ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_17574
Os seis países fundadores da UE instaron este sábado o Reino Unido a abandonar "o máis rapidamente posíbel" o bloco comunitario.
O ministro de Relacións Exteriores alemán, Frank Walter Steinmeier erixiuse na mañá do sábado en portavoz dos seis países fundadores da UE –Alemaña, Francia, Holanda, Italia, Bélxica e Luxemburgo- para lle pedir ao Reino Unido que encete "o máis rapidamente posíbel" a súa saída da UE após o referendo da quinta feira. Neste primeiro encontro entre xefes diplomáticos de seis países após a decisión do pobo británico, Steinmeier sinalou que a UE tratará agora de avaliar o estado das sociedades logo do "shock do Brexit". Así, o alemán instou os 27 a "non caer na histeria, na depresión ou na inacción" e emprazounos a se prepararen para "defenderen" e "reforzaren" Europa. Os temas prioritarios, salientou, son a crise de refuxiadas –asunto que, curiosamente, está a suscitar denunciar por parte da comunidade internacional logo do polémico acordo entre a UE e Turquía, a crise do emprego no sur da UE e a seguridade. Nos próximos días terán lugar encontros entre os países que forman parte da UE arredor do Brexit.
NOS_51456
Jorge del Cura leva corenta anos investigando e denunciando os casos de torturas e represión por parte dos aparatos do Estado. Pola súa labor vén de recibir o Premio Nacional dos Dereitos Humanos. Sermos Galiza conversa con él sobre a situación das prisións na Galiza e da radicalización do discurso punitivista.
Jorge del Cura é funcionario da Xustiza. Desde finais da década dos 70 traballa e colabora con asociacións e colectivos que denuncian as torturas e a represión no Estado español. Esta sexta feira del Cura participou canda Elvira Souto na charla "O Estado das prisións na Galiza". Nunha conversa con Sermos Galiza del Cura adiantou algúns dos datos que compartirá nas charlas na Galiza. "En 2018 rexistráronse seis queixas por torturas na Galiza, e ao longo deste ano faleceron doce persoas nos cárceres", denuncia. Continúa a ligarse a tortura aos danos físicos, á violencia física? A idea da tortura remite un bocado á Inquisición, persoas torturadas con golpes, coas unllas arrancadas. Hoxe continúanse exercer ese tipo de prácticas, mais nos Estados occidentais son máis comúns as prácticas de tortura psicolóxica. Esta está enfocada a destruír a personalidade da vítima, a través dunha dor que esta non pode entender, diminuíndo a súa capacidade física e mental. Conséguese o obxectivo, que son xerar terror, as autoinculpacións ou culpas a terceiras persoas para manter a roda represiva e sen deixar pegadas. Como muda o emprego da tortura a partir e ao longo da Transición? Pensamos que coa Transición remataríase coa tortura, pero non foi así. No Franquismo a tortura era sistemática no campo da loita contra os movementos sindicais, sociais e políticos, tamén no caso de presos sociais. Logo, na primeira metade dos 80, os niveis de tortura foron tamén altísimos, mais coa chegada de novos xuíces ou a organización de movementos sociais diminuíron. Hoxe mantéñense de xeito sistemático, con picos cara sectores e momentos concretos, por exemplo no caso da loita antiterrorista, na que as Autoridades amparan a violencia. Mesmo se, afortunadamente, a loita armada é case inexistente. Con todo, o Código Penal recolle delitos como o enaltecemento do terrorismo ou o apoio a bandas armadas. O concepto do terrorismo estendeuse dunha forma brutal. Hoxe calquera persoa que manteña unha posición disidente contra a política oficial pode ser cualificada de terrorista, ou de cómplice, defensor, etc. Calquera persoa cunha posición disidente pode ser cualificada de terrorista, sinala del Cura Na Galiza, a Fiscalía da Audiencia Nacional vén de solicitar penas de entre 4 e 12 anos para doce activistas independentistas e dun colectivo antirrepresivo. Os de Ceivar ou Causa Galiza son casos nesa liña, si. Tamén hai pouco tempo máis de corenta persoas foron condenadas por pertenza a banda armada por traballar a prol dos dereitos humanos en prisións. O Estado español emprega o concepto "terrorismo" segundo lle interesa, isto é perigosísimo. Cada vez que se quere perseguir a un colectivo ou movemento o máis doado é cualificalos de terroristas. No caso concreto do Estado español o Relator contra a Tortura ou o Relator na Defensa dos Dereitos Humanos teñen amosado a súa preocupación por esa ampliación do concepto do terrorismo, que xera indefensión nas persoas acusadas. Paralelamente asistimos un ascenso e visibilización do discurso de odio e punitivista das forzas de ultradereita e da dereita, que piden endurecementos do Código Penal. Da reaparición dese populismo punitivo, cada vez máis estendido, tamén hai que botar a culpa á "sociedade progresista". O caso concreto de Vox, que solicita abertamente a cadea perpetua, ou incluso nalgunha manifestación ten levado pancartas pedindo a pena de morte, é un caso extremo. Mais practicamente case todos os movementos sociais caeron na trampa de pedir máis penas de cárcere, máis sancións. Da reaparición do populismo punitivo tamén hai que culpar á sociedade progresista, denuncia del Cura Unha parte dos feminismos, por exemplo. Hai sectores feministas que rexeitan esa práctica, pero a nivel xeneralizado o punitivismo é máis común, tamén o máis potenciado nos medios comunicación. Pero tamén se observa nos movementos animalistas. Hoxe a primeira saída a calquera problema social ou político é máis Código Penal, máis policía, máis cárcere, iso evidentemente é un erro. O Código Penal nunca volverá nada, sempre se volverá contra os dereitos humanos e normalizará esas prácticas. Alén de aceptar que nos medios de comunicación alguén exprese o desexo de que alguén podreza en prisión. Iso é apoloxía da tortura. Os medios seguen a deshumanizar ás persoas presas? É unha situación que se realimenta a si mesma. As persoas, que poden ser autoras de delitos terríbeis, son presentadas como monstros, como "Hannibal Lecters". Negámoslle a condición de seres humanos, e se xa non son seres humanos non hai por que respectar os seus dereitos. Vémolo no caso de terroristas, aos que se lle negan dereitos fundamentais. Os Dereitos Humanos pertencen a todas, non só as persoas "boas". Ese discurso non se dá só nos medios, senón tamén nas series de televisión ou nas películas policiais, nas que se xustifica a tortura. Que dificultades sofren as vítimas á hora de denunciar a tortura? Por parte das vítimas as dificultades son moitas. Hai moito medo, sobre todo en caso de persoas que sofren presión, que saben que están en poder do corpo de prisións e que esa denuncia pode ter consecuencias, como a contradenuncia ou a revisión do grao da pena. No caso das persoas sen documentación pode significar a expulsión do país; no das autoras de pequenos delitos, que carecen doutra forma de vida, o empeoramento do trato se as volven deter. Por outra parte as vítimas desconfían totalmente das institucións xurídica pois a Fiscalía, polo xeral, brilla pola súa ausencia. Mesmo os xuíces que tratan de investigar a tortura atopan moitas veces falta de colaboración. Pero tamén desconfían das organizacións sociais, que non soubemos darlles un acompañamento adecuado. E, por último, os medios á súa disposición son escasos, con avogados que traballan de xeito altruísta, asumindo os custos.
NOS_57773
As vacinas revolucionaron a loita contra a Covid. Mais nas últimas semanas tamén deixaron o rastro duns poucos casos raros de tromboses entre persoas inoculadas con AstraZeneca e Janssen. Nós Diario conversa con Beatriz Pombo, membro do servizo de Medicina Interna do HULA, sobre os resultados da farmacovixilancia.
A aparición de casos inusuais de coágulos de sangue en persoas acabadas de vacinar con AstraZeneca, en Europa, e Janssen, nos EUA, acaparou a atención da ciencia e da poboación nas últimas semanas. Por que se fala tanto destes eventos adversos? Primeiro, porque os coñecemos. E sabemos deles porque temos un sistema de farmacovixilancia que permite a notificación das reaccións adversas de todos os medicamentos autorizados. Cando se aproba un ensaio clínico, notifícanse todos os efectos adversos dos pacientes que participan no estudo, que non representan a poboación real. Polo tanto, unha vez admitido un medicamento, actívase o sistema de farmacovixilancia para dar conta de reaccións desfavorábeis que aparecen cando se empeza a utilizar a grande escala, no caso das vacinas contra a Covid, en millóns de persoas ao mesmo tempo. Pero isto ocorre con todos os fármacos. A penicilina, que salvou moitísimas vidas, ten efectos adversos graves. Os anticoagulantes, os antibióticos, os anticonceptivos, a aspirina... Ningún produto é inocuo, pero hai que darlle tempo á ciencia para saber da importancia de cada acontecemento na súa xusta medida. A farmacovixilancia funciona. E as vacinas? As autoridades reguladoras seguen a destacar o seu beneficio fronte o virus. Nin a vacina de AstraZeneca nin a de Johnson & Johnson nin ningunha outra aumentan o risco de eventos trombóticos a nivel global, porque a poboación vacinada non rexistra máis episodios que a poboación non vacinada. É verdade que, con millóns de persoas inoculadas, detectáronse uns casos raros de trombose que tiñan unha relación temporal coa administración da vacina, coa que poden ter, ademais, unha relación causal. Pero nunha porcentaxe moi baixa, que non invalida o beneficio neto da vacina, que é altísimo. Eu diría que a vacina de AstraZeneneca prevén as tromboses, como as outras, porque a Covid é unha enfermidade que nun 10% necesita hospitalización, que ten máis de 2% de mortalidade e que, nos pacientes hospitalizados, até 20% teñen tromboses, unha complicación que agrava a súa evolución e incrementa o risco de disfunción multiorgánica. Polo tanto, se as vacinas logran diminuír o risco de enfermidade sintomática, hospitalización e morte por coronavirus a nivel global, teñen un efecto positivo, por iso as axencias reguladoras din que o beneficio é favorábel e que se debe seguir vacinando. En que consisten os casos raros de tromboses detectados? Non son tromboses habituais. Danse en localizacións inusuais, no cerebro e no abdome, e algunhas en localizacións típicas, pernas ou pulmóns, case sempre acompañadas dunha alteración analítica: a baixada de plaquetas. Por que ocorre isto? O mecanismo inmunolóxico que hai detrás aínda non se coñece. Estase investigando. Mais está confirmado que se trata de tromboses progresivas, en localizacións inusuais, ás veces en territorio venoso e ás veces arterial, e que pode dar lugar a un fenómeno clínico moi grave denominado coagulación intravascular diseminada. É moi importante que o saibamos recoñecer a tempo porque ten un tratamento específico, e canto antes o diagnostiquemos antes cambiaremos o prognóstico dos pacientes. Que síntomas deben alertar a poboación vacinada? Os síntomas aparecen a partir do cuarto día tras a administración da vacina até dúas ou tres semanas despois. Unha trombose a nivel cerebral pode presentar unha cefalea intensa, unha dor de cabeza rebelde ao tratamento, que empeora se nos deitamos, máis forte a primeira hora da mañá, que pode vir acompañada de visión borrosa, dificultade para camiñar, confusión, falta de sensibilidade. Se se manifesta a nivel abdominal teríamos un cadro dixestivo con dor abdominal, vómitos, náuseas. No caso dunha embolia pulmonar teríamos dificultade respiratoria, dor no peito. E se fose unha trombose na perna, dor e inchazón. A maiores hai que reparar en posíbeis hemorraxias ou sangrados, manchas na pel, hematomas. En todos os casos habería que acudir ao médico para facer probas analíticas e comprobar as plaquetas mais confirmar mediante probas de imaxe a localización do trombo onde temos a sospeita. E a quen lle pode pasar? Os estudos non permiten identificar unha poboación de risco específica. A maioría dos casos déronse en mulleres novas, menores de 58 anos, e sas, sen antecedentes de interese. Pero non sabemos aínda se se debe a unha predisposición a estes eventos adversos ou se se produciron porque se vacinaron máis mulleres que homes. Estamos ante unha reacción anómala que non afecta a quen xa sufriu tromboses. Máxima confianza nas evidencias científicas Na comunidade médica "hai moita curiosidade porque se aclaren os mecanismos inmunolóxicos exactos que provocan estes eventos adversos graves e inusuais para poder identificar mellor os grupos de risco e recomendar a vacina máis acaída". A inoculación debe seguir adiante, recalca Beatriz Pombo. As vacinas son beneficiosas. A farmacovixilancia vai seguir actuando e "nós temos que estar alerta para diagnosticar axiña e contribuír a unha evolución clínica máis favorábel". "Todos os casos están a ser rexistrados. Tamén en España, onde hai casos relacionados coa vacina de Pfizer, de Moderna; aínda que os casos raros apuntan só as vacinas baseadas en vectores de adenovirus", sinala Pombo, quen reivindica "a máxima confianza na ciencia" fronte ao discurso de voces non cualificadas. "A información ten que estar avalada cientificamente e correspóndelle aos expertos".
NOS_49259
Se callar, o interesante deste último traballo de Nelson Pereira vén dado polo uso dos textos como un instrumento máis
Se callar, o interesante deste último traballo de Nelson Cascais vén dado polo uso dos textos como un instrumento máis: non se trata dun recitado acompañado de música, nin dunha peza de spoken word que integre a música (aínda que hai ecos deste xénero ao longo de todo o disco), senón de imbricar os textos da escritora inglesa en composicións que dialogan co sentimento de perda que percorre toda a obra poética de Emily Brontë. A modernidade avant la lettre dos versos da autora cobran unha nova vida no diálogo coa banda composta por Cláudio Alves (declamador) Ricardo Toscano (saxos) Eduardo Cardinho (Vibráfono), Oscar Marcelino da Graça (piano) e João Lopes Pereira (batería) que acompañan ao contrabaixista. O refinamento das composicións engade un lirismo melancólico aos xa taciturnos versos de Brontë, deixando no ouvinte un regusto de tristeza e nostalxia que salientan unha beleza desesperada. Cada unha das pezas crea unha atmosfera propia na que música e poesía se encontran no fío do sentimento, sen que esa concesión ao sensíbel deixe de lado o rigor na construción musical. En "The night is darkening round me", por exemplo, a peza que abre o disco, os torturados versos da autora (Clouds beyond clouds above me / Wastes beyond wastes below / But nothing drear can move me / I will not, cannot go) son apoiados por unha sólida estrutura percutiva creada pola batería e o vibráfono mentres que o saxo e o piano recrean un motivo que ampara e potencia que emana das palabras. O disco vai alternando composicións de corte máis camerístico con pezas onde o conxunto crea unha densidade máis coral e dialóxica: "Ellis Bell" pode ser un paradigma deses momentos en que, arredor dunha segura e firme liña de contrabaixo, os músicos van creando unha conversa que vai gañando en intensidade até desembocar nunha celebración colectiva que atopa o seu cénit nas palabras de Brontë. Hai tamén baladas que deixan paso a momentos de sosego: "Intimations of Mortality" transpórtanos a ambientes "clásicos" máis aveludados e próximos ao jazz de club sofisticado, mentres que "All Hushed And Still Within The House" achégase ao pop mundano e elegante con fondos de sintetizador que lembran aos arranxos da bossa nova da década de 1960. O lirismo desborda en temas como "Fall, Leaves, Fall" ou "Gondal" grazas á expresividade elexíaca do piano de Graça, apoiada na exuberancia da batería de Pereira, que dota de matices todo ese acervo melancólico sobre o que o decisivo saxo de Toscano marca momentos de exaltación e vehemencia. O disco remata con "She Dried Her Tears", un resumo melódico desa tristeza (They could not guess, at midnight lone / How she would weep the time away) que percorre un traballo arriscado e desafiante que constitúe un delicioso reto lírico e musical. Remembrance: The Poetry of Emily Brontë Nelson Cascais / Robalo / 2021 /Dez pezas / 10 euros
PRAZA_1395
Son tempos para os bos e, sobre todo, os xenerosos, porque veñen tempos onde calquera personalismo, calquera xenreira persoal, calquera agravio pasado, debe ficar fóra antes de entrar a onde se procure artellar esa unión que a patria necesita
Os bos e xenerosos a nosa voz entenden Son tempos para os bos e, sobre todo, os xenerosos, porque veñen tempos onde calquera personalismo, calquera xenreira persoal, calquera agravio pasado, debe ficar fóra antes de entrar a onde se procure artellar esa unión que a patria necesita Son tempos para os bos e, sobre todo, os xenerosos, porque veñen tempos onde calquera personalismo, calquera xenreira persoal, calquera agravio pasado, debe ficar fóra antes de entrar a onde se procure artellar esa unión que a patria necesita. É o tempo d@s patriotas, daqueles homes e mulleres que son quen de erguer a ollada máis aló dos seus propios pés e pousala no destino que temos que lle ofrecer á Nación. Tómese todo o anterior como exergo, como eco dunha voz que a moitos lles soará antiga, mesmo xa pasada ou, non o descarto, resesa. Así que abandono ese ton e deixareino só como a referencia que se fai no comezo do discurso que se pretende deitar sobre o papel. Así as cousas debo dicir que é o momento dun novo camiño para acadar para Galicia un novo tempo de significancia histórica. Cando xa todos as sendas vellas están choídas polo fracaso e atrancados polos cadáveres, hai que abrir novos vieiros por lugares por onde nunca se camiñara e botar a andalos con pés novos. Necesitamos a unión e necesitamos a renovación das persoas que van diante abrindo o camiño. A historia cuspirá sobre a memoria dos que permitan que esta última oportunidade se malogre, os seus nomes, ás súas exemplares traxectorias vitais haberán ficar lixadas por seren protagonistas doutra frustración. Haberán entrar a falaren espidos de vellos agravios e dispostos a acadar esa unión que esiximos. Deben convencerse que saír sen lograr esa unión é unha labazada na face da Nación Para isto tres cousas ben simples son necesarias. A primeira é que partidos e movementos cívicos, quer nacionalistas quer galeguistas deberán sentar a construír unha unión necesaria, de emerxencia nacional que leve ás próximas eleccións xerais unha candidatura de persoas limpas que porten as arelas de que esta Nación que nos acolle, estea xustamente representada nun próximo parlamento español que haberá de deseñar a nova forma organizativa do estado. A segunda é que se presenten no caso sabendo ler a vontade das galegas e galegos que, un día si e outro tamén, reclamamos esa unión e que todos os días sentimos a frustración da desunión, da fragmentación e da redución do noso poder de acción. Haberán de se presentar limpos de condicións previas, calquea condicionante posto antes d sentar só revela falta de vontade. Haberán entrar a falaren espidos de vellos agravios e dispostos a acadar esa unión que esiximos. Deben convencerse que saír sen lograr esa unión é unha labazada na face da Nación. É ás persoas que haberán de vivir a Galicia dos anos corenta e cincuenta deste século ás que lles corresponde dar o pulo necesario para que esta unión se produza A terceira é a da remuda. É ás persoas que haberán de vivir a Galicia dos anos corenta e cincuenta deste século ás que lles corresponde dar o pulo necesario para que esta unión se produza. É tempo de tomaren o leme, porque os que acabamos de coller a folla amarela que traían os librillos de papel de fumar e que anunciaba que xa só quedaban cinco papeis máis, haberemos de nos arredar do medio do camiño. É absurdo que, os que pouco nos queda, teñamos a arrogancia de querer protagonizar o futuro aa Galicia na que van vivir os nosos fillos e os nosos netos. A elas e eles lles corresponde este labor de construír a unión de galegas e galegos nun proxecto de supervivencia.
PRAZA_1988
O Goberno local, que levará a pleno a derrogación da taxa de saneamento o vindeiro 17 de setembro, atopa fortes resistencias da empresa do Grupo ACS aos intentos de fiscalización. Urbaser, que ocultou unha visita de Augas de Galicia á depuradora, bloquea o cese do xerente
Parece que hai moito que depurar na xestión realizada por Socamex-Urbaser en Emafesa, a empresa mixta de Augas de Ferrol. O Goberno Local anunciou este martes que de forma "inminente" levará a cabo "unha auditoría independente, técnica e económica" para determinar as posibles responsabilidades penais do socio privado nas graves irregularidades destapadas na xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cabo Prioriño. O obxectivo é recadar toda a documentación necesaria para elevar a denuncia ante a Fiscalía para que esta determine se dos feitos se desprende algún delito ambiental, económico ou de dereito público. O Goberno Local anuncia que de forma "inminente" levará a cabo "unha auditoría independente, técnica e económica" para determinar as posibles responsabilidades penais do socio privado O goberno quere examinar "moi polo miúdo" as contas económicas de Emafesa e tamén a xestión técnica e urbanística que vén facendo na EDAR de Cabo Prioriño desde que a anterior corporación, do Partido Popular, aprobou a encomenda de xestión a Emafesa, en maio do 2014. Jorge Suárez fixo este anuncio ao remate do Consello de Administración da empresa mixta, no que participou acompañado de tres edís. A xuntanza permitiu comprobar unha vez máis a actitude de resistencia de Urbaser (empresa do Grupo ACS, de Florentino Pérez) aos intentos de investigación e fiscalización da xestión realizada nos últimos meses e que se atopa baixo a sospeita de graves irregularidades. Os representantes públicos levaron a este consello de administración unha proposta de cese actual xerente de Emafesa, unha destitución "mais que necesaria", para Jorge Suárez, tendo en conta as irregularidades detectadas. Porén, Urbaser fixo valer a súa capacidade de bloqueo na votación. O Consello de Administración está formado por catro representantes do Concello e outros catro da empresa privada e, de acordo aos estatutos da sociedade, é necesaria unha maioría de dous votos para a toma de decisións. "Este Goberno non está disposto a tragar con este tipo de prácticas onde parece que o público queda nun segundo plano", denunciou Suárez "O convenio con Emafesa arrastra un defecto de forma desde a súa constitución, no ano 99. Non ten moito sentido que ocorra isto nunha empresa que é pública ao 51%. Este Goberno non está disposto a tragar con este tipo de prácticas onde parece que o público queda nun segundo plano e se deixa todo en mans desta empresa", denunciou Suárez. "Á vista das diferenzas insalvables" con Urbaser, o Concello de Ferrol propón un modelo de xestión colexiado integrado por dúas persoas cualificadas -técnicos nomeados polas dúas partes- e fixando métodos de control mutuo. "A ocultación de información é constante por parte de Emafesa e da Xunta", denunciou Sestayo A resistencia da parte privada de Emafesa ao labor de control e fiscalización que quere exercer o poder público quedou tamén á vista ao descubrirse que a xerencia lle ocultara ao Goberno municipal que Augas de Galicia realizara unha inspección técnica á EDAR de Prioriño o día 1 de setembro, na véspera do Consello de Administración celebrado o día 2. Esta, ademais, foi a primeira inspección que a Xunta de Galicia realizou na EDAR nos seus 12 meses de actividade. "A ocultación de información é constante por parte de Emafesa e da Xunta", denunciou a tenente de alcaldía, Beatriz Sestayo. "Tampouco hai ningunha información por parte da Confederación Hidrográfica nin do Ministerio sobre os informes que aparecen publicados", engadiu. Fin da encomenda a Emafesa O Goberno local de Ferrol reclamou así mesmo a ruptura da encomenda de xestión pública feita a Emafesa (aprobada en pleno o 29 de maio do 2014 pola anterior corporación local) para a explotación, mantemento e conservación da condución das augas, depuración e verquido, asi como a impugnación do convenio entre o Concello de Ferrol e o ente autonómico Augas de Galicia, que foi quen recepcionou as obras incompletas da EDAR de cabo Prioriño de mans da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Suárez esixiu da Xunta e do anterior goberno ferrolán "unha explicación a toda a cidadanía" sobre as "présas" que tiveron "pola sinatura destes convenios cando estaban certos de que a depuradora non se podía utilizar A EDAR de Prioriño, a carón do porto exterior de Caneliñas, presenta deficiencias estruturais -de gran reparación- que foron cuantificadas en 550.000 euros polo socio privado de Emafesa e dos que o Goberno ferrolá responsabiliza a Augas de Galicia. Jorge Suárez esixiu da Xunta e do anterior goberno ferrolán "unha explicación a toda a cidadanía" sobre as "présas" que tiveron "pola sinatura destes convenios cando estaban certos de que a depuradora non se podía utilizar na situación na que foi entregada". Derrogación da taxa de saneamento O Concello de Ferrol levará ao pleno municipal extraordinario do xoves 17 de setembro unha proposta para derrogar a polémica taxa de depuración, que a anterior corporación comezara a cobrar a finais do pasado ano Por outra banda, e como xa anunciara o luns trala Xunta de Goberno, o Concello de Ferrol levará ao pleno municipal extraordinario do xoves 17 de setembro unha proposta para derrogar a polémica taxa de depuración, que a anterior corporación comezara a cobrar a finais do pasado ano. Este tributo foi cobrado de forma indebida pois, como a mesma empresa acabou recoñecendo nas últimas semanas, en ningún momento se levou a cabo a pretendida depuración que xustificaba o cobro desta taxa. Os veciños e veciñas de Ferrol víronse obrigados a pagar ao redor de 70 euros por un servizo que non recibiron, e que lle reportou a Emafesa uns ingresos de case un millón de euros cada catro meses. O Goberno local esixiralle ao socio privado da empresa de augas que lles reintegre aos veciños e veciñas o importe da taxa que xa foi cobrado, ben coa devolución directa aos abonados ou ben, pola vía da compensación nos vindeiros recibos, de acordo ao consello dos servizos xurídicos do Concello de Ferrol.
NOS_54805
A CIG denuncia este "derroche" mentres o departamento recorta nos servizos públicos. O sindicato pregunta a Feijóo onde fica a súa promesa de 'reducir nun 30% o persoal de confianza d@s conselleir@s.
A Sección Sindical da CIG en Traballo e Benestar da Coruña vén de denunciar ante o presidente da Xunta o que cualifica de "malgasto e derroche" derivado do "esaxerado número de asesores ao servizo exclusivo da conselleira Beatriz Mato". Unha realidade que, afirma a central sindical, non só implica un gasto de 1.000 euros cada día neses asesores, contratados a dedo, senón que é un incumprimento dunha das promesas electorais de Feijóo: "reducir polo menos un 30% o número de asesores de cada conselleiro". Para a CIG, isto é unha mostra máis de que no departamento de Traballo e Benestar, priorízanse os recortes e "o gasto en propaganda e publicidade e se recorta en atención directa ás persoas con necesidades básicas, usuarios de residencias de maiores e dos centros de menores". "Totalmente inxustificado" O sindicato ve "totalmente inxustificado e fóra de lugar" que Beatriz Mato precise o asesoramento "dun total de 11 asesores". E responsabiliza a Feijóo de permitir eses feitos mentres "mantén estes dispendios de marcado cariz personalista e recorta en servizos sociais".
NOS_13135
A responsábel de Acción Feminista do Bloque, Noa Presas, apresentou esta cuarta feira a campaña da formación nacionalista para o 25-N. A focaxe non é a sistémica: a campaña, no canto de se dirixir ás vítimas, interpela directamente os vitimarios.
Tres cartaces e tres perguntas directas a potenciais agresores: -Ameazáchela? -Dubidas se ela quería sexo? -Espiaches o móbil dela? E a seguir as tres perguntas directas, unha mesma afirmación: Iso é violencia machista. Rompe o patrón. "Desde o BNG queremos dirixirnos aos agresores" -explicou a campaña a responsábel de Acción Feminista da organización frentista, Noa Presas- porque a violencia machista "non son só as hostias e os golpes, non son unicamente as mortes, as raíces do patriarcado son moito máis complexas e están presentes en accións moi cotiás e moi normalizadas". "En xeral, as campañas van dirixidas ás vítimas, ou potencialmente ás vítimas do terrorismo machista, e descansan todo o peso en como se defender desa violencia, mais desde o BNG queremos pór o foco en quen exerce esa violencia e en quen a deixa pasar, a ese sector é a quen queremos dirixirnos", esclareceu Presas. A campaña do BNG consta destes tres cartaces e tamén dunha batería de mocións e iniciativas para o seu debate nos concellos, nas deputacións e no Parlamento galego. 55 feminicidios nos últimos 7 anos Os dados da violencia machista na Galiza son estarrecedores. 55 mulleres asasinadas nos últimos 7 anos, "60 por cento no ámbito íntimo e 40 por cento fóra da parella", segundo dados achegados polo BNG, que este sábado realizará unha xornada no Parlamento galego para analisar as eivas que existen no sistema xudicial e as medidas que é preciso aplicar contra o que cualifican de "terrorismo machista". Retirada da campaña da Xunta Na conferencia de imprensa, Presas reiterou a petición do BNG de retirada inmediata da campaña da Xunta para o 25-N, aquela que ten como lema "O máis grande de Galiza non se maltrata" e retrata mulleres xigantes a seren equiparadas con monumentos do país. "É unha focaxe [da campaña] errada e frívola. Cousifica a muller desde unha óptica paternalista. E é un síntoma da concepción que este goberno ten das mulleres, unha concepción patriarcal e machista", declara a responsábel de Acción Feminista do BNG a Sermos. Critica Presas que a proposta de Igualdade para o 25.N é "reducionista" porque limita a violencia que se exerce contra as mulleres exclusivamente ao ámbito da agresión física, "cando a violencia que sofren as mulleres é estrutural e ten outras dimensións", entre elas a discriminación salarial. A campaña da Xunta, 3 veces máis cara que en anos anteriores O BNG vaise interesar tamén no Parlamento galego polo custo "desproporcionado" desta campaña, en que a Xunta vai gastar máis de 160.000 euros, unha cantidade que case triplica a de exercicios precentes (49.000 euros en 2014, 50.000 en 2015 e 66.000 euros en 2016). Contrastaría este incremento no gasto co facto de -alega Presas- a Xunta apresentar un baixo nível de execución orzamental das partidas dirixidas a previr a violencia machista e a protexer as súas vítimas, tal e como se observa no cadro a seguir: Execución programas igualdade (en euros) EXECUCIÓN A 30 DE SETEMBRO DE 2017 Créditos definitivos Obrigacións recoñecidas % execución Accións para a igualdade, protección e promoción da muller 7.258.712 3.026.957 41,70 Protección e apoio das mulleres que sofren violencia de xénero 5.318.006 2.862.122 53,82 A alternativa a esta situación pasa por un serio incremento dos recursos públicos e a súa efectiva execución orzamental, enfatiza Noa Presas. "O PP asina pactos propagandísticos no Congreso e no Parlamento galego, mais logo dedica escasos recursos ao combate contra a violencia machista", dixo Noa Presas, quen avanzou que a próxima semana, no debate orzamental en pleno, o BNG defenderá que se destine a estas partidas 1 por cento do orzamento da Xunta, "por volta de 100 millóns de euros" [face os pouco máis de 12 da actualidade].
NOS_8436
Após 5 anos de conflito e da declaración dun cesamento ao fogo abandonan o país de maneira escalonada mais mantén forzas militares.
Esta segunda feira (14 de marzo) o goberno de Rusia anunciou que inicia a retirada dunha parte das forzas militares aéreas que mantiña despregadas en territorio sirio. No concreto, trátase dun avión de transporte e varios bombardeiros nos que viaxan tamén persoal e equipas técnicas. Rusia di que cumpriron "en termos xerais" os obxectivos marcados en Siria Segundo un comunicado de imprensa emitido polo executivo "a tarefa que as nosas Forzas Armadas e o Ministerio de Defensa tiñan por diante cumpriuse en termos xerais" e a elas atribúe "as condicións" xeradas para o "proceso de paz" iniciado en febreiro deste ano coa declaración do cesamento ao fogo suscrita por Rusia, EUA e a ONU. Porén, manterán en Siria suficientes forzas, din, para controlar o cumprimento do devandito acordo. Cinco anos de guerra en cifras Este mes de marzo cúmprense 5 anos desde que se iniciou o conflito armado en Siria. Segundo as cifras fornecidas por organismos internacionais como a ONU e ACNUR neste tempo foron asasinadas 250 mil persoas no país e un millón resultaron feridas. Hai actualmente 4 millóns de persoas refuxiadas após cinco anos de conflito Aliás, producíronse 7,6 millóns de deslocamentos internos e 4 millóns de persoas están refuxiadas marioritariamente en países colindantes con Siria (Xordania, Iraq e Líbano). Doutra banda, 1,9 persoas localízanse en Turquía, 26.700 no norte de África e 281.446 solicitaron asilo na Unión Europea. As Nacións Unidas e UNICEF sinalan que 13,5 millóns de persoas en Siria precisan asistencia humanitaria que comezou a entrar no país con motivo do cesamento ao fogo declarado o 27 de febreiro de 2016. O 60% da poboación atópase baixo o limiar da pobreza.
NOS_31450
Vudú son Belém Tajes (Bos Aires, 1984) e Maritxinha Gómez (Miño, 1986). Tras dous EP, presentan o seu primeiro álbum longo, Vudú vol. III, no que consolidan un estilo propio marcado por letras que proceden da música tradicional con harmonías de soul e R&B. Será o 16 de decembro na Sala Garufa da Coruña, onde estarán acompañadas polo grupo compostelán Grüvzilla. "Despois de termos xirado por toda Galiza no verán, quedáranos a espiña da Coruña porque chovera no Festival Noroeste", lembran. Eis un extracto da conversa publicada no número 326 de Sermos Galiza.
Como foron os inicios de Vudú? Belem Tajes. Antes eramos catro, dous homes e dúas mulleres, mais era moi difícil levalo adiante porque a parte masculina tiña moitos compromisos. Pensamos entón por que non empezamos a ensaiar as dúas? Foi bastante casual. Como dúo comezamos en 2016. Vudú foi o grupo revelación da sesión vermú dos festivais do pasado verán. Maritxinha Gómez. Os festivais viñéronnos todos xuntos este ano. O ano pasado fomos ao Revenidas e non fixemos moito máis. B.T. Trouxo sorte o Premio Martín Códax e visibilidade. Que supón para Vudú gañar o Premio Martín Códax? B.T. Unha sorpresa. M.G. Eu nese momento acababa de ter un accidente e estaba bastante, sen querelo, pechada en min mesma, na casa, e foi como unha luz. Que balanzo fan das actuacións do verán? B.T. É un balanzo moi positivo, estamos moi agradecidas, tanto polo público como pola xente que compartiu a música con nós como polas boas críticas, como pola xente que nos chamou para tocar. E da acollida do público? M.G. Hai algo que me sorprende de maneira especial: a xente queda sorprendida, queda coa boca aberta. Ao principio, nós pensabamos: Que lles pasará? Gustaralles ou non? E despois asumes que mal non lles debe parecer porque quedan. B.T. Si, custounos saber que esa reacción de sorpresa, esa cara de "Que fan estas?" era positiva. Pasounos en varios concertos, mais xa nos afixemos. E "que fan estas"? B.T. Pode sorprender porque facemos versións de cantigas de toda a vida e poden resultar raras, mais son riquiñas. M.G. Tamén sorprende a formación instrumental, un baixo, un teclado e unha voz, non é o máis común. Como define Vudú a música que fai? B.T. A maioría das letras son tradicionais, aínda que temos letras propias, e mesturámolas con harmonías modernas. Chamámoslle soulk, acabado en k, pola mestura do soul e o folk. Non facemos nada novo porque todo isto xa estaba inventado. Houbo referentes de soul en galego, como Carmen Rei ou quizais Marful nalgún momento puido ter esa influencia, mais non é habitual. En galego deberían existir todos os estilos e todas as etiquetas de música, igual que existen noutros idiomas. M.G. Quizais o soul non é tan visíbel. [Podes ler a entrevista íntegra no número 326 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_16499
A Xunta Electoral da Galiza dá a razón a un recurso presentado polo Bloque Nacionalista Galego no que este insta á TVG a "cesar inmediatamente o trato discriminatorio" contra o BNG e a súa candidata, Ana Pontón.
A resolución da Xunta Electoral desta segunda feira, 22 de xuño, resolve a favor do Bloque e lembra ao medio público "o deber legal de cumprir os principios recollidos" na lei electoral e acorda "requirir á CRTVG a que se respecte a neutralidade informativa tamén no período electoral previo ao inicio da campaña". O BNG presentara un recurso logo de que os días 16, 17 e 19 de xuño, no telexornal do mediodía, se dese conta de actos de cada formación política, mesmo das que non teñen representación, seguidas de declaracións de candidatos, salvo no caso do BNG, onde as noticias foron narradas por unha voz xornalística en off. Segundo apercibimento á Deputación de Ourense A Xunta Electoral Provincial de Ourense volveu apercibir por segunda vez a Deputación que preside o popular Manuel Baltar por unha nota informativa colgada no portal web da institución en relación ás e aos profesionais autónomos e que o PSdeG denunciou por "partidista". O Partido Socialista xa informara o pasado 11 de xuño de que presentara unha denuncia contra o presidente do PP ourensán e da Deputación ante a xunta electoral "polo uso partidista e propagandístico" da web e das redes sociais oficiais do ente provincial. O motivo está na nota pendura do portal www.depourense.gal, que leva por titular: "O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos". Desde o Partido Socialista tamén sinalaron que as contas oficiais en redes sociais da Deputación difundiron publicacións coa mesma mensaxe. Agora a Xunta Electoral Provincial requiriu á Deputación para que "se ateña ao acordado" previamente e proceda a reducir "ao puro contido institucional" a información e, se iso non for posíbel, que proceda á súa retirada. A Deputación presentou un documento de alegacións sinalando que, de acordo coa primeira orde de "retirar o titular", mudouse "O PSOE de Ourense, en contra dos autónomos" por "Rodríguez Villarino, en contra dos autónomos".Rafael Rodríguez Villarino é o líder do PSdeG ourensán. Nun comunicado, o PSdeG ourensán criticou a actitude de Baltar, ao que acusan de "ignorar con absoluto descaro a autoridade electoral e de seguir incumprindo a lei converténdose nun reincidente".
NOS_46649
As familias aseguran que "non van parar" até que se reanude a búsqueda e se atopen os corpos dos desaparecidos.
Miles de persoas reuníronse este domingo na Alameda de Marín para mostrar o seu apoio aos familiares da tripulación do 'Villa de Pitanxo', o pesqueiro galego naufragado en Terranova (Canadá) a pasada terza feira. Na concentración as familias insistiron na súa petición de "renovar a búsqueda canto antes" e aseguraron que non van parar nin "esquecer" aos desparecidos. A mobilización, convocada polos propios achegados, estaba prevista para as 13 horas, aínda que pasadas as 12 xa comezou a congregarse xente na praza. Entre eles, os alcaldes de Marín, Pontevedra, Bueu e Cangas; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy; e a dirixente popular e deputada no Congreso, Ana Pastor. Pontón pediu que se atenda á petición das familias de seguir coa busca dos mariñeiros desaparecidos e que para iso implíquese tamén con medios o Goberno do Estado. Ademais, reiterou toda a colaboración do BNG nun dos momentos "máis difíciles da vida". Estiven en moitas concentracións na miña vida. A de hoxe en Marín, convocadas polas familias do Villa de Pitanxo, foi a máis dura. Volvo co corazón encollido. Acompañalas é tamén empatizar coa súa dor e o desexo de que continúen ás labores de busca.— Ana Pontón (@anaponton) February 20, 2022 Tanto en declaracións aos medios como xa nunha intervención aberta a todo o público desde o palco da música de Marín, os familiares, encabezados por María José De Pazo, filla do desaparecido xefe de máquinas do buque, insistiron en "renovar a búsqueda canto antes", sinalando que os pesqueiros que se atopan na zona aseguraron que "a meteoroloxía xa o permite". A eles dirixíronse para agradecerlles o seu esforzo. "Están a xogarse a vida sen recibir nada a cambio", comentou Cristofer, fillo dun dos desaparecidos, que asegurou ademais que os propios mariñeiros que continúan faenando en Terranova pídenlles que "continúen loitando". "Saben que hoxe somos nós, pero que mañá poden ser eles aos que se esqueza", insiste. "Sabemos que non están vivos pero queremos recuperar os seus corpos. Ninguén vai recriminar que non aparezan, pero si o sentirnos abandonados, o que non se mova nada", explicou María José. Especialmente críticos foron co Goberno central, ao que lle afearon a falta de información. "Deberiamos ser os primeiros en decatarnos das cousas e sempre somos os últimos", lamentou Cristofer entre aplausos do público. "Pídennos que non fagamos casos do medios pero decatámonos por eles", insiste. Pero sen dúbida, a principal crítica e reivindicación por parte das familias é a falta de recursos propios do Estado para continuar co dispositivo de recuperación dos desaparecidos; medios que, destacan, si se destinan para outras catástrofes ou para prestar axuda en conflitos. "Non estamos a pedir unha axuda, estamos a pedir un dereito", aseguraron respecto a a recuperación dos corpos dos desaparecidos. É por este motivo que esta segunda feira volverán, ás 11 horas, á sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e polo que pediron audiencia co presidente Pedro Sánchez e coa vicepresidenta e ministra de traballo, a galega Yolanda Díaz. De feito, tras anunciar o Executivo central que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibirá aos sobreviventes e aos falecidos na base aérea de Santiago de Compostela, onde se espera que aterren este luns, os familiares dos 12 desaparecidos solicitaron que as reciba "cinco minutos". Matizan ademais que, se non se lles recibe, acudirán de todos os modos. Así, os achegados dos aínda desaparecidos móstranse dispostos a continuar a loita. Cristofer aseveraba que "isto se vai a esquecer unha vez que cheguen os corpos e os sobreviventes". "Imos seguir facendo ruído porque queremos respostas, non imos calarnos", afirmou. "Estou moi decepcionada co meu Goberno", recoñeceu Loli, tía de Ricardo Alfonso Cruz Flores, engraxador no Pitanxo e único sobrevivente do naufraxio do Arousa hai xa 20 anos. "Dáme moita tristeza que o meu Goberno, España, non faga máis. É coma se non contásemos nada e o somos todo", declarou. A loita continúa Explican que saben que as posibilidades de atopar os corpos son "poucas, pero son nulas se non se vai" e por iso piden "buscar un pouco máis". Apelaron ademais á Armadora, á empresa Nores, á que pediron "colaboración". O párroco evanxelista Julio Torres, con relación cun dos sobreviventes, Samuel, preguntouse o motivo de que non comezase aínda a procura. "Igual é porque xa decidiran non buscar. Non é un problema de diñeiro, así que non quero pensar que sexa un problema de humanidade", censurou. Ademais dos achegados dos desaparecidos, á manifestación tamén acudiron familiares dos falecidos identificados, como o fillo de Miguel Lumes que, acompañado por un psicólogo da Cruz Vermella, destacou que "a loita debe continuar polos compañeiros desaparecidos", "á beira dos que estará sempre". A súa intervención foi unha das máis aplaudidas por un público que en moitas ocasións interrompeu con aplausos aos familiares que tomaban a palabra. O acto concluíu cun minuto de silencio e a lectura, tamén entre aplausos, por parte dunha emocionada Lucía De Pazo --filla do xefe de máquinas e irmá de María José-- das dúas listas nas que se dividiu a tripulación falecida do 'Villa de Pitanxo', identificados e desaparecidos. Asistencia Consular.
PRAZA_10124
A fin da primacía absoluta dos populares na Deputación ourensá é posible por primeira vez en dúas décadas. Así o aposta a oposición e así o teme o PP, especialmente tras os resultados das xerais. O resultado do partido xudicial no que se encadra a cidade de Ourense será clave e os eventuais escenarios van dende posibles negociacións con DO ou C's ata unha maioría alternativa
Durante lustros, mesmo durante décadas, en cada elección municipal en Galicia houbo varias constantes. Unha delas, se cadra a máis firme, é o signo do goberno da Deputación de Ourense. Dende que, nos primeiros compases do fraguismo, José Luis Baltar logrou comandar a fusión de Centristas de Galicia co Partido Popular acabado de fundar sobre as estadas de Alianza Popular, a institución ourensá foi sinónimo de PP. De PP e de Baltar pai, que en 2010 legou a presidencia provincial do partido ao seu fillo para, en 2012, facer o propio coa Deputación.Foron moitas as eleccións nas que os grupos da oposición -durante case todo este tempo, só PSdeG e BNG- apostaban con máis ben escasa convicción sobre as posibilidades de que o baltarismo chegase á súa fin. Nunca sucedeu. Tampouco cando socialistas e nacionalistas gobernaron na capital da provincia, núcleo do partido xudicial que máis escanos reparte na corporación provincial -15 dos 25-. Pero o vindeiro 26M a situación pode mudar. A perda da maioría do PP é por primeira vez unha hipótese viable. Así o aposta a oposición e así -a diferenza de todas as ocasións anteriores- o teme o PP.A fin da primacía absoluta dos populares na Deputación ourensá é posible por primeira vez en dúas décadas. Así o aposta a oposición e así o teme o PP, especialmente tras os resultados das xeraisO acontecido nas recentes eleccións xerais do 28 de abril foi o sinal que acabou disparando as alarmas. Ao contrario que no conxunto de Galicia, o PP si logrou manterse como forza máis votada en Ourense, pero a letra pequena dos comicios desacouga aos conservadores. Caeron case 15 puntos con relación ás anteriores xerais, ata o 34,81% dos sufraxios, e a distancia coa segunda forza, os socialistas, pasou de case 50.000 votos -92.000 fronte a 43.000- a menos de 4.000 -66.100 populares, 62.600 do PSdeG-.Uns e outros son conscientes, non obstante, de que a extrapolación mecánica entre procesos electorais non cabe. Aínda menos neste caso, toda vez que é no eido local onde a maquinaria do PP ourensán é quen de se poñer a pleno rendemento. Pero a posibilidade existe. Así o afirma o candidato do PSdeG á alcaldía da capital da provincia, Rafael Rodríguez Villarino. "Saben que a Deputación se lles vai das mans", toda vez que cunha repetición dos resultados das xerais "o cambio estaría feito". Isto, afirma, está a dar lugar a situacións "patéticas", como "escoitar o pai" do actual presidente pedir apoios "desesperadamente" cara ao 26M.Pero, dado que a composición da Deputación non é o resultado da votación directa do electorado, as expectativas dun eventual cambio teñen que ser analizadas en función dos resultados en cada un dos sete partidos xudiciais en que se divide a provincia. Rodríguez Villarino admite que a "clave" será "o resultado da cidade", xa que cun devalo profundo dos populares en Ourense capital, reteren o poder ou, cando menos, a maioría absoluta, faríaselles difícil.O resultado do partido xudicial no que se encadra a cidade de Ourense será clave: uns e outros admiten como máis que posible que un dos 8 postos do PP pase ao PSdeG, pero faltaría outroNos anteriores comicios Baltar puido ser presidente porque o PP estivo dous deputados provinciais por riba da maioría absoluta. Nas filas socialistas -e nas populares- considérase máis que viable, á luz dos resultados das xerais e tamén das enquisas que manexan, que un dos 8 escanos obtidos polos populares no partido xudicial de Ourense vaian para o PSdeG. Pero faltaría outro. E as cábalas que nas últimas semanas circulan pola provincia apuntan a posibilidades múltiplas. Unha delas, que caia da banda de Ciudadanos, partido para o que se prevén ascensos este 26M da man do ex-concelleiro do PP José Araújo. Daquela, se isto sucedese Baltar tería que negociar co partido de Rivera para reter o poder. Outra opción -cando menos, teórica- sería que os populares tentasen tender pontes con Democracia Ourensana se os de Gonzalo Pérez Jácome manteñen os seus dous escanos, ambos polo partido xudicial da capital. Ambos escenarios, en calquera caso, serían sinónimo da fin do poder omnímodo do PP na institución e sobre a mesa poderían estar esixencias como a saída do propio Baltar baixo advertencia de conformar unha maioría alternativa.Posibles negociacións con Democracia Ourensana ou mesmo Ciudadanos figuran xa en diagnoses que se repiten: a posibilidade dunha mudanza na Deputación de Ourense desta volta si que existeOutras hipóteses, aínda que máis remotas, apuntan á posibilidade de que o PP puidese perder un posto máis nun dos partidos xudiciais que reparten dous escanos -O Barco, O Carballiño, Ribadavia ou Verín-. Pero para que iso sucedese os socialistas terían que duplicar os votos dos populares, algo altamente improbable.Neste caso resta saber, tamén, ata que punto influirán nas ganancias e perdas de votos os resultados do novo partido do ex-socialista Pachi Vázquez ou de C's en lugares onde os de Rivera se nutriron nos últimos meses de ex-membros do PP. Nada é seguro, todo é volátil e as enquisas manéxanse con extrema prudencia. Así e todo, a diagnose xeral é coincidente e inédita: a posibilidade dunha mudanza de cor política na Deputación de Ourense, desta volta, si que existe.
PRAZA_18776
Das tres nacións históricas, non puideron asistir á onomástica o Lendakari e o Molt Honorable Senyor. O Noso non faltou porque, como non fai matanza e non lle gusta a caza, e amais esas non eran horas de ir ver as luces de Vigo, dispuña do día libre.
"As forzas vivas do barrio, maioristas de alpiste, axiotistas do aceite e un propetario de autoescola, celebraban o patrón con festa de pote e discursos" (Miss Ourense, Bieito Iglesias).O pasado seis do corrente remexianse con absoluta naturalidade as xeleas reais da España «una»: Felipe e Aznar, os ERE e a Gürtel –e tantos etcéteras!–O pasado seis do corrente, na capital do reino dos dous reis, acolá tan lonxe, remexianse con absoluta naturalidade as xeleas reais da España «una»: Felipe e Aznar, os ERE e a Gürtel –e tantos etcéteras!– para tatuar a súa pelica coa calcomanía do 40 aniversario da Carta Magna (tan magna para eles, e tan severa para os outros). Os asistentes á mentada «sesión vermú» sorprendiannos, outra vez, facendo gala desa inaudita orixinalidade, que consiste en arremedar uns aos outros –e a si mesmos– ata na indumentaria; ansiosos de gozar canto antes da compañía do xefe de Vox e do bispo de Córdoba, especies aleitadas polo propio sistema, para que lle resolvan a ecuación de engadirlle ao de «una» o de «grande e libre» e meter as cinsas do ditador na cripta da Almudena, sen alterar o resultado. Despois de canonizala, recluíron a Constitución no camarín das reliquias intocábeisDespois de canonizala, recluíron a Constitución no camarín das reliquias intocábeis; escoitaron atentamente, coma se fora primeira vez, o discurso do monarca, fotocopiado do que lía o seu pai antes de abdicar; tomaron o vermú porque, ao parecer, esta xente tamén bebe; e, á aí á tardiña voltaron cara a casa, coa sensación do deber cumprido. Das tres nacións históricas, non puideron asistir á onomástica o Lendakari e o Molt Honorable Senyor. Seica tiñan outros compromisos: os mesmos dos 39 anos anteriores. O Noso non faltou porque, como non fai matanza e non lle gusta a caza, e amais esas non eran horas de ir ver as luces de Vigo, dispuña do día libre.O Noso non faltou porque, como non fai matanza e non lle gusta a caza, e amais esas non eran horas de ir ver as luces de Vigo, dispuña do día libreAh! O meu tío Lisardo repróchalle aos galegos presentes no evento, que non lle dedicaran un aparte a reflexionar sobre as razóns polas que, hai 40 anos, moitos dos seus compatriotas, aburridos de comportarse coma bos españois e de escoitar sentados diante do televisor os discursos, sobre a sacra indisolubilidade de España, decidiron trasladar cara esa data, do 6 de decembro, a conmemoración dunha atávica tradición, denominada «matanza», consistente en sangrar marráns de ceba e pórlle lume con facheiros de palla, comer fígado con cachelos, comungar con filloas de sangue, facer chourizos e fartarse de beber picholas de viño novo. Todo iso, a plena luz do día e sen licenza; confiados en que, no caso de infrinxir algún precepto constitucional, todo se arranxará cunhas cantas caixas de pastillas contra o colesterol.
NOS_49474
Un total de doce expositores achegan ás e aos lucenses as novidades literarias do 15 ao 20 de maio
A Feira do Libro de Lugo, que cumpre os trinta anos, celebra estas tres décadas achegando ao público lucense as novidades literarias. Nesta edición organiza un programa de actividades que presenta como novidade principal a participación das escolas de música lucenses que amenizarán a feira a diario con concertos e espectáculos de danza, polo que tamén estiveron alí varias persoas representantes destas.O responsábel de inaugurar a feira foi Antonio Reigosa co pregón de apertura que se desenvolveu ás 11:30 horas na praza Maior, que é, desde o 15 ao 20 de maio, o emprazamento para esta xuntanza coa mellor literatura e os volumes de divulgación. O horario de apertura é de 12:00 a 14:00 horas; polas tardes, de 17:30 a 21:00 horas; e fins de semana e festivos, de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:00 horas.Un total de doce postos acollen expositores de Lugo e doutras cidades galegas: Libraría Trama (Lugo); Gran Enciclopedia Galega; Librería Cartabón (Vigo); Libraría Tanxencias Cómic; Deputación Provincial; Biblioteca Pública; Libraría Souto (Lugo); Libraría El Faro de los Tres Mundos (Lugo); Librería La Voz de la Verdad (Lugo); 7 Mares Libros e Librería Aguirre (Lugo) e a caseta de información. Son dúas casetas máis que o ano pasado, o que é un síntoma da fortaleza da feira de Lugo.
NOS_12737
Finou aos 65 anos vítima dun cancro. Polític@s que partillaron con el anos de traballo no Parlamento galego e no Congreso español destacan a súa capacidade de traballo. Pachi Vázquez enfatiza o seu labor a prol "da incorporación do pensamento e do sentimento galeguista á conformación do PSdeG como alternativa á dereita" na Galiza
O histórico galeguista do PSOE Manuel Ceferino Díaz (O Saviñao, 1947) morreu este domingo aos 65 anos vítima dun cancro, segundo informou a formación que lidera Pachi Vázquez a través da súa conta na rede social Twitter. Licenciado en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, Díaz Díaz foi profesor asociado de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC (1973-2000). En 1972 afiliouse ao PSG onde foi responsable das Mocidades e máis tarde do Frente do ensino. En 1977 foi candidato do PSG por Lugo ao Parlamento español nas primeiras eleccións democráticas. En 1978 abandonou o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, formando parte do Colectivo Socialista Galego. Foi membro do Comité Nacional do PSdeG, deputado no Parlamento de Galicia (1981-1996), secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Congreso dos Deputados (200-2011). Publicou traballos en revistas sobre economía agraria. No ano 2008 deu ao prelo o libro de memorias A esforzada conquista da autonomía e en 2010 coordinou o libro Autonomía e modernidade en Galicia. Condolencias A Comisión executiva do PSdeG-PSOE expresou a través do seu secretario xeral, Pachi Vázquez, o seu pesar polo pasamento de Díaz. "A militancia fica orfa dunha das personalidades máis destacadas da longa historia do socialismo e do galeguismo", dixo Vázquez, enfatizando que "a súa contribución á democracia, ao Estado do benestar e ao autogoberno de Galicia figuran xa nos anais da nosa historia". Destacou tamén a "incorporación do pensamento e do sentimento galeguista á conformación do PSdeG como alternativa á dereita" na Galiza.Tamén a Xunta enviou nun comunicado de imprensa o seu pésame polo pasamento. Núñez Feijóo destacou "a contribución do dirixente socialista á historia recente da comunidade autónoma", puxo en valor o seu traballo na Cámara galega e no Congreso e lembrou a "destacada achega" de Ceferino Díaz á política do País "desde os primeiros anos da transición democrática". Desde as filas do BNG as condolencias achegáronas Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, voceir@s respectivamente no Parlamento galego e no Congreso d@s deputad@s. Lamentan "unha perda irreparábel como compañeiro de traballo e amigo persoal" e destacan a súa capacidade de traballo e a súa "grande humanidade".
NOS_23001
Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 tiña lugar a Asemblea Nacionalista de Lugo, un episodio fundamental no avance do nacionalismo. Con motivo do 99 aniversario da histórica asemblea, o profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez achega unha análise ao respeito. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 272.
O pasado ano celebramos o centenario do nacemento das Irmandades da Fala. O relevo destas radicou no feito de ser a primeira organización de ámbito nacional que se reclamou, explicitamente, 'nacionalista'. Mais tamén no seu central contributo, durante década e media, en sentar os piares dun proceso de construción nacional, que daría lugar ao mellor da tradición do galeguismo do pasado século XX, incluído a creación do republicano Partido Galeguista (PG). Contra todo prognóstico, a militancia nacionalista que se reunía un 18 de maio de 1916 na Coruña, para dar lugar á Hirmandade dos Amigos da Fala, sería o xérmolo dun vizoso movemento que vería nacer ducias de grupos locais que modernizarían o soberanismo galego nos inicios do pasado século. Unha dinámica e significado, eminentemente político, que explicaba magnificamente Antón Vilar Ponte, coorganizador das mesmas: O 17 de Maio fixo dous anos que se constituiu a pirmeira 'Irmandades da Fala'; a da Cruña. Até entonces o galego tíñase por lingoa do pobo, por lingoa da plebe. Erao e segue séndoo, e, seraio sempre, n'efeuto. Era e sigue sendo a lingoa que falan as cinco sestas partes da nosa terra, percisamente as que gardan e conservan as nosas tradicións e os nosos costumes. Pro ista Galicia, a verdadeira Galicia, mantíñase n'unha escravitude e n'un esquecemento ausolutos. (…) coidamos deber urxente voltar pol-o conquerimento da nosa alma propia, para recobrare co-a nosa lingoa, oxe vulgar, pro historicamente aristocrática, instrumento universal antaño da lírica peninsular, com'o foi o italiano at´fai pouco, a única cultura trascendente e útil: a que se cimenta nos valores da terra onde un nace, vive e traballa. Si queremos unha Galicia con personalidade recoñecida, si queremos unha Galicia nosa, e si queremos sere nós nosoutros mesmos, temos que cultivarnos en galego (…). Do noso idioma que nos abre magnánimo e fecundo as portas dos corazóns de moitos millóns d'almas que s'espresan no portugués irmán (…). As 'Irmandades da Fala' naceron para reitificar todos istes erros criminais e suicidas. O iniciador d'elas foi Ramón Vilar Ponte, irmán meu. A iniciativa súa recollina eu e leveina a un folleto, que patrocinaron, primeiro que ninguén, Aurelio Ribalta, galleguista de sempre, Manoel Lugrís, verbo do enxebrismo e Lois Porteiro, rapaz representativo da nova intelectualidade da terra" (A Nosa Terra, nº56, 1918). Segundo este escrito de Antón Vilar Ponte non tería sido o 18 de maio, senón o 17, cando se realizaría a xuntanza fundacional da 'Irmandade da Fala da Cruña', mais debeu ser un lapsus do mariñao. Tanto na convocatoria da devandita xuntanza, como nas referencias de prensa, márcase que aquela foi o 18 de maio. [Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 272, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_4776
A Consellaría de Política Social decidirá esta semana, tras reunirse esta segunda feira co sector.
As escolas infantís, pendentes da decisión definitiva da Xunta. A Consellería de Política Social reuniuse co sector esta segunda feira para tratar a apertura dos centros para menores de tres anos, nun encontro no que tanto entidades públicas como privadas coincidiron en que, de producirse, esta non debería ser até despois de concluír o plan de desconfinamento. Coa entrada de Galiza na Fase 2 do proceso, o Goberno galego ten a potestade de decidir sobre a apertura dos diferentes centros educativos e as escolas infantís, aínda que de momento a Xunta non desvelou os seus plans para as menores de 0 a 3 anos. Política Social "reflexionará" respecto diso tras escoitar ao sector e comunicará unha decisión esta mesma semana, segundo trasladaron responsábeis destes centros a Europa Press. Á espera de que o Goberno galego faga pública a súa postura, todo parece indicar que as gardarías non abrirán na Fase 2 e non o farán antes de concluír o plan de desconfinamento, é dicir, antes do 22 de xuño. As escolas trasladaron á Xunta un consenso respecto desta cuestión: sería precipitado en pleno proceso de relaxación das restricións de mobilidade e de observación da evolución do coronavirus. Unha parte dos centros opta por abrir xa a finais de xuño e o mes de xullo, mentres que outra prefire esperar ao mes de setembro. Beatriz Iglesias, da Asociación Galega de Escolas Infantís (Agadei), defendeu a primeira posibilidade, co fin de que os centros poidan arrincar "xa en normalidade" e "empezar a traballar aos poucos". Outra das opinións do sector, sobre todo desde a parte pública, opta por esperar até setembro pola falta de condicións para abrir e de protocolos por parte da Administración.
PRAZA_16581
Os e as xubiladas están a saír ás rúas en demanda de pensións dignas e en protesta pola perda de poder adquisitivo que están a sufrir. Os datos revelan que xa na actualidade a contía destas prestacións é xa moi limitada en moitos casos, sobre todo no noso país e máis aínda no caso das mulleres. Este sábado están convocadas novas mobilizacións en 17 cidades e vilas galegas Sete de cada dez pensionistas reciben en Galicia menos de 1.000 euros mensuais
Este sábado 17 os e as xubiladas volverán saír ás rúas, en demanda de pensións dignas, dándolles continuidade ás protestas do pasado 22 de febreiro, que conseguiron poñer o tema no centro do debate público. Están convocadas 17 concentracións en toda Galicia (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Noia, Pontedeume, Ribadeo, Sarria. O Carballiño, O Grove, Vilagarcía, Sanxenxo, Cangas e Tui), que continúan un ronsel de mobilizacións tamén convocadas polos sindicatos. Critícase de forma inmediata a perda de poder adquisitivo das pensións, que están a subir só un 0,25%, moi por debaixo do incremento anual do IPC pero sobre todo ponse sobre a mesa o debate sobre as pensións do futuro e a súa contía, en risco polo baleirado do fondo de reserva, o alongamento do número de anos de cotización esixidos e a propia precariedade laboral. De feito, Victoria Portas -voceira do Movemento Galego en Defensa das Pensións- alertaba en entrevista con Praza que "a xeración máis prexudicada pola crise das pensións é a que hoxe ten entre 50 e 60 anos". O futuro das pensións preocupa porque xa na actualidade a súa contía é moi limitada, con achegas mensuais que en moitos casos non acadan os mínimos necesarios para unha vida digna. Moito máis no caso de Galicia -con pensións moi por debaixo da media española- e máis aínda no que respecta ás mulleres, con pensións moito máis reducidas que as dos homes. Entre as pensións máis baixas do Estado O importe medio das pensións contributivas das persoas residentes en Galicia é de 879,89 euros mensuais, unha cantidade que se reduce cando se toman en conta o conxunto das pensións xestionadas en Galicia (788,49 euros mensuais). A contía é en todo caso case 150 euros inferior á media española, un diferencial que se mantén inalterable dende hai anos. O 40% non chega a 8.500 euros anuais Ademais, a inmensa maioría dos e das pensionistas fica por debaixo desas cantidades, sobre todo as mulleres. En concreto, 7 de cada 10 xubilados e xubiladas galegas non chega aos 12.673 euros, unha porcentaxe que supera o 80% no caso das mulleres. O 39% non chega a 8.500 euros anuais (pouco máis de 700 euros en 12 pagas), pero de novo a porcentaxe entre as mulleres elévase moito máis, ata o 45%. As mulleres cobran moito menos Existe unha gran fenda de xénero nas pensións, cunha diferenza de máis de catro mil euros anuais entre o que reciben os e as xubiladas galegas que, ademais, vaise facendo máis grande nos últimos anos. "A esixencia de vidas laborais prolongadas limita o acceso das mulleres a unha pensión", dicía Victoria Portas nesta entrevista. Oito de cada dez pensionistas por viuvez, en situación de pobreza As pensións de viuvez están entre as máis baixas, situándose en 2016 nos 543 euros mensuais, máis de cen euros por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional. Isto fai que en Galicia oito de cada dez pensionistas por viuvez estean por debaixo do limiar da pobreza Perda de poder adquisitivo As pensións foron conxeladas nos peores anos da crise e na actualidade están a subir un 0,25% anual, moi por debaixo do incremento do IPC. Esta perda de poder adquisitivo afecta sobre todo a aquelas persoas con pensións máis reducidas. Os e as novas pensionistas comezan a cobrar menos que os e as que se xubilaron antes da crise Entre 2008 e 2013 as novas pensións creceron 240 euros mensuais. Dende entón están conxeladas, movéndose entre os 1.139 euros de decembro de 2015 e os 1.171 euros que rexistraron no último dato publicado, o pasado mes de decembro de 2017. No último ano a contía media creceu moi lixeiramente (15 euros), pero está aínda por debaixo dos datos de decembro de 2014. A situación é semellante no conxunto de España, cun máximo en 2015 (1.342,94 euros mensuais) e dende entón dous anos de descenso, ata os 1.318,47 euros de media en 2017. Diferenzas tamén por concellos Tamén entre uns e outros concellos de Galicia existen diferenzas importantes no que respecto ás contías medias que cobran os seus e as súas pensionistas, en función sobre todo da idade (as persoas máis maiores cobran menos) e tamén do sector no que traballaran (os e as empregadas na industria cobran máis). As pensións máis altas localízanse nas zonas urbanas e tamén en lugares cunha importante presenza industrial. Vimianzo, Val do Dubra, Tordoia, Sarreaus, Santa Comba, Baltar, Ramirás, O Irixo, Padrenda, Quintela de Leirado e Avión teñen as pensións máis baixas Un país con cada vez máis pensionistas No conxunto do Estado hai xa menos de dous cotizantes por cada pensionista (1,92), un ratio que en Galicia é moi inferior (1,29). Porén, esta situación é aínda máis extrema nas provincias máis envellecidas e en proceso de despoboamento, como poden ser Lugo e sobre todo Ourense. De feito, Ourense encadea 9 anos con máis pensionistas que cotizantes. Esta realidade converte a Galicia na segunda comunidade autónoma na que o cociente entre xubilados e traballadores é máis pequeno, superando unicamente a Asturias. Máis da metade dos concellos galegos teñen máis pensionistas que cotizantes Hai 167 concellos nos que os e as pensionistas son xa maioría (datos de decembro de 2016) e tan só 146 nos que aínda hai máis traballadores e traballadoras. Vilas como Ames, Oroso, Arteixo, Cambre, Culleredo, Barbadás, Teo, Salceda de Caselas, O Porriño, Oleiros, nas áreas metropolitanas da Coruña e Vigo ou próximas a Compostela e Ourense, teñen o dobre de traballadores que de pensionistas. Pola contra, 11 concellos xa teñen o dobre de pensionistas que de traballadores/as. En toda a provincia de Ourense hai só 13 localidades con máis cotizantes.
NOS_13881
A vicepresidenta Nadia Calviño ve "absurdo e contraproducente" abrir un debate no marco da crise económica sobre derrogar a reforma laboral. As declaracións desta ministra do PSOE botán máis tensión no Goberno español logo de PSOE e Unidas Podemos asinaren con Bildu un compromiso para derrogar a reforma laboral do PP de 2012.
"Absurda e contraproducente" ve a vicepresidenta Nadia Calviño a apertura dun debate no marco da crise económica sobre derrogar a reforma laboral. As declaracións da ministra económica do PSOE realizadas nesta quinta feira, 21 de maio, botaron máis tensións sobre a coalición de Goberno do Estado español e a súas relacións cos axentes sociais e políticos. Precisamente, algúns medios sinalaron, seguindo fontes da Moncloa, a ministra Calviño como instigadora do comunicado que o PSOE enviou na medianoite da cuarta feira, 20 de maio, corrixindo o pacto rubricado entre este partido, Unidas Podemos e EH Bildu para derrogar integramente a reforma laboral antes de remataren as medidas extraordinarias adoptadas por mor da COVID-19. A cambio do compromiso, as abertzales abstivéronse na prórroga do estado de alarma. Nesa nota da medianoite, o PSOE daba por suprimido o primeiro punto do pacto: o que aludía á derrogación íntegra da reforma. A nota do Partido Socialista facía ademais un copiado e colado do acordo de Goberno rubricado con Unidas Podemos en decembro, sinalando que se tombará unicamente a posibilidade de despedimento por absentismo causado por baixas por enfermidade, as limitacións ao ámbito temporal do convenio colectivo, facéndoo chegar máis aló das previsións contidas no mesmo, tras a finalización da súa vixencia e até a negociación dun novo e a prioridade dos convenios de empresa sobre os de carácter sectorial. Adriana Lastra, portavoz do PSOE e asinante do pacto con Bildu, volveu dicir nesta quinta feira o que xa dixera hai meses a ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Unidas Podemos), sinalando que tecnicamente non se podería facer unha derrogación íntegra da reforma e reivindicou o seu compromiso por eliminar "de maneira urxente" todos os aspectos da reforma lesivos para as traballadoras. Pola súa banda, o vicepresidente Pablo Iglesias anunciou esta quinta que "a reforma será derrogada ao completo e non parcialmente". En calquera caso, para a deputada de Bildu, Mertxe Aizpurua, alén das matizacións que o PSOE faga o acordo está asinado e está vixente, valorou. A patronal abandona o diálogo co Goberno ante o acordo con Bildu O presidente da confederación empresarial CEOE, Antonio Garamendi, anunciou esta quinta feira, 21 de maio, que a patronal daba por suspendido o diálogo social, após Goberno estatal pactar con Bildu a derrogación da reforma laboral. Na mesma liña situouse a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), afirmando que o acordo subscrito coas abertzales "destrúe" o diálogo social e advertiu de que a súa aplicación implicará "perdas para a economía". O sindicato UXT amosou o seu apoio a tombar reforma e pediu ás patronais "moita mesura" e que non romper o diálogo. Nun breve comunicado, CCOO sinalou que o acordo con Bildu reproduce o pacto de investidura: derrogar as medidas laborais do PP de 2012. Precisamente o sindicato nacionalista CIG instou xa en xaneiro a ministra de Traballo a derrogar "integramente" a reforma laboral.
NOS_34071
O Concello da Coruña cancela o Festival Noroeste, que arrincaba esta noite, polas novas medidas sanitaria.
O aumento de positivos de coronavirus na área sanitaria da Coruña-Cee levou á Consellería de Sanidade a decretar o peche do lecer nocturno nos nove concellos que conforman a comarca da Coruña, así como a impor restricións que afectan a reunións e a actividades a distinto nivel. Tras unha reunión esta sexta feira do comité clínico, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recoñeceu que os focos na área da Coruña, sobre todo o relacionado co ximnasio situado na localidade de Meicende, no municipio de Arteixo, que xa superou o medio centenar de contaxiados, fai pensar "nun risco de transmisión comunitaria". Por iso, ademais do peche do lecer nocturno na comarca da Coruña (que inclúe os municipios da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Abegondo, Carral, Bergondo e Sada), Sanidade tamén decidiu que nestes nove concellos quedan prohibidas as festas e verbenas "para limitar a transmisión", ante "a porcentaxe alta de persoas novas que son positivas e transmisores". Estas medidas serán publicadas esta tarde nunha edición especial do Diario Oficial de Galiza (DOG) e entrarán en vigor ás 00: horas desta noite. Así mesmo, desde esta medianoite, en toda a área sanitaria da Coruña-Cee restrínxense as visitas nas residencias da terceira idade e tampouco se permite saír aos residentes. Tamén se pechan todos os centros de día en toda esta área sanitaria. Nos municipios da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros e Cambre queda limitado o aforamento ao 50% en todas as actividades, restrínxense as reunións privadas a un máximo de 10 persoas e limítase o horario de peche de bares e restaurantes á unha da madrugada. As medidas serán revisadas en cinco días. Apelan á responsabilidade individual O doutor Pedro Rascado, membro do comité clínico, lembrou que "o virus segue con nós, e seguirá con nós bastante tempo". Apela á "responsabilidade individual" nas medidas de hixiene. "O virus transmíteno amigos e familiares", asegurou Rascado, polo que "nestas reunións hai que ser estritos coas medidas de seguridade". Na mesma liña se expresou o doutor Vázquez Lima: "Apelamos ao cumprimento das normas, tanto de seguridade como as restricións que temos que facer periodicamente".
NOS_3239
O árbitro, determinante para a derrota albivermella en Euskadi.
Contra 12 non se pode xogar. Os 11 do Eibar máis o árbitro foron demasiado para un Club Deportivo Lugo que perdeu 0-1 na casa dos vascos. O primeiro tempo foi tan gris como os tradicionais altos fornos guipuscoanos. Hernán Pérez optou por un once con Whalley, Loureiro, Xavi Torres, Alberto Rodríguez, Zé Ricardo, Carbó, Señé, Sebas Moyano, Cuéllar, El Hacen e Chris Ramos, e neses primeiros 45 minutos a igualdade foi a tónica principal. As principais oportunidades de gol albivermello foron as que tivo Sebas Moyano nos minutos 15 e 43, mentres que por parte do Eibar foi un gol anulado a Blanco Leschuk no 28 por fóra de xogo. Quique González, ex do Dépor, sentenciou o Lugo Despois do intermedio a igualdade entre ambos os contendentes volveu ser a tónica, que a piques estiveron de rachar os vascos no minuto 64 logo de que o árbitro pitara un penalti por man claramente involuntaria de Xavi Torres, pero un soberbio Whalley detivo o lanzamento. Lamentabelmente, o colexiado non quedou satisfeito e xusto despois de que se cumplira o tempo regulamentario volveu sinalar a pena máxima de forma inxustificada, nesta ocasión por "man" de Zé Ricardo. Outro ex do Dépor, Quique González, superou, esta vez si, o colosal Óscar Whalley.
NOS_58457
Co arquivo da denuncia, a Fiscalía rexeita investigar a acusación presentada pola CIG na que se reclamaba a investigación sobre a posíbel falsificación e sinaturas de axentes co obxectivo de sancionar a sindicalistas.
A Fiscalía de Pontevedra arquiva a denuncia que presentara a CIG pola que se reclamaba a investigación da posíbel falsificación de sinaturas de axentes co fin de sancionar aos sindicalistas. Segundo a central nacionalista, a Fiscalía demostra ter "dúas varas de medir, segundo quen vaian as denuncias". Unha peritaxe caligráfica confirmara no seu momento que as sinaturas da denuncia aos sindicalistas non se correspondían coas da ratificación. O Secretario Comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, defendeu perante a Fiscalía que o feito denunciado tiña unha clara intencionalidade política, a única razón, ao seu ver, que pode explicar que un funcionario se atrevese a falsificar unha sinatura co fin de ratificar a sanción aos sindicalistas. O arquivo do expediente vén tres días despois da declaración. O Secretario Comarcal da CIG non dubidou en explicar os feitos dentro da campaña de "persecución ao movemento obreiro". "O grave disto é que a Fiscalía demostra que ten dúas varas de medir, por unha banda solicitan e apoian condenas a sindicalistas, pero cando se trata de feitos escandalosos e recoñecidos en sentenza como 'posíbel delito de falsidade documental en documento público', decide non investigar", sinalou Marcos Conde despois de coñecer a noticia do arquivo da denuncia. Mostrou Conde a súa crítica por non investigar accións que levan a promover "un sistema corrupto" no que é posíbel que queden impunes accións como as denunciadas. A CIG está a estudar a posibilidade de presentar denuncia polo penal. Os feitos denunciados producíronse despois dunha concentración desenvolvida en Pontevedra en 2012 contra o rescate á banca no que se presentaran denuncias de disturbios. Foi o avogado da CIG o que se decatou de que as sinaturas da denuncia non coincidían cos da súa ratificación. A sospeita foi confirmada despois por unha peritaxe caligráfica o que levou a que as sancións decaesen.
NOS_11594
A iniciativa lexislativa visa incoar o proceso xudicial desenvolvido contra Bóveda e rehabilitar de maneira pública e política a súa figura como tamén a de tod@s @s represaliad@s e asasinad@s desde xullo de 1936
Así o anunciou o secretario da Fundación, Valentín García Bóveda, no acto de homenaxe organizado en Pontevedra con motivo do 77 aniversario do fusilamento do seu avó. A proposición de lei insta ás institucións da Galiza a incoar o xulgamento e execución de Bóveda e a rehabilitar publicamente a figura de tod@s @s asasinad@s polo franquismo A Fundación que leva o nome do ilustre galeguista instará ao Parlamento de Galiza a "declarar e instituír" o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir "en memoria e homenaxe de todos e todas as cidadás que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen a liberdade e os dereitos democráticos e nacionais do pobo galego". Segundo recolle o texto que a Fundación redixirá á Cámara lexislatica, a proposición de lei insta tamén aos poderes publicos do país a "incoar o proceso seguido e a condena a morte ditada" contra Alexandre Bóveda en agosto de 1936 que rematou coa vida do dirixente do Partido Galeguista a mans dun pelotón de fusilamento. Isto é, a iniciar un proceso xudicial que coas debidas garantías declare nulo o xulgamento e execución de Bóveda por parte dun tribunal antidemocrático. Aliás, continúa a iniciativa, o executivo galego e as institucións nacionais deberán rehabilitar "pública e politicamente a figura de Bóveda Iglesias" e con ela simbolicamente "a de todas as galegas e galegos mortos desde o 18 de xullo de 1936".
NOS_41390
O líder histórico da esquerda brasileira, na cadeia por um caso de corrupção tido por falso pelo seu partido, deitou de vez a toalha no chão e não será candidato nas eleições presidenciais, a se celebrarem em primeira volta a 7 de outubro e em segunda a 28. Irá ser substituído por Fernando Haddad, ex prefeito de São Paulo e ex ministro de Educação.
O PT tem já novo candidato, que será oficializado esta terça feira. O seu nome é Fernando Haddad, pessoa muito próxima a Lula Da Silva. O partido perde assim o seu principal ativo eleitoral (embora estar na cadeia continuava a liderar os inquéritos de opinião) e tentará agora que os apoios ao líder histórico se transfiram para Haddad. A situação não é fácil para o partido de Da Silva e Rousseff —os dois referentes fora de jogo, um na cadeia, outra após ser destituída num impeachment— com os inquéritos agora para a primeira volta a serem comandados pelo ultra-direitista Jair Bolsonaro, quem após ser vítima dum atentado incrementou em dois pontos a sua intenção de voto. Segundo uma sondagem publicada por Datafolha, no primeiro turno Bolsonaro atingiria 24 por cento dos apoios, face 13 por cento do centrista Ciro Gomes, 11 da ecologista Marina Silva, 10 do conservador Geraldo Alckmin e apenas 9 por cento do candidato trabalhista Haddad. Em todo caso, e segundo o mesmo inquérito, Bolsonaro tem um alto índice de rejeição: 43 por cento das e e dos eleitores dizem que nunca votariam nele. Isso significa que as suas opções para se impor num segundo turno são muito baixas. O favorito é Ciro Gomes. Haddad terá difícil até passar à segunda volta. As eleições só se resolveriam em primeiro turno se alguma candidatura obtivesse mais de 50 por cento dos votos válidos emitidos. Nenhum candidato, também não Lula, está em condições de alcançar tal patamar.
PRAZA_17069
CRÓNICA O aparato da rúa Génova fai como se as autonómicas de 2016 non se celebrasen e como se a galega non fose a máis potente organización do partido, froito da aposta da dirección por abafallar o presidente da Xunta, aínda que el vaia quedando cada vez máis só como a hipotética alternativa a Rajoy, sobre todo tras o afundimento de Casado no caso Cifuentes. Por Anxo Lugilde Na súa sesta de nove anos, PSdeG e BNG desaproveitan o colapso de En Marea
Na súa sesta de nove anos, PSdeG e BNG desaproveitan o colapso de En Marea Mariano Rajoy tivo o mércores no Congreso o seu momento María Ostiz. Esaxerando varios pobos o caso de Paula Quinteiro, referiuse a esta parlamentaria de Podemos e En Marea como "una diputada de mi pueblo". De contado aclarou que "mi pueblo es Galicia". Trátase dunha rechamante terminoloxía que non emprega en público un Feijóo que, en troques, escandalizou máis dunha vez os xornalistas da caverna madrileña ao falar de Galicia coma un país. Mais en privado todo é distinto, é dicir máis parecido ao que fai Rajoy sen agocharse. Por exemplo, hai uns anos, en conversa cun homólogo seu doutra comunidade, o actual presidente da Xunta laiouse de que Galicia teña tres universidades malia ser "un pueblo". Nin nación, ración, rexión, comunidade, autonomía, país, nacionalidade histórica, curruncho noroeste, territorio, demarcación ou "impaís" que dicía Xavier Alcalá. Para que se entenda ben en Madrid Galicia é un "pueblo", segundo acaba de clarexar o presidente do Goberno. A súa semella unha alusión ao primeiro ou ao segundo dos significados dese termo que ofrece o dicionario da lingua española, os de, respectivamente, cidade ou vila ou o de poboación de menor categoría. O problema é que con calquera desas dúas definicións resulta natural que os nados nese sitio sexan, vistos desde a Corte, "pueblerinos", pailáns. Ben o sabe José Blanco, quen cando se converteu no amo da sede central socialista da rúa Ferraz sufriu coma ninguén o estereotipo do galeguiño, co sufixo agarimoso convertido en despectivo para marcar o descoñecido deputado de Lugo que ousou argallar a vitoria dun tamén anónimo señor de León no congreso do PSOE de 2000. Despois da súa etapa case de mocidade na política galega, na que presidiu a Deputación de Pontevedra e chegou á vicepresidencia da Xunta con 31 anos, Rajoy fixo xa toda a súa carreira en Madrid, escalando en 22 anos desde o posto de deputado do común ata a Moncloa. Aínda así nunca se quitou de enriba a fama de provinciano. Semella que non lle molesta nada, seica pola súa maneira de ser e tamén porque acabou por resultar altamente representativa dos seus bastións electorais. Malia a súa imaxe de señorito do Casino de Pontevedra, ou grazas a ela, Mariano converteuse nun grande especialista en sobrevivir a esa máquina trituradora que é Madrid, segundo o acaído nome que lle puxo o xornalista Enric Juliana á súa política local, aínda que vale tamén para a outra, a que chaman "nacional". Rajoy referiuse a Galicia como "mi pueblo", unha rechamante terminoloxía que non emprega en público un Feijóo que escandaliza os xornalistas da caverna madrileña ao falar de Galicia como "país". Mais en privado todo é distinto. Esa política "nacional" é a que soña con conquistar de volta Feijóo desde que Rajoy e Aznar o mandaron de regreso "al pueblo", cunha oferta que non podía rexeitar aínda que, como se laiaba el, na Consellería de Política Territorial perdía moitos cartos respecto a Correos. Esta España de letra descentralizada e música centralizadora é moi pouco propicia para desde a periferia dunha presidencia autonómica regresar triunfalmente a Madrid coa toma do liderado dun dos dous partidos clásicos, antes de lanzarse á carreira pola Moncloa. Acaba de fracasar nese empeño a andaluza Susana Díaz, aínda que na súa desfeita o que máis pesou foi o erro da xestora de sacar a Rajoy da UVI da investidura, o que resucitou a Pedro Sánchez. O único que o conseguiu é un dos grandes modelos de Feijóo, José María Aznar. Pero era un madrileño que fixo un curto paso pola presidencia da Junta de Castilla y León. Os enormes muros que lle pechan o camiño a Feijóo volveron agromar descarnadamente na recente convención do PP en Sevilla. Na súa intervención de apertura a secretaria xeral, Dolores de Cospedal, mandou un saúdo ao PP de Andalucía, como organizador do evento; aos de Ceuta e Melilla, polo seu gran fervor españolista; aos de Catalunya e o País Vasco, por resistir ante os nacionalismos "malos" e tamén aos de Balears e a Comunitat Valenciana, por facer fronte ao expansionismo do soberanismo. E a Galicia, nin auga, malia que adoita ser a segunda comunidade con máis compromisarios nos congresos do PP e a única na que os da gaivota teñen unha maioría absoluta. Cospedal esqueceuna, tanto na benvida aos distintos territorios como cando falou dos resultados electorais de 2016, nos que se centrou no que para ela foi o grande éxito das xerais do 26 de xuño. Das galegas, nin palabra. Como se non se celebrasen. Poderíase retrucar que non quería baixar á política de segunda división, para evitar comentar a hecatombe catalá de finais do ano pasado. Pero no congreso do partido de febreiro de 2017, só uns meses despois de que Feijóo confirmase a súa hexemonía parlamentaria, Cospedal fixo exactamente o mesmo, coa diferenza de que daquela só saudou os PP de Ceuta, Melilla, País Vasco e Catalunya. Feijóo, na sede central do PP en Madrid tras a súa vitoria electoral en setembro de 2016 / PP Os discursos de Cospedal nas xuntanzas do PP teñen o valor de amosar en público como é o menosprezo que a dirección central do partido lle fai a Feijóo desde que nas galegas de 2016, en pleno bloqueo da investidura en España, a salvou coa súa vitoria Os discursos de Cospedal nas xuntanzas do PP teñen o valor de amosar en público como é o menosprezo que a dirección central do partido lle fai a Feijóo desde que nas galegas de 2016, en pleno bloqueo da investidura en España, a salvou coa súa vitoria, por máis que fose pola non comparecencia do rival, cunha campaña tan personalizada que ata agochaba as siglas do partido. Vese tamén nos programas deses actos, nos que non aparece entre os principais dirixentes do partido, senón mesturado cos líderes de Catalunya, La Rioja, Murcia... Na actual catastrófica situación do partido ese trato semella case que unha vantaxe, aínda que a Feijóo seica lle molesta, como reflicte o esforzo do seu aparato de propaganda por o agochar. Para iso en Sevilla veulle moi ben o forte aplauso que lle deron os asistentes, aínda que ficase algo desvalorizado polo que tamén recibiu unha Cristina Cifuentes en pleno viacrucis. Rajoy, aínda que coide máis as formas que Cospedal, polo que se ve deixa facer. "Mariano non se fía de Alberto desde hai moito tempo porque sabe que lle quere mover a cadeira", di unha das persoas de fóra do PP que máis trata os dous. "Feijóo puede aterrizar en Madrid si Soraya no le sigue sacando fotos con narcos...", afirman nunha pasaxe da biografía de Sáenz de Santamaría Sobre o concepto que teñen de Feijóo na cúpula do PP resulta moi interesante o libro La vicepresidenta: Soraya Sáenz de Santamaría: la mujer más poderosa de España, publicado polas xornalistas Gabriela Bustelo e Alejandra Ruiz-Hermosilla en xuño de 2017. É un delirio feito biografía, e non tanto porque as autoras se esquezan de Ana Patricia Botín nin porque comparen a protagonista con Winston Churchill ou con Margaret Thatcher, senón porque falan da súa sociedade con Rajoy como un tándem entre iguais. Trátase sobre todo dun compendio de opinións que dan distintas persoas, como Florentino Portero, historiador especializado en relacións internacionais, quen sobre Feijóo di non coñecer a "nadie que considere que es un estadista. Tiene el mejor currículum de los dirigentes del PP con diferencia y, por tanto, el cursus honorum de la derecha coloca a Feijóo en primera posición. Pero cuando uno quiere algo en política, la primera condición es el valor y a mí no me consta que Feijóo está dispuesto a dar la batalla, me consta su ambición, no su disposición". Así, segundo Portero non é que o dos Peares non queira ir contra Rajoy, como din os seus, senón que non se atreve. Feijóo vai quedando cada vez máis só como sucesor, pero para el segue a ser todo moi complicado porque, como diría Rajoy, vén directamente de "mi pueblo". As xornalistas Bustelo e Ruiz-Hermosilla afirman que os "íntimos de Rajoy" cren que o sucesor é "claramente Alberto Núñez Feijóo", do que din que nunca se entendeu ben co presidente do Goberno. Mais apuntan que a substitución pode tardar tempo en producirse, o que lles dá pé para incorporar o retranqueiro testemuño dun deputado de primeira liña do PP: "Vete tú a saber si a Feijóo le ha salido que un narcotraficante le vendió no sé qué, Soraya se ha abrasado en Cataluña y resulta que Cospedal firmó que se quitara el seguro de un avión". É reveladora a diferente natureza dos atrancos que afrontan cada un, o da súa amizade con Marcial Dorado no caso de Feijóo, o expediente catalán no de Soraya, que xa a queimou, e algún escándalo do estilo do Yak-42 no de Cospedal. "Feijóo puede aterrizar en Madrid si Soraya no le sigue sacando fotos con narcotraficantes...", afirma noutra pasaxe do libro o xornalista Alfredo Urdaci, que sinala unha posible relación da vicepresidenta coa publicación das fotos con Marcial Dorado que tamén ven algúns na cúpula da Xunta. Para que Saénz de Santamaría fose a sucesora a elección do seu substituto teríaa que facer Rajoy e nese suposto optaría por si mesmo. Ademais, a vicepresidenta ficou fóra de xogo co desastre catalán, que tamén alcanzou, como tantas outras desfeitas, a Cospedal. Cifuentes xa quedou afastada da carreira cando foi acusada de participar na corrupción do PP madrileño, antes do escándalo do máster, no que se afundiu a imaxe de Pablo Casado, o dirixente da rúa Génova que trataban de lanzar como alternativa de futuro. Feijóo vai quedando cada vez máis só como sucesor, pero para el segue a ser todo moi complicado porque, como diría Rajoy, vén directamente de "mi pueblo". Na súa sesta de nove anos, PSdeG e BNG desaproveitan o colapso de En Marea -> SEGUIR LENDO
NOS_20188
Tres longametraxes e catro curtas compoñen o Focus on Galicia, o espazo no que se proxecta unha mostra do Novo Cinema Galego no festival IberoDocs de Escocia.
Edimburgo e Glasgow, do 14 ao 24 de maio, están a coñecer producións do Novo Cinema Galego que se proxecta no apartado "Focus on Galicia" do Festival de Cine Documental Iberoamericano festival IberoDocs. Nesta súa segunda edición o festival proxectará tres longametraxes e catro curtas da nova produción cinematográfica galega, filmes que teñen xa unha ampla traxectoria de participacións en festivais internacionais.Arraianos (2012) de Eloy Enciso, Vikingland (2011) de Xurxo Chirro e N-VI (2012) de Pela del Álamo son as longametraxes escollidas para participar nesta mostra do novo cinema galego, canda curtas como Spaces of Time #1 Vigo e Porto de David Hernández, Montaña en sombra de Lois Patiño e Pettring de Eloy Domínguez Serén. O novo e internacional cine galego O produtor executivo do festival, Xosé Ramón Rivas destacou que "por primeira vez Galiza ten un papel principal recoñecido e premiado no circuíto de festivais internacionais de cine". A produtora de Vikingland e Arraianos, Beli Martínez, e o director de N-VI, Pela del Álamo participan tamén no programa do festival para explicar a dimensión do coñecido como Novo Cinema Galego. A Filmhouse de Edimburgo e o Centro for Contemporary Arts de Glasgow., dous prestixiosos centros do país, acollen as proxección do cinema galego no marco dun festival que, nesta nova edición, xira arredor da identidade. Na explicación dos obxectivos do programa, explican que Focus on Galicia "tende unha ponte entre a cultura galega e a escocesa, similares nas súas bases celtas, no seu pasado emigrante, na súa xeografía, no clima e no carácter acolledor dos seus habitantes".
PRAZA_6158
A nosa patria non debe de quedar asulagada por leas que nos empobrecen. Se ninguén nega que don Xosé sexa merecente do recoñecemento da Real Academia Galega, non corresponde andar fedellando en aspectos secundarios como o de lembrar o seu pasado de alcalde franquista de Pontevedra
Poida que a crise económica inflúa negativamente en cada unha das nosas actividades, razoamentos e pensamentos. Coido é o que está a suceder coas desnortadas críticas sobre don Xosé Filgueira Valverde. Non semella que sexamos unha sociedade concienciada da nosa riqueza identitaria cando caemos na insensatez de descalificar a quen o merece porque disque hai eleccións no ano 2015. Os galegos que pensan nunha patria grande queren ter ao erudito pontevedrés no seu equipo e non andan perdendo o tempo coas trangalladiñas de se quen adestra é Alonso Montero ou Méndez Ferrín. Non semella que sexamos unha sociedade concienciada da nosa riqueza identitaria cando caemos na insensatez de descalificar a quen o merece porque disque hai eleccións no ano 2015 Nós aló enriba temos unha moi forte selección celestial de fútbol que xoga con paixón e habilidade técnica porque hai entendemento entre os 11 convocados polo adestrador nacional galego que é don Luís Seoane. O actual plantel titular é o seguinte: Ramón Piñeiro [1]; Filgueira Valverde [2]; Cotarelo Valledor [3]; Otero Pedrayo [4]; Álvaro Cunqueiro [5]; Castelao [6]; Rafael Dieste [7]; Paco del Riego [8]; Paz Andrade [9]; Blanco Amor [10]; Lorenzo Varela [11]. Sei que Alonso Montero e Méndez Ferrín elixirían outros xogadores –-coido que a dianteira é do seu agrado---- pero son respectuosos co labor de Seoane e cumpren como fieis seareiros berrando cada gol dos nosos heroes azuis e brancos. Se ninguén nega que don Xosé sexa merecente do recoñecemento da Real Academia Galega, non corresponde andar fedellando en aspectos secundarios como o de lembrar o seu pasado de alcalde franquista de Pontevedra A nosa patria non debe de quedar asulagada por leas que nos empobrecen. Se ninguén nega que don Xosé sexa merecente do recoñecemento da Real Academia Galega, non corresponde andar fedellando en aspectos secundarios como o de lembrar o seu pasado de alcalde franquista de Pontevedra. Por certo, foi grazas a súa xestión municipal que hoxe gozamos dunha fermosa zona histórica na capital do Lérez. Quero dicir que tempo haberá para que outros candidatos obteñan o seu recoñecemento. Agora mesmo don Xosé está escoitando a Castelao que o consola: Non sintas que hai quen non te quere, Xosé Fernando. Os rapaces que protestan contra da Xunta son lectores agradecidos dos teus marabillosos "Adral" publicados polo xeneroso irmán Isaac". Os que coñecemos a don Xosé puidemos escoitar mil e unha historias de Galicia e da emigración. Lembro con especial agarimo o que me contou sobre a vida e a obra de Alejandro Campos Ramírez. Moitos xoves pola tarde compartín con el un par de horas en Santiago de Compostela e case sempre viaxábamos ata o Río da Prata para lembrar o meu paso polo Patronato da Cultura Galega. Preguntaba polos seus amigos montevideanos e eu faláballe dos meus primeiros anos de candombe, doce de leite e goles de Peñarol. Comenteille que tivera un futbolín [alí é futbolito] cos xogadores feitos en aluminio de fundación e coas camisolas dos dous principais rivais do fútbol uruguaio. Unha tarde compostelá coñecín todos os detalles da apaixoante traxectoria vital dun emigrante de Fisterra que encheu de alegría a millóns de nenos do mundo enteiro. Os textos do noso gran polígrafo pontevedrés nacido na praza do Peirao son fondamente vitamínicos e por tanto unha moi boa dose enerxética para ir avanzando esperanzados polos vieiros do futuro Que don Xosé foi un sabio con ampla cultura non se discute pero tamén –-e ademais de grande especialista en lírica medieval galega--- foi un divulgador excepcional que escribiu miles de zumentos artigos na prensa. En "Ediciós do Castro" recolle as valiosas pezas xornalísticas que titula "Adral" e que humildemente ofrece aos lectores: "podédeslle chamar monza, caixón de xastre, táboa revolta, trepezada ou manta farrapeira". Podo asegurar que non hai mellor tratamento contra da baixada depresiva da conciencia identitaria que ler calquera dos tomos do "Corpus-Adral-Filgueirán". Os textos do noso gran polígrafo pontevedrés nacido na praza do Peirao son fondamente vitamínicos e por tanto unha moi boa dose enerxética para ir avanzando esperanzados polos vieiros do futuro. Graciñas, don Xosé.
NOS_47311
Nunha marcha convocada pola CUT, o colectivo enfatizou que "os pensionistas que emigramos fomos traballadores, non estafadores" e reclamou a paralización dos expedientes, así como que a lei non se aplique con carácter retroactivo
Máis de 4.000 persoas reclamaron esta fin de semana en Cangas unha solución para o colectivo de pensionistas do Salnés, Vigo, Redondela ou Ourense e que son, a un tempo, emigrantes retornad@s, e que están a ser presionad@s por Facenda. Detrás dunha faixa co lema 'Os pensionistas que emigramos fomos traballadores, non estafadores', a mobilización foi gañando participantes até que, segundo a organización, superou as 4.500 persoas. "Esta gran estafa que chaman crise vainos levar á escravitude", enfatizou a actriz Mónica Camaño durante a leitura dun manifesto de marcado carácter reivindicativo. Houbo mostras de solidariedade coas persoas afectadas polos despexos e tamén coas estafadas na venda de participacións preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco. Foi o voceiro da plataforma de pensionistas emigrad@s de Vilagarcía, Xosé Lois Leirós, quen falou en nome d@s afectad@s para sinalar que "os traballadores que tivemos que facer a maleta e sufrir lonxe da nosa Terra temos que pagar os pratos rotos" da corrupción política. "Somos unha peza importante dentro do saqueo", destacou, enfatizando que "nunca recibimos información sobre a obriga de tributar nin tivemos intención de defraudar", polo que pediu que se anulen os expedientes sancionadores e que a lei de 2012 non se aplique con carácter retroactivo. A multitudinaria mobilización estivo convocada pola CUT.
NOS_31114
As dúas capitais catalás de comarca, xuntas suman máis de 75.000 habitantes, sumáronse á petición de independencia que realizaron xa outros municipios. O PSC abstense ou vota en contra e fala da súa 'tradición federalista'
As peticións para que Catalunya sexa un estado independente continúan desde os municipios. Se hai uns días foron Sant Pere de Torelló e Calldetenes primeiro, e Arenys de Munt despois, o regueiro de textos presentados a pleno continúan. Dúas capitais de comarca, Vic e Tortosa, aprobaron os seus e tamén o fixo Argentona. Os votos en contra de CiU e PSC, segundo informa o xornal Vilaweb, impediron que tamén se aprobase no municipio de Santa Coloma de Farners. VicA moción, presentada pola vía de urxencia pola CUP, conseguiu os apoios de ERC, SI e ICV aos que se sumaron os votos favorábeis de CiU. Nela declárase 'Vic territorio catalán ceibe e soberano' solicitando ao presidente da Generalitat e á presidenta do Parlamento de Catalunya 'que comecen no tempo máis breve posíbel, en todo caso antes do día 11 de setembro de 2014, o proceso de declaración de soberanía nacional catalá e convoquen os referendos e comicios necesarios para preparar de maneira axeitada a transición cara ao novo estado catalán'.No texto aprobado apélase ao 'espírito cívico de Europa e en especial ao Estado española para que se impoña unha resolución democrática dos conflitos' que leve adiante 'os ideais da paz, o traballo e a liberdade, a amizade e a irmandade entre os pobos do mundo'. TortosaNeste municipio a moción foi aprobada cos votos a favor de CiU, ERC e ICV fronte ao votos en contra de PSC, PP e PxC. O texto aprobado no pleno municipal de Tortosa solicita 'que o Parlamento de Catalunya someta a votación a declaración unilateral de soberanía nacional de Catalunya e, se cadra, convoque un referendo sobre a independencia de Catalunya'. Ademais dan o seu apoio ás accións da Assemblea nacional
NOS_36496
A representación legal da familia do ditador considera "tecnicamente deficiente" o auto que a obriga a devolver o inmóbel, declarado pola maxistada propiedade do Estado español.
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña admitiu a trámite o recurso de apelación interposto pola familia Franco contra a sentencia que declara ao Estado propietario do Pazo de Meirás. Así informou hoxe o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. A continuación o Xulgado dará traslado as restantes partes, emprazándoas para que presenten escrito de oposición ao recurso ou, no seu caso, de impugnación da sentenza nun prazo de dez días. O fallo declarou ao Estado español propietario do inmóbel e sinalou a nulidade da "doazón" efectuada en 1938 ao ditador Francisco Franco, obrigando a súa familia a devolvelo. Tras a publicación da sentenza, a súa representación legal xa anunciou a súa decisión de presentar un recursos por, entre outras cuestións, consideralo "tecnicamente deficiente". Logo de coñecerse o fallo, esta parte criticou que na resolución a xuíza instrutora, Marta Canales, dea por probados os feitos recollidos no libro sobre o Pazo de Meirás escrito polos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo. En marzo, a familia do ditador presentaou unha denuncia pola vía civil contra o primeiro tras a súa participación nun programa de televisión. Ambos os dous declararon no xuízo. Argumentos dos Franco Na vista, os Franco argumentaron que o inmóbel foi un agasallo a título persoal para Francisco Franco. Alegaron que cando a propiedade foi danada por un incendio foi Carmen Franco quen se encargou de restauralo cargandos cos gastos logo do "esquecemento" do edificio por parte do Estado. E insistiron en que a familia fixera uso do inmóbel logo da morte do ditador. A xuíza sinalou no auto que no mesmo ano da doazón constituíuse a Xunta Pro Pazo "do Caudillo" para agasallar ao "Xeneralísimo dos Exércitos e Xefe de Estado Nacional". Este detalle para co ditador foi concedido en tanto que era o xefe do Estado español. Así mesmo, varias testemuñas advertiron da prestación de servizos en Meirás por parte das Administracións. O garda hortelán do pazo entre 1982 e 1990 asegurou que o seu salario foi sufragado pola Garda Civil e un veciño de Sada afirmou da posto a punto do inmóbel por "traballadores da Comandancia de Obras e xardineiros do Concello da Coruña". A da maxistrada é a mesma argumentación esgrimida polo Estado español, a Xunta, as Administracións locais da Coruña e Sada e mais da Deputación da Coruña.
NOS_26666
A bailarina e coreógrafa Janet Novás vén de recibir o premio "El ojo crítico" de RNE. O xurado destaca entre os seus méritos "unha traxectoria que lle dá sentido a bailar".
A bailarina e coreógrafa galega Janet Novás vén de resultar gañadora do premio "El ojo crítico", na categoría de danza. Segundo o fallo do xurado Novás é merecedora do premio "porque coa súa danza non dubida en impresionar e en apelar ao público con coherencia e honestidade con maiúsculas, por realizar unha exploración do mundo moi persoal, pola súa facilidade para materializar ideas e demostrar como certos desexos interpretativos poden encontrar un vehículo corporal, espacial e temporal, polo seu labor de pedagoxía e por unha traxectoria que lle dá sentido a bailar". O seu traballo recrea paisaxes dunha relevante densidade simbólica mediante unha intelixente mestura de recursos coreográficos e dramáticos Janet Novás, un dos valores máis seguros da danza contemporánea galega, formouse entre Madrid, Bruxelas e Berlín. En 2008 comeza a crear e a desenvolver os seus propios proxectos, en colaboración co músico e compositor Haru Mori e o coreógrafo e performer Ricardo Santana. O seu traballo recrea paisaxes dunha relevante densidade simbólica mediante unha intelixente mestura de recursos coreográficos e dramáticos, que logran transmitir sensacións e que apelan a introspección, sen renun-ciar a un traballo técnico de altura formado por elementos como a xestualidade compulsiva e a investigación dos elementos do movemento e o equilibrio. As súas creacións presesentáronse en festivais e encontros como os Rencontres Chorégraphiques, Festival de Marseille, Festival Nouvelles-Pole Sud, Cement Festival, Dança en Transito, MOV_S, TNT Dansa, Festival de Otoño a Primavera, Escenas do Cambio e o Festival Bad, entre outros. Ao longo da súa carreira recibiu premios como o 2º premio de XXI Certamen Coreográfico de Madrid; unha bolsa para o danceWEBeurope 2008 (Viena); o premio de Asistencia Artística ao Festival B ́Motion de Bassano del Grappa; ou o Premio InJuve 2011 pola súa creación Cara pintada. Como intérprete traballou para as compañías Lisi Estarás (Les ballets C de la B), Daniel Abreu, Pablo Esbert, PlayDramaturgia, Matarile Teatro, Provisional Danza, Pisando Ovos, Arrieritos, Megaló Teatro, Ertza, José Reches e Pedro Berdayes. Tamén colaborou na terceira edición do proxecto "Bailar ¿es lo que queréis?" comisariado por Elena Córdoba, Ana Buitrago e Jaime Conde Salazar e en El canto de los caballos, de Lipi Hernández. Entre os seus espectáculos destacan Feelings, Cara pintada, Who will save me today, Se puides falar disto non faría isto ou Mercedes mais eu, un dos espectáculos seus espectáculos de máis éxito, en colaboración coa compositora e cantante Mercedes Peón
NOS_31724
Un estudo de 'The Economist' sitúa o Estado español, Italia e os países ex-soviético como dos de maior fenda salarial entre patróns e empregados de toda Europa. Un xefe executivo gaña de media 788 euros/hora fronte os menos de 4 euros por hora do operario de menores ingresos. Canda o Estado español, Italia e os países ex-soviéticos. No outro extremo, os países nórdicos
Canto tempo debe de traballar un operario para gañar o que o seu patrón gaña nunha hora?. Esta é a pregunta a partir da cal o xornal británico The Economist elabora unha análise que pon o lente sobre os diversos estados europeos e as fendas salariais existentes. Xornalistas e economistas empregan para responder esa pregunta datos oficiais da Unión Europea (Eurostat), datos de pagamentos no sector privado obtidos a través da Federación de Empresarios de Europa, cifras e variábeis sobre horas traballadas por semana, etc... E a resposta é que en Italia, e nunha medida moi semellante no Estado español, "un traballador medio precisaría 10 días para gañar os máis de 760 euros que o presidente executivo da empresa gaña nunha hora". Unha fenda que non é igual de grande en todo o continente, tal e como se sinala nesta reportaxe. No que atinxe ao Estado español, un alto executivo dunha empresa mete de media no peto 788 euros por hora. O traballador peor pago da empresa gaña de media menos de catro euros. "As desigualdades salariais entre a cúpula e o máis humilde traballador é maior en países ex-soviéticos, e España e Italia", enfatizan en The Economist Menor disparidade A disparidade é menor nos países nórdicos e en Suíza, onde presuntamente todos son ben pagados. Pero cantas horas traballa un executivo? Estudos do uso do tempo do Proxecto Executivo, unha unidade de investigación creada para supervisar aos empresarios, apunta a que traballarían 45-55 horas á semana (en comparación co do traballador medio, que estaría nas 38 horas). A maior parte dese tempo é adicado a reunións, encontros e xuntanzas
NOS_2641
Ardalén é unha das novidades editoriais máis agardadas da tempada. Da man de El Patito Editorial chega a nova novela gráfica de Miguelanxo Prado, unha historia arredor da memoria e que está a recibir os parabéns dunha crítica que a presenta como unha das obras máis sólidas do autor.
Tres anos leva Miguelanxo Prado traballando en Ardalén, a súa nova novela gráfica que desde hai unha semana ten un lugar de privilexio nos andeis de actualidade editorial nas librarías. Mália iso, a historia naceu moito antes, arredor de hai dez anos, antes mesmo de que o autor comezara a crear De profundis, o libro que levaría á pantalla. En Ardalén, a memoria, as memorias, son protagonistas. A memoria biolóxica do vello ao que lle van faltando os datos, a procura da memoria familiar e a identidade por parte da protagonista, a memoria social da emigración e tamén a memoria da represión, artelladas todas nunha historia compacta coa que se constrúe a nova novela gráfica do noso autor de cómic máis internacional. De partida, Ardalén contará con sete edicións noutras tantas linguas, como adoita acontecer coa produción editorial da máis relevante figura da banda deseñada galega. "Trátase do máis maduradamente galego dos meus libros, onde todo está máis asumido, maís naturalizado", comenta o autor dunha novela que ten como escenario unha aldea da montaña de Lugo e unha historia de emigración como eixo da trama narrativa. A realidade -amparada en datos e documentos históricos- mestúrase coa fantasía, achegándose como nunca ao realismo fantástico de orixe galega do que o Miguelanxo Prado bebe, nomeadamente na figura de Álvaro Cunqueiro. El Patito Editorial, dirixida por Genma Sesar e o debuxante Fausto Isorna, publica esta nova obra de Miguelanxo Prado ao tempo que sae a súa edición en español e diante das outras edicións do autor. Consegue, desta maneira, introducir no mercado a obra en galego ao tempo que sae noutras linguas habituais na produción editorial das obras do autor. Trátase do quinto en galego do autor que se publica na colección que o selo abriu para traer para a nosa lingua a obra completa de Miguelanxo Prado e que até agora deu títulos como Stratos, Os compañeiros. A Orde da Pedra, De Profundis e, recentemente, Trazos de Xiz. (Entrevista con Miguelanxo Prado no número 25 de Sermos Galiza)
PRAZA_7645
O problema do déficit hai que velo, sobre todo, dende a perspectiva do ingreso. A recadación fiscal española perdeu quizais máis de 20.000 millóns de euros (máis da metade do que paga o Estado polos elevadísimos xuros da débeda) por mor dunha lexislación fiscal regresiva que non axusta o pagamento dos Impostos ao beneficio real das grandes empresas, únicas que teñen na súa man as complexas ferramentas de enxeñería financeira precisas.
É un lugar común que a queda da actividade económica xere de seu unha queda na recadación fiscal. Mais os estudos do economista galego Manuel Lago demostran que o grande burato fiscal entre a recadación do 2006 e ao 2011 foi o Imposto de Sociedades (IS), que pagan as compañías mercantís polos seus beneficios. No 2006 a recadación estatal acadou os 183,5 mil millóns de euros, que caeu no 2011 a 158,5. Pois ben, estes 25 mil millóns menos foron responsabilidade exclusiva do IS, que caeu en 28 mil millóns (duns 43,7 mil millóns de euros a só pouco máis de 11 millóns de euros), mentres a recadación por IRPF subía en case 4 mil millóns e o IVE e os Impostos especiais mantiñan, en xeral, os seus números. Os estudos do economista galego Manuel Lago demostran que o gran burato fiscal entre a recadación do 2006 e ao 2011 foi o Imposto de Sociedades (IS), que pagan as compañías mercantís polos seus beneficios Evidentemente, a caída nos beneficios explica parte desta queda, mais non a meirande parte. No ano 2011 os beneficios das empresas societarias sobardaron os 115 mil millóns de euros, dos que máis de 46 mil millóns de euros ficaron exentos de tributación, por mor dun conxunto de complexas bonificacións, exencións e deducións fiscais e outras ferramentas de enxeñería tributaria que só benefician ás grandes corporacións, que veñen pagando de media só un 11,6%, fronte á media do 12,2% das familias na renda ou o case 18-19% de media que pagan as pemes societarias. As grandes corporacións, que veñen pagando de media só un 11,6%, fronte á media do 12,2% das familias na renda ou o case 18-19% de media que pagan as pemes societarias Velaí que o problema do déficit haxa que velo, sobre todo, dende a perspectiva do ingreso. A recadación fiscal española perdeu quizais máis de 20.000 millóns de euros (máis da metade do que paga o Estado polos elevadísimos xuros da débeda) por mor dunha lexislación fiscal regresiva que non axusta o pagamento dos Impostos ao beneficio real das grandes empresas, únicas que teñen na súa man as complexas ferramentas de enxeñería financeira precisas. O problema do déficit hai que velo, sobre todo, dende a perspectiva do ingreso. A recadación fiscal española perdeu quizais máis de 20.000 millóns de euros Semella que unha normativa fiscal xusta e progresiva achegaría moitos máis recursos á caixa. E achegaría unha perspectiva moi diferente a respecto dos recortes sanitarios, educativos e sociais que a dereita vende como inevitábeis. Malia que fose o PSOE, por certo, quen aplicara esta lei fiscal tan pouco social. A Arrincadeira: Gran parte da sociedade quere máis galego O éxito da manifestación a prol da nosa lingua non debería facermos esquecer a necesidade de combinar (e mesmo transcender) esta caste de respostas na rúa con medidas eficaces e proactivas para recuperar falantes e presenza social nos sectores até de agora pouco receptivos á nosa lingua.
PRAZA_2395
Os membros do Congreso e do Senado elixidos polas circunscricións galegas tramitaron máis de 37.000 iniciativas, se ben o reparto non é, nin de lonxe, equitativo. Repasamos o seu traballo na lexislatura que vén de rematar. Todas as candidaturas terán que estar pechadas en tres semanas
Todas as candidaturas terán que estar pechadas en tres semanas O presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, lanzou definitivamente este luns a carreira para as eleccións xerais coa aprobación do decreto de convocatoria electoral, unha rolda de prensa de balance e unha entrevista en Televisión Española que inclúe doce preguntas pregravadas por "cidadáns". A chamada ás urnas, que este martes publicará o BOE, supón a disolución das Cortes Xerais, nas que dende novembro de 2011 sentou medio cento de persoas en representación das circunscricións galegas no Congreso e no Senado. Entre todos, estes membros galegos das Cámaras lexislativas do Estado tramitaron máis de 37.000 iniciativas, se ben o reparto non é, nin de lonxe, equitativo entre eles. Congreso dos Deputados Polos vinte e tres asentos que as circunscricións galegas teñen asignadas no Congreso dos Deputados pasaron 28 deputados e deputadas durante a décima lexislatura das Cortes, a causa das substitucións que se produciron por diversos motivos, caso por exemplo da incorporación do socialista Francisco Caamaño e do nacionalista Francisco Jorquera ás candidaturas das súas formacións para as eleccións galegas de 2012. Como adoito, os e as representantes da oposición despregaron un nivel de actividade notablemente maior que a de quen se encadraron no partido que sustentou o Goberno, neste caso o PP. Alén do contido, dende o punto de vista meramente numérico as bases de datos do Congreso indican que a representante galega que realizou un maior número de actividades foi a ourensá Laura Seara (PSOE), con máis de 4.400 iniciativas na lexislatura. A segunda deputada galega máis activa foi a tamén socialista Paloma Rodríguez, autora de 3.800 iniciativas malia incorporarse ao Congreso en 2012 en substitución de Caamaño. A continuación sitúase Guillermo Meijón, con máis de 2.900 actividades, e o exministro e actual eurodeputado José Blanco, que formulara 873 iniciativas antes de marchar á Eurocámara en 2014. Seara e Meijón foron os deputados galegos con máis actividade no Congreso Por riba do medio milleiro de actividades quedou tamén a voceira do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, quen malia ás restricións de iniciativas derivadas de pertencer ao Grupo Mixto superou as 700. A actual presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, achegou máis de 500, e a deputada do BNG Rosana Pérez elaborou 527 iniciativas dende que en 2012 substituíu a Jorquera, que ata o seu paso ao Parlamento galego presentara 70. Dúas integrantes galegas do grupo do PP rematan a lexislatura sen ningunha iniciativa Pola banda do PP o seu deputado galego con máis iniciativas foi o ourensán Celso Delgado, que formulou 73, mentres que a maioría dos parlamentarios do PPdeG estiveron entre as 30 e as 40. Dúas deputadas do PP en representación das circunscricións galegas, a ministra Ana Pastor e mais Margarita Varela, que se incorporou ao Congreso en 2014 para substituír a Antonio Erias, rematan a lexislatura sen asinar ningunha iniciativa parlamentaria. Senado Senadores galegos do PP, con Feijóo e Pilar Rojo ante un busto de Fraga na Cámara Alta O senador galego máis activo foi Ricardo Varela (PSOE) Tamén no Senado a oposición foi moito máis activa que a bancada que que apoiou o Goberno, xa fose por elección nas urnas ou por designación do Parlamento de Galicia, papel que na presente lexislatura desenvolveron José Manuel Romay Beccaría -durante apenas seis meses-, Enrique López Veiga e Juan Manuel Jiménez Morán, todos eles do PP. No caso de Romay, a única actividade parlamentaria que desenvolveu nese medio ano foi a súa toma de posesión, mentres que López Veiga realizou 37 iniciativas e Jiménez Morán, 11. No cómputo xeral a actividade de Ricardo Varela, senador do PSOE pola provincia de Lugo, destaca en número de iniciativas por riba das demais, achegándose ás 9.000 nestes catro anos. O ourensán Miguel Fidalgo, tamén do PSOE, superou as 4.500, e os tamén socialistas Ángeles Marra e Javier Losada realizaron 4.000 e 3.700 actividades parlamentarias, respectivamente. O senador do PP Armando Castosa, Alcalde de Cospeito, realizou 10 iniciativas en catro anos, a metade o mesmo día No grupo do PP a representación galega tivo unha actividade máis ben escasa. Así, as conservadoras con máis iniciativas foron Elvira Larriba, con 84, e Dolores Pan, con 44. O voceiro do grupo do PP, José Manuel Barreiro, rexistrou 25 actividades, unha cantidade semellante á da maior parte das senadoras e senadores do PP galego. Entre os senadores galegos elixidos en 2011 que permaneceron na Cámara Baixa durante toda a lexislatura destacou pola súa escasa actividade o tamén alcalde de Cospeito, Armando Castosa, que sen contar a toma de posesión realizou 10 actividades en catro anos, a metade delas o 19 de febreiro de 2012,
NOS_18202
Advirte que na Galiza continuará o feche permimetral por concellos. Recoñece que a variante británica do coronavirus xa é a dominante na Galiza e indica que as melloras na evolución do coronavirus destes días non son "suficientes" para un maior alivio das restricións. "Eu quixera abrir moito máis, pero non podo. Quixera abrir moito máis rápido, pero non podo", laiouse.
Feixoo anuncia que Galiza seguirá en máxima restrición con feches perimetrais por concellos mais anunciou seis aperturas graduais: 1) A partir desta cuarta feira o comercio recupera o seu horario, cunha capacidade de 50% mais mantense pechados centros comerciais fin de semana 2) No ámbito da formación, as aulas presenciais en ensinos especiais retomaranse o 22 de febreiro agás para canto e instrumentos de vento. As aulas presenciais na universidade retomaranse o 1 de marzo para usar a próxima semana para facer un cribado aos universitarios. 3) Permítese a reapertura de instalacións deportivas ao aire libre e retómase a competición federada autonómica. 4) Transporte: apertura do interior dos restaurantes nas estacións de servizos para os profrsionais do transporte nas vías de altas prestacións. 5) Retómase actividade en bibliotecas, arquivos, dalas de exposicións, museos, cinema, auditorios, teatros, cunha capacidade de 30% 6) En todas as residencias que completasen o ciclo da vacinas hai 10 días, as visitas poderán ser 3 á semana con 2 familiares de referencia. No caso dos centros de discapacidadce retómanse as saídas. No que atinxe á hostalaría, anunciou que o comité volverá xuntanrse a vindeira segunda feira, día 22, e volverá avaliar a pandemia e se a tendencia continúa á baixa podería valorarse unha desescalada neste sector, sempre en función da evolución das diferentes áreas sanitarias. Núñez Feixoo defendeu que o paquete de restricións adoptadas a finais de xaneiro están a ser "útiles" para combater a pandemia. Puxo como exemplo a redución na taxa de positividade ou na incidencia acumulada (IA) a 14 días. "A clave foi reducir a interacción social", sinalou. Mais, dixo, "os dados non anosan aínda unha melloría suficiente". Aquí referiuse aos pacientes ingresados en UCI, onde hoxe hai 224 pacientes mentres que no pico da primeira onda do coronavirus eran 177. Por iso apelou á "prudencia" e amosou que a maioría das restricións, ou aquelas que afectan máis á poboación, como os fechamentos perimetrais por concellos van seguir activadas. Tamén continúan a estar prohibidas as reunións de non convivintes. "Eu quixera abrir moito máis, pero non podo", resumiu o representante, que afirmou que a súa prioridade agora está en salvar vidas. De feito, incidiu en que a incidencia "sube moito máis rápido do que baixa", polo que non se poden "botar por terra os esforzos" impostos até o momento. A este Comité chegabase despois das visións diferentes sobre a "desescalada" entre Núñez Feixoo e o Comité clínico. O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, considerou que "non procede" agora falar de desescaladas. Unha opinión que o conselleiro forneceu a pasada cuarta feira, apenas unha hora despois de que Núñez Feixoo falase no Parlamento galego dunha "desescalada media e gradual". "Sería pouco prudente, con 250 pacientes na UCI, falar de desescalada". O presidente, ademais, afirmou que a cepa británica xa é a dominante na Galiza. Tampouco descarta o crecemento das variantes sudafricana e brasileira, ou outras novas. Vacinación Feixoo anunciou que a vindeira semana principiara a vacinación ás persoas de máis de 80 anos. O criterio vai ser mediante sorteo. "Ante notario sacouse ao chou unha letra, H, e a partir de aí, dos apelidos que empecen por esa letra, principiará a vacinación dese colectivo". Así que apos a H, seguirán os da I.. até Z e ir ao principio abecedario A, B... En función do número de vacinas terminarase a finais de abril ou antes, dixo. Feixoo volveu aproveitar unha comparecencia para reclamar información no proceso de entrega de vacinas, e quéixase de que "estamos xestionando a pandemia practicamente en solitario". Asegura o presidente que o Sergas ten capacidade para vacinar 100.000 persoas diarias mais que non se pode chegar a ese ritmo por mor de que a Galiza non chega ese número de doses, do que responsabiliza o Goberno español.
NOS_20890
O Tribunal popular internacional (TPI) exixe ao goberno indonesio que investigue o xenocidio de 1965, para alén de declarar Estados Unidos, Reino Unido e Australia cómplices.
Medio século despois do masacre en Indonesia de medio millón de comunistas (hai estimacións que elevan a cifra a un millón) o Tribunal popular internacional (TPI) 1965 vén de equiparar o acontecido con outros xenocidios do século XX e cualifícao como "crime contra a humanidade". O TPI non ten competencias xurídicas reais. Foi creado por ONGs e no veredito exixe que o goberno indonesio investigue a matanza e pida desculpas, para alén de declarar que EUA, Reino Unido e Australia foron cómplices, indirectamente, do masacre. Os resultados do xulgamento serán debatidos en abril de 2017 na Comisión de Dereitos Humanos da ONU. O PKI (Partido Comunista de Indonesia) tiña na primeira metade da década dos 60 máis de tres millóns de militantes e era dos maiores partidos comunistas do mundo. Sukarno foi o primeiro presidente indonesio após a independência de Holanda. Nos primeiros tempos de independencia tentou garantir um equilíbrio entre o Exército, o PKI e os grupos islámicos. A noite do 30 de setembro de 1965 un grupo de militares irrumpía na casa de seis xenerais, matándoos. Comezaba así unha vaga de represión que se prolongou durante un ano e se estendeu por todo o país para "cazar comunistas" pois o exército acusou PKI de ser responsábel da morte dos xenerais. Suharto, tenente xeneral, dirixiu a represión e en 1966, con Sukarto debilitado, tomaba o control do país para pasar ser presidente (1967), cargo que ocuparía durante tres décadas. O xenocio ficou no esquecemento até que en 2012 se estreou 'The act of Killing', un documentario de Joshua Oppenheimer no que amosa os responsábeis do masacre gabándose dos crimes cometidos e visitando, con orgullo, os lugares onde os cometeran. Oppenheimer dixera que o esquecemento`' do xenocidio durante décadas debérase a que os vencedores foran quen deran a única versión dos feitos. ""É como se Hitler tivese ganado a guerra e Himmler fose um heroe nacional, salvador da patria. Na Indonesia, os gañadores seguen a ter moito poder e toda a impunidade do mundo para seguir perpetuando a sua versión dos feitos".
NOS_8983
O día en que Francisco Carballo, as súas cinzas, voltan a Galiza, resgatamos esta entrevista do xornalista Xan Carballa, en que se poñen de manifesto os trazos -historiador crítico, teólogo da liberación, activista incansábel da causa nacional- que caracterizaron a longa e fecunda vida do autor da Historia de Xeral de Galicia.
Este sábado, as cinzas de Francisco Carballo (1925-2014) acharán acubillo no panteón familiar do cimiterio da súa parroquia natal, en Asadur (Maceda). Será unha cerimonia íntima, relixiosa. Xa o día 27 está programado un acto cívico, unha homenaxe popular en Maceda, para render tributo a quen durante ben máis de medio século se constituíu nunha das figuras máis relevantes e referenciais do nacionalismo galego. Carballo foi tamén un entusiasta animador e impulsor de proxectos xornalísticos. Foino após a morte do ditador, cando se converteu en peza clave do lanzamento da nova etapa de A Nosa Terra, e foino décadas despois cando puxo toda a súa paixón ao servizo do grupo fundador de Sermos Galiza. Participou en actos de presentación deste proxecto que era o seu, foi un dos primeiros alicerces da Comunidade Sermos, e tamén foi das primeiras sinaturas na sección de opinión. Unha das persoas que máis e mellor tratou a Carballo foi Xan Carballa, xornalista e escritor. Cóbado con cóbado traballaron en A Nosa Terra e da súa conversa naceu un libro imprescindíbel para as persoas que queiran coñecer a historia do seu país e a loita das galegas e dos galegos pola súa emancipación, Conversas con Francisco Carballo (2002, A Nosa Terra), tamén da coautoría de Santiago Prol. Precisamente de Xan Carballa resgatamos este sábado esta entrevista realizada en 2007 a Carballo e publicada no diario El País, o 29 de xuño. Conserva toda a súa vixencia, porque o pensamento de Carballo nunca foi estático, sempre estivo vivo, vigoroso, sempre inter-accionou co ambiente e á vez sempre soubo adiantarse aos acontecimentos, tal era o seu coñecimento do país, da súa historia, dos seus fracasos, si, mais tamén das súas potencialidades. Eis a seguir a entrevista: Cunha traxectoria biográfica moi diversa, Francisco Carballo (Maceda, 1926) vén destacando desde hai anos no seu papel de historiador que reivindica unha visión centrada en Galicia, multidisciplinar e crítica dos dogmas do poder. A súa heterodoxia na defensa do cristianismo de base, permite entroncalo tamén na estadea de cregos progresistas que sen renunciar ás súas conviccións permítense defender con liberdade unha educación pública e laica. Cal é o papel do relato histórico na sociedade contemporánea? Considerouse durante séculos como unha narración. Partiu desa comprensión cara á un método máis científico, sobre todo desde a escola dos Annales (Francia, 1925) e a historia marxista. Despois dese atasco de economía e estatística que se produciu está voltando unha maneira de presentar a historia con máis atracción, mesmo literaria, e comezou a situarse mellor a escola narrativa. Pero todos os métodos que acompañan a historia son complementarios e non se poden absolutizar. Que trunfe a narración non lle pode tirar cientificidade, dentro do carácter desta ciencia que non é o mesmo que a bioloxía ou as matemáticas. A necesidade dun relato coherente foi precisa cando se fundan os estados-nación. A persistencia de historias contrapostas poden chegar a formar parte da controversia política? Nesa materia nacional é onde máis se observan as disparidades. É un debate parecido ao do mito na creación da conciencia histórica e os propios datos reais. O mito é un símbolo capaz de suxestionar e chegar á afectividade pero non se sustenta por si só na realidade actual do ser humano que precisa probas firmes. Mitos sometidos a unha forte de deconstrución. Datos e probas son esenciais para soster unha afirmación, pero o mito é unha simbolización, un xeito de comprimir nunha imaxe unha serie de elementos que non é capaz de evocar a estatística. O mito, en tanto que se interprete como historia, supón negar a autenticidade do que queremos probar. Se permanece no seu lugar simbólico de atracción e de atención, serve como revulsivo e nese sentido é imprescindíbel; o historiador pode invocalo como tal pero non como substituto da fonte. O mito sempre está provocando máis investigación. No período político de Aznar deuse unha forte tensión precisamente pola interpretación histórica, concentrada na proposta de reforma das Humanidades e os programas escolares. A que responde esa dialéctica? Posibelmente sempre se producirán esas controversias. A historia é un tipo de coñecemento no que xogan papeis relevantes a subxectividade e os intereses, por iso se reconstrúe constantemente. Non porque as probas sexan rexeitadas senón porque a interpretación depende do punto de vista. En España é moi patente porque moitas das súas empresas históricas estiveron cargadas en exceso de mito e de intereses do grupo dominante. Usáronse moitas falsificacións e nunca verás na historia española unha persistencia na desmontaxe de determinados mitos fundacionais, sexa Covadonga ou a unificación baixo a coroa de Castela. Hai un exceso de peso da historia áulica, basada en documentos xurídicos e sen presenza doutras fontes e iso non é un problema específico español, tamén sucede coa historia da Igrexa ou de calquera institución, que deixan á vista só os datos propios da organización que persiste e esquecen todo o demais. Unha marca súa como historiador é interpretar a historia de Galicia desde sí mesma? Esa é unha das claves para evitar o dominio tan alto do mito da unidade hispánica e da lexitimidade do poder. Ao estudar a historia de Galiza tes que aterte a fontes privadas, en ocasións ocultas, e non só ás oficiais. A nivel de institucións eclesiais o debate entre o monarquismo galego e os cabildos contra a reforma dos Reis Católicos durou até que rematou o Antigo Réxime; nos arquivos catedralicios hai unha documentación abundantísima pero ningún historiador a utiliza para investigar ese rexeitamento a unha imposición que foi devastadora. E poderíamos seguir pondo exemplos. Adoptar ese ponto de vista propio custou moito? As visións alternativas que hoxe se dan da realidade de Galiza aínda son minoritarias, tamén na Universidade. Tardouse porque os historiadores foron sometidos a unha escola e unha universidade que impuxo unha visión única e tardaron en poder revelar outra realidade. Empezou Murguía no século XIX porque era arquiveiro e coñecía de primeira man os documentos; seguiu a Xeración Nós porque empezaron a procurar nos documentos medievais e despois, desde os anos 1960/70, xa se puido insistir porque foi mellorando o acceso ás fontes. Mesmo así non se logrou transcender esa visión ao gran público porque en todos os niveis educativos hai un dominio abraiante do discurso oficial e do saber estándar, afirmándose cousas sen probar. Colles un texto da ESO o do Bacharelato e máis da metade do que din dáse como dogma cando son opinións discutíbeis Aínda temos grandes lagoas na historia galega? Hoxe faise moita historia local e iso é básico, porque vai conducir a unha revisión completa. A historia documental que se está facendo agora, as novas investigacións arqueolóxicas, antigas e medievais, e a promesa do envío da documentación dixitalizada de fóra de Galiza vai permitir entrar en investigacións directas sobre moitas cuestións pendentes. Aínda pesa en exceso a historia oficial pero vai haber unha lentísima transformación que ademais tardará en permearse ao sistema educativo, porque moitos profesores mesmo omiten os capítulos referentes á historia de Galiza baixo a idea de que non entrarán na selectividade. E iso é porque eles mesmos non os coñecen. O éxito de programas de divulgación histórica, como o recente Historia de Galicia na TVG amosan unha curiosidade popular polo pasado propio. Lembro un capítulo sobre a tensión na historia eclesiástica entre os mosteiros galegos e os de fóra e gustoume porque suscita preguntas entre a xente. É unha maneira de interrogarnos e liberarnos de prexuízos. Unha das súas ocupacións principais foi historiar a Igrexa galega. Coido que xa din case todo o que me interesaba sobre ela. Quería saber se foi ou non un entorpecemento para o país e escribín sobre a época da República e a base da súa responsabilidade na Guerra Civil, traballei sobre o seu comportamento no 36 e finalmente fixen un manual sobre toda a súa traxectoria secular que saciou xa a miña curiosidade. Ademais non debemos darlle moita importancia á historia de institucións; interésame máis a historia global da humanidade e a do pobo galego. Moitos anos dedicounos profesionalmente ao ensino, e aínda sendo crego vostede defende un ensino público e laico. Por que? Defendo unha educación gratuíta e universal porque é o único camiño para facilitar o desenvolvemento intelectual de todos. E aínda sendo imperfecto, porque as diferenzas económicas e psicolóxicas condicionan moito, o público é o mellor sistema posíbel. Laico porque a opción relixiosa, aínda que eu a considero gratificante, non pode ser imposta mediante a manipulación educativa. Basilio Álvarez, o crego e dirixente agrarista, dicía que non debía ser educador quen non fose pai de familia porque non sabe o que é un neno. Eu engado que non debe ser educador quen esteña moi contaminado polo seu papel relixioso porque non entende a posición de quen non está con el. O espazo laico é un lugar de igualdade. A foto en branco e negro pertence ao arquivo de Xan Carballa e foi tomada o 25 de xullo de 1981, durante o acto político organizado polo BNPG o Día da Patria Galega.
PRAZA_14528
O Celta logrou a súa terceira vitoria consecutiva en Balaídos por 2-0 ante un Sevilla menos entoado que en anteriores encontros. Iago Aspas volveu ser o mellor do seu equipo. Forzou e transformou un penalti por unha discutida man do sevillista Maduro na barreira dunha falta. Foi ovacionado cando o adestrador o substituíu. De Lucas pechou o marcador no minuto 84.
O Celta logrou a súa terceira vitoria consecutiva en Balaídos por 2-0 ante un Sevilla menos entoado que en anteriores encontros. Iago Aspas volveu ser o mellor do seu equipo. Forzou e transformou un penalti por unha discutida man do sevillista Maduro na barreira dunha falta. Foi ovacionado cando o adestrador o substituíu. De Lucas pechou o marcador no minuto 84. Javi Varas non puido enfrontarse ó equipo ó que aínda pertence ó sufrir unha luxación nun dedo durante o quecemento. Substituíno Sergio, quen protagonizou algunha intervención decisiva durante a segunda metade. Balaídos rexistrou a mellor entrada da temporada, máis de 19.000 espectadores, que remataron cantando a Rianxeira. O municipal vigués estase a converter nun fortín para o Celta, un equipo distinto coma local que coma visitante. Tanto é así que logrou todos os seus puntos, nove, na casa. Onte amosou a cara boa, a cara de local. É oitavo á espera do que ocorra na xornada deste fin de semana. Agora, despois do parón polas seleccións, tocaralle o tramo máis complicado do calendario: Bernabéu, na casa ante o Deportivo e Camp Nou. De aí a importancia dos tres puntos de onte pola noite. O municipal vigués estase a converter nun fortín para o Celta, un equipo distinto coma local que coma visitante. Tanto é así que logrou todos os seus puntos, nove, na casa Chegaba o Sevilla sen tres titulares no medio do campo: Medel, Trochowski e Rakitic. O seu adestrador, Míchel, que tivo que ver o partido desde un palco por sanción, deu entrada a Campaña, Kondogbia e o dianteiro Babá, polo que formaba con dous puntas. Roberto Lago estivo a piques de protagonizar outro erro defensivo cunha cesión moi curta no primeiro minuto que obrigou a intervir ó debutante Sergio. O partido comezou cos dous equipos máis cómodos contragolpeando, pero co Sevilla con algo máis de posesión. As únicos aproximacións chegaban mediante córners ou disparos lonxanos. Así chegaron senllos remates de cabeza de Túñez e Spahic. Iago Aspas, que canalizaba todo o xogo ofensivo do Celta, disparou pouco despois cruzado coa perna dereita, pero Palop despexou a córner. Ningún xogador do Sevilla ocupaba a banda esquerda, pero o conxunto andaluz creaba bastante perigo pola dereita grazas a dupla Cicinho-Navas Ningún xogador do Sevilla ocupaba a banda esquerda, pero o conxunto andaluz creaba bastante perigo pola dereita grazas a dupla Cicinho-Navas. Nunha desas internadas caeulle un balón franco na área a Kondogbia, pero non soubo que facer e disparou demasiado cruzado coa dereita, a súa perna mala. Na contra, o coreano Park dispuxo doutra ocasión para o Celta mediante un remate coa esquerda que atallou Palop tras tocar un defensa. Minutos frenéticos en Balaídos. O Celta cada vez atopábse máis cómodo coa pelota. As ocasións volvían a escasear. Iso si, o Sevilla tivo outra clara pouco despois da media hora de partido, cando Cabral tapou a Negredo un remate na área pequena a pase desde a dereita de Babá. No descanso entrou Reyes por Babá para intentar solventar o burato do Sevilla na banda esquerda. Reyes situábase de mediapunta e Kondogbia tería que caer á banda. O Sevilla saíu coa intención de ter máis autoridade no xogo e de controlar máis o balón. Duroulle bastante pouco. Aspas seguía xerando perigo. No minuto doce da reanudación Paco Herrera introducía a Bermejo por un desaparecido Park. Unha acción de xogo perigoso de Navas sobre Roberto Lago brindaba unha falta ó Celta ó borde da área. Aspas lanzou e Maduro tocou co brazo ó cubrirse a cara. O colexiado Jesús Gil Manzano, que estaba xusto diante, decretou penalti. Míchel lamentábase no seu palco. Decisión difícil de comprender, pero correcta co regulamento na man. O propio Iago Aspas transformou a pena máxima. O Celta estaba por diante a falta de media hora e pouco se vira do Sevilla tan eloxiado nas últimas datas O Celta estaba por diante a falta de media hora e pouco se vira do Sevilla tan eloxiado nas últimas datas. Manu del Moral entraba por Campaña. O Sevilla aínda non estaba morto. Negredo disparou desviado nun remate na área ó gañarlle as costas a Túñez tras un saque de banda. Pouco despois, o propio Negredo obrigou a lucirse a Sergio tras un cabezazo a centro de Navas que se colaba pola escuadra. Fora a parada da noite. O Celta sufría, pero aguantaba. Xa se limitaba a contragolpear. Os trocos de Paco Herrera, dando entrada a Bustos e De Lucas por Álex López e Aspas, acrecentaron esa tendencia. Palop tivo que saír case ata o centro do campo para abortar unha contra celeste. Soou a Rianxeira, coma nas grandes noites europeas. Balaídos era unha festa do celtismo Pouco despois, De Lucas facía o gol da sentencia ó rematar de cabeza un centro coa esquerda de Augusto Fernández. Sergio celebrábao efusivamente na súa meta. Balaídos xa respiraba tranquilo e comezaron os cánticos. Soou a Rianxeira, coma nas grandes noites europeas. Balaídos era unha festa do celtismo.
NOS_36714
"A chegada do BNG ao Concello puxo Lugo no mapa", dixo a líder nacionalista, Ana Pontón, na cidade amurallada xunto ao tenenete de alcalde.
No marco da celebración dun 'atípico' San Froilán a causa da Covid-19 a portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e líder da oposición na Galiza, Ana Pontón, visitou a cidade de Lugo. A nacionalista congratulouse de que o Concello apostase este ano pola "seguridade e a saúde" da cidadanía. Sobre a importancia de manter a prevención por mor da pandemia, Pontón considerou "escandaloso que sigan a existir contaxios nas residencias de maiores do noso país sen que o Goberno galego tome as medidas necesarias para blindar a saúde e as vidas das persoas." Pontón engadiu que seis meses despois do inicio da pandemia, e vivindo en medio dela, a Xunta continúa a improvisar e a "actuar sen contundencia". Acompañada polo tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), e pola viceportavoz do Bloque no Parlamento, Olalla Rodil, Pontón urxiu a "situar Lugo no mapa das inversións en infraestruturas e do futuro e a ter unha perspectiva de a cara onde ten que camiñar esta cidade e cal debe ser a implicación da Xunta". A nacionalista adiantou que nos orzamentos que se están a elaborar por parte do Goberno galego "imos defender que as cuestións que afectan a Lugo teñan a consideración suficiente para que os proxectos pasen do papel aos feitos" e concretou, entre outros, a Ronda Leste, o Cuartel de San Fernando ou o Barrio da Tinería. Tampouco esqueceu as inversións pendentes que atinxen o Estado como o remate da autovía Lugo-Santiago e a modernización do ferrocarril. É imprescindíbel, concluíu, "facer fronte común para que a autovía e o tren cheguen a Lugo." Pontón apelou a potenciar a innovación como "un dos eixos do desenvolvemento", puxo en valor o campus universitario lugués e apostou por situar a cidade como "referente en materia de biodiversidade, desenvolvemento rural e cambio climático".
PRAZA_12556
O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades denuncia o "deterioro" da situación dos presos e presas nesa cadea, coincidente -din- "co nomeamento de un novo Subdirector de Seguridade e a introducción de métodos expeditivos para abordar os problemas de convivencia"
O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades denuncia o "deterioro" da situación dos presos e presas nesa cadea, coincidente -din- "co nomeamento de un novo Subdirector de Seguridade e a introducción de métodos expeditivos para abordar os problemas de convivencia". Segundo Esculca, "as consecuencias mais graves son as agresións e malos tratos a internos, sobre todo no módulo de isolamento, onde frecuentemente se utiliza o encadenamento prolongado, acordando o isolamento de maneira inxustificada e automática, o que está a provocar a proliferación de denuncias dos internos". Así, segundo Yolanda Ferreiro Novo, vicepresidenta de Esculca, Juan José N.R. denunciou que o 23 de marzo, "cando estaba convalecente dun grave episodio de convulsións epilépticas, e tras un rexistro na súa cela no que os funcionarios deitaron polo chan todas as súas pertenzas e rompéronlle obxectos persoais, como se demoraba en cumprir a orde de traslado a outro módulo, foi reiteradamente golpeado, e unha vez chegado o módulo de isolamento foi obrigado a espirse e facer flexións, ingresado nunha cela varias horas até que a médica ordenou o seu traslado á enfermería". Segundo Esculca, Juan José N.R. presentou no Xulgado de Garda denuncia por torturas, maltrato e danos. Tamén denuncian que Roberto F.P., enfermo con padecementos intestinais que perdeu 20 kilos en tres meses e a tratamento con medicación por padecementos psíquicos, "foi levado a isolamento o 26 de marzo por un incidente leve con outro interno a pesares do seu estado de saúde, suprimíndolle de golpe toda a medicación que tiña pautada". Esculca salienta que "mais grave é o caso de Roi A.B"., que o 27 de marzo foi, segundo Esculca, "golpeado e arrastrado polo chan por varios funcionarios, sofrendo feridas que precisaron puntos de sutura na cella esquerda, erosións graves na cara e hematomas nos pulsos e nocellos, sendo amarrado á cama polos pés e as mans e golpeado nas plantas dos pés e no estómago, permanecendo nesa situación 15 horas e despois ingresado nunha cela de isolamento, sen que fose visitado polo médico". O día 4 de abril Roi A. B. presentou no Xulgado de Garda denuncia por torturas, maltrato e lesións.
NOS_35468
A evolución da pandemia de coronavirus na Galiza confirma os peores prognósticos sobre o impacto negativo dun Nadal permisivo cos desprazamentos e as xuntanzas sociais. Crecen os contaxios e dispárase a presión hospitalaria. Nós Diario analiza o empeoramento da situación coa axuda do catedrático da Unversidade de Santiago de Compostalea Juan Gestal Otero.
Galiza suma na última semana máis de 5.000 casos novos de coronavirus, con cotas diarias por riba dos 600. Que evolución cabe esperar nos próximos días? O esperábel é un incremento do número de casos. Até mediados da semana que vén iranse manifestando os contaxios producidos en Noitevella, Aninovo e Reis, aos que se sumarán aqueles que se estean a producir agora, en condicións ambientais máis favorábeis para a difusión do virus. O incremento da positividade foi o primeiro grande aviso da terceira vaga tras as festas de Nadal. Agora o impacto xa se observa noutros indicadores, nomeadamente nos casos detectados e na presión hospitalaria. É previsíbel un empeoramento da situación? É o máis probábel. Nun primeiro momento soben os positivos. E tras ese aumento, increméntanse os casos activos e deseguida as hospitalizacións e os ingresos en UCI. Por último, o impacto da pandemia apreciarase nas defuncións. Vaise demorar aínda unhas semanas, pero lamentabelmente o empeoramento da situación tamén se vai advertir no número de falecidos. Os desprazamentos de Nadal espallaron o virus por todo o territorio. Mesmo o levaron a zonas menos afectadas ou libres de coronavirus. Onde se poden dar as maiores complicacións? Especialmente entre as persoas maiores de 60 anos, e sobre todo nas de máis de 80 anos. É o grupo de idade no que se produce maior mortalidade, así como naquelas persoas con patoloxía de base que as fan máis vulnerábeis á Covid-19, como a hipertensión, as enfermidades cardíacas, a diabetes, o cancro, as enfermidades respiratorias crónicas e a inmunodepresión. É tarde para lamentar as concesións que se fixeron durante as festas? Faltou precaución? Era algo previsíbel. Todo aquilo que supón un maior contacto interpersoal incrementa o risco dos contaxios. Estamos ante unha enfermidade na que, ao igual que no SARS e no MERS, os supertransmisores e os eventos de supertransmisión xogan un papel moi importante na difusión da doenza, e no Nadal houbo un tren de eventos de supertransmisión. Reunións prolongadas nos domicilios, arredor da mesa comendo e bebendo, o que supón moito tempo sen máscara, e nestas festas tamén se adoitan consumir máis bebidas alcohólicas, que poden relaxar o cumprimento das normas de prevención. Desde o punto de vista epidemiolóxico, que medidas cómpren para frear a transmisión comunitaria? Cómpren dous conxuntos de medidas para frear o crecemento da curva de contaxios. Dunha banda, aquelas que favorezan unha diminución dos contactos sociais para evitar o maior número de exposicións, mediante a limitación da mobilidade e o fomento dun maior autoconfinamento voluntario. Por outro, aquelas que permitan a localización urxente do maior número posíbel de fontes de transmisión, de persoas asintomáticas con cargas virais altas, para polas axiña en corentena. Para isto son moi útiles os tests rápidos de antíxenos, que permiten en quince minutos saber se unha persoa ten unha carga viral alta e pola de inmediato en corentena. A PCR é menos valiosa para isto, xa que o resultado demora entre 24 e 48 horas e, nese tempo, a persoa positiva pode seguir transmitindo o virus. Se se orientan ben, cara a colectivos cunha incidencia elevada, os tests poden ser moi efectivos. Durante canto tempo recomenda extremar as precaucións e limitar os encontros sociais? Temos por diante un par de meses moi perigosos. En xaneiro e febreiro debemos restrinxir ao máximo os contactos. Despois, segundo a evolución da pandemia, iremos vendo se este período se acurta ou se é preciso alongalo. Que valoración fai das restricións na hostalaría e dos fechamentos perimetrais? Os fechamentos perimetrais véñense aplicando desde a Idade Media, e sempre foron pouco útiles, pois non supón un feche total. Hai moitas persoas que poden entrar e saír da zona delimitada por diferentes motivos e seguir difundindo a enfermidade. Por outra parte non inflúen en absoluto na transmisión do virus na área que se fecha, de aí que se tarde en ver os beneficios, consecuencia sempre doutras medidas que se adopten, non do fechamento. En canto ás limitacións na hostalería, contribúen a que se saia menos de casa. Hai que ter en conta que nos lugares fechados destes estabelecementos existe un risco alto de transmisión se non se respectan as capacidades acordadas, as pautas de ventilación, as distancias de seguridade e o uso da máscara, salvo no momento de consumir. De aí as restricións que se veñen dando no sector. Vixiantes coas vacinas e as variantes do SARS-CoV-2 O plan de vacinación contra o coronavirus avanza mentres aumentan as esperanzas depositadas na inoculación. "É moi importante protexer canto antes coa vacina as persoas máis vulnerábeis e expostas á Covid-19. Se se consegue, axiña se evitarán moitas mortes e a sobrecarga do sistema sanitario. Pero os efectos sobre a evolución da pandemia non se comezaran a ver até que estea vacinada unha alta porcentaxe da poboación. Entón aumentará a dificultade de circulación do virus até alcanzar a inmunidade de grupo", explica Juan Gestal, quen pide estar vixilante ante a aparición de novas variantes do virus. "É algo esperábel. A maior transmisibilidade da cepa británica aínda non está clara. De ser certa incrementaría o número de casos e a demanda de atención hospitalaria. Mais non se viu que produza casos máis graves nin maior mortalidade. Como presenta unha mutación na espícula, mesmo na zona de unión ao receptor das células, podería producir algunha diminución da capacidade de neutralización dos anticorpos, aínda non demostrada. Ademias, non hai evidencias dun maior risco de reinfección nin dunha menor efectividade da vacina", afirma. "Non está claro como xurdiu, pero non ten que ver co programa de vacinación en curso nin coa acumulación gradual de mutacións. Posíbelmente se deba a unha infección prolongada nun doente inmunodeprimido, xa descrita previamente con outras variantes", conclúe Juan Gestal sobre a posibilidade dunha mutación resistente á vacina.
PRAZA_13510
Xesús Alonso Montero presenta en Vigo Castelao na Unión Soviética en 1938 (Xerais), no que relata a viaxe do político galego á capital da URSS cunha delegación republicana, no contexto da Guerra Civil, e a relativa simpatía que neses anos esperta nel o comunismo
Xesús Alonso Montero presenta en Vigo Castelao na Unión Soviética en 1938 (Xerais), no que relata a viaxe do político galego á capital da URSS cunha delegación republicana, no contexto da Guerra Civil. No primeiro de maio, todos os anos, España enviaba unha representación política a Moscova, e nese 1938 a viaxe era se cadra máis importante, pola necesidade que tiña a República de seguir contando coa venda de armas e a participación de técnicos soviéticos para unha guerra que aínda non se perdera. Castelao coñeceu así (cando menos deulle a man) a Stalin, do que adoptaría tamén a súa definición de nación, que reproduce despois no Sempre en Galiza. Castelao ademais quería coñecer cal era a situación das distintas nacionalidades e linguas que existían na URSS. O de Rianxo estivo por este motivo en Leningrado, Kiev e Bakú, ademais de na capital da URSS, alongando a viaxe. Primeiro expuxo no Museo da Revolución os orixinais de Galiza Mártir e de Atila en Galiza; polas exposicións pasaron milleiros de cidadáns das repúblicas soviéticas, que puideron facer unha idea do que estaba pasando en Galicia grazas a uns debuxos que os galegos tardaron moitos máis anos en poder ver. Castelao gañou fama de debuxante revolucionario Castelao gañou fama de debuxante revolucionario con esa mostra, que foi moi gabada (chegou a escribir que "podo augurar que na URSS son o dibuxante revolucionario máis admirado"). Despois de Moscova foi a Acerbaixán, que era un mosaico de linguas e nacionalidades, unha viaxe que lle conta por carta a Rodolfo Prada e sobre a que se escribe na revista Nueva Galicia, do PCE, nunha entrevista que lle fai Luís Soto. Castelao escribía habitualmente nesta revista comunista, e de feito o primeiro libro de Sempre en Galiza está conformado polos artigos que publica en Nueva Galicia entre 1937 e 1938, a segunda parte da serie Verbas de chumbo que iniciara anos antes n'A Nosa Terra. É nestes artigos, nos que en certa maneira lles predica o nacionalismo galego aos simpatizantes comunistas, en principio afastados nese momento das ideas galeguistas, pero nos que tamén deixa ver a súa cada vez maior aproximación a un certo marxismo. Nestes artigos, en certa maneira predicalles o nacionalismo galego aos simpatizantes comunistas, pero tamén deixa ver a súa cada vez maior aproximación a un certo marxismo Son eses artigos, a súa estreita relación con Soto, Líster ou Santiego Álvarez e as experiencias e reflexións que xerou en Castelao a súa viaxe á URSS, as que xustifican o subtítulo do libro, Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil. Castelao escribe, por exemplo que "a URSS está preparándose para inaugurar o feito hestórico que abra unha nova época par-a humanidade" e di que preferiría vivir na Unión Soviética ca en Londres ou París. Por exemplo, na carta que lle escribe a Rodolfo Prada no seu regreso da URSS, o 27 de maio de 1938, dille que "visitamos as grandes fábricas, coas novas cibdades anexas; convivimos cos obreiros nos clubs; visitamos os pazos da cultura e de formación profesional dos pioneiros; convivimos cos Koljosianos e comprobamos a súa relativa felicidade" e engade que "en ningún outro país do mundo se oferece mellor porvir aos traballadores" pois "así como as creacións industriales aproveitaron as normas do progreso norteamericán así tamén se aproveitan os estímulos do liberalismo económico, adaptándoos ao sistema socialista. Un stajanovista pode ganar cinco veces máis que un obreiro ordiario". Castelao escríbelle a Rodolfo Prada que "en ningún outro país do mundo se oferece mellor porvir aos traballadores" Sobre os dereitos nacionais, comenta que "visitamos dúas Repúblicas (Ucrania e o Aserbaidhán) e comprobamos que o problema das nacionalidades ficou resolto, previamente e definitivamente por meio da liberdade e da democracia (craro está que compre dar unha nova definición a estes dous conceptos)". A estes respecto, escribe igualmente que "eu non concibo como os hespañoles que visitan a URSS poden seguir despreciando o problema das nacionalidades e ainda intentan relegalo a segundo termo, como se non tivese importancia ou como se a súa solución permitira aplazamentos sen perxuicio das concepcións económicas e sociaes". Na presentación, que tivo lugar na Casa do Libro, Alonso Montero estivo acompañado por Rubén Pérez (secretario de organización do PCG), Alfonso Paz-Andrade (vicepresidente da Fundación Castelao) e Manuel Bragado, director de Xerais.
NOS_32238
Destruíronse máis de 1.000 postos de traballo no sector
A crise sanitaria provocada pola COVID-19 e as medidas decretadas polo Goberno estatal para conter a pandemia, en especial o parón total entre os meses de marzo e maio, tiveron un impacto en todos os sectores produtivos, pero cunha especial incidencia no eido cultural. Así o recolle o Observatorio da Cultura Galega -servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG)- na súa Conxuntura estatística do ámbito cultural, que vén de facer pública logo da súa última actualización. O Observatorio da Cultura Galega cuantifica ese impacto, revelando que solicitaron ERTE 667 empresas do sector cultural, das que dependen 4.019 persoas traballadoras, que constitúen 28,7% dos traballadores e traballadoras do sector. No emprego, as consecuencias da pandemia foron máis que severas. As afiliacións á Seguridade Social indican que entre o último día de febreiro e o último día de abril se perderon 1.002 persoas cotizantes, o que supón unha caída de 6,3%, é dicir, 2,1 puntos por riba do total do emprego galego. A baixada non foi igual para todas as ramas do sector cultural: notárono máis as relacionadas coas actividades de creación, artísticas e espectáculos, cunha baixada de 10,4%; seguidas das cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical. Entre xaneiro e maio creáronse 44 empresas de ámbito cultural segundo as cifras da explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). Son 11 menos que no mesmo período de 2019, concentrándose o impacto máis grande no mes de abril, no que se crearon dúas empresas, o que supón un descenso de 84,5% con respecto a marzo. O ritmo de contracción de empresas no total da economía galega tamén se viu afectado, pero sensibelmente menos, con 72,1% de baixada. Tamén baixaron as exportacións, e este descenso afectoulles máis aos produtos culturais que a outros sectores. O Observatorio tamén recolle as estimacións de evolución do sector cultural realizada polo Foro Económico de Galicia, sinalando que "haberá un impacto similar ao do conxunto da economía nas actividades de edición e nas cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión; e un máis grave para as artísticas e de espectáculos".
NOS_34070
Levará unha proposición de lei ao vindeiro pleno da Cámara galega para instar o Goberno estatal a transferir as competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria.
O BNG defenderá no vindeiro pleno do Parlamento, que decorrerá na terza feira, unha proposición de lei para demandar do Goberno do Estado as competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria. O deputado Luís Bará afirmou este domingo que o BNG non renuncia ao obxectivo de superar o actual marco político e para iso Galiza precisa "contar coas competencias pendentes". "Chegou o momento de rematar con doce anos de parálise no autogoberno", sostivo Bará, quen lembrou a promesa de Alberto Núñez Feixoo cando recalou en San Caetano en 2009: "Dixo que empezaba a etapa de mnaior autogoberno, mais o balance destes doce anos é de cero transferencias". Para o nacionalista, a falta de competencias fixo perder posicións á Galiza, que é conducida á "irrelevancia política" fronte a outros territorios "que avanzaron asumindo novas transferencias". Por esta razón, o BNG levará á Camara galega "unha demanda xa aprobada aquí en 2008 e vetada no Congreso co voto en contra do Partido Socialista e a abstención do Partido Popular". Corpo policial propio Bará xustificou que as competencias de Tráfico deben ser traspasadas para que o Parlamento e a Xunta da Galiza poidan desenvolver, entre outras, a Lei de Policía aprobada en 2017. Deste modo, o país podería contar cun corpo policial propio, como é o caso de Catalunya (Mossos d'Esquadra), Euskadi (Ertzaintza) e Nafarroa (Policía Foral). Na actualidade, Galiza ten a Policía Autonómica, unha división que depende directamente do Ministerio do Interior. "Galiza precisa máis ferramentas políticas e financeiras para defender os seus intereses, e no contexto de pandemia son máis urxentes para afrontar os novos retos derivados da Covid", defendeu o BNG. Aliás, Luís Bará considerou "indispensábel" avanzar noutras competencias pendentes como salvamento e seguridade marítima, xestión da costa, autoestradas ou portos. Na sesión plenaria desta terza feira tamén interpelará á Xunta sobre as negociacións das transferencias pendentes.
NOS_14976
BNG e PSdeG sumáronse á mobilización convocada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. Formoso pregunta a Rueda se quere estender o "modelo Sanxenxo", que para o BNG é o "quilómetro cero" da "situación extrema" da sanidade.
Ao redor dun milleiro de persoas concentráronse este sábado ás portas do PAC de Baltar, na localidade de Portonovo, Sanxenxo, para amosar a súa desconformidade coa situación dos servizos sanitarios de Atención Primaria no municipio e a comarca do Salnés, onde denuncian que existe unha ratio de "un médico para 33.000 persoas" durante este verán debido á falta de efectivos. Hai catro médicos para máis de 100.000 persoas A mobilización, convocada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública contou coa participación de representantes de distintas organizacións sociais, sindicais e políticas, entre elas, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e a portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado. "Só se atenden urxencias" "Esta concentración demostra como a poboación da área está moi preocupada e enfadada pola situación sanitaria", sinalou, o portavoz da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, Manuel Martín. Denuncian ante a Garda Civil a morte dunha muller nun ambulatorio após o Sergas non enviar unha ambulancia Neste sentido, alertou das ratios de médico por habitante durante a tempada estival nunha das comarcas máis turísticas de Galicia. "Son unha tolemia". "Hai catro médicos para máis de 100.000 persoas", advertiu tras subliñar que "só se atenden urxencias" e tarefas como a promoción e a prevención "desapareceron" por falta de medios. Tamén resaltou os problemas que existen nos puntos de atención continuada. "O do Grove ten que fechar porque non hai persoal, o que obriga a poboación a desprazarse a Portonovo", engadiu Martín, quen mostrou a súa satisfacción pola implicación da veciñanza na recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular que impulsan co fin de demandar á Xunta cambios na xestión da Atención Primaria. Críticas ao conselleiro O portavoz da entidade lamentou a resposta do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a quen acusa de "enganar á xente cando di que onde habería que manifestarse é en Madrid". Modelo Sanxenxo: menos recursos, menos médicos e menos enfermeiros "Todas as competencias relativas á Atención Primaria son da Xunta. É unha saída de ton que non entendemos", apuntou antes de advertir que Sanxenxo é a mostra do que considera un proceso de "desmantelamento" deste primeiro nivel do sistema público para "poñela en mans" das empresas privadas. "Modelo Sanxenxo" En declaracións aos medios, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou que Sanxenxo representa a "zona cero" da "xestión dramática do PP na Galiza". Nesta liña, o responsábel socialista intou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a explicar se pretende estender a todo o territorio "o modelo Sanxenxo", que definiu como "menos recursos, menos médicos e menos enfermeiros". O PP impide que Rueda compareza na Cámara após o falecemento dunha paciente no PAC de Baltar "Consideramos a sanidade como principal asunto que resolver", incidiu Formoso, que apelou a Rueda para pedirlle que acceda a sentar cos partidos para negociar un "reequilibrio" dos orzamentos da Xunta e aumentar un 10% o gasto que destina a administración galega a xestión sanitaria. Sanxenxo e O Salnés representan o quilómetro cero da situación xerada polas políticas do PP "Voadura controlada da sanidade" Pola súa parte, a portavoz de Sanidade do Bloque no Parlamento galego, Montse Prado, resaltou que Sanxenxo e O Salnés representan "o quilómetro cero da situación xerada polas políticas do PP" que, ao seu xuízo, "non é unha cuestión puntual". "É consecuencia de 13 anos de voadura controlada da sanidade pública", afirmou a parlamentaria nacionalista, que censurou a falta de reforzo de persoal nunha comarca "que ve como se multiplica a súa poboación" durante o verán. É máis, Prado asegurou que "lonxe de multiplicar" os recursos por este fenómeno durante os meses de verán, a Consellaría de Sanidade "recorta" persoal. "Isto non permite ofrecer unha atención de calidade", concluíu.
NOS_30105
Nova labazada á estratexia xudicial do Goberno Rajoy a respeito de Catalunya. O primeiro foi a negativa do xuíz Llarena a activar a euro-orde para deter Puigdemont en Copenhague que lle demandaba a fiscalía. O segundo revés para a Moncloa chega esta mesma tarde: o Consello de Estado non acha "fundamentos" para recorrer perante o Constitucional o pleno de investidura do líder de JxCat.
O Consello de Estado -órgao consultivo que preside o galego José Manuel Romay, mentor político de Feijóo- entende que non existe base legal para impugnar a resolución asinada por Roger Torrent en que se propón Carles Puigdemont como candidato para a sesión de investidura. O Goberno español anunciou esta mesma quinta feira a súa disposición a levar a designación de Puigdemont como candidato ao TC. Entendía o Executivo -e así o explicou nunha conferencia de imprensa de urxencia Soraya Sáenz Santamaría- que Puigdemont, ao ter fuxido da acción da xustiza, é unha persoa "que non ten plenitude de direitos". Nesa comparecencia, Soraya anunciou que o Goberno pediría primeiro o seu parecer ao Consello de Estado. Pois ben, o ditame dese órgao consultivo é contrario ás pretensións da Moncloa ao considerar que a impugnación da resolución adoptada polo presidente do Parlament, Roger Torrent, o pasado 22 de xaneiro, carece de fundamento. O Consello de Estado xulga que non se pode interpor un recurso con carácter preventivo e que calquera actuación contra o desenvolvimento da sesión de investidura tería de ser posterior á súa realización, sempre e cando se apreciasen indicios de inconstitucionalidade no seu decurso. En todo caso, o ditame deste órgao non é vinculante e o Consello de Ministros podería resolver esta sexta feira continuar coa súa intención de ir ao TC. Non parece, aliás, probábel que vaia adoptar unha medida desa natureza sen o aval do Consello de Estado, a se arriscar tamén a achar resistencia no propio Tribunal Constitucional. E mentres isto ocorría na capital do Estado, en Barcelona Torrent convocaba o pleno para a investidura de Puigdemont para a próxima terza feira 30 de xaneiro ás 15 horas. Corrección: na versión orixinaria desta noticia aparecía o termo "varapau". Fomos advertidos polo noso colaborador Henrique Harguindey da súa inexistencia en galego. Substituímolo pois por "labazada". Sinónimos serían mocazo, fungueirazo, cotenada...
NOS_24995
A reserva das Mariñas-Mandeo, onde están proxectados sete parques, celebra o anuncio e amosa o seu "rexeitamento absoluto" a estas construcións en espazos naturais protexidos.
O comité español do programa Persoa e Biosfera (MaB, en inglés), encargado de regular a Rede de Reservas da Biosfera, vén de encargar ao seu consello científico a elaboración dun estudo sobre a viabilidade das instalacións eólicas nestes espazos naturais. Responde, deste modo, á demanda trasladada pola plataforma Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo e o Sindicato Labrego Galego (SLG), que nesta cuarta feira celebraron a noticia. Tamén a propia reserva da biosfera das Mariñas-Mandeo valora de forma positiva o anuncio, e lembra que recentemente instou o Executivo de Pedro Sánchez a aplicar unha moratoria eólica a nivel estatal. "A reserva amosa o seu rexeitamento absoluto aos parques eólicos que afectan o territorio. Por iso presentamos alegacións a todos os proxectos, deixando así clara a nosa postura", apuntan a Nós Diario desde a entidade. "Agardamos que as alegacións a todos os parques xurdan efecto ao máximo e estamos xa dando pasos con miras ao futuro, propondo un debate sobre o modelo de transición enerxética e os posíbeis impactos nas reservas, pois é precisamente nestes territorios onde debemos ter unha visión de conxunto que integre múltiples factores, sociais, culturais, climáticos e ambientais, analizando todos en conxunto", engaden. Na contorna do monte do Gato, que pertence á reserva betanceira, están proxectados seis parques eólicos que reunirían 40 turbinas. Son os proxectos das galegas Greenalia —Felga, Gato e Penas Boas— e Galenergy —Feás, Fontella e Seselle—. Aliás, no resto do territorio que abrangue a reserva da biosfera está en fase de tramitación o proxecto Legre, de Capital Energy. Cómpre salientar, así mesmo, que dentro na recentemente aprobada reserva da Ribeira Sacra, O Courel e O Iribio están previstos outros trece polígonos eólicos, alén dos catro que Enel Green Power xa ten en funcionamento. As reservas da biosfera —sete na Galiza— están compostas por tres zonas diferenciadas: de transición, tampón e núcleo. Esta última goza dunha protección especial, e nela só se permiten actividades "que non interfiran na conservación do ecosistema e aseguren a biodiversidade a longo prazo".
PRAZA_1165
Profesores británicos gravaron en Galicia a primeira parte do documental sobre a represión franquista e as dificultades das asociacións pola memoria histórica para recuperar os corpos dos asasinados e reparar as familias ante a falta de axuda da Administración. "Quedan moi sorprendidos".
Familiares de vítimas, veciños que reclaman a exhumación dunha fosa, persoas que se uniron á querela arxentina contra o franquismo ou colaboradores da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Estes foron algúns dos testemuños que varios profesores universitarios do Reino Unido recolleron en Galicia na pasada semana durante a gravación dun documental sobre a represión franquista, a situación dos represaliados ou as nulas axudas do Estado para a reparación. Profesores británicos comezaron en Galicia a gravación dun documental sobre a represión franquista e os traballos para exhumar fosas Son profesores nas universidades de Montfort e Canterbury os que empezaron un percorrido por varios territorios do Estado. Comezaron en Galicia, onde fixeron as primeiras gravacións, e atópanse xa no Bierzo dando conta do traballo da ARMH desde que en 2002 abrira a primeira fosa en España ou desde que en Galicia exhumara os restos do ex alcalde Severino Rivas, pai de Darío Rivas, impulsor da querela arxentina contra o réxime franquista. Pero a fita centrarase tamén nas "dificultades, a falta de fondos e subvencións das Administracións e os problemas polos que pasan aqueles que queren recuperar os corpos ou reparar as vítimas". Así o explica Carmen García Rodeja, voceira e colaborada da ARMH en Galicia, unha das protagonistas do documental, que aclara que os profesores británicos quedan "moi sorprendidos" ao comprobar como "todo o traballo é voluntario e como as vítimas ou as entidades non reciben nin un peso en subvencións nin axudas". O que se contará tamén é como as probas de ADN se envían a Arxentina porque alí se fan de balde, como premios como o recibido pola organización en Nova York permiten continuar os traballos ou como é un sindicato de Noruega quen colabora economicamente para abrir fosas con asasinados que levan 80 anos esperando xustiza. "Os profesores quedan moi sorprendidos de que as entidades non reciban nin un peso en axudas para recuperar os restos dos represaliados" Entrevistas como as que leva a cabo o equipo do documental rachan un pouco co silencio que o medo impuxo na sociedade, pero non é doado. "É máis complicado do que se pensa. Costar cóstalles a todos, porque todos sofren cando contan aquelas terribles historias de torturas, cárceres ou desaparición, pero sempre hai quen fala máis e quen menos", explica García Rodeja, que é unha das colaboradoras da ARMH que no documental explica que a leva a axudar de maneira voluntaria e que lle achega este traballo. Esta é unha das tres patas nas que se baseou a gravación en Galicia. Outra é a que se basea nunha fosa da Fonsagrada que foi exhumada grazas aos esforzos e peticións dos veciños, e non dos familiares. "Un caso peculiar e curioso porque foi a xente da zona quen achegou datos e reclamou a apertura daquel soterramento", explica García Rodeja, que destaca como o esforzo das xentes do lugar permitiron tamén contactar cos familiares, "cando adoita ser ao revés". "Queríamos estudar este caso", di. A exhumación dunha fosa, os denunciantes na querela arxentina ou os colaboradores da ARMH centran a parte galega do documental Ao tempo, os profesores británicos entrevistaron varios denunciantes que se sumaron á querela promovida en Arxentina para que a xustiza investigue a represión durante o réxime fascistas e cuxas peticións de extradición de varios dirixentes franquistas non foi atendida polo Estado. Celsa Díaz Cabanela, Antonia Fraguea ou Esther García foron algúns dos que explicaron como se senten as vítimas e familiares, así como as súas dificultades ou propósitos á hora de denunciar. Ademais, tamén houbo gravacións a representantes de familias protagonistas nas diferentes fugas por mar que permtiron salvar a vida de centos de persoas. Relatarase, en definitiva, o esforzo da ARMH e doutras entidades por recuperar os corpos dos represaliados. Como os do antifascista galego Perfecto de Dios en Ávila, que serán entregados ao seu irmán, último guerrilleiro galego, en Xinzo de Limia o vindeiro 7 de xuño. Será unha das partes dun documental que será doado á ARMH e que se proxectará en varios lugares, ademais de ser difundido pola Rede. Será unha forma de rachar co silencio.
PRAZA_7597
A nova voceira municipal do Bloque en Vigo, Iolanda Veloso, asume o cargo coa aposta de realizar un labor "construtivo" na vida municipal da cidade e colaborar no proceso de "achegamento" da organización nacionalista á sociedade
Iolanda Veloso é dende comezos de ano a nova voceira municipal do BNG en Vigo. Substitúe a Santiago Domínguez, a quen "toda a organización lle pediu unanimemente que continuase" e márcase como retos principais a defensa dos "problemas cotiáns" das persoas que viven na maior cidade do país, así como contribuír ao proceso de reflexión interna no que está inmerso o Bloque de cara á súa vindeira cita asemblear. Inicia unha etapa nova tras moitos anos no que o rostro máis visible do BNG na vida municipal de Vigo foi o de Santi Domínguez, como a afronta? Con moita responsabilidade, nun momento no que ademais o BNG tamén se xoga moito dende o punto de vista comunicativo, na achega á sociedade e na escoita á cidadanía. Dende o punto de vista do traballo no grupo municipal tomo o relevo nas mellores condicións, porque seguimos o mesmo grupo, tres persoas que xa traballamos xuntas no mandato anterior. Ademais seguir contando coa experiencia de Santi Domínguez. Enmarca, polo tanto, esta remuda no proceso de reflexión que está a vivir o BNG? "Estamos traballando, en Vigo e a nivel nacional, para mudar o que sexa preciso" Asumo a responsabilidade non só de coordinar o grupo municipal senón tamén de levar adiante como voz, como rostro visible, ese traballo de achegamento á sociedade e iso non podemos perdelo de vista. A cidadanía nas últimas citas electorais díxonos claramente que necesitamos recuperar a confianza de moitas persoas, porque por tras de cada voto hai unha persoa. Estamos facendo ese traballo non só en Vigo, tamén a nivel nacional, para mudar o que sexa preciso. Aínda que o anterior portavoz explicou que tomaba a súa decisión en clave persoal tamén se falou de tensións, de presións internas... Agardábao? É só un ruxerruxe? Non ten máis valor que o de ser esperable. Este tipo de decisións internas sempre están suxeitas a interpretacións interesadas doutras forzas políticas. Cadaquén fixo a súa, o PP tamén quixo asocialo cun maior ou menor apoio ao goberno en minoría do Concello de Vigo, sempre nunha situación na que se fala tanto nos medios da situación interna do BNG. Pero non é caso. Santi Domínguez leva moitos anos dedicándose á política, traballando por esta cidade e polo BNG e entende que tocaba dar un paso atrás. É perfectamente comprensible e, aínda que nos gustaría que seguise, entendemos a súa decisión, que é coherente con decisións anteriores, como o feito de poñer o seu cargo á disposición da organización despois das eleccións. O BNG ten un papel relevante no pleno municipal, en tanto que ten un papel determinante para que se aproben ou non decisións transcendentes, como os orzamentos. Ata que punto son quen de condicionar ou de variar as políticas do goberno de Abel Caballero? "Entendemos a oposición como un traballo construtivo, as leas políticas que deixan os problemas cotiáns sen solución non valen de nada" O BNG está na oposición, pero o BNG sempre entendeu a oposición como un traballo construtivo. A diferenza do PP de Vigo, que agora mesmo fai un traballo unicamente de defensa das políticas do señor Rajoy e do señor Feijóo. Temos a capacidade que temos, limitada, pero o feito de estar gobernando en minoría condiciona o alcalde a ter que aceptar determinadas posicións do BNG centradas en atender as demandas da cidadanía, para que dende as administracións se traballe pola creación de emprego, polas axudas sociais e polos investimentos produtivos. En moitas ocasións o goberno local incorpora estas demandas porque difíciles de discutir, son moi claras, concretas e coherentes coa situación actual. As leas políticas que deixan sen solución os problemas cotiáns non valen de nada, aínda que poden ser útiles para outras forzas políticas que prefiren encerellalo todo. Falar de Vigo é falar de sector naval. A cidade está en niveis de paro preocupantes, cal é o camiño? Son os eventuais contratos de Pemex unha vía para palialo? O que é necesario é un compromiso e unha vontade política reais. Estamos denunciando a falta de apoio ao sector. O, entre aspas, traballo que fixo o PP foi facerse fotos para vender supostas solucións que ao longo do tempo se demostra que non son tal. Se o Goberno galego consegue carga de traballo nós aplaudiremos, pero a realidade é que non o está a facer. Non hai ningunha intención alén de fotos nas que se asinan papeis que descoñecemos porque non se dan a coñecer nin no Parlamento. Vese como cartel electoral? "Ata 2015 falta moito e será o BNG quen decida quen vai encabezar a lista" Aínda é moi cedo. Aínda teño que verme completamente como voceira municipal [ri]. O que agora me preocupa é facer o meu traballo da mellor maneira, ata 2015 falta moito e será BNG quen tome a decisión sobre quen vai encabezar a lista electoral.
PRAZA_2272
Se se frustra o proceso para crear unha candidatura nacional galega, é dicir o inicio dun proceso de alcance histórico, a construción dunha alternativa política ampla, a cultura ficará partida
A cultura xoga un papel determinante na historia do noso país, e neste momento está a vivir con inquietude as contraccións para o nacemento de algo novo que ten un valor moito máis aló da política de partidos. Se non o damos feito o mundo da cultura ficará dividido, novamente, e non poderá ser útil socialmente. Debido a unha dramática carencia de clases dirixentes, foi sempre xente da cultura desde o século XVIII, Sarmiento, e o XIX, Faraldo, Murguía, Rosalía…, quen imaxinou un país rexenerado e sacado do servilismo e do atraso. Foi coas Irmandades, coa República, na posguerra no interior…En boa medida estáo a ser agora outra volta. Porén, se se mantén a división entre as agrupacións políticas que din querer representar un proxecto político de cambio, e que din facelo desde aquí, impedirá que a cultura poda actuar como referencia social e elemento mobilizador. A división partidaria dividirá o mundo da cultura e, alén de impedirlle ser útil socialmente, nos sumirá no encono e nun retorno aos tempos dos peores sectarismos. Cando foi do "Prestige" todo a xente achegou esforzos dun xeito irreprochábel e exemplar, cada quen desde onde estaba e co que sabía facer, non lembro disensión ningunha nunha mobilización que durou máis anos que meses. Ninguén ficou a marxe, ninguén dubidou, aínda sabendo os custes que podían chegar, e chegaron para moita xente arriscada e xenerosa. Os costes, era sabido, virían do poder reinante, que era o PP de Fraga e que, tras aquilo, rompeu totalmente todos os vínculos que conseguira tecer coa cultura. Na hemeroteca está a última entrevista concedida aquí antes de marchar de volta a Madrid, botoulle a culpa da súa derrota "aos intelectuais", e precisou ben a quen se refería. A dereita española e a cultura, tanto ten española ou galega, case sempre se levaron mal. Mais, para a xente da cultura, tamén importan os poderes pequenos ou grandes da esquerda e, na Galiza, do nacionalismo galego. Quen andou sempre fóra da liña dominante históricamente no nacionalismo galego, o BNG, padeceu as consecuencias; sabémolo quen fixemos e desfixemos Unidade Galega e o PSG-Esquerda Galega. Nos últimos anos, desaparecido ese camiño dunha outra esquerda nacional galega, invisíbel IU entre nós (e sendo pasado remoto aquel PCG que si fixo pola cultura galega) e inane política e culturalmente un PSOE que nunca chegou a PSdG, semellaba que a cultura galega tiña toda ela como referencia ao BNG. Mesmo, quen non compartiamos o seu proxecto político recoñeciamos que era a única forza que garantía a existencia dunha cultura propia. É evidente que ese tempo rematou cando unha parte da organización rompeu co BNG hai un par de anos. Esa división organizativa tristemente trasladou o encono aos sectores a onde chegaba, tamén á cultura. Novamente volveron as arañeiras, as cautelas, as desconfianzas, os entendementos por debaixo, as cumplicidades…Non deberamos volver caer nunha situación na que primen as nosas pequenas e ubicuas miserias a repartir entre todos nós. A principios do mes de Xuño tres amigos redactaron e penduraron na rede un chamado a unha candidatura unitaria, era un sentir que tamén compartían outras opinións, non é casualidade que ningún dos tres estivesen no BNG, nin en Amio nin tras Amio e non tivesen nada a ver con esas xenreiras. E non é casualidade que os tres fosen xubilados ou prexubilados, xente amortizada e que non contaba con ter moito futuro xa nin carreira ningunha e non tivesen preocupación polas consecuencias que lles podía traer. Aquel chamado recibiu unha resposta entusiasta de moita xente sen prexuízos e simplemente con boa vontade, mais xa entón se percibiu que non había ser atendido coa unanimidade que parecía lóxica, xa entón percibíronse reservas. E cando, de seguido, se lanzou o chamamento para un 25 de Xullo distinto e dirixido á cidadanía, desde dentro do proceso percibiuse que tropezabamos cunha división de fondo que non tiña unha soldadura doada. Aquela convocatoria foi un éxito vista desde fóra, verdadeiramente ilusionante para moita xente, porén desde dentro sabiamos que non fora realmente un éxito. A situación xa era evidente, a división entre organizacións que non podía ser superada máxicamente tamén alcanzaba ao mundo da cultura. Polo si ou polo non, non todo o mundo quixera asinar aquel chamado a unha celebración unitaria. Había quen dubidaba, quen tiña reparos, quen desconfiaba, quen disentía…, a división xa era evidente, estabamos divididos. Até hoxe, o que temos diante. Se se frustra o proceso para crear unha candidatura nacional galega, é dicir o inicio dun proceso de alcance histórico, a construción dunha alternativa política ampla, a cultura ficará partida. Culparémonos uns a outras, acusarémonos disto ou daquilo…O que hai que saber é que a frustración dese proceso terá un saldo de perdas: non só o que perdemos de gañar a cidadanía deste país, tamén unha división agudizada na que imos ficar sumidos. Tamén no mundo da cultura haberá unha guerra civil fría, ou quente, o incivismo anovado e a autodestrución perpetuada. A división do que debera ir xunto nun esforzo común é un prezo alto de máis que este país non pode seguir a pagar. Tampouco a xente da cultura debiamos aceptalo ou calar, tamén nós debemos crear un espazo nacional galego, coa nosa diversidade. E co noso sentido cívico último tamén.
PRAZA_9219
Este sábado inaugúrase o espazo, impulsado polos irmáns Jacobo e Galo Martínez. O MUVI reúne consolas e xogos dende a década dos 70 ata o presente e busca converterse nun punto de encontro e actividade para os afeccionados do sector.
Os videoxogos tamén son cultura. Partindo desta premisa, este sábado inaugúrase en Cangas do Morrazo o MUVI: Museo do Videoxogo, a primeira instalación destas características en Galicia. A iniciativa débese ao impulso dos irmáns Jacobo e Galo Martínez, entusiastas do videoxogo que dende a década dos oitenta veñen adquirindo e conservando diversos dispositivos que agora se van expoñer neste espazo, situado en Trebella (Rúa Andalucía, 10), un lugar creado para acoller empresas e profesionais."Os videoxogos merecen ser abordados como unha manifestación cultural máis, lonxe do tratamento maniqueo de moitos medios convencionais""Os videoxogos merecen ser abordados como unha manifestación cultural máis, lonxe do tratamento maniqueo de moitos medios convencionais", destacan. "Parece que os videoxogos só son portada cando están relacionados con algún tema negativo. Parece que segue sendo cousa duns frikis, pero a realidade é que esta industria move máis cartos que o cine", destacaba no mesmo sentido Carlos Pereiro, impulsor de Morcego, a primeira revista dixital de videoxogos en galego.O museo acolle consolas e xogos dende a década dos 70 ata o presente, buscando facer un percorrido pola historia deste sector e das súas creacións, imprescindibles para entender a cultura contemporánea. En total, pódense ver e tocar un total de 80 dispositivos, unha colección que se irá incrementando con novas incorporacións. O museo é "o resultado de anos de paixón e respecto polos videoxogos, vivíndoos como presente, logo como historia, e sempre pensando no futuro", engaden.O museo acolle consolas e xogos dende a década dos 70 ata o presenteA idea de poñer en marcha un espazo museístico naceu hai case unha década e fortaleceuse nos últimos anos. Os dous irmáns integráronse na asociación Retrogalaicos (asociación que dende o ano 2016 traballa na conservación do ocio electrónico retro), participando en eventos como Retrosantiago, Retrovigo e Faneka Gaming. Ademais, participan en videoxogo.gal, iniciativa que busca representar os intereses económicos, culturais, sociais e profesionais das empresas e operadores independentes galegos que participan no sector do videoxogo e os contidos interactivos.Jacobo e Galo Martínez destacan que o MUVI quere ser "moito máis que un espazo", pois ten como obxectivo "artellar unha comunidade local, buscando a conexión entre persoas". "O MUVI quere ser unha escusa o suficientemente boa como para xuntar a xente para falar, debater e xogar", din."O MUVI quere ser unha escusa o suficientemente boa como para xuntar a xente para falar, debater e xogar"A presentación do MUVI será este sábado ás 12 horas. No evento combinarase a música (coa actuación en acústico de La casa de Los ingleses) e a arte contemporánea, coa inauguración dunha exposición de arte contemporánea dos artistas Mauro Trastoy, Santi Jiménez e Begoña Pastoriza. Nesta festa de inauguración participarán, ademais, profesionais do sector e autores do blog especializado Vida Extra, un dos máis importantes do sector.
NOS_14402
A medida entre en vigor esta sexta feira, 1 de outubro en todo o Estado.
O Consello Interterritorial do Sistema de Saúde chegou a un acordo esta cuarta feira para fixar unha capacidade máxima do 100% para eventos en recintos abertos e do 80 % para eventos en recintos pechados garantíndose sempre unha distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, segundo informou o Ministerio de Sanidade. Estas medidas, destinadas ás competicións deportivas da Liga de Fútbol Profesional, a liga da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), así como doutros eventos deportivos, entrarán en vigor este 1 de outubro, sexta feira. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, confirmou o acordo á primeira hora detallou que eleva ao 100% a capacidade permitida nos estadios de fútbol e ao 80% nos pavillóns cubertos de baloncesto ou balonmán. En declaracións á súa chegada á sesión de control no Congreso, Darias explicou que o acordo amplía a presenza de público, deixando atrás as restricións motivadas pola pandemia do coronavirus. Permitir a volta de público ao 100% nos estadios abertos de fútbol, mentres que en recintos pechados, o que afectaría o baloncesto, o balonmán e outros deportes, ese máximo quedaría no 80% En concreto, a idea é permitir a volta de público ao 100% nos estadios abertos de fútbol, mentres que en recintos pechados, o que afectaría o baloncesto, o balonmán e outros deportes, ese máximo quedaría no 80%. Todo iso, precisou Darias, cumprindo as medidas farmacolóxicas xa tradicionais: máscara posta e prohibición de fumar e para comer nos recintos. Ademais, non se permitirá a venda nin o consumo de alimentos e bebidas durante o evento deportivo, con carácter xeral. Tampouco o consumo de tabaco e de produtos relacionados, tanto en espazos interiores como exteriores. O Acordo establece tamén a recomendación de proporcionar ventilación natural de forma permanente en interiores, e se esta non fose posíbel, utilizarase ventilación forzada coa fin de obter unha adecuada renovación de aire. As medidas acordadas son comúns e de mínimos para todo o Estado para o período comprendido entre o 1 e o 31 de outubro, ambos inclusive de modo que na última semana de outubro realizarase unha nova avaliación da situación.
NOS_19478
Nace afirmando a súa independencia das institucións e do empresariado, face a a prensa "condicionada" polos seus patrocionios. O dixital edítase integramente en galego.
O panorama informativo da cidade de Vigo vén de se ampliar co lanzamento esta mañá do xornal VIGO dixital (www.vigodixital.com). O medio promovido e editado pola asociación ALÉN – Iniciativa para a Comunicación Popular, aposta por outro modelo de información local. No editorial co que presentou afirman a súa vontade de servir como "instrumento para comunicación popular" desde a "total independencia das institucións e do empresariado". Desta maneira, VIGO dixital quere tomar distancia da oferta informativa local xa existente, que segundo aseguran fica, en xeral, "condicionada por patrocinios públicos e privados". "O silenciamento de toda voz crítica, quer co poder institucional quer con grandes empresas, é máis unha forma de censura asfixiante" afirman. Fronte ela apostan por un exercicio xornalístico que concilie "rigor, veracidade e pluralidade" cun enfoque "comprometido co povo, e singularmente coas clases populares". Unha vontade visada xa na súa primeira edición, ao incorporaren como principais novas no día do seu lanzamento unha reportaxe sobre a loita pola readmisión dos dous traballadores despedidos na Citroën e unha información a respecto do colapso nos servizos sociais municipais. Barrios si, localismo non O medio reivindica que "sermos vigueses e viguesas é o noso xeito de sermos galegos e galegas en Vigo" Un dos primeiros trazos diferenciadores ten sido a aposta por incluiren unha sección dedicada aos barrios. Unha decisión que xustifican explicando que "lonxe da uniformidade a realidade de Vigo é a expresión dinámica dun conxunto de microrealidades que teñen nos barrios e nas parroquias o seu espazo matriz". Mais se hai un principio editorial que pode distinguir este novo dixital doutras cabeceiras é a súa negativa a se sumaren ao "discurso hiperlocalista" e das pugnas con outros territorios, que na súa opinión alimentan outros medios. "Fuximos do afán por isolar Vigo da realidade de conxunto da que é parte significativa,reivindicando que sermos vigueses e viguesas é o noso xeito de sermos galegos e galegas en Vigo" enfatizan. En galego Para alén dun enfoque informativo diferente e da súa vontade de "poñer o foco nos feitos que os media sistémicos obvian" e facelo "dando a voz ás organizacións e movementos sociais tantas veces silenciados", VIGO dixital xorde cun compromiso expreso coa nosa lingua propia. Desta maneira o xornal publicarase integramente en galego, o que constitúe toda unha novidade nas cabeceiras da cidade olívica. "Facémolo pensando nese 92,8% de cidadás e cidadáns de Vigo que recoñecen non teren ningunha --ou só algunha pequena-- dificultade para ler no noso idioma, e como contribución para promocionar o seu uso social" argumentan.
PRAZA_12860
Despois de moitos meses de desencontros e vivindo case que de costas, o PNV e o PSE pactaron un texto no Parlamento vasco en defensa do autogoberno, que consideran en risco polos recortes do executivo central. A moción chama ao Lehendakari a que recorra nos tribunais, no Tribunal Constitucional, aquelas talladas normativas que afecten a competencias exclusivas vascas, pois algunhas delas deixan en situación de precariedade ao Estatuto de Gernika, ademais de supoñer un ataque antisocial claro.
Despois de moitos meses de desencontros e vivindo case que de costas, o PNV e o PSE pactaron un texto no Parlamento vasco en defensa do autogoberno, que consideran en risco polos recortes do executivo central. A moción chama ao Lehendakari a que recorra nos tribunais, no Tribunal Constitucional, aquelas talladas normativas que afecten a competencias exclusivas vascas, pois algunhas delas deixan en situación de precariedade ao Estatuto de Gernika, ademais de supoñer un ataque antisocial claro. En clave interna vasca, poderíamos interpretar esta achega PNV-PSE como o primeiro paso dun posible reencontro O texto pode entenderse politicamente de dúas maneiras: nunha primeira ollada semella que os socialistas tentarán opoñerse ás políticas de recortes brutais que Rajoy está aplicando ás ordes de Bruxelas, o FMI e as axencias de cualificación de riscos. Ese contraataque vaise dar desde aquelas institucións que aínda gobernan, que non son demasiadas tras a onda azul que varreu España entre 2011 e 2012. Nomeadamente, Andalucía, Euskadi e Asturias se esta última cae cara a esquerda finalmente. Esa estratexia é lexítima e, por outra banda, é a mesma que seguiu o PP cando gobernaba Zapatero: poñer aos baróns autonómicos a facerlle os recados a Rajoy, cousa que sabe ben Feijoo con todas as xiras madrileñas que se deu para criticar ao Goberno central. En clave interna vasca, poderíamos interpretar esta achega PNV-PSE como o primeiro paso dun posible reencontro. O PNV considerou como unha navallada polas costas o asalto ao poder por parte de Patxi López no 2009, co apoio do PP, e as pontes entre ambos partidos voaran polos aires. O PSE, pola súa banda, interpretou a oposición do PNV coma algo desmedido, desleal e chafalleiro, centrada só en desacreditar o Lehendakari. E así pasaron tres anos. Este é un país moi complexo, sen maiorías absolutas e cunhas posibilidades novas tras a desaparición de ETA. Só hai unha posibilidade descartada: que o PSE e o PP volvan a sumar para reeditar un acordo excepcional como que se asinou no 2009 Pero este é un país moi complexo, sen maiorías absolutas e cunhas posibilidades novas tras a desaparición de ETA. Só hai unha posibilidade descartada: que o PSE e o PP volvan a sumar para reeditar un acordo excepcional como que se asinou no 2009. Aquel tempo de ameazas de ETA levou consigo un pacto facilitado pola ilegalización da esquerda abertzale, e que visto en perspectiva puido cumprir os seus obxectivos, pero que nesta situación é inimaxinable, ademais de pouco conveniente para a convivencia entre diferentes. É tan pouco probable un pacto PSE-PP como o é un entre o PNV e Amaiur. Quen sabe se dentro de 10 meses non se necesitarán de novo para evitar un goberno da esquerda abertzale? Non sería raro que os estrategas dos dous partidos teñan en mente abrir o abano de posibilidades de pacto. Quen sabe se dentro de 10 meses non se necesitarán de novo para evitar un goberno da esquerda abertzale? As expectativas de voto do PSE son malas, e o PNV non está seguro de poder vencer con claridade á coalición de soberanistas de esquerda, polo que só a unión de dous partidos podería conformar un goberno forte e estable que xestione o período posterior a ETA coas súas delicadas cuestións (presos, reinserción, desarme, etc) e un tempo de atrancos económicos que obrigará a repensar o sector público, entre outras cousas. O dirixentes do PNV saben que a esquerda abertzale está a traballar para instalarse en Ajuria Enea, como xa goberna en Donosti e en Gipuzkoa, e tamén que un posible pacto co PP sería incomprendido polas súas bases Os dirixentes do PNV saben que a esquerda abertzale está a traballar para instalarse en Ajuria Enea, como xa goberna en Donosti e en Gipuzkoa, e tamén que un posible pacto co PP sería incomprendido polas súas bases. Os acordos entre o PSE e o PNV foron historicamente ben valorados pola cidadanía, que os identifica como a canle central do país, pero as feridas que deixaron estes últimos anos son aínda ben fondas. Se son capaces de superar as diferenzas, esa fórmula podería ser o contrapeso ao pulo que vive Amaiur, pero para iso o PSE precisa estar forte. Quizais por ese cálculo o PNV semella estar afrouxando un pouco as torcas da oposición, no Parlamento, nas roldas de prensa e ata no seu grupo mediático.
NOS_38713
Que Mosquera e Bergantiños eran na práctica incompatíbeis constituía un dogma do libreto de Natxo González que este domingo pasou a mellor vida. A dupla galega fortaleceu a medular branquiazul e catapultou o Dépor a un triunfo vital no campo do Granada (0-1), nun xogo en que voltou a brillar o talento de Edu Expósito e a fantasía de Cartabia.
O Dépor mereceu gañar nos Cármenes, un campo sempre difícil, e anotou así a súa segunda vitoria consecutiva fóra de Riazor. O triunfo alicerzouno a equipa galega na solidez dun entramado defensivo que comezaba polo punta, un Quique González, que se reencontrou co gol grazas a unha dádiva da zaga local, suficiente para pór o ramo ao partido. Durante a semana, Natxo González ensaiou cun dobre pivote galego na medular, a resgatar a Pedro Mosquera, até agora infra-utilizado por crer o treinador vasco que a súa presenza era de máis se xa estaba no escenario Álex Bergantiños. O partido deste domingo pon de relevo ese erro de percepción do ex adestrador do Zaragoza. Mosquera non só é un atleta notábel, senón que achega tamén templanza no manexo da bola. Tampouco é que se solapasen, até o punto de que durante boa parte do xogo o ex xogador do Real Madrid transitou máis polo carril dereito do que polo centro. Se a ese fechamento de seguranza composto pola dupla galega lle engadimos a criatividade dun Edu Expósito que cada vez asume máis funcións de líder do combo coruñés e a capacidade de desequilibrio de Fede Cartabia entenderemos por que o Dépor foi quen de dominar o partido, nomeadamente na súa fase decisiva, após o gol de Quique González. A vitoria pon o Dépor á beira dos postos do ascenso directo e supón tamén pór o gol average a favor fronte a un rival directo. Mel nas filloas por tanto nun día en que se desfixo un máis dos prexuízos do míster branquiazul: si, claro que Mosquera e Bertantiños poden xogar xuntos. Granada CF: Rui Silva, Germán, Víctor Díaz, Martínez, Quini, Montoro, Fede, Pozo, Fede Vico (Dani Ojeda, min. 79), Vadillo (Antonio Puertas, min 65) e Adrián Ramos (Rodri, min. 55). RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera (Didier Moreno, min. 79), Borja Valle (Michele Somma, min. 87), Fede Cartabia (Nahuel, min. 66) e Quique González. Árbitro: Pizarro Gómez (C. Madrileño). Amonestou David Simón (min. 18), Montoro (min. 68), Antonio Puertas (min. 80), Rodri (min. 80), Ramos (min. 84) Didier Moreno (min. 85), Diego Caballo (min. 90), Domingos (90+2), Quini (90+2). Goles: 0-1, m. 49: Quique González. Incidencias: partido correspondente á 25ª xornada de LaLiga 1|2|3 disputado no Nuevo Los Cármenes ante 13.128 persoas, con presenza de por volta dun centenar de seareiras e seareiros deportivistas.
NOS_27235
Aa plataforma de persoas usuarias de Media Distancia na Galiza afirma que os horarios propostos están "completamente desfasados".
Persoas usuarias de servizos de media distancia ferroviaria entre Vigo e A Coruña denunciaron esta terza feira as dificultades ás que se enfrontan as e os traballadores que se desprazan en tren para acudir ao seu posto polas frecuencias estabelecidas por Renfe, á que afean que non rectifique un modelo "completamente desfasado" e que "aínda non recuperou a normalidade" tras a supresión de servizos durante a pandemia. Tras coñecerse a decisión de Renfe de adiantar ás 8 horas o tren que partía da cidade olívica cara á Coruña ás 8.30, a plataforma de usuarios de Media Distancia na Galiza asegura que esta medida "non soluciona nada" porque, con este novo horario, as persoas seguen a chegar tarde a traballar. "Os horarios non serven", sinalan fontes da plataforma, que solicitou xa unhas 200 queixas colectivas relativas aos servizos no Eixo atlántico (A Coruña-Vigo), e outras 180 na liña entre A Coruña e Ourense sobre as frecuencias e horarios fixados por Renfe. Lamentan que os servizos para os milleiros de persoas que se moven entre cidades e vilas galegas en tren para traballar ou estudar non se adaptan ao horario laboral ou docente, ao que se suma que, segundo remarcan, se producen "continuos atrasos". Apoñen esta situación a que Renfe mantén un modelo "completamente desfasado" e "falto de investimentos durante anos" para unha liña que, no caso do Eixo atlántico da Galiza, é "o cuarto corredor de España" en volume de pasaxeiros, cuns dous millóns anuais que, segundo as estimacións, poderían alcanzar os tres nos próximos anos. O problema, segundo denuncian fontes da plataforma articulada para demandar mudanzas nas frecuencias e investimentos para modernizar as liñas, é que os servizos non encaixan cos horarios de entrada e saída en postos de traballo en administracións ou entidades financeiras. O colectivo pon como exemplo que os servizos de media distancia á primeira hora do día entre Vigo e A Coruña teñen saída ás 8.13 horas, 8.20h ou 9.20h, que consideran "incompatíbeis" coa entrada en "moitos" postos de traballo. Para o regreso, denuncian que os trens que parten ás 15 horas da Coruña e Vigo tampouco son compatíbeis cos horarios de saída. "Antes tiñamos un tren que saía ás 15.30 horas e atendía moitos usuarios. O das 15 xa non nos serve", censuran desde a plataforma, que demanda un servizo de madrugadores e unha frecuencia axustada aos horarios de saída. O colectivo de usuarios lamenta a falta de resposta por parte de Renfe ás solicitudes de reunión remitidas para trasladar as súas demandas, entre as que tamén inclúen a "flexibilización" das condicións do abono mensual de media distancia, que rolda os 300 euros e que, aseguran, "non compensa" para moitos viaxeiros que, con todo, non teñen outra alternativa para desprazarse aos seus postos de traballo.
PRAZA_17129
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron este sábado en Compostela a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) celebraron este sábado en Compostela a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego. Este ano os premios incorporaron novidades en relación ás categorías a recoñecer: a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades diferenciadas, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado. En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos. A Gala, presentada pola actriz Isabel Risco, contou coa actuación musical do grupo A Banda da Loba. O xurado estivo formado por María Luz Corral,Mario Regueira, Marga do Val, Óscar Villán, Susana Sanchez Arins, Xavier Senín e Óscar Antón Pérez García. O xurado quixo facer constar que "pese a un escenario de retroceso no número de títulos publicados, da visibilidade e dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, brilla, mesmo así, a gran calidade e o esforzo do mundo do libro galego". Estas foron as obras gañadoras en cada modalidade: Ensaio e investigación: Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa (Edicións Laiovento). O xurado estima que nesta obra Antón Figueroa devolve á cultura galega e europea a figura de Margot Sponer, autora que nos situou no mapa dos estudos académicos. O libro é tamén un percorrido emocional que logra transmitir na súa lectura. Divulgación: Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia). O xurado considera que este libro é único, froito dunha experiencia singular, demostrando que no século XXI aínda se pode manter a ollada curiosa da ciencia sobre o mundo. Narrativa: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia). O xurado estima a mestría do autor á hora de empregar o medo e a memoria para explicar a represión e o control social dos anos 40 en plena ditadura franquista. Infantil: A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia). O xurado valora o tratamento divertido, cun ritmo trepidante, da asociación entre a fantasía, a imaxinación e a creatividade, reivindicando o papel das nenas e das mulleres en relación á ciencia é á técnica. Xuvenil: Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia). O xurado considera a orixinalidade desta obra ao tratar un episodio practicamente descoñecido da nosa historia científica, cun amplo labor de documentación e rigorosidade, poñendo rostro a heroes anónimos. Libro ilustrado: Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora). O xurado estima a capacidade desta obra para introducir o público infantil na arte contemporánea abstracta, e o diálogo establecido coa poesía. Libro de banda deseñada: Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial). O xurado valora o espírito lúdico e a complexa e xogantina estrutura narrativa da obra, ao tempo que permite unha lectura múltiple e dinámica. Iniciativa bibliográfica: Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia). O xurado considera a relevancia dun enfoque plural nesta colección, que revitaliza a lingua no ámbito científico-tecnolóxico. Tradución: Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora). O xurado dá a benvida á tradución ao galego deste clásico universal, verquido directamente desde a lingua orixinal, transmitindo a frescura e a fluidez do texto da autora sueca. Poesía: Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora). O xurado destaca a contención no tratamento da perda e a capacidade para vincular a súa vivencia persoal ao colectivo. Ao mesmo tempo valórase a calidade deste froito particularmente maduro na súa poética. Teatro: Río Bravo, de Chévere (Kalandraka Editora). O xurado celebra a publicación desta obra pioneira dunha forma de facer teatro que revolucionou o panorama dramático galego, nunha coidada edición. Libro mellor editado: Lumes, de Ismael Ramos (Apiario). O xurado valora a elegancia minimalista desta obra en particular, que brilla de forma especial nun traballo de edición impecable. Iniciativa cultural ou fomento da lectura: Viñetas desde o Atlántico. O xurado recoñece o tesón na traxectoria de máis de vinte anos desta iniciativa, contribuíndo a popularizar a banda deseñada, e conectala coa cultura do país. Proxecto literario na rede: Caderno da crítica, de Ramón Nicolás. O xurado destaca a constancia no traballo deste espazo na rede, que permite seguir o panorama literario galego, achegando materiais orixinais. Xornalismo cultural: Ana Romaní. O xurado destaca a súa incontestábel traxectoria de traballo de difusión da cultura desde o Diario Cultural da Radio Galega. Premios honoríficos Ademais, entregáronse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Isabel-Clara Simócomo Escritora Galega Universal 2018, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans. A Asociación Galega de Editoras premiou a Xavier Senín, pola súa prolongada e constante aposta a favor do Libro Galego, que se visualizou, de forma nítida, no longo período en que desenvolveu o seu labor como subdirector do libro e de promoción cultural da Xunta de Galicia entre 1987 e 2005. A Federación de Librarías de Galicia premiou a Xurxo Patiño, da Libraría Librouro (Vigo), polo seu compromiso co mundo do libro galego e a lectura, así como pola súa achega efectiva durante moitos anos ao sector do libro a través do traballo desenvolvido na Federación de Librarías de Galicia.
PRAZA_4531
Os responsables da revista Oink! anuncian que, ante as dificultades económicas polas que pasa o proxecto, non imprimirán o seu quinto número até conseguir liquidez. A vindeira semana lanzará unha iniciativa de crowdfunding para buscar a continuidade desta publicación para público infantil e xuvenil
"O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que darlle esperanzas ás novas xeracións". Con esta declaración de intencións presentábase este verán Oink! A revista do Xabarín Club, unha revista mensual de banda deseñada e outros contidos, para público infantil e xuvenil e en galego. O proxecto, ambicioso e que viña encher un oco no que a presenza da nosa lingua era case inexistente, non acadou nos seus primeiros catro número a resposta agardada en número de subscricións e exemplares vendidos e Oink! vén de anunciar a decisión de "non imprimir o número 5 ata que consigamos resolver os problemas de liquidez que estamos a experimentar". Nos vindeiros días lanzarán unha campaña de crowdfunding para buscar a continuidade da publicación. "Comezamos con bos números pero caeron de xeito moi brusco de cada número", sinala o seu director, Marcos Ferreira, que engade o problema engadido dos demorados prazos de pagamento de varios dos anunciantes da revista. "Eu traballei moitos anos no Reino Unido editando revistas e alí os anunciantes pagan no momento en que se imprime, e aquí non. Aquí, por mor da crise, moitos anunciantes tardan meses en pagar", di. "Contabamos con estar en todos os colexios de Galicia, en case todas as bibliotecas, e iso non sucedeu", explica. "Iso non significa que o proxecto estea abocado ao fracaso, simplemente que necesita máis tempo". Por iso queren que a campaña de crowdfunding que daran a coñecer en breve sirva para asegurar e consolidar o proxecto durante varios meses: "temos un compromiso cos nosos traballadores e colaboradores, e tamén cos subscritores, non queremos agora pedir apoios para seguir adiante e ter que pechar dentro de dous números". Destaca, igualmente, que "este proxecto está enteiramente financiada por nós, non recibimos cartos de ningures. Antes de lanzalo buscamos financiamento nos bancos, pero parece que non lles interesou". "Seguimos pensando que fai falla unha publicación para a rapazada. Todo na TDT é en castelán, parece que estamos borrando do galego toda unha xeración" Outra das alternativas pasa por reducir a periodicidade, que podería pasar a ser bimestral, para aforrar gastos de impresión e distribución, e tamén buscar afianzar a súa presenza en nichos de público e espazos nos que cren que a revista é demandada. "Recibimos moitos e-mails felicitándonos pola calidade da publicación, pero vemos como a revista se vai vendendo menos con cada número", comenta, e conclúe: "Seguimos pensando que fai falla unha publicación para a rapazada. Todo na TDT é en castelán, parece que estamos borrando do galego toda unha xeración". "Nace algo diferente" Oink! lanzouse este verán buscando levar ao papel, a unha publicación mensual, o mellor daquel Xabarín Clube que marcou a unha ou varias xeracións. "Nun tempo en que todo o dirixido á rapazada pasa polas factorías das grandes marcas. Cando todo o que se pensa para nenas ten forma de princesa rosa e para nenos forma de superheroe. Agora que os libros, as películas, a roupa e mesmo os iogures están inzados cheos dos mesmos personaxes infantís co único obxectivo de vender, nace algo diferente". Así se presentaba a publicación, na que colaboran Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas ou Pinto & Chinto. "Toda a xente á que nos fomos aproximando apostaron polo proxecto, así nos demos conta de que o Xabarín non está morto. O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que darlle esperanzas ás novas xeracións" Destacaban que "queremos lembrar o que moitas veces esquecemos: os nenos e nenas son capaces de pensar, imaxinar, idear e deseñar cousas incribles. Só fai falla tratalos coma persoas que son e darlles os recursos que precisan para sacar todo ese potencial". E cunha perspectiva galega: "Dende Galicia ollaremos para todo o planeta, veremos que acontece en lugares moi distantes, pero tamén pescudaremos a nosa terra. Queremos que a mirada local lles demostre que moi preto deles hai cousas incribles que paga a pena descubrir". A este respecto, nunha entrevista en Praza en agosto Marcos Ferreira concluía que "toda a xente á que nos fomos aproximando apostaron polo proxecto, así nos demos conta de que o Xabarín non está morto. O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que darlle esperanzas ás novas xeracións".
NOS_30536
María José de Pazo, filla do desaparecido xefe de máquinas do 'Vila de Pitanxo', lamenta a "dor e o estrés" das familias, que se enteran das novidades "polo Goberno do Canadá". "Isto é aínda cravarnos máis a dor. Non hai humanidade. Non están a facer nada; por favor, reaccionen xa!", sentencia.
A suspensión da procura do 'Vila de Pitanxo' mobilizou esta sexta feira ás familias das vítimas do naufraxio. Varios representantes dos tripulantes desaparecidos reclamaron esta mañá fronte á sede da Subdelegación do Goberno estatal en Pontevedra que se retome a busca de forma inmediata, que se contraten medios ou se envíen desde o territorio español. "Eu son cidadá do Canadá ou do Estado español? Onde está España?", preguntouse María José de Pazo, filla do xefe de máquinas, Francisco de Pazo, un dos desaparecidos no naufraxio. Xunto con outras familias realizou un acto simbólico de apoio ás familias e exixiu unha reunión coa subdelegada, Maica Larriba, coa que sentaron para abordar a situación. As familias piden "feitos" e que o Goberno estatal "reaccione". "Cada hora que pasa é un mundo alí; por favor, a que se espera? Fago un chamamento aos ministros, teñen que estar implicados e non o están", exhortou De Pazo, quen se dirixiu expresamente ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aos ministros de Exteriores, Defensa, Transportes e á de Traballo, a galega Yolanda Díaz. Así, citou a unha viúva que se lamentaba de que "non haxa eleccións", porque, "se as houbese, estarían aquí o presidente Sánchez, a ministra de Traballo...". "Son doce traballadores que están a ser abandonados, que perderon a súa vida polo seu traballo e as súas familias. Onde está a ministra galega?", cuestionou. As familias queren unha maior implicación, que o Goberno do Estadio convoque unha reunión urxente, que se poñan en contacto coas familias e que "se poñan de acordo para enviar avións e fragatas ou que contraten medios alí". Tamén expuxo a opción de compensar economicamente ás empresas que teñen alí barcos para que poidan colaborar nos labores de busca, como xa fixeron nas primeiras horas diferentes embarcacións "de forma gratuíta, porque non custa nada, porque empatizan". "Ten que haber un diálogo, un interese. Estamos abandonados, non temos información", lamentou. María José de Pazo afirma que é "inaudito" que reciban a información polo Goberno do Canadá antes que polo de España. "Onte [pola quinta feira] non nos informaron de nada, por iso hoxe vimos aquí", salientou a filla do xefe de máquinas, quen urxiu "respostas xa; feitos, non palabras". "Que non se dea 'carpetazo'" "Queremos propostas, non que se dea 'carpetazo'. Queren arquivar isto e nós non os imos a abandonar", aseverou De Pazo, que se preguntou por que se pode mandar unha fragata a Ucraína e non a buscar a compatriotas dun naufraxio, a respecto do que lembrou que son cidadáns dun barco de pavillón español e estaban enrolados na Capitanía de Marín. "Por que se pode enviar unha fragata a Ucraína e non buscar compatriotas dun naufraxio?", cuestiona a filla do xefe de máquinas "Eu só veño, como os meus compañeiros, a buscar solucións. É unha dor e un estrés ter unha perda e ver que hai viúvas con nenos pequenos, e andar suplicando. Isto é aínda cravarnos máis a dor. Non hai humanidade. Non están a facer nada, por favor, reaccionen xa!", proclamou María José de Pazo. Outro dos achegados ás vítimas do naufraxio que se achegou esta sexta feira á concentración é Kevin, fillo da parella de Rogelio Franco, quen levaba uns 18 anos traballando no barco e era axudante de cociña, segundo relata o mozo. "A resposta que queremos é que se reanude a procura e recuperar os corpos. É o único que pedimos agora mesmo", defendeu.
NOS_7691
O desbloqueo político está máis perto no Estado. A hipotese dunhas terceiras eleccións pasa a mellor vida. Esta quinta feira, Mariano Rajoy despexou as dúbidas sobre a disposición do seu partido a aceitar unha eventual abstención do PSOE no trámite da súa investidura. "Non vou pór condicións para negociar", dixo.
Rajoy atendeu os meios antes de inaugurar en Torremolinos un congreso xurídico e as súas declaracións puxeron terra de por meio a respeito de afirmacións realizadas estes días por dirixentes do seu partido en relación á imposición de condicións ao PSOE á hora de aceitar a súa abstención. Non haberá tal. O líder do PP deixou claro que a súa prioridade é formar goberno xa e non dubidou en cualificar de "disparate" ir a terceiras eleccións. O presidente do goberno en funcións voltou a defender a idea de que o mellor para o Estado sería un goberno de coligazón co partido socialista, mais, consciente da imposibilidade dese escenario, enfatizou que si está disposto a aceitar a abstención da formación socialdemócrata sen pór ningunha condición previa. "Se non é posíbel iso [a grande coligazón] nós estamos dispostos a considerar calquera posibilidade, porque a prioridade é formar goberno", dixo. Esta declaración contrasta coa feita esta cuarta feira polo portavoz do grupo parlamentar do PP, Rafael Hernando, nada proclive a aceitar unha "abstención estratéxica" do PSOE e partidario, en troca, de ir a un acordo amplo de lexislatura. Esclarecida a posición do PP -si á abstención do PSOE sen condicións, non a terceiras eleccións- os focos póñense agora no PSOE Esclarecida a posición do PP -si á abstención do PSOE sen condicións, non a terceiras eleccións- os focos póñense agora no PSOE. Liquidado o secretario xeral, Ferraz ten pendente a convocatoria dun comité federal en que se irá substanciar a súa posición sobre a investidura. A maioría do aparato -e tamén, segundo trascendeu nas últimas datas, do grupo parlamentar- inclínase por apoiar mediante a abstención a continuidade de Rajoy, co argumento do mal menor: pior sería ir a unhas terceiras eleccións en que -segundo enfatizou esta semana o presidente da xestora, Javier Fernández- o PP aínda melloraría os resultados do 26X. Despexado ese trámite, o PSOE aprazará uns meses a realización do congreso extraordinario ao que vén obrigado após a demisión primeiro da metade máis un da súa Comisión Executiva Federal e despois do seu secretario xeral. A batalla interna no seo do partido socialista está moi lonxe de ir a menos e todo indica que Pedro Sánchez continúa a pensar nun hipotético retorno á ponte de mando de Ferraz.
NOS_21229
A ribeirense Ana Peleteiro vén de acadar no Campionato Europeo de pista cuberta que se está a disputar en Glasgow a medalla de ouro na especialidade de triple salto. Logo de dous intentos nulos, a galega subiu á primeira praza cun terceiro chimpo de 14,56 metros, que melloraría no seguinte até os 14,73 definitivos.
Ana Peleteiro (Ribeira, 1995) vén de acadar a medalla de ouro en triple salto no Campionato Europeo de Atletismo indoor que se está a disputar en Glasgow cun chimpo de 14,73 metros que, ademais, supón a mellor marca europea da tempada e o récord de España, en poder de Carlota Castrejana desde 2007 cun rexistro de 14,64. A final de triple salto non comezou ben para a ribeirense, que realizou dous saltos nulos nos seus primeiros intentos, mais no terceiro xa se colocou na primeira praza cunha marca de 14,56, que pulverizaría no seguinte cos 14,73 definitivos, moi por diante das súas rivais. Peleteiro conságrase así como a gran especialista do continente despois dunha medalla de Bronce na proba do ano pasado en Berlín.
PRAZA_11724
Un muro do compostelán parque de Bonaval esfarelado pola chuvia e o vento caeu sobre un octoxenario, causándolle a morte. Caídas de árbores e pólas en estradas e asolagamentos en estradas, vivendas e garaxes foron as incidencias máis frecuentes da borrasca Elsa
Ás portas do inverno, o temporal máis intenso do outono do 2019, a borrasca Elsa, deixou a súa consecuencia máis tráxica no serán do xoves en Santiago, cando un muro do parque de Bonaval esfarelado pola chuvia e o vento caeu sobre un home octoxenario, veciño dunha rúa próxima. O seu corpo sen vida foi atopado contra as dez da noite tras o aviso dun viandante ao 112. Os servizos de emerxencia ratificárono ao abordar o desentullo da zona, onde tamén se viron afectados varios vehículos estacionados.Un muro do compostelán parque de Bonaval esfarelado pola chuvia e o vento caeu sobre un octoxenario, causándolle a morteEste falecemento, que deu lugar á suspensión de diversos actos ligados ao Nadal que tiña previstos para este venres o consistorio compostelán, foi o suceso máis sinalado dun temporal que provocou "case 1.800 incidencias" ata primeiras horas deste venres, segundo a Axencia Galega de Emerxencias. O concello que máis problemas sufriu por mor do temporal foi Vigo, con máis dun centenar.Caídas de árbores e pólas en estradas e asolagamentos en estradas, vivendas e garaxes foron as incidencias máis frecuentes. Especialmente nas cidades, tamén xurdiron diversos problemas cos alumeados de Nadal. Así aconteceu en concellos como o de Sada, onde áreas que xa sufriran inundacións noutros temporais volveron pasar polos mesmos atrancos.O río Tambre desbordou en Ponte Maceira e en Ourense e Lugo a ollada está posta no Miño polo mesmo motivoA rede viaria viuse afectada polas consecuencias da chuvia e o vento en practicamente todo o país. Así, por exemplo, na ourensá rúa das Laxas quedou cortada pola caída dun muro de contención. En Bueu, a estrada EP-1302 tamén se viu afectada pola caída dun muro de pedra. Houbo tamén cortes, neste caso por asolagamentos, en Carballo, Verín, Arteixo ou Ponte Maceira, neste último caso polo desbordamento do río Tambre. En Pradorramisquedo (Viana do Bolo), quedaron incomunicados porque a ponte que dá acceso ao lugar ficou completamente oculto baixo as augas. Nas cidades de Lugo e Ourense, ademais, continúa a vista posta no río Miño polo posible desbordamento.Un traballador do servizo de emerxencias resultou ferido en Verín ao ceder unha ponteO patio dun colexio anegado en Portomouro (Val do Dubra) ou cables e postes de telefonía caídos en ata 143 localidades son exemplos dos efectos dun temporal que tamén causou un relevante accidente laboral a un membro dos equipos de emerxencias que actuaban para paliar as súas consecuencias. Sucedeu na Gudiña, onde un membro do Grupo de Emerxencias da localidade resultou ferido mentres sinalizaba unha estrada anegada na Herosa. "Unha ponte cedeu e feriu o operario que, aínda que non parecía revestir gravidade, foi trasladado ao hospital" contra as sete da mañá do venres, sinala o 112.Cortes de luzUnha vez máis, o temporal veu acompañado tamén en múltiples puntos de Galicia de cortes de luz. A principal compañía subministradora no país, Naturgy -a antiga Fenosa- calculaba que os fogares afectados na tarde do xoves roldaban os 10.000. Contra o mediodía os problemas concentrábanse no interior da provincia de Pontevedra e mais en Ourense.
NOS_34056
Este 5 de xaneiro é o 42 aniversario da constitución do CFPG. Cilia Torna retrotráenos a un tempo politicamente moi convulso, en que se fraguou o actual réxime. Esta é a historia de como na Galiza a oposición ao establishment do 78 protagonizouna en solitario o nacionalismo galego.
Preparémonos para o bombardeo ideolóxico. O corenta aniversario da Constitución española será aproveitado, como outras onomásticas redondas da carta magna, para dar folgos ao réxime actual, presentando a transición como un proceso modélico, explicando o tempo transcorrido após a morte de Franco como exitoso en termos históricos e exemplar en puridade democrática e significando a vixencia, as virtudes e a actualidade do texto constitucional. As urxencias políticas derivadas da impugnación por parte do pobo catalán do marco xurídico político fornecerá novas enerxías aos propagandistas do réxime, para blindar o modelo institucionalizado en 1978 polos herdeiros do franquismo e unha parte da oposición democrática, baixo o patrocinio de USA e da República Federal Alemaña, coa monarquía e as forzas armadas como chave de bóveda. Abrir novos marcos de posibilidades para as nacións sen estado e para as clases populares daquilo que é estritamente España obriga a cuestionar o relato elaborado arredor da transición, desenmascarar o discurso hexemónico sobre o texto de 1978 e evidenciar a ausencia de lexitimidade en orixe do actual marco político. O Consello de Forzas Políticas Galegas é a expresión da vontade de mudanza de sectores significativos do pobo galego e a alternativa dunha nova institucionalidade merecente da consideración de democrática. O 5 de xaneiro de 1976, presentábase diante de 2.000 persoas no paraninfo da Universidade Compostelá, nun acto no que farían uso da palabra representantes dos tres partidos políticos que o conformaban inicialmente, isto é, o Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD) e a Unión do Povo Galego (UPG), ao que andado o tempo se sumarían o Movemento Comunista de Galiza(MCG) e o Partido Carlista. O novo organismo unitario pretendía ser, nun momento no que existían síntomas evidentes da descomposición do réxime franquista, unha alternativa nacional e democratizadora. que non validase o proceso de reforma pactada cos forzas do franquismo, e que expresase, ao tempo, a vontade do nacionalismo de Galiza existir non como un apéndice de deseños estatais senón como unha realidade motora dunha dinámica política propia. As Bases Constitucionais da Nación Galega foron a concreción practica da alternativa política do Consello de Forzas Políticas Galegas. A proposta, presentada en abril de 1976, é un documento de carácter programático, que ten os seus principios orientadores nun documento elaborado pola UPG en outono de 1974 co título Encol da chamada Junta Democrática, onde se acoutan os eixos cardinais da proposta do nacionalismo para a ruptura, isto é, a consideración de Galiza como nación e, por conseguinte, depositaria de dereitos políticos e un modelo de Europa diferente ao do capital monopolista, definido pola CEE. Segundo ten afirmado Francisco Rodríguez, "as Bases Constitucionais foron naquela altura, un modelo galego para estruturación federal do Estado, de base nacional diversa. A concepción da soberanía como algo inherente a cada nación e o seu signo distintivo: é a nación a que fai cesión, para que poda existir o Estado Plurinacional, a unidade entre iguais. É a forma de concretar un modelo de autodeterminación, acorde coas circunstancias históricas". Esta experiencia posibilitou a visualización da cuestión galega no debate estatal As contradicións internas, derivadas dos compromisos adquiridos por algunhas das forzas integrantes do Consello coas plataformas de oposición de carácter estatal, e a lóxica esóxena, coas liñas mestras do proceso xa pactadas entre o goberno de Adolfo Suárez e a chamada "oposición democrática", aglutinada na Platajunta, que xa tiña apostado pola vía da reforma, manifestando unha absoluta falta de sensibilidade ás demandas nacionais, puxeron remate á alternativa unitaria galega no outono de 1976. Porén, esta experiencia posibilitou a visualización da cuestión galega no debate estatal, permitiu situar na medular do debate político do país o problema nacional e forneceu ao nacionalismo dunha alternativa coa que enfrontar e impugnar o réxime de 1978. Só o nacionalismo mantivo o combate contra o modelo institucionalizado na constitución de 1978 e aquilatado no estatuto de 1981, erguendo o facho co que o pobo se mobilizara contra o Franco, defendendo en solitario unha proposta merecente da consideración de democrática. Se ben a disolución deste organismo unitario prodúcese formalmente a finais de 1976, a súa desaparición práctica data de outubro dese ano, onde após unha reunión en Madrid coa Platajunta, representada por Trevijano e Fernando Mújica, evidéncianse as contradicións internas, así como as circunstancias externas que lle impiden continuar adiante se non é renunciando a alternativa das Bases Constitucionais. Dunha banda, a chegada ao Goberno de Adolfo Suárez intensifica os contactos entre o réxime franquista e a chamada "oposición democrática", agrupada na Platajunta, que non amosa ningunha sensibilidade ás reivindicacións galegas; as grandes liñas da transición xa estaban pactadas, pola contra convida o Consello a que renuncie a súa alternativa a risco de non ficar fora do xogo político. Doutra banda hai que ter en conta que o Movemento Comunista -igual que a Federación de Partidos Socialistas, do que formaba parte o PSG- estaban integrados na Platajunta o que provocaba unha subordinación ás estratexias estatais no caso do MCG e, en menor medida, do PSG, feito que se sumaba á negativa dos primeiros a integrarse no sindicalismo nacionalista e no caso dos segundos á presión dun sector interno que defendía e remataría en 1977 por integrarse no PSOE; así as cousas este sector do PSG e o conxunto do MCG deixan de verlle utilidade a permanecer no Consello. Xa que logo, non é posíbel explicar este documento se non temos en conta o contexto no que xorde, o intento de encarreirar o Estado polos vieiros da reforma e a reconciliación nacional, o momento político no que aparece, con dúas plataformas de oposición a nivel do Estado, apadriñadas unha polo PCE e a outro polo PSOE, que posteriormente converxen xa en negociacións con sectores do franquismo, e a propia experiencia histórica do nacionalismo, nomeadamente os baleiros que sufriu na redacción da Constitución da II República. Neste sentido non é casual que o nacionalismo abandonase esta alternativa nos primeiros oitenta, posto que era evidente que tras o 23-F e a posterior marea recentralizadora, o novo réxime estaba asentado, a transición rematada e naquela conxuntura ficaba sen virtualidade unha proposta que nacera, para un tempo concreto, a ruptura fronte a formulacións pactistas co franquismo que ofrecían o autonomismo como solución. Independentemente da resultante do proceso, a utilidade das Bases no plano práctico está fóra de toda dúbida, Corrección: na versión inicial deste artigo deslizábase unha incorrección cando se afirmaba que hoxe é o 40 aniversario do CFPG. En realidade, é o 42.
NOS_43320
Continua o assedio do Exército Islâmico sobre Kobane, o massacre da população curda, com absoluta cumplicidade por parte de Turquia, isto é, da NATO.
Vocês lembram-se de Srebrenica. Nós nunca o esquecemos e nunca nos perdoámos por aquilo", disse Staffan de Mistura, o enviado especial da ONU para a Síria, após as notícias da tomada do quartel-general e de mais de metade da cidade curda de Kobane, que integra a Região Autónoma de Rojava, junto à fronteira com a Turquia. "Todos devem fazer o que puderem para impedir isto", apelou o diplomata, citado pelo Guardian, em declarações aos jornalistas esta sexta-feira em Geneva. "Quando existe uma ameaça iminente para civis não podemos ficar calados", concluiu o enviado especial da ONU. Mas até agora não há sinais de que a população que permanece em Kobane possa receber a ajuda que pediu ao mundo nos últimos meses: armas e munições para se defenderem do cerco montado pelo Exército Islâmico à cidade libertada pelas Unidades de Proteção Popular curdas em julho de 2012. A repressão turca das manifestações curdas nesta semana fez mais de 30 mortos Na Turquia, o presidente Erdogan continua a recusar qualquer intervenção para repelir o EI. O seu partido AKP foi acusado pelo ODP, partido ligado à luta da população curda, de ter "laços económicos e militares" com o Estado Islâmico e interesse político em atacar a experiência de governo autónomo da população curda na região de Rohava e ao mesmo tempo aprofundar a guerra civil na Síria. Em comunicado divulgado esta sexta-feira, o ODP denuncia ainda o clima de "guerra civil" montado pelo governo turco, com o apoio da polícia e de milícias armadas, em ataques contra as manifestações de solidariedade com a resistência de Kobane ao EI. A repressão das manifestações nesta semana fez mais de 30 mortos, sobretudo nas regiões do sudeste, de maioria curda. Na fotografia, refugiados de Kovane tentam entrar na Turquia e são mantidos a distância pelos soldados turcos
NOS_988
Boa música e orixinalidade é o que amosa o primeiro traballo autoeditado do grupo Aparato, formado por Meri Caramés e Chus Silva. Co nome de Storm & Illusion, a electrónica galega chega ao seu máximo nivel á espera de grandes espazos onde poder difundirse. A formación, filla do barrio compostelán de San Pedro, fura na nostalxia e recupera o cassette tal e como explica Caramés nesta conversa con Nós Diario.
Como iniciou o proxecto musical de Aparato? Atopámonos no Coro da Ra e antes de ser Aparato xa fixeramos cousas xuntos como algunha cuña para a radio. Traballamos como colegas, sen ningunha intención de proxectar nada. Mais foi xurdindo. Ao principio foi só algo de Chus mais eu coleime. O Coro da Rá festexa os seus vinte anos en Compostela Tiñamos moitas influencias musicais en común. Os dous viaxamos por todos os estilos. Se cadra máis polo rock que por outros. Daquela, comezamos a ter inquedanzas polo tema da electrónica e comezamos a experimentar. Aparato partiu de cero en 2018 mais sen un proxecto moi definido. O primeiro foi buscar un repertorio e despois comezar a gravar, algo que nos levou bastante tempo. Agora presentades o primeiro traballo en cassette. Cal é a razón? Xurdiu por pensar que a xente hoxe en día escoita a música directamente online. Xa é raro o formato físico. Pensamos facelo en vinilo, por ser un formato moi elegante e soa mo ben, mais viamos que a maioría das persoas rematarían por escoitalo en dixital. Non queriamos pólo só nas redes e valoramos un formato físico mais non queriamos xerar plástico e buscamos unha proposta máis ecolóxica. A de empregar cintas recicladas e reutilizadas pareceunos ideal, só fixemos a maquetación. Entendemos que á xente lle gusta ter un soporte físico na man e a un tempo escoitar música polas redes. Ese foi o motivo de facer ese híbrido. Tamén por unha cuestión nostálxica, somos da época dos cassettes. Que atopará a xente que se achegue a Storm & Illusion? A instrumentación é absolutamente dixital, electrónica. Nas pezas nótase a nosa bagaxe musical, coa presenza dos nosos gustos musicais. As letras son nosas e tratan das inquedanzas que temos a diario, da vida convulsa que temos. Reflexionamos sobre o sentido que ten a nosa existencia. Podería dicirche que en parte son, mesmo, existencialistas cun toque moi minimalista. Non entramos moito nun gran discurso. Son máis de suxerir que de definir, non queremos facer doutrina. Non somos nada dogmáticos. Alfonso Franco: "Na comarca de Vigo hai ducias de artistas musicais que demostrarán o seu talento" Como son as vosas actuacións en directo? Polo de agora non volvemos actuar desde a chegada da Covid mais agardamos contar con facelo este verán. Os noso concertos estaban gustando moito. Foi unha mágoa non poder facer máis cando estabamos collendo ritmo. Temos un directo moi potente ao saírse bastante do común por todos os aparatos que levamos. Somos moi visuais, con moitas luces e algunhas máquinas moi vistosas. Temos un Theremin que chama moito a atención. Fala de verán e de concertos, a maior parte con programacións fechadas e pouca participación galega nunha gran parte deles. Búscase máis o de fóra? Fálase moito do apoio ás bandas locais e, se queres que che diga a verdade, para min non existe. Non hai persoas nin entidades que se dediquen a buscar grupos, nin institucionais nin privados. É moi complicado chegar a certos escenarios sen ter un apoio económico potente. Facemos o investimento desde o propio grupo mais se non tes os medios... ou a sorte de que gustes por algo en concreto é moi difícil. Mesmo é moi complicado para nós chegar aos medios de comunicación. As que normalmente contan con apoio son as promotoras e se non estás nese circuíto non existes. Certo é que hai certames e concursos para participar mais segue a ser complicado polo elevado número de bandas que temos neste país. Se foramos de Seattle seguro que habería máis interese. Hai como unha especie de muro invisíbel.
NOS_51863
A sentenza obriga a repetir a segunda volta en todo o país.
O Tribunal Constitucional austríaco vén de ditar sentenza a respeito do recurso presentado polo partido da ultradereita FPÖ coa que anula os resultados electorais das Presidenciais e obriga a convocar de novo a segunda volta na que gañara, por unha marxe mínima de votos (30 mil), o candidato verde, Alanxander Van der Bellen, fronte ao ultradereitista, Norbert Hofer. A impugnación baseouse en supostas irregularidades no reconto. Previsibelmente as eleccións terán lugar neste outono.
QUEPASA_569
[Última hora:] Sentenza do TSXG: COVID: Os hostaleiros dos Concellos con restricións non terán que pedir o certificado Covid
O Comité Clínico vén de anunciar o novo mapa de restricións dende o vindeiro sábado 14 de agosto. Un mapa que deixa a Costa da Morte en laranxa e vermello, pois apenas quedarán os Concellos de Dumbría, Mazaricos, Santa Comba e Zas en Nivel medio-baixo. No Nivel Alto sitúanse xa Laxe e Malpica, ademais dos que xa estaban dende esta semana (Cee, Fisterra, A Laracha e Carballo) e máis Muros, que baixa do Máximo.Neste Nivel os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o onterior 50% (previa acreditación inmunidade) e e as terrazas ao 50%. O lecer nocturno so permite permitido terrazas ao 50%, ata ás 01.00 horas. Ni Nivel Medio sitúanse Coristanco, Cabana, Ponteceso, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Corcubión e Muros.Neste nivel, os establecementos de hostalaría e restauración poden abrir o Interior ao 50% (sen acreditación e as Terrazas ao 50%, e o lecer nocturno ten permitido o acceso ao interior ao 50% (previa acreditación inmunidade) e terrazas ao 100%, ata ás 03.00 horas. MÁIS NOVAS SOBRE O COVID 09-08-2021: COVID: Os cribados de Ponteceso e Coristanco ratifican a nova subida de casos en toda a bisbarra. 05-08-2021: COVID: O Sergas convoca outro cribado para a mocidade, desta volta en Ponteceso. 05-08-21: COVID: O Sergas convoca un cribado entre a mocidade de Coristanco. 04-08-21: COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións. 02-08-21: COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda. 28-07-21: COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións. 26-07-21: COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose. 21-07-21: COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións. 19-07-21: COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas. 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba. 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións. 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños . 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota. 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo. 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota. 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións. 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX. 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación. 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX
NOS_11483
O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, louba nunha entrevista na televisión pública española as decisións adoptadas polo executivo central durante a catástrofe do Prestige e asegura que desenvolveu unha "operación espectacular" coa limpeza da costa.
O que fora ministro de Agricultura e Pesca co executivo liderado por José María Aznar en 2002, participou esta terza nunha entrevista desenvolvida na canle pública española. Nela foi preguntado pola xestión desenvolvida durante a catástrofe do Prestige polo goberno español. Arias Cañete gabouse das decisións adoptadas naquel momento, afirmando, aliás, que "o goberno non ten a culpa de que un petroleiro se fenda", nunha declaración en que deturpou a toponimia galega facendo referencia ás rías "de El Ferrol e Arosa". Malia que a plataforma Nunca Máis e múltiples colectivos ecoloxistas veñen denunciando desde o ano 2002 que as decisións adoptadas polo goberno de José María Aznar --e apoiadas pola Xunta de Galiza-- converteron un "accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica", o ministro Arias Cañete asegurou que "a todos os que falaban dunha mala xestión eu pregúntolles en que ría da Galiza quererían vostedes meter o petroleiro?". Segundo Cañete, a decisión de afastar o buque --que foi trasladado durante seis días a diversos puntos do litoral até rematar rachando perto da costa galega--, fora a decisión acaída pois dixo, "de o ter trasladado a unha das rías galegas, a elixida teríase perdido para sempre". No entanto, as voces contrarias á decisión gobernamental apuntaban o traslado do Prestige a un porto refuxio, non a unha ría. Asemade, Arias Cañete asegurou lembrarse "do que dixeron daquela os ecoloxistas" sobre as consecuencias ecolóxicas da catástrofe cando afirmaban que o ecosistema mariño non se recuperaría en cincuenta anos, e pola contra, dixo, as decisións adoptadas polo executivo español, entre elas a de impedir a pesca no caladoiro galego permitiu que na actualidade a actividade mariñeira sexa óptima. Evitando dar resposta á cuestión achegada pola entrevistadora, que procurou en varias ocasións que o ministro expuxese que decisións mudaría após dez anos do acontecido, Arias Cañete afirmou non saber "que decisións mudaría" porén si dixo que tería "dado axudas para que os mariñeiros non sufrisen tanto durante aquel tempo". Asemade, gabouse da "operación espectacular" desenvolvida polo executivo nos traballos de limpeza --obviando que a marea branca formada por milleiros de voluntari@s, estaba coordinada por si propia en pequenos grupos e non recibía axuda gobernamental, nin na entrega de alimentos.
NOS_39517
A Federación Rural Galega fala de "ineficacia" e de "sumisión" do goberno galego, ao que acusa de "falta de interlocución" co sector.
A Xunta amosou non ser quen de facer fronte ás ultimas situacións problemáticas que tivo que viviir o agro galego, a couza guatemalteca e os temporais. Así o afirma a Federación Rural Galega (Fruga) nun comunicado, no que fala de que o goberno galego deixou claro ante estas situacións a súa "ineficacia, subordinación e falla de interlocución". A organización lembra a preocupación pola couza guatemalteca que hai nos concellos afectados e tamén naquelas zonas produtores, como A Limia, Terra Chá ou Bergantiños. Unha preocupación ante a que a Xunta non dá pasos, optando por unha "sumisión total a Madrid", negándose a exercer as súas competencias e agardando que o goberno central faga algo. A isto engade que este problema que afecta á pataca apareceu en Galiza hai dous anos e que neste tempo a Xunta "permaneceu inactiva". A isto a Fruga engade as críticas pola xestión dos efectos dos temporais, que deixaron sen luz centos de explotacións e negocios, causando importantes prexuízos. A Federación entende que o goberno galego amosou aquí a "submisión ás eléctricas por permitir un trato discriminatorio coa poboación que vivimos no rural galego. Padecemos cortes de luz e por riba pagamos igual que se estiveramos no centro de Madrid, cando moitas das nosas terras produtivas se viran afectadas polos encoros que se fixeran no seu momento para beneficio das eléctricas".
NOS_36429
Sanidade avanza no control e seguimento dos casos declarados mentres desde Educación, o conselleiro Román Rodríguez chama a evitar situacións de risco. Este foco de coronavirus debe "servir de aviso para manter a precaución e a responsabilidade".
Os contaxios de coronavirus relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca na Galiza ascenden a 70, segundo informou este sábado a Consellería de Sanidade. En todo o Estado, hai máis de 600 casos diagnosticados en oito territorios: Madrid, Euskadi, Comunitat Valenciana, Catalunya, Murcia, Castela A Mancha e Aragón. O departamento que dirixe Julio García Comesaña activou protocolos de probas, corentena e rastrexo que afectan ao alumnado de polo menos 11 centros educativos da Galiza en diferentes áreas sanitarias, os cales confirmaron viaxes ás Illes Balears dos seus estudantes. A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se recollen as indicacións que deben seguir estes estudantes, en función da data na que viaxasen. Protocolos de seguimento A Xunta tamén explicou que son as respectivas áreas sanitarias as que están a xestionar as citas para a realización de probas PCR ás persoas afectadas e que desde a Central de Seguimento de Contactos chamarán a todo o alumnado, para infomarlo dos pasos a a seguir e resolver posíbeis dúbidas. Ademais, chama a extremar as precaucións cando "pais ou nais vaian recoller aos seus fillos ao aeroporto". A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia só unha persoa a recollelo e, no automóbil sempre con máscara e distancia. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, sinalou que "espera" que os surtos de Covid relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca "sirvan de aviso para manter a precaución e a responsabilidade". A preguntas dos medios de comunicación durante a súa visita a Meirás, o conselleiro explicou que os datos solicitados polo Executivo autonómico foron enviados ao Ministerio de Sanidade "para que os avalíe e tome as medidas necesarias". "Esperamos así que este abrocho non prexudique estes momentos de esperanza que temos co proceso de vacinación ou coa retirada da máscara en certos lugares", apuntou Román Rodríguez. Evitar riscos innecesarios "Se aprendemos del, este aviso pode servirnos para manter a precaución e a responsabilidade", advertiu o responsable de Educación, quen remarcou que a sociedade "está ao final do túnel, pero que aínda non se saíu del", polo que "cómpre evitar situacións de risco, como as ocorridas". Referiuse, neste sentido, á viaxes organizadas para despedir o cursos escolar, algunhas polo propio alumnado nen mediación dos centros, dando lugar a surtos que, matizou, se orixinaron "fóra do período escolar". O presidente da Xunta tamén se referiu ao impacto deste gromo, "proba de que o risco non diminuíu, senón que se incrementou", f¡grazas tamén á presenza e avance de variantes do virus máis contaxiosas como a Delta. Neste sentido, remarcou, "un botellón con xente sen metro e medio de distancia e sen máscara é, sen dúbida, o acto de maior risco que podemos facer desde o punto de vista da saúde pública nestes momentos".
NOS_42648
Alcoa recupera a senda de setembro de 2020 e anuncia, nunha reunión co comité, sindicatos e Xunta, que retira a clausula de indemnidade. A ausencia nesa xuntanza do Goberno español deixa aberta a incógnita da súa resposta que dará nunha reunión no serán desta mesma quinta feira nun encontro telemático, sen a multinacional.
A poucas horas de expirar o prazo que se deron Alcoa e o comité de empresa para chegar a un acordo sobre a venda da factoría que a multinacional ten en San Cibrao (Cervo), a negociación virou cara á volta da situación que tiña no mes de setembro cando se estivo perto de chegar a un acordo que facilitara a adquisición das instalacións por parte de Liberty. Nunha xuntanza telemática convocada por Alcoa, na que non participou nin Goberno español nin o conselleiro de Industria, a empresa transmitiulle ao comité e sindicatos que está "está disposta a aceptar unha nova redacción da cláusula de limitación de responsabilidades", a mesma "que non foi rexeitada polo Goberno" español. Nun comunicado sobre o tratado na xuntanza, a multinacional engade que se a dificultade que impide á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) avanzar se debe a considerar outros compradores, "Alcoa estaría disposta a traballar con outros actores interesados na adquisición da planta de aluminio, sempre que sexa SEPI quen adquira en primeiro lugar a súa titularidade para a súa posterior venda a un terceiro". En tal caso, Alcoa comprométese "a manter ao Goberno e a SEPI periodicamente informados dos avances nas devanditas interaccións cos interesados". A función da SEPI para o comité de empresa Desde o comité lamentan que na mesa "non estivo o Goberno", en relación ao interlocutor responsábel do Ministerio de Industria, "e non puido contestar a varias preguntas". José Antonio Zan, o seu presidente, celebrou que a multinacional fixera "o que pediamos". Para este sindicalista que a proposta de Alcoa "pode ser un desbloqueo bastante rápido da situación" e agora debería ser o propio Goberno español quen "debe darlle viabilidade canto antes para evitar que haxa que ir a maiores". Para Zan "ten que ser a SEPI quen compre a planta e despois transferila", algo que representaría unha "garantía" para que a factoría "teña viabilidade". Paulo Carril, secretario xeral da CIG, sinala a Nós Diario que agora "estamos á espera do que diga o Goberno español que non pode seguir dilatando unha solución de compra pola SEPI na procura do comprador idóneo, non pode estar atrancando a solución". Para a central nacionalista a situación está "como o principio de asinar a paz social" mais "co aluminio acumulado durante a folga vendido" e "esperando qye no prazo de 24 horas o Goberno dea a resposta que non deu en tres meses". Por parte de UXT, o seu delegado en Alcoa, Constantino Arias, agradece o paso que deu a multinacional ao mudar a súa proposta de indemnidade "despois de todo o que pasou en Avilés e A Coruña" e non querer "que se ao comprador as cousas lle van mal dentro dun ano lle reclamen". A opción pola que aposta é a "da triangulación na que Alcoa vendía á SEPI e despois esta venda a Liberty" mais asegura que se non é así "teríamos que falar os tres sindicatos e no caso de que o Goberno español continúe coa súa postura convocaríase a folga a partir do día 30 e poucos días despois volveríamos a parar". Xunta, BNG e PSdeG A Xunta, presente na xuntanza a través da directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, defende "a necesidade de volver á senda do diálogo" cunha "solución" que pasa por que o Goberno español "responda á proposta presentada por Alcoa". Pola factoría da Mariña, horas antes da reunión, pasaban o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Ambos transmitiron o seu apoio na demanda de viabilidade da fábrica. O nacionalista deu conta de que o 11 de maio debaterase na comisión de industria unha proposta do Bloque que insiste na necesidade de que haxa unha intervención pública de Alcoa se previamente non hai unha saída negociada.
NOS_52867
Riotorto, Bueu, Arousa e Poio pagarán a paga extraordinaria @s traballador@s públic@s malia as ameazas do ministerio de Facenda e o recurso xudicial presentado pola delegación do goberno español contra o concello de Pontevedra.
Diversas son as opcións acordadas en cada un dos concellos á fin de compensar a queda dos salarios d@s empregad@s públic@s após a decisión do executivo liderado por Mariano Rajoy de conxelar a paga extraordinaria de decembro. No entanto, todos eles comparten a mesma vontade: declarárense insubmisos perante os recortes do goberno español. Riotorto foi o primeiro concello en anunciar que non cumpriría o ditame chegado desde Madrid e que se rebeleraría contra o Decreto-Lei 20/2011 polo que se fixa unha redución retributiva para as persoas que traballan na administración. "Nós estamos no concello para defender aos nosos veciños e veciñas e non para aprobar medidas inxustas que os prexudican", aseveraba no mes de agosto o seu alcalde, Federico Gutiérrez. Porén, pouco despois concellos como o de Pontevedra sumábanse ao posicionamento anunciado a nivel nacional polo Bloque Nacionalista Galego e declarábanse insubmisos ás "políticas anti-sociais do Partido Popular", como afirmaba o voceiro nacional da organización frontista, Guillerme Vázquez. Aliás, a decisión foi adoptada de igual maneira por outras administracións fóra de Galiza, como o goberno de Euskadi, o que espertou o malestar entre os membros do executivo español que saían ao paso a través do envío dunha misiva pola que insistían na "obriga" de todas as administracións de cumpriren a lei e, por tanto, de reduciren o poder adquisitivo d@s traballadoras e traballadores públic@s. No entanto, os concellos gobernados polo BNG en Galiza, así como o executivo da CAV continuaron adiante coa iniciativa mesmo expóndose á presentación por parte da delegación do goberno --caso de Pontevedra-- dun recurso xudicial por suposto delito de prevaricación, aseguraba o ministro Cristóbal Montoro. Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra asegurou que continuarían adiante coa "política insubmisa e rebelde contra unha decisión do goberno do PP que consideramos inxusta, e facémolo sendo conscientes das súas posibles consecuencias". Porén, concellos como o de Arousa, Poio e Bueu anunciaron esta mesma semana, que tamén compensarían a paga extraordinaria de decembro ás e aos empregad@s, para o que procurarían a fórmula máis acaída administrativamente.
PRAZA_4173
A identidade nacional galega é em nosso entender uma identidade borrosa, com alguns complexos e estigmas, que experimentou uma mudança profunda nas últimas décadas de democracia, segundo a qual, a cultura tradicional popular deixou de ser o referente único da cultura nacional galega para hoje diversificar as suas fontes e referentes que conformam uma nova identidade cultural pós-nacional galega
O objetivo deste texto é refletir sobre as miradas antropológicas da formação e reprodução das identidades culturais coletivas galegas em contextos de globalização contemporânea. E uma forma de o fazer é pensar nas mudanças, nas classificações, representações e identificações de 'nós' e dos outros, do ser de aqui e ser de ali, de ser local e de ser global, de ser do lugar e ser cosmopolita. Tenciono fazer uma breve genealogia do conceito de identidades e de identificações coletivas, apontando a incompletude permanente de toda identidade e as tensões e dialéticas entre diferentes níveis territoriais e espaciais de construção identitária glolocal: a intimidade cultural e a identidade local, a identidade regional, a identidade nacional, a identidade nacional-estatal, a identidade transnacional, a identidade universal e a identidade mundial. As culturas nacionais são uma fonte de identidade cultural, que por sua vez está baseada na perceção, organização e construção das diferenças com outros no reconhecimento de um passado, raízes e afinidades comuns no interior do grupo. Mas, em realidade, as nações são construções híbridas e mestiças do ponto de vista genético, social e cultural, algo que muitas vezes não agrada aos ultranacionalistas que pensam a nação como um constructo essencialista, puro, primordialista e absoluto. Por outro lado, face ao mito do caráter nacional coletivo (cf. Caro Baroja, 2004), as nações mostram-se na sua pluralidade, diversidade e plasticidade, o que as converte em sujeitos coletivos complexos em permanente construção e reinvenção.A identidade cultural é um dos grandes problemas humanos, isto é, pensar quem somos? Ou como pensamos o que somos? Como somos? O que e como queremos ser? E nas últimas décadas tem-se produzido nas ciências sociais um giro ou mudança de visão sobre o assunto: da identidade às identidades, da identificação às identificações, do passado ao futuro, da monocultura às pluriculturas. Isto é, a identidade cultural é vista hoje não como algo monolítico e reificado, porém como algo plástico, estratégico, variável, contextual, situacional e complexo. Os tipos de respostas a estas questões podem ser de três tipos: Essencialista, substantivista, psicologista e primordialista, como uma essência, um caráter coletivo primordial e a priori da nossa existência. Cognitivista, enquanto visão do mundo, cosmovisão, mundividência e forma de cognição e perceção; Interacionista, relacional, processual, situacionista e sociohistórica, resultado de múltiplas relações entre agentes sociais.A primeira resposta está hoje desnotada e muito criticada em ciências sociais, ainda assim, alguns partidos políticos e movimentos sociais continuam a raciocinar e manipular com essa lógica, muitas vezes com um apelo emocional, supremacista, redutor e fechado. A segunda e a terceira linhas de resposta são discutidas com rigor em ciências sociais, especialmente em antropologia, e representam uma visão mais construcionista e aberta das identidades. Neste pano de fundo, a identidade nacional é uma das identidades coletivas dos seres humanos. Ela pode ser adquirida por nascimento, herança, filiação, residência ou opção própria (escolha, adoção). A identidade nacional, ou melhor a identificação nacional, pois ele é mais um processo social do que uma coisa ou essência primordial psicologista, é expressa nas relações entre o indivíduo e o coletivo mediatizada pela língua, a história, o território e a cultura. Neste sentido, a nossa identidade pessoal é também nacional, não apenas pela pertença a uma nação como pela identificação com uma ou várias entidades nacionais (com ou sem Estado, porque a nação não coincide necessariamente com o Estado). E digo várias, porque os cidadãos identificam-se cada vez mais com várias nações e entidades supranacionais. Essa identificação complexa implica afetos, desafetos, sentimentos e emoções moldados pola cultura e pelas escolhas de adscrição e atribuição, mas também direitos e obrigações. A diferença do pensamento de alguns autores, consideramos que a identidade nacional não é contrária a uma articulação com uma identidade plurinacional e cosmopolita. Ela manifesta-se em diversas e múltiplas expressões sociais e culturais tais como: a) o nome próprio coletivo; b) uma narrativa ou relato histórico sobre a relação entre passado e presente; c) um território controlado, reivindicado ou imaginado; d) a língua; e) os mitos de origem partilhados. Ao mesmo tempo, a noção de identidade nacional tem evoluído e mudado ao longo do tempo. Na Idade Média a noção de nação era o lugar de nascimento de uma pessoa, que se integrava num coletivo diferenciado, com interações quotidianas humanas, algo delimitado e íntimo face ao exterior do grupo, e relativamente unificado no plano interior do intragrupo. Mais tarde, e especialmente a partir do século XIX (Romantismo e Nacionalismo), a nação foi equiparada a grupo étnico com partilha de atributos sociais e culturais e com fronteiras simbólicas. Sublinhar que os grupos étnicos são historicamente anteriores às nações, algo que convêm não descurar, de aí a diferença entre consciência étnica e consciência nacional, como acontece na Galiza, que os galegos têm em geral consciência étnica, mas poucos têm consciência nacional (Beramendi, 1997). A nação seria assim uma construção social coletiva, que desde uma visão orgânico-historicista teria língua, história, cultura, literatura própria e território bem com autonomia política (nação-Estado e outras fórmulas), sem ela ou com reivindicação desta (nação sem Estado). Mas hoje, o conceito de nação já não é tão orgânico-historicista nem segue a noção exclusivista e racial que, entre a primeira e a segunda guerra mundial, defendia a ideia de povo superior e de pureza da raça. Tampouco é hoje aquela noção resistencialista do nacionalismo de amor à pátria ou mátria, de ligação à terra própria, aos antepassados, à democracia e à liberdade do povo. Hoje as nações são questionadas pela globalização e as entidades supranacionais como a União Europeia, sem embargo elas subsistem enquanto formas de organização social e política das diferenças, enquanto sujeitos sociais coletivos. Que sentido tem hoje a nação e as suas identificações? Pode haver nação sem nacionalismo? São todos os nacionalismos iguais? São todos moralmente maus ou criticáveis? Os nacionalismos bons só são os estatais? As respostas às anteriores questões não são simples nem consensuais entre os académicos e os agentes sociais. A começar primeiro por esclarecer que o nacionalismo não é apenas uma simples doutrina política, e sim uma visão do mundo, um discurso sobre o mundo e um complexo de sentimentos e emoções ativadas. De acordo com o antropólogo José Manuel Sobral (2012) existiriam hoje dois olhares face ao nacionalismo, enquanto movimento social de afirmação da nação: 1) os que adotam a doutrina política da nação como divisão natural entre grupos humanos, segundo a qual a nação coincidiria com o Estado, seria pensada como uma ideologia; 2) os que pensam o nacionalismo como sentimento, cosmovisão e comportamento particularista com base no afeto, na defesa cultural, na exaltação do próprio, na autonomia e nos interesses próprios; nesta segunda mirada haveria que integrar o denominado "nacionalismo banal" (Billing, 2014), o popular, o do nosso quotidiano. Portanto, nesta segunda mirada, o nacionalismo seria uma manifestação da identidade nacional, que pode estar latente, adormecida, ser afirmativo ou violenta, e que se expressa no nosso quotidiano através dos médios, das ações sociais, dos símbolos e da linguagem corrente. Também segundo José Manuel Sobral (2012) existiriam diferentes tipos de nacionalismos. Em primeiro lugar devemos diferenciar entre nacionalismos emancipadores e nacionalismos totalitários. Os primeiros são defensores da liberdade de um grupo humano oprimido ou dominado por outros, como há tantos no mundo. Os segundos assumem uma crença de superioridade inata, racional e nacional de um determinado povo segundo o "ius sanguinis" (direito de sangue). Em segundo lugar é preciso distinguir os nacionalismos étnicos dos nacionalismos cívicos. Os nacionalismos étnicos privilegiam a existência de uma comunidade antiga de genealogia prestigiante e excluem os não descendentes dela. Eles associam-se ao "ius soli" (direito de solo) dos que nasceram nesse território. Os nacionalismos cívicos, dentro dos quais incluiria o galego, defendem os valores de participação na comunidade nacional de residência, independentemente da origem territorial ou étnico nacional, portanto são integradores e do nosso ponto de vista pós-nacionais, no sentido que Habermas (2007) da ao conceito. Estes nacionalismos cívicos, dos quais o nacionalismo galego faz parte de forma particularista e vanguardista, exigem o respeito pelos direitos e obrigações de cidadania, uma cidadania inclusiva e não exclusiva nem discriminatória de forma avulsa. Em terceiro lugar os nacionalismos também podem ser tradicionalistas e racistas, democráticos, libertadores e revolucionários, promovendo diferentes modos de ação social na construção diferencial da nação. Neste sentido, o nacionalismo contemporâneo galego é um nacionalismo democrático, diverso, divido e segmentado, política e socialmente, que tem ciclos de conexão e desconexão entre a cidadania e os partidos políticos nacionalistas galegos. O nacionalismo galego sofreu ao longo da sua história uma dialética entre o que eu denomino de culturalismo de tintes regionalistas, protagonizado por exemplo por Ramón Piñeiro, e o diferencialismo político promovido desde o espaço político de centro-esquerda pelo BNG e outros. Podemos afirmar que os cidadãos galegos são nacionalistas de barriga (seguindo a ideologia dos produtos caseiros) do que nacionalistas políticos organizados com uma clara consciência nacional, isto é, o nacionalismo galego é mais étnico do que nacional. Dito de outra forma, segundo os inquéritos do CIS (Centro de Investigações Sociológicas) duas terceiras partes dos galegos sentem-se tão galegos como espanhóis, e só um terço mais galegos do que espanhóis. Todavia, isso não se traduz politicamente num apoio massivo aos partidos políticos de cariz nacionalista galego. Os galegos têm já consciência de povo galego, mas não de nação galega com direitos políticos que possam exercer-se e conduzir a autonomia, federalismo, confederalismo, soberania ou independência. A identidade cultural nacional galega é uma construção social e histórica que apresenta um confronto diferencial com Castilha (nós/eles), mas inúmeras afinidades culturais com o Norte de Portugal (Sobral, 2012: 32). Dito de outra forma, a identidade galega não é, vai-se fazendo, sempre incompleta e em permanente construção sobre uma sólida base histórica de raiz. A identidade galega é multidimensional e parte de um complexo conjunto de níveis identitários: indivíduo, família, classe social, estatuto, idades, géneros, identidade local, identidade municipal, comarcal, provincial, nacional, estatal, europeia, transnacional. E enquanto identidade nacional, a Galiza é um constructo algo esquizofrénico nos seus mesmos nomes: Galiza, Galicia, Galícia, Le Galice… O próprio nome da nação é um terreno de luta político-ideológica pelas identidades, isto é, pela hegemonia na denominação da nação. Para além disso o confronto entre galego e espanhol criou imaginários, perceções cruzadas e representações estereotipadas projetadas desde o nacionalismo espanholista (Taibo, 2007; Núñez Seixas, 2010), que também existe e que nega a realidade plurinacional do Estado espanhol. A identidade nacional galega partilha um território administrativo hoje delimitado, mas que foi mutável ao longo da história e que integrou territórios vizinhos da atual Astúrias, Castela e Leão e Portugal, o que alguns chamaram de "Galiza irredenta". Além de mais, a Galiza, enquanto território com uma identidade cultural complexa, reinventa-se em terrenos migratórios dos galegos, conformando uma identidade de certa forma pluriterritorial e alargadamente imaginada em contato com muitos outros aos quais enriquece e dos quais também se enriquece. Ela é também uma identidade de uma nação sem Estado, de uma "comunidade autonómica" de um Estado, o espanhol, que muitas vezes nega os direitos culturais internacionais de diversidade cultural, socioeconómica e linguística. E enquanto comunidade autonómica, apelidada depreciativamente por alguns como "região", não no sentido geográfico, mas sim político, ela debate-se entre uma identidade atlântica e mediterrânea, uma identidade lusa e uma identidade hispana, uma identidade europeia e uma outra ibero-americana.A identidade nacional galega é em nosso entender uma identidade borrosa (Lamas, 2004), com alguns complexos e estigmas, que experimentou uma mudança profunda nas últimas décadas de democracia, segundo a qual, a cultura tradicional popular deixou de ser o referente único da cultura nacional galega para hoje diversificar as suas fontes e referentes que conformam uma nova identidade cultural pós-nacional galega. Isto é, temos já uma nova cartografia cultural que nos obriga a repensar Galiza de uma outra forma e criar novas formas de convívio. AGRADECIMENTOSMuito agradeço ao Prof. Dr. Edgar Bernardo (UTAD) a revisão do texto. Este trabalho é financiado por fundos nacionais através da FCT – Fundação para a Ciência e a Tecnologia, I.P., no Àmbito do projeto UIDB/04011/2020.A elaboração do trabalho foi feito durante o desfrute de uma bolsa de licenção Sabática da FCT na Universidade de Santiago de Compostela, com o código: SFRH/BSAB/150447/2019."Este trabalho enquadra-se no projeto de I&D "Património cultural da Euro-região Galiza-Norte de Portugal: Valorização e Inovação. GEOARPAD" Programa operativo EP - INTERREG V A Espanha Portugal (POCTEP). Convocatória 1, Identificador 769- GEOARPAD (0358_GEOARPAD_1_E), financiado pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER) através do Programa de Cooperação INTERREG V-A Espanha-Portugal 2014-2020 (POCTEP)" BIBLIOGRAFIA-BERAMENDI, Justo G. (1997): "Conciencia étnica e consciências nacionais en Galicia", en Pereira Menaut, Gerardo (coord.): O Feito Diferencial Galego na Historia. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, pp. 277-300. -BILLING, Michael (2014, or. 1995): Nacionalismo Banal. Madrid: Capitán Swing.-CARO BAROJA, Julio (2004, or. 1970): El mito del carácter nacional. Madrid: Caro Raggio. -HABERMAS, Jurgen (2007, or. 1988): Identidades nacionales y postnacionales. Madrid: Tecnos. -LAMAS, Santiago (2004): Galicia borrosa. Santiago de Compostela. Seminário de Estudos Galegos. -NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manuel (2010): Patriotas y democratas. El discurso nacionalista español después de Franco. Madrid: Los Libros de la Catarata. -SOBRAL, José Manuel (2012): Portugal, Portugueses: Uma Identidade Nacional. Lisboa: Fundação Francisco Manuel dos Santos. -TAIBO, Carlos (dir.) (2007): Nacionalismo español. Esencias, memoria e instituciones. Madrid: Los Libros de la Catarata.
NOS_39809
O Consello de Ministros da UE, após 40 horas de reunión, decidiu aplicar parte das medidas restritivas previstas para a pesca en 2022. Na Galiza o sector considera "nefasta" a negociación española.
A Unión Europea (UE) volveu recortar o acceso do sector pesqueiro galego a determinadas especies. O resultado final da xuntanza de ministros de Pesca rematou cun sabor agridoce para a frota do país ao facerse pública unha nova rebaixa nos totais admisíbeis e capturas (TAC) para 2022. Nin os informes biolóxicos e socioeconómicos enviados até a capital europea, nin a actual situación de pandemia, na que a pesca foi declarada esencial e mantivo, en grande medida, o abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía mesmo de maneira pouco rendíbel, foron quen de mudar a vontade de reducir as cotas que ten a Comisión Europea nos últimos anos. O Estado español asumiu un novo compromiso de redución para a frota do Atlántico mentres rexeitaba as medidas anunciadas para a do Mediterráneo. Non sen certo triunfalismo o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, asegurou que tentaron "achegar a realidade das zonas costeiras aos despachos de Bruxelas". Por iso cualificou de "magnifico resultado" a redución dun 8% das capturas de pescada sur no Cantábrico e entre Fisterra e o golfo de Cádiz fronte ao 18,5% que pedía a UE. Da mesma maneira, outras especies de interese para a frota no Atlántico como o linguado tamén unha diminución do 5% (a redución inicial era de 15%), mentres que a cota para o lagostino quedaba nun recorte de 5% (pedíase un 16%). A boa nova veu da man do xurelo, que pasou dunha proposta inicial de recorte dun 26,5 % proposto pola Comisión Europea a incrementar ese TAC un 11,6 %. Para o Executivo galego o resultado das negociacións, en palabras da conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi "escaso e moi limitado". A través dun comunicado lamentou que non se acadasen "melloras de gran calado" malia os informes socioeconómicos elaborados por Galiza que recibiron en Bruxelas. A nova cota na pescada é para a Xunta "insuficiente". A titular de Mar cre que con este acordo vólvese demostrar que o Executivo comunitario "dá prioridade aos aspectos medioambientais por enriba dos económicos e sociais". "Unha mala noticia" para a frota galega O secretario xeral de Pescagaliza, Torcuato Teixeira, sinala a Nós Diario que "aínda que se tente vender como éxito esta negociación", en realidade é o resultado "da rebaixa dunhas condicións draconianas inasumíbeis como as que puxo en principio sobre a mesa a Comisión". Entende que as propostas do Consello Internacional de Exploración do Mar que elevan as propostas á Comisión "non contan cun contacto directo co caladoiro" sen "case facer campañas científicas e parten de estimacións". No caso da pescada, Teixeira afirma que "nunca houbo tanta no Cantábrico nos últimos anos e levamos tres seguidos de redución da cota para a súa captura". Polo tanto, a redución aprobada pola UE do 8% segue a ser, opina, "unha moi mala noticia". O presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez Sieira, afirma que xa era "difícil" poder "aguantar" coas cotas anteriores, esta nova baixada "é nefasta". Lamenta a baixada no linguado e o veto ao lagostino. "Non sei onde fan eses estudos", apunta e engade que hai moito e é un recurso "equilibrado". Pola súa banda, o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, recoñece que "todo o que sexa perder cota significa perder riqueza e emprego", tal e como ocorre coa pescada en augas ibéricas e con manter o feche do lagostino. Sobre especies como o incremento do xurelo, aínda faltan por definir "aspectos técnicos" e resolver a "letra pequena". Desde a Asociación de Armadores do Cerco da Galiza (Acerga) tampouco están conformes con esta negociación. O seu voceiro, Andrés García, asegura a Nós Diario que "o 8% na pescada limítanos moito". Considera que o aumento no xurelo "non era necesario máis benvido sexa". García bota en falta que non se teña en conta que o sector "vén doutros recortes de anos e seguimos igual". Asegura que seguen "facendo un esforzo inmenso para que os barcos sexan rendíbeis, que tripulación e armadores poidan gañarse a vida no mar". Un "fiasco" Na area política a primeira reacción veu da man do BNG. A súa portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez cualifica de "novo fiasco" para a frota galega as cotas negociadas. Entende que representan a "falta de importancia de Galiza" para a UE e critica o que "a fixación dos TACs responden ao mercadeo político" e non a outro tipo de criterios, de aí, recalca que non entendamos que o xurelo aumente un 12% e a pescada sexa recortada nun 8%. Pérez reivindica o recoñecemento da Galiza como "país altamente dependente da pesca" e a "revisión do principio de estabilidade", que tanto nos está prexudicando dende os anos 80, así como a posibilidade de ter "capacidade directa" para negociar os aspectos máis relevantes en materia pesqueira. Prórroga co Reino Unido "para non facer concesións" O Consello de Ministros de Pesca da UE tamén serviu para coñecer que, diante a imposibilidade de chegar a acordos estes días nos caladoiros de augas compartidas co Reino Unido se fixan para o primeiro trimestre de 2022 as cotas proporcionais correspondentes ao TAC deste ano. "Era mellor agardar antes que facer concesión unilaterais pola nosa parte", asegurou o Ministro. O sector pesqueiro desconfía que tamén nestas negociacións Galiza remate en malas condicións, tal e como aconteceu no acordo que seguirá en vigor até marzo.
NOS_37105
Un axente electoral presentouse nos establecementos do municipio facéndose pasar por traballador do Concello, segundo a organización nacionalista. As mocidades do BNG anunciaron que nos vindeiros días publicarán a gravación a través das redes sociais.
As mocidades do BNG farán pública pola rede unha gravación na que José Vázquez se presenta nunha oficina en nome do Concello e logo rectifica aclarando que o Alcalde e a concelleira lle "pediron o favor"A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, a través do seu responsábel de organización Miguel Bouzó, acusou á concelleira de Comercio, Marisol Valado, de utilizar un axente electoral do Partido Popular, José Vázquez, para recoller datos dos comercios de Ponteareas. A concellaría que dirixe Valado entregou nas últimas semanas un impreso para ser cuberto polos comerciantes, no que se inclúen datos persoais como nome e apelidos, teléfono ou DNI. Na carta, asinada por Valado, a concelleira remata pedindo que "cumprimenten a ficha que axuntamos na carta e pasaremos a recollela". A conversa foi gravada e nela o responsábel da oficina pídelle explicacións a Vázquez, ao recoñecelo como membro do PP alleo á plantilla do Concello O venres 29, de mañá, o axente electoral do PP José Vázquez, apoderado e interventor deste partido e coñecido colaborador do actual alcalde, presentouse en numerosos comercios e oficinas, facéndose pasar por empregado do Concello. Nunha oficina, Vázquez entrou dicindo "son do Concello" e pedindo a entrega dos papeis da concellaría de comercio. A conversa foi gravada e nela o responsábel da oficina pídelle explicacións a Vázquez, ao recoñecelo como membro do PP alleo á plantilla do Concello. O axente electoral, acaba recoñecendo que en realidade "estou facendo un favor que me pediron". Na conversa, o responsábel da oficina mostra a súa indignación polo feito de que Vázquez se presente enganando e actuando falsamente en nome do concello para levarse documentación con información sometida á lei de protección de datos. Publicarán as gravaciónsSegundo Miguel Bouzó, responsábel de organización de Galiza Nova, "os feitos son un escándalo, a concelleira Marisol Valado é responsábel deste vergonzoso e gravísimo feito, pois o Sr. Vázquez actuaba no seu nome e no da súa concellería, enganando e facéndose pasar por persoal do Concello". Os nacionalistas sospeitan que "ducias de comercios entregaron os seus datos persoais a un señor que nada ten que ver co Concello e si co Partido Popular e que polo tanto pode manexar e utilizar eses datos e documentación sen control para o seu proveito ou do seu partido". Segundo Bouzó "é evidente que Valado botou man de José Vázquez por ser axente electoral do seu partido, suplantando a traballadores municipais".
NOS_47142
O porteiro e capitán do CD Lugo compereceu en rolda de prensa para expresar a súa opinión sobre o vindeiro encontro contra o Oviedo.
O xogador do CD Lugo Óscar Whalley comparecía onte en sala de prensa para analizar a actualidade do equipo e o vindeiro encontro contra o Real Oviedo fronte aos medios de comunicación. O deportista aragonés destacaba o momento do equipo, convencido das posibilidades de vitoria o domingo no Anxo Carro. O CD Lugo buscará ser forte na casa diante do Real Oviedo O porteiro sinalaba que "o inicio foi intenso para todos" e recoñecía que lles gustaría "conceder menos, está claro. Estamos a traballar niso para seguir perto dos puntos". Como receita aseguraba que "temos que ser agresivos en bloque baixo, xuntar moito as liñas. Se nos superan, necesitamos unha boa defensa de área, tocando marcas e sendo eficaces no despexe". No caso do partido cos asturianos contaba con que "é un partido para dar un paso adiante, e facer o que sabemos. Demostramos que somos un bo equipo en duelos, en defensa de área, e en carga de portería contraria. É un bo test para seguir crecendo". Efecto campo en Lugo "Temos baixas, mais contamos con xogadores moi capaces que o farán ben", explicaba o aragonés, "Chris axúdanos moito, é alguén moi forte, e resulta clave para nós", engadía. O tamén capitán do Lugo lembraba que nesta ocasión "xogamos en casa, coa nosa xente, temos que ser fortes. As baixas obrigan o CD Lugo a "se reinventar" fronte ao Xirona Hai que facer algo diferente. Polo noso estadio pasa a posibilidade de facer unha boa tempada. Hai que reter os puntos aquí". Ademais, o porteiro do Lugo aseguraba ter moita confianza no conxunto e na súa actuación. "A base do equipo é a mesma do ano pasado. Seguimos fortes no que sabemos facer. Tratamos de aproveitar o golpeo longo nos duelos, e coa xente de fóra. Non cambiou moito o que me piden, quero transmitir todo o que sinto con resultados", sentenciaba.
NOS_56021
O colapso da Atención Primaria centrou a sesión de control ao Goberno galego no Parlamento, a primeira que se leva a cabo desde o parón do verán.
O cara a cara entre o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, e a líder da oposición, a nacionalista Ana Pontón, saldouse co anuncio do mandatario de que esta quinta feira, 16 de setembro, o Sergas abrirá a posibilidade de que a cidadanía poida solicitar cita presencial para o seu médico de cabeceira en Atención Primaria a través de internet e teléfono. Tras ser apelado por Pontón para que concretase cando se recuperarían as citas presenciais na Primaria -desde o inicio da pandemia as citas son telefónicas e é o profesional quen decide se logo hai cita presencial-, Feixoo sinalou que sería "nos próximos días" e, finalmente, informou de que sería esta quinta feira. Porén, o anuncio do presidente non convenceu na oposición, xa que a Xunta continúa avante coa pretensión de recuperar neste ano tan só 60% das citas presenciais en Medicina de Familia. "Que pasa co outro 40%? Non pode enfermar, ten que ir a urxencias ou á sanidade privada?", preguntouse Pontón durante o debate, recriminando que a "estratexia de recortes" de Feixoo "é a mellor campaña comercial que podería desexar a sanidade privada". "O Goberno galego logrou dar carta de normalidade ao que parecía imposíbel", dixo a nacionalista en referencia á "non presencialidade" nos servizos de Atención Primaria, onde a cidadanía afronta "unha carreira de obstáculos" para lograr unha cita presencial "para a que teñen que agardar até 31 días". Na súa quenda última de feche, Feixoo acusou Pontón de "intoxicar" sobre o "mellor sistema de Atención Primaria de Europa", en alusión ao do Sergas; á vez que instou o BNG a reclamar ao Goberno estatal que "deixen convocar un MIR extraordinario". Pontón expuxo as propostas do Bloque para a Primaria: investimento de choque de 200 millóns de euros, plan de recursos humanos para dotar os centros de saúde do persoal necesario e rematar coa precariedade contratando todas as prazas vacantes. "Fuxida" no inicio de curso Pola súa banda, o voceiro do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, afirmou na sesión de control que "é difícil poder confiar no Goberno galego cando a cidadanía manda un SOS e na Xunta ninguén dá resposta". O líder do PSdeG remarcou que "a Galiza merece algo máis que o escapismo dun presidente que non goberna e non asume as súas responsabilidades en sanidade, educación nin industria". De feito, tras indicar que "hai motivos para estar preocupados", Gonzalo Caballero reclamou á Xunta que aproveite o inicio de curso para "mudar a estratexia, porque así non imos ben". Neste sentido, enumerou "as listas de agarda estruturais en Atención Primaria por primeira vez na historia, a saturación do sistema ou incluso denuncias desde os colexios oficiais de médicos contra o Goberno galego polo colapso". En paralelo, reprochou Feixoo que inicie o curso académico "despedindo centos de docentes, negándose a volver ao sistema de libros de texto gratuítos e ao sistema de primeiras matrículas de balde nas universidades galegas".
NOS_30853
Unha delegación do BNG, encabezada polo seu portavoz nacional, viaxa a Escocia onde tamén estarán representantes de Euskal Herria e Catalunya.
Na véspera do referendo de autodeterminación escocés, unha delegación do Bloque Nacionalista Galego viaxou até Escocia para apoiar a consulta que terá lugar o 18 de setembro. Encabezada polo portavoz nacional da organización frontista, Xavier Vence, e pola secretaria de Política Internacional, Ana Miranda, o BNG fará parte da delegación enviada pola Alianza Libre Europea. A fronte nacionalista participará no acto de solidariedade internacional que arroupará ao Scotish National Party --forza impulsora da consulta-- e no que tamén estarán presentes representantes de ERC como o europarlamentar Josep Maria Terricabras e o eurodeputado da coligazón Os Pobos deciden, Josu Juaristi (EH Bildu). Xunto a eles, tamén apoiarán a consulta unha nutrida representación das nacións sen estado integradas na ALE. Bretaña, Sardeña, ou Córsega, entre outras. Pola súa banda, Compromiso por Galicia anunciou que Xoán Antón Pérez Lema acudirá como observador e representante desta organización.
NOS_39313
Despois de máis dun ano sen diálogo entre o Exército de Liberación Nacional (ELN) e o Goberno colombiano, a guerrila estabeleceu esta fin de semana un bloqueo nas zonas que controla.
O Exército de Liberación Nacional (ELN) saúda o pobo colombiano e informa que: decretamos Paro Armado no territorio nacional durante 72 horas. Inicia o 14 de febreiro ás 6 am e termina o 17 de febreiro ás 6 am de 2020", sinalou a guerrilla nun comunicado feito público a comezos desta semana. O Goberno de Colombia rompeu hai un ano as negociacións de paz co ELN tras un ataque con coche bomba desta, en resposta ao bombardeo dun dos seus campamentos. Desde entón, a Administración colombiana e o ELN manteñen unha guerra de baixa intensidade sen visos de solución pactada. No seu comunicado, pediu que "a poboación permaneza nas súas vivendas e sitios de traballo". O paro leva consigo o bloqueo das vías de comunicación, aínda que permitirá o paso ás persoas que precisen tratamento hospitalario, "así como tamén o movemento de familiares para atender asuntos fúnebres". O texto íntegro pode ser consultado na páxina web eln-voces.net. Non é a primeira vez que o ELN decreta un "paro armado" desde a ruptura de negociacións. En febreiro de 2017 iniciaron conversas de paz en Quito, Ecuador, para finalizar con cinco décadas de enfrontamento. En outubro dese ano, con Juan Manuel Santos de presidente, pactouse unha tregua de cen días, mais o reinicio das hostilidades ao termo desta liquidou as negociacións. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_53036
Afirma que contemplan cesións a custo cero de terreos e cláusulas leoninas con "expropiación pactada" nos contratos de arrendamento.
Adega denuncia que os "contratos modelo" que a empresa eólica Green Capital Power SL está a presentar á veciñanza afectada por futuros proxectos son "pouco menos que insultantes para os titulares das terras". Así, afirman desde a organización ambientalista, contempla "prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen opcións de arrendamento a 5 anos pagando cero. Mesmo pretenden que os propietarios renuncien por contrato ao seu dereito a percibir un prezo xusto en caso de expropiación, aceptando o que marque a empresa…" Trátase dun contrato, explica Adega, polo que os titulares dos predios conceden á empresa eólica "un dereito de opción en exclusiva para arrendar os terreos. Deste modo e mentres se desenvolven os trámites do parque, a eólica poderá dispoñer das terras para realizar os traballos precisos (medicións, prospeccións etc.) por un periodo de entre 3 e 5 anos. Este contrato de "opción de arrendamento" garante á empresa a exclusividade dos terreos, arredando a posíbeis competidoras que talvez ofrezan mellores condicións…" Pola contra, para os titulares das fincas este contrato non reporta beneficio algún, xa que o custo é gratuíto para a empresa. "Ben ao contrario, durante 5 anos os propietarios verán como as súas terras só poden ser usadas en exclusiva pola eólica, debéndolles franquear o acceso". Este contrato é o que presenta a empresa aos titulares das terras nas que a Xunta xa autorizou un parque eólico, continúan indicando desde Adega. É un contrato de alugueiro, aseguran, para adquirir un dereito de superficie por 30 anos ampliábeis a 50. "Polo que atinxe aos prezos, e malia a que no contrato non se indica a potencia do parque (18 MW) nen o número de aeroxeradores (9), as cantidades ofrecidas pola empresa equivale a uns 2000 euros / MW e ano, o que o sitúa no rango máis baixo dos prezos que actualmente se están a ofertar". O contrato recolle cláusulas "escandalosamente favorábeis para a empresa: poder ceder ou transmitir os dereitos sobre a terra sen que os propietarios poidan revisar ou renegociar a renda; mentras que estes se queren vender as propiedades quedan obrigados a subrogar o contrato coa eólica". "Quizáis o máis escandaloso sexa a chamada cláusula de "expropiación pactada": acontece en caso de que sexa imposíbel elevar a público o contrato, por non estaren actualizadas as escrituras das terras no Rexistro da Propiedade. Daquela, a empresa propón que os propietarios autoricen a ocupación renunciando á indemnización correspondente, para logo subscribiren un "mutuo acordo" coas condicións que a empresa oferta no presente contrato. Deste xeito, e ao teren renunciado a chegar ao xurado de expropiación, os titulares das terras non poden defender a súa valoración fronte á da empresa, xa que aceptaron esta" O Observatorio Eólico de Galiza da UVigo e a Fundación Juana de Vega teñen publicado diversas recomendacións, así como modelos de contrato para os propietarios de terreos eólicos, xa sexan particulares ou comunidades de montes. Estes documentos supoñen unha importante axuda para a veciñanza afectada e deberan constituir un mínimo imprescindíbel e irrenunciábel a partir do cal comezar a negociar.
PRAZA_20332
Villares compara o Santander cos eucaliptos porque "acaba coa variedade e empobrece o territorio" e Pontón di que a intervención de Feijóo ante Botín é "pedirlle a un lobo que non pape as ovellas". Leiceaga tamén lle pide por carta á banqueira que manteña a marca.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gabouse este mércores no Parlamento do seu papel e do da Xunta na reestruturación bancaria dos últimos anos en Galicia. O presidente da Xunta asegurou que "volvería facer o mesmo" e mostrouse "orgulloso" da xestión levada a cabo polo Goberno galego nun proceso que, tal e como lle lembraron En Marea e BNG, rematou por "liquidar o sistema financeiro galego", coa desaparición das caixas, do Banco Gallego e do Etchevarría e agora coa compra do Popular por parte do Santander, que aboca á liquidación total do Pastor, que apenas mantiña a marca e ficha bancaria propia. Villares compara o Santander cos eucaliptos porque "acaba coa variedade e empobrece o territorio" e Pontón di que a intervención de Feijóo ante Botín é "pedirlle a un lobo que non pape as ovellas" Queda loitar polas faragullas, por un mal menor. E iso é o que procura a Xunta. O seu presidente Feijóo presentou como un éxito na sesión de control ao Goberno deste mércores que a presidenta do Banco Santander, Ana Patricia Botín, aseguroulle que "estudará" a súa petición transmitida por carta de "manter a marca do Banco Pastor" en Galicia. Un suposto logro que Feijóo salientou despois de asegurar que "hai seis anos que o Pastor non existe" tras a súa compra polo Popular. A misiva a Botín, enviada "72 horas" despois de que se certificase a compra do Popular, foi respondida con outra por parte da banqueira, que tería ratificado verbalmente o seu compromiso de analizar a petición nunha chamada posterior ao xefe do Executivo galego. "Dime que vai estudar todas e cada unha das consideracións do presidente da Xunta e chamoume para reiteralo", engadiu Feijóo, que asegura que solicitou o mantemento da marca Pastor, porque cre que axudaría no mantemento do emprego, pero tamén reclamou que se "velase polos pequenos accionistas". Así, asegurou que a moitos dos empregados "obrigóuselles a mercar accións", polo que agora "teñen accións a valor cero" e os seus postos de traballo "corren perigo". "O que fixen foi coller un papel, porque ten conta do que se lle pon, co membrete da Xunta, e dicirlle ao Banco Santander cal é a proposta do Goberno da Xunta", presumiu Feijóo. Leiceaga tamén lle pide por carta a Ana Botín que manteña a marca Pastor en Galicia Precisamente, o anuncio de Feijóo da súa solicitude e da resposta do Santander chega dous días despois de que o portavoz do grupo do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, enviase unha carta á presidenta do banco, Ana Botín, para solicitarlle tamén o mantemento da marca Pastor en Galicia. "Axudaría, sen dúbida, a que o Grupo Santander obtivese, de partida, un crédito social único", dille. Ademais, Leiceaga lémbralle a Botín que "a marca Banco Pastor está singularmente ligada a Galicia e forma parte da nosa memoria colectiva e sentimental" e pregúntalle se non sería posible que o apoio ao emprendemento e ás universidades do Santander fose "ampliado a aquelas entidades que manteñen unha afinidade de orixe no negocio bancario agora asumido polo grupo, apoiando as súas iniciativas máis proveitosas". Do mesmo xeito, o portavoz socialista reclámalle, ante a situación dos pequenos accionistas, moitos deles traballadores, que "faga o posible para que obteñan unha satisfacción xusta e rápida das súas demandas". "Sabe mellor que ningún de nós que os desacordos públicos e os litixios non xeran o clima máis propicio no negocio financeiro", insiste quen pide tamén que contacte cos sindicatos para "solventar ou mitigar os efectos" que o proceos de absorción do Popular poida ter no emprego. "O grupo que preside fortaleceuse e converteuse nun gran banco galego. Esta nova situación conleva oportunidades e responsabilidades. Aproveite ben as primeiras, honre as segundas e Galicia saberá agradecerllo", remata Leiceaga na carta á que tivo acceso este diario. Críticas de En Marea e BNG Pontón lamentou que o presidente galego se limite a "pedirlle sensibilidade ao Santander", que ao seu ver é como "pedirlle a un lobo que non pape as ovellas" O intercambio epistolar de Feijóo e Leiceaga con Botín revelouse este mércores coincidindo coa sesión de control á Xunta no Parlamento de Galicia, onde os portavoces de En Marea e BNG, Luís Villares e Ana Pontón, cargaron contra o Banco Santander pola absorción do Popular-Pastor. Pontón, a primeira en intervir, comezou ensinando unha moeda de un euro exemplificando o barato que lle supuxo ao Santander facerse coa entidade e salientou que os reguladores puideron evitar a caída do Popular-Pastor "suspendendo a súa cotización" como se fixo uns días despois con Liberbank. A portavoz nacionalista salientou que tras nove anos de Feijóo á fronte da Xunta, Galicia quedou sen sistema financeiro propio mentres "no mesmo marco Cataluña e Euskadi mantiveron La Caixa e a Kutxa". Pontón lamentou que o presidente galego se limite a "pedirlle sensibilidade ao Santander", que ao seu ver é como "pedirlle a un lobo que non pape as ovellas". A nacionalista pediu unha fronte común no Parlamento de Galicia para que se manteña a marca do Pastor, o emprego, as oficinas e un "retorno de beneficios" a través da Fundación Barrié. Igualmente, reclamou unha solución para os 60.000 accionistas, a inclusión desta operación na comisión parlamentaria que investiga a desaparición das caixas e a creación dunha banca pública galega. Villares salientou que o Santander "é o eucalipto do sistema financeiro galego", xa que ao seu ver o banco, ao igual que a árbore, "acabou coa variedade e empobreceu o territorio" Pola súa banda, Villares salientou que o Santander "é o eucalipto do sistema financeiro galego", xa que ao seu ver o banco, ao igual que a árbore, "acabou coa variedade e empobreceu o territorio". Para o portavoz de En Marea, a entidade "nin é un banco nin é de Santander" xa que o seu accionista maioritario é un fondo internacional de investimento. "Detrás desta operación non hai un banco, hai un voitre", salientou. Ao seu ver, a progresiva desaparición das caixas e do sistema financeiro galego foi un "obxectivo político" que permitiu reducir os instrumentos económicos das comunidades autónomas e fortalecer os bancos. Villares reclamou finalmente que se manteña o Popular-Pastor como unha "filial" do Santander, que se investigue a operación de absorción e os pequenos accionistas recuperen os seus cartos.
NOS_30910
O actual presidente da Xunta da Galiza e candidato a repetir por cuarta vez, Alberto Núñez Feixoo, amosouse este sábado "perfectamente consciente" de que se "os 120.000 votantes que tivo Vox na Galiza nas eleccións xerais" non votan ao PPdeG o próximo 5 de abril, el non será presidente da Xunta.
Nunha entrevista nun diario estatal, Feixoo avanzou que, de cara ao 5-A, pedirá a todas as persoas que depositaban a súa confianza no PP e que marcharon a Vox para que volvan votar as listas populares nestes comicios, porque se non o fan o candidato do PPdeG terá que "abandonar a Xunta",. O actual titular do Goberno galego confronta dous escenarios: ou a súa presenza na dirección da Xunta cunha maioría absoluta, ou a entrada "de PSOE, Podemos e o nacionalismo" ao mando Administración autonómica. A xuízo de Feixoo, é necesario "axuntar aos votantes de Vox" e tamén de Ciudadanos no Partido Popular da Galiza, xa que "se 3% ou 4% dos votos van a Vox, eles non van obter escano, pero imposibilitarán que o PPdeG obteña ese 45% ou 46% necesario" para conseguir a maioría absoluta coa que o PP leva gobernando desde 2009. A mesma formulación traslada o presidente do PPdeG ao caso de Ciudadanos. Sobre a formación laranxa, explicou que "non teñen ningunha expectativa, nin remota, de conseguir representación parlamentaria". Iso "non é unha boa noticia", xa que ese "1% ou 2% de votos que obteña vai "restar forza ás propostas" que comparten populares e Cs e, ademais, non vai poder "evitar un Goberno nacionalista, socialista e podemita na Galiza". "Para quen non lle interese que o nacionalismo, Podemos e o PSOE reartan o Goberno, hai unha única posibilidade: o PP da Galiza", considerou.
NOS_3783
A Confederación Empresarial Lucense (CEL) propón abrir o porto de Cervo a outras actividades e xestionalo a través dunha Autoridade Portuaria propia, á marxe da de Ferrol.
Mentres Alcoa negocia co Goberno español ─a través da SEPI─ a venda da planta de aluminio primario de San Cibrao, os empresarios de Lugo manobran para crear unha autoridade portuaria propia para xestionar o porto de Cervo, vencellado á multinacional. A cuestión vaise abordar na xuntanza que o secretario xeral da Confederación Empresarial Lucense (CEL), Jaime López, manterá co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, na sede da Xunta en Compostela. Que Lugo conte cunha autoridade portuaria propia é, segundo López, unha "demanda histórica" que parece ter boa acollida por parte do organismo portuario. Segundo, argumentou, o presidente de Ferrol-San Cibrao "comparte, polo que me trasladou, as nosas demandas históricas de que a autoridade portuaria de Lugo poida ser unha realidade". En opinión do representante da patronal lucense, en tanto iso non se consiga, o organismo portuario tería que intentar conseguir "a liberalización do dique norte de Alcoa para outros tráficos [...] xa que estamos a falar dunha infraestrutura portuaria de primeiro nivel e que non pode estar só circunscrita á multinacional Alcoa", abundou. Con porto mais sen mando Neste senso, Jaime López lamentou que Lugo sexa "a única provincia marítima, e xa non só de España, senón a nivel galego que neste momento non conta con Autoridade Portuaria cando, por exemplo, en Pontevedra hai tres e con tráficos inferiores a San Cibrao". Para o empresario lucense, o feito de que Lugo non teña autoridade portuaria "non é de recibo", máis cando na Coruña hai dúas e tres en Pontevedra, protestou. López insistiu en que a consecución deste organismo público de xestión para Lugo é unha "reclamación histórica que leva perseguindo moito tempo" e que agora ven algo máis próxima. Esperamos, por fin, atopar esa sintonía que en parte xa conseguimos do presidente da Autoridade Portuaria, que leva pouco tempo no posto. Isto require un compromiso político por parte da Administración estatal e da galega porque Lugo ten que ter esa Autoridade Portuaria que nos permita xestionar os nosos propios recursos e nosas propios investimentos", apremou o directivo da CEL.
NOS_2156
Os maxistrados consideran acreditado que un empresario de Ourense vulnerou a prohibición de discriminar por aparencia de discapacidade ao despedir un empregado o mesmo día que sufriu un accidente laboral, tras visitalo no hospital e comprobar que, aparentemente, as súas lesións non curarían a curto prazo
A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) emitiu unha sentenza na cal aplica, por primeira vez no Estado, a discriminación por aparencia de discapacidade para anular un despedimento e condenar unha empresa á inmediata readmisión dun traballador, co aboamento dos salarios deixados de percibir. Os maxistrados consideran acreditado que un empresario de Ourense vulnerou a prohibición de discriminar por aparencia de discapacidade ao despedir un empregado o mesmo día que sufriu un accidente laboral, tras visitalo no hospital e comprobar que, aparentemente, as súas lesións non se curarían a curto prazo. O traballador, que conducía unha furgoneta de repartición, foi atropelado ao cruzar un paso de peóns o 20 de xullo de 2020. Debido ao accidente, foi trasladado ao hospital de urxencia, onde foi visitado polo empresario demandado, quen o deu de baixa na Seguridade Social ese mesmo día. O TSXG subliña que esa "aparencia razoable de discapacidade" do empregado "púidoa apreciar" o empresario "de propia man, ao acudir ao hospital para interesarse pola súa saúde o mesmo día do accidente". A "conexión temporal" entre o atropelo, a visita hospitalaria e o despedimento é "tan forte", segundo subliñan os xuíces, "que non cabe ningunha outra conclusión máis que asociar causalmente a aparencia de discapacidade co despedimento, máis se consideramos a ausencia de feitos que puidesen acreditar unha falta de dilixencia previa na prestación de servizos". A Sala entende que os feitos obxectivos, é dicir, o atropelo do traballador por un vehículo que o lanzou contra a calzada e o seu traslado de urxencia ao hospital, configuran "unha aparencia razoable de incapacidade duradeira na persoa do traballador, no sentido de que as súas doenzas non presentaban unha perspectiva ben delimitada en canto á súa finalización a curto prazo ou que a dita discapacidade podía prolongarse significativamente antes do restablecemento desa persoa".
NOS_11498
O relatorio recollerá o sentir maioritario expresado nas asembleas comarcais que decorreron nas vésperas do Consello Nacional.
Esta segunda feira, 25 de xaneiro, conclúe os seus traballos a comisión redactora do relatorio de debate para a XV Asemblea Nacional do BNG, que vai decorrer o vindeiro 28 de febreiro. En apenas sete días a comisión elaborará o relatorio en base ao sentir maioritario expresados nas asembleas comarcais da fronte nacionalista que se realizaron en vésperas do Consello Nacional do pasado 16 de xaneiro, que convocou a AN. Segundo puido saber Sermos Galiza, expresarase a necesidade de repensar o nacionalismo ao tempo de afirmar a súa condición de proxecto estratéxico para Galiza. A comisión redactora dos relatorios estaba aberta a inscrición de todos os membros do Consello Nacional que así o quixesen. Intégrana, Rubén Cela, Ana Miranda, Ana Pontón, Xosé Antón Rubal, Montse Prado, Carme Adán, Goretti Sanmartín, Alba Nogueira, Noa Presas, Francisco Jorquera, Xavier Campos, Alberte Mera, Manel Casal, Alberto Oubiña, Tereixa Paz, Néstor Rego, Xosé Emilio Vicente, Iván Rivas e Bieito Lobeira. Debate O relatorio comporase dun limiar descritivo da situación actual, unha tese política e unha tese de organización. No calendario da XV Asemblea Nacional figura o 30 de xaneiro como data na que o Consello Nacional do BNG aproba os relatorios da AN. A partir de aí ábrese un proceso, do 3 ao 15 febreiro, no que as asembleas comarcais debaterán e emendarán os relatorios. O 20 de febreiro volta se reunir o Consello Nacional para ditaminar as emendas. Candidaturas Ás 19:00 horas do 22 de febreiro expira o prazo de presentación de candidaturas ao Consello Nacional da fronte nacionalista. O 28F decorrerá a XV. Do 29 de febreiro ao 9 de marzo é o prazo para a renovación total do Consello Nacional e elección dos consellos locais e comarcais. Ampla cobertura deste tema no Sermos Galiza nº180: editorial, reportaxes e artigo do director, Xosé Mexuto.
NOS_2029
O ministro francés de Ultramar insiste en que se manterá a data do 12 de decembro.
O ministro francés de Ultramar, Sebastien Lecornu, volveu insistir na necesidade de que o terceiro e derradeiro referendo de independencia en Nova Caledonia se desenvolva o 12 de decembro, a data marcada nas conversas de finais de maio en París. "O interese xeral exixía que este referendo se convocara o antes posíbel", xustificou Lecornu na altura. Durante o mandato do actual presidente galo, Emmanuel Macron, xa se realizaron dous referendos, en 2018 e en 2020 ─tal e como se estabeleceu no Acordo de paz de Noumeá (1988)─. O 'Non' venceu en ambos os dous casos por máis de 53% dos votos. Porén, na última consulta o apoio á independencia creceu máis de tres puntos porcentuais (46,74%). Un dato relevante tendo en conta que tamén aumentou a participación en cinco puntos, até se situar en 85%. Ante este avance, as forzas contrarias á independencia puxaron por que esta derradeira consulta se desenvolvese o antes posíbel, en tanto que o soberanismo defendeu que se adiase até despois das eleccións presidenciais en Francia, previstas para abril. Preocupación pola Covid Lecornu, en corentena en Noumeá, a capital do país, tras aterrar a semana pasada, mantivo que a data de 12 de decembro é inamovíbel. Tan só ─sostivo─ un surto descontrolado de Covid-19 xustificaría o adiamento da consulta, e neste sentido sinalou que non se debe usar a pandemia con fins políticos, segundo recolleu RNZ. A finais desta semana haberá unha reunión entre o ministro galo e os líderes canacos. O xefe do Goberno de Nova Caledonia é Louis Mapou, presidente tamén da coalición independentista de esquerdas Unión Nacional pola Independencia (UNI). A outra fronte política do soberanismo é a Fronte Socialista de Liberación Nacional Kanak (Flnks). A Covid-19 preocupa no país. O mes pasado un surto de coronavirus contaxiou case 10.000 persoas, provocando a morte de 200. Desde a UNI e a Flnks consideran que o impacto na poboación, atemorizada, fai que non sexa este o momento máis adecuado para chamar ás urnas e desenvolver unha campaña electoral en condicións nunha votación tan importante. Segundo estipula o Acordo de Noumeá, o terceiro e derradeiro referendo de independencia debe ser desenvolvido antes de outubro de 2022. O Goberno de Macron optou por adiantalo para, defendeu, que non se inmiscise coas presidenciais. Mais para Daniel Goa, da UNI, o obxectivo é o de contentar os unionistas ─na súa gran maioría, descendentes dos colonizadores europeos─ e facilitar a vitoria do 'Non'.
NOS_18766
Entre 30 e 40 voluntarias e voluntarios de todas as idades participan activamente na recuperación do galego en Vigo a través de reunións para practicar a conversa. Estes espazos de comunicación oral, os "Faladoiros", naceron o ano pasado de maneira presencial para entrar no eido virtual coas restricións sanitarias. Hai uns días constituíronse como asociación. Nós Diario fala co matemático Marcos Loureiro García, un dos seus membros fundadores.
En que consisten os faladoiros que organizan en Vigo? É un espazo para falar, un lugar que era necesario, sobre todo nunha gran cidade como é Vigo, para que a xente puidese conversar e practicar a lingua galega. Varios membros máis do colectivo notamos que as persoas dicían que non falaban galego porque non tiñan con quen falalo. Eu son de Carballo e antes de vir aquí nunca pensei que fose posíbel. Hai xente que coa súa familia, coas súas amizades, no supermercado só fala en castelán e aínda que queiran practicar non teñen con quen facelo. O faladoiro tenta cubrir esa necesidade de ter un espazo no que a xente saiba que un día a unha hora sempre pode ir e practicar. Como nace este proxecto de grupos de conversa en lingua galega? Xurdiu a idea o verán pasado, coido que entre agosto e setembro. Unhas persoas decidiron enviar un post nas redes sociais anunciando que lles gustaría facer un proxecto deste estilo. Puxémonos en contacto a través do correo electrónico e nunha xuntanza organizámolo. A idea era facelo de maneira presencial en bares e cafetarías. Iniciámolo a principios de outubro dous días á semana polas tardes. Cando nos confinaron de novo tiñamos a opción de paralizalo ou tentar facelo por Internet. Optamos por esta segunda vía e tivo moi boa acollida. A idea foi sempre visualizar o galego dentro da cidade, estaría ben que en vilas e cidades houbese algo parecido, mesmo que non dependese de persoas voluntarias como é o noso caso. Que perfil de participantes teñen nos seus grupos de faladoiros? A través de Internet comezou a participar moita xente de Arxentina e México. En todo caso, todo o mundo agarda que volvan as conversas presenciais. Os grupos son moi hetereoxéneos, hai desde xente moi nova até xubilados. Cando tiñamos a actividade presencial lembro que estabamos nunha cafetaría e achegóusenos unha moza que viña cun rapaz novo de 12 anos e explicou que tiña problemas co galego na escola e buscaba un sitio onde poder practicar. Hai homes e mulleres por igual e de todas as idades. Entre as participantes tamén hai mestras e mestres. Cal cre que é a razón de que se perda o galego nas cidades? A falta de uso, de referentes, da idea de que non se pode empregar en certos ámbitos en que se cre que está ben visto falar só en castelán. Pode ser o motivo polo que comezou polas grandes cidades. E cal é o motivo de que se busque practicar o galego? Para recuperar a cultura. No caso que temos agora de persoas de suramérica é por querer recuperar as raíces, saber de onde veñen. Teñen devanceiros que emigraron e queren falalo. Temos o exemplo dun participante que lle ensina á súa filla pequena. No caso das persoas de Vigo hai de todas as idades e a maior parte sempre falou en castelán. Decátanse de que non son capaces de defenderse en galego, un idioma que forma parte da súa identidade. Como serán os faladoiros no futuro? O que desexa a xente é que volva a actividade presencial. Moitas e moitos que colaboran preferiron quedar en reserva até que regrese a normalidade. É o noso obxectivo inmediato. En paralelo, como conseguimos crear a versión en liña, gustaríanos mantela reaxustando horarios. Dependerá un pouco do nivel de voluntarias e voluntarios que nos axuden. Cada quen dedícalle as horas que pode e cando pode.
NOS_35848
P.M. prestou declaración por volta das 19h desta cuarta feira e impútanlle un delito de desordes en relación cos incidentes acontecidos nas rúas da capital galega en xaneiro, após unha manifestación en solidariedade con Hadriam Mosqueira, 'Senlheiro'
O veciño de Compostela e militante independentista P.M., 'Nahuel', ficou en liberdade con cargos após pasar a disposición xudicial e prestar declaración nos xulgados de Fontiñas. Axentes da policía española prendíano ao mediodía desta cuarta feira namentres camiñaba pola rúa, para o conduciren primeiro á comisaría e despois ao seu domicilio, no casco vello da cidade. Ducias de persoas concentráronse diante da casa namentres a policía procedía ao seu rexistro. Durante o protesto, convocado en solidariedade co mozo, producíronse até tres cargas policiais dos antidisturbios, que dispararon salvas ao aire diante do colexio López Ferreiro, situado nas inmediacións do piso de 'Nahuel', coincidindo coa hora de saída das crianzas. Varias persoas sufriron contusións e houbo un detido, que fica xa en liberdade e sobre el pesarían cargos por desordes e resistencia á autoridade, após pasar a tarde na escuadra policial (comisaría) de Compostela porque, segundo a policía, intentou agredir un axente. Polos incidentes acontecidos após unha manifestación por 'Senlheiro' Segundo confirman fontes próximas ao activista, o seu arresto estivo relacionado cos incidentes acontecidos nas rúas da capital galega o 9 de xaneiro, unha vez disolta a concentración que o colectivo antirrepresivo Ceivar convocara en solidariedade co preso independentista Hadriam Mosqueira, 'Senlheiro', e que se saldaron coa queima de varios colectores do lixo. A 'Nahuel' impútanlle un delito de desordes. 'Senlheiro' fica en prisión preventiva sen ser xulgado e submetido á dispersión en aplicación da lexislación antiterrorista desde o día do seu arresto, o 8 de xaneiro, cando paseaba polo monte dos Batáns, a 500 metros da súa casa, no lugar de Quistiláns (Ames). No interior dunha casa en ruínas a policía incautouse de dous termos metálicos con material explosivo.
PRAZA_4904
BNG e AGE critican con dureza o proxecto co que a Xunta prevé beneficiar a 95.000 mozos, que ten unha dotación de 100 millóns e que fomenta contratos de formación dual ou en prácticas pouco remunerados.
Feijóo e o seu Plan de Emprego Xuvenil 2014-2015 teñen como prioridade os mozos sen estudos e aqueles que nin estudan nin traballan. Cunha dotación de 100 millóns de euros, o proxecto aprobado o pasado xoves polo Consello da Xunta prevé que Traballo incentive a contratación de 2.000 persoas novas que nin están empregados nin formándose con axudas ao empresario de 200 euros mensuais que lle paguen os custos salariais. Ao tempo, fomentaranse os contratos de formación dual -que combinan o traballo na empresa con polo menos un 25% de horas de formación- con outra subvención de 100 euros ao mes para sufragar parte da retribución destes rapaces. Ademais, sobre un milleiro de titulados que veñan de acabar a carreira e teñan menos de 25 anos poderán beneficiarse dun contrato en prácticas para o que a Administración achegará 426 mensuais. O Plan de Emprego Xuvenil prevé beneficiar a 95.000 mozos galegos É un novo intento para deter o elevado desemprego xuvenil e a masiva emigración da mocidade galega, logo dos continuos fracasos dos últimos anos. Pretende beneficiar a 95.000 mozos menores de 30 anos, pero a costa de que? BNG e AGE ven neste plan unha medida electoralista, que a Xunta saca da manga "xusto antes das eleccións europeas". "As persoas en formación non computan no paro, o que permite recortar por esta vía a taxa de desemprego na mocidade xusto antes dos comicios", alertou Xavier Vence, voceiro nacional do Bloque, que ve no proxecto "unha operación de maquillaxe que consiste en facer contratos de formación ou en prácticas a xente nova durante apenas uns meses para que deixen de figuarar nas listas do paro, ás que volverán pasado ese tempo, xa que a política de recortes do PP seguirá afogando a recuperación económica". Ademais, as contas non saen. Segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), tal e como lembra AGE, en Galicia hai 74.000 mozos sen traballo. "Fan un plan de emprego para máis mozos dos que están desempregados?", pregúntase o deputado Juan Fajardo, que vai máis aló e cre que o Plan de Emprego "converterá a mocidade en escravos das empresas privadas". BNG e AGE ven no plan unha medida "populista e electoralista" que "converterá a mocidade en escravos das empresas privadas" "O truco é redondo. A xente que recibe unha destas bolsas desaparece da lista do paro para pasar a ser explotados laboralmente por 426 euros ao mes. A realidade é que convertemos os nosos mozos e mozas en escravos da empresa privada", engadiu Fajardo. O caso é que o Plan suporía 42 euros ao mes para os mozos e mozas desempregados de Galicia. "Só se explica porque os nosos gobernantes viven no mundo dos sobres, e non no das facturas da luz e do gas", insiste en que cre a iniciativa un exercicio de "populismo e publicidade". O problema é tamén o que poden provocar estes contratos para a mocidade entre o traballo estable, máis aínda coas facilidades que ofrece a reforma laboral para o despido. AGE advirte do risco de que a contratación de xente nova provoque "un bombardeo do emprego fixo que aínda existe neste país". Para Alternativa, a solución é semellante ao "eufemismo do emprendemento que usa a propaganda da dereita e que non é unha saída cando a economía en Galiza está totalmente paralizada". A oposición advirte do risco que para o emprego fixo poden supor estes contratos subvencionados para xente nova "O comercio e o autoemprego só poden ser unha pata. Os sectores primarios son fundamentais. Por exemplo, cen millóns de euros aplicados ao marisqueo crearían milleiros de postos de traballo. Ou á mobilidade de terras improdutivas", asegurou Fajardo, que insta a Xunta a que fomente "unha economía cooperativista de verdade" e loitar así "contra o abandono de estruturas industriais que aínda teñen capacidade tecnolóxica e mercado". En Galicia hai arredor de 74.000 mozas e mozos sen traballo, un 15% máis que a finais de 2009. Nos últimos anos a taxa de ocupación da xente nova desplomouse máis de 10 puntos e actualmente apenas supera o 34%. Ademais, dende finais de 2012 este indicador vén sendo superado trimestre a trimestre pola taxa de paro, que pechou 2013 no 38,1%, case catro puntos por riba da de actividade.
NOS_367
As forzas conservadoras manterían a maioría absoluta (12 escanos sobre 23), mais habería unha redistribución a favor de Ciudadanos, que recuperaría representación polas circunscricións galegas.
As eleccións de xuño de 2016 ofereceron na Galiza o seguinte reparto: 12 escanos para o PP, 6 para o PSdeG-PSOE e 5 para En Marea. Se no canto de se ter aplicado a Lei D'Hont se tivese aplicado o sistema eleitoral Sainte-Laguë que agora propón Unidos Podemos, a representación galega no Congreso ficaría así: 10 asentos para o PP, 6 para En Marea, 5 para o PSdeG e 2 para Ciudadanos. As variacións serían as seguintes: o PP cedería un escano na Coruña (en beneficio de Ciudadanos) e outro en Ourense (que sería para En Marea, que reconquistaría o xa obtido en decembro de 2015). Mentres tanto, o PSdeG perdería unha acta en Pontevedra, que iría para o partido de Albert Rivera.
NOS_33763
As ministras Calviño, Díaz e Bolaños reuníronse con representantes de BNG, PDeCAT, Junts, Máis País e Compromís para coñecer as súas propostas fronte á crise derivada da guerra en Ucraína. Néstor Rego, entre outras cuestións, defendeu desvincular o gas do prezo da electricidade.
O Goberno estatal recibiu esta terza feira propostas no Congreso de máis formacións parlamentarias, entre elas o BNG, para afrontar a crise económica desencadeada tras a invasión rusa de Ucraína e as sancións económicas impostas pola Unión Europea (UE), mais non desvelou que medidas pensa incluír no seu plan de choque, que anunciará o vindeiro 29 de marzo. Así o aseguraron tanto a portavoz de Junts, Miriam Nogueras, como o do PDeCAT, Ferrán Bel, tras a súa reunión na Cámara Baixa coa vicepresidenta de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, a de Traballo, Yolanda Díaz, e o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, que tamén se reuniron con Máis País-Equo, Compromís e o BNG. "Á espera" da cimeira europea Tanto Nogueras como Bel sinalaron que desde o Goberno estatal reclamaron o seu apoio ao decreto lei con medidas urxentes para afrontar a crise, pero sen ofrecer detalles nin tampouco concretar as propostas que barallan, á espera da reunión do Consello Europeo na que o Goberno espera unha posición común dos socios comunitarios para frear a escalada de prezos da electricidade. Sexa como for, ambas as formacións trasladaron ao Executivo unha serie de propostas, que no caso da portavoz de Junts, detallou, pasan por unha bonificación dos primeiros 100 kilowatts (kw) de enerxía consumida na factura da luz para que esta ofreza prezos alcanzábeis e vaia incrementándose gradualmente, a equiparación das peaxes de rede de 25 a 36 kilovatios (kV) e a reactivación do gasoduto Midcat. Por parte do BNG, o seu deputado e portavoz no Congreso, Néstor Rego, pediu que non sexan as maiorías sociais as que paguen a crise e reclamou ao Goberno desvincular o gas do prezo da electricidade, un prezo máximo dos hidrocarburos, unha reforma fiscal progresiva, axudas directas aos sectores afectados e axustar o IRPF á inflación.Aliás, o líder de Máis País, Íñigo Errejón, destacou que o momento da lexislatura "é absolutamente decisivo" porque, ao seu xuízo, a disxuntiva que debe afrontar o Goberno é "quen vai pagar as consecuencias económicas da guerra" e que, por tanto, "ten que tomar partido".
PRAZA_9072
Á espera das contas para este 2019 que o Goberno de Sánchez prevé presentar este venres, o anuario estatístico que o ministerio vén de publicar revela que 2017 foi o peor ano da última década en execución real, co 54,5%, só superado polo 37% de 2016, cando o Executivo en funcións bloqueou numerosos gastos
Á espera das contas para este 2019 que o Goberno prevé presentar este venres, o anuario estatístico que o ministerio vén de publicar revela que 2017 foi o peor ano da última década en execución real, co 54,5%, só superado polo 37% de 2016, cando o Goberno en funcións bloqueou numerosos gastosOs orzamentos do Estado para Galicia veñen reducíndose nos últimos anos na mesma medida en que as obras do AVE, ás que ían destinadas as principais contías, van chegando á súa fin. Agora, a poucos días de que o Goberno central de Pedro Sánchez presente as que serían as súas primeiras contas, para este 2019, cuxos apoios parlamentarios non están garantidos, Fomento vén de publicar o seu anuario estatístico correspondente a 2017 que reflicte que ese ano, o último xestionado de xeito íntegro polo PP, a execución real do orzamento estatal en Galicia non chegou ao 55%, a metade do previsto.En 2017 as distintas entidades dependentes de Fomento, das que Adif, co AVE, foi a máis significativa, contaron cun orzamento total para investir en Galicia de 898 millóns de euros. Porén, finalmente só gastaron realmente 489 millóns, segundo os datos do propio ministerio. Ese 54,51% é a segunda porcentaxe de execución real máis baixa da última década, só superada polo 37% executado o ano anterior, 2016, marcado polas dificultades para formar Goberno e a imposibilidade do Executivo en funcións de Mariano Rajoy de validar numerosos gastos. Aínda así, ese ano Fomento executou realmente 444 millóns, cifra moi próxima ao investido realmente un ano despois, xa sen aqueles condicionantes e coas contas públicas prometendo uns investimentos similares aos xa frustrados o ano anterior malia a que entrarían en vigor a mediados de ano.O actual Goberno central socialista presentará este venres as súas primeiras contas, para 2019, que non teñen aínda os apoios parlamentarios necesarios para ser aprobadasÁ espera de coñecer a execución real final das contas de 2018, ano en que a xestión do último orzamento do PP estivo repartida a medias entre o Goberno dese partido e o do PSOE, este último prevé aprobar no Consello de Ministros deste venres as súas primeiras contas propias, para 2019. Porén, non ten aínda garantidos os apoios parlamentarios precisos para que eses orzamentos poidan entrar en vigor. En caso de non aprobarse, a prórroga dos preexistentes permitiría seguir completando as cada vez menos obras pendentes do AVE.
NOS_51720
Até o 23 de marzo militancia, simpatizantes e cidadáns poden votar por algún dos 4 aspirantes a encabezar a listaxe de CxG na cita do 25 de maio para o parlamento europeo.
Teba Conde, da Agrupación Local de CxG de Teo, profesora de primaria en Laxe e membro do Consello Político Nacional de CxG; Paulo Carlos López, ex secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega e membro da Executiva de CxG; o ourensán Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e tamén membro do Consello Político Nacional; e Pablo Penedo, coruñés, non afiliado ao partido. Neste proceso elexirase quen ocupará o posto asignado a CxG ( o 5º na listaxe) na candidatura a Europa liderada por CiU e PNV Estas son as catro persoas entre as que militancia e simpatizantes de Compromiso están a elixir o seu candidato ás europeas, nun proceso de primarias abertas á cidadanía. As catro superaron o requisito da obtención do mínimo de dez avais para poder participar como candidatos no proceso de eleccións primarias desta organización. As primarias comezaron a comezos desta semana e rematarán co escrutinio e proclamación de resultados o vindeiro 23 de marzo. Haberá sete colexios electorais, ordenados en torno ás sete cidades do país, cos seus correspondentes comicios, nos que se contará coa presenza dos catro candidatos. Cada un dos partidos desta coligación europea manterá o seu perfil propio no seu respectivo territorio O secretario xeral dos galeguistas, Xoán Bascuas, agradeceu aos catro posíbeis cabezas de lista o valor demostrado ao "dar un paso adiante no momento en que a cidadanía está cada vez máis lonxe da política". Coligación CxG concorre a esta cita nunha coligación liderada polo PNV e CIU e da que tamén forma parte Coalición Canaria. A Compromiso correspóndelle o quinto lugar na candidatura. pois a cabeza será para CDC, o segundo posto para o PNV e o terceiro para Unió. A cuarta praza recae en CC.
NOS_8910
Publicouse sen case previo aviso esta madrugada. O disco ten catro temas e pode escoitarse de balde na web de Malandrómeda.
Chegou de madrugada, cos pés de la, como querendo pasar desapercibido. Malandrómeda, fiel á súa identidade underground, publicaba sen case previo aviso un novo EP, que chega logo de catro longos anos de silencio discográfico. Animais de Feira facíase público por volta das tres da mañá, logo dun misterioso anuncio nunha conta de Instagram de recente creación (malandromeda_feira): "Esta noite... chachachá". Pero o bocaorella, dentro e fóra das redes, funciona bastante ben e a nova espallouse axiña, cal pólvora prendida. Porque os discos que asina o Hevi son todo un acontecemento entre unha ampla comunidade de fans dunha das propostas máis singulares do panorama musical da Galiza. As últimas novas do grupo chegaran en 2016, cunha insólita dupla publicación: Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo . Dous conceptos absolutamente diferentes, editados en vinilo e dixital, que dan saída, dunha banda, ao intimismo máis melancólico, e doutra, aos temas máis festeiros. Estas liñas, en certo modo, xúntanse de novo como as dúas caras da moeda en Animais de Feria. Catro temas compoñen o álbum, que se debate, coa corrosiva lucidez dunhas letras que desbordan idiosincrasia cun dominio da rima sen parangón, entre unha certa escuridade distorsionada que se ergue de novo en retrousos cumbieiros como os de "Hoxe dormes fóra", cos latexos frenéticos de "XigantesECabezudos" e "CatroAgullasPraUnhaBolboreta" ou os ritmos algo máis acougados de "GalicianEdiMurfi". E canta o Hevi, incisivo, sempre armado de retranca: "Se é verdade que sexa simple e, sobre todo, unilateral". Ademais da súa, no álbum escóitanse as voces de Faia, Fat Nuno e Xavi G. Pereiro. Colaboracións de luxo nun EP gravado a finais do pasado ano, mais mesturado na primavera deste 2020.
PRAZA_4613
Isabel Vilalba (SLG) e Roberto García (UUAA) debullan o acordo sobre a distribución das axudas comunitarias e critican a marxinación do agro galego e que se permita que "agricultores de sofá" sigan a percibir subvencións públicas ante o triunfalismo da Xunta.
Xunta e PPdeG coinciden en sinalar que "Galicia non perde" logo do consenso básico que as comunidades autónomas e o ministro Arias Cañete acadaron para determinar a aplicación da Política Agraria Común (PAC) entre 2015 e 2020 no Estado. O país contará con fondos destinados a pagos directos por uns 160 millóns ao ano e Medio Rural presume de que se incrementan en 33 millóns os pagos acoplados ao sector lácteo, que se elevarán a 93. No entanto, PSdeG, AGE e BNG denuncian a "discriminación" do agro galego e coinciden co Sindicato Labrego Galego (SLG) e Unións Agrarias (UUAA) en que os criterios de reparto seguen marxinando o territorio. Iso e moito máis. Así o cren os seus secretarios xerais, Isabel Vilalba e Roberto García, que debullan aquí un pacto que teima, segundo eles, nos problemas para o rural galego. É bo o reparto da PAC para Galicia? Isabel Vilalba (SLG): É unha absoluta decepción. É moi difícil de entender que no momento actual se manteña unha cantidade de subvencións moi dificiles de xustificar socialmente porque van parar a grandes terratenentes e a empresas millonarias. Ademais, non se prevé ningunha medida para apoiar o emprego no agro, nin tan sequera para os mozos que se incorporan á agricultura ou á gandería e que manteñen vivo o rural. Roberto García (UUAA): Por primeira vez, podiamos cambiar os criterios de reparto que nos marcaba a UE para evitar ese agravio comparativo que sofre Galicia. Hai menos cartos a repartir -pasamos de 5.500 millóns a 4.800 en todo o Estado- pero a cifra sería suficiente sempre que destinemos os fondos aos agricultores e gandeiros reais, ás empresas ou persoas físicas que viven e traballando do agro, tal e como fai Francia. Ante a cidadanía, estas axudas aparecen agora deslexitimadas porque entendo que haxa quen se pregunte como cos nosos impostos podemos estar pagando a agricultores de sofá. Ademais, tamén perdemos unha oportunidade histórica de acabar coa marxinación de Galicia, que apenas recibe o 3% do montante total español cando por dedicación representamos o 16% das persoas físicas que viven directamente do agro. "Perdemos unha oportunidade histórica de acabar coa marxinación de Galicia e evitar que cobren os agricultores de sofá" Pero Goberno central e Xunta presumen de que por fin se define o que é un agricultor activo. I. V.: Parécenos unha burla. Preténdese dicirlle á sociedade que se está a determinar correctamente a actividade agrícola pero búscase a maneira de desvirtualo. Miran só os ingresos agrarios desa persoa ou entidade e exíxenlle un 20% de ingresos da propia actividade para poder ser perceptor das subvencións da PAC. Ou sexa, pode cobrar un 80% de axudas públicas xustificando só que un 20% dos seus ingresos proveñen da actividade agrícola. A Casa de Alba ou a familia Domecq, entre moitos outros, teñen fácil xustificar ese 20% e seguir cobrando. E estamos falando de xente que cobra ata 2 millóns de euros anuais. É inxustificable para a xente que sofre e ten salarios reducidos que isto ocorra. Pero é que na negociación tampouco se quixo saber nada de poñer un tope a eses fondos vinculándoos á actividade ou que as axudas fosen progresivas primando as primeiras hectáreas e a creación de emprego. R.G.: Este sistema permite que, por exemplo, Amancio Ortega poida cobrar axudas da PAC, xa que en nada inflúen os ingresos que se teñan doutras actividades sempre que se demostre unha factura do 20% dos ingresos agrarios para poder cobrar o 80% dos ingresos en subvencións comunitarias. En definitiva, podes ingresar 400.000 euros dos fondos da PAC xustificando tan só 40.000. Estamos prostituindo a figura do agricultor activo. Tamén se exixen cinco hectáreas por vaca para acceder ás axudas e pode darse o caso de que en Galicia, onde a media das explotacións é de 15 hectáreas, un gandeiro con tres vacas poderá xustificar as subvencións mentres prexudica ao veciño do lado, ao que ademais non cede pastos. "A Casa de Alba ou os Domecq teñen fácil seguir recibindo subvencións; Amancio Ortega tamén podería cobrar axudas da PAC" A Xunta tamén destaca que Galicia recibe máis fondos. I.V.: Non entendemos ese triunfalismo porque o que se consolida é o statu quo actual en canto a un criterio baseado na superficie territorial e tamén en canto aos grandes perceptores que se seguirán beneficiando destas axudas sen ter actividade agrícola. Son os criterios históricos que se manteñen e Galicia sempre foi a comunidade onde a contía das axudas directas por activo era menor. E iso segue a ser así. Ademais, non hai axudas para sectores como a horta, ao que se incorpora moita xente nova, ou no ámbito do leite, que é básico e onde tampou hai avance ningún para garantir un mercado cuns prezos non volátiles e que cubran os gastos de produción. R.G.: Se tiñamos 5.5000 millóns para todos e agora temos 4.800 e non expulsamos a ninguén que non reunía os requisitos fundamentais, os criterios son os históricos de sempre e temos a base territorial máis baixa de todo España, como é posible que ninguén perda, tal e como di a conselleira de Medio Rural? Porque tamén está o tema das rexións agronómicas, un tema escuro e do que non se aclarou nada, pero que é unha lotaría. Cada gandeiro pode perder ata o 35% de fondos segundo a rexión na que lle toque. Se esta medida fose positiva e a poucos meses das eleccións europeas, non sairía o Goberno a presumir dela? Se non o fai é por algo. "Non hai axudas para a horta nin hai avances para garantir un mercado lácteo non volátil" Desde o Executivo galego asegúrase tamén que Galicia terá 33 millóns máis en axudas para a produción láctea grazas ao aumento nos pagos acoplados, é así? I.V.: É certo pero é unha media verdade porque a maioría dos importes que viñan da etapa anterior non só chegaban desas axudas acopladas, senón polo pago único, que era unha axuda desacoplada. Así que é moi probable que explotacións gandeiras con superficies moi reducidas comparadas con outras zonas, cobren menos que no período anterior. A axuda acoplada é só unha parte, a maioritaria viña polo pago único e agora vail vir determinada pola superficie da explotación e xa sabemos que en Galicia non son tan grandes como noutras zonas do Estado. A instauración das rexións agronómicas, que tampouco se explicou ben, tamén é un perigo porque darase a circunstancia de que explotacións semellanets, pero encadradas en diferentes zonas, cobren cantidades moi diferentes. R.G.: O pago acoplado pode compensar algunha perda a algunhas explotacións gandeiras, pero mentres outras subvencións son fixas ata 2020, o acoplamento no caso dos gandeiros só se mantén a expensas de que non haxa algunha catástrofe sanitaria ou problema maior que obrigue a desviaros cartos. Ademais, antes dábase a subvención por quilo de cota e agora o criterio baséase no número de vacas ou nestes pagos extras. Pero o tema é que motios dos gandeiros que compraron cota e se endebedaron van ser expropiados, porque o sistema de cotas desaparece en 2015 e pasaremos a un mercado de libre produción onde franceses e alemáns tamén van producir o que eles queiran, pero cunha diferenza: sen as débedas que teñen os gandeiros de aquí, en mellores condicións e podendo colocar os seus sobrantes nun mercado como o español, que segue a ter un enorme burato, e a un prezo sensiblemente inferior p orque eles xa teñen a súa renda garantida porque cobrarán o dobre ou triplo ca un gandeiro galego. E por que? Porque Francia reparte os fondos da PAC entre agricultores e gandeiros activos de verdade e non se basea en criterios históricos como España. O Estado francés reparte as subvencións entre 370.000 agricultores, fronte ao case 1 millón do Estado español, malia que alí hai máis xente que traballa no agro. "A Xunta non defendeu os intereses de Galicia, senón outros; non sei se nos pretenden enganar ou se dan por conformes con este acordo" Daquela, por que a Xunta amosa ese triunfalismo cos acordos arredor da PAC? I.V.: A Xunta non defendeu os intereses de Galicia, senón outros. Este non é un reparto lexítimo da PAC e xa comprobamos como todos os intereses estaban en seguir consolidando o modelo anterior. R.G.: Eu non sei se nos pretenden enganar coas súas declaracións ou é que de verdade se dan por conformes con este acordo. O caso é que agora teremos que explicarlle á xente as cousas para que ninguén se sinta agredido ao ver como agricultores ficticios ou de sofá seguen a cobrar dos nosos impostos.
PRAZA_4086
O Eixo Atlántico reforzará a imaxe do turismo de proximidade como "o máis accesible nun momento de dificultades económicas; coñecido, nun momento de medos; e sustentable en termos de recursos"
O Eixo Atlántico reforzará a imaxe do turismo de proximidade como "o máis accesible nun momento de dificultades económicas; coñecido, nun momento de medos; e sustentable en termos de recursos"O Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal vén de reunir a 43 representantes municipais do sector do turismo para falar do seu futuro tras a crise do coronavirus. "Será un dos últimos [sectores] en saír da crise e non o fará na forma na que o coñeciamos até agora. A súa realidade vai cambiar radicalmente. Por iso, sendo plenamente conscientes disto, é o momento de repensar o sector e analizar o apoio e guía que desde Europa se lle ofrece", salienta a asociación de cidades.Na súa reflexión sobre o futuro do sector o Eixo Atlántico salienta como conclusións a importancia de aumentar o seu propio papel como divulgador da eurorrexión, "reforzar a imaxe de que o turismo de proximidade é un turismo seguro" facilitándoo como "o máis accesible nun momento de dificultades económicas; coñecido, nun momento de medos; e sustentable en termos de recursos". "O turismo transfronteirizo e de calidade configúrase como a opción que no futuro inmediato, pero non só, pode abrir a porta da recuperación"O Eixo Atlántico prevé crear un catálogo da oferta turística das cidades da eurorrexión, "un produto novo e creativo que non só teña en conta ás cidades senón tamén a súa contorna inmediata e as súas posibilidades de conexión nunha oferta unificada" xa que "reforzar a comunicación será esencial para conseguir os obxectivos propostos, con accións cruzadas entre os diferentes territorios"."O turismo transfronteirizo e de calidade configúrase como a opción que no futuro inmediato, pero non só, pode abrir a porta da recuperación deste sector que terá que reinventarse no curto e medio prazo para asegurar a súa supervivencia e a dos que del dependen", conclúen desde o Eixo Atlántico.
PRAZA_17152
A militancia inscrita no censo de En Marea está chamada a votar sobre a permanencia de Quinteiro no Parlamento ata as dez da noite deste día 23. "Viñemos gobernar para a xente e escoitar á xente, por que non neste caso?", sinala Luís Villares CRÓNICA | A consulta de Quinteiro, un referendo sobre a desfeita de En Marea. Por Anxo Lugilde
CRÓNICA | A consulta de Quinteiro, un referendo sobre a desfeita de En Marea. Por Anxo Lugilde A militancia inscrita no censo interno de En Marea está chamada a votar dende este 22 de maio e ata as dez da noite do día 23 na consulta impulsada dende a dirección da formación para decidir se a deputada Paula Quinteiro "debe dimitir do seu cargo de deputada no Parlamento galego polo uso da súa acta para un asunto particular", en referencia ao altercado coa Policía local de Santiago no que se viu implicada o pasado marzo. No inicio da votación a deputada afirmou ver "fundamentais as consultas ás bases", se ben considerou que, de ser o caso, a súa permanencia na Cámara galega debera ser sometida a un procedemento revogatorio e non a unha consulta coma esta. "As consultas ás bases son fundamentais, pero penso que quen está incumprindo o mandato das bases é quen lanza esta consulta", sinalou este martes Quinteiro en declaracións á Nós TV. "O mecanismo que debería empregarse é un revogatorio, que é o que decidimos entre todas" e por iso, ao seu xuízo, "esta consulta está incumprindo o mandato das inscritas, resalta a tamén integrante de Podemos. Quinteiro, que xa advertiu en días pasados que non contempla a dimisión, coida ademais que "a pregunta é moi tendenciosa" porque se "basea" na "suposta intención de beneficiame dalgún tipo de prebenda por ser deputada" e iso é "totalmente falso". No incidente en cuestión, debullou tamén este martes nunha entrevista na Radio Galega, "a Policía parou uns compañeiros para identificalos" por, segundo o atestado revelado en marzo pola axencia Europa Press e La Voz de Galicia, estaren supostamente relacionados coa ruptura de espellos de vehículos estacionados na rúa. "Eu -reitera Quinteiro- só tiven intención de mediar; estiven respectuosa" e "en ningún momento quixen facer valer a miña condición de deputada" para impedir a identificación, asegura. Luís Villares: "Viñemos gobernar para a xente e escoitar á xente, por que non neste caso?" Mentres se desenvolve a consulta membros de En Marea críticos coa actual dirección, así como integrantes de mareas locais, chaman a rexeitar a votación por medio da abstención, rexeitamento que condensaron nun manifesto titulado Coidando a unidade para o que recaban sinaturas. Dende a coordinadora, non obstante, chámase á participación da militancia como a maneira máis "positiva" de "resolver o conflito" e facelo de maneira "definitiva", en verbas do seu voceiro, Luís Villares. "Sempre nos pareceu unha solución positiva preguntar ás bases", toda vez que "viñemos gobernar para a xente e escoitar á xente, por que non neste caso?", preguntábase este luns Villares en rolda de prensa. O tamén voceiro parlamentario de En Marea, partidario de que Quinteiro deixe a acta, coida que procesos como o que nestes días desenvolve tamén Podemos a respecto da compra dunha vivenda por parte do seu secretario xeral, Pablo Iglesias, e mais a súa voceira parlamentaria, Irene Montero, amosa que as consultas entre a militancia son unha "boa solución", porque implica tomar decisións a partir do que ditamina "o órgano que nunca se equivoca, que son as bases".
NOS_52947
Disfrazémonos. Sexamos outras e outros. Sexamos irreverentes (era ben selo sempre, non só estes días). O Entroido está vivísimo na Galiza. Basta andar polas rúas (até vin choqueiros este domingo no aeroporto de Alvedro) para o comprobar.
Que aborrecíbel ser sempre un propio, 24 horas, 365 días! Mudemos. Disfrazémonos. Séndomos outras e outros tampouco é que nos traizoemos, ao contrario, experimentamos o que anda connosco sempre e moitas veces ignoramos. Ese é o espírito do Entroido, a festa popular de maior arraizamento na nosa nación. Leamos o que escrebe Felipe Senén, arqueólogo e museólogo, na súa sección Eira das Mouras no Sermos235, desde a pasada quinta feira nos pontos de venda habituais: "Días [o Entroido] para poñer a proba neste efémero reino da provocación e da irreverencia o estado da cuestión da liberdade creadora, retranqueira, da leria, tan contraria a encirrar e ao desencontro. Festa que sirve de test psicosocial, pois nel dáse renda solta a sempiternos traumas, relixiosos, sexuais, políticos... Desfogadeiro, intelixente arma contra o cobizoso individualismo". Ou sexa, disfrazándonos tirámoslle as cadeas ao eu que levamos prisioneiro as 24 horas, os 365 días. Hai máis. Acrescenta Senén: "Festa solidaria, argallada coa tradición que non traizoa, cando se ceiba a forza bruta do instinto e sae ás congostras aldeás e ás rúas. Corentena de liberdade, con variantes nas bisbarras: comeza en Domingo de Formigueiro, segue polo de Lardeiro ou de Oleiro, logo o de Corredoiro, e por medio o equilibrio de xénero, o Xoves de Compadres e outro Xoves de Compadres. Para condensarse a festa no Domingo, Luns e Martes. Secuencia que remata entregando o reino do tempo á ríxida señorona dona Coresma". E aínda aponta: "Días nos que se escenifica a invasión da besta brava do monte, o ser irracional que esperta do seu legado invernal e invade o mundo civilizado". O entroido é o país inteiro, con toda a súa diversidade, a súa hibridez, a súa irreductibilidade a unha imaxe única ou unívoca. Diversidade e á vez unidade, atravesado todo el polo mesmo espírito burlón e emancipador. Asegúrolles que este é un temazo: se queren coñecer ben Galiza, mergúllense no significado profundo do Entroido e para iso nada mellor que ler o texto Antoloxía dos Entroidos Galegos, da autoría de Felipe Senén. A íntegra do texto está disponíbel aquí, na nosa loxa, no interior do Sermos235, ou se preferen ter o papel nas mans, nos pontos de venda habituais.