ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_18239
Centos de activistas sociais, líderes comunitarios e ex guerrileiros foron asasinados en Colombia nos últimos anos. Eis unha das realidades que o relato oficial oculta ao se referir ao proceso de paz entre as FARC e o Estado. E eis unha das razóns que esta cuarta feira expuxo o ex número dous da guerrilla, Iván Márquez, para anunciar o seu retorno ás armas.
Márquez gravou un vídeo acompañado doutros dirixentes da guerrilla, por caso Jesús Santrich e El Paisa. "Anunciamos ao mundo que a segunda Marquetalia comezou", afirmou, "baixo o amparo do dereito universal que asiste a todos os pobos do mundo a se erguer en armas contra a opresión". Marquetalia é o territorio no oeste de Colombia onde, en 1964, un grupo de campesiños comunistas fundou as FARC. "Nunca fomos vencidos nin derrotados ideoloxicamente. Por iso a loita continúa. A historia rexistrará na súas páxinas que fomos obrigados a retomar as armas", sinalou. O vídeo, dispoñíbel en Youtube, dura 32 minutos e ten data do 29 de agosto, no río Inírida, perto das fronteiras con Venezuela e Brasil. Márquez asegura que a decisión de volver ás armas "é a continuación da loita guerrilleira en resposta á traizón do Estado ao acordo de paz da Habana". Ao tempo, afirmou que buscarían acordos coa outra guerrilla aínda activa, a veterana Exército de Liberación Nacional (ELN). Márquez xa avisara desde a clandestinidade do "erro" das FARC por abandonar as armas e denunciara a matanza de líderes sociais e ex guerrilleiros. Timochenko O líder das FARC que negociou a paz na Habana, Rodrigo Londoño, Timochenko, é agora o presidente do partido político resultado do proceso, a Forza Alternativa Revolucionaria do Común (FARC), respondeu ao grupo de Márquez: "Non compartimos os termos da alocución. Proclamar a loita armada na Colombia de hoxe constitúe unha equivocación delirante". O Goberno de Iván Duque -un político próximo ao dereitista Álvaro Uribe, opositor das negociacións de Cuba- acusou a Márquez de se apoiar na Venezuela de Nicolás Maduro.
NOS_20343
A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos está de aniversario. Hai hoxe 25 anos a Cámara galega subscribía que "toda comunidade lingüística ten dereito a estabelecer, preservar e revisar a toponimia autóctona" e que esta "non pode ser suprimida, alterada ou adaptada arbitrariamente". Porén, o recente uso por un foro económico do topónimo deturpado da Toxa entre aplausos da esfera institucional fai reflexionar sobre pasos adiante, atrás e o axexante pozo da historia onde poden caer os dereitos que, unha vez conquistados, xa non se reivindican.
Un día como hoxe, 6 de novembro, 25 anos atrás, a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL) recibía o recoñecemento e adhesión do Parlamento galego por acordo unánime de todos os grupos con representación na Cámara que, para alén de subscribir o texto, instaban a Xunta da Galiza a facer o mesmo. Esta carta de dereitos supuxo un antes e un despois para o impulso e protección das linguas menos estendidas no mundo e das e dos seus falantes, e cumpre xa un cuarto de século. Mais, sería posíbel na Galiza de 2021 tal acordo? Eis unha viaxe polos 25 anos da Declaración da man dalgunhas e dalgúns dos seus protagonistas, coa vista no tempo que ha de vir. A Galiza está no berce deste texto universal. No ano 1992 Santiago de Compostela acolle o I Simpósio Internacional de Línguas Europeas e Lexislacións, un foro pioneiro en Europa e que contou co patrocinio da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), o Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (Ciemen), o Bureau Européen pour les langues moins répandues e a Comisión das Comunidades Europeas. Neste encontro foi onde se puxeron as bases do comité científico da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, tal e como relata a Sermos Galiza quen foi o redactor xefe da propia DUDL, Oriol Ramon i Mimó. Ao ano seguinte, en 1993, en Palma de Mallorca, nunha sesión extraordinaria do Comité de Tradución e Dereitos Lingüísticos do PEN Club Internacional xorde a proposta de redactar a Declaración e en 1994 é cando se crea o comité organizador e se encarga a redacción a un equipo de persoas expertas procedentes de diferentes esferas. Finalmente, até 61 ONG, 41 Centros PEN de escritoras e escritores e profesionais da tradución e 40 personalidades expertas en dereito lingüístico de todo o mundo danse cita de 6 a 8 de xuño de 1996 en Barcelona na Conferencia Mundial de Dereitos Lingüísticos. O encontro respondía a unha iniciativa do Comité de Traducións e Dereitos Lingüísticos do PEN Club Internacional e o Ciemen, co apoio moral e técnico da Unesco. As e os participantes desa conferencia aprobaron a DUDL a 6 de xuño no Paraninfo da Universidade de Barcelona. Dous días despois acordaron crear un Comité de seguimento da Declaración e ao mes seguinte, o director xeral da Unesco recibiu as e os organizadores da Conferencia e acolleu o texto. No outono de 1996 a DUDL foi aprobada por unanimidade tanto no Congreso dos Deputados, a iniciativa do parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Francisco Rodríguez, como no Parlamento galego. A Galiza, berce e xermolo dun texto universal Activistas, pensadoras, premios Nobel, personalidades de diversos ámbitos da sociedade de moi distintas nacións deron o seu aval á DUDL. Entre elas e eles: Rigoberta Menchú, Adolfo Pérez Esquivel, Nelson Mandela, Noam Chomsky, Yasser Arafat ou Judit Mascó. Mais o papel da Galiza foi tamén fulcral. Entre as galegas e galegos que tomaron parte nesas xornadas e asinaron a Declaración estaban Xosé Manuel Sarille, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística; a escritora Úrsula Heinze, polo Pen Club; e a profesora e escritora María Pilar García Negro, que foi corredactora da propia Declaración ademais de membro do seu consello científico de seguimento. Tamén se contou coa adhesión da Associaçom Galega da Língua (AGAL). No outono de 1996 a DUDL foi aprobada por unanimidade tanto no Congreso dos Deputados, a iniciativa do parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Francisco Rodríguez, como no Parlamento galego. Precisamente hai hoxe 25 anos do seu recoñecemento e adhesión pola Cámara galega coa unanimidade de todas as forzas políticas. Foi María Pilar García Negro quen a levou a pleno sendo deputada do BNG. O Diario de Sesións da IV Lexislatura do Parlamento da Galiza recolle con precisión aquel debate. Como se puidese prognosticar o seu futuro incumprimento polas institucións, Garcia Negro xa avisaba no hemiciclo de tres disposicións adicionais da Declaración en que se chama aos poderes públicos a "tomar as medidas oportunas para a aplicación dos dereitos proclamados nesta Declaración no seu ámbito de actuación", así como a "prever, segundo as lexislacións vixentes, as sancións derivadas da violación dos dereitos lingüísticos desta Declaración". Sinalaba García Negro o importante do engadido destas disposicións adicionais "porque leva implícito" un concepto que, en materia lingüística ou de dereitos é fundamental ter en conta: "a declaración dun dereito debe de ir acompañada sempre da postulación implícita dun deber ou, dito doutra maneira, da posibilidade de que ese dereito se exerza e de que haxa institucións que apoien o exercicio dese dereito, porque se non, chegariamos ao paradoxo de estabelecer dereitos con tal de que non se exercesen". Respondíalle o deputado xa finado Bonifacio Borreiros Fernandez (PSdeG), sinalando que "as linguas teñen a fraxilidade dun acabado de nacer" polo que "hai que ter capacidade de valentía política e moral para avanzar no compromiso co seu significado". Ao tempo asumía a declaración, recordando que "como membros da Internacional Socialista, apoiamos a DUDL e a creación dun organismo de dereito lingüístico ao amparo da ONU e o seu impulso". Polo PP, o deputado Daniel Barata Quintáns declaraba "que este Parlamento se debe adherir a esta Declaración" e que a Xunta, "como poder público, debe asumir o compromiso e a defensa do uso social e público da lingua". Casos moi recentes contrarios aos artigos da DUDL fan repensar que a asunción de deberes e dereitos polos poderes públicos só pasan do papel á realidade se hai corpo social que os reclame e manteña vivos. Vixencia e incumprimentos, 25 anos despois Casos moi recentes contrarios aos artigos da DUDL fan repensar que a asunción de deberes e dereitos polos poderes públicos só pasan do papel á realidade se hai corpo social que os reclame e manteña vivos. No pasado mes de setembro transcendía que o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, rexeitaba un documento técnico elaborado polo Concello de Cambados para a tramitación do plan especial do porto de San Tomé por estar escrito en galego. Días despois chegou unha nova edición do foro económico que deturpa o topónimo da Toxa. Avalando o uso aberrante de La Toja -estampado en atrís, pancartas e photocalls- pasou polo foro a máis alta representación dos poderes económicos, políticos e fácticos, presidente da Xunta da Galiza, do Goberno de España e realeza incluída. Aínda é máis, cuestionada en sede parlamentaria por tal aberración, a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta encargouse de xustificar o uso do topónimo deturpado argumentado que se trataba de "marca comercial". Por cuestións como estas, o catalán Oriol Ramón considera que o feito de que 25 anos despois a Declaración continúe vixente ten dobre lectura: "por unha banda o orgullo de que aínda sirva e, por outra, entristece que siga vixente porque quere dicir que o seu propósito aínda non se conseguiu e que queda moito camiño por percorrer". "A Declaración supuña recoñecer o dereito á utilización da lingua propia. Hoxe é algo cada vez máis asumido, como se pode ver nos relatorios das Nacións Unidas, mais parece que non era nin segue a ser tan obvio no contexto do Estado español", asevera Maceira, da Mesa pola Normalización "Non temos esperanzas de que estados como o español ou o turco, moi belixerantes contra a diversidade lingüística, tomen esta Declaración nin sequera como modelo a ter en conta para as lexislacións lingüísticas estatais", lamenta Oriol Ramon, que pon o caso da futura Lei do audiovisual. "Como se lle ocorre a un Estado deixar de lado nunha lei tan importante garantir o futuro de todas as linguas? Isto non sería imaxinábel nun Estado democrático, mais España é unha democracia moi feble", quéixase Ramon sobre a lei que regulará as cotas das linguas nos medios tradicionais e plataformas dixitais (actualmente estase a negociar). "O Estado ve a diversidade lingüística como unha ameaza en vez dunha riqueza", conclúe. Con Ramon partilla diagnose Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, entidade que se implicou coa DUDL desde antes mesmo da súa redacción e que fixo causa dela na Galiza. "A Declaración supuña recoñecer o dereito á utilización da lingua propia. Hoxe é algo cada vez máis asumido, como se pode ver nos relatorios das Nacións Unidas, mais parece que non era nin segue a ser tan obvio no contexto do Estado español", asevera Maceira. "Pódese chegar a ter recoñecidos certos dereitos pero a cuestión está na posibilidade de exercicio, pois sen esa posibilidade non hai dereito práctico ningún", afirma. De facto, destaca que "no caso galego o seguimento da Declaración polas institucións é escaso a pesar de ser ratificado polo Parlamento". Maceiras sinala ao respecto que "volve haber hoxe unha vaga de españolización e incumprimento do dereito de calquera pobo a denominar os seus lugares co nome que lles deu". Vese no caso da Toxa, "mais pódese comprobar en calquera momento abrindo un mapa dixital", sinala. Existen declaracións asinadas polos poderes públicos, convencións... "mais os poderes non exercen esa responsabilidade e na práctica parece que corresponde exclusivamente á sociedade exixir eses dereitos e o emprego da toponimia". U-los dereitos? Ao igual que Oriol Ramon e Marcos Maceira, María Pilar García Negro tamén pon a atención na diferenza entre o que o Lexislativo aproba e o Executivo leva á práctica. "U-lo respeito polos dereitos dos falantes? Polos dereitos da lingua cooficial?", preguntábase xa a autora nun artigo publicado con motivo do terceiro aniversario da DUDL, incluído na súa obra Dereito Lingüísticos e Control Político. Reflexiona a continuación da pregunta que "con semellantes políticas represivas podemos pensar que para algúns a concesión ou a proclamación de dereitos só vale con tal de que eles non se exerzan". Isto é unha idea central que a autora recoñece que segue madura hoxe. Con todo, García Negro considera que "25 anos despois, a falta de aplicación desta carta para-legal e o seu incumprimento reiterado que chega aos nosos días non compromete nin devalúa a letra desta carta senón que é expresivo o seu incumprimento dun cinismo institucional gravísimo porque se aproban formalmente ou ritualmente textos que despois aparecen absolutamente contraditos na xestión política". Preguntada por se na actualidade sería posíbel que tal Declaración colleitase a unanimidade do Parlamento galego, responde "francamente, non". Pensa que "se ampararían mesmamente en dúas mentiras": a existencia dunha lexislación autonómica galega como o Estatuto ou a Lei de normalización lingüística e, en segundo lugar, "apelarían a toda esa serie de narcóticos ao uso nestes tempos para xustificaren mais unha manobra de enterro da lingua galega. Apelarían, estima García Negro, "ao pluriligüismo e a directa imposición do inglés como axudante do español ou ao convivio pacífico entre as linguas, eliminando así a existencia dun conflito lingüístico flagrante no que continuamos instalados". Oriol Ramon destaca o feito innovador da Declaración ao estabelecer como suxeito de dereito non só o individuo. Até daquela, todos os dereitos lingüísticos foran enxergados desde o prisma individual e iso non fai que as comunidades se poidan desenvolver na súa propia lingua. Dereito pioneiro que pon o suxeito no colectivo Oriol Ramon destaca o feito innovador da Declaración ao estabelecer como suxeito de dereito non só o individuo. Até daquela, todos os dereitos lingüísticos foran enxergados desde o prisma individual e iso non fai que as comunidades se poidan desenvolver na súa propia lingua. "Cambiamos de forma pioneira o suxeito de dereito, póndoo na comunidade lingüística". Nese sentido, unha das achegas máis importantes ao dereito lingüístico como disciplina radica no feito de que a Declaración considera inseparábeis e interdependentes as dimensións colectiva e individual dos dereitos lingüísticos, xa que a lingua se constitúe colectivamente no seo dunha comunidade e é tamén no seo desta comunidade onde as persoas usan a lingua individualmente. Desta maneira, o exercicio dos dereitos lingüísticos individuais só pode ser efectivo se se respectan os dereitos colectivos de todas as comunidades e todos os grupos lingüísticos.
NOS_45838
Concentracións esta segunda feira (13 de outubro) diante dos complexos hospitalarios galegos advertiron que a técnica sanitaria "podemos ser calquera". VÍDEO NO INTERIOR.
Máis unha xornada de denuncia ás portas dos hospitais galegos para transmitir a solidariedade do persoal sanitario a Teresa Romero, a técnica sanitaria contaxiada polo virus do ébola e ingresada no hospital Carlos III de Madrid. Neste senso, traballador@s dos hospitais da Costa (Burela), o CHUS (Compostela), o CHUAC (A Coruña) ou do Meixoeiro (Vigo) amosaron o seu apoio á auxiliar de enfermaría atinxida polo virus do ébola mais tamén denunciaron a falta de medios e formación entre @s profesionais de Galiza. Así, algunhas das súas demandas puideron visibilizarse nos cartaces que portaban @s empregad@s nos que criticaban a "política de PPrevención" desenvolvida polas autoridades sanitarias e que se basea, din, nos recortes e privatización da sanidade pública. O persoal sanitario denuncia a falta de "medios" e "formación" para facer fronte á enfermidade Aliás, denuncian que as "charlas" informativas que están a recibidir proceden de persoas que "non manexan estes equipamentos" e mesmo que comezaron "a pasada semana" a desenvolvérense as aulas prácticas para coñecer o protocolo de actuación en caso de alerta nun hospital como o Meixoeiro que foi sinalado como hospital de referencia para atender enfermidades como o ébola. "Non nos negamos a atender os doentes", sinala o persoal, mais si "a traballar nestas condicións", acrecentan. Segundo @s profesionais Teresa Romero "somos todos" pois, podería ter sido calquera persoa a que se contaxiase polo virus habida conta da escaseza de medios e formación. "O Goberno dá máis medo que o ébola" Demisións Nas concentracións o persoal sanitario exixiu a demisión da ministra de Sanidade, Ana Mato, e da conselleira, Rocío Mosquera, argüíndo a súa "incompetencia" para xestionar a crise xurdida após a traída dos misioneiros para seren atendidos. Asemade, @s sanitari@s afirman que "o Goberno dá máis medo" que a propia enfermidade.
PRAZA_4056
A Xunta ordena agora estas probas ás persoas asintomáticas que dean positivo no estudo iniciado o día 23. Feijóo afirmou o pasado domingo que se lle farían a todos os positivos aínda que o protocolo, que vai pola súa terceira versión, negaba esa posibilidade.
O Sergas ordena agora facer PCR aos positivos asintomáticos logo de que Feijóo advertise de que se farían a todos aínda que o protocolo negaba esa posibilidadeO pasado domingo, en rolda de prensa, Feijóo advertiu de que en Galicia faríaselle unha proba PCR (Polymerase Chain Reaction), a máis fiable, a todas aquelas persoas que desen positivo no test de anticorpos totais que o Sergas comezou a facer a pasada semana e que abranguerá 100.000 persoas para trazar un mapa epidemiolóxico do coronavirus no país. O presidente da Xunta fixo esta afirmación malia que o protocolo enviado pola Consellería de Sanidade aos centros de saúde non indicaba que ese fose o proceder. Ata este mesmo luns. Durante esa xornada, a Dirección Xeral de Asitencia Sanitaria trasladou ás direccións de Atención Primaria un cambio no protocolo que modificaba a actuación a seguir no caso dun positivo. Na nova versión, indícase que esas persoas serán sometidas a unha proba PCR, pero non en todos os casos, como dixera o xefe do Executivo galego un día antes, senón naqueles pacientes "con clínica dubidosa ou asintomáticos". A modificación é a terceira respecto de que facer cos positivos dentro do protocolo de actuación do Sergas, que vai tamén pola terceira versión desde que empezara a ser enviado aos centros de saúde, entre un e dous días antes de que se iniciasen os tests para o estudo de seroprevalencia. En resposta a Praza.gal, o Sergas aclara que a decisión será "clínica". "Cada médico de cabecera avaliará particularmente cada caso e, se así o precisa para axustar as medidas de illamento, prevención ou tratamento, poderá pedir unha PCR". "A abordaxe da pandemia da Covid-19, obriga a estar constantemente actualizando a información que se está trasmitindo en función das novas evidencias e novos protocolos asistenciais", xustifica o Sergas na nova actualización deste pasado luns, á que tivo acceso Praza.gal, tras a remitida o venres 24. Neste caso, non só se incorpora a solicitude de PCR aos positivos "sempre que se cumpra cos criterios establecidos". A nova versión do protocolo para o estudo de seroprevalencia engade tamén unha guía de interpretación da proba elaborada polo Instituto de Salud Carlos IIIAdemais, na nova versión tamén se engade unha guía de interpretación do resultado positivo da proba de anticorpos totais elaborada polo Instituto de Salud Carlos III xunto coa Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC) publicada xa o 22 de abril --un día antes do comezo dos tests masivos en Galicia-- e para "un maior esclarecemento da actuación asistencia no casos dos pacientes con positivo". Tamén se inclúe nesta terceira versión a "estandarización das medidas de protección individual para a realización da toma de mostra por punción dixital". Xa que logo, e respecto ao proceder no caso de que unha persoa dea positivo, o Sergas engade unha posibilidade ás dúas que establecía ata este pasado luns. No caso de que a persoa tivese síntomas dentro dos 14 días anteriores á proba, Sanidade indica que se debe illar o paciente no seu domicilio e buscar os seus contactos para sometelos a unha corentena. Se os síntomas foron hai 15 días ou máis, non será necesario facer "ningún procedemento adicional" porque a posible infección foi "pasada e curada". Agora, no caso de que dese positivo pero non tivese síntomas ou teña clínica dubidosa, deberá tamén ser illado, ademais de sometido a unha proba PCR. O Sergas fará probas PCR aos positivos asintomáticos ou con clínica dubidosa e illará aqueles que tivesen síntomas dentro dos 14 días anteriors ao testPersoal do Sergas encargado da realización das probas pregúntase a que se deben estas mudanzas "de un día a outro" cando o pasado domingo á tarde, tras a rolda de prensa de Feijóo, desde o Sergas aínda se negaba calquera cambio. Critican, ademais, un estudo "mal deseñado" e presentado ás présas pouco antes de iniciarse un estudo cuxo protocolo de actuación xa vai pola terceira versión. "Semella que o propósito fose presentar as conclusións antes que o que leva a cabo o Goberno central", insisten as mesmas fontes. Ademais, profesionais sanitarios da Atención Primaria auguran a Praza.gal que a porcentaxe de infectados que sairá desa testaxe masiva será "ridícula e mínima". "Arredor do 1%, ben seguro", atrévese a vaticinar unha das enfermeiras encargada de realizar as probas. Ela, como moito outro persoal, engade á escasa fiabilidade do test, que detecta anticorpos totais pero non diferencia, o método empregado polo Sergas, que reduce aínda máis esa fiabilidade. O sindicato SATSE esixe os tests PCR para todo o persoal sanitario logo de que , segundo denuncia, se detectasen positivos en áreas non Covid dos hospitaisPor outra banda, o sindicato de enfermería SATSE-Galicia esixe os tests PCR para todo o persoal sanitario logo de que, segundo denuncia, se detectasen positivos en áreas non Covid de complexos hospitalarios galegos. O colectivo pide que estas probas se "estendan de forma inmediata a todos os profesionais" do Sergas e pregúntase "por que un hospital é un lugar diferente" a aqueles onde se establecen distancias sociais, normas de confinamento e medidas de protección.
PRAZA_15515
Facenda anunciará este venres a medida aos sindicatos, malia que Feijóo prometera non esixir máis sacrificios aos traballadores públicos. O Goberno non concreta o recorte pero avanza que recortará a paga extra en 2013 aínda que o Executivo central non o ordene. As centrais advirten que a Xunta "acaba de pasar a liña vermella".
Novo recorte aos empregados públicos. Os funcionarios da Xunta sufrirán en 2013 recortes no seu salario e semellantes aos que o Estado impuxo neste mesmo ano aos traballadores de todas as súas administracións públicas, segundo informa El País. A medida será comunicada este venres aos sindicatos por parte da Consellería de Facenda, que ten previsto presentar o capítulo de gasto en persoal dos Orzamentos da comunidade. As centrais denuncian que a Administración négase a confirmar o recorte, pero tampouco o desmente. O recorte seguirá a liña marcada polo Estado, que baixou un 7% o salario dos traballadores públicos Malia que Feijóo asegurara na campaña electoral -e tamén antes- que non esixiría máis esforzos aos empregados públicos porque consideraba que xa se sacrificaran dabondo, os representantes sindicais foron citados este venres para darlles a coñecer unhas contas pero, sobre todo, para comunicarlles estas medidas de axuste que van na liña das levadas a cabo polo Goberno central e co único obxectivo de achegarse a cumprimento do déficit. "Eu aos funcionarios non lles vou pedir máis esforzos desde o punto de vista retributivo; xa fixeron dabondo", asegurou o presidente da Xunta a finais do mes de agosto. Feijóo prometera en campaña non esixir máis esforzos aos funcionarios Por parte do Estado, a decisión principal foi a redución dun 7% do salario dos traballadores públicos a través da suspensión da paga extra de Nadal, unha rebaixa que será semellante á que agora aplicará a Xunta, pero da que aínda non se coñecen os detalles. Non se sabe aínda se o axuste se fará a través das retribucións extras ou directamente no soldo. Segundo El País, Facenda non confirmou cifra ningunha, pero si admite que se os recortes chegaron en 2012 cun déficit máximo permitido do 1,5%, o límite imposto para 2013 do 0,7% obrigará a novos sacrificios. Logo da xuntanza semanal do Consello da Xunta, Feijóo asegurou que os funcionarios "cobrarán máis de forma efectiva en 2013 do que cobraron en 2012", sen ofrecer máis aclaracións e sen desmentir a cifra do 7% de recorte de salario coñecida hoxe. Di que "non verán diminuído os seus salarios sobre o que percibiron en 2012". "Imos repoñer parte da paga extra que deixaron de percibir", engadiu, supoñendo que Rajoy cumpra coa súa promesa de recuperar a paga extra eliminada. "Recuperarán máis os que menos cobran e menos, os que máis", engadiu. Feijóo asegura que os funcionarios "cobrarán máis de forma efectiva en 2013 que en 2012", pero non desmente o recorte De confirmarse esta baixada do 7%, os salarios dos empregados públicos teríanse retraído case un 30% nos últimos catro anos, tal e como lembran as centrais sindicais. A reacción dos sindicatos non se fixo esperar. "É unha agresión máis que xa nos agardabamos, malia as promesas que fixera Feijóo de que non ía haber máis recortes", asegura Fernando García, secretario nacional de CIG-Administración, que advirte de que a Xunta "vén de pasar a liña vermella". "Estamos chegando a niveis de confrontación social moi grandes; o que se viu no Parlamento polo das preferentes vaise acabar trasladando ao noso sector ante o continuo deterioro que provocan as medidas do Goberno", avisa o representante sindical, que asegura que o director xeral de Función Pública, nunha xuntanza deste xoves, non desmentiu as medidas de axuste. Aínda máis, confirma García, advertiu de futuros recortes que poderían afectar o persoal interino. Nunha concentración en San Caetano, Pilar de Celis, presidenta da Xunta de persoal dos servizos centrais da Xunta, asegurou tamén que a Administración se nega a confirmar as medidas de axuste e remite os sindicatos á xuntanza do venres. "Seguiremos protestando porque non podemos permitir que os recortes caian sempre nos mesmos; a clase política segue sendo privilexiada e os asesores nunca se tocan", insistiu "A Xunta acaba de pasar a liña vermella", advirten os sindicatos Pola súa banda, Ramiro Otero, secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, asegura non ter "confirmación ningunha" das medidas que tomará á Xunta para poder cumprir co obxectivo de déficit, pero asegura que de concretarse a rebaixa salariar sería "unha nova criminalización" dos empregados públicos e unha "nova mentira" por parte do PP e de Núñez Feijóo, que "prometen unhas cousas ante unhas eleccións para logo facer o contrario". A protesta de traballadores públicos levada a cabo en San Caetano foi, xa que logo, máis quente do previsto logo de que os funcionarios coñecesen pola prensa un novo recorte no seu salario. Os sindicatos entregaron carbón simbolicamente ao presidente da Xunta. Ademais, CCOO, CIG, CSI-F e UGT, sindicatos con representación na mesa xeral da función pública, convocaron xa outra concentración para este venres a partir das 13.30 horas diante da sede da EGAP. "Só será a primeira", advirten. Hai que lembrar que en febreiro pasado, tal e como lembra a CIG nun comunicado, a Xunta xa se adiantou ás medidas que en xullo aplicou o goberno de Mariano Rajoy (eliminación do complemento das baixas por incapacidade, redución dos días de asuntos propios, retirada do fondo de acción social, suspensión na práctica do dereito á negociación colectiva ou modificación unilateral do convenio), asegurando que aplicaba estes recortes co obxectivo de "evitar novas baixadas salariais". "Agora, e a pesar das promesas lanzadas na campaña electoral, semella que Núñez Feijoo estará unha vez máis á vangarda dos recortes", lembran.
NOS_38467
A situación do tren, un transporte público fundamental na Galiza, mudou coa chegada da Covid-19. A redución dalgunhas liñas, o cambio de horarios e a lenta recuperación do servizo por parte de Renfe deixou un panorama diferente ao que tiña antes de marzo de 2020.
Cando chegou a pandemia á Galiza só quedou circulando na rede ferroviaria galega 40% dos servizos de media distancia. No verán de 2020 recuperáronse algúns, sobre todo no eixo A Coruña-Vigo, chegando a reporse entre 50% e 60% nesa liña, voltando algunhas, tamén, entre Vigo e Ourense. Non foi até xullo de 2021 que se reiniciaron os catro servizos da conexión entre Ferrol e Ribadeo. Alén diso, moitos dos tramos precisan melloras e outros teñen continuas avarías. Esta segunda feira, Renfe anunciaba que o tráfico ferroviario entre Monforte de Lemos e Lugo veríase interrompido até o vindeiro 10 de maio para proceder a realizar obras nese tramo. Na actualidade restituíronse entre 90% e 100% do servizo A Coruña-Vigo e só 50% no interior. O responsábel do sector ferroviario de CCOO, Gregorio Bermejo, explica a Nós Diario que coa apertura da liña de AVE Madrid-Ourense, "adaptáronse as frecuencias para dar servizo a esta longa distancia". Pon como exemplos os trens que circulaban entre A Coruña e Ourense así como os que comunican Vigo con Santiago, que "agora fan de lanzadeiras". Con esta nova situación explica que agora "os horarios non coinciden coas necesidades da xente que precisan deste transporte público para ir ao traballo ou á universidade", sobre todo na liña entre Ourense e Santiago de Compostela. O interior vai a menos Para Juan Sánchez, da Confederación Xeral do Traballo (CXT), a maior incidencia dos recortes que se realizaron afectaron o rural. En concreto nas liñas Vigo-Ourense-Monforte-O Barco de Valdeorras. "Pasaron a ter dous servizos diarios e con unificación de horarios, deixando de lado as necesidades da poboación", asegura a Nós Diario. Por este mesmo motivo as frecuencias de paso aumentan na maior parte dos servizos. "Pasa tamén no que vai da Coruña a Ourense onde quitaron o primeiro da mañá e xa houbo protestas importantes con recollida de sinaturas por parte de usuarias e usuarios", relata. Outros casos semellantes, segundo este sindicalista, son os das liñas A Coruña -Ferrol, A Coruña-Lugo ou Vigo-Pontevedra. "Agora mesmo non hai servizo de viaxeiras e viaxeiros na estación de Tui, en todo caso terían que ir a Guillarei ou a Valença do Minho", sinala Sánchez como un dos casos graves. "Había un acordo das obrigas de servizo público que o Estado español comprometíase a manter, aínda que foran deficitarios, para garantir a mobilidade da cidadanía", O acordo, di, "está en vigor mais non se cumpre". Servizos e prezos En relación ao FEVE, está restituído todo o servizo excepto un 15% na liña entre Ferrol e Ortigueira. Porén, faltan servizos entre Ourense e O Carballiño, con só un servizo de ida e outro de volta. Tamén faltarían entre Ourense e Monforte, "que agora teñen frecuencias que non se adaptan ás necesidades das persoas que as empregan" segundo Bermejo. "Non teñen as frecuencias axeitadas, ademais de contar con prezos caros", afirma este sindicalista e engade que "de nada serve que poñan servizos de media distancia Avant entre Ourense e Santiago cun prezo desorbitado cando en realidade o uso é de media distancia". Máis horas de traxecto e eliminación de liñas Algunhas conexións importantes sufriron modificacións que incrementan de maneira importante o tempo do traxecto. É o caso da conexión entre Ponferrada e Vigo que con anterioridade era directo e agora ten que estar dúas horas na estación de Ourense para enlazar con outros trens. Outra das eivas da actual comunicación ferroviaria galega é a eliminación dos tren-hotel até Barcelona e os que comunicaban Ferrol e Pontevedra con Madrid "que Renfe eliminou coa pandemia e non ten intención de recuperar, como tampouco fará coa diúrna con Euskal Herria que se fai con enlaces en Ourense e Miranda do Ebro", indica Bermejo.
NOS_35976
O ADIF está a retirar as lonas publicitarias de grande porte dunha empresa automobilística coa que agachaba a torre da estación de San Cristovo. Faino após Sermos Galiza ter publicado unha noticia sobre o asunto o 16 de outubro e após o concello da Coruña terlle aberto un proceso sancionador o 12 de novembro.
En Outubro fontes de ADIF manifestaron a Sermos Galiza que a instalación das lonas publicitarias non estaba afectada pola ordenanza municipal reguladora da publicidade exterior porque se rexía pola lei de ordenamento de transportes terrestres, de 1987. O Concello da Coruña non era da mesma opinión e á altura do 26 de outubro enviou un inspector municipal para constatar in situ a instalación das lonas. O día 27 o concello abría un expediente de reposición da legalidade urbanística pola "realización de obras sen licenza ilegalizábeis" por parte de Adif, ao tempo que comunicaba á Xefatura de Patrimonio e Urbanismo de Calidade da empresa estatal que xestiona as infraestruturas ferroviarias o comezo do expediente. De acordo coa ordenanza municipal, ADIF debía ter pedido permiso para instalar as lonas -cousa que non fixo- e debía ao tempo ter satisfeito taxas fiscais á facenda local. O asunto provocou iniciativas políticas do grupo municipal do BNG e tamén da formación nacionalista no Congreso.
NOS_1503
A primeira edición do premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais vén de ser convocada pola editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro, do Porriño. O certame, indican desde a editorial, "ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais para o público mozo".
As obras que se envíen ao concurso debereán ser inéditas, non premiadas noutros certames e en lingua galega. "Deberán prestar especial atención á innovación dramatúrxica e ás novas linguaxes contemporáneas, e ter en conta o público á que van dirixidas", engaden os convocantes. O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) foi unha das principais figuras do teatro galego. Autor de títulos emblemáticos como Días sen gloria (1992), Rastros (1998) ou Doentes (1998), en 2013 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras.
NOS_22272
Iridium é a nova novela de Francisco Castro (Vigo, 1966). En apenas dez díaz esgotou a súa primeira edición. O escritor fai un alto no camiño de presentacións que o leva por toda Galiza para falarmos do proceso creativo, do seu labor á fronte de Galaxia e das fortalezas e necesidades do panorama literario galego. Eis un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galiza.
Nesta novela fala do dereito a vivir e a soñar das persoas con dano cerebral adquirido e da súa realidade que, xeralmente, non transcende á opinión pública. Con que obxectivo a escribe? O obxectivo primeiro é escribir un bo libro, iso sempre, é dicir, o primeiro que lle pido, como editor, a calquera que me presenta un libro é que sexa un bo libro e o primeiro que me esixo a min como escritor é facer unha boa novela, independentemente de que despois, ademais, busque cousas. Creo que a literatura é unha actividade política. Non creo quen di que fai literatura como simple entretemento, aínda que a literatura tamén sexa entretemento. Adoptar esa posición de "eu fago literatura e non me comprometo con nada, non trato temas delicados e non me posiciono" é tamén unha maneira de facer política. Falo aquí de política no seu sentido máis grego, polis, cidadanía, e a min interésame moito, con este libro, transmitir a idea de que por riba das etiquetas hai persoas. As persoas con dano cerebral adquirido adoitan ser invisíbeis ou están colectivizadas. Esta é unha novela que fala dunha persoa que se comporta como unha persoa: namora, cabréase, decepciónase, ilusiónase… Fai todo o que fai calquera persoa e resulta que, ademais, ten dano cerebral. Por iso non é gratuíto que eu a converta nunha raíña de Instagram. E por que esa rede social e non outra? Porque é na que menos forza ten a palabra e onde todo é imaxe. Iridium é unha reflexión sobre como nos ven. Cando eu falaba con Andrea, a persoa que me axudou a compoñer a personaxe de Iris, e con bastantes persoas con dano cerebral, dicían que moitas veces, o que máis lles doía non eran as secuelas da súa enfermidade, senón as miradas que os outros deitaban sobre elas cando chegaban a algún sitio. E este é un dos elementos sobre os que a novela quere reflexionar. Como dicía Sartre, a mirada dos outros é o mal. Non importa moi ben que nos pase, senón como nos fan sentir os que miran cara a nós. Estamos diante dunha novela que convida a reflexionar. Gosto moito de escoitar isto porque é algo que me están formulando lectoras a través das redes sociais. O outro día dicíanme: "Cría que non tiña prexuízos sobre esa cuestión [o dano cerebral adquirido] e teño prexuízos; acabo de detectalos ao ler o teu libro". Este libro ten moito de fábula, ten unha certa moralexa. Ademais da historia en si, insisto en que quero que a novela atrape, que non poidas parar de ler, quero que cando feches o libro te cuestiones certas cousas que hai na túa cabeza e, ao mellor, non sabías nin que estaban aí. Esta novela quere abordar a sexualidade e o amor na discapacidade que, en xeral, é un tema tabú. [Podes ler a entrevista íntegra no número 315, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_7405
A Fiscalía ve un presunto delito por 'enchufar' a máis de cen traballadores xusto antes da elección do seu fillo como presidente do PP en Ourense.
O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, Leonardo Álvarez, decidiu admitir a trámite a querela da Fiscalía contra o ex presidente do PP e da Deputación ourensá José Luis Baltar por un suposto delito de prevaricación logo de que máis dun cento de persoas fosen contratadas polo organismo provincial que el dirixía xusto antes de que o seu fillo fose elixido presidente provincial do Partido Popular na provincia. O auto de incoación aclara a intención do maxistrado de tomar declaración ao propio Baltar, así como a varios xefes de servizo e persoal contratado que acudirán como testemuñas. O xuíz chama a declarar a Baltar e varios xefes de servizo e persoas contratadas Xa que logo, o auto de admisión a trámite da querela fai referencia a máis de cen contratos. Para a instrución, o xuíz chamará a declarar a Baltar, denunciado tanto pola Fiscalía como polo PSOE xa hai tres anos, e a un grupo de xefes de servizo e a unha decena das persoas contratadas, presuntamente, de xeito irregular. O ex presidente da Deputación di estar "encantado" de poder acudir ao xulgado O ex presidente da Deputación de Ourense asegurou estar "encantado" de poder acudir ao xulgado a declarar, xa que, segundo di, demostrará que "todo está ben feito" e poderá achegar a súa versión do ocorrido, tal e como aclarou nunha entrevista a Radio Ourense.
NOS_3258
2.330 novos detidos no primeiro semestre.
A represión non dá tregua en Palestina. Segundo os dados achegados pola Autoridade Nacional Palestina, 27 civís foron asasinados polas forzas armadas israelís no último semestre, entre eles 7 nenos. A maioría das execucións concentráronse en Cisxordania e Xerusalén con 17 mortes, resultando febreiro o mes máis sanguento ao sumar 10 vítimas mortais. Asemade, nese período, resultaron feridos por armas de fogo 1.070 palestinos e palestinas, mentres participaban en diversas mobilizacións ou actos de protesta As forzas israelís de ocupación detiveron 2.330 persoas no primeiro semestre do ano, entre eles 304 nenos. Así as cousas, a área de prisioneiros da Organización de Liberación de Palestina(OLP) cifra en máis 4.700 os cidadáns palestinos confinados nos cárceres de Israel. Neste sentido, Amnistía Internacional denuncia "as condicións inhumanas dos centros de detención de Israel" así como "as prácticas represivas, as torturas e castigos colectivos, que privan aos reclusos dos seus dereitos máis básicos". Amnistía Internacional crítica, tamén, a presenza de 700 palestinos encarcerados que presentan graves problemas de saúde. A este respecto, a entidade advirte "dunha deliberada neglixencia médica que a administración dos cárceres leva a cabo como forma de castigo colectivo" e alerta do "risco engadido introducido pola expansión da pandemia do coronavirus", que segundo a OLP ten provocado "ducias de mortes de militantes nos centros de detención sionista". A Autoridade Nacional Palestina informou que "as forzas de ocupación demoleron 375 vivendas e instalacións durante a primeira metade deste ano, das cales 136 corresponden con fogares residenciais e 221 con establecemento e servizos comunitarios. 54% de todas estas demolicións concentráronse nas cidades de Hebrón e Xerusalén ocupada".
NOS_57666
O candidato do PPdeG mantén "abertas" as listas a dirixentes e cargos de Cs na Galiza.
A chamada que Inés Arrimadas (Ciudadanos) anunciara que realizaría ao presidente da Xunta e líder do PP galego, Núñez Feixoo, para desbloquear as negociacións sobre unha posíbel coalición electoral para Galizaproduciuse esta cuarta feira, aínda que só serviu para ratificar as posturas de ambos dirixentes. Feixoo desvelouno ante os medios de comunicación tras un acto en Santiago, onde asegurou que reiterou a súa postura á dirixente de Cs e que espera que esta comprendese "as súas razóns". O líder do PP galego rexeita unha coalición co partido laranxa nas eleccións galegas, pero mostrouse partidario de seguir falando e de avanzar no "entendemento". "Ás veces sumar cousas non comúns e en parte dispares non produce unha suma neta, senón outra operación que non interesa. (...) As portas seguen abertas até o 1 de marzo, que se pechen as listas", remarcou Feixoo, cuxa formación mantén na Galiza que estaría disposta a integrar nas súas candidaturas aos comicios do 5 de abril a dirixentes de Ciudadanos, incluso identificándoos como independentes. Fontes de Ciudadanos consultadas por Europa Press confirmaron a chamada e incidiron en que Arrimadas explicou a Feixoo a súa proposta para Galiza: "unha coalición gañadora constitucionalista para que non se perda ningún voto e non se poña en perigo o goberno constitucionalista por un puñado de votos como xa ocorreu no pasado nesta comunidade". Ambos os dirixentes, engade Cs, estiveron de acordo en "seguir traballando para tentar chegar a un acordo".
PRAZA_17224
Cómpre dotarmos dos medios técnicos precisos e, sobre todo, de avanzar cara a igualdade xurídica do galego e castelán e por un Poder Xudicial de noso.
O mínimo uso do galego na Administración de Xustiza é absolutamente inadmisíbel, tendo en conta os progresos acadados pola normalización lingüística no uso do galego perante a Administración autonómica e as Administracións locais e o amplo grao de coñecemento e uso da nosa lingua entre a nosa cidadanía. Dúas son as razóns que explican esta situación inxusta e inaturábel. Por unha banda, o desigual "status" xurídico do castelán e do galego na Constitución, xa que só existe o deber de coñecer a lingua castelá, polo que nin á avogacía nin a procuradoría se lles esixe un coñecemento amplo e abondo, activo e pasivo, da nosa lingua. A segunda razón é o centralismo xudicial. O Poder Executivo Galego ten unha certa autonomía na xestión e no gasto e o Poder Lexislativo Galego unha moi limitada autonomía, por estaren moi condicionada aos títulos competenciais transversais e ao abuso das leis básicas. Mais non existe o Poder Xudicial galego. O Poder Xudicial é único, o que contrasta coa pluralidade, federal e territorial dos Poderes Xudiciais da Alemaña federal, a Suiza e os USA. É verdade que a Xunta mantén competencias na xestión dos medios materiais e persoais da Administración de Xustiza e que noutras épocas tentouse avanzar no fornecemento de formación lingüística para funcionarios e medios informáticos (programas Libra e Minerva) para facilitar o uso do galego, nomeadamente nos trámites xudiciais. Mais isto desapareceu co actual Goberno. Xa non hai medios informáticos ao dispor de xuíces e funcionarios xudiciais. Avogados, xusticiábeis e testemuñas temos o teórico dereito ao uso da nosa lingua. E algúns facémolo, sen atopar oposicións expresas mais si a impresión xeneralizada de que o sistema xudicial non está preparado para o galego. Os nosos clientes intúen isto e deciden, mesmo moita xente concienciada, non forzar a máquina dos dereitos lingüísticos para non atrasar a solución dos asuntos, tendo en conta a gravidade e urxencia dos mesmos. Velaí a importancia de iniciativas como a da Irmandade Xurídica Galega, que integra máis de 300 persoas da avogacía, procuradoría, funcionariado, fiscalía e maxistratura e que pula polo uso xeneralizado da lingua na xustiza. Porque cómpre dotarmos dos medios técnicos precisos e, sobre todo, de avanzar cara a igualdade xurídica do galego e castelán e por un Poder Xudicial de noso. Publicidade
NOS_43608
O grupo islamita somalí Al Shabab reivindicou o ataque como represalia pola presenza de militares kenyanos no seu territorio.
O ataque contra o campus universitario de Garissa, no leste de Kenya, saldouse con 147 mortos e decenas de feridos. O grupo islamita Al Shabab, que controla boa parte da veciña Somalia, reivindicou o atentado contra os estudantes como resposta a presenza de militares kenyanos dende 2011 no seu territorio. As forzas de seguridade de Kenya conseguiron rescatar a 500 reféns. Catro atacantes resultaron abatidos durante o operativo para retomar o control da universidade. As autoridades impuxeron o toque de queda nocturno en todo o país. O cerebro do ataque sería Mohamed Kuno, dirixente de Al Shabab, para o que se estableceu unha recompensa de 217.000 dólares pola súa captura. Kuno fóra reitor dunha escola islámica en Garissa até 2007, segundo as autoridades kenyanas. O grupo somalí xustificou o ataque pola guerra aberta entre a formación terrorista e o Exército de Kenya, que dende 2011 combaten na fronteira de ambos estados polo control das rexións. A localidade de Garissa encóntrase a poucos quilómetros da raia.
NOS_7187
Un total de 43 candidaturas municipalistas de toda Galiza reuníronse en Marín no quinto encontro das 'Mareas en Común'
Un "momento constituínte" que de forma "pública e participativa" axude a impulsar a "confluencia de todas as forzas do cambio" de cara ás eleccións galegas. Este é un dos acordos atinxidos esta fin de semana polas 150 persoas que, de 43 candidaturas municipalistas de toda Galiza, se deron cita en Marín no quinto encontro do que se denomina 'Mareas en Común'. 'Marea Viva' é a denominación provisional desta proceso, que fará especial ficapé en fomentar a participación individual de todas as persoas interesadas no cambio. "Servirá para deseñar, en común e entre todas, un proceso de primarias, un código ético para os cargos electos, un modelo organizativo e unha forma de goberno", afirman nun comunicado. .Para decidir os detalles concretos, coma o regulamento deste momento constituínte, os seus prazos e o xeito de participar nel, creouse un grupo de traballo que presentará as súas propostas nunha vindeira xuntanza das Mareas En Común, que terá lugar en Sada en breve. Principios básicos O plenario das Mareas En Común aprobou o documento que reflicte os seus principios básicos, e que foi elaborado coas achegas de máis dun cento de persoas e de diversas mareas municipalistas. A defensa dos dereitos humanos, radicalidade democrática, a transparencia e a loita contra a corrupción son algúns dos alicerces. Tamén avogan pola feminización da política e o rexeitamento de calquera tipo de discriminación, ao tempo que fan unha aposta nun modelo económico máis xusto. Inciden na defensa da lingua e a cultura galega, do ambiente e o benestar animal, e na xestión eficaz dos recursos públicos para conservar o ben común. Finalmente, o documento aprobado reclama máis autogoberno para Galiza e unha mellor vertebración territorial.
PRAZA_17086
Nada cambiou en esencia. O nacionalismo catalán non está lexitimado para fer república e o Goberno de España non aborda esta demoledora crise de Estado democraticamente.
Privado dunha parte substancial do seu poder institucional tras a aplicación do artigo 155 da Constitución, o nacionalismo catalán non desaproveita ningún recurso que lle permita mobilizar e gañar apoios Privado dunha parte substancial do seu poder institucional tras a aplicación do artigo 155 da Constitución, o nacionalismo catalán non desaproveita ningún recurso que lle permita mobilizar e gañar apoios. Os seus rocambolescos movementos desde as eleccións autonómicas do 21 de decembro de 2017 responden á súa decisión de acumular capital simbólico a base de ideas forza: violencia policial contra o exemplar pacifismo secesionista, presos políticos, líderes exiliados, actuación parcial do poder xudicial e do Tribunal Constitucional. A parálise de PP, PSOE e Ciudadanos outórgalles unha parte importante do protagonismo unionista aos xuíces, que actúan de acordo cun procedemento que pode resultar politicamente disfuncional. As ordes cursadas polo Tribunal Supremo para deter os dirixentes independentistas fuxidos acabaron involucrando as autoridades alemás, belgas, británicas e suízas. A internacionalización do conflito deu así un paso de xigante e revaloriza o capital simbólico dos independentistas, que buscan a súa hexemonía cultural tal e como a entende Gramsci, é dicir: a asunción intelectual e emocional da cosmovisión secesionista por parte da maioría dos cataláns. Con outras palabras: o independentismo soubo manter a tensión política e social e seguir enriquecendo o seu relato vitimista no medio dunha excepcionalidade discursivamente inflada. Nos debates de investidura dos días 12 e 14 de maio, as "hiperventiladas" intervencións processistas do novo president, o moi inquietante Joaquim Torra, reflicten fielmente este esquema: Cataluña é unha virtuosa patria da democracia, da liberdade, do acordo, da cultura, dos valores da paz, do progreso, do europeísmo, da unidade, mentres España fica reducida a un obtuso réxime autoritario e represivo. Froito da paciente acumulación de capital simbólico, a potente narración propagandística separatista apela ás emocións e á fe, mentres o unionismo continúa instalado na estúpida inanidade dun discurso maniqueo, rancio e antipático. A imprudente indolencia do principal responsábel desta ruinosa desfeita, o PP de Mariano Rajoy, ofrece o que ben podería ser a imaxe premonitoria da derrota. Nada cambiou en esencia. O nacionalismo catalán non está lexitimado para fer república e o Goberno de España non aborda esta demoledora crise de Estado democraticamente Nada cambiou en esencia. O nacionalismo catalán non está lexitimado para fer república e o Goberno de España non aborda esta demoledora crise de Estado democraticamente. Desde o 27 de decembro de 2015, cando o nacionalismo acudiu por primeira vez ás eleccións ao Parlament en clave referendaria, a opción independentista nunca acadou nin o 50% dos votos. Desde esa mesma data, máis da metade dos cataláns reclaman inutilmente unha consulta para decidiren a relación do seu país con España. Veremos se a dialéctica –adornada con tintas populistas– entre símbolos e represión acaba ceibando a violencia larvada. Entrementres, todos procuran maximizar as expectativas electorais e eluden un acordo que supere o statu quo esgotado; todos evitan pactar un novo bloque de constitucionalidade que, baseado sobre a soberanía compartida entre Cataluña e España, rompa a perigosa dicotomía entre o secesionismo e o inmobilismo e dea lugar a un novo proxecto común. Porén, non habería que ir moi lonxe para albiscar a solución. Bastaría con alzar a vista dos propios embigos –todos eles tan inconfundibelmente ibéricos!– para comprobar que a Unión Europea é exactamente iso: un espazo deseñado para compartirmos as nosas soberanías e sermos así máis soberanos. Publicidade
NOS_13127
O portavoz nacional do BNG afirma que o obxectivo será "ter grupo propio para defender os intereses de Galiza". Asegura que están abertos a pactos nas deputacións e concellos con todas as forzas agás co PP.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, aposta por unha candidatura galega "non subordinada a outros grupos" e que aspire a "ter grupo propio para defender os intereses de Galiza". Así o manifestou preguntado na Radio Galega sobre un hipotético acordo con forzas como Izquierda Unida ou Anova. Vence explicou que a proposta busca sumar "sen vetar a ninguén", mais considerou que "cómpre pensar en parámetros galegos para ter unha representación potente", así como "para participar dunha eventual reforma do Estado en igualdade de forzas". Dixo que malia existir posicións próximas desde a esquerda, o proxecto que debaten nas asembleas "está centrado no país" Sobre a posible negativa de Anova a sumarse esta estratexia -e cuxo homólogo Xosé Manuel Beiras ten mañá unha reunión co líder de Izquierda Unida Alberto Garzón- o portavoz nacional do BNG manifestou que non ten constancia de tal rexeitamento. Acerca de posíbeis candidatos, entre eles preguntado por Anxo Quintana, respondeu que "non está polo momento na mesa" e que as persoas que conformen as candidaturas "serán o último que se debata". O voceiro dos nacionalistas valorou que se abre "un novo escenario" político onde o BNG debe "resituarse" sen renunciar ao seu discurso. "Temos que frear o desmantelamento do autogoberno que promulga o PP central e asume Feijóo", aseverou Vence, que acusou ao presidente dos populares galegos de estar máis centrado "nunha estratexia persoal para colocarse a nivel de Estado". Pactos en deputacións e concellos, agás co PP O portavoz nacional da organización frontista quixo dar por rematadas as especulacións dun pacto co PP na Deputación de Pontevedra. "Dixémolo por activa e por pasiva. Nós non temos espazos de encontro co PP", afirmou sobre a oferta de Rafael Louzán, que comparou con Esperanza Aguirre "tratando de enredar para non deixar o poder". "Nós non temos espazos de encontro co PP", aseverou Vence sobre a oferta de Louzán. Vence deixou aberta a porta a pactos co PSOE nas Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo sempre que haxa acordos para "reformar a fondo o seu papel". Porén, considerou que a elección de Carmela Silva, número dous do PSOE en Vigo, non é a máis acaída para ocupar a presidencia. "Pero ese non é o tema central", matizou, e engadiu que o pacto queda supeditado a acordar "un plan estratéxico para os próximos catro anos". Sobre a posición nos concellos das cidades, o portavoz dos nacionalistas recoñeceu que non terán un papel determinante. Reafirmou que apoiaran a investidura de novos gobernos e estudarán a participación en cada caso. En casos como Vigo, onde perdeu a representación, valorou a apertura do diálogo coa base social para reflexionar sobre o futuro. Puxo en valor os resultados de Pontevedra e descartou dimisións como a de Xosé Manuel Carril, que cualificou de "decisión persoal" pese a "que non foi responsable" dos resultados.
PRAZA_18814
O persoal dos medios públicos está chamado a un paro xeral e a unha concentración diante do Parlamento á que seguirá unha manifestación polas rúas de Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión"
O persoal da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) está chamado este mércores a unha folga xeral de 24 horas en protesta "contra a manipulación" e o "desmantelamento dos medios públicos". Será nunha xornada na que a proposta dos profesionais chegará ás portas do Parlamento, desde onde partirán logo en manifestación polas rúas de Compostela. Á folga de 24 horas úneselle unha concentración ante o Parlamento e unha manifestación polas rúas compostelásMalia as negociacións abertas e os intentos até última hora da dirección por evitar o paro, os traballadores amosaron de xeito moi maioritario e decidido a súa intención por continuar coas protestas que levan a cabo desde hai semanas –con paros de dúas horas con amplo seguimento– e "ata que a dirección adopte as decisións axeitadas para garantir a prestación do servizo público esencial".Así o manifesta o comité intercentros da CRTVG nun comunicado sobre unhas protestas que continuarán con outro paro durante a mañá do vindeiro sábado, coincidindo coa retransmisión so sorteo da lotaría de Nadal. A folga de 24 horas chega mentres continúan, en paralelo, as protestas dos venres negros e que superan xa as 30 semanas entre a falta de respostas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo malia ser directamente preguntado polos numerosos conflitos abertos nos medios públicos. Até última hora a dirección dos medios públicos intentou evitar a folga, mesmo cunha convocatoria de reunión ao comité de folga para esta mesmo mañá que desde os representantes sindicais desbotaron ante o nulo avance –"mesmo retroceso", aclaran– das conversas dos últimos días e a inminencia do paro. "A dirección non mostrou durante as negociacións dos últimos días unha vontade seria para ofrecer medidas que permitan a desconvocatoria das mobilizacións""A dirección non mostrou durante as negociacións dos últimos días unha vontade seria para ofrecer medidas que permitan a desconvocatoria das mobilizacións", di o comité intercentros, que acusa a CRTVG de facer "propostas febles ou insuficientes".Entre as medidas que reclama o persoal está a recuperación da produción propia interna, con programas de servizo público e unha estrutura de persoal axeitada, a "erradicación da manipulación informativa co cumprimento da lei de Medios" e a fin da "exteriorización indiscriminada de producións e servizos". Tamén solicitan medidas laborais como o remate da contratación fraudulenta, a substitución do persoal ausente ou "o cambio da actual política represiva e sancionadora", en referencia aos expedientes abertos a Carlos Jiménez ou Beatriz Moyano, xunto con accións a prol dunha conciliación efectiva da vida familiar. En canto á produción propia, a CRTVG acabou ofrecendo un aumento de entre 15 e 30 minutos nos programas informativos. Ademais, aceptou debater sobre eses "contidos de servizo público" que reclama o persoal e propuxo a creación dun programa semanal logo do horario de prime time, que incluiría reportaxes e entrevistas. Tamén estaba disposta apostar por máis programación infantil, cun espazo de media hora diario que, "ademais da ampla oferta de animación na segunda canle, conte tamén con personaxes de carne e óso", en palabras dos xestores.Os "abusivos" servizos mínimos, denunciados polo comité, poderían evitar que se visibilicen os efectos dunha folga que se prevé "histórico"No entanto, e segundo fontes negociadoras, as propostas nunca se concretaron, ademais de negarse a dirección a recuperar as desconexións territoriais da Radio Galega e obviar calquera reclamación sobre o cumprimento da lei de Medios e a creación do Consello de Informativos.Para os sindicatos, unha "mostra evidente da falta de vontade negociadora" xa foi a imposibilidade de chegar a un acordo sobre os servizos mínimos durante os días de folga, que reproducen convocatorias de persoal semellantes ás que anteriormente xa foron declaradas abusivas polos tribunais e que o comité acordou tamén denunciar nesta ocasión."A mensaxe do persoal foi moi clara; non queren aceptar calquera proposta e queren ver resultados xa"Son eses servizos mínimos "abusivos" –superiores aos do 8-M– os que poden facer, segundo fontes do comité de folga, que os efectos da folga non sexan tan visibles como desexarían na programación dos medios públicos, aínda que cren que o seguimento será "histórico". De feito, nalgunhas delegacións teñen garantido un apoio do 100% ao paro. "A mensaxe do persoal foi moi clara; non queren aceptar calquera proposta e queren ver resultados xa, está farto", explican. Mobilización e chamado á cidadaníaTamén neste mércores 19, persoal da CRTVG concentrarase ás 10 da mañá diante do Parlamento de Galicia, coincidindo co debate dos Orzamentos. Ás 12 os profesionais sairán en manifestación percorrendo a rúa do Hórreo ata a Praza de Galicia, República do Salvador e Doutor Teixeiro, para rematar na Praza Roxa.As traballadoras e traballadores fan un chamado á á cidadanía e ás forzas sociais para que "se sumen a ese acto que baixo o lema Non ao desmantelamento, non á manipulación, non á represión.O persoal da CRTVG pide á cidadanía que se una ás súas mobilizacións O obxectivo é, segundo din, amosar o seu "compromiso coa defensa do servizo público da Radio e Televisión de Galicia" e "concienciar sobre a importancia duns medios públicos de calidade na promoción da nosa lingua e a nosa cultura nun marco de pluralidade democrática".A oposición xa amosou o seu apoio ás protestas do persoal da CRTVG. Neste mércores, En Marea CRTVG denunciou que se siga a "empregar como medio de propaganda do PP" e rexeitou a "actitude soberbia do presidente da Xunta cando se lle pregunta que vai facer para acabar coa situación actual". O BNG, pola súa banda, censurou "o uso partidista do Partido Popular, que converteu a RTVG no gabinete de prensa de Feijóo".
QUEPASA_764
O Concello invita a veciñanza a participar na Limpeza do Proxecto Ríos
Segue realizando o Concello de Carballo unha marea de obras en materia de saneamento, a través do plan de 3 millóns de euros aprobado o ano pasado. Unha das que quedan por rematar son as redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Verdillo, que cun orzamento de 275.000 euros, estenderá estes servizos a un total de 32 vivendas de lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda. Son con estes máis de 40 lugares de 12 parroquias os que viron mellorada a súa rede, mentres continúan as obras en Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa, ou na rúa Vázquez de Parga. En breve arrincarán tamén as redes de abastecemento e saneamento de Cambre e O Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo), cun investimento de 416.971,86 euros. Tamén está en tramitación a extensión da rede ata Pedra do Sal, no marco doutro plan para fornecer o litoral carballés. Mentres o Concello espera que co POS+Complementario poidan desenvolver outras obras relacionadas co ciclo da auga na zona urbana, ou de captación. Proxecto Ríos A XIV Limpeza Simultánea "Móllate polos ríos", no marco do Proxecto Ríos, celebrarase este ano en 35 concellos de toda Galicia, coa colaboración de distintas entidades e colectivos. A limpeza será o 26 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 35 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, xa que manter limpos os nosos cursos fluviais é imprescindible para garantir a súa saúde. A limpeza está aberta á participación de persoas de todas as idades. Podedes inscribirvos enviando un mail a [email protected] ou poñéndovos en contacto coa coordinadora da zona, María, no 651 482 305.
NOS_31157
Ana Pontón (Sarria, 1977) foi re-eleita portavoz nacional na XVI Asemblea do BNG, o conclave de Palexco, e foino con aínda maior apoio do que obtivo cando, en febreiro de 2016, asumiu por vez primeira a lideranza da formación nacionalista. Sae con moita enerxía da Asemblea e non se pon nen límites nen teito. É a entrevista política deste Sermos240. Eis un extracto da conversa.
-Fixeche un emprazamento a militancia a que non se "autolimite" porque "a inmensa maioría da sociedade pode ser receptiva e beneficiaria das nosas políticas", dixeche. Significa isto que de Palexco sae un BNG máis poroso á sociedade galega? -Eu o que creo é que o BNG ten un proxecto beneficioso para a sociedade galega. E nós o que nos debemos é esconder cal é ese proxecto, senón defendelo con orgullo porque estou convencida de que ademais unha inmensa maioría de galegas e galegos poden apoiar o proxecto do BNG. Estamos nun momento de sumar, de medrar, de agrandar a base social do nacionalismo. Estou certa de que esa é a base sobre a que facer agromar unha alternativa que lle dea esperanza a unha maioría social. Penso que a xente valora a nosa coherencia. Sobre esa base, e sobre a base da unidade, imos ter capacidade para alcanzar grandes éxitos que se cadra hai dous ou tres anos non eramos capaces nen de soñar. -Crin detectar un pequeno cambio cualitativo no discurso e é que puxeche outra vez na axenda o obxectivo dun goberno nacionalista após unha etapa un pouco longa en que esa meta apenas era enunciada. -Ben, nós temos un proxecto transformador, temos un obxectivo estratéxico, a meio prazo, pero tamén sabemos que é importante que haxa unha maioría social que nos respalde eleitoralmente e que un goberno nacionalista é chave para existir un cambio real nas tendencias sociais e políticas e no futuro deste país. [A íntegra da entrevista tela ao teu dispor no Sermos240, xa nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa]
PRAZA_17206
Dentro dun mes entrará en vigor a nova norma, que impón dificultades para as actuacións en recintos pechados que non conten con licenza de sala de concerto. O Concello de Santiago reclámalle á Xunta a creación da categoría de bar musical
Dentro dun mes entrará en vigor a nova Lei de Espectáculos, cuxa aplicación está a xerar unha gran polémica, centrada principalmente nas maiores esixencias para que entidades de pequeno tamaño poidan organizar eventos culturais públicos e tamén nas dificultades engadidas para a música ao vivo, sobre todo no interior de locais sen licenza de sala de concertos. A norma que debería ter servido para dotar de seguridade xurídica á realización de actividades culturais semella que en varios elementos achega precisamente máis inseguridade para artistas, locais e entidades promotoras. Hai 15 días, na gala dos Premios Martín Códax Ramón Bermejo, voceiro saínte de Músicos ao Vivo, foi moi crítico neste senso: "Non se pode vivir permanentemente ao pairo dunha lei redactada de forma ambigüa, e que deixa a música ao vivo, unha vez máis, nun terreo esvaradizo e inseguro", dixo. A norma impón dificultades para a realización de actuacións en locais pechados que non conten con licenza de salas de concerto, que son unha minoría A lei, que foi aprobada unicamente cos votos do PP, subliña a "competencia exclusiva" da Xunta en materia de espectáculos públicos. A norma impón dificultades para a realización de actuacións en locais pechados que non conten con licenza de salas de concerto, que son a maioría (en Santiago, por exemplo, a lista de licenzas redúcese á Sala Capitol, Sala Malatesta, Sónar, Retablo e o Dado Dadá). En boa medida a moi esixente Lei de Espectáculos responde ao obxectivo de evitar calquera risco de repetición de sucesos tráxicos coma o sufrido hai anos no Madrid Arena. Porén, artistas, entidades promotoras e locais denuncian que as restricións introducidas dificultan enormemente a propia existencia da música ao vivo en establecementos que nada teñen que ver cos grandes recintos nos que de cando en cando teñen lugar desgrazas coma a citada. Estas limitacións non existen para as actuacións musicais que teñan lugar ao aire libre, por exemplo na terraza dun bar, de competencia municipal Paradoxalmente, estas limitacións non existen para as actuacións musicais que teñan lugar ao aire libre, por exemplo na terraza dun bar, de competencia municipal. Neste verán pode darse a circunstancia que non se celebre case ningunha actuación musical baixo teito en Compostela e que todas teñan que organizarse ao aire libre. Artistas e locais subliñan que isto demostraría que o gran problema non estaría polo tanto no ruído xerado por estes concertos, senón nunha cuestión meramente administrativa e, polo tanto, de doada solución. A sección de Compostela da asociación Músicos ao Vivo, que agrupa a máis de 200 artistas, encabeza nestes momentos unha batalla para asegurar a realización de concertos en recintos pechados, ante as dúbidas que se abren na aplicación da lei, esixíndolles a Xunta e Concello que "desbloqueen a situación de indefinición legal na que actualmente se encontra a música ao vivo". Ao Concello pídenlle ademais que elimine "a prohibición expresa de instrumentos de amplificación para os establecementos que actualmente figuran no grupo I da Ordenanza Municipal de Ruídos" e que regule nela, de forma clara, "as condicións de horarios e volume que se deben cumprir nas nosas actuacións en vivo" nos diferentes locais da cidade. A fórmula que se acade na capital do país será importante para a resolución de problemas semellantes nas restantes localidades. E a propia asociación de Músicos ao Vivo reclámalles ao resto de concello que impulsen medidas semellantes ás demandadas ao Concello de Santiago para facilitar a organización de concertos. Musicos ao Vivo pídelle ao Concello de Santiago que elimine "a prohibición expresa de instrumentos de amplificación" A norma déixalles aos concellos, cos que practicamente non se estableceu diálogo, a resolución dos problemas xerados, pois á Xunta só lle corresponde "autorizar a celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma", un tipo de evento moi pouco numeroso O Concello de Santiago reclámalle á Xunta a creación da categoría de bar musical O Concello de Santiago, que critica a ausencia de vontade de diálogo e consenso amosada ata agora pola Xunta, presentará alegacións ao novo catálogo de actividades hostaleiras pedindo que se cree a categoría de bar musical ou bar con música ao vivo, o que facilitaría a realización de concertos en recintos pechados. Outra fórmula que se está barallando é a exposta pola Asociación Cultural Cidade Vella, consistente en pedirlle á Xunta que delegue nos concellos a competencia para autorizar conciertos de pequeno formato en locais pechados.
NOS_2042
O incendio orixinado a última hora da tarde da segunda feira no concello de Dodro e que se estendeu a Rianxo continúa, 18 horas despois, activo e sen controlar. Activado o Nivel 2 pola cercanía a núcleos poboados. Os fortes ventos do nordés dificultan a extinción e os traballos céntranse en evitar que as lapas se acheguen a puntos habitados. O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, recoñece que a situación é "moi complicada". A proximidade das lapas obriga evacuar o instituto.
"A situación está fastidiada", recoñece o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, en conversa con Sermos Galiza. O incendio orixinado sobre as oito da tarde desta segunda feira en Dodro e que se estendeu a Rianxo queimou xa máis de 750 hectáreas e continúa avanzando, sen control. "Hai lume perto da escola de Leiro, chega até a canteira de Rianxiño e tamén en Burés", describe o rexedor rianxeiro, do BNG, para describir a gran estensión do lume: "son moitos quilómetros ardendo". A proximidade das lapas obrigou evacuar o instituto Félix Muriel. Muiños informa que hai varios focos activos e que non están controlados. Medios? "Hainos pero con este vento...", apunta. Luís Ordóñez, veciño de Rianxo, afirma en conversa con Sermos que "isto é dantesco", indicando que "hai moito fume" e lamentando que cada poucos anos esa zona entre Rianxo e Dodro volva arder: "É todo eucalipto". #IFLaíñoDodro #Rianxo ... pic.twitter.com/gstszCSWO4— loureiro (@shharv) 26 de marzo de 2019 "O lume vai cara a costa. Houbo un invernadoiro con problemas. Non sei que pode pasar, pero segue habendo moito vento. Acabamos de sufocar un incendio moi próximo a unhas casas", conta o vocal da Comunidade de Montes de Leiro-Rianxo ao Galicia por Diante da Radio Galega. O lume orixinouse perto dunha liña de alta tensión, segundo a Policía Local, e o forte vento nordés dificulta as tarefas de extinción e creou varios focos secundarios. Até o lugar do incendio desprazáronse bombeiros e integrantes do distrito forestal, a Garda Civil, Protección Civil e integrantes da Policía Local. No lugar traballan 12 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 2 pas. Co día sumáronse varios helicópteros e tamén 2 avións. Solicitouse perto do mediodía desta terza feira a declaración de nivel 2 por proximidade ao núcleo de Meiquiz, e procedeuse a activalo. Mobilizados medios aéreos para actuar neste incendio, así como a Unidade Militar de Emerxencias. A maior preocupación é que o lume non chegue ás casas. As lapas obrigaron a cortar ao tráfico unha parte da estrada comarcal 305 ao paso por Bexo e desviar o tráfico pola autovía da Barbanza. Esta autovía tamén sufriu cortes puntuais. Esta zona entre Bexo (Dodro) e Burés (Rianxo), inzanda de eucaliptos, ten sido arrasada polas lapas xa en anteriores ocasións, como nos grandes lumes de 2006. Fotos: J.S e R.S.
PRAZA_3911
Só nos queda celebrar cado ano o 14 de abril, ansiar un goberno distinto e seguir sendo republicanas.
Hoxe é o día da República, non podo deixar de sentir unha emoción. Non a vivín, pero a miña familia foi republicana, por todas as partes, mesmo se había gran diferencia entre a familia do meu pai e a miña nai. O pai da miña nai, licenciado en dereito e moi culto, dicía que fora magnífica e que se impuxera sen sangue. E o pai do meu pai, alfaiate, ensinoume a cantar sentada nos seus xeonllos, "si los curas e frailes supieran…" o himno da República. Eu nacín ao rematar a guerra, onde mataron o meu pai. Tocoume vivir unha ditadura fascista de principio a fin. Foron preto de 40 anos sen luz.A República foi un goberno avanzado, onde as mulleres conseguimos o voto, grazas a Clara Campoamor, ministra no Parlamento, e foi un tempo, breve, hélàs, pero intenso e culto.Nunha entrevista que lle fan, precisamente a Clara Campoamor, lle preguntan polo mellor sistema de goberno e responde que, sen dúbida, é a República. Opino o mesmo, e non entendo como a estas alturas, España, non pode ser unha República como a maioría dos estados europeos. Esa reviravolta que demos ao pasado, por moito que Franco o deixara amañado, non é comprensible. A obediencia a Franco despois de morto, non ten sentido. Eran todos retrógrados.Sexa como for, só nos queda celebrar cado ano o 14 de abril, ansiar un goberno distinto e seguir sendo republicanas.
PRAZA_6651
A coordinadora de equipos de normalización dos centros escolares galegos lamentan que o Consello de Europa non os convocase malia o seu "coñecemento profundo da situación do idioma" nas escolas e elabora un informe no que lles advirte dos prexuízos do decreto do plurlingüismo.
O comité de expertos sobre linguas rexionais e minoritarias do Consello de Europa marchou xa de Galicia, apañou moreas de críticas á política lingüística da Xunta pero liscou sen escoitar os equipos de normalización dos centros de ensino, ao non poñerse en contacto coa súa Coordinadora, que representa os traballadores neste ámbito de máis de 400 escolas. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) fai agora constar a súa "protesta" por non ser recibidas as organizacións non gobernamentais do ámbito educativo. "A CGENDL ten un coñecemento profundo da situación da nosa lingua no ensino, pois é onde os seus membros desenvolven o seu traballo diariamente", lembran, tras advertir que "ignoran" as razóns que levaron aos expertos ao non contactar con eles e aclarar que lles resulta "moi estraño" que foran convidados hai tres anos ao anterior encontro a Madrid e os deixasen fóra "neste encontro que acontece en Santiago e onde o representante do Estado é galego". A Coordinadora foi convidada hai tres anos a Madrid, pero non desta vez a unha xuntanza en Compostela A CGENDL lembra que naquela visita do consello de expertos a Madrid en xullo de 2011 para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias no Estado, os seus represenantes puideron participar e expoñer a súa visión da situación, na que "anticipaban moitas das consecuencias que na actualidade se están a padecer e que nesta ocasión a CGENDL pretendía presentarlles en detalle". E por iso que protesta e se queixa por "excluíren os profesionais que estamos traballando a pé de obra no ámbito destinado a garantir a competencia na nosa lingua" e xa a advirte que a información que se lle trasladou ao comité sobre o deterioro do galego no ensino "foi parcial e irreal". As críticas da CGENDL únense tamén ás da Coordinadora de Traballadores de Normalización (CTNL), que tampouco foi convocada a participar nas xuntanzas malia si facelo en anteriores ocasións. Os equipos elaboraron un informe sobre a aplicación do decreto que intentarán achegar aos expertos Ante esta situación, os equipos de normalización dos centros elaboraron un informe que tratarán de facer chegar aos membros do comité de expertos no que se analiza a situación do galego no ensino, centrándose sobre todo no desenvolvemento do Decreto 79/2010. Desta análise conclúen que "despois de catro anos de aplicación, non se garante a competencia en lingua galega do alumnado ao rematar o ensino obrigatorio". "A situación é tan grave que estamos moi lonxe de que, tal e como procura a lexislación educativa, a competencia do alumnado sexa similar á que ten en castelán. Alén diso, a implantación de centros plurilingües derivou na exclusión e marxinación da nosa lingua como lin gua vehicular, sen que tampouco se avanzase no coñecemento das linguas estranxeiras, nin se apostase por un plurilingüismo inclusivo", lémbranlle ao Consello de Europa, ao que advirten de que a Xunta "non adoptou medidas para frear a desgaleguización maioritaria e acelerada no ensino", pero si aumentou "o desprestixio cara á nosa lingua, ao estar excluída para o ensino de determinadas materias das áreas científico-técnicas e ao ser moi minoritaria no ensino infantil, especialmente nas cidades". "A Xunta non adoptou medidas para frear a desgaleguización maioritaria e acelerada no ensino" A CGENDL insiste en que o galego "queda nunha situación de marxinación no ensino" e que os equipos levan "máis de cdatro anos a pular pola elaboración dun decreto de promoción real do idioma para ter unhas mínimas garantías de que o alumnado remate os seus estudos con plena competencia en ambas as dúas linguas oficiais". "Exiximos da administración que prestixie a nosa lingua como paso previo para calquera medida de promoción", din. Ante esta situación, os equipos explican en síntese que supuxo a aplicación do chamado decreto do plurilingüismo no ensino en Galicia, nos que se censura a exclusión do galego en infantil, que non foi freada nin coa sentenza do TSXG na que se declaraba nula a consulta aos pais; a falta de igualdade das dúas linguas oficiais en Primaria ao obrigar a impartir Matemáticas en castelán ou a ausencia de avaliación do nivel de competencias nos idiomas oficiais. Tamén se denuncia a obrigatoriedade en Secundaria de impartir en castelán materias de áreas cientícias, o que "incide nun prexuízo secular" da lingua, así como a falta de efectividade da implantación de seccións bilingües e centros plurilingües que non supuxeron "mellora cualitativa ningunha". Ademais, advirten do incumprimento da norma ante a falta de vixilancia en canto ao uso do galego.
PRAZA_5224
Outro dos galegos detidos tras a manifestación das Marchas da Dignidade denuncia o trato da Policía e asegura que foi arrestado sen motivo mentres abandonaba a mobilización ao virar "nun ambiente que xa non era pacífico".
Tres foron os galegos detidos o pasado sábado en Madrid tras a manifestación das Marchas da Dignidade. Un deles, Emilio David Cao, membro de Estudantes Sen Futuro do Carballiño, denunciou esta mesma semana á súa chegada a Galicia o "pésimo trato" recibido pola Policía, á que acusou de tratalo "como terrorista" e de cualificalo de "independentista extremista" tras, segundo el afirma, terse manifestado "pacificamente". Outro dos 24 arrestados foi Ismael, guitarrista galego do grupo Skandalo, que permaneceu case dous días nos calabozos xunto cunha muller (tamén galega) que o acompañaba. O guitarrista do grupo Skandalo e unha muller que o acompañaba foron os outros dous galegos detidos tras o 22M Os dous foron detidos tras a masiva mobilización do 22M. E Ismael, como fixera o outro detido galego do Carballiño, tamén denunciou a través das redes sociais o trato recibido pola Policía, así como unha detención que, segundo explica, produciuse logo de que el e un grupo de amigos decidisen abandonar a manifestación ao virarse "nun ambiente que xa non era de concentración pacífica". "Andando xa fóra da manifestación, un grupo de policías secretas e antidisturbios tiráronnos ao chan e detivéronnos; tivéronnos media hora coa cara contra o furgón e nin me deixaban mirar para a miña compañeira nin poder relaxarnos un mínimo", denuncia nun texto que circula por varias redes sociais. O guitarrista de Skandalo denuncia que el, xunto a outros detidos, foron enviados a unha comisaría, onde estiveron "nove horas de pé, cos brazos ergueitos contra a parede mentres recibiamos berros e insultos". "Logo leváronnos aos calabozos, onde prendían e apagaban as luces aleatoriamente para que perdesemos a noción do tempo... Non nos deron nin un mísero vaso de auga en 35 horas e só nos deixaron ir mexar cada 12-13 horas", explica, tras denunciar tamén que os axentes "prendían o aire acondicionado" para que os detidos pasasen frío, mentres seguían a "insultalos e desprecialos". "Estivemos nove horas de pé, cos brazos ergueitos mentres nos berraban en insultaban", denuncia un dos galegos detidos "Tratáronnos coma se fosemos ratas", insiste no texto o galego detido, que destaca que o grupo que formaron todos os arrestados impediu "que os ánimos caesen". Todos -menos un mozo de 21 anos que permanece en prisión preventiva acusado de intentar agredir un policía cun adoquín na cabeza- foron postos a disposición xudicial e posteriormente en liberdade con cargos a espera do xuízo. "Foron 45 horas nas que o Estado español nos demostrou que isto non é unha democracia, senón que segue a ser unha ditadura", explica o detido, que denuncia "a manipulación dos medios" por cualificalos como "radicais e incluso membros de Resistencia Galega". "Somos un autónomo e dous estudantes que fomos pacificamente a manifestarnos", reivindica Ismael, que agradece o apoio de "xente do 22M", así como de colectivos galegos que lle ofreceron cobertura económica para poder pasar a noite e regresar a Galicia. "Isto non é unha democracia, senón que segue a ser unha ditadura" Os organizadores das Marchas da Dignidade galegas denunciaron o pasado mércores "as mentiras" da delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, e do PP, así como o intento de criminalizar a manifestación. Ante a continua vinculación que filtracións da Policía nos medios fan dos disturbios posteriores á mobilización con "radicais galegos" e incluso vinculados ao "grupo terrorista Resistencia Galega", os impulsores da columna galega cren que tan só son "unha coartada inventada sen fundamento ningún". "É un invento, un coello que sacan do chapeu que só pode crer un imbécil ou un ignorante", asegurou Manuel Camaño, secretario xeral da CUT, un dos sindicatos organizadores da protesta. Entre os argumentos para vincular a violencia con estes "radicais", varios medios aseguran que a policía destaca que "a maioría dos detidos eran galegos" cando, en realidade, e segundo informacións xudiciais, tan só tres dos 24 arrestados naceran en Galicia. Os tres que agora aseguran que nada teñen que ver coa violencia e que foron detidos sen xustificación ningunha.
NOS_31635
O líder do BNG considera "propaganda partidista" a constante actividade da ministra Ana Pastor xunto a Núñez Feijóo en Galiza nas últimas datas, "mesmo na apertura de obras sen rematar".
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, criticou a "tolemia de inauguracións" que a titular de Fomento, Ana Pastor, e a Xunta levan a cabo nas últimas datas en Galiza e ironizou con que "non debe de haber moito traballo en Madrid". "Dáme a impresión de que no Ministerio en Madrid non debe de haber moito traballo porque hai unha axenda de tolemia de inauguracións en Galiza, de cousas que deberían xa estar inauguradas hai tempo e outras que habería que inaugurar cando realmente empezasen a funcionar", asegurou en declaracións aos medios ao participar na manifestación dos emigrantes retornados en Santiago. Así, Vence defendeu que "a cidadanía é suficientemente lista para entender que as obras que se financian cos recursos de todos non deben formar parte da campaña dun partido político que, en concreto, neste momento está no poder". "Os galegos pagan unhas infraestruturas que non deberían usarse para a propaganda partidista", indicou. Galiza Nova Pola súa parte, Galiza Nova, as xuventudes do Bloque, celebraron en Pontevedra o Encontro Nacional da Mocidade, no que tamén interveu o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, que indicou que "a soberanía de Galiza non se alcanzará mediante partidos dependentes de Madrid".
NOS_8242
A coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, participou como observadora na Misión de Observación Electoral do Grupo Interparlamentario pola Paz en Colombia.
A executiva do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou as súas felicitacións ao novo presidente de Colombia, Gustavo Petro, e á vicepresidenta, Francia Márquez, após superar nas eleccións presidenciais deste domingo a Rodolfo Hernández. Gustavo Petro, escollido presidente de Colombia con 50,49% dos votos "A vitoria da esquerda supón unha oportunidade histórica para superar o uribismo e afrontar un cambio de etapa baseado na paz, a xustiza social, a protección de medio ambiente e a igualdade", destacou a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, nun comunicado. A dirixente do BNG participou como observadora na Misión de Observación Electoral do Grupo Interparlamentario pola Paz en Colombia. Parabéns do @obloque ao Pobo de Colombia, ao @PactoCol por sumar, aos valentes Presidente querido @petrogustavo e Vicepresidenta @FranciaMarquezM por tanta dignidade!.Triunfo do Pobo, victoria popular que remata 200 anos de monopolio. Goberno da paz, igualdade e xustiza social ⤵️ pic.twitter.com/CbUPdfAtfG— Ana Miranda (@anamirandapaz) June 20, 2022 Mentres na primeira volta das presidenciais percorreu numerosos colexios electorais da área metropolitana en Medellín, na segunda volta decorrida este domingo visitou os centros de votación de Suba, unha das cidades do Distrito Capital de Bogotá. Cambio de época en Colombia Conforme sinalou o Bloque, "ademais de constatar a ausencia de interventores e as dificultades de información en diversos centros de votación", na xornada do domingo a misión de observación detectou "varios casos de votantes facéndolles fotografías ao voto, unha actuación ilegal, polo indicio de compra". A desigualdade impulsa o Pacto Histórico na segunda volta das presidenciais Neste contexto, Ana Miranda destacou que a vitoria da coalición Pacto Histórico ten un maior valor tendo en conta o contexto de violencia vivido nos últimos anos, con desprazamentos forzosos, ameazas e ataques contra políticos e defensores dos dereitos humanos. Os nacionalistas trasladaron as súas felicitacións aos conxunto da poboación colombiana, xa que co seu voto de apoio á esquerda indicou que quere un cambio de época en Colombia vencendo o uribismo e á súa política ultraliberal. Petro busca mobilizar o votante que se abstivo e Hernández os partidos de dereita Ademais, indicou que neste cambio de época xoga un papel fundamental a vicepresidenta electa Francia Márquez, avogada feminista de orixe afrocolombiana, como representante dos colectivos excluídos.
NOS_53045
No último ano foron moitos os documentos visuais e sonoros que recolleron o uso desmesurado da forza por parte de axentes e antidisturbios, para alén de deixaren ao descuberto o incumprimento da lei por parte daquel@s que non levan visíbel a placa co número de identificación
O goberno español está a cocer a reforma da lei de seguridade cidadá, co obxectivo de prohibir a captación, tratamento ou difusión de imaxes en internet en que se poidan ver ou ouvir axentes da policía "no exercicio das súas funcións". Explicouno esta quinta feira Ignacio Cosidó, director xeral da policía, quen aproveitou para aplaudir tamén a reforma do Código penal. Entre as novidades que contempla o anteproxecto redactado polo ministerio que encabeza Alberto Ruiz-Gallardón, está a consideración como delito de atentado de calquera comportamento que supoña revolverse contra a policía española, incluídas as ameazas. A resistencia pasiva e a desobediencia cando esta constitúa delito fica penada con privación de liberdade de entre seis meses e un ano. A desobediencia desaparece como falta no CP, mais será sancionada como infracción administrativa na lei de seguridade cidadá. Por derradeiro, castígase a difusión de mensaxes que inciten á alteración da orde pública. Deter o mensaxeiro: arresto dun xornalista na folga xeral de marzoXustamente por usaren a forza de maneira desmesurada estaban imputados os axentes que deteron un xornalista na folga xeral de marzo. O profesional, que segundo os antidisturbios foi arrestado porque se negou a se identificar, asegurou que non lle deron nin tempo a sacar o cartón que o acreditaba como traballador dun medio de comunicación; que foi reducido e esposado uns metros máis lonxe do cordón policial en que lle aseguraban que o levaban a "unha zona de seguridade"; e que lle racharon o equipo de gravación, valorado en 770 euros. Após un xuízo que esta cuarta quedou visto para sentenza, o xornalista segue a insistir en que a súa detención responde a unha tentativa de que non exixitisen imaxes da resposta policial aos piquetes informativos, e recorda como os policías se queixaban de que lles quitaba "planos curtos", aínda sen teren visualizado o material que tiña gravado. O chío do SUP que fixo ferver a rede: 'Leña e punto'Así as cousas, no último ano foron moitas as persoas que tomaron imaxes en que se mostra o recrudecemento da resposta policial, para alén de deixaren ao descuberto o incumprimento da lei por parte de axentes antidisturbios que non levan visíbel a placa co número de identificación. A actuación d@s antidisturbios na mobilización do 25-S en Madrid foi defendida polo secretario xeral do Sindicato unificado da policía --SUP--, José Manuel Sánchez Fornet, nunha publicación na súa conta persoal de twitter en que valorou que "temos o monopolio do uso lexítimo da violencia e exerceuse ben, non coñezo outro xeito de cargar", acrecentou que "apoiamos que non leven o numeriño" e insistíu en que contra @s manifestantes "leña e punto". Nunha entrevista uns días despois espetou que "xa sei que o goberno o nega, mais si que temos infiltrados".
NOS_16444
Reclama reverter os recortes en educación.
A asemblea nacional do BNG centrou parte da comparecencia pública de Ana Pontón que decorreu na segunda feira. Nunha agardada rolda de prensa, a primeira após anunciar a apertura dun proceso de reflexión persoal de cara a clarificar a súa continuidade como portavoz da organización nacionalista, Pontón quixo agradecer as "palabras de agarimo" recibidas nos últimos días e trasladar a súa opinión sobre algúns dos aspectos a debate no conclave do BNG do vindeiro 7 de novembro. A portavoz nacional defendeu "alargar" a base social do BNG pero sen "cambiar os seus principios fundamentais". A este respecto, considerou necesario "ensanchar" esa base social para "chegar a máis xente" desde os "principios" da organización,"porque a alternativa para este país ten que escribirse cun guión no que rompamos coa dependencia das forzas estatais e de Madrid". Neste sentido, avanzou unha das liñas mestras das teses do vindeiro plenario nacionalista, que tal e como adiantou en exclusiva a pasada cuarta feira Nós Diario, aspira a "seguir ampliando cuantitativamente a organización", tras o importante crecemento de afiliación dos últimos meses. A voceira nacional do BNG ligou a reflexión aberta sobre o seu futuro á "forma particular de entender a política". Considerou que transcorridos cinco anos desde a súa chegada ao cargo creu necesario pensar no que "é mellor para a Galiza e o BNG" de xeito "responsábel e sereno". "O peor que lle pode pasar a alguén é actuar por inercia", aseverou Pontón, quen lembrou que "o BNG está nunha situación moi diferente" á que atopou en 2016. Recortes educativos A máxima responsábel do BNG trasladou estas opinións a preguntas dos xornalistas tras denunciar os recortes en educación do Goberno de Feixoo. Neste sentido, avanzou que demandará á Xunta contratar "mil profesores e profesoras máis que no curso pasado" así como que "se reduzan as ratios a 20 alumnos e alumnas en primaria e a 25 en secundaria".
NOS_19737
Son lugares onde protagonistas das artes, da política e das letras habitaron, escribiron e contribuíron co fío dos acontecementos. Cuartos propios transformados en novos espazos para visitantes e turistas na procura dun achegamento ás semblanzas de épocas senlleiras da historia da Galiza. Realizamos un percorrido por unha selección das casas-museo galegas, as que están e as que están por vir, para non deixar de visitar ningunha este verán.
O máis sobrecolledor ao entrar no terceiro andar da Casa-Museo Casares Quiroga, na Coruña, é a súa biblioteca de madeira baleira. Este lugar silencioso, salvo cando se presenta nela un libro ou actividade, foi noutra época unha sala ateigada de libros, diváns e, incluso, un pequeno laboratorio científico e de estudo da bioloxía. O lugar, saqueado, baleirado e ocupado na ditadura franquista, fora a sala de traballo do presidente do Goberno da Segunda República, Santiago Casares Quiroga, e da súa familia e servizo. Foi o domicilio que a logo recoñecida actriz de teatro e filla de Santiago, María Casares, plasmou nas súas vivencias en Residente Privilexiada, poñéndolle voz á memoria das paredes: "Da bonita e gran biblioteca encargábase cun verdadeiro amor a soñar, antes de pedilos, cos libros, as madeiras, as teas ou papeis, as marquetarías do chan, as luces, as longas mesas baixas de arquitecto, os diváns e até as fallebas que lle forxaban especialmente segundo os seus propios debuxos, non obstante estar toda a casa amoblada en estilo moderno [...] os bocais, as botellas, os tubos, as probetas, os microscopios, as lentes amoreadas…". Os pasamáns dos que fala a artista aínda cumpren a súa función, abrindo as ventás desde as que o visitante pode contemplar a estreita avenida de Panadeiras. Como a de Casares Quiroga, Galiza posúe numerosas casas-museo que son a escusa perfecta para a visita cultural, urbana ou rural, máis persoal encol das protagonistas da historia do país, desde as bibliotecas, o tinteiro e a pluma das escritoras até os despachos da política, pasando pola pintura e os estudos onde artistas lle puxeron cor ao mundo. "Ten longo percorrido grazas aos avatares políticos. A familia habitou a casa até 1936, data na que foi incautada no golpe de Estado. En 1938 entrégase á Cruz Vermella, a planta baixa alúgase a unha drogaría. A cesión definitiva da casa ao Estado faise no 41. O presidente da Cruz Vermella local era partidario de que a casa voltara á familia Casares, da que queda aquí Esther, a outra filla de Casares, que fixera a poxa máis alta pola casa. A Cruz Vermella estivo aquí até os 80, logo abandónase até os 90, cóllea despois un particular, un promotor inmobiliario, a quen o concello lle merca a casa e restáuraa", explica Bea Doldán, traballadora do museo. Na Casares-Quiroga podemos coñecer a historia detrás do espírito republicano e liberal da cidade, con escritos da época, obras de arte, elementos urbanos e vídeos e audios esparexidos nos diferentes cuartos, contando tamén cun pequeno e recortado xardín na parte traseira que, como sinala a propia María Casares, se atopa "amputada como está [a casa] do seu xardín, onde disque construíron vivendas de protección oficial". Esta casa-museo acolle, como todas as que aquí se mostran, diversas actividades culturais ao longo do ano, desde conferencias –destacan as de memoria histórica– até exposicións de pintura ou pequenos concertos programados nas Festas de María Pita. Na mesma cidade atopamos outras dúas casas dedicadas unha á nativa que botou o invasor inglés e outra a un pintor malagueño famoso, entre moitas obras hoxe universais da historia da arte, por agasallar pombas en panos nos seus derradeiros anos de gloria. María Pita e Pablo Picasso, respectivamente, posúen dous edificios inseridos en dous barrios característicos, o Ensanche e a Cidade Vella. A casa-museo de María Pita reproduce as condicións de vida nas que puido vivir a Mayor Fernández da Cámara Pita na época na que, segundo di a tradición, botou a armada inglesa da Coruña ao berro de "quen teña honra, que me siga!", así como unha planta dedicada á historia do Reino da Galiza nos séculos XV e XVI. No Ensanche está a casa onde un mozo Picasso comezou a pintar e a asistir á escola, o actual instituto Eusebio da Guarda, a uns poucos pasos da residencia. Este museo, inaugurado no ano 2002, posúe un andar no bloque onde se reproducen os cuartos de Picasso e a súa familia. A visitante poderá observar pendurados das paredes cadros e debuxos, até 33, das cales 4 son da autoría do pai do pintor, José Ruíz y Blasco e o resto do mozo Pablo Picasso, repartidos nun piso de habitacións "á italiana" con portas comunicantes as unhas coas outras e reprodución da decoración dunha casa burguesa de comezos do século XX. Estas tres casas-museo pódense visitar de terza feira a sábado de 11 a 13.30 horas e de 18 a 20 horas, os domingos e festivos de 12 a 14 horas. En Rianxo é a casa de Rafael Dieste a que xa comeza a ter actividade propia "Os museos son un servizo público para a sociedade, a xente que nos vén visitar é o sangue, é un privilexio", expón Xulia Santiso, conservadora e dinamizadora cultural da casa-museo Emilia Pardo Bazán, casa-museo que comparte sede coa Real Academia Galega (RAG) na rúa Tabernas da cidade herculina. "Non é tempo de descoñecela, é unha muller que non quedou nas marxes. Implicouse na vida, nun sistema masculinizado, a súa forza radica en que, aínda rodeada de xente que a vía estraña, chegou até nós". Hoxe consérvase como museo o segundo andar do edificio, aberto en 1981 e inaugurado de novo no ano 2003; nel expóñense vestidos, cartas, fotografías e recordos da propia escritora con fieis reproducións das estancias dunha casa señorial urbana da Galiza de finais do século XIX, coa "habitación propia" da escritora, unha sala con escribanía, documentos orixinais e luz amarelada con vistas á igrexa de Santiago. Durante as primaveras e veráns as estancias énchense de xente na Noite dos Museos e nas Festas de María Pita, onde teñen lugar obras de microteatro e danza, "incluso capoeira", remarca Santiso. A casa-museo pódese visitar de segunda a quinta feira de 9 a 14.15 horas e as sextas de 9 a 14.45 horas. A Casa da Matanza, en Padrón, posúe no seu xardín unha luz do verán galego que ben podería ter recollido o pintor Soutomaior, da cor do verde esmerilado e a do azul claro do ceo a quentar a pedra e abrollar polas súas ventás. Nesta casa podemos esculcar a negra sombra da poeta máis grande do país, os últimos compases da fidalguía galega e o renacemento da propia concepción da Galiza. Esta casa foi o lugar no que Rosalía de Castro pasou os seus derradeiros días até a súa morte en 1885. A súa historia contemporánea remóntase a 1947, ano de creación do Padroado Rosalía de Castro, co fin de restaurar a casa, algo que non se produciu até 1971, pasando a ser casa-museo no 72. No percorrido pola planta baixa, denominado "o perfil dunha sombra", a visitante pode achegarse á vida de Rosalía, autora de Cantares Gallegos e Follas Novas, e o seu lugar na imaxinería intelectual e estelar do país e, no primeiro andar, á vida típica dunha casa a medio camiño entre o mundo labrego e o fidalgo. En 1985 súmaselle á casa un Auditorio, con capacidade para 150 persoas e no ano 1999 créase nela o Centro de Estudos Rosalianos, cunha biblioteca propia e a organización de cursos, seminarios e até selo editorial. Pode visitar este fermoso lugar en horario de verán de terza feira a sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, os domingos de 10 a 13 horas. Casa-Museo Manuel María "A casa erguida con xisto e cantaría, / por obra dos avós, era fermosa. /Aí está: forte, firme, fachendosa, / chea de beleza, prestancia e harmonía". Imos a unha casa-museo recente, a do poeta Manuel María no concello de Outeiro de Rei. Aberta ao público no ano 2013, a casa é unha fiel reconstrución dunha vivenda chairega e é a sede da Fundación Manuel María. Reúne a biblioteca; un fondo artístico con pezas de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas ou Felipe Senén; obxectos persoais e legado do poeta pegado á terra, do "labrego con algo de poeta" como diría a escritora e profesora Mercedes Queixas. Ten dispoñíbel a visita online e o seu horario xeral no verán é os sábados de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30, coa posibilidade de concertar visitas guiadas a centros educativos e entidades mediante reserva previa. Subindo até Mondoñedo –a "cunquiña deleitosa" de Leiras Pulpeiro– podemos observar desde a casa-museo Álvaro Cunqueiro a cor terrácea da súa catedral e, detrás, a "Selva de Esmelle", o fogar imaxinario de Merlín e niño literario das creacións máis fantásticas do universal mindoniense. Inaugurada en 2019, o feito recente da súa apertura vai acompasado dunha intensísima e prolífica actividade cultural e editorial a cargo do seu coordinador de actividades e publicacións, Armando Requeixo: "O primeiro acto foi o 22 de decembro do ano pasado, a data de natalicio de Cunqueiro. Organizamos unha conferencia onde estivo César Cunqueiro, o seu fillo e tamén escritor, que falou da relación de Cunqueiro e o escritor José Lezama Vila. A conferencia converteuse nun libro que é a primeira entrega dos cadernos da casa-museo, a colección "Selva de Esmelle". Tamén sacamos un exemplar co discurso como "Cunqueiriano de honra" de Víctor Freixanes, un tríptico arredor da visita de Cunqueiro ao Castelo de Elsinor en Kronborg, Dinamarca, na colección "Papel de Color" e, contra finais deste ano, sacaremos outro exemplar", expón o crítico literario. Polos catro andares do museo percorremos a vida do xornalista e escritor, con especial detalle ao redor do propio tipo de construción da casa e ao contexto da época, cunha completa explicación audiovisual sobre Cunqueiro e o seu vencello con Mondoñedo xunto cunha "sala sensorial" onde se nos narra un extracto de Merlín e familia. Está aberta ao público de terza feira a domingo, de 10 a 14 horas e de 16 a 19. "Polas rúas dispersas / íamonos fechando / cada un dentro da súa alta-mar". Manuel Antonio no rueiro rianxeiro ou unha parte da Galiza vencellada á simbiose do mar co seu traballo, á costa. O poeta vangardista dos anos 20 posúe tamén unha casa que hoxe recolle a súa memoria na vila. Esta casa-museo é a primeira do proxecto "Academia Literaria de Rianxo" consistente na musealización e posta en valor das casas natais de Manuel Antonio, Rafael Dieste e Castelao. A fachada da casa resulta familiar, cun extenso balcón no terceiro andar e unhas vigas e fermosos teitos de madeira á vista no interior. O poeta do mar viviu nesta vivenda até os dous anos, mais voltou pasar breves estancias nela co paso do tempo. Aquí podemos pór os ollos nos escritos persoais, fotografías e móbeis dunha Galiza prerrepublicana onde a flor do galeguismo de antes da Guerra Civil compartía tempo e espazo, cunha especial atención ao contexto histórico e político do Rianxo de comezos do século XX. Abre ao público mediante cita previa. As casas-museo que están por vir En Rianxo é a casa de Rafael Dieste a que xa comeza a ter actividade propia, aínda nun proceso onde o seu alcalde, Adolfo Muíños, agarda implicación do resto de Administracións públicas como a Xunta da Galiza e da Deputación de Pontevedra: "Hoxe a casa pódese visitar, con parte do seu mobiliario orixinal, e unha parte dela converteuse nun auditorio, o que xa se lle dá uso. Recentemente acabamos de incorporar un fondo bibliográfico que consta de primeiras edicións de libros de Dieste, doados polo literato mexicano Gabriel Zaid, amigo do escritor rianxeiro". O inmóbel xa ten plan de musealización a cargo do deseñador Pepe Barro, autor dos deseños de casas-museo como a de Rosalía de Castro e a de Manuel Antonio. No concello de Curtis, pola súa banda, agardan inaugurar a futura Casa-Museo María Antonia Dans, unha das pintoras galegas máis relevantes de mediados do século XX, antes do remate desta lexislatura, segundo conta a súa concelleira de Igualdade, Educación e Cultura, Eva Lata: "De momento reformamos e puxemos a cuberta da casa para garantir a seguridade no interior. Queremos completala canto antes, estamos á espera de axudas da Xunta e da Deputación da Coruña", explica. No futuro, a antiga casa da pintora, vendida ao concello pola súa filla, a actriz Rosalía Dans, albergará, ademais do museo da autora, talleres de arte situados nos anexos do xardín, onde a artista tiña o seu estudio de traballo.
NOS_35200
O primeiro tenente de alcalde do goberno de Negreira, Julio Flores o concelleiro do PSOE José Nogueira son os dous cargos das doce persoas imputadas no Concello da Coruña dentro da Operación Pokémon entre os que se encontran funcionarios e cargos de confianza do goberno de Negreira.
Cinco funcionarios da área de Cultura e, en especial, cos Museos Científicos, serán tamén chamados a declarar pola xuíza Pilar de Lara que investiga o trato de favor dado a Vendex en contratacións públicas. Co nome de Pikachu, a peza da operación separada para a Coruña, investíganse as actuacións de cargos e funcionarios en contratos adxudicados a Vendex tanto no actual goberno municipal como no pasado. Na Pokémon están tamén implicados outros cargos públicos municipais como o alcalde de Lugo e Santiago e foi razón para a dimisión do de Ourense. Entre os postos de confianza que aparecen agora na operación aberta na Coruña están a xefa de Cultura da Coruña, Susana Pazos, a directora dos Museos Científicos, Mónica Iglesias, o director técnico do Aquarium, Francisco Franco del Amo, a asesora do IMCE, Dulce Rodríguez ou a xefa de Contratación do Concello, Gloria Díaz. Diante das imputacións feitas públicas esta quinta feira, o BNG da Coruña esixiu dimisión dos concelleiros e o cese dos asesores imputados. Reclama tamén que os funcionarios implicados sexan apartados, é dicir, que non continúen a intervir en ningún proceso administrativo de contratacións. Esixe tamén a máxima transparencia do PP e o goberno municipal e urxe a Negreira a comparecer de inmediato co fin de explicar á cidadanía as circunstancias dunhas imputacións que, segundo din, están a danar a imaxe do Concello da Coruña.
NOS_49355
Os socialistas denuncian o "atraso acumulado" de Fogasa e advirten do "grave quebranto" que o retraso causa as persoas pendentes de recibir indemnizacións por despedimento que proveñen deste fondo.
O Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) ten máis de 13.000 expedientes pendentes de pago en Galiza. Un atraso no pagamento que xera importantes prexuízos aos e ás traballadoras pendentes de percibir as indemnizacións por despedimento que proceden dese fondo, lembrou a parlamentar do PSdeG María Quintas. A deputada socialista dirixiu unha pregunta ao goberno da Xunta sobre que medidas vai adoptar ante o Estado para que este resolva o problema que afecta a milleiros de galegos. María Quintas demandou que a Xunta presione ao Goberno para evitar que os parados "tarden ata tres anos en cobrar as súas indemnizacións " Quintas lembrou que Fogasa tiña en 2008 un total de 323 traballadores para atender 59.019 expedientes. En 2013 foron 359 traballadores para máis de 212.000 expedientes. Un aumento importante de solicitudes que non se veu acompañado por un reforzo acaído do persoal. "Isto ten provocado que en varias unidades provinciais do organismo en Galiza se viñeran acumulando un número excesivo de expedientes". Recriminacións A parlamentaria socialista recriminou ao Goberno a "externalización de parte da xestión dos expedientes, o que provocou situacións de inxustiza e discriminación entre as persoas que deberan percibir os pagos". Ademais, afirmou que hai empregad@s que teñen denunciado "vense incapacitados para asistir a todas as vistas xudiciais para verificar se as empresas son insolventes". Os funcionarios xudiciais, engadiu, cifran nun 10% dos casos a presenza efectiva do Fogasa. "Isto contrasta coa obriga de amparar aos administrados e engade indefensión aos traballadores".
NOS_13162
O líder do PSOE recreou na mañá do domingo un equipo de fútbol cos membros que darían lugar ao seu goberno no caso de ser elixido presidente. Entre as persoas que formarían parte do equipo atópase a galega Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG.
A responsábel da xestora do PSdeG e número 1 do PSOE pola Coruña nas pasadas eleccións de decembro, Pilar Cancela, entra nos plans de Pedro Sánchez no caso de que estea en condicións de formar goberno. Pedro Sánchez tirou de símil futbolístico e levou a un campo de fútbol de Barcelona o seu cadro de futuríbeis ministros e ministras nun momento en que as enquisas apuntan a que o líder socialdemócrata non tería os apoios suficientes para gobernar. No acto de presentación do hipotético goberno, Pilar Cancela sinalou a necesidade de achegar, desde Galiza, propostas sobre a pesca, a agricultura, a gandería e o desenvolvemento do rural. Así, apelou á "necesidade urxente" de darlle pulo aos sectores produtivos que perderon peso. O despoboamento e a crise demográfica foron outros dos factores apuntados pola presidenta da xestora do PSdeG no acto da mañá do domingo, no que tamén falou de I+D+i e do desenvolvemento sustentábel. No equipo do que forma parte Pilar Cancela destaca a presenza de Josep Borrel (ausente no acto por unha viaxe), Jordi Sevilla, Margarita Robles e Ángel Gabilondo.
QUEPASA_639
Abriría ao público en Semana Santa.
Esta mañá de xoves 13 de xuño, o Parador de Lourido recibía unha visita institucional comandanda pola secretaria de Estado de Turismo e presidenta de Turespaña, Isabel Oliver. Acompañada do presidente de Paradores, Óscar López; a subdelegada do Goberno na Coruña, Alicerce López-Rioboo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Oliver percorreu o edificio xunto aos responsables da obra para coñecer o estado dos traballos. Uns traballos que supoñeron un investimento de 25 millóns de euros e que xa están executados ao 98%, prevendo así que a finais de agosto os traballos estean concluídos e o edificio entréguese a Paradores para o seu decoración e posta a punto. "Este Parador, que se sitúa nunha contorna marabillosa, vai revitalizar a zona da Costa da Morte e vaise a converter nun referente da cadea pública"?, destacou a secretaria de Estado trala súa visita. 5 anos de retraso Nada se falou durante a visita dos 5 anos de retraso da obra despois de que a primeira pedra fose colocada en 2011. Nin de que falamos dunha promesa que fixo Aznar hai máis de 17 anos, despois do Prestige. Novas Agosto 2016: Sen novas do Parador. Abril 2016: O Parador de Lourido, sen data de remate. Maio 2014: Parador de Muxía: Comezando a segunda fase. 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015. 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía. 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.
NOS_47154
Beiras defendeu a confluencia con forzas políticas de ámbito estatal e avanzou que Anova mantivo xa contactos con Izquierda Unida federal.
O portavoz nacional de Anova, X.M. Beiras, explicou esta quinta feira os acordos adoptados pola Coordenadora Nacional da formación en relación á fórmula coa que concorrerán ás eleccións europeas. O deseño polo que advoga Anova, dixo, é o dunha "fronte ampla non excluínte" á que convidan a todas as "forzas nacionalistas e da esquerda rupturista" das nacións do Estado "Galiza, Euskal Herria, Països Catalans e España en sentido estricto", --sinalou. Confluencia con forzas estatais Segundo Beiras, esta é a primeira ocasión en que unha forza "non de ámbito estatal" propón a configuración dunha candidatura coma esta e avanzou que Anova mantivo xa contactos iniciais con Izquierda Unida federal, a esquerda abertzale, as CUP, ICV, ERC e que, nos vindeiros días, se reunirán co BNG. Desde a formación entenden, dixo Beiras, que "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido." Beiras considerou que Galiza non se atopa nun escenario no que o país poida iniciar unha "dinámica propia" allea á realidade española --como si podería acontecer no caso catalá no que, dixo, "contan coas súas propias forzas". Así, para Anova Galiza debe "dar unha batalla decisiva no Estado" mais partindo, dixo, "do recoñecemento" do pobo galego "como suxeito político" de seu e capacidade para exercer "un proceso constituínte" propio. A proposta lanzada por Anova será trasladada tamén ás plataformas cidadás e ten por obxecto camiñar cara "a quebra democrática" cun Estado "subxugado á Europa da Troika" e a un "proceso deconstituínte" que baleira de dereitos á cidadanía. "Se a proposta se frustra non será responsabilidade nosa" Desde Anova agardan que a "fronte ampla" proposta poida consolidarse nas europeas ao entender que foi "un erro" a "autoexclusión" de determinadas forzas nas eleccións ao Parlamento galego. Porén, "se se frustra", dixo, "non será responsabilidade nosa" pois porán, subliñou, todo o seu esforzo na consolidación da candidatura. O líder de Anova explicou, en comparecencia de imprensa, que o acordo da Coordenadora nacional de Anova plasma o adoptado na última Asemblea nacional da formación a respecto da súa "política de alianzas". Así --perante os resultados colleitados coa coligación electoral AGE (Anova, Esquerda Unida, Espazo Ecosocialista e Equo) nas eleccións ao Parlamento galego-- optaron por formular a mesma proposta para os comicios europeos.
PRAZA_16585
O primeiro ministro luso responde á eurodeputada Ana Miranda, que reclamou unha política europea coordinada para pór fin aos graves incendios en Galicia e Portugal, e pide unha "nova política agrária que permita adecuar as florestas do sul da Europa às novas condições climáticas". O informe técnico sobre Pedrógão pide mudar a política antiincendios polo cambio climático
"Precisamos uma nova política agrária que permita adecuar as florestas do sul da Europa às novas condições climáticas; precisamos ter menos eucaliptos e menos pinos e precisamos ter mais sobreiros, mais carvalhos e mais oliveiras, árvores resistentes ao fogo e que sejam capazes de contribuir a um desenvolvimento rural sustentável". Así respondeu este xoves o primeiro ministro de Portugal, António Costa, á intervención da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, sobre os incendios durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo, na quenda de debate co xefe do Executivo do país veciño. "Precisamos ter menos eucaliptos e menos pinos e precisamos ter mais sobreiros, mais carvalhos, árvores resistentes ao fogo", di Costa A europarlamentaria galega interveu no debate sobre a vaga de lume que asolou Galicia e Portugal o pasado mes de outubro. "Un problema europeo de moita gravidade, común para os nosos pobos", díxolle Miranda, que destacou que o cambio climático e a falta de prevención intensifican os incendios e "merecen unha resposta política que debe ser coordinada en Europa" para corrixir os déficits de capacidade, recorrentes e emerxentes, "porque os incendios non teñen fronteiras", engadiu. Miranda dirixiuse a Costa e pediulle a súa opinión sobre a necesidade de reforzar o Mecanismo de Protección Civil Europea, dotándoo de máis medios financeiros e humanos. E lembrou tamén que mentres Portugal xa solicitara activalo, España aínda non o fixera. Segundo a eurodeputada nacionalista, este feito supón unha "mostra máis da ineficacia do goberno do PP", ao non por en marcha as medidas necesarias para "previr situacións tan perigosas e dramáticas como as que se viviron en Galiza no mes de outubro do ano pasado". Costa pide "actuar sobre as causas dos incendios" e unha "nova política agraria" para "adecuar as florestas do sul da Europa às novas condições climáticas" Na súa resposta, António Costa referiuse á traxedia dos incendios, destacou que as medidas da UE son importantes e cualificou de "esencial" as reservas europeas que completen as responsabilidades nacionais de cada Estado membro. "Mas tão importante ou mais é actuar sobre as causas dos incêndios", engadiu o primeiro ministro portugués, que reclamou unha "nova política agrária que permita adecuar as florestas do sul da Europa às novas condições climáticas". Precisamente, a comisión técnica independente que avaliou os tráxicos incendios acontecidos no mes de xuño en Portugal ditaminara que os efectos do cambio climático obrigaban a mudar a política antiincendios. Entre os expertos estaba o profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Edelmiro López, único investigador europeo non portugués que participou durante tres meses no detallado traballo. O informe de expertos encargado polo Goberno portugués pide mudar a política antiincendios ante o cambio climático Ademais, Portugal aprobou xa hai meses unha lei que veta o eucalipto no seu territorio e que levou a maior pasteira lusa a anunciar a súa expansión en Galicia na busca da madeira que terá máis difícil conseguir nos montes lusos. Durante o debate e a intervención de Ana Miranda, a eurodeputada declarouse "emocionada" de poder falar "na nosa lingua no Parlamento Europeo", ao que António Costa respondeu "agradecendo" á representante do BNG por "ter falado num magnífico português de inspiração galega" e advertindo de que, non podendo responder el en "galego", faríao "em português". Ninguén notou demasiada diferenza entre o que falara unha e o outro.
NOS_58053
O líder de Podemos interveu nun Palexco cheo até a bandeira, onde pediu a Rajoy un debate electoral, acusou a 'casta' de rachar o pacto constitucional e criticouna por poñer aos pés de Merkel a "soberanía de España".
Acto central da Marea Atlántica na Coruña nun Palexco ateigado até a bandeira, o que impediu que entrase ao mitin toda a xente que gardaba cola xa desde tempo antes do comezo. Pablo Iglesias apareceu, acompañado de Xulio Ferreiro -candidato da Marea-, Yolanda Díaz -EU- e Antón Sánchez -Anova- entre os berros de 'Si se puede' dos centos de presentes. Comezou o secretario xeral de Podemos botando man da interrogante que abre o himno galego para el mesmo dar a resposta á pregunta escrita por Pondal: "Que din os rumorosos?" Pois "que vén unha marea atlántica para botar os corruptos". Pablo Iglesias empregou un par de veces o termo 'Galiza' e dirixiuse en todo momento aos asistentes. A eles díxolles que eran "a forza" e "o cambio", a eles pediulles que cada un convencese "cinco amigos" para que Xulio Ferreiro chegue a alcalde da Coruña. A eles referiuse para incidir en que "a xente é a que pode cambiar Galiza, a que pode cambiar España". Pablo Iglesias pediu que non se poña aos pés de Merkel "a soberanía de España" Responsabilizou o PP e PSOE de ser quen "rachou o pacto constitucional", polo que agora cómpre "un novo pacto", algo que, dixo, débeselle "aos nosos avós, aos nosos país". Todo nun discurso no que Rajoy é un "covarde" que se agocha "como unha galiña" por se negar a debater publicamente, no que dixo que as mareas van ser "o principio do fin do PP en Galiza" e no que mesmo botou man do lema aznariano para pronunciar un 'Váiase señor Feijóo". Ao presidente galego adicoulle varias referencias ("a min non me farán fotos nun barco cun narco"), mais tamén a Artur Mas ou Jordi Pujol. Houbo tamén pinceladas dese 'novo patriotismo' español que Podemos ensina de cando en vez. Xa o fixera en actos en Madrid e agora en Galiza, ao pedir que hai que ter gobernantes que "nunca máis obedezan a Merkel" e que non poñan aos seus pés "a soberanía de España". Uns gobernantes, apuntou, que "non manchen a palabra patria ou nación". "Imos expulsar do Concello os mordomos do 1%" O candidato da Marea Atlántica tomou a palabra após a intervención de Pablo Iglesias. Apelou á necesidade da unidade e defendeu a "rebelión democrática" como necesidade perante o "caos" creado polas políticas de austericidio. "O 24 de maio imos expulsar do Concello da Coruña os mordomos do 1%", afirmou. A unidade foi unha palabra constante nas diferentes intervencións. Yolanda Díaz (Esquerda Unida, AGE), asegurou que "a xente á que cortan a luz quere unidade" para reverter a situación actual. Antón Sánchez (Anova, AGE) comezou advertindo a Negreira ("pon o flotador, que vén a marea") e acabou nomeando nacionalistas como Viqueira, Castelao, Bóveda ou Ánxel Casal, dos que dixo "que souberon tecer alianzas con forzas non nacionalistas". Mesmo, e referíndose ao editor e alcalde compostelán asasinado polo fascismo en 1936, dixo que era "nacionalista galego e republicano español".
NOS_39240
Tres hospitais de Madrid e Santander iniciarán o primeiro ensaio clínico que se autoriza en España para probar unha vacina contra a Covid-19. Autorizouno a Axencia Española de Produtos Sanitarios, para un estudo que se desenvolverá tamén en Alemaña e Bélxica e que espera resultados nos próximos meses.
A Axencia Española de Produtos Sanitarios autorizou esta sexta feira o primeiro ensaio clínico para unha vacina fronte á Covid-19 no Estado español, segundo fixo público o ministro de Sanidade, Salvador Illa. Trátase, segundo explicou, da segunda fase, que desenvolve a compañía Janssen, pertencente a Johnson & Johnson, e que tratará de determinar como calibrar a cantidade de dose para xerar a inmunidade, as diferenzas entre administrar unha ou dúas doses do fármaco e o intervalo de tempo que debería pasar entre elas. No estudo, que se realizará en dous hospitais madrileños –La Paz e La Princesa– e no Hospital Universitario de Valdecilla, en Santander, participarán 190 persoas voluntarias, sás, de entre 18 e 55 anos, e tamén maiores de 65. Nesta fase 2 participan 590 persoas procedentes de España, Alemaña e Bélxica. Na fase 1, o ensaio localizouse nos Estados Unidos e Bélxica, con 1.045 voluntarias, con resultados "satisfactorios", segundo os cualificou Illa durante a comparecencia desta sexta feira, 28 de agosto. Como observou o ministro, a entrada do ensaio clínico nesta segunda fase indica "que a vacina xa ten unha eficacia ampla, que significa que ten criterios de seguridade que fan posíbel administrala". Con todo, advertiu que a participación neste estudo non dá a España ningunha vantaxe no reparto a nivel europeo, que se realizará de forma conxunta en toda a UE. "Pero é un orgullo poder participar, xera coñecemento e recoñecemento á calidade da nosa investigación e ao noso Sistema Nacional de Saúde", considerou. Estes ensaios clínicos forman parte dos requirimentos que deben levar a cabo todas as candidatas de vacina en investigación para demostrar a súa calidade, seguridade e eficacia. Os resultados desta segunda fase espéranse para os próximos meses. A firma ten previsto ademais iniciar en breve a fase 3.
NOS_14913
A urxencia da crise económica relega o que é o gran problema que ameaza ao país a longo prazo: Ficar sen ninguén que o habite. Nun só ano Galiza perdeu 15.500 habitantes. Hai 1.408 aldeas abandonadas e 2.000 a piques de estalo. Aliás, nestas dúas décadas marcharon do país 360.000 persoas.
Galiza perdeu 15.558 habitantes nun só ano. Emigración (máis de 365.000 galeg@s marcharon do país nas dúas últimas décadas) e baixa natalidade (8 nacementos por cada 1.000 habitantes, a segunda taxa máis baixa de todo o Estado español) son dous dos factores responsábeis da sangría demográfica do país. Cada hora que pasa, Galiza ten dous habitantes menos. Un camiño que, de non variar, ten un final, chegue este tarde ou cedo, nada tranquilizador. Galiza ten dous habitantes menos cada hora. E a emigración aumenta e a taxa de natalidade redúcese Mais Galiza é tamén o país onde hai 300.000 vivendas baleiras. Un total de 299.396 , exactamente, segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa o 18,6% do total das existentes no noso país e que son 1.606.001. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. Cada vez, logo, menos poboación. E esta, cada vez, máis envellecida. Os dados do Instituto Galego de Estaística (IGE) apontan que o 20,8% dos fogares galegos están compostos por persoas de 65 ou máis anos. Un de cada cinco fogares galegos está integrado por persoas de máis de 65 anos "Non hai ninguén" Coma no verso de Ferrín, aos poucos, en grandes partes de Galiza "non hai ninguén para escoitar". A despoboación do rural deixa cifras de arrepío. Unha delas, a de aldeas abandonadas no noso país. Eran 1.408 en 2012, último censo do INE. E había 2.050 ao borde de desaparecer pois tiñan só 1 ou 2 habitantes. A venda de aldeas galegas abandonadas xa é un negocio que vai a máis. Só en 2012 eran máis de 20 este tipo de núcleos que tiñan o cartel de 'véndese' Fronte o que se poida pensar, as aldeas abandonadas non son un fenómeno restrinxido ás provincias 'interiores' (Ourense e Lugo). Na da Coruña hai 540 núcleos deshabitados e na de Pontevedra 135. Cifras que evidencian a desertización que está a sofrer unha parte importante do territorio nacional. E que, tamén, dan lugar a negocio, como a de venda de aldeas galegas abandonadas. Toda unha metáfora do que está a pasar con Galiza. 'Galicia soa': Intentar comprender para actuar Galicia soa é un libro dixital sobre o despoboamento do rural, que recolle as vivencias reais dos seus protagonistas e a opinión de expertos e estudosos sobre o tema, nun entorno multimedia que mestura texto con imaxe e audio. O libro está realizado por un equipo formado polos xornalistas José Antonio Pardiñas García, Benjamín A. López Rodríguez e Susana Pardiñas Iglesias, e recolle reportaxes de zonas rurais de diferentes comarcas do apís, así como entrevistas a Xosé Luis Barreiro Rivas, Xaquín Fernández Leiceaga, Andrés Precedo Ledo e Xosé Gabriel Vázquez.
NOS_2515
O Parlamento galego despide o ano votando os Orzamentos da Xunta para 2022. Ademais, o PP leva ao pleno unha iniciativa para posicionar a Cámara galega contra o dereito de autodeterminación.
A sesión plenaria desta semana no Parlamento galego, a última do ano, inicia esta terza feira, 21 de decembro, co debate e votación final dos Orzamentos da Xunta para 2022, que ascenden a 11.627 millóns de euros. Son "os máis altos da historia da Galiza", destacou en rolda de prensa a vice portavoz do PP no Pazo do Hórreo, Paula Prado, esta segunda feira, garantido que servirán para "avanzar cara á reactivación e recuperación económica" tras a pandemia. A cifra é 0,55% superior á do orzamento de 2021 (11.563 millóns). Porén, o Goberno galego sinala que se dá un incremento de 6,9% respecto ás contas vixentes ao descontar delas 685 millóns extraordinarios procedentes dos fondos Covid, aínda que das contas de 2022 o que non descontan son os os 220 millóns do IVE adebedado á Galiza de 2017 que o Estado entregará agora. Na rolda de prensa, Prado lamentou as "críticas infundadas da oposición" ao proxecto de orzamentos, en que "sete de cada dez euros" están destinados a políticas sociais e "máis de 4.500 millóns" de euros son para a sanidade pública. En concreto, son 4.588,7 millóns de euros os consignados para a Consellaría de Sanidade, co que fica case na mesma cifra que en 2021 (4.587,1 millóns). Aliás, a Atención Primaria, cuxo colapso e falta de persoal é recoñecido por Goberno e oposición, verá reducida a súa asignación para o ano que vén: 1.389 millóns fronte aos 1.391 de 2021. Iniciativa do PP contra o dereito de autodeterminación Após o pleno de orzamentos da mañá, iniciará o pleno ordinario. Este inclúe na orde do día unha proposición non de lei do PP para rexeitar a independencia da Galiza ou de calquera outra territorio do Estado, así como para reafirmar o "compromiso" da Cámara coa Constitución española e o Estatuto de Autonomía. A iniciativa, explicou Prado, ten o obxectivo de "ver que defende" o BNG de Ana Pontón, ao que considera "o máis radical da súa historia". A popular exemplificou esta afirmación sinalando que o Bloque demanda unha tarifa eléctrica galega, "exixe nacionalizacións forzosas de empresas" e convidou o deputado Gabriel Rufián (ERC) a unha conferencia. O 40 aniversario do Parlamento, que se conmemorou este domingo, supón para Prado "o momento oportuno" para que a Cámara "renove o seu compromiso e apoio" á Constitución española e ao Estatuto.
NOS_57972
Unha ducia de voces expertas debullan o mestre ferrolán durante o mes de outubro. As conferencias poderán verse a través da rede, igual que o pleno do Día das Letras, trasladado a este mes por mor do confinamento.
A Real Academia Galega retomará en outubro a celebración das Letras Galegas de Ricardo Carvalho Calero. Ao longo de todo o mes, a sede da institución na Coruña acollerá o Simposio Carvalho Calero, que arrincará a quinta feira 8 de outubro ás 19 horas cunha sesión dedicada ao autor no seu tempo. Será a primeira de catro xornadas que contará cunha ducia de voces expertas como convidadas. O programa continuará 15, 22 e 29 de outubro. O público poderá asistir ao simposio previa inscrición en cada unha das sesións. Todas as intervencións serán emitidas en directo a través da web. Tamén poderá verse mediante a rede o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, que terá lugar na cidade natal do homenaxeado, Ferrol, o sábado 31 de outubro, cadrando co seu 110 aniversario. Nun contexto que segue a estar marcado pola pandemia, a institución reforzará a divulgación do legado de Carvalho Calero coa emisión a través de internet da programación especial que lle dedica. O Simposio Ricardo Carvalho Calero comezará a segunda quinta feira do mes de outubro cunha mesa dedicada ao autor no seu tempo moderada polo académico Ramón Villares. O catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Justo Beramendi situará a súa figura no nacionalismo galego de anteguerra. A profesora de filoloxía da mesma institución e autora de Conversas con Carvalho Calero, Carmen Blanco, percorrerá os anos da resistencia, desde a guerra á posguerra; e o profesor de lingua e literatura galega da universidade de Vigo José-Martinho Montero Santalha abordará o período final, de 1980 até o pasamento do homenaxeado en 1990. O eixe da seguinte xornada, que se desenvolverá o 15 de outubro, serán os estudos sobre literatura de Carvalho Calero, autor da Historia da literatura galega contemporánea (1963), con Marilar Aleixandre moderando unha mesa con Dolores Vilavedra, Alberte Valverde e María Pilar García Negro.
PRAZA_14661
O candidato á reelección reivindica que o PP non é de "ricos" e di que os seus membros non teñen "cabalos" como os "líderes do PSOE". Audio no interior.
Cando, a mediados da pasada lexislatura, o PP emprendeu o lanzamento da candidatura de Alberto Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta, un dos primeiros retos para os conservadores foi tentar incrementar o coñecemento do seu cabeza de cartel entre a cidadanía e, ao tempo, tentar mudar a percepción que existía sobre el. Detectaran que Feijóo era observado como unha persoa distante e mesmo cun punto snob que pouco ou nada tiña que ver co perfil dos celeiros de votos do partido, concentrados en torno ao que se deu en chamar o PP "da boina", isto é, de extracción maioritariamente rural e traballadora. Dentro desta estratexia entrou a mudanza da imaxe física do candidato -por exemplo, propiciouse que Feijóo prescindise do fixador para o pelo- e popular o seu lugar de nacemento, a pequena vila dos Peares, fronte á cidade de Vigo, o seu lugar de residencia. Procurouse amosar a Feijóo como exemplo da persoa do rural que é quen de chegar a acadar importantes cotas de poder pola vía do esforzo. O aspirante a reelección semella apostar de novo por esa táctica para o que resta de campaña. Nun escenario no que as enquisas preelectorais prognostican un panorama moi aberto e pouco cómodo para os intereses do PP, Feijóo aproveitou un mitin en Monforte para realizar unha intervención apaixonada e mesmo cun chisco de rabia no ataque aos rivais, tanto ao PSdeG e ao BNG como ás novas formacións que debutan nestes comicios, con especial atención a Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Así, cunha lixeira reciclaxe do argumentario de 2009, cando Emilio Pérez Touriño pasou a ser o "sultán de Monte Pío" e Anxo Quintana o amante do "gasto suntuario", o líder conservador explicoulles ao seu o "sorriso" que lle inspira recibir críticas dos "líderes nacionalistas que tocan pianos e viven en grandes casas" ou tamén dos "líderes do PSOE" aos que "lles gusta montar a cabalo" cando, asegura, "eu o único cabalo que vía [durante a infancia] era cando vía o Virginiano na tele". "Se non chegamos a estar nós collendo masivamente a pescada, as pescadas chegarían ás praias e morderían os rapaces nos nocellos", relatou "Que veñan aquí a ver se somos ricos, se temos grandes patrimonios", arengou aos seus. "Que veñan polas aldeas, que pregunten como vivimos e como nacimos aquí, que pregunten, que se enteren!", proclamou antes de esixir "un pouco de rigor" aos seus opoñentes electorais. Por todo isto, na súa opinión, cabe preguntarse "que é iso?" cando outras formacións "din que estamos pensando todo o día en Madrid". As afirmacións de Feijóo sobre a súa orixe rural tiveron un certo predicamento ao longo deste luns polas redes sociais de internet, aínda que sen chegar ao furor causado por outras verbas do actual presidente, pronunciadas horas antes nun acto de partido sobre o sector pesqueiro. Como en Monforte, Feijóo botou man do ton distendido para dirixirse aos congregados, aos que lles explicou unha anécdota acontecida "unha madrugada que fun a Burela" cun patrón de pesca que, advirte, "non sei se esaxerou". O patrón, di, relatoulle que "se non chegamos a estar nós collendo masivamente a pescada, as pescadas chegarían ás praias e morderían os rapaces nos nocellos". "Non sei se é verdade pero quedoume gravado", asegura, e por iso a continuación cuestionou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, sobre se o patrón "estaba de coña". "Non, non, nunca houbo tanta pescada como hai nos últimos anos", foi a resposta. Por iso, conclúe Feijóo, "habería que poñer a algún de Bruxelas nesas praias" e deixar "de pescar pescadas" para así instalos a non limitar as capturas da frota galega, conclúe.
NOS_40367
A Deputación da Coruña presentou a súa estratexia turística baseada na "cooperación" entre concellos e na gastronomía local.
O goberno provincial da Coruña, através da área de Cultura, vén de presentar a súa estratexia de promoción turística en Xantar, un foro no que a Deputación estivo ausente nos últimos anos. A iniciativa deseñada propón "unha provincia" en "seis destinos". "Rías Altas: Ferrolterra e Eume", "Rías Altas: A Coruña e As Mariñas", "Costa da Morte", "Terras de Santiago", "Rías Baixas: Ría de Muros e Noia" e "Rías Baixas: Ría de Arousa", explicaron a vice-presidenta da Deputación e o responsábel da área de cultura, Xosé Regueira que queren empregar a gastronomía como un elemento chave da estratexia. Porén, subliñaron, a proposta baséase na cooperación entre os distintos concellos. Trátase dunha liña de traballo na que afondamos desde distintos ámbitos, convidando a seren os concellos os verdadeiros protagonistas", dixo a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. Así o explicaron no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrou o 4 de febreiro na Coruña. "Nos seis destinos, a oferta gastronómica de calidade é referencia para o sector e un dos principais reclamos para atraer público que busca o benestar en espazos de riqueza natural e patrimonial con produtos e gastronomía de nivel", sinalou Goretti Sanmartín. Para presentar a proposta a Deputación da Coruña optou por mesturar tradición e modernidade presentando distintos produtos através de dous showcookings, isto é, comida ao vivo, aproveitando que "Xantar é un escaparate para os produtos da provincia acaído para mostrar a calidade de oferta dos destinos, a aposta por un turismo sustentábel da que a nosa gastronomía é un exemplo". Pola súa banda, Xosé Regueira puxo en valor foron e encontros como Xantar e Fitur nos que poder dar a coñecer a oferta turística da provincia. "Consideramos que o turismo é un sector estratéxico e chave para a recuperación económica e a creación de emprego por iso consideramos necesario estar presentes en feiras e mercados, cunha aposta decidida polo turismo sustentábel e de calidade", defendeu o responsábel da área de Turismo da Deputación, o nacionalista Xosé Regueira.
PRAZA_16829
ENTREVISTA | O domingo 22 está convocada en Santiago unha manifestación pola defensa do monte veciñal, ante as modificacións lexislativas introducidas que permiten a súa cesión a empresas privadas por períodos de 50 anos. Falamos con Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM A Xunta celebra que a metade do monte galego será eucalipto ou piñeiro no 2038
O vindeiro domingo 22 de abril está convocada en Santiago de Compostela unha manifestación "pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira". A marcha, impulsada pola Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), está apoiada por ADEGA, APDR, Atrifoga, CIG, FRUGA e o SLG e partirá ás 12 horas da estación do tren. Sobre a mesa están as modificacións lexislativas introducidas polo PP o pasado mes de decembro, que facilitan o proceso para entregar a empresas privadas a xestión de montes veciñais, unhas manobras que tamén se apuntan na proposta de modificación do Plan Forestal de Galicia. A manifestación defenderá as estruturas comunais de xestión e tamén un modelo de monte "vivo" e "multifuncional", fronte a actual aposta pola eucaliptización, a venda de madeiras de crecemento rápido e escaso calor engadido, e a cesión de terreos para actividades extractivas ou a construción de megacentros comerciais e outras instalación "para elites". Protéstase sobre todo contra recentes modificacións introducidas polo PP (a través da lei de acompañamento dos orzamentos) na Lei de Montes Veciñais en Man Común de 1989. A nova norma, aprobada en solitario polos populares, sinala que "Os montes veciñais en man común serán xestionados cautelarmente pola consellaría cando se extinga ou desapareza a comunidade de veciños titular do monte" ou cando se determine un "estado de grave abandono ou degradación dos montes" e posibilita a súa posterior cesión a unha empresa privada por un período de 50 anos. A convocatoria da marcha denuncia que "o PP quere roubarlles o monte veciñal ás comunidades de montes". "Fica claro que para este grupo o medio rural non ten futuro. Polo tanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido. Na revisión do Plano Forestal fica clara esa idea cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto", sinala. Falamos con Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM. Está en perigo a continuidade dos montes veciñais? Está en perigo a súa supervivencia como o que é, como unha propiedade xestionada democraticamente polos veciños e veciñas comuneiros. O PP ten un obxectivo moi claro dende hai anos, que é arrincarlle estas propiedades aos seus lexítimos titulares. Primeiro, arrebatándolles a xestión para entregarllas a empresas forestais privadas. E, segundo, quitándolles a titularidade, convertendo os montes veciñais en man común -propiedade xermánica coa que non se pode comerciar- nunha propiedade romana, que pode ser vendida, embargada, etc. "Medio Rural pode, erixida en xuíz e parte, declarar un monte veciñal en estado de abandono. Pero este estado de abandono non se declara en base a que o monte estea esquilmado ou deteriorado medioambientalmente, senón por argumentos burocráticos" As últimas modificacións lexislativas impulsadas polo PP avanzan nos procesos de privatización dos montes comunais? En decembro o PP aprobou en solitario dúas modificacións de dous artigos da Lei de Montes en Man Común. Esta norma leva en vigor dende 1989, unha vixencia que se debe seguramente ao consenso coa que foi aprobada, por unanimidade do Parlamento, nun momento no que había seis grupos na cámara. Estes cambios permítenlle á Consellería de Medio Rural, erixida en xuíz e parte, declarar un monte veciñal en estado de abandono. Pero este estado de abandono, ademais, non se declara en base a que o monte estea esquilmado ou deteriorado medioambientalmente, senón por argumentos burocráticos, de tipo administrativo. Pódese declarar abandonado un monte veciñal porque non se constituíu a súa xunta reitora en tempo e forma, ou porque a comunidade incumpre algún precepto da Lei de Montes. Algo que non se fai, en cambio, cos montes en mans privadas. Debe ser Galicia o primeiro país civilizado, que din que somos, no que a infracción dun precepto legal deste tipo implica non só unha sanción (o que é comprensible), senón sanción máis roubo de terras. O PP quere roubarlles o monte veciñal ás comunidades de montes. Unha vez declarado este estado de abandono, a Xunta pode entregarllo a unha empresa privada de xestión forestal por un período de 50 anos. Pódese considerar temporal unha cesión de 50 anos? 50 anos implica unha privatización de feito do monte veciñal, porque neste tempo a memoria do monte pérdese, pasan varias xeracións. De acordo coa nova lei pode suceder, ademais, que nun momento dado non haxa ningunha persoa na parroquia que se queira facer cargo das responsabilidades da Xunta Reitora do monte, polo que a Xunta o declara en abandono e lle cede a xestión a a unha empresa privada. Pero se un ano máis tarde resulta que si, que hai veciños e veciñas que deciden que queren xestionar o seu monte, pois xa non o poderán facer e terán de que agardar 50 anos a que remate o contrato desta empresa. "Eu non son pesimista, hai solucións políticas. Se hai unha política acaida para o rural, non ten por que pasar iso" O outro día Xosé Carlos Morgade amosábase nesta entrevista preocupado sobre todo polo futuro das comunidades máis envellecidas e das zonas menos poboadas... Son as que están máis ameazadas? Eu non son pesimista, hai solucións políticas. Se hai unha política acaida para o rural, non ten por que pasar iso. Nos montes abandonados a Xunta e a Comunidade de Montes terán que traballar conxuntamente para solucionar as causas que motivaron ese abandono. É certo que a Xunta vai tentar comezar polo máis fácil, polas comunidades que estean menos organizadas, pero a Xunta vaille dar á industria da madeira as terras que esta necesite. Así que tamén o vai tentar facer cos montes veciñais das zonas poboadas. "A Xunta decidiu que tiña que nos quitar o monte para cumprir as necesidades da industria da madeira, pero non dunha madeira de calidade, senón de madeira mala. E tamén para darlles terras baratas a aproveitamentos agresivos social e medioambientalmente" Ten en conta que un monte comunal pode ser declarado en abandono cando o Banco de Terras (mira ti que función lle foron dar a este instrumento) diga que un monte que pode ser forestado complemente non o está ao 100%. Ti imaxina que unha comunidade decide que o 25% do monte vai para madeira, o 25% para pastos, o 25% para froitos do bosque e o restante 25% para pasear. Iso é un monte abandonado? Non, pero a Xunta pode expropialo se decide que tiña que ser dedicado un 100% a madeira. Na manifestación vanse contrapoñer dous modelos de monte: o monte multifuncional fronte ao unicamente forestal e extractivista? O Goberno galego decidiu que tiña que nos quitar o monte para cumprir as necesidades da industria da madeira, pero non dunha industria de madeira de calidade, que iso podería ser debatible, senón de madeira mala. E tamén para darlles terras baratas a aproveitamentos agresivos social e medioambientalmente, como minas, ou a proxectos para elites, como campos de golf ou megacentros comerciais. O caso paradigmático é o da cidade deportiva do Celta de Vigo, para o que expropiaron un monte veciñal valéndose dunha modificación lexislativa. Como ves, o perigo é para calquera monte comunal, tamén nas zonas máis poboadas e mesmo para os máis organizados. "Os montes veciñais teñen propiedade, pero deben ser espazos abertos" Na manifestación animades a participar non só a comuneiros e comuneiras, senón a todas as persoas preocupadas polo futuro do monte. A sociedade é consciente da importancia do monte veciñal e dos servizos que presta? Facemos un chamamento non só ás persoas que ostentan a condición de comuneiro ou comuneira. A xente ten que ser consciente de que o monte veciñal dá servizos gratuítos a todas as persoas: pulmóns verdes para as cidades, espazos para o lecer, para pasear, para andar en bicicleta. Todo iso desaparecerá se desaparece o monte comunal. Se o monte é privado xa non se poderá usar de forma aberta. Os montes veciñais teñen propiedade, pero deben ser espazos abertos.
NOS_27273
CIG-Ensino considera a medida unha "irresponsabilidade" e ANPE táchaa de "inhumana"
A incógnita sobre as oposicións do profesorado prolongarase durante un mes. A Xunta decidiu manter o proceso selectivo nos termos previstos, polo menos durante a nova prórroga do estado de alarma -até o 26 de abril- e "mentres os prazos o permitan". A Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional supeditara inicialmente o mantemento das oposicións á decisión do Goberno español de prorrogar esta situación máis alá do 11 de abril, debido a que consideraba que en caso de levantarse o estado de alarma aínda "estarían en prazo" de realizar as probas con normalidade. Con todo, e a pesar desta nova extensión, o Goberno galego deixou clara a súa intención de manter o proceso, á espera da evolución da situación sanitaria pola COVID-19. A titular de Educación, Carmen Pomar, confirmouno nunha misiva remitida aos sindicatos de profesores: "A nosa vontade, por respecto aos miles de persoas opositoras que nestes momentos están a realizar un esforzo para prepararse nunha situación tan complexa, é manter o proceso, xa que aínda se está en prazo para levalo a cabo". Galiza, sitio distinto Despois de que Euskadi anunciase onte o aprazamento das probas, e logo de que o resto de territorios do Estado adoptasen a súa propia decisión nesa liña -ben pospoñéndoas até o vindeiro ano, ben atrasándoas-, Galiza quedaba como o único lugar que mantiña o proceso selectivo. A conselleira de Educación do Goberno Vasco, Cristina Uriarte, alegou que resultaba "imposíbel" desenvolver as probas da oferta pública de emprego previstas para o próximo 20 de xuño en Euskadi porque "non dan os prazos", e considerou que "dificilmente" podería desenvolverse "antes do verán". Esta vontade de seguir adiante co proceso selectivo na Galiza levou a que as principais organizacións sindicais do sector (CIG- Ensino, Comisións Obreiras Ensino, ANPE e FeSP-UXT), emitiran un comunicado conxunto no que reflectían o seu rexeitamento "unánime" a esta medida e exixían a convocatoria "urxente" da mesa sectorial. Suso Bermello (CIG-Ensino) considerou "unha irresponsabilidade enorme" e "un auténtico despropósito" a medida tomada polo Goberno presidido por Alberto Núñez Feixoo, mentres que desde ANPE foron incluso máis alá, cualificando de "inxustificábel" e "sobre todo, inhumano", que a Xunta da Galiza manteña esta posición "coa situación de pandemia" que afronta o país.
NOS_25778
Insta ás forzas políticas e coligazóns que concorren aos comicios do 25S a incluiren nos seus programas propostas en relación a política internacional e de proxección exterior do noso país.
Colocar a proxección e relacionamento internacional no debate electoral, mais sobre todo na axenda política. Ese é o obxectivo co que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) vén de apelar ás formacións políticas que concorrerán ás eleccións galegas do próximo 25 de setembro. O chamamento do instituto dirixido por Xulio Ríos reclama ás diferentes forzas e coligazóns a incorporaren nos seus programas medidas destinadas a reorientar e reforzar a acción exterior de Galiza. "Coidamos que Galicia dispón de capacidades abondo para garantir unha presenza no mundo conforme coa nosa identidade e intereses pero precisamos de instrumentos e iniciativas que faciliten o seu pleno desenvolvemento", aseguran desde o IGADI nunha carta aberta a todas as candidaturas. Neste senso, apostan en que o noso país teña unha acción exterior de seu, ambiciosa, planificada e orientada a satisfacer os intereses da maioría social, certas de que a acción exterior "non é un mal gasto" dado os importantes retornos que pode xerar. O seu apelo recolle certa urxencia, pois segundo apontan "ou aproveitamos o presente ou a ocasión pode malograrse". Nova política En opinión da entidade, que conta con 25 anos de experiencia, a acción exterior de Galiza debe entenderse como espazo de encontro, pulando por consenso amplos a nivel político que garantan a súa continuidade, a pivotar nunha cultura de cooperación. Demandan unha nova política internacional, xestionada de maneira democrática e participativa, que aborde a inserción global de Galiza para alén do seu propio territorio e da diáspora no exterior, apostando nas potencialidades internacionais da nosa lingua propia e máis tamén da proxección das universidades galegas, do tecido produtivo e das entidades sociais do país. "Arelamos un esforzo racional de comprensión para asumir un maior compromiso cunha acción exterior centrada na defensa dos intereses de Galicia, que teña en conta e desenvolva as nosas singularidades, que explore as nosas posibilidades como ponte con diversas áreas xeopolíticas e xeo-lingüísticas", explican.
NOS_20476
No mapa interactivo do interior podes consultar o número de novos casos diagnosticados nos últimos 14 días no teu concello así como o nivel de incidencia.
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados no teu concello así como o nivel de incidencia. Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.
PRAZA_18344
A actividade revisora do órgano unicamente pode entrar en cuestións meramente materiais, pero non no fondo do asunto. Non se pode entender que a revisión da sentenza poida acabar con un pronunciamento totalmente contrario.
O pasado día 18 de outubro de 2018 a Sala Terceira (do Contencioso Administrativo) do noso Alto Tribunal, veu a ditar unha sentencia sobre o imposto de actos xurídicos documentados que cambiaba un criterio que se veu modificado ó longo destes tres últimos anos. Un criterio que se viña mantendo nunha xurisprudencia uniforme e consolidada dos tribunais nacionais e que no ano 2015 foi posta en dúbida pola Sala Primeira. Isto non é unha cuestión menor, o Tribunal Supremo está composto por cinco Salas correspondentes a cada un dos ordes xurisdicionais. Cada Sala como é obvio ten asignado o coñecemento dunha materia concreta, é dicir, a Sala Primeira do Civil, a Segunda do Penal, a Terceira do Contencioso Administrativo, a Cuarta do Social e a Quinta do Militar. Parece absurdo e de todo ilóxico, que a Sala Primeira que coñece no orde civil, se poña a resolver cuestións de tipo tributarias como foi o caso, algo que corresponde unicamente a Sala Terceira. É certo que unha decisión que se tome para ditar unha sentencia en calquera das referidas pode chegar afectar a doutrina sentada polas outras, se ben o mínimo que debeu facer a Sala Civil no momento en que tiña que tratar algo que se lle escapa a súa competencia, era pedir un informe sobre tal cuestión a Sala competente para resolvelo, a Sala Terceira. Isto non foi así, a Sala Primeira decidiu cambiar a doutrina seguida dende o ano 92, respecto a interpretación do regulamento e da lei do imposto de AXD no que a constitución de préstamos hipotecarios se refire. Sen embargo o anterior, en sentencia ditada polo Pleno do Tribunal (incluíndo por tanto o Presidente da Sala do Contencioso Administrativo) este marzo, concluíse mediante pronunciamento 148/2018, que o suxeito pasivo do imposto era o prestatario. Isto é, o Pleno, facendo referencia a doutrina sentada pola Sala Terceira, chega a mesma conclusión, a quen lle corresponde pagar o imposto de actos xurídicos documentados é o consumidor que solicita o préstamo hipotecario. Neste sentido os artigos 8 e 15 da lei do imposto de actos xurídicos documentados sinalan: "Está obrigado ó pago do imposto a título de contribuínte, e calquera que sexan as estipulacións establecidas polas partes en contrario: c) Na constitución de dereitos reais, aquel a favor de quen se realice o acto. d) Na constitución de préstamos calquera que sexa a súa natureza, o prestatario. Ate aquí a comprensión non debería plantexar ningún problema. Nos casos de dereitos reais coma a hipoteca, esta constitúese en favor do banco e polo tanto debería ser a entidade a que pagase o imposto. Sen embargo, o artigo 15 do mesmo texto precisa esta cuestión expoñendo: "a constitución de fianzas e dos dereitos de hipoteca, prenda e anticresis, en garantía dun préstamo, tributaran exclusivamente polo concepto de préstamo." Tendo isto en conta, en vez de irnos a letra c) do artigo anterior, deberemos incardinarnos na d), correspondendo de esta forma o pago o prestatario-consumidor. A esta conclusión chega a groso modo o Pleno do Tribunal en marzo de este ano. O chocante aquí é, que nada mais e nada menos que 7 meses despois, o cambio de criterio sexa total. Como sinalábamos ó principio, este 18 de outubro a Sala Terceira do Alto Tribunal desdíxose da doutrina que viña sentando nos últimos anos, retrotraéndose o ano 2015 respecto as manifestacións que fixera a Sala do Civil en base ó imposto, sementado de paso o pánico no Ministerio de Facenda. Non se pode deixar de ver que nun rango de 3 anos existe un cambio de criterio de ata en tres ocasións, conculcando de esta maneira o principio de seguridade xurídica. O pronunciamento foi advertido inmediatamente nos mercados, nos que as entidades financeiras tiveron un importante descenso o xoves. Ata aquí xa bastante reprobable é o funcionamento tan oscilante dun Tribunal coma o Supremo. Pero aínda con todo, o venres día 19, sácase comunicado no que se sinala "que pola influencia tanto económica como social que ten o pronunciamento" será revisado polo Presidente da Sala Terceira, o Señor Luis María Díaz-Picazo. Do anterior, pódese facer unha dobre lectura, ou ben se trata de erros encadeados consecutivos uns de outros; ou por outro lado, é un pronunciamento dirixido, encamiñado á concesión ou modulación dos gastos os prestatarios con unha aparencia cara Europa, debendo ter presente que a día de hoxe o Tribunal de Xustiza da Unión ten pendente a cuestión con índice IRPH, tema controvertido tamén na banca española. Deixando esta última reflexión de lado, e volvendo ó tema que aquí nos ocupa, á análise da sentenza do día 18 aínda está pendente da revisión por parte do Presidente da Sala, neste punto a actividade revisora do órgano unicamente pode entrar en cuestións meramente materiais, pero non no fondo do asunto. Non se pode entender que a revisión da sentenza poida acabar con un pronunciamento totalmente contrario. Non se espera que a incidencia no sistema bancario poda ser tal como a que se pretende dar a ver, todas estas cuestións deberían esta correctamente aprovisionadas polas propias entidades. Queda pendente ver como se desenvolve os acontecementos ó largo da semana próxima respecto as manifestacións da propia Sala. Publicidade
NOS_53904
O sindicato denuncia as sancións de 300 euros a tres afiliadas identificadas nunha das concentracións do 'Trebón Feminista'.
A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) considera unha "persecución" a imposición de multas a tres das súas afiliadas no marco da folga xeral do 8M. Tres feministas tiveron un procedemento de sanción por parte da Subdelegación do Goberno que rematou coa notificación de ter que asumir multas de 300 euros cada unha. Ana Viqueira, responsábel da Secretaria Xeral das Mulleres deste sindicato, explicou a Sermos Galiza que "o procedemento xudicial partiu da identificación policial dun grupo de afiliadas que participaban no Trebón Feminista o 8M deste ano". Viqueira sinala que a identificación realizouse "cando só estabamos afiliadas da CUT e sen mediar ningún tipo de acción que xustificara a petición de documentación". A policía procedeu a confiscar material persoal que levaban "mesmo o pano dunha compañeira embarazada". A responsábel da Secretaria Xeral das Mulleres da CUT indica a Sermos Galiza que o mesmo aconteceu na folga xeral convocada en 2018 por este sindicato xunto ao Sindicato Labrego Galego (SLG) e o Sindicato Ferroviario. O sindicato vén de presentar senllas demandas de recurso contencioso administrativo contra a imposición destas multas.
NOS_12152
A Federación Estatal de Asociacións de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA) quere que o último Consello de Ministras de marzo atenda as súas solicitudes entre as que figura aprazar os trámites impositivos e obrigacións tributarias do primeiro trimestre.
As medidas adoptadas até agora polo Goberno español non están a satisfacer ao amplo colectivo de autónomas e autónomas. A Federación Estatal de Asociacións de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA) propuxo ao executivo que lidera Pedro Sánchez, unha batería de actuacións que consideran "urxentes" para que as teña en conta no Consello de Ministras previsto para esta última terza feira de marzo. A iniciativa de ATA, segundo explican é evitar a "ruína absoluta" deste colectivo. Nunha publicación de Twitter o seu presidente, Lorenzo Amor, solicita a suspensión da cota de autónomas e autónomos dos meses de marzo, abril e maio. Como a do mes de marzo xa foi abonada, pediron que sexa devolta "de maneira inmediata" e que non se cobren recargas. Tamén pediron que estean exentos aquelas membros deste colectivo que se contaxiaron da Covid-19 ou estean en corentena obrigatoria. Desde esta organización tamén reclamaron a suspensión de todos os trámites impositivos e obrigacións tributarias do primeiro trimestre e aprazar a súa presentación ao mes de xullo e non para este mesmo mes de abril como estaba fixado. En relación ás prestacións extraordinarias por cesamento de actividade, reclamaron que se reduza o limiar, de 75% a 30%, e que o prazo de goce estea prolongado a tres meses. Outra das medidas propostas desde ATA e a petición de permitir a cobranza da prestación tamén a quen perciba outra que non chegue a 50% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e que se inclúa aos supostos de forza maior aquelas actividades que xa non son consideradas esenciais. Por último as autónomas e autónomos solicitaron que se elimine a obrigatoriedade do mantemento do emprego durante seis meses desde a continuación da actividade e estabelecer a data de finalización dos Expedientes de Regulación de Emprego Temporal ERTE un mes posterior á finalización do estado de alarma.
NOS_38387
A OMS alerta nun informe a prepararse ante o perigo que supón a concentración dos esforzos da sanidade pública na loita contra o coronavirus. A cifra non ten precedentes en dúas décadas.
A concentración dos esforzos da sanidade pública na loita contra a pandemia do coronavirus ameaza con provocar outras urxencias médicas na África subsahariana, onde este ano poderían morrer até 769.000 persoas vítimas da malaria, unha cifra sen precedentes en dúas décadas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). A axencia, en colaboración con outros socios, quere pór en valor con motivo do Día Mundial da Malaria, o 25 de abril, a importancia de manter as medidas de prevención e atención fronte a esta enfermidade nunha rexión que sofre máis de 90% dos casos detectados a nivel mundial. Máis de dous terzos dos falecidos son crianzas menores de cinco anos. A OMS mostrou a súa preocupación polos atrasos nas campañas de distribución de redes antimosquitos e de acceso ás medicinas antimaláricas, nun informe onde analiza as medidas que seguen 41 países e onde se expoñen nove posíbeis escenarios. No peor deles, que contempla a suspensión de todos os programas de reparto de redes e un descenso de 75% no acceso aos medicamentos, unhas 769.000 persoas morrerían este ano por malaria na África subsahariana. A cifra, de confirmarse, duplicaría os falecidos de 2018. Dr @MoetiTshidi: "On Saturday we commemorate #WorldMalariaDay. These are two reminders of the importance of essential health services." "In 2018, there were 213 million malaria cases & 360,000 related deaths in the African Region – accounting for over 90% of the global burden."— WHO African Region (@WHOAFRO) April 23, 2020 "Fiestra de oportunidade" A OMS instou a aproveitar a "fiestra de oportunidade" que supón a reducida cifra de contaxios de coronavirus que aínda hai en África, de tal forma que se "minimicen" as repercusións nos programas de prevención da malaria. De feito, chamou a "acelerar" as campañas de control da doenza e a manter en calquera caso as terapias para embarazadas e crianzas. Ademais, lembrou que un diagnóstico rápido é "esencial" para evitar que os casos leves empeoren e corra perigo a vida do paciente.
NOS_29939
ERC, PDECat e CUP chaman a se mobilizar contra unha decisión inxusta.
Indignación no soberanismo catalá pola decisión de mandar a prisión a nove consellers da Generalitat, acusados de rebelión e sedición. ERC, PDCat, CUP e Catalunya en Comú rexeitan a decisión. ERC Marta Rovira, secretario xeral de ERC, afirma que a decisión de mandar a prisión "advirte e interpela a todos os demócratas". Lembra que sindicalistas ou activistas pasaron por este tipo de situacións porque o Estado "ataca a calquera que non lle guste como pensa". Ademais, Rovira advirte que "non nos renderemos" e que "loitaremos até o final". PDECat "Estamos desolados", afirmou Marta Pascal, que critica que se encarcere o "Govern de Catalunya democraticamente escollido". A coordenadora xeral do PDECat chamou a mobilizarse pola liberdade dos detidos. CUP A deputada da CUP Gabriela Serra cargou duramente contra a prisión para estas pe4rsoas. "O goberno de Rajoy e o Estado con todos os seus instrumentos pensan que nos derrotaron e non saben que non nos derrotaron". Serra asegura que o Estado amosa a súa faciana "máis represiva e antidemocrática", amosando ademais que "non coñece o pobo de Catalunya". Ada Colau fala de "presos políticos" Ada Colau insta a unha "fronte común" pola liberdade dos "presos políticos", asegurando que "hoxe é un día negro para Catalunya". Carme Forcarell, de por parte, afirma que a decisión da AN é "inxusta e indecente". Alcalde de Terrassa dimite O alcalde de Terrassa dimite como alcalde e racha o carné do PSC polo apoio desten partido ao 155. Jordi Ballart di que o PSC perdeu hai tempo os valores de esuqerda e que o apoio ao artigo 15 é a pinga que reborda o vaso".
PRAZA_15043
Beiras e Díaz chaman a "evitar" que os "partidos do réxime secuestren" os órganos reitores da Cámara a través dunha ampliación que non suporía custo adicional ningún e rexeitan entrar en "releos" de postos
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) debuta na vida parlamentaria cunha proposta de desbloqueo da primeira controversia da lexislatura, a mesma que ocupa e preocupa o resto dos grupos a causa, precisamente, da irrupción da coalición liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz como terceira forza do lexislativo galego. A tres días da constitución a Cámara da IX Lexislatura autonómica dende AGE lamentan ter que "andar en releos" sobre os postos da Mesa do Parlamento, o principal órgano reitor da institución, e por iso instan o resto do hemiciclo a solventar o asunto sen alterar o xogo de maiorías: pasar dunha Mesa de cinco membros a unha de sete. Trataríase, explica Beiras, dunha ampliación "que se pode facer" a través dunha reforma regulamentaria "con enorme rapidez" e que non traería consigo ningún incremento de gasto. A asignación económico que agora se distribúe entre cinco pasaría a repartirse entre sete: catro deputados ou deputadas do PP e un representante de cada grupo da oposición. "Non habería problemas de que unha política de austeridade o desaconsellase, non hai ningunha escusa", resolve o voceiro de AGE, formación que xa avanza que renunciaría aos "privilexios" que trae consigo a presenza na Mesa, como asignacións económicas e de persoal ou uso de coches oficiais. Beiras detalla que a ampliación non implicaría ningún gasto adicional, xa que se distribuiría entre sete membros a asignación económica da actual Mesa de cinco "Se non aceptan o dos sete membros" a xuízo de Beiras "non queda máis que reclamar" que se repitan os "usos parlamentarios" que se veñen aplicando nas últimas lexislaturas, isto é, que os dous membros da Mesa que lle corresponderían á oposición "se repartan" por "orde de magnitude dos grupos", isto é, un para o PSdeG e outro para AGE. "Pero non queremos marxinar a ninguén, de aí a nosa insistencia para que se arbitre unha fórmula que permita que estamos os catro". Do mesmo xeito, se o PSdeG opta -como suxeriu este martes- por ocupar os dous postos da oposición, Beiras diríxese ao Grupo Socialista para confiar en que "será razoable" e non queira "pasar por riba dos demais" e "comezar dándolle unha lección" neste sentido "ao electorado cada vez máis reducido que ten". Comisións e negociacións O que AGE non aceptará, advirte, é en "ver como os minoritarios nos repartimos a miseria", di, en referencia á proposta do BNG para rotar no quinto posto da Mesa. "Repartir a miseria nunca conduciu a nada" polo que, nese caso, "alá os grupos maioritarios co que fagan, nós tomaremos boa nota". Esa mesma actitude, explica, será a que AGE poña en práctica á hora de estruturar as comisións da Cámara -órganos nos que se tratan as leis e as iniciativas de control de maneira sectorial-. "Estamos dispostos a repartir entre os tres grupos da oposición a presenza nas mesas das comisións, o que nos toque", asegura, ao tempo que agarda que o PP non procure reducir "de 14 a 12" os deputados que forman estes organismos. "Que non nos veñan con lerias, se reducen é porque queren esganar no posible a capacidade de acción do Parlamento", afirma. Neste contexto Beiras e Díaz quedan á espera de que o resto de grupos, especialmente o PSdeG, lle trasmitan a AGE a súa postura definitiva. "Pachi Vázquez quedou comigo en que mañá me trasladará a resposta" nunha conversa na que tamén lle mencionou, "de pasada", a alternativa de que o PP cedese a súa maioría, un plan que lle parece "inxenuou ou ilusorio". En calquera caso, Beiras apela a reflexionar sobre que "estas cousas teñen a importancia que teñen". "Confío en que non deamos ningún espectáculo nun momento en que a xente está preocupada polo que lle está a chover enriba", conclúe.
PRAZA_10018
Ferreiro e Noriega coinciden en definir o resultados das eleccións xerais como un "alivio" por supoñer un "freo" á dereita, pero aspiran a que as súas formacións e non o PSOE encabecen o espectro da esquerda nas urnas municipais. O 28A contribuíu a acentuar a lectura de que ambos disputarán os metros finais da carreira electoral en maior medida cos aspirantes do PSOE, Bugallo e Rey
O adianto das eleccións xerais fixo saltar polos aires a mediados de febreiro a planificación de todas as forzas políticas cara á que ata ese momento ía ser a gran cita electoral do ano, as eleccións municipais do 26 de maio, que ademais cadran cos comicios europeos. O impacto produciuse en todas as formacións, sen excepcións, pero foi especialmente relevante nas mareas municipais que gobernan en concellos galegos dende 2015. Aínda máis, se cabe, na Marea Atlántica e Compostela Aberta, que unha vez pasadas as eleccións xerais poñen a pleno rendemento a súa maquinaria electoral co reto principal de centrar o debate na esfera municipal.Ferreiro e Noriega coinciden en definir o resultados das eleccións xerais como un "alivio" por supoñer un "freo" á dereita, pero aspiran a que as súas formacións e non o PSOE encabecen o espectro da esquerda nas urnas municipaisAs formacións que gobernan dende hai catro anos na Coruña e Santiago non tomaron oficialmente partido nas disputas que deron lugar a que as formacións que en anteriores xerais concorreran baixo as siglas de En Marea como coalición o fixesen desta volta en candidaturas diferentes (En Marea e En Común-Unidas Podemos). Por este motivo os alcaldes coruñés e compostelán non participaron na campaña do 28A. Nas últimas semanas si desenvolveron diversos actos tanto de partido como con diversos colectivos de cadansúas cidades, pero cun perfil público moito máis baixo do que correspondería por, precisamente, desenvolvérense en pleno fragor da batalla das xerais.Unha vez pasados os comicios ás Cortes tanto Xulio Ferreiro como Martiño Noriega coincidiron esta semana en definir o resultado das urnas como un "alivio" por supoñer un "freo" a unha eventual alianza de dereitas no Goberno de España. Pero tamén en sinalaren a necesidade de diferenciar o debate estatal e o municipal, a comezar polo espectro partidario da esquerda. Boa parte dos sufraxios progresistas que optaron polo PSOE de Pedro Sánchez nas eleccións xerais están mellor representados por Compostela Aberta e Marea Atlántica no eido local, viñeron dicir.Nos comicios do pasado domingo a dereita sufriu un duro devalo, pero "tamén foi derrotada unha maneira de entender o Partido Socialista", reflexionou Noriega. Esa "derrota" foi tamén da "liga de veteranos do PSOE, que lle compra o marco discursivo á dereita", cre. E nesa "liga", ao seu xuízo, sitúase o aspirante do PSdeG á alcaldía da capital galega, o ex-rexedor Xosé Sánchez Bugallo. "El prefería a Susana [Díaz] e non a Pedro [Sánchez], a Méndez Romeu e non a Gonzalo Caballero", evocou, en referencia á postura de Bugallo nos procesos de primarias no PSOE e no PSdeG.Os resultados do 28A contribúen a acentuar a lectura de que os líderes de Marea Atlántica e Compostela Aberta disputarán os metros finais da carreira electoral en maior medida cos aspirantes do PSOE, Bugallo e ReyNun sentido semellante, Ferreiro analiza que "Galicia e o Estado se pronunciaron para manter a senda do progreso, para poñer as institucións ao servizo das maiorías sociais". Do seu punto de vista, se algo "demostrou" o 28A é que "a mellor maneira de combater á dereita e á extrema dereita é un proxecto de maiorías, unido e solvente, no que se poida confirmar". E no caso da Coruña, argumenta, "iso é a Marea Atlántica". Así o defenderá agora que "por fin chega o momento de centrarse nas municipais, nas que volvemos decidir se queremos volver atrás ou seguir adiante cun proxecto de cambio", di.Por tras de ambas análises sitúase un mapa electoral que viña virando dende hai meses, pero que o 28A contribuíu a axitar aínda máis. Hai un ano en ambas cidades se anticipaba unha pugna pola alcaldía de Ferreiro e Noriega cos respectivos cabezas de cartel do PP, os ex-conselleiros Beatriz Mato e Agustín Hernández, en solitario ou co apoio de novos partidos de dereita. Pero agora todo semella indicar que nos metros finais cara á meta electoral a contenda xogarana máis, en boa medida, os líderes de Marea Atlántica e Compostela Aberta cos cabezas de lista do PSOE en ambas cidades, Bugallo e Inés Rey. Máis aínda despois dos bos resultados do PSdeG na Galicia urbana o 28A.Actos e encontros ás portas da campañaAínda que a campaña das eleccións municipais non comeza oficialmente ata as cero horas do vindeiro 10 de maio, a fin do reconto das eleccións xerais marcou oficiosamente o comezo definitivo da carreira cara aos concellos e así o queren facer ver, especialmente, formacións de ámbito municipal coma estas. Así, por exemplo, a Marea Atlántica lanza de vez a súa campaña este venres, día 3, co acto de presentación do "programa de goberno para os próximos catro anos (19:30, Paraninfo da UDC). A Marea Atlántica vén ademais de retomar as súas Pegadas do cambio, unha serie de roteiros nos que a formación aposta por amosar a mostra das decisións do goberno local nos últimos catro anos en diferentes barrios da cidade. Así, por exemplo, este xoves a Marea Atlántica achégase a Novo Mesoiro e Feáns e o sábado céntrase na Cidade Vella para resumir medidas como a súa peonalización.Por parte de Compostela Aberta, unha vez presentada a composición completa da lista configurada nos seus primeiros postos a través das primarias abertas do pasado marzo, a candidatura intensifica os seus encontros sectoriais con diversos colectivos da cidade ao tempo que pon o foco nas accións do goberno local destes anos cara aos diferentes sectores; así o fixo nos últimos en áreas como o medio ambiente ou a igualdade. Este xoves a quenda é para o ámbito da economía coa presentación do programa económico de Compostela Aberta por parte de Noriega e das edís Marta Lois e María Rozas (Cámara de Comercio, 20:45) e o día 8 (Sala Capitol, 20:30), o acto de presentación de candidatura e programa.Lemas como A Compostela que avanza, para enfatizar a captación de fondos europeos por parte do Concello santiagués nestes anos; A Compostela para vivir, resumindo as accións en materia medioambiental; ou A Compostela dos coidados, que pon o foco nas accións en materia de igualdade e políticas sociais, son os elixidos para estes actos e encontros previos ao comezo dunha campaña ante a que Noriega afirma verse en "condicións" de lograr unha "nova etapa no goberno da capital do país".
NOS_8679
O Loro de Carlos V chega 5 e 6 de decembro ao Teatro Colón da Coruña oferecendo un espectáculo para todos os públicos que asinan Nani García e María Inés Cuadrado.
O Loro de Carlos V vaise converter na primeira ópera bufa da Galiza, un xénero que se caracteriza pola temática cómica. Estréase 5 e 6 de decembro no Teatro Colón da Coruña. A obra está baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García, cuxo libreto asina con María Inés Cuadrado. Conta, ademais, coa participación de Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía. O espectáculo, para todos os públicos, é unha coprodución de Favola in Mvsica co Teatro Colón da Coruña e o Centro Dramático Galego. A Orquestra Sinfónica da Galiza, con Diego García Rodríguez na dirección, estará ao cargo da parte musical, xunto coas voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. A obra ten unha intención lúdica con espírito cómico, mais baixo a lixeireza superficial funcionan sofisticados mecanismos que moven a ilusión e tenrura do público.
PRAZA_3457
As mulleres cobran peores salarios só pola razón de seren mulleres. Unha realidade que en España, ademais, se agrava segundo que comunidade autónoma: Galicia, xunto con Canarias, Extremadura e Murcia ten o dubidoso honor de ser punteira en discriminación salarial
Hai unhas xornadas (o 22 de febreiro) celebrouse o día pola igualdade salarial. Con motivo de tal efemérides tanto o movemento sindical galego como distintas organizacións sociais e políticas editaron diferentes comunicados que poñen en evidencia como en Galicia non so estamos moi lonxe de tal obxectivo senón que cada día que pasa afastámonos mais do mesmo. Un afastamento que ten entre as maiores damnificadas ás mulleres. O día polo igualdade salarial foi creado pola Comisión Europea co gallo de lembrarnos a todos que a pesares de seren, dende o ano 1919, un dereito recoñecido pola OIT (Organización Internacional do Traballo) ao día de hoxe non so non se cumpre senón que, cada día que pasa, estamos mais lonxe de cumprilo.En Galicia, segundo fontes sindicais, esa fenda chega ao 23%. Unha fenda que parece agrandarse co transcurso dos anos: 22% no 2018. Un agravio que, no caso das mulleres galegas, non so existe cos homes galegos senón que están entre as mulleres dos pobos de España con menor salario e maior lenda salarial de xénero (22% de media). Unha diferencia salarial que ten entre as súas causas unha crecente discriminación retributiva e unha meirande precariedade laboral. Compre, xa que logo, remarcar que esta desigualdade salarial non deriva exclusivamente dunha maior precariedade laboral, que si existe, senón dunha crecente discriminación retributiva xa que ao igual traballo non se corresponde igual salario. Discriminación retributiva que se evidencia cando observamos que esta desigualdade existe en tódolos tramos de idade i en tódolos sectores produtivos e sexa cal sexa o nivel de cualificación. As mulleres cobran peores salarios só pola razón de seren mulleres. Unha realidade que en España, ademais, se agrava segundo que comunidade autónoma: Galicia, xunto con Canarias, Extremadura e Murcia ten o dubidoso honor de ser punteira en discriminación salarial i en non cumprir un dereito, a igualdade salarial, recoñecido pola OIT. Estamos, xa que logo, diante dunha desigualdade que non ten base científica senón causas políticas.Unha discriminación salarial por razón de xénero que se acompaña dunha non menor discriminación no emprego. As mulleres galegas (49,1% taxa de ocupación) teñen moitos mais dificultades que os homes (57,6%) para atopar traballo, incluso que a media das mulleres en España (53,5%): non teñen, xa que logo, as mesmas oportunidades de incorporarse ao mundo laboral. Ao tempo tamén lles resulta mais difícil conservalo emprego (13,3% de desemprego fronte ao 10,3%).Entre as causas políticas desta desigualdade por razón de xénero, que realmente é unha desigualdade de clase, unha auténtica explotación, está a debilidade tanto do movemento sindical (favorecida polas últimas reformas laborais neoliberais) como dos movementos feministas. Non menor importancia ten a non suficiente atención que os partidos políticos de esquerdas lle prestan a esta desigualdade de clase, uns por mor de terse aliñado coas políticas neoliberais e outros pola súa debilidade política e orgánica. Si ben resulta indiscutible que en Galicia, como na maioría dos pobos de España, tanto o movemento sindical como os movementos feministas teñen protagonizado grandes mobilizacións en contra da desigualdade de xénero (lémbrense as últimas manifestacións do 8M) estas mobilizacións non atoparon, ao día de hoxe, unha resposta positiva por parte dos últimos gobernos nin tampouco, todo hai que dicilo, pola clase empresarial.O argumento que ámbalas dúas elites utilizan para xustificar esta desigualdade laboral apóiase maiormente en razóns biolóxicas: embarazo e maternidade. Un argumento extremadamente conservador, moi influído pola igrexa católica, que asigna as labores de maternidade exclusivamente as mulleres pero que non resiste o contraste coas evidencias. Si resulta que Galicia é unha das comunidades españolas con maior discriminación laboral (salarios i emprego) por razón de xénero debería seren, segundo eses argumentos, por que é tamén unha das comunidades españolas con maior taxa de fertilidade e maior número de fillos por parella. Cousa que, como ben sabemos, non sucede en absoluto pois Galicia ten unha das taxas de fertilidade (0,9) mais baixas de España (1,3 de media), situándose a nivel europeo entre as comunidades con un menor número de nacementos por muller. Evidencias empíricas e científicas que tiran por terra o argumento biolóxico con que se intenta xustificar a discriminación laboral por razón de xénero.Si nun artigo anterior neste mesmo medio subliñaba que o emprego era o maior problema macroeconómico de Galicia agora sinalo que a desigualdade laboral por razón de xénero é un dos maiores problemas sociais.
NOS_36296
Cúmprense 140 anos da publicación do primeiro xornal escrito integramente en galego, O Tío Marcos d'A Portela. Publicado en Ourense, o periódico foi fundado por Valentín Lamas Carvajal e supuxo un avance decisivo no impulso da prensa escrita na nosa lingua.
O 7 de febreiro de 1876 saía á rúa o primeiro número do periódico O Tío Marcos d'A Portela, o primeiro escrito integramente en galego. Comezou tendo unha periodicidade quincenal, mais en poucos meses pasou a ser semanal. Así continuou até a súa derradeira etapa, na que volveu saír cada 15 días. A súa popularidade na época fixo que se acadasen tiraxes de até 4.000 exemplares, que foron vendidos nas feiras e mediante subscricións tanto na Galiza como alén do Atlántico. Xermolaba así unha escola de xornalismo galego que tivo repercusión en todo o país. O impulsor e director dos primeiros números de O Tío Marcos d'A Portela foi Valentín Lamas Carvajal, quen tamén dirixiu El Heraldo gallego e El Eco. Lamas Carvajal foi o autor do Catecismo do labrego, que publicou en 1888 en O Tío Marcos d'a Portela. Un ano após, editouno nun volume independente na imprenta de El Eco e recolleu un suceso memorábel. Foi un dos libros máis lidos, editados e recitados da literatura galega. As tres épocas do xornal A primeira das etapas comezou o 7 de febreiro de 1876, coa saída do Parrafeo Primeiro. Producíronse algunhas interrupcións até o ano 1880. Foi en 1883 cando comezou a segunda época do semanario, que durou até decembro de 1889 e cuxa principal característica foi a introdución da publicidade en galego. Após dunha longa ausencia, O Tío Marcos d'A Portela volveu saír entre febreiro de 1917 e xullo de 1919 baixo a Dirección de Xavier Prado e mais as Irmandades da Fala de Ourense. Entre os colaboradores desta derradeira época, na que o xornal rexurdiu como voceiro da Irmandades de Ourense, atopábanse López Abente, Losada Diéguez ou Manuel Lugrís. En total, publicáronse perto de 500 Parrafeos, un número que fixo do xornal a cabeceira máis duradeira da primeira etapa da prensa en galego. A temática centrouse, fundamentalmente, na literatura culta e popular, aínda que tamén se fixo eco das noticias da actualidade. Cun ton reivindicativo, o periódico deulle voz á defensa das clases populares, do galego e da Galiza. Foi contestatario cos abusos do poder e co caciquismo e denunciou as causas da emigración e da fame. Dan conta da liña reivindicativa de O Tío Marcos d'A Portela as verbas que recollía a súa cabeceira: "Os mandamentos do Marcos fora de eirexa son seis: facer a todos xustiza, non casarse con ninguén, falar o galego enxebre, cumprir co que manda a lei, loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe, vestir calzóns e monteira". Lamentabelmente, cando se cumpren 140 anos da publicación do primeiro xornal escrito integramente en galego, tan só fica un medio, Sermos Galiza, que recolle o testemuño daquel impulso á prensa en galego pola que traballou Valentín Lamas Carvajal.
NOS_41954
Convocadas pola Plataforma en Defensa da Universidade Pública, as persoas asistentes cargaron contra un modelo educativo que aposta por segregar o alumnado en función das súas capacidades económicas
Centos de persoas secundaron este sábado en Compostela a manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública contra o modelo de ensino universitario privado que quere instaurar Abanca no país. Baixo lemas como 'Recortes á pública, cartos á privada', 'Públicas son, públicas seremos, pola privada nunca pasaremos', as persoas asistentes á manifestación levaron as súas queixas polas rúas de Compostela, nun percorrido que partiu ás 12 horas da Alameda e concluíu na praza da Quintana da capital galega. A protesta prodúcese despois da acción protagonizada no día de onte polo colectivo Erguer, que ocupou a futura sede da universidade de Abanca en Vigo, e días despois de que o Partido Popular se negase no Parlamento galego a escoitar a opinión dos tres rectores de universidades públicas ao respecto da creación deste novo centro de ensinanza universitaria. Convocadas pola Plataforma en Defensa da Universidade Pública, centos de persoas marcharon en Compostela contra un modelo educativo que aposta por segregar o alumnado en función das súas capacidades económicas. Podes ler a noticia en: https://t.co/cLLznpl0lu pic.twitter.com/WmMB0uiBDa— Nós Diario (@NosDiario) June 12, 2021 Desde a Plataforma inciden en que o acto deste sábado non será o derradeiro, e continuarán coas mobilizacións contra o proxecto de universidade que "auspiciada por Abanca e promovida polo goberno do PP na Xunta da Galiza, pretende implantar un modelo de ensino superior privado no noso país", denuncian. Rexeitamento sindical Segundo sinalan algúns dos colectivos que integran a plataforma, como é o caso da CIG, con esta licenza universitaria Abanca vai ter a posibilidade de "enriquecerse e de segregar a parte do alumnado da universidade pública, nomeadamente a aquel que teña máis recursos", o que tamén vai en contra dos intereses da pública, que se pode ver abocada á perda do alumnado e a fuga do investimento privado pola posíbel desaparición dalgúns títulos da súa oferta. Neste sentido, Roberto Castro, da sección sindical de universidades de UXT, afirmou que a universidade "non é un ben de consumo, non é unha mercadoría. É un dereito e unha forma de progreso social que se trata de atacar a través dunha proposta na que a calidade non está garantida" e, polo tanto, a oferta privada "entra en conflito" coas titulacións públicas. Ademais, engade que "repercutiría economicamente de forma negativa" en campus periféricos como os de Ferrol, Lugo ou Pontevedra. Pola súa banda, a secretaria xeral da Federación de ensino de CCOO, Luz López, tachou de "contraditorio" que o Goberno galego "non permita duplicar titulacións ás públicas, pero si o faga coas privadas". "A lei de universidades publicada en 2013 abriulle as portas á iniciativa privada: os requisitos eran mínimos e calquera 'chiringuito' podía converterse nunha universidade privada", sinalou López. Denuncian a privatización da universidade cunha marcha multitudinaria en Compostela #Universidade #Galiza pic.twitter.com/9wwFM7rSrU— Nós Diario (@NosDiario) June 12, 2021 Resposta política A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que participou na manifestación, sumouse ás críticas vertidas contra o goberno popular e defendeu que o ensino superior é "un dos grandes avances e conquistas sociais" e "un ascensor social a preservar". Pontón tamén incidiu no feito "eticamente reprobábel" de que a iniciativa sexa promovida por Abanca, "unha entidade rescatada con diñeiro público". Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, aínda que non acudiu á marcha, tamén mostrou o seu rexeitamento a este proxecto privado durante a súa intervención no Comité Nacional da súa formación. Neste senso, o líder socialista reclamou "apoio e fortalecemento" do sistema público e non "competencia por atrás" por parte de institucións privadas. Desde o Goberno galego, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, argumentou que "o proxecto cumpre con todos os requirimentos legais" e "non ten ningún tipo de apoio económico por parte da Xunta". "Ambos os sistemas poden convivir sen ningunha dúbida, e pensar o contrario é unha postura algo anacrónica", sinalou "Estamos nun país libre no que é posible manifestarse, pero tamén é posible levar a cabo iniciativas privadas en calquera ámbito", indicou o conselleiro sobre a mobilización.
NOS_4123
O sindicato CIG-Ensino exixe á Xunta que forneza os centros educativos de material suficiente de protección e alerta da necesidade dun Plan de actuación que conte cunha avaliación de riscos de cada centro.
A CIG denuncia que pese a ter solicitado por escrito no mes de xuño que se dotase os colexios de material protector e que se idease un Plan de actuación "nada se fixo". Agora, un escrito remitido ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o sindicato vén de manifestarlle a preocupación "desde a perspectiva da protección fronte á Covid-19, sen pensar en ratios nin aulas burbulla nin nos problemas que se poidan derivar dunha deficiente hixiene e deinfección". Motivados, din, "pola negativa a incrementar o persoal de limpeza, entre outros, todo o referido á dotación de material de protección axeitado e ao correcto seguimento dos contaxios". Desde o sindicato lémbraselle ao conselleiro a obriga que "toda empresa ten de dotar todo o persoal do centro de máscaras ou calquera outro EPI (Equipamento de Protección Individual) necesario" e, engaden, "non só inicialmente como se está a facer, aínda que con retraso, senón en todo momento". Así o vén de indicar novamente a Inspección de Traballo en respossta a unha denuncia da CIG nas escolas infantís do Consorcio Galego e da Xunta.
NOS_55912
Santalices enxalzou a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, unha " madrigallega" que "se adiantou ao seu tempo"
Se hai uns días o alcalde de Madrid, Martínez Almeida, usaba o termo "madrigalego" agora é o presidente do Parlamento da Galiza quen colle o relevo no uso do 'concepto'. Miguel Ángel Santalices enxalzou a figura da escritora Emilia Pardo Bazán, unha " madrigalega" que "se adiantou ao seu tempo" ao expor debates que un século despois da súa morte permanecen vixentes, como a igualdade entre homes e mulleres. Estas palabras proceden da intervención do presidente do Lexislativo galego en Madrid, onde esta quinta feira participou na ofrenda floral da Basílica da Concepción, na que repousan os restos da escritora. Durante o acto, organizado por asociacións galegas na capital do Estado para conmemorar o 100 aniversario da morte da literata e que se encadra na Semana Xacobeo 21 de Madrid, Santalices agradeceu o tributo a Pardo Bazán, unha "galega universal" que tamén é "madrigalega".
NOS_4173
Jorge Coira non só é un director de ampla experiencia, senón tamén o actual presidente de CREA, a asociación de directores/as e realizadores/as de Galicia. Dende ese mirador, conversamos con el sobre a situación do audiovisual.
Aproveitamos o paso de Jorge Coira polo Formacip, o ciclo de obradoiros audiovisuais organizados como preludio do Carballo Interplay, para falar con el. Na capital bergantiñá estivo a afondar nunha das chaves do éxito do traballo de todo director ou directora, a súa boa comuniación coa persoa que interpreta. -Como xorde a idea de facer este obradoiro, que afonda no traballo conxunto entre as persoas que dirixen e aquelas que actúan? -Foi unha proposta de Sonia Méndez, a directora do Carballo Interplay. Chamoume para falar da oportunidade de facer un curso de dirección de actores. Nos últimos anos fixen en varias ocasións un obradoiro de interpretación e pareceume preciso dirixir esa parte non só aos actores, senón tamén aos directores, para que así poida haber unha comunicación mellor entre as dúas partes. -Supoño que nesa comunicación xorden non poucos obstáculos... -Son terrenos moi diferentes e moi afastados. Hai "mogollón" de directores que realmente apenas dirixen actores porque non teñen as ferramentas para facelo. Moitos actores quéixanse de que os directores non os dirixen. Se non consegues como director estabelecer unha boa comunicación cos actores, estás máis exposto ao azar de como entende o actor o personaxe. As escenas quedan menos vivas, e a ficción delátase, se as intentas estabelecer sen poder comunicarte ao redor da parte máis interna das personaxes. -Entendo que terían moito de terapia estas sesións, aínda que só sexa polo feito de que os actores e actrices puidesen expor as súas queixas aos directores e ao revés… -Partimos do respecto mutuo. Os actores traballan moito espindo as súas emocións e expoñéndose en público. Iso crea moito medo e os directores é unha parte na que non soe entrar. Isto levounos a facer exercicios de desinhibición, de intentar sacar as emocións a flote. Ten así a unha parte de terapia. Todo iso son ferramentas para logo traballar xuntos. -Que hai da túa experiencia persoal como director neste curso? -Todo nace de aí, do que fun aprendendo cos anos e tamén indo eu mesmo a cursos. A primeira vez que fun a un curso de dirección de actores foi hai máis de dez anos con Michael Radford, o director de O carteiro e Pablo Neruda, e abriume un mundo que eu non coñecía. Eu dirixía aos actores dende ese lugar no que non entendes nada de como funcionan e con Michael Radford descubrín que hai que empezar moito máis dende dentro, moito máis abaixo. -A que te refires con iso de ir máis adentro? - O personaxe ten que entender por que fai o que fai. Trátase de buscar os mecanismos internos do personaxe, os seus obxectivos na escena, as súas ferramentas, o que o leva a rir ou a chorar, de forma que, case sen dar ningunha indicación do resultado final, ese resultado saia de forma orgánica. Tamén é recoñecer con que ferramentas traballan hoxe os actores. Os actores non traballan hoxe en día poñendo cara de, non é cuestión de dicirlles que poñan "cara de", teñen que ver como sente o personaxe. -Lembras algún caso no que na elaboración dun personaxe te sentiras especialmente contento co resultado? -Uff, moitos... Lembro o personaxe de Avelino González en Padre Casares. Era un reparto moi amplo, moi diverso e que funcionaba moi ben. A parte actoral foi unha gozada. Con todos fomos buscando os personaxes. Estiveramos dándolle voltas ao personaxe de Avelino até que vimos que tiña a inocencia dun neno pequeno. sen facer iso obvio, fixemos con que o actor traballase con iso por dentro e a Avelino funcionoulle. E fora un traballo moi bonito. -O Carballo Interplay foi o primeiro festival de webseries do Estado. Como de asentado está este ámbito de creación, aínda tan recente? -Está en plena evolución e aínda queda un bo treito de evolución, que coido que pasa polo feito de que nalgún momento deixan de chamarse webseries. Aínda que a distancia entre series e webseries era en principio moi obvia, cada vez esa fronteira vai ser máis difusa. Todo vai cara ao lado de internet con moita forza. Espero que siga habendo un enorme campo de experimentación e de probas, que cada vez vai ir subindo máis o nivel de calidade. "O consumo cultural está baixando, de feito, de forma para min alarmante. Meter un IVA do 21% é demencial, case criminal. Se queremos un país que sexa de primeira liña temos que apostar pola súa cultura" -Ante a falta de traballo no audiovisual, cada vez máis as e os profesionais refúxianse nas webseries que, aínda que non achegan de momento un beneficio económico, si serven de escaparate e de vía para sacar o potencial creativo… -Sempre foi difícil empezar. Agora probabelmente máis porque baixou o nivel de produción e, ademais, disparouse o número de escolas e a cantidade de xente con formación. Hai moita xente nova que está intentando meter o pé. Historicamente era o mundo da curtametraxe ese primeiro paso, e agora teñen unha nova porta aberta en internet. -Como valoras unha iniciativa como o Carballo Interplay? -Estiven o ano pasado, coa iniciativa "Café con CREA", e agardo poder estar este ano. Paréceme marabilloso que ocorra. Paréceme que, para que unha sociedade sexa plena e sa, necesita fábricas, restaurantes, concesionarios de coches e tamén elementos de ocio creativo e artístico. Que unha vila coma Carballo teña un festival de webseries ao que poida vir xente de toda Galiza e de calquera outro sitio a ver é tremendamente enriquecedor. O mundo sen iso é un mundo terrible. -Dende CREA, a asociación de directores/as e realizadores/as de Galiza, e dende o teu rol profesional como director, como ves a situación das e dos profesionais do audiovisual neste momento? -A situación non é nada fácil de resumir. E hai elementos tremendamente negativos e positivos. Ou en España conseguimos darlle un xiro ás políticas audiovisuais e culturais no sentido máis amplo, ou estamos abocando ao país a converterse nun país de segunda, de xente desinformada, con pouca base cultural. O consumo cultural está baixando, de feito, de forma para min alarmante. Meter un IVA do 21% é demencial, case criminal. Se queremos un país que sexa de primeira liña temos que apostar pola súa cultura, no sentido máis amplo, tamén no campo da ciencia. -E no lado positivo? -No lado positivo, hai unha base de talento e de xente capacitada moi ampla que cada vez fai mellor as cousas e que, máis ca nunca, ten unha visión internacional que fai que se poidan financiar proxectos no estranxeiro. Iso era case un soño e agora faise realidade. -Algún caso que poida resultar exemplar? -Practicamente calquera película galega que poidas ver agora vai ter un pé fora. Vaca Films ten socios noutros países. Unha das últimas que fixo rodouna en Budapest. Estes días Oliver Laxe está rodando en Marrocos cunha visión claramente internacional. -Ante a escaseza de financiamento público dentro, óptase por outros ámbitos de financiamento como son as coproducións... -Ante isto e ante a madurez dos creadores e dos produtores. Empeza a haber toda unha xeración de produtores que xa nacen cunha visión moito máis internacionalizada. -Neste momento, conviven en Galiza diferentes xeracións de profesionais da dirección. Como ves o contexto actual ao respecto? -Obviamente créanse distintas xeracións, aínda que ten que ver pouco cos directores en si mesmos senón con ondadas de producións. Nos últimos anos hai un grupo de directores moi interesantes que están traballando en terreos máis experimentais e de cine de vangarda, mais tamén hai un cinema galego novo moi interesante e moi potente de cine máis comercial. Empeza a haber cada vez máis directores e de máis calidade. Entendo que uns imos aprendendo dos outros e iso fai que todo medre. E agora mesmo hai un nutrido grupo de directores moi competentes. Para min é un gusto estar en CREA, a asociación de directores, e facer un repaso polo catálogo destes directores e ver a cantidade de xente que está facendo cousas direrentes. -Tamén directoras? -Directoras hai menos. Pareceme preocupante. Persoalmente cústame moito atopar a raíz do asunto. Se fose que os empresarios fosen moi pechados a contratar mulleres, sería máis fácil de solucionar. Pero creo que non é así. Creo que ten que ver cunha cuestión cultural máis profunda, que de inicio as mulleres parten cunha desvantaxe xeral, social, cunha lousa inxusta e brutal, pensar que ter que dar o dobre, de ter que demostrar máis. Nas escolas, a porcentaxe de mulleres e de homes é moi igualitaria. Pero segundo imos subindo chanzos de decisión van desaparecendo. Ao final en directores, hai unha inmensa maioría de homes. Non sei agora mesmo a porcentaxe mais penso que debe andar en ao redor do 10%.
NOS_52579
Unha manifestación pola readmisión dos despedidos en Citroën e de apoio aos folguistas de fame percorreu Vigo no serán desta terza feira. Durante a xornada, decorreron concentracións por todo o país perante concesionarios da marca.
Unha manifestación de centos de persoas percorreu Vigo nesta terza feira, cando se cumpren 15 días do despedimento de 2 traballadores da factoría de Citroën na cidade olívica. Unha marcha que exixía a readmisión dos despedidos e denunciaba a "represión sindical" en Citroën. A mobilización tamén apoiou os traballadores en folga de fame. Dende a sección sindical da CIG-Citroën trasladaron o agradecemento dos dous compañeiros que permanecen en folga de fame (un deles leva xa seis días sen inxerir ningún tipo de alimento sólido) por todas as mostras de apoio recibidas. Ao mesmo tempo, denuncian que a empresa segue sen permitir a entrada de persoal médico de confianza para que poida avaliar o estado dos folguistas. A folga de fame iniciouse o 1 de xullo en protesta polo que cualifican como despedimentos "inxustos" e "sen precedentes" de dous traballadores, afiliados á CIG, da fábrica PSA-Citroën. A CIG denuncia a falsidade dos argumentos da empresa que explica os despedimentos por incumprimento en materia de seguridade mais, segundo aseguran, non se detectaron consecuencias nos vehículos fabricados. Aseguran que non hai precedentes a estes despedimentos que, segundo sinalan, carecen de fundamento. "Nunca se tomou unha medida tan drástica sen existir sancións previas", sinalan. Durante a xornada, en distintos puntos do país houbo concentracións solidarias diante das instalacións de concesionarios da marca.
NOS_44634
A plataforma cidadá considera que a sentenza do TSXG que tomba parte da ordenanza de uso do galego de Lugo racha "os acordos promovidos pola sociedade e concretados unanimemente polas forzas políticas".
A plataforma cidadá Queremos Galego considera que a sentenza do TSXG que anula parte da ordenanza do uso do galego do Concello de Lugo, aprobada por unanimidade de todas as forzas en 2012, é "cumplicidade xudicial" nunha campaña contra a lingua propia de Galiza. Queremos Galego entende que a resolución, que "elimina o galego como lingua propia e oficial de Lugo, por non estar subordinada ao castelán e vir definida como lingua plena e de pleno dereito", supón "rachar" acordos promovidos pola propia sociedade que tiñan o apoio unanime de todas as forzas. O portavoz de QG e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sitúa esta decisión no marco dunha "campaña contra os avances favorábeis ao galego", avances que viñeron da man da demanda e a mobilización da cidadanía. ""Comezaron contra o galego no ensino e hoxe, coa participación directa do poder xudicial, atacan o uso do galego nas administracións públicas e servizos privatizados". "Estaría disposto o presidente Feixó a que de agora en diante unha sentenza ditase que a Xunta ten que ser La Junta, as Consellarías, Consejerías?" Lembra que durante anos se viñeron aprobando na Galiza plans e normas favorábeis ao idioma propio do país sen problema ningún "agás unha minoría que non atura a existencia do galego nin como peza de museo". E lamentou esta decisión xudicial, preguntándose "onde está a xustiza" cando en trámites e procedementos de obrigatorio cumprimento para o cidadán (Perante Facenda, a Seguridade Social, Interior...) non se pode empregar o galego ou cando hai "ataques" á toponimia legal e oficial. Mobilizacións Queremos Galego entende que o acontecido en Lugo sobarda o estritamente local para merecer unha resposta a nivel nacional. Así, a plataforma anunciou accións por todo o país en contra desta sentenza e "para animar a todas as forzas políticas e sociais a actuar lexislando a favor da nosa lingua". O primeiro acto decorrerá esta cuarta feira, 16 de marzo, ás 11.30 diante do concello de Lugo, apoiando a decisión do pleno oporse a esta sentenza. Segundo sinalou o portavoz, haberá outros actos até o día 1 de abril, data na que está convocado plenario da paltaforma, e apartir de aí cada localidade deseñará o seu calendario que culminará o 17 de maio cunha grande manifestación en Santiago.
NOS_6066
"Rouban aos aforradores para rescatar aos bancos".Plataformas de estafad@s polo calote das preferentes organizan unha acampada e unha asemblea aberta na Praza do Obradoiro para exixiren "a devolución íntegra" dos seus aforros e coordinar "a rebeldía" que din, debe motivar a súa loita
Os lemas son ben coñecidos. O son das buguinas xa pregoa a cor das camisolas que pintan de vermello, lilá, amarelo, azul e laranza as mobilizacións das Plataformas de afectad@s pola estafa das preferentes. Incansábeis, a maré de afectad@s por este calote advirten que non pararán até que lles sexan devoltos "integramente" os seus aforros. As Plataformas estiveron acompañadas por representantes do Bloque Nacionalista Galego entre os que se atopaba o portavoz parlamentar da fronte, Francisco Jorquera e o secretario de Organización, Bieito Lobeira. Denuncian "o cinismo extremo" dos ex-directivos das caixas Após a comparecencia dos exdirectivos de Caixa Galicia e Caixa Nova na comisión de investigación parlamentar, @s aforrador@s estafadas polas participacións preferentes e subordinadas concentráronse na simbólica Praza do Obradoiro para levar a cabo unha campada e unha asemblea aberta. Integrantes das plataformas denunciaron "o cinismo extremo" de José Luís Méndez e Julio Fernández Gayoso nas súas intervencións e exixiron sexan xulgados pola maior estafa financeira coñecida no noso país. Nin as desculpas expresadas por algúns dos dirixentes das extintas entidades financeiras galegas, nin as explicacións outorgadas perante os grupos parlamentares, serviron @s estafad@s para xustificar que Nova Galicia Banco, siga "secuestrando" os seus aforros. Perante unha quita inminente e a parálise do proceso de arbitraxe, desde as Plataformas chaman @s afectad@s a se rebelaren contra a banca e a "non asinar ningún papel" que @s considere investidor@s e lles impoña unha perda no diñeiro depositado en produtos de carácter fraudulento. As buguinas soarán cada hora As campás da Catedral tocan cada hora e o ruido dos silbatos e buguinas resulta enxordecedor. As plataformas vindas de todos os recunchos do país --desde Lugo á Umia, pasando polo Baixo Miño, Ferrolterra e Compostela-- acordaron facer ruxir os seus aparellos ao son das campás como sinal de protesto. Cada hora, o Obradoiro da Catedral lembrará "aos banqueiros que non pararemos até recuperar o roubado". Aliás, as Plataformas desenvolverán unha asemblea aberta na praza na que "calquera persoa" poderá tomar a palabra. Xunto @s estafad@s persoas do mundo da cultura levarán a cabo leituras solidarias. Isabel Risco, Paula Carballeira, Mercedes Peón, Rosa Aneiros, Carlos Callón, Alberto Ramos, Xesús Ron ou Marilar Alexandre serán algúns dos nomes que tomarán parte nesta xornada reivindicativa. Máis unha vez o Concello da capital galega denegou o punto de luz @s manifestantes como vén acontecendo na maior parte dos actos e mobilizacións que teñen lugar en Compostela. Finalmente, un bar a carón do Pazo de Raxoi permitiu @s afectad@s instalar a súa megafonía. Con este acto lúdico-reivindicativo as Plataformas queren amosar o seu "rexeitamento ao roubo dos aforros" que lles queren impor o FROB e o Goberno español a través da quita. Neste senso, exixen a devolución do 100% dos seus aforros quer a través do reintegro do diñeiro e a supresión da quita, quer a través da vía da arbitraxe colectiva.
NOS_22882
Rexeitan a solicitude de feche da central das Pontes.
Persoal da industria auxiliar da central térmica de Endesa acordou convocar unha xornada de folga para o vindeiro 14 de xaneiro para rexeitar a solicitude de peche das instalacións das Pontes. Tamén decidiron retomar as concentracións que tiñan lugar as cuartas feiras na rotonda de Vilavella. A decisión foi adoptada na asemblea convocada pola CIG, CCOO e UGT para valorar a solicitude de peche cursada pola dirección de Endesa diante do Ministerio de Industria, criticando que esta se pedise antes sequera de saber "se é posíbel continuar coa actividade facendo uso de combustíbeis alternativos ao carbón". "Tamén demandamos a convocatoria formal da mesa da transición enerxética, na que teñen que participar o Estado, a Xunta, o Concello, a empresa os sindicatos e outros axentes sociais", explica Alberte Amado, da CIG-Industria.
NOS_45278
O número diario de contaxios en Europa comeza a descender paulatinamente. Nos países menos afectados estanse a tomar as primeiras medidas importantes de cara ao progresivo final da corentena. Porén, permanecen as cautelas a un posíbel rebrote nun continente que acumula dous terzos das mortes por COVID-19 do mundo.
"O levantamento das medidas restritivas do confinamento non significa a fin da epidemia; é só o comezo da seguinte fase". Tedros Adhanom, director xeral da OMS, advertía este domingo, durante unha xuntanza do G-20, que "é vital que os países eduquen, impliquen e capaciten os seus pobos para previr e responder con rapidez ante calquera rexurdimento". As palabras de Tedros chegaban poucas horas antes de que en Europa, países como Alemaña, Noruega, Polonia ou a República Checa desen pasos significativos na saída da corentena. Así, desde onte, en Alemaña están abertos os comercios de menos de 800 metros cadrados, os concesionarios de coches, as tendas de bicicletas e as librarías. Seguen fechadas as grandes superficies, ximnasios e bares e restaurantes. Con perto de 150.000 casos e máis de 4.500 mortes, a pandemia está "baixo control e é xestionábel", declarou o ministro de Sanidade, Jens Spahn. En Noruega tamén abriron onte as gardarías e algunhas especialidades médicas. Na vindeira segunda feira farano institutos e universidades de maneira parcial, así como salóns de peiteado e de beleza. Ademais, desde onte, as autoridades levantaron a prohibición de instalarse en segundas vivendas fóra do lugar de empadroamento. En Polonia, abríronse os parques e os espazos naturais, e o Goberno aumentou o límite máximo de persoas que poden comprar nunha tenda ao mesmo tempo. Na República Checa, o plan de saída do confinamento está estruturado en cinco fases e deu comezo onte coa apertura dos mercados ao aire libre e dos centros de traballo. Estenderase até o 8 de xuño. Ademais, a cidadanía pode agora viaxar ao estranxeiro, aínda que deberá someterse á corentena de dúas semanas ao seu regreso. Varias semanas máis Na outra cara da moeda están algúns dos Estados europeos máis afectados pola pandemia da COVID-19, como son Italia, Francia, España ou o Reino Unido. O primeiro ministro británico, Boris Johnson, actualmente en proceso de recuperación da COVID-19, avogou polo mantemento da corentena por máis tempo, segundo publicou onte The Times. Johnson defendeu esta postura ─que contrasta coa que mantiña ao comezo da pandemia─ durante a última xuntanza do seu Consello ministerial, "no medio das crecentes tensións no Gabinete sobre cando levantar as restricións". O premier manifestou que un rexurdimento do pico de contaxios "causará un gran dano á saúde e á economía", maior que o que pode provocar o confinamento, no que está o país desde o 23 de marzo. O seu homólogo francés, Edouard Philippe, sinalou que "a situación vai mellorando gradualmente", mais aínda "non estamos fóra da crise sanitaria". Francia ten a intención de reabrir as escolas o 11 de maio, mais tamén apunta a unha saída paulatina do confinamento. O presidente Emmanuel Macron anunciou a semana pasada que as escolas comezaranse a abrir de novo a partir do 11 de maio, aínda que se barallan varias opcións, como rotar metade do alumnado ou en función do número de contaxios por territorios. Francia decretou o confinamento o 17 de marzo. O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou nesta fin de semana que a partir do 27 de abril os menores de 12 anos poderán, de forma limitada no tempo, saír das casas onde permanecen confinados desde o 14 de marzo. Ademais, estendeu o estado de alarma até o 9 de maio. Sánchez na súa intervención do sábado insistiu varias veces en que a sociedade se debe preparar para unha "nova normalidade". Unha expresión que coincide coa manifestada onte polo ex primeiro ministro británico Tony Blair nun comunicado publicado na web da súa organización, a Tony Blair Institute for Global Change. "A normalidade á que regresemos será unha nova normalidade", apuntou. E en Italia, o primeiro ministro, Giuseppe Conte, asegurou nun comunicado colgado na súa conta de Facebook que, malia as presións dos líderes rexionais, o Goberno non mudará a súa folla de ruta. Isto é, non comezará a levantar as restricións antes do 4 de maio. As librarías e papelarías, así como as lavandarías comezaron a reabrir nalgunhas rexións, e nos vindeiros días Conte presentará a súa estratexia a nivel estatal. 50% dos contaxios O continente europeo, segundo os últimos datos recollidos polo Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC, polas siglas en inglés), acumula arredor da metade dos casos da COVID-19 a nivel mundial e dous terzos das mortes. Os Estados con máis contaxios son, por orde, España, Italia, Alemaña, Reino Unido e Francia; e con máis mortes, Italia, España, Francia, Reino Unido e Bélxica.
NOS_18858
Os celestes reciben unha goleada no Sánchez Pijuán embora gozar de oportunidades de gol. Superar a eliminatoria, misión case imposíbel.
O celtismo leva no ADN estas cousas. Emocionarse, soñar e entón levar un deses golpes que tomban a un de costas. O 'vello' celtismo abonábase entón, ante esas derrotas que tomban un soño, ao pesimismo, á auto-crítica destrutiva e a certa melancolía que pouco tiña de romántica e moito de parálise. Mais iso era o 'vello' celtismo. O 'novo' celtismo semella que prefire non baixar os brazos. Iso semella, polo menos, dando unha mirada rápida ás redes sociais após o duro castigo que o Celta levou no Sánchez Pijuán, onde caeu derrotado nas semi-finais da Copa do rei por 4-0. Toda unha goleada. Mensaxes de ánimo á equipa, de apoio entre a familia celeste, e encomenadas a protagonizar en Balaídos unha 'remontada' porque "imposssible is nothing', como dicía o famoso anuncio. O certo é que o Celta teno complicado, ben complicado. Caeu en Sevilla perante un equipo que marcou pouco antes do descanso e despois, co contra-ataque como arma, bateu na portería galega en 3 ocasións. O Celta tivo as súas oportunidades, con disparo ao pao incluído. E nunca baixou os brazos. O equipo de Berizzo non coñece o conservadurismo e en ningún momento deixou de procurar a portería rival. Mais recibir 2 goles en 3 minutos fai difícil responder. O Celta, iso si, sigueuno intentando até o final. Non foi de abondo. A vindeira cita do Celta é este domingo, Na casa. Contra o Sevilla. Boa oportunidade para ir collendo folgos e notas de cara a preparar a remontada. "Quen dixo medo?", preguntaban os mariñeiros da Arousa antes de saír ao mar con temporal. E en Arousa está a maior peña do Celta. Pois iso, Remontada? "Quen dixo medo?" Ficha técnica: Sevilla FC: Rico, Trémoulinas, Kolo, Rami, Coke, N'Zonzi, Cristóforo (Carriço, min.70), Krohn-Dehli, Banega (Konoplyanka, min.73), Vitolo e Gameiro (Llorente, min.78) Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Marcelo Díaz, min.83), Pablo Hernández, Orellana, Iago Aspas e Guidetti (Beauvue, min.77). Goles: 1-0, min.44: Ramí; 2-0, min. 59: Gameiro; 3-0, min.62: Gameiro; 4-0, min.87: Krohn-Dehli. Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Amonestou Iago Aspas, Sergi Gómez, Llorente, Ramí, Koke, Wass, Krohn-Dehli, Radoja.
NOS_58378
Piden o cumprimento do convenio colectivo e denuncian a falta de persoal, o exceso de horas e os salarios por debaixo do convenio.
Os traballadores de Ambuibérica inician a primeira das dúas xornadas de greve que convocaron nesta empresa concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente do 061. A CIG lembra que Ambuibérica é a concesionaria con maior peso en Galiza nese servizo. Piden o cumprimento do convenio colectivo e denuncian a falta de persoal, o exceso de horas e os salarios por baixo de convenio. O representante da central nacionalista, Inácio Pavón, responsabilizou da situación na que se atopa o persoal de Ambuibérica, por unha banda á propia empresa e, pola outra, á Xunta de Galiza, da que dependen tanto a consellaría de Sanidade como o 061 que "son quen teñen que garantir que se cumpran as condicións laborais e a prestación do servizo coa maior calidade posíbel", explicou. O sindicato afirma que Ambuibérica gañou os concursos en Galiza porque "aquí fixeron rebaixa nos lotes aos que se presentaron e agora queren que paguen as traballadoras e traballadores". Ademais denunciou que a maioría das novas contratacións que se están facendo son en prácticas, consalarios dun 60 ou 75% dos regulados en convenio. "Estanse precarizando as condicións laborais da xente e hai traballadores que facendo as mesmas xornadas que os outros cobran só 700 ou 800€. Nós non dicimos que non se fagan contratos en prácticas, pero si que se regulen e limiten".
NOS_40722
"Eu teño a mellor das opinións da actual ministra de Traballo", destaca o presidente do Goberno do Estado español, que prevé unha "continuidade" na acción da equipa. Así mesmo, recoñece ter desexado sorte nas eleccións madrileñas a Pablo Iglesias, se ben "non tanta" como ao candidato do PSOE, Ángel Gabilondo.
"Eu teño a mellor das opinións da actual ministra de Traballo". Desta forma o presidente do Goberno do Estado español, Pedro Sánchez, deu por boa a proposta de Pablo Iglesias de que sexa a galega Yolanda Díaz quen o substitúa na vicepresidencia segunda dada a súa marcha para encabezar a proposta de Unidas Podemos ás eleccións da comunidade de Madrid. Sánchez, que estaba en Francia para unha reunión co seu homólogo no país veciño, Emmanuel Macron, afirmou que "non vai haber ningún tipo de problema" co cambio. Desde o seu punto de vista, a xestión da que fora dirixente de Esquerda Unida é "extraordinaria". Malia que Iglesias afronte unha nova etapa, para o presidente haberá "continuidade, como non pode ser doutra forma" no pacto de Goberno entre o PSOE e Unidas Podemos. "Xa dixen que estaba satisfeito co funcionamento do Goberno de coalición", engadiu. Preguntado polos medios sobre como soubo da mudanza de papeis, contou que Iglesias fíxolle chegar a súa decisión de abandonar o Executivo esta segunda feira, antes de dicilo de maneira pública. Após coñecer o seu destino desexoulle boa sorte. "Non tanta sorte, ou menos, que ao candidato do PSOE, Ángel Gabilondo, pero evidentemente desexeille sorte na súa nova andaina política e tamén lle recoñecín a achega que fixo este ano á fronte dunha carteira tan importante como o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030", destacou. Nas próximas xornadas chegarán os movementos estruturais para facilitar a saída de Iglesias coa menor afección aos asuntos que están a ser tratados nestes momentos. "Ten todo o respecto Unidas Podemos na súa participación no Goberno e na súa composición, e na repartición que fixemos desas funcións, hai unha Vicepresidencia Segunda que representa a Unidas Podemos no Goberno", destacou, en todo caso.
NOS_31353
A pesar de estar en novembro, o Celta xoga contra o Granada unha final, que de gañala daría aire a un equipo que ocupa o último posto na táboa. Situación ben oposta viven os equipos galegos implicados no duplo derbi (Compostela-Pontevedra e Rácing-Dépor) da xornada na Segunda B, que queren gañar para seguir medrando.
"Gañar, gañar, gañar e volver gañar". O Celta terá que acollerse ao maior principio filosófico do Luisaragonesismo se quere reconducir unha situación que, sen ser aínda dramática por estar na xornada 11, debe ser tomada canto menos como perigosa dada a súa posición de fechacancelas na Liga e, o que é peor, a sensación de que os puntuais erros defensivos que levan toda a tempada acompañando o equipo acabarán por lastrar todo intento de reacción celeste. O rival non invita a pensar en milagres, pois o 'Euro Granada' do vigués Diego Martínez é un equipo sólido, que destaca polo seu equilibro, mais a afección debe aferrarse á positiva imaxe ofrecida polo novo Celta do Chacho Coudet durante a maior parte do seu primeiro partido, así como á súa aposta polo fútbol ofensivo, a mellor forma de facerlle dano a un bloque sólido como o moldeado por Martínez. Este compromiso, programado para p domingo ás 18.30 horas, chega, ademais, nunha semana moi especial para a escuadra viguesa, que acaba de inaugurar as instalacións da nova Cidade Deportiva Afouteza, en Mos, onde xa se desenvolveron os adestramentos previos a este compromiso co Granada. Pese a que o técnico arxentino non deu moitas pistas do posíbel once, ben podería repetir o da pasada semana, sendo así da partida Rubén; Hugo Mallo, Aidoo, Murillo e Olaza na defensa; Tapia, Brais, Denis e Iago Aspas -con total liberdade- formando un rombo no medio do campo; e Nolito e Santi Mina na punta. Duplo derbi na Segunda B A categoría de bronce vén marcada esta fin de semana polo duplo derbi galego que protagonizan Compostela e Pontevedra, por unha banda, e Deportivo e Rácing de Ferrol pola outra. O primeiro destes choques é o único da xornada previsto para o día de mañá, concretamente ás 17 horas no Estadio Vero Boquete de Santiago. Alí, un Compos que vive o seu mellor momento da tempada recibe o líder Pontevedra, que se confirma como aspirante ao ascenso de categoría, pero que nas últimas catro décadas tan só foi quen de conseguir unha vitoria, e xa hai exactamente 11 anos, un equipo aquel no que brillaba a actual estrela dos granotas, Charles Dias. Do lado capitalino son conscientes do "duro reto" que supón a visita do líder, tal e como apuntou o seu adestrador, Yago Iglesias, que considera que o feito de xogar na casa implica que os seus teñan que "ter o control dos tempos" e "impor" a súa idea de xogo ante un rival perigoso "pola súa verticalidade". Do mesmo modo, o Deportivo da Coruña-Rácing de Ferrol, que será o domingo ás 17 horas, representa o primeiro encontro entre ambos os conxuntos na categoría de bronce desde a tempada 1980-81, que por aquel entón caera do lado dos Diaños Verdes por 0-2. Desde Ferrol ven este partido, que antes da irrupción do 'Súper Dépor' chegou a ser de forte rivalidade, como "especial", mais, como indica David Rodríguez, "xogar en Riazor supón unha motivación, pero non deixa de ser un campo verde con porterías". Os seus rivais branquiazuis están enfocados en tratar de deixar atrás a mala imaxe ofrecida no empate ante o Guixuelo, unha situación propia dun equipo que aínda está tratando "de buscar o seu máximo potencial", como recoñeceu o defensa vasco Eneko Bóveda. Con respecto aos últimos equipos galegos na clasificación, Celta B e Coruxo, salientar que o filial celeste xoga o mañá ás 17 horas contra o Salamanca, penúltimo clasificado e que estrea adestrador após destituír Sergio Egea tras perder a semana pasada co Pontevedra. Pouco tempo antes, ás 12 horas do domingo, o Coruxo, fechacancelas da categoría, aspira a lograr a súa primeira vitoria da tempada ante un Guixuelo que vén de empatar co Dépor.
NOS_31463
Hostalaría Compostela asegurou hoxe que non se suma ao mesmo, xa que considera que as contías seguen sendo "insuficientes", moi lonxe dos 45 millóns de Euskadi ou dos 38 de Murcia.
A hostalaría galega conseguiu que a Xunta incrementase a contía das axudas para o sector, mais non tanto como lles gustaría. Os cinco millóns que agora engade o Goberno galego aos 12 xa anunciados quedan aínda lonxe dos 30 que considera necesarios o empresariado afectado para facer fronte á difícil situación económica derivada do fechamento dos seus negocios. Con este incremento, as contías mínimas a percibir acadarán os 6.700 euros e as máximas chegarán até os 9.200. A medida adoptouse mediante unha declaración asinada no curso dunha nova reunión que realizaron en Compostela o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, coa Mesa de negociación da hostalaría da Galiza. O vicepresidente Rueda comprometeu unha tramitación áxil e sinxela por parte da Xunta das axudas, que, apuntou, estarán publicadas antes de que remate o mes para que as persoas beneficiarias poidan empezar a percibilas desde decembro. A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, sinalou que a Xunta apoia "con maior contundencia o sector do que o fai o Estado" como, por exemplo, "rebaixando as esixencias de perdas dos estabelecementos a 45% con axudas que ademais son compatíbeis e acumulábeis entre si, para beneficiar o empresariado máis afectado". Pola súa banda, o presidente do Clúster de Turismo da Galiza, Cesáreo Pardal, expresou a través dun comunicado a súa "satisfacción" por este acordo, que, segundo defende, vai na liña do plan solicitado polo sector para "afrontar a supervivencia agora e a reactivación cando sexa posíbel". Pardal tamén se mostrou agradecido pola actitude de diálogo mostrada polas persoas representantes do sector e da Xunta durante o proceso de negociación. Compostela desmárcase Mais a escasa dotación de fondos públicos, aínda coa suba, fai que boa parte do sector non estea satisfeita co acordo. Neste senso, Hostalaría Compostela asegurou esta sexta feira que non se suma ao mesmo, xa que considera que as contías seguen sendo "insuficientes", moi lonxe dos 45 millóns de Euskadi ou dos 38 de Murcia ─calculan un mínimo 30 millóns para Galiza─, e que o Executivo galego debería aclarar "como será a volta ao traballo".
NOS_28138
O primeiro aniversario da súa morte, o galeguista foi homenaxeado no cemiterio de Boisaca.
Vai un ano do falecemento de Isaac Díaz Pardo e o cemiterio de Boisaca encheuse de música e poemas para lembrar a memoria do galeguista. Figuras do mundo da cultura, como Mini e Mero, mais tamén autoridades nacionais e locais como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Teo, Martiño Noriega tomaron parte dunha emotiva homenaxe en que salientou a lembranza ao baleiro deixado, mais tamén ao patrimonio que compón o seu pensamento e obra. Leituras, recitais e cancións encheron o campo santo de Boisaca do recordo ao finado a quen chegaron a definir como "o motor das grandes causas" tanto na Galiza coma no exilio. Porén, após un ano da súa morte, a "luminosa mirada dos ollos de Isaac" aínda non se apagou e parte dela será recuperada coa publicación dunha obra editada por Xosé Ramón Fandiño intitulada "Isaac Díaz Pardo. Obra dispersa" (Cadernos Ramón Piñeiro). A súa presentación terá lugar a vindeira cuarta feira no Museo do Pobo Galego.
NOS_28962
O PP formulou un recurso perante a Xunta Eleitoral para impedir que a TV3 retransmitise a marcha a prol da liberación dos presos. A formación unionista argumentou que a televisión catalá é a principal ferramenta de axitación do soberanismo. A Xunta Eleitoral rexeitou o recurso.
O recurso do PP carecía de forza ao existir un precedente -o da manifestación españolista do pasado 29 de outubro que foi retransmitida ao vivo pola TV3- sen que naquel momento o partido que lidera García Albiol en Catalunya apresentase ningún recurso. Quer a manifestación unionista quer a soberanista foron convocadas após a chamada ás urnas feita polo Goberno Rajoy para o 21D ao activar o artigo 155. A negativa da Xunta Eleitoral ao recurso do PP coñeceuse durante o desenvolvimento da manifestación. Durante a marcha, e para alén das xornalistas destacadas nas rúas para cobrir o evento, dúas persoas comentaron para a TV3 esta nova xornada de mobilización soberanista, unha partidaria das teses unionistas e outra das independentistas.
PRAZA_5455
A número tres do PP galego nega que 'inchase' contratos na súa época como concelleira e desliza críticas á xuíza De Lara por manter en segredo a súa declaración no xulgado pero non o informe de Vixilancia Aduaneira con sospeitas sobre ela.
Este venres tampouco hai rolda de prensa de Paula Prado. Tras a saída á luz, o pasado marzo, do informe de Vixilancia Aduaneira que a sitúa no centro dunha presunta rede de enchufes, favores e medias verdades no marco da operación Pokémon, a voceira do PPdeG e directora da súa campaña para as europeas reduciu á mínima expresión as súas intervencións públicas. Dende entón a noutrora látego da oposición non ofrece a súa habitual comparecencia no remate da semana para fustigar dialecticamente o resto de grupos políticos e nos debates parlamentarios adoita cinguirse aos asuntos da súa área, sen maiores estridencias. Pero un novo xiro de guión na propia operación Pokémon vén de levala a rachar o silencio, aínda que sexa por escrito. A última hora deste xoves a axencia Europa Press publicaba o contido dun auto no que, o pasado 24 de abril, a xuíza Pilar de Lara anunciaba a inclusión do marido da número tres dos conservadores galegos na investigación sobre a presunta trama corrupta. A maxistrada sospeita que "Francisco Antonio O.I., prevaléndose da súa relación matrimonial (...), obtería beneficios económicos na súa actividade de venda de materiais téxtiles a determinados organismos públicos, entre eles o Concello de Santiago". Nesa suposta arañeira de favores e influencias tamén estarían implicados, segundo a xuíza, outros dos nomes claves da operación en Compostela, caso por exemplo do ex xefe de gabinete, Ángel Espadas, ou do actual concelleiro de Deportes, Adrián Varela. De Lara investiga as relacións comerciais do marido da dirixente conservadora coas administracións "A fin de non involucrar o seu nome como provedor" o home de Prado "utilizaría a terceiros intermediarios e facturaría por medios de persoas interpostas", sinala De Lara, que lle reclama ao investigado diversa documentación contable da súa empresa. Esa petición de documentación confirmábaa a propia Paula Prado poucas horas despois a través dun comunicado difundido á prensa no seu propio nome pero co logotipo do PP, no que ademais de negar as sospeitas que pesan sobre ela desliza críticas á xuíza polo xeito en que está a instruír o caso e, sobre todo, pola maneira en que manexa o segredo sumarial. "Nunca alterei o prezo dun contrato" "A profesión do meu marido levouno a vender material téxtil por gran cantidade de empresas privadas e públicas", di Prado, que no cuarto punto da súa comunicación aos medios advirte de que "a través da empresa familiar" o seu cónxuxe "foi provedor da Xunta durante o Goberno bipartito, pero nunca en mandatos do PP" e que a súa actividade comercial coas administracións "sempre estivo á marxe da miña condición de dirixente do PP". "Nunca intercedín pola súa actividade profesional" e "nunca lle realicei pedido ningún usando as miñas responasbilidades públicas", afirma. Prado "lamenta" que o informe sobre ela xa non sexa secreto pero si a súa declaración no xulgado Neste punto, e a través dun formato no que obviamente non caben preguntas, Prado dá en "aclarar outras dúbidas que puideron xurdir na opinión pública" tras a difusión do devandito informe de Vixilancia Aduaneira sobre o caso no que, evidencia, ela é unicamente "testemuña". Sen mencionar a xuíza a dirixente conservadora di lamentar "que se dese a coñecer un informe que arroxaba dúbidas sobre as miñas actuacións como cargo público" pero "non se trasladase tamén o contido da miña declaración no xulgado", aínda segreda, na que, asegura, "aclaro todas e cada unha das cuestións que puideron ser interpretadas de forma errónea", en referencia, por exemplo a un contrato presuntamente 'inchado' na súa época como edil en Santiago. Feijóo evita apoiar a Prado, pero tamén relevala dos seus cargos "O máis útil dende un punto de vista político" sería que ela mesma fixese transcender "as declaracións efectuadas pola miña persoa en Lugo", apunta, pero non o fixo por lealdade ao segredo de sumario. En calquera caso, subliña, "nunca na miña vida alterei o prezo dun contrato subscrito cunha institución pública" e "quero destacar que en todos os meus cargos públicos (...) fu, son serei absolutamente respectuosa coa legalidade". Dito isto, todo apunta a que seguirá o silencio e, mentres, Alberto Núñez Feijóo evita apoiar en público a Prado, pero tamén relevala dos seus cargos.
NOS_9177
O número 0 de Nós Diario aborda temas como o encallamento do buque quimiqueiro Blue Star; o auxe e a caída do ex presidente de Xóvenes Agricultores, Juan Luís Pérez Miramontes; ou a folga que o 12 de decembro paralizará o ensino público na Galiza. Acompaña este número o semanal de Nós Diario, Sermos Galiza, tamén dispoñíbel de balde no Culturgal.
Nós Diario, tal como se pode ver no seu Número 0, que se presenta na Feira das Industrias Culturais da Galiza (Culturgal) estrutúrase en seis seccións: Galiza, Opinión, Economía e Traballo, En Foco, Internacional e Cultura, máis o suplemento Sermos Galiza. Na sección de Galiza comezamos cunha análise dos orzamentos da Xunta e continuamos co encallamento do buque quimiqueiro Blue Star na ría de Ares, que volve pór de actualidade o debate sobre a seguridade marítima das nosas costas e o reclamado traspaso das competencias de salvamento e seguridade marítima a Galiza. Tamén entrevistamos Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e un dos expertos máis prestixiosos do mundo no campo da xenómica, que volve incidir no feito de que «é vital reter o talento e atraer o de fóra para crear riqueza en investigación». A aprobación no pleno do Parlamento da Lei de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, as reclamacións da Plataforma pola defensa do tren e os problemas de xestión dos concellos de menor tamaño completan as informacións da sección de Galiza. As mellores sinaturas do país, na sección de Opinión En Opinión contamos coas sinaturas de María Reimondez, Suso de Toro, Manuel Vilar Álvarez, Alba Taladrid, Miguel Anxo Bastos Boubeta e Comba Campoi García, que acompañan o Editorial de María Obelleiro, directora de Nós Diario. Ademais, Xosé Lois O Carrabouxo engade un raio de cor e enxeño cos seu cadriño. Bastante menos do que vale un café. Ese é o prezo da subscrición a Nós Diario, que ofrece múltiples posibilidades para facilitar o pagamento ás persoas asinantes Economía e Traballo abre lembrando que Galiza é unha potencia enerxética que vai reducindo a súa dependencia dos combustíbeis fósiles grazas a enerxías renovábeis como a eólica, a biomasa ou a solar, mais o mapa enerxético segue controlado polas grandes empresas, que levan fóra os beneficios económicos. A multiplicación da conflitividade laboral, con especial foco no sector do ensino -que vivirá o 12 de decembro unha xornada de folga xeral na defensa da educación pública-outra das informacións principais de Economía e Traballo. Xornalismo de investigación No En Foco relatamos o auxe e a caída de Juan Luís Pérez Miramontes, o ex presidente de Xóvenes Agricultores, quen presuntamente financiaba a rede de trata desarticulada en abril de 2019 en Compostela, segundo un informe da Policía Nacional ao que accedeu Nós Diario. Outra caída, neste caso a do Muro de Berlín, serve como leitmotiv para que a sección de Internacional propicie unha reflexión sobre os máis de 70 valados que separan territorios e impiden o paso de persoas migrantes e refuxiadas na actualidade. O desmantelamento dun grupo de fanáticos da extrema dereita que pretendían formar un novo partido nazi en Italia ou o escenario ante as eleccións do 12 de decembro no Reino Unido completan a sección de Internacional. En Cultura entrevistamos María Victoria Carvalho-Calero Ramos, numeraria da Academia de Belas Artes, catedrática da Universidade de Vigo e especialista en Historia da Arte Contemporánea, que lembra a figura do seu pai a menos dun mes vista para que Ricardo Carvalho Calero sexa a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Ademais, dedicamos unha páxina a unha nova edición do Culturgal, sen esquecer deixar espazo para recoller unha completa axenda cos eventos culturais e de ocio máis importantes do país. Para pechar Nós Diario, contamos cunha entrevista moi particular que caracterizará as últimas do xornal e que leva por nome Avante Toda. O primeiro convidado dunha sección con temática tan mariñeira non podía ser ninguén mellor que un home que non necesita presentación, o coruñés Xurxo Souto. Sermos Galiza, suplemento de Nós Diario O semanario en papel Sermos Galiza desaparece como tal, pero pasará a formar parte de Nós Diario os sábados, como publicación de fin de semana. Xornalismo de calidade, pausado, e profundo marcará a tónica de Sermos Galiza, que no caso da edición que acompaña este Número 0 de Nós Diario indaga na figura do Apalpador, que ten cada vez máis relevancia nos fogares galegos nas vésperas de Nadal. A entrevista en profundidade que María Obelleiro, directora de Nós Diario, lle realiza a Xoán Costa, a reportaxe de Cilia Torna sobre a "aldraxe" do proxecto de Estatuto de Autonomía de 1979, e espazos sobre cinema, literatura, música e viaxes, entre outros, completan o renovado Sermos Galiza. Tanto o número cero de Nós Diario como o de Sermos Galiza, o seu semanal, poderán recollerse de balde no espazo físico de Nós Diario no Culturgal. Subscríbete por 60 céntimos ao día Bastante menos do que vale un café. Ese é o prezo da subscrición a Nós Diario, que ofrece múltiples posibilidades para facilitar o pagamento ás persoas asinantes. A subscrición representa un importante aforro a respecto da compra do diario día a día, cuxo prezo será de 1,50 euros de terzas a sextas feiras e de 3 euros o sábado, día en que acompaña o diario o suplemento de fin de semana. Desde 20 euros cada mes, ou, o que é o mesmo, por 60 céntimos ao día, podes facerte subscritora ou subscritor, ou mesmo agasallar cunha subscrición a quen desexes. Este sería o prezo da subscrición ao diario dixitalizado na nube. Nesta modalidade, alén facerse 12 pagamentos mensuais por un importe de 20 euros ao mes, tamén é posíbel pagar 57 euros ao trimestre, 108 euros ao semestre ou un pagamento anual de 204 euros, o que representaría 17 euros ao mes. En canto á versión en papel, que inclúe o acceso ao diario dixitalizado na nube, é posíbel facerse asinante por 27 euros ao mes; por 78 euros ao trimestre; por 150 euros ao semestre ou por 288 ao ano, o que suporía 24 euros ao mes.
NOS_32430
A seguridade no deporte segue a ser fonte de conflitos coa aplicación de diferentes protocolos entre a Xunta da Galiza e os organismos deportivos estatais. A última proposta do Goberno galego de realizar probas a todos os deportistas que veñan de fóra e para os que viaxen aínda non ten resposta do CSD.
A Xunta da Galiza reiterou a petición de exixir que os equipos e deportistas galegos que participen en competicións estatais non oficiais que impliquen contacto teñan que facer un test serolóxico para previr contaxios en relación á Covid-19. Da mesma maneira, solicita que os equipos e deportistas nas mesmas circunstancias que se acheguen á Galiza tamén pasen por ese control. Con esta intención o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enviou unha carta ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, na que ofrecía a súa colaboración e insistíalle en que tivese en conta a orde aprobada o 30 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020 e publicada posteriormente no Diario Oficial da Galiza. Segundo a propia Xunta, no caso de expedicións de equipos e deportistas procedentes doutras comunidades deberán realizar o "test serolóxico ou proba similar" en orixe polo menos 24 horas antes da súa chegada, para protexer a poboación, xa que o curto espazo de tempo que permanecen na Galiza pode impedir que lles sexa de aplicación a normativa reguladora do Rexistro de viaxeiros do 27 de xullo. O protocolo do CSD e liorta coa ADESP O protocolo para o regreso das competicións oficiais de ámbito estatal e carácter non profesional, elaborado polo Consello Superior de Deportes (CSD), non esclarece, segundo o propio conselleiro, "aspectos como o tipo de proba a realizar, o seu financiamento, a evolución da súa utilidade e se se deben facer máis dunha vez con posterioridade", cuestións pendentes de decidir no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a pesar de que as competicións xa teñen iniciado ou son de inminente comezo. A Xunta agarda a realización deste Consello para dirimir estas cuestións de absoluta importancia para a reactivación do deporte estatal. En palabras do conselleiro, a modificación aprobada agora é dunha medida "provisional" para "cubrir transitoriamente un baleiro". Os protocolos e a seguridade no deporte non profesional están a crear unha guerra entre organismos e entidades que vai máis alá das propias competencias dos diferentes territorios. A Asociación do Deporte Español (ADESP) exixiulle ao Goberno Galego que modificara a norma asegurando que representa unha "deslealdade" co marco consensuado entre todos os axentes institucionais e deportivos. Desde a Secretaría Xeral para o Deporte, lembran que xa consta nas alegacións presentadas ao protocolo do CSD a súa defensa da necesidade de realizar tests serolóxicos ou probas similares para a reactivación segura da práctica deportiva. O problema agora sería o financiamento Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, asegura a Nós Diario que están "completamente de acordo con que se realicen tests serolóxicos" o problema viría por saber "quen ten que financialas". Admite que é un tema que está "enriba da mesa desde que se aprobou o protocolo do CSD" e que "aínda teñen que explicarnos como será esa financiación, agora mesmo é o que máis nos preocupa". López indica que o balonmán en particular e o deporte en xeral "non pode estar á marxe da actual situación" e igual que todo o mundo leva unha máscara para protexerse dos contaxios "nós igual, sería unha falta de respecto cara a sociedade se non o fixésemos". O organismo federativo do balonmán galego procurou orzamentos de probas serolóxicas e polo de agora a máis económica está en 12 euros por persoa cada vez que se faga. "Se un club ten que facela cada quince días acaba por ser un gasto importante cun gasto por tempada de case 5.000 euros", relata López, "e non podemos esquecer que estes clubs xa teñen agora mesmo moitos problemas de financiamento". Agora mesmo nas competicións non se exixe a realización de tests serolóxicos noutros territorios do Estado español, algo que para o presidente da Federación Galega de Balonmán "é unha irresponsabilidade". Explica que desde o organismo que preside tomaron a decisión de que os equipos galegos deste deporte empregaran a máscara nas súas saídas fóra da Galiza e tamén aquí, mais "non contemplan ningunha outra opción" e en caso contrario "non deberíamos volver á competición". Preguntado sobre quen debería afrontar o gasto dos tests, López cre que as diferenzas "se o CSD quere rematan" igual que aconteceu con outras cuestións. Neste tema pensa que as probas "deberían pagalas as federacións estatais, a Xunta e o CSD".
NOS_38705
Possivelmente Carvalho Calero e Fernando Pessoa nom cruzárom nunca os seus caminhos vitais mais ambos coincidírom numa ideia: a língua é a pátria, ou a mátria, ou a frátria, comum
Com bastante certeza Fernando Pessoa nom leu nunca nada do escrito por Carvalho Calero a pesar de à altura de 1935, ano em que a 30 de novembro Pessoa faleceu, já Carvalho ter publicado quatro livros de poesia e umha peça de teatro de título O Fillo, sem esquecer o discurso pronunciado com motivo da abertura do curso 1930-1931 da Universidade de Santiago e de nos contar Como vía Aristóteles o Pae Feijoo. Com toda segurança Carvalho leu todo o publicado por ou sobre Pessoa até o ano da sua morte, a de Carvalho, em 1990. Pessoa escreveu moita e variada cousa, tanta que ainda hoje seguem a aparecer textos inéditos, mais, como Carvalho, preferiu sempre a poesia: E a criança tão humana que é divinaÉ esta minha quotidiana vida de poeta,E é porque ele anda sempre comigo que eu sou poeta sempre, E que o meu mínimo olharMe enche de sensação,E o mais pequeno som, seja do que for,Parece falar comigo. Se Pessoa, através de Alberto Caeiro, o Guardador de Rebanhos, afirma ser a sua vida de poeta, Carvalho, nas Conversas en Compostela com Fernán-Vello e Francisco Pillado, confessa: "Dunha forma ou doutra, aínda que eu son polígrafo, xa que teño traballado en narrativa, en teatro e en ensaio, creio que, efectivamente, o máis íntimo da miña personalidade está reflexado na poesía, até o extremo de que na mesma narrativa ou no mesmo teatro, considero que a parte mais persoal ou a parte mais orixinal, dentro da orixinalidade que cabe a un escritor do século XX depois de Xesuscristo, é aquela que contén unha raiz lírica" A Baixa e Maçarelos Com certeza Carvalho percorreu todas as ruas da Baixa em que Pessoa imaginou máis de um cento de heterónimos, todo um universo de criaturas que o acompanhárom nas tertúlias do café A Brasileira e nas noites do Chiado e também quando ideou a anúncio da Coca-Cola. Se Carvalho percorreu as ruas da Baixa de Lisboa nom temos evidéncia de Pessoa ter percorrido a Praça de Maçarelos Nada nos indica que Pessoa percorresse o Tránsito dos Gramáticos nem andasse pola praça de Maçarelos como fazia Carvalho cada dia antes das nove desde que em 1965 se incorporou à Faculdade de Filologia, a um posto de trabalho dotado com 700 pesetas ao mês: "O Decano escribiume oferecéndome o posto. Como a cadeira non está dotada, só se dispón de 700 pesetas mensuás pra me remunerar. Pero, ¿cómo ía atreverme a refusar? Mallaríades en min. Contestei aceitando ... En fin, é unha aventura persoal impropria dos meus anos; pero quero ensaiala, inda que remate mal, pois sería paradóxico que a esquivara. Hai que vivir con autenticidade" O espelho en que Galiza se reconhece. "A minha pátria é a língua portuguesa", escreveu Pessoa e Carvalho, se cadra neste caso menos poético, di: "Em realidade, Galiza existe desde que existe o galego porque o galego é o espelho em que Galiza se reconhece" para continuar: "A história do idioma galego é a história mesma de Galiza" e concluir que "Galiza nace à história quando o galego nace" A minha pátria é a língua portuguesa" escreveu Pessoa e Carvalho afirma que Galiza existe desde que existe o galego. A identificación língua/pátria e língua/naçom é comum a Carvalho e a Pessoa. A frase de Pessoa, do Livro do Desassossego, originou inúmeras citaçons ou adaptaçons. Entre elas, a modo de exemplo, José Saramago, que concluiu que a língua portuguesa é "uma língua de várias pátrias"; ou Eduardo Lourenço, que acrescentou:"uma língua não o é de ninguém, mas nós não somos ninguém sem uma língua que fazemos nossa"; ou Jorge de Sena, que vai além "a Pátria de que escrevo é a língua em que por acaso de gerações nasci"; ou Maria Gabriela Llansol, para quem "o meu país não é a minha língua, mas levá-la-ei para aquele que encontrar"; ou Eduardo Prado Coelho, que, categórico, afirma: "A nossa pátria só será a língua portuguesa se for mais do que a língua"; ou o moçambicano Mia Couto, que di: "A minha pátria é a minha língua portuguesa"; ou o brasileiro Ledo Ivo: "Minha pátria não é a língua portuguesa. Nenhuma língua é a pátria. Minha pátria é a terra mole e peganhenta onde nasci" Caetano Veloso, que nom tem pátria, quer frátria: A língua é a minha pátriaE eu não tenho pátria, tenho mátriaE quero frátria A preocupaçom de Carvalho pola língua, tanto pola sua codificaçom como polo seu uso, arranca de moi novo. Já em 1933 censura o amigo Fernández del Riego por ter utilizado em público o espanhol antecipando a teoria da necessidade de criarmos espelhos públicos de uso: "Paréceme moi mal que falaras en castelán no mitin escolar. Hai que partir da hipótese de que todos os estudantes de Santiago coñecen o galego. A tesis debe ser: en Galicia, como non se actúe como funcionario oficial nunca debemos falar en castelán en púbrico" Chegados a esta altura do texto podem pergunta-se por que juntei num mesmo relato Carvalho e Pessoa. Pois permitam-me traer como resposta aquel verso de Rosalia: O amor da patria me afoga. A posiçom de Carvalho é sermos, linguisticamente falando, compatriotas de Pessoa, de Mia Couto ou de Caetano Veloso. Porque se em Pessoa é evidente a identificaçom pátria=língua em Carvalho é patente a identificaçom língua=naçom, que vem sendo o mesmo. Por isso Carvalho di que "o galego é Galiza" e se o galego é (ou forma parte, como preferirem) o mesmo sistema linguístico tamém chamado português e a partir de aqui resulta bem conhecida a posiçom de Carvalho, sermos, linguisticamente falando, compatriotas de Pessoa, de Mia Couto ou de Caetano Veloso. PS. Este texto foi concebido para a lembrança do 106 aniversário (30 de outubro) do nacimento de Carvalho Calero em Ferrol, na casa número 51 da Rua de Sam Francisco, hoje em ruína. E tamém porque outro dia 30, agora de novembro, morreu Pessoa.
NOS_45099
O aínda rexedor de Ourense asegura que os populares "actuaron fatal" pero que lles abre a porta pola cidadanía. Ademais, fala da necesidade dun "goberno de solidez", deixando entrever que recoñece o seu erro ao intentar xestionar a cidade acompañado só de dous edís.
O alcalde de Ourense en minoría, Gonzalo Pérez Jácome, vén de comunicar ao PP -co que Democracia Ourensá (DO) tiña un pacto até as denuncias dos seus edís críticos sobre a xestión de fondos do partido, que deu cunha ruptura que ía ser "temporal" a principios de setembro- que ofrece a posibilidade de "volver a cogobernar" a terceira cidade da Galiza en poboación "mañá mesmo". Malia que o rexedor tampouco fecha as portas a unha coalición con outros partidos con representación no Concello, invitou ao Partido Popular despois de que se arquivase provisionalmente a investigación das supostas irregularidades económicas en DO. "A pesar de que exerceron contra min a presunción de culpabilidade, nós estamos aquí pola cidadanía e somos profesionais, estamos abertos a que o Partido Popular incorpórese ao grupo de goberno", explicou con certo malestar polo sucedido hai xa catro meses. Comprometeuse a que, se hai renovación do pacto, vai cogobernar "igual que antes de que pasase todo isto" porque fai falla procurar a "solidez" na xestión municipal. Insistiu en que non descarta contar con ninguén pero ao PP ofrécelle unha cohesión "mañá mesmo" porque considera que "o ten moi difícil e está nunha situación de fraqueza". Así deu por imposíbel que PSOE e PP acheguen posturas para apealo da Alcaldía. "O Partido Popular ten interese na Alcaldía e o Partido Socialista tamén e é un posto que non se regala", xustificou. Tivo tamén palabras críticas por "querer deixarse liar" ou ser "ineptos" ao ter en conta as advertencias do seu concelleiro Miguel Caride, voceiro dos críticos. "É o máis susceptible de entrar ao goberno pero pensan máis en estratexias electorais que no ben da cidade", reflexionou, mais deu un paso no que vén a recoñecer que foi un erro emprender unha xestión municipal dunha cidade tan grande coas competencias partilladas entre el e dous edís. Procesos xudiciais Respecto da causa xudicial que se abrira polas contas de Democracia Ourensá, Jácome dixo que "non houbo sorpresa" pero que si chegou a temer o uso de "falsos testemuños". E advertiu aos críticos, que segue en DO porque a xuíza anulou a súa suspensión, que "terán que andarse con moito coidado porque se rompen a disciplina de voto poderían volver ser declarados tránsfugas". O PP non responde ao convite Este convite directo a volver a ser un Executivo de coalición non implicou un si dos populares, polo menos até o momento. O coordinador do grupo municipal, presidente do PP local e ex rexedor, Jesús Vázquez, non quixo pronunciarse a ese respecto. No entanto, sí destacou que o arquivo do auto polas posíbeis irregularidades na xestión das contas do partido por parte de Jácome "non cambia a crise interna de Democracia Ourensá, que ten graves problemas que non favorecen a estabilidade".
PRAZA_16259
O cadáver do animal foi atopado nun lugar do concello de Cerdedo-Cotobade. ASCEL, ADEGA e GEAS denuncian que a Xunta "está a actuar dunha maneira moi permisiva coa persecución ilegal que sofre o lobo"
Outro lobo foi cazado de forma ilegal en Galicia. O cadáver do animal, un macho novo (de 8 meses) con boa saúde, apareceu este luns na Serra do Cando, nun lugar próximo á aldea de Cima de Vila, no concello de Cerdedo-Cotobade. O caso foi denunciado por ASCEL (Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo Ibérico), que guiou o Seprona ata o lugar, para que abrise a pertinente investigación. A morte do animal puido ter lugar cara o xoves ou venres da semana pasada. ASCEL, ADEGA e GEAS cualifican de "grave" o sucedido, pois "non se trata dun caso illado" Tanto ASCEL, como ADEGA e GEAS (Grupo de estudo dos animais salvaxes) anunciaron xa que presentarán unha denuncia ante o sucedido, lembrando que a caza do lobo de forma ilegal -fóra dunha batida autorizada- resulta constitutivo dun delito contra a fauna, segundo o disposto no artigo 335 do Código Penal. Aínda que o lobo está catalogado en Galicia como especie cinexética, a efectos de xestión queda sometido ás disposicións do Plan de xestión do lobo, que lle confire unha condición legal de protección. O obxectivo do Plan de Xestión é "establecer as medidas e actuacións que permitan manter unha poboación viable de lobos dentro dun marco de coexistencia co mundo rural e compatible coas actividades agropecuarias, que contribúan á conservación da poboación ibérica". Aínda que a Serra do Cando está considerada Zona 2, é dicir, un territorio no que a Xunta pode autorizar actuacións para o limitar a poboación do lobo, estas actuacións (batidas) deben ser autirizadas en cada caso. E esta non o foi. ASCEL, ADEGA e GEAS cualifican de "grave" o sucedido, pois "non se trata dun caso illado". Lembran que en setembro de 2013 apareceu un lobo colgado nun sinal do parque eólico desta mesma Serra do Cando, e en 2015 un grupo con cinco cachorros foi perseguido durante unha batida de xabarín, descoñecéndose o desenlace. As tres entidade subliñan que o lugar está dentro da Rede Natura 2000 e esixen "máis vixilancia durante a tempada de caza" ante os episodios de caza ilegal que se están a producir nesta zona "asentados nunha total impunidade". Hai tres semanas, ademais, apareceu en Barro outro lobo morto por disparos, nun lugar -Zona 3- no que este animal está completamente protexido. As tres entidades denuncian que a Xunta "está a actuar dunha maneira moi permisiva coa persecución ilegal que sofre o lobo" Denuncian que a administración "está a actuar dunha maneira moi permisiva coa persecución ilegal que sofre o lobo" e que "pouco ou nada se fai para que se sancionen como actividades delictivas que son". Piden que a Xunta "actúe con determinación e contundencia para poñer fin a unha conducta delictiva asentada fóra do cumprimento da lei" e que dedique "un maior esforzo" ás políticas "que favorezan o que debería ser un normal clima de coexistencia entre a especie e as actividades humanas".
NOS_45767
Parte como favorito o candidato da Frelimo, Filipe Nyusi, que apresenta como grande logro o cessar o fogo alcançado há pouco mais dum ano com a Renamo (Resistência Nacional Moçambicana).
Há pouco mais dum ano os confrontos entre a Frelimo e a Renamo eram militares. Hoje serão eleitorais, com clara vantagem quanto às opções de vitória para o partido-movimento que conquistou a independência do país ainda a uma altura tão recente como 1975. Mas a campanha esteve longe de se ter desenvolvido sem incidentes e os episódios de violência foram muito frequentes, nomeadamente nas províncias de Gaza, Sofala e Nampula. As que irão decorrer esta quarta feira são umas eleições chave para esclarecer o futuro do país, marcado basicamente por dois traços. O primeiro, o debilitamento da hegemonia histórica da Frelimo, penalizada por casos de corrupção, diferenças internas e por que as condições de vida do povo não acabam de melhorar. O segundo, a perspetiva de desenvolvimento do país associada a recursos naturais ainda por explorar maciçamente, entre eles o gás natural, o petróleo e o carvão. As e os moçambicanos não só elegem hoje o presidente da República, mais também o Parlamento nacional e as assembleias provinciais.
PRAZA_14512
Suso de Toro analiza as eleccións do 21-0: "Crece en todo o Estado a animadversión ao Goberno, tan autoritario que é incapaz de buscar aliados. Rajoy necesita desesperadamente non perder o poder en Galicia e o paradoxo é que para que Rajoy o conserve o candidato Feijóo nestas eleccións ten que parecer distante de Rajoy". E sinala que a favor de Feijóo "xoga o ter unha blindaxe informativa enorme, conta coa televisión estatal, que agora controla o seu partido, coa autonómica e co apoio incondicional da maior parte da prensa local, especialmente na provincia coruñesa".
Suso de Toro analiza para eldiario.es as eleccións do 21-0: "Crece en todo o Estado a animadversión ao Goberno, tan autoritario que é incapaz de buscar aliados. Rajoy necesita desesperadamente non perder o poder en Galicia e o paradoxo é que para que Rajoy o conserve o candidato Feijóo nestas eleccións ten que parecer distante de Rajoy". E sinala que a favor de Feijóo "xoga o ter unha blindaxe informativa enorme, conta coa televisión estatal, que agora controla o seu partido, coa autonómica e co apoio incondicional da maior parte da prensa local, especialmente na provincia coruñesa". Debería darnos que pensar o que se lembre tan pouco que a democracia en España se fundou en dous pactos, un entre franquistas e antifranquistas por unha banda e, tras, o regreso do exilio do Honorable Tarradellas e do lehendakari Leizaola, outro pacto con Cataluña e País Vasco para que convivisen nun marco español. Iso se desdebuxou dun modo consciente tras o 23-F impulsando 17 improvisadas autonomías, moitas sen que ninguén as pedise. Nas próximas eleccións autonómicas País Vasco e Cataluña con seguridade van remarcar o seu carácter de nacións, o caso de Galicia, a outra nacionalidade histórica, é distinto e, quizá, contrario. Rajoy necesita desesperadamente non perder o poder en Galicia e o paradoxo é que para que Rajoy o conserve o candidato Feijóo nestas eleccións ten que parecer distante de Rajoy A reivindicación nacional galega comeza por mor da centralización do Estado a mediados do XIX, nace dunha minoría de ilustrados e artistas como o magnífico Antolín Faraldo, un revolucionario liberal, e aínda que no século XX conseguiu transcender do mundo dos intelectuais a sectores sociais populares, excepto o breve período republicano, non conseguiu liderar o país. Galicia plebiscitou o seu autogoberno no 36 pero o franquismo foi aquí moi duro, ao morrer Franco o soño republicano e galeguista que custara tanto sangue estaba esquecido nunha sociedade debilitada primeiro polo exilio e logo pola posterior emigración masiva a América e Europa. O Goberno galego no exilio, en Buenos Aires alén do océano, sen conexión co interior extinguiuse nos anos cincuenta e xa non retornou; é indicativo da debilidade histórica de Galicia cando recupera a autonomía. E así foi administrada por unha dereita que nunha primeira época gobernaba con tanto nepotismo como paternalismo, que logo con Fraga mostrouse máis autoritaria e que agora se fixo tan cínica como submisa á sede madrileña do PP. Crece en todo o Estado a animadversión ao Goberno, tan autoritario que é incapaz de buscar aliados. Rajoy necesita desesperadamente non perder o poder en Galicia e o paradoxo é que para que Rajoy o conserve o candidato Feijóo nestas eleccións ten que parecer distante de Rajoy. Polo demais, Feijóo é perfectamente capaz de conseguir iso ou o contrario, é un político hábil e en constante movemento que non para de mover as cartas na mesa. O problema é que como gobernante foi un completo fracaso: só creou división onde non a había: na lingua galega, a fusión das dúas caixas era un obxectivo imposible, aplicou desde o primeiro día a política de recorte do público e privatizacións do recortado e o seu traballo foi desfacer unha a unha as reformas da anterior Xunta. Ao seu favor xoga o ter unha blindaxe informativa enorme, conta coa televisión estatal, que agora controla o seu partido, coa autonómica e co apoio incondicional da maior parte da prensa local, especialmente na provincia coruñesa Encima, suspendeu as adxudicacións que se concederon a través dun concurso eólico público e non se crearon os postos de traballo que xerarían, pero ademais as empresas recorreron a suspensión e agora haberá que pagarlles unha indemnización monstruosa; con diñeiro noso, naturalmente. Por outra banda, irrompeu na política galega un fenómeno parido na caverna político-mediático madrileña, Mario Conde. E como Conde é listo e como é un momento de confusión e hai cabreo nas bases da dereita, o PP está moi preocupado: é posible que entre no Parlamento quitándolles a maioría absoluta e que Feijóo se vexa obrigado a pedir a súa man para gobernar. Con todo, ao seu favor xoga o ter unha blindaxe informativa enorme, conta coa televisión estatal, que agora controla o seu partido, coa autonómica e co apoio incondicional da maior parte da prensa local, especialmente na provincia coruñesa. E ao seu favor xoga o sumario por corrupción que abriu unha xuíza de Lugo e que ensuciou bastante a imaxe dos dous principais partidos da oposición, PSdeG e BNG. É tan rechamante e está a ser tan discutida a actuación xudicial que fai deste un caso digno de estudo, pola interferencia entre un proceso xudicial e outro político e polo poder que veñen demostrando en España os xuíces para orientar ou condicionar as decisións da cidadanía. O caso é que ese proceso xudicial pode ser clave para decidir quen gañe as eleccións. O triunfo electoral de Feijóo tería varias dimensións, apontoaría a Rajoy e, de paso, el converteríase nun home forte do seu partido O triunfo electoral de Feijóo tería varias dimensións, apontoaría a Rajoy e, de paso, el converteríase nun home forte do seu partido. Outra consecuencia é que a política económica e social de Rajoy veríase confirmada. E a consecuencia para Galicia é que, unha vez quede claro que Cataluña e Euskadi son nacións e non hai quen o poida evitar, verá diluído o seu autogoberno nun lote de autonomías que van ser baleiradas polo proxecto neocentralista do Goberno máis rancio desde a chegada da democracia (Aznar era descaradamente autoritario, este Goberno tamén pero, encima, devólvenos á época do NON-DO, o peite e o puro nos touros). E se Feijóo perde? Entón ao candidato socialista, Pachi Vázquez, probablemente non lle baste negociar con Francisco Jorquera, o candidato do BNG, senón que terá que buscar a Esquerda Unida (EU). Desde hai uns meses as sondaxes dábanlle a EU a entrada no Parlamento e é probable que agora o confirme a Alternativa Galega de Esquerdas, tras fusionarse con Beiras, que abandonou o Bloque. Dun Parlamento de tres partidos poida que se pase a un de cinco ou seis. Dun Parlamento de tres partidos poida que se pase a un de cinco ou seis En xeral o ambiente está marcado polos efectos da crise nas nosas vidas, o descrédito de todo: a banca, a xudicatura, a policía, os medios de comunicación e, naturalmente, a política; moi en concreto os dous grandes partidos que gobernaron España nas pasadas décadas. A confusión, o cabreo e a desesperanza danlle a unha parte da poboación gañas de probar cousas novas e iso beneficiaría os partidos pequenos que aspiran a entrar. Por outra banda se prevalece a idea de que é unha oportunidade para censurar as políticas antisociais do PP quitándolle poder, esa perspectiva animaría á xente a concentrar finalmente o seu voto no tres partidos actualmente representados. Pero a estas alturas ninguén sabe o que vai pasar, nin sequera os estrategos do PP. Nin sequera as persoas que van votar, ou non. Todo está no aire.
PRAZA_10344
Nas mentes fervorosamente centralistas do presidente da Xunta e en quen como el pediron a unicidade nas probas da ABAU, onde queda relegado o noso idioma? Detrás deste debate forzado está a recentralización de competencias como principio ideolóxico tan caro á dereita española
Nos últimos días determinados medios de comunicación difundiron unha suposta polémica sobre a existencia de diferenzas entre as distintas probas de acceso á universidade nas comunidades autónomas e o carácter de distrito único nese acceso aos estudos superiores. Detrás deste debate forzado está a recentralización de competencias como principio ideolóxico tan caro á dereita españolaDiversos mandatarios políticos, a comezar polo presidente da Xunta, entraron desde o primeiro momento a postularse á vangarda dunha suposta loita contra as diferenzas e as discriminacións no conxunto do Estado e apostando por unha proba única da ABAU. No debate tamén entraron algunhas persoas con responsabilidades de xestión no ámbito universitario e, por suposto, "opinantes" profesionais e columnistas varios. Detrás desta nova campaña non está nin a defensa da igualdade de oportunidades nin a garantía de que as probas teñan nos diferentes ámbitos territoriais un trato o máis homoxéneo posíbel, tanto no seu deseño e nivel de esixencia como nos criterios de avaliación. Detrás deste debate forzado está a recentralización de competencias como principio ideolóxico tan caro á dereita española, tanto da vella como da nova, sexa esta ultraliberal ou puramente extrema dereita. Neste sentido o seguidismo de Feijóo e o nulo respecto mesmo polas competencias que o goberno galego ten, resultou claramente indicativo de quen non quere gobernar e prefire seguir instrucións. A mentira, a falta de rigor e o desprezo polas competencias propias envolven a polémica.Non é certo que a existencia dunha única proba na ABAU puidese supor unha garantía dunha avaliación homoxénea para o acceso á universidadeNon é certo que a existencia dunha única proba na ABAU puidese supor unha garantía dunha avaliación homoxénea para o acceso á universidade. E non o é porque a ABAU ten un peso na conformación da nota final do 40%. O outro 60% é a nota media dos dous cursos de Bacharelato. Por tanto, buscar un trato absolutamente idéntico en todo o Estado sería imposíbel, a non ser que nun redobre de esforzos por relegar o profesorado nas súas funcións docentes e de rematar de vez coa escasa autonomía profesional, se eliminase tamén o noso papel como avaliadores ao longo do Bacharelato. A proposta bebe dun profundo desprezo pola asunción das reducidas competencias en materia educativa e parten dunha concepción unitarista do EstadoDe feito, de se dar, as diferenzas non son só entre comunidades autónomas, senón entre os diferentes centros educativos, en función do maior ou menor nivel de esixencia e, no que non entran os impulsores deste debate, en que a principal disfunción existente é entre centros públicos e privados. Mais sobre isto ninguén di nada e toda a polémica se reduciu á proba da ABAU, xa que é onde o xogo político toma corpo na deriva dunha maior españolización do sistema educativo As comunidades con lingua propia temos competencias sobre o 45% do currículo e as que non téñeno sobre o 35%. Esta potestade tórnase inviábel na maioría dos casos polo avultado dos currículos oficiais, xa de por si imposíbeis de abranguer nun curso académico. Mais o certo é que a propia Consellaría de Educación, no caso galego, limítase na inmensa maioría dos casos a traducir os contidos indicados desde Madrid e, só nalgunhas materias, a incorporacións e adaptacións curriculares á realidade galega. Nas mentes fervorosamente centralistas do presidente da Xunta e en quen como el pediron a unicidade nas probas da ABAU, onde queda relegado o noso idioma? A proposta que a dereita estendeu nestes días e que moitos medios repenicaron bebe dun profundo desprezo pola asunción das reducidas competencias en materia educativa e parten dunha concepción unitarista do Estado. Só así se pode entender cando pensamos na consecuencia que unha proba única tería sobre o currículo aprobado pola Xunta de Galiza na ESO e o Bacharelato: a desaparición por completo de calquera tipo de contidos propios e adaptados á nosa realidade nacional, sexa cultural, lingüística, económica ou sociolóxica. E unha pregunta final: nas mentes fervorosamente centralistas do presidente da Xunta e en quen como el pediron a unicidade nas probas da ABAU, onde queda relegado o noso idioma? Pretender que a proba sexa idéntica implicaría que o alumnado galego non se examinase dunha parte importante do seu currículo nos dous cursos de Bacharelato e un golpe definitivo ao galego no ámbito educativo.
NOS_53487
ADEGA apela á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG, ao Comité Español de Humidais e á Secretaría da Convención Ramsar para frear o proxecto.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza anunciou o comezo dunha "nova e irracional alteración da lagoa da Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal", segundo denuncia Adega. A plataforma ambientalista considera que "de nada serviron as seis figuras de protección que posúe A Frouxeira", á vez que alerta que "os bulldóceres xa están instalados sobre as dunas grises (hábitats prioritarios) e só agardan a orde para iniciar o baleirado artificial da lagoa". A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza entende que a Xunta (" que no seu momento permitiu a construción dun deficiente paseo litoral emprazado por baixo da cota de inundación ordinaria do humidal"), prefire degradar e alterar o equilibrio ecolóxico deste espazo, antes que modificar unha obra impactante "que nunca debeu construírse dese xeito". Unha administración que non achega solucións A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, executora da apertura, é "promotora dun nefasto e mutilado Plano de Conservación que non achega ningunha solución aos graves problemas que sofre este espazo". No último rascuño deste Plano, afirma Adega, presentado ante a COGAMADES, exclúese, por exemplo, a presenza na Frouxeira de hábitats naturais protexidos amplamente distribuídos e recollidos en distintos documentos técnicos. Adega considera que os reponsábeis políticos da natureza galega "deberían xestionar os nosos espazos naturais, e concretamente a lagoa da Frouxeira, con criterios racionais e científicos, cumprindo as leis e evitando a degradación ou destrución dos compoñentes da biodiversidade e da xeodiversidade". Perante o inminente inicio do operativo de baleirado anunciado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e ante os probábeis novos danos ao humidal protexido, Adega vén de apelar á Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG, ao Comité Español de Humidais e á Secretaría da Convención Ramsar.
PRAZA_15738
Xosé Lois Romero & Aliboria é o novo proxecto deste músico, integrante de Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza ou aCadaCanto
Xosé Lois Romero & Aliboria. Ese é o novo proxecto que está a agromar na nosa música. Trátase dun grupo de dez músicos que encabeza Romero -coñecido por formar parte de bandas como Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza ou aCadaCanto- e cuxo obxectivo é traer a un plano contemporáneo a percusión tradicional galega. Os instrumentos de percusión, lembra Romero, foron os únicos que "non evolucionaron" dentro da nosa cultura a diferenza da gaita ou da pandeireta. Aliboria nace así para emendar esta parálise e dará como primeiro paso a gravación do seu primeiro disco. Farano na Casa Gasamáns (Ames) nunha serie de actuacións ao vivo de público reducido. Romero encabeza unha formación integrada por unha serie de alumnos que agora, tras anos explorando a riqueza da percusión galega, convértense en compañeiros e compañeiras de proxecto. Os seus nomes son: Alejandra Montero, María Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Ramón Dopico, Jorge García, Cristina Sánchez, Cristina Pico e Antonio Prado. Aliboria é un termo que se refire a algo mal feito, pouco ordenado, mesmo desastroso. Non parece o mellor nome posible para un grupo... O que me resulta interesante do nome é o feito de que hai unha sorte de idioma paralelo ao oficial. Como todos sabemos, hai moitísimas palabras territoriais que non aparecen nos dicionarios, pero que están normalizadas en zonas determinadas. A min gustábame o concepto desa cultura popular que non está tan formalizada, pero que realmente é tan rica como oficial. Gustábame tamén a súa sonoridade. E por último, o seu significado resulta máis amplo que ese concepto de desastroso; ten outra acepción moi interesante: refírese a todo aquilo que sae do normal. "Aquí ocorre o seguinte: nunca antes atopara xente que enfocase a percusión tradicional galega do mesmo xeito que eu a enfoco" En certo xeito, é un proxecto que pode lembrar ao de Xabier Díaz e as Adufeiras, no senso de que tamén son alumnos que dan o salto ao mundo profesional. Como é caso de Aliboria? Aquí ocorre o seguinte: nunca antes atopara xente que enfocase a percusión tradicional galega do mesmo xeito que eu a enfoco. Eu vexo a percusión cunha formulación totalmente moderna e contemporánea, cando a percusión non ten esa visión polo xeral. A percusión é o único elemento da música tradicional que non evolucionou. Eu meditei durante moitos a este respecto e traballei nesta dirección. Chegou un momento en que moitos amigos e compañeiros insistiron en que debía promocionar esta percepción e o meu traballo nesa liña. Entón, aparece a xente de Aliboria. Son alumnos meus, todos da contorna da Coruña e de Ferrol, que tiveron unha serie de profesores anteriores moi bos, como -por poñer un exemplo- Pedro Lamas. E chegaron a min cun nivel moi interesante e precisaban seguir cunha liña ascendente. E ademais, tiñan unha dedicación e unha precisión moi concreta, necesaria para esta visión da percusión que teño. E funcionou tan ben que dixemos: hai que tocar en público, isto non pode quedar así E a primeira vez que tocaron como un grupo foi en outubro, en Gasamáns, na residencia da orquestra de percusión ibérica Coetus. Fixemos unha actuación antes, unha foliada en Miño. Pero si que é certo que o nacemento oficial, o bautismo cun sentido de concerto e de repertorio, foi aí, en Gasamáns. E obviamente, para nós foi entrar no templo da percusión de medio mundo, porque Coetus representa a vangarda da percusión. Foi un bautismo de ouro. "O concepto do repertorio é moi simple: cantos tradicionais acompañados de percusión tradicional arranxada de forma contemporánea" Se falamos de repertorio, que atoparemos no disco? O concepto do repertorio é moi simple: cantos tradicionais acompañados de percusión tradicional arranxada de forma contemporánea. Primeiro, hai que destacar que a singularidade da proposta está, en primeiro termo, na forza do canto das rapazas do grupo, que teñen unhas voces brutais. E neste punto, sempre aproveito para confesar unha cuestión: son un auténtico devoto das novas xeracións de músicos do folclore pola súa implicación e pola súa calidade brutal. Tamén hai que dicir que posúen un respecto e unha convicción total no folclore. Todo iso é o que vai dar as á nosa música para moitísimos anos e realmente servirá para chegar a unha calidade máis elevada que a que tivemos até agora. Volvendo a Alibroia, pois creo que hai que destacar por un lado as voces destas rapazas e polo outro a sofisticación dos arranxos. Se o queremos resumir todo nun obxectivo? Pois o fundamental é recuperar a forza da música tradicional que se perdeu nos últimos anos. "O canto tradicional é de aire libre, de forza e de volume; pero normalmente para o mundo dos traballos discográficos e para certo concepto do pop... todo debe resultar moito máis comedido" Por que e como se perdeu? Sufriuse unha especie de adaptación. Quero dicir, o canto tradicional é de aire libre, de forza e de volume; pero normalmente para o mundo dos traballos discográficos e para certo concepto do pop... todo debe resultar moito máis comedido. Entón, no cruce da música tradicional con esas cuestións, houbo elementos que se deixaron de lado. Está claro que se gañaron outros, pero é unha cuestión de concepto. Pero neste caso, unha das cousas que máis impacta do que facemos nós é a forza e a actitude de botar para fóra, de recuperar esa música de volume. Quería preguntarlle polo paralelismo entre as Adufeiras e Aliboria. A mecha das dúas bandas prendeu na formación. As primeiras, son alumnas de Xabier Díaz. En Aliboria, o mestre é Xosé Lois Romero. Ademais, os discos fundacionais de ambas as dúas formacións coinciden no tempo. "Vai haber moita xente que lles busque paralelismo aos dous proxectos. E, obviamente, están aí. As Adufeiras son alumnas de Xabier e os Aliboria, como dis, son meus. A partir de aí, o desenvolvemento vai por camiños diferentes" Vai haber moita xente que lles busque paralelismo aos dous proxectos. E, obviamente, están aí. As Adufeiras son alumnas de Xabier e os Aliboria, como dis, son meus. A partir de aí, o desenvolvemento vai por camiños diferentes. Porque el traballa máis co punto de vista vocal e eu cos arranxos de percusión. É curioso a coincidencia no tempo, pero ten que ver con determinados ciclos da música. E neste ciclo, coido eu, que se está a producir unha volta ás orixes. No meu caso, é evidente, porque volvo á percusión, á miña vocación real, despois de dedicarme ao acordeón e ser coñecido por todos polo meu traballo de acordeonista. Pero repito, eu son percusionista por vocación. Despois está esa transmisión pola vía da formación, pero non se produce tanto porque haxa grupos que se formen a través de músicos anteriores, senón porque se está a dar un relevo xeracional que resulta ascendente en calidade. Quero dicir, a xente parte dun nivel moito maior. Hai rapaces e rapazas novas cunha calidade que abraian e é xente que quere ter unha vinculación real coa música tradicional. A min, persoalmente, paréceme un agasallo atopar este tipo de xente nova tan implicada. Nos últimos tempos en Praza entrevistamos a Quique Peón ou a Xabier Díaz. Ambos coincidían con esa visión, coa gran calidade de músicos que están a chegar. Mesmo dicían que era o mellor momento para a música galega, que era un nivel que non coñeceramos até agora... Si, si, iso é así. Pois non sei se iso os deixa a vostedes en moi bo lugar. Se agora todos os que chegan son mellores... [Risos] Eu quedo en mal lugar encantado da vida! Non podemos desexar nada mellor. É impresionante ver como todo foi a mellor. Teño falado con Quique, por exemplo, do que vemos agora nunha foliada... Como a xente baila, canta, toca... Quen nos ía dicir despois de tantos anos que a cousa ía chegar a este nivel? Temos que estar orgullosos todos e, xa che digo, eu encantado de quedar de pataca. [Risos] "Se levamos as nosas propostas fóra, arrasamos. E non somos conscientes, sobre todo porque só nos comparamos entre nós e nos faltan referencias" E Pedro Pascual, nunha entrevista o ano pasado, comentaba que había grandes músicos, pero que era moi difícil poder vivir da música na actualidade. Desaproveitarase esa canteira polas circunstancias económicas e profesionais que vivimos na actualidade? Hai dous elementos para ter presentes. Por un lado, que o folclore, a música e a danza alimentan tanto os corazóns das persoas que a xente se dedica a isto sen buscar de entrada un obxectivo profesional. Pero o 90% desta xente quere seguir vinculado a esta actividade porque fai que un se sinta realizado. Pero polo outro lado está a eterna desgraza deste país, incapaz de saír fóra e de promocionar a calidade posúe. Se levamos as nosas propostas fóra, arrasamos. E non somos conscientes, sobre todo porque só nos comparamos entre nós e nos faltan referencias. Pero a xente que vén de fóra, queda flipada. Por exemplo, Coetus. Cando viñeron a Gasamáns, en outubro, fliparon. Non comprendía como a xente tocaba tan ben e bailaba tan ben. É que non somos conscientes das nosas posibilidades. E eu digo sempre unha cousa: O folclore á actividade máis masiva de Galicia, máis que o fútbol ou calquera outra cousa. Aínda así, non se entenden moitas cousas. Parece que saír de Galicia coa túa música é emigrar a América. E pensa que quedar só en Galicia, implica tocar nos oito sitios de sempre e acabou o conto. Non hai máis. Despois, con tempo, sacas un novo disco e volves a eses oito lugares. E o público é o mesmo, claro. Volvendo ao disco, que instrumentos atopamos neste traballo de Aliboria? Entendo que serán un feixe... Son un feixe deles, porque a percusión en Galicia é a máis rica de Europa. Non sei se pode afirmar con tanta rotundidade, pero o que está claro é que hai tropecentos mil instrumentos de percusión que están vivos, que se usan, que se escoitan e non hai que ir buscalos ao Museo do Pobo Galego. Ademais, temos instrumentos que cobren o conxunto da pirámide tímbrica: instrumentos graves, outros agudos, con parche, de madeira, de metal... Hai de todo. E despois, hai que ter claro que cada instrumento contén a súa propia linguaxe. "Sempre digo unha cousa: a limitación dos instrumentos está nos músicos. Ou dándolle a volta, as posibilidades dese instrumento dependen da capacidade artística do intérprete" Sempre digo unha cousa: a limitación dos instrumentos está nos músicos. Ou dándolle a volta, as posibilidades dese instrumento dependen da capacidade artística do intérprete. Así evolucionaron a gaita ou a zanfona. Sempre funcionou así, a evolución baséase no simple feito de que un músico se pregunta que non fai o instrumento e de que maneira se pode facer. Cando se consegue, se a xente o considera un avance útil, queda aceptado. Así evolucionaron sempre os instrumentos. No caso da percusión, eu teño unha visión con cousas que algunhas gustarán máis e outra menos... Pero o que a min me gustaría é que houbese máis músicos que buscasen posibilidades da percusión. E despois, non sei se dicirche os instrumentos do disco, son un lote deles... Diga catro ou cinco que lle parezan fundamentais. Para min o instrumento que me desenvolveu, que me activou unha parte estética, foron as parrañolas. Son dous paus que se tocan coas mans e que nun principio eran un xoguete dos nenos, unha especie de carraca. É un instrumento minimalista, que fai moi pouco de entrada; pero permitiume desenvolver moitas cousas a posteriori. E logo no outro extremo está a pandeira, que o ten todo. Ese é o alfa e o omega, polo medio están as tixolas, os bombos, as pandeiretas...
NOS_5099
As persoas expertas intervirán ao longo da semana na comisión de reforma do modelo de financiamento, a penúltima fase antes de que o organismo elabore o proxecto de ditame e o borrador coas conclusións xerais.
A partir das 10 horas deste 11 de xaneiro, María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, abrirá as comparecencias das persoas especialistas na Comisión especial de estudo para abordar a proposta de reforma do sistema de financiamento da Galiza. Unha vez remate Cadaval, será a quenda de Elena Muñoz, senadora e ex titular da Consellaría de Facenda co Partido Popular. Estas intervencións, que se desenvolverán até a sexta feira, constitúen a penúltima fase dos traballos do organismo, que desde a vindeira semana terá que elaborar o proxecto de ditame e un borrador coas conclusións xerais arredor desta cuestión, que marcará nos seguintes meses o traballo no lexislativo. Cadaval, que tamén é membro da Rede de Investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira, sinalou a Nós Diario nunha reportaxe publicada a pasada semana, que a proposta do Estado para reformar o modelo que rexe desde 2009 e que fora prorrogado en 2014 "non pondera o suficiente as características demográficas e xeográficas da Galiza". Nese sentido, a economista explica que "pesa máis a poboación nova que a maior e non se dá a importancia que merece á dispersión e á orografía", cualificando a proposta como "de continuidade coa que fixera en 2017 a comisión de expertos". Pola súa parte, a ex conselleira de Facenda defendeu no Senado que "a base [do sistema de financiamento] non pode ser outra que a negociación multilateral con todos os territorios". Na cuarta feira continúan as comparecencias coa presenza de Xosé Díaz, economista e autor da publicación de Sermos Galiza sobre financiamento, As contas que nos contan, e mais de Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e representante da Galiza no comité de expertos para a reforma do sistema de financiamento. A quinta feira falarán Diego Martínez López, da Universidade Pablo Olavide de Sevilla e responsábel de Financiamento dos territorios no Goberno estatal de Pedro Sánchez, así como Bernardo Valdês Paços, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. O feche das intervencións a sexta feira corre a cargo de Xoaquín Fernández Leiceaga, economista e senador do PSOE, e de Roberto Fernández-Llera, síndico maior de contas de Asturies.
PRAZA_15856
A investigación pola suposta retención ilegal de tres monxas devolve á actualidade o compostelán convento das Mercedarias, que xa estivera no foco mediático durante o escándalo do Códice Calixtino.
A finais de decembro o cinema compostelán NUMAX ofrecía os últimos pases d'A relixiosa (Guillaume Niclaux, 2013), a adaptación cinematográfica da célebre obra de Diderot. Mentres na sala de cinema se proxectaban as desventuras dunha moza forzada a internarse nun mosteiro de clausura na Francia do século XVIII, a 200 metros de alí o convento das Mercedarias, cuxa construción finalizou poucos lustros antes de que vise a luz a novela do ilustrado francés, aproximábase a unha convulsión por un motivo semellante. A orde relixiosa que na súa orixe se dedicaba a rescatar "cativos" de mans dos "infieis" estaba a piques de ser acusada xudicialmente de, precisamente, forzar o cativerio de varias mulleres. O centro das monxas Mercedarias Descalzas foi, historicamente, un dos conventos máis relevantes da capital galega. Situado fronte á porta de Mazarelos, a única que se conserva da antiga muralla da cidade, leva máis de douscentos anos acollendo a relixiosas que se encomendan á denominada "obra redentora da orde". Alí combinan a oración con actividades como "lavado e pasado de ferro de ornamentos litúrxicos, confección de mantelerías" ou "venda de produtos da horta monástica", a mesma que a instrutora do caso mira agora con lupa ao considerar que as mulleres presuntamente retidas traballaban nela en "condicións de case escravitude". Historicamente a orde mercedaria estivo dedicada a "redimir prisioneiros" O tenebroso relato da maxistrada contrasta, por exemplo, co retrato que as monxas facían de si mesmas hai poucos meses nunha revista editada pola arquidiocese compostelá. Baixo o paradoxal título Nacidas libres a orde explicaba que "só o amor moi profundo" se atreve a comprender que "alguén desexe ser cativa". "Noutros tempos -lembraban- os pais mercedarios adoitaban redimir prisioneiros". O caso das mozas de orixe india revolucionou o barrio e puxo o convento no foco da prensa. É a primeira vez que a plácida vida mercedaria se enfronta ao escrutinio xudicial e mediático, pero non se trata da primeira ocasión en que este recinto monástico é rozado por un escándalo da igrexa compostelá. O deán e o extorsionador Ademais das monxas agora investigadas o convento compostelán foi tamén durante anos vivenda do exdeán da Catedral, José María Díaz, que ocupaba un apartamento do recinto. Díaz ocupou todas as portadas no verán de 2011, cando como arquiveiro catedralicio tivo que recoñecer o roubo do Códice Calixtino, atopado pola Policía un ano despois nun garaxe do Milladoiro, preto de Santiago, propiedade de Manuel Fernández Castiñeiras, exelectricista do templo ao que o deán coñecía desde neno. O convento foi vivenda de José María Díaz, deán da Catedral compostelá cando foi roubado o Códice Calixtino Aos avatares do atribulado e octoxenario deán, que deixou o seu cargo en 2012, estaba moi atento Fernando Sieira, quen meses despois foi caracterizado pola Policía como "coñecido extorsionador de personaxes públicos", entre outros, a baronesa Thyssen. A Sieira chamáralle a atención que da investigación do Códice transcendesen escuras interioridades da curia compostelá e decidiu ameazar o deán con divulgar un vídeo comprometedor. Tras diversos contactos, a principios de 2013 o ancián sacerdote accedeu a quedar con Sieira e citouno no convento das Mercedarias para, segundo informou entón a Policía, "tratar os detalles da entrega de diñeiro a cambio dun suposto DVD" co vídeo. Alí o extorsionador atopouse cun grupo de axentes do grupo de Crime Organizado (GRECO) da Policía Nacional, que o levaron detido e comprobaron que a supostamente escabrosa gravación sinxelamente non existía.
PRAZA_17284
Ferreiro confía nunha mudanza na actitude de Fomento para negociar o futuro dos terreos portuarios coruñeses e Lores escribe a Sánchez para pedir que axude a "reverter" a prórroga da celulosa e convidalo a visitar a cidade. A depuradora de Santiago e as conexións ferroviarias con Lugo e Ferrol tamén destacan entre as peticións das cidades galegas ao novo Executivo do PSOE A vaga expansiva da corrupción tomba o Goberno de Rajoy e leva a Pedro Sánchez á presidencia
A vaga expansiva da corrupción tomba o Goberno de Rajoy e leva a Pedro Sánchez á presidencia A rapidez do cambio de cor política no Goberno de España pola vía da moción de censura, proceso parlamentario moito máis instantáneo que unha investidura ordinaria, deu lugar a que en poucos días partidos políticos, movementos sociais e gobernos autonómicos e locais recompilen as súas demandas cara ao novo Executivo central. No caso das principais cidades galegas todos os seus gobernos teñen cadansúa axenda de peticións pendentes ou de proxectos que reclaman impulsar, a maior parte no eido das infraestruturas. Dúas delas, non obstante, sobresaen sobre as demais e foron as primeiras verbalizadas dende as urbes atinxidas: o futuro dos terreos portuarios da Coruña e o traslado de ENCE fóra da ría de Pontevedra. O pasado venres, mentres no Congreso dos Deputados se debatía a moción de censura que horas despois situaría a Pedro Sánchez na presidencia en substitución de Mariano Rajoy, no Concello da Coruña recibiuse unha chamada. As peticións de diálogo que o goberno local levaba semanas formulando a Puertos del Estado coa intención de convocar os órganos de seguimento dos convenios asinados no ano 2004 sobre a venda dos terreos portuarios non ía ser atendida nunca. "Dadas as circunstancias", explicaron dende Madrid, xa non habería cita. Non co Goberno do PP. Puertos del Estado comunicou ao Concello coruñés a suspensión dos contactos sobre os terreos dos peiraos mentres se debatía a censura no Congreso "O cambio de Goberno -explicou despois o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro- produciuse sen que puidese falar co presidente de Puertos del Estado", José Llorca, quen semanas atrás advertira dende o Congreso o Goberno local coruñés da súa nula intención de "facer cidade" nun marco da defensa da venda de ata o 80% do terreo do actual porto interior. O organismo estatal só pretende "pagar débedas", resaltara. "É cedo para aventurar nada", pero "en canto se nomeen as novas persoas responsables, porémonos en contacto con elas" coa esperanza de "poder redefinir acordos e tecer unha alianza sincera", di Ferreiro, quen confía en que "se Puertos del Estado e Concello traballan de forma leal, buscando o que máis lle convén á cidadanía", será "complicado que a Xunta poida actuar noutro sentido". A intención, resalta, é que prime o control público sobre os peiraos cando sexan liberados. Carta de Lores Os novos responsables de Fomento terán á Coruña na súa lista de agarda cando tomen posesión e algo semellante sucederá en Medio Ambiente con Pontevedra, que xa petou formalmente tamén a través do seu alcalde á porta do propio Sánchez. O rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, remitiu este luns a Sánchez unha carta de parabéns polo nomeamento no que o convida a visitar a cidade e ademais, lle lembra que a saída de ENCE da ría como o primeiro asunto da axenda estatal para o Concello despois do 'indulto' concedido en 2016 polo gabinete de Mariano Rajoy malia estar en funcións. Lores pide axuda a Sánchez para "reverter" a prórroga a ENCE e convídao a visitar a cidade da man do goberno local, ofrecemento que "o teu predecesor nunca atendeu" Xunto a un desexo xeral de que as decisións de Sánchez "sirvan para mellorar a calidade de vida, as perspectivas e aspiracións" da cidadanía e "os dereitos das nacións que compoñen o Estado español", Lores recórdalle ao líder socialista a "persistencia dunha controvertida fábrica na nosa ría, a celulosa ENCE" que "foi favorecida por unha discutida decisión do Goberno anterior" por "cuxa reversión estamos loitando e para a que a vosa colaboración política dende o Goberno suporía un apoio decisivo no camiño de liberar a ría e a cidade dese monstro contaminante". Lores agrega na súa misiva que sería "un pracer recibir" a Sánchez en Pontevedra e "amosarche as principais características do noso modelo urbano, que recibiu múltiples premios en todo o mundo polas súas apostas pola sostibilidade, a seguridade vial, a loita contra o cambio climático, a mobilidade infantil ou o transporte intermodal de base peonil". De producirse, sinala, esa visita "causaríanos especial satisfacción", toda vez que "o teu predecesor, de especial raigame na nosa cidade, nunca atendeu o noso convite", conclúe Lores. Demandas noutras cidades A depuradora de Santiago ou as conexións ferroviarias en Lugo e Ferrol son tamén parte da axenda do novo Goberno central nas cidades galegas No resto das cidades galegas os días posteriores á chegada de Sánchez ao poder foron tamén de repasos de proxectos pendentes ou xa en marcha. En Santiago, por exemplo, o goberno municipal olla tamén cara ao Ministerio de Medio Ambiente coa confianza de que a mudanza política permita sacar adiante o proxecto de depuradora que defende o gabinete de Compostela Aberta, unha ampliación da actual EDAR da Silvouta no canto da construción dunha nova no Souto, como viña defendendo o Goberno do PP. A estación intermodal e a prometida "humanización" da área que que quedou en superficie tras a construción do túnel de Conxo, pendente dende a etapa de Ana Pastor como ministra, figuran tamén entre as prioridades. Pola banda de Lugo o goberno que dirixe Lara Méndez seguirá a ter como prioridade a demanda de investimentos ferroviarios. Neste sentido, o PSdeG lucense lamentaba nas últimas semanas que os votos de PP e Ciudadanos tombasen emendas socialistas aos Orzamentos Xerais do Estado como as orientadas a acelerar -unha vez desbotado formalmente o AVE- a modernización da liña de tren a Ourense, as cales confían en que o novo Goberno asuma en 2018 pola vía das modificacións orzamentarias ou, xa cara a 2019, no novo Orzamento. Mentres, en Ferrol, o alcalde Jorge Suárez declárase tamén "satisfeito" pola mudanza na Moncloa, que agarda que poida "beneficiar a Ferrol" como "cidade con gran dependencia do Estado". "Hai cuestións pendentes como o convenio con Defensa" -para a cesión de antigas instalacións militares á cidade, unha demanda que acumula décadas-, así como a modernización das conexións ferroviarias ou a apertura de novos treitos nas murallas das instalacións estatais que permitirían seguir abrindo a cidade cara ao mar.
NOS_14547
Se o tempo é duro, de crise, ten que quedar reflectido no cine. Esa é a filosofía de Alfonso Zarauza e Alberto Díaz, Bertitxi, director e director de fotografía da película Os fenómenos, que chega agora ás salas comerciais despois dun periplo que a levou por catorce festivais internacionais.
Os fenómenos chega esta sexta feira ao cinema de flocos, definición que repite Zarauza para se referir ás salas comerciais, ocupadas maiormente por películas de grandes compañías americanas. Nese medio hostil para o cine de menos orzamentos cóase agora Os fenómenos, un filme que se pode ver cos flocos mais que leva a pensar, a debater e, por que non, a se remexer na propia butaca da sala. Cun equipo de actores galegos entre os que se atopan Luís Tosar, Antonio Durán, Morris, Miguel de Lira, Xulio Abonjo, Touriñán ou Federico Pérez, ademais de Lola Dueñas, Os fenómenos conta na dirección con Alfonso Zarauza e na dirección de fotografía con Alberto Díaz, Bertitxi, un tándem que se repite nas outras dúas producións que teñen en circulación, a longametraxe Encallados, que viron xa máis de 5.300 persoas malia non entrar nos circuítos comerciais e o documentario A viaxe dos Chévere, que tivo a súa estrea en Cineuropa e narra o periplo de Compostela a Teo da compañía teatral. "O cine ten poder porque é moi visíbel e pode ser un arma perigosa. Nese sentido, os meus filmes son marcadamente políticos, con moita carga", di Zarauza. Dous anos despois de rematar a súa rodaxe, Os fenómenos chega a máis de trinta salas de cinema de todo o Estado na súa versión orixinal, na que arredor dun 40% está en galego. "Verase fóra subtitulada e iso significa ir abrindo camiños, rompendo prexuízos, como fai A Esmorga coa que nos unen moitos vasos comunicantes. Ignacio Vilar é produtor e director, o que non é o meu caso e por iso tiven máis problemas", comenta Zarauza para quen manter o galego tanto na película como na cartelería foi unha dura loita que, ao seu ver, paga a pena para a construción dun cinema galego e por iso quere que se vexa "como algo positivo". "As películas de Alfonso son cinema galego, falan do que nos pasa a nivel social, teñen presente a nosa lingua que el fai visíbel, mesmo esa dualidade que existe", anota Alberto Díaz, Bertitxi que leva tamén ao seu traballo coa fotografía ese reflexo da Galiza real que se recolle no filme. "A mirada é nosa, temos personalidade e miramos o país coa nosa propia ollada, non como unha postal que é como se fai cando se roda desde fóra. Encadraban unha Galiza bucólica. Nós transmitimos a realidade na que vivimos. Buscamos ter unha personalidade propia desde a estética, como é o caso do cine irlandés", explica Bertitxi. Público para a fin de semana "O cine ten poder porque é moi visíbel e pode ser un arma perigosa. Nese sentido, os meus filmes son marcadamente políticos, con moita carga", defende Zarauza, dunha maneira de traballar que responde á necesidade que el ve de que as películas se convertan tamén en testemuño do tempo no que se producen. Como os tempos son duros, difíciles, o cine ten que responder, ao seu ver, a esa realidade. "Máis que nunca é necesario facer cine social e politicamente comprometido. Falamos da crise, dos desafiuzamentos, dos nosos parados, coa nosa ollada", refire o director, do drama social que é Os fenómenos. A película cóase no tempo previo ao Nadal no que as grandes producións dan cos cóbados para facerse oco nas carteleiras. "Conseguir un buraco ten moito mérito. As sensacións son boas mais precisamos que esta fin de semana vaia a xente ao cine porque do público dependerá que continúe ou non na carteleira", afirma Alfonso Zarauza, diante da incógnita do que acontecerá nos vindeiros días coa película. "Nos transmitimos a realidade na que vivimos. Buscamos ter unha personalidade propia desde a estética, como é o caso do cine irlandés", explica Bertitxi. Zarauza e Bertitxi forman xa unha equipa sólida que se forxou en Encallados e repite tamén en A viaxe dos Chévere. Os tres títulos, en circulación na actualidade, afondan nunha liña que identifica o seu facer no cine. "Son filmes diferentes na natureza e irmanados na esencia, comprometidos politicamente, que empregan o humor no tratamento lingüístico e psicolóxico e intentan ser filmes valentes que buscan o seu camiño. A natureza de todos é a honestidade", defende Zarauza. Chéveres do audiovisual "As películas están moi centradas en facer un retrato do noso tempo, falan da crise, unha a do noso tempo e outra a do cine, das dificultades para sacar unha película adiante -e da crise do Prestige tamén- a conexión é clara, como dalgunha maneira o é tamén no documental de Chévere", engade Bertitxi. Comparten filosofía co Novo Cinema Galego mais o seu obxectivo é chegar ao público das salas comerciais, entreter sen banalizar. De ter que buscar un paralelismo, a eles non lles sentaría mal comparalos cuns Chévere do mundo audiovisual. "Admirámolos moitos, ademais do compromiso político, foron quen de facer un público propio, sen traicionarse. Conseguiron prestixio sendo fieis a si mesmos, sen descafeinarse. Para nós son un referente, con eles temos unha vinculación moi próxima. Poderían ter éxito doutra maneira, mais decidiron seguir na liña na que verdadeiramente crían", defenden.
NOS_42522
Ademais, hai 9.479 casos activos, 669 máis ca onte.
A pandemia colle forza nesta terceira vaga na Galiza e os dados que ofrece a Consellaría de Sanidade na última xornada indican que o impacto negativo dun Nadal permisivo cos desprazamentos e as xuntanzas sociais está a deixar pegada. Así, continúa o aumento de casos día tras día a un ritmo preocupante. Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.047 contaxios, 928 deles por PCR. Rexístranse agora os contaxios derivados das datas de nadal. Ademais, hai 9.479 casos activos, 669 máis ca onte. Un aumento tamén preocupante. Tamén preocupa o aumento de ingresos hospitalarios derivados deste virus. Hai xa 511 persoas nos hospitais por mor da covid-19, 438 en planta (17 máis ca onte) e 73 nas UCI (3 máis). A cifra de vítimas tamén segue en aumento. Logo de que o Sergas notificase esta segunda feira 12 falecementos por coronavirus, o número de mortos no país ascendeu a 1.474. Á parte do aumento progresivo da presión hospitalaria observado nos últimos días, a taxa de positividade das PCR na Galiza mantense unha xornada máis en valores similares aos rexistrados na primeira semana de abril durante os primeiros compases da pandemia. A web de Sanidade recolle na mañá de hoxe que a positividade das PCR practicadas nas últimas 24 horas foi do 11%, o valor máximo desde o 7 de abril; aínda que habitualmente a taxa é recalculada ao día seguinte por parte das autoridades sanitarias.
PRAZA_5285
O blog 'Eu non manipulo' está de aniversario logo de máis de 700 denuncias sobre o "control gobernativo e político" que sofre a televisión pública. Acumula 140.000 visitas e cada vez máis traballadores denuncian a terxiversación e a censura malia as presións da dirección da canle.
"Este blog foi creado polo comité de empresa da Televisión de Galicia para denunciar a manipulación informativa que sofre a canle pública e para demandar a creación dun Consello de Informativos". Esa é a cabeceira do exitoso blog Eu Non Manipulo, unha declaración de intencións que é recuperada polos autores neste venres 4 de abril, xusto cando a páxina cumpre un ano. 365 días, 140.000 visitas e 710 denuncias despois, "a manipulación segue existindo", tal e como relatan representantes dos traballadores a Praza, pero "o traballo deu os seus froitos". Os principais: trasladar á opinión pública esta grave problemática ou evidenciar flagrantes casos de terxiversación e de informacións ao servizo do poder que incluso obrigaron o director xeral da CRTVG a dar explicacións no Parlamento. A idea xurdida hai agora máis dun ano nunha asemblea de traballadores, e apoiada maioritariamente por eles, continúa con máis forza ca nunca malia os atrancos da dirección da propia canle, que implantou unha normativa para poder revisar as mensaxes de e-mail dos seus traballadores e os sitios web que visitan, ademais de vetar o acceso ás instalacións da empresa pública con ordenadores ou tabletas. "Foron principalmente os redactores e as redactoras as que decidiron que había que sacar esta situación cara a fóra e facer didáctica, tanto desde dentro como cara ao exterior; había que ser conscientes de cales son os métodos e as causas da manipulación", explica o comité de empresa, que se declara "moi satisfeito" do traballo desenvolvido no blog. "Foron a maioría dos redactores os que decidiron denunciar esta manipulación cara a fóra e facer didáctica" Son máis de 700 denuncias de casos de manipulación noutros tantos artigos publicados. Desde as omisións no caso Bárcenas ou á Gürtel, pasando pola Pokémon e a antiga relación de Feijóo cun narcotraficante, polo trato desigual aos partidos políticos e a ocultación das siglas do PP cando a nova é negativa, ata a repetición ordenada e insistiva do nome das formación da oposición cando a información as prexudica. Tamén Nunca Máis, o caso da mina de Corcoesto, a escasa atención ao dominio .gal, ou a última omisión sobre o altercado protagonizado por Esperanza Aguirre. "Ducias de casos, os últimos encamiñados a subliñar os datos positivos da macroeconomía española e a agochar os negativos da vida real. É certo que melloran as cifras do paro, como informaron TVG e o resto dos medios, pero tamén é certo que aumenta a temporalidade laboral e que a decisión de moitos parados de facerse autónomos axuda a adelgazar as listas do INEM. Iso non se conta, nin se fala da cantidade de mozos que emigran a Europa ou América, malia que TVG ten alí colaboradores, nin se fan reportaxes de galegos que malviven baixo o limiar da pobreza", explican os autores do blog. "Cada vez son máis os redactores que se prestan a colaborar facilitando detalles sobre a manipulación das súas informacións" Son centos de denuncias e cada vez son máis. Os datos sobre a manipulación que nun comezo achegaban uns poucos traballadores van aumentando e son cada vez máis os redactores que se prestan a colaborar facilitando detalles sobre as omisións, terxiversacións ou mala praxe xornalística que acontecen nos telexornais. "Cada vez hai máis xente que desde dentro suxire, denuncia, dá a alerta ou comenta os casos; algúns de maneira máis aberta e outros máis ás agachadas... Porque o que aquí hai xa non é medo, senón pánico", insisten fontes do comité de empresa, que asumen "o difícil" do traballo de elaboración do blog, pero que destacan o importante incremento de traballadores dispostos a colaborar con Eu non manipulo. "Ninguén sabe mellor que os propios redactores que é o que lle mandaron facer, as intromisións que sufriron ou as ordes que recibiron; é moi importante que as achegas se incrementen porque hai manipulacións moi previsibles e evidentes, pero hai outras máis pequenas ou sutís que sen eses datos serían imposibles de saír á luz", engaden. "Aquúi xa non hai medo, hai pánico; hai quen colabora de maneira aberta e outros máis ás agachadas" "Mesmo houbo algún momento no que parecía que a manipulación diminuía, pero como xa prognosticamos, foi flor dun día", engaden os autores do blog. Desde o comité aclaran que "ás veces, cando as denuncias son moi graves", si que se nota que a dirección "aminora a marcha que leva ou córtase máis". "Pero é cousa dun día, en canto pasan 24 horas, volven á súa práctica habitual", lembra. "A manipulación segue aí". "A manipulación segue e o blog, tamén" Entre as denuncias máis vistas no blog sitúanse aquela na que se informa sobre as imaxes do accidente ferroviario de Angrois que a dirección decidiu emitir saltándose o criterio do redactor que as editara, a referencia ao espazo que o programa El Intermedio lle dedicou á problemática na TVG, a "manipulación" dos disturbios en Compostela na manifestación dos mariñeiros do cerco ou a entrada na que se denuncian "os ataques desleais de La Voz" á televisión pública. Pero hai moitas máis, ata 710. E seguirá habendo. "A manipulación segue e polo tanto Eu non manipulo, tamén. Ogallá tivésemos que pechar o blog, pero de momento non parece que esa sexa unha opción", advirten os seus autores na páxina, na que explican que esta iniciativa "non é o primeiro intento de frear a manipulación política e gobernativa da Televisión de Galicia". Houbo outros como a ILP para democratizar o nomeamento do director xeral, "que non foi adiante por votar en contra a maioría do PP no Parlamento", ou o informativo-denuncia que boa parte dos xornalistas da empresa protagonizaron na Praza do Toural en Santiago. Tamen en Praza os traballadores explicaron con detalle os métodos empregados na canle para censurar ou manipular os telexornais. Non obstante, e malia todo, a CRTVG segue sen o Consello de Informativos reclamado para "que vele pola pluralidade e a imparcialidade da información". "Iso está parado e moito nos tememos que o vai seguir estando; a dirección ampárase en que ten que ser o Parlamento quen cree eses órganos previstos na lei da Corporación, que tampouco é efectiva... Pero eles seguen negando que na TVG haxa manipulación". E Eu non manipulo seguirá denunciándoa.
NOS_41846
Diversos actos conmemoran no país o 50 aniversario da efeméride.
Hoxe, 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, fanse 50 anos das protestas sindicais nos estaleiros da antiga Bazán, en Ferrol, que custaron a vida a dous traballadores e que supuxeron un antes e un despois na loita sindical. Para Manel Grandal, secretario comarcal da CIG en Ferrol, o 72, "no que ten que ver coa loita obreira, foi un ano que valeu por moitos anos". "Supuxo unha explosión de solidariedade en todo o país, tamén o estoupido de moitas reivindicacións laborais e estudantís e, obviamente, un enfrontamento coa ditadura", que, como argumentou, "xa viña argallando, porque non podía soportar as loitas que se viñan dando dentro do propio estaleiro e un movemento sindicalista non só en Bazán, senón en toda a cidade", apunta Grandal. "No ensino, sen as mulleres non se podía facer nada" Como explica a Nós Diario Santiago Díaz, secretario de organización de CCOO, aquelas mobilizacións, a concentración dunhas 4.000 persoas ás portas do estaleiro o día 9 en protesta polo despedimento dos representantes sindicais que "tiraron" por un convenio individual para Bazán Ferrol, e a manifestación do día 10, reprimida a tiros pola Policía, "contribuíron dunha forma significativa á caída do franquismo e ao nacemento da propia CCOO", como alternativa aos antigos sindicatos de clase, UXT e CNT. Sindicalismo combativo "Se a CIG é a principal forza sindical do país é porque seguimos mantendo esa idea do sindicalismo combativo e esa demanda dun marco galego de relacións laborais", afirma Grandal, que cualifica o diálogo social de "trampa para desmobilizar a clase traballadora e non tela en conta na toma de decisións". Nesta liña, critica que sindicatos como CCOO e UXT asumisen formar parte desas políticas reformistas e ser "cómplices" desa desafección da participación para fialo todo "a eses pactos de salón" que, como criticou, "son unha ferramenta moi útil para o Goberno e a patronal. Ao primeiro, para cambiar as promesas electorais, e ás patronais para desmobilizar a clase traballadora", abundou. Jaime Pereira e Josefina Piñón serán galardoados polo 10 de marzo Porén, celebra "o rexurdir" da clase traballadora, que "demanda reformas fiscais e máis políticas de esquerdas". "A sociedade non soporta pagar os pratos rotos do que foi a crise de 2008 e o que está sendo xa a crise por esta guerra", dixo en referencia ao conflito entre Rusia e Ucraína. A forza da presión social Desde a CUT, o seu secretario xeral, Ricardo Castro, incide nesas mesmas ideas. Segundo asegura a este diario, os sindicatos "teñen que volver pisar as rúas como método de defensa dos nosos dereitos". "Cremos que nestes 50 anos non mudou nada nese senso; ou saímos ás rúas ou pasan por riba de nós", lamentou o líder sindical. "A represión en Vigo nas folgas de 1972 foi terríbel" Para Castro, as mobilizacións, "se non máis, son igual de necesarias que daquela, porque hai unha imposición dun réxime político que está cinguido e que non nos deixa saírnos das súas marxes, e desde o punto de vista dos dereitos sociais e laborais estamos nunha situación aínda peor, coa circunstancia de que hai traballadores e traballadoras pobres, cousa que daquela non pasaba", alerta o secretario xeral da CUT. "A presión social é a que obriga a cambiar", conclúe. Dúas manifestacións en Ferrol e unha concentración en Vigo As centrais sindicais teñen previstos varios actos para conmemorar o aniversario das protestas que levaron por diante as vidas de Daniel Niebla e Amador Rey. CCOO ten convocada unha manifestación en Ferrol que partirá ás 11.30 horas do estaleiro de Navantia até o monumento ao 10 de Marzo, onde realizarán unha ofrenda floral. Pola tarde, no Teatro Jofre, proxectarán un documental após o que haberá unha mesa redonda sobre o movemento obreiro e a creación do sindicato. A CIG tamén convocou unha manifestación, que partirá ás 12 horas da porta de Esteiro de Navantia e rematará no mesmo monumento con ofrenda floral. Finalmente, a CUT concentrarase ante o edificio da Xunta en Vigo ás 11 horas para "exercer a memoria colectiva do que fomos e marcar o horizonte do que debemos ser".
PRAZA_10276
A formación que lidera Luís Villares proporá como senadora por designación autonómica a Mariló Candedo
A formación que lidera Luís Villares proporá como senadora por designación autonómica a Mariló CandedoEn Marea renovará "antes de agosto" a súa dirección tras os "decepcionantes" resultados electorais dos últimos comicios xerais, municipais e europeos, comicios estes últimos nos que obtivo só 15.000 votos, o 1%. O proceso iníciase só medio ano despois das eleccións internas que a formación celebrou o pasado decembro coa vitoria da candidatura encabezada por Luís Villares.A dirección da formación, o Consello das Mareas, reunido este sábado sen convocatoria previa aos medios, emitiu un comunicado no que sinala que, "como se comprometera tras as eleccións xerais", asumirá "as súas responsabilidades políticas" polos resultados electorais e abrirá "un proceso de reflexión colectiva a desenvolver por comarcas durante o mes de xuño, que culminará cun plenario no mes de xullo que defina a liña política e organizativa de En Marea". "Finalmente, as persoas inscritas escollerán unha nova dirección, antes do mes de agosto, que desenvolva o novo rumbo da organización", engade. Á espera do que poida decidir o propio Villares sobre o seu futuro, e tras obter en decembro o 59% dos apoios fronte ao 41% dos críticos, o que derivou na ruptura de relacións con Podemos e Esquerda Unida, o Consello das Mareas celebrado este sábado tamén informou de que a súa proposta como senadora de designación autonómica é Mariló Candedo. Nas pasadas eleccións xerais Candedo, profesora de Pedagoxía na Universidade da Coruña, foi candidata por esa provincia pero quedou fora do Senado ao obter só 15.000 votos, o 2,3%, pero a formación defende a proposta "por ser a persoa que concorreu ás primarias de En Marea para as eleccións xerais que obtivo un maior respaldo das inscritas".Os senadores por designación autonómica, tres no caso de Galicia, deben ser nomeados polo Parlamento galego, no que o PP ten capacidade de elixir a dous. O terceiro correspondería á segunda formación da Cámara, actualmente En Marea, con máis votos malia estar empatada a escanos co PSdeG. Porén, os deputados de Podemos e Esquerda Unida veñen amosando discrepancias cos afíns a Villares, minoritarios, polo que está por ver que a proposta de Candedo como senadora realizada agora polo partido En Marea sexa asumida polo grupo parlamentario En Marea.
NOS_17046
As bases son claves en toda campaña electoral. Sexa repartir propaganda, organizar material, saír ás pegadas ou facer músculo nos actos, a súa contribución acostuma a quedar nun segundo plano. Falamos con militantes do BNG, PP, PSdeG e En Marea para coñecer o seu punto de vista, sondear as súas sensacións a pé de mitin, a escasas horas para os comicios do 25 de setembro.
Preguntámoslle por tres cuestións: como están a vivir a campaña por dentro (1), cales cren que son os puntos fortes da súa formación (2) e despois do domingo que resultado esperan alén de escanos e cifras (3). Brais Ferreiro (BNG) 19 anos, dous como militante 1.– Estou vivindo a campaña con moita ilusión, estou bastante satisfeito coa campaña que estamos levando no BNG. Penso que con máis pedagoxía que outras veces, algo que se botaba en falta. Vexo unha campaña na que o BNG está conseguindo remontar e penso que, desde o debate da TVG, que marcou un punto de inflexión, creo que gran parte da sociedade volveu mirar o Bloque cunha visión diferente a dos últimos meses, coa baixada de votos nas municipais e nas estatais. 2.– Penso que as redes sociais están dinamizando bastante, con vídeos frecuentes como a conversa de Kiko Cadaval e Ana Pontón, o vídeo de campaña, ou sobre a supresión das peaxes e a creación dunha banca pública galega. Quero tamén destacar a caravana de mocidade galega, que está desenvolvendo Galiza Nova, percorrendo 40 localidades do país, unha iniciativa que chamou a atención á xente. 3.– Agardo que os votos e escanos do BNG contribúan decisivamente a rematar coa maioría absoluta de Feijóo. Isto a curto prazo, xa que o proxecto do BNG é un proxecto de transformación do país que queremos e traballamos para que se desenvolva nun medio-longo prazo. obxectivo é igualar os resultados das últimas galegas, aínda que o contexto é diferente, con moito desgaste do nacionalismo, os medios de comunicación que non contribúen e a aparición doutras forzas. Nazareth Cendán (PPdeG) 33 anos, 15 de militante 1.– Tanto de forma individual como colectiva de forma moi intensa. Está sendo unha campaña dura, todos estamos a traballar moito. Consideramos que cada un dos votos son necesarios para que poidamos revalidar esa terceira maioría absoluta que tanto precisa Galiza. E moi rodeados de xente, sempre cos veciños, facilitando material e toda a mercadotecnia de campaña... Nese senso estamos todos especialmente comprometidos nestas catro semanas que levamos traballando. 2.– Eu destacaría a presenza de Feijóo en case todos os puntos de Galiza. Non só a campaña está sendo intensa, vimos dunha precampaña moi movida nos medios de comunicación. A idea de ir pobo por pobo, falando coa xente, e deixándote ver. Non só de cara o que se viviu estes últimos catro anos, tamén de cal é a nosa opción de futuro, o que vende e propón o Partido Popular ata 2020. A rúa, ese é o noso punto máis forte, sen dúbida. 3.– Espero que o PP revalide a terceira maioría absoluta, creo que é xusto e necesario. Que sigamos fortalecendo o futuro, dando pasos adiante e non cara atrás. Necesitamos unha Galiza próspera, un equipo serio e responsable, e non o que estamos a ver en cidades como a miña cidade, A Coruña, con situacións que persoalmente non nos gusta vivir. Adrián Borrajo (PSdeG) 22 anos, catro como militante 1.– Con entusiasmo. Agora mesmo estamos facendo un reparto na zona do Couto, en Ourense, e a verdade que atopamos a xente apostando por un cambio. 2.– Recuperar a ilusión en que un cambio é posible en Galiza, pero especialmente en Ourense temos claras as posicións das nosas políticas contrarias ao PP. Nunha zona onde o caciquismo da saga Baltar está totalmente instaurado. E xa que son de Xuventudes Socialistas, facer un pouco de fincapé nas propostas que leva o PSdeG para a xuventude, como a gratuidade dos libros de texto. Unha das grandes propostas que levou Touriño no seu momento, e que o PP foi das primeiras cousas que quitou cando chegou o goberno, que agora queremos recuperar. 3.– O que está claro é que o PP vai seguir sendo a forza máis votada, pero ao marxe diso vemos que as enquisas dan unha maioría absoluta. Cremos que son enquisas, dito desta forma, pagadas por certos intereses. Nós vemos ganas de cambio, penso que o PSdeG será quen lidere ese cambio. Eu creo sinceramente que o próximo presidente vai ser Leiceaga. Nicolás Legido (En Marea)35 anos, tres militando en política 1.– Vimos de traballar conxuntamente nas campañas de decembro e xuño, e moi ben todo o que era a convivencia entre uns e outros, nun espazo tan complexo e amplo como é En Marea, e que aparentemente podería parecer que as discusións reinarían continuamente, non é así. En Vigo vimos de traballar coa Marea, nos coñecemos e xa sabemos como cooperar, o que facilita moito o traballo. Esta campaña en si está resultando bastante eficiente, despois de vivir dúas campañas algo caóticas, chegamos a esta cos erros do pasado aprendidos. A miña valoración é un notable alto. 2.– "O punto forte principal é a imaxe de unidade que estamos dando, deixando a un lado todas as diferenzas para loitar por un obxectivo común. Iso o representan moi ben as campañas. As diferenzas políticas que podemos ter, podemos postergar eses debates, quedan para un lado para traballar xuntos. É o punto máis forte, esta convivencia senta a base para a construción da organización nun futuro. Porque a nosa meta é esa, construír unha organización que se chame En Marea e vaia crecendo a partir dunha base sólida. E esa base só se consigue nas campañas, que é o espazo en común que temos para traballar. Por outra lado, ter compañeiros e compañeiras en diferentes puntos do Estado, de diferente repercusión mediática, fai que poidamos facer actos como o que fixemos en Vigo con Pablo Iglesias, Beiras, Xulio Ferreiro, as candidatas e Villares, coa xente entregada". 3.– "A miña quiniela é que o PP non vai sacar maioría absoluta, tampouco por algo aberrante pero si que perde escanos. En Marea por diante do PSdeG, non me atrevería a dicir por canto, que é o obxectivo. E creo que o Bloque vai sacar un bo resultado. O maior damnificado vai ser o PSdeG e contra todo prognóstico o PP".
NOS_36450
Ciudad Juárez, no Estado de Chihuahua, é a urbe onde máis feminicidios se produciron durante o ano 2020.
Os feminicidios en México disparáronse no que vai deste ano 2020 ao rexistrarse 724 supostas vítimas, segundo informou a Secretaría de Seguridade no seu último informe, que se fixo público nesta segunda feira, 26 de outubro. O documento indica que entre xaneiro e setembro se denunciaron en todo o país 704 casos de feminicidio, o cal significa que a cifra anterior pode ser máis alta pois soamente fai referencia ás denuncias específicas, dado que moitas familias das vítimas non o fan por temor a sufriren represalias. A secretaría indica no seu novo informe sobre violencia contra as mulleres, publicado polo Secretariado Executivo do Sistema Nacional de Seguridade Pública (Sesnsp), que tan só durante o mes de setembro se denunciaron en todo o país 77 feminicidios, un caso máis que en agosto. Confirma ademais a tendencia crecente deste delito a nivel nacional. As cifras sinalan que a incidencia creceu de maneira ininterrompida desde 2015, cando houbo 411 feminicidios, até o ano pasado, cando houbo 938 casos. Ciudad Juárez, no alto A entidade onde máis feminicidios se denunciaron é o Estado de México, con 106 casos; seguido polo de Veracruz (67), Ciudad de México (55), Nuevo León (50) e Puebla (40). Estas cifras desagregadas por municipios revelan que Ciudad Juárez, no Estado de Chihuahua, é a urbe onde máis feminicidios se produciron durante o ano 2020, cun total de 18. Séguena Tijuana, en Baja California (17), Monterrey, en Nuevo León (13), Culiacán, en Sinaloa (12) e Iztapalapa, en Ciudad de México (11). Ademais, houbo en México 199.974 chamadas de urxencia relacionadas con incidentes de violencia contra as mulleres, e máis de medio millón por violencia familiar.
PRAZA_12390
O filme de Xurxo Chirro será unha das cinco longametraxes que competirán na sección oficial, nun festival que se desenvolverá entre este mércores e o domingo. A representación galega complétase cos traballos de Luís Patiño, Sandra Sánchez e Angel Santos Touza.
Este mércores inaugúrase o festival internacionais de documentais de Tui, o Play-Doc, que chegaá súa oitava edición con cambios, cun formato máis modesto, pero mantendo a calidade e a orixinalidade nas propostas, no medio dun contexto moi complicado no que outros certames máis consolidados tiveron que baixar o pano. A sección oficial do festival, na que se compite por un premio de 5.000 euros, combina nomes consagrados do documental con prometedores novos cineastas, aínda que en todos os casos se trata de cine de autor, pezas moi persoais e independentes. O festival desenvolerase até o domingo 25. Neste ano, o Play-Doc de Tui apostou por dúas liñas temáticas moi marcadas, a exploración da paisaxe e o diario filmado. Na primeira vertente, o director ruso Victor Kossakovsky presentará Vivan as Antípodas!, un filme sobre catro pares de Antípodas (Arxentina e China, España e Nova Zelandia, Chile e Rusia, Botswana e Hawai). Tamén se poderá ver Two Years At Sea, de Ben Rivers, un cineasta británico aplaudido pola crítica, que o premiou na pasada edición do festival de Venecia por esta cinta. Nela, Rivers filma en branco e negro o día a día dun ermitán que vive nun apartado bosque. Neste ano, o Play-Doc de Tui apostou por dúas liñas temáticas moi marcadas, a exploración da paisaxe e o diario filmado O filme Mirage, do serbio Sr an Ke a, sitúase entre esta primeira vertente paisaxística e o diario filmado, ao combinar rexistros das construcións da grande metrópole de Dubai con testemuños dos obreiros e os turistas que habitan ese espazo. Máis local, pero igual de necesaria, é Yatasto, de Hermes Paralluelo. A película mergúllanos nas vidas dun grupo de rapaces 'carreros' en Arxentina, que recollen cartóns da rúa para vendelos, montados no seu carro de cabalos. Finalmente, Vikingland, de Xurxo Chirro, recupera cintas de vídeo gravadas por un mariñeiro mercante da Guarda para compor un retrato da diáspora galega e o mundo do traballo, e así foi considerada, moi positivamente, en festivais coma os de Marsella ou Xixón, e partirá tamén en marzo ao FICUNAM de México. Vikingland, de Xurxo Chirro, recupera cintas de vídeo gravadas por un mariñeiro mercante da Guarda para compor un retrato da diáspora galega e o mundo do traballo Non será o único traballo do cinema galego no festival. Lois Patiño trae a Play-Doc as curtas Ecos do bosque, Na vibración da auga e Na vibración da terra. Son pezas moi breves e intensas, que ofrecen "unha poetización" contemplativa dos lugares filmados. Patiño prepara, na mesma liña, a súa primeira longa, Costa da Morte, unha película que se perfila como unha das grandes promesas do cinema galego para os vindeiros meses. Pola súa banda, Sandra Sánchez presentará Tralas luces, estreada no festival de San Sebastián con moi boas críticas. Nela, segue a familia feirante de Lourdes polas estradas do norte de España, que percorren coa súa pista de coches de choque. A representación galega complétase con Pantasmas#1 e Pantasmas#2, de Ángel Santos, pezas documentais elaboradas a partir do arquivo fotográfico e fílmico familiar na cal o director reflexiona sobre o paso do tempo, a memoria persoal e as pega-das do pasado na construción da propia identidade. Contidos do Play-Doc no Vídeo baixo demanda de R R e Play-Doc chegaron a un acordo para que parte dos contidos presentados no Festival Internacional de Documentais de Tui se emitan tamén na televisión dixital do operador galego de comunicacións por fibra óptica. Deste xeito, unha selección dos filmes máis importantes que pasarán polo festival, así como a obra de grandes realizadores aos que Play-Doc dedicou amplas retrospectivas, exhibiranse no catálogo do vídeo baixo demanda de R. Grazas a esta colaboración entre R e Play-Doc, máis de 95.000 fogares terán acceso a contidos de calidade que chegan a Galicia da man dunha das máis importantes citas do audiovisual na nosa comunidade. Unha boa oportunidade para descubrir grandes obras que habitualmente non teñen cabida nos espazos comerciais e aos que é difícil acceder fóra do circuíto de festivais. Web do Play-Doc
NOS_38133
A Fiscalía imputa "pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo". Pide a disolución de ambas as dúas organizacións.
Un total de 102 anos de prisión para as 12 militantes de Causa Galiza e Ceivar imputadas a raíz da Operación Jaro I e Operación Jaro II. Eis a petición da Fiscalía, segundo a organización independentista, que lles imputa agora "pertença a organizaçom criminosa para a comissom de delitos de enaltecimento do terrorismo". As penas oscilaan entre os 4 e 12 anos de cárcere Unha demanda que, afirman, · supón "um grave salto qualitativo na persecuçom do independentismo políticamente organizado e coloca Causa Galiza e Ceivar perante a perspectiva possível da dissoluçom por ordem judicial, o encarceramento de 12 militantes e a liquidaçom do independentismo políticamente organizado". Nunha primeira valoración de urxencia, Causa Galiza critica que "o Governo espanhol em funçons decanta-se por aplicar altos níveis de repressom a organizaçons independentistas cuja praxe política se enquadra dentro da legalidade". Sinalan, aliás, que "a solidariedade, a denúncia e a superaçom dos cálculos estreitos por parte dos agentes políticos, sindicais e sociais da naçom som neste momento imprescindíveis". "Salto cualitativo na represión" Desde o entorno de persoas imputadas nesta causa manifestouse a Sermos Galiza que o xuízo podería caer a mediados do vindeiro ano, 2020. Enmarcan a petición da Fiscalía nunha "ofensiva de criminalización do independentismo", para o que a Audiencia Nacional, din, dá "un salto cualitativo" polo que introduce "novos delitos" que poden implicar para as persoas acusadas penas de entre 4 e 10 anos de cárcere, para alén, afirman, de "disolver Causa Galiza e Ceivar". Paso atrás A decisión causa sorpresa e estupor en círculos independentistas, máxime cando o pasado mes de xullo a Audiencia Nacional retiraba acusación de "pertenza a banda armada" contra os 9 independentistas detidos na 'Operación Jaro'. "Quando todo apontava à deconstruçom progressiva da montagem, com a devoluçom à Causa Galiza da condiçom de formaçom política legal, a retirada das imputaçons de "pertença a organizaçom terrorista" a 9 militantes, etc., o tribunal sucessor do TOP franquista introduz novos tipos delitivos na reta final do processo", indican desde a organización independentista. Jaro A finais de outubro de 2015 un xigantesco e chamativo operativo da Garda Civil desenvolveuse en diferentes pontos da Galiza (Compostela, Vigo, Boiro, Muros...) para deter 9 militantes de Causa Galiza baixo unha serie de graves acusacións que podían implicar para as persoas detidas un importante número de anos en prisión. Nun primeiro momento, a AN mesmo decretou a suspensión temporal de Causa Galiza.
PRAZA_4890
Os convocantes cualifican de "éxito" unha folga con seguimento desigual e con manifestacións en máis de vinte localidades galegas. Houbo diversos incidentes en Compostela e cargas policiais en Vigo.
O estudantado galego volveu saír ás rúas nunha xornada de folga polo ensino público e contra a Lomce e os recortes que na educación está levando a cabo o Goberno do PP. Convocados por Liga Estudantil, Comités e Agir -e apoiados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público- o alumnado de institutos e universidades volveu amosar o seu rexeitamento ás políticas educativas da dereita nun paro cun seguimento notable pero desigual, moito maior na ensinanza secundaria que nas facultades, aínda que as organizacións falan de "éxito" tras paralizarse case totalmente a actividade en centros como o de Xornalismo ou Filoloxía en Compostela. As organizacións convocantes falan de "éxito" pero dun seguimento desigual do paro Nunha xornada de folga apoiada tamén polo nacionalismo político e sindical -BNG e Anova amosaron o seu apoio-, foron máis de vinte as manifestacións e concentracións que se celebraron por toda Galicia, nas sete cidades e en moitas máis vilas, algunhas delas pasadas por auga. As mobilizacións non conseguiron o éxito de anteriores convocatorias, pero si milleiros de estudantes saíron ás rúas ao berro de Non aos recortes en educación, Feijóo escoita o ensino está en loita ou contra a Lomce. En varias das cidades rexistráronse algúns incidentes. En Compostela, algún manifestante rompeu a cristaleira do Banco Santander na praza de Galicia e outros lanzaron ovos e pintura a algún caixeiro e provocaron desperfectos nunha tenda de Adolfo Domínguez. Antes, na facultade de Químicas, houbo un desaloxo por parte dos bombeiros logo de que escachasen botes con material perigoso nos laboratorios. O BNG amosou o seu "apoio" á manifestación estudantil convocada contra a Lei Wert en Santiago pero expresaou a súa "máis enérxica condena aos actos vandálicos cometidos por unha minoría que non teñen xustificación ningunha". "Eses actos vandálicos, ademais de inxustificables, supoñen unha falta de respecto e de intolerancia coa inmensa maioría dos estudantes e do resto dos participantes na manifestación que, dun xeito pacífico, expresaban o seu desacordo" coas políticas educativas do PP. Galiza Nova tamén condenou as "accións violentas" dunha "minoría". Cristaleiras dalgún banco e caixeiros sufriron danos en Compostela, mentres que a policía cargou contra estudantes en Vigo Ademais, en Vigo, e segundo testemuñas da manifestación, produciuse algunha carga por parte dos antidisturbios, que terían respondido ao lanzamento dunha pedra cara a zona onde se situaban os axentes antidisturbios. En Pontevedra, dous rapaces menores de idade foron trasladados á comisaría ao non presentar o DNI a requirimento das forzas de seguridade. Na cidade olívica, produciuse unha detención e houbo máis dunha ducia de identificacións nuns disturbios que as forzas de seguridade atribúen a unha minoría organizada. O estudantado foi o protagonista nunha protesta "contra o españolismo, a privatización e o patriarcado no ensino". As tres organizacións estudantís denunciaron nun comunicado conxunto "os innumerábeis recortes e reformas impostas é educacións pública", entre as que se inclúen o descenso e a supresión de bolsas, a suba das taxas universitarias, a redución nos comedores públicos ou a minimización do límite de prazas. Todo, segundo advirten, sobre o pretexto dunha crise económica "na que, paradoxalmente, aumentan as ganancias das grandes elites económicas e invístese diñeiro público en rescatar bancos ou manter iniciativas privadas". As tres organizacións, e tal e como denuncian tamén asociacións de pais, sindicatos ou plataformas contra a lei Wert, cren que a Lomce "reforza un programa ideolóxico sustentado na sumisión da muller ao home" ao dar maior importancia á relixión católica na educación e ao "aumentar o número de profesoras nesta materia". Ademais, "promove as asimetrías entre os xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo". Os convocantes das mobilizacións advirten tamén de que xa están deseñados os bosquexos dos futuros programas educativos, todos eles de "marcado carácter retrógrado e promotor do capitalismo extremo e da mercantilización das mozas", din, e citan como exemplo a materia de Iniciativas Emprendedoras.
NOS_21524
Son espazos con escasa ou nula intervención humana e unha gran riqueza ambiental. No noso país hai máis destas 60 RNF. Os ecoloxistas piden que se declaren máis.
As reservas naturais fluviais (RNF) son aqueles ríos, ou algún dos seus treitos, con escasa ou nula intervención humana e cunha gran riqueza ambiental aos que se lles dota de protección coa finalidade de ser preservados sen alternacións. Así se explica no completo estudo de Ecologistas en acción 'RSF, figuras de protección especial para a conservación dos nosos ríos'. Unha cuestión importante, nun país coma o noso, que Otero Pedrayo cualificou como "o país dos mil ríos". Non acertou o vello profesor coa cifra, pois en Galiza o número de ríos anda por volta dos 10.000. Como ten lembrado o hidrobiólogo Fernando Cobo Gradín en Galiza "de beira fluvial temos catro veces máis que de costa mariña". Máis de 400 quilómetros de ríos galegos son RNF, pertencentes á bacía hidrográfica Galiza Costa (de xestión autonómica) e á de Miño-Sil, de competencia estatal. Na demarcación Galiza-Costa hai 13 reservas naturais fluviais, que suman unha lonxitude de 118 quilómetros. Entre estas 13 RNF, a máis estensa é a de Río Sor, na zona Rego de Santar, con 14,2 Qum. Máis O Consello de Ministros aprobaba en novembro de 2015 declarar nas demarcacións hidrográficas de competencia estatal 85 RNF. Unha decisión con efectos en Galiza, pois declarábanse 5 reservas fluviais na bacía Miño-Sil, que suman unha estensión de 54 quilómetros; e 3 na demarcación Cantábrico-Occicdental, con 20 Qum de longo. Rego da Ribeira Grande, Río de Vilela, Río Agueira, Río de Murias... son algunhas desas reservas Desde Ecoloxistas en Acción propoñen que se ree unha nova reserva deste tipo no noso país, un treito de 10 quilómetros no Rego da Teixeira de Liñares. Rego de Calamouco.
NOS_24025
Entre 2010 e 2015, un total 1.938 persoas quitáronse a vida na Galiza. En 2015, a pesar do descenso a repeito de 2014, as mortes por suicidios duplicaron as derivadas de accidentes de tráfico. Malia estas cifras, as mortes autoprovocadas seguen a ser un tabú e un fenómeno estigmatizado. Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 237.
Hai todo un silencio ao seu redor. Un silencio ao redor das 1.938 persoas que se quitaron a vida entre 2010 e 2015. Un silencio entre as Administracións públicas, que seguen a eludir as mortes autoprovocadas. Un silencio entre as familias, afectadas polos estigmas e os prexuízos. Un silencio entre os medios de comunicación, que non o citan por medo ao efecto contaxio. Con todo, profesionais apostan en falar do suicidio para que deixe de ser a morte silenciada. Así o defende o Movemento Galego de Saúde Mental, creado en 2014 para denunciar o agravamento dos factores de risco de suicidio na Galiza no contexto de crise e de recortes na cobertura social. O colectivo cívico, do que forman parte máis de 20 entidades entre sindicatos, asociacións relacionadas co ámbito da saúde, colexios oficiais..., apela a sensibilizar e desestigmatizar o suicidio. Os dados recentemente publicados polo INE ao redor das defuncións segundo a causa da morte en 2015 amosan un descenso no número de suicidios na Galiza, que pasaron dos 371 de 2014 aos 318 de 2015. Aínda así, o país segue a estar nos postos de cabeza en mortes autoprovocadas a nivel estatal. Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica e vocal da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, chama á necesidade de facer análises do fenómeno "para coñecer os múltiplos factores, desde individuais a contextuais, que levan unha persoa a quitarse a vida". Miguel Anxo García, portavoz do Movemento Galego de Saúde Mental, advirte, en declaracións a Sermos Galiza, de que "non existen estudos epidemiolóxicos serios que permitan identificar as causas e os factores que se agochan detrás das taxas moi elevadas que temos en comparación co resto do Estado". [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa e quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_12723
A Real Filharmonía da Galiza (RFG) representa esta semana Romeo e Xulieta, de Shakespeare, nunha serie de concertos baixo a batuta do mestre Maximino Zumalavee co acompañamento da música de Serguéi Prokófiev e os monicreques da compañía catalá Per Poc.
A Real Filharmonía da Galiza (RFG) representa esta semana Romeo e Xulieta, de Shakespeare, nunha serie de concertos baixo a batuta do mestre Maximino Zumalavee co acompañamento da música de Serguéi Prokófiev e os monicreques da compañía catalá Per Poc. As dúas primeiras actuacións desenvolveranse ás 11 horas mañá día 16 -quinta feira- e o 17 de xaneiro -sexta-, mentres que a terceira e última representacón terá lugar o sábado, día 18, ás 18.30 horas da tarde. Este último concerto ten como obxectivo visibilizar o traballo de Agadea -Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer-, no marco do proxecto RFG Solidaria, co que se apoian diversas causas a través da música. Neste caso as entradas custan 5 euros, cun bono familiar de 15 euros que ofrece catro entradas polo prezo de tres, sempre que sexan adquiridas no despacho de boletos do Teatro Principal ou do Auditorio de Galiza. Pola súa banda, as primeiras dúas funcións están dirixidas a escolares. Unha proposta "moi visual" "Cada historia ten o seu monicreque" din desde a compañía Per Poc e, por iso, traballaron oito anos para crear este espectáculo. Segundo explican, buscaban uns bonecos "capaces de loitar con forza, bailar con graza, amar, angustiarse, matar e morrer", por iso usan uns monicreques xigantescos -de entre dous e catro metros de altura- e lixeiros, "cuxas texturas e cores prevalecen sobre a expresión facial". Para complementar o espectáculo, elaborouse unha adaptación do texto de Shakespeare, que será narrado pola actriz galega Marta Lado.