ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_45690
A UE e o Goberno español chegan a un acordo polo que haberá que ampliar o período de cálculo das pensións en 2022. É esta unha condición para que o Estado español reciba diñeiro público do Plan de recuperación.
Comisión Europea e Goberno español veñen de chegar a un acordo segundo o cal haberá que ampliar o período de cálculo das pensións en 2022. É esta unha condición para que o Estado español reciba diñeiro público do Plan de recuperación. No texto de 346 páxinas, do que informou na tarde deste 10 de novembro o Executivo de Úrsula von der Leyen, recóllese o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez a pór en marcha a medida no cuarto trimestre de 2022. Así, advírtese de que é preciso "estender o cálculo dos anos" para estabelecer o importe da pensión. O documento que estabelece a maneira en que decorrerán as xuntanzas bilaterais coa Comisión Europea e o intercambio de información para o seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia no Estado español foi asinado pola ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, e polo comisario de Economía, Paolo Gentiloni, por parte da UE. O documento tamén se refire á reforma laboral, que contemplaría mudanzas no seguro de desemprego para finais do próximo ano co fin de estender a súa cobertura. O Executivo de Sánchez informou de que este acordo "permitirá solicitar nos próximos días o primeiro desembolso semestral de recursos europeos, de 10.000 millóns de euros, que se sumará aos 9.036 millóns que xa recibiu España en forma de prefinanciamento, correspondente ao cumprimento dos 52 fitos do Plan de recuperación". O aumento do período de cálculo das novas pensións dos 25 aos 35 anos saltou á opinión pública hai un ano, após formular a proposta o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá. Unha medida que provocou enfrontamentos entre os socios do Executivo español. O aumento do período implica recortes Aumentar o período de cómputo das pensións tradúcese para a maioría de traballadoras e traballadores nunha rebaixa da pensión que terían ao xubilarse. De feito, neses borradores que preparou a Seguridade Social en decembro de 2020 cifrábase nunha rebaixa media entre o 4,5% e o 3,9% o impacto desta medida na reforma de 2011 e calculaba que se se chegase até os 35 anos a redución sería do 6,3%.
PRAZA_11443
O xuíz considera "sorprendente" que a Xunta a expulsase do sistema "sen unha mínima motivación" por non atender unha chamada para cubrir unha vacante malia certificar a súa doenza
O xuíz considera "sorprendente" que a Xunta a expulsase do sistema "sen unha mínima motivación" por non atender unha chamada para cubrir unha vacante malia certificar a súa doenzaO Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra vén de condenar á Xunta a reintegrar na bolsa de persoal interino á que recorre para cubrir vacantes a unha muller á que expulsou da mesma despois de que non acudise a unha chamada para traballar por estar enferma. A muller xustificou cun certificado médico a súa doenza, que a imposibilitou para traballar durante catro días, pero aínda así a Xunta a expulsou do sistema de substitucións "sorprendentemente", critica o xuíz, "sen unha mínima motivación".Segundo a sentenza, do 18 de outubro, a muller foi chamada para cubrir un posto mediante o sistema informático que regula a bolsa de interinos do persoal da administración de Xustiza, que depende da Xunta. O sistema informático dáballe un día para aceptar o posto, pero ela estaba enferma desde o día anterior e ata tres días máis tarde e non atendeu esa chamada. Cando se recuperou, segundo establece a sentenza como feitos probados, comunicou á Xunta esa circunstancia "acompañando o correspondente certificado médico acreditativo da enfermidade" que sufriu durante eses catro días. Pese a iso, o mesmo día en que xustificou a súa enfermidade a Xunta incoou o procedemento para a súa expulsión das listas de substitución. Por dúas veces a muller xustificou a súa situación cun certificado médico, pero a Xunta "respondeu co seu silencio"A traballadora, no trámite de audiencia dese procedemento de expulsión, reiterou o xustificante da súa enfermidade, pero a Xunta mantivo a súa expulsión nunha resolución na que "non se lle dedicou nin unha soa liña a analizar as alegacións da actora, nin o seu certificado médico", di a sentenza. A muller recorreu esa decisión na vía administrativa, pero a Xunta "respondeu co seu silencio". O xuíz lembra que está prohibido "excluír da bolsa de interinos ao que xustifique non poder acudir ao chamamento por atoparse de baixa médica, sen necesidade de que solicitase previamente a suspensión"Obrigada a recorrer á Xustiza, agora o xulgado dálle a razón e lembra que a Orde da Xunta que regula o funcionamento da bolsa de interinos indica que "non procederá a exclusión da bolsa cando a persoa seleccionada demostre", entre outras circunstancias, unha situación de "incapacidade temporal, mediante parte de baixa médica". Nese caso, ademais, a Orde establece que o traballador non está obrigado a xustificar a súa incapacidade antes de ser chamado para cubrir unha vacante senón que tamén pode facelo posteriormente. "Dito precepto prohibe excluír da bolsa de interinos ao que xustifique non poder acudir ao chamamento por atoparse de baixa médica, sen necesidade de que solicitase previamente a suspensión", sinala tallante o xuíz, que engade que "sorprendentemente a Xunta de Galicia, na resolución impugnada, excluíu sen máis á actora, sen unha mínima motivación sobre as concretas circunstancias alegadas por esta". O xuíz condena á Xunta a reincorporar á muller na bolsa de interinos e a asumir as costas procesais.
PRAZA_14151
As persoas que non teñan regularizada a súa estancia no Estado e non se poidan acoller ao "programa de protección social da saúde pública" anunciado por Feijóo só recibirán atención urxente "por enfermidade grave ou accidente"
"Sanidade garante o acceso á asistencia aos inmigrantes irregulares sen recursos". Esta foi a mensaxe que, primeiro por boca do presidente da Xunta e despois a través da conselleira de Sanidade, transmitiu o Goberno galego como contraposición pública á retirada do dereito á protección da sáude a persoas inmigrantes que está en vigor dende o 1 de setembro por orde do Goberno central. Concretamente, Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera presentan como garantía de asistencia o denominado Programa Galego de Protección Social da Sáude Pública, un plan destinado a atender ao colectivo ao que o Ministerio desprotexe e que semella vir inzado de letra pequena, cando menos nas súas primeiras aplicacións prácticas. Segundo manifesta persoal sanitario consultado por Praza Pública nos hospitais e centros de saúde aínda non se dispón do texto completo do plan, pero si dunha instrución interna coas características básicas da atención que está autorizado a dispensarlle ás persoas sen papeis que non se poden acoller a el, caso por exemplo de quen dispoña de ingresos superiores a 532 euros ao mes, quen leve menos de seis meses empadroado en Galicia ou quen si teña ingresos no seu país de orixe. Neste caso as restricións non son poucas e poden ser especialmente prexudiciais para casos concretos como por exemplo as complicacións de saúde que poida ter unha muller inmigrante despois do nacemento do seu fillo ou filla. Segundo a devandita instrución, remitida dende a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ás xerencias do Sergas e ás xefaturas territoriais da Consellería, "as persoas estranxeiras non rexistradas nin autorizadas como residentes en España" que residan en Galicia e "non teñan nin poidan ter asistencia sanitaria polas vías regulamentadas" polo Estado nin poidan incluírse no Programa Galego de Protección Social poderán acceder á asistencia "ao embarazo, parto e posparto", pero con limitacións. Esta atención "incluirá a correspondente ás especialidades de obstetricia, xinecoloxía e atención primaria" no "período" comprendido entre "a confirmación do embarazo polo Servizo Galego de Saúde" e "ata dous meses despois da data probable do parto". Ademais, neste período terán que achegar o 40% do prezo dos medicamentos que precisen. A atención posparto só chega ata dous meses despois da "data probable" do parto Atendendo ao mesmo texto cabe deducir que, despois deses dous meses dende a data "probable" do parto, as mulleres inmigrantes que se atopen nesta situación quedarán baixo o resto de supostos que contempla a instrución para persoas sen residencia autorizada no Estado. Así, polo tanto, só poderán acudir a un hospital ou centro de saúde sen que se lles reclamen cartos se o fan "de urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a causa, ata a situación de alta médica". Non lles acontecerá o mesmo aos nenos e nenas acabados de nacer, xa que "os estranxeiros menores de 18 anos" si "recibirán asistencia sanitaria nas mesmas condicións ca o resto da poboación protexida en Galicia", se ben tamén terán que pagar o 40% do importe dos fármacos que poidan precisar. Neste contexto Sanidade só inclúe outras dúas excepción. Unha está relaciónada con que as persoas inmigrantes sen dereito a asistencia padezan enfermidades "que supoñan risco para a saúde da cidadanía". Neste caso a Xunta "establecerá programas específicos e emitirá instrucións sobre o procedemento de atención" e, "en todo caso, a atención sanitaria cubrirá o diagnóstico e tratamento da enfermidade ata a alta médica", así como a "dispensación farmacéutica", que se realizará no propio centro sanitario. A outra está destinada a cubrir as prestacións sanitarias para "solicitantes de protección internacional" e "vítimas da trata de seres humanos en período de restablecemento e reflexión, ata a data que consta no documento que autoriza a estadía temporal".
PRAZA_13943
Entre os dias 16 e 18 de agosto, Serrat e Sabina estarán de xira por Galiza, financiados en grande parte con diñeiro público (en Vigo levarán mais da metade do total do orzamento das festas: 250.000 euros) e actuarán aureolados por ese halo de homes decentes e solidarios que os acompaña alá onde van. E no entanto, a xira vai ter lugar apenas unhas semanas despois da súa actuación en Israel, onde deron respaldo ás as atrocidades do réxime sionista a pesar de millares de persoas lles teren pedido publicamente que non lexitimasen coa súa presenza eses crimes.
Entre os dias 16 e 18 de agosto, Serrat e Sabina estarán de xira por Galiza, financiados en grande parte con diñeiro público (en Vigo levarán mais da metade do total do orzamento das festas: 250.000 euros) e actuarán aureolados por ese halo de homes decentes e solidarios que os acompaña alá onde van. E no entanto, a xira vai ter lugar apenas unhas semanas despois da súa actuación en Israel, onde deron respaldo ás as atrocidades do réxime sionista a pesar de millares de persoas lles teren pedido publicamente que non lexitimasen coa súa presenza eses crimes. A xira vai ter lugar apenas unhas semanas despois da súa actuación en Israel, onde deron respaldo ás as atrocidades do réxime sionista Os argumentos que deron estes dous paxaros para facer ouvidos moucos á petición ben merecen un par de comentarios. Sabina, que tivo a pueril ocorrencia de xustificar a súa actuación como unha forma de "loitar contra os prexuízos e os fundamentalismos", revelou o seu sentir cando non tivo reparos en adular o público coa triste grazola de cantar 'Samaria sin ti' (música de 'Venecia sin ti') en bíblica referencia á Cisxordania ocupada. Serrat, mais precavido, tentou xogar a dúas bandas Serrat, mais precavido, tentou xogar a dúas bandas. "Trataremos de expresar a nosa opinión alí", argumentou (?!), para despois alegar que non fora o "goberno actual" quen os contratara. Será en verdade tan ignorante este paxaro para non saber que o sionismo e a ocupación non son práctica exclusiva do "goberno actual" senón obra dun estado que leva mais de sesenta anos masacrando a poboación de Palestina? E será tan inxenuo como para non se ter dado conta de que a súa presenza era un obvio agasallo publicitario para o "goberno actual" de Israel, como o propio embaixador en Madrid puxo de manifesto, en entrevista emitida na SER, fachendeando sobre as fantásticas relacións culturais que unen os dous estados e citando S.S. como a proba mais evidente? Desde o final da Segunda Guerra Mundial, as persoas de ben deste mundo pregúntanse unha e outra vez como foi posíbel que na civilizada Europa puidese chegar a producirse un fenómeno como o ascenso e imperio das hordas nazis. Como foi posíbel que os gobernos europeos practicasen unha política de apaciguamento co estado hitleriano que tan nefastas consecuencias carrexou. Como foi posíbel que a poboación alemá permitise indiferente as atrocidades cometidas contra persoas e grupos que non entraban no ideal nazi de pureza racial e ideolóxica. Anos levamos preguntándonos como foi posíbel que un réxime destas características puidese contar co apoio de intelectuais e artistas. Pode alguén crer seriamente que Serrat e Sabina ignoraban que Israel detén e tortura crianzas a cotío? Agora, ollando para estes dous paxaros, comezamos a entender o que pasou. Pode alguén crer seriamente que Serrat e Sabina ignoraban que Israel detén e tortura crianzas a cotío, que rouba a auga e destroza os cultivos dos palestinos, que cada pouco realiza operacións de limpeza étnica bombardeando sen piedade e con armas químicas a poboación civil, que cada certo tempo decide anexionar máis e máis terras, (agora usan a escusa da situación Siria para ameazar cunha "defensa" que lle permita seguir avanzando cara a consecución do bíblico Eretz)? Eu non podo. Sabina e Serrat, respaldaron coa súa actuación as políticas cómplices dos estados occidentais, ollaron indiferentes para outro lado cando viron saír fume das cheminés que delatan o xenocidio e tornáronse, por un mísero concerto, secuaces dos crimes do estado sionista. Mais non hai razóns para o desánimo. Encanto estes paxaros viraban o ollar, outros como Aute, Ismael Serrano e Pedro Guerra actuaban en apoio das vítimas (Cantautores por Palestina). Tamén no mundo das artes e o pensamento hai persoas de ben Porque tamén no mundo das artes e o pensamento hai persoas de ben. Aí van unhas poucas: Roger Waters, Ken Loach, Elvis Costello, The Pixies, Carlos Santana, Susan Sarandon, Alice Walker, Henning Mankell, John Berger, Noam Chomsky, Ilan Pappé, John Pilger, Maria do Céu Guerra, Alfonso Sastre, Red Hot Chili Peppers, José Luís Sampedro, Santiago Alba, Xavier Docampo, Zakir Hussain, Marilar Aleixandre, Teresa Moure, Eduardo Galeano, Carlos Taibo, Stephane Héssel, Naomi Klein, The Yes-Men, John Williams, Bjork, Jean-Luc Godard, Snoop Dog, …
NOS_16623
É o prato forte desta fin de semana na Galiza. Bandas galegas e nomes destacados da cena internacional compoñen o cartaz dun evento imperdíbel.
Venres en Sansa San Sadurniño Sexta feira 19.00-22.00 Mocidade programa unha nova edición dos "Venres en Sansa", un conxunto de propostas de lecer alternativo deseñadas para a mocidade de entre 12 e 35 anos. Nesta cuarta edición o programa inclúe tirolesa nos xardíns municipais, ruta de sendeirismo nocturno, obradoiro de educación canina, obradoiro de cociña creativa e unha batalla de paintball ao pé do Xubia. As actividades desenvolveranse os días 15 de xuño, 14 de setembro e 12 de outubro. VooDoo nos Seráns en Feixóo Compostela Praza de Feixoo Sexta feira 21.00 Armonías do Soul e R&B acompañadas de letras chegadas da música tradicional galega, coa voz e piano de Belém Tajes e o baixo de Marithinha. Fisterra Blues Experience Fisterra Diversos espazos Toda a fin de semana Cruceiros de blues, obradoiros e jam sessions por toda a vila converten Fisterra no epicentro do blues. Unha cita internacional que reunirá entre o 15 e o 17 de xuño artistas da escena galega, estatal e internacional, na que a natureza, o patrimonio e a gastronomía se funde ca música de raíces. Como cabeza de cartel contarán con Corey Harris desde os EE.UU, a banda catalá Wax&Boogie e os galegos The Lákazans que presentarán o seu novo traballo. Surfing the Lérez Festival Pontevedra Illa do Covo Sábado A Illa das Esculturas acolle a oitava edición da romaría solidaria do rock&roll Surfing The Lérez con diversas actuacións musicais e mais actividades paralelas. Festa V Aniversario Pró-Escola Semenete O Calvario, Cabral (Vigo) Local Social Faísca Sábado 12.00 As actividades inclúen olimpíadas solidarias, sesión de regueifas con Silvinha e Esther das Luras, xantar solidario e contubérnio tavernário con Leo e Arremecághona. Concerto pola liberdade de expressom Compostela Gentalha do Pichel Sábado 22.00 Organizado por Mar de Lumes para fechar as actividades do #5anosMarDeLumes, contarán con F.R.A.C. (Fundación de Raperos Atípicos de Cádiz) e Puto Coro do Exército Froilanista. VII Encontro Musical en Oza Oza O Corgo Domingo 17.30 Xebre, Aturuxo e Donaire serán as agrupacións musicais que actúen nesta sétima edición do Encontro Musical en Oza. XI Folk in Río Touro Praza do concello Domingo 12.00 Organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, o programa inclúe cantos de taberna, Feira de Artesanía, Festival Infantil con Paco Nogueiras, e os grupos Carapaus, Ardentia e Tiruleque.
NOS_12536
A asociación Irimia naceu en 1978. O seu obxectivo fundacional, explicaba o finado Xosé Chao Rego, era "artellar todo ese movemento, bastante difuso" que abalaba entre "os valores do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade". Corenta anos despois aínda respira. E a súa emblemática revista atinxe o número 1000.
"Non nos enganemos, Irimia é unha cousa pequeniña que ademais non quere ser maior do que é", explica sobre a publicación Daniel López Muñoz, o seu coordinador, "mais quere ser, iso si, significativa para unha rede de persoas, grupos, comunidades. Con poder de inspiración, de evocación". Cincocentos subscritores manteñen vivo o proxecto, de periodicidade quincenal e desde hai tempo con versión na Rede. Nada en 1981 baixo a dirección de Vitorino Pérez Prieto, Irimia foi semanario durante cinco anos. Tamén a dirixiu Carme Puente. "En principio estaba moi centrada na Galiza agraria", lembra para Sermos Galiza López Muñoz nun correo electrónico, "cunha cobertura en parroquias de todo o país e co apoio dun amplo grupo de grupo de cregos e comunidades postconciliares, antifranquistas e galeguistas". Unha "teoloxía galega da liberación", puntualiza. Aquel rastro, o da militancia conectada coa política emancipadora do século XX -neste caso, fraccións progresistas dunha institución máis ben conservadora, a Igrexa-, aínda se percibe nas súas páxinas. Pero mudaron os tempos e mudaron as vontades: ""Aquela Galiza cambiou considerabelmente. Irimia, con toda esa herdanza, quere ser un lugar de encontro e referencia común e esperanzada. É máis laica, un diálogo vivo de sensibilidades diferentes". O número 1000, que en breve chegará a subscritoras e librarías, suporá unha celebración. "É que somos moi de celebrar", di o coordinador, "e atinxir un milleiro de números implica, como dicía Pepe Chao, un horizonte común, unha fonte de utopía". O repaso polos 37 anos de historia, a ollada de amigas e amigos ao "territorio Irimia" ou unha explicación -a cargo de Rubén Aramburu e Xabi Blanco- das "tendencias" do colectivo son algúns dos contidos. Se bota a ollada atrás, López Muñoz é quen de indetificar "certos eixos de preocupación" entre os tratados por Irimia. "A solidariedade desde abaixo; a ferida na autoestima do país coa lingua como síntoma; os estereotipos, dogmatismos e correccións políticas que inviabilizan un diálogo entre fe e esquerda política; a necesidade dunha utopía ética e dunha ética utópica", expón. E, ao tempo, relata novos focos e intereses na publicación: "A sociedade hoxe é moito máis plural. Irimia conecta na práctica con realidades que fan país, sen etiquetas. Na última etapa temos devoción polo pequeno, polas experiencias e iniciativas que xa están tecendo alternativas desde abaixo a un capitalismo depredador coa natureza e letal para a vida comunitaria". O milleiro de números servirá, ademais, como inflexión. Irimia -de cuxa redacción fan parte, amais de López Muñoz, Rubén Rivas, Pedro Pedrouzo, Luís Aldegunde, Lidia Campos, Lines Salgado e Antonio Martínez; só cobran os encargados de maquetación, impresión e distribución, o resto do traballo é "colaborativo"- dilatará a súa periodicidade en papel e reforzará a presenza en Internet: "O papel foi baixando e as visitas á web subindo. Seica é lei de vida". "Só hai algo claro", conclúe, "Irimia será o que queira a enorme rede enorme de xente colaboradora e irá até onde esa xente toda queira e poida ir". Nota: cuberta do número 821 de Irimia.
NOS_47697
A metade norte da Galiza está desde a madrugada en alerta laranxa por chuvias moi fortes e posibilidade de sarabia, tanto na costa como no interior.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía, trátase dun fenómeno meteorolóxico que se manterá activo, previsibelmente, até primeira hora da tarde desta cuarta feira en toda a zona norte. No interior e, en concreto, na comarca de Valdeorras, as chuvias, de menor intensidade, poderán vir acompañadas de treboadas e estenderse á tarde, polo que tamén alí está activada a alerta, neste caso amarela. En termos xerais, Galiza prevé para hoxe unha xornada de ceo moi nubrado a causa dunha zona de aire frío en altura que segue deixando inestabilidade. Segundo a información publicada por Meteogaliza, o vento soprará de compoñente norte, moderado no litoral e máis frouxo no interior. As temperaturas mínimas non terán cambios, mais as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. Desta maneira, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 30 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até os 16 graos en Compostela, Vigo ou Pontevedra. A situación chega logo dun mes de xullo marcado por unhas temperaturas excepcionalmente elevadas, cunha anomalía de mais de tres graos por enriba das medias da histórica de referencia, e seco, con poboacións que non experimentaron precipitacións nin un só día. Para atopar valores similares aos deste inicio do verán hai hai que se remontar até o ano 1986, segundo Meteogaliza. Tamén a reserva hidráulica galega vese afectada pola escaseza de chuvias de xullo. Sitúase en 70,7%, tras baixar máis dun punto na última semana, segundo os datos publicados onte polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Na conca de Miño-Sil hai 2.186 hectómetros cúbicos, cunha reserva a 72,1%, unha cifra que está por encima, tanto do dato do ano pasado como da media da última década. Na conca Galiza Costa, con menor capacidade, hai 443 hectómetros cúbicos. Está a 64,8% da súa capacidade, case tres puntos por debaixo da semana anterior e nunha situación inferior á do ano pasado e á media da última década.
PRAZA_10610
Nos cavorcos da lingua non parecen ficar hoxendía nen os vellouqueiros petrucios da Patria malia que o Patriarca, o grande mestre da palavra de Trasalba, xa nos alertara que tiveramos coidado coa maquinaria pesada,
Revive o quechua alénmar polas ondas do ar na radio quechua. Esmorece o bretón na bretaña francesa e o gaélico na irmanciña dourada do Eire. Linguas de alleos troncos e raizames á lingua colonizadora que foi o castelán, o francés e mailo inglés. Noentanto, ningunha delas tivo a grande ventura de que unha parte das papilas gustativas desa lingua, xusto alí onde se ubica o sabor doce do mel, vivira e se desenvolvera livre do sabor acedo da lingua colonizadora. Só a nosa lingua, o galego, tivo a grande ventura de ter as papilas gustativas en Portugal, no imperio do alénmiño. Desde a castración e doma do galego tiñamos un espello aberto a todos os mares, de Brasil a Macao, de Angola a Moçambique e porén viviamos cegos a ese destello nouturnio dos vagalumes lusos. Eran tempos onde a nosa lingua sobrevivía xebre entre os montañeses ou enredada nas artes da mar das mariscadoras e mariñeiros. Mesturada xa e amartelada entre os proletarios recén chegados dun éxodo rural que andando o tempo esnaquizaría leiras, montes, rueiros e lingua.Xa no ano 1926 nun artigo xornalístico titulado Galeguismo de esportaceón, o sabio Dieste comentando un texto de Linares Rivas nunha revista galega, láiase da deturpación do galego dicindo que "O castelán dominical das criadas soa o mesmo que o galego estival dos madrileños e que a xerga das comedias linarianas de ambiente galego". E deseguida: "O 'iño' é para o Sr. Linares Rivas o máis doce, tenro, emocionante e irresistíbele do galego."Nos cavorcos da lingua non parecen ficar hoxendía nen os vellouqueiros petrucios da Patria malia que o Patriarca, o grande mestre da palavra de Trasalba, xa nos alertara que tiveramos coidado coa maquinaria pesada,Case un século após Dieste ter escrito esta atinada crítica, a calidade do galego -e non falo só do literario- devalou ate tal ponto que duvido se moitos que isto lean enxergarán sequera o verbo enxergar.Espello é, que por todas partes amola aos ouvidos, o abondoso sufixo iño a que aludía Dieste en persoas que falan enteiramente en castelán malia ser galegas das que non cruzaron a penas o Padornelo. O iño é unha conciencia reminiscente que conserva unha xeración desleigada nunha escola allea.É ben triste para min que coido, como Novoneira, que a lingua é o único xeito audivel de supervivencia, asistir ao suicidio inducido dunha lingua por xentes do seu proprio povo. Ao ler os artigos xornalísticos de Dieste gorento o padal co saibo de verbas que, se cadra, ninguén pronuncia hoxe e cuxo significado e musicalidade, cuxo universo cultural vaise con elas: rixeza, gabanza, alabeado, amaiada, atiaxantes, aglaio, solermiño, vellouqueiro...e vaise sen que a mocidade alcenda un facho de baril inconformismo, que decía o poeta celanovés. Incluso esa mocidade que se orgulla de falar galego amosa unha alarmante frieza por usar guante no canto de luva ou coche cando ten carro ou automóbil. Certo que ao noso autodesprezo secular de miolos colonizados únese esa "liquidez" da sociedade líquida da que nos falou Baumann e das relacións fuxidías e de tona máis que fondas. Nos cavorcos da lingua non parecen ficar hoxendía nen os vellouqueiros petrucios da Patria malia que o Patriarca, o grande mestre da palavra de Trasalba, xa nos alertara que tiveramos coidado coa maquinaria pesada, supoño que ao osmar o futuro dos dous territorios da Patria: a terra e a lingua.Así, cando vou á cidade da torre herculina, tapuxada polos tixolos da selvaxe especulación, cando paseo polas rúas da linda cidade daquelas meniñas ás que xa Curros no século XIX exhortava a falar galego, a fenestra ao mar das Irmandades da Fala, non atopo a rúa Rafael Dieste, cegada polo bruído demoledor da velocidade con que marchan os carros pola grande arteria de Linares Rivas a desangrar as nosas linguas bífidas.
NOS_42427
Un total de 10.545 pacientes xa están curados.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 335, o que supón 8 menos ca onte. Malia o brote en Ribeira e A Pobra, o número global continúa a baixar. Deses 335 casos, 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 331 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.545 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 167.126. Residencias de anciás Nas residencias de anciás hai 5 contaxiadas, das que 4 son usuarias e 1 traballadora. O número de falecementos mantense en 274.
NOS_40493
Derrotou o Celta (1-4) aproveitando mellor as oportunidades e beneficiándose da expulsión de Iago Aspas.
Era o día para que o Celta rachase coa dinámica de oito partidos sen gañar. Xogaba en casa, co plantel de luxo, unha afección enchufada e todo un ambiente que semellaba converter os celestes na selección galega perante o xigante da metrópole: Himno galego por megafonía (por certo, apupado desde o fondo onde de ubicaba a afección madridita), bandeira galega na camisola celeste e, en homenaxe ao 17M, lembrando no momento de dar as aliñacións a escritores e escritoras galegas. Mais non foi posíbel. A contundencia do Real Madrid impúxose sobre a aposta celtista do bo xogo. Ao que hai que engadir o beneficio obtido coa inxusta expulsión de Iago Aspas por duplo cartón amarelo. O primeiro, por protestar unha man de Varane (existira man) e o segundo, por 'caer' dentro da área (cando Ramos lle fixo un penalti). Na seguinte xogada, Cristiano 'caeu' na área celeste e protestou abondo mais non foi amoestado. O Celta tivo posesión mais a efectividade foi 'merengue'. No minuto dez xa se adiantara no marcador. Un gol que non fixo que os de Berizzo baixasen os brazos. Foi medrando e chegou ao descanso dominando o encontro mais, iso si, sen sacar rendimento algún dese control. Foi comezar a segunda parte e un novo mazazo: outro gol de Cristiano Ronaldo. REaxiu o Celta axiña, cun gol de Guidetti que facía posíbel o soño da remontada. Mais tamén rápido respondeu o conxunto madrileño con gol de Benzema a pase de Marcelo. O partido xa era dos madrileños, que marcaron o cuarto gol a piques de rematar o encontro. Ficha Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Pablo Hdez., Wass, Jozabed (Marcelo Díaz, min.72), Iago Aspas, Sisto (Pape, min.80), Guidetti (Beauvue, min.86). R.Madrid (4): Navas, Danilo, Varane, Ramos, Marcelo, Casemiro (Kovacic, min.71), Kroos, Modric, Isco (Asensio, min.83), Ronaldo (Lucas Vázquez, min.83), Benzema. Goles: Ronaldo, min.10, 0-1; Ronaldo, min.48, 0-2; Ronaldo; min.68, 1-2; Guidetti, min.70, 1-3; Benzema, min.88, 1-4 Kross Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Expulsou Iago Aspas con dous cartóns amarelos (min.62). Amoestou Jonny, Guidetti, Hugo Mallo, Pablo Hdez. (Celta); Casemiro, Ramos (R.Madrid). Campo: Balaídos, 22.838 espectadores.
NOS_56274
Por volta de dúas mil persoas secundaron a manifestación convocada pola Xunta de persoal mentres no Álvaro Cunqueiro unha tubería de augas fecais enchoupou unha sala de urxencias. VÍDEO NO INTERIOR.
A greve de 24 horas convocada na área sanitaria de Vigo está a ter un amplo seguimento, por volta dun 90%, segundo os sindicatos e a Xunta de Persoal --embora o Sergas a reduce ao 30%. Ao paro, de 8:00 horas desta terza feira a 8:00 da cuarta, están convocados máis de cinco mil traballadores. A mobilización faise en defensa da sanidade pública e contra a privatización, coa crítica á "desfeita" do novo hospital de Vigo como emblema principal. A demanda dun parking grauito, uns ratios de persoal axeitados, a reversión da concesión, que se paralice a privatización dos celadores... son algunhas das demandas desta greve a respeito do novo hospital, o Álvaro Cunqueiro (HAC). A propia Xunta de persoal do Chuvi explica os motivos de convocar este paro: "Falla de persoal necesario, as malas e escasas infraestructuras, a suspensión de intervencións cirúrxicas, o incremento das listas de espera, as dietas dos doentes, o parking privado, a privatización dos traballadores son consecuencias da xestión privada e do obsceno negocio privado no que convertiron a sanidade. Negocio a conta da saúde e do peto dos cidadáns". A greve tamén está convocada tamén para o Meixoeiro e o Nicolás Peña, non para Atención Primaria. Ás 12:00 da mañá houbo concentracións no HAC e Meixoeiro. Tamén foi xornada de folga no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que os sindicatos convocantes cifran nun 80%. De por parte, o persoal do Chuac da Coruña denuncia a "situación de emerxencia" que se está a producir nalgunhas unidades por mor, afirma, dos "recortes de persoal". Durante a tarde, por volta de dous milleiros de persoas percorreron as rúas que lindan co Hospital Xeral en defensa da sanidade pública. Nese momento, unha tubería de augas fecais enchoupou a sala de reanimación das urxencias deixando en evidencia a calidade das infraestruturas dun hospital que apenas leva uns meses aberto. Lluvia en urgenciasLas cañerías se han puesto de huelga con nosotros..Que desastre de hospital!!!!Posted by Celadores DEL Xeral on Martes, 13 de Outubro de 2015
NOS_57491
O suplemento, que estará dispoñible co teu Nós Diario nos quiosques esta sexta feira, tamén inclúe unha interesante reportaxe sobre o viño Branco Lexítimo de Betanzos e un artigo sobre o potencial das hortas que existen baixo o mar.
Agora que chega a fin de semana apetéceche brindar con algo especial? Estás a pensar nun bo viño para celebrar o Día da Patria? Hoxe, no caderno 'Gozar', que poderás mercar co teu Nós Diario de sempre nos quiosques, Xosé Antonio Meixide Fernández ofréceche "Gozarmos dos viños da Terra de Betanzos e da súa caste Branca Lexítima". Eva Cameán fala dos "Segredos do val" na sección 'Tesouros' para completar unha capa ben atractiva. A reportaxe central está asinada, nesta sexta feira, por Alfredo López. Como amante do país poderás achegarte un pouco máis a "O cotiá nas illas Atlánticas". O autor ensina segredos e animais veciños do arquipélago galego no apartado 'Ollaaorredor'. De sabores Se o que prefires é cociñar Anxo Fole Lamas vaite ensinar toda "A horta submariña" a través das súas verbas na sección 'Sabor a mar'. Na contracapa atoparás unha pequena entrevista a Xosé Luís Valín, coordinador de Arqueixal, ao que esta semana tócalle ser protagonista do 'Selfie'. Por último, o 'Quen fai que' garda espazo para un concurso de fotografía na reserva do Gerês-Xurés, o videoclip que lanza o Festigal (que este ano nos se realizará por mor da Covid-19) e o decorrer do festival Sinsal. Suplementos diarios de carácter temático 'Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel. (Podes ler os artigos do suplemento Aprender, no Nós Diario, á venda no quiosque ou na nosa loxa)
NOS_41296
Celso Milleiro Sánchez (A Coruña, 1971) leva practicamente unha década estudando a represión franquista en Marín. Autor de varios traballos de historia social e política dese concello, achéganos agora unha investigación sobre os vitimarios no coleccionábel Os nomes do terror en Nós Diario
Significa no seu traballo que nos meses anteriores ao golpe producíronse numerosos incidentes na rúa entre mozos das agrupacións fascistas con militantes de esquerda, como foi a dialéctica política no Marín republicano? Marín non é unha vila calquera no país. Explícome, desde 1896 gozaba dun forte movemento obreiro que a colocaba entre a máis importante da nosa terra. Tanto a UGT como a CNT disputábanse o control da auto-organización dos operarios locais e que rematará no período republicano co dominio anarquista nos gremios do mar e por parte socialista nas asociacións de terra. A CNT chegaría ao seu cénit en 1932-1933 cando o seu Sindicato de Industria Pesqueira lograba ser a agrupación local libertaria máis importante da Galiza polo número de afiliados. Pese a isto, existía unha certa debilidade organizativa que a someteu a unha crise en 1934 e da que intentaría recuperarse en 1936. Por parte da UGT, a súa longa experiencia desde finais do século XIX fai formar unha Agrupación Socialista sólida e estábel,dándolle en 1931 a alcaldía, con cadros da UGT, e co apoio de republicanos e sobre todo dos agraristas de Soaxe en Seixo e Ardán. Aínda que sempre houbo conflitos entre as dereitas e as esquerdas, a situación quentouse definitivamente en 1934. Primeiro coa expulsión da conxunción socialista-republicana-agrarista da alcaldía, substituídos por elementos republicanos-radicais e dereitistas. A segunda causa ten a ver cos incidentes da revolución de outubro de 1934 que levou á detención dun bo número dirixentes socialistas e da UGT, o que derivou entre outras, co control por parte do persoal da Armada do polígono de tiro Janer do transporte público entre Marín e a capital provincial. Temos recollido en Marín con nomes e apelidos medio cento de mulleres rapadas, unha paseada, catro mulleres encarceradas e tres violadas Tanto a nivel nacional como estatal vai ser un punto de partida que determinará a crispación dos ánimos, visualizándose a nivel local con incidentes que van medrando día tras día. En xullo de 1935 fúndase a Xuventude de Acción Popular de Marín, unha organización para-fascista e uniformada, cuxos membros procedían da Xuventude Católica. Menos organizados e escasamente numerosos estaba a Falanxe de Primo de Rivera, algúns dos seus membros contactaran co falanxismo a través da Universidade de Santiago de Compostela. Os mozos da esquerda estaba encadrados na Xuventude Socialista, re-fundada en 1933. Tamén había unha pequena célula comunista moi activa da man de Daniel Gómez "Pastaseca" e José García "Santacomba". Tras a unidade entre socialistas e comunistas en xaneiro de 1936 deu lugar á Xuventude Socialista Unificada, dándolles un impulso para formar novas agrupacións en Seixo e en Ardán. Durante os últimos meses previos ao golpe os incidentes protagonizados por membros uniformados das dúas ideoloxías contrapostas foron habituais,xa sexa por pelexas entre eles, pintadas (que provocarían detencións en ambas partes) e escaramuzas. Tamén se detectan incidentes entre mariñeiros de Cantodarea e elementos dereitistas do lugar. Un dos aspectos que estuda no seu artigo é a represión de xénero, con referencia as rapas de pelo ou mesmo ás violacións, cal foi o alcance e como se concretou a persecución contra as mulleres? Como comentei anteriormente o movemento obreiro marinense iniciase a finais do século XIX e desde ese intre inicial constátase a presenza de mulleres nas asembleas e a súa participación nos propios debates. As primeiras conclusións ás que chegan teñen a ver coa necesidade de auto-organizarse, logrando en 1902 que a Sociedade de Oficios Varios conte con algunhas mulleres afiliadas. Uns meses máis tarde, en 1903, constitúese a Sociedade "El Porvenir de la Mujer" por mulleres da industria conserveira,que foi capaz de convocar a primeira folga de mulleres na que participaron 70 persoas e en 1906 outra máis contundente onde a participación acadou a 200 operarias. Desde aquel entón constituiríanse outras sociedades de conserveiras, traballadoras do porto, peixeiras, carboeiras, mariscadoras ou xastresonde a participación das mulleres foi esencial. Durante a II República Dolores Santiago Troitiño "A Pasionaria" chegou ser presidenta da Sociedade de Chaboleiras e Empacadoras da Lonxa, Casilda Pazos Pérez presidiu a Sociedade de Mariscadoras ou Carmen Vilas Veiga a da Sociedade de Conserveiras e Estivadoras. Este contexto explica a situación de como estaba involucrada a muller na defensa dos seus dereitos laborais. Polo tanto non é un desvarío que no concello se teñan recollido con nomes e apelidos medio centenar de mulleres rapadas, presumibelmente o número fose maior, unha paseada, catro mulleres encarceradas durante algúns anos por sentenza de Consello de Guerra e un bo número delas multadas, entre outras moitas accións represivas, a parte ademais de quedar estigmatizadas pola sociedade. Por outra banda o tema das violacións, a día de hoxe temos contabilizadas tres, é un tema tabú agochado por vergoña polas propias mulleres dificultando o seu estudo. Bruno Schweiger foi o persoeiro que máis violencia exerceu xunto con Alfonso Temes As motivacións das rapas é variábel, moitas das mulleres eran as donas de importantes dirixentes sindicais, outras activistas no sindicalismo e outras aparecen rapadas por vinganzas de tipo persoal. Un dos materiais que achega para ilustrar o seu traballo é unha foto onde por fin lle pomos cara a Bruno Schweiger, que nos pode dicir sobre ese militante do Partido Nazi que vai aterrar o Morrazo após o18 de xullo de 1936? En Marín era coñecido como Bruno "O Alemán", mais a realidade é que apenas sabemos gran cousa sobre el. Joseph Bruno Schweiger naceu en 1902 en Múnic (Baviera), fillo do arquitecto Han Van Schweiger e de María Damböck, Casou con Bárbara Schäfer, da que tivo unha filla en Marín en outubro de 1938 á que chamaron Asunción Beatriz. En Marín vivía na Mouta, na entrada cara A Cañota, e os maiores o lembraban conducindo unha motocicleta sidecar. Bruno era un enxeñeiro especialista en estruturas de formigón, e foi contratado xunto co seu irmán Xoán Evanxelista, entre 1934 e 1935, para a construción dun varadoiro en Cantodarea cuxas obras foron adxudicadas a unha empresa holandesa. Durante décadas o varadoiro foi coñecido como "O dos Alemáns". Nos meses máis duros da represión (agosto e setembro de 1936) Bruno non ocupaba ningún cargo de importancia dentro da Milicia Cívica de Marín pero é o persoeiro que máis violencia exerceu xunto con Alfonso Temes Diéguez. As súas accións represivas non só se circunscribiu a Marín senón que se desenvolveu polo Morrazo, de xeito acaído en Moaña e en menor medida en Cangas. Atribuíselle en Marín os asasinatos de José García "Santacomba", do pontevedrés Raimundo Rodríguez e de Carme Pesqueira "A Capirota", acontecidas entre o 4 e o 17 de agosto de 1936. Con todo sospeitase que foron moitas máis, sendo coñecido popularmente co alcuño de "O Carniceiro do Morrazo".Algunhas fontes orais sinalaban que Bruno coñecía ben como realizar estas accións represivas, aprendidas tras o seu paso polo Partido Nazi. Semanas máis tarde funda a Centuria de Zapadores Minadores da Falanxe Española de Marín para combater na guerra, sendo o Xefe da 1ª Centuria e a primeira en incorporarse no Estado Español ao Corpo de Enxeñeiros. Foron destinados a Asturias, sendo ferido de gravidade en 1937, por este motivo foi condecorado coa "Medalla de Sufrimentos pola Patria" en 1938. Meses despois volve coa Centuria e tras caer a fronte do norte foron destinados á zona do Levante, entrando en Valencia o 30 de marzo de 1939. No mes de outubro regresou a Marín despois de realizar labores de reconstrución no Levante. No mes de abril de 1941 o xulgado militar eventual de Pontevedra requiría a súa presenza,ou persoa que o coñecera,para un asunto do seu interese, e no mes de xullo faleceu a súa muller en Lugo. A partir daquel entón a súa figura esvaeceuse no tempo sen saber máis da súa vida. Algunhas fontes afirman que se trasladou a Vigo e outras que marchou a Alemaña para loitar na II Guerra Mundial, mais non hai nada concreto e confirmado. No seu repaso polos vitimarios en Marín fai unha parada no colexio San Narciso dos Pais Paúis e do papel desta orde relixiosa na represión, que destacaría ao respecto? Para a igrexa católica era vital ter introdución e control social, en Marín non tivo éxito coas sociedades obreiras, agrarias e mariñeiras polo que non lle quedou outra que argallar asociacións afíns. Retrotraéndonos un pouco, uns días antes de proclamarse a II República Española en 1931, creouse no colexio San Narciso a Xuventude Católica de Marín, dando un paso firme para agrupar e organizar aos seus e non perder a súa influencia social. Esta labor vaise facer a través dos Pais Paúis e perante o control do director do colexio Ángel Marvá Amigo. En 1932 xa estaba organizada Acción Católica en Estribela. En 1935 fórmase a para-fascista Xuventude de Acción Popular, o acto de constitución fíxose pola mañá no colexio San Narciso, desta volta ante a mirada do pai Bernardo Díaz de Obelar. Case toda a militancia de Acción Católica, Acción Popular e a Falanxe foron alumnos do centro, sendo un acicate ideolóxico que configurará un dos grupos que nos primeiros días do golpe de estado apoiaran e se porán ao servizo das autoridades sublevadas. A participación de xeito activa na Milicia Cívica destes mozos, na loxística e intendencia represiva: detencións, traslados ou transportes vai ser vital para normalizar o trunfo do golpe. O papel influínte por parte dos Pais Paúis de Marín é fundamental para crear un grupo de apoio forte nas primeiras semanas do golpe que doutro xeito non sería posíbel en Marín. Algunhas testemuñas apuntan ao Colexio como un dos lugares onde se reunían os elementos subversivos da dereita para planear o golpe. Francisco Bastarreche e os seus segundos Pedro Fontenla Maristany e Pedro Nieto Antúnez estiveron á fronte da trama do golpe de Estado na base militar Sendo Marín unha localidade cunha importante presenza militar, cal vai ser o papel destes na trama golpista e no operativo represivo? Após as eleccións do 16 de febreiro de 1936 e trunfo da Fronte Popular, un grupo de militares empezaron a argallar nun golpe de Estado contra o novo Goberno. Este complot axiña chega á base naval de Marín, que contará co apoio entusiasta da oficialidade da Armada, poñéndose rapidamente para organizar o golpe na zona. Ao mando deste operativo fica o xefe da base Francisco Bastarreche Díaz de Bulnes e as súas ordes os segundos Pedro Fontenla Maristany e Pedro Nieto Antúnez. Unha das primeiras accións tiñan como obxectivo convencer ao resto da oficialidade dos barcos que durante a primavera e nos meses de xuño e xullo arribaron ao Polígono de Tiro Naval. A nivel local mantiñan contactos e reunións con dirixentes da dereita. Esta labor intermediaria levouna, entre outros, o auxiliar de artillaría da Armada Emilio Martínez Ros, afiliado ademais a Acción Popular. Durante os días anteriores ao golpe mantiveron unha inusitada comunicación permanente coa oficialidade do cuartel do exército de terra de San Fernando (Pontevedra). Ao final tivo que ser Bastarreche quen movera primeiro ficha para facer efectivo o golpe. Para o trunfo nas Rías Baixas foron vitais os hidroavións da base naval de Marín, cuxas intervencións e bombardeos lograron a rendición dos concellos leais á democrática II República. Despois do 20 de xullo nomease unha dirección para a Milicia Cívica, ao mando da cal queda o Alférez de Navío Francisco Núñez de Olañeta, sendo substituído aproximadamente en xuño de 1937 por Emilio Ros. Cabe lembrar o asasinato de José García Bustos "Santacomba", que estando preso nas dependencias dos calabozos do Polígono de Tiro Naval Janer o sacaron e o pasearon á noite do 4 ao 5 de agosto de 1936, non é nin máis nin menos que a unha constatación da implicación da Mariña de Guerra na represión. Para rematar, quería sinalar que o Pleno Municipal celebrado o 7 de decembro de 1936 acordaba denominar "Avenida de Exército e Mariña" a unha rúa da vila "en acordo e en harmonía co significado e orientación do glorioso movemento militar". En febreiro de 1937 concedíaselle no rueiro a "Rúa de Tiro Naval Janer" "pola contribución prestada no glorioso movemento nacional". Ambos nomes seguen vixentes aínda hoxe en día, que pese aos esforzos para cambialos, o Partido Popular de Marín defendeu a súa vixencia sen ningún tipo de argumentos, alegando sen rubor que non estaban afectados pola Lei da Memoria Histórica.
PRAZA_10932
O goberno local asinou un acordo cos veciños e veciñas expropiadas no ano 2002, abrindo a posibilidade de resolver a causa aberta hai 17 anos e que elevou a débeda da localidade ata os 22 millóns de euros. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, pídelles desculpas aos afectados pola falta de diálogo amosado polo Concello no pasado
A pasada semana o goberno local de Miño asinou un acordo cos veciños e veciñas expropiadas de Fadesa Inmobiliaria (ao redor de 500) co obxectivo de achegar a resolución do conflito xudicial aberto hai 17 anos e que constitúe ademais un importante lastre para as contas públicas do Concello, un dos máis endebedados de Galicia por mor desta causa. Ao acto, cualificado polo alcalde como "fito decisivo para o futuro de Miño" asistiu a totalidade do Goberno municipal, outorgándolle á sinatura un carácter transcendental.O acordo achega a solución para un conflito iniciado hai 17 anos e que elevou a débeda do Concello ata os 22 millóns de eurosPor unha banda, o Concello comprométese a xestionar, con cargo ao Fondo de Ordenación 2020 do Ministerio de Facenda, a achega dos xuros xerados polo atraso de máis de 15 anos no pagamento dos terreos. Establécese como data límite para facelo efectivo o 31 de maio de 2020. A cambio, os expropiados aceptan a liquidación de todos os créditos contra a entidade local, derivados do procedemento contencioso-administrativo que se executa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), renunciando a cobrar a recarga de xuros que lles correspondería, ao redor de 8 millóns de euros.A situación chegara a ser practicamente insostible, cunha débeda total para o Concello de máis de 22 millóns de euros, unha cifra que case multiplica por catro o orzamento anual da localidade, de ao redor de seis millóns. A urbanización de Costa Anácara, renomeada despois como Costa Miño Golf, supuña a creación de 1.200 novas vivendas (e un campo de golf) á beira a AP-9. Impulsada inicialmente por Fadesa no ano 2002, foi adquirida en 2006 por Martinsa, que en 2008 presentou a maior suspensión de pagamentos da historia de España. Os veciños afectados aceptan a liquidación de todos os créditos contra a entidade local e renuncian a cobrar a recarga de xuros que lles corresponderíaEn 2010 o Tribunal Supremo declarou ilegal a adquisición dos terreos, condenando o Concello de Miño a indemnizar con 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados polas expropiación. No ano 2016 o Goberno central emprestoulle ao Concello de Miño 14 millóns de euros para facer fronte á débeda. Uns cartos que dende o pasado ano, Miño debe ir devolvendo ao redor de dous millóns cada exercicio.O pasado mes de xullo, debido aos impagos, o TSXG emitiu novas providencias obrigando a engadir un recargo para o pagamento dos xuros xerados. Miño é o segundo concello de Galicia (só despois de Os Blancos) con máis débeda viva por habitante, uns 2.529 euros por persoa. A pesar de que a súa poboación é duns 6 mil habitantes, Miño é o cuarto concello cunha maior débeda viva en termos absolutos, uns 15 millóns de euros, só por detrás da Coruña, Compostela e Ferrol, e por diante de cidades como Pontevedra, Lugo, Ourense ou Vigo.No acto de sinatura o alcalde disculpouse ante a veciñanza afectada polo trato que recibiron do Concello desde o inicio deste longo proceso, no ano 2002. "Sodes afectados, e non culpables", dixoO pasado mes de maio o socialista Manuel Vázquez Faraldo acadou a maioría absoluta, converténdose en alcalde, despois de décadas de goberno do Partido Popular e, nos últimos catro anos, do tránsfuga Ricardo Sánchez Oroza (que na campaña por carta solicitara aos demais partidos que non falasen da débeda do concello). Dende a súa investidura, Vázquez Faraldo marcouse como obxectivo a procura dun acordo extraxudicial cos expropiados, á vez que mantiña xuntanzas con Goberno central, Xunta e Deputación para buscar fondos que lle permitisen pagar canto antes as débedas coa veciñanza afectada.Vázquez Faraldo salienta que a sinatura deste acordo coa veciñanza expropiada supón "un fito decisivo" para "o futuro de Miño". O acordo, segundo o rexedor, é "un primeiro paso, decisivo, para a resolución do conflito". Ademais, destaca que "é a primeira vez que un alcalde miñense se reúne co colectivo dos expropiados desde o inicio do proceso para chegar a un acordo e consegue levalo a termo". E engade que "nos últimos anos non se puxeran en marcha medidas para reducir a débeda ou para negociar cos afectados, polo que os intereses foron medrando"."É unha barbaridade facer á veciñanza de Miño partícipe das neglixencias institucionais""É unha barbaridade facer aos veciños de Miño partícipes das neglixencias institucionais, e temos a responsabilidade de reverter a situación", afirma Vázquez Faraldo, que no acto de sinatura se disculpou ante a veciñanza afectada polo trato que recibiron do Concello desde o inicio deste longo proceso, no ano 2002. "Sodes afectados, e non culpables", dixo.A operación de Costa Anácara contara co apoio entusiasta do Goberno municipal de Miño, liderado nese momento polo Partido Popular, e a aposta provocou un cambio político na localidade, gañando as elección de 2003 Juan Maceiras, un ex-alto cargo popular que se presentou como independente cun discurso crítico coa macrourbanización. Porén, xa no Goberno, Maceiras mudou a súa postura con respecto ao proxecto de Fadesa e, de igual xeito, reintegrouse no PP para gañar por maioría absoluta os comicios de 2007 e 2011, abandonando o posto no ano 2012."Este era un dos obxectivos prometidos no noso programa electoral: falar e negociar para resolver os problemas de Miño, e empezámolo a demostrar. En apenas tres meses reunímonos, escoitei aos veciños e entre todos acadamos un acordo que é beneficioso para todas as partes", destaca o rexedor."Creo que co esforzo engadido de Goberno Central, Xunta e Deputación, podemos encarrilar o tema", afirma o rexedor"Os propietarios expropiados ao fin cobrarán todo o debido polos seus terreos, e o Concello acaba coa débeda histórica que tiña con eles, polos cartos e pola falta de respecto que en moitas ocasións amosou á hora de dirixirse a este colectivo", afirma. E engade que "remata así a sangría dun proceso xudicial enmarañado, que custou máis dun millón e medio de euros ás arcas municipais, entre avogados, procuradores e custas xudiciais derivadas de caso Fadesa".Vázquez Faraldo di ser "optimista" con respecto ao futuro da importante débeda que aínda ten Concello. "Creo que co esforzo engadido de Goberno Central, Xunta e Deputación, podemos encarrilar o tema, para facilitar ao Concello de Miño que cumpra son as súas obrigas financeiras sen deixar de atender as necesidades dos veciños".
PRAZA_785
As causa por denuncia falsa son o 0,018% do total de procesos por agresións de xénero no Estado. Os números son "suficientemente elocuentes para rebater as voces que se alzan en torno á prevalencia das denuncias falsas", di a Fiscalía.
Acontece periodicamente. Cada vez que un caso de presunta -e mesmo probada- violencia machista salta á luz pública determinadas voces lánzanse a cuestionar a idoneidade das leis que a combaten aludindo a unha suposta abundancia de "denuncias falsas" que servirían como pretexto para atacar os homes. Alén de que a realidade social en xeral e o movemento feminista en particular vén demostrando sistematicamente a necesidade de loitar contra as agresións de xénero tamén dende a lexislación os datos concretos a respecto destas denuncias que faltan á verdade converten estas proclamas en toda unha falacia, un mito baseado en falsidades. As denuncias falsas non chegan, nin de lonxe, ao 1% do total das presentadas por violencia machista. A imputación do eurodeputado Juan Fernando López Aguilar por un presunto caso de violencia de xénero serviu este martes como escusa para reavivar unha falacia que a propia Fiscalía Xeral do Estado desmontou na súa memoria máis recente, a de 2014. Tras cinco anos de análise, de 2009 a 2013, o Ministerio público resalta que a porcentaxe de causas por denuncia falsa é "escasísima" en relación co número total de denuncias por violencia sobre a muller interpostas no conxunto do Estado. Esta cifra é, concretamente, do 0,018% do total e baixa aínda maís ao ollar o número no que ficou acreditado que a denuncia era, efectivamente falsa: un 0,005%. As causas por denuncia falsa son 0,018% do total de demandas por violencia de xénero Mesmo sumando as causas aínda en tramitación, no caso de que estas "resultasen pronunciamentos condenatorios" a "porcentaxe final máxima será do 0,010%". Polo tanto, conclúe a Fiscalía, os números son "suficientemente elocuentes para rebater as voces que se alzan en torno á prevalencia das denuncias falsas en materia de violencia sobre a muller. Este argumentario é, sinxelamente, mentira. Como amosa o cadro que acompaña esta información os procedementos iniciados por supostas denuncias falsas foron 120 na media década analizada e, deles, unicamente 33 derivaron en casos condenatorios. No hipotético escenario de que as causas que aínda se estaban tramitando cando foi redactado o informe acabasen demostrando a falsidade das denuncias as condenas ás mulleres denunciantes serían 71. Mentres, o total das denuncias por maltrato de xénero superaron as 657.000 no mesmo período. No caso de que as causas en tramitación rematasen en condena as denuncias falsas serían 71 sobre un total de 657.000 Así as cousas, as denuncias falsas son un fenómeno absolutamente residual e a súa abundancia, un mito, igual que tamén o é que as mulleres recorran frecuentemente á denuncia por violencia machista para, por exemplo, obteren a custodia das fillas e fillos ou bens materiais nun proceso de divorcio. Como xa analizou o ex delegado do Goberno central para a violencia de xénero, Miguel Lorente, nun artigo publicado en eldiario.es, os datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial acreditan que "a porcentaxe de decisións sobre custodias" nas que interveñen os xulgados de violencia sobre a muller apenas son o 3% do total. Asemade, as demandas por violencia machista só influíron no 3,4% de decisións xudiciais sobre atribución da vivenda familiar e en pouco máis do 4% sobre a asignación de pensións alimenticias. O pasado ano 6 mulleres foron vítimas de asasinatos machistas en Galicia Estes datos prodúcense nun contexto no que, tan só no pasado 2014, en Galicia foron presentadas 5.209 denuncias por violencia machista, segundo datos do CGPJ, nun ano no que, ademais, foron solicitadas 1.327 ordes de protección das que 829 foron aceptadas. Nese mesmo ano as agresións de xénero estiveron por tras de 6 asasinatos en territorio galego e de 54 en todo o Estado. No que vai de ano foron asasinadas 9 mulleres no conxunto das comunidades autónomas, ningunha delas en Galicia.
PRAZA_1276
O grupo Economics for Energy, dirixido polo catedrático da Uvigo Xavier Labandeira, presenta o informe Pobreza energética en España propón unha subvención económica pública para aliviar este problema, que afecta ao 6,22% dos fogares galegos
O incremento da fenda entre as rendas altas e baixas durante a crise triplicou o número de familias en situación de pobreza enerxética no conxunto de España, afectando xa a un de cada dez fogares, 1,8 millóns de familias. Nalgunhas comunidades esta situación é aínda máis grave e afecta a capas aínda máis importantes da poboación, por exemplo Canarias (15,09%), Andalucía (15,05%) ou Murcia (14,59%). En Galicia as circunstancias de pobreza enerxética afectan a unha proporción menor de familias, o 6,22%. Porén, isto significa de 65 mil persoas sofren esta situación, definida como a imposibilidade de facer fronte ás facturas de luz, gas ou calefacción. Os datos proceden do informe Pobreza energética en España. Análisis económico y propuestas de actuación, elaborado polo centro de investigación Economics for Energy, dirixido polo catedrático da Universidade de Vigo Xavier Labandeira. Para paliar esta situación o documento recomenda a substitución do actual bono social por unha subvención económica de contía fixa financiada con fondos públicos, destinada aos fogares máis vulnerables e válida para o consumo de todo tipo de enerxía, non só para a eléctrica. O bono social foi instaurado polo Goberno español en 2009 e supón un desconto do 25% na factura da electricidade. Aplícase en caso de ter contratada unha potencia inferior a 3 kW, de que todos os membros da unidade familiar estean en paro, de ser beneficiario dunha pensión non contributiva ou de ter familia numerosa. Segundo os autores do informe, este instrumento presenta dúas debilidades importantes: soamente é aplicable á factura eléctrica e non protexe especificamente aos consumidores máis vulnerables. A proba disto é que o 78% dos fogares beneficiados polo bono social o son por ter unha potencia inferior a 3 kW, cando os datos proban que un consumo baixo non implica vulnerabilidade á pobreza enerxética. Galicia si conta cun ticket eléctrico social, cun orzamento total de de 1,5 millóns de euros. As axudas son de 180 euros para familias cun ou dous fillos menores e de 300 euros para as familias numerosas. Os ingresos da unidade familiar non poden superar 1,5 veces o IPREM (532 euros mensuais), co cal a maioría de potenciais beneficiarios se atopan baixo o nivel fixado para a RISGA. O ticket entregado pola Xunta permite a estas familias pagar entre un recibo e medio e dous recibos por ano. A crise triplicou a pobreza enerxética Entre 2007 e 2013, a pobreza enerxética pasou de afectar ao 3,6% das familias españolas a case rozar o dez por cento (9,88%) Entre 2007 e 2013, a pobreza enerxética pasou de afectar ao 3,6% das familias españolas a case rozar o dez por cento (9,88%). As razóns deste incremento hai que buscalas tanto no aumento das diferenzas entre ricos e pobres ao longo da crise económica, coma na constante suba dos prezos da electricidade e a enerxía. Economics for Energy lembra que entre 2007 e 2014 a factura eléctrica dun fogar medio en España se incrementou un 76% e a factura de gas natural un 35%. A enquisa de condicións de vida publicada polo INE esta semana revelou que a porcentaxe de galegos e galegas que non pode manter as súas vivendas a unha temperatura axeitada non deixa de medrar. É xa o 14,1%, crecendo dende o 12,2% de 2013 e o 7% de 2012. Entre 2007 e 2014 a factura eléctrica dun fogar medio en España se incrementou un 76% e a factura de gas natural un 35% O informe propón tamén unha revisión dos indicadores utilizados á hora de medir a incapacidade das familias para facer fronte aos custes das súas necesidades enerxéticas básicas, de xeito que contemplen a renda ademais do consumo, para que a orientación das axudas teña como base un escenario axustado á realidade e adaptado aos fogares máis vulnerables. Neste senso, o documento critica as limitacións do indicador máis comunmente empregado en Europa para medir a pobreza enerxética, que considera que un fogar se atopa nesta situación cando os seus gastos de enerxía superan o 10% do total dos seus ingresos. Porén, a ausencia de filtros por nivel de renda e consumo provoca a inexactitude dos datos, incluíndo como pobres a fogares de rendas elevadas e altos consumos, e ignorando outros de rendas e consumos moi baixos. Descarga aquí o informe completo (.pdf)
PRAZA_2607
Nin as eleccións do 20D son as máis importantes nas que vostede vai votar, nin a imposibilidade de artellar esa candidatura única é símbolo do noso destino fatídico como pobo impedido. É a infantería a que levou ás trincheiras de twitter a competición entre faccións. E nese fogo cruzado, intúese que nin os tempos eran chegados nin falta que fai.
Nos días previos ao último 25X unha onda de entusiasmo percorreu os facebooks de toda Galicia. Centos de usuarios, se non miles, cambiaron o seu mellor rostro estival por unha bandeira de sol nacente celeste e un slogan contundente: "A nación galega". Coa efervescencia propia dun proceso constituínte, a manifestación do Día Nacional foi todo un éxito. De alí saíuse coa idea de que Galicia enteira tiña o corazón valente e estaba máis unida que nunca. O paso lóxico seguinte foi materializar esa unión nunha candidatura ás eleccións xerais -previa redacción de varios manifestos convenientemente asinados- co obxectivo de formar un grupo parlamentario galego ao redor de dúas ideas fundamentais: a) os tempos son chegados; e b) o clamor é popular. Pero esquecendo dous pequenos problemas: a) unir a toda a esquerda; e b) unir a todo o nacionalismo galego. Cando se viu que aquel soño unitario desaparecía, a ilusión volveuse decepción profunda. Desde as posturas máis fatalistas, achacouse a ruptura á nosa tradicional forma de disgregar o país ou, en definitiva, a non vernos como un país. Desde as posturas máis fatalistas, achacouse a ruptura á nosa tradicional forma de disgregar o país ou, en definitiva, a non vernos como un país A esquerda, por un lado, e o nacionalismo galego, polo outro, viven de sempre unha loita centrífuga e centrípeta; de ansia de unión pero de realidade separada. Nas eleccións galegas do 97, o votante ata puido elixir entre Izquierda Unida e Esquerda Unida, mentres o BNG tiña os mellores resultados da súa historia. Non se sabe por que nos días próximos ao 25X había esa sensación de que, por fin, aqueles tempos foran superados, cando dous meses antes, unhas eleccións municipais deixaron ver alianzas tecidas por fíos entre finos e invisibles e pactos de goberno municipais aínda febles en moitas vilas. O concepto de traizón é o que mellor flexionamos. A democracia non consiste noutra cousa que en ordenar o conflito. Se "A nación galega" fose homoxénea non necesitariamos nin partidos nin eleccións. Pero os lectores de Marx somos como os lectores da Biblia, coa diferencia de que eles fundan relixións e nós, partidos. Todos falamos co autor dos textos en primeira persoa e sabemos que neses matices somos irreconciliables. Ao nacionalismo galego pásalle algo parecido. Pero as feridas de Amio aínda teñen que curar. E, como se pode ler en artigos, redes sociais e comentarios sobre reflexións respecto diso (incluída esta), o concepto de traizón é o que mellor flexionamos. Nin as eleccións do 20D son as máis importantes nas que vostede vai votar, nin a imposibilidade de artellar esa candidatura única é símbolo do noso destino fatídico como pobo impedido Nin as eleccións do 20D son as máis importantes nas que vostede vai votar, nin a imposibilidade de artellar esa candidatura única é símbolo do noso destino fatídico como pobo impedido. "En Marea" e "Nós, Candidatura Galega" compiten por un espazo electoral parecido pero non coincidente. Votaremos candidaturas diferentes do mesmo xeito que matizamos o que entendemos por Galicia e por esquerdas. Quedou instalada na conciencia colectiva -incluído un manifesto (outro máis) de "persoas da cultura"- que foron as cúpulas dos partidos as responsables da ruptura. Pero é a infantería a que levou ás trincheiras de twitter a competición entre faccións. E nese fogo cruzado, intúese que nin os tempos eran chegados nin falta que fai.
PRAZA_3447
Todos os grupos políticos do pleno municipal aprobaron unha declaración que recoñece ás veciñas que "teceron unha rede solidaria" que "aliviaba o sufrimento de aqueles defensores do goberno constitucional, inxustamente encarcerados"
A Illa de San Simón foi entre 1936 e 1943 un campo de concentración polo que pasaron milleiros de prisioneiros republicanos (as cifras móvense entre os 4.000 e 6.000) procedentes de todo o Estado, sobre todo despois da conquista de Asturias e o País Vasco por parte do exército nacional. Moitos morreron alí, polas nefastas condicións de vida ás que eran sometidos. Outros agardaron alí a resolución de supostos procesos xudiciais ou decisións administrativas que os condenaban a penas de prisión ou a morrer fusilados. Na historia da represión, con todo, moitas veces fica fóra a historia das mulleres, que tamén sufriron o castigo por parte das autoridades franquistas.Este xoves o pleno municipal de Redondela aprobou por unanimidade a declaración do 2020 como 'Ano das Mulleres de San Simón', unha homenaxe que nos vindeiros meses se traducirá na organización dun programa de actosNo caso de San Simón foi determinante o papel das mulleres que apoiaban dende fóra aos presos alí recluídos, redes de solidariedade que tamén lles supuxeron castigos e que non tiveron ata agora o seu xusto recoñecemento. En lugares como Redondela, A Portela, Cesantes, Reboreda, Ventosela ou Cedeira teceuse unha rede de apoio a través das que mulleres voluntarias fornecían de alimento aos esfameados presos, lavándolles a roupa ou facendo de intermediarias coas súas familias, transmitindo as súas cartas e mensaxes.Este xoves o pleno municipal de Redondela aprobou por unanimidade a declaración do 2020 como 'Ano das Mulleres de San Simón', unha homenaxe que nos vindeiros meses se traducirá na organización dun programa de actos "en memoria das mulleres e homes que colaboraron en mitigar o sufrimento dos presos alí recluídos entre os años 1936 e 1946", segundo se pode ler na declaración aprobada. "As mulleres de San Simón", como foron coñecidas popularmente, "teceron unha rede solidaria" que "aliviaba o sufrimento de aqueles defensores do goberno constitucional, inxustamente encarcerados"O texto subliña que a Illa de San Simón foi "un auténtico campo de concentración" no que foron encarcerados "milleiros de defensores da legalidade republicana". Coñecedoras das terribles condicións que tiñan que soportar os prisioneiros, en Redondela creouse "un entramado de apoio" que constitúe un "episodio heroico aínda pouco estudado e valorado", subliña a declaración institucional."As mulleres de San Simón", como foron coñecidas popularmente, "teceron unha rede solidaria" que "aliviaba o sufrimento de aqueles defensores do goberno constitucional, inxustamente encarcerados", di o texto aprobado por todos os grupos, que conclúe que "80 anos despois destes episodios, é necesario un recoñecemento oficial do Concello de Redondela, reescribindo un capítulo exemplar da nosa historia local"."Xa é hora de rescatar da memoria colectiva esta parte da nosa historia local, que tanto apoio e solidariedade transmitiu a moitos presos e ás súas familias", sinalaba o BNGEste recoñecemento fóra impulsado nos últimos anos polo BNG, que presentou varias mocións neste senso, salientando a organización nacionalista o "deber" de "recoñecer o seu compromiso e valentía, en momentos nos que elas mesmas padecían as necesidades por mor da propia Guerra Civil". "Xa é hora de rescatar da memoria colectiva esta parte da nosa historia local, que tanto apoio e solidariedade transmitiu a moitos presos e ás súas familias", sinalaba o BNG hai uns meses."Os relatos de resistencia e solidariedade teñen, a maior parte das veces, nome de muller. Elas tecían as redes de apoio aos presos, acollían nas súas casas aos perseguidos. E algunhas pagárono coa súa vida", destaca BaráEstes feitos foron tamén estudados en profundidade por Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento galego, que lles dedicou unha parte importante do seu libro Non des a esquecemento. Hai tres anos, en entrevista con Praza.gal, Bará salientaba que o que buscaba era "poñer nomes ás vítimas e ás persoas que, de distinta maneira, resistiron a represión franquista". Bará destaca que "os relatos de resistencia e solidariedade teñen, a maior parte das veces, nome de muller. Elas tecían as redes de apoio aos presos, acollían nas súas casas aos perseguidos, aos fuxidos, ás persoas que participaban na resistencia armada contra o franquismo. E algunhas pagárono coa súa vida".Bará destacaba, por exemplo, as historias de Emilia Cabaleiro, "á que torturaron, mutilaron e mataron por axudar a catro homes perseguidos"; ou de Josefa Barreiro, que axudara a un militante da CNT; ou de Rosario Hernández, A Calesa, "que segundo a memoria popular foi violada, torturada e mutilada antes de fondear o seu corpo cunha prancha de ferro". Subliñaba a importancia do apoio emprestado aos presos por estas redes de mulleres "que recollían as súas roupas e logo devolvían lavadas e na que mesmo cosían mensaxes de esperanza para tentar paliar todo aquel horror".
NOS_50149
Sermos Galiza, Berria e Vilaweb puxeron en marcha por vez primeira "Un verán en Galeusca" coa publicación das narracións de autoras e autores galegos, vascos e cataláns traducidos ás tres linguas. A sección partillada polos tres medios botou a andar en xullo no semanario en papel e as próximas sextas feiras farao no diario dixital. Comezamos coa narración de María Reimóndez, "A sementeira", ilustrada cunha colaxe de Emma Pedreira.
Para todas as persoas do colectivo Defende a galega, que coa súa coraxe resisten por todas nós cada venres e cada día á manipulación informativa na TVG Esa mañá matinou na lista de agravios. Unha das súas amadas, Lobeira, dicíalle que tiña unha relación malsá co seu traballo. Mais o seu traballo non era só o seu traballo. Era unha porta ao mundo, era algo que lle daba sentido a estar en sociedade. Non é que ela tivese afán de minusvalorar outras profesións, mais sen xornalismo, non había xeito de manter un espírito crítico. Ro había ben de tempo que pensaba nestas cousas, na imposibilidade de pensarse cando o espello que se nos pon de diante está totalmente deturpado. Aquilo das fake news non o inventara Trump, era boa! En Galicia había décadas que os medios propuñan a mentira como un universo de verdade mentres que o outro quedaba baixo a terra coma as patacas. Mais as patacas son nutritivas e un día ou outro, pensaba sempre Ro, tiñan que alimentar. O día chegara por fin. O día era hoxe. Tentárano por outras vías. Meses e meses de venres negros. De crear vídeos de denuncia. De buscar apoios. Meses de sancións. Meses de inxustiza. A última de moitas, afirmar que o galego era unha desvantaxe nas probas de ABAU. En que cabeza enferma podía coller que saber máis era unha desvantaxe? En que cabeza podía verse a diversidade lingüística coma un problema? Ro coñece demasiado ben a resposta a esa pregunta. Convive con ela cada día, coa dirección dun medio que debe servir os intereses do público e da lingua e que dá a coñecer antes calquera problema da Pantoja ca toda a creación cultural en galego xunta. Como era posible que non saísen nos informativos as deseucaliptizacións masivas realizadas había nada? As feministas, esas mulleres ás que nunca se entrevistaba? O traballo incesante a prol da lingua no ensino, contra todo prognóstico? Terroristas, pailanas, irrelevantes. Así era a representación das persoas galegofalantes no único espazo que tiñan para verse reflectidas. As estratexias eran arteiras e planificadas. As persoas expertas: todas castelán falantes. As galegofalantes: parodias de si mesmas, humor groso, irrelevancia e idade avanzada.. Mais abondaba. Mirou cara á mesa onde descansaba o móbil antigo, ese que non podía hackearse nin localizarse. Unha cousa antediluviana, un aparello que, como dicía H, era a chave do futuro. Ela, que sabía penetrar todos os segredos das redes e das conexións, defendía que no futuro tería valor todo aquilo que non estivese en liña, todo aquilo que non fose unha pantalla, todos aqueles artefactos únicos e particulares: os libros, os concertos, os agarimos. Ro quería crer que H tiña razón, mais polo de agora o importante é que ela sabía as claves. H fora quen montara o equipo técnico. Fixera falla un tempo bastante considerable para desentrañar como lanzar "a sementeira" (porque "ataque" é o que fan eles, dicíalle H). Enriba da mesa, os billetes que a levarían lonxe, se cadra para nunca regresar. Ou polo menos non ata que as cousas cambiasen, o cal podía ser o ano próximo, ou nunca, dependería moito do que pasase hoxe. Mais H prepara todo para que puidese reunirse con ela, alá en Islandia. Colleu a súa mochila coma todos os días, nela levaba a infección, e a maleta co que decidira rescatar. Non tiña nada que perder, era ela ou ninguén. O resto tiñan familia, ou un can. Ela botara a vida desprendéndose de cousas e vivindo nunha especie de rede de afectos que Lobeira, que traballaba nun viveiro, lle dicía que eran coma as raíces das árbores. Raíces que se comunican e crean un espazo invisible para a vista, mais indispensable para a vida. Mesmo a sementeira de hoxe sería imposible sen esa rede que fora creando. Sen ela non prepararían o material que entraría na pantalla e nas redes en canto H activase a sementeira: o informativo verdadeiro, as reportaxes, os vídeos, os debuxos animados... unha programación completa e alternativa que se repetiría en bucle durante vinte e catro horas ata que fosen quen de parar o virus. "E iso aínda lles ha levar un anaquiño", ría H. Cantos máis días rule, mellor, pensaba Ro. Imaxinaba os rostros estrañados ao poñer a tele nas cafeterías, nos bares, nas casas. Planificaran o inicio, claro está, un venres. Un venres negro máis. Imaxinaba a confusión ao non haber Luar, un fito que era case equivalente ao anuncio da fin do mundo. Estaba certa de que a curiosidade sería máis poderosa ca o desacougo de quedar sen ver o Gayoso. Sería evidente en canto pescudasen un mínimo, que a sementeira saíra do seu ordenador. Ese que agora acendía para instalar o dispositivo extraíble que H lle fixera chegar polas vías máis incribles (agochado nun paquete de Amazon que contiña uns zapatos!). O plan estaba claro: introduciría o virus, logo diría que se sentía mal, e marcharía a Lavacolla. Avisaría a H de que todo estaba listo antes de embarcar no segundo voo. E aí empezaría todo. Aí empeza todo. Ro non pode evitar acceder á web da televisión en canto aterra en Reikiavik. A tempo para ver como a pantalla se invade de patacas a botar raíz para logo transformárense en eucaliptos que nunha especie de "quen é quen", comezan a dar a volta e a amosar a cara de Núñez Feijóo e a destapar os intereses do goberno e de ENCE nestas plantacións. Logo, tal e como planificaran, dá entrada o informativo. E por fin as caras que foron relegadas á escuridade toman de novo a pantalla para contar o que acontece: a corrupción, a explotación do medio natural, as miles de ordes de afastamento por violencia de xénero. Hai entrevistas, hai música, hai libros, hai teatro, hai curtas, hai a promesa do que podería ser a televisión que merecemos e non a que temos. Hai un país diferente que só precisa ser visto. E mentres os servizos técnicos da televisión corren coma pitos sen cabeza, a Ro cáenlle as bágoas porque para iso se fixera xornalista. Para sementar. E hoxe era por fin o día en que puidera, sen permiso de ninguén e con axuda de moitas, facelo. Biografía María Reimóndez (Lugo 1975) é tradutora e intérprete de profesión e autora en lingua galega cunha ampla obra publicada que toca dende a poesía ao ensaio. Na narrativa destacan obras como O club da calceta (Xerais 2006) e o ambicioso "Ciclo dos elementos", unha serie de sete novelas independentes pero interrelacionadas das que se levan publicadas catro, En vías de extinción (Xerais 2013), A música dos seres vivos (Xerais 2015), Dende o conflito (Premio Xerais 2014) e As cousas que non queremos oír (Xerais 2018). Reimóndez é tamén unha prolífica autora de literatura infantoxuvenil con obras coma Usha (Xerais 2006), Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008), Corredora (Xerais 2017) ou Fóra do normal (I Premio Agustín Fernández Paz) e de poesía con obras como Moda galega (Edicións Positivas 2002) ou e Galicia en bus (Xerais 2018) XX Premio Johán Carballeira.
NOS_31379
É vítima das críticas da historiografía españolista porque representa unha acción de goberno heterodoxa. O seu reinado evidencia a existencia da Galiza como unha realidade diferenciada e o apoio dos galegos á alternativa deste monarca dá a chave para entender a historia do país no axitado século VIII ibérico.
A Galiza mantívose como realidade diferenciada dentro do espazo político visigótico após súa conquista en 587 polo rei Leovixildo. A este respecto, a documentación da época non deixou dúbida da existencia de varias comunidades nacionais baixo o mesmo trono, sinalándose nas actas dos concilio de Toledo que o reino estaba formado por "Hispaniae, Gallie et Gallecie". Na mesma liña, a crónica contemporánea de Juan de Biclaro indicou que en 589 "o rei Recaredo reuniu nun santo sínodo os bispos de toda España, da Galia e da Galiza na cidade de Toledo". Unha idea afirmada polos mandatarios internacionais, entre eles o papa Gregorio "O Magno", que se referiu a este monarca como "rei dos godos e dos suevos". A elección de Witiza como rei da Galiza en 694 foi unha expresión desta diferenciación política. Se durante moito tempo, seguindo o relato de Prudencio de Sandoval na súa Historia de España ou do Códice Sebastián do século IX, se pensou que o nomeamento de Witiza foi resultado dunha decisión paterna, as explicacións neste momento van noutra dirección. Nesta nova orientación, autores como Fernando López sinalaron as malas relacións entre pai e fillo, nacido dunha relación con Cixilo, filla de Ervixio, repudiada polo monarca, destacando Roger Collins que Witiza foi imposto polo partido galego, sublevado contra Exica en maio do 693, como demostrou a orixe sueva dos nomes dos rebeldes, significándose entre eles Teodomiro e Tegra. Sexa como for, Witiza foi proclamado monarca en Tui, onde instalou a súa corte, en palabras de Sandoval, "recibindo a Galiza como a tiveran os suevos". A corte de Tui O reinado de Witiza alongouse até a súa morte violenta en 710, sumando a partir de 702, ademais da Galiza, os reinos de Hispania e a Septimania. As pegadas da acción gobernativa do monarca desde a corte de Tui, cidade que recibiu un grande impulso nas décadas finais do século VII en detrimento das capitais tradicionais de Braga e Lugo, ficou documentada na crónica Mozárabe e de Afonso III, esta última de escasa fiabilidade, así como na produción de moedas. A Crónica Albedense, redactada arredor do 883 no mosteiro de San Millán, afirmou que Witiza "en vida do seu pai residiu na cidade de Tui, da Galiza", sinalando que "alí tamén se atopaba o duque Favila, pai de Paio" e destacando a mala relación do monarca galego con este e co seu fillo. Un estudo das moedas fabricadas nas cecas do espazo peninsular significou a grande actividade desenvolta neste período nas existentes en Tui. O apoio da Galiza ao partido witiziano explicaría a non intervención armada musulmá no noso país. A chegada de continxentes militares do norte de África á península á volta do 710 enmarcouse na guerra civil entre os seguidores de Witiza e de Rodrigo, o derradeiro monarca visigodo que chegou ao poder após un golpe de Estado violento. Os primeiros solicitaron o apoio dos musulmáns na súa loita contra os segundos, nun contexto onde o mundo visigótico non foi nunca unha realidade compacta nin homoxénea, destacando a presenza dos norteafricanos naquelas áreas onde os seguidores de Witiza contaron con menos apoio. A campañas militares dos musulmás acadaron as fronteiras de Galiza, un territorio non considerado España polos propios visigodos, como deixou claro Isidoro de Sevilla nas Etimoloxías. Porén, estes non procederon a ocupar nin asentarse no antigo reino dos suevos. Nesta liña, o historiador Anselmo López Carreira escribiu que "a intervención musulmá (non esquezamos, dirixida a derrocar a Rodrigo e co apoio dos witizianos) era innecesaria nos territorios da Galiza, pois neles o bando witiziano estaba fortemente asentado". A historiografía españolista converteu Witiza en albo das súas críticas, facéndoo responsábel da "invasión da península polos musulmáns" e culpábel da "perda de España". A visión hexemónica sobre o rei galego, estendida pola tradición cronística medieval triunfante, transmitiu unha imaxe negativa do monarca e dos seus partidarios, moi diferente á traslada por aquelas fontes máis contemporáneas aos feitos. Así, por exemplo, a Crónica Mozárabe de 754 recolleu que Witiza fixo xustiza a aqueles perseguidos con anterioridade e "imperou a felicidade durante todo o seu reinado", sinalando o cronista musulmán do século Ibn Haian, seguindo outros historiadores anteriores, que "Witiza foi home de boa conduta e proceder, querido polos súbditos".
NOS_7885
No marco do pleno de investidura da Presidencia da Xunta, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, enunciou os eixos que para o seu partido serán prioridade na nova lexislatura: "defensa férrea do social, protección á cidadanía, fortalecer a sanidade pública e garantir a protección social, priorizando un novo modelo de residencias". Ensino e igualdade tamén foron puntos chaves dun discurso en que instou Feixoo a aplicar o Estatuto de Autonomía e exercer as competencias que corresponden á Xunta da Galiza.
A intervención do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou a segunda xornada da sesión de investidura de Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta da Galiza. E comezou precisamente enviando un "saúdo agarimoso ás persoas afectadas pola Covid-19, ás familias das 644 falecidas, e ás que se atopan hospitalizadas e na UCI". A todas elas dirixiuse para prometer que o Partido Socialista estará "á altura das circunstancias". "O PP gañou as eleccións con 50 mil votos menos que hai 4 anos", dixo Caballero, "unha maioría lexítima", recoñeceu, ao tempo que avisou de que "a maioría haina que xestionar con acerto". Acto seguido o líder socialista reivindicouse como alternativa ao Partido Popular, "imos ser coherentes cos valores e medidas socialistas, defendendo o público, tendo a loita pola igualdade como bandeira e como referencia" e entendendo "as políticas como ferramentas" para cambiar e avanzar. O líder do PSdeG pediu políticas diferentes ás aplicadas na crise anterior, sen "recortes" nin "ortodoxia". "Temos que construír un cinturón protector para que ninguén quede atrás", polo que pediu un proxecto "alternativo" fronte ás privatizacións. "Galiza non vive na Arcadia feliz que traslada o PP", engadiu. Nese sentido recalcou que hai catro anos o Feixoo "prometía" unha lei de emprego da que "ninguén sabe dela", unha lexislación para o rural que non houbo, "prometeu que en 2020 as rías estarían saneadas e volve prometelo agora", prometeu "un plan para persoas maiores que viven soas e volve prometelo agora, e prometeu residencias públicas en cada cidade galega e volve prometelo agora", relatou. Catro eixos Caballero enunciou catro eixos prioritarios nesta lexislatura "para facer unha defensa férrea do social, dando protección á cidadanía, fortalecendo a sanidade pública, garantindo protección social, priorizando un novo modelo de residencias, ensino de calidade" e a loita pola igualdade e o feminismo. Nese sentido, enfatizou que a prioridade da política social "será a liña vermella" do PSdeG. "Apoiaremos a Xunta en todas as medidas que permitan ese avance". Dentro deses catro eixos, o líder socialista destacou a necesidade de crear un "plan rexurde para potenciar a economía e xerar emprego, desde os retos da transición ecolóxica" e pular pola "rexeneración e a calidade das institucións". Estatuto Dentro das bases que o PSdeG ve precisas nesta lexislatura é a aplicación do Estatuto de Autonomía. Caballero reprochou a Feixoo que non exerza as competencias que a Xunta da Galiza ten a nivel de industria, ensino, sanidade... "O maior acordo que temos que ter os grupos parlamentarios é que se apliquen as competencias autonómicas en industria, economía, educación..." aseverou. De feito, nun claro intento por visualizar un compromiso galeguista do PSdeG, unha das cuestións que o propio Caballero botou en falta ao analizar as carencias do seu partido na campaña electoral, rematou o discurso erguendo coa man un exemplar do Estatuto, instando Feixoo a aplicalo, porque aí está a forma de "dar protección ás persoas", dixo. No claro pulso por dar perfil galego ao seu partido, Caballero tamén trouxo Carvalho Calero á investidura, citando del a súa frase "esperamos contra toda esperanza", para engadir que "esta ten que ser a lexislatura da protección das persoas e para iso hai que cumprir coas competencias do Estatuto". Fondo Covid "O balance de 11 anos de precarización do emprego do PP é negativo" para Galiza, aseverou Caballero. "Vostede fai parte dun número de investimentos que non se cumpren, recortando en sanidade, orzamento para Atención Primaria e para o persoal. Falsea a realidade cando vende un investimento que non se deu", espetou. Nese sentido instou o candidato á Presidencia da Xunta a aproveirar os fondos Covid que Galiza recibe, sinalando como prioridade a sanidade para mellorar as condicións, convocar cinco mil prazas estábeis de persoal sanitario e chegar a un acordo coas institucións para suprimir a taxa de reposición. Lembrou tamén as enfermeiras que encadean contratos e propuxo reducir a eventualidade por baixo de 8%. Baixar a ratio de médico por usuario e incluír atención bucodental plena no Sergas para as persoas con mais dificultades, foron tamén prioridades enunciadas polo socialista. "Temos que apostar por unha sanidade pública, pero iso non é pór un cartel de 'hospital público' no centro de Verín", dixo Caballero para criticar tamén a redución da atención sanitaria á vía telefónica. "A UE buscou un novo tempo e pasar páxina á austeridade, cos fondos Covid, tamén o Estado cos ERTE e as axudas a autónomos", dixo Caballero, para lamentar qu "na Galiza non hai diagnóstico do ciclo produtivo, nin da incidencia da Covid-19" nin folla de ruta. Ante iso reivindicou a necesidade de crear a comisión parlamentaria para a reconstrución da Galiza que esta segunda feira, 31 de agosto, propuxo o seu partido. Tamén recordou Caballero o conflito en Alcoa, denunciando que a Xunta non se fixera cargo das súas competencias en materia de industria. "Hai que traballar na reidustrialización de zonas como As Pontes, reformular o IGAPE para que sexa unha verdadeira axencia de impulso económico, precísase unha nova política no turismo, na hostalaría, na cultura e no I+D+i", concluíu. Modelo residencial "Galiza precisa un novo modelo de residencias", dixo Caballero. "Fallaron protocolos e non cumprimos co número de prazas, segundo marcan os baremos da OMS, que sinalan a carencia de 14.000 prazas na Galiza, e non se cumpriu coas inspeccións", denunciou o socialista para lembrar a carta da directora da residencia DomusVi de Santiago que criticaba ao inicio da pandemia que non se lle permitía derivar as persoas maiores máis graves aos hospitais. "Os familiares demandan respostas. Pídolle a creación dunha comisión de investigación de residencias para ver que fallou e aprender dos erros. Debémosllo ás vítimas e ás familias, por dignidade", dixo. Sobre pobreza Caballero sinalou que o número de galegos que vivían en situación de pobreza antes da Covid-19 estaba entre 540.000 e 620.000, mais agora anúncianse 44.000 galegos máis en situación de pobreza. "Existe demora para tramitar a Risga e as axudas á dependencia. Temos que desenvolver unha nova política de vivenda e de mocidade, baseada en tres eixos: emprego, vivenda e formación", debullou. Ensino e Igualdade A educación tamén ocupou parte do discurso de Caballero, que marcou a necesidade de reducir a ratio de alumnado por aula. "Mentres outras comunidades buscaron ampliar a contratación, Galiza quedou na cola. Non se buscaron novos espazos para as aulas nin se estudaron plans de ensinanza virtual para en caso de que sexa necesario" interromper a presencialidade nas escolas, marcou o socialista. "Hai que garantir un plan para o funcionamento de comedores evitando riscos e lanzar liñas de axuda á conciliación ", pediu. Aliás, reivindicou a primeira matrícula gratuíta para todo o alumnado universitario. "Atenda demanda histórica do movemento feminista e cree a Consellaría de Igualdade para dar impulso ao feminismo", exixiu Caballero, avogando pola ampliación da rede de centros de atención ás mulleres e a rede de centros de acollida para mulleres vítimas de violencia machista. Institucións, CRTVG e Meirás Pediu o socialista un pacto pola rexeneración e a calidade institucional. "Hai que chegar a un acordo para despois da ausencia do presidente na sede parlamentaria durante a crise, se comprometa agora a comparecer polo menos unha vez ao mes. O presidente ten que exercer as súas funcións no Executivo mais tamén coa rendición de contas no Parlamento", aseverou. O líder do PSdeG tamén denunciou a "utilización" que fai o PP dos medios públicos e da CRTVG, e parabenizou as e os traballadores do ente publico "que defenden a galega". "Satisfacción e ledicia", amosou Caballero ante o resultado da sentenza que devolve o Pazo de Meirás para o público. Trátase, dixo, "dunha garantía para seguir construíndo unha Galiza mellor". Non quixo rematar Caballero sen facer mención á crise de Goberno no concello de Ourense, onde Feixoo "puxo o maior caso de esperpento municipal", dixo. "É a súa responsabilidade, unha vergoña política que vostede ten a responsabilidade de arranxar porque vostede a creou, concluíu con dureza.
NOS_16140
A entidade asegura que, nos casos que documentou, "non hai indicios de que os militares tivesen pedido a evacuación dos civís deses edificios".
A entidade na defensa dos dereitos humanos Aministía Internacional denunciou esta quinta feira que as tácticas de combate do Exército ucraíno "poñen en perigo a poboación civil", ao estabelecer bases militares e operar sistemas de armamento en "zonas residenciais poboadas, incluídas escolas e hospitais". Este tipo de tácticas, advirte, "violan o dereito internacional e converten obxectivos de carácter civil en obxectivos militares", cos "conseguintes ataques rusos en áreas poboadas que mataron civís e destruíron infraestruturas". Crônica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas "Temos documentado un patrón no que as Forzas Armadas ucraínas poñen en perigo os civís e violan as leis da guerra cando operan en zonas poboadas", precisou a secretaria xeral da organización, Agnès Callamard. Desde Amnistía Internacional constatan que na maioría das áreas residenciais onde se situaron os efectivos do Exército estaban "a quilómetros de distancia das liñas da fronte", polo que "había alternativas viábeis e dispoñíbeis que non porían en perigo os civís", máis afastadas destes lugares poboados, como bases militares ou bosques frondosos. Ao mesmo tempo, a organización asegura que, nos casos que ten documentado, non achou indicios "de que os militares ucraínos que se instalaron en estruturas civís de zonas residenciais tivesen pedido ou axudado aos civís a evuacuar os edificios próximos, o que non permitiu tomar todas as precaucións posíbeis para protexelos". Crônica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida" "O Goberno ucraíno debe asegurarse de inmediato de situar as súas forzas lonxe das áreas poboadas, ou debe evacuar os civís das áreas onde opera o Exército. Os militares nunca deben usar os hospitais para participar na guerra, e só deben usar as escolas ou os fogares civís como último recurso cando non haxa alternativas viábeis", censurou Callamard. A organización afirma ter contactado o pasado 29 de xullo co Ministerio de Defensa de Ucraína para trasladar os resultados da súa investigación e as advertencias oportunas, mais hoxe aínda non recibiu resposta. "Todas as partes nun conflito deben distinguir en todo momento entre obxectivos militares e bens de carácter civil", precisan desde Amnistía, afeando os "ataques rusos indiscriminados" Con todo, Amnistía precisa que esta práctica do Exército ucraíno "non xustifica en modo ningún os ataques rusos indiscriminados". "Todas as partes nun conflito deben distinguir en todo momento entre obxectivos militares e bens de carácter civil, e tomar todas as precaucións posíbeis, mesmo na elección de armas, para minimizar o dano a civís", engade a entidade.
NOS_27234
As escolas infantís de cero a tres anos abren de novo as portas ao alumnado despois de cinco meses e medio fechadas polo coronavirus. Os centros privados inician hoxe o curso á espera dos de titularidade pública, que non recibirán as crianzas até o día 4. A súa reapertura atende as necesidades de conciliación das familias mais tamén o regreso a unha realidade educativa que os sindicatos piden desenvolver nas aulas con todos os recursos e garantías de seguridade.
O pasado 17 de agosto a Xunta da Galiza deu luz verde á reapertura das escolas infantís, fechadas desde o 13 de marzo polo coronavirus. A resolución da Consellaría de Política Social, asinada o 4 de agosto e publicada no Diario Oficial da Galiza dúas semanas máis tarde, concretou "a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia como escolas infantís de 0 a 3 anos, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas a partir do 1 de setembro de 2020". Unha autorización dirixida fundamentalmente ás escolas infantís privadas ou titularidade doutras administracións xa que os centros tutelados pola Xunta non abrirán as súas portas ao alumnado até o 4 de setembro, tal e como lles avanzara aos sindicatos a propia Administración a mediados de xuño, unha vez finalizado o proceso de matrícula para o novo curso. As familias, sen alternativas públicas para a súa conciliación desde a clausura dos centros de educación infantil. O prazo para as solicitudes de matrícula nas escolas infantís de titularidade pública e concertadas completouse na segunda quincena de maio, poucos días antes de que o Goberno galego anunciase que os centros de cero a tres anos non ían "retomar a súa actividade até o curso que vén" amparándose tanto nas dúbidas expresadas por profesionais da pediatría e representantes das escolas públicas e privadas como na imposibilidade de garantir "a distancia física necesaria" para impedir a posíbel transmisión do coronavirus en caso de se detectar algún positivo. Caída das matrículas Así, cinco meses e medio despois do seu fechamento, por mor da pandemia de Covid-19, as escolas infantís volven abrir as súas portas ás crianzas para atender, ademais, unha demanda urxente das familias, sen alternativas públicas para a súa conciliación desde a clausura dos centros de educación infantil. Atendendo á autorización da Consellaría de Política Social, as escolas infantís privadas e as rexidas por outras Administracións, como a de Compostela, que abre hoxe as súas portas, son as encargadas de liderar o inicio do curso escolar, un proceso que comeza cun descenso de perto de 30% nas matrículas e que está suxeito ás "medidas, indicacións e recomendacións recollidas no Plan de reactivación no ámbito infanto-xuvenil publicado pola propia Administración. "Levamos traballando con este protocolo desde o mes de xullo, polo que chegamos cos materiais e os espazos preparados", asegura a Nós Diario Beatriz Iglesias, presidenta da Asociación Galega de Escolas Infantís (Agadei), quen salienta que boa parte das recomendacións expresadas no plan da Consellaría son rutinas habituais nas escolas infantís, plenamente integradas na dinámica das aulas, das educadoras e do persoal de apoio. "O lavado de mans mais a desinfección dos xoguetes e dos espazos compartidos son naturais no noso sector. Agora vémonos na obriga de retirar algúns enredos, como os bonecos de trapo, e de transformar recunchos como os destinados á lectura, onde predominaban os coxíns", pero o cambio máis significativo, engade Iglesias, é o que afecta ás entradas. "As escolas infantís, polo xeral, somos centros abertos. As familias estaban afeitas a entrar, a chegar á aula, a relacionarse co profesorado, un trato que muda desde hoxe. A entrada será gradual, haberá que respectar os horarios e tamén o cumprimento de novas normas que obrigan as crianzas, por exemplo, a ter un calzado específico para o centro". Aulas burbulla Con todo, o acceso ás aulas estará vixiado en primeira instancia polas familias. Serán as encargadas de tomarlles a temperatura aos seus fillos e fillas antes de saír da casa. "Ningunha crianza que supere os 37º, que teña tose ou calquera outro síntoma respiratorio poderá asistir á escola. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da terza feira, día 1, nos quiosques ou na nube]
NOS_58310
Cerca de dois mil aderentes do BE participaram no processo de subscrição das moções políticas entregues no debate preparatório da IX Convenção do Bloco que está a decorrer estes días.
Cerca de dois mil aderentes do Bloco participaram no processo de subscrição das moções políticas entregues esta terça-feira, o último dia do prazo regulamentar. O debate preparatório da IX Convenção do Bloco prossegue agora com a publicação das moções entregues no boletim deBatEs, até ao dia 7 de outubro, após a reunião da Mesa Nacional aprovar o seu relatório de atividades e as propostas de alteração aos estatutos que irá levar à Convenção. De acordo com o regulamento, o próximo passo será a recolha de adendas e alterações às moções até 14 de outubro e de contributos ou propostas de alteração aos estatutos até 24 de outubro, para publicação no boletim deBatEs #2. As diversas moções organizarão debates entre os dias 1 e 9 de novembro e no fim de semana seguinte, entre 14 e 16 de novembro, decorrem as eleições de delegados à IX Convenção. Cada grupo promotor escolheu a letra que irá identificar a sua moção: a moção A - "Uma resposta de esquerda"; a moção B - "Refundar o Bloco na luta contra a austeridade"; a moção E - "Bloco Plural, fator de viragem"; a moção R - "Reinventar o Bloco"; e a moção U - "Moção Unitária em Construção". [as listas de subscritores das moções serão publicadas brevemente] Nos textos propostos pelas moções ficam expostos os diversos pontos de vista sobre alguns dos temas do debate político e organizativo do Bloco, com destaque para a análise da situação política, os processos de convergência na luta contra a direita e a austeridade, a organização do debate interno e o modelo de direção e coordenação do partido.
NOS_18092
O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, volveu defender a súa proposta de impulsar un acordo de claridade.
Cinco anos despois do referendo de independencia de Catalunya do un de outubro, organizáronse por todo o país actividades conmemorativas daquela xornada. 2025, o ano 'límite' para a independencia de Catalunya En Barcelona, unha manifestación organizada polo Consell da Reública co apoio da a Asemblea Nacional Catalá (ANC), Òmnium, o Associació de Municipis pola Independència, a Cambra de Comerç e a Intersindical Catalá, reuniu 11.000 persoas segundo datos da garda urbana, aínda que polo momento os organizadores non deron as súas cifras. A mobilización comezou ás 17.14 horas no Arc do Triomf da Cidade Condal. O acto, presentado polo actor Sergi Mateu e a escritora Núria Cadenes, desenvolveuse baixo o lema "Defendamos o 1 de outubro, gañemos a independencia" e recibiu a chegada de manifestantes de diversos puntos de Catalunya. Independencia de Catalunya: 49% a favor e 41% en contra Entre algunhas das personalidades políticas que interviron na xornada participaron o presidente no exilio, Carles Puigdemont (por videoconferencia), e a que era presidenta do Parlament no 2017, Carme Forcadell. Previamente ao comezo do acto en conmemoración do referendo de 2017, a ANC levou a cabo un acto reivindicativo que amoreu unha gran cantidade de persoas na praza Sant Jaume. Neste, as persoas participantes exixiron a reactivación da declaración de independencia aprobada naquel momento. Aragonès defendo o acordo de claridade Na mañá deste sábado, o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, defendeu a súa proposta de impulsar un acordo de claridade para determinar as condicións para levar a cabo unha consulta pactada: "Fixemos o referendo do 1-Ou e faremos que Cataluña volva votar". Aragonés quere pedir un acordo de claridade ao Goberno español para realizar un referendo Así, Aragonès afirmou nunha declaración institucional polo quinto aniversario do 1-O que volverán "facer o posíbel para dar resposta á ampla, sólida e transversal maioría da cidadanía de Cataluya que quere decidir en liberdade o futuro do país". Ademais, Aragonès reivindicou as leccións daquela xornada co obxectivo de volver traballar para exercer a autodeterminación: "Temos que volver atoparnos. Volver traballar en positivo no que nos une de forma incuestionábel. Niso que hoxe aínda esperta todo o noso orgullo".
PRAZA_13960
O colectivo cidadán ferrolán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos levará a cabo este sábado a súa segunda acción de limpeza nunha propiedade de dominio público en estado de abandono. Neste caso será a a batería militar de San Cristovo, que servirá como denuncia do "desleixo" do goberno municipal de José Manuel Rey Varela.
"Fartas de ollar como se deteriora o patrimonio e a natureza de Ferrol, e vendo que o desgoberno municipal dirixido por Rey Varela non acomete ningún tipo de obra, varias cidadás concienciadas e algunhas desempregadas, decidimos acometer a limpeza da antiga Mina de Ouro en Ponzos". Hai unhas dúas semanas un grupo de persoas da comarca de Ferrol comezaron a traballar na recuperación de espazos públicos abandonados, como unha forma de protexer e poñer en valor o patrimonio e tamén como denuncia dunha actitude de "desleixo" do actual alcalde de Ferrol, o popular José Manuel Rey Varela, como refliten no seu manifesto. Nas tres semanas anteriores os traballos de Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos centráronse na referida mina de ouro de Ponzos, que xa quedou recuperada. Desta vez o obxectivo é a limpeza da batería militar de San Cristovo, situada entre o Castelo de San Felipe e o Porto Exterior, así como nas escaleiras que dan acceso ao mesmo. Ao igual que en Ponzos, os traballos contarán co asesoramento de expertos, coma a Sociedade Galega de Historia Natural, e serán "respectuosos" co patrimonio material e coas especies vexetais retiradas. O colectivo aclara que "con esta acción non pretendemos quitar o traballo a ninguén", senón denunciar a falta de actividade do Concello e o gasto de por exemplo 700 mil euros nas obras da Praza de España. O colectivo esixe "que ese diñeiro se gaste, e que sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos" e mesmo propón que se faga en contratos a media xornada para facer que ese diñeiro se reparta entre o maior número de traballadores. A Asemblea de Desempregados da CIG colabora na iniciativa e Esquerda Unida xa lle pediu ao alcalde ferrolán que contrate grupos de desempregados cos cartos que se gastarán na Praza de España. Chaman á participación de todas as persoas interesadas, que se poden inscribir por correo electrónico ou teléfono ou ven acudir directamente á zona ou ao aparcadoiro da Feira de Mostras o sábado ás 8.45 horas.
PRAZA_1965
Os alcaldes de Compostela e da Coruña participan nun acto que reivindica a "revolución democrática" e aposta pola cooperación dos concellos gobernados por candidaturas de unidade popular tras o 24M. Oito urbes comprométense coa rede de cidades refuxio que impulsa Barcelona
O run-run que fixo famoso Ada Colau en campaña converteuse este venres nunha banda sonora multilingüe e multicultural. Un balbordo que cargou con forza contra o bipartidismo e que se comprometeu coa "revolución democrática" xurdida o 24-M. Perto de 2.000 persoas viron como na tarde, no medio dunha crise humanitaria sanguenta, agromaba unha rede de cidades irmandadas "pola rebeldía e a solidariedade". Alto, claro, en catalán, en galego, en vasco e en castelán de múltiples acentos, escribiuse o primeiro de moitos capítulos duns municipios que, máis aló de se converter en refuxio, esperan ser a panca dun cambio "que só acaba de empezar". Os alcaldes comprometéronse coa "revolución democrática" que "só acaba de empezar" Alí estiveron os alcaldes da Coruña e Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, xunto os de Madrid, Iruña, Cádiz, Zaragoza e Badalona. Todos eles representantes de candidaturas de unidade popular triunfantes nas últimas municipais e convidados por Barcelona, cuxa alcaldesa, Ada Colau, asinou o seu mitin máis enérxico desde que é rexedora: "Refuxiados e refuxiadas: sede benvidas!". Unha luva que recolleron o resto de alcaldes. Colau, coa voz rota e con bágoas nos ollos, leu cartas de cidadáns barceloneses que se dirixiron ao Concello para ofrecer a súa casa de forma voluntaria para acoller refuxiados. Despois de recitar as misivas de solidariedade da cidadanía, a alcaldesa preguntouse como era posible que, se o facían elas, non o puidese facer o Estado. E berro: "Vergoña!", entre cantos de "Si que se pode, si se pode". Desde Galicia, Martiño Noriega, que fixo parte da súa intervención integramente en catalán ademais de en galego e en castelán, contrapuxo a "competitividade dalgúns" por diante da "fraternidade dos demais". "Somos a esperanza de millóns de cidadáns do sur de Europa que están a ser brutalmente agredidos", explicou, antes de chamar a formar, tamén, unha rede de "cidades rebeldes". "Vam fer el primer pas d'un canvi que ha de ser més profund, més radical, totalment transformador", insistiu o rexedor compostelán na lingua da maioría dos alí presentes, nun ateigado auditorio no que destacou "o importante que é chegar a un barrio e que che digan que é a primeira vez que lles falan á cara, con franqueza e sen facer promesas" e que reivindicou a importancia de que a xente "volva sorrir" e o labor dos galegos emigrados en Cataluña. "Somos a esperanza de millóns de cidadáns do sur de Europa que están a ser brutalmente agredidos", dixo Noriega O seu homólogo na alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, engadiu que non cederán "a ningunha presión" e que seguirán sendo fieis a eles mesmos. Ademais, reivindicou a "inxenuidade" á hora de gobernar, así como unha necesaria unión das urbes gobernadas por candidaturas populars para así axudarse mutuamente a "sortear obstáculos" que chegan "desde un Ministerio de Madrid". "Somos inexpertos e aínda pisamos algunha trampa. Non pasa nada, ao contrario oxalá conservemos esta inxenuidade ata o último día" insistiu tras lembrar a morea de veces que se emocionara desde que accedera á alcaldía. Así, recordou a retirada ás subvencións taurinas ou a súa negativa a acudir a actos relixiosos como rexedor. Foi moi aplaudido para logo lembrar que no vindeiro pleno inaugurarase na Coruña a quenda de palabra para que os veciños interveñan no pleno. "Estamos orgullosos de ser rebeldes", engadiu quen advertiu que "a única razón" do seu facer é "a xente". "Somos marea de cambio, pero aínda nos queda moito para a preamar", advertiu o alcalde da Coruña "Somos marea de cambio, pero aínda nos queda moito para a preamar. Temos entre mans a construción dunha rede de cidades participativas e participadas. Cidades capaces de gobernarse a si mesmas con transparencia. Cidades dignas de ser vividas, sen exclusións nin fendas de desigualdade que unha vez pareceron insalvables. Cidades refuxio, como aquelas do outro lado do Atlántico que acolleron aos nosos avós cando a barbarie os privou de pan e de futuro", engadiu Ferreiro. "Oxalá conservemos esta inxenuidade ata o último día", dixo Ferreiro, que pediu colaboración entre os alcaldes para "sortear obstáculos" O dereito a decidir e o 27S Pola súa banda, a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, animou os concellos de todo o Estado a colgar unha bandeira das casas consistoriais como sinal de cidades de acollida. "Barcelona, con Ada Colau á cabeza, deunos o exemplo ao declararse como unha cidade de acollida internacional, e seguímola". A representante de Madrid explicou que a precedían 25 anos de gobernos de dereitas "nos que se desprezou a administración e deuse a falsa idea de que a única eficacia radica na propiedade privada". "É falso! O máis bonito que hai para traballar é polo público". A alcaldesa da capital do Estado explicou que sentía moi emocionada de estar en Barcelona, a cidade que a acolleu de moza, en plena loita contra o franquismo. "Aprendemos a amar a cidade, os barceloneses e os cataláns, e sígoo facendo". Carmena puxo en valor algunha das obras do seu goberno, como o paro dos desafiuzamentos que oficiara a súa predecesora, Esperanza Aguirre, e insistiu en que a súa cidade quere ser "a do abrazo" con Catalunya. Ademais, o alcalde de Zaragoza, Pedro Santiesteve, cargou contra o bipartidismo e os seus "decretos-lei anticonstitucionais" e defendeu o 15-M como a escola que lles permitiu chegar ás institucións. "Atopámonos uns concellos envellecidos, con funcionarios desmotivados, con clientelismos moi arraigados". Santiesteve insistiu en acabar cos privilexios dunha caste política que deixou minado o territorio" e puxo algúns exemplos da súa intervención política, como a eliminación dos coches oficiais e a baixada de soldos. A rexedora de Badalona pediu o compromiso da cidadanía co dereito de autodeterminación dos pobos Badalona, terceira cidade máis importante de Cataluña en poboación, tamén tivo un peso importante no cumio. Dolors Sabater puxo en valor "o mediterráneo como berce de culturas" e lamentou o drama dos refuxiados ante "a falta de resposta de Europa". "Hoxe o noso mar ensínanos a parte máis crúa da quebra do mundo económico-político", dixo. Sobre a crise humanitaria, Sabater insistiu que "unha vez máis é o pobo quen toma a iniciativa, quen manda e quen debe dirixir os cambios". A alcaldesa de Guanyem Badalona en Comú, que tivo unhas palabras de recordo, moi aplaudidas, "para o xenófobo" Xavier García-Albiol, pediu tamén o compromiso da cidadanía no dereito á autodeterminación dos pobos, que foi igualmente aplaudido polos asistentes e polo resto de alcaldes. Desde Andalucía, o alcalde de Cádiz, José María González, lembrou que os gaditanos conseguiron a vitoria tras 20 anos de gobernos do PP, que pasaron factura, segundo sinalou: "42% de paro ou 275 millóns de débeda", dixo. "Nas políticas failles falta sur, porque perderon o norte", dixo o coñecido popularmente como Kichi, que recolleu a luva de adherirse á rede de cidades refuxio. "Temos dereito a traballar sen que iso sexa sinónimo de escravitude", selou un dos alcaldes máis aclamados da tarde, cun constante ton poético. Desde Iruña, Joseba Asiron, falou en nome dos "euskaldunes minorizados" durante anos na capital navarra. O alcalde de EH Bildu referiuse explicitamente ao 27S como un horizonte ilusionante para os cataláns e asegurou que "a liberdade de Catalunya é a liberdade de Euskal Herria e a liberdade de todos os pobos". Joseba Asiron (Iruña) ve no 27S un horizonte ilusionante "para a liberdade de Catalunya, de Euskal Herria e de todos os pobos" As alcaldesas e alcaldes visitaron Barcelona no marco do primeiro encontro municipalista de cidades que apostan por un cambio nas políticas públicas e que a cidade acolle entre venres e sábado. Tal e como lembraron os diferentes alcaldes invitados, o obxectivo do encontro é liderar un cambio de políticas para mellorar a calidade de vida da cidadanía e combater a pobreza e as desigualdades, "apostando por unha administración máis transparente e con participación cidadá e por un modelo economicamente, social e ambiental sustentable". O acto terminou igual que comezou, con Ada Colau parafraseando o cantautor Jaume Sisa, como antes fixera o tenente de alcalde Gerardo Pisarello: "A nosa casa é a vosa casa se é que hai casas de alguén". Pisarello, que oficiou o acto, falou en catalán, en galego, eúscaro, e castelán para recibir aos chamados "alcaldes do cambio", en acto emotivo e cheo de simbolismo que debuxa un novo escenario de relacións entre cidades.
PRAZA_6143
Mentres a AP9 segue perdendo usuarios e usuarias, vías alternativas coma a N-550, a N-651, a A-55, ou a N-634 manteñen ou incrementan o seu tráfico
Os últimos datos de tráfico nas estradas publicados polo Ministerio de Fomento sinalan que a AP9 continúa perdendo usuarios e usuarias. En xuño esta vía de peaxe foi utilizada por unha media de 21.371 vehículos cada día, lixeiramente por debaixo da cifrade xuño de 2013 (21.428) e moi lonxe das acadadas en xuño de 2012 (23.100) e xuño de 2011 (26.092), un descenso continuado nos últimos cinco anos que neste momento deixa a media interanual (de xuño de 2013 a xuño de 2014) por debaixo de vinte mil vehículos (19.505), algo que non sucedía dende 2003. É certo que nos últimos anos a crise económica, unida a outros factores e motivacións, está a provocar unha redución xeral da densidade do tráfico nas estradas españolas (un 4,15% menos en 2012 e un 1,36% menos en 2013), pero esta caída é moi inferior á que rexistra a AP9, dun 20 por cento en só tres anos. En paralelo, analizando as cifras de tráfico dalgunhas vías de uso gratuíto, que funcionan nalgúns treitos como alternativa á cara AP9 (e ás veces colapsada por mor das peaxes), vemos como nelas o volume de vehículos se mantén e mesmo nalgúns casos se incrementa. A vella N-550, que da Coruña a Tui vai en paralelo coa AP9, é unha delas e sen dúbida a máis importante. Aínda que tamén podemos falar doutras vías alternativas á AP9, coma a N-651 (entre Betanzos e Fene), a AC-523 (entre A Coruña e Mesón do Vento), a AG59 (entre Santiago e A Estrada) ou a A-55 (entre Vigo e Tui). Fomento ten distribuído ao longo da N-550 un bo número de estacións de medición. As cifras oscilan de unha a outra e de ano a ano, pero en conxunto podemos falar dun mantemento do número de vehículos que empregan esta vía, ou unha leve caída, fronte ao constante e rápido descenso na utilización da AP9 (pasou de 27.029 usuarios en 2007, a 24.711 en 2011 e a 19.505 en 2014). Ademais, en certas estacións, nomeadamente as situadas entre Compostela e Pontevedra, o tráfico incrementouse moito nestes últimos anos. 2011 2012 2013 Km. 7 (Culleredo) 15.824 15.058 15.047 Km. 27 (Mesón do Vento) 9.456 9.338 8.661 Km. 50 (Sigüeiro) 20.996 20.018 19.124 Km. 81 (Padrón) 17.160 16.733 17.467 Km. 100 (Caldas) 4.806 4.985 5.101 Km. 130 (Vilaboa) 15.814 15.072 14.904 Media mensual de vehículos en distintas estacións da N-550 De igual xeito, se observamos os datos da N-651 á altura de Pontedeume, vemos como pasou de ser utilizada por unha media de 16.147 vehículos en 2011, a soportar 16.835 en 2012 ou 17.214 en 2013. Outras vías, coma a N-634 á altura de Mesía, mantiveron o seu tráfico nos dous últimos anos (6.269 vehículos en 2011, 6.061 en 2012 e 6.048 en 2013). Ou a A-55 ao seu paso pola ponte sobre o Miño (14.873 en 2011, 15.044 en 2012 e 14.302 en 2013).
NOS_28379
Entre as novelas finalistas do certame, "Dióxenes en Dolorida" e "Tara", o Xurado acordou outorgar finalmente o galardón á primeira, presentada co lema "Arieira" nesta XXX edición do premio organizado, desta volta, polo concello de Fene.
Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958), Doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, é o gañador do XXX Premio de Novela Longa Blanco Amor coa obra "Dióxenes en Dolorida". Esta é a súa primeira novela en lingua galega e o xurado salientou "a súa estrutura e estilo áxil e directo, o emprego de diferentes voces narrativas e do humor como elemento condutor e pola recreación dun ambiente a medio camiño entre o real e o paródico". Tamén salienta o Xurado o esforzo de introspección que o autor realiza nas relacións de parella e a propia construción do personaxe protagonista. O Premio Blanco Amor de Novela Longa celebra este ano o 30º aniversario de promoción e divulgación dun dos xéneros que máis practicaba o escritor ourensán. Co apoio e patrocinio de varios concellos, como outros anos, esta edición a dotación económica do galardón ascende a 12.020 euros. A súa organización ten carácter rotatorio, escolléndose o municipio organizador, mediante sorteo, entre os patrocinadores que non organizaran ningunha edición. Nesta volta, a organización recaiu no Concello de Fene. Un total de 55 novelas inéditas, tal e como exixian as bases, presentáronse este ano aos premios na súa XXX edición. O xurado, formado por Manuel Lourenzo González, Daniel Romero -Técnico de Cultura-, Rocío A. Bértoa Puente -concelleira de Cultura-, Xosé María Dobarro Paz e Marga Romero. A pasada sexta, 23 de novembro, realizouse a selección dos finalistas que foron as novelas presentadas baixo o título: Dióxenes en Dolorida e Tara. A entrega do Premio terá lugar mañá 1 de decembro nunha gala que se celebrará no local da SCRD Agarimo de Sillobre (Fene). O acto contará coa actuación do grupo de jazz Cool Hamnsters.
NOS_13431
O BNG quer un debate que realmente se debruce sobre os problemas da Galiza, após constatar que no protagonizado polos líderes estatais non se abordaron os "asuntos chave" do país. Ana Pontón tomou esta cuarta feira a iniciativa e a tal efeito dirixiuse por escrito a PP, En Marea e PSdeG-PSOE.
De acordo coa leitura que fai o BNG, Galiza non existiu no debate estatal porque nel non estivo a voz do nacionalismo galego, daí que a líder da formación frentista, Ana Pontón, propoña agora un debate na TVG, antes do 26X, para as cidadás e os cidadáns do país teren unha información contrastada sobre as distintas alternativas das forzas políticas galegas perante a convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais do Estaodo. Pontón insta a que debatan con ela Feijóo, como presidente do PP, Pilar Cancela, como titular da xestora do PSdeG-PSOE e Alexandra Fernández, a dirixente que exerceu a portavocía de En Marea na mini-lexislatura que, ao se rachar abruptamente sen investidura, deu lugar aos actuais comicios. "Os galegos e as galegas teñen dereito a saber antes do 26X que propoñen esas forzas políticas para Galiza, as do bipartidismo guai e as do bipartidismo carca, e por iso facemos unha proposta moi clara: que TVG organice catro debates provinciais en horario de máxima audiencia -coas candidatas e cos candidatos- pero tamén un debate electoral no que @s líderes das forzas políticas galegas den a cara a debatamos directamente", propuxo Pontón. Pontón mostra a súa indignación "coo muller e como feminista" perante a escasa atención prestada no debate a 4 ao terrorismo machista Os meios de titularidade pública galegos están precisamente para garantir os dereitos das galegas e os galegos a estaren verazmente informados e a coñeceren as propostas das diversas forzas políticas. Eses dereitos terían sido conculcados por "esta pseudodemocracia televisiva" española que se sustancia en "debates excluíntes" onde se deixa fóra "unha parte do eleitorado". "Esperamos que todos e todas, incluídos o señor Feijóo, non se escondan detrás dos seus candidatos en Madrid e estean dispostos a dar a cara", alegou. De por parte, Ana Pontón -que esta cuarta feira estivo na Coruña para demandar a transferencia das competencias sobre salvamento marítimo- amosou aínda a súa indignación, como muller e como feminista", pola escasísima atención dispensada no debate estatal ao "terrorismo machista". Criticou a portavoz nacional que aquilo que "que debería ser un prioridade política de estado" foi despachada "en menos de 20 segundos por cada un dos candidatos de plasma que participaron no debate para falar dun dos grandes problemas, o terrorismo que, no conxunto do Estado, asasina a ducias de mulleres cada ano", concluíu.
NOS_37188
Ana Barxa é allaricense e estuda arquitectura na Coruña. Coñece en primeira persoa as consecuencias das medidas dos gobernos do PP en referencia a bolsas. "Queren un ensino elitista, onde @s fill@s d@s traballador@s non teñan cabida"
O ensino é un dos eidos onde as propostas ideolóxicas de grandes palabras se tornan concretas, con efectos e consecuencias directas sobre as persoas. Ben o saben estudantes como Ana Barxa, allaricense que cursa estudos de Arquitectura na Universidade da Coruña, e que analiza as consecuencias das medidas adoptadas polos gobernos de Xunta e Madrid neste sector. Os grandes recortes no papel en educación teñen efectos concretos e directos sobre as persoas. Cal é o teu caso? Son bolseira. No curso que acabou tiña que superar o 65% das materias e nesta o 85% para poder optar a unha bolsa. Para calquera estudante que curse Arquitectura sabe que eses topes son máis que difíciles. É case que imposíbel, de feito. A isto engádese que antes as materias tanto en primeira como en segunda ou sucesivas convocatorias, o prezo era similar; mais iso cambiou tamén, polo que estudar costa cada vez máis. E todo iso concrétase... En que, con estes novos parámetros, non sei se vou ter beca. No estudantado existe preocupación por este tema? Existe. É un tema do cal se fala, pois toca directamente. Independentente de que haxa ideas distintas, hai unha conciencia xeral de que estas novas medidas nos afectan de maneira negativa. Responde esta aposta do goberno a un modelo educativo concreto? Responde. Queren impoñer un modelo elitista de educación para @s ric@s. E non é só unha intención. Teño compañeir@s que xa deixaron de estudar por non poder facer fronte nin pagar o custo da carreira. Mais fronte a ese escenario artéllase unha resposta? A cada vez máis noto que hai compañeir@s que nunca adoptaron medida algunha e que agora están a sair á rúa en mobilizacións e protestas. É un sinal de que se poden cambiar as cousas.
NOS_42028
A decisión de Rajoy de non contestar preguntas asulagou as redes de comentarios de todo tipo. Co HT #RajoyNoContesta triunfaron, entre outros, os que avogaban porque a comparecencia fose de Karanka, segundo de Mourinho, e ao que o adestrador portugués envía a lidiar coa prensa cando non quer falar
Co HT #RajoynoContesta milleiros de comentarios e opinións están a asulagar twitter e as redes sociais. A decisión do presidente do goberno español de non admitir preguntas dos xornalistas na súa comparecencia, alén de esquivar na súa intervención o espiñento do caso Bárcenas, xerou toda unha ringleira de chíos. Moitos deles coincidinco en que en vez de Mariano Rajoy, a comparecencia tiña que ser protagonizada por Aitor Karanka, segundo do adestrador do Real Madrid Jose Mourinho. O basco comparece ante os medios cando o portugués ou non quere falar ou opta por dar esquinazo aos xornalistas. De aí a comparativa. O HT #RajoynoContesta tamén está a usarse para pedir a demisión do presidente español, para alén de reclamar medidasxudiciais contra o PP ou ben denunciar as consecuecias das medidas adoptadas polo goberno presidido por Rajoy. Son, en poucas horas, milleiros e milleiros de chíos os que están nas redes sociais co este HT.
NOS_48140
O escrito da acusación dirixido contra María Osorio, Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, cargo que até o de agora non pasara nunca da fase de instrución. Como proba, a Fiscalía chamará a declarar máis dunha vintena de funcionarios da policía, en calidade de peritos ou con informes de intelixencia
Até 20 anos de prisión para Roberto R. Fialhega 'Teto' e Eduardo Vigo polos delitos de integración en banda armada, falsificación de documentos e depósito de explosivos; e até 12 anos de prisión para María Osorio e Antom Santos polos delitos de integración --en grao de dirixentes-- e falsificación de documentos. Son as penas que a fiscalía da Audiencia Nacional española pide a través dun escrito de acusación dirixido contra @s catro independentistas ao que tivo acceso Sermos Galiza e que foi filtrado á 'imprensa amiga' case unha semana antes de lle ser comunicado aos avogados da defensa. Malia a elevada cifra que resulta de sumar as penas, 64 anos, o letrado Borxa Colmenero explicou que "entran dentro do previsíbel", pois piden nos catro casos o máximo de anos fixado en relación ao delito imputado: 9 anos por pertenza, 8 anos por depósito de explosivos e 3 anos por falsificación de documentos. "A espectacularidade da cifra é para facer un pouco de propaganda. Non hai nada novidoso. A acusación pide o máximo de pena igual que nós imos pedir a libre absolución", esclareceu Colmenero. A novidade non está, por tanto, nunha petición de pena máis elevada do habitual. Porén, e malia non ser a primeira vez que a Fiscalía imputa pertenza a banda armada para intentar demostrar que existe na Galiza unha "organización terrorista" chamada Resistencia Galega, tal acusación non pasou nunca da fase de instrución. Até agora. A importancia de tal situación "é máis política que xurídica" pois "van descarregar a batería" en probar que existe unha estrutura de carácter militar na Galiza, tal e como din os informes de intelixencia da Garda Civil. E eis aquí a segunda novidade deste escrito de acusación: "Hai moita proba pericial, mais non no sentido que todos entendemos de demostrar algo", senón a través de declaracións de peritos da Garda Civil, informes de intelixencia e conexións con servizos secretos. Máis dun ano en prisión preventiva, submetid@s á dispersión e baixo a lei antiterrorista Serán esas as testemuñas, máis dunha vintena, as que suban declarar en contra d@s catro independentistas. "Aquí está a principal batalla dialéctica, pois o depósito de explosivos é irrefutábel. Serán máis ou menos anos os que se impoñan de pena, mais levaban canda si os artefactos". Sempre segundo o escrito da acusación, en poder de Fialhega e Vigo a policía española incautouse de tres termos metálicos en cuxo interior había material explosivo. Como probas contra Antom Santos e María Osorio a fiscalía cita unha garrafa de gasolina gardada no trasteiro do inmóbel que partillaban en Lugo, un ordenador e unha memoria USB "con once fotografías de accións violentas reivindicadas pola contorna independentista" e textos da organización xuvenil AMI. Tod@s foron detid@s a finais de novembro e principios de decembro de 2010 porque, segundo o ministerio de Interior, preparaban unha acción para o día da Constitución española. Só Osorio López está ceiva: ficou en liberdade con cargos en febreiro deste ano debido a un problema de saúde.
PRAZA_8178
CC.OO. organiza un acto este venres en Vigo polo 40 aniversario do paro xeral de setembro 1972. Participarán Amelia Pérez, Waldino Varela, Ricardo Gurriarán e o profesor Carlos Barros, responsable da organización ideolóxica da folga, con quen falamos.
En setembro de 1972, tres anos antes da morte do ditador, a industria de Vigo mantivo durante más de dúas semana unha folga xeral que chegou a sumar máis de 15 mil traballadores. Houbo máis de seis mil despedimentos, que finalmente quedaron en 400, e o golpe de forza dos obreiros vigueses chegou a converterse nunha verdadeira preocupación para o réxime. A folga de setembro, que fora precedida doutra gran folga xeral en marzo en Ferrol e Vigo en protesta polo asasinato na cidade departamental de Amador Rey e Daniel Niebla, supuxo ademais un importante pulo para o sindicalismo en Galicia e o agromo de varias organizacións e líderes. Este venres, a partir das sete da tarde no museo Marco de Vigo, a Unión Comarcal de CCOO organiza un acto polo 40 aniversario da folga. No acto participarán Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO de Vigo, Waldino Varela, un dos fundadores de CCOO en Vigo e antigo dirixente sindical nos estaleiros Vulcano, o investigador Ricardo Gurriarán, da Fundación 10 de Marzo, e o profesor Carlos Barros, da USC, e que formou parte do comité central do PC. As mobilizacións comezaron con reivindicacións do persoal de Citroën, que axiña sumaron a solidariedade de todo o movemento obreiro vigués. O 6 de setembro o comité de empresa de Citroën Hispania reivindicou a xornada de 44 horas na negociación do convenio colectivo e convoca os primeiros paros. Tres días despois a empresa comunicou o despido a 5 traballadores e expedientou outros catro sindicalistas. O luns 11 ás seis da mañá os traballadores concentráronse na fábrica e iniciaron una marcha cara a Reyman e Barreras para pedir a solidaridad dos traballadores. Vulcano tamén se sumou a paro e unha gran manifestación percorreu a cidade. A medida que avanzaba a semana máis e máis traballadores se sumaban á folga e o xoves calcúlase que xa eran máis de 16 mil, entre eles os do transporte público. Tamén ia chegando máís policía e as cargas e detencións multiplicábanse. E as empresas comezaron a enviar milleiros de cartas de despido. A folga desactivouse 15 días despois do seu comezo, pero tamén se anularon a meirande dos despedimentos. Houbo unha gran represión pero o movemento obreiro e sindical saiu reforzado. Carlos Barros era daquela o responsable do movemento obreiro no PCG e tamén se ocupaba da comunicación e a propaganda. E na folga foi o responsable da organización ideolóxica, colaborando con CC.OO. no desenvolvemento da folga e antes de que a folga estalara. Falamos con el sobre o desenvolvemento dos feitos e a súa importancia histórica. "Naquel momento estabamos ensaiando a folga xeral política na estratexia de derrocar a ditadura a través da mobilización de masas. E Galicia estaba na vangarda dese proceso, cando menos os traballadores de Ferrol e Vigo e os estudantes de Compostela" Como se iniciou a folga? En marzo houbo en Vigo folgas solidarias con Amador e Daniel, que foran asasinados en Ferrol. Naquel momento para min estaba claro e así o escribín en Vigo Obreiro, o órgano de expresión de CC.OO. de Vigo, que pola propia dinámica do movemento obreiro na cidade estaba pendente unha folga xeral en Vigo igual que a de Ferrol. En setembro houbo unha reivindicación laboral en Citröen e os meus compañeiros comunicáronme que a intención era ir á folga. O que pasou foi un movemento en cadea de despedimentos e despois unha folga de solidariedade que paralizou a industria da cidade. Cando chegaron os despedimentos masivos os traballadores adoptaron unha táctica de repregue progresivo até que quedou só Vulcano en folga. E finalmente tamén eles volveron ao traballo co carné de identidade na boca. Pero despois acabouse readmitindo a todo o mundo por iso creo que foi todo un éxito. "O resto de Galicia, como pasou con boa parte da poboación española, vía a moita distancia esa confrontación dos demócratas que estaban nas fábricas e nas universidades coa ditadura" Que importancia histórica tivo? A folga de Vigo foi o máis grande éxito histórico -xunto coa de Ferrol- da clase obreira galega e dos que naquela época loitabamos pola democracia en Galicia. E para o movemento obreiro significou a fundación do sindicalismo democrático, aínda que xa viña funcionando dende os anos sesenta, a partir das folgas do 62 en Vigo. Naquel momento estabamos ensaiando a folga xeral política na estratexia de derrocar a ditadura a través da mobilización de masas. E Galicia estaba na vangarda dese proceso, cando menos os traballadores de Ferrol e Vigo e os estudantes de Compostela. E o resto de Galicia, como pasou con boa parte da poboación española, vía a moita distancia esa confrontación dos demócratas que estaban nas fábricas e nas universidades coa ditadura. Unha ditadura que neses momentos mantiña moitas complicidades e moita colaboración nas clases medias e na burguesía. E funcionaba tamén polo medo, evidentemente. A represión adquiría un carácter brutal, como pasou ao final da folga de Vigo. "Tivemos unha certa sensación de sorpresa, porque a clase media non se uniu en Vigo aos obreiros como si sucedera en Ferrol" Cal foi a resposta da sociedade viguesa? Tivemos unha certa sensación de sorpresa, porque a clase media non se uniu en Vigo aos obreiros como si sucedera en Ferrol. É certo que en Ferrol houbera un masacre e iso espertou un sentimento solidario en toda a cidade. En Vigo parou toda a industria e tamén o transporte público, o Vitrasa, pero a pesar de todos os nosos esforzos os comerciantes e os sectores tradicionais da burguesía non se uniron, como si o fixeron o 4 de nadal de 1977. Por iso digo que Galicia lles debe moito aos obreiros e estudantes, porque se fora pola maioría da poboación galega non tería habido Transición. Despois todo o mundo se adaptou á democracia, pero mesmo hoxe en dia non se recoñece o papel dos traballadores industriais e dos estudantes universitarios. "Xa nese momento os sectores máis intelixentes da patronal e da ditadura eran conscientes de que ese sistema político era insostible" Pero a Transición chegou... Xa nese momento os sectores máis intelixentes da patronal e da ditadura eran conscientes de que ese sistema político era insostible. Tamén dende o punto de vista económico, pois era un obstáculo para o desenvolvemento de Galicia e de España. Mesmo así tardouse aínda cinco anos e bastantes mortos -obreiros e estudantes a maioría- en chegar á democracia, que chegou nunhas condicións moi adversas, cunha presión moi forte do Exército para que a Transición se realizase dunha maneira determinada, que fose favorable para os que mandaban. "Daquela en Vigo aínda había corredoiras e podías subir a Gran Vía por camiños paralelos" Como era o teu traballo durante a folga? Daquela en Vigo aínda había corredoiras e podías subir a Gran Vía por camiños paralelos, por corredoiras. Tiña todo o dia para chegar aos lugares de xuntanza, que eran no monte ou en espazos deshabitados do extrarradio de Vigo. Os dous elementos que permitiron manter a folga tantos dias foron en primeiro lugar a asemblea obreira de Vigo, onde os lideres sindicais daban as indicacións para cada dia. E en segundo lugar, as octavillas que eu redactaba coa coordinadora de CC.OO. A primeira hora tiña unha xuntanza cos lideres sindicais e pola tarde redactaba os textos. E pola noite Figueroa, un traballador do porto que estaba no aparato de propaganda do partido, encargábase de facelos. Pola mañá toda a cidade estaba regada de octavillas. Pola noite reuniamonos o comité local do partido e poñiamos en común a información. "Na folga de setembro de 1972 cando madrugaba estaba a octavilla en todas as empresas de Vigo, e todos os barrios populares estaban regados tamén" Tiñan unha importancia capital as octavillas, non si? No franquismo afixémonos a ler a prensa e buscar pequenos restos de información que nos podían interesar. Pero todo o sistema de oposición sería inexplicable sen os medios clandestinos de información. Como pos de acordo a tanta xente, se as reunións podían ser de cinco ou seis persoas como máximo? A importancia que ten a prensa clandestina e sobre todo a octavilla é enorme. Os movementos sociais teñen unha estrutura paralela de información masiva, que supera a tirada de calquera medio de comunicación. Vouche das datos: o colega Figueroa contábame hai pouco que no ano 72 meteu na súa casa 300 mil folios DinA4, iso dá para facer 600 mil octavillas para toda Galicia. Iso é un medio de comunicación de masas. Na folga de setembro de 1972 cando madrugaba estaba a octavilla en todas as empresas de Vigo, e todos os barrios populares estaban regados tamén. Ese é un medios paralelo de información superior a calquera medio escrito ou radiofónico.
NOS_54966
O Lugo gañou este sábado en Ponferrada o derbi dos Ancares (0-2), mentres que a equipa de Fernando Vázquez se desfixo en Riazor do Mallorca de Oltra (3-1).
Cun terzo de campionato xa consumido, Dépor e Lugo superan as espectativas previas e ollan sen complexos para a Primeira División. Ninguén agardaba que a estas alturas de Liga, o Lugo estivese nas alturas, aliás cun fútebol por momentos preciosista e sempre moi efectivo. En Riazor nen os sectores máis optimistas da bancada apostaban en que o Dépor puidese chegar á xornada 14 en posto de ascenso direto, sendo que a equipa de Fernando está chea de futbolistas novos e sen ningunha experiencia na élite. Imponse unha certa reserva. A liga é moi longa, case eterna Mais a forza de sumar pontos, Dépor e Lugo despexan dúbidas e mostran que, en aparencia, teñen suficientes argumentos para competir en pé de igualdade cos mellores da liga. Contodo, imponse unha certa reserva. A liga é moi longa, case eterna. Hai suficiente gasolina no depósito para enfrentar con garantías de suceso un campionato tan longo, 42 partidos? Esa é hoxe a grande pergunta. En Lugo o discurso subxacente que manexa Setién é que a equipa non ten suficiente fondo de armario para asaltar o ascenso e que está a moita distancia de Deportivo ou Recreativo. En Riazor, Fernando comeza a pisar o acelerador do optimismo, mas non deixa de lembrar que en xaneiro sería preciso reforzar o plantel para ter opcións reais. 14 partidos disputados e Dépor e Lugo, con 26 e 25 pontos, están só a 1 e a 2, respectivamente, do líder da clasificación. Gocemos do presente. Foto tirada de Canaldeportivo.com
NOS_36820
O xuíz que leva o caso desde a Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, prohibiu a manifestación convocada pola plataforma para a defensa dos dereitos d@s pres@s vasc@s.
A manifestación, convocada pola plataforma Herrira para este sábado, en solidariedade con Iosu Uribetxeberria e a prol da liberación d@s pres@s gravemente enferm@s vén de ser prohibida pola Audiencia Nacional española, argüíndo que "enxalza a loita armada". A decisión da Audiencia Nacional responde á petición da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT). Segundo o diario vasco Naiz, o ditame da Audiencia Nacional prohíbe a manifestación que tería lugar en Bilbo por incorrer nun "feito ilícito" ao "enxalzar ao que foi condenado como colaborador ou integrante da organización terrorista ETA" ao entenderen que a través da mobilización "xustifican ou amparan as actividades delitivas por el cometidas". A resolución da Audiencia Nacional baséase en informes da Ertzaintza nos que consideran a mobilización coma un acto de "favorecemento do terrorismo". Esta tarde prevese que Institucións Penitenciarias faga pública a resolución a respecto do preso arrasatearra, ao que lle poderían conceder a liberdade condicional debido o seu grave estado de saúde. Uribetxeberria, padece desde 2007 un crancro, que actualmente se atopa en fase de metástase. O equipo médico que o trata no hospital Donostia, asegurou no seu último informe que Iosu ten o 90% de posibilidade de falecer este ano. A súa familia, amig@s, avogada, así como a plataforma Herrira, exixen que sexa posto en liberdade de acordo co disposto polas leis españolas.
NOS_42800
O 37,07% das persoas enquisadas non decidiu inda o seu voto. A sondaxe sinala que o PP podería manter a maioría absoluta pola mínima, mais un 49% desexa un cambio de goberno despois do 21-O. O BNG é a única das tres forzas con representación parlamentar que podería aumentar o seu número de escanos. A xestión do PP suspende tanto na Xunta como no Goberno central.
Segundo os resultados ofrecidos polo Centro de Investigación Sociolóxicas o Partido Popular podería obter por unha estreita marxe 38 escanos repetindo o resultado das anteriores eleccións, malia reducir o seu número de apoios. Doutra banda, o PSdeG descendería aos 23-24 deputad@s --fronte aos actuais 25--e o BNG podería incrementar un deputado até os 13. Deste xeito a fronte nacionalista sería a única forza de entre os tres principais partidos que podería aumentar a súa representación no Pazo do Hórreo. O BNG sería a única forza de entre os tres principais partidos que podería aumentar a súa representación no Pazo do Hórreo Alternativa Galega de Esquerda, que segundo a enquisa contaría cun apoio do 3,9% --por baixo da barreira mínima do 5%, podería obter un escano pola circunscrición da Coruña. Unión Progreso y Democracia, Sociedad Civil y Democracia e Compromiso por Galicia quedarían fóra do reparto ao non conseguiren o apoio mínimo exixido pola actual lei electoral. Compre sinalar que CxG non figuraba entre as opcións electorais no cuestionario do CIS, como tampouco o partido de Mario Conde, mais a enquisa reduce ao 2,6% a porcentaxe de voto asignada a "outras opcións" --entre as que se atoparía a formación liderada por Xoán Bascuas. Malia que os resultados non variarían moito a respecto dos obtidos nos comicios de 2009, a sondaxe do CIS reflicte unha importante bolsa de persoas que manifestan a súa intención de non participar nas eleccións galegas ou que se amosan indecisas. O 37% d@s enquisad@s afirmou non ter decidida a opción pola que votará o 21-O. Este resultado deixa ver que as vindeiras semanas de campaña poderían facer mudar estas primeiras impresións. Valoración negativa dos gobernos de Feijóo e Rajoy Aliás dos posíbeis resultados electorais, o CIS achega unha valoración da xestión desenvolvida nestes tres anos e medio polo goberno da Xunta de Galiza. Neste senso, a maioría das persoas enquisadas –catro mil en total-- valora de maneira negativa a actual coxuntura económica e suspende a xestión de Alberto Núñez Feijóo á fronte do executivo galego. Segundo os datos do CIS un 40,6% considera como mala ou moi mala a xestión do goberno da Xunta nos últimos catro anos, máis do dobre daquela que a considera boa ou moi boa. Canto ao papel de Feijóo á fronte do goberno galego, un 37,1% opina que foi malo ou moi malo fronte a un 24,7 que a xulga bo ou moi bo. Así mesmo, a enquisa do CIS reflicte o rexeitamento cara as políticas do do Goberno español, considerando nun 47,2% que a política desenvolvida polo executivo de Mariano Rajoy é desfavorábel para Galiza. O 60,4% valora como mala ou moi mala a xestión do Goberno central.
NOS_37819
O ERE presentado pola dirección do hospital argüe causas "económicas" e "organizativas" para proceder ao despedimento de máis de medio cento de profesionais.
Na xuntanza mantida esta quinta feira entre o comité de empresa de Povisa e a dirección do centro coñecéronse finalmente as condicións do ERE extintivo anunciado hai uns días. Neste senso, prevese o despedimento de 56 persoas. Trinta e catro por razóns económicas que abranguen 14 persoas do servizo de limpeza do hospital, 5 telefonistas e 6 traballador@s do control de visitas. Estes servizos desaparecerían co despedimento da totalidade de operari@s que actualmente posúen. Aliás, Povisa visa despedir 10 fisioterapeutas, 12 celador@s, 3 persoas da administración de arquivo e 7 de recepción, entre as que se atopan as 4 persoas que compoñen a secretaría clínica, que tamén desaparecería. Segundo lle foi comunicado ao comité de empresa a dirección do hospital prevé 5 millóns de euros en perdas para este ano polo que, valéndose da reforma laboral, inician un despedimento colectivo. Pola súa banda, @s representantes d@s traballador@s --entre @s que non se atopaba CC.OO-- denuncian non ter recibido información a respeito da situación financeira que atinxe Povisa para alén dos 11 millóns de beneficios que foron declarados no exercicio anterior. Así mesmo, critican que a empresa non lles tiver facilitado os pormenores do acordo asinado co Sergas no mes de setembro e polo que Povisa ingresará 75 millóns de euros anuais durante a próxima década. "Isto non é un hospital, é un negocio" Neste senso, o comité non só puxo en cuestión as razóns argüídas por Povisa para presentar o ERE senón que, afirman, cos despedimentos previstos o centro "aforraría 300 mil euros", unha cifra afastada dos 5 millóns que prevé deixar de ingresar en boa medida polo marcha de 4.500 pacientes a outros hospitais. Así é que desde o comité sospeitan que "isto non vai quedar así e tentarán impor outras medidas adicionais de recorte". Nos últimos anos, lembrou María Xesús Neira (CIG), presidenta do comité de empresa, a dirección do hospital despediu arredor de 60 persoas pasando dun cadro de persoal de 1.500 a menos de 1.400 empregad@s. "Isto xa non é un hospital, é un negocio puro e duro", salientou. O comité asegurou que farán "todo o posíbel" para que o ERE non sexa aprobado. Destarte, após coñecerse a proposta enceta o período de negociación con xuntanzas os días 28 e 30 de xaneiro; e 4 e 6 de febreiro.
NOS_16887
A iniciativa está coordinada polas catedráticas Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín.
USC e Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades presentaron PalMed, a nova base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa. O seu obxectivo é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico. Esta ferramenta posibilita que investigadores e estudantes poidan traballar de maneira simultánea en varios arquivos abertos mediante o salto dun campo a outro e dunha información a outra a través da navegación por diferentes interfaces moi intuitivas. Hai algo máis de dúas décadas, púxose en rede a primeira base de datos de acceso libre que, contendo o corpus completo da lírica trobadoresca. Co paso dos anos, a ferramenta foi sometida a revisións e actualizacións continuas, atendendo tanto ás novas edicións críticas que ían aparecendo como ás novas investigacións que afectaban aos campos de busca. Este proceso de posta ao día da plataforma ocasionou que, na última versión MedDB.3, do ano 2016, se afinaran e simplificaran os procedementos de busca para unha maior axilidade de manexo da mesma. "Precisamente, foi a experiencia no uso de MedDB o que determinou que o equipo responsábel do estudo da lírica trobadoresca no Centro Ramón Piñeiro comezase a deseñar un novo produto, que proporcionase as transcricións paleográficas dos manuscritos que transmiten as cantigas, estruturadas de tal modo que se poida traballar con elas de múltiples maneiras", explica a catedrática da USC, Pilar Lorenzo Gradín. Novas prestacións PalMed, coordinada polas catedráticas da USC Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín, favorece que o usuario poda follear o cancioneiro dixital mediante a opción de busca por manuscritos, que permite, ademais, comparar a transcrición ofrecida coa imaxe do testemuño correspondente. Asemade, ao utilizar a opción de busca por cantigas, o sistema constrúe un cadro sinóptico que permite ver en paralelo as versións de todos os manuscritos que transmitiron a peza seleccionada xunto coa edición crítica presente en MedDB.
NOS_14764
A organización estudantil obtivo 13 claustrais nos tres campus a raíz das eleccións decorridas na cuarta feira.
A pasada cuarta feira, 4 de maio, decorreron as eleccións ao claustro da Universidade de Vigo (UVigo), uns comicios dos que a organización Erguer. Estudantes da Galiza saíu como gran vencedora, coa proclamación de trece claustrais distribuídos ao longo dos tres campus —Vigo, Pontevedra e Ourense— e "representando 42% dos claustrais organizados". Deste modo, Erguer ficou como primeira forza organizada na UVigo. "Queremos agradecer a todas as compañeiras que depositaron a súa confianza en nós e no noso proxecto. Non vos fallaremos", celebraron, a través dun comunicado remitido aos medios. A organización estudantil lembrou que nas eleccións precedentes "50% dos postos de estudantes no claustro ficaron baleiros". Desta volta, as vacantes sen asignar baixaron a 16%: "O número de postos baleiros reduciuse de 37 a 12, mais elixindo menos representantes que nos anteriores comicios". Erguer ocupa a futura sede da universidade de Abanca en Vigo "contra modelo privado de ensino" "Non entendemos isto como unha vitoria sen melloras, pois calquera posibilidade de participación non aproveitada segue sendo unha derrota", matizaron desde Erguer. Porén, salientaron que non queren "quedar" nos resultados: "Unha organización estudantil voltou protagonizar o traballo a pé de aula, desde a base, creando a única alternativa real: o activismo e traballo solidario entre compañeira". A participación, porén, foi especialmente baixa entre o alumnado: 4,75%, isto é, menos de cinco de cada cen estudantes. "Os valores de participación son preocupantes e recórdannos todo o traballo que nos queda por facer. E seguimos adiante a pesar das presións que recibimos desde o primeiro momento", concluíu a organización. Manuel Reigosa, reelixido reitor Por outra parte, o académico Manuel Reigosa foi reelixido reitor da UVigo con 72,3% do voto ponderado favorábel —1.607 votos a favor, 627 en contra, 177 en branco e 36 nulos—.
NOS_10129
A guerra interna do PP ten como principais contendentes a Isabel Diaz Ayuso e Pablo Casado.
A presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, acusou a cúpula estatal do Partido Popular (PP) de "actuar de maneira cruel e desleal" contra a súa persoa e a súa familia, despois de que varios medios españois desvelaran que altos cargos populares contrataron o servizo de dectives privados para investigar Ayuso. A operación de espionaxe teríase orquestado desde o Concello de Madrid, baixo a supervisión do presidente estatal do PP, Pablo Casado, e o secretario xeral do partido, Teodoro García Egea. A este respecto, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, asegurou nunha comparecencia de urxencia que o Concello non tivera ningún tipo de implicación loxística nin económica na contratación destes espías. Martínez-Almeida negou que Pablo Carrromero, man dereita do rexedor e acusado de ser o intermediario entre a cúpula do PP e a empresa de espionaxe, tivese algo que ver con esta situación. A pesar disto, o propio Carromero vén de dimitir con carácter inmediato do seu cargo de director xeral de coordinación do alcalde. Cobro "irregular" dunha comisión Tal e como explicaron diversos medios de comunicación, e a propia Díaz Ayuso confirmou, a investigación do PP tiña por obxectivo desvelar se o irmán da presidenta cobrara unha conisión de xeito "irregular" por un contrato "adxudicado a dedo" polo Goberno da auonomía a unha empresa dun presunto achegado. O contrato, para a compra de máscaras FFP2 e FFP3, foi adxudicado por un valor de 1,5 millóns de euros durante a primeira vaga da pandemia en 2020, cando este tipo de contratos estaban supostamente permitidos pola legalidade. Nas últimas horas, e a pesar de que o PP desmentiu que houbera espionaxe, novas informacións confirmarían que os populares non só terían investigado a relación irregular do irmán de Díaz Ayuso co Goberno de Madrid, senón que tamén doutras persoas achegadas á presidenta. Postura de Díaz Ayuso Tras a comparecencia do alcalde de Madrid, a seguinte en intervir foi a propia Isabel Díaz Ayuso, quen convocou os medios de comunicación para "dar explicacións" sobre o sucedido. A presidenta de Madrid afirmou que "non adxudicou nada a ninguén do seu entorno", e sinalou que "pode cometer erros, pero non ilegalidades". A dirixente popular cargou contra Pablo Casado, e instouno a demostrar as acusacións sobre ela. Díaz Ayuso tamén acusou o Goberno español de filtrar a Pablo Casado os documentos relacionados co contrato, segundo o propio presidente estatal do PP lle tería revelado supostamente. Porén, o secretario xeral do Partido Socialista (PSOE) en Madrid, Juan Lobato, desmentiu estas informacións. Así mesmo, os socialistas tamén acaban de presentar un escrito ante a Fiscalía para investigar o presunto cobro irregular desa comisión. Por último, a presidenta madrileña lamentou que se poña en dúbida a súa lealdade ao PP, e instou a que "se depuren responsabilidades, tanto a escala estatal como rexional". Apertura dun expediente informativo O último en comparecer foi o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, quen negou todas as acusacións de Díaz Ayuso e afirmou que o partido político unicamente instou a presidenta a que entregase toda a documentación relacioanada co caso, "recibindo como resposta unha campaña de ataques durante meses". García Egea sinalou que a formación puxo en mans dos servizos xurídicos do PP as palabras de Díaz Ayuso, e de que abrirá un expediente informativo á presidenta de Madrid pola súa "deslealdade". Este podería derivar nun expediente sancionador, que vai desde a suspensión da militancia até a expulsión do Partido Popular.
NOS_2692
Preséntase en sociedade a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por organizacións representantes das distintas pólas da comunidade educativa galega que manifestan o seu rexeitamento ao Real Decreto-lei 14/2012 e os recortes que contempla
Rexeitar o Real Decreto-lei 14/2012 e exixir á Xunta que se opoña á súa aplicación en Galiza e o recorra perante o Tribunal Constitucional son os dous obxectivos centrais da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Recén creada, presentouse en sociedade esta sexta feira, e baixo o seu paraugas agrúpanse entidades que representan todas as pólas da comunidade educativa galega. Cunha axenda de mobilizacións que xa foi anunciada, o que se pretende é pór freo aos recortes que a norma antes citada, ditada polo Goberno español en materia de Educación, prevé para o ensino público, invadindo incluso as competencias da Xunta, nomeadamente no que ten a ver co horario do profesorado e a cobertura de baixas, asuntos nos que a Consellaría de Educación ten competencias exclusivas. A Plataforma lembrou que a aplicación dese decreto en Galiza, ademais de liquidar a igualdade de oportunidades ao incrementar as taxas académicas e de vulnerar o dereito á Educación ao non cubrir os dez primeiros días das baixas --sexa cal for a duración destas--, suporá o despedimento de máis de 2.000 docentes. Así as cousas, e malia ás palabras do titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, negando que na Galiza foran incrementarse as ratios, Xoán Costa, voceiro da Plataforma en representación da AS-PG --Asociación Socio-Pedagóxica de Galiza--, apuntou que en ningún colexio do país, agás en casos puntuais nas escolas do rural, a relación de alumnas e alumnos por docente é de 9.2, senon moito maior. Pola súa banda, Anxo Louzao, responsábel nacional da CIG-Ensino, criticou que o incremento do número de persoas por aula seguindo a proposta española --até 30 na Primaria, 36 na Secundaria e 42 no Bacharelato-- "mingua a calidade das aulas, incrementa o fracaso escolar e retrotráenos á época franquista, ao invadir competencias sen respectar o Estado das Autonomías". Segundo os datos da central nacionalista, a Xunta que lidera Feijóo reduciu en 425 millóns os orzamentos para o ensino público en relación ao 2009 e aplicou toda unha restra de medidas orientadas á privatización deste servizo, incrementando as axudas aos centros privados concentrados mesmo cando segregan o alumnado por sexos. Tamén é o ensino privado o que sae beneficiado deste incremento das ratios proposto polo Goberno español, segundo explicou Xoán Costa, pois "cobran por alumno". No caso das escolas públicas, o Decreto contempla tamén a imposición dunha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado --que se traduciría en que cada docente deberá impartir materias das que non é especialista--; a eliminación do requisito de ofertar dúas modalidades de Bacharelato --que suporía que só poderán acceder á vía desexada aquelas rapazas e rapaces que poidan afrontar o desprazamento ao centro que a oferte--; adiar a implantación de ciclos de formación profesional --que prexudica ás persoas que buscan unha saída laboral nun momento no que Galiza suma xa 265.600 persoas desempregadas--.
NOS_19351
Máis de 30 anos de traxectoria tentando "desfrutar, facer desfrutar e transmitir unha idea de respecto pola terra, pola lingua e pola cultura". Zënzar teñen moito que celebrar e fano co disco 'Benvidas ó futuro'. Falamos con Bocixa.
'Benvidas ó futuro' ten dous formatos distintos. Un é un pendrive co disco máis cancións vosas de sempre. Por que o editastes así? Somos da xeración do cassette e chegamos á xeración dixital. Nalgún momento dubidamos entre sacar cassette ou disco, despois dubidamos entre o disco e o CD e desta volta dubidamos entre o CD e o USB. Ao final sacamos as dúas cousas e no USB aproveitamos para meter 32 cancións extra, unha por cada ano da existencia de Zënzar . Non son as nosas cancións máis coñecidas, sobre todo para a xente que nos coñece polos últimos discos. Non son as máis representativas, senón as nosas preferidas por distintos motivos. O son é máis rock que outros discos nos que metestes algo de tradicional, por exemplo. Voltamos á formación de quinteto e abandonamos por un tempo a gaita, o saxo, etc. E temos a Laura Romero ao baixo, que é a novidade. Neste disco hai rock e algo de punk e de metal pero, si, é basicamente rock. Queriamos un disco máis natural, cun son máis cru. Nós sempre traballamos con Javier Abreu que é un profesional moi bo pero neste caso queriamos que o disco se parecese máis ao que somos en directo. Por iso traballamos con Roi Gil, que é o noso técnico de son desde hai anos. El fixo a produción e as mesturas. A min gústame moito o resultado. Hai bastante neste disco de mirar atrás ao que fixestes e ao que pasou no mundo durante todo este tempo. De 'A culpa foi de Leño', que vén de A Tribu, a 'Historia do rock'n'roll' ou 'Todo se extingue'. O noso primeiro traballo en CD chamábase 'Disparados ó futuro', referido nón a nós como artistas senón como tribo mundial que se vai autodestruír. 32 anos despois o futuro xa está aquí e as cousas son como entón pensabamos que ían ser. 'A culpa foi de Leño' é un temazo que queriamos que cantase xente amiga que non cantara antes con nós. Quedou moi ben. No tema 'Fomos o futuro' tamén hai autocrítica: ao final esquecemos facer a revolución. Si, claro, nese tema e en 'Abusei' porque, ao final, todas as persoas abusamos. Mudar as cousas individualmente non é posible. Podemos falar e falar e actuar e actuar pero o inimigo é moito máis forte: o capital, a globalización… "Podemos falar e falar e actuar e actuar pero o inimigo é moito máis forte: o capital, a globalización…" En 'Somos criminais', 'Todo se extingue' ou 'Mercader de morte' está a denuncia social que vos acompaña desde sempre e é tan clara por exemplo en 'Vaise armar'. Si, é algo que sempre está aí porque aí están o capitalismo, a desigualdade, a perda de dereitos, produto tamén desta dixitalización da sociedade na que estamos, enganchados ás pantallas. Fixemos este disco nos tempos da covid e cando estabamos para presentalo non puidemos porque había unha pandemia que ameazaba a humanidade. Nós dicimos que o gran virus é o capitalismo e a destrución dos ecosistemas ano tras ano. E o poder, o capital, que se beneficia desa destrución. Mais todo iso está contado desde Cerceda. Non sería igual se o contexto fose outro. Probablemente. Cando comezamos só queriamos non aburrirnos e facer algo diferente. Pero estabamos xa falando de cousas que estaban pasando, da destrución que estabamos vendo. Nós non falamos do mesmo que falan os Herdeiros ou Dakidarría, por exemplo. Acabas transmitindo o que ves, o que vives. Mais Cerceda culturalmente non está tan mal. Este ano saíron varios discos… Cerceda tivo a súa época de gloria, cun festival de rock que organizabamos e do que saíu xente que agora é coñecida. Despois houbo un brutal ataque por parte do poder, mais aínda así só neste ano saíron seis discos en Cerceda. A min paréceme destacable pero aos responsables culturais ou políticos non lles parece importante. É un disco de "tribo", coma o disco homenaxe que vos fixeron. Con colaboracións, cun tema para o voso compañeiro Tabe, cun tema cedido por Xavi Pardeiro… O de Tabe saíunos unha semana despois de despedirnos del. El avisounos moito de non deixar a música e esa mesma noite, despois de despedilo, xa fomos ao local de ensaio. 'Maruxa', d'O Reverendo, é un temazo que compuxo inspirándose nun libro, 'As mans da terra', dunha amiga, Laura Rey, que recita con Emma Pedreira e Ramiro Vidal en 'Standing Rock'. Tamén temos a Zeltia, unha voz nova, en 'Todo se extingue', e a Juankar de Boikot, un vello amigo, en 'Abusei'. A tribo sempre foi a nosa filosofía. Houbo un tempo en que rexeitastes facer xira con grupos españois coñecidos. Visto desde agora, seguiriades adiante? Podiamos ternos convertido noutra cousa, pero non seriamos o que somos hoxe e nós estamos contentos co que somos. Xuntámonos no local de ensaio con amigos e amigas, tocamos en festivais pequenos ou en grandes se nos chaman… Só queremos desfrutar, facer desfrutar e tentar transmitir unha idea de respecto pola terra, pola cultura e pola lingua. Somos patrimonio da xente que nos escoita.
NOS_9419
A Audiencia Nacional condena o Partido Popular ao pagamento de máis de 204.000 euros por beneficiarse da trama Gürtel en Boadilla del Monte (Madrid).
A Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou o Partido Popular como partícipe a título lucrativo ao pago de até 204.198,64 euros polas actuacións da trama Gürtel no municipio madrileño de Boadilla del Monte. Terceira condena Trátase da terceira condena do tribunal aos populares despois das sentenzas pola primeira época da Gürtel e polo uso da 'caixa b' para as obras da sede do partido na rúa Xénova 13. Crespo di no Congreso que repartiu sobres a dirixentes do PPdeG e a xornalistas Nunha sentenza de 303 páxinas, os maxistrados da Sección Segunda estabelecen que os populares deberán abonar esa cantidade con responsabilidade directa e solidaria do que fose líder da trama, Francisco Correa, o seu número dous, Pablo Crespo, o ex alcalde Arturo González Panero e os que foran xerentes da Empresa Municipal do Chan e da Vivenda. Ademais, ordena penas de cárcere de 36 años e 11 meses para o ex alcalde de Boadilla, González Panero, e de 13 anos e medio para Francisco Correa e Pablo Crespo. Beneficio "evidente" O tribunal conclúe que existe un "acervo probatorio sólido" de que o Partido Popular obtivo un "beneficio evidente" coas actividades da trama Gürtel "tanto para as campañas autonómicas e municipais de 2003 e 2007 como fóra de elas", grazas a comisións abonadas por empresas, por mordidas conseguidas con cargo a "administracións públicas" ou directamente en negro desde a 'caixa b' do líder da Gürtel, Francisco Correa.
NOS_7016
O antigo guerrilleiro pasou de apoiar o sandinismo a deostalo e, finalmente, volver de novo a el nos derradeiros anos da súa vida.
O ex guerrilleiro nicaraguano Edén Pastora, coñecido como 'Comandante Cero', faleceu na madrugada da terza feira aos 83 anos nun hospital de Managua. Pastora liderou en 1978 o comando sandinista que chegou a tomar o Congreso durante o réxime de Anastasio Somoza e, tras un tempo na Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), fundou en Costa Rica a Alianza Revolucionaria Democrática (ARDE). Durante a vida del apoiou, despois deostou e finalmente morreu defendendo o sandinismo.
NOS_30796
Estabelecidos finalmente na Gallaecia da man do seu primeiro rei, Hermerico, os suevos mantiveron no reinado de seu fillo, Requila, un difícil equilibrio entre a integración coa poboación galaica e a conquista de novas terras. Fillo do rei Hermerico, Requila asumiu o trono dos suevos no ano 438 tras a renuncia de seu pai a causa dunha doenza que anos máis tarde acabaría coa súa vida. A abdicación de Hermerico e o traspaso da coroa, aínda en vida do rei-pai, foi pensada para garantir a continuidade da monarquía sueva e salvar, dese xeito, un momento de fraxilidade na propia institución real. Con ela evitábase o perigoso baleiro de poder após a súa propia morte, así como unha crise sucesoria que podería ser aproveitada polos inimigos do Estado suevo.
Un sentido de asociación ao poder rexio que constitúe o primeiro signo dunha práctica sucesoria patrilineal e que diferenciou a monarquía sueva fronte outras xefaturas xermánicas de tipo electivo, tales como a visigoda. Así, no ano 438, Requila, todo indica que primoxénito de Hermerico, asumiu a coroa e os destinos da Gallaecia, unha substitución no cargo que coñecemos grazas ao bispo galego Hidacio e o seu Chronicon. Busto de Valentiniano III nun sólido de entre 430 e 445. Lonxe de retornar a Braga e asentar o seu poder rexio no trono, Requila decidiu continuar a campaña de conquista e proseguir cos plans de expansión que seu pai iniciara no territorio romano. O contexto internacional resultaba propicio para os plans do novo monarca, especialmente tras a marcha de Xenserico e os vándalos da península ibérica no ano 429, rumbo a África. Por outra parte, nas terras orixinarias dos suevos, no norte e centro de Europa, Roma asistiu aínda con incredulidade á imparábel expansión dos hunos desde Asia. Todo un terremoto político que acabaría por desestabilizar, aínda máis, o maltreito Imperio de Occidente que desde o ano 425 gobernaba o emperador Valentiniano III. En realidade, a chegada e asentamento de pobos procedentes do leste non era tan novidoso no Imperio romano de Occidente. Desde había varias décadas, Roma, con escasos efectivos militares, vírase obrigada a pactar con diferentes tribos xermánicas, tales como os francos e os visigodos, a fin de evitar unha catástrofe maior. Desde entón, asentados nas terras da Galia romana, ambos os dous pobos constituíron unha forza militar cuxa relación con Roma foi cambiante e á que serviron en moitas ocasións como mercenarios. As campañas militares de Requila Esta situación no Imperio permitiu que Requila e os exércitos suevos avanzasen rapidamente polo sur peninsular, aproveitando dese xeito as disputas que Roma afrontaba no centro e leste de Europa. Mais alén do propio beneficio territorial, a campaña emprendida por Requila tamén representaba unha demostración de forza para que o novo rei se mostrase perante Hermerico e os seus como un dirixente capaz de levar o seu pobo á vitoria. Así, tal e como narra Hidacio no seu Chronicon, no mesmo ano da abdicación de Hermerico, no 438, Requila cruzaba cun exército o río Singilion (actual Xenil), e atacaba as posicións dun líder militar de nome Andevoto. A vitoria de Requila sobre Andevoto representou o primeiro éxito militar do novo monarca suevo tras asumir o goberno da Gallaecia e as súas anexións. Todo un triunfo que segundo Hidacio, acabou reportando ao novo rei un suntuoso botín de guerra formado, principalmente, por ouro e prata. A recompensa recollida non só reportou prestixio ao novo soberano, tamén lle permitiu custear novas campañas militares na zona, converténdose en todo un estímulo para continuar a súa acción conquistadora nas ricas provincias romanas do sur ibérico. Así, ao ano seguinte, no 439, a opulenta cidade romana de Emerita Augusta (actual Mérida), a capital da Lusitania, convertíase no obxectivo do novo rei da Gallaecia. A inmellorábel situación da urbe, nacida no cruce de camiños que unía Astorga con Sevilla, e Olisipo (Lisboa) con Tarraco (Tarragona), facían da metrópole emeritense un enclave xeopolítico de primeira magnitude. Esta privilexiada situación facía de Mérida, ademais, un enclave comercial especialmente dinámico cuxa importancia levara a cidade a ser sede do vicario da diocese romana de Hispania, nome co que se coñecía a Península ibérica e parte do norte de África na altura. A toma e anexión de Mérida permitiu a Requila asumir o control administrativo de toda unha provincia: a Lusitania Malia súa relevancia, con todo, a toma de Mérida resultou unha tarefa relativamente doada para o novo rei a xulgar pola sucinta referencia que o bispo Hidacio dedicou ao acontecemento, rexistrando apenas que a cidade fora conquistada. A toma e anexión de Mérida permitiu a Requila asumir o control administrativo de toda unha provincia: a Lusitania. Con todo, a totalidade do territorio lusitano non se someteu á autoridade do novo rei, e este axiña dispuxo todos os preparativos para someter aqueles enclaves insurrectos que aínda estaban en posesión de Roma. Así, un ano máis tarde, no ano 440, posibelmente desde a súa base de operacións en Mérida, Requila dirixiu unha nova campaña destinada a completar o dominio do sur da Lusitania e arrebatar a Roma as últimas cidades desta provincia. O obxectivo máis inmediato foi a cidade amurallada de Mirtylis Iulia (actual Mértola), situada no extremo sur-oeste da Lusitania. Para asegurar a cidade e evitar o avance de Requila cara a Bética, as autoridades romanas encomendaron a defensa da urbe a Censorio, un experimentado funcionario romano coñecido pola súa experiencia diplomática cos suevos en anos anteriores. Preparada para un longo asedio, o avance do rei da Gallaecia sobre estas terras debeu resultar esmagador a ollos da poboación mertolense e do propio Censorio. Seguindo as palabras de Hidacio, é de supor que a superioridade sueva foi a causa final pola que Censorio decidiu depoñer as armas e render a cidade inmediatamente. Con esta acción evitábase o baño de sangue máis tamén o sufrimento dunha cidade incapaz de conter durante moito tempo o exército asaltante. A rendición pacífica de Mértola levou a Requila a perdoar a vida a Censorio e os seus moradores, con todo, expertos como Pablo C. Díaz consideran que o funcionario romano non puido evitar ser feito refén, converténdose así nunha valiosa peza de troco coa que Requila tivo a oportunidade de negociar directamente co Imperio. A conquista de Sevilla polos galegos A conquista de Mértola, na beira do río Anas (actual Guadiana) deixou o exército suevo ás portas da Bética. Só uns meses máis tarde, coincidindo coa morte de Hermerico, xa doente, no ano 441 Requila decidiu atacar unha das maiores urbes romanas do momento: Hispalis (a actual Sevilla). Sen apenas datos que narren como foi a ofensiva bélica dos suevos sobre a gran cidade do Guadalquivir, as crónicas coinciden en que a operación foi un auténtico triunfo desde o punto de vista militar. O propio Hidacio non dubidou en afirmar que após a súa conquista, Requila estendeu o seu dominio non só sobre toda a provincia romana da Bética, mais tamén sobre a veciña provincia da Carthaginensis, en pleno Mediterráneo. Efémero ou amplo, o control de Requila sobre a gran provincia cartaxinense non foi, en calquera caso, completo, porén a pericia militar de Requila comezaba a representar toda unha ameaza para o poderío de Roma no extremo occidental do maltreito Imperio de Occidente. Conquista tras conquista, o reino de Requila estaba a converter a Gallaecia nun novo imperium ibérico que axiña espertou suspicacias entre os veciños reis xermánicos, especialmente entre os vándalos e os visigodos. Máis representativas resultan as noticias sobre a aparición dun foco priscilianista na Gallaecia, principalmente en Astorga Desde unha perspectiva xeopolítica, a anexión das provincias da Lusitania e da Bética permitiu dotar ao nacente reino da Gallaecia dunha vocación nomeadamente atlántica, creando un Estado vertebrado a través de dúas grandes redes viarias romanas: a ruta que unía Lugo, Braga, Coimbra e Lisboa, así como a vía da prata que unía Legio (León) con Mérida e Sevilla. Con todo, máis fráxil foi o dominio suevo nas terras máis orientais das provincias romanas da Bética e da Carthaginesis, cuxo control posibelmente foi a principal tarefa de Requila entre os anos 441 e 448. É nesta época de consolidación do dominio suevo cando aparecen as primeiras mostras de conflitividade relixiosa no seo da Igrexa ibérica máis occidental. Fora o propio Hidacio quen anos antes, no 441, xa denunciara como tras a toma de Hispalis (Sevilla), o seu bispo, posibelmente contrario á ocupación sueva, fora deposto e substituído por outro, de nome Epitafio, talvez máis proclive ao goberno de Requila. Máis representativas resultan as noticias sobre a aparición dun foco priscilianista na Gallaecia, principalmente en Astorga. Unha aparición de criptopriscilianistas que malia inquietar ás autoridades da Igrexa, talvez non supuxo unha grande preocupación para o propio Requila, quen profesaba a relixión pagá e do que cabe supor, honraba o panteón dos deuses da mitoloxía xermánica. No terreo político, o reino engrandecido por Requila viviu entre os anos 441 e 448 unha época de relativa paz, grazas á decadencia militar de Roma, incapaz esta de recuperar todos aqueles enclaves ibéricos que caeran en mans suevas. Con todo, a ameaza doutros pobos como os veciños vándalos tamén se fixo sentir na Gallaecia. Deles coñecese unha incursión no sur da ría de Vigo, na antiga Toroño, no ano 444, na que os vándalos se fixeron cun importante botín. O final do reinado de Requila Gallaecia —na parte inferior esquerda— no mapa do mundo de Paulo Orosio do século V, reconstruido por Konrad Miller en 1898. No entanto, a posibilidade de que Requila e o seu exército consolidasen o seu dominio sobre a Bética e, especialmente, sobre a Cartaghinensis, resultou inquietante para as autoridades romanas. Deste xeito, para recuperar o control sobre estas provincias mediterráneas, no ano 446 as autoridades romanas encargaron a tarefa de expulsar a Requila e os seus a un reputado xeneral do exército romano chamado Vito, nomeado "magister militum" para tal fin. Vito, acompañado por tropas auxiliares visigodas asentadas na Aquitania gala, emprendeu ese mesmo ano unha campaña militar polo levante hispano co obxectivo de internarse na Cartaghinensis, a anexión sueva máis afastada da Gallaecia e onde o dominio de Requila non estaba plenamente asegurado. A pesar de que Vito recuperou para Roma algúns dos enclaves máis próximos ao Mediterráneo, a expedición romana resultou un rotundo fracaso. Desde as súas posicións avanzadas entre Mérida e Sevilla, Requila organizou ese mesmo ano un continxente militar para facer fronte ao exército romano-visigodo e partiu a través da vía Augusta en dirección ao Levante. Alí, nun lugar indeterminado, sitúa Hidacio o choque bélico entre ambos os dous exércitos. Unha batalla que practicamente non chegou a se producir pois a chegada do exército de Requila espertou tal pavor nas filas de Vito que estas decidiron desertar e fuxir para salvar a súa vida con "covarde temor" (miserabili timore), recalcaba Hidacio. Mentres que o seu pai preparara o ascenso de Requila a través da abdicación e a asociación ao trono, no caso de Requila este non parece que dispuxese de tanto tempo Na súa volta aos territorios occidentais, ao gran centro de operacións militares no que se convertera Mérida, Requila morría un ano máis tarde, en agosto do ano 448. A pesar do silencio que envolve a causa da súa morte, esta debeu resultar relativamente inesperada. A idade que Requila debía posuír entón, así como o seu curto reinado −apenas unha década− fai pensar ao mundo investigador que o monarca suevo puido morrer dunha doenza, se cadra a mesma que sufriu seu pai, Hermerico. Do que non hai dúbida é de que Requila morreu fiel ás crenzas xermánicas, de igual forma que o debeu de facer seu pai, tal e como describe Hidacio de Chaves cando afirmaba, con toda rotundidade, que o rei morrera "xentil", é dicir, sen recibir o bautismo cristián. Outro dato que afonda no carácter súbito do seu falecemento foi a súa propia sucesión, de modo que mentres que o seu pai preparara o ascenso de Requila a través da abdicación e a asociación ao trono, no caso de Requila este non parece que dispuxese de tanto tempo. É por este motivo que a súa morte provocou un breve e intenso conflito sucesorio, a pesar de na lei sucesoria sueva imperar o dereito de sangue. Finalmente a coroa da Gallaecia, mais das súas provincias anexionadas, recaería nun fillo seu, de nome Requiario, o que fai pensar que puido ser o primoxénito. Porén, nada se coñece con certeza da nai de Requiario. Se ben algunhas fontes identificaron a esta como a filla do rei visigodo Walia, outros opinan que, en realidade, a princesa visigoda casou con outro caudillo suevo, identificado, ás veces, como irmán de Requila. Sexa como for, a pesar do seu curto reinado, Requila pasou á historia como un monarca sumamente audaz, capaz de levar aos suevos e aos galaicos a unha expansión sen precedentes que garantiu a existencia do propio reino e converteu Braga, e a Gallaecia, nun auténtico centro de poder político. A súa pericia no campo de batalla fixo del un rei temido polos seus inimigos e aclamado entre os seus, vitoriosos non só fronte as tropas visigodas máis tamén fronte a propia Roma. Non pode estrañar que o seu nome acadase gran prestixio na Gallaecia, e que este ficase fixo na memoria colectiva durante moito tempo, plasmándose finalmente na propia toponimia galega a través de nomes como Requián, Riquián ou Receá. O legado de Requila pasaría a seu fillo, Requiario.
NOS_58478
Máis da metade fano con dificultades, aumentan os que diminúen gastos comúns e cae a confianza dos consumidores
Os fogares galegos que teñen dificultades para chegar a fin de mes mantéñense por encima de 50% no primeiro trimestre de 2022, segundo os datos divulgados esta segunda feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE). A cifra dos que teñen dificultades ou moitas dificultades é de 51%, o que supón un punto menos que no anterior trimestre e seis puntos menos que hai un ano, de modo que os que contan con facilidades ascenden na actualidade até 49%. Medio millón de fogares galegos dependen das prestacións Con todo, entre os que contan con moitas dificultades hai unha alza até o 6,72%, o que supón un lixeiro incremento fronte a 6,20% do anteriores tres meses. Con todo, supón un retroceso respecto ao 10% do primeiro trimestre de 2021. Menor confianza Pola súa banda, cae a confianza dos consumidores galegos en seis puntos respecto aos tres meses anteriores. De feito, diminúen os catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: situación financeira persoal, desemprego, situación económica da Galiza e capacidade futura de aforro. Así mesmo, dispáranse a 30% os fogares galegos que diminuíron gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas e electricidade, non alimentación. Nos meses anteriores supoñían 16,9%. Máis da metade dos fogares galegos ten dificultades para chegar a fin de mes Un 26,4% non se permitiu ningún extra -vacacións, facer fronte a imprevistos, saír a cear ou ir ao cinema- no primeiro trimestre do ano. Cambio de hábitos Ademais, 12,6% dos fogares cambiaron os seus hábitos de compra cara a marcas brancas ou produtos en oferta. Un 40% ten previsto aforrar no próximos tres meses e o 53,8% saír a cear, ir de cafeterías ou ao cinema. Finalmente, 15,8% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habitan; o 7%, o coche, e o 2,3%, unha segunda vivenda.
NOS_57969
Galiza conta con cada vez menos persoas e cunha poboación máis avellentada, motivo polo que a protección social é, se cabe aínda, máis urxente blindar.
Nun país como Galiza, o debate sobre as políticas de protección social son unha urxencia por resolver e blindar. Os prognósticos estiman que no ano 2031 contaremos cunha pirámide poboacional cun 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos. Pese a isto, a pensión media en Galiza é 150 euros inferior á media estatal, que é de 985 euros mensuais. Vexamos que políticas propoñen desde cada formación nos seus programas electorais de cara ao 28A en materia de dereitos sociais e protección. Para o Partido Popular, que nos anos de Mariano Raxoi á fronte do Goberno central adoptou severos recortes en materia de política social, "a familia é o eixe da sociedade" son eixos básicos, segundo afirman no seu programa, polo que promoverán "políticas cunha perspectiva de familia" e apostan na creación da Conferencia Sectorial da Familia, para o seguimento e promoción de políticas nesta materia. Afirman que aprobarán unha lei de apoio á maternidade que contemple un conxunto de medidas "para pór en valor a maternidade, ampliar as medidas de conciliación e corresponsabilidade, impulsar medidas fiscais en favor das familias, a promoción da orientación familiar…". Cómpre lembrar que publicamente Casado advertira da intención de derogar a actual Lei do Aborto, aprobada en 2010 e que permite o aborto nas 14 primeiras semanas de xestación, e volver á aprobada en 1985 polo Goberno de Felipe González, que só contemplaba o aborto nos supostos de violación, risco para a saúde da nai ou malformación no feto. O PP propón unha lei de apoio á maternidade Así mesmo, o PP anuncia unha nova lei de servizos sociais de ámbito estatal "que garanta con carácter uniforme para toda España, unhas prestacións comúns". O PSOE comprométese a regular a eutanasia e impulsar o aluguer social O PSOE defende en materia social, dentro das súas 101 medidas presentadas a modo de compromisos electorais, o fomento da promoción de vivenda de alugueiro social. Aposta en impulsar unha estratexia para combater a pobreza enerxética e estabelecer a renda básica de emancipación para o aluguer de vivenda por parte de mocidade con ingresos baixos. Impulso dunha carta de dereitos dixitais A reforma constitucional que o PSOE anuncia nos seus 101 puntos, "tamén incorporará o recoñecemento adecuado das persoas con discapacidade e os seus dereitos". O programa recolle o impulso dunha carta de dereitos dixitais "que recoñeza os novos dereitos da sociedade dixital". En canto á eutanasia, anuncian que desenvolverán unha lei para regulala, "defendendo o dereito para elixir con liberdade". Aínda que o goberno de Sánchez non derrogou a Lei Mordaza, no seu programa avoga por unha nova lei de seguridade que substitúa a actual, e aseguran que darán novo impulso á Lei de memoria histórica e ás políticas de reparación das vítimas da Guerra Civil e da ditadura. O BNG pula por reverter os recortes e garantir as necesidades sociais de toda a poboación O BNG recolle como obxectivo no seu programa reverter "todos os recortes que se aplicaron nos servizos públicos e esixir a aplicación inmediata de medidas que permitan elevar o nivel de vida da poboación galega". Nesa liña, o Bloque defende garantir as necesidades sociais "a toda a poboación" e avogan por incrementar o gasto en protección social até atinxir, "como mínimo, o gasto medio en protección social do conxunto da Unión Europea". Sitúa, como obxectivo principal, asegurar o carácter público dos servizos sociais básicos. Asegurar o carácter público dos servizos sociais básicos En canto a dependencia, o nacionalismo esixe derrogar o real decreto que incrementou o copagamento e eliminou o pagamento da seguridade social ás persoas coidadoras. No seu programa recollen medidas sobre vivenda como a aprobación dun programa para a implantación dunha bolsa de vivenda social en alugueiro, o estabelecemento de límites nos prezos ou a aprobación da dación en pagamento con carácter. En Marea: por un "estado social con ampliación de dereitos" En Marea afirma no seu programa pular para "suprimir toda a lexislación antisocial e recentralizadora aprobada polo goberno central", como os decretos que "impoñen recortes sanitarios e educativos", así como derrogar os obstáculos de contratación de persoal e de creación de servizos públicos introducidos pola lei de reforma e sostibilidade local. Poñer en marcha fondos extraordinarios específicos contra o despoboamento Avogan por poñer en marcha fondos extraordinarios específicos contra o despoboamento, así como deseñar unha estratexia estatal de coidados "que garanta redes eficaces de servizos públicos en materia de familia e atención á infancia" e apostan pola socialización dos coidados como responsabilidade do goberno, "non exclusiva das mulleres". Comprométense a traballar para modificar os criterios de valoración da discapacidade, recoñecendo o 33% de discapacidade para as persoas con diagnóstico de epilepsia refractaria, e pularán por aprobar o plan de acción da estratexia española de trastorno do espectro do autismo. En Marea quere deseñar "unha estratexia de estado de atención ás persoas dependentes". En Común-Unidas Podemos propón unha renda básica garantida O programa de En Común-Unidas Podemos recolle unha "renda básica garantida", implantando unha prestación de suficiencia de ingresos que terá unha contía inicial garantida por adulto de 600 euros ao mes, incrementándose en función do número de membros do fogar até os 1.200 euros. "Esta renda garantida actualizarase periodicamente co valor máis alto entre o IPC e o crecemento do salario mediano", afirman. Desde a coalición tamén defenden mellorar a protección das persoas desempregadas e derrogar a reforma de 2013, que "reduce a protección tanto no acceso as prestacións como na contía das mesmas". Avogan pola reforma do sistema de pensións de cara a frear a perda de poder adquisitivo No epígrafe titulado "Pensións dignas" avogan pola reforma do sistema de pensións de cara a frear a perda de poder adquisitivo das persoas pensionistas, reducir a brecha de xénero e "derrogar os aspectos máis regresivos das últimas reformas", así como regularizar as pensións das persoas emigrantes retornadas. Ciudadanos: cursos de inglés gratis en xullo e agosto para todas as nenas e nenos Ciudadanos vén de presentar uns puntos, a modo de programa, onde engloban a política social baixo o título "Converter España no mellor país do mundo para as familias", e engloban nel axudas con 1.200 euros a familias con dúas crianzas e monoparentais, axudas con 2.400 euros anuais a familias con tres crianzas, igualar os permisos de paternidade e maternidade, cursos de inglés gratis en xullo e agosto para todas as nenas e nenos, escolas infantís gratis para todas as familias de España, libros de texto gratis na públicas e concertada, dentista gratis para menores de dezaseis anos, promover a adopción de mascotas, tarxeta sanitaria única en toda España e "garantir os mesmos dereitos e servizos a todos os españois vivan onde vivan". Cursos de inglés gratis en xullo e agosto para todas as nenas e nenos Ademais de baixar os impostos, avogan por "un novo modelo laboral estábel que poña fin á precariedade, e premiar ás empresas que contraten máis e despidan menos". Compromiso por Galicia avoga pola distribución da riqueza na economía de mercado Baixo o lema, "Galicia pinta no estado" Compromiso por Galicia concorre ás xerais cun programa no que caracterizan á forza galeguista por ter "no seu centro o piar social, con fortes políticas de redistribución e de creación de riqueza dentro dunha economía de mercado responsábel e sostíbel".Nesa liña, comprométense a apostar polo incremento dos orzamentos en materia de ensino, sanidade e investigación. Que propostas dos programas te convencen máis? Vota na enquisa de Sermos Galiza.
NOS_20226
A Plataforma SOS Sanidade Pública exixiu nunha concentración encabezada polos líderes da oposición que a Xunta de Galiza "rescate" o proxecto hospitalario paralizado desde hai meses
Alberto Núñez Feijóo asegurou hai uns días que "aínda é posíbel" manter os prazos previstos para a construción do complexo hospitalario de Vigo, prevista para 2014. Porén, a realidade é ben distinta. A situación económica que atravesan algunhas das empresas concesionarias do servizo --agrupadas na UTE Concesionaria Novo Hospital de Vigo SA-- ten paralizado o proxecto desde hai meses e até o propio goberno galego se viu na orbriga de recoñecer a evidencia de que o resultado final "dependerá de cando se resolvan os problemas internos" das empresas que conforman a UTE. Embora as empresas da concesionaria estean en concurso de acredores e sen solvencia para facer fronte ao levantamento e explotación dos servizos adxudicados, a área de Vigo podería ficar "condenada a ter unha sanidade privada para os próximos 25 anos" denuncian. Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública, activistas e grupos da oposición exixiron á Consellaría de Rocío Mosquera e ao presidente da Xunta que "rescate" a concesión perante o que consideran "un incumprimento flagrante" por parte das compañías adxudicatarias. Nunha concentración a pé de obra, encabezada polos líderes da oposición --BNG, AGE e PSdeG-- ducias de persoas reclamaron ao goberno galego que "actúe" no que consideran "un modelo de financiamento privado fracasado" que demostra "o grave erro" da xestión sanitaria de Núñez Feijóo, "máis cara" din "que se a fixera pagada con fondos públicos".
NOS_17458
O pasado 30 de novembro centos de persoas volveron a concentrarse diante do hospital de Verín cofin de rexeitar o expediente aberto pola Xunta da Galiza a Javier Castrillo, xefe do servizo de Xinecoloxía do centro. Este acto simbolizou a oposición á proposta de recortes de servizos sanitarios do Goberno galego.
A comarca de Monterrei volve ferver. O pasado 30 de novembro, cando se cumpriu un ano do comezo das mobilizacións contra o fechamento do paridoiro de Verín que abanearon o panorama político galego, centos de persoas volveron para concentrarse ás portas do hospital da zona co fin de rexeitar o expediente aberto pola Xunta da Galiza a Javier Castrillo, xefe do servizo de Xinecoloxía do centro, que simbolizou a oposición á proposta de recortes de servizos sanitarios do Goberno galego. Un expediente de sanción que sitúa en primeiro plano a vontade de Núñez Feixoo de centralizar a atención hospitalaria nos centros urbanos, a decisión da Xunta de amordazar ás críticas a súa xestión e as discrepancias entre o PP galego e a súa sucursal ourensá. O Partido Popular non esquece as consecuencias de tentar fechar o paridoiro de Verín. A un tempo, significou un freo ao proceso de desmantelamento dos hospitais comarcais, iniciada na pasada lexislatura, coa supresión das áreas sanitarias da Mariña, O Barco, Monforte de Lemos ou Verín, e a súa conversión en distritos dependentes dos núcleos urbanos de referencia. Por outra banda, empuxou unha vaga de protestas de carácter nacional que colocou no centro do debate social, ás portas das eleccións galegas, as políticas de retallos da sanidade pública de Feixoo. Por último, debilitou a base de apoio social e electoral do PP na comarca de Monterrei e moi particularmente no concello de Verín, onde os populares lograron nas últimas eleccións galegas o 41,08% dos sufraxios, 12 puntos menos que no conxunto da circunscrición de Ourense e 11 menos que nos comicios de 2016 na localidade. Núñez Feixoo e Baltar diverxen nos obxectivos e na solución do problema. O presidente galego aposta por sancionar Castrillo cunha intención exemplarizante e na perspectiva de lanzar unha mensaxe ao conxunto dos profesionais sanitarios ao comezo dunha lexislatura onde a Xunta da Galiza ten previsto rematar o proceso de desmantelamento dos hospitais comarcais e avanzar na redución da carteira de servizos dos centros locais de saúde. Neste contexto, volve emerxer a figura do xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial, executor das políticas de Feixoo na zona, desprazado das súas responsabilidades en Vigo polos seus conflitos cos sindicatos e coas organizacións en defensa da sanidade pública e considerado por algún responsábel do Sergas como "un duro, entre os duros". "A Rubial gústalle o sangue, porén non se tería metido a tramitar a sanción se non contara co apoio de Feixoo", sinala a Nós Diario un antigo compañeiro de Rubial. Baltar busca minorar a perda de apoio social e electoral do PP en Monterrei. Os populares ourensáns consideran que o expediente contra Castrillo vai avivar a protesta na comarca e están advertidos polos seus alcaldes na zona que unha redución na carteira de servizos do hospital debilita as súas posibilidades. A este respecto, o barón ourensán tenta convencer Feixoo para que rectifique a súa postura e paralice o expediente a Castrillo, porén o presidente galego ten a ollada posta na reorganización do sistema sanitario galego e para levala adiante precisa meter medo e amordazar as e os traballadores do sector.
QUEPASA_603
Carta aberta de Ramón Pasandín, veciño de Corme: "Quen me defende a min?".
En resposta á Carta aberta de Ramón Pasandín, o outro afectado polo posible derrubamento do muro da discordia en Agra dos Condes (Corme), Ángel da Baneira, quere enviar, a través da Asociación de Veciños Eduardo Pondal, esta outra Carta, na que ademais responde ao alcalde de Ponteceso, que lle chamou "usurpador". Carta aberta á Asociación, aos veciños de Corme e do Concello de Ponteceso, de Ángel Suárez Baneira En primeiro lugar, debo sinalar que non existe ningún camiño público que cruce as miñas fincas. O Concello de Ponteceso e Ramón Pasandín Regueira, sacaron unha nota de prensa e unha carta, aludindo como probas da existencia dun camiño público sobre a miña finca, información do Catastro e do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pois ben, non existen antecedentes no Catastro da existencia de ningún camiño público. O Ctastro en si mesmo non califica a natureza dos camiños que poidan aparecer grafiados no mesmo, e neste caso, non existen antecedentes anteriores ao 2003. En canto ao PXOM, é do 2015. Porén, estase silenciando polo Concello e Ramón Pasandín que no anterior PXOM, do 2002, non aparece grafiado ningún camiño sobre a miña finca, como pode apreciarse. O Concello pretende xustifica a existencia dun camiño público en base ao plano do Catastro, que data de 2003, e do PXOM, de 2015, e que nin sequera coinciden entre eles á hora de delimitar por onde pasaría o camiño. De feito, segundo o Catastro, o camiño discorrería dende o portalón de entrada da miña finca, sen afectar aos muros, e no PXOM, o camiño pasa por riba do muro, pegado ás casas colindantes. De feito, o Concello pretende facer valer o trazado do PXOM en 2015, que é un plan mal feito e erróneo, se ninún antecedente da súa existencia, que é o máis ilóxico e dañino para a miña propiedade, pois en ningún plano o camiño discorre por riba do muro da miña finca, que leva décadas levantado. Segundo o Concello eu teríao pechado en xuño de 2018, cando o certo é que nas fotografías e planos existentes pode apreciarse que o muro leva máis de 20 anos erguido, como ben sabe toda a xente da vila. É máis, para que ese pretendido camiño transcorrese por onde sinala o Concello debería pasar por riba do meu pozo, e por riba dos antigos muros, e do galiñeiro que había na miña finca, como se evidencia en fotografías aportadas ao concello, das que se fixo caso omiso. A situación é francamente inverosímil, posto que o trazado do PXOM de 2015, tal e como está trazado, discorre mesmo parcialmente sobre as edificacións existentes da miña propiedade, que levan máis de 50 anos levantadas. O Concello fala de demoler o muro e o peche da miña finca, pero é incapaz de dar resposta ás cuestións formuladas. Tales eran as dúbidas existentes, que nos dous Plenos celebrados sobre o camiño, produxéronse profundas discrepancias ao respecto. Así, no Pleno do 28 de xaneiro de 2019, o acordo para decidir se se declaraba ou non o camiño como público, sa´íu adiante a proposta da alcaldía por tan só un voto de diferencia entre os concelleiros, cos votos en contra da oposición. Posteriormente, cando recurrín o acordo, o resultado do Pleno do 2 de abril de 2019 foi aínda máis axustado: tívolse que votar dúas veces, e dúas veces houbo un empate a 5 votos, saíndo adiante a proposta de declarar a existencia dun camiño público, gracias aos votos do PSOE, incluído o alcalde, e téndose que decidir polo voto de calidade do mesmo para dirimir o empate. Pero é máis. O Concello afirmou primeiro que eupechara o camiño a mediados de 2018, pero posteriormente os propios informes da Policía Local indican que o portalón de entrada a miñas fincas levaba 5 anos realizado, e que non podían concretar cando se levantara o muro. A verdade, como ben coñece todo Corme, é que o peche da miña finca leva máis de 20 anos levantado. Por outro lado, Ramón Pasandín afirma que eu non lle deixo pasar pola miña finca, o que é falso. Hai un dereito de paso, privado, a través da miña finca, que nunca negeui, e polo que este veciño ten pasado e polo que estivo introducindo o material da súa obra sen o máis mínimo coidado nin respecto pola miña propiedade. É completamente falso que non poida pasar pola miña finca, e así llo manifestei ao propio concello, por escrito, e co seu correspondente xustificante de presentación, en xaneiro de 2019, que aquí comparto: Di este veciño, Ramón Pasandín Regueira, que chegou a un acordo con outro propietario para que lle deixe pasar os materiais da obra. Iso será agora, porque ata 2019 estívose servido da miña finca para entrar. De feito, todo o relativo á existencia ou non dun camiño público, xorde a raíz da denuncia urbanística que antes formulara contra el. Agora mesmo hai un procedemento contencioso-administrativo interposto sobre a existencia do camiño público, e sobre o trazado do mesmo, que está no Xulgado da Coruña. O certo é que o Concello pretendía demoler o peche da miña finca sen esperar ao resultado de dito procedimento. Pero non vai ser a única acción que faga. Nos próximos días presentarei a correspondente demanda civil contra o propio Concello de Ponteceso por este mesmo asunto, para que se me recoñeza a propiedade da finca e a inexistencia do camiño público. Por último, quero dicir que, en contra do insinuado, teño liquidados ata a data todos os impostos municipais sobre as fincas da miña propiedade, incluídas as dúas fincas afectadas polo vial que o Concello quere declarar como público. De tódolos xeitos, quero aproveitar a presente e dar gracias aos numerosos veciños que, ao enteirarse da decisición do Concello de Ponteceso, puxéronse en contacto estes días comigo para amosar o seu apoio e manifestarse ante o que todos consideran un atropelo, pois son plenamente coñecedores da inexistencia de caquera camiño público a través da miña finca. A todos eles, e a esta Asociación, quero dirixirme dándolles as gracias polas mostras de apoio e solidariedade, ante a inxustiza que estou vivindo. Ángel Suárez Baneira.
PRAZA_18179
O regulador propón reformar o mercado estatal do gas para aproveitar mellor a capacidade infrautilizada das seis plantas existentes en toda España, da que a galega é a máis pequena
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) someteu a exposición pública a pasada semana unha proposta para reformar a regulación das seis plantas de gas natural licuado (GNL) existentes en España. O documento comeza facendo unha análise da situación actual, na que considera positivo que España é o país Europeo con maior número de plantas de regasificación e capacidade total, ao que contribúe, malia ser a máis pequena delas, a planta que Reganosa, controlada polo grupo Tojeiro e a Xunta, ten en Mugardos, no interior da ría de Ferrol. Porén, o documento cuestiona a eficiencia de Reganosa e propón unha reforma do sector que permita potenciar o uso das plantas menos utilizadas, como a galega, impulsada durante os gobernos de Fraga e apoiada polo bipartito e a actual Xunta malia que nos últimos anos veu recibindo sentenzas que tombaron os seus permisos urbanísticos e de operación e o seu plan de emerxencias. O regulador propón reformar o mercado estatal do gas para aproveitar mellor a capacidade infrautilizada das seis plantas existentes en toda España, da que a galega é a máis pequena Segundo Competencia, en xeral nas seis instalacións de regasificación existentes en España "o nivel de utilización das plantas foi baixo" e "non foi uniforme", concentrándose a actividade nos últimos anos especialmente na planta de Barcelona, moi por diante das de Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos, "chegando ao punto en que plantas como Sagunto, Cartaxena ou Mugardos poden non ter ningunha descarga durante longos períodos de tempo (meses)". En xeral, en toda España só se contratou o 30% da capacidade de regasificacion das plantas, que rexistraron un nivel de enchido do 43%. O informe de Competencia tamén constata que na planta de Mugardos é na que operan menor número de comercializadores, 20, fronte aos 25 das de Cartaxena e Sagunto ou 42 de Barcelona, e na que os tres primeiros copan unha maior cota de mercado, o 65%, fronte ao 59% da maioría das outras plantas ou o 45% da de Barcelona. Para a CNMC, a concentración de axentes implica "ineficiencias operativas para o sistema e os axentes". "Plantas como Sagunto, Cartaxena ou Mugardos poden non ter ningunha descarga durante logos períodos de tempo", censura Competencia Competencia conclúe que "a regulación española das plantas de GNL necesita ser máis eficiente na xestión do acceso ás plantas, facer efectiva a prestación de novos servizos en plantas de regasificación e buscar a forma de ofertar unha maior flexibilidade aos comercializadores en consonancia co robusto sistema de infraestruturas dispoñibles. Desta forma crearíase un mercado gasista máis líquido e competitivo coa conformación dun potencial hub español de GNL que puidera ser referente europeo". Por iso, proporá un novo modelo de asignación de capacidades de acceso ao sistema gasista así como unhas novas tarifas de peaxes que redunde nun maior uso de todas as instalacións.
NOS_14962
BNG, Amaiur e ERC veñen de presentar no Congreso español a proposición conxunta pola autodeterminación dos pobos. As tres formacións queren abrir o debate na Cámara baixa sobre o dereito a decidir destas tres nacións. "A democracia debe ofrecer garantías para a libre expresión das persoas, mais tamén dos pobos".
Unha proposición de lei conxunta para o recoñecemento como nacións, "co seu conseguinte dereito de libre determinación", de Euskal Herria, Països Catalans e Galiza. Este é o cerne da iniciativa presentada esta quinta feira no Congreso por BNG, Amaiur e ERC e co que queren pór sobre a mesa o recoñecemento do dereito a decidir para estes tres pobos. "A misión do Estado de Dereito non consiste en coartar e impedir o exercicio de tales anceios, senón todo o contrario" Na proposición non de lei explícase que "a democracia debe ofrecer garantías para a libre expresión das persoas mais tamén dos colectivos; para a igualdade de oportunidades entre persoas mais tamén entre os pobos; e para a maior libedade das persoas pero tamén para as comunidades que así o persigan». E, por tanto, "a misión do Estado de Dereito non consiste en coartar e impedir o exercicio de tales anceios, senón todo o contrario, garantir o seu desenvolvemento e facilitar o seu exercicio". No documento as tres formacións propoñen a transposición "ao ordenamento xurídico español o dereito á libre determinación das nacións" de acordo cos principios subscritos polo propio Estado a través da "ratificación de diversos Tratados internacionais", entre eles o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (1976) en que se recoñecen --afirma o documento achegado por Amaiur, BNG e Esquerra-- que "todos os pobos teñen dereito á autodeterminación. En virtude deste dereito determinan libremente a súa condición política". Neste senso, a lei procura "o desenvolvemento dos artigos 23 e 92.3 da Constitución española". O proposición de lei rexistrada esta quinta feira recoñece "como nacións e co seu conseguinte dereito á libre determinación" a Euskal Herria --conformada polos catro territorios forais-- Països Catalans e Galiza. Porén, "serán consideradas nacións a efectos da presente lei aquelas que así o definan" quer nos seus Estatutos quer por vontade parlamentar. BNG, Amaiur e ERC recoñecen que o seu obxectivo é "levar o debate sobre a autodeterminación dos pobos ás Cortes españolas" Aliás, a norma proposta recolle a transferencia das competencias en materia de referendos --até o de agora exclusivas do Estado-- á fin de que as nacións poidan convocalo en aras da súa autodeterminación nacional, iniciándose así, un proceso de transición que podería levar á súa independencia como Estados de seu. Malia que @s populares contan con maioría na Cámara --o que constitúe un atranco na aprobación da proposición de lei-- as formacións políticas que a promoven recoñecen que o seu obxecto é "levar o debate sobre a autodeterminación dos pobos ás Cortes", unha cuestión rara vez tratada no Parlamento español.
PRAZA_20870
O feche da factoría das Somozas únese á longa lista de empresas de compoñentes eólicos caídas nos últimos anos. Falamos con Pedro Varela Vázquez, economista experto no sector, para debullar as causas.
O devalo paseniño da industria asociada ao sector eólico en Galicia sufriu esta semana un novo golpe. O anuncio de Siemens Gamesa do peche da súa planta de pas nas Somozas non só supón unha nova labazada ao emprego, co despedimento previsto de 215 persoas, senón tamén a fin da produción deste compoñente dos aeroxeradores no país e o punto final a unha nova empresa xurdida ou impulsada ao abeiro do dos muíños de vento. Meses despois de que Endesa anunciase o peche da central térmica e a aposta polas renovables, a 20 quilómetros Gamesa pecha unha planta de pas de eólicosDe pouco parece servir que Galicia intalase en 2019 o dobre de potencia eólica que en toda a década anterior, que a tendencia fose semellante en 2020 ou que o sector represente perto do 1% do PIB galego e supoña uns 7.000 empregos. Tampouco a cacarexada aposta política e das administracións pola transición enerxética, acentuada pola pandemia. Poucos meses despois de que Endesa solicitase o peche da central térmica das Pontes e situase a aposta polas renovables como alternativa, a menos de 20 quilómetros Siemens Gamesa decidiu desmantelar unha fábrica de pas para aeroxeradores. "É inaceptable; carbón non, renovables si, pero o emprego que xeran, tampouco", lamentou Ángel Mato, alcalde de Ferrol, cabeceira dunha comarca afectada de cheo pola perda de emprego e industria nos últimos anos, xunto a Eume, o Ortegal ou A Mariña, ameazadas agora tamén polas intencións de Endesa e Alcoa e a falta de plans concretos de futuro.Gamesa, LM Composites, Ventogal, Alstom... Varias empresas vinculadas ao eólico pecharon nos últimos anos en Galicia Co peche de Gamesa ponse fin á produción de pas no país. Non hai tantos anos, había tres empresas dedicadas ao sumarlle LM Composites, pechada en 2010 logo de trece anos de actividade, ou Danigal, ambas nas Pontes. En 2013, tamén nas Somozas e en Narón, pechou Alstom, encargada da ensamblaxe de aeroxeradores. Antes caera Coruñesa de Composites, subministradora tamén de compoñentes para os muíños de vento, ou Ventogal, que se unía a unha longa lista de despedimentos, redución de actividade ou peches do que fora un consolidado tecido industrial na fabricación de compoñentes --tamén torres ou góndolas-- ou mantemento no eólico, especialmente no norte de Galicia. Gamesa, que agora pecha nas Somozas, investiu en Galicia creando tamén unha planta en Bergondo, xa pechada, outra en Sigüeiro, agora centrada nas multiplicadoras, e outra en San Cibrao das Viñas, que quedou en mans de Coasa."É algo que vén sucedendo aos poucos desde hai algo máis dunha década, non só con filiais de grandes empresas, senón con pequenas compañías que se viron prexudicadas polo parón eólico e logo pola crise financeira logo de especializarse ou vincularse ao eólico", explica o economista e investigador do Departamento de Economía Aplicada da USC, Pedro Varela Vázquez, coautor xunto a Carmela Sánchez do estudo sobre o impacto socioeconómico do sector en Galicia publicado na prestixiosa Renewable and Sustainable Energy Reviews.A situación actual, explica, é "moi complexa". "O de Gamesa é un capítulo máis, pero non sei se o último", engade quen explica que "falta un mercado local que apoie estas empresas" que naceron "ao abeiro duns incrementos de potencia instalada moi grandes e dunhas políticas industriais moi ambiciosas e de contido local". "Apoiouse e fomentouse que os promotores contratasen con empresas da contorna unha porcentaxe determinada de compoñentes, pero iso desapareceu""Daquela apoiábase e fomentábase que os promotores tivesen que contratar con empresas da contorna unha porcentaxe determinada de compoñentes e aeroxeradores, pero iso desapareceu das normativas autonómicas hai algo máis dunha década", lembra Varela Vázquez, que bota en falta tamén "políticas industriais claras" e unha "planificación plurianual e regular que non houbo nos últimos 13 ou 14 anos". Son algúns dos problemas para este tecido industrial vinculado ao sector eólico, pero hai máis. "Estamos falando de compoñentes moi pesados e voluminosos cuxo custo loxístico para o transporte é altísimo, o que dificulta a súa exportación", engade, tras advertir de que o impulso que á eólica mariña, pero tamén á instalación en terra, se dá en Portugal, Francia ou outros países de Europa inclina tamén a balanza cara a outras localizacións. Precisamente, o peche da factoría de Gamesa nas Somozas está vinculado á compra, hai dous anos, doutra planta de pas en Portugal. Ademais, e segundo denuncia o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a multinacional "está a montar" outra fábrica para estes compoñentes de aeroxeradores en Francia. "O Goberno francés obrígalle se quere instalar alí parques eólicos, mentres que de aquí está marchando", asegurou nunha xuntanza na que alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal fixeron "fronte común" fronte á desindustrialización da zona. O peche de Gamesa vincúlase á instalación dunha planta en Portugal e á construción doutra en Francia; "Ambos países son máis ambiciosos no sector""Francia ou Portugal están sendo moito máis ambiciosos, tanto na eólica mariña como no sector en xeral; se aquí se instala menos, a Gamesa ou a calquera empresa vaille saír máis rendible, por proximidade aos seus principais mercados, fabricar eses compoñentes tan voluminosos máis perto deles", engade Varela Vázquez, que insiste en reclamar "ambición" na planificación e en políticas industriais "máis locais". "Quizais a palabra proteccionismo soe forte, pero o sector eólico é un sector moi regulado e as políticas de impulso sempre foron e seguen sendo locais", explica quen reclama que a Xunta, quen máis competencias ten no ámbito, "non sexa absentista" fronte ás políticas doutros países. "En Galicia houbo absentismo e nas últimas normativas do sector non hai planificación nin política industrial e iso non axuda""En Galicia houbo absentismo e nas últimas normativas do sector non hai planificación nin política industrial e iso non axuda", explica este experto no sector, que cre que a maneira de impulsar o sector e a súa industria é a través de "políticas públicas". Ademais, advirte da "vantaxe" que están a coller países como Portugal. "Ten máis facilitades estruturais cara á industria, pero tamén fai maiores esforzos no desenvolvemento tecnolóxico, no que leva apostando desde hai vinte anos cunhas políticas de I+D+i e investimento moi fortes", resume.
NOS_15722
A preocupante tendencia rexistrada nos corpos militares de Alemaña durante o último lustro, con máis e máis casos de soldados e mandos intermedios afiliados con movementos neonazis, levou a medidas drásticas por parte do Goberno alemán. O caso de Franco Albrecht é simbólico por rocambolesco, mais non é o único.
"Aínda que a vasta maioría dos militares respectan a Constitución, e o movemento de extrema dereita non é un fenómeno novo na sociedade nin na Bundeswehr [forzas armadas alemás], constatamos que se está a entrar nunha nova dimensión", alertaba en xuño de 2020 ante o Parlamento Christof Gramm, xefe dos servizos de contraintelixencia militar de Alemaña. Só dous meses despois, a ministra de Defensa, Annegret Kramp-Karrenbauer, anunciaba a disolución dunha compañía completa do Kommando Spezialkräfte (KSK), o corpo de elite militar, así como a completa reestruturación das forzas especiais alemás debido a infiltración de numerosos simpatizantes radicais da ultradereita. Un feito que ía alén de saúdos nazis ou posesión de material do Terceiro Reich. Nos últimos anos partes do KSK estiveron expostas a "un liderado tóxico, tendencias extremistas e unha xestión laxa do material e da munición", sinalaba Kramp-Karrenbauer no seu informe. Na altura, os medios alemáns informaban de que case 50.000 cartuchos e máis de 60 kg de explosivos desapareceran do KSK. Der Spiegel daba conta ademais dun grupo de Whatsapp onde se manexaban teléfonos e enderezos de políticos e doutras personalidades. Neste sentido, xa en 2017 se dera a coñecer unha suposta conspiración por parte de integrantes do KSK para asasinar políticos da esquerda, como o dirixente de Die Linke Dietmar Bartsch. "A maior ameaza" O Goberno alemán leva anos tentando frear o rexurdimento da ultradereita e do nazismo. En outubro de 2019, un neonazi matou dúas persoas nun tiroteo contra unha sinagoga en Halle. E en febreiro de 2020, dez persoas ─a maioría inmigrantes─ foron asasinadas en Hanau por un simpatizante de ultradereita, o que levou ao ministro do Interior, Horst Seehofer, a declarar a extrema dereita como "a maior ameaza á seguridade para Alemaña". O caso máis impactante produciuse o 2 de xuño de 2019, cando o presidente do Goberno rexional de Kassel, Walter Lübcke, foi asasinado. Lübcke, da CDU, recibira ameazas previas pola súa posición a prol da acollida de refuxiados, a maioría fuxindo dos conflitos en Siria, no Iraq e no Afganistán. Poucos días despois, o neonazi Stephan Ernst confesaba o crime. Maquillaxe na cara A detención de Franco Albrecht en 2017 produciuse precisamente ao ronsel da crise migratoria de 2015-16, cando se estendeu na sociedade alemá a Willkommenskultur, a "cultura da benvida" ás persoas refuxiadas impulsada por organizacións da esquerda e amparada pola propia presidenta do Goberno, a conservadora Angela Merkel. Albrecht, de 32 anos, é un tenente alemán que se fixo pasar por refuxiado sirio co fin de demostrar os fallos ─segundo el─ da política de acollida de Merkel. Para isto pretendía atentar contra a vida de diversos dirixentes políticos. Esas son cando menos as acusacións presentadas contra el no xuízo que acaba de comezar en Frankfurt e que se estenderá até agosto, no primeiro caso en Alemaña tras a Segunda Guerra Mundial por actos de terrorismo contra o Estado. Co rostro escurecido con maquillaxe, presentou en 2015 unha solicitude de asilo, e chapurreando inglés explicou que non aprendera árabe porque asistira a unha universidade francesa preto de Damasco. Identificouse como "David Benjamin", un froiteiro cristián de Damasco, e foille outorgada unha asignación mensual duns 409 euros ademais dunha praza nun albergue para refuxiados. Porén, continuou coa súa vida como soldado baixo a súa verdadeira identidade nun cuartel en Illkirch, na fronteira francesa. O pasado 21 de marzo, o xornal galo Le Figaro entrevistaba a Albrecht. "Quería chegar persoalmente ao fondo do asunto e comprobar até que punto o concepto de asilo fora corrompido polas autoridades alemás, en detrimento da seguridade", dixo, e rexeitou que tivese ningunha intención violenta. Preguntado polo arsenal de armas e explosivos subtraído do Exército que acumulaba na casa, afirmou que era para "protexer" a súa familia "en caso de urxencia". Porén, a fiscalía cre que o obxectivo último era o asasinato de representantes públicos como o entón ministro de Xustiza e agora de Exteriores, Heiko Maas (Partido Socialdemócrata, SPD), ou a vicepresidenta do Bundestag, Claudia Roth (Os Verdes), entre outros. Atentados de "falsa bandeira" co fin de "redirixir as sospeitas cara aos solicitantes de asilo en Alemaña", sinalou a acusación. As investigacións ─recolleu AFP─ mostraron que posuía unha copia do libro de Adolf Hitler Mein Kampf e que consideraba a inmigración unha forma de xenocidio. A súa detención produciuse cando trataba de recuperar unha pistola da época nazi que agochara nun váter do aeroporto internacional de Viena. De ser declarado culpábel, afronta unha pena de até 10 anos de cárcere. 'Vítima' política Este caso e os relacionados co KSK puxeron no centro das críticas a entón ministra de Defensa (2013-2019), tanto do Exército como da oposición política ─que solicitou varias veces a súa dimisión─ e mesmo do seu propio partido, a CDU. Finalmente atopouse outra saída para a desde o 1 de decembro de 2019 presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. Sen rastro do militar de ultradereita fuxido da intelixencia belga A frenética busca en Bélxica dun perigoso militar armado, xa retirado e que aparecía nas listas de vixilancia terrorista dos servizos de intelixencia belgas, chegou onte ao quinto día. Máis de 400 axentes especiais intensificaron o dispositivo na noite da quinta feira para localizar este home asociado con movementos de extrema dereita, Jurgen Conings, de 46 anos. Conings foi posto na lista de vixilancia o pasado febreiro tras ameazar varias persoas nos meses previos, incluído Marc Van Ranst, virólogo de referencia no Estado belga na loita contra a Covid-19. Antes de desaparecer no parque nacional de Flandres Hoge Kempen, onde supostamente, se fixo con numerosas armas e munición. Situación esta que elevou as críticas dos representantes públicos no Parlamento pola falla de control interno no Exército.
NOS_3349
Coincidindo co aniversario da mobilización histórica de 'Queremos Galego' fronte ao decreto de 'plurilingüismo' de Feixoo realízase este sábado en Compostela unhas xornadas nas que se contrastará a situación do galego coa do catalán e o éuskara e se analizaranse iniciativas normalizadoras en diferentes etapas educativas no ensino en Galiza.
No presente curso fanse 10 anos do Decreto de Plurilingüismo. Para a CIOG-Ensino, "á vista dos últimos datos publicados polo IGE" unha ferramenta para "o declive que sofre a nosa lingua". Desde CIG-Ensino e a AS-PG organizan a Xornada "O ensino en galego o galego no ensino". Dirixida a docentes, será o sábado, 25 de xaneiro, no IES As Fontiñas, en Compostela. "Pretendemos reflexionar sobre a situación da nosa lingua no ensino e tratar de tomar iniciativas para reverter esta situación. As xornadas contarán coa presenza de Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora, que participará coa palestra: A lingua galega no ensino. Acomodación ou normalización? Para contrastar esta situación co que está ocorrendo en Cataluña Pere Mayáns (xefe de Apoios e Recursos Lingüísticos da Consellería de Enseyament da Generalitat) falará sobre A escola no proceso de normalización lingüística do catalán e no País Vasco, Paul Bilbao, (secretario xeral de Kontseilua) exporá o relatorio "Competencia na lingua propia no sistema educativo da Comunidade Autónoma Vasca: luces e sombras". A profesora e escritora Mercedes Queixas Zas, abrirá a porta nas Xornadas a experiencias normalizadoras do profesorado do ensino público naqueles ámbitos nos que o Decreto máis negativamente incidiu: Educación Infantil, Matemáticas, Actividades complementarias, Equipos de Dinamización da Lingua Galega ou no Plan Lingüístico de Centro. As xornadas contan xa con máis de persoas inscritas. Son de asistencia libre e gratuíta, en horario de mañá e tarde, e a matrícula estará aberta até este xoves, 23 de xaneiro. Para máis información sobre o programa pódese consultar esta ligazón.
NOS_53033
A conta atrás para a manifestación en defensa da sanidade pública galega do vindeiro domingo en Compostela comeza coa reapertura da sala de partos e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín.
Despois de 63 noites de peche no Hospital de Verín, a confirmación da reapertura da sala de partos e das urxencias pediátricas do centro comarcal suspendeu o encerro e deu paso á celebración. Ás oito da mañá de onte, a directora do distrito sanitario de Verín, Guillermina Agulla, confirmou que os servizos clausurados o pasado decembro volvían estar dispoñíbeis. E ratificouno a presenza dunha pediatra, polo momento, a única que, desde onte, forma parte do cadro de traballadoras do hospital comarcal. Reinicio No seu reinicio, "o servizo comeza a funcionar mellor do que pechou", asegura o xefe de Xinecoloxía e Obstetricia de Verín, Javier Castrillo, en conversa con Nós Diario. A diferenza, apunta, está na incorporación desa nova pediatra ao cadro de persoal propio. A partir de agora, co apoio doutros dous profesionais que se sumarán ás gardas localizadas, "estamos en condicións de ofrecer atención pediátrica as 24 horas do día", salienta Castrillo. "A idea é contratar outro especialista para poder crear un servizo de pediatría propio". Despois de varios contactos con pediatras interesadas na oferta laboral lanzada desde o distrito sanitario de Verín, a dirección só conseguiu formalizar un acordo. Mais a idea, di o xefe de Xinecoloxía, "é contratar outro especialista para poder crear un servizo de pediatría propio". Así llo trasladou a directora do hospital, quen a falta de culminar os seus plans de contratación, anunciou que a próxima semana "abrirá a consulta de pediatría, ademais de ter xa en marcha a de neonatos", explicou. Neste sentido, Javier Castrillo afondou nunha eiva que lastra a asistencia pediátrica en todo o territorio. "Os pediatras están en perigo de extinción, máis cando se trata de reforzar un hospital comarcal do que descoñecen a realidade". Castrillo avoga por incentivar a contratación, e sobre todo por corrixir un defecto de formación. "Debería ser obrigatorio para o especialista rotar por hospitais de todos os niveis para coñecer as diferenzas e as necesidades de cada contorno de traballo". De Cee-Corcubión a Verín A nova pediatra do Hospital de Verín chega procedente do servizo de Atención Primaria. Até a semana pasada atendía as crianzas de Cee e Corcubión no centro de saúde da primeira localidade. A súa marcha supliuse cun médico de familia con formación en puericultura procedente de Muxía-Dumbría, que desde onte, tamén, conta cun profesional das mesmas características para atender os casos propios de pediatría. Unha medida que non convence as usuarias, xa mobilizadas para recuperar a figura dunha especialista. Loita cívica e ordenada O transvasamento de profesionais transfire unha loita que en Verín culminou en éxito. O responsábel de Xinecoloxía do Hospital de Verín gabou a vitoria da veciñanza, "da xente que durante tantos días mantivo unha loita cívica, ordenada e respectuosa". "O transvasamento de profesionais transfire unha loita que en Verín culminou en éxito". "Estamos moi contentas", recoñece a portavoz da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monterrei ao pouco de abandonar o peche nas dependencias hospitalarias. "Acabamos de recoller as nosas pertenzas e de embalar os carteis que colgaron das paredes do hospital estes meses. E facémolo satisfeitas porque esta reapertura é o triunfo da cidadanía, que nunca perdeu o ánimo nin se rendeu". Ao contrario, insiste Sola en declaracións a Nós Diario, "esforzouse ao máximo para recuperar unha atención básica que nunca deberan ter retirado". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_20000
Llerena Perozo e Andrés Duro deixaron Compostela para se instalar en Silleda coa intención de buscar outra maneira de vivir máis acorde coa natureza. Na finca A Gargalleira, en Transfontao, partiron dunha horta ecolóxica e agora crearon un 'agroespazo' no que ofercer obradoiros e eventos culturais. A súa inauguración o vindeiro 4 de xullo promete.
-Cando deciden organizar un proxecto no rural? Veño de traballar toda a vida en temas de produción e dinamización cultural, medio ambiente e feminismo. Nos últimos anos estaba no mundo editorial. Andrés vén do eido da educación. Queriamos atopar unha maneira de vivir diferente e, aínda que os dous estabamos satisfeitos dos nosos traballos, non o estabamos coas dinámicas. Andrés atopou este lugar e quedou namorado del. Daquela chegou a Covid-19 e o confinamento. Se había algunha dúbida de querer cambiar o ritmo non só a nivel persoal senón tamén a nivel social, creo que iso foi moi determinante. Cando puidemos achegarnos ao Deza, viñemos. Puxemos unha tenda de campaña baixo un castiñeiro para durmir unha noite e pensar que faciamos. Non nos marchamos máis. -Foi decisiva a relación coa xente da contorna? Para nós era o máis importante. Entendemos que hai un urbanocentrismo que nesta sociedade é a medida de todas as cousas. Un 10% da poboación vive no rural e un 90% nas vilas e cidades. Xérase unha urbanocracia e o urbano sitúase por riba do rural. Con esa idea chegamos nós aquí tamén. Logo descubrimos unha comarca moi rica como é o Deza, cunha poboación que ten un discurso moi diferente do que nos contaban. Hai moita xente maior, é certo, mais é moi activa, orgullosa e cun nivel relacional moi bonito. Existe o compañeirismo e o axudarse sen molestar nin inxerir no privado. -Como nace A Gargalleira? Naceu soa. A Gargalleira é unha finca de 5 hectáreas que está entre Transfontao e Silleda. Era unha parte dos terreos que pertencían ao Pazo de Transfontao, unha propiedade familiar que nas últimas décadas pasou por varias mans e rematou por ser mercada por unhas empresas que se afundiron quedando en mans dunha inmobiliaria. Segundo nos contaron isto estaba destinado a ser un campo de golf. Fai linde cun río e co camiño de inverno a Santiago. Comezamos traballando o cultivo ecolóxico e foinos moi ben a primeira horta que sementamos mais tampouco queríamos dedicarnos de maneira exclusiva ao sector primario. Polo camiño coñecemos á xente de aquí e entramos na realidade social, entendendo como funcionaban todas as súas dinámicas. Descubrimos que o rural non é tan pobre nin está tan morto como nos contaban. Hai moita xente nova que traballa, con negocios, orgullosa do seu territorio e de onde viven. Daquela afianzamos a idea de facer formación de persoas adultas. Pensamos que o lugar era aberto, marabilloso para a concentración. Tamén a idea de crear unha programación cultural na carpa. -Cal é a razón de escoller unha carpa? Nós vivimos en dúas carpas. A primeira que montamos xa non está. Mercamos dúas tendas moi grandes no Reino Unido capaces de resistir no inverno temperaturas de -4º sen pasar frío dentro. Temos cociña e unha depuradora ecolóxica. Descubrimos que había outras máis grandes pensadas para eventos e nós queríamos contar cun espazo que non fora unha intervención permanente no territorio. Esta estrutura é fixa mais só hai que soltar os ventos, marchar e nuns meses ninguén sabería que estivemos aquí. -Que actividades teñen pensado organizar? A idea é facer cursos e obradoiros de adestramento actoral, comunicación pública para mulleres,... mais tamén haberá eventos culturais e encontros relaxados, accesíbeis e cos mesmo contidos que poidas atopar en calquera cidade. Será cultura galega fundamentalmente, con moita música e literatura sen descartar artes escénicas e artes plásticas.
NOS_45827
As declaracións realizadas por Ana Pontón após a detención de presuntos integrantes de Resistencia Galega foron duramente criticadas polo PP, cuxo secretario xeral, Miguel Tellado, instou a líder nacionalista a que explicase "cales son os vínculos ou afectividades do BNG con RG". Ante os dardos do PP, Pontón respondeu esta segunda feira con contundencia: "Se alguén neste país tivo morneza con comportamentos delictivos é o PP". "Quero lembrar que temos un presidente que durante anos foi amigo dun narcotraficante [Marcial Dorado]", dixo.
Como cabía agardar, o PP usou munición de groso calibre contra a líder do BNG após esta ter dito que había que respectar a presunción de inocencia das persoas detidas durante unha operación contra Resistencia Galega. Facendo abstracción de que en todo momento Pontón puxo por diante que o BNG rexeita a violencia e só defende a loita política democrática e pacífica, Miguel Tellado instou a líder soberanista a que explicase "os vínculos ou afectividades" da formación frentista con RG. A resposta de Pontón chegou esta segunda feira ao ser interpelada ao respecto durante unha conferencia de imprensa no Pazo do Hórreo. E a réplica non ficou atrás canto á dureza. "Estou sorprendida pola desesperación do PP. Quere xerar polémicas onde non as hai", dixo e a seguir xa puxo no albo a formación conservadora: "Se alguén neste país ten tido morneza con algún comportamento delictivo é o PP. Quero lembrar que temos un presidente que durante anos foi amigo dun narcotraficante. É o PP quen nos ten que explicar os seus vínculos co narcotráfico". "Quero lembrar que temos un presidente que durante anos foi amigo dun narcotraficante. É o PP quen nos ten que explicar os seus vínculos co narcotráfico" A líder do BNG convocara os medios para avaliar o comezo da precampaña por parte do Goberno Feixoo —"o país precisa un goberno cun proxecto serio, non un gabinete pre-electoral"—, porén as e os xornalistas mostraron máis interese en coñecer as opinións de Pontón sobre a situación do grupo de En Marea, fracturado entre a ala villarista e o tripartito Podemos-Esquerda Unida-Anova. "Nunca avalío os problemas internos doutras organizacións. Nin o fixen durante este tempo nin o vou facer agora", dixo. En todo caso, e perante unha pergunta concreta de se o BNG pensa que pode sumar novos apoios grazas á crise da confluencia, Pontón repuxo: "Se hai moitas galegas e galegos que volven mirar para o Bloque é porque estamos facendo ben as cousas, cun proxecto renovado, e porque temos unha organización sólida que traballa con humildade e rigor". Remarcou tamén que os problemas políticos do país non se resolven mudando a "submisión a Raxoi" pola "submisión a Sánchez". "Galiza necesita un proxecto propio" e o BNG teno. Un proxecto que non se explica en función dos avatares polos que atravesen outros "espazos políticos", alegou. A posición sobre o binormativismo Pontón lidou tamén cunha pergunta sobre se o BNG respalda ou non a aposta de sectores do reintegracionismo en favor do chamado binormativismo, isto é, a prol de que no galego teñan o mesmo grao de oficialidade a norma vixente da RAG e a grafía harmónica co portugués. Pontón remarcou que os problemas políticos do país non se resolven mudando a "submisión a Raxoi" pola "submisión a Sánchez" Sen entrar no fondo do asunto —"a cuestión que plantexas ten moita profundidade e merece análise e diálogo—, a voceira nacionalista aproveitou a ocasión para "parabenizar a Real Academia Galega polo nomeamento de Carvalho Calero [para o Día das Letras 2020]". "Había moitas persoas que con razón viñan reivindicando esa candidatura. É unha grande noticia para as nosas letras. Trátase dunha figura imprescindíbel da nosa literatura e tamén da reivindicación da normalización do galego e da súa difusión no ámbito internacional", dixo. Os "vínculos claros" da lingua coa lusofonía constitúen "unha oportunidade moi grande" para o idioma e a cultura do país, resaltou. En todo caso, Pontón esclareceu que na súa opinión o problema fundamental do galego non se acha na súa norma escrita, senón no seu devalo social e na "perda moi importante de falantes" que está a rexistar, pola quebra da "transmisión xeracional". O retroceso do galego non sería un fenómeno espontáneo, senón que estaría sendo "inducido" polo PP e por Feixóo. "O grande reto que temos por diante é reverter esa situación. Desde logo, o recoñecemento de que facemos parte do mesmo tronco que o portugués ábrenos unha oportunidade inmensa", concluíu.
NOS_45548
Chega, o que parece ser, unha nova moda de intentar revitalizar as películas de monstros xigantes tipo Godzilla.
PACIFIC RIM Ano: 2013 Duración: 131 min. País: Estados Unidos Director: Guillermo del Toro Guión: Travis Beacham, Guillermo del Toro Música: Ramin Djawadi Fotografía: Guillermo Navarro Reparto: Charlie Hunnam, Idris Elba, Rinko Kikuchi, Charlie Day, Burn Gorman, Ron Perlman, Santiago Segura SINOPSENun futuro próximo, a humanidade vive asediada polos Kaijus, monstros xigantescos que saen das profundidades do océano. Para loitar contra eles, créanse os Jaeger, robots humanoides xigantes que teñen que ser manexados por dous pilotos que teñan compatibilidade sináptica. Os ataques aumentan en frecuencia até tal punto que é necesario tomar unha decisión drástica ou se non a humanidade será exterminada. CRÍTICAChega, o que parece ser, unha nova moda de intentar revitalizar as películas de monstros xigantes tipo Godzilla (xénero kaiju) e robots ao estilo Mazinger Z (xénero mecha), pero co respaldo dun presuposto multimillonario. Concretamente de 190 millóns de dólares. E quén mellor para acadar esta tarefa que un apaixonado da ciencia ficción e o xénero fantástico coma é Guillermo del Toro. Con precedentes coma "Blade", "O labirinto do fauno" ou, máis concretamente, "Hellboy" a cousa promete. Porén, a película defrauda un pouco. A dirección é boa, con esa obsesión case enfermiza que ten o director mexicano polos detalles. Acompañan uns excelentes efectos especiais aderezados con moita acción e batallas entre os titáns moi logradas, e cuns actores secundarios que elevan o nivel. Non obstante, con todo iso só consegue captar a atención de maneira intermitente. Os actores son pouco coñecidos, iso si, coas habituais colaboracións de Ron Perlman, que desde "Cronos" (1993, Guillermo del Toro) sae case sempre cun papel máis ou menos largo nas súas películas, incluíndo un protagonista absoluto na saga de "Hellboy", e tamén a do amiguete Santiago Segura. Os demais aportan moito músculo e pouca cabeza ao estilo de "Starship Troopers" (1997, Paul Verhoeven), pero sen tanta mala baba como aquela. A trama, do propio director xunto con Travis Beachman, pretende ter un fondo psicolóxico pero apenas se sustenta en catro características básicas e con pouca substancia. Os diálogos teñen algún toque de chispa, pero funcionan máis ben cando saen os secundarios e fanse cansos cando pretenden a típica solemnidade ianqui de salvar o mundo. Polo demais é unha digna homenaxe ás películas xaponeses de kaijus e mecha, que tanto éxito acadaron entre os 50 e os 70 e que influenciaron todo tipo de merchandising, cómics, debuxos animados e que permanecen na memoria colectiva de máis de unha xeración. De feito, Guillermo del Toro confesouse un namorado das súas influenzas, pero tratou de non facer referencias directas, senón de crear algo orixinal honrando á beleza artesanal, a épica e a inxenuidade daqueles filmes. Logra transmitir ese espírito un tanto infantil e case nos fai querer xogar con monstros, pero dubido que cale profundamente nunha xeración tal e como pretendían. Esperábase máis deste proxecto, aínda así trátase dunha boa película de ciencia ficción con toques apocalípticos que entretén o suficiente como para querer mirala en pantalla grande. Non recomendo perder os títulos de crédito final dedicados ao xenio da stop-motion Ray Harryhausen, finado recentemente, e a Ishiro Honda, director xaponés que revitalizou as películas daikaiju dándolle un toque persoal que quedaría como base do xénero. Toda unha declaración de intencións.
PRAZA_9508
O audiovisual galego é parte esencial da nosa cultura, mais tamén constitúe unha industria cunha grande capacidade de crecemento e indución doutras actividade. Integrarmos estes dous polos é a garantía da súa viabilidade económica e da súa vitalidade cultural.
Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual, ven de definilo moi a xeito no acto da entrega dos premios Mestre Mateo da Academia: "sen cultura non existen os países e sen audiovisual non hai cultura". Velaí que non existirá país sen o audiovisual galego. A forza da nosa identidade e mesmo parte da nosa prosperidade dependerá de xeito directo e substancial da saúde cultural e económica do sector audiovisual galego.Ares remata un mandato de catro anos que se traduciu nun grande incremento do número de persoas académicas, das actividades da propia Academia e de actuacións formativas nun sector xa caracterizado pola alta calidade técnica e profesional da súa xente. Foi, tamèn, un cuatrienio sinalado pola aposta pola igualdade. Canto aos productos audiovisuais, aumentou substancialmente a produción de longametraxes en galego, a súa variedade e máis a participación de mulleres como xefas de equipa.As longametraxes máis agasalladas ("A sombra da lei", con dez premios, entre eles os da mellor película e director e "Trote", con cinco agasallos, salientando o acadado por María Vázquez como protagonista principal feminina) definen precisamente dúas liñas de produción distintas no audiovisual galego. Por unha banda a grande coprodución industrial coordinada por unha produtora galega (Vaca Films), con actor protagonista galego (Luis Tosar) e director galego (Dani de la Torre), contando en castelán un relato do pistolerismo barcelonés dos anos 20 do século XX. Pola outra a ópera prima nada convencional dun director (Xacio Baño), aliñado na corrente do "novo cinema galego", contando en galego unha historia desenvolvida no noso rural que, porén, é universal. Un film con coprodución lituana que trunfou nos festivais de Locarno e Donostia.Pertencen longametraxes como "A sombra da lei" ao audiovisual galego? A resposta só pode ser afirmativa, xa que foi ideada e financiada por unha empresa galega, dirixida por galego, montada polo galego Jorge Coira, cunhan directora de produción galega (María Liaño), actor protagonista galego e con galegos nos diversos traballos técnicos. Mais nesta caste de productos constitúe función esencial da axencia pública AGADIC a de garantir a produción de copias en galego e a súa distribución nun mercado interno que non discrimina negativamente os productos na nosa lingua, adoito vetados, porén, polos prexuizos das distribuidoras.O audiovisual galego é parte esencial da nosa cultura, mais tamèn constitúe unha industria cunha grande capacidade de crecemento e indución doutras actividade. Integrarmos estes dous polos é a garantía da súa viabilidade económica e da súa vitalidade cultural.
PRAZA_20648
Davide Salvado, Os Melidaos, Cúig ou Quique Escamilla forman do menú musical da trixésimo oitava edición do festival, esta primeira fin de semana de agosto. Os concertos combínanse coa mostra de instrumentos e actividades como os concursos infantís de debuxo e literatura
"Fun a Parga e Guitiriz, Guitiriz e mais Teixeiro, fun a Parga e Guitiriz hoxe fun ao mundo enteiro...". A canción -ou himno- dos Diplomáticos de Monte Alto con letra de Pepe dos Bloques soou en innumerables ocasións no campo da festa do Festival de Pardiñas, máis dunha cos seus intérpretes no escenario. Este 5 e 6 de agosto ha soar de novo, con toda probabilidade, neste recuncho do Concello de Guitiriz que por trixésimo oitavo verán consecutivo xuntará milleiros de persoas na súa Feira e Festa da Música e da Arte, subtítulo imprescindible da cita. O de Pardiñas é un festival particular por moitas razóns e, se cadra, ser o que máis edicións consecutivas acumula no país non é a máis relevante. Naceu coa década dos 80 do século pasado e xa daquela tiña á súa fronte unha asociación xuvenil e cultural, Xermolos, que non é posible comprender se o seu fundador -e alma-, Alfonso Blanco Torrado, que tamén é cura da parroquia e un inmenso dinamizador cultural da contorna. Aqueles "revoltosos", como definiu nalgunha ocasión Blanco Torado ás persoas que botaron a andar o festival, comezaron coa intención de "enriquecer" as festas do Santo Domingo e a criatura cobrou vida propia. Fixérono aínda que non todo eran parabéns e non faltaban receos, tamén políticos. Entre os centos de persoas que se achegaban ese domingo de agosto a Pardiñas -o festival non se estendeu a toda a xornada do sábado ata mediados dos 90- había xente con "pintas" pouco recomendables para a xente disque de orde e, ademais, entre barbas, bandeiras, vestidos de cores e camisas de cadros distinguíanse rostros que para algúns eran sospeitosos. Mesmo subversivos. Algunhas desas persoas "xa non están fisicamente", pero "están estes días" dalgún xeito en Pardiñas, evoca Blanco Torrado: "Manuel María, Díaz Castro, Pepe Neira Vilas...". Alfonso Blanco: "Manuel María, Díaz Castro, Pepe Neira Vilas... Dalgún xeito están estes días en Pardiñas" Pero Pardiñas madurece sen concesión á nostalxia. En Xermolos contan que xa van pola terceira xeración que pon mans e corazón na organización de Pardiñas, que é tanto como dicir contratar concertos e escenarios, montar barras para o chigre, rozar a herba na contorna do balneario ou delimitar espazos de acampada. Pero tamén organizar os certames de pintura, escultura, fotografía e mais os de literatura e debuxo infantil no que participan "máis de 600 nenas e nenos de todo o país" e que enchen Pardiñas de familias na tarde do domingo, momento tamén para o pregón que este ano lerá Fina Casalderrey. Os concertos combínanse coa mostra de instrumentos e actividades como os concursos infantís de debuxo e literatura A Alfonso Blanco Torrado gústalle dicir que Pardiñas "é, un pouco, un convivio entre todas as artes", un "festival de raíces que se abre continuamente" e que proclama sen berrar moito algúns dos seus fitos. A lonxevidade é un. Outro, por exemplo, albergar a que foi primeira mostra de instrumentos de música tradicional de todo o Estado, que continúa a organizar a Asociación de Gaiteiros Galegos. Davide Salvado, Os Melidaos, Cúig ou Quique Escamilla forman do menú musical da trixésimo oitava edición do festival, esta primeira fin de semana de agosto Dende hai cinco anos o Festival estira xa un chisquiño os brazos para apertar tamén o venres e este 2017 tamén o fai. Tras o quecemento do Certame de Cantos de Tabernas polos bares de Guitiriz o sábado arrinca o menú musical. Como adoito, os primeiros en saltar ao campo da festa no serán do sábado serán os membros do Bloquinho de Xermolos, seguidos polos Melidaos, o mexicano Quique Escamilla, a unión vasco-portuguesa que representan Kalakan e Luís Peixoto, os irlandeses Cúig e, como fin de festa, Skandalo Gz. O domingo, o día máis familiar, Vintenbaio porá a banda sonora á sesión vermú e Kote Malabar tentará cautivar a rapazada. A tarde, coma sempre, será para o pregón e as entregas de premios e a noite, de novo para música con tres bandas galegas e unha do Canadá: Abóbriga, Davide Salvado e o seu grupo, Yves Lambert Trío e Sacha na Horta. Na Terra Chá e, dalgún xeito, no mundo enteiro.
PRAZA_2266
Un dos tres peritos xudiciais, César Mariñas, concluíu que este accidente non tería ocorrido se o tren levara equipado o sistema ERTMS, obrigatorio na alta velocidade española
O Xulgado de Instrución nº 3 de Compostela ven de rematar a instrución do accidente de Angrois, considerando única persoa presuntamente responsábel do sinistro ao maquinista do tren. O xuíz rexeitou novas probas propostas polas acusacións das vítimas, pechando a posibilidade de acusar terceiras persoas. Porén, a realidade é que un dos tres peritos xudiciais, César Mariñas, concluíu que este accidente non tería ocorrido se o tren levara equipado o sistema ERTMS, obrigatorio na alta velocidade española. E non o levaba equipado por mor dunha autorización provisional de ADIF do 23 de xuño do 2012, trece meses anterior ao accidente, que non foi acompañada por ningunha medida complementaria ou de reforzo da seguranza. O día do sinistro os viaxeiros do 0730 Alvia eran os únicos usuarios de AVE no Estado que dependían do maquinista. Os demais doutras liñas atopábanse baixo a automatizada protección do ERTMS. Mais outro dos peritos xudiciais recoñeceu tamén a mala sinalización da perigosa curva d'A Grandeira, pertencente ao antigo tracexado. Cuestión que xa fora advertida polos servizos territoriais da operadora RENFE en decembro de 2011, poucos días despois de que o ministro Blanco abrise oficialmente este tren, a piques xa de cesar como ministro. En realidade, dous dos peritos (o enxeñeiro industrial e o civil) son funcionarios da Xunta e substituiron aos anteriores peritos xudiciais aplicando o Regulamento galego da xustiza gratuíta que non prevía o caso concreto. O nomeamento destes dous peritos acordouse a requirimento xudicial, polo Departamento do vicepresidente Rueda. Esta resolución xudicial só pode ser revisada pola Sección 6ª da Audiencia con sede en Compostela. Sección que xa retirou a imputación dos directivos de ADIF acordada polo anterior xuíz Alaez. Mais no mesmo auto no que acordou esta "desimputación", a Audiencia advertiu que os directivos de ADIF poderían seren imputados outravolta se existisen indicios racionais da súa responsabilidade. E os expertos técnicos e xurídicos opinan maioritariamente que o ditame pericial de Mariñas, emitido posteriormente, demostra a grave responsabilidade de ADIF. Velaí que a cidadanía e as vítimas, acredoras dunha pescuda a xeito e dun xuízo xusto, agarden por esta última posibilidade, que habería reconcilialas coa fe na Xustiza.
PRAZA_9786
A primeira carta de renuncia enviada por Milagros Otero ao Parlamento apelaba a un artigo da lei que implicaba activar decontado o proceso para substituíla. Vinte e catro horas despois enviou outra advertindo que cometera un "erro material" e apelando a un artigo diferente que lle permite, a efectos prácticos, seguir exercendo indefinidamente
Un cesamento en diferido ou, case, en indefinido. Milagros Otero dirixiuse o pasado xoves por carta ao presidente do Parlamento para formalizar a súa vontade de "renunciar" ao cargo. Facíao despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o seu recurso contra a sentenza na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba por "desvío de poder" o nomeamento como xefa de servizo na institución de María Puy, sobriña do falecido presidente Manuel Fraga, irmá do actual voceiro parlamentario do PPdeG e filla do catedrático de Dereito da USC Francisco Puy, de quen Otero foi "discípula" académica.Esa misiva, á que tivo acceso Praza.gal, pasou polo rexistro de saída do Valedor do Pobo ás trece horas e vinte e seis minutos do día 4 de abril, desencadeando unha treboada política e mediática na que a palabra "dimisión" tivo engadidas pouco despois expresións como "en diferido" ou matices a respecto da ausencia de inmediatez na súa marcha. Non estaba a imitar a Benigno López, que en 2012 dimitiu como Valedor tras as súas declaracións sobre a suposta conveniencia dos recortes sociais e deixou o cargo de inmediato.O artigo da lei do Valedor ao que Otero apelaba na súa primeira carta, a renuncia "por ser condenado por delito doloso", implicaba activar decontado o proceso para substituílaA clave desa primeira carta na que Otero puña o seu cargo "á disposición da Cámara" estaba no artigo da lei do Valedor do Pobo no que se apoiaba. Pedía ao presidente do lexislativo, Miguel Santalices, que "no momento" en que os grupos parlamentarios acordasen o nome da persoa para sucedela, formalizase a súa renuncia "de acordo co previsto no artigo 5.1.5ª" da lei do Valedor. Ese artigo activa o mecanismo de sucesión no caso de renuncia "por ser condenado, mediante sentenza firme, por delito doloso". Supón que, decontado, o pleno do Parlamento "decida" antes dun mes sobre a persoa titular do posto coa maioría reforzada de tres quintos da Cámara -45 escanos, o que obriga ao acordo do PP con, cando menos, outro grupo- que cómpre legalmente para renovar a institución.A segunda carta, que Otero enviou advertindo que apreciara un "erro material" na primeira, apela ao artigo que fixa o procedemento a seguir no caso de cesamento por "renuncia" e que lle permite seguir no posto por tempo indefinidoPero esa carta durou apenas un día. Ás trece horas e corenta e un minutos do pasado venres, 5 de abril, Otero escribiu outra volta ao presidente do Parlamento. Na segunda misiva, á que tamén accedeu este diario, advertía de que viña de apreciar un "erro material" no seu primeiro escrito e por iso o volvía remitir coa "correspondente corrección". A única mudanza é na referencia ao artigo mediante o cal deixa o cargo: xa non apela ao 5.1.5ª, senón ao 5.1.1ª, o cal indica que unha das causas do cesamento do titular da valedoría galega é a "renuncia" a seguir no posto.A mudanza non é menor. Alén de desvincularse formalmente dunha conduta delituosa, o suposto legal que activa agora é a que indica que o presidente do Parlamento "declarará a vacante no cargo". Pero a lei non fixa prazo ningún para facelo. Daquela, se non hai un acordo inmediato para a remuda -algo pouco probable en pleno período electoral-, Otero pode seguir exercendo por tempo indefinido mesmo alén do outono de 2020, cando remata formalmente o seu mandato cadrando co momento no que tocaría convocar eleccións galegas. Só unha decisión radical do PP sobre a súa destitución podería propiciar unha saída rápida.A explicación oficial de Otero é que non marcha de inmediato por "responsabilidade" e porque en situacións "complicadas" cómpre "apertar os dentes" e "levantar a cabeza"Ademais, a vía escollida pola aínda valedora na segunda carta desactiva a posibilidade de que a Comisión de Peticións da Cámara galega poida votar que as funcións da valedoría sexan exercidas en funcións polo vicevaledor, Pablo Cameselle, proposto no seu momento para o cargo polo PSdeG. Cara a el, precisamente, tentou o PP nos últimos días desviar as responsabilidades do acontecido e a propia Otero advertiu de que a súa vontade é de que Cameselle tamén marche cando o faga ela.A explicación oficial de Milagros Otero é que non marcha de inmediato por "responsabilidade", porque unha institución coma esta non debe ser "descabezada". Ademais, en situacións "complicadas" o que corresponde é "apertar os dentes" e "levantar a cabeza", reflexionou. Mentres, En Marea e BNG xa advertiron de que promoverán votacións no pleno do Parlamento para precipitar a renuncia e o PSdeG estuda tamén como actuar ante o cambio de escenario propiciado pola segunda carta. En calquera caso Milagros Otero segue a ser, cando menos de momento, a Valedora do Pobo a todos os efectos.
PRAZA_486
O número de desempregados descende en 1.453 en febreiro con respecto ao mes anterior. A diferenza entre o descenso do paro e a suba de afiliación é de 7.500 persoas no último ano, polo que hai máis persoas cuxos empregos desapareceron que persoas que se apuntaron nas oficinas de emprego.
Galicia conta con 257.549 parados rexistrados nas oficinas do antigo INEM. Segundo datos do Ministerio de Emprego, o número de desempregados baixou en Galicia en 1.453 persoas, rachando así lixeiramente cunha xeira de cinco meses seguidos subindo desde o verán. O paro rexistrado descende en 1.453 persoas en febreiro e racha cunha xeira de cinco subas consecutivas A caída do 0,56% do paro rexistrado no pasado mes de febreiro con respecto a xaneiro é algo mellor ao comportamento no Estado, onde o descenso foi dun 0,30% e de 13.538 persoas. En termos interanuais, Galicia ten 22.522 desempregados menos apuntados ás oficinas do SEPE que hai doce meses (-8,04%), fronte aos 300.333 menos no conxunto de España (-6,24%). En definitiva, Galicia está algo mellor que hai un ano, pero peor que hai seis meses, cando en agosto tiña 20.000 parados menos polo impulso da campaña estival e pola contratación no sector servizos. O desemprego baixou no mes de febreiro en todas as provincias, menos en Ourense, onde se incrementou en 115 persoas. Ademais, descendeu tamén en todos os sectores, agás no colectivo sen emprego anterior, no que se incrementou en 72. Destaca o descenso que no desemprego se deu tanto na industria (-508) como na construción (-777), baixando tamén lixeiramente no sector servizos (-179) e na agricultura (-61). Ademais, en Galicia asináronse 53.692 contratos no mes de febreiro, dos que 48.556 foron temporais, polo que a porcentaxe de indefinidos redúcese ao 9,5%. O número de afiliados á Seguridade Social descende a un ritmo menor ao do conxunto do Estado De debullar os datos, as conclusións volven deixarnos unha economía estancada. Así, o número medio de afiliacións á Seguridade Social increméntase a un ritmo menor ao do Estado, cunha suba de 4.517 persoas no mes de febreiro (+0,49%) e un aumento interanual de 14.855 persoas (+1,65%), o que sitúa a cifra nos 917.845 cotizantes en Galicia. Porque, unha vez máis, a diferenza entre o dato do paro e de afiliación non é pequeno: de máis de 7.500 persoas de termos en conta as cifras interanuais, o que indica que hai máis persoas cuxos postos de traballo desapareceron que persoas que se apuntaron nas oficinas de emprego nos últimos doce meses. Isto pode ser debido a que moitos cidadáns renuncian a apuntarse ao paro -porque xa non o ven útil, non teñen dereito a prestación ou porque traballan na economía paralela- ou porque abandonan a busca de emprego. Ese é o principal problema. A diferenza entre o descenso do paro e o aumento de cotizantes é de máis de 7.500 persoas no último ano debido á emigración ou á falta de expectativas Esta escasa recuperación de afiliados á Seguridade Social, aínda que real, volve pór de manifesto unha economía estancada. Tal e como aclarou o IGE, o PIB do país pechou o pasado ano cun crecemento do 0,4%, mentres que os Orzamentos Xerais prevían un 0,8% que o Goberno chegou a revisar ata o 1,2%. Os datos amosan o estancamento económico do país durante todo o exercicio e a evolución no número de cotizantes confírmano. O paro redúcese nun ano en máis de 22.500 persoas pero o aumento de afiliados á Seguridade Social non chega aos 15.000. Unha diferenza que segue a lastrar o mercado laboral galego, moi marcado pola emigración, especialmente dos máis novos. Ademais, o que tampouco deixa de caer é a protección social. No conxunto do Estado, actualmente hai 2.416.786 personas cobrando una prestación, un 13,8% menos que hai un ano. A taxa de cobertura do sistema sitúase no 56,5%, cinco puntos menos que en xaneiro de 2014. Non só cae o número de presacións, senón a súa contía, que é agora de 815,4 euros ao mes, case 14 menos que no mesmo mes do pasado exercicio. A taxa de cobertura é do 54,3% en Galicia, onde hai máis persoas cobrando un subsidio por desemprego que unha prestación contributiva En Galicia, no mes de xaneiro de 2015 había 129.667 persoas a cobraren unha prestación por desemprego e xa hai máis persoas percibindo un subsidio por desemprego que unha prestación contributiva. Daquela, a distribución das prestacións é de 56.550 de prestacións contributivas, 60.323 de subsidios por desemprego e 12.794 corresponden á renda activa de inserción. Ademais, a cobertura do sistema de protección por desemprego durante xaneiro foi do 54,3 %, inferior á media estatal, mentres que un ano antes era do 59,4 %. Isto significa que en Galicia hai máis 109.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral mais non cobran prestacións por desemprego. A contía media da prestación contributiva percibida por persoa beneficiaria no mes de xaneiro de 2015 foi de 777,4 euros ao mes, fronte a media do Estado que sobe ata os 815,4 euros. >> HABERÁ AMPLIACIÓN
NOS_38515
En Marea vén de presentar perante a Fiscalía de Pontevedra unha denuncia por unha suposta trama de corrupción no Concello de Valga que implicaría a Alcaldía e a Secretaría e Intervención.
Algunha das prácticas desenvolvidas polo Concello de Valga e que implicarían tanto a Alcaldía como os departamentos de Secretaría e Intervención son contrarias a legalidade, entende En Marea. De aí que o partido encabezado por Luís Villares denunciase perante a Fiscalía de Pontevedra unha suposta trama de corrupción. Con esta denuncia, En Marea pretende que se inicie unha investigación que conclúa, di, coa depuración das responsabilidades pertinentes. A contratación, a iniciativa do propio alcalde, do secretario e do interventor foi realizada de xeito irregular, considera En Marea. A membro da Coordinadora de En Marea e concelleira de Gañemos Vilanova, Elena Cores, afirma que os postos de Secretaría e Intervención "foron cubertos partindo dunha previsión orzamentaria anual moi inferior ao salario que, por categoría, lles correspondería". Fíxose así, segundo sospeita a formación, "co presunto obxectivo disuadir os funcionarios que puidesen estar interesados en optar a eles, de xeito que remataran sempre por estar vacantes". O alcalde (José María Bello Maneiro, do PP), sinala, podería "botar man" de persoas "que lle resulten cómodas para o exercicio da súa actividade e que non poñan reparos". O déficit salarial contemplado nesas ofertas tería sido compensado, segundo os datos que serven de base á denuncia presentada por En Marea, a través de dietas. Un procedimiento que, ao entender desta formación, "dá pé a unha presunta trama de corrupción dentro do Concello de Valga". Adxudicación indebida En Marea denuncia ademais a "presunta adxudicación indebida dun contrato de reforzo administrativo a unha socia do interventor e o posterior exercicio das funcións adxudicadas á mesma por unha terceira persoa". A formación entende que "esa vinculación directa entre a empresa privada e o Concello deben ser investigadas pola Fiscalía. Así como o feito de que a persoa que está a prestar na práctica esas tarefas de reforzo administrativo sexa un xubilado, en lugar da persoa inicialmente designada para tal fin". "Unha persoa xubilada non pode estar traballando no Concello, por moi coñecida que sexa nin por moito interese que teña o alcalde en telo aí", indica Elena Cores, que considera que se está incumprindo tamén a Lei de Protección de Datos. "Así o ten recoñecido o propio alcalde, que xustifica o labor de apoio desa persoa", conclúe.
NOS_7405
Dun tempo a esta parte, os libro discos dirixidos á infancia inzan andeis de bibliotecas e librarías. Rechamantes, coloridos, son o elemento máis vistoso e tanxíbel dunha explosión, a da música para crianzas, que ocupa listas de vendas e a non poucos intérpretes de prestixio. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 288.
"O cativo é un público moi agradecido. Pero dá o triplo de traballo que o adulto. Non te podes despistar nin un segundo", ri Olga Brañas. Pandeireteira e pianista, é a responsábel dunha das personaxes máis célebres da escena: Pitusa Semifusa, a pequena neta dunha famosa directora de orquestra. No seu haber conta dous discos, de xorne didáctico, e dedicados respectivamente aos instrumentos musicais e aos ritmos. Acústicos e armados con ilustres colaboradores -Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha, Xiana Lastra ou Anxo Pintos-, procuran achegar as artes da melodía ás nenas e nenos. "Eu daba clase de música e movemento", lembra, "e, ao traballar cos pequenos, notaba a súa fascinación polos instrumentos musicais". A necesidade de "estimular a súa concentración auditiva" levouna a compoñer cancións específicas e de aí, ao proxecto Pitusa Semifusa. Que, no seu segundo volume, aparecido o pasado ano, explora as músicas populares urbanas. O reggae, o rock, o blues, o funk explicados aos máis pequenos. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 288, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_15116
Segundo as proxeccións do INE, en dez anos haberá 130.000 galegos menos e a poboación do país baixará dos 2,6 millóns.
Galicia seguirá perdendo poboación, como adoita facelo desde hai tempo, polo menos até o ano 2021, segundo se tira das proxeccións poboacionais que este luns publicou o INE. Xa que logo, cada vez haberá menos galegos ao superar as defuncións aos nacementos nos vindeiros dez anos. Segundo estes datos, en 2012 as proxeccións falan de 21.647 nacementos e 30.859 defuncións, unha tendencia que seguirá a un ritmo semellante na vindeira década, con estimacións de 16.277 e 31.209, respectivamente, no ano 2021. Pero ademais, a este saldo negativo hai que engadirlle o movemento migratorio en Galicia. Seguirá marchando máis xente da que chega. Concretamente, os datos falan de 13.996 e 12.481 emigrantes en 2012 e 2021 respectivamente fronte aos 11.293 e 12.040 inmigrantes que chegarán ao país. Esta tendencia migratoria vira sobre todo nos movementos poboacionais de inmigracións procedentes do resto de España, con datos inferiores ao longo da década que as emigracións de Galicia cara ao resto do país, con 21.128 inmigracións en 2012 e 18.747 en 2021 fronte ás 20.878 e 17.635 emigracións. Galicia terá en 2022 menos de 2,6 millóns de habitantes, fronte aos 2,72 da actualidade Así, e segundo as proxeccións que fai o INE, a progresiva diminución do crecemento natural da poboación e o saldo migratorio negativo ou discreto fará que a poboación residente en Galicia na próxima década pase dos 2.728.903 persoas a 2.599.579 no exercicio 2022, o que suporía un crecemento negativo de -129.324 cidadáns e que implicaría un descenso do 4,7% entre 2012 e 2022, cunha media anual de -12.932. Esta caída poboacional afectará ás catro provincias galegas, ao pasar de 1.123.734 habitantes na Coruña en 2012 a 1.082.629 en 2022; de 337.259 a 311.831 en Lugo; de 321.223 a 289.847 en Ourense e de 946.686 a 915.272 en Pontevedra. Na anterior década a poboación aumentou en máis de 35.000 persoas a unha media de 3.500 ao ano Con estes datos das proxeccións do INE cambiaría a tendencia da pasada década en Galicia, na que o crecemento poboacional foi positivo con 35.170 persoas máis entre 2002 e 2012, un aumento do 1,3%, cunha media anual de 3.517 persoas. Pola súa banda, o INE sinala que se as tendencias e comportamentos demográficos actuais se mantivesen nun futuro, en 2022 a taxa de dependencia elevaríase até o 58% en España. É dicir, por cada dez persoas en idade de traballar, en 2022 habería en España case seis potencialmente inactivas (menor de 16 anos ou maior de 64). En 40 anos, esta taxa de dependencia elevaríase ao 99% en España, o que quere dicir que por cada persoa en idade de traballar practicamente habería outra que non estaría en idade de facelo. No caso concreto de Galicia, segundo os datos publicados por provincias, pasaríase na Coruña dunha taxa do 52,2% en 2012 ao 61,4% en 2022; mentres que en Lugo subiría do 60,7 ao 67,1% e en Pontevedra do 50,1 ao 58,3%; e na de Ourense aumentará do 63,1% ao 69,1%. A poboación do conxunto do estado descenderán en 2013 por primeira vez desde 1981 En canto ao conxunto do Estado, o número de poboación en España descenderá en 2013 por primeira vez desde 1981, ao pasar dos 46.196.278 millóns deste ano aos 46.094.454 proxectados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para o próximo ano. Esta cifra alcanzaría en 2052 os 41,5 millóns de habitantes, un 10,2% menos que neste 2012.
PRAZA_6732
Mondoñedo acollerá, do 24 ao 26 de outubro, o X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST. Previamente, este venres en Pontevedra e a semana que vén en Ribadeo, Rosa do Carmo (coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador) ofrecerá dúas charlas.
Mondoñedo acollerá do 24 ao 26 de outubro o X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST, organizado polo comité galego de apoio ao Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra. 10 comités pertencentes a sete países (entre eles os pertencentes a Suecia, Canadá, Finlandia, Bélxica ou Estados Unidos e, dentro do Estado, a Andalucía, Euskadi e Catalunya) analizarán xunto cunha delegación do MST a situación de desigualdade no campo, o acaparamento de terras por multinacionais, a soberanía alimentar, o feminismo, e a relación entre o rural e o urbano. 10 comités de sete países analizarán xunto cunha delegación do MST a situación de desigualdade no campo, o acaparamento de terras por multinacionais, a soberanía alimentar, o feminismo, e a relación entre o rural e o urbano Este tipo de encontros celébrase cada dous anos buscando ser un espazo de coordinación, de articulación de propostas comúns para traballar. "Tentamos consensuar campañas nas que todos nos sintamos representadas e que poidamos apoiar", destaca Olalla Villaronga, do comité organizador. "Este ano centrámonos na desigualdade das traballadoras e traballadores rurais, tanto en Galicia coma noutros países", engade. O Encontro contará con dúas partes, un espazo aberto para todos os públicos que queiran coñecer o labor do Movimento dos Sem Terra e o impacto que está producindo o neoliberalismo no campo. E outro específico para o traballo de estratexias conxuntas entre todas as organizacións que traballan dentro dos comités de toda Europa, un espazo onde os comités se articulen e fortalezan en común para volcar ese traballo na cidadanía. "Vemos que hai moitas cuestións comúns" -destaca Villaronga- "Un deles é o da soberanía alimentaria, o dereito dos pobos a producir os seus propios alimentos, o respecto aos seus cultivos propios e o fomento da economía local e a loita contra o despoboamento do ámbito rural. Prodúcese un gran impacto en todo mundo pola acción das multinacionais e as súas políticas de acaparamento de terras ou o fomento de monocultivos intensivos". "Tamén queremos falar do papel da muller no desenvolvemento do rural, das alternativas que o feminismo propón a nivel teórico e práctico en relación á economía" "Outro dos temas que queremos traballar é a relación entre o urbano e o rural, pois non se pode falar da defensa do rural sen ter en conta ese ámbito urbano no que tamén nos relacionamos. Nas cidades hai unha parte moi importante da poboación preocupada por ter unha alimentación saudable, sen pesticidas, coñecendo a procedencia dos alimentos", destaca. "Tamén queremos falar dos feminismos no rural, do papel da muller no desenvolvemento do rural, das alternativas que o feminismo propón a nivel teórico e práctico en relación á economía e da ética dos coidados, de poñer a vida no centro, en lugar dos mercados", engade. Charlas en Pontevedra e Ribadeo Rosa do Carmo, coordinadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador, ofrecerá dúas charlas, en Pontevedra e Ribadeo Previamente, están convocadas unha serie de actividades, pensadas para difundir e preparar o propio evento da semana que vén, e tamén para chegar a todas aquelas persoas que non poidan acudir a Mondoñedo. Rosa do Carmo, coordinadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador, ofrecerá dúas charlas, en Pontevedra (este venres ás 20 horas na Casa das Campás) e Ribadeo (a vindeira semana). Rosa do Carmo leva 15 anos no Movimento e o seu traballo estivo ligado ao sector de educación en formación no campo con mulleres, mozos e mozas e no impulso ás cooperativas. O X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST farase coincidir ademais co IX Foro por un Mundo Rural Vivo convocado pola Plataforma Rural para traballar sinerxías e reforzar a vibisilización e a loita común que é un rural vivo e a soberanía alimentaria. Está previsto que deste encontro saian unhas demandas concretas para o Parlamento de Galicia para avanzar cara un rural vivo e esixir o exercicio real e efectivo da compra pública responsable no goberno galego. Para axudar a financiar os gastos de estadía e traslados das representantes do MST que veñen do Brasil, o comité galego de apoio lanzou unha campaña de crowdfunding Para axudar a financiar os gastos de estadía e traslados das representantes do MST que veñen do Brasil, o comité galego de apoio lanzou unha campaña de crowdfunding. Buscan recadar un mínimo de dous mil euros, e até un máximo de cinco mil, que lles permitiría, ademais de pagar as viaxes, facer un streaming da xornada do venres e gravar un vídeo de todo o Encontro para difundir a actividade dos comités de amigos do MST. As persoas que colaboren recibirán unha serie de agasallos (cadernos, camisolas, postais...) ademais de figurar o seu nome no vídeo que se proxectará na inauguración do evento. O Comité Galego de Apoio O Comité de amigas e amigos do MST foi constituido por Amarante-Setem no ano 2001. Desde o Comité véñense realizando numerosas actividades de apoio a esta organización, en coordinación co resto de comités do entorno europeo e internacional. As máis destacadas dos últimos anos foron: Recadación de fondos para a construción da Escola Nacional Florestan Fernandes (São Paulo) e apoio para un centro de formación en Piauí. Recadación e apoio para a creación do Jornal de Fato. Recollida de sinaturas para diversas campañas: investigación e xuízo da Masacre de Eldorado dos Carajás e á aplicación da Lei de Reforma Agrária. Ademais de distintas actividades de sensibilización, a participación no V e no VI Congresso Nacional do MST ou a organización anual de brigadas para coñecer o MST (programa Xanela de Amarante).
PRAZA_12909
O festival, que celebra o seu décimo aniversario, ofrecerá do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta dous concertos de Manu Chao, pero presenta outros moitos atractivos: as actuacións de Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina e os espectaculares directos de Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría).
Volve Reperkusión e faino con novidades. Cambia de data, adiantando a súa celebración á semana que vén, do 17 ao 19 de maio; cambia de escenario, desprazándose nesta ocasión á Cidade dos Muchachos, en Ourense; e nun ano de recortes tamén nos festivais presenta unha programación de moi alto nivel. Destaca, por suposto, o dobre concerto que ofrecerá Manu Chao o xoves e o sábado, actuacións en ambos os dous casos de tres horas, con repertorios distintos e moitos convidados sorpresa. Pero debullando o cartaz atópanse outras alfaias, concertos de artistas en moitos casos descoñecidos polo gran público pero dunha enorme calidade e unha contrastada eficacia nos seus demoledores directos. É o caso de Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría). Pero tamén de Funky Style Brass (Francia) e Russkaja (Austria), que xa participaron en anteriores edicións do Reperkusión, o primeiro concerto de El Canijo de Jerez desde que deixou Los Delinqüentes e antes da saída do seu disco de debut en solitario ou dunha notable selección de bandas galegas: Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina, Pé de Boi ou Chotokoeu. Ademais, haberá djs, pasarrúas, percusións, danza oriental e o X Encontro de Circo e Malabares, un dos encontros deste tipo máis importantes da Península, con malabares, acrobacias, trapecio, comedores de espadas, clown, maxia ou break dance. Durante as 72 horas que durará o festival, Bemposta será un lugar aberto a todos os públicos, nos que pasear, ver, escoitar e participar. Estrutúrase en tres escenarios: Carpa Central para os concertos de noite, Escenario de Día para os concertos diurnos e Domo para as actividades de circo e de gorra. Todas as actividades son de balde excepto os concertos de noite na Carpa Central, que teñen un prezo de 20 euros por día ou 45 polas tres xornadas (50 se se quere acampar). Programa do festival Web de Reperkusión
PRAZA_13082
Cando se recúa a posicións enxebristas (seica), esencialistas (seica) e resesas (sen dúbida), cando o folclore se reduce á momificación do "noso" e se usa como bandeira dunha tradición única e verdadeira que só pode ser interpretada polo "sumo presidente", daquela, xa non hai afirmación. O que hai é medo. Medo a axeitarse aos tempos? Medo á xente con dinámicas novas? Medo a perder o poder que outorgan uns votos ben gobernadiños?
No mundo da emigración hai dúas inercias difíciles de superar: a hipertrofia de tradición e as redes clientelares. Das últimas eleccións celebradas no Centro Galego de Barcelona (CGB) saíu como gañadora, por ampla maioría, a candidatura de Manuel Carrete logo de proclamar como único programa unha idea: "tradición". A que tradición se refire? A tradición actúa sempre como factor de cohesión para calquera comunidade, e por iso non é propiedade de ninguén A tradición actúa sempre como factor de cohesión para calquera comunidade, e por iso non é propiedade de ninguén. Ademais a tradición non é un ben inmóbel, sempre está a redefinirse. Agora ben, cando se recúa a posicións enxebristas (seica), esencialistas (seica) e resesas (sen dúbida), cando o folclore se reduce á momificación do "noso" e se usa como bandeira dunha tradición única e verdadeira que só pode ser interpretada polo "sumo presidente", daquela, xa non hai afirmación. O que hai é medo. Medo a axeitarse aos tempos? Medo á xente con dinámicas novas? Medo a perder o poder que outorgan uns votos ben gobernadiños? Lean a crónica lúcida e retranqueira de Suso Mon no número 116 do A Micro Pechado. A directiva que saíu das últimas eleccións entrou disposta a que desapareza calquera pegada que poida lembrar a actividade da directiva anterior, e chegou ao punto de desmontar todas as actividades que non lle fosen afins, aínda que funcionasen, aínda que non implicasen gastos para o Centro. A teima polo control é tanta que se impide toda iniciativa capaz de crear dinámicas de apertura e diálogo co presente. O que hai é medo. Medo a axeitarse aos tempos? Medo á xente con dinámicas novas? Medo a perder o poder que outorgan uns votos ben gobernadiños? Nas programacións mensuais, onde se atopaban actos culturais que permitían abrir portas a outros públicos, agora só aparecen os ritos internos, onde se programaban concertos, previo pago, incluídos no festival de cantautores de Barcelona, agora celébrase unha misa católica. Na sala que funcionaba como galería de arte e que convidaba a que outras persoas coñeceran un espazo emblemático da cultura galega, volveuse á decoración de antes. Alí están os gravados de Prego (fantásticos, por suposto!), arfando entre unha colección de obxectos e cadros supostamente típicos que conforma unha perfecta galería dos horrores desa tradición resesa que se reivindica. Nin o logo deixaron, que o primeiriño que se fixo foi recuar ao anterior, incompatíbel cos requisitos dos entornos dixitais, por certo. Reliquias do faiado, non tradición. Nas programacións mensuais, onde se atopaban actos culturais que permitían abrir portas a outros públicos, agora só aparecen os ritos internos Manuel Carrete saíu nomeado presidente do CGB e, dous meses despois converteuse en vicepresidente de Felgalcat (Federación de Entidades Galegas de Catalunya). A súa candidatura, no Centro e na Federación, contaba co apoio expreso de Luís Lamas, antigo presidente do centro –que deixara o cargo porque non podía dedicarlle o tempo preciso- e agora Presidente de Honra de Felgalcat. Velaí unha desas moitas redes clientelares que crean as estruturas alimentadas para manter actividades asociativas de cativo interese. Un dos actos máis sinalados da actual directiva foi a organización dunha misa no Centro Galego de Barcelona. Seica as igrexas quedan lonxe das Ramblas! Será iso o que entenden por "tradición" e "folclore"? É iso o que a votación democrática decidiu por ampla maioría: mostrar a súa incapacidade para incorporarse aos tempos, para interesar á xente nova, a xentes novas, e, xa que logo, a súa incapacidade para representar a comunidade galega en Cataluña? "Para que queredes un Centro Galego de Barcelona vivo?". Mentres outra cousa non haxa, doume de baixa Alfonso Pexegueiro preguntou hai anos: "para que queredes un poeta vivo?". E remataba: "Matádeo. E celebraille as pompas". A pregunta ás socias e aos socios da entidade é: "Para que queredes un Centro Galego de Barcelona vivo?". Mentres outra cousa non haxa, doume de baixa.
NOS_8218
Así o denunciou a CIG-Ensino após consultar a listaxe publicada pola Xunta no seu portal web. A consellaría de Jesús Vázquez autoriza e financia ciclos de FP en centros formativos privados que segregan o alumnado por sexos entrementres nega a escolas públicas os mesmos cursos
Este é o caso do ciclo superior de Integración social que a Consellaría de Educación autorizou ao CPR Aloya (Vigo) --un centro vinculado ao Opus Dei-- após serlle negado ao IES A Chapela (Redondela)e CIFP Xunqueira (Pontevedra). A Xunta argüíu que o curso non fora adaptado á LOE polo que o seu currículo non podía ser impartido nos centros públicos que o solicitaran. No entanto, Educación autoriza e financia a súa impartición en dous centros privado-concertados de Vigo, un deles --o Aloya-- por vez primeira no curso 2013-2014. Desde a CIG-Ensino denuncian que a aprobación destes cursos na privada non foi tratada na Mesa sectorial de Educación nin no Consello escolar decorrido o pasado 12 de xuño, malia que a web da Xunta si os recolle na listaxe provisoria publicada na web --non así no DOG. Para a central nacionalista a actitude da Xunta é "descaradamente parcial e impresentábel" e censura que a administración galega desvíe "diñeiro público a centros concertados retrógrados" para cursar estudos que se lle negan á escola pública, sendo, aliás, maior o número de prazas a disposición do alumnado na privado-concertada para este ciclo, que na pública.
NOS_44981
A destrución de emprego afecta a todos os sectores e bate con especial forza nas mulleres
Os datos do paro correspondentes ao mes de abril non dan tregua na Galiza, que un mes máis ve como aumenta o número de persoas desempregadas en todos os sectores produtivos. Mentres o número de parados e paradas descendía lixeiramente no Estado español (6.632 persoas desempregadas menos que en marzo), no noso país aumentaba en 850. O "bálsamo" da Semana Santa, coa tradicional creación de empregos eventuais no eido da hostalaría e turismo, apenas tivo efecto no Estado. E o seu impacto foi nulo na Galiza. De feito, o número de parados e paradas incrementouse no serctor servizos, onde hai xa 151.000 persoas inscritas nas oficinas de emprego. Con todo, o eido que máis sufriu a destrución de traballo en abril foi o da industria, seguido da construción. Non hai sector produtivo no país que non estea a sufrir o impacto brutal dunha crise que, ademais, vai acompañada de medidas e políticas de recortes, tamén nos programas de creación de emprego. Os datos de abril amosan dúas circunstancias que cómpre termos en conta. A primeira, que a maioría das persoas desempregadas son mulleres (143.000 fronte a 134.900 homes). E, segunda, que á mocidade galega estánselle a pechar as portas dunha opción de futuro no seu propio país: preto de 23.000 desempregad@s.
NOS_25046
Esta axuda está dirixida só a persoas nadas en 2004 e que, por tanto, ao longo de 2022 fan 18 anos.
Que é o 'Bono Cultural Xove'? Que podo comprar co bono? Que inclúen os contidos dixitais? Cando caduca a axuda? Como solicitar o bono? Desde esta segunda feira os mozos e mozas galegas nadas en 2004 —e que polo tanto fan 18 anos ao longo de 2022— poden solicitar o 'Bono Cultural Xove', unha medida impulsada polo Ministerio de Cultura que conta cun investimento total de 210 millóns de euros a nivel estatal. Que é o 'Bono Cultural Xove'? O 'Bono Cultural' para as persoas que cumpren a maioría de idade no presente ano consiste nun cheque de 400 euros co que poderán sufragar diferentes actividades e produtos culturais. Que podo comprar co bono? Esta axuda está dividida en catro segmentos: un de 200 euros para destinar ao consumo de eventos culturais ao vivo —cinema, teatro, museos...—, outros 100 euros para consumo cultural físico —libros, prensa, revistas...— e unha terceira liña de 100 euros para produtos dixitais. A tauromaquia, porén, foi finalmente excluída. As cinco chaves do Bono Cultural Que inclúen os contidos dixitais? Cos 100 euros do bono destinados a produtos dixitais permítese custear a subscrición a plataformas audiovisuais por un período máximo de catro meses. Tamén se inclúe o sector dos videoxogos. Cando caduca a axuda? O cheque de 400 euros pode solicitarse desde esta segunda feira, 25 de xullo, e até o próximo 15 de outubro. Os cartos concedidos poderán gastarse no prazo máximo dun ano. Como solicitar o bono? Para cursar a solicitude do 'Bono Cultural Xove' é preciso obter un certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ou contar co sistema de autentificación Cl@ve.
NOS_39607
O evento contará com conferências, mesas redondas, comunicações individuais e coordenadas, apresentações e lançamento de livros.
O I Congresso intercultural e internacional de Língua Portuguesa: experiências contemporâneas linguístico-literárias lusófonas realiza-se entre 13 e 14 de outubro de 2016, na Universidade de Santiago do Chile. Este evento é organizado pela Universidade de Santiago de Chile (USACH), leitorado do Camões - Instituto da Cooperação e da Língua, I.P. no Chile, Rede Brasil Cultural-leitorado brasileiro no Chile, contando com o apoio da Fundação Calouste Gulbenkian. O Congresso pretende ser um espaço de reflexão e de debate entre professores, investigadores e estudantes, partindo de um ponto central: as experiências contemporâneas culturais e linguístico-literárias lusófonas, como fator de preponderância no quadro do ensino de língua portuguesa. Atividades e modalidades de apresentação de trabalhos 1. Comunicações Coordenadas: temas de debate propostos pelos docentes doutores, em painéis de 90 minutos 2. Comunicações individuais: comunicações orais de 20 minutos, seguindo-se um período de 10 minutos para perguntas e debate. As propostas serão agrupadas pelo Comitê Científico do Congresso, de acordo com as afinidades temáticas. 3. Pôsteres: apresentações de projetos de pesquisa em formato de banners. 4. Sessões Plenárias e mesas redondas a cargo de professores / pesquisadores convidados pela organização. 5. Lançamento de livros. Áreas temáticas As pessoas interessadas podem apresentarem suas propostas nos modos indicados (comunicações coordenadas, comunicações individuais, pôsteres e lançamento de livros) em conformidade com as linhas orientadoras deste congresso, organizadas em torno dos seguintes temas (são apenas sugestões, não é necessário especificar na proposta temas ou especificidades): - Linguística Aplicada ao Português - Variedades do PLE - Pluricentrismo do português e a relação entre as normas no ensino de PLE/PL2 - Ensino e pesquisa do PLE em contextos multiculturais - Multimodalidade e ensino de PLE - Produção e difusão de materiais e recursos didáticos de PLE/PL2 - Tradução literária e não literária com PLE - Português: tradução e interpretação - As literaturas de cada país integrante do mundo lusófono - Produção cultural da lusofonia: identidade, diversidade e fronteiras dialógicas - Aproximações linguísticas, literárias e culturais entre os países de língua portuguesa As propostas para a apresentação de trabalhos devem realizar-se através do e-mail [email protected] de 03 de fevereiro a 23 de março de 2016. O web do congresso (http://www.congresodelinguaportuguesa.cl) oferece mais informação
NOS_21699
O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, anunciou a intención do Goberno español de modificar o Código Penal para suavizar as penas contra as "coaccións" durante unha folga.
O anuncio do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, de que o executivo español valora "axustar" as penas que arestora se aplican, con base no artigo 315 do Código Penal, contra coaccións durante unha folga laboral non suporá a fin da represión contra os piquetes informativos, senón que unicamente podería suavizala. Catalá recoñecía nunha comparecencia pública o pasado día 29 de decembro en Alacante que "se están producindo sentenzas con penas moi altas, privativas de liberdade mesmo, que quizais son un pouco desproporcionadas no momento actual". No conxunto do Estado son máis de 300 os e as traballadoras, maioritariamente sindicalizadas, que enfrontan procesos penais con peticións de cadea que totalizan 120 anos. 11 casos atinxen a afiliadas e afiliados da CIG. O ministro amosábase partidario de incluír na modificación do Código Penal que prepara o Goberno español un axuste do artigo 315,. "O 315 prevé unha sanción ás coaccións exercidas con motivo do dereito a folga, que ten unhas penas de prisión altas comparadas co delito de coaccións xenérico" asegurou o titular da carteira de xustiza. Porén, o actual código penal no seu artigo 172, referido a coaccións en xeral estabelece penas de prisión de 6 meses a 3 anos. A mesma pena que a prevista no 315. Barállase a posibilidade de que a pena máxima se vexa reducida a 18 meses de prisión ou multa económica Descoñécese polo momento o alcance da modificación, mais barállase a posibilidade de que a pena máxima se vexa reducida a 18 meses de prisión ou multa económica. Fontes apuntan que a intención sería limitar as penas de privación de liberdade só a aqueles casos nos que mediasen condutas violentas. Con todo, non se precisa se a rebaixa nas penas atinxirá só aos casos referidos ao apartado 3 do artigo (que é o que se aplica contra os piquetes), ou se pola contra se reducirán tamén no caso das coaccións exercidas polo empresariado, extremo que rexeitan os sindicatos. Reaccións Ao fío do anuncio de Catalá a CIG, por boca do seu secretario comarcal en Vigo, Alberte Gonçalves, amosábase escéptica diante do alcance real que poida ter a medida. Gonçalves criticou que se fale de "parches" e reclamou, en troca, a fin da represión e criminalización contra o exercicio das liberdades sindicais e do dereito a folga. Unha opinión partillada pola UGT, que a nivel confederal exixiu a retirada do 315.3, cualificándoo de "enrevesado, inentendíbel e innecesario". Petición secundada tamén por CCOO. En opinión de Xuíces para a Democracia "o dereito a non facer folga xa está suficientemente protexido" En termos semellantes xa se expresara o colectivo Xuíces para a Democracia. Nun comunicado reclamou a supresión do 315.3 argumentando que "o dereito a non facer folga xa está suficientemente protexido a través do delito ou falta de coaccións". A organización que representa a boa parte da xudicatura progresista lembraba que o artigo "ten orixe no ordenamento penal franquista, cuxo redactado mantense case intacto e que no réxime anterior tiña como finalidade reprimir as folgas". "Non ten sentido manter unha figura delitiva que agora se desenvolve no contexto dun dereito fundamental, como a folga" aseveraban no texto. Aplicación desproporcionada As centrais sindicais levan meses a revolverse contra o referido artigo. De feito a Alianza Social Galega, da que fan parte CIG, CCOO e UGT, desenvolveu diferentes convocatorias e foron numerosas as mobilizacións impulsadas de maneira unitaria para poñer o foco nos diferentes casos, singularmente os que afectan aos traballadores Carlos e Serafín, e as traballadoras Ana e Tamara, condenadas as catro a tres anos de prisión por participaren de folgas legalmente convocadas. Os sindicatos denuncian que a letra do 315 aplícase de maneira desproporcionada, responsabilizando directamente a fiscalía por pedir penas que supoñen unha limitación ao exercicio efectivo do dereito fundamental a folga. Os sindicatos denuncian que as coaccións patronais que o impiden facer folga apenas son punidas con multas económicas Pardoxalmente o único apartado que semella estar a aplicarse de maneira contundente é o 315.3, no que se castiga a quen "actuando en grupo, ou individualmente pero de acordo con outros, coaccionen a outras persoas a iniciar ou continuar unha folga". Porén, non se coñece na xurisprudencia igual aplicación do 315.1 referido a quen "mediante engano ou abuso de situación de necesidade, impediren ou limitaren o exercicio da liberdade sindical ou o dereito a folga". Ao tempo que se suceden os casos de folguistas encausadas ou condenadas por exerceren ese dereito, recollido na Constitución, as coaccións patronais que o impiden apenas son punidas con multas económicas. Coacción sen coaccionadas? Son abondosas as sentenzas que interpretan como coacción a axitación dos piquetes informativos alentando a secundar unha folga, malia que en moitos casos constitúen unha contramedida proporcionada ás coaccións previas exercidas pola patronal en sentido contrario mesmo baixo ameaza de despedimento, tal e como recoñecen algúns fallos xudiciais. Unha interpretación antisindical que se sostén mesmo non habendo ningunha traballadora que se declarase "coaccionada" e cando os ou as chamadas a testemuñar aseguran diante do tribunal non terse sentido vítimas de tal coacción.
NOS_45914
O conselleiro de Educación expuxo o novo modelo educativo para a Galiza.
O conselleiro de Educación e Universidade, Román Rodríguez, compareceu onte no Parlamento para expor as liñas do modelo educativo da Galiza que, anunciou, "está a piques de experimentar un novo pulo no referido á innovación e a transformación dixital". O titular da Consellaría de Educación declarou que o seu departamento está a ultimar a orde para crear "máis de 200 polos creativos en centros educativos da Galiza". Uns espazos físicos, explicou, de cocreación desde unha perspectiva de competencia STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), que irán paralelos á creación dun "centro especializado no ensino dixital e na innovación e investigación educativa". Durante a súa intervención, Rodríguez defendeu o labor feito no ensino nesta década de Gobernos do PP no país e mesmo afirmou que "o modelo educativo da Galiza pode servir de referencia para o conxunto do Estado". Nesta liña, o conselleiro chegou a afirmar na Cámara que o que se viviu nestes dez anos de Executivos de Núñez Feixoo foi "unha revolución silenciosa" no ensino. "A realidade é outra, señor conselleiro" O portavoz de Educación do BNG, Manuel Antonio Lourenzo, instou o conselleiro a asumir "a realidade" do ensino na Galiza, marcado por anos de recortes. "Deixe a hipérbole e o autobombo", pediulle, e lembrou que as denuncias sobre as excesivas "ratios urbanas, o profesorado ao límite, o abandono do ensino no rural" non proceden do Bloque senón de "representantes de docentes, de alumnado e de familias". O deputado nacionalista reprochou ao conselleiro que desde a tribuna falase de "avances" e "éxitos" cando, dixo, hai un dato que resume os recortes desta década: "Desde que goberna o PP perdemos 2.500 docentes, 250 cada ano". Lourenzo emprazou o conselleiro a aceptar negociar sobre oito propostas da formación nacionalista, "xa que estamos no 8-M". Iniciativas redor da fin da segregación, o desenvolvemento dunha de atención á saúde mental nos centros, acordos en normalización lingüística ou aumento do cadro docente. Incumprimentos Noelia Otero, portavoz socialista de Educación, coincidiu en salientar e denunciar os "recortes" nestes anos no ensino como un precedente que non permite "confiar" nos anuncios e promesas. Otero reprochou, entre outras cuestións, o triunfalismo do conselleiro ao falar da Estratexia Galega de Formación Profesional. "Con quen contaron para deseñala? Coa comunidade escolar non, desde logo", dixo. A socialista criticou o conselleiro polo despedimento do profesorado de reforzo contratado para facer fronte á pandemia da Covid e por non acabar co problema das "ratios" nas aulas galegas. O conselleiro, na súa quenda final, reprochou á oposición estar presa "dunha liturxia" que "non se sostén cando a comparamos coa realidade".
PRAZA_20086
Temos exemplos de Estados como Corea ou Xapón que realizaron políticas dirixidas ao mantemento e fortalecemento do sector naval, e mesmo temos casos nalgún Estado da Unión Europea. Isto contrasta, unha vez máis, coa falta de compromiso e plans industriais do Estado español e da Xunta de Galiza na procura de dar unha saída ás necesidades das armadoras a través da nosa propia industria.
O sector naval galego, despois destes anos de reconversión encuberta, segue sen levantar cabeza. Lonxe do efecto propagandístico das noticias que saen na prensa, día si e día tamén, anunciando a tan esperada recuperación dun sector estratéxico para o país e o máis importante da industria da comarca de Vigo -xunto coa automoción- segue a vivir os momentos máis baixos de ocupación da súa historia. Sendo este sector actualmente o de maior capacidade para incidir na recuperación económica do conxunto das bisbarras de Vigo e de Pontevedra, dado o seu volume de negocio e a súa capacidade de contratación. O aumento de contratacións no ultimo ano é unha realidade, mais é necesario salientar o tipo de buques contratados: barcos de pesca pequenos, remolcadores, multipropósito... que xeran pouca carga de traballo, o que se traduce na contratación dun número cativo de traballadores/as. Nestes intres, exceptuando o estaleiro mediano Paulino Freire de Vigo, cunha carga de traballo estábel para os próximos anos, o resto de estaleiros pequenos son os que soportan realmente a carga de traballo, polo que o número de traballadores/as no sector non chega aos 1.000. É neste contexto de desfeita, cos estaleiros principais sen actividade -por certo os únicos con capacidade real de incidir no aumento da contratación de traballadores/as no sector-, que volve repetirse o acontecido con Gas Natural en 2013. Naquel ano Gas Natural contratou catro gaseiros a estaleiros asiáticos, o coreano Hyundai e o xaponés Imabari, sendo a que contrataba unha empresa española e con axudas da Administración española. Isto provocou unha gran polémica que derivou na contratación de catro petroleiros en colaboración coa tamén coreana Daewoo, que están a construírse no grupo Navantia. Esta situación repítese agora co anuncio das armadoras españolas Balearia, que hai uns días presentou un plan para o incremento da frota con tres novos ferris a construír antes de 2019 (un en Sestao e os outros dous no estaleiro Italiano Canteri Navale Vissentini), e Armas, coa construción doutro ferri no estaleiro australiano Incat, con entrega tamén en 2019. Estas armadoras foron clientes no seu momento, con Suardiaz e Transmediterránea, do estaleiro privado máis grande do Estado (o vigués Barreras). Este estaleiro segue na actualidade sen carga de traballo e co seu futuro cando menos comprometido. Cabe preguntarse por que estas armadoras escollen estaleiros foráneos, onde os custos son maiores, e estando os nosos á mesma altura tecnolóxica. Sería tamén importante saber que axudas están a recibir estas armadoras do Estado. Que hai detrás destas decisións nos momentos máis comprometidos para a continuidade do sector naval? Cal é aposta das armadoras españolas e do Goberno central para protexer ou mesmo potenciar este sector? O sector naval, a pesar da súa redución a nivel estatal, segue a representar a nivel galego unha industria estratéxica e básica para o desenvolvemento industrial e económico da noso país, actuando como dinamizador doutros sectores en dúas comarcas basicamente industriais como son Ferrol e Vigo. Temos exemplos de estados como Corea ou Xapón que realizaron políticas dirixidas ao mantemento e fortalecemento do sector naval, e mesmo temos casos nalgún Estado da Unión Europea. Isto contrasta, unha vez máis, coa falta de compromiso e plans industriais do Estado español e da Xunta de Galiza na procura de dar unha saída ás necesidades das armadoras a través da nosa propia industria.
NOS_18985
Ricardo Fernández promove entre o seu alumnado a recollida de receitarios
Ninguén cociña como as avoas e os seus segredos a miúdo desaparecen. Ricardo Fernández Guerra, profesor técnico de Formación Profesional de Cociña e Pastelaría, sumouse a un proxecto (Os Receitarios) que procura documentar e pór en valor todo este saber popular e invisíbel das mulleres de antes. Como decidiu comezar coa recompilación de receitas? O proxecto non é meu, senón que parte dunha iniciativa a nivel estatal de catro xornalistas gastronómicas de Barcelona, Bilbo e Madrid. O que propuxeron elas foi comezar a recoller todas esas receitas antigas de avoas, tías ou nais, das que hai rexistro en formatos nos formais. Escribíanas en cadernos, follas soltas... O obxectivo era rexistrar e documentar isto, coa idea de abrir unha web e facelo accesíbel a todo o mundo. Trátase de recuperar o saber facer de quen estivo toda a vida na casa cociñando para a familia e que era un labor invisíbel. Comezaron coa recompilación o ano pasado e cando eu estaba preparando o curso escolar, lino e resultoume bastante interesante. Por iso, cando comezaron as aulas propúxenllo ao meu alumnado do ciclo superior de dirección de cociña. Trátase de recuperar o saber facer de quen estivo toda a vida na casa cociñando para a familia e que era un labor invisíbel Como recibiron o estudantado esa proposta? Unha das cousas que pretendo é que os estudantes, que veñen atraídas pola alta cociña, pensando en restaurantes de alta gama ou en programas como Master Chef, entendan que o mundo da hostalaría é outra cousa. Ao principio sempre os tes que pór un pouco cos pés na terra. Nese senso, isto pareceume especialmente interesante. A cociña tradicional é a base da cociña. Que cadaquén recupere na súa contorna máis próxima receitas antigas familiares sería fantástico. Propúxeno como unha actividade voluntaria neste primeiro trimestre. Como non era obrigatorio e hai moito traballo, das 14 persoas da aula participaron só cinco, pero implicáronse por completo. Conseguiron moito material superinteresante. Todo o que achamos queda escaneado e documentado coa historia da persoa onde se conseguiu, para logo enviarllo a esas catro xornalistas. A cousa funcionou con efecto dominó. A partir de aí, a rapazada que non participara quixo sumarse. Ademais, na área de Pontevedra continuamente contacta xente para enviarnos cousas que atopa pola casa, co que estamos conseguindo moito material. De súpeto, a través do proxecto dos receitarios todo o mundo comezou a cuestionarse que estamos a facer ollando cara a outro lado cando temos a cociña de verdade diante. Temos na memoria do padal, que é unha das máis importantes, aquela cousa que comiamos de cativos na casa da avoa. Esas receitas están moitas veces sen documentar ou esquecidas en gabetas ou faiados. Nós queremos recuperalas. Ademais, que estudantes de hostalaría, que son o futuro da profesión, miren cara a atrás e se dean conta diso é moi importante. Por outra banda, hai que pensar no que significa para unha avoa que o seu neto lle veña pedindo aquelas receitas que ten por alí e despois saia nun programa de televisión (como xa aconteceu) ou referenciada nun artigo de prensa. É un recoñecemento ao labor que facían antes. Esas receitas están moitas veces sen documentar ou esquecidas en gabetas ou faiados Hai rapaces, un en concreto que se chama Aitor, que conseguiu receitas da súa avoa Carmiña, e vai facer unha delas (de lingua refogada) no seu exame final de curso dentro do menú que ten que elaborar. É moi relevante que o alumnado se dea conta de que as raíces da cociña están nalgún lugar, que o busquen e que se comece a descubrir o traballo de tantas e tantas mulleres deste país que foron as que soportaron a sociedade —o 99% do que compilamos é delas, que á parte de todo o que facían na casa, moitas eran moi boas cociñeiras. Vai seguir co proxecto? Si. Este curso funcionou como experimento, mais para o próximo xa teño pensado que deixe de ser voluntario para entrar no currículo oficial, na parte da cociña tradicional. Vou ensinar a partir de aí, que cada alumno do meu grupo teña que contactar coa súa contorna familiar máis achegada para procurar receitas antigas dunha persoa. Despois, con todo o que consigan, faremos dúas ou tres sesións no restaurante gastronómico do instituto onde se servirá unha selección das receitas conseguidas, reinterpretadas en formato restaurante. E se hai persoas das que se recolleron que seguen vivas, virán comer ao restaurante o menú elaborado sobre as súas receitas.
NOS_33824
Aumentaron nese mes un 2% mais seguen moi afastadas do que se paga no Estado español.
A pensión media situouse en agosto en Galiza en 749,67 euros, unha cifra que se ben supón un aumento do 2% a respecto do mesmo mes de 2014, segue a estar sensibelmente por baixo da media do estado español, que é de 888,53 euros, 140 euros máis. Os dados difundidos esta terza feira polo Instituto Nacional da Seguridade Social o número de prestacións polas diferentes clases de pensións (xubilación, viuvidade, incapacidade permanente,...) supera as 750.000. No que atinxe ás prestacións por xubilación, en Galiza hai 465.000 e a media que perceben é de 849 euros, unha cantidade tamén inferior á ratio estatal, que supera os 926 euros, 77 euros máis.
NOS_48806
O debate entre as forzas políticas galegas na TVG vaise pór en antena esta noite na súa segunda canle e ás 22.45 horas, no horario en que se programa normalmente Foro Aberto. Na G2 é unha banda horaria de audiencia marxinal. En abril, Foro Aberto fixo unha media de 5.000 espectadoras/es, cando a TVG-1 supera doadamente os 100 mil.
A colocación do debate na segunda canle da TVG (a G2) foi un dos motivos que levou o BNG a apresentar un recurso contra o plano de cobertura das eleccións aprobado pola CRTVG. Entendía a formación nacionalista que a programación do debate na segunda canle era tanto como condenalo a ter cifras de audiencia residuais. A TVG-1 promedia unha audiencia lixeiramente superior ao 10% (10 de cada 100 espectadoras/es galegos ven a galega), en tanto que a súa segunda canle se move en parámetros virtualmente clandestinos, por volta do 0,9% (menos de 1 de cada 100 espectadoras/es). Desde a dirección xeral da CRTVG o argumento que se empregou para programar o debate na G2 é que esa é a canle deste tipo de espazos na televisión galega, en alusión a Foro Aberto. Mais Foro Aberto -conducido polo xornalista Carlos Luís Rodríguez, moi coñecido pola súa fobia ao nacionalismo galego- ten unha audiencia moi marxinal. Os últimos dados dispoñíbeis son paupérrimos: un promedio de 5.000 espectadoras/es por programa. Degradación do servizo público O BNG argumentaba no seu recurso que a decisión de desprazar o debate á G2 claramente degrada a calidade de servizo público que a CRTVG debe prestar á sociedade galega. Para a formación nacionalista, a CRTVG serve aquí os intereses do PP, cuxa estratexia é a de desmobilizar a campaña e a de incentivar a abstención o 25-M. O PP sabe que a maior parte das e dos eleitores potenciais son críticos coa súa abstención e, portanto, non está interesado en mobilizalos. Bástalle con que só vaian votar os sectores máis identificados cos partidos concorrentes, coa ideia de que nese caladoiro ten opcións de ser a minoría máis votada. Os argumentos do BNG non foron atendidos pola xunta eleitoral provincial e, portanto, o plano de cobertura ficou tal e como foi aprobado pola CRTVG. Os últimos dados dispoñíbeis da audiencia da G2 nesa banda horaria son paupérrimos: un promedio de 5.000 espectadoras/es Na TVE o debate bipartidista -o decorrido esta quinta feira entre Cañete e Valenciano- si foi programado na súa primeira canle e en horario de máxima audiencia. Competir con Luar No primeiro rascuño do plano, o debate íase realizar a quinta feira 15 de maio. Foi finalmente aprazado a esta sexta feira a consecuencia do asasinato da presidenta da Deputación de León, que trastocou as axendas. Finalmente, foi gravado onte e será emitido hoxe en falso directo. Ao ser desprazado á sexta feira, o debate competirá co prato forte da TVG no prime time, o veteranísimo Luar.
NOS_27292
O Día Internacional do Pobo Cigano, que se conmemora o 8 de abril, trae á actualidade as problemáticas que enfronta o colectivo no noso país. Abordámolos no semanario Sermos Galiza número 290. Eis un extracto.
A Fundación Secretariado Xitano é unha das maiores entidades que traballa a prol da inclusión da sociedade cigana no Estado español. Este domingo 8 de abril conmemorará o Día Internacional do Pobo Cigano procurando un recoñecemento institucional por parte das Administracións locais –haberá recepcións nas sete cidades galegas– e galega –cun acto no Parlamento–, quen son sinaladas como principais responsábeis para unha integración social óptima deste colectivo. "Cando falamos de exclusión, falamos de procesos multidimensionais e por iso a resposta tamén debe ser multidimensional e dirixida a abordar os diferentes condicionantes que limitan o desenvolvemento social e económico da persoa. Isto é responsabilidade das propias persoas ciganas, da sociedade, e como non, das Administracións, como garantes de dereito de toda a cidadanía", explica Eva Vera, directora territorial do Secretariado na Galiza e con máis de quince anos de experiencia neste eido. Aínda que desde a aprobación da constitución española no ano 1978 houbo un grande cambio para o pobo cigano –que pasou de ser perseguido pola Lei de vagos e maleantes a ser recoñecidas as súas integrantes como cidadás de pleno dereito–, o certo é que aínda fica un longo camiño por percorrer até a integración. "A meirande parte da comunidade coa que traballamos transmítenos que non é consciente da discriminación que sofren, e mesmo as que si son conscientes teñen un descoñecemento patente dos seus dereitos como cidadás, polo que non acostuman reclamar", apunta Vera. É por iso que son necesarias, segundo sinalan desde o Secretariado, unhas políticas que favorezan a participación de persoas e grupos, amais dunha protección activa da diversidade de identidades culturais e o recoñecemento do dereito á educación e a unha vivenda e traballo dignos. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 290, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_17558
Un informe da Organización Médica Colexial (OMC) en colaboración coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) cifra en 12.125 o total de colexiados activos nas catro provincias galegas, que en termos relativos só supera os datos de Andalucía e Castela-A Mancha
Con 448 médicos por cada 100.000 habitantes, Galicia fica por debaixo da media española (476) e moito máis lonxe dos datos de Navarra (611), Cantabria (594), Madrid (557), País Vasco (552) e Aragón (549) A Organización Médica Colexial (OMC) en colaboración coa Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) publicou esta semana o Estudo sobre Demografía Médica. O informe cifra en 12.125 o total de médicos activos en Galicia, o que en termos relativos sitúa a comunidade como a terceira con menos colexiados por habitante, só por diante de Andalucía e Castela-A Mancha. Con 448 médicos por cada 100.000 habitantes, Galicia fica por debaixo da media española (476) e moito máis lonxe dos datos de Navarra (611), Cantabria (594), Madrid (557), País Vasco (552) e Aragón (549). Galicia tamén aparece por debaixo da media española no número de médicos especialistas por habitante (1.79 por cada mil habitantes fronte á media estatal de 1.86). Con todo, neste indicador a nosa comunidade supera á Comunidade Valenciana, Murcia, Cantabria, A Rioxa e Andalucía. O estudo alerta, igualmente, do envellecemento do colectivo e da necesidade de incorporar máis profesionais. Estima que ao redor de 70.000 médicos se xubilarán nos vindeiros dez anos no conxunto do Estado. Así mesmo, critica que o desaxuste entre as prazas MIR (6.513 en 2018) e o número de aspirantes (14.448) "pode provocar que milleiros de médicos queden sen poder acceder a unha praza de formación sanitaria especializada". Galicia é un dos territorios cunha profesión máis envellecida. O 47,8% dos e das médicas galegas teñen máis de 55 anos, fronte a unha media do 41% no conxunto de España. Isto significa que case a metade dos e das profesionais galegas se xubilarán nos vindeiros dez anos. Tan só Cataluña empeora este indicador. En cambio, Madrid, Murcia, Castela-A Mancha e Baleares son as rexións cunha maior proporción de médicos e médicas novas. A media de idade sitúase en Galicia nos 49.08 anos, moi preto da media española (49.19). Case a metade dos e das profesionais galegas se xubilarán nos vindeiros dez anos O informe tamén recolle que as mulleres supoñen xa máis do 50% dos cadros de persoal médicos (53.5% en Galicia, 52.4% en España) e moito máis entre as novas xeracións, nas que duplican os varóns. Porén, só representan o 20% dos postos de dirección.
NOS_28508
A comisión que investiga a quebra das caixas galegas volve estar activa no Parlamento da Galiza, mais son moitas as dúbidas sobre os seus resultados. Mentres o presidente da institución, o popular Miguel Santalices, aposta por un ditame en breve, as forzas da oposición cuestionan esa posibilidade.
O presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Santalices, dá por feito un ditame da comisión de investigación das caixas galegas ao longo desta lexislatura. Así o apuntou o pasado domingo nunha entrevista concedida á Radio Nacional de España. Na conversa, Santalices sinalou que supón que habería conclusións e apoiou que "se poderán incorporar" ás mesmas "moitos acontecementos que foron xurdindo" desde a última paralización da comisión parlamentaria. As forzas da oposición discrepan das declaracións do presidente da Cámara galega e amósanse máis pesimistas. A este respecto, as fontes nacionalistas e socialistas consultadas por Nós Diario sinalan que o Partido Popular non ten ningún interese en aclarar o acontecido con Caixa Galicia e Caixanova e pon como exemplo a única reunión da comisión após a súa activación en outubro. A xunta decorrida o pasado 11 de decembro no Parlamento da Galiza durou 12 minutos sen que desde o Goberno se entregase ningunha documentación nova aos grupos da oposición. Os antecedentes non dan motivos para a confianza a nacionalistas e socialistas. A comisión de caixas constituíuse na súa primeira xeira en 2012, foi paralizada en 2017 e volveuse activar en outubro de 2020, após a presión da oposición e unha sentenza da Audiencia Nacional que impugnou a política da Xunta da Galiza na materia. Porén, a actitude na mesma do PP limitou as comparecencias, reduciu a parte destas a simples actos de trámite sen resultado práctico ningún e puxo pexas ao acceso á documentación chave, até rematar a cuestión diante do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). Diversos procedementos xudiciais seguidos contra os responsábeis e a operativa de Caixa Galicia e Caixanova teñen aberto algunha liña de investigación pendente de ser ampliada e continuada. Así, a Audiencia Nacional sentenciou no xuízo decorrido en 2015 contra o ex director xeral e ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e outros directivos desta entidade polas xubilacións millonarias que "Caixa Galicia estaba practicamente quebrada; e Caixanova, se ben non chegaba ao nivel de insolvencia de Caixa Galicia tería serios problemas". Unhas caixas inviábeis As conclusións achegadas polos xulgados coinciden cos informes elaborados no seu momento polo Banco de España, o organismo regulador encargado de controlar as contas das entidades de crédito e que avalou a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. No procedemento de 2015 contra Fernández Gayoso, o director do Departamento de Inspección de Banco de España sinalou que "Caixa Galicia era practicamente inviábel", que Caixanova "estaba un pouco mellor que Caixa Galicia", pero que "tamén estaba mal, tendo en conta uns desequilibrios en ambas as caixas que facían que non puidesen funcionar por si soas". As semellanzas na situación contábel non sorprenden, xa que Caixa Galicia e Caixanova partillaron operativa, modelo de xestión e orientación do negocio. Un bo exemplo disto foi a súa posición en relación ao sector inmobiliario, que representou en 2007 o 23% e o 26%, respectivamente, da carteira industrial de Caixanova e Caixa Galicia ou a súa presenza no capital de sociedades construtoras, sen ningunha relación coa Galiza, como Sacyr ou Colonial. Nesta mesma orientación explícase que as caixas galegas destinasen miles de millóns de euros a financiar o sector inmobiliario, aumentado entre 2003 e 2007 o crédito promotor de Caixa Galicia en 181% e de Caixanova en 120%. A maiores, o groso dos investimentos inmobiliarios financiados por ambas as entidades executáronse fóra da Galiza. As causas da quebra das caixas galegas son de diversa orde. Unha parte delas tiveron un carácter estrutural, estiveron asociadas ás políticas que provocaron o estoupido de 2007 e abriron a porta ao que os economistas deron en denominar como Longa depresión. Outras apuntan á falla de control dos organismos reguladores galegos e estatais, que tiñan asignada a función de supervisión e vixilancia. Aínda así, gran parte da responsabilidade recaeu nos equipos directivos, a cuxa cabeza se situaron José Luís Méndez e Julio Fernández Gayoso, cunha práctica e xestión marcadas pola falla de rigor e cunhas políticas de investimento que non atenderon a función social definida na propia natureza xurídica das entidades.
PRAZA_19915
19 grupos de investigación galegos únense na Agrupación Estratéxica BETA+. O obxectivo é afondar no estudo do territorio desde un punto de vista produtivo e ambiental e converterse nun polo de atracción de recursos e investigadores. Falamos con Lourenzo Fernández Prieto, un dos seus coordinadores
Este venres presentouse en Compostela a Agrupación Estratéxica BETA+, conformada por 19 grupos de investigación de toda Galicia. O obxectivo deste ambicioso proxecto, que busca converterse nun polo de atracción de recursos e investigadores é afondar no estudo do territorio e a sociedade galega desde un punto de vista produtivo e ambiental. Os 19 grupos traballarán en materias de bioeconomía, emprendemento, territorio e medio ambiente, facendo fincapé na dimensión territorial dos procesos demográficos e das actividades produtivas e no aproveitamento e conservación dos recursos naturais e culturais. Compartirán coñecemento, persoal e proxectos, "facendo xuntos o que non podemos facer sós", destaca o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, un dos seus dous coordinadores, xunto coa profesora de Economía María Loureiro. "Non hai nada máis práctico que unha boa teoría", destaca Fernández Prieto. "Non queremos só resultados publicables, senón transmitilos á sociedade e ir mellorando o noso territorio, traballar para o benestar na xente. Interésanos o impacto social do coñecemento e a demanda social dese coñecemento, poñer en valor o que xa sabemos. Temos moito coñecemento teórico mal aplicado, mal aplicado porque ou ben non conectamos cos demandantes ou porque os demandantes non saben o que ofrecemos", salienta, para concluír que "o mellor think-tank que teñen as administracións son as universidades e non sempre o utilizan". "Non hai nada máis práctico que unha boa teoría. Temos moito coñecemento teórico mal aplicado porque ou ben non conectamos cos demandantes" "O despoboamento, o uso racional de recursos naturais e culturais en beneficio da comunidade e da súa cohesión e benestar e a responsabilidade social e ambiental son algúns dos asuntos chave da nosa sociedade, que esta agrupación pretende enfrontar e sobre as que quere achegar solucións concretas", sinala. "Os grandes problemas que ten a sociedade e a economía galegas son problemas universais, con respostas específicas que hai que dar aquí pero con elementos universais de coñecemento", comenta. "Os grandes problemas que ten a sociedade e a economía galegas son problemas universais, con respostas específicas que hai que dar aquí pero con elementos universais de coñecemento" "No mundo de hoxe hai que construír polos de investigación e de traballo. Trátase de ser multidisciplinares, pero tamén interdisciplinares, de facer cousas entre nós e de facer cousas que por separado non poderiamos facer. Estas cousas van dende retos de investigación ata conseguir máis financiamento", explica Fernández Prieto. Os 19 grupos están compostos por uns 170 investigadores e investigadoras e, por exemplo, os 16 que corresponden á USC suman o 18% dos recursos captados pola universidade compostelá, o 17% de teses lidas, o 60 % dos contratados Ramón y Cajal, o 30% dos Parga Pondal e o 50% dos Marie Curie. Un enorme potencial que con esta agrupación se quere intensificar. "As universidades galegas tamén se están avellentando. Hoxe estamos producindo xente para fóra, estamos formando investigadores que acaban marchando. Por iso queremos ser un polo de atracción de coñecemento, queremos que a xente non se vaia e queremos atraer a xente que xa está fóra e iso só o consegues cun gran polo de investigación", conclúe. 19 grupos "Queremos que a xente non marche e queremos atraer a xente que xa está fóra e iso só o consegues cun gran polo de investigación" BETA+ está formada polos grupos da USC Análise Económica dos Mercados e Institucións (AEMI); Análise territorial (ANTE); Construción sustentábel para o medio rural e natural (COSMERUN); Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC); Analise xurídico-económica (ECOIURIS); Estudos dos sistemas culturais (GALABRA); Análise e Modelización Económica (GAME); Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio (GESPIC); Historia moderna (HISTORIA MODERNA); Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural (IACOBUS); Historia política e dos nacionalismos (HISPONA); Historia agraria e política do mundo rural (HISTAGRA); Historia de América (HISTAMÉRICA); Síncrisis, Investigación en Formas Culturais (SIFC - SINCRISIS); Valoración financeira aplicada (VALFINAP); Métodos cuantitativos e xestión de empresas agroalimentarias (MÉTODOS E XESTIÓN DE EMPRESAS); Proxectos e Planificación (PROEPLA); e Territorio, Biodiversidade (LABORATE). Completan a agrupación o Grupo de Estudos Territoriais (GET) da UDC, o de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEA) da UVigo, e o de Sistemas de Produción e Calidade do Leite de Vacún de CIAM-Mabegondo.
PRAZA_20383
As andainas guiadas do Instituto de Estudos Miñoráns pola arqueoloxía, a etnografía ou a natureza da comarca son un éxito entre autóctonos e turistas. Este ano programan 13 saídas entre o 6 de xullo e o 16 de setembro.
O 22 de xuño de 2002, hai agora 15 anos, o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) realizou a primeira das súas exitosas andainas guiadas por expertos. Chamaron Xeiras á iniciativa que comezou aquel día cun percorrido pola arquitectura de Antonio Palacios na comarca. 15 anos despois, para este verán programan outras 13 saídas, entre o 6 de xullo e o 16 de setembro. As andainas guiadas do Instituto de Estudos Miñoráns pola arqueoloxía, a etnografía ou a natureza da comarca son un éxito entre autóctonos e turistas. Este ano programan 13 saídas entre o 6 de xullo e o 16 de setembro. Carlos Méixome foi ata hai dous anos director do IEM desde a súa creación en 1999 co obxectivo de "divulgar a cultura" da comarca a través dunha entidade "emanada da sociedade miñorana". As xeiras teñen a súa orixe previa nas excursións que el mesmo, profesor de instituto, facía cos seus alumnos por recunchos do Val Miñor para explicarlles in situ a historia e a evolución deses lugares. Méixome lembra "un percorrido que faciamos por Mañufe (Gondomar) e que repetiamos todos os anos cos rapaces, visitando a ponte medieval, o Pazo da Escola daquela aínda abandonado, a igrexa e rematando no couto Acevedo". Cando en 1999 se crea o IEM, só era cuestión de tempo que aquelas excursións para estudantes se fixesen adultas. E iso pasou tres anos despois, no verán de 2002, cando as visitas escolares se transformaron en andainas culturais guiadas con cuxo nome o IEM quixo homenaxear ás xeiras que tamén realizaba o Seminario de Estudos Galegos por todo o país, aínda que aquelas fosen de tipo científico e durasen varios días. "Ao comezo ían poucas persoas, pero nunha visita ao Pazo do Conde de Gondomar, apareceron trescentas e non soubemos moi ben que facer", lembra Carlos Méixome "Ao comezo, en 2002, ás Xeiras ían unhas poucas persoas, non pasaban de 30 ou 40, pero lembro ben o momento en que se desbordaron", di Méixome: "Foi nunha visita ao Pazo do Conde de Gondomar, cando apareceron trescentas persoas e non soubemos moi ben que facer". Logo, con apoios irregulares das administracións da comarca ou sen eles, o boca a orella encargouse de converter en estrela da divulgación amena ao arqueólogo baionés Xosé Lois Vilar e as súas visitas nocturnas a áreas de petroglifos. E o galego en que el e os outros guías realizan as explicacións non supón un problema para a maioría dos numerosos turistas de fóra de Galicia que atraen as xeiras. Este ano, coa colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán, Baiona, Oia e Tomiño, ao que tamén se estenderon co tempo as xeiras, o IEM programou 13 saídas, catro delas nocturnas, coas que coñecer os petroglifos, pazos ou montes do Val Miñor en andainas dunhas tres horas de duración.
PRAZA_20968
O PP emenda a súa propia norma en tramitación e engádelle todo un capítulo no que permite que o Goberno galego mude funcións ao seu persoal, lle dea "gratificacións extraordinarias" ou cree unidades administrativas temporais
O PP emenda a súa propia norma que presentou hai mes e medio e engádelle todo un capítulo no que permite que o Goberno galego mude funcións ao seu persoal, lle dea "gratificacións extraordinarias" ou cree unidades administrativas temporaisPara a xestión dos fondos europeos de recuperación económica tras a pandemia do coronavirus que cheguen a Galicia, a Xunta poderá reasignar efectivos, funcións ou tarefas do seu funcionariado, asignarlle funcións a tempo parcial, darlle gratificacións extraordinarias, crear unidades administrativas temporais ou nomear persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal. Así se prevé nas emendas que o PP vén de presentar á súa propia proposición de lei de reactivación económica que xa está a tramitar o Parlamento de Galicia a través dun mecanismo que evitou a súa exposición pública previa, como ocorre habitualmente cando as leis as propón a Xunta e non o partido.A proposición de lei de reactivación económica formulada polo PP entrou no Parlamento o 7 de decembro cun texto que se centraba en simplificar trámites ás empresas deixándoos en mans privadas. Nada dicía aquel texto de reorganizar o funcionariado para cumprir coas súas disposicións, algo que agora, mes e medio despois, os populares incorporan á lei a través das súas propias emendas, nas que inclúen todo un capítulo lexislativo completo: se a proposición de lei orixinal tiña 64 artigos, as emendas populares engaden outros 13 artigos, ata un total de 77.O novo capítulo céntrase na xestión e supervisión dos fondos europeos e ademais de flexibilizar a xustificación da execución dos mesmos por parte dos seus beneficiarios contempla unha serie de medidas que permiten á xunta reorganizar o seu persoal, medidas que quedarían por riba do que dispuxese ata agora a lei de emprego público xa que a nova lei de reactivación contempla unha disposición pola que "quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei".A lei orixinal presentada centraba os seus 64 artigos en simplificar trámites ás empresas deixándoos en mans privadas; agora o PP suma outros 13 para permitir á Xunta reorganizar o persoalA nova redacción agora proposta polo PP establece que "naquelas consellerías ou entidades dependentes delas onde se xestionen proxectos financiados con fondos dos instrumentos europeos de recuperación ou con outros fondos europeos corresponderá ás persoas titulares das Secretarías xerais técnicas realizar unha análise da carga de traballo existente nas diferentes unidades co fin de poder reasignar efectivos, de acordo co establecido nesta lei, naquelas que, de xeito prioritario, teñan por finalidade xestionar ditos fondos". E o que establece esta lei é que se poderá encomendar temporalmente ao persoal "tarefas ou funcións propias da súa clasificación profesional diferentes das do posto de traballo".Cando o propio persoal da consellería en cuestión non sexa suficiente, poderá nomearse persoal temporal e, a maiores, a Dirección Xeral da Función Pública "poderá reasignar efectivos procedentes doutras consellerías ou doutras entidades instrumentais".A Xunta tamén poderá crear "unidades administrativas de carácter provisional mediante a modificación da correspondente relación de postos de traballo" (RPT) e asignar "funcións a tempo parcial ata un máximo do 80% da súa xornada ao persoal funcionario" ao servizo da consellería encargada da xestión de proxectos financiados cos fondos europeos. Nese eido tamén "poderá asignarse persoal de distintas consellerías ou entidades funcións a tempo parcial parcial [sic] para colaborar na xestión dos ditos fondos".As emendas do PP din que a prioridade será "o aproveitamento do talento das persoas ao servizo" de cada departamento da XuntaCoa mesma redacción inconexa e sen concordancia o texto engade que "coa finalidade garantir [sic] a adecuada prestación dos servizos públicos no suposto de asignación de funcións a tempo parcial, poderase nomear persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal para o apoio nas funcións propias do empregado publico [sic] que voluntariamente coopere durante a súa xornada laboral na confección ou xestión dos proxectos".As emendas do PP á súa propia proposición de lei contemplan que as persoas que participen nesta reorganización "poderán percibir complementos de produtividade ou gratificacións extraordinarias". E sinala que os responsables das reorganizacións en cada consellería, as persoas á fronte das secretarías xerais técnicas, terán "como prioridade na xestión do persoal asignado o aproveitamento do talento das persoas ao servizo do departamento".
NOS_44702
Na próxima primavera faranse 35 anos desde a aparición do primeiro número da Revista Agália, un dos emblemas do reintegracionismo. A AGAL tomou a decisión de dixitalizar os seus fundos documentais.
Agália, a revista que é un dos emblemas do reintegracionismo, dixitalizou todos os seus fundos documentais 35 anos após o seu nacemento, informa a propia Agal ás persoas asociadas a través dunha carta. A Associaçom Galega da Língua tomou a decisión de dixitalizar os seus fundos e o traballo foi realizado polo historiador Tiago Peres. A partir de agora as persoas interesadas poderán ter á súa disposición todos os números da Revista Agália no seu site e no site da Agal. Fundada pola Associaçom Galega da Lingua co principal obxectivo de difundir o pensamento reintegracionista na sociedade, co pasar dos anos Agália transformouse nunha publicación de referencia tanto a nivel nacional como internacional. Polas súas páxinas pasaron economistas como Edelmiro López Iglesias, Ramom L. Suevos, Xoán Carmona ou Fernández Leiceaga; lingüistas como Ernesto Guerra da Cal, Eugénio Coseriu, Evanildo Bechara, Joan Coromines ou Manuel Rodrigues Lapa; galeguistas históricos como Ricardo Carvalho Calero ou Jenaro Marinhas del Valle; novelistas como Carlos Quiroga ou Jõao Guisam Seixas… A lista é longa e continua até hoxe.
PRAZA_19753
A pesar dunha leve recuperación dos prezos dende os mínimos acadados o pasado verán, as explotacións máis pequenas (maioritarias en Galicia), reciben 28 e mesmo 26 céntimos por litro. Dende abril de 2015 pecharon o 11% das granxas lácteas galegas.
Nos últimos meses vimos asistindo a unha certa recuperación dos prezos do leite pagados aos produtores. Dende o nivel mínimo acadado o pasado verán, cun prezo medio de 26,8 céntimos por litro, en xaneiro e febreiro esta media situouse lixeiramente por riba dos trinta céntimos. Lonxe, iso si, dos máis de 39 céntimos pagados en 2014 e aínda por debaixo dos propios custes de produción. Con todo, a cifra media que se adoita tomar como referencia agocha unha realidade mesmo máis negativa. As explotacións cunha maior capacidade produtiva están a recibir unha cantidade por litro lixeiramente superior a eses 30 céntimos por litro: as granxas que producen máis de 700.000 litros cobran ao redor de 31,09 céntimos, e as que se sitúan entre 400.000 e 700.000 reciben 30,60 céntimos. Porén, este tipo de explotacións son unha minoría en Galicia, apenas unha de cada dez. A inmensa maioría das explotacións galegas (ao redor do 61%) producen menos de 200.000 litros e mesmo un 19% sitúase por debaixo dos 50.000 litros. Para este tipo de granxas os prezos pagados atópanse aínda por debaixo dos 29 céntimos por litro (26,86 céntimos para as explotacións máis pequenas, as que producen menos de 100.000 litros). Mil explotacións menos en dous anos Dende a supresión do sistema de cotas lácteas, en abril de 2015, o número de explotacións leiteiras en Galicia descendeu en máis de mil, desparecendo polo tanto o 11%. Das 9.484 existentes daquela pasouse a 8.433, nunha contante tendencia á baixa, reducíndose sobre todo o número das explotacións máis pequenas. "O sistema de cotas non era perfecto, pero a liberalización salvaxe que agora se impón é aínda peor. De seguirmos por este camiño, o sector lácteo galego seguirá a ser o máis prexudicado, até o punto de que agora é posible que as industrias aposten por deslocalizar para reducir custes, de maneira que nin Galiza, nin o seu clima, nin os seus pastos naturais, nin as súas granxas, serían necesarias xa para fornecer de leite o Estado Español", alerta o Sindicato Labrego Galego. A produción total de leite en Galicia mantense estable, pero comeza a amosar unha tendencia á baixa, que haberá que confirmar nos vindeiros meses.
NOS_46764
A relación laboral entre Bárcenas e o PP non rematou ata que este fixo pública a contabilidade B do partido. Un novo documento proba que o presidente do Goberno non dixo a verdade no último debate.
Novo capítulo do escándalo Bárcenas, que deixa ao presidente de Goberno español en evidencia. O diario 'El Mundo' publicou este domingo unha nómina, correspondente a maio de 2012, que demostra que o tesoureiro seguía cobrando do Partido Popular após a vitoria electoral. "Cando cheguei a presidente do Goberno, o señor Bárcenas xa non estaba no partido", asegurou Rajoy durante o debate no Congreso do 1 de agosto. O documento proba tamén que non existiu ningunha "indemnización en diferido", como xustificara a secretaria xeral dos populares, María Dolores de Cospedal. Bárcenas tiña contrato laboral en regra, polo que percibía 255.600 euros de salario ao ano. O agora encarcerado foi dado de alta na Seguridade Social en abril de 2010, logo de arquivarse a súa imputación en Gürtel, e reincorporouse á estrutura de Génova só tres días despois. "Quedo a túa disposición para que tendo en conta a situación actual definamos con claridade as miñas responsabilidades", dicía o extesoureiro a Rajoy. O documento desmonta a defensa do presidente do Goberno, que sostiña que Bárcenas fora apartado logo das primeiras sospeitas. O Goberno tiña coñecemento das contas en Suiza do seu tesoureiro dende novembro de 2012. Un día despois de facerse públicos, Rajoy envioulle a mensaxe "Sé forte, Luis". Bárcenas mantivo o seu despacho, coche oficial, soldo e defensa pagada polo PP ata que decidiu facer pública a contabilidade B do partido, que demostraría que se financiou ilegalmente, momento no que rematou a relación laboral.
PRAZA_5612
Fomento e a ministra Ana Pastor aseguran a licitación inmediata da ampliación da AP-9, anuncian avances no Porto Exterior, confirman a data de finalización da Terceira Ronda da Coruña que leva dez anos de atraso e presumen do ritmo das obras do AVE na mesma semana.
"O Ministerio de Fomento comezará, este mércores, a construción do enlace da nova autovía AC-15 de acceso ao porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, coa autoestrada autonómica AG-55 A Coruña-Carballo". Con esta nota de prensa, a Delegación do Goberno en Galicia anunciaba no sexto día de campaña electoral o comezo dunhas obras que durarán quince meses e que rematarán nun novo vial de cinco quilómetros fundamental para a área metropolitana da cidade. Fomento e a súa ministra anunciarán e prometeron varias infraestruturas claves nesta primeira semana de campaña electoral É só un dos varios anuncios que o Ministerio de Fomento fixo nesta semana en Galicia, onde se encargou de confirmar, prometer ou poñer data a obras polas que na maioría dos casos lévase agardando meses. A súa titular, Ana Pastor, aproveitou un almorzo informativo o pasado luns para anunciar que neste mesmo mes se licitarán as obras de ampliación da Autoestrada do Atlántico (AP-9) ao seu paso pola ponte de Rande e tamén na circunvalación gratuíta de Santiago. Outra obra fundamental para a que se elixiu a campaña electoral para anunciar a súa licitación. Ana Pastor confirmou a licitación das obras de ampliación da AP-9 en Rande e na circunvalación de Santiago para este mesmo mes Pastor fixo o anuncio nun foro patrocinado por Audasa, a concesionaria que fará a obra e a financiará para logo recuperar o investimento cunha suba de peaxes que xa foi autorizada polo Goberno central, un método que xa empregaba o anterior Executivo. Foi unha promesa en plena campaña. E non foi a única. Na súa visita a Galicia, a ministra de Fomento tamén deixou claro que en xuño licitarase a construción do contradique do Porto Exterior da Coruña ou que a Terceira Ronda da cidade estará finalizada en 2015, cunha década de atraso respecto ao propósito inicial. Pero o anuncio xa está feito. Tamén avanzou a licitación para xullo do paso inferior de Conxo, en Santiago, e prometeu que a Administración daría un forte impulso á plataforma loxísticas das Neves-Salvaterra. A ministra anunciou avances no Porto Exterior e a finalización dunha Terceira Ronda para a Coruña que leva dez anos de atraso Esta morea de promesas non sentou ben na oposición. O PSdeG xa adiantou que denunciará a ministra ante a Xunta Electoral por vulnerar a lei que impide "actos propagandísticos do Goberno en campaña", aínda que non é a primeira vez que se fai. José Blanco, actual candidato galego dos socialistas para as eleccións europeas, tamén o fixo, ao igual que o ex presidente José Luis Rodríguez Zapatero. O BNG considera "ilegal e inmoral" o anuncio de Ana Pastor, que defende a xestión de Núñez Feijóo e da Xunta en actos onde actúa como ministra de Fomento e onde, por suposto, tamén prometeu que a conexión con Madrid por AVE estará lista en 2018 e que para o Eixo Atlántico rematarase en 2015. Das eivas do tren de alta velocidade, da segunda categoría á que está condenada a conexión galega por ferrocarril coa Meseta nada dixo.
NOS_42888
"O persoal é político" dicía unha consigna feminista na década dos '70. A linguaxe tamén. Conversamos coa comunicadora Sonia Herrera sobre a importancia dos termos, conceptos e categorías cando falamos de violencia contra as mulleres ao fío do debate parlamentar arredor do feminicidio.
"Non debemos perder moito tempo en termos nen en conceptos". "Á vítima de violencia de xénero non lle importa moito como lle chamemos a ese problema tan gordo que elas están padecendo". "Non é cuestión de nomes". "Feminicidio, violencia machista, violencia de xénero... que máis dá". Estas son algunhas das frases pronunciadas pola deputada do Partido Popular, Marisol Díaz, para amosar o rexeitamento do seu grupo á incorporación do concepto feminicidio na lexislación española através da creación do Estatuto de vítima de Feminicidio proposto pola parlamentar do BNG, Carme Adán. O obxectivo exposto pola deputada nacionalista era "mudar" e "ampliar" o marco xurídico estatal para incluír novas variábeis na acreditación da situación de violencia machista perante unha realidade que atinxiu "máis dun millón de denuncias" entre 2007 e 2015, mais das que "a metade" foron arquivadas. "Recoñecer o feito non debe imposibilitar a ampliación da lexislación", sinalou Carme Adán pondo en valor os avanzos normativos en materia de violencia contra as mulleres nos últimos anos mais instando a introducir un outro concepto que, embora "controvertido", dixo, outorga unha outra "dimensión" á realidade que atinxe milleiros de mulleres na Galiza, no Estado español e no mundo. Porén, a parlamentar do PP --e o seu grupo-- opúxose mesmo a abrir o debate arredor do feminicidio ao considerar que esta categoría xurídica xurdida en 1976 da man da doutora en Psicoloxía social, activista e feminista sudafricana, Diana Russell, "non aporta nada diferente ao que non estea recollido xa no termo violencia de xénero". Conceptos Neste senso preguntámonos. Importan as categorías e conceptos? Significan o mesmo e, polo tanto, poderían empregarse indistintamente os termos 'violencia doméstica', 'violencia de xénero', 'violencia machista' e 'feminicidio'? Como afecta a linguaxe e o uso que se fai dela desde a esfera política (pública) ou os medios de comunicación á hora de abordar a violencia contra as mulleres? Sonia Herrera é comunicadora e autora do blogue La lente violeta. En conversa telefónica con Sermos Galiza responde taxativamente que "por suposto, a linguaxe importa". "A linguaxe é a principal ferramenta para nos comunicar mais tamén de socialización. É esencial usar a terminoloxía acaída" "A linguaxe é política", apunta mentres lembra a consigna que nos anos '70 reclamaba o persoal como político. "É a principal ferramenta para nos comunicar mais tamén de socialización" e, neste senso, acrecenta, "é esencial usar a terminoloxía acaída" sexa cal for o asunto tratado. Herrera lembra os distintos conceptos que, ao longo do tempo, foron empregados pola imprensa e a propia lexislación para nomear a violencia contra as mulleres. "Primeiro foi crime paixonal que eu identifico co mito de Carmen", afirma. Desde esa perspectiva "ela é a mala, a que deu motivos" tradicionalmente descrito cun 'algo faría'. Con posterioridade a violencia contra as mulleres foi definida como "violencia doméstica", un concepto --explica Sonia Herrera-- referido a "violencia de pais a fillos, contra as persoas maiores..." Nese senso, o termo "oculta as causas da violencia exercida contra as mulleres" diluíndo as razóns estruturais da discriminación por razón de xénero. Xénero e machismo Pola súa banda, a identificación como "violencia de xénero", sinala esta comunicadora constitúe unha "arma de dobre gume" pois "é unha categoría que serve, mais que fai xurdir a idea de se excluír a existencia de homes maltratados ou das denuncias falsas". Realidades que non son comparábeis á das mulleres en situación de violencia ou á diversidade de formas en que a vida das mulleres pode ser violentada. "As causas", apunta Sonia Herrera, "non teñen a mesma base". O concepto feminicidio incorpora a responsabilidade do estado quer por acción, quer por omisión, na violencia contra as mulleres Segundo esta investigadora, o uso do termo "violencia machista" foi "un paso político" importante porque "sinala os agresores" e "destaca as causas" que a provocan. Porén, o seu uso "non está xeralizado" nen na lexislación (galega/estatal) nen tampouco entre os medios de comunicación. A respeito do concepto "feminicidio", apunta Herrera, "non sei se sería o paso definitivo" mais si suporía, entende, un avanzo pois "sitúa as causas da violencia contra as mulleres no sexismo e o patriarcado". Porén, vai para alén --tal e como foi concibido pola antropóloga e ex-deputada mexicana, Marcela Lagarde-- ao introducir a "responsabilidade do Estado" quer por acción, quer por omisión ao non garantir unha vida libre de violencias ás mulleres. "Isto pasa alí, non aquí" O feminicidio, acrecenta, "é un concepto máis integral que non deixa fóra asasinatos de prostitutas, de crianzas" ou como aconteceu en Cervo o pasado ano, aquelas mulleres que non manteñen ou mantiveron unha relación afectivo-sexual co seu asasino. "Non son vítimas colaterais" como semella coida o marco xurídico actual "son asasinatos para danar mulleres" polo simple feito de o seren. Na última década no Estado español segundo as cifras oficiais foron asasinadas máis de 700 mulleres Por que existen entón reticencias na súa incorporación?, preguntamos. "Forma parte da mesma burbulla", di Sonia Herrera, a respeito da "sociedade patriarcal" mais tamén dunha óptica "colonialista" e "etnocentrista" que rexeita equiparar os asasinatos de mulleres no Estado español co que acontece --respeitando as diferenzas-- en México ou Venezuela, cuxas lexislacións recollen o concepto xurídico do feminicidio. "Isto pasa alí, non aquí", di Herrera. Así o expresaba a propia Marisol Díaz en sesión parlamentar. "Falar de feminicidio é un concepto xuridicamente controvertido, vén usarse en países que teñen unha lexislación non axeitada e non completa relativa á violencia de xénero, que non é o caso de España". Paradoxalmente, na última década no Estado español segundo as cifras oficiais foron asasinadas máis de 700 mulleres. Estatísticas que só contabilizan aqueles crimes en que o homicida era parella ou ex-parella da vítima.
NOS_12243
Actualmente obtense en liña e ten que renovarse anualmente.
Presentouse esta segunda feira o novo proxecto da iniciativa "b-Solutions", que promove a Comisión Europea para simplificar a obtención da "Guía de Circulação" que precisan os e as traballadoras fronteirizas cando utilizan o seu vehículo regularmente por territorio portugués. A reunión, que decorreu hoxe, supón un dos primeiros encontros entre o experto designado da Xunta, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e representantes das administracións, forzas de seguridade e traballadoras transfronteirirzas. Na actualidade, este documento só se pode obter en liña e debe renovarse anualmente. "Trátase dun procedemento gratuíto, mais a complexidade da súa tramitación, o descoñecemento da súa obrigatoriedade e as múltiples casuísticas que se dan entre aqueles que cruzan a fronteira levan moitos traballadores a atoparse con sancións", explica a Xunta. Cartas aos mandatarios A situación das traballadoras fronteirizas volve ser complicada desde que o pasado mes de xaneiro os Gobernos español e portugués decidiran fechar as fronteiras, do mesmo modo que o fixeron na primeira vaga. No país existen actualmente cinco pasos que soportan o 50% do tráfico tranfronteirizo e soamente dous están abertos as 24 horas do día. Ante os problemas que isto ocasiona aos e ás traballadoras fronteirizas, o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño está a levar a cabo unha serie de accións para protestar polos fechamentos que afectan máis de 6.000 persoas. A pasada semana enviaron senllas cartas ao mandatario español Pedro Sánchez, ao portugués Marcelo de Sousa e á comisaria europea, Elisa Ferreira, onde pedían a apertura de todos os pasos para as persoas traballadoras transfronteirizas.
NOS_42321
Nunha entrevista no programa 'Bos días' recoñeceu que a paralización do borrador "non foi suficiente" para calmar o sector, polo que deu "orde de que se retire".
Que a Xunta estaba preocupada pola repercusión da manifestación convocada para este 27 de febreiro, sábado, polos sectores do mar non era ningún segredo. Que concellos gobernados polo PP aprobasen mocións contra a Lei de Acuicultura e a prol da manifestación non era precisamente motivo de tranquilidade en Monte Pío, sede oficial do presidente galego. O que unido ao unánime rexeitamento do sector a esa lei e o malestar polas políticas da Consellería para o mar, facía que Núñez Feijóo e o PPdeG temesen unha mobilización que, segundo os promotores, espera reunir 30.000 persoas na capital de Galiza. É neste contexto no que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou a retirada do borrador da lei de acuicultura. Nunha entrevista no programa 'Bos días' da TVG, que recolle Europa Press, a titular do departamento autonómico recoñeceu que "parece ser que tampouco iso é suficiente", pola paralización da lei, polo que anunciou que este mesmo martes pola mañá deu "orde de que se retire" e comunicará aos máis de 300 directivos do sector aos que se remitira o borrador "que se esquezan" del e "que non se vai tramitar ningunha lei de acuicultura en Galicia". "Supoño que con iso lles quedará claro. Esquecemos ter en Galiza unha lei de acuicultura", destacou.
NOS_25083
Sonia Jalda (Moaña, 1971) é presidenta de Traballadoras das Residencia da Galiza (Trega), entidade que denunciou o funcionamento da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén. Hoxe explica a Nós Diario cal é a situación actual do centro, case, un mes despois das primeiros escritos de queixa na Xunta.
-Cal é a actualmente a situación dos residentes no centro de maiores de Pazos de Borbén? A situación dos residentes de Mi Casa en Pazos de Borbén non variou, continúan realizando o aseo persoal ás 5:30 da madrugada, vístenos e vólvenos deitar, os almorzos son as seis da mañá volvendo romper o descanso dos nosos maiores, por falta de persoal, continúan incumprindo os rateos .O material é moi escaso e está baixo chave, os traballadores non poden realizar as súas funcións ao non dispor dos medios materiais. Carécese de médico todos os días, non hai enfermeira as 24 horas, nin sequera nunha quenda completa. -Teñen alertado nas súas denuncias da falta de medios sanitarios no centro, teñen mellorado as cousas neste aspecto? A falta de medios no centro é unha das cousas que Trega denunciou insistentemente, como luvas, colchóns antiúlceras, coxíns antiúlceras, camas articuladas con carro elevador, cadeiras de duchas, carros de enfermería, carros de lenzaría, carros de hixiene, carros de comidas, carros de limpeza, lenzaría de camas, enxoval, ordes escritas por un superior, rexistros e un longo etcétera. Ademais, carecen de papel hixiénico e os dispensadores de papel de mans están baleiro e oxidados. "Alí vin xente á que lle faltaban os talóns dos pés polas úlceras e chorreaban sangue" -Outra das cuestións que preocupa a Trega e a situación hixiénica e alimentaria, como está a cousa? Sabemos que por orde da inspección están a limpar e desfacerse do mobiliario deteriorado e realizando obras menores. Continuamos sen un menú realizado por persoal cualificado e revisado por unha nutricionista. A comida é de baixa calidade e iso repercute na saúde dos nosos maiores. Continúase gardando alimentos sen rastrexabilidade e con envoltorios inadecuados. Cando descansa a cociñeira a comida realízaa unha limpadora. Hai quendas na que non hai persoal de limpeza. As auxiliares non ten toallas para secar aos residentes, teñen a orde de utilizar varios días a mesma, non hai esponxan de desbotar para utilizar cos residentes no cambio de cueiro. Continúan sen maquinas de afeitar e son partilladas entre residentes, non hai bolsas de lixo. continuamos sen dietas para diabéticos, brandas, hipocalóricas. As dietas son todas iguais. -Que lle están transmitindo as traballadoras da residencia sobre a actitude da empresa após as inspección da Consellaría de Política Social? As traballadoras son coñecedoras de todas as inspeccións realizadas no últimas tres semanas, pero están baixo presión por parte da dirección, comunicáronlles que aquí pagarán xustas por pecadoras, e ameázanas dicíndolles que tan pronto saiban quen filtrou a información serán demandadas. Son cacheadas á entrada da quenda por se levan móbil nos petos, algo que menoscaba a dignidade persoal das traballadoras e vulneran dereitos fundamentais. A día de hoxe o persoal segue comprando a roupa de traballo do seu peto. A falta de organización continúa sendo a mesma. O PP foi denunciado por censar en Mi Casa persoas para as eleccións locais -Os responsábeis da Xunta da Galiza están sinalando que a empresa resolveu parte das "carencias" detectadas pola inspección da Consellaría de Política Social no centro, que nos pode dicir ao respecto? Compraron cámaras novas para alimentos, porque as outras precintáronllas desde inspección ao non reunir as condicións sanitarias. O que se está realizando é un lavado de cara sen mellorar as profundas deficiencias que ten, mesmo estruturais, non cumprindo os mínimos esixidos para un centro de atención a persoas dependentes. Traballadoras das Residencia da Galiza (Trega), a entidade presidida por Sonia Jalda, canda o colectivo de usuarios da residencias, Vellez Digna, son as dúas entidades que presentaron as primeiras denuncias sobre o funcionamento do centro de maiores Mi Casa a comezos de maio. Precisamente, Vellez Digna ven de facer público un comunicado de prensa onde cuestiona a actitude da Xunta da Galiza e urxe solucións para os residentes de Pazos de Borbén. No mesmo sinalan, que "aos usuarios encamados que ocupan praza concertada, non se lles facilítan, nin colchón anti-escaras, nin protectores de baldas, nin almofadas de talón, nin ningún outro material, destinado a prevención de úlceras por presión ou axudas técnicas que precisen". Na mesma liña, pide información de "cantos residentes estaban cos cueiros sen cambiar, mollados ou con feces". O horror continúa en Pazos de Borbén
NOS_43828
A proposición de lei do BNG continúa a súa tramitación para converterse en lei e permitirlles ás vítimas de violencia vicaria acceder á protección necesaria e ás axudas previstas na lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
O Pleno do Parlamento aprobou por unanimidade a toma en consideración da proposta lexislativa do BNG para que as mulleres que sofren violencia vicaria -a que se exerce a través da vida dos seus fillos e fillas- sexan consideradas vítimas de violencia machista. Despois da toma en consideración, o texto continúa a súa tramitación para converterse en lei, o que lles permitiría ás vítimas de violencia vicaria acceder á protección necesaria e ás axudas previstas na lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero aprobada en xullo de 2007. Até o de agora, a lei non recoñecía estes casos como violencia de xénero, polo que non están incluídos no estatuto de vítimas de violencia machista e non reciben axuda económica, laboral, social nin psicolóxica neste concepto. Na presentación da iniciativa a líder da oposición no Parlamento, Ana Pontón, preguntaba se "pode alguén imaxinar o sufrimento dunha muller á quen o seu maltratador decide atacala arrebatándolle para sempre aquilo que lle é máis querido?", e definiu como "incomprensíbel, e mesmo diría que é eticamente intolerábel, que por riba se lles prive do mecanismo de protección integral que supón o estatuto de vítimas de violencia machista". Dar resposta A deputada do PSdeG Noa Díaz salientou que a violencia vicaria é unha das "violencias máis atroces", e lembrou que desde 2013, morreron 38 menores por este tipo de violencia. Polo PP, a deputada Paula Prado amosouse a favor de ampliar a lei actual, un recoñecemento que fai a Galiza "pioneira" e que vai en liña cos acordos do Convenio de Istambul. Na súa intervención, Pontón pediu o apoio dos grupos parlamentares para "dar ás mulleres vítimas da máis devastadora e retorcida da violencias machistas a resposta que nos piden". Así mesmo, Pontón agradeceu o apoio que manifestaron desde PP e PSOE para sacar adiante esta iniciativa. As medidas que se impulsan na proposición de lei parten das propias vítimas e da súa experiencia, informou o BNG. Medidas Entre estas propostas atópase o desenvolvemento dun protocolo de actuación diante dun caso de violencia vicaria, recursos para optar a axudas económicas que permitan facer unha terapia que é longa e custosa, así como un protocolo para os medios de comunicación, para que se preserve a identidade e intimidade das vítimas, evitando o sensacionalismo, a sobreexposición e a presión mediática non buscada nin desexada. Na proposta de lei tamén se inclúen medidas para facilitar o proceso de reinserción laboral e axuda para as cargas económicas derivadas da traxedia, como gastos de xestións, de seguros, avogadas, recursos ou trámites administrativos e xurídicos.
PRAZA_19345
O pleno de Santiago dá o visto e prace ás contas grazas ao voto a favor de Compostela Aberta e o BNG e a abstención do PSdeG. "Non pagaba a pena someter a cidade ao desgaste que supón unha cuestión de confianza", aseguran os socialistas.
Santiago vén de aprobar os seus orzamentos para o ano 2017. Cos votos a favor do grupo de goberno de Compostela Aberta e do BNG, as contas saíron adiante este sábado malia non contar co apoio do PP, que votou en contra, pero si coa abstención do PSdeG. A abstención do PSdeG uniuse aos votos a favor de Compostela Aberta e BNG para aprobar as contas Ao contrario do que sucedeu na Coruña, onde socialistas e a Marea Atlántica non foron quen de chegar a un acordo, o PSOE optou na capital galega por absterse. "Non pagaba a pena someter a Santiago ao desgaste que supón unha cuestión de confianza", asegurou o seu voceiro, Francisco Reyes, sobre unha figura pola que optou o goberno local da Coruña, con alcalde en funcións durante polo menos un mes tras recibir o voto negativo dos socialistas e do PP na moción. Logo da celebración este sábado do pleno extraordinario, o alcalde Martiño Noriega quixo "agradecer" aos grupos a súa "capacidade de diálogo" e avogou por "prorratear esforzos e coñecementos". Desde o PSOE, Paco Reyes gabou un "proceso de negociación correcto" e cre que "non se pode negar que, sendo os orzamentos de Compostela Aberta "teñen unha importan socialista" ao incorporarse "proxectos en investimentos que son resultado de acordos plenarios". "Non pagaba a pena someter a Santiago ao desgaste que supón unha cuestión de confianza", di o voceiro do PSdeG Desde o PP, pola súa banda, Agustín Hernández xustificou o voto negativo por ser "marxinado" o seu grupo. "Non se pode dar a poio a quen non o pide", asegurou o voceiro, que acusou a Compostela Aberta de "seguir incrementando o endebedamento". A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, negou as palabras dos populares e lembroulles que o executivo local "reduciu o endebedamento do Concello desde os 45 aos 33 millóns". Ante as palabras e acusacións de Hernández, Rozas pediulle ao PP "unha valoración máis elaborada, seria e rigorosa" e advertiu que o goberno enviou a documentación sobre as contas ao seu grupo "con 17 dáis de antelacións". "Vostede como alcalde non o fixo", aclarou, logo de debullar unhas contas "expansivas" que ascenden a máis de 106 millóns de euros e que, segundo dixo, son "orzamentos participativos froito dun proceso de diálogo coa oposición" e con "proxectos concretos que son demandas históricas da veciñanza de Santiago". Desde o BNG, o seu voceiro Rubén Cela destacou como "moi positivo" das contas a captación de fondos e aclarou que o seu grupo entregou xa en novembro un documento con propostas porque decidiu "apostar polo diálogo". Ademais, no pleno tamén se aprobou a incorporación dos remanentes dos fondos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi), que suman un total de 2,6 millóns de euros.
QUEPASA_804
Por unha programación continua máis habitual nos concellos da comarca
É o outono tempo de teatro, e así o constata o feito de que durante esta fin de semana estiveron activos 5 programas municipais, como podemos comprobar na Axenda Costa da Morte. Carnota, Santa Comba, Vimianzo, Ponteceso e Malpica viviron sendas sesións teatrais con cheos que demostran a necesidade de establecer unha programación continua máis potente. Compañías como Señora Supina, Contraproducións, Producións Excénticas ou Rendrum Teatro encheron os auditorios, e deixaron un gran sabor de boca nos centos de asistentes. Unha invitación para que, por exemplo, o Concello de Malpica prepare, para celebrar os 15 anos de Mostra, un ciclo de espectáculos nos comercios e establecementos hostaleiros da vila. Cheo en Malpica Todos os eventos culturais na Axenda Costa da Morte
PRAZA_8151
Estas Xeórxicas do pan representan, máis alá do intento de preservar a imaxe dun mundo rural fondamente idealizado, un acto de fe absoluto no poder nomeador da palabra. Pois se o mito da Galiza agraria colle pulo e chega a conmovernos, aínda hoxe, é grazas a forza expresiva e metafórica da linguaxe oteriana, enérxica e vibrante, enxebre e imaxinativa.
"Meu canto corre sempre ceibe e puro E cada cousa â miña vos responde Asegún seu destino e natureza." Ramón Otero Pedrayo Noites de inverno caroal nos Chaos de Amoeiro; unha fiestra trasloce o tremor rubio da lareira acendida; o vello fidalgo, en silencio grave, mide ao compás das horas hendecasíbos brancos. Devalan sobre o papel versos rectos como sucos, a grave caligrafía seguindo o compás do ciclo litúrxico do centeo: agroman, como da oración dun antigo druída, as xeórxicas do pan, a égloga dun poeta que soña Galiza como Virxilio, Roma. O poeta dise Ramón Otero Pedrayo. Albisca nos seus soños un universo máis alá do humano, rexido polo ritmo xeolóxico da Natureza, onde todo o que existe, acontece e regresa ás orixes, nun tempo cósmico que está á marxe das vicisitudes da Historia. Constrúe, a través da enerxía telúrica da linguaxe, un paraíso perdido, agreste e agrario a un tempo. Un lugar a medio camiño entre o mito céltico de Eduardo Pondal e a pegada saudosista de Ramón Cabanillas. E, na irmandade do canto ao cosmos rústico, ecoan tamén versos de Aquilino Iglesia Alvariño e de Antonio Noriega Varela. Xunguidos todos eles por un mesmo ideal galeguista: a redención da Terra. Pero, na cosmovisión oteriana, a Terra non pode ser tan só un espazo físico, unha paisaxe inerte. A Terra constitúe, ante todo, un devalar de ritmos xeolóxicos e atmosféricos que determinan a acción da Natureza sobre o Ser Humano; a Terra é sempre o ámbito sagrado, un lugar posuído de fondo alento espiritual. E por iso o poema representa, no seu conxunto, unha oración panteísta onde as colleitas son deusas e os vellos petrucios campesiños, sacerdotes. E o poeta actúa, unha vez máis, como o bardo que interpreta a linguaxe secreta do Universo: Percibía na friaxe da grá antiga / un medrar en mareia solermiña / das enerxías da Terra. A pedra morta / vibraba como lira. No seu cerne / semellaba medrar a xenerosa /saiba que baixo das curtizas ermas / rube na primaveira das carballas. Pero estas Xeórxicas do pan representan, máis alá do intento de preservar a imaxe dun mundo rural fondamente idealizado, un acto de fe absoluto no poder nomeador da palabra. Pois se o mito da Galiza agraria colle pulo e chega a conmovernos, aínda hoxe, é grazas a forza expresiva e metafórica da linguaxe oteriana, enérxica e vibrante, enxebre e imaxinativa. Unha linguaxe que non se limita a describir a natureza, senón que traduce e interpreta os seus ritmos primordiais. E por iso estamos, como diría Ernesto Cardenal, ante un cántico cósmico que consagra a Ramón Otero Pedrayo como un dos grandes vates galegos do século XX. E a nós só nos queda por agradecer o traballo de investigación emprendido por Silvia Penas, contando coa promoción e apoio da Universidade de Vigo, a Fundación Penzol e a editorial Galaxia; beizóns por faceren realidade este proxecto que nos devolve a voz poética de Otero Pedrayo como unha fonte da que emanan as esencias do idioma nun esplendor que semella inmorredoiro.
PRAZA_19631
O prezo medio do metro cadrado pasou de máis de 260 euros a menos de 70, pero a accesibilidade á vivenda non mellorou. Mentres, o 70% das solicitudes de vivenda protexida pola Xunta son para vivir de alugueiro
No ano 2003 o mercado inmobiliario español notaba xa de cheo os efectos das reformas da lei do solo do goberno de José María Aznar. Nun contexto marcado polas mudanzas económicas da entrada do euro e a fluidez do crédito bancario o prezo da vivenda duplicárase en poucos anos. Naquel contexto o titular do ministerio de Facenda, que como na actualidade era Cristóbal Montoro, saía ao paso das críticas da oposición a respecto do crecemento dunha "burbulla inmobiliaria". Tal concepto non era máis ca unha "especulación da oposición", que falaba "insensatamente da economía de ladrillo" e "esquecía que a construción é un sector fundamental". Apenas media década despois o estourido da crise económica e, con ela, o picazo da burbulla que Montoro negaba, provocou o devalo polas bravas do sector da construción e con el, dos prezos da vivenda e do solo. O prezo medio do metro cadrado pasou de máis de 260 euros a menos de 70 Os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística indican que un metro cadrado de solo urbano custaba a finais de 2016 en Galicia unha media de 66,30 euros. Isto supón o regreso aos valores máis baixos da serie e unha diferenza próxima ao 75% a respecto do prezo máximo, que en Galicia se rexistou na segunda metade do ano 2007. Naquela altura o metro cadrado de solo no que era susceptible construír superaba os 260 euros por metro cadrado. Dez anos despois, o devalo é evidente e tamén a diferenza a respecto da media estatal, onde o prezo medio do metro cadrado supera agora o valor galego en máis de 100 euros. Así e todo, estas variacións non foron homoxeneas no conxunto do territorio galego. Boa mostra dista son as evidentes diferenzas dos datos desagregados por provincias. Así, fronte ao 75% de caída rexistrado na media galega, na provincia de Pontevedra o retroceso achégase ao 80%. Non en van, alí a burbulla levou os prezos ata preto dos 300 euros por metro cadrado e na actualidade non chega aos 70. Nas provincias interiores os prezos da burbulla ascenderan ata a contorna dos 200 euros por metro cadrado, pero a caída foi semellante ás atlánticas. Así, por exemplo, o metro cadrado en Lugo custaba en 2007 uns 212 euros e a finais de 2016 non chegaba aos 44. O 70% das solicitudes de vivenda protexida pola Xunta son para vivir de alugueiro Así e todo, estas significativas baixadas de prezos non trouxeron consigo máis facilidades para o acceso a unha casa ou piso. Así, segundo os estudos do IGE a respecto do grao de accesibilidade á vivenda, baseados no cruzamento de datos de prezos, salarios e rendas, no ano 2007 a poboación galega tiña que reservar, de media, o 48,3% da súa renda para facer fronte ao pagamento dunha hipoteca a vinte anos, o que supuña dez puntos máis que apenas dous anos antes. A finais de 2016 este indicador ascendera tres puntos, ata algo máis do 51,2%. Estes indicadores rexistráronse nuns anos no que os desafiuzamentos pasaron a estar no centro da axenda política, social e económica, e nos que o alugueiro foi gañando peso nas preferencias de quen procuran vivenda. Así, na actualidade o 70% das inscricións no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida da Xunta son de persoas que agardan por un piso arrendado.