ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_15557
Non é habitual que unha Escola Oficial de Idiomas bote a andar un concurso de curtametraxes. Tampouco que se presenten ducias de traballos que teñen como obxectivo a posta en valor da lingua galega. "Traballo de chineses" é a gañadora do IV Festiva CinEOI Coruña Curtas e proxéctase esta cuarta feira na Escola Oficial de Idiomas de Santiago, onde estuda o equipo que a realizou.
"Traballo de chineses" é a curta gañadora do primeiro premio do IV Festival CinEOI Coruña Curtas, un concurso organizado polas equipas de Dinamización Lingüística das Escolas Oficiais de Idiomas da Coruña e Santiago de Compostela, Conservatorios Profesionais da Coruña, Xan Viaño de Ferrol, IES Manuel Murguía de Arteixo e IE Cañadas Blanch de Londres. A curta, un traballo de ficción, vaise proxectar esta cuarta feira 30 de abril, de 16:00 ás 17:00 no Salón de actos da Escola de Santiago, canda outras participantes no festival e realizadas polo profesorado e o alumnado do centro. Poderase ver tamén a curta "O galego, a nosa lingua" realizada integramente por unha alumna de 14 anos de alemán da EOI de Santiago, Uxía Castro Fondo. As persoas que asistan ás proxeccións poderán conversar coas que realizaron as curtas sobre o seu proceso de creación. "Valórase a posta en valor da lingua galega. Os actores e actrices da curta gañadora son o alumnado das aulas de galego e o guión naceu do obradoiro que programamos dirixido por Carlos Santiago", comenta Isabelle Kerdudo, coordinadora do equipo da Escola de Santiago. Nesta nova edición presentáronse nove curtametraxes na categoría xeral e cinco en infantil sendo a modalidade de xuvenil a que máis propostas recibiu, mostrando a boa acollida do certame entre o alumnado. Neste enlace pódense ver as curtas gañadoras do certame.
NOS_10842
O PP di que Casado non sabía que ía pregar pola alma do ditador. A Fundación Francisco Franco agradeceu esta segunda feira ao presidente do PP que asistise á misa.
Na noite do sábado 20 de novembro fíxose viral unha fotografía do líder do PP, Pablo Casado, cun mozo na catedral de Granada. En poucas palabras, o mozo engadiu: "Con Pablo Casado nunha misa polo Generalísimo". Horas despois, coa foto circulando por todas partes, o usuario @Ivarolabella1 borraba a mensaxe e pouco despois a súa conta de Twitter. Desde o pasado 15 de novembro, segundo informa Newtral, a Fundación Francisco Franco anunciou na súa páxina web once misas "en sufraxio pola alma de Francisco Franco e de todos os que caeron por Deus e por España". Desde o PP aseguraron que Casado acudiu á igrexa anexa á catedral porque era a máis próxima ao seu hotel. ¿Qué pasaría si en Alemania los representantes políticos de derecha fueran a una misa de H¡tler? 🤔 pic.twitter.com/Pebj4yYWok— Rubén Hood (@RubenHood15M) November 21, 2021 Unha destas misas foi na igrexa anexa á Catedral de Granada, onde asistiu Pablo Casado, que estivo na cidade tras o congreso do PP de Andalucía. Porén, o arquidiocese de Granada explicou que a misa non estaba dedicada a Franco, senón que se trataba dun acto ordinario no que se lle pedía "rezar por un falecido", neste caso o ditador español. Un servizo que se ofrece sempre, sexa quen sexa o falecido. Por outra banda, dende o PP aseguraron que Casado acudiu á igrexa anexa á catedral porque era a máis próxima ao seu hotel. "A homilía xa comezara cando visitaron a catedral e decidiron quedarse [el e a súa familia]", dixeron fontes do partido a Newtral. Tamén indicaron que Casado non sabía que se lle dedicaría unha oración a Franco. A Fundación Franco, agradecida A Fundación Francisco Franco agradeceu esta segunda feira ao presidente do PP, Pablo Casado, que asistise á misa celebrada en honra ao ditador na capela do Sagrario da catedral de Granada. Nun comunicado, a Fundación Francisco Franco aclarou que non convidou "expresamente" a Casado a asistir á misa celebrada este sábado, 20 de novembro, polo que "non pode responsabilizarse nin atribuírse a súa presenza na mesma". Porén, agradece tanto a Casado como á súa familia a súa presenza na oración "pola alma dun cristián exemplar como Francisco Franco Bahamonde".
NOS_35508
O presidente da Xunta resaltou que o Decreto, aprobado hoxe polo Consello, regula "a autorización, a explotación e a comercialización" das apostas deportivas, e fixa os establecementos nos que se poden realizar: tendas específicas de apostas ou espazos habilitados nos casinos, nos bingos, nos salóns de xogo, nos recintos deportivos e locais de hostalería.
Alberto Núñez Feijóo subliñou que as empresas "deberán inscribirse no Rexistro de Apostas de Galicia e obter autorización e cumprir os requisitos que establece o Decreto". Detallou que nas tendas de apostas poderán instalarse un máximo de 12 terminais; nos casinos, bingos e salas de xogos un máximo de cinco terminais; e nos establecementos de hostalería un máximo de unha terminal por establecemento. Sobre as medidas de protección dos xogadores, salientou a prohibición de apostar a menores de idade, aos que voluntariamente o soliciten e tamén ás persoas con síntomas de embriaguez. Feijóo informou tamén de que se establece "un réxime de prohibicións, de incompatibilidade do persoal das empresas, dos dereitos das persoas usuarias, do control e inspección da actividade de apostas e do réxime e de sancións". Quérese así regular "unha actividade que está a empezar a ter un auxe en boa parte do territorio español, cunha gran aceptación social", co fin de "organizala de forma axeitada, para blindar este tipo de actuacións desde o punto de vista da óptica dos consumidores, e para que sexa rendible desde o punto de vista dos ingresos tributarios que se podan acadar por este tipo de xogos de apostas deportivas".
PRAZA_2213
A ausencia de instrumental necesario impediu a intervención cirúrxica dun doente, unha cancelación que non é a primeira no Álvaro Cunqueiro. "Non é estraño ver traballadores chorando polos corredores", din desde a xunta de persoal nun centro onde aumentan as baixas entre os traballadores
Chegou a hora de "mellorar os problemas e deficiencias" do novo hospital de Vigo. Así o asegurou Feijóo logo de presentar o seu novo goberno e tras a destitución de Rocío Mosquera como conselleira de Sanidade, departamento que agora dirixirá o ex alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. E abofé que as eivas no Álvaro Cunqueiro continúan, tal e como se deduce das múltiples queixas públicas de pacientes e usuarios ou dos traballadores e da xunta de persoal, que confirman a Praza que a situación segue a ser "tan caótica como parece". A situación no Álvaro Cunqueiro "é tan caótica como parece", segundo confirman traballadores e xunta de persoal Tanto como para que se suspendan operacións por falta de material ou porque o que hai non está nas condicións axeitadas. O último caso, o dun home de 66 anos que ingresou para unha "gastrectomía total por adenocarcinoma gástrico" e cuxa intervención cirúrxica foi suspendida "por falta de material cirúrxico a pesar de telo avisado o día anterior". O doente con cancro foi dado de alta "quedando pendente de reprogramar" a operación, tal e como figura nun informe cuxa veracidade foi confirmada por varias fontes sanitarias do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC). "Non é a primeira vez que se cancelan operacións porque xa foron varias as que houbo que suspender por problemas coa esterilización do material cirúrxico", explica Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal. Neste caso, os problemas chegan porque o devandito material debe percorrer ata catro etapas ata acabar no centro de Beade, de onde sae ao estar almacenado alí. Logo chega ao Hospital Xeral, onde se lava, e despois ao Meixeorio, onde está a central de esterilizacion. Lavado e esterliziado, volve ao HAC nun camiño demasiado longo que provoca que moitas veces non estea a punto para as intervencións cirúrxicas, cun paso máis que no anterior proceso. A operación dun home con cancro foi cancelada "por falta de material cirúrxico" Cameselle advirte que estes problemas continúan, pero tamén as queixas polas comidas, polo prezo do párking, da televisión ou da conexión a internet, polos cambios de labores de persoal na reestruturación dos traballadores, polo mal deseño do edificio, pola falta de hixiene nalgunha zona ou pola última evidencia clara do que supón "un hospital no que o único que se pretende é facer cartos, negocio". Refírese ao problema dos celadores, que manteñen as protestas logo de que unha empresa externa asumise boa parte dos seus traballos e tras advertir xa de incidencias ante a falta de formación específica dos novos empregados, contratados pola concesionaria a través dunha ETT. "E cuns soldos moi precarios", advirte o presidente da xunta de persoal. "Non é estraño ver traballadores chorando polos corredores", asegura unha traballadora do novo hospital de Vigo Tanto Cameselle como unha enfermeira que accede a contar estas semanas de traballo no novo hospital coinciden ao sinalar un caso que é sintomático do que ocorre: "Non é estraño ver traballadores chorando polos corredores". "Á xente sáltanlle as bágoas porque están desesperados e, en moitos casos, moi implicados nun traslado que ven como non funciona", explica unha traballadora que relata as deficiencias na súa área. "Non hai campás de aspiración para os vapores nin sumidoiro para os residuos, aínda que si un sistema de renovación de aire que non é eficiente; tivemos que pedir que abriran as fiestras porque así non podemos traballar e os produtos son moi perigosos", asegura. Ademais, esta mesma enfermeira conta como nalgunhas zonas do Álvaro Cunqueiro a recollida do lixo tarda días en realizarse, acumulándose material durante días, e mesmo critica unha hixiene "que non é suficiente". "O peor é que non nos fan nin caso; temos enviado moitos escritos a xerencia e múltiples queixas a outros responsables, pero as solucións non chegan", di. Ángel Cameselle aclara tamén que hai "algunha cuestión particular" que si que chega a ter amaño, pero a situación caótica "segue a ser a mesma que se denunciou desde o principio". Falta de baños, de tomas de auga ou de variado material e unhas dietas diferenciadas -e necesarias para os doentes- case inexistentes das que se queixan pacientes e traballadores. De 60 que había no Xeral ás dez da actualidade. "Estamos nun hospital en obras", di a enfermeira. "Fíxose todo con rapidez e improvisación e agora pasa o que pasa", engade o presidente da xunta de persoal. Os usuarios censuran tamén o "caos" que se produce en Urxencias e a cantidade de horas que moitos doentes teñen que pasar sentados en cadeiras á espera dun cuarto que non chega. Mentres, sindicatos, xunta de persoal e colectivos pola sanidade pública denuncian ante a xustiza todo o que acontece case a cada día. E toda esta situación tamén ten efectos directos no cadro de persoal. As baixas terían aumentado arredor dun 20% nas últimas semanas debido ao "estrés e a presión" provocada polas múltiples deficiencias coas que os traballadores teñen que tratar cada xornada. Desde a xunta de persoal non se confirma este incremento que si advirten fontes dalgunha área do Álvaro Cunqueiro, pero si que se están a producir moitas máis baixas de persoal sanitario afectado polas eivas que afrontan.
PRAZA_6147
O escritor e xornalista gaña o premio literario convocado polo Concello da Estrada con 'Máscaras rotas para Sebastian Nell', unha "narración dialogada" que a partir do seu protagonista, curtido no Hollywood dos 70 e 80, percorre boa parte da historia recente
O escritor Alberto Ramos conta as súas novelas por premios. Dor pantasma (2006) foi merecedora do premio Biblos Clube de Lectores, Con acuse de recibo (2009) foi distinguida no certame de novela por entregas de La Voz de Galicia e Todos os días (2012) foi galardoada no Vicente Risco de creación literaria. O tamén xornalista e colaborador de Praza Pública segue a tendencia co seu último traballo, Máscaras rotas para Sebastian Nell, que este xoves recibiu o premio García Barros que convoca o Concello da Estrada por, en opinión do xurado, a "grande orixinalidade estrutural da obra" e a "poderosa historia" que contén e que será publicada por Galaxia. O propio autor compostelán admite que o seu novo libro é o premio que vén de recibir supoñen un "salto" na súa carreira literaria. Ramos realiza un "cambio de rexistro por completo" para debullar a vida de Sebastian Nell, un veterano actor inglés curtido no Hollywood dos anos 70 e 80 do século XX que, ante o avance da súa enfermidade de Alzheimer, decide retirarse interpretando O rei Lear no Teatro Nacional de Inglaterra. Pero en plena representación Nell esquece o texto e acto seguido desaparece para a opinión pública. Non reaparecerá ata que lle concede unha entrevista a xornal The Guardian, cerna da novela de Ramos. O xurado valora a "orixinalidade estrutural" desta "poderosa historia" Ese cóctel de cinema e xornalismo constrúe "un diálogo narrativo" entre Sebastian Nell e a xornalista que o entrevista, unha "narración dialogada" que constrúe os personaxes e a súa vida e tamén realiza "un percorrido pola historia das últimas décadas", explica o autor. Os bombardeos de Londres na II Guerra Mundial, a beatlemania dos anos 60 ou a vida de Hollywood salfiren un libro no que tamén sobresae o thatcherismo do seu protagonista. Sebastian Nell, "ademais dun elitista é un homófobo, un machista" e un tipo "soberbio, petulante e desagradable en xeral". Pero asume a praxe política da primeira ministra británica "dun xeito pragmático, aínda que lle quede moi á esquerda porque el é moito máis ultraliberal", detalla Ramos. A obra narra a vida dun actor inglés do Hollywood dos 70 e 80 e, ao tempo, realiza un percorrido polo século XX Para o escritor a "importancia" de abordar esa época recae en que "moito do que hoxe vivimos" vén dese "laboratorio inglés". "Foise coando por Europa durante as últimas décadas" e iso, precisamente, "é o que pensa Sebastian Nell", que ve a Thatcher como a muller que "marca a política de Europa para varias décadas". O protagonista "pode ser moi odiable" pero tamén acabar, dalgún xeito, por "caerlle ben" a uns lectores que, afirma o escritor, "superan calquera desafío" e por iso non cre que presentar unha novela con este formato "sexa un risco". "É un libro máis que poderá gustar máis ou menos", subliña ante un público que "supera os riscos mellor que calquera escritor". O resultado, este outono nas librarías.
PRAZA_17690
O único que nos vai quedando claro, en cada paso que damos e en cada sitio no que participamos, é que a aposta republicana é a única capaz de xerar as bases dunha cultura política na que caiba quen recoñeza o dereito do pobo galego a decidilo todo
A guerra segue sendo entre mercado e comunidade e hai pouca dúbida de que imos perdendo. Vivimos nun estado de excepción permanente no que xuíces, partidos e medios de comunicación do Réxime converten ó adversario en inimigo e substitúen a disputa política pola aplicación do código penal. Aquel "Querémolo todo!" que dá título á novela de Balestrini poderiámolo traducir hoxe como "Válenos todo!", moito menos entusiasta e ambicioso que o orixinal pero máis axustado á realidade. En Europa ábrese paso unha dereita xenófoba, nacionalista e autoritaria que asume o mandato económico das elites e culpa dos males da nación a quen se xoga a vida escapando da fame ou da guerra. Aquí, se xa levamos tempo dicindo que o Estado de Benestar desapareceu, agora desaparece tamén o Estado de Dereito entre porrazos, cadea e exilio. No ciclo que remata, as nosas debilidades fixeron que non tardáramos en atopar os límites do conquistado os últimos anos. Atopámonos co 135, co sometemento de todas as institucións ó cumprimento dos mandatos da UE, co 155 e a impunidade coa que o Estado pode esmagar a vontade democrática dun pobo, ou coas consecuencias da Lei Mordaza, que manda ó caldeiro a activistas que loitan polos seus dereitos ou a cantantes que atacan á Monarquía nas súas letras. Pero sobre todo atopámonos cos límites que impón a fragmentación da sociedade civil e a ausencia de vínculos comunitarios dende os que blindarnos contra os poderes económicos. Nun momento de retroceso para nós e de recomposición da representación para as elites, toca consolidar o conseguido e armarnos para superar eses límites Nun momento de retroceso para nós e de recomposición da representación para as elites, toca consolidar o conseguido e armarnos para superar eses límites. Nas poucas experiencias acumuladas estes anos, o éxito veu da man de fórmulas que conseguiron romper co papel subalterno e minoritario que nos tiñan asignado no reparto de roles do Réxime. O mellor exemplo deste desborde é o municipalismo, en cidades e vilas nas que medran proxectos nos que conviven diferentes militancias, ideoloxías e sensibilidades, co centro posto en xerar mecanismos de participación democrática, blindar dereitos sociais e facer público moito do que agora é negocio duns poucos. Mais eses límites non están só no institucional, tamén na nosa propia experiencia, á do movemento xuvenil e estudantil, atopamos límites que teñen que ver coas condicións de vida: non ter sequera espazos para intervir sobre as problemáticas que sufrimos, un emprego marcado pola temporalidade e a precariedade, a emigración, a falta de certezas coas que afrontar o futuro...Para nós, falar de República Galega ten que ser falar de todo iso. Porque un proxecto republicano atopa sentido cando loitamos polo noso dereito á saúde, ó corpo, ó tempo á vivenda, ó ocio, ó ensino ou á cidade. Na procura de como organizarnos é onde nos temos que atopar, onde República se pode dicir dende diferentes ópticas, tradicións e culturas políticas. Porque a nación non é patrimonio de ninguén. O único que nos vai quedando claro, en cada paso que damos e en cada sitio no que participamos, é que a aposta republicana é a única capaz de xerar as bases dunha cultura política na que caiba quen recoñeza o dereito do pobo galego a decidilo todo. Non é unha fórmula novidosa, pero segue sendo unha tarefa pendente poñela en práctica e o momento dinos que é urxente facelo. Publicidade
PRAZA_4937
O que o noso goberno non sabe, ou quere facer que non ve, é que marchamos, que estamos vendo como funciona Europa... E que algún día volveremos, que os mozos e mozas estamos unidos, que esa Marea Granate de emigrantes fai asembleas, grupos de traballo, e que un día volverá, e se xa molestabamos antes, cando volvamos, volveremos fortes, para esixir que España sexa Europa, en todo o sentido amplo da palabra.
"Acabei a carreira. Por fin!. E que? Agora que pasa? Son licenciada en Dereito, o que a día de hoxe é o mesmo que dicir que teño un marco moi bonito enmarcando un papel moi caro, que chaman título, por si miña nai non tiñas cadros suficientes na casa. "Acabei a carreira. Por fin!. E que? Agora que pasa? Son licenciada en Dereito, o que a día de hoxe é o mesmo que dicir que teño un marco moi bonito enmarcando un papel moi caro, que chaman título Traballei para axudar a miña familia a pagarme a carreira, para facer fronte a esas taxas que se multiplicaron por tres dende que o señor Wert é ministro da Mala Educación. Traballei en todo o que puiden. En todo o que me deixaron. Fun camareira por horas, traballei nos toldos das verbenas en quendas de 16 horas diarias, fixen socios na rúa para coñecidas ONGs, traballei nun supermercado... Nalgúns non tiña contrato, noutros, contratos parciais encadeados cada dous meses. Pero sempre ao punto de facer un ano... Botábanme, para non facerme fixa. Aproveito para darlle as gracias á reforma laboral, ao Ministerio de Desemprego e de Inseguridade Social. Así que nesas, unha espera que todo iso sexa temporal. Cando saes de traballar as once da noite e aínda poste a estudar porque senón non chegas aos exames, e non podes volver pagar o que custa a materia na matrícula seguinte... Entón, para darte ánimo só podes pensar "veña, que falta menos, que xa me licencio e atoparei un traballo mellor". Será iso que din da inocencia da mocidade... As opcións que temos os mozos e mozas neste país é mendigar que alguén nos deixe facer prácticas, non remuneradas, por suposto!! E os máis sortudos pode que sexan bolseiros e cobren 300€ ao mes, pero eses son os menos, os privilexiados Porque mira que vai ser que non. As opcións que temos os mozos e mozas neste país é mendigar que alguén nos deixe facer prácticas, non remuneradas, por suposto!! E os máis sortudos pode que sexan bolseiros e cobren 300€ ao mes, pero eses son os menos, os privilexiados. E claro, de que vivo? Se traballo oito horas diarias, gratis... Con que pago as facturas? Que outro traballo atopo (sé é que en España hoxe alguén atopa traballo) que me permita estar as horas de horario de oficina traballando de balde? E se non traballo gratis... Como adquiro a experiencia mínima de dous anos que me piden nas entrevistas? Moitos somos os que tivemos que marchar. Eu estou en Inglaterra, traballando de "au pair". Coido unha nena, limpo a casa, e a cambio sigo cobrando unha miseria, 80 libras por semana, pero déixanme vivir con eles, e polo menos aprendo un idioma, teño cama e comida. Vivo a 20 minutos de Londres. E podo asegurar que pola rúa, de cada dez mozos e mozas que escoltas falar, máis da metade o fan en español. Estiven esta semana en Edimburgo, e contábame unha española que vive alí que o 15% dos censados en Edimburgo son españois. Só censados!!!! Mariano machiño, tes a medio país no paro e o outro medio fóra! E esa é a alternativa que temos a mocidade española, marchar. Ir a países onde empezar dende abaixo, como fixeron os nosos avós, emigrar. Esperar que dende abaixo aprendamos un idioma E esa é a alternativa que temos a mocidade española, marchar. Ir a países onde empezar dende abaixo, como fixeron os nosos avós, emigrar. Esperar que dende abaixo aprendamos un idioma, volver darnos ánimo ao meternos na cama e pensar... "É temporal. Aprenderei o idioma e atoparei un traballo mellor". E mentres a mocidade, licenciados e licenciadas, investigadores... O maior activo dun país, marcha, o noso Desgoberno aplaude, porque os mozos molestamos. E como colofón final, xa que temos que marchar... Sácannos o noso dereito fundamental de acceso á sanidade. Así, sen poñerse colorados. Algún día volveremos, e se xa molestabamos antes, cando volvamos, volveremos fortes, para esixir que España sexa Europa, en todo o sentido amplo da palabra O que o noso goberno non sabe, ou quere facer que non ve, é que marchamos, que estamos vendo como funciona Europa... E que algún día volveremos, que os mozos e mozas estamos unidos, que esa Marea Granate de emigrantes fai asembleas, grupos de traballo, e que un día volverá, e se xa molestabamos antes, cando volvamos, volveremos fortes, para esixir que España sexa Europa, en todo o sentido amplo da palabra. Aínda que quizais si que o saiba, e por iso estea poñendo tanta traba para que votemos dende fóra. Porque un día, volveremos... Para botarvos. Así que espero, Presidente, que cada noite, ao meterse na cama, teña esa frase que tantos mozo de mozas temos na cabeza... Porque a nosa emigración, a súa tranquilidade, o seu engano, o seu retroceso do país... É temporal.
NOS_2131
A primeira foto da nova dirección do BNG após a XVI Asemblea Nacional non foi a socorrida imaxe na Sede Nacional, senón unha estampa máis familiar e distendida, unha cimeira gastronómica na coñecida casa de xantar compostelá O Dezaseis.
Dezanove -os integrantes da nova dirección nacionalista- no Dezaseis -un dos restaurantes de referencia na capital da Galiza, moi frecuentado por xente soberanista. Así comezou a súa nova xeira a dirección saínte da XVI asemblea nacional, após obter un abrumador apoio -92,2 por cento- das e dos asembleístas de Palexco. A meio dun comunicado de imprensa, a portavoz nacional reeleita, Ana Pontón, quixo agradecer a participación das máis de dúas mil persoas que, entre militantes, simpatizantes e convidadas e convidados, ateigaron o auditorio de Palexco durante a fin de semana da Asemblea Nacional. A líder do BNG, nunhas declaracións esta segunda feira no Galicia por Diante da RG, enfatizou a vontade da formación soberanista de "avanzar na liña de renovación da nosa organización" e na dirección de "incorporar novas persoas" visando a conquista dun "tempo novo" para Galiza.
PRAZA_14212
O presidente da Comisión Europea aproveita o debate do estado da Unión para propoñer unha nova reforma dos tratados e aposta por que este debate centre as eleccións de 2014
Unha "federación de estados-nación". É o modelo que, a xuízo do presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, debe adoptar a Unión Europea no futuro máis inmediato. O xefe do Executivo comunitario aproveitou este mércores o seu discurso ante a Eurocámara no marco do debate sobre o estado da Unión para lanzar a proposta dunha reforma dos tratados que a rexen. Mentres en Catalunya, no conxunto do Estado español e en boa parte do continente aínda ecoaba con forza a manifestación a prol da independencia que percorreu o pasado martes as rúas de Barcelona Barroso situaba a "unión política" como a forma de "evolucionar" para a UE no futuro, coas eleccións comunitarias de 2014 como horizonte clave. Non se trata, segundo explicou Durão Barroso ante o Parlamento, de crear "un superestado", senón unha "federación democrática de nacións que poida" abordar "os nosos problemas comúns" mediante a "soberanía compartida", de xeito que "cada país e cada cidadán estean mellor equipados para controlar o seu propio destino". Esta iniciativa desenvolveríase na UE "cos Estados membros, non contra os Estados membros" xa que "na era da globalización a soberanía compartida significa máis poder, non menos", garante. Barroso cre que non se debe deixar a defensa das nacións "nas mans dos nacionalistas e dos populistas" E, por que agora? Porque "os tempos da integración europea por consentemento implícito da cidadanía remataron" e porque "neste tempo turbulento de ansiedade non debéramos deixar a defensa da nación só aos nacionalistas e aos populistas". "Non lle teñamos medo ás palabras: necesitamos evolucionar cara a unha federación de estados-nación, é o que precisamos, é o noso horizonte político", enfatiza. "Non digo isto á lixeira", di Durão Barroso, para quen este proceso debe ser "ben preparado" e partir da base de que Europa "non pode ser tecnocrática, burocrática ou mesmo diplomática", senón que ten que ser "máis ca nunca, democrática". Por iso nesta transformación "A Eurocámara é esencial" e "é por iso que as eleccións de 2014 poden ser tan decisivas". Antes deses comicios, di, a Comisión "presentará un bosquexo para a forma da futura Unión Europea". A proposta do presidente da Comisión tivo diversas acollidas entre os voceiros dos grupos parlamentarios. Así, dende o grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, situou o Parlamento como "representante dos pobos europeos con lexitimidade democrática", onde os deputados e deputadas defenden "dereitos que non defenden moitas veces os Estados membros, como se viu onte nas rúas de Barcelona". "Son deputada da Galiza e o Estado da miña nación, como moitos outros territorios, está nunha crise profunda" que, di, é "consecuencia das políticas de austeridade e das medidas antisociais". Exemplo disto, explicou Miranda ante Barroso, son "o naval, o agro, a pesca ou o roubo das preferentes. "Para que os pobos europeos continuen crendo na UE ten que estar do lado dos pobos e non fronte a eles", emprazou. Dende o Grupo Socialista Hannes Swoboda chamou a centrar a atención en buscar "alternativas aos recortes". Os pactos, di, deben vir pola área "social". "O que a xente quere hoxe é solidariedade, temos que darlles isto antes de explorar o futuro", engadiu dende Esquerda Unitaria a alemá Gabriele Zimmer, para quen "é inaceptable que esteamos promovendo unha cultura do castigo". Pola súa banda, o liberal Guy Verhofstadt non ve necesaria unha nova federación porque "xa existe, é o Consello Europeo -órgano que xunta aos Estados membros e cuxo presidente non é elixido directamente pola cidadanía-". Catalunya, Estado membro da UE? A Comisión rectifica e evitar clarificar se unha Catalunya independente ficaría fóra da Unión Mentres o presidente da Comisión tentaba bosquexar o futuro da UE na Cámara o seu voceiro, Olivier Bailly, procuraba emendar ante os xornalistas as súas primeiras valoracións a respecto da situación na que quedaría Catalunya no caso de que chegase a ser un Estado independente. Despois de que o propio martes Bailly se amosase convencido de que unha Catalunha independente quedaría automaticamente fóra da UE e tería que negociar o seu ingreso desde cero -o que requeriría a unanimidade dos demais estados-, vinte e catro horas máis tarde o alto cargo "lamentou" que "se malinterpretasen as miñas verbas". "No escenario hipotético de que unha parte dun Estado membro queira abandonalo, e non menciono a ningunha rexión de Europa, en primeiro lugar é un asunto interno dentro dese estado membro definir eses acordos", evidencia. Por este motivo, di, "a Comisión non pode especular sobre ningunha consecuencia potencial segundo a lexislación da UE". "Non compete especular sobre que eleccións se farían porque non nos concerne", abonda Bailly, deixando así a porta nin pechada nin aberta para Catalunya.
NOS_52823
A poboación destes catro territorios quer maior descentralización, segundo o traballo 'Percepción sobre o debate territorial en España 2019' elaborado polo Centre d'Estudis d'Opinió, fronte ao resto do Estado, partidario de maior centralismo.
Só galegas, vascas, catalás e canarias queren un Estado español máis descentralizado. O resto dos territorios apostan polo contrario: máis centralización. Esta é unha das conclusións que se recollen no amplo estudo 'Percepción sobre o debate territorial en España 2019' presentado recentemente polo Centre d'Estudis d'Opinió. O analista Sergi Castanyé mostrou nas redes a escolla dos residentes de cada territorio do Estado a respecto de maior descentralización ou centralización e o debate foi instantáneo. Entre un +4 (partidarios da máxima descentralización) e un -4 (da máxima centralización), Galiza sitúase en 0,4. Só en Catalunya (2,95), Euskadi (2,91) e Nafarroa (1,46) hai máis aposta pola descentralización do Estado español. Nas Canarias sitúanse en 0,17. Para alén destes cinco territorios, no resto do mapa estatal triunfa a pulsión centralizadora, en maior ou menor intensidade. Así, os tres territorios do Estado que destacan polo seu maior afán 'centralizador' son Murcia (cun 3,8 e lembremos que 4 é o máximo 'centralizador'), Asturies (2,78) e Cantabria (2,59). En Madrid é de 1,83, Estremadura de 1,64 e Andalucía de 1,3. Nas castelas é de 1,35 en Castela-A Mancha e 1,22 en Castela-León. Os resultados, porén, foron amplamente criticados nas redes sociais, onde se dubidaba da validez das mesmas incidindo na escasa mostra de persoas enquisadas nos diferentes territorios fóra de Catalunya para este traballo.
NOS_20911
O número total de vítimas da pandemia na Galiza sitúase en 2.618 despois de que as autoridades sanitarias comunicaran catro novas mortes nas últimas horas.
O balance da Consellaría de Sanidade deste domingo volve ser optimista no que a novos contaxios da Covid-19 se refire, dado que estes caeron e situáronse novamente por debaixo do centenar ao estabelecer unha comparación entre os casos notificados como activos e aquelas persoas que xa superaron a enfermidade. Ademais, caen os ingresos por debaixo do centenar. Nas últimas 24 horas -os rexistros abranguen até as 18 horas deste sábado- houbo 264 persoas máis que pasaron (altas) quedando 75 confirmados por todo tipo de probas. Aliás, a presión hospitalaria volve experimentar un descenso posto que das 107 doentes ingresadas das que se daba conta este sábado pasouse a 97. A rede hospitalaria galega acolle nas súas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) 26 persoas (dúas menos), mentres que os ingresos noutras unidades caen en 8 cidadás, até ficar en 71. Respecto das áreas sanitarias, a presión non aumenta en ningunha e cinco tiveron descensos. Na Coruña e Cee hai 26 persoas atendidas nos hospitais polo coronavirus -sete na UCI (-3) e 19 noutras plantas- e en Lugo-A Mariña-Monforte continúan en críticos catro pacientes, mentres que noutras áreas hai 17 ingresadas (-1). Tamén se reducen os números na demarcación sanitaria de Ourense, con 14 doentes, catro dos cales están nas UCI. Na zona de Compostela e Barbanza hai unha ducia de veciñas e veciños nos centros hospitalarios, dos que 10 están en unidades convencionais (-3). No caso de Pontevedra, os equipos sanitarios atenden a sete persoas (unha menos que este sábado), mais unha continúa na área de críticos. Non hai cambios nas áreas de Vigo e Ferrol, onde hai 14 e 3 pacientes hospitalizados, respectivamente. Casos activos No que se refire aos casos activos, estes quedan en 2.194 sendo a área da Coruña e Cee a que máis positivos ten, ao informarse de 575 (-58). Na de Compostela e Barbanza rexístranse 344 (-31) e na de Lugo 433 (-37). As infeccións novas baixan a 386 en Vigo (-17), 246 en Ourense (-25), 148 en Pontevedra (-12) e 62 en Ferrol (-13). Desde que a pandemia se deixou notar na Galiza detectáronse 181.719 infeccións. De estas, 2.965 na área da Coruña; 37.502 na de Vigo; 26.866 na de Compostela; 21.598 na de Ourense; 21.365 na de Pontevedra; 19.815 na de Lugo; e 11.608 na de Ferrol. O número de vítimas ascende a 2.618, despois de que as autoridades sanitarias comunicaran na noite deste sábado catro novos pasamentos.
NOS_14018
Volve o partido de máxima rivalidade futbolística do noso país. Esteas agardando con paixón por el ou ben sexas dos que lle importa máis ben pouco, aquí tes algúns datos, lerias, curiosidades e anécdotas sobre estes 87 anos de rivalidade no campo de xogo. Bo proveito!
Deportivo da Coruña e Celta de Vigo volven enfrontarse en #onosoderbi (sábado, 22:05. TVE). Un 'Celta-Coruña' como dirían os seareiros celestes da vella escola ou un 'Dépor-Vigo' como o cualificarían os afeccionados branquiazuis. Nada a sorprender, simplemente cada unha das bancadas quer enfatizar o seu equipo como o reperesentante xenuino e único de Galiza e reducir o rival a simple comisionado da súa cidade, sen máis. Como dirían os vellos, "bueno, que todos os males sexan eses". 1) Pero cantas veces vivimos isto? Pois nun total de 110 ocasións. Esa é a cifra de partidos que desputaron Celta e Deportivo, dos cales 64 decorreron en Primeira división, 44 en Segunda e 2 en Segunda B. No cómputo global, os celestes gañaron 43 deses 110 encontros e os branquiazuis, 41; rexistrándose 26 empates. O primeiro #onosoderbi xogouse na tempada 1928/29, en Segunda división, e culminou con vitoria deportivista por 4 goles a 2. O último, até o de agora, foi na temporada pasada (2014/15) e tivo triunfo celeste, por 0 a 2. 2) Goles para dar e tomar Se ben os resultados máis repetidos nos derbis entre Celta e Depor son os empates a 1 gol e empates a 0, na historia destes partidos de máxima rivalidade tamén se rexistraron resultados moito máis abultados, deses que sentan como unha patada no estómago a quen os recibe. A maior goleada recibida polo Dépor no derbi co Celta foi 13-0 (1928). A encaixada polo Celta a mans dos deportivistas, 7-2 (1934) A maior goleada rexistrada en #onosoderbi foi o 2 de decembro de 1928 nun enfrontamento en Rexional: o Celta impúxose por 13 tantos a 0. Os deportivistas tamén meteron goleadas aos celestes, como o 7 a 2 que infrinxiron en 1934, nun enfontamento que decorreu en Segunda división. De nos cinxir aos derbis en Primeira división, o Celta logrou o seu maior triunfo sobre o Dépor en 1952, ao se impor por 6 goles a 1. No peto de Dépor hai dúas 'manitas' (5-0) aos celtistas. Unha en 1956 e outra en 2004. 3) Quen pode falar con máis autoridade de #onosoderbi? De facer boa a sentencia popular presente en debates e discusións a pé de taberna, peirao ou rúa ("que fale X, que estaba alí"), quen podería aquí falar con máis autoridade? Pois pola parte deportivista, Fran, 'O Neno', que desputou até en 21 ocasións o partido de máxima rivalidade do fúbol galego. Polo Celta, Villar, que viviu sobre o campo este enfrontamento en 12 ocasións. 4) As armadas irreductíbeis que se estenden polo planeta Hai por volta de 120 peñas do Celta e máis de 150 do Deportivo. Hai peñas por todas as comarcas do país e tamén alén do Padornelo. En non poucos concellos galegos (de Viveiro a Rianxo, pasando por Vilalba, Compostela, Vilagarcía...) conviven peñas celtistas e deportivistas. Nalgún caso, mesmo na mesma vila e con idéntico nome (en Rianxo: peña celtista 'A Rianxeira' e peña deportivista 'A Rianxeira). Co mesmo nome, mais xa non no mesmo lugar, hai varias: 'Centolos' e 'Fernando Vázquez', por poñer dous exemplos. Hai peñas do Celta e do Dépor en Estados Unidos, Reino Unido, México, Venezuela ou Suiza Hai asociacións de seareiros do Celta e Dépor en Euskal-Herria, Catalunya, Madrid... Mais tamén en Estados Unidos, México, Venezuela, Reino Unido ou Suíza hai armadas de afeccionados para seguir os celestes e os branqui-azuis. 5) Vilalba, que pasa con Vilalba? Pode que Celta e Dépor non coincidan en moitas cousas. Mais os dous deben dar grazas a Vilalba. A capital da Terra Chá é onde están as peñas máis veteranas de ambos os dous equipos. A do Deportivo, fundadada en 1952. E a do Celta, de 1969, se ben, e como aclaran desde a Federación de Peñas, xa existía a mediados da década dos 40. De Vilalba é natural tamén un dos poucos galegos que xogou nos dous equipos, Vicente Celeiro (1962). O vilalbés militou na escuadra deportivista de 1981 a 1989 para pasar despois a alistarse no club céltico, onde xogou de 1989 a 1991. 6) Os 'tránsfugas', que habelos, hainos; veñen de vello Vicente Celeiro non foi o único que militou en ambos os dous equipos. Por volta dunha vintena de xogadores vestiron durante a súa traxectoria a camisola celeste e a branqui-azul. Desde figuras lendarias como Pahíño a casos máis recentes como Djorovic. Ao pouco de nacer o Celta, catro dos seus mellores xogadores 'desertaron' e foron dar... ao Dépor! Unha polémica que derivou en pleitos Mais a situación máis sorprendente foi nos primeiros pasos do Celta, cando catro dos seus xogadores (Ramón González, Isidro Rodríguez, Otero e Chiarroni) 'desertaron' do equipo celeste a pouco de comezar a andaina na Copa de Galiza para ir ao... Dépor! A cuestión chegou a un pleito ante os estamentos deportivos estatais. 7) A cruz de Santiago, motivo de desputa Desde 1931 o Celta leva no escudo da camisola a cruz de Santiago, un elemento naquela altura que era identificador, entre outras cousas, de 'galeguidade'. O equipo celeste gañou o dereito a levar esta cruz tras vencer o Deportivo nun partido deputado para dilucidar quen dos dous equipos tería a 'honra' de levar tal emblema. A cruz figura nos escudos doutros clubs galegos, como o Compostela ou o Racing de Ferrol. 8) E iso de 'portugueses' e de 'turcos'? Despetivamente e con ánimo insultante, seccións das afeccións de Dépor e Celta descualifican os rivais alcumándoos de 'portugueses' (aos celtistas) ou 'turcos' (deportivistas). A cualificación de 'portugueses' non parece ter moito misterio. Un xentilicio que se quer usar como insulto despectivo por mor da cercanía de Vigo a Portugal e afondando na visión existente en certas capas de Portugal como algo 'inferior'. 'Vigo, capital Lisboa', o disco publicado en 1985 polos Resentidos , reflicte a normalidade irónica con que en Vigo se asume a cercanía ao país luso. O dereito a lucir no escudoa a Cruz de Santiago (naquela altura, símbolo -entre outras cousas- de galeguidade), conquistouno o Celta após gañar ao Dépor un partido a fin de dilucidar tal 'honra' Máis debate dá a orixe do termo 'turcos' para os seguidores do Dépor. Hai varias versións. Unha aponta a que se emprega o xentilicio como un insulto racista e despectivo. Outra conxetura ten a orixe nas matrículas dos vehículos, que antiguamente levaban como primeira inicial a letra do nome da provincia. No caso da Coruña, o C, unha forma de media-lúa que levaría a definir os coruñeses como 'Turcos'. Mais non acaban aquí as elucubracións. Algunhas interpretacións mesmo aparecen recollidas en estudios, como o de 'La cancha de las identidades: periodismo deportivo y fúbol 'gallego', editado por Icaria editorial. Sinalan aquí que "[...] dentro do contexto de rivalidade, os seareiros do Celta denominan 'turcos' os seus homólogos do Dépor, para indicar que non son galegos". Unha referencia que collía forza nunha década, os 80, onde nalgúns sectores da sociedade galega se vía A Coruña como unha cidade de costas ao resto do país por mor do extremo localismo do seu alcalde, Francisco Vázquez. 9) 'Atlantic' de Vigo? Deportivo de la Sala Calvet? O Deportivo da Coruña naceu o 2 de marzo de 1906 mais non sería até o 1912 que adoptaría o nome polo que é coñecido. Namentres, foi 'Club deportivo de la Sala Calvet', recibindo así o nome (Sala Calvet), do centro deportivo máis importante da Coruña, un ximnasio onde se practicaban múltiples especialidades, nomeadamente esgrima e competicións de traiñeiras. Até 1909 a equipación do combinado coruñés era pantalón azul e camisa branca, sen franxa algunha. A partir dese ano, a camisola deportivista xa incluiría as raias verticais azuis. O Deportivo recibeu o seu primeiro nome dun ximnasio coruñés onde se practicaba esgrima e se competía en regatas de traiñeiras. Na asemblea fundacional do Celta, outras denominacións para o equipo eran o Breogán, o Galicia ou o Atlantic O Celta realizou a súa asemblea fundacional o 18 de agosto de 1023, nacendo da fusión de dous clubs da cidade, o Vigo Sporting e o Real Fortuna. Á hora de elixir o nome para o novo equipo, os socios aclamaron a proposta de 'Celta', que se impuxo as outras proposicións a debate: Breogán, Atlantic, Unión, Galicia e Olímpico. O novo equipo comezou xogando cunha camisola de cor vermella, mais axiña, en 1924, decidiuse cambiar pola cor celeste e branca, procurando intencionadamente a simboloxía da bandeira galega. 10) Aquel telegrama da directiva do Dépor: "Hurra polo Celta!" Non sempre Dépor e Celta foron como o can e o gato. Unha mostra, o telegrama que a directiva do equipo coruñés remiteu aos seus homólogos celtistas cando ascenderon a Primeira divición a finais da década dos 30: "Os nosos máis sinceros e cordiais parabén polo brillante triunfo atinxido para o fúbol galego. Hurra polo Celta!". Imaxe portada de 'Fame Celeste': aperta de mans entre os capitáns do Celta e e Depor no primeiro derbi.
PRAZA_9479
Das arredor de 800 hectáreas ardidas en toda Galicia nos dous primeiros meses do ano, máis de 700 concéntranse na provincia de Ourense. Concellos ourensáns acumulan case a metade do medio millón de hectáreas ardidas nos montes de Galicia no que vai de século
Un inverno máis, o monte galego volve arder. Pero, máis concretamente, un inverno máis volve arder, sobre todo, o monte na provincia de Ourense. As comarcas do país que adoitan figurar destacadas nos mapas da crise demográfica ou da preponderancia das prestacións sociais como principal fonte de ingresos en moitos fogares son tamén as que, ano tras anos, destacan na cartografía dos incendios forestais. Segundo os incompletos datos fornecidos pola Consellería de Medio Rural, das arredor de 800 hectáreas ardidas en toda Galicia nos dous primeiros meses do ano, máis de 700 concéntranse na provincia de Ourense.Das arredor de 800 hectáreas ardidas en toda Galicia nos dous primeiros meses do ano, máis de 700 concéntranse na provincia de OurenseO incendio máis relevante dos coñecidos por fontes oficiais no que vai de ano ficou extinguido este 27 de febreiro. As lapas cruzaron dende Portugal e chegaron a Padrenda, municipio lindeiro do portugués de Castro Leboreiro. Alí levaron por diante unhas 225 hectáreas, segundo o divulgado pola Xunta. O mesmo día os servizos de extinción daban por extinguidos outros focos na Mezquita e no Carballiño e apenas cinco días antes, case 23 en Manzaneda. Unhas 300 hectáreas en menos dunha semana.Nos días transcorridos de 2019 o lume tamén atinxiu con intensidade dispar a montes de Lobeira, Entrimo, Viana do Bolo, Chandrexa de Queixa e outra volta, A Mezquita. Nestes dous últimos concellos aínda non pasara a primeira semana do ano e xa arderan 175 e 161 hectáreas, respectivamente. Neste contexto de escaseza de chuvias, ventos relevantes e altas temperaturas os servizos de emerxencias e os propios concellos deron conta de máis focos de lume noutros municipios, pero que non figuran na información oficial da Xunta.A provincia de Ourense acumula case a metade do medio millón de hectáreas ardidas nos montes de Galicia no que vai de séculoOurense destaca no mapa do lume ano e faino ano tras ano. Das máis de 500.000 hectáreas ardidas no conxunto de Galicia no que vai de século, segundo os rexistros do Ministerio de Agricultura a partir de datos fornecidos pola Xunta, case a metade (244.103) rexistráronse nalgún concello da provincia de Ourense. Por exemplo, no último ano co balance provisional xa pechado, 2017, das arredor de 62.000 hectáreas afectadas polos incendios forestais, 30.309,23 foron en Ourense.A comisión que estudou os incendios de 2017 recibiu abondosas advertencias de riscos inmediatos para o monte galego, como os derivados do cambio climáticoEstes datos rexístranse nun contexto no que a Consellería de Medio Rural asegura dispoñerse a aplicar as conclusións da comisión de estudo sobre incendios aberta no Parlamento tras a vaga de lume do outono de 2017, na que arderon 50.000 hectáreas en apenas dous días. Esa comisión, que desbotou formalmente a tese terrorista axitada polo propio Goberno galego para explicar aqueles incendios, recibiu abondosas advertencias dos riscos aos que se enfronta o monte galego nos vindeiros anos derivados do cambio climático e da propia estrutura do monte galego.O actual conselleiro do Medio Rural, José González, anunciaba este mes de febreiro no Parlamento a súa intención de promover unha "nova lei de prevención e extinción de incendios forestais" e de intensificar os labores de prevención a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, un departamento de nova creación que, non obstante, ten á súa fronte a quen leva sendo responsable da política contra os incendios forestais da Xunta case vinte anos, Tomás Fernández-Couto. Este director xeral exerce este labor dende áreas con diversos nomes dende 1996 coa única paréntese dos anos do bipartito (de agosto de 2005 a abril de 2009).
PRAZA_18273
A Monarquía non é unha Institución neutral. E esta convicción cidadá vai ser moi difícil que este Rei poida superala
A aprobación polo Parlament catalán dunha declaración a prol da abolición da Monarquía e máis a recente enquisa de Público (que reflectiu maioría a prol da República en Galicia, Asturies, Catalunya, Euskadi, Nafarroa, País Valencià e les Illes) volve pór no foco a cuestión da lexitimidade da Monarquía. A Institución monárquica foi reinstaurada na dinastía dos Borbóns polo réxime de facto do xeneral Franco, mais esta evidente falla de lexitimidade de orixe foi, de primeiras, subsanada pola ratificación democrática no referéndum constitucional de 1978. Claro é que non se consultou específicamente pola Monarquía, que foi votada en conxunto ao xeito de "lo toma o lo deja". O propio Adolfo Suárez recoñeceu que non se convocou un referéndum Monarquía vs República porque contaban perdelo. Para máis, pasaron xa 40 anos, e somos maioría, ben superior ao 70%, os que por razóns de idade non puidemos votar a Constitución. Canto á lexitimidade de exercicio, a operación Rajoy-Rubalcaba do bipartidismo dinástico para salvar a Monarquía na primavera do 2014 substituiu a queimada imaxe do hoxe emérito pola dun xefe de estado seica abondo preparado. Mais , despois de máis de catro anos de mandato, El Rei convence moito máis aos uns ca aos outros. Ao longo deste tempo, Filipe de Borbón e Grecia non asumiu a necesidade de alongar o apoio social á Monarquía. Mais ben coidou ben os seus acenos para proxectar unha imaxe unívoca da cidadanía española, da cidadanía monárquica. Unha imaxe unilingüe, uninacional e moi achegada á cosmovisión das dereitas. Porque Filipe VI non tivo un aceno nestes catro anos e medio de mínima sensibilidade cara aos damnificados pola Grande Depresión. Non demostrou a súa preocupación a respecto dunha desigualdade que avanzou substancialmente nestes anos. Aliñado contra a plurinacionalidade española, o actual xefe do estado escolleu bando cando optou pola dura intolerancia fronte Catalunya do seu discurso do 3-Ou. Un discurso escollido pola Casa Real sen a intervención de Rajoy-é dicir, escollido polo Deep State- na que non houbo uso ningún do catalán, nin concesión ningunha ao diálogo. Hai un ano, en outubro de 2017, o Borbón escolleu ser rei de parte. O Rei Filipe amosou un xorne ben máis autoritario, españolista e aristocrático ca o do seu pai, o rei emérito. A Monarquía non é unha Institución neutral. E esta convicción cidadá vai ser moi difícil que este Rei poida superala. Publicidade
PRAZA_9105
O investimento estatal en Galicia tocou teito cando cadraron os fondos para da alta velocidade do Eixo Atlantico e a Madrid. Tras a caída do 19% previsto nas primeiras contas de Sánchez o PSOE insta a ollar o perfil "social" das contas, que En Marea asegura que non apoiará sen incrementos. O PP teoriza que os fondos que perde Galicia van ao "separatismo" catalán e o BNG ve constatada a "inutilidade das forzas estatais"
Hai unha década o investimento previsto polo Goberno de España para Galicia tocou teito. No ano 2009 os Orzamentos Xerais do Estado reservaron 2.116 millóns de euros no seu investimento territorializado, o 8,1% do total -uns dous puntos máis do peso da poboación galega no Estado- e un 5% máis que no ano previo. No que resultou ser primeiro ano completo da recesión económica o Goberno de Zapatero despregaba as súas partidas investidoras para Galicia ata máximos históricos. O protagonista esencial era o AVE, tanto na súa liña do Eixo Atlántico (A Coruña-Vigo) como, sobre todo, na conexión con Madrid. Cando cadraron ambas rexistráronse esas previsións máximas.O investimento previsto polo Estado para Galicia tocou teito en 2009, cando cadraron os fondos para as liñas de alta velocidade do Eixo Atlantico e a MadridNa década que veu despois a senda do investimento para Galicia previsto nos Orzamentos Xerais do Estado emprendeu unha liña descendente con pequenas parénteses de alzas -unha suba do 9% nas primeiras contas de Rajoy- pero tamén con abruptas baixadas -un 23% menos de 2012 a 2013 e un 32% de caída entre 2016 e 2017 ano no que o realmente gastado foi moito menos do orzamentado-. Tras o lixeirísimo incremento de 2018 (1,2% de avance, impulsado fundamentalmente polas encargas de fragatas a Navantia Ferrol), o proxecto de Orzamentos Xerais de 2019, os primeiros do goberno de Pedro Sánchez, regresan á senda descendente cun 19% menos que no ano previo, quedando en 757 millóns.Co Eixo Atlántico de Alta Velocidade xa rematado -desta volta consígnanse 27 millóns para melloras técnicas- as millonarias partidas do AVE que vén da Meseta están chegando á súa fin, como as propias obras. A partida máis cuantiosa é de 246 millóns de euros para traballos na provincia de Ourense que, segundo consta nas propias contas, en anos vindeiros irá diminuíndo polo remate da construción. Restará, daquela, o treito final de Taboadela á cidade de Ourense. Alén do AVE, quedan pendentes obras xa en marcha e notablemente avanzadas como a autovía Santiago-Lugo, que acumula máis de dúas décadas, e mais proxectos de contías económicas moito menores.Non se albisca, cando menos de momento, ningún proxecto novo que vaia acadar, nin de lonxe, os custos das obras do AVENon se albisca daquela, cando menos polo momento, ningún proxecto novo que vaia acadar nin de lonxe os custos que trouxeron consigo as obras das liñas de alta velocidade do Eixo Atlántico e a Madrid. Sen obras novas de relevancia será difícil, cando menos a curto prazo, que o Goberno de España poida gabarse de incrementos exponenciais do investimento previsto para Galicia. É neste punto onde as interpretacións políticas difiren nun contexto marcado por tratarse das primeiras contas tras a moción de censura que desbancou o Goberno do PP que presidía Mariano Rajoy.O PP teoriza que os cartos galegos van ao "separatismo" catalánA agardada baixada do investimento previsto polo Goberno de España para Galicia foi recibida ruidosamente no seo do PP. O argumentario do partido que sustenta o Executivo galego pasa por afirmar que o gabinete de Pedro Sánchez retirou fondos a Galicia para outorgarllos aos "separatistas", en verbas do presidente da Xunta, quen se laia adicionalmente de que o Goberno do PSOE non destine fondos a proxectos que levan anos desbotados pola vía dos feitos, tales como a extensión do Eixo Atlántico de Alta Velocidade ata Ferrol ou a conexión por AVE de Ourense a Vigo por Cerdedo, que leva lustros a vagar en forma de estudos polas contas estatais, algo que se repite neste 2019.En sucesivas comparecencias en diversas localidades galegas cargos do PP reiteraron a mesma liña. "Mentres os investimentos en Cataluña medran máis dun 50%, Galicia sufre un recortazo do 19%", criticou o deputado no Congreso Celso Delgado, que como a cúpula do PPdeG carga canto contra o Goberno do PSOE como contra os cinco representantes de En Marea no Congreso. "É unha afronta das mareas de Podemos, que dixeron que ían negociar unha axenda galega para apoiar estes Orzamentos", conclúe Delgado.En Marea di estar "moi lonxe" do voto a prolEn Marea, precisamente, detallou este martes a súa postura ao respecto tras as críticas iniciais do propio luns. "Dicímoslle a Pedro Sánchez: así, non", asegura a deputada Yolanda Díaz, voceira da formación no Congreso durante o primeiro semestre do ano. Segundo Díaz, os cinco votos de En Marea, integrada no grupo de Unidos Podemos, están "moi lonxe de dar aprobación a estes Orzamentos" se non existen incrementos "para Galicia"."Cunha redución do 20% a un orzamento que o PP xa rebaixara é inasumible que En marea dea un si aos Orzamentos""Cunha redución do 20% a un orzamento que o PP xa rebaixara substancialmente é inasumible que En Marea dea un si a estes Orzamentos", asegura Díaz, quen afirma ter "vontade clara de negociar" durante o trámite parlamentario. Dende o Parlamento galego, pola súa banda, Luís Villares foi alén na crítica para cualificar o proxecto orzamentario de "aldraxe". "Non contarán co apoio de En Marea se non levan a cabo unha profunda modificación", asegura Villares, quen sinala entre as eivas das contas a ausencia da "conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña" ou a "ausencia total de proxectos de proximidade" no tren galego.PSOE e Goberno central poñen o foco na "prioridade social"Como nas horas posteriores á presentación do proxecto orzamentario, tanto o PSdeG a nivel orgánico como o propio Goberno central chamaron a poñer o foco alén dos investimentos territorializados e ter en conta tamén a "prioridade social" que, en verbas de Gonzalo Caballero, traen consigo estes Orzamentos en eidos como o salario do persoal público, as pensións ou as bolsas.Caballero admite que "todo é mellorable", pero ve garantido o AVE e pon o foco no "investimento sen precedentes" das fragatas nos estaleiros ferrolánsNo que atinxe ao investimento galego especificamente Caballero admite que "todo é mellorable" e "hai marxe para traballar" porque "queremos os mellores presupostos para Galicia". Non obstante, advirte o "compromiso" coas conclusión das obras en marcha é "claro" e o proxecto ratifica ademais o "investimento sen precedentes na historia de Galicia para construír sete fragatas no estaleiro público de Ferrol, co que se crearán 7.000 empregos".O matiz social foi tamén o centro dos argumentos do delegado do Goberno central en Galicia para defender un proxecto orzamentario "para as persoas". A xuízo de Losada, cómpre ter en conta non só o investimento previsto, senón tamén o financiamento que chegará á Xunta procedente das arcas estatais. Así a cifra "suma 8.500 millóns de euros, 207 máis que en 2018", salienta. No que atinxe ás obras, asegura, o Orzamento de Sánchez está marcado polo "realismo", mentres que "nos últimos 5 anos os gobernos do PP deixaron sen executar en Galicia máis de 2.000 millóns" que incluíran cada ano nas súas contas.O BNG ve "demostrado" que "as forzas estatais son inútiles" para os intereses galegosPontón insta a comparar as cantidades de 2019 coas de hai unha década, "cando o BNG condicionou os Orzamentos do Estado"Fronte ás declaracións dos gobernos galego e español e das forzas con representación no Congreso, dende o BNG a súa portavoz nacional, Ana Pontón, ve "demostrado", unha vez examinado o proxecto, que "as forzas estatais son inútiles á hora de defender os intereses de Galiza e proban a irrelevancia política á que conducen este país". A xuízo da líder soberanista o "escarnio" é maior porque "se trata dunhas contas expansivas", polo que quedar en 750 millóns "é intolerable, unha tomadura de pelo".Pontón chama a comparar as actuais magnitudes coas dos anos en que o Bloque "condicionou os orzamentos do Estado" mediante a súa representación no Congreso, en tempos de Zapatero. Daquela "os investimentos chegaron a superar os 2.000 millóns", subliña. Unha vez coñecidas estas cifras, advirte, cómpre "facer os deberes" e olla directamente cara a En Marea para que "se os orzamentos lles parecen tan malos no relativo a Galiza, presenten unha emenda de devolución e negocien, de verdade, unha axenda galega".
PRAZA_12852
Feliciano amigo de vellos refráns e mariñeiro de oficio, traballou ata a súa xubilación en varias compañías estranxeiras, tanto de buques mercantes como nas plataformas petrolíferas. Cultivouse - como di el - lendo a bordo dos barcos durante anos, a enciclopedia Océano que mercara en México por uns vinte pesos, esa foi a súa única fonte cultural e de lecturas, ademais de visitar mais de trinta países e centos de cidades. Feliciano ten dúas teimas: o seu agarimo polo mar, e a xenreira cas mulleres- por mor dun fondo desengano - culpa segundo manifesta, dun compañeiro desleal que lle roubou o amor da súa vida.
Feliciano amigo de vellos refráns e mariñeiro de oficio, traballou ata a súa xubilación en varias compañías estranxeiras, tanto de buques mercantes como nas plataformas petrolíferas. Cultivouse - como di el - lendo a bordo dos barcos durante anos, a enciclopedia Océano que mercara en México por uns vinte pesos Cultivouse - como di el - lendo a bordo dos barcos durante anos, a enciclopedia Océano que mercara en México por uns vinte pesos, esa foi a súa única fonte cultural e de lecturas, ademais de visitar mais de trinta países e centos de cidades: " viaxar foi a parte mais importante da miña educación, porque quen non sal nunca da súa terra, só ten un xeito de pensar e facer as cousas, e non coñece o que se fai e se cavila por aí afora". Feliciano ten dúas teimas: o seu agarimo polo mar, e a xenreira cas mulleres- por mor dun fondo desengano - culpa segundo manifesta, dun compañeiro desleal que lle roubou o amor da súa vida. Chegoume a dicir un día que todas as mulleres "eran o segundo error de Deus", citando a Nietzsche sen sabelo quizabes. ― Non o sabía pero que mais dá ―me dixo ― cando lle apuntei a orixe da cita. ―Non ves que todos andamos a roubar e repetir o que xa dixeron ou escribiron outros antes ca nos... Especialmente vos, os políticos. E mentres roubedes só palabras toda vai ben. ― Eu manteño pola miña experiencia aquilo que din os mais vellos : da muller, do vento e do mar, non te podes fiar... E agora nin dos bispos nin dos banqueiros. Miña intención era facerlle dende hai tempo unha entrevista, na que me contara a súa experiencia persoal dos seus viaxes en procura de traballo, que lle obrigaban a relacionarse, falar e convivir a bordo con alemáns, holandeses, ou noruegueses O "Pateiro" xubílase, e pasea pola Ría de Arousa nunha dorna pintada de domingo a que chama Sabela en honor a súa nai, "a única muller boa que coñecín". Miña intención era facerlle dende hai tempo unha entrevista, na que me contara a súa experiencia persoal dos seus viaxes en procura de traballo, que lle obrigaban a relacionarse, falar e convivir a bordo con alemáns, holandeses, ou noruegueses. Invitoume esta fin de semana a dar unha volta na dorna e aceptei de bo grao. ― Non para ir pescar, senón para que te sintas arrolado pola mar, como no colo das naiciñas, e tomes notas relaxadas desa trapallada de entrevista que me queres facer. Merquei por levar algún agasallo, un pouco de queixo, pan e viño; unhas latas de bocartes e, un sombreiro de palla para coidarme do inexistente sol. As oito e media da maña embarcamos desde o peirao de Palmeira. As nove xa estabamos no medio da ría de Arousa. Desde esa posición os pobos parecían ordenados, ben encaixados, bonitos... fíxenllo saber e contestoume coa perspectiva do viaxeiro filosofo : ― A distancia e moi boa para a imaxinación, a pintura e a política...a medida que te acercas as cousas e as persoas, descobres o mal que se levan moitas delas en relación co que coidabas de lonxe. Entreille a saco sen mais voltas, e pedinlle me contara como eran aqueles viaxes seus, desde Galicia ata os portos de embarque europeos. ― Nada que recorde con mais alegría e bote mais en falla que aqueles bos tempos pasados. Eses recordos son mellor riqueza que teño, porque cartos non fixen, e a miña pensión este goberno estáma a escarallar. "Nada que recorde con mais alegría e bote mais en falla que aqueles bos tempos pasados. Eses recordos son mellor riqueza que teño, porque cartos non fixen, e a miña pensión este goberno estáma a escarallar" ―A cousa era ben doada daquela, dous ou tres compañeiros axustabamos un taxi en Ribeira, que tiña a obriga de nos levar ata o mesmo peirao de destino. ―Polo camiño faciamos algunhas cousas que nin te conto, e gozabamos dunhas boas vacacións turísticas o noso xeito. ― Parabamos a xantar e beber cando nos petaba, como fan de sempre os ricos. ―Nada mais chegar a porto do embarque despedíamos o taxista, dabámoslle unha boa propina, subiamos a bordo, cada quen o seu barco, e acabouse a historia. Utilizabades moi pouco o avión...? ― Iso veu anos despois, era mais aburrido co carallo e por riba pasabamos medo a cachón. ―Chegabas a cidade do embarque nunhas horas; alí collías un taxi do país que te levaba ata o barco; deste xeito rematouse o viaxar vivindo o camiño, e acabáronse as risas e as foliadas xunto cas xentes deses países. Que tal vos entendiades no caso de preguntar algunha cousa? ― A cousa non tiña moito aquel; os cartos son os cartos, a cervexa, a alegría e igual en todas partes, todos son mais ou menos veciños nestas cousas... ―Cando viaxabamos en avión, o chegar o aeroporto collías un taxista daqueles, que son mais ou menos coma os de Ribeira, e dicíaslles : veciño, lévame a esta dirección do porto, dirección que levabas escrita nun papel... levábate axiña e xa esta!. Si pero logo cando chegabas o pe do barco, como amañabas? ―Pois coma ía facer, tes cada pregunta, chamaba a calquera mariñeiro de a bordo desde o embarcadoiro : veciño, son un compañeiro, avisa o capitán que teño que entregarlle a cartilla de navegación !. E ca mesma subía a bordo co macuto. ―O pouco chegaba o capitán; eu presentábame, explicáballe de onde viña, de quen era eu e mais o meu oficio, a miña experiencia noutros barcos, e logo entregáballe a cartilla de navegación e uns documentos da armadora, acabábase así o conto, e a traballar. Polo que me dis supoño que os capitáns eran galegos, non si? ―Os capitáns que eu coñecín daquela eran alemáns, holandeses, daneses, ou noruegueses... Logo, me queres dicir como te entendías con eles para darlle tantas explicacións?. ― Ti pareces parvo, como queres que me entendera, en galego! Calei avergoñado. Xantamos os bocartes, e bebemos un albariño pasable. Feliciano sorrindo estrañamente botoume na dorna unha cantiga alamana que soaba moi ben, e aínda que eu non sei alemán, cantaruxei a música como se fai co himno español...
PRAZA_1345
Paréceme de franquistas descarados pretender unha lei para mandar aos gardas e meter preso a quen exprese simbolicamente a súa opinión respecto diso, sexa partidario do rei, a marcha real e o rojo y gualda ou doutra calquera
Van uns cataláns e uns vascos ver un partido de fútbol presidido polo rei e cando soa a Marcha Real, o himno nacional español, póñense a pitar. Entón, vai o Goberno e decide chamar aos gardas. En fin, parece un chiste. E realmente éo pero o Goberno aproveitou para poñerse grave, solemne e ameazador. Encántalles. O Goberno aproveitou para poñerse grave, solemne e ameazador. Encántalles Este Goberno cando as cousas non lle van ben adoita lembrar que hai monos, piratas e ingleses en Xibraltar ou que ten vascos e cataláns ao norte. Ou, como fixo o ministro do Interior cando lles imputaron a outros cantos dos seus en vésperas das eleccións, lembra que aínda queda en Francia algún zulo de ETA. Cortinas de fume. Aínda así, non lles saen sempre ben esas prestidixitacións e perderon as eleccións municipais. En parte perderon por culpa dos seus propios votantes, explicouno ben Núñez Feijóo: moitos van vellos e morren entre unha elección e outra. Culpa tamén outra parte dos seus votantes que xa non conseguen tragar máis doses de corrupción e de parvadas, eses quedaron en casa ou votaron a ese mozo catalán que loita contra os cataláns malvados agora desde Madrid. As cortinas de fume acaban por disiparse, aínda que o fume sexa narcótico, e ao final o emperador móstrase espido. Neste caso, o Rei e a súa marcha musical. Efectivamente, esa xente, que un portavoz con cara de desprezo do PP chamado Hernando considera "enfermos", toma a xefatura do Estado polo "pito do sereno". É dicir, non lle ten respecto. Esa é unha realidade que pretenden ocultar co teatrillo dramático e o ameazar cos gardas: unha parte da poboación do Estado español, moi localizada no País Vasco e Catalunya non só non se considera representada neses símbolos senón que os considera hostís. Iso é o que hai e as caras compunxidas ou torvas do PP son tan falsas e ñoñas que dan pena. As cortinas de fume acaban por disiparse, aínda que o fume sexa narcótico, e ao final o emperador móstrase espido. Neste caso, o Rei e a súa marcha musical Non vexo ben facer xestos despectivos cara a símbolos que outras persoas respectan porque realmente non se ofende aos símbolos, que quedan tan campantes, senón ás persoas que os veneran. Mesmo se eses símbolos representan a negación doutros símbolos cos que me podo identificar. Somos monos simbólicos, dun tipo ou doutro todos temos os nosos fetiches. Polo mesmo non me parece ben tampouco que se queimen, arrinquen ou lles disparen a esteladas, como vexo que ocorre repetidamente en Catalunya, en varias ocasións por parte de militares destinados alí. Nin me parece ben en absoluto que as cabeceiras de prensa madrileñas non informen os seus lectores de feitos tan ofensivos. Paréceme de franquistas descarados pretender unha lei para mandar aos gardas e meter preso a quen exprese simbolicamente a súa opinión respecto diso, sexa partidario do rei, a marcha real e o rojo y gualda ou doutra calquera Si, os símbolos son unha linguaxe que nos permite representar unha parte das nosas identidades e tamén son instrumentos para combater simbolicamente pola nosa existencia. O que expresa a loita de símbolos en España é que hai xente que se sente identificada con esta España e xente que non, hai quen coa monarquía e quen non, etc. E paréceme de franquistas descarados pretender unha lei para mandar aos gardas e meter preso a quen exprese simbolicamente a súa opinión respecto diso, sexa partidario do rei, a marcha real e o rojo y gualda ou doutra calquera. En España dáse un fenómeno político extraordinario: gobérnannos desde a maldade pero con cursilería Faltan uns meses, haberá eleccións e poida que as novas cortes teñan que tratar do que hai detrás e debaixo de todos eses símbolos. Se hai deputados que expoñen a xefatura e a estrutura do Estado e os símbolos consecuentes, vanlles mandar os gardas? En fin, cando a estupidez chega ao seu extremo xa chega á idiotez. En España dáse un fenómeno político extraordinario: gobérnannos desde a maldade pero con cursilería. E aínda me din que esaxero cando digo que son franquistas.
NOS_44739
Exixen á Xunta da Galiza e ao Goberno español sentar e dialogar sobre a situación do galego e acatar as recomendacións de obrigado cumprimento do Consello de Europa.
O Consello de Europa fixo público o informe de avaliación a medio termo do quinto ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas elaborado polo comité de expertos deste tratado internacional, onde se constatan de novo os incumprimentos respecto ao galego. O documento insta ademais a informar das accións tomadas para cumprir o tratado antes do 1 de agosto de 2023. Tal e como recolleu Nós Diario na quinta feira, 1 de abril, nunha información sobre as conclusións do comité de expertos, o informe sinala a gravidade da situación no ensino, indicando que segundo o compromiso do Estado e da Xunta "o ensino debe ter o galego como lingua de instrución" e que "o marco legal actual é contrario aos compromisos do Estado español", polo que "non todas as limitación ao ensino en galego foron eliminadas" tal e como está comprometido. Neste sentido alerta sobre o feito de que 23,9 % de menores de 15 anos non sexan capaces de se expresarse en galego. A respecto da Xustiza, o Consello de Europa continúa a insistir na necesidade de asegurar o uso do galego nos procedementos xudiciais a petición dunha das partes, a través da reforma da Lei orgánica do poder xudicial. O Consello de Europa insta ademais a incluír a protección do galego nos estatutos de Asturies, Castela e León e Extremadura nos territorios destas comunidades autónomas onde se fala. Presións do Goberno español e Xunta A Mesa pola Normalización Lingüística xa denunciara en febreiro deste ano "as manipulacións do datos ofrecidos polo Estado ao comité de expertos para esta avaliación", que foron contestados pola Mesa a petición do propio comité de expertos. O informe documentado e detallado presentado pola entidade en defensa da lingua "foi tido amplamente en conta polo comité de expertos que non cedeu á presión do Goberno español e da Xunta", valora A Mesa nun comunicado emitido este sábado, 3 de abril. Ademais, a Mesa insiste en que a Xunta debe sentar, falar e chegar a un acordo sobre o galego no ensino cos sindicatos, movementos de renovación pedagóxica, asociación de nais e pais e a propia Mesa, que elaboraron unha proposta de bases para a normalización no ensino, a única proposta existente neste momento que cumpre coas exixencias do Consello de Europa. A entidade en defensa da lingua xunto a outras entidades do Estado presentou o pasado 9 de marzo unha iniciativa no Congreso instando a facer efectiva a Carta Europea das Linguas. Aínda que finalmenteforon aprobados 3 dos 8 puntos propostos, a Mesa séguese a coordinar coas outras entidades para que o Estado avance no cumprimento dos seus compromisos e, segundo sinalan, nuns días anunciarán novas accións.
PRAZA_6315
A Iniciativa Galega pola Memoria denunciou "a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres"
O monumento en recordo das vítimas da represeción franquista instalado hai dous anos pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín no alto de Cruz da Maceira apareceu este semana cuberto cunha pintada fascista: unha bandeira española preconstitucional e a frase "perdedores, fuera de España". Non é a primeira vez que ten lugar un ataque deste tipo, pois xa o pasado mes de decembro o monolito, situado entre Moaña e Marín, fora pintado co escudo do réxime franquista. A Iniciativa Galega pola Memoria, coordinadora galega de grupos memorialistas, condenou a través dun comunicado este atentado contra o monumento "por todos os valores que representa", e denunciou "a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres". De igual xeito esixe das autoridades competentes "a pronta e fonda investigación sobre o acontecido, atentado reincidente en pouco espazo de tempo, coas correspondentes medidas e sancións a tal efecto". Finalmente, amosa o seu "apoio solidario" á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, prestándose "a participar e colaborar en todo tipo de iniciativa que se presente para poñer en valor o nomeado Lugar da Memoria da nosa comarca, símbolo da recuperación da dignidade colectiva". O monumento foi inaugurado en abril 2012 e nel pode lerse a dedicatoria "aos que perderon a vida en defensa da liberdade" e tamén os versos de Celso Emilio Ferreiro: "Pode o corpo ser vencido/pode o dereito ser torto/ mais o lume que alampea/mais o lume que alampea/xamais o veredes morto".
NOS_10421
Máis de cen Estados participantes no Exame Periódico Universal da ONU, encargado de avaliar o cumprimento dos Dereitos Humanos, reprenderon onte o Estado español.
A Lei de seguridade cidadá, coñecida como a lei mordaza, as agresións policiais, a violencia machista, as políticas migratorias e as devolucións irregulares de persoas que chegan a España, así como a situación das e dos menores de idade non acompañados ou a xenofobia foron os temas máis repetidos nas intervencións que analizaron a situación de España respecto aos Dereitos Humanos no Exame Periódico Universal da ONU. O secretario de Estado de Asuntos Exteriores, Fernando Martín-Valenzuela, encabezou a delegación española que onte se someteu en Xenebra ao exame que a ONU realiza a todos os seus membros cada cinco anos. Valenzuela chegou a defender que a Lei de seguridade cidadá, aprobada en 2015 baixo o Goberno de Mariano Raxoi, "non restrinxe a liberdade de expresión" e que "busca salvagardar o dereito de reunión regulando a intervención das autoridades cando a reunión perde o carácter pacífico". Venezuela foi o único Estado que se referiu de maneira explícita á situación en Catalunya e reclamou ao novo Goberno de coalición español que inicie "un diálogo construtivo co pobo catalán e coas súas institucións".
NOS_58578
Alina Pash, a vencedora da preselección en Ucraína, tivo que renunciar polas críticas por 'prorrusa' após viaxar a Crimea e aparecer imaxes súas vestida coas cores da bandeira rusa.
A ucraína Kalush Orchestra erixiuse onte gañadora do certame de Eurovisión 2022 grazas á votación do público, que catapultou o grupo ao máis alto da táboa de clasificación. O conflito naquel país, como xa anticipaban as persoas expertas, condicionou en gran medida o resultado. Tamén condicionada foi a elección da actual campioa, Kalush Orchestra, como representante da Ucraína, xa que a candidata inicial, Alina Pash, renunciou após as duras críticas por 'prorrusa'. Pash resultou vencedora na preselección do seu país, pero tras a vitoria foi acusada de viaxar a Crimea após anexión rusa de 2014 sen o permiso correspondente. Tamén se difundiron imaxes súas vestida coas cores da bandeira rusa. Alina Pash is getting in the scandal for wearing a hoodie with a russian flag before tomorrow's vidbir, she's currently a frontrunner to win according to the bookmakers pic.twitter.com/Q1NRoJsDHO— vanya 💙💛🌻 (@eurovanya) February 11, 2022 Aínda que ela negouno, a presión fixo que terminase cedendo e finalmente non viaxará a Turín (Italia) para participar na gran final. Conflitos eurovisivos As tensións entre Rusia e Ucraína xa provocaran outros conflitos eurovisivos. En 2019, a televisión pública ucraína ─son os entes públicos de radiodifusión estatais os que organizan este certame─ declinara participar ao negarse a súa candidata, Maruy, a cancelar os seus concertos en solo ruso. Ucraína gañara Eurovisión en 2016 cunha canción de Jamala con mensaxe política que, pese a estar prohibido, conseguiu 'colar' vendendo como feito histórico a deportación de miles de tártaros de Crimea. Ao ano seguinte o certame tivo lugar en Odesa. Rusia non participou, non porque non quixera, senón porque Ucraína, como país anfitrión, bloqueou a participación da súa representante, Yulia Samoylova, á que non permitiu entrar no seu territorio por ter viaxado a Crimea dous anos antes "de maneira ilegal" para participar nun concerto. Exclusión en 2022 A invasión de Ucraína custoulle a Rusia a súa participación na edición deste ano. A Unión Europea de Radiodifusión (UER), organizadora do festival, tomou a decisión após a presión de distintos países que ameazaban con boicotear o festival se Rusia estaba presente. Porén, non decidiu adoptar medida algunha sobre Ucraína, para o que argumentou que se trata "dun evento cultural apolítico", unhas declaracións que despois tivo que matizar para concluír que "debido á crise sen precedentes de Ucraína, a inclusión da candidatura de Rusia no certame deste ano suporía un desprestixio para a competición".
NOS_10822
A CIG asegura que a Consellaría mantivo en precario e agochados algúns postos que agora quere regularizar mais non na súa totalidade.
A CIG vén de denunciar, a través da súa sección autonómica, que desde hai tempo "a Consellaría de Educación seguiu un proceso precario e, como mínimo, escuro, na contratación de persoal non docente que pretende resolver neste ano a través dunha pseudo-negociación para a regularización en relación de postos de traballo (RPT) de 370 postos de traballo". Segundo a central nacionalista, a Xunta mantivo estes postos agochados durante anos, "algún mesmo desde o ano 2012". Ademais, alertan de que "nesta modificación tamén amortizarán 44 postos de traballo". Sen cobrar complementos A CIG asegura que a contratación "agochada" estaba "en precario" ao non contar o seu persoal "co dereito a cobrar os complementos que outros que están en códigos de RPT teñen recoñecidos". Alén diso, ao non coñecerse os postos non foron incluídos nas distintas ofertas de emprego público "nin tampouco foron ofertados ao persoal laboral fixo, nin en concursos de traslados, nin en adscricións provisionais". Por último, explican que esta situación impide que "moito do persoal laboral temporal que ocupan esas prazas, e que levan máis de 3 anos nelas, poidan chegar a ser declarados persoal indefinido non fixo". A CIG exixe responsabilidades Desde o sindicato pregúntanse se se tomarán medidas diante esta situación que cualifican de grave. Sinalan ao director xeral de Centros e Recursos Humanos e ao subdirector xeral de Recursos Humanos mais tamén ao director xeral da Función Pública "por ser o responsábel máximo do control do persoal da Xunta da Galiza" e mesmo "o propio conselleiro". Manter os reforzos pola Covid-19 Por outra banda, desde a CIG informan que esta cuarta feira rematan os contratos do persoal de reforzo de limpeza, "o único reforzo que a consellería admitiu para o persoal non docente nestes tempos de pandemia", a pesar de que a central nacionalista solicitou en varias xuntanzas o reforzo tamén para o persoal de cociña. Malia a resposta negativa, desde a CIG teiman na petición de que se manteñan "diante do alto número de contaxios a día de hoxe nos centros de ensino".
NOS_50568
Núñez Feixóo insta o presidente español a dar explicacións sobre a súa tese. Mentres, o Tribunal Supremo pregunta á Fiscalía se abre unha causa a Pablo Casado polas irregularidades no seu máster na Universidade Rey Juan Carlos.
A demisión de Carmen Montón como ministra de Sanidade polas irregularidades no seu máster permitían prognosticar que o seguinte capítulo da polémica de títulos universitarios 'irregulares' e políticos ía volver poñer os focos sobre Pablo Casado, o presidente do PP, e o se controvertido máster. Mais non, a primeira liña do fogo mediático situouse nestas horas sobre o presidente español, Pedro Sánchez, e a súa tese de 2012, con PP e Ciudadanos a sementar dúbidas sobre o traballo. Ambos os dous partidos xa pediron a comparecencia do mandatario no Congreso "para dar explicacións". Consciente do que se estaba a armar, Sánchez decidiu esta quinta feira autorizar que a súa tese ("Innovacións á diplomacia económica española. Análise do sector público") se pendure na súa totalidade (324 páxinas) en internet. Até o de agora só podía consultarse na biblioteca da Universidade Camilo José Cela, a onde nas últimas horas houbo desprezamento masivo de xornalistas para poder lela. "Fixen a tese, cumprín con todos os pasos marcados pola lei, defendina perante un tribunal, publiquei as achegas da investigación en revistas académicas e nun libro xeralista", argumentou Sanchez. "Síntome orgulloso da miña tese", apostillou o socialista. PP e Ciudadanos apontan a "plaxios", nun discurso quet ivo a súa máxima expresión na portada do ABC desta quinta feira: "Pedro Sánchez plaxiou a súa tese doutoral". O presidente español xa anunciou accións legais se o xornal conservador español non "rectifica". Unha das voces que se uniu á carga contra Sánchez por este tema é a de Núñez Feixóo, que instou o presidente español a "dar explicacións". Casado e a xustiza Mais que agora a primeira liña do fogo mediático-político estea neste caso non debe ser tranquilizante abondo para Pablo Casado. O Tribunal Supremo vén de pedir á Fiscalía que informe sobre se debe investigar o presidente do PP polas presuntas irregularidades no seu máster na Universidade Rey Juan Carlos (URJC), a mesma dos polémicos másters das demitidas Montón Cristina Cifuentes. Fonte xurídicas sinalan cara a finais de setembrou ou principios de outubro como datas nas que o TS se reuniría para tomar unha decisión. A xuíza do caso do máster de Casado elevou unha exposición razonada ao Supremo o pasado 6 de agosto na que pide que se investigue ao presidente do PP polos delitos de prevaricación administrativa e suborno impropio.
NOS_47173
Xulio Ríos, director do Observatorio da Política Chinesa e autor de 'Taiwán, el problema de China' (Catarata) e 'Taiwán, una crisis en gestación' (Popular), analiza para 'Nós Diario' a escalada das tensións cos EUA.
A visita de Nancy Pelosi a Taipéi pode marcar un punto de inflexión significativo nas dinámicas do problema de Taiwán, o máis sensible nas relacións China-EUA. De entrada, ten potencial abondo para sinalar a que sería a cuarta crise do Estreito tralas de 1954, 58, e 95-97. No actual contexto, podemos prepararnos para unha secuencia de iniciativas que por parte da China irán mais aló das importantes manobras militares anunciadas ata o domingo, as sancións a determinadas organizacións ou a afectación de determinados intercambios económicos con Taipéi. No maxín, convén ter presente como referencia o acontecido en Hong Kong na crise de 2019. Non cabe esperar, pois, accións militares directas de envergadura, pero si a adopción de medidas de alcance político que reforcen a soberanía de facto sobre o territorio en disputa, entre elas, unha lei de unificación, poñamos por caso, que complemente significativamente a lei antisecesión aprobada en 2005. A China é perfectamente consciente de que a visita de Pelosi, mais aló das circunstancias persoais que poden explicala e que explicitan os matices expresados pola propia Casa Branca ou o exército estadounidense a respecto do timing, enmárcase nesa dinámica de intensificación dos vínculos entre Washington e Taipéi que afectan ao político, económico, tecnolóxico, militar, etc. Pero Pelosi deixa Taiwán camiño de Washington onde non se espera que na Cámara de Representantes que preside impulse ningunha medida rupturista de apoio á illa. E Taiwán fica onde estaba, a escasos quilómetros de China continental, que detén vantaxes comparativas no estratéxico de gran valor en caso de conflito. E, sobre todo, en caso de que os EUA queiran se involucrar de forma directa nunha hipotética guerra que ben podería desencadearse nesta década para representar, de forma brutal, a pugna definitiva polo tránsito da actual hexemonía unilateral a unha orde multipolar. Para os EUA, o episodio brinda unha oportunidade para presentar ante a opinión pública unha China ameazante para a estabilidade rexional, un perigo para a pervivencia da orde liberal e tamén para escenificar o seu compromiso coas democracias fronte ás ditaduras. Ese poleiro moral e esa inestabilidade servirían de argumento para avanzar a marchas forzadas –como xa están facendo– para asentar o AUKUS, o QUAD, alargar a OTAN cara a rexión, nun intento desesperado por fender a emerxencia da China e acoutar o alcance do xiísmo, a estratexia que de cara a 2049 debe dar cumprida conta do soño chinés. Imperan os intereses Taiwán, pola súa banda, cun goberno que di apostar polo statu quo pero aplica a táctica do salami para irse afastando pouco a pouco do continente co aval de Washington e Tokio e outros países occidentais, pode acabar pagando, como Ucraína, os pratos rotos desa implicación activa na reedición da guerra fría que ansían nos EUA. Certo que nunca tivo tanto apoio exterior a pesar da mingua do recoñecemento diplomático, pero xogalo todo a contar con que os EUA se impliquen directamente nunha guerra contra China e ao seu lado é, simplemente, temerario, e ignora as leccións da súa propia historia recente, cando Washington deixou na cuneta a Chiang Kai-shek, aínda en vida de Mao. Os principios son os principios pero o que imperan son os intereses. Cabe esperar que China manteña a "paciencia estratéxica" e siga os sabios consellos de Sun Tzi. As súas prioridades deben seguir sendo a estabilidade e o desenvolvemento. Unha guerra por Taiwán sería un risco excesivo e podería desembocar nun desastre que afectaría ao seu proceso de emerxencia. A maior garantía de futuro é afirmar a súa soberanía económica a nivel global e conformar a partir dela esa orde alternativa. En relación a Taiwán, debe seguir aplicando a acupuntura política para reverter as actuais hexemonías na illa, moi dividida ao redor da unificación. O uso excesivo de medidas militares non axuda nese sentido.
NOS_29902
A terza feira foi a data elixida para a realización da primeira xuntanza do Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 levou a cabo a súa primeira xuntanza nesta terza feira, en formato virtual, para a que contou coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa. Deste primeiro encontro do comité saíu a súa declaración fundacional, na que se plasman os obxectivos e os eixos de actuación. As accións transformadoras dos espazos dixitais na busca de favorecer o acceso das mulleres é un destes puntos chave, xunto ao desenvolvemento dun traballo acorde á formulación de Judy Wacjman, experta en xénero e tecnoloxía. Así, guiado pola súa proposta, "se as mulleres non queren acceder a certos espazos ou ámbitos, hai que cambialos para que queiran ir a eles", o Comité de Sabias trazará accións encamiñadas a lograr un futuro dixital en igualdade. Águeda Gómez, directora da Cátedra, foi a encargada de ler a declaración fundacional. "As mulleres non podemos quedar atrás no futuro que se está a construír", dixo en referencia aos nesgos de xénero en materia de investigación científica. Seguindo esta liña do comité, Carmela Silva apelou a loitar contra "o nesgo do sistema patriarcal nas TIC e na dixitalización", e aproveitou para definir o Comité de Sabias como "unha rede de mulleres" que integra "voces incríbeis, que son unha gran referencia, que teñen unha mirada feminista e son imprescindíbeis". Ademais de "recuperar a rica xenealoxía feminista galega repleta de mulleres das que somos herdeiras", o Comité de Sabias, puntualizou a presidenta da Deputación, tamén ten por obxectivo incrementar a participación activa das mulleres na sociedade dixital para que "teña unha mirada diferente e non volva caer nos erros que caeu a analóxica". O Comité de Sabias está formado por 14 mulleres referentes nos seus ámbitos profesionais. Desde enxeñeiras de telecomunicacións, mecánica ou informática até expertas en física e intelixencia artificial, incluíndo tamén filósofas, matemáticas ou filólogas. Elas son: Soledad Torres, Marí Lires, Coral del Río, Amparo Alonso, Encina Calvo, Ana Jesús López, Marta Macho, Dhaunae de Vir, Susana Martínez-Conde, Luz Castro Pena, Edita de Lorenzo; Mª José Malmierca, Ana Vila e Purificación Mayobre.
NOS_16817
O home confesou na comisaría o crime. Trátase da terceira muller asasinada pola violencia machista na Galiza no que vai de ano, segundo as cifras oficiais. Hora e lugares das concentracións de repulsa no interior.
Este domingo, por volta das 20h, unha muller foi asasinada na cidade de Vigo. Embora as autoridades policiais manteren a investigación aberta foi o propio asasino o que se personou na comisaría para confesar que asasinara a muller logo dunha discusión. O feminicidio, o terceiro no que vai de ano na Galiza segundo as cifras oficiais, tivo lugar na céntrica rúa López de Neira. A xustiza aínda non o tificou como un crime de violencia machista á espera de estabelecer o tipo de relación que existía entre a muller e o seu asasino. Como publicou Sermos Galiza na reportaxe Feminicidio, alén da intimidade, a Lei Orgánica para o tratamento integral da violencia de xénero só considera violencia machista aqueles casos en que existía unha relación afectivo-sexual entre ambas as dúas persoas, tivese esta ou non rematado. Asemade, o corpo dunha outra muller desaparecida en Sanxenxo a pasada sexta feira (4 de setembro) foi atopado en Pontevedra na ponte de Monte Porreiro. Investígase agora as causas da súa morte. Repulsa A Xunta de Galiza emitiu un comunicado público após coñecer o crime machista de Vigo no que se amosa a súa "consternación" polo acontecido. Aliás, instou o conxunto da sociedade a que "se rebele contra esta rexeitábel lacra" e a colaborar "para rematar con esta manifestación extrema da desigualdade". Pola súa banda o Bloque Nacionalista Galego trasladou publicamente através dun comunicado de imprensa a súa "enérxica repulsa" perante un novo asasinato machista. A voceira de Igualdade do grupo parlamentar do BNG, Carme Adán, reclamou a incorporación da figura do "feminicidio" na lexislación. Unha iniciativa que a organización frontista xa presentou no Parlamento de Galiza. "Cantas mulleres máis teñen que morrer para que os gobernos movan ficha", preguntou Adán. Hora e lugares das concentracións O movemento feminista convocou para esta terza feira (8 de setembro) concentracións de repulsa nas 7 cidades galegas. Serán ás 20h. A Coruña: Obelisco Compostela: Porta do Camiño Ferrol: Praza do Concello Lugo: Praza do Concello Ourense: Castañeira (Subdelegación do Goberno) Pontevedra: Praza 8 de marzo Vigo: diante do MARCO. Fe de grallas. Por erro inicialmente nesta información publicouse que o feminicidio de Vigo era o segundo no que vai de ano na Galiza. Porén, as cifras oficiais sitúan en tres o número de asasinatos machistas. Para alén do de Vigo, Beatriz Rodríguez foi asasinada en Arbo e María Isabel Fuentes no CHUOU en Ourense.
NOS_22011
A Xunta e a ACSUG crean un índice de inserción para catalogar os títulos de "maior atractivo laboral", mais con datos de 2013-2014.
A oferta do sistema universitario de Galiza (SUG), clasificada polo seu "atractivo laboral" e o seu rendemento á hora de facilitar un emprego. A Xunta, a través da Axencia para a Calidade do SUG (Acsug), creou un 'ranking' no que clasifica un total de 123 graos do tres institucións académicas mediante un índice de inserción laboral, que de momento se basea en datos recompilados a través de enquisas aos graduados e graduadas do período 2013-2014. O obxectivo deste 'ranking' de graos é o de ofrecer información ás familias e aos estudantes á hora de escoller o seu futuro académico, segundo explicou en rolda de prensa o secretario xeral de Universidades, Xosé Alberto Díez de Castro, aínda que tamén servirá de base para "a toma de decisións", a corrección da propia oferta de prazas e dos títulos. A pesar diso, a listaxe representa unha foto fixa e un momento académico concreto, o da primeira promoción "maioritaria" de graduadas e graduados en graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior, polo que se trata do punto de partida para analizar as tendencias do catálogo de titulacións e está suxeito a correccións e melloras no futuro. O feito de seleccionar os datos do estudo de inserción desa promoción concreta levou, de feito, a deixar fora algúns títulos, como Veterinaria e Farmacia ou Filoloxía Clásica, ben por falta de datos ou de titulados. Esta circunstancia obsérvase xa nos primeiros postos da táboa, onde aparecen numerosos graos con escaso número de graduadas. O 'ranking' está encabezado, de feito, polos graos en 'Tecnoloxías Mariñas' e en 'Náutica e Transporte Marítimo', con catro graduadas cada un, e reflicte tamén outros títulos con tres, dous e ata un só titulado. Díez de Castro insistiu, a pesar diso, en que este indicador permite obter algunhas conclusións xerais e corroboradas por outros estudos, como que as ramas de Enxeñarías e Ciencias da Saúde dominan os primeiros postos da listaxe. Así mesmo, estendeu esta tendencia tanto á variable do salario, o desempeño de tarefas relacionadas co seu estudo ou a relación do traballo coa titulación escollida, os outros tres factores utilizados para calcular o índice de inserción. A outra cara deste indicador afecta á rama de Ciencias Sociais e Xuríricas, cuxo primeiro título no 'ranking' aparece no posto 22 (o grao en ADE da Universidade de Vigo no campus de Ourense). A listaxe péchano graos como Xeografía e Historia, Dirección e Xestión Pública (da UVigo) ou Humanidades do campus de Ferrol. O secretario xeral de Universidades incidiu en que estas tendencias deben suscitar unha "reflexión" que xa existe no tres institucións académicas e citou recomendacións da propia Conferencia de Reitores das Universidades Españolas.
NOS_25766
A recente reforma da Lei electoral suprime as garantías de transparencia asociadas ao voto rogado. A decisión vai ter un impacto significativo nos resultados electorais na Galiza ao representar as persoas inscritas no CERA 17,5% das que teñen dereito a voto, chegando en circunscricións como Ourense a 28,7%.
O pasado 21 de setembro as Cortes do Estado aprobaron, definitivamente, suprimir o voto rogado para os residentes ausentes, isto é, aquelas cidadás e cidadáns que viven fóra do Estado español pero dispoñen desa nacionalidade. A proposta contou co voto favorábel de todos os grupos políticos con representación no Congreso e no Senado, agás o BNG, que se abstivo ao entender que o novo modelo non ofrece "as garantías mínimas de limpeza e transparencia". Precisamente, as emendas formuladas por esta formación para que os inscritos do CERA acreditasen a súa identidade antes de votar foron rexeitadas. O final do voto rogado no Estado español A nova lexislación electoral significa volver á normativa vixente até 2011, obxecto durante moitos anos de múltiples críticas polas súas irregularidades e falla de garantías. Aos diversos casos de cidadáns falecidos que emitiron o voto, sumáronse a desaparicións de sacas cargadas de sufraxios en edificios consulares ou do servizo de correos. En 2007 a propia Xunta da Galiza recoñeceu que 30% de galegas e galegos estaban inscritos de maneira irregular no Censo de Residentes Ausentes (CERA), que agrupa os cidadáns orixinarios da Galiza censados fóra do país pero que teñen adquirida a nacionalidade española. A coincidencia entre as eleccións estatais e os comicios galegos está sobre a mesa 469.917 persoas inscritas no CERA A nova normativa permitirá votar sen necesidade de identificarse e sen someterse ao control das autoridades electorais a 469.917 persoas inscritas no CERA como orixinarias da Galiza. Malia que a situación non é homologábel dentro do colectivo e a súa vinculación co país é diferente: só 146.423 naceron na Galiza, concentrándose a porcentaxe máis importante destes últimos en Europa, que agrupa a emigración máis recente. Porén, o groso das persoas residentes no estranxeiro con dereito a voto viven no continente americano, sumando en toda esta área 357.476 cidadáns. As persoas inscritas no Censo Electoral de Españois Residentes no Estranxeiro, dependente do Instituto Nacional de Estatística (INE), con dereito ao voto na Galiza representan 17,5% do conxunto do corpo electoral galego. Porén, esta porcentaxe chega a 28,7% do censo na circunscrición de Ourense e a 20,2% na circunscrición electoral de Lugo, situándose en 14,9% na circunscrición electoral da Coruña e Pontevedra. Así, a Galiza supera en electores CERA o resto dos territorios do Estado, colocándose tras ela Asturias, con 12,7%, e Castela e León, con 8,1%, sendo, por conseguinte, onde máis influencia teñen no resultado electoral final os sufraxios dos denominados residentes ausentes. As eleccións locais de 2023 marcan o actual curso político Arxentina e Cuba O número de votantes CERA na Galiza é de 469.917 persoas, sendo maior que o censo total da circunscrición de Ourense, composto por 356.868 habitantes, e da circunscrición de Lugo, formado por 339.614 cidadáns. Só Arxentina, onde a emigración galega rematou nos anos finais da década dos 40 do século XX, conta con 167.556 residentes con dereito a sufraxio na Galiza, superando esta cifra a poboación de cidades como Ourense, Lugo, Compostela, Pontevedra ou Ferrol. Pola súa parte, Cuba, que recibiu as últimas remesas de emigrantes a finais dos anos 20, rexistra 44.623 votantes CERA, un número maior ao censo de todas as localidades galegas, agás as sete cidades. Medre do censo Os Estados con maior número de cidadáns e cidadás con dereito a voto na Galiza son Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai. O primeiro rexistra 35,66% dos votantes CERA, o segundo 9,50%, o terceiro 9,38%, con 44.085 persoas, e o cuarto 7,72%, con 36.278. Son precisamente estes países onde máis se ten incrementado o número de persoas inscritas no Censo Electoral de Españois Residentes no Estranxeiro. Así, mentres en 1993 os votantes CERA representaban 4,6% do corpo electoral galego e en 2008 supuñan 12,4% do censo de residentes ausentes, en agosto de 2022 representaban o 17,5%. O Congreso pon fin ao voto rogado A dualidade electoral nas urnas A nova normativa electoral acordada polas Cortes do Estado volve incrementar a influencia dos residentes no exterior no resultado final dos diversos comicios na Galiza. Neste sentido, o politólogo Manuel Anxo Baz advirte da distorsión entre os votos da Galiza e os procedentes do exterior.
NOS_47956
A asociación exixiu ás administracións que aceleren os trámites para recuperar o inmóbel.
O colectivo Defensa do Común ten previsto realizar unha marcha para reclamar na Coruña a recuperación da Casa Cornide, propiedade da familia do ditador Francisco Franco. O vindeiro 26 de setembro está convocada unha reunión con representantes do tecido asociativo da cidade herculina para acordar a data na que se celebrará esta mobilización, que terá un carácter "lúdico e reivindicativo". Defensa do Común alerta que os Franco continúan a retirar bens da Casa Cornide Así o manifestaron o presidente de Defensa do Común, Manuel Monge, e o responsábel de comunicación deste colectivo, Ricardo Vales. Fixérono nunha rolda de prensa convocada con motivo de que a familia Franco volvese pór á venda a Casa Cornide, sobre a que o Concello coruñés anunciou a presentación dunha demanda para a súa recuperación ao patrimonio público. "Queremos conseguir unanimidade para pedir a súa devolución. O método Meirás vai servirnos para conseguilo; con consenso social e mobilización cívica", explicou Monge. O presidente lembrou que a recuperación do Pazo de Meirás "foi unha batalla de 40 anos". "Os Franco volven á carga e nós volvemos á actividade total para frear esta nova ofensiva", engadiu. Concentración este domingo na Casa Cornide para esixir aos Franco a devolución do inmóbel A marcha prevista será a terceira que realiza o colectivo co obxectivo de que este edificio histórico volva "á propiedade que lle corresponde, o Concello da Coruña" cunha utilidade "de tipo cultural ou social". Críticas as administracións Os representantes de Defensa do Común pediron ademais celeridade ás administracións públicas. Reprocharon ao Concello da Coruña o "incumprimento das mocións" e instaron o Consistorio para presentar a demanda para a recuperación deste inmóbel ao patrimonio público. O Concello da Coruña e a Plataforma en Defensa do Común amosan a súa oposición á venda da Casa Cornide "Aprobaron numerosísimas mocións pedindo a devolución da Casa Cornide, a primeira en 2017", destacou Monge engadindo que "a Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados tamén aprobou mocións en 2021" con este obxectivo. Así mesmo, urxiron á Xunta para que acelere os trámites para declarala Ben de Interese Cultural (BIC), que "non cambia a propiedade pero estabelece unha serie de medidas de protección". "A Xunta, así como o Concello da Coruña, parece que non teñen présa", concluíu Monge.
NOS_36428
Xavier Vence e Francisco Jorquera consideran que as declaracións de Samuel Juárez "bordean o legal" e son "impropias" dun cargo institucional. Entenden que se enmarcan na estratexia do PP de "criminalizar" calquera resposta ás políticas do PP. BNG, que non desbota accións legais, pedirá a reprobación do delegado do Goberno na Galiza con senllas iniciativas parlamentares no Parlamento galego e no Congreso. Juárez reiterouse nas súas acusacións
Os portavoces nacional e parlamentar do BNG, Xavier Vence e Francisco Jorquera, compareceron esta segunda feira para anunciar que o BNG vai pedir no Parlamento de Galiza e no Congreso español a reprobación do delegado do goberno, Samuel Juárez. As declaracións de Juárez nunha entrevista en La Voz de Galicia acusando o BNG de manipular politicamente o desafiuzamento de Aurelia, de ser tépedos co "terrorismo de Resistencia Galega" ou de "incendiar a rúa", para o BNG "bordean o legal". Por iso, a fronte nacionalista mesmo estudará se há lugar a medidas legais. Xavier Vence considera que esas declaracións de Juárez responden a unha "estratexia clara do PP" que pasa por "enlamar" o debate político, "criminalizar" a oposición e "amedrentar" a cidadanía. O portavoz nacional do Bloque sentencia: "A dereita quer substituír a política pola policía". Algo que, afirmou, o BNG non está disposto a consentir. "Que se ocupe dos problemas reais deste país" Vence entende que o delegado do Goberno (que este luns volveu reiterarse nas declaracións e dixo: "Sigo esperando que o BNG condene a Resistencia Galega") debía de estar "preocupándose polos problemas reais deste país" e non por "inventar cortinas de fume para tapar as consecuencias das súas políticas sobre a cidadanía". O portavoz preguntou a que vén que Juárez poña agora en dúbida a posición do BNG sobre terrorismo e "levante calumnias". No expediente a Jorquera afírmase que o deputado nacionalista "animaba e 'jaleaba' aos presentes, empurrando á policía" na protesta contra o despexo de Aurelia Desobediencia civil, Gandhi, Luther King Pola súa banda, Jorquera lembrou que as protestas contra o despexo de Aurelia Rey foron convocadas pola cidadanía e ás mesmas asistiron centos de persoas para despregaren un acto de "desobediencia civil e resistencia pacífica". Formas de protesta que, lembrou, foran empregadas por Gandhi ou Luther King. "E Juárez fala de que houbo acometidas bárbaras?" Para Francisco Jorquera, o delegado do goberno procura "non só amedrentar e criminalizar o BNG, tamén a todos e todas as que respondan ás súas políticas, queren meter o medo na cidadanía".
PRAZA_18975
A Deputación de Pontevedra dixitaliza e publica o fondo fotográfico da Asociación da Prensa de Vigo, con imaxes da vida social, política e cultural da cidade e doutros puntos da provincia pontevedresa a finais dos anos 70 e principios dos 80 do século pasado
Obras dunha cidade en expansión, momentos da vida cotiá con -moitos- coches que agora semellan pezas de museo. Manifestacións, entregas de premios, partidos do Celta ou eventos culturais. Son fragmentos da vida cotiá da cidade de Vigo e da súa contorna retratados por fotoxornalistas da cidade e custodiados pola Asociación da Prensa de Vigo que agora pasan a estar dispoñibles con acceso libre no metabuscador Atopo, creado pola Deputación de Pontevedra.Son, en total, 509 imaxes correspondentes á segunda metade do século XX, sobre todo aos anos 70 e 80, que estaban depositados dende o ano 2006 no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da institución provincial. Foron catalogados e dixitalizados durante 2021 e agora, publicados como "testemuños da vida política e cultural de Vigo" e tamén, aínda que de forma máis puntual, da cidade de Pontevedra e de vilas como Baiona, Vilagarcía ou Ponteareas.Explica a Deputación que boa parte das imaxes son obra do fotoxornalista Ángel Llanos, mais tamén figuran outras por "recoñecidos fotoxornalistas galegos e fotógrafos da provincia que traballaban como colaboradores da prensa viguesa"; tale scomo Magar, Cameselle, Terol, Pako ou Raimundo Cal, entre outras. Algúns deles eran tamén colaboradores da Hoja del lunes, a publicación que ata 1981 substituía á prensa impresa diaria os luns.Nesta liña, o departamento que dirixe a deputada María Ortega destaca que, ademais das propias fotografías, este fondo inclúe tamén "cinco fotografías enmarcadas das sucesivas xuntas directivas da Asociación entre 1942 e os anos 60" e oito credenciais de reporteiros que traballaban como colaboradores da Hoja del lunes. A Asociación da Prensa de Vigo fundouse en 1809 e consolidou a súa importancia hai un século, cunha directiva encabezada por Roberto Blanco Torres.Sinala a Deputación pontevedresa que, alén de dar servizo aos seus asociados, a entidade xornalística actuaba tamén naquel tempo como "un elemento dinamizador da vida social e cultural local e galega". Así, por exemplo, organizou diversos certames e premios ou conmemoracións como o Día do Deporte. Tamén, destaca, "desenvolveu actividades de formación para os xornalistas, coa presenza en Vigo dos mellores profesionais do Estado".
PRAZA_16711
O 8 de abril cúmprense 15 anos do asasinato do cámara galego José Couso nun ataque do exército dos EUA en Bagdad. A Audiencia Nacional arquivou o caso en 2015 tras a reforma do PP da xustiza universal e a familia presentou recurso no Constitucional. "Fomos incómodos desde o principio", di David, irmán de José.
O 8 de abril de 2003, o cámara galego de Telecinco José Couso atopábase xunto a outros preto de 200 xornalistas no hotel Palestina de Bagdad, sede da prensa independente durante a invasión de Iraq, cando un tanque estadounidense dispara contra o piso onde estaba situado o equipo da axencia de noticias Reuters. Ese día morren tres xornalistas: José Couso, Taras Protsyuk e Tarek Ayub, este último nun ataque contra a oficina de Al Jazeera."Aquela mañá erguémonos moi cedo, ao amencer. Estaba a producirse xa a batalla de Bagdad e entraran parte das tropas estadounidenses nun sector da cidade. A primeira imaxe que lembro daquel día é asomarme ao balcón do hotel Palestina e ver dous tanques sobre unha ponte no río Tigris", explica por teléfono o xornalista Carlos Hernández, daquela correspondente de Antena 3.Hernández estaba na planta 15, unha por riba de José e do seu compañeiro en Telecinco Jon Sistiaga. Relata que durante horas desde os balcóns graváronse as imaxes dos tanques sobre a ponte, a uns dous quilómetros e medio de distancia, e os ocupantes dos blindados observaron ao mesmo tempo a prensa realizando o seu traballo.Olga Rodríguez (SER) lembra de forma nítida como un dos taques virou o canón; non pensou que fose disparar ao hotelNo piso superior ao de Hernández e dous por riba de José Couso estaba Olga Rodríguez cubrindo a guerra de Iraq para a Cadena SER. Unha hora antes do ataque, os helicópteros estadounidenses sobrevoaban a cidade a baixa altura e algúns xornalistas planeaban achegarse esa mañá ao aeroporto, onde nese momento estaba a combaterse. Os carros de combate mantivéronse horas apostados na ponte e Rodríguez lembra de forma nítida ver como un deles vira o canón. Nese momento non pensou que fosen disparar cara ao hotel.Desde que o canón vira ata que efectúa o disparo transcorren dez minutos. "No meu cuarto soa o teléfono. Era unha chamada da Cadena SER e, cando me estou metendo na habitación desde o balcón para coller o teléfono, estourou o proxectil", lembra. Rodríguez levaba tres meses emitindo para a radio desde o balcón. Esa mañá atopou un cable longo que lle permitiu introducir o teléfono na habitación para evitar o ruído do Bagdad en guerra. Cre que iso puido salvarlle a vida, aínda que quince anos despois perdura unha lesión interna no oído. "Saín correndo. Cando baixamos un piso vimos o que ocorrera aos compañeiros de Reuters e, cando baixamos outro piso máis, alguén saíu dicindo: 'Couso está ferido'"."Como caía de todo naquela época, pensabamos que fora algún proxectil que caería preto do hotel. Ata que ouvimos berros no corredor", conta Hernández (Antena 3)No mesmo momento, Carlos Hernández estaba visionando as imaxes que gravaran dentro da súa habitación, a 1507. "Como caía de todo naquela época, pensabamos que fora algún proxectil que caería preto do hotel. Ata que ouvimos berros no corredor. Daquela, Jesús Hernández Quiñonero [cámara de Antena 3] asomouse ao balcón. Recordo que dixo: 'está a saír fume do hotel'. Abrimos a porta da habitación e cruzámonos con varios compañeiros da axencia Reuters que traballaban xusto unha planta por riba da habitación de José", describe.Cando chegan ao dormitorio dos xornalistas de Reuters atopan o operador de cámara Taras Protsyuk tirado no chan, a cristaleira da ventá esnaquizada e a súa cámara rota. "Ninguén pensou que unha habitación máis abaixo estaba José ou que unha máis arriba tiñamos outros compañeiros da televisión mexicana e mesmo parte do meu equipo de Antena 3. O único que se me pasou pola cabeza foi evacuar os feridos". Cando descenden ata o hall, un reporteiro mexicano dille que José está ferido e camiño do hospital.O cámara de Telecinco morre horas despois. Ese 8 de abril, outros dous xornalistas perden a vida polo fogo das forzas estadounidenses: o xornalista ucraíno de Reuters Taras Protsyuk no propio hotel Palestina e Tarek Ayub nun ataque previo do exército estadounidense contra a sede de Al Jazeera en Bagdad. Non hai imaxes de Bagdad ata o día seguinte, cando as tropas chegan á Praza Firdos, onde se atopaba o hotel, e derruban a estatua de Sadam Husein.Quince anos sen responsables xulgadosO 27 de maio de 2003, a familia Couso presentou unha querela ante a Audiencia Nacional contra os tres militares estadounidenses presuntos autores do ataque. Aínda que o xuíz Santiago Pedraz chegou a ditar orde de detención internacional contra eles, a Audiencia Nacional arquivou o caso en xuño de 2015 en aplicación da reforma da xustiza universal --que acabou coa posibilidade de perseguir desde España delitos internacionais como crimes de guerra cometidos contra españois fóra do noso país-- realizada polo Executivo de Rajoy. O Supremo sobreseu o recurso de casación da familia, que recorreu de novo o arquivo da investigación ante o Tribunal Constitucional."A familia Couso foi incómoda para o Goberno porque José é unha vítima incómoda"Carlos Hernández apunta que a loita na rúa e a ofensiva legal da familia para conseguir xustiza foron incómodas para o Goberno: "A familia foi incómoda porque José é unha vítima incómoda, provocada por unha guerra na que o Goberno de José María Aznar nos metera e que logo se demostrou, como todos os xornalistas que estabamos alí diciamos, que estaba baseada nunhas escusas e datos falsos como era a existencia de armas de destrución masivas"."José tivo a sorte de ter unha familia batalladora e comprometida que entendeu que aquilo non tiña que implicar tan só chorar na intimidade a José, senón que tiña que implicar unha reivindicación pública da importancia da defensa da liberdade de información", responde Olga Rodríguez.Para David Couso, irmán do cámara, incómodos fixéronos os gobernos: "Fomos unha familia incómoda desde o primeiro momento, vendo como xestionaba o ataque ao hotel Palestina esa administración que de feito colaborou coa invasión ilegal e apoiou as mentiras, e vendo como actuou de cadeliño co señor Aznar na súa comparecencia con Bush". Lembra que desde o quinto día de ser repatriado o cadáver adoptaron a lema que se repetiu nas protestas e concentracións que realizan todos os anos: José Couso crime de guerra, investigación e xustiza."Se incómodos é esixir xustiza, interpor unha querela a título persoal porque o Estado non investiga, sufrir cambadelas, que se cuestione a esta familia como antipatriota por esixir xustiza, estamos moi orgullosos de ser incómodos", di David, o irmán de José"Incómodos fixéronnos eles, un Goberno que non apoia unha familia, que non condena un asasinato, que non esixe explicacións... Tentou apagar un incendio con máis gasolina. Se incómodos é esixir xustiza, interpor unha querela a título persoal porque o Estado non investiga, sufrir cambadelas, que se cuestione a esta familia como antipatriota por esixir xustiza, estamos moi orgullosos de ser incómodos", di o portavoz dos colectivo Hermanos, Amigos y Compañeros de José Couso (HAC). "É unha loita pola liberdade de información"O caso Couso simboliza para Olga Rodríguez e Carlos Hernández a defensa da liberdade de información. A xornalista reivindica a importancia de que tivese un percorrido xudicial, aínda que agora estea parado, cunha reacción social "forte". "Houbo dúas ordes de busca e captura contra os responsables. O xuíz Pedraz mesmo fai unha inspección ocular en Bagdad coas testemuñas en 2011. Todo iso eran mensaxes claras, os responsables sabían que se pisaban Europa podían arriscarse a ser detidos", di, e engade: "Os países que se erixen como adaíles da liberdade de expresión e información deberían reflexionar seriamente e sinceramente sobre as consecuencias da impunidade destes casos. Porque agora os exércitos implicados e os grupos armados saben que lamentablemente matar un xornalista pode saír gratis"."Desde o asasinato de Couso os directores dos medios pensárono moito antes de enviar xornalistas a cubrir conflitos"Para Rodríguez, se non existe unha vontade de protección dos xornalistas tanto xudicialmente como politicamente, a sociedade "deixará de ter ollos e oídos neses conflitos" e será "máis facilmente manipulable" porque só recibirá información da propaganda dos bandos implicados. Afirma que desde o asasinato de José Couso os directores dos medios de comunicación "pensárono moito" antes de enviar os xornalistas a cubrir conflitos. Daquela xurdiu con máis forza a figura do freelance, que leva "unha precarización e unha indefensión maior": "Non había medios que se atrevesen a enviar a determinados conflitos a xente do seu cadro de persoal. Porque sabían que o que lle pasou a José podería volver pasar".As condicións de traballo dos freelances son moito máis complicadas, explica Hernández. Ao non contar co apoio dun medio, teñen que sufragar todos os gastos referidos á súa protección: chaleco antibalas, escolta ou coche blindado se é necesario. Ponse en risco a vida dos xornalistas e, ademais, "repercute" na calidade da información: "A falta de apoio económico repercute no resultado final. Tes que enviar crónicas ao peso para conseguir amortizar e mesmo gañar un pouco de diñeiro, xa que te estás xogando a vida, e evidentemente a calidade acaba tamén baixando".As vías que permanecen abertas no caso CousoO Congreso está a tramitar unha proposición de lei de ERC para recuperar a xustiza universal, cuxa reforma non só arquivou o caso do cámara de Telecinco senón tamén outros once procesos como o xenocidio do Tíbet ou as torturas sufridas polos presos de Guantánamo. A outra vía coa que conta a familia Couso é esperar o ditame do Constitucional sobre o recurso do PSOE contra a reforma do ano 2014 e a resolución sobre o recurso que presentou a propia familia contra o arquivo da causa. O seguinte paso sería recorrer ao Tribunal Europeo Dereitos Humanos.O Congreso tramita unha proposición de lei para recuperar a xustiza universal; a familia Couso tamén espera a decisión do Constitucional sobre a reforma e sobre o recurso ao arquivo da causaSobre as dificultades da vía parlamentaria, David Couso remarca que o PP "quedou só en 2014" e "todo o arco parlamentario" votou en contra da iniciativa do PP, que con todo saíu adiante porque a formación contaba coa maioría absoluta. Céntrase en Ciudadanos, que co PP ten a maioría da Mesa do Congreso --o que pemite que controlen prazos de debate e tramitación-- para pedir que posibiliten que o Congreso se pronuncie: "Que poidamos todos, non só a familia de José porque esta non é unha loita partidista, ter xustiza".
NOS_56699
O documento evita referirse á rebelión militar franquista contra a II República española como golpe de estado.
Unha publicación do Ministerio de Defensa recoñece como oficial a bandeira e outros símbolos franquistas desde 1936. A derrota da II República e vitoria dos golpistas non foi até abril de 1939. Segundo aponta El Diario, a Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Defensa publicou en marzo do ano pasado un documento no cal se evita definir a rebelión franquista contra a II República como golpe de estado e denomínaselle "alzamento militar". O documento titúlase Os símbolos do Estado español e é un tratado sobre a bandeira, o himno e o escudo españois. Neste texto dáselle carta oficial á mudanza de símbolos por parte dos franquistas antes de rematada a Guerra Civil, en 1939. No documento especifícase que a bandeira republicana vai ser substituída após a rebelión militar de Franco e que o himno foi establecido a Marcha Granadera mediante un decreto en 1937.
NOS_47168
A xustiza española dá por boa a actuación da alemá en relación ao caso Puigdemont. Non apresentará recursos contra a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein por medio da cal exonérase o president do delito de rebelión. O Supremo inclínase por manter a petición de extradición do líder de JxCat, limitada agora á malversación, segundo fontes do tribunal consultadas por El País. Se así for, Puigdemont non podería ser xulgado por rebelión en España.
Perante a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein, abríanse dous cenarios para a xustiza española. O primeiro, a retirada da euro-orde (tal e como xa fixo o xuíz Llarena perante as autoridades belgas). Destarte, deixaría as portas abertas para xulgar Puigdemont por rebelión. O segundo, manter a petición da extradición, só que limitada ao delito de malversación de caudais públicos. Neste caso -e de se consumar a entrega por parte das autoridades alemás- Puigdemont non podería ser xulgado por rebelión en España e a instrución de Llarena -baseada no mito da insurrección violenta contra o estado- viríase abaixo como un castelo de naipes. Todo indica que o tribunal español optará por este último cenario. A idea é non demorar máis o asunto e xulgar Puigdemont en España por malversación agravada de caudais públicos, un ilícito penal que pode resultar nunha pena de prisión de até 12 anos. De acordo coas estimacións do xuíz Llarena, o desbaldimento de fondos públicos -o seu uso indebido para o referendo do 1 de outubro, un fin tido por ilegal polas autoridades xudiciais españolas- ascendería a 1,6 millóns de euros. Á xustiza española preocúpalle especialmente que, ao non poder procesar Puigdemont polo delito de rebelión, este non poda ser punido coa pena de inhabilitación para o exercicio dun cargo público. Tamén sería problemático dictar contra el orde de prisión provisional ao non se poder argüir o risco de reiteración delictiva (hipoteticamente non podería voltar a cometer o pretenso delito de malversación ao non dispor xa dun cargo executivo), embora os precedentes no modus operandi de Llarena convidan a pensar que a xustificaría alegando o risco de fuga.
NOS_8627
O Sindicato de Enfermaría rexeita que se estea a facer "distinción" polas categorías das e dos traballadores "nalgunhas áreas sanitarias" da Galiza. Esta queixa pública súmase ao "erro" ao vacinar a 17 informáticos do Sergas na área de Pontevedra.
Enfermeiras e enfermeiros galegos acusan ao Sergas de estar a facer "discriminación" durante a campaña de vacinación ao persoal sanitario. Segundo afirma o Sindicato de Enfermaría teñen comprobado que "nalgunhas áreas sanitarias" do país están a distinguir entre distintas categorías das e dos traballadores dun mesmo servizo para administrar as doses do fármaco contra a Covid-19.A central sindical rexeita esa "distinción" dado que son empregadas "que traballan nun mesmo servizo" e, polo tanto, con independencia de que posto ocupen están "expostos aos mesmos riscos". "Todas as enfermeiras son de primeira liña e un dos colectivos con maior número de contaxios pola súa alta exposición", incidiron desde Satse. A secretaria autonómica do sindicato, Malules Carbajo, asegurou esta quinta feira que hai "malestar e indignación" dentro do colectivo "porque algunhas unidades non se consideraron de primeira liña". Neste sentido, fala en xeral dalgúns espazos dos centros hospitalarios como o "quirófano, quirófano de urxencias, medicina interna, partos, neuroloxía e consultas de maxilofacial, entre outras". Sempre segundo as súas palabras, nesas áreas non foron "vacinadas" as e os enfermeiros. Xa trasladaron o enfado ás xerencias das distintas áreas sanitarias nas que se detectaron os procesos selectivos e, malia que "nalgún caso xa se arranxou o erro, "Satse insiste na importancia de que as enfermeiras sexan vacinadas canto antes" porque entende que todas corren o mesmo risco. Esta denuncia coincide no tempo co recoñecemento por parte da Consellaría de Sanidade dun "erro" ao adiantar de quenda a 17 profesionais que traballan para a área de xestión integrada de Pontevedra-O Salnés.
NOS_23562
A CIG vén de ter coñecemento de que se está a preparar un contrato para que se faga cargo do servizo helitransportado unha UTE (Unión temporal de empresas) formada por Nanutecnia e Inaer
CIG-Administración tivo coñecemento de que a Consellaría do Medio Rural e do Mar pretende privatizar as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios forestais (SPDCIF). Segundo a información á que tivo acceso, a consellaría estaría a preparar un contrato para que unha UTE, formada por Natutecnia e Inaer, se faga cargo do servizo ata o de agora prestado polas brigadas helitransportadas do SPDCIF. A CIG demanda unha entrevista á conselleira de Medio Rural e do Mar para que explique por qué pretenden contratar helicópteros e persoal de incendios cando a Xunta dispón de persoal propio altamente cualificado. Medios e persoal Este contrato abranguería non só o alugueiro dos medios técnicos, neste caso os helicópteros que aportaría Inaer, senón tamén a dotación de persoal que prestaría o servizo neles e que achegaría Natutecnia. CIG afirma que ten tamén constancia de que a duración do contrato sería de 3 anos fronte aos 4 demandados por estas empresas. "É unha neglixencia prescindir dun persoal cualificado, co perigo que iso supón para o verán que se aproxima" A central nacionalista manifesta o seu rexeitamento por considerar que "é unha neglixencia prescindir dun persoal cualificado como é o que presta servizo nas brigadas helitransportadas, que son unha peza clave do dispositivo antiincendios, o cal vai supoñer un perigo evidente para o verán que se aproxima". Alén diso, a CIG considera "escandaloso" entregar cartos a empresas privadas para que fagan o que se viña facendo dende un servizo público, cuxo gasto "supón un sobrecusto para unha cidadanía exhausta xa de apertarse o cinto en favor de rescates bancarios e contratos a dedo". Afirma que non se entende como dun contrato que aínda non se publicou xa se coñezan os adxudicatarios, violando así o principio de igualdade e afirma que "sería escandaloso, e unha conduta delituosa, que finalmente saíra adxudicado este contrato a estas empresas, máxime cando aínda antes da publicación xa existe constancia disto".
PRAZA_11812
O director Gonzalo E. Veloso cede a Praza Pública un fragmento da gravación na que o intelectual lembra o homenaxeado nas Letras Galegas 2012. Mira o vídeo no interior.
O pasado 15 de decembro, o director Gonzalo E. Veloso visitou a Isaac Díaz Pardo na súa casa de Sada. Fíxoo acompañado por Santiago Teijelo, o seu cámara. O motivo do encontro non era outro que entrevistar o histórico promotor do grupo Sargadelos para un documental ao redor da figura de Valentín Paz Andrade. Unha entrevista máis, unha voz máis para o "retrato coral" que Veloso anda a preparar co gallo das Letras Galegas. Díaz Pardo recibiunos acompañado por Charo Portela nun diálogo no que retratarían entre os dous o persoeiro homenaxeado o próximo 17 de maio. A entrevista durou 35 minutos nos que Isaac botou a vista atrás, lembrou a súa relación con Paz Andrade e revisou boa parte da historia contemporánea de Galicia . Foron 35 minutos de palabras únicas. Unha semana despois, Isaac ingresaría no hospital. O día 5 de xaneiro falecería.Deste xeito, a fita de Veloso incluirá unha das últimas entrevistas que concedeu o insigne galeguista. "A miña idea con Isaac era facerlle unha entrevista concreta sobre Valentín, pero despois facerlle outra máis ampla sobre el mesmo. Ese día, o día que o entrevistamos, estaba xa tocado. Despois de media hora de conversa paramos, non nos queríamos exceder", lembra o propio Veloso. Esa conversa con Isaac será unha das moitas voces que se recollen neste proxecto, no que anda a traballar o realizador dende o pasado verán. O seu testemuño estará acompañadas por outros como o do xornalista Tucho Calvo, o escritor Neira Vilas ou Xosé Díaz, fillo de Díaz Pardo. "O documental será un retrato coral, un puzle xeral sobre Valentín. Pero a min paréceme tan importante neste proxecto o autor que se trata como as persoas que van falar. As voces son tan importantes, quizais máis, que o propio Valentín. O documental é realmente deles. Sobre todo no caso de Díaz Pardo, que xa non está", explica o director."O primeiro en ler Galicia como tarea fun eu"Nesa entrevista, Díaz Pardo ofreceulle a Veloso moitas lembranzas sobre Paz Andrade. Contoulle, con voz pausada e a memoria lúcida, unha serie de anécdotas que retrataban a súa relación con Valentín e o momento histórico no que se moveron. Díaz Pardo rememorou como chegara as súas mans a obra máis lembrada do impulsor da revista Industrias Pesqueras. "Galicia como tarea, o primeiro que o leu fun eu. Luís Seoane recibiu os folios. El tiña moito que facer e entregoumos a min. Eu corrixín os folios", explica Isaac, que tamén lembrou como a versión inicial axustábase ao momento histórico e aos límites da censura. "Corrixino eu. E claro, a obra tiña que ir co estilo do franquismo... El Ferrol del Caudillo, esas cousas... Saquei esas cousas. Luís Estaba totalmente de acordo", sinala.Noutro dos fragmentos da entrevista, que Veloso cedeu a Praza, Isaac Díaz Pardo eloxiaba o esforzo de Paz Andrade pola cidade na que viviu case toda a súa vida. "Vigo débelle todo a Valentín Paz Andrade, aínda que haxa quen queira quitarlle o posto", sentencia.
PRAZA_11695
Entre as 2.036 prazas docentes anunciadas ningunha é da especialidade de lingua portuguesa. A Lei Paz Andrade, aprobada no 2014, instaba ao Goberno galego a un "aumento constante e regular do número de prazas da especialidade". O colectivo de Docentes de Portugués, A Mesa, Agal e AGLP reclaman a súa inclusión na convocatoria definitiva
A Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, ou Lei Paz Andrade aprobouse por unanimidade hai 5 anos e medio. A norma incluía unha serie de compromisos, como incorporar "progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa" nos centros de ensino de toda Galicia. Porén, este e outros aspectos claves da norma están lonxe de cumprirse e nalgúns casos non houbo avance ningún, como veñen denunciando algúns dos colectivos impulsores da iniciativa.Na publicación previa da convocatoria de prazas de profesorado lanzada pola Xunta para o ano 2020 (un total de 2.036 prazas) non hai nin un só posto de docente de lingua portuguesaUn dos campos nos que menos avances se rexistraron é o do ensino, con moi poucos centros impartindo a materia de portugués e escaso alumnado cursándoo, con cifras que mesmo descenden e que se atopan moi lonxa das que se rexistran, por exemplo, en comunidades como Estremadura.O colectivo de Docentes de Portugués na Galiza denuncia que na publicación previa da convocatoria de prazas de profesorado lanzada pola Xunta para o ano 2020 (un total de 2.036 prazas) non hai nin un só posto de docente de lingua portuguesa. A asociación, apoiada pola Associaçom Galega da Lingua (AGAL), a Academia Galega da Lingua Portuguesa e A Mesa pola Normalización Lingüística, pediu xa unha xuntanza coa Consellería de Educación e denuncia o incumprimento da Leo Paz-Andrade.Na actualidade só 7 docentes no ensino secundario posúen a categoría de especialistas nesta materiaAs catro entidades subliñan a súa alarma "perante o pouco valor que está a ser dado á lei de promoción da lingua portuguesa" e lembran que na actualidade só 7 docentes de portugués no ensino secundario posúen a categoría de especialistas. Os colectivos promotores da Lei Paz Andrade demandaron xa en 2013 un mínimo de 20 especialistas iniciais para esta materia. "Verificamos como o groso do ensino da lingua portuguesa continúa a ser realizado e mantido a través do voluntarismo dalgunhas docentes que non posúen oficialmente nin a especialidade nin departamento propio", denuncian.Docentes de Portugués, AGAL, Mesa e AGLP demándanlle á Consellería que reconsidere a convocatoria de Oferta de Emprego Público de 2020 incluíndo prazas de portugués antes da súa publicación no DOGDocentes de Portugués, AGAL, Mesa e AGLP demándanlle á Consellería que reconsidere a convocatoria de Oferta de Emprego Público de 2020 incluíndo prazas de portugués antes da súa publicación no DOG. Así mesmo, pídenlle que inclúa en futuras convocatorias "unha previsión de aumento constante e regular do número de prazas da especialidade até colmatar a necesidade de oferta de portugués en todos os centros de secundario da Galiza".Na súa última asemblea AGAL chamou a converter o 'ano Carvalho Calero' nun punto de inflexión na relación entre galego e portugués, situando a promoción do portugués no ensino, prevista na lei aprobada polo Parlamento galego, como unha das súas prioridades.A norma obriga ao Goberno galego a incorporar "progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa no ámbito das competencias en linguas estranxeiras nos centros de ensino", é dicir, sen un prazo concreto. Na actualidade en Galicia hai 2.700 estudantes de portugués en secundaria e bacharelato fronte aos 20.000 de Estremadura.
PRAZA_9407
Tras anos recibindo críticas por non planificar as súas actuacións, Adif programa obras por 650 millóns ata 2025 na liña Vigo-León como principal conexión de mercadorías de Galicia
Tras anos recibindo críticas por non planificar as súas actuacións, Adif programa obras por 650 millóns ata 2025 na liña Vigo-León como principal conexión de mercadorías de GaliciaA inclusión de Galicia e o noroeste peninsular no denominado Corredor Atlántico de mercadorías por ferrocarril non supón por si só recibir fondos europeos de xeito automático senón só a posibilidade de que o Estado poida pedilos a Bruxelas. Para iso ten que presentarlle á UE proxectos de actuación concretos aos que destinar eses cartos, e así llo reclamaron a Fomento hai tres semanas os gobernos autonómicos do noroeste, incluída a Xunta, xunto con empresarios e sindicatos, que cuantificaron en 3.100 millóns de euros as obras necesarias. Este mércores Fomento e Adif presentaron o plan director desas actuacións e elevaron a 3.558 os millóns necesarios para esas melloras pendentes.Durante os últimos anos Adif veu recibindo críticas desde distintos sectores empresariais e sindicais, así como desde a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, pola súa falta de planificación ou, cando menos, polo escurantismo desa planificación no caso de existir, o que impide que os operadores poidan prever con tempo as características que terán as infraestruturas ferroviarias dentro duns anos e así programar as súas actuacións. Á espera de que se concrete en documentos técnicos máis precisos, este mércores Adif avanzou as liñas mestras desa planificación no marco da mellora das liñas incluídas no Corredor Atlántico.Fronte aos 3.100 millóns que calcularan os gobernos autonómicos como necesarios para modernizar as liñas ferroviarias de mercadorías do noroeste, entre as que as galegas son as máis obsoletas da Península, Adif eleva agora a cifra a 3.558 millóns. Deles, 1.293 corresponderíanse con renovacións de infraestruturas xa existentes e 2.265 con novas construcións. Á súa vez, desas contías os millóns destinados á mellora da liña León-Vigo, a principal para as mercadorías galegas, ascenderían a 650, que segundo Adif deberan ser investidos ata 2025. A presentación deste mércores de Adif tamén prevé o investimento nos próximos anos de 70 millóns entre Vigo e A Coruña para mellorar os treitos antigos que quedaron á marxe do novo Eixo Atlántico de alta velocidade.Igualmente, a planificación de Adif contempla o investimento doutros 300 millóns en Galicia en actuacións complementarias comofacilitar a conexión do porto exterior de Ferrol coa Coruña e Lugo.Malia que os anuncios realizados este mércores en Madrid por Fomento aumentan en 400 millóns as reclamacións realizadas polos gobernos autonómicos e a que aínda está por coñecerse o documento técnico que plasme as actuacións concretas, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presente na presentación, xa considerou insuficientes os anuncios do ministerio.
NOS_13069
16 municipios de diferentes comarcas, baixo vixilancia.
O conselleiro de Sanidade compareceu após a xuntanza do subcomité de expertos e anunciou que Lugo pasa do nivel máximo a nivel medio de restricións, mentres que Pontevedra e Poio pasan a nivel medio-alto. Así pois, hai un alivio das restricións en ambas as dúas cidades. En Lugo a hostalaría poderá estar aberta ao 40% en interiores e 50% en terraza ata as 23:00 horas -e agrupacións de até seis persoas-. En Pontevedra e a súa área, a hostalaría poderá estar aberta até as 17:00 horas, 30% de aforo interior e 50% exterior e grupos de até catro persoas. García Comesaña adiantou tamén que o subcomité ía propoñer que saísen das limitacións os concellos de Silleda, Ribadavia, A Laracha, Cabana e Malpica, así como Vilanova de Arousa e Xinzo de Limia, que pasan a nivel básico. Estes municipios pasan a 'nivel básico', con apertura do peche perimetral e hostalería ao 50% en interiores e 75% en terrazas -e grupos de ata seis persoas-. Pola contra, Narón iguálase con Ferrol en nivel medio-alto e O Porriño súmase ás restricións do nivel medio-alto da comarca de Vigo.Aquí, logo, a hostalaría poderá abrir até as 17:00 horas, con 30% de aforo interior e 50% exterior e grupos de até catro persoas. Increméntanse as restricións en Sarreaus, que pasa a nivel medio-alto coa Rúa. Camariñas e Zas incorpóranse á améndoa de Vimianzo, e Tomiño e O Rosal entran nas restricións da Guarda. En situación de vixilancia sitúase a 16 concellos de diferentes comarcas: Abegondo, Neda, Ordes, Vilagarcía, O Barco, Rodeiro, Verín, Bueu, Santa Comba, A Baña, Mazaricos e Negreira e os 4 municipios da comarca do Barbanza: Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Desde o comité indicaron que a evolución da pandemia na Galiza mantén unha tendencia descendente. En dúas semanas reduciu un 36 % a incidencia acumulada a 14 días. "Esperanzas" Onte mesmo, quinta feira, o propio presidente da Xunta,Núñez Feixoo, trasladou as súas "esperanzas" de que se poida abrir a hostalaría en zonas da Galiza nas que hai "restricións máis severas" e mesmo ampliar os horarios de apertura noutras nas que xa se procedeu a autorizar a reapertura con límites.
NOS_18965
O encontro, que vai pola segunda edición, terá lugar o 29 de agosto en Cumbraos, Monterroso.
A aldea de Cumbraos, en Monterroso (Lugo), acollerá o 29 de agosto a II edición de Son Agrogay. Un festival que visa visibilizar "un rural diverso, afectivo e sexualmente" ao tempo que "defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial e o ecoloxismo", explican desde o Colectivo Agrogay da Ulloa, que organiza o evento. En síntese, defender "a diversidade social" e "natural" no espazo rural. Unha completa xornada de música, debate, fotografía e festa que terá como epicentro a Granxa Maruxa, coñecida polas súas bolachas de tona elaboradas a partir do leite de produción ecolóxica da súa explotación. O programa de actividades do Son Agrogay comezará por volta das 11h coa recepción na Granxa da Maruxa e unha Feira de Artesanía que contará cunha zona de cruising de sementes. Artesanía, fotografía, obradoiros e música para reivindicar a diversidade rural Ás 12h terá lugar unha asemblea-obradoiro para a construción colectiva dunha axenda LGTBIQ para o rural, guiada polo activista Ángel Amaro. De maneira simultánea o grupo Zoelas desenvolverá unha pandeirada nos arredores da Feira de Artesanía. Após o xantar (14h) comezarán as actuacións con Zoelas, Os 7 Magníficos máis un, De Vacas e Davide Salvado. A partir das 20h a festa continuará pola vila de Monterroso para rematar na Área Natural da Peneda a partir das 00.00h. O Son Agrogay contará durante toda a xornada cunha exposición fotográfica de Rubén Vilanova, comisariada por Vítor Nieves, composta de imaxes que achegan unha orixinal visión dos músicos e instrumentos galegos. Debido ás características da Granza Maruxa, un espazo natural privilexiado marcado por unha carballeira senlleira, a organización estabeleceu un aforo limitado polo que fixan unha entrada de 5€ a reservar através da conta de correo electrónico [email protected].
NOS_23749
A candidata do BNG aposta por aumentar o investimento en ensino até o 7% do PIB, recuperar a gratuidade dos libros de textos e retirar as subvencións ás escolas que segregan por sexo.
O BNG centrou esta nova xornada de campaña no ensino. A candidata dos nacionalistas á presidencia da Xunta, Ana Pontón, apostou nunha lei galega de educación que poña fin ás "políticas regresivas" do PP e chamou á "insubmisión contra as reválidas", recordando que Galiza foi "vangarda no Estado español" na súa oposición á reforma da Lomce. No encontro con delegados e delegadas de CIG-Ensino e representantes das Anpas Galegas, celebrado en Santiago de Compostela, Pontón asegurou que unha lei educativa propia para "blindar o ensino obrigatorio, a súa gratuidade así como o progresivo aumento de recursos ata investir o 7% do PIB como fan algúns países que apostan realmente pola educación". "Os recortes tiveron unha incidencia directa, pero podería ter sido peor de non ser por un alumnado e un profesorado tan comprometido", afirmou Pontón, que agradeceu "o gran traballo" do sector para facer que os recortes "tivesen o menor impacto sobre o país". Pontón propuxo "dotar os centros públicos de profesorado preciso, baixar ratios de alumnado por aula e restituír a gratuidade dos libros de texto" Nese sentido, a aspirante nacionalista defendeu que estas medidas permitirían "dotar os centros públicos de todo o profesorado preciso, baixar ratios de alumnado por aula no bacharelato e restituír a gratuidade dos libros de texto". Propostas que, segundo a candidata do BNG, fagan avanzar cara "un modelo de ensino vinculado á realidade da sociedade galega consonte ás súas potencialidades e necesidades, a súa lingua, cultura e historia". Pontón matizou que a lei galega de educación que propón retirará as subvencións públicos a aqueles centros que segregan por sexo. "Queremos un ensino coeducativo e igualitario", apuntou, sinalando que apoiar estes centros "é a base da desigualdade". A representante dos nacionalistas continuará a campaña durante esta tarde cun mitin ás 20.30 horas en Bueu, no IES Johan Carballeira, xunto Luis Bará e Félix Juncal.
NOS_9643
A vicepresidenta da corporación provincial, Goretti Sanmartín, confía en que "non se estableza unha dupla velocidade para o Val dos Caídos e o Pazo de Meirás".
O ministro de Cultura, José Guirao, pisou o freo na súa visita a Galiza á devolución do pazo de Meiras como ben público. Após se reunir co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, Guirao advertiu que o proceso de reversión deste ben actualmente en mans da familia do ditador vai ser "longo e lento". A resposta da Deputación da Coruña foi rápida, Esta terza feira remitiu ao ministro canda unha carta os informes xurídico e histórico sobre esa devolución. A vicepresidenta da entidade provincial, Goretti Sanmartín, lembra que en xuño pasado remitiron eses documentos ao goberno español -daquela en mans do PP- e incide na disposición a Deputación a colaborar co Estado en todo o que sexa preciso para reverter a titularidade do Pazo de Meirás a ben público. Considera Sanmartín que é unha evidencia o alcance "político e simbólico" do Pazo de Meirás, residencia de verán de Francisco Franco cando ditador e exemplo do modus operandi da ditadura, xa que foi conseguido coa extorsión á veciñanza que tivo que achegar cartos e ceder terreos. "Que o Pazo de Meirás continúe na man da familia Franco significa que a transición non está rematada. Só cando ese ben volva a mans públicas poderemos comezar a falar de fin da ditadura, e por iso é tan importante a súa recuperación", apuntou a vicepresidenta. "Que o Pazo de Meirás continúe na man da familia Franco significa que a transición non está rematada" Goretti Sanmartín explícalle na carta remitida ao ministro que os informes xa foran enviados con anterioridade a Patrimonio Nacional e ao ministerio de Presidencia dirixido entón por Soraya Sáenz de Santamaria, de quen recibiran "unha resposta que mostraba a pasividade do goberno de Rajoy e a vontade de non mover nada do atado e ben atado que deixara Franco o seu patrimonio". A vicepresidenta da Deputación considera que "o cambio de goberno e de sensibilidade no ámbito da recuperación da memoria histórica fainos ter esperanza en que o goberno central mova ficha e se anime a coller o tema coa seriedade e a celeridade que merece", polo que solicita unha xuntanza para tratar polo miúdo os contidos dos informes e falar dos camiños a seguir a partir deste momento para recuperar o Pazo para o patrimonio público. Sanmartín confía en que "non se estableza unha dupla velocidade para o Val dos Caídos e o Pazo de Meirás. Considera que "a recuperación do Pazo -que a familia puxo en venda á morte da filla do ditador- é unha cuestión de especial relevancia xa que este é o símbolo da ditadura, da súa prepotencia, do exercicio do poder tiránico e do roubo que se lle impuxo á tantas persoas".
NOS_46771
Feixoo en estado puro no debate do estado da nación. Abalou entre o xestor tecnocrático, sempre cómodo na guerra de cifras coa oposición, e o político duro na descualificación do adversario, con especial saña con Luís Villares. Nunha conxuntura política como a actual, coa cuestión territorial a determinar a axenda no estado, Feixoo non fixo ningunha proposta para o afortalamento do autogoberno do país. Non hai posición galega á vista no debate en curso en España
Após o debate do estado de nación desta terza feira, a cámara galega continúa sen coñecer a proposta concreta do Goberno da Xunta en materia de financiamento. Feixoo leva cero transferencias desde que accedeu á presidencia en 2009, unha década sen ningún traspaso. Tampouco houbo ningún anuncio de petición a Madrid de novas competencias. En definitiva, nun momento en que Euskadi demanda un acordo confederal co estado e en que a maioría do Parlament catalán defende o dereito a decidir, o presidente do goberno galego continúa enrocado no inmobilismo e na retórica constitucionalista, trufada de constantes apelos ás bondades da transición española e da Carta Magna de 1978. Feixoo pasou polo debate sen abordar máis que moi epidermicamente a cuestión territorial, sen marcar perfil nin no confronto dialéctico no Pazo do Hórreo con Pontón, Leiceaga e Villares nin no debate estatal. Desaproveitou a oportunidade de formular propostas quer en materia de financiamento quer en materia de autogoberno. A análise dos estrategas de Monte Pío é que non se lles perde nada neses asuntos e que o que é politicamente rentábel é alimentar a imaxe de Feixoo como bon xestor —embora con el á fronte do executivo se triplicase a débeda ou o paro sexa hoxe aínda maior que en 2009— e mallar na oposición co argumento de que foi un desastre cando gobernou (bipartito) ou cando goberna (Pedro Sánchez co apoio de Podemos) e de que, alén diso, está rota polas divisións internas (En Marea) ou pola súa incapacidade para levantar unha alternativa conxunta. "Falemos do autogoberno deste país". Eran por volta das 20 horas e o apelo facíallo a Feixoo Ana Pontón, a líder do BNG. O Bloque reafirmou a súa aposta na constitución dunha ponencia no Pazo do Hórreo con vistas a dotar o país dun "novo marco político", en palabras de Pontón, que supere "as estreiteces do autonomismo" desde a consideración da Galiza como nación. En Marea, por súa parte, pediu unha reforma estatutaria de carácter social. Nada, Feixoo apenas se deu por aludido, máis alá do dardo dialéctico, na contra-réplica, a Pontón —"onde quedou aquilo da cooperación intelixente?", perguntoulle en alusión ao termo alcuñado por Anxo Quintana durante o bipartito para se referir ás relacións entre Galiza e o Estado. Na coda final do seu discurso, unha reivindicación da súa obra de goberno desde 2009, Feixoo voltou a facer profesión de fe rexionalista. O rol que tería de xogar Galiza sería, ao seu xuízo, o de afortalar "a España das autonomías". Un papel que obxectivamente distanciaría o país das outras nacións [nacionalidades de acordo coa terminoloxía da Constitución de 1978] do estado. E esa distancia non a agachou Feixoo. Antes ao contrario, esforzouse en poñela en evidencia. Destarte, por un momento finxiu estar de acordo con Pontón —"si, as decisións de Galiza hai que tomalas aquí˝. Mais non se refería a non depender de Madrid, senón a se autonomizar "do nacionalismo vasco e do separatismo catalán". Guerra de cifras, post-verdade e suicidios E se facemos abstracción do debate territorial, Feixoo perpetrou un clásico dos seus discursos parlamentares: o de se enlear nunha indescifrábel guerra de cifras coa oposición. A cada estatística crítica achegada desde as bancadas de En Marea, PSdeG ou BNG o titular da Xunta opuña unha outra que refutaba aquela e que contrastivamente era favorábel ao seu goberno, até o punto de en ocasións situar Galiza até na vangarda do estado. O exercicio foi particularmente intenso na disputa con Ana Ponton: rebateu todas as cifras de pobreza, emigración e privatizacións dos servizos públicos postas sobre a mesa pola líder nacionalista. Feixoo sería o presidente da post-verdade, denunciara na súa primeira intervención a portavoz nacional do BNG, pola súa capacidade para retorcer a realidade co seu dominio da propaganda. A Feixoo fíxolle graza o recurso oratorio de Pontón e utilizouno na súa contra: para post-verdade, a nacionalista, veu argumentar. "Non debe vosté seguir manipulando a realidade", díxolle. Mais con quen Feixoo se empregou de forma especialmente agresiva —como é, por outra parte, habitual— foi con Luís Villares, após o portavoz de En Marea responsabilizar a Xunta do incremento dos sucidios no país. O titular da Xunta chegou ao extremo de pedir que se lle entregase ao voceiro da confluencia unha transcrición da súa intervención para que ficase testemuño "do seu paso indigno pola política galega".
NOS_56011
DUP e UUP concorrerán xuntos nas eleccións británicas de maio en catro distritos onde nos anteriores comicios foron electos candidatos do Sinn Féin e o SDLP.
Reino Unido acode o vindeiro 4 de maio ás urnas nunhas eleccións xerais para elixir os 650 deputados da Cámara dos Comúns. E o unionismo en Irlanda do Norte quer obter máis representación en Westminster da que posúe actualmente. E obtela, ademais, a costa do nacionalismo irlandés. Para iso, formacións lealistas que durante anos tiveron os seus máis e os seus menos coma o DUP e o UUP chegaron a un pacto unionista para aplicar en catro circunscricións de Irlanda do Norte: Belfast Este, Belfast Norte, Belfast Sur e Fermanagh/South Tyrone. En base a ese pacto, segundo explica a prensa británica, ambas as dúas formacións comprométense a apoiar un único candidato unionista, sumando así os seus votos para obter os representantes desas catro circuscricións, que actualmente están en mans do Sinn Féin (2 delas), do nacionalista SDLP (a de Belfast Sur) e da formación 'inter-confesional' 'Alliance' (a do Belfast este). D@s 650 deputad@s na Cámara dos Comúns, 18 corresponden aos 6 condados irlandeses que forman parte de Gran Bretaña. O DUP ten 8 representantes na Cámara dos Comúns, o Sinn Féin ten 5 deputad@s, o SDLP obtivo tres e Alliance, unha parlamentar.
NOS_7371
Fontes da Consellaría de Sanidade notificaron esta noite o pasamento dunha ducia de persoas, unha cuarta parte delas na comarca de Ferrolterra. Dúas das finadas vivían no centro residencial Ballesol de Vigo.
As vítimas da Covid-19 no país xa son 1.191 despois de que na xornada de hoxe se produciran 12 falecementos en distintos centros hospitalarios así como na residencia Ballesol de Vigo. Segundo informaron fontes da Consellaría de Sanidade, no hospital de Ferrol sucedéronse catro óbitos de varóns de 82, 81, 72 e 86 anos de idade. Pola súa banda, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) comunicouse o pasamento doutros dous doentes, neste caso de 93 e 87 anos. Tamén morreron, neste caso no complexo hospitalario vigués (Chuvi) dúas persoas que permanecían ingresadas baixo os coidados dos equipos médicos. En concreto, as vítimas foron un home de 79 anos e unha muller de 93. Xa en Pontevedra, igualmente sendo atendida no centro hospitalario, perdeu a vida unha enferma de 72 anos. Un varón de 92 que fora trasladado ao Virxe da Xunqueira, situado no municipio de Cee, tampouco superou o virus. Así mesmo, tívose coñecemento dous decesos de usuarias do xeriátrico Ballesol de Vigo, que sufriu un dos últimos grandes gromos detectados. As mulleres, de 103 e 87 anos, non chegaron a ser levadas a centros hospitalarios. Con esta ducia de mortes ao longo desta sexta feira Galiza abeira as 1.200 vítimas desde que comezou a pandemia. Moitas delas eran usuarias dos centros residenciais, sobre os que a Xunta se comprometeu a incrementar o control. O de hoxe é un dos números máis elevados desta semana.
NOS_22234
No congreso do PP galego que o reelixiu esta mañá como presidente co 98,7 por cento dos votos, Feijóo saiu en defensa de Rajoy. Cualificouno de "político honrado a carta cabal", precisamente cando se sabe que Rajoy non denunciou os pagamentos en negro que realizaba o seu tesoureiro, Luis Bárcenas.
A sombra dos casos de corrupción que atinxen o PP foi demasiado alargada como para Feijóo non se referir a ela. O reeleito presidente do PP galego, no discurso de presentación da súa candidatura, puxo a cara por Rajoy. Non lle queda outra se realmente aspira a sucedelo e a enfrentarse co sector do partido que controla Esperanza Aguirre. "Rajoy é un político honrado a carta cabal", dixo Feijóo, embora a estas alturas xa é público que Rajoy, como secretario xeral, e logo como presidente, desde 2004, non puxo en coñecimento da xustiza prácticas presuntamente constitutivas de graves delitos contra a Facenda pública (os pagamentos en negro a funcionarios e dirixentes do PP, que abalaban entre os 5.000 e os 15.000 euros mensais). Na contorna de Rajoy dábase por suposto o fechado apoio de Feijóo ao presidente estatal do partido. Rajoy está moi acosado quer polo sector de Aguirre quer pola imprensa conservadora que se identifica coa ex presidenta madrileña. Hoxe, el diario El Mundo publica un editorial en que demanda a criación dunha comisión de investigación no seo do partido, demanda realizada durante esta semana por Aguirre. Non só deu a cara por Rajoy, tamén o fixo por Manuel Fraga, cuxo pensamento se reivindica agora como doutrina oficial do partido por parte do PP. Fraga presidía o partido cando Bárcenas sistematizou os pagamentos en negro e Fraga tivo como secretario de Organización do PP galego a Pablo Crespo, unha das figuras centrais da trama Gurtel. Agustín Hernández e Paula Prado O Congreso elixiu o núcleo duro e indixitou Rueda como eventual sucesor de Feijóo. O tamén vicepresidente do Goberno terá canda el a Agustín Hernández, como único vicesecretario xeral, e a Paula Prado, como portavoz. Prado é concelleira en Santiago e milita no sector do partido claramente contrario ao imputado alcalde compostelán.
QUEPASA_394
O FIOT en pausa abre o pano hoxe venres 9 de outubro, coa estrea absoluta da ficción sonora "A lúa, válvula de spray", a peza, coproducida polo FIOT e LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que serve de inicio do FIOT Fónico, unha nova liña de programación que procura experimentar con novas linguaxes teatrais e introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.
Nada mellor que escoitar á autora Rosalía Fernández Rial (é a primeira peza teatral escrita pola poeta costeira) para entender en que consiste este "A lúa, válvula de spray", a peza única que este venres abre a programación deste #FIOTenPausa do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Unha peza que demostra o interese da organización por explorar novas formas, novas linguaxes, novos formatos. E son varias as accións innovadoras desta proposta: o escenario, itinerante, é a vila e os seus murais; o teléfono móbil é un elemento participativo na obra ata o punto de que a obra poderá verse a través do móbil en calquera momento facendo un percorrido polos escenarios creados durante todos estes anos de aposta municipal pola arte urbana. "A obra crea un discurso artístico coa cidade", reflexiona Rosalía. O espectáculo, dirixido por Quico Cadaval, conta o trío amoroso formado por Melania Cruz, María Roja e Santi Romay en escea nunha noite de San Xoán. 7, ou infinitas, funcións Durante o FIOT en pausa, a veciñanza poderá asistir, como en calquera espectáculo teatral convencional, ás distintas funcións (un total de sete) que se ofrecerán da obra. Para poder facelo, previamente deberán realizar unha reserva da praza vía whatsapp, enviando ao teléfono 604 008 235 unha mensaxe na que indiquen o seu nome, apelidos e función a que desexen asistir. Unha vez que a organización confirme a asistencia, para poder asistir á función as e os espectadores unicamente deberán descargar a aplicación gratuíta "Carballo a un paso", q ue se estrea con esta experiencia, no seu teléfono móbil, e introducir o código que a organización enviará ás persoas con praza reservada. Inicialmente a app está dispoñible en Google Play e nos vindeiros días tamén estará dispoñible para as usuarias e usuarios de Apple na súa correspondente tenda de apps. Unha vez finalice o FIOT en pausa, o vindeiro domingo 18, a obra permanecerá á disposición da cidadanía a través desta aplicación da Concellería de Turismo e Promoción Económica, de xeito as novas tecnoloxías axuden a manter o espíritu do FIOT ao longo de todo o ano, alén da estrea absoluta da peza este venres e das sete representacións que terán lugar estes días.
PRAZA_5748
O naturalista e entomólogo é o homenaxeado no Día do Científico Galego, que promove a Real Academia Galega de Ciencias e que se celebrará o 16 de xuño. Galeguista, reitor da USC en 1936, foi represaliado. Preocupado polo uso social e práctico da ciencia, centrou a súa actividade no estudo das pragas que afectaban os cultivos.
Na historia de Galicia hai un bo número de científicos moi sobranceiros nas súas respectivas áreas, cuxo traballo fixo avanzar os seus campos e cunha grande importancia social. Porén, os seus nomes e a súa actividade poucas veces son coñecidos polo groso da sociedade. Luís Iglesias é, se cadra, un deles. O naturalista e entomólogo é o homenaxeado no Día do Científico Galego, que promove a Real Academia Galega de Ciencias e que terá lugar o 16 de xuño. Unha celebración que dende hai anos busca difundir na sociedade a vida e obra dalgúns destes investigadores, coma o matemático Enrique Vidal Abascal, o xeógrafo Isidro Parga Pondal, o enxeñeiro agrónomo Cruz Gallástegui, o astrónomo Ramón María Aller Ulloa, o químico Antonio Casares ou o humanista Padre Feijoo. Co recoñecemento a estas persoas a Real Academia Galega de Ciencias busca así mesmo que a opinión pública poida percibir, a través dos exemplos máis destacados do pasado, o prestixio actual da investigación en Galicia e a necesidade de investir recursos nela para que o seu potencial sexa cada vez maior de cara ao futuro. Este ano, ademais, grazas á colaboración de educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para achegarse á comunidade educativa, as actividades de difusión estenderanse ao longo de todo o ano, con especial atención aos centros de ensino. O 16 de xuño darase a coñecer o nome do gañador do preguntoiro científico online sobre a figura de Luis Iglesias que a fundación puxo en marcha na súa web. O Bipartito levou a cabo un proxecto para actualizar e reabrir o Museo de Historia Natural Luís Iglesias nunha nova localización, pero o proxecto quedou paralizado co cambio de goberno na Xunta Luís Iglesias foi a figura máis destacada das Ciencias Naturais en Galicia, e un reputado entomólogo, que descubriu e clasificou numerosas especies de insectos en Galicia e que chegou a ter unha colección de seis mil insectos documentados, que cedeu ao Museo de Historia Natural que leva o seu nome e que durante anos se podía visitar na Facultade de Químicas da USC. O Bipartito levou a cabo un proxecto para actualizar e reabrir o museo nunha nova localización, na Finca Simeón da cidade compostelá, pero o proxecto quedou paralizado co cambio de goberno na Xunta. Está previsto que o museo abra por fin as súas portas este ano, coincidindo coas homenaxes a Iglesias. O catedrático Manuel Bermejo sinala o paradoxo de que "un museo tan extraordinario, do que non hai outro exemplo en Galicia" estea pechado, "un centro moi valioso, polo que antes pasaban milleiros de escolares todos os anos". "Para Luís Iglesias, a ciencia debía servir para resolver os problemas da sociedade", explica Bermejo, que engade que "asistía aos adros das igrexas nos días de festa para ensinarlles aos labregos como combater as enfermidades e as pragas" Iglesias, nacido en Teis (Vigo) en 1895, foi o primeiro investigador en catalogar en España a familia de insectos coñecidos como curculiónidos, formada por gurgullos e picudos, moitos deles causantes de pragas moi prexudiciais para diferentes tipos de cultivos agrícolas. De feito, dedicou boa parte da súa vida a investigar estas pragas, preocupado sempre polo uso social da ciencia e polas súas aplicacións prácticas. "Para Luís Iglesias, a ciencia debía servir para resolver os problemas da sociedade", explica Bermejo, que engade que "asistía aos adros das igrexas nos días de festa para ensinarlles aos labregos como combater as enfermidades e as pragas". Para Bermejo, Luís Iglesias estaba máis preocupado polo para que das investigacións que polos por que: "O por que é moi importante para os científicos, porque nos resolve os problemas nosos as nosas dúbidas asistenciais, pero hai que ir máis alá, hai que saber para que serve o noso coñecemento". Fundou tamén na Facultade de Ciencias da USC o Laboratorio de Fitopatoloxía e Consultorio de Pragas do Campo. Durante cerca de trinta anos, Iglesias prestoulle a través deste consultorio un servizo divulgativo e práctico ao agro galego na loita contra as enfermidades provocadas nos cultivos por insectos e fungos. Alí calquera labrego ou labrega podía ir realizarlle de balde consultas de tipo parasitolóxico. Neste ámbito, Iglesias colaborou coa empresa Zeltia, que foi impulsada polos irmáns Fernández López e que deu acubillo a moitos dos científicos e investigadores que foran represaliados (Fernando Calvet, Faustino Cordón...). En Zeltia Iglesias colaborou no desenvolvemento de novos produtos fitosanitarios, que axudaron moito o campo galego a partir dos anos corenta. "El, a pesar de ser un home conservador, representaba os sectores progresistas na universidade, os profesores preocupados de facer unha universidade dinámica e moderna" Tivo tamén unha intensa actividade académica. Despois de doutorarse e de realizar estadías de investigación en Italia, Iglesias regresou a Galicia, converteuse en catedrático e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, do que chegou a ser presidentes. Foi elixido reitor da USC en maio 1936, pero a sublevación militar apartouno do cargo ese mesmo ano. "El, a pesar de ser un home conservador, representaba os sectores progresistas na universidade, os profesores preocupados de facer unha universidade dinámica e moderna. Entendía a educación no sentido que a entendera Rodríguez Cadarso, dándolle unha grande importancia ás relacións internacionais da universidade", sinala Bermejo. O feito de ser un home de dereitas e católico fixo que o peso represión sobre el fose menor que con outros investigadores e docentes (como Fernando Calvet ou Isidro Parga Pondal), e puido seguir dando clase na Universidade de Santiago, pero nunca máis accedeu a postos de responsabilidade, sufrindo "un claro exilio interior", engade Bermejo. Luís Iglesias colaborou tamén na redacción do Estatuto de Autonomía e foi presidente do Seminario de Estudos Galegos Foi tamén un home galeguista, membro da Real Academia Galega (RAG), desde onde participou na creación da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC), da que foi académico fundador. Luís Iglesias colaborou tamén na redacción do Estatuto de Autonomía e foi o primeiro presidente do Padroado Rosalía de Castro. "Todo o que afectara a Galicia lle interesaba", destaca Bermejo, que conclúe sinalando a importancia da celebración do Día do Científico Galego para que o labor de persoas como Iglesias sexa coñecida pola sociedade. "Parece que a ciencia non é cultura, e os científicos tamén facemos cultura galega", engade, apostando por que nalgún momento a RAG dedique o Día das Letras a algún científico.
PRAZA_9309
O presidente da Xunta acusa o xefe do Executivo central de "poñer en cuestión a soberanía da nación máis antiga do mundo" nunha concentración con 50.000 persoas e con presenza de PP, Ciudadanos e grupos de extrema dereita como Vox
Varios millleiros de persoas pediron este domingo en Madrid a dimisión de Pedro Sánchez e a convocatoria de eleccións anticipadas. A marcha contra o diálogo do Goberno central co independentismo non logrou encher a Praza de Colón e as arterias lindeiras. Os convocantes cifraron a participación en 50.000 persoas. A policía, cuxo sindicato maioritario, SUP, sumouse á protesta, en cambio elaborou o seu propio cálculo: 120.000 persoas. Ciudadanos pola súa banda elevou a conta até 200.000 persoas sumando aos que estaban "nas rúas adxacentes", só 19 minutos despois de estimar a participación en 50.000. PP Ciudadanos e Vox envorcáronse esta semana na convocatoria. O partido de Pablo Casado fretou autobuses gratis desde todos os puntos da península -varios desde Galicia- para manifestarse "contra a alta traizón a España". Na marcha estaba respresentada toda a dereita, desde a que se presenta ás eleccións, a colectivos ultras como España 2000 e Hogar Social Madrid. Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que mudou a súa axenda en Miami para poder asistir, así como outros cargos institucionais e do partido do PPdeG. Feijóo uniuse á marcha e cargou contra Sánchez porque "non ten lexitimidade para negociar a soberanía nacional" da "nación máis antiga do mundo"En declaracións aos medios, Feijóo dixo que Pedro Sánchez "non representa" a ninguén nesa "negociación" con dirixentes cataláns e que "non ten lextimidade para facela". "Non ten ningunha competencia para negociar a soberanía nacional", dixo o presidente da Xunta, que dixo que fóra "non se entende como nunha nación, a máis antiga do mundo xunto con Francia, se está discutindo sobre a propia nación e poñendo en cuestión a soberanía nacional". "Imaxinen que cada vez que Pedro Sánchez fala comigo eu pida un mediador", engadiu. Ademais, Feijóo esixiu a Sánchez que "rectifique" logo dunha protesta que considerou "contundente" e pediulle que "faga caso" a Felipe González e Alfonso Guerra. Os líderes de PP, Ciudadanos e Vox, Pablo Casado, Albert Rivera e Santiago Abascal, proclamaron nos minutos previos á concentración o final da lexislatura e consideraron a protesta como "un punto de inflexión" e esixiron ao xefe do Executivo que rompa relacións coas forzas independentistas e que convoque eleccións "inmediatas". Casado, que se erixiu como o mestre de cerimonias da concentración celebrando a capacidade de convocatoria do seu partido, foi o máis vehemente esixindo "o fin da negociación" do Goberno "cos partidos independentistas". O líder do PP pronunciou estas palabras só dous días despois de que a vicepresidenta do Executivo, Carmen Calvo, anunciase precisamente a ruptura desas conversacións cos secesionistas. "Non cabe rendición socialista" A xuízo de Casado, con todo, "os cambios do Goberno están a demostrar que se estaba negociando". "Desde o PP o que pedimos son eleccións inmediatas tal e como se comprometeu Sánchez. Non podemos seguir tentando integrar os que queren desintegrarnos. Xa non cabe máis rendición socialista. Que cese inmediatamente o diálogo con aqueles que queren romper España e os xestos como os achegamentos de presos", proclamou o presidente popular en declaracións aos medios. Casado, Rivera e Abascal deron por rematada a lexislatura nunha mobilización que non encheu a Praza de Colón e as rúas lindeirasO PP, insistiu Casado, considera que "o tempo do Goberno de Sánchez acabou". Por iso pediu que nas eleccións autonómicas e municipais de maio se poida "pasar das rúas ás urnas" e que "o resultado sexa unha censura á actuación do Goberno para que non quede máis remedio de convocar xerais". "Hoxe é un punto de inflexión: basta a calquera tipo de ruptura", resolveu."Hai un antes e un despois. Sánchez debe convocar eleccións porque milleiros de españois dixéronlle non e dixeron si a España", asegurou na mesma liña Albert Rivera. O líder de Ciudadanos destacou que o que esixe o seu partido é "o máis básico nunha democracia": "Coller o voto, ir a unha urna e votar". "Que Sánchez tome nota e convoque eleccións. Este é o final dunha lexislatura esgotada". O presidente de Vox, Santiago Abascal, sinalou, pola súa banda, que "o pobo debe ser chamado ás urnas urxentemente". Desde Colón, Abascal criticou que o Goberno de Sánchez tratase de negociar coa Generalitat de Catalunya e acusou o Executivo de pór "sobre a mesa a soberanía de España". Por iso, o líder de Vox recalcou que o obxectivo da concentración deste domingo é "denunciar a traizón dun Goberno ilexítimo". Ningún do tres dirixentes políticos interviñeron durante o acto oficial que os convocantes quixeron deixar en mans da "sociedade civil". Os encargados de ler o manifesto foron os xornalistas María Claver, Carlos Cuesta e Albert Castillón. O texto destacou que "a unidade nacional non se negocia" e os convocantes esixiron a "convocatoria inmediata de eleccións xerais para que os españois poidan decidir o seu futuro". Tamén incluíu falsidades, como que Sánchez "cedeu ao aceptar as 21 esixencias do secesionismo".Ante os milleiros de asistentes, os encargados de ler o manifesto destacaron que este acto se celebre sen símbolos partidistas. Á súa vez apuntaron que as persoas alí reunidas representan "o fastío da inmensa maioría dos españois ante a deriva suicida do Goberno de Pedro Sánchez". Incidindo na soberanía nacional, Castillón destacou que ninguén máis que o pobo "está lexitimado para decidir que é España nin que pode ser España".O manifesto lido acusa falsamente o presidente do Goberno central de aceptar as esixencias do president da Generalitat, Quim TorraEn relación ás negociacións mantidas entre o Goberno e a Generalitat, comezaron destacando que "estas cesións puxeron á orde constitucional ante un dos maiores retos" vividos desde a súa promulgación e lamentaron que o Goberno de Pedro "cedeu en todas as ocasións nas que debería defender a dignidade dos españois antes os que queren acabar coa orde constitucional". A relación que mantiveron desde Moncloa cos portavoces independentistas foron catalogadas como chantaxe e "humillación do Estado sen precedentes" na democracia. Tendo en conta que a semana que vén iníciase o xuízo de procés, aproveitaron esta intervención para manifestar o seu apoio aos xuíces "que levan meses soportando a presión independentista". A foto de familia Para finalizar, insistiron na petición de convocatoria de eleccións, apuntando que "os españois debemos ser chamados ás urnas inmediatamente". Lamentando que o Goberno central quixese dar unha "saída política a quen a hadado un golpe de estado" e puxo "sobre a mesa de negociación da soberanía de España". Por tanto, reivindicaron a vixencia do Estado de dereito como "garantía das liberdades individuais". Ao final da protesta, que se prolongou durante apenas media hora, tanto Casado como Rivera e Abascal si subiron ao escenario a facerse a foto de familia e escoitar o himno e as vivas a España que puxeron final a unha mobilización que consideraron "histórica". Alí non quixo estar o candidato á alcaldía de Barcelona, Manuel Valls, que durante as últimas horas sufriu críticas moi duras da prensa francesa por participar nun acto coa extrema dereita de Vox. Na Coruña, onde tamén se celebrou unha concentración no mesmo sentido que a de Madrid, tan só uns centos de persoas se concentraron ante a Praza de María Pita. Entre os asistentes, a candidata do PP á alcaldía da Coruña, Beatriz Mato, e varios cargos locais populares.
PRAZA_11655
Tras ser designado candidato, o líder do PSOE asegura que esta xeira de contactos con outros partidos buscan unha "maioría parlamentaria máis ampla para lograr goberno canto antes". O BNG vólvese reunir cos socialistas no marco das negociacións para a investidura co traspaso da AP-9 ou o estatuto para as industrias electrointensivas entre os asuntos destacados da xuntanza
Pedro Sánchez volve ser candidato á presidencia do Goberno de España, cargo que exerce en funcións dende o pasado 28 de abril. O remate da rolda de consultas do rei dos partidos políticos con representación no Congreso rematou como se agardaba, coa encomenda ao líder do PSOE, que tras aceptar o encargo anunciou un movemento que lle permitirá gañar tempo mentres os propios socialistas tentan pechar os apoios ao Executivo de coalición con Unidas Podemos: unha xeira de contactos con autonomías e o resto de partidos políticos, entre outras institucións.Tras ser designado candidato, o líder do PSOE asegura que esta xeira de contactos con outros partidos buscan unha "maioría parlamentaria máis ampla para lograr goberno canto antes"Como informa Irene Castro, Sánchez expuxo os seus plans nunha comparecencia no Palacio de La Moncloa tras confirmar a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, a encomenda do Xefe do Estado. Nun formato outra volta limitado para formular preguntas -o que suscitou as protestas dos xornalistas-, o presidente español en funcións detallou que o plan pasa por chamar a todas as forzas políticas comezando por encontros con Pablo Casado (PP) e Inés Arrimadas (Ciudadanos). Á voceira parlamentaria do PSOE, Adriana Lastra, corresponderalle contactar co resto de grupos. Con todos, incluídos Vox e Bildu, aos que deixaran fóra de anteriores conversas. Trátase, segundo Sánchez, de avaliar a existencia dunha "maioría parlamentaria máis ampla" para "lograr goberno canto antes". "Todos debemos poñer da nosa parte para que a lexislatura bote a andar", di Sánchez.Feijóo e Abel Caballero, incluídos nos contactosSegundo o plan exposto polo xa candidato, tras os contactos coas formacións políticas desenvolverá unha rolda inédita en procesos de investidura do Goberno de España: chamará aos 17 presidentes e presidentas das comunidades autónomas e mais ao titular da Federación Española de Municipios e Provincias. Daquela, consultará tamén con Alberto Núñez Feijóo e con Abel Caballero no marco da aposta por "compartir o desexo que é o da maioría da cidadanía de poder contar cun Goberno que poña sobre a mesa moitos dos problemas" existentes, os cales, xustifica, "esixen da cooperación de autonomías e municipios".Esta rolda leva implícita a recuperación do diálogo institucional co presidente da Generalitat cataláEsta rolda leva implícita o cumprimento da que, segundo transcendeu nos últimos días, veu sendo unha das peticións de Esquerra Republicana de Catalunya para, cando menos, absterse na investidura: que Sánchez recuperase o diálogo institucional co Goberno catalán a través do seu actual presidente, Joaquim Torra, ademais de coa propia ERC. Isto supón unha mudanza de actitude con relación á campaña electoral do 10N e as súas semanas previas, nas que o propio Sánchez se gabou de non coller o teléfono a Torra por, afirmaba, considerar que Torra non condenara abertamente os disturbios que aconteceron en diversas localidades catalás tras a sentenza do procés.Mentres segue a incógnita sobre as datas do debate de investidura -o PSOE desexaba celebrala antes de fin de ano e, dende Unidas Podemos, Pablo Iglesias expresara a mesma vontade-, Sánchez volve defender a coalición porque a orientación "progresista" do Executivo estará "reforzada con ese acordo". O gabinete, de constituírse, será "dialogante coas forzas parlamentarias que se poidan sentir interpeladas co espírito que represente ese Goberno de coalición", aseguraO BNG segue a negociar e intégrase no 'Grupo Parlamentario Múltiple'Os contactos do PSOE á procura de apoios para a investidura de Pedro Sánchez inclúen ao BNG, que este mércores se volvía reunir cos socialistas no Congreso. O deputado do Bloque, Néstor Rego, acudiu con Rubén Cela e Goretti Sanmartín a un encontro no que o Grupo Socialista estivo representado por Lastra e mais por Rafael Simancas. Segundo a formación soberanista, sobre a "mesa de negociación" están asuntos "urxente para o noso país", como "a transferencia da AP-9 e a baixada das peaxes" ou a aprobación do prometido estatuto das industrias electrointensivas que alivie a situación de factorías como a de Alcoa en San Cibrao "Transferencias pendentes, problemática das emigrantes retornadas ou a creación de máis xulgados de violencia de xénero", resumen, foron outras das "moitas propostas" que continúan a avaliar co PSOE, "á espera dunha nova xuntanza para acadar un acordo favorábel para a sociedade galega", din.O Bloque volveuse reunir co PSOE no Congreso no marco das negociacións para a investidura. O traspaso da AP-9 ou o estatuto para as industrias electrointensivas estiveron entre os asuntos destacados da xuntanza, dinEste mércores remataba tamén o prazo para a constitución dos grupos parlamentarios no Congreso e o propio Bloque pechou negociacións con outras formacións que non acadaron grupo propio co obxectivo de non ficaren todas no Grupo Mixto. Con ata 21 escanos, ficaren todas nel implicaría fortes limitacións non só de recursos económicos dispoñibles, senón tamén os cupos de iniciativas ou tempos de intervención.No seu caso, o Bloque solicita constituír grupo parlamentario no Congreso con Junts per Catalunya, Más País-Equo e Compromís baixo o nome Grupo Parlamentario Múltiple. A formación subliña que o fan por "criterios operativos e non ideolóxicos" e "funcionará de facto como un grupo mixto". Se a Mesa do Congreso acepta, estas formacións gañarán visibilidade, tempos de intervención e recursos no Congreso. A primeira voceira sería Laura Borràs (Junts) e o vicevoceiro, Íñigo Errejón, se ben prevén que estes postos sexan "rotatorios".
NOS_825
A ex amante do rei emérito pide ser resarcida por danos e prexuízos e unha orde de afastamento para Juan Carlos I.
A ex amante de Juan Carlos I, Corinna Larsen presentou unha denuncia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Inglaterra e Gales -High Court-, contra o rei emérito e os servizos secretos españois, aos que acusa de poñela baixo "vixilancia ilegal" no Reino Unido. Segundo adianta o diario británico Financial Times e recolle elnacional.cat Larsen presentou a demanda en decembro do ano pasado malia non pasar a disposición do tribunal até esta segunda feira, 26 de xullo. Na demanda, Corinna Larsen acusa directamente ao rei emérito de acoso "desde o 2012 até a actualidade". tamén inclúe denuncias de ameazas e difamación ademais de "vixilancia encuberta ilegal" por parte dos axentes do servizo de intelixencia español. Larsen pide ser resarcida por danos e prexuízos e unha orde de afastamento para Juan Carlos I. Segundo Financial Times, o equipo legal do rei emérito non presentou aínda ningunha defensa contra a demanda, pero prevé, de entrada, unha batalla sobre a xurisdición, é dicir, a capacidade do High Court de xulgar a Juan Carlos I, xa que se trata dun antigo xefe de Estado doutro país, que, ademais, non vive no Reino Unido. O mesmo diario apunta que, aínda que o caso se centra en Juan Carlos I, non habería que descartar que afecte ao actual monarca español, Felipe VI. Perda de ingresos A demandante reprocha a Juan Carlos I tela acusado falsamente de roubar 65 millóns de euros, que formarían parte do polémico donativo de 100 millóns de dólares entregados en 2008 polo rei Abdullah de Arabia Saudita ao entón monarca español en exercicio. Larsen defende que Juan Carlos deulle aqueles millóns, mais ao finalizar a relación, acusouna de roubalos e difamouna, feito que lle lle tería ocasionado unha perda de ingresos derivados do seu posto de traballo como "consultora estratéxica que traballaba con particulares de alto valor neto e con empresas líderes de todo o mundo", aclara o xornal británico. Orde de afastamento Ademais, Larsen pide unha orde de afastamento para Juan Carlos I e os seus axentes, de polo menos 150 metros, para impedir que se poida comunicar con ela, rastrexala ou acosala. Así mesmo, alega que o Centro Nacional de Intelixencia (CNI), en particular o seu xefe, Félix Sanz Roldán, ou persoas que traballaban no seu nome ou en nome de Juan Carlos, puxérona "baixo vixilancia física que incluía investigación de vehículos e persoal, violando a súa residencia e pirateando os seus teléfonos e computadores".
NOS_16441
Hai uns meses, Fermin Muguruza pendurou nas redes sociais unha fotografía de 1999 en que aparece abrazado a Joe Strummer. Na imaxe, Muguruza viste unha cazadora co logotipo da banda de rock industrial Nine Inch Nails. Case vinte anos despois, a iso remite a defensa ao vivo do seu novo proxecto: a electrónica industrial, marcial por intres, que avisa do agónico estado das cousas.
El estado de las cosas foi, xustamente, unha das tres pezas que Muguruza rescatou da súa impresionante traxectoria musical no concerto do sábado na Sala Capitol de Compostela. Presentaba B-Map 1917+100, o disco facturado o pasado ano canda o dúo catalán -sintetizadores e aparellos varios- The Suicide of Western Culture en homenaxe á continuidade histórica do xesto revolucionario ruso. Sobre o escenario, eles tres mais o descomunal guitarrista Karlos Osinaga, coñecido polos seus labores en Lisabö. Se o programa estético de Muguruza vén de dar un valente xiro cara á aspereza e a escuridade -adeus Xamaica-, o programa político mantense. Cada un dos temas que degrañou sobre o palco da Capitol viña acompañado do seu correspondente videoclip, proxectado a toda pantalla, en que desfilaban o Mariscal Tito, Black Panthers, a resistencia kurda, cataláns votando, A Batalla de Alxer. O calculado xogo de luces engadía sensación de asfixia ao que o músico vasco cualifica como a súa obra "máis dura en 20 anos". A autorreferencia que marca nas entrevistas é Ireki Ateak, o seu rexistro de 1997 con Dut. B-Map 1917+100 soou ao completo. Dez cancións sobre dez cidades cuxo topónimo empeza por b. Un mapa sentimental e ao tempo actual -Belfast, Bilbo, Beirut, Belgrado...- do activismo global co que se identifica Muguruza. Unha nova advertencia de que o verdugo ten mil caras, cuxa potencia e percorrido en directo exceden amplamente as da gravación fonográfica. Sen nostalxias. A desfiguración electrónica de Zu atrapatu arte (Kortatu) e mais de Itxoiten, do disco negro de Negu Gorriak que fai un cuarto de século, non poderían considerarse tal. O Fermin Muguruza de B-Map non mira atrás. Sexa pola tensión que desatan The Suicide of Western Culture e as intensas cambras de Osinaga e o inaudito da proposta, sexa pola coincidencia con outros eventos e celebracións, a sala compostelá ficou a medio encher. Nas táboas, a circunstancia non pareceu importar. Como prologuistas oficiaron Ezetaerre, hip hop de combate en galego aos que non acompañou a ecualización. Non obstante, agochan talento para as melodías urbanas entre os seus chamamentos á insurreción.
NOS_34445
Rabat cualifica a cuestión do Sáhara Occidental como "un conflito rexional artificial" diante da Asemblea Xeral de Nacións Unidas.
O primeiro ministro marroquí, Aziz Ajanuch, defendeu esta cuarta feira a proposta de autonomía para o Sáhara Occidental que o seu país defende como "única solución realista e xusta ao conflito", reivindicando, máis unha vez, a "marroquinidade" deste territorio. Na súa intervención diante da Asemblea Xeral da ONU, reiterou o "compromiso" de Marrocos de ofrecer unha "solución política definitiva" ao que cualificou de "conflito rexional artificial", se ben matizou que esta pasará pola "integridade territorial e a soberanía nacional do reino". A "creación e mantemento" desta "polémica" que a ollos de Rabat é "artificial", precisou o primeiro ministro, é "responsabilidade de Alxeria". Porén, subliñou a importancia de que Arxel participe das negociacións para achar un "arranxo definitivo" a este conflito. Omar Mansur: "Rabat usa armas españolas contra a Fronte Polisario" Ajanuch referiuse ao Sáhara como "as provincias do sur" e afirmou que "viven ao ritmo dunha dinámica de desenvolvemento irreversíbel" grazas, ao seu entender, ao "modelo de desenvolvemento" lanzado polo rei Mohamed VI en 2015. Marrocos acelerou a súa ofensiva diplomática sobre o Sáhara desde que a finais de 2020 obtivo o visto bo dos EUA, daquela baixo o Goberno de Donald Trump, e continúa a procurar apoios na comunidade internacional. O pasado mes de marzo o Executivo español sumouse á lista de 'socios' de Rabat, cando o presidente, Pedro Sánchez, trasladou por carta a Mohamed VI o seu apoio alegando que o plan de autonomía marroquí é "a base máis seria e realista para a resolución" do conflito. O PSOE fica só no Congreso no seu xiro sobre o Sahara Este xiro radical na postura de Moncloa a respecto do Sáhara provocou múltiples protestas, tanto nas rúas como nas institucións, e desencadeou un conflito diplomático con Alxeria.
NOS_48075
Clausura do #Cineuropa35
Cheo no Teatro Principal de Compostela para unha gala de clausura austera e curta, pero non carente de emoción e satisfacción polo traballo ben feito. Dúas semanas de programación ao máis alto nivel nunha edición para a historia de flamante estrea de palmarés competitivo por vez primeira, transmutando o concepto Cineuropa nun certame de referencia dentro do panorama internacional, iso si, coa garantía da experiencia de máis de trinta anos ás costas. Moncho Lemos púxose o traxe de mestre de cerimonias dando paso, sen moita dilación, a José Luís Losa, director do Cineuropa, que anunciou o Premio do Público deste ano para o filme francés As ilusións perdidas, de Xavier Giannoli, acadando unha nota de 8,23 de media, nada menos. A continuación foi a quenda do Xurado Novo. Comezou outorgando o Premio a Mellor Dirección ao cineasta arxentino, afincando en Francia, Gaspar Noé por Vortex. O de Mellor Interpretación recaeu en Iván Cáceres polo filme chileno Os meus irmáns soñan espertos. O Mellor Guión foi para o filme xaponés Drive My Car, adaptación dunha historia de Murakami guionizada por Takamasa Oe e Ryûsuke Hamaguchi. E para rematar, o Xurado Novo acordou dar o seu Premio Especial ao filme Mala sorte no sexo ou porno tolo, de Radu Jude; e o de Mellor Película a Moneyboys, do cineasta chinés C.B. Yi, dobremente premiado ao levar tamén o Premio a Mellor Dirección do Xurado Internacional. Foi Alfonso Zarauza o encargado de ler este palmarés en representación do Xurado Internacional formado, ademais, pola crítica de cinema e xornalista Inma Merino e a cineasta uruguaia Gabriela Guillermo. O Mellor Filme foi para Hit the Road, de Panah Panahi. Os premios a mellor actriz e mellor actor recaeron en Ann Dowd e Jason Isaacs respectivamente, ambos intérpretes do drama estadounidense Mass, ópera prima de Fran Kranz, máis coñecido polo seu rol de 'colgao' no filme de terror A cabana no bosque. O Mellor Guión ex-aequo levárono os filmes arxentinos La chica nueva, de Micaela Acosta, e Azor, de Andreas Fontana. Clara Roquet obtivo ademais unha Mención Especial pola dirección de Libertad. Após dun vídeo resumo do que foi o Cineuropa deste ano, subiu á palestra a Concelleira de Cultura, Mercedes Rosón, para agradecer ás institucións e dar un discurso breve, cousa que agradeceu o respectábel. Filme de clausura Faltaba o filme de clausura: Que fixemos mal?, unha coprodución internacional participada por Matriuska Producións. Interesante experimento cinematográfico de autoficción en forma de dramedia arredor dunha cineasta que quere facer un documental sobre as causas que motivaron as rupturas de parella ao longo da súa vida. O produtor Dani Froiz foi o primeiro en coller o micro dando pé á directora, guionista e protagonista do filme, Liliana Torres. Pero foi Xulio Abonjo, coprotagonista tamén do filme, o que puxo o toque de retranca para poñer punto final á cerimonia de clausura. Após dos títulos de crédito deste notable filme que se estrea o 10 de decembro en salas, ponse a funcionar a conta atrás para o #Cineuropa36, un ano enteiro no que, de seguro, retumbará nas tempas de moitas as verbas que dixo José Luís Losa no seu discurso e que resume perfectamente o que foi esta edición: "Viva Cineuropa! Viva o cinema libre!".
NOS_54905
A ribeirense superou a cubana Liuba M.Zaldívar cun salto de 14 metros e 17 centímetros
Natural de Ribeira e con apenas 16 anos, Ana Peleteiro vén de escribir unh páxina de ouro no deporte galego, ao proclamarse campioa do mundo de triple salto na categoría junior cunha marca de 14,17. O campionato do mundo decorreu no Estadio Olímpico de Montjuit (Barcelona). Ana Peleteiro Foi elexida mellor atleta xuvenil do Estado español do ano 2011 pola Real Federación Española de Atletismo.
PRAZA_8526
Presenta a súa candidatura para "seguir polo camiño andado e na dirección seguida", defende o legado de Ferrín e ve imposible un acordo para unha lista de consenso. Non descarta levar o decreto do plurilingüismo "a instancias europeas".
Manuel González vén de presentar oficialmente a súa candidatura e o seu programa á presidencia da Real Academia Galega (RAG) apostando por unha "liña de continuidade" co último mandato de Méndez Ferrín e por unha executiva que afonde "no camiño andado e na dirección seguida". "A Academia non precisa un cambio de rumbo, senón camiñar pola senda marcada", asegurou o candidato e tesoureiro no último mandato, en clara referencia ás supostas necesidades de cambio ás que alude a outra lista, a encabezada por Xesús Alonso Montero. "A Academia non precisa un cambio de rumbo, senón camiñar pola senda marcada" "Non existe razón para cambiar o rumbo", deixa claro González no programa repartido aos medios, unha idea na que incidiu nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos outros dous membros da candidatura, Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira, e á que tamén asistiron académicos como Manuel Rivas, Barreiro Fernández, Xosé Luís Axeitos ou Luz Pozo Garza. Manuel González fixo unha firme defensa do paso de Méndez Ferrín pola Real Academia e da evolución que a institución levou a cabo nos últimos anos. Así, e aínda que asumiu como necesarios "cambios e reformas", tamén advertiu de que non se pode "tirar pola borda" todo o acadado nos últimos tempos, entre o que citou o achegamento da RAG á sociedade, a súa modernización ou a decidida defensa da lingua galega, tamén a través dos recursos xudiciais. González di que "non houbo sinal ningún de achegamento" por parte da outra candidatura para lograr unha lista conxunta Ademais, González asegurou que "non houbo nin o máis mínimo sinal de achegamento" por parte da outra candidatura para conseguir unha lista de consenso, razón pola cal -e malia que esperou "ata o último momento"- tardou en oficializar a súa candidatura. "Non hai vontade de chegar a acordo", insistiu, a pesar de que insiste en "deixar aberta" a posibilidade dun pacto de última hora que non ve posible. "Non son optimista", engadiu, logo de explicar que intentou un acordo na pasada semana a través dunha xuntanza privada cos membros do plenario da RAG. "Algúns negáronse a vir argumentando que o que eu pretendía era un acto electoral, mentres que outros puxeron desculpas para non acudir", explicou, tras aclarar que foi "o fracaso" deste último intento de acordo o que o decidiu a presentar este luns o seu programa. "Non fun pedir o voto a ninguén", afirmou, tras recordar que estaba disposto incluso "a negociar a presidencia", en contra da negativa de Alonso Montero neste aspecto. O candidato asegura que intentou un acordo a semana pasada e di que Alonso Montero lle asegurara que era moi difícil que se presentase Ademais, advertiu que logo de anunciar que optaría á presidencia da RAG falou con Xesús Alonso Montero, o outro candidato, que segundo González lle asegurara que as súas posibilidades de presentarse "eran mínimas". "Cifrounas nun 10%", engadiu. "Se eu soubese que se estaba xestando outra candidatura, non tería anunciado a miña antes de falar cos outros promotores", xustificou, tras aclarar que no momento de anunciar que optaría á presidencia "contaba co apoio da maioría absoluta do plenario". "Agora sei que non teño o apoio maioritario; todo o mundo ten dereito a cambiar de opinión", manifestou, non sen antes amosar a súa "tristeza" polo feito de que algún académico lle advertise do seu cambio de postura "malia que seguía pensando o mesmo" que antes. No mesmo sentido, negou a posibilidade de que algún dos membros da candidatura rival ocupasen as dúas prazas vacantes que quedaron en ambas as dúas candidaturas logo da votación do plenario do vindeiro sábado 20. "Non é posible porque antes de votar tense que presentar unha lista íntegra da xunta", lembrou, tras criticar tamén algunha declaración da outra lista que aspira á presidencia. "Non se pode aspirar á RAG dicindo que non se pode vir dous días á institución e non se pode dicir que non se presenta programa porque xa existen os estatutos", censurou. Na súa defensa da anterior executiva, e tras a dimisión de Ferrín, González criticou a "tremenda demagoxia e as medias verdades" que saíron na prensa "con non sei que intención". "Todas esas cousas que se dixeron non trouxeron nada bo á Academia", insistiu, tras negar que houbese "ningún tipo de nepotismo" na RAG. "A política de contratación era a que era e nunca se sacaron a concurso público as contratacións; igual a sociedade agora así o esixe e fun eu mesmo quen propuxo xa un protocolo de contratación para a institución", defendeu. Do mesmo xeito, censurou a aqueles que intentaron ver no uso dun automóbil cedido pola Xunta algo inmoral ou ilegal. "O uso dese coche cedido pola Xunta permitiu o aforro duns 12.000 euros ao ano", defendeu, tras apostar pola "transparencia" en todos os ámbitos da institución, tamén no económico. "A RAG non debe ser condicionada por ningún axente externo", dio candidato, que defende a "independencia" da Academia "doutras institucións" Por outra banda, e en canto ás críticas do propio Méndez Ferrín, que situou a Academia "en perigo" tras a súa dimisión, González defendeu "a independencia" da RAG tanto das administracións, como do poder político, pero tamén "das outras institucións culturais e da lingua". "A RAG non debe ser condicionada por ningún axente externo", insistiu, aínda que defendeu unha "colaboración" co Consello da Cultura, o ILG ou a AELG, ademais de con outras academias da lingua do Estado. Ademais, tamén aclarou que "non se pode garantir a independencia se non hai independencia financeira" e destacou o feito de que a RAG conseguise que o Estado achegue, agora si, unha cantidade fixa á institución, aínda que censurou o "tratamento insatisfactorio e discriminatorio" que a Xunta lle dá á Academia galega en comparación con outros gobernos autónomos. "Non temos unha asignación fixa, nunca estamos seguros e temos que negociar ano a ano", criticou, tras lembrar que mentres que as administracións cataláns ou valenciás achegan 6 e 3,2 millóns de euros ás súas institucións da lingua, o Goberno galego "tan só achega medio millón". González defende manter o recurso contra o decreto no Supremo e non descarta chegar á UE En canto ao recurso de casación presentado pola RAG ante o Supremo contra o decreto do plurlingüismo, González defendeu "manter ese recurso", pero advertiu que non descarta "acudir a instancias europeas" para defender a lingua galega porque "é unha obriga" da institución. "Retiraremos o recurso cando se dean pasos para un acordo semellante ao Plan Xeral de Normalización Lingüística ou para unha protección real do idioma", concluíu.
NOS_19814
O evento terá lugar este sábado 29 de maio e consistirá nun recital que reunirá a algunhas das poetas do proxecto ' Daquelas que cantan'.
A Casa-Museo Rosalía de Castro honra este sábado á protagonista do Día das Letras 2021, Xela Arias, cun recital lírico que reunirá a cinco das poetas que en 1997 participaron xunto á escritora sarriá no proxecto ' Daquelas que cantan', un libro-cd editado polo Padroado Rosalía de Castro con motivo do 50 aniversario do seu nacemento. Este sábado na Casa da Matanza de Padrón daranse citas cinco das once escritoras que hai case 25 anos acompañaron a Arias naquel ' Daquelas que cantan'. Ese proxecto tivo lugar en torno á creación de poemas dedicados a Rosalía acompañados pola música de Rodrigo Romaní e baixo a dirección de Ana Blanco. Un proxecto no que participou Xela Arias Xela Arias foi unha desas once escritoras que particparon no proxecto xunto a Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, María Xosé Queizán, Helena Villar, Chus Pato, Pilar Pallarés, Ana Romaní e Yolanda Castaño. Algunhas delas -Chus Pato, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Pilar Pallarés- estarán xunto a Rodrigo Romaní este sábado en Padrón. A cita estaba prevista inicialmente para o pasado 8 de maio pero que tivo que ser posposta polo peche perimetral de Padrón debido ao estado epidemiolóxico do municipio coruñés. O recital poderá seguirse a través da canle de Youtube de Casa-Museo Rosalía de Castro.
NOS_14479
Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes pola Covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos, pese a representar menos do 9% da poboación galega. Son datos recollidos dun estudo asinado por Iván Area e Henrique Lorenzo (Universidade de Vigo); Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Pedro J. Marcos (director asistencial e neumólogo do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Sergas)
A revista International Journal of Environmental Research and Public Health publicou o estudo One year of the covid-19 pandemic in Galicia: a global view of age-group statistics during three waves asinado por Iván Area e Henrique Lorenzo (Universidade de Vigo); Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Pedro J. Marcos (director asistencial e neumólogo do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Sergas). Nel analízanse os datos de persoas falecidas e contaxiadas e de ingresos en hospital e en unidades de coidados intensivos por grupos de idade e en distintos momentos da pandemia (na primeira onda, no ano completo e no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e os primeiros días de abril de 2021, coincidindo este último período co comezo da campaña de vacinación e a propagación da mutación británica do virus na Galiza). Persoas falecidas Na análise realizada, os investigadores sinalan que nun ano de pandemia case o 71% das persoas falecidas era maiores de 80 anos. Ademais, o 19% estaba no grupo de idade de 70-79; algo máis do 6% no grupo de 60-69 e un pouco menos do 3% no grupo de 50-59 anos de idade. Deste xeito, máis do 99% das mortes producíronse en persoas maiores de 50 anos. A porcentaxe de persoas falecidas respecto ao total de pasamentos, recóllese no estudo, decrece a medida que vai avanzando a campaña de vacinación nas persoas maiores de 80 anos. Das 10.836 persoas maiores de 80 anos que padeceron a doenza, os autores do traballo sinalan que 1643 delas morreron. "É dicir, morreu máis dun 15% das persoas maiores de 80 anos que enfermaron", afirman. Respecto aos datos de defuncións, os investigadores tamén subliñan como "resulta moi importante destacar que o máximo diario de persoas falecidas na primeira e na terceira onda teñen valores moi semellantes". Contaxios por grupos de idade O estudo tamén abrangue os datos de persoas contaxiadas, informa a Universidade de Vigo no Duvi. Neste senso, os investigadores destacan que "durante a primeira onda da pandemia e no comezo do actual curso académico repetiuse en distintos foros que a covid-19 non afectaba ás persoas menores. A realidade é ben distinta". Así, detallan, na primeira onda, os datos oficiais sobre a afectación nos grupos de idade de 0-9 e de 10-19 arroxaban unhas porcentaxes do 0,84% e 1,61% dos casos, respectivamente, é dicir, algo máis do 2% dos casos, cando estes grupos representan case o 16% da poboación. Porén, indican, se analizamos o sucedido desde o 1 de xaneiro de 2021 obsérvase que no grupo de 0-9 recolléronse o 7,93% dos casos (cando representan o 7,30% da poboación galega) e no grupo de 10-19 o 9,99% dos casos cando representan o 8,50% da poboación. "O mito de que a Covid-19 non afecta ás persoas de menos idade queda claramente demostrado que non é certo" "Co avance da pandemia e a xeneralización de probas PCR entre a poboación obsérvase que a porcentaxe de casos detectados por grupo de idade é moi semellante", indican os investigadores. "O mito de que a Covid-19 non afecta ás persoas de menos idade queda claramente demostrado que non é certo", din os investigadores. A extrapolación destas porcentaxes á primeira onda, engaden os autores do traballo, "indicaría que unha poboación duns 3.000 contaxiados asintomáticos menores de 20 anos non detectados terían actuado como vectores de transmisión da enfermidade na primeira onda". Outro aspecto importante en relación cos novos contaxios analizados no traballo "é que o máximo de infeccións da terceira onda foi catro veces superior ao da primeira onda", indican os seus responsábeis. Ingresos nos hospitais e UCI Un dos problemas durante a pandemia, apuntan os investigadores que realizaron o estudo, "é poder atender ás persoas que necesitan hospitalización". Durante a pandemia, sinalan, "máis do 72% das hospitalizacións correspondeu a persoas maiores de 60 anos". Esa porcentaxe foi superior durante a primeira onda, xa que o grupo de persoas maiores de 60 anos tivo foi algo máis do 76,17% das hospitalizacións. Porén, engaden, "sen dúbida un dos principais problemas durante a pandemia é dispor de camas e recursos humanos nas unidades de coidados intensivos". Neste senso indican como durante este ano de pandemia, case dous terzos dos casos correspondeu a persoas de entre 60 e 79 anos de idade. Ademais, se ben na primeira onda houbo 315 persoas ingresadas, durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 1 de abril o número de persoas que ingresaron nas UCIs galegas superou as 800.
NOS_22132
CIG-Ensino critica que a Consellaría continúe a incumprir a obriga de velar polo uso do idioma propio
CIG-Ensino informa que recibe queixas do profesorado que participa en actividades formativas organizadas pola propia administración nas que se entrega documentación de traballo en lingua castelá ou mesmo se emprega este idioma para a impartición das aulas. O último exemplo nesta dinámica foi o curso 'Introdución ao manexo do kit de Robótica Educativa' que vén de organizar o CAFI para os niveis de Primaria e de Secundaria. CIG considera que que estamos perante unha mostra máis do "desleixo" do goberno no ámbito educativo, "incumprindo o seu deber de velar porque os materiais curriculares empregados formación do profesorado galego estean nosa lingua".
PRAZA_521
A selección masculina cae na final ante Arxentina (7-4) logo da histórica estrea nunha competición oficial, onde o combinado feminino perdeu en semifinais. O éxito nos Xogos Mundiais culmina a fazaña dun deporte que empezou a xogarse hai tan só cinco anos no país. Vídeo no interior.
Histórica Galicia. A selección de fútbol gaélico -a primeira galega que compite de xeito oficial nun torneo internacional- proclamouse subcampioa dos Xogos Mundiais que se disputaron esta fin de semana en Abu Dhabi. O combinado masculino caeu na final ante Arxentina (por un axustado 7-4) e despois de que os americanos acadasen o empate a poucos segundos do final para acabar gañando na prórroga. Malia todo, foi unha estrea case inmellorable, con tres partidos gañados dos cinco disputados e coa honra de ser o equipo co maior resultado a favor do campionato na súa vitoria ante Oriente Medio (18-0). Galicia caeu na final ante Arxentina (7-4) logo dun excelente Mundial no que era a súa estrea oficial como selección A histórica estrea dunha selección galega oficial completouse co bo facer do equipo feminino, que arrancou cunha vitoria ante Suráfrica pero que non puido logo coas súas rivais. Sexa como for, Galicia sairá do Mundial de fútbol gaélico coa cabeza ben alta e culminando unha fazaña histórica para un deporte afeccionado que botou a andar no país hai tan só cinco anos, que xa conta cunha liga con varios equipos, a súa propia federación e unha selección oficial. Agora, tamén conta con subcampionatos. Na xornada deste sábado, o equipo galego masculino continuou coa súa boa xeira vencendo nas semifinais a Suráfrica (12-5) para alcanzar así a final coa potente Arxentina, mentres que as rapazas non puideron con Oriente Medio (15-7). Xa o pasado venres, as seleccións galegas debutaran con tres vitorias, dúas conseguidas polos mozos e unha polas mozas na xornada inaugural, na que os dos combinados disputaron cadanseus tres encontros. Tanto o equipo masculino como o feminino venceron a Suráfrica na súa estrea oficial como seleción (9-2 e 10-5, respectivamente) En ambos os dous casos, o xogo fluído dos galegos foi moi superior ao dos africanos. No seu segundo encontro, as rapazas galegas caeron ante Canadá con claridade (12-0), para logo caer derrotadas tamén ante Oriente Medio (9-4). O Mundial de fútbol gaélico supuxo a estrea dunha selección galega oficial nun torneo internacional No caso da selección masculina, Galicia caeu tamén na primeira fase ante Arxentina (6-10) pero refíxose para asegurar o segundo posto do grupo superar amplamente o combinado de Oriente Medio, ao que derrotaron cun claro 18-0, no resultado máis amplo do torneo. Ademais, dous xogadores galegos foron elixidos para o once do campionato, ao igual que dúas galegas. "Xa chegar ata aquí foi un éxito, ao igual que gañar un partido. Agora tócanos gozar disto", aseguraba Iago Pedreira, un dos integrantes da selección galega, en declaracións á TVG. Todos os xogadores e xogadoras son amateur e moitos deles tiveron que pedir permiso nos seus traballos ou coller días de vacacións para poder disputar este Mundial, ao que Galicia puido acudir grazas ao apoio de patrocinadores como a Deputación de Pontevedra, pero tamén ás achegas conseguidas a través dunha campaña de crowdfunding coa que apañaron máis de 4.000 euros. Foi a primeira vez que se xogaron estes Xogos Mundiais e que se disputan torneos oficiais de deportes gaélicos fóra de Irlanda, selección que non participou no evento. Sería algo así como poñer un equipo da NBA xogar contra baloncentistas que comezan a dar os seus primeiros pasos na disciplina. Un éxito histórico A presenza de Galicia neste Mundial é histórica, non só para o fútbol gaélico, senón para o deporte galego en xeral, ao ser o primeiro combinado nacional recoñecido oficialmente. Todo comezou hai cinco anos, cando un grupo de rapaces da Coruña puxo en marcha o primeiro equipo de fútbol gaélico do país. Os Fillos de Breogán comezaron unha aventura nun deporte irlandés, de 130 anos de historia pero do que pouco máis se sabía que semellaba unha mestura entre fútbol e rugbi. Impulsaron un club e soñaban con conseguir máis conxuntos cos que xogar. Na actualidade, esta disciplina conta cunha liga galega con 15 equipos (oito masculinos e sete femininos) afiliados na Asociación Galega e coa súa propia selección oficial recoñecida pola federación irlandesa que rexe este deporte a nivel global. O éxito do fútbol gaélico en Galicia é único, ao ser impulsado por galegos e non por irlandeses, como no resto dos países O éxito deste deporte en Galicia é único a nivel mundial. Nunha disciplina plenamente irlandesa, a maioría de equipos que hai fóra de Irlanda están compostos por xente da illa ou descendentes deles, como é o caso tamén deste Mundial. En Galicia, o 99,9% dos xogadores son galegos e o que empezou como unha aventura mobiliza xa uns 250 xogadores e xogadoras cada fin de semana e de maneira totalmente afeccionada. De feito, un combinado galego e outro da Bretaña disputaron o primeiro partido entre seleccións nacionais da historia deste antigo deporte. Entre os convocados queu disputan este Mundial hai xogadores do Irmandinhos da Estrada, dos Fillos de Breogán da Coruña, do Mecos e Mecas do Grove ou do Estrela Vermelha de Compostela.
NOS_12922
As coordinadoras de Encontro cidadán por unha Marea Galega e de Iniciativa pola Unión reuníronse na tarde de onte e acordaron emprazar os partidos políticos a asistir a un foro político para avanzar no proceso de cara á constitución dunha candidatura unitaria.
As coordinadoras de ambas as plataformas veñen de emitir un comunicado no que informan do acordo de convocar os partidos políticos que "se veñen pronunciando a prol dunha candidatura de unidade" co fin de constituír, de "maneira inmediata", un "foro político". Neste foro, sinala a información, acordaranse "os aspectos esenciais que permitan a construción dunha candidatura de unidade popular e artellamento participativo que dea resposta á demanda existente nos sectores transformadores da sociedade galega". Ambas as plataformas tamén salientan a "vontade compartida" de ambas as plataformas "de pular por un proceso de construción de unidade popular" co fin de conseguir "unha candidatura galega unitaria". Apostan en que a configuración da candidatura incorpore "metodoloxías que permitan a participación directa da cidadanía, as Coordinadoras de Encontro Cidadán por unha Marea Galega e de Iniciativa pola Unión". A reunión terá lugar entre a vindeira quinta feira e o sábado Segundo puido coñecer Sermos Galiza, a reunión á que están chamadas as formacións políticas terá lugar entre a vindeira quinta feira e o sábado, en función das posibilidades dos convocados. Están chamados a participar, amais dos partidos políticos "de máis peso", outras formacións políticas máis minoritarias, co fin de conseguir toda a pluralidade posíbel entre os que traballan por unha candidatura unitaria. Xosé Luís Rivas, "Mini": "Os partidos teñen que sentar e tirar conclusións" Pola súa banda, Xosé Luís Rivas, "Mini", membro da coordinadora de Iniciativa pola Unión advirte de que se esgotan os prazos, "hai que decidir xa se van unha, dúas ou catro candidaturas, pois a indecisión está entorpecendo calquera outra posibilidade". "A candidatura unitaria é agora ou nunca", asevera "Mini", quen lle asegura a Sermos Galiza que "o asunto está moi maduro". "Hai un clamor nas bases das plataformas porque todo isto sementou moita ilusión. O país demanda unión, sentido común e políticas que nos saquen da situación que se atopa no país", afirma o ex alcalde de Boimorto, que insiste en chamar "a engulir as palabras que se dixeron de máis, a xuntarnos nunha mesa para falar do que nos une e a deixar tras a porta o que nos separa". "Mini": As relacións entre Iniciativa e o Encontro nunca se enfriaron Da reunión, o cantautor di que espera "boa vontade e sentido común, que a amizade que nos uniu e nos une prime por riba das liortas políticas, que moitas veces son postureos". Tan ilustrativo coma sempre, "Mini" apela a "irmos ao baile todos xuntos e que cada un se queixe das súas pernas e articulacións". "A xente estaba equivocada cando cría que as relacións entre Iniciativa e o Encontro se enfriaran, porque nunca se enfriaron", subliña "Mini", quen admite estar ilusionado. "Nesta reunión, os partidos teñen que sentar e teñen que sentir que as bases apretan, que discutan, tiren conclusións e vaiamos cara adiante". Quique Costas: "Xa non é tempo de debate, é tempo de acción" En conversa con Sermos Galiza, Quique Costas, membro da coordinadora do Encontro, amosa a súa "satisfacción" polo acordo de ambas as plataformas para convocar os partidos políticos. Explícanos que tras a votación das bases do Encontro, "falamos da necesidade de traballarmos o máis conxuntamente posíbel para chegar ao obxectivo de configurar unha candidatura de unidade popular". "Desde ese momento, mantivemos contactos entre as dúas plataformas para constituír conxuntamente un foro no que se puidese traballar de maneira activa na candidatura de unidade", sinala. Quique Costas: Hai que saír da reunión con cuestións pechadas e con prazos O que pretenden ambas as plataformas coa reunión na que participarán os partidos é "acelerar a marcha dos acontecementos, porque xa non é tempo de debate, senón de acción". Afirma que o "proceso de participación cidadá" vai "requirir de tempo", un tempo que "non é o dos acordos de coalicións que aos que se chega no último momento". "Esperamos que a reunión sexa altamente resolutiva", salienta, "hai que saír con cuestións xa pechadas e para aquelas que non se poidan fechar, hai que marcar prazos concretos".
NOS_29727
O deseño ten un valor estratéxico que serve para facilitar a vida da cidadanía. Esta foi unha das ideas que centrou o debate entre Irene García e Uqui Permui, dúas creadoras que suman décadas de experiencia no mundo do deseño.
Moderado por Ramón Rozas -crítico de arte, comisario e membro da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega-, o Consello da Cultura Galega (CCG) organizou a oitava entrega do ciclo Diálogos confinados, que puxo sobre a mesa a situación do deseño gráfico, das eivas actuais e dos retos de futuro da man de Irene García e Uqui Permui, dúas creadoras que suman décadas de experiencia no mundo do deseño. "Os deseñadores gráficos xa traballabamos en dixital e empregabamos moito esta canle e, polo tanto, non nos afectou tanto" afirmou Uqui Permui sobre as rutinas de traballo. logo da pandemia da COVID-19. Agora ben, a situación foi diferente no que ten que ver cos proxectos dos seus clientes, aos que si lles afectou a parálise, xa que "algúns se pospuxeron e outros directamente se cancelaron". Outra recoñecida deseñadora, Irene García, afirmou que "xa estamos afeitas a traballar en rede e confinadas na casa, así que aproveitamos este tempo para volver e pensar". O que si quixeron deixar claro neste diálogo é que a parálise trouxo de volta algunhas novas incertezas. "A maior preocupación é que pensen que o deseño é un adorno prescindíbel, e nós temos que trasladar que o deseño e a innovación están moi vencellados a mellorar" asegurou Uqui. As solucións pasan, entre outras medidas, por "mellorar a comunicación online e a adaptación ao medio dixital, que é importante" en palabras de Irene García. As dúas salientaron o valor que o deseño ten, non só como imaxe final, senón como valor estratéxico que permite facilitar a accesibilidade e, en consecuencia, a vida da cidadanía.
NOS_15540
Contas de persoas usuarias en todo o mundo están a ser suspendidas ou eliminadas por parte de Meta, empresa dona de múltiples redes sociais, entre elas, Instagram.
A rede social Instagram sufriu unha caída xeneralizada do seu servizo, que xerou problemas á hora de iniciar sesión ou utilizar a propia aplicación e que resultou con miles de afectados, algúns deles informados de que as súas contas foron suspendidas ou mesmo eliminadas. Esta rede social tería rexistrado os primeiros problemas ao redor das 14.00 horas (hora local) e o pico máis alto desta caída reportouse sobre as 15.10 horas, segundo indicou a plataforma dixital Downdetector. As incidencias De acordo con esta plataforma, as incidencias máis comunicadas polos afectados foron os intentos errados de inicio de sesión (un 72 por cento do total das denuncias), de inicio de aplicación (17 por cento) e de refresco ou carga (12 por cento). "Suspendemos a túa conta o 31 de outubro de 2022. Tes 30 días para reclamar esta decisión", pódese ler nas notificacións que enviou Instagram, nas cales se detalla que o fechamento temporal ou total das contas se debe a que a devandita persoa usuaria non segue as normas comunitarias. Instagram eclosiona en galego Ademais, indícase que no caso de que Instagram non poida confirmar a conta, desactivaraa permanentemente e que, dentro dese prazo dun mes ninguén poderá visualizar a conta en cuestión nin tampouco utilizala. Pola súa parte, Instagram confirmou este problema rexistrado nas contas de varios usuarios e anunciou que está a investigar que é o que puido suceder, a través da súa conta de Twitter. De momento descoñécense os motivos do erro da rede social, mais coincide co despregamento dunha nova actualización para a aplicación.
NOS_22814
A Deputación da Coruña tira dun informe xurídico para avisar de que os concellos están a asumir uns traballos que son competencia do Goberno galego. A crítica, e consecuente demanda de fondos, vén motivada porque as actuacións implican un alto sobrecuste inesperado para as arcas municipais.
A Deputación coruñesa quere que sexa a Xunta a que asuma os gastos polas actuacións para limpar e desinfectar os centros educativos, unha labor da que polo momento se están a facer cargo os propios concellos. A demanda da institución está relacionada coas tensións económicas que estas tarefas están a supoñer nas contas da maioría dos municipios. Para reforzar o seu discurso de reivindicación ante a Xunta, o presidente do organismo, Valentín González Formoso, encargou un informe á Asesoría Xurídica para aclarar de quen son as competencias. "Para os concellos, asumir a desinfección dos colexios varias veces ao día e incrementar os cadros de persoal do servizo de limpeza supón un gasto moi importante", advertiu. Ante as queixas que chegaron desde distintos municipios, o informe é revelador: "Aclara que, unha vez máis, os concellos estamos asumindo unha competencia que non nos corresponde". Tras contar con ese apoio xurídico, González Formoso exixe á Xunta que dea "apoio económico" aos concellos, de forma que estes poidan desenvolver unhas funcións tan fundamentais neste momento "coas máximas garantías". Consignación orzamentaria O documento será empregado para reclamar a implicación do Goberno de Feixoo, mais tamén foi enviado aos diferentes concellos para que teñan coñecemento de cales son os seus dereitos e deberes neste contexto de maior esforzo na limpeza para evitar a expansión do coronavirus. Desde a Asesoría Xurídica da Deputación aseguran que, se a Xunta "optara por ampliar as competencias sobre conservación e mantemento de centros escolares, coa inherente carga financieira que conlevaría, debería pór ao dispor dos concellos a correspondente provisión de medios económicos para o exercicio da mesma". Para xustificar esta cuestión fai referencia aos artigos 7 e 27 da Lei de bases de Réxime Local. "En modo algún pode encomendarse ás entidades locais novas funcións e responsabilidades na conservación e mantemento dos centros escolares, que son de titularidade autonómica, sen a corresponde consignación orzamentaria", insistiu González Formoso.
NOS_23305
A ex república soviética acentúa a súa crise con esta situación.
O presidente da República de Armenia, Nikol Pashinián, denunciou hoxe unha tentativa de golpe de Estado militar, após exixir o Estado Maior das forzas armadas do país a súa dimisión como xefe do Executivo. A solicitude da cúpula militar produciuse despois de que o mandatario da antiga república soviética destituíse o primeiro subxefe do Estado Maior, Tirán Jachatrián, quen na terza feira criticou a Pashinián por afirmar que os sistemas rusos de mísiles balísticos de curto alcance Iskander, empregados polos militares armenios durante o conflito en Nagorno Karabaj, eran defectuosos. "O primeiro ministro e o Goberno de Armenia de agora en diante non están en condicións de adoptaren decisións axeitadas nesta situación de crise fatídica para o pobo armenio", sinala o comunicado do Estado Maior, quen denuncia que o cese Jachatrián foi adoptado "por motivos miopes e non razoábeis" e "sen ter en conta os intereses nacionais". A declaración dos militares é a expresión da fenda aberta nese país nos últimos tempos e moi particularmente tras a súa recente derrota na guerra con Acerbaixán, que ten provocado unha caída moi importante da popularidade Pashinián e unha vaga de protestas contra a súa política. Nikol Pashinián cualificou as demandas militares como "unha tentativa de golpe militar", alentou os seus seguidores a tomar as rúas concentrándose na praza da República da capital do país en Ereván e afirmou a súa vontade de reconducir a situación. "A policía e outras forzas da orde garantirán a seguridade", destacou o mandatario armenio, quen cualificou o pronunciamento do Estado Maior como "unha reacción emocional" e sinalou que a "situación é tensa, mais controlábel, cunha maioría do Exército que aínda obedece ao primeiro ministro e ao pobo". As próximas horas van ser chaves para a resolución do conflito, con importantes variábeis xeoestratéxicas. A un tempo, amosa a situación de inestabilidade no patio traseiro de Rusia, que ten levado o presidente, Vladimir Putin, a denunciar unha operación das potencias occidentais para debilitar a súa posición na zona. Por outra banda, Pashinián tense caracterizado por marcar distancias con Moscova e aproximarse a Francia e aos Estados Unidos, polo que a súa caída favorecía os intereses do Kremlin.
NOS_39694
É a terceira ocasión en que o xulgado do contencioso-administrativo falla contra o rexedor por vulnerar dereitos fundamentais da central sindical nacionalista.
O xulgado do contencioso-administrativo nº2 de Ourense emitiu unha sentenza en que condena o alcalde de Verín --e senador-- Jiménez Morán a pagar unha indemnización de 2.000 euros e as costas do xuízo á Confederación Intersindical Galega. O Concello terá de pagar 2.000 euros de indemnización á central sindical nacionalista e as costas do xuízo O fallo produciuse após denunciaren a vulneración do dereito á liberdade de expresión nun decreto aprobado polo Concello no que exixía a retirada dunha serie de faixas penduradas na vila pola central nacionalista. Desde a CIG denuncian a actitude do rexeidor após ser esta a terceira sentenza que o condena por "violación dos dereitos fundamentais" da CIG. Neste senso, aseguran que informarán ao presidente do Senado --pois é Jiménez Morán senador por Ourense-- co obxecto, din, de que "comproben que tipo de personaxes representan este país" na Cámara alta. Tres sentenzas condenatorias Jiménez Morán é un habitual dos xulgados por vulnerar dereitos recollidos na Constitución española en relación ao sindicalismo nacionalista. Xa en maio de 2011 foi denunciado perante o xulgado do contencioso-administrativo por lles ser prohibido o uso de megafonía para anunciar a folga xeral do 27 de xaneiro. En 2011 o alcalde de Verín prohibiu á CIG o uso de megafonía e en 2009 violou o seu dereito á negociación colectiva e liberdade sindical Nese mesmo ano mais no mes de outubro a sala do contencioso-administrativo do TSXG declarou nulos os orzamentos da vila correspondente ao exercicio de 2009 por violaren o dereito á negociación colectiva e de liberdade sindical á CIG. Para a central sindical nacionalista estas tres decisións xudiciais deberían facer que "o PP tomase cartas no asunto" para que "apartase dos seus cargos" ao rexedor. No entanto, desde a CIG cren que isto "non vai acontecer" polo que anunciaron que informarán do acontecido á Presidencia do Senado, institución da que Jiménez Morán toma parte como representante da circunscrición de Ourense; e á presidenta do Parlamento galego, co obxecto, din, "de que comproben que tipo de personaxes representan este país".
NOS_34832
A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou en Lugo os prezos baixos no leite cos que traballa a cadea alimentaria Mercadona na súa marca branca. A forte presenza desta compañía no país e no resto do Estado español, aseguran, marca a tendencia que seguirán outras empresas e, tamén, outras marcas de leite na Galiza.
A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou esta cuarta feira diante das instalacións dun supermercado Mercadona en Lugo a incidencia que está a ter no mercado e nas explotacións gandeiras galegas a estratexia de marcas brancas desta empresa. A compañía, propiedade do empresario Juan Roig, conta na actualidade con 120 interproveedores que suman máis de 220 fábricas en todo o Estado. Co nome de Hacendado comercializa nos seus estabelecementos produtos que van desde pizzas até viño pasando polo leite. Sobre este último Fruga acusa esta firma de ser a culpábel de que os prezos que perciben as granxas estean por baixo do seu custe, obrigando a outras compañías de alimentación a seguir o mesmo camiño e pagar menos polo leite que recollen. Elías Somoza, coordinador dos sectores gandeiros de Fruga, explica a Nós Diario que a situación non é nova mais agravouse polo gran aumento de custos que tivo o sector nestes últimos meses como consecuencia do aumento das tarifas da electricidade ou da alimentación dos animais que medrou un 8,5%. "Os propios estudos realizados polo Ministerio de Agricultura indican que son de 36 céntimos por litro e agora mesmo págase moi por debaixo desa cantidade", asegura Somoza. O 'efecto Mercadona' na baixada dos prezos Mercadona ten na actualidade un 25% da cota da distribución e chega a ocupar, segundo algunhas fontes, entre o 30% e o 35% do leite líquido vendido a nivel estatal. Os movementos de prezos que realice nas súas marcas brancas, daquela, inflúen en milleiros de explotacións e mesmo marcan o camiño para outras compañías que non queren quedar fóra do mercado. "Venden a 58 ou 60 céntimos cando en países como Francia non atopas ningunha por baixo de 1 euro e mesmo chegan a ser de 1,5 euros", sinala Somoza. Desde Fruga aseguran que con eses prezos os interproveedores teñen que baixar tamén os prezos "e coa gran concentración de distribución que ten Mercadona os outros supermercados adáptanos tamén". Desde esta organización agraria nacionalista aseguran que o efecto que produce esta rebaixa afecta tamén ás propias marcas que non son brancas e que se distribúen nestes estabelecementos. "Cando hai unha diferenza moi grande entre eles e a marca branca, a xente opta pola marca branca polo que tamén esas marcas vénse obrigadas a reducir prezos e repercutilos nas explotacións gandeiras que son as grandes prexudicadas", relata Somoza. Os proveedores de leite galego de Mercadona A estratexia de expansión de Mercadona comezou en 2012 coa súa entrada en Portugal. De tratar con fabricantes propios a partir dese ano engadiulle desde 2018 o trato directo con interproveedores produto a produto procurando a especialización e non a gama completa. No caso do leite na Galiza, a compañía valenciana traballa con Naturleite e Entrepinares. A primeira é a empresa da cooperativa andaluza do Val dos Pedroches (Covap) que comprou en 2018 a planta de Leite Celta en Meira, onde agora opera. Segundo os seus propios datos, conta cuns 90 traballadores e recolle uns 120 millóns de litros de leite. A segunda, Entrepinares, é un grupo con sede en Castela e León que conta cunha planta no polígono Sete Pontes de Vilalba. Nelas realizou un investimento de 38 millóns de euros coa intención de ampliar as instalacións, renovar a factoría e concentrar o 50% da súa produción. A voltas coa cadea alimentaria Outro dos problemas que teñen as explotacións é que a Lei da Cadea Alimentaria 2021-2025, a solución que deu o Ministerio de Agricultura ás demandas das explotacións gandeiras para controlar que a industria láctea pague por riba dos custos de produción, non está funcionando. Somoza cre que nestas circunstancias "se as Administracións son incapaces de dotarse dunha lei de calidade alimentaria que impida os abusos deberían cambiar esas leis do mercado da competencia que afogan as explotacións gandeiras".
NOS_9572
Manolo e Begoña González explican as razóns de consulta de palabras na RAG
Por que acudimos ao dicionario? Que razóns colocan 'afouteza' ou 'chimpín' entre as entradas máis buscadas na obra referente da Real Academia Galega? Manolo González e Begoña González veñen de publicar nos Cadernos da lingua un estudo que, a partir do rexistro das 50 entradas máis procuradas, trata de pólas en relación coa presenza en xornais ou outros motivos que xustifican as tendencias de consulta. A presenza na sociedade é o principal factor de busca? Si, o que sobresae por riba de todo é a aparición dunha voz nos medios de comunicación. Cando unha palabra está de moda por algún feito social, isto repercute de maneira extraordinaria na consulta no dicionario. Hai casos evidentes no ano que examinamos, con voces como 'afouteza', 'teimudo', 'sapoconcho' ou 'chimpín', que por diferentes circunstancias tiveron unha presenza continuada nos medios. No caso de 'afouteza', foi por unha campaña do Celta de Vigo para captación de socias. Aparecía todas as fins de semana no campo de fútbol, así como na televisión, na radio... 'Teimudo' foi o punto de partida dunha campaña de Gadis, nesa vontade de incardinar coa sociedade galega e buscar aqueles trazos máis significativos dos galegos. Durante a duración do anuncio, produciuse un incremento nas buscas no dicionario. Logo, coincidindo coa época do festival de Cans, no que o premio é o chimpín de prata, nótase un incremento de persoas que queren saber o que é o 'chimpín'. E que outros factores condicionan as procuras? Entre as palabras máis buscadas atopamos tamén 'cona', 'conacha', 'pirola'... Estas responden a buscas da rapazada cando entra na pubertade, que acode ao dicionario en procura destas verbas escatolóxicas relacionadas co sexo. Durante certo tempo, estiveron en primeiro lugar entre as palabras semanais máis buscadas que se presentan na plataforma dixital. Isto tiña un efecto chamada que tamén debeu influír. Outro factor é o dos termos que carecen de connado co castelán, é dicir, que non teñen irmán nesa lingua ou raíz común. É o caso de 'miñaxoia', 'luscofusco' ou 'trosma'. Cando unha persoa non familiarizada co galego entra en contacto con ela é normal que a procure co dicionario, pois non sabe interpretala. Logo está a homonimia, sobre todo cando xera a dúbida de se ten diferenzas gráficas. E o uso do dicionario no mundo escolar, inflúe? Si, moitas das palabras da lista son obxecto de estudo, como acontece con 'esmorga', ao ter que ver coa obra de Blanco Amor, ademais doutras dinámicas externas como un roteiro por Ourense ou o propio filme. Tamén ás veces aparecen verbas que non teñen sistematicidade na familia. Aínda que todas sabemos o que é 'personaxe', moitas persoas aconden ao dicionario para corroborar que leva 'n' e non segue o modelo de 'persoal'. Nesta palabra conflúen os problemas que pode ter de xénero.
NOS_55209
Vén de publicarse na rede un manifesto que demanda, facendo comparanza coa discriminación racial, a igualdade de oportunidades para a escrita reintegracionista na publicación de libros, nos premios literarios, nos movementos en defensa da lingua... "O reintegracionismo fai parte da cultura en lingua galega", afirman.
O texto defende que "o reintegracionismo xogou o seu papel nas marxes mais non pode continuar alá. Fai parte da cultura en lingua galega" e reclama que alguén dea un paso á frente, sinalando directamente os aludidos: "As grandes editoras (Xerais e Galaxia á cabeza), os movementos sociais en defensa da lingua (Queremos Galego, A Mesa), as asociacións que velan por unha cultura ameazada (as de escritores/as, editoras e librarías) deben darnos entrada. Urxentemente. Para a Rosa Parks ocupar a cadeira baleira, a da vergoña". No manifesto, no que se reclama o apoio tamén dos 'isolacionistas', denúnciase que "ser reintegracionista é hoxe na Galiza non poder subir ao autocarro da literatura galega", en referencia ao coñecido episodio da activista negra Rosa Parks. "As editoras galegas profesionais non publican fóra da normativa en vigor, cualificada de oficial", afirman, e os premios literarios "exclúen aqueles textos que non obedezan fielmente os ditados da Academia". Na tarde da sexta feira, o texto estaba asinado por máis de 200 persoas, maiormente do mundo académico e da cultura. Entre eles hai editores como Afonso Ribas (Laiovento) ou Celia Recarey (Irmás Cartoné); políticos como Carme Adán, Xosé Manuel Beiras ou Olalla Rodil; profesores universitarios como Carlos Quiroga, Carlos Taibo, Olga Castro ou a propia Teresa Moure; músicos como Davide Leira ou Eliseu Mera; o presidente d'A Mesa, Marcos Maceira; e escritores como Xina Vega, Sechu Sende, Mario Regueira ou Igor Lugrís.
PRAZA_7415
Un inspector de educación analiza neste texto algúns dos aspectos máis salientables do proxecto de lei, comezando por dous conceptos que considera "claves": democratización e autonomía na xestión.
Un inspector de educación -que prefire manter a súa identidade oculta- analiza neste texto algúns dos aspectos máis salientables do proxecto de lei, comezando por dous conceptos que considera "claves": democratización e autonomía na xestión. Este pensamento en voz alta dun membro da Inspección Educativa trata humildemente de analizar, dende o observatorio desta profesión, o que supón ou pode supoñer unha modificación do marco lexislativo neste país que veña mudar a Lei orgánica vixente (LOE/LODE) pola Lei orgánica LOMCE. Esta primeira entrega pretende acoutar, a través da reflexión verbo dalgúns dos aspectos máis salientables do proxecto de lei, as consecuencias que –no entender profesional do autor– levarán unha viraxe na dinámica de traballo e na autonomía dos centros escolares. Non entrarei a analizar, non obstante, o aspecto tan debatido do tratamento das linguas: xa existen foros e organizacións de todo tipo e autoridades científicas que están nesa tarefa. Preocupareime doutros aspectos que están no borrador, e que configuran unhas novas regras de xogo que están a piques de ser aprobadas. Esta primeira entrega pretende acoutar, a través da reflexión verbo dalgúns dos aspectos máis salientables do proxecto de lei, as consecuencias que –no entender profesional do autor– levarán unha viraxe na dinámica de traballo e na autonomía dos centros escolares Nestes días, nos que tanto se pode ler, escoitar, reflexionar… escoitei que o ministro do ramo consideraba a LODE (Lei orgánica do dereito á educación), obsoleta e que era preciso modificala. Pois ben, analicemos cales eran as mudanzas previstas na LODE e comparemos aspectos básicos do discurso que nos preámbulos das respectivas leis reflicten o pensamento que guía ou pretende guiar o camiño polo que discorre o articulado de cada unha desas normas. Da lectura tranquila do preámbulo, extráese a impresión de que se introducen conceptos de diferentes pensamentos e filosofías, así como textos de diversos autores mesturados de xeito confuso, cando non contraditorio: ás veces semella unha lectura cun fío condutor moi claro, mais non tarda en renxer, cando se trata de darlle un cariz máis próximo a teorías nas que os autores da LOMCE non cren, polo que acaba dando a sensación dun corta-pega dos que adoitan facer os alumnos con pouco tempo na véspera da presentación dun traballo. Hoxe propoño comezarmos a reflexionar sobre algúns conceptos que para min son as claves: democratización e autonomía na xestión... Hoxe propoño comezarmos a reflexionar sobre algúns conceptos que para min son as claves: democratización e autonomía na xestión... deixando para outra ocasión aspectos máis concretos presentes no articulado que definitivamente sexa aprobado. Só quen vivira, convivira ou se educara en contextos normativos anteriores á Lei xeral de educación de 1970; quen estivera no oficio da docencia a partir dese marco legal; quen por permanecer neste oficio cando se promulgou en 1985 a "obsoleta LODE" celebrara a súa publicación; só a eles se lles pode permitir falar da necesidade de mudar o actual marco legal. E ademais, en boa lóxica, esa reforma debería abordarse despois dunha avaliación técnica ampla, cientificamente válida e fiable, que achegue solucións e propostas para a mellora; mais non, como se di no borrador desta futura lei, con base en que "os cambios propostos están baseados en evidencias". É verdade que unha avaliación da LOXSE tecnicamente sólida daríanos algunhas claves para mellorala sen cambiar o fondo e a filosofía, pero politicamente deixouse escapar a ocasión cando o momento era propicio, e despois os ventos neoliberais foron sixilosamente facendo acto de presenza –en actuacións tácitas e expresas inspiradas nesa ideoloxía– como se dun verdadeiro proceso de obsolescencia programada do ensino público e de calidade se tratara. Sobre este aspecto deterémonos máis noutra ocasión. Unha avaliación da LOXSE tecnicamente sólida daríanos algunhas claves para mellorala sen cambiar o fondo e a filosofía, pero politicamente deixouse escapar a ocasión cando o momento era propicio, e despois os ventos neoliberais foron sixilosamente facendo acto de presenza Os que por sorte viviron –vivimos– esas etapas, sabemos que a LODE foi o inicio do que se considerou o marco legal da democratización da educación neste país. En sucesivos contextos e avatares políticos (sempre a política en minúsculas polo medio, e non o consenso) e con bastantes atrancos ás veces, foise modificando pero permanecendo sempre como un dos principios esenciais a ter en conta na redacción das sucesivas normativas. Considero interesante lembrar nestes momentos o que a LODE no seu preámbulo manifesta, aproximándose ao que ordena e considera a Constitución sobre os dereitos e liberdades na educación. Dese textualmente: "Os postulados da programación do ensino e participación son principios correlativos e cooperantes de axuda aos centros docentes que se contemplan no artigo 27.9 do texto constitucional, xa que contribúe a satisfacer as esixencias que del se deriven do gasto público. Por un lado, que a súa distribución sexa equitativa e que se oriente a financiar a gratuidade, e a iso diríxese a programación; por outro, optimizar o rendemento equitativo do gasto e velar pola transparencia da administración e calidade da educación, o que se asegura a través da participación. No ámbito educativo, ese control social, esa esixencia de transparencia encomendouse, máis directamente que aos poderes públicos, a pais, profesores e alumnos, o que constitúe unha preferencia pola intervención social fronte á intervención estatal". Como non vai ser obsoleta a LODE, segundo o ministro Wert? Non están de actualidade nin a equidade, nin a transparencia, nin a participación, nin a intervención social Como non vai ser obsoleta a LODE, segundo o ministro Wert? Non están de actualidade nin a equidade, nin a transparencia, nin a participación, nin a intervención social. Podemos incluso remontarnos ás ideas expostas polo actual ministro, en xullo de 2010, na FAES: "Comeza a ser maioritaria a percepción de que as malformacións do sistema se relacionan coa perda de referencias de valor daquel. Hai un claro refluxo das aspiracións participativas en beneficio da restitución da autoridade e da esixencia (…) Os evidentes excesos na descentralización do sistema educativo xa produciron un impulso social a prol dunha recuperación do papel do Estado. Hai máis xente a favor de que o sistema educativo sexa xestionado desde o Estado que favorable á súa xestión autonómica (…)" Creo que non precisa aclaracións o pensamento exposto nese foro polo actual ministro de Educación. O malo é que aqueles que o defenden, viven nunha nube que non lles deixa ver a realidade dunha sociedade que non é xa a da transición, senón outra que aglutina a herdanza daquela etapa máis a que foi crecendo baixo os beneficios da democracia, do espírito libre, das metodoloxías aperturistas, da loita pola liberdade, de vivir pensando que todo o que tiñamos e que tanto custou conquistar e manter xamais estaría en perigo. Outro concepto que consta no borrador é o da autonomía, e de novo teño o convencemento da confusión do lexislador á hora de entendelo e aplicalo. Nalgún momento, dise que a autonomía dos centros é clave para a mellora dos resultados dos alumnos: estamos diante dunha concepción da autonomía ligada ao liderado dos directivos, á rendición de contas, á xestión de persoal… e todo cunha estrita xerarquización dos órganos de goberno. Aquí está unha clave importante para entender o que acontecerá unha vez que entre en vigor a LOMCE: o Consello Escolar de cada centro terá funcións consultivas; o equipo directivo, as decisorias Aquí está unha clave importante para entender o que acontecerá unha vez que entre en vigor a LOMCE: o Consello Escolar de cada centro terá funcións consultivas; o equipo directivo, as decisorias. E iso está desenvolvido no articulado para levar ata o final o propósito que se busca: na maioría das veces, a Administración educativa debía asumir as decisións adoptadas polos Consellos Escolares, sempre e cando a lei fora respectada; dese xeito, os funcionarios –e nomeadamente as direccións dos centros– víanse avalados á hora de executar esas decisións. Sen embargo, a partir da aplicación da LOMCE, cada director/a de centro precisará negociar coa Administración as súas reivindicacións, expresando as necesidades do seu centro como unha petición a título persoal ou –no mellor dos casos– como cargo directivo ante os seus superiores. Cun cambio tan profundo do principio regulador, o Consello Escolar será para os pais unha perda de tempo, un carpetazo; e é previsible que o mesmo sexa aplicable ao claustro de profesores e ao conxunto dunha comunidade educativa. Nin sequera está claro o nivel de autonomía do cal disporán as direccións dos centros educativos. En calquera caso, semella evidente que non serán poucos os casos en que a voz tímida deses órganos de goberno deixará de escoitarse. É un momento moi importante para todos os que respiramos acotío en ámbitos educativos. Debemos ser optimistas e loitar como ao principio: uns coa palabra e outros na sombra, no traballo e na responsabilidade que toque É un momento moi importante para todos os que respiramos acotío en ámbitos educativos. Debemos ser optimistas e loitar como ao principio: uns coa palabra e outros na sombra, no traballo e na responsabilidade que toque. É tan importante tanto unha actitude como a outra para sobrevivirmos todos e que a riqueza democrática que temos se manteña. As nais e os pais tamén deben reflexionar e loitar activamente por ese espazo democrático que teñen nos consellos escolares: se non hai presenza, non hai participación. Deixarse levar por análises non sempre certas, como "total, para o que serven os consellos escolares…" dan alas para xestionar a participación eliminando a capacidade de decisión. Por iso, ningunha das nosas reflexións poden levar pensamentos de fracaso. Temos que pensar que esa parte da sociedade civil que se ve ameazada e non viviu os inicios do que temos –e non tivemos sempre– ten un punto de partida con máis posibilidades de éxito: gozaba dun modelo educativo democrático e participativo como se sempre estivera aí, na súa vida cotiá, pero cando desperte (e debe ser urxente que o faga) decatarase de que nada é eterno. O modelo educativo que temos debe manterse e mellorarse, e se despois de analizar, razoar, contrariar, refutar con argumentos científicos entre todos esa reforma, non existe consenso, adiante co plan B: impedir que esa impronta, esa pegada que deixou en todos nós o espírito democrático, decaia O modelo educativo que temos debe manterse e mellorarse, e se despois de analizar, razoar, contrariar, refutar con argumentos científicos entre todos esa reforma, non existe consenso, adiante co plan B: impedir que esa impronta, esa pegada que deixou en todos nós o espírito democrático, decaia. Somos moitos os cidadáns que temos impresa nos xenes esa pegada da que é imposible desprenderse, e polo tanto acompáñanos na rutina, nos xestos, nos hábitos de cada profesional no seu contexto educativo. Haberá que facerlle fronte á LOMCE traballando como sempre, con máis esforzo, sen importar que a norma xa non avale tantas actuacións de docentes, directivos, pais, asociacións… Proseguindo coa atención ao diferente, coa participación de todos os sectores en decisións importantes para a comunidade educativa, co respecto aos equipos directivos que foron elixidos por nós con participación amplamente democrática…
NOS_17739
O 22 de xuño reuniranse en Viena os representantes de Washington e Moscova para negociar a renovación do Novo START, o tratado armamentístico co que se limita a 1.550 as cabezas nucleares de cada potencia e cuxa vixencia finaliza en febreiro de 2021
A China anunciou o seu rexeitamento a participar nas conversas sobre asuntos nucleares cos EUA e Rusia, logo de Washington confirmar unha reunión neste sentido con Moscova e convidar a unirse a Beijing. "Notamos que os EUA estiveron arrastrando a China ao tema [...] cada vez que se suscita" coa intención de desviarse da súa responsabilidade, dixo unhaportavoz do Goberno, que agregou que as aseveracións de Washington de querer negociar de boa fe parecen "extremadamente ridículas e mesmo surrealistas". A reunión en cuestión, anunciada esta semana polo enviado especial dos EUA para o Control de Armas, o embaixador Marshall Billingslea, desenvolverase o 22 de xuño en Viena. Os Estados Unidos poderían estar dispostos a prorrogar o Novo START, o tratado armamentístico co que se limita a 1.550 as cabezas nucleares de cada potencia e cuxa vixencia finaliza en febreiro de 2021, coa condición de que Rusia poida convencer a China de sentar na mesa de negociación. Diferentes aliados Moscova, pola súa banda, confirmou nas últimas horas que participaría por medio do viceministro ruso de Exteriores, Sergei Ryabkov, na xuntanza de Viena, mais dixo que a insistencia de Washington por incluír a Beijing podería frustrar o esforzo. O presidente Donald Trump retirou os EUA de varios acordos internacionais, mais dixo ter especial interese en preservar o Novo START, que obriga os Gobernos ruso e estadounidense a reduciren á metade os seus inventarios de lanzadores de mísiles estratéxicos. Con todo, Washington di que o sucesor do Novo START debería incluír a China, cuxo arsenal nuclear está a aumentar aínda que continúa a ser significativamente menor aos de Rusia e os Estados Unidos. En tanto, Moscova defende que son o Reino Unido e Francia, aliados dos EUA con armas nucleares, aínda que en cantidades menores, quen deberían estar na mesa de negociación.
PRAZA_17434
O tribunal considera que debe primar "o dereito á libre información de feitos históricos veraces e obxectivos sobre o dereito á honra do solicitante, por canto que ningunha nota engade a obra ao descrédito ou á sona" de Bea Gondar
A Xustiza decidiu poñer punto final ao secuestro de Fariña, o libro sobre o narcotráfico escrito polo xornalista Nacho Carretero. A Audiencia Provincial de Madrid estimou o recurso interposto pola defensa de Carretero e a editorial Libros del K.O. contra a decisión do xulgado de Collado Villalba de impedir a venda do libro en España tras a denuncia do ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar, quen demandou o autor de Fariña por varias alusións no seu relato de historias do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90. A decisión implica que o libro poida volverse a vender en toda España máis de catro meses despois de que o pasado 12 de febreiro a Xustiza obrigase a retiralo das librerías. No seu auto, a Audiencia Provincial considera "significativo" que a decisión de secuestrar o libro se produciu por dúas únicas mencións ao demandante e que ambas resultan "relevantes" aos fins pretendidos pola obra e ofrecen unha "narración fidedigna e obxectiva" dos feitos acaecidos. O tribunal considera que debe primar "o dereito á libre información de feitos históricos veraces e obxectivos sobre o dereito á honra do solicitante, por canto que ningunha nota engade a obra ao descrédito ou á sona" de Bea Gondar Bea Gondar reclamou o secuestro cautelar do libro e medio millón de euros ao xornalista e á editorial por publicar nas primeiras edicións do libro que o político galego fora procesado por narcotráfico sen engadir que a condena inicial na Audiencia Nacional foi anulada posteriormente polo Tribunal Supremo tras invalidar o testemuño dun arrepentido. Na súa revisión da decisión de secuestrar preventivamente o libro, a Audiencia Provincial considera, con todo, que as mencións a Bea Gondar "non traspasan os límites do dereito á información" exercido "con ponderada obxectividade, sen apreciar un matiz especialmente denigrante ou infamante". Nese sentido, a Audiencia Provincial considera que debe primar neste contexto "o dereito á libre información de feitos históricos veraces e obxectivos sobre o dereito á honra do solicitante, por canto que ningunha nota engade a obra ao descrédito ou á sona" de Bea Gondar.
NOS_39878
Ana Pastor alcanzou a presidencia do Congreso grazas ao acordo PP-Cs que lle reportou 169 votos. Patxi López tivo 155. Os soberanistas vascos e cataláns -ao votaren en branco ou nulo- mostraron a sua inderenza á hora de escoller entre a candidata conservadora e o socialdemócrata por ambos se oporen aos procesos autodeterministas.
De ter respaldado a opción de Patxi Lopez PNV, Partit Demòcrata Català e ERC, o PSOE tería alcanzado a presidencia do Congreso e o ex lehendakari tería repetido como titular da Cámara baixa. Algunhas fontes especulan con que o PP estea a negociar con PNV e PDC a súa abstención na investidura de Rajoy. Eses 13 escanos, de non se pronunciaren cun Non, poderian facilitar ao político galego reter a chave da Moncloa, sempre que Cs se movese da abstención anunciada para o si. A estas alturas, porén, parece unha perspectiva moito improbábel que quer PNV -con eleccións vascas ás portas- e PDC vaian entrar no xogo do PP. @s 5 parlamentares de En Marea votaron en todo momento o mesmo que os de Unidos Podemos Podemos mantivo en primeira instancia a sua aposta en Xavier Domènech, mais ao non dispor este do apoio dos soberanistas vascos e cataláns, o grupo parlamentar de Pablo Iglesias optou por respaldar Patxi López na segunda votación. Os 5 parlamentares de En Marea votaron en todo momento o mesmo que os de Unidos Podemos.
NOS_58027
Reprimen con bombas lacrimóxenas as protestas convocadas.
A indignación polo racismo e as mortes violentas a mans das forzas de seguridade de persoas estadounidenses afroamericanas percorre os EUA ao facerse públicas, a última hora do domingo, as imaxes das cámaras dos axentes que o pasado 27 de xullo acabaron coa vida de Jayland Walker, un rapaz de 25 anos desarmado ao que dispararon máis de 60 veces en poucos segundos, recoñeceu o xefe de Policía de Akron (Ohio), Steve Mylett. Pouco despois, varios milleiros de persoas dirixíronse cara á sede da Policía local para protestar polo acontecido. Stacey Jenkins, pastor da comunidade, afirmou tras ver as imaxes que "case que semella unha práctica de tiro, unha execución", recolle o Akron Beacon Journal. Durante a mobilización, as forzas de seguridade lanzaron bombas lacrimóxenas para dispersar a xente que protestaba diante do tribunal municipal. "Os negros seguen sendo asasinados pola Policía cunha regularidade alarmante e cunha persistente falta de responsabilidade", denunciou con relación ao caso Black Lives Matter, que reclama "desmantelar este sistema que rouba as vidas e a alegría dos negros desde a fundación deste país". EUA: O policía acusado da morte de George Floyd é declarado culpábel de todos os cargos Axentes suspendidos con permiso retribuído Ás 12 e media da noite, Jayland Walker era parado nun control policial en Akron por unha multa de tráfico, non tiña antecedentes penais. Cando lle comunicaron que por este motivo sería detido, tratou de escapar co coche, mais tras avanzar uns metros abandonou o vehículo e seguiu fuxindo a pé; aos poucos segundos xa fora abatido pola Policía após recibir os tiros de oito axentes, suspendidos con permiso retribuído durante as pescudas. Apenas 24 horas antes acontecéralle o mesmo en New Franklin, pero ao non estar acusado de ningún delito grave deixárono ir, "un departamento acertou e foise a casa e durmiu na súa propia cama, entón temos esta segunda parada e foi ao cadaleito", laiouse nos Angeles Times Bobby DiCello, avogado de dereitos civís que representa a familia Walker. Nos últimos anos, moitos departamentos de Policía no país reduciron as situacións nas que os axentes poden participar nunha persecución de vehículos, polos riscos inherentes que presenta. A morte de George Floyd, primeiro cravo no cadaleito de Trump, ante os tribunais A Policía de Akron xustificou a súa actuación en que os axentes escoitaran un disparo desde o coche -que a familia nega e non aparece no vídeo-, e que durante a persecución a pé Walker fixo "xestos" de sacar unha arma. Con todo, Mylett admitiu que nas imaxes non se podía apreciar esa conduta, así como que estaba desarmado. Ademais do caso de George Floyd en 2020, que provocou as maiores protestas en décadas para exixir que se respectasen os dereitos e as vidas das persoas afroamericanas, ao longo destes últimos anos multiplicáronse as denuncias en contra da Policía. Hai menos dun mes, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos abriu unha investigación contra a Policía Estatal de Luisiana tras facerse públicas múltiples probas de agresións que revelan un patrón de encubrimento de malleiras dos axentes a persoas maioritariamente afroamericanas, incluída a detención que acabou coa vida de Ronald Green en 2019. Unha cultura das armas que deixa 40.000 mortes ao ano Até esta segunda feira, morreron por armas de fogo nos Estados Unidos 22.272 persoas en 2022. Cada ano, arredor de 40.000 persoas falecen por esta causa. Nos datos de Gun Violence Archives saliéntase ademais que se producen uns 600 tiroteos masivos anuais, como o que aconteceu en maio deste ano nunha escola en Uvalde (Texas), que provocou a morte de 22 persoas (incluído o tirador), e que está impulsando certo control das armas no país.
NOS_17610
O alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII de Caldas de Reis, baixo o alcume Óculos, conseguiu a mellor valoración do xurado para o seu manifesto. Nel, este grupo de rapazas e rapaces "quere representar a vergoñenta situación do galego en Galiza". Con esta declaración de intencións comeza un texto cargado de reflexións e ideas sobre o presente e futuro da nosa lingua.
As rapazas e rapaces creadoras deste manifesto desfrutarán no mes de abril dunha estadía de dous días en Pontedeume, no albergue de Alvarella e con diversas actividades para premiar o seu traballo na elaboración deste manifesto que reproducimos a continuación: En galego, sen cancelas Este pequeno manifesto quere representar a vergoñenta situación do galego en Galiza. Quere falar de como en pleno século XXI hai poucas normas e poucas accións das institucións en favor do noso idioma. Quere dicir que adolescentes coma nós temos que escribir un manifesto para facer reflexionar á xente. Porque Galiza é a nosa Terra, Terra que as nosas familias loitaron por defender. Agora temos que defendela nós e defender tamén a Historia que hai detrás. Unha Historia que comeza cunha lingua. Moitas persoas non recapacitan sobre o orgullo que deberiamos ter xa só por iso. As Administracións teñen responsabilidade polo que lle está a acontecer ao galego, porque non fan canto está na súa man. Como pode ser que no ano 2017 non poidamos ver nin un só filme de estrea dobrado ao noso idioma? Como pode ser que no ano 2017 estea prohibido que os alumnos e as alumnas poidamos recibir Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía en galego? Como pode ser que no ano 2017 non haxa nin unha soa autoescola que nos ensine o manual de conducir en galego? Como pode ser que no ano 2017 haxa carreiras universitarias en Galiza nas cales non se chega nin ao 3% do ensino no idioma propio? Como pode ser que no ano 2017 non haxa nin un 0,1% de música en galego en calquera das radios que ouvimos a xente nova? Si, en todas estas e en moitas outras cousas as Administracións teñen responsabilidade. Porque non velan polos nosos dereitos, porque non nos deixan escoller o noso idioma, porque non evitan que os prexuízos máisresesos continúen con forza. Mais, ollo, tamén queremos dicir que as persoas que consentimos isto temos unha parte da responsabilidade. Porque, se callar, non facemos todo canto está na nosa man. Un refrán di "Camiño longo, paso curto". Esa é a idea. Temos de ir mudando mentalidades e abrindo campos para a nosa lingua. Entre nós hai mozas e mozos que falan xa en galego e que ás veces nos encontramos con dificultades para o continuarmos a usar. CABEZA ALTA! ORGULLO! Entre nós hai tamén mozas e mozos que aínda non o falamos habitualmente, mais sabemos que o galego non debería ter limitacións. ANIMÉMONOS A FALALO MÁIS! É A MELLOR DEFENSA QUE SE PODE FACER! Conseguiremos o que queremos. Hai xente que o leva tentando moito tempo a través de movementos sociais, mais necesitan apoio, necesitan do noso apoio. Por iso facemos este manifesto do Correlingua, que é máis que unha carreira. En galego, sen cancelas!
PRAZA_5010
O Proyecto Magallanes desenvolve unha plataforma flotante capaz de xerar electricidade a partir das correntes mariñas. Ideado por unha empresa de Redondela, foi recoñecido nos Premios Galicia de Energía 2013, que concede a revista Dínamo Técnica e que se entregan este xoves en Vigo.
Co gallo da celebración, este mércores, do día mundial da eficiencia enerxética, a revista Dínamo Técnica entrega este xoves en Vigo os Premios Galicia de Energía, nun acto que contará coa colaboración do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais e que se celebrará no Auditorio do Concello. Os galardóns, fallados o pasado 16 de decembro, recoñecen as mellores actuacións relacionadas coa enerxía, aforro e eficiencia enerxética e enerxías renovables realizadas durante o pasado ano en Galicia. "As correntes mariñas caracterízanse polo seu gran potencial e previsibilidade, o que as converte nunha das fontes de enerxía renovable con mellores e máis prometedoras expectativas de futuro" O premio ao mellor proxecto emprendedor recoñeceu o Proyecto Magallanes, desenvolvido en Redondela por Magallanes Renovables, e que está traballando de forma pioneira nunha plataforma flotante capaz de xerar electricidade a partir das correntes mariñas. O equipo comezou a traballar no ano 2007 e dende o entón o proxecto foi crecendo, até ser recoñecido polo Centro Europeo de Enerxías Mariñas (EMEC) como o primeiro proxecto español de correntes mariñas. Ademais, no proxecto colaboraron grupos de investigación tanto da universidade da Coruña coma da de Vigo. Os seus promotores destacan que "as correntes mariñas caracterízanse polo seu gran potencial e previsibilidade, o que as converte nunha das fontes de enerxía renovable con mellores e máis prometedoras expectativas de futuro". Sinalan que o impacto medioambiental é "mínimo", pois "non producen contaminación visual, polución ou ruído, xa que os seus rotores son lentos" Tamén sinalan que o impacto medioambiental é "mínimo", pois "non producen contaminación visual, polución ou ruído, xa que os seus rotores son lentos". Engaden que a densidade da auga é "850 veces maior que a do aire", polo que "a potencia por unidade de área varrida é superior nun factor de 6,8 a 23 á que se obtería nunha aeroturbina", o que implica "un tamaño moito menor de toda a estrutura" e polo tanto un menor custe. Tras tres anos de estudos e probas en laboratorio, modelizaxe e axustes informáticos, terminouse a definición do deseño conceptual que cumpre coas características desexadas, tanto hidrodinámicas, de solidez e custes de produción. Ao longo do período de estudo tamén se fixo un estudo de recurso e condicións ambientais nos posibles lugares de explotación, en colaboración coa Universidade de Cádiz. Na actualidade xa traballan cun prototipo a escala 1:10 e esperan seguir realizando probas para o desenvolvemento completo da tecnoloxía e a produción en serie destes xeradores que, engaden, teñen un doado proceso de montaxe e un fácil transporte, e poden ser utilizados mesmo a gran profundidade. Os restantes galardóns son os seguintes: Premio ao mellor comunicador en materia enerxética: Santiago Riveiro Calviño. El Correo Gallego. Premio á mellor actuación de sensibilización e difusión en materia enerxética: Xornadas Galegas de Enerxías Renovables. Organizadas polo Concello de Vigo, FAIMEVI e ICOIIG. Premio ao mellor proxecto de enerxías renovables: Sistema de compensación de potencia reactiva en parques eólicos. Electrotécnica Industrial y Naval S.L. (Elinsa). Premio ao mellor proxecto de eficiencia enerxética: Compra online de enerxía eléctrica para clientes industriais. Gerencia Energética S.L.
NOS_42242
O portavoz nacionalista rexeita a campaña "desprezábel" do PP contra a fronte pola coligación con EH Bildu e asegura que "os galegos saberán distinguir a propaganda e a realidade".
Xavier Vence observa que no nacionalismo galego estanse a dar o que cualificou de "movementos de recomposición". Nunha entrevista en Ser-Galiza, o portavoz nacional indica que hai persoas que están a "replantexar" as opcións tomadas no seu momento, en referencia ao proceso de abandonos do BNG. Para Vence, ex-militantes están a volver ollar para o Bloque como suxeito político de referencia. "O Bloque volve ser atractivo para moita xente", dixo, describindo a organización como "un proxecto sólido e conectado coa cidadanía, cos movementos sociais, coa loita sindical...". "A portavoz do PP aparece nos papeis da Pokemon falando dos 'regalos de la hostia' de Vendex. Deberían afastala do cargo e non poñela a dicir disparates" O portavoz do BNG defendeu na entrevista que nas eleccións do 25 de maio @s galeg@s que queiran votar por unha candidatura que se enfronte á Troika e ás políticas do PP van ter a posibilidade de "votar o BNG, coa candidatura do BNG encabezada por Ana Miranda e cun proxecto do BNG". Ataques A respecto das críticas da portavoz do PP, Paula Prado, acusando o BNG de "lexitimar 50 anos de terrorismo" por ir con EH Bildu ás europeas. Vence cualifica de "desprezábel" a campaña e pide aos populares que "fagan autocrítica. A súa portavoz aparece nos papeis da Pokemon falando dos 'regalos de la hostia' de Vendex. Deberían afastala do cargo e non poñela a dicir disparates". O portavoz do BNG sinala que o PP non ten nada que propoñer á cidadanía nestes comicios, de aí que queira facer unha "campaña do ruído" con mentiras e descualificacións. Mais tamén considera que "os galegos saberán o que é distinguir entre propaganda e realidade". "Somos vangarda da resposta ás políticas do PP e, ademais, ofrecemos alternativas" Nacionalismo de esquerdas e forzas propias Preguntado sobre Anova e a escolla de ir con IU, o portavoz do BNG parte do "respecto ás decisións que adopte cada organización", mais acrecenta que "o futuro pasa por reforzar as forzas políticas propias". As eleccións do 25 de maio son unha oportunidade para rexeitar "as políticas do PP e da Troika", e o BNG, apuntou, "somos vangarda da resposta a esas políticas e, ademais, ofrecemos alternativas".
NOS_18585
Os casos activos caen a 10.908.
Os pacientes con Covid-19 hospitalizados na Galiza seguen en descenso e sitúanse en 863, o que supón 61 menos que a xornada anterior. Tamén os casos activos de coronavirus manteñen a tendencia descendente e caen a 10.908. Así se desprende dos datos actualizados na mañá de hoxe pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta cuarta feira, nos que se indica que hai 180 persoas con Covid en UCI -sete menos que a xornada anterior- e 683 noutras unidades de hospitalización -54 menos-. O sete áreas sanitarias rexistran un descenso dos pacientes hospitalizados, en especial a da Coruña e Cee, na que, aínda que aumentan nun os críticos até os 63, descenden a 186 -supón 17 menos- os que se atopan con Covid noutras unidades. Os casos activos manteñen a tendencia descendente e caen a 10.908 na Galiza, o que supón 834 menos que o día anterior. A baixada é xeralizada en todas as áreas sanitarias galegas. Os contaxiados ascenden a 109.679. Deles, 25.929 corresponden á área da Coruña e Cee; 20.643 á de Vigo; 17.617 á de Santiago e Barbanza; 14.376 á de Ourense; 11.958 á de Pontevedra e O Salnés; 11.418 á de Lugo; e 7.738 á de Ferrol. Os novos contaxios detectados con diferentes tipos de probas volveron a descender lixeiramente a 351 -seis menos que a xornada anterior-, deles 307 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Mentres, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- descendeu a un 3,5%, polo que, como a xornada anterior, mantense por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e do que Galicia logrou baixar por primeira vez a semana pasada desde o 24 de decembro. Os falecidos desde o inicio da pandemia ascenden a 2.147, despois de comunicar Sanidade a morte doutras nove persoas con Covid-19, sete das cales son vítimas correspondentes á terza feira.
NOS_5857
A Academia Galega da Língua Portuguesa decidiu o pasado sábado no seu plenario nomear académica numeraria á escritora Teresa Moure, segundo anunciou ela mesma nas redes sociais.
Teresa Moure (Monforte, 1969) será a cuarta muller no seo da AGLP, xunto con María Seoane Dovigo, Concha Rousía e Isabel Rei Sanmartín. Hai -en total- 34 académicos numerarios, sendo presidente da Comisión Executiva José Martinho Montero Santalha e vicepresidente Isaac Alonso Estraviz. Moure, alén de doutora en Lingüística xeral e profesora nas facultades de Filosofía e Filoloxía da USC, é unha destacada escritora que ten ampla obra publicada tanto en narrativa, como teatro, poesía ou ensaio. Gañou boa parte dos principais premios do mundo editorial galego, como o Lueiro Rey, o Arcebispo San Clemente, o Ramón Piñeiro ou o Xerais. A escritora expresou nas redes sociais o seu agradecemento: "É unha honra vir a facer parte do grupo. Espero saber responder á confianza en min depositada. Continuaremos a traballar por esta nosa lingua extensa, intensa e útil!".
PRAZA_4132
O Goberno galego fai algunhas interpretacións flexibles do que permite o Ministerio de Sanidade e deixa outras en mans de concellos ou centros de menores
DOCUMENTO | Consulta aquí a publicación íntegra do Goberno galego no DOGO Goberno galego fai algunhas interpretacións flexibles do que permite o Ministerio de Sanidade e deixa outras en mans de concellos ou centros de menoresAdemais de reabrir os prazos de matrícula escolar e repor obrigas de asistencia a parte do persoal dos centros educativos, a Xunta publica este mércores no Diario Oficial de Galicia diversos acordos polos que adapta ou interpreta algúns dos primeiros pasos do desconfinamento polo coronavirus decididos polo Goberno central noutros múltiples ámbitos de actividade. Nalgúns casos o Goberno galego fai interpretacións flexibles do establecido a nivel estatal e noutros deixa as decisións en mans de concellos ou centros de menores.Prohibidas as saídas en centros de dependentes e a criterio de cada centro de menores O Ministerio de Sanidade deixou en mans das comunidades autónomas a regulación das saídas para paseos e actividades deportivas en centros residenciais. A Xunta decide que nos centros para persoas dependentes non se permitan saídas. "Esta limitación establécese de forma análoga á recollida na orde sinalada para os residentes en centros sociosanitarios de maiores, por tratarse en ambos os casos de colectivos de especial vulnerabilidade ante o Covid-19", di a Xunta. No caso dos centros de menores, a Xunta establece que as súas saídas "desenvolverase de xeito non individual e en compañía dun educador ou coidador, de acordo co criterio técnico do equipo directivo do centro".Permitida a pesca deportiva fluvial e marítima como actividades deportivas individuaisA Xunta interpreta que a pesca deportiva tanto fluvial como marítima pode encadrarse dentro das actividades deportivas individuais ao aire libre autorizadas polo Ministerio de Sanidade, coas súas mesmas restricións de horarios e en función de se os particulares están federados ou non. O Goberno galego di que transmitiu por escrito ao Ministerio de Sanidade a súa interpretación ao respecto o pasado sábado día 2 de maio e que ao non obter aínda este martes día 5 "ningunha contestación dese ministerio que se opoña a esta interpretación" considéraa válida e autoriza esas actividades en Galicia.Autorizado o uso de embarcacións de recreo para actividades deportivas individuaisNo caso do uso de embarcacións de recreo, a Xunta reflicte no DOG a resposta ofrecida polo director xeral da Mariña Mercante a respecto do seu posible uso durante esta fase cero do desconfinamento. Está autorizado o acceso ás embarcacións dunha persoa para tarefas de seguridade e mantemento e o seu uso só pode ser para actividades deportivas individuais segundo as restricións xerais establecidas para esas actividades. Os desprazamentos ata as embarcacións están suxeitos ás restricións xerais.Levantada a suspensión de queimas agrícolas a partir do día 11A Xunta acorda "levantar a suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa, ou á comunicación, segundo corresponda a partir do vindeiro 11 de maio", ampliando así a actual restrición que só as permitía para agricultores profesionais por motivos fitosanitarios excepcionais e previa autorización. Quen xa tivera unha autorización anterior terá que volver a solicitala.Ampliación da temporada do Parque das Illas Atlánticas e dos furanchosA Xunta establece que a temporada alta do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que permite ampliar o número de visitas, se estenda ata o 15 de outubro en vez do seu remate habitual no 15 de setembro. O Goberno galego tamén recomenda aos Concellos, nos que deitou no seu momento ese tipo de autorizacións, que amplíen o período anual de funcionamento dos furanchos. A lei galega que os regula contempla que poden abrir tres meses entre o 1 de decembro e o 30 de xuño, e que de xeito excepcional poden solicitar que ese período se estenda ata o 31 de xullo, petición que a Xunta quere agora que os concellos autoricen.Consulta ao Goberno central sobre a instalación de cociñas ou carpintaría en domiciliosNeste caso a Xunta non toma ningún acordo efectivo real para o sector nin para os particulares senón que o que decide é "elevar ao Goberno central" a súa interpretación de que se poidan realizar obras de instalación de cociñas ou carpintaría en domicilios particulares se se cumpren as condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Faino porque considera que o Ministerio de Sanidade deixou no aire esas actividades que considera "fortemente demandadas polos usuarios" pola "necesidade de manter o mobiliario e os elementos de carpintaría en perfecto estado, dado o incremento do uso derivado da maior permanencia dos usuarios" nos seus domicilios.Outras autorizacións administrativasA Xunta tamén regula diversos procedementos administrativos para outorgar autorizacións temporais para a comercialización de equipos de protección individual (EPI) para fabricantes ou importadores, establece o procedemento de suspensión de determinados tipos de máquinas de xogo mentres os locais nos que se atopan sigan pechados ou regula unha certificación provisional da aptitude dos condutores profesionais.
PRAZA_5393
Os funcionarios, a través das organizacións sindicais, litigan nos xulgados reclamando unha parte da paga detraída, a parte devindicada do 2012, e ducias de sentenzas recoñecen xa a ilegalidade da medida sen que sirvan para nada, Feijóo non paga.
Pregunta: Vailles repoñer no 2015 o salario aos funcionarios? Resposta: Sempre lles agradecerei aos empregados públicos o que están facendo por Galicia. Pero non teño 150 millóns ao ano para facelo. "Vailles repoñer no 2015 o salario aos funcionarios?" "Sempre lles agradecerei aos empregados públicos o que están facendo por Galicia. Pero non teño 150 millóns ao ano para facelo" Así se despachou o Sr. Presidente da Xunta diante da cidadanía galega nun coñecido xornal. Entre tanto, os funcionarios, a través das organizacións sindicais, litigan nos xulgados reclamando unha parte da paga detraída, a parte devindicada do 2012, e ducias de sentenzas recoñecen xa a ilegalidade da medida sen que sirvan para nada, Feijóo non paga. Está claro que os funcionarios non son os mariñeiros do cerco nin son os traballadores da industria do metal; nin representan o máis mínimo problema ou preocupación para Feijóo nin para os da súa clase. Os funcionarios cobran de máis para o que fan, son uns privilexiados e extremadamente dóciles, resulta moi fácil manexalos, total… Entre tanto, os funcionarios, a través das organizacións sindicais, litigan nos xulgados reclamando unha parte da paga detraída, a parte devindicada do 2012, e ducias de sentenzas recoñecen xa a ilegalidade da medida sen que sirvan para nada Porque o que dixo Feijóo na entrevista é que non ten intención de devolver os cartos nin agora nin despois. O presidente despáchase a gusto, cheo de sinceridade: "non teño 150 millóns, e o ano que vén teremos que recortar o déficit público ao 0,7 % do PIB, ou sexa, gastar aínda menos". Ollo! que está a falar en primeira persoa, non se necesita máis para saber o que nos espera, máis do mesmo. Pero coidado, para sanear os bancos ten cartos, tenos para as axudas á venda de automóbiles, tamén para reflotar as autoestradas, para a Igrexa, para as eléctricas, para Sogama, para os acredores e especuladores de débeda pública, para encher as carteiras de todos os corruptos, para obras faraónicas como a Cidade da Cultura, etc. Pero coidado, para sanear os bancos ten cartos, tenos para as axudas á venda de automóbiles, tamén para reflotar as autoestradas, para a Igrexa, para as eléctricas, para Sogama, para os acredores e especuladores de débeda pública E de onde saen os cartos para esas axudas? Pois saen dos recortes en sanidade e o repagamento sanitario, dos recortes en educación, dos recortes en dependencia, dos recortes en servizos sociais, dos recortes en emerxencias, dos recortes en saúde laboral, dos recortes en seguridade e mantemento da rede viaria, dos recortes na seguridade social, dos recortes nas prestacións por desemprego, dos recortes nas prestacións por xubilación, da venda e privatización de toda a empresa pública e moitos servizos públicos, da supresión de ducias de milleiros de empregos públicos, dos recortes dos salarios das empregadas e empregados públicos, de todos estes recortes e algúns máis, saen eses cartos. No 2015 as empregadas e empregados públicos da Xunta teremos máis recortes e os nosos salarios serán máis baixos, dío o presidente Feijóo.
PRAZA_15291
O editorial de Praza sobre a investidura de Feijóo como presidente galego remataba cunha frase de tres palabras ("O país agarda"). É a frase máis sinxela que un pode imaxinar. Suxeito e predicado. Nada máis. Pero tras desa simplicidade gramatical agóchase un país axexante, á espreita, que vixiará ao presidente de Galiza, ese xestor metido a político que máis parece un político finxíndose xestor.
O editorial de Praza sobre a investidura de Feijóo como presidente galego remataba cunha frase de tres palabras ("O país agarda"). É a frase máis sinxela que un pode imaxinar. Suxeito e predicado. Nada máis. Pero tras desa simplicidade gramatical agóchase un país axexante, á espreita, que vixiará ao presidente de Galiza, ese xestor metido a político que máis parece un político finxíndose xestor. Así e todo, esas tres palabras causáronme unha fonda inquedanza. Agardar é unha actitude pasiva e, por máis vixiante que sexa esta quietude, a inacción non debe ser unha opción neste tempo e neste país. A pasada lexislatura e as súas consecuencias déronnos demasiados motivos como para que quedemos coa única tarefa de ser sentinelas. "O país agarda", si, e vixía. Pero o país está a quedar sen tempo, o país esmorece "O país agarda", si, e vixía. Pero o país está a quedar sen tempo, o país esmorece. Feijóo fai por non velo, consagrado coma está a máxima merkeliana do "déficit cero". O presidente obvia que este obxectivo non é a panacea, que lonxe de ser a solución a tódolos males que nos aflixen, máis ben é a súa causa, e que, porén, non pode conquerirse a calquera prezo. Non é aceptable acadalo co despoboamento e a ruína do rural; virándolle as costas ás familias; lembrándose da nosa lingua só para condenala; favorecendo as grandes empresas e prexudicando as PEMES; obviando a crecente emigración; recortando os servizos básicos; permitindo e incluso fomentando que o país perda o seu sistema financeiro; minorizando aos demáis partidos e, porén, aos seus votantes; esquecéndose de incentivar un tecido empresarial que vertebre a nosa sociedade… Aldraxándonos. "O país agarda" e precisa de políticas máis sociais, orientadas aos cidadáns, ás empresas, ao sector primario "O país agarda" e precisa de políticas máis sociais, orientadas aos cidadáns, ás empresas, ao sector primario (o auténtico motor de Galiza). Agora falta por ver se uns son quen de levalas a cabo e os outros de facer ver que non se fan. E, namentres, o pobo tamén agarda. Pero agarda por nimiedades que caen moi lonxe das grandes cifras da macroeconomía: que lles chegue o soldo a fin de mes; que suban o IVE, o IRPF e demáis impostos; que non baixen máis as pensións (o outro motor de Galiza); que non morra o rural que mantén vivos tantos pobos que viven de costas a el; que paren os desafiuzamentos... Pequeneces. Agardemos, si, pero agardemos activamente. Os sentinelas dormen nas garitas. Fagamos algo durante a espera.
NOS_51829
Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Falamos con el.
—Con que obxectivo se publica este libro? Como xorde? Foi unha proposta que Isidro Dubert fixo a Xerais. É unha colección sobre a historia de Galicia e o noso libro é a primeira achega. Non é unha historia do reino de Galicia, senón un libro de divulgación sobre a existencia do propio reino e sobre o seu tratamento historiográfico, é dicir, sobre o seu esquecemento. —Ao comezo falan dunha polémica: Sánchez-Albornoz repróchalle a Castelao a súa castelánfobia e Castelao a Sánchez-Albornoz o seu excesivo castelanismo. Por que é significativa? Os dous representan visións contrapostas da historia medieval de Galicia. Castelao non é historiador: bebe do que escribiran Risco ou Vilar Ponte, pero ten claro que Galicia ten unha historia de seu e reivindica, a través dela, a nacionalidade galega. Sánchez-Albornoz é a versión historiográfica da Xeración do 98, moi castelanista. —Sánchez-Albornoz recoñece que se chamaba Galiza a todo o noroeste da Península e Modesto Lafuente que ao reino de Asturias se lle chamaba Galiza. Mais iso non muda nada… Ambos recoñecen ese feito, pero en notas ao pé de páxina. Eles sabíano. As crónicas árabes chamaban a todo o noroeste Galicia, pero a historia oficial feita por Modesto Lafuente e despois por Sánchez Albornoz, xa no século XX e con máis fontes, opta por chamarlle reino de Asturias e reino de León. 'O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria', editado por Xerais, é a última achega ao campo literario de López Carreira, nunha coautoría ao carón de Xosé Miguel Andrade. —A documentación, en realidade, é interpretábel, alén dos motivos ideolóxicos. Aparecen expresións moi distintas para definir os reis e os seus territorios. É interpretábel, si, pero os motivos ideolóxicos pesan moito. Cando se comeza a facer unha historia académica normativa, a mediados do século XIX, non hai aínda unha historia de Galicia. O traballo de Murguía e Vicetto chega despois. A historia de España herda unha interpretación que vén de moi atrás, do século XIII, relacionada coa unión do reino de Castela co de Galicia-León e co proceso de hexemonización de Castela. Os historiadores do XIX traballan coas crónicas do século XIII, sobre todo as feitas na corte de Afonso X, ou coas do XIV e XV, que salientan a historia de Castela por enriba dos demais reinos. Non é así no caso de Catalunya e Aragón, que teñen unha historiografía de seu moi potente. Ademais, Galicia pasa a ser xa o territorio da Galicia actual: non é a antiga Gallaecia, que tiña a capital en León. Modesto Lafuente continúa a tradición historiográfica do século XIII, que era a que había. Sabían que houbera un reino de Galicia, pero para eles era un título baleiro de contido. —No que si están de acordo os historiadores é na importancia da Gallaecia no aspecto demográfico e territorial e no poder da nobreza e da Igrexa. Polo menos até o século XIII. No aspecto demográfico, máis alá do século XIII. É o territorio máis poboado. E iso xa viña de atrás, a densidade de poboación xa era moi elevada na época romana e máis atrás, na prehistoria. A nobreza galega tamén é moi poderosa até o século XIV. A propia dinastía castelá colle o título dos Trastámara, que era galego. E a Igrexa, tanto a de Braga como a de Santiago, tiña unha posición preeminente tamén. —Durante moito tempo pode falarse de convivencia entre tres reinos non sei se "independentes", pero si autónomos. Cando muda isto? Á morte de Afonso III a terra repártese entre os seus tres fillos, quedando García con Gallaecia. Mais non está claro de todo se eran tres soberanos independentes uns dos outros ou se estaban os outros dous supeditados a León. De Sancho Ordóñez tamén aparece que é rei "en" Galiza… Galicia vai con León e é discutíbel, como diciamos antes, se hai preeminencia de León sobre os outros. Na documentación aparecen por exemplo como reis os que son fillos de reis, polo que deberían chamarse infantes. Ou aparece a palabra rei ou mesmo emperador para o século IV, cando en realidade eran máis ben señores feudais. Hai distintos momentos e distintos títulos na documentación, pero por exemplo na época de García hai tres reis, fillos do mesmo rei, o de Galicia-Portugal, o de León e o de Castela. Mais a regra xeral é que Galicia vai con León, sendo o antigo espazo da Gallaecia e tendo León como capital. Os historiadores castelanistas pretenden adiantar o nacemento do reino de Castela até o século XI, pero non nace até o XII. Cando morre Afonso VII o territorio queda dividido: Fernando II herda Galicia-León e Sancho herda Castela, entón nace unha Castela separada da vella Gallaecia. É tamén cando nace Portugal, quedando Galicia-León por un lado, Portugal polo outro e Castela polo outro. Até 1230, non Fernando III o Santo, non se unen Galicia-León e Castela. Houbo un reino de Galicia que chegaba até os Pirineos, mais o que non podemos dicir é que fosen todos galegos —Por que é esquecido o rei García, cuxa memoria rescatou Ermelindo Portela? Non reinou moito tempo e tivo un final frustrante. Caeu en poder do seu irmán Sancho e despois foi apresado polo seu irmán Afonso. Ermelindo considera que García puxo as bases do que sería un renacemento que non foi exclusivo de Galicia-Portugal, pois houbo un florecemento do mundo occidental no século XI-XII. Tampouco sabemos con que grao de independencia reinou, e ademais non tivo continuidade dinástica. —E o reino suevo, por que non tivo sorte historiográfica? Se houbo un descoñemento xeneralizado do reino medieval, tiña que habelo do reino suevo. Hai crónicas moi importantes para coñecelo como a de Idacio, ou o parrochiale suevum, ou mencións en fontes francas… Hai un período intermedio do que non hai documentación, pero do resto si a temos. O que pasa tamén é que Idacio deu unha imaxe moi negativa sobre os suevos. Mesmo Murguía e Vicetto toman ao pé de letra a súa crónica. Mais a cuestión fundamental é que a historia oficial de España tenta estabelecer un continuum desde os romanos e os visigodos ao reino de Asturias e León. Os visigodos serían o paradigma do que debía ser España: unha monarquía católica capaz de controlar toda a Península. E aí os suevos, simplemente, non encaixan. —Mais a crítica "radical" da vella interpretación que vostedes propoñen é moi tardía. Por que? É do ano 2000 para adiante: os meus libros, os de Camilo Nogueira, o de López Teixeira… Antes houbo reivindicacións máis puntuais. Murguía e Vicetto xa se decatan de que a historia medieval non era como dicía a visión hexemónica. Rubén García Álvarez apuntara na revista Grial, nos anos 60, que o reino de Galicia fora ocultado por mitificación do de Castela. Eduardo Menéndez-Valdés tamén fala de mitificación histórica e di que o separatista foi o reino de Castela… —Se nas fontes árabes está tan claro, como se traduciu por reino de León? Para ilustrar iso pomos no libro dous mapas. Modesto Lafuente coloca un "reino de León" sobre o territorio que era o norte de Portugal, Asturias, León e Castela, e debaixo e noutra letra pon Jalikia, como el sabía que lle chamaban os árabes. Outro mapa, dunha historia de España publicada na II República, xa fala só de reino de León. A tradución de Modesto Lafuente foi a que se impuxo, chegando até hoxe. —A medida que Castela afianza o seu poder, Galiza vai perdendo máis protagonismo na historia, de modo que, segundo vostedes defenden, non se comprenden, por exemplo, as revoltas irmandiñas ou a rebeldía nobiliar galega contra os Reis Católicos, que se toma como unha resistencia á modernidade... A crise da nobreza galega comeza no século XIV. Hai catro irmáns da casa dos Castro. Por un lado Fernando de Castro e Xoana de Castro, que apoian a Pedro I, e de feito Xoana casa con el. Teñen unha grande influencia na coroa. Por outro lado están Álvaro e Inés, que acabará sendo raína de Portugal. Pero despois a nobreza galega perde a guerra contra os Trastámara. O seu lugar ocúpao unha nobreza que si apoia os Trastámara, e que é unha nobreza menor. Por iso, cando protagonizan un episodio de rebeldía contra a coroa, como desenvolven Pardo de Cela, os condes de Lemos e Pedro Álvarez de Soutomaior, o que fan interprétase como unha loita extemporánea da nobreza feudal, cando en realidade era a nobreza galega que quería manter o seu protagonismo fronte a un Estado moi autoritario e centralizado. —Falan moito no libro de presentismo e anacronismo da historiografía oficial española -que tamén foi revisada, aínda que as revisións foron pouco divulgadas. Por que? A Hispania romana era unha denominación xeográfica e non política. Eran, en realidade, cinco provincias, unha delas Gallaecia. Nunca existiu a provincia Hispania. En xeral, as historias europeas acompañan un momento histórico concreto que é a creación do Estado liberal. E un dos elementos que sustentan ese Estado é a elaboración dunha historia nacional que poida xustificar os Estados contemporáneos como nacións. O ideal do Estado contemporáneo é o Estado-nación. Nese contexto, é anacrónico levar o concepto nación a épocas pretéritas como a romana -a Hispania romana- ou a visigoda. —Mais o mesmo podería dicirse do caso galego, non si? Os romanos si crean unha entidade política que se chama Gallaecia e que se mantén durante a Idade Media, mais que non se corresponde coa nacionalidade galega actual. Quero dicir, houbo un reino de Galicia que chegaba até os Pirineos, pero o que non podemos dicir é que fosen todos galegos. Por exemplo, os vascos. Anacronismo sería dicir que eran todos galegos. E iso é que se fai no caso español: pretender que España é unha realidade nacional desde o século X, no que ademais España era Al-Andalus. —Nesa creación dunha idea de nación española son moi importantes os conceptos de Reconquista e Repoboación. Por que? A "Reconquista" é un concepto do século XIX e XX, aínda que asente as súas bases máis atrás. Si é unha realidade que houbo reinos cristiáns e musulmáns, pero non houbo unha guerra de oito séculos -nunca pasou iso na historia mundial- nin as relacións entre eles foron sempre tan antagónicas. Acontece que, na época do imperialismo europeo, a intervención de España en Marrocos tenta xustificarse como unha continuidade da loita contra os musulmáns. Nese esquema, o que non é dixeríbel é ocultado. Non se explica, por exemplo, por que a inmensa maioría da poboación se converte ao islamismo, entón dise que foi por invasión e imposición. Tampouco se fala da connivencia, tratos, matrimonios entre cristiáns e musulmáns… Dise tamén que a poboación fuxiu e por iso a terra foi repoboada por cristiáns do norte. —Mais a idea é vella. Xa a usan os Reis Católicos… Cando os Reis Católicos tentan facerse con Granada, o rei de Granada recorre ao sultán de Constantinopla, que á súa vez recorre ao Papa. Os Reis Católicos deféndese dicindo que non é unha guerra inxusta porque eles son os herdeiros dos visigodos e os musulmáns uns invasores. —Outra idea repetida é da unidade de España. Cales son as súas fisuras? A unidade convértese nun criterio de valoración dos acontecementos históricos. O bo sería o que contribúe á unidade e o malo o que non. É o criterio que permite valorar momentos previos desde unha concepción finalista da historia, como se a historia seguise un camiño predeterminado cara a unidade. Entre 1157 e 1230 Galicia-León e Castela están separadas. Iso é unha interrupción no que se supón proxecto unificador de España desde Don Pelayo, seguida por Afonso VII. Mais á morte de Afonso VII os seus dous fillos, chamados tamén Afonso, reciben un Galicia-León e outro Castela. Pois no canto de chamalos Afonso VIII de Galicia-León e Afonso VIII de Castela, o que fai a historiografía é chamarlle a un Afonso VIII e a outro Afonso IX, creando unha secuencia que non existiu. Da mesma maneira, cos propios Reis Católicos había dous reinos, o de Castela e o de Aragón, con coroas distintas, institucións distintas e ordenamentos xurídicos distintos. E a asimilación de Aragón non chega até o século XVIII, co primeiro Borbón... —A lectura que se fixo das crónicas asturianas é importante tamén para explicar o esquecemento do reino da Galiza… Son crónicas que se escriben a finais do século IV para falar do que pasara un século antes. O que recollen é basicamente unha tradición oral de dous séculos que ten, claro, unha forte compoñente mítica. E aí fálase de reis, príncipes… que son conceptos que pouco teñen que ver co que significan na época posterior. —A historiografía galega non puido influír na española, entre outras razóns, pola interrupción do proxecto de Nós debido ao golpe do 1936. Mais tamén comentan vostedes que as causas fondas hai que buscalas non só na dependencia política da Galiza, moi anterior á catalá ou vasca, senón na integración -máis que dominio- da burguesía galega no proxecto español. É que de nada serve adoptar unha posición vitimista. Hai un proceso político de dependencia, pero esa dependencia non culminaría sen a colaboración interna. Os sectores hexemónicos da sociedade galega aceptan ou promoven esa situación, acomódanse a ela. E falo da Igrexa ou da fidalguía. E dunha burguesía, que é a que produce e consome a historia, que non foi como a catalá, que creou unha historiografía propia. Por iso, se queremos entender as causas, temos que mirar para dentro. E non é só dicir que os imbélices e escuros non nos entenden, non, porque ás veces nós tampouco nos entendemos a nós mesmos. Claro que houbo persoas como Murguía, Vicetto ou López Ferreiro que reivindicaron outra historia, pero non tiveron masa crítica para que a súa historiografía puidese contraporse á española oficial. —No libro analizan tamén algúns motivos para o optimismo, mirando o futuro… Porque, a pesar de todo, Galicia conta cuns instrumentos que, de ser ben utilizados, poderían axudar moito a cambiar as cousas. Eu non creo que o marco autonómico, neste aspecto, estea esgotado. O que penso é que non se explotou como se pode. Temos o centro Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega, que xa fixo achegas importantes, o Instituto Padre Sarmiento, a Real Academia Galega… e mesmo o nome do Seminario de Estudos Galegos, que se podería recuperar… Temos historiadores, libros xa publicados, prensa, un mundo editorial… Recursos que poderían aproveitarse moito neste sentido e que xa lles gustaría ter no tempo de Murguía.
NOS_57394
A Mesa reclama a creación dunha terceira canle infantil na TVG e que a Xunta actúe para garantir a opción de dobraxe en galego en todas as canles da TDT
A presenza do galego na programación infantil é case nula. Menos de 5%, segundo os datos que vén de presentar A Mesa pola Normalización Lingüística no seu informe "Situación da lingua galega na programación televisiva infantil' elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Un documento onde fica claro o que A Mesa cualifica como "o alarmante retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva infantil malia as posibilidades técnicas da TDT". O galego na grella televisiva infantil está en 4,6% na programación diaria e en 2,7% na fin de semana. Malia o estabelecido na lexislación estatal e autonómica sobre o audiovisual e a pesar das enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar as emisións en galego significativamente, a realidade é que o idioma propio nestes campos é 'rara avis'. A exclusión do galego no audiovisual afecta tamén a continuidade de produtos que xa contan con dobraxe ao galego, explica a MNL. O informe alerta da exclusión de galego mesmo en series e debuxos animados con contidos infantís que gozaron de éxito na TVG na súa comercialización en DVD ou App, desprezándose traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público. A directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, asegurou que "é lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados". O presidente da Mesa, Marcos Maceira denunciou que "a presenza do galego na grella televisiva é moi inferior hoxe que hai 20 anos afondando na exclusión e subordinación do galego e engando á infancia o mínimo acceso a contidos no noso idioma". Para corrixir esta situación, a Mesa propón sete medidas para unha maior presenza do galego no ámbito do lecer das crianzas: a TVG debe aumentar a oferta en galego destinada á infancia e mocidade, incluída a creación dunha terceira canle exclusiva para programación infantil. A CRTVE debe garantir a opción de dobraxe ao galego na programación infantil e xuvenil da canle específica da emisora pública estatal. O goberno galego debe adoptar as medidas e accións precisas a través de acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada ao galego en todas as canles. Activar as licenzas galegas de TDT existentes e crear outras novas como maneira de garantir a presenza da lingua galega e de contidos de produción galega con especial atención ao público infantil e xuvenil. Débese garantir unha oferta mínima de DVD e outro material audiovisual en galego ou con opcións de lexendas no noso idioma. As autoridades deben promover programas, xogos informáticos e todo tipo de aplicación adaptadas ao galego. O goberno galego debe adoptar as medidas necesarias que permitan a visualización en Galiza da RTP segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.
PRAZA_17260
Besta do seu sangue de Emma Pedreira obtivo o Premio Xerais de Novela; Aplicación instantánea de Carlos Negro levou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; e Kusuma de Héctor Cajaraville fíxose co Premio Merlín de Literatura Infantil. Os galardóns entregaranse no mes de outubro, coincidindo coa publicación das tres obras
Na mañá deste sábado déronse a coñecer os gañadores e gañadoras da edición 2018 dos Premios Xerais, que se entregarán no mes de outubro, coincidindo coa publicación das tres obras. Besta do seu sangue de Emma Pedreira obtivo o Premio Xerais de Novela; Aplicación instantánea, de Carlos Negro levou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; e Kusuma de Héctor Cajaraville fíxose co Premio Merlín de Literatura Infantil. Os tres premios están dotados con 10.000 euros cada un deles. Os galardóns entregaranse no mes de outubro, coincidindo coa publicación das tres obras A editorial decidiu mudar este ano o formato da entrega dos galardóns, rachando coa tradición xa instalada da celebración que nestas datas tiña lugar na Illa de San Simón, onde se daban a coñecer os gañadores e gañadoras. Desta volta, o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras, aproveitando así a cobertura mediática e a publicidade xerada pola cerimonia, na que ademais os e as asistentes poderán facerse xa cos libros que este ano mereceron a escolla dos distintos xurados. Besta do seu sangue No seu ditame, o xurado da XXXVª edición do Premio Xerais de Novela sinalou que Besta do seu sangue supón "unha proposta de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros". Así mesmo, salientou "o uso dunha linguaxe poética e a transparencia que repousa na transmisión dunha atmosfera de desacougo e angustia ao abordar, con orixinalidade, unha historia inspirada na figura de Blanco Romasanta, co fondo dunha revisión xenérica de figuras da mitoloxía galega". Emma Pedreira destaca que neste momento sente "medo e responsabilidade". "Medo polo que a visibilización deste premio implica para min e para as escritoras nesta lingua", destaca "Entendo o medo das valentes e a responsabilidade das fortes. Sinto iso neste mesmo momento: medo e responsabilidade", destaca Emma Pedreira (A Coruña, 1978). "Medo polo que a visibilización deste premio implica para min e para as escritoras nesta lingua, pola de preguntas e múltiples sentidos polos que vou ir pasando. Responsabilidade porque esta novela, Besta do seu sangue, pequena pero profunda e escura como un pozo, defende unha tese que non é nova pero si molesta e que trata de debuxar coa ficción os lugares que deixa a realidade que se perdeu entre as liñas e os silencios", explica. Pedreira engade que "darlle voz a unha personaxe cruel e tratar de comprender o seu momento, sen desculparlle a conduta e os feitos, sen tratar de producir compaixón, só un achegamento, é unha responsabilidade. Todo, en fin, queda reducido a medos e máis medos que se compensan cunha rotunda emoción estourante". Aplicación instantánea No seu ditame, o xurado da Xª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil sinalou que "ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis ca nunca a poesía. Por iso o xurado valora desta obra, entre outros aspectos: a orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu empoderamento, así como da cultura e lingua galegas". Subliña tamén a presenza da "crítica social e a visión por veces descarnada da realidade, a procura consciente da complicidade dunha lectora activa na construción dun discurso potente, apelativo e de intervención que non deixa a ninguén indiferente". Para Carlos Negro, o premio "confirma que existe un espazo lector para a poesía xuvenil en lingua galega" Para Carlos Negro (Lalín, 1970), o premio "confirma que existe un espazo lector para a poesía xuvenil en lingua galega, e que ese reto literario, a pesar dos seus riscos, constitúe unha aposta por unha poesía mutante e transformadora, que nace dos espazos de socialización da mocidade, convertendo as redes sociais e as aplicacións móbiles nun campo de xogo da linguaxe literaria". Kusuma O xurado da XXXIIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil sinalou que Kusuma é "unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado". A fábula critica tamén o rexeitamento das poboacións inmigrantes, reivindica o respecto ás diferenzas e a valoración do traballo en grupo: "Se non nos axudamos entre nós, non somos nada". Neste sentido, é "unha historia de superación, de amizade e de aventuras cunha dupla mensaxe: que os prexuízos son o modo máis inxusto e equivocado de enfrontarnos ao descoñecido e que a coraxe e a afouteza sempre reciben a súa recompensa", destacaron. "A literatura infantil e xuvenil galega vive un período de esplendor como nunca vivira, con autores (e autoras, sobre todo) que gañan premios en todas as partes", subliña Cajaraville "A literatura infantil e xuvenil galega vive un período de esplendor como nunca vivira, con autores (e autoras, sobre todo) que gañan premios en todas as partes e que ven a súa obra traducida aos idiomas da nosa contorna, e non só. E iso quere dicir que entre as máis de 30 obras presentadas a este certame seguramente había unha morea de marabillas", destacou Héctor Cajaraville (Compostela, 1974), que engadiu que "por iso, poder formar parte, aínda que sexa de xeito tanxencial ou secundario, dun momento de eclosión coma este, xerado por unha literatura como a galega, tan pequena en dimensión pero tan grande en calidade, prodúceme unha sensación de gratificación e recompensa que non agardaba cando, non hai tanto tempo, decidín embarcarme nesta viaxe fascinante da escrita". Os xurados O xurado do Premio Xerais de Novela estivo formado por: Santiago Lopo (escritor, gañador da edición anterior), David González Domínguez (editor do blog "Palabras de Gatsby"), Vitoria Ogando Valcárcel (catedrática xubilada), Claudia Morán (xornalista), Patricia Porto (libreira da libraría Lila de Lilith de Santiago) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás, que actuou como secretario, en representación de Xerais, con voz e sen voto. Mentres, o xurado do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil estivo integrado por Isabel Armesto Rodríguez (comercial-promotora de libros), Diana Fernández Gómez (editora do blog "Bolboretas no bandullo"), Mª Paz Fernández Pereiro (profesora, asesoría Bibliotecas Escolares), Alba González Fernández (estudante de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo), María Manuela Ordóñez Fernández (estudante de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo) e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo e crítica Isabel Mociño González, que actuou como secretaria, en representación da editorial. Finalmente, o xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil estivo formado por Uxía Martínez Recamán (comercial-promotora de libros), Alba Piñeiro Estévez (profesora e crítica), María Sánchez Lires (ilustradora), Maribel Tato Sánchez (libreira da libraría Cartabón de Vigo), Antonio Yáñez Casal (escritor) e o crítico e escritor Miguel Vázquez Freire, que actuou como secretario, en representación de Xerais.
NOS_29339
Últimos días de precampaña. As formacións políticas apuran a presentación das súas candidaturas nos distintos concellos do país.
BNG O BNG-Asambleas Abertas presentou este domingo as candidaturas a todos os concellos da comarca da Coruña nun acto conxunto en Cambre. O responsábel comarcal dos nacionalistas, Paulo Carballada, destacou que as prioridades son a creación de emprego e as políticas sociais "fronte a política localista dilapidadora de recursos públicos". Carballada asegurou que os consistorios gobernados polo BNG serán "ferramentas de cambio e ruptura" e apostou por un novo modelo de xestión, coa creación dun área metropolitana. As e os candidatos nos distintos concellos serán Xosé Manuel Carril na Coruña, Cristina López en Abegondo, Xosé Manuel López en Aranga, Silvia Seixas en Arteixo, David Carro en Bergondo, Henrique del Río en Betanzos, Dani Carballada en Cambre, Vitoria Louro en Carral, Rocío da Igrexa en Cerceda, Pura Ferreño en Coirós, Tono Chouciño en Culleredo, Rosa Rivas en Irixoa, Olalla Barro en Miño, y Fran Rei en Oleiros. PP A candidata municipal do PP en Vigo, Elena Muñoz, desvelou por fin a súa lista para os comicios do 24 de maio. A ex conselleira de Facenda terá como número tres a José Manuel Figueroa, líder popular durante os últimos anos e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. No número dous irá o actual presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, como adiantar este sábado nas redes sociais. A outra novidade da lista será Elena González Sánchez, que fora presidenta Federación de Asociaciones de Vecinos de Vigo. Os populares mostraron o seu apoio a Muñoz e consideran que "será capaz de devolverlle o liderazgo á cidade e o impulso que perdeu en Galiza". Ciudadanos O empresario Jorge Portela López foi elixido candidato de Ciudadanos á Álcadía de Vigo. Portela, que traballou sempre no sector privado e non ten relación anterior coa política, recibiu o aval da dirección de Madrid. Portela definiu a súa candidatura como unha aposta pola "rexeneración política" porque "xorde da sociedade civil", segundo información recollida pola axencia Europa Press. PSOE "Un partido contrastable, capaz de levar as contas de forma responsable". Así definiu o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, as candidaturas da súa formación nas vindeiras eleccións municipais. Nunha entrevista en Radio Galega, Besteiro destacou a xestión dos socialistas en Vigo e na Deputación de Lugo, onde apuntou que terán "débeda cero" fronte a "débeda absolutamente descontrolada na Coruña", onde goberna o PP. UPyD A nova coordinadora de UPyD en Galiza, Ana María Alonso, asegurou que a súa formación ten se recuperado xa das baixas de decenas de militantes cara a Ciudadanos. Alonso considerou que o partido liderado por Rosa Díez saiu "reforzado" e que é a formación de Albert Rivera quen ten "moito que demostrar".
NOS_41752
A Mesa vén de denunciar máis unha vulneración da lei da Administración local ao deixar fóra a nosa lingua da campaña de sensibilización ligada ao proxecto 'Mandeo', desta volta sobre a necesidade de aforrar auga e que se desenvolve en contornas rurais
A Deputación da Coruña vén de excluír o galego máis unha vez nas campañas que se emprenden desde esta institución. Desta volta fíxoo nunha campaña de sensibilización ligada ao proxecto 'Mandeo', pola recuperación e a posta en valor e o desenvolvemento sostíbel deste río que nace en Sobrado e desemboca na ría de Betanzos. Así as cousas, '¡Cada gota cuenta!' é o lema co que o goberno de Diego Calvo (PPdG) pretende concienciar á cidadanía da necesidade de pechar as billas namentres se desenvolven actividades cotiás como lavar as mans ou os dentes. Español en contornas rurais A Mesa pola Normalización presentou xa unha queixa formal perante a institución após recibir diversas queixas en que a veciñanza dos concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras-Oza dos Ríos, Coirón, Curtis, Irixoa, Paderne e Sobrado daban conta de que a deputación coruñesa estaba a desenvolver neles campañas de sensibilización onde se exclúe por completo a lingua propia do País. Nin nos folletos informativos nin nos autocolantes nin nos manuais de 'Buenas prácticas para reducir los vertidos domésticos al sistema de saneamiento' a institución que preside Calvo empregou o galego, vulnerando desta maneira a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local da Galiza. Este texto promulga no seu artigo 7 que "o galego, como lingua propia de Galiza, é tamén o da Administración local" acrecentando que "todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega". Na páxina web do proxecto 'Mandeo' os folletos informativos que estan dispoñíbeis para seren descarregados desde o espazo 'Educación e Formación' só teñen versión en español.
NOS_45867
O BNG denuncia que a condicionar as axudas á reformas de calado, como as das pensións, prexudica Galiza.
Perplexo. Así é como recoñece estar o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, ante a polémica suscitada arredor da proposta do Goberno español de modificar o período de cálculo das pensións públicas. Segundo recoñeceu o propio Escrivá, esta medida non se trata de ningún tipo de imposición por parte da Unión Europea, senón dunha proposta incluída polo Estado español nos seus compromisos do chamado Plan de recuperación. "Non nolo pide Europa, fomos nós, porque nolo pediu o Pacto de Toledo [...] Trátase de modernizar e mellorar o sistema. Levo un ano falando disto e sempre digo o mesmo", insistiu o ministro. Escrivá explicou que nas recomendacións do Pacto de Toledo pediuse que se tivesen en conta no sistema de cómputo das pensións as novas realidades do mercado laboral e a existencia de "carreiras máis volátiles", onde os últimos anos de cotización non sempre son os mellores. "Estimamos que para 30% dos traballadores os seus últimos anos non son os mellores", explicou o ministro, que engadiu que o sistema actual está pensado para "carreiras lineais", onde teoricamente melloran as cotizacións segundo se cumpren anos. "Agora xa non é así e temos que facer un sistema máis equitativo e iso farémolo cos axentes sociais en 2022. Nalgúns casos, haberá que valorar estender o período de cálculo, pero non necesariamente. Poderíase facer un sistema para elixir os mellores anos cotizados [...] Pero non hai nada novo", insistiu Escrivá. O que si, negou"rotundamente" que valorar a ampliación do período de cálculo para determinadas carreiras profesionais teña como obxectivo reducir o gasto en pensións, senón que o que busca é facer o sistema "máis equitativo" e mellorar a situación dos traballadores e traballadoras aos que os seus últimos anos cotizados "non lles favorece" no cálculo da pensión. Críticas desde a Galiza Deixando de lado a idoneidade da proposta, desde Galiza o BNG critica a "condición leonina" que ao seu xuízo supón ligar este tipo de medidas á concesión de fondos europeos, algo que a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, tachou de "inadmisíbel". A representante nacionalista en Bruxelas censurou a "condicionalidade tremendamente prexudicial" para a Galiza das axudas europeas, así como a actitude da Unión Europea, que permite "recortes e chantaxes" a cambio das mesmas, denunciou. Ademais, no caso das pensións, Miranda advertiu do posíbel impacto do aumento do período de cómputo no cálculo das prestacións das persoas de rendas baixas. "Eses recortes suporían un prexuízo absoluto para as clases populares da Galiza que incidirían na actual crise económica que atravesan moitos fogares, así como na perda de poder adquisitivo e o aumento da pobreza", incidiu. Desde o Congreso, o deputado do BNG Néstor Rego expresou o rexeitamento total ao aumento do período de cálculo, pois suporía unha caída nas contías de, no mínimo, 6%, ao tempo que lembrou que xa teñen presentado emendas ao Proxecto de lei do Goberno para reverter os recortes das reformas de 2011 e 2013 e para evitar outros novos.
PRAZA_19671
Asumirá a presidencia da Academia co apoio maioritario do plenario. Henrique Monteagudo, Torres Queiruga, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre conformarán a executiva.
Víctor F. Freixanes será o substituto de Xesús Alonso Montero á fronte da Real Academia Galega (RAG). Tal e como estaba previsto, o escritor, xornalista, profesor e ex-director da editorial Galaxia será o único candidato que se someterá á votación do plenario deste martes ás 18.30 horas para elixir novo presidente da institución, segundo vén de confirmar a propia RAG. Agás sorpresa maiúscula, obterá a maioría absoluta de votos do plenario. Freixanes, agás sorpresa maiúscula, será elixido por ampla maioría na primeira votación do plenario da RAG Remudará a Alonso Montero, que accedeu á presidencia nun proceso moi diferente, con dúas candidaturas enfrontadas por primeira vez, unha importante polémica e unha vitoria pola mínima logo de dúas votacións. Desta vez, non debera facer falta repetir. Freixanes presentará ante os membros da Academia -28 na actualidade ao haber dúas vacantes- o seu proxecto e abondaríanlle 15 votos a favor para saír electo á primeira. Segundo fontes da institución, é moi probable que o aspirante supere con facilidade a maioría absoluta e non faga falta recorrer a unha segunda volta, na que xa non contarían os sufraxios por correo que si son válidos da primeira vez. De feito, prevese a ausencia dalgún académico, o que indica a previsión xeral de que Freixanes conta con suficientes apoios. As mesmas fontes cren que, de ser elocuente como se agarda o resultado, a lectura sobre o futuro da institución debería ser clara: a necesidade de fortalecer a unidade e deixar atrás os desencontros tras a convulsa dimisión de Méndez Ferrín. No caso de que tivese que repetirse a votación, a división seguiría vixente. Non se espera tal. Monteagudo, Torres Queiruga, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre formarán a executiva da Academia Manuel González, académico que no anterior proceso electoral empatou a 12 votos na primeira votación e perdeu por tan só dous na segunda, non presentou desta vez unha candidatura que esixe o aval de tres académicos -Montero, Santamarina e Margarita Ledo asinaron a de Freixanes- e os nomes do equipo que formará a nova executiva. Dado que estes nomes dos aspirantes a esa comisión executiva non se teñen por que presentar ata a celebración do plenario, Freixanes apurou ata o último momento por se houbese posibilidades de integrar algún dos críticos, pero non semella que vaia ocorrer. Agás sorpresa, Henrique Monteagudo repetiría como secretario e Andrés Torres Queiruga, como vicesecretario. Ademais, Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey substituirán na directiva outras dúas mulleres Rosario Álvarez (tesoureira) e Margarita Ledo (bibliotecaria). Xa que logo, Víctor Freixanes converterase neste martes 28 de marzo no 13º presidente da Real Academia Galega logo dos catro anos de mandato de Xesús Alonso Montero. Ás 19.30 horas, o xa novo dirixente da entidade ofrecerá unha rolda de prensa na sede da rúa Tabernas da Coruña.
PRAZA_10812
Esta fin de semana celébranse na illa as festas de San Xoaquín e está a haber dificultades no acceso para as familias e amizades dos e das residentes, que denuncian que a candidatura da Xunta para que as Illas Atlánticas sexan Patrimonio da Humanidade é unha "chapuza"
Esta fin de semana celébranse na Illa de Ons as festas de San Xoaquín. Está a haber dificultades no acceso para as familias e amizades dos e das residentesEsta fin de semana, de venres a domingo, celébranse na Illa de Ons as festas de San Xoaquín, patrón da localidade. Habitualmente os veciños e veciñas do lugar reciben nestas datas numerosas visitas de familiares de todo tipo, antigos residentes e amigos. Porén, nesta ocasión as restricións fixadas pola Xunta hai uns meses están dificultando o seu acceso, ao estar cuberto para todas estas datas o cupo de visitantes. O Goberno galego só permite o acceso libre ás persoas alí empadroadas e aos seus ascendentes e descendentes directos pero non a irmáns/ás, sobriños/as, tíos/as, curmáns/ás, á familia política ou amizades, que deben solicitar a entrada como se fosen uns turistas máisEsta nova polémica volveu poñer sobre a mesa as reivindicacións que estes veciños e veciñas levan meses sostendo, e nas que se une esta demanda de acceso libre a outras reclamacións relativas ás condicións de vida na illa (acceso a electricidade, auga, mantemento das vivendas...) e, igualmente, á posibilidade de que Ons se converta xunto coas restantes Illas Atlánticas en Patrimonio da Humanidade. Esa é a proposta da Xunta, e os habitantes de Ons temen que esa figura incorpore novas restricións que fagan máis difícil o seu día a día. A illa de Ons é o único territorio habitado, a diferenza das Cíes ou de Sálvora. Pola contra, o Concello de Vigo propuxo que a candidatura a Patrimonio da Humanidade se limitase ás Cíes.María José Pérez, portavoz da plataforma veciñal, subliñou que "Ons non vai formar parte nunca do Patrimonio da HumanidadeEste mércores un grupo de veciños de veciñas de Ons reuníronse co alcalde de Vigo, Abel Caballero, que lles transmitiu o seu apoio ás súas reivindicacións e reiterou a súa demanda á Xunta de que "retire" a candidatura conxunta. María José Pérez, portavoz da plataforma veciñal, subliñou que "Ons non vai formar parte nunca do Patrimonio da Humanidade", explicando que "non reúne nin unha soa das condicións, comezando porque está habitada".Pérez cualificou de "chapuza" a proposta da Xunta e respondeulle a Alberto Núñez Feijóo que "non somos colonos, somos insulares". "Busque no dicionario a diferenza entre colono e insular, e entenderá por que non nos gusta que nos chame colonos", engadiu. O presidente da Xunta adoita referirse aos habitantes da illa como "veciños e colonos" de Ons. A illa foi transferida á Xunta en 1984 e dende entón os veciños e veciñas teñen unha concesión de 75 anos sobre as súas casas, pero os seus habitantes reivindican a súa condición de residentes de pleno dereito no lugar, onde nalgúns casos, sinalas, as súas familias levan vivindo "máis de 200 anos"."Os únicos que nos encargamos da limpeza e do mantemento da illa somos nós, os veciños", dinEnumerando as críticas que dende hai anos lle realizan á administración autonómica, a portavoz da plataforma veciñal continuou dirixíndose a Núñez Feijoo, dicíndolle que "só ten que achegarse un día a Ons, cando haxa cupo, e comprobar os motores que usamos para ter luz, porque non temos luz máis que seis horas ao día". E concluíu que "a Consellería e a Xunta menten cada vez que abren a boca sobre Ons".Os veciños e veciñas remataron a súa intervención salientando que non nos opoñen "a que a illa se limpe e se protexa" pero pídenlle á Xunta "que comece a facelo xa". "Os únicos que nos encargamos da limpeza e do mantemento da illa somos nós, os veciños", engaden.Se a Xunta non atende as demandas dos veciños e veciñas da illa, o concello de Bueu retirará o seu apoio á Declaración de Patrimonio da Humanidade a Ons"Ons é algo máis que un pedazo de terra no mar"A pasada semana o BNG anunciou que presentará proximamente unha proposición non de lei no Parlamento para levar "a voz dos veciños e veciñas de Ons" á institución, na procura dunha solución a "discriminación" que está a supoñer a restrición da Xunta para entrar na illa. "Ons é algo máis que un pedazo de terra no mar. Ons é cultura, historia, etnografía pero sobre todo lazos familiares e por iso dende o BNG levaremos ao Parlamento iniciativas para preservar o espazo e a pegada humana da illa", afirmou Ana Pontón.Pola súa parte, o alcalde de Bueu, Félix Juncal (BNG) anunciou que "se a Xunta non atende as demandas dos veciños e veciñas da illa, o concello retirará o seu apoio á Declaración de Patrimonio da Humanidade a Ons" porque "non se pode entender un espazo sen ter en conta a súa humanidade". Juncal tamén criticou o "desleixo" da Xunta co concello de Bueu e acusouna de pretender manter "un control total sobre Ons" coa coartada de establecer un carné á veciñanza para entrar en Ons.
NOS_20673
María Balbina Álvarez leva oito anos dedicándose a asesorar como sacar o mellor rendemento ás viñas en Quiroga e a súa comarca. O inicio da pandemia coincidiu coa súa entrada na confraría do Viño e pasou a ser a primeira muller na súa historia. Desde esta entidade vixían e controlan a procedencia dos caldos que participan na feira, que este ano terá lugar os días 24 e 25 de xullo.
-Como se desenvolveron os seus estudos? Estudei Enxeñaría Agrícola na rama de Mecanización e Construcións Rurais. É a máis complexa. Como o meu pai traballara nunha canteira de lousa, pensei que o mellor era facer o proxecto de fin de carreira sobre iso. Propuxen a reciclaxe dunha entulleira a partir dunha empresa que moe o entullo e saca del fibras, que serven como illante do frío para a sola dos tenis ou as propias pelotas de varios deportes. Deseñei o sistema, tamén, para que as e os operarios traballasen en cabinas sen acceso ao po e que a maquinaria aspiradora funcionase durante as quendas que realizasen. -E a súa profesionalización? Ao mes de rematar os estudos montei unha empresa dedicada ao asesoramento da industria que temos como son os viñedos e as oliveiras, aínda que centrándome nos primeiros. Nelas levo a preparación e un seguimento anual da viña, desde a poda até os primeiros tratamentos de coidados. Fago rutas diarias. Un día vou pola ribeira e outro pola Ermida, outro cara a Montefurado e ao seguinte paso por San Clodio. Desta maneira sei como están as variedades. -Cales son as variedades máis estendidas na zona? Hai moito mencía e algo de godello. Tamén un pouco de treixadura e albariño. Véndese moito mencía e godello de Quiroga para as adegas de Chantada e Sober. Defendo a súa calidade como se fosen miñas. -Que debe ter unha vide para dar un bo viño? Primeiro de todo ten que estar ben preparada, ben alimentada pola raíz. Pasa igual que con nós mesmas, se están ben alimentadas responden moito mellor. Teñen que estar arrodeadas dun mando de verdor mais suave. A poda é moi importante e os tratamentos fitosanitarios teñen que ter unha marxe de quince ou vinte días. Entre xuño e xullo ten que airearse, sobre todo a do godello. Hai que ter en conta que as plantas se se sobredosifican acostúmanse e iso nótase no viño. -Facer viño segue a vir dunha herdanza ou hai cada vez máis produtores novos? Teño todo tipo de clientela. Algúns xa facían viño os seus avós e os seus pais continuaron. Outros comezaron agora e teño que ensinarlles desde o principio coa plantación e o coidado da viña. Hai de todo, mais ás veces os que non saben nada de viñas son os que mellor as coidan, se cadra por estar máis enriba que os que naceron na viña. -É un sector de futuro que podería asentar poboación no ámbito rural? Creo que si, o que pasa é que é un traballo moi escravo. A min encántame, apaixóname, mais sei que son 365 días do ano de dedicación por enteiro á viña. Pode dar traballo. Aquí mesmo temos a sorte de estar nun microclima onde sempre houbo viñas e o viño sae con moita calidade. -Coa súa entrada na confraría do viño de Quiroga están a mudar as cousas no sector? Agardo que si. Eramos dúas técnicas e quedei eu soa como asesora. Respéctanme, fanme caso e aconséllanse comigo. Para min entrar na confraría foi unha responsabilidade e un orgullo aínda que sexa "un mundo de homes". A confraría é unha entidade privada que non pertence a ningunha institución. Ten 24 membros e unha persoa deuse de baixa. Para acceder hai que presentar un currículo e referencias. Logo hai unha votación e no meu caso gañei por un voto. É unha actividade que ten certa responsabilidade por vixiar, a través dunha cata oficial, que os viños que se presenten sexan válidos e con uva da zona.
NOS_53070
O fiscal de Medio Ambiente, García Ortiz, afirma que non hai "evidencias" de que "exista ningunha trama".
"Terrorismo incendiario", "trama organizada", "incendios para alterar a paz social". Estas foron algunhas das expresións que o presidente da Xunta, empregou nas semanas posteriores á vaga de incendios de outubro, que arrasou no noso país 50.000 hectáreas. Non foi só el. Outros cargos da Xunta e representantes do PP afirmaron e reafirmaron neste tempo que había unha "trama" organizada de incendios no noso país, afirmacións que mantiñan sen achegar evidencia algunha. Agora, o informe das Fiscalía Superior de Galiza sobre os lumes que afectaron Galiza hai catro meses tomba esa tese de Núñez Feijóo. Non se coñece tal trama, non hai probas ou indicios que aponten a que exista. O informe está "practicamente concluído", manifestou esta fin de semana o fiscal de Medio Ambiente, García Ortiz, nunha entrevista en Europa Press. "Non temos evidencia de existencia de ningunha trama", afirma o fiscal. García Ortiza indica que o documento –para cuxa elaboración marcouse un prazo de seis meses- non presente "sorpresas" a respecto do elaborado en 2006, tamén após unha importante vaga de lumes ao longo e ancho do país. Nese informe negábase que houbese unha trama. Catro meses despois dos incendios de outubro, só hai catro persoas identificadas e non existe relación algunha entre elas. Con estes vimbios non se pode facer un cesto de "terrorismo incendiario" viría apontar o informe. O documento, que estará concluído e listo para abril será feito público.
NOS_51335
A antiga propietaria das factorías da Coruña e Avilés terá que cumprir as condicións que se pactaron en 2019 coa representación das e dos traballadores. Aliás, a institución libra de culpas a Alu Ibérica pero advirte de que "nin Parter nin Grupo Riesgo cumpren perfil de comprador serio e solvente".
O proceso aberto pola Audiencia Nacional para investigar a venda das fábricas de Avilés e A Coruña por parte de Alcoa ao Grupo Riesgo, propietario de Alu Ibérica -cun paso intermedio-, chega aos seus últimos capítulos despois de que nesta terza feira a multinacional fora condenada a cumprir as condicións que pactou co cadro de persoal en 2019. Pola contra, a Audiencia entende que Alu Ibérica debe librarse da condena -a pesar das protestas das e dos traballadores- porque a responsabilidade coas empregadas era só de Alcoa. En todo caso, pon en dúbida o bo facer de compañías como Parter e o Grupo Riesgo. Dado o auto feito público, Alcoa terá que atender aos pactos sobre as condicións de rescisión de contratos e de recolocación externa tal e como se asinou coa representación laboral o 15 de xaneiro de 2019. A sala do Social do Tribunal sostén que hai que seguir adiante con esta alternativa ao incumprir "a medida complementaria consistente na reindustrialización das plantas e o mantemento do emprego mediante a súa compravenda a un empresario serio, solvente e rigoroso". A este respecto, a sentenza contrapón o argumento de que "nin Parter nin Grupo Risco cumpren perfil de comprador serio e solvente". Desta forma se estima parcialmente a demanda de varios sindicatos no marco do conflito colectivo. No que non apoia a estas entidades é na condena a Alu Ibérica, tanto na Coruña como en Avilés, ao entender que o incumprimento dos acordos repercute só en Alcoa porque se chegou a eles no período de consultas. Un "fracaso" e unha "desolación" Neste sentido, a firma está vinculada ás consecuencias da opción de reindustrialización e mantemento do emprego "que resultando fracasada, dá lugar á reactivación das extincións contractuais". Así o considera ao destacar que non houbo unha adaptación para solucionar a obsolescencia das dúas plantas, algo que implicaría un amplo investimento. Ao respecto, indica que sobre Parter Capital e Blue Motion -compradoras nun primeiro momento- "ningún dato ofrece Alcoa nin no proceso de venda e da súa implementación posterior acerca destas dúas sociedades que permita sequera inferir que cumpren co perfil do comprador serio, solvente e rigoroso que debe acreditar". "Ao contrario, o que resulta manifesta é a contribución de ambos á situación de desolación en que se atopan as plantas e os seus traballadores", subliña o documento feito público. Reaccións laborais Unha das primeiras reaccións a este auto foi a de UXT que considera que a condena a Alcoa "non soluciona o mantemento do emprego". Por iso, reclama o "compromiso" do Goberno español e da Xunta para traballar a prol das e dos traballadores.
NOS_4900
Fernández Lores confirmou que o Goberno local "rexeitará esa petición", xa que é "unha decisión política". Ademais un informe de Secretaría rexeita o recurso porque o acordo adoptouse "con todos os requirimentos legais", sinalou, e dentro das competencias que ten o pleno para facelo.
O pleno do Concello de Pontevedra foi convocada de maneira extraordinaria para a vindeira segunda feira, día 12, para abordar o recurso presentado por un particular no que esixe a revogación do acordo por que o que se retirou do rueiro da cidade o nome do rei emérito Juan Carlos I. No pleno do pasado 15 de febreiro a corporación municipal, cos votos favorábeis de BNG e PSdeG e o rexeitamento do PPdeG e do concelleiro non adscrito, aprobada a eliminación do nome do monarca en "un acto de xustiza, decencia e hixiene democrática", polo que a avenida co nome do Borbón pasaba levar o da galeguista Virxinia Pereira Renda. Entón a concelleira de Cultura, Carme Fouces, afirmou que era "un día histórico que quedará gravado no relato da cidade", despois de saír adiante unha proposta que foi xustificada polo comportamento do rei emérito, que "avergoña até os monárquicos decentes", e ás informacións que apuntan "á cobranza de comisións" de "dubidosa procedencia" que, ademais, "ocultaba en Suíza para esconder ao fisco do seu propio reino", polo que concluía que o rei emérito "non é merecedor da honra que supón ter unha rúa en Pontevedra", engadiu. Esta decisión do plenario foi recorrida por un cidadán particular que esixe a revogación do acordo. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou esta cuarta feira que o prazo para resolver este asunto acaba o día 15 de abril e "inevitabelmente para rexeitar esa petición é necesario facer un acordo plenario porque foi no pleno onde se aprobou ese cambio de nome da rúa". O pleno ordinario celebrarase o día 19 deste mes. Fernández Lores confirmou que o Goberno local "rexeitará esa petición", xa que é "unha decisión política". Ademais un informe de Secretaría rexeita o recurso porque o acordo adoptouse "con todos os requirimentos legais", sinalou, e dentro das competencias que ten o pleno para facelo.
NOS_38573
Um debate duma altura sem precedentes teve lugar esta quinta feira no Parlamento português. A questão catalã foi o alvo de iniciativas desde as bancadas da esquerda, do PCP e do Bloco. Uma delas, a da formação comunista, foi parcialmente aprovada. A Assembleia, aliás, não respaldou a condenação da repressão exercida contra políticas e políticos soberanistas.
PCP e Bloco levaram duas iniciativas sobre Catalunha à Assembleia da República. Na do PCP pedia-se uma focagem política na resolução do conflito e a condenação da escalada represiva desatada pelas autoridades espanholas contra políticas e políticos independentistas. Na do Bloco condenava-se a "violência do Estado espanhol" e advogava-se pela "reposição da normalidade democrática e à libertação de todos os presos políticos". Para o Bloco, Madrid tinha suspendido "os mais elementares direitos democráticos" ao povo catalão. A iniciativa do Bloco foi chumbada com os votos em contra do PS, CDS e PSD, suficientes para derrotar os apoios de PCP, Os Verdes e PAN. O PCP -após desde as bancadas do Partido Socialista se solicitar a votação separada dos dois pontos da sua iniciativa- conseguiu ver aprovada a parte do seu texto em que se fazia um apelo para que seja encontrada uma "solução política para a questão nacional em Espanha, no respeito pela vontade dos seus povos e, consequentemente, da vontade do povo catalão, e da salvaguarda dos direitos sociais e outros direitos democráticos dos povos de Espanha". O debate fraccionou o grupo parlamentar do PS quando se submeteu a discussão a condenação da repressão. O PS -ao igual que as formações da direita, PSD e CDS- não quis prestar apoio a textos em que se falava da "deriva autoritária do Governo e autoridades espanholas", assim rezava literalmente a moção do Bloco de Esquerda. Mas não conseguiu manter a coesão das suas bancadas e 12 parlamentares socialistas apoiaram o apelo do Bloco contra a violência do Estado espanhol na Catalunha do Bloco, enquanto que 21 o faziam com a condenação da repressão formulada pelo PCP. O texto finalmente aprovado tem uma evidente carga de profundidade política, pois sem mencionar explicitamente o direito de autodeterminação -interdito pelas leis espanholas- sim que fala do necessário respeito "da vontade do povo catalão", bem como também "da salvaguarda dos direitos sociais e outros direitos democráticos dos povos de Espanha".
NOS_34281
As eleccións locais mandan na axenda política das principais formacións galegas. Esta mesma segunda feira, a asemblea do BNG de Lugo ratificou como cabeza de lista Rubén Arroxo. Nesta mesma dirección, o PSdeG presentou este domingo como candidata en Redondela a actual alcaldesa, Digna Rivas, mentres os populares de Sarria elixiron como novo presidente do partido o veterano Fernando Carlos Rodríguez.
Os populares queren converter as eleccións locais do vindeiro ano nunha sorte de primarias das estatais. Neste sentido, entenden que un PP reforzado neses primeiros comicios parte con máis vantaxe para as eleccións lexislativas. Porén, non esquece a importancia das municipais e busca na Galiza mellorar as súas posicións en relación a 2019, co obxectivo de gobernar en Ferrol e Ourense e dar a batalla en Lugo. Nestas últimas cidades centra o PP a súa campaña, apoiado nunhas enquisas que lle dan posibilidades nas dúas primeiras localidades, mais non así na terceira. O desembarco de Elena Candia como cabeza de cartel en Lugo está a provocar tensións internas na agrupación local do PP, partido que, segundo as últimas sondaxes, retrocede en intención de voto. A maiores, as posibilidades de lograr a presidencia da Deputación semellan remotas para os populares, ao non conseguir unha mellora substantiva en Lugo, ao ficar lonxe dos socialistas no partido xudicial da Fonsagrada e ao ter complicado conseguir o segundo deputado na Ulloa. Ademais, o conflito aberto en Sarria debido á conformación das candidaturas, onde sae derrotado o candidato do aparato, adianta novas confrontacións noutras localidades. O BNG entende que vai mellorar de maneira significativa os seus resultados das eleccións locais. Nesta dirección, os responsábeis da organización botan man das tendencias definidas nas sondaxes, do aumento do número de candidaturas en relación a 2019 e do reforzo das mesmas con incorporacións de referentes sociais. Na mesma liña, destacan a integración na formación de diversas candidaturas locais, como ten acontecido en Vilar de Santos ou Vimianzo. Os socialistas, pola súa parte, concorren a este proceso a conservaren as súas posicións no ámbito local. Así, dan por feito o mantemento da presidencia das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, ao tempo que agardan conservar as alcaldías de Vigo, A Coruña e Compostela. Lugo preocupa ao PSOE Na mesma dirección, recoñecen que en Lugo deben suar a camisola, moi preocupados polo ascenso do BNG, e recoñecen problemas en Ferrol e Ourense, onde nos pasados comicios ficaron como primeira forza. Porén, consideran desde a dirección socialista que a substitución de Rafael Rodríguez Villarino por outro candidato nesta última cidade, probabelmente Natalia González, abre novas perspectivas para o partido. Anova, un dos suxeitos decisivos no espazo das mareas municipalistas, deu na fin de semana un paso adiante e escolleu unha nova dirección liderada por Martiño Noriega e Oriana Méndez, dúas persoas ligadas ao municipalismo, anunciando novos contactos para enfrontar os comicios locais.
PRAZA_5817
Os sectores con maior presenza de empresarias non chegan ao 35% de mulleres na creación de novas sociedades mercantís. No que vai de 2014 naceron 2.500 compañías no país e só 665 tiveron mulleres entre as súas fundadoras.
O "emprendemento" é unha das principais consignas emitidas polos diferentes gobernos como vía para a saída da crise económica. Neste ámbito, as administracións públicas aseguran estar poñendo especial énfase en combinar os estímulos ao inicio de actividades empresariais coa promoción da igualdade entre homes e mulleres, de aí que existan programas e liñas de axudas específicas para o denominado "emprendemento feminino". Igual que no traballo por conta allea a fenda salarial por razón de xénero permanece practicamente intacta con crise ou sen ela -as mulleres galegas cobran, de media, un 23% menos que os homes-, a creación de novas empresas está no país maioritariamente protagonizada por homes, ata o punto de que máis do 70% das novas compañías están fundadas por un ou varios homes e ningunha muller. A través da peneira que o Instituto Galego de Estatística (IGE) realiza do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) é posible coñecer que, nos últimos anos, a media anual de creación de empresas está na contorna das 5.500 novas sociedades mercantís en cada exercicio. Así, por exemplo, no ano 2012 o instituto estatístico rexistrou a creación de 5.532 sociedades das cales máis de 4.000 foron creadas por homes e pouco máis de 1.500, por mulleres. Na mesma liña, en 2013 fundáronse 5.658 novas empresas e unhas 4.100 foron impulsadas por homes, mentres que, de novo, as creadas por mulleres apenas superaron as 1.500. En 2013 fundáronse 5.600 empresas e unhas 4.100 foron creadas por homes No que vai de 2014 a tendencia, lonxe de mellorar, permanece practicamente estancada mentres se manteñen os recortes que adoitan dificultar ou impedir a vida laboral das mulleres, como na educación, na sanidade ou na atención á dependencia. Nos primeiros cinco meses do ano fundaronse en Galicia 2.573 empresas, unhas sesenta menos que doce meses antes. A estas alturas de 2013 había case 700 empresas impulsadas por mulleres e, a 31 de maio de 2014, a cifra do agora alcumado como "emprendemento feminino" queda nas 665 novas sociedades mercantís. Ningún sector supera o 35% de empresarias Tan elocuente como o panorama xeral é unha observación máis detallada da creación de novas empresas, atendendo aos diferentes sectores da economía galega, onde ningún deles supera o 35% de empresariado feminino. O sector con maior número de fundadoras de empresas é o de "servizos a empresas e outras actividades de servizos", onde no último ano case o 33% das compañías foron creadas por mulleres. A continuación sitúanse as actividades do sector inmobiliario, no que o 32,5% das empresas creadas en 2013 foron impulsadas por mulleres e o 67,5% restantes, por homes. Só dous sectores económicos superan o 30% de novas empresarias Na banda contraria sitúanse dous ámbitos da economía tradicionalmente masculinizados, caso por exemplo dos transportes ou a agricultura, nos que as sociedades mercantís creadas por mulleres quedan no 20% do total. Unhas cifras semellantes son as que presenta o sector da construción, cun 22% de empresarias, ou o da industria e da enerxía, onde o peso do empresariado feminino non chega nin ao 25%. A banca e os seguros, a hostalería e o sector de comercio e reparacións tampouco supera o 30% de mulleres na creación de novas empresas.
NOS_31040
A portavoz nacional do BNG fixo este sábado, 23 de febreiro, un chamamento a participar "masivamente" na folga feminista convocada o 8M. "As mulleres non imos tolerar que se poña en cuestión ningún dos dereitos que fomos conquistando ao longo dos tempos", afirmou Ana Pontón nun acto feminista da organización.
Nunha intervención con mencións a Virginia Woolf, Rosalía de Castro, as mulleres antifranquistas ou as cigarreiras da Coruña -protagonistas en 1857 da primeira folga de mulleres na Galiza-, Pontón manifestou a necesidade de "non ter medo". "Este 8 de marzo, todas as mulleres temos que saír á rúa para dicir alto e claro que non imos permitir 'nin un só paso atrás' dos nosos dereitos", clamou. Segundo a portavoz nacional do Bloque, cómpre "sinalar todas aquelas forzas políticas que pretendan dar pasos atrás ou sexan cómplices desa intención". A referencia á formación de extrema dereita Vox e aos seus pactos co PP foi clara. Contra os retrocesos, mobilización, engadiu. "O ano pasado fixemos historia na Galiza cun 8M masivo que quedou na retina de moitos e que marcou un antes e un despois", indicou, "pero somos conscientes de que non abonda con loitar un día ao ano. Queremos seguir avanzando, porque resulta evidente que os que gobernan non tomaron nota. A brecha salarial non se moveu e mesmo medra, as pensións das galegas son as máis baixas, as investigadoras son discriminadas e a conciliación e corresponsabilidade segue a ser unha quimera". Ana Pontón insistiu no carácter feminista da organización que lidera: "Incorporamos un gran número de mulleres, unha voceira e dúas vicevoceiras, máis mulleres que homes na Executiva Nacional, e un grupo parlamentario co 70% de mulleres, mais quedan moitos retos por diante".
NOS_28142
O doente, un mozo de 24 anos, foi trasladado ao Meixoeiro de Vigo, centro de referencia para estes casos. Os resultados da primeira análise dan negativo.
O departamento de Saúde Pública do Sergas activou o protocolo de ébola após o ingreso esta terza feira no Complexo hospitalario un iversitario da Coruña dun mozo guineano de 24 anos que presentaba febre desde hai varios días. Ante a posíbel sospeita de que poidese ser un caso de ébola, solicitáronse os medios anti-contaminación e tomáronse mostras para confirmar ou descartar se é ese virus. Segundo o comunicado da Consellaría de Sanidade esas mostras foron remitidas ao Centro de Microbioloxía de Madrid para a súa análise. As primeiras análises deron negativo e o resultado das segundas non se coñecerá até a sexta feira. O doente foi trasladado ao Hospital Meixoeiro de Vigo, centro de referencia para casos de ébola. En caso de se confirmar, será derivado a un dos centros fixados no Consello Interterritorial do sistema de saúde. O Chuac pediu ao persoal que atendeu a este doente que permaneza na casa. Sanidade convocou para as 11:00 unha rolda de prensa para informar polo posíbel caso de ébola. Confusión A presidenta da Xunta de personal da área sanitaria da Coruña, María Seijo, denunciou "confusión" e "desconcerto" na aplicación do protocolo do ébola,após a chegada ao servizo de urxencias dd Chuac dun mozo con síntomas de poder ter ese virus. En declaracións a Europa Press, Seijo di que os profesionais de Urxencias transmitiron que houbo "confusión".