ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_45465 | O anuncio fíxose tras rexistrárense varios incendios nos últimos días, supostamente cometidos polos propios migrantes para denunciar as condicións deste enclave. O Executivo prevé levantar un novo complexo a sete km de distancia. | O Goberno de Grecia prometeu que pechará antes de que acabe o ano o campamento de persoas refuxiadas da illa de Samos, onde se rexistraron varios incendios nos últimos días, supostamente cometidos polos propios migrantes para denunciar as condicións deste enclave. "A situación en Samos é moi difícil. Pecharémolo", declarou o ministro de Migración, Notis Mitarakis, á cadea ERT despois de visitar o campamento, situado nunha zona alta xunto á localidade de Vathy. O Executivo prevé levantar un novo complexo a uns sete quilómetros de distancia. Nos dous días anteriores, dous incendios provocaron a destrución de refuxios, nun aparente intento para presionar o Goberno a trasladar á poboación refuxiada á zona continental de Grecia. A Policía detivo a máis dunha vintena de migrantes pola súa suposta vinculación cos feitos. O campo alberga na actualidade a unhas 6.800 persoas, aínda que foi deseñado para dez veces menos. Esta saturación repítese tamén noutros enclaves situados nas próximas illas de Lesbos, Kos, Leros e Quíos, punto de chegada das pateras que parten desde Turquía. En total, amoréanse nos cinco unhas 40.000 persoas. |
PRAZA_10259 | O alcalde deixara o partido pero non o cargo ao ser xulgado por prevaricación por autorizar 3.000 vivendas nun ano nunha vila de 3.200 habitantes, pero en febreiro foi absolto, volveu ser o candidato popular e agora é adiantado polo BNG | O alcalde deixara o partido pero non o cargo ao ser xulgado por prevaricación por autorizar 3.000 vivendas nun ano nunha vila de 3.200 habitantes, pero en febreiro foi absolto, volveu ser o candidato popular e agora é adiantado polo BNGEn Barreiros, con 3.200 habitantes, o seu alcalde, o popular Alfonso Fuente, deu licenzas nun só ano, 2006, para construír preto de 3.000 vivendas. Quería converter a vila no "Sanxenxo do norte", construción desaforada e sen servizos públicos suficientes que foi paralizada pola daquela Xunta bipartita de PSdeG e BNG. A xustiza determinou o pasado ano que aquelas licenzas eran irregulares, pero hai tres meses considerou que a ilegalidade non chegaba a delito e absolveu o alcalde de prevaricación, o que o levou a ratificarse en que sufrira unha persecución política por parte da esquerda que pretendía gañar nos xulgados o que non conseguía nas urnas. Este domingo Fuente non só perdeu nas urnas a súa maioría absoluta senón que o PP foi adiantado polo BNG, que asumirá a alcaldía.Un xuíz considerou en febreiro que non había probas de que Fuente actuase "a sabendas" de que as licenzas eran ilegais e con esa absolución o alcalde volveu ao PPAlfonso Fuente viña gobernando Barreiros con maioría absoluta desde 2005. Malia recibir sucesivas sentenzas e resolucións administrativas contrarias ao seu proceder urbanístico, o popular leva década e media xustificando e teimando nun modelo de crecemento que, coa crise, deixou ducias de construcións a medio rematar espalladas pola paisaxe da vila, cuxas redes de electricidade, abastecemento ou saneamento non tiñan capacidade para acollelas. A comezos do último mandato, cando se lle abriu xuízo oral acusado de prevaricación polas licenzas ilegais que outorgara o seu goberno, Fuente deixou o PP, pero non a alcaldía, á espera dunha sentenza que o pasado febreiro resultou absolutoria. O xuíz concluíu que non había unha "claridade meridiana" para poder afirmar que os acusados "actuasen a sabendas da inxustiza que cometían á hora de aprobar as licenzas".Con esa absolución penal, pendente agora dun recurso presentado pola Fiscalía, e malia as condenas previas na vía contencioso-administrativa, Fuente volveu ao PP, facendo así que o partido recuperase formalmente unha alcaldía que na práctica nunca deixara de controlar. E volveu ser tamén o candidato popular nestas eleccións. Fíxoo tras anos de respaldo da Xunta de Feijóo, que nos últimos tempos vén intentando resolver con cartos públicos as deficiencias nos servizos municipais que deberan acometer no seu momento os promotores inmobiliarios.Os esforzados intentos de fiscalización do goberno local por parte do BNG déronlle a alcaldía dunha vila na que votaron 2.000 persoas, poboación que non sería quen de encher as 3.500 vivendas baleiras ou de fin de semanaNunha vila pequena e agrogandeira na que Fuente exercía un control persoal sobre todo tipo de ámbitos, os esforzados intentos de fiscalización que nos últimos anos veu desenvolvendo o BNG coa súa candidata Ana Ermida á fronte déronlle este domingo a vitoria electoral. Co PSdeG estancado nos 175 votos de hai catro anos, os nacionalistas gañaron uns 200 votos e colocáronse con 941 (46,7%), por diante dos 877 votos (43,3%) do popular, que perdeu uns 80 votos. Foi o que decidiron os 2.000 votantes da vila, poboación que nin duplicándose sería quen de encher as 3.500 vivendas de Barreiros que segundo as estatísticas oficiais están baleiras ou só se ocupan en fins de semana, sen contar as varias ducias de edificios que quedaron a medio construír. |
PRAZA_1173 | Talvez a figura de Filgueira Valverde, un erudito dunha obra inobxectable pero un personaxe historicamente máis que discutible, pode actuar como negativo dun primeiro fotograma da película que debemos comprometernos a rodar | Deixemos que vaia marchando de nosoutros o 17 de maio, con Filgueira ó carrelo, que nos pase por diante coma un tren de mercadorías con locomotora sen pantógrafo e nos deixe un fume mesto e tóxico. Así teremos escusa para protexernos, que a cousa dá xa para case toda clase de prevencións. E empecemos a tratar a lingua como merece unha lingua. Imaxino que algo semellante a iso vén a ser a soleira do edificio da normalización que se esixe, se soña e se desexa conquistar. Empecemos a tratar a lingua como merece unha lingua. Imaxino que algo semellante a iso vén a ser a soleira do edificio da normalización que se esixe, se soña e se desexa conquistar Principiemos por non lles temer ás palabras, porque é unha contradición destrutiva falar de lingua, pensala, defendela, amala, sen ceibar para fóra o maldito temor ás palabras. Un temor imposto, normalmente, ou apurrado, por mandaríns e mordomos e servidores varios do poder. Do poder real, digo, non das súas representacións holográficas. Porque a lingua tamén é, e iso ben o saben, espazo de disputa do poder, expresión da loita polo seu exercicio e folio no que se escriben as contradicións. A lingua é loita de clases baixo algunha forma precisa. Sempre o é, en calquera condición. Reproduce nas súas dinámicas o máis superficial e o máis profundo dese motor da historia. A lingua, esa é outra, é historia. E como tal, materia. Materia da que se toca, pois narra a suxeición dos seres humanos, colectiva e individualmente, ás condicións materiais que nos asaltan, ou sexa, ás relacións de produción. Como determinar, se non, a relación entre os significantes que imos tecendo pasiño a pasiño e os significados que os perseguen, ás veces desde a máis estrondosa clandestinidade. Non existen significantes baleiros, non nos enganemos; existen significados e significantes hexemónicos e significados e significantes subalternos. E, como sabemos desde hai tempo, todos eles non deixan de ser en certa medida abstraccións, pois os planos do signo lingüístico son indivisibles e inseparables. A lingua é historia e materia. Historia material. Cóntanos completamente desde o seu primeiro xesto comprensible e recoñecible. Podemos poñerlle o nome que queiramos, pero ela vaise narrando no día a día e cos materiais que vai encontrando no seu camiño. Que podemos facer senón ollala ao longo de todo o seu proceso histórico, que é o de nós, coas súas luces e as súas pesadísimas sombras. Pero que é a historia da humanidade senón un relato de luces e pesadísimas sombras? Non é acaso, dalgunha forma, un camiño en parte errado e en parte imprescindible de cristalización paulatina dunha común pulsión liberadora? Pois empecemos a comprender a lingua de nós así, desa maneira, coma un carreiro cheo de sombras que expresa necesariamente unha teimuda vontade de liberación. Esa é a gran contradición de toda lingua viva. Porque a propia vida, e por tanto a condición de ser social vivo de toda lingua, é unha inmensa contradición que probablemente non se resolve nunca. E sempre sobrevive como contradición, como conflito. Por iso ninguén coñece nin coñecerá nunca ningunha lingua perfecta. A propia vida, e por tanto a condición de ser social vivo de toda lingua, é unha inmensa contradición que probablemente non se resolve nunca. E sempre sobrevive como contradición, como conflito. Por iso ninguén coñece nin coñecerá nunca ningunha lingua perfecta Úrxenos, entón, se queremos ser nós, alertarnos contra os nosos propios monstros. E eu modestamente advirto tres, os tres intimamente relacionados. Seguro que hai máis, moitos máis. Un é a desmaterialización da lingua, a súa negación histórica. Porque poida que non nos guste o proceso que nos trouxo ata aquí, pero é o que temos e é o que somos. Se a lingua ten unha zona de construción de identidade, esta ou se expresa en termos históricos ou é puro fume idealista. E cando falamos de termos históricos referímonos a procesos de séculos, non a momentos concretos e estáticos, puras fotografías, inmobilidades idealistas que talvez responden máis a estadios idealizados de nós, da nación, da lingua, da cultura... Outro é a pureza. Non existen linguas puras. Por sorte para as linguas e para os seus falantes. Non hai pureza posible se toda lingua, cada lingua, é un proceso histórico de derrotas e, como mínimo, unha vitoria, a que permite que a lingua siga actuando coma ser vivo, ou sexa, que siga tendo rendemento social. Inevitablemente, daquela, a lingua, toda lingua ao longo da historia da humanidade, é un ser híbrido, mestizo, impuro, contraditorio e inabarcable que se constrúe sen coñecer lindes. Ou asumimos a lingua nesta dimensión híbrida, mestiza, impura, contaminada e viva, ou non encontraremos maneira de a protexermos dos seus destrutores. É dicir, de protexernos colectivamente. Canta máis distancia se abre entre os usuarios e unha idea de lingua como pureza, como unha especie de restitución histórica ideal, máis a desmaterializamos, máis a arredamos dos circuítos sociais. Máis a alleamos, por tanto, do común de nós. Podemos construír unha idea de lingua moi pura e moi tranquilizadora, pero estarémola retirando da impureza do escenario social; estaremos, por tanto, fosilizándoa. Ese será o peor favor que nos fagamos a nós mesmos, que aquí, coma en tantas outras cousas, somos o verdadeiramente importante. Ou asumimos a lingua nesta dimensión híbrida, mestiza, impura, contaminada e viva, ou non encontraremos maneira de a protexermos dos seus destrutores E aí vén o terceiro monstro, que está relacionado cos dous anteriores tamén e que eu denominaría algo así coma futuro invasivo. Porque a lingua non é cousa de futuro. Ou, digámolo doutra maneira; mellor nos será que a lingua non se acelere obsesivamente cara ao futuro, porque iso significará un consciente distanciamento do presente. Canto antes asumamos a mortalidade, a imposibilidade de sermos eternos, antes terminaremos coa infelicidade. O futuro non existe. Combatamos ferozmente, pois, a perigosa idea de derivar a lingua ao futuro, que pode chegar a ser tan nociva coma a que nos esixe que derivemos a nosa propia vida a un futuro que nunca veremos no canto de vivila. Non nos interesa o que ocorra no futuro. Porque non estaremos alí para experimentalo, claro, pero sobre todo porque o futuro está sempre escrito con letras de desaparición. O futuro non deixa de ser tamén outra abstracción, mentres non encontremos a maneira de reverter a frecha do tempo e viaxar pola dimensión espazo-temporal coma se fora un carreiro de infinitos sentidos. O futuro é pouco máis ou menos todo un colapso planetario, ben sexa pola acción suicida do ser humano, ben polo odio que nos teña algún asteroide cabrón, ben pola inevitable extinción da estrela que nos permite vivir aquí neste punto mediocre do sistema solar e do Universo. Non é o futuro o que cómpre conquistar para a lingua. É o presente. E se non centramos neste tempo presente todos os esforzos estaremos asumindo xa de entrada a peor das derrotas. Ou, o que é moitísimo peor, estarémola escribindo nós mesmos. Toda política lingüística democratizadora, que combata a uniformización e o alleamento, que se conciba normalizadora, debería focalizarse no tempo menos atendido de todos: o presente. É o máis incómodo, iso tamén, porque nos esixe luxar as mans e porque o ser humano parece que ás veces encontra moitísimo máis pracer en moverse libremente polo pasado e polo futuro. Os tempos menos comprometidos, menos materiais, máis idealizables. Non é o futuro o que cómpre conquistar para a lingua. É o presente. E se non centramos neste tempo presente todos os esforzos estaremos asumindo xa de entrada a peor das derrotas O presente é sempre moi complicado, porque nos esixe tomar decisións en cada momento. Decisións que non están marcadas en ningún libro de profecías nin en ningún manual de divulgación de ciencia paranormal para principiantes. É a propia materialidade na que nos envorcallamos a que nolo esixe, e por tanto non nos queda máis remedio que luxarnos todo o que poidamos. E aí, nese recorrente luxar as mans e os corpos e todo o que faga falla luxar, aparecen as luces da conquista de dereitos fundamentais non recoñecidos nin desde un punto de vista formal. Ou un simple dereito: vivir a totalidade das nosas vidas na nosa lingua. Un dereito tan simple e tan radicalmente democrático que o marco xurídico vixente non poderá garantir de ningunha das maneiras sen colapsar definitivamente. E entón, se é así, resultará que un dos mellores favores que nos podemos facer, tamén por razóns de lingua, que non son separables das vitais, é armar un novo poder constituínte. Por aí haberá que continuar. Sexa como sexa, igual non é mala idea que algún dos 17 de maio vindeiros se constitúa como acontecemento do principio dun grande acordo nacional pola lingua Mentres, toda política lingüística verdadeiramente democrática e normalizadora debe partir inescusablemente deste simple dereito fundamental a vivirmos na nosa propia lingua a totalidade das nosas vidas, a non termos que cambiar de idioma, activa ou pasivamente, se non nos dá a gana. Serán políticas lingüísticas de resistencia cando cumpra, pero sobre todo, talvez, de construción alternativa de realidades favorables a todos os usuarios e usuarias desta lingua que chamamos galego. E esa dimensión é a que nos permite tamén entender que ao redor das persoas usuarias, activas e pasivas, se constrúe o valor e a identificación da lingua. Sen mistificacións. Porque, ao cabo, e parafraseando a famosa tautoloxía de Fole -a fala é o que se fala-, unha lingua somos os seus usuarios. Sexa como sexa, igual non é mala idea que algún dos 17 de maio vindeiros se constitúa como acontecemento do principio dun grande acordo nacional pola lingua. Un grande acordo que nos permita esnaquizar os vellos discursos e prácticas de distanciamento e fragmentación para construír un novo discurso amplo, plural, diverso, integrador, democrático, materialista. E aí teremos que recoñecer como arbitrario o que é arbitrario e acordar as formas en que materializamos eses espazos e os sometemos aos intereses e ás necesidades dos usuarios e usuarias que todas, de múltiples maneiras, somos. Talvez a figura de Filgueira Valverde, un erudito dunha obra inobxectable pero un personaxe historicamente máis que discutible, pode actuar como negativo dun primeiro fotograma da película que debemos comprometernos a rodar Talvez a figura de Filgueira Valverde, un erudito dunha obra inobxectable pero un personaxe historicamente máis que discutible, pode actuar como negativo dun primeiro fotograma da película que debemos comprometernos a rodar. Unha película sen dono, coral, plural, diversa e de tramas abertas, á altura dos requirimentos do noso tempo. Deste presente que teimamos en conquistar. |
NOS_54832 | Os médicos do centro de saúde de Baltar (Sanxenxo) deben dedicar 50% das súas xornadas laborais a atenderen pacientes non censados no municipio; no resto do tempo, manteñen as súas axendas habituais. A chegada de turistas colapsa en todo o país unha Atención Primaria desbordada pola falta de persoal de reforzo. | As e os profesionais da Atención Primaria levan tempo advertindo da saturación que están a sufrir os Puntos de Atención Continuada (PAC) de todo o país por mor da alta incidencia da Covid-19, unha situación agravada nas últimas semanas debido ao período de vacacións e a consecuente redución dos cadros de persoal. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, restou importancia a esta cuestión na súa comparecencia ante o Parlamento da Galiza: "Dicir que nun centro de saúde en agosto a metade dos médicos están de vacacións resulta obvio", dixo, ao tempo que recoñeceu a "preocupante" situación que atravesa a Primaria. Esa mesma preocupación trasladárona ás rúas na cuarta feira as e os profesionais do PAC de Baltar —Sanxenxo—, protestando contra a decisión da Consellaría de non enviar reforzos este ano a un centro que conta cunha soa enfermeira. Aliás, as e os doutores atopan nas súas axendas até 99 pacientes por día e deben realizar gardas que superan as 17 horas. Alén de non reforzar os cadros de persoal, a xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés instou os médicos a destinaren 50% das súas xornadas laborais a atender exclusivamente turistas e outras persoas non residentes no territorio. "Na metade de tempo temos que atender un número case igual de pacientes de Sanxenxo que nun horario completo", cuestionaron. Cómpre lembrar que nesta vila turística, de pouco máis de 17.000 habitantes, a poboación chega a multiplicarse por oito no verán. Hoxe, para dar servizo a arredor de 100.000 persoas, hai apenas oito médicos. De feito, Sanxenxo fica no nivel máximo de restricións cunha incidencia acumulada a 14 días de 1.378 casos por cada 100.000 habitantes, habida conta, como xa adiantara Nós Diario, de que a Xunta non computa no municipio os positivos de persoas non censadas, polo que as cifras reais de contaxios poderían ser moito maiores. "Este é o resultado da falta de previsión e xestión" Para o portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, Xosé María Dios Diz, a saturación que padece o centro de Baltar por mor da chegada masiva de turistas podería terse evitado: "Se ti sabes que a poboación medra nun concello até niveis tan altos en agosto, non podes ter o mesmo persoal para atendela, e isto alén das persoas que colleron vacacións. É un problema de capacidade, se de 18 profesionais quedan 12 e teñen que asumir a mesma carga de traballo, está claro que a calidade da atención non pode ser a mesma", sinala a este xornal. Neste senso, considera que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) debería enviar nesta época ás localidades turísticas como Sanxenxo un médico de desprazados, "como se fixo toda a vida". "Levan doce anos no goberno sen saber xestionar a Sanidade, e as e os profesionais da Primaria sempre teñen que apandar con todo. Nós seguiremos a protestar nas rúas e faremos unha nova folga, mais, de que serve se teñen maioría absoluta?", engade. "Non hai médicos porque queren condicións dignas" A respecto da falta de persoal, García Comesaña ironizou na Cámara galega: "Non temos unha vara máxica para sacar médicos onde non os hai". Mais Dios Diz replica as palabras do conselleiro: "Se na convocatoria do MIR se presentan 30.000 persoas e só outorgas 3.000 prazas, iso significa que outras 27.000 fican desertas. A solución ante a falta de persoal é ben sinxela". Con todo, o médico de familia de Outes matiza que, malia haberen "profesionais abondo" na Galiza, estes vense "obrigados" a marchar: "A xente quere unha profesión digna, non a inestabilidade e precariedade que sofren na Galiza. Aquí formamos durante once anos médicos que logo piden o traslado a outros territorios do Estado buscando mellores condicións laborais", afirma. O doutor incide na importancia de incrementar o orzamento da Atención Primaria a 25% do gasto total en Sanidade, como recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS), así como dotar os PAC de xerencias propias para optimizar a xestión: "Os sucesivos gobernos de Núñez Feixoo fóronnos retirando recursos para deteriorar o sistema", censura. "Coñecen o problema, mais fáltalles vontade" Na cuarta feira celebrouse unha nova sesión do Consello Técnico de Atención Primaria, presidido pola Consellaría e do que forman parte diversas organizacións como SOS Sanidade Pública. Neste encontro definíronse os pasos para concretar en setembro parte das reformas acordadas até o momento. Malia recoñecer a "boa disposición" nestas xuntanzas, Dios Diz bota en falta feitos concretos: "Coñecen o problema e as intencións son boas, mais falta vontade para levalas a cabo. Semella que poñen as orelleiras cando expomos a nosa situación", asegura. |
NOS_33332 | O colectivo Defende a Galega, formado por persoal da CRTVG, suma cen venres en negro reclamando o cumprimento da lei de medios públicos e o cese da "manipulación informativa". Co Parlamento disolto, explican, "ninguén fiscaliza o que sucede nos medios públicos desde hai máis de dous meses". | Suman 100 venres vestindo de negro e reivindicándose baixo o lema #DefendeAGalega. Como valoran o percorrido e repercusión das súas demandas a prol dos medios públicos? A maior satisfacción é que a cidadanía asuma a defensa dos medios públicos, ter cambiado o discurso de "mellor pechalos porque manipulan" por outro que recoñeza que son imprescindíbeis nunha sociedade democrática e libre. E que, por iso mesmo, teñen que ser independentes. Estamos orgullosas e orgullosos do paso adiante que moitas profesionais da CRTVG deron o 25 de maio de 2018 e cada venres desde aquela. Está resultando moi positivo para a autoestima do persoal reivindicar colectivamente a nosa profesionalidade. Canto á repercusión, en boa parte da prensa galega é máis fácil atopar críticas a TV3 que información sobre os problemas dos medios públicos propios, e iso debería facernos reflexionar sobre a situación xeral dos medios na Galiza, non só os públicos. Malia todo, o debate que abriu Defende A Galega é xa incontrolable, e na próxima lexislatura, goberne quen goberne, continuar incumprindo a Lei de 2011 non vai ser unha opción. É máis fácil atopar críticas a TV3 que información sobre os problemas dos medios públicos propios Cal foi a posición da directiva do ente ás súas demandas ao longo deste tempo? As respostas da dirección cara aos profesionais foron a pretensión de impedir o uso das camisetas de Defende a Galega, a apertura de expedientes con escusas peregrinas a compañeiros que toman parte nas mobilizacións ou as advertencias para desincentivar a participación nas protestas. Na comisión de control, o director xeral da CRTVG asegura que a lei de medios públicos "é unha lei moi cumprida", cando os mecanismos para garantir a súa independencia aínda non se puxeron en marcha máis de 8 anos despois da súa aprobación. E do proceso de consultas aberto polo Consello de Administración para a futura elaboración do Estatuto e a posta en marcha do Consello de Informativos non temos apenas información nin data prevista de remate. Até 2016 o blog Eu non manipulo detallaba, precisamente, a manipulación informativa nos medios públicos galegos Desde #DesfendeAGalega tamén tedes denunciado esta problemática. Mudou nestes dous anos? Tristemente, a resposta da dirección ás denuncias de manipulación informativa segue a ser, incluso con maior intensidade, máis manipulación. E tamén, claramente, máis represión contra as traballadoras e traballadores críticos. Varias das caras máis recoñecibles e valoradas na presentación dos Informativos da TVG que manifestaron o seu apoio aos venres negros foron relegadas da pantalla, en ningún caso por motivos profesionais. Son os exemplos máis visíbeis, pero hai moitos máis. O desánimo e a desmotivación son comúns a maioría dos traballadores. A resposta da dirección ás denuncias de manipulación segue a ser máis manipulación Recibiron o XV premio José Couso á liberdade de expresión, tamén o premio da asociación de prensa de Pontevedra. Como valoran estes recoñecementos? Con moito agradecemento e co convencemento de que se os propios compañeiros e compañeiras son os que recoñecen o traballo de Defende A Galega é porque ninguén mellor que o propio gremio sabe de que estamos a falar e do importante que é preservar uns medios de comunicación independentes e libres de inxerencias, máis aínda se son públicos, porque o seu labor é esencial para ter unha sociedade libre, crítica e plural. O debate de cara as eleccións estatais de novembro de 2019 arrancou na TVG co apoio das representantes da oposición ao persoal mobilizado. Agardan que ese apoio se traduza en propostas ante os vindeiros comicios galegos? Desde logo, tan específicas como as que lles fixemos chegar aos partidos directamente nun documento que tamén fixemos público de cara as eleccións do 5 de abril que foron suspendidas. En resumo, reclamamos a destitución inmediata do director xeral da CRTVG e o nomeamento doutra persoa seguindo o criterio marcado pola lei de medios, a creación do consello de informativos recollido na mesma, a recuperación das delegacións territoriais suprimidas en 2008 ou a fin da política de desmantelamento, entre outros. O contrario sería incomprensíbel, ademais de incoherente. Ninguén fiscaliza o que sucede nos medios públicos desde hai máis de dous meses Galiza atópase nunha situación só comparábel a do País Vasco, cun Parlamento disolto durante o estado de alarma. Inflúe este contexto na cobertura informativa? Co Parlamento disolto estao tamén o único órgano ante o que a compañía ten que render contas da xestión e do cumprimento da función de servizo público que se lle encomendou, a Comisión Permanente de Control da CRTVG. Isto significa que ninguén fiscaliza o que sucede nos medios públicos desde hai máis de dous meses. A Cámara na que reside a soberanía popular non pode estar pechada ata que o Goberno de quenda decida cando lle interesa volvela poñer en marcha, máxime nunha situación excepcional como a que vivimos. Por iso Defende A Galega únese ás voces que urxen a súa reapertura. Que agardan da cobertura de cara aos citados comicios galegos? Non contamos con que se produzan cambios con respecto a períodos preelectorais e electorais precedentes, máis aló do feito gravísimo de que este se está estendendo, e semella que se vai estender moito máis do habitual, a monopolización dos informativos pola Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo. A CRTVG é de todos os galegos e débese única e exclusivamente a eles, por iso ten que atender os intereses da cidadanía. Xa o dixemos en máis dunha ocasión: os partidos, todos, teñen que entender dunha vez por todas que a TVG e a Radio Galega non forman parte do botín que leva quen gaña os comicios. A CRTVG ten que atender os intereses da cidadanía Para rematar, os medios de comunicación son considerados un servizo esencial na pandemia da COVID-19. Nese contexto, que consideran que deberían aportar os públicos? Deben ofrecer á cidadanía información veraz e contrastada, non dirixida por nin contra ninguén, aportar sosego, reflexión e análise, fuxir de sensacionalismos e evitar recrearse nas desgrazas. Tentar resolver dúbidas acudindo para iso a expertas -que poucas estamos vendo e escoitando nas últimas semanas- e expertos. Nunha situación como a actual é obrigado que multipliquen a programación con contidos educativos, que en circunstancias normais debería ser moita máis da que é. E para o público infantil habería que aproveitar o potencial do Xabarín Club. O mesmo deberían facer cos espazos culturais, que terían que promover en lugar de recortar. Sen esquecernos do entretemento, dirixido fundamentalmente nesta emerxencia sanitaria aos maiores: son moitos os que reclaman máis programas para distraérense e menos bombardeo de información negativa sobre o coronavirus tendo en conta que son o colectivo con maior risco de se contaxiaren. |
PRAZA_20887 | Cen equipos de vacinación, que o Sergas define como "corpo de elite", encárganse dun labor cunha municiosa loxística para garantir a correcta temperatura das doses, o seu transporte axeitado e unha correcta administración. | Os equipos de vacinación, con dous profesionais, levan o peso dun minucioso traballo con moito máis labor por detrásO Sergas leva administradas máis de 50.000 vacinas contra a COVID e iniciou este domingo a inoculación da segunda dose aos primeiros usuarios de residencias vacinados en Santiago hai tres semanas. Desde aquel 27 de decembro, cen equipos de vacinación --compostos por cadansúas dúas enfermeiras-- levan o peso dun traballo minucioso que ten moito máis labor por tras. Detallouno o pasado venres a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e relatouno en primeira persoa para Praza.gal Lidia López, unha das integrantes do que a responsable do Sergas define como "corpo de elite" e que gaba pola súa "aptitude, vocación e humanidade". Polo momento, son eses 200 profesionais os que se dedican en exclusiva á vacinación, na que se priorizaron os 24.000 usuarios e 17.500 traballadores das 556 residencias e centros de maiores de Galicia, para comezar tamén esta pasada semana co seguinte "grupo diana": uns 25.000 profesionais da sanidade pública e 1.200 da privada en primeira liña contra a COVID. A continuación, será o persoal doutros ámbitos sociosanitarios e grandes dependentes. Pero como é o camiño das vacinas? Onde e como se gardan? Como se administran? Velaquí algunhas respostas. As vacinas consérvanse entre -80 e -60 graos en sete ultraconxeladores cunha alarma que avisa no caso de que a temperatura saíse do rango marcadoAs vacinas Pzifer --polo momento as utilizadas á marxe dunha pequena remesa de Moderna-- precisan ser conservadas a moi baixa temperatura, entre -80 e -60 graos. Almacénanse nun único punto, nunha empresa do polígono da Sionlla en Santiago. Alí, permanecen gardadas en sete ultraconxeladores, en neveiras que contan cun sistema de alarma que avisa no caso de que a temperatura saíse fóra do rango determinado, ademais de espazos alternativos no caso dalgunha avaría ou incidencia. Ao seren desconxeladas, as doses deben permanecer nunha temperatura de entre 2 e 8 graos e hai un prazo de cinco días para inoculalas. Os vehículos encargados do transporte --específicos para este labor-- contan con caixas que manteñen as vacinas á temperatura necesaria e que rexistran os graos de maneira continua. Transportan só as indicadas para cada xornada. Cada dose da vacina é nominal, asignada a cada unha das persoas que as reciben e incluída nunha listaxeÉ a Dirección Xeral de Saúde Pública quen tramita os pedidos das vacinas, que logo son transportadas segundo a organización que establece cada área sanitaria. No caso das residencias, a Consellería de Política Social facilita a listaxe das persoas que deben recibir cada dose. As doses da vacina son nominais, asignadas a cada unha das persoas que as reciben. "Cada unha para unha persoa concreta que previamente foi citada e incluída nunha listaxe a través dun rexistro electrónico", explicaba Carmen Durán. É a través desas listaxes como as enfermeiras encargadas da vacinación van rexistrando o número de vacinas administradas e as persoas que recibiron a dose. Fano nun ordenador portátil que forma parte do material que recibiu cada un dos equipos, xunto a un teléfono móbil e á instrumentación e medicación necesaria no caso dalgunha reacción adversa. É o seu labor, tamén, ter preparados e asinados os consentimentos informados de todas as persoas, así como preparar a lista dos días seguintes. Todo co máis minucioso detalle. "O meu recoñecemento a todas elas porque sabían que viñan días de moi duro traballo", asegurou o pasado venres Carmen Durán, que destacou e valorou os numerosos "ofrecementos" de profesionais do Sergas para traballar nestes equipos de vacinación con experiencia e que pasaron un curso de formación previo á que se inscribiron máis de 7.000 profesionais. Un transporte específico traslada as doses indicadas aos lugares de vacinación, coa refrixeración requirida; á volta, recolle os residuos e os viais non usadosNos cursos detalláronse as características das vacinas, o manexo dos rexistros electrónicos, facilitáronse teléfonos para a resolución de dúbidas, así como material formativo e informativo. Ademais, dotouse dun código específico no 061 para posibles casos de reaccións adversas graves á vacina. Logo da administración da vacina, do rexistro de cada vacinado e da comprobación das doses administradas, o mesmo transporte que traslada o necesario para a inoculación percorre o mesmo camiño á inversa polos lugares onde se leva a cabo para recoller os residuos, así como os viais que non se empregaron, e garantir así a trazabilidade. |
NOS_7055 | Do 2 ao 4 de marzo a vila arzuá acollerá os mellores queixos no recinto feiral ao tempo que terán lugar múltiples e diferentes actividades, obradoiros, concursos... Todo rematado con dous días de festival de balde cun cartel que abrangue desde Sidonie a Son de Seu, pasando por Ilegales ou Rosa Cedrón, entre outros. | O 2,3 e 4 de marzo non hai desculpa para non ir a "queixear" a Arzúa, que celebra a 43 edición dunha festa que se converteu ao longo dos anos en cita imprescindíbel para miles de galegos. Un privilexio que se labrou aos poucos desde a súa primeira edición, en 1976, e que fai que hoxe sexa un refrente mesmo alén das nosas fronteiras. Van ser tres días nos que na vila poderase atopar todo o relacionado co queixo mais non só iso, hai un completo programa de actividades para que públicos de todas as idades podan gozar da festa: concursos, catas, obradoiros, pequefestival, exposicións, e o coñecido festival de música. Con razón o alcalde de Arzúa, José Luis García, afirmou esta quinta feira na presentación da Festa do Queixo que "o que proba, repite". Destacou a colaboración coa EFA Piñeiral, o consello regulador da DOP Arzua-Ulloa. Sinalou que Arzúa inviste moitos recursos no evento, máis que ningún outro concello en promocionar o queixo, e que mesmo así recibe menos apoios institucionais que outros eventos de menor relevancia e repercusión. A festa é un inmenso motor económico para a vila e a comarca, resaltou. Calidade O recinto feiral estará cheo con 70 expositores, entre eles 52 queixerías. Como explicou o concelleiro de Cultura, Miguel Vallo, haberá varias queixerías novas de todas partes do Estado e varios premios World Cheese Awards, queixerías PLTs tradicionais todas co obrigatorio rexistro sanitario, e a variedade de locais de alimentación especializada, de Galiza e de fóra, con doce de algas, crema de mirabeis, pimentón de La Vera ou moitos máis produtos gourmet. Tamén está garantida a presenza dos concellos veciños como Boimorto e Melide, este a través da asociación Melide Terra Doce. O concurso de tapas e petiscos, nos que se involucran máis dunha vintena de locais, vai ser outra das propostas das que gozar durante eses días en Arzúa. Un programa que contempla tamén outras moitas actividades algunas das cales veñen desenvolvéndose desde semanas antes. Música, outra das protagonistas O sábado, día 3, ás 12:00 horas terá lugar a inauguración oficial. O pregón vai correr a cargo de Toñito de Poi, músico e artista cun longo currículo no que sobrancean os Heredeiros da Cruz. Ao remate do pregón terá lugar a inauguración do busto en bronce de Ana Kiro, obra de Camilo Seira, no parque a carón do campo da feira. Kiro, auténtica lenda da música popular galega, naceu na aldeá arzuá da Castañeda. Ese mesmo día, ás 21:30 horas, vai ter lugar a actuación de No Crafts, gañadores da Xa edición do Queixo Maquetón, concurso no que participaron ducias de bandas. Será a pistolada de saída para os concertos da Festa do Queixo, toda unha referencia. O sábado, ademais de No Crafts, será a quenda de Ilegales –mitos vivintes do rock español- e Sidonie, pondo o ramo á noite o DJ David Van Bilen & Juan Reich. O domingo haberá sesión vermú pola Banda de Música de Arzúa e, xa pola tarde, os concertos de Rosa Cedrón e Son de Seu. |
NOS_42525 | O Partido Socialista, con Europa Ecoloxía-Os Verdes e a Fronte de Esquerdas venceron na primeira rolda dos comicios e parten con vantaxe para ratificar a maioría absoluta | O Partido Socialista francés e os seus aliados gañaron a primeira rolda das eleccións parlamentarias e parte con toda a vantaxe para ratificar a maioría absoluta na Asemblea Nacional na segunda volta da semana que vén coa totalidade dos votos escrutados. A abstención alcanzou niveis récord: 42,7 por cento. Os socialistas do presidente François Hollande conseguiron o 34,5 por cento dos votos fronte ao 33,9 da Unión por un Movemento Popular (UMP), cun índice de abstención do 42 por cento. A Fronte Nacional de Marine Le Pen, rebautizado Agrupación Azul Marine, obtería un 14 por cento, segundo datos do Ministerio do Interior recolleitos na prensa francesa. Esta porcentaxe, traducido a escanos, concede aos socialistas entre 293 e 323 escanos, o que lles garante os 289 escanos necesarios para obter a maioría absoluta na cámara de 577 asentos. UMP conseguirían entre 218 e 248 escanos, por entre 0 a 2 escanos da Fronte Nacional. En comparación coa primeira volta dos comicios lexislativos de 2007, a esquerda obtén un once por cento máis, mentres que a Fronte Nacional triplica os votos solicitados. Os Verdes obtiveron o 4,9 dos votos, entre 15 e 20 deputados, mentres que o partido de corte comunista encabezado por por Jean-Luc Mélenchon, queda co 6,5 dos votos, entre 13 e 18 escanos. |
NOS_26854 | Denuncian que a Consellaría do Mar acotou as zonas para a extracción da mexilla "sen explicación algunha". | O sector do mexillón concentrouse este sábado ante o Parlamento galego para denunciar as restricións impostas pola Xunta "sen explicación ningunha" á extracción de mexilla ─cria do mexillón─ para o seu posterior cultivo nas bateas. A forte presencia policial impediu as persoas manifestantes achegarse á Cámara galega, onde Alfonso Rueda estaba a tomar posesión como novo presidente da Xunta da Galiza. De feito, tivéronse que limitar a ocupar as partes superior e inferior da rúa do Hórreo, onde fixeron soar chifres e vuvuzelas ao paso dos coches oficiais. Tal e como explicou o presidente da Asociación Arousa Norte, Alejandro Tubío, cando comezou a campaña deste ano, a Consellería do Mar, "sen dicir nada", acoutou a maior parte das zonas baseándose en informes que, segundo indica, "non son reais nin se poden comprobar". Asegura ademais que ela ten outros que, "efectivamente, demostran que hai zonas nas que se pode coller sen comprometer ningún outro cultivo, prexudicando seriamente a actividade sen explicación ningunha". A Xunta restrinxe a cota máxima de mexilla por batea Pola súa banda, o presidente da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega), Ricardo Herbón, apuntou que "a xente está indignada; prometéuselle a apertura de zonas a principios de abril e a día de hoxe seguen sen abrir". Explican que a viabilidade das súas explotacións depende de que poidan abastecer de mexillóns os cultivos. "Agora mesmo estamos miles de familias no aire, sen poder abastecer ás bateas e sen ter ningunha explicación", lamentou Tubío, que comentou ademais que se están vendo afectados ao redor de 9.000 autónomos, que soben até os 16.000 se se ten en conta aos traballadores por conta allea. "E falamos só dos que dependen directamente; logo hai outras industrias secundarias", puntualiza. O conflito da mexilla pode facer caer 30% a produción de mexillón Dese o sector non entenden a actitude da conselleira, Rosa Quintana, e insisten en que "se non se pon a semente nas bateas, haberá unha diminución na produción que se verá reflectida nas próximas colleitas". "Despois seguramente nos botemos as mans á cabeza, pero será un pouco tarde", advertiu Herbón. |
PRAZA_14080 | O candidato do BNG, que interveu esta mañá ante o Consello Nacional, presenta a súa formación como "un dique fronte ás desigualdades e a inxustiza, fronte ao centralismo e a perda de democracia, que impulse a economía produtiva para crear emprego". | O Consello Nacional do BNG celebrou este sábado a súa primeira reunión despois do verán, cun protagonismo absoluto para Francisco Jorquera, candidato da formación á Presidencia da Xunta. Jorquera cargou contra Alberto Núñez Feijoo, ao que acusou de ocultar o seu programa real para tentar "reter o poder", como -dixo- fixera Rajoy o pasado ano para gañar as eleccións xerais. E afirmou que "en política, non se pode gobernar sempre sustentándose na mentira, aínda que esta se parapete nun inmenso muro de propaganda". Jorquera advertiu que os tres anos de Goberno de Feijoo levaron a que Galicia "decreza máis que a media estatal", a que "nunca na historia de Galiza houbera tantas persoas sen traballo", ou a que "a débeda pública pasara de 3.200 a 8.000 millóns de euros". Asi mesmo, acusou o líder popular de ser "cómplice dun goberno que tolera o roubo das preferentes mentres entrega 4.500 millóns a Bankia". Finalmente, cualificou a Feijoo como "o pior presidente que tivo Galiza". Por ese motivo retou a Feijoo a "debater" con el, e a poñer cartas arriba os resultados reais da súa xestión. Para Jorquera, Galicia "non necesita unha simple alternancia de goberno" En contraposición, defendeu que o BNG será "un dique fronte ás desigualdades e a inxustiza, fronte ao centralismo e a perda de democracia, que impulse a economía produtiva para crear emprego" e reclamou que "Galiza non necesita unha simple alternancia de goberno, que foi a que houbo en Madrid cando gañou Rajoy", apostando por un Goberno liderado polos nacionalistas. O candidato nacionalista concluíu a súa intervención facendo un chamamento "a transformar o descontento social maioritario en enerxía alternativa" que, defendeu, está representada polo BNG "para facer posíbel o cambio real que Galiza necesita". |
PRAZA_16840 | Estamos así diante dunha Xunta de Galicia que paga cada vez máis pola débeda sen evitar, senón todo o contrario, estar cada vez mais endebedada. Velaí a grande estafa. | Entre as moitas ensinanzas que nos deixa a gran recesión non é a menos relevante que aquilo que as elites dominantes e os seus medios altofalantes –que son maioría- nos contaron sobre as causas da crise financeira foi toda unha sarta de mentiras. Mentiras coas que intentaron tapar a súa enorme responsabilidade tanto na crise financeira como na posterior grande recesión, seguramente unha das mais grandes na historia do sistema capitalista. Se facemos memoria lembraremos que estas elites tentaron convencernos de que a crise financeira fora consecuencia de que "viviamos por riba das nosas posibilidades". En termos macroeconómicos que a demanda superaba a oferta, o que tería provocado que se dispararan os déficits e as débedas públicas e que se producira o colapso económico. Feito o diagnóstico, déficits e débedas públicas excesivos, o remedio aparecía doado: había que corrixir eses desequilibrios, había que frear as demandas pública e privada. Así puxéronse en marcha políticas procíclicas de axuste fiscal e rebaixa salarial (acertadamente coñecidas como políticas austericidas) quen lonxe de corrixir aqueles supostos desequilibrios provocaron a grande recesión económica. Non podía ter sido doutro xeito. En primeiro lugar puido comprobarse a gran mentira en que se apoiaba o diagnóstico das elites: a crise financeira non fora provocada polos excesivos déficits e débedas públicas xa que non eran tales. Así no ano 2008 nin España nin Galiza tiñan unhas débedas públicas elevadas: si a débeda pública española ascendía a 450.000 millóns de euros que equivalían ao 39,5% do PIB, a débeda pública galega era de 3.950 millóns de euros equivalentes ao 6% do PIB. En segundo lugar o que non dixeron esas elites, pero que quedou en evidencia axiña, era que si había un problema de débedas este era de débedas privadas. Unhas débedas privadas que, no conxunto do estado español, superaban os 3,5 billóns de euros que equivalían ao 330% do PIB. Finalmente tampouco se dixo que o maior debedor privado era o sistema bancario –bancos e caixas- cuxa débeda superaba os 1,5 billóns de euros que equivalían ao 140% do PIB español. Unhas débedas derivadas do excesivo apalancamento no que se meteran para financiar a burbulla inmobiliaria. Unhas débedas privadas excesivas que si afectaron a demanda colaborando así ao estoupido da grande crise. Unha vez estendida a grande mentira estas elites procederon a montar a grande estafa. A recuperación económica so podía producirse, dixéronnos aquelas, si se atallaban os supostos males: os excesivos déficits e débedas públicas. Había, xa que logo, que fixar os obxectivos fiscais que permitiran saneala economía (3% do PIB de déficit, 60% de débeda pública segundo o tratado de Maastricht) para así poder entrar na senda dun crecemento sostido e prolongado. Obxectivos que, segundo estes profetas do austericidio, esixían duras políticas de axuste fiscal e rebaixa salarial. Políticas que nembargante non so non trouxeron a anunciada recuperación económica senón que provocaron a grande recesión sen sequera conseguir os obxectivos fiscais prometidos. Así logo de case unha década de políticas austericidas a débeda pública española disparouse (2017) ata superar o valor de 1 billón de euros (98,5% do PIB), e a débeda publica galega situouse por riba dos 11.200 millóns de euros (19,5% do PIB). En definitiva ámbalas dúas débedas multiplicaron o seu valor converténdose así en insostibles pois medran moi por riba do que medran ambas economías: a débeda pública galega, por caso, tivo un crecemento medio anual do 28,5%. Analizando en detalle a dinámica da débeda pública galega –noutro artigo analizarei a débeda española-, tendo como fonte os respectivos Orzamentos da Xunta de Galicia, comprobamos como durante os mandatos de A. Núñez Feijoo (PP), ao fronte da Xunta de Galicia, a débeda pública galega multiplicouse por mais de tres (+320%). Por si isto non fora suficiente durante este período a Xunta de Galicia fixo pagos por servizos desa débeda equivalentes a 11.000 millóns de euros (2.500 en xuros e 8.500 en amortizacións), cifras que nos subliñan como a pesares de ter pagado un importe claramente superior ao valor inicial da débeda (+275%) esta non parou de medrar (+320%). Unha estafa que queda mais en evidencia cando se comproba que mentres no ano 2009 –ano da chegada do Partido Popular a Xunta de Galicia- un 45% (395 millóns de euros) dos ingresos por débeda (850 millóns de euros) foron para os pagos por servizos da mesma e un 55% (455 millóns de euros) destináronse a financiar servizos públicos, infraestruturas, gastos de funcionamento, etc. No ano 2017 a situación foi radicalmente distinta: os pagos por servizos da mesma (1.850 millóns de euros) representaron o 92,5% dos ingresos por débeda (2.000 millóns de euros) quedando so un 7,5% (150 millóns de euros) para financiar outros gastos. Velaí a grande eficiencia como xestores dos actuais responsables da Xunta de Galicia!: débeda (ingreso) para financiar case exclusivamente débeda (gasto) sen por elo evitar que esta sega medrando. Un negocio redondo para os bancos si temos en conta que preto do 25% da mesma son prestamos bancarios directos e un 50% é débeda co Estado que, na súa maior parte, son tamén prestamos bancarios. Finalmente sinalar que, a pesar dos recortes no gasto público (-25% en termos reais), o recurso a débeda para financiar os Orzamentos por parte da Xunta de Galicia é cada vez maior, pois si no ano 2009 os ingresos por débeda supoñían 8% dos ingresos totais no ano 2017 ascenderon ao 18,5%. Estamos así diante dunha Xunta de Galicia que paga cada vez máis pola débeda sen evitar, senón todo o contrario, estar cada vez mais endebedada. Velaí a grande estafa. Galicia, con A. Núñez Feijoo ao fronte da Xunta, entrou no labirinto das débedas públicas: moi fácil entrar pero moi difícil saír. Difícil saída pero non imposible como están demostrando, a pesares dos atrancos que lles pon o ministro de Facenda Cristobal Montoro, os chamados "concellos de cambio". So hai que ter vontade para cambialas políticas austericidas que alimentan as débedas. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a> |
PRAZA_2200 | Non é a cantidade, senón a calidade, o que importa en Curtocircuíto. O proxecto que o seu director, Pela del Álamo, tiña para o festival vai facéndose realidade. Máis cinema de autor. E propostas de calidade para todos os públicos | Curtocircuíto segue medrando, mais non son as cifras o que importa. A súa actual orientación cara ao cinema máis autoral e experimental combínase, segundo o seu director, Pela del Álamo, con propostas de calidade para todos os públicos. Sempre coa ollada posta no encontro, -no festival como lugar para o diálogo cultural-, e na bilateralidade, -no reforzo da internacionalización do cinema galego e na intención de darlle ao espectador galego a oportunidade de ver o mellor da curtametraxe mundial-. Entre o 6 e o 11 de outubro, o público poderá ver 40 películas na sección oficial, con nomes como Ben Russell (Atlantis), Mark Rappaport (Becoming Anita Eckberg) ou Jennifer Reeder (Blood Below Your Skin); así como 20 estreas no Estado, entre elas a nova de Lois Patiño. Ou os últimos traballos de Marcos Nine, Miguel Mariño, Xisela Franco, Luís Avilés e Jaione Camborda. Falamos con Pela sobre toda a programación. Recibistes 3.270 propostas de 93 países. O festival medra, nese sentido? Cando eu cheguei, no ano 2013, formulamos un novo modelo, un novo camiño para o festival. O noso obxectivo non é medrar a nivel cuantitativo, senón cualitativo. Nese sentido, poderiamos dicir que este é o primeiro ano que Curtocircuíto é o que debe e pode ser. O número de curtas recibidas é moi elevado, pero o importante é ter unha programación de calidade, facer o esforzo de ir aos festivais e aos foros para preparala e escoller as curtas que se sitúen na nosa liña, no noso discurso cinematográfico. Unha vintena dos filmes que poderemos ver son estreas no Estado. Queres salientar algunha? A metade da Sección Oficial son estreas, e iso que non é algo que nós lle esixamos aos autores. Pero o feito de que haxa 20 películas cuxos creadores decidiron que Curtocircuíto sería o lugar onde se poderían ver por primeira vez en España debe significar que estamos no bo camiño. E para min é especialmente significativo que haxa directores galegos, coma Lois Patiño, que optaron por estrear con nós. Penso que o xesto de Lois fai festival e fai país. Poderemos ver o seu filme Noite sen distancia na sección Explora. Das estreas podemos subliñar tamén Blood below the skin, de Jennifer Reeder, que estivo na Berlinale; La impresión de una guerra de Camilo Restrepo, que vén de Locarno e World of tomorrow, de Don Hertzfeldt, que vén de Sundance. Dedicarase unha sección especial a Aki Kaurismäki. E será para ver filmes pouco coñecidos. Cando estiven con Aki en Portugal falando do que podiamos facer, estivemos de acordo en que volver proxectar películas xa coñecidas non xustificaba a súa presenza en Curtocircuíto. Pedinlle, entón, que mostrase a súa conexión co mundo da música, e en especial coa banda Leningrad Cowboys. Por outra banda, como Portugal para nós é un aliado total por moitas razóns, decidimos traer as súas curtas portuguesas, e tamén algunhas non portuguesas, pero non coñecidas. Que Aki sexa programador en Curtocircuíto é unha honra. A selección que fixo é heterodoxa. É un luxo telo con nós, presentando as súas películas. Que Aki sexa programador en Curtocircuíto é unha honra. A selección que fixo é heterodoxa. É un luxo telo con nós, presentando as súas películas En Planeta GZ, a sección dedicada á creación galega, poderemos ver este ano filmes de Marcos Nine, Jaione Camborda, Xisela Franco, Miguel Mariño… nomes que foron facéndose coñecidos a través doutros festivais… Planeta GZ tiña que seguir a nova liña programática de Curtocircuíto: sen esquecer o máis arriscado, non podía deixar de atender o conxunto da produción galega do ano. Así, temos desde cinema máis narrativo, como o Unary de Luis Avilés, ata a nova proposta de Marcos Nine, Rorschach #1: Puntos de autoridade, que é absolutamente abstracta e ten que ver co cinema expandido. Tamén temos por exemplo Historia cerebro de Borja Santomé, unha animación en 2D feita á man, pintada con acuarelas. Borja é moi novo e para nós foi un gran descubrimento. Jaione e Xisela xa levan máis tempo traballando, Miguel Mariño e Álvaro Fernández-Pulpeiro estiveron no Play-Doc… Tamén é moi interesante Volontè, de Marcos Flórez, Helena Girón, Rafa Mallo, Roberto Mallo, Miguel Prado, Lucas Vázquez de la Rubia e Lucía Vilela. Manolo González, unha persoa á que o sector lle debe, entre outras moitas cousas, a creación das axudas de talento, fará de programador en 'Carta branca', onde poderemos ver unha escolma da historia do cinema galego. Curtocircuíto é un festival internacional cunha vocación de servir tamén de ponte de ida e volta, de internacionalización para o cinema galego. Por iso temos Planeta GZ e por iso lle damos carta branca a Manolo González para que poida darnos a súa perspectiva da historia do noso cine. Manolo é un mestre, unha referencia para todos nós. Non hai ninguén da miña xeración que non sentise o agarimo e o apoio de Manolo, que sempre está aí. Curtocircuíto tiña a obriga de darlle un espazo. El fai unha relectura do cinema galego. Hai non moito a Cidade da Cultura acolleu a mostra Cinegalicia25 , unha ollada posible ao cinema dos últimos 25 anos na que faltaban cousas, e entre elas Manolo. En Curtocircuíto quixemos complementar esa ollada. Seguindo cos galegos, teremos tamén a Oliver Laxe, que impartirá un obradoiro a partir da idea do haiku… Si, Oliver fará un achegamento ao cinema a partir do haiku, que vai encontrando en diferentes películas. Porque Curtocircuíto tamén ten un obxectivo práctico, no sentido de que non se trata só de poder ver películas, senón de que sexa un lugar onde se fagan cousas, onde poida xurdir a creación, a chispa… Ademais Oliver Laxe vai volver a Galicia despois de pasar uns anos en Marrocos. E nós quixemos acollelo nesa volta. Continúan as seccións Radar e Explora, sendo a segunda para as propostas máis experimentais. Na primeira hai bastantes filmes cunha vocación social… mais hai un pouco de todo. Cales son os criterios para facer a escolma? Temos unha liña de programación que non segue un criterio temático, senón de linguaxe. O que buscamos nas películas é a honestidade, a valentía e a coherencia. Cada película ten que estar xustificada por si mesma. E os filmes que responden a estes criterios normalmente amosan unha linguaxe persoal, máis arriscada e achegada á experimentación. As películas de liña narrativa máis estándar van para Radar e as que propoñen unha linguaxe menos convencional van para Explora. Radar é un tipo de cinema non comercial, pero si para todos os públicos. E Explora é máis para cinéfilos ou para quen queira descubrir cousas novas. De Radar podemos salientar Beach Week, de David Raboy, que é un thriller ao estilo de David Lynch, cun punto persoal moi interesante, sen deixar de ser unha linguaxe para todos os públicos. San Siro, de Yuri Ancarani, é un documental observacional que amosa o que queda fóra da cámara nun estadio. De Explora podemos subliñar por exemplo Sin Dios ni Santa María, de Helena Girón, unha autora galega que estivo no (S8) e que foi tamén un descubrimento para nós. Tamén Swimming in your skin again, de Terence Nance, ou Out, de Joan Antúnez, que amosa o fóra de campo no tenis, dun xeito semellante a San Siro. E que conecta tamén así coa retrospectiva que temos de Jørgen Leth, coa súa atención ao deporte. O que buscamos nas películas é a honestidade, a valentía e a coherencia. Cada película ten que estar xustificada por si mesma Cóntanos desa retrospectiva. Leth é o pai do Dogma danés e mestre de Lars von Trier. É a nosa aposta deste ano. Aki Kaurismäki é un valor seguro. Leth é menos coñecido, malia ser un dos máis importantes documentalistas do século XX. No 1967 presentou The Perfect Human en Cannes xunto a La chinoise de Godard. Foi un dos cineastas que máis experimentaron no documental, e sempre poñendo o ollo no deporte. Xunto con outros poucos nomes como Leni Riefenstahl, ninguén fixo un traballo tan salientable a nivel de deporte filmado. Tamén lle interesaba moito a viaxe. Chegou a filmar a xente coma Andy Warhol, John Cale, Dennis Hopper ou Albert Maysles. Volvendo máis perto, de Portugal tedes o Púlsar, dedicado a João Salaviza, que traballou con Manoel de Oliveira. E filmes da produtora O som e a Fúria. João Salaviza é un dos cineastas máis prometedores de Portugal. O Púlsar creouse para poñer en valor cineastas novos. E nós chamamos a João antes de que o chamasen para a Biennale de Venecia, onde presentou a súa primeira longametraxe. Fai un traballo moi social, todo gravado en Lisboa. Temos interese en estreitar o noso vínculo con Portugal, en potenciar o noso compromiso coa cultura portuguesa. O Som e a Fúria é a produtora portuguesa máis vangardista, que traballou con Manoel de Oliveira, Miguel Gomes, Sandro Aguilar, João Nicolau ou João Pedro Rodrigues. O que faremos é un percorrido polo cinema portugués a través desta produtora. Dentro das seccións non competitivas están tamén Penínsulas, Noite Malandra e Teenage Riot, ou Criaturas. Que podemos atopar nelas? Curtocircuíto tivo unha certa viraxe cara ao cinema máis autoral e experimental, pero queremos que todo o mundo poida gozar do festival. Por iso temos seccións coma as que citas. Son películas moi boas, para achegar o festival ao gran público. En Penínsulas, películas de Portugal e de España. Teenage Riot é cinema para a xente nova, para adolescentes, cunha linguaxe accesible, pero que axude a espertar a conciencia do espectador. Noite Malandra é a sesión golfa, máis gamberra, cun toque picante… Recolle por exemplo Kung-Fury, que foi un éxito en internet. Criaturas é cinema infantil. Por último, hai concertos. Do festival L.E.V. e do Wosinc. O festival L.E.V. xunta música e vídeo. O sábado 10 na SGAE estará Yro, un artista francés que fai unha película en directo, con fotografías proxectadas, ao mesmo tempo que crea música tamén en tempo real. Actuará despois dos asturianos Skygaze & FIUM Live. En Curtocircuíto interésanos tecer alianzas con outros axentes culturais da cidade cos que temos afinidades. Por iso colaboramos co Wosinc. Un festival debe ser un punto de experimentación, un lugar onde abrir novos camiños e novas linguaxes. Eles traen a música ao noso festival e nós levamos o cinema ao deles. O domingo 11 estarán no Teatro Principal Moon Duo e Diola. Diola son a evolución de Unicornibot e Moon Duo son un referente da psicodelia. Que nos di a programación de Curtocircuíto do lugar que ocupa o cinema galego no mundo, no aspecto creativo? En Galicia nos últimos anos desenvolveuse o Novo Cinema Galego, ademais doutras propostas, que supuxeron unha internacionalización do noso cinema. E Curtocircuíto ten que ser unha canle para seguir alimentando iso, para amosar e difundir o que se fai en Galicia, para exportar o noso cinema, para fomentar a bilateralidade. Igual que o (S8) e o Play-Doc. Persoas que están nos xurados deste tipo de festivais falan do noso cinema fóra, despois os nosos creadores presentan o seu traballo en Escocia, ao Mar del Plata… En Galicia nos últimos anos desenvolveuse o Novo Cinema Galego, ademais doutras propostas, que supuxeron unha internacionalización do noso cinema Dicías que Curtocircuíto mudou cara a unha orientación máis de autor… Cal é o proxecto que tedes? Que queredes que sexa? É moi importante que Curtocircuíto sexa un punto de encontro lúdico e cultural, onde o diálogo cultural sexa o protagonista. Sempre con propostas de primeiro nivel e proxectando Galicia no ámbito internacional. Non é doado manter festivais de cinema na situación actual… Nós co concello temos agora unha sintonía que non tiñamos antes. Mellorou moito a relación. É verdade que, claro, o ritmo da administración non é o da organización dun festival. É normal. Pero estamos contentos, a cousa vai mellor e hai perspectivas de que vaia a mellor. No 2016 comezaremos de cero e será outra cousa. |
NOS_24932 | O Goberno estatal deixa de fixar o seu uso como obrigatorio esta cuarta feira. | A Consellaría de Sanidade aposta por manter na Galiza a recomendación de usar a máscara en interiores, incluíndo os centros de ensino, unha vez que elimine o Goberno estatal a súa obrigatoriedade desde esta cuarta feira, 20 de abril. Así o confirmou esta segunda feira o conselleiro, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios nunha visita ao Hospital Psiquiátrico do Rebullón, en Mos. O responsábel de Sanidade avogou por "agardar" a ler o texto que se aprobará na terza feira a fin de "ver exactamente o que contén". "Nós a información que temos do último Consello Interterritorial é que pasa de ser obrigatorio a ser recomendación, por tanto nós na mesma liña estamos, de manter esa recomendación nos interiores, mais sen ese carácter obrigatorio", explicou García Comesaña. "Especialmente no ámbito educativo", indicou o conselleiro, a Xunta está "pendente" do que o Ministerio de Sanidade e o de Educación "modifiquen ou deixen sen efecto para ver como se manexa" o uso da máscara. Médicos de familia ven "precipitado" eliminar a máscara en interiores porque "aínda non se dan as condicións" De entrada, a proposta do Goberno galego a partir da cuarta feira é "deixar de facela obrigatorias e que quede no ámbito da recomendación", subliñou Comesaña. A respecto diso, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, a preguntas dos medios nun acto decorrido en Compostela esta segunda feira sobre as medidas que rexerán nos colexios galegos, que esta terza feira retomarán a actividade lectiva tras o paro da Semana Santa, apostou tamén por "esperar a ver o que di o texto definitivo para, a partir de aí, avaliar". "Estamos afeitos, no ámbito educativo, a que os textos, até que estean publicados, non se pode fiar un deles", dixo Rodríguez, quen puxo como exemplo o borrador dos currículos escolares. Sobre esta cuestión, o conselleiro de Educación explicou que o que se coñece "polos medios" é que "se suprime a obrigatoriedade de ter a máscara en interior, obviamente tamén nos centros educativos", e que "se mantén nuns espazos moi acoutados", como hospitais e residencias. Con todo, apostou por "ver que se escribe ao final e despois tomar medidas". Sexa como for, Rodríguez asegurou que a máscara "non é a única medida anti-Covid" dos centros educativos e que, "en función de como evolucione esta situación e pensando sobre todo no curso que vén", a Xunta "axustará o resto de medidas" de cara a setembro. "Oxalá vaiamos cara á normalidade en todos os aspectos da nosa vida cotiá, tamén no educativo", sinalou. Recomendacións Sobre a retirada das máscaras en interiores, en declaracións a Europa Press, o médico adxunto do servizo de enfermidades infecciosas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) Álvaro Mena comentou que a Galiza está "preparada" para dar o paso, xa que a situación epidemiolóxica actual, con aumento de hospitalizados pola Covid-19, non ten "nada a ver con outros períodos de anos anteriores". "O recomendábel é que a xente teña certo grao de prudencia", afirmou. Por iso, o doutor Mena cre que debe retirar a máscara a xente "cun certo sentido común", polo que apelou á "necesidade de autoprotección". A respecto dos espazos con alta concentración de persoas como os centros educativos, Mena apuntou que se trata de lugares con moita xente, mais matizou que en idade pediátrica a Covid non tivo un impacto grave. Por iso, ve "razoábel" que "aos poucos se vaia retirando a máscara aos nenos". Así é o novo protocolo de vixilancia da Covid-19 Como médico, considerou que "non é necesario o uso de máscara en nenos", pero puntualizou que se debe protexer aos "vulnerábeis", quer da Covid-19 quer doutros virus. Sobre outros lugares, como universidades, Álvaro Mena indicou que "non ten sentido que unha persona porte máscara na universidade e na cafetaría —da mesma ou de fóra— non sexa necesario". Por iso, insistiu en que nunha aula non pode haber limitacións "que non existen na vida social" e no "día a día". Porén, insistiu en coidar ás persoas vulnerábeis, como os pacientes en hospitais e residentes de centros sociosanitarios. Deste modo, instou a "actuar con sentido común" unha vez que o Goberno determine a retirada da máscara en interiores. Tras lembrar que as normas "hai que cumprilas", advertiu que "que se retire non quere dicir" que non "exista a posibilidade" de mantela no caso de que así se queira facer. Por iso, avogou por "ter a información e tomar a decisión axeitada". "Se cren que o risco é alto poden pór a máscara", sentenciou. |
NOS_57886 | O poeta, xornalista e político pasou varios meses encerrado en San Simón após o golpe de Estado e foi fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937. | O Concello de Bueu e a Asociación de Amigos de Johán Carballeira renderán homenaxe o próximo domingo, 17 de abril, ao poeta, xornalista e político Johán Carballeira, fusilado polas tropas fascistas o 17 de abril de 1937. Carballeira foi alcalde deste municipio até o golpe de Estado de 1936 e, como lembran desde o Concello, "sempre estivo a favor das causas xustas". Tras pasar varios meses no cárcere da illa de San Simón foi fusilado na citada data no monte da Caeira, en Poio, onde tamén se perpetrou o asasinato, entre outros, de Alexandre Bóveda. As "verdadeiras leccións" do xornalismo de Johan Carballeira Contra as 18 horas deste domingo decorrerá a habitual ofrenda floral no monumento que lembra a figura de Carballeira, situado na entrada da praia de Banda do Río. Posteriormente, ás 19 horas, presentarse o libro Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951), de Xosé Álvarez Castro, nun acto que terá lugar no auditorio do Centro Social do Mar. Esta obra, publicada por Xerais, analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia durante o chamado "primeiro franquismo". Premios Johán Carballeira Por outra parte, a concellaría de Cultura de Bueu dará a coñecer entre finais de abril e comezos de maio os traballos gañadores dos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, unha decisión que será adoptada tras a reunión de dous xurados conformados por persoas profesionais do mundo poético e xornalístico, segundo informan desde o Concello. Marta Veiga faise co Johán Carballeira de Xornalismo de 2021 cunha reportaxe sobre a pandemia |
NOS_36649 | A plataforma cidadá creada na Coruña para denuncias a falta de dereitos laborais que afecta ás traballadoras do téxtil, nomeadamente as obreiras das fábricas subcontratadas por Amancio Ortega, chama a colocar contra-etiquetas nas prendas das tendas de Inditex | 'Amancio máis rico e nós máis pobres', 'Esta prenda está feita por nenas escravas', '100% feito por nen@s de oito anos', 'Esta prenda é froito da escravitude'. Son algunhas das contra-etiquetas que a plataforma Boicot Inditex chama a colocar na roupa que se vende nas tendas do xigante da moda propiedade do coruñés Amancio Ortega (Zara, Bershka, Stradivarius, Maximo Dutti, Kiddys Class, Oysho e Pull&Bear, Uterqüe e Temple) para combidar á reflexión ao redor das moitas denuncias por empregar man de obra escrava que o imperio carrexa ás costas. Unha chamada ao consumo crítico, consciente e responsábel en pouco máis dun minuto. Eis aquí o vídeo. Con todo, non é esta a primeira acción en prol do boicot a Inditex. A plataforma presentouse en sociedade cunha protesta no medio e medio da Coruña, na Praza de Lugo, o primeiro sábado de rebaixas, día en que as tendas de Amancio Ortega están cheas a rebentar. Sentadas en cadeiras e vestidas como as traballadoras do téxtil (algunhas das activistas son efectivamente obreiras que traballan para Inditex) acompañaron cada asento cunha cartulina en que explicaban as súas condicións laborais: 'Despídenme se fago folga', 'Sen dereito a sindicación', 'Traballo sen contrato', 'Despedíronme por ser vella'. Colocáronse en ringleira diante dunha tenda de Bershka para denunciar "a imaxe amábel que venden os medios de comunicación sobre Amancio Ortega", sinalando que a campaña de boicot, que intensificará accións en todo o País, pretende "amosar a outra cara da moeda". NOTA: Sermos Galiza publicou no nº34 do seu semanario en papel, que saíu do prelo a sexta feira 8 de febreiro, unha ampla reportaxe en que varias traballadoras do téxtil subcontratadas por grandes firmas como Adolfo Domínguez ou a propia Inditex denunciaban as súas condicións laborais |
NOS_36290 | As urnas vascas deron o 12-X un Parlamento cunha maioría abertzale non vista até a data. O PNV e Bildu suman 53 escanos (a maioría absoluta está en 38). Non obstante, o cálculo do lehendakari en funcións, Iñigo Urkullu, apunta cara a reeditar o Goberno co PSE. Na casa socialista, porén, amósanse xa discrepancias sobre tal estratexia. | A executiva do Partido Socialista de Euskadi (PSE-PSOE) considerou onte os resultados dos comicios do 12-X como un "reforzo" da súa formación para a próxima lexislatura en chave de "gobernabilidade", salvo que "se concrete un pacto soberanista entre o Partido Nacionalista Vasco e Euskal Herria Bildu". Desde o PNV xa apuntaron onte que "o primeiro intento en firme" será a prol de reeditar o Goberno co PSE". Mais o certo é que os socialistas non lograron sacar beneficio electoral da súa participación co PNV no Goberno de Euskadi. Tampouco obtiveron maior rendibilidade do papel do PSOE no Executivo español nin da caída en votos que sufriu este domingo Elkarrekin-Podemos (baixou de 11 a 6 escanos). O PSE non aumentou en votos, todo o contrario, perdeu uns 4.500. Porén, si viu incrementada nun escano a súa representación no Parlamento, pasando de 9 a 10 actas. Moi lonxe fican xa os 25 asentos que conseguira na Cámara vasca en 2009 ou os 16 de 2012. O conformismo co resultado electoral amosado pola líder socialista, Idoia Mendia, alegrándose de ter sobrepasado Podemos e mirando xa cara a un novo cogoberno co PNV, xerou polémica na rede. De facto, a falta do despegue electoral do PSE xa está a axitar a casa socialista. Odón Elorza, ex alcalde de Donostia e home de confianza de Pedro Sánchez, e un dos 15 deputados que votaron aquel 'non é non' na investidura de Mariano Raxoi, cuestionou onte publicamente a estratexia de Mendia. Os do 12-X son uns "resultados que non cumpren as expectativas, aínda que a outros lles fose moito peor. Abrirase unha reflexión no PSE sobre a non continuidade no Goberno de coalición co PNV?", escribiu Elorza en Twitter. Hexemonía soberanista Aínda que a preferencia no PNV e no PSE é explorar a reedición da coalición, a maioría dos sufraxios deste domingo deu unha hexemonía histórica abertzale na Cámara vasca. O PNV, pese a perder case 50.000 votos, pasou de 28 a 31 escanos. A segunda posición logrouna Euskal Herria Bildu, que medrou máis de 23.000 votos e conseguiu 4 actas novas, rachando co seu teito electoral e facéndose con 22 actas, unha por riba das 21 conseguidas en 2012 e superando outras mellores marcas do pasado, como a que fixera Euskal Herritarrok con 14 escanos en 1998. Esta suba da esquerda abertzale chega nun contexto histórico pola baixa participación, cun récord de abstención nuns comicios vascos de 47,2%, 13 puntos por riba da rexistrada hai catro anos. Porén, pese a baixada do voto, Bildu subiu en escanos e en sufraxios (Vox foi a outra forza que aumentou en votos, 16.000 máis, o que lle deu unha deputada). A Cámara vasca é pois a máis abertzale da historia, con 53 escanos de 75. Os resultados foron "excelentes", asegurou onte a candidata de Bildu, Maddalen Iriarte. Sobre o PNV, dixo que este fixera unha "clara renuncia" a crear o novo Estatuto para Euskadi e recoñeceu que non vía a formación jeltzale "lista para trazar con Bildu un camiño cara a unha república vasca". Con todo, salientou que a cidadanía pediu nas urnas "a concreción dun proxecto nacional e popular" e, por tanto, tamén considerarán a posibilidade de "articular unha maioría soberana", dixo. "O que está claro é que socioloxicamente este país está a favor do dereito a decidir, e que hai unha maioría progresista", agregou Iriarte en referencia á suma de escanos que daría maioría absoluta a Bildu, PSE e Podemos, un pacto que fica descartado. Ademais de Podemos, a outra forza cun resultado moi difícil nas urnas foi o PP, que caeu de nove a cinco escanos, a pesar desta vez ir en coalición con Ciudadanos. Zaldibar Os jeltzales perderon arredor dun milleiro de votos nas eleccións en Zaldibar, Ermua, Elgeta e Eibar, os catro municipios afectados polo derrubamento do vertedoiro de Zaldibar, que desde o pasado 6 de febreiro mantén dous operarios sepultados baixo os escombros. O accidente estivo moi presente na campaña electoral vasca e todos os partidos criticaron a xestión da crise do Goberno de coalición de PNV e PSE. |
NOS_56457 | Após analizar 1.169 familias con fillas nun total de 26 escolas, a investigadora Leticia López-Castro, do grupo Esculca da Universidade de Santiago de Compostela, denuncia o descoñecemento xeneralizado das situacións de ciberacoso que as menores sofren na rede. O seu traballo procura a prevención do fenómeno no eido doméstico. | Para nos situarmos, que se entende por ciberacoso? Pois esa é unha moi boa pregunta, porque o certo é que non existe un consenso sobre a definición. Porén, vouche proporcionar unha definición que considero das máis concretas que se poden ofrecer. Sería un acto agresivo e intencionado para causar dano a unha persoa concreta —a vítima— a través das tecnoloxías, que pode ser mediante diferentes accións, por exemplo, acosar, ferir, intimidar, ameazar, excluír, denigrar, ridiculizar... Como resultado obtemos un desequilibrio de poder entre o agresor e a vítima. Que quere dicir isto? Pois que a vítima non pode defenderse doadamente e polo tanto queda atrapada nesa situación. A investigación céntrase no ciberacoso en educación primaria. Que revelan os datos? Atendendo ao traballo desenvolvido polo grupo Esculca de USC, o que revelan os datos en concreto é que en quinto e sexto de educación primaria o 6% das familias indica que os seus fillos foron vítimas, o 3% foron agresores e o 12% testemuñas de ciberacoso. Isto é preocupante atendendo ao elevado e crecente uso das tecnoloxías na infancia. Efectivamente. Nós rexistramos unha frecuencia diaria do 41% segundo os datos das familias. En quinto e sexto de educación primaria o 6% das familias indica que os seus fillos foron vítimas, o 3% foron agresores e o 12% testemuñas de ciberacoso E hai un descoñecemento por parte dos proxenitores en canto ao ciberacoso? Por unha banda podemos dicir que os pais normalmente amosan unha prevalencia menor ao fenómeno, é dicir, que cando as investigacións se dirixen cara ás familias, o número de afectadas polo fenómeno é menor que cando se lles pregunta ás crianzas directamente. Isto débese ao descoñecemento e trátase de ter en conta cando se fan estudos. Considerando a desexabilidade social das respostas —isto é, as persoas responden o que estaría mellor visto socialmente— inténtase reducir un pouco este matiz. Os nosos resultados indican que, dunha banda, cómpre mellorar a comunicación, a confianza e o clima familiar no fogar Por onde pasan as solucións ao problema do ciberacoso? Os nosos resultados indican que, dunha banda, cómpre mellorar a comunicación, a confianza e o clima familiar no fogar. Pola outra, hai que traballar as competencias dixitais parentais para regular mellor o uso que fan os menores das tecnoloxías. Esta dobre vía sería o desexábel. Logo, de acordo tamén cos datos, sería moi importante fortalecer o vínculo que teñen o centro escolar e a familia, especialmente de cara a detectar as situacións de ciberacoso entre os distintos axentes nun momento temperán para poder traballalo canto antes. Neste senso, a prevención é a chave. |
NOS_40218 | O presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero mostrou a súa oposición á LOMCE e mesmo indicou a posibilidade de que a institución que el preside presentase un recurso de non o facer o goberno da Xunta, como os cataláns e galego a súa aprobación. "Hai que situarse ante calquera disposición, veña de onde veña, que entendamos que merma os dereitos da lingua galega" sinalou. | O profesor e presidente da RAG, Alonso Montero aplaudiu os recursos presentados por Euskadi e Cataluña contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) da que mostrou a súa oposición. Ao seu ver, a reforma educativa "merma os dereitos da lingua galega" e sinalou que, se instancias políticas non mostran a súa oposición e recorren a lei, hai outros colectivos en defensa da lingua que poden facelo, para o que citou a Mesa pola Normalización Lingüística e a propia Real Academia Galega que, segundo dixo, teñen que opoñerse a calquera medida que vai en contra da normalizaicón lingüística. As declaracións do presidente da Academia veñen logo das súas polémicas intervencións que provocaron, entre outras, a resposta da propia Mesa pola Normalización Lingüística, que lamentou que o máximo representante da Academia fixese gala nunha entrevista dun uso non normalizado do galego. Estas primeiras semanas de Alonso Montero estan a ser especialmente intensas xa que, en arredor dun mes, foi protagonista de diferentes polémicas, apareceu en numerosas entrevisas en medios, presidiu todos os actos do Día das Letras Galegas e dedicouse tamén a visitas institucionais, a máis recente, a da presidenta do Parlamento Galego, Pilar Rojo. |
NOS_25170 | Recomenda aos seus cidadáns e cidadás non viaxar a esta comarca galega e outros puntos da Península con rebrotes de coronavirus. | Bélxica anunciou esta quinta feira que obrigará a someterse a unha corentena de 14 días ao entrar no seu territorio aos viaxeiros que proveñan da Mariña, así como desde Lisboa ou Lleida, zonas nas que recentemente apareceron novos brotes de coronavirus. A actualización da listaxe de países do Ministerio de Asuntos Exteriores de Bélxica implica que as e os viaxeiros desas zonas deben someterse a ese illamento forzoso ao entrar en Bélxica e a unha proba de diagnóstico do SARS- CoV-2 transcorridos nove días desde o ingreso no país. Galiza carece na actualidade de conexións aéreas con Bélxica. O aeroporto máis próximo para voar a Bruxelas, a capital comunitaria, é Porto. |
NOS_37098 | Será antes das eleccións galegas e vascas. De fracasar e non ser elixido candidato alternativo, as eleccións serían o 25 de decembro. | A presidenta do Congreso, Ana Pastor, anunciou esta quinta feira a data da sesión de investidura á que acudirá Mariano Rajoy para procurar os apoios que o elixan presidente. Será o 30 de agosto, unha data que se adianta ás eleccións galegas e vascas fixadas para o 25 de setembro e que disipa as dúbidas sobre unha hipotética terceira convocatoria se finalmente nen Rajoy nen outro candidato alternativo consegue os apoios necesarios. De ser así, os comicios repetiríanse o 25 de decembro. A primeira votación na sesión de investidura recorrerá o día 31 e, de non conseguir maioría absoluto, repetiríase 48 horas despois (2 de setembro). Esta quinta feira o presidente en funcións e líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou que acepta as condicións de Ciudadanos para contar cos votos da formación laranxa na investidura. As cifras, aínda así non dan para ser eleito mais aumentan a presión sobre o PSOE que, no entanto, anunciou que votará en contra. |
NOS_22840 | A guerrilla libera seis integrantes das forzas públicas en Arauca, maioritariamente militares, tras os primeiros contactos co Estado, abrindo a porta a reactivar o diálogo de paz bloqueado en 2019 polo Executivo que daquela lideraba Iván Duque. | Até seis membros das forzas públicas colombianas foron liberados polo Exército de Liberación Nacional (ELN) no departamento de Arauca, informou a Defensoría do Pobo, explicando que nunha misión humanitaria onda a Igrexa católica entregáronlles dous suboficiais e tres soldados das Forzas Armadas, así como un integrante da Policía. "As liberacións recíbense como unha mostra de boa vontade do ELN fronte a unha eventual mesa de negociación co Goberno de Gustavo Petro", apuntaron as autoridades araucanas tras a liberación. Os capturados levaban entre un e dous meses retidos. Entrementres, a guerrilla trasladou nun comunicado recollido por El Tiempo que valoran a vontade do novo Executivo colombiano de "recoñecer os anteriores compromisos do Estado e garantir as medidas políticas e xurídicas que permitan reactivar as conversas na procura da paz con transformacións e xustiza social". A nova chegou pouco despois dunha intervención pública do presidente Gustavo Petro na que reclamaba unha tregua ás organizacións armadas, facendo fincapé na "gravidade da situación que se aveciña", en referencia á vaga de chuvias que se agarda no país, agudizadas polo fenómeno da Niña. Se toca "salvar xente, que terríbel sería que, ademais, o cruce dos disparos impedise os labores [de axuda] en moitas rexións", asegurou. Cara ás conversas de paz Desde que a finais da semana pasada, os ministros de Exteriores de Cuba, Bruno Rodríguez, e de Colombia, Álvaro Leyva, fixeran público na Habana a decisión de reiniciar o diálogo entre o Estado e o ELN, os feitos precipitáronse, e apenas fica pendente saber a data exacta na que comezarán as conversas, bloqueadas desde 2019. Un día despois, o Alto comisionado para a paz do Goberno de Colombia, Danilo Rueda, ratificaba que o gabinete de Petro recoñecía oficialmente a lexitimidade da delegación da guerrilla, que xa se atopaba na capital cubana. Após o primeiro contacto, a delegación gobernamental indicou que o "ELN dará os pasos precisos para volver á mesa de negociación", unha vez constatado que "comparte a vontade de paz do Goberno". A comezos desta semana, foi directamente o líder do ELN, Antonio García, quen sostiña que "as partes coincidimos na necesidade de reiniciar un proceso de diálogo con feitos que demostren á sociedade colombiana e ao mundo que esta vontade é real", satisfeito da predisposición do Goberno de Petro de "iniciar o camiño para a reactivación das conversas". O plan do novo gabinete abarca non só ao ELN, senón a múltiples actores armados que operan no territorio. Antes da investidura, o mandatario debullou que, mentres nalgúns casos as negociacións terán un carácter político, na meirande parte será un diálogo en termos xudiciais. Porén, canto menos no que atinxe ao ELN, o comezo das conversas está moi perto, transmiten as autoridades colombianas. "Saiban que hai un pobo agardándoos de brazos abertos, disposto a rodealos e apoialos na loita por rematar co conflito armado", trasladou á guerrilla o antigo comandante das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) e secretario xeral da formación herdeira, Comúns, Rodrigo Londoño. Paramilitares e narcotraficantes buscan diálogo Xa antes de que Petro tomara posesión o 7 de agosto como novo presidente do país, 40 agrupacións armadas de paramilitares e narcotraficantes asinaron un documento no que propuñan a Petro un cesamento á violencia para iniciar un diálogo de paz. O primeiro en tomar a iniciativa foi o Clan do Golfo, o máis importante grupo paramilitar e narcotraficante de Colombia, que declarou unha tregua poucos minutos despois de comezar o acto de investidura de Petro. A principal petición destes grupos é que se impida a extradición dos seus membros. Con todo, a diferenza das negociacións co ELN, a opinión pública está máis dividida nestes casos, onde xornais como El Espectador exixen "sometemento" e non negociación. Amais, tamén quedan pendentes neste proceso as conversas coas disidencias das FARC. |
NOS_5628 | Joao Afonso, Caxade, Chuches Amil e Sara Vidal, entre as novas incorporacións a esta canle dixital de música. | Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega, engade desde esta semana cen novas cancións ás súas ondas para seguir conectando co público infantil e mozo. A piques de facer dous anos e integrada na marca Xabarín Club da CRTVG, a Radio Picariña ten dispoñíbeis máis de mil cancións en lingua galega. Os autores dos novos temas que se inclúen son, entre outros, Fofó, Chuches Amil, Mamá Cabra, Joao Afonso, Alonso Caxade e Sara Vidal. Esta canle dixital da Radio Galega ofrécelles ás usuarias e usuarios a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar navegando por toda a listaxe de cancións. Isto pode facerse desde o PC ou desde os dispositivos móbiles, xa que Radio Picariña pode escoitarse en radiogalega.gal, na aplicación CRTVG e en RadioPlayer España. |
NOS_582 | Recollemos os principais actos políticos e as declaracións dos líderes das distintas formacións nunha nova fin de semana marcada pola proximidade das eleccións municipais do 24 de maio. | BNG-Asambleas Abertas O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, compareceu este sábado antes do encontro nacional en Pontevedra para "insuflar enerxía" as candidaturas nacionalistas. Vence chamou a que nas próximas eleccións municipais a cidadanía "pase páxina" das políticas do PP que "están esnaquizando as conquistas sociais" e "sumindo ás institucións e concellos nun mar de corrupción". Sinalou que o BNG-Asambleas Abertas parte cun proxecto de "transformación", no que a mocidade terá un peso especial. PSdeG Os socialistas galegos celebraron a convención municipal en Santiago de Compostela. Abriu o acto o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que fixou como obxectivo da súa formación evitar que o PP teña maioría absoluta en ningunha cidade. Besterio referiuse aos casos de corrupción que atinxen aos populares e afirmou que "a dereita esfórzase en saquear España", en relación ao 'lapso' da líder do PP María Dolores de Cospedal. Anova A Irmandade nacionalista contará con máis de 60 candidaturas nos concellos galegos, segundo informou o voceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras. A forza concorrerá aos comicios municipais por tres vías: dentro das mareas, en frontes amplas onde non existen candidaturas cidadás e como marca propia en oito localidades do país. "Hai dous meses ninguén apostaría un duro porque se lograse esta cifra", sinalou Beiras, que insistiu en que a proposta de Anova "contribúe a darlle pulo á cidadanía como motor para a mutación do mapa político". Compromiso por Galicia O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, confiou en que as súas candidaturas sexan peza chave "na maioría de gobernos de Galiza". Bascuas adiantou que os posíbeis pactos dependerán de tres premisas: "a transparencia, a rexeneración democrática e a creación de emprego". O líder de Compromiso negou que a súa forza sexa un "experimento" e destacou que "traballarán cos pés na terra pero coa cabeza mirando ao ceo". PP Os populares presentaron o seu programa en Vigo con 250 propostas para facer unha cidade "máis competitiva, humana e igualitaria", dixo a candidata do PP e anterior conselleira de Facenda, Elena Muñoz, durante un acto no Hotel Zenit. A aspirante á alcaldía de Vigo propuxo medidas en materia de emprego e de acción social como eixos da súa campaña. UPyD A líder de UPyD, Rosa Díez, participou do acto da forza maxenta en Lugo para apoiar as candidaturas municipais. Díez expresou o seu "orgullo" ante a militancia da formación despois de "sufrir unha crise seria e moi dura". Porén, a presidenta de UPyD defendeu que as candidaturas do seu partido están formadas por xente "seria e digna". |
PRAZA_20860 | A mobilización da comunidade educativa e da veciñanza de Folgoso provocou que a Xunta suspendese o prazo de presentación de ofertas na licitación de rutas. "Espallar as reivindicacións é a gran vitoria porque o problema do Courel é o problema do rural, de Navia de Suarna, de Baamonde...", subliñan as familias afectadas | A mobilización da comunidade educativa e da cidadanía de Folgoso provocou que a Xunta suspendese o prazo de presentación de ofertas na licitación de rutasA rapazada do colexio de Folgoso do Courel volve este xoves ás aulas logo de catro días de folga, unha protesta impulsada pola ANPA do centro contra as modificacións previstas pola Xunta no servizo de transporte escolar. A mobilización das familias e da poboación da zona, así como o apoio unánime de toda a corporación municipal, serviron, polo momento, para que a Consellería de Educación suspendese o prazo de presentación de ofertas na licitación das rutas e se comprometese a analizar "polo miúdo" as alegacións.Pero tamén para que a protesta se espallase por outros centros escolares e municipios da montaña e do rural galego, que se unen ás queixas pola continua perda e o "desmantelamento" de servizos que denuncian nas súas pancartas ou á reclamación dunha "discriminación positiva" nas súas zonas, castigadas ademais polo illamento e atrancos continuos, ben sexa na sanidade ou no subministro eléctrico. O último, a proposta de contratación de varios lotes de rutas escolares para os centros públicos de cara ao vindeiro curso. No Courel supón, segundo denuncia a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra, menos rutas, máis tempo de viaxe e moitas peores condicións, ademais de por en perigo o emprego dos taxistas da zona. O novo plan contempla o uso de microbuses en lugar dos taxis de nove prazas de agora, mellor adaptados, menos perigosos e máis rápidosA suspensión do prazo de presentación de ofertas, que remataba o vindeiro 18 de xaneiro, supón para a ANPA "un pequeno paso". "Pero que quede claro que non é suficiente", asegura Pilar Veiga, a presidenta, que advirte que a Consellería de Educación comunicou a súa decisión á alcaldesa de Folgoso pero que "nunca tivo unha reunión coas nais e pais afectadas". Tamén alerta de que están dispostos a "organizar outra folga cando faga falta" se non hai un amaño, logo dunha mobilización que serviu, di, de aprendizaxe aos máis pequenos.O que esixen os pais é "un compromiso" por parte da Xunta "no que se diga que O Courel será un lote único", de tal forma que se poida manter un sistema de transporte escolar parecida ao que rexe nesta altura. A ANPA do Courel denuncia a falta de "concreción" e "garantías" na proposta da Xunta e non descarta acudir á vía xudicial se o plan é aprobadoDe feito, neste mércores, volvéronse mobilizar ante a sede da Xunta en Lugo. "O rural, a quen lle importa?", pregúntanse desde a ANPA na convocatoria, na que reclamaron o transporte escolar de sempre e advirten do "moi pouco concreto" do anuncio da Xunta e da "falta de garantías" de que as súas demandas sexan atendidas. Non descartan, ademais, acudir á vía xudicial no caso de que o plan previsto siga adiante. Toda a comunidade educativa, familias e pequenos, apoiados por sindicatos e outros colectivos, lembraron en Lugo que "defender o transporte é defender o rural". "Defender a montanha, defender o nosso rural", rezaba outra pancarta. A nova proposta da Xunta contempla o uso de microbuses de case 30 prazas para unhas rutas cubertas desde hai décadas por furgonetas-taxi de ata nove asentos, mellor adaptadas á zona, máis rápidas e azosas para as estradas da montaña. Ademais, as firmas que resulten adxudicatarias deben abranguer a un tempo o transporte noutros centros do sur da provincia de Lugo, o que fai inasumible que os taxistas que prestan o servizo poidan optar a el e amplía as rutas. Algún neno do Courel, de confirmarse o cambio, tardaría unha hora en percorrer 15 quilómetros. Outros terían que desprazarse ao encontro do bus en lugar de seren recollidos nas súas casas. "Precisamos que as administracións fagan as cousas de acordo coas necesidades do rural; é necesario unha discriminación positiva"Co impulso da Fapacel, Federación Provincial de ANPAs de Lugo, ducias de asociacións de nais e pais doutros centros da provincia e de Galicia amosaron o seu apoio ás reivindicacións do Courel, especialmente desde outros municipios rurais, como o caso de Baamonde, onde a veciñanza loita contra o peche previsto do colexio, ou Cervantes e Navia de Suarna, zonas de montaña onde as mudanzas nos plans de transporte tamén supuxeron atrancos para os máis pequenos. Así o asegura Isabel Calvete, presidenta de Fapacel e vicepresidenta de ANPAS Galegas, que destaca o "positivo" da unión nas reivindicacións. "Estamos nun momento no que non podemos xogar coa educación dos nenos ou cos postos de traballo no rural. Precisamos que as administracións pensen nos cativos e fagan as cousas de acordo coas necesidades destas zonas; é necesaria unha discriminación positiva", di quen advirte da desaparición progresiva nas zonas de montaña e máis illadas "dos transportes escolares máis adaptados: pequenos, en todoterreo e con posibilidade de achegarse a cada aldea"."Pasou antes en Cervantes e pasa agora no Courel", quéixase quen alerta das dificultades que decisións coma estas novas licitacións supoñen ao "beneficiar empresas grandes a costa de pequenos autónomos da zona" e, sobre todo, dificultar o traslado dos máis pequenos aos colexios. No Courel, a aplicación do novo sistema suporía tamén a perda do traballo dos taxistas que fan as rutas, afectando o 20% das familias do colexio."Espallar as reivindicacións é a gran vitoria porque o problema do Courel é o problema do rural, de Navia de Suarna, de Baamonde..."Desde a ANPA do centrodestacan que o feito de que se "espallen" as dúas reivindicacións "é fundamental". "Esa é a gran vitoria porque o problema do Courel é o problema do rural, de Navia de Suarna, de Baamonde... É unha problemática real porque nos teñen abandonados e se nos unimos é porque non poden seguir manténdonos así", di Pilar Veiga, que insiste en que outra folga está sempre no horizonte e que tampouco descarta levar a Xunta aos tribunais, ao considerar que o novo sistema de transporte "incumpre a normativa vixente e vulnera dereitos e normativas europeas e estatais". |
NOS_33616 | Lorca e Ánxel Casal preséntanse nunha candidatura conxunta que pretende poñer o foco sobre o eido da edición a través do labor de Casal. | O Pleno da Real Academia Galega (RAG) decide esta sexta feira 2 de xullo quen será a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2022. Farao nunha sesión ordinaria na que se someterán a votación as tres candidaturas presentadas por membros de número da institución: a de Florencio Delgado Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, Estados Unidos, 1987), escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México; a de Fiz Vergara Vilariño (Samos, 1952 – Lugo, 1997), poeta singular, narrador e dramaturgo; e a protagonizada por Ánxel Casal Gosende (A Coruña, 1895 – Teo, 1936), fundador da Editorial Nós, xunto ao poeta granadino Federico García Lorca (1898-1936), autor dos Seis poemas galegos publicados no devandito selo. Unha proposta singular A proposta máis singular é a presentada por Manuel Rivas, Chus Pato e Xosé Luís Axeitos: unha candidatura conxunta de Federico García Lorca (como autor dos Seis poemas galegos) e do seu editor, Ánxel Casal. Segundo os promotores da proposta, ademais de celebrar os versos de Lorca, un Día das Letras arredor do autor granadino e do seu editor galego, permitiría centrar a celebración no eido da edición a través do labor de Casal, fundador dos selos Lar e Nós e incansábel impulsor de todo tipo de iniciativas a prol da lingua. Segundo Castelao, "Casal por Galicia fixo máis do que todos nós". Os académicos aínda argumentan o exemplo ético de ambos personaxes e o relativo esquecemento da obra en galego de Lorca, menos coñecida que o resto da súa obra. Calidade cultural e humana O Regulamento de Réxime Interno da Academia establece que na primeira xuntanza despois do 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Plenario debe elixir a personalidade literaria a quen se lle dedicará esta conmemoración no ano vindeiro. A normativa indica que esta debe ser "autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". É ademais requisito indispensable que pasasen dez anos desde a súa morte e que a candidatura estea avalada cando menos por tres membros de número da Academia. Os académicos e académicas de número reuniranse na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña. Ao termo da sesión plenaria, está previsto que o presidente, Víctor F. Freixanes, comunique o resultado da votación sobre o Día das Letras Galegas de 2022. |
PRAZA_9752 | O volume de negocio multiplicouse por seis na última década e xa son 1.152 as empresas e profesionais inscritos. O leite a a carne son os produtos estrela, xunto coas conservas de peixe ou a acuicultura. Galicia produce o 65% do leite ecolóxico consumido en España. | A produción ecolóxica galega segue batendo récords, cun ritmo de crecemento que se mantén e mesmo se incrementa ano tras ano. En 2018 as vendas dos produtos ecolóxios certificados aumentaron un 33,2% e chegaron aos 78,7 millóns de euros, segundo os datos que este luns fixo públicos o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Nos últimos dous anos o volume de negocio practicamente duplicouse (41,7 millóns en 2016) e as cifras multiplictáronse por seis na última década.O leite e a carne avícola son os produtos certificados estrela, destacando especialmente o lácteo, cunha facturación que no 2018 superou aos 26 millóns de euros, cun crecemento de case 41 puntos. De feito, o 65% do leite ecolóxico consumido en España é de produción e certificación galega.As conservas de peixe, pensos e alimentación animal, a acuicultura ou a algas tamén suman varios millóns de euros na súa facturación anual, o mesmo que os ovos, os viños e os produtos de horta.Aumenta tamén o número de produtores e operadores e, igualmente, a superficie de terreo produtivo certificado. No último ano, o número de entidades e profesionais inscritos chegou a 1.152, oito puntos máis que en 2017 e máis do dobre que hai unha década. O ámbito cun maior número de produtores é o vexetal, cun 36% do total. De igual xeito, a superficie certificada polo CRAEGA tamén crece seis puntos e acada as 33.736,44 hectáreas, sendo Lugo a provincia con máis terreo en ecolóxico, o 49% do total.O presidente de CRAEGA, Francisco López Valladares, celebrou os datos e salientou que "a agricultura ecolóxica chegou para quedar con nós". Así mesmo, o secretario da entidade, Javier García Lozano, fixo fincapé no peso que van cobrando no conxunto do Consello os elaboradores (industrias e comercializadores), que xa representan o 25% dos inscritos. "O seu papel é fundamental para que o produto certificado chegue ao consumidor final", dixo.CRAEGA recibiu esta fin de semana o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Isto é o que nos dicía hai uns meses o seu presidente nesta entrevista: "Temos que ser capaces de chegar ás novas xeracións e convencelos de que non é necesario marchar de camareiros a Londres, de que no rural se pode vivir e hai moito futuro na produción ecolóxica". |
NOS_16230 | A Universidade Autónoma do estado de Morelos, en México, declarou a Fidel Castro Ruiz docutor Honiris Causa en recoñecemento dos avances atinxidos en materia de agricultura por Cuba desde 1959, ano da Revolución cubana, e en que moitos deses avances favoreceron tamén a agricultura mexicana | A Universidade Autónoma do estado de Morelos (UAEM) concedeu o doutorado Honoris Causa a Fidel Castro polas achegas científicas do seu goberno á mellora da agricultura nos últimos 50 anos. A Facultade de Ciencias Agropecuarias realizou a proposta ao entenderen que "os avances de Cuba en materia agrícola teñen fortalecido a agricultura" do estado de Morelos, "particularmente no eido da caña de sucre". A UAEM considera ademáis que "as achegas da Revolución, así como o sistema educativo e de saude" do Goberno de Fidel Castro neste medio século fanlle merecedor da distinción. A universidade solicitou á Secretaría de Relacións Exteriores de México que iniciase a comunicación co goberno cubano para determinar as condicións de entrega do doutourado. |
NOS_26343 | Estamos co pé en maio, mes en que ten lugar a festa homónima que celebra a fin do cru inverno e a chegada da primavera e dun florecer que acabará dando sementes, e rexeneración. Tempo en que se conmemora a Árbore da Vida, coas raíces na terra e as pólas á luz. Felipe-Senén, arqueólogo e museólogo, diríxenos á orixe dos Maios. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 293. | Aí vén o Maio de flores cuberto... din as cantigas galegas. Por algo tempo do almanaque da antigüidade consagrado á deusa romana Maia, segundo a mitoloxía clásica a maior e máis fermosa das sete Pléiades, as fillas de Atlas e da ninfa mariña Pleione. Maia, deusa da que deriva o nome de María. Así pois de apelido Atlánticas e Pléiades, fillas da confluencia do Cosmos e do Océano. Identificadas con esa constelación de máis de catrocentas estrelas na que se fan sobranceiras as sete máis escintilantes, as Pléiades. Sempre o cabalístico número sete. Estrelas que asoman polo hemisferio norte e que, no tempo que vai de maio a novembro, entran en conxunción co Sol. Meses recomendados para o traballo no agro, para saír da casa e abrir fronteiras a periplos, a odiseas mariñas de futuro incerto. Sabíano ben os tartésicos, os magos e as meigas destes nosos confíns. Asuntos coincidentes cos da milenaria tradición china e mesmamente maia, casualidades? Universo de saberes confundidos en mitos e ritos que, desde tempos do Megalitismo, "orientarán"construcións con significación astral. Moitos templos gregos orientábanse entre a posta e a saída das brillantes Pléiades. Velaquí astro arqueoloxías para aquixotar e aluar mentes. Ao fin e ao cabo somos ínfimos anacos de estrela, po cósmico. [Podes ler a peza íntegra no número 293 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_10857 | Máis de 60 músicos e músicas participan no quinto disco da orquestra folk SonDeSeu. Beiralúa é o título dun traballo que procura "a celebración da vida plena" da súa experiencia pioneira: "Abrir un camiño novo na rrelaboración da música de tradición oral galega". | Fundada en 2001 dentro do departamento de música tradicional da daquela Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo -hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional-, o histórico Rodrigo Romaní é o seu impulsor e director. Para este Beiralúa, "voces representativas do panorama actual xúntanse aos mestres e compoñentes da orquestra para danzar unha coreografía simbólica de unión en torno a un proxecto". Compositores como Xosé Luís Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas achegaron pezas a unha obra que se adentra, ademais, en clásicos da altura Ahí ven o Maio -poema de Curros Enríquez, música de Luís Emilio Batallán- ou Campanas de Bastabales -texto de Rosalía de Castro, canción de Amancio Prada. As "grandes voces" de Rosa Cedrón ou do Orfeón Treixadura encárganse da intepretación. "Queda de manifesto", sinala a nota de prensa remitida pola súa discográfica, Altafonte, "as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa, que se consolida xa como a auténtica Orquestra Folk de Galiza". Unha masa de contrabaixos, gaitas, violíns, bouzoukis, canto, requintas, percusión, zanafonas e arpas conforman o seu son. Para chegar a Beiralúa, SonDeSeu iniciou traxectoria en 2003 con Mar de Vigo. Trastempo (2007), Barlovento (2010) e Danzas Brancas (2013) completan a súa discografía. |
NOS_39269 | O BNG inaugurou un novo curso político na Coruña. A súa portavoz nacional, Ana Pontón, sinalou na súa intervención que o partido debe afrontar o "reto" de converterse nun "actor decisivo na política galega", | A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón inaugurou o novo curso político nun acto na Coruña onde, acompañada polo portavoz municipal Francisco Jorquera e a portavoz de Lingua e Cultura, Mercedes Queixas, destacou a "vocación de gobernar" do BNG, e non de "eterna oposición". Pontón apuntou que a próxima asemblea nacional da formación do mes de novembro será o "inicio dun novo ciclo político" no BNG, no que o partido debe afrontar o "reto" de converterse nun "actor decisivo na política galega", mais non se pronunciou sobre o papel que xogará ela nesta "nova etapa". "O próximo gran reto do BNG é a celebración da 17º asemblea nacional, que fecha un ciclo político que vai desde 2016 até hoxe, marcado pola resistencia, a reorganización e a consolidación do partido", indicou Pontón, que recalcou que este BNG é "o máis forte da súa historia", ao converterse na segunda forza política no Parlamento Galego, chegar ao Congreso das deputadas e, ademais, ter unha importante presenza municipal. Co obxectivo de afrontar un novo tempo político, a portavoz nacional apelou á reflexión "colectiva e de calado" para "acertar" e sentar "unhas bases sólidas para enfrontar un obxectivo de magnitude como é presidir a Xunta". "O peor que podemos facer é caer na rutina ou o inconformismo, agora o BNG está noutro ciclo. Ten que seguir reforzándose e ensanchar a súa base social, posto que sen ela calquera avance vai ter os pés de barro", asegurou Ana Pontón. Con todo, a líder nacionalista non se pronunciou sobre o seu particular período de reflexión, previo á celebración da asemblea na que se decidirá quen segue á fronte da formación. "Confío no BNG, nos seus simpatizantes e militantes. Partindo dos nosos principios, debemos tender a man á Galiza do 2021; non podemos perder de vista que o noso obxectivo debe ser darlle unha alternativa real ás miles de persoas que os gobernos do PP deixaron tiradas", defendeu Pontón. "Estamos nunha situación diferente, con outros retos, e é un inmenso orgullo camiñar xunto a todos vós neste momento", concluíu emocionada a portavoz, que foi amplamente ovacionada polas persoas presentes no acto, que mesmo corearon 'presidenta'. Apoio das compañeiras e dos compañeiros Tanto Jorquera como Queixas, que interviñeron antes que a portavoz nacional, destacaron as "virtudes" de Ana Pontón como líder da formación nacionalista. En palabras da portavoz de Cultura e Lingua da Coruña, Pontón representa a mirada de futuro, a capacidade de traballo e "a man honesta que sempre volve dar". "Ana ten a capacidade de emocionar e emocionarse co pobo galego; os ollos de Ana Pontón levan a Galiza na cabeza e no corazón". Ademais, Mercedes Queixas defendeu o proxecto nacionalista para Galiza, que "sempre traballa no inconformismo". "O BNG, expansivo e innovador, cun proxecto imbricado na realidade propia do país, que conta coa ilusión e esperanza do pobo galego", remarcou Queixas. Francisco Jorquera, pola súa banda, recoñeceu "entender" e "respectar" o proceso de reflexión que atravesa Pontón, "unha decisión honesta e xenerosa", posto que, como el mesmo sinalou, "en ocasións" tivo que asumir responsabilidades que non "ambicionaba" e sentiu "o peso e soidade" que levaban esas tarefas. "Tamén por iso sabía dabondo que Ana tiña esas capacidades para liderar. Conseguiu que moitas persoas resintonizasen co BNG e outras empezasen a fixarse nel sen renunciar aos obxectivos do partido, cun discurso sereno e pegado á realidade, positivo e ilusionante, empático e inclusivo", remarcou o portavoz municipal na Coruña. Con todo, Jorquera insistiu en que non lle cabe "a máis mínima dúbida" de que Ana Pontón é "a persona máis válida" para liderar un proxecto que "consolide ao BNG como actor político decisivo" e que impulse un "cambio" na presidencia da Xunta da Galiza; "o cambio é Ana", finalizou o nacionalista. |
NOS_34612 | Tamén se ampliará a poboación albo que pode acceder á vacina contra o herpes zóster. | A Dirección Xeral de Saúde Pública aprobará en setembro o novo calendario de vacinas para a Galiza. Este incluirá, entre outras, a extensión a toda a poboación da inxección contra a meninxite B, o que permitirá a inmunización dunhas 14.700 crianzas a partir de novembro. A desigualdade na vacinación ameaza cun atraso dunha década no desenvolvemento Actualmente, a cobertura no noso país é de 84,34%, pero sufragada polo financiamento privado dos proxenitores, tal e como manda a Administración galega. Os bebés a partir de dous meses xa poden recibir esta vacina que agora pasa a estar financiada. Esta medida forma parte da actualización do calendario de vacinas anunciado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa investidura, xunto coa contratación da subministración de vacinas fronte ao herpes zóster, que amplía a súa poboación albo. Cuba fai un donativo de millares de vacinas ao pobo saharaui Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu gabinete, o titular da Xunta lembrou tamén que ao final deste ano incluiranse dúas vacinas máis para a poboación menor de idade: a do virus do papiloma humano a todos os homes de 12 anos (até o de agora era só para as mulleres) e a antigripal tetravalente para as crianzas de entre 6 meses e cinco anos. Vacina contra o herpes zóster En canto á vacina contra o herpes zóster, estará a disposición das persoas maiores de 18 anos con VIH, hemopatías malignas ou tumores polos que estean a recibir quimioterapia. Sen vías para vacinarse contra a gripe Até o de agora, só os maiores de 18 anos con transplantes autólogos, de órganos sólidos e tratamentos con fármacos anti-JAK eran os destinatarios. Desta maneira, o número de persoas que recibirán esta vacina poderá pasar das 1.500 actuais ás 15.000. Tamén está previsto que se poida empezar a administrar a partir de novembro deste ano. |
NOS_51859 | É o cuarto videoclip do LP 'Primeiros bicos', e gravouse no metro de Nova York. Vídeo no interior. | Ataque Escampe saca novo vídeo, "E eu que chorei con Ghost", realizado por David Silva para Registro de filmaciones e interpretado por Miguel Mosqueira, guitarrista e cantante de Ataque Escampe. Gravouse en outubro de 2017 no metro de Nova York. É o cuarto videoclip do LP Primeiros bicos, o sexto traballo dos Ataque, despois de "Alan Lomax", "Papá borracho" e "Mondariz-Balneario". Ataque Escampe inaugura esta sexta feira en Teo a segunda parte da xira de presentación de Primeiros Bicos (2017). Será cun concerto especial no Auditorio da Ramallosa en formato sexteto, cos teclados de Álex Salgueiro (Álex Salgueiro Trío, Malandrómeda, Inmaculate Fools, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Galegoz...). Primeiros bicos é o sexto LP de Ataque Escampe. Pódese escoitar gratuitamente no Bandcamp do grupo e en plataformas como Spotify ou Deezer. |
NOS_39583 | A asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) deseña unha proposta, aberta á participación da cultura de base, con medidas específicas dirixidas a recuperar o sector da cultura tradicional das consecuencias socioeconómicas da pandemia, que supuxo un parón na actividade no seo das asociacións culturais e folclóricas, escolas de música e baile tradicional. | Coa premisa de que o sector "dificilmente poderá recuperar a súa normalidade sen axuda económica da Administración e de toda a sociedade galega", a AGG fai un chamado á cultura de base para que sume achegas á proposta, accesíbel na páxina web da asociación, co obxectivo de pedir a creación de medidas específicas para sacalo adiante. A proposta artéllase en dúas fases, unha primeira de diagnóstico, que actualice a información relacionada co profesorado e coas asociacións dedicadas á difusión do baile e música tradicionais galegas; e outra enfocada á realización e aplicación de propostas que contribúan ó mantemento e crecemento desta actividade cultural, e unha posterior de aplicación de medidas. Na primeira, a asociación propón, ademais da diagnose, computar as perdas causadas nas asociacións dedicadas á promoción e difusión da música e baile a raíz da imposibilidade de dar clases, organizar festivais, obradoiros, foliadas, seráns e demais actividades. Para acadar un coñecemento máis profundo das consecuencias reais da situación, a entidade tamén vén de poñer en marcha unha enquisa anónima, cuxo obxectivo é o estudo das consecuencias socioeconómicas desta crise "para poder concretar con máis acerto as distintas medidas a reclamar fronte a Administración". En canto á aplicación das medidas, o documento de proposta reclama, para o prazo inmediato, habilitar axudas económicas que sufraguen as perdas causadas polo estado de alerta actual. A curto prazo, a folla de ruta sinala a necesidade de crear un plan de subvencións para a promoción da contratación de profesorado por parte das asociacións que permita a regularización da situación laboral das traballadoras e traballadores. Para esta fase, tamén se require un plan de axudas económicas ás asociacións para manter e aumentar a actividade cultural de eventos artísticos e formativos, así como a creación dun Observatorio do Baile e a Música Tradicional Galega, que recolla anualmente datos de tipo económico e social, o que permitirá coñecer a repercusión do sector no conxunto do tecido cultural e económico. A proposta recolle tamén a necesidade de fomentar proxectos de investigación, catalogación e divulgación do patrimonio inmaterial dentro dos Conservatorios superiores, as Universidades galegas e outras institucións públicas ou privadas que veñen traballando neste eido, desde o Consello da Cultura Galega ao Museo do Pobo Galego. Como pon de relevo a entidade promotora, a "oferta permanente de innumerábeis actividades" dun sector sustentado sobre as asociación resulta esencial para a "conservación e transmisión da nosa identidade e do noso patrimonio cultural inmaterial transmitido a través da oralidade" e é tamén "peza fundamental no armazón socioeconómico do sector cultural galego". |
NOS_49665 | Por vías oficiais sábese que foron calcinadas por agora 150 hectáreas nestes tres lumes. Porén, son datos obtidos durante a cuarta feira, polo que é probábel que o terreo afectado teña unha extensión maior. | Os dous incendios que afectan a parroquia de Quins, no concello de Melón, e o de Ribadavia, permanecen activos na mañá desta quinta feira, segundo confirmou Medio Rural no seu parte diario. Máis de 160 hectáreas calcinadas en 48 horas Segundo este último informe, os tres incendios queimaron 150 hectáreas en total: 85 os dous de Melón e 65 o de Ribadavia. Porén, este dato xa era coñecido onte, polo que é probábel que a cifra real de hectáreas calcinadas sexa aínda maior. O lume no concello de Ribadavia orixinouse contra as 22.11 horas da segunda feira na parroquia homónima. Máis de 35 hectáreas calcinadas no incendio de Ribadavia, que segue activo Nas tarefas de extinción traballan dous técnicos, 21 axentes, 48 brigadas, 34 motobombas, catro pas, unha unidade técnica de apoio, seis helicópteros e cinco avións, no que supón o maior despregamento de medios nestes intres. Incendios en Melón En canto aos dous incendios rexistrados no concello de Melón, o primeiro detectouse arredor das 22.30 horas da segunda feira e tampouco puido ser controlado, con 35 hectáreas calcinadas rexistradas por agora. A metade da Galiza, en risco extremo de incendio forestal: só A Mariña está en nivel moderado No mesmo lugar no que se orixinara o primeiro lume, un segundo foco xurdiu só 24 horas despois, contra as 22.38 horas desta terza feira, queimando por agora, de maneira oficial, 50 hectáreas. No primeiro dos incendios están a participar nos labores de extinción seis axentes, doce brigadas, nove motobombas e un helicóptero. En canto ao segundo, participan 12 axentes, 18 motobombas, dúas pas e medios aéreos sen especificar. Da eventualidade laboral á seca, as chaves desta campaña de incendios "perigosa" Aliás, cumpridas as 21 horas da terza principiou outro na parroquia de Cuíña, en Palas de Rei, que foi sufocado polos servizos de emerxencias contra as 2.21 horas desta madrugada e calcinou unha superficie que rolda as 22 hectáreas, mais xa está extinguido. |
PRAZA_2039 | Oito veciños interviron nunha sesión "histórica" que inaugurou Sonia Hermida, cuxa filla fora discriminada nun campamento municipal, e na que os socialistas botaron abaixo o cambio no orzamento pactado coa Marea por incluírse un engadido de 30.000 euros para Igualdade que tamén aceptaran | O Concello da Coruña estreou este luns a intervención da cidadanía nos seus plenos. Inaugurou o "escano cidadán" nunha xornada que o alcalde Xulio Ferreiro cualificou de "histórica". O executivo local abriu unha quenda de rogos e preguntas aos veciños nos plenos da corporación e foron finalmente oito as persoas que se iniciaron nunha posibilidade xa recollida na lexislación actual pero non empregada antes. Houbo que esperar a pasadas ás once da noite para que a veciñanza tomase a palabra desde o mesmo espazo que adoitan ocupar os concelleiros e nunha xornada con expectación que ateigou a tribuna e obrigou deixar varios cidadáns fóra. O "escano cidadán" estreouse nun pleno "histórico" e con polémica logo de que o PSOE botase abaixo a modificación de orzamento que pactara coa Marea Foi logo dun longuísimo e polémico pleno no que o PSOE botou abaixo a última hora a modificación do orzamento pactada coa Marea. E fíxoo despois de terse aprobado na sesión un voto particular do Bloque polo que se engadían ao cambio no crédito 30.000 euros para Igualdade e Participación, unha modificación aceptada por todas as formacións, tamén polo PSdeG, que se abstiveron para que valese o voto único do BNG. Pero aos socialistas pareceulles unha alteración inasumible, unha suposta ruptura dun pacto que xustificaba a súa negativa e unha reviravolta que criticou con dureza o alcalde, que cre que se esa vai ser a súa actitude "poderían ter investido a Negreira". Non empañou a polémica o momento histórico, pero atrasouna e moito tras un pleno no que o PP e o PSOE uníronse en varias votacións contra o goberno local, nunha delas mesmo para aprobar unha moción dos socialistas nas que se reclamou a anulación do escano cidadán por terse decidido sen pasar pola Comisión de Participación Cidadá ni pola Comisión de Reforma do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá. O alcalde lembrou que o mecanismo de participación cidadá era unha promesa electoral da Marea e unha competencia que outorga a Lei de Grandes Cidades. Sonia Hermida, nai dunha nena discriminada nun campamento e á que o goberno de Negreira lle negara intervir no pleno, inaugurou a intervención cidadá Sexa como for, Sonia Hermida inaugurou un proceso de participación cidadá, unha estrea histórica por vir da nai dunha nena con diversidade funcional á que o anterior goberno do Concello da Coruña lle negara unha praza nun campamento por falta de monitores especializados. A súa intervención estivo cargada de simbolismo, xa que a veciña solicitara unha autorización para intervir no pleno que lle foi denegada polo executivo de Negreira. "Estou aquí por unha cuestión de dereito", dixo este luns no palacio municipal. Un ano despois, e tras contar tamén co apoio do Valedor, preguntou ao executivo polos medios que ía poñer para que non se repetise a discriminación da súa cativa. A concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, comprometeuse a coordinar desde 2016 todos os campamentos municipais para evitar casos coma este. Logo, Marina Sangiao pediu ao executivo medidas para que os máis neesitados accedan a un fogar e denunciou a cantidade de pisos baleiros da Coruña, ao que o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, respondeu lamentando o escaso parque de vivendas e anunciando negociacións cos bancos para poñer casas en aluguer. Ademais, o presidente da asociación de comerciantes do barrio dos Mallos pediu medidas para fomentar o pequeno comercio, Rubén Purelo reclamou solucións para facer pública a xestión das instalacións deportivas -algo que o Concello anunciou que está negociando-, Roberto Lameiro reclamou arranxar aos problemas de accesibilidade e as barreiras arquitectónica en centros sanitarios, María del Carmen Cagiao advertiu dos problemas de aparcamento en Eirís e María Luisa Alonso solicitou que o executivo exixise máis músicos galegos na Orquestra Sinfónica. Os oito veciños pediron solucións á falta de vivendas, ás barreiras arquitectónicas ou para o comercio local, pero tamén houbo tempo para as críticas ao goberno Pero non todo foron preguntas, reclamacións e suxerencias. Tamén houbo críticas, como as de Ignación Louro, que denunciou a "ineficacia" do goberno da Marea e alertou sobre o incumprimento das 25 medidas que o executivo local prometeu poñer en marcha nos cen primeiros días de mandato. A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, recriminoulle ao veciño que estivese incluído nunha lista electoral do PP, actitude que Xulio Ferreiro reprochou á edil porque "aquí pode participar quen queira, sen importar do partido que sexa". Foi das últimas intervencións nun pleno que durou case sete horas e no que, malia as evidentes diferenzas que se manifestaron entre os grupos da Marea e do PSOE, aprobáronse unha serie de mocións dos distintos grupos políticos, como unha que aposta pola loita contra as violencias machistas, outra do BNG a favor Ría do Burgo, o mantemento dos postos de traballo de Alcoa ou instar a Xunta a activar o protocolo firmado no seu momento para impulsar a creación dun centro de saúde no mercado de Santa Lucía. As concelleiras do PP luciron camisetas rosas en apoio da 'Carrera de la Mujer'. "Hoy ganan las chicas", podíase ler na prenda Tamén se aprobou cos votos a favor de Marea, PSOE e BNG solicitar ao Porto a cesión gratuíta dos terreos da súa titularidade na Mariña e dos que non fai uso portuario. A proposta contou co voto en contra da bancada do PP, cuxas concelleiras do PP apareceron no pleno con camisetas rosas en apoio da Carrera de la Mujer, criticada polo goberno local -que colabora pero non participa na organización- por repartir cosméticos e a revista Hola! entre as mulleres e polo seu controvertido "enfoque". "Hoy ganan las chicas", poñía a camisola. |
NOS_23200 | Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez desenvolven esta fin de semana senllos actos políticos na procura do voto emigrante. | O número de electores que concentran países tradicionalmente receptores de migración galega e unha lei electoral que permite votar a net@s de emigrantes na Arxentina mais non a unha persoa residente en Galiza que proveña do Ecuador, levan os candidatos de PP e PSdeG a faceren as Américas na procura dun voto, quizais decisivo. Feijóo de Montevideo a Bos Aires O presidente da Xunta de Galiza procura ser renovado como tal e para iso moverá ceo e terra. Primeiro Montevideo e despois Arxentina. Nun acto político organizado polo Partido Popular na cidade de Bos Aires, Núñez Feijóo atopouse con centos de "simpatizantes" no Centro Galego. Como se a complexa realidade política da Galiza cruzase o océano cada día, Feijóo transmitía ás e aos asistentes o mesmo discurso que –despois da viaxe—traerá ao país. De cara ás vindeiras eleccións, aseveraba, "hai dúas opcións: votar a cinco partidos ou votar ao PP" e apelou ao manido argumento de "España se rompe" para mobilizar o seu electorado máis afín, "están instanto á separación de España", aseguraba perante un Centro Galego ateigado. O aínda presidente aseguraba ás e aos asistentes que "Galiza está hoxe mellor que hai catro anos" –obviando a taxa de desemprego, o incremento da débeda e o desmantelamento de servizos sociais--. Aliás, lembroulles que ao igual que o seu goberno se comprometeu hai case tres anos a lles garantir a "tarxeta sanitaria para os galegos do exterior", Feijóo prometeu agora aprobar a lei de galeguidade para garantiren a "viabilidade dos centros galegos". Mais non só o candidato popular viaxou ao exterior para facer campaña. O aínda conselleiro de presidencia, director de campaña e candidato número dous pola provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, participou en Zurich –xunto con Ana Pastor, ministra de Fomento—nun acto electoral coa comunidade galega. Suíza é o país europeo onde reside a maior comunidade galega. Aliás, o voceiro popular, Rodríguez Miranda, viaxaba a pasada semana a Xinebra como parte da campaña, prevéndose, así mesmo, que outr@s candidat@s o fagan nas vindeiras semanas. Pachi percorre o mesmo camiño Ao igual que o candidato polo Partido Popular, o seu homólogo socialista tamén se desprazou até América do Sur para se reunir coa comunidade galega en Montevideo e Bos Aires. Esta mesma mañá, Vázquez anunciaba na rede social Twitter que viña de baixar do avión na capital arxentina, para rematar a segunda feira pola tarde, cun baño de masas en Montevideo. Malia que o voto rogado –solicitado previamente—podería diminuír o número de participantes o vindeiro 21-O, o certo é que PP e PSdeG-PSOE non queren perder a oportunidade de mobilizaren as súas bases no exterior, pois entre Arxentina e Uruguay suman 174.423 elector@s. |
NOS_53454 | Ricardo Carvalho Calero será, á fin, protagonista do Día das Letras Galegas. E serao dunha maneira singular: dúas propostas distintas, rexistradas con apenas unhas horas de diferenza e por dous grupos de académicos distintos, apostan polo intelectual ferrolán. Sete membros da institución, todos asinantes dunha das dúas iniciativas, reivindican nun comunicado o impulso orixinal da candidatura. | "Un grupo de membros da Real Academia Galega levamos seis anos consecutivos propoñendo a figura de Ricardo Carballo [Carvalho] Calero como personalidade literaria do Día das Letras Galegas", comeza o texto, referendado por Francisco Fernández Rei, Manuel González, Chus Pato, Xosé Luís Axeitos, Euloxio Ruibal, Manuel Rivas e Xosé Luís Regueira, "dada a calidade incuestionábel do seu inmenso labor". Cinco veces foi rexeitado polo plenario da Academia. Os redactores do documento entenden que o debate ortográfico foi sempre un dos problemas para Carvalho: "Somos moi conscientes da opción reintegracionista que defendeu Carballo desde mediados da década dos 70, pero consideramos que a academia non debe temer o debate normativo, pois mala cousa sería se a institución non fose quen a defender social e filoloxicamente a bondade da normativa vixente". Lembran que o ano pasado rexistraran a mesma proposta e que, "dúas semanas despois", varios académicos presentaron Antonio Fraguas, finalmente distinguido. E relatan a súa versión do sucedido o pasado 20 de maio. "Nove académicos presentamos, unha vez máis, a proposta de Carballo para o DLG 2020", din, "horas antes, 13 académicos presentaron outra tamén para Carballo". O comunicado afirma que "resulta sorprendente que quen hai só un ano consideraba que a elección de Carballo sería un atentado contra a lingua galega vexa agora unha figura merecente de ser celebrada, viraxe que talvez se deba á intención de botarlle terra a un lamentábel proceder en anos anteriores". Critican que "fontes da Academia" falen agora das dúas iniciativas como "maioritaria" e "minoritaria". "En realidade son, por unha parte, a proposta que se fai por sexto ano consecutivo; e por outra, a proposta froito da presión externa e interna". O quinto e último punto dun texto titulado "A Galicia insólita: dúas propostas para Carballo Calero DLG 2020" é o más duro. "Non cuestionamos, en absoluto, a legalidade da cualificada como proposta "maioritaria"; porén, cremos que hai actuacións moralmente detestábeis, como ocorre con esta proposta insólita, que conta co apoio de toda a Executiva da Academia. Así e todo, celebramos que, por fin, Ricardo Carballo Calero teña o xusto e merecido Día Das Letras Galegas". |
NOS_3781 | A selección galega feminina de fútbol praia queda sen adestradora após serlle comunicado o seu cesamento a Pilar Neira. | Pilar Neira, até hoxe adestradora da selección galega de fútbol praia feminino comunicou esta terza feira (16 de xuño) através da súa conta persoal en Facebook que foi cesada. Así o tería decidido a Federación galega de fútbol. "Algo que intuía que ía suceder", asegurou Neira. No sucinto comunicado pendurado na rede social, a adestradora agradeceu a "confianza depositada en min" durante os tres anos en que estivo á fronte da selección coa que acadou un sub-campionato e 2 campionatos estatais. Aliás, Pilar Neira asegurou ás xogadoras que foi "unha honra" partillar con elas o traballo realizado. |
PRAZA_13805 | Un documental aborda a Memoria Histórica desde o innovador punto de vista de sete rapaces, que investigan sobre o sufrimento dos represaliados. O filme finánciase a través do crowdfunding e recibe tamén o apoio desinteresado da cidadanía. | "Parece que en España hoxe non queremos recordar". Así fala un dos adolescentes que protagoniza o documental A pegada dos avós, un filme do director Xosé Abad, que por primeira vez trata o drama da Guerra Civil e da represión posterior desde o punto de vista duns que ven aquel terrible episodio da historia desde unha distancia tan enorme. Xosé Abad (Issac, O segredo da Frouxeira) volve tratar o tema da Memoria Histórica, pero coa innovación de centrarse na mirada de sete mozos que se achegan á contenda civil e á represión fascista facendo a súa propia investigación e investigando a través da escoita dos avós, pero non dos seus avós, senón de represaliados que eles mesmo escolleron. Un proxecto innovador tamén porque "ante a gravidade da situación do sector audiovisual" emprega vías de financiamento a través do crowdfunding e consegue achegas a través da Rede para poder rematar un documental que prevé estar listo a finais de ano. O documental finánciase a través de crowdfunding e poderase descargar e visionar gratuitamente "Quero construír a miña propia opinión; son historias que teñen que ser contadas, que non poden quedar soterradas e que teñen que ser xulgadas", di outra das mozas protagonista do documental, alumna, como os seus compañeiros, do instituto de Adormideras da Coruña. "Todo empeza cando a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica coruñesa nos propón facer un documental", explica Xosé Abad a Praza, que optou daquela por "renovar a mirada" que se adoita pousar sobre a guerra, o franquismo e a represión. "Quixemos tratalo desde o punto de vista duns rapaces cunha distancia moi grande con respecto á ditadura e saber tamén así se decidían pasar páxina ou seguir reivindicando e interesándose polo tema", explica o director. A resposta foi rápida. Malia que a maioría dos mozos tiña un coñecemento "escaso e menor" sobre a época histórica que se trataba, a medida que avanzaban na investigación "foron sufrindo unha transformación e aumentando a súa sensibilidade cara ao razonable" E que é o razonable? "Pois que as animaladas e crimes son sempre animaladas e que a xustiza debe actuar", explica o director. Sete rapaces dun instituto investigan sobre a represión despois da Guerra Civil para "renovar a mirada" sobre os feitos Todo cambiou moito, conta, cando os sete rapaces empezan a visitar os lugares protagonistas da represión ou a escoitar a familias represaliadas, concretamente dúas que sufriron o asasinato tras a Guerra Civil de pai e nai. "Detalles como meter o dedo no furado que deixou unha bala no muro onde fusilaron a unha muller vailles cambiando a forma de pensar", explica Xosé Abad, que recorda que os rapaces tamén van colgando a través de blogs "os seus pensamentos individuais e intimistas, sen ningún tipo de intervención". O filme, que corre a cargo de EAF Producións, continúase gravando e contando coa participación "e o apoio e a solidariedade" de moitos compañeiros do sector. "Ao principio contamos coa axuda da CRMH, pero a gravación, a montaxe, os técnicos... Todo o demais conséguese grazas ás achegas populares". "Podémolo facer porque son moitos os que se implicaron no proxecto sen recibir a remuneración que lles correspondería", conta Xosé Abad, "orgulloso e entusiasmado" tamén pola colaboración cidadá. O pasado sábado pediu a participación de xente anónima para gravar unhas secuencias no Campo da Rata da Coruña. Apareceron 200 persoas que colaboraron desinteresadamente como figurantes. O director do filme amósase "orgulloso" do apoio desinteresado do sector e da cidadanía anónima. Unhas 200 persoas exerceron de figurantes de maneira altruísta "Non queda máis remedio porque o audiovisual está desfeito como o resto da sociedade. Lévannos ao absurdo e á marxinalidade a unha parte amplísima da sociedade e os que facemos traballos deste tipo, ou buscamos recursos de onde non os hai ou non temos opción", reivindica Abad, que agarda poder remunerar como se corresponde aos participantes nun proxecto que, de seguir conseguindo apoio, quedará rematado a finais de ano. Será daquela tamén cando cumpran co "compromiso de que a xente poida visionar ou descargarse grauitamente o cocumental". Se vai ben, tamén se buscarían outras formas de financiamento, como a venda de DVDs ou a exposición nalgunhas salas comerciais. Todo para espertar conciencias e para, como di unha das rapazas, "remover a xustiza, non as feridas". "Polo menos para pensar que a raza humana está máis evolucionada que todo iso", remata outro dos mozos. |
NOS_6997 | Máis dunha trintena de familias das vítimas do accidente ferroviario crean unha asociación para se persoaren na causa xudicial aberta | O seu impulsor, Cristóbal González, foi unha das persoas feridas no accidente. A el sumáronselle máis dunha trintena de vítimas e familiares das persoas falecidas. O seu obxectivo é presentarse como parte no proceso xudicial iniciado con motivo do sinistro que tivo lugar o pasado 24 de xullo. Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, González asegura que a decisión de constituír a asociación decorre da situación de desprotección na que se atopan algunhas das persoas que viaxaban no Alvia Madrid-Ferrol. "Coñezo unha muller de 80 anos que ficou sen ninguén que a atenda", apunta, aliás afirma que moitas das vítimas, após a atención sanitaria "quedaron desprotexidas" e teñen que "coller un taxi para ir ao hospital". Cristóbal considera que "era de agardar" que o xuíz responsabilizase o Estado no accidente a través da imputación dos responsábeis de Renfe e Adif e subliña que "non é razoábel" que a investigación se centrase tan só no maquinista. "Descargar toda a responsabilidade nunha persoa", di, "era desproporcionado". |
NOS_31316 | Foi un dos rostros de Nunca Máis, plataforma de cuxa xestora foi un dos voceiros. Estivo no nacemento deste movemento desde a experiencia que lle daba o traballo e compromiso na PDRA, a Plataforma en defensa da Ría de Arousa. Teno claro: "Nunca Máis supuxo a toma de conciencia do pobo galego de que era quen de organizarse e responder a unha agresión" | -Onde estabas cando afundiu o Prestige? Como lembras que se viviron aqueles primeiros momentos? -Eu vivía en Vilaxoán, na Ría de Arousa. Entereime do que estaba a pasar por xente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa [PDRA, colectivo que integraba traballadores do mar, colectivos sociais e veciñais]. Convocamos unha reunión urxente, lembro que había unha gran alarma. A PDRA fóramos a unha reunión que convocara o daquela conselleiro de Pesca, López Veiga, na Confraría do Grove e onde el argumentaba que non había perigo ningún, que estaba todo controlado, que o fuel non ía chegar á Ría de Arousa. Nós preguntámoslle en que se baseaba para falar así, porque todo indicaba que iso non era certo. A charla que foi dar alí López Veiga era con esa intención, vender que non facía falla preocuparse. En poucas horas demostrouse que era mentira. Entón unha das accións que decidimos na Plataforma foi a de facer unha acampada en Vilaxoán, fronte ao que daquela era o Centro de control do medio mariño da Xunta [actual Intecmar], para denunciar esa actitude da Xunta. Alí estiveron tamén as mariscadoras. Reclamabamos un plan de actuación, un plan de emerxencia, que nos informasen de que pensaban facer, como ían actuar. Pasaron amplamente, na súa liña de transparencia cero, de democracia cero. Todo sucedía como unha voráxine, a un ritmo de vertixe. Era a primeira vez en moito tempo que se facía na nosa terra un movemento destas características, un movemento tan masivo e que era de abaixo arriba -Como foron eses primeiros momentos de nacemento de Nunca Máis? Como se orixinou? -Houbo unha xuntanza en réxime de auto-convocatoria que se fixo en Compostela, aberta a todos os colectivos de Galiza. Alí configurouse unha plataforma cunha comisión xestora, Nunca Máis. E aí comezou a andar, convocando a manifestación do 2 de decembro, que fora brutal, cunha afluencia de xente masiva. -Co paso dos anos Nunca Máis convertouse un nome case referencial, unha icona, chegándose a falar mesmo de 'Xeración Nunca Máis'. Erades conscientes naqueles momentos da importancia, da significación do movemento? -Non. Era a primeira vez que se facía na nosa terra un movemento destas características, un movemento tan masivo e que era de abaixo arriba, asembleario, no que todas as decisións importantes se adoptaban en asembleas abertas... Aquilo non era unha simple asociación, vamos. Era algo grande, que estaba no día a día. Era moi aberto, había vontade de sumar, de aproximar, de achegar posturas... Había unha participación cidadá moi intensa, unha grande creatividade e, na xente que estabamos na xestora, había unha capacidade de integrar. Na última etapa xa comezaba a haber algúns problemas, había xente que quería darlle outro contido, máis de abranguer outros temas, de abrir Nunca Máis a outros campos. Nunca Máis naceu cunha finalidade e cun marco de actuación que era concreto: a catástrofe do Prestige. Foi un movemento que tomou a responsabilidade que non tomou o Estado nin a Xunta. -Que pegada consideras que fica hoxe do movemento Nunca Máis? -Eu creo que Nunca Máis supuxo a autoconciencia do pobo galego que. se quere e ten vontade, é quen de facer grandes cousas, de articularse e responder a agresións como a do Prestige. Iso é moi importante. A reflexión a facer é como lograr que esa resposta tan plural e masiva non se dea só diante dunha agresión, senón tamén para articular iniciativas propias, de cara a construír un futuro. Eu teño estado en moitas movidas sociais (ri): na loita pola recuperación da illa de Cortegada para o pobo, na loita contra os depósitos de hidrocarburos de Ferrazo (Vilagarcía), pero teño que recoñecer que Nunca Máis foi algo totalmente diferente. E foino por varias cuestións. A primeira, a diversidade. A segunda, que era un marco organizativo galego, a soberanía de Nunca Máis estaba aquí, na nosa terra, aínda que se realizasen actuacións no estranxeiro. E, algo moi importante, era plural. Para poder incidir na realidade a pluralidade é chave, é unha forma de contrastar e perfilar mellor as iniciativas. Iso víalo claro cando traballabamos todos cos nosos matices, cos nosos pareceres distintos... Construíase moito mellor o discurso. Isto facía que tivésemos unha gran adaptabilidade, polo que podiamos ofrecer respostas en moi distintas situacións, en diferentes escenarios. Desde ir a praias afectadas pola maré negra con alumnos de centros de ensino medio de toda Galiza até os concertos, o traballo contra o chapapote... Mariñeiros, estudantes, ensinantes, mariscadoras, traballadores, veciñas, os artistas con Burla Negra... Era todo moi animado, moi dinámico: desde a capacidade de actuar até facer propostas e ideas... A pregunta que me queda é que pouso ficou daquilo na sociedade -Hai quen destaca de todo aquilo a capacidade de resposta do pobo galego fronte ao abandono das administracións, fronte á renuncia do Estado -Foi un movemento que tomou a responsabilidade que non tomou o Estado nin a Xunta. Un movemento moi activo, moi capaz de sinalar co dedo as insuficiencias, as responsabilidades do que estaba a pasar. Fomos quen de marcarlle o paso ao poder político. O pulso da realidade eramos quen de levalo ao día a día e iso a pesar de que non nos daban cancha ningunha. Un exemplo, a primeira presenza convidada de Nunca Máis na TVG é un debate no que a xestora decidiu que fose eu. Aquilo foi un debate para esmagar Nunca Máis (ri). A nosa posición alí estaba illada, non había ningún tipo de equivalencia entre a presenza social e reivindicativa e a presenza nos medios públicos, estabamos bloqueados. -De haber hoxe outro Prestige, estariamos mellor preparados? -Pois non o sei. Douche a miña opinión persoal, non só en base ao Prestige senón tamén a todas as movidas que teño participado: a pregunta que me queda sempre é que pouso ficou daquilo na sociedade. Ás veces, cando se está en historias así, e lembro por exemplo a movida contra a OTAN, hai que se preguntar que fica daquilo. Eu creo que fican certos valores, enxertos que son asumidos como colectivos pola sociedade, que xa non son simples cuestión 'nosas', dos activistas que estivemos en primeira liña naquelas loitas. 'Son xa valores que existen na sociedade, e para que se fosen construíndo aí, alicerzando, a responsabilidade neste caso de Nunca Máis foi moi importante. |
NOS_38965 | A AELG reitera a súa "preocupación" pola situación do idioma e pide que as conclusións do informe do Consello de Europa sexan "motivo de reflexión". | Tamén as escritoras e escritores en lingua galega súmanse ás advertencias e preocupación sobre o estado do galego que volve agromar após a publicación do informe do comité de expertos do Consello de Europa. Neste sentido, a Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) reitera así a súa "profunda preocupación ante o que considera, por parte dos gobernos español e galego, un explícito desatendemento do proceso de normalización lingüística". "Como traballadoras da palabra", indican, "non podemos máis que facer notar o noso desacougo ante o desamparo ao que se ve sometida a lingua galega a nivel institucional desde a aprobación dun marco legal regresivo para a vitalidade do galego". A AELG afirma que a presenza do galego "é insuficiente en varias áreas da comunicación social e o seu incumprimento vén recollido no informe de expertos". Unha situación, indican "á que se chegou por vontade unilateral do goberno galego hai unha década, ignorando a vontade da maioría social e desoíndo a reflexión das profesionais do ensino e da sociolingüística". O informe do Consello de Europa, indican, non vén senón ratificar o que otros estudos e documentos – como o do IGE- veñen advertindo desde hai tempo. A respecto das consideración do informe, indican que "entendemos que estas advertencias deberán ser motivo de reflexión para quen ten a obriga legal e moral de coidar da lingua propia", ara alén de manifestar que "cómpre virar o rumbo e derrogar as normas que impiden o uso da nosa lingua na docencia de todas as materias" |
NOS_17364 | Tres mil discos vendidos en dous meses é unha marca difícil de igualar na música galega. Conseguiuno Lúas de outubro e agosto, de Guadi Galego. Máis de sesenta mil persoas viron nese tempo o videoclip da súa canción "Matriarcas", que orixinou tamén un debate arredor da maternidade. Guadi Galego bota a andar agora a xira de presentación do disco. | Nas lúas cheas de outubro e agosto naceron o seu fillo e a súa filla. Agora dan título a un disco no que agroman as emocións e os sentimentos. Guadi Galego vólvese pop en Lúas de outubro e agosto, o seu segundo disco en solitario despois daquel Benzón que asinou hai cinco anos. -Vender tres mil discos en apenas dous meses é toda unha marca na música galega, cal é o segredo de Lúas de outubro e agosto? A verdade é que foi unha sorpresa. Non agardaba que acontecera con esa intensidade. Neste momento esgotamos a primeira edición e vaise facer outra. Pode responder a que este é un disco distintos ao que a xente agardaba mais, ao mesmo tempo, non deixaba de ser un disco meu. Dalgunha maneira, conseguiu enganchar a xente que até agora non o fixera e, por outra parte, ao meu público non lle resultou tan estraño. Non teño as claves para que o disco gustara tanto... talvez a súa frescura. -Comeza agora a xira de presentacións, ese suceso do disco vaise corresponder cunha grande resposta nos concertos ao vivo? Unha xira de teatros, pero de aí para adinte, abrimos en marzo con teatros .A xira bota a andar 6 de marzo en Oleiros, sigue o 7 en Vilagarcía, o 8 en Ourense, o 21 en Redondela e o 28 en Cedeira. A partir de aí virá xa Compostela e Lugo. Non sei ben como influirá o resultado do disco nos directos mais, o que si é certo é que se nota certa expectación maior que noutras ocasións. -Do disco, a canción "Matriarcas" sentiuse especialmente, tanto polas máis de 60.000 veces que se viu o videoclip como polo debate que produciu dentro do feminismo a respecto da maternidade. A verdade é que tanto esa cantidade de veces que se viu o videoclip como o debate foron tamén inesperados. A canción, ao meu ver, non deixa de ser un tema de amor con certa ironía, en especial con respecto aos homes. O debate produciuse arredor do tema da maternidade e a un sector do feminismo non lle gustou o tratamento Eu estou co feminismo da diferencia e creo que a maternidade é parte das mulleres que somos nais. Foi unha canción tamén persoal na que tentei expresar o que sentía. A canción foi unha revolución e non contabamos con tanta aceptación. Converteuse en viral. No videoclip hai moitas mulleres reais e a xente síntese identificada con elas. Defendo que o sentimento do matriarcado existe na Galiza e esa maneira de verbalizalo con música fixo que moita xente se sentise próxima. -As mulleres e a maternidade é un dos principais temas do seu novo traballo? Moitos dos temas xiran arredor da muller mais non só da maternidade. Para se sentir matriarca non hai que ser nai biolóxica. Moitas non teñen fillos. Na Galiza hai unha chea de mulleres que coidaron de sobriños, que levantaron casas con xente maior sen seren elas mesmas nais. Non se cingue ao tema da maternidade mais si é certo que cando escoitas o disco percibes que as mulleres están presentes, teñen un destaque especial. Malia iso, non foi algo premeditado. Os temas saíron así pode ser porque, máis que nunca, tiña presente a condición de muller na miña vida. -Polo que di, pola autoría e porque responde tamén, en certa maneira, ao seu momento biográfico, é este o seu traballo máis persoal? Sete de dez temas son meus, tanto na composición da música como na letra. É moi persoal desde o momento en que todas son cancións inéditas, de autoría propia. Non hai temas tradicionais como si acontecía no anterior disco. A música tradicional pulula dentro de min e, de feito, hai moitas letras e músicas que teñen o aroma da terra, da tradición. Ese arrecendo existe e apréciase mais desapareceu aquela presenza directa con temas tirados directamente da música popular. -Desde Benzón, o seu primeiro disco en solitario, publicado en 2009, pasaron cinco anos. Por que demorou no seu regreso? A vida está chea de circunstancias, de feitos que, dunha maneira ou outra, van conducindo a túa biografía. Antes de poñerme de novo cun disco en solitario naceu aCadaCanto, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que era un proxecto que tiñamos pendente. Tiven o meu primeiro fillo e non era posíbel máis nada. -Ademais de aCadaCanto, participou en Berrogüetto, Nordestinas ou Espido. Este novo disco adiviña un futuro en solitario? De momento vou defender este disco e non sei que farei máis adiante. Traballar con outras persoas enriquéceme e pode ser que no futuro volva participar en proxectos colectivos. Todo será segundo o momento que viva. -Por que se decidiu por un traballo tan pop? Certamente é totalmente pop. O regusto da tradición está nas melodías e nas letras mais non ten a presenza de Benzón. Apetecíame moito tirar por esta vía. Darlle un gusto distinto pareceume un risco interesante despois de vir do folque. Defendo que hai que facer o que che pide o corpo e a min pedíame pop. Pensaba hai un anaco que desde que empecei fixen sempre cousas moi distintas. Rosalía XXI é un disco con linguaxe jazz e regusto contemporáneo e a ninguén lle estrañou que dese eu voz a Rosalía. Agora posibelmente resulte máis chamativo por ser pop porque en galego non hai moito. Pop existe mais non de forma tan contundente como neste caso. -Emocións e sentimentos son ingredientes básicos da súa música? Son a esencia. Se non hai sentimentos e emocións non ten sentido, fanme ser o que son. Quero ser de verdade nas miñas cancións, cos meus defectos e virtudes. A música está dentro de min desde pequena. A miña familia e boa parte das miñas amizades viven a música de maneira intensa e forma parte das nosas vidas e iso tamén se deixa ver no que fago. A música ten moita forza e pode cambiar mesmo o estado de ánimo. Contribúe a que sexamos máis felices. |
NOS_4880 | Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres. | afoute.- Alegre, contento.Exemplo.- "Estás hoxe moi afoute."Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).Fonte.- Manuel Cabada Castro. arrefusía.- Présa, determinación, apuro, urxencia.Exemplo.- "Entrou pola porta cunha arrefusía...!"Lugar de escoita.- A Mariña luguesa.Fonte.- Miguel Hernández Viñas. empleita.- Teima, empeño.Exemplo.- "Colleron de empleita a sega da herdade e non pararon ata rematar."Lugar de escoita.- Escudeiros - Ramirás (Ourense).Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.Outros apuntamentos.- Adoita ir precedida do verbo coller e da preposición de. Palabras con memoria: embutindo a lingua parchada.- Demostración tenra de agarimo e benquerer, especialmente dirixida aos nenos.Exemplo.- "Non chores máis, vén aquí, que che dou unhas parchadiñas."Lugar de escoita.- O Morrazo.Fonte.- Francisco Tilves Guimeráns.Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos. rechina.- Rabia.Exemplo.- "Cando lle oio falar diso, péghame unha rechina..."Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).Fonte.- María Isabel Fernández Vidal. |
PRAZA_19604 | PSdeG, Marea e BNG insistirán en reclamar a dimisión do rexedor polos seus comentarios ofensivos polo 8 de marzo, máis aínda se é reprobado pola maioría do pleno, algo que depende da posición que adopten os dous edís do grupo independente que goberna xunto ao PP. | O Concello de Noia acollerá este martes un pleno extraordinario para a reprobación do seu alcalde, Santiago Freire (PP), polos chistes e comentarios machistas que realizou o pasado 8 de marzo no acto institucional co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Toda a oposición -PSdeG, Marea Cidadá e BNG- esixe a reprobación dos comentarios ao considerar que "un representante público non pode alimentar unha lacra como é o machismo". Nunha corporación na que a oposición suma sete edís fronte aos oito do Partido Popular, todo dependerá da decisión dos dous concelleiros de Noieses Independentes Agrupados (NO.I.A.), que forman parte do goberno local ao que sustentan logo de que apoiasen a moción de censura que desaloxou da alcaldía o anterior rexedor socialista aos poucos meses das eleccións locais de 2015. O pleno de Noia acollerá uun pleno extraordinario para a reprobación do alcalde polos comentarios machistas polo Día da Muller Desde a oposición, tanto PSdeG, como Marea e BNG reclamaran na mesma semana das desafortunadas declaracións a "dimisión inmediata" do alcalde por ter amosado "non ser digno para permanecer no cargo nin representar a sociedade noiesa nin os seus valores". Ante o pleno de reprobación deste martes, insistirán nas súas demandas. Tamén na de que abandone o cargo. Cos sete votos pola reprobación de toda a oposición e os oito do PP en contra, todo dependerá do que fagan os dous edís de NO.I.A. "Que os seus actos merecen que se lle pida a dimisión? Pois eu creo que si", asegura Miguel Paz, concelleiro do PSOE e anterior alcalde da localidade, que advirte que "non só foron os chistes machistas" o censurable por parte de Santiago Freire, senón "a falta de respecto que tivo coas mulleres e cun acto que non tiña nin preparado, no que improvisou e no que fixo os comentarios lamentables que fixo". Segundo asegura, equivocouse co nome da mariscadora homenaxeada, "infravalorou" o momento e "fixo algo que non se atrevería a facer nun acto do seu partido ou no que se homenaxease o presidente da Xunta". "A xente que alí había merece o mesmo respecto que calquera", insiste. "Entendemos que esas palabras teñen que ser reprobadas por todos os membros da corporación, pero xa se verá cal é o resultado", asegura, pola súa banda, Manuel Seijas, voceiro da Marea Cidadá de Noia, que entende que "un alcalde reprobado con maioría absoluta no pleno debería dimitir". Malia a apelación a votar en conciencia, o voceiro do grupo entende tamén que todo dependerá da decisión que tomen os dous edís de NO.I.A. "A formación desmarcouse das palabras do rexedor, pero non sabemos cal será a súa posición; o que si temos claro é que o que non reproba, aproba", insiste. Tamén o pensa así o socialista Miguel Paz. "Situaranse onde queiran situarse e logo será o pobo quen lles pase ou non a factura, aínda que estamos afeitos a que todo o que faga o PP se descupe nas urnas". PSdeG, Marea e BNG insisten en reclamar a dimisión: "Un alcalde reprobado coa maioría absoluta do pleno debería dimitir" Na mesma liña maniféstase a concelleira e portavoz do BNG na localidade, Irati García. "Imos insistir na petición de dimisión porque é o seu; non podemos consentir que isto se solvente cunha simple disculpa". "No eido institucional non podemos deixar pasar por alto estas palabras cando son precisamente as administracións as que teñen que facer todo o posible para acadar a igualdade efectiva e protexer as mulleres", engade. A representante do BNG pide, ademais, que "cadaquén actúe segundo a súa conciencia e responsabilidade, máis aló do partido", pero cre que os concelleiros do PP "comportaranse como unha unidade". Todo dependerá da votación dos independentes. "Se hai quen decide dar por pechado isto cunha desculpa, eles saberán, pero a mensaxe que se lle manda á sociedade sería paupérrima", engade Irati García. Alén disto, o que si ten claro a voceira do Bloque é que a reprobación "complicaríalle moito a situación ao alcalde". "Un alcalde reprobado o que tería é unha perda de confianza por parte da veciñanza e cando hai esa perda de confianza, un debe ser responsable", asegura quen cre que o pleno servirá para que "cadaquén dea a cara" ante as polémicas palabras do alcalde. "A muller é capaz de tocar as narices sen achegarse" O alcalde de Noia realizou os comentarios machistas no acto institucional que na localidade se realizou co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Santiago Freire (PP) introduciu tres chistes contra as mulleres "-é o chiste fácil", dixo ao momento"- no medio da súa intervención ante a sorpresa de moitos dos presentes. "A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse", asegurou. "A muller é capaz de sangrar sen cortarse", asegurara o alcalde nun dos chistes machistas no acto do 8 de marzo Ademais, tamén asegurou que "son moitas as dificultades fisiolóxicas que [a muller] ten con respecto ao home, que en ocasión fai que ese traballo que teñen que facer de forza físcica se lle complique". Ao día seguinte, e visto o balbordo, o rexedor pediu "perdón" nun comunicado ás "persoas que se sentisen ofendidas". "Non teño ningún problema en pedir perdón porque o que dixen foi desafortundado", asumiu o alcalde de Noia, que aclara que a súa intención "non era ofender a ninguén e moito menos menoscabar a dignidade das mulleres". |
NOS_39907 | Unha concentración convocada pola CIG diante da consellaría de Traballo reclamou a restitución dos salarios e das pagas extra completas, así como transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda. | Unha concentración convocada pola CIG reclamou esta cuarta feira diante da consellaría de Traballo a aplicación do convenio que @s traballador@s negociaron coa Xunta en 2010. Delegad@s desta central sindical entregaron até 981 sinaturas dirixidas á titular do departamento, Beatriz Mato, para que se lles apliquen as condicións nel sinaladas ao cadro de persoal dos centros de benestar. O Consorcio galego négase a acatar o convenio. O sindicato nacionalista denuncia a situación de "precariedade laboral" en que se atopan máis de mil traballador@s cuxo salario nalgúns casos non chega aos 1.000 euros. Entre as demandas que se lle fan á Xunta figuran que se garanta a continuidade das traballadoras do Plan de Inclusión a partir de 2013, a restitución dos salarios e das pagas extraordinarias completas, transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda e a autorización para a realización de permutas entre o cadro de persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. |
NOS_15833 | Se houbera que nomear a triunfadora da primeira xornada da Conferencia Política do PSOE o nome sería indiscutíbel. A presidenta andaluza Susana Díaz conseguía a maior ovación dos 2.500 asistentes e era a encargada de defender o discurso máis político, avogando pola unidade de España e convidando ao PSC a se ater ao texto constitucional. | Dúas das tres fotos que o gabinete de prensa do PSdG enviou hoxe aos medios da conferencia política son de Besteiro con Susana Díaz. A outra é do grupo de cargos políticos que participan no debate. A presidenta andaluza aparece como a triunfadora da primeira xornada da conferencia política do PSOE á que asisten 2.500 persoas no Palacio de Congresos de Madrid. Seu foi o discurso máis ovacionado e súas tamén as liñas que marcaron o camiño da conferencia: desbotar a elección en primarias de toda a militancia e a defensa dunha España unida fronte ao conflito co PSC, a quen, por outra banda, tamén foi a encargada de tender a man. O protagonismo de Susana Díaz na conferencia do PSOE xestárase xa con anterioridade mais quedou á vista desde primeira hora da mañá, cando foi ela a que acompañou a Rubalcaba a un encontro previo co secretario do PSC Pere Navarro e tamén foi a federación andaluza quen se encargou de "blindar" o partido diante dunhas posíbeis primarias que, despois da intervención de Chaves, quedaron adiadas. "Unidade de España", di Susana Díaz, "Dese un punto de vista federal", di Pere Navarro O PSOE quería coller folgos para encarar unha nova etapa mais, no transcurso da xornada, foise atopando co seu propio pasado, cun Felipe González que presidía o Foro da Globalización e batía nas costas a Susana Díaz para mostrar o seu beneplácito á figura que de ser noemada recentemente presidenta de Andalucía xa se manifesta como a persoa con máis aspiracións no partido, de procedencia andaluza, como no momento álxido da súa presidencia. Tamén coa forza histórica da federación andaluza, que ofreceu o apoio a Rubalcaba, conseguiuse que o secretario xeral non se elixira polo voto directo da militancia senón por congreso de delegados e delegadas. Quedou, sen embargo, reducido o número de avais precisos xa que para se candidatar abondan 10.000. Busca do orgullo perdido e recuperar enerxías despois de múltiples fracasos electorais foi a nota común de partida que aproveitou cun discurso novo a presidenta andaluza, Susana Díaz que sentou as bases tamén das liñas políticas do PSOE, en especial, en canto ao modelo organizativo de España na que a presidenta foi contundente na defensa da unidade e convidou os membros do PSC a se axustaren á Constitución Española. Se Susana Díaz defendeu a unidade de España no seu discurso inicial, o responsábel do PSC, Pere Navarro viuse na obriga de saír ao paso das declaracións sinalando que compartía a idea mais "desde un punto de vista dunha España federal". Sen embargo, o discurso de Díaz non daba pé a moitas ambigüídades xa que mesmo se dirixiu aos cataláns esgrimindo a defensa do texto constitucional. "Este país non se pode permitir que o PSOE cre desconcerto e inseguridade entre os cidadáns, xuntos somos máis" dixo a presidenta de Andalucía. Antes da conferencia, a organización do PSOE quixo mostrar xuntos a Susana Díaz Pérez Rubalcaba e Pere Navarro. |
NOS_16749 | Miles de persoas toman parte nas mobilizacións e manifestacións que este domingo percorren vilas e cidades do país convocadas polo feminismo galego. | Nestes 15 anos 57 mulleres foron asasinadas en Galiza polas súas parellas ou exparellas. Na actualidade, 3.200 mulleres en Galiza están baixo protección pola ameaza que pende sobre elas. Cada día de media 16 mulleres en Galiza, segundo datos da Fiscalía, sofren violencia física e psicolóxica, agresións á liberdade sexual, ameazas. Son só uns dos moitos datos que se poden poñer sobre a mesa para evidenciar a persistencia e insistencia das violencias machistas contra a muller. Unhas violencias que este domingo, 25 de novembro, foi denunciadas en rúas e prazas galegas polas miles de persoas que tomaron parte nos actos convocados polo feminismo galego. Se na greve do 8M o lilá foi o color dominante, neste 25N é o negro, de loito polas asesinadas, ameazadas, violadas, explotadas. "Polas que están, as que non están e as que perigan" líase nunha faixa en Compostela. "Autodefensa feminista contra as violencias machistas" berrábase en Vigo. "Contra o terrorismo machista, feminismo sen tregua", reivindicábase en Ferrol. "Non somos escravas", "Fóra machismo, dentro feminismo", "Non temos medo", Non me chamo guapa" ou "Fartas de acoso, fartas de babosos" foron algunhas das consignas, lemas e palabras de orde que se estendían nas mobilizacións. Manifestacións, mobilizacións, concentracións desde a mañá e até a tardiña este domingo. Mais en días anteriores houbo obradoiros, palestras, permofances, concertos... o feminismo galego volveu demostrar o seu poder de organización e convocatoria cara a unha data, Día internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres, que non queren que fique como unha simple data no calendario mobilizador. Feminismo galego en pé contra a violencia machista. #compostela #AmanadaÉoSistema pic.twitter.com/vGLrDV1NrD— BNG (@obloque) 25 de novembro de 2018 "Non imos aturar máis violencias" "Cómpre pasar á acción! Para iso, reclamamos a creación dunha Unidade de Violencia Machista específica en Galiza encargada de facer cumprir a lexislación. Reclamamos impulsar xulgados específicos de violencia de xénero. Reclamamos garantir formación en violencia de xénero de todo o persoal que intervén no proceso xudicial. Reclamamos promover medidas destinadas ao tratamento integral da violencia sexual", recollíase no manifesto do Movemento feminista de Compostela lido ao finalizar a nutrida manifestación na capital de Galiza. "Non imos aturar máis violencias en ningún ámbito. O tempo da impunidade rematou", concluía. ♀ #Compostela berra na loita feminista por unha sociedade sen #ViolenciaMachista #25Nfeminista#QuerémonosVivas @RaquelBernrdez pic.twitter.com/8HyuVN9ssS— Esquerda Unida🔻 (@EsquerdaUnida) 25 de novembro de 2018 Nas mobilizacións e manifestos que se leron este domingo denunciábanse as diferentes violencias que sufren as mulleres, non simplemente a física: tamén a xurídica, a económica, a social, a psicolóxica, a laboral.... "O silencio das mulleres rematou", advertíase nun cartaz. Para que non sexan necesarios máis 25N. Imaxes: @GZcontrainfo |
NOS_42807 | As quintas feiras do verán, a terraza de Martín Códax ofrece na súa bodega en Cambados un programa musical que vai desde o inaugural encontro de Kepa Juanquera e Xabier Díaz até o peche de Uxía e António Zambujo o día 28 de agosto. Rosa Bugallo programa "Os xoves e Códax", un novo encontro da música co viño. | -Que ten de especial a terraza de Martín Códax? Destacaría tres elementos. O primeiro que é un novo espazo de programación. Buscouse crear un escenario distinto nunha empresa privada. Quixemos darlle identidade musical, unha carta de presentación cultural a Martin Códax. Esa identidade buscase con músicos galegos que nalgúns casos convidan a músicos doutros lugares. País Vasco, Madrid ou Portugal, nesta nova edición. E o terceiro elemento é o achegamento e a creación de novos públicos. Dáse unha mestura entre os traballadores da cooperativa, os empresarios que convida Martín Códax, o mundo artístico e o público en xeral que aproveita moitas veces para unha visita enolóxica. Nesta nova edición, todo o que se recade coa entrada vaise distribuír en distintas ONG´s da zona. -Como nace o programa? Propúxenlle a Juan Vázquez, o director, a posibilidade de unir viño e música que desde sempre teñen correlación ou simpatía mutua, para poder xerar un proxecto de enoturismo que non existía no país e para abrir esa bodega como casa dos músicos galegos. Este proxecto comezou no punto álxido da crise, cando as administracións reduciron as súas programacións. Tratábase de buscar un novo espazo para a música. Son dous ámbitos que se están retroalimentando, que se benefician mutuamente. As visitas á páxina de Códax cando son os ciclos aumentan considerabelmente. Moita xente coñece a bodega a través dos músicos e os músicos senten que teñen un espazo cómodo para xerar proxecto. -Entón os "Xoves de Códax" son máis que un conxunto de concertos? Son. Nesta edición Santiago Auserón e Sés crearán un proxecto de fusión. Sés saíu do taller de Auserón e non se volveran nunca xuntar. Agora é o momento e vano facer cun proxecto en galego. Uxía abre tamén este espazo a Portugal, o ano pasado traendo a Joao Afonso e este ano a Zambujo. -A zona é moi turística no verán, é unha maneira de que tamén coñezan a nosa cultura? Trátase dunha terraza de deseño contemporáneo na que se aproveita tamén as propias divisións para que artistas plásticos deixen a súa obra. O gran privilexio da terraza é que dá ao mar. Á hora dos concertos non é gratuíta. O público pode contemplar a caída do sol ao tempo que gozar coa música. As vistas son privilexiadas. A propia bodega aproveita para convidar a un viño a todos os que se achegan ao concerto. -En canto á programación deste ano, a terceira edición, que destacaría? Destaco a diversidade, tanto dos convidados polos artistas galego, Kepa Junquera, Auserón e Zambujo como dos distintos estilos que se programan, desde flamenco, música popular galega pasando polo rock de Narf ou indie de Caxade. Tiña interese en non pechar unha programación senón mostrar a este novo publico os distintos estilos do noso panorama musical. Destaco tamén que por primeiro ano utilizamos a bodega de Arbo, o Pazo de Almuíña, como residencia artística, na que convivirán Sés e Auserón coa idea de crear ese novo proxecto conxunto. |
NOS_25443 | Arbo, Val do Dubra e Ponte Caldelas son os concellos máis afectados polos efectos das precipitacións das últimas horas. | As bacías dos ríos Deva, Verdugo e Tambre prepáranse desde primeira hora da tarde desta sexta feira para afrontar posíbeis inundacións, ante a previsión de que as intensas precipitacións regresen durante esta madrugada á metade occidental da Galiza. Buscan un piragüista desaparecido mentres adestraba no río Lérez, ao seu paso por Pontevedra A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou o Plan especial ante o risco de inundación na Galiza (Inungal), de cara ao posíbel desbordamento dos ríos Deva, á altura das Regadas, no concello de Arbo; Tambre, en Val do Dubra; e Verdugo, ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. Os tres municipios, onde se rexistraron incidencias durante a madrugada desta sexta feira, aínda que ningunha delas de grande importancia, puxeron en marcha diferentes accións para previr os posíbeis efectos das crecidas dos ríos. Alertan de posíbeis asolagamentos en San Sadurniño, Ortigueira, Viveiro, Soutomaior e Ponte Caldelas Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares estabelecidos, os cursos destes ríos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse inundacións puntuais. Medidas preventivas En Val do Dubra, efectivos municipais e externos traballaron ao longo do día para rematar de resolver os problemas rexistrados durante a noite, na que se produciron caídas de árbores e desbordamentos puntuais do Tambre. A Xunta abrirá a lagoa de Baldaio para evitar novas inundacións A zona que máis preocupa é a de Portomouro, como apuntou a Europa Press o rexedor dubrés, José Manuel Varela, que estendeu a zona de vixilancia a outros puntos nos que o río adoitaba traspasar o seu leito en xornadas de precipitacións intensas. En Ponte Caldelas foron restrinxidas as zonas de aparcamento próximas ao río Verdugo e outras áreas como a zona traseira do centro cultural para evitar que se estacionen coches e poidan resultar afectados ante a eventual crecida do río. |
NOS_27255 | Só acepta eximir a estaleiros e armadores da obriga de devolver as axudas. | O comisario de Competencia, Joaquín Almunia, rexeitou os argumentos e razóns expostas pola delegación do Estado español que lle pedían que non obrigase a devolver as axudas do 'tax-lease'. Segundo informan as axencias, Almunia insistiu en que había que devolver esas axudas, por volta de 2.800 millóns de euros, e que só estaba disposto a ceder en que estaleiros e armadores ficasen exentos da obriga. Non aos investidores e entidades que financiaron a construción dos barcos. "Iso non resolve nada", dixeron fontes do sector, que insisten que a devolución supón botar o feche dos estaleiros e milleiros de persoas á rúa Membros da delegación, como o lehendakari Urkullo ou o secretario xeral de CCOO, xa sinalaron que van pedir a Mariano Rajoy que faga presión política e se poña en contacto co presidente da comisión, Duaro Barroso. Nesa delegación tamén estaba o ministro español, o presidente da Xunta e o de Asturies. A decisión definitiva sobre o 'tax-lease' tomarase o vindeiro día 17. Mais o resultado da reunión con Almunia non permite ter moitas esperanzas. |
PRAZA_19475 | Noviercas, unha pequena localidade de menos de 160 habitantes, pretende acoller unha explotación que produciría unhas 200.000 toneladas de leite anuais, case o 10% de toda a produción en Galicia. Sindicatos, produtores e cooperativas advirten dos riscos deste modelo para o sector. | A maior explotación láctea de vacas de toda Europa nunha pequena localidade de Soria de menos de 160 habitantes. A 700 quilómetros de Galicia, o proxecto para a localidade de Noviercas contempla 20.000 cabezas e unha produción anual dunhas 200.000 toneladas. Coa crise de prezos vixente e o peche continuo de granxas en Galicia, sindicatos, produtores lácteos e cooperativas advirten do duro impacto que no sector do país terá unha iniciativa que é apoiada pola Deputación provincial, a Junta e a corporación deste pequeno municipio de Castilla y León. Unha pequena de Soria prevé acoller a maior granxa láctea de Europa, con 20.000 cabezas leiteiras Á espera do visto e prace medioambiental das Confederacións Hidrográficas do Douro e o Ebro, o proxecto vai cara adiante e supón unha mostra clara dun dos riscos e modelos dos que advertiron as organizacións agrarias coa supresión das cotas en 2015. O exceso de produción que provocara o final daquela época afondou na crise de prezos, aminorada logo ao reducirse as entregas. Pero en Galicia hai mil e pico granxas menos que hai dous anos e o prezo medio por litro continúa a ser o máis baixo no Estado. A apertura desta macroexplotación suporía un golpe máis para un sector en precario. A produción anual supón case o 10% das entregas totais de todas as explotacións galegas A importancia da súa magnitude revélase en cifras: as entre 180.000 e 200.000 toneladas de produción anual prevista supoñen case o 10% das entregas totais en Galicia e o número de cabezas leiteiras serían o 5% das que hai no país e o 2,5% do total do Estado. Nunha única explotación. No conxunto de España, pasaríase das algo menos de 600.000 toneladas actuais por cada exercicio a preto de 800.000. Cun escenario de prezos moi volátiles ante o aumento da oferta, moitas granxas de menor dimensión poderán verse afectadas, tamén ao priorizar as grandes compañías a recollida na macroexplotación de Noviercas pola súa ubicación, moito máis perto de grandes áreas de consumo, fronte a granxas tradicionais máis afastadas e con moitos peores accesos. Nun mercado volátil, o aumento da oferta acabará por reducir máis os prezos e poñer en perigo máis explotacións Desde o SLG alertan do descenso de prezos, ademais da posible afectación directa no sector galego. "Galicia, por ter a maioría das granxas e de produción no Estado, será a gran damnificada unha vez que estas macrogranxas se metan no mercado sen que se incremente a demanda", di Isabel Vilalba, secretaria xeral do sindicato, que se pregunta "como é posible que administracións públicas [como o caso da Diputación de Soria] apoien con diñeiro público modelos coma este". Os prezos volverán descender, haberá explotacións que teñan que vender a prezo de leite en po e "moitas empresas poden empregar modelos monstro coma este para ameazar con non recoller leite que non queden nas súas zonas de recollida ou presionen para descender o importe". Para a Federación Rural Galega (Fruga), a construcción deste tipo de granxa "para nada beneficia os intereses das mais de 8.500 granxas galegas, porque de levarse adiante este proxecto, un importante número de explotacións lacteas terán que pechar as súas portas". A mesma opinión ten Unións Agrarias, así como a organización estatal na que se inclúe este sindicato, UPA, ou na que está o SLG, COAG, que vén de lanzar unha recollida de sinaturas contra a macrogranxa por internet e que advirte que substituiría 432 explotacións familiares e destruiría 726 empregos. Mentres en Francia se vetan as explotacións que superan as 1.000 cabezas de gando e os gandeiros galegos con máis de dúas vacas por hectárea teñen atrancos para solicitar calquera tipo de axuda, "a este proxecto permíteselle ter máis de vinte por hectárea", lembra Isabel Vilalba, que recorda tamén que mentres a UE "mete cartos públicos para baixar a produción e estabilizar o mercado", o Ministerio tira cara adiante con este "monstro". Tan só en China e os EUA triunfan estes modelos con explotacións mesmo con máis vacas. Agaca lembra que aumentos de produción moito menores dos que suporá esta macrogranxa "desestabilizaron o mercado e provocaron unha caída importante dos prezos e o peche de explotacións" Tal e como advirte a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a instalación desta granxa suporía un incremento da produción estatal en máis dun 2,5%. "É un cambio moi significativo se temos en conta que os incrementos de produción cinco veces menores (0,5%) de anos anteriores desestabilizaron o mercado e provocaron unha caída importante dos prezos e o peche de explotacións", advirten. O proxecto da cooperativa Valle de Odieta xa fora rexeitado por Euskadi e Navarra Ademais, a Organización de Produtores Lácteos (OPL) quéixase de que mentres o Goberno central "recibe axudas desde a UE para incentivar a redución da produción láctea alegando que hai sobreprodución, a Junta decide inxector con cartos unha macrogranxa onde se pretende todo o contrario". Así, lembran que o proxecto foi rexeitado noutras comunidades mentres é apoiado polas autoridades de Castilla y Léon "porque vai crear, supostamente, 250 postos de traballo". "Isto non vai afectar ningunha outra empresa, ningunha outra cooperativa? Non van pechar outras", pregúntanse. O proxecto, presentado pola cooperativa navarra Valle de Odieta, foi rexeitado en Euskadi e en Navarra, pero avanza con paso firme en Castilla y León. Desde as organizacións agrarias, ademais, advirten dun consumo de entre 4 e 6,35 millóns de litros de auga ao día, incluíndo usos directos e indirectos, o que pode superar o consumo de toda a poboación da cidade de Soria, uns 6,15 millóns ao día. Ademais, as 20.000 reses producirían dous millóns de litros de puríns ao día, unha cantidade que "pode xerar serios problemas ambientais e de saúde pública". |
NOS_5296 | PharmaMar é unha das empresas que máis está a crecer en plena crise da Covid-19. A firma ten as súas orixes na Galiza, pero desde 2015 a sede está en Madrid. Con todo, accionistas galegos controlan 20% do seu capital, mentres que o grupo Zendal, con sede no Porriño, aproveitou os seus desinvestimentos dos últimos anos. | En 1939, un ano marcado pola fin da Guerra Civil española e o comezo do réxime franquista, nacía en Vigo Zeltia, unha compañía chamada a revolucionar a produción de medicamentos. Coas achegas de Fernando Calvet, científico represaliado polo franquismo asociado á Universidade de Santiago de Compostela, e coa participación do doutor Ramón Obella e outros investigadores como Isidro Parga Pondal e Miguel Catalán, a empresa converteuse nun referente no aproveitamento da flora medicinal e de produtos procedentes de glándulas animais para a produción de vacinas, funxicidas e pesticidas, entre eles o popular DDT, que se comercializaría baixo a marca ZZ. Nesa empresa xogaba un papel importante a familia Fernández López, vencellada ao negocio agroalimentario, con matadoiros e terras de cultivo na zona do Porriño. E precisamente un dos seus descendentes, José María Fernández de Sousa-Faro, foi o que desvencellou da Galiza unha empresa prometedora que aínda ten moito que dicir na loita contra a Covid-19. Marcha a Madrid Zeltia, que xa cotizaba en bolsa no ano 1963, foi crecendo a partir de entón e reestruturando o grupo en tres divisións, unha farmacéutica, outra agraria e finalmente, unha veterinaria. Cos anos o grupo foi creando novas filiais. Así, en 1975 inauguran Xylacel, especializada en produtos para madeira e metal e 11 anos despois, en 1986, PharmaMar, enfocada na investigación de fármacos antitumorais de orixe mariña. Esta foi a primeira filial que fixou a súa sede fóra da Galiza, na localidade madrileña de Colmenar Viejo. Foi en 2003, coincidindo cunha ampliación do departamento de I+D+i. O que ninguén sospeitaba entón era que ese cambio de domicilio sería o paso previo para fixar a sede do grupo en Madrid. Para iso, Zeltia levou a cabo unha fusión inversa en 2015, pola que todos os seus activos e os das filiais pasaban a depender de PharmaMar, que exerce desde entón como matriz do holding empresarial, e que naquela época medraba grazas ao éxito do antitumoral Yondelis, indicado para o tratamento do sarcoma de tecidos brandos e o cancro de ovarios, entre outros. Nos últimos tempos, Yondelis cedeu o protagonismo ao Aplidín, un fármaco que está a ser testado para o tratamento da Covid-19. Genómica, outra das divisións do grupo con sede en Madrid, tamén vén de validar un kit PCR para o uso de mostras directas de saliva. Accionariado galego Malia a perda da sede fiscal da empresa e da oportunidade de xerar postos de alta cualificación no país, a propiedade ten aínda un forte carácter galego. José María Fernández de Sousa-Faro exerce como máximo accionista, co control directo do 11% dos títulos, que se suman á participación de 5% que declara a súa muller, Montserrat Andrade, mesma porcentaxe que ostenta Sandra Ortega, a filla do fundador de Inditex, Amacio Ortega, a través da sociedade Rosp Corunna. Por detrás delas quedaría o curmán de Fernández de Sousa e vicepresidente de PharmaMar, Pedro Fernández Puentes, con 4,5%. Precisamente, este último conseguiu salvar algún dos activos da antiga Zeltia. Nos últimos anos, PharmaMar decidiu centrar os seus esforzos na división biofarmacéutica, o que lle levou a desfacerse de varias sociedades con sede na Galiza. Venda das filiais A primeira en cambiar de mans foi Xylacel. En 2018, a empresa especializada en vernices e pinturas con sede no Porriño foi vendida por 21,8 millóns de euros á firma holandesa Azko Nobel, que materializou a operación a través da súa filial española, domiciliada en Zaragoza. Un ano máis tarde, en 2019, PharmaMar desfaríase da súa última filial galega, Zelnova Zeltia, que aglutinaba a súa división química e centraba a súa actividade na produción de insecticidas, ambientadores e produtos de coidado persoal baixo marcas como Kill-Paff, ZZ. Casa Jardín ou Hechicera. Vendeuna por 33,4 millóns de euros ás sociedades Allentia Invest e Safoles, participadas, entre outros, polo vicepresidente de PharmaMar, Pedro Fernández Puentes. Agora, Zelnova Zeltia, ao igual que Cooper Zeltia Veterinaria (CZV na súa nova denominación) están vencelladas ao grupo Zendal. Desta última colga á súa vez Biofabri, unha filial que desenvolve tratamentos para doenzas animais como a lingua azul, ou humanas como a tuberculose. Tamén traballa no desenvolvemento dunha vacina para a Covid-19, ademais de ser a encargada de producir a da vacina de Novavax. |
NOS_19150 | A entidade supranacional alerta do drama económico que vén | O Fondo Monetario Internacional (FMI) vén de facer pública durante a xornada de onte a actualización das súas estimacións macroeconómicas para o Estado español, que son significativamente peores como resultado do impacto da pandemia do coronavirus, de modo que agora agarda que o país feche 2020 cunha taxa de paro de 20,8% e unha caída do Produto Interior Bruto (PIB) próxima a 8%. No informe bianual do FMI, Perspectiva Económica Mundial, o organismo supranacional revisou en 9,6 puntos porcentuais á baixa a previsión do PIB español para 2020. En 2021, o crecemento sería de 4,1%, o que supón unha corrección á alza de 2,7 puntos con respecto ás estimacións de xaneiro. Trátase dos peores datos macro rexistrados polo Estado español en moitos anos, pois de confirmarse a contracción de 8% da economía sería o peor dato rexistrado en toda a serie histórica do Instituto Nacional de Estatística (INE), que comezou en 1970, así como, probabelmente, a maior crise económica experimentada polo país desde a guerra civil española. "É unha crise como ningunha outra", asegurou a economista xefa do Fondo Monetario Internacional, Gita Gopinath, quen alertou de que á magnitude do shock hai que sumar a incerteza sobre a súa duración ou a súa intensidade. "Resulta moi probábel que a economía global experimente a súa peor recesión desde a Gran Depresión dos anos 30, quedando por enriba da vivida durante a crise financeira global de hai unha década. Prevemos que a Gran Reclusión, como se podería chamar, diminuirá o crecemento global de forma dramática", agregou Gopinath. A contracción do Estado español en comparación cos países da súa contorna sería a segunda maior en comparación coas outras grandes economías europeas, quedando só por detrás de Italia (-9,1%) e moi por diante de Francia e Alemaña, que experimentarían un descenso de 7,2% e 7%, respectivamente. A ministra Montero discrepa co FMI María Jesús Montero, portavoz do Goberno español e ministra de Facenda, considera que aínda é "prematuro" realizar estimacións sobre o impacto na economía da COVID-19, en referencia ao informe do Fondo Monetario Internacional. Montero indicou que o FMI conta con "poucos datos", e que estes sitúan España nunha posición "bastante similar" á dos países da súa contorna, que presentan todos "caídas moi importantes" no seu crecemento. Ademais, resaltou que "quizais a única luz" do informe do FMI é que o crecemento da economía roldará 4% o próximo ano, coincidindo co Executivo na importancia de "medrar" en 2021. |
NOS_54327 | Balonmán ou hóckey benefícianse do proxecto. | Abanca presentou en Vigo no día de hoxe, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Océanos, o proxecto Redes Vivas, unha iniciativa que consiste en recuperar redes de pesca abandonadas para transformalas en material de uso nos campos deportivos. Na presentación participaron as directoras de Márketing e de Sustentabilidade do banco, Susana Ortiz e María García; as redeiras artesás de Malpica Carmen Villanueva e Ángeles Millé; así como Saray Sanmartín e Jonathan Vila, capitás dos equipos feminino e masculino do Club Balonmán Porriño, un dos beneficiarios da iniciativa. Redes Vivas abarca todo o proceso de recuperación das artes de pesca, desde a súa reciclaxe até a súa colocación en canchas e campos deportivos de clubs patrocinados polo banco no marco do seu programa Abanca Deporte Base. Esta iniciativa chega cada ano a case 20.000 deportistas de preto de 1.700 equipos. Deste modo, os aparellos recuperados serán empregados en seis disciplinas distintas: fútbol, balonmán, fútbol sala, hóckey patíns, caiac polo e hóckey herba. Até o momento recicláronse 1.384 quilos de redes extraídas das costas, que se transformaron, grazas ao traballo das redeiras, en 1.514 metros cadrados de material deportivo, que serviron para renovar 78 portarías de 39 clubs de toda a xeografía galega. As redeiras artesás de Malpica Carmen Villanueva e Ángeles Mille mostraron a súa satisfacción por poder colaborar cun proxecto deste tipo, que "ademais de coidar a contorna" permite "achegar innovación" e "dar a coñecer" e "visibilizar" o traballo que realizan. |
NOS_3849 | A consellaría de Sanidade informou de catro pasamentos o sábado e 10 a sexta feira. Dos 1.250 falecementos relacionados co coronavirus desde marzo 524 corresponden a usuarias e usuarios das residencias de anciáns. | As mortes da pandemia na Galiza eleváronse a 1.250 despois de que a Consellaría de Sanidade notificase o sábado catro novos falecementos, dous deles relacionados coa residencia Asilo de Vilalba intervida pola Xunta da Galiza. Na sexta feira, foron dez os pasamentos dos que informou Sanidade. Así, a partires deste mes de decembro xa faleceron máis persoas con coronavirus que na primeira vaga da pandemia. No mes de novembro a Consellaría de Sanidade notificou 280 falecementos relacionados coa Covid-19, converténdose este no segundo mes con peores cifras de pasamentos desde marzo. En outubro, a consellaría informou de 167. Na primeira vaga do coronavirus perderon a súa vida 619 persoas, mentres que na segunda os falecementos ascenden a 631. Falecementos en residencias Segundo os informes publicados pola Administración galega, do total de 1.250 falecementos 524 corresponden a usuarios e usuarias de residencias da terceira idade. Entre os meses de novembro e decembro faleceron 185 residentes. |
PRAZA_20387 | Despois de tres anos de negativas, a chegada de Pedro Sánchez impulsaría unha proposta que obrigaría a José Blanco e a Ana Pastor a dar explicacións na camara A Audiencia confirma a imputación do ex-director de Seguridade de Adif polo accidente de Angrois | A Audiencia confirma a imputación do ex-director de Seguridade de Adif polo accidente de Angrois O PSOE de Pedro Sánchez quere que o Congreso poña en marcha unha Comisión que analice o accidente do Alvia que en 2013 se cobrou a vida de 80 persoas na curva de Angrois. A decisión prodúcese tras anos de negativas por parte dos socialistas para investigar un accidente que podería salpicar a etapa de José Blanco á fronte do ministerio de Fomento. Fontes da dirección socialista confirmaron a eldiario.es que a decisión está tomada: "Pepe Blanco terá que dar explicacións, pero tamén Ana Pastor", aseguran. Fontes da dirección socialista confirmaron que a decisión está tomada: "Pepe Blanco terá que dar explicacións, pero tamén Ana Pastor", aseguran. O ex-ministro socialista foi o encargado de pór en marcha o treito no que tivo lugar o accidente. A inauguración produciuse ao final do seu mandato, en decembro de 2011. Con todo, foi o Partido Popular quen puxo en servizo sobre esa vía os trens Alvia como o sinistrado ás 20.41 daquel día de xullo, no que a capital galega se preparaba para celebrar o día forte das súas festas patronais. A posta en servizo dos Alvia sobre o lugar do accidente produciuse baixo o primeiro mandato de Rajoy coa hoxe presidenta do Congreso, Ana Pastor, á fronte de Fomento. Ata hoxe, PP e PSOE demostraron unidade de acción ao votar sistematicamente en contra de calquera iniciativa parlamentaria que implicase a investigación do sucedido. No Parlamento galego ambas as formacións frearan sempre as propostas ao respecto de BNG, AGE ou En Marea; o PP con votos negativos e o PSOE con abstencións. As cousas empezaron a cambiar o pasado 24 de maio. Nesa data o PSOE votou por primeira vez a favor dunha petición de investigación asinada pola confluencia galega. A maioría absoluta do PP no Parlamento galego converteu o cambio de criterio en pouco máis que un xesto. Tamén no Congreso, o voto tradicional do PSOE foi contrario a abrir a man a calquera medida que resucitase a investigación sobre o sucedido. Desde 2016, o deputado Odón Elorza presentou unha infinidade de propostas que o seu grupo parlamentario se ocupaba de opacar. Ata en catro ocasións pediu o parlamentario vasco que se investigase o que pasou aquela tarde de xullo na que 80 persoas perderon a vía nun tren. Ademais, Elorza expuxo outro tipo de iniciativas e ata 9 preguntas ao Goberno que o seu grupo preferiu non tramitar. Finalmente, Elorza decidiu presentar el mesmo no rexistro as preguntas ao Goberno sen o amparo do seu grupo parlamentario. A nova dirección socialista ten que decidir agora o formato exacto da proposta e se conta con Podemos na iniciativa ou a presentan en solitario A nova dirección socialista ten que decidir agora o formato exacto da proposta e se conta con Podemos na iniciativa ou a presentan en solitario. Segundo puido saber eldiario.es, a decisión está tomada e durante o verán a formación que lidera Pedro Sánchez encarará o debate. A cuestión do Alvia supuña un problema estratéxico para o PSOE, que en Galicia non podía explicarlles aos seus electores os motivos para negarse a investigar a traxedia. Trala súa vitoria nas primarias, a dirección galega está agora en mans dun Pedro Sánchez que non quere freos e incoherencias como a de pedir que se investigue o accidente do metro de Valencia, mentres no caso do Alvia calaba. |
NOS_41238 | O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, avanzou que a reforma será aprobada "xa" e atribúe a celeridade ao "sentido común". | O goberno español continúa adiante coa reforma lexislativa anunciada após a retirada do anteproxecto de lei para os dereitos do concibido e da muller grávida. Neste senso, as presións exercidas polos grupos de ultra-dereita e anti-abortistas van facendo efecto e o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, xa avanzou esta terza feira que a obriga de contar con consentimento familiar para interromper o embarazo no caso das mulleres de 16 e 17 anos será aplicado "inmediatamente". Catalá sinalou nuns almorzos informativos decorridos esta mañá que a reforma será aprobada polo Consello de Ministr@s nas vindeiras semanas e entrará en vigor "xa". Neste senso, apelou ao "sentido común" para xustificar a posición do Partido Popular a respeito da libre decisión das mulleres de 16 e 17 anos. "É de sentido común que os pais fagan parte dese núcleo familiar de decisión", apuntou. A reforma será introducida através da Lei de protección do menor que deseña o Ministerio de Sanidade desde hai meses e segundo Catalá o executivo español agarda que conte cun "amplo consenso". As forzas da oposición viñeron amosando o seu rexeitamento a tal reforma que limita e condiciona o poder de decisión das menores ao vérense obrigadas a contar co consentimento familiar. Aliás, o movemento feminista tamén criticou con dureza tal decisión e insta ao seu rexeitamento. |
PRAZA_20587 | O BNG aposta por "superar o Estatuto de Autonomía" para "construír un novo horizonte no que se nos recoñeza como nación" na súa manifestación polo Día da Patria | "A unidade que nos interesa é a dos galegos e galegas fronte ao centralismo caduco". O BNG volveu mobilizar este 25 de xullo un amplo volume da súa base militante e simpatizante para secundar o acto central dos actos da formación soberanista polo Día da Patria, a manifestación que xuntou milleiros de persoas no centro de Santiago baixo o lema Galiza, a nación que compartimos e na que a portavoz nacional da organización, Ana Pontón, apelou á "unión útil" do país "contra a discriminación" e na reivindicación do seu carácter nacional. "É o momento de dar pasos cara a adiante", proclama a líder nacionalista, que presenta o Día da Patria do 2017 como un punto de inflexión na reivindicación política do Bloque. Así, no inicio da marcha na Alameda compostelá a tamén parlamentaria subliñou o chamado por "superar o Estatuto de Autonomía, que deamos un paso adiante "para "construír un novo horizonte" no que "se nos recoñeza como unha nación" e iso se traduza en "instrumentos" como "unha facenda propia". "Se un país precisa o nacionalismo, ese é Galiza", resumiu Pontón ao inicio dunha manifestación que desta volta estivo encabezada por unha gran bandeira galega co escudo da serea deseñado por Castelao, xusto diante dunha comitiva de bombos e gaitas envolvidos en enseñas do BNG que daban paso a outra bandeira galega estreleira de maiores dimensións e, á súa vez, á pancarta principal da mobilización, a da Executiva Nacional da formación. Berros de "Galiza ceibe, poder popular" e a prol da autodeterminación e a independencia xuntáronse un ano máis no percorrido da manifestación con outras reivindicacións como as de colectivos feministas, dos emigrantes retornados, a do persoal afectado pola segregación das centrais de Ferroatlántica ou o rexeitamento a ENCE. O BNG aposta por "superar o Estatuto de Autonomía" para "construír un novo horizonte no que se nos recoñeza como nación" A música de Caxade e do tamén deputado Xosé Luís Rivas, Mini, puxeron banda sonora na Praza da Quintana, que o acto do BNG ateigou amplamente, á espera polo discurso final de Pontón, quen incidiu na idea de que a formación nacionalista encetou unha nova xeira tras o seu recente proceso asemblear. "Fixemos algo tan sinxelo como transgresor, confiar nas nosas ideas e no noso pobo" e "tirar cara a adiante". "E aquí está o BNG de volta, forte e renovado", proclamou entre aplausos. O Bloque, asegura, vive un momento "para ser optimistas" "Aquí está o BNG de volta, forte e renovado", di Pontón Á base social nacionalista cómprelle, di Pontón, un "pacto pola esperanza" nun "país e nun mundo diferentes" e nun momento en que Galicia debe optar entre "quedar como estamos, retroceder" ou "aspirar a todo, ter ambición" de acadar un "poder político real". Nesa disxuntiva, advirte, no caso galego é o Bloque a opción que representa "a política transformadora", a que "vai á raíz e move o statu quo". "Nada hai máis transgresor neste momento que ser nacionalista", asegurou xunto a un chamado a seguir o exemplo dos "xestos transgresores" de mulleres como Rosalía de Castro ou Rosa Parks. Por iso "convida" a "todas as persoas que levan Galiza no corazón a suparse ao novo BNG". "O noso país -dixo- precisa dunha grande organización coa cabeza e no corazón na nosa sociedade, leal aos nosos intereses". A xuízo de Pontón o país non pode agardar por "ese Feijóo que en campaña tivo a revelación mariana de ser militante de Galiza" pero que "rompe o carné de Galiza e fica co do PP", pero tampouco pola "esquerda española" que "tampouco qeuda atrás cando se trata de ignorar a Galiza". "A única esperanza de ruptura democrática está nas nacións sen Estado", conclúe nun contexto no que, asegura, dende o BNG "non lle imos fallar ao noso pobo". |
NOS_17565 | A Eurocidade Tui-Valença acolleu no cambio de mes o III Encontro Profesional de Música Galiza Portugal, unha feira transfronteiriza que para axentes, artistas e programadores galegos e galegas funciona como o único mercado en activo da industria musical con presenza no país. | Artistas, axencias, programadores, directoras e directores de festivais, de auditorios e teatros, editoras de discos... A Galiza sumou no terceiro encontro de Músicas no Miño (MUMI 2022) case 150 inscricións profesionais á procura dun achegamento real ao propio sector mais tamén á industria portuguesa que "leva moitos anos traballando en todas as estéticas da música". Quen fala é Manuel Roxo, membro de Culturactiva e coordinador do III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal. O primeiro cadrou co inicio da pandemia e resultou un mercado frustrado que se activou, finalmente en 2021. Músicas no Miño naceu na raia, nun dos territorios transfronteirizos con maior mobilidade e número de intercambios comerciais. "A Eurocidade Tui-Valença para nós é o espazo ideal, un destino accesíbel que apostou polo MUMI como primeiro proxecto en común, unha feira que ademais de atraer a profesionais da Galiza e Portugal tamén ofrece concertos e espazos abertos ao público". A eurocidade, destaca, "abrazou" a iniciativa desde o primeiro momento coa vocación de proxectala a unha banda e outra do Miño, máis tamén de converter o MUMI en referencia internacional do que se ten que facer nos territorios transfronteirizos. Mumi 2021, música galega e portuguesa á beira do Miño O MUMI arrancou a súa terceira edición con grandes expectativas de traballo, encontro e negocio entre os participantes. "Desde o momento en que programadores galegos veñen, admiran e contratan propostas portuguesas, e programadores portugueses se achegan e quedan abraiados coas propostas galegas e mais coa posibilidade de incorporalas ás súas programacións, esas expectativas comezan a facerse realidade". Ao espectáculo inaugural de Xosé Lois Romero & Aliboria e Omiri sumáronse durante tres xornadas os showcases dunha vintena de bandas e artistas galegos e portugueses, tamén figuras locais emerxentes, de todos os estilos, que buscan figurar en carteis de festivais, programacións municipais e concertos previstos para 2023. "Isto funciona na medida en que os profesionais que se dan cita aquí sacan contidos para as súas programacións e tecen alianzas que fortalecen o noso mercado". Perto de 150 profesionais da música da Galiza asistiron na fin de semana ao MUMI 2022. Lara Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro regresou do MUMI cun par de contratacións de cara ao próximo verán. "Unha galega e outra portuguesa, resultado das sinerxías que xeran en feiras coma esta, que abre as portas a propostas moi diferentes das que estamos acostumadas e que demostra o poder transformador da cultura". Tamén para atallar eivas comúns, advirte Roxo. "Falamos de financiamento público, do estatuto profesional, da relación entre axentes culturais e portavoces políticos, e descubrimos que son problemas comúns que igual merecen solucións colectivas". Un espazo común "Para min é unha aposta marabillosa, unha conta pendente na Galiza, que precisa imitar dentro do territorio espazos de encontro coma este", conclúe Noriega, quen chama a unha maior profesionalización do sector. Tamén Roxo apunta nesta dirección: "Temos que empezar a vernos fronte a fronte e a buscar espazos de unión. Somos un sector moi atomizado que pelexa contra o mundo para poñelo de cara. Na medida en que nos xuntemos teremos unha voz pública e un poder diferente á hora de proxectarnos e atopar mercados estratéxicos, como o é, por suposto, o portugués". |
NOS_43194 | A Galiza rexistra 23.684 casos activos de Covid-19, só catro máis que a xornada anterior. | Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da sexta feira, soben a 24 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza (dúas máis) e baixan a 415 as hospitalizadas en unidades convencionais (12 menos). Por áreas sanitarias, na de Compostela-O Barbanza ascenden a seis os pacientes ingresados pola Covid en UCI (+1) e baixan a 79 noutras unidades(-1); mentres que na de Lugo-A Mariña-Monforte fican dous pacientes en críticos e descenden a 33 os hospitalizados noutras unidades. Pola súa parte, na de Vigo seguen dous pacientes en UCI, pero soben a 66 os ingresados noutras unidades(+4); mentres que na de Ourense-Verín-O Barco seguen cinco pacientes en críticos e baixan en dous os ingresados noutras unidades, até 62. Todo o que precisas saber sobre Paxlovid, o fármaco contra a Covid-19 que chegará á Galiza a vindeira semana A área de Ferrol continúa como a única do país sen pacientes Covid en UCI e segue con 43 noutras unidades; mentres que na da Coruña-Cee soben a sete os críticos (+2) e baixan a 89 os doutras unidades (-8). E a área de Pontevedra-O Salnés mantense sen cambios a respecto da xornada anterior, con dous pacientes hospitalizados pola Covid en UCI e 43 noutras unidades. Estabilidade na incidencia A só dous días da entrada en vigor da nova estratexia de vixilancia e control da Covid-19 que suprime os illamentos aos positivos asintomáticos, a evolución dos casos activos fica estábel nesta xornada, con só catro máis en relación a esta sexta feira. A Galiza é o único territorio do Estado que mantén restricións pola Covid Aliás, a incidencia acumulada a 14 días da Covid-19 na Galiza volve aumentar e colócase con 969,34 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 903,49 desta pasada terza feira, mentres que a porcentaxe de camas UCI reverte a tendencia e ascende a 2,28%. Así se desprende do informe actualizado esta sexta feira, 25 de marzo, polo Ministerio de Sanidade. Máis de 2.000 contaxios Desde o pasado 16 de marzo os novos contaxios superan no conxunto do país os 2.000 diarios, após rexistrar outros 2.109, 60 menos que os 2.169 desta sexta feira. Deste modo, os positivos ascenden na Galiza a 544.285, dos cales 126.476 corresponden á área de Vigo; 113.779, á da Coruña; 86.002, á de Compostela; 65.710 á de Ourense; 62.553, á de Pontevedra; 57.611 á de Lugo, e 31.892, á de Ferrol. Así é o novo protocolo de vixilancia da Covid-19 Na xornada desta pasada sexta feira realizáronse algo máis de 2.000 PCR, o que sitúa en 3.771.847 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia no país, e 2.654 test de antíxenos, que elevan a 1.608.132 os feitos até o momento. Persoas falecidas e curadas As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.198 tras notificar Sanidade outras catro vítimas, todas con patoloxías previas. Os catro óbitos rexistráronse o pasado 23 de marzo e un dos falecidos, un home que morreu na área sanitaria de Vigo, tiña 58 anos. Tamén perderon a vida outros tres pacientes con Covid: unha anciá de 102 anos, na área sanitaria de Compostela-O Barbanza; e na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, un home de 84 e unha muller de 89 anos, segundo os datos trasladados por Sanidade. Mentres, 517.459 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria, após recibir a alta máis de 2.000 persoas na última xornada no conxunto da Galiza. |
NOS_15493 | A Constitución ilegaliza os partidos islamistas. O 98% das e dos eleitores votaron SI e, de facto, lexitimaron o golpe militar. A Irmandade Musulmá pedira a abstención. | O Exército é quen goberna no Exipto e isto continuará así após a aprobación dun texto constitucional que na prática sitúa fóra da lei a organización política máis numerosa e mellor organizada do país, a Irmandade Musulmá. A aprobación da Constitución non fecha a crise política aberta no país, sendo que cuase dous terzos do eleitorado continúan sen votar [isto tamén aconteceu no referendo da Constitución anterior, de carácter islamista, que só fora votada en decembro de 2012 polo 32,2% das e dos cidadáns]. 3 islamistas mortos pola policía O líder fáctico do país, o xeneral Abdel Fattah al-Sissi, vice-primeiro ministro e ministro de Defensa, ligou o Si a esta Constitución a unha súa eventual candidatura á presidencia. É claramente favorito, dada a situación de ilegalidade en que se achan os islamistas. Al-Sissi, como todos os dirixentes do réxime, apoiado polos EUA, presentou o referendo constitucional como un aval ao golpe que depuxo a Morsi, o primeiro presidente civil eleito democraticamente polo pobo exipcio. En todo caso, os protestos continúan e a oposición islamista, cuxo obxectivo en primeira instancia é conseguir a liberación do presidente deposto Mohamed Morsi, está lonxe de ser aplacada e, de facto, a sexta feira tres activistas da Irmandade foron mortos en confrontos coas forzas policiais. |
PRAZA_8926 | A entidade presentouse en Compostela na véspera do Día das Letras. Formada por 11 medios, ten como obxectivo potenciar o uso do galego nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento. Tamén demanda unha nova Lei de Publicidade Institucional. | Once medios de comunciación: Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Que Pasa na Costa, O compás da Costa, Tempos Novos e a Nova Peneira, presentaron este xoves a Asociación de Medios en Galego, unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, garantir a pervivencia da lingua nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento que garantan a súa sustentabilidade. O acto de prensentación tivo lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela e nel os representantes dos distintos medios destacaron a necesidade "de traballar xuntos para loitar pola supervivencia do galego nun tempo de crise" no que, ademais, "a Xunta de Galicia, dalle ás costas aos medios que usan esta lingua". A asociación xurdiu a raíz da campaña Vitaminas para o galego, unha iniciativa que naceu en decembro de 2011 e que ao longo do pasado ano suscitou un importante apoio cidadán, que demostrou a sensibilidade existente na sociedade galega a respeito destas cuestións. "Queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común" Asociación de Medios en Galego, na que tamén pediron o ingreso os xornais A Voz de Vilalba e Cadernos de Comunicación e Análise, destaca que o galego "non é un obstáculo para comunicarse en Galicia". "Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común. Un espazo que promova novas fórmulas de presenza da lingua e cultura galegas en Europa e no mundo e antes de nada en Galicia", apuntan nun manifesto que deron a coñecer este xoves. "Temos unha lingua propia, unha cultura que nos enriquece, nos diferencia e nos globaliza, unha xente que ama a súa terra e un País que nos une a todos. Por iso, é imprescindible que haxa medios en galego, que a xente os apoie, que os políticos os respecten e que as institucións os axuden. Unha sociedade de seu non pode permitirse o luxo de darlle as costas a unha herdanza de centos de anos", engaden. "Temos unha lingua propia, unha cultura que nos enriquece, nos diferencia e nos globaliza. Por iso, é imprescindible que haxa medios en galego, que a xente os apoie, que os políticos os respecten e que as institucións os axuden" Por iso, a Asociación de Medios en Galego procurará defender os intereses dos medios de comunicación en galego, contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na lingua propia de Galicia, consolidar un espazo de comunicación en galego, fomentar a presenza pública, tanto individual como conxunta, dos medios de comunicación en galego ou promover iniciativas lexislativas e administrativas que beneficien ao sector. Ademais, desenvolverá accións, eventos e campañas de sensibilización tendentes a visibilizar na sociedade a existencia dos medios de comunicación en galego, intercambiará coñecementos e información e promover proxectos comúns que axuden a desenvolver de forma efectiva os fins da asociación e contribuirá ao proceso de normalización lingüística. Outra das finalidades é abrir canles de diálogo para artellar unha nova Lei de Publicidade Institucional que teña en conta todo o espectro dos medios que usan este idioma Outra das finalidades desta nova institución de defensa do galego é abrir canles de diálogo coas distintas administracións públicas, partidos políticos e organizacións profesionais para analizar a actual situación dos medios en galego e artellar unha nova Lei de Publicidade Institucional que teña en conta todo o espectro dos medios que usan este idioma. Tamén representará ao sector e actuará diante das administracións locais, provinciais, nacionais e estatais en todo aquelo quen afecte aos medios de comunicación en galego. Finalmente, debatirá colectivamente a situación laboral do sector dos medios en galego para mellorar a súa situación e asesorará as entidades produtoras de medios en galego para facer fronte aos problemas profesionais comúns. Esta asociación tamén contribuirá á profesionalización do sector de xeito que as empresas se doten de estruturas sólidas que garantan a proxección de cada medio conseguindo a independencia económica. |
NOS_931 | Após unha primeira xuntanza realizada nas últimas semanas entre as ANPAS lucenses en que se acordou reclamar á Xunta a retirada do decreto dos comedores, o sábado 9 de novembro son as ANPAS de toda Galiza as que están chamadas a un encontro na cidade amurallada para analizar a situación do ensino público. | A Federación de ANPAS de Lugo, Fapacel, organizou para o sábado 9 de novembro unha xuntanza á cal foron convidadas todas as asociacións de nais e pais do País. Na orde do día só hai un punto: partillar experiencias ao redor da situación que atravesa o ensino público co obxectivo de encetar accións conxuntas que palíen as consecuencias dos recortes. Así o explicou en conversa con Sermos Galiza a presidenta da Fapacel, Elvira Lombao. Sostén que a idea do encontro xorde "porque ao final todas as ANPAS identificamos os mesmos problemas" e explica que o que se pretende é debullar as diferencias que existen entre as aulas do rural e aqueloutras ubicadas en centros urbanos. "O rural queda moi, moi, moi tocado co repagamento dos comedores, os recortes de profesorado ou a falta de especialistas" por exemplo, en Educación Infantil, subliña Lombao, quen rexeita a asignación de diñeiro público para financiar centros concertados "cando nos públicos cada vez nos quitan máis". A xuntanza dará comezo ás 10.30h e será no Museo provincial de Lugo. Denuncian o "afán recadatorio" da Xunta co repagamento dos comedores Porén, Fepacel realizou xa outro encontro, desta volta de carácter interno do cal fixeron parte unicamente asociacións de nais e pais lucenses. Foi o 19 de outubro e nel abordouse unicamente a problemática que carrexa o decreto da Xunta sobre o repagamento dos comedores escolares. As familias galegas deben abonar entre 1 e 4,5€ por crianza nos centros públicos. "Decidimos exixir á consellaría de Educación a retirada dese decreto", recorda Elvira Lombao. Aliás, acordaron reclamar que @s fill@s menores de 25 anos sexan incluíd@s na unidade familiar a efectos dos pagamentos, que o número de prazas nos comedores se adecúe "á demanda real" e que a Xunta asegure a continuidade dos comedores existentes. As asociacións de nais e pais recalcan, así mesmo, que este servizo debe ser gratuíto e denuncian o "afán recadatorio" da consellaría. Desde aquela xuntanza realizáronse xa varias concentracións en que se puxeron de manifesto estes mesmos obxectivos. A vindeira será na sexta feira 15 de novembro en Foz. Por derradeiro, a Fepacel insiste en que hai un mes que solicitou unha entrevista co conselleiro, Jesús Vázquez, "para tratar con el todas estas cuestións". Aínda están a agardar pola resposta. |
NOS_50405 | Greg (Thomas Mann) pasa o último ano de instituto evitando toda relación social mentres pasa o tempo libre a realizar películas amateur co seu único amigo Earl (RJ Cyler). O seu mundo de invisibilidade cambia por completo cando a súa nai obrígalle a pasar tempo con Rachel (Olivia Cooke), unha compañeira de clase que ten leucemia. | Eu, el e Raquel, é dicir 'Eu, Earl e a moza moribunda' se nos atemos ao título orixinal, é a película independente do ano segundo ditou o xurado da pasada edición do Festival de Sundance, escaparate por antonomasia da onda indie. De feito, como se dun draft da NBA se tratara, foi adquirida pola Fox pola maior cantidade que se pagou nunca por un filme exhibido en Sundance: 12 millóns de dólares. E dubido moito que sexa a última vez que leva algún premio... Estamos ante un filme indie certamente atípico xa que tenta fuxir de todos os tópicos que acompañan desde hai anos ao xénero. Para empezar nada de colores pastel ou raios de sol a contraluz mentres o protagonista camiña sen rumbo por unha campiña solitaria. Tampouco teremos que aturar un abuso inxustificado do recurso de cámara en man... Máis ben predomina unha notable planificación de cámara e unha dirección firme con trávellings certamente interesantes e un enfoque de plano tratando de ser o máis narrativo posíbel, cortesía da excelente dirección de fotografía do coreano Chung Chung-hoon (Oldboy, Stoker). Tamén se afasta dos clixés indies en que pasa moito da música ambient e dos grupos anti-mainstream. Por contra decántase por unha banda sonora encabezada polo recoñecido compositor e produtor musical Brian Eno que comparte créditos cunha nova promesa da música clásica chamada Nico Muhly, un xoven que tanto pode colaborar coa inclasificábel Björk como co virtuoso Philip Glass. Banda sonora que conta cunha coidada selección musical que abrangue desde o clasicismo de Vivaldi, Bach ou Richard Wagner, pasando por grandes figuras da canción como Lou Reed, Cat Stevens ou Roy Orbison, e outros grandes compositores de cinema, como Ennio Morricone (A morte tiña un prezo) ou Bernard Herrmann (Vertixe). Estas alusións musicais a recoñecidos filmes ven a conto porque parte do leitmotiv do filme xira entorno a unha chea de versións amateur de filmes clásicos. A cabeza pensante destas adaptacións cinematográficas é Greg (Thomas Mann), tamén voz en off do filme, un rapaz tímido, cinéfilo, algo distante e un pouco pagafantas. Ao que lle gusta pasar desapercibido no seu mundo e entra en estado de ansiedade só de pensar que pronto vai ter que dar o inevitábel paso de futuro: elixir unha Universidade; un sitio onde non lle quedará outra que socializar, cousa que odia... Comparte cinefilia co seu colaborador, desde cativos, Earl (RJ Cyler). Xuntos fan divertidas versións de películas ás que lle cambian o nome adaptándoas ao (nulo) presuposto que dispoñen; algo así como as "suecadas" de Rebobine por favor (2008, Michel Gondry). Excelente cinefilia e moita orixinalidade. Nas súas apracibles vidas de xente invisíbel aparece Rachel (Olivia Cooke), unha moza do instituto que acaban de detectarlle leucemia. O norteamericano, de ascendencia vasco-mexicana, Alfonso Gómez-Rejón presenta unha fita arredor desta terríbel enfermidade abordando o tema de cara a cara, sen sentimentalismos e con moito sentido do humor. A enferma non busca autocompaixón, senón compañía e bos momentos que lle levanten o ánimo ante tan traumática enfermidade; sobre todo para unha adolescente á que se lle cae o mundo encima cando queda calva pola quimioterapia. Por certo, que nada de próteses de pel ou maquillaxe: Olivia Cooke rapou o pelo e está verdadeiramente convincente. Eu, El e Raquel é unha película sobre a amizade, o futuro, as inquedanzas adolescentes e, claro, a enfermidade terminal. Logra incluso tocar o tema da eutanasia e mirar á morte de fronte e sen tapuzos. Mais que non renda o pánico, que como di Greg nunha das veces que traspasa a cuarta parede: "non se preocupen porque unha moza tan doce é imposíbel que morra, así que queden tranquilos e sigan vendo a película porque vaise curar ao final"... Me, Earl and the Dying Girl (Estados Unidos 2015, 105 min.) Dirección: Alfonso Gómez-Rejón Guión: Jesse Andrews Fotografía: Chung Chung-hoon Música: Brian Eno e Nico Muhly Elenco: Thomas Mann, Olivia Cooke, RJ Cyler, Nick Offerman, Molly Shannon, Connie Britton, Jon Bernthal, Katherine Hughes, Chelsea Zhang, Hugh Jackman |
NOS_14879 | Xosé María Arias, alcalde de Castroverde e rival de Tomé nas primarias, acordou concorrer na lista unitaria como candidato a vicesecretario xeral. | As persoas aspirantes a lideraren o PSOE de Lugo fecharon esta segunda feira un acordo para presentar unha candidatura única, que estará liderada polo actual presidente da Deputación, José Tomé, quen será o novo secretario xeral da formación. O pacto, do que vén de informar o partido nun comunicado, prevé que o alcalde de Castroverde e rival de Tomé nas primarias, Xosé María Arias, ocupe un posto de "máxima relevancia" como a vicesecretaría xeral. Este acordo foi asinado esta segunda feira na sede do PSOE lucense, coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. Fontes da formación socialista sinalaran a comezos de mes a Nós Diario que Tomé era o claro favorito a vencer en Lugo. Un "consenso" que "garante a unidade" González Formoso salientou que este pacto "avala un consenso que garante a unidade e fortalece o partido", e "responde á sensibilidade maioritaria dentro da militancia de Lugo". O PSOE lucense destaca que o presidente da Deputación e o rexedor de Castroverde, que contan cunha ampla traxectoria e experiencia tanto no plano institucional como orgánico, confluíron na importancia fundamental de contar cun partido "unido e forte", tanto para ter un mellor posicionamento á hora de defender os intereses de Lugo como para poder consolidar e seguir mellorando os resultados nas eleccións municipais do ano 2023, mantendo as actuais alcaldías, alcanzando outras novas e renovando o Goberno da Deputación. Aliás, coinciden en que un partido unido e forte na provincia axudará a conseguir un cambio de goberno na Xunta da Galiza e tamén a manter o Executivo estatal. Apoio ás agrupacións locais Para iso, un dos obxectivos fundamentais pasa por estabelecer liñas de traballo e apoio en favor das agrupacións locais, para reforzalas, activalas e dinamizalas, e que dispoñan de todos os recursos de asesoramento necesarios para facer o seu labor, sobre todo desde a oposición, mais tamén desde o goberno. Por outra parte, os asuntos de índole comarcal ou provincial terán un protagonismo especial entre as cuestións que aborde a executiva lucense, á vez que se fomentará a participación e a coordinación para un mellor funcionamento do partido. |
PRAZA_13905 | Asegura que reducirá o número de deputados con ou sen consenso, pero tende a man ao PSdeG sempre que se cumpran as súas condicións. Rexeita negociar co BNG porque está "moi radicalizado". | Reducirase o número de deputados no Parlamento galego antes da fin da lexislatura. Nesas segue o PP e a propia Xunta malia as duras críticas que oposición e expertos lanzan contra unha tesoirada que cualifican de "golpe de estado" ou "manobra electoral" e que será aprobada, agás milagre, sen consenso e grazas á maioría absoluta dos populares. O vicevoceiro desa formación na Cámara, Román Rodríguez, déixao claro: "Non aceptamos imposicións das minorías, nin chantaxes", asegurou este luns en referencia aos ofrecementos de PSdeG e BNG para estudar alternativas de aforro que non impliquen a eliminación de escanos. "Non reducir deputados sería nviar unha mensaxe contraditoria e perversa aos cidadáns", di o PPdeG Porque o PP di estar disposto a negociar, pero sempre que se cumpran as súas condicións. É dicir, sempre que se acabe reducindo o número de parlamentarios e, polo tanto, reducindo a pluralidade e primando electoralmente as provincias de Lugo e Ourense. Román Rodríguez asegurou que o PP está "disposto" a "sentar e negociar" co PSdeG sobre os "aforros" que se poidan levar a cabo no Parlamento, pero sempre "sen renunciar" a suprimir os 14 deputados previstos, pasando de 75 a 61. Non facelo sería, segundo o PP, "enviar unha mensaxe contraditoria e perversa aos cidadáns". "Non podemos esixir esforzos á cidadanía pero, para nós, non facer nada ou aprazar o que hai que facer", argumentou Rodríguez, que asegura que o PP está disposto a negociar unha baixada do salario dos parlamentarios, pero sempre que esa medida sexa só unha complementaria á redución de deputados. Senón, di o vicevoceiro popular, aumentaría "o divorcio entre a sociedade e a política". "Non é só polo aforro, é por enviar unha mensaxe moral significativa de que, nun momento excepcional, os políticos tamén fan un esforzo", insistiu Rodríguez, que tende a man ao PSdeG para un debate "construtivo e positivo", pero deixa fóra ao BNG por considerar que está "máis radicalizado". |
PRAZA_13507 | Ana Miranda advirte de que pode perder até 4.500 millóns de euros en fondos estruturais e de cohesión da UE para o período 2014-2020, ao non encaixar nos criterios da rede de seguridade nin dos de rexión de transición. | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, advertiu este luns de que Galicia pode perder ata 4.500 millóns de euros en fondos estruturais e de cohesión da Unión Europea para o período 2014-2020, pois o último dato de Eurostat outórgalle un PIB do 91,3%, que confirmaría a súa inclusión na categoría de rexións máis desenvolvidas, o que implica que apenas reciba un 25% dos 5.600 millóns de euros que lle corresponderon no período actual 2007-2013. Miranda participou no congreso Cooperación Intelixente entre rexións da Unión Europea, celebrado na Coruña, onde detallou que con estes datos Galicia non cumpre os criterios que lle permitiría conservar unha parte significativa destes fondos a través de dúas vías: ser incluída na nova categoría de rexión de transición (o seu PIB tería que estar entre o 75 e o 90 por cento da media) ou a través da denominada rede de seguridade, tamén coñecida como aterraxe suave, pero non cumpre os requisitos establecidos na proposta da Comisión Europea para incorporarse a esta via. Porén, esa cifra do 91,3% supera os límites fixados para ambas as dúas categorías. Ana Miranda cre que resulta "sen fundamento, nin realismo" e ademais é "irresponsable" a afirmación de Alberto Núñez Feijoo de que Galicia manterá dous terzos dos fondos Por ese motivo, Ana Miranda cre que resulta "sen fundamento, nin realismo" e ademais é "irresponsable" a afirmación de Alberto Núñez Feijoo de que Galicia manterá dous terzos dos fondos asignados no período 20007-2013, en base á súa hipotética inclusión nesa rede de seguridade. A eurodeputada afirmou que "hai que seguir dando a batalla por conseguilos e, a tramitación na Eurocámara pode ser unha das últimas oportunidades que teñamos. O BNG traballa nese sentido, sen caer en falsos optimismos que non van a axudar a que o Galicia reciba os fondos que tanto necesita para seguir na liña de converxencia coa media da UE". O BNG presentou 210 emendas ao documento da Comisión Europea sobre o futuro Regulamento Marco dos Fondos Europeos, que agora está a debate no Parlamento Europeo dentro da Comisión de Desenvolvemento Rexional. |
NOS_15147 | Con Vigo 1972 (2017), o cineasta Roi Cagiao obtivo un inusual éxito de público para un filme semidocumental en galego. Permaneceu sete semanas consecutivas en carteleira. Agora anuncia que prepara a produción dunha peza, tamén longametraxe, sobre as folgas obreiras de Ferrol aquel mesmo ano, cando o réxime franquista asasinou Amador Rey e Daniel Niebla. | "É un proxecto a dous anos vista que consideramos pode ser de grande impacto ao se referir a uns feitos emblemáticos dentro do movemento sindical e antifranquista de Galiza", considera o xerente da produtora Arthur Gordon, Emilio J. Fernández, encargada do proxecto. Orientado á exhibición en cinemas, Cagiao quere, con Vigo 1972, constitúa un "díptico que trate o ano 72 como o cumio das mobilizacións antifranquista no país". Para o director, segundo as declaracións que recolle o comunicado remitido aos medios de comunicación pola produtora, o que será un documental sobre o 10 de marzo en Ferrol "non será unha secuela máis ou menos oportunista tras a grande acollida de Vigo 1972; o proxecto foi simultáneo". A rodaxe do filme comezará a finais deste ano e aínda non ten título. "Aínda que a data 10 de marzo [Día da Clase Obreira Galega] probablemente forme parte do mesmo", indican desde a empresa Arthur Gordon. |
PRAZA_19506 | En Marea presenta unha iniciativa no Parlamento para que o Congreso aprobe a modificación da lei de Memoria Histórica e obrigar así aos Franco a devolvelo sen ter que pagarlles nada, logo dos novos e últimos incumprimentos da familia do ditador á hora de abrir o inmoble. | Novas medidas para intentar devolver o Pazo de Meirás á cidadanía. Os últimos -e xa van varios- atrancos impostos pola familia Franco á apertura pública do inmoble para garantir polo menos as visitas ás que obriga a lei acabaron coa paciencia tanto do Concello de Sada como dos grupos da oposición. Todos eles levan a cabo diferentes medidas para "rematar co espolio" que vén de hai 80 anos. En Marea propón no Parlamento unha proposta para modificar a lei de Memoria Histórica e lograr que o Estado se faga co Pazo de Meirás Desde En Marea, a pasada semana presentouse unha iniciativa no Parlamento para elevar logo ao Congreso dos Deputados na que se esixe a modificación da lei de Memoria Histórica para que permita ao Estado facerse en propiedade co Pazo de Meirás sen ter que pagarlle un peso á familia do ditador en concepto de expropiación. É, como destaca o vicevoceiro parlamentario da formación, Antón Sánchez, a primeira iniciativa como proxecto de lei rexistrada para modificar esa lei e lograr así "a recuperación gratuíta en base á ilextimidade da súa procedencia". No texto -redactado como disposición adicional a incluír na lei de Memoria Histórica- preténdese que as administracións públicas procedan "no prazo máximo de seis meses" á incoación das actuacións necesarias para a devolución ao sector público do Pazo "coa debida compensación ás persoas e familias vítimas do espolio". Ademais, acorda a creación dunha comisión con representantes de Estado, Xunta, Deputación e Concello para tramitar a normativa e proceder á devolución do inmoble, tal e como tamén reclamou a administración local a través do seu concelleiro de Turismo e Cultura, Liss Becerra (BNG). Segunda esta disposición adicional, unha vez retirada a titularidade aos Franco, a propiedade do Pazo "será transmitida a un ente público consorcial das administracións públicas para a súa posta en valor como sistema dotacional público e de espazos libres, con especial destino á recuperación da Memoria Histórica". A mudanza da lei permitiría ao Concello ter base legal para converter o Pazo en espazos de uso publico Esta mudanza na lei permitiría ao Concello de Sada ter unha base legal para poder converter o Pazo e os seus terreos en espazos para o uso cidadán. De non conseguilo, a única posibilidade é pagarlle á familia Franco o que corresponda pola expropiación. Para logralo, a clave está no PP, que tería que votar a favor da iniciativa que, agás sorpresas, apoiarán BNG e PSdeG ademais da propia En Marea. A proposta chegaría así ao Congreso, onde a correlación de forzas aumentaría as opcións para levar adiante o cambio legal. Nun prazo máximo dun mes debería ir a pleno na Cámara galega. "O noso ánimo, obviamente, é que prospere e iso agardemos, pero agora depende do PP", advirte Antón Sánchez, que recoñece que, de terse superado o trámite no Parlamento galego, a repartición de escanos no Congreso "deixa aínda máis favorable a cousa" para o que suporía un arranxo definitivo a un problema de moito tempo. A pelota está no tellado do PP: se vota a favor da iniciativa no Parlamento, as posibilidades de que saia adiante no Congreso son maiores O último incidente cos Franco xurdiu ao comprobar as persoas interesadas en visitar este Ben de Interese Cultural (BIC) a inutilidade das chamadas ao teléfono que se ofrece na web de Turismo da Xunta. "El número que usted ha marcado no corresponde a ningún cliente", repetíase desde hai semanas cando alguén intentaba concertar unha cita. A tal hora, o teléfono nin aparece e tampouco o correo electrónico para reservar praza nas visitas. Hai tan só dúas semanas, unha consulta á dirección que aparecía tardou día e medio en ser contestada, achegando unicamente a posibilidade de accedero ao inmoble "los viernes de cada mes a las 11:00, 12:30, 15:00 y 16:30". Pero outro conto é poder reservar. O goberno local aclara que leva ducias de queixas pola inactividade do teléfono, que se unen ás moreas delas recibidas desde hai anos polas dificultades para concertar unha visita: ou non hai resposta ou advírtese de que as prazas están esgotadas. "É mentira". Fontes do Concello aclaran que eles mesmos comprobaron como, en moitas ocasións nas que se dicía ter o cupo cheo, no pazo non había ninguén ese día. A Xunta ameazou a familia Franco con sancións se non regularizaba as reservas de visitas a Meirás A Consellería de Cultura advertiu hai uns días por escrito á familia do ditador de que podería multalos -con ata 6.000 euros segundo a lei- por incumprir coa súa obriga legal e deulles unha semana para restablecer o número de teléfono e un correo electrónico. Así llo solicitara o BNG, que esixía respostas inmeidatas da Xunta por unha situación "humillante" ao ver como "a familia do ditador segue facendo o que lle dá a gana" ante o "silencio" do Executivo autonómico, ao que acusa dun compartamento "cómplice" ante un feito "intolerable". Hai máis dun ano, as múltiples queixas levaron a que o Goberno galego abrise un expediente aos Franco. Fora arquivado e a empresa encargada de xestionar a entrada escusárase en problemas co e-mail. Desde a Concellería de Promoción Económica de Sada, fartos como están dos continuos atrancos, xa propoñen que toda aquela persoa que queira visitar o Pazo de Meirás e non logre contactar coa empresa privada acuda directamente ao Concello ou á Oficina de Turismo a apuntarse. Desde alí elaborarán unha listaxe e enviaran á Xunta. "Historia tinguida de sangue" O alcalde, Benito Portela, de Sadamaioría, insiste en lembrar o valor simbólico do Pazo, cunha "historia tinguida de sangue". E recorda "as vítimas da ditadura franquista, do asasinato, do exilio, e do espolio que condenou moitas familias a fame e a emigración ao ver como lles eran roubadas as súas terras". Iniciada a súa construción a finais do século XIX pola condesa Emilia Pardo Bazán, xa antes do final da guerra civil Franco buscou a forma de facerse co Pazo. E quixo facer ver aquela apropiación como un agasallo da veciñanza en agradecemento polo seu labor tras o golpe de Estado fascista. Houbo ameazas, expropiacións forzadas e unha recolleita popular que non foi tal: baixo coacción convenceuse a uns e milleiros de funcionarios e traballadores públicos viron como se lles quitaban cartos da súa nómina para pagar as obras no inmoble. Logo, durante moitos anos máis, o franquismo continuou gastando cartos a esgalla para adecentar a zona ou para expropiar á cidadanía outros caprichos de Franco que acabaron por enriquecer a súa familia. A familia Franco sempre puxo atrancos a cumprir coa Lei de Patrimonio Cultural Co goberno bipartito, o Pazo declarouse BIC e determinouse hai xa máis de catro anos que os Franco estarían obrigados a apertura pública do inmoble un mínimo de catro veces ao mes. Pero a familia Franco sempre puxo atrancos a cumprir coa Lei de Patrimonio Cultural. Hai máis de tres anos, os herdeiros do ditador facilitaron un calendario de visitas e logo de que reclamasen á Xunta que sufragase os gastos de seguridade, como así fixo durante ben tempo, e de organización. Pero os convenios non só se limitaron a "regular as condicións para o desenvolvemento das visitas", tal e como afirmaba a Xunta. Ademais disto, tres acordos entre o Goberno de Feijóo e a familia do ditador tiveron un impacto de máis de 50.000 euros nas arcas públicas. Cada verán, os atrancos increméntanse e a visita estival da familia do ditador provoca que se peche durante agosto, incumprindo a obriga legal de abrilo aos visitantes. Hai dous anos, a revista Hola! publicara unha portada onde a neta do xeneral fascista, Carmen Martínez-Bordíu, posaba na entrada da que fora residencia de Emilia Pardo-Bazán para "anunciar a súa ruptura" nunha "exclusiva" na que o medio destacaba a súa entrada "por primeira vez" na "histórica casa familiar". |
PRAZA_9722 | Representantes de CIG, CC.OO., UGT, CSIF, O'MEGA e CESM presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral para os días 9,10 e 11 de abril. A Coordinadora Galega de Atención Primaria mantén como "irrenunciables" cinco grandes demandas | "Di que hai unha convocatoria de folga dos médicos de Atención Primaria. É outra mentira; acaba de inventar que hai unha convocatoria de folga na Atención Primaria; de momento, non hai ningunha". Este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo negaba no Parlamento a convocatoria de folga na Atención Primaria, a pesar de os sindicatos e a Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP) xa anunciaran que esta tería lugar entre o 9 e o 11 de abril.Representantes de CIG, CC.OO., UGT, CSIF, O'MEGA e CESM presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral na Atención Primaria para os días 9,10 e 11 de abrilSó un día despois, representantes de CIG, CC.OO., UGT, CSIF, O'MEGA e CESM presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral no sector para os días 9,10 e 11 de abril. Os e as profesionais da Atención Primaria pararán durante tres días para protestar contra a "deterioración" sanitaria e polo rexeitamento masivo dos colectivos profesionais ao novo modelo proposto para ese ámbito asistencial polo Sergas.A Coordinadora Galega de Atención Primaria mantén como "irrenunciables" cinco grandes demandas: o aumento significativo do orzamento, ata o 25% do total, para a Atención Primaria; incremento de persoal e convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias; contratos estables e dignos para os profesionais precarios para unha prestación asistencial de calidade, negociación do conflito dos PAC; e eliminación das EOXI e creación da Xerencia de Atención Primaria con orzamento específico.A coordinadora solicita que se abra unha Mesa de Diálogo pola Atención Primaria na que estean presentes as sociedades científicas, asociacións profesionais e sindicatos para elaborar un novo acordo sobre a Mellora da Atención Primaria.A Coordinadora Galega de Atención Primaria mantén como "irrenunciables" cinco grandes demandasNon é a primeira vez que Núñez Feijóo tenta negar ou minimizar o conflito aberto na sanidade pública galega. Aínda este mesmo xoves o presidente da Xunta presumía de "acordos" na Atención Primaria" e de "buscar solucións", asegurando que o pasado 20 de marzo "todos os colexios médicos e sociedades científicas chegaron a un acordo para embridar os problemas na Atención Primaria". Referíase a un documento de intencións que tanto o Consello Galego de Colexios Médicos (CGCM) como colectivos como a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) reducen s unha "acta" cunha serie de medidas que a Consellería de Sanidade "se comprometeu a aplicar". |
NOS_33892 | O Guernica galego, A derradeira leición do mestre, o impresionante óleo de dous metros de altura co que Castelao homenaxeou o seu amigo Alexandre Bóveda, está nas dependencias do Centro Galicia de Bos Aires. Xuntamos a María Xosé Porteiro (delegada da Xunta na Arxentina durante o bipartito) e a María Pilar García Negro (profesora da UDC e especialista na vida e obra de Castelao) para discutir sobre o destino ideal desta obra. Eis un extracto do debate íntegro, publicado no semanario. | Sermos Galiza. A derradeira leición do mestre debería estar onde está agora mesmo, no Centro Galicia de Bos Aires ou debería estar na Galiza? A cuestión pode estenderse tamén ao resto do patrimonio na diáspora... María Xosé Porteiro. A miña posición baséase no respecto que lles debemos ás persoas que tiveron que marchar conservaron un patrimonio cultural tan importante. E non me refiro só a este lenzo. Hai que ter en conta que ese patrimonio, que foron depositando nos centros galegos xeracións e xeracións de galegas e galegos, non o roubaron. É dicir, non é froito dun despoxamento previo, senón que eles crearon o seu propio patrimonio material. E logo foi tamén o lugar onde se fixo moita obra grazas á liberdade que se disfrutaba, xa que aquí non se podía facer. É o caso de Blanco Amor, por exemplo. Entón, desprazar isto para Galiza, que sentido tería? Primeiro, é imposíbel desprazalo todo. Segundo, que criterios se segue? Terceiro, por que privar a persoas -que son galegas- e desposuílas dun patrimonio que eles mesmos atesouraron e que están a conservar? E logo, porque nos lembra a nosa historia recente. Que isto estea onde está impide que esquezamos o que foi a barbaridade da emigración para o noso país. SG. Pilar, ti fuches ao Centro Galicia e non che resultou fácil poder ver o cadro. Pilar García Negro. Si, por dúas veces. Está sen musealizar en absoluto, está recluído. Entón, sabendo previamente del, as galegas e galegos de alá, que son igual de galegos que nós, teñen todo o dereito do mundo a saber que iso forma parte da súa historia. Pero non o coñecen en absoluto. Hai que petar na porta dos responsábeis. A primeira vez que o vin custou moito e a segunda mellorou moitísimo a súa instalación. Estaba nunha sala moito máis iluminada e con outras pezas de Castelao, pero igualmente encerrado. E tamén no mesmo edificio hai obra de Luís Seoane que está moi mal exposta. [Podes ler o debate íntegro no Sermos Galiza 246, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
PRAZA_14264 | Trátase dun prototipo da empresa Resolve Enerxía e do Grupo CIMA da Universidade de Vigo que de ter éxito se podería reproducír noutras zonas da costa. | A empresa Resolve Enerxía e do Grupo CIMA da Universidade de Vigo veñen de instalar no porto de Meloxo, a uns cen metros da costa, un xerador que emprega as correntes mariñas para producir enerxía. Trátase apenas dun prototipo pero de ter éxito podería estenderse nos vindeiros meses por outras zonas. Nos países nórdicos este tipo de tecnoloxías está moí desenvolvída, pero o xerador desenvolvido en Galicia ten a particularidade de ser bidireccional, de xeito que pode traballar tanto coa corrente producida pola subida da marea, como coa de baixada, sen influír isto no seu rendemento. O xerador desenvolvido en Galicia ten a particularidade de ser bidireccional, de xeito que pode traballar tanto coa corrente producida pola subida da marea, como coa de baixada, sen influír isto no seu rendemento "O obxectivo do proxecto", explica Isabel Fernández, investigadora do Grupo CIMA, "é o desenvolvemento dun modelo a escala dunha turbina de aproveitamento das correntes submarinas como primeira fase dun proceso industrial máis ambicioso". Así, en función dos resultados que arroxen as probas que se van realizar co prototipo, deseñaríase un equipo a escala real que acadaría unha potencia de 110Kw. Ademais de ser unha fonte inesgotable, as correntes mariñas posúen unha elevada capacidade enerxética derivada da densidade da auga do mar, de xeito que se se compara este xerador mariño cun aeroxerador, co que ten un principio de funcionamento case igual, "a enerxía que se pode obter da auga é moito maior que a do vento pola densidade do fluído que inflúe na forza que se pode obter destes equipos", explica Isabel Iglesias. |
NOS_16526 | Afirma que o cambio nos coeficientes redutores da idade de xubilación afectará a miles de tripulantes das flotas do palangre e do arrastre | A dirección xeral da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de Fomento, modificou os coeficientes redutores da idade de xubilación,predudicando así os numerosos mariñeiros galegos da flotas conxeladoras do palangre e do arrastre. Así o denuncia a CIG, que considera que estamos perante o que se pode cualificar como "o maior recorte social na historia da pesca galega". Instan a Xunta a que convoque ás patronais do sector. Xabier Aboi, responsábel de CIG-Mar, explica que a central comezou a detectar a comezos do ano pasado, cando a raíz de varias consultas de afiliados "atopamos anomalías como que lles faltaban anos de cotización para poder xubilarse". Foi entón, afirma, cando descubriron que a dirección xeral da Mariña Mercante modificara mediante unha orde interna os coeficientes redutores da idade de xubilación, Uns coeficientes que son un dereito social que teñen os mariñeiros e outras persoas con profesións especialmente duras ou de risco, como poden ser tamén os mineiros e que lles permite adiantar a idade de xubilación". A medida repercutirá sobre uns 500 barcos de zonas como A Guarda, Vigo, Marín, Ribeira e A Mariña, denuncia a CIG. "Este cambio está a afectar a milleiros de tripulantes das flotas palangreira conxeladora e do arrastre, a maior parte deles galegos", advirten desde a central nacionalista. De feito, no caso da flota palangreira, dos 131 barcos censados, un total de 119 teñen base en Galiza. Na flota arrastreira conxeladora, que faenaba no banco canario-sahariano, norte de África ou Angola, as embarcacións afectadas rondan as 350. Deste xeito, a medida repercutirá sobre uns 500 barcos de zonas como A Guarda, Vigo, Marín, Ribeira e A Mariña. Segundo sinala Aboi, o que fixo o departamento dependente de Fomento foi introducir un novo criterio que establece que só poden considerar grandes conxeladores -e polo tanto con dereito ao maior coeficiente (0,40)- os barcos de máis de 1000 toneladas e de máis de 70 metros de eslora. "Isto supón que no noso país só terían dereito a este coeficiente os tripulantes dunhas 10 embarcacións", censura. Diante disto, a CIG xa lle remitiu un escrito á conselleira de Pesca para solicitarlle que convoque ás patronais do sector para abordar esta problemática, ao tempo que dende a central non descartan acudir aos tribunais. |
NOS_26621 | Os Xogos Olímpicos modernos naceron en 1896, mais non sería até un século máis tarde, concretamente en Barcelona 1992, cando explotase o potencial do deporte galego na proba deportiva máis importante do mundo. | A disputa dos Xogos Olímpicos é unha antiga tradición que promove o desenvolvemento harmónico persoal e o estabelecemento dunha sociedade pacífica a través do deporte. A súa orixe remóntase ao século VIII a.C., e ten as súas raíces en Grecia, berce da civilización occidental. Tiñan lugar na cidade helena de Olimpia, sita nunha bela chaira, bañada polo río Alfeo, ao pé do monte Cronos. Neste val conxugáronse cultura, deporte e mitoloxía para escribir un dos episodios máis fermosos da humanidade, que chegou até os nosos días cunha repercusión xamais maxinada. Non foi até 1896 cando os Xogos Olímpicos renaceron, como a Ave Fénix, grazas ao empeño do barón Pierre de Coubertin, quen estabeleceu a nova normativa e os novos principios das Olimpíadas modernas Nun primeiro momento, os participantes destes campionatos tiñan a vontade de honrar os deuses olímpicos co seu propio esforzo. Porén, isto cambiou, e os atletas comezaron a adestrarse, profesionalizando deste modo a competición. Os Xogos seguiron realizándose cunha periodicidade cuadrienal até o século IV d.C, pois coa irrupción do Imperio Romano o interese por este evento decaeu até chegar á súa desaparición. Non foi até 1896 cando os Xogos Olímpicos renaceron, como a Ave Fénix, grazas ao empeño do barón Pierre de Coubertin. Este deseñou un proxecto que presentou ao mundo, recibindo o apoio total de numerosos países e estabelecendo así a nova normativa e os novos principios das Olimpíadas modernas. Acordouse que sería unha competición na que poderían participar todos os Estados, creouse o Comité Olímpico Internacional (COI) e decidiuse que as distintas edicións da proba se organizaran cada catro anos en diferentes cidades do globo. Actualmente disputáronse 28 edicións, suspendéndose outras tres por mor dos conflitos bélicos. Os Xogos de Toquio 2020 foron a edición número 32, coa particularidade de ter sido adiados por primeira vez na historia, debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. 102 anos da Galiza nos Xogos Disque "hai un galego na lúa" e, por suposto, nos Xogos Olímpicos a cousa non podía ser doutro modo. A participación de deportistas do país nesta cita remóntase a Amberes 1920, escribindo as primeiras liñas da historia do olimpismo galaico Moncho Gil, Luis Otero e Ramón González, que colaboraron na consecución da medalla de prata da selección estatal de fútbol. Desde hai 101 anos, máis dun cento de deportistas do país deixaron a súa pegada no evento deportivo máis salientábel do planeta, aínda que a estela deixada polo trío de pioneiros foi amortecendo até a década dos 60, cando a Galiza volveu incrementar o número de representantes e conseguiu un diploma olímpico en México 1968, que trouxo para casa o futbolista Juan Fernández Vilela. En Múnic '72 Jaime González Chas obtivo, de novo, un diploma na disciplina de Tiro Olímpico. A racha de boa sorte durou até Montreal 1976, ano no que Luis Gregorio Ramos Misioné gañou a medalla de prata para o piragüismo galego. Nos anos 80 a Galiza seguiu logrando éxitos, entre os que resaltan o bronce do propio Ramos Misioné en Moscova 1980 e a prata do xogador de baloncesto coruñés Fernando Romay nos Ánxeles 1984, edición na que debutou a primeira muller galega no certame olímpico, Marta Bobo, e máis concretamente na modalidade de ximnasia rítmica. Na década dos anos 90 o deporte do país deu un gran salto adiante coa participación nos emblemáticos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, onde estivo representado por 18 deportistas nas disciplinas de atletismo, remo, hóckey a patíns, esgrima, loita, piragüismo, péntatlon moderno e vela. En Atlanta 1996 déronse cita 16 galegos e galegas, mantendo practicamente o número de representantes clasificados. Se ben é certo que a propia clasificación nuns Xogos desta envergadura xa é en si un premio, os logros acadados non se traduciron en opcións de podio. Catro anos despois, en Sidney 2000, 19 deportistas da Galiza volveron citarse na gran festa mundial do deporte. A partir de entón, a cifra non volveu baixar da ducia de representantes nuns Xogos Olímpicos. Nun ránking de medallas por cada millón de habitantes, A Galiza sería a terceira clasificada en toquio, por detrás de Nova Zelandia e Xamaica Atenas 2004 inaugurou unha época dourada na historia olímpica galega, coa consecución do ouro e a prata polo piragüista cangués David Cal, quen en Pequín 2008 revalidou dúas medallas de prata, que estiveron acompañadas polo éxito compartido polo pontevedrés de adopción, Fernando Echávarri, e o vilagarcián tamén adoptivo Antón Paz, regatistas que obtiveron a medalla de ouro na clase Tornado. Non conformes co botín obtido, o padexeiro Carlos Pérez Rial acadou o ouro en K2. En Londres 2012 a representación galega tamén volveu con medallas colgadas do pescozo, obtendo catro metais: o ouro en vela de Támara Echegoyen e Sofía Toro; dúas pratas acadadas polo triatleta Javier Gómez Noya e por David Cal, respectivamente; e o bronce gañado pola xogadora de balonmán Begoña Fernández. En Río 2016 mantívose a representación galega, con 16 participantes, aínda que non se repetiron os logros acadados. Por iso os Xogos de Toquio 2020, adiados ao ano 2021, crearon tanta expectación, pois a Galiza rachou co seu récord de participación nunha cita olímpica. Tanto é así que conseguiu o maior número de medallas en toda a historia, un total de seis, tres bronces (Ana Peleteiro, Nico Rodríguez e Rodrigo Corrales) e tres pratas (Teresa Portela, Iván Villar e o equipo de Rodrigo Germade e Carlos Arévalo), situándoa no medalleiro por diante de nacións co peso demográfico de México, Nixeria ou Arxentina. Esta cifra significa que, nun hipotético ránking de medallas por cada millón de habitantes, a Galiza sería a terceira clasificada, só por detrás de Nova Zelandia e Xamaica. |
NOS_39505 | Hai 19 anos que se vén realizando na cidade de México o Seminario Internacional "Os partidos e a nova sociedade". Desta volta a participación galega recae na Unión do Povo Galego, partido integrado no BNG. | Duarte Correa, secretario de Relacións Internacionais da Unión do Povo Galego, vai oferecer unha palestra neste seminario internacional sobre "a loita fronte á Unión Europea e a reivindicación da soberanía como elemento que caracteriza a todos os procesos políticos contrarios ao neoliberalismo e á actual orde mundial", informou a Sermos Galiza o dirixente deste partido comunista que fai parte do BNG. Neste foro internacional, que realiza as súas análises desde unha óptica anti-imperialista, participan representantes de gobernos, organizacións políticas e sociais, analistas internacionais, intelectuais e estudosos de moi diversas materias. O seminario, no que en edicións anteriores ten participado a Fundación Moncho Reboiras, comezou a quinta feira e decorrerá até este sábado. |
NOS_4523 | Catedrática na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, Rosario Álvarez (Pontevedra, 1952) é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018. Entrevistámola nun momento en que o órgano de carácter asesor e consultivo conta cunha ampla programación de actividades, como a organizada ao redor da divulgación científica, a da vespa velutina ou a da produción de sal na costa da Guarda e Viana do Castelo. Eis un extracto da conversa, publicada no número 342 de Sermos Galiza. | Como define o seu proxecto á fronte do Consello da Cultura Galega? Non é fácil definilo, pero eu iría sobre todo a dous ou tres eixos complementarios. Un ten a ver coa miña vontade de contar cunha pluralidade o máis ampla posíbel de axentes culturais da cultura galega –de aí a chamada ás academias, as asociacións ao redor dun escritor ou escritora, museos…–. Temos a vontade de contar con eles, de saber a súa opinión, de intercambiar a información. Intentar atender todo o ecosistema cultural e estabelecer canles con eles. É un reto necesario. Non quero dicir que antes non se fixese, senón que queremos que se faga máis intensamente. Nunha liña parecida está a igualdade. Unha igualdade que vai máis alá do xénero. Refírome á igualdade de acceso á cultura, á democratización da cultura. O Consello non ten que facer a programación cultural do país, nin moitísimo menos, pero si ten que alertar sobre a necesidade de que chegue a todas as persoas. O acceso á cultura ten que se interxeracional. Tamén hai que ter en conta a igualdade de hábitat. Como non vai haber un abandono do rural se o desprovemos de cuestións básicas como é a cultura? O Consello ten que advertir que se está a crear un gran desequilibrio social porque o acceso á cultura non está garantido en moitas áreas de Galiza. E hai unha igualdade territorial, porque non é o mesmo situarse no eixo atlántico que no oriental. Iso é unha fractura, de feito, entre dúas Galizas. Temos que alertar dos retos que hai que vencer. E o terceiro eixo? En canto ao terceiro eixo, salientaría que entendemos por Galiza. Quero borrar o adxectivo de exterior cando se fala de cultura galega. Cando falamos de exterior pensamos no traballo de promoción e difusión de cultura galega fóra dos límites administrativos de Galiza. Temos que exportar a nosa cultura xunto coa imaxe do país: a excelencia dos produtos, unha imaxe dunha Galiza contemporánea e moderna, cunha lingua propia… pero, ollo, non é o mesmo iso que a cultura galega que se fai fóra. Os galegos que se atopan fóra están facendo cultura galega. Hai a Galiza territorial, si, e sabemos cales son os seus límites, mais hai unha tradición global. Nós somos un pobo espallado no mundo. Non hai unha cultura galega do exterior, senón global. Unha Galiza global que fai cultura galega desde moitos lugares do mundo. É fundamental que o ecosistema da cultura galega non quede fechado nos límites administrativos de Galiza. Hai unha Galiza máis ampla. Que papel desenvolve aí a lusofonía? Pensamos na cultura exterior nos dous sentidos –de difusión e o que se crea alí– e naturalmente énos moito máis doado difundila na Arxentina ou no Brasil que en Casaquistán. Contamos con vías privilexiadas de difusión da cultura galega en sociedades que non son galegas con todo o mundo da nosa emigración e en Europa ao redor do Camiño de Santiago. Temos tamén a nosa cultura marítima –somos un país de navegantes, de embarcados–. Poderiamos ir a Cabo Verde, aínda que non fose lusófona, falar de Galiza porque existe un vínculo. E, evidentemente, temos a lusofonía. Debemos aproveitar esa plataforma extraordinaria. Podemos ir a Cabo Verde falando galego e a conversa flúe facilmente. Atende a Xunta seus consellos do CCG como órgano asesor que é? Unhas veces máis que outras, naturalmente. Ás veces son eles quen encargan informes. Por exemplo, a diagnose da cultura galega foi un encargo que fixeron e aseguraron que a terían en conta, así como as propostas que engadimos. Non sei até que punto están de acordo, en que porcentaxe están de acordo ou non. Sei que as manifestacións públicas no propio plenario teñen a ver con que lles pareceu un bo traballo, mais veremos o que aceptan e o que non aceptan. Cando foi o informe das fundacións pouco se fixo, pero pasados uns anos algúns dos pasos que se dan desde a Consellaría van nalgunha das direccións que se apuntaban naquel documento. No caso do informe sobre o decreto do plurilingüismo, a Xunta desoíu o ditame do Consello da Cultura Galega. Aquilo era unha posición tomada que formaba parte dun programa político claro. Non houbo ningunha volta atrás desde aquela posición tan firme e dura que xa estaba adoptada desde o inicio. Até que punto, por razóns mesmo de estratexia política, lles resultaba intolerábel dar un paso atrás ou até que punto lles pareceu que as razóns dadas non eran suficientes? [Podes ler a entrevista íntegra no número 342 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_48837 | Pablo Iglesias defende cinco propostas para "un novo pacto" e presenta Podemos como "a única forza" con capacidade para "garantir" que "a maioría dos cataláns" queiran "ficar en España". | O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, reuniuse esta sexta feira co presidente do goberno español, Mariano Rajoy. O encontro fai parte da rolda de contactos que encetou o mandatario arredor do proceso independentista catalán e o que levou a conversar tamén con Pedro Sánchez (PSOE), Albert Rivera (Ciudadanos) e en días posteriores con UPyD e Izquierda Unida. Neste senso, mentres Ciudadanos transmitiu sintonía coa "defensa da unidade de España" fronte ao proxecto de independencia de Catalunya, o líder de Podemos asegurou en comparecencia de imprensa que non están "de acordo en case nada" el e Rajoy. Durante a xuntanza, que se prolongou máis dunha hora, Iglesias trasladou ao presidente español as "cinco propostas" arredor das que se estrutura o programa electoral de Podemos ás eleccións do 20 de decembro e que pasan, entre outras cuestións por "reconstruír un proxecto" para o Estado español que "recoñeza" a súa "diversidade" e "plurinacionalidade", sinalou. Asegurou que de gañar Podemos as eleccións o 20 de decembro, "a maioría dos cataláns" quererán ficar dentro do Estado, "con outro recoñecemento" Un "novo pacto", así o vendeu, fronte a posicións "búnker" e o "inmobilismo" que atribúe non só ao Partido Popular e o PSOE senón tamén a Ciudadanos. Aí, dixo, radica a fortaleza do Estado español en ser, afirmou, "un país de países". Podemos propón "un novo acordo constitucional" que respecte a vontade da "cidadanía" e recoñeza o "dereito a decidir de Catalunya". Porén, na folla de rota que defende a formación de Pablo Iglesias este feito desenvolveríase "de maneira simultánea" no Estado español e o Principat. Isto é, propón a convocatoria de senllos referendos a respeito da reforma da Constitución e do encadre "xurídico" de Catalunya. Ora ben, asegurou que de gañar Podemos as eleccións o 20 de decembro, "a maioría dos cataláns" quererán ficar dentro do Estado, "con outro recoñecemento". Unha liña argumental que non é nova. Iglesias a Carme Forcadell: "Pode facerse os selfies que queira e declarar cinco veces a independencia porque non vai rachar nada" Iglesias presenta o seu partido como "a única forza" capaz de manter a unidade territorial do estado e acusa o PP de "por desgraza" ser "responsábel da posibilidade de que España rache" por ter sido neste tempo "unha fábrica de independentistas". Mais tamén tivo tempo para se dirixir ás forzas independentistas catalás. A ambos os dous "bloques", o unionista e o independentista acusounos de estar a facer "teatro" no marco da "campaña electoral", quer polo rexeitamento do dereito a decidir, quer polo camiño iniciado cara a unha declaración de independencia no Parlament de Catalunya. Á súa presidenta, Carme Forcadell, dixiuse para lle dicir que "non pode rachar un xarrón chinés quen non ten competencia para iso", e acrecentou, "pode facerse os selfies que queira e declarar cinco veces a independencia porque non vai rachar nada". Nun ton máis elevado que noutros momentos da comparecencia Iglesias situou no cadro de xogo a súa formación, embora de maneira ambigua nas declaracións, "non estamos con que o Parlamento de ningunha Comunidade Autónoma declare a independencia". |
NOS_52188 | Asembleas con nutrida afluencia na Illa e Rianxo para expresar o descontento e malestar de mariscadoras e rañeiros coa xestión da administración. A "nefasta" xestión da Consellaría do libre marisqueo está no albo das críticas dun sector que nesta Ría representa case 4.000 empregos. | Primeiro foi na Illa de Arousa, a finais de agosto, cun salón de actos cheo até a bandeira de mariscadoras, parquistas e rañeiros, colectivos que teñen na extracción de berberecho e ameixa o seu medio de vida. Despois foi en Rianxo, a comezos de setembro, cun Auditorio ateigado e con autobuses procedentes doutros concellos levando xente a un acto impulsado plolas once confrarías da Ría. E xa hai unha nova cita, en Cambados, que se prevé de afluencia masiva. O motivo deste ferver de asembleas e xuntanzas masivas é o descontento existente no sector do mar coa Consdellería do Mar, un descontento que, como teñen recoñecido patróns como o de Carril, José Luis Villanueva, foi callando durante estes anos até que agora está a exteriorizarse. Son varios anos con campañas de libre marisqueo perdidas e a deste ano semella seguir o mesmo camiño. E sen que a Xunta mova ficha, acusan desde o sector. De feito, as confrarías da Ría de Arousa mesmo consideran que a conselleira xa non é unha interlocutora válida e que ten que ser o propio presidente da Xunta o que ten que asumir a responsabilidade de sentar as bases para solucionar un problema que afecta a milleiros postos de emprego directos nas comarcas bañadas polas augas arousás: Barbanza e O Salnés. Cómpre lembrar que, en base aos propios dados da Xunta, na Ría de Arousa hai 1.704 permisos para marisqueo a pé e hai 1.700 embarcacións con permiso para mariscar a flote. De media, e nunha campaña de libre marisqueo, a bordo dunha desas embarcacións traballan 2 'rañeiros'. Son pois, máis de 4.000 empregos directos en xogo. Mortandade e contaminación Hai tres campañas un virus matara case todo o berberecho existente en Arousa, un recurso chave para este sector. Confrarías e mariscadores consideran que a administración apenas actuou para solventar este problema, un desleixo que tamén lle achacan en eidos como a loita contra a contaminación das augas ou da presenza de depredadores. A isto engádense outras cuestións, como que non se acabade de poñer o ramo ao proceso de regularización da cabalaxe de embarcacións ou ben obrigas como a de levar a bordo determinado material. |
NOS_522 | O eurodeputado ponente do Parlamento europeo e responsábel da redacción de dous dos relatorios máis importantes na reforma da PAC, Luis Manuel Capoula, asegurou ás e aos representantes do sector gandeiro que malia ser a súa vontade mudar o rumbo das políticas agrarias comúns "facer unha mudanza radical non é posíbel porque non se dan as condicións políticas obxectivas para iso". Capoula falou da modificación da PAC na xuntanza coa delegación galega en Bruxelas | Segundo día de xornada en Bruxelas para a delegación, que chegada desde Galiza, procura trasladar ás institucións comunitarias as necesidades e carencias do sector agro-gandeiro galego. Entre o frío xélido e a neve que cubría a capital belga a primeira hora da mañá, o que fora ministro de Agricultura do goberno socialista luso e agora eurodeputado ponente no Parlamento europeo, Luís Manuel Capoulas, debullou ás e aos representantes galeg@s boa parte dos acordos adoptados no seo das negociacións das que resultará a nova PAC 2014-2020. "Capoulas é responsábel dos relatorios sobre pagamentos directos e desenvolvemento rural" Moitas dúbidas e cuestións entre as persoas que representan os intereses de Galiza perante unha modificación que, ademais de histórica, implicará grandes cambios para o sector agro-gandeiro galego. Neste sentido, Capoulas asegurou que os relatorios dos cales el foi responsábel, "representan o 90% do orzamento da PAC" e abranguen "os pagamentos directos e as políticas de desenvolvemento rural". Ao longo de máis dun ano, Capoulas elaborou dous textos inicias aos que lles foron presentadas arredor de 4.500 emendas. Após un arduo debate e confrontación de intereses que mesmo o levou a discutir con eurodeputad@s do seu partido, acadáronse 20 compromisos en materia de desenvolvemento rural que, a priori, serán votados favorabelmente no plenario final, no entanto, salientaba Luis Manuel Capoulas, "o problema é que podemos ter unha excelente listaxe de medidas e despois non ter diñeiro para as aplicar", a respecto do recorte orzamentario proposto polo Consello e defendido por países como Francia a respecto do segundo piar da PAC (desenvolvemento rural). Definir a agricultura activa, unha controversia latente Unha das principais innovacións introducidas na reforma da PAC é a definición da agricultura activa como principal suxeito receptor dos pagamentos directos –axudas de entre 500 e 1500 euros exentas de fiscalidade. Neste sentido, o grupo dos Verdes, como ben defendía na xornada anterior Michel Dupont, pula pola consideración de agricultor(a) activ@ como aquel(a) que exerce de maneira "real" a actividade agraria. Xurxo Álvarez Pérez, presidente da Fruga mesmo lle lembraba ao eurodeputado ponente que a agricultura debe ser entendida "como unha actividade social encamiñada á produción de alimentos" fronte á concepción tradicionalmente defendida desde as institucións europeas que concibe a actividade agraria familiar como "xardineiros", ironizaba Álvarez. Porén Capoulas –que procurou o consenso a través da fixación dunha porcentaxe de actividade agraria (50%)-- asegurou que non existía acordo e que, finalmente, serán os Estados membros da UE os que determinen que é unha actividade agraria. Xurxo Álvarez (Fruga): "A agricultura debe ser entendida como unha actividade social encamiñada á produción de alimentos" Tamén así, malia que a vontade inicial da ponencia era fixar un "teito límite", explicou Luis Manuel Capoulas, para a recepción de axudas vencelladas á superficie de terra traballada, a maioría do Parlamento rexeitou a proposta, o que permite @s grandes terra-tenentes, apropiárense de cantidades inxentes de fondos europeos en detrimento das pequenas explotacións (maioritarias en Galiza) como é o caso da duquesa de Alba. Edelmiro López Iglesias, rexeitou tal consideración ao entender que as axudas se dirixen, desta maneira, "á superficie e non aos seres humanos". Mais a UE, non dará o seu brazo a torcer. "O sistema de cotas desaparecerá" Unha das principais preocupacións da delegación galega chegada a Bruxelas é a inminente desaparición do sistema de cotas no sector lácteo, o que suporá graves consecuencias para a produción leiteira galega. A débeda contraída por moitas das explotacións nos anos noventa após a implantación da cota láctea levaraos a pagar a contía adebedada –aínda agora-- mesmo cando esta non teña valor a partir de 2015. Neste sentido, na Fruga, as cooperativas de gandeir@s e a comunidade académica demanadan a implantación dun Fondo Lácteo que permitise compensar as perdas cando o sistema de cotas sexa finalmente suprimido e, aliás, que se introduzan novos mecanismos de regulación da produción que impidan a liberalización extrema do sector. "O sistema de cotas non se poderá manter porque non hai maiorías favorábeis ao seu mantemento" Luis Manuel Capoulas –que recoñeceu estar "persoalmente" en contra da eliminación das cotas lácteas-- asegurou que a decisión é "irreversíbel" pois a maior parte do Parlamento europeo –de igual maneira que a Comisión-- apoia a supresión deste sistema implantado na PAC após a creación do mercado común europeo. No entanto, asegurou que traballaban a prol da posibilidade de que se introduza a "flexibilidade entre piares" garantindo un "trasvase de fondos procedente do segundo piar" (desenvolvemento rural) cara ás axudas destinadas a paliar os efectos prexudiciais da desaparición das cotas. No entanto, esa decisión depende finalmente dos estados membros. |
PRAZA_795 | Un novo informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública mantén o país entre as tres comunidades con maior peso do sector privado, só superada por Madrid e Cataluña. | Galicia ocupa o podio e sitúase como a terceira comunidade autónoma cun maior grao de privatización sanitaria, só superada por Madrid e Cataluña. Así se desprende do segundo informe sobre A privatización sanitaria das CCAA, elaborada pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (Fadsp) e que fai balance fundamentalmente dos datos do pasado ano 2013, xunto a algúns de 2014, destacando que esta vaga de privatizacións "continúa" na actualidade "en practicamente" todos os territorios do Estado e que posiblemente as modificacións dos últimos meses "aínda fosen o peor". Galicia sitúase no grupo de "elevado grao de privatización" sanitaria, por detrás tan só de Madrid e Cataluña A comunidade autónoma galega sitúase entre as catro que a Fadsp considera que teñen un "elevado grao de privatización", xunto ás dúas citadas anteriormente e máis Illas Baleares, mentres que no grupo cun "baixo grao" de privatización atópanse Andalucía, Asturias, Castilla-La Mancha e Extremadura. Nun nivel medio, todas as demais. Para levar a cabo esta clasificación, e logo dun detallado estudo, a Fadsp avalía aspectos de aseguramento, financiamento privado, recursos deste sector privado ou porcentaxe de gasto sanitario público dedicado directamente a contratación cos centros privados. Todos eles tirados das cifras que achega o Ministerio de Sanidade, o de Facenda, o IDIS (Instituto para el Desarrollo e Integración de la Sanidad) ou o propio INE. A plataforma SOS Sanidade Pública xa destacou nos seus últimos estudos que nos últimos cinco anos o orzamento sanitario en Galicia sufriu un recorte do 12,3%, que supuxo a eliminación de máis de 2.000 postos de traballadores sanitarios e o peche de case 500 camas hospitalarias nos centros públicos. O estudo asegura que Galicia destaca polo maior gasto da cidadanía á hora de contratar seguros privados O informe da Fadsp insiste no proceso privatizador no país e destaca que tanto Cataluña como Madrid dedican unha maior provisión de fondos ao financiamento da xestión por parte de empresas privadas, mentres que Galicia e Baleares destacan por un maior gasto por parte da cidadanía para contratar seguros privados e algúns servizos como os de odotoloxía. Para facer a clasificación que sitúa Galicia como a terceira comunidade con maior privatización sanitaria -e que repite no posto do informe anterior- tense en conta a porcentaxe de poboación cuberta por mutualidades de funcionarios, o gasto en seguros privados e sanitario do propio peto per capita, a porcentaxe de camas hospitalarias privadas sobre o total, a de equipamento de alta tecnoloxía en centros privados, a de gasto sanitario dedicado a contratación con centros alleos ao sistema público ou a presenza de modelos da chamada "colaboración público-privada", unha modalidade esta que foi reforzada pola Xunta a través da lei que permite o traspaso de pacientes do Sergas. Segundo os diferentes datos que achega o estudo, un cidadán galego dedica unha media de 454 euros ao ano a pagar de forma individual servizos sanitarios ou farmacolóxicos, fronte aos 300 dun andaluz ou aos 332 dun estremeño. En canto ao gasto medio por persoa para seguros privados, en Galicia sitúase nos 107 euros, fronte aos 56 de Navarra ou os 267 de Madrid, ambas as dúas nos dous extremos. Case unha cuarta parte das camas sanitarias en Galicia son privadas No que se refire á porcentaxe de camas sanitarias privadas sobre o total, en Galicia sitúase nun 23,8%, moi lonxe do 56,3% de Cataluña, pero tamén moi afastada do 8,3% de Castela-A Mancha. E case unha cuarta parte, 2.354 dun total de case dez mil. Ademais, e en canto á cantidade de equipamento de alta tecnoloxía en centros privados, o país alcanzaría o 39% do total, só superada neste caso polo territorio catalán e polas Illas Baleares. Xa por último, e sobre o gasto sanitario dedicado á contratación con hospitais non públicos, esta porcentaxe chega ao 5,8%, unha cifra inferior á media de todos os territorios. Na presentación do informe, o presidente da Fadsp, Marciano Sánchez Bayle, nos últimos anos produciuse un "deterioro do sistema sanitario público, o que fai que todo o que poida busque alternativas no sector privado". Segundo di, trátase dun xeito de premiar o funcionamento do sistema privado e favorecer o seu lucro a costa da sanidade pública. |
NOS_1111 | O BNG vén de presentar unha proposición non de lei para que se convide ao líder da Fronte Polisario, Brahim Ghali, a intervir ante o Pleno do Congreso dos tras o apoio brindado polo Goberno ao plan de autonomía para o Sáhara proposto por Marrocos. | O texto presentado polo Grupo Plural a instancia do deputado de BNG Néstor Rego propón convidar a Brahim Ghali, quen tamén é presidente de autoproclamada República ÁrabeSaharaui Democrática (RASD), a intervir ante o Pleno "como xesto de apoio á causa saharauí e a unha solución xusta e duradeira ao conflito xerado pola ocupación marroquí, sobre a base das resolucións da ONU, que permita ao pobo saharauí vivir en paz e liberdade". O BNG insta Sánchez a "respectar a legalidade internacional" no conflito do Sáhara A proposta foi presentada un día despois da intervención do presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, ante as Cortes Xerais e un día antes de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, viaxe a Rabat para reunirse co rei Mohamed VI co fin de deixar atrás a crise diplomática e iniciar unha nova etapa na relación bilateral. Legalidade internacional Na súa exposición de motivos, o BNG defende que "o Sáhara Occidental é un pobo ocupado desde hai máis de 150 anos", primeiro por España e desde 1975 por Marrocos e sostén que "o Estado español debeu descolonizalo, recoñecendo a súa independencia". Así mesmo destaca a loita pola liberdade emprendida pola Fronte Polisario desde a súa fundación en 1973 e lembra que en 1976 proclamouse a RASD, "recoñecida por máis de 80 estados e membro da Unión Africana". Un ano da ruptura do alto o fogo no Sáhara Occidental "Na súa loita, o pobo saharauí non só ten do seu lado a razón, tamén a legalidade internacional" ademais de contar "coa simpatía e o apoio dos pobos do mundo, que valoran e aplauden a dignidade coa que o pobo saharauí resiste e mantén a súa aspiración para vivir en paz e en liberdade na súa propia terra, nun estado soberano", reivindica o BNG. Responsabilidade histórica Na súa opinión, "o Estado español, ten unha responsabilidade histórica co pobo saharauí", de aí que "a única posición razoábel é apoiar todos os esforzos para desbloquear o referendo de autodeterminación para permitir que o pobo saharauí decida libremente o seu propio futuro". O BNG lembra que nos distintos debates sobre a cuestión no Congreso foi palpábel "o respaldo maioritario das forzas políticas a unha solución xusta e duradeira, sobre a base das resolucións da ONU, que permita ao pobo saharauí vivir en paz e liberdade. O PSOE fica só no Congreso no seu xiro sobre o Sahara Así, considera "de xustiza" que o Congreso convide a Ghali a intervir ante o seu Pleno "como xesto de apoio á causa saharauí e para escoitar unha voz digna en defensa da liberdade, a democracia e os dereitos do pobo saharauí e de todos os pobos do mundo", de aí a súa proposta para o seu debate en sesión plenaria. |
NOS_54751 | 14 multinacionais, entre estas Monsanto, foron demandadas por Tran To Nga, unha activista e xornalista vietnamita que fixo parte das forzas de liberación no conflito bélico contra os Estados Unidos. | O Alto Tribunal de Evry, ao sur de París, iniciou onte o xuízo nun caso contra 14 multinacionais que foron acusadas por unha muller de orixe vietnamita e nacionalidade francesa de lle causaren a ela e a outras persoas graves danos, en relación ao uso do axente laranxa polo Exército dos Estados Unidos durante a Guerra do Vietnam (1955-1975). O axente laranxa foi o nome dado á mestura de herbicidas usada polos militares estadounidenses nese conflito bélico entre xaneiro de 1965 e abril de 1970 como defoliante para impedir que as tropas do Vietcong se ocultaran na espesura da selva e facer visíbeis as súas liñas de aprovisionamento. A partir de 1971, os EUA deixaron de usalo, e abandonaron o país en 1975 tras ser derrotados polo Vietcong. A demandante, Tran To Nga, naceu en 1942 na entón Indochina francesa, o territorio colonial que abarcaba entre outros países o actual Vietnam. Segundo informou AFP, en 2014 presentou unha demanda contra as 14 compañías que fabricaron ou venderon o químico altamente tóxico, incluída Monsanto, adquirida pol xigante alemán Bayer en 2018. Xornalista de profesión, activista e membro da resistencia durante a guerra, obtivo o título universitario en medio da guerra e deseguido entrou nas forzas de liberación. Durante catro meses desprazouse a pé para se unir aos combatentes no sur do país. Foi aquí, e en varias ocasións nos meses seguintes, que resultou envelenada polo axente laranxa. Co apoio de varias ONG, Tran To Nga presentou a acusou estas multinacionais de ser responsábeis das lesións que lle provocaron a ela, aos fillos dela e a outras persoas, alén do dano causado ao ambiente, segundo informou TV5 Monde, que cualificou o xuízo de "histórico". Graves doenzas "Non é por min que estou a loitar, senón polos meus fillos e polos millóns de vítimas", declarou á axencia de noticias Giai Phong. As consecuencias para a saúde do axente laranxa, que ataca o sistema inmunolóxico, transmítense ás xeracións posteriores, o que constitúe un "exterminio familiar" nas súas palabras. A filla maior dela, Viêt Haï, nacida en 1968, sufre un defecto cardíaco, a tetraloxía de Fallot; outra faleceu con 17 meses na selva; e dúas máis, nacidas en 1971 e 1974, teñen defectos cardíacos e óseos. A propia Tran To Nga sofre de cancro de mama recorrente e tuberculose, como explica na súa autobiografía, Ma terre empoisonnée ("A miña terra envelenada", en francés). As multinacionais argumentan que non se lles pode facer responsábeis do uso dado ao produto por parte do Exército dos EUA, en tanto que os avogados da demandante sosteñen que os produtores do químico ocultaron a súa verdadeira toxicidade. Arredor de catro millóns de persoas estiveron expostas ao axente laranxa no Vietnam, en Laos e en Camboxa, segundo os datos recollidos polas ONG en defensa das vítimas. Ademais, cada ano ─só no Vietnam─ calcúlase que arredor de 6.000 crianzas nacen con defectos conxénitos. |
NOS_2855 | Até o 29 de outubro era o único xornalista preso nun cárcere español. Jabier Salutregi, director do xornal Egin, fechado na época de Aznar, recuperou a liberdade logo de cumprir sete anos na cadea. "Necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis", sinala. | O director de Egin lembra nunha entrevista publicada por Naiz os "17 anos de pesadelo" que supuxeron o feche de Egin, "paseino moi mal e recoñezo que ademais estaba mal", admite. Cualifica a persecución ao diario de "salvaxada". "Fixeron unha salvaxada e téñennos aí porque teñen que xustificar aquilo dalgún xeito. E séguennos tendo. Nós somos os que pagamos as súas barbaridades. Eles teñen que pedir perdón algunha vez. E a min téñenme que pedir perdón. Eu non teño que pedirle perdón absolutamente a ninguén", apunta. "Necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis" Salutregi explica que o feche da publicación veu motivada porque "necesitaban fechar o pepito grilo que había alí. Nada máis. Aínda que fora un xornal de tirada pequena, tiña bastante difusión e non podía permitir fotografías dun tío machacado en metade da primeira páxina, un titular que dera as atrocidades dos cabozos…". "Mesturáronnos con xente que vendía bacallau por un lado, que defendía a desobediencia civil polo outro, que eran do aparato de Exteriores de Herri Batasuna… Era o todo é ETA. Todo era ETA e todos ao cárcere", denuncia. Sobre a reacción do xornalismo ao feche de Egin e ao encarceramento dos seus responsábeis, Salutregi sinala que "agás contadas excepcións, todos os xornais están pegados á hexemonía ideolóxica española. Están todos domesticados… Engade que "non teñen vergoña. Non dixeron nunca nada. Nada en contra do feche dun xornal que até os xuíces dixeron que estaba mal". |
NOS_31831 | Galiza Nova organiza senllos coloquios en Pontevedra e Compostela sobre a crise humana que atinxe as fronteiras europeas. | Con motivo da situación que atinxe as persoas refuxiadas a organización xuvenil, Galiza Nova, organiza dous debates para afondar nas causas desta crise humana. Será a cuarta feira (16 de setembro) n'A Silveira (Compostela) ás 20:30h e o 17 de setembro ás 20h na Casa Azul de Pontevedra. Nas mesmas participará o analista internacional e colaborador de Sermos Galiza, Duarte Correa, xunto ao secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera. |
NOS_57069 | Jaime Pablo Díaz, creador e director artístico da compañía Nova Galega de Danza, fala con entusiasmo de todo o que ten que ver co baile tradicional. Bailarín en diversas agrupacións de danza tradicional, formouse na Royal Academy of Dance de Londres, na Escola de Danza e Música da Galiza e no conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Fusionando os seus coñecementos de clásica e de contemporánea coa tradición galega, naceu a súa compañía, coa que ten presentado a cultura galega por todo o mundo. | Con Leira volven ser finalistas dos premios Max. Xa o foran co seu primeiro espectáculo, Alento, que estaba nomeado ao Mellor Espectáculo Revelación. Daquela xa fora unha sorpresa. Era o noso primeiro traballo e non contabamos con chegar até ese punto. O que pasa é que a categoría de Espectáculo revelación inclúe todo, teatro, danza... e esta vez trátase dun recoñecemento máis específico, máis centrado no mundo da danza. Mais o premio xa é estar aí. Daquela porque empezabamos e nos recoñecían, e agora porque despois de tantos anos podemos seguir traballando no que nos gusta. Escolleron unha vía complicada dentro do mundo da danza en Galiza: recoller elementos da danza tradicional para convertela noutra cousa, pasando polo filtro da clásica e a contemporánea. Como definiría vostede o que fai Nova Galega de Danza? Sempre estivo na nosa cabeza traballar desde o noso, desde o baile tradicional para levalo a un campo máis contemporáneo. Cando eu comecei con todo isto, fixeime moito na música tradicional, nos grupos que estaban traballando nela naquel momento: Berrogüeto, Luar na Lubre... bandas que collían as pezas tradicionais e transformábanas noutras cousas. Entón, pensando na enorme riqueza da danza tradicional, pregunteime por que non se podía facer algo así, e comecei a investigar nese sentido. Sempre con moitísimo respecto, porque eu veño do tradicional -en Terra Meiga, no Etnográfico das Mariñas–, mais tratando sempre de non perder esa base. Hai un preconcepto moi xeneralizado sobre a danza como un xénero que atrae pouco ao público e iso non é certo. Nós, en todos os sitios que visitamos, enchemos os teatros. Mais as administracións, en todos os niveis, sempre parten dese prexuízo Desde a música si que se logrou abrir o tradicional a outros campos, a integrar elementos doutros xéneros que fan que se desenvolvan estilos moi diferentes, desde Berrogüeto até Baiuca. Mais a danza tradicional semella non ter conseguido unha evolución paralela. Hai pouco apoio. Agora parece que se están movendo as cousas outra vez mais, en xeral, a danza sempre foi a irmá fea da cultura. Hai un preconcepto moi xeneralizado sobre a danza como un xénero que atrae pouco ao público e iso non é certo. Nós, en todos os sitios que visitamos, enchemos os teatros. Mais as administracións, en todos os niveis, sempre parten dese prexuízo e non acabamos de ter, por exemplo, unha programación normalizada de danza, como as hai de teatro ou de música. E iso couta o desenvolvemento do xénero. Eu creo que a xente acode aos espectáculos de danza cando lle dás algo co que sentirse identificados. Nós notámolo con Leira, que ten unha acollida excelente porque o público aínda se recoñece nese pasado próximo do traballo coa terra. O grande exemplo de como se trata a danza desde a administración é o abandono e os vaivéns aos que se somete o Centro Coreográfico Galego. O que está sucedendo aí non sucede en ningún sitio. Mais non tes que chegar ao Centro: se a nosa compañía, coa proxección que lle está a dar á nosa cultura, fose de calquera outro sitio, tería un apoio moito maior. Eu vin do Perú, de estar no Teatro Nacional durante dúas semanas, e volvín con contactos, con estratexias... que lle cedín á Xunta de Galiza xa non para que nos axudasen a nós, senón para que apoiasen toda a xente que está traballando na danza galega. E non se fixo nada. Hai que pensar que tamén estamos facendo país. En moitos lugares, veñen vernos coa expectativa de atopar flamenco, porque claro, para eles vimos de España, e de súpeto quedan abraiados co que descobren, coa nova cultura que se lles pon diante. Logo chámannos para que vaiamos representar a danza galega nalgún evento, mais as cousas non se fan así. Ten que haber apoio á base e ten que ser continuado. Esa parece ser outra das cruces coas que temos que lidar: sempre hai que esperar a que se nos recoñeza fóra para que na casa se nos valore desde as institucións. Nova Galega de Danza viaxou por Portugal, Francia, Italia, China, Israel... e sempre con éxito. Eu aquí síntome moi valorado polo público, que é o que nos mantén e o que nos dá a resposta. Síntome moi querido e creo que o que estamos facendo está gustando moito. Fomos dúas veces á Mostra de Ribadavia, por exemplo, e as dúas veces concedéronnos o Premio do Público. E como che dicía antes, alí onde imos, enchemos os teatros. Mais si que falta ese mesmo apoio de parte da administración. As compañías merecen unha axuda maior para desenvolver os seus proxectos e poder ofrecelos aquí e fóra. Logo chámannos para que vaiamos representar a danza galega nalgún evento, mais as cousas non se fan así. Ten que haber apoio á base e ten que ser continuado. Ás veces a xente pensa que Nova Galega de Danza é unha compañía cun gran soporte das administracións, e iso non é certo: temos algunha axuda puntual, nada máis. De feito, este último espectáculo, Leira, quen o apoiou foi unha empresa privada, Eroski. Dentro do mundo da danza tradicional vostedes levaron a cabo unha pequena revolución non só a nivel coreográfico, senón tamén escénico. Desde o principio, mostraron unha vocación plástica e teatral moi potente que non adoita verse nese xénero. Ben, nós tampouco nos definimos como un grupo de danza tradicional, aínda que para min sexa o máis importante: partimos dela para crear a nosa propia linguaxe. Creo que o traballo que fan as agrupacións é marabilloso, tanto na recolla –que é do que nos alimentamos nós, a fonte da que bebemos– como na posta en escena. O que si é certo é que a partir de aí pódese investigar e crear cousas diferentes. E, de feito, xa están aparecendo algunhas compañías que traballan nesa dirección. Cando empezamos con Nova Galega de Danza, eu tiña claro que quería mostrar o noso traballo dunha forma diferente, cunha plasticidade distinta, como un espectáculo que fose un todo ben coordinado: que a luz tiña un sentido, que o violín aparecía por algo e que o propio bailarín se movía dunha determinada maneira porque algo sucedía. Non se trata só de subir ao escenario, bailar e volver abaixo. De feito, a música en directo xoga un papel importante nos espectáculos. A idea sempre foi facer as xiras coa banda en directo e, de feito, cando empezamos levabamos sempre seis músicos que nos acompañaban en escena. Mais pouco a pouco, coa crise primeiro e cos recortes que viñeron despois, fomos decatándonos do complicado que era iso. Estivemos anos loitando para mantelo, mais tivemos que facelo doutra maneira. Viaxar con gaitas, percusións, saxos... era dificultoso xa non só porque subise o caché da compañía, senón porque a nivel técnico complicaba moito as cousas. Reformulamos e agora seguimos levando músicos en directo mais dunha forma máis simplificada. En Leira, por exemplo, levamos a Rosa Cedrón, que canta e toca o violonchelo, en Son levabamos un cantaor... Imos mesturando dunha forma que poidamos manter a esencia do directo, mais dunha maneira máis sinxela. Agora que fala das complicacións técnicas, habería que reflexionar sobre o feito de que na Galiza existen poucos escenarios preparados para acoller espectáculos de gran formato. Hai moi poucos escenarios grandes e moitos non están acondicionados. As grandes cidades e pouco máis. Leira está tendo un percorrido moi amplo porque desde o principio pensamos en facer un espectáculo que puidese ter dúas versións: para teatros e para rúa. Tivemos que facelo "desmontábel" para poder chegar a máis sitios. Este é un gran problema na Galiza: parece que non poden existir compañías grandes, e iso é un impedimento para que a danza se poida desenvolver naturalmente. O normal sería que existisen compañías e espectáculos de todos os formatos, grandes e pequenos. O nivel asociativo da Galiza triplica o do resto do Estado. En todo o demais –compañías, producións– estamos por abaixo, pero cando falamos de asociacións a diferenza que se marca desde aquí é enorme Vostede estivo no Ballet Rei de Viana, que xogou un papel moi discutido na evolución da danza tradicional -unha actividade na que participan, dunha forma ou outra, unhas vinte mil persoas, segundo un informe do Consello da Cultura Galega. Como valora o papel xogado polo Rei de Viana agora mesmo? Si, tamén estiven no Ballet Rei de Viana, que foi onde empecei a aprender danza clásica. Creo que o problema con rei de Viana foi que o orzamento para danza ía directamente a ese ballet e as agrupacións tiñan que amañarse coas asociacións; igual que agora, por outra parte. Hai un tempo, preparando unhas charlas, descubrín que o nivel asociativo da Galiza triplica o do resto do Estado. En todo o demais –compañías, producións– estamos por abaixo, pero cando falamos de asociacións a diferenza que se marca desde aquí é enorme. Isto chama moito a atención: a cantidade de xente que baila na Galiza é brutal. Pero que ocorre? Que as asociacións, das que ninguén se preocupou nunca, xa están afeitas a funcionar dunha forma autónoma, a amañarse sen axudas. E daquela, a administración non se preocupa de apoialas e estimulalas. E claro, para medrar é necesario que exista ese estímulo, ese coidado coa base. Ou sexa, que como en tantos outros campos, temos unha materia prima de calidade mais non somos quen de sacarlle rendemento. A nivel persoal e social si existe ese rendemento, se non, non existiría ese entusiasmo por parte da xente, esas ganas de bailar. Mais carecemos deses apoios que permitan pór en valor o que temos. O máis importante é partir desa tradición, temos que coñecela para logo investigar noutros campos. Mesmo Pina Bausch parte dunha raíz que ten moito relevo nas súas coreografías. Neste último espectáculo, en Leira, creo que se pode ver ben ese expresarse dos corpos: dos corpos da danza e dos corpos do traballo. E talvez por iso o público responde desa maneira. É algo que xa se intuía noutros traballos mais que aquí xa se fai explícito. Cando comecei con Leira tiña moi claro que quería mostrar a dureza de traballar a terra. Eu fun unha vez apañar patacas e non me quedaron gañas [risas]. É un traballo extremadamente duro e iso define esa parte tan física da peza da que falas. Mais ao mesmo tempo, esa dureza é marabillosa, danos esa alegría incomparábel de poder comer o que cultivamos. E por iso falei con Iker [Gómez], que é un coreógrafo moi físico, para poder mostrar esa aspereza, e con Rosa [Cedrón] que sabía que ía adozar un pouco esa severidade do traballo. En realidade, era un pouco mostrar unha realidade deste país que non se valora o suficiente. O flamenco está moi apoiado, moi visibilizado, moi promovido, e por iso puido evolucionar e dar respostas a moitos sectores de público diferentes. Mais a nosa tradición, en canto a riqueza, non está en absoluto por debaixo. Con Son atrevéronse a mesturar o baile galego co flamenco. Que atoparon nese traballo? A verdade é que foi un traballo complicado. Durante un mes, especialmente a nivel coreográfico, as cousas non acababan de encaixar, non dabamos coa fórmula para conciliar os pasos do baile galego e os do flamenco. Buscabamos pola parte árabe pero non lograbamos chegar a nada que nos convencese. Mais investigando, descubrimos que un dos paus do flamenco procede da música galega, as farrucas. Entón pensamos que non podían estar tan separados e comezamos un traballo de ir quitando capas, como se estivésemos pelando cebolas. E simplificando, conseguimos chegar á esencia das dúas tradicións, ao punto onde se separaron. Porque ao final, todas as tradicións parten dun punto común. Tamén aprendín unha cousa: non temos nada que lle envexar ao flamenco. Mais volvemos ao de antes: o flamenco está moi apoiado, moi visibilizado, moi promovido, e por iso puido evolucionar e dar respostas a moitos sectores de público diferentes. Mais a nosa tradición, en canto a riqueza, non está en absoluto por debaixo. Fala dese punto do que parten as tradicións e o espectáculo Tradicción ten algo desa busca da orixe, de ver onde está ese punto do que parte o tradicional. Era unha declaración de principios? En realidade, Nova Galega de Danza sempre vai buscando ese camiño. Cando fixemos Tradicción queriamos facer un percorrido por todas as pólas da música tradicional, amosar as diferenzas nas muiñeiras dependendo das zonas... Era mostrar todo ese repertorio mais tamén deixándonos levar un pouco por onde nos leva a nosa linguaxe. É algo natural na compañía. Houbo un momento de remuda do Centro Coreográfico Galego a mediados da década de 2000 –cando volveu moita xente que estaba traballando fóra– e logo a crise e o cambio de goberno fecharon ese camiño. Na actualidade semella que volve existir moita actividade, aínda que o apoio segue sendo moi escaso e vacilante. Como ve agora o mundo danza galega? Aquí sempre houbo moita danza mais ás veces está oculta. Moita xente tivo que marchar fóra porque aquí non había oportunidades. E aquí teño que contar que cando comezamos coa compañía, un produtor de Madrid mostrouse moi interesado e o primeiro que nos ofreceu foi ir fóra da Galiza. Para min iso era imposíbel: se estou fóra, cambia o sentido do meu traballo. E agora hai moitísima danza, moita xente traballando moi ben, mais falta ese apoio institucional. Nesa época da que falas, con Natalia Balseiro á fronte do CCG, fixéronse moitas cousas novas, mais volvemos estar no mesmo. O que se fai, que non é pouco, é grazas ao entusiasmo e ao traballo da xente que baila. Se non, sería insostíbel. Mesmo na nosa compañía, son os bailaríns os que tiran, en moitas ocasións, dos proxectos. Falta que se programe, que se trate como unha disciplina de seu porque, como falabamos antes, a danza gusta e ten público. E ao público tamén hai que axudalo a enfrontarse con novas tendencias, con novas linguaxes. E todo iso non se está facendo. Como non vai gustar a danza se a xente paga por bailar! Agora o mercado volve estar retraído por culpa da pandemia e das restricións nos teatros. Que plans ten para o futuro Nova Galega de Danza? Pois tratamos de seguir medrando e aprendendo. Agora mesmo estamos en plena xira, por Galiza e polo resto do Estado, e máis ou menos, estaremos así até a entrega dos premios Max, a primeiros de outubro. E xa estamos preparando algo novo porque, por moita crise que haxa, temos que continuar para que o noso traballo teña sentido. Estamos pensando xa nun novo espectáculo que non ten nada que ver con Leira nin con Son. Os nosos tres primeiros traballos eran bastante similares e agora creo que prefiro diversificar, traballar con coreógrafos que enriquezan o noso labor. Creo que é bo para a compañía, para a danza galega e para o país. |
NOS_53345 | Plataforma en defensa da Ría de Arousa e Adega achegaron ao fiscal documentación sobre os prexuízos que, sosteñen, a explotación mineira está a causar. | A Asociación para a defensa ecolóxica da Galiza (Adega) e a Plataforma en defensa da Ría de Arousa (PDRA) – na que están confrarías, mariscadoras e mexilloeiros, entre outros- insta á Fiscalía do TSXG a que actúe contra a mina de Touro. Durante estes meses ambas entidades recabaron probas e análises do impacto deste proxecto mineiro, unha abundante documentación que puxeron a disposición do Fiscal para que abra dilixencias para verificar o que nela se conclúe: "O prexuízo que a explotación está a causar en ríos, mananciais e augas subterráneas das proximidades da mina". "Esta contaminación é detectábel nunha superficie duns 65 km2 arredor da mina con afectación ao curso medio do Ulla, constatándose segundo os datos oficiais, cando menos dende hai 10 anos até a actualidade" Un prexuízo, explican, que se concreta, por exemplo, "na contaminación por metais pesados e alta acidez da práctica totalidade dos cursos de auga que arrodean a antiga mina". Nunha comparecencia de prensa en Compostela, Adega e PDRA explicaron que "as análises evidencian que ríos, augas superficiais para consumo humano e mesmo augas soterradas superan os límites legais de substancias contaminantes". Augas de Galiza achegou datos analíticos tanto das diversas estacións de control como de mostraxes de verteduras que amosan esa contaminación por metais pesados e alta acidez "da práctica totalidade dos cursos de auga que arrodean a antiga mina". Consecuencias Perante este escenario, indican as denunciantes, a promotora do proxecto mineiro "pretende desentenderse da súa responsabilidade". Acúsana de "infrinxir a normativa" non só por esas verteduras senón "por carecer de autorización" de vertidos. Piden tamén ao Fiscal que depure as responsabilidades que tamén poidan atinxir os responsábeis dos departamentos administrativos implicados encargados do cumprimento das normas que regulan a materia, ben por acción ou omisión, ben por permitir a comisión dun delito (art. 408 do Código Penal). PDRA e Adega inciden nas consecuencias e situación que se poden derivar destes feitos: perigos para as persoas, para a fauna e flora, para o medio ambiente e para a actividade económica da que viven miles de persoas. Así, explican, as augas do Ulla abastecen as traídas municipais de auga potábel de 13 concellos, cunha poboación total de 150.000 persoas. Aliás, o Ulla é o máis caudaloso dos ríos que desembocan na Ría de Arousa, a área de produción de moluscos máis importante de Europa. "Estamos pois no caso dunha conduta que encaixa cos requisitos esixíbeis no artigo 325 e seguintes do Código Penal para cualificar os feitos como delito: Unha contaminación reiterada e persistente das augas debida á actividade mineira e á ausencia ou ineficacia de supostas medidas e tratamentos de rexeneración e control; Infracción da normativa reguladora ao sobordar os parámetros legais e actuaren sen permisos do organismo de conca -Augas de Galicia-; e xerar unha situación de perigo grave para as persoas, á fauna e flora e ao medioambiente". E a isto engaden que "o artigo 45 da constitución española establece como obriga dos poderes públicos velar polos recursos naturais, a fin de protexer e mellorar a calidade da vida e defender e restaurar o medio ambiente". |
NOS_12349 | Presentará un recurso contencioso-administrativo. | A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña presentará un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) para que suspenda de maneira cautelar as restricións ditadas pola Xunta a pasada sexta feira para a comarca da Coruña polo aumento do número de casos de coronavirus. "Foi unha fin de semana moi dura", explica o presidente da entidade, Héctor Cañete, que lembra que o lecer nocturno permaneceu pechado desde a sexta feiras e os locais de hostalaría teñen reducido o seu aforamento ao 50% en interior e terrazas e con hora de peche ás 1 horas. "Estas medidas deben emanar a nivel estatal para que teñan cobertura legal", denuncia o representante do sector, que explica que a denuncia é a mesma que presentaron os hostaleiros aragoneses que, di, conseguiron que o xulgado aprobase suspender as restricións "por non estar suficientemente xustificadas legalmente". De maneira "coordinada", sinala Cañete, están a actuar os hostaleiros tamén de Cantabria ou Asturias para tentar que de maneira "inmediata" queden sen vigor medidas que consideran prexudiciais. "Hai empresarios que levantaron o 100% dos ERTE e outros contrataron cadro caro a agosto", denuncia o dirixente da asociación coruñesa. |
PRAZA_15028 | Declarará o capitán do barco e principal acusado, Apostolos Mangouras, para o que se piden 12 anos de cadea. Hai unha década, o petroleiro lanzaba a súa primeira chamada de socorro. | Xusto dez anos despois do comezo da catástrofe reiníciase o xuízo do Prestige. Será este martes 13 de novembro, unha década despois de que os servizos marítimos recibisen unha chamada de socorro pasadas as tres da tarde alertando dunha vía de auga nun petroleiro con 27 tripulantes, a 28 millas de Fisterra e cargado con 77.000 toneladas de fuel. O que veu despois, a maior desfeita ambiental na historia de Galicia e do Estado, unha marea de indignación social, milleiros de voluntarios para a limpeza das costas e a discutida e errática xestión dun problema que acabou convertido nun desastre para o país. Organizacións ecoloxistas, plataformas sociais, confrarías e formacións políticas lamentan que os responsables políticos daquela catástrofe non senten no banco dos acusados e que mesmo a maioría deles fosen premiados con máis e mellores cargos na Administración durante os últimos dez anos, un tempo que consideran inasumible para celebrar un xuízo. Ademais, tanto a organización Nunca Máis como Greenpeace veñen de presentar informes nos que recoñecen avances na protección da costa ou nas políticas anticontaminación, pero nos que fan evidente que "outro Prestige é posible" e que hai numerosas eivas en canto á prevención e á preparación do Estado ou da comunidade autónoma de cara a unha hipotética marea negra. O xuízo reiníciase coa declaración do capitán Mangouras, o principal acusado Sexa como for, o xuízo reanúdase na Coruña este martes coa declaración do principal acusado, o capitán do petroleiro, o grego Apostolos Mangouras, de 76 anos, para o que se piden 12 anos de prisión por atentado contra o medio ambiente, danos e desobediencia. E reiníciase o macroxuízo logo de que os pasados 16 e 17 de outubro numerosas partes presentasen alegacións e reclamasen a admisión de máis testemuñas ou probas periciais. Daquela, o tribunal que xulga a causa rexeitou a petición de nulidade solicitada polos principais acusados, Mangouras, e o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, polo que a vista reanudarase con normalidade este martes. Foi o avogado do capitán do barco, José María Ruiz Soroa, quen solicitara a nulidade da causa argumentando que a armadora do petroleiro, Universe Maritime, declarada responsable civil subsidiaria, non foi citada ao proceso. Xa que logo, a defensa entende que só cabe excluíla como responsable civil ou suspender temporalmente o proceso para citalos. Pola súa banda, a defensa do xefe de máquinas solicitou a nulidade parcial do auto de apertura do xuízo oral ao considerar que as acusacións dirixidas contra o seu patrocinado por diversos organismos e empresas son "imprecisas, irregulares, equívocas e causan indefensión". Nun auto ditado o pasado 31 de outubro que responde a cuestións previas expostas polas partes nas dúas primeiras xornadas do xuízo, o tribunal que preside o maxistrado Juan Luis Pía entende que "non hai lugar" a estas solicitudes e avala así a tese defendida pola Fiscalía. O auto argumenta que Universe Maritime foi debidamente citada e reserva a todas as partes e en especial a aquelas que así o solicitaron as accións civís que puidesen corresponderlles polos feitos axuizados contra esta armadora para o seu exercicio ante a xurisdición civil competente. A Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia acusa a armadora de ''fuxir'' do procedemento e sostén que a estratexia de Universe Maritime é a de evitar "ser xulgada", polo que reclama que se manteña a súa imputación como responsable civil subsidiaria. Por outra banda, o auto do tribunal que responde as cuestións previas expostas rexeita o requirimento solicitado polo avogado da plataforma cidadá Nunca Máis, personada como acusación particular, que reclamou a nulidade da principal proba pericial do xuízo, que se refire ao estado estrutural do petroleiro. Nunca Máis alegou para iso que dita proba realizouna o enxeñeiro naval Santiago Martín Criado, xa falecido, que estaba no gabinete de crise gobernamental que se constituíu tras o accidente e que deu por boa a decisión de afastar o barco da costa, polo que considera que a súa participación na xestión da crise inhabilítao como posterior perito. Fiscalía, Avogacía do Estado e Xunta de Galicia defenderon a validez desta proba pericial, que agora apoia o tribunal. O Ministerio Fiscal reclama pola marea negra provocada poloPrestige indemnizacións que suman 4.442 millóns de euro O Ministerio Fiscal reclama pola marea negra provocada polo afundimento do Prestige indemnizacións polos danos causados que suman 4.442 millóns de euros. Dadas as súas dimensións, o macroxuízo celébrase en Expocoruña, un recinto multiusos que foi necesario habilitar dadas as dimensións do proceso, o maior da historia xudicial de Galicia, con 2.128 partes personadas, 133 testemuñas, 98 peritos, 51 avogados e 21 procuradores. O xuízo prolongarase ata o vindeiro mes de maio e nel tratarán de determinarse as responsabilidades penais e civís naquela catástrofe. Está acusado neste proceso, ademais de capitán do barco e o xefe de máquinas, o primeiro oficial, o filipino Ireneo Maloto, que actualmente se atopa en paradoiro descoñecido. Se nalgún momento Maloto fose localizado, sería xulgado de xeito independente ao resto dos imputados. No banco dos acusados tamén senta José Luis López-Sors, ex director xeral da Mariña Mercante cando Francisco Álvarez-Cascos dirixía o Ministerio de Fomento, que está acusado de imprudencia grave polo rumbo errático que seguiu a nave durante seis días e que estendeu a vertedura de fuel desde Galicia ata as costas francesas. Para todos eles pídense penas de prisión que oscilan entre os 12 e os 5 anos. Así mesmo, están imputados como responsables civís directos a aseguradora The London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association Limited e o Fondo Internacional de Indemnización de Danos debido á contaminación por hidrocarburos, e como responsables civís subsidiarios, as navieras Mare Shipping Inc e Universe Maritime Ltd, e o Estado español. |
PRAZA_20290 | Caeulle unha roda de grandes dimensións nun taller. O pasado ano 62 persoas morreron en Galicia mentres traballaban e no que levamos de 2017 as cifras mantéñense. O índice de mortalidade por cada 100.000 empregados (7.27) duplica a media española (3.27) | Un traballador faleceu este mércores pola tarde no Barco de Valdeorras, tras caerlle enriba unha roda de grandes dimensións nun taller mecánico. Lonxe de se un caso illado, este novo accidente laboral mortal enmárcase nunha realidade que o pasado ano en Galicia segou as vidas de 62 persoas durante a súa xornada laboral, unha cifra que en termos relativos (número de mortes por cada 100.000 traballadores) duplica a media española. En 2016 62 persoas morreron en Galicia durante a súa xornada laboral e no que levamos de 2017 as cifras non descenden Os datos oficiais do Ministerio de Emprego (para o período xaneiro-abril) amosan que neste 2017 as cifras non melloran. Nos catro primeiros meses do ano morreron 18 persoas (o mesmo número que de xaneiro a abril de 2016) e nos últimos dous meses novos casos viñeron sumarse a esta terrible estatística. O mecánico morto onte no Barco engádese a outro mecánico falecido o 22 de maio en Abadín mentres arranxaba un tractor ou a un traballador forestal que morreu en Muxía o 9 de xuño. E a moitos outros casos de feridos e feridas, algún de gravidade, os máis recentes no Saviñao (15 de xuño), Cee (13 de xuño) e A Coruña (9 de xuño). Sindicatos e partidos veñen denunciando esta situación, facendo fincapé na ruptura nos últimos anos da tendencia positiva que se viña rexistrando dende o ano 2000. Aquel ano 130 traballadores e traballadoras morreron en Galicia, unha cifra que se reduciu ata os 68 de 2007 e que a crise económica aínda rebaixou máis (45 en 2012 e 43 e 2013). Porén, nos tres últimos anos o número aumentou considerablemente, un cambio de tendencia que forzas políticas e centrais sindicais relacionan coas últimas reformas laborais. Nos tres últimos anos o número aumentou considerablemente, un cambio de tendencia que forzas políticas e centrais sindicais relacionan coas últimas reformas laborais O pasado mes de maio, por exemplo, o PSdeG-PSOE relacionou a elevada sinistralidade do traballo en Galicia cuns altos índices de precariedade, que cualifico de "lacra invisibilizada" produto das "reformas dos gobernos do PP". A través da súa deputada Noela Blanco, o grupo socialista pediu "aumentar o orzamento adicado á prevención e reforzar a colaboración entre a inspección de traballo e o Goberno galego". Como exemplo de que a reforma laboral do PP precarizou o traballo, lembrou que a incidencia dos accidentes laborais baixou ata 2012 e a partir de 2013 creceu nun 30%. "O 19% dos accidentes de traballo que precisaron baixa médica sufríronos persoas con menos de tres meses no seu posto", denuncia CCOO UGT incide nesta mesma idea, destacando que "dende a imposición desta Reforma no ano 2012 rompeuse a tendencia á baixa na redución xeneralizada da sinistralidade que se viña rexistrando dende o ano 2000". Tamén CC.OO alerta de que a precaridade laboral "pon en risco a saúde", destacando que "o 19% dos accidentes de traballo que precisaron baixa médica sufríronos persoas con menos de tres meses no seu posto". Galicia máis que duplica a mortalidade laboral do conxunto de España, con 7.27 traballadores/as falecidos/as por cada 100.000, fronte a unha media estatal de 3.27. Mentres que este índice mantén unha clara tendencia á baixa con respecto aos niveis previos á crise (5.28 en 2007 e 5.24 en 2008), en Galicia apenas varía (7.77 en 2007 e 8.52 en 2008). Galicia é a comunidade autónoma con máis mortes en termos relativos, por diante de A Rioxa e Castela-A Mancha, e triplica as cifras de Cataluña, Madrid ou Asturias |
PRAZA_4966 | Ler para aprender. Ler para desaprender e beneducarse. Ler para ser quen de chorar por cousas que son mentira pero que de fermosas, arrincan a tristura da alma. Ou a fan máis grande. | Ler e vivir. Ler e facer da propia vida un libro. Ler para vivir un cento de veces Ler e vivir. Ler e facer da propia vida un libro. Ler para vivir un cento de veces. Ler e ser papel, aventura, drama, festa, melancolía. Ler e entenderme. Léndome. Ler e ser inmortal porque eu morrerei e alguén que aínda non naceu, ao lerme, proclamará a miña resurrección. Ler para deixar de ser illa e ser patria de lectoras e lectores acubillados no parapeto común da mesma semántica descifrada e feliz. Ler para aprender. Ler para desaprender e beneducarse. Ler para ser quen de chorar por cousas que son mentira pero que de fermosas, arrincan a tristura da alma. Ou a fan máis grande. Ler para defendernos da mediocridade, para darlles armas de supervivencia aos fillos e as fillas. Ler para que vivan de novo os personaxes que foron nados pola obra e graza divina daqueles que crean e viven creando. Ler para que Borges saia do labirinto, para que Celso Emilio volva namorar a Moraima. Ler para ser mundo, instante supremo, para ser, para amar, para ser agasallo, enviar sentimentos ao futuro ou entender o pasado. Ler para pensar, agocharse da miseria, tocar o absoluto esencial. Ler, si. Para todo iso. Ler. |
NOS_55015 | Os nacionalistas subliñan a "coincidencia" en considerar que non existen razóns obxectivas para demorar máis a aplicación das medidas acordadas para baixar as portaxes. | Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego, integrada pola portavoz nacional, Ana Pontón, o portavoz no Congreso, Néstor Rego, e o deputado do Parlamento galego, Paulo Ríos, mantivo nesta terza feira unha reunión telemática con representantes de asociacións de transportistas de mercadorías e viaxeiros e autónomos para abordar a situación das peaxes da AP-9. Na xuntanza participaron representantes de Fetram, Fegabus, Fegatravi, Apetamcor, Transportes Lixeiros da Coruña, APE-Galiza e AT, e houbo coincidencia, insica o BNG, en urxir o Goberno español a aplicar xa "as medidas previstas no Acordo de Investidura para abaratar os custos das peaxes da AP-9 por non existiren razóns obxectivas para seguilas demorando". Néstor Rego, en comparecencia de prensa posterior á reunión, explicou que as asociacións manifestaron a súa intención de se dirixir ao Ministerio de Transportes para reclamar que se implanten canto antes trasladar unhas medidas que favorecerán a competitividade e contribuirán ao desenvolvemento social e económico. "No mesmo sentido, diversas asociacións expresaron a disposición a apoiar mobilizacións, se foren precisas, para lograr que o Goberno cumpra os compromisos coa Galiza en relación coa Autoestrada do Atlántico", indican os nacionalistas. Rego reiterou a posición do BNG de chamar a sociedade galega a se mobilizar no caso de que o Goberno continúe demorando a aplicación das rebaixas. Néstor Rego lembrou que no Acordo de Investidura asinado entre o BNG e o PSOE en xaneiro de 2020 ficaron recollidas tres medidas pensadas para abaratar os custos das peaxes da AP-9: liberar o tramo Vigo-Redondela; asumir con cargo aos Orzamentos do Estado o incremento de 1% anual (acumulativo durante 20 anos) consecuencia dos convenios de 2011 e 2013, de forma que non se imputase ás tarifas, e bonificar o 100% as portaxes aos usuarios recorrentes (aqueles que fagan dúas viaxes ou máis ao día, todos os días da semana, particulares e profesionais). "Estas medidas terían de entrar en vigor no momento en que ficasen aprobados os Orzamentos do Estado, e os de 2021 entraron en vigor o 1 de xaneiro, coas partidas necesarias para poder aplicalas", salientou o portavoz no Congreso. |
NOS_19231 | A cifra de novos positivos rexistrados foi de 1.402 nas últimas 24 horas. | Galiza rexistra esta segunda feira, 25 de xaneiro, a maior cifra de persoas hospitalizadas como consecuencia do coronavirus: 1.154. O anterior 'pico, na primeira vaga da Covid, vivida durante a primavera, chegou a haber 1.124 hospitalizados, se ben daquela o número de ingresados en coidados intensivos era maior (178 pacientes) que agora (161). Os pacientes hospitalizados aumentan no sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza, con 315 ingresados -deles 43 en UCI, catro máis que a xornada anterior-; a de Vigo, con 175 -21 deles en UCI, dous menos-; 168 na de Ourense, 12 deles en UCI -sen cambios-; 154 no distrito de Santiago e Barbanza -32 en UCI, tres máis-; 154 no de Ferrol -23 en UCI, dúas máis-; 122 no de Pontevedra e O Salnés, con 15 en UCI -igual que a xornada anterior- e 66 na de Lugo -deles 15 en UCI, catro máis-. Hai 19.768 casos activos, o que supón 776 casos máis ca na xornada de onte e os 14 falecementos rexistrados o domingo elevan a cifra total de persoas mortas na pandemia a 1.622. Nos últimos 7 días houbo 110 falecidos. Por áreas sanitarias, os casos activos aumentaron en todas. Así, a da Coruña sitúase con 5.225; seguida da de Vigo, con 3.542; mentres que na de Santiago hai 3.118; outros 2.761 na de Ourense; 1.818 na de Pontevedra; 1.731 no distrito de Lugo e 1.573 no de Ferrol. Ademais, rexistráronse 1402 casos novos, dos cales 1.234 foron detectados por PCR. Entre tanto dato negativo, un positivo: a taxa de positividade baixou levemente e está en 11,1%. |
NOS_8875 | As estatísticas publicadas esta cuarta feira polo Instituto Estatal de Estatística (INE) con respecto ao índice de prezos de consumo (IPC) veñen de corroborar as previsións adiantadas esta semana por Nós Diario. Así, a inflación aumentou 11,1% na Galiza en xuño en comparación co mesmo mes de 2021, situándose no nivel máis alto da parte occidental da zona euro. O dato é, ademais, o máis alto da serie histórica galega desde 1984. | O IPC aumentou 11,1% na Galiza en xuño, tomando como referencia o mesmo mes do ano pasado, segundo certifican os datos que publicou esta cuarta feira o INE. Deste modo, continúa a escalada de prezos, xa que crece perto de dous puntos fronte á porcentaxe de 9,6% que se rexistraba en maio. De feito, a Galiza rexistra a súa maior inflación desde setembro de 1984 (11,5% naquel entón). A inflación na Galiza, disparada: alcanzou 11,1%, por riba da media estatal O dato galego de 11,1% é case un punto superior que o rexistrado no conxunto do Estado español, de 10,2%, o seu nivel máis alto desde abril de 1985. Un incremento de prezos en xuño que se debe, principalmente, ás subas dos prezos dos carburantes, dos combustíbeis para calefacción, da electricidade, da restauración e dos hoteis, e dos alimentos. En comparación cos diferentes territorios do Estado español, a Galiza atópase á cabeza da suba nos prezos, tan só superada por Castela A Mancha (12,7%) e Castela e León (11,6%). De feito, o diferencial inflacionista con respecto ao Estado español indica que a Galiza leva un ano e medio, desde febreiro de 2021, experimentando subas de prezo superiores ás da media estatal. Por outra parte, se a comparativa se fai cos niveis de inflación da zona euro, a Galiza tamén se atopa por riba da media (8,6%) e no nivel máis alto da zona occidental deste área e sendo só superada na UE por Estonia (21,9%), Lituania (20,5%), Letonia (19,3%), Eslovaquia (12,6%) e Grecia (12,1%). Pola súa parte, Canarias é o único territorio do Estado que rexistrou unha suba de prezos inferior á da zona euro (8,5%). A inflación na Galiza supera a media rexistrada nos Estados da zona euro Por grupos de bens, o que máis crece na Galiza con respecto a xuño de 2021, segundo os datos do INE, é vivenda (23,8%), seguida por transporte (19,5%) e alimentos e bebidas non alcohólicas (12,6%). Só descende o prezo das comunicacións (-0,3%). Na media do que vai de ano, é dicir, entre xaneiro e xuño de 2022, o aumento do índice xeral é de 6,9%, con transporte en cabeza do ascenso, con 15,9%. Por outro lado, na comparativa entre xuño e maio de 2022, a maior suba tamén é a de transporte, de 5%, seguido da de vivenda, de 4,2%. Pagar luz, gas e auga é 42% máis caro Segundo as estatísticas aportadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE) as subministracións básicas domésticas foron o campo que máis encareceu na Galiza durante os últimos 12 meses. Deste modo, a factura da luz, do gas e da auga custa hoxe case 42% máis do que en xuño de 2021, unha suba que se atopa sete puntos por riba da media do incremento destas subministracións no conxunto do Estado español. Iberdrola volve ao banco de acusados: a Audiencia Nacional enxuíza a eléctrica por manipular o prezo da luz Após das subministracións domésticas, os produtos que tiveron unha maior suba na Galiza foron os aceites (32,5%), os ovos (31,4%) e o leite (20,3%). Con respecto aos alimentos, aínda que con variacións, a suba de valor é xeral en todos os produtos. O transporte de persoal, que reflicte o incremento do prezo dos combustíbeis, marcou un ascenso interanual de 19,8%. Os aloxamentos turísticos experimentaron un incremento dos prezos de 20%. Pola súa parte, a hostalaría, tanto bares como restaurantes, subiu de media os seus prezos en 9%. No caso dos móbeis, a suba de prezo foi de 9%. A vestimenta tamén tivo un incremento, neste caso, máis en moda masculina (6,1%) que en feminina (3,6%). A roupa para crianzas é un dos poucos produtos que baixou o seu prezo (-0,4%), xunto co transporte público urbano (-3,5%) e os servizos de comunicación (-0,3%). A inflación subxacente máis alta desde 1993 A inflación subxacente no conxunto do Estado español, aquela que se calcula obviando os cambios no prezo dos alimentos non elaborados e dos produtos enerxéticos, aumentou en xuño seis décimas, até 5,5%, o seu valor máis alto desde agosto do ano 1993. Os beneficios das empresas están detrás da crise inflacionista Boa parte da crise inflacionista ten como motivación principal que "os beneficios empresariais impulsan a escalada de prezos", sinala a análise publicada pola central sindical CCOO sobre a inflación no primeiro trimestre de 2022. Os beneficios empresariais "foron responsábeis de 106,3% do aumento dos prezos" no cuarto trimestre do ano pasado, e no primeiro trimestre deste ano, "foron responsábeis de 83,4% da suba de prezos", analiza o informe. "Este é un fenómeno que se está dando en todos os países occidentais polo elevado poder alcanzado polas grandes corporacións", mais que no Estado español "é máis intenso que en Europa", afirma. Os prezos creceron 10,2% no mes de xuño no Estado español, e a inflación estrutural 5,5%, "revelando un forte efecto de segunda rolda con orixe nos beneficios empresariais, mentres que os salarios practicamente non crecen, 1,33% (media do 2,42% para 5,8 millóns de traballadores e traballadoras que xa teñen asinado un convenio, e de 0% para os 4,8 millóns que aínda non o subscribiron)", describe o documento. Sectores cun maior incremento de beneficios Entre as actividades empresariais onde as marxes de beneficio se sitúan por riba do seu nivel previo á pandemia e onde máis se incrementaron no último ano destacan o sector enerxético (60,4% fronte a 46,5% na zona euro), o financeiro (25,7% fronte a -0,6% da área do euro) e o manufactureiro (7,4% fronte a 1,3% da eurozona). O rechamante dato do sector financeiro do Estado español, que ten maiores marxes de beneficio que o da zona euro desde 2016, débese ao fechamento de sucursais, aos recortes nos cadros de persoal e á suba de comisións, conclúe a análise da central sindical. |
NOS_55328 | Sostén que o Goberno de Marrocos mantén un "silencio mediático" sobre a guerra no Sáhara Occidental. | O secretario xeral do Ministerio de Seguridade e Documentación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), Sidi Wagal, alertou hoxe de que as tensións abertas con Marrocos o pasado mes de novembro sufrirán, "con total seguridade, unha escalada bélica", polo que non descarta que isto leve a unha intervención de Alxeria de Mauritania. Nunha conferencia de prensa telemática, Wagal xustificou a presenza do Exército alxerino nos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf, que considera "rutineira", e denunciou, por contra, que "ninguén ficará protexido" ante o rexurdimento da violencia na zona, que "será exposta ao completo ao perigo que supón o conflito armado". "Todos sabemos que despois desa escalada toda a rexión ficará exposta", aseverou antes de matizar que a "estratexia marroquí" afecta tamén as fronteiras de Alxeria e Mauritania. Así, sinalou que dada a política "expansionista" marroquí, "isto lévanos a que todos os escenarios son posíbeis nesta guerra". "Marrocos ten unha política expansionista non só cos saharauís senón tamén sobre os países veciños, que están ameazados", advertiu. "Desde a declaración da guerra houbo incidentes. A veciña Mauritania sufriu ataques", relatou. Neste sentido, recordou que "as bombas que caeron sobre os territorios mauritanos deixaron vítimas civís". "A Fronte Polisario leva moito tempo advertindo a comunidade internacional de que isto levaría a unha guerra", dixo, aínda que incidiu en que "a guerra xa está na rexión". Ademais, sinalou así mesmo que o conflito "seguirá" até que se logre a "liberación de todo o territorio saharauí". "Esa é a determinación e a vontade do Exército", manifestou. Wagal aproveitou a ocasión para lembrar que Marrocos mantén un "silencio mediático" sobre o conflito para preservar os seus intereses, especialmente os económicos: "Estamos ao comezo, mais Marrocos terá que recoñecer a guerra tarde ou cedo, e isto terá resultados a nivel local e internacional". ONU Ademais, o representante saharauí ante a ONU, Sidi Omar, denunciou que o proceso no organismo internacional está "bloqueado" e lamentou que, polo tanto, non se poida falar dun "proceso político" no Sáhara Occidental, que carece de enviado especial de Nacións Unidas. Tamén subliñou que o Estado español "podería facer moito máis, comezando por recoñecer a súa responsabilidade política". E a respecto do cambio de Executivo nos EUA, agarda que se rectifique no recoñecemento da soberanía de Rabat sobre a zona. |
NOS_44735 | Unha ruta polos cantís de Santo André de Teixido (Cedeira), de grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, nunha zona que se asenta sobre materiais de orixe glaciar superpostos a un gran deslizamento. | Unha ruta polos cantís de Santo André de Teixido (Cedeira), de grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, nunha zona que se asenta sobre materiais de orixe glaciar superpostos a un gran deslizamento. Paraxe: A Capelada / Concello: Cedeira / Percorrido: 6 quilómetros (ida e volta) / Dificultade: Media O itinerario correspóndese coa "Xeo-ruta do granate" da "Guía xeolóxica de sete rutas polo concello de Cedeira". Unha camiñada cun tramo de ida case sempre costa abaixo, a non ser a pequena subida que hai que facer para superar a altura do Bico, por un carreiro evidente e preto dos cantís, e volta polo mesmo camiño, agora costa arriba, para completar uns 6 km de andaina e gozar dunha fermosa ruta natural, unha espectacular paisaxe -enriquecida polas formas e as cores dunha variada xeoloxía e os efectos que provocaron sobre ela as forzas da natureza-, e a presenza de especies propias desas contornas entre as que se atopan algunhas de distribución reducida ou case exclusiva da zona: fentos mariños e capilarias, lirios dunha especie que se coñece nas montañas máis altas de Galiza e na Capelada; Rumex scutatus subsp gallaecicus, e Linaria polygalifolia subsp aguillonensis, propias da Capelada e zonas próximas, Primula veris que en Galiza só se atopa no norte das provincias da Coruña e Lugo e, por descontado, as moutas de herba de namorar, e prados encostos e mato de toxos entre os que pastan cabalos, ovellas e cabras en libertade, e voan numerosos insectos e paxaros do mato e dos rochedos; ademais da flora e a fauna mariña asociadas ás rochas das costas expostas -lapas, percebes, queimacasas, chuponas, distintas especies de caracolas entre as que chama a atención o caramuxo anano que forma grupos numerosos en zonas case sempre por enriba da liña da marea onde só recibe as pingas dos salseiros… e numerosos tipos de algas. Para poder gozar plenamente desta ruta debemos ter en conta as mareas porque algúns puntos só son accesíbeis ao devalar o mar. Se calculamos ben podemos pasar para adiante da Praia das Cortes e chegar a punta de San Domingo, debaixo dos cantís de Tarroiba. Podemos completar o día cunha visita a aldea de Santo André de Teixido onde destaca o seu Santuario e a Fonte do Santo. Esta zona está protexida no LIC/ZEC "Costa Ártabra" e forma parte do Lugar de Interese Xeolóxico Internacional "Complexo do Cabo Ortegal" proposto como Xeoparque pola Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal e o xeólogo Francisco Canosa, que levan tempo facendo un importante traballo de divulgación desta área. Na actualidade a iniciativa está promovida polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño e a Deputación da Coruña. |
NOS_8362 | O PP e o PSdeG-PSOE fixeron públicos os nomes que conformarán as súas candidaturas electorais nestas eleccións. Asemade defenderon as súas propostas. Feijóo apela á "experiencia" mentres Pachi propon unha "Galicia alegre". | O candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo PP, Alberto Núñez Feijóo presentaba a pasada sexta as candidaturas provinciais do seu partido para as eleccións nacionais. Entre os nomes, salienta a presenza da maior parte d@s conselleir@s que ocuparon un asento a carón do presidente ao longo desta lexislatura. Aliás, o nome de Jesús Vázquez encabezando a lista de Ourense, deixa ver as preferencias dun Feijóo duramente criticado entre as súas filas na provincia. O candidato popular sacaba peito estes días e aseguraba que as listas electorais no seu partido se facían nunha tarde, tanto é así, que non houbo moitas sorpresas nos nomes. Rodeado d@s seus/súas, Feijóo presentaba @s candidat@s provinciais: Jesús Vázquez (Ourense), Beatriz Mato (A Coruña), Jaime Castiñeiras (Lugo) e el mesmo pola provincia de Pontevedra, seguido de Alfonso Rueda, Javier Guerra e Pilar Rojo. Con esta proposta, o aínda presidente, pretende (re)producir os resultados obtidos en 2009 e apelou á "experiencia de goberno, de xestión e parlamentar" coa que contan @s candidat@s. "O equipo do crecemento" A estratexia popular reside nos anos de goberno e na idea de que a súa equipa estará lista para gobernar desde o primeiro día. Asemade, criticou aos partidos da oposición apelando ás supostas divisións internas. Esquecíase Feijóo da militancia "popular" que abandonou o partido para integrar a proposta de Mario Conde ou as claras divisións internas que o PP padece co afamado "sector da boina" afincado en Ourense. Unión, experiencia e boa xestión económica pretenden ser os eixos centrais arredor dos que xire o programa de Feijóo quen demandou "seguir sendo noticia polo que propoñemos". O PSdeG-PSOE tamén facía públicos os nomes que configurarán as súas listaxes electorais esta mesma mañá. Noventa e cinco nomes que pretenden construír, segundo Pachi Vázquez, "un goberno forte que free o avanzo dunha dereita insensíbel". O candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG, apelou na súa intervención pública á necesidade de apostaren por un "goberno de progreso cunha clara maioría para facer realidade os soños dos galegos". O candidato socialista asegurou que é tempo de mudar o "sufimento por crecemento" e debullou algunhas das propostas do seu partido para estas eleccións que compoñen, dixo, "un modelo de Galicia alegre, innovadora, competitiva, formada e optimista". Aliás, anunciou algunha que outra promesa electoral como a aprobación dun plan de emprego xuvenil que garanta "a contratación de 25.000 mozas e mozos" ou manter a calidade dos servizos sociais. Manifestación en Madrid O candidato á presidencia da Xunta de Galiza lembrou os centos de cidadáns e cidadás que se manifestaron hoxe polas rúas da capital española exixindo un referendo popular sobre os recortes e subliñou a vontade da sociedade para "frear a quen queira cambiar o país a base de recortes e mentiras". Pachi Vázquez presentou tamén no acto desenvolvido no Parque de Bonaval o lema da campaña, "Galicia quere, Galicia pode" e ofreceu @s galeg@s un "goberno progresista, de esquerda e galeguista" representado nas noventa e cinco persoas que compoñen as candidaturas. Encabezarán a proposta do PSdeG-PSOE, Francisco Caamaño (A Coruña), Concepción Burgo (Lugo), Manuel Vázquez (Ourense) e Abel Losada (Pontevedra). CxG e Alternativa Galega de Esquerda, á espera do que decidan as súas bases Fican pendentes de se presentaren as candidaturas de Compromiso por Galicia, que elixirá en primarias abertas –previo pagamento de 2€-- o candidato á presidencia da Xunta. Entre os posíbeis nomes os seus candidatos provinciais, Rafael Cuíña (Pontevedra), Xoán Bascuas (A Coruña), Pérez Bouza (Ourense) e Iván Marrube (Lugo). Pola súa banda, o partido de Mario Conde –Sociedad Civil y Democracia— concorrerá finalmente ás eleccións, as persoas participantes no Congreso celebrado este sábado en Compostela decidiron que fose o banqueiro e exconvito o que liderase o proxecto como candidato á presidencia; entre as persoas que asistiron en apoio a Conde atopábase, Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe. Tamén así, Alternativa Galega de Esquerda (coalición electoral de EU e Anova) deberá facer pública a súa proposta electoral nos vindeiros días, pois a presentación de candidaturas remata o vindeiro luns 17. |
NOS_13476 | A acción colectiva no fútbol semella sucumbir ante o individualismo | Non hai sitio para o colectivo no fútbol moderno, etiqueta acuñada xa nos anos 90 do século pasado para definir a evolución vivida no deporte rei até alcanzar a situación actual, na que a afección é pouco máis que un número irrelevante nunha época na que o Mundial se disputará fóra das súas datas clásicas nun Estado que non respecta os dereitos humanos como é Qatar, equipos como Manchester City e PSG rebentan o mercado cos seus petrodólares ou magnates como Florentino e Agnelli argallan unha Superliga fechada de costas ao público. En 1981 a cousa non era moi diferente en moitos aspectos. Empresarios da construción como Josep Lluís Núñez controlaban equipos do nivel do Fútbol Club Barcelona e gastaban cantidades multimillonarias en fichaxes, sendo o mellor exemplo os 1.300 millóns de pesetas da época que o propio Núñez e o Barça desembolsaron por Maradona. Non obstante, existe un gran contraste daquel tempo a este. Hoxe, os xogadores de elite, coas súas lóxicas excepcións, carecen dun compromiso colectivo cos seus compañeiros, como demostran casos como os de Lionel Messi, que ampliou os seus estipendios en nove renovacións distintas, a última delas por unha cantidade superior aos 500 millóns de euros, unha cifra que -unida a outras malas decisións da directiva- deixou o club catalán na ruína, cunha débeda superior aos 1.350 millóns de euros. Polo contrario, en 1981 a inmensa maioría dos xogadores considerados profesionais -sendo unha das súas caras visíbeis a estrela do Real Madrid Vicente del Bosque-, apoiaron en masa a segunda folga na historia do fútbol español, logo da desenvolvida dous anos antes, en 1979. As súas principais reivindicacións eran cobrar os máis de 350 millóns de pesetas que lles debían os clubs e acabar con varias normas burocráticas que limitaban o exercicio da súa profesión. Deste modo, a Liga 1981/82 suspendeuse na súa primeira xornada e, na segunda, os equipos optaron por formar con xuvenís. Porén un xuíz decretou a ilegalidade de substituír profesionais por amateurs, o que obrigou á patronal a negociar, que acabou cedendo ás demandas dos futbolistas. As mulleres collen o relevo na loita Catro décadas despois, son as mulleres as que lideran as reivindicacións no eido do fútbol a nivel Estatal. A evolución da sociedade e do deporte feminino nos últimos anos non foi acompañada polos clubs e a Federación, que continuaban tratándoo como a unha actividade amateur. Por iso, en novembro de 2019 as xogadoras dos 16 equipos que conformaban a máxima categoría -incluídas as do único representante galego, o Deportivo Abanca- convocaron unha folga que tivo un seguimento masivo, até o punto de que só unha futbolista en todo o Estado se presentou a xogar. A súa loita estendeuse durante varios meses, até a sinatura en febreiro de 2020 entre os sindicatos e a patronal, representada pola Asociación de Clubs de Fútbol Feminino (ACFF) dun convenio colectivo pioneiro que incluíu un salario mínimo de 16.000 euros anuais, un gran avance tendo en conta que 80% ou non cobraba nada ou non percibía máis de 500 euros. Porén, o sindicato AFE manifestou en recentes datas a súa "preocupación" pola lentitude nos avances pactados en 2020. |
PRAZA_10222 | O PP foi a forza máis votada, superando á lista de Ines Rey por apenas 400 votos. A socialista será alcaldesa cos apoios da Marea, que perde catro edís, e do BNG, que gaña un | Inés Rey gobernará a cidade da Coruña, aínda que necesitará o apoio de Marea Atlántica e, opcionalmente, do BNG. O PP oi a forza máis votada, cunha moi leve vantaxe sobre o PSdeG-PSOE, roldando o 30% dos apoios e acadando 9 edís cada un. Marea Atlántica perdeu dez puntos e catro concelleiros e os pequenos ascensos de BNG e Ciudadanos permitíronlles sumar un posto a cada un, o que supón a entrada da formación laranxa no pleno municipal.Os socialistas gañaron doce puntos con respecto aos comicios de 2015 e superaron mesmo os seus datos de 2011, obtendo o mellor resultado dende o 2007. O PP mantivo practicamente as cifras de hai catro anos, aínda que perdeu un edil e obtén o seu peor dato dende o ano 2003. As outras forzas que aspiraban a obter representación, como Alternativa dos Veciños ou VOX quedaron moi lonxe de conseguilo.Ata o último momento da noite houbo unha gran igualdade entre os resultados de PSOE e PP. Unha vitoria socialista teríalle permitido a Inés Rey ser investida mesmo sen os votos de Marea e BNG. Porén, finalmente Beatriz Mato fíxose co triunfo por só 300 votos. Unha vitoria insuficiente, en todo caso.Terá que haber entendemento, pois, entre as forzas de esquerda, que suman unha ampla maioría no pleno. Ao redor da medianoite Xulio Ferreiro compareceu na sede de Marea Atlántica. Un pouco antes felicitara á socialista Inés Rey, á que se dirixiu sinalando que "agardo que estea á altura do mandato popular e que teña a valentía necesaria para afrontar as reformas que a cidade precisa".Sen poder conter a emoción e algunha bágoa, o aínda alcalde, Xulio Ferreiro, destacou que A Coruña "decidiu apostar por unha maioría de progreso nesta cidade, cousa que celebro, ero decidiu que non fose a Marea Atlántica quen a encabezase". "Recibimos a confianza dunha parte moi importante da cidadanía, pero perdemos unha porción da simpatía que gañamos en 2015. As causas terán que ser obxecto a partir de mañá dunha reflexión colectiva profunda e serena. Como cara visible, asumo a responsabilidade", insistiu quen lamentou "cada decepción". "Sinto que non sempre fósemos quen de estar á altura das expectativas. Pero podo asegurar, de corazón, que nos deixamos a pel e que nunca nos separamos un só centímetro do compromiso que adquirimos hai catro anos", concluíu Ferreiro, que comunicará esta semana se dimite e marcha ou se se mantén no pleno como líder da Marea. Ferreiro, emocionado, lamentou "cada decepción" e asumiu a "responsabilidade"A que moi probablemente será próxima alcaldesa, Inés Rey, asegurou que A Coruña "puxo un muro á dereita e á ultradereita" e anunciou que iniciará "unha vía de diálogo" para "buscar o mellor para a cidade e os seus veciños". Segundo aclarou, os resultados indican que a urbe elixiu "avanzar" e rexeitou estar "durmida" e vivir nun conflito permanente. A candidata do PP, a máis votada por uns pouvos votos, destacou a vitoria popular "unha vez máis" e o aumento de apoio desde as xerais e destacou "o fracaso estrepitoso da Marea, que perdeu un terzo dos votos". |
PRAZA_9954 | Co gallo do Día Internacional das Rapazas nas TIC, que se celebra este xoves 25 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia organiza unha videoconferencia na que centros escolares de toda Galicia entrevistarán a catro profesionais galegas que acadaron o éxito na profesión | Este xoves 25 de abril celébrase o Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha conmemoración que se acompaña en moitos países dun gran número de actividades que buscan rematar coa actual fenda de xénero nas carreiras e nas profesións tecnolóxicas. Un dos grandes obxectivos é visibilizar o traballo que xa están a realizar moitas mulleres neste sector, de xeito que as nenas e mozas poidan contar con referentes femininasNa última década a porcentaxe de mulleres nas carreiras de ciencias en Galicia caeu 10 puntos. En concreto, nos estudos de Informática é onde a fenda de xénero é maior, con apenas un 13% de mulleres matriculadas neste momento en Galicia, fronte ao 38% que chegou a acadar no ano 2000. Nos últimos anos varias iniciativas traballan para fomentar as vocacións científicas nas mulleres (e sobre todo nas nenas), promovendo a súa incorporación ás áreas científico-técnicas. Unha delas é o proxecto europeo ICT-Go-Girls!, dirixido polo CESGA en colaboración coa USC e institucións doutros cinco países.Un dos grandes obxectivos é visibilizar o traballo que xa están a realizar moitas mulleres neste sector, de xeito que as nenas e mozas poidan contar con referentes femininas que axuden a derrubar algúns estereotipos que aínda están instalados, como que determinados ámbitos tecnolóxicos ou técnicos son máis cousa de homes.Este xoves o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), organiza unha actividade na que centros escolares de toda Galicia se conectarán por videoconferencia para conversar con catro galegas que, mesmo sendo moi novas, acadaron o éxito profesional no sector. Os rapaces e rapazas dos institutos participantes faranlles preguntas e achegarán os seus puntos de vista e dúbidas ao coloquio.Centros escolares de toda Galicia conectaranse por videoconferencia para conversar con catro galegas que, mesmo sendo moi novas, acadaron o éxito profesional no sectorTrátase de Pilar Vila Avendaño: Enxeñeira informática, analista forense e perito xudicial informático. É CEO da empresa forensic-security.com, experta en ciberseguridade e forma parte da directiva do CPEIG. Sonia Valladares Rodríguez: Enxeñeira en telecomunicacións, investigadora en biotecnoloxía, especialmente na aplicación de Machine Learning, TICs e técnicas de ludificación na detección precoz do deterioro cognitivo. Mercedes García Rodríguez: Tradutora, desenvolvedora de software, co-organizadora de GalsTech. R&D Manager en 1Millionbot, empresa de desenvolvemento de chatbots conversacionais. É unha das tres Google Developer Experts de Galicia e a primeira muller. E Leticia Faria de Pazos. Licenciada en Administración e Dirección de empresas. Traballa no departamento de Desenvolvemento empresarial innovador en Tecalis (Ames). Brand Manager de "Signen KYC" (un kiosco dixital con firma dixital, con securización mediante Blockchain, etc.). |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.