ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_561
Difunde nas redes sociais un vídeo-presentación onde repasa a situación do galego. Vídeo no interior
A Mesa pola Normalización Lingüística anima a votar o 25 de setembro por aquelas candidaturas comprometidas para co galego. "Todos os datos amosan como o uso do galego está a diminuír a un ritmo alarmante". En moitas ocasións, sinalan desde A Mesa, "coa participación dos poderes públicos, a través da difusión de prexuízos contra o galego ou con accións lexislativas, como se ve no caso do ensino onde o decretazo prohibe o galego nas matemáticas, nas ciencias ou na tecnoloxía; ou na administración pública onde está practicamente ausente de organismos como a Axencia Tributaria ou a Seguridade Social". Por iso a entidade anima a que o 25 de setembro o vote conte a favor do galego. Para elo, difunde nas redes sociais un vídeo presentación onde repasa as modificacións lexislativas en ámbitos como o ensino, e as críticas reiteradas por parte de organismos como o Consello de Europa ao mal chamado decreto de plurilingüísmo. A Mesa xa remitiu aos principais partidos que concorren a este proceso electoral, unha batería de 6 medidas extraídas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004 por unanimidade parlamentar, mais cuxa aplicación, 12 anos despois, aínda é unha tarefa pendente. Estas medidas reclaman, a recuperación do papel normalizador da CRTVG, un plan de choque para recuperar o galego no ensino, accións claras e concretas no ámbito das administracións públicas incluíndo xustiza e saúde, os transportes públicos, acordos para a recepción mutua do sinal da Radio Televisión Portuguesa e a TVG, e o condicionamento das axudas públicas á utilización da lingua galega.
NOS_46236
Donald Trump, o candidato republicano á Presidencia dos EUA, atravesa o peor momento da súa campaña. Un vídeo con declaracións machistas rexistradas hai unha década está a saírlle caro ao aspirante a ocupar a Casa Branca. No seu partido érguense voces críticas.
"Cando es unha estrela, déixante facerlles calquera cousa. Agarralas pola cona". Estas foron algunhas das verbas que saíron da boca de Donald Trump, candidato republicano á Casa Branca, e que foron recollidas nun vídeo de hai unha década que fixo público esta fin de semana o Washington Post. Nesta peza, Trump referíase ás mulleres en termos profundamente machistas e rudos. Unhas palabras que deixan o aspirante a substituír Barack Obama en horas baixas. No propio Partido Republicano comezaron a erguerse voces que piden a cabeza de Trump. O propio candidato á vicepresidencia, Mike Pence, amosouse publicamente ofendido polas expresións do magnate e a cúpula do partido freou parte da súa campaña. Para Trump, as declaracións machistas son "só palabras" O candidato, que desbota retirarse da carreira cara ao despacho oval, pediu perdón polas declaracións en que narra como abusa das mulleres. Porén, asegurou que, para el, son "só palabras". "Calquera me coñeza sabe que esas palabras non me definen", engadiu. Non é a vez primeira que Trump fai gala do seu machismo. No primeiro debate presidencial, a súa rival, Hillary Clinton, atacábao polos seus comentarios ofensivos, "Miss porquiña" e "Miss ama de casa", para se referir a unha gañadora dun concurso de beleza do que el era propietario. Unha "distracción" Trump, que se tes que enfrontar ás voces críticas no seu propio partido, considera que a publicación do vídeo "forma parte dun plan para desviar a atención dos temas importantes". As súa "desculpa" non fai máis que demostrar o seu comportamento machista, pois advertiu de que o vídeo é "unha distracción dos temas importantes".
NOS_14749
A asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel asina unha nova aposta a prol da diversidade lingüística con aulas de lingua bretoa
Denantes do Nadal, a tradutora e intérprete viguesa Carolina Díaz vía facerse realidade a posibilidade de vir a Compostela para impartir aulas de lingua bretoa ao existir xa un número mínimo de alumn@s interesad@s no proxecto. Esta iniciativa, xurdida no seo da asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel de mans de José Cadaveira e Raquel Paz, profesora de francés na Escola de Idiomas da cidade, levantou áncora no pasado mes xaneiro e seguirá a súa andaina até xuño, afianzada por unha variopinta tripulación de alumnos chegados dende Polonia, Escocia ou a propia Bretaña, entre outr@s. Cadaveira reflexiona, non sen certa retranca, no paradoxo de que unha bretoa tivese que agardar a chegar a Galiza para se somerxer na lingua propia da súa terra. Tentando dilucidar este inequívoco síntoma de desarraigamento, Carolina Díaz lembra que o estado francés non recoñece ningunha lingua rexional como oficial na súa Constitución e, de feito, a República ainda non ratificou a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias, malia que o actual primeiro ministro, o socialista François Hollande, comprometeuse o pasado ano a modificar a carta magna para dar luz verde á resolución de Estrasburgo do 5 de novembro de 1992. "O pobo bretón xa non agarda nada de parte do goberno, nin a nivel lingüístico nin noutros eidos", afirma Díaz, "e, polo tanto, no canto de resignarse, apostaron por se auto organizaren a prol do idioma". O bretón, que historicamente se falaba na porción occidental da península, a chamada Baixa Bretaña ou a Armórica romana, estase no entanto a se implantar considerablemente nas grandes urbes da zona oriental onde, así a todo, nunca fora lingua vehicular. Robert Neal Baxter, profesor na Universidade de Vigo de interpretación simultánea e consecutiva, galego- inglés e colaborador de Sermos Galiza, explica este paradoxo a partir do sentimento de auto-odio inculcado dende o goberno francés entre os falantes tradicionais da Bretaña. De feito, a derradeira lingua céltica falada no continente europeo contaba nos anos 20 do século pasado con aproximadamente un millón de falantes. Con todo, as políticas do lingüicidio impulsadas pola República centralizadora provocaron que, en escasamente cen anos, este idioma, que é máis antigo que o francés, perdese arredor do 80% dos seus falantes. Actualmente existen entre 180 e 250 mil falantes de bretón A pesar de os estudos actuais sobre o bretón non coincidiren na cifra de falantes que se manteñen hoxe en día por mor da falta de datos censatarios sobre as linguas non oficiais dentro das fronteiras do estado francés, as investigacións máis recentes adoitan situalos entre os 180.000 e os 250.000, un descenso que provocou que no Atlas sobre as linguas en perigo elaborado pola UNESCO en 2007 fose clasificada como unha lingua seriamente ameazada e en perigo de extinción. Doutra banda, o mesmo informe da UNESCO relativo ao ano 2009 alertaba de que o problema do bretón estribaba na alta taxa de mortalidade da poboación que falaba bretón, a de maior idade, así coma no desleixamento do seu uso por parte das xeracións máis novas, que contraditoriamente, son as que teñen a oportunidade de levar a cabo a súa alfabetización no ensino. A loita social pola lingua No entanto, Carolina Diaz, licenciada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e en Filoloxía Bretoa na Universidade de Rennes, destaca a intensa e longa loita levada a cabo dende o ámbito social para normativizar o idioma, que conta con dúas unificacións ortográficas, e para legalizalo no ensino, tanto no obrigatorio como para promover a inauguración dos seus estudos superiores e que, na actualidade, conta con senllas licenciaturas en filoloxía na universidade de Rennes e na de Brets. Nas aulas da Gentalha hai unha alumna bretoa que está a aprender a súa lingua na Galiza Hoxe en día, o ensino bilingüe en bretón e francés conta con tres ramificacións ou sistemas: Primeiramente, as escolas de inmersión lingüística de carácter asociativo, as chamadas Diwan, que foron orixinariamente constituídas a finais dos anos 70 e son financiadas mediante subvencións públicas e por medio de actividades promovidas pol@ nais e pais, polo que son gratuítas. En segundo lugar, nas escolas públicas, cun 50% das materias en bretón e outro tanto en francés, inda que o primeiro caso é optativo xa que depende da elección dos proxenitores. Díaz chama atención sobre o feito de que as aulas bilingües no ensino público foron unha conquista que naceu dunha iniciativa social e que se está a impulsar notablemente dende a creación da Oficina Pública da Lingua Bretoa que "estrutura o territorio respecto das escolas". Finalmente, están as escolas católicas privadas que na teoría seguirían o mesmo modelo de paridade do que as públicas, mais que na práctica, tal e como denuncia a mestra viguesa, "non é efectiva pola falta de profesores bilingües en bretón". O vínculo coa Galiza Esta realidade lingüística pode, sen lugar a dúbidas, resultarnos coñecida en canto tanto a Galiza como a Bretaña son dúas nacións do Arco Atlántico cunhas linguas e culturas periféricas fronte aos seus respectivos estados. Díaz destaca o sentimento de irmandade das bretoas e bretóns cara ao pobo e á cultura galeg@s aos que, di, se refiren como "prim@s irmáns". O vínculo histórico de ambos pobos remóntase aos séculos V e VI, cando as sucesivas invasións por parte dos pobos xermánicos ás Illas Británicas produciron un desprazamento da poboación cara ás zonas máis occidentais da illa, principalmente Cornualles e Gales. Debido á expansión dos invasores anglosaxóns, os brython e os conish víronse obrigados a cruzar o océano cara á antiga Armórica, onde a través da introdución da súa lingua e cultura deron lugar á 'receltización' dunha terra que a partir de entón pasaría a se chamar Bretaña. Asemade, as migracións de orixe celta chegaron á antiga Gallaecia, onde fundaron a diocese de Britonia ainda que, tal e como precisa José Cadavéira, "o continxente foi moito menor que na Armórica". Auto-odio Canto aos contextos sociolingüísticos na Galiza e na Bretaña, Neal Baxter puntualiza que, se ben a situación é bastante máis precaria aló, "as similitudes son máis de fondo que de forma". Dunha banda, ambas linguas están a presenciar a ruptura da súa transmisión xeracional, o fomento do auto-odio por parte dun estado que combate por as esnaquizar, a precariedade lexislativa que condiciona a súa regularización no ensino e o risco que as novas tecnoloxías comportan ao promover o espallamento do francés e o español en detrimento do bretón e o galego, respectivamente. Porén, este filólogo nado en Shrewsbury, Inglaterra, sinala algunhas diverxencias no que atinxe aos movementos nacionalistas xa que, no caso da Bretaña, un axente decisivo na loita foi a igrexa, debido ao mantemento dun clero autóctono que, ao igual que en Euskadi e Cataluña, se situou a carón da lingua propia. Malia o delicado da situación, Neal Baxter reafirma o seu optimismo canto á normalización do bretón dados os progresos acadados nos últimos decenios e recorda que unha enquisa elaborada por un xornal rexional bretón moi recentemente, mais que á fin non se chegou a publicar, ditaminou que o 18% da poboación bretoa estaba a favor da independencia. Aulas tamén en catalán Pola súa banda, Carolina Díaz valora moi especialmente iniciativas como as promovidas dende A Ghentalha do Pichel, asociación que dende os seus albores, hai aproximadamente oito anos, renova a súa oferta de cursos de linguas cada mes de outubro. "O Pichel promove cursos de linguas que, coma o catalán, non tes a oportunidade de estudar nas escolas de idiomas da Galiza, malia ser unha lingua que se fala aquí ao lado; falamos de plurilingüismo, mais todo se reduce ao inglés", comenta. Este ano, amais do catalán, esta asociación cultural impulsou aulas de portugués, francés e de conversación en inglés, as chamadas tea and sympathy.
NOS_45684
Incide en que un futuro presidente ou presidenta "debe dar exemplo nun bo uso do noso idioma".
A Mesa pola Normalización Lingüística agasallará ás cabezas de lista das candidaturas que participaron no debate da TVG o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, publicado en Xerais por Carlos Callón, escritor, profesor e presidente de honra da asociación. A entidade decidiu realizar este regalo, explica, "pola preocupación mostrada pola sociedade galega polas melloras claras que necesita o galego que utilizaron as sete cabezas de lista". Como explica Marcos Maceira, presidente da Mesa, "entre esas sete mulleres e homes está quen ocupará a presidencia do Goberno galego na próxima lexislatura" e "o autogoberno de Galiza ten como alicerce a existencia da nosa lingua propia". "Se hai Xunta é porque hai lingua", indica Callón. As críticas ao galego empregado polas candidatas no debate da CRTVG encheron as redes sociais dende o mesmo momento do debate. Mesmo a cantora Sabela, célebre tras o seu paso polo concurso OT, expresou no Twitter: "Eu revisando o meu galego cada día porque teño palabras mal aprendidas. As/os políticos dicindo: 'se me acusa de protexer', que me saía dicir, aiiii se te acusa, bueno luegoooooo :( :( :( O #12xullo eu protexo a cultura".Desde A Mesa desexan que o libro "sexa ben acollido e moi usado por estas destinatarias e destinatarios".
NOS_23553
A EPA do primeiro trimestre indica que hai 265.600 desempregados na Galiza, 25.200 máis que a finais de 2011. A taxa de paro supera o 20%
A taxa de paro supera na Galiza o 20% da poboación activa e acada cotas históricas, con preto de 266.000 persoas sen traballo no primeiro trimestre. Son 25.200 desempregados máis que no anterior trimestre. E case 40.000 máis que hai un ano. O número de parados na Galiza vai en constante aumento e en paralelo á aplicación de reformas laborais e recortes sociais. Alén diso, as medidas de precarización do traballo non destruído completan un escenario laboral na Galiza do máis preocupante. Os datos amosan que nestes tres meses a destrución de emprego na Galiza producíuse a un ritmo de vertixe. A media entre xaneiro e marzo foi de 280 novos parados cada día no noso país, unha cifra inimaxinábel hai uns anos mais que de contado pode ser superada nos vindeiros trimestres. A EPA do primeiro trimestre sitúa á provincia de Pontevedra como a mais afectada polo desemprego, con máis dun 25 por cento de parados, seguida de Ourense, cun 20%, A Coruña, cun 17,5% e Lugo cun 15,6 por cento. A CIG xa fixo unha análise dos datos da EPA deste primeiro trimestre. A central nacionalista pregúntase "se a pretensión do goberno do Partido Popular é deixar a miles de traballadores e traballadoras (millóns no estado) na indixencia". Mentres o incremento do paro é galopante os orzamentos do estado reducen a partida orzamentaria destinada ás persoas desempregadas e ao redor dun 5,5%, aínda cando o propio goberno estatal estimaba que o número de persoas paradas medraría en 631.100 no conxunto do estado. Estimación que logo de se coñeceren os datos do primeiro trimestre xa non ten ningún valor. A central sindical considera que "é inadmisíbel" que neste escenario "se acepte de antemán un nivel de desemprego de tal magnitude, que non se tome ningunha medida coa fin de frear esta lacra social que está deixando a un cuarto da poboación -sen esquecermos ás persoas que dependen destes empregos- nunha situación de total desamparo e sen esperanzas cara ao futuro".
PRAZA_12355
Segundo a Comisión Europea, o linde de rendibilidade dun aeroporto conséguese ao superar o millón e medio de pasaxeiros cada ano. Dos tres aeroportos galegos só o de Lavacolla, en Santiago, supera esa cifra. Dos 49 aeroportos cos que conta Aena na súa estatística anual, só 17 serían rendibles. Galicia foi, segundo a Comisión de Competencia, a terceira comunidade que máis fondos lles destinou ás aeroliñas en convenios "turísticos" ou de "publicidade" con 22.697.448 euros entre 2007 e 2011.
As compañías que prestaron o servizo de enlace marítimo na ría de Vigo transportaron o ano pasado máis de 230.000 persoas. Case vinte aeroportos de España non poden dicir o mesmo. Segundo os baremos da Comisión Europea é preciso ter máis de millón e medio de pasaxeiros para considerar rendible un aeroporto. Conforme esta consideración, só o de Lavacolla estaría en números negros (en contraposición a vermellos, no argot económico). Se se rebaixara o límite ao millón de pasaxeiros ao ano, o de Peinador (Vigo) tamén tería suspendido. E todo isto malia ao feito de que Galicia foi a terceira comunidade do Estado que máis cartos públicos lles destinou ás empresas aeronáuticas entre 2007 e 2011, segundo a Comisión Nacional de Competencia. Tamén aquí, e estando xa de actualidade, cómpre falar de repagamento. Segundo os baremos da Comisión Europea é preciso ter máis de millón e medio de pasaxeiros para considerar rendible un aeroporto Amais do investimento inicial, unha infraestrutura como un aeroporto precisa moito capital para mantelo en funcionamento. Precisa tamén, alén da obviedade, pasaxeiros. É algo que non teñen os aeroportos de, por exemplo, Castilla y León. Dáse a circunstancia, por contra, de que esta comunidade foi a que máis cartos públicos dedicou para sufragar convenios publicitarios ou turísticos con empresas aeronáuticas. Un total de 84 millóns entre 2007 e 2011 "como mínimo", puntualiza a CNC, xa que non están contabilizados todos os fondos destinados a tal efecto. Os aeroportos desta comunidade (Burgos, León, Salamanca e Valladolid) moveron en febreiro 35.885 pasaxeiros, menos que o de Zaragoza (que tampouco chegou aos 50.000 usuarios). O aeroporto de Burgos, que en todo 2011 rexistrou 35.447 pasaxeiros, gastou 3.586.770 euros en convenios coas empresas Castilla y León ten un déficit do -2,35%, unha débeda de máis de 5.000 millóns de euros e catro aeroportos sen pasaxeiros suficientes para, segundo o baremo europeo, ser rendibles sen axudas públicas. Só en 2011, segundo os datos da CNC, a comunidade destinou 14.347.080 euros en concepto de "acordos publicitarios" con empresas como Air Nostrum, Ryanair ou Vueling. O aeroporto de Burgos, que en todo 2011 rexistrou 35.447 pasaxeiros, gastou 3.586.770 euros en convenios coas empresas. Máis de cen euros por usuario en concepto de subvención. Galicia, tamén pagando O aeroporto de Lavacolla foi o único que rexistrou valores positivos en febreiro. Contabilizou 155.187 pasaxeiros, un 5,6% máis que no mesmo mes de 2011. Peinador e Alvedro experimentaron caídas do 19,2 e o 31,9%, respecticamente, Isto significa que Santiago moveu máis usuarios que A Coruña e Vigo xuntas. Entre 2007 e 2011 os fondos públicos gastados na promoción do aeroporto de Alvedro ascenderon a 13.408.467 euros, tanto os convenios e acordos de rango autonómico como os locais, provinciais ou calquera ente público de menor categoría institucional. O aeroporto de Peinador gastou, no mesmo concepto e no mesmo período, 2.635.895 euros. Cómpre ter en conta que, insiste tamén a CNC, estas cifras son "de mínimos". Entre 2007 e 2011 os fondos públicos gastados na promoción do aeroporto de Alvedro ascenderon a 13.408.467 euros Os fondos públicos referidos ao aeroporto de Lavacolla (Santiago) e concedidos ás firmas de aviación foron de 6.653.087 euros no mesmo tramo temporal. Un gasto que, entre as tres infraestruturas, sitúa a Galicia no terceiro posto do Estado na subvención das aeroliñas. Este esforzo non se compensou cunha mellora no ránking dos aeroportos con máis actividade durante 2011. Santiago está no posto número vinte con 22.317 operacións. Vigo e A Coruña non chegaron ás 35.000 operacións. En xeral, os aeroportos que son únicos no territorio dunha comunidade resultan máis beneficiados que os situados noutras comunidades autónomas con varios aeroportos, aínda que "o montante total concedido a nivel autonómico sexa maior, como é o caso dos aeroportos de Vigo e Santiago en Galicia", ou de Girona, Lleida e o propio do Prat en Cataluña, conclúe a Comisión de Competencia. Os aeroportos non son os destinatarios directos dos fondos (o son as empresas privadas), aínda que se converten en beneficiarios indirectos das medidas a través do aumento de tráfico aéreo xerado como consecuencia da creación de novas rutas ou do aumento de frecuencia das xa existentes. Ás veces. O aeroporto de Albacete, que recibiu 2.549.200 euros das arcas públicas para se promocionar rexistrou 8.415 pasaxeiros durante todo 2011. Isto é, máis de 300 euros por usuario de subvención. Castilla La Mancha é a comunidade con máis déficit do Estado, a que máis tarda en pagar e que vén de recortar o gasto público un 20%. Entre 2007 e 2011 este aeroporto recibiu máis de 7,2 millóns de euros. En febreiro tivo 195 pasaxeiros, un 72% menos que o ano anterior.
NOS_43818
O deputado de Esquerra, Joan Tardà, e o exalcalde de Barcelona Xavier Trias participaron na Galería Sargadelos de Ferrol nun coloquio sobre o proceso catalán."Xa non hai marcha atrás; ou gañamos, ou imos todos a La Modelo"
O deputado de Esquerra Republicana de Catalunya, Joan Tardà, e o exalcalde de Barcelona Xavier Trias aseguraron onte na Galería Sargadelos de Ferrol que o proceso constituínte no seu país "xa non ten marcha atrás" e recoñeceron que "nada volverá ser igual" en España. Nun acto organizado pola sociedade cultural Medulio, os políticos cataláns explicaron, desde puntos de vista persoais e ideolóxicos distintos, os motivos polos que nos últimos anos medrou tan significativamente o apoio ao independentismo e que tivo o seu punto de inflexión coa sentenza do Tribunal Constitucional a respecto do Estatut aprobado por maioría esmagante no Parlament catalán. "Consideramos que este tribunal non ten autoridade sobre Catalunya", apuntou Tardà, para quen a "laminación" que fixo do Estatut supuxo "unha humillación que afectou á dignidade de moitas persoas, e non só independentistas". "Nin a dereita española nin o PSOE aceptan a plurinacionalidade do Estado", dixo Trías Nesa liña, o exalcalde de Barcelona relatou a súa propia experiencia na política e a transformación desde o catalanismo cara ao independentismo que foi facendo desde o ano 1981. Se ben recoñece que a sentenza sobre o Estatut foi determinante para que a "onda" medrase tan rápido –ás veces mesmo para sorpresa dos partidos e entidades promotoras do proceso-, Trias recoñeceu que o "problema" comezou cando logo de apoiar a "modernización de España", os sucesivos gobernos de España non foron quen de lle dar unha resposta. "Nin a dereita española nin o PSOE aceptan a plurinacionalidade do Estado", dixo. A este respecto, Tardà sinalou que un dos grandes cambios no nacionalismo catalán foi que o concepto de identidade foi superado polo de soberanía, e iso fixo subir ao carro do independentismo a moita xente que no o era. "Non vai ser doado, xa o sabemos" Tardà, pola súa banda, explicou polo miúdo os pasos que se van dar nos próximos meses para avanzar no proceso. "Non vai ser doado, xa o sabemos", dixo, "e, de feito, estamos tan ilusionados que non sabemos por onde nos vai vir a gran ostia. O importante é que isto xa non ten marcha atrás; ou gañamos, ou imos todos para La Modelo". O representante de ERC sinalou que o primeiro deles sería a formación de goberno, para o que, enfatizou, "haberá acordo coas CUP". A partir de aí abrirase unha fase dun ano e medio aproximadamente na que se implementarán as estruturas básicas do Estado e se promulgarán as "leis de desconexión", que necesariamente, dixo Tardà, "terán que convivir, como pasou durante a Transición á democracia, coas do Estado español", e a redacción dunha nova Constitución catalá "de abaixo arriba". "Non será doado", insistiron os representantes da plataforma Junts pel Si, mais explicaron que "temos o mandado democrático de continuar con este proceso, e así o faremos".
NOS_42244
O I Congreso de estudos internacionais de Galiza procura debater e dialogar sobre o mundo desde a identidade propia nunhas xornadas con participación de diferentes voces.
No 80 aniversario da aprobación do estatuto de autonomía do 36 comeza a primeira das dúas xornadas do I Congreso de estudos internacionais de Galiza. Unha data acaída para, como indican na organización, "que Galicia reflexione sobre a súa inserción internacional, achegando a masa crítica precisa e favorecendo a creación dos espazos de encontro necesarios para facer converxer as diferentes disciplinas e visións que comparten a preocupación común de universalizar a nosa identidade en todas as súas manifestacións". As xornadas decorren o 28 e 29 de xuño na Facultade de Ciencias sociais e da comunicación de Pontevedra. Procuran alentar reflexións desde Galiza sobre a internacionalización, así como formular liñas de acción para fomentar a universalización de Galicia ou ben crear, promover e fomentar intercambios académicos e científicos en materia de estudo e investigación internacionais. Para iso organízanse catro sesións temáticas, institucional, económico.empresarial, social e educativo-cultural. Relatores como Ramón Villares, Pérez Lema, Margarida Ledo, González Laxe, Antón Reixa, Xavier Alcalá, Teresa Moure, entre outros. Este congreso está organizado polo Igadi (Instituto galego de análise e documentación internacional), que en 2016 fai o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo Programa Día 28 de Xuño 16.00. Sesión de apertura 16.30. Conferencia inaugural Galicia, célula de universalidade, por Ramón Villares Paz 17.30. Descanso 18.00. Sesión institucional Galicia, unha Autonomía no Mundo, con Jesús Gamallo Aller, Pilar Pin, Xoán A. Pérez Lema.Modera: Celso Cancela Outeda 20.00. Remate Día 29 de Xuño 10.00. Sesión económico-empresarial Avances e retos nunha economía internacionalizada, con Fernando González Laxe, Abel Veiga Copo, Manuel González López.Modera: María Xosé Porteiro 12.00. Sesión social Activos nunha paradiplomacia en rede, con Emilio M. Martínez Rivas, Teresa Moure, Xavier Alcalá.Modera: Álvaro X. López Mira 14.00. Descanso 16.00, Sesión Educativo-cultural Ambicións e posibilidades globais da nosa industria cultural, con Margarita Ledo, Antón Reixa, Xosé Ballesteros.Modera: Xulio Ríos 18.00. Descanso 20.00. Na Casa das Campás. Acción exterior, dúas experiencias comparadas: País Vasco e Cataluña, con Marián Elorza e Manel Manonelles.Presenta: Miguel Ángel Rodríguez Souto, director do Diario de Pontevedra.
NOS_26541
Nun almorzo informativo celebrado en Santiago, as cabezas de lista á Cámara alta da coalición de Galicia En Común alertaron de que un Goberno no que o Partido Socialista non conte con Unidas Podemos sería un executivo "virado á dereita" e cun Pedro Sánchez susanizado, en referencia á ex presidenta andaluza Susana Díaz.
Avisan desde Galicia En Común que a presenza de Unidas Podemos no Executivo será "fundamental". "Se non está Unidas Podemos no Goberno non vai haber cambios, senón que haberá un Pedro Sánchez virado á dereita e susanizado", incidiu Yolanda Díaz. "Chegou o tempo das certezas e de votar con claridade", aseverou a candidata por Pontevedra, e pediu "un voto inútil" para a defensa de cuestións como o mercado laboral, as pensións e a facenda pública. A un día para o inicio da campaña, En Común confía en manter os resultados obtidos nas eleccións de abril (dúas deputadas) e, mesmo, melloralos coa "ruptura do bipartidismo" en Lugo e Ourense e a posibilidade de alcanzar o segundo escano pola Coruña e Pontevedra. En palabras de Antón Gómez-Reino, número un pola Coruña, que apela afrontar as enquisas con "precaución", estes estudos reflicten a "tendencia" de que o espazo "está consolidado" e crecendo, polo que chama "á mobilización da cidadanía progresista e de esquerdas que quere que haxa un goberno de esquerdas". Gómez-Reino criticou tamén o plan de cobertura informativa da CRTVG para a campaña do 10 de novembro, especialmente, pola supresión das entrevistas aos candidatos e a localización en horario matinal do único debate que emitirán a radio e a televisión públicas. "Facelo desta forma é furtar á cidadanía o dereito a recibir unha información veraz e completa ante unha cita tan importante como esta", sinalou.
PRAZA_12020
As persoas poderán estar ata os 30 anos cun contrato de formación ata que a taxa de paro non chegue ao 15%. Ningún organismo económico estatal ou internacional pon data ao momento en que iso suceda.
A reforma laboral, publicada hai case unha semana no Boletín Oficial do Estado (BOE), é un regulamento denso e complexo. Por iso seguen aparecendo detalles na letra pequena dunha norma que provocou xa a convocatoria, por parte de UGT e CCOO, de mobilizacións para o día 19. A CIG non agardou a coñecer o documento e, como explicou a Praza o seu secretario xeral, Suso Seixo, xa convocaron unha folga xeral por "responsabilidade". A patronal CEOE xa bendeciu esta reforma, malia que apuntou que deberá ser modificada no futuro. O presidente dos empresarios, Joan Rosell, non especifiou que puntos queren modificar dunha norma que aínda acaba de entrar en vigor. O que si reclamou xa é a modificación da Lei de Folga, de 1979. Precisamente a central nacionalista vén de elaborar un completo documento comparativo entre a nova reforma laboral e o marco normativo anterior, no que se aprecia os grandes cambios aprobados polo Executivo de Mariano Rajoy, ademais dos xa recollidos por Praza Pública durante os últimos días. Formación profesional para o emprego O límite destes contratos de formación eran, até o de agora, os 25 anos. Mais, tal e como apunta o estudo da CIG, persoas de ata 30 anos (inclusive) poderán traballar baixo estas condicións ata que o desemprego non baixe ata o 15%. Isto é, oito puntos por debaixo da taxa actual. Este tipo de contratos poderán ter unha duración de tres anos (un ano máis que coa pasada lexislación) e poderán encadearse un tras outro. Agora só se podía asinar un contrato deste tipo por parte do mesmo traballador. Para o sindicato nacionalista un dos feitos máis graves é que a formación poderá impartirse na propia empresa, o que provocará unha "falta de control". "No segundo e terceiro ano de contrato, a xornada máxima de traballo efectivo poderá chegar até o 85%", polo 75% estipulado anteriormente. Privatización da formación Ao entender da CIG, outro dos aspectos que se modificaron substancialmente coa nova reforma é o relativo aos plans de formación. "Mantense a exclusión a sindicatos cuxo ámbito de actuación se circunscribe a unha comunidade autónoma, e porén, permítese que entidades privadas dedicadas á formación si accedan a ditos convenios estatais de formación de traballadores". Ata en dous artigos da reforma se indica que "centros e entidades de formación debidamente acreditados e inscritos no Rexistro Estatal de Centros e entidades de Formación" poden acceder a estes plans. Por obriga "Prevese a posibilidade de contratación de traballadores desempregados para substituír a traballadores en accións de formación". Este aspecto xa estaba no anterior regulamento, pero esta participación era voluntaria. Coa nova lei é obrigatoria. Os desempregados percibirán, neses casos, "o 50% da prestación por desemprego e a empresa abonará o resto até o salario que corresponda".
NOS_26424
CIG, convocante da greve, fala de "amplo seguimento" do paro contra o despedimento de 2.100 traballadoras e traballadores no Estado.
O ERE extintivo anunciado por DIA que afectará a 2.100 traballadoras e traballadores en todo o Estado está a ter resposta en Galiza, onde hai preocupación polo impacto deste expediente extintivo se ben aínda non se coñece a cantas persoas afectará no noso país. Esta cuarta feira decorreu unha folga convocada pola CIG para protestar contra os despedimentos, un paro que, segundo o sindicato nacionalista, tivo un amplo seguimento. A xornada arrancou cunha concentración de persoal no almacén loxístico da cadea en santiago de Compostela. "Os piquetes e concentracións repetíronse en múltiples cidades e vilas do país", afirma a central, que destaca que moitas tendas tiveron que fechar. Ángel Casas, delegado do comité de DIA en representación da CIG, confirmaba un seguimento de practicamente o 100% no almacén loxístico. A respecto de cantas traballadoras e traballadores afectaría na Galiza o ERE, Diego Tarrío, tamén representante da CIG no comité afirma que "non nos din nada, só dan largas. Non temos constancia de que estean negociando ou, se o están, sobre que están falando". A CIG, con representación na Coruña, Pontevedra e no almacén de Compostela (9 delegadas) denuncia a súa exclusión da mesa de negociación do ERE extintivo a nivel estatal.
NOS_14366
Feixoo renuncia a loitar contra o virus.
Abondou que a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso demandase un protocolo único á nivel de Estado para facer fronte a segunda onda da pandemia para que o Goberno galego a través de Jesús Vázquez Almuíña se sumase á proposta. Neste liña, o conselleiro de Sanidade reclamou hai uns días unha marco legal común para o territorio estatal, significando a súa importancia á hora de enfrontar o inicio do curso escolar e tamén no momento de acordar novos confinamentos. En definitiva, Alberto Núñez Feixoo pretende volver a un escenario semellante á do estado de alarma e reeditar a táctica política que tan bos resultados lle ten dado nos meses pasados, mesmo a costa de repetir un modelo fracasado e cheo de eivas. A xestión centralizada demostrouse ineficaz para loitar contra a pandemia. As medidas recollidas no decreto do estado de alarma, onde se unificou a nivel de Estado a compra e a distribución dos equipos de protección básico do persoal sanitario, agudizaron os problemas de desabastecemento, até o punto de verse obrigado o Goberno de Pedro Sánchez a rectificar esta decisión. Así as cousas, unha autoridade na materia como o profesor de loxística e transporte da Universitat Oberta de Catalunya(UOC), Eduard Álvarez Palau sinalou, naquela altura, que "a decisión do Goberno de centralizar a xestión da compra e de distribución das equipas de protección é un factor chave nos problemas de falla de abastecemento". A negativa de Feixoo a exercer as súas competencias en materia sanitaria responde antes e agora a unha calculada táctica política. A acción gobernamental do presidente galego non está orientada a combater coa máxima eficacia o virus, senón a evitar o posíbel desgaste derivado dos erros ou dunha resposta non eficiente á pandemia. A este respecto, as políticas de retallos nos servizos públicos acometidas polo PP na última década, a negativa do Goberno galego a dotar de máis medios humanos e materiais ao sistema sanitario ou a oposición a arbitrar medidas excepcionais para determinados grupos de risco converten a determinados segmentos da poboación galega en especialmente vulnerábeis. Feixoo quere seguir exercendo como xefe da oposición desde Galiza. A asunción por parte do Executivo estatal das funcións sanitarias que corresponden á Xunta da Galiza permite ao mandatario galego repetir a folla de rota dos meses pasados, centrada en deteriorar a posición dos seus rivais políticos, moi particularmente a de Pedro Sánchez. A este respecto, os dirixentes do PP son conscientes dos importantes réditos electorais xerados pola táctica de confrontación co Executivo estatal a conta da pandemia, até o punto que a consideran chave para vitoria nos últimos comicios galegos. Neste liña, lembran como Feixoo chega sen maioría absoluta a marzo e como é capaz de darlle a volta aos prognósticos nos meses seguintes. Feixoo renuncia a ser presidente dos galegos para exercer como dirixente do Partido Popular. A falla de coñecer a decisión do Gabinete de Pedro Sánchez sobre os criterios de xestión da pandemia, o presidente galego volve ao seu papel máis caro como home de partido, lonxe dese perfil de tecnócrata coidadosamente construída ao longo destas décadas.
PRAZA_10902
Bergondo prohibiu casamentos en tres pazos; Cambre, Culleredo e Neda precintaron varios; e tres concellos lucenses xa foron advertidos. Algunhas empresas obvian os vetos e mesmo os precintos da policía local.
A descuberta e denuncia de pazos e espazos singulares que realizan vodas sen licenza ou de maneira irregular en Galicia continúa. O verán destapou moreas de casos e revelou unha problemática xa "habitual" e un "efecto chamada" que non se detén malia as sancións impostas por varios concellos, o precinto de varios inmobles e as denuncias de asociacións profesionais. O verán destapou moreas de pazos que celebran vodas de maneira irregular e sen licenza en GaliciaEmpresas de cátering incumpren as prohibicións impostas por concellos e mesmo saltan os precintos colocados pola policía local para celebrar casamentos, saltando as prohibicións. O último caso deuse na pasada fin de semana en Neda, tal e como denuncia Ascega (Asociación Profesional de Autónomos, Emprendedores e Empresarios de Galicia), que iniciou hai meses unha campaña contra este "incumprimento da legalidade" no sector por parte de quen carece da licenza específica necesaria. Desde o pasado 7 de agosto, sobre o Pazo da Merced, situado neste municipio de Ferrolterra, pesa unha suspensión. Tras as denuncias de Ascega, o Concello emitiu un informe –ao que tivo acceso Praza.gal– no que advirte de que o espazo destinado ás celebracións sitúase sobre solo rústico e carece de "título habilitantes de natureza urbanística", polo que pon o asunto en coñecemento da Axencia de Protección de Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta e ordena que se suspenda a celebración de vodas e banquetes nese lugar. Empresas de cátering incumpren as ordes dos concellos, saltan precintos da policía local e manteñen as celebracións; o último caso tivo lugar en NedaO Concello certifica que o Pazo da Merced ofrece banquetes en solo non cualificado para ese uso, aínda que Ascega demanda tamén que se aclare se conta co título habilitante para exercer esta actividade e advirte de que a situación do espazo, á beira da ría de Ferrol, podería mesmo supor unha afectación sobre a normativa de Costas. Malia todo, segundo denuncia Ascega achegando fotografías, o pasado 31 de agosto volveuse celebrar un banquete nestas instalacións, que tiña suspendidas as actividades, incumprindo mesmo o horario permitido. Foron varios os concellos advertidos sobre as irregularidades nos últimos meses. O de Bergondo prohibiu a tres pazos celebrar vodas xa no pasado mes de xullo. Outro, o de Cambre, ordenou o pasado mes de abril á empresa de cátering Josmaga que deixase de realizar este tipo de eventos no pazo de Brexo, ao carecer de licenza para estas celebracións. Pero tras varias sancións, precintos policiais e advertencias, os casamentos seguiron celebrándose. Bergondo prohibiu vodas en tres pazos; Cambre, Culleredo e Neda precintaron varios; e tres concellos lucenses xa foron advertidos de irregularidades noutrosEn Culleredo, a administración local ordenou precintar unha carpa do pazo de San Fernando tras certificar que tamén se incumpriu unha orde de suspensión de actividade. Agora, Ascega púxose en contacto con tres municipios lucenses (Lugo, Viveiro e Castro de Rei) para avisar das presuntas irregularidades cometidas noutros catro espazos habituais nestas celebracións. "Hai moitos máis", din fontes do sector. Segundo Ascega, practicamente a metade dos predios e pazos carecen da licenza específica, a de vodas e banquetes, e operan con outra –de cátering ou de instalación de carpa– que non é habilitante. Ao carecer do permiso específico, os seguros non dan cobertura no caso de calquera incidente e a responsabilidade pasa aos organizadores, habitualmente as parellas. As mesmas fontes elevan as irregularidades ao 60% dos espazos e advirten do risco que corre quen contrate un evento que pode carecer de plans de evacuación ou de prevención de riscos laborais, por exemplo. Aforro de 600.000 euros"E se hai un incendio porque a carpa non garda a distancia necesaria cun monte? E se non hai un dispositivo contra o lume axeitado? E se non hai saídas de emerxencias?", pregúntase o dono dun pazo que si conta con todos os permisos e licenzas necesarios, obtidos tras a adecuación do espazo. Nela inclúense o cumprimento da accesibilidade, inspeccións de Patrimonio, instalacións eléctricas axeitadas, mantemento da cadea de frío… O gasto para a adecuación pode chegar aos 600.000 euros, cartos que aforran moitos pazos ou casas singulares en Galicia. "É unha actividade que non é clandestina; son ilegais, pero publicítanse como legais", explica unha fonte afectada do sector, que advirte de que as denuncias están a centrarse "nos casos máis flagrantes e evidentes", pero que "hai moitos máis". "O máis grave non é a competencia desleal, senón o risco que corren as parellas e, moitas veces, sen saber ao que se expoñen", insiste. Desde que se coñeceran todas estas denuncias, as consultas sobre posibles irregularidades de espazos contratados van en aumento.A lei de espectáculos públicos determina que se o dono do local se declara insolvente, son os noivos os que deben responder ao 100% e enfrontarse a multas de até 600.000 euros de haber denuncia e non ter a licenza axeitada ou de ata 30.000 só por incumprir o aforo ou o horario, algo moi habitual. "O máis grave non é a competencia desleal, senón o risco que corren as parellas e, moitas veces, sen saber ao que se expoñen"Hai xa meses, Ascega tamén se puxo en contacto coa Xunta, advertíndolle de máis dunha ducia de casos de pazos que celebraban estes eventos irregularmente. Preguntada por este diario, a Consellería de Cultura e Turismo di estar recompilando datos sobre as denuncias e casos coñecidos que poderían supoñer irregularidades.A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) puxo tamén hai tempo en marcha unha investigación sobre cinco establecementos na provincia da Coruña. A falta dunha listaxe oficial, os datos de portais especializados nestes eventos indican que en Galicia hai uns 140 espazos á marxe de salóns de vodas, restaurantes e hoteis, que celebran casamentos e os conseguintes banquetes. A maioría deles son pazos e predios, pero tamén algún castelo, adega ou espazo singular. Tendo en conta, polo baixo, os cálculos de Ascega, máis de 70 deles carecerían dos permisos requiridos.
NOS_9779
As investigacións céntranse agora en determinar o seu impacto para a saúde das persoas.
Cada persoa inxire en media 50.000 partículas de microplásticos e inhala outras tantas. É a estimación inicial publicada esta semana na revista 'Environmental Science and Technology', nun meta-estudo que reúne e sistematiza os datos de 26 estudos anteriores e fai a primeira estimación da inxestión de microplásticos por parte dos humanos; eque recollen diversos medios de comunicación e portais, como The Guardian ou Esquerda.net. Os microplásticos son as minúsculas partículas que resultan da desintegración do plástico: na natureza, o plástico fragméntase pola acción dos elementos en partículas menores e pequenas. Cando estas teñen unha lonxitude inferior a 5 milímetros, considéranse microplásticos. Quimicamente, continúan a ser plástico, mais co seu pequeno tamaño estas partículas chegan a lugares anteriormente inaccesíbeis, por exemplo, organismos vivos. Nos últimos anos, os científicos comezaron a detectar mellor os microplásticos. Desde entón multiplicáronse artigos para descubrir estas partículas no solo, no río, nos océanos, na atmosfera. Outra liña de investigación comezou a detectalas en alimentos destinados ao consumo humano, como auga (de billa ou botellas), peixe e marisco, sal, cervexa, entre outros. En outubro do ano pasado, un artigo detectounos por primeira vez en feces humanas, confirmando a hipótese de que o organismo humano inxíreas O meta-estudo publicado agora recolle datos dos traballos anteriores sobre os niveis de microplásticos na atmosfera e en varios alimentos (peixes, mariscos, azucre, sal, cervexa, auga) e calcula o número de partículas que cada persoa come nun ano: 50.000 para adultos, 40.000 para nenos. Esta estimación é preliminar e á baixa, xa que o conxunto de alimentos probados é moi pequeno en comparación co que un cidadán medio consome.
PRAZA_16127
Un total de 1.949 núcleos de poboación están deshabitados, fronte aos 1.865 de 2016. Outros 982 teñen só un habitante e 1.168 teñen dous. Na última década, a cifra de lugares que quedaron baleiros incrementouse nun 40% HEMEROTECA | O 85% dos concellos galegos perden poboación
HEMEROTECA | O 85% dos concellos galegos perden poboaciónSe cada vez que morre un vello (ou unha vella) pérdese unha biblioteca enteira, cando unha aldea fica abandonada desaparece un mundo enteiro. En Galicia hai case dous mil núcleos de poboación deshabitados (1.949), segundo os datos do Nomenclátor do INE correspondentes a 2017, unha cifra que non deixa de crecer e que no último ano se incrementou en case un cento de novas aldeas abandonadas, dende as 1.865 de 2016. Outras 982 teñen só un habitante e 1.168 teñen dous, núcleos que en moitos casos poden quedar deshabitados nos vindeiros anos, pois unha boa parte está poboada por persoas de idade avanzada.Galicia conta cun total de 30.246 entidades singulares de poboación, case a metade de todas as que existen no Estado Español (61.674); 10.356 corresponden a núcleos e outros 20.626 están definidos como poboamentos diseminados. Porén, o 70% da poboación galega concéntrase xa no 6% do territorio do país.Lugo e A Coruña suman a maior parte destas aldeas abandonadas, tres de cada catro, en especial nas súas serras septentrionais. Algunhas comarcas do interior de Pontevedra e do sur de Lugo tamén suman un bo número de núcleos sen habitante ningún. Ortigueira, As Pontes, Muras, Ourol, A Lama, Viveiro, Palas de Rei, As Somozas, Sober, A Cañiza, Vilalba, Friol ou Pantón están entre os concellos con máis aldeas abandonadas.
NOS_42487
Um ataque com rockets, em agosto, atribuído à Ucrânia, matou a pequena Masha, de sete anos, e deixou Polina, de doze, sem um braço e uma perna.
O céu está carregado de cinzento e as cores do Outono pintam as árvores desta praceta vazia. O silêncio é apenas interrompido pelas explosões. A arquitectura soviética domina a paisagem em Gorlovka. Enormes edifícios convivem com jardins nesta cidade pró-russa a cerca de 60 quilómetros de Donetsk. Os equipamentos infantis e de ginástica ao ar livre ainda são imagem de marca. Há-os em todas as partes também no bairro de Stroitel. Não há nada mais triste do que um parque infantil sem crianças, mas é o que acontece nesta praceta. Ao lado do tronco de uma árvore com uma coroa de flores, há dois baloiços parados e duas mães que choram abraçadas aos seus maridos. Foi há cerca de um mês que uma explosão abriu uma cicatriz na memória destas duas famílias. Para sempre. Crônica desde o Donbass: Petrovsky: Neste bairro, a morte é uma visita assídua Masha, de sete anos, e Polina, de doze, brincavam juntas nestes baloiços quando um rocket caiu na praceta. De seguida, dois projécteis atingiram um prédio e uma clínica. Para além dos estrondos, centenas de estilhaços foram projectados para todos os lados. A pequena Masha e um homem foram as vítimas mortais deste ataque atribuído às forças ucranianas. Polina foi levada para o hospital em estado muito grave. Sobreviveu mas ficou sem um braço e uma perna e luta contra uma infecção provocada pela penetração destes pedaços de metal na zona do dorso. Olga, a mãe de Polina, leva-nos ao seu apartamento. No sofá com os seus filhos, Sofia e Matvey, senta-se também a mãe de Masha, Tonya, e a avó Galina. Olga acaba de chegar do hospital em Donetsk. O ambiente é pesado. Indiferente ao momento, há um gato que se espreguiça e salta para o colo de Galina. Tonya começa por explicar o que aconteceu. Eram cerca das sete da tarde quando se deram as explosões. "Quando há bombardeamentos, não saímos. Toda a gente fica em casa. Não deixamos as crianças sozinhas. Quando ouvimos alguma coisa, vamos para a entrada do prédio. Mas este era um dia calmo. Nós comprámos gelados para as crianças e sentamo-nos enquanto elas brincavam", descreve. "As crianças estavam nos baloiços", precisa Olga. "E de repente, bum, durou um segundo", acrescenta a mãe de Masha. "Foi isso. A vida inteira arruinada num segundo", afirma a mãe de Polina. Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Com a fotografia da pequena Masha nas mãos e com um mar de lágrimas nos olhos, Tonya recorda que viu a filha morrer-lhe nos braços. "A nossa praceta tem muita vida. Todos os jovens se juntam ali. Também as idosas se sentam a conversar. As crianças correm. É uma praceta muito amigável. Não há soldados aqui, apenas civis". Olga assente com a cabeça e diz que as forças ucranianas disparam sobre civis. "O Ocidente dá dinheiro e armas à Ucrânia, percebe? E eles bombardeiam-nos. Atacam as nossas ruas, os nossos civis, as nossas crianças. Aqui não há nada militar", denuncia. "O que é que as crianças fizeram de errado? Compreendo quando os soldados morrem, mas as crianças... Se me dão licença... Isto é…", continua Olga. "Somos uma nação. Somos um só povo. Porque pensam eles que somos terroristas?", pergunta Tonya. Infância adiada Gorlovka tinha quase 300 mil habitantes antes de ter começado a guerra civil em 2014. Com posições ucranianas a poucos quilómetros da cidade, os ataques são diários. Neste momento, é uma das zonas mais quentes do conflito no Donbass. A meio caminho entre Gorlovka e importantes objectivos militares das forças pró-russas como Kramatorsk e Slaviansk, estão Artemivsk [Bakhmut, em ucraniano] e Soledar, onde neste momento se desenrolam batalhas decisivas. Em 2014, no princípio da guerra, foram muitos os pais que contaram aos seus filhos que as explosões eram trovões. O então presidente ucraniano Petro Poroshenko anunciou num discurso inflamado que deixaria de pagar as pensões aos idosos do Donbass e que bombardearia de tal forma a região que obrigaria as crianças a viver fechadas em abrigos sem poderem ir à escola. Ninguém pensou que oito anos depois tudo pudesse piorar ainda mais. Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol Não muito longe do bairro de Stroitel, vários adolescentes jogam futebol. Nenhum deles tem idade para se lembrar de como era viver em paz, mas não querem viver fechados em caves como prometera Poroshenko. De vez em quando, ouvem-se explosões e também celebrações efusivas de golos em balizas enferrujadas. Desde 2014, já morreram mais de 130 crianças na parte controlada pelos rebeldes pró-russos. Bruno Amaral de Carvalho, Jornalista
PRAZA_1964
A delegada do Goberno en Lugo transmitiulle aos gandeiros un inminente pacto para garantir un importe mínimo pero a conselleira non achegou novidade ningunha na reunión cos gandeiros que seguen onde a Muralla.
O Executivo central tería chegado a un acordo coa maioría das empresas de recollida do leite, así como coas principais distribuidoras, para garantir un prezo mínimo polo produto que se lle paga aos gandeiros. Iso foi o que a delegada do Goberno en Lugo, Raquel Arias, lles transmitiu aos gandeiros que permanecían este venres na capital provincial cos seus tractores na reclamación de solucións eficientes para a crise que pon en grave risco as arredor de 12.000 explotacións galegas. Pero non hai ningunha noticia oficial nin ningún resultado efectivo. Os sindicatos agrarios deron por finalizada a protesta o xoves, pero varios mantiveron os seus tractores naquela noite e algúns menos (sobre un cento) seguen arestora mentres se lle unen algúns reforzos. A delegada do Goberno en Lugo transmite aos gandeiros a inminencia dun acordo do Executivo con empresas e distribuidoras para un prezo mínimo Segundo fontes do sector consultadas por Praza, foi a propia Raquel Arias a quen asegurou os gandeiros que se reuniron en asemblea en Lugo o acordo que lle viñera de comunicar a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina. Ademais,a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, desprazouse durante a xornada deste venres á capital lucense para comunicarlles os avances das negociacións. Intentou así deter a tractorada permanente que arrodea a Muralla por parte duns gandeiros que se organizan xa en asemblea e á marxe dos sindicatos. E intenta tamén o Goberno galego evitar a imaxe de 5.000 tractores colapsando Compostela a vindeira semana e a poucos meses dunhas eleccións xerais. Este colectivo gandeiro dividiuse na asemblea da noite e mentres algúns decidiron abandonar a protesta tras a visita da conselleira, outras avogaron por manterse na Ronda da Muralla e mesmo mobilizar máis compañeiros durante este sábado. Mentres, o acordo para garantír un prezo mínimo e digno -cando menos por riba dos custos de produción dos gandeiros- para o leite parece máis perto e contaría co apoio da maioría das empresas lácteas e das distribuidoras, pero non é seguro que sexan todas as que o apoien. A decisión non é nin moito menos definitiva, á espera da xuntanza de ministros de agricultura da UE da vindeira semana. De feito, sindicatos como Unións Agrarias acusan a conselleira e a Xunta de "intentar dividir" e de crear "falsos protagonismos" para desactivar a mobilización. "Quen tratou de dividir foron os gandeiros do PP a través da titular de Medio Rural", asegurou na Cadena SER Roberto García, secretario xeral de UUAA, que acusa o goberno de intentar "enfrontar" os produtores. Tamén o ocoordinador da Organización de Produtores Lácteos e membro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, Anxo Escariz, acusou a conselleira que, "lonxe de permanecer ao lado dos gandeiros, defendendo o que tan xustamente pedimos e aplaudindo a unión do sector produtor que estamos conseguindo con moito esforzo, busca e case consegue o seu obxectivo: enfrontar os gandeiros" O que si parece claro é que, sexa como for, a vindeira semana debera acabar con algún tipo de pacto. A Interprofesional Láctea (Inlac), que agrupa todo o sector, produción e transformación, asegurou tamén o seu optimismo de cara a un acordo histórico. Non obstante, os sindicatos lácteos non confían en que se artellen mecanismos para garantir o cumprimento dun acordo e non son optimistas. Ao tempo, en Lugo mantéñense sobre un cento de gandeiros cos seus tractores mantendo a protesta que o pasado xoves ateigou a cidade, ademais de prepararse para as que na vindeira semana se prevén en Compostela, onde se prevé a chegada de 5.000 vehículos agrícolas e catro días de mobilización. Outro medio milleiro abandonou xa a cidade. O SLG reafírmase en "continuar coas mobilizacións" ao non anunciar a conselleira "ningunha nova medida" Ademais, o SLG reafirmouse en "continuar coas mobilizacións até que os gobernos de Galiza, do Estado e da UE lexislen para defender os intereses dos produtores e das produtoras fronte aos abusos e o espolio a que están a ser sometidos e sometidas, impunemente, pola industria e pola distribución". Fano despois de que na xuntanza da conselleira en Lugo cun grupo de gandeiros "non se anunciase ningunha nova medida que contribúa a solucionar a crise". Así, o SLG, "no seo da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo", porá "todos os seus recursos en dar continuidade á campaña de mobilizacións galega que, tras pasar polas principais comarcas gandeiras do país, recalará en Compostela este luns, 7 de setembro". A maiores, coincidindo coa xuntanza do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE, o sindicato tamén participará nas manifestacións que terán lugar en Bruxelas polo mesmo motivo, onde acudirá a nosa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, en calidade de representante do sector lácteo da Coordinadora Europea da Vía Campesina. As mobilizacións de Compostela comezarán cunha tractorada o 7 de setembro. Ese día, os tractores concentraranse na explanada de Salgueiriños e, a partir das 12, farán un percorrido por toda a cidade. Os actos de protesta continuarán o 8 e 9 de setembro con manifestacións nas áreas comerciais de Fontiñas e As Cancelas, para rematar cunha grande marcha o día 10, dende Salgueiriños até San Caetano. O Goberno advirte do caos de tráfico en Compostela Ao tempo, a Subdelegación do Goberno na Coruña advirte da "circulación moi lenta, atascos ou posibles cortes de circulación" que provocará a mobilización gandeira que desde o vindeiro luns 7 e ata o xoves 10 desenvolverá o sector lácteo en Compostela. Nunha nota, o Executivo alerta do "gran número de tractores" que permanecerán varios días na cidade e aconsella "telo en conta á hora de planifiar os desprazamentos á capital galega". Así, recomenda aos cidadáns que realicen os traxectos "preferiblemente a primeira hora da mañá ou a última hora da tarde" e, de ter que facelo durante outro horario, pide que "utilicen a AP-9 para atravesar a cidade".
PRAZA_20767
O éxito parcial do negacionismo español explícase porque as institucións non desenvolveron nunca unha política de memoria histórica que partise da nítida cualificación da rebelión militar de xullo de 1936 e da posterior violencia xenocida do bando franquista de atentado contra a democracia
Claudio Vercelli (o autor de Il negazionismo. Storia di una menzogna) estaría de acordo connosco: a literatura negacionista non é científica, non pode aspirar, dada a súa inconsistencia e falta absoluta de rigor metodolóxico, a formar parte do debate historiográfico; limítase a dirixirse a un público predisposto que opera como instancia lexitimadora. Se o simple revisionismo pretende relativizar a gravidade de fenómenos como o nacionalsocialismo ou o franquismo presentando estes réximes como reaccións ao expansionismo comunista, o negacionismo vai moito máis alá: descontextualiza os acontecementos e mestúraos con feitos inventados e mil veces repetidos. Ambos fenómenos, o revisionismo e o negacionismo, queren reescribir a historia, pero é o negacionismo o que intenta borrar e falsificar os feitos históricos reducíndoos á categoría de mitos. Un mito, no caso do negacionismo franquista, sería a democracia republicana como vítima dunha rebelión militar. O éxito parcial do negacionismo español explícase porque as institucións non desenvolveron nunca unha política de memoria histórica que partise da nítida cualificación da rebelión militar de xullo de 1936 e da posterior violencia xenocida do bando franquista de atentado contra a democracia O interesante, no caso do negacionismo español, é que o seu illamento, coherente co seu carácter autorreferencial, se ve en parte roto por tres fenómenos. En primeiro lugar, a peculiar maneira en que aquí se aborda institucionalmente a memoria histórica, que conduce a aberracións como a legalización da Fundación Nacional Francisco Franco, encargada de espallar, con fins claramente haxiográficos e apoloxéticos, a memoria e a obra do déspota. A fundación, empeñada en "mostrar al gran público la grandeza de la figura de Francisco Franco" (sic!), faise tamén cargo da organización das visitas ao pazo de Meirás, declarado en 2008 ben de interese cultural pola Xunta. O pazo foille doado en 1938 ao ditador mediante unha operación disfrazada de subscrición popular e argallada polos dirixentes do bando rebelde que controlaban a provincia da Coruña. O negacionismo relativo á shoah, que cuestiona o exterminio sistemático dos xudeus implementado polos nazis, non goza, desde logo, de tan singular trato de favor en países como Alemaña, onde as políticas públicas de memoria histórica se xestionan cuns parámetros indiscutibelmente democráticos e non permiten, como si sucede aquí, que ninguén lle dea continuidade ao discurso negacionista dos perpetradores fascistas. A decisión adoptada polo Concello de Sada coa significativa abstención do PP é impecabelmente democrática Polo tanto, o éxito parcial do negacionismo español explícase porque as institucións non desenvolveron nunca unha política de memoria histórica que partise da nítida cualificación da rebelión militar de xullo de 1936 e da posterior violencia xenocida do bando franquista de atentado contra a democracia. Pero hai dous motivos máis. En segundo lugar, temos moitos problemas para identificarmos correctamente o negacionismo franquista porque unha parte da nosa propia historiografía, imbuída dun espírito de reconciliación moi à la page, procura unha equidistancia entre extremismos que se plasma na extravagante idea da culpa colectiva. Finalmente, en terceiro lugar, houbo millóns de cidadáns que asistiron á violencia franquista como bystanders e agradeceron despois un relato que os afastou do lado escuro da historia. Pero que ningún discurso negacionista nos confunda: a recente decisión, adoptada polo Concello de Sada (coa significativa abstención do PP), de declarar personae non gratae os descendentes do ditador que herdaron a propiedade do pazo de Meirás e de reclamar a integración do inmóbel no patrimonio público é impecabelmente democrática.
PRAZA_434
A petroleira recoñece que non construirá polo momento os barcos prometidos no estaleiro vigués á marxe do flotel á espera de que "melloren as condicións económicas" e minimiza aínda máis os resultados do acordo que Feijóo asinou coa empresa pública mexicana.
Cada vez menos promesas cumpridas e cada vez menos réditos daquel acordo institucional entre Xunta e Petróleos Mexicanos (Pemex). A crise económica global e os baixos prezos do petróleo están a afectar a petroleira estatal, que acumulaba perto de 9.000 millóns de perdas no terceiro trimestre de 2014. E entre os proxectos que prevé cancelar estarían algúns dos prometidos en Barreras, estaleiro galego do que se fixo coa maioría das accións hai case ano e medio por5 millóns de euros. Quedou coa súa tecnoloxía e a cambio o Goberno galego presumiu das intencións que incluían a renovación da frota de grandes buques ou de cinco barcos máis pequenos comprometidos publicamente, á marxe do flotel que leva un ano construíndose en Vigo. Así o adiantou La Voz de Galicia, que fixo alusión ás palabras do director xeral de Pemex, Emilio Lozoya, que recoñeceu a cancelación de plans de investimento para aforrar ata 3.600 millóns de euros. Pemex recoñece que se "irán aprazando" proxectos en Barreras "ata que as condicións económicas melloren" Pemex recoñece a Praza que "non se cancela ningún dos proxectos xa en marcha", en relación aos floteis, pero si recoñece unha "necesaria revisión" doutros que se irán "ralentizando ou demorando" no tempo "ata que as condicións económicas melloren". "Iranse aprazando", asegura a oficina de información da petroleira, en referencia a promesas que incluían a construción de tres buques tanque, un atuneira e un barco de apoio que non foron comprometidos para Pemex directamente. Desde o estaleiro vigués, a resposta é que non teñen "noticia ningunha" de plan ningún para abandonar proxectos futuros por parte de Pemex. "Non sabemos nada de nada e non sabemos de onde saíu iso", aseguran desde Barreras, que prevé entregar o flotel no que traballan 600 persoas o vindeiro mes de setembro. Pero nin a Xunta descarta a rebaixa de expectativas. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, cre que os recortes de investimento anunciados "non afectan" a situación da empresa galega, ao manter o "compromiso" do flotel e ra renovación da frota menor a cargao de Armón e Freire. A Xunta asume a rebaixa de expectativas pero atribúe aos "armadores" o aprazamento da construción dos cinco buques prometidos Pero si admitiu Conde que a crise e baixada no prezo do cru si provocará que Pemex ou outras petroleiras se poidan botar atrás en determinados investimentos, polo que chegou incluso a animar a Barreras e outros estaleiros a "explorar outras oportunidades" como a construción de buques de transporte e barcos de pesca. E recoñeceu tamén que os proxectos prometidos á marxe do flotel "dependen dos armadores" e non da petroleira mexicana. "Hai que esperar a ver como evoluciona o petróleo", insistiu. Ao tempo, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, xa anunciou que o seu grupo pedirán explicacións á Xunta no Parlamento polas intencións de Pemex e lembrou que foi un "proxecto emblemático" do que presumiu Feijóo e que "se vai diluíndo e desaparecendo". "Isto confirma que o Goberno non fixo os seus deberes e esa é a penitencia que ten que pasar o PP despois de enganos, promesas incumpridas e dunha expectativa económica que é absolutamente frustrante", asegurou. O BNG, pola súa banda, cualificou a noticia da "crónica dunha traizón a Galiza". "Sen carga de traballo e sen estaleiros, Feijóo dimisión", expresou no seu perfil de Twitter. O PSdeG cre que o "proxecto emblemático" de Feijóo "vaise diluíndo" e o BNG fala da "crónica dunha traizón a Galiza" O que é certo é que tras aquel acordo entre a Xunta e Pemex anunciado en directo no Telexornal por Feijóo, a petroleira fíxose por 5,1 millóns de euros co 51% de Barreras a través dun acordo que implica tamén transferir a México a tecnoloxía e os coñecementos dun estaleiro histórico e centenario. E a construción de varios barcos, entre eles os dous floteis. Un faise en Navantia, onde se chegaron a anunciar que ata 2.000 persoas poderían traballar nese encargo da petroleira mexicana, pero actulamente son arredor de 300 operarios: un cento en Navantia e máis de 200 nas auxiliares, nesas nas que nos últimos anos se despediron unhas 4.000 persoas e que agora son criticadas polos sindicatos polas precarias condicións laborais impostas. En Vigo, son uns 600 os operarios que constrúen o buque hotel. Feijóo falara de 3.000 empregos só nos floteis e acumulou 14 remolcadores, quimiqueiros e a construción da frota menor entre as promesas Naquel preacordo que Núñez Feijóo asinara con Pemex en setembro de 2012, o presidente da Xunta falara duns "3.000 empregos para os próximos dous anos" nos estaleiros galegos pola construción de dous floteis. En sucesivos anuncios, o Executivo prometeu tamén catorce remolcadores, dous quimiqueiros e a segura construción da frota menor da petroleira mexicana por parte de empresas de Galicia. Non foi nin moito menos así.
NOS_14211
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de CxG, asinaron esta segunda feira en Compostela o acordo político en base ao cal catro membros de Compromiso farán parte das listas do Bloque nas estatais do próximo 10 de novembro. "Do outro lado só hai división e fragmentación", di Pontón tras as renuncias de En Marea e Anova.
"Temos diferenzas ideolóxicas, por suposto, pero esta é unha ocasión na que o que importa é contribuír a unha candidatura do país, da patria", dixo Juan Carlos Piñeiro na presentación do acordo político nun hotel na zona vella compostelá mentres Ana Pontón asentía e matizaba: "A única candidatura galega". Unha aposta táctica do BNG que acolle membros de CxG nas súas listas -un posto en cada unha das catro circunscricións- que se limita ás eleccións xerais do 10-N, "unidade de acción hoxe, e xa se verá no futuro", di Piñeiro. Mais alá do simbolismo e da apertura cara a outros espazos ideolóxicos do galeguismo, o que trata de evidenciar o BNG neste acordo é que o Bloque volve ser o polo ao redor do que vai xirar o nacionalismo nos próximos meses até as galegas de 2020. Pontón non quixo valorar as propostas doutras forzas, mais insistiu en que o BNG "ten as portas abertas e as mans tendidas" a outros apoios como o que vén de formalizar con CxG. "Queremos existir politicamente no Estado, existir como nación", insistiu a líder nacionalista. "Só unha voz como a nosa, centrada no país, coas mans libres de ataduras estatais, pode defender Galiza e os intereses das galegas e dos galegos. Do outro lado, xa vemos que só hai división e fragmentación". Mentres, o deputado Pancho Casal afirmaba esta segunda feira nunha rolda de prensa que En Marea pedirá o voto para aquelas "que defendan unha axenda galega de verdade". Ademais de membros de CxG, o BNG avanza que "persoas procedentes do activismo independentista" tamén se integrarán como independentes nas listas. É o caso, segundo puido saber Sermos Galiza, de Bruno Lopes Teixeiro. Este é o texto do acordo asinado polo BNG e CxG con vistas ás eleccións do próximo 10 de novembro: «Sen obviar as lexítimas diferenzas ideolóxico-políticas de dous proxectos políticos tamén distintos, Bloque Nacionalista Galego e Compromiso por Galicia concordan na necesidade de a Galiza posuír voz propia, soberana, nas Cortes do Estado, desde a convicción de seren as forzas políticas galegas, non subordinadas a ningunha outra de ámbito estatal, quen de defenderen con liberdade e garantías os intereses, dereitos, propostas e aspiracións do pobo galego. Así, Compromiso por Galicia participa nas candidaturas do BNG para as vindeiras eleccións xerais do 10 de novembro, como Candidatura de País, como oportunidade para verificar este obxectivo, e desde a asunción dos seguintes principios: 1. Galiza é unha nación e ten dereito á autodeterminación.2. Mentres se manteña o actual marco institucional, demanda dun avance que implique máis capacidade de decisión desde o goberno e administración galegas: concerto económico e Facenda Galega, e transferencias competenciais.3. Defensa da lingua galega. Restauración de usos sociais e completa normalización do galego.4. Defensa do emprego digno na Terra e do avance nos dereitos laborais. Pensións dignas e sistema público garantido.5. Banca Pública Galega ao servizo do desenvolvemento económico do país.6. Reactivación da economía galega e da súa capacidade produtiva. Recursos naturais ao servizo do pobo galego. Tarifa eléctrica galega e promoción das enerxías renovábeis.7. Políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres, no camiño da igualdade real.8. Servizos públicos de calidade.9. Defensa do medio ambiente10. Democracia, dereitos e liberdades. Derrogación do marco legal regresivo, e garantías no exercicio e dereitos democráticos. Recuperación dos bens espoliados polo franquismo.»
NOS_46754
A central sindical nacionalista denunciou o conxunto de medidas desenvolvidas polo goberno de Alberto Núñez Feijóo para "combater" o idioma como elemento chave da "cohesión nacional".
A central sindical nacionalista debruzouse esta terza feira (20 de febreiro) sobre o que denominou como o "roteiro do exterminio" da lingua galega. Unha política lingüística "contranatura", afirmou Marta Dacosta, que se viu endurecida após o ano 2009 coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta. Através dunha crítica análise a CIG-Ensino animou a participar na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego o vindeiro 8 de febreiro. Unha mobilización coa que demandar, afirmou o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, un "cambio de rumbo" na política lingüística e a modificación do actual marco legal para garantir á lingua propia de Galiza "os mesmos dereitos que ten calquera lingua nun país normalizado". O "roteiro do exterminio" E é que desde a chegada do PP, de novo, ao goberno galego en 2009 producíronse "ataques sistemáticos" contra a lingua galega, denunciou Dacosta. NEste senso, subliñou, após un mes de sentar en Monte Pío, Núñez Feijóo suprimiu a proba de galego no acceso á función pública. Un feito ao que se sumaría a supresión do requirimento de proxectos na lingua de noso nos diferentes concursos nos que participa o profesorado. Semanas despois serían eliminadas por parte do goberno galego as axudas económicas ás liñas en galego do ensino infantil e con posterioridade iniciaríanse as "enquisas trampa", en verbas de Dacosta, a respeito da lingua vehicular das crianzas. Unha medida que foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Desde 2009 a Xunta de Galiza implementou políticas encamiñadas a "combater" a presenza do galego no ensino, denuncian desde a CIG No curso 2009-2010 a Consellaría de Educación, encabezada por Jesús Vázquez, reducíu as contías dos premios de innovación en lingua galega, iniciou o proceso de recortes ás equipas de normalización lingüística --que pasarían a se denominar de dinamización-- e presentou as bases para o que sería o Decreto de Plurilingüismo. Da man desta norma prohibiríase a impartición en galego das materias de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía para o que o goberno habilitaría unha liña de axudas para a compra dos novos libros por valor de 5 e 8 millóns de euros. Un diñeiro "dilapidado", denuncian desde a central sindical nacionalista. Aliás, no seguinte curso académico (2010-2011) poríase en andamento a Orde de Centros Plurilingües como unha "estratexia" dirixida a "reducir a presenza" da lingua galega nas aulas, apuntan desde a CIG-Ensino. Logo viría a LOMCE e con posterioridade o despedimento do profesorado CELGA, un conflito aínda por resolver no que a xustiza deu a razón @s traballador@s. Manifestación o 8 de febreiro Para a central sindical maioritaria no ensino o obxectivo destas medidas desenvolvidas polo goberno Feijóo é "combater o idioma" e con el "a cohesión nacional" en tanto que elemento chame no fortalecemento da "conciencia" de "sermos donos do noso futuro como pobo". Razón, afirmou Anxo Louzao, pola que chaman a cidadanía galega e a comunidade educativa, especialmente, a se sumar á mobilización convocada por Queremos Galego na defensa da lingua propia. O secretario nacional da CIG-Ensino urxe un "cambio de rumo" na política lingüística da Xunta e mudanzas lexislativas que equiparen a lingua galega a calqueroutro idioma. A comezar, salientou, polo cumprimento do actual marco legal, nomeadamente do Plan Xeral de Normalización lingüística que en 2014 cumpriu unha década.
PRAZA_852
O escritor uruguaio morreu este luns aos 74 anos de idade. Visitou moitas veces Galicia, a última en 2012 para presentar Los Hijos de los Días. Obras como Las venas abiertas de América Latina ou Memoria del fuego marcaron varias xeracións de lectores en todo o mundo.
Eduardo Galeano, de 74 anos de idade, finou este luns en Montevideo, por mor dun cancro de pulmón que arrastraba dende había anos e polo que fora ingresado nos últimos días. Morre o mesmo día que Günter Grass, a case doce mil quilómetros un do outro, nun triste día para as letras universais. Visitou moitas veces Galicia; en 2012 pasou por Ourense e Compostela para presentar o seu último libro, Los Hijos de los Días, unha colección, a xeito de calendario, de 366 textos breves, argumentos morais en forma de aforismos, de contos, de chistes, sobre a pobreza, a ecoloxía, o racismo, os dereitos civís ou América Latina. Sobre a xustiza e a dignidade, palabras pensadas "para que a razón pase por riba do medo", como el mesmo sinalou nesa ocasión. Las venas abiertas de América Latina, unha lectura da historia do continente como un proceso de espolio dos seus recursos, marcou toda unha xeración, sendo prohibido pola censura nas ditaduras arxentina, chilena e uruguaia. A pesar de que el mesmo recoñeceu en moitas ocasións as eivas dunha obra que quixo ser un tratado de economía política para o que Galeano non tiña (aos seus 31 anos) a preparación necesaria, o libro segue mantendo un innegable peso simbólico na esquerda americana e nos procesos políticos en marcha, baseados en boa medida na recuperación da soberanía. Non é casual que en 2009 Hugo Chávez lle regalase un exemplar a Barack Obama, como xesto de desafío e afirmación, un acto que situou ese mesmo día a obra entre as dez máis vendidas en Amazon. Las venas abiertas de América Latina, unha lectura da historia do continente como un proceso de espolio dos seus recursos, marcou toda unha xeración A reivindicación da xustiza social está presente en toda a obra de Galeano, que aínda en 2013 dixo que "sigo crendo que a contradición máis importante que move o mundo é a contradición que separa os indignos dos indignados, e xa saberá cada quen de que lado quere ou pode estar". Por Los Hijos de los Días pasaban moitos deses indignados, dende os indíxenas en América Latina ás sociedades ameazadas pola débeda externa, pero tamén os republicanos españois que liberaron París ou as coruñesas Elisa e Marcela, que casaron en 1901. Ou o Rosa Luxemburgo, "que tanto loitou para que houbese xustiza con liberdade e liberdade con xustiza". En Compostela Galeano dixo que ao igual que alguén recolleu o zapato que lle caeu cando a levaban para matala, "todos os días alguén recolle da lama esa mesma bandeira de xustiza e liberdade en calquera lugar do mundo". Aínda en 2013 dixo que "sigo crendo que a contradición máis importante que move o mundo é a contradición que separa os indignos dos indignados, e xa saberá cada quen de que lado quere ou pode estar" Esa sensibilidade polas loitas sociais facía que non fose estraño que o escritor accedese, gustoso, a apoiar causas locais coma a loita contra a megamina de Corcoesto, como sucedeu en 2012. O que define, en definitiva, a traxectoria de Galeano como escritor, como xornalista (Marcha, Brecha...) e como persoa é o seu humanismo e a súa mirada limpa, denunciando nun dos seus moitos aforismos que "este é un mundo que te domestica para que desconfíes do próximo, para que sexa unha ameaza e nunca unha promesa". Esa actitude vital insubornable e obras como Memoria del fuego (1982-86) ou El libro de los abrazos (1989) foron engrosando, ao longo de varias xeracións, unha lexión de seguidores nunha e outra beira do Atlántico, que converteron a Galeano nun referente moral, nun referente de dignidade e da esperanza de que os actos teñen consecuencias. No derradeiro relato de Los Hijos de los Días, Galeano lembra o consello que daba o romano Serenus Sammonicus para acadar a inmortalidade: colgar do peito a palabra Abracadabra, que en hebreo significa "envía o teu lume ata o final" Como bo uruguaio, Galeano sentía auténtica paixón polo fútbol. O escritor (hincha do Nacional de Montevideo) definíase como "un mendigo do bo fútbol" e reivindicouno en varias obras (Su majestad, el fútbol ou El fútbol a sol y sombra), entrevistas e artigos xornalísticos: "Para a dereita, o fútbol era a proba de que os pobres pensan cos pés; e para a esquerda, o fútbol tiña a culpa de que o pobo non pensara. Esa carga de prexuízo fixo que se descualificara unha paixón popular". Galeano era un habitual do Café Brasilero, no centro de Montevideo, tamén frecuentado por Benedetti, finado hai seis anos. Uruguai perde con el un dos seus grandes referentes culturais durante as últimas décadas e durante os vindeiros días comezará unha serie de homenaxes. Galeano deulles o seu alento e as súas palabras a milleiros de lectores, durante décadas, en todo o mundo. Atreveuse mesmo a definir a utopía e a súa procura, algo que ben pode servir para o que loita todos os días coma para o que escribe, dicindo que "a utopía está no horizonte. Camiño dous pasos, ela afástase dous pasos e o horizonte corre dez pasos máis aló. Entón para que serve a utopía? Para iso, serve para camiñar". No día da súa morte pódese lembrar o relato que pecha Los Hijos de los Días (2012), no que Galeano lembra o consello que daba o romano Serenus Sammonicus para acadar a inmortalidade: colgar do peito a palabra Abracadabra, que en hebreo antigo significa "envía o teu lume ata o final".
NOS_39419
Condenados a 2 anos e 1 día de cárcere cada un deles por enaltecemento do terrorismo, están á espera de coñecer se a Audiencia Nacional modifica ou confirma a pena.
Doce rapeiros, de entre 21 e 36 anos de idade e a maioría deles galegos, membros do colectivo 'La Insurgencia', foron condenados a finais de 2017 pola Audiencia Nacional a 2 anos e 1 día de prisión por un delito de enaltecemento do terrorismo. Os músicos presentaron recurso e están á espera de que a sala de apelacións da Audiencia Nacional modifica ou confirma esa pena. A Fiscalía, segundo avanzou a Cadena Ser, pediu que este recurso dos rapeiros sexa desestimado e que a sala de apelacións confirme a condena que, de ser firme, implicaría a entrada obrigatoria en prisión dos doce rapeiros. A Audiencia Nacional condenounos após examinar letras, rimas e vídeos deste colectivo musical. Naquela altura, desde La Insurgencia denunciábase que o seu era un novo caso de "represión contra artistas" e que amosaba que no estado español podíase acabar na cárcere "por facer cancións denunciando as inxustizas que se cometen neste país".
PRAZA_2561
Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Compostela e reclaman ao Estado e á Xunta un novo sistema de cotas para que "todos os pescadores teñan o mesmo dereito". BNG, AGE e PSdeG apoiaron a marcha que percorreu as rúas de Santiago.
Unhas 2.000 persoas saíron á rúa este domingo en Compostela para esixir ao Goberno central e á Xunta que negocien unha nova repartición "xusta e igualitaria" das cotas para o sector mariñeiro do cerco, que leva 27 días acampado diante da sede do Executivo galego en San Caetano. Na mobilización desta fin de semana, pediuse unha solución ao conflito que permita que "todos os pescadores teñan o mesmo dereito". Persoas de varias localidades galegas apoiaron unha marcha por unha repartición "xusta e igualitaria" A marcha, que saíu da praza do Obradoiro pouco antes do mediodía, foi convocada pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), que é quen lidera as protestas. Os centos de participantes na marcha, chegados de varios puntos do país, camiñaron ata San Caetano, onde se manteñen máis dun cento de tendas de campaña en representación da inmensa maioría dos barcos artesanais desta arte de pesca e dos que dependen, segundo din, uns 1.400 postos de traballo directos e uns 5.000 indirectos na autonomía. En Compostela houbo xente de Ares, Cariño, Porto do Son, Malpica, Vigo, Redondela ou Sada, entre outras localidades. "A cota é de todos", reivindicou o presidente de Acerga, Juan José Blanco, que insiste en que non pode haber mariñeiros "de primeira" e mariñeiros "de segunda". Ademais, criticou a Xunta por tratar de "enfrontar o sector" e por "facer que fai" e insistiu nun novo criterio de repartición para non favorecer os que máis teñen e "marxinar os pobres". "Están a marxinar as familias que son o futuro de mañá", advirte o presidente de Acerga "Cremos que todos os pescadores son iguais, queremos os mesmos dereitos; que os que empezan hoxe teñan os mesmos que tive eu hai trinta anos, pero están a marxinar as familias que son o futuro de mañá", insistiu Blanco, que cre que a conselleira de Mar e o presidente Feijóo "queren arranxar sen arranxar, favorecer uns e prexudicar outros nun enfrontamento de frota que non había". Precisamente, Blanco non quixo opintar sobre a Asociación de Cerqueiros Galegos creada este sábado -e que integra 40 barcos fronte aos 120 de Acerga- pero si asegurou que nunca pertencerá a "unha asociación de ricos onde os pobres non teñen cabida". "Feijóo traizoa os galegos", puido lerse en carteis nunha manifestación á que asitiron representantes de BNG, AGE e PSdeG "Feijóo traizoa os galegos", podía lerse nos carteis que portaban varios dos manifestantes, que aproveitaron tamén para culpar o PP do conflito e para reclamar unha solución urxente. Á marcha asistiron candidatos de Nós-Candidatura Galega ao Congreso, como Carlos Callón, cabeza de lista pola Coruña, así como representantes de AGE -Antón Sánchez e Juan Manuel Fajardo-, a eurodeputada Lidia Senra ou membros do BNG como Daniel Rodas, Ana Miranda ou o seu voceiro nacional, Xavier Vence. Tamén participaron parlamentarios socialistas como Pablo García ou Emilio Blanco ou alcaldes, como o nacionalista de Bueu, Félix Juncal. "Defenderemos no Congreso algo tan básico como un reparto xusto das cotas de pesca para o cerco galego, porque non pode ser que un barco vasco teña tanta cota como 44 barcos galegos xuntos", asegurou Callón. Un conflito que vén de lonxe O conflito chega logo de que o Goberno central, tras un acordo co sector, fixase as cotas para cada barco baseándose nas capturas históricas dos últimos anos (2002-2012), ademais de ter en conta a capacidade e a tripulación. Durante décadas, Galicia tivo un límite diario de capturas para o mantemento dos prezos, tanto no xurelo como na xarda ou a sardiña. Mentres, os cerqueiros galegos que acudían ás augas cántabras e vascas -e máis os barcos de Euskadi e Cantabria- pescaban sen limitacións. No cerco, malia os límites, non había moito problema coas porcentaxes asignadas a cada frota autonómica, pero foron as asignacións por cada embarcación as que acabaron por reavivar o conflito. Os barcos agrupados arredor da Acerga xestionan a través da asociación as cotas conxuntamente. Coas condicións actuais de repartimento, e dependendo das condicións históricas de cada embarcación, hai quen dispón duns 5.000 quilos de xurelo ao ano e mesmo quen só pode pescar 1.000, cantidades totalmente insuficientes. "Nunha frota de 120 barcos que ata 2012 pescaba 6.000 quilos de xurelo cada día, agora hai quen ten 6.000 para todo o ano ou menos", resume Acerga. De non cambiarse os criterios, advirten, o cerco acabará desaparecendo. No fondo, o impulso á acuicultura e a un tipo de explotación que sospeitan que se quere impoñer para o futuro.
NOS_43866
Este sábado 28 celébrase no Ágora da Coruña unha xornada da AELG e da AS-PG arredor de literatura e cinema na que participarán Manolo González, Margarita Ledo, Eva Veiga, Antía Otero, Celia Parra e Martin Pawley.
"Unha literatura en imaxes" titúlase a xornada que organiza a AELG e a AS-PG, na que participan destacados personaxes da cultura galega. O primeiro en intervir será Manolo González, ex director da Axencia Galega do Audiovisual e mestre, que disertará sobre "Literamas, a literatura galega no cinema", ou como aproveitar o cinema para aplicar no ensino. A continuación Margarita Ledo e Eva Veiga falarán de 'A cicatriz branca. O corpo da fala' nunha mesa redonda. Logo tanto a poeta Antía Otero como Celia Parra falarán da poesía e o vídeo, aínda que a intervención de Parra será un obradoiro de introdución á videopoesía. Por último, Martin Pawley, crítico de cinema, contará a súa experiencia no proxecto Nimbos, unha serie de curtas realizadas por diversos cineastas ‑non só de Galiza- inspirados en poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. A iniciativa foi impulsada dende o blog Acto de Primavera e na actualidade conta xa con perto de trinta pezas, varias das cales foron exhibidas en festivais internacionais de cinema.
NOS_45351
Para o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, o incendio de Arbo, que xa arrasou máis de 400 hectáreas, "xa non é tan preocupante".
O incendio de Arbo, na comarca da Paradanta, que se iniciou na aldea de Mourentán, xa afecta a 400 hectáreas, segundo a última estimación provisional da Consellaría de Medio Rural, comunicada ás 20.30 horas deste domingo. O incendio forestal no municipio de Arbo, na Paradanta, avanza sen control e xa queima 230 hectáreas En declaracións a Nós Diario, o presidente da comunidade de montes de en Man Común de Cabeiras, Jesús Estévez, que viu queimadas 20 das case 400 hectáreas dos seus terreos, explicou que "aínda hai perigo pola posíbel chegada do fogo ás vivendas". O representante da Xunta directiva da comunidade de Cabeiras sinalou que "a medida que se achegaron as horas de máis calor é máis propenso a que aparezan brotes", e deste modo, "unha parte complicada con eucaliptos rebrotou nunha zona onde hai unha aldea moi cerca". O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, afirmou, a medio día do domingo, que os incendios na Paradanta, en Arbo e na Caniza, "foron provocados", e asegurou que a situación "xa non é tan preocupante", a pesar de que o estado de Alerta 2 por posíbel afectación ás casas continúa activo, un perigo que referenda a veciñanza da zona. Brigadistas alertan da necesidade de realizar tarefas de prevención de incendios todo o ano Porén, Estévez, non compartiu a opinión do xefe do Executivo galego. "Non sei se foi intencionado ou non, mais iso non implica que este fogo siga ardendo domingo desde a madrugada do sábado". Aínda que o comuneiro recoñece que "pola mañá a situación parecía mellorar", sobre a menor preocupación á que se refiriu o presidente da Xunta, explicou "que as dúbidas entran cando ves que o incendio está controlado, regado e selado, senón non te fias de nada", polo que expresou o temor a máis rebrotes como o acontecido na zona de eucaliptos. "O problema é a mala xestión do monte e de propiedades izadas de biomasa e de eucaliptos sen control que quedan aí", protestou Estévez. "Agora queda o monte limpo até que volva haber outro incendio, dentro duns anos, por moito que digan, non fan nada polo monte e a proba témola na porta da casa", afimou. O presidente da comunidade de Cabeiras agradeceu que brigadistas "que se atopaban en descanso" acudiran para loitar contra o fogo que comezou a arrasar os terreos de monte veciñal, de non ser pola súa intervención "para xestionar o operativo" o acontecido na comunidade de Cabeiras "podería ter sido moito peor". "E de momento, veremos o poida pasar", laiouse. Continúa activo o fogo na Caniza Tamén na Paradanta permanece activo outro incendio, no concello da Caniza, concretamente na parroquia de Oroso. Alí tamén se declarou a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do fogo a un polígono industrial. Os incendios na Paradanta obrigan a cortar vías de comunicación ao seu paso pola Caniza Ademais, durante toda a mañá producíronse cortes de estradas. Primeiro a A-52, xa reaberta ao tráfico, e posteriormente a N-120, na que non se permitiu a circulación até pasadas as 17 horas da tarde deste domingo.
NOS_21103
Fixa como prioritarias as eleccións "autonómicas e xerais" ás que se presentará como partido político e nas que foxe da "esquerda" para apostar na "centralidade".
O Consello cidadán de Podemos aprobou un documento político o pasado 29 de novembro no que fixa a súa estratexia política cara ás eleccións municipais de 2015. A formación que lidera Pablo Iglesias ordena á súa militancia, através dunha comunicación "de obrigado cumprimento" desmarcarse das Marés/Ganemos e fixa como prioritarias as eleccións "autonómicas e xerais" ás que si concorrerán con candidaturas propias. Segundo o texto difundido por El Confidencial, a dirección política de Podemos coida prexudicial a incorporación a estas fórmulas electorais da súa base social pois, afirman, "poden comprometer a estratexia para as xerais". Neste senso, o Consello cidadán racha de antemán calquera acordo pre-eleitoral con formacións políticas xa existentes como Izquierda Unida ou, na Galiza, AGE (Anova-EU), quer baixo o paraugas das Marés quer co de Gañemos. "Non debemos ter medo a quen tenta impornos as formas da vella política apelando á súa maior experiencia", sinalan no documento. Agrupacións electorais e "centralidade" Ora ben, deixa en mans de cada círculo local a decisión de concorrer ou non aos comicios baixo a fórmula das agrupacións de electores. Unha posibilidade recollida na Lei electoral e que fixa candidaturas non vencellábeis entre si e concibidas unicamente para un só proceso electoral. Baixo a denominación de "candidaturas de unidade popular" a circular fixa, tamén, os criterios mínimos que han de cumprir as devanditas agrupacións electorais, a comezar pola convocatoria de "primarias abertas" na escolla das persoas candidatas. Así mesmo delimita ideoloxicamente estas propostas electorais e o propio partido na "centralidade" e foxe expresamente da concepción de "esquerda". "Debemos ser cautos e, ao mesmo tempo, conscientes da nosa centralidade", apunta a executiva de Podemos no documento. Un feito que enmarcan, máis unha vez, na súa estratexia electoral de modo a unir capas máis amplas da sociedade arredor do proxecto político e, con isto, un maior número de apoios electorais.
PRAZA_3914
O equipo, formado por investigadores das universidades de Santiago, Vigo e Aveiro, anticipou xa o 4 de marzo a evolución que despois seguiría a epidemia no noso país. Destacan que "comeza a verse a luz ao final do túnel", pero subliñan que se debn manter as medidas de prevención para evitar rebrotes.
O pasado mes de febreiro un grupo de investigadores das universidades de Vigo, Santiago e Aveiro (Portugal) realizaron un modelo matemático que buscaba predicir a evolución da COVID-19. Dous meses despois o modelo demostrou a súa eficacia e acerto, de xeito que a curva seguida pola enfermidade en Galicia foi moi semellante ao modelo que predixeron.O 4 de marzo o equipo lanzou unha advertencia sobre a incidencia que a enfermidade podía acadar en Galicia, sinalando que o pico da infección coincidiría nos primeiros días de abrilO equipo comezou a traballar neste modelo para describir a propagación do virus a mediados de xaneiro, cando se coñeceron os primeiros casos de infectados en China, rematando o seu primeiro modelo o 11 de febreiro. "Fomos quen de modelizar tanto o número de persoas infectadas como o de persoas falecidas", destacan. O 4 de marzo, máis dunha semana antes de que se adoptasen as medidas de confinamento, o equipo lanzou unha advertencia sobre a incidencia que a enfermidade podía acadar en Galicia, sinalando que o pico da infección coincidiría nos primeiros días de abril, ao redor da data prevista para a celebración das eleccións ao Parlamento galego (5 de abril). Os investigadores puxeron o estudo en coñecemento do Goberno galego, co obxectivo de que a administración contase coa mellor información posible, para adoptar así as decisións máis axeitadas. Láianse de que nese momento non se tomaron en serio as súas predicións, nun momento no que apostaban por "modificar os hábitos por un tempo" para limitar a propagación da doenza. Ao equipo, conformado polo catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, e os investigadores Iván Area da Universidade de Vigo e Delfim Torres da Universidade de Aveiro, uníronselles posteriormente o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, e Luís Seoane, do CSIC.Anticipan que a curva den unha forma asimétrica, sendo máis rápido o ascenso (que durou 25 días) que o descenso, que calculan nuns 45 días. É dicir, a mediados de maioO grupo continuou actualizando o seu modelo, que de forma xeral se foi cumprindo no tocante ao número de infeccións en Galicia, que efectivamente acadou o seu pico de casos nos últimos días de marzo. Ese acerto permítelles ser optimista no relativo á evolución da epidemia no noso país, que continuará baixando nas primeiras semanas. "Comeza a verse a luz ao final do túnel", subliñan, pero anticipan que a curva ten unha forma asimétrica, sendo máis rápido o ascenso (que durou 25 días) que o descenso -ata reducir a cero as persoas infectadas cada día-, que calculan nuns 45 días. É dicir, que se podería producir a mediados de maio."O final da pandemia non chegará ata que pasemos moitos días sen ter novas persoas infectadas e iso aínda está moi lonxe", advirtenNeste paulatino descenso deben manterse as medidas de precaución adoptadas, para evitar así rebrotes que obriguen a endurecer as medidas que se foran relaxando. "Non podemos pasar do confinamento á festa dun día para outro, ten que ser progresivo e tentar evitar que se produzan novos brotes", subliñan, sinalando que "o final da pandemia non chegará ata que pasemos moitos días sen ter novas persoas infectadas e iso aínda está moi lonxe". "Polo de agora non convén permitir reunións de máis de 40-50 persoas para ter certo control no caso de que comece un novo brote", engaden.A pandemia chegou algo máis tarde a Galicia, adoptándose as medidas de confinamento antes de que o número de infeccións fose tan elevado como noutros lugaresExplican, igualmente, que a situación en Galicia nunca chegou a ser tan grave como o foi noutros territorios do Estado, como Madrid, en parte "pola nosa xeografía e as dificultades de comunicación históricas", que "xogaron ao noso favor". Engaden, neste senso, que "as aglomeracións de xente de determinadas cidades foi un factor fundamental no rápido crecemento do número de persoas infectadas".Ademais, a pandemia chegou algo máis tarde a Galicia, adoptándose as medidas de confinamento antes de que o número de infeccións fose tan elevado como noutros lugares. Así mesmo, destacan, "puidemos aproveitar todo o coñecemento médico que se desenvolveu por exemplo en Italia para mellorar o tratamento dos pacientes", conseguindo algo moi importante: "que os casos de UCI foron chegando pouco a pouco"."Cunha análise semanal a unha mostra aleatoria simple da sociedade galega teriamos unha fotografía moito máis exacta do alcance da pandemia"Finalmente, o grupo investigador suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real da pandemia. "Pensamos que cunha análise semanal a unha mostra aleatoria simple da sociedade galega teriamos unha fotografía moito máis exacta do alcance da pandemia, pois permitiría saber quen padece a enfermidade e quen a superou, incluso de xeito asintomático", explican.
NOS_32188
O semanario Sermos Galiza vai chegar esta quinta feira ao seu número 100.
Sermos Galiza é hoxe a única cabeceira que se mantén nos quiosques. Desafortunadamente. Imos facer un repaso polas páxinas de tres cabeceiras que pasaron amplamente os cen números. Con diferente periodicidade de saída, semanal, decenal, con diferente orientación e contidos, mais sempre conscientes da necesidade de Galiza contar cunha prensa que informase desde a nosa óptica, O Tío Marcos D´A Portela, A Nosa Terra e Nós son tres exemplos de traballo a prol dun único obxectivo: a información ao servizo dun País concreto que en largos períodos da súa historia tivo unha masa lectora moi baixa e na inmensa maioría analfabeta. O Tío Marcos d´A Portela O parrafeo 100 do Tío Marcos, oito páxinas, Ourense 18 de outubro de 1885, abre cunha especie de editorial titulado A caída d´as follas. De maneira irónica fálase da caída da folla nese outono de 1885, como van secando e caendo todas salvo as dos impostos, pois estas "son follas que reverdecen a miúdo e que se nutren do sangue dos afrixidos e dos labregos". Textos de Francisco da Iglesia González, Lisardo Barreiro, Manuel Núñez González. O Correo do Tío Marcos e a sección Casos e cousas fechan este parrafeo, non sen levar un anuncio, en verso, na contracapa. Un anuncio da competidora da neve, a gaseosa. Non terlle medo á raxeirado sol, nin tampouco ó cóleranamentras haxa na Uniónos sifós de gaseosas.[...]Non houbo un home no mundo,que bebendo gaseosamorrese de indixestiónou sentise a sede lobaporque vos é unha bebidaque coma ela non hai outra. A Nosa Terra O número 100 do boletín decenal A Nosa Terra saíu do prelo na Coruña o 15 de setembro de 1919. Constaba de 6 páxinas e a abre, a tres columnas, cunha especie de carta ao director, asinada en Lugo por Justo Rodríguez Paleo, rapaz namorado da súa terra coma poucos, en palabras de presentación do propio boletín. Na carta formúlanse ao director unha serie de perguntas (que non contesta: "non contestamol-as perguntas do noso querido irmán) referidas a Leonardo Rodríguez, avogado e economista nado en Lleida en 1877. Militante do Partido Conservador, era un home de José Canalejas, que logo da súa morte se puxo baixo a protección de Augusto González Besada. Foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). "Cren os nacionalistas sinceiros, os que viven no sacrificio pola causa, os que dan as costas ó ésito persoal e conecen ós arrivistas que xurden no noso campo como a cizaña nos trigais, que o leonardismo, agora en candeeiro pode ser un xeito liberador da Patria escravizada? [...] Pensen, pensen ben todolos bos galeguistas. Non caian no vello vicio de sentirse aparvados ante o brillo dun exministro" Textos de M. Porto Casás, Avelino Rodríguez Elías, Eça de Queiroz, Roberto Blanco Torres, Noriega Varela, A. Villar Ponte, Correa Calderón (cun texto titulado "Divagacións sobre a modernidade do galego), Ramón Cabanillas, xunto con información sobre os movementos rexionalistas en Franza. Dous anuncios de vapores de compañías francesas que saen da Coruña con destino a América completan as seis páxinas do boletín. Por certo que o prezo da pasaxe en terceira clase é de 384,60 pesetas nun caso e de 369,60 noutro. Nós O número 100 de Nós, 15 de abril de 1932, abre cun poema de Carvalho Calero, continúa cun ensaio sobre Goethe a cargo de R. Otero Pedrayo; un texto de Ramón Vilar Ponte sobre Constanza de Castro, unha das fillas do Mariscal; Bouza-Brey estuda un epígrafe da igrexa de San Miguel de Sarandón, nas terras da Ulla. Alfonso Vázquez aporta unhas notas "que consideramos de intrés" para a explicación dos traballos necesarios na restauración e conservación de documentos.Vicente Risco prosegue, parte III, coa narración da súa viaxe a Alemaña e Xaquín Lourenzo Fernandes remata o seu traballo "A muller no cancioneiro galego". Xurxo Lourenzo explícanos como é o "Xogo do S. Xulián e Álvaro de las Casas recolle cantigas "Pra un conzoneiro de Noia" Remata o número 100 con crítica de libros, axenda e dúas páxinas de anuncios: o xabrón da Toxa, por unha peseta a pastilla. Seguen os "Plumeiros Rafium" o Sanatorio San Lourenzo e un taller de fotogravado. Un anuncio da propia revista fecha as doce páxinas do número cen.
NOS_16933
A politóloga e experta en migracións internacionais Luca Chao prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.
Hai sentenzas que se repiten xeración tras xeración. Ao clásico calquera tempo pasado foi mellor, súmase a asunción acrítica de que cada xeración é peor que a anterior. Por moito que sexa a máis responsabilizada coa igualdade e a mitigación da mudanza climática, hai quen insiste en cualificalos de máis vagos, menos esforzados, sen capacidade de esforzo… A estratexia neoliberal de culpabilizar os máis vulnerables da súa situación non fai máis que ensanchar a fenda entre colectivos e xeracións chamadas a convivir, alén de facer perigar o maltreito contrato social. Porén, este tipo de discursos son, case sempre, disfraces retóricos de vulgares prexuízos. Neste senso, a análise dos datos resulta unha ferramenta imprescindible para tratar de comprender a realidade oculta tras o ofensivo alcume de xeración de cristal. E, máis aínda, para tratar de responder a algunhas cuestións básicas que emerxen deste debate: Teñen motivos para queixarse? Viven peor do que o fixeron os seus pais? En definitiva, como é a súa calidade de vida? Trátase este dun concepto complexo, de difícil operacionalización, que inclúe, cando menos, cuestións materiais, referidas, ante todo, ao nivel de ingresos, ao emprego, e á situación socioeconómica; e cuestións subxectivas, emocionais, vinculadas á auto percepción dos propios individuos e mesmo á sensación de saúde. A calidade de vida ten a ver co material, pero ten moito que ver tamén coa satisfacción e insatisfacción das metas vitais. 1. A emancipación segue a ser unha cuestión pendente: de acordo cos datos do IGE, a porcentaxe de mozas e mozos de entre 18 e 34 anos que vive cos seus pais aumentou máis de cinco puntos na última década, pasando do 58,93% en 2010 ao 64,10% en 2020. Iso, ao tempo que os prezos da vivenda de alugueiro non deixan de medrar. 2. O nivel de ingresos dos fogares compostos por persoas menores de 35 anos diminúe. Así, a porcentaxe de fogares con rendas de ata 1.000 euros pasou do 14,96% no 2007, é dicir, antes da crise do 2008, ao 28,95% en 2020. Pola contra, os fogares de xente moza con rendas de 2.000 a 2.500 euros pasou do 20,31% no 2007, ao 13,87% no 2020. 3. A taxa de paro para as persoas de entre 16 a 29 anos situouse no segundo trimestre deste ano 2022 nun 36%. No que respecta ao indicador de paro xuvenil, que recolle as persoas menores de 25 anos, esta porcentaxe pasou do 15,61% no segundo trimestre do 2007 ao 34,88% no segundo trimestre deste 2022, superando en máis de cinco puntos a media española. 4. A maternidade: un desexo irrealizable. Do mesmo xeito que acontece nos países da nosa contorna, a idade media da maternidade vense retrasando de forma progresiva en Galicia, pasando dos 30,20 anos en 2007, aos 32,39 actuais. Aínda que non contamos con datos desagregados por comunidades, dende a perspectiva reprodutiva a enquisa Injuve 2019 constata que a natalidade entre a xuventude de 15 a 29 anos descendeu de forma significativa. No 2008 a porcentaxe de persoas mozas que non tiña fillos era do 88,1%, mentres que no 2019, esa cifra medrou ata o 92,2%. Porén, un 37,7% manifesta que lle gustaría ter dous fillos, seguidos dun 15,1% que desexaría un, e o 12% que afirma querer tres ou máis. Analizados os motivos de desaxuste entre a maternidade desexada e a realizada, atopamos cuestións como o desemprego, a precariedade laboral e a falta de expectativas laborais. 5. A saúde mental empeorou tras a pandemia da Covid-19. Diferentes especialistas veñen alertando de que a mocidade é a que máis está pagando as consecuencias emocionais derivadas da crise da pandemia, que non fixo senón aumentar a súa sensación de inseguridade e precariedade. As dificultades de imaxinar e construír proxectos de vida estables semellan explicar que estas cohortes de idade se converteran nos primeiros demandantes de atención psicolóxica, case sempre, privada. Hoxe, o suicidio é xa a primeira causa de morte non natural nas persoas de entre 19 e 25 anos. O doado é bramar fraxilidade, o máis difícil, asumir que a saúde, como case todo, é unha cuestión de clase social. Segundo os datos da Enquisa Nacional de Saúde publicados polo Ministerio de Sanidade en 2017, o 13,5% das persoas de clase social máis baixa presentaba algunha enfermidade mental, mentres que entre as máis favorecidas esta cifra caía ao 5,9%.Fálase de serotonina, pero algún estudo apunta xa á influencia da seguridade laboral percibida, á temporalidade e ao nivel salarial como factores clave á hora de entender a incidencia da depresión e a ansiedade na poboación.
NOS_37309
A actual ministra de Traballo deuse de baixa de IU en outubro pasado mais mantén a militancia no PCE.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo actualmente no Goberno español, deixou o pasado mes de outubro de militar en Esquerda Unida a raíz das discrepancias coa posición da súa formación a respecto das negociacións co PSOE para formar Goberno. A noticia saíu á luz nas últimas horas da man de El Confidencial e medios como El Diario confirmaron a mesma, indicando que Díaz, porén, mantén a súa militancia no PCE pois o Partido Comunista non obriga á dupla militancia PCE-IU. Persoa da total confianza de Pablo Iglesias, Yolanda Díaz foi coordinadora de Esquerda Unida desde 2005 até 2017. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.
NOS_29898
As organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) teñen comparecido nesta quinta feira para "denunciar a situación insostíbel de Atención Primaria". Neste sentido, veñen de adiantar a convocatoria dunha concentración diante da sede do Sergas en Santiago de Compostela para o 19 de outubro.
As organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) teñen comparecido nesta quinta feira para "denunciar a situación insostíbel de Atención Primaria". Neste sentido, veñen de adiantar a convocatoria dunha concentración diante da sede do Sergas en Santiago de Compostela para o 19 de outubro. e "non descartan ningún tipo de mobilización se a administración segue fechada a non negociar". CIG, CCOO, CSIF, Satse e UGT veñen de anunciar unha fronte común contra o desmantelamento da Atención Primaria. Así, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín fala "dunha situación insostíbel para os profesionais de Atención Primaria incapaces de desenvolver as súas funcións pola sobregarga de traballo e tamén para poboación que non pode acceder a este servizo básico". "Se non hai médicos e por culpa dos recortes aplicados pola Xunta da Galiza", apunta María Xosé Abuín, quen destaca que "a situación parte 2012, cando se aproba o Plan Orgánico de Recursos, onde se recolle a pirámide de idade dos profesionais e se sinala que a media de idade é de 56 anos. O Sergas non só non toma medidas, senón que xubila a profesionais e no 2014 e non 2015 non chega a cubrir a oferta permitida polo Ministerio de Sanidade". O Consello Técnico de Atención Primaria Os sindicatos amósanse moi críticos coa posición do Goberno galego en relación co Consello Técnico de Atención Primaria. A creación deste organismo foi resultado dun acordo da Xunta cos sindicatos após a folga de Atención Primaria de 2018, comprometéndose a administración galega a tomar como vinculantes as conclusións deste grupo de traballo para a reforma da Atención Primaria e a articulación dun novo modelo asistencial. Precisamente a negativa do Sergas a asumir as recomendacións da comisión e de adiar a elaboración das conclusións é un dos motivos de queixa das organización sindicais. CIG, CCOO, CSIF, Satse e UGT lembran que o pasado 30 de setembro teñen remitido un escrito aos responsábeis da Consellaría de Sanidade solicitando unha reunión do Consello Técnico de Atención Primaria, co obxectivo de "fechar as conclusións" e "elaborar un plan de recursos humanos", sen ter recibido resposta até a data. Ao tempo, "denuncian o erro de desmedicalizar a Atención Primaria porque o servizo non pode funcionar sen médicos, polo que compre elaborar carteiras de servizos de Atención Primaria". "A asistencia sanitaria non a pode prestar o persoal administrativo do centro de saúde", sinala Abuín que reclama " diálogo a Xunta", "valoración do traballo dos profesionais do Consello Técnico de Atención Primaria" e "un novo modelo de Atención Primaria que remate co colapso que padecen os profesionais e abra os centros de saúde á poboación" O problema da Atención Primaria na Galiza é de carácter estrutural. Un dos elementos chaves é o escaso gasto do Goberno galego en Atención Primaria, situado en 182,3 euros por habitante, só investindo menos que Galiza, Madrid con 147,97 euros e as Illes Balears con 178,38 euros. Así, o gasto en Primaria da Xunta é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura, 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61,6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. Precisamente, a caída do orzamento sanitario tense acentuado nos anos de Feixoo á fronte da presidencia da Galiza.
NOS_58028
O Goberno de Portugal anunciou o seu plan de aumentar 6% o salario mínimo nacional para 2020, co que quedaría en 635 euros mensuais en 14 pagas. O sindicalismo cualifica de insuficiente a suba e alerta de que as empresas están a xeneralizar os contratos remunerados co soldo mínimo.
A promesa do primeiro ministro portugués António Costa é aumentar o salario mínimo nacional até 25% durante a nova lexislatura que vén de iniciar, de forma que en 2023 se sitúe en 750 euros en 14 pagas mensuais. Polo de agora, desde esta cuarta feira 13 de novembro, o que hai enriba da mesa é unha proposta de aumentalo 6% para 2020, co que quedaría en 8.890 euros anuais (635 en 15 pagas mensuais). A ministra portuguesa do Traballo, Solidariedade e Seguridade Social, Ana Mendes Godinho, comunicou esta cuarta ao Executivo a súa proposta de aumentar o soldo mínimo 6%. A comunicación da ministra realizouse durante un encontro da Comisión Permanente de Concertación Social, un organismo que agrupa o Goberno portugués e os principais sindicatos e patronais do país. O Executivo portugués subliñou que as subas do salario aprobadas en anos anteriores "non alcanzaron o ritmo de crecemento necesario para asegurar unha distribución equilibrada da renda", agregando que o país se mantén como un dos Estados membros da UE con maiores taxas de desigualdade con respecto aos ingresos. O salario mínimo nacional actual está en 600 euros Nos últimos catro anos, o salario mínimo aumentou de 505 euros a 530 euros en 2016; a 557 euros en 2017; e a 580 euros en 2018, chegando aos 600 euros en xaneiro do presente ano. A valorización real (descontando a inflación ) foi de 14%, e a nominal de case 19% nese período. Para a CGTP a suba é insuficiente Desde a maior central sindical portuguesa, a Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses — Intersindical Nacional (CGTP-IN), cualificaron de «insuficiente» este aumento de 35 euros do SMI para 2020, e alertaron do perigo dun acordo entre as entidades da patronal para estabelecer un teito para o aumento do salario. Así, desde a CGTP-IN advertiron de que nos últimos anos houbo un grande crecemento do número de traballadoras e traballadores con salario mínimo, denunciando así que se está a producir unha tendencia nas empresas por aferrarse ao SMI á hora de contratar, querendo esquecer que poden facelo con remuneracións máis elevadas.
NOS_17577
O Festival de Teatro Galego do Carballiño decorre do 5 ao 7 de setembro, reducido a unha edición de tres días e sen teatro no exterior.
Este ano, o Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) quedou fóra das axudas que concede a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para os festivais de artes escénicas. O orzamento quedou tocado e iso nótase: o FETEGA desenvolverase durante tres días no canto dos cinco que viñan sendo habituais nos últimos anos. Tampouco haberá as tradicionais funcións no auditorio ao aíre libre. Porén, Carlos Ledo, director do festival, mantén o optimismo e prefire subliñar que o festival continúa o seu itinerario e que espera mellores tempos nos anos vindeiros. "O das axudas é un tema xa moi trillado", asegura. "Nós mantemos unha boa relación coa Agadic, mais este ano tocou xogar con estas condicións. Mais teño a seguridade de que en anos vindeiros poderemos volver organizar un festival de cinco días ou mesmo de máis. Moita xente non o lembra, mais o FETEGA chegou a ter edicións de nove días". O certo é que a tendencia nos últimos anos é a de concentrar os recursos en festivais grandes, mentres que os pequenos, os que crean tecido nunha boa parte do país, van decaendo ou, mesmo, desaparecendo. "A Galiza interior está sufrindo un declive no cultural, non só no escénico, que debería preocuparnos" "Hai unha realidade do teatro na Galiza que moitas veces non se ten en conta", apunta Ledo. "A masa crítica está concentrada arredor do eixo atlántico: Vigo, Coruña, Santiago, Pontevedra e en menor medida, Ferrol. Por masa poboacional, se só un 1% do público está interesado nun espectáculo, nas cidades grandes pódeselle asegurar dúas ou tres funcións nunha sala. Mais nunha vila pequena, resulta complicado que ese espectáculo teña o mínimo de audiencia que se require para non perder diñeiro. Esta realidade deberíase ter en conta á hora de planificar e estabelecer as axudas. A Galiza interior está sufrindo un declive no cultural, non só no escénico, que debería preocuparnos". A función do CDG Malia quedar fóra das axudas, Ledo incide no apoio indirecto que recibe do Centro Dramático Galego (CDG), que estreará o domingo, no festival, o seu último espectáculo Serva me, servabo te. "Eu creo que debería ser unha obriga do CDG xirar os seus espectáculos por todo o territorio. Hai anos, as obras do Centro viñan ao Carballiño e viñan ao festival, pero desde hai tempo, as xiras foron reducíndose de forma que non chegaban a moitos dos escenarios do país. E volvemos ao de antes: hai unha parte do territorio esquecida que precisa de estímulos para recuperar vitalidade cultural". O FETEGA, ademais, quere potenciar o monólogo cómico como arte escénica e, a diferenza doutros festivais, quere levalo aos escenarios e sacalo dos bares Aposta pola danza e polo monólogo cómico O espectáculo do CDG, dirixido pola compañía Pálido Domingo, non é o único que aposta pola danza este ano: Bailar agora, de Marta Alonso, e outra das obras -das tres que configuran o programa de sala, xunto con O premio, de A Quintana Teatro- que pon o coreográfico no punto de mira do FETEGA. "Hai un informe do Consello da Cultura Galega que alerta da falta de programación de espectáculos de danza", lembra Ledo. "E isto ten pouco sentido tendo en conta que hoxe os xéneros mestúranse: o de Marta Alonso é un espectáculo de danza, mais se me apuras un pouco, non deixa de ser un monólogo". O FETEGA, ademais, quere potenciar o monólogo cómico como arte escénica e, a diferenza doutros festivais, quere levalo aos escenarios e sacalo dos bares. "Cremos que levalo a un escenario convencional é unha forma de dignificar o monólogo e por iso insistimos en facerlle un oco nos teatros., igual que se está a facer co circo e con outros xéneros".
NOS_23073
'Galician Programme', desde a BBC de Londres, comezou a emitir o 14 de abril de 1947. Durou até 1956, cando se retirou por presións do goberno de Franco.
"C'o Programa d'ista noite damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega". Ás 23.45 horas do 14 de abril de 1947, comezaba así a primeira programación radiofónica estábel en galego, e facíao desde a BBC de Londres. Os micrófonos do Galician Programme permitiron oír desde calquera recuncho da Galiza colaboracións das figuras máis importantes da nosa cultura. A Real Academia Galega, conserva no seu arquivo os guións deste espazo, emitido até que en 1956 as presións do goberno de Franco acabaron con el. O programa emitíase, con duración variábel, cada tres semanas dentro do Spanish Programme, alternándose cos dedicados ás culturas catalá e vasca. A melodía de Cock of the North, unha popular canción escocesa, marcaba o inicio e o Alalá de Bande, a Muiñeira de Cartelle ou o Pasacorredoiras de Arnoia, o peche. Os 80 guións do Galician Programme son custodiados na RAG grazas á doazón do seu editor e presentador, o xornalista ourensán Alejandro Raimúndez. "As emisións en lingua galega dende a BBC de Londres son un capítulo sobranceiro e moi significativo da estratexia do galeguismo para estar presente no espazo internacional da comunicación logo da desfeita que significou a Guerra Civil. Unha acción estratéxica desde o exilio interior, principalmente de persoas arredor de vellos militantes do Partido Galeguista que por aquelas datas estaban a configurar a Editorial Galaxia", salientaba en 2017 o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes". Un logro que non se pode entender nin explicar sen a implicación e achega de persoas como Plácido R. Castro.
NOS_12530
A máis diúrna entre as rapinas nocturnas, representa desde a Grecia clásica a sabenza e a ciencia. Ocupa igualmente un espazo destacado na cultura popular galega, nas cantigas da que son un bo exemplo as recollidas por Xaquín Lorenzo, e que mesmo Rosalía de Castro levou aos seus escritos. A adaptación dos mouchos aos medios agrícolas tradicionais é mostra de como souberon acomodarse aos cambios que paulatinamente os humanos provocamos no medio natural. Pero curiosamente as novas e rápidas mudanzas que se dan nos medios agrarios están a facer que as súas poboacións vaian esmorecendo paseniñamente.
Os nomes vernáculos de moucho, mochuelo e semellantes derivan segundo Francisco Bernis do latín mutilus (=mutilado, sen cornos, mocho) pola ausencia na cabeza das plumas semellantes a cornos que caracteriza outras especies de rapinas nocturnas. Athene, pola súa banda, procede da deusa grega Atenea, pois daquela o moucho era un animal sagrado que a acompañaba alá onde ía. Distribución Distribúese por toda Europa agás nas zonas máis ao norte, presente tamén no norte de África, espállase polo centro de Asia até o leste de China e Corea, Oriente Medio e case toda a península Arábiga. Introduciuse a finais do século XIX en Inglaterra e Gales.Ocupa practicamente toda a península, e resulta case máis doado sinalar aqueles territorios ou hábitats nos que está ausente, que son principalmente os grandes sistemas montañosos, zonas húmidas e as masas forestais densas. Na Galiza foi común en todo o país pero semella que as súas poboacións sufriron un retroceso nos últimos anos. Como recoñecelo Rapina nocturna de pequeno tamaño, mide entre 21 e 23 centímetros. Apenas existe dimorfismo sexual, teñen o corpo compacto e unha cola curta con bandas escuras horizontais. Son de cor castaña escura, moi apencados de branco polo lombo e por diante claros riscados de pardo. Ollos amarelos orientados cara á parte frontal do rostro cunha marcada cella branca que, ás veces, dálle unha expresión de estar anoxados ou sorprendidos. Teñen unhas poutas fortes que lle permiten cazar ratos e insectos. Os exemplares xuvenís son de cor castaña virando a cincenta e a plumaxe é menos contrastada que nos adultos. Das rapinas da noite é a máis doada de observar polos seus hábitos parcialmente diúrnos. A súa silueta redondeada é moi característica e recoñecible, cando está pousado nun poste ou no alto dunha palleira. Ao asustarse levanta a cabeza estirando o pescozo. Teñen un voo baixo e ondulado, con ascensos e descensos, e movemento de ás rápidos. Cando voa, pódense apreciar as súas pequenas ás de forma redondeada con manchas brancas. A pesar de ser moi semellantes macho e femia algúns caracteres poderían darnos pistas para determinar o sexo se temos a oportunidade de observalos xuntos. Un deles é que o macho ten algo máis de branco na cara, outro é o tamaño, xa que as femias son lixeiramente maiores, teñen unha envergadura de 580 mm e un peso de 180 gr, fronte aos machos con 543 mm e 140 gr. de peso. Voz Teñen unha grande variedade de chamadas, até vinte diferentes, que se poden escoitar tanto de día como de noite, que empregan para contactar, atraer a parella ou defender os territorios dos inimigos. Os dous sexos poden usar unha chamada de contacto suave. Unha voz moi habitual é un "miu-miu" semellante ao miañar dun gato, outra un kíu penetrante e a voz de alarma ante a presencia dun gato ou dunha ave rapaz é un repetitivo e estridente chi-chi-chi-chi. O macho emprega unha serie repetida de chamadas "gwooooohk" que soa bastante nasal, cada unha das cales ten unha lixeira inflexión ascendente. Os polos dos mouchos para reclamar comida fan un asubío curto e agudo "gsiii-gsiii". Onde atopalo Emprega unha grande diversidade de hábitats pero gusta especialmente de zonas abertas con árbores espalladas, casas, palleiras, edificacións en ruínas, valados e tamén campos ermos, cultivos e soutos. Evita os bosques moi densos, as zonas húmidas e como xa se apuntou ao falar da súa distribución, a alta montaña. Son sedentarios e habitualmente permanecen no mesmo territorio ao longo de todo o ano e mesmo durante varios anos. Os exemplares xuvenís non realizan grandes desprazamentos asentándose durante a dispersión a menos de 20 ou 30km de onde naceron. Que comen? Basea a súa dieta principalmente en pequenos mamíferos e insectos grandes, aínda que tamén pode entrar no seu menú algún réptil ou paxaros. Un exemplo da súa variada alimentación é un estudo realizado no Parque Natural da Serra de São Mamede, en Portugal; comprobouse alí que unha boa cantidade das presas constituíana os insectos; de 156 capturas, 38% foron escaravellos e 18% forcadelas (Forficula auricularia), porén, en termos de biomasa, os pequenos mamíferos foron máis importantes ao superar 50% da cantidade de comida inxerida. Os mouchos, ao igual que as outras rapinas nocturnas, regurxitan unhas bolas alongadas con aqueles restos dos animais dos que se alimentaron que non son quen de dixerir e que reciben o nome de egagrópilas. Conteñen pelos, ósos, plumas ou élitros de insectos e son unha interesante fonte de información sobre os hábitos alimenticios. Cada especie de rapina nocturna regurxita egagrópilas cun tamaño e forma diferentes, as dos mouchos son doadas de identificar polas pequenas dimensións, miden 1,25 x 2,5 cm, e habitualmente conteñen moitos élitros de coleópteros e saltóns. Empregan sitios altos para procurar presas pero parte da súa caza realízase a pé, perseguíndoas activamente para capturalas. Reprodución É unha especie monógama. O período reprodutor vai precedido dunha grande actividade sonora e comeza cara a finais de marzo ou comezos de abril. Os mouchos empregan para aniñar cavidades situadas en edificios vellos ou muros aos que non aportan ningún material. As cámaras de nidificación adoitan situarse a certa distancia do buraco de entrada e apenas lle chega luz natural. Contra abril a femia pon de 2 a 5 ovos brancos que choca só ela durante 28 días, mentres o macho permanece pousado preto do niño. Os polos nacen cegos e voan ás catro ou cinco semanas, período no que as tarefas de alimentación se reparten, encargándose o macho de levar comida ao niño e a femia da ceba. Ás catro ou cinco semanas, os polos xa son quen de voar, aínda que recibirán aporte de alimento dos adultos durante varias semanas máis até que poidan valerse por si mesmos, momento no que serán convidados polos adultos a abandonar o seu territorio. Inimigos do moucho? Predadores naturais son mustélidos como as donicelas ou a garduña. Na parte posterior da cabeza teñen un deseño con forma de V que imita a forma dos seus ollos, método de defensa para evitar que os depredadores os ataquen por detrás. Cosme Damián Romay, Óscar Martínez e Santiago Vázquez apuntan nun artigo sobre o moucho publicado na revista Cerna, entre outras causas da diminución na provincia da Coruña, "...a posible competencia e predación pola cada vez máis abondosa avelaiona (Strix aluco)". Porén, o maior impacto nas súas poboacións vén dado por causas antrópicas das que falaremos polo miúdo a continuación. Tendencia A tendencia segundo os datos tirados do programa de seguimento das aves reprodutoras da SEO/Birdlife para o período 1988-2020 é de declive moderado. Na primeira edición da Guía de aves de Galicia (Galaxia), decembro de 1991, Xosé M. Penas Patiño e Carlos Pedreira López, apuntaban no apartado de Observacións da ficha do moucho que "... é común en todo o territorio e sufriu unha notable diminución nos últimos 15 anos". O declive lonxe de deterse semella que continuou, motivo polo que a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) declarou o 2011 como Ano do Moucho. Consideraron que a especie podía "ser un bo indicador do estado de conservación do hábitat agrario e a súa biodiversidade asociada" e, ao tempo, ser unha chamada de atención sobre as ameazas que sofre a fauna ligada a estes espazos. Entre os motivos sinalados como ameazas están a intensificación agrícola e os cambios nos usos do solo. As concentracións parcelarias contribúen á eliminación de valados, lindes e árbores vellas nos que poder nidificar ou cazar. Así mesmo, o uso de insecticidas reducen as posibles capturas pero tamén poden provocar un efecto tóxico pola inxestión de animais envelenados. A desaparición de edificacións abandonadas e os atropelos súmanse ás causas na caída das súas poboacións. O moucho está considerado de "interese especial" no Catálogo Estatal de Especies Amenazadas.
NOS_48863
A Mesa denuncia que este concello da comarca do Salnés exclúe o galego da súa páxina web.
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou esta cuarta feira que o Concello de Vilanova de Arousa non respecta a oficialidade do galego e exclúe a lingua propia do país da páxina web institucional. O Concello de Vilanova de Arousa incumpre así, indican desde a MNL, a lexislación sobre o uso do galego como lingua propia das administracións locais vulnerando os dereitos lingüísticos da veciñanza. Segundo as queixas recibidas pola Mesa, a páxina web institucional do Concello (www.vilanovadearousa.com) "exclúe completamente o uso do galego na maior parte das súas seccións e contidos, ofrecendo a maior parte da información que contén unicamente en castelán". Marcos Maceira destacou que este tipo de exclusións non son casuais nin se deben a descoidos, senón que responden a unha política lingüística activa en contra do galego: "Ou Gonzalo Durán pensa que o galego desapareceu de Vilanova de Arousa ou pensa en facelo desaparecer", sinalou o presidente da Mesa. A asociación en defensa da lingua dirixiuse tanto ao alcalde do concello, Gonzalo Durán, como ao Valedor do Pobo para lles solicitar que o Concello de Vilanova de Arousa corrixa esta situación e cumpra a lexislación que protexe os dereitos lingüísticos da cidadanía galega.
NOS_16680
Kíiv negou ter calquera vinculación co atentado.
O Servizo Federal de Seguridade Ruso (FSB) sinalou Natalia Pavlovna Vovk como autora material do asasinato da filla do filósofo e politólogo ruso Alexander Dugin. Darya Dugina, como así se chamaba, faleceu o sábado, após o seu coche estourase na rexión de Moscova. Falece nun atentado Darya Dugina, filla do filósofo ruso Alexander Dugin Segundo a versión dos servizos de intelixencia rusos, esta muller, de 43 anos de idade e de nacionalidade ucraína, executou a misión encargada polo Goberno ucraíno. "A executora é Natalia Pavlovna Vovk, nada en 1979 e que chegou a Rusia o 23 de xullo de 2022 xunto coa súa filla Sofía Mijailovna Shaban, nacida en 2010″, subliña o FSB nun comunicado. A intelixencia do Kremlin explica que Pavlovna alugou un piso en Moscova e un vehículo con diferentes matrículas para vixiar o seu obxectivo. Após consumarse o asasinato de Dugina, esta cidadá tería fuxido a través da fronteira rusa con Estonia. A Intelixencia ucraína informa dun intento de asasinato a Putin O FSB non detalla se o obxectivo final era a filla de Alexander Dugin ou se realmente o artefacto explosivo pretendía dar morte ao filósofo ruso. Unha versión compartida por persoas próximas a Dugin, que explicaron a medios locais que ese mesmo día tiña pensado ir no coche coa súa filla, pero que no último momento decidiu non acompañala. O propio filósofo, que tivo que ser hospitalizado despois de coñecer o pasamento, compartiu unha carta na que dá por boa a versión do FSB e define a morte de Darya Dugina como "un sacrificio pola súa nación". Kíiv nega ter vínculos co asasinato Pola súa parte, o Goberno ucraíno negou no día de onte ter calquera vinculación co ataque. En palabras do asesor principal da Presidencia de Ucraína, Mijailo Podoliak, "Kíiv non ten absolutamente nada que ver con isto porque non somos un Estado terrorista ou criminal como Rusia". Zelenski destitúe e acusa de traizón a fiscal xeral de Ucraína, que investigaba a "matanza" de Bucha O asasinato de Dugina e posíbel intento asasinato do seu pai ocorren só tres días antes de que se cumpran seis meses do comezo da intervención bélica de Rusia en territorio ucraíno. Neste sentido, o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, leva días asegurando que a intelixencia do país descubriu que o seu homólogo ruso, Vladimir Putin, prepara unha nova ofensiva en solo ucraíno con motivo da conmemoración do medio ano do conflito.
NOS_33292
Achegan novos documentos á causa do accidente que hai case sete anos provocou o falecemento de 81 persoas. Está previsto que a instrución do caso se estenda máis aló do mes de setembro.
No mes no que se cumpren sete anos do accidente de tren de Angrois, o xuíz Andrés Lago tomou declaración a catro antigos empregados de Talgo en relación á acusación do borrado de datos sobre avarías do convoi sinistrado naquel 24 de xullo. Ás portas do xulgado de Compostela concentráronse onte vítimas do accidente, no que faleceron 80 persoas e 144 resultaron feridas. Durante a vista, decorrida tras catro aprazamentos sucesivos debido á pandemia, o primeiro en declarar foi o ex mecánico de Talgo, que se ratificou na súa denuncia e mantivo que, pouco despois do accidente, "viu como ordenaban ao informático que borrase as avarías pendentes do tren". Segundo a súa versión, modificouse a data do ordenador para que "desaparecesen". Posteriormente, técnicos de Talgo, o administrador de sistemas informáticos, o xefe de taller e o director de mantemento negaron as acusacións. Así o explicou o avogado defensor do maquinista do convoi, Manuel Prieto. Tanto el como o avogado da Plataforma de vítimas do Alvia, Manuel Alonso Ferrezuelo, destacaron que a través das testemuñas constataron que non se achegara toda a documentación requirida. "As últimas persoas que declararon dixeron que aportaran a información, pero que esa información non está aquí", asegurou. Falta de documentación O primeiro xuíz instrutor da causa, Luís Alaez, reclamara o historial de mantemento ao completo, mais este aínda non foi facilitado por Renfe. A maiores, Manuel Prieto destacou que os declarantes aludiron a unha revisión das rodas do tren, un informe que tamén "falta". "Non sabemos onde está ou por que non foi achegado", explicou, incidindo en que presentaron no xuízo "un papel" relacionado con esta cuestión e aceptado para estudar a súa incorporación á causa. O avogado do maquinista engadiu que as testemuñas "recoñeceron" que "nada máis ocorrer o accidente" se accedera ao ordenador do tren "desde o taller de Fuencarral" e exixiu explicacións. Prieto reclamou unha nova peritaxe do material rodante, mentres Ferrezuelo instou a seguir investigando a acusación do borrado de datos. Logo dos aprazamentos, está previsto que a instrución do caso se estenda máis aló do vindeiro mes de setembro.
PRAZA_4043
A iniciativa 'Tecendo Brincadeiras', da área de Mobilidade do Concello, componse de 60 puntos que animan a "xogar en movemento", sen deterse durante o paseo. O obxectivo é suplir os espazos lúdicos pechados por mor do coronavirus, coma os parques infantís.
O Concello de Lugo, a través da súa área de Mobilidade e Infraestruturas, vai habilitar nos vindeiros días 60 puntos de xogo repartidos en 6 zonas distintas da cidade co obxectivo de fornecer a nenas e nenos de espazos e estímulos para que xoguen mentres realizan os seus paseos diarios permitidos. A iniciativa 'Tecendo Brincadeiras' busca promover "o xogo en movemento, para xogar co avance do paseo, e non para deterse nelas"A iniciativa 'Tecendo Brincadeiras', deseñada e dirixida polo gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García, busca promover "o xogo en movemento, para xogar co avance do paseo, e non para deterse nelas", salientou Rubén Arroxo, tenente de Alcalde. Estes espazos interactivos permitirá ás nenas e nenos "desfrutar das saídas á rúa, creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior"."Desde a área de Mobilidade queremos que as nenas e nenos de Lugo poidan desfrutar das saídas á rúa con xogos que poidan fluír cos paseos e eviten as masificacións", afirmou Arroxo, que engadiu "queremos que sintan o concello como propio, por iso botamos a andar esta iniciativa malia estar pechados os espazos de lecer".Con esta iniciativa, que debuxará mariolas e outros xogos nas prazas e beirarrúas, búscase suplir en parte a falta doutros espazos lúdicosAs áreas de xogo instalaranse en todos os barrios, exceptuando a zona Pepri e as zonas onde o pavimento sexa de pedra por respecto ao patrimonio. Utilizaranse pinturas de duración limitada para que, unha vez se retorne á normalidade, o aspecto das rúas volva ser o habitual.Con esta iniciativa, que debuxará mariolas e outros xogos nas prazas e beirarrúas, búscase suplir en parte a falta doutros espazos lúdicos que tiveron que ser pechados por mor do coronavirus, como pasou cos parques infantís.Tecendo BrincadeirasEstes espazos interactivos permitirá ás nenas e nenos "desfrutar das saídas á rúa, creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no exterior"Tecendo Brincadeiras propón xogos pensados para cubrir toda a poboación infantil, un primeiro grupo para idades entre dous e tres anos, e outro grupo de maior complexidade para motivar a nenas e nenos dende os cinco seis anos.Dende o proxecto, sinálase que "a poboación intantil atópase nunha situación moi limitante, pois os espazos adaptados para o xogo no exterior estarán prohibidos para eles desencadeando, en moitos casos, frustracións e outras emocións negativas ao resultar de difícil comprensión o panorama actual". Así mesmo, o clima existente no exterior "non é o máis idóneo" para nenas e nenos, que se deben enfrontar "a unha realidade moi distinta dende que o confinamento comezou: rúas desertas, tendas pechadas, persoas provistas de medios de prevención como máscaras, etc., fan que poida xerar un impacto emocional difícil de xestionar".
NOS_55343
Finalmente, Luís Villares, resultou eleito portavoz orgánico de En Marea na reunión que mantivo o domingo á tarde o Consello das Mareas. Na xuntanza elixiuse tamén a Coordenadora Nacional, con proporcionalidade a respeito dos resultados das tres candidaturas nas primarias. Villares será voceiro da formación, embora o documento votado polas bases o considerase inelixíbel para este cargo por ser á vez portavoz no Pazo do Hórreo.
Luís Villares ocupará tamén a Portavocía orgánica de En Marea após a reunión do Consello que tivo lugar na tarde do domingo, co apoio de 18 persoas, mais con 12 que preferiron non votar (entre elas o propio Villares e Xosé Manuel Beiras). Na xuntanza tamén se elixiu a Coordenadora, composta polo maxistrado en excedencia, Victoria Esteban, Sara Torreiro, Ana María Seijas, Elena Cores e Gonzálo Rodríguez (pola lista Máis Alá); Iria Morgade, María Esther Duro e Alfonso Diz (pola lista Somos Quen); e por Consuelo Martínez e Mario López Rico (pola lista Queremos Participar). Deste xeito, na Coordenadora, a Executiva de Marea, non terán presenza significativas voces críticas de Anova, a Marea Atlántica, Esquerda Unida, Podemos e mareas municipalistas como Ourense en Común e Nós Pobra. Así, ningunha das persoas do grupo que esta semana pasada denunciou o "bloqueo" da dirección da confluencia -Adrián Fuenteseca, Ares Jiménez, Borja San Ramón, Gladys Afonso, Iago Martínez, Mariano E. Fernández Cabarcos, Oriana Méndez, Paula Rodríguez, Pedro José Rivera, Rafa Dopico, Sara Outeiral, Javier Octavio de Toledo e Noemi Prados- estarán finalmente presentes na executiva mareante. Os críticos consideran "ilexítima" a modificación dos documentos políticos da lista máis votada Os críticos consideran "ilexítima" a modificación dos documentos políticos da lista máis votada, a do ex maxistrado, co fin de que houber un único portavoz. E é que se acordara un sistema de incompatibilidades en polo que nen o portavoz no Parlamento galego -Luís Villares- nen o voceiro do Congreso -Antón Gómez-Reino- podían á vez ostentar a condición de portavoz orgánico da confluencia. En declaracións aos medios, Rafa Dopico, de Anova, amosouse profundamente crítico coa decisión de "excluír" da Coordenadora o sector que el representaría, "emprendeuse un camiño para construír unha organización diferente á deseñada nos acordos de Vigo e nos acordos do plenario de Compostela. Non representa a unidade popular e faise pagando un alto prezo". Luís Villares tratou de eludir as críticas ao asegurar que as divisións dentro do partido estaban superadas e que a formación política actuaría agora como "unha unidade mareante". As declaracións de Dopico e a exclusión dun sector significativo das e dos críticos na Coordenadora amosan o contrario. Alén da elección da Portavocía orgánica e da Coordenadora, constituíuse a Comisión de Garantías e aprobou o documento político como liña básica de acción estratéxica e que recolle as liñas fundamentais do ámbito organizativo, afirma a organización nunha nota de imprensa. Noticia actualizada ás 22.49 h
NOS_35616
Edurne Goikoetxea, membro de Altsasu Gurasoak, participa da mesa "Liberdades, dereitos civís e dereitos humanos en perigo na sociedade actual", dentro da xornada organizada este sábado pola eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a Universidade da Coruña. Aproveitando a súa estanza na Galiza, conversamos coa nai de Ainara Urquijo, unha das mozas de Altsasu condenadas pola pelexa nun bar con axentes da Garda Civil.
En que situación se atopan as mozas e mozos de Altsasu? Após pasar o xuízo iniciado en abril de 2018 e logo dos recursos na Audiencia Nacional, o outro día saíu a resolución e deixan practicamente todo igual, agás o caso de Iñaki [Abad], ao admitir que o condenaron por erro a máis anos de cadea dos que correspondían e baixáronlle a condena a seis anos de cadea. O resto quedan como estaban: 13 anos a Oihan [Arnanz]; 12 anos a Jokin [Unamuno] e Adur [Ramírez]; nove anos a Jon Ander [Cob], Julen [Goikoetxea] e Aratz [Urrizola] e dous anos a Ainara, a miña filla. Unhas condenas desproporcionadas a todas as luces. Tendo en conta que ao final non foi considerado terrorismo e que a Garda Civil e a xuíza de instrución utilizaron o tema do terrorismo para levar o caso á Audiencia Nacional e para que fose excepcional… Desde o primeiro momento, estamos pagando as consecuencias de facer excepcional o caso. Todas as penas son esaxeradas. Tres dos rapaces levan máis de 800 días no cárcere. "Existe a crenza de que canto máis nos dan aos vascos máis votos vai levar a dereita española" A que se debeu esa excepcionalidade? A que estamos en Altsasu e hai moito interese en manter certa tensión en Euskal Herria e porque así xustifican moito diñeiro e moitos cartos. Existe a crenza de que canto máis nos dan aos vascos máis votos vai levar a dereita española. A partir disto, fixeron un relato que non se corresponde coas probas. Foi o relato que quixeron desde a instrución. Denegáronnos moitas probas e testemuñas. No recurso admitíronnos algunha, mais a lectura é a mesma desde o primeiro momento. O xuízo foi unha tomadura de pelo. De feito, até o xuíz Baltasar Garzón, látego da esquerda abertzale, se pronunciou publicamente para cualificar o caso de disparate xurídico. Claro que foi un disparate e a investigación foi nula. Ningún deles ten un delito concreto. Fixeron unha mestura de todo e de aquel barro, estes lodos, todos terroristas. "Fixeron unha montaxe sobre Altsasu" Que mudou desde outubro de 2016 en Altsasu? Aínda estamos máis unidos. Antes xa nos levabamos ben, fronte a todo o que se veu contando. Eramos un pobo unido que facía moitos festexos que nada tiñan a ver coa ideoloxía e agora estamos máis unidos. A xente pregúntache pola rúa "como están os críos?", "Como van os nosos mozos?". Percíbeos como parte. Fixeron unha montaxe sobre a vila. Dicían que alí non se podía vivir e a xente está moi enfadada. Aquí vivimos moi tranquilos e moi ben. Eu síntome arroupada polo 99,9% da poboación, por xente que pensa coma min e por xente que pensa diferente. Non fai falta que ninguén veña ensinarnos como convivir porque nós xa convivimos. Como se atopan os mozos? Están asimilando todo. Non tiñamos esperanzas, porque coa Audiencia Nacional nunca se poden ter esperanzas, mais sempre algún ten unha luz un pouco máis acendida. Agora, ao estaren xuntos, poden asestar o golpe todos eles, menos a miña filla, que está fóra. Nós, como pais e nais, o primeiro que fixemos foi unirnos para asimilalo en unidade. "Pegárona ao cristal, pedíronlle o teléfono móbil e mais o debuxo de desbloqueo e comunicáronlle que estaba detida. Conseguín falar con ela cando estaba por Tres Cantos" Como recibe a noticia da detención da súa filla? Non a recibín. Ainara saíra facer prácticas de auxiliar clínica a un centro de maiores en que traballaba, en Agurain, unha vila de Áraba. O seu mozo chamárame ás 8.15 horas para preguntarme se Ainara fora a Agurain. Dixérame que cando el saíra da casa para o traballo atopara moitísimos axentes da Garda Civil e que Ainara non contestara os seus whatsapp. Foi ver se estaba o seu coche na casa e non estaba. Cando me confirmaron que estaba detida –e levaba desde as 7.45 horas– eran as 12.20 horas. Despois souben que a seguiran desde a porta da casa ao centro do traballo e que cando aparcou puxeron un coche da Garda Civil a cada lado e outro detrás. Pegárona ao cristal, pedíronlle o teléfono móbil e mais o debuxo de desbloqueo e comunicáronlle que estaba detida. Conseguín falar con ela cando estaban á altura de Tres Cantos (Madrid), camiño da Audiencia Nacional. Á miña casa nunca chegou notificación ningunha e iamos tendo coñecemento das noticias a través dos medios de comunicación. As filtracións á prensa foron unha constante. Sabían máis determinados medios que os nosos avogados. Desde o primeiro momento, solicitaron a liberdade das persoas afectadas. Pedimos que estean na rúa. É unha pelexa de bar da que fixeron unha montaxe e nada ten a ver co terrorismo. Semella que se quere volver atrás cando en Euskal Herria avanzamos de páxina e para iso precisan cabezas de turco que xustifiquen a súa maneira de actuar. Nese contexto, decidiron que as nosas fillas e fillos, que son de Altsasu, unha vila que non queren e coa que actúan con odio, fosen os pagáns. Mozas e mozos sen antecedentes penais. Ningún deles tiña antecedentes. "Calquera pode ser considerado terrorista. Só é necesario que se diga que trataches de saltar a orde constitucional ou que trataches de alterar gravemente a orde pública" E como se chega até aquí? Que o caso se levase até a Audiencia Nacional foi posíbel polo artigo 573 do Código Penal, que mudou no seu punto un, no que a xente coñece como lei antixihadista. Desde a mudanza, non fai falta formar parte de ningún grupo para ser considero terrorista. Manténdose ese artigo, calquera de nós pode ser considerado terrorista. Só é necesario que se diga que trataches de saltar a orde constitucional ou que trataches de alterar gravemente a orde pública. É, en definitiva, un aviso a navegantes. É necesario mudar ese artigo. O 578 tamén nos afecta polas multas que nos caeron, mais o realmente grave é a mudanza do artigo 573, que pode facer un dano inmenso. Recentemente, o polémico xornalista español Eduardo Inda entrevistou Pablo Casado no bar Koxka de Altsasu, onde tivo lugar a pelexa en outono de 2016. Si, é onde din que se fixo un "corredor da morte" de 25 persoas… aquí debemos multiplicarnos como as setas [ironiza]. Preténdese sacar unha rendibilidade política a todo o que aconteceu. Póñennos no punto de mira, mais eles saberán o que perseguen, porque o pobo de Altsasu segue unido. De momento, non lles sae ben ningunha das súas provocacións.
NOS_45342
O historiador Bernardo Máiz foi parte activa da Comisión Letras Galegas 2015 para Carvalho Calero que acadou un apoio social histórico. Agora critica que, pola contra, a Academia optara pola "cultura de elite" e pola homenaxe a unha figura "colaboracionista co franquimo".
Afirma non lle ter medo a nada e iso pode mesmo chegar a resultar molesto. Notouno, por exemplo, cando se reuniu con Alonso Montero para presentarlle a candidatura de Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas como membro da comisión de apoio. Di que notou o malestar do presidente da RAG ao velo tomando notas da xuntanza. Agora bota man delas e non oculta o malestar pola escolla de Filgueira Valverde, "colaboracionista absoluto", di, do franquismo. -Carvalho Calero chega por vez primeira á final da votación para o Día das Letras. Como valora o resultado? Presentaramos unha lista de sinaturas de máis de duascentas persoas, fundamentalmente do mundo da cultura. O número de entidades era inmenso. A comezar polos Concellos da área de Ferrol pasando por todas as asociacións culturais do país, a Federación Galga de Asociacións de Veciños ou mesmo o Comité de Empresa de Navantia, por citar unhas poucas. A AELG remitira aos seus socios un comunicado noso e foron moitas as adhesións que chegaron do ámbito literario. Alonso Montero foi presentar hai pouco un libro a Ferrol e entregáronlle un dossier que estaba encabezado por un cadriño de Xaquín Marín cun personaxe que dicía: "Ferrol existe, Carvalho Calero tamén". Por poñer só algún exemplo, o anterior presidente do Consello da Cultura, Alfonso Zulueta dera o seu apoio igual que o presidente da Fundación Penzol. A campaña foi moi activa e o concello de Ferrol -do PP- implicouse no tema. Desde que comezou a apoiar a candidatura foron catro veces as que se presentou. O propio alcalde díxolle a Alonso Montero que nos xa máis de cincuenta anos nunca foi homenaxeado ninguén de Ferrol. "Que tería pasado se Carvalho Calero non tivese sido depurado? Se contase coas posibilidades para investigar que tivo Filgueira Valverde?" -Cal foi a resposta de Alonso Montero? Na reunión que tivemos con el comezou a dicirnos que falabamos para un convencido e rematou desmontando á persoa, non a súa traxectoria. Chegou a dicir que tan só pola Historia da Literatura Galega xa merecería un Día das Letras Galegas. A presentación da candidatura de Carvalho desta volta por parte de Francisco Fernández Rei foi moi potente e conseguiu apoios dentro. Agora vexo que lle queren dar o enfoque de que son os da directiva anterior, os de Ferrín, os que van contra a actual executiva. A tal altura resulta moi difícil xustificar o veto da Academia. Mesmo como figura histórica, a de Carvalho Calero é dunha grande relevancia. Por poñer un exemplo, é o único que se presenta como afiliado ao Partido Galeguista á academia militar como oficial. O seu compromiso co país e coa liberdade é total. -Fronte a esa biografía, está a de Filgueira Valverde... Que, entre outras cousas, formou parte da Comisión de Depuración de Ensinanza de Pontevedra. A de Ferrol estaba presidida por Enrique Montenegro e nela estaba tamén Torrente Ballester. O medo pode ser comprensíbel, mais non o seu colaboracionismo absoluto cando estaban machacando aos seus amigos e aos que foron os seus compañeiros. Nin Sánchez Cantón, que foi un dos seus mentores lle tiña especial aprecio, igual que Otero Pedrayo, que foi depurado mentres cando el gozaba dos privilexios do franquismo. Cando falan do seu labor intelectual eu digo que é importante e, de feito, valoro moito, por exemplo, a documentación dos gremios de mareantes mais, pregúntome: Que tería pasado se Carvalho Calero non tivese sido depurado? Se contase coas posibilidades para investigar que tivo Filgueira Valverde? -Hai quen dá a volta e defende que esa parte da figura de Filgueira Valverde servirá para revisar o que aconteceu en todos aqueles anos. Esa etapa vai ser obviada por parte das institucións. Non van facer mención. Falarán del como do ilustre polígrafo, do seu labor intelectual, do papel como fundador do Seminario de Estudos Galegos. Ao igual que o tema da instalación de Ence. "A cultura está na mans dunha urdime institucionalizada que abrangue institucións públicas e privadas que están ao servizo do poder" -De que é síntoma esta escolla? Do trunfo do concepto da cultura de elites, pretendidamente aséptica. Vai na liña do que o propio Carvalho denuncia na súa obra, cando criticaba e maldicía aos eruditos. A Academia acaba de retratarse como unha institución na que triunfa a erudición por riba do compromiso co país. -Na carta que vostede envía denuncia unha trama de poder que goberna a cultura institucional, a que se refire? Trátase dunha urdime institucionalizada que abrangue institucións públicas e privadas que están ao servizo do poder. O CCG, a RAG... son eles quen dispón que é cultura galega e que non. Uns cantos nomes repártense padroados e direccións de entidades da cultura galega. Son as que con colaboradores -algúns inocentes e outros trepas- teñen a mañado a cultura oficial galega en conivencia absoluta con quen ten o goberno da Xunta. Quedou á vista cando Núñez Feijóo con gran descaro utilizou a Castelao e eles estaban alí para aplaudiren. O intelectual ten que ter a función crítica de corrixir os excesos e abusos do poder. Esta tropa non está a cumprir esa función que tiña que ser a do intelectual nunha sociedade democrática.
QUEPASA_1105
Polbo e navalla da Costa da Morte para os comedores de Inditex.
Contábamos a comezos de semana que o comedor 360º das instalacións de Inditex en Arteixo incluía peixes e mariscos da Costa da Morte. Da man da empresa Fresco y del mar, aficanda en Muros, a marca multinacional aposta pola sostibilidade, a pesca artesanal e a economía circular.. E para facerllo entender aos seus máis de 2.000 comensais (os seus propios traballadores) realizaba este pasado xoves unha acción directa de visibilización da pesca de baixura. Ao carón do comedor incluíase unha exposición de aparellos e artes empregadas na pesca artesanal, como nasas ou volantilla, explicando que son "artes de pesca pasivas, evitando as malas prácticas industriais que esnaquizan o fondo mariño, abusan de descártelos e non respectan as especies protexidas e as vedas", explica Milucho Louro, portavoz da empresa. Un prato do menú con Pulpo de Lonja que se pode degustar no comedor de Inditex "Inditex elixe a pesca milenaria de Galicia para os seus comedores más modernos" Así vende a empresa esta simbólica elección, que incorpora aos seus comedores de última xeración, baseados na alimentación local sostenible, unha serie de menús de alimentos de tempada pouco procesados e que xeran valor compartido no sector primario de Galicia.Os traballadores de Arteixo non só se alimentan de forma saudable senón que estarán apoiando o proxecto, agora en pausa, de Os Miñarzos, a primeira reserva mariña de Galicia, e da que a pioneira empresa muradá bebeu dende os seus inicios.
NOS_52066
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tardou en comparecer. Fíxoo despois de Pedro Sánchez en Madrid. E cando á fin falou, pasadas as doce e media da noite, afirmou que se abre "un novo tempo político en Galiza, péchase o tempo político do PP".
"O PSdeG gañou as eleccións por primeira vez na historia democrática de Galiza, e fíxoo de forma clara e contundente", afirmou Caballero, "máis de 500.000 galegas e galegos depositaron a súa responsabilidade nos socialistas. A esquerda ten un apoio maioritario no país". O líder do Partido Socialista non esqueceu mencionar o presidente da Xunta e referiuse á "derrota electoral de Feixoo". Co 27% dos votos, o PP colleitou un dos peores resultados da súa historia na Galiza.
PRAZA_17420
A CRTVG declina ofrecer unha versión oficial, pero extraoficialmente asegura que a dirección de informativos decidira xa prescindir de Hermida e Moyano tras o verán por "baixa audiencia". A oposición sinala a Feijóo pola "manipulación informativo" e o "uso perverso" dos medios públicos. Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo na TVG
Dimiten os presentadores do Telexornal Serán en protesta polo control informativo na TVG A dimisión dos dous presentadores do Telexornal Serán da TVG en protesta polo control informativo ao que están sometidos ese e outros espazos da canle pública desconcertou a cúpula da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Así, mentres oficialmente a compañía declina ofrecer a súa versión sobre o acontecido, fontes da dirección dos medios públicos galegos si ofrecen extraoficialmente a súa versión: que Alfonso Hermida e Tati Moyano ían ser substituídos por outros xornalistas á fronte do programa por mor do descenso na audiencia nas últimas semanas. A CRTVG declina ofrecer unha versión oficial, pero extraoficialmente asegura que Hermida e Moyano ían ser xa substituídos tras o verán Non é o que contan fontes do persoal, que aseguran que a decisión de dimitir por parte dos dous xornalistas vén de lonxe, ao igual que as diferenzas entre eles e a dirección de informativos por "discrepancias na liña informativa". Ademais, o momento de presentar a súa renuncia chegou no medio da mobilización que cada semana protagoniza persoal da CRTVG para denunciar a "manipulación informativa" que din sufrir na TVG e na Radio Galega e para reclamar a creación inmediata do Consello de Informativos e o cumprimento das medidas básicas da lei de medios públicos de Galicia. Tanto Hermida como Moyano, ao igual que moitos outros traballadores, amosaron o seu apoio ao Venres Negro e ás súas demandas en numerosas ocasións. Durante a xornada deste martes, na que Praza.gal adiantou a noticia da dimisión, este diario intentou coñecer a versión dos feitos da CRTVG, que contestou ao día seguinte declinando ofrecer consideración ningunha. Pola contra, si hai unha versión extraoficial que, confirmada a este medio dende a contorna dos máximos órganos de dirección da corporación, pretendía ser tamén o argumentario para facer fronte a esta crise. Segundo esta versión, a directora de informativos xa tomara a decisión de facer cambios de cara ao outono polas "baixas audiencias do Telexornal Serán na temporada 2017-18". A contorna da cúpula da CRTVG advirte de que a directora de informativos tomara a decisión de prescindir dos dous xornalistas polas "baixas audiencias do Telexornal Serán" De feito, esas mesmas fontes aseguran que a finais do pasado mes de maio convocouse un cásting de presentadores celebrado entre os días 11 e 13 de xuño ao que se apuntaron unha vintena de xornalistas da TVG e da Radio Galega. Segundo esta versión, foi dous días despois, o 15 de xuño, cando Hermida e Moyano comunicaron á directora de informativos a súa decisión de dimitir e non presentar o Telexornal Serán á volta das vacacións. "A directora considerou apropiada e conveniente a decisión para intentar refrotar as audiencias do formato na nova tempada", insisten. "A directora considerou apropiada e conveniente a dimisión para intentar refrotar as audiencias do formato na nova tempada" As críticas á situación da CRTVG e o recoñecemento á "valentía" dos dous presentadores foi constante entre membros da oposición parlamentaria. Este mércores, na sesión de control na Cámara, o portavoz de En Marea, Luís Villares, lembrou as masivas protestas contra a mina de Touro e advertiu de que "a TVG non o conta, seguramente para aforrarnos malas noticias". "Por iso dimiten os presentadores do Telexornal e por iso os traballadores se manifestan venres tras venres", insistiu. "Os xornalistas enuncian a manipulación informativa e o uso perverso que Feijóo fai dos medios de todos", denuncia Pontón (BNG) No mesmo sentido, Ana Pontón, portavoz do BNG, culpou a Feijóo da "dimisión dos presentadores dos medios públicos". "Denuncian a manipulación informativa e o uso perverso que vostede está a facer dos medios de todas as galegas e todos galegos", díxolle. Mentres, Xoaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG, asegurou que se "debería cumprir integramente a lei de medios públicos de comunicación, dándolle á televisión a oportunidade de ser un medio para todos" e para que "gañe credibilidade". Un traballadora da CRTVG suxeita un micrófono / © CRTVG Ante estas acusacións, o presidente da Xunta limitouse a lembrar que el xa pactara o director da CRTVG. "Se á actual dirección do PSdeG non lle gusta, ten todo o dereito a cambiar de opinión", engadiu, tras asegurar que "non sería razoable" cambiar de director "cada vez que o PSdeG cambia de dirección". Colaboradores e críticos do programa 'Diario Cultural' decidiron abandonar o programa en protesta pola supresión do espazo Por outra banda, colaboradores e críticos do programa Diario Cultural, da Radio Galega, decidiron abandonar o programa en protesta pola decisión da dirección da emisora pública de suprimir o emblemático espazo. Así llo comunicaron á xefa de programas da Radio Galega, Tania Fernández Lombao, á que advirten "da destrución dun tecido radiofónico de probada efectividade informativa, con identidade propia, produción singularizada e impulso á diversidade, todo isto marcado por unha calidade indiscutible". A carta está asinada por Miguel Anxo Fernández (crítico cinematográfico), Uxía Senlle (crítica musical), Chus Nogueira (crítica literaria), Natalia Poncela (crítica de arte) e Antón Lopo (crítico de teatro). Todos eles cren que "o cambios anunciados son, a todas luces, desacertados", polo que piden á dirixente que "reflexione e reconduza a situación". "A existencia do Diario Cultural non implica renunciar á súa proposta de programación, cumprimentala con microespazos", rematan.
NOS_17983
Desde hai décadas e máis especialmente coa entrada no século XXI, o 12 de outubro é un día de reivindicacións na maioría de América, en lembranza da loita e do sufrimento padecido polos pobos orixinarios durante a conquista europea, nomeadamente a española. Algunhas das consecuencias da colonización arrástranse até hoxe.
A colonización española de América foi o proceso polo que se estabeleceu no Novo Mundo unha Administración de ultramar a imaxe e semellanza da peninsular contemporánea. Este período estendeuse desde o 12 de outubro de 1492, día do chamado "descubrimento de América", até o 13 de agosto de 1898, cando a bandeira española foi arriada en San Juan de Porto Rico. Un proceso de catro séculos que deu pé a numerosas e fondas mudanzas a nivel social, cultural, relixioso e económico en todo o continente. Até moi recentemente, aquela conquista era loada como unha empresa épica ─o bardo Eduardo Pondal, na liña dos seus tempos, cantou o descubrimento de América na epopea Os Eoas, onde enaltecía a chegada da fe cristiá ao novo continente e xa apuntaba á galeguidade de Cristóbal Colón─. Mais pasado o ecuador do século XX, cos procesos descolonizadores, outra realidade até entón silenciada foise abrindo paso: o sometemento e a culturización dos pobos orixinarios de todo o continente por parte das potencias europeas. O que numerosos estudos sobre a materia van máis alá e cualifican de xenocidio. Sometemento Entre as principais consecuencias da conquista están a desaparición dos sistemas políticos e organizativos dos pobos orixinarios. Tamén de numerosas linguas autóctonas e a case extinción doutras, que foron substituídas polas hexemónicas europeas ─principalmente, o español, o inglés e o portugués─. Destruíronse ademais textos, monumentos, templos, camiños, cidades completas, e consolidouse o eurocentrismo que desprezaba e estigmatizaba a cultura propia ancestral. No caso concreto da colonización española, os habitantes orixinarios estaban subordinados aos conquistadores ─noutras experiencias coloniais, non tiñan mesmo a consideración de seres humanos─. Ademais, os europeos mantiveron a escravitude que xa practicaba algúns pobos aborixes. Millóns de persoas foron secuestradas en África e levadas a América. Tamén do outro lado do Atlántico trouxéronse enfermidades infecciosas, que provocaron elevadas minguas entre as poboacións orixinarias, carentes de defensas para esas novas doenzas. Máis de cinco séculos despois daquel 12 de outubro de 1492, os efectos máis perniciosos da conquista e colonización posterior aínda perduran na sociedade americana. O racismo esténdese por todo o continente, desde o Norte até o Sur, e as diferenzas socieconómicas seguen a estar marcadas en boa parte pola orixe da cidadanía: europea ou orixinaria, aínda que o proceso de mestizaxe foi máis común na colonización ibérica que na inglesa. Outro 12 de outubro O 12 de outubro recibe o nome de Día da Hispanidade ou Día do Descubrimento e é festivo en numerosos países de América. Tamén é coñecido como Día da Raza, denominación que se mantén en varios Estados desde que se comezou a popularizar a comezos do século XX. O termo foi mudado noutros, xa entrados no actual século XXI. Por exemplo, en Nicaragua coñécese como Día da Resistencia Indíxena, Negra e Popular, para conmemorar a loita dos pobos orixinarios e a súa herdanza cultural. En Bolivia actualmente denomínase Día da Descolonización, tras chamarse Día da Liberación, da Identidade e da Interculturalidade. Un dos primeiros países en eliminar a denominación de Día da Raza foi Venezuela. Fíxoo o 12 de outubro de 2002, cando o entón presidente, Hugo Chávez, a petición de organizacións de pobos orixinarios, decretouno como o Día da Resistencia Indíxena. Outros casos diferentes son o de Chile, onde se denomina Día do Encontro de Dous Mundos, e Cuba, onde non se celebra o 12 de outubro e si o 10, día en que comezou a guerra de independencia contra España, en 1868. Suicidio Aínda que non hai consenso entre os historiadores, calcúlase que a desaparición de poboación orixinaria foi masiva no primeiro século desde a chegada de Cristóbal Colón. E cinco séculos despois os efectos coloniais continúan a se manifestar. Asasinatos e violacións son frecuentes, mais tamén outro tipo de sucesos. Nos últimos 16 anos rexistráronse 782 casos de suicidios indíxenas no Brasil, coa expulsión das súas terras como factor máis relevante, apunta o Conselho Indigenista Missionário. E en Colombia, segundo un informe do Instituto Nacional de Medicina Legal, foron contabilizados 61 casos de suicidio de xaneiro de 2010 a xuño de 2014, a maioría crianzas e mocidade de entre 10 e 24 anos. Un fenómeno que tamén está a medrar no Perú, Chile, Bolivia ou o Ecuador.
PRAZA_6824
AGE asegura que a Xunta contratou coa empresa Cofely, "corazón da rede de saqueo", por once millóns de euros. A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública advirte que tamén é adxudicataria da ampliación do hospital do Salnés e da construción de quince centros de saúde
AGE atopa vínculos galegos na denominada operación Púnica contra a corrupción. Segundo o grupo parlamentario, a Xunta levou a cabo adxudicacións á trama corrupta de Francisco Granados, ex número dous de Esperanza Aguirre en Madrid. Así o asegura o deputado Antón Sánchez, que explica que o Sergas contratou en agosto de 2013 coa empresa Cofely España, "o corazón da rede de saqueo", por un importe de once millóns de euros. O Sergas contratou en agosto de 2013 coa empresa Cofely, "corazón da rede de saqueo", por once millóns de euros, segundo denuncia AGE "A corrupción, por máis que a propaganda de Núñez Feijóo afirme o contrario, é estrutural no Partido Popular", denuncia Alternativa, que asegura que "a última trama enquistada nas arterias desa organización", destapada o pasado luns con detencións masivas de altos cargos en Madrid, "tamén ten ramificacións en Galicia". Así, advirte de que a Xunta de Núñez Feijóo adxudicou "un importante contrato" á empresa "corazón da rede corrupta" cuxa cabeza visíbel era o ex número dous do PP madrileño -Francisco Granados-, Cofely España, SL. Cofely foi a gañadora dun concurso ao que se presentaron outras dúas compañías En concreto, e segundo explica o deputado de Alternativa Antón Sánchez, foron once millóns de euros consignados polo Sergas para "subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde (cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013)". O Diario Oficial de Galicia do 3 de setembro de 2013 recolle a adxudicación tras un concurso ao que se tería presentado tres empresas. Unha delas, segundo AGE, foi excluída (Altair Ingeniería y Aplicaciones, SA). Das outras dúas, Cofely e Ferroser, gañou o concurso a primeira, cun total de 40,40 puntos fronte aos 27,51 de Ferroser. "Unha vez máis, vemos como o Partido Popular de Galicia atópase mergullado no mesmo centro dunha trama corrupta", afirma Sánchez, "igual que xa aconteceu coa Gürtel. E mentres, Feijóo mira para outro lado e non responde. Talvez porque sabe demasiado", insiste o deputado, que asegura que AGE rexistrará iniciativas parlamentarias para solicitar ao PP que explique na Cámara "cales son exactamente os seus vínculos coa última, seguramente non a derradeira, trama de corrupción adherida e confundida co seu partido". Tamén dende o BNG se olla cara a Feijóo para esixir "explicacións inmediatas" sobre este contrato. A xuízo do Bloque a "indignación social ante a podremia que parece instalada nas institucións gobernadas polo PP" fai necesario que o xefe do Executivo "explique, en sede parlamentaria" as súas relacións con Cofely España, toda vez que semella ser a "responsable da elaboración dos proxectos dunha ducia de centros de saúde, cuxa construción foi anunciada pola Xunta en 2012 pero que nos Orzamentos de 2015 carecen de consignación para a súa construción". "Os constantes escándalos de corrupción que apuntan directamente ao PP fan totalmente necesarias as explicacións do presidente", subliñan. "Preocupación" polo hospital do Salnés e 15 centros de saúde A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública asegura que Cofely é adxudicataria da ampliación do hospital do Salnés e da construción de 15 centros de saúde Ademais, a a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) amosou tamén a súa "preocupación" de que a trama investigada "se estendese a Galicia e afecte á concesión do financiamento e construción" de varios centros de saúde no país. Segundo o colectivo, Cofely é a adxudicataria da ampliación do hospital do Salnés e da construción de 15 centros de saúde en Galicia (A Capela, Ares, Arteixo, Cambre, Culleredo, Malpica, Santiago, Barbadás, Pontevedra, Ourense cidade, Gondomar, Marín, Nigrán, Oia e Tui) Tal e como asegura a AGDSP, a Consellería de Sanidade tería confirmado que a construción destes centros de saúde e do Hospital do Salnés "contarán, teoricamente, cunha partida de 26 millóns de euros para o seu financiamento que con todo non figuran nos orzamentos autonómicos". "As obras de ampliación do hospital do Salnés están en risco porque deben finalizarse en 2015 e dependen de fondos europeos" Por iso, consideran que as obras de ampliación do Salnés "están en risco por esta circunstancia dado que deberán estar terminadas antes de que finalice 2015 para non perder os fondos europeos e advirte que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional achega o 80% do investimento da obra, "mentres que á Xunta só corresponde o 20% restante, algo máis de 1,5 millóns". A asociación cre "necesario e urxente" abrir unha investigación "que aclare publicamente a limpeza e corrección destas adxudicacións, dado que os contratos públicos non poden realizarse con empresas sometidas a procesos xudiciais" e reiteran a súa "alarma" ante os "riscos de recorrer á colaboración privada para financiar a construción e xestión dos centros sanitarios públicos polo incremento de custos, o sometemento dos centros públicos ao intereses privados e polos riscos de corrupción".
NOS_57038
As pesquisas estão-se a fazer após uma denúncia formulada pelo Sporting de Portugal. Estariam em causa possíveis crimes de corrupção desportiva na forma activa e passiva.
O Benfica terá realizado presentes aos árbitros durante as três últimas épocas, temporadas, em que se sagrou campião da liga portuguesa. Segundo o Jornal de Notícias, o meio que deu a notícia, todos os colegiados teriam aceite os regalos. Os presentes eram chamados Kit Eusébio -pelo mítico futebolista português de origem moçambicana dos anos 60 do passado século- e deles faziam parte uma réplica da camisola do jogador, o conhecido também com Pantera Negra, um convite para visitar o museu do clube e uns bônus para refeições num restaurante em Lisboa. No seu momento, o presidente do Sporting, autor da denúncia, afirmou que os bônus davam direito aos árbitros a realizarem até "28 jantares por jogo", o que poderia vir a orçar "entre os 500 e os 600 euros". "Só em jantares deve rondar os 140 mil euros por época, mais as camisolas e as próprias caixas", acrescentava.
NOS_31814
Unha sentenza do Tribunal Supremo anuncia cambios. Agárdase que as consecuencias políticas da resolución xudicial supoñan un terremoto político na Galiza, con especial incidencia na circunscrición de Ourense
A sentenza 1401/2020, da sala terceira do contencioso administrativo, do Tribunal Supremo vai traer cola. Malia que unha boa parte dos xuristas a agardaban en coherencia co espírito do artigo 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local, coas disposicións recollidas nos diversos acordos contra o transfuguismo asinados desde 1998 e coa maioría das resolucións xurdidas dos tribunais territoriais, o auto do Tribunal Supremo colleu por sorpresa boa parte dos responsábeis políticos. Tanto é así que a resolución é obxecto preferente de estudo polos servizos xurídicos das administracións locais e de moitos despachos de avogados especializados en dereito público, que significan a claridade do acordo do Tribunal Supremo. A presente resolución xudicial ten a súa orixe nun litixio xurdido no Ajuntament de Font de la Figuera no País Valencià, onde o grupo municipal do PP recorreu após as eleccións de 2015 a decisión dunha edila de Ciudadanos que acabou apoiando un alcalde de Compromís. Nesta liña, o auto do Tribunal Supremo de 26 de setembro de 2020 vén dar por finalizado o procedemento, fixando xurisprudencia nunha liña moi semellante á apuntada en resolucións anteriores polo Tribunal Constitucional. O contido da sentenza non deixa lugar a dúbidas. Así, recolle que "o pase á condición de concelleiro non adscrito, como consecuencia ou por razón dun suposto de transfuguismo, si impide que se asuman cargos ou que perciba retribucións que antes non exercía ou percibía e impliquen melloras persoais, políticas ou económicas. Fica excluída desta limitación a incorporación ás comisións informativas". Ao tempo, a resolución determina o alcance, afirmando que o pase á condición de concelleiro non adscrito, por incorrer en transfuguismo, supoña "un incremento ou mellora do status" e tómase como referencia "aqueles beneficios políticos distintos aos indispoñíbeis por seren asociados á condición de concelleiros". As consecuencias políticas da resolución xudicial anuncian un terremoto político na Galiza, con especial incidencia na circunscrición electoral de Ourense. A este respecto, pendente da aplicación mesma atópanse actualmente os concellos de Castrelo de Miño e de Viana do Bolo pero tamén a propia Deputación de Ourense, após ter nomeado José Manuel Baltar como vicepresidente da institución Miguel Caride, antigo concelleiro de Democracia Ourensá e actualmente membro do grupo dos non adscritos. Así e todo, este é un caso menor en relación co escenario que se abre en Castrelo de Miño e Viana de Bolo, onde as maiorías de Goberno se conformaron co concurso de concelleiros coa condición de non adscritos. Os Gobernos de Castrelo de Miño e de Viana de Bolo preparan unha defensa xurídica que non semella doada, mais están dispostos a resistir á espera da posición dos seus secretarios municipais, cuxos informes resultan preceptivos para resolver os procedementos abertos nos respectivos. As fontes xurídicas consultadas por Nós Diario non ven posíbel un informe favorábel dos secretarios da corporación á continuidade dos actuais Executivos e apuntan a que o seu relatorio vai descargar toda a responsabilidade nos concelleiros presentes na votación.
NOS_56399
Desde o comezo da pandemia, a xestión da situación na Comunidade de Madrid -dirixida polo PP- é un dos focos de conflito co Goberno do Estado de PSOE e Unidas Podemos. Malia as reclamacións constantes de Isabel Díaz Ayuso, a lentitude do proceso de vacinación cuestiona o éxito das súas políticas.
A Comunidade de Madrid é a máis afectada pola pandemia segundo os datos do Instituto de Estatística estatal, que rexistran un aumento do 41,2% de falecementos na serie histórica en 2020, case nove puntos porcentuais por riba do seguinte territorio, Castela -A Mancha, que sufriu un incremento de mortes do 32,3%. A particular xestión da pandemia, caracterizada polo conflito co Estado na defensa de restricións mínimas, foi criticada duramente pola oposición no lexislativo rexional, encabezada por Más Madrid. O desmantelamento da sanidade pública e a privatización dos servizos públicos que van quedando é unha das críticas cotiás a xestión de Isabel Díaz Ayuso e o Partido Popular, que argumenta que a Comunidade está desfavorecida polo Executivo estatal, como proba diso reclamaba hai apenas tres días máis vacinas para continuar coa campaña de inmunización, solicitude atendida esta quinta feira polo Ministerio de Sanidade. Malia estas peticións, o proceso de inoculación en Madrid, privatizado en parte despois do pacto co Corte Inglés, Acciona e o grupo Santander para que se encargaran de vacinar nos seus locais, é o máis lento do Estado, con máis dun millón de doses entregadas á Administración que seguen gardadas nas neveiras. Nas estatísticas do Ministerio, actualizadas esta quinta feira, infórmase de que a rexión presidida por Ayuso utilizou o 86% das vacinas que recibiu, 7.515.545 doses entregadas e 6.500.279 postas, a pesar de recibir menos que Catalunya ou Andalucia, con arredor de 600.000 e 450.000 vacinas sen usar respectivamente. Os problemas de planificación e distribución que denuncian as plataformas pola sanidade pública, tivo esta sexta feira, 16 de xullo, o seu último episodio, coa suspensión de citas para recibir a primeira inxección de Pfizer, aínda recoñecendo que conta con case 400.000 doses. Ao tempo, anunciaban a devolución de 200.000 doses de AstraZeneca por rematarse a poboación á que vai indicada. Inxeccións de sobra e persoas perseguindo a inoculación A confusión nas últimas semanas de vacinación está dando lugar a situacións contraditorias na rexión da capital do Estado. Os medios locais revelan que diante do volume de doses por inocular, os centros de saúde están a optar por vacinar calquera persoa que pase polas instalacións, como afirman doentes que se achegaron por unha consulta e saíron coa primeira parte da pauta. Á par, varios destes centros tiveron que pór carteis na porta sinalando que non tiñan inxeccións de sobra, polo movemento de persoas que aínda non foran chamadas ou que non asistiron a súa quenda de vacinación que percorrían distintas institucións na procura da picada. Noutros territorios, estase a pedir un novo repartimento de vacinas, pola cantidade de solicitudes rexistradas en zonas de costa.
NOS_40102
A veciñanza de Coia impediu, máis unha vez, o desenvolvemento das obras na rotonda do barrio vigués. Un forte dispositivo policial a primeira hora da mañá tentaba que a maquinaria comezase a traballar, o que finalmente non foi posíbel.
A primeira hora desta segunda feira, un forte dispositivo da Policía local escoltaba a entrada da maquinaria para as obras da rotonda de Coia, un proxecto que conta coa firme oposición da veciñanza contra a decisión que o alcalde Abel Caballero defende de maneira contundente. Malia a escolta , a presenza de un grupo de veciños e veciñas conseguiu romper o control policial e instalarse na rotonda o que obrigou aos operarios a abandonar o lugar, segundo informa Vigo Dixital. Dúas persoas resultaron feridas leves por axentes ao tentar cortar o tráfego da Avenida de Castelao e un axente saíu danado ao caer nunha persecución, informa o dixital de Vigo, malia non haber carga policial. Asemblea veciñal para tomar decisións Ás 19 horas da tarde está prevista unha asemblea veciñal na que se decidirán os seguintes pasos a seguir no conflito que enfronta á veciñanza co goberno municipal. Abel Caballero xustifica a instalación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia argumentando que cidades como a Coruña ou Baiona contan tamén cun barco nunha rotonda. Segundo sinalou en rolda de prensa, non van "retroceder" por accións como as protestas veciñais. Segundo informa o xornal Vigo Dixital, a veciñanza prepara tamén un escrito para presentar na Fiscalía xa que contan con sospeitas de irregularidades nas obras, como a falta de expediente público ou mesmo a relación que existe da empresa construtora, Civís Global, coa administración local. Polos datos que teñen na súa man, o concello de Vigo adxudicou este ano obras por un valor superior a 35 millóns de euros a Civis Global. A veciñanza oponse a que o goberno municipal invista 300.000 euros en converter un barco en peza ornamental nunha rotonda nun tempo no que se experimentaron os máis duros recortes sociais.
PRAZA_16305
Os traballadores ven o conflito "estancado" e a Administración asume posturas "moi distanciadas" ao cumprirse o cuarto día de paro indefinido. O Goberno ofrece unha suba de 15 euros máis ao mes con respecto á anterior proposta e non dá solución á discriminación nas baixas laborais
"O conflito está estancado". O comité de folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia valora así a xuntanza que mantivo este luns con representantes da Xunta nun novo intento por desbloquear a folga indefinida que paraliza os xulgados e provoca a suspensión de centos de xuízos e procedementos varios desde o pasado mércores. A reunión rematou sen acordo logo de que os sindicatos rexeitasen unha oferta de suba salarial que consideran "ridícula" e de que constatasen que "non hai movemento ningún" por parte do Goberno para solucionar a discriminación que sofren con respecto a outros compañeiros ao descontárselles o soldo por coller baixa. O comité de folga ve "estancado" o conflito e a Xunta asume que as posturas están "moi distanciadas" Sen avances neses dous puntos, os representantes dos traballadores prevén xa "un conflito longo" tras unha xuntanza na sede da EGAP na que os directores xerais de Xustiza, Juan José Martín, e de Función Pública, José María Barreiro, constataron tamén que as posturas están "moi distanciadas" e advertiron que a nova oferta económica que este luns puxeron sobre a mesa "é a última". A Xunta ofreceu aos traballadores unha suba de 15 euros mensuais para cada unha das categorías respecto da oferta anterior. Xa que logo, do incremento do complemento autonómico de entre 660 e 900 euros anuais, aplicable en tres anos e sempre a partir de 2019, pasou o Goberno a unha suba de entre 816 e 1.080 euros, aplicable ao 50% en 2019 e a outra metade en 2020. Con todo, non se aplicaría desde marzo de 2018, como reclaman os sindicatos, nin suporía chegar ás súas peticións, rebaixadas este luns un 18% e que supón un incremento anual e liñal de 2.700 euros. "Baixamos a petición e demosramos que se alguén aquí quere negociar somos nós, pero a súa oferta é ridícula", advirte o comité de folga, que rexeita o ton ameazante da Xunta, que insiste en que non haberá máis ofertas. "Quedaron en chamar esta semana", retrucan os sindicatos. Os traballadores reduciron nun 18% as súas pretensións económicas e a Xunta ofertou 15 euros máis ao mes con respecto á anterior proposta Para a Xunta, a proposta do persoal segue "fóra da realidade". "Pídennos unha suba liñal que, fronte aos 270 euros de antes, suporía un aumento de 225 euros ao mes, o que significaría 2.700 euros ao ano. Isto en tres anos (e desde 2018), asegurou Martín, mentres que Barreiro cualificouna de "esaxerada e desproporcionada". "Parecen querer seguir coa folga, cos prexuízos que se causa á cidadanía", dixo o responsable de Función Pública. Barreiro, ademais, insistiu nos ataques aos representantes dos traballadores que xa fixera noutras ocasións. Reprobou que o comité de folga —no que están representados os sete sindicatos do sector— rexeitase supostamente outras "melloras", como "o aumento de prazos", reforzar os xulgados de violencia machista ou as "melloras no permiso de paternidade ou maternidade". E fixo fincapé en que no comité de folga "só hai homes". Función Pública acusa os sindicatos de rexeitar melloras na conciliación ou nos xulgados de violencia machista; "amosa ignorancia", responde o comité Para o comité de folga, as súas palabras demostran "unha ignorancia supina" e supoñen, "unha vez máis" que os dous responsables da Xunta "non sexan válidos como interlocutores". "Os sindicatos levamos tempo reclamando máis medios para os xulgados de violencia de xénero, denunciando a falta de nomeamento de maxistrados, a necesidade de psicólogos... Pero esa reivindicación non está entre as que estamos negociando, senón que con elas levamos toda a vida", explican. "Estamos fartos de que se empreguen a conciliación ou a violencia de xénero como armas nun conflito", quéixase o persoal que lembra que na Xustiza "non hai diferenzas entre homes e mulleres". "O que pedimos, pedímolo para todos e para todas", insisten. Alén disto, desde o comité tamén responden ás declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que acusou os traballadores de "facer reféns aos cidadáns". "Quen fai que os cidadáns teñan unha Xustiza de segunda categoría é a inoperancia deste goberno", rematan, antes de anunciar unha manifestación nas sete cidades galegas para o vindeiro xoves, así como outras mobilizacións reivindicativas nunha folga que este martes sumará o seu quinto día.
NOS_42390
O novo plan de transporte público da Xunta de Galiza non vai mellorar a calidade do servizo, mais na cidade de Ferrol e nas comunicacións co resto da comarca vai deteriorar aínda moito máis os servizos, xa de por si precarios.
O novo plano de transporte metropolitano da Xunta de Galiza, que ten provocado unha greve indefinida no sector, en dous aspectos claves: Concesión mediante adxudicación directa. Onde non hai ocorrencia de competencia, e por un tempo de adxudicación de 22+2 meses. Co que estariamos no límite das próximas eleccións municipais, e durante este tempo quitaríanse de enriba os problemas de licitación que se veñen padecendo. Unificación do transporte escolar e transporte regular. Un método que se vai utilizar non para melloras no servizo, senón para saltarse por riba unha Normativa Comunitaria Lei 10/2016 e unha sentenza do Tribunal Supremo do 2016, onde se evidencia que a prórroga feita polo goberno da Xunta no 2010 fíxose de maneira ilegal. Unha prórroga que normalizou durante anos que as empresas adxudicatarias compensasen os desequilibrios que mostraba o transporte regular de uso xeral entregándoselles a concesión do transporte escolar. Deste xeito pasan por alto esta normativa e esta sentenza facendo unha concesión única e unificando o transporte escolar e o regular. Nunha resolución de 26 de maio pasado (DOG nº 99 29/05/2017) a Xunta gabábase da renuncia das empresas contratistas que permite unha elaboración máis áxil do proprio plan de transporte público: "A concentración territorial dos servizos públicos cuxas empresas contratistas renunciaron á continuidade na explotación facilitou a áxil elaboración dunha planificación para a elaboración do Plan de transporte público de Galicia, respondendo a unha primeira fase na cal, ao tempo que se garante a continuidade do servizo público de transporte nos termos da normativa comunitaria e da citada Lei 10/2016, do 19 de xullo, poderanse anticipar solucións de revisión da estrutura dos servizos de transporte e de integración, racionalización e coordinación de servizos". Deste xeito, non se aplica a sentenza do Tribunal Supremo, senón que se modifica o plan para que todo siga igual dentro do marco comunitario, para que as empresas concesionarias sigan incrementando os seus beneficios ao mesmo tempo que se perde calidade nos servizos. E onde vemos que a urxencia da que fala a Xunta é inxustificábel, xa que tivo un ano para poder plantexar un novo plan de transporte. No caso de Ferrol, este plan de transporte lévase a cabo perante a ambigüidade do goberno local. Un goberno que renunciou á xestión directa do servizo de transporte que se aprobara no pleno do 28 de Abril do 2016. Un ano despois, o goberno non só non fixo nada respeito a esta xestión, senón que volveu entregar á Dirección Xeral de Mobilidade a xestión da concesión das liñas de transporte rural da cidade. Cumpre lembrar que Monbus, a comezos de ano, renunciou a seguir prestando o servizo cando acabase o seu contrato. E nesta entrega non se vai poder impoñer ningún tipo de condición nin establecer criterio ningún para que a concesión puidera servir para mellorar o transporte público na cidade. O concello ten a obriga de prestar este servizo por ter máis de 50 mil habitantes. O 26 de Abril pasado, a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, María Fernández Lemos, mantivo unha reunión co Director Xeral de Mobilidade da Xunta, Igancio Mestre. O goberno local cualificou o encontro de cordial e construtivo. Nel falousevda liña circular Doniños- San Xurxo- Covas, da conexión do centro cos distintos barrios e parroquias da cidade, así como tamén do enlace cos centros hospitalarios e os seus centros de especialidades. Un servizo público que na actualidade ten unha perda de viaxeiros e unha situación precaria constante. E onde se ve que a proposta da Dirección Xeral de Mobilidade volve profundar nesa febleza do servizo, reducindo persoal e equipamento. O servizo de transporte público supón en xeral a redución de gases contaminantes; custes económicos menores que o transporte privado; e a xeración de emprego estábel. Nunha cidade como Ferrol, onde se está a formular a peonalización do centro histórico, está chamado a xogar un papel fundamental na ordenación do tráfego urbano. Segundo os analistas consultados por Sermos, as consecuencias da implantación en Ferrol da proposta de unificar as dúas concesións de liñas para o transporte regular e o escolar serían: O aumento dos tempos da viaxe. Nunha liña como a 13, que dá servizo ao centro educativo Terra de Ferrol, tería unha duración de 38 minutos (que dende o peirao de Curuxeiras hai unha distancia de 6,1 km e nun transporte privado o traxecto ten unha duración de 12-15 miutos). Polo que para os viaxeiros estudantes é inasumíbel. O incremento das paradas. A incorporación de usuarios "non lexítimos" (lexítimo determinado polo dereito a aqueles viaxeiros que teñen de utilizar o transporte todos os días). Polo que hai unha indefinición do proprio transporte, e onde se debería facer un estudo para saber cales serían as vacantes que se van poder cubrir con usuarios do transporte regular. A respeito do transporte regular suporá unha redución dos servizos, que pasan de 25 a 23 no conxunto da concesión. Ao non haber unha valoración específica das necesidades da cidade haberá unha falla de coordinación entre as dúas concesións. As 5 liñas que prestaban servizo a zona rural van ficar reducidas a catro, onde hai claras deficiencias de servizo. A liña Ferrol-Mandiá e que dá servizo ao Hospital Naval (centro de varias especialidades do Arquitecto Marcide) non funciona entre as 11:30 e as 16:30 durante a semana, e na fin de semana a oferta de horarios e case inexistente. A liña Ferrol-A Graña reduce os servizos a 4 dende Ferrol e a 3 dende A Graña. A liña Ferrol-Brión só ten un servizo de mañá e outro de tarde, e na fin de semana un servizo único. Desaparecendo a parada en Vilasanche, e cun servizo que non chega a San Felipe. Liña Ferrol- Doniños- Covas, que ten unha duración de unha hora e que da que só dispoñemos de 4 servizos. Os lugares de Pazos e Santa Mariña volven quedar fóra destes servizos de trasporte público. O dia 14 pasado, o goberno local, na voz da concelleira de Urbanismo e Mobilidade, volveu defender a necesidade, como xa fixera no 2015, de que esta cidade teña un sistema de xestión diferente ao marcado pola Xunta, ao mesmo tempo que presentaba as alegacións que foron entregadas ao PTM (Plan de Transporte Metropolitano) da Xunta e que mostran as melloras que se lle piden ao convenio coa cidade. Entre elas que ningún tranporte escolar debe exceder os 30 minutos, o acceso que teñen os estudantes de ensinanzas obrigatorias a utilizar o transporte público e que non cobre a totalidade do territorio, solucionar os problemas de horarios sen servizo, ou problemas de transbordo entre liñas do rural e urbanas. A organización política LiGando publicou na súa web en marzo deste ano un artigo onde tamén propón unha iniciativa que fala da necesidade de crear unha empresa municipal de transporte.
NOS_56160
A memoria histórica volve resgatar Luís Bará (Vilaboa, 1965) para o mundo da cultura e da súa paixón, a literatura. Deputado e concelleiro, vén de publicar a súa opera prima Non des a esquecemento, un libro escrito a medias entre o xornalismo e a literatura no que recupera historias da represión nas que tira de fíos tecidos na memoria oral ou dos arquivos, pero sen esquecer nunca o compoñente emocional daqueles días de barbarie. Entrevistámolo no 244 do Sermos Galiza. Aquí un extracto da conversa.
No libro fas un traballo de pescuda na memoria oral pero tamén acudindo a arquivos. Que buscabas que non estivese escrito polos historiadores? Primeiro, que hai moitas historias que non estabas escritas, sobre todo a nivel máis micro, local. E logo o que fixen nalgúns casos foi contrastar o que contaba a memoria oral e o que estaba na oficial, que basicamente son causas militares. Hai unha parte dos estudos historiográficos á que lle falta un estudo da memoria oral. A min chamoume moito a atención a grande cantidade de entrevistas que hai no fondo de Nomes e Voces [o proxecto de investigación da USC posto en marcha no bipartito] e que non se lle saque máis partido. Porque son absolutamente descomunais, a información que dan é complementaria das fontes escritas. Aí hai unha mina. Eu escoitei algunhas e citeinas, pero hai un fondo aí que pode dar xogo para escribir esa parte da historia que non foi contada, sobre todo a represión sobre as mulleres. Ese proxecto de investigación quedou a medias, non? Foi aniquilado por parte do Goberno do PP porque non lles interesaba nada todo o que tivese que ver coa memoria histórica. Eliminaron todas esas políticas. Eu o que digo é que hai un enfoque máis testemuñal e máis emocional sobre o que pasou que non se está aproveitando suficientemente. Hai libros, pero domina máis o enfoque historiográfico, que eu creo que é parcial. Necesario, claro, pero non se debe desbotar a achega da memoria oral. Tamén falas das rías como auténticas foxas comúns. Si, e dos cemiterios. En Pontevedra hai centos de persoas que foron enterradas en cemiterios e as súas familias non souberon máis delas. Pero eu creo que o máis dramático é o das rías. Eu descubrín un caso, que non estaba rexistrado como moitos outros, dun veciño de Vilaboa que era canteiro, que o torturaron, o mataron e o tiraron á ría e o seu corpo nunca apareceu. E a súa familia nunca tivo dereito a poñer flores nunha tumba, nin a facer o dó, algo que na cultura galega é algo central. Compartir a dor, socializala… non poder facer iso é terríbel, marcou moito as familias. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 244, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_11098
O amigábel de Nadal diante de Nixeria foi a primeira manifestación de apoio a un estado propio da sociedade catalá este ano que comeza. O partido rematou co resultado 1-1, no último encontro con Johan Cruyff como o seu seleccionador.
Catalunya xogou algo máis que un partido o pasado 2 de xaneiro en Barcelona. A situación social e política deste país, despois da magna manifestación da Diada e os resultados das últimas eleccións ao parlamento catalán, albiscaba a primeira concentración de apoio á independencia deste ano que agora comeza. O estadio de Cornellà, con capacidade para 40.000 siareir@s, non se encheu por pouco mais o ambiente foi de festa e reivindicación ao longo dos 90 minutos. Bandeiras e pancartas apuntaban na dirección dunha demanda única: a exixencia de que Catalunya sexa un estado máis da UE a partir do 2014. Unha bandeira estrelada xigante e un cartaz de 150 metros co lema "Catalonia, Europe's next state", creada pola Plataforma Pro Seleccions Esportives Catalanes e a Assemblea Nacional Catalana foron as protagonistas. Tampouco faltou o berro no minuto 17 con 14 segundos, lembrando o ano de ocupación borbónica. Medios de comunicación como Vilaweb realizaron un seguimento especial deste partido. O seu director, Vicent Partal lembra no editorial que este pode ser o último xogo amigábel da súa selección como "non oficial". Catalunya leva varios anos exixindo a oficialidade e tivo serios problemas despois de que o Estado español obrigase outras federacións a rexeitar a súa participación en competicións oficiais. Para Partal a reivindicación das seleccións, non só a de fútbol, é "un dos moitos factores que remataron por facer masivo o movemento pola independencia". O partido O encontro tivo emoción polo axustado do resultado. Catalunya adiantouse no minuto 3 cun gol de penalti de Sergio González, ex-xogador do Espanyol e do Deportivo da Coruña. González, ademais, recibiu unha homenaxe por parte da Federación Catalá de Fútbol e participou dez minutos no encontro. Despois chegou o dominio dos xogadores de Cruyff e o troco de Puyol por unha ferida na cella que levou logo catro puntos. No segundo tempo continuaron as oportunidades para os cataláns como a do minuto 52 nun remate de Jordi Amat. Nixeria reaccionou e conseguiu empatar no minuto 54 despois que Bright, dentro da área, conseguise un forte disparo que foi dentro da portería de Codina. Este foi o marcador final no último partido de Johan Cruyff como seleccionador. Nos anteriores partidos a selección de Catalunya gañara a Arxentina (4-2), Honduras (4-0) e empatara con Túnez (1-1). Tampouco faltou o berro no minuto 17 con 14 segundos, lembrando o ano de ocupación borbónica A listaxe de convocados para este partido tivo como incorporación de última hora a do xogador do Deportivo da Coruña Sergio González. En Cornellà estiveron deportistas que xogan en equipos cataláns como o FC Barcelona con Valdés (que non participou por melestias físicas), Xavi, Puyol, Piqué, Busquets, Alba, Montoya, Roberto, Tello e Bartra e o RCD Espanyol con Verdú, Capdevila, García, Casilla, Rodríguez, Sánchez e Tejera. En equipos do resto do estado participaron dous do Rayo Vallecano, Amat e Piti, e un do Getafe, Vázquez. Do resto de Europa viñeron do Milan, Krkic, e do Salzburgo, Sorian. Por parte de Nixeria Nigèria os convocados foron Agbim Chigozie, Oboabona Godfrey, Benjamin Francis, Fegor Ogude, Kwambe Solomon, Egwuekwe Azubuike, Ideye Brown, Dike Bright, Uzoenyi Ejike, Onazi Ogenyi e Mba Sunday. Tamén xogaron algúns minutos Ahmed Musa, Emenike Emmanuel, Omeruo Kenneth, Uche Ikechukwu, Akpeyi Daniel, Henry Uche, Lawal Raheem, Rabiu Ibrahim e Papa Idris. Imaxes: Galdric Peñarroja
NOS_21952
A urxencia dunha resposta aos retos da evidente crise ecolóxica
A evidencia da crise ecolóxica e a mudanza climática, que xa chega ás principais entidades capitalistas, induce dúas propostas: a primeira defende o crecemento sostíbel ou verde; a segunda argumenta que o crecemento indefinido do PIB é incompatíbel cos equilibrios ecolóxicos imprescindíbeis para a existencia de sociedades humanas civilizadas. O banco de investimento J.P. Morgan fai parte da ducia de elementos máis influentes na rede de goberno da economía mundial. Nun recente relatorio1 recoñece que para que o aumento da temperatura non supere 1,5oC, as emisións globais deberán reducirse desde 52 xigatoneladas equivalentes de CO2 (GtCO2eq) en 2017 até 39 GtCO2eq en 2030 (só quedan 10 anos) e menos de 10 GtCO2eq cara á fin do século. En caso contrario prevé graves danos no "PIB, stock de capital, saúde, mortaldade, estrés hídrico, fame, desprazamentos de poboación, migracións, tensións políticas, conflitos, biodiversidade e supervivencia das especies". Entre hai 800 mil anos e o comezo da Revolución Industrial a concentración de gases de efecto invernadoiro (GEI) oscilou entre 170 e 300 partes por millón(ppm). En 2019 alcanzou 410 ppm. Hai 4 millóns de anos no Plioceno medio cunha concentración de 425 ppm e unha temperatura media superior en 2oC-3,5oC á preindustrial, o nivel do mar era entre 10 e 22 metros máis alto que o actual. J.P. Morgan conclúe que "a vida humana tal e como a coñecemos está ameazada" e que "algo terá que mudar nalgún momento se a raza humana debe sobrevivir". A ex primeira ministra norueguesa Gro-Brundtland creou o concepto de crecemento verde nun relatorio para Nacións Unidas de 1987. Unha vía á que adhiren o Novo Acordo Verde da líder demócrata Alexandria Ocasio-Cortez e o proxecto New Generation da Unión Europea. A UE e John Biden comprometéronse a completar unha economía neutral en carbono no ano 2050. Xi Jinping anunciou que alcanzará ese obxectivo en 2060. O obxectivo do crecemento indefinido do PIB e a arquitectura de longas cadeas globais de produción fan imposíbel a redución da pegada ecolóxica En ningún caso renuncian ao crecemento económico. A OCDE, o Banco Mundial e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente colaboran para promover a Teoría do Crecemento Verde (TCV), que afirma que a expansión da economía é compatíbel coa ecoloxía planetaria xa que a mudanza tecnolóxica e a substitución poden desligar o crecemento do PIB do uso de recursos materiais e das emisións de carbono. Dous científicos da universidade de Londres e da Autónoma de Barcelona contrastaron a TCV coa evidencia empírica2. Desde 1980 a 2013 a pegada ecolóxica medrou un 132% a unha taxa anual do 2,5% até 85 billóns de toneladas. A pegada ecolóxica global debería reducirse nun 50% para ser compatíbel coa ecoloxía planetaria. Entre 2002 e 2013 o uso de materiais incrementouse un 3,85% anual, "a intensidade material da economía mundial aumentou no século XXI, non decreceu... o mundo áchase, por tanto, no sendeiro da rematerialización e lonxe de calquera –mesmo relativo– desligamento". Atoparás o resto desta reportaxe e outros temas de interese no caderno 'Producir' que sae publicado co Nós Diario de mañá. Estará dispoñíbel nos quiosques ou na nosa tenda online para a súa lectura na nube. Non o penses máis, fai a subscrición xa para ter todos estes contidos sempre á túa porta!
PRAZA_20647
Feijóo atribúese a apertura ao público do Pazo, obrigada por un decreto do goberno de PSdeG e BNG. O proceso comezara en 2006 e culminou en 2008; os Franco boicoteárono con recursos xudiciais que foron resoltos definitivamente en 2010, co PP xa de volta na Xunta As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da Falange
As 'doazóns' para entregar Meirás a Franco: patrullas polas casas coa supervisión da FalangeFeijóo pide "mesura e proporcionalidade" á Fundación Franco na exaltación do ditador no pazoA asunción por parte da Fundación Francisco Franco da xestión das visitas ao Pazo de Meirás e a súa declarada intención de aproveitar a "oportunidade" para facer apoloxía da ditadura devolveu este agosto á actualidade o xeito en que a familia do militar golpista se fixo coa propiedade, unha recadación de fondos forzosa entre a poboación en 1938, pero tamén a normativa que estipula a apertura do histórico recinto un mínimo de catro días ao mes. Esa obriga é o resultado dun proceso legal iniciado no ano 2006 e culminado, malia ao boicot dos herdeiros do ditador, no ano 2008. Desenvolveuse, daquela, durante o mandato do goberno de coalición de PSdeG e BNG na Xunta. No entanto, quen recuperou o poder para o PP en 2009, Alberto Núñez Feijóo, vén de formular un relato de seu para atribuírse a si mesmo e ao seu Executivo a apertura ao público do Pazo de Meirás mentres que "o goberno anterior" o mantivo "pechado", di.A que fora residencia de Emilia Parzo Bazán ten que ser aberta ao público por ser un Ben de Interese Cultural (BIC), categoría que adquiriu por un decreto promulgado en decembro de 2008, resultado dun procedemento ralentizado xudicialmente polos Franco, que o levaron aos tribunais en media decena de ocasións. A través da Consellería de Cultura, na altura dirixida por Ánxela Bugallo (BNG), o Goberno de socialistas e nacionalistas iniciou os trámites na primavera de 2006, apenas seis meses despois de remudar no poder ao PP de Manuel Fraga. Tras as eleccións municipais de 2007 o novo goberno de Sada, encabezado polo Bloque, solicitou formalmente por acordo plenario esa declaración BIC para Meirás, que se concretaría na incoación dun expediente en agosto de 2008.O proceso para declarar BIC o Pazo de Meirás comezou en 2006 e culminou en 2008; os Franco boicoteárono con recursos xudiciais que foron resoltos definitivamente en 2010, co PP xa de volta na XuntaPara chegar ao inicio do expediente a Xunta non o tivo doado. A súa posta en marcha requiría que técnicos da Consellería inspeccionasen o Pazo para coñecer o seu estado e os Franco tentaron impedilo por todos os medios. Primeiro, prohibíndolles a entrada e despois, no outono de 2007, presentando un recurso contencioso-administrativo que acabou naufragando no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cuxo ditame só impuxo a condición de que a reportaxe fotográfica que realizasen os técnicos respectase a "intimidade" dos Franco. A Xunta tivo que advertilos de que se enfrontaban a unha multa de ata 60.000 euros.Ao non lograren impedir o expediente os herdeiros do ditador tentaron frear a declaración BIC unha vez aprobada pola Xunta. Despois de esixir unha compensación económica por abrir o pazo ao público solicitaron ante o TSXG a suspensión do decreto por, entre outros motivos, non estaren dispostos a asumir os "gastos de vixilancia e seguro por accidentes". Mentres o proceso xudicial se desenvolvía, en Galicia celebrábanse eleccións e cando o alto tribunal galego resolveu tombando o recurso da familia do ditador, en xuño de 2009, o presidente xa era Feijóo. A familia Franco aínda formularía un novo recurso ante o TSXG e outros dous no Supremo, pero todos fracasaron. O último, en outubro de 2010.50.000 euros públicos para os Franco en 2011 e 2012Unha vez esgotada a vía xudicial os Franco víronse obrigados ao cumprimento da lei de patrimonio cultural e a Xunta, a garantilo. Para facelo, admitira daquela a Consellería de Cultura, optaran pola vía da "prudencia" e a "negociación". Aquelas conversas desembocaron finalmente na apertura do pazo en marzo de 2011, pero previo pagamento da Xunta. Como informou Praza.gal, ata finais de 2012 foi a Xunta a que sufragou os gastos das visitas mediante dous convenios e unha engádega que chegaron a sumar un total de 53.713 euros. En virtude daqueles pactos a familia Franco "garantía a apertura" nos devanditos catro días e o Goberno asumía "os custos derivados" das visitas e mais comprometíase a "facerse cargo da cobertura dos danos materiais que se puidesen producir (...) mediante a contratación dunha póliza de seguro". Ademais, e tras a intervención do Valedor do Pobo, a Xunta dera en revelar que o convenio implicaba algunhas excepcións á obriga xeral de cumprir o réxime de visitas. Unha delas, que non se realizasen "durante os días en que a familia" se atopase "aloxada no pazo, pola imposibilidade de garantir a seguridade da mesma"Tras perderen no xulgado a Xunta "negociou" cos Franco e financiou os gastos de apertura do Pazo ata 2013Foi no ano 2013 cando a Xunta deixou de poñer cartos para propiciar que os Franco cumprisen coa lei de patrimonio cultural e foi tamén dende ese ano cando comezaron os sucesivos incumprimentos que, en virtude da normativa actual -foi reformada en 2016-, suporanlles como moito unha sanción de 6.000 euros. É nese 2013, precisamente, onde comeza o actual relato de Feijóo sobre a relación do seu Goberno cos Franco e o Pazo. Ao ser preguntado ao respecto pola prensa tras o Consello da Xunta deste xoves o presidente "reiterou" que o seu gabinete velará por que a Fundación Franco "cumpra a lei" e convidou ademais a denunciar "se hai algún tipo de apoloxía de calquera tipo de fascismo que estea incumprindo as leis" na actividade da entidade, que ten como único obxectivo honrar a memoria do ditador e espallar a súa "obra". Neste sentido, Feijóo mantén que "cando chegamos" ao Executivo "había unha lei do bipartito do ano 2008" que "non obrigaba á familia a abrir o pazo" e o que fixo o PP foi "obrigar os propietarios a abrilo e a xestionar o seu mantemento". "Agora resulta que está preocupada a esquerda que mantivo o Pazo de Meirás pechado facilitando á familia que non gastase un euro en abrilo", sinalou. "O goberno anterior, polo que sexa, non obrigaba abrir o pazo; estou facendo unha crónica".Conversas da Xunta coa Fundación FrancoFeijóo revela contactos coa Fundación Franco e o PSdeG ínstao a non "falsear a realidade" da declaración BIC do PazoNesa resposta aos xornalistas o presidente revelou, ademais, contactos coa familia de Franco que o Executivo non desvelara ata agora. Alén de obviar os pagamentos realizados entre 2011 e 2012 Feijóo gábase de non aceptar "un convenio para abrir conxuntamente o pazo" que "nos plantexaba a Fundación". "Dixemos que non imos participar en manter ese pazo nin no mantemento ordinario nin extraordinario, nin a financiar a apertura", afirma, ademais de resaltar que "reiteramos á Fundación que teñen que cumprir a lei e este goberno está cumprindo a lei, porque o goberno anterior non o estaba a facer".As consideracións do presidente suscitaron a resposta por parte do PSdeG, que a través da súa deputada Concepción Burgo instou a Feijóo a non "falsear a realidade" só para "agochar a súa actitude timorata coa familia Franco". "Foi o Goberno de Touriño o que declarou BIC o Pazo de Meirás" e fíxoo ademais "coa oposición firme do PP", que a través do propio Feijóo chegara a poñer en dúbida todo o proceso porque, aseguraba en 2007, Meirás non é "un pazo", senón "unha torre".Resolución do 1 de agosto de 2008 pola que se incoa o procedemento para a declaración de ben de interese cultural do inmoble denominado Torres de Meirás, tamén coñecido como Pazo de MeirásDecreto 299/2008 polo que se declaran ben de interese cultural as Torres de Meirás
NOS_16873
The Lunchbox ou Dabba é a proposta que nos achega para esta fin de semana o noso crítico de cinema, Andrés Castro. Un filme para cabilar sobre unha pequena caixa de comida através da cal o director afonda na realidade social e laboral da India.
Título: Dabba Ano: 2013 Duración: 104 min. Coprodución: India, Francia e Alemaña Director: Ritesh Batra Guión: Ritesh Batra Fotografía: Michael Simmonds Música: Max Richter Reparto: Irrfan Khan, Nimrat Kaur, Nawazuddin Siddique, Denzil Smith, Lillete Dubey, Nakul Vaid SINOPSEO Dabbawalas, servizo de comida a domicilio de Bombai subministra cada día centos de caixas de comida a diferentes traballadores da cidade, xa sexa por encargo a restaurantes da zona ou de amas de casa que lle fan a comida aos seus maridos. Pero un día equivócanse e a comida preparada con mimo por Ila (Nimrat Kaur) para o seu marido vai parar a Fernandes (Irrfan Khan), un contable viúvo que queda impresionado polo delicioso da agradable confusión. Comezan entón a intercambiar notas en cada pedido, estreitando lazos e confidencias das súas respectivas vidas. CRÍTICANon é habitual ver cinema hindú nas salas do noso país. Chegan poucas ou ningunha. Pero é de agradecer que haxa distribuidoras, coma Vértigo Films, que si apostan por cinema diferente ao de sempre. Iso si, soe pasar que acaban proxectándose en contadas salas ou só en cinemas que arriscan con películas que están fóra do circuíto convencional. Un oasis no medio do deserto. "The Lunchbox" é un claro exemplo de que os distribuidores deberían abrirse máis á chegada de todo tipo de cinema. Unha película que nos traslada á India, un país con sentimentos profundamente modernos que trata de convivir coas tradicións máis arraigadas. As reflexivas personaxes que se nos presentan albergan esa dicotomía entre o pasado e o que queren facer co seu futuro. A historia transcorre na capital hindú entorno a un sistema de entrega de comidas chamado dabbawalas que leva funcionando durante décadas sen fallo algún nunha cidade cuns 20 millóns de habitantes. Un sistema que, a pesar de seren rudimentario, é tan lendario que a propia Universidade de Harward acudiu a investigalo in situ e chegou a conclusión de que non podía ter fallo. Pero o que nunca pode pasar, as veces pasa. E pásalle a Ila, unha entregada ama de casa que lle prepara en pequenas caixas deliciosas comidas ao seu abnegado marido, que apenas para na casa, para que os mensaxeiros lla leven á oficina onde traballa. Pero seu envío cae nas mans de Fernandes, un viúvo oficinista que queda encantado pola deliciosa confusión xa que a comida é a mellor que probou na vida. O enredo está servido e xa vos podedes imaxinar que a cousa vai ir a máis. As inofensivas notas que se intercambian inicialmente acaba sendo unha agardada correspondencia de dous confidentes que precisan expresar os seus sentimentos. O que podería ser unha película melindrosa é máis un análise a conciencia sobre a necesidade humana de comunicarse; sobre a soidade nunha sociedade na que falla de comunicación e cada un vai ao seu. No fondo non tan lonxe do que acontece por estes lares. Tamén hai cabida para tocar o tema da pobreza, as terribles condicións de traballo, a lei de dependencia e a amizade. Na India hai quen sobrevive apenas cun plátano ao día (cousa que contrasta coa opulencia das caixas de comida), as xornadas de traballo son de sol a sol con apenas tempo libre para estar coa familia ou ter tempo de lecer (preto do escravismo e que crea numerosos problemas conxugais) e tampouco hai axudas para a dependencia e as mulleres acaban converténdose en escravas dos seus maridos encamados e inútiles (moi significativa a escena na que morre o pai de Ila e a nai se confesa). A Federación de Cinema da India non elixiu este filme para representar o seu país na pasada edición dos Óscar, xa que a consideraba pouco apta e demasiado controvertida Con esas premisas non é de estrañar que a Federación de Cinema da India non elixira este filme para representar ao seu país na pasada edición dos Óscar, xa que a consideraba pouco apta e demasiado controvertida. Non gustou que amosara esa parte incómoda do seu país ao mundo, temas que Bollywood non soe tocar. Reacción algo exaxerada desde o punto de vista occidental xa que trata estes temas case coma meros apuntes, pero claro, a comunidade hindú é moito máis sensible neste aspecto. Porén non todo é crítica social e tamén hai tempo para a amizade nunha divertida historia secundaria entre o protagonista e un entrañable bolseiro que quere aprender o oficio de contable. O protagonista é estrela internacional, e toda unha celebridade no seu país, Irrfan Khan ("A vida de Pi", "Slumdog Millonaire") que tamén coproduce xunto co guionista e director bosnio Danis Tanovic ("L'enfer", "A muller do chatarreiro"), a priori toda unha garantía. Supón o debut no largo de Ritesh Batra tras desafogarse no campo das curtametraxes. Un excelente debut para un director a ter moi en conta desde agora e que auguro, nun futuro próximo, será fichado por outras filmografías ávidas de novos puntos de vista (léase Hollywood). Aporta unha visión que logra transmitir emocións. Configura as personaxes a través da a relación cos diversos lugares comúns da vida diaria (a oficina, o tren, a cociña…) que, xunto cun xogo de cores premeditado, vai creando un calidoscopio polo que o espectador vai descubrindo ás respectivas personalidades dos protagonistas. Película para cinéfilos gourmets que é mellor non ver co estómago baleiro. Unha delicia para quen queira gozar cunha historia sobre as segundas oportunidades: "ás veces o tren equivocado lévanos á estación desexada". Como a vida mesma vamos…
PRAZA_13278
Abrente-Esquerda Democrática Galega anuncia que o deputado e ex portavoz asumirá a secretaría executiva do colectivo, que bota a andar este sábado
Incógnita resolta. Un dos principais interrogantes que quedou sobre a mesa tras a reestruturación do mapa interno do BNG pola marcha do Encontro Irmandiño e Máis Galiza era o papel que xogaría o ata ese momento voceiro parlamentario, Carlos Aymerich. O que fora líder de +G xa anunciara daquela que os membros da corrente que decidiran ficar no Bloque se organizarían de novo e así o farán, como ten informado este diario, a través da nova corrente Abrente-Esquerda Democrática Galega. Pero restaba saber se Aymerich se poría de novo á fronte ou optaría por manterse nun segundo plano. Finalmente, chegou a decisión e o deputado será o líder do novo grupo. Abrente vén de confirmar que, na súa constitución do vindeiro sábado 9 de xuño, a "xestora de militantes" de Abrente nomeará a Aymerich "secretario executivo da formación". Isto acontece, segundo confirman fontes nacionalistas, despois de que o deputado recibise numerosas mostras de apoio dentro do propio grupo, no que varios membros destacados "lle pediron" que fose o "referente" desta nova andaina. Sobre esta base Aymerich asumirá o novo cargo coa premisa de que "non se trata de dar unha batalla", senón de "achegar propostas" dentro do BNG "para chegar mellor á cidadanía e facer" da formación frontista "a forza hexemónica e maioritaria", salienta. Neste sentido, coida que a posta en marcha de Abrente "non é o final, senón o inicio" dunha "expectativa de cara á reconstrución da pluralidade" no Bloque. "Traballaremos para recuperar a unidade do nacionalismo", sinalan dende Abrente Neste sentido, como adiantou Praza os textos que se debaterán na conferencia fundacional do colectivo sinalan que a formación frontista "pode e debe ser a casa común dos e das nacionalistas" e por iso, din, "traballaremos para recuperar, no seu seo, a unidade do nacionalismo". Por ese mesmo motivo dende Abrente explican que a "vocación" coa que nacen é "de permanencia" na actividade interna do BNG, onde defenderán "piares básicos" como un "modelo social e económico" de "solidariedade e combate das discriminacións" ou a "existencia dun sector público eficaz que poida intervir para mellorar a eficiencia dos recursos". Nese sector, subliñan, inclúen a "creación dunha banca pública galega", como vén defendendo o Bloque nos últimos meses. Estes e outros aspectos son os que se tratarán nunha conferencia constituínte que culmina o proceso iniciado o pasado 14 de abril por unha xestora na que, ademais do propio Aymerich, se atopa a vicevoceira parlamentaria do BNG, Ana Luisa Bouza, membros do Consello Nacional como Camilo Nogueira, María Alonso e Xesús Veiga, o deputado provincial ourensán Luís Seara, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o rexedor de Bueu, Félix Juncal, ademais doutros representantes do mundo municipal, entre outros. "Tamén poderán participar todos os militantes do BNG que queiran compartir a idea dun na cionalismo de esquerda democrática e cunha clara vocación unitaria", engaden.
NOS_52206
Presos políticos privados de liberdade desde finais de 2017. Cargos gravísimos (rebelión, sedición, malversación de fondos) sen probas. Un código penal que exixe alzamento violento para calificar un acto de rebelión. Tres coches da garda civil machucados por todo balance. O proceso ao procés ficou esta cuarta feira visto para sentenza, prevista para outono. Un xuízo político que preanuncia unha resolución condenatoria. Un conflito que non vai achar solución na area xudicial. E unha conclusión: "O mellor para todos é devolver a cuestión á política". Palabra de Oriol Junqueras.
4 meses de xuízo. 422 testemuños. O foco posto nos acontecimentos que desembocaron no referendo de 1 de outubro de 2017 e na declaración unilateral de independencia proclamada polo Parlament o 27 dese mesmo mes. 12 persoas acusadas, entre elas o ex vicepresident da Generalitat, Oriol Junqueras, a ex presidenta do Parlament, Carme Forcadell; e os líderes cívicos Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, presidentes da Asamblea Nacional Catalana e Ómnium Cultural, respectivamente. Cargos contra eles de rebelión (ilícito penal que pode comportar penas de até 25 anos de prisión), sedición e malversación de fondos. Delitos perfectamente descritos no código penal sen encaixe fácil cos feitos tidos como probados pola sala do penal do Tribunal Supremo, no mínimo iso é o que pensa a maior parte das e dos xuristas independentes. Unha lectura rigorosa e obxectiva do desenvolvimento do xuízo permite afirmar que a fiscalía non achegou material probatorio que sosteña as súas graves acusacións (até figuras do establishment xornalístico español como Iñaki Gabilondo ve o asunto moi "collido polos pelos"). O alegato a favor da existencia de rebelión feito polo Ministerio Público carece de sustancia. Nun estado de dereito non se poden confundir os actos vandálicos(danos en vehículos da garda civil, rabuñazos a policías no contexto de cargas contra civís indefensos) co alzamento violento, condición sine qua non de acordo co código penal español para falar de rebelión. Canto á convocatoria do referendo de autodeterminación, esa acción foi deliberadamente despenalizada polo lexislador na reforma do código penal de 2005, 12 anos antes de o Govern do agora exiliado Carles Puigdemont chamar ás urnas. Nun estado de dereito non se poden confundir os actos vandálicos(danos en vehículos da garda civil, rabuñazos a policías no contexto de cargas contra civís indefensos) co alzamento violento É tan evidente a falta de fundamentación do delito de rebelión que a Avogacía do Estado, a voz do Goberno Sánchez no xuízo, optou por non presentar este cargo contra os acusados, aos que só imputaría o ilícito de sedición, con menos carga punitiva (15 anos no máximo). Mais tampouco parece que os feitos podan ser calificados como accións sediciosas, pois non existe por ningures o alzamento "tumultuario" e, desde logo, de existir este tampouco podería ser atribuído ás persoas acusadas. Entón? Entón teriamos como moito un delito de desobediencia á autoridade, castigado con penas de seis meses a un ano de prisión (ao tratárense de persoas sen antecedentes ningún dos acusados tería que ir ao cárcere) e a imposición dunha multa. Si podemos rastrexar na actuación dos líderes políticos independentistas resistencia a desobedecer instrucións de órganos estatais, mais deste ilícito curiosamente non foron acusados, o que claramente reforza a impresión de que o xuízo é puramente político. Teriamos como moito un delito de desobediencia á autoridade, castigado con penas de seis meses a un ano de prisión (ao tratárense de persoas sen antecedentes ningún dos acusados tería que ir ao cárcere) e a imposición dunha multa O paradoxo é que, sendo vítimas dun xuízo político, os presos independentistas fixeron unha chamada á política na súa última quenda de defensa, xa no acto de clausura da vista oral. "Votar e defender a República desde un Parlamento non pode constituír delito", dixo no seu descargo Oriol Junqueras. "A vontade de diálogo, de negociación e acordo, desde o respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais, xamais debería ser un delito", alegou. "Calquera político, como calquera persoa, comete erros, mais sempre evitei a má política que nega o diálogo, a negociación e o acordo, e que, entendo, lles ten traspasado a vostedes a responsabilidade de ditar sentenza. Creo sinceramente que o mellor para todos, para Catalunya, para España, para Europa, para todos, sería devolver a cuestión á política, á boa política, de onde nunca debería ter saído. Devolver o asunto ao terreno do diálogo, a negociación e o acordo", acrecentou Junqueras. Ben, todo indica que a sentenza será política, mais non da boa política á que apela o líder independentista. E, despois de a resolución xudicial ser ditada, o conflito continuará nas mesmas, e talvez empeorado,
NOS_44055
Aseguraba que compor a música do filme Zorba o grego prexudicara a súa carreira, porque se fixera tan famosa que o mundo acabou por ignorar o resto da súa obra.
Sempre repetía que compor a música de Zorba o grego prexudicara a súa carreira, porque se fixera tan famosa que o mundo acabou por ignorar o resto da súa obra. Mais o contrario tamén podería ser certo e existe unha anécdota -tamén contada por el- que ilustra esa posibilidade. Nunha ocasión, paseaba pola montaña dunha pequena vila grega e un vello campesiño que viaxaba en burro e que non o recoñeceu -mais que axiña distinguiu a súa fasquía de persoa "de cidade"-, preguntoulle onde podería adquirir o disco "da nova obra de Theodorakis, Axion Esti". A posibilidade de que un campesiño se interesase pola súa música, sen dúbida, fixo as delicias dun compositor que, como marxista, aspiraba a que as súas obras chegasen de igual forma ás elites e ás clases populares. Mais é certo que a copiosa obra de Theodorakis quedou relegada a un segundo plano non só pola celebridade da música para Zorba o grego: non era frecuente, na altura, que un compositor formado con Olivier Messiaen e que iniciou unha carreira internacional cun encargo, en 1958, para o Royal Opera House de Covent Garden dese o inopinado paso de comezar a investigar na música popular para buzuki do seu país e comezase a empregalo como base para as súas composicións. O serio e o popular non se mesturaban. Theodorakis aceptou o reto e desafiou os círculos intelectuais de Grecia cunha adaptación dun poema de Yannis Ritsos que incluía non so música popular para buzuki, senón tamén a intervención dun coñecido cantante de cabaré. O compromiso do músico, sen dúbida, foi o motor que o impulsou a enfrontar ese estigma, igual que foi o que lle deu a forza para continuar as súas actividades políticas despois de pasar, durante a guerra civil grega, polos campos de concentración do Exeo e, logo, tras o golpe de estado dos "coroneis", polos cárceres da capital. A decisión de participar activamente no desenvolvemento político de Grecia incluía intervir na vida cultural en favor do popular. O resultado foi unha expresión de cultura pioneira en Europa, cunha dimensión artística que respondía a aquel anhelo de conxugar o académico e o popular. A súa obra presenta tantas caras como as súas tomas de postura políticas. As obras vocais baseadas en poetas como Elytis, Ritsos, Neruda ou Brendan Behan poden perfectamente situarse a carón das mellores obras do xénero. As óperas que compuxo -Medea, Electra, Antígona- sitúanse no ronsel do belcantismo italiano, do protagonismo da melodía sobre a orquestración. Os seus ballets afástanse da ortodoxia para propiciar o protagonismo do coro (das "masas" que habitualmente permanecen en segunda fila)... A súa é unha música que responde ás esixencias do canon occidental, mais pasado pola peneira do folclore do seu país. En moitos sentidos, está todo por recuperar dunha obra que explorou sempre novos camiños. A súa inmersión na música da igrexa ortodoxa, por exemplo, emparenta algunhas das súas obras coas de Arvo Pärt, aínda que despoxado do misticismo deste último. Na Galiza sempre o lembraremos presentado por Francisco Carballo, como presidente da Asociación Cultural de Vigo, no Pavillón das Travesas de Vigo. Presentaba a súa versión do Canto General de Pablo Neruda -con quen mantiña unha grande amizade- e resulta difícil esquecer a cantante proclamando que era el crepúsculo de la iguana.
PRAZA_17544
O Tribunal Superior non ve "comprensible" que a Consellería de Medio Ambiente "non respectase o trámite de audiencia" ao Concello de Pontevedra no proceso, o que situou a resolución "incursa en causa de nulidade radical". A finais deste xullo de 2018 caduca a concesión da cloreira, cuxa prórroga está nas mans do Goberno central HEMEROTECA | A Xunta prorroga un ano a autorización ambiental de Elnosa en Pontevedra
HEMEROTECA | A Xunta prorroga un ano a autorización ambiental de Elnosa en Pontevedra O 22 de agosto de 2016 a daquela Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, ditou unha resolución para "modificar o prazo de vixencia da autorización ambiental integrada" de Electroquímica del Noroeste (Elnosa). Permitía así á factoría seguir desenvolvendo a súa actividade á beira da ría de Pontevedra un ano máis, ata finais de 2017, e evitaba que tivese que facelo o 31 de decembro dese mesmo ano. A decisión, adoptada a apenas un mes das eleccións galegas, pasou desapercibida naquela campaña electoral e non transcendeu ata dous días despois dos comicios, o 27 de setembro, cando o Concello de Pontevedra alertou de que o departamento que dirixe Beatriz Mato tomara a decisión "pasando por riba do Concello", o que era sinónimo de "saltar a lei". O Concello formulou un requerimento formal con esta alerta e se a Consellería non recuaba, advertira o voceiro do goberno local, Raimundo González (BNG), acudiría aos aos tribunais. Así o fixo e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de sentenciar que a Xunta obviou a normativa. A Xunta de Goberno local do consistorio pontevedrés tivo esta semana sobre a mesa a sentenza na que a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do TSXG ve "evidente" a "falta de coherencia por parte da administración ambiental da Xunta", porque "non resulta comprensible que non se respecte o trámite da audiencia da Administración municipal" e só se lle "notifique a resolución". Isto é, o Goberno galego tiña a obriga legal de consultar formalmente co Concello antes de decidir se concedía ou non a prórroga a Elnosa. "Non resulta comprensible que non se respecte o trámite de audiencia" ao Concello de Pontevedra, di o TSXG, que ve a resolución "incursa en causa de nulidade radical" Pero máis aínda, porque o Concello non foi o único prexudicado. A Xunta tamén ignorou, segundo a sentenza, "os trámites de información pública e de alegacións e audiencia" no seu conxunto, un trámite de obrigado cumprimento para que veciñanza ou outros colectivos atinxidos puidesen coñecer o proxecto e alegar se consideraban que podían estar afectados por el. Esa ausencia de consultas "determina que a resolución ditada resulta incursa en causa de nulidade radical" segundo a lei de procedemento administrativo vixente nese momento. Por este motivo, resume a Asesoría Xurídica do Concello pontevedrés, "a sentenza estima o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontevedra e decreta a nulidade da resolución autonómica impugnada". Outra prórroga á espera da decisión sobre a caducidade A prórroga dun ano concedida pola Xunta a Elnosa obviando os trámites legais, segundo o TSXG, produciuse un ano antes de que a propia Consellería de Medio Ambiente anunciase, nos últimos días de 2017, que viña de "conceder a autorización ambiental a Elnosa para que poida iniciar o seu proxecto de reconversión en Pontevedra", isto é, para cambiar a súa tecnoloxía e non seguir utilizando mercurio na produción de cloro, procedemento prohibido poa Unión Europea. Neste caso a Consellería si cumpriu co trámite de audiencia ao Concello, que pola súa banda xa anunciara que se dispuña a empregar todas as vías legais ao seu alcance para tentar revogar a decisión. O 29 de xullo deste 2018 caduca a concesión de Elnosa e a prórroga está nas mans do novo Goberno central; Feijóo chegou a prometer o peche como mostra "de que cumprimos con Pontevedra" O pano de fondo de todos estes procedementos é a inminente caducidade da concesión que permite a Elnosa permanecer á beira da ría de Pontevedra, dentro do complexo industrial que comparte coa Ence. É, concretamente, o 29 de xullo deste mes de xullo de 2018 cando expira un prazo que agora está nas mans do novo Goberno central encabezado polo PSOE, como lembrou nas últimas asemanas a Asociación pola Defensa da Ría (APDR), instando a Pedro Sánchez por carta a non repetir o acontecido en 2016, cando o gabinete de Rajoy deu luz verde á prórroga á pasteira. Como no caso de Ence, o traslado de Elnosa foi tamén prometido por diversos dirixentes políticos, tamén polo gobenro de Alberto Núñez Feijóo. Así, por exemplo, o 9 de decembro de 2011 o daquela conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, aseguraba que viña de "iniciarse a conta atrás para o peche definitivo de Elnosa na ría de Pontevedra, que terá lugar o 6 de xaneiro de 2014" de xeito "innegociable" e "improrrogable". Ese peche, agregaba Feijóo en decembro do mesmo ano, era "unha mostra de que cumprimos con Pontevedra". No entanto, en 2013 a Xunta acordou que a cloreira puidese seguir na ría ata 2017 e nos últimos meses manifestou a súa esperanza en que o prazo de 2018 tamén poida ser superado.
NOS_53699
O aceso á vivenda é un luxo para moitos galegos. Mentres incrementa o prezo da vivenda en aluguer ou propiedade nuns niveis superiores á media do Estado, a Galiza conta con máis de 330.000 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas. 1.756 deles son propiedade do Estado.
A vivenda tense convertido nun dos principais problemas para boa parte da poboación galega. Os datos fornecidos pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegeim) sinalan que 38% das familias galegas destinan de media ao pagamento dos alugueres máis de 25% dos seus ingresos e, delas, 18% déixanse no arrendamento a metade dos mesmos. Unha situación análoga acontece coa renda dedicada á compra da primeira vivenda, que segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) representa 39% dos ingresos de 46% das familias e máis da metade de 27% delas. A suba do aluguer A alza do mercado do aluguer non dá tregua nos últimos cinco anos. A este respecto o Observatorio da Vivenda da Galiza do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta da Galiza avanza que entre xaneiro de 2017 e xaneiro de 2022 o prezo do aluguer ten aumentado no conxunto do país en 16,2%. Pola súa parte, para estes últimos cinco anos o portal inmobiliario Fotocasa rexistra unha alza de 20,4%. Porén, os incrementos son moito máis elevados nas sete cidades e nas súas áreas metropolitanas así como naquelas zonas máis turísticas. Así, por exemplo, Lugo é a cidade do Estado onde máis ten subido o prezo do aluguer desde 2017 cun medre de 26%, rexistrándose unha suba na Coruña de 22,6% e en Vigo de 21,2%. A taxa de pisos públicos en aluguer no Estado sextuplica a da Galiza A vivenda en propiedade O custo da vivenda en propiedade ten medrado nos últimos cinco anos na Galiza por riba da media do Estado. Neste sentido, a principal sociedade estatal de taxación, Tinsa, sinala que en 2021 o prezo subiu en 10,3%, só rexistrado cifras máis elevadas Euskadi, con 14,3%; Illes Balears, con 12,2%; e Madrid, con 11,3%. Neste sentido, indica que Lugo é a provincia do Estado español con maior aumento no valor dos seus inmóbeis, até sumar nese exercicio unha alza de 19,1%. Asemade, a mesma entidade certifica para o primeiro trimestre do ano 2022 un crecemento de 4,1%, adiantando unha tendencia alcista para esta nova anualidade. 300.000 vivendas baleiras O incremento das vivendas de uso turístico está introducindo unha importante tensión no mercado inmobiliario. Tanto é así que, naquelas localidades máis turísticas, o aluguer limítase con cada vez máis frecuencia ao período estival, até o punto de que atopar unha residencia para todo o ano xa é practicamente imposíbel en moitos concellos da costa galega, nomeadamente do Salnés, A Mariña ou O Barbanza. Neste sentido, os rexistros da Xunta indican que en maio de 2017 a Galiza dispuña de 542 vivendas turísticas, chegando cinco anos máis tarde a 14.068, denunciando a propia Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) que 1.200 familias "viábeis e solventes economicamente" están en "lista de agrada" para conseguir un alugueiro de todo un ano. Feixoo construíu desde 2010 a metade de vivendas protexidas que o bipartito A suba dos prezos da vivenda e a ausencia de vivendas para alugar contrasta co elevado número de inmóbeis baleiros. Segundo un informe elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, a Galiza é o territorio do Estado coa maior porcentaxe de casas e pisos desocupados, até sumar 330.000 inmóbeis baleiros para un parque de 1,6 millóns de vivendas rexistradas, o que significa 20,6% do parque total e cinco puntos por riba da media estatal, de 13,7%. A porcentaxe máis elevada de vivendas desocupadas concéntrase nos núcleos de poboación de menos de 20.000 habitantes, coas comarcas coruñesas acumulando 125.000 vivendas baleiras, as da demarcación provincial de Pontevedra 85.000, as de Ourense 65.000 e as de Lugo 55.000. As cifras da Sareb A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), cuxa titularidade corresponde ao Goberno do Estado, é propietaria de 1.756 vivendas baleiras que están listas para habitar na Galiza. A entidade pública conta ademais con outras 1.727 vivendas actualmente en execución, 489 baixos comerciais, 1.884 garaxes e 2.678 solos, cuxa metade son de natureza urbana e, por conseguinte, útiles para súa transformación nun uso residencial. Tres de cada catro vivendas certificadas teñen baixa eficiencia enerxética O banco malo A Sareb, popularmente coñecida como 'banco malo', foi un instrumento chave para o rescate da banca con diñeiro público após a crise de 2008, impulsado polo ministro de Economía de Mariano Raxoi, Luis de Guindos, conforme as directrices da UE. Actualmente a Sareb é titular de miles de vivendas procedentes dese rescate pagado pola cidadanía.
NOS_10124
Aproveitamos os produtos do inverno para consumirmos de modo sostíbel.
Aínda que o inverno sexa unha época na que a natureza está durmida por causa do frío e temos menos froitos, hai unha chea de produtos de temporada que podemos aproveitar. Da horta Na horta durante a época de frío viven o seu esplendor as alcachofas, os porros, as espinacas e toda a familia das coles, como a coliflor, o repolo, o brócoli e tamén os grelos, tan populares no noso país. Todas estas verduriñas son ideais para elaborar cremas ou caldos que tan ben veñen para entrar en calor durante o inverno. Déixovos algunhas ideas máis para que gocedes delas. As alcachofas podemos consumilas crúas, asadas ou cocidas. O xeito máis sinxelo de cociñalas é asándoas, para isto cortámoslles o talo, adobámolas con sal, pementa e aceite e metemos no forno durante unha hora máis ou menos. Tamén podemos cocelas ou saltealas xunto cos ingredientes que máis gostemos, por exemplo con taquiños de xamón e nata. Sexa da forma que sexa, como primeiro prato ou como acompañante para calquera carne ou peixe son estupendas. Os porros son xeniais para todo tipo de cremas, pero hai dous pratos nos que son realmente protagonistas. O primeiro é a porrusalda, un caldo de porro de orixe vasco que leva tamén patacas, cenorias e ás veces tamén bacallau. O segundo é a vichyssoise, unha sopa de sona internacional e que provén dunha receita tradicional francesa. Pódese tomar fría ou quente e elabórase con porros, patacas, caldo de polo e nata ou leite evaporado. Cocíñase ben todo e logo tritúrase para dar lugar a unha crema fina. Na Galiza o máis común é comer os grelos no cocido ou con lacón, pero temos mil maneiras de desfrutalos: en croquetas, na pizza ou incluso como recheo dunha lasaña. A miña proposta é unha lasaña vexetariana feita a base de grelos e cabaza asada. As espinacas ao igual que os grelos son un vexetal moi versátil, pero son moito máis sinxelas de cociñar, podemos comelas incluso crúas. En sopas ou cremas están xenial, mesturadas con queixo para facer mollo para a pasta ou en revoltos tamén son estupendas. Só temos que botalas nunha tixola cun chisco de aceite e outros ingredientes para gozar delas. Combinan especialmente ben con froitos secos e tamén con legumes como lentellas ou garavanzos. Os garavanzos con espinacas son unha receita tradicional de Andalucía. Para preparalos salteamos as espinacas frescas nun pouco aceite con allo, engadimos pemento moído e cando estean case feitas botamos os garavanzos cocidos e seguimos salteando uns minutos máis. Verduras como a coliflor ou o brócoli tendemos só a comelas cocidas, pero por exemplo se as relamos podemos facer cuscús con elas ou mesmo a base dunha pizza. Outra alternativa igual de vistosa e moi saborosa é asala no forno acompañada con queixo e especias como o curry. Do mar Ao igual que cos produtos da horta, tamén temos que apostar nun consumo sostíbel de peixes e mariscos. Ademais de consumir produtos de proximidade e que foran pescados con artes respectuosas tamén é importante mercar peixe de temporada. Nesta época atoparemos na peixaría bivalvos como a ameixa ou os mexillóns, ou peixes como o ollomol, a xarda, a dourada, a pescada, a sardiña ou o sargo. Tamén estamos no tempo de consumir o polbo e os chocos. Hai milleiros de xeitos de cociñar estes peixes e mariscos: guisos como o marmitako de atún, en mollo verde como as ameixas ou a pescada e ao vapor con limón como os mexillóns. Unha das maneiras máis sinxelas e que mellor resultado dá ao cociñar o peixe é ao forno. Só precisamos facer unha cama de patacas e cebola e colocar o peixe salpementado sobre ela cun chorriño de limón por enriba. Metémolo no forno o tempo que precise e cando remate teremos un manxar. Os máis doces Algunhas das froitas que se resisten ao inverno son os cítricos, como os limóns, as laranxas ou as mandarinas. Son coñecidos por ser unha gran fonte de vitamina C e outros nutrientes moi beneficiosos para a nosa saúde. Co dobre de vitamina C que unha laranxa pero máis famoso pola fibra que nos aporta temos o kiwi, que tamén está de temporada nesta época do ano. Esta froita dáse moi ben no noso país, e en poucos anos a Galiza converteuse con gran diferenza no maior produtor do Estado. O plátano a diferencia das anteriores recóllese todo o ano pero é necesario importalo, a maioría dos plátanos que consumimos veñen das Illas Canarias. As froitas son moi recorrentes na repostaría, unha das sobremesas máis sinxelas con froitas é unha tortaleta. Faise cunha base de masa follada e con crema pasteleira por enriba. Agora só temos que colocar por enriba as froitas de temporada das que máis gostemos cortadas en anacos, neste caso eu acompañeina de mandarina, plátano e kiwi. Outra preparación que tamén podemos facer con plátanos é o famoso banana bread ou pan de plátano, un biscoito ao que se lle engade a froita á masa e que é estupendo para aproveitar os que se poñen feos no froiteiro, podemos engadirlle anacos de chocolate tamén para acabar de gozalo. Este é un resumo dos produtos de temporada que temos durante o inverno. Consumindo conscientemente ademais de reducir o impacto ambiental que supón o transporte desde a outra punta do planeta, obtemos un maior sabor e polo xeral tamén un prezo menor. Deste modo todos e todas saímos gañando!
NOS_27868
As transportistas formaron barricadas nas glorietas de acceso a porto exterior de Caneliñas a primeira hora da mañá.
Os e as transportistas que moven o carbón da central térmica das Pontes cortaron esta segunda feira o tráfico nas inmediacións do porto exterior ferrolán de Caneliñas, formando dúas barricadas con pneumáticos en chamas, unha por sentido, na glorieta que dá acceso ás instalacións. Até o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local de Ferrol, que foi a encargada de indicar os itinerarios alternativos. A protesta das traballadoras prodúcese apenas uns días despois de que Endesa dese a coñecer a súa intención de cesar a produción con carbón no ano 2022, e o mesmo día no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto reunirse co grupo de traballo por unha transición xusta, formado por partidos políticos con representación no Concello das Pontes, sindicatos, comité de empresa, empresarios, comerciantes e transportistas do carbón.
NOS_10139
Xabier Cid é un xestor de proxectos dixitais que tivo diversos empregos, entre eles, o de repartidor de comida a domicilio en Glasgow (Escocia), unha experiencia que agora relata en 10.000 millas de andar na bici. Cid fala das condicións do traballo e da literatura nun contexto medioambiental no que, como el di, "estamos chegando aos límites de crecemento e das nosas posibilidades de mobilidade e de alimento".
—Canto hai da súa experiencia en 10.000 millas de andar na bici?É unha autoficción, todo é verdadeiro. Hai cinco partes: o traballo, a paisaxe, a comida, a bicicleta e o esforzo e a illa. No que respecta á illa é a parte máis política porque a historia sucede durante o Brexit e invoco as miñas reflexións como repartidor sobre o que sucede no país. Con todo, o que sucedeu nos últimos anos no Reino Unido non é alleo ao que sucede en Rusia, nos Estados Unidos ou noutros lugares. —E a parte do traballo non é política?Falo das condicións laborais, mais non é un libro de denuncia porque eu no fondo creo que son, non sei se dicir boas, pero si axeitadas ao traballo que se fai. Alén, os repartidores non teñen unha soa voz: hai asociacións que queren estabilidade, facelo máis parecido a un emprego, con vacacións e soldo; e hai outra parte que quere un horario flexíbel e poder combinalo con estudos, coidados e outros traballos, é dicir, facelo máis similar aos autónomos. —A protagonista pedalea por unha illa que se derruba. É un derrubamento real ou metafórico?Ambas. Real porque a decadencia e a perda de condicións de vida para os migrantes no Reino Unido foron importantes, así como o avance do populismo. Mais tamén hai unha parte metafórica: estamos chegando aos límites de crecemento e das nosas posibilidades de mobilidade e de alimento. Ao fin e ao cabo, este é un traballo de transporte e de comida, dúas cousas afectadas polo tema grande, gordo e terríbel do cambio climático e desde esa perspectiva ecolóxica tamén é unha illa que se derruba. —É unha experiencia súa, pero a historia está contada en feminino.Non porque a protagonista sexa muller, senón porque considerei que debía facelo así. Son un señor xa cunha idade e branco, este libro nunca debeu suceder: xa falamos moito, xa escribimos moito, non era necesario máis. Por unha casualidade ou coincidencia ao final escribín isto e esta é a miña forma de evidenciar que hai unha cuestión de xénero moito máis importante que o que conta o libro. Tamén hai unha reflexión na primeira parte, xa que este é un traballo feito maioritariamente por homes. Con todo, é un traballo de coidados, que son menos visíbeis, menos presentes e menos importantes porque foron realizados tradicionalmente por mulleres. Un dos elementos que máis me chocaron cando fixen este traballo é darme de conta de que estaba realizando un labor invisíbel. —Cre que falta literatura sobre o traballo?Non me corresponde dicir como debe ser o mundo, pero si me parece que nalgúns contextos, e especialmente o galego, hai escaseza dela. Non só sobre as reivindicacións laborais ou a loita sindical, senón sobre como se fan as cousas. Hai un libro de poesía de Anxo Angueira que me gusta moito, O valo de Manselle, e que conta a historia de construción dun muro comunal, sendo unha obra sobre o esforzo e a cooperación. Temos unha literatura onde hai moitos mestres e empregados públicos e esa reflexión sobre o traballo parece que non se deu, ou que estaría moi vinculada a un sector concreto. Se tivésemos máis persoas que traballasen en máis sectores, ao mellor, e só ao mellor, teríamos unha literatura máis plural. —Ten algún outro libro na recámara?Non. Escribín tres cousas na miña vida: as dúas primeiras para premios porque quería os cartos e esta é a única cousa que escribín porque tiña un interese por dicir algo, a pesar de que creo que non debo dicilo, pero teño esa contradición que non son quen de resolver eu mesmo. O que teño que facer é escoitar e ler.
NOS_4526
As mareas municipalistas non afectas ao villarismo víronse este sábado en Ferrol, cidade que non vive o mellor momento da 'unidade popular' precisamente. A cimeira —cunha participación de por volta de 150 persoas— saldouse cunha acusación á coordenadora de En Marea, o grupo dirixente liderado por Luís Villares. A de que está detrás da criación de Marea de Ferrol, unha escisión da 'unidade popular' que podería competir con Ferrol en Común nas municipais 2019. No encontro non estivo presente Xulio Ferreiro, o líder da Marea Atlántica.
O III Encontro Municipalista reuniu por volta de 150 persoas en representación de 25 marés, lideradas polas urbanas (Compostela, Ferrol e A Coruña). Destacou a ausencia do alcalde da Coruña, o que aínda reforza máis o perfil de Martiño Noriega como líder nacional de facto do agrupamento de forzas contrarias ás teses villaristas dentro do espazo da confluencia. A unidade popular continúa a ser o mantra dos críticos, mais se hai algunha praza en que esta se debruza sobre o abismo esa é Ferrol. Non só pola aparición de Marea de Ferrol, unha sorte de escisión apadriñada por membros da coordenadora de En Marea —da que fai parte Esther Leira, edil non adscrita e expulsada no seu momento de Ferrol en Común—, senón tamén porque foi na cidade departamental onde se apresentou este sábado un novo espazo da autodenominada como esquerda rupturista, Xuntos Actúa, o partido que no estado dirixen Baltasar Garzón e Gaspar Llamazares e que nos seus inicios se nutre na Galiza de antigos militantes de Podemos, Esquerda Unida e a propia Ferrol en Común. As fendas na confluencia preocupan, e moito a Jorge Suárez, alcalde de Ferrol. Tanto que nas conclusións deste III Encontro Municipalista deslízanse críticas á dirección de En Marea pola súa "inxerencia" ao ter promovido a aparición dunha nova formación política —Marea de Ferrol— que eventualmente competirá con Ferrol en Común, a marca que goberna a cidade desde 2015 e que as marés municipalistas consideran como o referente lexítimo do espazo da "unidade popular e de ruptura" na urbe departamental. Nun comunicado enviado aos meios, as marés agrupadas nesta cimeira entenden que o partido instrumental que dirixe Villares non debe "actuar como un instrumento de parte que dificulte os procesos de unidade popular no ámbito municipal". Carlos del Río, virtual candidato á alcaldía de Ferrol Ferrol en Común, a Marea de Ferrol... e agora Xuntos Actúa. A nova forza política está liderada en Ferrol polo ex presidente de Ferrol en Común, Carlos del Río, que se perfila como virtual candidato á alcaldía en 2019. Del Río abandonou a confluencia após deixar graves acusacións a Jorge Suárez, ao que responsabilizou da "destrución da esquerda" na cidade. Suárez pide unha "candidatura única" Perante este panorama de extrema atomización, Jorge Suárez defende que a esquerda rupturista se agrupe nunha candidatura única. "O idóneo para min é que haxa unha única candidatura de mudanza e de unidade popular arredor do que representa o conceito Marea, o conceito de transformación que temos desenvolvido durante estes anos", afirmou este sábado.
NOS_33712
Na petição, cidadãos dos EUA dizem que teriam orgulho de cumprir parte da pena a que o soldado venha a ser condenado, que pode chegar a 130 anos. "Ele fez-nos um favor e, como contrapartida, é minha vontade cumprir parte da sua sentença", dizem.
Mais de 2900 cidadãos dos Estados Unidos da América assinaram uma petição em que afirmam que se sentiriam honrados e teriam orgulho de servir parte da pena de cadeia a que o soldado venha a ser condenado. Apesar de ter sido absolvido do crime de ajuda ao inimigo, que é punido com prisão perpétua, Bradley Manning, pela soma dos restantes crimes de que foi considerado culpado, que incluem roubo e espionagem, pode ser ainda punido com uma condenação de até 130 anos de cadeia. Mas se a pena fosse dividida por todos os que se oferecem para ir para a prisão no lugar do soldado, daria pouco mais de um mês para cada um. A petição será dirigida ao Major General Jeffrey S. Buchanan, que vai rever a sentença depois que o juíz militar Coronel Denise Lind tomar a decisão sobre a pena. "É minha vontade cumprir parte da sua sentença" Os peticionários oferecem-se para cumprir pena, apesar de considerarem que Bradley Manning forneceu ao povo americano informação que o governo não forneceria, e por isso, "ele fez-nos um favor e, como contrapartida, é minha vontade cumprir parte da sua sentença". Entre os peticionários há jovens e mais idosos. Um deles, com 68 anos, propõe, "estritamente por motivos práticos, que os voluntários mais velhos vão primeiro. Para mim, seria um privilégio ir em primeiro lugar". "Um dia espero que o meu país não se envolva no massacre de civis, como foi mostrado nos filmes que ele divulgou. Ao fazê-lo, fez-nos a todos um favor", afirma outro peticionário. Todos sabem que a possibilidade de que seja permitido cumprirem a sentença em nome de Bradley Manning é nula, mas insistem em dizer que são absolutamente sinceros na sua disposição. Seja como for, pretendem demonstrar como valorizam a decisão do soldado de promover a fuga de informação, e acham que a petição pode cumprir um papel de pressão sobre os juízes que decidem a sentença e que vão rever o seu caso. Tirado de Esquerda.net
PRAZA_6621
As candidaturas cidadás da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Ames e Culleredo participan na xuntanza convocada pola Marea Atlántica para poñer en común experiencias e métodos de traballo
Ao longo de cinco horas de debate público e transmitido en directo a través da rede, representantes da Marea Atlántica, a Marea de Vigo, a Marea Ártabra, a Marea de Pontevedra, a Asemblea Cidadá de Compostela, Ames Novo, Ourense en Común e dunha iniciativa cidadá de Culleredo debateron e puxeron en común este sábado experiencias e metodoloxías de traballo. Na Casa da Fariña da cidade herculina as distintas iniciativas municipalistas describiron os procesos iniciados nas súas localidades, o traballo feito até o momento e o calendario máis inmediato, tanto aquelas candidaturas que teñen andado máis camiño, coma o caso da Marea Atlántica coruñesa, coma outras que veñen de iniciar o seu percorrido, coma a Marea Ártabra ferrolá (que celebrou este xoves a súa primeira xuntanza) ou a Asemblea Cidadá de Compostela, que se presentará publicamente nesta vindeira semana. A Marea Atlántica, anfitriona e convocante deste encontro, puxo en común a metodoloxía desenvolvida até o momento, un traballo iniciado antes do verán que lle permitiu celebrar varias asembleas xerais, e segmentar a súa actividade, con varios grupos de traballo (Relato e Análise, Comunicación, Mediación, Loxística, Financiamento e Legal e Apertura) e asembleas abertas temáticas (mobilidade, urbanismo, cultura, feminismo...) e de barrio. Tamén compartiu co resto dos grupos os debates e tomas de decisión realizadas xa por esta iniciativa pioneira en Galicia, tanto a nivel de fórmulas de financiamento, procedementos legais ou escollas de ferramentas tecnolóxicas. E adiantou a convocatoria nas vindeiras semanas dunha Marea Viva, un encontro cos movementos sociais da cidade. Nunha segunda sesión os distintos grupos debateron sobre a participación cidadá e a relación coas entidades e movementos sociais preexistentes, expoñendo as experiencias vividas até o momento por cada grupo no obxectivo de conectar coa cidadanía e facilitar a súa participación. Tamén se falou das distintas ferramentas comunicativas ao alcance das mareas, dende os métodos internos de traballo (a creación de grupos de traballo específicos de Comunicación que centralicen esta actividade) ás novas ferramentas en rede para a relación interna entre as persoas adheridas, e os distintos grupos de traballo e para a toma de decisión. Debateuse o estatus legal das candidaturas, os métodos posibles para a súa confección e a relación cos partidos políticos preexistentes Xa na sesión da tarde, as distintas iniciativas debateron distintos asuntos relacionados coa constitución de candidaturas para as eleccións municipais, o seu estatus legal, os métodos posibles para a súa confección e a relación cos partidos políticos preexistentes. Os distintos grupos analizaron as respectivas experiencias de cada un nos encontros mantidos con partidos políticos, uns encontros con resultados distintos, que van dende a desconfianza até apoio expreso e a aposta polas mareas como fórmula para concorrer aos comicios como agrupacións de electores. Dous aspectos centraron esta parte do debate: as fórmulas para evitar que as mareas sexan controladas ou fagocitadas polos partidos, e a diferenciación entre estruturas de partido e bases do partido nas críticas que dende as candidaturas cidadás se lles realizan a estas forzas. Tamén se debateu a necesidade de evitar situar as mareas no esquema esquerda-dereita, asumindo uns "aliñamientos existentes" que só benefician ao poder. Debatéronse tamén fórmulas de funcionamento das candidaturas, dende a convocatoria de primarias abertas, a limitación de mandatos até os mecanismos de revogación dos candidatos electos Debatéronse tamén fórmulas de funcionamento das candidaturas, dende a convocatoria de primarias abertas, a limitación de mandatos até os mecanismos de revogación dos candidatos electos, elementos nos que existe un gran consenso entre todas as iniciativas, pero cuxa concreción práctica aínda necesita de debate, tanto no que respecta ao censo que podería votar nesas primarias ou nas fórmulas para asegurar equilibrios de xénero ou xeográficos. Tamén se puxeron sobre a mesa as distintas fórmulas para a concorrencia ás eleccións, como partido ou como agrupación de electores, e as consecuencias que isto pode ter para a representación nas deputacións provinciais. Un dos últimos aspectos tratados foi o das distintas follas de ruta e calendario de traballo de cada iniciativa, comezando polas datas de celebración das eleccións primarias en cada cidade, un mecanismo que quedaría na maior parte dos casos para os primeiros meses de 2015, pero que noutras localidades, como Ames, poderían ter lugar antes de final de ano. Precisamente Ames Novo propuxo unha nova xuntanza en común que se podería celebrar en Bertamiráns en 14 días, o 25 de outubro. As distintas iniciativas comprometéronse a mater unha coordinación máis estreita a partir desta xuntanza, unha relación que incluirá tamén distintas actividades formativas para compartir ferramentas e métodos de funcionamento. Críticas do PP ás mareas Tellado sinalou que estas candidaturas de base "nin son cidadás nin son mareas", senón "os restos do naufraxio da esquerda" Este sábado o portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, atacou con dureza estas candidaturas cidadás a través dunha entrevista difundida pola axencia Europa Press, centrando nelas boa parte da entrevista e dos seus ataques aos grupos da oposición. Tellado sinalou que estas candidaturas de base "nin son cidadás nin son mareas", senón "os restos do naufraxio da esquerda" e acusou sobre todo a Esquerda Unida e Anova de "concorrer ás municipais disfrazadas ou camufladas detrás de mareas que eles mesmos dirixen".
NOS_40020
O Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro organiza unha xornada para lembrar e homenaxear a Roberto Vidal Bolaño este sábado 10, véspera do vixésimo aniversario do seu falecemento.
Vinte anos despois da súa morte, segue a ser un referente inescusábel para o teatro galego. O día 11 deste mes fanse dúas décadas da desaparición de Roberto Vidal Bolaño e a véspera, o sábado 10, o Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro organiza unha xornada para lembralo e homenaxealo. A xornada contará con relatorias de Inma López Silva, Camilo Franco e Roi Vidal Ponte, ademais de con tres mesas redondas: unha coa participación de Cristina Domínguez, Manuel Guede e Roberto Pascual, moderada por Anxo Abuín. sobre a relación entre Vidal Bolaño e o Centro Dramático Galego; outra con Mónica Camaño, Quico Cadaval e Laura Ponte, moderada por Roi Vidal Ponte; e unha terceira que debaterá sobre as edicións da súa obra e na que estarán presentes Francisco Macías, de Edicións Positivas -que publicou as obras completas do autor-, Xosé María Fernández Castro e Alberto Escudero, moderada por Nuria Araúxo. Ademais, haberá un diálogo sobre as dúas montaxes da obra Rastros -a orixinal de 1998 e a dirixida por Lois Blanco en 2020- na que participarán Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e o propio Lois Blanco, e que será moderada por Camilo Franco. O teatro portugués homenaxea Roberto Vidal Bolaño Un teatro do hoxe e do aquí "Roberto Vidal Bolaño foi o escritor que fixo un retrato máis completo da Galiza na que lle tocou vivir", afirma Camilo Franco, "e por iso debe ser considerado o mellor escritor da súa época, por riba de moitos novelistas que trataron de trazar ese retrato sen a súa perspicacia". A ese talento literario, Vidal Bolaño sumoulle un olfacto dramático que o converteu nunha especie de paladín do teatro galego co que simpatizaron varias xeracións de teatreiros: desde os que empezaron con el nos tempos heroicos da Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980) até os que afiaron os seus dentes escénicos nas irreverentes táboas da sala Nasa. Para Vidal Bolaño, o teatro non existía sen a representación. A actividade de autor era a que prefería -ou iso declaraba- mais situaba no centro a posta en escena. Admirábase a súa obra, o seu compromiso co oficio -el foi quen deu o paso definitivo á profesionalidade ao transformar o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega profesional-, a súa sabedoría en todas as ramas do sector. Mais tamén o seu carácter polemista e a súa rebeldía ante calquera forma de poder. Unha bohemia malhumorada que non deixaba de ser outra máscara: Luís Tosar describíao como "un tipo que ten moi mala hostia pero, ao tempo, é absolutamente encantador". Vidal Bolaño dicía que escribía teatro "para a xente que non vai ao teatro", e iso marcaba un compromiso que ía máis alá do profesional: o seu era un compromiso cun país que ía máis aló do escenario. A súa obra é imprescindíbel para entender o teatro galego, mais tamén o tempo e o espazo que habitou. Manuel Guede, que compartiu moitas aventuras teatrais con Vidal Bolaño, adianta que na súa intervención "proporei que na porta da Escola de Arte Dramática de Galiza, se coloque unha placa na que se reproduza o manifesto que redactou Roberto cando formou a compañía Teatro do Aquí, aquel no que aparece a famosa declaración de intención sobre facer un teatro do hoxe e do aquí. Quen entre no mundo do teatro galego debería facelo baixo esa exhortación que marcou o teatro da Galiza e que, dalguna maneira, segue marcándoo". Vidal Bolaño, unha figura chave da cultura galega
NOS_14647
O BNG está presente nos actos da Diada através do seu portavoz nacional, Xavier Vence, a responsábel de Relacións Internacionais, Ana Miranda e o ex-europarlamentar, Camilo Nogueira.
A organización frontista acompañou a ERC nos actos iniciais da Diada cunha nutrida delegación conformada pola comarca do BNG en Catalunya, o portavoz nacional, Xavier Vence, e a responsábel da área de Internacional, Ana Miranda. Tamén estivo presente o ex-eurodeputado, Camilo Nogueira. O Bloque quixo estar presente máis unha vez no Día nacional de Catalunya para acompañar o pobo catalán nesta xornada histórica. "Compartimos e apoiamos a ilusión do pobo catalán por facerse co seu destino, un pobo en marcha que democrática e pacificamente, cun civismo exemplar, quere conquistar a súa soberanía", afirmou Xavier Vence após a ofrenda floral desenvolvida perante o monumento a Rafael Casanova non que participou conxuntamente coa número dous do Esquerra Republicana, Marta Rovira, entre outros responsables políticos e militantes da comarca do BNG en Catalunya. Vence dixo agardar que o "Goberno central e os poderes do Estado sexan respectuosos coa esencia da democracia" e non impidan que "os pobos poidan expresarse libre e pacificamente como está tentando facer o pobo catalán" de igual maneira, dixo, que o goberno de David Cameron respectou a convocatoria do referendo escocés. "Por que Escocia pode e Catalunya non?", se preguntou o voceiro nacionalista. Xavier Vence animou, aliás, a que Galiza non fique fóra "deste debate" e loite por "avanzar cara á soberanía" malia que, dixo, "Feijóo está a facer a Galiza máis pequena". Pola súa banda o presidente da Xunta asegurou que a Diada pode ser "un bo día" para que "o pobo catalán" poida "recuperar o sentido común" e a "intelixencia". Outras delegacións galegas e cidadás procedentes do noso país atópanse arestora na cidade condal para celebrar a Diada. Entre elas representantes de Nós-UP que acompañan as CUP e a organización xuvenil Arran. Tamén militantes do MGS --integrad@s no BNG-- que fixeron parte dos actos previos convocados por estas organizacións independentistas na véspera da Diada.
PRAZA_19523
O festival Alt, referente na escena da creación contemporánea, celebra entre o 10 e o 12 de marzo en Vigo a súa derradeira edición.
O ALT, festival alternativo das artes escénicas de Vigo, chámase este ano FinALT. Porque non haberá máis. A organización, -a asociación Noescaféteatro-, bota o peche tras 16 anos de traballo. "Agora o ALT vaise, así, dun plumazo, sen ter en conta nada disto, sen que lles trema a man aos que gobernan, aos que deciden co diñeiro de todos/as que isto non interesa, a maior parte das veces incluso, sen coñecer nin ler o proxecto", denunciaba a directora do festival, Lola Correa, hai uns días nas redes sociais. O coordinador do ALT, Roberto Taboada, explica os detalles. "O ano pasado o concello reduciu un 50% a súa achega para o ALT, que xa fora antes reducida en tres cuartos". A axuda do Concello de Vigo ascendía a 60.000 euros ata o ano 2012, mais foise reducindo ata os 20.000 euros de hai dous anos, e os 10.000 do 2016. "Había un compromiso do concello de volver a achegar 20.000 euros no 2017, pero foi incumprido. E o problema non é só que o concello nos deixe con só 10.000 euros. É que así non podemos acceder ás axudas de Agadic para festivais, porque non chegamos aos mínimos. No 2015, o concello puxera 20.000 euros e Agadic 18.000. Con 10.000 euros, non podemos seguir". A axuda do Concello de Vigo ascendía a 60.000 euros ata o ano 2012, mais foise reducindo ata os 20.000 euros de hai dous anos, e os 10.000 do 2016 As dificultades de sobrevivencia do festival son coñecidas desde hai tempo. A estratexia foi decrecer: menos artistas, menos días. "Esta edición, máis curta, menos intensa, pero igualmente cargada de calidade e arte será a que demostrará unha vez máis que un festival de corte alternativo non debe estar en entredito en pleno século XXI onde é necesario seguir experimentando, exhibindo, invadindo os terreos desolados dos escenarios polo menos contestarios para enchelos de irreverencia, que é ao fin e ao cabo o lugar onde deben estar os/as artistas", dicía a web do Alt do ano pasado. Cando o ALT cumpría dez anos, -o texto pode lerse aínda na web da Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública-, a organización anunciou un festival "austero pero digno", sen aumento dos prezos das entradas porque "somos un festival alternativo e non comercial", e malia a "crise, que sempre toca aos máis desfavorecidos, aos irmáns máis pobres, no caso da cultura podemos considerala así". A falta de cartos, precisamente, é, segundo Roberto Taboada, só unha escusa. "O problema", afirma, "é que desde hai dous anos hai un desinterese total e absoluto por unha actividade coma esta, porque para outras actividades si hai cartos, e moitos. O que pasa é que xa non somos unha actividade cómoda. E non é só unha cuestión de diñeiro. Antes tiñamos facilidades para acceder a espazos do concello. Hoxe só podemos traballar no MARCO e no Auditorio municipal. Todo son problemas". O ALT arrancou no 2002, nun momento no que, -lembrou Lola Correa nas redes sociais-, "en Vigo non había salas, nin escolas superiores, nin municipais". O Teatro Ensalle, dedicado tamén á creación contemporánea, naceu un ano despois, e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, (ESAD), no 2005. "Quixemos traer a esta cidade", -segue Lola Correa-, "o que acontecía nas artes escénicas máis innovadoras, apostamos porque esta cidade, tan moderna ela e a máis grande de Galicia, tivese un espazo no mapa alternativo-contemporáneo ou como se lle queira chamar". "Quixemos traer a esta cidade", -segue Lola Correa-, "o que acontecía nas artes escénicas máis innovadoras" Nos 16 anos de andaina do ALT, pasaron por Vigo case 200 compañías e 500 artistas. A programación foise estendendo por espazos non convencionais: garaxes, escaparates, hoteis, buses…, e unha parte deles foron cedidos polo concello, como o propio MARCO. Puideron verse, por exemplo, pezas do ALT na lonxa. Do mesmo xeito que outros festivais con vocación de achegamento a onde estea a xente, -a filosofía de "se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña", funciona-, o ALT, como o En Pé de Pedra en Santiago ou o Corpo (a) terra de Ourense, foi conquistando o público, que esgotaba rapidamente as entradas para os espectáculos. "Cando nos reduciron a axuda de 60.000 a 20.000 euros foi traumático, pero adaptámonos. Fixemos un programa máis intensivo. Todo estaba xa recolocado e funcionaba moi ben. Pero con só 10.000 euros, é imposible. Nós non vivimos disto. Podemos precarizarnos a nós mesmos, pero non aos artistas aos que convidamos. Non imos facer o festival a costa dos artistas. Non imos traer a ninguén gratis, nin facerlles vir a taquilla, como fan outros", salienta Taboada. "Non imos facer o festival a costa dos artistas. Non imos traer a ninguén gratis, nin facerlles vir a taquilla, como fan outros" No convenio de colaboración asinado o ano pasado entre o Concello de Vigo e a asociación Noescafé Teatro, o primeiro indica que desexa "promover e colaborar economicamente" na execución da programación da segunda, que considera de "interese social e cultural", ao tempo que "complementa a programación propia do concello de Vigo e contribúe a dotar a cidade dunha programación de teatro e danza estable; posibilitando unha maior proxección exterior da cidade e a súa actividade cultural no conxunto do Estado e norte de Portugal". O concello asigna, así, 10.000 euros de subvención, o 27'39% do orzamento, segundo a memoria económica presentada pola asociación, que prevé tamén 5.000 euros de axuda da Xunta, 3.500 da Universidade de Vigo, 5.000 de achega da propia entidade, 2.000 da venda de entradas e 500 do Instituto Camoes. A Xunta colabora co ALT a través do apoio da Consellería de Cultura ao programa Procrea en Feminino, integrado no festival. Na presentación do Procrea deste ano, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, definiu o ALT como "escaparate de referencia" e subliñou a oportunidade que o Procrea brinda para "o intercambio cultural entre as propostas escénicas que se están a xestar en Galicia e as que se están a desenvolver noutros puntos do Estado". Mais, malia toda esta sorte de declaracións de boas intencións, o ALT non poderá manterse. A fin do ALT chega, ademais, nun contexto de recortes constantes e progresivas das axudas ás artes escénicas, -que acadou un 70 por cento entre 2009 e 2015- e, no caso do Concello de Vigo, dunha política cultural que, segundo denuncian diversas voces da cultura, foi adquirindo caracteres cada vez máis personalistas, con consecuencias moi negativas para a creación contemporánea. Recentemente, o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, anunciou a súa decisión de non continuar no seu cargo ao remate do seu contrato tras, segundo explicou, anos loitando por "defender" as funcións do MARCO como "centro de arte contemporánea", "tratando de manter a calidade da programación e a independencia na xestión" e de evitar a "especulación ou espectacularización" da cultura. Da mesma maneira, outros eventos de referencia da cidade, como o Sinsal, o Vertixe Sonora ou o ImaxinaSons, atopan crecentes dificultades para manterse. "O que pasa", -opina Taboada-, "é que hai un alcalde que dirixe tan xerarquicamente o concello que todo ten que pasar por el. E se a el non lle interesa a creación contemporánea, nada vai adiante". Praza púxose en contacto co concello para recabar a versión do alcalde, Abel Caballero. A resposta recibida é que "o orzamento para Cultura no concello de Vigo medra ano tras ano. E o goberno local pregúntase por que a Xunta non destina fondos para a cultura en Vigo". Mais da lectura do documento dos orzamentos do concello de Vigo do 2017 dedúcese facilmente non só que a creación contemporánea non é unha prioridade, senón que a desigualdade preside o reparto de axudas entre os distintos proxectos. Así, destínanse un total de 173.000 euros ao convenio coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, -organizadora de actividades con gran capacidade de convocatoria de público como o programa Vigo, un mar de corais ou do Festival de Habaneras-, fronte aos 4.000 que recibe Teatro Ensalle, os 7.000 de Sinsal e os 10.000 do ALT. "Destínanse un total de 173.000 euros ao convenio coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, fronte aos 4.000 que recibe Teatro Ensalle, os 7.000 de Sinsal e os 10.000 do ALT" Non é, porén, a primeira vez que a relación entre a organización dun festival de artes escénicas contemporáneas e o concello que o acolle se complica. Cando En Pé de Pedra, o festival de danza contemporánea organizado por Matarile en Santiago, rematou, o entón responsable de Cultura na capital galega, Néstor Rego, calculara nuns 50.000 euros a axuda outorgada á compañía nun ano, e aseguraba que o Teatro Galán era a entidade cultural que máis recibía, despois da Fundación Granell. Mais, en realidade, -explicara Matarile-, a axuda do concello non era só para o Teatro Galán. Era para os festivais En Pé de Pedra e A Alternativa. E, segundo matizou Baltasar Patiño, de Matarile, tempo despois, "se comprometes unha axuda para un festival, non podes dicirme que xa me deches para a miña última produción como compañía". Desencontros deste tipo houbo moitos máis. Entre os últimos, o do concello de Ourense coa organización de Corpo (a) Terra. "Agora estamos moi ben", aclara, antes de nada, Begoña Cuquejo, unha das responsables deste festival. "Pero o que pasou no 2015 é que nos deixaron tirados, cos artistas xa chegados aquí para actuar. Cadrou no cambio de goberno, e o que pasou é que o goberno anterior non deixara reservado o orzamento que se comprometera a achegar. Chegou o novo goberno e non había diñeiro. Ao final asumiron unha parte do comprometido polos anteriores, pero porque eles quixeron. Levamos 7 anos, e este ano foi tan ben que xa temos todo pechado a día de hoxe. Unha das dificultades é que, cada vez que muda a concellería de Cultura, é como empezar de cero. Non importa que a traxectoria do festival estea consolidada. Ata que o ven e, claro, entenden que hai que apoialo…". Ademais do Corpo (a) Terra, quedan outros festivais independentes: o Vai de Baile de Ferrol, o Quincegotas de A Coruña e Cartografías en movemento de Lugo Ademais do Corpo (a) Terra, quedan outros festivais independentes: o Vai de Baile de Ferrol, o Quincegotas de A Coruña e Cartografías en movemento de Lugo, unidos na Rede Galega de Festivais de Danza CompliCidades. De iniciativa non pública, tamén o Teatro Ensalle de Vigo organiza os seus propios programas, -de sala-, de artes escénicas contemporáneas. E pouco máis. No ámbito público, a Cidade da Cultura acolle un festival sen aparentes problemas de orzamento como o Escenas do Cambio, de teatro, danza e arte en acción. E algúns concellos manteñen ciclos que promoven a danza contemporánea: como o TRC Danza, no Teatro Rosalía. Mais, fóra dese amparo institucional, a sobrevivencia tórnase moi difícil. "O peor non é que te deixen sen nada ou cunha axuda miserable. É que ninguén fai nada. Non entendo como a Agadic non fai un traballo de mediación" A desaparición do ALT é, para Baltasar Patiño, un "desastre". Pois, indica, "que desapareza calquera festival é unha perda moi grande. Case nunca volven aparecer unha vez que marchan. Ademais, o ALT soubo manter moi ben o equilibrio entre o factor humano e un programa da maior calidade posible, e iso é moi importante. Outros festivais pérdense no tamaño". Coa experiencia de ter tido que renunciar ao En Pé de Pedra, Patiño engade que, na súa opinión, a dificultade para manter festivais coma este débese en grande medida ao "pananatismo dos políticos, aínda que hai excepcións". E o peor, -sinala-, "non é que te deixen sen nada ou cunha axuda miserable. É que ninguén fai nada. Non entendo como a Agadic non fai un traballo de mediación. Se hai un desentendemento cun concello, por que non actúa en vez de dicir que non é cousa súa? Non se fai nada institucionalmente. Falla a relación entre organismos".
PRAZA_4022
Persoal da unidade denuncia unha decisión que "non respecta as normas do plan de continxencia fronte ao coronavirus" e advirte que a falta deste tipo de instalacións xa provocou a modificación doutros espazos no complexo hospitalario de Pontevedra.
A UCI do Hospital Montecelo de Pontevedra foi pechada o pasado mércores 22 de abril, en plena pandemia, para facer obras. A Unidade de Coidados Intensivos, con dez camas, mantense fóra de servizo logo da orde da dirección do centro, que ordenou baleirar o espazo e trasladar a reanimación os dous enfermos de coronavirus que estaban ingresados. Persoal da UCI denuncia unha medida que "non respecta as normas do plan de continxencia fronte ao coronavirus do Sergas"Así o denunciou persoal da unidade. que amosou a súa "indignación" ante unha decisión que a xerencia do hospital xustificoulles na dimunición do número de ingresos de pacientes críticos pola Covid-19 e na suposta idoneidade do momento para realizar as obras de mantemento. "Estas políticas de uso tomadas polo órgano de administración hospitalario non respectan as normas do plan específico de contixencia fronte ao coronavirus redactado polo Sergas para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés", asegura a entidade que defende os intereses da enfermería precaria en Galicia. Segundo explica persoal de enfermería do centro nun comunicado, a falta deste tipo de instalacións provocou a modificación doutras unidades análogas dentro do propio complexo hospitalario, a creación de novas unidades de similares características dentro do centro ou o traslado de pacientes a outras unidades de UCI de xestión privada como as do Hospital Quirón, que serían "mostras significativas da saturación dos hospitais pertencentes á área sanitaria"."O Hospital Montecelo ten na actualidade con pacientes en estado crítico, que precisan atención intensiva, trasladados á unidade non organizada para iso""O Hospital Montecelo ten na actualidade con pacientes en estado crítico, que precisan atención intensiva, trasladados á unidade non organizada para iso", denuncian. As obras da UCI pretenden a construción de dous boxes de illamento, o pintado do espazo e a renovación da iluminación e a limpeza das instalacións e dos condutos. Non hai data de remate aínda que a dirección espera que axiña acaben uns traballos que provocaron o enfado de persoal médico do hospital. Segundo persoal do hospital, a decisión produciu "unha enorme indignación e descontento entre as enfermeiras da unidade", as primeiras profesionais en recibir aos pacientes covid críticos, tendo así, que aprender a correcta utilización e retirada dos EPIS. Tras a primeira onda de ingresos, os seguintes en recibir pacientes críticos, foron o persoal de URPA e REA progresivamente, os cales buscaron apoio e información no devandito persoal."Despois de todo o esforzo, tanto físico como psicolóxico, o persoal de enfermería de coidados intensivos, sentese desamparado e á espera de que a dirección decida onde deben traballar os seguintes días, ata a nova reapertura do seu servizo habitual, que non ten data programada", denuncia o comunicado. Precisamente, no Consello da Xunta deste pasado venres aprobouse tramitar a contratación da primeira fase da ampliación do Hospital Montecelo, á que prevé destinar ata 115 millóns de euros. O Consello xa abordara esta mesma obra en novembro do ano pasado, daquela como informe antes do envío dun anuncio previo ao Diario Oficial da Unión Europea.
NOS_25926
O Goberno galego aprobou unha serie de actuacións e medidas para frear o avance do coronavirus. Boa parte delas xa están activadas desde esta sexta feira e outras a partir da semana que vén. Aliás, diferentes organismos e entidades decidiron tamén activar restricións en euidos como deporte ou cultura coa mesma finalidade.
1) Ensino: - Suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos a partir desta segunda feira e durante 14 días. Esta sexta feira, 13, os centros permanecen abertos mais a recomendación que se fai desde a Xunta ás familias é que non se envíe a elas a nenos e nenas. "Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos a sexta feira, pero a partir a segunda feira, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados". - Na Universidade as aulas suspéndense desde esta sexta. Están suspendidas as prácticas que realizan os alumnos dos graos en Ciencias da Saúde ou doutras titulacións e ciclos formativos, en calquera centro sanitario situado na Galiza. - Suspéndense os servizos común nas residencias universitarias, que permanecen abertas. - O persoal (docente e non docente) deberá acudir ao centro educativo. 2) Sanidade: - Limitar a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro - As vacinacións faranse a domicilio - Suspéndense as visitas dos visitadores médicos e farmacéuticos e as actividades de voluntarios, - Promoverase a e-consulta e a consulta telefónica. 3) Servizos sociais: - Feche dos centros sociocomunitarios, onde se desenvolven diferentes actividades para persoas maiores - Nas residencias de maiores limítanse as vistas ás persoas residentes de máis de 70 anos e para aquelas que teñan algún tipo de patoloxía. - Non se aceptarán visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre e limitarase a presenza de residentes en actividades en espazos pechados. - Clausúranse nos centros de día as actividades que impliquen a entrada de persoas de fóra - Suspéndense as actividades dos centros ocupacionais, ludotecas e outros espazos infantís, albergues xuvenís... 4) Deportes - Suspensión da actividade do programa Xogade - Suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluíndo as municipais, que impliquen asistencia de público. - A Administración galega pediu ás federacións que toda competición deportiva oficial sexa disputada a porta pechada e incluso, sempre que sexa posíbel, suspendida ou aprazada. 5) Transporte público - Continua a funcionar mais a Xunta desaconsella a persoas en situación vulnerábel a utilización do transporte público e pide que eviten estacións de autobuses e de ferrocarril. 6) Aforo - Novas limitacións de aforo: en recintos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. - Suspensión de todas as actividades colectivas celebradas en espazos pechados que impliquen máis de 1.000 persoas; e, no caso de espazos abertos, limítase o aforo a 500 persoas. - Ademais, péchanse os museos, as bibliotecas e os arquivos xestionados pola Xunta. 7) Función Pública - Aprobación dun protocolo de actuación para as e os empregados públicos da Xunta que, entre outros aspectos recolle: pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o tele traballo e a posible reorganización das quendas de traballo. 8) Laboral: - As persoas que como consecuencia do coronavirus teñan que permanecer illadas nas súas casas contan desde esta quinta feira cun aliado en forma de Decreto-lei. Aprobado polo Consello de Ministras, o novo texto legal inclúe a consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo os períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia da Covid-19. 9) Comercio: - As e os propietarios de áreas comerciais deberán encargarse de tomar "as medidas necesarias" para "evitar multitudes". Así se recolle no acordo publicado nunha edición 'bis' do Diario Oficial de Galiza (DOG), que determina a suspensión da actividade de dinamización comercial en espazos pechados. - Nas áreas comerciais "reforzaranse as medidas de información, as medidas de hixiene, así como as medidas e intervalos de limpeza nas instalacións". Así mesmo, sinálase que a persoa titular "adoptará as medidas necesarias para evitar multitudes" e "cumprirá co réxime de distancia recomendado polas autoridades sanitarias". 10) Recomendacións da Consellaría de Sanidade á poboación - Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea. - A Xunta recomenda ás persoas que consideren que teñen estes síntomas que permanezan no seu domicilio, sen acudir ao seu lugar de traballo nin aos centros sanitarios, sempre que a súa situación clínica o permita. Poden chamar aos números 061 ou 900400116.
NOS_53617
Repítese a imaxe de pacientes "amoreados nos corredores de urxencias, en condicións que atentan contra a intimidade e a dignidade das persoas", segundo a Comisión de centro.
Situación de colapso no servizo de Urxencias do Complexo hospitalario da Coruña (Chuac). Denuncia a Comisión de Centro de Atención Hospitalaria deste complexo sanitario, que fala de "situación crítica". O "colapso" é consecuencia directa, afirman, do feche de camas que se leva a cabo "a pesar das necesidades asistenciais constantes de camas de hospitalización". Isto provocou, explica María Seijo, presidenta da comisión de centro nun comunicado, que esta segunda feira se producise máis una vez "a imaxe de pacientes amoreados nos corredores de urxencias, en condicións que atentan contra a intimidade e a dignidade das persoas". Para alén da imposibilidade de usar esas camas, desde a comisión afirman que estas situacións críticas derivan tamén do "continuo desmantelamento da capacidade asistencial de atención primaria". A non cobertura das vacantes de profesionais, sinalan, provoca a demora das citas e, polo tanto, que as pacientes se vexan na obriga de acudir ao servizo de Urxencias do Hospital. A Comisión esixe á Xerencia medidas urxentes, que se reverta de inmediato feche de camas nas unidades de hospitalización e que se manteñan dispoñíbeis todos os recursos para garantir a drenaxe dos pacientes do servizo de urxencias ás unidades correspondentes. O feche de camas hospitalarias está a ser obxecto de denuncias nestas semanas por parte de sindicatos e as propias profesionais en áreas como a da Mariña ou a de Compostela.
PRAZA_21030
As vivendas, todas sen estrear, alugaranse por un prezo entre os 160 e os 170 euros ao mes. O alcalde da localidade destaca que co acordo, "pioneiro en Galicia", queren sacar "algo positivo" para a veciñanza dunha burbulla inmobiliaria que "aínda sufriremos durante bastantes anos"
A burbulla inmobiliaria que medrou e estoupou nos últimos anos da primeira década deste século provocou unha durísima crise económica e, ademais, deixou unha importante pegada física en moitas localidades. Milleiros de vivendas construídas naquel tempo e que aínda hoxe permanecen baleiras, sen que os seus actuais propietarios sexan capaces de vendelas. A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB, o coñecido como banco malo), posto en marcha para xestionar unha gran cantidade de inmobles e terreos que nalgún momento pertenceron ás entidades financeiras que tiveron que ser nacionalizadas, aínda posúe centos de milleiros de activos, vivendas perfectamente habitables en moitos casos.Miño é un dos mellores exemplos das peores consecuencias daquela crise inmobiliariaO Concello de Miño é un dos mellores exemplos das peores consecuencias daquela crise inmobiliaria. Contruíronse milleiros de vivendas, moitas delas aínda baleiras e, ademais, o proxecto da urbanización de Costa Anácara impulsado por Fadesa no ano 2002 acabou coa condena ao Concello de Miño de indemnizar con 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados polas expropiacións irregulares. A localidade arrastrou durante anos unha débeda inasumible, que só puido ser resolta nos últimos meses, grazas a un acordo do Concello coa veciñanza afectada e un empréstito concedido polo Ministerio de Facenda. As vivendas, todas sen estrear, alugaranse por un prezo entre os 160 e os 170 euros ao mesAgora Miño vén de chegar a un acordo pioneiro coa SAREB para que o banco malo ceda 12 vivendas, que o Concello dedicará a alugueiro social, destinándoas a facilitar un fogar a persoas que non son capaces que pagar un alugueiro cos actuais prezos do mercado. Ademais, o Goberno local asegura que reservará algunha vivenda para mulleres vítimas de violencia de xénero e outros "casos urxentes". O prezo destes alugueiros moverase entre os 160 e os 170 euros ao mes.O convenio acordado coa SAREB será debatido e aprobado este xoves no pleno municipal. As vivendas, todas sen estrear, atópanse en distintos puntos do termo municipal, aínda que algunha delas, na zona da rúa Extremeiro están situadas a carón da praia e levaban tempo á venda por un prezo que roldaba os 200.000 euros. Antes de alugalas, o Concello dotará as vivendas do mobiliario necesario. O alcalde de Miño afirma que aínda que burbulla inmobiliaria deixou unha "parte negativa" que "aínda sufriremos durante bastantes anos", con esta medida "queremos facer virtude da necesidade e do que foi algo malo imos tentar que sexa algo positivo para o veciñanza"O alcalde da localidade, Manuel Vázquez Faraldo (PSdeG-PSOE), destaca que aínda que burbulla inmobiliaria deixou unha "parte negativa" que "todos sufrimos e que aínda sufriremos en Miño durante bastantes anos", con esta medida "queremos facer virtude da necesidade e do que foi algo malo imos tentar que sexa algo positivo para o veciñanza", afirmou en declaracións á Cadena Ser.Vázquez Faraldo subliña o carácter "pioneiro" do convenio e subliña que é "o primeiro acordo" acadado por un concello galego coa SAREB. "Isto é unha mostra máis das políticas sociais que está levando a cabo este goberno local, que non quere deixar a ninguén atrás", afirma o rexedor, que tamén destaca a recente posta en marcha do 'Roupeiro municipal', un espazo no que calquera persoa pode deixar a roupa que xa non utiliza para que poida despois ser distribuída entre as familias con menos recursos.
PRAZA_2646
Este martes celébrase en Compostela a quinta edición do Foro sobre pobreza e exclusión social, organizado por EAPN Galicia, Coordinadora Galega de ONGD e CERMI Galicia. Falamos con Carlos Susías, presidente de EAPN España.
Ao longo deste martes celébrase en Compostela a quinta edición do Foro sobre pobreza e exclusión social, organizado por EAPN Galicia, Coordinadora Galega de ONGD e CERMI Galicia. Relatorios, debates e sesións de presentación de proxectos de entidades do Terceiro sector buscarán afondar nas causas da pobreza, os retos máis inmediatos para a loita contra este problema e reclamarán o compromiso e a coordinación das institucións fronte á exclusión social. Os últimos datos do INE, correspondentes a 2013, sinalaban que máis do 29% da poboación española se atopaba en risco de pobreza ou exclusión. En Galicia o dato era notablemente inferior á media (23,8%), aínda que igualmente elevado, e dende as organizacións sociais alértase de que se a cifra non é maior na nosa comunidade é porque as pensións si mantiveron o seu nivel nos últimos anos, afastando da pobreza a moitos xubilados e xubiladas que, en moitas ocasións, están sostendo as súas familias. Carlos Susías, presidente de EAPN-España, foi unha das primeiras persoas en intervir no Foro, expoñendo a realidade que seguen sufrindo importantes sectores da poboación e as medidas propostas polas entidades que loitan contra a pobreza. "Hai determinados sectores que sofren especialmente esa pobreza, por exemplo as familias monomarentais, mulleres con fillos ao seu cargo, nas que atopamos niveis de pobreza que chegan ao 53%" "Non cuestionamos que está habendo cifras macroeconómicas positivas. Pero as cifras micro están aínda empeorando: vemos como están crecendo as taxas de pobreza e de pobreza severa, que sofre unha poboación que se atopa nunha situación de gran vulnerabilidade", explica. "Ademais" -engade- "analizando eses mesmos datos vemos como hai determinados sectores e familias que sofren especialmente esa pobreza, por exemplo as familias monomarentais, mulleres con fillos ao seu cargo, nas que atopamos niveis de pobreza que chegan ao 53%", alerta. "Un elemento que sempre consideráramos fundamental para a inclusión social, como é o emprego, non está cumprindo esa función, porque é un emprego de baixísima calidade, con moita temporalidade e ingresos moi baixos" Susías chama a atención, igualmente, sobre o fenómeno crecente dos traballadores e traballadoras pobres: "Vemos que un elemento que sempre consideráramos fundamental para a inclusión social, como é o emprego, non está cumprindo esa función, porque é un emprego de baixísima calidade, con moita temporalidade e ingresos moi baixos: está aumentando o número de traballadores pobres". "En función desta realidade, temos que debater cuestións relativas á regulación laboral, ao salario mínimo e á temporalidade do emprego. Se non recuperamos o emprego como elemento de inclusión social, dificilmente poderemos facer fronte aos retos que temos por diante", destaca. Entre as medidas que as organizacións sociais esixen para loitar contra a pobreza están, por riba de todo, as relativas á "garantía de rendas". Susías sinala que "defendemos un sistema público e estatal de rendas mínimas que lles garanta uns fondos mínimos ás comunidades familiares e que estea composto por ese ingreso mínimo por unidade familiar, unha axuda mensual por fillo e filla (como xa teñen 22 dos 28 países da UE) e unha axuda ao alugueiro de vivenda para as familias con poucos recursos". Salienta que "isto non é unha carga nin un gasto: isto é un investimento e un motor de desenvolvemento interno, porque son cartos que reverten directamente na sociedade, de abaixo a arriba. Estas rendas mínimas garantidas non van comprar iates, senón que van ir directamente aos servizos de proximidade e á tenda do barrio. Estes cartos inxéctanse na economía local, fomentando o desenvolvemento". "Defendemos un sistema público e estatal de rendas mínimas que lles garanta uns fondos mínimos ás comunidades familiares" Para EAPN-España, o outro gran piar da batalla contra a exclusión social é "a defensa duns servizos públicos de calidade: sanidade, educación..., moi importante para loitar contra a transmisión interxeracional da pobreza". "Defendemos tamén que na reforma constitucional que vai haber nesta lexislatura os dereitos sociais pasen estar recoñecidos no texto, como dereitos esixibles por parte da cidadanía. Entre eses dereitos recoñecidos constitucionalmente ten que estar esta renda mínima garantida para as persoas que non teñan uns recursos mínimos", engade. Finalmente, conclúe Susías, "pedimos tamén que se lle recoñeza un maior papel ao Terceiro Sector como un axente emerxente, que sexamos moito máis recoñecidos e escoitados en todos os ámbitos nos que temos unha presenza importante: vivenda, servizos sociais, políticas de emprego...". O presidente de EAPN-España chama igualmente a "mellorar a coordinación entre administracións, e ás veces mesmo dentro dunha mesma administración", destacando que "en ocasións somos nós, as entidades sociais, quen axudamos á coordinación dentro das administracións e entre elas". "Nos últimos anos avanzamos algo, pois dende os movementos sociais conseguimos que certos temas estivesen presentes no debate político" "A loita contra a pobreza ten que ver coa economía, a pobreza non é un tema de asuntos sociais, é un tema económico. A pobreza é o envés da riqueza, cando se fale de economía e de riqueza, haberá que falar tamén da pobreza provocada por un reparto desigual desa riqueza", subliña. De cara ás eleccións xerais do 20 de decembro, Susías cre que "nos últimos anos avanzamos algo, pois dende os movementos sociais conseguimos que certos temas estivesen presentes no debate político". "Por exemplo, creo que o tema das rendas mínimas está xa no debate político, e practicamente todos os partidos están presentando propostas que teñen que ver coas ideas que defendemos, nesta cuestión e noutras", di. "Agora o que temos que conseguir é que se materialicen en cousas concretas. É o reto que teremos a partir do 20 de decembro. Por iso é importante que as entidades sociais e o terceiro sector, esteamos cada vez máis unidas, cuns obxectivos cada vez máis claros e máis concretos", engade. Temas tratados no Foro Ademais da intervención de Susías, pola mañá celebrouse un diálogo sobre participación de persoas en risco de pobreza ou exclusión entre Yosehanna Ledesma e Javier Pérez García, de EAPN Galicia; e Antonio Fernández Moro, da Junta de Castilla y León, ofreceu unha conferencia sobre coordinación entre administracións e organizacións sociais. Responsables de políticas sociais en varios concellos galegos debateron sobre a coordinación entre institucións Así mesmo, responsables de políticas sociais en varios concellos galegos debateron sobre a coordinación entre institucións, coa participación das concelleiras de Servizos Socias de Ourense (María Gómez-Franqueira), Santiago de Compostela (Concha Fernández), Lugo (Ana González) e A Coruña (Silvia Cameán); do alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e da ata agora Directora Xeral de Familia e Inclusión da Xunta, María Amparo González. Finalmente, a programación do Foro completouse con obradoiros (sobre a aplicación da RISGA, inclusión e emprego e a pobreza e exclusión en familias monomarentais) e a celebración por segundo ano consecutivo da Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado. Nela, oito organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social expuxeron durante 15 minutos e ante un auditorio reducido de persoas interesadas, proxectos innovadores na loita contra a pobreza e a exclusión social.
PRAZA_18790
Que finalmente haxa unha solución democrática en Catalunya vai depender, en grande parte, de que a diplomacia europea non siga a vía eslovena que adoptou na década dos 90
A vía eslovena foi oficialmente recoñecida por todos os estados membros da Comunidade Europea o 15 de xaneiro de 1992A vía eslovena foi oficialmente recoñecida por todos os estados membros da Comunidade Europea o 15 de xaneiro de 1992. A nación nacente incorporaríase ás Nacións Unidas o 22 de maio. Pero o recoñecemento internacional, non aconteceu o 23 de decembro de 1990, cando celebra un referendo de autodeterminación, cun 92% de participación e un 95% de votos favorables. Referendo considerado ilegal, segundo os tribunais xudiciais de Belgrado.É máis, en maio de 1991, a CEE ofrecíalle un tratado de asociación a Iugoslavia para evitar as independencias balcánicas. Ao tempo, James Baker, secretario de estado norteamericano advertíalle en xuño de 1991 a Croacia e Eslovenia, que non recoñecería a súa independencia, nin tampouco lles prestaría axuda económica. Desde Rusia, os apoios cara o unionismo serbio mantivéronse inalterables ata a fin do conflito.Ata ese momento Europa mantíñase fiel á filosofía da Carta de París, aprobada pola Conferencia de Seguridade e Cooperación Europea, que defendía que tras da unificación alemá, non habería modificacións de fronteiras no continente.Tampouco tivo lugar o recoñecemento internacional, O 25 de xuño de 1991, cando Eslovenia declaraba a independencia.A declaración aconteceu un día antes da data inicialmente prevista e publicada. O tempo suficiente para facerse co control de todos os organismos públicos e infraestruturasUnha xogada moi audaz, xa que a declaración aconteceu un día antes da data inicialmente prevista e publicada. O tempo suficiente para facerse co control de todos os organismos públicos e infraestruturas, sen tempo de reacción suficiente ás autoridades federais para deter este control esloveno.As potencias europeas non comprenderon a tempo a dimensión do conflito iugoslavo e a súa pasividade deu azos a Serbia, para considerar que tiña carta branca, e para utilizar o exército para dobregar violentamente a vontade de independencia dos Eslovenos. O silencio e parálise das potencias occidentais favoreceu que o goberno federal e ás súas forzas armadas (JNA) tivesen claro que non ían respectar a vontade democrática dos eslovenos.En Belgrado, mentres uns defendían unha operación militar a grande escala destinada a disolver o goberno esloveno e substituílo por un goberno militar iugoslavo, outros xenerais como Veljko Kadijević, consideraban que abondaría cunha unha demostración de forza que faría recuar ao goberno esloveno para que desistise das súas aspiracións independentistas. Aínda que o debate se decantase cara as posicións máis moderadas, finalmente o exercito actuou por libre, tomando optando polas posicións máis duras.O activismo da resistencia civil maioritaria e eficacia estratéxica das Forzas de Defensa Territorial decantaron en poucos días o equilibrio militar cara o control eslovenoO 26 de xuño de 1991 as unidades militares da JNA entran en Eslovenia coa intención de controlar o pasos fronteirizos con Italia e Austria, polo que circulaba o 40% dos intercambios comerciais da vella Iugoslavia, dando comezo ao que se coñecería como a "Guerra dos 10 días". Ao día seguinte reximentos acorazados e brigadas antiaéreas e antiaéreas invaden Eslovenia coa intención de controlar os puntos estratéxicos. E nese mesmo día, o goberno esloveno acordou, por unanimidade, resistir con todos os medios dispoñibles a embestida militar federal, organizando as chamadas Forzas de Defensa Territorial.O activismo da resistencia civil maioritaria e eficacia estratéxica das Forzas de Defensa Territorial decantaron en poucos días o equilibrio militar cara o control esloveno dos centros estratéxicos e a neutralización das tropas federais.Panorama bélico que, de súpeto, activou todas as alarmas das autoridades europeas e das potencias, que se apresuraron a apadriñar solucións políticas, para deter un conflito bélico que nunca debeu existir, se se tivese respectado a vontade democrática dos eslovenos.Nos acordos de Brioni, que deu paso á paz, asumiuse o respecto ás fronteiras que só poderían modificarse por acordo mutuo, mediante procesos negociadoresAo tempo, o fracaso do golpe de estado en Moscova deu paso ao nacemento dun ronsel de novos estados na zona Oriental de Europa. Ben é verdade que Alemaña, mutilada na influencia continental, tras de 2ª Guerra mundial cobizaba estender a súa área de influencia cara aos países dos eslavos do sur. Particularmente cara a Croacia e Eslovenia, países cos que viña importantes vínculos migratorios e , sobre todo, desenvolvera un considerable nivel de investimentos xermanos, mais tamén austríacos.Nos acordos de Brioni, que deu paso á paz, asumiuse o respecto ás fronteiras que só poderían modificarse por acordo mutuo, mediante procesos negociadores. A Conformación dos novos Estados de Dereito deberían inspirarse nos principios da Nacións Unidas e da Acta Final de Helsinki. Por último, salvagardaba o respecto aos dereitos individuais e colectivos das minorías e dos grupos étnicos.Durante a Guerra dos dez días perderon a vida ao redor de 60, persoas, houbo episodios escuros e repudiables, como na maioría das guerras. Unha guerra innecesaria, anacrónica e froito dun proxecto nacional unionista, onde os serbios pretendían a conformación da Gran Serbia, unha grande patria.Que finalmente haxa unha solución democrática en Catalunya vai depender, en grande parte, de que a diplomacia europea non siga a vía eslovena que adoptou na década dos 90Moitas son as diferencias entre a Vía Eslovena e Catalunya (participación, porcentaxes a favor, organización e mando de tropas…). Ningún proceso é igual e cada un ten os seus tempos, ritmos e peculiaridades. Pero tamén é verdade que moitas son as coincidencias. Especialmente. a tensión entre unionismo e independentismo, entre decisións democráticas e esmagamento militar ou policial, entre o corpus legal da unión e as soberanías dos territorios.Que finalmente haxa unha solución democrática en Catalunya vai depender, en grande parte, de que a diplomacia europea non siga a vía eslovena que adoptou na década dos 90.
NOS_33955
O Concello impulsa un proxecto para reordenar 837 hectáreas, que permitirá atender as necesidades de explotacións gandeiras que son unha das bases económicas desta zona da montaña de Trives.
O Concello de Manzaneda impulsa un proxecto de reordenación e reorganización de 11.300 predios en Placín, San Miguel de Bidueira, Requeixo e parte de Trabazos; unha iniciativa que abrangue 837 hectáreas (máis de 23 quilómetros cadrados) e que sirva como base para as explotacións gandeiras existentes e forneza de superficie a outras novas que poidan xurdir. "Intentouse facer nos anos 90 algo polo estilo mais non foi adiante. En 2017 desde o Concello puxémonos mans á obra", sinala en conversa con Sermos Galiza o alcalde, Félix Domínguez, de Son Manzaneda-En Marea. Moitos deses predios están abandonados. "Logramos o apoio da maioría da veciñanza" para impulsar esta iniciativa, indica Domínguez. "A idea non é facela dunha forma agresiva: queremos unificar eses predios sen que iso teña ese impacto das pistas da parcelaria de antes, respectando os camiños que hai", salienta, lembrando que 96% do municipio está na RedeNatura. Tamén se respetarían as zonas de castiñeiros ou hortas próximas aos núcleos de poboación, engade. "É importante pular por proxectos que permitan que aquí, no rural, haxa traballo e que se poida fixar poboación", indica, ao tempo que destaca o importante papel que o cooperativismo xoga para lograr eses obxectivos. A ordenación da superficie agraria atinxida por este plan procura "unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas desta zona e mellorar as estruturas agrarias, orientadas a favorecer o desenvolvemento".
NOS_55774
Nun comunicado, Bruxelas subliña ademais que os 27 apoian de maneira "firme e inequívoca" as familias das vítimas de crimes e apoian a aplicación efectiva doutro tipo de penas "non letais".
"A Unión Europea oponse con firmeza á decisión do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos de reinstaurar a pena de morte federal despois dunha pausa de 17 anos e instamos a Administración estadounidense a reconsiderar e non proceder ás execuciones federais previstas a partir do 13 de xullo", expresou un portavoz do Servizo Europeo de Acción Exterior a través dun comunicado aos medios. A Unión Europea cre que a pena capital é un castigo irreversíbel "cruel, inhumano e degradante", que resulta incompatíbel co dereito "inalienábel" á vida e, ademais, non resulta efectivo para impedir accións criminais, polo que rexeita esta práctica "en todas as circunstancias e en todos os momentos". A mensaxe europea, ademais, subliña que os 27 apoian de maneira "firme e inequívoca" as familias das vítimas de crimes e apoia a aplicación efectiva doutro tipo de penas "non letais". "A Unión Europea continuará a traballar para a abolición universal da pena de morte", conclúe o comunicado da diplomacia comunitaria, que tamén lamenta que a decisión dos Estados Unidos vai en contra da tendencia xeral de acabar con este tipo de castigos capitais.
PRAZA_3452
Galiza é a nazón das rotondas nun territorio esnaquizado polas autoestradas estranxeiras (o 90% do territorio) e os monocultivos industriais e celulósicos.
Rotundas rotondas atustulladas de trafego e presas con doadas entradas e carosas saídas. Galiza é a nazón das rotondas nun territorio esnaquizado polas autoestradas estranxeiras (o 90% do territorio) e os monocultivos industriais e celulósicos. Rotondas rotundas onde os galegos rotamos, in saecula saeculorum, con a penas saídas: a peaxe proibitiva da autoestrada da emigración, a vía de alta capacidade dos suicidios eletrointensivos e unha terceira saída a unha estrada local que só nos leva a un parque eólico da familia do que foi embaixador de España na Santa Sede.(Será iso o que algúns chaman desenvolvemento sostibel?) Os camiños de ferro e do mar foron esquecidos a prol do imperio da industria automobilística, tambén en mans alleas.Cantas rotondas e glorietas existen na Galiza? Na terra das encrucilladas onde os antergos colocavan aos doentes por se alguén sabía do seu mal. Quizais o noso mal sexa a ataraxia, a incapacidade para sentir frustración. Acaso levemos na fronte unha cadea no canto dunha estrela. Este conformismo desazado, esta ausencia de inquedanza perante a inxustiza...esta inmobilidade ancestral que nos paraliza na creación de alternativas.Tempos de entroido, entrudo, antroido. Tempos de entradas e comezos. Tempos de Carnaval, osmando xa a Cuaresma. Tempo de brincadeiras e festexos, de mascaradas e novelos.Comparsas con nenos vestidos con traxes tradicionais, de mariñeiros e peixeiras, de labregos falando castelán. Meniños difarzados de cuco-rei cando nunca van atopar un a quen lles perguntar cuco-rei, cuco-rei, cantos anos vivirei. Carnaval, carnevale, carnelevare. Tempo de retirar a carne agás para os tonsurados. Moreas de fieis nunca a cataron a non ser ese sucedáneo macdonalizado.O espírito rosaliano da clerecía plurilingüe, esa herdeira de quen a perseguiu en vida, dase á orxía de tirarlle partido ao cabodano do seu nacemento. Entrementres seus secuaces reciben fondos públicos para esmagar a lingua de noso. Renascen os Xogos Florais da ditatura ao abeiro do pin parental e a confusión intencionada da institución da familia coa educación en comunidade. Cando enxergaremos que educa a comunidade e que o fillo non é propiedade de ninguén?. Rotunda construción circular que remata en cúpula arredondeada onde os tonsurados axúntanse en sínodo para preparar o domingo de Ramos, o primeiro día da Santa Semana en que os cristiáns comemoran a paixón, morte e resurección do seu deus. A liturxia do 5A. Casado e Rajoy a benzoar a palma de Feijóo. A pola cuarta maioría absoluta. Rotunda praza onde o tránsito se procesa en sentido xiratorio e, se cadra, non há que ser tan rotundo ou categórico por se há que sair pola rúa dos Ciudadanos ou de Vox.Rotunda redonda que en Tras-os-Montes é a augardente fraca. Non é casual que o sínodo se reúna nas veciñas terras ourensáns, feudo dos Baltar, ese Balboa da Idade Media, señores de forca e coitelo que tan ben pintara Curros nos seus versos. Rotundo sínodo no sentido figurado de completo, fechado en si mesmo sobre o que Galiza xira desde os tempos de Don García, o derradeiro rei galego cando as rotondas eran corredoiras e carreiros e non era preciso engalanar e homoxeneizar as glorietas con plantas ornamentais e topónimos. Polos traxes sabiase ben en que terra entrabas como recolle tan ao detalle aquel poema de Rosalía. As masas arbóreas de Oliveira localízanse na conca do Sil, non lonxe de Os Peares. O domingo de Ramos será o burro e a palma no misal do templo, a partilla de esmolas, o comercio da palma branca a pendurar logo dos balcóns. Logo virán os capirotes, as candeas, cadeas, tralla e toda a parafernalia do comercio do Alén. Está por ver se, pas de la burreta, que din os ilicitanos, a dereita comezará a procesión da Entrada Triunfal de Feijóo en Xerusalén e @s galeg@s percorremos de novo as rúa coa confraría de Dores ou seremos benzoados na praza das Angustias. Campaña rotatoria dos lumes dos montes mentres a Xunta promete humanizar os centros de saúde con madeiras autóctonas ao tempo que fechan paritorios nas terras dos cigarróns. Reducen servizos e persoal sanitario e montan un circo de pantallas disuasorias con revesgados xeroulifos persas os centros de saúde e hospitais. Que quererá decir para Feijóo autóctona? Feijóo promete en precampaña homoxeneizar as rotondas, facer dos trafikcirklos un moderno carrefour giratoire con itinerarios personalizados de inserción servil. Un parque de atracións para turistas deturpadores de touroperadores amigos. Un circo rotario para apagar os lumes. Se resucita por cuarta vez, se consegue a maioría absoluta, o home dos Peares promete erguer esculturas homologadas de come chove miudiño por todas as rotondas do país. Popular política forestal e de transición ecolóxica contra o cambio climático. Malia que algún alcalde se lle adiantara.
PRAZA_18678
O presidente cita no acto de celebración da axencia autonómica o nome de Joaquín Varela de Limia obviando a sentenza do caso Campeón emitida hai un ano contra el despois de que a Xunta evitase acusalo HEMEROTECA | Condenados por corrupción no caso Campeón os cargos públicos do PP aos que a Xunta evitou acusar
O presidente cita no acto de celebración da axencia autonómica o nome de Joaquín Varela de Limia obviando a sentenza do caso Campeón emitida hai un ano contra el despois de que a Xunta evitase acusaloEn 1993 a Xunta puña a funcionar o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), axencia para o desenvolvemento económico da comunidade adscrita á Consellería de Economía e Industria cos obxectivos de facilitar a creación e o crecemento das empresas, impulsar a súa internacionalización e atraer investimentos a Galicia. Este venres o presidente Feijóo celebrou o seu 25 aniversario nun acto no que recoñeceu e agradeceu o traballo do seu persoal e, en particular, o de todos os seus directores, entre os que citou de xeito expreso o nome de "Joaquín Varela de Limia". Nin na súa intervención nin no resto do acto houbo ningunha referencia ao capítulo máis escuro da historia do Igape, a condena hai xusto un ano por corrupción no caso Campeón de Varela de Limia e do seu subdirector de información especializada, Carlos Silva, despois de que a Xunta decidise acusar a todo o resto da trama menos a eles dous e a un deputado do PP.Na súa intervención, Feijóo quixo facer un recoñecemento expreso ao "Igape no seu conxunto", incluídos os seus traballadores e os seus antigos directores, "os que teñen a oportunidade de estar aquí con nós e os que non", dixo. E a continuación citou os nomes de todos eles, incluído o de "Joaquín Varela de Limia" para engadir máis tarde que "todos os que citamos levan na súa memoria estes 25 anos de historia do Igape".O Campeón, o primeiro gran caso de corrupción que afectou aos gobernos de Feijóo, estourou en maio de 2011 coa detención entre outros dos dous directivos do Igape nomeados polo PP dous anos antesFoi en maio de 2011 cando estourou o primeiro gran caso de corrupción que afectou aos gobernos de Feijóo, o Campeón, coa detención entre outros de Varela de Limia e Silva, nomeados dous anos antes polo PP, xunto co empresario Jorge Dorribo. A sentenza chegou hai agora un ano, o 20 de novembro de 2017, e nela condenouse a 12 persoas cun relato dos feitos que constatou a existencia dunha "trama" en torno a Dorribo para obter préstamos e subvencións públicas por varios millóns de euros de xeito ilegal valéndose das xestións realizadas polos dous cargos do Igape e polo daquela deputado autonómico do PP Pablo Cobián, tamén condenado. A sentenza indica que "dita obtención fraudulenta do préstamo non sería posible sen a intervención decisiva do director do IGAPE Joaquín Varela de Limia e do subdirector de Información Especializada do IGAPE Carlos Silva e de Pablo Cobián".Feijóo avalou que a Xunta non acusase no xuízo aos dous cargos do Igape argumentando que só tiveran falta de dilixencia e non responsabilidade penal, pero a xustiza si viu esta última e condenounosTras chegar a acordos coa Fiscalía para ver rebaixadas as súas penas, Varela de Limia e Silva foron condenados como autores de delitos de negociacións prohibidas a funcionarios e se lles impuxo multa de 2.200 euros e un ano de suspensión de emprego ou cargo público. Porén, a esa condena contra os ex-directivos do Igape chegouse coa acusación exclusiva da Fiscalía despois de que a Xunta decidise non actuar nin contra eles nin contra o ex-deputado popular senón só contra o resto de membros da trama.O presidente Feijóo chegou a defender ese proceder do Goberno galego argumentando que "a Asesoría Xurídica da Xunta é a que fixa os criterios de defensa e representación en xuízo". "Cando entendemos que alguén atenta contra o diñeiro público, persoámonos", dixo, para matizar a continuación que no caso Campeón ao seu xuízo "quen atenta contra o diñeiro público son empresarios" e que os cargos públicos viran a súa labor "envolta" na trama sen "intencionalidade". "Unha cousa é perder a confianza cun funcionario e resolverlle un contrato de traballo e outra cousa é entender ou interpretar que hai responsabilidade penal na súa falta de dilixencia", engadira Feijóo. Porén, a xustiza si viu responsabilidade penal na actuación dos dous ex-cargos do Igape e os condenou por corrupción. Un ano despois, nada daquel episodio apareceu na celebración dos 25 anos do Igape na que Feijóo agradeceu o traballo, tamén, de Varela de Limia.
PRAZA_3691
Moitos concellos puxeron en marcha medidas para atender nos seus domicilios a persoas con necesidades diversas, e tamén funcionan redes de voluntariado e programas de acompañamento telefónico. 80 mil familias galegas pasan o confinamento cos seus fillos e fillas en vivendas de menos de 75 metros cadrados
Case 129 mil persoas maiores de 65 anos viven soas en Galicia, ao redor do 19% da poboación total por riba desta idadeMáis de 240.000 persoas viven soas en Galicia, segundo os datos do INE correspondentes ao pasado ano. Isto, que habitualmente podía non ser un problema, convértese nun factor que fai máis duro o día a día do confinamento para moitas persoas. No caso das persoas maiores é, ademais, un elemento que engade dificultades e risco e que limita a súa capacidade para obter subministros de todo tipo.Como xa contabamos hai uns meses, case 129 mil persoas maiores de 65 anos viven soas en Galicia, ao redor do 19% da poboación total por riba desta idade. Entre elas hai moitas máis mulleres (93 mil) que homes (36 mil). Pola contra, por debaixo dos 65 anos son moitos máis os homes que viven sós que as mulleres (65 mil fronte a 48 mil).Son moitos os concellos que dende o inicio da crise do coronavirus puxeron en marcha medidas para atender nos seus domicilios a persoas con necesidades diversasSon moitos os concellos que dende o inicio da crise do coronavirus puxeron en marcha medidas para atender nos seus domicilios a persoas con necesidades diversas, sobre todo de idade avanzada ou con problemas de mobilidade, e que non podían ou escollían por precaución non saír á rúa. Tamén redes de voluntariado impulsadas polos Gobernos locais, como na Coruña, Vigo ou Pontevedra.Tamén se están poñendo en marcha Grupos de Apoio Mutuo, formados por cidadáns e cidadás co obxectivo de detectar necesidade e achegar a súa colaboración e apoio emocional. Hai uns días falabamos con dúas persoas do GAM da Coruña, onde funcionan unha ducia de grupos noutros tantos barrios. E tamén en Ourense botaron a andar oito grupos a nivel de barrio, cun funcionamento semellante.80 mil familias galegas pasan o confinamento cos seus fillos e fillas en vivendas de menos de 75 metros cadradosSe para as persoas que habitan soas, mesmo para as máis novas, o confinamento pode facerse máis difícil que as que se atopan acompañadas, esta situación tamén se vive de forma diferente en función das características da vivenda de cada unha (comezando polo tamaño) e da súa clase social. Eldiario.es publica este luns unha análise das características das vivendas existentes do Estado Español, destacando por exemplo que o 46% das familias formadas por unha parella e tres fillos ou fillas viven en inmobles de menos de 90 metros cadrados.En Galicia a situación é semellante nas sete cidades, aínda que no conxunto da comunidade autónoma, o tamaño medio das vivendas adoita ser maior. Aínda así, 80 mil familias galegas pasan o confinamento cos seus fillos e fillas en vivendas de menos de 75 metros cadrados.CompostelaEn Compostela, o Concello fixo un chamamento ás tendas de barrio para que colaboren na subministración de alimentos aos colectivos máis vulnerablesEn Compostela, o Concello fixo un chamamento ás tendas de barrio para que colaboren na subministración de alimentos aos colectivos máis vulnerables. Os beneficiarios desta medida son aquelas persoas maiores que vivan soas, persoas con mobilidade reducida, ou persoas que se atopen en corentena. "Son as pequenas tendas, é o pequeno comercio, o que mellor coñece as veciñas e veciños do barrio e o que mellor coñece as súas necesidades", di Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais. Desta iniciativa tamén se poden beneficiar as familias que acrediten escasos recursos económicos, que poderán recoller os alimentos e produtos de primeira necesidade nestas tendas sen ter que pagalos, xa que se aboarán a través dunha conta do Concello. Este chamamento á colaboración das tendas de barrio, faise despois da reunión mantida o luns coas grandes superficies comerciais, que tamén están colaborando co goberno municipal.O Concello de Santiago habilitou o teléfono 010 para atender as necesidades dos colectivos de maior vulnerabilidade, como persoas maiores que vivan soas ou con outra persoa tamén de idade avanzada; persoas en situación de dependencia, que vivan soas ou que o seu coidador principal, non poida exercer adecuadamente o seu rol por atoparse baixo os efectos da enfermidade.LugoLugo reforzou as liñas telefónicas e o persoal para atender as necesidades básicas daqueles veciños e veciñas que se atopan sós e con problemas de saúde ou mobilidadeDe igual xeito, en Lugo a concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores reforzou as liñas telefónicas e o persoal para atender as necesidades básicas daqueles veciños e veciñas que se atopan sós e con problemas de saúde ou mobilidade. A área de Benestar reforzou as liñas telefónicas ás que pode chamar: 982297455, 982297458, 982297505 e 982297460.A concelleira, Olga López, destaca que que "estamos xerando os mecanismos necesarios para darlle unha resposta a este amplo colectivo, que pode necesitar que alguén lle faga a compra, vaia á farmacia ou mesmo que teña necesidade de compañía, e aínda que esta compañía física non vai a ser posible polas medidas de prevención polo coronavirus, si se lles acompañará vía telefónica".Así mesmo, o Concello de Lugo puxo en marcha a través da concellería de Mobilidade un servizo de compra a demanda en colaboración coas taxistas da cidade e o 010. "Queremos facilitar que as persoas que forman parte dos grupos de risco poidan quedar na casa mentres dure o estado de alarma", sinalou Rubén Arroxo, tenente de Alcalde.Outras localidadesEn Vigo, o Concello promove un programa de acompañamento telefónico para paliar os efectos de illamento nas persoas da terceira idadeEn Vigo, o Concello promove un programa de acompañamento telefónico para paliar os efectos de illamento nas persoas da terceira idade. Así mesmo, organizouse un servizo de voluntariado para atender a persoas vulnerables. Desde a Oficina de Voluntariado contáctase con todos eles para repartir traballos, que poden ir desde acompañamentos á compra ou ao médico ata as chamadas de teleasistencia.Así mesmo, en Ferrol o Concello puxo en marcha o programa "Se non podes, imos nós", un novo servizo de axuda a quen non poida saír do seu domicilio para facer compras de alimentos o medicamentos durante o estado de alarma.En Ferrol o Concello puxo en marcha o programa "Se non podes, imos nós", un novo servizo de axuda a quen non poida saír do seu domicilio para facer compras de alimentos o medicamentosEn Pontevedra, o Concello habilitou unha bolsa de voluntariado específica para a crise sanitaria, coordinada a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, co obxecto fundamental de atender as necesidades de colectivos vulnerables e de persoas maiores que viven soas e que precisan aprovisionamento de recursos básicos.Pero tamén fóra das cidades concellos de máis pequeno tamaño puxeron igualmente en marcha iniciativas para axudar as persoas que viven soas, de idade avanzada en moitos casos. Un exemplo é o Concello de Viana do Bolo, que mantivo a pleno rendemento o servizo de Axuda a Domicilio tanto na modalidade de atención á dependencia, que atende a 61 persoas, como na modalidade de atención básica, que atende a 27 persoas. O Goberno local destaca que "aos usuarios e usuarias do Servizo de Axuda no Fogar sempre lles foron atendidas as súas demandas para achegarlles menciñas e alimentación aos seus fogares".
NOS_5247
Reclama que Pyongyang aposte pola desnuclearización.
"Estou aquí para propor un plan audaz que poida mellorar drasticamente a economía de Corea do Norte e os medios de vida das persoas, no caso de que Corea do Norte deixe de desenvolver armas nucleares e se comprometa coa desnuclearización", subliñou esta segunda feira o presidente da República de Corea, Yoon Suk-yeol, que cualificou de "esencial" este paso para garantir a estabilidade na rexión. Este cambio de rumbo produciuse durante o seu discurso no 77 aniversario da liberación do país da ocupación xaponesa, o único día que celebran tanto a República do sur como a do norte. Na intervención, Yool debullou que esta iniciativa incluiría "un programa de subministración de alimentos a grande escala, apoio á xeración de enerxía e infraestruturas de transmisión e distribución", así como un plan para modernizar portos e aeroportos e "apoio técnico para a mellora de produtividade agrícola". Asemade, apuntou que a proposta tamén terá unha dotación para a mellora do sistema sanitario e un programa internacional de investimento e asistencia financeira. As 13 preguntas e respostas para entender a relevancia da OTAN O mandatario surcoreano amosou a súa disposición a activar unha exención parcial das sancións contra a República Popular Democrática de Corea, se "o proceso de consultas de desnuclearización avanza correctamente, a Administración dos Estados Unidos tamén está disposta a abrir a súa mente para discutilo", salientou Kim Tae-hyo, director adxunto da Oficina de Seguridade Nacional, en declaracións a Chosun. Amais, esta iniciativa engadiría "unha folla de ruta para a cooperación nos ámbitos político e militar", sostivo. Desenvolvemento conxunto Un acordo deste tipo, que materialice "coas autoridades norcoreanas un plan de desenvolvemento económico conxunto entre as dúas Coreas", incidiu Kim, sería o avance máis importante na normalización das relacións desde o Acordo de reconciliación, non agresión e intercambio e cooperación de 1991, que permitiu certos avances entre dous Estados que aínda están tecnicamente en guerra, ao ficar pendente un acordo de paz desde o armisticio de 1953 que puxo fin ás hostilidades. Malia que, a priori, o conservador Partido do Poder Popular de Yoon ten unha política máis distante con respecto a Pyongyang que o liberal Partido Demócrata do ex presidente Moon Jae-in, Yoon recibiu unha importante presión nos últimos meses para dar un xiro no camiño cara á reunificación, que chegou ao seu punto álxido o pasado sábado. Ese día, milleiros de persoas saíron á rúa en Seúl convocadas por forzas progresistas, sindicais e asociacións para exixir ao Executivo que suspendese a política de belixerancia cara ao norte e á China, e impulsase un tratado de paz e cooperación coa República Popular Democrática. Nesa liña, tamén reclamaron que sexan paralizados os exercicios militares conxuntos cos Estados Unidos, que ten arredor de 30.000 soldados destinados en bases militares do país. O FBI emite unha orde de busca e captura contra Alejandro Cao de Benós por "conspirar" para Corea do Norte Desde Pyongyang non houbo resposta oficial á proposta de Seúl. O presidente norcoreano, Kim Jong-un, fixo fincapé no seu discurso en que "se cultivamos as crenzas revolucionarias teremos a forza e o valor para levantar a terra e abrir camiños bloqueados", recolle o Rodong Sinmun. A próxima semana inician os exercicios militares conxuntos Do 22 de agosto ao 1 de setembro as Forzas Armadas surcoreanas e estadounidenses desenvolverán unha serie de exercicios militares, precedidos por simulacros esta semana. Hai un ano, Corea do Norte condenou estes exercicios, aseverando que contribúen a xerar tensión na península coreana. Nesta ocasión, multiplicáronse tamén ao interior de Corea do Sur as críticas pola actividade militar conxunta co Exército dos Estados Unidos.
PRAZA_19325
ENTREVISTA | A vicepresidenta da Deputación da Coruña fai balance do primeiro treito do mandato na institución asegurando que o goberno de coalición de PSdeG e BNG foi quen de trocar o "paternalismo" cos concellos por "regras transparentes" "O salto xeracional do BNG xa non ten marcha atrás"
"O salto xeracional do BNG xa non ten marcha atrás" Goretti Sanmartín é membro da Executiva Nacional do BNG e concelleira en Santiago. E, dende hai ano e medio, tamén vicepresidenta do goberno de coalición da Deputación da Coruña. O Bloque, subliña, é claro na súa oposición aos entes provinciais pero, mentres existan, sinala, procura que o maior volume posible dos recursos que manexan fiquen "nas mans dos concellos", trocando o "paternalismo" por "regras transparentes" Tras ano e medio na vicepresidencia da Deputación, que balance fai? Neste primeiro ano e medio fomos quen de darlle a volta a case todo. Fomos capaces de facer unha reorganización de xeito que os concellos teñan moita máis autonomía. Cambiamos un modelo clientelar e caciquil, que é o que moita xente ten na cabeza cando escoita falar da deputación, por outro máis ousado, no que os concellos son os que teñen a posibilidade de ter recursos económicos e decidir en que os queren gastar. Estamos adelgazando a Deputación por esa vía. Tamén fomos capaces de reducir as subvencións nominativas, incrementando a concorrencia competitiva e ordenando os caixóns de xastre con subvencións moi definidas. E de poñer ao servizo da comunidade infraestruturas como a residencia universitaria Elvira Bao, coa que tamén fixemos xustiza no ámbito da memoria histórica… "Reorganizamos a Deputación para que os concellos teñan máis autonomía" Nese sentido, formulan vostedes o chamado Plan Único para o financiamento dos concellos. Por que o presentan como un cambio para a veciñanza? O cambio fundamental é que se fai o reparto cun plan dinámico, que parte cunha cantidade moi considerable, 74 millóns de euros, e ten incorporacións durante o ano. Reforza o que era o plan de obras e servizos, increméntase tamén sobre o plan de aforro e investimentos e todos os remanentes, ademais de once liñas de subvencións que os concellos tiñan que pedir por separado. Mais sobre todo o que fai é dicirlles aos concellos que, segundo criterios acordados dende hai máis de 25 anos, saben que cantidades van levar e decidir a que as van dedicar, mesmo tamén gastos correntes sempre que sexan competencias propias. O PP asegura que este plan é menos transparente e ademais os concellos dispoñen de menos fondos… Nós sabemos que hai moitos alcaldes do PP contentos con este plan. A xustificación que deu o PP para votar en contra no pleno é que a Deputación perde protagonismo. Ese era o esquema clientelar. Claro que cedemos protagonismo aos concellos, que son os que o deben ter. É unha cuestión política que se corresponde con dous modelos, e o noso é o do adelgazamento institucional e máis autonomía financeira para os concellos. A respecto das cantidades, demostrarase en pouco tempo que imos superar as do ano pasado, porque o plan é dinámico e chegará a case 100 millóns. "Hai moitos alcaldes do PP contentos co novo plan, pero o PP vota en contra porque a Deputación perde protagonismo. Ese era o esquema clientelar" Neste sentido, tamén lles reprochan, concretamente ao BNG, que exerzan o goberno nas deputacións malia defenderen a súa desaparición. É evidente que o BNG está en contra das deputacións, sempre o dixemos. Nós chegamos a un acordo de goberno cun partido distinto, pero co que nos puxemos de acordo para poñer orde, transparencia e obxectividade. E para afondar nas transferencias de todas as competencias que non deben ser da Deputación, como os centros de ensino ou residencias e mesmo estradas. Tanto o PSOE como o BNG somos conscientes deste modelo, aínda que nós quixeramos ir moito máis alá. Vostede é tamén responsable da área de Cultura. Como co financiamento xeral, ata que punto existe equilibrio entre financiar e dirixir? Ao cabo, a Deputación asigna fondos ao tecido asociativo e municipios. Unha parte moi relevante do orzamento de cultura outorgábase en subvencións nominativas. Nós chegamos co compromiso de reducilas ao 5% e niso comezamos a traballar, poñendo orde en sacos moi grandes. E por iso aprobamos liñas específicas como festivais, museos… Tanto para concellos como para entidades, para as que ten que ser o protagonismo. Para nós o relevante son os criterios: a consolidación, o público, a importancia e presenza da cultura e da lingua galega ou a non discriminación por ningunha causa. E lanzaremos novas liñas cara á segunda parte do mandato. "As relacións entre os grupos do goberno son boas e percíbese externamente. Non hai ese bipartito que semella estar aí, pairando" Un dos fitos nos que poñen o acento é o 180 aniversario de Rosalía de Castro e o centenario da inauguración do seu monumento en Santiago. Pode haber quen lles diga: "De Rosalía xa está todo sabido"… Para nós Rosalía sempre é un fito. Poucas culturas hai no mundo que teñan unha muller como iniciadora e rompedora. Este centenario pode servir para ver como a estatua tamén tivo a súa polémica, como algunhas institucións e políticos chegan a última hora a financiala ou como finalmente a persoa que recibe o encargo non é galega. Aínda hai moito que facer para que rompan todos os tópicos sobre Rosalía, unha muller culta, comprometida e libre. Unha imaxe que tamén é unha icona para a recuperación da memoria histórica das mulleres. Poucas figuras hai que animen tanto a outras mulleres. Todo isto fano nun goberno de coalición co PSdeG. O propio termo "bipartito" ficou case estigmatizado no país nos últimos anos. Como valora a relación nese goberno, maís aínda nunha corporación tan plural? É certo que é unha corporación en minoría e cun PP moi á contra por razóns ideolóxicas. As relacións entre os grupos que conforman o goberno son boas, non hai ese bipartito que semella estar aí, pairando. Partindo de que somos forzas diferentes temos xuntanzas de traballo semanais e cada área dá contas. A relación é moi positiva e creo que tamén se percibe externamente, e tamén o percibe o propio funcionariado da casa. Se non fose así, veríase.
NOS_13263
"Matriarcas" é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego Lúas de outubro e agosto. "Matriarcas" é tamén a súa homenaxe ás mulleres reais, aquelas que mostran a súa resistencia e valentía diante da vida cotiá.
"Nos aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá", di a canción "Matriarcas", o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto que sairá á venda o vindeiro 25 de novembro. Guadi Galego rodeouse das mulleres da súa vida, das mulleres da súa familia e outras moi queridas para gravar o videoclip de "Matriarcas", un traballo audiovisual de Karlos Abal. Algunhas mestras, outras actrices e algunha música; algunhas coñecidas e outras anónimas, moitas nais mais non todas... as mulleres que convoca Guadi Galego para as súas "Matriarcas" son "mulleres reais que reflicten a resistencia na vida cotiá", explica a cantora. En Lúas de outubro e agosto, o seu segundo traballo en solitario tras Benzón de 2009, Guadi Galego anuncia un feixe de cancións nas que as emocións e os sentimentos son os protagonistas. "É o meu xeito de escribir e ver a vida, é o que lle dá sentido. Nunca penso no que vou facer ou escribir, é o que me sae e, neste momento, Lúas de outubro e agosto vén desta maneira, con emocións e sentimento", explica Guadi Galego, en adianto do que se desvelará o 25 de novembro. Coa maternidade recente, o vínculo tamén corporal coa nova xeración está moi presente neste primeiro videoclip no que mesmo se pode ver á cantante aleitando a súa filla. "Creo nas aleitadoras como un xeito de afrontar a vida, de ti a ti. Creo na lactancia materna e no vínculo que se establece, como símbolo tamén desa relación tan intensa, malia que por calquera razón non poda ser así", sinala Guadi Galego. "Matriarcas" está dedicado á escritora e amiga Begoña Caamaño, recentemente falecida. Lúas de outubro e agosto é o seu segundo disco en solitario mais na súa intensa traxectoria musical, Guadi Galego formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestinas, Espido ou aCadaCanto.
NOS_34712
A DomusVi de Vimianzo, con 35 maiores infectados, é na actualidade a residencia máis afectada pola pandemia na Galiza
A residencia DomusVi de Vimianzo, a máis afectada de Galicia nestes momentos pola pandemia, suma este domingo 10 novos casos de covid-19 entre as persoas usuarias, o que elevan o total de infectados neste centro de maiores até os 35. Así figura no último balance da situación da pandemia en Galicia ofrecido este domingo polas autoridades sanitarias, que contabilizan 114 casos de covid-19 nos xeriátricos galegos, nove máis que hai 24 horas, unha tendencia que afasta a cifra de contaxios do limiar da centena, que se chegara a rebasar por baixo o pasado mércores. No balance do domingo tamén hai que ter en conta o falecemento nas últimas horas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) dun home de 80 anos que procedía da residencia de maiores Cesantes-Redondela. Por detrás da DomusVi de Vimianzo figuran como o centros máis afectados o da Saleta de San Cristovo de Cea, con 15 infectados, o CRAPD Vigo II, con outros 15, e o xeriátrico Pontevedra de Vilaboa, con 10. Tras estas, sitúanse a Vila do Conde de Gondomar (6), móntea Tecla da Guarda (6), DomusVi Vigo (5), o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo (4), San Antonio de Beariz (3), a San Bartolomeu de Xove (3), a Cesantes-Redondela (2) e a Soremay (2). Así mesmo, hai un ancián contaxiado de coronavirus en cada un dos seguintes centros: Residencia de Foz, Nosa Señora dás Virtudes de Pontedeume, Servisenior de Brión, San Cibrao de Cervo, San Salvador de Guntín, a de Trabada, a de Covelo e o CRAPD Vigo I. Persoal contaxiado No que respecta a os traballadores e traballadoras das residencias, o cómputo global aumentou este domingo até 122, un máis que o sábado, debido ao positivo dun empregado da DomusVi de Vimianzo. Así, o Asilo Vilalba continúa como xeriátrico co maior número de empregados contaxiados, con 11, mentres que o resto de centros que figuran no parte de Política Social teñen menos dunha decena de traballadores afectados, aínda que destaca o citado centro da compañía DomusVi en Vimianzo ao ter 8 empregados contaxiados. Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade ( CAPD) non rexistran ningún cambio, polo que se manteñen sen usuarios afectados. Porén, hai novidades no persoal destas instalacións, que suman un empregado contaxiado no Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria. Son xa dous os traballadores afectados neste centro, mentres que continúan enfermos de covid-19 dous empregados do Hogar San Rafael de Vigo, un en San Vicente de Paúl de Lugo e outro do CAPD da Coruña.
NOS_11274
Un estudo de CCOO indica que no noso país as mulleres, as persoas mozas e as asalariadas a tempo parcial no sector servizos van ser as máis beneficiarias da suba do salario mínimo.
O salario mínimo interprofesional (SMI) aumentou en 2019 en 22,3%, pasando de 730 euros brutos mensuais en 14 pagas a 900 euros. Unha suba que, calcula Comisións Obreiras, puido beneficiar no conxunto do Estado 1.200.000 persoas asalariadas. O sindicato vén de publicar un completo informe, 'La subida del salario mínimo en 2019', no que debulla o impacto dese incremento por sectores e territorios. No que atinxe a Galiza, afirma o estudo que a medida ten como potenciais beneficiarios 8% da poboación asalariada: 7% dos traballadores e traballadoras a xornada completa e 10,8% dos traballadores e traballadoras a xornada parcial. Unha porcentaxe, ese 8%, superior á media española (7,4%). Tendo en conta que as persoas afiliadas á Seguridade Social no Réxime Común en Galiza son por volta de 755.000e que a suba beneficia, calcula CCOO, 8%, iso implica 53.000 persoas asalariadas. Muller, do sector servizos , con contrato temporal e menor de 25 anos. Ese é un dos perfís de beneficiario do aumento do SMI na Galiza que recolle o estudo do sindicato. Por sectores, o novo salario ten máis potenciais beneficiarios en servizos (8,5% das asalariadas), Construción e servizos (7%) e Industria (5,9%). En sanidade e servizos sanitarios beneficiará 5% dos seus asalariados e asalariadas. O estudo sitúa como potenciais beneficiarios da suba do SMI na Galiza 8% da poboación asalariada, superior á media española (7,4%) Por sexos, 9,3% das traballadoras e 5,4% dos traballadores que hai no noso país poden beneficiarse con esa suba. A nivel de Estado as porcentaxes son de 8,1 e 6,2% respectivamente. Por idade, as máis novas serían as máis afectadas por esta suba: 19% daquelas persoas asalariadas que teñan entre 16 e 24 anos; 11% das de entre 25 e 32 anos, e 6% das que posúen entre 33 e 44, son potenciais beneficiarios do incremento do SMI. En canto ao tipo de empresas, e sempre segundo esteinforme, nas sociedades de menos de 5 traballadores e traballadoras son potenciais beneficiarios 13% do persoal; mentres que de 6 a 10 persoas asalariadas beneficiaríase 10,6% do persoal; de 11 a 50, o 7% e nas empresas de 51 a 100 traballadores, o 5%. Por último, por tipo de contrato. A suba do SMI ten os seus principais beneficiarios naqueles asalariados que teñen contrato temporal: 10,4% deles son potenciais afectados por este incremento. Entre os traballadores con contrato fixo /discontínuo é 11,6%: E entre os indefinidos, 5%. Un terzo Un terzo dos traballadores galegos ingresa como máximo o salario mínimo. Este grupo aumentou en 5 puntos desde 2009. O de ingresos inferiores á metade do SMI, supón 18% das persoas asalariadas no noso país. Máis de 302.000 traballadores menores de 36 anos non acadan o salario medio anual galego. Son datos dun estudo da CIG sobre salarios.
NOS_9287
O concello de Riotorto convoca para o 26 de outubro unha asemblea de representantes institucionais, colectivos sociais, profesionais, de defensa sanitaria, sindicatos co fin de paralizar o repagamento para os doentes crónicos.
O concello de Riotorto está a abandeirar a oposición contra o repagamento de medicamentos para enfermos crónicos, aínda máis coa convocatoria dunha ampla xuntanza nacional que congregue o sábado 26 de outubro a entidades sociais e institucionais que se opoñan á aplicación da medida imposta polo PP desde o goberno de Rajoy. Colectivos sociais, colexios profesionais, plataformas en defensa da sanidade, representantes institucionais, movemento veciñal, os sindicatos, organizacións profesionais ou asociacións de doentes están convidadas a participar nesta grande xuntanza da que se agarda que saian medidas para presionar contra o repagamento. Colectivos sociais, colexios profesionais, plataformas en defensa da sanidade, representantes institucionais, movemento veciñal, os sindicatos, organizacións profesionais ou asociacións de doentes están convidadas a participar na xuntanza O Alcalde de Riotorto, Federico Xosé Gutiérrez Estoa (BNG), dirixirase persoalmente por carta a todas as entidades e asociacións implicadas para convocar a xuntanza que terá lugar ás 11 horas do sábado 26 na Casa da Cultura de Riotorto e que será aberta a quen queira participar. "Tócanos a nós dar esa grande batalla social que garanta que a sanidade en Galiza vai seguir a ser universal e gratuíto. Non hai posibilidade de mellorar o presente, de dotar o noso pobo duns estándares mínimos de calidade de vida se non somos quen de enfrontar a axenda da Xunta que é a mesma que ao do capital", sinalou o alcalde Federico Gutiérrez Estoa para quen a decisión do PP, "non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os orzamentos públicos, algo que recoñeceu o presidente da Xunta, o problema está en que o presidente da Xunta está nunha cruzada contra a sanidade pública e tanto lle ten que lle poida acontecer a unha persoa que careza de medios económicos". As liñas vermellas O alcalde de Riotorto agarda que sexa a presión social á que obrigue ao PP a dar marcha atrás a súa decisión xa que, ao seu ver, "a decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas", ao cobrar por medicamentos empregados para enfermidades como o cancro de ril, tumores cerebrais, leucemia mieloide, tumores malignos, artrite reumatoide, dexeneración macular ou a hepatite C. Gutierrez Estoa é o primeiro alcalde que manifestou a súa decisión de asumir o repago dos medicamentos por parte do concello se o PP non daba marcha atrás na imposición desta medida de recorte sanitario. A política do Ministerio de Sanidade responde, segundo Estoa, a un goberno "sen alma" que é quen de dar un "salto cualitativo " para atravesar "todas a liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade". O alcalde de Riotorto aproveitou o anuncio da convocatoria de asemblea aberta para instar ao presidente da Xunta a que paralice a entrada en vigor da resolución do pasado mes de setembro pola que se establece o repagamento de medicamentos por parte da persoa doente.
NOS_25345
A formación política ten que presentar un aval por 100.000 euros para estar presente como acusación particular no caso do Códice Calixtino. Suso Irago, Cristina Nogueira e Ricardo Picáns falaron hoxe en conferencia de prensa sobre o tema.
Candidatura do Povo realizou hoxe un acto de protesta na Praza de Cervantes de Compostela e unha conferencia de prensa na libraría Couceiro para dar a coñecer a súa postura no tema do roubo e recuperación do Códice Calixtino. "Pensamos que o patrimonio non debería estar en mans da igrexa, os que tiñan que custodiar o noso patrimonio non o fan e deixano en mans de calquera, hai responsabilidades politicas", asegurou Ricardo Picáns diante dos medios de comunicación presentes. "A nosa obriga é pedir que se esclarezan esas responsabilidades, saberémolo no momento en que accedamos ao sumario", engadiu Suso Irago. Para a Candidatura do Povo "o circo que están montando mesmo coa foto da entrega é unha vergonza". Sinalan que noutros países cando acontece algo semellante hai reaccións. "En Grecia cando desapareceron algunhas obras de arte o propio Ministro de Cultura presentou a dimisión, aqui non dimite nin Dios. Non me imaxino o que podería pasar se desapareceran as Meninas do Museo do Prado. Aqui non. Desaparece esta xoia e non pasa nada. Os mesmos que son responsábeis montan esta película co beneplácito de certos medios de comunicación", asegura Suso Irago. Candidatura do Povo sospeita que a presenza na acusación no caso do Códice de Xunta e Cabido é "para defenderse si mesmos" Outra das críticas de Candidatura do Povo foi para o xefe da policia. "Cada vez que fala chove para arriba", aseguraron. Tamén sinalaron ao presidente da Xunta de Galiza como "irresponsábel" polas súas declaracións nas que aseguraba que o feito de que se roubara o Códice Calixtino beneficiaba "o coñecemento da obra e da propia Catedral de Santiago".Candidatura do Povo sospeita que a presenza na acusación no caso do Códice de Xunta e Cabido é "para defenderse si mesmos". Segundo Irago "é imposíbel que unha persoa estivera roubando ao longo de 20 anos e que eles non saiba nada. É imposíbel que o electricista sexa o único responsábel. Que trama hai aí? É o que queremos saber. Teñen unha responsabilidade por acción ou por omisión".
NOS_20128
"A situación de maternidade non pode asimilarse á falta de capacidade funcional necesaria para desempeñar as funcións propias dun posto de traballo, senón que é un período de descanso que se goza por tal situación", indica o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) decretou que o Sergas recoñeza como tempo traballado para os efectos administrativos o período durante o cal foi chamada para traballar unha muller de baixa por maternidade que estaba incluída nas listas temporais da categoría de ATS/ DUE. O tribunal revogou así a sentenza ditada en novembro de 2018 por un Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña e acolleu parcialmente o recurso interposto pola demandante contra a resolución ditada pola Xerencia de EOXI da Coruña en decembro de 2017 relacionada coa suspensión de chamamentos durante a súa baixa por maternidade. "A situación de maternidade non pode asimilarse á falta de capacidade funcional necesaria para desempeñar as funcións propias dun posto de traballo, senón que é un período de descanso que se goza por tal situación", indica o TSXG na resolución, na que subliña que "a discriminación existe", pois destaca que "eliminada a situación de maternidade os servizos prestáronse e, polo tanto, deben recoñecerse como tales aínda que non se poidan prestar por atoparse a traballadora nunha situación que está protexida pola lei". A sala indica na resolución que o recoñecemento debe quedar limitado ao período de tempo para o que a traballadora é chamada das listas, é dicir, "o comprendido desde a data de chamamento, o día 27 de xaneiro de 2017, ata o día 3 de abril de 2017, en que se formalizou o contrato despois da baixa de maternidade".
PRAZA_5557
A fiscalía acusa a Luis Rodríguez de "apropiación indebida" por unha permuta ilegal de terreos, seguindo unha denuncia dos comuneiros opostos á actual xunta reitora. Este sábado unha andaina celebrará a "segunda primavera de Cabral".
"Apropiación indebida na súa modalidade de xestión desleal" é a acusación que a Fiscalía realiza contra Luis Rodríguez, presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral, por unha permuta ilegal de terreos. A fiscal xefe da área de Vigo, Susana García-Baquero, segue unha denuncia dos comuneiros opostos á xestión de Rodríguez, que nos últimos meses puxeron en coñecemento da xustiza outras actuacións irregulares da actual directiva, comezando polo desvío de dous millóns de euros nas contas da entidade. A Comunidade de Montes entregoulle á inmobiliaria Grucave 3.100 metros cadrados de solo industrial cunha moi boa ubicación, a cambio de 4.300 metros cadrados de solo rústico de escaso valor, e que ademais era terreo comunal A acusación da fiscal refírese a unha operación iniciada en 2006, en pleno auxe da burbulla inmobiliaria, e que chegou até 2012, mediante a cal a Comunidade de Montes de Cabral lle entregou á inmobiliaria Grucave S.L. máis de 3.100 metros cadrados de solo industrial cunha moi boa ubicación, na zona de Puxeiros, a cambio de 4.300 metros cadrados de solo rústico de escaso valor, e que ademais era terreo comunal. Ademais, antes da permuta a comunidade tivo que gastar 240 mil euros para mercarlle ao Concello unha parcela de 714 metros cadrados (a 335 euros o metro cadrado) que completaba o predio que lle interesaba á promotora. Se se aplicase ese prezo a todo o solo industrial entregado a Grucave, este tería un prezo total de máis dun millón de euros. En cambio, o solo rústico e comunal que recibiu a Comunidade non superaría os 100 mil euros no mercado. A Xunta emitiu un informe contrario á operación, pero esta levouse a cabo finalmente. Esa documentación do Goberno galego, ao igual que a declaración dun enxeñeiro que en varias ocasións advertiu das irregularidades na operación forman xa parte da investigación. Tamén se lle tomará declaración aos responsables de Grucave, a quen lles esixen presentar a declaración de compra das fincas que permutou. "Pero non a ten e non a vai ter", salienta Fernando Molares, un dos voceiros dos comuneiros opostos á actual xunta reitora, que lembra que os terreos que entregou Grucave "eran comunais". "Confiamos en que a xustiza non pare, en que siga investigando, porque compras como esta hai máis" -destaca Molares- "En ano e medio gastaron dous millóns de euros en compra de terreos, e van estar moitos nestas condicións" "Confiamos en que a xustiza non pare, en que siga investigando, porque compras como esta hai máis" -destaca Molares- "En ano e medio gastaron dous millóns de euros en compra de terreos, e van estar moitos nestas condicións". Os comuneiros opostos a Luis Rodriguez levan anos denunciando estas irregularidades e nos últimos meses presentaron unha demanda xudicial polo desfasamento de máis de dous millóns de euros entre o orzado pola entidade e os gastos reais nos dous últimos anos. O grupo opositor ten fundadas sospeitas de que boa parte deste desfasamento se debe á compra de terreos en Liñeiriños (o orzamento para a compra de terreos era de 350 mil euros e o gasto foi de 2,1 millóns de euros). No ano 2008 estaba proxectado un desenvolvemento do polígono de Liñeiriños e unha inmobiliaria comprou uns terreos, pero como o polígono non se desenvolveu, a Xunta Reitora tivo que mercarllos, seguramente por un acordo entre eles, denuncian, sumando un pago de 2,3 millóns de euros en dous anos. A denuncia da Fiscalía produciuse hai xa uns días, aínda quen non foi até este mércores que se filtrou aos medios de comunicación. Preguntado por La Voz de Galicia, Luis Rodríguez asegura descoñecer a denuncia e mantén a súa defensa da permuta ilegal de terreos, da que di que "é a mellor que fixen, xa que nos deron catro metros cadrados por cada metro cadrado da comunidade". "Segunda primavera en Cabral" Este sábado os comuneiros en defensa do monte de Cabral organizan unha xornada de andaina e concertos "para conmemorar un ano de mobilizacións" contra o intento de construción do macrocentro comercial de Porto Cabral. "Chamámoslle segunda Primavera de Cabral", destaca Fernando Molares, que lembra que van facer doce meses das primeiras asembleas (algunha na que se viviron momentos de auténtica tensión) nas que os comuneiros conseguiron paralizar o proxecto. "O nome de Primavera de Cabral responde ao xurdimento dun movemento social, cunha alta participación de xente nova, que tomou conciencia da defensa do seu patrimonio natural fronte aos intentos dunha especulación urbanística que ameaza con extinguir o monte comunal" "O nome de Primavera de Cabral responde ao xurdimento dun movemento social, cunha alta participación de xente nova, que tomou conciencia da defensa do seu patrimonio natural fronte aos intentos dunha especulación urbanística que ameaza con extinguir o monte comunal", destacan. Engaden que "por una banda o evento busca avivar a concencia dos veciños contra o proxecto Porto Cabral, pero ademais tamén é unha chamada á convivencia festiva e ao tempo reivindicativa, un alegato a prol do valor social que ten o monte comunal en Galicia, un berro de unión contra a apatía". "Érguete veciño, non deixes que outros decidan por ti o futuro da terra dos teus maiores!", conclúen. O evento comezará cun acto de presentación ás 19.30 no parque forestal de Cotogrande, seguido dunha curta andaina (30 minutos) até a Igrexa de Cabral, e alí, no adro, ás 21 horas, procederase á lectura dun manifesto que dará paso aos concertos de música. Tonhito de Poi presentará as actuacións dos grupos de música: O Leo Arremecaghona, Pandereteiras de Urdime, Fume de Caroso, Gaita&Cía, Tino Baz, e a Sanamá.
PRAZA_9609
No inicio simbólico da precampaña Villares advirte que En Marea "non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos". O voceiro de En Marea coida que non se produciu unha "ruptura" do espazo, senón que "uns poucos decidiron abandonar o barco"
Tras semanas de declaracións cruzadas e apelacións a unha improbable confluencia, esta semana ficaron despexadas todas as incógnitas no que atinxe á concorrencia electoral das forzas políticas que nas eleccións xerais de 2015 e 2016 se presentaron baixo as siglas de En Marea, denominación daquela adoptada pola coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos. O venres Anova ratificaba a ruptura das negociacións con Podemos e EU para presentárense en coalición e ao día seguinte, este sábado, En Marea presentou na Coruña as súas candidaturas tras o remate do proceso de primarias.No inicio simbólico da precampaña Villares advirte que En Marea "non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos"Coa recomposición destes espazos políticos nos titulares de todos os principais medios o voceiro de En Marea, Luís Villares, apostou este sábado por reivindicar a formación como "forza cidadá" que, dixo, "non se subordina aos partidos clásicos" e por iso "non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos". Así o afirmou no acto convocado por En Marea na Coruña para iniciar simbolicamente a súa precampaña cara ao 28-A.Villares di estar convencido de que En Marea pode ser quen de obter un apoio "maioritario" na cita coas urnas. "Estamos ante unhas eleccións nas que a cidadanía vai ter ocasión de escoller o proxecto político que mellor se acomode aos seus intereses", evidencia, e a súa oferta será a de "candidatas e candidatos que representan a diversidade social; xente que vén do mundo do traballo, do feminismo, do ecoloxismo".O voceiro de En Marea coida que non se produciu unha "ruptura" do espazo, senón que "uns poucos decidiron abandonar o barco"Son candidaturas, agrega, que pretenden obter "representación en clave democrática, social e nacional" como primeiro paso para que En Marea sexa "decisiva" no futuro de Galicia. Neste sentido, asegura, as "únicas condicións" para "integrar esta candidatura" foron "poñer a ética por riba de calquera outra consideración" e amosar un "compromiso firme e decidido coa igualdade, co progreso social, coa idea de cohesión territorial" de Galicia e "co desenvolvemento socioeconómico do noso país". Tamén, afirma, implican a asunción de "espazos políticos abertos e transparentes".Luís Villares pronunciouse deste xeito poucas horas despois de, ao ser cuestionado tanto pola decisión de Anova de non concorrer ás xerais como polo feito de que En Marea e a coalición de Podemos e EU vaian competir electoralmente, advertise de que o acontecido non pode considerarse como unha "ruptura" da confluencia. "Uns poucos decidiron abandonar o barco" ao non participar nas primarias de En Marea que, subliñou, rexeitou confeccionar candidaturas mediante "acordos de despacho". O acontecido non implica, matizou, que En Marea vaia competir noutros espazos como as propias municipais coruñesas nas que, subliña, apoia á Marea Atlántica. "Se eu estivese censado na Coruña, votaría á Marea Atlántica", sintetizou Villares.
NOS_55540
O BNG logra un novo acordo unánime do Parlamento para instar a Xunta a dispor de intérpretes de lingua de signos nos centros sanitarios do país.
"Ola, boa tarde. Teño desde hai tres días unha dor de cabeza contínua". Esta foi a mensaxe coa que a deputada do BNG Mercedes Queixas iniciou esta quinta feira a súa intervención no Parlamento galego... Mais non por medio da súa voz, senón a través da linguaxe de signos. Acto seguido, Queixas dirixiuse ás súas compañeiras e compañeiros de formación e mais a representación na sala de PSdeG e PP cunha sinxela pregunta: "Foron capaces de comprender o que eu lles quixen retransmitir? Non, verdade?". Fíxoo para pór o foco nesta mesma situación que sofren as persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva cando se dirixen ao persoal sanitario, desde os centros de saúde até as urxencias hospitalarias, "en momentos nos que é tan importante transmitir unha situación de debilidade ou vulnerabilidade onde falla a saúde". Recoñecemento de lingua de signos Queixas denunciou esta "discriminación" debido a que nos centros sanitarios do país non hai intérpretes en lingua de signos para permitir a estas persoas comunicarse cos profesionais médicos. Neste senso, lembrou que "o PP leva máis dun ano incumprindo o acordo unánime da Cámara para dotar a sanidade pública deste servizo". "Non aceptamos que suman na frustración ás persoas xordas nin toleramos a indigna actuación de Sanidade", recriminou a deputada, ao tempo que criticou o "inescusábel atraso" da Consellaría de Sanidade a este respecto. A comisión aprobou, a proposta do Bloque, unha nova moción unánime para instar a Xunta da Galiza a garantir a presenza de intérpretes nos centros de saúde. O acordo, porén, "non ten a mesma esperanza que o de hai tantos meses, despois deste incumprimento previo", lamentou Queixas. "Queremos que se garantan os dereitos humanos fundamentais, un bo Goberno ten que ser corrector das desigualdades, non mantelas", incidiu a parlamentaria nacionalista.
NOS_4331
O Ministerio de Sanidade confía en que pronto haxa máis de tres vacinas aprobadas para administrar á poboación e agarda que o incremento de doses dispoñíbeis comece a notarse nos meses de marzo ou abril.
A Comisión de Saúde Pública decidiu esta terza feira que as comunidades militar e docente terán prioridade á hora de ser vacinadas da Covid-19 co fármaco de AstraZeneca e a Universidade de Oxford. O organismo público entende que, ademais dos corpos de emerxencias como bombeiros, axentes de seguridade e funcionarias de Prisións -aliás do profesorado de Infantil e Primaria-, os membros das Forzas Armadas son "servizos esenciais". O encontro, no que participaron representantes dos distintos territorios do Estado español, pactáronse os pasos da vacinación. Tamén se fixou un novo colectivo que debe recibir ese medicamento, que son as persoas en activo de até 55 anos. A comisión tamén optara, a semana pasada, por reservar as doses de AstraZeneca para persoas de entre 18 e 55 anos, sendo as de Pzifer e Moderna as que serán aplicadas no caso da xente que supere esa franxa de idade. Por outra parte, dentro dos ámbitos sanitario e sociosanitario nos que se centra a campaña agora estabeleceuse un subgrupo tamén de risco. Dentro deste estarán fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, persoal das farmacias e dos institutos de medicina legal e servizos de axuda a domicilio, así como operarias de centros de menores e centros de día. Igualmente a categoría 3B abrangue ao persoal das penitenciarías. No grupo 6 é no que, ademais dos servizos de emerxencia, entran os militares, que son considerados polo Goberno do Estado español como un colectivo cunha "función esencial para a sociedade". Outras marcas comerciais No encontro, destacouse que é unha "boa nova" que haxa tres vacinas autorizadas para o seu uso na poboación. Porén, as e os expertos agardan que nos próximos meses haxa novas incorporacións como Janssen, Novavax e Curevac. O Ministerio de Sanidade prevé que a partir de marzo e abril haxa un ascenso "moi importante" das doses dispoñíbeis para avanzar na vacinación.
NOS_5600
A CIG convoca máis de 20 concentracións por toda Galiza.
Milleiros de mulleres galegas concentráronse na mañá desta terza feira, con motivo do Día da Muller Traballadora, que decorre cada 8 de marzo, para protestar contra a precarización laboral que afecta á máis da metade da poboación do noso país. A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou máis de 20 mobilizacións repartidas por toda a Galiza para sinalar a responsabilidade directa dos gobernos no mantemento das desigualdades e a precariedade que padecen as mulleres. En concreto, as concentracións da CIG tiveron lugar na Coruña, Carballo, Cee, Ferrol, As Pontes, Lugo, Viveiro, Ourense, Verín, Compostela, Ribeira, Pontevedra, A Estrada, Lalín, Vilagarcía, Cambados, O Grove, Vigo, O Porriño, Cangas e A Guarda. A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, que participou na concentración en Ferrol, subliñou que para a central sindical o 8 de Marzo segue a ser unha data de loita e chamou a reivindicar "unha vida digna e en igualdade para as traballadoras de calquera idade e oficio", tamén para as máis novas, que "seguen emigrando mentres padecemos unha crise demográfica insoportábel". "A pobreza segue a ter rostro de muller" Castro denunciou que "a pobreza segue a ter rostro de muller", xa que, segundo lamenta, despois de varios anos con convocatorias de paros e folgas, e das mobilizacións masivas, a realidade é que "non houbo cambios substanciais na situación laboral das mulleres". A secretaria de mulleres da CIG indicou que 73,4% do emprego que se perdeu na Galiza o pasado ano foi entre as mulleres, e que dos 421.968 novos contratos asinados en 2021 a nome de mulleres, o 94,8% foron temporais. "Perto de 30% destes contratos tiveron unha duración inferior a unha semana e 43% foron de menos dun mes, o que se supón que cada traballadora asinou unha media de 3,5 contratos", criticou. Asemade, subliñou que case 77% dos contratos a xornada parcial foron subscritos por mulleres, máis da metade por non atopar traballo a xornada completa, mentres que 20% alegaron motivos de coidado fronte a tan só 4% dos homes. Tamén fixo referencia aos "baixos ingresos que perciben as mulleres", e detallou que, mentres 32,5% dos homes obtiveron uns salarios inferiores ao SMI, esta porcentaxe increméntase até 46,7% no caso das mulleres. Segundo os últimos datos publicados pola Axencia Tributaria referidos ao ano 2020, a fenda salarial foi do 19%, "pero non porque mellorara a situación das traballadoras, senón porque foron maioritariamente mulleres as que estabamos en actividades esenciais e os homes os que estiveron maioritariamente en ERTE. De non ser así, a fenda sería maior", alertou a secretaria confederal. Concentracións doutros sindicatos Pola sua parte, Comisións Obreiras (CCOO) convocou varias concentracións en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo, mentres que a CUT convocou unha única concentración en Vigo, fronte a Inspección de Traballo.
NOS_50462
A comarca de Verín comeza a ver máis perto a recuperación dos servizos médicos suprimidos no hospital comarcal o pasado mes de decembro.
O anuncio do peche da sala de partos e das urxencias pediátricas fixérase público por sorpresa. O baixo número de nacementos e, en consecuencia, a falta de pericia profesional e de seguridade para as xestantes, foron as primeiras razóns que presentou a xerencia da área sanitaria para acabar con esa asistencia tras a xubilación do último pediatra. Estes argumentos, ademais da perda inmediata de servizos, mobilizaron a comarca desde o primeiro día, e van 43 de peche indefinido no hospital comarcal. "E aquí seguiremos", confirman a Nós Diario representantes das traballadoras máis da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monterrei. Após o nomeamento de Guillermina Agulla como nova xerente do distrito sanitario e de confirmaren a súa intención de reabrir a sala de partos, unhas e outras acordaron permanecer no hospital até que o anuncio sexa firme e a asistencia se consolide de novo. Nese momento, coinciden, as demandas cidadás seguirán, "co fin de que se repoñan outros servizos desmantelados durante os últimos anos", explica Eva Fernández, portavoz da comisión delegada do hospital comarcal. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
PRAZA_353
O candidato naronés e a lista que lidera, apoiada pola cúpula do partido, vence con claridade no proceso para elixir os órganos de dirección da formación no país.
Breogán Riobóo Lois xa é o novo secretario xeral de Podemos en Galicia. A lista Claro que Podemos, que el encabeza, sitúase tamén ao completo no Consello Cidadán autonómico tras o proceso de elección dos órganos autonómicos da formación e impúxose con claridade ás alternativas. Breogán Riobóo acadou o 54% dos votos e a lista que lidera entrou ao completo no Consello Cidadán autonómico O naronés, que foi desde a irrupción de Podemos unha das caras máis visíbeis da organización en Galicia, confirmou así as previsións e obtivo a maioría de apoios (o 54%, 1810 votos de 3868 totais) nunhas votacións que remataron este venres e que se desenvolveron durante toda esta semana e nas que participou apenas un de cada cinco inscritos no país (18.808) e nas que 520 fixérono en branco. A vitoria de Claro que Podemos é tamén a da liña oficial do partido, xa que foi a opción preferida pola cúpula do partido en Madrid, incluído Pablo Iglesias, que amosou o seu apoio a esta candidatura. Foi unha participación do 20,5% -inferior ao 37,6% do proceso para elixir as direccións e líderes locais- aínda que o número de votantes foi practicamente o mesmo -cunha diferenza dunhas 50 persoas- xa que nesta ocasión o censo era bastante maior. Xa que logo, os membros activos de Podemos en Galicia sitúanse neses pouco menos de 4.000 que adoitan participar nos comicios internos. O número de participantes nestas votacións foi case idéntico ao do anterior proceso para elixir as direccións locais: algo menos de 3.900 persoas O triunfo de Riobóo foi claro, pero a viguesa Ana Sánchez, que encabezaba unha lista alternativa, acadou o 31,3% dos votos, polo 11% da ferrolá Susana Fernández e o 3,58% de Xaime Castaño, que acudiu aos comicios de maneira independente e sen lista ningún detrás. O curioso é que o novo secretario xeral de Podemos en Galicia non foi o candidato máis votado en Galicia, senón unha compoñente da súa lista ao Consello Cidadán, Carmen Santos, que acadou 1.867 votos á hora de elixir os 34 membros do órgano de dirección galego. "Todos somos necesarios para facer de Podemos un actor referente na política galega e recuperar as institucións autonómicas para a cidadanía e convertelas en sedes da vontade popular", expresou nun comunicado a lista de Claro que Podemos. Breogán Riobóo (Narón, 1986) é monitor e director de ocio e tempo libre e traballa actualmente de teleoperador na Coruña. Vinculado antes ao BNG e a Anova, representa a cara máis galeguista e achegada ao nacionalismo de todas as listas que se presentaban a liderar Podemos no país e vén de asinar un manifesto no que defende o dereito de autodeterminación e unha concepción plurinacional do Estado español. Riobóo é partidario do dereito de autodeterminación e da confluencia de Podemos coas mareas nas municipais Tanto Riobóo como a candidatura que lidera -ao igual que as listas municipais co mesmo nome- é claro defensor da integración e participación de Podemos nas candidaturas de unidade popular ou mareas que se están a desenvolver en varias localidades de Galicia, tal e como aclarou nunha entrevista en Praza, e defende "tecer fíos e ter unha comunicación estable coas distintas entidades sociais e movementos que operan na sociedad". Na candidatura de Claro que Podemos, que integrará o Consello Cidadán galego, inclúense nomes como José García Buitrón, ex director do Chuac da Coruña e antiga histórica figura do PSOE na Coruña, ou Antón Gómez-Reino, coñecido activista e un dos asinantes fundacionais do Manifesto Mover Ficha, que se pode considerar punto de partida de Podemos.
PRAZA_20157
O alcalde de Sanxenxo renuncia ao posto nun tenso pleno como paso previo ao nomeamento de Martín. "Este señor vén a Sanxenxo a xestionar os nosos impostos ou a facer de novo os seus negocios?", preguntaba o pasado marzo o seu partido
Brinde pola volta ao poder. Tras dez anos, moitas polémicas e dous intentos fallidos por acadar o goberno de Pontevedra, Telmo Martín está a un só paso de volver coller o bastón de mando en Sanxenxo, o mesmo que manexou de 1999 a 2006. Só resta un novo pleno para que Martín tome posesión despois de que, este luns, o que fora alcalde da vila dende 2015, Gonzalo Pita, fixese oficial a súa renuncia no que definiu como un exercicio de "autofidelidade" e que os que durante estes anos foran os seus socios no goberno, BNG e PSdeG, retratan como unha "auto moción de censura" de escuros fins, un pacto de goberno que nin sequera conta co apoio da totalidade da súa propia formación. O ambiente vivido na capital turística do Salnés nas horas previas e no propio desenvolvemento do pleno non diferiu moito do rexistrado noutros concellos á hora de debater mocións de censura en sentido estrito. O salón de plenos, inzado de partidarios da operación retorno de Martín e os exteriores, cheos de veciñanza contraria á mudanza que pedían, sen éxito, poder asistir á sesión. Con este pano de fondo, como recolle Pontevedra Viva, Pita renunciou ao cargo que obtivera polo apoio na investidura ao seu partido, SAL -creado como escisión do PP local tras a marcha de Martín- (4 edís) por parte do Bloque (3 edís) e mais de PSdeG e Sanxenxo Pode, con cadanseu concelleiro. O xa ex-alcalde deixou o cargo temporalmente nas mans do ata agora responsable municipal de Urbanismo, Daniel Fernández, que para a breve transición fora designado previamente como tenente da Alcaldía. Marcha, asegura, porque non quere "nin insultos, nin imposicións nin obcecacións" para Sanxenxo. Así e todo, a retirada non é tal. Cando Telmo Martín consume o regreso do PP (8 edís) ao goberno, o vindeiro mércores, Pita ostentará a Tenencia da Alcaldía. Será, segundo o que fora construtor salpicado por presuntas diversas irregularidades, unha caste de "vicealcalde", figura que a lei só contempla para as grandes cidades. "Este señor vén a Sanxenxo xestionar os nosos impostos ou a facer de novo os seus negocios?", preguntaba o pasado marzo o partido que se dispón a devolver a Martín á alcaldía Mentres os grupos da esquerda denuncian a actitude da reunificada dereita de Sanxenxo -"ten coidado, deputado!", asegura que foi advertido o parlamentario do PSdeG Julio Torrado, presente no exterior da casa consistorial- e preguntan que intereses hai por tras da reconciliación lembran tamén a mudanza do SAL a respecto do propio Martín. Non en van, sinalan, hai apenas dous meses o perfil do partido nas redes sociais consideraba que "ao PP, encabezado polo señor Telmo Martín, Sanxenxo impórtalle un pepino". "O único que lles interesa -indicaba aquel comunicado- é chegar ao mando para recuperar o poder adquisitivo que o fixo chegar a ser o deputado máis rico". "Este señor vén a Sanxenxo a xestionar os nosos impostos ou a facer de novo os seus negocios?", preguntábanse quen agora o devolven á Alcaldía. Para quen se dispón a ser alcalde novamente se algo caracteriza a Gonzalo Pita é a "valentía" de entregarlle o poder. Martín afonda así no xa expresado nos últimos días, nos que combinou o "agradecemento" pola "cantidade de felicitacións e bos desexos" cos reproches aos seus "odiadores". "Eles fanme máis grande e motívanme para conseguir maiores obxectivos". "Sinto tanto o sufrimento e a rabia que lles produce que volva a ser alcalde que prometo compensalos traballando máis duro que a primeira vez. Un especial agradecemento aos difamadores anónimos. Agradézolles inifinitamente a súa covardía", escribiu no seu blog. A nova alianza foi selada, tal e como amosan as imaxes de Pontevedra Viva, cun brinde entre quen agora formarán bipartito. A operación recibiu nos últimos días o aval da dirección galega do PP, quen vén defendendo a remuda sobre o argumento de que Martín "gañou" as eleccións municipais en Sanxenxo, en referencia a que a súa formación foi a máis votada. Mentres, o conxunto da oposición galega censura este apoio con críticas como as lanzadas por PSdeG e BNG nos últimos días e este mesmo martes polo voceiro de En Marea, Luís Villares, que nunha visita á vila reprochou a "connivencia" de Feijóo con este "autogolpe"