ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_8624
Aberta a investigacións até 30 de setembro
Presentouse onte o premio de investigación Condado de Pallares, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta da Galiza e dos concellos de Guntín, Chantada e Taboada. O certame premia os mellores traballos de investigación arredor do territorio definido pola demarcación medieval do Condado de Pallares, que abarca os actuais concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo. Os traballos, inéditos, de máis de 100 folios e en galego, poden presentarse até 30 de setembro. A décimo cuarta edición, como veu acontecendo até agora, será resolta por un xurado experto. O galardón entregarase na segunda quincena de novembro en Chantada. A remuneración económica é de 3.000 euros e ademais o premio inclúe a publicación en papel, cunha tirada de 1.200 exemplares. Na presentación, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, manifestou a relevancia do apoio das entidades culturais "como axentes de dinamización e de vertebración social" e salientou que o certame é tamén "unha oportunidade para que o traballo de investigación sexa recoñecido".
NOS_45077
Despois da confirmación dos resultados das eleccións do 12 de xuño, nas que participou só unha de cada tres persoas chamadas a votar, comeza o proceso para a renovación do Goberno e do Primeiro Ministro nun Estado que busca estabilidade despois de dous anos marcados polas protestas.
Os movementos sucédense nas últimas horas para a renovación do Goberno despois de que a pasada quinta feira o presidente do Consello Constitucional, Kamel Feniche, anunciara os resultados finais das eleccións lexislativas de Alxeria do pasado 12 de xuño. Nelas, a Fronte de Liberación Nacional (FLN), actualmente no poder, mantense como a forza máis votada do país con 98 dos 407 escanos en xogo -con pouco menos do 25% dos votos-, mais perdendo 66 asentos con respecto ao proceso de 2017. O Movemento pola Solidariedade e a Paz quedou como segunda forza con 65 escanos, aumentando a súa representación en 32 lexisladoras e lexisladores, o MSP é un partido de orientación islámica e preto de Irmáns Musulmáns, aliado en diversas ocasións dos gobernos da FLN. Pola súa banda, a Agrupación Nacional para a Democracia, que se impuxera nas eleccións lexislativas de 1997, perdeu case a metade da súa representación e rematou con 58 asentos, despois de apoiar varios gobernos da FLN. En cuarta posición situouse a Fronte para o Futuro, que multiplica os seus resultados e pasa de 12 a 48 congresistas. A última das forzas políticas con ampla representación é o Movemento de Construción Nacional, unha escisión do MSP, que entra na Asemblea Popular Nacional con 39 escanos. Ademais, as candidaturas independentes triplican o seu peso no parlamento, acadando 84 escanos. Desde o final da guerra civil en 1999, estas eleccións deixaron a participación máis baixa rexistrada, ao votar o 30,2% de máis de 24 millóns de persoas con dereito a voto. Boicot do Hirak Un dos motivos principais da baixa participación foi o boicot promovido desde o Hirak, un movemento sen líderes nin estrutura que comezou o 16 febreiro de 2019 tras o anuncio do ex presidente Abelaziz Buteflika de presentarse a un quinto mandato cando o seu estado de saúde estaba deteriorado e cun alto grao de incapacidade. O movemento, que se foi reducindo os últimos meses polos conflitos entre persoas partidarias dun cariz de orientación islámica e unha visión máis laica, non conseguiu cristalizar nunha alternativa política, o que engadido a detención de varios persoeiros vencellados co Hirak levounos a optar por pedir que non se asistira a votar e que se incidira na democratización do Estado. Renuncia do primeiro ministro Un día despois de confirmarse os resultados electorais, o Primeiro Ministro Abdelaziz Djerad presentou a renuncia de todo o seu gabinete por medio dunha misiva dirixida a Abdelmadjid Tebboune (FLN), presidente de Alxeria. Djerad, que levaba no cargo desde decembro de 2019, apuntou que é unha fase natural do proceso de sucesión e aproveitou para desexar éxito ao seu sucesor. Hoxe comezan os contactos entre o presidente Tebboune e as forzas políticas con representación no hemiciclo, prevese que a FLN sexa quen de encabezar un novo Goberno de coalición e forxar unha maioría que leve a elección dun novo Primeiro Ministro. Os retos do novo Goberno, acadar a normalidade e o impulso do emprego A data prevista para a constitución do novo parlamento en Alxeria é o 8 de xullo, nesta sesión terán que elixir a dirección da Asemblea Nacional Popular e máis a Presidencia do órgano. A partir dos contactos entre forzas políticas que inicia hoxe o presidente Abdelmadjid Tebboune, tamén terá que ser nomeado un novo Primeiro Ministro. A elección do Primeiro Ministro tamén leva aparellado un novo Executivo, que terá que tratar cunha crise económica provocada pola caída dos prezos do petróleo. Esta situación tamén xerou un aumento da inflación e do desemprego, segundo indican os actores internacionais, pero a prioridade principal do novo Goberno será a estabilización do país, que desde a renuncia de Abelaziz Buteflika hai dous anos continúa nun estado de tensión agudizado pola pandemia de Covid-19.
NOS_31533
Chegan as noites con maior actividade das Perseidas, tamén coñecidas popularmente como Bágoas de San Lourenzo. Entre o 10 ao 12 de agosto, é dicir, hoxe, mañá e pasado, poderase desfrutar dun espectáculo astronómico de gran vistosidade.
As Perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de alta actividade que sucede de maneira anual durante os meses de xullo e agosto, presentando unha maior actividade o 12 de agosto, é dicir, pasadomañá. Se ben as Perseidas son a terceira chuvia de estrelas de maior importancia ao longo do ano, resultan as máis populares tanto na Galiza como, en xeral, en todo o hemisferio Norte, dado que teñen lugar no mes de agosto, no que o bo tempo e a existencia de vacacións estivais resultan moi apropiadas para o seu desfrute. O rexistro máis antigo que se ten deste fenómeno data do ano 36 d. C., nunha documentación chinesa que recollía a existencia dunha gran actividade de meteoros nesas datas; mais non sería até o século XIX cando se confirmaría que dita chuvia se producía de maneira cíclica e cal era a súa causa. Esta actividade de meteoros está orixinada polo cometa 109P/Swift-Tuttle, cuxa órbita se aproxima periodicamente á da Terra e está provocada polo impacto dos fragmentos, a maioría deles moi pequenos, que desprende no seu percurso e que se volatilizan ao entraren en contacto coa atmosfera terrestre. Foi descuberto por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle o 19 de xullo de 1862. O corpo celeste proxenitor das Perseidas presenta un diámetro de 26 km e a súa órbita arredor do sol ten unha duración de 135 anos. A última vez que se puido ver desde a Terra a simple vista foi no ano 1992, no que se produciu unha extraordinaria intensidade de meteoros que foi progresivamente descendendo até a actualidade. Prevese que no ano 2026 haxa outro pico de actividade. Mito e relixión Se ben esta resulta a súa orixe real e científica, as Perseidas tamén contan cunha explicación relixiosa e mitolóxica. A denominación Bágoas de San Lourenzo débese a que hoxe, 10 de agosto, un par de xornadas antes da noite que máis actividade presenta na visualización dos meteoros, é o día de San Lourenzo. A lenda cristiá conta que a chuvia sucede dous días despois da festividade recordando o martirio do santo que foi queimado vivo en Roma. A historia conta que foron as bágoas de San Lourenzo as que, durante a agonía final, caeron do ceo a modo de estrelas, dando lugar ás Perseidas. A mitoloxía grega tamén ten unha explicación da chuvia de meteoros, quizais algo máis romántica que a cristiá. Segundo a tradición, as Perseidas homenaxean a constelación de Perseo, unha das 48 descritas por Ptolomeo e lugar desde onde proveñen os meteoros. A lenda conta que Zeus, namorado da ninfa Dánae, tivo que metamorfosearse para poder acceder a ela, e decidiu facelo a modo de chuvia dourada. Daquela noite que pasaran xuntos naceu Perseo; de aí a denominación de Perseidas, que en grego significa 'fillas de Perseo'. Onde ver as Perseidas Na Galiza e no resto do hemisferio Norte, as mellores noites para desfrutar das Perseidas son as do 10, 11 e 12 de agosto, pois é o momento no que a Terra atravesa a zona de maior densidade da estela do cometa. Sempre será necesario, obviamente, que o ceo estea despexado, e axudará en gran medida a ausencia de lúa. Se ben a mellor forma de ver o maior número posíbel de meteoros é con prismáticos ou telescopio, as Bágoas de San Lourenzo son perfectamente visíbeis a simple vista. Nas tres noites citadas, pódense chegar a observar até 60 ou 70 meteoros fugaces cada hora e a comunidade astrónoma asegura que, en certos momentos da madrugada e con moi boa visibilidade, o número pode ascender aos 150. Aínda que son visíbeis na totalidade do firmamento, percíbese unha maior concentración de meteoros sobre o horizonte Norte-Leste. GCiencia, o blog de xornalismo divulgativo, identifica os dez os mellores lugares para desfrutar das Perseidas na Galiza. Un deles é o Observatorio de Forcarei, que adoita levar a cabo xornadas de portas abertas durante os días de maior actividade; outro, a contorna do faro Punta Nariga, en Malpica, un recuncho moi prezado para as persoas amantes da astronomía dado que non presenta apenas contaminación lumínica; e Chandebrito, no concello de Nigrán. Outros lugares idóneos son o Alto de Fontefría, na Cañiza, ou o espazo natural de Pena Trevinca, no concello da Veiga, xa recoñecido como destino Starlight, unha certificación que acredita aqueles lugares que posúen unha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación, nos que a observación do firmamento se integra no patrimonio natural, paisaxístico, cultural e científico do espazo, fomentando o turismo. Outro destino Starlight é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes son lugares perfectos desde os cales poder contemplar as Perseidas. Divulgación Outros destinos recomendados son o concello de Guitiriz, concretamente a Área de San Xóan, e tamén Oia, Lobios e o Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, onde o observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza visitas astronómicas con charlas explicativas sobre o fenómeno. Este verán non será menos; o observatorio está a impartir sesións, nun total de 22 concellos galegos, que comezaron o 15 de xullo e continuarán durante este mes de agosto e tamén setembro. As sesións de divulgación astronómica consistirán nunha charla introdutoria que vén seguida de observacións. Durante o evento, o público recibirá información sobre as características físicas dos astros que se observan, sobre mitoloxía e sobre outras cuestións relacionadas. O director do Observatorio e profesor da USC, José Ángel Docobo, explica que o obxectivo é que as sesións sexan "non só un interesante encontro científico-cultural, senón tamén unha forma de pasalo ben dun modo seguro nas nosas fermosas noites estivais". Algúns dos concellos que contarán co programa, enmarcado nas iniciativas As estrelas do camiño e Camiños de Estrelas, son Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón, Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz, Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos e Vedra. Para asistir ás sesións, cómpre realizar unha inscrición previa desde a propia páxina da USC, na que tamén se pode atopar unha información completa dos contidos e dos horarios do programa divulgativo.
NOS_6781
Que conecta o LSD, as multinacionais farmacéuticas e a colleita de centeo? Pois unha historia tecida de vimbios esquecidos, deses que garda a oralidade na intrahistoria, que explica a Galiza labrega dos anos 50 nun mapa internacional, desde distintas ópticas. Iso é o que pretende Illa Bufarda en 'Negro Púrpura', un documental que recupera relatos senlleiros arredor do cornello ou dentón, un fungo alucinóxeno que foi ouro negro a mediados do século pasado. A película estreouse na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico na terza feira 6 de abril.
O volframio, ese prezado mineral tan cotizado no mercado negro en tempos da segunda guerra mundial polo seu uso na industria armamentística, non foi o único ouro negro que se agocha na memoria galega. De feito, hai un aínda máis invisíbel que latexa na oralidade de historias contadas a medias, se cadra menos rescatado ao non cumprir unha vontade de colocar a Galiza no mapa do devir histórico máis explícito. A produtora Illa Bufarda presentou na Mostra de Cinema Etnográfico o día 6 de abril, no Teatro Principal, en Santiago, un documental que vira arredor de cuestións tan distantes e aparentemente inconexas como o labor das curandeiras galegas e a confabulación das farmacéuticas nos anos 50. O protagonista deste estraño nobelo de historias é un fungo alucinóxeno, o Cláviceps purpúrea, que medra principalmente no centeo. "Miña avoa traficou con LSD", contáralle durante unha sobremesa a Adriana P. Villanueva a súa compañeira de piso. Ese titular non podía menos que chamar poderosamente a atención das dúas Illa Bufarda, coa outra metade en Sabela Iglesias, que promoveron o desenvolvemento deste proxecto. Todo comezou nesta conversa informal arredor dun fungo co que nos 50 se facían moitos cartos. "Nós nunca escoitaramos falar del", comenta Villanueva. Nunha primeira procura rápida en internet descubriron moitas cousas, a maioría insólitas para o gran público. E alucinaron "coa cantidade de ligazóns que tiña o dentón con moitas cuestións acontecidas no mundo e como esa historia que aquí foi importante no seu momento non a coñeciamos". Foi tamén da necesidade de rachar con este baleiro dun pasado tan próximo que xurdiría Negro Púrpura. Un parasito moi rendíbel Comecemos polo principio. O Cláviceps purpúrea é un parasito que pode afectar a unha enorme variedade de cereais e herbas, como o trigo, a avea ou a cebada, se ben onde adoita proliferar é no centeo. Cando se desenvolve no ovario deste coñécese popularmente como cornello. A súa forma, imitando a do cravo (Syzygium aromaticum), lixeiramente curvada, dá lugar ao nome científico. Alcanza unha lonxitude de 40 a 60 milímetros, cunha cor branquexada ao principio que despois torna negro azulado, ou negro púrpura. Os experimentos con este fungo e os seus derivados levaron á descuberta da dietilamida do ácido lisérxico (LSD) Fortemente velenoso, a súa inxestión pode resultar moi prexudicial para a saúde. Porén, o seu uso terapéutico en medidas doses tamén permite empregalo como tratamento. En farmacopea, é dicir, nas compilacións de receitas de produtos con propiedades medicinais auténticas ou supostas, atribúenselle funcións desde tempos moi antigos. Na China usábase en obstetricia para contraer o útero e evitar as hemorraxias posparto. O cornello contén alcaloides do grupo ergolina, como a ergocristina, a ergometrina, a ergotamina e a ergocriptina. Estas substancias teñen un amplo espectro de acción no corpo, incluídos efectos vasoconstritores a nivel circulatorio ou de neurotransmisión. Os experimentos con este fungo e os seus derivados levaron á descuberta da dietilamida do ácido lisérxico (LSD), un poderoso enteóxeno que afecta ao sistema serotoninérxico, sintetizado por primeira vez por Albert Hofmann en 1938. Algúns investigadores suxiren que a beberaxe consumida polos participantes nos antigos misterios gregos dos eleusinos, chamado kykeon, elaborado a partir de poleo e cebada, podería producir efectos alucinóxenos atribuíbeis ao cornello. Do coagulante ao abortivo Tradicionalmente usouse o cornizó polas súas propiedades oxitócicas e vasoconstritoras, por exemplo, para acelerar os partos lentos ou para coutar as hemorraxias uterinas despois. Porén, tamén tiña outro uso: o abortivo. Facíase unha infusión con el que cumpría tomar no momento axeitado, porque, se non, como conta un dos informantes, "podía levar dúas vidas por diante". Iso implicaba facelo no primeiro mes, como moito mes e medio. Iso si, o fungo causa ao tempo unha redución na cantidade e calidade do gran, e cando a colleita infectada se emprega para alimentar o gando pode provocar ergotismo, unha enfermidade que se presenta con dous cadros clínicos. Un consiste na inflamación dolorosa das extremidades, formigueo, sensación de frío e fenómenos vasoconstritores, que poden conducir á necrose dos tecidos e á aparición de gangrena nas extremidades, principalmente, con posíbel perda de dedos, das mans ou dos pés. O outro, de tipo convulsivo, leva a axitación mental, delirio e perturbacións sensoriais. A intoxicación pode traducirse así en alucinacións. A doenza era tan frecuente na Idade Media que se chegaron a crear hospitais da orde de Santo Antón dedicados en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito. Ao frío inicial que senten moitas das persoas afectadas seguíalle unha queimazón aguda, da que veñen os nomes populares de "lume ardente" ou "lume de Santo Antón". Moitas vítimas lograban sobrevivir, pero quedaban mutiladas. A empresa farmacéutica Zeltia foi unha das grandes explotadoras. O dentón galego era rico en ergometrina, máis valorado na altura que outro dos alcaloides, a ergotamina, o primeiro que fora illado, pero con efectos adversos. A outra febre do cornello Mais a mediados do século pasado a febre era outra. Na Galiza dábanse as condicións idóneas de humidade e temperatura para cultivar este fungo cunha calidade óptima, polo que se converteu nun foco de venda. A empresa farmacéutica Zeltia foi unha das grandes explotadoras. O dentón galego era rico en ergometrina, máis valorado na altura que outro dos alcaloides, a ergotamina, o primeiro que fora illado, pero con efectos adversos. A demanda dos alcaloides para usos medicinais levou a procurar os cultivos de cereais de zonas temperadas. O feito de que se recollesen maioritariamente á man permitía conseguir un fungo mellor na Galiza. A "loucura do cornello", como lle chama a recreación dun anuncio publicitario en Negro Púrpura, levaría mesmo a comercializar imitacións con pasta de fariña tinguida, que durante 1951 se vendían a nada menos que 475 pesetas o quilo, mentres o dentón orixinal alcanzaba as 1.000. Na temporada seguinte baixaría o prezo a 150 pesetas, por mor do contrabando a Portugal e pola apertura das exportacións rusas, coas que o noso país competía directamente. A recolección era tan rendíbel que deixaba o campo sen xornaleiras para outros labores, como sachar as patacas, conta unha das testemuñas. Pois se nun día se apañaba un quilo, este pagábase a 75 pesetas, fronte ao peso do xornal desoutros traballos. Se "ían ás plantas" saía máis á conta. Ou así foi até que este ouro negro foi perdendo importancia por volta dos anos 60, porque viñeron os produtos de síntese de laboratorio. Se algo destaca son precisamente as informantes e testemuñas dun traballo de campo que adquire valor absoluto por si mesmo, unha intensa investigación gravadora en man para recoller o relato máis auténtico, o do pobo. Gravadora en man "Todo isto aconteceu en 2016, máis ou menos, cando nos empezou a picar a curiosidade", conta Iglesias sobre as orixes de Negro Púrpura. "Non foi até que recibimos a axuda da Deputación da Coruña para proxectos singulares que nos puxemos máis en serio coa documentación e o guión", explica. A partir de aí afondaron en diversas lecturas antropolóxicas, históricas ou científicas que se integran dunha curiosa forma no discurso do documental para ofrecer unha perspectiva ampla do fenómeno na Galiza. Das fontes, nesas primeiras procuras vencelladas co país, destacaría o blog Galicia Agraria, xestionado polo profesor que logo entrevistarían, Ángel Luís Fernández, impartindo aulas no documental. Ademais desta achega académica, a pouca bibliografía do tema inclúe un libro chamado Ignis Sacer. Historia del cornezuelo del centeno (La Hoja del Monte, 2013), de José Ramón Gómez Fernández, desde unha perspectiva algo máis internacional, onde as de Illa Bufarda tamén atoparon as chaves do que querían contar. Con todo, en Negro Púrpura non predominan as voces expertas. Se algo destaca son precisamente as informantes e testemuñas dun traballo de campo que adquire valor absoluto por si mesmo, unha intensa investigación gravadora en man para recoller o relato máis auténtico, o do pobo. As recolectoras, principalmente mulleres e crianzas, toman agora a palabra para contar en que consistiu aquilo do dentón. Chegar a rescatar todas esas historias non foi tarefa fácil. Partillar o desenvolvemento do proxecto a través das redes sociais xogou un papel fundamental. "Desde un blog e o Facebook iamos contando todos os avances", explica Iglesias, ao tempo que facían un chamamento a que "a xente da nosa xeración preguntase nas casas aos avós e avoas, ou pais e nais", sorprendidas polo nivel de descoñecemento de algo que aconteceu hai pouco tempo, igual que lles pasara a elas. "Esas historias estaban aí, o que pasa é que non se contaban", engade. "Fomos a moitos sitios no proceso de documentación", quer na Galiza quer no norte de Portugal. Villanueva di que o micromecenado lles deu certa repercusión nos medios, que fixo que chegase a elas xente que se cadra doutro modo non o tería feito. Unha forma de financiamento que ademais lles permitiría daquela esa primeira divulgación chave para poderen avanzar nese paso crucial e complexo de mergullarse na memoria oral. Dentro disto, o máis curioso para Villanueva foi o fermoso de ver como "a xente nos abría as casas e nos contaba as historias, e tamén a cantidade de historias que non metemos no documental porque non tiñan unha relación directa, pero que para nós quedan na memoria". A súa compañeira coincide con ela en primar a relación coas informantes como o mellor da experiencia: "Esa sensación de estar en débeda con todos eles". A isto engade a propia procura de ir conectando unha chea de cousas co fungo, "cada paso que iamos sabendo máis medraban os temas", conclúe. Entre as historias máis psicodélicas, atoparemos a borracheira de pan que colleu media vila dunha fornada con Cláviceps. Esta anécdota lembra a unha das teorías históricas que se atopan tras o proceso das bruxas de Salem, segundo a que a morea de mulleres axustizadas na fogueira tería inxerido tamén pan de centeo infectado. Outra conexión curiosa que sumar ás tantas deste Negro Púrpura. O fungo dos mil nomes No comezo, o proxecto que hoxe coñecemos como Negro Púrpura chamábase O dentón, unha das múltiplas denominacións que se lle dá ao longo do territorio a este prezado fungo. Entre elas atoparemos tamén caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, gornicelo ou gran de corvo. "En cada sitio a xente usaba un termo diferente", contan desde Illa Bufarda, que non foron conscientes de "canto era así" até que o viron de primeira man. Non querendo optar por ningunha das variantes, algo que a priorizaría sobre as demais, que se empregan indistintamente segundo quen fale ao longo do documental, decidiron escoller o suxestivo nome da cor como título. Ademais, sinalan que "dentón" podía confundirse cun peixe, ou con Denton, Texas, nos Estados Unidos de América, factor este último que podería ser confuso para a difusión internacional.
NOS_28118
Os nacionalistas solicítanlle que inicie accións de apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego. Reclama tamén do goberno galego "unha condena pública, firme e contundente", das declaracións da Fundación Franco por apoloxía do franquismo e do ditador
O BNG pide á Xunta de Galiza que se sume á iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña, concellos de Sada e A Coruña, Universidade da Coruña, Iniciativa Galega polo Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público. Os nacionalistas solicitan ademais do goberno galego que inicie accións de apoio técnico, xurídico e económico para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego. O parlamentario Luís Bará lembra que a intención das entidades promotoras é crear unha fronte común para conseguir acabar "co espolio de Meirás e converter o Pazo nun ben de titularidade pública". Insta tamén o goberno galego a apoiar a proposta para o concello de Sada xestione as visitas ao Pazo. Por último, reclama do goberno galego "unha condena pública, firme e contundente", das declaracións dos representantes da Fundación Franco por apoloxía do franquismo e do ditador.
PRAZA_9147
Quen era secretario de Estado de Infraestruturas cando ocorreu o accidente desminte que presionase a unha ex-deputada popular que foi vítima do mesmo para que rebaixase as súas críticas e di que "cando teñamos as conclusións formais, se toca, non terei ningún inconveniente en pedir perdón"
Quen era secretario de Estado de Infraestruturas cando ocorreu o accidente desminte que presionase a unha ex-deputada popular que foi vítima do mesmo para que rebaixase as súas críticas"Actuaría exactamente igual". Así se ratificou este luns no Congreso, na comisión de investigación política sobre o accidente de Angrois, o daquela secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Rafael Catalá, despois ministro de Xustiza, cando varios deputados lle lembraron diversas declaracións e actuacións súas que segundo as vítimas pretendían obstaculizar a investigación do sinistro e focalizar as culpas no maquinista. Pola contra, o xuíz instrutor, co respaldo do fiscal, vén de propor xulgar non só ao condutor senón tamén a un cargo de Adif como responsables de 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional polas mortes daquel 24 de xullo de 2013, cando o maquinista se despistou e non freou a tempo antes da curva de Angrois sen que existise ningún sistema de seguridade que o evitase.Catalá foi unha das voces do Goberno do PP que máis se prodigou nos medios de comunicación nos primeiros días tras o accidente salientando o "incumprimento" da velocidade máxima da curva e a importancia que para esclarecer os feitos tería a "testificación do maquinista". Tamén el foi quen facilitou ao primeiro xuíz instrutor do caso a gravación na que o propio maquinista, Francisco José Garzón, admitía que se despistara e que non freara a tempo antes da curva. Ademais, unha das principais dirixentes da plataforma de vítimas, a ex-deputada autonómica do PP madrileño Teresa Gómez-Limón, desvelou que Catalá a chamara cando aínda se estaba a recuperar das súas feridas para pedirlle que non fora tan crítica co Goberno.Como ministro de Xustiza e Fomento Catalá garantiu ás vítimas a colaboración do Goberno coa investigación do sinistro malia que Adif e Renfe levaban xa varios anos obstaculizando esas pescudasPosteriormente, Catalá, ministro de Xustiza desde 2014, foi temporalmente o máximo responsable tamén de Fomento de xeito interino durante a segunda metade do ano 2016, cando Ana Pastor pasou de ser ministra a presidenta do Congreso e mentres non se configurou un novo Goberno cun novo ministro desa carteira. Nese posto de ministro de Xustiza coas competencias asumidas de Fomento, Catalá garantiu ás vítimas a colaboración do Goberno coa investigación do sinistro malia que Adif e Renfe levaban xa varios anos obstaculizando esas pescudas. Todos eses feitos levan ás vítimas do accidente a fixar en Catalá parte da responsabilidade de dificultar que se coñecesen as eivas de seguridade que existían na liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o sinistro máis alá do despiste que sufriu o maquinista. "Cando teñamos as conclusións formais, se toca, non terei ningún inconveniente en pedir perdón", di o ex-ministroSobre esas cuestións incidiron especialmente este luns na comisión de investigación os deputados Gabriel Rufián, de ERC, e Alexandra Fernández, de En Marea, con preguntas que o PP considerou inxuriosas. Catalá insistiu en que a súa preocupación naqueles días era atender ás vítimas e mesmo "mellorar as prestacións económicas" das indemnizacións que recibirían. "Nunca quixemos anticipar consecuencias nin orixes nin causas" do sinistro, dixo, asegurando que se limitou a transmitir o que á súa vez lle dicían os técnicos do ministerio e a "colaborar co xulgado de instrución competente para aportarlle toda a información desde Renfe ou Adif", algo que esas empresas públicas non sempre fixeron. Tras asegurar que "actuaría exactamente igual", Catalá tamén engadiu que "cando teñamos as conclusións formais, se toca, non terei ningún inconveniente en pedir perdón".Catalá negou conflito de intereses por traballar agora para un bufete que á súa vez asesora sobre a alta velocidadeSobre como a gravación do maquinista dicíndolle xusto tras descarrilar ao centro de control que se despistara chegou tan rápido ao xuíz instrutor e os medios de comunicación, o que focalizou a atención sobre o condutor e non sobre a falta de seguridade da liña, Catalá desviou responsabilidades. Segundo dixo, a orde que deu foi "quen teña esa información que lla traslade a quen xa está investigando, que é o xuíz", e asegurou descoñecer como acabou chegando tamén aos medios de comunicación.Catalá negou tamén que presionase á popular Gómez-Limón para que rebaixase as súas críticas e dixo que só falou con ela para interesarse pola súa situación. "Nada máis lonxe da miña actitude persoal, da miña maneira de ser, presionar a ninguén", asegurou. Na comparecencia, os deputados de ERC e En Marea relacionaron as afirmacións que no seu momento realizou Catalá de que o accidente non fora do AVE e as súas advertencias de que dicir iso podía repercutir en contratos internacionais das empresas españolas do sector coa fichaxe do ex-ministro polo bufete Herbert Smith Freehills, que asesora proxectos da alta velocidade. Catalá di que traballa para ese bufete con autorización da oficina do Goberno que vela polos conflitos de intereses e que non se pode vincular ese feito cunhas declaracións súas hai máis de cinco anos.A deputada de En Marea tamén salientou que unhas anotacións incautadas no caso Púnica nas que aparece o nome de Catalá relacionarían un contrato do AVE Ourense-Santiago co financiamento do PP. O ex-ministro considerou esa afirmación "unha infamia e unha calumnia" e salientou que como secretario de Estado de Fomento el "non tiña ningunha competencia na capacidade de decisión de Adif" á hora de adxudicar contratos. Teófilo Serrano, presidente de Renfe co PSOE, nega agora que hai catro anos criticase como pouco serias as análises de riscos da súa empresa Antes de Catalá na comisión tamén compareceu Teófilo Serrano, que foi presidente de Renfe desde a chegada de José Blanco a Fomento en maio de 2009 e ata o seu cesamento en xaneiro de 2012 polo PP. Serrano dixo que non houbo "ningunha presa" para poñer en servizo a liña Ourense-Santiago, que el non foi coñecedor da alerta sobre o risco existente na curva de Angrois que lanzou un maquinista xefe cando aínda era presidente e mesmo negou que hai catro anos dixese no Congreso, como así quedou reflectido nas actas, que Renfe non facía análises de risco serias sobre a seguridade ferroviaria, cuestión considerada clave pola investigación penal do accidente."Non facemos análises de risco máis que para os riscos laborais e de saúde do traballo, son as únicas análises de risco que se fan en serio, e iso eu creo que hai que melloralo bastante, en materia de seguridade ferroviaria estritamente dito e en calquera outra materia", dixo Serrano en 2014Serrano xa compareceu en outubro de 2014 na subcomisión de mellora xeral do sistema ferroviario estatal creada daquela no Congreso tras o accidente. Alí, a porta pechada, pero segundo quedou constancia nas transcricións das comparecencias, Serrano dixo que Renfe non facía análises de riscos sobre a seguridade ferroviaria dos seus servizos. "Non facemos análises de risco máis que para os riscos laborais e de saúde do traballo porque hai unha lei polos accidentes, pero esas son as únicas análises de risco que se fan en serio, para o demais as análises de risco... E iso eu creo que hai que melloralo bastante, en materia de seguridade ferroviaria estritamente dito e en calquera outra materia", dixo Serrano en 2014. Porén, este luns Serrano asegurou que non dixo o que dixo hai catro anos cando falou da "seguridade ferroviaria" senón que se estaba a referir a análises dos riscos económicos dos investimentos na alta velocidade. Serrano tamén dixo este luns que "non lle correspondía a Renfe facer análises de riscos". No auto co que hai mes e medio o xuíz instrutor da causa penal deu por rematada a investigación, o maxistrado fai responsable do sinistro, ademais do maquinista, ao daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por non analizar correctamente os riscos da liña de AVE Ourense-Santiago. Malia que a Axencia Ferroviaria Europea considera que esas análises deberan ser feitas non só por Adif senón tamén por Renfe, o xuíz levantou a imputación que pesaba ata agora sobre o director de Seguridade na Circulación desa segunda empresa, Antonio Lanchares, que dimitiu pouco antes.Serrano dixo descoñecer a orixe da decisión de cambiar o ancho da liña Ourense-Santiago que acabou modificando a súa configuración de seguridadeA Serrano tamén se lle preguntou pola decisión de cambiar o proxecto orixinal da liña Ourense-Santiago para evitar que tivese cambiadores de ancho de vía que demorarían as viaxes dos trens, decisión que acabaría derivando nunha modificación da configuración de seguridade da liña que deixaría desprotexida a curva de Angrois e cuxa orixe o daquela presidente de Adif atribuíu a Renfe, operadora dos trens. Este luns Serrano dixo descoñecer a orixe desa decisión e atribuíuna a técnicos."Non quero responderlle", foi a contestación que deu Serrano a Alexandra Fernández sobre se o de Angrois foi un accidente da alta velocidadeSobre a alerta do risco da curva que un ano e medio antes do accidente, cando el aínda presidía a empresa pública, lanzou un maquinista xefe, Serrano asegurou que el non foi coñecedor desa advertencia e fixo ver que non foi tramitada polas canles regulamentarias. A Serrano tamén lle preguntou a deputada de En Marea Alexandra Fernández se o de Angrois foi un accidente da alta velocidade, como se promocionara orixinalmente a liña e o tren e negou posteriormente o Goberno. "Non quero responderlle", foi a súa contestación. Serrano tamén se desvinculou da posta en servizo do tren Alvia híbrido eléctrico e diésel que tivo o accidente, lembrando que el encargou a súa creación pero que foi posto en servizo e supervisado para a súa homologación despois de que el deixase o cargo, xa durante o Goberno posterior do PP.Mario Garcés, subsecretario de Fomento co PP, nega inxerencias na investigación oficial, invalidada pola xustiza e a UETras as intervencións deste luns, xa só restan por comparecer na comisión de investigación os ex-ministros de Fomento José Blanco e Ana PastorEste luns tamén compareceu na comisión Mario Garcés, subsecretario de Fomento co PP cando ocorreu o accidente, que argumentou que as súas competencias limitábanse a coordinar administrativamente os diversos departamentos e organismos dependentes do ministerio. Entre eles estaba a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), que un ano despois do sinistro fixo único responsable do mesmo ao despiste que sufriu o maquinista e cuxo informe foi invalidado tanto pola instrución xudicial como pola Axencia Ferroviaria Europea pola súa falta de independencia e polo seu contido incompleto. Garcés asegurou este luns que "nunca, nunca, por parte deste subsecretario nin de ningún membro do ministerio de Fomento houbo ningunha inxerencia na actuación da CIAF".O ex-subsecretario tamén insistiu en que posteriormente se modificou o funcionamento da CIAF para garantir a súa independencia e que iso impediu, e segue a facelo, que o Goberno lle puidese ordenar reabrir a investigación técnica, como insiste en reclamar a UE e rexeita a propia comisión de investigación.Tras as intervencións deste luns, xa só restan por comparecer na comisión de investigación os ex-ministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor, o socialista no cargo cando se puxo en servizo a liña de AVE Ourense-Santiago e se reduciu a seguridade nas vías e a popular cando ocorreu o accidente tras reducirse tamén a seguridade nos trens Alvia e durante os primeiros anos da súa investigación.
PRAZA_10215
A investigación, dirixida por Xurxo Ayán, forma parte do proxecto Adegas de Memoria e procuraba un mosteiro medieval no lugar dos Conventos, na Pobra do Brollón. O equipo salienta que "de confirmarse a datación dos ósos atopados, estarían entre os restos humanos máis antigos atopados en Galicia"
"De confirmarse con Carbono 14 a datación dos ósos atopados, estarían entre os restos humanos máis antigos atopados en Galicia"O equipo que dende hai dúas semanas está a realizar unha escavación arqueolóxica no lugar dos Conventos (A Pobra do Brollón) na procura primitivo mosteiro medieval atopou soterrados restos humanos, posiblemente de orixe prehistórica. O grupo, dirixido polo arqueólogo Xurxo Ayán e coa participación do Incipit-CSIC, destaca que "de confirmarse con Carbono 14 a datación dos ósos atopados, estarían entre os restos humanos máis antigos atopados en Galicia".Cando a investigación estaba xa a piques de rematar, o equipo deu cun cranio, unha vértebra e dous fémures que "pola súa colocación e contexto arqueolóxico semellan estar soterrados nunha cista prehistórica". Os restos xa están camiño ao laboratorio BETA para a súa datación con Carbono 14. Ademais, aplicaranse outro tipo de probas que poderán dar información sobre a dieta ou mesmo sobre o seu ADN.O equipo deu cun cranio, unha vértebra e dous fémures que "pola súa colocación e contexto arqueolóxico semellan estar soterrados nunha cista prehistórica"O técnico de cultura do Concello da Pobra e coordinador do proxecto Adegas da Memoria, Xosé Gago, salienta a importancia deste achado: "a paisaxe da Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural que non se pode entender nin concibir sen ter en conta ás persoas que viviron e traballaron, que viven e traballan, na zona". E subliña a súa relevancia, precisamente neste momento en que a comarca está no proceso de ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.O achado, sinala, "pon no centro aos veciños que sosteñen esta paisaxe na xestión do seu patrimonio". "Dende o Concello levamos moitos meses traballando conxuntamente cos veciños. Foron eles os que nos falaron de que no lugar dos Conventos había un antigo mosteiro, a partir de aí nace todo o proxecto," explica Gago.Na procura dun mosteiro medieval"Foron os veciños os que nos falaron de que no lugar dos Conventos había un antigo mosteiro, a partir de aí nace todo o proxecto"A escavación tiña por obxectivo a procura do mosteiro de San Martiño de Piñeira, un mosteiro medieval desaparecido do que existe documentación e que a tradición oral dos veciños de Vilachá situaba nese lugar dos Conventos, entre os viñedos da Ribeira Sacra. Durante a escavación púidose constatar unha ocupación medieval do lugar con mostras de cerámica dos séculos XII ou XIII e unha moeda do reinado de Alfonso X. Por debaixo deses niveis medievais, escavado directamente na rocha apareceu o oco cos restos humanos; un depósito funerario que indica un tratamento ritual posterior do cadáver.A escavación nos Conventos enmárcase na iniciativa Adegas da Memoria, un proxecto etnoarqueolóxico que busca dinamizar a parroquia de Vilachá de Salvadur, promovido pola Asociación veciñal de Vilachá e o Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración do Incipit-CSIC.
NOS_13948
O apoio do outros sectores que están a ser protagonistas dos recortes dos gobernos de Feijóo e Rajoy lembraron que a política da dereita tamén lles afecta.
Suso de Toro foi o encargado de ler un texto en apoio á Sanidade Pública no que deixou claro que "é cousa de todos, non son un problema único dos traballadores e traballadoras da sanidade, son un patrimonio social" . O apoio de todo o sector da cultura, presente tanto na manifestación como logo na Praza da Quintana, quedou patente nas verbas finais do escritor ao referirse, cunha imaxe ben gráfica, ás declaracións do presidente da Xunta sobre o que é a sanidade pública. "Quen di que facer a cama a un paciente e darlle de comer non é sanidade pública, non é o mesmo que operalo do corazón. Quen di unha cousa así seguramente a continuación escacha a rir imaxinando aos doentes que non podan pagar o restaurante do hospital polos corredores cun prato na man rumbo ás cociñas. O que están imaxinando para nós son cousas grotescas, propias de mentes retorcidas". "O ensino non é unha mercadoría, é un dereito de todos e todas" A Plataforma polo ensino tamén quixo estar presente e ler un manifesto en defensa deste sector. "A comunidade educativa galega manifestamos o noso rexeitamento ao proxecto lei do goberno español que invade as competencias da Xunta". As súas reivindicacións, compartidas pola xente que encheu a praza, resumíanse nunha frase, "O ensino non é unha mercadoría, é un dereito de todos e todas". Para o sector do Ensino "nun momento de crise económica compre fortalecer os servizos públicos" e non "queimar libros de texto en galego e non cubrir as baixas do profesorado". A Plataforma pensa que estas actuacións do goberno de Feijóo "producirán un aumento do fracaso escolar". Remataron a súa intervención exixindo "que o goberno galego actúe como tal" e defenda os intereses da cidadanía.
PRAZA_3840
A dirección da empresa negocia un ERTE en dúas fases e prevé un descenso do 30% nas vendas este ano.
PSA Citroën busca pór en marcha dous novos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) na súa planta de Vigo ao prever o grupo un descenso do 30% nas vendas durante este ano. A intención chega nun martes no que os afectados por ERTE en Galicia sumaron 3.000 máis en 24 horas, chegando case as 203.000 persoas e un total de 31.828 expedientes activos (uns 500 máis nun día) por mor do estado de alarma polo coronavirus, segundo datos da Consellería de Economía.A dirección de PSA prevé un descenso do 30% nas vendas neste 2020Foi na primeira reunión para a negociación do ERTE por causas organizativas onde a dirección de PSA Vigo anunciou aos sindicatos a intención de facelo en dúas fases. A primeira sería de 55 días desde o momento no que e reinicie a actividade --previsto para o vindeiro día 20 áinda que non confirmado-- e ata agosto. A empresa xustifica este ERTE polos axustes necesarios no que será un inicio de actividade aos poucos: primeiro unha quenda por liña de produción durante quince días, logo dúas quendas outras dúas semanas e unha cuarta que se incorporaría en xullo. PSA solicitará 90 días de ERTE ata final de ano, 55 para a primeira fase e 35 para a segundaA segunda fase do ERTE sería de agosto e ata final de ano e consta de 35 días, xa non por razóns produtivas senón pola previsión do descenso de vendas nun 30%. En total, solicítanse 90 días de expediente temporal ata final de ano, 55 para a primeira fase e 35 para a segunda. O expediente, en negociacion cos sindicatos, afectaría unicamente o persoal a xornada completa (uns 3.400, a metade do cadro) e entraría en vigor sempre e cuando o ERTE por forza maior deixase de aplicarse, un detalle importante xa que é neste "onde todos os colectivos están cubertos e protexidos", tal e como destacan os sindicatos. Así, as centrais prevén chegar a un acordo antes da fin de semana e ante a posiblidade de que o actual ERTE non extea vixente xa o vindeiro luns ao depender de como se regule legalmente a prórroga do estado de alarma.
NOS_47511
Cando aquel martes 12 de agosto de 1975 se coñeceu a nova do asasinato do militante da UPG Xosé Ramón Reboiras Noia, foron moitas as galegas e galegos que caeron na conta de que Galiza non era un xogo, aínda máis, decatáronse de que por Galiza morríase.
Porén non houbo tempo de chorar a este novo mártir do noso pobo, había que seguir a traballar para evitar que os efectos da represión non foran máis duros aínda. Tampouco había lugar para as dúbidas ou para que o medo paralizara a organización , agás o núcleo de Ribadeo que se escindiu ao completo da UPG, o conxunto da militancia da UPG luxouse en limpar locais con propaganda comprometida, en solidarizarse cos detidos, agochar militantes ou facilitar a saída a Portugal doutros destes. "O conxunto da militancia da UPG luxouse en limpar locais con propaganda comprometida, en solidarizarse cos detidos, agochar militantes ou facilitar a saída a Portugal doutros destes". As detencións comezaran o dia 11 no Concello de Guntín, coa caída de Xosé María Brañas e dos patriotas vascos Emilio Goitia e Iñaki Villanueva, pero será nos días posteriores á morte de Reboiras cando estas comecen o seu carácter indiscriminado. N´A Coruña son detidos entre outros, Manuel Naia, Carlos García, Fernando Suárez, Fernanda Cotelo, Amparo Carracedo, Xosé Manuel Fernández, Marisol Juárez, tiña só 16 anos, e Xan López Álvarez "Lito" que se enfrontaría a policía até rematárselle o cargador da pistola. Na cidade de Compostela correrían a mesma sorte Gonzalo Rei Chao, Asunción Múñiz, Marisa Vázquez e Manuel Fernández "Manolo de Remesar". Na zona de Vigo ingresaran en prisión Xosé González "Pepiño de Teis", Margarita Vázquez Veras, Xesúas Sanxoas Formoso, Xosé Luís Villaverde e Luz Rei Pousada. Lois Diéguez e Pedro Luaces serán detidos nas terras de Lugo e como moitos dos citados anteriormente brutalmente torturados, quedando ao cabo das semanas catro deles en prisión ate 1977, Xosé María Brañas, Xan López Álvarez "Lito", Marisa Vázquez e Manuel Fernández "Manolo de Remesar". A estrutura que a UPG tiña organizada en Portugal, concretamente na cidade de Porto, onde mesmo gozaban do favor do Coronel Corbacho, máximo responsábel da rexión militar do norte, após o traslado a esta cidade da Delegación do Exterior unha vez exiliada Margarita Ledo así como a pericia pero tamén a valentía da militancia no interior abriu as portas ao exilio a unha chea de militantes desta organización. A nómina daquela comuna portuguesa da UPG estaba formada por Xosé Moa, Ramón Muñiz, Elvira Souto, Xoán Carlos Martínez, García Crego, Elsa Costas, Fernando Souto e Conchita. As canles con Portugal nunca deixaron de estar abertas após o 12 de Agosto de 1975, até o punto de que nas semanas seguintes xa comezou a chegar a Galiza propaganda dando contas dos feitos, propaganda que será traslada ao País, por quen xa era anteriormente á data fatídica o responsábel do Comité Executivo para o Exterior, Bautista Álvarez quen a introduce pola fronteira de Verín. "A nómina daquela comuna portuguesa da UPG estaba formada por Xosé Moa, Ramón Muñiz, Elvira Souto, Xoán Carlos Martínez, García Crego, Elsa Costas, Fernando Souto e Conchita". Cando analizamos hoxe, coa perspectiva que dan os 39 anos transcorridos, aqueles feitos non podemos menos que concordar que obxectivamente os mesmos remataran por reforzar o que daquelas coñeciamos como Movemento Nacional Popular Galego. Primeiramente polo que supuxo de crédito deste diante de amplos sectores do noso pobo, nun segundo lugar pola madurez que estes provocaron entra a militancia e xa por último polo que tiveron de clarificación interna da UPG e deito moi particular por ter testado que as debilidades políticas das persoas sempre xorden nos momentos de máxima dificultade. Á par disto, non é cuestión menor ser quen, co esforzo de quen durante este tempo lembrou a Reboiras, ter convertido a este militante nacionalista nunha referencia para quen acredita na liberación de Galiza.
PRAZA_7328
O 55% dos asalariados con xornada parcial en Galicia gañou menos de 638 euros en 2013 segundo os datos do IGE. O 46% das mulleres cobrou menos de 1.217 euros brutos ao mes, fronte ao 17,5% dos homes situados no mesmo tramo salarial.
Máis da metade dos traballadores galegos a tempo parcial non cobra nin tan sequera o salario mínimo. Así se tira dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) debullados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que volven confirmar que entre as persoas con xornada laboral non completa concéntranse os tramos salariais máis baixos. O 55% dos asalariados galegos con xornada parcial gañou menos do salario mínimo en 2013 Segundo estas cifras, que fan referencia ao ano 2013, o 54,9% dos asalariados galegos con xornada parcial gañou menos de 638,09 euros mensuais e, xa que logo, nin tan sequera chegou a cobrar o salario mínimo establecido. Ademais, o 29,9% cobrou entre 638,09 e 983,36 euros, mentres que tan só o 15,2% restante se achegou ou superou os mil euros, ao pasar dos 983,26 euros mensuais. En total, o 85% dos traballadores parciais recibiu menos de mil euros ao mes. Pola contra, entre os asalariados con xornada completa, a porcentaxe dos que ingresaron menos de 638,09 euros ao mes non chega ao 1%. Segundo os datos que recolle o IGE, o conxunto de asalariados con xornada completa representaba naquel ano o 84,9% do total de asalariados en Galicia. O 20,4% destres traballadores ingresou menos de 1.217,41 euros ao mes, o 40,3% entre 1.217,41 e 1.819,63 euros e o 39,2% máis de 1.819,63 euros mensuais. Máis do 20% dos asalariados a xornada completa cobrou menos de 1.217 euros brutos ao mes Os datos de salarios recollidos, segundo aclara o IGE, refírense ao salario bruto recibido do emprego principal, considerando tamén as pagas extras e outros complementos anuais, dividindo a súa cantidade por 12. Tamén se inclúen os pagos por horas extras regulares, propinas e comisións. Ademais, o sexo tamén é relevante á hora de analizar os salarios. Así, o 17,5% dos homes recibiu un salario inferior aos 1.217 euros mensuais en 2013, o 41% gañou entre 1.217 e 1.819 e o 41,5% percibiu máis de 1.819 euros. Entre as mulleres, non obstante, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos (menos de 1.217 euros ao mes) sobe ata o 46,2%, case a metade de todas elas, das que o 24,2% tiñan xornada parcial fronte ao 6,6% dos homes. O 46% das mulleres cobrou menos de 1.217 euros ao mes, fronte ao 17,5% dos homes En canto ao nivel de estudos, polo xeral o salario increméntase a medida que aumenta a formación. Así, en 2013, practicamente a metade (50,9%) dos asalariados con estudos superiores ingresou máis de 1.819,64 euros ao mes, mentres que para a poboación que non acadou o nivel de formación de educación secundaria de segunda etapa esta porcentaxe non chega ao 15%. De feito, en 2013, o 51,9% da poboación de menor nivel de formación (analfabetos e estudos primarios) percibiu un salario inferior aos 1.217,41 euros.
PRAZA_15491
O Foro Galego de Inmigración organizou actos na Coruña, Compostela e Ferrol para demandar os dereitos básicos das persoas migrantes e protestar conta o "acoso policial" que -aseguran- sofren. Este luns o Tribunal Constitucional deu luz verde á atención sanitaria gratuita para todos no País Vasco.
O 18 de decembro é o Día Mundial das Migracións, unha data á que o Tribunal Constitucional lle outorgou maior trascendencia coa súa decisión, feita pública este luns, de permitir que en Euskadi as persoas migrantes sen papeis poidan ter acceso de balde á atención sanitaria. O Goberno vasco aprobara hai meses un decreto que así o aseguraba, pasando por riba da decisión do Goberno central que limitaba este dereito. O TC avalou a decisión do executivo de Patxi López baseándose en que limitar o acceso á sanidade para determinados colectivos pode afectar non só á súa saúde, senón á de toda a sociedade. Porén, o Ministerio de Sanidade xa asegurou que a decisión non mudará a situación do resto do Estado e que as persoas migrantes sen papeis residentes en Euskadi nin sequera poderán usar a súa tarxeta sanitaria fora do País Vasco. O Ministerio de Sanidade xa asegurou que a decisión non mudará a situación do resto do Estado e que as persoas migrantes sen papeis residentes en Euskadi nin sequera poderán usar a súa tarxeta sanitaria fora do País Vasco O Foro Galego de Inmigración organizou actos na Coruña, Compostela e Ferrol 18 de decembro para demandar os dereitos básicos das persoas migrantes e protestar conta o "acoso policial" que -aseguran- sofren. A cuestión do dereito á saúde tornou máis importante se cadra por mor da decisión do tribunal. Neste senso Rubén Sánchez, un dos seus voceiros, declarou que "o goberno debería adecuar a normativa á sentenza do TC aínda que de refira ao Pais Vasco. O que está claro é que o TC dixo que se ten que atender gratuitamente as persoas migrantes". E concluíu que "deberiamos tratar os inmigrantes como queremos que traten os nosos emigrantes agora que os nosos fillos están marchando fóra". O Foro tamén denunciou a problemática das mulleres empregadas de fogar, que nos últimos tempos viviron "un fortísimo retroceso dos seus dereitos laborais" O Foro Galego de Inmigración denuncia que "dende que se aprobou a directiva europea que chamamos directiva da vergonza non hai lexislación que non sexa xenófoba, porque é unha norma feita para negar unha realidade. As persoas migrantes son seres humanos, pero como a directiva lles nega o seu dereito a estar aquí, pois xa que están negámoslle a súa dignidade humana". O Foro tamén denunciou a problemática das mulleres empregadas de fogar, que nos últimos tempos viviron "un fortísimo retroceso dos seus dereitos laborais". "Parécenos un derroche que a policía gaste os seus recursos en perseguir unha falta administrativa. A min preocúpame que alguén me roube na rúa pero non me preocupa cruzarme cunha persoa sen documentación" Nestes actos tamén se denunciou "a política de persecución policial dirixida cara ao colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, especialmente en Compostela e en Ferrol". O Foro explica que na primeira parte do ano era na Coruña onde estas situacións se producian con máis frecuencia e que agora en cambio é nas outras dúas urbes onde se dá: "Parécenos un derroche que a policía gaste os seus recursos en perseguir unha falta administrativa. A min preocúpame que alguén me roube na rúa pero non me preocupa cruzarme cunha persoa sen documentación", comenta Rubén Sánchez. Manifesto do Foro Galego de Inmigración
NOS_31649
Durante séculos as reliquias, esas partes dun corpo santo, ou de obxectos que estiveron en contacto con el, foron obxecto de veneración. E fonte de poder.
Posuír unha reliquia era unha mostra de poder, eclesiástico ou particular. E daí a necesidade de posuír cantas máis mellor. O tráfico de reliquias ou, se quixermos, o contrabando, estaba garantido. E a Igrexa, que aspiraba ao monopolio, viu que iso non era bon para os seus intereses. O tráfico, a falsificación, o roubo de reliquias podía ameazar a credibilidade do sistema. Así que convocou un concilio para exixir un "certificado de autenticidade" das reliquias de santos. Galiza, con Compostela como un dos principais centros da cristiandade a venerar as reliquias do Apóstolo, non ficou allea a esta problemática. Mais, sobre todo, tiña que estar preparada para o caso de alguén cuestionar o sistema. E o cuestionamento chegou de parte dun peregrino. Nun dun calquera. Foi Andrew Boorde, físico e escritor galés, autor da primeira guía de viaxeiros de Europa, a The Fyrst Boke of Knowledge publicada en 1542 e que dez anos antes estivo en Compostela, quen o fixo: "Estiven en moitos lugares deste mundo para coñecer a verdade de moitas cousas e afirmo que en Compostela non hai nen un cabelo nen un óso de Santiago" E ninguén lle fixo caso
NOS_23739
O SLG pide re-abrir as negociacións perante a "xeralización de contratos lixo".
Entre os 0,22€ e os 0,28 céntimos. Eis os prezos que as industrias lácteas están a pagar en orixe polo leite. Así o denunciou o Sindicato Labrego Galego (SLG) que reclama a re-abertura das negociacións no sector perante o que definen como unha "xeralización de contratos lixo". Apenas transcorrido un mes desde a sinatura do acordo do leite, que contou coa rúbrica da industria, algunhas distribuidoras, mais sen a das principais organizacións sindicais galegas (SLG e UPA), os prezos deste produto en orixe non subiron. Así o denunciou o SLG en comparecencia de imprensa ao abeiro dos dados recollidos nas explotacións. Neste senso, aseguran que Leite Celta incrementou unicamente 0.005€ o prezo, pasando de 0,27€ a 0,275; Larsa paga entre 0,25 e ,26 euros o leite en orixe, unha cifra que obtén calculando o "80% do valor a partir do prezo mercado pola industria e un 20% do valor a partir do prezo a que cotiza o leite no mercado internacional", explican desde a organización agraria. Reny Picot fixa o prezo "co 60% do prezo de mercado e o 40% do prezo do leite en po, esta empresa italiana obtén unha media coa que paga o leite entre 24 e 26 céntimos" e Peñasanta co "80% da cotización de mercado e 20% da cotizacón do leite en pó". Noutras industrias como Celega, Lácteos Deza ou Leite Río o prezo en orixe mantense entre os 0,255€, 0,22 e 0,27 céntimos, respectivamente. Perante esta realidade, o SLG denuncian que a industria está a "impór", através dos novos contratos lácteos, "prácticas comerciais coercitivas e mafiosas" que, no entanto, acrecentan "utilizaba antes das mobilizacións". Este feito, está "a repercutir" en "subas insignificantes que non chegan nen a un céntimo, no mellor dos casos". Neste senso, aseguran que "as melloras no prezo que se están a producir nos supermercados só serven para que as industrias aumenten a súa marxe de beneficio ao non repercutir eses incrementos no prezo que lle pagan ás granxas". Polo que urxen a re-abertura das negociacións pois "no acordo lácteo dicíase, expresamente, que as industrias repercutirían as melloras no prezo que fixesen as distribuidoras".
NOS_12434
O ex-ministro, acusado de crimes de lesa humanidade, tomará parte nunha palestra sobre a Transición este sábado na vila coruñesa.
Rafel Martín Villa, ex-alto cargo do franquismo e da etapa da 'Transición' contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará este sábado nas Pontes de García Rodríguez para dar unha conferencia sobre a Transición. Como mostra de rexeitamento da presenza de Martín Villa, Causa Galiza chama a unha concentración na vila coruñesa, acto no que tamén se defenderá tamén a entrega do ex-ministro ás autoridades arxentinas para que renda contas perante a xustiza. A concent5ración será ás 11:30 diante do Auditorio Municipal. Causa Galiza denuncia que Martín Villa tivo responsabilidades políticas desde a década de 60 na ditadura franquista "que assassinou por volta de 15.000 galegas e galegos, foi umha "peça chave" na Transición Española, como destaca a câmara municipal das Pontes, mas nom "pola sua contribuiçom à democracia": Martín Villa foi o indivíduo ao que o regime ditatorial designou como Ministro de Interior para administrar a repressom no período que vai de 1976 a 1979".
NOS_12676
A mobilización concluíu ante a sede da Confederación de Empresarios da Coruña, á que culparon da non aprobación, polo de agora, dun convenio para o sector que recolla as súas demandas.
Varios miles de traballadores do metal da Coruña —máis de 5.000, segundo os sindicatos, e 1.400, segundo datos da Policía Local— mobilizáronse esta cuarta feira na cidade herculina para demandar un convenio e melloras salariais e laborais. Fixérono no marco dunhas xornadas de paro que veñen protagonizando durante este mes e que, nesta ocasión, consistiu nunha manifestación desde a rotonda de Santa Cristina até Monelos, onde se atopa a sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC). Na mobilización cortaron o tráfico desde a ponte da Pasaxe en dirección á Coruña e pasaron pola avenida de Alfonso Molina. Durante a mesma, e tamén durante os piquetes informativos, escoitáronse os petardos que lanzaron na terceira xornada de folga do sector, á que foron convocados os máis de 16.000 traballadores que o integran, así como as proclamas 'Convenio do metal solución' ou 'Con esta patronal vai moi mal'. Actuación policial "desproporcionada" na folga do metal na Coruña Eduardo Camaaño, portavoz de CIG-Industria no convenio do metal, cualificou de "éxito" esta terceira xornada de folga e cifrou en 80% o seguimento nas empresas de máis de 50 traballadores. A folga e as mobilizacións convocáronse após dous anos de negociacións "sen avances" e logo de que a patronal, na última reunión, presentara unha proposta económica que os sindicatos rexeitan Aínda que apuntan a que non hai grandes diferenzas entre o que una e outra parte expoñen, rexeitan unha "xornada irregular" ou un convenio a seis anos "sen actualización do IPC no salario". Tamén piden a subrogación de traballadores de empresas de mantemento. Persoal de Barreras mobilízase polo mantemento dun cento de empregos Por outra parte, traballadores do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras volvéronse manifestar esta cuarta feira diante da Delegación da Xunta en Vigo para reclamar unha solución para a compañía que supoña o mantemento do emprego. Protesta do persoal de Barreas, esta cuarta feira, en Vigo. (Foto: UXT) Convocada pola sección sindical de UXT-Fica, decenas de empregados criticaron a decisión do Xulgado do Mercantil de Vigo de autorizar a venda a Armón da unidade produtiva de Barreras, quedando só con 20 dos máis de 120 empregados. "Desde UXT-Fica Vigo consideramos necesario activar todos os resortes, incluída a Administración, para dar continuidade aos postos de traballo cualificados que poden chegar a desaparecer. Non sería admisíbel que, unha vez que a venda do estaleiro contempla a súa reactivación, esta poda facerse sen contar cos traballadores", lamentou o sindicato. O persoal de Barreras protesta pola venda a Armón, que só garante 20 de 120 empregos O persoal apoiaba a oferta presentada por Gondán, que garantía a "práctica totalidade" dos empregos.
NOS_45128
"As condicións dos homes que traballan en Inditex están moi por riba das das mulleres", denunciou esta maña a secretaria confederal de Igualdade da CIG, Margarida Corral. Referíase ás tendas do grupo Inditex, en que a fenda salarial chega aos 300 euros.
En postos de traballo como caixeiros ou comerciais, as diferenzas salarias oscilan entre os 200 e 300 euros a prol dos homes, estendeuse. "As comisións nas roupas de cabaleiro son máis altas que en mulleres ou nenos", engadiu. Nas seccións de cabaleiros traballan máis homes que mulleres, "curiosamente", ironizou. A tamén sindicalista Transi Fernández, de CIG Servizos, sinalou que, a maiores, 90% das empregadas están contratadas a tempo parcial, mentres que a maioría dos homes estano a tempo completo. A CIG demanda que se poñan en marcha plans de igualdade dentro de cada centro de traballo. Onde xa existen e están activos, afirmou Margarida Corral, a situación non é tan negativa. "Cómpre homologar as condicións laborais en todas as tendas e que desaparezan as descriminacións nun grupo empresarial especialmente feminizado", dixo. As sindicalistas expuxeron, ademais, o que denominan "tiranía da imaxe" nas tendas de Inditex. A empresa esixe ás traballadoras unha determinada maneira de se peitear ou que pendentes poñer. Ou fai que as traballadoras máis veteranas sexan destinadas aos equipos de almacén ou a "postos menos visíbeis". Concentracións contra os recortes nas prestación por desemprego A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Lugo e Compostela acolleron esta cuarta feira concentracións convocadas pola CIG contra os recortes nas prestacións por desemprego que prepara o Goberno de Rajoy. Madrid pretende unificar as prestacións asistenciais, -que son competencia autonómica- e integralas na Seguridade Social, para así reducir o tempo de percepción e a contía do subsidio. A CIG entende que a vía para "enfrontar as políticas do PP, que lexisla só para favorecer as persoas máis ricas mentres endurece as medidas contra a clase traballadora" é a folga xeral que convocou para o vindeiro 19 de xuño. Nota: imaxe da concentración da CIG na Coruña contra o recorte das prestacións por desemprego.
NOS_45519
O Goberno aposta por reforzar a vacinación
Os Executivos europeos axilizan novas propostas para facer fronte ao avance da pandemia. Neste sentido, o Consello de Ministros de Portugal aprobou nesta quinta feira un novo paquete de medidas que nalgún caso significan recuperar alternativas xa aplicadas noutros momentos da epidemia. En todo caso, as mesmas son resultado dun amplo consenso entre as diversas forzas políticas, que ao longo dos últimos días reuníronse en diversas ocasións para fechar o acordo. As novas disposicións legais recollen a obrigatoriedade de presentar o pasaporte covid para poder acceder a bares e restaurantes. Segundo fixeron saber as autoridades lusas, esta medida non vai acompañada de propostas adicionais para o sector, ao que non lle marcan limitacións na capacidade dos locais nin lle reducen o horario de atención ao público. Porén, non fechan a porta a esta posibilidade, en función de como evolucione a pandemia nos próximos días. Os responsábeis sanitarios portugueses poñen o foco na hostalaría. A este respecto, recoñeceron que non adoptaron medidas máis duras nestes establecementos polo seu impacto económico pero adiantaron que están preparadas para entrar en vigor se son necesarias. Na mesma liña, a patronal portuguesa da hostalaría fixo un chamado aos seus socios para extremar as precaucións e non descartou que no caso de non conterse o virus os locais rematarán fechados. Terceira dose A totalidade das forzas políticas de Portugal coincidiron na necesidade de reforzar a vacinación. Nesta dirección, o Ministerio de Saúde adiantou que o plano de vacinación foi revisado, reducindo o prazo de agarda para inocular a terceira dose de seis a cinco meses e ampliando o subministro da vacina de reforzo a todos aqueles que recibiron o soro de Janssen. O Goberno luso agarda a unha decisión de Axencia Europea do Medicamento (EMA) para proceder á vacinación da poboación entre 5 e 11 anos. Porén, as autoridades do país veciño son partidarias desta medida inoculando "unha dose pediátrica, feita especialmente para estas idades" As novas medidas contra a pandemia deixaranse notar na rúa e nos centros de traballo. A este respecto, aprobouse ampliar a frecuencia dos tests, vinculando a celebración de determinados eventos deportivos e musicais a realización das probas. Ao tempo, o Goberno recomendou a empresarios e empregados apostar polo teletraballo.
NOS_46411
A Policía española realizou un total de 73 detencións no Estado por non respectar as restricións do estado de alarma.
O director adxunto operativo da Garda Civil, o tenente xeneral Laurentino Ceña, informou esta cuarta feira da requisa de máis de 69.000 máscaras de protección en todo o Estado, 5.000 lentes protectoras e outros materiais como luvas, que pasaron ao dispor das autoridades sanitarias segundo o disposto no real decreto do estado de alarma. A Garda Civil precisou nun comunicado que se requisaron un total de 68.913 máscaras no Estado, 5.053 lentes e 5.816 luvas que serán postos de inmediato ao dispor das autoridades sanitarias. A maioría destas requisas tiveron lugar en aeroportos como o de Lavacolla en Compostela, Barajas en Madrid ou o de Gran Canaria. A máis importante tivo lugar na capital estatal, onde se requisaron 44.000 máscaras de protección. No aeroporto de Compostela as autoridades fixéronse cun total de 5.410 máscaras. E en territorios como Zuera, en Zaragoza, a Garda Civil tivo que paralizar unha poxa de máscaras que ía celebrarse "de maneira silenciosa entre hoxe e mañá a través de internet", segundo trasladaron esta cuarta feira. Restriccións de mobilidade Por outra banda, a Policía Nacional realizou un total de 73 detencións por non respectar as restricións do estado de alarma que entrou en vigor o pasado domingo en todo o Estado e a Garda Civil informou doutros 15 arrestos, segundo sinalaron os máximos xefes operativos de ambos os Corpos nunha rolda de prensa desde A Moncloa. O director adxunto operativo da Policía, o comisario principal José Ángel González, falou de "normalidade absoluta" no que se refire á colaboración cidadá e enmarcou as 73 detencións nos núcleos urbanos e outras zonas de competencia naqueles cidadáns que actuaron con "irresponsabilidade e insolidariedade", con risco de poder estender o contaxio do coronavirus. Os cidadáns que non cumpran as restricións pódense enfrontar a multas reguladas pola Lei de Seguridade Cidadá, a coñecida como 'lei mordaza', e tamén en casos extremos a penas de prisión en aplicación do Código Penal.
PRAZA_17233
Nun lugar que talvez se debería chamar Patio do Desleixo –noutrora Auria– dúas almas errantes deambulan, preguizosas e desnortadas, á procura dun espazo de sosego.
"Casas vellas, cos seus alpendres e corredores de madeira, apéganse á rúa delgada por onde o coche circula a modo, sen apenas axotar ao can que dorme debaixo dun carro, alleo á troula dunha panda de galiñas". (A quinta de Saler, Antón Riveiro Coello) Nun lugar que talvez se debería chamar Patio do Desleixo –noutrora Auria– dúas almas errantes deambulan, preguizosas e desnortadas, á procura dun espazo de sosego. Buscan, sen éxito, un parque limpo e coidado, un curruncho agradábel e quedo, ou mesmo unha rúa sen tránsito de vehículos, descontaminada, onde camiñar amodo, leriar, pasear tranquilamente, deterse cada pouco, mirar cara os monecos dos escaparates ou cara os comerciantes que, talmente desganados, espreitan a clientela detrás dos mostradores, como se os días durasen eternamente, sen pensar que o tempo só é un anaco de xeo que se vai derretendo sen clemencia. Un letreiro azul cun moneco branco e unha lenda, que semella sinalar o comezo da rúa peonil, aguza a atención daquela parella de ourensáns despistados, con complexo de "okupas" na súa propia cidade, que finalmente toma posesión do espazo, malia non decatarse de que o "porquesí" é un título legal de propiedade. Camiñan devagar, despreocupados, ignorando que a calma tamén é un ben escaso. De súpeto o zunido do abesouro, un inmenso bucinazo dun coche oficial, espertiga aos transeúntes ata aloular ás pedras e facer tremer o firmamento, para deixar constancia de quen manda na calzada. Os viandantes, asustados, arriman as costas contra as paredes e fican talmente encolados ás fachadas, como calcomanías de plástico. O abesouro frea en seco e o chan fumega, ata aplacar a luz da tarde. Un tipo envolto nun uniforme asoma a cabeza pola ventá do auto e ameaza aos asustados paseantes: «Apártense del medio de la calle. Caminen por su derecha y dejen paso a los coches». Outro fulano, tamén uniformado, pon o motor en marcha e arranca a toda hostia. Os case-cidadáns, estupefáctos, sen perder o medo que lles tolle o ser, comezan a descolarse das paredes mentres se van convencendo de que calquera rúa, por moi peonil que pareza, nunca deixará de ser unha aira de abesouros. Asfalto, chapapote, polución... alcatreo. Ah! O meu tío Lisardo di que, dende hai tempo, os peóns renunciaron a ser o que son. Comezan arrimando o lombo contra as paredes e, sen decatarse, mesmo acaban perdendo o alento. Que tempos, que merda, que cidade sen dereitos! Publicidade
NOS_7140
Segundo datos do Sergas actualizados até onte ás 18:00 horas, a área sanitaria de Vigo suma 99 pacientes con Covid-19 ingresados dos que 23 atópanse en UCI.
O Sergas adiou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para esta segunda e terceira feira no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI). Fontes do Sergas explicaron a Europa Press que onte se reprogramaron catro cirurxías non urxentes ás que hoxe se sumou o adiamento doutras tres. Aínda que o hospital aínda dispón de espazo na área de reanimación, a de coidados críticos atópase completa, polo que se adoptou esta medida de modo preventivo para evitar a saturación da UCI ante a evolución da pandemia. As mesmas fontes insistiron en que o adiamento só se pode aplicar a intervencións cirúrxicas demorábeis relacionadas con patoloxías que non impliquen "un compromiso vital nin de calidade de vida" para os pacientes. Neste sentido, garantiuse a realización nas datas previstas de intervencións cirúrxicas de urxencia, prioridade 1 e oncolóxicas. Segundo datos do Sergas actualizados até onte ás 18:00 horas, a área sanitaria de Vigo suma 99 pacientes con Covid-19 ingresados dos que 23 atópanse en UCI.
PRAZA_5445
Ao meu tío Lisardo non lle chista nada que determinados políticos normais se farten de repetir, demostrarei a miña inocencia, no canto de esixirlle ao acusador que acredite a súa culpabilidade, contribuíndo así á reviravolta do concepto
"Soy lo que me han hecho las leyes [...]Yo soy el dolor de un mal sueño".(Luces de Bohemia, Valle Inclán). Ilustres dirixente políticos, significativos medios de comunicación, tipos con sotana e señores da toga, conflúen na ágora dos descoidados para azacotar a escrupulosa harmonía que produce esta podremia Vivimos infestados por esa aborrecida confraría de desalmados comediantes que, a pesar da testuda realidade, teiman en eclipsar a cerebral tarefa dos expertos en falcatrúas, dos profesionais da delincuencia. Tarambainas que, no canto de gurrar para facer máis levadeira a carga da penuria cotián, embóbannos interpretando exiguos sainetes de divertimento, mentres cuadrillas de samesugas, dispostas a zugarnos o ser, nos converten en inermes estatuas de area negra, incapaces de reaccionar contra o infortunio que nos abafa. Ilustres dirixente políticos, significativos medios de comunicación, tipos con sotana e señores da toga, conflúen na ágora dos descoidados para azacotar a escrupulosa harmonía que produce esta podremia, e facela inzar nas mentes da xente normal e provocarlle tal aversión contra a crase política que nos revolve o estómago ata facernos vomitar. Porén, cando teñamos a ben decatarnos do que está a acontecer, non vai ser nada doado atopar o antídoto que nos permita recuperar a ansiada e pracenteira monotonía da normalidade. Aquilo que comezou sendo un gran trunfo social -e un atino mediático- facendo aflorar a noxenta corrupción política, argallada nos escritorios de caoba da delincuencia institucional, xa fica relegado no baúl das lembranzas, suplantado por unha garulada de estorniños, grazas ás sobrecargas informativas e xudiciais con repugnantes anomalías administrativas e desviacións indecorosas, que só serven para seguirnos aborrecendo e fomentar a crianza dunha pándega e novidosa rama do Dereito que pretende codificar a Ética, coma se a conduta moral dos cidadáns que participan na política puidese ser obxecto de regulamentación. Non hai dúbida de que iso que lle deron en chamar transparencia sempre será un ben escaso, por moi abundante que pareza, e a denuncia mediática e xudicial dos corruptos sempre saberá a pouco Non hai dúbida de que iso que lle deron en chamar transparencia sempre será un ben escaso, por moi abundante que pareza, e a denuncia mediática e xudicial dos corruptos sempre saberá a pouco, mais xa é hora de reclamar algo de lucidez para evitar que os políticos honestos –moitos máis dos que parece- sexan rillados no patíbulo ao día seguinte de seren acusados, tendo que apandar coa condena dos medios, coa sospeita infundada da cidadanía, ou coa pena do banquiño, antes de que a súa señoría dite sentenza. Se é que a acaba ditando! Ah! Ao meu tío Lisardo non lle chista nada que determinados políticos normais se farten de repetir, demostrarei a miña inocencia, no canto de esixirlle ao acusador que acredite a súa culpabilidade, contribuíndo así á reviravolta do concepto, para lle axudar aos que mangonean o chintófano a que acaben trocando aquilo de que, todos somos inocentes mentres non se demostre o contrario, pola perigosa doutrina de que, todos somos culpables mentres non demostremos a nosa inocencia. Hai que goderse con esta paxarada da merda!
PRAZA_10186
Chegan as datas sinaladas e a candidata bota man da carretilla e da pa, cemento nos beizos diría eu. E veña encher a rúa dunha capa que, con sorte, poida ser capaz de agochar as traxedias de todo o que non se cumprirá. E nós outra vez bailando enrriba do morto.
Na actualidade, as veciñas das vilas galegas estamos a vivir nunha especie de dimensión paralela á realidade. Xa van moitas semanas de aparicións estelares, case coma esas supernovas que relatan os artigos científicos da Science -e non é unha mala comparación se temos en conta o complexo que semella entender estes sucesos- e de moitas visitas a granxas, feiras, casas do pobo, eventos deportivos e un moi extenso etcétera que non paga a pena enumerar. Para unha persoa que acostuma a ler a prensa non implica un esforzo titánico atopar as sete diferenzas entre a vida cotiá das nosas dirixentes e a axenda do período electoral, esas vacacións "pagas" nas que todo vale. Ao igual que nas escapadas do verán, non pensamos no que estamos a gastar, unha vez ao ano... tampouco fica a vergoña nesas xornadas. Case que non nos conhece ninguén, seica. Non é? Tamén son tempos de promesas. Deses amores que van durar toda a vida e rematan no derradeiro serán de agosto coa fuxida do calor. Ese namoramento tan forte, que chega e racha cos nosos medos para deixarnos despois destrozados, o peito baleiro (e tamén o peto, xa de paso). Hai, ademáis, un insaciábel desexo de adornar a casa, como se fósemos yankees de máxima potencia deixándonos a paga nas luces máis brillantes e nos gorros máis vermellos do barrio. A palabra "humanización" pouco ten que ver coa realidade dos humanos xa. Bo reflexo deste despropósito supremo, deste erro da lóxica máis lóxica -p nunca pode ser p- son os plans que levan gardados nos armarios do Concello todo o ano e aos cales, ao igual que ocorre co traxe das vodas (que é tamén, curiosidades da vida, o mesmo que levamos aos enterros), só lles quitamos o po nas ocasións máis especiais. Estamos a esgotar os nosos recursos. Máis ben. Están a esgotalos. E a actualidade da prensa está, curiosamente, marcada polo mesmo discurso que os distintos partidos traballan neste período electoral. A Galiza baleirada é un deles. O cambio climático, outro. Tódolos días chegan á cidadanía titulares apocalípticos e proclamas medioambientais. Semella que a xente vive nestes intres un proceso de concienciación clave. As nosas representantes -as xefas da tribo-, porén, seica non pasan moi a miúdo polas vilas da Galiza. Aínda así, o debate da Galiza rural non é unha novidade: é a chamada desesperada das agrupacións políticas nunha terra onde o caciquismo atopa o seu feudo atemporal neses recunchos esquecidos. Atemporais tamén Dios ke te Crew, que xa fai anos facían sátira desta cuestión no seu tema Política do asfalto. Non é para rir, pero como non imos facelo? Non somos unha preocupación, somos o obxecto do seu discurso, somos verbas e non hai máis. Hai quen podería pensar que son mentiras piadosas (ou elucubracións ao máis puro estilo IBEX 35), mais non. Esta xente fala en serio. Chegan as datas sinaladas e a candidata bota man da carretilla e da pa, cemento nos beizos diría eu. E veña encher a rúa dunha capa que, con sorte, poida ser capaz de agochar as traxedias de todo o que non se cumprirá. E nós outra vez bailando enrriba do morto.
NOS_23796
Máis un ano, este lugar de Tui acolle unha xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros.
En Sobredo (Gullarei-Tui) mantense viva a memoria dunha etapa da historia de Galiza, a loita agraria contra os foros, que acadou niveis de verdadeira revolución. Neste lugar caían o 28 de novembro de 1922 tres veciños (Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González) baixo as balas da Garda Civil. O instituto armado dirixírase a Sobredo para embargar un veciño que se negara a pagar os foros. Tocaron a rebato as campás das igrexas para alertar da presenza dos gardas civís. A xente deixa o que está a facer e reúnense máis de 2.000 persoas para evitar o embargo. A represión deixa tres persoas mortas, que serán coñecidos como os 'Mártires de Sobredo', e numerosas feridas. Este ano a intervención convidada ao pé do monumento correrá a cargo de Marta Dacosta, poeta; e de Ramón Varela, biólogo e ecoloxista. Este domingo, 28 de novembro, Sobredo volve homenaxear e honrar os seus mártires, nunha xornada organizada polo Instituto de Estudos Agrarios 'Mártires de Sobredo'. Un acto cívico, popular e emotivo que este lugar acolle ano tras ano". Recuperación Unha procesión cívica percorrerá a distancia entre a carballeira e o monumento erixido para non esquecer o que pasou aquel 28 de novembro de 1922. Ergueuse por suscrición popular en 1932, sendo dinamitado polos fascistas nos primeiros días do golpe franquista. Foi reconstruído en 1986 grazas ao movemento popular. Este ano a intervención convidada ao pé do monumento correrá a cargo de Marta Dacosta, poeta; e de Ramón Varela, biólogo e ecoloxista.
PRAZA_17281
GALERÍA DE IMAXES | A cuarta edición do festival de arte urbana engade novos traballos aos muros da vila, a cargo de Lula Goce, Doa, Bosoletti, Daniel Muñoz San e Milu Correch. Roteiros, master-classes, conferencias e concertos completaron a programación.
Este domingo finalizou en Carballo a cuarta edición do Rexenera Fest, o festival de arte urbana que un ano máis engadiu novas obras aos muros e medianeiras da vila, contribuíndo a facer de Carballo "un gran museo ao aire libre". Nesta ocasión Lula Goce (Galicia), Bosoletti (Arxentina), Daniel Muñóz "SAN" (Cáceres), Milu Correch (Arxentina) e Doa (Galicia) foron os e as artistas convidadas a participar, completando cinco murais que se engaden aos ao redor de 20 que xa foron realizados nas tres edicións anteriores e cuxa localización exacta pode consultarse neste mapa. Ademais, o evento contou con catro conferencias e dúas master classes (SPOK sobre manexo do aerosol e Javier Abarca sobre "entender a arte urbana"). Ademais, Javier Abarca reflexionou en Da arte urbana ao murais. Qué perdemos? sobre os últimos anos da evolución da arte urbana e establece as diferencias entre o que hoxe en día podemos chamar muralismo contemporáneo e a a arte urbana anterior. Doa debullou o seu proxecto Reforestando, baseado na transformación do espazo público, mediante a intervención mural site specific de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos, coma o que realizou este ano en Carballo. Cestola na Cachola explicou en Cooperativismo & Muralismo o cerne da súa actividade e a a súa filosofía de traballo, que resumen en tres piares: cooperativismo, de traballo asociado (únense para poñer en común o seu traballo) e sen ánimo de lucro, baixo a premisa de que "o salario non é lucro", pois defenden poder obter un salario digno a través da comercialización dos seus produtos e servizos. Finalmente, Teresa Rivas e Santiago Pozo amosaron o Proxecto de conservación da arte urbana (Capus) da Universidade de Vigo. O principal obxectivo é o desenvolvemento das directrices para a protección (documentación, intervención directa e conservación preventiva) da arte urbana e a súa inclusión no módulo formativo de libre acceso a todas as titulacións e niveis de formación relacionados coa conservación do patrimonio.
NOS_33069
Medra a tensión entre Madrid e Barcelona. Logo de CiU e ERC pactaren unha Declaración de Soberanía, que iría ao Parlament o 23 de Xaneiro, o Goberno español enarbora a ameaza do Tribunal Constitucional. A estratexia do Estado continúa a ser a de declarar ilegal calquer movemento catalán cara á independencia.
"O que pretenden facer" -dixo este serán a vicepresidenta do Goberno do Estado, Soraya Sáenz de Santamaría na conferencia de imprensa após o Consello de Ministros- "non se pode facer". "Que ninguén dubide que o Goberno fará cumprir a lei e a Constitución", engadiu, antes de advertir que o Executivo levará a Declaración de Soberanía ao Tribunal Constitucional. Mentres, CiU e ERC tecen contactos co PSC, ICV e as CUP para artellar o maior consenso parlamentar posíbel arredor dunha Declaración que no seu primeiro epígrafe deixa sentado que "o pobo de Catalunya ten, por razóns de lexitimidade democrática, carácter de suxeito político e xurídico soberano".
NOS_22051
A portavoz do BNG anunciou que trasladará por escrito ao novo presidente da Xunta un paquete de medidas "prioritarias" para darlle solucións aos problemas que ten a cidadanía do país.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu de que hoxe toma posesión o novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Goberno galego non pode "perder nin un minuto" nas tarefas executivas. Neste sentido, anunciou que trasladará por escrito e, entre outras vías, polo rexistro do Parlamento, un paquete de medidas "prioritarias" con catro eixos estratéxicos. En declaracións aos medios no exterior do Pazo do Hórreo antes da toma de posesión, Pontón apuntou que, en primeiro lugar, hai que "facerlle fronte á crise de prezos". Pontón: "Non convocan eleccións porque as perderían" Para iso, sinalou hai que incrementar as pensións e a Risga e facela complementaria co ingreso mínimo vital, aumentar as axudas para os gastos de vivenda e baixar peaxes das autoestradas e un paquete de medidas urxentes para os sectores produtivos e que máis están a sufrir esta crise, cunha dotación como mínimo de 700 millóns de euros. "Atender ao colapso da atención primaria, un novo modelo de residencias que pague a débeda que temos coas persoas maiores e, por último, parar o bum eólico depredador e pór en marcha un novo modelo no que a enerxía da Galiza se poña ao servizo do país", expresou. En canto ao segundo dos asuntos, unha dotación de 200 millóns de euros para "garantir o dereito á saúde". En canto ao terceiro ámbito, Pontón quere que as sete residencias que se están proxectando nas cidades galegas "sexan de xestión pública directa". "Estamos nun momento no que o Goberno non pode perder nin un minuto máis e queremos deixar claro as propostas que imos remitir desde o BNG ao Goberno do PP, para que se poña a traballar, para darlle solucións aos problemas que ten a cidadanía deste país", sentenciou.
PRAZA_12836
Todos sabemos que Ruiz–Gallardón está a facer méritos diante do PP para se homologar co radicalismo de dereita que hoxe en día constitúe tendencia no partido de goberno. E velaí o anteproxecto de lei de revisión de taxas xudiciais que aprobou o Goberno do Estado o 30 de marzo. Todos os cidadáns pagaremos unhas elevadas taxas por preito, agás na xurisdición penal e na primeira instancia laboral.
Todos sabemos que Ruiz–Gallardón está a facer méritos diante do PP para se homologar co radicalismo de dereita que hoxe en día constitúe tendencia no partido de goberno. E velaí o anteproxecto de lei de revisión de taxas xudiciais que aprobou o Goberno do Estado o 30 de marzo. Todos os cidadáns pagaremos unhas elevadas taxas por preito, agás na xurisdición penal e na primeira instancia laboral (é dicir, os traballadores pagarán para poder recorrer en suplicación as sentenzas dos Xulgados do Social). Só zafarán os beneficiarios da xustiza gratuíta, é dicir, as familias que ingresen menos de 14.900 €/ano. Gallardón mentiulles aos representantes da avogacía española, ao lles prometer que non habería taxas na primeira instancia. E continuou co seu plan de repagamento amosando o xorne deste Goberno Gallardón mentiulle aos representantes da avogacía española, ao lles prometer que non habería taxas na primeira instancia. E continuou co seu plan de repagamento (a xustiza, como a sanidade, financiámola vía impostos) amosando o xorne deste Goberno, que confunde a maioría absoluta co cheque en branco para vulnerar os dereitos das persoas. O dereito á educación, a saúde e, agora, o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. Velaí a altura moral coa que o Consello da Avogacía Galega defendeu o dereito dos cidadáns ao acceso á xustiza en condicións de igualdade, que é a primeira obriga que temos os avogados Serán as Administracións Públicas, as organizacións máis abastadas e as persoas máis ricas as que se beneficien deste gallardonazo, que condena ás maiorías sociais a unha xustiza cara e desigual. Unha xustiza para ricos que coadxuvará, cos recortes sociais, educativos e sanitarios, a impór un modelo baseado na desigualdade e na exclusión social. Velaí a altura moral coa que o Consello da Avogacía Galega (presidido por Antonio Platas) e decanos como Evaristo Nogueira defenderon o dereito dos cidadáns ao acceso á xustiza en condicións de igualdade, que é a primeira obriga que temos os avogados. A arrincadeira Os últimos días trouxeron dúas boas novas para a autoestima dos galegos. Antón Reixa gañou as eleccións ao SGAE cun programa para abrir as xanelas da institución e achegala á realidade plural territorial despois do nepotismo de Teddy Bautista. E o sector audiovisual galego, canda o acto de entrega dos premios Mestre Mateo, coincidiu na común diagnose da gravísima situación do sector e a apelación a prol do futuro dunha actividade estratéxica para a nosa economía e cultura, da que viven 3000 traballadores e que ten de seguir a crear contidos que nos representen e sexan exportábeis. Mágoa que o Conselleiro Vázquez, presente no acto, nin perciba nin queira percibir.
PRAZA_2913
Vence cualifica de "claramente negativos" os resultados do 20D pero di que Galicia necesita "un proxecto nacionalista autónomo e forte" con vocación de ser "alternativa de goberno".
Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, analizou este mertes os resultados electorais acadados por Nós-Candidatura Galega, que cualificou de "claramente negativos". "Os resultados son peor do esperado e moi por debaixo das expectativas do BNG, aínda tendo en conta un contexto complexo e polarizado a catro", sinalou. "Os resultados son peor do esperado e moi por debaixo das expectativas do BNG, aínda tendo en conta un contexto complexo e polarizado a catro", sinalou Porén, Vence manifestou que Galicia necesita "un proxecto nacionalista autónomo e forte con vocación de ser alternativa de goberno". Para iso, a formación abrirá un proceso "de reflexión e análise serena e tranquila" para "corrixir todo o que haxa que corrixir, e reinventar todo o que haxa que reinventar". Un proceso que levará á celebración dunha Asemblea Nacional en marzo. "Estamos plenamente decididos a manter erguido un proxecto nacionalista que consideramos esencial para que este país teña futuro, para poder ter voz autónoma en todas as institucións, capaz de ser alternativa de goberno e de contribuír á transformación deste país", subliñou Vence, que engadiu que "Galiza segue a precisar un proxecto nacionalista autónomo, inclusivo, aberto, con vocación maioritaria e darlle a este país a forza que non van darlle as organizacións estatais". Vence asumiu que a foto post 20D "non se explican só polo contexto", pero tamén afirmou que o panorama do bipartidismo a catro "condicionou o resultado das forzas nacionalistas tamén en Catalunya e Euskadi". "É evidente que hai unha estratexia para crear un contexto político en clave netamente estatal e recentralizadora cun sistema de partidos a catro que reste protagonismo aos nacionalismos", dixo. Da asemblea de marzo sairá unha nova dirección e tamén "a estratexia de futuro para ese proxecto nacionalista necesario" Da asemblea de marzo sairá unha nova dirección e tamén "a estratexia de futuro para ese proxecto nacionalista necesario", incluíndo as decisións "para enfrontar os próximos embates electorais en 2016" e as posibles alianzas. Para Vence, a reflexión colectiva que agora se abre debe ir máis aló dos resultados do 20D, para analizar "a tendencia que traemos dos últimos anos". Preguntado pola súa continuidade como portavoz nacional, Vence explicou que estaba a transmitir a valoración da Executiva nacional reunida na tarde do luns. "Tomarei as miñas propias decisións persoais, pero o importante neste momento e que o proceso de reflexión que agora se abre conclúa na asemblea nacional da que, evidentemente, sairá unha nova dirección", dixo. Vence tamén fixo unha valoración global do escenario que queda tras os comicios xerais, salientando o "fortísimo retroceso" do PP, que -dixo- perdería as eleccións galegas e o retrotrae á situación de 1989, ao tempo que trasladou os parabéns a EnMarea polo seu resultado.
NOS_5913
Uxía (Sanguiñeda, Mos, 1962) é unha estrela, tamén literalmente, das músicas galegas de raíz. Porque ao seu redor hai unha órbita pola que circulan intérpretes, instrumentistas, proxectos colectivos, aventuras individuais, entusiasmos de todo tipo. Ademais de exercer a crítica no Diario Cultural da Radio Galega, o seu labor como ponte cultural, nomeadamente co mundo musical en lingua portuguesa, fai parte esencial da súa personalidade artística.
Para Albums de aquí e acolá, Uxía decídese por un clásico da canción de intervención: Cantigas do Maio (1971), de José Afonso. "É un disco de fóra entre aspas", explica divertida, "fundamental para a música popular portuguesa, prohibido no seu momento". O lendario -nunca este adxectivo foi máis pertinente- sexto elepé do Zeca é o que contén Grândola, Vila Morena. "É o himno de todas as revolucións, co máis fermoso verso, que deberiamos ter sempre presente: 'O povo é quem mais ordena", engade. Ao ver de Uxía, Afonso era "un gran poeta". De amplo rexistro, a maiores, con letras que apertan o surrealismo, canción política de alta temperatura poética, feminismo de clase avant la lettre ou un rostro lúdico e vangardista. Mais o que lle interesa salientar é a dimensión menos aparentemente valorada de Cantigas do Maio. "Á parte do seu simbolismo, e do seu compromiso político, a súa parte musical é innovadora, moi transgesora", di, "en parte debido aos arranxos de José Mário Branco". Gravada en Francia, a obra "aínda sorprende" a Uxía cada vez que a escoita. E non son poucas confesa. Seis anos máis tarde, Emilio Cao publicaba o seu debut, Fonte do Araño (1977). "Outro disco clave, mais este para a música galega e celta ibérica", asegura, "que estivo moitos anos descatalogado. A súa reedición é unha gran noticia". Nonito Pereira, fillo do propio produtor do elepé Nonito Pereira, acaban de poñer en circulación 300 coidadas copias en vinilo. "Mesturaba cítaras, laúdes e harpas, con guitarras eléctricas e as influencias de Alan Stivell e outras voces bretoas", explica. A nómina de músicos aínda impresiona a Uxía: ademais do propio Cao, Antón Seoane e Xosé Ferreirós -despois en Milladoiro-, Xoán Piñón -antes nos míticos NHU e despois en DOA- e Bernardo Martínez. E a canción que dá título ao disco. "Fonte do Araño, que acaba de revisar Eladio y los Seres Queridos, estreméceme", relata, "pero é que ademais este é o xermolo da revolución folk posterior". Uxía reivindica Emilio Cao como "un dos grandes esquecidos da música galega". "Creo que lle debemos un recoñecemento público", apunta sobre o home que lle descubríu, e presentou, ao poeta Uxío Novoneyra. Que protagoniza o último disco de Uxía, Uxía-o (2017), "unha particular homenaxe a Novoneyra na que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, reggae e alalá".
PRAZA_16700
A quebrada inmobiliaria proxectara 1.200 vivendas na urbanización Costa Miño con apoio entusiasta do goberno municipal da vila. En 2017 o 'banco malo' negouse a informar o Parlamento sobre os activos inmobiliarios tóxicos que absorbeu no rescate de Novacaixagalicia HEMEROTECA | O banco malo anuncia vivendas de oferta en Galicia mentres se nega a informar sobre elas ao Parlamento
HEMEROTECA | O banco malo anuncia vivendas de oferta en Galicia mentres se nega a informar sobre elas ao Parlamento A urbanización Costa Anácara, despois renomeada como Costa Miño Golf, estaba chamada a ser o emblema galego da expansión inmobiliaria de comezos de século e acabou séndoo da burbulla. Promovida en 2002 pola daquela exitosa inmobiliaria coruñesa Fadesa, estaba previsto que acollese unhas 1.200 vivendas a apenas un cuarto de hora da Coruña en coche, con campo de golf de 18 buracos e diversas instalacións deportivas. No ano 2006 o propietario de Fadesa, Manuel Jove, colocoulle a empresa a Fernando Martín, propietario de Martinsa, e apenas dous anos despois o conglomerado presentaba a maior suspensión de pagamentos da historia de España. Martinsa-Fadesa quebraba e deixaba en Miño unha urbanización a medio facer con parcelas das que unha década despois aínda tenta desfacerse a Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), o banco malo. Mentres no concello de Miño aínda ecoan os efectos da ruinosa operación -apoiada con entusiasmo polo goberno municipal do PP na altura-, a entidade creada co impulso do Estado para absorber o 'ladrillo tóxico' das entidades financeiras rescatadas con diñeiro público durante a crise vén de lanzar unha nova promoción de terreos para construír chalés. Tenemos la parcela perfecta para tu chalet, di a acción comercial na que se inclúen ata 41 terreos en Miño, todos eles da fracasada urbanización e comercializados por Servihabitat, a división inmobiliaria de CaixaBank. Fadesa proxectara 1.200 vivendas na urbanización Costa Miño con apoio entusiasta do goberno municipal da vila O que Sareb presenta como toda "unha oportunidade para aqueles interesados en construír unha casa á súa medida" son, no caso de Miño, parcelas que chegan a roldar o quilómetro cadrado e que oscilan entre os 37.000 e os 75.000 euros de prezo. As fotografías do propio banco malo amosan unha contorna de construcións dispersas, na área onde Costa Miño Golf nin sequera chegou a ser un conxunto de esqueletes de edificios. Opacidade sobre o 'ladrillo tóxico' das entidades rescatadas Esta nova promoción da Sareb engádese a outras ofertas da entidade semipública de propiedades inmobiliarias en Galicia. Todas elas proceden do rescate bancario, pero resulta practicamente imposible coñecer de que entidades en concreto, porque o banco malo non o revela. No caso de Fadesa, por exemplo, a inmobiliaria contraera débedas con Caixa Galicia, pero tamén con Caja Madrid, La Caixa, Caixa Catalunya, Bancaja, Unicaja ou Caja Castilla-La Mancha, así como con diversos bancos. En 2017 o 'banco malo' negouse a informar o Parlamento sobre os activos inmobiliarios tóxicos que absorbeu no rescate de Novacaixagalicia Esa opacidade nas súas promocións é estendida pola Sareb tamén á súa relación coas institucións públicas. Así, como avanzou Praza.gal, o banco malo negouse o pasado 2017 a facilitar ao Parlamento de Galicia un listado dos activos tóxicos -vivendas, terreos ou préstamos ao sector da construción- que recibira tras o rescate de Novacaixagalicia. Naquela operación Novagalicia Banco transferira á Sareb activos tóxicos por un importe superior aos 5.000 millóns de euros, pero o banco malo evitou ofrecer ao Parlamento a información que pedía abeirándose na lei de protección de datos. Fíxoo aínda que a comisión de investigación sobre a fusión e quebra de Novacaixagalicia contempla a posibilidade de declarar como reservada a documentación que así o requira. Así, por exemplo, o Parlamento galego quedou sen coñecer os detalles de operacións como o financiamento por parte de Caixa Galicia da construción dun rañaceos na localidade levantina de Benidorm, o Edificio Intempo. O crédito de 108 millóns que sufragou a posta en marcha desa emblemática torre, considerada un dos símbolos da burbulla inmobiliaria española, foi colocado o pasado novembro pola Sareb ao fondo de investimento internacional SVP Global.
PRAZA_6299
Se non se respecta a Terra non haberá respecto ao individuo e iso sabíao tanto Castelao coma Reboiras e tantos outros heroes anónimos que axudaron co seu esforzo a construír o mellor da conciencia que ten hoxe Galiza, un País que necesita con urxencia cambiar e encontrar o seu camiño no mundo sen renunciar a ser nós mesmos.
Non tiven o honor de coñecer a Xosé Reboiras Noia, el xa rematara na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo cando eu ingresaba nela en 1973. Sen embargo, a súa pegada aínda permanecía naquel antigo edificio da rúa Torrecedeira. Alí, no abandonado e ruinoso local da delegación dos estudantes, quedaban algúns exemplares da revista que el fundara —"Des…tornillo"—, ademais da imperecedoira pintada das siglas da UPG coa espiral nas enormes columnas da entrada principal da Escola. Resoaban aínda os ecos da folga do 72 e os fitos da revolta obreira —na que participaron activamente os primeiros xermolos sindicais nacionalistas— que conmocionaran as conciencias da urbe industrial, e do resto do país, cando a ditadura franquista estaba dando os seus últimos estertores coa rabia asasina dos que sabían que o seu tempo de iniquidade se estaba acabando. Aquelas arengas nunca foron simples slogans para escoitar os domingos e despois quedar comodamente na casa. Eran chamados para a acción, para introducirse no seo da sociedade e cambiar as conciencias dun pobo adurmiñado A degorada caída da longa noite de pedra e unha mocidade ávida de novos horizontes, chea de vida e de esperanza, disposta a dalo todo por un mundo mellor, absorbeu coma unha esponxa e fixo súas as proclamas de homes novos coma Reboiras que reivindicaban para Galiza un futuro de seu apoiado na loita das clases populares. Aquelas arengas nunca foron simples slogans para escoitar os domingos e despois quedar comodamente na casa. Eran chamados para a acción, para introducirse no seo da sociedade —no agro, nas fábricas e estaleiros, na universidade, nas asociacións veciñais e culturais— e cambiar as conciencias dun pobo adurmiñado. Moita daquela mocidade, desprendida e xenerosa, fixo posíbel a gran eclosión do movemento cultural, sindical e político como parte do rexurdir dunha Galiza pouco acostumada a sentir orgullo de si mesma. Por iso, cando se escoitan certas diatribas contra o nacionalismo acusándoo de non ter feito nada polo País só cabe tomalas con certo sarcasmo e displicencia. Abonda con botar unha ollada ao pasado histórico máis recente para desmentir tal ocorrencia. Dende aquela o nacionalismo non só fixo algo que agora está de moda, coma iso de abrirse á sociedade (vaia novidade!!); máis alá diso foi quen de crear unha nova cultura política no país mobilizando a milleir@s de galeg@s a prol dunha Galiza de seu onde tod@s puideran vivir con dignidade. Sen esa cultura política hoxe Galiza sería totalmente irrelevante. A intensa actividade de cada militante nacionalista facía posíbel que se actuase en diferentes sectores sociais multiplicando os resultados coma se se tratase dunha lexión cando só eran uns poucos centos espallados por todo o País A intensa actividade de cada militante nacionalista facía posíbel que se actuase en diferentes sectores sociais multiplicando os resultados coma se se tratase dunha lexión cando só eran uns poucos centos espallados por todo o País. Lembro aqueles tempos en compañía do malogrado Lois Obelleiro, e outros compañeiros inesquecíbeis daqueles tempos primordiais do nacionalismo de finais dos setenta, en que pola mañá asistíamos a boicotear a paga da Cota Empresarial, pola tarde faciamos delegados para o SOG e pola noite arengabamos aos mariñeiros do porto de Marín e afiliabámolos ao SGTM. Esa actividade político-sindical completábase coa participación asemblearia nas asociacións de veciños e culturais demandando servizos para as parroquias e os barrios obreiros das cidades, realizando conferencias e charlas sobre diversos temas de actualidade e promovendo o teatro afeccionado. E iso facíase en toda a xeografía galega e aínda había tempo para viaxar e prestar apoio a aquelas xestas heroicas contra a industrialización irracional e contaminante, coma a loita contra o proxecto da nuclear de Xove, as Encrobas, Baldaio ou o trazado absurdo e hostil dos primeiros proxectos da autoestrada do Atlántico. A Galiza actual non se pode concibir sen os logros do nacionalismo: aí está o sindicato CIG, poderoso, orgullo da clase traballadora galega na defensa insubornábel dos seus intereses A conciencia social —moita ou pouca, quizais non suficiente polo que se ve— criada naquela época foi, fundamentalmente, consecuencia do titánico traballo diario dos militantes nacionalistas de esquerda. Certo que eran outros tempos, pero igual de difíciles —ou máis— que os de agora. Quizais había unha diferenza: había ilusión polo futuro e hoxe podemos afirmar —sen complexos de ningunha caste— que toda aquela loita non foi inútil. A Galiza actual non se pode concibir sen os logros do nacionalismo: aí está o sindicato CIG, poderoso, orgullo da clase traballadora galega na defensa insubornábel dos seus intereses. Ou moito do tecido cultural do país xunto á defensa continuada do noso idioma, que non tería sido posíbel sen a acción da Fronte Cultural e das asociacións culturais; ou as experiencias dos gobernos municipais, exemplos de honestidade e eficiencia, desterrando en moitos sitios o caciquismo máis rancio. Parte da modernidade máis positiva do país débese aos que loitaron polo cambio do país cos pés na Terra: aí están os recoñecementos, incluso internacionais, do deseño do territorio cuns concellos orientados ao benestar veciñal cun urbanismo humanizado e creativo. Mais as loitas históricas non son lineais e a do nacionalismo galego non é unha excepción. Ao avance continuado de máis de dúas décadas sobreveulle un estancamento que ten a súa orixe en múltiples causas. Divisións e outros importantes erros propios, ademais da oposición feroz do poder económico, político e mediático están na base da actual situación. Se non se respecta a Terra non haberá respecto ao individuo e iso sabíao tanto Castelao coma Reboiras e tantos outros heroes anónimos que axudaron co seu esforzo a construír o mellor da conciencia que ten hoxe Galiza E chegamos ao día de hoxe. A unha crise salvaxe do sistema neoliberal que deixa sen perspectivas a milleiros de mozos e mozas hai que engadir a pesada herdanza de décadas de adoutrinamento na filosofía capitalista de promoción do individualismo máis fútil, estéril e egoísta acompañado do perverso intento de liquidación da identidade galega. Difícil situación na que está este País, mais, igual que antano, virán novos heroes, bos e xenerosos, desprendidos, capaces de comprender que non haberá verdadeira liberdade e progreso senón se respecta a esencia do individuo; máis sen esquecer que cada individuo pertence a unha Terra, coa súa lingua, cultura, costumes e economía. Xa que logo, se non se respecta a Terra non haberá respecto ao individuo e iso sabíao tanto Castelao coma Reboiras e tantos outros heroes anónimos que axudaron co seu esforzo a construír o mellor da conciencia que ten hoxe Galiza, un País que necesita con urxencia cambiar e encontrar o seu camiño no mundo sen renunciar a ser nós mesmos.
PRAZA_13889
Colectivos da Coruña e Pontevedra convocan protestas contra as corridas de touros que se celebrarán no país e denuncian as subvencións, directas ou indirectas, de diversas administracións a un "espectáculo cruel e inútil, baseado na tortura, a dor e o ensañamento co touro".
Non rotundo ás touradas. Diversos colectivos mobilízanse en Galicia contra as corridas de touros e contra as subvencións públicas que, dunha ou doutra forma, financian estes eventos que se celebran na Coruña e en Pontevedra e que, na súa opinión, supoñen "un espectáculo cruel e inútil, baseado na tortura, a dor e o ensañamento co touro coma demostra o máis básico sentido común e distintas evidencias científicas". "É un espectáculo cruel e inútil, baseado na tortura, a dor e o ensañamento co touro" Este mércores, tanto a entidade Galiza sen Touradas como Touradas Fóra de Pontevedra (TFP) presentaron as protestas que desenvolverán nos vindeiros días e denunciaron o apoio que as corridas reciben por parte de administracións públicas como o Concello da Coruña ou a Deputación pontevedresa. Na cidade do Lérez, TFP e os colectivos que a apoian, presentaron na sede da Subdelegación de Goberno distintos escritos nos que demandan mudanzas no ámbito das touradas. Touradas Fóra de Pontevedra vén de presentar na Subdelgación do Goberno distintas demandas ás administracións contra as touradas Así, entre outras reivindicacións dirixidas ao Goberno de España, Touradas Fóra de Pontevedra demanda á Deputación "o cese inmediato das axudas indirectas e encubertas as touradas, que, asemade, son o principal soporte público na cidade". Este organismo entregou 8.559 euros entre 2008 e 2010 para a Xuntanza Anual de Peñas Taurinas e para tres edicións de Conferencias Taurinas que organiza a peña Gin Kas e 50.000 euros en licitacións de publicidade do Padroado de Turismo das Rías Baixas na propia praza de touros durante 2009 e 2010. Nos últimos tres anos, a Deputación de Pontevedra achegou case 60.000 euros en subvencións ou publicidade Do mesmo xeito, TFP pide á Xunta "a modificación da Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade" que no seu artigo exclúe a os touros, o que consideran "un particular absurdo, ridículo e contraditorio que demostra as claras, a imposición e o mantenemento forzoso das touradas por parte de dita Administración". "Esiximos un posicionamento claro da totalidade de deputados e grupos parlamentares en prol das iniciativas abolicionistas que teñen chegado aos diferentes parlamentos, coma o galego, que dispón da competencia normativa na cuestión da protección animal", reclaman. Ademais, e malia que o Concello pontevedrés non achega cartos a este evento, TFP solicítanlle "a declaración de Pontevedra como Cidade Antitouradas e Amiga dos Animais", así como "a conversión do Coso de San Roque, actualmente en mans privadas, nun coliseo de uso cultural e social". Por outra banda, o colectivo anuncia diversas mobilizacións nos vindeiros días, como o peche simbólico do devandito coso taurino, o próximo 8 de agosto, e unha manifestación antitouradas que percorrerá a cidade de Pontevedra o 11 de agosto e que sairá da Peregrina. Galicia Mellor sen Touradas convoca a cidadanía a unha concentración contra as touradas na Coruña este sábado 4 Pero antes, xa este sábado 4 de agosto, o colectivo Galicia Mellor sen Touradas levará a cabo unha concentración antitaurina o vindeiro sábado día 4 na praza de María Pita a partir das 19 horas. A entidade chama á cidadanía a mobilizarse contra as touradas que se celebran na Coruña esta fin de semana e denuncian a subvención encuberta do Concello a este espectáculo, a pesar de eliminar as achegas directas. O Concello da Coruña elimina as subvencións directas pero achega gratuítamente infraestruturas por valor de 90.000 euros Así, Rubén Pérez, voceiro da plataforma, volveu denunciar este mércores "as subvencións que daban os gobernos anteriores ás touradas", pero tamén as encubertas que está a levar a cabo o Goberno local do PP a través "dun novo convenio de explotación da feira" que inclúe a adaptación e obras no Coliseum de forma gratuíta, é dicir os 35.000 euros que custan as obras, ademais doutros 50.000 euros en taxas municipais que non se lle van a cobrar ao empresario taurino, a cesión de forma gratuíta do despacho de billetes público da praza de Ourense para a venda de entradas, do aparcadoiro privado do Coliseum ou da banda municipal de música, "que durante tres días, a ritmo de paso dobre, estará na feira taurina, mentres non se ausentará das festas dos barrios". Segundo Galicia Mellor sen Touradas, as achegas da administración local poderían ascender aos 90.000 euros, sen contar con desmonte da praza de touros e demais infraestruturas. Rubén Pérez asegura que recibiron "con moita mágoa o desprezo do goberno municipal" en relación coas iniciativas presentadas nos últimos plenos, a través dos grupos da oposición que nos apoian. "Alí os concelleiros do PP rexeitaron calquera debate serio sobre as touradas", lembra. Na mesma rolda de prensa, César Santiso, voceiro de Esquerda Unida-Os Verdes, considerou que o goberno municipal "está a enganar a veciñanza ao afirmar que non hai subvención ás touradas, cando en realidade o Concello está a utilizar un subterfuxio para seguir apoiando un acto cruel cos animais, a través de subvencións encubertas e a pesar de que en repetidas ocasións o goberno do PP negou de xeito público ningún tipo de subvención".
NOS_17111
Son as primeiras candidaturas que se formalizaron para liderar a CEG. O futuro responsábel da patronal galega sairá da asemblea xeral electoral do 24 de novembro.
A patronal galega está próxima a acadar un liderado após a confirmación de dúas candidaturas á presidencia. Tras anos de movementos, Pedro Rey Vera foi o primeiro en dar un paso adiante, que esta terza feira foi seguido polo ourensán José Manuel Díaz Barreiros. Rey vera é vogal da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) por Cecap-Galiza e preside o grupo Centro de Iniciativas Profesionales. Así mesmo, este candidato foi socio fundador da primeira universidade privada en liña do Estado, coñecida como Udima. Após tomar esta decisión desde a área viguesa da patronal, o ourensán José Manuel Díaz Barreiros confirmou que tamén estará na carreira tal e como se especulaba hai días. O empresario pertence ao comité executivo e á directiva da CEG e xa exerceu a vicepresidencia da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) co anterior presidente da organización, o finado José Manuel Pérez Canal. Tamén destaca a súa titulación en Dereito e a súa traxectoria como xestor administrativo e procurador. Acabar coa interinidade Aínda hai marxe para recibir outras propostas, mais a resolución será o día 24 de novembro no decorrer da asemblea xeral electoral. Polo menos iso é o que se agarda, se ben sempre se falou da existencia de tensións entre os diferentes territorios do país. Dada esta situación, a patronal leva case tres anos sumida nun clima de interinidade. Houbo até dúas votacións para as que non había candidaturas e, debido á súa idade, até o de agora o líder da patronal coruñesa, Antonio Fontenla, foi o voceiro.
PRAZA_18390
Repasamos os filmes galegos incluídos no palmarés do Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM)
"Odio ser a túa nai!". "Maldito o día en que naciches, retrasado! Ese día comezou a miña condena!". Así se dirixe Elvira (Rosa Álvarez) ao seu fillo Amancio (Alejandro Carro), na película Sea beasts, (Felipe González Carballido, 2018). Alejandro Carro vén de gañar o premio á mellor interpretación no concurso internacional de longametraxes Opera prima do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, (FKM), cuxa edición deste ano está a piques de rematar coas últimas actividades da programación: unha masterclass con Gustavo Melella, unha mesa de debate sobre o Fantaterror dos 70 e a presentación da curta El último guión, de David G. Sariñena. Mais o FKM entregou xa os premios das súas seccións competitivas, nas que o cinema galego tivo bastante representación. Alejandro Carro foi escollido polo xurado por un traballo que, como el mesmo di, supúxolle un "grande reto" Alejandro Carro foi escollido polo xurado por un traballo que, como el mesmo di, supúxolle un "grande reto". "O primeiro que pensei", -conta-, "foi que non ía ser capaz". Mais foino. Atopando, ademais, a xusta medida. Porque -admite-, "non quería facer unha caricatura, e pasarse era moi fácil". Amancio, o seu personaxe, é un home de mediana idade cunha discapacidade psíquica. A súa nai, Elvira, maltrátao psicoloxicamente. O seu maior medo é perdelo, deixar de ter o control sobre o único que lle queda no mundo, pois vive con el, o seu único fillo, tras seren ambos abandonados polo seu marido, nunha casa vella e illada fronte a un mar sempre bravo. Nun inverno eterno de frustración e soidade. "Eu penso que ela lle dá a culpa a Amancio de vivir encerrada, porque el é moi dependente dela. Así, a casa é, para Amancio, o terror, mentres que saír da casa para ir á praia e a mar, é a liberdade. El non entende por que a nai o trata así, pero depende dela e, ademais, non coñece outra cousa. É unha relación de amor-odio, de dependencia, habitual cando hai maltrato", reflexiona Alejandro Carro. O único amigo de Amancio parece ser Pedro, un vello pescador ao que a súa nai tamén odia. Con el comparte o segredo da existencia do que, xa desde neno, fora o seu refuxio. A súa cova, onde garda cousas fermosas chegadas de todo o mundo a través do mar. A cova é seu espazo de liberdade e tamén de poder, onde non permite entrar a ninguén. Mais, pouco a pouco, vai atopando tamén a maneira de, ao seu xeito, rebelarse. "Chega un momento no que, si, explota contra todo. Pero por necesidade, de xeito máis inconsciente que consciente, porque xa non pode máis. Sofre un grande estrés polo que pasa na casa e porque unha extrana caixa que atopou está manipulándoo…", sinala Carro. E esa caixa que semella ter poderes sobrenaturais vai ser, precisamente, a razón de que aumenten os seus problemas. Porque dous homes que traballan para un mafioso local andan detrás dela. E non dubidan en utilizar a violencia máis extrema para recuperala. Un deles, interpretado por Ricardo de Barreiro, podería ser o contrapunto do personaxe de Amancio. A absoluta brutalidade fronte á inocencia. Aínda que ambos tamén teñen puntos en común, -e máis Santos, o personaxe de Ricardo-. Como a submisión a quen os manda. Interpretar a Amancio foi, para Carro, unha experiencia dura e "moi enriquecedora". O maltrato, mais doutro tipo -a violencia de xénero-, está tamén no fondo doutro dos filmes galegos premiados no FKM deste ano, Limbo, de Daniel Viqueira O maltrato, mais doutro tipo -a violencia de xénero-, está tamén no fondo doutro dos filmes galegos premiados no FKM deste ano, Limbo, de Daniel Viqueira, gañador do premio do público e mención de honor do xurado do concurso internacional de curtametraxes. Viqueira estréase, como curtametraxista, con esta obra de moi notable virtuosidade técnica que, segundo comenta el mesmo, empezou sendo unha "curta apocalíptica", na que un home se atrincheira na súa finca coa súa escopeta tentando "protexerse do mal" que se agocha detrás do valado da casa, para acabar sendo a metáfora do bucle de "psicose infinita" no que cae ese mesmo home tras asasinar a súa muller e a súa filla por atreverse a decidir deixalo e marchar. O terror e a paranoia -zombis, ruídos inquietantes- constitúen, segundo o director, o castigo deste asasino, que en ningún momento transmite remordementos polo seu crime. Os efectos especiais, a cargo de Gorka Aguirre, a fotografía, de Lucía C. Pan e a música -composta especialmente para esta curta por Germán Díaz-, axudan moito a apontoar un relato redondo, cunha estrutura de elipses e flashbacks que reforza o concepto do bucle, unha das ideas, segundo lembra Viqueira, máis presentes nas curtas de xénero das últimas décadas. Ese bucle é, en Limbo, a condena á eterna repetición na que o home quedou atrapado. Un castigo autoinfrinxido sen querer. O sangue non marcha, por moito que lave as mans. A súa pel agocha o demo no que se converteu. "Os efectos especiais eran moi importantes, porque se fallaba iso, todo ía chirriar", sinala Viqueira. Limbo é tamén, así, unha curta na que a montaxe é especialmente relevante para a construción da estrutura narrativa. O protagonista -Xosé Eirín- non expresa máis emoción que o medo. E faino coa mirada, cos xestos. "Traballamos moito, na montaxe, co que significaba cada plano en función do que viña despois", indica Viqueira. Ao xeito do "efecto Kuleshov", engade. E así, a partir da idea do bucle, foi saíndo un filme que apunta á violencia de xénero como fenómeno universal. Idea que reforzan as imaxes finais, nas que se abre o plano e, alén dun espazo doméstico concreto, percíbese que a o asasino protagonista non é o único. "Decidinme por este final máis universal. Tamén eliminei moito diálogo", conta Viqueira. O resultado é un drama de horror, ou máis ben de terror, contado desde a perspectiva do maltratador, no que as mulleres quedan nun segundo plano, mais nunca deixan de estar presentes. O resultado é un drama de horror, ou máis ben de terror, contado desde a perspectiva do maltratador O xurado do FKM distinguiu tamén outra curta na que o drama familiar é protagonista, La Noche, de Martín Romero, mención de honor no concurso internacional de curtametraxes. Trátase dunha curta de animación centrada na historia de amor e perda dun home lobo e unha muller lúa, personaxes procedentes dun libro recopilatorio de historietas deste autor, Episodios lunares. La noche foi a súa primeira experiencia como autor no audiovisual, -sector no que antes colaborara facendo fondos ou iluminación, segundo conta-. O home lobo e a muller lúa xurdiran hai xa anos, nun fanzine. Máis tarde, o seu creador redebuxounos para incluílos en Episodios lunares. "Nun principio era unha metáfora visual sobre as etapas dunha relación, en paralelo ás fases da lúa. Como vai crecendo e despois minguando, deteriorándose. Cando fixen a curta, engadín unha trama que non estaba en Episodios lunares. Non quixen facer fincapé en nada concreto mais, ao ir resolvendo a historia, foron xurdindo varios temas", explica el mesmo. Unha figura misteriosa, que remite á morte e que pode ter nexos tamén coa mitoloxía sobre seres femininos malignos que enganan os homes, intervén vingándose da parella, que impedira que o destino dun bebé se cumprise. O debuxo contiña, na historia orixinal, máis decorados e cores. Mais na versión para a curta, narrada con elipses, foron eliminados algúns elementos para non xerar confusión. "É un debuxo a liña, sinxelo, e en dous tons. Cunha paleta máis limitada sentinme máis cómodo", asegura Romero. O palmarés do FKM inclúe tamén unha mención de honor, no concurso internacional Cinema Fetus dedicado ás curtas experimentais, a Ceibes, de Xabier Rúa e Xosé Dopazo O palmarés do FKM inclúe tamén unha mención de honor, no concurso internacional Cinema Fetus dedicado ás curtas experimentais, a Ceibes, de Xabier Rúa e Xosé Dopazo. Se La noche pon a proba a solidez dunha relación de parella cando irrompe a traxedia, Ceibes cuestiona, colocando os personaxes nunha situación límite, a pasta da que están feitos o amor e a amizade. Un grupo de amigos quedan atrapados nunha cova. Sen víveres de ningún tipo. Cando levan xa varios días agardando polo rescate salvador, un deles nota que se lle conxelou unha perna. E espertan os instintos. Agroman as hipocrisías. A curta Ceibes é unha "montaxe comprimida e experimental" de Die Höhle, filme estreado no Festival de Cans que pasou tamén "pola Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na cal foi amosada sen subtítulos, feito que supoño sería unha seria dificultade para os espectadores, aínda que ao mellor estou nun erro e en Lugo a xente entende moi ben o alemán", remarca Xabier Rúa por correo electrónico desde Alemaña, onde vive. Ceibes, rodada o ano pasado en Alemaña, na cova Hohler Stein en Kallenhardt, en Renania do Norte-Westfalia, nunhas condicións "moi duras, pois estivemos a varios graos baixo cero e rodouse nunha soa noite", trata de "poñer os personaxes ante unha situación extrema, onde xurdisen os instintos máis primitivos do ser humano. Pero só amosando e non demostrando, é dicir, fuxindo da moralina e da manipulación, para que cada un saque as súas propias conclusións", indica Rúa. Esta curta está baseada no relato Suiza, de Roland Topor, que foi escollido "porque nos gustou e pareceunos perfecto para unha curtametraxe. Mais modificamos bastante o relato orixinal. O noso é máis dramático, mentres que Topor xoga máis co humor negro". Canto aos actores, Rúa subliña que "cando contas con moi poucos recursos tiras do que podes. Son coñecidos nosos, sen experiencia. Para a gravación decidimos non contarlles toda a historia, así que fomos contándollela a medida que íamos rodando. Isto, unido ás duras condicións dentro da cova, axudou a conseguir o resultado final". Agora mesmo, conclúe, "Xosé Dopazo e máis eu estamos embarcados nun novo proxecto que levará por nome Pai noso... Será rodado en febreiro do próximo ano e contaremos coa axuda da produtora mexicana Juana Films". No concurso Cinema Fetus foron tamén recoñecidos outros dous filmes galegos que se asemellan entre si: O neno do hórreo de Diego López e Juma, Juma de Javi Camino No concurso Cinema Fetus foron tamén recoñecidos outros dous filmes galegos que se asemellan entre si: O neno do hórreo de Diego López e Juma, Juma de Javi Camino. Nos dous, o humor imponse sobre o terror. Algunhas ironías coinciden –a lingua galega e o audiovisual, por exemplo- e xógase coa linguaxe do amateurismo. En O neno do hórreo, mención de honra e premio do público á "morte máis lograda" no FKM e, a pasada fin de semana, escollida "Curta máis friki" no Galician Freak Film Festival, un grupo de estudantes de audiovisual achégase a unha casa atraído por unha lenda difundida en internet sobre unha nena que vive pechada nun hórreo. Descobren que no hórreo non vive ninguén, mais que a casa agochaba máis sorpresas das agardadas. O neno do hórreo sitúase, dalgunha maneira, no ronsel de películas de serie B dos 60 e 70, nun subxénero de fantaterror, pasado polo humor, que Diego López e os seus compañeiros da Asociación Cinematográfica O'Caimán reinterpretan levándoo ao contexto galego: en localizacións, temas, estereotipos… O neno do hórreo forma parte, en concreto, dun proxecto máis amplo, Rural Horror Storis. "As nosas curtas están ambientadas no rural galaico, pero non dirixidas só a el", explica o dosier desta iniciativa, que tenta "cambiar as iconas pop ianquis polas iconas pop galegas: os hórreos, mámoas, castros, bateas, fragas e dolmens. As personaxes do noso folclore así como as da nosa farándula". O ton xeral destas curtas é "unha comedia con grandes doses de sátira, vitriolo e unha actitude "vivalavirgen" encantadora", segundo os responsables de Rural Horror Storis, que citan como referentes La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos de Antonio Blanco e Ricardo Llovo, entre outros. A apelación á serie B é tamén unha maneira de "xustificar a nosa carencia de medios técnicos e humanos e de orzamento, que no noso caso adoita ser uns 1.500 ou 2.000 euros. O que facemos será "cutre", pero está feito co corazón", afirma Diego López. O que facemos será "cutre", pero está feito co corazón", afirma Diego López O neno do hórreo está protagonizado por un rapeiro reconvertido en "trapeiro", machirulo e orgulloso de selo; unha rapaza feminista con algo máis cabeza e valentía que os seus compañeiros; un reintegracionista que non fala porque total ninguén o comprende; outro mozo de mellores intencións que o primeiro pero que tamén cae na condescendencia coa rapaza; unha veciña do pobo que agocha a súa cara máis terrible e unha nena que se sente neno, pero o seu peor conflito non é a falta de correspondencia entre o seu corpo e a súa identidade sexual. "En Galicia existen historias documentadas de familias que, non hai tantos anos, pechaban na casa aos familiares que lles saían 'raros", indica o dosier de Rural Horror Storis sobre O neno do hórreo. No caso desta curta, foran dous irmáns que tiveran un fillo e que o agocharan, antes de abandonalo á súa sorte, deixándolles aos veciños a responsabilidade de cumprir cun macabro ritual satánico. Hai tipos, estereotipos, -e algunha caricatura-, neste filme, que non deixa de apuntar malia todo a conflitos actuais -como as tensións producidas a partir do espertar ao feminismo en mozas novas, ou o conflito lingüístico (Siri non quere dialectos)-. Todo tratado, segundo Diego López, con intención de "respecto", -mais non con sutileza ás veces-. López asegura tamén que fuxirán dos tópicos máis manidos do "fantaterror" galego, coma a Santa Compaña ou Romasanta. Mais foi Juma, Juma, de Javi Camino, a gañadora do premio do concurso Cinema Fetus. Un reporteiro, Nando Reboiras, investiga a misteriosa desaparación de varias mozas na zona do río Sarela. Ao sospeitar que podería tratarse da pantasma do Pazo de Espiño, que voltou para vingarse, decide adentrarse nas ruínas do mesmo coa compaña do seu cámara. A partir de aí sofre un percance que o conduce a unha radical transformación, que o acaba levando a un paraíso rousseniano do que non quere, nin de brincadeira, voltar. Con chiscadelas, tamén, á serie B, esta curta podería ser unha parodia dos programas televisivos sobre fenómenos paranormais, ou mesmo dos telediarios de sucesos que explotan as imaxes máis folclóricas -no mal sentido- do país.
NOS_10281
O sábado 2 de abril celébrase en Mondoñedo unha Polafía dedicada a Manuela Rey, unha actriz mindoniense que foi famosa no Portugal da segunda metade do XIX.
A Sección de literatura de tradición oral da AELG propón unha nova Polafía (adaptación das antigas xuntanzas nocturna para contar contos no inverno), unha revista oral que terá como tema central a figura da actriz mindoniense Manuela Rey. O acto terá lugar na Casa da Xuventude de Mondoñedo o sábado, 2 de abril, ás 19:00 horas, e conta coas intervencións de Manuel Lourenzo, Chus Amieiro, Margarita Bermúdez, Andrés García Doural, Paco Piñeiro, Mª Paz Rodríguez Silva, Antonio Reigosa e Isidro Novo. A parte musical corre a cargo de Fran Bouso, Xulia Nogueira e Alberte Núñez. Manuela Rey Manuela Rey naceu en Mondoñedo en 1842. Como actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Non se sabe con certeza como Manuela chega a formar parte dunha compañía de teatro ambulante que pasaría por Mondoñedo, pero con só seis anos xa subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis. Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía española de teatro. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título 'Galería artística', da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos. Cando sucedeu a súa prematura morte, Manuela era a principal actriz do Theatro D. Maria II de Lisboa, o gran teatro nacional portugués. Díxose que o rei Pedro V se namorou dela, e que ao seu enterro acudiron en masa os lisboetas. Antonio Reigosa, coordinador desta actividade, explica neste artigo do seu blog a historia da moza. Que son as Polafías? As Polafías son un proxecto nacido en 2007 da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc.) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estable e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.
NOS_47505
O xefe do Executivo estatal asegurou no transcurso da Conferencia de Presidentes que revisará as regras fiscais para adecualas á "nova realidade económica da guerra".
O xefe do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, trasladou aos presidentes autonómicos na Conferencia de Presidentes deste domingo na illa da Palma que o Goberno aprobará rebaixas impositivas aos sectores afectados pola guerra en Ucraína, se ben, non precisou en que consistirán, informaron fontes da Moncloa. Durante o cumio de gobernantes, que busca abordar solucións conxuntas á crise provocada pola guerra en Ucraína, Sánchez adiantou que se revisarán as regras fiscais "de acordo á nova realidade económica da guerra e a saída da pandemia" do coronavirus, aínda que tamén sen concretar nada. Polo que se refire ao ámbito enerxético, o xefe do Executivo expuxo como solución á dependencia enerxética de Rusia as interconexións de gas, hidróxeno verde e enerxías renovábeis así como o impulso destas últimas, pedindo, ademais, o apoio no desenvolvemento da proposta do Goberno de desacoplar o prezo do gas. A Asociación Eólica de Galicia urxe un acordo "político e social" en prol das enerxías renovábeis Mercados alternativos No eido da alimentación, Sánchez propuxo que Europa busque mercados alternativos, se reforce a PAC, se garantan prezos accesíbeis para os fertilizantes nitroxenados e se compense os sectores afectados. Así mesmo, reclamou aos territorios que se acelere a execución dos fondos relativos ao despregamento das enerxías renovábeis, a eficiencia enerxética e a rehabilitación de vivendas, especialmente antes do próximo inverno, para aumentar a autonomía enerxética. Empresas galegas ven na guerra a "tormenta perfecta": "O peor está por chegar" Para iso, o Goberno reducirá a axilización dos prazos e procedementos para a execución dos proxectos de eficiencia enerxética e desenvolvemento de enerxías renovábeis. Por último, en canto a ciberseguridade, o Goberno asegurou que reforzará a cooperación e colaboración coas comunidades autónomas e aprobará unha nova Lei de ciberseguridade.
NOS_17591
Segundo puido saber 'Nós Diario', o BNG vai pedir a comparecencia de María del Carmen Martínez Insua.
As reaccións á anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) da externalización de servizos de Patrimonio a unha filial de Tragsa, Tragsatec, non se fixeron esperar. Deste modo, fontes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) consultadas por Nós Diario confirmaron que van pedir a comparecencia de María del Carmen Martínez Insua, directora xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación. A súa figura leva na diana desde que fose retratada pola nacionalista Mercedes Queixas na Comisión 4ª de Educación e Cultura que se levou a cabo o pasado día 2 de xuño de 2021 no interior do Parlamento da Galiza. Alí, Queixas sinalou que "desde o ano 2018" viñan sucedéndose "de modo concatenado e ininterrompido" unha serie de ofertas de contratación á empresa pública Tragsated desde Patrimonio "por unha serie de traballos sempre coa mesma literalidade 'servizo técnico cualificado para análise e informe das intervencións en bens de interese cultural'.O DOG dá conta de até sete procesos de contratación desde 2018 con estas palabras, o primeiro no mes de xullo dese ano por un importe superior a 250.000 euros para unha temporalidade de seis meses e o último foi o 31 de decembro de 2020 tamén por seis meses. O total supera o millón e medio de euros destinado a estes proceso de análise e elaboracións de informes en BIC e bens catalagados", engadiu. A maiores, Mercedes Queixas deixou claro que Tragsatec é unha empresa "de fins agrarios que está especializada en cousas como concentracións parcelarias e non en cuestións que requiren alta especialización", así como que "o persoal traballador de Tragsatec emite informes a distancia, pois non visita as obras das que ten que elaborar os informes, cousa que si que fai o persoal da Consellería de Cultura". Todo isto, definiuno no seu conxunto como "unha aposta deliberada e convencida por unha externalización sistemática dun traballo que pertence ao funcionariado acompañada por unha certa arbitrariedade nas cifras e no tipo de traballos". Na súa resposta na Comisión, Martínez Insua botou balóns fóra, limitándose a defender a valía do persoal de Tragsatec e a indicar que tiñan "un problema coas baixas prolongadas" e cun "volume de documentos de entrada que se incrementa ano a ano".
NOS_34810
A Xunta Electoral Central vén de autorizar ás traballadoras de Correos para recoller os sobres coas papeletas nos domicilios das persoas que o soliciten coa súa sinatura electrónica.
A Xunta Electoral Central decidiu que as carteiras poidan "dar fe" da recepción do voto e outorgoulles a capacidade de recoller nos domicilios os sobres das persoas que elixan exercer así este dereito nas eleccións previstas para o próximo 12 de xullo na Galiza, na liña do que solicitou a Xunta. De feito, informou deste acordo ao Goberno galego, que enviou á Xunta Electoral varias peticións para garantir o dereito a voto e as medidas sanitarias da cidadanía. O acordo recolle varias demandas da Xunta, como organizadora dos comicios que é, e a cal insta a fomentar o voto por correo. A Xunta Electoral aceptou parcialmente a proposta do Goberno galego de que se poida realizar a petición do voto por vía telemática, mediante un sistema que acredite a identidade do solicitante. Neste sentido, o árbitro electoral matiza que debe facerse esta petición a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica. Comprobar a identidade En canto á posibilidade de estabelecer protocolos para facilitar o emprego deste sistema de votación, a Xunta Electoral recolle que o persoal de Correos que entrega a documentación electoral no domicilio, unha vez comprobada a identidade e recibidos os sobres electorais, "ten a posibilidade de devolvelos xa cumprimentados", de maneira que a persoa votante recibirá "un xustificante que acredite que xa exerceu o seu dereito a voto". "O persoal de Correos deberá comprobar a identidade da devandita electora mediante a exhibición do DNI ou de calquera outro documento oficial acreditativo da súa identidade, debendo anotar o número do devandito documento, dando fe desa recepción persoal, sen que, en consecuencia, sexa imprescindible que o elector firme persoalmente a entrega", sinala a resolución. De todas maneiras, a Xunta Electoral Central aclara que se trata dunha posibilidade opcional e "extraordinaria" (cunha interpretación especial da lei para esta ocasión pola pandemia), polo que a fórmula presencial na oficina de Correos deberá seguir vixente como até o de agora nos prazos estabelecidos. Concretamente, está aberta a posibilidade de solicitar o voto por correo até o 2 de xullo e poderase emitir até o día 8. "Demandas cumpridas" Nun comunicado, o Goberno galego considera "cumpridas as demandas" para que a Xunta Electoral e o Ministerio do Interior "adopten medidas que favorezan que os cidadáns poidan exercer o dereito a voto de sufraxio activo sen acudir ao local electoral o día da votación". A Xunta tamén propoñía no seu protocolo ampliar o prazo do voto por correo até dous días antes das eleccións. Sobre esta cuestión, a Xunta Electoral non se pronuncia e unicamente fai referencia nun dos puntos da resolución aos "prazos estabelecidos", que son os xa mencionados. Na súa resolución, a Xunta Electoral pide dar traslado do acordo tanto ás Administracións da Galiza, como á de Euskadi, que tamén realiza as eleccións o 12 de xullo.
NOS_42700
Considera que as protestas contra o conselleiro de Cultura no Gaiás foron "pioneiras" nesta forma de protesta social que o xefe do Goberno español considera "antidemocrática" e "intimidatoria"
"Entendo o que supón que un teña que abandonar a súa vivenda. Mais iso sempre se fixo e antes ninguén protestaba". "O escrache é antidemocrático". "O pecado dos deputados do PP é que foron escollidos pola maioría. E a maioría non pode ser coaccionada por unha minoría". Son as tres frases que resumen do alegato contra a protesta social que esta cuarta feira pronunciou o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, perante a cúpula do PP. Na intervención, que durou algo máis de media hora e a imprensa tivo que seguir a través dunha pantalla de televisión, sen posibilidade de facer preguntas (Rajoy non fala ante os medios desde xaneiro), o xefe do Executivo español dixo que a Galiza era pioneira nesta forma de acción non violenta, e recordou as protestas no Gaiás en contra da xestión que está a levar a cabo o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez. Esqueceu que son os bancos rescatados con diñeiro público os que están a botar a xente das casas e centrouse en mandar unha mensaxe á Plataforma de afectad@s pola hipoteca (PAH): "chamo a todos os partidos e a todos os españoles" a denunciar a campaña de escraches con que se revolven contra os despexos, uns actos que Rajoy cualificou de "intimidación". "Moitos compañeiros do partido están a ser obxecto de acoso e ninguén merece ser acosado", considerou o presidente español un día despois de que o grupo parlamentar do PP no Congreso decidise desfacerse do texto da ILP pola dación en pagamento unificándoa co proxecto de lei que xa se tramitaba a instancias do Goberno e as emendas dos grupos que acepte. As reclamacións das plataformas antidespexos quedarán fóra. Cómpre lembrar que o PP votou a favor desta ILP in extremis e pola persión social no mesmo pleno en que apoiou con rotundidade outra iniciativa en favor de declarar as touradas Ben de interese cultural.
PRAZA_9507
Lídia Senra é a única candidata para ser cabeza de lista de En Marea nas eleccións europeas, segundo as listas aprobadas definitivamente pola formación para as súas primarias
O calendario de En Marea como partido fixaba este luns, 4 de marzo, como data de inicio das súas primarias para a elección de candidaturas ás eleccións xerais do 28 de abril e mais para as europeas do 26 de maio. Unha vez pechados os prazos a formación confirmou que no proceso participan nove candidaturas -dúas por provincia para Congreso e Senado e unha novena para a Eurocámara- cuxos integrantes pedirán o voto ata o vindeiro 7 de marzo. Este procedemento iníciase cando restan apenas dez días para pechar eventuais coalicións para o 28-A.O 15 de marzo remata o prazo para a inscrición de coalicións nas eleccións xeraisA votación organizada polo partido instrumental baséase no sistema Borda, "no que cada persoa inscrita decide o posto das candidatas segundo as súas preferencias". Terano que facer cunhas listas que, segundo foron presentadas, no caso da Coruña están encabezadas para o Congreso pola actual vicevoceira da formación, Ana Seijas, seguida de Pancho Casal, actualmente deputado no Parlamento. En Lugo a proposta está liderada por Cristina Pérez Herráez, agora voceira de Lugonovo no Concello lucense, tras quen se sitúa Javier Arca. A proposta de candidatura ourensá ten á súa fronte a Iván Olmos seguido de Iolanda Pérez Docampo e en Pontevedra o primeiro nome é o de Iris Malvido, que encabeza a proposta por diante de Manuel González Moreira. Gran parte das persoas que integran estas porpostas participaron activamente da candidatura de Luís Villares nas eleccións internas de En Marea.Villares instou os membros de Anova, Podemos e EU a participaren nas primarias de En Marea como partido e dirixentes destas formacións reiteraron o convite a unha coaliciónEstas votacións produciranse despois de que o propio Villares instase a membros de Anova, Podemos ou Esquerda Unida a participaren das primarias de En Marea para pechar unha única opción electoral conxunta para o 28-A. Mentres, algúns dirixentes destas formacións, con avanzados contactos para reeditar a coalición de 2015 e 2016 -que concorreu ás xerais coa marca En Marea- seguen apostando por que En Marea, agora como organización partidaria, acceda a coaligarse cos devanditos partidos. Neste sentido pronunciábase este mesmo luns o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen non obstante matizaba que, se finalmente non é posible unha única candidatura, a Marea Atlántica se pronunciará sobre a súa preferencia cara á cita coas urnas. Anova, pola súa banda, reiteraba nos últimos días que defende unha "fronte ampla" para esta cita coas urnas. Aínda que semella improbable que esta posibilidade torne en real, de facelo tería como data límite o 15 de marzo para a súa inscrición ante a Xunta Electoral.Lídia Senra aspira a ser eurodeputada de En MareaEn 2014 Senra foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa dentro da alianza de Anova con EUA aprobación definitiva das listas das primarias de En Marea confirma tamén que Lídia Senra aspirará a ser eurodeputada de En Marea na vindeira lexislatura comunitaria. A antiga líder do Sindicato Labrego Galego, que en 2014 concorreu como candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEE) dentro da alianza de Anova con EU e outras forzas, é a única aspirante a ser cabeza de lista.Sandra Pesqueira, Xoán Hermida ou Celsa González son outros dos nomes que figuran nunha lista que, con toda probabilidade, se integrará nunha futura candidatura con outras forzas. Na contorna do partido instrumental apostouse nos últimos meses por unha posible integración na coalición encabezada por Compromís, acordo que a formación valenciana tamén vería con bos ollos.
NOS_11763
A Delegación do Goberno estatal informa da identificación de 48.594 persoas e o control de 36.249 vehículos durante ese período
A Delegación do Goberno estatal en Galiza informa da identificación de 48.594 persoas e o control de 36.249 vehículos durante a Semana Santa. O control das restricións vinculadas á Covid-19 orixinou 1.644 propostas de sanción, un 3,3% do total de persoas identificadas. A Policía española e a Garda Civil despregaron un dispositivo especial, que continúa esta segunda feira, con motivo da Semana Santa. O obxectivo era o cumprimento das restricións impostas pola Xunta e polo Consello Interterritorial de Saúde, tanto entre a poboación en xeral como nos colectivos específicos. En concreto, informa a Delegación, o labor centrouse tanto no peche perimetral da Galiza como na vixilancia de áreas como as zonas costeiras, de segundas residencias e vacacionais. En total, houbo 4.577 dispositivos con 6.425 axentes. Identificaron a 48.594 persoas e controlaron 36.249 vehículos. As propostas de sanción ascenderon a 1.644. Con respecto á hostalería, os controis neste sector foron 3.507 na Galiza. Entre Garda Civil e Policía sumaron 157 propostas de sanción, o que supón un 4% do total de controis. Policia adscrita á Xunta Axentes da Policía Nacional adscrita á Xunta levaron a cabo nos días festivos da Semana Santa un total de 144 dispositivos en 42 concellos galegos nos que foron tramitadas 53 denuncias. O s controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 170 persoas identificadas.
NOS_2269
Perante os bombardeos israelís destas últimas horas na Faixa de Gaza, o BNG convocou unha concentración en Compostela en denuncia polos acontecementos. A Confederación Intersindical Galega tamén se sumou á convocatoria e estivo presente na Praza do Toural.
A choiva que cae estas últimas horas en Compostela non foi quen de desanimar a asistencia á concentración convocada polo BNG, á que se sumou tamén a CIG, en solidariedade co pobo palestino. Un cento de persoas quixeron mostrar a súa solidariedade após as graves novas que chegan desde esa zona. Rubén Cela, portavoz local nacionalista, sinalou ao remate que "hai poucas inxustizas no planeta comparábeis á atrocidade que esta pasando todos os días nos auténticos campos de exterminio que son os campos da Faixa de Gaza". A convocatoria nacionalista foi, para Cela, unha proba máis "de apoio e solidariedade para coa causa palestina e ademais da nosa denuncia do imperialismo e a impunidade coa que asasinan os israelís en Palestina. Un cento de persoas quixeron mostrar a súa solidariedade após as graves novas que chegan desde Gaza O Presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim, tomou a palabra na concentración e agradeceu a solidariedade do pobo galego para co seu pobo. "Os ataques non son algo novo que veña por unha provocación de Hamas, obedecen a unha estratexia de hai moito tempo que cada vez que hai eleccións en Israel hai matanzas de palestinos, é unha carreira para ver quen mata máis palestinos en Gaza ou ameazando a Csjordania", asegurou ao remate do acto na Praza do Toural. Para este palestino que vive desde hai anos en Compostela "a comunidade internacional avalou un calendario para que Palestina fose libre, nós construímos e Israel destrúe para que logo teñan que pagar a reconstrución con cartos de Europa e do resto do mundo". Segundo o Presidente da Fundación Araguaney "as grandes fortunas do mundo son israelís e determinan a política de Europa, polo que este continente queda moi mal parada na actual situación".
NOS_22258
O CSIF denuncia a retirada da praza do rexedor de Cervo
A Xunta "modificou unha oposición para que un alcalde do PP manteña a praza sen presentarse a exame". Así de rotunda é a afirmación do sindicato CSIF na Galiza respecto á mudanza na convocatoria de Medio Rural para consolidar unhas 40 prazas de veterinarios, para que pasen a ser persoal laboral fixo despois de anos con condicións de temporais. Se no documento que se pactou entre todas as partes aparecía tamén incluída na bolsa ofertada a praza que ocupa o rexedor de Cervo, Alfonso Villares, no anuncio que chegou ao Diario Oficial da Galiza (DOG), ese posto -no que na práctica non exerce Villares pola súa condición de rexedor-, desapareceu da listaxe. Porén, o PP de Cervo saíu en defensa do político asegurando que non existe "trato de favor ou privilexio por parte da Xunta" malia reservar ese traballo. Desde o CSIF, que detectou esta supresión da praza que ten Villares malia estar nunha "excedencia forzosa" grazas á denuncia do propio corpo de veterinarias e veterinarios que se vai someter ás probas antes de que remate o ano, destacan que na oposición había unha serie de postos contemplados no catálogo para facer "persoal laboral fixo 40 interinos", entre eles o propio rexedor do PP. Nun primeiro momento, "Función Pública mandou aos sindicatos o anexo con todas as prazas pero no DOG faltaban dúas, unha dunha persoa que está de baixa e a do alcalde de Cervo". O funcionariado que se vai examinar de novo reparou en quen estaba detrás do posto polo código e porque "é un colectivo pequeno que leva tempo na Xunta e todos se coñecen". Após detectar o que podería ser un erro, contactaron con Función Pública da Xunta para pedir explicacións sobre o acontecido e, finalmente, recibiron a resposta de que se trataba dun caso "excepcional". Precisamente a esa excepcionalidade apunta a representación laboral ao falar de "nepotismo", dado que Villares podería concorrer á oposición ao igual que o resto de compañeiros. Defensa dos populares Ante a denuncia, o grupo municipal do PP no concello da Mariña defendeu que non existe "trato de favor" e sinalou que "non procede xuridicamente que se convoque a cobertura dunha praza por oposición, cando quen a ocupa se atopa en excedencia forzosa". Os populares entenden que no caso de que a praza saíra ao concurso "estaríase imposibilitando o dereito ao seu reingreso e sometendo a Administración a unha condena xudicial segura por incumprir coa obriga de reserva da praza". Ademais, sinalan que o alcalde conseguiu a condición de traballador indefinido "por sentenza xudicial" en 2000. Diferentes criterios En calquera caso, esta consideración de imposibilidade para presentarse a exame bate directamente co discurso do CSIF, que lembra que a convocatoria é aberta e o resto de veterinarias tamén poderían perder as prazas que ocupan. "O que suspenda e non sexa alcalde vai ir ao paro e o que aprobe pode seguir na súa praza ou obter outra" coa consecuente mobilidade xeográfica, destaca. É dicir, para o resto de especialistas do grupo profesional non se teñen en conta as súas circunstancias persoais para evitarlles a perda do posto de traballo e a diferenza de criterios mantén "enfadados" as e os demais candidatos.
PRAZA_8011
O IGADI presenta o seu informe sobre a acción exterior de Galicia denunciando que se pretende limitar a proxección exterior das autonomías e relaciónao con outros intentos de "baleirar de sentido o autogoberno".
O IGADI publica todos os anos o informe Nós no Mundo (We in the World), centrado na análise da acción exterior levada a cabo por Galicia. Nesta ocasión fai fincapé no anteproxecto de Lei de Acción e Servizo Exterior que promove o goberno central denunciando que se pretende limitar a proxección exterior das autonomías e relacionándoo con outros intentos de "baleirar de sentido o autogoberno". Na presentación do informe afirmase que en Galicia esa estratexia se concreta nun afrouxamento de todas as dimensións da proxección exterior que non garden unha estreita relación coa internacionalización económica ou a captación de fondos europeos. E denúnciase "o esquecemento doutras dimensións complementarias que achegan tamén posibilidades de enriquecemento da acción internacional incluso no eido empresarial". O IGADI denuncia que se pretende limitar a proxección exterior das autonomías e relaciónao con outros intentos de "baleirar de sentido o autogoberno" Xulio Ríos, director do IGADI, advirte no primeiro capitulo do informe, Fronteiras para a acción exterior, da incapacidade de resposta do servizo exterior central e da súa falta de adecuación aos novos temspo. Afirma que "o servizo exterior agravou as súas carencias co paso do tempo e nunca interiorizou a realidade autonómica do novo Estado (desenvolvendo mesmo unha actitude descualificadora respecto ao impulso exterior autonómico) nin a súa dimensión exterior asimilou de xeito suficiente, especialmente na estrutura, os cambios producidos na situación internacional ata nun ámbito tan próximo como a Unión Europea". Xulio Ríos: "o servizo exterior agravou as súas carencias co paso do tempo e nunca interiorizou a realidade autonómica do novo Estado" Ríos alerta de que "coa principal escusa da crise e a necesidade de establecer criterios racionalizadores, o goberno central ansía impor un corpiño á acción exterior das Comunidades Autónomas. Estas deberan limitarse a ser comunidades cara dentro, pero non cara fóra". E pregúntase "ata que punto esta política obedece a unha estratexia anticrise ou responde a imperativos doutra naturaleza", salientando que "esta é unha vella teima que non se explica unicamente polo afán de poñer trabas á internacionalización deste conflito". Ríos sinala que o que se suxire para as CCAA "non se aplica ao sobredimensionamento e hipertrofia que padece o servizo exterior do Estado en numerosos países, produto dunha realidade marcada pola inercia sumada á necesidade de atopar destinos preferentes e ben retribuídos a altos funcionarios ou autoridades en vía de retiro da vida política mais activa". "Coa principal escusa da crise e a necesidade de establecer criterios racionalizadores, o goberno central ansía impor un corpiño á acción exterior das Comunidades Autónomas" O director do IGADI reivindica que é "importante" admitir e recoñecer o dereito das CCAA a desenvolver unha acción exterior acorde ás súas necesidades. e sinala que é "unha cuestión de responsabilidade, non de xogar a ser un mini-Estado". Conclúe que "o Estado debe contar con instrumentos para xestionar certas políticas exteriores a través das CCAA. Esa retroalimentación e sinerxía reflicte unha autentica vontade integradora". Para Ríos carece de sentido "reducir a acción exterior a unha política subsectorial ou diplomacia económica, especialmente no caso das nacionalidades históricas" e engade que "a cultura, a diáspora, etcétera., son variables a incorporar nesta dimensión evidenciando a transversabilidade dunha política que perde consistencia se non é integral. O informe presenta outros dez estudos de moi variadas perspectivas: Galiza nos mercados comerciais externos (Xan L. Facal), Galicia e o dilema de Bruxelas (Celso Cancela), A sociedade reborda a atolada política eurorrexional (David Reinero, Iago Martínez), O anovamento xeracional na Galicia exterior (María Xosé Porteiro), Carencias da información internacional no declive do xornalismo. Alternativas desde a óptica galega (Luís Menéndez), O caso do Prestige e a diplomacia de desastres (Alvaro López Mira), O Gaiás, unha plataforma para internacionalizar a cultura (Beatriz G. Loroño), 25 anos do Programa Erasmus (Anselmo Seoane), Galiza na lusofonía sindical (Xosé Ramón Boán González), Quince anos do Fondo Galego (Daniel González Palau) e A acción exterior da Igrexa galega (Victorino P. Prieto). O informe completo do IGADI pódese descargar aquí (.pdf)
NOS_55347
O corpo policial recoñece que unha das vítimas foi "accidental". A policía desta cidade de EUA ten condenas por excesivo uso da forza.
A policía de Chicago matou tres afro-americanos na madrugada do sábado, actuacións que elevaron a tensión nesta cidade dos Estados Unidos onde non é a primeira vez que acontecen accións policiais desta clase que xeraron protestos veciñais. Bettie Jones, de 55 anos de idade e nai de 5 crianzas, foi alcanzada por un tiro "de forma accidental", recoñecen os axentes, na noite do sábado, cando os axentes foron atender unha chamada por "violencia no fogar". Un home afirmaba que estaba a ser ameazado na súa casa. Ao parecer, e segundo recollen axencias e medios estadounidenses, o fillo deste home ameazado -un mozo de 19 anos que estudaba enxeñeiría- estaba a bater cun bate na porta do dormitorio. Os policias afirman que tiveron que facer fronte "unha persoa combativa" polo que lle dispararon. Porén, a familia do mozo explicou que tiña problemas mentais mais non era agresivo, segundo recolle a cadea de TV local WLS. "Queremos unha investigación exhaustiva, queremos respostas", sinalaron desde a familia.Noutro suceso a policía matou un home cando este protagonizaba un asalto "a man armada" na zona sur da cidade de Chicago, afirman versións municipais. Estes novos feitos teñen lugar apenas unha semana despois de que centos de persoas exixisen en Chicago a demisión do alcalde, Rahm Emanuel, a quen acusaban de encubrir un policía bramco que matou o ano pasado un mozo afro-americano. Os protestos xurdiron a raíz de se publicar un vídeo no que se podía ver Laquan McDonald, de 17 anos, armado cun coitelo e correndo afastándose dun grupo de axentes, cando recibíu o primeiro dos 16 disparos. A Policía de Chicago xa foi condenada noutras ocasións por uso excesivo da forza. Un xuíz federal de EUA determinou o 14 de decembro que a Policía da cidade usou "forza excesiva" nun incidcente que se saldou coa morte dun detido afro-americano, Philip Coleman, de 38 anos.
PRAZA_15832
A coalición galega advirte da "realidade socioeconómica" diferenciada do país e reclama un plan de reindustrialización, solución ao lácteo ou ao cerco e un novo sistema de financiamento local como base para un acordo que inclúa "o recoñecemento da plurinacionalidade"
En Marea mantén a súa man tendida ao PSOE pero cunhas condicións "concretas" para Galicia. A voceira da formación galega no Congreso, Alexandra Fernández, anunciou este luns unha serie cuestións prioritarias para o diálogo e como "primeiro paso" para apoiar un goberno alternativo en Madrid. Serían: "a restitución dos dereitos sociais, o remate das privatizacións e dos recortes e a apertura dun debate que resolva a cuestión plurinacional", ademais dunha serie de medidas claves para o país. "Tendémoslle a man xa para o cambio necesario", repetiu. En Marea pon como condición para un apoio "a restitución dos dereitos sociais, a fin das privatizacións e os recortes e a asunción da plurinacionalidade" Así, En Marea aclara que "está en diálogo tamén como suxeito político que é" e reclama un plan de reindustrialización para Galicia, "solución aos problemas a sectores coma o lácteo ou os mariñeiros do cerco" e asegura que "urxe ademais falar dun novo sistema de financiamento local". "Galicia ten unha realidade socioeconómica concreta, determinada por factores coma o avellantamento e a dispersión da poboación, que se debe ter en conta á hora de establecer medidas redistributivas. O sistema de financiamento ten que garantir que os cidadáns teñan os mesmos servizos con independencia do lugar no que residan", dixo Alexandra Fernández. En Marea reclama un plan de reindustrialización para Galicia, solución ao lácteo e ao cerco e un novo sistema de financiamento local Ademais, a voceira de En Marea instou tamén a "dar resposta á plurinacionalidade" e aclarou esa medida explicando de que se trata de que o PSOE recoñeca esa "plurinacionalidade" do Estado para, a partir de aí, iniciar "un diálogo". "Sería unha irresponsabilidade non falar deste tema", insistiu tras advertir de que o propio rei se interesou por coñecer o "posicionamento" da coalición galega respecto deste tema na xuntanza que mantivo con ela na rolda de contactos cos portavoces parlamentarios. "Débese procurar que a maioría social se vexa reflectida politicamente. O PSOE ten que dar mostra de que está á altura do momento histórico", engadiu Fernández, que advertiu de que "os únicos signos que dá o PSOE é que está cómodo no seo do bipartidismo". "Nós pedimos que sexa un pouco valente. As bases do PSOE votaron para que haxa un Goberno de cambio", continuou. En canto á restitución de dereitos, En Marea aposta por situarse no "quilómetro cero da lexislatura de Rajoy" e propón cinco decisións urxentes: a derrogación da reforma laboral, a reforma da Lei do aborto, a supresión da Lei Mordaza e mais a LOMCE e a fin dos copagamentos. "Do mesmo xeito que lle transmitimos ao xefe de Estado na primeira das consultas, En Marea está disposta a promover un goberno de cambio que poña fin ás políticas de Rajoy. Polo de agora o PSOE non deu signos de cambio", dixo quen asegurou que a coalición quere "falar do futuro e saber se os socialistas van ser parte do problema ou parte da solución". Ademais, En Marea tamén aposta por traballarar para "reverter os recortes e as privatizacións para recuperar o Estado de Benestar e loitar contra as crecentes desigualdades", así como para que se dote á Lei de Dependencia "dos recursos necesarios". Por outra banda, Fernández volveu abrir a porta a que o BNG se integre en En Marea de cara ás vindeiras eleccións autonómicas pero lembrou que a formación nacionalista "non quixo" incluírse nas mareas municipais nin na confluencia de cara ás xerais.
NOS_10150
O maior vertedoiro de rodas usadas existente en Galiza está en Lendo (Laracha), nas instalacións de Cerámica Campo. BNG denuncia que, meses despois, a promesa da administración de eliminar este punto continúan sen se cumprir.
En Lendo, Laracha, amoréanse 35.000 toneladas de rodas usadas, o que fai deste punto o maior vertedoiro de pneumáticos de Galiza. Perante os riscos que isto representa, desde a administración prometían a comezos do pasado mes de abril comezar a valorización das rodas e o tratamento desas 35.000 toneladas. A finalidade, eliminar este vertedeiro. Un anunciou feito pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático achegándose a este punto. Pasan os meses e, como denuncia o BNG de Laracha, "deste anuncio a realidade é que alí continúan as rodas e non se ten visto durante este tempo ningún movemento de retirada das mesmas". Para os nacionalistas estamos, "máis unha vez", perante un caso no que "a propaganda vai moi por diante da realidade". Desde o BNG lembran que a propia administración recoñecía naquela altura que só 26% das rodas poderían ser recicladas, sendo o destino do resto a súa incineración en Sogama, debido ao seu estado despois de tantos anos á intemperie".
NOS_46567
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou este domingo a data en que se reunirá Conferencia de Presidentes: o vindeiro 22 de decembro pola tarde.
Ante a escalada de contaxios da sexta onda da pandemia, o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, convoca a Conferencia de Presidentes para este 22 de decembro. A reunión será telemática desde o Senado e convocouse para abordar a situación da Covid-19 e reforzar a cogobernanza e a cooperación institucional, ante o avance de contaxios nas últimas semanas. Así o destacou Sánchez, que afirmou que a reunión buscará facer fronte ao coronavirus "con medidas compartidas" para pór en marcha "ao longo das próximas semanas". "España rexistra unha incidencia acumulada de 511 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días, segue sendo unha incidencia inferior aos países da nosa contorna, pero que non o podemos dar por bo", sinalou Sánchez este domingo. O presidente avisou de que a situación actual "advirte dun risco certo e real", polo que "exixe intensificar" as accións, razón pola que decidiu convocar a Conferencia de Presidentes. Unha nova onda con características diferentes Sánchez subliñou tamén que esta nova onda da pandemia reviste "características diferentes" e afecta "en circunstancias moi distintas". Neste sentido, destacou: "Con cifras notabelmente superiores de contaxios, hoxe temos cifras de hospitalizacións e ocupación de UCI inferiores ás que tiñamos hai tan só un ano". "Por tanto, a primeira conclusión que debemos extraer é que as vacinas funcionan e que esta crise sanitaria só se pode atallar grazas á luz da ciencia", aseverou. Neste contexto, reivindicou que, a diferenza de hai un ano, cando aínda non se administrara ningunha vacina, a inmunización alcanza na actualidade 90% da poboación maior de doce anos con pauta completa. Resaltou a aplicación das doses de reforzo, con máis de 80% das e dos maiores de 70 anos que recibiron a terceira dose adicional, mentres son máis da metade entre a poboación de entre 60 e 69 anos. En total, remarcou, administráronse xa máis de dez millóns de doses de reforzo. Sánchez saudou tamén á "resposta formidábel" da poboación no inicio da vacinación de menores de entre cinco e once anos xa que en "en tan só tres días vacinouse a case 5% desta poboación". "Para entender a magnitude do reto que supón a campaña de vacinación, pode bastar este dato: só na pasada sexta feira foron administradas en España medio millón de dose de vacinas", continuou o presidente, para insistir así en que "a vacinación é a mellor arma contra o virus" e débese " perseverar nela". Ante este proceso de vacinación que, dixo, "está a espertar admiración en todo o mundo", Sánchez expresou a súa gratitude polo traballo das e dos profesionais sanitarios. Medidas "complementarias" Con todo, insistiu na necesidade de medidas "complementarias" que "sempre deron bos resultados", como o uso das máscaras, e "todas as medidas de prevención". "O virus segue connosco e o seu combate debe seguir sendo prioridade para todas as Administracións", agregou Sánchez, para incidir en que o "camiño" debe seguir sendo o de abordar de "maneira coordinada" a resposta ante a pandemia, motivo polo que reunirá de novo as e os presidentes autonómicos. Por último, trasladou unha mensaxe de "tranquilidade e confianza" á poboación: "Andamos xuntos a parte mais dolorosa do camiño e xuntos imos culminar esta travesía protexendo a vida e a saúde". A última Conferencia de Presidentes foi o pasado 30 de xullo en Salamanca. Tras a Conferencia de Presidentes do 22 de decembro, está previsto que a seguinte decorra a mediados de xaneiro de 2022 na illa da Palma.
NOS_14437
Polo de agora descoñécense os danos.
Un terremoto de magnitude 7,4 sacudiu esta segunda feira o centro de México. O epicentro deste tremor estivo situado a 63 quilómetros ao sur de Coalcoman, no estado de Michoacán, de acordo coas primeiras informacións proporcionadas polo Servizo Sismolóxico Nacional de México. Un terremoto de magnitude 6,1 provoca máis de mil mortos na fronteira de Afganistán e Paquistán Precisamente, o país centroamericano conmemoraba hoxe o aniversario dos sismos rexistrados o 19 de setembro de 1985 e de 2017. Precisamente, unha hora antes do sismo, levárase a cabo un exercicio de macrosimulacro a nivel estatal. No ano 1985, un terremoto de magnitude 8,1 rexistrado no estado de Guerrero deixou máis de 20.000 persoas mortas, na súa maioría localizadas na capital do país. Por volta de 1.300 mortos polo terremoto en Haití Pola súa parte, o sismo de 2017 deixou 370 mortos, despois de que se rexistrara un tremor de magnitude 7,1. Reaccións institucionais O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, trasladou nun primeiro momento a súa preocupación polo ocorrido. "Imos comezar a recoller información, desexamos de todo corazón que non pasara nada grave". A xefa de Goberno de Cidade de México, Claudia Sheinbaum, explicou que "até o momento non se reportaron danos na cidade", ao tempo que detallou que "cinco cóndores da Secretaría de Seguridade Cidadá da Cidade de México seguen a facer sobrevoo". [En ampliación]
PRAZA_5035
Neste 8 de marzo cómpre falar dos avances producidos na incorporación da muller ao mercado de traballo en igualdade de condicións, e tamén das desigualdades (por exemplo nos salarios) que continúa habendo. E tamén de campos nos que a súa presenza segue sendo escasa, sobre todo en postos de responsabilidade.
Neste 8 de marzo cómpre falar dos avances producidos na incorporación da muller ao mercado de traballo en igualdade de condicións, e tamén das desigualdades e discriminacións (por exemplo nos salarios) que continúa habendo. E tamén de campos nos que a súa presenza segue sendo escasa, sobre todo en postos de responsabilidade, por exemplo na ciencia e na universidade, nas novas tecnoloxías e tamén na arte. GCiencia salientaba nunha reportaxe publicada hai uns días que "a muller segue afastada dos postos de responsabilidade da universidade en Galicia" GCiencia salientaba nunha reportaxe publicada hai uns días que "a muller segue afastada dos postos de responsabilidade da universidade en Galicia", pois aínda que elas son o 54% do alumnado universitario e o 63% dos que acadan a titulación, os cargos seguen a ser copados por homes. Este estudo lembraba, por exemplo, que en Galicia, só hai un 14 por cento de catedráticas. Vigo, co 18,5%, é a universidade con maior acceso á cátedra, por riba da media española (13,11%) seguida de Santiago (12,4%) e A Coruña (11,1%). De igual xeito, en canto a profesores titulares, os homes seguen sendo clara maioría. Só en Santiago a situación se achega á igualdade, cun 43,6% de mulleres, mentres que Vigo (38%) e A Coruña (37,3%) baixan do corenta por cento. Con todo, as tres institucións galegas superan a media estatal, que é do 35 por cento. De igual maneira, cómpre salientar que nas tres universidades galegas nunca houbo unha muller reitora (na actualidade en España 10 das 74 universidades están dirixidas por mulleres). En canto aos decanatos, só en Vigo se acada a paridade, con igual número e homes que de mulleres, mentres que Santiago ten un 31,58% de decanas e A Coruña só un 10%. A arte O número de mulleres galeristas non supera o 15% do total, e o mesmo sucede coas directoras de museos e centros de arte contemporánea no Estado español, apenas o 22% Algo semellante sucede no mundo da arte, como puxo ao descuberto a recente publicación de varias estatísticas. Entre 2006 e 2010 as graduadas en Belas Artes en España representaron o 65% do total de alumnos, e en Historia del Arte esa cifra incremántase até o 74%. Porén, o número de mulleres galeristas non supera o 15% do total, e o mesmo sucede coas directoras de museos e centros de arte contemporánea no Estado español, apenas o 22%. E o mesmo podemos dicir das mulleres artistas, ou cando menos da presenza que teñen nos principais certames e feiras. Por exemplo, na pasada edición de ARCO só o 18,4% dos artistas eran mulleres, practicamente na súa totalidade estranxeiras, representando as artistas españolas apenas o 4,4%. Unha denuncia semellante foi realizada recentemente pola actriz Jemima Kirke (coñecida polo seu papel de Jessa na serie Girls) a través da curtametraxe We are the women?, producido pola Tate Modern de Londres. A partir das Guerrilla Girls, o grupo de artistas disfrazadas de gorilas que no anos oitenta denunciaron que "menos do 5% dos artistas nas seccións de Arte Moderno son mulleres", a curtametraxe sinala como a pintura foi sempre para as mulleres un hobby, nunca unha profesión, sempre relegadas a un segundo plano. As TIC Case dúas de cada tres persoas empregadas nas empresas TIC de Galicia son homes (62,5%) É tamén o caso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), que seguen sendo unha materia pendente para a igualdade de xénero. E non só nos postos directivos, un nivel que segue masculinizado en case todas as profesións, senón no número de mulleres empregadas ou na proporción das que deciden estudar unha carreira tecnolóxica. Así, segundo datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), case dúas de cada tres persoas empregadas nas empresas TIC de Galicia son homes (62,5%). A porcentaxe de mulleres, 37,5%, a pesar de superar a media europea (36%) segue moi lonxe do desexable. A realidade é moito peor no que respecta aos postos directivos: a porcentaxe de empresas que conta con mulleres na súa dirección é de só o 18%. E tamén nas funcións especificamente relacionadas coa tecnoloxía: só o 17,6% das mulleres que traballan no sector desenvolve funcións TIC, fronte ao 46,4% dos homes. Atopamos tamén fendas de xénero nas actividades de I+D+i, pois do total do persoal dedicado a tarefas relacionadas coa investigación, o desenvolvemento e a innovación, un 80,8% son homes e o restante 19,2% son mulleres. O único dato positivo atopámolo nas empresas de telecomunicacións, nas que as mulleres representan o 46,4% do total de traballadores. O problema vén da base. No curso 2010-2011 dos 309 titulados en carreiras tecnolóxicas das tres universidades galegas, so 66 eran mulleres, é dicir que representan pouco máis dun 20% dos titulados nestes estudos. O pasado ano, a asociación de empresas galegas dedicadas a Internet e ás novas tecnoloxías (EGANET) destacaba no artigo Muller, galega e informática que "nun Estado que avanza en igualdade, no que de maneira progresiva a muller se incorpora aos ámbitos laborais máis masculinizados, no campo da informática non só non avanza, senón que retrocede. Décadas de democracia e de presenza das mulleres na Universidade non lle puxeron couto á súa infrarrepresentación en determinados estudos, especialmente nas enxeñarías, se ben é certo que ningunha delas rexistra ese proceso de masculinización, nin tan acusado, como a informática". "Non implicar as mulleres no desenvolvemento tecnolóxico significa perda de ideas, porque se deixa á marxe a perspectiva da metade da poboación, e perda de posibilidades de inserción laboral" EGANET salientaba que na última década "a presenza feminina na formación superior en Informática reduciuse na nosa comunidade en máis de cinco puntos, de roldar o 24% a supor pouco máis do 18%, e se cabe máis rechamantes son os datos de novas matriculacións, diminuíndo a porcentaxe tamén do 24% a un escaso 16%" e lembraba que esta situación se repite en toda España e noutros países. O texto concluía que "non implicar as mulleres no desenvolvemento tecnolóxico significa perda de ideas, porque se deixa á marxe a perspectiva da metade da poboación, e perda de posibilidades de inserción laboral" e reclamaba melloras no ensino da informática tamén no ensino medio, facendo esta disciplina máis atractiva para todos os alumnos e alumnas: "a informática non debe quedar relegada ao ensino indiferente de linguas de programación, a códigos, porque todo ese código serve para algo, e de feito xa serviu para mudar a vida da xente, para mellorala".
PRAZA_20078
Advirte que o Goberno non dará "ningunha indicación" á Asesoría Xurídica da Xunta e que o seu informe sobre a petición de Villar Mir para segregar as actividades na Costa da Morte será "vinculante". En Marea e BNG rexistran a solicitude para que os traballadores comparezan na Cámara.
Feijóo descarga toda a responsabilidade da decisión que o seu Goberno tome sobre o futuro de Ferroatlántica nos funcionarios públicos que analicen a solicitude enviada pola empresa á Xunta hai tan só uns días. A compañía do empresario madrileño Villar Mir pediu formalmente ao Executivo que levantase a prohibición de separar as súas actividades de ferroaliaxe en Cee, Dumbría e Sabón das centrais que explota nos ríos Xallas e Grande, paso previo e necesario para vender as hidroeléctricas. Fíxoo advertindo que, sen esa venda, estarían en risco os postos de traballo en Galicia e toda unha serie de investimentos prometidos en diferentes factorías galegas. "Pídolles aos empregados públicos que non se deixen presionar por ninguén, nin polos partidos, nin polos sindicatos nin polos intereses empresariais", di Feijóo "Pídolles aos empregados públicos que estean vendo este expediente que actúen sen deixarse presionar por ninguén, nin polos partidos políticos, nin polas organizacións sindicais, nin polos intereses empresariais", asegurou este xoves Feijóo, preguntado polo futuro de Ferroatlántica e dos traballadores e consciente do rexeitamento frontal do comité de empresa e de toda a oposición política á segregación, que consideran que agocha as intencións de "pelotazo" por parte de Villar Mir, así como a "deslocalización e desmantelamento" das súas fábricas na Costa da Morte. Xunta e PP levan tempo insistindo no argumento do estrito "cumprimento da legalidade" e na procura do "interese xeral" cando se lle pregunta sobre a decisión que tomará o Goberno. Hai tan só un ano, o director xeral de Enerxía, Ángel Bernardo Tahoces, asegurou en sede parlamentaria que "nunca houbo segregación de actividades e nunca a haberá". Este xoves, Feijóo deixou toda a responsabilidade da decisión na Asesoría Xurídica do Executivo e nos funcionarios que desde ela analicen o expediente enviado por Ferroglobe a Augas de Galicia. Feijóo insiste na "independencia" da Asesoría Xurídica e en que o Executivo non vai dar "ningunha indicación" "A Asesoría Xurídica da Xunta non vai traballar baixo presión de ninguén", dixo Feijóo, quen asegura que "os empregados públicos teñen independencia para ditaminar, sexa a petición desta ou de calquera empresa, se se axusta ou non se axusta ao título concesional". Ademais, advertiu que os informes que emitan "serán vinculantes para o Goberno" galego e que desde o Executivo non se lle vai dar "ningunha indicación". "Estábase intoxicando cando se dicía que estabamos autorizando a venda ou a segregación" Alén disto, Feijóo salientou que dicía "a verdade" cando aseguraba que a Xunta non recibira petición ningunha por parte de Ferroatlántica até agora. "Estábase intoxicando cando se dicía que estabamos autorizando a venda ou a segregación", insistiu o presidente da Xunta, que asegurou que "sempre" lle ía contar "a verdade aos traballadores e aos alcaldes". Precisamente, este venres reúnese cos rexedores da zona para "informarlles do plan industrial que presenta a compañía no caso de que se lle autorice a segregacion". En Marea e BNG rexistran a solicitude para que compareza o comité Solicitude de comparecencia do persoal rexistrada por En marea e BNG Por outra banda, os grupos parlamentarios de En Marea e o BNG rexistraron este xoves no Parlamento a solicitude de comparecencia urxente do comité de empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo para escoitar "a situación que están atravesando os traballadores da factoría, que descoñecen o futuro das centrais tras a petición de segregación das actividades por parte de Villar Mir á Xunta". "É unha necesidade de primeira orde escoitar os traballadores, que son os que deben ter a última palabra", di Villares "A Cámara galega é a cámara de representación de toda a cidadanía de Galicia e, ante a gravidade dos feitos que rodean a venda segregada das centrais, de Ferroatlántica consideramos unha necesidade de primeira orde escoitar os traballadores, que son os que deben ter a última palabra sobre a importancia que ten o mantemento dos postos de traballo e e viabilidade dun sector industrial dunha comarca que vive de maneira principal desta empresa", sinalou o voceiro Luís Villares. "Igual que os traballadores e as traballadoras, igual que a maioría da Costa da Morte e igual que os alcaldes da comarca pensamos que o único salvavidas para os 300 empregos nas plantas de Cee e Dumbría son as centrais eléctricas e a súa vinculación coa actividade industrial", asegurou Ana Pontón, portavoz do BNG, que mantén este xoves un encontro con representantes dos e das traballadoras de Ferroatlántica no Concello de Cee. Para Pontón, se Feijóo autoriza a venda das centrais "asina a liquidación das plantas e de 300 postos de traballo, e dá luz verde a que un investigado polo financiamento do seu partido político dea un pelotazo a costa de Galiza". Unha concesión con condicións desde 1994 O grupo Villar Mir propúxose hai máis de vinte anos mercar a división de ferroaliaxes de Carburos Metálicos separando as actividades de ferroaliaxes e enerxía en dúas empresas e converter así as centrais eléctricas, destinadas á provisión de enerxía ás fábricas de Cee e Dumbría, en simples produtoras de enerxía eléctrica para a súa venda no mercado. Daquela, o Goberno de Fraga, coa aprobación do Parlamento, condicionara a autorización administrativa para o cambio de titularidade das concesións que Carburos ten dos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas e Grande do Porto á non segregación en dúas sociedades distintas da actividade de ferroaliaxes e produción de enerxía eléctrica, preservando así o seu interese público e condicionando que a produción enerxética estea vinculada aos usos industrias das factorías. En 1994, a Xunta esixe ademais á empresa compradora un plan de viabilidade que garanta a solvencia da explotación conxunta dos aproveitamentos hidroeléctricos e da produción de ferroaliaxe. Villar Mir acepta todas as condicións pero interpón recurso contencioso-administrativo ante o TSXG, que ditamina a favor do Goberno galego, ao igual que o Supremo en 2001 logo doutro recurso de Ferroatlántica. Agora, queda na man do Goberno de Feijóo mudar estas concesións e acceder ás peticións do grupo de Villar Mir.
NOS_25848
A policía disolve en vinte minutos a concentración convocada diante da sede da formación conservadora e pide un coche patrulla ameazando con prender "entre tres e cinco" manifestantes. Finalmente non detiveron ninguén
Con todas as persoas que fixeron parte del identificadas polos antidisturbios. Así rematou na Coruña o escrache convocado nas redes sociais para as oito da tarde diante da sede do PP, segundo relata a Sermos Galiza un activista. Aínda non pasaran cinco minutos da hora fixada para esta acción non violenta cando "varias grilleiras" apareceron no lugar. Os axentes "fixéronnos unha sorte de cerco" e comezaron a identificar as persoas polos laterais e polo centro da concentración, da que facían parte por volta de 70 persoas. "Preguntei por que e dixéronme que tiñan esa orde. Cando me neguei agarráronme e quixeron levarme preso", sinala este mozo, quen asegura que os policías chegaron a chamar coches patrulla para levar "entre tres e cinco detidos". Finalmente non levaron ninguén, mais identificaron tod@s @s presentes. "A min até me arrincaron un mechón de pelo", conta agora entre risas namentres describe o enfrontamento entre os antidisturbios e as persoas que rexeitaron presentar o seu documento de identidade. Vinte minutos despois de comezar, a concentración perante a sede do partido conservador responsábel dos gobernos galego e español ficara xa disolta.
NOS_11477
A documentación desclasificada nos últimos anos polos servizos secretos norteamericanos e europeos achegou unha interesante información sobre Galiza que merece ser divulgada. Até o de agora fomos coñecendo diversos relatorios sobre a actuación do nacionalismo galego nos anos trinta e corenta, a guerrilla antifranquista ou as redes dos nazis e dos aliados no país. Esta semana achegamos unha información sobre o seguimento que fixo a CIA da UPG na altura de 1975. Eis un extracto do texto publicado no número 308 de Sermos Galiza.
A revolución de abril de 1974 fixo saltar as alarmas do Goberno norteamericano e dos seus socios europeos situando Portugal no centro das preocupacións da CIA. Os servizos secretos dos Estados Unidos comezaron un intenso traballo de desestabilización e infiltración do país veciño coa intención de paralizar o proceso en marcha e favorecer aquelas alternativas, nomeadamente a do PS de Mario Soares, opostas ao avanzo do proxecto socialista. A actuación da intelixencia americana será reforzada a partir de agosto de 1974 coa visita ao país do director adxunto da CIA Vernon Walters, seguida en xaneiro de 1975 do nomeamento como embaixador de Frank Carlucci, peso pesado da espionaxe americana e máximo responsábel dos servizos secretos co primeiro goberno de Ronald Reagan. Carlucci, veterano da axencia que xogara un papel relevante no derrocamento e morte de Lubumba no Congo e no golpe de Estado contra o presidente brasileiro Joao Goluart en 1964, chegou a Lisboa acompañado de máis de oitenta axentes da CIA recrutados no Brasil, sumando a intelixencia americana durante a súa estadía en Portugal máis de tres mil efectivos. Os momentos máis intensos da actuación da CIA en Portugal coincidirán cun dos períodos chaves da acción do nacionalismo na nación veciña. A chegada de Margarita Ledo a Porto en setembro de 1974, tras ser obrigada a pasar á clandestinidade como consecuencia da súa participación no operativo propagandístico do Día da Patria Galega, abre un novo escenario e posibilidades no labor da UPG. [Podes ler a información íntegra no número 308 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_19814
As catro primeiras charlas da segunda edición desta iniciativa encheron as súas 160 prazas. Prepáranse agoras as novas actividades -obradoiros, conferencias e hackathons- que se celebrarán na Coruña e Compostela.
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux afincados na Facultade de Informática da UDC na Coruña lanzou o pasado ano os GPUL Labs, un conxunto de actividades de difusión e formación en tecnoloxía e cultura libre co obxectivo de espallar a filosofía do software libre. A iniciativa tivo un grande éxito, o que os animou a desenvolver neste 2017 unha segunda edición. Polo momento as catro primeiras charlas da segunda edición desta iniciativa encheron as súas 160 prazas. E agora prepáranse as novas actividades -obradoiros, conferencias e hackathons- que se celebrarán na Coruña e Compostela. "O noso obxectivo é crear unha enorme e activa comunidade de Software Libre en Galicia e non imos parar ata conseguilo", destacan. Salientan que "tamén está a ser un éxito a cantidade de charlas propostas e a súa calidade", tendo actualmente pechadas unha actividade semanal ata a última semana do mes de xuño e contando con poñentes de gran nivel como Rafa Bermúdez (CTO do Grupo Aluman), Carlos Sánchez (membro da Apache Foundation e poñente en múltiples eventos internacionais) ou Oscar Miguel Bandín (CTO de Diariomotor), entre outros moitos. Calendario "O noso obxectivo é crear unha enorme e activa comunidade de Software Libre en Galicia e non imos parar ata conseguilo", din Nesta segunda edición celebráronse xa os obradoiros Introdución a Raspberry Pi, Intro a Git e GitLab, Intro a JS e React e Groovy & Grails para programadores Java. Estas son as actividades programadas para as vindeiras semanas, ás que se poden incorporar novas citas, que poden ser propostas polas persoas interesadas nun tema específico: 20 de abril (Viveiro de empresas Accede Papagaio, A Coruña): Escalando Jenkins con Docker: Swarm, Kubernetes ou Mesos 26 de abril: (ETSE-USC): Intro a JS e React 27 de abril (Facultade de Informática - UDC): Introdución a Elixir 4 de maio (Papagaio): Wordpress de alto tráfico 11 de maio (Facultade de Informática - UDC): Software Libre, concursos e TFG, Que me achegan? 18 de maio (Papagaio): Post-introdución a React Data por definir (Santiago de Compostela): Introdución a Raspberry Pi Incrementando o éxito da primeira edición GPUL Labs naceu o ano pasado co obxectivo de xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos reais de software integramente con Software Libre, contribuíndo á comunidade e adquirindo experiencia ao mesmo tempo. O evento foi un rotundo éxito durante os 3 meses que durou, nun total de 11 charlas sobre algunhas das máis modernas tecnoloxías libres impartidas por poñentes das máis punteiras empresas e asociacións do entorno galego así como nos 2 hackathons realizados dos que xurdiron máis de 10 proxectos diferentes. A repercusión dos GPUL Labs estendeuse por todo o territorio autonómico contando con máis de 450 asistentes, 3 sponsors internacionais e 8 empresas colaboradoras. Web dos GPUL Labs
NOS_12430
Detido o pasado 16 de maio por efectivos da policía francesa, o Xulgado de Apelación de París estudou esta cuarta feira a petición da súa defensa. O tribunal ordenou a súa posta en liberdade, baixo control xudicial.
A decisión do Xulgado de Apelación de París prodúcese aos poucos días de trascender que de acordo co xuíz da Audiencia Nacional española, Ismael Moreno, existen suficientes indicios para proceder contra Urrutikoetxea polo atentado contra a Comandancia da Garda Civil de Zaragoza, o 11 de decembro de 1987. O dirixente de ETA, que aos seus 69 anos lida cun cancro, terá que entregar o pasaporte, non poderá saír do país e deberá presentarse unha vez ao mes nunha comisaría parisina. A defensa de Urrutikoetxa alegou motivos médicos —ten que ser intervido cirurxicamente a consecuencia da súa enfermidade—para demandar a súa excarceración. Días antes de se reunir o Xulgado de Apelación, tres expertos en resolucións de conflitos pediron a liberación do ex parlamentar de Euskal Herritarrok nun artigo en Le Monde. Andy Carl, Véronique Dudouet e Jean-Marie Muller poñen en valor o rol xogado por Urrutikoetxea nas "negociacións de paz destinadas a pór fin ao conflito vasco", conversas que tiveron como sede Arxel, Xenebra e Oslo. "Cremos que a criminalización de quen ten levado a cabo unha transición desde a loita violenta até a loita política pacífica é problemática do ponto de vista ético e estratexicamente resulta contraproducente", afirman.
NOS_57141
O home forte de Pablo Iglesias en Madrid compareceu de urxencia perante a imprensa.
Ramón Espinar, portavoz de Podemos no Senado e destacado dirixente da corrente pablista dentro da formación morada, afirma que vendeu a vivenda protexida -unha morada pola que desembolsou 146 mil euros e pola que obtivo 176 mil- porque non podía afrontar a hipoteca. O político de Podemos afirma que a gañancia obtida, deducidos os impostos, oscila entre os 19 e os 20 mil euros. Afirma que vendeu a morada porque ao receber as escrituras reparou en que os seus ingresos -á altura de 2011 rondaban os 480 euros, unha bolsa da Universidade Complutense- non alcanzaba para pagar a hipoteca (580). Di que puido facer fronte á entrada da vivenda (52 mil euros) grazas a un empréstimo familiar. O sector de Pablo Iglesias considera que a divulgación desta información por parte da SER xustamente nas vésperas do combate pola secretaría xeral de Podemos Madrid non é inocente.
PRAZA_3171
Villares reclama que En Marea poida constituír grupo parlamentario de seu ao formaren agora o Grupo Mixto cinco membros desta formación, petición con difícil encaixe no Regulamento da Cámara. A nova deputada fixa a área educativa como prioridade do seu labor no lexislativo galego
O Parlamento rexistra os últimos movementos da lexislatura no inicio do que, con toda probabilidade, será o derradeiro período de sesións antes das eleccións galegas. O ata agora voceiro de Común da Esquerda, Manuel Lago, formalizou este luns a súa baixa como deputado da Cámara galega para incorporarse como asesor ao gabinete da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, con quen xa colaborara estreitamente como economista e membro das Comisións Obreiras.A baixa de Lago propicia a entrada no lexislativo galego de quen fora número 8 da lista de En Marea pola Coruña en 2016, a pedagoga e profesora de Pedagoxía Social na Universidade da Coruña Mariló Candedo, quen tamén exerceu como decana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, entre outras responsabilidades na institución académica. En comparecencia conxunta co voceiro de En Marea, Luís Villares, Candedo ratificou este luns que secundará no Grupo Mixto os catro membros desta formación que xa forman parte del. Desbota, daquela, a súa incorporación ao Grupo Común da Esquerda, denominación que adoptou o que no inicio da lexislatura foi Grupo Parlamentario de En Marea tras a marcha, en xuño de 2019, de Villares e outros tres membros.Villares: "Merecemos consideración de grupo parlamentario e así o solicitaremos"Para Villares, o feito de que o Grupo Mixto pase agora a ter cinco membros, todos eles de En Marea, debera ser dabondo para poderen constituírense en grupo parlamentario de seu, xa que non son "deputados soltos". "Somos un grupo político co apoio dunha organización e merecemos esta consideración e así o solicitaremos" á Mesa da Cámara, confirma. Trátase, subliña, de poder recuperar prerrogativas como un maior cupo de iniciativas parlamentarias ou quenda de preguntas ao presidente da Xunta en cada pleno.As regras de conformación de grupos só contemplan a creación dun novo durante a lexislatura se o "partido ou coalición pola que concorresen" un mínimo de cinco deputados "se extinguise"Villares admite, non obstante, que o xeito en que o Regulamento do Parlamento concibe o Grupo Mixto e a conformación de grupos parlamentarios dificulta a súa petición. A norma fixa ese mínimo de cinco escanos, pero tamén indica no seu título terceiro que "non poden constituír grupo parlamentario separado" os membros da Cámara que concorresen xuntos ás eleccións. Establece unha única excepción, que "se extinguise ou rematase a actividade do partido ou coalición electoral pola que concorresen". Neste caso, ese suposto non se produciu e, tecnicamente, o grupo orixinalmente denominado En Marea, que tiña 14 membros, é o que agora se denomina Común da Esquerda. Mentres, tanto Villares e os outros tres deputados -Davide Rodríguez, Paula Vázquez Verao e Pancho Casal- inclúense no suposto regulamentario de marcharen dun grupo constituído no inicio da lexislatura, o que "necesariamente" os encadra no Grupo Mixto, que coa incorporación de Candedo pasará a ter os devanditos cinco membros, mentres que Común da Esquerda fica con nove.Prioridade na área educativaA nova parlamentaria fixa a área educativa como prioridade do seu labor na Cámara galegaAlén das cuestións de procedemento, Candedo subliña a "honra inmensa" que supón chegar ao Parlamento, un labor que asume "con enorme responsabilidade, porque teño un gran respecto polo traballo institucional" e na que priorizará as iniciativas en materia educativa. Alén do seu traballo como docente, evoca, a defensa "do dereito á educación" véna exercendo tamén "dende os movementos sociais", caso de Nova Escola Galega, movemento de renovación pedagóxica do que tamén foi presidenta.Candedo, unha das responsables do apartado educativo do programa de En Marea en 2016, sinala o financiamento universitario, a posible derrogación da LOMCE por parte do Goberno central e as súas repercusións en Galicia ou a oposición á apertura dunha nova universidade privada como algunhas das áreas que ocuparán o seu traballo parlamentario. Tamén, avanza, previsiblemente asumirá iniciativas en materia sociosanitaria durante o período da próxima baixa de maternidade de Paula Vázquez Verao.
NOS_54599
O líder do PSdeG celebra que a gratuidade do tren de media distancia "beneficiará miles de galegos".
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamou esta cuarta feira á Xunta da Galiza a gratuidade dos abonos do transporte en autobús para complementar a medida anunciada polo presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, de bonificar 100% dos bonos multiviaxe de Renfe nos servizos de proximidade e media distancia. O xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que esta medida beneficiará "miles de galegos nas rutas ferroviarias do eixo atlántico". Formoso celebrou que a gratuidade do tren "beneficiará miles de galegos" Neste contexto, Formoso sinalou que a gratuidade do transporte público en autobús sería necesaria no ámbito metropolitano e mais no rural para manter un "equilibrio de esforzos por parte de ambos os gobernos: o do Estado e o da Galiza". Sánchez anuncia un imposto "excepcional" aos beneficios da banca e a gratuidade dos bonos do tren de media distancia "Ausencia de medidas" da Xunta O líder socialista censurou a "ausencia de medidas" por parte da Xunta para amortecer os efectos da crise na economía das familias e das empresas galegas. "Aínda non fomos escoitados na nosa petición de que parte dos impostos que gravan os hidrocarburos que se consomen na Galiza, e que recibe a Xunta, sexan destinados a axudas a sectores estratéxicos como o transporte, a pesca ou a agricultura para axudalos a soportar os efectos desta crise", sostivo. Aliás, González Formoso reclamou "unidade nas medidas para facer fronte á crise" e pediu ao PP "que deixe os intereses partidistas á marxe" e que "as medidas anunciadas na terza feira [polo Goberno estatal] conten co apoio do principal partido da oposición".
PRAZA_11056
Cáritas e a Fundación Foessa presentaron este xoves a edición 2019 do seu informe sobre Desenvolvemento social en Galicia. Salientan que o 17,5% da poboación galega atópase nunha situación de exclusión e que outro 41,6% conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social.
Tan só o 41% da poboación galega está nunha situación de integración plena. No outro extremo, case un de cada cinco galegos e galegas (470.000 persoas) atópase en situación de exclusión social. Deles, o 9,1% da poboación (245.858 persoas) está nunha situación de exclusión moderada e o 8,4% (226.946 persoas) en exclusión severa. Ademais, o 41,6% da poboación galega atópase nunha situación precaria e conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social e con risco de caer en situacións de pobreza ou exclusión, sobre todo no escenario dunha nova crise económica. Case un de cada cinco galegos e galegas (470.000 persoas) atópase en situación de exclusión socialO 30% de familias numerosas, o 23,3% das familias con fillos e o 22% das familias monoparentais están en situación de exclusión social. Constátase, ademais, unha maior feminización da pobreza, pois o 20% dos fogares sustentados por mulleres están en situación de exclusión.Este xoves foi presentada en Compostela a edición 2019 do Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia, unha análise impulsada por Cáritas da situación das persoas e os fogares en situación de exclusión no país. O documento constitúe "unha mirada á nosa cohesión social para analizar como vivimos e reaccionamos ante a gran recesión, como estamos a enfocar a saída e cales son as consecuencias da crise na poscrise", salientou na presentación Guillermo Fernández Maíllo, coordinador da investigación e membro do Comité Técnico da Fundación FOESSA. Cáritas sinala Galicia como a comunidade con máis persoas "na antesala da exclusión" nunha nova criseNo seu informe estatal, presentado hai uns meses, Cáritas sinalaba a Galicia como o territorio con máis persoas "na antesala da exclusión" nunha nova crise. "Este grupo da sociedade insegura móvese no gume da navalla. E intúe que ante unha eventual acudida, nunha nova crise, o seu sostén económico crebará. Indígnalle que a sociedade segura se desentenda do resto e colla máis impulso ata desconectarse", destacaba o informe.Entre as conclusións do informe, destaca a énfase posta no papel da vivenda para inclusión ou exclusión. O documento salienta que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade", desprazando ás dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión atópanse afectadas por esta dimensión. En total, o 5,5% da poboación galega atópase nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).149.000 persoas habitan en vivendas inadecuadas en Galicia, e 205.000 fano en vivendas insegurasAsí mesmo, o 28,1% da poboación galega viuse obrigada a reducir os gastos de subministracións da vivenda (electricidade, auga, gas), o 17,6% tivo que reducir os gastos de teléfono, televisión ou internet, o 9,8% viuse sen diñeiro suficiente para o pago de gastos relacionados coa vivenda e o 5,1% tivo que facer fronte a avisos de corte na subministración de luz, auga ou teléfono. O informe tamén destaca que a precariedade laboral se "converteu nunha forma de vida estrutural na nosa sociedade" e explica que "a taxa de traballadores pobres é do 12,2%, e que do total da poboación excluída, 4 de cada 10 está a traballar", o cal racha a idea de que "un posto de traballo e un salario saca ás persoas das situacións de exclusión".A crise e a política de austeridade "meteunos como sociedade nun estado de inseguridade e escaseza como forma de vida", sinalan os autores do informeNa presentación deste xoves Raquel Martínez Buján e Antonio Izquierdo Escribano, profesores da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e autores do Informe, presentaron o relatorio "A sociedade desordenada e insegura. Riscos globais aos que nos enfrontamos". Os dous profesores salientan que a crise financeira, a perda de emprego e as políticas de austeridade experimentadas na última década impulsaron "o aumento da desigualdade social" e que a puxanza da desregulación no marco económico e laboral "meteunos como sociedade nun estado de inseguridade e escaseza como forma de vida". "A precariedade está a configurarnos como ser social e nos descompromete coa vida en común", concluíron.A maior parte da poboación galega (o 75,1%) non percibe a chegada dos efectos da recuperación económica ao seu fogarO Informe revela que os efectos da recuperación económica non parecen facerse notar con claridade en Galicia: a maior parte da poboación galega (o 75,1%) non percibe a chegada dos efectos da recuperación económica ao seu fogar, porcentaxe que se amplía até o 80,8% no caso das persoas que viven en fogares en situación de exclusión. A situación galega é, a este respecto, moi similar á do conxunto de España, onde o 71% da poboación sinala non percibir no seu fogar os efectos da recuperación económica.
PRAZA_3986
Despois das tres primeiras semanas de confinamento sen apenas actos, as consellerías publicitan videoconferencias de marcado carácter económico
Despois das tres primeiras semanas de confinamento sen apenas actos, as consellerías publicitan videoconferencias de marcado carácter económicoPatronais, clústeres ou asociacións sectoriais de empresas son os protagonistas da axenda oficial pública das consellerías da Xunta durante as primeiras semanas do estado de alarma polo coronavirus. Uns actos que se concretan maioritariamente en videoconferencias divulgadas polos servizos de comunicación do Goberno galego sen preguntas dos xornalistas.Fronte ás comparecencias con preguntas todos os días de diversos ministros ou altos cargos do Goberno central, cada dous ou tres días do presidente Feijóo e semanalmente do presidente Sánchez, as consellerías pasaron as tres primeiras semanas do estado de alarma sen apenas actos públicos na súa axenda oficial. A última comparecencia con preguntas do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que ata ese momento levaba ofrecendo roldas de prensa diarias desde a confirmación dez días antes do primeiro caso de coronavirus en Galicia, foi o sábado 14 de marzo, xusto antes da declaración do estado de alarma. A partir dese momento Feijóo asumiu o protagonismo na comunicación da crise. Será este mércores 22 de abril, máis de cinco semanas despois do inicio da alerta, cando o conselleiro de Sanidade compareza por primeira vez no Parlamento, ao tempo que a axenda do conselleiro de Economía cita por primeira vez de xeito indirecto aos sindicatos como parte do encontro que prevé cos "axentes do diálogo social".A Federación Galega da Construción é o interlocutor que máis se repite nas axendas oficiais feitas públicas polas consellerías, que inclúen diversas reunións de coordinación internaNas tres primeiras semanas o resto de consellerías apenas tiveron actos oficiais, a maioría protagonizados polo vicepresidente, Alfonso Rueda, en reunións de coordinación de diversos departamentos da propia Xunta. Foi a partir do luns 6 de abril cando aumentou notablemente a axenda oficial do Goberno galego.En total, durante as máis de cinco semanas que xa van de estado de alarma a Xunta incluíu na súa axenda oficial pública das consellerías arredor de 80 actos oficiais, dos que unha trintena foron videoconferencias con colectivos empresariais como patronais, clústeres ou asociacións sectoriais de empresas. Entre elas houbo ata catro nas que se informou da presenza de representantes da Federación Galega da Construción, ademais de media ducia máis de actos de "supervisión" de obras públicas da Xunta.De todos os actos oficiais incluídos nas axendas públicas, só un cita de xeito expreso a representantes dos autónomos e, ata o deste mércores cos "axentes do diálogo social", ningún a sindicatos máis alá da representación indirecta que estes poidan ter noutros órganos colectivosDo resto da axenda oficial das consellerías, que non ten en conta outros actos protagonizados polos cinco delegados territoriais que Feijóo volveu nomear durante o estado de alarma tras cesaren para concorrer ás eleccións frustradas, máis dunha ducia de videoconferencias foron de coordinación de diversos departamentos da propia Xunta ou actos de anuncio de actuacións do propio Goberno galego, outras dez foron reunións co Goberno central e o resto de autonomías, e outras tantas con outras administracións alleas á Xunta. As restantes están repartidas entre videoconferencias con outras entidades representativas de diversos eidos da sociedade, como cinco encontros con representantes do mundo do deporte ou outros con representantes de denominacións de orixe ou consellos reguladores de produtos agroalimentarios. De todos os actos oficiais incluídos nas axendas públicas das consellerías, só un, o mércores 8 de abril, citou de xeito expreso unha videoconferencia con representantes dos autónomos. Malia que moitas empresas son citadas polos seus nomes comercial ou social, en ningún momento, ata a referencia deste mércores do encontro cos "axentes do diálogo social", se cita expresamente a ningún sindicato máis alá da representación indirecta que estes poideran ter noutros órganos colectivos cos que se puido reunir a Xunta.Na axenda do Goberno galego non figura ningunha referencia ao máximo órgano consultivo da Xunta sobre a sociedade galega, o Consello Económico e Social (CES)Ademais desta axenda de reunións das consellerías, a Xunta tamén puxo en marcha, o 15 de abril e presidida por Feijóo a primeira reunión, un comité de expertos económicos. Pola contra, na axenda do Goberno galego non figura ningunha referencia ao máximo órgano consultivo da Xunta sobre a sociedade galega, o Consello Económico e Social (CES), presidido polo ex-conselleiro Agustín Hernández tras estar tres meses descabezado entre xuño e setembro do pasado ano ao decidir Feijóo que a súa anterior presidenta, Corina Porro, volvese á política activa. O último acto, ditame ou comunicado público do CES é a entrega dun premio de investigación económica o 19 de febreiro.
NOS_22638
CIG-Administración Autonómica asegura que a Consellaría de Política Social non realizou, "nin ten pensado facelo", as probas da COVID-19 ao persoal que traballa nas residencias integradas con maiores con coronavirus.
A CIG-Administración Autonómica denuncia o "escurantismo" da Xunta por non dar datos sobre a afectación do coronavirus nin de persoas falecidas nos seus centros residenciais. Ademais, asegura que tampouco se lle dán os resultados das probas ás traballadoras e traballadores que deron positivo nos seus centros. Segundo explica a responsábel nacional da CIG-Administración Autonómica, Zeltia Burgos, a Xunta "comeza por fin" a realizar as probas da COVID-19 nos seus centros, "logo de numerosas reclamacións e denuncias por parte da CIG ou, simplemente, porque o numero de positivos era imposíbel de ocultar". "Ante o descontrol previo das medidas preventivas nos centros de traballo consideramos que facer test era a única forma de garantir a saúde laboral do persoal traballador e da poboación de alto risco á que se atende nos centros de Política Social", sinala Burgos. Porén, denuncia que "a día de hoxe non temos información nin confirmación oficial dos resultados deses test". Burgos pregúntase por que a Consellaría de Política Social non dá os datos das persoas infectadas polo coronavirus nas súas residencias, malia requirirllo desde o comezo desta crise. "Négase a dar datos de usuarias infectadas, persoas falecidas por causa do virus e incluso non informa das persoas traballadoras que deron positivo dos seus centros", afirma. Este "escurantismo", constata, "non permite avaliar a dimensión real das contaxiadas polo virus, nin permite avaliar a efectividade das medidas de prevención postas en marcha para proceder a unha revisión ou modificación dos plans de prevención nos centros de Política Social". Residencias integradas Para a CIG-Autonómica é "máis escurantista, se cabe, a falla de información acerca das residencias integradas onde todas as usuarias son positivos en coroavirus, e o seu persoal traballa en quendas intensivas de 12 horas durante 7 días". Persoal ao que Burgos asegura que "aínda non se lle fixo un test para garantía e tranquilidade da persoa, das súas compañeiras e da súa familia, nin teñen pensado facerllo segundo confirma a propia Consellaría". Para Zeltia Burgos "o colmo" é que se está a enviar persoal publico a residencias privadas, "con declaración de intervención ou integración ou sen ela, nunha estraña sorte de cesión de persoal onde só existen obrigas laborais e poucos dereitos e nin se garante nin un EPI axeitado e moito menos formación preventiva ante o contaxio da COVID-19". Unha cesión provocada, nas súas palabras, "polo alto numero de contaxios entre usuarias e traballadoras en centros onde as medidas preventivas fronte á COVID-19 non existen". Test a usuarias e traballadoras A CIG-Administración Autonómica demanda a "realización dos test a usuarias e persoal, que se nos dean os resultados e que se tomen as medidas de prevención necesarias xunto ás representantes do persoal". Burgos lembra que o pasado 26 de marzo entregaron á Fiscalía un informe coa situación a nivel de prevención de riscos laborais dos centros sociais residenciais dependentes de Política Social, entre os que figuran as residencias de maiores, as de menores e os centros de atención á discapacidade.
NOS_55514
Polo de agora arrasou 260 hectáreas.
Un incendio declarado na parroquia de Ábedes, no concello de Verín, ás 14.52 horas desta cuarta feira, está a pór en risco as vivendas do núcleo urbano do termo municipal, o que obrigou á Consellaría de Medio Rural a decretar de inmediato a situación 2 de alerta pola proximidade das lapas aos domicilios. 🔥Declarado Incendio forestal en Abedes #Verín. Distrito XIV. MOVILIZADOS medios por tierra del SPIF 👨🚒👨🚒🚒🚒👮DTE Axentes Medioambientales.🚁Brif Laza.✈✈Antelas.#Emergencias #Axega pic.twitter.com/uaYcJKR0o8— Emerxencias Ourense (@EmerxenciasOu) August 3, 2022 Neste sentido, a veciñanza de Ábedes e do Polvorín tivo que ser desaloxada, despois de que o incendio provocase estragos en varios depósitos de propano que se atopaban perto das casas. Aliás, o lume obrigou a cortar a N-525 e a A-52, nos quilómetros 165 e 157 respectivamente. Segundo detallan fontes de Medio Rural, o lume tivo a súa orixe en tres focos distintos, un feito que constataría "unha clara intencionalidade" á hora de provocalo. Agora mesmo, conta con, cando menos, 10 focos activos diferentes. Situación actual del #IFAbedesVerin pic.twitter.com/AtbgLLxNQm— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) August 3, 2022 Polo de agora, os efectivos que participan nos labores de extinción son tres axentes, oito brigadas, catro motobombas, catro avións e seis helicópteros. Novos focos En conversa con Nós Diario, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, explicou que polo de agora non se rexistraron danos en vivendas, pero que a presenza de novos focos "que mostran indicios criminais" segue a pór en perigo varias zonas da contorna. As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta En concreto, Lourenzo explicou a que a principal zona en risco atópase neste momento na fábrica de Augas de Sousas, na que se acumulaban caixas de plástico e palés que, en contacto coas lapas, están a producir unha columna de fume negro que dificulta os labores de extinción. Activado también el equipo de disponibilidad de #Brif Laza. Mientras el turno presencial seguimos trabajando en el incendio de Ábedes, Verín. Incendio de interfaz. Estamos a mil por hora. pic.twitter.com/bykObgmNeb— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 3, 2022 O tenente de alcalde insistiu en que, se ben están conseguindo atallar a tempo os novos focos que se están a orixinar en Caldeliñas, A Rasela e Vilamaior, seguen aparecendo novos lumes en varios lugares do concello. As lapas volven pór en perigo o monte comunal de Mandín, en Verín "Non é así como adoitan actuar os incendiarios, pero tantos focos consecutivos mostran unha clara intencionalidade", engadiu Lourenzo, que detallou que así llo están a trasladar ás autoridades policiais. Da mesma forma declarou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a Europa Press. Neste sentido, o rexedor explicou que os dez focos seguen unha liña de 10 a 15 quilómetros de lonxitude que vai de "sur a norte".
NOS_44514
O portavoz de Unidas Podemos dixo estar sorprendido de que se demande unha comisión.
O portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, asegurou esta quinta feira que "todo o mundo sabe o que pasou" ao redor do ex presidente español Felipe González e os GAL e desbotou darlle máis importancia ao documento da CIA que lle atribúe a creación desa trama de terrorismo de Estado. "Non imos deixar que nada nos distraia de poñe en marcha o escudo social e o relanzamento da economía social, e moito máis cousas que son coñecidas", dixo Echenique nunha entrevista en 'Almorzos de TVE', recollida por Europa Press. Neste sentido, Echenique amosouse sorprendido de que haxa "certas forzas políticas que formulen" unha comisión de investigación sobre González e os GAL. "Os que o formulan non saben o que pasou, cando un ministro e un secretario de estado son condenados", recordou. "A nosa opinión sobre esa época escura da democracia é moi coñecida", insistiu Echenique, quen sostivo que o informe da CIA "non achega nada" novo e que "está feito con recortes de prensa de medios españois".
PRAZA_6192
O proceso tan só ten unha opción, vencer. Calquera outra posibilidade pasa por asumir a derrota e a deterioración das nosas condición de vida nas vindeiras décadas. Perder significa renunciar a exercer a identidade e a dignidade
Declararon unha guerra contra todos nós e non nos decatamos ou non a tomamos en serio. Daniel Salgado Non estamos aquí para repartir migallas, queremos mudar a realidade. Este podería ser un bo lema para o proceso de resposta que se está a encetar, empurrado por diferentes vectores e de diferentes maneiras, no conxunto do estado español nos últimos anos. Moitos son os desencadeantes e varias as características deste proceso que, dende a diferenza e con distintas velocidades, acredita nun común denominador. Vexamos algúns deles. "Existe a necesidade de xerar un discurso hexemónico de ruptura antitético ao pensamento único. Todo está en cuestión. Xa non cremos nada" Existe unha crise de representación evidente. A partitocracia na súa deriva bipartidista deixou de ser representativa da maioría social. Todo está en cuestión. O que hoxe é novo mañá é vello. As estruturas partidarias tan só son percibidas como positivas, ou un sumatorio máis ao proceso, se son quen de renunciar ás súas estratexias de parte polo "todo de todas", se están dispostas a cooperar en pé de igualdade con outras estruturas partidarias e movementos cidadáns autoorganizados e se asumen un método democrático de participación arredado de posicións aristocráticas con vocación de tutela. A suma multiplica e a resta divide. Os diferentes procesos son o proceso Existe a necesidade de xerar un discurso hexemónico de ruptura antitético ao pensamento único. Todo está en cuestión. Xa non cremos nada. O proceso demanda unha saída diferente diante da crise do capitalismo e do pacto encuberto do Estado para renovar indecencias. Non chega con aqueles que pretenden vernizar as vergoñas co troco xeracional e unha dose nova de máis do mesmo tanto na monarquía como nos grandes partidos da alternancia. O discurso baldeiro do oficial contraponse coas necesidades da maioría. As verbas dos mandados dos mandados non son dabondo para comer, ter unha educación, unha vivenda ou unha sanidade digna. O roubo resulta evidente, os ladrón xa non van encarrapuchados. Por primeira vez, as fillas asumen que vivirán peor que as súas nais; por primeira vez, a xente asume que os atracadores xestionan bancos. Teito, traballo e pan. O proceso ou é partillado ou non é. Se verdadeiramente queremos mudar a realidade debemos asumir que ningunha fórmula persoal ou colectiva, organizada ou non en estruturas partidarias, ten o copyright do proceso. A tentación de hexemonizar "de parte" o que está a acontecer resulta inviable. O que hoxe é chan consistente mañá pode esvaecerse debaixo dos nosos pés. Ratear dende a representatividade as responsabilidades e as diferentes lecturas que conviven en algo plural non debe resultar un problema se entre todas estamos de acordo no esencial. "Se verdadeiramente queremos mudar a realidade debemos asumir que ningunha fórmula persoal ou colectiva, organizada ou non en estruturas partidarias, ten o copyright do proceso" As liñas vermellas ensánchanse sen deterse e separan os dous mundos. Os matices para elixir desintégranse. Democracia ou totalitarismo de baixa intensidade, liberdade de expresión ou maioría silenciada, servizos públicos ou mercantilización da nosa saúde e a nosa educación, xestión directa dos nosos recursos naturais ou cesión destes ao capital, economía produtiva ou economía especulativa, pluralidade identitaria ou uniformidade por decreto, decrecemento ou crecemento ilimitado, autonomía local ou franquías onde facer negocio, dignidade ou indignidade delimitan entre moitos outros dilemas os lindes do que estamos a poñer en xogo. A escolla non deixa lugar ás dúbidas. Ou eles (os menos) ou nós (os máis). O proceso ten data de caducidade. Entre o novo que non remata de nacer e o vello que se resiste a morrer, máis que monstros emerxen dúbidas. A crise sistémica busca acubillo na desvalorización permanente das nosas condicións de vida, e os poderes do Estado apostan por unha reforma pactada polos de sempre. O asentamento e consolidación destas dúas cuestións limita o tempo de resposta do proceso para ter garantías de éxito. O empoderamento da cidadanía na loita social hai que concilialo coa posibilidade de cercear no eido institucional os espazos de privilexio dos culpables. Nese sentido, xogamos coas cartas marcadas nun campo enlamado onde o poder non dubida en comprar o árbitro se as condicións lle son adversas. A reforma electoral anunciada por Rajoy semella un aviso nidio a navegantes. "O proceso ten data de caducidade. Entre o novo que non remata de nacer e o vello que se resiste a morrer, máis que monstros emerxen dúbidas" As vitorias de parte son a derrota do proceso. Por unha fronte popular do século XXI dende o local ao global. Nos últimos anos existiron formulacións sociopolíticas que fixeron o esforzo por interpretar o que estaba a acontecer con diferentes retornos e dende diferentes orixes. As CUP en Cataluña, EH Bildu en Euskadi, AGE en Galiza, Compromís en Valencia ou Equo, a Esquerda plural e o exitoso Podemos no Estado representan, con diferenzas evidentes no eido da esquerda e da expresión identitaria, apostas que intentaron en distintos momentos formular propostas diferentes dende posicións non inmobilistas. A necesidade de grandes coalicións para enfrontar o bipartidismo, novas metodoloxías de participación, o respecto dos pobos a decidir e un programa de ruptura no social foron algún dos seus sinais de identidade compartidos, modulados con diferentes intensidades. Resulta evidente que moitas destas forzas aínda teñen un percorrido que garante un éxito de parte nas súas formulacións. Resulta aínda máis evidente que, sen encetar un proceso de cooperación necesaria entre a maioría delas e a cidadanía non organizada, non existirá a posibilidade de abrir unha fiestra de esperanza que peche o proceso e todo ficara nun "que hai do meu?" ou, no peor dos casos, nun mudar algo para non mudar nada. A resposta será mestiza ou non será. No calendario, as eleccións xerais semellan a derradeira chamada. A compartimentalización das respostas garante o triunfo da agresión, que é global. Na rúa, as diferentes plataformas e colectivos cidadáns autoorganizados buscan lugares de encontro e valoran participar nas institucións Facer das loitas a loita. A compartimentalización das respostas garante o triunfo da agresión, que é global. Na rúa, as diferentes plataformas e colectivos cidadáns autoorganizados buscan lugares de encontro e valoran participar nas institucións. Nas posición partidarias que alimentan o proceso custa ás veces diferenciar estética de estratexia, necesidade ou suplantación. Entre ambas as marxes, xustificada desconfianza. O proceso das eleccións locais que acontecerán en menos dun ano semella unha boa ocasión para rozarse e testar complicidades. Neste sentido, como fixera no proceso das europeas cun chamamento á fronte ampla en Galiza e no estado, Anova-IN, forza política liderada por Xosé Manuel Beiras que participa na coalición AGE, ten feito un chamamento a configurar candidaturas populares nos Concellos de Galiza baixo un programa de mínimos e cunha metodoloxía aberta e participativa por definir. O reto non é menor, as incógnitas son moitas, pero este posicionamento non se diferencia doutros que se están a dar noutras partes do Estado, como Guanyem Barcelona, con Ada Colau, e que, queiramos ou non, fan parte do proceso. A emerxencia do movemento "Marea Atlántica" na Coruña, onde salienta o escritor Manuel Rivas, e doutros proxectos con paralelismos que están a agromar noutras cidades e vilas galegas e noutras partes do estado demostran que os marcos mentais se están a mover e que o esforzo paga a pena. Ou arriscamos, ou é mellor quedar na casa. No debate suscitado, temos que tomar unha decisión e solucionar unha necesidade. Dende hai dous anos, co tratamento do austericidio e a reforma da administración local, podemos afirmar que os concellos están intervidos. A lei do teito de gasto independentemente da saúde financeira de cada concello, a imposibilidade de contratar persoal público agás para casos de xustificada necesidade ou o intento de refinanciamento da banca cos plans de pagamento a provedores aprobados demostran que, para sermos quen de definir modelos locais alternativos, teremos que decidir se somos insubmisos ao corsé legal instaurado ou non. Na necesidade, a posibilidade de identificar estas candidaturas populares con algún común denominador para poder pelexar por influír nas Deputacións, aínda que tan só sexa para pechalas. Coa reforma do PP, estas institucións do medievo foron potenciadas con novas competencias, e esta situación pode converter estes entes nos cuarteis de inverno do bipartidismo se acontecese unha derrota diante das candidaturas populares. O proceso tan só ten unha opción, vencer. Calquera outra posibilidade pasa por asumir a derrota e a deterioración das nosas condición de vida nas vindeiras décadas Minorar os egos, apostar por liderados fortes no colectivo. O proceso substéntase e catalízase con referencialidades simbólicas evidentes que deberán entenderse como colectivas. O triunfo delas por separado representará a derrota do conxunto. Se a cidadanía é capaz de identificar moitos homes e mulleres que traballan nas coordenadas do proceso dende os diferentes pobos do estado e dende proxectos diversos, iso significa que, dende a diferencia, a cidadanía é capaz de identificar o idioma de combate máis importante nestes tempos: a lingua dos agredidos. De moitos depende elaborar un relato coherente e xeneroso da alternativa ao existente. O proceso tan só ten unha opción, vencer. Calquera outra posibilidade pasa por asumir a derrota e a deterioración das nosas condición de vida nas vindeiras décadas. Perder significa renunciar a exercer a identidade e a dignidade e mesmo que, ante o pesimismo da razón, por quedar non nos quede nin a posibilidade de exercermos o optimismo da vontade.
PRAZA_17313
Debullamos os filmes da segunda sesión do ciclo Muller, Cine e Etnografía da MICE, ademais do resto de filmes galegos desta Mostra.
Unha visión poliédrica e desmitificadora da relación das mulleres co rural. Así presentou Anxela Caramés a segunda sesión do ciclo Muller, Cine e etnografía, integrado na XIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. Las filanderas, de Estíbaliz Sádaba -que parte dun proxecto performativo producido polo Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (MUSAC)-, Cruz Piñón, de Xisela Franco e Fisterra. Carne de safari de Olaia Sendón protagonizaron esta segunda volta do ciclo, que puido verse no Teatro Principal e que contou coa presenza de dúas das directoras -Xisela Franco e Olaia Sendón-, da protagonista do filme da primeira -Cruz Piñón- e de Anxela Caramés, coordenadora do mesmo. Mulleres que traballaban "como fieras". Igual que os homes. Pero que ademais se encargaban da casa e de todo o relacionado cos coidados. Mulleres dignas, seguras de si mesmas, transmisoras da tradición cultural. Mais cuxo papel na sociedade non se valora igual que o dos varóns, porque son mulleres. A catedrática de Antropoloxía Cristina Bernis condensa con estas poucas palabras o que foron, e o que son, as filanderas, as protagonistas do filme de Estíbaliz Sádaba. Mulleres que esta creadora foi atopando na contorna do seu pobo adoptivo, Destriana (León), e que tivo necesidade de escoitar. Para oírlles falar da súa durísima vida no rural -traballar na sega, ir, algunha vez, regar unha leira de noite, volver ás catro ou cinco da mañá e volver marchar para ir segar sen durmir, conta, por exemplo, unha delas-. Mais tamén do seu saber facer. Do seu coñecemento adquirido coa práctica continua, coa transmisión interxeracional. Fiar a la e o liño. Facer calcetíns e sacos. Traballar, sempre, sen parar, mentres creaban, e criaban, comunidade. Coa súa dobre e tantas veces non recoñecida dobre función produtora e reprodutora. Sádaba quixo indagar "sobre como as mulleres desenvolveron tradicionalmente formas de construírse como suxeito colectivo, máis alá dos roles domésticos que lles ofrecía o patriarcado" A través da imaxe das filanderas, a autora quixo indagar "sobre como as mulleres desenvolveron tradicionalmente formas de construírse como suxeito colectivo, máis alá dos roles domésticos que lles ofrecía o patriarcado e a cultura tradicional", segundo pode lerse na web do MUSAC. Desta maneira, o propósito era tamén realizar unha narración "na que se vexa resaltado o papel activo das mulleres, e quede así evidenciado o feito positivo de como estas se mobilizaron en diferentes momentos do pasado para ocupar o espazo público: a articulación mesma do Filandón, en tanto que espazo narrativo e performativo creado polas mulleres, serve aquí como exemplo propositivo de poderío feminino". Algo semellante pode verse en Cruz Piñón, de Xisela Franco. Sobre como a descuberta das potencialidades das novas tecnoloxías lle abren a unha traballadora do rural non só outra perspectiva do mundo, senón outra posibilidade de posicionarse nel. Cruz Piñón é unha veciña dunha parroquia de San Sadurniño. Labrega, ama de casa e nai. Animada pola filla, un día comeza a asistir ás clases de informática da Aula Cemit do concello. "Sentíame inferior". "Non sabía nin coller o ordenador, e tiña un na casa", contou no Teatro Principal tras a proxección do filme. Escoitou de todo. Algunhas frases despectivas cargadas de machismo. Mais logo comezou a deixar atrás as inseguridades e a desenvolver, coa axuda de internet, o seu enorme talento creativo para a arte e as manualidades. Primeiro as bonecas fofuchas. Despois cadros. Flores de papel. Xarróns preciosamente decorados. Unhas tecnoloxías levaron ás outras. O teléfono. O facebook. Os vídeos. Cruz Piñón é unha veciña dunha parroquia de San Sadurniño. Labrega, ama de casa e nai. Animada pola filla, un día comeza a asistir ás clases de informática da Aula Cemit do concello Cruz forma parte de Teño unha horta, un proxecto promovido tamén desde a Aula Cemit para difundir e compartir o coñecemento das mulleres sobre os traballos do campo. Os seus videotutoriais poden verse nunha canle de Youtube. E son un éxito. Teño unha horta recibiu varios premios. E conseguiu, desde logo, o obxectivo que, nunha entrevista en Praza, explicaba a responsable da Aula Cemit, Carmen Suárez: empoderalas a través das novas tecnoloxías. Mulleres, así, que, como dicía Sádaba, procuraron o seu lugar no espazo público, nun lugar, o rural, que nun principio podería parecer menos axeitado para procurar xeitos de emancipación. Xisela Franco conta a historia de Cruz Piñón a través dunha pantalla partida, dividida en dous. Á esquerda, o traballo de Cruz cos animais e nas hortas. Á dereita, retratos das súas moitas facianas como artista e das súas obras. Ela, Cruz, é quen fala. Quen conta a súa propia historia. As imaxes deste filme foron gravadas en dous días, no marco do Chanfaina Lab, o encontro de San Sadurniño ideado por Manolo González no que se convida a cineastas para que fagan iso: crear unha peza audiovisual en só unhas horas. Con resultados máis que bos. "Cruz é valente, unha loitadora. Eu cheguei e retratei o que había. Ela xa tiña unha participación moi activa no proxecto web Fálame de San Sadurniño. Creo que o feito de terse aberto ao mundo a través das novas tecnoloxías sumoulle amigos. Pero sobre todo permitiulle aprender cousas novas de si mesma, descubrirse e alumar o seu potencial creativo como muller. A través de tutoriais aprendeu cousas útiles para ela, engadindo a súa propia creatividade, o que potencia a autoestima. Isto sucede porque nela está esa necesidade expresiva, froito de todo o amor que ten dentro para dar. Cruz é muller, nai, labrega, pero tamén internauta, exploradora e artista", contaba Xisela Franco nunha entrevista en Praza. O filme descóbrenas unha Palmira Filgueira moi diferente á da imaxe folclórica exhibida pola televisión sobre aquela coñecida "avoa centenaria" de Tui Outro dos filmes galegos que puideron verse na MICE -aínda que fóra do ciclo Muller, cine e etnografía é Palmira, de Diana Gonçalves. Os seus obxectivos non son os de Cruz Piñón ou os de Las filanderas. Mais, coma estas, mostra maneiras en que as mulleres puideron -aínda sen subvertelos- ir máis alá dos roles que lles reservaba a sociedade tradicional. Diana comezou facendo un retrato de observación que acabou sendo un retrato sobre a construción do retrato. Nel, descóbrenas unha Palmira Filgueira moi diferente á da imaxe folclórica exhibida polos medios de comunicación sobre aquela coñecida "avoa centenaria" de Tui. Gonçalves achégase á intimidade de Palmira. A anciá que fica soa. Tan digna, na súa decrepitude. Déixoche facer, nena -parece dicirlle á cineasta- pero eu ben sei o que quero. Porque Palmira era máis que unha anciá. Era un símbolo dun xeito de resistencia que artellaron, na ditadura franquista, tantas mulleres que participaron en actividades ilegais coma o estraperlo. Que arriscaron o pelexo para sobrevivir, contra as leis do réxime. Que souberon tirar para adiante e ser independentes. Sempre. Gonçalves coñecéraa durante o proceso de realización da súa opera prima, Mulheres na raia. E quedou prendada. "Cativoume", explicara hai xa tempo na presentación deste filme en Curtocircuíto. Despois, o Play-Doc de Tui organizou un laboratorio de retrato filmado. Era a oportunidade perfecta. E o resultado puido verse, tamén, no MICE. Se o retrato é un dos fíos que unen Cruz Piñón e Palmira, o mesmo podería dicirse da terceira das películas que puideron verse na segunda sesión do ciclo Muller, cine e etnografía: Fisterra. Carne de safari, de Olaia Sendón. Que acaba sendo unha reflexión sobre o retrato. Sobre os relatos sobre o lugar que o cinema constrúe, moitas veces mesmo sen que o autor ou a autora o quixese. Comeza Fisterra. Carne de safari cunha achega poética ao mar de Fisterra. A unha terra que Olaia lle presenta ao fillo que, nese momento, está a agardar. Un peixiño que frota dentro dela e que, en pouco tempo, deberá saír. Expulsado da protección do líquido amniótico para nacer nun mundo que doe. Mais que volverá -pensa a súa nai- a nadar. No mar de Fisterra. No mar do Lugar que para ela é parte da súa identidade. Olaia Senón non quería, tal como contou na MICE, deixarse seducir pola espectacular paisaxe de Fisterra. Non quería facer un retrato máis Comezan, despois, unha serie de retratos -ficcionados, mais con base real- de personaxes de Fisterra. A construtora de barcos de papel de cores. O home que salta as rochas. O cazador dos tesouros do mar -as crebas- que, sen o mar, afogaría. Os dous piragüístas. O poeta… Olaia non quería, tal como contou na MICE, deixarse seducir pola espectacular paisaxe de Fisterra. Non quería facer un retrato máis, coma tantos outros. Coma os dos peregrinos que alí chegan, exhaustos, e berran abraiados cando cae o sol. O que lle interesaban eran as persoas. A xente que habita esa periferia da periferia, tanto tempo considerada a marxe, a fin do mundo. Non quería postais. Imaxes idílicas. Arelaba achegarse á construción dunha memoria, íntima, que axudase a configurar unha identidade propia. A xerar, con iso, un territorio, máis alá da paisaxe. Mais chega un momento no que se decata de que está a facer o contrario do que pretendía. Mitoloxía. Safari. Sábeo e asúmeo. Pero logo aínda lle dá outra volta para atrás… Sobre o tipo de retrato que o cinema pode achegar do rural tamén reflexionou moito Diana Toucedo, directora doutro dos filmes galegos programados no MICE, o premiado Trinta lumes."A aldea comezou a pechar e son poucos os que resistiron. Somos poucos os que resistimos", escoitamos nesta película na boca de Alba, unha das súas protagonistas. Trinta lumes é retrato dun mundo que esmorece, mais que resiste, aínda, cheo da vida que esixe a sobrevivencia nun medio tan duro como o do Courel. Cunha comunidade que cuestiona os binomios: tradición/modernidade. Presente/futuro. A nena Alba procura, incesante, as respostas ás preguntas máis complexas. Está pero, como a aldea, pode desaparecer, nun lugar no que vida e morte xogan da man. "Aldeas cheas de mortos convivindo cos vivos", dise no filme. Mais a posibilidade da desaparición implica tamén a oportunidade de que comece algo novo e o ciclo se renove. Trinta lumes non deriva nin nunha sorte de canto melancólico a un mundo perdido, tan paisaxisticamente espectacular como anacrónico Trinta lumes non deriva nin nunha sorte de canto melancólico a un mundo perdido, tan paisaxisticamente espectacular como anacrónico e, polo tanto, inferior, -segundo manda o tópico-, nin nunha especie de celebración dunha suposta naturalidade primixenia, rousseauniana, allea ao conflito. "Ir ao Courel foi, para min, achegarme a unha zona que me resultaba, ao mesmo tempo, tan próxima e tan descoñecida... Caín na conta de que era como un centro, un núcleo, un corazón, dunha Galicia que está a aunar diferentes tempos. Dunha banda, a herdanza, a tradición, o pasado, a forma de vida que era a dos nosos avós e, doutra banda, o presente, co que convive. Dicía Uxío Novoneyra que o Courel era coma un iceberg. Que só lle viamos o cumio. A min interesábame moito iso: o visible e o invisible, o que vemos e o que non vemos, o que coñecemos e o que non coñecemos", indicou a autora nunha entrevista en Praza. Dirixido tamén por una muller galega, e situado da mesma maneira na procura do difícil equilibrio entre o retrato do real e a mitoloxía, pode salientarse tamén, da programación da MICE, Os fillos da vide de Ana Domínguez. Unha "viaxe en clave persoal á tradición ancestral dos viñedos, a vendima e o viño, na súa relación cos ciclos da vida e coas raíces pagás da festa", segundo ela mesma o define. Con discurso entre o etnográfico e o íntimo, que reivindica un xeito de entender a vida e a relación coa natureza. "O punto de partida é un pouco a morriña daquel rural da nenez, un xeito de vida en confraternización coa natureza: o noso vínculo ancestral coa terra, cos ciclos vitais de transformación, o traballo en comunidade -na vendima, na matanza-, o xeito de traballar xuntos e facer grupo a través da cooperación. A natureza como algo máxico, primixenio, que a nosa civilización foi deixando de lado, rexeitándoo", explicou a Praza. Dirixido tamén por una muller galega, pode salientarse tamén, da programación da MICE, Os fillos da vide de Ana Domínguez Un tipo de identidade, asegurou, "que vai máis alá do político, do social. Unha identidade dun ser humano integrado na natureza, que na nosa sociedade actual está totalmente perdida. Xa non participamos neses ciclos vitais, o cal prexudica a sociedade… O rural vaise convertendo en pequenas cidades caóticas e absurdas. Está perdida esa unión coa natureza. Iso sempre está aí, da mesma maneira que está o mito, e a festa. O Entroido rural é o único campo no que se mantén ese pulso vital". E así, como no filme de Olaia Sendón, a ligazón do territorio coa identidade. A construción dun territorio noso, alén da paisaxe. E os mitos que abrollan. Que ás veces queremos e outras non. Coa identidade -en concreto, cun suxeito desarraigado, sen contexto, sen terra, sen Lugar, sen orixe- ten que ver tamén outra das películas que está previsto proxectar na MICE, Nocturno. Fantasmas de mar en porto, do galego Álvaro F. Pulpeiro. Nun barco pesqueiro de bandeira portuguesa, cunha tripulación multicultural, o traballo consome un tempo que non parece pasar. Despezar tiburóns, conxelar os anacos, limpar, comer, falar, mirar o móbil, agardar. Un retrato lírico sobre a experiencia dunhas persoas que pasan moito tempo lonxe. Varadas nun barco. No medio do oceáno. Coa terra perto, quizais, pero inalcanzable. Coa casa lonxe. Sesenta días en altamar. Traballo e rutina. A xestión, non dramática, da distancia. Confrontar a identidade propia. Quen se é e quen non. Tamén o conflito, no achegamento á terra. No voltar. O MICE inclúe tamén este ano unha exposición sobre o arquivo de Joaquín García Portela Costiña, Camiños da Imaxe O MICE inclúe tamén este ano unha exposición sobre o arquivo de Joaquín García Portela Costiña, Camiños da Imaxe, comisariada polo Proxecto Socheo, unha iniciativa para a localización, estudo e inventariado das imaxes rexistradas por aficionados ao cinema doméstico nos arredores de A Guarda e o Baixo Miño. Joaquín García foi un dos fotógrafos máis coñecidos na Guarda. O Proxecto Socheo recibiu os materiais do Costiña, -película e fotografías-, analizounos e restaurounos e con eles montou Camiños da Imaxe. O cineasta Xurxo Chirro, do Proxecto Socheo, fora tamén o autor dun filme co que Nocturno amosa, facilmente, conexións. Trátase de Vikingland, que non está na MICE pero que mostra a mariñeiros galegos que traballan nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt. Un deles compra unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros na súa singradura no xélido inverno. Homes que realizan un traballo esgotador lonxe do seu fogar. Coma en Nocturno. Contrafaces son retratos de persoas que crean, de artistas. Nun filme que cuestiona, tamén, os binomios arredor da creación. Identidade-autoría, ficción-realidade, inspiración-orixinalidade O desdebuxamento das identidades paira tamén, como en Nocturno, sobre Contrafaces, de Fon Cortizo, programada na MICE. Contrafaces son retratos de persoas que crean, de artistas. Nun filme que cuestiona, tamén, os binomios arredor da creación. Identidade-autoría, ficción-realidade, inspiración-orixinalidade e tradución-creación son algúns dos pares de conceptos nos que se artella este proxecto, protagonizado por Erin Moure, Elías Portela, Iolanda Zúñiga, Fran Alonso e Chus Pato. Contrafaces érguese sobre o par Elías Portela/Erin Moure por un lado, e Elías Portela/Iolanda Zúñiga polo outro. Elías, un poeta galego emigrado en Islandia, inpirouse en Erin Moure, unha poeta canadense que voltou ás súas orixes galegas e decidiu comezar a escribir en galego co seudónimo Elisa Sampedrín, para crear o seu heterónimo, Elías Knorr. No filme, Elías Portela desdóbrase en Elías Portela/Elías Knorr, aínda que Elías Portela vai gañándolle terreo ao seu heterónimo. Ao mesmo tempo que Iolanda Zúñiga se move tamén entre a persoa, -a escritora real-, e a personaxe creada para ela. Doutra banda, Chus Pato é, no documental, a voz de Elisa Sampedrín, sen deixar tampouco de ser a Chus poeta. O xogo persoa-personaxe sustenta, así, todo o discurso do documental, que apunta, segundo o director, que "non é a identidade, senón a obra, o importante. O relevante son os libros e non quen son os poetas".
NOS_13081
Um slogan de Fernando Pessoa introduziu a Coca-Cola em Portugal mas a bebida foi proibida no mesmo ano e não retornou até 40 anos mais tarde.
Muitos escritores e artistas tiveram, em algum momento da sua vida, contacto com o mundo da publicidade. São bem conhecidos os casos de Picasso, Chagall, Kandinsky ou Luís Seoane com aquela etiqueta para Cinzano elaborada em 1952 em base a planos geométricos, ao mais puro estilo construtivista. Que artistas plásticos entrem no universo publicitário mesmo parece o natural. Poderíamos pensar que, face a essa naturalidade, já não é tão normal que o mundo da escrita literária participe dessas "vaidades" consumistas; e, contudo, a listagem de escritores a elaborarem slogans publicitários é bastante elevada. Uns foram artífices, ideólogos e mesmo atores de anúncios publicitários: Paulo Coelho, por exemplo, escreveu e recitou recentemente um anúncio para o gigante da informática HP. E a outros simplesmente se lhes atribuem frases que possivelmente nunca disseram, nem pensaram. É o caso de Gabriel García Márquez a quem se lhe atribui a frase: Yo sin Kleenex no puedo vivir com a que se lançaram ao mercado os lenços de papel em México. Também em México, Eulalio Ferrer, é conhecido pela famosa frase El Brandy que tiene el don, com a que se anunciava o brandy Don Pedro de Casa Domecq. E poderíamos seguir. A Coca-Cola em Portugal A primeira vez que se serviu uma dose do que mais tarde teria o nome de Coca-Cola foi o 8 de maio de 1886. Pessoa ainda não nascera e este xarope iniciava o caminho para se tornar no produto mundialmente conhecido que foi desde o final dos anos vinte do século passado. Quando a Coca-Cola chegou a Portugal a Moutinho de Almeida tinha a exclusiva da comercialização do produto proveniente dos USA. E era na Moutinho que trabalhava, na altura, Fernando Pessoa que por essas datas já andava de volta de tanta heteronimia e já tinha dado mostras de ser uma pessoa pouco convencional, por mais que se ocupar da tradução de cartas comerciais. Ser poeta não constituía para ele profissão, mas vocação e, daí que considerasse a designação mais apropriada para ele se definir como "correspondente estrangeiro em empresa comercial" Foi assim que apareceu o primeiro anúncio da Coca-Cola em Portugal, mais de 40 anos após a bebida ser lançada nos USA. Mas o o anúncio imaginado por Pessoa acabou por ficar apenas no papel, não por razões comerciais mas por razões políticas. Primeiro estranha-se, depois entranha-se Este foi o slogan de Pessoa para o lançamento publicitário da Coca Cola: Primeiro estranha-se, depois entranha-se. Mas houve um homem, Ricardo Jorge, diretor de Saúde de Lisboa, que impediu esse lançamento alegando que se do produto faz parte a coca, da qual é extraído um estupefaciente, a cocaína, então não podia ser vendida ao público. Se, contrariamente, o produto não tem coca, então anunciá-lo com esse nome é publicidade publicidade enganosa. Por um lado ou por outro seria sempre ilegal a comercialização da bebida com esse nome. Ricardo Jorge entendeu que sob o conteúdo do slogan criado por Fernando Pessoa latejava o reconhecimento da toxicidade da bebida. Se primeiro se estranhava e depois se entranhava, isso é o que sucede com os estupefacientes: a primeira vez estranham e depois ficamos dependentes. A bebida foi proibida por mais que Pessoa recolhia perfeitamente a intenção da companhia e o slogan "transmitia bem não só a sensação que a bebida criava, mas também o génio do poeta já naquela época". A Coca-Cola acabou por não entrar em Portugal nesse ano por razões políticas e o slogan acabou por ficar apenas no papel e desconhecido do público. A bebida acabou por entrar em Portugal apenas depois do 25 de Abril, a 4 de julho -a data diz alguma coisa- de 1977. Nessa data a Coca-Cola foi vendida pela primeira vez na Baixa Lisboeta numa garrafa de vidro de 0,2 litros. E Pessoa nunca foi reconhecido como publicista Uma versão deste texto apareceu publicada no número 170 do nosso semanário
NOS_31548
Vén de falecer o histórico comunista galego Luís González López, 'Ferreiro', veciño de Vigo e responsábel do aparato de propaganda do Partido Comunista de Galicia (PCG) durante a ditadura. Ferreiro sufriu tortura e foi apresado polo franquismo.
Mensaxes de recordo enchen as redes sociais este sábado, 9 de xaneiro, ao coñecerse o falecemento do histórico comunista Luís González López, 'Ferreiro'. Este veciño de Vigo foi responsábel do aparato de propaganda do Partido Comunista de Galicia (PCG) durante a ditadura, sufriu tortura e foi apresado polo franquismo. Nado en Vila de Cruces en 1939, no seo dunha familia labrega e sétimo fillo de oito irmás, traballou de novo como canteiro na zona dos Ancares e A Fonsagrada e logo, desde Cambre, aos 17 anos, emigrou a Francia, para traballar nunha mina de talco nos Pirineos. Alí coñeceu outros emigrantes galegos e entrou en contacto con persoas exiliadas da ditadura franquista, estabelecendo vínculos co PCE no exilio. Nesas coñeceu Pilar, a súa muller, e ambos acabarían militando no PCE, como sinala a Nós Diario Roi Cagiao, director do documentario sobre a vida deste histórico comunista, titulado O meu nome é Luís Ferreiro. O director sinala que no ano 1967 Ferreiro se trasladou coa súa esposa a Vigo co obxectivo de crearen células do partido, deixando a filla de ambos en Francia, cos avós. Na cidade olívica contactan con Carlos Núñez, un dos encargados da organización do partido. 'Ferreiro' é o nome que Luís adopta para poder levar a cabo actividade política na clandestinidade. Pilar, pola súa banda, entra na empresa Álvarez e leva a cabo actividade sindical. Foi membro do primeiro comité central do PCG, elixido en París en 1968. Conta Roi Cagiao a Nós Diario que o comunista foi capturado na Coruña por mercar tubos de tinta para realizar propaganda política. A primeira vez que foi á tenda explicou que acudía de parte dun colexio, mais os da tenda comprobaron que tal escola non existía e a seguinte que vez que foi pola tinta resultou detido. O seu irmán tamén foi capturado. Ímoste botar moito de menos. Fuches o exemplo dese dito que di que os comunistas non se xubilan. Logo da loita na clandestinidade, con tanto esforzó e da construcción de PCG e CCOO, seguiches militando ata o último día en todas as causas xustas.Ata sempre camarada Ferreiro. pic.twitter.com/QLrCJHXnv9— Eva Solla Fernández (@eva_solla) January 9, 2021 Luis Ferreiro entre Irina e Susana canda a equipa do filme. De pé, con mono negro, Ricard Salvat, q nos deixou ao pouco de rematar o filme. Sempre! pic.twitter.com/949Y2UbeOn— Margarita Ledo Andión (@acicatrizbranca) January 9, 2021 Despedimos a un dos camaradas máis queridos da familia comunista. Marchou Luis "Ferreiro", un home humilde cunha inmensa vida que era a de todo un Partido. Cubriremos de loita o baleiro que hoxe deixas nas nosas filas. Era o teu desexo, é a nosa débeda. Até sempre, Camarada! pic.twitter.com/nzublOllAr— PCGalicia (@PCGalicia) January 9, 2021 Os referentes q admiro atravesaban Galicia clandestinamente para levar Mundo Obrero, arrastraban secuelas aínda das palizas da policía franquista, tiñan sempre un sonriso cando todo parecía derrubarse. Por xente como Luis Ferreiro ingresei de mozo no Partido. Descansa Camarada. pic.twitter.com/tVGLgxn6xJ— Rubén Pérez Correa🔻 (@rubenperezEU) January 9, 2021 Diante do triste falecemento de Luis 'Ferreiro', un destacado militante comunista que xogou a vida e sufriu torturas por combater o fascismo, quero enviar o noso afecto á súa familia e ás súas camaradas do @PCGalicia e @EU_Vigo. Marchou un bo home. Que a terra lle sexa leve. ✊🏽— Xabier P. Igrexas #EnBloquePorVigo (@contradiscurso) January 9, 2021 Ferreiro na pantalla O meu nome é Luís Ferreiro é unha obra audiovisual dos directores vigueses Roi Cagiao e Fernando Llor que, estreada en 2010, narra a través da figura de Luís González López a historia do Partido Comunista de Galicia na clandestinidade.
PRAZA_16129
En Marea advirte da existencia dunha trama de corrupción no municipio investigado pola xustiza por presuntos pagos á marxe da lei a edís do goberno local durante décadas. A formación acusa o alcalde, o secretario e o interventor e denunciará o caso na Fiscalía e no Consello de Contas Toda a información sobre as dietas investigadas
En Marea advertiu a pasada semana da existencia dunha trama de corrupción no Concello de Valga que implicaría o seu alcalde, José María Bello Maneiro, do PP; ao secretario municipal, así como ao interventor, ambos os dous ocupando os seus cargos por acumulación, exercendo normalmente no municipio onde teñen praza e un día á semana nesta localidade pontevedresa. En Marea denuncia unha trama de corrupción nun concello sinalado pola investigación xudicial por presunto cobro de dietas irregulares A denuncia, realizada en Vilagarcía polo propio voceiro de En Marea, Luís Villares, acompañado por representantes de varias candidaturas municipalistas e de EU da comarca, céntrase en numerosas presuntas irregularidades cometidas pola administración deste concello, sinalado xa por ser onde un xulgado investiga dietas presuntamente irregulares cobradas durante décadas polos edís do goberno local. A partir da apertura deste caso, foron varios os municipios onde se descubriron pagos semellantes aos postos en dúbida pola xustiza en Valga: primeiro en Outes, Curtis ou Noia e logo en Neda, Cabanas ou Porto do Son. O xulgado de primeira instancia de instrución número 1 de Caldas de Reis citara a declarar como investigados sete dos nove edís do PP na localidade pontevedresa, entre eles o seu alcalde. A maxistrada investiga un presunto delito de malversación de fondos e prevaricación polo cobro por parte dos edís de dietas pola asistencia a unhas reunións denominadas comisións de coordinación, unha peculiar figura allea aos órganos colexiados habituais, instaurada nesta localidade desde hai máis de dúas décadas. Teríanse gastado unha media de 15.000 euros anuais e un total duns 400.000 euros desde 1992 e o ex-interventor no municipio xa ratificou ante a xuíza que estes cobros estaban á marxe da lei. A formación cre que o secretario e o interventor mantéñense no posto de xeito "irregular" para que "fagan a vista gorda á actividade do alcalde" Agora, En Marea advirte de varias irregularidades, a primeira delas o mantemento tanto do secretario, Juan Manuel Salguero, como do interventor, Juan José Vidal, nos seus postos de maneira "irregular" e "ofertando salarios moi por baixo da súa categoría para evitar que ninguén máis concorra ás dúasu prazas". Segundo a formación política, o obxectivo de manter estes funcionaros no posto non é outro que lograr "que fagan a vista gorda á activade do rexedor". O caso é que son xa un mínimo de catro secretarios e catro interventores os que traballaron no Concello de Valga neste mandato municipal, desde as eleccións de maio de 2015. Até oito funcionarios públicos destes postos claves pasaron cando menos polo municipio desde que o PP revalidase a súa maioría absoluta. Foron varias as mudanzas e renuncias no persoal, que coincidiron coas dúbidas que desde a oposición que exerce o PSdeG se deitaron sobre determinadas actuacións administrativas. Unha delas levou á denuncia sobre as polémicas comisións de coordinación. Agora, outras dúbidas levan a En Marea a denunciar publicamente tamén presuntas irregularidades. En Marea denuncia unha trama de corrupción en Valga / © En Marea En decembro de 2016, tomaba posesión no Concello de Valga un novo secretario. Facíao tras a marcha da anterior secretaria en setembro e logo de que se anulase un proceso selectivo para o posto que foi finalmente adiado. Incorporouse así para ocupar o cargo por acumulación, exercendo normalmente no municipio onde ten praza e un día á semana nesta localidade pontevedresa. O elixido foi Juan Salguero, agora sinalado por En Marea, e un dos funcionarios incorporados ao Concello de Santiago polo goberno de Conde Roa en condicións irregulares, segundo o TSXG. Catro secretarios e catro interventores pasaron polo Concello de Valga neste mandato municipal En 2011 e con menos de medio ano gobernando no Concello de Santiago, o PP -con Gerardo Conde Roa na alcaldía e Ángel Espadas como responsable do seu gabinete- esforzouse en prorrogar o contrato que o consistorio tiña con Aquagest. Naqueles días Espadas explicáballes aos responsables da empresa en Galicia e Compostela que a operación estaba practicamente feita e as únicas dificultades eran que o secretario e a interventora municipal "nos están torpedeando todo" e por iso traballaron para afastalos dos seus cargos. Esa remuda levouse a cabo e logo o TSXG anulouna, ordenando "o cesamento dos nomeamentos litixiosos", naquel caso de Juan Manuel Salguero e Vicente Calvo, e a reincorporación dos anteriores funcionarios. O secretario fora incorporado polo goberno de Conde Roa a Compostela en condicións irregulares, segundo o TSXG Para o posto de secretario a "primeira opción" para o goberno de Conde Roa era Francisco Cacharro, fillo do ex-presidente da Deputación de Lugo, "que non quixo vir por unha cuestión persoal". "Pero traemos a outro que non é peor, eh?", sinalaba Ángel Espadas nas conversas relatadas no sumario da Pokémon. Salguero foi, logo, quen elaborou o informe clave para a absolución de sete edís do PP, que nun principio foran condenados a nove anos de inhabilitación por prevaricación ao aprobaren o pagamento da defensa xurídica doutro edil, imputado no caso, sen atender aos requisitos legais. Salguero elaborou o informe clave para a absolución de sete edís do PP na Pokémon Agora, En Marea cre que a permanencia destes dous funcionarios no posto débese á necesidade por "agochar" decisións como adxudicar un contrato de reforzo administrativa a unha socia do inerventor na compañía Iglesias Lago Vilanova Asesores, unha muller que, segundo denuncian, "nunca pisou o Concello porque quen fai o traballo, mesmo dende o mostrador de atención ao público, é Luís Nieto, outro dos socios da empresa, que está xubilado". Ademais, a formación asegura que ambos os dous traballadores, con praza en Ribeira e Sanxenxo, cobran "dietas de xeito irregular". En Marea levará o caso á Fiscalía e ao Consello de Contas e pide a dimisión do alcalde Así, En Marea pide a dimisión do alcalde, Bello Maneiro, e reclama explicacións ao presidente provincial do PP, Alfonso Rueda. Tamén anuncia que entegará toda a abondosa documentación que posúe sobre esta denucia á Fiscalía, ao Consello de Contas e a Inspección de Traballo. Para Luís Villares, o rexedor podería ter cometido un delito de malversación de fondos públicos e prevaricación.
PRAZA_14995
Máis de 800 persoas da política, da cultura ou do sindicalismo defenden "desde a esquerda" o "dereito a que o pobo catalán poida someter a referendo a súa permanencia ou non no Estado español". "Mentres non se recoñeza a realidade plurinacional e o dereito a decidir, o sistema político non será plenamente democrático", din.
Máis de 800 sinaturas de persoas procedentes do mundo da política, do sindicalismo, da cultura ou da universidade galega apoiaron xa nun manifesto o "dereito a decidir" do pobo catalán e mostráronse así a través do texto "solidarias" coa iniciativa de Catalunya de someter a referendo a permanencia ou non no Estado español. O comunicado xorde como reacción "desde Galicia e a esquerda" á publicación dun manifesto nun diario estatal que "chamaba á mobilización pública española contra o desexo de someter a referendo a permanencia ou non de Catalunya no Estado". Entre os asinantes atópanse políticos como dirixentes do BNG-a deputada Carme Adán, o presidente da Fundación Galiza Sempre, Xesús Veiga, ou a eurodeputada Ana Miranda-, o voceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras, o catedrático de Economía Xavier Vence ou o exalcalde vigués Lois Pérez Castrillo. Pero tamén hai sinaturas chegadas co mundo da cultura como Teresa Moure, Margarita Ledo, Uxio Novoneyra Rey, Lois Diéguez, Xurxo Borrazás, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Antón Pedreira Mirás, Lino Braxe, Marta Dacosta ou Francisco Pillado, entre outras como as do historiador Bernardo Máiz ou a de Carlos Xesús Varela Aenlle, académico correspondente da RAG en Asturias. "A discrepancia coa política económica e social de Artur Mas non debe servir como desculpa por parte de ningunha persoa de esquerdas para oporse ao dereito a decidir" No devandito manifesto, que aclara chegar "desde a esquerda e desde unha nación enmarcada no referido Estado", os asinantes deixan clara a súa posición "fronte aos ataques e a favor do proceso soberano que o pobo catalán ten decidido pór en marcha", advertindo de que "a discrepancia coa política económica e social de Artur Mas non debe servir como desculpa por parte de ningunha persoa que se considera de esquerdas para oporse ao dereito a decidir". Xa que logo, o texto asegura que "dicir que se usa a crise como subterfuxio para axitar o independentismo, e non percibir a ofensiva centralizadora que se comete como a coartada da quebra democrática, é tan manipulador como a imputación que se lle fai a CiU de empregar o soberanismo como cortina de fume para ocultar a súa xestión". "A esquerda que non botou man do federalismo tras a ditadura para oporse a un sistema centralista non está lexitimada para facelo contra os anhelos de independencia" Os asinantes consideran que a esquerda "que non botou man do federalismo tras a ditadura franquista para oporse a un sistema político e centralista", non está "lexitimada para facelo contra os anhelos de independencia que poidan existir". "Algunha responsabilidade terán os que agora se acordan do federalismo e daquela non o defenderon", lamenta en relación á redacción da Constitución do 78. O comunicado lembra ademais que Catalunya buscou lecturas da Constitución que "permitisen avances no recoñecemento do carácter plurinacional do Estado", pero o "cepillado das Cortes e o uso partidista do Tribunal Constitucional botaron por terra calquera intento de abrir o actual marco xurídico". Do mesmo xeito, o texto critica o "negacionismo respecto da historia das agresións do Estado español contra Catalunya" e avisa de que "é falso que non se alimentase e alimente a aversión contra Catalunya -tamén, aínda que doutra forma, contra Galicia e Euskadi-, por moito que se poña a venda antes da ferida". "Mentres non se recoñeza a realidade plurinacional do Estado e o dereito a decidir dos pobos, o sistema político español non será plenamente democrático" Por todo isto, conclúe que é "evidente o esgotamento desta vía" e advirte de que "mentres que non se recoñeza a realidade plurinacional do Estado e o dereito a decidir dos distintos pobos que o configuran, o sistema político español non será plenamente democrático". Para este grupo de persoas, a "campaña contra a soberanía" de Catalunya debería ter "na esquerda difícil asento pola súa tradición, xustamente, democrática". "Parécenos que chamar ás forzas democráticas a impedir o dereito a decidir do pobo catalán non é compatible con dicirse de esquerdas e tampouco demócratas", aseguran. "Por todo isto, desde Galicia, desde a esquerda e como demócratas, defendemos o dereito a decidir e apoiamos que Catalunya poida someter a referendo a súa permanencia ou non no Estado español, tomando as determinacións que estime oportunas en relación ao seu presente e futuro", finaliza o documento.
PRAZA_7177
Un roubo e desfalco deste tipo, semellante aos xa coñecidos das preferentes, o rescate bancario con diñeiro público e á liquidación do patrimonio público empresarial, merece unha iniciativa cidadá que obrigue o goberno do Estado a restituír e garantir o diñeiro da caixa das pensións ás persoas lexitimamente propietarias e telas sempre informadas e consultalas democraticamente
Entre os moitos saqueos do diñeiro público que o goberno do PP está a facer desde as eleccións xerais, quizais un dos mais perversos, silandeiros e graves, que ademais conta cunha anuencia e silencio total dos medios, dos grupos parlamentares e das asociacións de economistas, é o roubo e desfalco dos fondos de pensións; fondos que son a garantía para as persoas que tiveron e teñen unha vida laboral e polo tanto cotizan para teren un futuro digno. Este fondo creouse no ano 1997, nos pactos de Toledo, e fíxose efectivo no ano 2000. Pois ben, esta caixa, reitero, alimentada polas cotizacións do traballo, propiedade en exclusiva das persoas traballadoras, desde a chegada do goberno de Rajoy, nas ultimas eleccións xerais, está nun 90% investido en débeda soberana do estado español, e a sua contía actual é de, aproximadamente, 65.000 mil millóns de euros... Isto sen consulta nin aprobación en ningún órgano democrático nin cidadán. Asemade, esta actuación, posibelmente ilegal, ten unha finalidade nidiamente propagandística: demostrar a eficacia na xestión económica do PP facilitando a baixada da prima de risco, o menor pago de intereses pola débeda, e afirmando que xa se sae da crise... Este comportamento foi denunciado en varios xornais europeos, e mesmo o goberno recibiu unha comunicación da UE polo perigo desta operación. Mais, non só o risco deste investimento é gravisimo, pondo en perigo os dereitos económicos das persoas traballadoras, mais tamén, neste momento, coas reformas laborais do PP e do empresariado que baixaron os ingresos do persoal laboral, cos contratos temporais e en precario, co paro en cifras absolutas, coa emigración masiva da xente moza, co medre do traballo mergullado ou "en negro", os ingresos na caixa común son cada vez mais minguados e non poden repor ou facer medrar os fondos cara o futuro. Todo isto explica tamén a enorme campaña de medo, convencemento, vantaxes fiscais, etc., que se está a facer desde o goberno do Estado en colaboración coa banca para que as persoas aforren para un plan de pensión privado, que garanta así o seu futuro con dignidade, contribuíndo asi ao aforro depositado na banca, que pode especular con este diñeiro en operacións financeiras.... Coido que un roubo e desfalco deste tipo, semellante aos xa coñecidos das preferentes, o rescate bancario con diñeiro público, a liquidación do patrimonio público empresarial, a fiscalidade inxusta e desigual, a deprezación das rendas do traballo e un longo etcétera, merece unha iniciativa cidadá que obrigue o goberno do Estado a restituír e garantir o diñeiro da caixa das pensións ás persoas lexitimamente propietarias e telas sempre informadas e consultalas democraticamente. Os aforros e o futuro non poden ser unha operación de especulación e de propaganda.
NOS_8776
A imprensa de Madrid considera "ilegal" a votación democrática da institución catalá e salienta a división no PSC. Feijóo respondeu a preguntas d@s xornalistas que "o único suxeito de soberanía é o conxunto do pobo español"
Os tres medios de comunicación máis belixerantes para co proceso polo dereito a decidir do pobo catalán, saíron co mesmo discurso que, horas antes, defendían PP e C's no Parlament. La Razón, El Mundo e ABC botaron man de titulares agresivos na súas respectivas capas e algo menos violentos para o interior. Os tres, aliás, quixeron achegar a súa propia análise do texto feita por especialistas. La Razón abriu cun expresivo titular "Ao fío da ley" e no interior con "Cataluña declárase suxeito político e xurídico soberano". Para este xornal o Parlament "dá o seu primeiro paso para exercer autodeterminación" no medio "dun debate que instalou a tensión na cámara catalá". Na análise do texto da Declaración de Soberanía aprobado, Jorge Urosa deixa a súa propia visión do documento con frases como a de que "por algo semellante ao de hoxe as tropas da República entraron en Barcelona". A xornalista Victoria Prego asegura que "a do parlamento catalán é unha declaración inutil" posto que "non poden ir materialmente máis alá" El Mundo leva á capa o titular de "85 diputados catalanes usurpan un dereito de todos os españois" e no interior "Catalunya avanza cara á consulta". No artigo interior a xornalista Victoria Prego asegura que "esta do parlamento catalán é unha declaración inutil" posto que "non poden ir materialmente máis alá". Na análise de Casimiro García-Abadillo copia os argumentos do goberno que aseguran, entre outras cousas, que "o dereito de autodeterminación non é aplicábel a Catalunya posto que non se encadra nun proceso descolonizador". Para o xornal de Francisco Marhuenda, o maís importante do Pleno foi a intervención de Ciutadans e á división no PSC. No ABC resumen na capa o que opinan da Declaración en tres palabras: "Ilegal, inconstitucional e absurda". No interior, baixo a idea de que "CiU y ERC dan o primeiro paso cara á soberanía e fracturan os socaialistas" salientan a división no PSC e as palabras de Sánchez-Camacho contra os líderes de CiU. As chaves da declaración, segundo este xornal madrileño, son absurdas. Feijóo ataca o Parlament Após a reunión do Consello da Xunta, Alberto Núñez Feijóo entrou a analizar a votación da Declaración de Soberanía aprobada por unha grande maioría no Parlament de Catalunya. "O único suxeito de soberanía é o conxunto do pobo español", asegurou nun ataque directo á institución catalá. Para Feijóo o goberno catalán "busca inimigos exteriores" para agachar o que considera a súa "incapacidade para xestionar".
NOS_12910
Darío S.A ficou en liberdade con cargos após prestar declaración a última hora da cuarta feira no xulgado de Compostela. O sindicalista da CNT, que fixo parte de piquetes informativos na Folga Xeral do 14N, fora detido o martes sob acusación de "danos e desordes"
A policía española prendeu esta terza feira o militante da CNT Darío S.A., que fixo parte de piquetes informativos co gallo da greve xeral do 14-N. Após o seu paso a disposición xudicial á última hora do serán desta cuarta feira, o xuiz decretou a súa posta en liberdade con cargos, imputándolle "danos e desordes". Darío S.A. terá que presentarse o 1 e 15 de cada mes no xulgado. As Forzas de Seguridade procederon ao rexistro do seu domicilio cunha escenificación, segundo fontes sindicais, desmesurada en canto a presenza de efectivos. Varias ducias de persoas concentráronse na Praza do Toural de Compostela en solidariedade con D.S.A. e para exixir a súa posta en liberdade.
NOS_34023
Por outra banda, o Consello Europeo debate esta quinta feira endurecer a exportación de vacinas.
A presidenta do Goberno de Alemaña, Angela Merkel, deu marcha atrás ao confinamento estrito de cinco días anunciado para Semana Santa despois das críticas recibidas nas últimas horas pola falla de claridade sobre os elementos chave do plan, un "erro" que asumiu a título persoal. "Este erro é meu exclusivamente", declarou aos medios en Berlín. Apenas 24 horas despois do primeiro anuncio, tras unha reunión maratoniana, a mandataria confirmou o troco nun encontro convocado de urxencia na cuarta feira cos principais responsábeis políticos dos Estados federados. Pouco despois, compareceu ante o Bundestag, a Cámara Baixa do Parlamento "A idea dun fechamento en Semana Santa concibiuse coa mellor das intencións, porque sen dúbida temos que reducir e reverter a terceira vaga da pandemia. Con todo, a idea foi un erro", admitiu Merkel, ao recoñecer a "incerteza" que provocou. "Pido a toda a cidadanía que me perdoe", dixo. Neste sentido, afirmou que o plan xerara "moitas preguntas" incapaces de aclarar "en tan pouco tempo", por exemplo en relación ás horas de traballo perdidas ou á actividade de comercios e fábricas. O Goberno federal por agora non presentou ningún plan alternativo. As autoridades alemás pactaran que, entre o 1 e o 5 de abril, se endurecesen aínda máis as restricións previstas até o 18 de abril. Durante eses cinco días especiais, agardábase que fechasen practicamente todos os comercios. Ademais, a viceportavoz de Merkel, Ulrike Demmer, apuntou que o Goberno estuda limitar as viaxes turísticas ao estranxeiro, despois do aumento rexistrado nas reservas de voos a habituais destinos turísticos dos alemáns. Choque UE-AstraZeneca Por outra banda, Bruxelas e AstraZeneca volveron chocar na cuarta feira despois de que as autoridades italianas localizasen nun almacén perto de Roma uns 29 millóns de doses da vacina desenvolvida por esta farmacéutica e a Universidade de Oxford, supostamente preparadas para ser exportadas ao Reino Unido. Londres desvinculouse desa partida, en tanto que AstraZeneca ─tras pedirlle explicacións a Comisión─ asegurou que os 29 millóns de doses foran producidas fóra da UE e que prevía repartilas entre os Estados membros e os países menos desenvolvidos a través do programa Covax da OMS. Neste sentido, o Consello Europeo que na quinta e sexta feiras se desenvolve debaterá a proposta da Comisión Europea de endurecer os controis sobre as exportacións de vacinas fóra da UE.
NOS_11775
O suicidio dunha muller en Barakaldo a poucas horas de que unha entidade financeira lle executara unha orde de desafiuzamento, convértea na terceira morte vítima dun drama social que a lexislación Estatal ampara en beneficio da banca. O BNG presenta máis unha vez que unha proposición de lei para aprobar a dación en pagamento após ser rexeitada polo goberno español en 2011.
La Caixa foi a entidade responsábel do desafiuzamento e as redes sociais, que se están a converter en verdadeiros tensiómetros da opinión pública, iniciaban unha campaña de boicot contra a caixa nada máis coñecerse a noticia; porén, a banca privada está a adoptar este tipo de decisións porque a lexislación llelo permite. Neste sentido, é a lei –española e galega-- a que protexe o cobro da entidade financeira --en forma de poxa da vivenda-- mais tamén a que garante o cumprimento das 'obrigas' ás que están suxeitas as persoas endebedadas, a través do desafiuzamento. O 'drama' dos desafiuzamentos "A lei está para cumprila", aseveraba a 'popular' alcaldesa de Madrid, Ana Botella, poucos días atrás a respecto do 400.000 desafiuzamentos que se produciron no que vai de ano no Estado español. Aliás, aseguraba que ficar sen morada era "un drama". O que Ana Botella e o Partido Popular cren un "drama", é para a xurisdición europea, simplemente, 'ilegal' –segundo o informe elaborado pola avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE, Juliane Kokott. Neste documento, a xurista rexeita de maneira tallante o marco normativo que regula os desafiuzamentos no estado, pois asemade de incumprir coa normativa europea, di, a Lei Hipotecaria e a Lei de enxuizamento civil 'non protexe os consumidores" que queiran denunciar as cláusulas abusivas que se recollen nos contratos hipotecarios. Xuíces e xuízas exixen solucións ás execucións hipotecarias e advirten 'non somos cobradores do frac' Os movementos sociais e a devandita sentenza --xunto con outras como a ditaminada por un tribunal de primeira instancia vasco-- motivaron nesta semana que os dous partidos maioritarios do arco parlamentar español, cuxo acordo posibilitou a existencia de ambas as dúas leis, estean a procurar unha solución para "frear o drama dos desafiuzamentos", din. Mesmo corenta e seis xuíces e xuízas de todo o Estado, acordaron nunha xuntanza desenvolvida en Barcelona a pasada semana, facer pública unha resolución pola cal alentaban a buscar unha "solución" política ao problema das execucións hipotecarias. "Os xuíces non somos cobradores do frac", aseveraban desde a maxistratura, en alusión á súa tarefa "que leva á exclusión social das familias" que din "fican no limiar da pobreza". "Basta xa de acenos propagandísticos" Perante a nova da morte esta mesma sexta da muller de Barakaldo, a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, exixiu ao executivo español que "actúe xa contra os criminais bancarios" e demandou a comparecencia urxente do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón en Comisión e do presidente do goberno, Mariano Rajou, en Pleno. Davila: "Déixense de acenos propagandísticos e tomen medidas contundentes dunha vez" "Déixense de acenos propagandísticos e tomen medidas contundentes dunha vez", aseverou a nacionalista que, asemade, amosou o "total apoio" da organización frontista á cidadanía para evitar estas accións. Neste sentido, o BNG presentara o pasado ano 2011 unha proposición de lei na Cámara baixa do Parlamento español a prol da 'dación en pago' –proposta que malia ser rexeitada polo Partido Popular, volveu presentar esta mesma semana. Asemade, o BNG urxiu a aprobación de medidas como o estabelecemento dun réxime especial no caso da execución de préstamos cando teñen relación coa vivenda habitual ou os negocios, contemplar moratorias no pagamento das hipotecas cando estas se produzan en situacións económicas adversas ou mesmo, a posibilidade de converter unha hipoteca en aluguer.
PRAZA_18032
Urco reedita 20 anos despois Saturno tamén é deus, de Uxía Casal, unha das obras fundamentais da literatura de terror en galego.
Na actualidade, a literatura galega "de xénero": terror, ciencia-ficción, policial... é aceptada pola crítica e mesmo forma parte das prioridades das editoras do país -incluso algunhas especialízanse nela-. Mais non sempre foi así. Cando Uxía Casal publicou Saturno tamén é deus, as percepcións dominantes sobre o que "debía ser" a literatura eran outras. Mais non só pola cuestión dos subxéneros literarios. Senón por outros motivos como o tratamento das relacións de xénero na literatura. Uxía podía ser un desafío a esa produción literaria que desde hai algún tempo se deu en chamar "cipotuda". Contraviña os mandatos patriarcais. Tanto nas súas personaxes femininas como nas masculinas. E non aturaba o "machirulismo" dalgúns compañeiros da escrita. Urco reeditou Saturno nos seu selo Alcaián. Analizalo hoxe este libro, 20 anos despois, permite comprendelo desde outra perspectiva, ademais de ter unha visión un pouco máis completa do panorama literario de hai 20 e 30 anos, cando aínda non se empezara a falar dunha suposta "eclosión" de narradoras en galego. Antes de nada, como foi volver ver publicado o libro Saturno tamén é deus 20 anos despois? Que che está a parecer a acollida que está a ter? Unha alegría, pois esta edición está moi coidada e as fotos de Paula Gómez del Valle Gómez, tanto a da capa coma a miña, encántanme; creo que suxiren o que hai no interior dun xeito moi logrado. Xa expliquei que volvelo publicar foi unha casualidade, non buscado por min. David Cortizo amosouse moi receptivo e amable, amais de verlle calidades que eu comparto. Non sei se a acollida é tan boa como parece, pero, polo momento, non me podo queixar. Creo que o meu pobre Saturno merecía unha nova oportunidade e quizais sexa esta. Dixeches noutras entrevistas que, cando o teu libro foi publicado por primeira vez, levábase máis a literatura "realista". Nese mesmo tempo, e xa desde finais dos 80 nalgúns casos, había autores que apostaban pola novela negra ou a ciencia-ficción, por exemplo, que foron acusados de facer literatura frívola por escoller estes xéneros… Que cambiou agora para que literatura de terror (ou negra, ou de ciencia-ficción), sexa moito máis aceptada pola crítica e mesmo se convirta nunha aposta clara -ás veces, a aposta principal- por boa parte das editoras do país? Supoño que nos modernizamos e aceptamos, por fin, que a literatura non ten por que ser sisuda e plúmbea, que con todo o dereito do mundo tamén se pode escribir en galego literatura de calidade que non persiga ser a "gran obra galega" que descubra a pedra filosofal, que a literatura admite todo o que sexa de interese para determinados lectores e que non se debería pretender –segundo uns criterios exquisitos que nunca compartín- que só o difícil de entender é bo. "Con todo o dereito do mundo tamén se pode escribir en galego literatura de calidade que non persiga ser a gran obra galega" Fíxate nas palabras que empregaches: "foron acusados". A min quen me dicía o que se "levaba" na literatura daquela eran os comerciais das editoras, que se referían á literatura para adolescentes (eu aínda estaba en activo no instituto), libros que tratasen temas actuais e realistas, non de fantasía. De feito, cando puxemos O hobbit como lectura para cuarto de ESO, só lle gustara a un rapaz, cousa que non deixa de ser irónica porque non tardou moito en desatarse a loucura por Tolkien. Pero así é a vida. "A boa literatura non ten por que ser aburrida" Moitos lectores queren entreterse, pasalo ben mentres se mergullan nunha obra, e tanto o xénero negro, como o de terror e de ciencia-ficción buscan iso, amais de contar ben unha historia sen necesidade de presentar dilemas ou elucubracións desde un punto de vista intelectual, que non lles interesan. A boa literatura non ten por que ser aburrida. Está, ademais, o que vende máis e as editoras non foron alleas a esa evolución. Á fin e ao cabo, unha editorial é un negocio. Ao mesmo tempo, había xa, claro, unha tradición de relato de medo na nosa literatura, (penso en Ánxel Fole, por exemplo), e por suposto unha tradición oral do mesmo. De que maneira poden estar os teus relatos conectados con esa tradición oral? (Que non é só galega, claro, senón de todo o mundo). Algúns dos teus relatos son moi axeitados para ler en voz alta… Ás veces sinto non responder ao estereotipo de escritora "galega" que bebeu desde o principio da literatura do país, pero non é o meu caso. Nacín en 1957 nunha casa na que había moitos libros e, daquela, poucos estaban escritos en galego; formeime como lectora cunha mestura curiosa: Enid Blyton, Malcom Saville, Tagore, Jules Verne, Hermann Hesse... En fin, ao principio os autores e autoras que, a medida que ía medrando, coidaban axeitados para min na casa. "Como sempre me gustou ler en voz alta, cando me puxen a escribir busquei sempre a cadencia e o ritmo, que soase ben e harmónico, que tivese música" Peteirei de aquí e acolá, case todo o que tiña ao alcance da man e o que fun escollendo eu co paso do tempo. Lin, iso si, moitísimos contos, desde os marabillosos ou de fadas ata os de autoría individual, e como, por riba, sempre me gustou ler en voz alta, cando me puxen a escribir busquei sempre a cadencia e o ritmo, que soase ben e harmónico, que tivese música. A literatura galega de medo coñecina bastante máis tarde. Algo influíu en min, claro, pero a semente xa estaba botada. Hai, nos 14 relatos deste libro, medo, terror ás veces, angustia, desacougo… María Reimóndez comentou nunha crítica doutro libro teu, Vidas exemplares, que é na "normalidade do cotián" onde "o terror e a violencia amosan a súa cara máis sinistra", exercida por persoas "normais". Por que sitúas o terror, a violencia, precisamente no cotián, na "normalidade"? (Aínda que en Saturno si hai algún elemento de fantasía). Houbo unha época na que accedín a relatos que se baseaban nese terror que partía do cotián, nese medo que xurdía do que en aparencia era seguro, pero que agachaba sorpresas inquietantes; quizais non haxa nada máis inquietante que iso que coidamos familiar se transforme en pavoroso dun momento para outro. Gustoume xogar con iso, se cadra porque é o que máis nos pode trastornar: perder a seguridade no familiar e cotián. "Quizais non haxa nada máis inquietante que iso que coidamos familiar se transforme en pavoroso dun momento para outro" Tamén influíu, claro, a miña imaxinación ardente que me levou a experimentar episodios de auténtico pavor, cando era aínda unha adolescente, ao ocorrérseme ideas que lle daban a volta á realidade. Saturno contribuíu moito, moito, a que eu perdese os meus medos "irracionais". Os relatos tecen, en Saturno, relacións entre si. É evidente no caso do primeiro e o último, nos que hai continuidade no personaxe. Mais logo pode haber nexos, por exemplo, entre o segundo -un home solitario e machista ao que acaba saíndolle unha muller de dentro-, e o 12º, no que unha muller maltratada loita, como pode, contra o seu maltratador. Es consciente destes nexos? Tiñas, na época, intención de denunciar a violencia machista e, en xeral, o machirulismo, ou é unha lectura que podemos facer máis ben desde a perspectiva de hoxe? A relación entre o primeiro relato e o último está buscada, é evidente. Entre o segundo e o duodécimo, non. O segundo naceu dunha teima que tiña eu daquela: para min estaba claro que o feminino e o masculino eran as dúas caras dunha mesma moeda; supoño que escollín un home como protagonista porque me parecía que eran máis remisos a aceptar os aspectos femininos da súa propia psique. "Escollín un home como protagonista porque me parecía que eran máis remisos a aceptar os aspectos femininos da súa propia psique" Pareceume unha especie de vinganza poética que fose xusto a el –un home gris e convencional- ao que lle ocorre unha transformación que o leva, non só a aceptar os aspectos femininos dentro de si, senón tamén a desexalos para sentirse un ser humano completo. O duodécimo foi máis un desexo de querer xogar coa ambigüidade, de despistar o lector para facelo dubidar entre a realidade e a imaxinación. Creo que ese xogo non o conseguín moi ben, se cadra porque me deixei levar polo meu aborrecemento cara aos maltratadores. "Hai trinta anos –cando eu comecei a escribir estes relatos- o mundo era, creo, máis machista ca agora, aínda que non se falase tanto do tema" Sobre a segunda parte da pregunta, hai trinta anos –cando eu comecei a escribir estes relatos- o mundo era, creo, máis machista ca agora, aínda que non se falase tanto do tema. Recoñezo que este é un tema do que non me gusta demasiado comentar, quizais porque teño moi presentes os machirulos cos que me topei –sen ser xa unha nena- e que teñen nomes coñecidos, ás veces valorados (mesmo idolatrados) por unha crítica da que chegas a pensar "pero, como?, como pode este ou aquel verlle valor a este libro escrito por A ou por B e que a min me parece mediocre?", "como pode considerarse este autor marabilloso se non é máis ca un foguete de feira?". Claro que é a miña visión e, polo tanto, única e intransferible. "Teño moi presentes os machirulos cos que me topei –sen ser xa unha nena- e que teñen nomes coñecidos, ás veces valorados (mesmo idolatrados) pola crítica" En relación co anterior, e tamén coa crítica de María Reimóndez, algo que aparece neste libro son personaxes femininas que se comportan de xeito violento, sen que iso o xustifique un trauma, un transtorno mental... Hai mesmo un certo punto absurdo ás veces. Dalgunha maneira quixeches falar, a través destes personaxes, de violencia absurda e incomprensible? Si, e tamén que a maldade non entende de sexos nin de xéneros. Daquela coidaba tan tolo e absurdo o machismo que me rebelaba contra el como se xa non existise. Unha inxenuidade das miñas. Como era funcionaria, cobraba o mesmo cós meus compañeiros homes, desenvolvía unha actividade idéntica, tiña unha relación de parella igualitaria ao cen por cen, cheguei a pensar que iso era igual en todas as partes. Eramos seres humanos, que importancia tiñan uns ou outros trazos sexuais? Claro que estaba na trintena, aínda me quedaba –e queda, supoño- moito por ver. Á parte diso, sigo pensando que a maldade é universal; vexo mulleres que... producen arrepíos. Iso non é exclusivo dos homes, senón común ao xénero humano. Outro elemento que aparece bastante en Saturno é, penso, no fondo, moitas veces, o medo á soidade e a arela de liberdade. Hai persoas incomprendidas, tomadas por tolas, que non o están, e que están tremendamente soas. (Como o protagonista do primeiro e do último relato). Que papel xoga iso, a soidade, nos teus relatos? Como se relaciona coa angustia e por que? Sabes que é sentirse un ET no mundo do que formas parte e que te rodea?, é dicir, sabes o que é sentirse unha inadaptada? Por un lado atraes, por outro notas rexeitamento e, aínda que non esteas soa no teu ámbito, si o estás na sociedade. Sabes, porque cho fan notar, que es "rara", que non respondes a ningún estereotipo de xénero, que te comportas como un ser humano "libre", que vive ao seu xeito, e iso... "Sabes que é sentirse un ET no mundo do que formas parte e que te rodea?, é dicir, sabes o que é sentirse unha inadaptada?" Nunca me gustou que me quixesen meter nun compartimento estanco, porque os seus límites non eran os meus. Supoño que reflectín nalgúns deses relatos ese desexo de liberdade de sentirse unha mesma e as consecuencias e dúbidas que pode ocasionar. Daquela tamén me asustaba a soidade, porque era un resultado máis da incomprensión. Mira ti! Resulta paradoxal que hoxe en día ame tanto a miña soidade e tanto me teña que me comprendan ou non. Con que me acepten como son abóndame. Canto a técnica narrativa, algo que teñen en común os contos é que tenden a dar un xiro inesperado contra o final. Tamén están conectados polo estilo: traballado, depurado, pero sinxelo, no sentido de fácil de ler. Es consciente dese xeito de escribir? Escolles un determinado estilo porque queres que te entendan, non para amosar o que sabes, que é o problema dos pedantes. Son consciente da miña escolla, lóxico, e sigo afondando nela. Desexo contar e que se entenda o que conto; se non fose así, onde quedaría esa comunicación co lector que todo escritor debería pretender? O xiro final, amais de "descolocar" o lector do seu cómodo asento, persegue sorprender e pedir un esforzo por parte de quen le; é, digámolo así, a súa parte no xogo proposto. "Escolles un determinado estilo porque queres que te entendan, non para amosar o que sabes, que é o problema dos pedantes" O faro de Arealonga é o libro que publicaras despois da primeira edición de Saturno. É unha novela de ficción científica protagonizada por unha xornalista tan baixiña como forte e botada para adiante. Como xorde este personaxe e que significou, para ti, esta novela no seu momento? Desde moitos anos antes pensaba en escribir unha historia cuxo protagonista fose un anano; finalmente escollín unha anana para aumentarlle as dificultades. Os ananos téñeno moi difícil nun mundo pensado desde un estándar para grandes. Póñoche un exemplo cotián que pode semellar algo parvo, pero colócate na súa pel: imaxinas ter que levar sempre un pauciño contigo porque non lle chegas aos botóns dun ascensor ou ao timbre dunha casa? "Rosalía Pardal permitiume facer ver o inxusto que resulta que te xulguen polas aparencias e, por riba, desde o machismo" Iso no plano real e visible; no invisible están certas miradiñas, certos sorrisiños malintencionados, moita condescendencia e un prexuízo minusvalorador moi maliño de levar. Se es muller, a cousa multiplícase por mil. Rosalía Pardal significou para min expresar eses sentimentos, facelos visibles e facer ver o inxusto que resulta que te xulguen polas aparencias e, por riba, desde o machismo. Rosalía Pardal rima con Uxía Casal. Sede en Ourense, publicada despois de O faro, é unha mestura de xéneros. Algún motivo especial para esa heteroxeneidade? Era, tamén, dalgún xeito, unha maneira de reivindicar os xéneros considerados aínda moitas veces "menores"? (Os marcados como "xéneros", fronte á literatura "normal", non de "xénero", que sería a central, a seria…) Atinaches! Quería xogar, unha vez máis, coas posibilidades que ofrece a literatura: aventuras, intriga, culebrón, cómic, prosa poética, tensión, comedia, drama, humor, etc. Foi esta unha novela un pouco desgraciada, no sentido de que tivo pouca sorte. Escribina uns catro ou cinco anos antes que O faro e xa ves cando a publicaron. "Pasaran anos e cambiara a mentalidade ou visión do que era ou non era conveniente publicar" Tiven acceso ao primeiro informe que o lector da editora escribiu para desaconsellar a súa publicación e, amais de rir moito coa súa lectura, comprendín que ese lector e os que admitían os seus consellos estaban moi lonxe do que eu coido literatura. Anos despois de publicarse O faro cambiara a dirección desa editorial e o novo encargado pediume un orixinal inédito; envieille Sede e apresurouse a publicala. Pasaran anos e cambiara a mentalidade ou visión do que era ou non era conveniente publicar. As ás de Xenoveva, publicada antes de Saturno, é a historia dunha galiña cansa da granxa na que vive, que quere ver mundo e que é quen de facer cousas que moitos non imaxinarían… Como xorde este personaxe? Xorde por unha conversa cun amigo cuxos sogros levaban unha granxa de polos. El dicía que as galiñas eran todas parvas e eu empeñeime en inventar unha afouta, valente e con moitos desexos de aprender do mundo. Para iso ten que ser libre e marchar da granxa, que son as súas cadeas; a granxa e a ignorancia. Así prepárase para marchar e conségueo, con todo o que iso supón para a súa aprendizaxe. Xenoveva era o alcume con que me chamaba miña irmá. Durante case 12 anos mantiveches o blog Gradicela, no que falabas de libros, de anecdotas cotiás… Como ves desde agora a experiencia do blog? Que che achegou? Foi moi bonito mentres durou, pero supoño que cansei. Aprendín moitas cousas, desde perderlles o medo á tecnoloxía e ao ordenador, coñecer persoas moi interesantes e boas –tamén malas, madía leva, das que cumpría fuxir-, deixar o pudor fóra, contar en primeira persoa sen máscaras, etc. Digamos que me axudou a abrirme ao mundo. Acababan de xubilarme, tiña 45 anos, vivía nun lugar paradisíaco, pero bastante illado... En fin, foi un medio para comunicarme con outras persoas. Na súa crítica de Saturno, Emma Pedreira lembra o volume Narradoras, no que estaba o teu O pequeno Mario. Que significara para ti este libro no seu momento? En principio fun remisa a publicar nun volume só de narradoras. Daquela, como xa che comentei, pensaba que non cumpría especificar quen escribía; se eramos seres humanos, para que diferenciar por sexo? Xa ves. Hoxe decátome de que, en certo modo, si cumpría, que non foi unha mala idea. Algo máis que queiras comentar? Algún novo proxecto literario? Ando con relatos do mesmo tipo, ou semellante, dos de Saturno e Vidas, moi amodo, devagar, máis consciente, se cadra, do que pretendo facer. Seguirei adiante mentres me entreteña o xogo. O meu é xogar. "Seguirei adiante mentres me entreteña o xogo. O meu é xogar" E por certo, Eu tamén teño un acúfeno. De que maneira a incomodidade -e o sufrimento- que che producía a enfermidade puido condicionar as historias de Saturno? Os meus acúfenos datan de 1999, despois de escribir Saturno, así que non puideron influír. Mais si é verdade que a escrita coincidiu cunha época terrible na miña vida. Pero todo o que vives fai que aprendas e faite crecer. E aquí seguimos.
NOS_32715
O presente artigo tenta ser unha achega ao coñecemento da historia do jazz de noso. Recrea e amplía o texto da exposición da nosa autoría A Galiza a todo jazz, que se puido visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas durante a celebración do XIX Festival Internacional de Jazz, Canjazz, a finais de agosto de 2016. A exposición estaba dedicada a Juan Claudio Cifuentes "Cifu", gran divulgador desta música nos medios de comunicación, e sempre atento ás novidades discográficas que lle chegaban da Galiza e aos seus novos talentos emerxentes. Do seu programa radiofónico, en homenaxe, collemos emprestado parte do título que hoxe toma este artigo.
Hai máis de 38 anos que na Galiza se fai música de jazz. A súa presenza entre nós ten como punto de partida a fundación do grupo Clunia Jazz en 1982 e a súa primeira incursión discográfica, con título homónimo, nese mesmo ano. É, pois, evidente que este xénero non está a dar os primeiros pasos; pola contra, desde aquela data inaugural leva xa un camiño andado, iso si, con bastantes altibaixos, euforias e incertezas, avances e retrocesos; mais que, engorde, se vai asentando na sociedade galega malia a competencia, poderíase dicir desleal, doutras músicas (o folk, o rock...), no sentido de que estas estaban e seguen a estar moito máis "amparadas" polas institucións e ocupan aínda hoxe unha posición preferente nos medios de comunicación audiovisuais. Esa especie de valado imposto pola inercia de certas políticas musicais, e que semellaba infranqueábel para o achegamento a un público cada vez máis numeroso, está, porén, a ser derrubado pedra a pedra e día a día pola forza creativa, a imaxinación musical e a capacidade de superación que están a demostrar os músicos máis novos, en moitos casos en colaboración cos das xeracións precedentes. Todos eles son a esperanza do presente e do futuro do jazz nesta nosa nación. Os estudos de jazz O jazz non formou parte até hai ben pouco dos plans de estudo dos conservatorios oficiais da Galiza (a primeira e única especialidade de jazz comeza a súa andaina no curso 2006/2007 no Conservatorio Superior de Música da Coruña), a diferenza do que viña acontecendo con anterioridade noutras partes do Estado, sobre todo en Catalunya ou en Euskal Herria. A primeira conta desde 2001 cunha Àrea de Jazz i Música Moderna na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya), dependente da Generalitat, e con varias institucións privadas de longa tradición como o Taller de Músics, creado en 1979, do que nestes máis de 40 anos saíu unha boa parte dos intérpretes que forman a escena actual do jazz catalán (e tamén galego), ou a Aula de Música Moderna i Jazz (1978), integrada desde 1993 na Fundació Conservatori Liceu. En Euskal Herria, o Goberno vasco puxo tamén en marcha no curso 2001/2002 Musikene (Euskal Herriko Goi-Mailako Musika Ikastegia/Centro Superior de Música de Euskal Herria), e desde entón xa incluíu estudos superiores nesta materia. O mesmo acontece no Nafarroako Goi-Mailako Musika Konserbatorioa/Conservatorio Superior de Música de Nafarroa. A aprendizaxe do jazz na Galiza antes só era posíbel en escolas privadas, como a Estudio Escola de Música de Santiago, dirixida polo pianista Suso Atanes; a Baio Ensemble de Vigo, do pianista Alberto Conde; a Escola Taller de Pontevedra, dirixida polo contrabaixista Miguel Guerra ou a Escola de Música Creativa Drops de Santiago. Outra opción era a realización dos estudos nos centros oficiais ou privados existentes en Catalunya, en Euskal Herria ou no estranxeiro, fundamentalmente nos Países Baixos e nos Estados Unidos de América. Esta vía segue aberta na actualidade, mais nos últimos anos cobrou certa importancia a licenciatura en jazz na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo) do Porto, paso inicial para que os que quixeren realizar logo o mestrado non só en Portugal, senón en calquera outra universidade, escola ou conservatorio da Unión Europea. Por outra banda, as escolas ou centros privados que ofertan estudos de jazz multiplicáronse nos últimos anos, por exemplo, A Tempo Escola de Música (Pontevedra), Fundación Mayeusis-Conservatorio das Artes (Vigo), Centro Superior de Música de Galicia en Valga (Pontevedra) etc. Exclusivamente ou nos que a programación de jazz ocupa unha parte importante non é ampla abondo, tendo en conta que esta infra-estrutura é fundamental para que os músicos poidan presentar ao público dun modo continuado os seus proxectos e creacións A nivel institucional, ademais da Aula de Jazz e Música Moderna creada a finais de 1999 pola Escola Municipal de Música da Coruña ou a implantación en 2006 dos estudos de jazz no Conservatorio Superior de Música desa mesma cidade, é preciso salientar a creación, en 2001, do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJP), que conta desde entón co apoio financeiro e en infraestruturas da Área de Cultura do concello pontevedrés. O SPJP é, sen dúbida, a iniciativa didáctica máis importante no eido do jazz que existe hoxe na Galiza e que, suplindo o desinterese total, até hai uns 14 anos, da Administración pola oficialización dos estudos deste estilo musical, contribuíu e segue contribuíndo á aparición no ámbito profesional de excelentes músicos, así como á difusión do jazz na sociedade galega a través da realización de múltiples actividades. O SPJP nace da man de Luís Carballo, profesor de percusión no Conservatorio de Cangas e promotor e director dunha das poucas big-bands da Galiza (a Orquestra de Jazz do Morrazo). O seu antecedente inmediato está na realización en Cangas durante o curso 2000/2001 do Seminario Permanente de Jazz "Mestre Inocentes Camaño", impartido por Abe Rábade e Paco Charlín (o guitarrista Carlos Lemos incorpórase ao labor docente no segundo cuadrimestre). Este proxecto trasládase logo a Pontevedra, constituíndose o Seminario Permanente de Jazz nesta cidade no curso 2001/2002 e contando coa dirección artística e o maxisterio de Abe Rábade e Paco Charlín. A partir do curso 2015/2016 (o 15º SPJP) incorpóranse ao profesorado Virxilio da Silva e Max Gómez. Nos primeiros anos a súa sede provisional está situada no Pazo da Cultura, mais a partir do curso 2004/2005 aséntase definitivamente nas dependencias do primeiro andar do antigo Conservatorio Profesiona de Música. O labor do SPJP apoiouse desde o comezo e ao longo dos seus, polo de agora, 19 anos de existencia, sobre dous piares básicos: a formación de futuros músicos e a promoción e dinamización deste xénero musical na sociedade galega mediante a realización de ciclos e concertos didácticos, así como a edición de traballos discográficos, cuxo protagonismo recae no propio alumnado. Son varias as ferramentas que o SPJP vén empregando para levar a cabo a súa formación: - A realización de aulas fundamentalmente prácticas de combo, arranxo e composición. - A organización de master classes impartidas por grandes creadores e intérpretes de ámbito peninsular e internacional, que posteriormente participan nos concertos co alumnado. Desta maneira nace o Pontejazz, ciclo de concertos de inverno, decontado substituído polo chamado Jazz no Principal. Pola súa banda, o Pontejazz, como ciclo de verán, ocupa en 2004 o espazo do Jazz na rúa, promovido tamén polo SPJP nos dous primeiros anos, e coma este pasa a formar parte da programación do Festival Internacional de Jazz da cidade, coa Praza do Teucro como escenario permanente das actuacións a partir de 2006. - A realización de concertos no Nadal e na fin do curso e a gravación de dous discos anuais: un deles recolle o traballo feito polo alumnado durante o curso nos diferentes combos, mentres o outro rexistra a gravación ao vivo do alumnado máis destacado cos músicos invitados ao Jazz no Principal. Todo isto está a dar como resultado a aparición de novas xeracións de músicos dedicados exclusivamente ao estudo do jazz e que están a irromper profesionalmente cos seus propios grupos na escena galega para diversificala e enriquecela. Isto fai posíbel non só que se amplíe a programación deste xénero na Galiza con máis talentos emerxentes implicados, senón que tamén haxa unha maior oferta discográfica dispoñíbel para a xente na rúa. O acerto do SPJP está en que este foi e é quen de aglutinar, tal como adoita dicir o seu coordinador, grazas ás experiencias novidosas que pon en marcha e ao profesorado, un proxecto que está a liderar a chamada terceira e mesmo a cuarta xeración de músicos de jazz na Galiza. O traballo realizado polo SPJP nos seus anos de existencia supera en moito ao que se ten feito noutros ámbitos durante os máis de 38 anos de vida jazzística no país, e demostra que con esforzo e ideas se pode percorrer un camiño que axude a pór en valor esa música na nosa terra e a reivindicar o jazz de noso. O jazz ao vivo A rede de locais que programan música de jazz exclusivamente ou nos que a programación de jazz ocupa unha parte importante, non é ampla abondo, tendo en conta que esta infraestrutura é fundamental para que os músicos poidan presentar ao público dun modo continuado os seus proxectos e creacións e poidan vivir dignamente do seu traballo cuns pagamentos aceptábeis. Os primeiros clubs, cafés ou salas con espazos para o jazz ao vivo xorden na Galiza hai uns 40 anos. Os locais pioneiros son o Dado-Dadá Jazz Club, en Santiago, e o Jazz Filloa, na Coruña; ambos os dous abren as súas portas ao comezo dos anos 80. Posteriormente, nesa mesma década, fan a súa aparición o Clavicémbalo, en Lugo, e o Café Latino, en Ourense. Coa entrada do novo milenio, La Negra Tomasa vén encher un baleiro desolador para este tipo de música en Vigo, e aínda que ten unha efémera existencia, o seu responsábel, Gonzalo Villar, axiña pon en marcha primeiro o Manteca Jazz e, máis tarde, o Xancarajazz (2009/2015). O seu fechamento supón para Vigo a perda de dous dos locais máis activos da cidade, e mesmo da Galiza, en programación de concertos e realización de jam sessions. A estes verdadeiros templos do jazz cómpre engadir outros locais nos que este xénero musical ten tamén unha certa presenza: La Galería Jazz, Contrabajo e La Casa de Arriba, en Vigo, Borriquita de Belém, en Santiago, e o Garufa Club, na Coruña. Os festivais O primeiro festival de jazz na Galiza do que temos noticia é o Festival Jazz Rock de Cangas, decorrido en agosto de 1979, e que ten continuidade nos dous veráns seguintes (en 1981 coa denominación Festival de Jazz do Morrazo). Após un silencio de seis anos, o festival realízarase de novo en 1987 como Cangas Jazz Festival; porén, a memorábel actuación de Tete Montoliu, acompañado pola Big-bang do Taller de Músics de Barcelona, non é quen de evitar que o festival entre nun longo letargo, do que non vai saír até a entrada do novo milenio. Rexorde en 2001 absolutamente renovado e cunha forza inusitada como Festival Internacional de Jazz Canjazz. Tamén tocara o trío de Tete Montoliu xunto con Clunia Jazz naquelas Primeiras Xornadas Galegas de Jazz de Santiago en 1982, organizadas polo Colexio Maior Universitario Santo Agostiño e patrocinadas pola Caixa de Aforros de Galicia. Paralelamente, no decurso dos anos 80, comezan a organizarse os primeiros festivais en Vigo e na Coruña (Festival Internacional de Jazz Cidade da Coruña) co apoio dos concellos respectivos e dalgunha entidade bancaria, mais van esmorecendo devagar a medida que avanza a década. É preciso subliñar que os músicos de jazz do país raramente entran nas programacións, agás casos puntuais, cousa que segue acontecendo de forma máis sangrante nas décadas seguintes nos ciclos de jazz organizados por entidades privadas como a Fundación Pedro Barrié de la Maza (a partir de 1995) ou a Fundación Caixa Galicia. Ambas participan da mesma dinámica de esquecemento do jazz que se fai na Galiza. Os grupos galegos ou fican fóra de cartaz ou no restroballo de miserentas jam sessions. Un músico galego de jazz, até hai ben pouco, á hora de editar un disco só tiña dúas opcións: acudir a un selo máis ou menos especializado do país, papel cumprido por xingra, ou a unha discográfica foránea A Asociación Escobijazz, presidida por Alberto Grandío, pon en marcha, co patrocinio do concello, o Festival de Jazz de Lugo en 1991, o mesmo ano da realización do I Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, que anda xa pola 27ª sétima edición. Aínda que durante bastantes anos na programación deste festival, que en 2006 estrea nova denominación (Festival Internacional de Jazz e Blues), figuran só músicos de fóra, a partir de 2002 os músicos do país comezan a ter unha constante presenza ao introducírense dentro da programación os ciclos Jazz na rúa (2002/2003) e o Pontejazz (desde 2004 até hoxe), coordinados polo SPJP. Ambos teñen como obxectivo fundamental dar a coñecer os novos valores do jazz feito aquí, tanto en formacións propias, como acompañando aos mellores músicos de ámbito peninsular ou, tal como vén acontecendo nos últimos anos, aos músicos máis salientábeis do panorama jazzístico internacional. Desde 2013 os nosos músicos de jazz, e isto dá conta da calidade e o nivel artístico acadado por estes, forman parte tamén do cartaz principal do festival. Para completarmos a listaxe de festivais, é imprescindíbel engadir, por orde de rigorosa antigüidade, o Festival de Jazz de Primavera de Ourense, patrocinado polo Café Latino Jazz, a Fundación Florencio Álvarez e o concello ourensán, que realizou en 2019 a súa vixésima terceira edición; o xa citado Festival Internacional de Cangas, Canjazz, primeiro baixo a dirección de Luís Carballo (2001-2013), e actualmante en mans da Asociación Cultural Canjazz, con Xan Campos e Iago Fernández á cabeza; o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, organizado polo Departamento de Cultura do concello, que após resistir trece edicións e logo de contar no decurso dos anos coa dirección artística de Baldo Martínez, Nani García e Lucía Martínez, pasa a denominarse en 2018 Festival de Jazz de Vigo baixo a dirección de Iago Vázquez e Felipe Villar, para morrer, a seguir, lamentabelmente de morte matada por obra e graza do concello; o NigranJazz, que vén de abordar a súa décimo cuarta edición con Felipe Villar á fronte; o Burgo Jazz (Culleredo); o Festival de Jazz de Ponteareas; o Festival Internacional Noia Jazz; o Máis que Jazz, organizado polo Garufa Club e o Jazz Filloa; o Festival Internacional Armenteira Jazz (Meis) e moitos máis que van agromando, algúns deles con azos de continuidade, noutras cidades e vilas galegas (o Jazz de Ría de Ferrol e Mugardos, o Temple Jazz de Cambre, o Festival de Jazz de Moaña, o Festival Internacional de Jazz de Bueu, o Festival Noites de Jazz de Rianxo e o Festival de Jazz de Primavera de Compostela). Por desgraza no camiño van ficando outros: o Festival de Jazz das Mariñas, o Ribadeo Jazz & Blues, o Festival Internacional de Jazz de Cambados, o Iberojazz da Coruña, o Festival de Jazz de Marín, o Festival de Jazz de Baiona etc. Os discos O jazz na Galiza adoece aínda hoxe de carencias evidentes en comparanza con outro tipo de músicas. Un músico galego de jazz, até hai ben pouco, á hora de editar un disco só tiña dúas opcións, descartadas as grandes compañías discográficas, que adoitan afogar a independencia creativa: acudir a un selo máis ou menos especializado neste tipo de música, papel cumprido nestes últimos anos case en exclusiva, e dunha maneira digna, por Xingra, baixo a dirección de Javier Ferreiro e Nani García, ou acudir a un selo discográfico foráneo, habitualmente o selo madrileño Karonte ou o selo barcelonés Fresh Sound Records/Fresh Sound New Talent, que gozan dun recoñecido prestixio no espazo jazzístico peninsular e internacional. Porén, tampouco podemos menosprezar o labor realizado a prol desta música, iso si, de forma puntual, por outros selos ou discográficas anteriores á aparición de Xingra como, por exemplo, Edigal, Sons Galiza ou Citola. A aparición do selo Free Code Jazz Records, creado por Paco Charlín en 2006, abre novas perspectivas para o jazz galego e está a posibilitar desde entón a saída á luz, de maneira constante, de proxectos liderados non só por músicos xa consagrados, senón tamén polos talentos emerxentes das últimas xeracións e coa presenza frecuente de creadores de todas as latitudes. A forza creativa de todos eles está a manter a chama acesa deste xénero musical e ha facer posíbel a súa necesaria renovación. Porque tamén o jazz precisa de mudanzas, de revolucións, para existir. Free Code Jazz Records lidera, hoxe en día, a edición de discos do xénero a nivel galego cun catálogo amplísimo de máis de 133 gravacións. Outra iniciativa discográfica con obxectivos parellos, isto é, amosar o jazz que se está a facer na Galiza por parte dos máis novos e abrir as fiestras ás colaboracións de jazzistas de calquera procedencia que teñan a Galiza como punto de encontro, é a que representa o selo Azos Jazz, nacido en 2010 baixo a dirección artística de Abe Rábade e a dirección técnica de Sergio Lago.
NOS_18900
A novela gráfica 'Kartoffel' desprega o seu imaxinario sobre a presenza nazi no Vigo dos anos 40, entre os submarinos U-Boost e o negocio do volframio. Con documentos históricos e fotografías inéditas os irmáns Xosé e Ramón Trigo esbozan en branco e negro unha historia de espías e algún trazo paranormal.
Os irmáns Trigo veñen de tirar do prelo a novela gráfica Kartoffel, un relato ambientado no Vigo de 1943, co pano de fondo dun país sumido na posguerra e unha Europa arrasada pola II Guerra Mundial, que saíu adiante grazas a un micromecenado que superou o mínimo exixido de 4.000 euros. Unha primeira versión, co título Lobada, xa fora publicada en 2016 polo selo Caleidoscopio, após ficar finalista no Premio Castelao de Banda Deseñada, organizado pola Deputación da Coruña, dous anos antes. Porén, co acceso a novos materiais da época xurdiu a oportunidade de "mellorar a historia", explica Ramón Trigo, responsábel das ilustracións, co que ampliaron a trama e dobraron a extensión do libro, de 60 páxinas a case 120. Foi por teima do seu irmán Xosé, o guionista, que se centraron na estancia dos nazis na ría de Vigo, unha presenza "significativa mais esquecida" que pretende incorporar a Galiza ao imaxinario da II Guerra Mundial, amosando a connivencia entre os réximes de Franco e Hitler. Así, Kartoffel fai referencia ao rótulo que, segundo os autores, os nazis escribían sobre o noso territorio no mapa, proxectando a súa utilidade no III Reich: producir patacas ('kartoffel'). Porén, tamén atoparon no país o chamado "ouro negro". Kartoffel fai referencia ao rótulo que, segundo os autores, os nazis escribían sobre o noso territorio no mapa, proxectando a súa utilidade no III Reich: producir patacas O contrabando de volframio, os espías de ambos os bandos e os submarinos alemáns (U-Boost) enmarcan un relato desencadeado por Reichführer Heinrich Himmler, xefe das SS, que asina en Berlín unha orde para que o axente Otto Ranh, especializado no mundo do máxico e do paranormal, se traslade a Vigo coa misión de facerse coa fórmula do remedio dunha curandeira local, aparentemente moi efectivo coas enfermidades venéreas dos enxeñeiros alemáns que traballan nas minas galegas. Un argumento que enlaza coas actividades sobre ocultismo e crenzas antigas da Ahnenerbe –cuxo logo atoparemos por aí agochado–, a Sociedade para a Investigación e Ensinanza sobre a Herencia Ancestral Alemá, unha entidade pseudocientífica constituída en 1935 por dirixentes e ideólogos do Partido Nacionalsocialista. A partir desta premisa constrúese un relato que procura inspiración na historia, mais que segue a súa propia senda ficticia afastándose, aliás, da narración lineal. "Os capítulos van en forma de puzzle, como recibimos a información de fotografías e documentos", explica Trigo. "Non queriamos darllo todo mastigado aos lectores e ás lectoras", engade. O ataque dos lobos Os submarinos nazis eran coñecidos como "mandas de lobos" –subtítulo da banda deseñada– pola súa forma de atacar, remedando a estratexia destes mamíferos, explica o ilustrador. Aliás, observa unha relación entre o volframio e os animais, que na denominación 'wolfram' contén a voz inglesa 'wolf' (lobo). Por outra banda, a xente que se botaba de noite ao monte para recoller o mineral actuaba tamén dunha maneira análoga. Fondo documental A novela gráfica non se limita a ofrecer unha narración, senón que pon a disposición do público unha serie de documentos históricos e fotografías inéditas que serviron de base para armar a trama. A súa inclusión contribúe a subliñar a veracidade do marco e a reforzar a complicidade co lector. Algúns deles, sobre todo imaxes, poden verse tamén –previa cita–, xunto a material gráfico e obxectos relacionados con el, nunha pequena mostra no local da Madriña en Vigo, só até mañá. Pensar en branco e negro As fotografías antigas, dun empresario alemán que vivía pola zona de Vigo, foron unha fonte inestimábel de referencia para ilustrar esta novela gráfica. Ramón Trigo traballou en branco e negro, incapaz de imaxinalo doutro modo, seguindo esa "estética moi marcada" que asocia á época da II Guerra Mundial. O ilustrador ten unha carreira refutada por varios premios, como o Lazarillo e o Isaac Díaz Pardo a Leviatán (2014, Kalandraka) e o Cabildo de Gran Canaria a Eu vivía na fin do mundo (2007, Edelvives). Vigo como escenario Non é a primeira vez que o tándem dos irmáns Trigo encabeza un proxecto editorial. A súa achega máis recente, antes de Kartoffel, foi o cómic Ricardo Mella (2017) sobre a biografía do anarquista vigués, que tiña como pano de fondo fitos que marcaron o pasado século e influíron decisivamente na súa obra e pensamento –a Semana Tráxica de Barcelona, os disturbios da Mano Negra en Andalucía... Anteriormente, O burato do inferno (2010, Kalandraka), aproximouse ás lendas dos raqueiros, os piratas de terra. Os tres traballos, e mais aquela edición previa de Lobada, conforman unha sorte de serie que ten por escenario a cidade olívica entre 1881 e 1943.
NOS_44213
A segunda maior caída no Estado no mes de maio.
As vendas da industria caeron en 39,9% en maio na Galiza en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta cifra, que é máis moderada que o 48,3% de caída rexistrado en abril, supón unha vez máis a segunda maior queda a nivel estatal, só por baixo de Balears (42,1%) e máis de seis puntos por riba da media estatal (33,1%). A raíz do impacto do coronavirus na actividade económica, na Galiza prodúcense tres descensos interanuais consecutivos --marzo, abril e maio--, tras os incrementos de xaneiro e febreiro cos que principiou o ano. No acumulado do ano, entre xaneiro e maio prodúcese unha diminución do 18,3%, na liña da media estatal (do 18,1%).
PRAZA_7579
O primeiro gran festival do ano celebrarase en Vilalba os 22 e 23 marzo. Delorean, La Casa Azul, Nudozurdo ou La Habitación Roja serán os cabezas de cartel e Eme Dj protagonizará a sesión post-concertos na Troco, unha das discotecas con máis tradición en Galicia.
Acabamos de encetar o ano e xa temos o primeiro gran festival petando na porta. Os 22 e 23 de marzo Vilalba volverá acoller o seu FIV -Festival Independente de Vilalba-, que tentará repetir o éxito de público acadado na última edición. O feito de ser o primeiro e de ter menos competencia que os que se celebran no verán, facilita a contratación das bandas e tamén anima a moita xente de fóra da vila a achegarse até o lugar. De momento, o cartaz que presentan apunta a un novo éxito, pois é seguro que Delorean, La Casa Azul, Nudozurdo ou La Habitación Roja atraerán un bo número de persoas de toda Galicia. Supersubmarina, The Whip, Hola a todo el Mundo ou Varry Brava completan un cartel que tamén contará con djs de primeiro nivel coma Elyella djs ou dj Amable. As entradas xa se poden adquirir a prezos ben asequibles: 15 euros por un dia e 20 polos dous. Pero a edición 2013 do FIV reserva unha sorpresa. A discoteca Troco de Vilalba organiza unha festa post-FIV na que a gran protagonista será Eme Dj. Os asistentes ao festival terán un desconto na entrada a unha sesión que servirá para que moitos modernos-gafapastas-indiepopies-urbanitas descobran un dos templos da música en Galicia. De seguro que moitos deles nunca entraron na Troco (ou na Hermo de Muimenta, ou na LP45 de Ordes, ou na Queen do Porriño). Eme Dj exercerá de anfitriona para o que Desconcierto define como "converxencia da historia da agromovida galega co novo moderneo".
NOS_34603
A Asemblea Galegas 8M, na manifestación do 1 de marzo e nas mobilizacións do Día da Muller Traballadora, carga contra o capitalismo e reivindica a valorización dos coidados, a defensa da terra, a produción ecoloxista ou as sementes autóctonas.
Feministas de Verín ultiman hoxe os detalles para unha manifestación que quere unir os colectivos e asociacións do feminismo galego este domingo, 1 de marzo, na vila. Repartidas en grupos de traballo, solicitaron os permisos, encargaron os carteis e organizaron a loxística da xornada: transporte, coordinación dos tempos ou mesmo a música que porá punto e a parte ao percorrido e lectura do manifesto. As chaves destas datas Coidados, custodia do territorio e consumo son os tres eixos sobre os que pivotan neste 2020 a manifestación unitaria feminista do 1 de marzo e mais as mobilizacións que terán lugar en diversos puntos da Galiza no Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo. As manifestacións atenden a unha vontade de visibilización dos traballos, remunerados ou non, que se levan a cabo detrás das portas dos fogares. O lema desta data, "sen coidados non hai vida", ten moitas vertentes. Unha delas, como recorda esta feminista na conversa, a atención que fornecen as mulleres as persoas dependentes, as maiores, as crianzas ou ao fogar. No rural, a esta multiplicidade de tarefas únese moitas veces o coidado do gando ou da horta. Galegas 8-M tamén pon o foco nas alternativas locais de consumo ou na defensa das sementes autóctonas. As súas críticas analizan e cargan contra o sistema capitalista. "Que concentra beneficios a custa da apropiación de recursos, o emprego precario e o traballo gratuíto das mulleres", afirma o colectivo. Así, apostan por recuperar "toda esa rede de produción, distribución e consumo ecolóxico, solidario e responsábel que durante séculos impulsaron as mulleres do rural galego". Manifestarse en liberdade Arredor de 24 autobuses chegarán mañá, ademais dos vehículos privados. "Para nós, xa o esforzo de chegar até aquí e participar da mobilización xa é un gran logro", valora esta organizadora, quen apunta a que dentro dos feminismos "existen distintas correntes" e que o que queren é que prime "a liberdade" á hora de percorrer as rúas. "Escolleuse Verín porque o peche do paridoiro foi un exemplo de violencia obstétrica, mais tamén unha mostra de que a Xunta da Galiza afirma promover políticas para revitalizar o rural ao tempo que elimina servizos básicos para a poboación", apunta esta participante.
PRAZA_8258
O presidente da Xunta advirte as persoas afectadas polas preferentes de que "non caben actos violentos" para expresar as súas reivindicación e teima en culpar a oposición das crecentes protestas
Tui, Vigo, Mos, Ponteareas, O Rosal, Santiago... Son moitas as vilas e cidades do país que viven dende hai meses protestas das persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas e que nos últimos días ven como a desesperación se traduce en reivindicacións máis virulentas, moitas delas durante as sesións plenarias de concellos e deputacións. Está previsto que este venres o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) dea a coñecer cal será a quita que sufrirán os preferentistas ou, traducido, cantos cartos van perder os máis de 60.000 cidadáns e cidadáns que teñen atrapados os seus aforros nestes produtos financeiros de alto risco, adquiridos na maior parte dos casos sen coñecemento dos interesados. Neste contexto o presidente da Xunta declárase "aliado" das persoas afectadas, non sen antes lanzar todo un paquete de advertencias e reproches. Despois dos incidentes dos últimos días en varios consistorios do país -en Ponteareas os edís do PP remataron saíndo pola fiestra e o conselleiro de Infraestruturas foi retido nunha visita á depuradora de Vigo- Alberto Núñez Feijóo aproveitou a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta para advertir os preferentistas de que "en Galicia non caben actos violentos, non cabe violentar as institucións democráticas nin rebentar o seu traballo". "Os ataques á vida democrática non son respaldados polo pobo de Galicia e quen os inspira equivócase profundamente", asegura o líder conservador, para quen as protestas "prexudican as institucións" pero tamén "o interese lexítimo das familias prexudicadas". Segundo Feijóo as protestas "aprovéitanse da dor das familias" e "prexudican o interese" das persoas estafadas Neste punto, Feijóo recupera o que vén sendo unha constante nos seus argumentos a respecto deste conflito: a responsabilidade última, do problema e das protestas, é dos grupos que actualmente sentan na oposición parlamentaria. As manifestacións, concentracións e peches, di, "só buscan aproveitarse da dor das familias e o que fan é perder a razón das súas reivindicacións" e por iso "a inmensa maioría das familias que teñen o problema das preferentes séntense avergoñadas pola utilización do problema". Neste contexto, salienta, "a Xunta é o único aliado das familias que teñen este problema" coas preferentes, que se "emitiron noutras épocas, noutros gobernos" -foron vendidas polas antigas caixas entre 2003 e 2011- e con este goberno estamos tentando buscar unha vía para solucionar o problema ao 100% a aqueles que tiñan un déficit de información", afirma. O presidente di que a arbitraxe podería seguir despois da quita Aínda que as condicións do rescate bancario ao Estado impiden de facto que esa solución se produza Feijóo mantén que "o meu goberno traballa para solucionar o problemas das preferentes", que "outros crearon". Por iso, di, "pódese dicir que hai 15.000 familias en Galicia que percibiron os aforros atrapados nas preferentes" e "noutras comunidades iso non se pode dicir". Neste contexto, o presidente mesmo deixa a porta aberta a que a arbitraxe a través do Instituto Galego de Consumo -á que Novagalicia Banco se pode negar en calquera momento- continúe a funcionar despois da quita. Iso é, cando menos, o que vai "estudar" a Xunta, asegura. Mentres o presidente da Xunta expresaba a súa posición ao respecto o delegado do Goberno central en Galicia, Samuel Juárez, profundaba no mesmo argumentario, asegurando directamente que as persoas afectadas están "manipuladas" para prexudicar ao PP. Malia todo isto, nas filas do partido da gaivota obsérvase con especial receo que a quita das preferentes se vaia coñecer este venres, o día anterior de que o a formación celebre o seu congreso provincial en Pontevedra, ante o que se prevén notables protestas.
NOS_3101
A Consellaría de Educación terá na súa man permitir que o alumnado pase de curso sen límite de materias suspensas, segundo se desprende do Real Decreto Lei polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, aprobado esta semana no Congreso e publicado onte no BOE.
O documento recolle modificacións á hora de estabelecer os criterios de avaliación e promoción en Primaria, Secundaria e Bacharelato, que quedan en mans das Administracións territoriais e dos centros. A avaliación, sinala o texto, será global e non polo número de materias suspensas: "A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional que se adoptará, en todo caso, de maneira colexiada polo equipo docente en función da evolución académica do estudante, globalmente considerada". Segundo a actual Lei de Educación, o alumnado terá que repetir curso se obtivese suspenso en tres ou máis materias, ou se as materias con cualificación negativa fosen Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea. O real decreto recolle ademais a excepcionalidade da contratación de persoal interino sen mestrado, a habilitación para adaptar currículos, avaliación e promoción en diferentes etapas ou condicións para a realización das prácticas en empresas en Formación Profesional (FP) e outras ensinanzas. A Consellaría de Educación avanzou a semana pasada que para "casos puntuais" na que se precisen docentes sen o mestrado de profesorado, deseñará unha formación pedagóxica. Os sindicatos levan semanas reclamando a convocatoria, da Mesa Sectorial de Educación para debater como se desenvolve esta normativa para acomodala á lexislación galega.
NOS_47977
O 1 de xaneiro de 2002 o euro pasou a ser a moeda de varios dos Estados da Unión Europea. Mentres as autoridades comunitarias conmemoran hoxe o seu 20 aniversario, o rexeitamento a moeda única gaña forza en todo o continente. O seu futuro vai depender da capacidade para dar resposta a esta nova crise.
O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, aproveitou o 20 aniversario da entrada en vigor do euro para facer unha defensa da moeda de 18 Estados da Unión Europea. Á marxe do mesmo continúan países como Dinamarca ou Suecia sendo o último en adoptar esta moeda Lituania, quen a fixo súa en 2015. Michel sinalou nun acto celebrado este sábado en Bruxelas que "o euro percorreu un longo camiño. É un verdadeiro logro europeo. Mesmo diría que o euro se converteu en parte de quen somos e como nos vemos como europeos. Parte da nosa mentalidade. Parte do noso espírito europeo. O euro perténcenos a todos, a todos os cidadáns europeos". A concentración bancaria e de capitais "Un euro dixital podería xerar maiores oportunidades para a investigación e a innovación. E unha cousa está clara: necesítanse investimentos masivos para que as nosas transicións ecolóxicas e dixitais sexan un éxito. Por iso é tan vital completar a Unión Bancaria e a Unión dos Mercados de Capitais", continuou Michel. O presidente do Consello Europeo rematou afirmando que "se queremos promover os nosos valores europeos, se queremos liderar fronte aos grandes problemas do século XXI, necesitamos unha moeda global que coincida coas nosas ambicións globais. Fagamos de hoxe, este aniversario, un día que revitalice o noso compromiso coa acción europea colectiva, para fortalecer a nosa Unión Económica e Monetaria e avanzar con confianza". A visión de Michel non é partillada polo maior parte dos economistas críticos. Un grupo importante deles, seguindo a formulación avanzada en 2003 por Samir Amin, prefire falar de sistema euro para designar "ao conxunto constituído pola moeda única e as regras que acompañaron a súa implantación". Neste sentido, fan a referencia ao bloque normativo relativo ao pacto orzamentario e as funcións encomendadas ao Banco Central Europeo (BCE). As regras do euro O paso ao euro combinouse con dúas regras esenciais. En primeiro termo, a fixación de normas orzamentarias, 3% do PIB para o déficit e 60% para a débeda en curso. En segundo lugar, as modalidades de funcionamento do BCE, independente dos poderes públicos, co único obxectivo do control da inflación e coa prohibición de financiar os déficits públicos. O economista grego, Costas Lapavitsas, entende que "esta construción baseábase nunha hipótese, que algúns economistas recusaron entón, e que moitos descubriron máis tarde. Esta hipótese era que as disciplinas orzamentarias e salariais, combinadas coa liberalización dos movementos de capitais, bastarían para asegurar a converxencia das economías que formaban parte da zona euro". O Nobel de Economía, o estadounidense Joseph Stiglitz non dubida en responsabilizar ao euro da especial virulencia da Grande Recesión no seu ámbito de influencia. Neste sentido argumenta que "a causa da particular crise da eurozona, non do ámbito da UE, está ligada coa xenética proxecto europeo e de xeito moi particular co mercado común de capitais, a moeda única e as relacións xerárquicas entre o seu centro e a súa periferia". O BCE Stiglitz amósase moi crítico co BCE a quen acusa "de non controlar a inflación, malia ser esta a súa encomenda". Neste sentido, analizou como "a incapacidade do BCE para controlar a inflación non só provocou unha caída do poder adquisitivo das clases traballadoras senón que provocou diverxencias na competitividade entre Estados a favor do centro". Lapavitsas, nun libro publicado en 2012 en español co título de Crisis en la Eurozona, apunta que "no período 1999/2008 os prezos aumentaron na eurozona en 22%, a tendencia variou segundo o Estado até o punto de medrar 17,42% en Alemaña fronte a 34,28%, 35,55% e 35,72% de Estado Español, Grecia e Italia" "A conta é doada, os produtos españois encareceron en 17% fronte Alemaña e os gregos e italianos en 18% o que implica unha perda de competitividade da periferia como consecuencia dunha diferente evolución dos prezos", continúa Lapavitsas, quen conclúe que "mentres uns Estados, os centrais, aumentaban o seu superávit, outros, os da periferia, incrementan o déficit". Desvalorizar a moeda A practica totalidade das escolas económicas coinciden en destacar que "a imposibilidade de desvalorizar a moeda limita de facto a capacidade de resposta dun Estado fronte á crise". Esta idea está mesmo recollido no Programa Nacional de Reformas para 2013 do Goberno de Raxoi. As diferencias para as maiorías sociais do recurso a desvalorización externa ou a desvalorización interna son claras. A este respecto, o economista Éric Toussaint destaca que "a desvalorización da moeda é neutral porque non altera as rendas fronte a desvalorización interna que si que as modifica". "Expliquémonos", afirma Toussaint, "a desvalorización monetaria modifica os prezos exteriores, pero non toca a relación interna de prezos, incluíndo os salarios. Noutro lado a desvalorización interna, ao non modificar ao mesmo tempo o prezo de todos os produtos, salarios incluídos, muda as rendas co que enriquece a uns e empobrece a outros".
PRAZA_1024
Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol suman case un millón de habitantes. Pero, ademais, o voto urbano adoita marcar tendencias e iniciar cambios políticos. Analizamos a evolución das distitas forzas na última década.
Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol suman case un millón de habitantes, pero máis aló da súa importancia numérica, as urbes acollen habitualmente o inicio dos principais cambios políticos e tendencias do voto. A análise da evolución do comportamento electoral dos distintos partidos é un reflexo da historia política recente de Galicia, aínda que cada cidade ten as súas dinámicas propias e, sobre todo, os comicios municipais adoitan ser moi diferentes ás restantes convocatorias. Botando un ollo, unicamente, ao último ciclo electoral, dende as municipais de 2011, podemos ver que nesa cita o PP foi o partido máis votado (210.288), superando claramente o PSdeG-PSOE (151.044) e BNG (67.754): nesa cita, EU recibiu 22.160 sufraxios e UPyD, 6.773. Uns meses máis tarde, nas eleccións xerais de novembro, os populares ampliaron a súa diferenza, con 260.978 votos, fronte aos 178.003 do PSdeG-PSOE e os 58.679 do BNG; EU creceu ata os 34.262 votos e UPyD ata os 9.701. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2012, o PP situouse por debaixo dos douscentos mil apoios nas cidades (193.279), pero moito maior foi o descenso experimentado polo PSdeG-PSOE, ata os 106.894. AGE foi a terceira forza nas urbes, con 91.127 votos, por diante do BNG (46.095). Na última cita, as eleccións europeas de maio do pasado ano, as cidades galegas ofreceron un escenario moito máis fragmentado: o PP (102.865) seguiu sendo a primeira forza, pero perdendo milleiros de votos, e superando por pouco ao PSOE (80.371). AGE (45.280) foi a terceira forza, por diante de Podemos (40.750) e BNG (25.053). UPyD (14.990) e Ciudadanos (8.991) tamén sumaron unhas cifras importantes nas sete cidades galegas. Que sucederá este 24 de maio? A Coruña X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 63.150 48.708 30.083 57.092 37.397 47.267 37.087 58.848 57.421 40.959 51.286 63.242 48.114 24.576 PSOE 41.602 35.677 57.150 71.643 38.634 51.287 41.290 67.302 43.249 36.123 31.341 43.415 23.649 20.004 BNG 25.422 31.339 28.382 16.375 11.835 28.806 24.415 15.744 18.503 6.984 14.165 13.531 9.270 5.458 EU/AGE 2.670 864 3.156 3.830 2.351 1.576 3.806 3.347 2.168 1.965 7.075 9.648 25.010 11.031 UPYD 1.396 4.351 2.789 1.083 2.883 2.996 4.018 POD 11.192 C'S 2.704 Santiago de Compostela X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 27.972 25.384 18.489 26.355 16.973 24.075 18.664 26.153 25.769 17.200 20.751 27.278 22.174 10.249 PSOE 11.419 10.477 20.481 21.657 10.717 15.967 18.270 21.074 15.575 10.758 14.846 14.761 8.413 6.286 BNG 11.233 11.673 8.507 7.470 5.707 11.375 7.871 7.609 9.095 3.811 6.370 7.110 4.336 2.905 EU/AGE 758 310 590 1.275 822 470 1.119 1.263 856 753 1.898 2.940 11.151 5.483 UPYD 660 1.466 829 968 1.071 988 1.431 POD 3.103 C'S 942 Ferrol X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 21.658 17.998 10.231 20.827 13.453 17.177 9.400 18.307 15.790 12.111 14.974 19.026 14.419 7.779 PSOE 10.330 8.790 5.433 18.723 11.143 13.443 11.842 19.169 12.220 10.193 8.273 12.039 7.014 5.628 BNG 10.761 10.239 9.458 5.050 3.601 7.099 3.219 3.847 4.398 1.853 2.906 3.673 2.793 1.564 EU/AGE 1.498 830 3.950 1.994 1.067 1.454 5.203 1.423 831 749 3.160 2.728 7.013 3.590 IF 9.412 4.703 1.806 UPYD 443 862 529 349 605 800 1.008 POD 2.994 C'S 571 Lugo X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 26.071 23.398 18.063 24.779 16.155 21.919 18.428 24.284 24.047 17.881 22.853 28.042 21.570 11.263 PSOE 13.531 12.552 28.089 25.425 14.474 20.784 23.375 25.449 18.297 14.004 19.840 17.998 10.791 8.084 BNG 9.252 9.720 6.285 5.819 4.033 8.444 7.417 5.826 8.038 2.848 4.663 4.386 3.745 2.122 EU/AGE 905 573 796 939 624 326 854 970 668 610 1.648 2.794 7.336 3.632 UPYD 621 1.346 629 337 883 764 1.326 POD 3.270 C'S 731 Ourense X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 29.297 26.752 28.841 30.139 18.893 24.289 26.160 27.362 27.221 20.754 21.564 29.580 21.158 12.552 PSOE 16.222 13.291 12.187 26.349 16.241 21.297 16.428 29.898 21.639 17.763 20.896 21.194 13.560 9.346 BNG 14.768 15.528 15.165 9.413 4.615 13.191 12.253 6.892 9.213 2.816 6.146 5.242 4.091 2.074 EU/AGE 824 447 836 1.008 679 358 528 829 604 686 1.080 2.334 6.732 3.598 DO 1.757 729 4.529 3.195 UPYD 614 790 627 292 837 517 1.445 POD 3.437 C'S 856 Pontevedra X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 20.293 17.244 15.946 19.871 12.111 17.258 19.387 20.893 20.566 13.603 17.244 21.983 15.851 8.563 PSOE 11.263 11.090 8.004 20.859 12.214 15.993 9.807 20.789 14.170 11.576 5.803 13.493 7.770 6.470 BNG 9.035 9.608 17.400 6.378 4.431 8.628 12.412 5.192 7.623 3.144 17.130 7.276 7.712 3.590 EU/AGE 642 408 392 955 621 295 594 864 515 495 711 1.852 5.440 3.235 UPYD 518 1.345 883 405 920 929 1.374 POD 3.161 C'S 768 Vigo X00 G01 M03 X04 E04 G05 M07 X08 G09 E09 M11 X11 G12 E14 PP 76.501 61.190 52.598 70.697 42.727 57.693 66.559 67.929 66.272 45.898 61.616 71.827 49.993 27.883 PSOE 36.271 31.024 44.497 76.242 41.907 57.154 44.398 78.065 51.670 45.898 50.045 55.103 35.787 24.533 BNG 36.109 36.644 39.387 20.275 14.123 30.796 28.030 19.749 27.559 9.524 16.374 17.461 14.148 7.340 EU/AGE 3.760 1.680 3.197 5.989 3.215 1.769 2.395 4.139 2.576 2.732 6.588 11.966 28.445 14.711 UPYD 1.551 3.774 1.955 1.746 3.339 3.400 4.338 POD 13.593 C'S 2.419
NOS_37529
O financiamento irregular dos populares galegos volve ao Parlamento
As dúbidas sobre a contabilidade do PPdeG volveron esta terza feira, 13 de abril, ao Parlamento da man do BNG. Os nacionalistas, nunha iniciativa defendida por Luís Bará, solicitaron a constitución dunha comisión de investigación sobre a participación dos populares galegos no financiamento irregular da formación a nivel estatal. Neste sentido, Bará lembrou que "ao fío do proceso xudicial fixéronse públicas diferentes informacións que implican de cheo o PP da Galiza, como confirmou o ex tesoureiro, Luis Bárcenas, ante o xuíz, declarando que en 2010 o PP de Pontevedra entregou 50.000 euros en negro na sede de Xénova". O deputado nacionalista sinalou que "existe un longo historial que vincula o PP galego coa trama de financiamento ilegal, tendo en conta que Pablo Crespo, considerado número dous da Gürtel, foi secretario de organización do partido na Galiza durante case unha década e confesou que o 75% do orzamento das campañas electorais era diñeiro negro". Ao tempo, destacou, en relación á causa polos papeis de Bárcenas, que "na documentación do procedemento xudicial tamén se fai referencia ao informe de 2006 do entón xerente do PP, que rexistra mordidas a empresas por valor de 1,8 millóns" de euros. O grupo parlamentario socialista apoiou a iniciativa do BNG afirmando que "a corrupción do PP pasa por Galiza e remata na Galiza". A este respecto, o deputado socialista Pablo Arangüena considerou que "a creación dunha comisión de investigación non é un capricho, senón unha cuestión necesaria, un asunto de estrita hixiene democrática e de máximo interese para a cidadanía. Cómpre disipar as sospeitas sobre un Goberno que debe xestionar a máis importante inxección de fondos europeos da historia da Galiza". O último pago da caixa B Arangüena ironizou con que "o carácter de Feixoo levouno a manter unha relación case familiar cun contrabandista" e lembrou que "cando Feixoo durmía na casa de Marcial Dorado xa fora detido en máis dunha ocasión". "A única contabilidade aludida no caso Kitchen é a do PP galego", continuou o deputado socialista, quen salientou que "o antigo xerente do PP, Cristobal Páez, e Luis Bárcenas, malia a súa mala relación e malia manteren estratexias procesuais enfrontadas, coincidiron en que a última operación da caixa B do PP foi un pago realizado en 2010 polos populares de Pontevedra, cando Feixoo levaba catro anos como presidente do partido na Galiza" Os populares rexeitaron a constitución da comisión de investigación afirmando que "o PPdeG non ten relación ningunha coa Gürtel e nada do que arrepentirse neste caso". Malia que nun momento da súa intervención o deputado popular José Alberto Pazos se amosou disposto a pedir "desculpas polos erros, si, execución na praza pública, non", boa parte da súa quenda empregouna en atacar a acción de Goberno de Executivos en mans de socialistas e nacionalistas. Pazos, quen negou que o PP fora condenado pola Audiencia Nacional a título lucrativo na primeira parte da causa Gürtel, sinalou que os informes recollidos nos procedementos xudiciais en relación coa contabilidade irregular dos populares "foron rexeitados pola xustiza, para quen non existe ningunha relación entre o PP galego e o caso Gürtel". "Non precisamos desta comisión de investigación parlamentaria para chegar a conclusións escritas desde hai oito anos", aseverou Pazos.
NOS_39828
Continúa o proceso de re-deseño do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega con presenza nos quiosques.
Mudanzas na contracapa do semanario Sermos Galiza. A tradicional combinatoria entrevista-columna de opinión desaparece e no seu canto a publicación aposta en levar á contracapa as seccións "O espía nos quiosques" e "A semana en chíos". Canda elas, haberá todas as semanas unha foto-noticia ou unha pequena reportaxe. Na primeira entrega, o protagonismo é para As Maianas, o novo valor que se irá apresentar no Festigal 2015. A mudanza na contracapa insírese nunha liña de melloras introducidas nas últimas semanas no deseño do semanario e que, por exemplo, foron moi notorias na composición da capa. O título xenérico da última páxina do Sermos, a 40, pasa a ser A Contra Corrente. Sermos aprofunda así na liña de mudanzas do semanario, na procura dun deseño máis anovador. Nas próximas semanas iremos introducindo novos cambios no xornal, quer no que atinxe aos contidos quer no que ten a ver coa liña gráfica, sempre visando mellorarmos a calidade da publicación.
NOS_53966
Um empresário ultraliberal reconvertido em político arrebata ao Partido dos Trabalhadores a capital económica do Brasil. Promete fazer gestão da cidade como se for uma empresa.
São Paulo é a maior cidade do Brasil. E também do hemisfério sul. Nas eleições celebradas no passado dia 2 João Doria, com mais do 53 %, logrou a prefeitura para os próximos quatro anos. Os que precisa para para administrar a cidade, diz ele. Também diz que não vai tentar a reeleição. Com 3.085.187 votos, o que corresponde a 53,29% dos votos válidos, Doria é o primeiro prefeito de São Paulo eleito em primeiro turno desde 1992, quando as eleições passaram a ter dois turnos. Ele vai tomar posse em 1º de janeiro de 2017. Doria é o primeiro prefeito de São Paulo eleito em primeiro turno desde 1992 João Doria tem 58 anos e é natural de São Paulo. É presidente licenciado do grupo Doria e do comitê executivo do lide - grupo de líderes empresariais. Doria foi secretário municipal de turismo e presidente da Paulistur nos anos 80. Ocupou ainda o cargo de presidente da Embratur. Mas não quer falar deste seu passo pelo governo. Ele se candidata à prefeitura de São Paulo pela primeira vez. Tudo pode ser privatizadoCom uma propaganda baseada em sua biografia de homem que trabalhou para alcançar um patrimônio muito considerável, Doria, que não partia como favorito, cresceu exponencialmente nas semanas finais. Nas caminhadas pelos bairros, o candidato fez questão de posar comendo, tomando café ou abraçando eleitores. João Doria gostava de repetir em todos os debates que ele é um empresário e sua marca é a privatização. As ideias de Doria são sempre as mesmas. Para tudo, a resposta é "colocar nas mãos da iniciativa privada". A postura pró-mercado do novo prefeito de São Paulo encaixa perfeitamente com o plano do governo Michel Temer, que já colocou 34 projetos de infraestrutura à disposição do mercado. "Investimento privado é a única maneira de gerar um crescimento sustentável, de longo prazo", diz Barry Engels, presidente para América Latina da General Motors, que elogia a mudança de pensamento no Brasil. A falta de recursos é a realidade para a maioria dos 5.568 municípios brasileiros. A situação é tão crítica que levou prefeitos a tentar provar que possuem um número maior de moradores para aumentar as receitas que são repassadas pela União. Obstinado, metódico e comunicativo, Doria está convencido de que é possível transferir a eficiência do setor privado para a máquina pública. "Não existe herói solitário. Existem ações coletivas", afirma. A esperança é que esse modelo de gestão seja replicado em outras regiões. "Vamos fazer gestão, fechar as torneiras, utilizar tecnologia e colocar máquina dentro do trilho, desburocratizando e simplificando", diz Lunelli. A quase 600 quilómetros da capital paulista, os moradores do município catarinense de Jaraguá do Sul, sede de empresas como a WEG, uma das maiores fabricantes de equipamentos elétricos do mundo, e a Malwee, uma das principais empresas de moda do Brasil, terão uma experiência semelhante nos próximos quatro anos. Neófito na política, o empresário do setor têxtil Antídio Lunelli, dono de um património declarado de R$ 288 milhões (Doria Jr. declarou ter R$ 180 milhões), foi eleito com 44% dos votos. Na senda de Bloomberg e MacriA exemplo do que ocorreu com Bloomberg e Macri, a chegada de um empresário ao poder gera um choque de expectativas. Para Edmundo Klotz, presidente da Associação Brasileira das Indústrias da Alimentação (Abia), "O setor privado pode ensinar tudo para o setor público" já que "O governo, na maioria dos casos, não sabe ser gestor." Ainda resta por aclarar a história de um cheque de R$ 20 mil que recebeu em dezembro de 2013 de uma empresa investigada pela Operação Lava Jato. A partir de 1º de janeiro de 2017, quando estiver no comando da maior cidade da América Latina, o empresário João Doria Jr. terá a oportunidade de comprovar se pode haver boa gestão sem boas diretrizes políticas.
NOS_40818
Non se apagan as lapas da Operación Zeta. E cada día están máis perto de Monte Pío.
Gerardo Crespo, o presunto número 1 da Operación Zeta -investigado por supostamente organizar cursos de formación irregulares ou falsos que lle terían reportado 20 millóns de euros de fondos públicos- apunta directamente o seu antigo partido e, nomeadamente, a Feijóo. Nunha entrevista en Radio Coruña-SER, realizada esta quinta feira, Gerardo Crespo nega ter subornado cargos da Xunta para conseguir contratos para a súa empresa, Azetanez. Cousa distinta é se utilizou a empresa para financiar o PP. Destarte, e á pergunta de se entregou diñeiro ao PP, Crespo afirmou literalmente: "Iso tereino que declarar perante a xuíza. Mais evidentemente o PP ten moitas cousas que tapar, hai moito que dicer aquí. Direillo á xuíza primeiro" [segundo a investigación da xuíza, na caixa B de Crespo hai consignados pagamentos ao PP por importe de 17.000 euros]. Que consecuencias terá a súa declaración nos xulgados? "Hai persoas moi importantes do PP", esclarece, "que están totalmente -e teño probas- tocadas, pero moi tocadas, e che podo falar de persoas de maior idade mesmo". Que persoas? E relaciona: o presidente do Consello de Estado [Romay Beccaría], o presidente da Xunta de Galiza [Alberto Núñez Feijóo], e o alcalde da Coruña [Carlos Negreira]. E advirte: "E podo seguir". "Eu estiven no despacho de Bárcenas. No despacho de Ana Pastor. Faltoume estar no despacho de Rajoy, pero case, si que estiven na Moncloa" Crespo queíxase da deslealdade que terían tido con el os seus antigos correlixionarios [o empresario foi expulso do partido ao se coñecer que a polícia o investigaba por supostas irregularidades na realización dos cursos de formación]. Di que desde xaneiro de 2012 se cortou toda relación con el por parte dos dirixentes do PP e tamén por parte de Pachi Lucas, persoa chave na trama, íntimo amigo de Feijóo e -segundo as investigacións policiais- o enlace entre o propio Crespo e as administracións públicas que asinaban contratos coa empresa. Pachi Lucas, alias O Conseguidor. Segundo o relato do empresario, Pachi Lucas foi alertado por Feijóo de que estaba a ser investigado. Iso aconteceu en xaneiro de 2012. Apartir dese momento Lucas non respondeu ás chamadas de Crespo, mais, segundo di este, si que seguiu ingresando as transferencias mensuais por valor de 3.000 euros en retribución polos servizos prestados a Azetanez. Que tipo de servizos? Basicamente ser a chave que "podía abrir calquer porta", di Crespo. "Eu estiven no despacho de Bárcenas. No despacho de Ana Pastor. Faltoume estar no despacho de Rajoy, pero case, si que estiven na Moncloa", ilustra o empresario. "Ameazáronme. A min e a ao meu avogado. Dicéndome que son novo, que teño fillos, que teño muller" Pachi Lucas conseguía os contratos non porque fose un extraordinario comercial, senón pola súa relación de íntima amizade con Feijóo. Afirma Crespo que co PP actual só se pode facer negocios se "estás cos seus amigos". E Pachi Lucas, entre os amigos, era o amigo. Feijóo abenzoaba a relación entre Crespo e Lucas, segundo o relato oferecido por aquel nesta entrevista. Tanto que, di o empresario, chegou a dicerlle a Lucas: "A ver se gañades moito diñeiro", frase que "está gravada" e figuraría no sumario. Nótase a tensión en todo o que di Crespo, un vello militante do Partido Popular enfrentado agora con toda a súa dirección. "Tense posto alguén en contacto con vosté para que se cale ou para que non fale?", perguntoulle o xornalista Marcos San Luís. "Ameazáronme. A min e a ao meu avogado. Dicéndome que son novo, que teño fillos, que teño muller. Estou ameazado. Eu, a miña muller, os meus fillos, o meu avogado". "Que o ameazou"? "As voces que ameazan non as coñecemos", respondeu.
NOS_4639
A páxina da Asociación de Actores e Actrices de Galiza ábrese cun grande lazo negro. Nada máis que dicir. A morte do actor Xosé M. Olveira, "Pico", conmocionou o mundo das artes escénicas e as mostras de dor sucedéronse desde que se coñeceu a noticia.
Á tarde do xoves a noticia da morte de Xosé M. Olveira, "Pico" difundíase con rapidez, en especial, coa axuda das redes sociais onde se sentiron os primeiros pésames pola perda. A Asociación de Actores e Actrices mudaba a portada da súa páxina para a converter nun grande lazo negro en sinal de loito da profesión pola morte dun dos seus, dun dos nomes que, sen dúbida, pasará á historia do teatro galego. O corpo está a ser velado no tanatorio de Boisaca, en Compostela, e a incineración desenvolverase no fin da tarde do venres, na intimidade familiar. Desde a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, vencellada tamén co actor na súa longa historia fundamental para o teatro profesional galego, remitían o seu pesar pola perda dunha "boa persoa, un magnifico artista que permanece na memoria do pobo e que tamén contribuíu a facer grande esta Mostra". Silencio no teatro O actor Luís Zahera facía parar a función. O teatro tornábase silencio cando decidía suspender a función preparada para onte mesmo na sala da Nave de Vidán, en Santiago. Mais era na rede onde o afecto e o respecto que a figura de Xosé M. Olveira "Pico" despertaba quedou a vista nada máis se coñecer a noticia. A concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Ribeiro, publicaba un chío no que se mostraba "apenada" polo pasamento do actor e engadía que os dous espazos escénicos do Concello, o Pazo da Cultura e o Teatro Principal "lembrarán sempre o seu bo facer". O presidente de AGAL, Miguel Pernas apuntaba que "hoje o país fica um algo mais empobrecido…" e o xornalista Diego Giráldez apuntaba que "hai actores que deixan o pano arriba aínda que baixen do escenario" O máis grande actor Un dos nomes principais da escena galega, o actor e director Cándido Pazó, relataba como Pico chegou ao Seminario fuxindo do mar para o que estaba destinado como todos os mozos de Esteiro, e fuxiu do Seminario para subir a un escenario. "Non sei se o mar perdeu un gran mariñeiro, non sei se a Igrexa perdeu un gran cura, pero o teatro galego gañou o, para min, actor máis grande da súa historia profesional, e non é emoción do momento (inda que estea emocionado) e o que penso querendo ser obxectivo. E perdeuno onte. Que a súa memoria nos console, aínda que o vexo difícil. Gústame lembralo en escena. Con Ricardo de Barreiro en "A Piragua"", escribe na súa páxina de facebook, na que inclue unha imaxe do proxecto que compartiu co actor. Tamén o actor Monti Castiñeiras recoñecía o doado que era traballar ao carón de Pico. Simbad, Noite de Reis, Entre Bateas... O público agradecíalle os moitos bos momentos, tanto na televisión como no cine ou no teatro e non faltou quen mostrou as súas interpretacións preferidas. Así, Alba Pena escribía: "Noite de Reis, esa gran obra á que fun ver dúas veces e mais que iría se por min fose, nunca tanto me rin! DEP ".Carlos Feijoo, en cambio, sinalaba: "Finou o vello Simbad que quería voltar ás illas. Moito o sinto. Sempre excelente pero nunca mellor que naquela obra do CDG". Para María Yáñez, os seus personaxes favoritos foron "o Veiga de Entre Bateas, o Salvador de Esperanza, varios cregos e o romano de "Eu son Anxo Quintana". Sergio Barca dicía que se ía "o avogado de Pratos Combinados e o obispo de Padre Casares!" mentres o escritor Marcos Olveira lembraba que a última vez que o viu foi como "kafka escribindo cartas dunha boneca... que a terra lle sexa leve". A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) lamentou a morte na súa páxina web e incorporou unha galería de imaxes das montaxes do CDG na súa páxina. Tamén o Cluster do Audiovisual lamentou a perda dun actor "que destacou pola súa profesionalidade e bo facer no mundo da interpretación". A TVG emitirá na tarde do venres un capítulo da serie "Pratos combinados" e o sábado "Sinbad".
PRAZA_10373
Un ano despois do inicio das mobilizacións, a plataforma organizou un debate público sobre o futuro dos medios públicos e do xornalismo en Galicia. Trátase de que, de vez, a Galega deixe de ser a "ferramenta" ao servizo do "goberno de quenda", conclúen
Persoal da Televisión de Galicia e da Radio Galega agrupado en torno á plataforma Defende a Galega mobilizouse este 14 de xuño por quincuaxésimo sexta semana consecutiva. As reivindicacións contra a manipulación informativa e pola mellora da calidade dos contidos e das condicións laborais, coa mobilización dos 'venres negros' como acción máis visible, sinalan entre os seus primeiros obxectivos o cumprimento íntegro da lei de medios que o Parlamento aprobou no ano 2011 e que seis meses despois xa estaba a incumprirse.Un ano despois do inicio das mobilizacións, a plataforma organizou un debate aberto sobre o futuro dos medios públicos e do xornalismo en GaliciaEse cumprimento da lei segue a ser un ano despois a bandeira dun movemento que busca ampliar os marcos da súa reivindicación. Así ficou patente no encontro Para que? Para quen? Públicos, privados, concertados. O xornalismo a debate, un coloquio organizado o pasado xoves polo propio colectivo que sentou á mesma mesa á xornalista Sonia Vizoso, aos profesores Margarita Ledo e Luís Álvarez Pousa e ao tamén xornalista Virgilio Costas, máximo responsable da Radio Galega na etapa do Goberno bipartito. Moderados polo xornalista Luís Villamor, todos eles coincidiron no carácter estrutural de boa parte dos problemas dos medios públicos galegos e, no que atinxe ao control político, remitíronse á súa propia "xénese". A "cultura corporativa" baseada no control polo partido no goberno tornou nun "xogo" mesmo aceptado "pola oposición" durante anos, lamentou Costas nun contexto no que, resaltou Vizoso, boa parte das reivindicacións do persoal xa deixaron de ser "opinables" porque é doado "obxectivalas":A xornalista, redactora de El País e moderadora do programa da TVG Hai debate! na súa primeira etapa, sustentou a súa afirmación no que considerou un "momento crucial" da historia recente dos medios públicos. Refírese á xornada na que a desaparecida edición galega de El País sacou á luz os vencellos de Alberto Núñez Feijóo co contrabandista Marcial Dorado na etapa do actual presidente como secretario xeral do Sergas. "Ese día o Telexornal abriu coas procesións de Semana Santa" e a "normalidade na operación retorno", ilustrou.Case "todo" está na leiO xeito de emendar boa parte da problemática que sinala a plataforma Defende a Galega pasa, a xuízo dos participantes neste encontro, polo cumprimento da lei, "secuestrada polo presidente da Xunta", en verbas de Álvarez Pousa. Reivindicacións como a creación dunha autoridade audiovisual independente ou de órganos como o Consello de Informativos están recollidos na propia lei, resaltou Margarita Ledo, quen lamenta que a demora en despregar o texto normativo provoque que chegue incumprido ao momento en que vai haber que reformalo para adaptalo á recente nova directiva europea do audiovisual.Trátase de que, de vez, a Galega deixe de ser a "ferramenta" ao servizo do "goberno de quenda", conclúenEsa mesma directiva, resalta Ledo, sinala os medios públicos como "constituíntes da democracia" e garantes do dereito a información. Por iso, coida, o espazo internacional tamén pode ser adecuado para que o persoal mobilizado da CRTVG expoña unhas reivindicacións que, sinalou Vizoso, teñen unha escasa repercusión en boa parte dos medios privados do país. Nese sentido, agregou, a aplicación real da lei de medios debera traer tamén consigo a aprobación da prometidísima e nunca aprobada lei de publicidade institucional da Xunta. O persoal coincide en que un dos seus retos é, precisamente, difundir na sociedade a súa reivindicación.A recente ocultación da concesión do premio José Couso a Defende a Galega ou a recente controversia polo xeito en que a TVG informou sobre os exames de selectividade pairaron tamén sobre un debate no que o persoal presente dixo temer pola propia supervivencia dos medios públicos se a actual situación se estende no tempo. Este, advertiron, non é unicamente un conflito "laboral". Trátase de que, de vez, a Galega deixe de ser a "ferramenta" ao servizo do "goberno de quenda".
NOS_37150
BNG, EU e PSOE amosan o seu apoio á folga do sector do lixo na sede municipal a pesar de que o goberno local da Coruña negou a utilización dunha sala para que se celebrase a xuntanza.
Todas as forzas políticas con representación no concello da Coruña agás o gobernante PP escenificaron publicamente o seu apoio á folga que desde hai tres semanas secunda o persoal de Albada na planta de tratamento de residuos de Nostián contra o despedimento de traballadores e a forte rebaixa salarial que impón a empresa, concesionaria do concello. Representantes das forzas sindicais e de BNG, EU e PSOE mantiveron unha xuntanza no pazo de María Pita malia os obstáculos postos polo alcalde Carlos Negreira, que se negou a ceder unha sala das dependencias municipais para que a mesma tivese lugar. "Foi unha decisión sen base legal e que proba que Negreira considera que a sede municipal é súa, un coto privado de caza para uso e disfrute dos seus", afirma o grupo municipal do Bloque. A reunión tivo lugar nas oficinas de oposición. Ao seu remate, a concelleira do BNG María Xosé Bravo afirmou que "o Goberno municipal debe opoñerse tanto á destrución de emprego e ao desmantelamento de dereitos laborais que pretende Albada como á fraude da reciclaxe que non se fai". Pola súa parte, César Santiso de Esquerda Unida declarou que "o concello é o responsábel directo do que está a ocorrer, xa que non é un cliente senón o dono da concesión" e Yoya Neira, do PSOE, indicou que "o silencio do alcalde é unha falta de respecto aos traballadores". O presidente do comité de empresa de Nostián, Xosé Manuel Vilariño, acusou á empresa de ter "unha actitude chulesca e bochornosa" nas reunións e insistiu en chamar á folga que todo o sector do lixo da comarca convocou para o día 26 así como á manifestación do día seguinte.
NOS_26594
O baloncesto foi, tradicionalmente, un dos deportes máis populares entre as mulleres galegas, como dá boa mostra o feito de que leva perto de 100 anos practicándose. Cos anos, o seu peso foi aumentando, e figuras históricas como Ángeles Liboreiro e Maribel Lorenzo, ou as actuais Tamara Abalde e Raquel Carrera, demostran que o futuro da modalidade na Galiza está máis que garantido.
Entre o campionato que en 1935 se disputou en Pontevedra entre dous equipos de exhibición e a presenza de Tamara Abalde e Raquel Carrera nos Xogos Olímpicos de Toquio pasou case un cento de anos nos que o baloncesto feminino galego tivo etapas máis douradas e outras máis escuras, pero nos que o que si se comproba é o crecemento que de modo máis ou menos veloz tivo este deporte na sociedade galega. Peleteiro, Celta (coas súas variacións no nome), Ensino, Arxil, Xuventude de Cambados, Seis do Nadal, Estudantes de Lugo ou Basquet Coruña, entre moitos outros, dan fe do pulo do baloncesto entre as mulleres galegas. Pero se hai un punto de inflexión, seguramente este estea no Celta dos anos 70-80. Unha sección que escribiu en letras de ouro a súa traxectoria con títulos como cinco ligas ou catro títulos de Copa. Ángeles Liboreiro, Marisol Paíno, Amparo Dios ou Maribel Lorenzo encheron día tras día o pavillón das Travesas, que vibraba coas galegas en cada partido. Historia inacabada do deporte galego: "Os récords das atletas galegas" Os 1,85 metros de altura de Lorenzo convertérona no teito da Liga Feminina, sendo chaves as súas achegas no xogo interior para que o equipo conseguise o ascenso de categoría, alcanzando posteriormente as 14 tempadas na elite e formando parte fundamental dos dous primeiros títulos que ten o Celta, os de 1977 e 1979. Lamentabelmente, en 1981, cando xa estaba apartada do básquet 'top', faleceu repentinamente. En 2021, 40 anos despois do seu pasamento, a eterna '14' celeste foi recoñecida coa súa introdución na primeira clase do 'Hall of Fame' do baloncesto estatal. Alén da súa dramática perda, nos 80, a falta de apoio económico deu ao traste con esta gran xeración de xogadoras. Houbo que agardar entón até o ano 1996 para o regreso ás pistas de baloncesto do Celta. Foi da man do Club Deportivo Bosco, que apostou pola entidade celeste para manter a cidade de Vigo na elite mercándolle a praza ao Aucalsa de Oviedo. Pouco tardaron en regresar os éxitos, xa que nesa tempada 96/97 colocáronse na final da Copa da Raíña, que perderon co Pool Xetafe, e lograron unha praza nas competicións europeas, recollendo o pano que deixara o Celta dos 80, con xogadoras como Laura Grande ou Mar Xantal. Malia ter que renunciar á praza europea por non contar con suficiente poder financeiro, os éxitos repetíronse durante toda a década, evidenciando, deportivamente, o salto de calidade do club, até que o título de Liga caeu na temporada 98/99 e o Celta logrou o orzamento suficiente para estar na primeira Euroliga do século XXI, ademais de gañar outra Copa da Raíña na campaña 2000-2001. Historia inacabada do deporte galego: "Golpeando o saco das medallas" Pouco antes, nas tempadas 1995/96 e 1997/98, a AD Cortegada lograba senllos ascensos á Liga Feminina, cun cadro de xogadoras no que destacaba Helena Mariño. Falecida en outubro de 2020 con só 44 anos de idade, a súa figura será recordada como capital no baloncesto arousán e no deporte galego, xa sexa na pista, como adestradora ou na área política, onde sempre defendeu o seu compromiso co país. Pero malia que a Galiza aínda non logrou regresar a esta traxectoria triunfante das pioneiras do baloncesto, a presenza do Ensino de Lugo na máxima categoría, ao que este ano se suma o Baxi de Ferrol, garanten a saúde do deporte nacional. E se a iso lle engadimos que dúas das xogadoras máis destacadas dos últimos tempos teñen carné galego, a ecuación ten signos de saír con resultado positivo. Historia inacabada do deporte galego: "De Ponteareas para o mundo" E é que tanto a viguesa Tamara Abalde como a ourensá Raquel Carrera son xa grandes referentes, sobre todo no caso da primeira, quen non deixou de medrar desde que despuntou no Celta. A ala-pivote, precisamente, regresa á Galiza da man do Ensino de Lugo, algo que non ocorría desde que abandonou a disciplina celeste en 2007 para pasar polo todopoderoso baloncesto universitario estadounidense e despois por equipos como o Valencia, o Perfumerías Avenida ou o Rivas. Chega aos seus 32 anos como unha xogadora consolidada e que se converterá, sen dúbida, en referente non só para as súas compañeiras, senón para a afección. Un camiño semellante ao de Abalde é o que toma Raquel Carrera, quen aos seus 19 anos foi elixida en abril de 2021 como número 15 do Draft da WNBA estadounidense, a indiscutíbel mellor liga do mundo, algo inédito non só para calquera galega, senón tamén para calquera xogadora do Estado español. Criada no Celta e tras pasar polo Araski e o Valencia, xa sabe o que é gañar medallas internacionais en categorías inferiores e, polo de agora, aparca a WNBA para compatibilizar o deporte desde o País Valenciano coa súa carreira de Nutrición. Porque, aínda que o baloncesto feminino medra, aínda ten moito mérito e complexidade poder vivir del.
PRAZA_16194
Que unha parte pretenda representar todo o espazo é un espellismo. Significa pan para hoxe e fame para mañá
A acumulación de forzas transformadoras implica sempre un alargamento das bases e unha riqueza de posición e ollares. Unha riqueza que debe ser coidada e tratada con respecto. Desde esta perspectiva, podemos entender que a diversidade existente na unidade popular é un dos seus mellores valores, así como, unha das súas grandes fortalezas. Fronte a isto, o discurso único, que queren impornos, identifica a diversidade como unha debilidade, amplificando as diverxencias e as discordancias. Os medios de masas, na súa labor en favor das elites, penalizan a existencia dos debates e da pluralidade nas organizacións políticas e na maior parte dos casos ridiculízana. Isto é así, e non por casualidade. Saben que da acumulación dos diversos e de onde vai nacer a alternativa política transformadora, e por iso combaten a diversidade. Desde a unidade popular debemos impulsar a construción dun suxeito político propio que teña a súa base asentada na diversidade. A mestizaxe e a unión de proxectos e culturas políticas diferentes ao redor dun programa común é un exercicio histórico enriquecedor. É desde esta unidade na diversidade desde onde se teñen alcanzado metas importantes, que semellan afastadas mais que non o son. Máis de 410.000 votos equivalentes ao 25% dos votantes funcionan como aval da construción do suxeito propio e poliédrico. Debemos funcionar en sentido totalmente contrario ao modelo único neoliberal, que penaliza a diversidade, que promove unha visión uniforme da sociedade. Unha uniformidade ampla que adapta os modelos tradicionais con base no heteropatriarcado e na dominación do capital. Unha visión única que permite excepcións, como elementos decorativos, para confirmar as normas. Excepcións que dotan dunha falsa pluralidade ao discurso das elites dominantes. Na perspectiva de quen pretende políticas transformadoras para o día a día da cidadanía as ferramentas organizativas deben ser útiles para esa maioría social agredida. Non hai organización máis inútil que a que xira sobre si mesma perdendo o contacto coa realidade social que debe acompañar. É por iso que as estratexias que pretenden reducir a pluralidade e diversidade non poden ser admitidas, son empobrecedoras e só funcionan como reforzo de pequenos núcleos fácticos. Ben ao contrario debemos pensar en novas estratexias que aínda sexan máis permeables coa sociedade e que permitan ampliar, máis aínda, a base social do cambio. A unidade popular debe conformarse coma o catalizador do mellor de cada unha das correntes, organizacións e experiencias políticas que a integramos. As partes non poden representar o todo. E o todo só estará representado se todas as partes o están. Que unha parte pretenda representar todo o espazo é un espellismo. Significa pan para hoxe e fame para mañá. Nas nosas mans está constituír a ferramenta política que lidere un cambio profundo cara unha sociedade mais xusta e democrática. Unha sociedade na que a economía estea ao servizo do benestar das maiorías e na que avancemos na superación das desigualdades. Publicidade <a data-cke-saved-href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; href=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&#39; target=&#39;_blank&#39;><img data-cke-saved-src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; src=&#39;http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e&#39; border=&#39;0&#39; alt=&#39;&#39; /></a>
NOS_40505
O Correlingua percorreu rúas e prazas da capital de Galiza para lembrar que o galego é "a chave para estar no mundo"
A edición 2013 do Correlingua desembarcou en Compostela despois de pasar xa por Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, A Coruña e Ferrol. Milleciros de escolares de centros de ensino da comarca tomaron parte nesta actividade de defenda e apoio ao idioma do país. O Correlingua contou coa participación, entre outros, do actor Pepe Penabade, que ao rematar a carreira foi o encargado de presentar, desde o palco da Alameda o acto final do Correlingua. Alí, dúas alumnas do CPI Ponte Carreira interpretaron un poema de Rosalía de Castro musicado por elas mesmas. Estudantes do Bacharelato de Artes do IES Antón Fraguas tamén interpretaron varias pezas adaptadas tamén por eles mesmos e foron os encargados de dar lectura o texto gañador do concurso de manifesto Correlingua 2013 -que nesta ocasión recaeu nos Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte-. En todas as citas faise entrega tamén do premio de animación da marcha, que nesta ocasión levou o IES Xelmírez II por unha serpe xigante na que se podía ler o lema deste ano: Galego, chave do mundo. A máis O Correlingua vense realizando regularmente desde o 2000 aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais. Na actualidade está organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
PRAZA_11707
Pontón salienta que "a lei obriga a ter non só docencia senón tamén investigación e a non duplicar titulacións xa existentes"
Pontón salienta que "a lei obriga a ter non só docencia senón tamén investigación e a non duplicar titulacións xa existentes"Na sesión de control deste mércores a portavoz do BNG, Ana Pontón, acabou debatendo con Feijóo sobre o peche do paridoiro de Verín pero orixinalmente tiña rexistrada unha pregunta sobre a nova universidade privada que impulsa Abanca a través de Afundación, a fundación que recolleu os restos da obra social das antigas caixas compradas polo banco. A nacionalista acusou ao presidente, que apoia a nova universidade malia o rexeitamento das tres universidades públicas galegas, de ser un "testaferro dunha universidade privada que non lle vai aportar nada a este país". Pola contra, Feijóo respondeulle que é "unha iniciativa sen ánimo de lucro".O presidente escudouse en que formalmente a universidade está a ser tramitada por Afundación, e non por Abanca, e salientou que no seu padroado hai representantes dos partidos da oposición que "votaron a favor". Pola contra, Pontón salientou as críticas que xa realizaron os reitores das tres universidades galegas, que consideran que a nova entidade incumpre a lei. "A lei obriga a ter non só docencia senón tamén investigación e a non duplicar titulacións xa existentes", resumiu Pontón, que reclamou pola contra máis financiamento para as entidades públicas "porque está a asfixiar as universidades deste país".
PRAZA_16299
Antes a clase media votaba para progresar pero agora son moitos os cidadáns que votan polo desprezo aos máis desfavorecidos. A Macri impórtalle un carallo a vida de 43 mariñeiras e unha mariñeira.
Benvidos sexan a este espazo espiritual no mar das Malvinas. Estou decepcionado. Pensei que os cidadáns arxentinos aprenderan a respectarse despois de sacarse de enriba aos milicos da seita videliana. Poida que sendo un mariñeiro emigrante namorado da anfitriona dona Arxentina non sexa quen de facer unha crítica obxectiva pero os fisterráns non estamos educados para aguantar ataduras dos cabos da amarra. Somos teimudos aínda que axiña entendemos que no noso oficio o mar non é un inimigo senón un compañeiro de fatigas. Estou aquí debaixo porque o meu barco, o mercante Illa dos Estados, foi torpedeado pola fragata HMS Alacrity en flagrante violación do dereito internacional. Aínda que a miña vida terrenal como Manuel Olveira Traba cortouse aquel 10 de maio de 1982, trato de estar informado dos acontecementos diarios na miña segunda patria xa que teño a familia en Avellaneda. Non esquezo o moi ilusionado que cheguei ao barrio de Lanús con 23 anos. Malia o afastamento sigo mantendo no nariz o arrecendo de aqueles asados do verán nas grellas da querida Asociación Finisterre en América en Florencio Varela. As instalacións recretativas levan o nome de Ara Solis en homenaxe ao promontorio pétreo que no monte do Cabo fai de barreira que amaina os temporais. Eramos unha gran familia que nos axudábamos para poder erguer un niño onde criar aos pichóns. A palabra depresión non estaba no noso vocabulario. O asunto está complicado por non dicir que é tráxico. A verdade é que nunca pensei que un goberno elixido nas urnas fose deixalos abandonados no fondo do mar. Creo que estarán comezando a aceptar que o país está en mans dun grupo de delincuentes. Vostedes, amiguiños, sodes uns insignificantes tripulantes dun submarino que en tempos de paz foi afundido por un país que coimea moi ben para manter a súa presencia colonial. Porqué non os rescataron? O primeiro é dicir que coa gran prensa mercenaria do seu lado pódense permitir que nunca volvades a terra firme. O segundo é que 44 mortos non fan desgaste na seita macricida. Antes a clase media votaba para progresar pero agora son moitos os cidadáns que votan polo desprezo aos máis desfavorecidos. A Macri impórtalle un carallo a vida de 43 mariñeiras e unha mariñeira. Sodes parte dos graxa aínda que moitos votaches en contra dos graxentos peronistas. Se mirades para alí podedes ver o porto de Mar do Prata. Algúns dos vosos familiares están a protestar. Piden que os leven para arriba. O brillo ou a opacidade nos vosos ollos está a indicar sen marxe de erro a quen votaron. Os familiares que quedaron na casa son os que comungan coas mentiras de Macri. Non teñades ningunha dúbida de que o goberno coñece a exacta localización do ARA San Juan. O 15 de novembro de 2017 o sistema de acoustic detection da US Office os Naval Intelligence rexistra un "evento anómalo, singular, curto e violento pero non nuclear". Espero que voso sacrifico non sexa de balde e tamén que os vosos familiares non se resignen e que digan, compunxidos, que foi obra do destino. O autor da vosa traxedia ten nome e apelido. Pídovos que non vos anoxedes xa que agora é tarde para arrepentimentos. Os laios non valen de nada. Había que meter un voto de futuro na urna pero vos metestes a pata. Varios repetían coma papagaios as estupideces anti Cristina que espallaban nos medios mercenarios os que agora son ministros. Querían enriquecerse e fixérono. Están fortes xa que contan co apoio dos resentidos que disque están a gozar dunha tranquilidade nunca vista. Es así. Macri sigue tendo entretida a pailanada co ataque aos pobres. Os votantes non elixiron a don Mauricio para que lles mellore a vida. Foi apoiado para que esmagase a paos ao graxa peronista da esquina que viña de mercar un coche en cotas. É curioso o constatar a moi alta porcentaxe de clase media que se contaxiou de aporofobia. Na vindeira reunión farei unha aclaración do concepto, se así o desexan, pero é mellor que se informen antes de vir. Aquí abaixo non hai lugar para indecentes nin para pelotudos. O mar encárgase de purificar a todo aquel que veña cargado de egoísmo e ignorancia. Aquí o que antes carecía de sensibilidade convírtese nun poeta do silencio. Os que non posuían aptitudes musicais son agora creadores de melodiosas armonías sonoras. Quixera falarlles da miña querida Galicia. Neste mes celebramos o entroido no meu municipio natal de Fisterra que na bisbarra ten fama. Non poñades cara de sorpresa! Os galegos tamén nos disfrazamos aínda que non somos caretas como algúns porteños. Lembren que alá a festa é no inverno. Ao facer frío, antes de saír coa comparsa a percorrer as rúas da vila, enchemos o bandullo cun suculento cocido. A ver se logro que vos concentres. Se o intentades, poderedes ulir a carne de porco (criado con millo) e os chourizos, garavanzos, patacas, grelos e repolo. É marabilloso! Eramos felices. Cantabamos diante de Santa María das Areas para que o mar nos recoñecese ao ir detrás dalgún cardume de robalizas ou sardiñas. Recoméndolles a lectura dun poema de Luís Franco titulado El mar se embarca que supongo les gustará a pesar de que el autor era de Catamarca. Lembro un anaquiño do poema: el mar, rugiendo y sollozando ebrio de la amargura de su sal. Agardo que o meu veciño de Avellaneda, Carlos Penelas, me achegue o seu último poemario titulado El mar en un espejo de otoño. Así, no vindeiro mes faremos unha lectura para analizar se o poeta coñece realmente o mar ou o imaxina. Chau, teniente Eliana e demás tripulantes do ARA "San Juan". Vémonos en marzo! Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' border='0' alt='' /></a>
PRAZA_6487
O "non" á independencia escocesa imponse con algo máis do 55% dos votos. O primeiro ministro británico promete maiores competencias para o goberno escocés e explica que permitiu o referendo porque é "un demócrata".
Unha observadora galega como garante dun proceso "limpo e transparente" Escocia seguirá no Reino Unido. O "non" á independencia escocesa impúxose no referendo celebrado este xoves, segundo os resultados oficiais, co 55,5% dos votos fronte a preto dun 44,5% do si, unha vez publicados os datos das 32 circunscricións rexionais nas que está dividida Escocia. Segundo eses datos, preto do 85% dos máis de catro millóns de escoceses chamados ás urnas participaron no referendo sobre a independencia. Unha vez coñecidos os datos da circunscrición de Highland, a derradeira en rematar o escrutinio, os votos a favor de seguir no Reino Unido foron 2 millóns e 1,6 apostaron pola independencia. O si logrou imporse en só catro das áreas electorais, aínda que levou Glasgow, a maior de todas. Alí os independentistas lograron un 53% dos votos. Na capital, Edimburgo, o non obtivo o 61% dos sufraxios. Aberdeen, outra das grandes cidades escocesas, tamén caeu ao lado unionista. Cameron, satisfeito pola unión das "catro nacións" Tras coñecer que o resultado era definitivo, o primeiro ministro británico, David Cameron, expresou a súa satisfacción pola decisión do pobo escocés de "manter xuntas ao catro nacións", tras a vitoria do non á independencia de Escocia. "Son un apaixonado do Reino Unido, pero tamén son un demócrata; podería ter prohibido o referendo, pero preferín que o pobo escocés falase", di, nun contexto no que, lembra, esta decisión partiu do "respecto" á elección do Scottish Nacional Party en 2011, en cuxo programa se incluía "un referendo de independencia". "Respectamos a maioría do SNP e démoslle ao pobo escocés o dereito de falar" nunha votación que "será lembrada como unha poderosa manifestación da fortaleza e vitalidade da nosa vella democracia". "Son un apaixonado do Reino Unido, pero tamén son un demócrata; podería ter prohibido o referendo, pero preferín que o pobo escocés falase". Nunha declaración ante a porta da residencia oficial de Downing Street, Cameron sinalou que o "resultado foi claro" e é unha "oportunidade" de cambiar "para mellor" a forma en que a unión é gobernada tras unha votación que, ao seu xuízo, pecha o debate da independencia escocesa para unha "xeración". Neste contexto Cameron diríxese tamén aos "escoceses escépticos" coas súas promesas de maior autogoberno". "O pobo escocés vai ter máis poder" en áreas como a xestión dos impostos e dos orzamentos e tamén dos servizos públicos nun proceso que, reitera, comezará de inmediato. Pola súa banda, o ministro principal escocés Alex Salmond asegurou que acepta "o veredicto" do pobo escocés, á vez que instou a facer o mesmo aos partidarios do 'si'. Nun acto en Edimburgo no que foi recibido cunha ovación, Salmond agradeceu a Escocia "os centos de miles de votos a favor da independencia" e expresou a súa satisfacción polo bo ton no que se desenvolveu a campaña e a normalidade da xornada electoral. HABERÁ AMPLIACIÓN Resultados oficiais do referendo
NOS_23077
O corpo de bombeiros denuncia o "total desinterese" de Abel Caballero e do Concello de Vigo, poñendo en risco a prestación dun servizo público chave na cidade.
Vivimos "nunha situación insostíbel", na que "levamos tres meses con 15 bombeiros, é dicir, baixo mínimos", denunciaron esta quinta feira cinco sarxentos de bombeiros de Vigo nunha rolda de prensa, explicando que a gravidade da situación levou a fechar a pasada fin de semana o parque de bombeiros de Coruxo, que se encarga do sur da área urbana. Os sarxentos suman así o seu rostro ás denuncias xa realizadas por sindicatos como a CIG contra o Goberno municipal de Vigo que dirixe Abel Caballero. Tendo en conta que o mínimo requirido son 20 bombeiros dispoñíbeis, os traballadores criticaron que este verán foron sometidos a quendas de 24 horas, tendo que negarse a cubrir algúns servizos para dar abasto a varios actos multitudinarios, como os partidos do Celta de Vigo ou os concertos que se organizan na cidade. Asemade, cuestionan que as xubilacións non foron cubertas e que o estrés físico do sobre traballo está a provocar varias baixas e inflúe na calidade do servizo, "non queremos que ocorra outro Marisquiño", sinalaron, en referencia ao accidente en 2018 nese festival. O sarxento José Villar lamentou onte que o Goberno de Abel Caballero rompese as canles de negociación e que o alcalde "demostre nula vontade de diálogo e un desprezo por este colectivo, ao que ningunea e infantiliza". Ademais, "éncheselle a boca" sobre o pronto pago a provedores, e hai bombeiros reclamando cobrar labores que fixeron a maiores das súas, por falta de mandos, desde hai tres anos". Ningún día con 20 bombeiros dispoñíbeis O BNG en Vigo asegurou onte que desde xuño non houbo ningún día no que houbera 20 bombeiros dispoñíbeis. O edil da formación, Xabier Pérez Igrexas, exixiu os datos de cantos efectivos do corpo de bombeiros estiveron activos cada xornada deste ano, asemade, reclamou ao alcalde que "dea a cara e diga á cidadanía cantos días estiveron en perigo por causa da súa neglixencia e nefasta xestión". Resposta do Concello de Vigo Pola súa parte, o Goberno municipal respondeu onte ás denuncias dos mandos operativos do servizo de Bombeiros da cidade olívica, afirmado que "en ningún momento se puxo en risco" a estes funcionarios públicos e sostén que a incorporación de novos efectivos "é constante".
NOS_25488
Ataque Escampe, Malandrómeda, Superoito e Nao actuarán en Ordes o 8 de xullo.
"Viamos que en calquera aldea de Galiza había un festival, mais en Ordes non. E no canto de protestar para que o Concello ou outras administración fixesen un, decicimos facelo nós". Quen así fala é Iván, de 'Superoito', un dos impulsores do Xiana Festival que este 8 de xullo, sexta feira, reunirá na discoteca ordense LP45 un cartaz co mellor da música galega e en galego. Ademais de Superoito, Malandrómeda, Ataque Escampe e Nao. "Gostabamos de estilos variados para así abranguer diferentes tipos de persoas", indica Iván, que ten seguro que vai ser "un concertazo". Destaca que este festival non o fixeron as administracións nin grandes empresas. Quen o fixo, entón? "Ordes, a xente de Ordes, os locais, os comercios...". Cada quen achegou o que puido ou considerou, explícanos, ben economicamente ou colaborando doutro xeito. "Pouco a pouco foise sumando xente. Uns ofrecéndose para colar os cartaces, outros para deseñar, outros para imprimir entradas, achegar o equipo de sonido...". Como aponta Iván rindo: "o máis difícil xa o fixemos, poñer todo isto en marcha a partir de nada. Agora fica o doado, que a xente veña a pasalo ben". Para iso, poñen a entrada barata (8 euros anticipada e 10 en billeteira) e con promocións para adquirila máis barata aínda. O resultado de todo este traballo, un festival que reúne todo un pocker da música galega. "Se tivesemos medio millón de euros para gastar non o gastariamos en traer grandes estrelas desde non sei onde. Traeriamos estes mesmos grupos e algún outro máis, tamén galego, porque é a música que nos gusta!".