibilidade para quen o desexe formar parte do grupo que selecciona as obras gañadoras entre os orixinais presentados. "É unha incógnita para nós a acollida que pode ter este chamamento, cuxa intencionalidade é facilitar a lectores e lectoras que se presenten voluntarias poidan gozar durante dous meses unha moi intensa e complexa experiencia literaria", explica o director da editorial, Manuel Bragado no comentario que insire no seu blog Brétemas. Tres en cada premio Escolleranse desta maneira tres das persoas que formarán parte dos xurados da 32ª edición do Premio Xerais de novela, da 30ª do Premio Merlín de literatura infantil e da 7ª do Premio Jules Verne de literatura xuvenil. Para participar na convocatoria cómpre enviar un correo ao enderezo [email protected] antes do 16 de marzo explicando o interese de integrar o xurado do premio escollido. As persoas seleccionadas terán que valorar os orixinais durante os meses de abril e maio e asistir ás dúas reunións deliberativas e acudir tamén á Festa Xerais de entrega de premios que se desenvolverá o 6 de xuño. |
PRAZA_18579 | Ante as novas direccións locais de Podemos Galicia, é pertinente unha análise comparativa do sucedido entre 2015, cando fomos elexidos máis de 50 secretarios xerais locais e 10 CCM (consellos cidadás municipais), e o 2018, cando 11 secretarios xerais e ningún CCM serán elexidos (na maioría dos casos non se fan eleccións por non presentarse máis que un candidato). | Ante as novas direccións locais de Podemos Galicia, é pertinente unha análise comparativa do sucedido entre 2015, cando fomos elexidos máis de 50 secretarios xerais locais e 10 CCM (consellos cidadás municipais), e o 2018, cando 11 secretarios xerais e ningún CCM serán elexidos (na maioría dos casos non se fan eleccións por non presentarse máis que un candidato). Todos estes datos xa son coñecidos desde fai un ano, cando foi "desactivada" a totalidade dos cargos elexidos no ano 2015. Pero non deixan de ser sorprendentes e dolorosos para todos os que creiamos no "empodaramento" cidadá que Podemos "vendía" nos primeiros tempos. 770 SX Municipais en toda España, pasarón a 226, e de 331 CCM cunha media de dez persoas por Consello a 24 CCM na actualidade. As cifras son terribles. Expoñen a desmobilización e desastrosa xestión organizativa e política desenvolvida por Podemos en toda España durante apenas tres anos. Agora, cunhas eleccións municipais á volta de seis meses que poden convertirse nunha "macroelección", cal é o plan de Podemos? Se seguimos a folla de ruta establecida pola dirección "Vista Alegre II", deducimos que seguirán apoiándose nos cargos institucionais (alcaldes e concelleiros tanto de Podemos como das confluencias). Podemos estará nas mans dunha feble organización municipal propia, dos cadros de Esquerda Unida, e das diferentes forzas confluentes (Mareas, Compromís ou outras forzas). Algúns xa preveíamos que o escenario máis probable sería o de unhas eleccións municipais coincidentes coas xerais. Esta situación ten varias vantaxes para PP e PSOE. Estructuras máis asentadas, debate nacional que vai trasladar os debates locais, e o desgaste dos lideres locais "rupturistas" (Ada Colau por poñer o exemplo máis importante) que poden sufrir baixadas de apoio por exercer o poder nunhas circunstancias moi difíciles, e con erros propios. O Pablo Iglesias ten nestas circunstancias unha difícil situación, na que probablemente vai ser victima das súas decisións no ámbito municipal e no autonómico. Van querer moitos lideres locais ou alcaldes facerse a foto cun Iglesias en campaña para a presidencia?. Van querer ademáis de sufrir o desgaste local, asumir os erros estratéxicos do lider vallecano? Moitos non van ter mais remedió que compartir destino con Iglesias. E onde é que fica Galicia, en todo este mapa electoral? Buitrón na Coruña pode aspirar a acompañar a Ferreiro, tal e como xa fixo con Losada nas eleccións nas que o PSOE perdeu o Concello despois de décadas de dominio. Borja en Ferrol pode integrarse dentro dunha plataforma destrozada como Ferrol en Común, que xa está nas mans de Esquerda Unida, que tan só aspira a desmontar os movementos da "En Marea" de Luis Villares para montar unha nova plataforma. E en xeral o máximo no que están a pensar os candidatos a SX (Dos 15 aspirantes a 11 secretarias só dúas mulleres poden ser elexidas) e a colocarse nas listas municipais. Triste obxetivo para unha organización que movilizaba centos de persoas na súas estruturas municipais propias, sen ter que apoiarse en outras forzas nacionalistas ou de esquerda radical. Especialmente alucinante e preocupante é a desaparición das mulleres na estructura local de Podemos Galicia. Parafraseando os lemas que deberíamos apoiar todos "O futuro da política será feminino, ou non será". Facendo caso a este axioma, a política municipal de Podemos Galicia seguirá sen existir, e ademáis sen mulleres. |
NOS_47966 | O PP suma a maioría absoluta no ecuador do reconto. Mentres Ciudadanos fica fóra do Parlamento e a esquerda retrocede, Juan Manuel Moreno Bonilla, prepárase para gobernar en solitario. | O Partido Popular suma 55 escanos cando van escrutado 44,6% dos sufraxios. A formación conservadora incrementa a súa representación en 29 representantes e sitúanse na maioría absoluta, fixada en 55 deputados. Os resultados do partido son analizados como un éxito do candidato, Juan Manuel Moreno Bonilla, quen mesmo agochou as siglas do partido durante a campaña. O PSOE mantense na mesma representación dos pasados comicios. O novo candidato socialista, Juan Espadas, repite os resultados de Susana Díaz, os máis baixos até a data do socialismo andaluz. Malia que os 33 escanos acadados están na liña dos agardados, a importante suba do PP deixa o partido nunha situación delicada. Vox consolídase como terceira forza, aumenta en votos e escanos pero fica moi lonxe dos seus obxectivos de condicionar o futuro Executivo. Nesta liña, a aposta do partido verde de facer parte do Goberno non parece plausíbel, á vista sos números do PP. No caso de conformarse este escenario semella probábel que a súa candidata, Macarena Olona, renuncie ao escano para continuar na política estatal. A coalición electoral de Esquerda Unida, Más País, Podemos e Yolanda Díaz fica moi por baixo das súas expectativas. A súa representación de cinco escanos está moi por baixo dos 17 acadados en 2019, nunha candidatura encabeza por Teresa Rodríguez, actual líder de Adelante Andalucía. Ao tempo, estes números van acentuar as tensións internas no espazo, cuxo proceso de conformación de listas estivo marcada polas tensións. Adelante Andalucía cólase na asemblea andaluza. A organización articulada en base a antigos membros de Podemos, entre eles a súa cabeza de cartel, Teresa Rodríguez, e formacións do andalucismo de esquerdas, consegue dous escanos. Nesta liña, desde a candidatura consideran os resultados como un bo punto de partida para a consolidación dun novo espazo político Ciudadanos fica fóra do Parlamento andaluz tal como avanzaban boa parte das sondaxes. O partido laranxa, parceiro no Goberno durante estes catro anos do Partido Popular, perde os seus 21 escanos, tras unha lexislatura cunha forte confrontación interna. Asemade, os resultados aumentan a crise da formación no conxunto estatal, avanzan na súa conformación nunha forma residual e comproba como os seus votantes pasan á casa grande da dereita. |
NOS_44604 | Un roteiro entre Parada de Sil e o mosteiro de Santa Cristina de interese natural, histórico, artístico e paisaxístico. | Apurados polo tempo, os días son curtos, e desconfiados pola néboa, de presenza frecuente nestas datas, achegámonos a Parada de Sil para facer unha parte da ruta PR-G 98, a circular de Parada do Sil a Santa Cristina con volta polo canón, ... e cando chegamos había néboa. Fixemos unha modificación no trazado oficial da ruta, ao que lle recortamos uns quilómetros coa idea de, que se o tempo non aclaraba, achegarse até Santa Cristina, velo, e volver para non dar a viaxe por perdida. Paraxe: Canón do Sil / Concello: Parada do Sil / Percorrido; 11 km (circular) / Dificultade: De baixa a media-alta Levamos o coche aos Torgás e, pola estrada volvemos a Parada, de alí, tamén pola estrada, fomos a Castro, á espera de que cara ao mediodía aclarase o ceo. En Castro, á saída do lugar, deixamos a estrada para incorporarnos ao camiño da ruta e, ao pouco de andar por el, a cousa comezou a mellorar e cando rematamos a longa baixada até Santa Cristina xa tiñamos a paisaxe despexada, aínda que nunca vimos o sol. Visitamos o mosteiro e puidemos gozar da sinxeleza da súa estrutura, os detalles e as pinturas. Logo para seguir a ruta hai que desandar un pouco o camiño antes de volver baixar polos vellos soutos, onde puidemos apreciar a cantidade de valados e socalcos que gabean polas encostas do canón, feitos para sacar adiante o cultivo da castaña, un labor que debeu de ser de importancia, e do que son testemuñas o elevado número de sequeiros que atopamos. Ao entrar no cavorco do rego da Portela o camiño sobe, en incontables viradas, os case 200 m de desnivel que hai até o lugar onde, antes de cruzar o rego, nos sorprende un muíño e o longo acueduto polo que lle chegaba a auga. Despois entramos no planalto, os camiños ábrense e o espazo despéxase. Seguimos andando pola beira da parte alta do canón onde atopamos numerosos puntos panorámicos. Cruzamos o rego das Gavias e temos un indicador para ir ao miradoiro de Fontiñas que ten ao seu pé a fervenza do Pozo da Ovella, un fermoso salto hoxe con moi pouca auga, e un pouco máis adiante outro desvío para ir ao miradoiro do Fental, e volver para seguir até o pé do campo de fútbol para ir, por debaixo del, ao miradoiro máis coñecido da contorna, o dos Torgás ou Balcóns de Madrid e, dando a volta polo outro lado do campo, ver o foxo do lobo antes de percorrer os cen metros que nos separan do coche. Con isto que completamos un fermoso percorrido de valor histórico-artístico –castro da cividá e mosteiro de santa Cristina-, etnográfico –socalcos, sequeiros, muíño e foxo do lobo-, natural-ambiental –coa presenza e a mestura de especies arbóreas e arbustivas atlánticas e mediterráneas -carballos e rebolos, sobreiras, salgueiros, aciñeiras, érbedos, uces, xestas, estevas e toxos, - e, por suposto, paisaxística. |
NOS_21411 | A proposición de lei presentada polo BNG foi rexeitada polo grupo maioritario da Cámara que argüíu a pervivencia das "dehesas" para defender o mantemento das touradas na Galiza | Dentro do previsíbel o grupo popular na Cámara galega rexeitou esta terza feira suprimir a excepción das touradas do cumprimento da lei 1/1993 de protección dos dereitos dos animais domésticos e salvaxes en cautividade. A Proposición de lei presentada polo BNG tiña por obxecto abolir estas prácticas no noso país ao considerar que constitúen unha "tortura animal" e non responden a ningunha tradición cultural galega. "Non hai tradición das touradas no noso país", aseverou a deputada nacionalista, Ana Pontón, "a súa introdución na Galiza coincidiu sempre e iniciouse cos procesos de centralización do Estado e cun intento de imposición de prácticas que non teñen nada a ver coa nosa tradición cultural", acrecentou. Ao tempo, Pontón sinalou que "do contrario" tamén manterían a mesma posición pois a súa vontade é "declarar Galiza, territorio libre de touradas", como xa se teñen manifestado outros como Canarias ou Catalunya. A reforma proposta polo grupo parlamentar do Bloque --que contou co apoio d@s representantes de AGE e PSdeG-- baseábase na consideración das touradas como espectáculos "cruentos" e "de tortura". Ana Pontón: "A introdución das touradas na Galiza coincidiu sempre e iniciouse cos procesos de centralización do Estado e cun intento de imposición de prácticas que non teñen nada a ver coa nosa tradición cultural" Porén, para @s deputad@s populares o mantemento das touradas garante a pervivencia das "dehesas" en tanto que espazos para a cría de touros de lidia. "Cómo é ben sabido Galiza está chea de "dehesas"", afirmou con retranca na súa conta de Twitter o portavoz do BNG Francisco Jorquera mentres se desenvolvía o debate en sesión plenaria. Feijóo, Rajoy, Rueda e Louzán na Praza de touros de PontevedraDesde o Partido Popular acusaron @s nacionalistas de manteren unha praza de touros en activo na cidade de Pontevedra. Cuestión que retrucou Ana Pontón na segunda quenda de intervención asegurando que lle pareceron "pobres" esas argumentacións e lembrou que as corridas de touros na cidade son "financiadas pola Deputación" gobernada polo popular Rafael Louzán. Aliás, ensinou unha fotografía na que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente español, Mariano Rajoy participaron no verán pasado dunha tourada en Pontevedra. @s deputad@s do PP que se remexían nas cadeiras foron interpeladas con sorna por Pontón cun "non se poñan nerviosos" ao tempo que amosaba unha outra fotografía dos resultados deses espectáculos "verdadeira tortura", apuntou a nacionalista "non cultura". |
NOS_35571 | José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) e Antonio Diéter Moure, presidente entre xaneiro e outubro de 2016, solicitaron a cabeza do actual presidente da patronal, Antón Arias, quen públicamente se amosou favorábel á negociación e ao diálogo entre Goberno central e Generalitat. | As declaracións do presidente da CEG, Antón Arias, sobre o referendo catalán espertaron o malestar nos seus antecesores, José Manuel Fernández Alvariño e Antonio Diéter Moure. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Arias apostou no diálogo e na negociación entre Goberno central e Generalitat, motivo que levou os ex presidentes da patronal a pedir a súa demisión. Arias sinalou que vería "ben" un referendo pactado en Catalunya. O feito de que posteriormente matizase que se trataba dunha "opinión persoal" e non "institucional" non calmou os ánimos entre os seus antecesores, que consideran a posición do presidente "claramente contraria á constitución española". Alvariño e Diéter advertíronlle ao respeito que "representa os empresarios galegos as 24 horas do día", que as declaracións "contrarias ao espírito empresarial" foron emitidas desde o cargo e que, en consecuencia, son "moi graves". Antecedentes Non é a primeira vez que os ex presidentes solicitan a demisión de Arias. En abril de 2017 reclamárona ao considerar que existe unha "enorme fractura" entre o norte e o sur do país e ante a "falta de liquidez total" que, segundo aseguraron, implica o impago a provedores. Anteriormente, Arias pronunciárase en contra da reforma laboral e a favor dun incremento salarial, cuestións que provocaron airadas reaccións por parte dos seus antecesores no cargo. |
NOS_25072 | Os sindicatos CIG, CGT e Asca convocaron para esta segunda feira unha asemblea de traballadores de Novagalicia Banco (NGB). Xuntanza na que analizar o impacto e a resposta fronte o maior ERE da historia de Galiza, que afecta a 1.850 persoas, validado por UGT, CCOO e Csica | A cita será esta segunda feira en Compostela, na Rúa do Preguntoiro e no edificio de Novagalicia Banco (NGB). A asemblea está convocada polos sindicatos CIG, CGT e Asca, as tres centrais que non asinaron o acordo que suporá a saída da entidade financeira de 1.850 traballadores. O maior ERE da historia do noso país. Un acordo que si contou co aval e apoio de UGT, CCOO e Csica. A finalidade desta asemblea é a de debater a analizar a fondo "un acordo que afecta o 80% do plantel" da entidade financeira, para alén de estudar posíbeis medidas a adoptar ao respeito. Cómpre lembrar que a estas tres centrais (CIG, CGT e Asca) nen sequer puderon estar presentes na mesa na que se redactaba o acordo. Algo que para centrais como a nacionalista non ten sentido algún pois "estabamos ante un ERE de dimensións inéditas" e que afectaba a gran parte do plantel de NGB. Imposición Neste senso, Clodomiro Monteiro, da CIG, sinalaba que na xuntanza a empresa exixíalles a estes sindicatos que para estaren presentes na mesma tiñan que aceptar o preacordo. "Algo que, lóxicamente, non podiamos facer". No preacordo atinxido por CCOO, UGT e Csica coa dirección, contemplábase que o número máximo de despedimentos forzosos será de 1.850 traballadores. Ao inicio das negociacións e contactos esta cifra era de 2.500. Recibirán unha indemnización dun mínimo de 25 días por ano de servizo cun máximo de 16 mensualidades. Porén, se non atopan unha oferta de traballoo nos 18 meses seguintes, o traballador poderá perceber unha cantidade complementaria até acadar 30 días por ano até 20 mensualidades e 2.000 euros por cada tres anos de servizo. Aliás, até perto de 500 empregad@s da entidade que cumpran neste 2013 os 54 anos poderán acollerse á xubilación cobrando o 80% do salario. O resto de empregados que se acollan a unha baixa incentivada recibirán unha indemnización de 30 días por ano traballado, cun máximo de 22 mensualidades. Ademais, a isto engádese a percepción de 2.000 euros por cada tres anos de servizos completos. |
NOS_42517 | Rexistramos dos índices de fecundidade máis baixos da UE, advirten as estatísticas de Bruxelas: 1,07, cifra moi afastada dos mínimos que aseguran o reemprazo xeracional. | O Anuario Rexional editado por 'Eurostat', a oficina estatística da Unión Europea, outorga a Galiza unha triste de posición de privilexio na clasificación entre as rexións que teñen o índice de fecundidade máis baixos do continente. É dicir, entre aqueles territorios onde o número de fillos e fillas por muller ao longo da súa vida fértil é menor. Galiza forma tridente con Asturies e Canarias. E moi perto delas está Madeira (Portugal). Son catro rexións en serio risco do que se denomina 'inverno demográfico', conm baixas taxas de fecundidade e natalidade, e poboación aventellada. En Galiza o índice de fecundidade é de 1,07, moi afastado do que organismos internacionais marcan como mínimo necesaripo para garantir o relevo xeracional, é dicir, a fecundidade necesaria para garantir a substitución dunha xeración por outra de igual tamaño. É o que se denomina a taxa de reemprazo xeracional e os expertos sitúana no 2,1. En Galiza estamos na metade. En Galiza o índice de fecundidade é de 1,07, a metade do mínimo necesario para garantir a substitución dunha xeración por outra de igual tamaño. En 2011 a nosa taxa de fecundidader era do 1,12 e tres anos despois é do 1.07. Seguimos empiorando mentres outras que estaban en niveis máis baixos ca nós melloran lixeiramente, como pasou con Cerdeña (Italia). E isto após coñecer que en Galiza xa son máis os habitantes que teñen 85 ou máis anos que as crianzas menores de 5: 108.813 fronte a 104.813. O ano anterior, 2014, aínda gañaban os nenos: 108.093 por 103.516 habitantes de 85 ou máis idade. Se nos retrotraemos a hai unha década, 2005, os nenos menores de 5 anos eran 101.700, polos 71.000 galegos que superaban os 85. As proxeccións a curto prazo feitas polo INE para Galiza indican que para o 2024 máis do 27% das e dos galegos teñan máis de 65 anos de idade. E tal e como indica o Instituto Galego de Estatística (IGE), o índice de envellecemento previsto para aquela é do 182%, o que significa que naquela altura por cada 100 menores de 20 anos que haxa en galiza haberá 182 maiores de 64. Imaxe portada: Cuarto de los trastos de axel. Imaxe interior: Youtube |
PRAZA_7265 | Á evidente complexidade que posúe para propios e estraños hai que sumarlle que de súpeto temos unha sociedade (aproximadamente as tres cuartas partes) que xa non vive, pero que tampouco coñece o medio rural. Aínda así arredor do 80% podemos falar dunha aldea da que viñemos, nós ou os nosos pais, e/ou temos parentela que aínda vive alí | Non é tarefa doada falar e escribir de agricultura, ou de medio rural. Á evidente complexidade que posúe para propios e estraños hai que sumarlle que de súpeto temos unha sociedade (aproximadamente as tres cuartas partes) que xa non vive, pero que tampouco coñece o medio rural. Aínda así arredor do 80% podemos falar dunha aldea da que viñemos, nós ou os nosos pais, e/ou temos parentela que aínda vive alí; que nos traen ovos, patacas ou eses tomates que tan ben saben cando é o tempo. Mais tamén temos xente nova (e non tan nova) que xa non viviu e continúa de costas ao rural. Arredor do 80% podemos falar dunha aldea da que viñemos, nós ou os nosos pais, e/ou temos parentela que aínda vive alí En pouco máis de corenta anos pasamos dunha sociedade eminentemente agraria a unha sociedade de carácter maioritariamente urbano. Porén non se poden entender certos fenómenos económicos urbanos sen a participación dese rural: casas, automóbiles, negocios que se abriron a conta de vender propiedades agrarias ou madeira de eucalipto ou de piñeiro. Madeira que provén dos montes en estado de semiabandono que os mesmos que se aproveitan deles deixan de lado (até que fai falta botar man). E criamos ás fillas/os nas cidades coas fabas e os chourizos que viñan da casa da avoa. Porén ao tempo procuramos que medren sen saber que o leite non se fabrica dentro dos cartóns e que as patacas precisan esterco. Falamos de abandono coma quen da un berro no medio dunha fervenza. E quen di abandono, di mercados, distribución, patoloxías, trazabilidade, En pouco máis de corenta anos pasamos dunha sociedade eminentemente agraria a unha sociedade de carácter maioritariamente urbano Nada transcende o barullo que fai o cachón de voces desviando a atención no torrente informativo. Se ademais engadimos que socioloxicamente o rural galego non é unha nova máis, senón que foi e sigue a ser considerado síntoma de atraso, temos adubado o terreo para un abandono aínda maior, aquel que o invisibiliza. Non é raro hoxe en día, cada vez que hai un incendio escoitar unha conversa en calquera bar que arranxa o problema cun "había que multar a quen non limpa o monte". E o que isto escribe calcula que hai máis dun 50% de posibilidades de que o informante sexa propietario dalgunha superficie agraria. Un predio que, con toda seguridade, non saberá situalo, cales son os seus marcos e no mellor dos casos estará incorporado por algunha caste de arrendamento en precario ao conxunto territorial que xestiona unha labrega/o da zona. No peor será unha desas parcelas cheas de matogueira que, entre outras cousas, permite ao lume estenderse con rapidez e maior virulencia. Detrás desa vida que algúns desfrutamos no urbano, hai unha agricultura familiar de resistencia que ven fornecéndonos de pequenos alicerces que nos sosteñen e contribúen á nosa supervivencia O descoñecemento do medio rural tamén inflúe no mercado. Galiza é importadora neta de produtos vexetais pero menos do que cabería esperar, porque detrás desa vida que algúns desfrutamos no urbano, hai unha agricultura familiar de resistencia que ven fornecéndonos de pequenos alicerces que nos sosteñen e contribúen á nosa supervivencia por riba dos miserentos salarios que moitos/as temos percibido. Pero é a invisibilidade a que, en parte, impide a dignificación dese rural. Un sector funcionando a base de traballo físico e manual, moi precario e con escasos renddmentos reflectidos en contas bancarias. Mentres, influídos por políticas de escasa ou nula protección do propio, diriximos os nosos gustos ao que habelenciosamente unha mercadotecnia sen control sitúa diante dos nosos ollos, impóndonos modas mesmo naquilo que serve para alimentarnos. As dinámicas de abandono e descoñecemento non se poden concibir separadamente. É nosa (da sociedade galega) a responsabilidade sobre o territorio e nós temos a obriga de coidalo ao tempo que o desfrutamos e tamén demandar dos poderes públicos que poñan remedio á drenaxe constante de persoas e medios do rural. Pero para poder reclamar novas políticas cómpre coñecelo, evitar as mensaxes explosivas ou as lamentacións cando unha nova desastrosa enche os medios informativos e racionalizar situando correctamente cada cousa no seu. Resulta evidente que estamos diante dun troco de paradigma, que non se pode aspirar a retroceder nin a implementar os equilibrios que houbo previamente, pero tampouco podemos contentarnos con explicacións simplemente prexuizosas ou ideas estereotipada Resulta evidente que estamos diante dun troco de paradigma, que non se pode aspirar a retroceder nin a implementar os equilibrios que houbo previamente, pero tampouco podemos contentarnos con explicacións simplemente prexuizosas ou ideas estereotipadas. Poñamos un exemplo moi simple: A conflitividade derivada das desputas polos marcos é ben menor do que atendendo ao dito popular se reflicte. Porén, como adoita acontecer cos feitos negativos, a amplificación que receben é ducias de veces superior a de situacións positivas. Cabería preguntarse por que hai persoas interesadas en destacar estes feitos; algunhas mesmo chegando a indignarse cando alguén tenta explicarlles argumentalmente que as anécdotas son precisamente iso, e non representan a globalidade. É como se quixeren que o prexuízo se converta en verdade a toda costa, como querendo manternos nun esquema previamente asignado. Para as/os que imos de visita, a camiñar polas congostras ou simplemente na procura dun lugar onde pasar unha tarde á raxeira de setembro sen o incómodo bruar do trafego urbano, comeza a ser oportuno preguntarnos e informarnos sobre moitos aspectos que descoñecemos do medio rural. E tamén cómpre darlle máis importancia ao lugar e a forma na que se producen os alimentos, non só para nós, senón tamén para as nosas fillas/os. Cómpre darlle máis importancia ao lugar e a forma na que se producen os alimentos, non só para nós, senón tamén para as nosas fillas/os Que a oferta para o medio rural non se converta só nun cartaz con idílicas carballeiras e frescos mananciais, senón un lugar onde chove e hai frío e lama, porque senón non medran os cultivos, pero que ten toda a dignidade e todas as perspectivas de futuro e integración socioeconómica que posúe calquera outro sector. Deste xeito será máis doado escribir (e que nos comprendan cando o facemos) sobre o rural. |
NOS_57719 | Un dos momentos máis singulares da gala dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual foi o acto de entrega do premio ao mellor videoclip ao músico Piti Sanz. "Eu non fago videoclips, eu fago cancións e como quero colgalas en youtube fago fotos con teléfono e roubo imaxes de internet", dixo o músico e abriu a caixa dos tronos. | O discurso de Piti Sanz ao recoller o premio ao mellor videoclip para "Canto de Sirena" levantou tanto entusiasmo como ampolas. "Eu non fago videoclips, eu fago cancións e como quero colgalas en youtube fago fotos con teléfono e roubo imaxes de internet e logo monto todo xunto e podo colgar en youtube a miña canción que é o que realmente fago", dixo sorprendendo a todo o auditorio e mesmo ao público que asistía á gala a través da retransmisión televisiva. As súas palabras sentíronse aínda máis chamativas ao se ter destacado Piti Sanz como un defensor dos dereitos de autor dentro da SGAE. "E agora que fago eu con isto?" continuou o músico para reflexionar logo sobre a relación entre creación e os avances tecnolóxicos. "A tecnoloxía está invadindo, superando a imaxinación. E ao mellor ese é o toque de atención que hai, a tecnoloxía está indo a unha velocidade terrible e a imaxinación está quedando daquela maneira", dixo Sanz, posibelmente sen adiviñar que a súa ía ser a intervención máis polémica de todas as categorías de premios entregados, precisamente, por membros da Academia Galega do Audiovisual, é dicir, profesionais da creación televisiva e cinematográfica. A polémica dilatouse con intensidade nas redes sociais, con opinións detractoras e favorábeis ao premio do músico. "Canto de Sirena" "Canto de Sirena" de Piti Sanz competía na categoría con "Acción-Reacción" de Machina, "Fábula" de Juan Dorá e "La primeira vez", de Inculpados. Tan só un par de días despois da entrega dos premios, o músico decidiu borrar os comentarios da súa páxina de facebook, "estanme fritindo", dixo e dispúxose a explicar a concepción do seu traballo na propia páxina de youtube na que está publicado. ""Este vídeo é un experimento con fotos que se van transformando paulatinamente en debuxo, cun efecto descuberto de casualidade facendo PingPong. E ten unha canción gravada cun notebook por experimentar co máis sinxelo", explica. "Aos que se queixan, que falen cos votantes", conclúe o músico, remitíndose así aos membros da Academia Galega do Audiovisual, que foron quen decidiu premiar a peza que Sanz pendurou en youtube cunha canción en español e a súa montaxe de fotos. Piti Sanz está nesta tempada cunha xira de presentación do libro e cd "Cuando ríes", de "Los Contentos", a banda que se define como "malditos pioneros del Garage". Fundou, canda Luís Tosar o grupo The Ellas, e ten unha ampla experiencia no traballo de bandas sonoras, tanto para cine como para teatro. Da súa autoría naceu a música de filmes como "18 comidas", "Entre bateas" ou "La noche que dejó de llover". |
NOS_43116 | O equipo celeste, que se adiantou cun tanto de Rafinha, desaproveitou un bo feixe de ocasións de gol. Piti empatou para os andaluces. O Celta xogou a un gran nivel, mais faltoulle a sorte no disparo. | O Celta deixou fuxir dous puntos en Balaídos. Regalou o empate ao Granada, equipo que nos 90 minutos apenas tivo máis que unha oportunidade, e aproveitouna, cun gol de Piti. Os celestes comezaron adiantándose no minuto 29 cun gol de Rafinha. Mais non sentenciou. Malia dominar e ter unha manchea de ocasións, non foi quen de concretalas. O balance de Liga son dous empates (ambos en Balaídos) e unha vitoria (fóra, no campo do Betis). Ten o Celta 5 puntos dos 9 posíbeis. A armada celeste que saíu inicialmente estivo composta por Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Fontás, Álex López, Rafinha; Augusto, Nolito e Charles. Sorprendeu a non aliñación de Krohn-Dehli e Cabral. Mais os celestes xogaron moi ben os 90 munitos, incluso a nivel físico. |
NOS_23506 | A Mesa denuncia que o xulgado do penal número 2 desta cidade "incumpre a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias". | A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o xulgado do penal número 2 de Lugo se nega a notificar unha sentenza en galego a un cidadán e que iso supón que incumpre a Carta europea das linguas. A Mesa explica que a persoa afectada solicitou en dúas ocasións recibir en galego unha sentenza relacionada coa denuncia a un piquete informativo na folga xeral de 2010. O xuíz respondeulle, informa a MNL, que "non há lugar", apoiándose no artigo 231 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX) "e ignorando o artigo 9 da Carta europeas das linguas, que como tratado internacional ratificado polo Estado español ten un rango superior á LOPX". A Mesa anuncia que vai dirixirse ao Consello Xeral do Poder Xudicial, "para que advirta á xuíza que está obrigada a cumprir os compromisos adoptados polo Estado en relación aos dereitos lingüísticos do cidadán afectado". A Mesa xa se ten pronunciado en diferentes ocasións a respecto deste artigo da LOPX, por considerar que "se sitúa claramente fóra da Carta europea das linguas, promovida polo Consello de Europa e ratificada polo Estado en 2001". A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas. No seu artigo 9, a Carta estabelece (a. en procesos penais) i. facilitar que os órganos xurisdicionais, a petición dunha das partes, desenvolvan os procedementos nas linguas rexionais ou minoritarias; e/ou iv. producir, previa solicitude, os documentos relacionados cos procedementos legais nas linguas rexionais ou minoritarias pertinentes, se fose necesario, recorrendo ao uso de intérpretes e traducións que non supuxesen gastos adicionais para as persoas en cuestión. |
NOS_18609 | Esta fin de semana decorre en Compostela a XV Asemblea Nacional da organización da mocidade do BNG. | En 1988 nacía Galiza Nova, aglutinando e sumando mozos e mozas procedentes de diversas loitas – da estudantil á sindical, da defensa da lingua ao feminismo, antimilitarismo ou internacionalismo – en torno a un eixo marcado pola "libración nacional e social de Galiza". Agora, trinta anos despois, Galiza nova, organización da mocidade do BNG, encara a súa XV Asemblea Nacional co obxectivo, afirman, de "fortalecer o nacionalismo entre a mocidade e de analizar a traxectoria da organización ao longo das súas 3 décadas de traballo". A asamblea terá lugar este sábado en Compostela, baixo o lema 'Pasado, presente e futuro: 30 anos de loitas". O prazo de presentación de candidaturas remata esta quinta feira, 22 de novembro, ás 00:00h. Porén, a Dirección Nacional ten coma cometido entre as súas funcións elaborar unha proposta de candidatura para a nova Dirección Nacional, Comisión Permanente e Secretaría Xeral, que se basee nas propostas de nomes realizadas pola militancia nas asembleas comarcais, atendendo a criterio de xénero, pluralidade, diversidade e representatividade territorial. Nesta liña, a proposta aprobada está encabezada polo actual secretario xeral, Alberte Fernández, que opta á reelección. |
PRAZA_17029 | A notícia da morte do Duarte apanhou-nos precisamente reflectindo, intramuros, sobre essas cousas. Sobre o canibalismo do movimento galego. "Espero que alguém se encarregue de fazer-lhe umha lembrança", foi o primeiro que dixo o Raul de Ribadeu. Mas forom chegando as publicaçons que recebemos no cárcere e nom pudemos ler nem umha soa linha de recordaçom. | Numha carta da correspondência privada de Emma Goldman, veterana anarquista confessava-lhe a um companheiro: "Muitas vezes penso que nós, os revolucionários, somos como o sistema capitalista. Tiramos dos homens o melhor que tenhem, e depois ficamos tam tranquilos vendo como rematam os seus dias no abandono e a soidade". A notícia da morte do Duarte apanhou-nos precisamente reflectindo, intramuros, sobre essas cousas. Sobre o canibalismo do movimento galego. "Espero que alguém se encarregue de fazer-lhe umha lembrança", foi o primeiro que dixo o Raul de Ribadeu. Mas forom chegando as publicaçons que recebemos no cárcere e nom pudemos ler nem umha soa linha de recordaçom. Ainda menos mal que graças à Escola Popular Galega ficou no papel umha conversa com Duarte Abad Loxo (Noia, 1969- Corunha, 2018) que mostra a parte mais vivencial da sua militância no independentismo. Detido e torturado em fevereiro de 1989, com apenas 20 anos Duarte já tinha muita mais experiência que qualquer ciberpolítico dos de agora. Começou em ERGA, no instituto de Elvinha, e continuou na UMG e nas mocidades da INTG para, após a traumâtica jura da Constituiçom espanhola por parte do BNG, volcar-se no PCLN e na luita armada. Dito de outra maneira: "Estatuto nom, autodeterminaçom"; mobilizaçons pola Reforma da Formaçom Profissional; os comités contra a NATO; as graves gerais nacionais contra a reconversom… Mas também as visitas entusiastas ao peirao quando os barcos soviéticos traziam livros que na Corunha nom havia, ou os companheiros que ficaram no caminho pola heroína. "Conste que eu, a dia de hoje," –dizia- "mantenho que a militância é umha forma de vida, militas todo o dia e toda a noite. Nom é militância só o tempo que dedicas à organizaçom". Depois, e como se foram da mao, a queda do socialismo e a do EGPGC. E a tortura. Nom é sintomático que num movimento tam propenso à exageraçom dos pequenos dramas ninguém se atreva a ler o testemunho de Duarte no Informe sobre a tortura? Será que nos coloca perante um espelho demasiado incômodo. No cárcere, por umha parte, o autoritarismo mais cru, e pola outra, a merda sectária de sempre. Ainda que também a universidade da liberdade: os debates com os independentistas bascos e cataláns, com os comunistas italianos e com aquele tenente da FPLP que se formara em Cuba. Ao pouco o PSOE desmantelou tam excelsa instituiçom educativa. Nascia a política da dispersom penitenciária, e nessas continuamos quase três décadas depois. Em 2001, trás doze anos, o Duarte volta a saborear a fruta da liberdade. Aí começa a outra luita, à sua maneira tam difícil como a anterior. Para ganhar o pam incorpora-se ao proletariado da noite, e quem sabe que dolorosa lucidez propocionará ver o mundo trás o balcom dum pub alternativo… Do realismo sujo da libertaçom nacional ao simulacro em estado puro: a radicalidade como capital erótico nas noites das quintas-feiras, jovens hiperideologizados que olham para o camareiro com desprezo burguês, punhos erguendo copos ao ritmo de hinos partisanos… Espetáculos fellinianos para quem olhou os esgotos do Estado cara a cara. De cavelo branco e ôculos de pasta antes de estarem na moda, o Duarte também sorria quando lhe pediamos que pugesse o "Azzurro" antes de irmos de colada ou a um piquete. Camareiro de noite, medievalista de dia, trabalhava numha tese de doutoramento sobre o Reino Suevo. Pediramos-lhe que vinhesse falar dela à Casa da Cultura de Ordes, numhas jornadas de História da Galiza. Vinhera muita gente querida, também o sacristám de Xanceda que tantos anos antes sofrera assédio político por enviar-lhe um saudo à cadeia, mas tivera um pequeño acidente de carro por culpa da geada e nom pudera chegar. Quando telefonou, estava muito mais preocupado pola demora que polo acidente. Tics da clandestinidade… Das celebraçons do nacionalismo só participou, literalmente, servindo os copos. A ele nunca lhe figeram falta garantias nem recompensas para dedicar toda a sua vida à causa do povo trabalhador galego. Movia-se com soltura entre caixas de peixe e Jacques Le Goff, a fregona e os códices. Com humildade socialista. Foi-se o Duarte, o guerrilheiro que também gostava de Adriano Celentano. Que a Terra o abrace com tanto amor como ele lhe deu. Publicidade |
NOS_2392 | A crise da confluencia agrávase por momentos. A parlamentar Paula Quinteiro, como xa tiña anunciado, non vai demitir a pesar do veredito das bases na consulta realizada esta semana. O que marcha de En Marea é Rafa Sisto, alcalde de Teo, moi próximo a Martiño Noriega. | "Hoxe é un bon día para iniciar proxectos novos", declarou esta cuarta feira Rafa Sisto (Son de Teo-Anova) a Europa Press. A ruptura coa dirección En Marea vén de lonxe, mais acabou por derivar na súa saída da organización pola xestión que a equipa de Villares fixo do affaire Paula Quinteiro. Esa foi a "pinga que reborda o vaso", di o dirixente no seu Facebook. Para Sisto, a causa interna aberta contra a parlamentar de Podemos Anticapitalistas -85 por cento das persoas que votaron na consulta interna pediron a súa demisión- reviste carácteres de "proceso inquisitorial". O affaire Quinteiro é o empurrón que coloca Sisto fóra de En Marea. Mais as discrepancias son de fondo. Baixo o seu ponto de vista, a confluencia distanciouse "da vontade coa que naceu" até se aproximar a formulacións propias dun "partido clásico". O alcalde de Teo lanza unha carga de profundidade ao actual aparato da confluencia: "A miña grande frustración é que Luís Villares acabase en mans de quen xa estragou antigos proxectos", dixo en alusión por un lado á Cerna de Mario López Rico e por outro ao BNG. Desa "xente", alegou, "non vai vir o cambio". Sisto é un dirixente político relevante no mundo da confluencia. Non só pola súa cercanía con Martiño Noriega -é quen tomou o relevo do actual alcalde de Compostela ao fronte do concello teense-, senón porque rexe unha das vilas máis populosas entre as xestionadas polas marés. Borja San Ramón (Podemos/Ferrol en Común) abandona o Consello da Marea Non é a única baixa, a de Rafa Sisto. Borja San Ramón, militante de Podemos e membro de Ferrol en Común, formalizou tamén a súa saída, neste caso non da organización, senón do seu máximo órgao entre plenarios, o Consello da Marea. Xustifica o seu movimento porque, afirma, a consulta interna sobre Quinteiro desacredita a posición da dirección villarista, sendo que "dúas de cada tres inscritas rexeitan participar na caza de bruxas". Este mesmo argumento foi invocado polo colectivo @coidandounidade, quen en comunicado de imprensa remarca esta sexta feira que "a participación no proceso foi a segunda máis escasa da historia de En Marea, por debaixo de 40 por cento". [Os dados oficiais situaban o índice no 40 por cento exacto]. "Nestes momentos vemos como a Coordenadora de En Marea non representa o conxunto do espazo. Máis do 60 por cento das inscritas déronlle as costas, nun censo xa de por si cativo en comparación coas máis de 10.000 inscritas que votaron nas eleccións galegas de 2016", afirman. |
NOS_57563 | Cos votos da Marea Atlántica e do BNG -e a abstención do PSdeG- o Pleno do Concello da Coruña aprobou esta segunda feira a moción impulsada por Defensa do Común para submeter a consulta popular a reversión gratuíta á cidade dos terrenos afectados polo porto e o ministerio de Defensa. Mais isto non garante que o referendo se vaia realizar. | A moción impulsada pola Comisión Aberta en Defensa do Común tiña dous elementos. O primeiro, expresar o respaldo a unha manifestación que irá ter lugar o 7 de maio. O segundo, apoiar a convocatoria por parte do concello dunha consulta popular cunha pergunta moi clara: están as veciñas e os veciños a prol da devolución gratuíta á cidade dos peiraos do porto, o complexo deportivo de A Solana e o Hotel Finisterre, ben como o antigo cárcere provincial e os solares de Defensa da Maestranza? Ao ser aprobada a moción polo Pleno, o primeiro paso rumo á consulta popular está dado -a expresión de vontade política por parte do concello-, mais pode ser insuficiente para que se materialice o referendo. E iso por dúas razóns. A primeira é que, segundo o regulamento de participación cidadá do concello (aprobado durante os anos do vazquismo, en 2004), as consultas populares deben ser aprobadas, a instancias da Alcaldía, por maioría absoluta. Isto é, por un mínimo de 14 concelleiras e concelleiros. Esta segunda feira, a moción só obtivo 11 votos (10 de Marea Atlántica, 1 do BNG). O apoio do PSdeG é, por tanto, conditio sine qua non. E non parece que o grupo municipal socialista vaia mudar de posición, a teor do dito esta segunda feira polo seu portavoz, José Manuel García. O edil socialista ve na consulta un atranco para o proceso de negociación entre a Autoridade Portuaria, Portos do Estado e o concello. "Hai tempo e espazo para unha consulta popular que lexitime a posición dos nosos negociadores", dixo. Isto traducido viría significar que o PSdeG estaría por unha consulta popular, mais cunha pergunta distinta. A promovida por Defensa do Común inclúe unha pergunta taxativa sobre se a reversión ao público dos bens afectados polo porto e Defensa ten de ser gratuíta ou non. O Concello está máis ben por negociar co Estado a recuperación deses espazos mais cunha contrapartida económica (1,4 millóns de euros en concreto para o complexo de A Solana). O PSdeG estaría, portanto, a favor dunha consulta sobre o resultado da negociación entre as partes e non cunha pergunta cuxo espírito -a reversión gratuíta- nen sequer é asumido polo goberno local. As consultas populares teñen necesariamente que seren autorizadas polo Consello de Ministros, segundo prescrebe a lei de bases do réxime local O segundo atranco -no caso de o primeiro, o da necesidade da maioría absoluta no Pleno, ser superado- é o da necesaria autorización do Estado. A lei de bases do réxime local é taxativa a este respeito, as consultas populares deben ser autorizadas polo Consello de Ministros. Defensa do Común non debería facerse moitas ilusións a ese respeito, sendo que a portavoz do PP, Rosa Gallego, enfatizou onte no Pleno que é perfeitamente posíbel que o Estado desautorice a convocatoria da consulta co argumento de que pretensamente aborda unha cuestión que non é competencia do concello. Gallego advogou por unha saída negociada entre as partes. No debate legal entrou a asesoría xurídica do concello que, interpelado pola equipa de Ferreiro ao respeito, emitiu un informe en que se sustenta a tese de que a consulta si pode realizarse porque a ordenación urbanística da fachada marítima constitúe "unha competencia municipal propia". Porén, a Asesoría Xurídica sinala que o feito de se tratar dun asunto que atinxe a outras administracións dota de "complexidade" á "formulación da pergunta ou perguntas que pretendan submeterse á consulta popular". Xiao Varela, concelleiro de Urbanismo, bateu contra o Estado, de quen dixo que "traballa coa cidade como se fose unha imobiliaria", mais a seguir apelou aos convenios asinados polo concello en 2004 -que reputou como un "lastre"- e que, segundo a equipa de Ferreiro, atarían o goberno municipal e obrigarían a cidade a asumir parte da factura da construción do porto exterior (a meio da venda dos terrenos portuarios). Moción de confianza De por parte, esta segunda feira extinguiuse o prazo para a apresentación dunha moción de censura no Pazo de María Pita vinculada á cuestión de confianza á que recorreu Xulio Ferreiro para aprobar os orzamentos para 2017. Ao teren decorridos os tres meses que prevé a lei sen que PP e PSdeG pactasen unha candidata alternativa a Ferreiro para a Alcaldía, a confianza considerase outorgada e as contas da Marea Atlántica para 2017 -o proxecto orixinario, sen emendas- fican automaticamente aprobadas. |
PRAZA_6059 | A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega presentou esta semana un dossier documental que recolle a historia do movemento galego en demanda do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos. | A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega presentou esta semana un dossier documental, "Aborto. Corenta anos de moblizacións", que recolle a historia do movemento galego en demanda do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos. Esta achega documental e gráfica céntrase "nas estratexias, actividades e reflexións desenvolvidas por diferentes agrupamentos e colectivos feministas en torno á legalización do aborto" desde a década de setenta ata a actualidade. Están composto, maioritariamente, de fondos procedentes da Colección especial Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia do Consello da Cultura Galega. O relato comeza na década dos setenta, coa emerxencia de varios colectivos feministas no conxunto do Estado e en Galicia. Tanto os programas das novas organizacións como nas actividades que convocan e que acadan visibilidade nas rúas (manifestacións, concentracións, charlas, mitins, pintadas, boletíns, revistas...), as demandas de legalización e gratuidade do aborto e dos métodos anticonceptivos así como a amnistía para as mulleres encarceradas por delitos específicos, entre eles o aborto, son recorrentes. Será a partir de 1979, ao tempo que comeza o proceso xudicial das 11 de Bilbao cando as campañas específicas tomen maior visibilidade. As reivindicacións do aborto non se dan de xeito illado, senón que se encadran no marco de reivindicacións máis amplas relacionadas cos corpos, os sexos, os xéneros e as sexualidades O dossier incorpora ligazóns a unha completa recomplicación documental, por exemplo o Programa da Asociación Galega da Muller (1976), o Programa do Movemento Democrático de Mulleres de Galicia (1976), boletíns, follas voandeiras, monográficos, un caderno informativo sobre anticonceptivos publicado pola Asociación Galega da Muller (1977) e outras publicacións en defensa do aborto da Coordinadora Feminista Galega. De igual xeito recóllese o comunicado das 100 mulleres pechadas no Concello de Santiago de Compostela en solidaridade coas 11 mulleres que van ser xulgadas en Bilbao (outubro 1978). Na década dos 80 intensifícanse as campañas e reivindicacións iniciadas na década anterior. A aprobación o 5 de xullo da Lei Orgánica 9/1985 de despenalización del aborto en determinados supuestos é considerada insuficiente e sucédense as peticións para a súa reforma ao tempo que se xeran máis materiais destinados a paliar a desinformación existente en torno a sexualidade, os métodos anticonceptivos e o aborto. O dossier inclúe neste apartado un moi completo anexo documental, con comunicados de organizacións feministas, moitos deles denunciando procesos xudiciais abertos contra mulleres que abortaran, tamén follas de recollida de firmas de profesionais da medicina, organizacións políticas e sindicais e de persoal sanitario, en apoio a decisión do Movemento Feminista Galego (MFG) de practicar abortos polo método Karman como xeito de presionar a legalidade vixente, unha moción presentada pola Coordinadora de Organizacións Feministas de Galicia aos concellos, manifestos e convocatorias de mobilizacións do 8 de marzo, dossieres e editoriais de Andaina, convocatorias da manifestación unitaria polo dereito ao aborto celebrada en 1986, ou un proxecto de lei de aborto elaborado polo Movemento Feminista Galego en 1990. Na década dos noventa, sen ben con menor intensidade que na década anterior, seguen tendo lugar chamamentos feministas para a reforma da Lei Orgánica 9/1985 de despenalización do aborto en determinados supostos. A partir do ano 2000, o dossier recolle que "algunhas organizacións feministas emerxentes inclúen nos seus programas cuestións relacionadas co aborto e a saúde sexual e reprodutiva". A partir de 2008 as campañas feministas dirixen as súas críticas á organización antiabortista Red Madre que está a incrementar as súas actividades en Galicia e ao goberno do PSOE, por non "facer nada para a ampliación da lei de aborto prometida no seu programa electoral". Finalmente, será o 3 de marzo de 2010 cando se aprobe a Lei orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo. O dossier inclúe tamén as mobilizacións máis recentes, realizadas a partir do momento en que se coñeceron as intencións do PP de recortar o dereito ao aborto, regresando á situación dos anos oitenta. Destaca que "as accións a favor do aborto libre e gratuíto volven ocupar un lugar predominante nas axendas feministas" e que se levan a cabo "diferentes actividades e propostas nas rúas e nas que feministas expresan desacordos en torno a aprobación no Goberno do PP galego da Lei 3/2011, de 30 de xuño de apoio á familia e a convivencia de Galicia, e ante a proposta do goberno do PP estatal de cambiar a Lei de Interrupción Voluntaria del Embarazo, aprobada polo goberno anterior en 2010, pola Lei de Protección de los Derechos del Concebido y de la Mujer Embarazada xa que ambas propostas avanzan cara a consideración do aborto como delito". Consulta aquí o dossier Aborto. 40 anos de mobilización |
PRAZA_8598 | O Bloque iniciará unha campaña na rúa "aberta a todos os movementos sociais, sindicais e políticos" co obxectivo de "sumar forzas" para "emprender unha batalla que free este proceso de deterioro". | O BNG aposta por unha campaña de "mobilización cidadá" contra as "políticas de roubo" perpetradas "pola banca, a troika e o PP". Así o anunciou o seu voceiro nacional, Xavier Vence, tras o acordado polo Consello Nacional, o primeiro tras a renovación dos órganos na última Asemblea Nacional, e do que o líder do Bloque destacou por "integrar unha nova xeración" e por representar "a todas as sensibilidades da fronte nacionalista". Vence destaca o "espírito de unidade" do BNG e a "integración dunha nova xeración" no Consello Nacional Vence insistiu no "espírito de unidade" nesta etapa na que o BNG "saca músculo do mellor da súa militancia e cunha gran cohesión". "O primeiro que cómpre facer é derrotar o PP", anunciou o voceiro nacional, que apostou por "gañarlle primeiro a batalla das ideas, a batalla social, e convencer o conxunto da cidadanía de que as apostas políticas da dereita europea, española e galega conducen o país ao colapso". Entre as iniciativas que porá en marcha o BNG anunciouse unha "campaña de mobilización da cidadanía contra as políticas de roubo perpetradas pola banca, a troika e o PP contra o país e contra a cidadanía", que será aberta "a todos os movementos sociais, sindicais e forzas políticas para sumar forzas e emprender unha batalla que free este proceso de deterioro". O Bloque quere "sumar forzas" para "emprender unha batalla que free este proceso de deterioro" Avanzou que se trata dunha campaña contra a banca "que espolia a cidadanía e persoas aforradoras, que nega crédito á economía produtiva e contra o PP que lexisla e lle dá cobertura ás súas políticas e atende os intereses únicos da elite financeira". Ao mesmo tempo, Vence destacou que o BNG quere impulsar o proceso de" renovación e de revitalización da conciencia nacional do país" e, para iso, "participará coa cidadanía comprometida coa causa da soberanía de Galiza nun proceso de refortalecemento da conciencia nacional". Tamén se manterá a campaña "de denuncia da inmoralidade instalada á fronte da Xunta como consecuencia dos numerosos casos de corrupción que lle afectan ao PP e ao seu financiamento", sinalou, "pola humillación que representa para o país a vinculación que poñen en evidencia as fotos de Núñez Feijóo co mundo do narcotráfico". |
PRAZA_1704 | Tras 72 horas de veto, a Xunta púxose en contacto co rexedor Jorge Suárez para comunicarlle que os resultados da última cata eran correctos | A Xunta levantou o veto de consumo de auga á cidade militar. Os derradeiros resultados, da cata tomada ás seis da tarde, revelan que a auga da depuradora de Catabois, que se distribúe en Ferrol, xa é apta para o consumo. Contén 33 microgramos de trihalometano, moi por debaixo do límite de 100 marcado pola OMS. Desta volta, a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, si que lle deu a noticia ao alcalde, Jorge Suárez por teléfono Desta volta, a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, si que lle deu a noticia ao alcalde, Jorge Suárez por teléfono, despois de que este fixese público que non o avisaron antes da última rolda de prensa dos resultados, "rompendo os compromisos establecidos". Sanidade aduciu que tiñan mal o seu número de móbil. O alcalde sostén que falaran por teléfono noutras ocasións. O rexedor continúa mostrándose crítico coa xestión da Xunta de Galicia na crise da auga. Afirma que a "Xunta decidiu aparecer setenta e dúas horas despois do inicio da crise e propón crear unha comisión de seguimento". Sostén tamén que "toca investigar as causas e dirimir responsabilidades, con claridade e transparencia ata as últimas consecuencias". O alcalde criticou tamén a metodoloxía das análises da Xunta e afirmou que "só tomou unha mostra por concello" e que os técnico de Emafesa, a empresa de augas, tiñan datos moi inferiores de "laboratorios acreditados". Suárez cre que os resultados da Xunta (sempre por enriba dos de Emafesa) se deberon a que a penúltima cata se fixo nunha planta do propio edificio da Xunta "de moi pouco uso, e menos en fin de semana, co que a rede de auga non se moveu". "A Xunta decidiu aparecer setenta e dúas horas despois do inicio da crise e propón crear unha comisión de seguimento" Cando ían 48 horas de restrición, Suárez solicitou á Xunta a activación do plan de emerxencia, ao que o vicepresidente Rueda respondía que non se trataba "de activar plans así alegremente". Por outra banda, a Fiscalía da Área de Ferrol abriu dilixencias de oficio sobre a situación do subministro de auga. O obxecto é esclarecer se a agua que se está subministrando representa un risco para a saúde. O primeiro paso será solicitar á empresa de augas ferrolá, Emafesa e ao Concello de Ferrol información sobre os acontecementos e determinar se hai responsabilidades penais."As dilixencias que abriu a Fiscalía servirán para esclarecer varias cuestións, entre elas se é certo o que dixo a voceira do PP de que a Xunta non fixo públicos os primeiros análises porque llo pediu Emafesa", declarou o alcalde. Pola súa banda, o Valedor no Pobo tamén abriu unha queixa de oficio. A institución dirixiu escritos para pedir información aos rexedores das localidades afectadas, instándoos a informar da situación e, en concreto, a coñecer as causas polas que Emafesa non corrixiu a situación con anterioridade. A Fiscalía da Área de Ferrol abriu dilixencias de oficio sobre a situación do subministro de auga Toda a situación rematou por causar un cruce de acusacións polas responsabilidades derivadas. En Ourense, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, atribuíu o problema á "desidia" de Emafesa, por non tomar "as medidas que tiña que tomar". Asemade tamén fixo fincapé en que a responsabilidade é do concello e do alcalde, que é presidente da empresa mixta, que ten como socio privado a Urbaser. Pola súa banda, Suárez sostén que no concello non tiveron información do que ocorría ata "o mesmo día" que lles fixeron a restrición. "Ese mesmo día", sostén o rexedor, "a xefa territorial de Sanidade aseguroume que as analíticas había que facelas en Lugo, e que ata 6 días non se ían saber os resultados". |
NOS_1777 | Unha novela tramada desde unha segunda persoa que permite unha escrita próxima ás personaxes, pero que non renuncia a trazar o seu propio fío e final climático. | Sabemos, porque tivemos a oportunidade de falar cos seus artífices, que Avelaíñas eléctricas foi un libro moi traballado do punto de vista editorial. Isto, que debera ser o normal, en realidade é unha rareza dentro do panorama galego. O traballo de preparación da inmensa maioría dos libros das grandes editoras pode resumirse nunha corrección ortotipográfica, ás veces moi deficiente. Trátase tamén dun proceso limitante, non só pola imposición, na maior parte das veces, dunha opción ortográfica concreta, senón tamén porque esta é interpretada dunha maneira unívoca, sen posibilidade de facer o que moitas persoas entenden que unha das tarefas da escrita: retorcer e espremer as posibilidades expresivas da lingua. Da mesma maneira, é difícil que o proceso de edición acompañe o contido e as alternativas argumentais dos libros, algo que xa foi definido como "literatura a medio cociñar", e que se percibe a pouco que sigamos a actualidade literaria do país. Avelaíñas eléctricas / Sica Romero / Nêspera editora / 2022 / 20 páxinas / 20 euros Desta maneira, é unha sorte que Sica Romero poida sacar esta primeira novela nunhas condicións que moitas das autoras contemporáneas non tiveron: cunha aposta visual e tipográfica que acompasa os distintos niveis de discurso, con pequenos elementos de xogo e respectando que estea escrita con gheada, seseo e outros dialectalismos do bloque occidental, alén da irrupción ocasional de linguas como o castelán ou o catalán, porque é así como se expresan os seus personaxes. Tamén que sexa un texto sobre o que tivo a oportunidade de traballar e mellorar. Son cuestións que, tendo a súa importancia radical, non deberan facernos pasar por alto tampouco todos os méritos que Avelaíñas eléctricas, a historia de paixón, encontros e desencontros entre dúas mozas, ten como novela. Unha novela tramada desde unha segunda persoa que permite unha escrita próxima ás personaxes, pero que non renuncia a trazar o seu propio fío e final climático. Unha historia que é capaz de falar das agresións que segue experimentando o colectivo LGBTQ+ e doutras formas de violencia contemporánea como o revenge porn dunha maneira acompasada coa trama e sen adoptar un ton aleccionador. E, sobre todo, unha novela que sorprende pola súa madurez, un aspecto que destaca na profundidade e detalle coa que se constrúe a voz das súas personaxes e como nos convida a empatizar con elas, pero tamén no dominio dos distintos niveis do discurso. Unha novela estimulante e promisoria editada como deberan ser editadas todas as obras deste país. |
NOS_56557 | A clase social segue a ser determinante no nivel de estudos. Un informe do Instituto de Juventude sinala que só o 15% da poboación de 25 a 29 anos de clase baixa ten estudos superiores no Estado español. Unha porcentaxe que se eleva o 60% entre a clase alta e ao 52% na media-alta. | A clase social segue a ser un factor determinante no nível de estudos acadado. Así, o 60% dos mozos e mozas de clase alta de entre 25 e 29 anos completaron os seus estudos superiores, algo que só posúen o 15,7% dos de clase baixa ou o 12% dos de media-baixa. Xa que logo, para estudar no Estado español hai que ter clase (social). Un informe do Instituto de la Juventud (Injuve) sinala a gran fenda existente en relación a estudos cursados entre a poboación moza dependendo da súa clase social. A educación como 'ascensor social' semella avariado nun contexto de recortes e ataques que, advirten sindicatos, organizacións estudantís e profesorado, poñen couto a un dereito universal. Os estudios superiores son maioritarios entre @s moz@s de clase alta e media-alta. Na clase-media e media-baixa son os estudios secundarios Os dados do Injuve correspondentes a 2012 sinalan que na poboación de 25 a 29 anos só o 15,7% teñen estudios superiores. Unha cifra que é do 26,2% na clase media, do 52% entre ese tramo de idade na clase media-alta e do 60% na alta. No outro extremo (poboación entre 25 e 29 anos que só ten estudos primarios) tamén se percebe, e nidiamente, a cuestión de clase social. O 15,7% d@s moz@s de clase baixa que teñen entre 25 e 29 anos só posúen ese grao no seu currículo. Nos de clase alta ninguén ficou nese chanzo: un 0%. Tod@s accederon ao seguinte tramo. |
PRAZA_14724 | Chamo a votar por calquera das forzas progresistas. Non pensando no que elas merecen, senón no que merecemos nós, cidadáns que queremos selo dun país que camiñe cara á conquista de máis prosperidade, máis xustiza e máis liberdade. Deixalo para comezar a partir do luns pode ser tarde demais. | O equilibrio global entre o bloque de electores de dereitas e de esquerdas rexistrado ao longo da última década, unido a un escenario de fragmentación de candidaturas como había tempo non se vía en Galiza, daban a entender claramente que a campaña electoral sería decisiva para o resultado das eleccións do vindeiro domingo día 21. Ao que parece, así está a ser, e é ben sabido que nas campañas case sempre gaña quen menos erros comete, ou polo menos quen os comete de menor gravidade que os contrincantes. A campaña comezou cun PP instalado na maioría absoluta e con tendencia á alza, debido fundamentalmente a tres factores: a pésima avaliación social sobre o traballo da oposición parlamentar, moi inferior á do propio Goberno galego; a relativamente boa imaxe de Alberto Núñez Feijoo en comparación con Pachi Vázquez e Francisco Jorquera; e a alta porcentaxe de indecisos, que en condicións normais serían un caladoiro fácil para o PP. Os erros da campaña do PP e a improvisación dun plan B Mais o PP, que habitualmente deseña e executa as campañas electorais con perfección, incorreu nun despiste que pode acabar sendo fatal para os seus intereses: non percibiu que estas eleccións están moi lonxe de se desenvolveren en condicións normais. Por outras palabras, confiou tanto en si mesmo que non tiña un plan B; e de aí nacen o nerviosismo de Feijoo nos últimos días e as improvisacións desta recta final para tentar reverter a tendencia descendente que, de consolidarse, lle custará ao PP a Xunta de Galicia e a Mariano Rajoy unha severa complicación coa que non contaba. O PP non percibiu que estas eleccións están moi lonxe de se desenvolveren en condicións normais Vaiamos, pois, coa análise da campaña desenvolvida polo PP até agora. A primeira mensaxe-forza do PP consistiu en ofrecer estabilidade fronte a unha alternativa incapaz de entenderse, pero cometeu o desliz de programar debates televisivos cara-a-cara permitindo que Pachi Vázquez e Francisco Jorquera escenificasen diante da audiencia a súa sintonía e unha manifesta vontade de entendemento. Se a iso se lle suman as declaracións explícitas tanto de Xosé Manuel Beiras como de Xoán Bascuas no sentido de que só apoiarán –baixo a fórmula que sexa– un goberno que dea un xiro copernicano á acción política levada a cabo por Feijoo, tórnase evidente a perda de eficacia do argumento do PP. O segundo triunfo da campaña era o de exhibir o (máis que discutible) diferencial positivo da balanza económica galega derivado da (máis que presunta) austeridade da Xunta baixo o mandato de Feijoo; e a pesar de que callou relativamente ben, o certo é que semella un argumento destinado a consolidar o voto máis conservador, mais porén sen poder para mobilizar o decisivo voto indeciso, por dous motivos moi potentes: un, que a maioría das persoas do común non se interesa por datos macro senón polas condicións micro que vivencian e observan no seu entorno inmediato; o outro, a incapacidade de Feijoo para conectar emocionalmente coa xente que sofre e o bo desempeño de Pachi e Jorquera neste punto nos seus respectivos debates fronte a Feijoo, colocándose ambos nun discurso de sensibilidade social e de solidariedade coas persoas, as familias e os sectores que máis padecen as consecuencias da crisestafa que nos azouta. A última cartada do PP, o seu as de ouros, era o propio Feijoo; mais despois de comezar a campaña como líder incontestable da escena política galega, a estas alturas o seu brillo encóntrase notablemente diminuído, por non dicir ofuscado. Isto débese á crise de credibilidade xerada polo Pemexgate e polos informes do Consello de Contas, e mais a que non foi capaz de gañar con claridade ningún dos dous debates televisados nos que participou. Mais tamén, e eu diría que sobre todo, á re-emerxencia da figura dun Beiras engrandecido á medida que avanza a campaña e cuxa presenza fai que automaticamente a imaxe de Feijoo como único líder posible se vexa seriamente cuestionada. Engádaselle a todo iso que a oposición non está a desangrarse en liortas internas –que as hai, pero de baixa intensidade e sen grande transcendencia de cara ao público– e temos o pior escenario posible para un PP que se enfronta a unha situación idéntica á que sofreu o bipartito nas eleccións de 2009: interminable debate sobre a data electoral, seguido dunha campaña que comeza plácida e remata agónica, culminado cunha amarga derrota perante un rival que semellara ao longo de toda a lexislatura estar á beira do KO. Cos mesmos ingredientes na panela, é ben posible que a receita dea o mesmo caldo. Ao PP está a fallarlle o seu relato, dado que foi incapaz de definir a axenda de debate O resumo da campaña do PP é claro: está a fallarlle o seu relato, dado que foi incapaz –nin directamente nin a través da imprensa subvencionada– de definir a axenda de debate, de xeito que se está a discutir non do que lle convén ao PP senón do que máis dano pode facerlle, polo que está a acabar a campaña a contrapé. A estas alturas, a súa única vaza é facer da necesidade, virtude: iso pasa por aproveitar a irrupción de Beiras no centro do escenario para polarizar a campaña e tensionar o seu propio electorado, formulando unha dicotomía Feijoo vs Beiras cuxo resultado ben pode resolverse a cara ou cruz. Mais boa parte dos problemas do PP derivan non só dos seus propios fallos, senón tamén dun paradoxal fogo amigo, o da demoscopia da imprensa afecta á dereita. O exceso de celo da caverna mediática tanto en Madrid como en Galiza levou a outorgarlle unanimemente ao PP maiorías absolutas claras, contribuíndo a aumentar a bolsa de electores indecisos, moitos deles votantes do PP en 2009 mais pouco proclives a avalar o rumbo seguido por Feijoo e Rajoy; ao tempo, esas mesmas enquisas foron insuflando aire á AGE –o protagonismo do tracking de Sondaxe nese sentido foi impagable– até acabar por convertela nunha opción que entra de cheo no reparto diso que se chama voto útil, en todas as circunscricións. Esa semente está na orixe da espectacular irrupción de Beiras na segunda metade da campaña, ocupando un espazo que –ao difuminar o protagonismo de PSdeG e BNG– lle serve ao PP para reforzar o seu perfil de única alternativa de goberno, mais ao tempo formúlalle un desafío: lograr unha mobilización case plena do seu electorado, dado que a AGE pode contribuír a fomentar unha maior participación da esquerda habitualmente abstencionista. Permítaseme reivindicar, neste punto, o papel esencial que están a xogar dous medios de comunicación: o moriturus El País Galicia, cuxos magníficos profesionais son capaces de dar o mellor de si mesmo nas actuais circunstancias, sacando á luz pública os datos dos informes do Consello de Contas; e esta Praza Pública que nos acolle, cuxo escueto pero brillante equipo de xornalistas foi capaz de pór na axenda de debate o Pemexgate, de desmascarar o xogo sucio do poder e de ofrecer unha cobertura da campaña á altura do medio de referencia no que pretende converterse, se é que xa non comezou a selo; e que ao tempo ofrece a única ágora amable para todas aquelas persoas que desexan o cambio, converténdose nun imprescindible foro de encontro mais tamén dun debate insospeitadamente respectuoso e construtivo na inmensa maioría das ocasións. E é que nunha cousa ten razón Feijoo: pódese facer máis con menos; e engado eu... cando as prioridades son ben definidas, e este xornal é exemplo tanxible diso. A campaña da oposición: o Beiras que evoca, convoca e provoca vs todos os demais En termos de concepción estratéxica, a campaña das forzas de oposición deixou bastante a desexar. (i) O PSdeG copiou a campaña do PP en 2009, cun lema que interpela mais non propón e simultaneamente mantendo a discutible estética do propio PSdeG naquela campaña, mais non conseguiu en ningún momento centrar a campaña do "Galicia decide" nunha elección binaria, a pesar do bo papel de Pachi Vázquez no seu duelo televisivo fronte a Feijoo e da boa valoración do PSdeG e do PSOE na defensa dos servizos públicos esenciais. (ii) O BNG definiu unha campaña en clave interna, facendo da soberanía e do concerto económico os seus eixos de campaña, o que só se pode entender como unha aposta a longo prazo de dubidosa eficacia se os resultados inmediatos non lle son favorables. (iii) A AGE preséntase sen máis programa que un conxunto de proclamas e a vontade de facer oposición á dereita, facendo da figura de Beiras o seu principal activo e ao tempo a cortina-de-fume para encobrir calquera contradicción. (iv) Só CxG optou por unha campaña claramente propositiva, mais a súa menor penetración no electorado, a ausencia dun líder capaz de facerse espazo nos medios e a escaseza de medios materiais son lastros difíciles de superar nun prazo tan curto e aínda máis coa concorrencia electoral que se dá nesta ocasión. E nisto chega O' Beiras, incapaz de suxeitarse a calquera deseño partidario de campaña, e consegue colocarse no centro do escenario, en boa medida pola inacción dos demais e pola necesidade do PP de polarizar a campaña, mais tamén grazas ao seu instinto de animal político. Ou, máis ben, de animal telúrico, pois que O' Beiras transcende calquera explicación racional para virar un mito, unha sorte de símbolo sebastianista que evoca o país que Galiza podería ser, enchendo uns de entusiasmo e outros de receo. O' Beiras transcende calquera explicación racional para virar un mito evocador, unha sorte de símbolo sebastianista Á medida que Beiras consegue quebrar as fronteiras que confinaban a AGE dentro do apartado de forzas minoritarias e colocar os focos sobre a súa figura, impondo o seu relato como única oposición dialéctica fronte a Feijoo, o PP articula o seu contrarrelato. Ambos conseguen, así, convocar arredor de si o maior número de apoios, e no caso de Beiras é notable a diversidade de fontes das cales proveñen. Boa parte desa capacidade de Beiras nace das súas performances provocadoras, conseguindo estampar en titulares da imprensa galega e española as súas invectivas. Beiras ofrece algo máis poderoso que análises de dubidosa validade e explicacións tan críticas como obvias Non busquedes propostas programáticas, nin explicacións novidosas, nin sequera as bases dun proxecto político futuro. Beiras ofrece algo máis poderoso que análises de dubidosa validade e explicacións tan críticas como obvias: ofrece intanxibles tales como fe, esperanza e credibilidade. E basea a oferta na súa obra, que non é O atraso nin os seus testamentos políticos en forma de libros de conversas, senón el mesmo, obra-prima escrita en primeira persoa autobiográfica e avalada pola curia cultural do país. E é que Beiras, como ser telúrico que é, consegue facer das súas palabras un exercicio de taumaturxia: logra aparecer como o único que di, que pon nome aos bois, mentres os demais semellan só falaren, aínda que pronuncien as mesmas palabras e mesmo as enfeiten con planos concretos que Beiras omite en todo momento. Dese xeito, Beiras conseguiu converterse no segundo grande asunto de conversa da campaña: nas conversas políticas dos bares e tabernas desta terra só se discutía se o PP tería ou non maioría absoluta, mais desde o final da primeira semana de campaña irrompeu a figura de Beiras como tema alternativo para unha boa parola. Loxicamente, a partir de aí o discurso de Beiras discorreu pola pendente da confluencia entre ambos aspectos, presentándose como garantía da derrota do PP. O certo é que tanto é posible que teña razón como que se engane rotundamente, pois se o voto á AGE pode conseguir mobilizar novo electorado, en vez de só nutrirse da desafección cara ao PSdeG e ao BNG, tamén contribuirá a activar parte do electorado indeciso a prol do PP. Esa é unha das incógnitas da noite electoral, mais unha cousa é clara: se nas condicións habituais das últimas dúas décadas, as dúas forzas progresistas precisaban dunha vantaxe dalgúns millares de votos para se imporen á dereita en número de escanos, desta volta a maior fragmentación da esquerda obrigará a unha mobilización claramente superior á da dereita, de non menos de varias decenas de millares de votos e ao menos 3 puntos sobre censo. O PSdeG preparou ben o terreo nos meses previos ás eleccións e conseguiu facer de Pachi un candidato máis coñecido e mellor valorado, mais o partido fallou na hora H Canto ás demais candidaturas, o PSdeG é sen dúbida o grande perdedor en termos de rendemento na campaña electoral. Preparou ben o terreo nos meses previos ás eleccións –tentando reconectar cos movementos e sectores sociais dos cales se compón a súa base electoral– e conseguiu facer de Pachi un candidato máis coñecido e mellor valorado, mais o partido fallou na hora H. Erros como as acaloradas disputas públicas pola confección das listas, unidos a acidentes de percurso como a Operación Pokemon e á incapacidade para definir un discurso propio nun momento en que a matriz estatal non inxecta máis que perda de credibilidade, fixeron que o desempeño de Pachi Vázquez ficase en segundo plano, mesmo coa súa vitoria no debate televisivo fronte a Feijoo. Únase a iso a ausencia de propostas que permitan conectar co malestar social e mais a irrupción estelar dun Beiras especialista en morder no electorado do PSdeG, e non cabe concluír outra cousa que un resultado electoral máis próximo dos 20 escanos que dos 25 que agora ocupa o PSdeG, algo perfectamente lóxico en quen salta ao campo pensando en non perder por moito. Esa mesma actitude pode reprochárselle ao BNG, que deu un ton nitidamente reactivo á súa campaña, a pesar de contar con algunhas das propostas programáticas máis interesantes. Nin soubo explotalas nin conseguiu pór en valor o traballo social realizado ao longo da lexislatura, ademais de cometer o gravísimo erro de non colocar en primeiro plano a máis que notable actuación de Jorquera na súa recén concluída etapa nas Cortes españolas. Do mesmo xeito que o PSdeG, a campaña do BNG estivo demasiado condicionada polos debates na TVG, o que levou a unha planificación conservadora dos tempos que saltou polos aires por conta do pésimo trato dado ao BNG polos grandes medios de comunicación e mais polo factor Beiras. A partir do momento en que se visibiliza a potencia electoral da AGE é cando o BNG e o PSdeG cometen, xuntos, o seu maior erro: presentárense como eixo da alternativa de goberno a Feijoo, deixando dese xeito un flanco enorme para que Beiras siga a cultivar o voto do descontentamento E é precisamente a partir do momento en que se visibiliza a potencia electoral da AGE cando o BNG e o PSdeG cometen, xuntos, o seu maior erro: presentárense como eixo da alternativa de goberno a Feijoo, deixando dese xeito un flanco enorme para que Beiras siga a cultivar o voto do descontentamento. Esa estratexia era correcta na altura nos debates na TVG, mais a escasos días do peche de campaña, tanto o BNG como o PSdeG deberían subir o diapasón ao invés de recluírense en xogos parlamentares. E deberían, tamén, facer unha severa autocrítica sobre o papel dos seus respectivos equipos de campaña, que non conseguiron mostrar suficientemente as virtudes dos seus candidatos, presentados ante a opinión pública como meritorios apparatchik sen perfil propio. A propósito dos debates televisivos, é significativo que a valoración social foi mellor canto maior o nivel de cabreo mostrado, facendo primar a sintonía emocional sobre a capacidade analítica, expositiva e propositiva. Foi aí onde Pachi e sobre todo Jorquera, debido ao seu menor grao de coñecemento, conseguiron gañar puntos perante un Feijoo cínico e sen a menor dote para a empatía. Ademais, escenificaron a súa vontade de acordo de xeito convincente no cara-a-cara entre ambos, desarticulando unha das liñas argumentais do PP. Mais nin o un nin o outro se moveron coa mesma soltura ante os ataques de Beiras, que insistentemente metía o PSdeG e o BNG no mesmo saco que o PP, e iso pode custarlles caro a ambos. Especialmente ao BNG, que estará máis preocupado pola distancia a respecto da AGE que polo seu propio resultado en termos absolutos. Ese é un defecto común a BNG e AGE: a tendencia a interpretar as eleccións como un solo e non como unha peza coral, mesmo con plena consciencia de que calquera alternativa pasa polo entendemento a tres ou catro bandas. Mesmo semella que entre as forzas de oposición só o PSdeG –ou polo menos o seu candidato, o que non é necesariamente equivalente– ten claro que quere gobernar, mentres o BNG acepta esa posibilidade cun sorriso amarelo para as cámaras e a AGE renega dela abertamente. CxG desenvolveu sen dúbida a campaña máis orixinal tanto en propostas como en métodos E para completar o panorama, está Compromiso por Galicia. Pouco se pode criticar da súa campaña, sen dúbida a máis orixinal tanto en propostas como en métodos, sendo con moitísima diferenza a máis modesta en recursos, mais o silenciamento case absoluto dos grandes medios e a dificuldade propia para definir con claridade un espazo político e electoral facilmente identificable fan que as súas expectativas estean ben por debaixo das do resto de forzas progresistas. Entrar no Parlamento xa sería un éxito, algo que CxG aspira a lograr en Ourense e Pontevedra, e nos cálculos máis optimistas mesmo na competidísima circunscrición da Coruña. Mais independentemente do resultado do domingo, CxG terá que dar resposta ás preguntas en aberto –fundamentalmente, sobre posicionamento e liderado– se desexa conseguir ter un rol protagónico no novo mapa de partidos que neste domingo comezará a deseñarse. Conclusión e convite Vou facer un exercicio –a medio camiño entre a sinceridade radical e a hipérbole– de hipercriticismo, segundo o cal podemos concluír que... (A) O PSdeG non merece o voto, pola súa indefinición ideolóxica e pola permanente ausencia dun compromiso claro co país. (B) O BNG non merece o voto, polo seu enclaustramento e a súa incapacidade para evoluír. (C) AGE non merece o voto, pola insalvable distancia entre o que di e o que é e mais pola carencia de propostas. E (D) CxG non merece o voto, por falta de madurez dun proxecto que aínda ten que decidir que lugar quere ocupar. Os galegos merecemos un Parlamento plural e un Goberno que sirva de portavoz ás alternativas políticas e sociais fronte a esta distopía na que pretenden condenarnos a vivir Mais... os galegos non merecemos catro anos máis de Feijoo; nin o empoleiramento soberbio dun Rajoy fortalecido; nin a desmontaxe e privatización sistemática dos sistemas públicos de sanidade e de educación; nin ser presididos por un mentireiro contumaz, cínico e insensible; nin o desprezo pola nosa cultura e pola lingua que a expresa; nin a destrución do noso medio natural ao servizo das contas de resultados das mesmas grandes corporacións que provocaron a crise; nin a fractura social e a emigración dos excedentes humanos que o noso tecido empresarial non consegue ocupar; nin a merma da nosa capacidade para decidir sobre o noso destino... Non merecemos, en fin, asistir como simples espectadores á destrución da nosa economía e dos nosos bens comúns en prol da instauración de relacións sociais cada volta máis xerarquizadas, autoritarias e predadoras humana e ambientalmente. Merecemos, polo contrario, un Parlamento plural fronte ás tentativas de Feijoo de recortar a democracia; e merecemos un Goberno galego que exerza as súas magras competencias políticas e financieiras coa prioridade nas persoas e non nas follas de Excel, un Goberno que sirva de portavoz e soporte –en Galiza pero tamén no Estado español e en Europa– ás alternativas políticas e sociais fronte a esta distopía na que pretenden condenarnos a vivir. Propoño que declaremos o domingo día de festa, que votemos e que inundemos as rúas, prazas e camiños do país de ilusión polo cambio Por iso chamo a votar por calquera das forzas progresistas indicadas máis enriba. Non pensando no que elas merecen, senón no que merecemos nós, cidadáns que queremos selo dun país que camiñe cara á conquista de máis prosperidade, máis xustiza e máis liberdade. Deixalo para comezar a partir do luns pode ser tarde demais. Por iso propoño que declaremos o domingo día de festa, que votemos e que inundemos as rúas, prazas e camiños do país de ilusión polo cambio. E que deixemos as cábalas e as esixencias para o luns, e desde ese momento exerzamos a crítica de xeito tan contundente como sexa mester. Fagamos do domingo non unha alba de groria, mais si un abrente de esperanza. Estás nas nosas mans, somos máis e temos a razón histórica da nosa parte. Poñámonos en marcha! * * * Notas de campaña (I). Man de seda en luva de ferro |
NOS_32783 | O Executivo anunciou que aprobará 2.741 prazas de función pública nos orzamentos deste ano. | O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou nunha comparecencia no Parlamento que a Xunta entregará os orzamentos de 2021 á Cámara galega antes de que comece o mes de decembro. Ademais informou que a Xunta aprobará proximamente a oferta de emprego para 2020 con 2.741 prazas en función pública, das que 1.215 son para servizos sociais integrados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. As 1.526 prazas de función pública que non corresponden con servizos sociais serán en "a súa maioría" de acceso libre. O obxectivo é convocar, "como mínimo", 10.000 prazas de emprego público esta lexislatura, xa que se vai a "impulsar o proceso de renovación de persoais" #ante as xubilacións previstas. A estas prazas hai que engadir 3.263 postos para continuar co proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Administración autonómica en persoal funcionario. Un proceso que xa está en marcha e ao que solicitaron acollerse máis do 95% dos profesionais da Administración galega. Esta oferta súmase á convocada no ensino e xa en execución con 3.654 prazas, así como á que se aprobará no sector sanitario. Visión dos grupos Desde o BNG, a deputada Noa Presas reprochou á Xunta que "leva oito meses evadindo responsabilidades", á vez que lle afeou ao conselleiro que "pintou unha realidade que non se corresponde co que están a sufrir miles de galegos". " Begoña Rodríguez Rumbo (PSdeG) expuxo que as contas teñen que servir para "minimizar efectos devastadores" da crise, polo que "non pode ser como anteriores" e só limitarse a "cadrar contas". Desde o PPdeG, Pedro Puy opinou que "son boas noticias" para afrontar un reto que calificou de "descomunal". |
NOS_36707 | O voceiro parlamentario popular, Pedro Puy, anuncia que teñen a "maquinaria preparada" para as eleccións autonómicas | As palabras non son inocentes. É o que teñen, que comunican. Por iso a utilización dunha ou doutra non é neutral. Sábeo ben Pedro Puy, voceiro parlamentario do PP, que nunha entrevista nesta fin de semana na cadea SER asegurou que "grazas á boa xestión" do goberno galego, "con Núñez Feijóo á frente", na Galiza "non se pode prácticamente" falar de recortes "senon de simplemente pequenos axustes" para cumprir cos obxectivos de déficit. Puy asegura que a Galiza, conta cunha economía "saneada" (os datos da EPA cifran en 267.000 as persoas desempregadas no noso país), polo que debe de estar "a carón do Estado" á hora de exixir a outras comunidades que cumpran co criterio de déficit fixado. Preguntado polos 69 millóns que terá que recortar Galiza e as sús consecuencias, Puy insistiu en que supón "unha porcentaxe moi reducida". Tamén afirmou que a sociedade "debe pensar mellor "os seus investimentos e o seu compromiso de gasto". Por último, Pedro Puy publicitou que "a maquinaria electoral" do PPdeG "está xa perfectamente preparada" para afrontar as eleccións autonómicas, aínda que Núñez Feijóo asegura reiteradamente que fixar data para os vindeiros comicios (que tocarían en 2013) non está na súa axenda. |
PRAZA_4046 | O Goberno central aproba este martes o calendario e os criterios que rexerán o proceso de remate do confinamento, que será gradual e asimétrico. Despois de tres semanas de mellora, Galicia conta con bos indicadores hospitalarios, pero o número de positivos diarios é aínda demasiado elevado. | O Goberno central aproba este martes o plan de desescalada do confinamento, un proceso que será gradual e asimétrico, con medidas progresivas que se aplicarán con distinta velocidade nuns lugares ou outros. Haberá un calendario de accións de regreso á normalidade, que comezou este domingo co permiso aos menores de 14 anos para saír unha hora ao día á rúa e que continuará este sábado 2 de maio coa liberdade para realizar exercicio físico e dar paseos, preto da casa e mantendo sempre a distancia física recomendada. Galicia atópase nunha boa situación para iniciar a desescalada no que atinxe ao número de camas hospitalarias libres, pero rexistra aínda cada día un número de positivos de coronavirus por riba das cifras recomendadasA desescalada levará aparellada a necesidade de reforzar a capacidade para realizar tests masivos e, igualmente, un reforzo na atención primaria e na capacidade do sistema. Igualmente, haberá uns criterios que definirán o ritmo do desconfinamento, referidos á propia evolución da enfermidade e á súa transmisión, e tamén á situación do sistema hospitalario. Cumpre Galicia con estes criterios? Como apuntabamos esta fin de semana, Galicia atópase nunha boa situación para iniciar a desescalada no que atinxe ao número de camas hospitalarias libres, tanto de UCI como nas unidades convencionais. A taxa de hospitalización (a porcentaxe de novos infectados pola Covid-19) que deben ser ingresados no hospital atópase tamén por debaixo dos niveis máximos recomendados para comezar o regreso á actividade normal. Porén, rexistra aínda cada día un número de positivos de coronavirus por riba das cifras recomendadas para iniciar este desconfinamento.Aínda demasiados casos cada díaPara avanzar na desescalada recoméndase que o número de positivos diarios sexa de 1 ou 2 por cada 100.000 habitantes. Galicia rolda os 5Galicia segue sumando cada día máis dun cento de novos casos de coronavirus. De feito, dende mediados de marzo tan só en dúas xornadas a cifra baixou desa cantidade. A media na última semana moveuse entre os 130 e os 140 casos diarios. Moi por debaixo, iso si, que os máis de 400 que chegou a haber nos últimos días de marzo e primeiros de abril. A curva aplanouse notablemente, pero debe seguir facéndoo ata acadar os niveis que as autoridades sanitarias consideran seguro para iniciar un regreso á normalidade.Un dos criterios epidemiolóxicos cos que o Ministerio de Sanidade vén traballando dende hai semanas é que a taxa de incidencia debe ser inferior a dous casos novos ao día por cada 100.000 habitantes (aínda que tamén se baralla reducir este límite a 1 caso por cada 100.000 habitantes). Galicia incrementou nas últimas semanas o número de probas de detección e na actualidade realiza ao redor de 3.000 ao díaO indicador de dous casos novos por cada 100.000 habitantes suporía para Galicia ao redor de 54 positivos diarios, moi por debaixo da cifra actual. E, no caso de que o límite fose de 1 só caso por cada 100.000 habitantes, a cifra debería ser de 27 positivos diarios. No gráfico obsérvase como nestes momentos a media diaria é duns 4 ou 5 casos por cada 100.000 habitantes, e debería reducirse a menos da metade. E facelo de forma sostida e continuada, sen volver incrementar esa cantidade.Haberá que ver se neste caso se establecen diferenciacións entre as distintas áreas sanitarias. Ourense, sobre todo, e tamén A Coruña e Compostela, son as zonas de Galicia cun maior número de casos de coronavirus por habitante. Pola contra, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol presentan valores máis baixo. Máis probas, menos positivosSe o número de casos non baixa máis é, en parte, porque nas últimas semanas se están a realizar moitas máis probas de detección. De feito, nas últimas dúas semanas a media de PCR realizadas en Galicia rolda as tres mil diarias, fronte ás dúas mil diarias da primeira quincena de abril e ás pouco máis de mil da última semana de marzo. Hai un mes o 25% das probas realizadas eran positivas, hoxe a porcentaxe rolda o 5%Galicia suma xa máis de 87.000 probas realizadas (32,2 por cada 1000 habitantes). Tan só A Rioxa, Euskadi, Asturias, Cantabria e Madrid levaron a cabo máis probas PCR que Galicia. Iso si, no que atinxe aos tests rápidos, os datos galegos son bastante inferiores. O máis importante é que, en paralelo con este incremento de probas realizadas, foi diminuíndo a porcentaxe de positivos, que chegara a superar o 25% na última semana de marzo. É dicir, 1 de cada 4 probas era positiva. A media, dende hai 10 días, rolda o 5%.A outra clave: os hospitaisOutra das claves que marcarán o desconfinamento será a capacidade do sistema sanitario para seguir xestionando os casos máis graves de coronavirus. O confinamento evitou o colapso do sistema, pero o regreso á normalidade podería provocar un novo incremento nos contaxios. Ás comunidades autónomas pediráselles capacidade para dobrar o número de camas de UCI e para tratar en zonas separadas os doentes ou sospeitosos de Covid-19Outro dos criterios que as autoridades veñen manexando é que só unha parte moi pequena dos novos casos de coronavirus que se produzan necesiten de ingreso hospitalario. Para permitir dar pasos adiante no procesos de desescalada, esta taxa de hospitalización non debe superar o 30%. É dicir, que menos de 3 de cada 10 positivos necesiten ingreso hospitalario. Galicia atópase moi por debaixo dese 30% e nestes momentos rolda o 15%. Trátase doutro indicador que foi baixando nas últimas tres semanas, pois chegara a roldar o 40% e mantívose por riba do do 30% ata hai unha semana.Para permitir dar pasos adiante no procesos de desescalada, a taxa de hospitalización non debe superar o 30%. Galicia rolda o 15%O número diario de pacientes de coronavirus que ingresan cada día nos hospitais galegos móvese xa por debaixo dos 20. E mesmo se sitúa entre 11 e 15 nos últimos catro días. Con todo, na última semana de marzo e na primeira quincena de abril a cifra superou moitas xornadas as 100 persoas diarias, que ían incrementando o número de pacientes ingresados. A limitación na entrada de novos enfermos e o incremento nas altas nos últimos días conseguiron reducir moito o risco de saturación e colapso.Límites máximos de camas ocupadasAs autoridades sanitarias barallan algúns criterios obxectivos para definir o correcto estado do sistema hospitalario, sobre todo no que atinxe ás UCI. Ás distintas comunidades autónomas pediráselles capacidade para dobrar o número de camas de UCI e para tratar en zonas separadas os doentes ou sospeitosos de Covid-19. Pero, ademais, recoméndase que cando menos o 50% das camas de UCI estean libres de pacientes de coronavirus e que tamén o estean o 70% de todas as camas hospitalarias.Galicia conta nestes momentos con 274 camas de UCI (eran 161 a comezos de marzo, pero a cifra incrementouse para facer fronte á pandemia) e ao redor de 9.000 camas hospitalarias totais, sumando aí as preto de 2.000 existentes nos hospitais privados.Nestes momentos o 30% dos espazos de UCI están ocupados por pacientes de coronavirus, unha porcentaxe que chegou a ser do 65%Nesta crise do coronavirus, o peor momento nos hospitais viviuse nos últimos días de marzo e na primeira semana de abril, cando se acadaron as cifra máximas de camas ocupadas. Chegou a haber 177 camas de UCI ocupadas por pacientes de coronavirus, e durante varios días o número total de persoas infectadas ingresadas nos hospitais galegos superou o milleiro. Case un mes despois, estas cifras caeron á metade: 83 camas de UCI e menos de 600 prazas totais ocupadas.Os dous indicadores están, polo tanto, moi por debaixo dos niveis máximos que se barallan esixir para permitir avanzar na desescalada. Nestes momentos o 30% dos espazos de UCI están ocupados por pacientes de coronavirus, unha porcentaxe que chegou a ser do 65%. De igual xeito, tan só o 6% das camas hospitalarias totais están ocupadas por casos positivos da Covid-19, un valor que chegou a ser de máis do dobre. |
NOS_14125 | O sector da hostalaría da Galiza mobilizouse de forma masiva en Compostela. Nunha marcha simbólica polo futuro da restauración, a hospedaxe e o ocio nocturno, xerentes e traballadores percorreron o tramo final do Camiño de Santiago até a praza do Obradoiro. Reclaman maior compromiso da Xunta e un plan de rescate completo que sosteña os seus negocios sen máis sacrificios nin acusacións de culpabilidade. | "Queremos traballar". O reclamo unánime do sector da hostalaría da Galiza xuntou onte en Compostela o colectivo de profesionais do ramo. Tras unha semana de protestas e mobilizacións locais, uniron forzas nunha mesma cidade para demandar un plan de rescate urxente que alivie a tensión á que se están vendo sometidos tanto empresarios como traballadores por segunda vez durante a pandemia de coronavirus. A decisión de fechar de novo a hostalaría, advirten os afectados pouco antes de que arranque a marcha que os levará até a praza do Obradoiro, chega no "peor momento, despois de cinco meses de espera e de facer un grande esforzo por recuperar a actividade, cando comezabamos a recuperar o pulso do negocio" comenta Enrique Villar, dono de dúas cervexarías, agora fechadas, na capital da Galiza. "Ao final, o que temos son oito meses perdidos". As queixas por parte do sector intensificáronse nos últimos días após a orde de fechamento decretada pola Xunta e a falta dun paquete sólido de medidas que dea soporte á hostalaría para que a clausura definitiva dos estabelecementos non sexa a única saída. Marcha simbólica Procedentes de todo o territorio, representantes e asociados das principais entidades profesionais do sector concentráronse na entrada norte de Compostela para percorreren a pé o último treito do Camiño de Santiago. "Convocamos esta marcha simbólica por un dos tramos do camiño francés, tan ligado á hostalaría, para poñer en evidencia a situación límite na que se encontra o sector", destaca Lois López, vogal da Asociación Hostalaría Compostela. Desde a cabeza da manifestación, López apunta directamente a reivindicación primordial do colectivo: un plan de rescate completo. "Nós presentamos xa unha proposta de rescate integral cunha serie de medidas que cremos que a Xunta ten a obriga de liderar, da man co sector, con Concellos, Deputacións e Administración estatal, para buscar unha solución que nos permita convivir coa situación actual e planificar como imos poder traballar no futuro, sen esperar a anuncios improvisados". Os hostaleiros aseguran que cada día que se manteñan as restricións de feche máis locais abandonan para sempre. "As axudas son un balón de osíxeno urxente e necesario, pero non van ser a solución", incide Lois López quen apunta, ademais, que as que se están dando agora, de carácter local, "son insuficientes". Salvar o emprego Máis aló das axudas directas, polas que a maioría das propietarias e propietarios do ramo apreman as Administracións, o sector reclama unha fórmula que "nos permita salvar o emprego e traballar de forma segura". E para aqueles negocios que polas súas condicións non poidan reabrir a medio prazo, engaden "cómpre unha solución definitiva e estábel, ben sexa a través dun plan de reconversión, de xubilacións anticipadas ou dun programa de axudas permanentes que poidan manter as xerencias e os equipos de traballo". A hostalaría láiase de perdas "tremendas" en termos económicos e de recursos humanos. Abertos ou fechados, os estabelecementos contan con gastos fixos que teñen que seguir mantendo. O aluguer, o abastecemento de enerxía, as cotas proporcionais da seguridade social dos traballadores en ERTE, soldos, hipotecas e préstamos financeiros. Marisa González rexenta unha cafetería en Pontevedra. Disponse a andar a recta final do Camiño de Santiago cunha pancarta na que se le "todos somos hostalaría". "De momento resisto, mais de seguir así o feche non está moi lonxe. A situación é inviábel", asegura. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí] |
NOS_15265 | "Unha fiestra de oportunidade rara e curta para reconstruír o noso mundo para mellor", considerou António Guterres, secretario xeral da ONU, que supón a pandemia. Fíxoo durante a cimeira Diálogo de Petersberg sobre o Clima, onde Angela Merkel se comprometeu por primeira vez co plan de redución de CO2 para 2030 da UE. | "O cambio climático continúa a existir, malia que estea a recibir menos atención neste momento", afirmara días atrás a ministra alemá do Ambiente, Svenja Schulze, para xustificar que se mantivese esta semana ─aínda que de forma telemática─ o 11º Diálogo de Petersberg, o congreso internacional sobre o quecemento global que se organiza anualmente en Berlín. Alemaña acolle o Diálogo cada primavera desde o fracaso da Conferencia da ONU sobre o Cambio Climático de 2009 en Copenhaguen (COP15). Como anfitrión ─canda o Reino Unido, que preside a suspendida COP26 prevista para este 2021─ focalizou esta edición nunha "recuperación sustentábel" en resposta á crise pola COVID-19. Schulze, ministra do Partido Socialdemócrata (SPD) no goberno de coalición coa Unión Demócrata Cristiá (CDU), sinalou que "ao contrario do que acontece co coronavirus, contra a crise climática xa coñecemos as vacinas. Están dispoñíbeis, son accesíbeis economicamente e fan que a vida sexa mellor". Os paquetes de estímulo económico, incidiu, neste sentido, deben estar deseñados coa protección climática en mente. Unha trintena de representantes ministeriais de Gobernos de todo o mundo, ademais de membros da comunidade científica, participaron nesta cimeira, que cobrou especial importancia debido á cancelación da COP26. Ademais, por vez primeira, deuse voz a representantes municipais e tamén a ONG, empresas e sindicatos. Compromiso alemán Na súa intervención, a primeira ministra Angela Merkel comprometeuse por vez primeira en público coa proposta da Comisión Europea de elevar o obxectivo da redución de gases de efecto invernadoiro a entre 50% e 55% para 2030. O Executivo comunitario traballa neste plan que lidera o vicepresidente para o Acordo Verde Europeo, o neerlandés Frans Timmermans. Bruxelas considera imprescindíbel elevar esa meta desde o 40% actual co fin de cumprir co compromiso estabelecido pola UE de alcanzar a neutralidade climática para 2050. É dicir, emisións netas cero: a fin da era dos combustíbeis fósiles. O compromiso de Merkel chegou tras as reticencias previas de Berlín e despois das presións das organizacións ecoloxistas. Científica e ex ministra do Ambiente, foi mesmo bautizada no seu momento como "a chanceler do clima" polo seu compromiso na loita contra o quecemento global e agardábase un movemento neste sentido. As ONG recibiron con satisfacción o anuncio, aínda que agardaban maior concreción. Neste sentido, Schulze matizou que o the Goberno alemán aínda non chegara a un acordo sobre cal das dúas cifras apoiaría, se 50% ou 55%, unha diferenza notábel. En Alemaña, motor económico da UE e país decisivo para os compromisos co clima, hai grandes multinacionais que apostan por dar pasos amplos, como é o caso da farmacéutica Bayer ou da siderúrxica ThyssenKrupp. Porén, desde a Federación de Industrias Alemás (BDI) pediron non pór mais peso sobre as costas das empresas xa golpeadas pola actual crise. Empregos verdes Pola súa banda, o secretario xeral da ONU, António Guterres, afirmou na súa intervención que, ao igual que o coronavirus, o cambio climático tampouco entende de fronteiras. No contexto da pandemia ábrese "unha fiestra de oportunidade rara e curta para reconstruír o noso mundo para mellor", dixo, e propuxo seis accións climáticas. Primeiro, que os billóns destinados á recuperación deben servir para crear novos empregos e negocios mediante unha transición limpa e ecolóxica, acelerando a descarbonización da economía. Segundo, que o diñeiro dos contribuíntes utilizado para rescatar as empresas se invista na creación de empregos verdes, e non para salvar industrias anticuadas e contaminantes. Terceiro, que as economías grises se transformen en verdes mediante a capacidade impositiva, cunha transición xusta sen deixar a ninguén atrás. Cuarto, que se invistan os fondos públicos en proxectos sustentábeis pensando no futuro, poñendo fin aos subsidios dos combustíbeis fósiles. Quinto, que o sistema financeiro mundial deixe de ignorar o prezo que paga o planeta por un crecemento insustentábel. E sexto: unidade para resolver ambas as dúas urxencias, a climática e a do coronavirus. Con todo, Guterres recoñeceu que a clave para combater a crise climática reside principalmente en dous países. "O Acordo de París foi posíbel en gran medida grazas ao compromiso dos Estados Unidos e da China. Sen a contribución dos grandes emisores, todos os nosos esforzos estarán condenados", dixo. |
NOS_37520 | A obra de Rosalía de Castro atravesa fulgurante as encrucilladas político sociais da súa época. E da época por vir. Intempestiva e radical como toda literatura importante, a súa quinta e última novela, El primer loco (1881), é mostra acabada desa condición. Unha nova edición, precedida por un denso e orixinal estudo dos profesores Germán Labrador e María do Cebreiro Rábade, confírmao. | A editorial Alvarellos e o Consorcio de Santiago son responsábeis da recuperación do título nun formato que, ademais da introdución de 95 páxinas, inclúe o relato El domingo de Ramos -apéndice do romance- e vinte fotografías de Denís Estévez, "unha viaxe sensorial polas sendas do histórico bosque do Banquete de Conxo [en Compostela]", escenario da novela. Mais é o ensaio inicial o que contén unha elaborada aproximación a esta historia de loucura, imposibilidades políticas e persoais, rexistro de transformacións e lugar de memoria. "A nosa proposta de lectura quere abrir os significados do texto rosaliano a partir de cinco eixos estruturais non necesariamente transparentes", escriben Labrador e Rábade: "a historia da loucura e o nacemento da biopolítica, a importancia do espiritismo como relixión política moderna, o poder da novela decimonónica para analizar psiquicamente a vida social, a crítica de xénero, e a comprensión da carballeira de Conxo en chave de ecoloxía radical". Cun forte aparello teórico, apoiado na escola desenvolvida a partir das teses de Michel Foucault sobre o biopoder, os investigadores entenden El primer loco como "un texto de historia alternativa, un espello fantasmal onde se proxecta a trama do seu século". Ao tempo, recoñecen "unha conversa aliada", non sempre conforme, con estudosos de Rosalía de Castro como María Xesús Lama, Xoán González-Millán, Fernando Cabo ou Francisco Rodríguez. A súa achega leva o epígrafe de A Memoria Alienada. Revolución, biopoder e ecoloxías radicais en El primer loco e El domingo de Ramos. "Alienación, estrañamento e estranxeiría vanse fiando e redefinindo a partir da noción máis xeral de estrañeza -cuento extraño, subtitula Rosalía- sen a que non se pode dar ningún xeito de política nin de estética", aseguran. El primer loco retrata o personaxe de Luís, que vai perdendo a razón ao tempo que conta a Pedro a historia dos seus amores imposíbeis con Berenice e Esmeralda. Ao tempo, o antigo convento de Conxo inicia a súa transformación en manicomio. As disxuntivas que cruzan o libro son innumerábeis. A xeración do Rexurdimento asimilaba a derrota da "causa republicana e federalista" no Sexenio e este dó emerxe de maneiras oblicuas, laterais. O liberalismo burgués oponse ao mesmo tempo á comunalidade popular e á democracia radical en que Rábade e Labrador encadran o pensamento político de Rosalía de Castro. "[Esta] pon moito coidado na súa descrición en romper coa fascinación primitivista coa que as tradicións populares eran descritas desde unha perspectiva liberal", din. É xustamente o contexto político social o que, a dicir dos ensaístas, ofrece novas perspectivas sobre un texto que, de entrada, se vale do repertorio estilístico tardorromántico ou gótico. O espectral adquire significados case revolucionarios e o malestar toma formas imprevistas, por veces fantásticas, por veces racionais. "A existencia dos círculos cantonalistas, masóns e espiritistas nos que esta obra debe explicarse é fundamental para avanzar na comprensión de El primer loco como un roman à clef da sociedade galega da Primeira República, un camiño por rozar aínda", afirman, do mesmo xeito que, engaden, "por afastadas que resulten hoxe as súas tramas, os conflitos emocionais das novelas rosalianas están sempre respondendo a articulacións sociopolíticas". Germán Labrador (Vigo, 1980) é profesor do departamento de Linguas e Culturas Españolas e Portuguesas da Universidade de Princeton, en Estados Unidos. María do Cebreiro Rábade (Compostela, 1976) imparte Teoría da Literatura na de Santiago de Compostela. |
NOS_39150 | O Goberno español dá un prazo máximo de 18 meses para que o proxecto de lei polo Dereito á vivenda sexa aprobado en sede parlamentaria. | O Consello de Ministros aprobou na terza feira o proxecto da Lei de vivenda tras varios meses de retraso. Fíxoo a pesar de que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) emitira un informe precitivo en contra do texto. Ademais da súa aprobación, o Goberno de coalición acordou a súa tramitación no Congreso pola vía de urxencia. Tras a reunión ministerial, a responsábel de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e a ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, compareceron ante os medios de comunicación para comentar algúns detalles do proxecto de lei. Tanto Sánchez como Belarra instaron o resto de formacións políticas que forman parte da cámara baixa a que apoien unha Lei de vivenda "esperada con ansiedade pola cidadanía", asegurou a ministra de Transportes. Para a titular da carteira de Dereitos Sociais, "é o primeiro paso nun camiño que o Estado español ten que percorrer". Asegura que coa nova lei protéxese os inquilinos das vivendas, "a parte máis fébel da ecuación". Belarra tamén puxo en valor que a nova lei naza do acordo do PSOE e de Unidas Podemos. "Somos dous partidos diferentes, pero fomos capaces de superar os obstáculos até o resultado final", engadiu Sánchez. Informe do CXPX En canto ao informe presentado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana detallou que o Goberno español estudouno "con absoluto respecto ás consideracións" do órgano xudicial. Raquel Sánchez insistiu en que esta valoración do CXPX non é de carácter "vinculante", e subliñou que finalmente dese o visto bo á Lei de vivenda hai uns días, despois de que o Executivo "incorporase comentarios" para "clarificar determinados artigos nos que entra a normativa autonómica". Malia que son as autonomías quen teñen as competencias sobre vivenda, a ministra socialista afirmou que a nova lei "non invade ningunha competencia autonómica, o Estado ten competencia absoluta para garantir o acceso total da cidadanía aos seus dereitos". |
NOS_24369 | A Anpa do insituto de Viveiro continúa a súa loita pola adxudicación dunha praza docente que lles corresponde segundo o catálogo da Xunta. | Após máis dun mes desde que comezou o curso escolar, no IES Vilar Ponte de Viveiro continúan se persoal docente para unha praza de Lingua Castelá. Embora aparecer recollida no decreto publicado pola Xunta de Galiza --que lles outorga 43 prazas-- a Consellaría de Educación négase a cubrir este posto e exixe que a dirección do centro modifique os horarios para garantir o servizo con menos persoal. Desde o pasado mes de setembro a Anpa do Vilar Ponte mantén asembleas informativas e xuntanzas para reclamar "o que nos corresponde", asegura Mari Carmen, unha das nais. Porén, embora presentar a súa renuncia en bloque a anterior dirección, como medida de presión para evidenciar a escaseza de profesorado, desde a Xefatura Territorial de Educación nomearon unha outra directora e rexeitou dar cumprimento á súa propia normativa. Perante esta situación, a Anpa decidiu a pasada sexta feira (10 de outubro) "entar nas aulas para explicar a profesores e alumnos o que está a acontecer", explica Mari Carmen en conversa con Sermos Galiza. O día anterior, acudiran até Lugo para se reuniren con representantes da Xefatura Territorial de Educación. Mais, reunid@s en asemblea "decidimos facer os pasos por aulas porque os novos horarios presentados pola directora non funcionan", sinalan desde a Anpa. E é que "hai rapaces que teñen dúas horas de lingua xuntas e outros que non teñen Física e Química", asemade, conta Mari Carmen, "mudaron os tutores". O centro continúa a súa vida mais faino con carencias ben visíbeis, apuntan as nais e pais das crianzas que urxen "solucionar" o conflito para que este non se prolongue máis tempo. A directora denunciou dúas nais por informar durante o horario lectivo do que está a acontecer no centro Dúas nais denunciadas por "altercados" Mais desde a nova equipa directiva --nomeada por Educación-- optaron por pór máis leña ao lume e denunciar a dúas das nais que protestaron no centro o 10 de outubro. Acusadas dun suposto delito de "altercado", Mari Carmen e outra nai tiveron que prestar declaración na comisaría viveirense e, arestora, agardan ser chamadas polo xuíz. "A policía di que se nos denunciou por botarmos os rapaces fóra da aula, mais iso é mentira", explican. Neste senso, a sorpresa de ambas as dúas mulleres chegou cando se decataron de que só foran denunciadas elas dúas "cando eramos 50 persoas as que acudimos ao centro". Segundo o relato policial, a directora "só nos recoñeceu a nós" mais "iso tampouco é certo porque foi tutora dos fillos de outras moitas nais". Unha dirección "ilegal" O conflito enrócase e acrecéntanse novas cuestións pois a CIG denuncia o carácter "ilegal" do nomeamento da nova dirección. Segundo a central sindical esta non foi eleita de acordo co procedemento fixado polo Decreto 29/2007 que obriga a escoitar a opinión do Consello Escolar e do Claustro após o "cesamento da dirección durante o curso". A CIG advirte que o nomeamento da nova dirección non seguiu o procedemento legal e que Educación podería estar a incorrer nunha suposta prevaricación "É máis que obvio que a Xefatura Territorial neste caso non ouviu nin o claustro nin o consello escolar porque non foron convocados para tal efecto e procedeu a nomear unha nova directora saltando a legalidade e incorrendo nun posíbel caso de prevaricación", advirten desde a CIG-Ensino que xa presentou un recurso, o día 13 de outubro, perante a Xefatura Territorial de Lugo. "Demandamos que rectifique e anule o nomeamento desta dirección, que se convoque o claustro e a consello escolar para elixir unha nova dirección que cumpra coa normativa e que sexa referendada pola maioría tanto do claustro como do consello escolar". Aliás, instan á elaboración "uns novos horarios conforme á lei e que sexan os distintos departamentos, unha vez reunidos, os que distribúan as horas que lles corresponden así como a asignación de grupos ao profesorado e que non sexan impostos como parece querer facer a dirección e a inspección educativa". AGE e BNG levan ao Parlamento o conflito As cousas non fican aí. Desde os grupos parlamentares de AGE e BNG presentaron senllas propostas non lexislativas encamiñas a procurar unha solución ao conflito no IES Vilar Ponte. Mais desde as organizacións políticas entenden que esta pasa pola adxudicación da praza docente de Lingua Castelá que lle corresponde ao centro e que permitiría cubrir os horarios e quendas do profesorado. Asemade, exixen a retirada da denuncia ás dúas nais que poderían ser sancionadas e/ou multadas. Entrementres, a Anpa continúa adiante coa súa folla de rota e esta quinta feira (16 de outubro) convocan unha manifestación ás 19.30 horas após a xuntanza do Consello escolar. Doutra banda, o pleno municipal debaterá sobre o conflito a instancias das forzas da oposición que conxuntamente presentarán unha moción de apoio á Anpa e alumn@s. O grupo municipal do Partido Popular, até o momento, non amosou o seu apoio a esta iniciativa. |
NOS_27916 | Isabel Aparicio, de 60 anos de idade, padecía unha grave enfermidade. Estaba presa actualmente en Zueza após ser condenada en 2007 a 11 anos e 11 meses. | Isabel Aparicio, madrileña de 60 anos e presa desde 2007, foi atopada morta na prisión de Zueza, onde cumpría pena pola súa pertenza o PCE(r), no que militaba desde a súa fundación en 1975. Foi condenada a 11 anos e 11 meses de cárcere- Segundo familiares e a organización Socorro Vermello Internacional, Isabel Aparicio padecía unha grave enfermidade desde hai anos da que non foi, afirman, convenientemente tratada. Ademais de artrose dexenerativa xeral e osteoporose, padecía problemas respiratorios e sinusite grave e crónica, desprazamento de vértebras lumbares e hernia de disco. "Non estaba a ser tratada axeitadamente desas doenzas", denuncian desde SVI. |
PRAZA_6943 | O informe da Fiscalía que se incorporou á causa relata con precisión a represión sufrida por ducias de denunciantes galegos ou os seus achegados e inclúense relatos sobre as torturas de anónimos, cargos públicos e destacadas figuras. A Interpol pide a detención de vinte cargos franquistas tras a solicitude do Ministerio Público. | Interpol pide a detención de vinte imputados por crimes franquistas e o Estado négase "Sufriron humillacións como o rapado de pelo, inxesta de aceite de ricino, ademais de ser obrigadas a facer propaganda dunha marca de conservas subidas a unha lancha e vestidas co uniforme falanxista". "Estivo durante 59 días atado de pés e mans, e sometido a torturas, entre outras, introdución de cravos entre as unllas das mans e dos pés". "Atáronlle as mans a unha soga prendida da cola dun cabalo e foi arrastrado durante varios quilómetros ata chegar á entrada do Incio, onde aínda con vida e consciente, foi asasinado, amputándolle un dedo para roubarlle a alianza". O informe da Fiscalía arxentina relata con detalle as denuncias de moreas de galegos pola represión sufrida durante o franquismo Son tan só algúns dos duros relatos que varios cidadáns galegos incluíron como denuncia na querela arxentina contra os crimes do franquismo. Un extenso informe da Fiscalía arxentina -ao que tivo acceso Praza- analiza con detalle centos de casos de represaliados, torturados, desaparecidos e asasinados en Galicia que se foron engadindo á causa. Nel inclúense todos os casos denunciados por cidadáns galegos ata outubro dun total de máis de 150 querelantes que fan referencia a unhas 4.500 vítimas. O documento é o mesmo no que a Fiscalía solicita á xuíza Servini de Cubría comprobar in situ as fosas comúns do franquismo de Galicia ou no que se baseou a maxistrada para aumentar as ordes de detención e solicitar a extradición hai dúas semanas de vinte dirixentes e altos funcionarios franquistas. Neste mesmo mércores, a Interpol vén de pedir á súa sección española que deteña preventivamente os imputados pola xustiza arxentina, entre os que figuran os ex ministros Martín Villa e Utrera Molina. Os querelantes relatan torturas e represión durante a guerra civil, pero tamén durante os últimos anos da ditadura As denuncias, nas que se inclúen crus relatos da represión sufrida, refírense a familiares, amigos ou mesmo colectivos que advirten das torturas ou asasinatos sufridos polos seus achegados nos primeiros anos da ditadura ou durante a guerra civil, pero tamén testemuños de afectados ainda vivos que relatan os danos sufridos nas últimas épocas do franquismo. Como o dun veciño da Coruña, que relata "as torturas dolorosas, humillantes e vexatorias na comisaría de policía da cidade" en diferentes etapas entre 1969 e 1971. "Detivérono 72 horas e durante todo ese tempo foi sometido pola policía a un exhaustivo interrogatorio que consistía en torturas violentas. Subíano desde o calabozo a un lugar onde tres, catro e ata cinco policías o golpeaban", relata o fiscal, que fai referencia a un tal "Paradela", que segundo o denunciante era quen o ameazaba con "clavar los zapatitos en cada testículo". O mesmo querelante denuncia tamén a desaparición do corpo en xullo de 1937 dunha familiar, "sendo morta por disparos efectuados polos gardas". "O seu corpo apareceu na praia do Orzán da Coruña, aínda que actualmente descóñecese o seu paradoiro". Entre as denuncias inclúense as de asasinatos de varios cargos públicos galegos, de Moncho Reboiras ou de Alexandre Bóveda As denuncias son en detalle e revelan as atrocidades cometidas durante a época a través dunha represión que o propio fiscal define como un "plan sistemático, xeralizado, deliberado e planificado de aterrorizar españois paratidarios da forma representantiva de Goberno, a través da eliminación física dos seus máis representantivos expoñentes en territorio español". Na rúa da Torre da Coruña, segundo outra das denuncias, un cadáver apareceu "cos testículos na boca". E hai moitas máis referidas a Galicia, como o relato dun querelante, que fala das "humillacións" sufridas por unha muller ou do asasinato do irmán desta en Mondoñedo "xunto a outros catro homes". Tamén aparecen as denuncias polos asasinatos e torturas sufridas polos irmáns De Dios, guerrilleiros galegos antifascistas, ou a que impón a sobriña-neta de Manuel Díaz González, primeiro alcalde da República no Incio e que foi "arrastrado durante varios quilómetros prendido a un cabalo" para ser torturado, asasinado e mutilado en público, coa súa propia irmá presente. Tamén hai referencias á execución de Justo Moure Giráldez, que chegan de Cataluña e que relatan o fusilamento do tenente de alcalde da Cañiza nos primeiros meses do golpe de estado fascista. O galego Darío Rivas, fillo do alcalde asasinado de Castro de Rei, foi o impulsor da querela coa súa primeira denuncia Denúncianse numerosas desaparicións, encarceramentos ilegais, "os feitos acontecidos en Ferrol o 10 de marzo de 1972" ou os asasinatos de "Moncho Reboiras e Alexandre Bóveda, vítimas do xenocidio franquista e pertencentes ao nacionalismo galego". E cítanse nomes ou alcumes de presuntos torturadores e asasinos falanxistas ou franquistas, como Atracalacano, en Mondoñedo. Helena Villar Janeiro é outra das querelantes, ao denunciar a persecución sufrida por varios dos seus achegados, ao igual que Manuel Monge, ex concelleiro do BNG na Coruña que foi detido, multado e torturado no País Vasco a finais dos anos 60. Por suposto, inclúese a denuncia levada a cabo por Darío Rivas, galego afincado en Arxentina e impulsor da querela contra o franquismo xunto a Inés García Holgado. Con máis de 90 segue exixindo xustiza para seu pai, alcalde de Castro de Rei asasinado en 1937 e cuxo corpo logrou recuperar en 2005, case setenta anos despois. Neste documento do fiscal, clave para as futuras medidas que tome a xuíza Servini de Cubría, tamén hai abondosas referencias ao ex presidente da Xunta e ex ministro franquisa, Manuel Fraga, que sae varias veces citado entre denunciantes, que lembran que era "autoridade en exercicio" da ditadura franquista en varios casos de represión ou torturas no País Vasco ou "responsable" de feitos como os cometidos en Vitoria en 1976. |
NOS_33225 | Reprocha a Educación que non negociase especialidades nin número de prazas da OPE e que a distribución das convocadas non se poña en común coas xubilacións nin se avalíen os efectos no persoal interino. | Unha oferta pública de emprego (OPE) "decepcionante" e que mostra, máis unha vez, a "soberbia" da Consellaría de Educación. CIG-Ensino reprochou na reunión da Mesa Sectorial as "formas e fondo" do departamento autonómico, que se apresentou na xuntanza co reparto fechado das 2.050 prazas da OPE deste ano. Unha reunión, aliás, que se producía após o conselleiro anunciar xa as especialidades a convocar e o presidente da Xunta o número de prazas, sen a mínima posibilidade de negociación cos sindicatos. Chegábase á reunión, pois, con "todo atado e ben atado". Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, lembrou os acordos asinados polos sindicatos estatais co ministerio e consellería nos que, dixo, "se dá vía libre a que, nos próximos anos, non se convoque ningunha praza a maiores das existentes actualmente". Se o acordo fixa como tope a cifra de 30.000 docentes orzamentados para o ensino público galego non é posíbel reducir as rateos de alumnado por aula nin recuperar as 18 horas de xornada lectiva en Secundaria e as 21 en Infantil e Primaria CIG-Ensino informa de que o seu representante na Mesa expuxo que a actual OPE non cumpre coas expectativas, nin desde a perspectiva de servizo público nin desde a das necesidades do persoal docente. "Sen incremento nos cadros de persoal non é posíbel mellorar a calidade do ensino, nin reducir as itinerancias, nin a impartición de afíns disparatadas, nin atender correctamente o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)". Se o acordo fixa como tope a cifra de 30.000 docentes orzamentados para o ensino público galego non é posíbel reducir as rateos de alumnado por aula nin recuperar as 18 horas de xornada lectiva en Secundaria e as 21 en Infantil e Primaria, advirte o sindicato nacionalista. Para a CIG-Ensino, a actual OPE deixa nunha posición vulnerábel o persoal interino que presta servizos en Galiza (3.828 docentes segundo dados de comezos de curso, que actualmente é unha cifra superior á que hai que engadirlle as miles de persoas que teñen contratos de substitución). Segundo a información proporcionada pola Consellaría en resposta á solicitude da CIG-Ensino, os dados da taxa de reposición son os seguintes: 1.028 xubilacións, 28 falecementos, 16 excedencias con perda de praza. Un total de 1.072 ás que se lle engaden 581 por riba da taxa de reposición e 397 prazas de promoción interna. |
NOS_31789 | Centos de persoas concentráronse ás portas do Parlamento para demandar o mantemento do centro de atención especial. | Estudantes, familiares e traballador@s do centro San Francisco de Vigo manifestáronse esta cuarta feira (29 de outubro) ás portas do Pazo do Hórreo coincidindo coa comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar, Betriz Mato. Xunto a centos de integrantes da Asociación Galega San Francisco (Agasfra), reclamaron unha "solución" para o futuro deste espazo que acolle a 73 persoas con diversidade funcional desde 1969. O ruxir das buguinas das furgonetas desprazadas até a capital galega --que atrancaron o tránsito durante máis dúas horas-- mesturouse coas denuncias e proclamas que corearon as manifestantes. Exixen que a Xunta de Galiza paralice o proceso de privatización do centro a cuxo concurso público concorreu a Residencia Doral. Unha empresa privada que obtivo a mellor puntuación e que se fará coa xestión de San Francisco se a Consellaría de Traballo non o frea antes. Desde a Asociación levan tempo alertando das consecuencias que carrexará para @s utentes do centro que son, din tratad@s como "mercadorías". Neste senso, xa congregaron máis dun milleiro de persoas a comezos de outubro na cidade olívica cunha manifestación que percorreu as rúas viguesas e coa que demandan o mantemento destas instalacións, "unha segunda casa", afirman, para as persoas que as empregan. Até o de agora o centro San Francisco viña sendo xestionado pola propia asociación, integrada por familiares, que financiaban através dunha subvención pública este servizo. Porén, no mes de agosto e sen previo aviso, a Xunta cancelou a axuda e sacou a concurso público o centro. Asemade, este feito non garante que se manteñan os postos de traballo que actualmente crea a escola. |
NOS_17127 | Pablo Iglesias arroupará o sábado a Gómez-Reino nun acto na Coruña. | A pasada sexta feira, a escasos dez minutos de que desen as doce da noite, representantes de Podemos, Esquerda Unida e Anova discorrían ás présas polos corredores do Parlamento da Galiza. Estaba a piques de rematar o prazo para rexistrar a confluencia na Xunta Electoral e trasladaran a súa negociación alí por mor de non ficar todas fóra da carreira ao 5 de abril. Había que estar no Pazo do Hórreo para asegurar a coalición e as negociadoras estaban "bloqueadas" após 48 horas de intensas conversas. O agora candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas, Antón Gómez-Reino, chegou directo de Madrid para resolver os últimos escollos e todo rematou a un minuto de que chegase o sábado. Agora tócalles decidir as candidaturas e teñen até o domingo para pechar as listas cremalleira. "As posibilidades de cambio real no país están aí", dicía onte Martiño Noriega, designado por Anova para liderar as negociacións co espazo político, no Bos Días da TVG, após reafirmar que "as tres sensibilidades do espectro da esquerda no país van acudir dunha maneira nidia" aos comicios galegos e que "non se vai disgregar o voto". O pacto asinado tivo moi en conta unha enquisa interna de Podemos, desas que fan os partidos para coñecer a súa posición real, realizada hai dúas semanas con Gómez-Reino xa perfilado como candidato. Segundo puido saber Nós Diario, nesa enquisa Podemos obtería, presentándose só, máis dun 8% dos votos e, contando coa retirada de En Marea e a suma de Anova, a formación morada estima en máis dun 12% dos votos o punto de partida para a coalición. Porcentaxe que se traduciría en "sete ou oito deputadas". Nesa mesma enquisa, o PP perdería a maioría absoluta por "entre un e dous escanos". Baseándose nestes datos, o pacto xa repartiu as tres primeiras posicións nas candidaturas da Coruña e Pontevedra e as cabezas de lista por Lugo e Ourense, pois considérase que son "postos de saída". Desta maneira, no acordo repártese o número un pola Coruña para Unidas Podemos, lugar que ocupará Antón Gómez-Reino, que será proclamado candidato de Podemos Galicia esta quinta feira e arroupado polo líder morado, Pablo Iglesias, nunha conferencia política este sábado tamén na Coruña. O segundo posto é para Podemos e está reservado para a actual deputada do Grupo Común da Esquerda Luca Chao, que tamén vai de segunda na candidatura de Gómez-Reino ás primarias moradas. E o terceiro ten que ocupalo alguén de Anova, que poderían ser Martiño Noriega ou o portavoz da formación fundada por Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez. Aínda que onte Anova non confirmou nomes nin informou de ningunha reunión coa militancia esta semana. Eva Solla, líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista na Galiza, será a cabeza de lista por Pontevedra. As dúbidas están na segunda posición, pois Anova non concretou aínda a quen van colocar, de escoller unha muller, como se espera desde o espazo segundo as fontes consultadas por Nós Diario; o tres sería para Marcos Cal, de Podemos, e tamén deputado. O número un por Ourense pertence a Podemos, que elixirá a David Bruzos. E o de Lugo é para Anova. Aquí é onde aumentan as especulacións, pois os nacionalistas poden situar o ex deputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello ou o propio Noriega, de non concorrer pola Coruña. |
NOS_41926 | Persoal técnico do mundo da música e dos eventos artísticos reivindica o seu papel e a necesidade de os gobernos lles presten axuda ante a crise provocada pola Covid-19. | O mundo do espectáculo e dos eventos mobilizouse onte en Compostela e en Vigo para reivindicar medidas urxentes, por parte dos gobernos, de cara a "garantir a supervivencia do sector" ante a crise que provocan a actual situación sanitaria e "as restricións normativas referidas ás medidas de seguridade e á redución da capacidade das salas" para acoller o público. Tesgal (Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo) e Amproega (Asociación de Músicos e Profesionais do Espectáculo da Galiza) foron os promotores desta iniciativa que tinguiu de negro e encheu de flight cases (caixas de embalaxe para o material técnico) a praza do Obradoiro, en Compostela. A mobilización convocada na rúa García Barbón, en Vigo, tivo que suspenderse por mor do mal tempo. Baixo o lema Alerta Vermella, únense artistas, músicas, técnicos e técnicas de escena, de son, de iluminación e persoas propietarias de salas de concertos, espectáculos e eventos. E todas elas asumen as 14 reivindicacións chave do seu manifesto, onde tamén se recalca que o sector supón 3,8% do PIB (Produto Interior Bruto) do Estado español e arredor de 700.000 postos de traballo. O manifesto, no que se pide a adopción de medidas económicas e sociais para o sector, os espazos e as persoas traballadoras, tanto por conta allea como autónomas, puntualízase que a actividade se viu "afectada pola Covid-19, mesmo antes de ser declarado o estado de alarma" e por iso exixen "a reactivación das axendas culturais das administracións". Así mesmo, instan o Goberno a "tomar medidas nas próximas semanas, que garantan a supervivencia do sector" pero tamén ven precisa "a creación, de forma inmediata, dunha mesa sectorial que defina as necesidades concretas, afectadas pola temporalidade e a intermitencia da actividade". A negociación dun convenio colectivo tamén está recollida entre as reivindicacións das traballadoras do mundo do espectáculo. "Trátase dun sector moi heteroxéneo e fragmentado", dise deste a organización, "coa característica esencial da transversalidade e da dependencia doutros sectores, como o da cultura, o do deporte ou o do turismo". Estas circunstancias provocan, segundo se recolle no manifesto "unha fraxilidade estrutural e unha inseguridade xurídica alarmante" para as persoas traballadoras do sector. Todo isto, aseguran, "faise agora máis patente que nunca e demanda un esforzo complexo que require unha regulamentación específica e adaptada ás especiais circunstancias nas que se desenvolve actividade" por mor da Covid-19. Desde a asociación Músicas ao Vivo, que se sumou ás reivindicacións, destacan que "os eventos culturais son lugares seguros e así o demostramos durante todo o verán, onde non houbo nin un só gromo xurdido dun concerto ou dun espectáculo". Así mesmo, falan da necesidade de que "as restricións da capacidade das salas e dos locais de eventos non sexan totalmente esaxeradas até rozar o ridículo, con auditorios de até 1.000 butacas e un máximo de 60 persoas de público". Moitas persoas do mundo da música quixeron unirse á reivindicación a través das súas redes sociais. Foi o caso de Uxía, que recolleu no seu Facebook un vídeo no que explicaba que "nos últimos seis meses houbo moi pouco volume de traballo e a capacidade dos locais viuse moi limitada". Por esta situación de crise vía necesario "facer visíbel a moita xente do medio que non se ve, pero sen a que non poderiamos traballar". Mobilizacións en dous actos para visibilizar a crise Un cemiterio de flight case abriu a xornada de reivindicación ás 15 horas. A intencionalidade, di Tesgal, "representar a morte do sector se non se aplican medidas axeitadas". E desde ás 19.30, en Vigo, e unha hora máis tarde en Compostela, as manifestantes ocuparon os lugares de encontro seguindo estritas medidas de seguridade, como a obriga de hixienizar as mans con xel hidroalcólico no acceso, respectar o distanciamento de seguridade de 1,5 metros e a dirección da marcha. |
NOS_18390 | Os barcos galegos en alta mar non se benefician do desconto no combustíbel de 20 céntimos por litro. | O Parlamento da Galiza reclamou, por unanimidade de todos os grupos con representación na Cámara, que se habiliten as medidas pertinentes para que os buques galegos que faenan en augas internacionais ou fóra da zona económica exclusiva (ZEE) estatal "poidan ser beneficiarios da rebaixa dos 20 céntimos" cando boten combustíbel en portos estranxeiros coa mediación ou intervención directa de operadores loxísticos ou subministradores españois de hidrocarburos. Confrarías galegas piden ao Ministerio unha rebaixa de 35 céntimos por litro de combustíbel Tamén por acordo dos tres grupos, solicítase que "se articulen medidas efectivas para que esta bonificación no prezo do combustíbel non sexa de aplicación a buques que, baixo bandeira de conveniencia ou con estándares sociais, económicos ou ambientais inferiores á UE, poidan repor combustíbel en portos españois". Conflito pola mexilla Por outra parte, a Comisión de Pesca do Parlamento aprobou outra iniciativa, neste caso do PSdeG, con apoio de todos os grupos, para que se garanta o cumprimento dos acordos adoptados nas diferentes mesas de diálogo abertas cos sectores implicados pola extracción (bateeiros e percebeiros). O Parlamento europeo pon cerco á pesca de arrastre Tamén reclama na Cámara copia dos informes e documentos científicos en que se basea a decisión da Consellaría do Mar de "restrinxir a extracción de mexilla nas costas galegas". Ría de Ferrol Pola súa parte, na sesión tamén obtivo luz verde unha iniciativa do BNG, con apoio dos demais grupos, que pide á Xunta impulsar e liderar as reunións coas confrarías da ría e coas outras Administracións con competencias na ría de Ferrol. O obxectivo é que o Goberno galego "impulse e asuma" o custo da elaboración dun informe ou estudos precisos para "determinar as causas da caída da produción marisqueira na ría de Ferrol". Nos últimos 20 anos a produción marisqueira na ría de Ferrol caeu 7,5%. |
NOS_45898 | Entrevistamos Sabela Igrejas, veciña da parroquia de Cabral (Vigo), activista histórica do movemento ecoloxista, ligada á solidaridade antirrepresiva e membro da comisión promotora da campaña 'Pola rutura democrática. Pola independência nacional' do 25 de xullo. | - Por primeira vez parece que vai haber unha mobilización unitaria no Día da Pátria, proposta que se puxo sobre a mesa desde o espazo do independentismo xa o ano pasado e se reiterou neste. Que se procuraba con ese convivio a unha mobilización unitaria? - En primeiro lugar, hai que dicir que cando facemos esta entrevista o formato e a convocatoria final do 25 non estám aínda resoltos e que a converxencia de organizacións políticas, sociais, sindicais e "personalidades" no deseño final fai que todo aínda estexa moi aberto. No entanto, nós desexamos, como desde que fixemos a proposta o 30 de maio, que se materialice unha convocatoria baixo os eixos da auto-organización deste pobo, a rutura democrática e a soberanía política, e fiel á nosa historia de loita. Quero recordar que se celebramos o Día da Patria llo debemos ás mulleres e os homes que desde a clandestinidade e frente á represión máis brutal brigaron para que iso, hoxe, fose posíbel. Debémonos a esta historia. "É necesario que todo o nacionalismo se resitue e estexa á altura do momento histórico e das súas necesidades" Respecto ao que se procuraba coa proposta, hai tres cuestións básicas para explicala: por unha parte, a situación de emerxencia nacional, que é obvia desde calquer parámetro que se analise. Vivimos nun país cuxa viabilidade estratéxica está nun punto crítico e iso, con bo sentido, chama á unidade de acción cotiá como pobo baixo obxectivos programáticos claros e a unha saudábel relativización da centralidade do espazo institucional. A celebración conxunta do dia nacional é insuficiente, pero apunta un camiño no que profundizar do mesmo modo que se debería facer na mocidade. Por outra parte, nestes momentos existe un intenso fogo de artillería sobre as posicións ideolóxicas e políticas independentistas, que trata de desvalorizar ou folclorizar a reivindicación nacional, que ten complicidades autóctonas e pretende pechar o camiño á única vía real de rutura: o exercicio do dereito de autodeterminación e a independencia. Esta ofensiva conta con apoios no rexime e debe ser contestada e desmontada. "Hoxe, neste país, está por construir un proxecto político e unha estratexia independentista explícita superadora da sostida por pequenas organizacións" Finalmente, por último, o rexime de 1978 avanza cara unha reformulación na que a vella disxuntiva entre reforma e ruptura recobra vixencia. Ese debate debe darse en profundidade e con todas as consecuencias no campo soberanista: se nengún rexime colonial pode resolver os problemas crónicos do noso pobo, se a "vía estatutaria" está morta, as conclusións independentistas son obvias. É necesario que todo o nacionalismo se resitue e estexa á altura do momento histórico e das súas necesidades. As unidades de acción entre correntes patrióticas axudarán a afondar nesta reflexión e evidenciar que a batalla da soberanía ou a gañamos sobre o terreno, no país, ou nengunha correlación de forzas nas instancias institucionais alleas terá a capacidade para facelo. - O novo escenario de mobilización conxunta que se vai dar este 25X leva a apostar por un 'bloco independentista'. En base a que criterios e cal é a mensaxe que se quer trasladar ou transmitir? - É boa pregunta. Se mo permites quixera estenderme nela. En primeiro lugar, gostaría de explicar o que non é: é evidente que haberá persoas que se consideran independentistas ao longo de toda a mobilización do Día da Patria, á marxe da súa filiación ou non filiación política e de que respondan a estratexias que, desde a nosa óptica, non son independentistas. Neste sentido, quen lanzamos a proposta nin temos ningún "copyright" nin repartimos "certificados de garantía" ou de "calidade". Isto debe ficar claro. "A única vía posíbel para o proxecto nacional galego é a independencia. España pechou as portas ás posicións conciliadoras que existían e aínda existen no campo nacionalista" Dito isto, cal é a razón para chamar á conformación dun bloque independentista diferenciado este 25 de xullo? Nós entendemos que, hoxe, neste país, está por construir un proxecto político e unha estratexia independentista explícita superadora da sostida por pequenas organizacións. O xiro soberanista do BNG, con ser moi positivo e recuperar reivindicacións e prácticas que se sacrificaran no altar do institucionalismo, demonstra aínda contradicións internas e inercias importantes ao meu modo de ver, como é a hipervaloración da presenza institucional, o dobre discurso, a eterna supeditación da perspectiva estratéxica aos obxectivos tácticos electorais, a ausencia dunha estratexia independentista identificábel a pesar de se admitir o esgotamento da vía estatutaria e a existencia dun teito de ferro constitucional, a falta de disposición a desenvolver unha pedagoxía independentista de masas desacomplexada á altura da gravidade do momento, o respecto do marco legal español, etc. Desexaríamos que se superasen estas auto-limitaçons, que son as que empurran a moitas independentistas a consideraren que o BNG non se situará realmente nestas posicións e que o seu xiro carece do imprescindíbel calado estratéxico e ten un carácter máis táctico ou de oportunidade. - Colocades a independencia nacional no primeiro plano máis é evidente que hoxe non hai condicións para a sua materialización inmediata. Cal é o por que deste aparente "maximalismo"? - A vía estatutaria na que algúns e algunhas soñaron no pasado, e aínda soñan hoxe, cando falan de "autogoberno" ou "novo sistema fiscal", está morta e carece de desenvolvemento posíbel. O marco xurídico-político demostrouse irreformábel nun sentido favorábel ás nacións sen estado. Véxase o caso catalán. Sendo coerentes con estas visións, que son compartilladas formalmente por todas as forzas nacionalistas, e polo groso da militancia de base, hoxe, a única vía posíbel para o proxecto nacional galego é a independencia, termos un estado galego en mans da maioría social. España pechou as portas ás posicións conciliadoras que existían e aínda existen no campo nacionalista. Cumpre pois superar ambigüidades e complexos e afirmar e socializar o proxecto estratéxico: romper amarras con España, como única saída á emerxencia social crónica á que nos condena a dependencia. O actual nivel de conciencia nacional do pobo galego non pode ser a coartada para timoratismos, senón a razón para falar con absoluta claridade. Pensar que unha posición política que nunca se formula abertamente gañe á maioría social é unha fición. "Convocáronse 15 asembleas comarcais, rachouse a dimensión exclusivamente urbana da campaña e hai pequenos grupos en vilas que contactaron con nós para difundir a convocatoria sen celebraren reunións" - Como perspectivades ese proceso independentista? - A grandes trazos o avance cara a independencia pasa na miña opinión por un proceso colectivo no que interveñen distintos elementos. Penso que a auto-organización e o empoderamento como pobo, a construción de poder popular fáctico con capacidade de condicionamento cotián frente aos poderes hexemónicos, a expansión da conciencia nacional e da reivindicación independentista como alternativa á degradación das condicións de existencia, etc. son factores vitais. Desde xa, coa modestia que nos impón o contexto, debemos comezar dar pasos unilaterais e crear as condicións obxectivas e subxectivas necesarias. Neste sentido, a meio e longo prazo, a unilateralidade e o conflito político co Estado son inevitábeis se o proceso é real e avanza. España nunca deixará marchar de bon grado á galiña dos ovos de ouro. "É preocupante ter que recordar a estas alturas que as vellas e novas forzas políticas e sindicais españolas foron historicamente e son hoxe contrarias á construción nacional deste paíse que venderon a clase traballadora galega coa política de pactos sociais" - Estanse a realizar asembleas preparatorias nun bo número de comarcas do país. Como están a decorrer? Que valoración facedes do que se está a expresar nas mesmas? - A resposta que obtivemos foi moi satisfactoria, con alta participación, e superou as nosas expectativas. Penso que isto se debeu, en parte, a un formato da convocatoria digamos que "xeneroso", que puxo nun primeiro plano as ideas forza –rutura e independencia- que partilla moita xente por riba da afirmación de proxectos partidarios. Convocáronse 15 asembleas comarcais, rachouse a dimensión exclusivamente urbana da campaña e hai pequenos grupos em vilas que contactaron con nós para difundir a convocatoria sen celebraren reunións. Por último, a "mestizaxe" e a construción de confianza que se produce nestas asembleas é un valioso activo para o futuro que a ninguén se lle escapa. - Unha das decisións dos promotores deste 'cortexo independentista' é que sexa unha mobilización sen siglas nin símbolos partidarios. Por que? - O obxectivo político do cortexo independentista non é reafirmar lexítimos proxectos políticos xa constituidos, senón demostrar a forza e a proxección de futuro dun movemento sociopolítico como o independentismo ruturista nun momento de crise do rexime e explicitar que, máis alá das apostas reformistas hoxe vemos hexemónicas no campo nacionalista, existe unha posición ruturista, que entende que o rexime é irreformábel, que o colonialismo é insuperábel con reformas constitucionais e que conta cun apoio social desestruturado, mais considerábel, crecente e en auxe na mocidade. Nun momento como o actual, valoramos que é máis importante por sobre a mesa e contrastar posicións, proxectos e estratexias políticas que exibir "siglas" e esta pequena "renuncia" facilitará o carácter aglutinador da convocatória e contribuirá a esa demostración que persegue o bloco independentista. "A celebración conxunta do dia nacional é insuficiente, pero apunta un camiño no que profundizar do mesmo modo que se debería facer na mocidade" - Hai voces que piden unha 'reflexión' e apontan á posibilidade dun 25X no que o contido 'nacionalista' mingüe para acadar unha convocatoria 'nacional' máis ampla e que permita que se sumen forzas de ámbito estatal formalmente partidarias do dereito a decidir. Que opinades? - É un vello debate que pretende pasar por novo. O desenvolvemento do proxecto nacional galego, e o Día da Pátria, como expresión simbólica desta vontade colectiva, non se poden supeditar aos bandazos das conxunturas e intereses electorais. É preocupante ter que recordar a estas alturas que as vellas e novas forzas políticas e sindicais españolas foron historicamente e son hoxe contrarias á construción nacional deste país e ao exercicio do dereito de autodeterminación, que dicíndose "de esquerdas" venderon sistematicamente á clase traballadora galega coa política de pactos sociais e que o seu aparente apoio a un abstracto "dereito a decidir" é apenas postural e carece de práctica que o verifique. Son quen decidiron reducir a luita independentista a unha cuestión identitaria e tirarlle arbitrariamente o seu papel chave na mudanza do modelo económico e político quen deberían reflexionar e explicar cara onde camiñan realmente e por que consideran "aliados" a quen sustentaron e sustentan o rexime atual. Se o obxectivo é participar na reforma constitucional e procurar o "encaixe cómodo" de Galiza en España, presentar isto cunha retórica ruturista é unha auténtica fraude ao noso pobo. - Pode saír deste 'bloque independentista' un primeiro paso para traballar nunha liña de procurar a unidade organizativa do independentismo, máxime nuns momentos nos que este espazo está en reformulación e reconfiguración? - Penso que é pronto aínda para expresar certezas sobre esta cuestión. Un 25 de xullo non vai resolver nun día interrogantes permanentemente abertas. De 40 anos de historia independentista contemporánea e, sobre todo, da nosa historia recente, tíranse na miña opinión moitas conclusións. Unha, importante, é que a construción do proxecto político non se debería conceber como "sumatorio" ou "fusión" de siglas preexistentes, senón como unha construción sobre bases concretas, cunha sintonía clara entre discurso e práctica, evitando as posicións ideoloxistas e sectarias, gañando dentro e fora a confianza con feitos como intentamos facer agora, etc. A convocatoria do bloque independentista é un pequeno grande chanzo nesta dirección e a "mestizaxe" que se está a producir estas semanas nas asembleas comarcais apunta ao futuro. Con prudencia, preferimos manter unha ollada de longo alcance pero dar pasos curtos e firmes. |
PRAZA_19486 | O ex-secretario xeral chega o vindeiro 15 de marzo á capital ourensá, provincia onde conta polo momento con maior apoio da militancia e de destacados cargos. Falamos con Rocío de Frutos, deputada que votou 'non' á investidura de Rajoy, unha das impulsoras do colectivo. | Pedro Sánchez desembarca en Galicia pero non por mar, senón no interior. Ourense acollerá o vindeiro mércores 15 de marzo o primeiro acto do que será candidato á secretaría xeral do PSOE, no que é tamén o primeiro acto na carreira polo liderado dos socialistas no país. Coas alternativas confirmadas do que fora último aspirante á presidencia do Goberno central e do ex-lehendakari Patxi López, a postulación de Susana Díaz completará as tres posibilidades sobre as que tamén se tensionarán as costuras do PSdeG. Ourense acollerá o vindeiro 15 de marzo o primeiro acto de Pedro Sánchez en Galicia na carreira das primarias Baixo a etiqueta #somossocialistas, varias plataformas de apoio a Pedro Sánchez foron agromando por todo o Estado entre a militancia do PSOE. E Ourense tomou a iniciativa hai tres semanas en Galicia, liderada por Rocío de Frutos, a única deputada galega que obviou a disciplina no grupo socialista do Congreso e votou 'non' á investidura de Rajoy. Sancionada e retirada das portavocías, primeiro uniuse ao grupo de cartos intermedios que pediron a Sánchez que dera un paso adiante e agora implícase como un dos principais e máis visibles apoios do ex-secretario xeral. Varios alcaldes de Ourense uníronse a unha plataforma de apoio a Sánchez que xunta os críticos coa dirección provincial Xunto a De Frutos, moitas caras visíbeis do socialismo ourensán, uníndose tamén na plataforma todos os críticos coa dirección do PSOE na provincia. Alfredo García, alcalde do Barco e presidente da Fegamp, é outro dos membros dun colectivo onde está Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia e ex-portavoz na Deputación; Luis Milia e Celso Fernández, rexedores de Carballeda de Avia e Maside; o ex-senador Miguel Fidalgo ou o voceiro do PSOE na capital, José Ángel Vázquez Barquero. "Hai unha serie de cargos orgánicos moi representativos, pero aquí o realmente importante é a militancia que se mobiliza e, se hai algo que diferenza a candidatura de Pedro Sánchez, é a cantidade de xente que move", di De Frutos, que di sentirse "orgullosa e contenta" ao ser o de Ourense o primeiro acto do ex-secretario xeral en Galicia na carreira das primarias. Mentres noutras localidades -como A Coruña, Pontevedra ou Lugo coa iniciativa de José Luis Díaz López- están a xurdir plataformas de apoio máis modestas en canto a número e visibilidade orgánica, a ourensá foi pioneira e segue acumulando apoios. "Se cadra ten que ver con que era de Ourense unha das deputadas que votou 'non' na investidura, o que axudou a darlle máis visibilidade, pero levamos tempo traballando, recollendo sinaturas e apoios e agora hai que ver se a militancia responde igual de ben", sinala De Frutos, que agarda que no acto do vindeiro mércores (no edificio Politécnico do Campus Universitario) "ocorra o mesmo que noutros que se dan por España adiante". "O seguemento a Sánchez é brutal pero non hai que ser triunfalistas porque sabemos a importancia que pode xogar o orgánico" "Vese ilusión e o seguemento está a ser brutal, máis tendo en conta o desapego coa política que leva meses instalado, pero non hai que ser triunfalistas porque todos sabemos a importancia que o orgánico pode xogar despois", advirte a deputada socialista, que aclara non saber "en detalle" como está a división interna no PSdeG pero que ve "lóxico" que "cada familia ou facción teña o seu candidato preferido" aínda que a xestora declarase a súa neutralidade. Coñece algo máis, asume, da situación no PSOE en Ourense, onde os críticos coa dirección provincial semellan ter tomado partido moi maioritariamente por Sánchez. E sabe tamén que hai apoios, como o explicitado de Abel Caballero a Susana Díaz, "que pesan moito". Para De Frutos, a vantaxe de Pedro Sánchez é que "ten unha cousa que non teñen outros" na carreira das primarias: "deixou o seu escano por manter o que se defendera en campaña e, tal e como estamos afeitos á mentira na política, iso ten un valor moi importante". "Dixemos durante a carreira electoral que co PP aumentara a desigualdade e a pobreza e iso é tan certo como que tamén dixemos que votaríamos 'non", insiste desde, curiosamente, a única provincia galega onde Pedro Sánchez non gañou as primarias de verán de 2014 que o levaron á secretaría xeral. Daquela, o apoio do anterior líder dos socialistas galegos e da súa contorna a Eduardo Madina propiciaran a súa vitoria con máis do 50% dos votos da militancia, mentres que Sánchez obtivera máis do 65% en Lugo, case o 52% en Lugo e o 46% nan Coruña. |
NOS_56438 | Sermos Galiza publica un caderno monográfico arredor do desenvolvemento da nación galega no período baixomedieval co gallo da exposición que a AS-PG inaugurará o vindeiro 5 de decembro no Museo Provincial de Lugo baixo o lema 'Galiza nun tempo de seu'. Xa á venda na nosa loxa. | Coordenado por Marcos Maceira e Fran Rei, esta semana Sermos Galiza publica un caderno monográfico arredor do Reino de Galiza co obxectivo de facer emerxer un período da nosa historia que foi negado. Un período en que se definen as principais nacións europeas e no que Galiza vive importantes conflitos por manter un espazo que responda aos seus propios intereses. Co gallo da exposición que percorrerá a rede de museos provinciais de Lugo editada pola Asociación Socio-Pedagóxica galega (AS-PG), editamos oito páxinas coas que deitar un pouco de luz sobre algunhas das pasaxes da Galiza baixomedieval. Da man do enxeñeiro e economista, Camilo Nogueira; o escritor e investigador, Francisco Rodríguez; o dramaturgo, Manuel Lourenzo e o profesor da UDC e escritor, Xosé Ramón Freixeiro Mato repasamos os acontecementos decisivos que tiveron lugar no noso país entre os séculos XIV e XV, desde o xurdimento do Reino de Galiza --un dos primeiros saídos do Imperio romano-- até a "doma e castración" importa polos Reis Católicos da man da súa monarquía centralizadora. A exposición que dá lugar a este AFondo será inaugurada o vindeiro día 5 de decembro ás 20.00 horas no Museo provincial de Lugo se ben, percorrerá toda a rede museística xerida pola Deputación. Aliás, estará acompañada dun ciclo de conferencias baixo o lema 'Galiza, nun tempo de seu'. A seguir reproducimos o programa de conferencias: Día 9: "O Reino Necesario" O Reino de Galiza. O primeiro entre os reinos independentes saídos do Imperio Romano. O que explica a convivencia diferenciada durante séculos con Al Andalus e axuda a compreender a diversidade cultural dos reinos peninsulares. O Reino presente nos países do mundo que partillan a lingua criada entre o Atlántico e o Mondego. A lingua que nunca esmoreceu. Palestra a cargo de Camilo Nogueira Día 10: Galiza, un país con clase dirixente: a perspectiva e alternativa galega na crise peninsular e europea da segunda metade do século XIV. A conferencia ten como obxecto a análise do papel da clase dirixente galega e de Galiza no conflito entre nacións na segunda metade do século XIV para a configuración de hexemonías políticas e culturais na Península Ibérica. Desde esta análise, cómpre comprender por que o mapa político da Península se configurou como hoxe está co papel que Galiza cumpre nel, as distintas posibilidades que se truncaron e albiscar as diferentes posibilidades de futuro. Á vez comprobarmos até que punto o descoñecemento da nosa historia é unha das causas máis relevantes da nosa falta de conciencia colectiva.Palestra a cargo de Francisco Rodríguez Día 11: "O período de normalidade da lingua galega". Desde o momento en que van emerxendo as linguas neolatinas como consecuencia da evolución do latín vulgar nos diferentes territorios do occidente europeo, o galego convértese en lingua oral de todas as clases sociais do reino da Galiza, de modo semellante ao que acontece co resto dos romances nos seus ámbitos respectivos. Como lingua escrita vaise continuar a utilizar o latín durante un tempo en toda a Romania, mais cando os romances comezan a asumir esa función, o galego tornarase tamén na lingua escrita do reino, tanto no ámbito literario como na prosa documental, situación que se manterá até finais do período medieval. Por tanto, a Idade Media pode considerarse o grande período de normalidade da lingua galega.Unha palestra a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato |
NOS_21242 | O estudantado galego está chamado a unha xornada de paro contra a LOMCE e o decreto 3+2, mais tamén na defensa do ensino público. | Esta cuarta feira (13 de abril) as organizacións estudantís convocan unha xornada de greve no ensino medio e a universidade. O chamamento foi lanzado por Erguer, Asemblea Nacional de folga e o Sindicato de estudantes, este último fai extensíbel o paro ao 14 de abril. No conxunto do país hai convocadas 18 mobilizacións, a meirande parte ás 12 horas. MANIFESTACIÓNS A CORUÑA – Praza de Vigo COMPOSTELA – Alameda FERROL – Edificio da Xunta LUGO – Praza do Seminario PONTEVEDRA – Praza da Peregrina OURENSE – Subdelegación de Goberno MELIDE – IES de Melide VIGO – Praza América CONCENTRACIÓNS CALDAS DE REIS – Carballeira CANGAS DO MORRAZO – Casa do Concello MOAÑA – Casa do Concello – Ás 11h PONTEAREAS – diante dos institutos (r/ Feliciano Barrera) VILAGARCÍA DE AROUSA – Praza de Galiza RIBADEO – diante do IES de Ribadeo CASTRO DE REI – diante do Instituto Xosé Trapero RIBEIRA – estación de autobuses O CARBALLIÑO – Praza Maior – Ás 20h VERÍN – diante do IES Taboada Chivite Para alén do rexeitamento á LOMCE, nomeadamente no ensino medio, e ao decreto 3+2, na universidade, as organizacións estudantís chaman a secundar a greve en defensa do ensino público e sitúan tamén no centro das súas reivindicacións cuestións concretas que atinxen os centros de ensino como a cobertura das prazas docentes, un maior horario de abertura das bibliotecas ou un transporte de calidade. |
NOS_13168 | O ex-alcalde coruñés apadriñou no Palexco a Albert Rivera no desembarco da plataforma Movimiento Ciudadano en Galiza. Organización que chega a Coruña da man de Unión Coruñesa, e que pode ser chave para volver dar a Negreira unha alcaldía que cun PP en solitario, e coa marca á baixa, podería telo difícil. | A plataforma 'Movimiento Ciudadano' foi presentada este sábado na Coruña polo deputado catalán e presidente de Ciutadans Albert Rivera, nun acto no que ocupou un posto de honra o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez. A presenza do ex-rexedor apadriñando o desembarco en Galiza de MC deu para múltiples interpretacións. Sobre todo tendo en conta que chega a Coruña da man de Unión Coruñesa. Non son poucos os que vaticinan nas vindeiras municipais, e cunha marca popular á baixa por, entre outros, o escándalo Pokemon; unha 'entente cordiale' entre PP e Unión Coruñesa, Entre os presentes no acto, o ex-candidato de UpyD á Xunta, José canedo, e o ex-futbolista do Dépor, Albert Luque. Rivera presentou MC como un proxecto para rachar "o candado da partitocracia" e que procura abrir un período de ilusión. Ante case medio milleiro de persoas, o presidente de Citadans fixo fincapé na necesidade de sumar a defensa da unidade de España e ideas de "corte liberal". Afirmou que "non somos o voto protesta, somos o voto proposta". Un discurso que vai máis alá da cita das europeas, candidatura para a que MC conta cos avogados Javier Nart e Carolina Punset –filla de Eduard Punset e co escritor Juan Carlos Girauta, todos presentes este sábado na Coruña. Tamén estiveron no acto, o ex-candidato de UPyD á Xunta, José Canedo, e o ex-futbolista do Dépor, Albert Luque. |
PRAZA_2754 | A organización territorial do Estado concibida na Constitución de 1978 abría a porta a unha certa asimetría que foi anulada pola vía dos feitos. O texto constitucional fai 37 anos entre chamadas á mantelo intacta, a reformalo profundamente ou a superalo totalmente. Beiras defende participar no "finiquito do réxime borbónico" para lograr a autodeterminación NÓS dá a Constitución por "superada" e aposta por "un proceso que garanta os dereitos das nacións" | Beiras defende que Galicia participe no "finiquito do réxime borbónico" para lograr a autodeterminación NÓS dá a Constitución por "superada" e aposta por "un proceso que garanta os dereitos das nacións" "Nadie en su sano juicio aquellos años hubiera pensado que Murcia y mucho menos Madrid iban a ser autonomías con parlamento, tribunal, televisión, himno y bandera. (...) No existía semejante demanda y su identidad estaba implícita en la española. En todo caso se buscaba una mera descentralización administrativa". En abril de 2012 Iñaki Anasagasti (PNV) lembraba deste xeito, nun artigo escrito co gallo do trixésimo aniversario da aprobación da Lei Orgánica para a Harmonización do Proceso Autonómico -a célebre e polémica LOAPA-, o sentimento que imperaba entre as persoas que artellaron o proceso de creación das comunidades autónomas e o seu encaixe na Constitución Española, texto que este 6 de decembro fai 37 anos entre chamadas á mantela intacta, a reformala profundamente ou a superala totalmente, segundo as opcións políticas. Entre as novidades que trouxo consigo o texto constitucional estaba, efectivamente, as comunidades autónomas. O que non figura por ningures, no entanto, é que todo o territorio do Estado teña que estar organizado en autonomías, o que se deu en chamar "café para todos". Ben ao contrario, a redacción da Constitución deixaba a porta aberta á asimetría actualmente deostada por diversas forzas políticas, a comezar polo PP. "O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas comunidades autónomas que se constitúan", di o artigo 137, que non especifica número ningún nin, moito menos, a obriga de xeralizar o modelo autonómico. Se ben a Constitución referendada en 1978 non apostou claramente por un esquema con só tres Estatutos de Autonomía -Galicia, Euskadi e Catalunya- con competencias lexislativas máis ou menos amplas, como si o facían algunhas das propostas manexadas previamente -caso da alcumada 'Constitución Gades', que o xornalista Enric Juliana evocaba nunha reportaxe en La Vanguardia no ano 2011-, si explicitaba que a vocación autonómica non era, nin de lonxe, homoxénea. Así, a disposición transitoria segunda habilitaba a que se deu en coñecer como autonomía 'de vía rápida' aos "territorios que no pasado plebiscitaron afirmativamente proxectos de Estatuto de Autonomía" -galego, catalán e vasco-, para os que, a cambio dun procedemento máis complexo, os gobernos autónomos poderían acceder, de entrada, a un maior grao de autogoberno. A Constitución non obrigaba a creacion das actuais 17 autonomías e deixaba a porta aberta á asimetría na organización territorial do Estado Esa disposición transitoria indicaba, ademais, que os territorios que reunían esas características elaborarían os seus estatutos segundo as normas do artigo 151 da Constitución. Ese apartado recolle outra das indicacións que podería ter configurado un Estado autonómico ben diferente do actual. Así, no artigo 152 explícase que as autonomías creadas polo 151 -finalmente, as tres definidas como "nacionalidades históricas" e mais Andalucía- terían unha "organización institucional" baseada "nunha asemblea lexislativa elixida por sufraxio universal", o Parlamento, "un consello de Goberno con funcións executivas e administrativas e un presdiente elixido pola asemblea", isto é, no caso galego, a Xunta. Deste xeito, atendendo á letra constitucional cabería que só Galicia, Euskadi e Catalunya -e tamén Andalucía- tivesen capacidades de elaborar e aplicar leis propias, mentres que no resto do Estado o Goberno de España delegaría competencias administrativas en responsables rexionais. A aldraxe, a LOAPA e a igualación por riba A posibilidade dunha asimetría autonómica durou pouco. Entre outras cousas, polo arrepentimento político mesmo das forzas estatais que o apoiaran. Así, menos un ano despois do referendo constitucional, no outono de 1979, Euskadi e Catalunya avanzaban na autonomía coa aprobación en referendo de cadanseus estatutos e o Goberno da UCD, co apoio de sectores do PSOE e o aplauso da prensa de Madrid, procuraba frear o proceso autonómico galego. As 'cuestións' vasca e catalá dábanse por solucionadas e Galicia podería ser o modelo contra as aventuras de autogoberno, un recorte exemplarizante que diversas forzas políticas galegas, pero tamén boa parte da prensa do país, criticou con dureza. Aquilo era o "Estatuto da aldraxe", que nacería , na práctica, baleiro de competencias para a Xunta. O 'Estatuto da aldraxe' foi respondido en Galicia con amplas mobilizacións a prol da "dignidade nacional" galega Nunha actitude que, case corenta anos despois, semella case política-ficción, as tentativas de recorte á baixa da autonomía galega foron respondidas en Galicia con apelacións á "dignidade nacional" galega e concurridas mobilizacións populares, incluíndo vixilias e masivas manifestacións que tamén alentaban partidos como o PCG, Unidade Galega ou boa parte do actual PSdeG. Neste contexto, o atribulado Goberno Suárez deu en ceder parcialmente a comezos de 1980 e os Pactos do Hostal alumearon un novo texto, menos ambicioso que o orixinal pero sen boa parte dos recortes da "aldraxe". En 1992 e 1999 ampliáronse as competencias das autonomías 'de vía lenta' Apenas dous anos despois UCD e PSOE pactaron a devandita LOAPA -case a metade do seu texto foi declarado inconstitucional polo TC en 1983 tras ser recorrida polos gobernos catalán e vasco e varios grupos políticos-, sentando as bases dun "café para todos" que foi servido novamente mesmo en dúas ocasións máis, en 1992 e 1999, cando os correspondentes Gobernos de España acordaron ampliar as competencias das autonomías "de vía lenta", alargando, por exemplo, a marxe de manobra dos seus parlamentos e presidentes ata equiparalos, a efectos prácticos, a Galicia, Euskadi e Catalunya. "Para evitar una posible sublevación se les dijo a los militares que lo mismo que se le iba a reconocer a vascos y catalanes, se reconocería también al resto mediante la formación de distintas comunidades autónomas", conta Anasagasti que lle relatou José Bono (PSOE) ao lembrar aqueles primeiros anos 80. Case catro décadas despois, cabe preguntarse se haberá lugar para unha nova rolda de café para todos ou se xa hai quen opta por outro menú máis contundente. Constitución española Estatuto de Autonomía de Galicia |
NOS_30473 | A ministra de Fomento comparece na comisión do Congreso para informar do sinistro ferroviario de Angrois. Anunciou que Fomento auditará toda a rede ferroviaria para revisar as velocidades en todas as vías | Ana Pastor sentou na Comisión de Fomento 24 horas despois de que o fixeran os presidentes de Ren fe e Adif. A ministra afirmou que estaba alí "a petición propia", mais tamén "doutros grupos políticos", en referencia ao BNG, que pedira a súa comparecencia. En abril de 2011 variouse a obra para un ancho de vía convencional. Iso implica un cambio de equipamentos, "e provocou que na contorna de santiago o sistema fose ASfa e non ERTMS" Pastor explicou que en 1999 faise un estudo informativo de trazado da liña de Ourense a Compostela. Había 5 alternativas, elixíndose a C. "Todas contemplaban o mesmo acceso a Compostela". Houbo 300 alegacións, 14 de institucións. Ningunha, sobre o trazado no punto do accidente, afirma a ministra, ratificando así o dito o día anterior polo presidente de Adif. Efectos A ministra recoñece que o proxecto aprobado globalmente en 2009 contemplaba o sistema de seguridade ERTMS en todo o tramo de Ourense a Compostela, tamén no punto da curva da Grandeira, onde tivo o lugar o sinistro. Pastor sinala que foi en abril de 2011 cando se decidiu cambio de obra polo ancho de vía convencional. E iso implicou un cambio de equipamento. E foi así como se optou polo sistema de seguridade Asfa para uns quilómetros antes da estación de Compostela no canto do ERTMS previsto inicialmente. A oposición reitera que fan falla máis explicacións A deputada do BNG, Rosana Pérez, iniciou a súa quenda de intervención na comisión de Fomeento lembrando o tamén tráxico accidente do metro de Valencia. "Tamén alí, desde o principio, sinalouse como causa a alta velocidade e ao maquinista, ocultándose datos". E agora, anos despois, a fiscalía reabre o caso ante as evidencias de neglixencias e erros. Pérez considera que nin os presidentes de Adif e Renfe nin a ministra Ana Pastor deron explicacións convivencentes que axuden a esclarecer o acontecido o 24 de xullo en Angrois. Apostou pola creación dunha comisión de investigación. "Como por si só un erro humano pode causar unha traxeida tal nun sistema ferroviario cunhas medidas de seguridade que agora se cuestionan desde moitos ámbitos?" Atentado A parlamentar do BNG lamenta que o Estado español esté a tratar a Galiza "coma un menor de idade" no que atinxe o sinistro, alén de criticar que o delegado do goberno "fose o primeiro en falar dun atentado" e mantivese este argumento mesmo cando Interior o descartou". |
NOS_27037 | A Mesa distribuirá de modo gratuíto o extenso catálogo por todo o país e xa está dispoñíbel tamén na web da entidade. | Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar a través da súa páxina web un catálogo -que tamén se repartirá impreso, de modo gratuíto, nas tendas de Abertos ao Galego de todo o país- con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico", afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, e recorda que "coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía". O catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización do galego de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. "Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións", afirma Maceira, "non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo modo que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua". |
NOS_11649 | Non se albiscan espazos de converxencia porque se moven en campos de xogo moi distantes. O BNG quer ter como parceiros as forzas soberanistas. Anova, a que cualifica como esquerda rupturista. O problema do punto de vista nacionalista é que rupturista ou non, IU ten o centro de decisión en Madrid. E iso torna inviábel o acordo co BNG. | Non é o primeiro encontro BNG-Anova despois da escisión post-Amio, mais si a primeira cimeira con convocatoria aos medios de comunicación. Houbo as fotos de rigor, os consabidos mudos, e tamén declaracións previas á imprensa antes de se fecharen as gravadoras. As posicións ficaron moi claras. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, afirmou que o BNG no vai supeditar os intereses de Galiza aos de ningunha forza estatal, mentres que Beiras asumiu por momentos o rol de portavoz de IU, da que dixo que ten unha atitude, non xa receptiva, senón "declarada" de "asumir a plurinacionalidade" do Estado. Representación potente en Europa Vence enfatizou que o BNG ten vontade de constituír "unha candidatura unitaria, nacionalista e de esquerdas" e dixo que "queremos facelo con xenerosidade". "O Bloque ten moi claro que Galiza non pode supeditar os seus intereses aos de ningunha forza estatal. É necesario sumar todas as forzas nacionalistas do país para conseguirmos unha representación potente de Galiza en Europa", engadiu. Zonas de acordo con Cayo Lara Por súa parte, Beiras cualificou de aberta a posición coa que aborda Anova as conversas co BNG. Dixo que non tiñan nada fechado con IU, mais a seguir debullou as zonas de acordo da súa formación coa que lidera Cayo Lara. Nese sentido, puxo o acento en que a forza esquerdista española si asume que no Estado hai "4 nacións" e que unha delas é Galiza. Alén de Vence e Beiras, no encontro, que decorreu no hotel compostelano Virxe da Cerca, participaron polo BNG as membros da súa Executiva Nacional Goretti Sanmartín e Ana Miranda, responsábeis da Secretaría de Implantación e Estratexia Municipal e Secretaría de Política Internacional, respectivamente, ben como o secretario de Organización, Bieito Lobeira. A representación de Anova asumírona Luis Eyré, responsábel de Relacións Políticas; Martiño Noriega, coordinador da Coordinadora Nacional; e Antía Comesaña, responsábel de Mocidade. |
PRAZA_10874 | Os concellos de Moeche, Arzúa e Betanzos acollerán ata o mes de novembro a segunda edición desta iniciativa, coordinada pola cooperativa Arabías, co apoio do SLG e da Deputación da Coruña. A primeira edición tivo lugar en Arzúa, Ordes, Oroso e Betanzos, con altos niveis de participación e satisfacción por parte das participantes | O obxectivo é "crear espazos que melloren as condicións de vida das mulleres do rural, para que estas mudanzas poidan espallarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino"EspadELA, escola de apoderamento feminista para mulleres do rural, está a piques de celebrar a segunda edición desta iniciativa, coordinada pola cooperativa Arabías), co apoio polo Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación de Coruña. Será nos concellos de Moeche, Arzúa e Betanzos dende este mes de setembro ata o de novembro. A primeira edición da escola desenvolveuse o pasado ano nos municipios de Arzúa, Ordes, Oroso e Betanzos, obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.O obxectivo de EspadELA é "crear espazos de traballo no plano persoal que melloren as condicións de vida das mulleres do rural, coa intención de que estas mudanzas podan espallarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino". A escola componse dun total de 20 horas de formación, con tres liñas principais:A segunda edición terá lugar nos concellos de Moeche, Arzúa e Betanzos dende este mes de setembro ata o de novembroCon voz propia, un obradoiro para "traballar arredor da autoestima, da participación, do liderado e da prevención de violencias machistas", buscando "a conexión cun marco de interpretación feminista da realidade cotiá". Dende Arabías destacan que se busca "aprender a escoitarnos e coidarnos, desde un lugar de menos culpa e prexuízo, é un dos traballos que iniciamos". "Nesta tarefa comprendemos que non estamos soas, outras mulleres transitan tamén o mesmo camiño e somos compañeiras", engaden.Enredadas, unha actividade de aproximación "ás posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede". Dende Arabías explican que en numerosas ocasións as mulleres quedan á marxe do proceso de inclusión dixital "e polo tanto non aproveitan as vantaxes que proporcionan estas ferramentas". Habitando o noso corpo, un obradoiro "para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional"."O contacto social, estar con outras persoas, compartir, rir, falar, chorar con elas, é unha necesidade que debería ser considerada básica", conclúen dende ArabíasEspadELA foi un dos proxectos seleccionados pola área de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña no marco do Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade."As persoas temos moitas necesidades, algunhas están catalogadas como necesidades básicas. O contacto social, estar con outras persoas, compartir, rir, falar, chorar con elas, tamén é unha necesidade, e unha necesidade que debería ser considerada básica", conclúen dende Arabías. As mulleres que se queiran inscribir poden facelo ata o venres 13 de setembro escribindo ao mail: [email protected] ou chamando aos teléfonos: 619457324 / 667384221. |
NOS_22961 | Lugo é pedrista. A incontestábel vitoria de Pedro Sánchez nas primarias celebradas na provincia de Lugo deixa claro cales son as simpatías da militancia socialista. | Lugo é pedrista, gañou Besteiro. Pedro Sánchez non só consegue 1.153 votos, 68,6 por cento da afiliación, senón que se impón no conxunto dos segmentos da idade, nas localidades con máis militancia, como a propia cidade ou nos concellos de máis de 5.000 habitantes, e tamén na práctica totalidade dos núcleos rurais. Susana Díaz, pola súa parte, acada 392 votos, isto é, 23,3 por cento do censo, impoñéndose unicamente en Becerreá, Castroverde, Navia de Suarna, Incio, Palas de Rei, Monterroso e Cospeito, localidades nos que os seus alcaldes ou portavoces municipais signifícanse polo seu enfrontamento con Xosé Ramón Besteiro e conseguindo un pobre resultado na capital, a pesar do apoio de López Orozco e Pepe Blanco. Patxi López, con 138 votos e unha porcentaxe de 8 por cento, a pesar de conseguir para a súa candidatura o apoio de importantes nomes do aparato provincial como o presidente da xestora Lucho Lago Lage, o portavoz parlamentario Luís Álvarez ou a alcaldesa de Lugo, só gaña no municipio de Paradela. Gañou Besteiro. O esmagador trunfo de Pedro Sánchez en Lugo non se explica sen o apoio de Xosé Ramón González Besteiro, anterior presidente da Deputación e antigo secretario xeral do PSdeG-PSOE, a esta candidatura. A súa activa participación neste proceso, nuns casos visitando el mesmo diversas agrupacións da provincia, noutros operando a través de persoas da súa máxima confianza como Xavier Cerqueiro, portavoz municipal no Corgo e o seu xefe de gabinete na Deputación, mereceron mesmamente a reprobación pública do Alcalde de Becerreá e destacado susanista Manuel Martínez. Após este proceso, non fica dúbida que Besteiro sigue sendo o poder real do socialismo en Lugo, o dirixente que máis adhesións concita nas bases e o cadro con máis predicamento entre a afiliación. É máis, as fugas na súa corrente son moito menores das que se supoñían, ficando reducidas a un grupo de cadros da capital da provincia, ao tempo moi enfrontados ao grupo de López Orozco e Pepe Blanco, así como a algúns membros do grupo socialista na Deputación de Lugo. A derrota ten nomes. Primeiramente o grupo do que facían parte históricos da organización A derrota ten nomes. Primeiramente o grupo do que facían parte históricos da organización e alcaldes que se tiñan caracterizado nos últimos tempos na súa oposición a Besteiro sobre os que se conformaba a plataforma de apoio a susana Díaz. As cabezas máis recoñecíbeis deste sector son o noutrora poderoso dirixente Xosé Blanco, o anterior alcalde da cidade Xosé López Orozco, o antigo conselleiro de Traballo e senador Ricardo Varela, canda os alcaldes de Becerreá, Navia ou Castroverde. Nun segundo lugar, aqueles que abandonaron o besteirismo nos últimos tempos e que formaban o grupo de apoio a Patxi López como a alcaldesa da cidade Lara Méndez, o deputado Luis Álvarez ou o presidente da xestora e antigo senador Lucho Lago Lage. E por último o presidente da Deputación Darío Campos Conde, quen desde o seu nomeamento comezou a marcar distancias co seu antecesor, achegándose ao tempo ao grupo de Xosé Blanco, o seu mentor e patrocinador político, e marxinando no goberno provincial os fieis a Besteiro. Semella claro que o futuro secretario provincial do PSOE será alguén procedente do núcleo de máxima confianza de Besteiro O futuro está escrito. Á vista dos resultados das primarias socialistas, comezan a despexarse algunhas das incógnitas. Semella claro que o futuro secretario provincial do PSOE será alguén procedente do núcleo de máxima confianza de Besteiro, concretamente daqueles que ficaron fieis nos últimos tempos, gañando enteiros nomes como os de Álvaro Santos, concelleiro en Friol e deputado provincial, dirixindo unha equipa da que farán parte xente como Xavier Cerqueiro, Pilar García Porto, concelleira en Antas de Ulla e deputada provincial ou a alcaldesa de Trabada Maira García. Ao tempo, significa o final político do grupo que dirixiu o PSOE lugués desde a transición coa conseguinte desaparición da esfera pública dalgúns dos cadros máis recoñecidos e recoñecíbeis desta organización como Xosé Blanco, Xosé López Orozco e Ricardo Varela. A terceira variábel da nova situación está marcado polas mudanzas que necesariamente se producirán no goberno da Deputación, onde xa se anuncia un novo conflito que enfrontará en terceira volta aos deputados próximos a Besteiro, marxinados na última remodelación do goberno provincial, contra o presidente Darío Campos e o seu vicepresidente Manuel Martínez, que despois de entregar o goberno ao PP, rematou como home forte do goberno da man de Xosé Blanco e da xestora madrileña. |
NOS_6130 | Ferrol é, en todo o Estado, a cidade con menos peso de menores de 14 anos na súa poboación: por baixo de 11%. A Coruña e Ourense figuran tamén entre as dez capitais con peores rexistros neste campo. | Cada vez menos e máis vellos. O presente e tamén o futuro de Galiza está determinado por ese marco de non variar a tendencia actual. Un dos factores deste problema é a baixa natalidade que hai en Galiza (das máis baixas do mundo) e que cada vez hai menos crianzas. De feito, en 77% dos fogares galegos non hai nen crianzas nen mocidade e en 22% habitan só maiores 65 anos. A falla de crianzas non é unha situación que se restrinxa ao rural. Tamén nas cidades galegas, onde son as súas contornas quen absorve unha parte importante da xente moza e con fillos e fillas, atraídos por prezos de vivendas máis asequíbeis e oferta de servizos. A proporción de poboación de cero a 14 anos que vive nas nosas cidades é das máis baixas entre as urbes do Estado español. Así o testemuña o informe de Indicadores Urbanos do INE (Instituto Nacional de Estatística), que elaborou unha listaxe coa porcentaxe que representa a poboación nova a respecto da total entre as 136 principais cidades do Estado español. Ferrol lidera ese ranking. Na cidade departamental só 10,8% dos seus habitantes teñen menos de 15 anos. Síguelle Avilés, con 11,3%. A Coruña figura en novena posición, con 12 menores de 15 anos por cada 100 habitantes; Ourense é décima, con 12,2%. Compostela (posto 20 de 136), Vigo (24) e Lugo (25) completan a representación de cidades galegas, onde só Pontevedra zafa da 'queima', aínda que só relativamente. É a 37 cidade no Estado con menos peso de crianzas no total de habitantes (14%). Todas as capitais e cidades galegas pois, na parte superior destta clasificación No outro extremo figuran localidades como Melilla, Valdemoro (Madrid), Ceuta, Parla e Las Rozas (ambas as dúas en Madrid), onde os habitantes por baixo dos 15 anos de idade superan 20% da poboación. Na Galiza morren máis persoas das que nacen desde 1986. Porén, nos últimos anos a fenda entre nacementos e defuncións non fixo senón aumentar. A demógrafa do CSIC, Dolores Puga, fixo unha advertencia, "o cambio de réxime demográfico non vai volver atrás" polo que a poboación residente na Galiza non volverá medrar senón é "pola vía da inmigración". No mencionado informe de Indicadores Urbanos tamén se pode comprobar como tres cidades galegas lideran o ranking no Estado de urbes con maior porcentaxe de vivendas deshabitadas. Unha listaxe de 111 cidades na que o primeiro posto corresponde á catalá Manresa, onde 23,8% das vivendas están baleiras. En segundo posto figura Ourense, con 21,7%; seguida de Lugo, con 20,7% e de Ferrol, con 19,7% das súas vivendas sen habitar. A media estatal é de 13,6%. |
NOS_54230 | As vendas do comercio polo miúdo medraron 0,5% na Galiza na comparativa interanual, mentres no conxunto do Estado o incremento foi de 3,8%. | As vendas do comercio polo miúdo na Galiza subiron 0,5% en xaneiro en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) esta segunda feira. Este incremento, con todo, é inferior á media de avance no conxunto do Estado español, onde se eleva en 3,8% interanual. Precisamente, no comezo do ano hai un aumento xeneralizado nas comunidades, agás os descensos de Euskadi (-3,4%) e Nafarroa (-0,5%). A alza do comercio galego é a menor entre os territorios que soben. O Nadal fai aflorar a precariedade laboral no comercio galego Deste modo, as maiores repuntas anuais da facturación do sector rexistráronse en Canarias (+13,3%), Balears (+8,3%), Estremadura (+7,7%), Madrid (+7,3%) e Castela e León (+4,7%), mentres que os menores corresponderon á Galiza (+0,5%) e Asturies (+0,6%). Pola súa parte, o emprego experimenta na Galiza o maior ascenso interanual entre comunidades (+4,1%), nun contexto no que todas medraron. A media de crecemento é de 3% no Estado en comparanza co primeiro mes do ano anterior. A suba do prezo das materias primas afoga o rural galego Con todo, comparando co mes anterior, decembro de 2021, hai unha perda de 0,9% de postos de traballo no caso galego. Así, as vendas do comercio polo miúdo regresaron en xaneiro a taxas positivas no Estado logo de rexistrar en decembro unha caída interanual de 3,1%. Eliminando os efectos estacionais e de calendario, a facturación do comercio polo miúdo aumentou 4% interanual en xaneiro, en contraste co retroceso de 2,4% que experimentou en decembro. |
NOS_50751 | A prestación media en novembro en Galiza, 767,43 euros, continúa moi por baixo da media estatal. Por baixo da media española tamén se sitúan as prestacións por xubilación, incapacidade ou viuvez que se pagan no noso país. | O número total de pensións en Galiza no mes de novembro foi de 756.963, o que supón o 8% do total do Estado. As pensións galegas continúan a ser das máis baixas. En novembro, embora un leve ascenso do 1,9% a respecto do mesmo mes do ano pasado, a cifra media era de 767 euros, a máis baixa despois de Estremadura. A media estatal é de 909 euros mensuais, un 15% máis que a pensión galega. Son 2.000 euros ao ano menos. A pensión media estatal aumentou en novembro un 2,07%, máis que a galega, que non pasou do 1,9 por cento. A fenda entre ambas as dúas, pois, alárgase. Esa fenda dase en todas as categorías. En Galiza hai 470.375 pensións por xubilación, que cobran de media 872 euros, o que supón 177 euros menos cada mes. Ao final do ano, con 14 pagas, case 2.500 euros. A prestación por incapacidade permamente (máis de 69.000 en Galiza) é de 827 euros mentres que a media estatal se sitúam nos 931 euros, cen euros de diferenza. |
NOS_56772 | O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista marca este 26 de setembro como o domingo co prezo da luz máis caro da historia, alcanzando os 160,42 euros o megawatt hora (MWh). | O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista (pool), que serve para fixar parte do recibo de electricidade, marca este 26 de setembro o domingo máis caro da historia, até os 160,42 euros o megawatt hora (MWh), a pesar de que supón un descenso de 3,57% respecto ao rexistrado onte (166,36 euros). O prezo da luz deste domingo supón unha alza de 9,4% respecto aos 146,57 euros en que cotizaba a electricidade xusto hai unha semana e de 11,2% en relación cos 144,18 euros que rexistraba hai dous domingos. Con todo, como é habitual nas fins de semana, cando a demanda é inferior, os prezos retroceden lixeiramente respecto aos días de entre semana. En calquera caso, o prezo da luz está a estabilizarse nas últimas semanas. Desde que empezou setembro, cando o prezo marcaba os 132,4 euros, a cotización da luz foi encadeando un récord tras outro. Con todo, xa hai dez días que se rexistrou o último prezo máis alto da historia, de 188,18 euros, un nivel que aínda non se pasou. Os 160,42 euros deste domingo cuadriplican o prezo da electricidade do mesmo día do pasado ano, segundo os datos do operador de mercado eléctrico designado (OMIE). O prezo máis alto este domingo darase entre as 21 e as 22 horas, cando alcanzará os 199 euros/MWh, mentres que o máis baixo rexistrarase entre as 16 e as 17 horas, cando cotizará a 134,1 euros. Tras bater senllos récords históricos tanto en xullo como en agosto, setembro xa ten na súa vitrina os maiores prezos rexistrados até o de agora no mercado almacenista. En agosto, e en plena onda de calor, o prezo foi marcando un novo récord tras outro, provocando que o prezo medio do mes alcanzase os 106 euros/MWh, o máis caro da historia, seguido de xullo, que xa marcou outro récord, cun prezo de 92,4 euros. Rebaixas na factura A redución do IVE a 10%, a suspensión do imposto de 7% á xeración eléctrica, o desconto do imposto da electricidade a 0,5% ou a contribución esperada de 2.600 millóns de euros por parte das eléctricas procedente dos denominados 'beneficios caídos do ceo', son algunhas das medidas acometidas polo executivo estatal para reducir o prezo da luz. Con todo, o prezo da cotización que se publica cada día, como xa advertiu o Goberno, seguirá en cotas elevadas e subindo, polo menos, at´´e marzo do ano que vén, momento en que se prevé que estas medidas decaian. Mentres tanto, a factura debería seguir baixando de prezo a pesar da alza no mercado almacenista. |
NOS_16906 | O demitido secretario xeral do PSOE está de volta na carreira pola lideranza do partido. Nunha entrevista en La Sexta, admite o "erro" de ter cualificado no seu día Podemos como "populista" e defende un acordo "entre as esquerdas" para arrebatar a hexemonía á direita. Na cuestión nacional, dá un paso adiante e cualifica España de "nación de nacións". | Sobre o asunto do direito a decidir -el empregou o termo "referendo de autodeterminación"-, Sánchez situou a resolución do conflito con Catalunya na "votación" dunha reforma constitucional que, veu dicer, recoñeza o status nacional do Principat. Dixo textualmente que Catalunya e Euskadi son nacións. Non citou Galiza. Na entrevista deseñou con clareza cal é o seu proxecto de refundación do PSOE: un partido situado na esquerda e que fale "de ti a ti" co outro referente dese espazo ideolóxico, un Podemos co que a formación socialdemócrata debe traballar "cóbado con cóbado". As "esquerdas" españolas teñen que dialogar tamén, enfatizou, "coas forzas nacionalistas catalás". Ese deseño bate frontalmente coa liña de Susana Díaz, hexemónica neste momento no aparato do PSOE, moi reticente a calquera colaboración con Podemos e frontalmente confrontado con calquera perspectiva de acordo co soberanismo catalán. Sánchez converteu a entrevista co xornalista Jordi Evole nunha confesión dos seus erros políticos. Entre eles destacou ter aceite no seu momento as condicións que lle impuxeron os baróns territoriais á hora de negociar a investidura -en concreto, a imposibilidade de chegar a acordos con ERC e o Partit Demòcrata Català. Sánchez confesa que cometeu un erro ao aceitar o veto que interpuxeron os baróns ao acordo co soberanismo catalán A operación que precipitou a súa queda da secretaría xeral foi inducida, revelou, polo "sistema financeiro" -resistiuse a dar nomes dos banqueiros que conspiraron para o derrubar, embora acabou afirmando que se estaba a referir a dúas entidades-, a Telefónica de César Alierta -ao actual presidente da compañía exonerouno de toda responsabilidade- e ao diario El País. Desvelou que mantivo reunións con responsábeis da liña editorial dese xornal -non co presidente de PRISA, Juan Luis Cebrián, precisou- en que estes lle comunicaron que se oporían a calquera opción que pasase por un acordo con Podemos. "Houbo determinados meios de comunicación que me dixeron que se houbese entendimento con Podemos eles o criticarían. Unha das explicacións polas que a liña editorial ten sido tan abusiva ou mesmo insultante no persoal foi por que puidese haber un entendimento entre as dúas esquerdas", dixo. Tamén deslizou críticas a La Sexta -embora salvou o criterio profesional de Ana Pastor e do propio Evole-, meio do que dixo que tivo sempre o propósito de socavar a súa lideranza ao fronte da esquerda. |
NOS_47147 | En Grecia nunca oíran falar desta maneira alternativa de mercar e vender, mais adoptárona deseguida cando a crise chamou ás súas portas, como unha maneira de rexeitar as ordes dos mercados e de multinacionais como Nestlé, que coloca o selo Fair Trade a unha gama dos seus chocolates. Na Galiza vender alimentos caseiros a prezos xustos supón recorrer case á clandestinidade | Sábado, 12 de maio. O Mundo enteiro celebra o Día do Comercio Xusto, unha xornada para reivindicar o que estas dúas verbas xuntas veñen a significar: unha relación equitativa entre as produtoras e as consumidoras. Mais, que é exactamente iso do 'comercio xusto'? Unha práctica solidaria? Caridade? Un negocio? Unha moda? Ou, simplemente, xustiza? Caridade ou xustiza? Que é iso do 'comercio xusto'? Ao dar unha volta polos estantes dos supermercados, sección 'café', é doado comprobar como ningunha das tres grandes comercializadoras –Sara Lee (Marcilla), Nestlé (Bonka) e Kraff Foods (Saimaza)– ofrecen información sobre a orixe do produto. A 2,45€, 2,25€ e 1,99€ poden mercarse nun súper do casco vello de Compostela 250gr do 'mesmo café' que custa 3,65€ na pequena tenda de Panxea, unha cooperativa de consumo alternativo situada na rúa da Rosa. Este vén de Colombia, concretamente da organización Juan Tama, que agrupa a 1.362 familias do departamento de Cauca para as que a produción de café supón unha alternativa ao cultivo ilegal de coca. Non cómpre investigar. Dío no paquete. E no de Nestlé, a maior empresa mundial no sector da alimentación, a mesma que usaba aceite de palma procedente da deforestación de bosques tropicais en Indonesia para a fabricación do chocolate dos recreos, o KitKat, di que a multinacional está preocupada "polas persoas que traballan na produción de café" e "polo medio que habitamos". Por iso, as tres multinacionais citadas, e outras non menos coñecidas coma Starbucks, subiron ao carro da 'moda' do consumo alternativo e lanzaron liñas de produtos cruñados cun selo Fair Trade --Flo Internacional-- que se venden en grandes superficies baixo as regras do mercado neoliberal. É iso comercio xusto? As case 30 organizacións que conforman o Espazo por un Comercio Xusto teñen clara cal é a resposta: un 'non' rotundo. A alianza xurdiu no 2005, precisamente cando no Estado español se introduciron os selos Flo e contra a postura de entidades coma Intermon, que coloca as súas marcas 'xustas' nos estantes dos grandes supermercados. Os produtos certificados por Fair Trade están feitos para os estantes dos supermercados. A relación perfecta entre persoa produtora e consumidora é a da confianza, a da responsabilidade compartida, onde o 'selo' non se estampa sobre un produto, senón sobre quen o pare e sobre a maneira na que foi parido. É a vertente ética do comercio xusto, esa que convirte en xustiza social un intercambio comercial que a priori pode caer nas poutas do negocio e amparar no Sur iso que se deu en chamar 'neocolonización'. Os selos Fair Trade permiten que Nestlé venda comercio xusto, ao certificar o produto e non a quen produce O comercio xusto como arma contra os mercados: a experiencia de GreciaEn outubro do ano pasado, o Espazo por un Comercio Xusto realizou unha xuntanza na capital da Galiza para debater sobre os retos que deberá afrontar esta maneira alternativa de consumir. Desde aquela o panorama non mudou o sufiente como para que as notas tomadas ficasen caducas. De feito, non mudou nada. Do panel de experiencias partilladas, a máis rechamante foi a que contou Ilias Ziogas sobre unha pequena cooperativa, O Sporos --A Semente--, fincada en Grecia. É unha historia curta. Hai sete anos, no país heleno nunca oíran falar de comercio xusto. Ziogas e un grupo de amigas comezaron a importar café producido nas comunidades zapatistas de Chiapas "de maneira informal e como un acto político". O café rebelde conquistou conciencias, e en pouco tempo o grupo de amigas montou unha tenda, a primeira das seis que na actualidade hai espalladas por todo o territorio grego, aínda que os produtos 'xustos' poden adquirirse en puntos de distribución máis pequenos, bares incluídos. Mais o rechamante da historia vén agora. Mentres na Galiza non é doado chegar á consumidora, e menos aínda en tempos de crise, en Grecia as cifras que Ziogas proxectou na parede naquela xuntanza reflexaban un incremento da demanda até case dobrar os datos do ano anterior. Foi a pequena labazada que a sociedade grega quixo darlle ás grandes multinacionais. Os movementos e as redes solidarias multiplicáronse; a mocidade colleu o sacho e voltou aos eidos, apostou polo ecolóxico, polo local e polo cooperativismo; os mercados de troco tomaron as rúas e a moeda social abriuse camiño como alternativa ao euro. Ben é certo que vender consumo solidario é alí máis doado, ao non existir a librecompetencia. Os prezos fíxanos uns poucos oligopolios ao por menos "e isto facilita a chegada á consumidora, pois os produtos de comercio xusto son de moita maior calidade", tal e como explicou. "A crise foi unha oportunidade para mudar as maneiras de vivir: agora Grecia tamén forma parte dun Sur", dixo Ziogas. Até o de agora, directamente do Sur, só se importa o café, mais xa traballan con cooperativas de produción de azucre vinculadas ao Movemento dos Sen Terra, no Brasil. Nese Sur grego tamén se vende tabaco 'xusto' producido moi preto de Atenas, aínda que de maneira clandestina. O produto caseiro: comercio xusto na GalizaE de maneira "case clandestina" é como se lle dá saída ao mercado ao produto caseiro a día de hoxe na Galiza, "mentres todos os escándalos alimentarios se deron no eido da industria". Así se pronunciou na xuntanza do Espazo Miguel Méndez, do Sindicato Labrego Galego, quen falou da "loita ideolóxica" que supón comercializar alimentos producidos por pequenas produtoras, referíndose á tentativa do Goberno bipartito de regularizar o caseiro redactando un borrador de lei que nunca chegou a publicarse. Vender produto caseiro é unha opción "case clandestina", pese a que os grandes escándalos alimentarios se deron na industria "Se saise adiante teriamos que artellar a maneira de saltar a legalidade, porque non podemos cambiala". Fronte a unha lexislación, "o ideal" que persegue o movemento por un comercio xusto é a certificación social que leva anos practicándose en proxectos coma o da asociación de labregas Lentura, onde unha veterinaria visita a cada gandeira na casa e axúdalle a ver onde están os riscos nesa cadea de produción.A sensibilidade ao redor do comercio xusto debera estar moi presente na Galiza. O sector agrogandeiro non dubidou en botarse á rúa cando os prezos do leite baixaron. Entenderon a inxustiza de vender o litro a cambio dunha cantidade que non cubría, nin cobre, os custos de produción. No caso das importacións que chegan do Sur o problema está en multinacionais coma Nestlé e as xa nomeadas, que pagan para comercializar baixo Fair Trade uns prezos moito maiores dos que a cooperativa produtora taxara como 'xustos'. "Os zapatistas véndelle o café ao coiote antes que a nós porque llo pagan mellor; se queremos importar temos que igualar esas cantidades, e iso obriga despois a vendelo tamén máis caro aquí", dixo Ilias Ziogas, un argumento que vén a explicar a fama de careira que ten a compra nunha tenda de consumo alternativo. "A loita pola soberanía alimentaria é unha loita política" "A loita pola soberanía alimentaria e polo consumo alternativo é unha loita política", achegou naquel encontro Xavier Montagut, voceiro da Xarxa de Consum Solidari. Criticou a maneira de entender a día de hoxe esta alternativa: "a saúde, a alimentación saudable e de calidade, é un dereito, non é unha opción, non pode depender nunca do poder adquisitivo de cadaquen". Mais o panorama non mudará namentres Nestlé e o resto das multinacionais que ven no comercio xusto --entre o Norte e o Sur ou entre o Norte e o Norte-- un negocio, mentres as comunidades de campesiñas fiquen tan empobrecidas que teñan que axeonllarse ante os cantos de serea das grandes multinacionais, traballando de criadas, existindo ao servizo de necesidades alleas.Nota: nesta información optouse polo feminino como xenérico por ser as mulleres as principais produtoras de alimentos e tamén as principais consumidoras, tanto no Norte como no Sur. Paradoxicamente, son tamén elas as primeiras afectadas pola fame no Mundo |
PRAZA_6836 | O escenario actual confirmaría un clima de paulatino e mutuo distanciamento entre Washington e a rexión. Por tomar algúns exemplos: as relacións con EUA non constituíron un tema político candente nin estratéxico nas polarizadas eleccións presidenciais brasileiras do pasado 26 de outubro, que deron a reelección a Dilma Rousseff. | Cómpre observar o escaso interese que posúe América Latina, en particular o actual desenvolvemento dun importante ciclo electoral hemisférico, dentro da axenda política establecida en EUA de cara á elección da Cámara de Representantes e do Senado pautada para o próximo 4 de novembro. Este estratéxico test electoral para o presidente Barack Obama, tradicionalmente denominado o mid-term, enfocará as perspectivas en clave electoral para os comicios presidenciais estadounidenses de 2016. E nese contexto, América Latina está practicamente ausente dese debate. As relacións con EUA non constituíron un tema político candente nin estratéxico nas polarizadas eleccións presidenciais brasileiras do pasado 26 de outubro, que deron a reelección a Dilma Rousseff O escenario actual confirmaría un clima de paulatino e mutuo distanciamento entre Washington e a rexión. Por tomar algúns exemplos: as relacións con EUA non constituíron un tema político candente nin estratéxico nas polarizadas eleccións presidenciais brasileiras do pasado 26 de outubro, que deron a reelección a Dilma Rousseff. A mesma perspectiva apréciase na reelección de Evo Morales en Bolivia ou no ballotage que se levará a cabo en Uruguai entre a Fronte Ampla e o Partido Blanco. Electoralmente, EUA e América Latina semellan decididos a "pregar bandeiras" e seguir camiños distintos. De cara aos comicios lexislativos estadounidenses, América Latina aparece como un tema marxinal. A única perspectiva de atención cara a rexión pode concentrarse nos esforzos do Partido Republicano por fortalecer as expectativas de candidatura presidencial 2016 para o senador cubano-americano Marco Rubio (43 anos), un aspecto que moi seguramente polarizará calquera aproximación política de Obama cara o tema cubano. Son cada vez maiores as presións dos lobbies empresariais estadounidenses por acabar co embargo contra Cuba vixente desde 1962. Esta perspectiva afiánzanse ante as expectativas de que China, Rusia e Brasil tomen a iniciativa dentro dos investimentos estranxeiros establecidos na Zona Económica Especial de Mariel, impulsada dentro do proceso de reformas económicas que leva a cabo o goberno de Raúl Castro desde 2008. Son cada vez maiores as presións dos lobbies empresariais estadounidenses por acabar co embargo contra Cuba vixente desde 1962 Por outra banda, a Iniciativa Trans-Pacífico impulsada por Obama a partir de 2011, e que ten como baluarte hemisférico á Alianza para o Pacífico creada en 2012 por México, Colombia, Perú e Chile, aparece como a maior garantía de interese para Washington dentro da súa política hemisférica. O obxectivo xeopolítico desta estratexia de Obama apunta claramente á contención de China e a súa implicación hemisférica como socio estratéxico, particularmente a través dunha potencia emerxente (Brasil) e de actores enerxéticos relevantes (Venezuela e Bolivia), sen menoscabar a histórica relación que une a Beijing con Cuba, e que cobra na actualidade unha importante dimensión de carácter económico e comercial. Paralelamente, China aparece como un inversor estratéxico de cara á ampliación da terceira dársena da Canle de Panamá, prevista para 2016, así como o socio maioritario na construción e desenvolvemento da Canle de Nicaragua, proxecto que espera materializarse a partir de 2017. O obxectivo xeopolítico desta estratexia de Obama apunta claramente á contención de China e a súa implicación hemisférica como socio estratéxico Outros asuntos, como os problemas da inmigración ilegal e do narcotráfico (particularmente dende México) ocupan unha atención periférica dentro do debate electoral estadounidense. Con todo, as crises exteriores (guerra contra o Estado Islámico, tensións con Rusia) tampouco semellan desprazar a atención dun electorado polarizado pola depresión causada pola persistente crise económica, aderezada nas derradeiras semanas por unha crise sanitaria motivada pola expansión do virus do Ébola. Este "divorcio" mutuo entre EUA e América Latina, ausentes ambos como prioridades estratéxicas das súas respectivas axendas políticas e electorais, define o curso dunha inédita etapa na relación hemisférica. Está por ver se este escenario pulsará os dilemas da potencia hexemónica (EUA) e as expectativas das potencias emerxentes (Brasil, China). |
NOS_17984 | Finalmente, o conservador Cavaco Silva optou por indigitar a António Costa como novo primeiro ministro. Por vez primeira em 40 anos, Portugal terá um governo com o apoio de todas as formações da esquerda. | Fim da história. O conservador Cavaco Silva decidiu não vetar a formação dum governo de esquerda em Portugal. Esta terça feira, voltou a se reunir no Palácio de Belém com António Costa, a quem esta segunda feira pusera seis condições para lhe permitir o acesso ao executivo. Cavaco argumentou, numa nota oficial, que os agentes sociais com os que manteve entrevistas nos últimos dias expressaram o critério de não ser congruente com o "interesse nacional" a manutenção dum governo em funções e sem o apoio da Assembleia da República. Na nota, o presidente da República evita avaliar a resposta dada por Costa ás condições que lhe formulou a segunda feira. Limita-se a dizer simplesmente que "tomou devida nota" da contestação oferecida pelo secretário geral do PS. As condições apelavam à necessidade de Portugal manter os seus compromissos com a UE e a NATO. Este assunto não fez parte realmente das conversas havidas entre o PS, o Bloco, o PCP e Os Verdes, diálogo que resultou na assinatura de acordos parciais (entre os distintos partidos com o partido socialista) e não dum único texto firmado por todos. |
NOS_2215 | Así se establece na actualización da Estratexia de Vacinación fronte á Covid-19 no Estado español. | As persoas menores de 55 anos que se contaxien de coronavirus, independentemente da súa gravidade, van ter que esperar seis meses para poñerse a vacina do Covid-19, segundo se establece na actualización da Estratexia de Vacinación fronte á Covid-19 no Estado español, publicada hoxe polo Ministerio de Sanidade. Ademais, no documento sinálase que aqueles menores de 55 anos que se infectaron tras recibir a primeira dose de calquera das tres vacinas actualmente dispoñíbeis van ter tamén que esperar seis meses para recibir a segunda dose. Con todo, o Ministerio de Sanidade puntualiza que nas persoas de maior idade, con ou sen factores de risco, a administración da vacina realizarase nas mesmas condicións e prazos que aqueles que non pasaron o Covid-19. Así mesmo, desaconsella a realización de probas serolóxicas antes da vacinación. Doutra banda, o documento establece que, a nivel xeral, atrásase a administración da segunda dose por problemas de desabastecemento, terase que inocular "canto antes" e a pauta completa deberase realizar coa mesma vacina. Así mesmo, as persoas desprazadas a outras comunidades autónomas e as estranxeiras residentes no Estado que recibiron a primeira dose nunha rexión diferente á que residen no momento da segunda dose, ou que recibiron a primeira dose noutro país, administraráselles a segunda dose no lugar onde se atopen desprazadas ou residindo. No caso de residentes e grandes dependentes nos que hai varios titores legais que non están de acordo en canto á vacinación, prevalecerá a decisión que a ciencia apoia como mellor opción para estas persoas, que é a vacinación, salvo que haxa algún motivo clínico que xustifique non facelo. Respecto a a vacina de AstraZeneca, que se recomenda en persoas de entre 18 e 55 anos, a actualización da estratexia inclúe novos grupos que terán prioridade á hora de recibila, priorizando así aos traballadores de servizos esenciais como membros das Forzas Armadas, funcionarios de Prisións, membros de Corpos de Seguridade e servizos de emerxencia como Bombeiros ou profesores de infantil e primaria. De feito, estableceuse un novo subgrupo dentro do persoal sanitario e sociosanitario que contempla aos colectivos en función do risco de exposición da actividade laboral. Así, dentro do Grupo 3, establécese un subgrupo 3 B que, entre outros, contempla fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, persoal de oficinas de farmacia, medicina legal, servizos de axuda a domicilio, centros de menores e de centros de día. Tamén se inclúe aos traballadores de Institucións Penais. Do mesmo modo, definiuse o Grupo 6 que contempla colectivos cunha función esencial para a sociedade no que se inclúe a Forzas e Corpos de Seguridade (Policía Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica e Policías Locais), outro persoal de emerxencias como os bombeiros, así como membros das Forzas Armadas. Neste grupo tamén inclúe docentes e persoal de educación infantil e necesidades educativas especiais, e docentes de primaria e secundaria. |
NOS_8459 | O novo presidente socialista de Francia entrevistarase coa súa homóloga alemá despois de tomar posesión do cargo. Trasladaralle a idea de que "o rumbo intergobernamental hai que conxugalo co proceso comunitario para que os nosos socios non se sintan sometidos" | "Creo tanto no motor francoalemán canto rexeito a idea dun monopolio. As parellas Schmidt-Giscard, Kohl-Mitterrand, e mesmo Chirac-Schröder demostraron que as diferenzas políticas non impiden o traballo común. Mais estes dirixentes tentaban conxugar a marcha do rumbo intergobernamental co proceso comunitario. Era a mellor forma de evitar que os nosos socios se sentisen descartados ou, peor aínda, sometidos". Estas palabras pronunciounas hai uns días o presidente de Francia, François Hollande --Partido Socialista-- na única entrevista en que se referiu ao panorama internacional e que concedeu a Slate.fr As mesmas ideas serán as que lle achegue nesta segunda feira á súa homóloga en Alemaña, Angela Merkel, con quen manterá unha cea de traballo en Berlín despois de tomar posesión do seu cargo e do tradicional saúdo aos e ás francesas desde o balcón do Elíseo. Por certo que, contra o acontecido en investiduras anteriores, cunha lista de até 500 persoas convidadas, nesta ocasión só estará presente unha trintena de persoas, entre elas os presidentes do Senado e da Asemblea Nacional, e antigos primeiros ministros socialistas. O acto da axenda de Hollande que ergue máis espectativas é, sen dúbida, a reunión con Merkel. O presidente francés chegará disposto a lle facer entender que Francia e Alemaña non poden decidir soas o destino de 500 millóns de persoas. Na liña, Hollande avoga por renegociar o tratado de austeridade asinado en marzo por 25 dos 27 países da Unión Europea para incorporar medidas de estímulo ao crecemento e o emprego. Merkel dirá, seguramente, que non quere tocar ese documento. Outra das citas chave de Hollande será a entrevista con Barack Obama, presidente dos USA, antes do cume do G-8. O domingo participará en Chicago nunha reunión da OTAN --Organización do Tratado do Atlántico Norte--, na cal un dos temas prioritarios será a presenza militar en Afganistán. Washington busca o compromiso dos seus aliados para manter as tropas de ocupación nese país centroasiático até finais de 2014, mais Hollande prometeu retirar o continxente francés antes de terminar este ano. |
NOS_29528 | Margarida Corral, secretaria de Mulleres da CIG, acompañada de mulleres da Executiva Confederal e a Comisión Nacional de Mulleres, presentou esta cuarta feira 6 de febreiro a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 8 de marzo. | Após rexistrala na Consellaría de Traballo, Corral explicou que a greve transcorrerá de 00:00 a 24:00 horas, agás naquelas empresas e organismos con quendas de traballo que impliquen esas horas, nas que a folga durará da primeira á última quenda. Este ano 2019 o Día Internacional da Muller caerá en sexta feira. O sindicato nacionalista comparte as propostas do movemento feminista e inclúe entre as súas demandas para a xornada "diminuír a fenda salarial e estabelecer mecanismos de control" para evitar discriminacións; o recoñecemento dos dereitos "á conciliación, a lactancia e ao acompañamento a consulta médica ou titoría"; o estabelecemento dunha xornada laboral de 35 horas e as sancións a empresas que non dispoñan de plan de riscos laborais "específico para embarazadas" e medidas para "detectar e eliminar situacións de acoso e violencia no traballo". A secretaria de Mulleres da CIG denunciou ademais que transcorrido un ano da masiva mobilización de mulleres do pasado 8m "aínda non se abriu proceso algún que levase a mudanzas concretas, nin se recolleron as reivindicacións que o feminismo de clase ten para que unha vida digna das mulleres". "O obxectivo da folga é mostrar a repulsa á desigualdade e invisibilidade histórica que soportamos as mulleres, á discriminación laboral e social, que se incrementou debido á situación de crise económica que atravesamos, pero aínda máis, por mor das medidas que supostamente foron deseñalas para paliala", afirmou Corral. Entre estas medidas, salientou os recortes no gasto público, dos que dixo que teñen un "grande impacto nas mulleres dada a nosa presenza no sector público"; a reforma laboral que "precarizou aínda máis as condicións de traballo"; a reforma das pensións que "afecta singularmente ás mulleres", quen adoitan interrumpir a súa vida laboral polo coidado de crianzas e maiores e sofren máis risco de traballar en negro, polo cal se atopan con "atrancos á hora de acadar a cotización exixida"; as medidas para mellorar a empregabilidade da mocidade, afectada pola "temporalidade e precarización do emprego" ou a reforma do réxime de empregadas do fogar que "perpetúa a discriminación dunha actividade historicamente feminina". Apuntou directamente a Xunta de Galiza, cuxas políticas di "provocaron o desmantelamento dos servizos sociais públicos", mentres financiaban "con cartos públicos a un bo número de entidades ligadas á extrema dereita antiabortista no marco dunha lei, a de familia, que cousifica ás mulleres e que pretende devolvelas ao seu rol tradicional de nai-coidadora do fogar". Esixiu, por último, que se derroguen todas as leis e reformas lexislativas que "perpetúan a vulneración dos dereitos que sofren as mulleres". |
NOS_32773 | A primeira investigación exhaustiva sobre os nomes e os enderezos dos criminais do 36 en Galiza preséntase esta sexta feira en Ordes. O historiador Manuel Pazos, autor dun dos 13 ensaios recollidos en Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron centrado na represión nesa comarca, fará de anfritión nun acto en que tamén participarán o coordinador do volume Eliseo Fernández e mais o presidente de Sermos Galiza -editora do libro- Xoán Costa. | "Ao cabo, trataríase de completar o relato histórico desde outra perspectiva", sinalan os coordinadores do libro -ademais de Fernández, Xosé Ramón Ermida Meilán, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Dionisio Pereira- no limiar do mesmo, "o contraplano en que veríamos as costas das vítimas e poñeriamos o foco no rostro e nas características colectivas de quen levou adiante as execucións". A censura e a autocensura, consideran, furtaron ao coñecemento público unha versión complexa e global do que aconteceu no levantamento fascista de 1936 e nos anos posteriores. Os nomes do terror constitúe unha primeira ferramenta para completar a historia de como a ditadura franquista se impuxo a forza de violencia extrema e sangue do pobo. A presentación da vindeira sexta feira 8 de setembro será ás 20.30 horas no Museo do Traxe de Ordes. En Ferrol esta cuarta feira A xira de presentacións do volume chegará tamén a Ferrol, esta cuarta feira ás 20 horas na Libraría Galiano, nun acto no que tomarán parte Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza; Elia Rico, presidenta da Sociedade Cultural Medulio; Xosé Ramón Ermida e Eliseo Fernández, tamén este último coordenador do libro. |
NOS_25546 | Tamén permanecen fechadas dúas aulas do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes, en Redondela, porque dous irmáns están a padecer a enfermidade. Tanto o estudantado de 2º de Primaria como o de Infantil será sometido ás probas PCR para descartar máis contaxios. | Os gromos xurdidos nas escolas de Educación Infantil e Primaria de toda Galiza non paran desde que deu comezo o curso. Coas medidas para comezar as clases no Ensino Secundario aínda en debate, unha nova escola vese obrigada a deixar en corentena a parte das súas alumnas e alumnos. Esta cuarta feira sóubose que o Colexio María Auxiliadora (Salesianos) de Vigo decidiu illar ao estudantado dunha clase de Primaria, aliás da súa profesora, tras confirmarse que unha das nenas era positivo pola Covid-19. A dirección púxose en contacto coas familias dos compañeiros para explicarlles que unha alumna de 5º de Primaria era un caso activo de coronavirus polo que tanto a titora da clase como o resto das e dos alumnos (un total de 23) tiñan que permanecer en corentena. O grupo será sometido a probas PCR. Salesianos marcou un período de illamento de 14 días aínda que os test do resto da clase den negativos, porque se considera que forman parte dun grupo estábel de convivencia. Outras tres docentes que tiveron contacto puntual coa afectada serán sometidas ás probas, mais non estarán confinadas se non dan positivo. Dúas aulas fechadas en Redondela Ademais, o CEIP Outeiro das Penas de Cesantes, pertencente ao municipio de Redondela, ten dúas aulas fechadas e a dúas docentes e 48 alumnas e alumnos en corentena. Esta medida tomouse após que se detectaran dous casos activos entre o estudantado. As primeiras PCR descartaron, polo de agora, que haxa novos contaxios. O centro soubo da situación porque comunicouna o propio neno de 2º de Primaria e, posteriormente, fíxoselle a proba á súa irmá menor (asistente a Infantil na mesma escola), que tamén deu positivo. Segundo confirmaron a Europa Press fontes do propio centro e do Concello de Redondela, a medida tomouse despois de que un alumno de segundo de Primaria comunicase o seu positivo ao colexio. Ao realizarlle as probas ao núcleo familiar, tamén se constatou que a irmá menor do neno estaba contaxiada (alumna de Infantil do mesmo centro). Os exames para saber se as e os máis pequenos teñen o virus faranse ao longo do día de hoxe. A pesar da situación, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fixo unha chamada "á tranquilidade" porque son hai un centro afectado no concello. Ademais asegurou que hai "unha coordinación permanente" entre o Consistorio e a Consellaría de Sanidade. En total, na vila, hai 11 casos activos. |
PRAZA_18698 | O instrutor considera o director de seguridade da empresa pública único responsable das eivas de seguridade do AVE Ourense-Santiago e equipara a súa actuación á do condutor como delitos de homicidio por imprudencia | O instrutor considera o director de seguridade da empresa pública único responsable das eivas de seguridade do AVE Ourense-Santiago e equipara a súa actuación á do condutor como delitos de homicidio por imprudenciaO xuíz instrutor do accidente de Angrois, no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, vén de dar por rematada a investigación cinco anos e medio despois e propón a apertura de xuízo contra o maquinista do tren Alvia, Francisco José Garzón, e contra quen no seu momento foi director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte. O primeiro despistouse e non freou a tempo antes da curva de Angrois sen que houbese activo ningún sistema que evitase ou paliase o seu previsible erro humano, eivas das que considera responsable ao segundo. No seu auto, o instrutor equipara a actuación de Cortabitarte á do condutor, polo que considera os dous responsables de oitenta delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e de 144 delitos de lesións polo mesmo tipo de imprudencia. Agora a Fiscalía e as partes persoadas na causa deberán pronunciarse sobre a súa decisión.O auto co que o xuíz dá por rematada a fase de instrución, emitido con data deste luns, pon o foco na falta de avaliación de riscos da liña previa á súa inauguración en 2011 e da desconexión do sistema de control da velocidade a bordo dos Alvia en 2012, un ano antes do sinistro, pedida polo director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares, e que foi autorizada por Cortabitarte nunhas poucas horas. Segundo o xuíz, Cortabitarte, igual que non avaliou o risco da liña antes de autorizar a súa posta en servizo, tamén "autorizou a devandita desconexión sen previamente realizar unha avaliación do risco que tal desconexión puidera comportar para a seguridade na circulación".O xuíz considera a "condución neglixente" do maquinista como "causa directa" do accidente pero apunta tamén ao cargo de Adif como responsable de autorizar a posta en servizo da liña en 2011 "sen previamente conxurar o risco de fallo humano" que nela existíaEsta é a segunda vez que o instrutor propón dar por rematada a investigación. Xa o fixo a finais de 2015, cando considerou que só había probas para acusar o maquinista, pero a Audiencia Provincial da Coruña ordenoulle investigar mellor se Adif analizara como debía os riscos existentes na liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente. Froito desas novas investigacións chegaron a estar imputados nos últimos anos outras seis persoas ademais do maquinista: Cortabitarte como máximo responsable da seguridade de Adif; un subordinado seu; o seu homólogo en Renfe, Antonio Lanchares; e tres técnicos da consultora pública Ineco que declararon no xulgado que non analizaron os riscos da curva de Angrois porque Adif non llelo encargou. Agora o xuíz considera que o único responsable final das eivas de seguridade na liña e no tren é Cortabitarte, ao que equipara penalmente co condutor, que non freou a tempo tras despistarse logo de recibir unha chamada telefónica do interventor do tren.O auto do xuíz comeza por salientar que "a causa directa, inmediata, e que decididamente desencadeou o desgraciado accidente que tivo lugar o pasado 24 de xullo de 2013 foi o exceso de velocidade derivado dunha condución neglixente" do maquinista que non freou a tempo de 200 a 80 quilómetros por hora antes da curva de Angrois. E a continuación fai un relato dos feitos sobre como antes da inauguración da liña de AVE Ourense-Santiago en decembro de 2011 polo daquela ministro en funcións socialista José Blanco houbo modificacións no proxecto "cuxa repercusión na seguridade resulta obvia sen que conste que previamente se houbera avaliado o risco que ditos cambios puideran comportar para a seguridade". Unha avaliación do risco cuxa responsabilidade atribúe exclusivamente a Cortabitarte.Tanto no xulgado como na súa comparecencia no Congreso, o cargo de Adif sempre negou ter recibido presiónsNas súas comparecencias tanto no xulgado como na comisión de investigación política aberta no Congreso, Cortabitarte rexeitou a súa responsabilidade e derivouna exclusivamente cara ao maquinista. O cargo de Adif tamén negou sempre posibles presións políticas dos seus superiores para que actuase como actuou.Agora o xuíz di que "é o señor Cortabitarte o que emite o Certificado de Seguridade da vía, requisito previo imprescindible sen o cal non sería posible dar inicio á súa explotación, e emíteo sen previamente conxurar o risco de fallo humano que non foi obxecto dunha debida avaliación previa de conformidade co esixido pola normativa europea aplicable". Unha esixencia que o xuíz constata despois de considerar máis cribles diversas peritaxes que coincidiron na necesidade de realizar esa avaliación fronte á versión discrepante dun perito imposto pola Xunta que non consideraba que fose necesaria esa análise dos riscos.Agora a Fiscalía e as partes persoadas na causa deberán pronunciarse sobre este auto do xuíz que dá por remata unha investigación que neste cinco anos e medio viuse entorpecida por diversas ocultacións de Adif e Renfe e pola lentitude do sistema xudicial.O auto do xuíz tamén explica por que propón arquivar as imputacións que pesaban sobre os outros cinco investigados ata o de agora. Dos tres técnicos da consultora pública Ineco di que fixeron o traballo que Adif lles encargou, mentres que do subordinado de Cortabitarte sinala que foi imputado para garantir o seu dereito de defensa se na causa aparecían indicios contra el, cousa que di que non se produciu.O xuíz dedica máis espazo a analizar a actuación do homólogo de Cortabitarte en Renfe, o director de Seguridade na Circulación da operadora Antonio Lanchares, que deixou o cargo hai tres meses. Del di que a súa imputación non debe proseguir porque malia que foi el quen solicitou a Adif desconectar o sistema de control da velocidade a bordo dos Alvia un ano antes do sinistro, en xuño de 2012, a autorización correspondeu exclusivamente a Cortabitarte. Sobre esa decisión, a Axencia Ferroviaria Europea considerou no seu momento nun informe entregado no xulgado que os seus riscos tamén deberon ser analizados por Renfe, pero agora o xuíz centra a responsabilidade exclusivamente en Cortabitarte. Tampouco por esa desconexión do sistema nos Alvia, xa coa ministra popular Ana Pastor en Fomento, declararon nin Cortabitarte nin Lanchares ter recibido ningunha presión política.Agora a Fiscalía e as partes persoadas na causa deberán pronunciarse sobre este auto do xuíz que dá por rematada unha investigación que nestes cinco anos e medio viuse entorpecida por diversas ocultacións de Adif e Renfe e pola lentitude do sistema xudicial. |
NOS_45120 | Co pregón de Carlos Blanco e a participación das asociacións da cidade, a Feira do Libro en Compostela ábrese "reinventada" no paseo central da Alameda. Cultura ao pé dos libros do día 27 de abril a 5 de maio. | Será a XXXII Feira do Libro de Santiago e volverá a encher o paseo central da Alameda de actividade cultural do sábado 27 ao domingo 5 de maio, en horario laboral de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 e os fins de semana ampliando o peche de mediodía a 14:30. Contacontos, recitais, música e moitas presentacións de libros que completan un singular programa no que, tamén de maneira novidosa participarán asociacións e colectivos da cidade como a Xuntanza de San Pedro, a Asociación do Traxe Galego ou O Galo, entre outras. A Biblioteca Ánxel Casal levará tamén á feira unha mostra de libros para crianzas. Na presentación da Federación de Librarías de Galicia, o vicepresidente, Xosé Antón Pedreira sinalou a "case reinvención" que están a experimentar as feiras, co fin de facelas máis atraíntes á cidadanía, entre outras, coa maior participación cidadá, biblioteca infantil ou mesmo ao mudar o pregón tradicional por un monólogo de Carlos Blanco. Pola súa parte, a coordinadora das Feiras, Mar Vázquez destacou que, mália a crise, as expectativas son boas, e, de feito, xa se experimentou un incremento na primeira que tivo lugar en Ferrol. O monólogo de Carlos Blanco o 27 ás 13 horas porá o inicio a un programa que contará con presentacións de libros de María Solar, Agustín Fernánde Paz, María Reimóndez, Pere Tobaruela, Xosé Mª Lema, Francisco Singul, Chisco Fernánde Naval, Antón riveiro Coello,Valentina Formoso, Manuel Portas ou Antón Cortizas, entre outros. O programa inclúe tamén outros actos literarios como o Encontro de Nova Fantasía Galega artellado por Contos Extraños Editora e Urco Editora, ou apresentación da colección Xornalista de Reverso Edición. Coa participación das asociacións locais terá lugar un obradoiro de ganchillo da asociación A Xuntanxa, actuación da coral da Asociación Cultural Solfa ou o coloquio "Rosalía de Castro: nos 150 anos de Cantares Gallegos", con Katlheen March, Helena Villar Janeiro e Pilar García Negro da Agrupación Cultural o Galo. As crianzas poderán participar no obradoiro de maxia co Mago Toño, contacontos musical da Avoa Youja, obradoiro de oragami, contaconto poético musical de Servando Barreiro, obradoiro de Yolanda Castaño ou obradoiro de Títeres Babaluva. |
NOS_36299 | Unha obra do Centro Dramático e Pérez&Fernández | A compañía Pérez&Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, leva a escena a novela de María Solar Os Nenos da Varíola, galardoada co premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil e co premio Gala do Libro 2018 na categoría de Obra Xuvenil. A adaptación estréase a vindeira sexta feira 28 de febreiro, no Salón Teatro de Compostela, ás 20.30 horas. A obra está ambientada no século XIX. O 30 de novembro de 1803, a "Real Expedición Filantrópica da Vacina" partía do porto da Coruña con 22 crianzas procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña. Estas conforman unha cadea humana "brazo a brazo", artellada para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas. Os nenos da varíola é unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, construída con tenrura e humor a partes iguais, que toma como eixe central a vida das crianzas da Casa de Expósitos da Coruña, no seu periplo a bordo da citada expedición. Ademais, a obra que dirixen Xosé Leis e Victoria Pérez rescata a figura de Isabel Zendal, reitora do mencionado hospicio e un dos alicerces fundamentais da fazaña. As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xose Leis son as encargadas de darlle vida a unha ducia de personaxes que protagonizan a historia, desde as monxas da Casa de Expósitos, os doutores Balmis e Posse Roybanes, as nenas e nenos protagonistas da ficción de María Solar, e a promotora da expedición, Isabel Zendal. A estrea irá seguida doutros dous pases no Salón Teatro os días 29 de febreiro e 1 de marzo. Ademais, a compañía ten xa funcións programadas en Ourense (22 de marzo) e A Coruña (16 e 17 de abril). |
NOS_52400 | O Govern confirma que recorrerá a sentenza, que cualifica de "aberración". | O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) ordenou á Consellaría de Educación que execute nun máximo de 15 días a sentenza que obriga a impartir cando menos 25% de horas lectivas en castelán. Nun auto emitido esta segunda feira, o TSJC require ao conseller de Educación, Josep Gonzàlez-Cambray, para que dite as instrucións e estabeleza garantías de control para que todo o alumnado do sistema educativo catalán reciba "de maneira efectiva e inmediata" 25% ou máis de horas de aulas en castelán. Despois destes 15 días, a Consellaría deberá informar ao TSJC sobre as medidas adoptadas para aplicar a sentenza e en que grao se cumpriron, e de forma paralela o tribunal requiriu á Alta Inspección Educativa que verifique o cumprimento do fallo no sistema educativo catalán. Este requirimento forza a execución da sentenza do propio TSJC, que en decembro de 2020 fallou que o sistema educativo en Catalunya debía contar con cando menos esta porcentaxe de horas en castelán, incluíndo polo menos a materia de lingua castelá e outra materia troncal. Dous meses de prazo para impor o 25% de castelán nas escolas catalás Ante a petición da Asamblea por una Escuela Bilingüe (AEB) de executar a sentenza, a Generalitat dixo ao TSJC que xa tomara medidas para regular os usos lingüísticos na escola. En concreto, fixo referencia ás modificacións da Lei de política lingüística e a Lei do aranés, alén da tramitación dun proxecto de decreto de despregamento do réxime lingüístico do sistema educativo de Catalunya. Con todo, o TSJC replica que a sentenza impón "unha obriga de resultado" e que as medidas da Generalitat non tiveron por agora un resultado concreto que se plasme na actividade das escolas. O tribunal, con todo, coincide co Govern ao recoñecer que a Administración pode elixir os medios cos que aplicar a sentenza, e subliña que "o determinante na sentenza non é o medio senón o resultado". O Govern recorre o fallo Pola súa parte, o conseller Gonzàlez-Cambray avanzou que o Executivo catalán presentará un recurso de reposición ante o que considerou unha "aberración dos tribunais", alegando que a AEB non está lexitimada para instar á execución, e sostivo que o tribunal se extralimita nas súas funcións. |
NOS_54635 | Mercedes Peón atópase na vangarda da música contemporánea coa raíz sementada con profundidade na tradición. A enerxía dos seus directos transmiten unha forza telúrica que ela mesma atopou en dúas mulleres de Baldaio, nun momento que quedou marcado na súa traxectoria. | Vai facer música cos ruídos da industria pesada. Co son das fábricas. Desta experiencia na que está a traballar Mercedes Peón pode xurdir un novo disco, un traballo performático ou calquera outra proposta co selo da nosa artista máis internacional. Mercedes Peón atópase na vangarda da música contemporánea coa raíz sementada con profundidade na tradición. A enerxía dos seus directos transmiten unha forza telúrica que ela mesma atopou en dúas mulleres de Baldaio, nun momento que quedou marcado na súa traxectoria. Alí naceu, en certa medida, a Mercedes Peón que consegue facer vibrar a milleiros de persoas nos seus directos e se sitúa na cima mundial da world music, un posto que, segundo ela, debe as súas orixes. Que queda na súa música daquelas mulleres que atopou cando facía recollida nas aldeas? Queda unha emoción, a intención de vibrare expandirme, os códigos aprendidos, debullados, deconstruidos... e volta a relembrar, xa non sei que queda retido no meu maxín. Participei nuns catrocentos festivais internacionais, viaxei por cidades que me impactaron...Por veces penso que me tiña que volver impregnar do trance da nosa expresión máis colectiva, porén agora mesmo estou tentando participar no momento que estamos a vivir, tentando concibir outros universos que, polo menos, dende a música e a performance se fan posibles. Por que con trece anos se dirixe ao rural a recoller a tradición musical? Nos anos 80 houbo una verdadera revolución que foi a revolución das pandeireteiras. No meu caso chegou da man de dúas mulleres na aldea de Imende (Baldaio) na Costa da Morte; saíron dunha adega ou bar unha tarde de domingo e dixéronme "nena, estas tocando mal, así non se fai". Colleron a pandeireta e puxéronse a tocar unha ribeirana que me deixou impactada para o resto da miña vida. Unhas voces poderosísimas, cunha presenza espectacular. Os homes que estaban a xogar a partida non se puideron reprimir e, como se fose a frauta de Amelie, puxéronse a bailar a Ribeirana do lugar. Foi un verdadeiro espectáculo e lección de desinhibición e poderío. A partir de aí comecei a recoller polas aldeas. Daba clases en asociacións como nas amas de casa de Teixeiro ou en Xiradela (Arteixo), etc e, ao tempo que aprendía nas aldeas, ensinaba o que recollía co convencimento de facer algo marabilloso. Que proceso segue para, partindo desa tradición, converterse nunha artista de vangarda? Tardei en sacar un disco porque non cría que fora necesario. No momento que necesitei plasmar as minas inquedanzas fíxeno. O primeiro tema que desenrolei foi "elelé". Xurdiu cando me encargaron un programa de televisión e, despois de desenvolver os contidos, non tiña a música da cabeceira, non atopaba nada que reflectise dun xeito contemporáneo a forza, o empoderamento e a xenerosidade percusivo-vocal das nosa mulleres músicas de Galiza. Pois velaí vai o "elelé". Despois, foi unha necesidade de expresarme creativamente, co apoio de toda a experiencia de vida na miña memoria, e pouco a pouco adentrada nun mundo onde non vexo fronteiras, só a dos meus propios límites. Atravesar unha cidade como São Paulo coa gravadora en man, amplificar o son como se estivese no cine escoitando en 5.1., o ruído dos ventiladores dunha fábrica, a xente falando... Todo forma parte dunha inmensa sinfonía. A crítica repetiu a palabra "telúricos" para falar dos seus primeiros discos. Será esa forza a que o emparenta coa tradición? O mundo "occidental" devece pola súa orixinalidade, a orixe, o que nos conecta co que nos rodea e a miña música remóvelles algo que senten propio ou failles lembrar algo no seu fondo que recoñecen. A explosión do singular sen facelo dun xeito forzado, como fan as inglesas ou as americanas co pop-rok. E se algo teño de artista internacional é grazas a iso. O meu disco Sihá ten un traballo polirrítmico e de volta á orixe, tentando chegar a composicións persoais a partir desa base, amable e rudo na produción. En SÓS a produción e moito máis fina, porén conceptualmente é máis complexa. Trátase dun traballo moito máis urbano, con paisaxes sonoras que teñen a ver coas miñas viaxes por cidades diversas e con novas reflexións, entre elas a pertenza a unha humanidade que se comporta moi similar nas grandes cidades. Está moi influenciado por obras nas que participei como a de Marga Ledo, Liste, pronunciado Líster, ou dos meus traballos na danza contemporánea nos que me puña ao servizo doutros artistas. Dalgunha maneira, distancieime da enerxía fantástica do primeiro disco, pero supoño que a idade, as novas experiencias e inquedanzas toman protagonismo. Aos poucos introdúcese máis na música electrónica e abandona o acústico nun proceso no que aventura unha presenza aínda maior dos sons mecánicos, cara á onde se dirixe? En certa maneira vén pola forma de compoñer. No primeiro disco sufrín moito porque non tiña estudo de gravación e foi unha tolería económica e persoal. Recoñecín o proceso e decidinme a tentar mergullarme na música coa autonomía que me permitise traballar co método de proba-error, sen preocuparme do económico, só de ter tempo para investigar. Podo gravar calquera tipo de son, de ruído, traballar con teclados, samplers... levando o acústico ao eido dixital. Deuse unha sorte de campo magnético no que fiquei enganchada. Que me deu a electrónica? ferramentas para compoñer en soidade. Parte da entrevista publicada no Sermos Galiza nº57 |
NOS_38971 | Lanza un volume dixital polo 800 aniversario do nacemento do rei. | A Real Academia Galega (RAG) vén de recuperar unha escolma sobre a obra do rei Afonso X, asinada polo académico Xosé Filgueira Valverde, con motivo do 800 aniversario da data de nacemento do monarca. O volume, que ten máis de 40 anos de historia, está agora dispoñíbel en formato dixital a través da páxina web da institución. A RAG destaca que a obra, que fora encargada a Filgueira Valverde, saíu do prelo por primeira vez en 1980 con motivo do Día das Letras Galegas que se dedicou ao rei polas súas Cantigas de Santa María. A academia, que fala da creación de Afonso X como "un dos monumentos máis senlleiros da cultura europea da Idade Media, transmitido en catro códices con máis de catrocentos cantares en lingua galega", explica que Filgueira Valverde fora elixido como responsábel da edición por ser un dos grandes especialistas na obra do monarca. O autor galego -que á súa vez tivo a homenaxe do Día das Letras Galegas en 2015- reuniu e comentou as sete composicións que se localizan de forma clara na Galiza. Con 40 anos ás súas costas, agora esa valoración volve ver a luz malia que só sexa nun formato dixital. As e os interesados poden localizar Afonso X e Galicia. E unha escolma das cantigas, na que aparecen tamén dúas lendas relixiosas e catro pezas sobre os grandes milagres da peregrinación a Compostela, na sección de publicacións do sitio web do organismo. Este engade que a escolma, accesíbel de forma gratuíta, "complétase con sete pezas profanas de escarnio e maldizer do rei con referencias a personaxes galegas". Na peza, o autor achega ao público xeral a obra literaria do monarca e explica o seu contexto histórico, subliñando "a difícil relación do rei coa Galiza", destaca o académico Henrique Monteagudo. "É unha achega singular dun erudito que foi quizais o primeiro especialista de referencia internacional en Afonso X e as Cantigas de Santa María. A súa tese, dedicada á Cantiga 103 e que veu a lume en 1936, foi a primeira en España sobre este cancioneiro", incide Monteagudo sobre o traballo de Filgueira Valverde. "O libro co gallo do Día das Letras Galegas de 1980 resulta de grande interese pola introdución e os comentarios que realiza sobre a problemática relación do monarca coa Galiza e coa peregrinación xacobea, da que Afonso X foi pouco entusiasta", resume, pois mesmo se falou do seu interese en facer propaganda contraria ao Camiño. |
NOS_26977 | O xerente anuncia que remitiron de novo ao xulgado tanto o informe do comité ético como o diagnóstico desta nena de 12 para a que os pais piden unha morte digna. | O Hospital Universitario de Compostela (CHUS) anunciou que remitirá ao xulgado toda a información sobre Andrea, a nena de 12 anos que padece unha enfermidade dexenerativa e irreversíbel e para a que os sdeus pais piden unha morte digna, para que sexan os xuíces quen decidan. Así o manifestou esta quinta feira Luis Verde, xerente do complexo hospitalario compostelán. Enviarán ao Xulagdo tanto o informe do comité de ética como todo o relativo ao diagnóstico da nena. Xa o fixeron en xullo, lembrou o xerente, mais vólveno facer agora, despois de que os pais de Andrea anunciasen esta cuarta feira que ían recorrer á xustiza para garantir unha morte digna para a súa filla. Andrea ten 12 anos e unha enfermidade neurodexenerativa irreversíbel con pronóstico firme. A súa saúde empeorou nos últimos meses, non tolera a alimentación artificial e padece unha "desnutrición calórico-proteica importante" Porén, malia contar un informe do comité de bioética do Hospital de Compostela favorábel, emitido o 14 de setembro, que lle permitiría unha morte digna, através da supresión dos soportes artificiais que a manteñen con vida pasándoa a tratamentos paliativos, o servizo de pediatría do CHUS négase a executalo. Apela a xerencia aos principios de bioética e asegura que está a actuar de acordo coa legalidade vixente, o que entra en conflito cos intereses da familia, convencida de que Andrea está a sufrir por mor das múltiples afeccións que a atinxen. Bispos Os bispos españois rexeitan a eutanasia no caso de Andrea, mais tamén apontaron a que a Igrexa non quer que haxa un "encarnizamento terapéutico", se ben si coidados paliativos. Así se pronunciou o secretario xeral e voceiro da Conferencia Episcopal Española (CEE), José María Gil Tamayo. Tamén se pronunciou sobre este caso o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que dixo que na vindeira lexislatura comprometíase a abrir un debate sobre a eutanasia e a aprobar unha lei que a regule, "se hai consenso". |
PRAZA_17259 | A presentación terá lugar este sábado ás 21 horas na Feira do Libro de Ourense. O autor estará acompañado por Belén Iglesias, concelleira de Cultura e David Cortizo, editor de Urco. | Este sábado, 2 de xuño ás 21 horas, na Feira do Libro de Ourense, o escritor e xornalista Alberto Ramos presenta A simetría das bestas, obra coa que vén de gañar o premio Risco de Creación Literaria. O autor estará acompañado por Belén Iglesias, concelleira de Cultura e David Cortizo, editor de Urco. O galardón, que organiza o Concello de Ourense, recoñeceu por segunda vez o autor compostelán (Ramos xa se fixera con este premio na edición de 2012 coa súa obra Todos os días), destacando o xurado que o libro concede "un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados" e subliñando que emprega "un coidado simbolismo", con personaxes "moi ben construídos" e un "moi bo manexo dos recursos narrativos". O xurado estivo composto por Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura de Ourense; David González Domínguez, da editorial Urco; Benigno Yáñez Pérez gañador da edición anterior; os profesores Constantino Pazos Sobrino e Antonio González Blanco, a escritora e crítica Ánxela Gracián e mais Mónica Fernández Valencia, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, a actuar como secretaria. Aquí pode escoitarse a entrevista que sobre a novela lle fixeron a Alberto Ramos no Diario Cultural da Radio Galega. |
NOS_50002 | De seguro que é unha obra moi axeitada para públicos moi novos, primeiros lectores e lectoras e preadolescentes, non só polo axeitado do formato, as cores, o guión e as composicións, que facilitan a lectura, senón tamén pola historia que é de entretidas trasnadas | Jorge Campos xa ten unha traxectoria ben interesante, ademais de variada, dende aquel primeiro experimental e certamente interesante Alter-nativo publicado en 2017 por Aira Editorial. Este ano lanza dúas novidades, por unha banda ven de publicar O destino de Kameko en colaboración con Abel Alves e por outra banda, presentou na pasada edición do festival Viñetas desde o Atlántico unha nova obra en solitario que vai dirixida a un público infantil e xuvenil e que está editada, desta volta, por Demo Editorial. As aventuras de Vani. Montaña / Jorge Campos / Demo Editorial / 2021 / 140 páxs. / 20 euros As aventuras de Vani. Montaña, ten varios puntos en común con aquela primeira obra, a natureza e un enfoque ecoloxista e, evidentemente, o estilo gráfico de Campos, moi persoal e definido. Neste novo libro o protagonista fai unha excursión pola montaña máis alta preto da súa aldea coa intención de chegar até o cumio, polo camiño irá atopando algunha fauna salvaxe que non está polo labor de facilitarlle a viaxe, e, polo tanto, cun bo número de dificultades que irá superando con máis sorte que pericia e con máis inconsciencia que prudencia. Campos ten un estilo gráfico moi atractivo, un trazo sinxelo e suave que o conecta coa liña clara tradicional da BD europea e que semella perfecto para un público novel. Tamén é moi destacábel no aspecto estético o manexo da cor, na que destaca unha paleta de cores suaves cun predominio evidente do verde e as súas tonalidades. O libro ten un pouco usual formato cadrado que se adapta ao deseño das páxinas feito polo autor que usa unha mancha cadrada que divide en catro viñetas practicamente durante toda a obra. De seguro que é unha obra moi axeitada para públicos moi novos, primeiros lectores e lectoras e preadolescentes, non só polo axeitado do formato, as cores, o guión e as composicións, que facilitan a lectura, senón tamén pola historia que é de entretidas trasnadas (ou imprudencias) e dun humor branco moi axeitado a idades temperás, tamén polos valores de respecto á natureza e pola indisimulada crítica a unha humanidade que pensa que o planeta é só seu. Un libro que semella moi axeitado para que pais e nais compartan un intre de lectura cos fillos e fillas e que debullen e expliquen polo miúdo os valores e as consecuencias das accións humanas na natureza. A intención do autor e do editor é que este tomo sexa o primeiro dunha serie de aventuras protagonizadas por Vani e abofé que sería unha boa nova que así fora. |
NOS_44139 | Tamara Andrés e Marcos Viso comparten a autoría de Distancias, un conxunto poético editado por Galaxia no que, a través dos versos da poeta e as ilustracións do artista, descubrimos unha historia íntima que apela a unha memoria sen melancolía, ás imaxes remarcadas do máis próximo nunha narración en verso no que importan desde a métrica até a colocación das palabras, o golpe da imaxe e o paso das páxinas. Falamos con eles arredor do seu proceso creativo, do seu traballo conxunto e de como concibe cadaquén a escrita e a ilustración, onde, sosteñen, cómpre repensar o papel actual da imaxe na literatura. | "No momento de facer este libro eu estaba a reler o texto d'O amante, de Marguerite Duras. Pregunteime: 'que faría eu se fose este autor ou autora?', é dicir, que contaría do meu pasado para reconstruílo e facer este poema. Rescatei moitos recordos", di Tamara Andrés (T.A.). Distancias consegue transmitir unha voz a través de dous xeitos de narrar, o ilustrado e o contado. O primeiro é algo no que, segundo Marcos Viso (M.V.), "cómpre pór o foco". As primeiras historias transmitíanse oralmente para ser apoiadas en soportes plásticos, de cores vivas que facían florecer a mensaxe. Falamos coas dúas autoras na imposta distancia en días como hoxe, a través do teléfono, nunha sorte de conversa a tres bandas onde agroma a proximidade. —Como chegaron a coincidir para facer este libro? T.A. Temos varios proxectos xuntas que están baixo o paraugas de "Cartas ás 12", onde traballamos Marcos e mais eu. A idea xorde del, contáctame cunha mensaxe pedíndome un texto, cunhas liñas xenéricas e el traballa a idea toda. M.V. Había tempo que quería facer un proxecto de álbum ilustrado, comezou coa "cadeira de Meira", unha instalación artística de Silvio Gago e Roberto Braña. Daquela tiven que deixar o proxecto. Gústame ilustrar elementos inanimados, son máis icónicos. Nun parón entre encargo e encargo retomei aquel simbolismo da primeira cadeira, coa intención de facer algo poético con esa imaxe. Contactei con Tamara e pedinlle que escribise algo. Foi fantástico, dinámico e áxil. —Sorprende esa creación conxunta, a ilustración non acompaña ao texto senón que as dúas forman un todo. T.A. Nisto tes que preguntarlle a Marcos sobre como pensa o papel da ilustración na literatura. M.V. [Ri] Falta moita alfabetización visual. Penso que igual que aprendemos a escribir, non a repetir símbolos, senón a morfoloxía, a sintaxe… Esa mesma aprendizaxe falta na imaxe. É absurdo porque estamos moi expostos a ela, algo atractivamente atroz. Todo son imaxes. —Na sociedade da imaxe aínda non lle damos a importancia debida? M.V. Penso que non se entende aínda moi ben o que é un libro ilustrado. Intentamos que na conxunción do texto e a imaxe as persoas lectoras atopen algo único, algo que non achegan illados o texto ou a ilustración. Creo que son ilustracións moi retóricas, icónicas, cun hipertexto grande, referente á comunicación visual. Detrás deses debuxos atópanse elipses, metáforas, até leis da Gestalt! Cando xorde unha creación así non se debería, penso, falar de autoras. Non hai unha autoría única, deixa de ter importancia o nome de cada unha para converter ese produto nun ente superior ás persoas que o crean. —Un modo de diálogo. M.V. Exacto, non podemos pensar nun libro así só co texto de Tamara ou só coas miñas ilustracións. Aquí non hai autora e ilustrador. As dúas, neste libro, somos unha única persoa. T.A. Eu traballo sempre da mesma maneira… Creo que si, vaia. Non sei como van ser procesadas na ilustración esas ideas, mais teño toda a liberdade do mundo, podo facer o que máis me libere e o que podo sacar de dentro. Sei que el lle vai dar unha voltiña máis. —Hai unha escena moi gráfica, a do rapaz abrindo a lata de atún, sangue enriba da herba… T.A. [Ri] Si. Creo que a mellor literatura, a que mellor podo dar, é a que fala de min e que no fondo está o eu. Aquí iso está e atópome orgullosa diso. Ese episodio pasou nunha excursión cando unha nai deixou ao cargo a un compañeiro de clase ao que a súa avoa lle dera para unha excursión unha lata de atún. Foramos a Vigo e teño a imaxe dese neno abrindo a conserva nun céspede inmenso, rebandando todo o dedo, sangrando e deixando o céspede cuberto de vermello. Teño esa imaxe na mente, non sei se exactamente foi así, mais é ese exercicio de realidade e imaxe. O pobre quedou chorando un bo anaco. —Xogades ambos con imaxes de moita forza. T.A. Hai tamén unha onda que me golpeou moitísimo… Aparecín bastante internada no mar, traguei unha chea de area… Todo é literal. A xente que escoita é a mesma que le. Son exercicios, ambos, de moita honestidade porque fan sentir. —Como din os versos: "Das excursións á praia / a onda que golpea en seco./ Por iso sei que a area non se dixire./ Incrústase nas entrañas". M.V. Gústame como escribe. É unha poética que está moi achegada ao que eu sinto. Contactamos Tamara e mais eu a través dun libro que ela estaba revisando para Kalandraka e eu ilustrara. Coincidía cunha etapa de crise creativa para min, desencantado co gremio. Ás veces poden ferir moito e o colectivo pode ser moi ingrato, compañeiras e editoras. Coñecémonos e chegamos a acordo de permitirnos facer o que nos gusta sen estar pendentes de estar etiquetadas, de publicar… Queremos crear por crear. —Como é o proceso de adaptación desas imaxes a este texto? M.V. Unha vez que teño o texto, neste caso cunha artista como Tamara, dunha humanidade e gratitude marabillosas, puiden "manipulalo": movelo, dividilo, cortalo… Até dividilo como quixen en páxinas, facer dese poema un libro. Unha vez que teño iso, deseño un xogo, unha diversión. Déixome levar e mesmo vou lonxe do texto. —Canto tempo pode levar? M.V. Isto depende moito do tempo e as circunstancias que tes. Antes de nacer a miña filla tiña tempo de sobra, cada ilustración levábame 18 horas. Xogas cos elementos do ordenador, coas ferramentas dixitais. T.A. Este texto escribino nun momento de tránsito. De facto, en case todo o que escribo hai tránsito, estou impulsada por unha necesidade de avaliar e procesar, de seguir camiñando. Hai unha necesidade de comprender algo e deixar cousas atrás para seguir. Isto Marcos compárteo sempre, facer as cousas creativas como elaboración e avaliación. —É un libro onde hai moitas características da obra de Tamara Andrés: a relación co corpo, a extensión del, repensar, refacer a memoria ollando cara ao presente… T.A. É ese diálogo con O Amante, de Duras, da que falamos, mais tamén un diálogo coa nena que fun, a Tamara dos cadros da casa dos meus pais ou da miña avoa, recordos e lembranzas, o que me contaron. Pregúntome: "Que pensaría ela de min se me vise agora?". Non recordo se tiña unha proxección de min mesma cando nena, creo que si, pero non sei cal era. Descoñezo se sería algo parecido ao que son agora. Estou ollando esa fotografía da nena e pregúntome cal foi todo ese proceso até agora. Alí está a memoria, eu cando penso. Até que punto o eu de nena non é unha narración? "A memoria tamén é unha ficción", di a frase, non? Teño lembranzas que non sei se son realidade ou non, e iso gústame porque é literatura. Penseino moito, todo se resume na palabra aprendizaxe, non tanto evolución. Teño moito máis claro agora o que quero contar, as historias. Nos diversos proxectos nos que participei fun atopando a miña voz, o camiño, foi nese proceso. Empecei un pouco probando, como o texto de "O Facho", aquel era moi intuitivo, sen chegar a un traballo fondo. Ese traballo inicial axudoume a comezar o camiño, a andar pouco a pouco, que sentido lles quero dar, como quero traballalos. —A ruptura da fronteira entre soño ou realidade. T.A. Exacto. E encántame. Tamén o que me contaron de nena, saber se era verdade ou non, é algo que imos descubrindo co tempo, na constante aprendizaxe. O exercicio foi parar, pensar como me fun construíndo a min mesma, como me construíron as outras, que recordos parten de fotografías e contos, até que punto son certas. O recordo está asociado á imaxe ou é un relato? —Hai unha relación coa infancia que dis, os primeiros camiños… Ese diálogo, no momento de creación, é unha grande constante. A relación coa crianza que hai dentro de nós. T.A. Quero pensar que gardo a esa nena dentro de min. Marcos e mais eu falamos de que a literatura é un espazo de experimentación e de xogo. Na vida adulta o xogo non ocupa unha parte principal do día a día. —É un xogo que está mesmo na propia edición do libro, que relembra ás obras infantís, ao coidado, unha técnica de imaxes en horizontal que o fai moi amábel, aínda que conte historias duras. T.A. É un libro que non deixa de sorprenderme. Cada vez que o abro a lectura é moi distinta. Nin o texto nin as imaxes son excesivamente concretas. Son sensitivas, abstractas. Marcos e eu estamos alí dentro, hai múltiples lecturas tamén para nós. Creo que todo o mundo pode sacar algo íntimo deste libro. M.V. O debuxo permite ao lector escribir a historia. Tento narrar mediante o acto físico, no paso das páxinas. Así como no cómic as transicións entre as viñetas é o espazo entre elas, no álbum ilustrado ese espazo é o cambio de folla, é o paso físico, é narrativa. Son moi impaciente, ante a necesidade de crear non podo deitarme sen rematar unha ilustración, deixando o debuxo a medias. Inicialmente empregaba moito a atmosfera, con cores, con climas, capas… Iso é o que fai, por exemplo, Xosé Cobas. Cando traballas con atmosfera as personaxes van en función dela, cando a quitas deixan de existir. Descubrín nesta obra que tiña que dar máis impacto aos elementos que había, xa sen atmosfera, polo que a figura ten que ser máis potente, o contraste máis duro. No libro hai un trazo moi inorgánico. Non é plano, hai tensión para o ollo. —Desta narrativa hai unha modernización nas maneiras de contar? T.A. O formato libro segue a ser o foco prioritario. As redes son un espazo de difusión, con iniciativas poéticas expresamente online, mais son secundarias. Hai artistas como Arancha Nogueira que están a ser moi activas nas redes, pero a súa produción principal, como a de todas e todos, é nos libros. É curioso que moitas veces a xente se convoca polo Facebook ou polo Instagram, non por notas de prensa. Hai moitísimos eventos e obradoiros arredor do libro, os institutos, actos da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega… Moita variedade. —Ambas sodes artistas multidisciplinares, xogades coas técnicas, cos soportes... T.A. Todo o que fago arredor do libro ten que ver coa voz poética, coa identidade. A miña identidade como poeta é arredor da poesía e do que fago, atopeima na escrita, no traballo textual e paratextual. O paratextual? Os obradoiros, o que escoito. Son organizadora de varias cousas, escoito moito e, sobre todo, moitas poéticas que me nutren e me conforman como autora. M.V. Desde Avións de papel, de Xavier Estévez, libro no que comecei a traballar coa técnica dixital, funme atopando a min mesmo. Foi un proceso de procura no que tamén foi moi importante Os días lebre, publicado en Kalandraka. Pero o punto de maior concreción foi tras unha crise onde, despois de chegar á conclusión de que isto da "arte" non nos vai sacar de pobre a ninguén, decidín que o único importante é o acto creativo de seu, crear e vivir ese acto fai que un se atope así mesmo, iso non ten prezo. É curioso pero deixar de pensar en ilustrar procurando publicar e gustar ás editoras fixo que me gustase moito máis a min mesmo. E non sei se é por iso, mais acabo de publicar dous libros: Distancias, en Galaxia, e O meu Baleiro, con Hércules de Ediciones. Tamén veño de recibir o encargo dunha editorial como Bookolia para un novo álbum ilustrado do que non podo adiantar nada. Marcos e mais eu falamos de que a literatura é un espazo de experimenta-ción e de xogo. Na vida adulta o xogo non ocupa unha parte principal do cotián —Sodes artistas interesadas pola literatura Infantil e Xuvenil. Estámoslle a dar unha relevancia merecida? T.A. Non, un non rotundo. Levo obradoiros de nenos de 8 a 12 anos. Noto moitísimo que nos grupos de maior idade hai menor capacidade de imaxinación. As primeiras crianzas son as que teñen na súa mente todas as posibilidades e fascinación, pero despois, conforme van medrando, iso vaise perdendo. Como sociedade dámoslle importancia á Literatura Infantil e Xuvenil? Non, non a priorizamos. A imaxinación e o xogo son algo sen importancia na vida adulta, iso é moi triste. Un exemplo: fixen un mesmo obradoiro poético nunha aula para crianzas e para profesorado. Coas segundas foi aburridísimo. Eran persoas adultas e a súa capacidade poética era nula. Deume moita mágoa, non foi así coas pequenas e pequenos. Hai moitos axentes que se esforzan, resisten e loitan. M.V. No eido da narrativa ilustrada penso que si, a día de hoxe dáselle moita importancia. Chega ás crianzas, no colexio, nas bibliotecas e nas casas. Pero que chegue, aínda sendo moi importante, non o é todo, non é? Recíbese moito e de todo. De todo en contidos e de todo en calidade. Sobre a calidade non vou dicir nada. Sobre os contidos… Igual non era necesario facer tanto. Ás veces, cando un se mete neses círculos nas redes sociais onde se aconsellan libros, acaba coa sensación de que a humanidade se ten que extinguir por forza. Semella que non queda esperanza para libros de literatura, e de literatura pola literatura. Semella que todo ten que vir contado, explicado, vomitado. Parece que nada pode quedar á interpretación das crianzas, sen reflexión, sen elipse... É como se á música lle quitases os silencios. É unha sensación un tanto frustrante. Gústame pensar que son un combatente do silencio. —Hoxe, estando na casa por mor da pandemia, xorden iniciativas como a que Tamara lanza estes días: poesía desde a casa gravada baixo o título "Miña poesía, meu lar". T.A. Hai xente que di que son "dinamizadora poética". Intento agrupar no que fago unha diversidade de voces, por exemplo, na Feira do Libro de Pontevedra do ano pasado fixen a acción Sabes o que queres. Escoita. Aquilo era unha especie de lista de reprodución musical con varias temáticas. Cada persoa elexía unha, por exemplo, unha playlist romántica, escoitabas entón poemas na voz de autores e autoras nesa liña. A xente poñía os cascos e escoitaba o que quixese. Iso axudoume a darme de conta da moita diversidade e variedade que hai na poesía galega contemporánea. Non debe ser algo individualista. Nestes días, vendo o que está a ocorrer co "quedo na casa", pensei que podiamos facer algo relacionado coa poesía, polo que creei a conta "Miña poesía, meu lar". Lanzamos unhas premisas e as autoras e autores van subindo o seu contido á conta, participamos todas e todos. —Desde "Cartas ás 12" que tedes para o futuro? T.A. Sempre hai algo, Marcos e eu somos cabezas en pensamento paralelo. Creamos unha especie de kit para o Salón do Libro de Pontevedra. Un "kit de supervivencia nun mundo de poetas". Que pasaría nun mundo sen poetas? Cun caderniño as crianzas podían desenvolver a súa creación. Marcos fixo as ilustracións para ese caderno, que acabou sendo unha especie de libro. Coas circunstancias actuais aínda non sabemos que facer. Estamos a traballar nalgo para o futuro, pero de momento non podemos dicir mais nada. Quero elaborar algo pensado exclusivamente para crianzas pequeniñas. M.V. Proxectos? Todos os que nos apetezan sempre e cando os dous, Cíes e Papá, teñan un espazo para contarse segredos ao ouvido e silencios para bailar. —Hai unha fermosa reviravolta final en Distancias que tamén implica, literalmente, darlle á volta ao libro: "Virar o rumbo pode ser un bo comezo". Estas distancias non son un exercicio de melancolía, nin de saudade de futuro, todo o contrario. T.A. Lémbrame moito a Irmá Paxaro (Cuarto de Inverno, 2019). Non hai nin nostalxia nin melancolía. A nostalxia colócanos nun presente no que non queremos estar porque preferimos o pasado, ese sentimento en xeral non me gusta porque lle restamos valor ao que estamos a vivir, o presente, cando a vida se trata de construír e ir aprendendo, podemos construír moito máis, ser positivas. Virar o rumbo pode ser un bo comezo. A literatura axúdanos a comprender. |
NOS_21737 | Dous protocolos distintos e un folleto en branco e negro. É o único material que recibiu o persoal do CHUAC desde o inicio da crise do ébola. | A Xunta de Persoal do CHUAC, da área sanitaria da Coruña, denuncia a descoordinación a respecto das medidas de protección do persoal para a protección polo contaxio do ébola. Desde o inicio da crise recibiron dous protocolos diferentes acompañados dun folleto en branco e negro con indicacións. "A camilla é a convencional, non a que se precisaría para trasladar unha persoa con ébola" A presidenta da Xunta do Persoal do CHUAC, María Seijo (CIG-Saúde), transmite a indignación do persoal diante da desatención da administración sanitaria desde o inicio da crise do ébola. "Convido a que veña a Conselleira de Sanidade e o propio Feijóo a poñer os traxes de protección tan só lendo os folletos en branco e negro que recibimos", denuncia. En setembro recibiron dous protocolos, un da Dirección Xeral de Saúde Pública e outro da Unidade de Medicina Preventiva, que indican os procedementos de retirada e colocación do traxe de protección individual, un dos momentos que están recoñecidos como máis delicado no contaxio da enfermidade. Os protocolos nin sequera coinciden. "É como se alguén tenta operar unha apendicite cun vídeo de youtube", compara María Seijo (CIG-Saúde). "En Urxencia e nos PACs só temos dous kits e unha fotocopia en branco e negro que chegaron por correo, pero nada mais", laméntase María Seijo, que bota en falta a información práctica e o entrenamento. "É como se alguén tenta operar unha apendicite cun vídeo de youtube", compara. En declaracións a Sermos Galiza, denuncia: "Temos pedida unha reunión coa xerencia desde a semana pasada e non recibimos aínda resposta . Por vez primeira hoxe reuniuse o comité do Hospital e a descoordinación é inmensa". Anota tamén que a respecto do 061 existen tamén graves deficiencias. "Teñen traxes diferentes que cumpren as normativas pero os problemas veñen á hora de trasladar o doente a Vigo. A ambulancia está preparada, pero non cumpriría as condicións de seguridade en estrada porque non se poderían usar os cintos e a camilla é a convencional, non a que se precisaría para trasladar unha persoa con ébola", explica. Esixen desde a Xunta de Persoal que se poñan a disposición dos profesionais de maneira urxente os cursos de adestramento e que se defina o protocolo. "Se aparece algún caso non estariamos preparados", conclúe. |
NOS_35631 | A coordinadora nacional de EU e deputada de En Marea-Podemos no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que lle gustaría que "o candidato de En Marea á presidencia da Xunta non fose de parte". | Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, Yolanda Díaz apuntou a respeito da candidatura que se artelle arredor de En Marea de cara ás eleccións galegas que gostaría de que o cabeza de lista "non fose de parte", é dicir, "que non sexa de Anova, nin de Podemos nin de IU". Yolanda Díaz, que se descartou como candidata, pechou tamén as portas aos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol. "Estou xogando outro rol, son unha muller seria, e creo que se unha persoa se presenta de alcalde debe de cumprir cos mandatos que se lle outorgan", apuntou. "Como Luís Villares hai moitos en Galiza" Sobre Beiras, afirmou que "é o mellor das nosas xentes, pero sei que hai moitísima xente con novos perfís que van operar neste proceso". Expuxo, a continuación, que o nome do maxistrado Luís Villares para encabezar a lista "sería estupendo, pero non tiven oportunidade de falar con el e non sei moi ben cal é a súa decisión". Como Luís Villares, engadiu, "hai moitos en Galiza". "O que temos que facer é poñelos enriba da mesa –os nomes de persoas que puidesen aspirar a encabezar a coligazón de En Marea- e tratalos con coidado, sen filtracións nin vella política", subliñou a coordinadora de EU. Aposta en repetir as listas de En Marea ao Congreso, alén "dalgún retoque" A respeito da experiencia de En Marea no Congreso, dixo non compartir "en absoluto" a sensación de Beiras de que faltou sintonía, "ademais el non está alí e nós si estamos alí. Fixemos un bo traballo, fixemos os deberes e como grupo con moitas carencias e precariedade, funcionamos ben". Neste contexto, apostou en repetir as listas de En Marea, alén "dalgún retoque". |
NOS_4941 | Suma 103 falecementos. | A morte de no mínimo de seis persoas nas últimas horas da terza feira nas áreas sanitarias de Vigo e Ourense eleva o balanzo de vítimas mortais en Galiza por riba das cen, até 103. As autoridades sanitarias informan que en hospitais galegos faleceron nas últimas horas seis persoas que estaban infectadas por coronavirus e que contaban todas elas con patoloxías previas. Trátase de dúas mulleres, de 70 e de 83 anos, e dous homes, de 83 e 69 anos, que estaban ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como dous homes de 86 e de 53 anos que estaban atendidos, respectivamente, no Hospital Universitario de Ourense e no Hospital Público de Verín. Con estas seis persoas, o balance global de vítimas elevaríase a 103. Pero fontes da administración autonómica informaron, ademais, que na residencia DomusVi de Aldán, en Cangas, rexistrouse un morto máis. Así, elévanse a cinco os falecementos producidos esta terza feira entre as persoas usuarias da residencia de Aldán. Desta forma, a residencia DomusVi de Aldán confirmouse como o principal foco de coronavirus nos centros xeriátricos galegos, con estes cinco falecementos, 108 casos activos e 17 traballadores infectados. Esta residencia é un dos dous centros privados intervidos pola Xunta (xunto co DomusVi do barrio vigués de Barreiro). A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización, esta terza feira, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol. |
NOS_1841 | O Festival de Poesía do Condado celebra a súa XXVI edición esta fin de semana, co lema "Capitalismo é um feito, revoluçom um direito". | Contra o modelo económico insustentábel, a revolución é a saída. E en Salvaterra, a revolución vén da man da palabra e da música: a vila acolle dúas xornadas música e reivindicación nas voces d@s poetas que participan nesta edición do Festival, a vixésimo sexta, que organiza a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado. Xa en anos anteriores, os temas centrais foran a revolta feminista, a reivindicación de servizos públicos universais, a defensa do territorio e da lingua, ou a xustiza histórica coa loita antifascista. Con poucos recursos pero con moita vontade, a sexta inicia o Festival coa apertura de exposicións de humor gráfico nas Covas de Dona Urraca e na Casa do Conde, ás sete e media da tarde, con obra de Xaquín Marín, Nachortas, Pepe Carreiro, Suso Sanmartín, Gonzalo Vilas, Luís Davila, Pestinho+1, Ruth Caramés, Sabela Arias, Kiko Dasilva, Manel Cráneo e Xosé Lois. Ás 20.15 proxectarase Doli, doli, doli... Coas conserveiras, o documental de Uqui Permui sobre as mulleres que no ano 89 se fecharon na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta contra o feche da conserveira. Ás dez e media é a Noite nas Minas, cun concerto da cantautora Sés e cea, con aforo limitado. A festa seguirá fóra, cun concerto do grupo O son da Triga. Ás 11.30, o grupo 'Nos Chaman' fará un pasarrúas pola vila, e a esa hora comezarán o campionato de billarda e a feira popular de colectivos e artesanía, pola zona das murallas. Á unha haberá unha mesa redonda na Casa do Conde (un debate con representantes sindicais para analizaren a situación económica, política e social), e a partir das cinco, obradoiros de xogos tradicionais. Ás 19.30, proxéctanse as curtas premiadas no veciño Festival de Cans, como todos os anos: Mr. Bear, de Andrés Rosende; Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey; O xigante, de Luís Matta e Julio Vanzeler; e O clube do brincador, de Luís Usón. Xa por volta das 21.00, comeza o festival poético-musical. As actrices Clara Gayo e Iria Pinheiro presentarán a Daniel Salgado, Xiana Arias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Aríns, Gonzalo Hermo, Silvia Penas e Claudio Rodríguez Fer. Polo medio, escoitarase a Cuchufellos, O Sonoro Maxín, Sacha na Horta ou Dios ke te Crew. |
NOS_19761 | A fenda entre o prezo medio que se paga o leite en Galiza e en Europa é determinante. En 2017 tiveron que fechar 463 granxas. | O diferencial de ingresos do sector lácteo galego en comparación coa media da Unión Europea é de case 89 millóns de euros en 2017. Unha cifra nada desdeñábel e que nos deixa ben clara a diferenza de prezo ao que se paga o leite ás granxas galegas e no resto do continente. O noso país ten 55% das granxas leiteiras do estado e produce 37% do leite, etando entre os dez principais territorios produtores de Europa. Son cálculos do Sindicato labrego Galego (SLG), que lembra que das 13.000 granxas en activo que traballaban na Galiza en marzo de 2011 até hoxe pecharon 4.600 explotacións leiteiras, é dicir, un terzo das que había daquela. Os dados publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) sobre o que foi o 2017 son clarificadores: Iniciamos o ano con 8.477 granxas e rematámolo con 8.014, o que supón 463 explotacións menos. En canto aos prezos, en Galiza comezou 2017 con 30 céntimos o litro de leite e rematouno con 32 céntimos de euro. "Trátase dunha suba insignificante se a vemos no contexto da Unión Europea e do resto do Estado, onde o prezo do leite, debido á escaseza de manteiga, disparouse, especialmente no último cuadrimestre. E a mellor mostra disto é que o prezo medio da Unión Europea pasou dos 33'5 céntimos de xaneiro a 37'8 en decembro", indican desde o SLG. "O diferencial que obtivemos alcanzou os 88.656.110 euros. É dicir, as nosas granxas deixaron de ingresar en 2017 case 90 millóns de euros por non cobrar un prezo acorde á media europea". |
NOS_21265 | O Consello Nacional do BNG fixo hoxe un chamado á participación da cidadanía e da militancia a participar nas eleccións primarias de Iniciativa pola Unión, plataforma da que participa a formación nacionalista de cara á configuración dunha candidatura galega ás eleccións xerais. | O Consello Nacional do BNG apela a unha participación masiva da cidadanía e da militancia nas eleccións primarias de IpU, tanto para elixir persoas candidatas como para se postular unha persoa como candidata a conformar a listaxe de unidade. Así o salientou o portavoz nacional, Xavier Vence, en declaracións aos medios, quen lembrou que o censo continúa aberto e quen puxo de manifesto que calquera pode candidatarse sempre e cando presente un total de 25 avais, tal e como recolle o regulamento aprobado no seo de IpU. Vence afirmou que a formación nacionalista "vai apoiar xente que é do BNG e xente que non é do BNG, que é independente, nun proceso que se formalizará coa presentación de candidaturas a partir da semana que vén". Así, cualificou o proceso de primarias como "dos máis participativos que se teñen ensaiado en ningún outro territorio". O proceso, explicou, "é absolutamente aberto á cidadanía, non se lle pide o carné a ninguén e calquera persoa que desexe pode participar". A candidatura "debe estar nutrida por persoas que sexan o fiel reflexo desa cidadanía rebelde, galega que aspira ao recoñecemento de Galiza como nación, e que quere participar para defender este país no Congreso na vindeira lexislatura en todas as dimensións", sinalou Vence ante os medios. "Non queremos sucedáneos" En relación ás declaracións de Íñigo Errejón no día de onte, Vence sinalou que "estamos coa mellor disposición até o último momento coas demais forzas políticas e plataformas que queiran compartir unha candidatura galega para ter grupo parlamentar propio, non con sucedáneos, non con mensaxes para constituír grupos parlamentarios para construír a unidade de España". |
PRAZA_17062 | ENTREVISTA Feliu Guillaumes, do PDeCAT, é o presidente da comisión de investigación política sobre o accidente do Alvia que vén de constituírse no Congreso. "É positivo que eu presida a comisión de Angrois porque non vou ter na cabeza os votos que poida gañar ou perder en Galicia", di. | 16 persoas á busca dun acordo sobre a responsabilidade política do accidente de Angrois "É positivo que eu presida a comisión de Angrois porque non vou ter na cabeza os votos que poida gañar ou perder en Galicia" Feliu Guillaumes (Camprodon, Xirona, 1962), deputado do PDeCAT, é finalmente a persoa de consenso elixida para presidir a comisión de investigación no Congreso do accidente do tren Alvia que o 24 de xullo de 2013 deixou 80 mortos e 144 feridos na curva de Angrois, ás portas de Santiago. Guillaumes, licenciado en Filosofía e Letras e funcionario do corpo superior da Generalitat, ten ampla experiencia tanto na política local como no Congreso. "É positivo que eu presida a comisión de Angrois porque non vou ter na cabeza os votos que poida gañar ou perder en Galicia", di. Que sabe vostede do accidente de Angrois? Naquel momento foi un gran impacto porque os accidentes de ferrocarril non son habituais, cun Alvia menos, pero o que impactou de verdade, de verdade, foi o número de vítimas mortais. No seu momento o que souben foi que era en Galicia, en Angrois, unha vila que ata daquela non coñecía, e que había 80 mortos. Foi un impacto. Non estaba afeito a que nun accidente ferroviario sucedese isto. Isto espéralo nun accidente de avión. Na subcomisión de mellora, non de investigación, do sistema ferroviario en xeral creada no Congreso tras o accidente, CiU, representada por Pere Macias, mostrouse crítica coa investigación oficial realizada por Fomento, que fixo responsable ao maquinista, e que logo foi invalidada pola UE. Falou con Macias? Falei con Pere. Foi practicamente a primeira chamada que fixen cando vin que me facían este encargo. Xa non só porque estivo na subcomisión senón porque os seus temas son os ferrocarrís. Dalgunha maneira sei a súa opinión respecto diso. E non sei se é posible, porque é unha cousa que se ten que decidir primeiro, que poida ser un dos comparecentes [na actual comisión de investigación]. As vítimas reclaman que o formato da comisión permita a reiteración de preguntas aos comparecentes e non que estes se limiten a realizar unha exposición. Que lle gusta máis a vostede e que capacidade ten de facilitalo? Hai que acordalo coa Mesa, pero efectivamente eu proporei unha exposición ao principio e logo o sistema de preguntas e respostas. "Un dos elementos que vai ter que guiar á comisión é a sensibilidade coas vítimas" Teme que ese formato de preguntas e respostas poida dar lugar a careos ou enfrontamentos entre deputados e comparecentes como estamos a ver noutras comisións? Teme o seu papel como moderador deses intercambios dialécticos? Non tanto porque se poida producir senón pola sensibilidade das vítimas e as familias das vítimas. Díxeno na miña primeira exposición como presidente, que é algo que me preocupa a sensibilidade cun tema detrás do cal hai moitos sentimentos que temos que tratar con delicadeza. É un dos elementos que vai ter que guiar á comisión. O presidente da plataforma de vítimas declaraba hai uns meses nunha entrevista con este diario que non se pode acusar de 80 mortes a José Blanco e Ana Pastor, ministros cando se inaugurou a liña e cando ocorreu o accidente, pero que ambos teñen que dar explicacións políticas. Que lle parece? Paréceme que é unha persoa que conserva a mente moi limpa a pesar do que tivo que pasar no hospital. Pois seguramente, efectivamente, o Estado, non consiste tanto en sinalar a unha persoa, aínda que ao final sempre hai unha persoa diante, senón unha responsabilidade do Estado mesmo. Dito isto, nese momento cada ministerio tiña o ministro que tiña. Creo que a reflexión é perfectamente válida sempre e cando se entenda en toda a súa extensión. "Serei flexible coa axenda dos altos cargos dentro dos límites da obriga de comparecer" Que Ana Pastor sexa agora presidenta do Congreso e probablemente sexa requirida para comparecer na comisión supón algún problema para o seu funcionamento? Non, en absoluto. O único, e tamén o dixen na miña primeira exposición como presidente da comisión, coa xente que neste momento teña unha axenda moi complicada, tentarei ser flexible dentro duns límites da obriga de comparecer. O único problema que vexo é este. Se é o caso, que non o sei, sería debidamente flexible coa xente que sexa. Nada máis. "É positivo que eu presida a comisión do Alvia porque non vou ter na cabeza os votos que poida gañar ou perder en Galicia" O conflito catalán e o enfrontamento que poida ter o PDeCAT con algúns partidos presentes na comisión pode influír no seu funcionamento? Neste caso creo que o feito de que o presidente sexa alguén dun partido que non se presente en Galicia, á marxe da ideoloxía, é máis ben unha vantaxe. A ideoloxía pode ser máis ou menos simpática para uns ou para outros, pero o feito de que me sexa indiferente, que en ningún momento vou ter na cabeza os votos que se poidan gañar ou perder en Galicia, como é o noso caso, só pode ser visto como algo positivo. "É difícil medir o exacto efecto do condicionamento político sobre o responsable directo da área" A causa xudicial está a poñer o foco na responsabilidade dos directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, Andrés Cortabitarte e Antonio Lanchares, por non habilitar medidas que evitasen ou paliasen o erro humano previsible que cometeu o maquinista do tren ao non frear a tempo antes da curva de Angrois. Os dous foron mantidos en cargos de libre designación e de máxima responsabilidade por PSOE e PP. Ata onde chega a responsabilidade de supervisión dun político sobre ese tipo de postos? Vostede mesmo tivo cargos executivos na administración local. É unha pregunta complexa. Estiven, a nivel municipal, nesa situación, e efectivamente ti tes unha responsabilidade última. E efectivamente ti marcas as políticas. Non a súa execución técnica pero ti marcas as políticas. Tamén é certo que canto máis técnico é o tema, menos descansa sobre o político e máis sobre as decisións do técnico, e pódese dicir que o político se limita ao que poderiamos chamar unha contrasinatura, un aval, pola limitación que ten canto aos seus coñecementos. É unha pregunta complexa e é moi distinto facelo en [áreas de xestión como] deporte ou cultura, a facelo en áreas súper técnicas como servizos urbanos. É difícil medir o exacto efecto do condicionamento político sobre o responsable directo da área. "A última impresión que me deron as vítimas é que estean politizadas, ao contrario" Cre que as vítimas están a ser manipuladas por algún partido, como acusou o PP? Reuninme un par de veces con eles e a verdade é que a sensación que me deron é toda a contraria. É unha xente moi profesional, no sentido de que teñen un enfoque, sen perder o elemento sentimental que sen dúbida aí está, teñen un enfoque moi técnico e moi frío. Moi obxectivo sobre o tema. Isto terao que xulgar a comisión, se os informes que eles teñen son correctos ou non, eu non son quen para xulgalos. Pero a última impresión que me deron é que estivesen politizados. Ao contrario. Hai risco de que a investigación política interfira na causa xudicial? Non. Creo que non. Que eu saiba non hai neste caso ningún elemento de segredo de sumario. Si que é verdade que se se pide documentación ao xulgado, pola mesma xestión da causa o xulgado pode negala polos motivos que sexa. Isto é así. Pero non parece o tipo de caso no que haxa este tipo de situacións. Pode suceder, pero non o parece. |
PRAZA_1005 | Precisamente os dous partidos emerxentes basean o seu crecemento nese debate, a corrupción é o seu alimento político e, na práctica, é o que lles dá todo o seu sentido | Por unha vez non imos andar con repasos históricos, sociolóxicos e demais, ao final todo se reduce a que tras corenta anos todo acabou en que Mariano Rajoy está na Presidencia do Goberno e o demais é marear a perdiz. Hai corenta anos Rajoy e un servidor estudabamos carreira universitaria no mesmo edificio, el na planta baixa e servidor na planta alta. Un movíase entre estudantes franquistas e outro nunha organización antifranquista, un gastaba zapatos "Apache" e loden verde e outras botas e anorak con carapucha. Non podo reprocharlle a Rajoy que non cambiase apenas desde entón pois tampouco eu cambiei moito e é que as persoas somos moi arquetípicas. Para min esas décadas, esa época histórica, resúmese en que Rajoy está agora na Moncloa e eu, pola miña banda, aquí estou en momentos libres escribíndolles estas filípicas sen que ninguén mo pida. O antifranquismo pretendía unha sociedade máis igualitaria e un estado non nacionalista onde tivesen encaixe as nacionalidades, ao meu modo de ver esas dúas tarefas fracasaron Adoitan dicirme que son pesimista, que queren que lles diga, pero é que non me custa nada lembrar o esencial: no momento fundacional desta época da historia española, o tránsito do Réxime de Franco ao da Constitución do 78, quen pretendían acabar co franquismo tiñan un modelo de España aberto, pero pretendían reformulala en dous sentidos, social e nacionalmente. O antifranquismo pretendía unha sociedade máis igualitaria e un estado non nacionalista onde tivesen encaixe as nacionalidades, ao meu modo de ver esas dúas tarefas fracasaron, ou ben se considera que seguen estando pendentes ou ben se dá por fracasado xa calquera proxecto colectivo español. As décadas de democracia baleira de ideal e chea de cinismo fabricaron unha sociedade sen nervio cívico e sen memoria. Esta é unha sociedade con graves males, pero carece de compás e só sabe falar do lixo Constato o evidente, aquela vontade de transformación con perspectiva histórica desvaneceuse absolutamente, as décadas de democracia baleira de ideal e chea de cinismo, "gato branco ou gato negro, o importante é que cace ratos", fabricaron unha sociedade sen nervio cívico e sen memoria. Esta é unha sociedade con graves males, pero carece de compás e só sabe falar do lixo. Supoño que o lixo que creamos tamén é necesario e, desde logo, ten o seu lugar dentro da civilización industrial e a economía capitalista, a reciclaxe do lixo é industria e é negocio. O lixo que xera a política é a tan traída e levada corrupción e a política industrial xera toneladas de corrupción. Os vertedoiros da política, que estaban en lugares apartados fóra da nosa vista, foron crecendo tanto que ao final todos soubemos de montañas de corrupción que asoman nas noticias. Corrupción e máis corrupción, xa só vemos e falamos dese lixo. Pero lembremos que o lixo tamén é un negocio ao que lle sacan partido os listos: os poderosos saben como reciclar a corrupción e sacarlle partido político. Ao final, os poderes dominantes conseguiron instaurar unha estratexia política que é a dominante, xa non se fala da dimensión social e nacional e só se fala de "corrupción". O debate político español é "corrupción, si; corrupción, non". Precisamente os dous partidos emerxentes basean o seu crecemento nese debate, a corrupción é o seu alimento político e, na práctica, é o que lles dá todo o seu sentido Precisamente os dous partidos emerxentes basean o seu crecemento nese debate, a corrupción é o seu alimento político e, na práctica, é o que lles dá todo o seu sentido. Unha parte do electorado parece que os considera un recambio posible á dereita e a esquerda anteriormente existente. Desde logo envellecidas e caducas. O éxito inicial deses intrusos na política débese en boa parte ao fracaso dos establecidos. Tanto Ciudadanos como Podemos, coas súas visións escoradas cara ao centro dereita e cara ao centro esquerda respectivamente, o que están a ofrecerlle á sociedade española é unha política sen corrupción. A súa oferta é que o Estado funcione ben, que as institucións existentes lle aseguren á cidadanía as garantías democráticas desta Constitución. Ofrecen, en suma, a rexeneración do que hai. E, parecer ser, esa visión das cousas ten moito éxito, dun modo particular entre unha nova xeración que nace á política. A actualización da dereita e da esquerda mesmo ten un aspecto de xeración biolóxica, pódese dicir que os xubilados votan ao PP e que os seus fillos parecen dispostos a votar a Ciudadanos. Particularmente penso distinto, sigo crendo que a política contra as inxustizas debe ser radical, no sentido de comprender a raíz dos problemas Particularmente penso distinto, sigo crendo que a política contra as inxustizas debe ser radical, no sentido de comprender a raíz dos problemas. A corrupción é un problema en si mesmo e é necesario que a xulguen os tribunais, algo diso conseguiuse, pero o decisivo é que os políticos corruptos serven a unha verdadeira mafia empresarial que nos está devorando. Creo que son necesarias as estratexias históricas e que o mero tacticismo é aceptable para os verdadeiros poderes e non tarda en mostrarse como parte do xogo dos poderes instituídos. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.