ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_53037
Pilar García Negro recibiu esta mañá na cidade de Lugo a homenaxe organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega –Aelga- co gallo da vixésimo terceira edición da súa iniciativa anual A Escritora na súa Terra-Letra E.
Nun salón de plenos consistorial ateigado de persoas e "a rebordar de afectos", tal como o definiu o presidente da Aelga, Cesáreo Sánchez, a protagonista manifestou o seu agradecemento á entidade e á encargada de realizar a laudatio, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, e expresou o seu nerviosismo e preocupación previas ao acto "por non aburrir a tantas amigas e amigos". García Negro só tivo palabras de agradecemento para as persoas presentes e asegurou que "o que me conforta é ver que hai moitas persoas que valoran o que eu levo valorando tanto tempo". Así, en concreto, asegurou que "partillamos obxectivos concretos sobre a difusión práctica da lingua galega, a ampliación de obras de literatura no noso idioma, o pulo a un maior coñecemento de nós propios, da nosa historia… En fin, foi un acto moi esperanzador porque te encontras moi arroupada". A escritora luguesa quixo relativizar as palabras que os seus compañeiros e compañeiras dixeron ao longo do acto "porque ben sei que son hipérboles do cariño"; porén, expresou a súa intención de seguir traballando nos anos seguintes "para estar á altura deste recoñecemento" á "ourive da lingua", en definición do presidente da Aelga, Cesáreo Sánchez. O xantar de confraternización puxo fin a un programa que non se limitou ao acto do Concello. Deste xeito, ás 11,30 horas, a praza de Ferrol acolleu o descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore, neste caso un magnolio, elección da propia homenaxeada.
NOS_6978
O presidente da Xunta e lider dos populares galegos participa esta fin de semana na campaña electoral de Castela León. Nun dos paseos para falar coa veciñanza, Feixoo optou por non levar tapabocas.
O uso obrigatorio da máscara en exteriores, vixente desde o pasado 23 de decembro, podería suprimirse diante os actuais datos epidemiolóxicos a vindeira terza feira se así o considera o Consello de Ministras e Ministros que se reunirá ese día. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, adiantouse varias xornadas a esta decisión do Goberno español e este sábado apareceu nalgunhas imaxes sen tapabocas, falando con xente, mentres participaba nun paseo polas rúas de Zamora como parte da campaña electoral do PP en Castela León. Feixoo, apostaba hai uns días por "relaxar" o uso da máscara en exterior, coincidindo coa votación na Cámara Baixa sobre a continuidade desta medida de control sanitario diante a pandemia por Covid-19. Aseguraba diante os medios de comunicación que era unha medida prevista para o Nadal "ante aglomeracións, compras masivas, espectáculos públicos, interaccións sociais, iso debería empezar a decaer e, na miña opinión e do comité clínico (que asesora) ao Sergas, poderiamos empezar a relaxala, sendo absolutamente estrito en interiores". Mitin en Zamora O líder dos populares galegos tamén participou nun mitin de apoio ao candidato do PP, Alfonso Fernández Mañueco. No acto afirmou que "só hai dúas opcións o próximo 13 de febreiro: a do PP, cun Goberno de maiorías, un líder coñecido, un programa publicado e un balance contrastado; ou un Executivo que sería a réplica do que hai hoxe en España, cunha mestura de socialismo, populismo e partidos minoritarios que non teñen en conta os intereses xerais".
NOS_11710
A pasteira afirma que apenas o 2% da superficie ardida no que vai de ano en Galiza e Asturies é desta especie.
Ence considera que o eucalipto xestionado con responsabilidade é unha eficaz medida na loita contra os incendios, indicando que das máis de 5.100 hectáreas que arderon no que vai de ano en Galiza e Asturies apenas 100 eran desta especie. O que supón un 2% do total queimado nestes meses. A empresa indica ademais que menos do 9% das zonas ardidas eran superficie arborada. Ence di que o informe da Confederación de Organizacións de silvicultores de España (COSE) sobre os lumes en Galiza indica que na zona norte de Galiza, onde se concentran importantes superficies de eucalipto, apenas hai incendios. No documento apóntase a que as zonas forestais de Galiza máis afectadas polas lapas son as de matogueira sen arborado. De aí que sinale que o abandono do monte sexa unha das principais causas de incendio. Para a pasteira, as superficies de eucalipto xestionadas por propietarios forestais son unha "alternativa fiábel" para "combater o abandono e os incendios".
PRAZA_8510
A marcha, que sairá ás 12 horas do Haley de Carballo, está apoiada por unha morea de colectivos sociais, políticos e ecoloxistas e contará coa presenza de persoeiros como Manuel Rivas, que será o encargado de ler o manifesto final.
A manifestación do vindeiro domingo 14 de abril, convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, pretende ser a maior mobilización contra a polémica mina. A marcha, que sairá ás 12 horas do Haley de Carballo, está apoiada por unha morea de colectivos sociais, políticos e ecoloxistas e contará coa presenza de persoeiros como Manuel Rivas, que será o encargado de ler o manifesto final. A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños anima a toda a cidadanía a acudir a unha manifestación que considera "a central" das súas reivindicacións, pero advirte tamén de que seguirá "con novas iniciativas de información, organización e loita" para pelexar contra o proxecto de Edgewater que conta co apoio da Xunta. "Hai que parar o que podería supoñer un grave precedente para que non veñan detrás outros proxectos semellantes no noso país", asegura. Non é un problema local; é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur. É un problema de toda Galiza" "Non é un problema local de Corcoesto, Cereo e Valenza. Non é un problema de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Non é un problema de Bergantiños. A mina Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui. É un problema de toda Galiza", insiste nun comunicado, no que lembran que con esta nova mobilización pretenden "dicirlle á Xunta con voz alta, clara e forte que nin Bergantiños nin Galiza queren esta mina destrutiva no seu territorio". "Non imos permitir baixo ningún concepto a destrución e o esquilmamento do noso país", din. A marcha está apoiada por Adega, Verdegaia, rede Galiza Non se Vende, Senda Nova, Espazo Ecosocialista, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CCOO, SLG, BNG, AGE, Compromiso por Galicia, Galiza Nova, Partido da Terra, Véspera de Nada, ASC O Iribio, Plataforma pola proteccion da Serra do Galiñeiro, Foro Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns, AAV. de Cereo ou Contramínate de Laxe. "Esperemos que o éxito das mobilizacións realizadas e as futuras que convocaremos obriguen á Xunta de Galicia a deixar a conivencia con Edgewater e non aprobe a declaración do proxecto como industrial estratéxico, faga caso ás voces discrepantes da propia administración pública e non vaia adiante esta auténtica barbaridade", conclúen.
NOS_21464
A asemblea local da Irmandade Nacionalista na Coruña elixiu por unanimidade o autor de 'Crónica do Chan' e 'Unha puta percorre Europa'.
Alberto Lema (Vimianzo, 1975) vai ser o candidato de Anova no proceso de primarias que se abre na Marea Atlántica da Coruña para elixir tanto cabeza de lista nas municipais de maio como o resto dos 26 integrantes da candidatura desta plataforma. A asemblea local coruñesa de Anova escolleu por unanimidade esta cuarta feira o autor de obras como 'Unha puta percorre Europa', 'Sidecar' u 'Crónica do Chan', entre outras. Alberto Lema é membro da Executiva Nacional da Central Unitaria de Traballadores (CUT), da Executiva Local da Coruña do mesmo sindicato e, desde outubro e 2014, viña desempeñando tamén a función de voceiro de Anova Irmandade Nacionalista na Coruña. É traballador da Real Academia Galega. Primarias Marea Atlántica iniciou esta semana o seu proceso de primarias para elexir a persoa que encabeza a listaxe nas municipais e tamén o resto dos 26 membros que integrarán a candidatura. Portavoces de MA sinalaron que a finalidade é a de facer unha candidatura de "unidade popular" coa que "cambiar a forma de facer as cousas" no Concello da Coruña. Iago Martínez e Mónica Balado enmarcaron estas primarias nun proceso no que xa se deron pasos aprobando o código ético ou a elaboración do programa electoral. As primarias serán "abertas a toda a cidadanía" e nelas votarase por un lado a/o cabeza de listaxe e por outra o resto da candidatura mediante un sistema de listaxes abertas.
NOS_2815
Fican catro días para rexistrar as coalicións electorais para os comicios galegos do vindeiro 5 de abril.
Unha semana despois de que se coñecese o adianto electoral, o candidato á reelección polo PP reuniuse co comité de Alcoa para manter o seu pulso ao Goberno do Estado, o líder dos socialistas mantivo un encontro co alcalde do PSdeG coa maioría máis absoluta e a candidata nacionalista afondou no seu programa electoral "participativo". Fican os interrogantes sobre a coalición entre Podemos e Esquerda Unida, que defenden a marca Galicia en Común, e mais Anova e as mareas municipais. Continúan unhas "conversas" que apostan por deixar fóra En Marea a catro días de que remate o prazo para inscribir as coalicións electorais. Na sexta feira remata o prazo para inscribir as coalicións na Xunta Electoral e as conversas das forzas herdeiras de En Marea contan cun condicionante claro: Podemos impón o que será o seu candidato, o seu secretario xeral Antón Gómez-Reino, e aposta por concorrer o 5 abril baixo a marca Galicia en Común, empregada nas eleccións estatais de 2019. Esta sorte de Unidas Podemos á galega ten asegurada a participación de Esquerda Unida. A súa candidata Eva Solla incidiu onte en que teñen a "man tendida" e animou a "non abandonar a unidade", pois "non sobra ninguén". Moi ao contrario do que se percibe desde Anova, que, en palabras de Martiño Noriega, ven Podemos cunha "posición hexemónica" sobre o espazo político. Segundo o responsábel de relacións de Anova co espazo político, a cuestión non está na "nomenclatura" da candidatura ou na persoa que a encabece, senón en que se recollan "todas" as sensibilidades en condicións de "igualdade" para continuar coa "unidade popular" iniciada en 2012 coa Alternativa Galega de Esquerda (AGE). "Sabemos que hai un amplo sector da poboación que demanda que esa chave de cambio teña todos os dentes", sostivo onte Noriega, para advertir de que "prescindir" do soberanismo e do municipalismo pon "en risco" a posibilidade de que se produza "un cambio político" na Galiza. Por outra parte, o ex alcalde de Compostela excluíu En Marea destas "conversas", que non "negociacións", como xa fixera o portavoz de Anova, Antón Sánchez, após a reunión da Coordinadora da formación nacionalista. Noriega cre que o partido liderado por Luís Villares, "despois de perder o apoio das organizacións" que no seu día o crearon, "tivo a oportunidade de testar" a súa oferta política nas eleccións estatais do pasado mes de maio, nas que obtivo pouco máis do 1% dos votos. Caballero reúnese con Caballero en Vigo A outrora mala relación entre Abel Caballero e Gonzalo Caballero, tío e sobriño, fica xa no esquecemento e mellora a golpe de adianto electoral. Metido xa en campaña, o candidato do PSdeG acudiu a Vigo porque "é un exemplo de como gobernan os socialistas" cunha equipa municipal, a do seu tío, "referente das políticas municipalistas" e porque esta foi a primeira parada dunha rolda polas cidades galegas, das que Alberto Núñez Feixoo é "un inimigo político". "Galiza necesita novas políticas de vertebración territorial e impulsar un crecemento liderado polos espazos urbanos", salientou Gonzalo Caballero, quen puxo o exemplo da cidade olívica, que para Feixoo estivo "relegada a un caixón". "Vigo avanza cun proxecto liderado polo alcalde, mentres que a Xunta se dedicou a pór paus nas rodas", sostivo. "Galiza é moito, pero vai a menos con Feixoo" polos seus recortes en sanidade, en educación ou pola falta de políticas industriais, criticou o líder do PSdeG, que tamén censurou a presenza do candidato popular á reelección na cidade: "Veu a Vigo despois de abandonar a cidade durante 11 anos, para utilizala como trampolín electoral, despois de incumprir os seus compromisos". A campaña do BNG: "intensa" e "a pé de rúa" A candidata do Bloque Nacionalista Galego á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, salientou onte que ultiman unha campaña "intensa, a pé de rúa e de proximidade" cun programa "participativo" coordinado pola viceportavoz parlamentar, Olalla Rodil, e polo deputado Luís Bará. "Unha campaña de proximidade", explicou, "na que poidamos falar cara a cara, na que pisaremos moita rúa e petaremos en todas as portas para pedir o apoio ao noso proxecto de país, sólido e solvente, capaz de mellorar a vida das persoas". "Advertímoslle ao PP e ao seu candidato Feixoo que non imos deixar pasar por alto ningunha das súa mentiras, non imos permitir que siga instalado na propaganda e no engano. É unha burda mentira a súa declaración de independencia con Madrid tras dez anos de ser o presidente da submisión, do servilismo, do si bwana, primeiro a Raxoi e agora a Casado, dez anos exercendo de dilixente recadeiro, traizoando a Galiza e permitindo todas e cada unha das discriminacións e dos agravios a este país", aseverou. Polo tanto, a nacionalista reivindicouse como "a única garantía de ter un Goberno coas mans libres" e afirmou que o BNG sairá a "gañar o partido, non para un empate, nin para quedar en segunda posición" o 5 de abril. O PP mete en campaña o estatuto electrointensivo O actual presidente da Xunta e candidato á reelección mantivo onte unha xuntanza co comité de Alcoa para coñecer as alegacións que presentarán ao estatuto electrointensivo do Goberno de Pedro Sánchez e chamou a facer "unha fronte común". "Levo 11 anos como presidente e nunca vin tan preto o feche de Alcoa", dixo á vez que volvía a abrir as portas do PP ás dirixentes de Ciudadanos. Ademais, Feixoo incidiu en que o 5 de abril saia das urnas "un Goberno que non dependa de ninguén, senón de si mesmo". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube
NOS_21979
Reproducimos a seguir o discurso de laudatio que pronunciou o escritor Suso de Toro durante o acto de entrega a Camilo Nogueira do Premio Trasalba, recoñecimento que institúe a Fundación Otero Pedrayo.
Teño o orgullo de pertencer a un país que dá persoas tan valiosas como Camilo Nogueira Román, a pena tamén de pertencer a un país que non ten sido capaz até agora de aproveitar as capacidades dos propios fillos que crea. Non acredito no pupilato de mestre ningún, mais acredito no maxisterio. Cada quen debe procurar onde achar o maxisterio que precise e logo mirar de recibilo a certa distancia, ter sempre unha reserva para garantir a liberdade de criterio. Precisamente o maxisterio máis proveitoso, o que nos fai libres é o que se recebe de quen vive o seu destino libremente, sen ollar para as costas e sen pretensión de ter pupilos. Por iso digo con naturalidade que considero a Camilo Nogueira o meu mestre para cousas fundamentais, e mais digo tamén que é mestre para min pola admiración que libremente lle teño. Á altura da miña propia vida, o ter practicado varias profesións e o ter andado enleado nas angueiras sociais fixeron que coñecese moitas persoas aquí ou aló, son afortunado xa que coñecín persoas intelixentes e valiosas, pois en ningunha outra encontrei como no noso amigo unha mestura tan vivificante de intelixencia audaz, nobreza e valentía. E, por iso mesmo, alegre. Digo con naturalidade que considero a Camilo Nogueira o meu mestre para cousas fundamentais Mais como debo explicar o motivo e os fundamentos deste recoñecemento que se lle fai hoxe aquí, teño que precisar que esas capacidades o rapaz do barrio vigués do Calvario púxoas de modo absoluto ao servizo dun soño chamado "Galiza", máis concreto, "a nación galega". Unha nación que pode ser interpretada de moitas maneiras mais tan fecunda, ancha e real que nela poderían convivir e conviviron aquel don Ramón Otero Pedrayo, a quen coñecimos como o oficiante dun vello rito aveso, co fillo daquel Camilo Nogueira Martínez, o escultor do agrarismo e o galeguismo e dirixente do Partido Galeguista vigués. Otero ofrecíanos unha visión persoal e sentida dun pasado tan real como imaxinado, os Nogueira ofrecían e ofrecen a continuidade xeracional dun futuro posíbel. O galeguismo cara atrás e cara adiante. E no caso do noso Camilo, ao soño nacional hai que lle sumar a utopía da esquerda. O galeguismo é unha forza creadora de realidades diversas. Hai quen crea realidades históricas a través da capacidade destrutora da guerra e quen crea a través da paz, o Camilo é desta xente. É da xente que inventa técnicas e tecnoloxías que cambian a vida, da xente que agrupa e organiza as capacidades económicas, da que crea organizacións sociais para avanzar, da que analiza o que ten diante e ofrece solucións, da que fai todo iso alimentada por un soño utópico…. Otero ofrecíanos unha visión persoal e sentida dun pasado tan real como imaxinado, os Nogueira ofrecían e ofrecen a continuidade xeracional dun futuro posíbel Camilo por natureza é un intelectual, aínda que a súa figura non encaixe nunha cultura modelada polo academicismo borbónico e campe fóra de calquera linde. O seu campo é o pensamento, mais non é un pensamento estático que dea voltas sobre si mesmo, senón que se dirixe a realidade que o rodea para transformala. Primeiro vén o momento da observación, a contemplación do que se ten diante buscando comprendelo, sen arañeiras na ollada, sen a pexa dos prexuízos que abordan a realidade afirmando ou negando previamente. Camilo entende que a realidade é complexa e, sobre todo, que a realidade é. E que iso que é non pode ser negado, a realidade existente hai que recoñecela coas súas dificultades e as súas posibilidades, aceptala primeiro se despois un quere cambiala. Sen o aceptamento da realidade non hai posibilidade de cambio, quen nega o existente e se refuxia nunha idea abstracta, nun cliché ideolóxico, non pretende cambiar o mundo, só pretende refuxiarse nun soño hermo e inútil, autoxustificativo e estupefaciente. E os verdadeiros soños sempre son, dun xeito ou doutro, fecundos. Sen o aceptamento da realidade non hai posibilidade de cambio, quen nega o existente e se refuxia nunha idea abstracta, nun cliché ideolóxico Tras o aceptamento da realidade, vén o seguinte momento, procurar e achar o modo de transformala. E para iso é preciso partir das posibilidades que ofrece o existente, o Camilo sempre acha posibilidades e valores no que o rodea. Dise del por iso que é "optimista". Non é tal, simplesmente é alguén que observa a vida con curiosidade e humildade, que no Camilo veñen ser o mesmo. Entendamos humildade non como sumisión senón como o contrario, como un acto do ánimo, unha afirmación que atende e recoñece cada cousa por ela mesma, que non nega os seres para afirmar "o Ser", que valora o diverso para integralo nun "algo" e que comprende o dinamismo e así logo recoñece nese "algo" a ánima que lle é propia e comprende que todo é un proceso en marcha. O Camilo sabe que as súas posicións son minoritarias aínda, mesmo dentro do seu propio país, mesmo dentro do galeguismo e o progresismo, porén fía en que detrás duns tempos veñen tempos e esas ideas hanse de abrir camiño. Ese pensamento creativo expresouno na vida por distintos camiños, a través das profesións, a través da política e a través do estudo e a investigación. Falta que un día pare a facer unha reflexión sobre o seu traballo profisional como creador de empresas, esa había ser unha boa achega ao noso patrimonio de experiencia que aínda nos debe. Se se reúnen eses tres aspectos do que nos leva ofrecido veremos que non hai figura de tal dimensión entre nosoutros, os galeguistas, entre nós, os galegos e galegas. Porque o Camilo non só quere transformar a realidade social, iso faría del un reformista social e un rexenerador nacional, os seus actos para cambiar a realidade son actos a favor da vida e contra a Historia. Non lle neguemos a Nogueira o seu carácter mesiánico, porque o ten, non lle neguemos a súa soberbia tan humana que se rebela contra deuses ou semideuses que lle negan o seu soño. Ninguén se engane coas súas maneiras adoito corretas cara os demais, Camilo é un rebelde e o seu soño é a rebelión contra a Historia. Non lle neguemos a Nogueira o seu carácter mesiánico, porque o ten, non lle neguemos a súa soberbia tan humana que se rebela contra deuses ou semideuses que lle negan o seu soño Sendo un intelectual puro, o seu modo de proceder non é o soño literario, senón a actuación do revolucionario. Non é un intelectual da forma tan común entre nós, o "homme de lettres",o "home de letras" (ou muller, se así for), que pola súa mesma natureza propende á melancolía, senón o intelectual propio dunha nación en marcha. Unha nación que aproveita as enerxías que ela mesma crea para seguir camiñando e afrontando os novos problemas. O Camilo é cidadán dunha nación que entre nós non existe. Eis o motivo polo que se sinte insatisfeito coa marcha das cousas do seu país, e aínda así non se sinte frustrado. O noso homenaxeado hoxe aquí pertence a unha xinea de galeguistas que tivo o seu momento de expansión nos anos da República e que foi esmagada pola represión do fascismo español, que permitiu únicamente a supervivencia das formas máis mornas ou soidosas do galeguismo que lle pareceron inocuas. Encontro unha semellanza co galeguismo republicano insubornábel do Valentín Paz Andrade, aquel facedor. Como o del, o pensamento do Camilo é aberto e mais expansivo, trata dunha Galiza que viaxa e se estende alén dos mares, como así entenden ambos a nosa lingua, unha Galiza confiada e moderna que aproveita os seus propios recursos para crear novas formas da economía industrial. Como diría o noso amigo aquí unha vez e máis outra, "unha Galiza sen complexos". Encontro unha semellanza co galeguismo republicano insubornábel do Valentín Paz Andrade, aquel facedor Por aquelas viña eu de ler "La marginación de Galicia", no que o Valentín denunciaba a dependencia e o expolio que facía e fai a metrópoli madrileña da nosa terra, e mais "Galicia como tarea", onde detallaba os traballos a facer pola cidadanía deste país cando sentín falar por primeira vez do Camilo Nogueira, "o dos obreiros de Vigo". Eu era un mociño que procuraba a miña tarefa e sentín falar dun home de acción, de alguén que usaba as ideas como se fose unha máxica chave inglesa. Aquel era o meu galeguismo, non o dubidei. Van aló moitos anos e el segue a canear, pregúntenlle a que anda, hanse sorprender desa súa audacia intelectual intacta. Non o vai recoñecer en voz alta, porén el sabe que moitas das súas ideas, iniciativas, análises foron incorporadas dun xeito ou doutro ao capital do noso país. Insatisfeito, mais íntimamente orgulloso do traballo feito, pois, como dixen, ser non será optimista como din mais conservou toda a vida unha visión positiva das cousas. Pregúntenlle ao Camilo como ve o seu país e diralles "está mellor que nunca. Nunca a Galiza tivo as posibilidades que ten hoxe, estas xeracións novas e a sociedade tan preparada. Non se compara o nivel de conciencia e de orgullo de cando empezamos nós. E repara nesa xente nova das aldeas que conserva a lingua e a mocedade urbana que algunha o fala e outra sábeo falar. E iso con todo en contra, o do galego é un éxito histórico inaudito..." Camilo podería seguir así unha hora. Pregúntenlle ao Camilo como ve o seu país e diralles "está mellor que nunca. Nunca a Galiza tivo as posibilidades que ten hoxe, estas xeracións novas e a sociedade tan preparada" Facer unha paseata co Camilo é aprender a ollar o entorno con outros ollos, "olla esa casa nova, non é linda como debera, mais esa xente agora ten auga corrente e quente, os fillos estudan...Fáltalle pintar, mais cando lle dean unha man de branco ha ser unha casa como hai tantas polas aldeas de Europa adiante e a ninguén lle chama a atención." Ou "atende a eses rapaces que van por aí, son dunha aldea de por aquí, non se distinguen dos da cidade. Hai uns anos a xente de aldea identificábase por como vestía, con roupa máis vella ou fóra de moda. Agora, grazas aos mercadillos, vesten a última moda como o resto da xente. Dá gusto velos". Ou calquera outra cousa podería dicir. Esa ollada que non esquece como eran as cousas e como son agora, que sabe o que se perde e tamén e primeiramente o que se gaña. Porque a patria do Camilo é este presente, un presente no que el non deixa de ver as feridas e as rupturas mais tamén encontra os fíos da tradición e da continuidade. A súa utopía é para ser realizada non nun país e un tempo imaxinario cunha populación imaxinaria e idealizada senón neste país no que estamos vivos a xente que somos, e neste tempo que nos ofrece a vida que nos foi dada e a historia que nos ocorreu. A súa utopía é para ser realizada non nun país e un tempo imaxinario cunha populación imaxinaria e idealizada senón neste país no que estamos vivos a xente que somos Porque el ve o noso presente interpretado a luz da historia. Asociado a ese rasgo do seu carácter tan afirmativo, afirmativo de el propio e afirmativo da súa xente, está o analisar cada fenómeno ou cada asunto no seu contexto histórico, é algo natural nel. Ninguén dubide que para falar de calquera asunto, tan veloz como un resorte, fará previamente unha comparanza co pasado de onde se vén e, tamén, coas realidades doutros países. Camilo sábese el e sabe a súa Galiza na Europa e no mundo. Sobre iso ten escrito e publicado libros abondo. E iso, saberse no medio do mundo, que a outras persoas dálles temor e encóllelles o corazón, a el dálle alegría porque, como adoita dicir, "non hai que ter unha visión encollida das cousas. Eu vexo a Galiza como un país calquera no mundo, cos seus problemas e todas as súas capacidades". Ese non ser encollido e ver a vida sen complexos é o que o resume todo a el. Esa é a explicación dos seus estudos de historia que nos vén ofrecendo nos últimos anos, estudos imprescindíbeis. Aproveitando o fecundo traballo dos nosos historiadores nas últimas décadas estanos a dar unha interpretación da nosa historia cunha ollada limpa e auténtica. Estudos belixerantes na recuperación da existencia do Reino e do país sepultado baixo a historiografía castelanista. Aproveitando o fecundo traballo dos nosos historiadores nas últimas décadas estanos a dar unha interpretación da nosa historia cunha ollada limpa e auténtica Para Camilo a historia non é un fracaso nin o camiño dalgunha apocalipse, polo que tampouco a nosa historia é unha condena sen remedio. Analiza e sitúa os nosos problemas derivados da nosa dependencia, problemas que teñen solucións concretas e posíbeis no mundo que nos toca vivir. Nada máis lonxe desa desesperación autodestrutiva que late de modo tan rechamante na maior parte do nacionalismo galego actual. Só podemos comprender esa desesperación impotente como un dos prezos que pagamos pola ruptura histórica co galeguismo republicano. A súa confianza en que a Galiza é posíbel lévao a argumentar evidencias. Eis a explicación do combate ideolóxico co españolismo tanto na historiografía como nas ideas establecidas e na loita política. Eis a explicación do seu escribir sobre a nosa posición en Europa e no mundo. Libros, cantos libros non leva publicado o Camilo? E digo que calquera deles é imprescindíbel, imprescindíbel para quen queira aprender a tirar de nós o pesimismo, a morriña, os preconceitos que non nos deixan pensármonos. Imprescindíbel para aprender a coñecer as nosas posibilidades. Se hai entre nós unha vida de lealtade a Galiza ese é a do Camilo. Desde o mociño universitario que en Madrid procura a outros galegos con inquedanzas galeguistas, o xove enxeñeiro que preside a Asociación Cultural Viguesa nos primeiros anos sesenta, lembra alguén aquela pegatina "Falemos galego"? Nada máis lonxe desa desesperación autodestrutiva que late de modo tan rechamante na maior parte do nacionalismo galego actual Mais digamos ben alto e de vez que Camilo é un político, un político noso tamén. A miseria moral e cultural do franquismo fixo crer que a política era mancha, a debilidade do galeguismo do interior debilitou tamén a figura do político e o esperpento dunha sociedade sen nervo cívico como a española fainos crer que o político é indigno. Quen acredite na democracia, iso é a vida social libre, non pode aceitar iso e debe restablecer o lugar da política nas nosas vidas e do político como unha prolongación de nós propios. Agora que a sociedade non ten para onde mirar, cando os vellos políticos dan pena e envellecen sen dignidade, cando os novos enzóufanse na soberbia obscena, podemos ollar sen vergoña e con orgullo para este home que temos aquí. Temos a sorte de coñecer a un político exemplar, unha persoa que reclama para a política a intelixencia, o ideal e acreditou a honradez. A política como un campo intelectual cheo de creatividade, de responsabilidade e de capacidade para cambiar as cousas, a sociedade. Camilo non ten dúbidas, a política incorpora e inclúe os demais campos da creatividade individual e social, a arte, a economía, as iniciativas solidarias…, e a política é o instrumento, pode que o único, para cambiar a situación e a historia do noso país. E a política foi o modo que lle correspondeu segundo o tempo que lle tocou vivir. Camilo non ten dúbidas, a política incorpora e inclúe os demais campos da creatividade individual e social, a arte, a economía, as iniciativas solidarias… Desde a clandestinidade de Galicia Socialista e logo a UPG, a fundación do SOG... Hai que lembrar logo a súa detención, o seu paso por comisaría franquista, o seu despedimento? Quen dá exemplo de militancia como a súa? A fundación da AN-PG. Sabe alguén que a bandeira azul e branca coa estrela que hoxe porta tanta mocedade, a "estreleira", foi rexistrada legalmente no Ministerio como símbolo da AN-PG por Bautista Álvarez e Camilo Nogueira? O programa económico das Bases Constitucionais. A fundación do POG, de Unidade Galega, a loita pola automía que nos querían negar, algo hoxe tan evidente e que entón condenaba a ser descalificado por tanta xente nacionalista galega. A participación na redacción do Estatuto dos 16. Se a autonomía galega tivo pais que a forxaron contra os designios dos partidos estatais, un foi Camilo. O deputado da Esquerda Galega incansábel, actuando como se un home fose todo un grupo parlamentar. A ese grupo parlamentar dun só home debemos moitas leis existentes hoxe de todo tipo, entre elas a Lei de Normalización da nosa lingua. Eurodeputado polo BNG igualmente infatigábel, intelixente, belixerante, útil...Con el a nosa lingua estivo no Parlamento Europeu a falar das nosas ansias e necesidades. Grazas a el puidemos ser recibidos e atendidos os representantes de "Nunca máis" no parlamento europeu, cando o noso parlamento e o parlamento español, dominados pola dereita españolista quixo afogar o noso drama. Pois dese home leal debemos dicir ben que é un moderno, no mellor sentido da palabra no senso de alguén que dun modo natural atende, asimila críticamente as cousas novas que a vida nos vai ofrecendo e por iso nunca deixou de evolucionar nas súas análises. Hai décadas ante a incorporación da muller á vida social comprendeu de vez que a grande revolución do noso tempo era a liberación da muller e que ese proceso modularía todas as visións sobre a sociedade. Esta homenaxe ten ese carácter de recoñecer e celebrar unha vida pública, ben está. Porén a vida ao cabo xustificámola a soas con nós mesmos e aí, amigos e amigas, o Camilo demostra a coherencia entre pensamento e vida. Se foi capaz sempre de sobreporse a contrariedades cun pensamento construtivo, na súa vida persoal non poderá tampouco sentirse fracasado, pois un triunfo sen volta é querer e ser querido e o Camilo viviu e vive mergullado nun nimbo de afectos e amor. Ten a fortuna de ter unha envoltura familiar frondosa e barulleira e o seu éxito maior leva nomes de muller, o nome da súa compañeira, Paz, o dunha filla chamada Alba e o dunha filla chamada Natalia. A vida ao cabo xustificámola a soas con nós mesmos e aí, amigos e amigas, o Camilo demostra a coherencia entre pensamento e vida Os demais podemos agradecer hoxe aquí o seu exemplo de coraxe, nunca agónico e sempre firme e insistente. E celebramos a amizade e a irmandade na nosa teimosía, chamámoslle Galiza e proclamamos o seu nome, que é para nós o nome das cousas boas e nobres. Como Camilo e outros guieiros nos aprenderon. Obrigado ao Patronato desta fundación por terme concedido este privilexio de gabar a figura do noso mestre. Nesta Trasalba, "baixo a prácida sombra dos castaños/ do noso bon país", como di Rosalía, agardo en adiante das universidades galegas o recoñecemento do valor da figura de Camilo Nogueira, porque este país ten que recuperar a dignidade e aprender a quererse, respectarse e merecer respecto.
PRAZA_8781
A conmemoración do Día Internacional dos Traballadores é unha tradición profundamente arraigada na sociedade sueca, dende que fora impulsada a finais do século XIX polas principais organizacións de movementos obreiros do país. Galería de imaxes no interior.
A conmemoración do Día Internacional dos Traballadores é unha tradición profundamente arraigada na sociedade sueca, dende que fora impulsada a finais do século XIX polas principais organizacións de movementos obreiros do país. A primeira manifestación do Primeiro de Maio en Estocolmo celebrouse en 1890, e os seus máis de 50.000 participantes concentraron as súas reivindicacións na loita pola redución da xornada laboral, baixo o célebre lema de 8 timmars arbete, 8 timmars frihet, 8 timmars hvila (8 horas de traballo, 8 horas de liberdade e 8 horas de descanso). Historicamente, os tres principais colectivos convocantes da Förstamajdemonstrationen foron a SAC (Organización Central de Traballadores de Suecia), o Partido da Esquerda (Vänsterpartiet) e o Partido Socialdemócrata (SAP), pero durante a última década organizacións tan diversas coma os Demócratas Cristiáns ou o Piratbyrån (A Oficina Pirata) participan tamén en marchas e mitins nos que dan a coñecer as súas políticas. O Primeiro de Maio é día festivo nacional dende o ano 1939, e foi a única festividade civil (é dicir, de carácter secular ou non relixiosa) ata a instauración do Sveriges nationaldag en 2005. As imaxes que se amosan a continuación foron tomadas o pasado 1 de maio de 2013 durante a marcha que percorreu as rúas de Estocolmo dende Medborgarplatsen ata Kungsträdgården.
NOS_27800
Na entrega 195 do semanario Sermos Galiza, entrevistamos Néstor Rego, secretario xeral da UPG, nas vésperas do XIV Congreso deste partido que fai parte do BNG. Rego avanza os obxectivos do congreso e analisa a situación política, marcada pola inminencia dunhas novas eleccións xerais. Ve nelas unha oportunidade para "Galiza recuperar a voz no Congreso". Eis un avanzo da conversa.
Nos meios sistémicos normalmente faise a caricatura de a UPG ser o gardián das esencias do nacionalismo... Hai algo que definiu a UPG desde o comezo e é que entende que o camiño para a soberanía precisa de organizacións políticas e sociais propias, non?, e precisa de independencia de criterio en todos os momentos e en todos os ámbitos. Eu non sei se alguén acredita que isto se pode denominar desa maneira [di en alusión ao tópico do guardián das esencias], mais si é verdade que nós entendemos que esa é unha premisa que continúa sendo válida. Sen auto-organización non hai capacidade de decisión libre e sen capacidade de decisión libre non hai maneira de avanzar para o obxectivo da liberdade colectiva como nación. Mais ti es consciente de que desde os meios do poder se ten feito un traxe da UPG, imaxino que o teredes analisado millentas veces. Como se combate isto? Hai unha cuestión que se verifica sempre. Os meios do poder nunca son benévolos con quen o combate, con quen representa unha alternativa real, de ruptura co sistema político, neste caso de ruptura coa dependencia da Galiza. Non é surprendente que desde os meios do poder se pretenda deturpar o traballo político do nacionalismo en xeral e da UPG en particular e se utilice frecuentemente a caricatura de determinadas posicións. A íntegra da entrevista, unha conversa a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos195, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.
NOS_12146
Adega afirma que o goberno galego prepara un decreto de cultivos enerxéticos que permitirá o cultivo masivo desta especie invasora. Comunidades de montes de Moraña, Cuntis, Valga, Forcarei, Caldas... recibiron a visita de representantes do negocio relacionada con esta pranta. "Unha gran ameaza á biodiversidade", sinala a asociación ambientalista.
"As perspectivas de negocio da gran industria pasteiro-enerxética están dende hai anos centradas na biomasa, e máis concretamente nos cultivos enerxéticos destinados á produción de electricidade en centrais térmicas". A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) apunta a un dos retos que a sociedade galega ten que afrontar desde xa, o dos cultivos enerxéticos masivos. O marco normativo tanto estatal como galego non resultaba propicio para o desenvolvemento a grande escala do aproveitamento da biomasa forestal primaria, isto é, dos cultivos enerxéticos. Mais isto está a variar, afirma Adega. "A consigna é Plantar-Queimar-Plantar o máis rapidamente posíbel", alertan @s ambientalistas "Coa chegada do PP a Madrid, unha das primeiras accións de Cañete foi "depurar" o catálogo de invasoras, "amnistiando" a varias especies con alto potencial invasor para permitir o seu aproveitamento cinexético ou comercial. Tal foi o caso so bambú, unha planta exótica con grande potencial de infestación". Crecemento rápido Ademais, a Xunta leva meses "cociñando un decreto de cultivos enerxéticos" que permitirá o desembarco masivo desta e doutras especies invasoras de crecemento rápido nos montes galegos. "Serán plantacións mono-específicas de até 100 ha continuas e ciclos de corta de 4-6 anos, ou anual no caso do bambú, con destino ás térmicas: A consigna é Plantar-Queimar-Plantar o máis rapidamente posíbel". "Unha das primeiras accións do PP no goberno foi "depurar" o catálogo de invasoras, "amnistiando" a especies con alto potencial invasor para permitir o seu aproveitamento cinexético ou comercial" Ameaza á biodiversidade Adega alerta do impacto destas novas invasións e do modelo produtivo que levan aparellado e que "afectará directamente á nosa biodiversidade e afondará da dependencia de propietarios e comunidades de montes da patronal pasteiro-enerxética". Neste senso, son xa varias as comunidades, afirma a organización ambientalista as que teñen recibido a visita de representantes do negocio do bambú, "que ofrecen todos os servizos (plantas, mantemento e recolla da produción) e prometen beneficios superiores aos do eucalipto". Comunidades como, citan, as de Moraña, Cuntis, Valga, Forcarei, Caldas... Perigos "Os cultivos enerxeticos precisan de grandes cantidades de abonos, auga e pesticidas para manter un alto e constante ratio de produción. Son moi agresivos co medio degradando o solo e reducindo a súa fertilidade e poderían significar a perda definitiva da biodiversidade dos montes e a desaparición de moitas masas forestais autóctonas".
NOS_5914
No programa electoral para as xerais o PP introduce unha contra-reforma lingüística, a de eliminar o requisito do coñecimento do galego, vasco e catalán nas probas de acceso á función pública.
A organización galega de Ciudadanos enviou un comunicado aos medios en que cualifica de "electoralista" a proposta electoral do PP en materia de política lingüística, filtrada esta quinta feira a El Mundo. Cs acusa o PP de lle copiar o seu programa. O portavoz provincial do partido laranxa por Pontevedra, Javier Alonso, critica o PP por asumir agora en precampaña a exclusión das linguas cooficiais como requisito nas probas de acceso ao funcionariado. Esa sería unha proposta vella de Cs pola que o partido laranxa tería aturado críticas do PP. "A política lingüistica do PP é electoralista a conveniencia", censura Alonso. Perguntado na rolda de prensa do Consello da Xunta a este respecto, Feixoo dixo non ter coñecimento preciso deste aspecto do programa do seu partido para as eleccións do 28A, mais a seguir indicou que na Galiza, por exemplo nas oposicións á sanidade, o coñecimento do galego xa non é un requisito e que apenas puntúa como mérito.
PRAZA_18737
Un informe do grupo Os Verdes / ALE cifra en máis de 900.000 millóns de euros o custo das prácticas corruptas na UE e destaca España como un dos Estados máis afectados, onde as perdas de cartos públicos supoñen dúas veces os investidos en educación.
O custo da corrupción en España elévase aos 90.000 millóns anuais, case o 8% do seu Produto Interior Bruto (PIB). Esa é a cifra que se tira dun informe difundido este venres polo grupo dos Verdes / Alianza Libre Europea (ALE) e que coloca o Estado español como o sexto con máis perdas por prácticas corruptas na Unión Europea en termos absolutas e un dos primeiros en termos relativos. España é o sexto Estado da UE con máis perdas por prácticas corruptas en termos absolutos O estudo do grupo do que forma parte o BNG baséase sobre todo en datos da Comisión Europea e de Eurostat destaca que a corrupción supón un custo á UE de 904.000 millóns de euros anuais, unha perda para os 28 Estados membros que inclúe os efectos indirectos destas práticas, como a redución dos ingresos públicos debido á fraude fiscal. "Os Estados, e en concreto o español, non poden seguir mirando cara a outro lado, e desde o BNG instamos a que a Comisión Europea revise as prácticas dos Estados membros contra a corrupción", destaca a eurodeputada nacionalista Ana Miranda, quen considera "vergoñenta" o custo da corrupción en España. A corrupción supón un custo de 904.000 millóns de euros anuais á Unión Europea A parlamentaria galega lembra que xa en 2017 a propia Comisión alertara do impacto sistémico da corrupción na economía, que é considerada como xeneralizada polo 95% da cidadanía. "Que sexa un problema europeo do que ningún país se libra non significa que no Estado español non se produza unha situación tremendamente preocupante, xa que presenta unhas cifras tremendamente altas que lastran a recuperación económica e o investimento en servizos públicos", advirte. As perdas en corrupción en España supoñen dúas veces máis que os cartos investidos en educación Segundo o informe, os cartos públicos que leva consigo a corrupción no Estado é catro veces máis que o orzamento anual destinado aos subsidios por desemprego (uns 19.600 millóns de euros) e dúas veces máis que os cartos investidos en educación (43.000 millóns). Ademais, o estudo destaca que de repartirse todo ese trasvasamento ilegal de fondos públicos entre a cidadanía, cada unha das persoas recibiría case 2.000 euros máis ao ano. Ana Miranda xa presentou unha batería de emendas ao informe sobre as investigacións levadas a cabo pola Oficina Europea Anti-Fraude (OLAF) co obxectivo de que os fondos europeos sexan controlados de forma máis rápida e transparente. A eurodeutada defende a posta en marcha de "medidas concretas", entre as que destacan o incremento do financiamento das actividades de loita contra a corrupción, o reforzo da Fiscalía Europea, así como a intensificación da cooperación entre a OLAF e o Fiscal Europeo mediante o aumento das reunións periódicas para tratar as investigacións en curso e identificar tendencias posibles vencellos entre casos diferentes. Ana Miranda presentou unha batería de medidas para que os fondos europeos sexan controlados de forma máis rápida e transparente Ademais, entre propostas presentadas polo Bloque tamén figura a necesidade de garantir a máxima protección para denunciantes, periodistas e ONG que investigan os casos de corrupción. O informe destaca que "cada vez máis" os titulares en toda Europa "están cheos de escándalos de corrupción" que afectan "políticos de todo o espectro". E lembra que "os casos recentes de corrupción importante derrocaron o goberno de Rajoy de centro-dereita en España". "Os casos recentes de corrupción derrocaron o goberno de Rajoy de centro-dereita en España", destaca o informe No conxunto da UE, Malta lidera a clasificación, con 725.000 millóns de euros anuais perdidos a cuasa da corrupció, o que representa o 8,65% do seu PIB. En segundo posto sitúase Luxemburgo, con 687.000 millones (2 % do PIB), seguido de Italia, con 237.000 millóns (13 % do PIB), Francia, con 120.000 millones (6 % do PIB), e Alemaña, con 104.000 millóns (4 % do PIB). En termos relativos, Holanda . é o país no que menos perdas se sofren por corrupción, xa que representan tan só o 0,76% do seu PIB (4.400 millóns de euros anuais)
NOS_5550
As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia.
A Xunta tivo que inmobilizar na súa plataforma de distribución, antes de ser remitidas a ningunha das áreas sanitarias, 12.000 máscaras de protección que non cumprían coas especificacións requiridas para ser utilizadas contra o coronavirus. Dado que estas máscaras foron adquiridas polo Executivo galego e non polo Goberno estatal, foi a Xunta a que, segundo dixo, "inmediatamente" interpuxo unha reclamación ante o provedor para exixir que se repoñan as mesmas unidades nas condicións exixidas. As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou dque non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia. Trátase, en concreto, do modelo Elite EB09.04 (FFP3) e dun lote das KN95 Mask Purvigor (FFP2). O Servizo Andaluz de Saúde informou tamén a pasada terza feira de que algunhas destas máscaras foran adquiridas e distribuídas alí e procedeu a retiralas. No caso da Galiza, fontes do Sergas precisaron a Europa Press que, efectivamente, detectouse un lote de 12.000 máscaras que non cumprían os criterios exixidos e que se atopaban na plataforma de distribución da Xunta. Por iso, foron xa inmobilizadas e non chegaron ás áreas sanitarias para o seu uso. Máis de 200 sanitarias contaxiadas polo uso de máscaras "defectuosas" Cómpre lembrar que a pasada sexta feira o Sergas recoñecía aos sindicatos na Comisión central de seguridade e saúde que habíai 1.233 traballadoras do Sergas contaxiadas polo coronavirus e situou nunhas 240 as afectadas con positivo en COVID-19 polo uso das máscaras de protección defectuosas que foron retiradas após a realización de máis de 5.000 probas a usuarios destas.
PRAZA_12235
As primarias poñen as entrañas dos partidos á luz, e o partido republicano estase revelando como unha estrutura profundamente dividida. O que nos deixa o not so super Tuesday é un Romney gañador pero que queda por debaixo dos prognósticos; un Romney que está un pouco máis preto de recibir a inevitable nominación final como candidato, pero que segue lonxe do apoio que os favoritos reciben tradicionalmente a estas alturas do proceso
As primarias poñen as entrañas dos partidos á luz, e o partido republicano estase revelando como unha estrutura profundamente dividida. O que nos deixa o not so super Tuesday é un Romney gañador pero que queda por debaixo dos prognósticos; un Romney que está un pouco máis preto de recibir a inevitable nominación final como candidato, pero que segue lonxe do apoio que os favoritos reciben tradicionalmente a estas alturas do proceso. Non estamos vendo, por tanto, nada remotamente semellante á clara validación que recibiron candidatos presidenciais coma Reagan no 1980 ou George W. Bush no 2000. A culpa é, en parte, do cambio no sistema de primarias que aprobou a última Convención Nacional Republicana e que tivo como resultado a desaparición da coordinación de expectativas, o momentum, que adoitábamos presenciar neste punto. Sen chegar a ser tan proporcionais como as do partido demócrata, as novas primarias republicanas facilitan a captura de delegados a todos os candidatos ao reemprazarse o todo-ou-nada antigo que beneficiaba claramente ao líder, polo que ten sentido resistir na competición durante máis tempo ca antes. Aínda que este método logra unha representación máis perfecta de cada unha das diferentes sensibilidades internas, faino a cambio de eliminar unha recta final na que se escenificaba a reconciliación e a volta á unidade arredor dun candidato arroupado por todas as faccións. Pola contra, a campaña preséntase agora como unha longa guerra de desgaste que reporta menos beneficios polo mesmo esforzo e que pode que non se resolva ata o derradeiro minuto. O partido republicano amosa claros signos de polarización dende o 2008, cando se empezou a etiquetar a elección de Obama como transformadora Porén, as causas profundas hai que buscalas máis atrás. O partido republicano amosa claros signos de polarización dende o 2008, cando se empezou a etiquetar a elección de Obama como transformadora, no mesmo sentido que o puido ser o realiñamento político do Sur con Johnson e a Southern strategy de Nixon e Goldwater. Os cambios demográficos que trouxeron un maior peso das minorías tradicionalmente demócratas, a fuxida dos independentes despois da segunda administración Bush e, sobre todo, a crecente importancia electoral dos novos temas sociais asociados á culture war agudizaron as tensións entre as diferentes tendencias republicanas -tea partiers, conservadores, libertarios, élite empresarial-. Dito de outro modo, a necesidade dunha reforma estrutural dos principios fundacionais do partido acelerou a toma de posicións e a competencia pola hexemonía interna entre grupos nos que se está a difuminar a antiga identidade común. Faise moi tentador para o votante optar por un voto expresivo que non esixa sacrificar as preferencias políticas persoais, mesmo se iso implica apoiar candidatos con poucas opcións contra Obama como Rick Santorum Entón, aínda que a decisión sensata nunhas primarias sexa escoller ao candidato que ofreza unha maior probabilidade de gañar nas presidenciais de novembro, nun contexto de grande diverxencia entre os candidatos faise moi tentador para o votante optar por un voto expresivo que non esixa sacrificar as preferencias políticas persoais, mesmo se iso implica apoiar candidatos con poucas opcións contra Obama como Rick Santorum. Ademais, un xesto así tamén lle permite sinalizar ao nomeado republicano que debe minimizar o irremediable movemento cara o centro que comezará en canto teña que seducir ao electorado xeral, a non ser que queira correr o risco de perder apoios na retagarda. Especialmente se se trata dun candidato coma Romney que acumula un amplo historial de inconsistencias nas políticas que máis preocupan ás bases máis comprometidas. Será complicado convencer aos votantes moderados de que Romney é un contendente serio para ocupar a Casa Branca cando se está a demostrar que o seu partido fixo todo o posible para non ter que escollelo Agora ben, a estratexia de minimizar a vitoria de Romney é perigosa por canto que iso implica prolongar a campaña. É verdade que non temos evidencia clara de que as primarias, por moito que sexan particularmente agresivas coma a deste ano, danen a candidato cando chega a elección que realmente importa, a de novembro. Non obstante, desta volta pode ser diferente: será complicado convencer aos votantes moderados de que Romney é un contendente serio para ocupar a Casa Branca cando se está a demostrar que o seu partido fixo todo o posible para non ter que escollelo.
PRAZA_11926
O frío non fai minguar o ánimo dos arredor de 150 delegados sindicais de Navantia e auxiliares, que desde onte camiñan para reivindicar carga de traballo para o estaleiro de Ferrol-Fene
"Medidas urxentes e compromisos reais". Esta é a reivindicación de arredor de 150 delegados sindicais de Navantia Ferrol-Fene e auxiliares, que este martes se botaron a andar para rachar o silenzo administrativo que existe respecto da supervivencia do sector naval. Os manifestantes chegarán hoxe ao concello de Oleiros arredor das oito da tarde. A marcha chegará este xoves á Coruña, momento en que se sumarán á protesta centos de traballadores que non están "dispostos" a deixar que o estaleiro quede sen actividade "por falta de compromiso da administración". Segundo indicaron desde a CIG, mañá xoves a saída dos autobuses cos cadros de persoal de Navantia Fene, Navantia Ferrol e das compañías auxiliares será 7:30 horas "desde as portas dos estaleiros". Os delegados sairán de Oleiros ás nove "para se encontraren cos traballadores ás 10 horas na rotonda que hai despois da Residencia Hospitalaria" (rotonda Casabranca). Desde aí partirán todos en manifestación ata a Delegación do Goberno, onde está prevista unha xuntanza co delegado ás 10:30 horas. Despois haberá unha asemblea onde se informará do resultado da reunión, tras da cal regresarán a Ferrol. O secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, atópase na Coruña e participará, indicaron fontes da central nacionalista, nas reivindicacións. De non mudar a situación actual, desde os estaleiros aseguran que están en perigo mil postos de traballo.
PRAZA_17387
A APDR volve mobilizarse e advirte das "circunstancias especiais" deste ano polo cambio no Executivo, que "deixa nas mans do PSOE" cumprir coas súas promesas e decretar a caducidade da concesión de Elnosa e buscar a anulación da prórroga á papeleira.
Unha nova marcha, a de cada ano, contra as celulosas en Pontevedra. E outra vez unha mobilización que reclama que se elimine a prórroga que o Goberno do PP en funcións concedeu por 60 anos máis a ENCE e se decrete a caducidade da concesión de Elnosa. Eses son os deberes que a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e a cidadanía que se mobilizou este sábado outra vez pon ao novo Executivo do PSOE respecto do complexo industrial de Lourizán. "Baixo as fábricas están as praias... E a mellor praia marisqueira da Ría", lembra a APDR Con saída das alamedas de Marín e Pontevedra, a marcha volveu contar con centos de veciños para amosar outra vez o rexeitamento á situación de ENCE e Elnosa e para, aproveitando do 60º aniversario do maio do 68, aludir á proclama máis senlleira da revolta e lembrar que se, daquela, "baixo os adoquíns estaba a praia", en Lourizán "baixo as fábricas están as praias... E a mellor praia marisqueira da Ría". Lembrou a marcha os 30 anos de mobilización e as "circunstancias especiais" que arrodearon a deste ano: o cambio de Goberno en Madrid que "deixa nas mans do PSOE a decisión de decretar xa a caducidade da concesión de Elnosa", así como "a busca das vías que permitan anular a indecente prórroga de 60 anos concedida polo PP a ENCE". A mobilización lembroulle ao PSOE que "se declarou contrario á prórroga e comprometeuse a derrogala" Así, a APDR "esixe" ao novo goberno español que "cumpra a lei e decrete a caducidade da concesión de Elnosa, unha caducidade que é indiscutíbel desde o momento en que a empresa transmitiu a súa propiedade incumprindo as condicións esixidas no título concesional". E esixiu tamén "a derrogación da prórroga a Ence" e lembroulle ao PSOE que "se declarou contrario á prórroga e comprometeuse a derrogala". "Agora pode facelo e imos presionar por vía xudicial e social para que o faga", advertiron. Alén disto, a APDR lembrou a campaña da ILP para a defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios que se centra na pelexa "contra a eucaliptización do país e a conversión dos nosos montes en reservas forestais para unhas poucas grandes empresas, con ENCE á cabeza". Por iso, reclamou tamén á Xunta que "escoie a voz da rúa" e "mude radicalmente o modelo forestal ditado polos grandes intereses privados". "De non facelo, está nas nosas mans e nos nosos votos mudalo", recordaron. Nese manifesto lido ao final da marcha, a APDR deu o seu "apoio" á "loita contra a mina de Touro" e advertiu de que a súa céntrase na pelexa contra "dúas empresas que contan con importantes apoios políticos e mediáticos". Ademais, animou a seguir coa mobilización malia as dificultades e a "non caer no derrotismo". "Non renunciamos a conseguir a recuperación da nosa ría e as nosas praias, unhas praias que foron ao tempo espazo de lecer e divertimento, e soporte físico de milleiros de postos de traballo; aquelas praias que -en palabras das vellas mariscadoras- 'sacaron moitas fames ao pobo' e que hoxe están baixo a fábrica", clamouse ao lembrar o "obxectivo irrenunciable" que supón "recuperalas". "Non o esquezamos nunca, debaixo da fábrica están as praias, aquelas fermosas praias que noutrora nos foron roubadas. Nas nosas mans está recuperalas!", remataron. ENCE limita a participación a "unhas 500 persoas" e cre que o "baixo seguimento" é un "reflexo da excelencia da fábrica" A resposta da empresa Ence non se fixo esperar. Minusvalorou a participación cidadá na marcha e limitouna a "unhas 500 persoas" , asegurando que este "baixo seguimento" foi un "claro reflexo da excelencia" da fábrica, "a súa importancia social" e o seu respecto ambiental. Nun comunicado, a fábrica manifestou que se tratou "da menor de todas as celebradas até a data", polo que considera que "a participación duns poucos centos de persoas na devandita manifestación, é consecuencia directa das melloras que a compañía acometeu nos últimos anos". Unhas melloras que di que teñen como "resultado evidente" que "a Biofábrica de Ence en Lourizán é absolutamente respectuosa co medioambiente e cumpre rigorosamente as máis esixentes normasambientais europeas".
NOS_1581
A cantora opta a mellor deseño gráfico e mellor álbum en galego polo seu último traballo, 'UXIA-O', adicado a Uxío Novoneyra
A gala de Premios da Música Independente, considerada un escaparate artístico das mellores producións musicais estatais, chega esta cuarta-feira á súa décima edición. Será no Teatro Circo Price de Madrid, onde se repartirán 20 premios, alén dunha mención honorífica. A artista galega Uxía está nominada en dúas destas categorías: "Mellor disco en galego" e "Mellor deseño gráfico". Ambos galardóns distinguen o último álbum da artista, UXIA-O, editado en formato libro-disco pola fundación Uxío Novoneyra e o brasileiro Sérgio Tannus. O traballo, unha homenaxe ao poeta do Courel, está composto por dezaseis textos musicados por unha banda de luxo: Isaac Palacín na percusión, Santi Cribeiro no acordeón, José Manuel Díaz no contrabaixo, Ana Isabel Días na arpa clásica e Quim Farinha ao violín. Ademais, o pianista Alberto Vilas colabora no tema 'Cain as follas' mentres que Fred Martins e Lui Coimbra prestan voz e contrabaixo en 'O cuco a cantar'. A respecto da parte gráfica da obra, o deseño cae a cargo de Niko Alvarellos e inclúe fotografías de Miguel Calvo e caligramas, alén dunha composición fotográfica na cuberta realizada polo pintor Antón Lamazares. A obra deberá competir cos discos de La M.O.D.A, Carlos Siles, Marta Pérez e Mordem, proxecto da galega Elba Fernández. Unha gala con forte presenza galega Uxía non será a única representante do país nestes Premios. Ademais da compositora coruñesa Elba Fernández, as bandas Os d'Abaixo, Atrás Tigre, Esposa e Habelas Hainas comparten nominación xunto á cantora mosense na categoría "Mellor álbum en galego". O coruñés Xoel López, que pasou a ser recoñecido polo seu proxecto artístico 'Deluxe', tamén recolle os froitos dunha longa traxectoria na música española. Esta edición opta aos premios de "Mellor álbum pop" –polo seu último traballo, Sueños y pan–, "Premio Fundación SGAE á canción do ano" e "Mellor artista". O seu produtor, Ángel Luján, tamén opta ao premio de "Mellor produción" pola realización deste álbum. Por último, na categoría de "Mellor directo" tamén se atopan os grupos galegos Novedades Carminha e Triángulo de Amor Bizarro, que se disputarán o premio co grupo biscaíño Belako, os madrileño de Morgan e a célebre banda Los Planetas.
NOS_38093
A resolución da Consellería de Economía dá continuidade ao rexeitamento de Medio Ambiente en xaneiro de 2020 pola falta de "sustentabilidade ambiental".
A Xunta comunicou a resolución pola que denega a aprobación do proxecto para a reapertura da mina de cobre entre os municipios de Touro e O Pino. Deste modo, a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais -dependente da Consellería de Economía- pon fin ao proxecto ao dar continuidade á declaración de impacto ambiental desfavorábel emitida en xaneiro de 2020 pola Consellería de Medio Ambiente. Esta resolución foi notificada á empresa, Cobre San Rafael SL. Así, a Xunta remarca que calquera iniciativa mineira debe contar con "todas as garantías técnicas, ambientais e urbanísticas, e todos os requirimentos que marca a lexislación". Ademais, esta resolución da Xefatura Territorial tamén rexeita a aprobación do plan de restauración presentado para esta actividade mineira, xa que, entre outros motivos, corresponde a un proxecto de explotación rexeitado. Está previsto remitir nos próximos días un segundo requirimento á empresa para solicitar a actualización deste plan de restauración. Na declaración de impacto ambiental negativa emitida pola Consellería de Medio Ambiente en xaneiro de 2020, apuntábase a que "non se garantía a sustentabilidade ambiental". O proxecto para a reapertura da mina de Touro atopouse con forte rexeitamento social desde os seus comezos, coa posta en marcha dunha activa plataforma veciñal, unido a múltiples mobilizacións na comarca. Atalaia Mining (que cotiza en bolsa en Londres e cuxos socios de referencia son un grupo chinés e outro con sede en Suíza) e Explotacións Galegas (propietaria do terreo, que extrae áridos e á que a Xunta abriu varios expedientes) son as compañías promotoras de Cobre San Rafael, que impulsa a explotación dunhas 700 hectáreas de superficie.
PRAZA_6899
Os populares emendan e modifican a Lei de Minería para que a denegación da autorización de explotación implique que se cancelen tamén os dereitos mineiros, o que suporía "o desexable final para o cuestionado proxecto". AGE ve no cambio "unha nov vitoria da loita social".
Tras a reafirmación por parte do Valedor do Pobo da invalidez da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina de Corcoesto logo da denegación do proxecto por parte da Xunta, e despois de que o Goberno retirase a condición de "estratéxica" da iniciativa de Edgewater, un novo atranco sitúase no camiño da multinacional e de calquera intención megamineira en Galicia. O PP emenda e modifica a Lei de Minería para que a denegación da autorización de explotación implique que se cancelen os dereitos mineiros O PP vén de rexistrar unha emenda á denominada lei de acompañamento de Orzamentos (Lei de Medidas Fiscais e Administrativas) coa que corrixe o seu propio proxecto de lei, en tramitaicón no Parlamento, e modifica a Lei de Minaría de 2008 para regular o réxime de caducidade dos dereitos mineiros. Supón este cambio que, unha vez denegada a autorización da explotación a un solicitante determinado, os dereitos mineiros quedan cancelados de vez. Así o lembra Alternativa Galega de Esquerda (AGE), que celebra "unha nova vitoria da loita social e popular contra a minaría salvaxe en Galiza". A aprobación desta emenda supón que, por exemplo, unha vez que a Xunta denegou xa a autorización para o polémico proxecto de Corcoesto, a empresa mineira perdería tamén os dereitos mineiros. Xa que logo, se Edgewater quere volver presentar un proxecto, tería que volver solicitar os devanditos dereitos. Se Edgewater quere presentar un novo proxecto, tería que solicitar tamén os dereitos mineiros "Trátase dunha boa noticia", asegura o deputado de AGE Antón Sánchez, "para a xente e os colectivos que se mobilizan e mobilizaron contra o espolio colonial e depredador de Corcoesto". "Este tipo de plans industriais, estrela de Feijóo na actual lexislatura e parado pola loita veciñal, non teñen xustificación e non implican ningún tipo de futuro para a poboación da zona nin do país", engade, mentres Alternativa lembra que esta emenda rexístrase "nun contexto de aparente conflito entre Mineira de Corcoesto -propiedade da multinacional canadense- e a Xunta de Feijóo". Todo, malia que a empresa advirte que xa negocia cun socio español para conseguir financiamento e reiniciar o proxecto. Así, o PP propón o seguinte : "A resolución denegatoria, en que se motivará a concorrencia das causas de denegación do artigo 26.2 desta lei, implicará a cancelación da inscrición correspondente no Rexistro Mineiro de Galicia sobre o dereito para o outorgamento de autorizacións, permisos ou concesións mineiras ás que se refire esta lei". Ademais, os populares tamén propoñen incluír unha disposición transitoria para as concesións outorgadas ao abeiro da DT da lei de minas de 1973 no mesmo sentido, isto é, resolución denegatoria ou cancelación do dereito mineiro, para o que, precísase, "será aplicable aos casos de resolucións denegatorias de autorizacións de explotación ditadas con anterioridade á entrada en vigor da presente disposición". Salvemos Cabana aclara que o cambio supón "a perda 'de facto' dos dereitos de explotación e o final do proxecto industrial" de Corcoesto A plataforma Salvemos Cabana celebra esta emenda que "cede á tremenda presión social, e que modifica a normativa mineira regulando a caducidade dos dereitos o que supón que tras a denegación da autorización de explotación para calquera proxecto, os dereitos mineros cancélanse automáticamente". No caso de Edgewater en Corcoesto, suporía "a perda de facto dos dereitos de explotación, e sen dúbida un desexable final para o proxecto industrial máis cuestionado na historia recente de Galicia". AGE celebra tamén a nova pero "exixe saber se o recurso de reposición presentado pola empresa canadense foi xa resolto e se, de ser así, se esta acudiu ao contencioso".
NOS_43566
Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
altalaplana.- Volume moi alto, voz moi alta. Lugar de escoita.- Muxía. Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía. axoular.- Verbo que expresa un estado de malestar a causa de excesos acústicos. Vén sendo como o popular "volver tola a cabeza". Lugar de escoita.- Vilalba (Terra Chá). Fonte.- Andrés Lombardía Crespo. berrallouzas.- Persoa ou persoas que berran moito, especialmente as que berran contra as demais rifándolles ou en actitude pouco amigable. Exemplo.- "Había alí un berrallouzas que non parou en toda a tarde; estabamos todos fartos del." Lugar de escoita.- Diversas zonas do territorio galego. Fonte.- Henrique Harguindey. esbuxatar.- Armar moito balbordo, ruído propio da confusión. Exemplo.- "As galiñas esbuxátanse cando entra o milmañas no galiñeiro." Lugar de escoita.- Codesido (Concello de Vilalba). Fonte.- Fuco Paz Souto (do seu pai José de Piñó). gordo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Grave (voz ou son). Lugar de escoita.- San Martiño, Sto Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo), Toutón (Mondariz), Angudes (Crecente), Almofrei (Cotobade), Muras (Forcarei). Fonte.- Sé Anxo Rosales González. Outros apuntamentos.- A fonte sinala que adoita pronunciarse con gheada. pupar.- Soprar pola caracola mariña, chamada pupa, para facer un son peculiar. Lugar de escoita.- Oia. Fonte.- Alfonso Álvarez Cáccamo. Outros apuntamentos.- Considera o informante que se trata claramente unha palabra onomatopeica: o son "pú-púuu" está xerado pola forma en que se colocan os beizos para soprar.
NOS_37356
Os equipos de emerxencia procuran ducias de persoas desaparecidas.
No mínimo 373 persoas morreron, perto de mil feridas e ducias de desaparecidas por mor dun repentino tsunami que bateu na noite do sábado as costas do estreito de Sonda, entre as illas de Sumatra e Xava (Indonesia). As autoridades consideran un posíbel desprazamento de terra submariño producido pola erupción do volcán Anak Krakatau como causa do tsunami, que non activou as alarmas ao non se rexistrar un terremoto. As equipas de emerxencia están centradas en atopar posíbeis supervivintes en puntos afectados e recomendan á poboación non achegarse ás costas. detik2 tsunami menerjang konser live band 7teen di Anyer, semoga smua selamat, & situasi pagi ini di pantai karang bolong laporan dari bro @kolekpisang_ bangunan semi permanen pagar dinding roboh oleh tsunami erupsi anak krakatau, BNPB catat 20++ tewas ratusan luka2 #PrayForAnyer pic.twitter.com/eEgu4i5isd— Permadi Arya (@permadiaktivis) 23 de decembro de 2018 A zona afectada, Pandenglang, a 100 quilómetros de Iakarta, é un trdicional punto de veraneo e descanso para os habitantes da capital, e área para turistas estranxeiros.
NOS_8343
O presidente da Xunta elixiu como escenario da gravación para a TVG o Museo do Mar de Vigo despois de que o ano pasado lanzara a súa mensaxe de fin de ano diante do Miño e a Ponte Romana en Ourense, e o ano anterior desde unha escola infantil. A exposición do Pergamiño Vindel permaneceu fechada entre as 11 da mañá e a 1 da tarde. O museo advertiu da incidencia mediante un aviso no Facebook o día anterior.
"Fomos a Vigo ver a exposición do Pergamiño Vindel esta sexta. Chegamos ás 11, que é cando abre o Museo do Mar, pero dixéronnos que até a unha non podíamos entrar, que tiveran unha visita inesperada e tiveron que pechar. Non colgaran a nova na web, seica a colgaran no Facebook", explica un visitante. Ao parecer, a visita non era tan inesperada. A tarde anterior, a do 28, o museo advertiu a través de Facebook: "Mañá venres 29 decembro a exposición de Pergamiño Vindel permanecerá pechada de 11 a 12:30. Lamentamos as molestias". A razón do peche temporal da exposición do Pergamiño Vindel durante unha horas foi que o equipo do presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, elixiu o museo como escenario da gravación da mensaxe de fin de ano que a TVG emitirá pola súa primeira canle mañá domingo ás 14.15 horas. Desde hai uns anos, o equipo de comunicación de Núñez Feijoó busca escenarios fóra dos espazos institucionais para lanzar os discursos de balance do ano do presidente. O ano pasado, en 2016, a mensaxe gravouse na beira do Miño en Ourense baixo o marco da Ponte Romana, o ano anterior Feijóo dera seu discurso desde un aula dunha escola infantil. Desta volta, o presidente aproveita o escenario dunha das mostras máis importantes do 2017, a do Pergamiño Vindel, que regresou ao país o pasado setembro.
NOS_431
Desde hoxe está dispoñíbel en todas as plataformas dixitais o novo de Sumrrá, 7 Visións. Un sétimo disco nado no ano da pandemia e que neste abril comezou a viaxe das actuacións ao vivo en Menorca e Compostela. Nós Diario conversa con Xacobe M. Antelo sobre o novo traballo e os 21 anos do trío de jazz Sumrrá.
No ano 2000 nacía o trío de jazz Sumrrá en Compostela. Agora, 21 anos despois, seis discos e innumerábeis concertos por medio mundo, pon nas plataformas dixitais musicais o seu último traballo discográfico, 7 Visións, editado co selo Clermont Music e que nos próximos días tamén estará á venda en formato CD. "Ímolo sacar tamén en vinilo", explica a Nós Diario o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, "pero os vinilos non chegarán até finais de ano, supomos, porque polo seu propio ritmo de fabricación, máis artesá, e polas incidencias causadas pola Covid-19, hai atrasos de meses". Mais mentres coleccionistas, fans e freaks do vinilo agardan, Sumrrá festexa os seus 21 anos de música tocando ao vivo. O 10 de abril participaron no Festival de Jazz de Menorca, e o 16 de abril, no Teatro Principal de Compostela presentouse este 7 Visións, onde "se deu a peculiaridade de que Sumrrá, que sempre facía as músicas e as tocaba en directo moito tempo até logo gravalas", conta Antelo, "neste caso, por primeira vez foi ao revés, metémonos no estudio a gravar sen ter tocado en directo nin unha soa vez. O proceso de '7 visións' Unha variación na dinámica que co obxectivo de "pór música a conceptos máis tanxíbeis, ou que producisen un imaxinario mental rápido en nós, á hora de tocar, e na xente á hora de escoitalo. Apetecíanos con este disco romper coa literalidade máis inmediata, do día a día", analiza Antelo. O contrabaixista relata que o trío buscou con 7 Visións "coller moita distancia e desde alí xogar a facer astrofísica ou filosofía ou enxeñaría aeronáutica". E así a banda foi "a contextos xigantes, de tempo e de espazo e tamén, microscópicos". Exemplo disto son temas dedicados a Ra, deus do sol, e composicións que plasman a "distancia entre o Big Bang e a formación da Terra"; 13.700 millóns de anos con música. "Cando estabamos iniciando este proceso, xa coa música practicamente composta, seguiamos a facer concertos e chegou a pandemia", lembra. "No momento no que nos empezaron a ceibar un pouco, centrámonos nisto como actividade musical principal, fixemos un traballo longo e intenso de preprodución que repercute na calidade do disco", recalca. 21 anos de traxectoria Dúas décadas desde os primeiros acordes de Sumrrá, desde aquel primeiro disco homónimo, ao que seguiu Sumrrá 2 en 2005. Logo chegou o ano da crise, 2008, e a banda editou 3 Ao vivo e a crise íase batallando; en 2010 aparecía 4.0. En 2015 saíu ao mercado V Journeys, inspirado nalgunhas cidades nas que o trío tocara; e en 2018 o aplaudido 6 Mulleres, no que elas foron a inspiración e referentes xeográficos e culturais. "Estes días facía o chiste de que lle vou ir pondo marcas ao contrabaixo como Lucky Luke ao revólver", conta entre risas Xacobe Martínez, ao falar dos atrancos e das mudanzas destes 20 anos. "Desde que nós empezamos até aquí mudaron unha chea de cousas. Esa sensación de que o tempo se precipita e todo cambia, pero cando Sumrrá nos pomos a tocar dá igual todo, segue a haber ese mesmo pulso interno que nos mantén presentes, vivos e espertos e estabelecemos ese pacto co público". Desexando a xira Sumrrá "A música ten ese poder incríbel de que cando sucede o ritual da música en directo, o resto desaparece", explica Antelo. Por iso o trío agarda a chegada do verán, dos festivais e dos concertos ao aire libre para presentar 7 Visións ao mundo. "Agardamos que sexa, polo menos, como o verán pasado, que houbo moitos concellos que apostaron por programar cultura con capacidades controladas, trazabilidade e medidas sanitarias".
NOS_6883
O deputado nacionalista Néstor Rego destaca que o investimento territorializado na Galiza é inferior ao de 2018 do PP, "claramente insuficiente e discriminatorio coa Galiza". O BNG traballará nas próximas semanas para que supere os 1.000 millóns de euros e incorpore actuacións "moi necesarias", especialmente, na modernización das redes ferroviarias interiores.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, fixo este sábado unha valoración do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado en que cualificou de "insuficiente" o investimento territorializado no país. A formación nacionalista destaca que o seu único compromiso é "coa defensa dos intereses dos galegos e galegas" e advirte que non apoiará estas contas se non se ven incrementadas de maneira significativa. O BNG considera un feito histórico que as portaxes da AP-9, unhas das máis caras de todo Estado, en vez de seguir subindo, vaia baixar por primeira vez en 40 anos, especialmente pola bonificación para os usuarios e usuarias recorrentes. "Invértese a tendencia de suba para unha tendencia de baixada grazas á posición firme do BNG no acordo de investidura" salientan desde o Bloque. Nese sentido, Rego destaca que a formación nacionalista seguirá a traballar para lograr unha AP-9 galega e sen peaxes.Rego sinala tamén outros aspectos do acordo de investidura que figuran plasmados nestes orzamentos, entre os que destaca a dragaxe e rexeneración da ría do Burgo, nas partidas para completar as actuacións no eixo atlántico ferroviario de Vigo á fronteira portuguesa, a mellora para electrificar a liña entre Ourense-Lugo, io inicio do proxecto do corredor atlántico de mercadorías ou o último tramo da conexión ferroviaria co porto exterior de Ferrol. Con todo, o BNG considera que os investimentos territorializados na Galiza son "claramente insuficientes e prexudiciais para os intereses do noso país". Rego adiantou que a frente nacionalista non vai apoiar estes orzamentos se non son modificados á alza de forma significativa. "Non podemos aceptar que se siga discriminando o noso país", apuntou, e reclamou uns orzamentos "que cumpran con Galiza e que compensen o déficit histórico que levamos padecendo durante moitos anos, especialmente, durante os últimos anos do Partido Popular". Estes 832 millóns de euros supoñen, aos seus ollos, unha pequena suba en comparación co proxecto frustrado de Orzamentos de 2019 mais unha baixada de 11% en relación cos de 2018 do PP, que "xa eran cativos". Por esta razón, reclamará que haxa un incremento significativo para que pase dos 1.000 millóns de euros e presentará emendas nese sentido. O deputado nacionalista tamén salientou que hai actuacións do acordo de investidura que non figuran nestes Orzamentos, o que considera "inxustificábel". Entre elas citou a conexión ferroviaria do orto exterior da Coruña, a mellora da liñas A Coruña- Ferrol (cunha partida mínima) e A Coruña-Lugo ou a modernización da liña de FEVE, que articula todo o norte da Galiza, "cando si existe unha partida para Asturias".
PRAZA_16227
Na sesión, que terá lugar este sábado, poderán verse as 21 pezas realizadas o pasado ano durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro. O 58% dos filmes foron realizados por mulleres.
Durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro do 2017 celebrouse en San Sadurniño a 4ª edición da ChanfainaLab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. Entre as persoas que participaron destacou a presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ademais de cineastas de prestixio consolidado como Oliver Laxe. Entre as persoas que participaron destacou a presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ademais de cineastas de prestixio consolidado como Oliver Laxe O resultado do traballo desa fin de semana verase este sábado 3 de febreiro. San Sadurniño acollerá a estrea mundial das 21 curtametraxes gravadas no 4º ChanfainaLab. Á sesión, que terá lugar na Casa da Cultura a partir das 18 horas, acudirán tanto cineastas como persoas e entidades que lles prestaron axuda para a produción das pezas. A entrada é gratuíta. Nesta ocasión a participación local creceu atra case acadar o 60 % das pezas. Cómpre salientar, igualmente, que o 58% das curtametraxes son obra de mulleres, e o 42% restante de homes. Entre os e as cineastas participantes do Concello están os axitadores socioculturais de Concienciarte Patricia Lamas e Miguel Sanjurjo, Abel Vega, as mozas de Teño unha horta en San Sadurniño -Consuelo, Cruz, Carmen, Maruxa e Lucita-, as responsables da canle The Sungirls -Mónica Cribeiro, Graciela Galdo e Olga Vigo-, Pablo Martínez, Fran Bermúdez e Bieito Beceiro de Bardaos e Sebas Rodríguez de Lamas. Cómpre salientar que o 58% das curtametraxes son obra de mulleres, e o 42% restante de homes De fóra de San Sadurniño chegaron as irmás Lara e Noa Castro; o documentalista monfortino Alberte Lobelle, a parlamentaria Ana Pontón, o investigador e programador do S8 Ángel Rueda, a cineasta pontevedresa Anxos Fazáns, a realizadora de Mazaricos Carmen Rey, a xornalista e documentalista Cristina de la Torre, a profesora e cineasta da Costa da Morte Olaia Sendón, o cineastas multipremiado en Cannes Óliver Laxe, e o fotógrafo Gabriel Tizón. Neste ano o Chanfaina Lab contou ademais coa presenza de Portugal da man do director, programador e dinamizador Carlos Viana, A cuarta edición da Chanfaina 'Lab está organizada polo Concello de San Sadurniño con colaboración económica da Deputación da Coruña. Trala estrea, as curtas irán subíndose á canle de youtube do evento en Fálame de San Sadurniño a razón dunha por semana.
PRAZA_11579
Persoal e veciñanza encérranse no centro sanitario contra a decisión do Sergas de suprimir o paridoiro, contestada por toda a oposición, os colexios de Enfermería e mesmo o Eixo Atlántico, que cargan con dureza contra Sanidade
Na mañá deste luns, cidadanía de Verín e persoal do Hospital Comarcal iniciaron un peche nas instalacións do centro en protesta polo peche definitivo do paridoiro e do servizo de urxencias pediátricas. Ducias de persoas continuaron así coa denuncia que rebordou as rúas da localidade nunha manifestación histórica que implicou toda a comarca. Desde este mes de decembro, as mulleres de calquera localidade da comarca de Monterrei terán que ir parir ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) nunha viaxe de arredor dunha hora de duración por estrada no mellor dos casos. O Sergas xustifica a decisión en "criterios técnicos" polo descenso no número de partos e a consecuente falta de "pericia" dos profesionais, indignados ante unhas acusacións que non só desmenten senón que aseguran que só son utilizadas para agochar a "verdadeira" razón do peche: "a falta de pediatras pola mala xestión de Sanidade e os recortes". Persoal e cidadanía pecháronse para esixir unha reunión co conselleiro Almuiña, que cedeu e accedeu a unha xuntanza a última hora deste lunsAs máis dun cento de persoas pechadas advertiron de que manterían a protesta mentres non acudise ao centro a dar explicacións o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Tan só o xerente do hospital, Miguel Abad, apareceu nunha protesta na que se corearon consignas semellantes ás do pasado sábado na masiva mobilización: "Feijóo escoita, Verín está en loita" ou "as nais de Verín, que pairan aquí". Desde a xerencia, animouse as persoas mobilizadas a que non interrompesen "o normal funcionamento do centro", mentres que axentes da Garda Civil foron despregados no exterior do hospital, onde os concentrados prevén pasar tamén a noite de non lograr reunirse co conselleiro. Xa pola tarde, o conselleiro de Sanidade cedía ás protestas e accedía a reunirse con membros da xunta de persoal do hospital comarcal e da Plataforma para a Sanidade Púbica na delegación da Xunta en Ourense ás 20 horas. Xa o martes, os representantes dos profesionais e da veciñanza mobilizada darán conta do resultado da xuntanza nunha asemblea na que decidirán que seguintes pasos dar, pero mentres acordaron seguir co peche. Co peche confirmado polo momento, as críticas á decisión do Sergas non rematan. A oposición continúa cargando contra a medida. Reclámanse dimisións, como a do xerente da área Félix Rubial, trasládase o caso á Valedora do Pobo ou pídense explicacións ao PP, que segue aludindo a "criterios médicos" e á "seguridade", os mesmos que rexeitan os colexios oficiais de Enfermería de Galicia. Así, nun comunicado, reclaman á Xunta que "rectifique a súa decisión" e "garanta os servizos e calidade asistencial sanitarios". Todos os colexios de Enfermería de Galicia rexeitan a decisión da Xunta e advirten de que implica que os partos pasen a ser "de risco"Os colexios de Enfermería entenden que "non é aceptable esgrimir como motivo do peche a seguridade do paciente" baseándose na recomendación da guía de Maternidade Hospitalaria, "e moito menos apoiar a decisión cun argumento tan zafio como a perda de experiencia dos profesionais polo descenso do número de partos". Advirten de que "razóns de tempos de desprazamento ou accesibilidade", como no caso das distancias entre a comarca de Monterrei e Ourense, xustificarían manter o paridoiro e aseguran que levar a cabo partos de baixo risco previstos en Verín na capital provincial "implica que directamente ese embarazo pase a ser de risco" ao obrigar a nai a un traslado "no que poden xurdir problemas non previstos". En canto á "falta de pericia" dos profesionais á que aludiu Félix Rubial, xerente da área sanitaria, cualifican estas declracións de "insultantes e fóra de lugar cara a todo o persoal" que, lembran, é "altamente cualificado".De feito, aseguran a capacidade profesional da matrona "non está unicamente vinculada ao número de partos atendidos" e que a calidade asistencial "non se mide só polo número de partos". Así, destacan que "tanto o ministerio de Sanidade como a OMS recomendan a asistencia one to one, unha práctica perfectamente factible no Hospital de Verín ao contar cun menor número de nacementos, factor non tido en conta neste caso que ademais do cociente 1:1 de matrona/muller conta co valor engadido da proximidade da poboación ao hospital que se traduce en calidade e seguridade asistencial".Respecto da alusión a informes de sociedades científicas, a criterios médicos ou á "unanimidade profesional", os colexios de Enfermería aclaran que a única recomendación exposta literalmente polo Sergas "non aclara que sexa por criterios de seguridade", senón que é unha proposta incluída nun capítulo da guía citada sobre Organización e Xestión, máis propia da optimización de recursos que da calidade ou seguridade asistencial que si se recolle noutros capítulos da mesma publicación". O Eixo Atlántico pide un acordo transfronteirizo con ChavesO peche do paridoiro provocou reaccións de todo tipo, mesmo desde o Eixo Atlántico, que lembra que "desde 12 anos, exactamente os mesmos que leva Núñez Feijoó na presidencia da Xunta, vén propondo e reclamando un sistema sanitario transfronteirizo integrado polos hospitais de Chaves e Verín". Unha proposta, advirten desde a secretaría xeral, que xa comezara a ser analizada pola ex-conselleira de Sanidade Pilar Farjas e por autoridades portuguesas. "Lamentablemente, nada se soubo, a pesar dos continuados esforzos da Eurocidade en defensa desta proposta", di o Eixo Atlántico, que asegura que a situación demográfica xa facía prever o acontecido. "De desenvolverse a nosa proposta e da Eurocidade, defendida encarnizadamente polo ex-rexedor popular de Verían, Juan Jiménez, hoxe teríase chegado a unha situación como a que existe entre as cidades de Elvas e Badajoz, que comparten servizos de paritorios e urxencias pediátricas". O Eixo Atlántico pide que se retome a iniciativa para crear un sistema sanitario transfronteirizo entre Chaves e Verín e carga contra a Xunta pola súa inacción"Esta lamentable situación constitúe unha mostra máis da inexistencia de acción exterior de Galicia, así como da inoperancia da Comunidade de Traballo, Galicia-Norte de Portugal que é o foro onde debería desenvolverse esta proposta", din desde o Eixo, que carga contra o Goberno galego por "prestar máis atención a unha autoestrada que nunca se construirá e que discorre por un Parque Natural de Portugal, que ao problema das mulleres embarazadas nunha zona en crise demográfica na que se supón que a Xunta quere impulsar os nacementos".O Eixo Atlántico pide ao conselleiro de Sanidade que "paralice" a medida "ata que se peche un acordo co hospital de Chaves para impulsar unha unidade conxunta de partos e urxencias pediátricas con médicos portugueses e galegos".
NOS_52876
A escuadra albivermella, a días do comezo ligueiro, seguirá fichando
O único equipo galego na Segunda División, o Club Deportivo Lugo, seguirá afondando nun mercado no que xa realizou 17 operacións entre altas e baixas. Así o confirmou Carlos Pita, director deportivo da escuadra albivermella, durante a presentación do seu último reforzo, Bruno Pirri. Defensa central de 30 anos, o brasileiro con pasaporte italiano pisou na xornada de onte por vez primeira o Ángel Carro para un acto no que expresou a súa "satisfacción" por dar "un paso importante na súa carreira". A da cidade da Muralla será a segunda aventura europea dun home que destaca pola súa contundencia física -mide 1,87 metros- logo de militar durante ano e medio no Vitória de Setúbal portugués. Esta experiencia no país veciño podería ser "unha vantaxe" na súa "adaptación", segundo afirmou Bruno Pirri. Anteriormente deu os seus primeiros pasos en clubs do seu país natal como Athletico Paranaense, União Agrícola Barbarene e Figueirense, antes de tornar nun trotamundos do fútbol que xogou na liga mexicana (Chiapas, Cafetaleros), de novo a brasileira (Ceará) e a China (Kunshan), onde rematou contrato en xaneiro de 2022, momento desde o que permaneceu sen equipo até a súa sinatura polo Club Deportivo Lugo. O director deportivo albivermello gabou as súas características, destacando o seu "xogo aéreo, rapidez, saída e golpeo de balón", así como a súa "experiencia internacional". "Entendemos que nos vai axudar moito, xunto cos seus compañeiros. Está a encaixar ben no vestiario e mostra predisposición ao traballo, cousa que está a facer para poñerse ao nivel. Todo son facilidades pola súa banda", engadiu Carlos Pita. Porén, o máis destacado da súa intervención non tivo que ver co defensa nado en Osvaldo Cruz en 1992, senón co papel que o Lugo desenvolverá no que queda de mercado de fichaxes, pois a pesar da inminencia do comezo da Liga -a próxima segunda feira, 15 de agosto-, confirmou que buscan incorporar "un dianteiro centro" clásico e outro home de ataque cun perfil "máis polivalente", pero coa consciencia de que "quedan poucas balas e non hai que desaproveitalas". A Terceira Galega xa ten datas O Grupo 1 da Terceira Federación -a quinta categoría do fútbol estatal-, tamén coñecido como Terceira Galega, por fin ten calendario oficial. En total serán 16 os equipos que conforman a división na tempada 2022/23, dos que ascenderá de maneira directa o campión e os catro seguintes disputarán a fase de ascenso, coa novidade de que esta campaña este play-off vai a disputarse a dobre volta. Con respecto ás datas, o balón botará a rodar exactamente dentro dun mes, o 11 de setembro, mentres que a fase regular inicial concluirá o 23 de abril. O sorteo deparou que na primeira xornada se enfronten Paiosco e Fabril; Barco e Arousa; Rácing Vilalbés e Estradense; Somozas e Arzúa; Ourense e Rápido de Bouzas; Choco e Viveiro; Atlético Arteixo e Gran Peña; e Alondras-Silva. Por outra parte, a área de Competicións da Federación Galega de Fútbol tamén publicou o calendario do Grupo galego da Liga Nacional Xuvenil, composta por 18 equipos e que se estenderá até o 29 de maio tras arrancar o 11 de setembro.
NOS_26647
Retirado o seu cadro da sala de Goberno.
O cadro do rei emérito español xa non loce no Parlamento de Nafarroa, de onde o retrato de Juan Carlos I foi retirado esta terza feira. A retirada produciuse poucas horas despois de ser aprobada unha iniciativa en tal sentido. Presentada por Izquierda-Ezquerra, saíu adiante co apoio do PSOE, Geroa Bai, Bildu e Podemos. Só votou en contra Navarra Suma (coalición de PP e Ciudadanos). O cadro quedou gardado no arquivo. Na mesma xunta de voceiros debateron tamén unha proposición para investigar Juan Carlos I polas presuntas comisións do AVE, e aí os socialistas votaron en contra, polo que non saíu adiante
PRAZA_13883
O Goberno galego dedica máis de 6 millóns de euros ao ano a persoal de confianza, fronte ao pouco máis dun millón que pretende aforrar coa redución de 14 parlamentarios.
A Xunta e o PP continúan decididos a levar a cabo a redución do número de deputados no Parlamento de 75 a 61. E están dispostos a facelo con ou sen consenso coa oposición, argumentando a necesidade de austeridade nestes tempos de dificultades económicas. Tal e como lembrou Praza, a eliminación de 14 salarios ou, o que é o mesmo, duns 85.000 euros ao mes, calculando á alza, suporía un aforro anual de 1,02 milllóns de euros, unha cantidade ben semellante á que o Goberno gastará nunha campaña publicitaria coa que intentará transmitir "optimismo" ante a crise económica. As alternativas a este aforro, sen tocar o Parlamento nin a súa pluralidade, son varias e variadas. De feito, e tal e como propuxo Compromiso por Galicia e avalou o BNG, baixar un 20% o soldo dos deputados aforraría o mesmo que reducir o Parlamento. Pero hai moito máis. Un pequeno recorte aos asesores contratados polo Executivo galego sería dabondo para acadar un aforro igual ou maior ao que pretende o presidente Feijóo, que continúa insistindo na normalidade da súa proposta. A Xunta gasta en asesores máis de 6 millóns de euros, fronte a 1 millón que supón o recorte de parlamentarios Porque unha ollada aos Orzamentos da comunidade autónoma pon en claro as cifras. A Xunta de Galicia gasta en asesores 5,3 millóns de euros, segundo os presupostos aprobados para 2012 para o gasto neste persoal eventual. Esta cantidade, á que hai que sumar a cotización á Seguridade Social, suporía seis veces máis do pretendido aforro de pouco máis de 1 millón de euros na tesoirada ao Parlamento. De feito, e tan só na área de Presidencia, o gasto en asesores supera os 2,3 millóns de euros, sen incluír as cotizacións á Seguridade Social. Ademais, a redución que quere impoñer Feijóo a través da redución de parlamentarios supón aproximadamente o 0,01 % do global dos orzamentos da Xunta, que para 2012 é de 9.858.500.000 euros.
NOS_23928
O escritor Xavier Queipo, colaborador do Sermos en papel, vén de resultar gañador do 34ª edición do Premio Blanco Amor de Novela por 'Os Kowa'.
O dictame do xurado coñeceuse nesta sexta feira marcada polo pasamento de Neira Vilas. Foron membros do xurado os escritores Luís González Tosar e Bieito Iglesias; a profesora Malores Villanueva, e os críticos literarios Armando Requeixo e Francisco Martínez Bouzas. 'Os Kowa' é unha historia trepidante que se desenvolve entre Europa e a Amazonia cun trasfondo de diálogo de identidades culturais e de respecto pola diversidade e pola natureza. O premio ten unha dotación económica de 12.000 euros e ademais o galardoado recibirá unha obra do escultor Acisclo Manzano. A entrega terá lugar o 1 de decembro en Ourense. Xavier Queipo (Santiago, 1957) é un escritor ben prolífico. Ten publicado catorce obras de narrativa para adultos e tres para rapaces, ademais de tres libros de poesía e catro de ensaio. Alén disto, ten participado en numerosas obras colectivas e ten verquido ao galego obras de Maalouf, Joyce, Conrad e Guibert. Entre outros premios, ten acadado o da Crítica española en 1990, o García Barros en 1996 ou o Xerais de 2011. Queipo ten unha columna quincenal no semanario Sermos Galiza baixo o título xenérico de Prosa do Observatorio.
PRAZA_4062
Os positivos activos da covid-19 redúcense á metade en Galicia nun só día porque, segundo o Sergas, agora dispón de "base sólida" para computar as persoas illadas nos domicilios. A única serie homoxénea pasa a ser de agora en diante a de casos acumulados
O pasado martes, 28 de abril, os datos oficiais do Servizo Galego de Saúde indicaban que en Galicia se rexistraban 6.947 casos positivos activos de persoas afectadas polo coronavirus. Era un incremento lixeiro, do 0,81%, nunha xornada na que as altas de pacientes que tiveran que ingresar a causa da covid-19 chegaban a 1.841. Ambos indicadores viñan sendo ofrecidos a diario pola Xunta dende que o pasado 4 de marzo, hai case dous meses, o Sergas confirmou o primeiro caso de coronavirus no país.Os positivos activos da covid-19 redúcense á metade en Galicia nun só día porque, segundo o Sergas, agora dispón de "base sólida" para computar as persoas illadas nos domicilios. A única serie homoxénea pasa a ser de agora en diante a de casos acumuladosEsta información regular veu servindo nestes case dous meses para construír unha serie estatística que permitía observar, con criterios homoxéneos, a evolución da pandemia en Galicia. Estas series veñen sendo publicadas por medios de comunicación e centros científicos, aínda que non pola Xunta. Todas elas saltan estatisticamente polos aires este 29 de abril, cando a Xunta deu en incorporar dun golpe os datos de todas as persoas que, en verbas do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, "poden considerarse como curados" nos seus domicilios, restándoas da cifra total de positivos activos e sumándoos ao indicador de recuperacións, ata agora conformado só polas persoas dadas de alta nos hospitais.Dáse así as circunstancia de que o indicador de recuperacións -ata onte "altas", dende hoxe "curados"- practicamente se triplica e pasa de 1.841 a 5.393 casos, 3.552 máis que, segundo o Sergas, son sumados agora porque a información "xa ten unha base sólida" sobre cadansúas curacións ao longo de toda a crise sanitaria. Mentres, os positivos activos caen bruscamente dos devanditos 6.947 a 3.526, un 49% menos que, a efectos prácticos, inaugura pola vía dos feitos unha nova serie que impedirá comparar este dato, de agora en diante, con todos os anteriores. A única serie homoxénea e comparable é dende hoxe só a dos casos acumulados -todos os positivos, tanto os activos como os de persoas curadas e falecidas-, que chegan a 9.466.No último día abrollaron 138 casos novos, 48 máis que un día antesEsta mudanza impide comparar minimamente a evolución nas últimas semanas e tamén nas últimas horas no referido a positivos activos, pero non no que atinxe a novos casos detectados nestas vinte e catro horas. No último día abrollaron 138 casos novos, 48 máis que un día antes, nunha xornada na que segundo o Sergas foron procesadas 3.118 novas probas PCR. Deste xeito, os novos casos detectados equivalen ao 4,43% das probas realizadas. A finais de marzo, con menos probas PCR cada día, os novos casos equivalían a arredor do 30% das probas.O número de persoas falecidas chega a 547, sete máis, e a información do Ministerio inclúe por primeira vez as 128 persoas que morreron en residencias de maiores, dato que o Sergas suma na súa información pública dende o 7 de abrilA outra serie que non varía na información feita pública polo Sergas é a referida ás persoas falecidas, aínda que si muda nos datos que a Xunta fornece ao Estado, que dende hoxe agrega os 128 falecementos que ata agora se produciron en residencias de maiores e dependentes. A información pública da Consellería de Sanidade non incluíu estes falecementos dende ata o pasado día 7 de abril, en vésperas de ter a obriga de fornecelos ao Ministerio. Antes, o Sergas, a Consellería de Sanidade e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceran versións contrapostas sobre o xeito de divulgar esta información.Así, este 29 de abril o número de persoas falecidas en Galicia a causa da covid-19 chega a 547. Son sete máis que vinte e catro horas antes e delas, dúas viviran en residencias de persoas maiores e dependentes. Os residentes destes centros que morreron por mor do coronavirus xa son 249.Sanidade revela por primeira vez que ata 308 persoas estiveron na UCI Ata agora, a Xunta tampouco informara do total de persoas que precisaran asistencia na UCI dende o inicio da pandemia; actualmente son 73As mudanzas no xeito de presentar os datos por parte da Xunta chegan tamén á información sobre o número de persoas hopsitalizadas. Dende o inicio da pandemia, o Goberno galego divulgara unicamente o número de ingresos na UCI de cada día, a foto fixa da xornada, pero non o número acumulado de persoas que precisaran esta asistencia. Así o fixo ata chegar a ser, nos últimos días, a única autonomía que non revelaba este dato. O coñecido era só que o maior número de persoas ingresadas nas UCI ao mesmo tempo por mor da doenza foran 177 á altura do 4 de abril.Este 29 de abril si o fixo e serviu para coñecer que ata o momento tiveron que pasar polas UCI galegas un total de 308 persoas diferentes, dato acumulado que viña solicitando o Ministerio. No que atinxe á situación actual, as persoas ingresadas na UCI por mor do coronavirus son 73, as mesmas que o día anterior. Mentres, diminúe un 2,63% o número de persoas ingresadas en unidades ordinarias -en planta-, que queda en 482. O total de persoas hospitalizadas chega así ás 555, unha diminución do 2%.A devandita mudanza no xeito de informar sobre os casos activos de coronavirus si afecta de cheo á cifra de persoas en illamento domiciliario. O martes, 28 de abril, eran 6.379 e co novo sistema pasan a ser 2.971, dado que todas as demais engrosan agora a lista de "curados". Son máis do 80% do total de positivos activos, segundo o novo cálculo.O impacto do novo cálculo nos datos por áreas sanitariasA área con máis casos activos segue sendo a da Coruña, pero pasando de 1.667 a 880A incorporación repentina de todos os casos considerados como "curados", sen unha distribución no tempo en función do momento en que se producisen esas "curacións", impacta tamén de xeito radical nas curvas de evolución de cada unha das áreas sanitarias. Así, co novo cálculo a área sanitaria con máis casos activos segue sendo a da Coruña-Cee, pero con 880 positivos activos fronte aos 1.667 do día anterior. Ourense deixa de ser a segunda con máis casos, posto que pasa á de Vigo, que fronte aos 1.236 positivos activos do día 28, este 29 de abril queda en 808.Ourense tamén é a área con máis incidencia segundo o novo cálculo, aínda que con 234 casos por cada 100.000 habitantes fronte aos 434 dun día antesOs datos de incidencia -número de positivos activos por cada 100.000 habitantes- tamén varían tras este corte da serie decidido polo Sergas. A maior incidencia segue sendo a da área de Ourense, que non obstante pasa de 434 casos por cada 100.000 habitantes a rexistrar 234 casos, co novo cálculo. A área con menor incidencia continúa sendo a de Pontevedra, pasando no seu caso de 196 casos positivos activos por cada 100.000 habitantes a apenas 73.
NOS_3657
O xornalista coruñés faleceu esta sexta feira aos 34 anos de idade.
Estudantes e profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) renderon homenaxe esta segunda feira cun minuto de silencio a Pablo López Orosa, xornalista de 34 anos natural de Oza dos Ríos (A Coruña) falecido a pasada sexta feira. Foi a Asemblea Aberta desta facultade a que propuxo realizar o acto ao Decanato. O minuto de silencio foi precedido por unhas palabras de Lois Alcayde, compañeiro de profesión do 'freelance' ao que coñeceu a través da Revista Luzes, coas que destacou que era un home que "reivindicou o dereito a ser xornalista en moitos lugares". López Orosa dedicou boa parte da súa carreira xornalística á cobertura de conflitos internacionais como profesional independente. En 2013 iniciou un percorrido que o levou a Oriente Medio, ao este de África, ao sueste asiático e a Centroamérica. Contou para diferentes medios de comunicación a posguerra iraquí e o conflito kurdo, o xenocidio da minoría rohingya en Birmania e a desaparición de linguas milenarias.
PRAZA_7350
O responsable de Medio Ambiente da UE, Janez Potocnik, vén de afirmar en resposta a unha pregunta da eurodeputada do BNG Ana Miranda que o executivo comunitario non ten información sobre este plan de explotación do subsolo.
A Comisión Europea, a través do responsable de Medio Ambiente da UE, o comisario Janez Potocnik, vén de comunicarlle ao BNG que o Executivo comunitario "non foi informado" de ningún proxecto para a posta en marcha dunha mina en Corcoesto a cargo dunha multinacional canadiana. Na súa resposta á pregunta da eurodeputada Ana Miranda a Comisión fai unha detallada enumeración da lexislación europea que debe cumprir calquera tipo de proxecto de instalación mineira, como a Directiva sobre avalición de impacto ambiental, a Directiva de avalición medioambiental estratéxica e a Directiva sobre residuos da minería, lembrando ademais que o Estado español ten catalogado o cianuro como "contaminante específico" conforme a Directiva marco sobre auga con indicacións específicas para as augas superficiais. En relación a falla de transparencia e de información pública que denuncian os veciños da zona que se vería afectada de saír adiante o proxecto, a Comisión Europea é contundente cando afirma que tanto a Directiva sobre residuos da minería como a Directiva marco sobre auga "inclúen claras esixencias en materia de participación pública e transparencia", polas que tamén vela o propio Executivo da UE.
PRAZA_20711
Ás 12 do mediodía concentracións e minutos de silencio en concellos e centros de traballo amosaron a repulsa contra os atentados e a dor compartida coa sociedade catalá. Galería de imaxes no interior
Ás 12 do mediodía concentracións e minutos de silencio en concellos e centros de traballo amosaron a repulsa contra os atentados e a dor compartida coa sociedade catalá. Non só nas sete cidades galegas, senón tamén en vilas como Ribadeo, Ordes, Cambre ou As Pontes, a cidadanía quixo amosar a súa solidariedade con Barcelona e co pobo catalán e o seu rexeitamento ao terrorismo.
PRAZA_2293
Feijóo e a oposición coinciden na apertura dunha nova etapa en Galicia que, segundo o presidente, só poderá estar liderada polo PP con independencia de que el estea ou non á fronte. Feijóo proclama a "recuperación para todos" cunha chuvia de axudas no ano electoral Romeu advirte a Feijóo de que o seu tempo "rematou" Beiras chama á "unidade popular" para "abrir un novo ciclo" tras a "barbarie" Jorquera acusa a Feijóo de "querer salvarse a si mesmo" mentres "se derruba o país"
Só unha unanimidade, pero tan tácita como contundente. Galicia está ás portas do remate dun ciclo político e a súa fin escenificouse no derradeiro debate de política xeral da lexislatura. Despois de que o presidente da Xunta inaugurase a sesión proclamando a "recuperación" económica "para todos" e anunciando unha chuvia de axudas económicas cun 'cheque bebé' de 100 euros como estrela, o debate propiamente dito amosou ás claras que a xeira inaugurada coa derrota do Goberno bipartito está a piques de ser finiquitada e que só resta saber cara a onde se dirixe ese cambio de ciclo. Para Alberto Núñez Feijóo ese "tempo novo" non vai comezar, senón que xa "o acabamos de iniciar" grazas á xestión económica do seu propio partido, e por iso "o que importa non son eu", en referencia ao seu destino político, aínda por aclarar. "O que importa non é o futuro de ninguén do que estamos aquí", proclama, nun contexto no que, no entanto, dá por seguro que en Galicia non hai "ningunha alternativa de goberno" que non pase polo propio PP. A -procurada ou non- versión galaica do célebre there's no alternative dos conservadores británicos leva o líder dos populares galegos a advertir de que, se hai algún problema, ese está na oposición. "Non deberían preguntar tanto se eu seguirei ou non en doce meses, senón que fixeron vostedes nos últimos sete anos", reta o resto de grupos. Galicia, di, "terá un goberno estable e terá un goberno estable para todo o que resta" de lexislatura, "por iso avanzamos e seguimos avanzando". Mentres, asegura, "se xuntamos as cinco" intervencións da oposición -PSdeG, AGE, BNG e as dúas deputadas do Grupo Mixto-, estas "non suman un goberno". Nun sentido obviamente distinto, tamén a oposición ve un punto final ou, cando menos, un punto e aparte. "Dixo que remata un ciclo e é certo, está a rematar o ciclo político do PP", retrucoulle dende o BNG Francisco Jorquera, para quen o discurso de "humildade" lanzado inicialmente por Feijóo durou o mesmo que a súa primeira intervención. "Falou de autocrítica e volveu dar un exemplo de autocompracencia", di o nacionalista, convencido de que o partido da dereita "representa o pasado" e por iso "non pode encarnar a Galiza do futuro". O esgotamento é igualmente diagnosticado dende o PSdeG, cuxo voceiro, José Luis Méndez Romeu, avirte o presidente de que "isto non se amaña cun cambio no goberno nin con bailes nos platós". Por iso, para o socialista cómpre comezar a preparar a xestión da "herdanza que nos deixan", unha Galicia coa "maior desigualdade da súa historia moderna" na que o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, apela a emular as mareas municipais que lograron chegar aos gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol. Feijóo proclama que, con el á fronte ou non, "non hai alternativa de goberno" que non pase polo PP Nunha réplica máis enérxica que a súa primeira intervención Beiras lamentou que o presidente evite "facer política" e se limite a achegar "unha redacción, como un xestor dunha peza de limpeza que en vez de limpar, enmerda". "Vostedes -dille Beiras ao PP- están caput e saben que están a piques de rematar o seu mandato", a comezar pola Cortes Xerais e o Goberno de España. Ese transo, advirte, implicará tamén que o PP deixe de ser "o partido que represente a dereita", porque "o Banco Sabadell e todos eses xa incharon o globo de Ciudadanos", formación que o voceiro do PPdeG, Pedro Puy, caracterizou durante o debate como "esquerda moderada". A oposición dá por esgotado a Feijóo e nega que os cambios na estrutura do goberno abran unha nova etapa Unha vez rematada a sesión central do debate só resta a discusión e aprobación, o vindeiro venres, das propostas de resolución que o Goberno terá encomendadas nos meses que lle queden mentres as forzas políticas se lanzan á carreira electoral das xerais, primeiro e despois duns comicios galegos cuxos protagonistas están aínda por coñecer. Feijóo, polo momento, alimenta a incógnita e limítase a unha evocación emotiva: "O meu compromiso por Galicia non pasará nunca", concluíu entre aplausos dos seus.
NOS_11024
Existen máis imaxes en movemento da vella Galiza das que parece. O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) vén de dispoñibilizar na súa nova páxina web un mangado de históricas pezas audiovisuais rescatadas pola propia filmoteca. Entre elas, imaxes de Castelao en Bos Aires, rexistradas entre 1940 e o seu pasamento.
Oito traballos recuperados "e restaurados" polo CGAI -organismo público integrado na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- abren a nova sección. Desde a insitución prevén que, ao longo do ano, "se vaian sumando máis" como resultado do proceso de dixitalización do seu arquivo. Polo momento, os traballos xa consultábeis abranxen boa parte do século XX, entre as Imaxes de Vigo e arredores, tomadas por un anónimo en 1926, ate as Imaxes de Castelao en Buenos Aires, recollidas e montadas polo reporteiro Eligio González en 1972, reporteiro con orixe ourensá emigrado na Arxentina. "Estas primeiras pezas", sinalan dende o CGAI, "teñen un carácter patrimonial e etnográfica, centrándose na paisaxe e tradicións de Galiza". De 1927 proceden os planos de Tintorería España, tamén anónimas, sobre o estabelecemento histórico de Octavio Pérez Gantes e outras vistas de Compostela. No mesmo ano, Enrique Barreiro confeccionou Pontevedra, cuna de Colón, que defende a hipótese da nación galega do conquistador. En Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda. (1928), José Gil filma a produción de envases da marca viguesa e, ao tempo, inclúe vistas panorámicas da cidade. Tres anos despois, Gil factura Galicia y Buenos Aires, obra que, segundo consta na ficha da web do CGAI, "ten como obxectivo orixinal dar novidades da súa terra aos emigrados". O mesmo acontece coas outras dúas filmacións dispoñíbeis, Porriño en Buenos Aires (1942), de Eligio Rodríguez, e Un viaje por Galicia (1958), de Manuel Arís. "É a principal novidade da nova páxina", indican na filmoteca, "a posibilidade de acceder a parte do arquivo do CGAI en liña. Deste xeito, procúrase democratizar o acceso ao patrimonio cinematográfico galego que atesoura a institución".
NOS_54929
Un proxecto de lei aprobado na Cámara de Representantes de Florida abre a porta a que o profesorado acuda con armas aos centros de ensino.
Profesorado de 40 dos 67 colexios cos que conta Florida xa se sumou ao "Programa Gardián" polo que poderá acudir armado aos centros de ensino. Até o momento as armas estiveron prohibidas dentro das aulas de Florida. Após o proxecto de lei resultar aprobado no Senado do estado, este chegou á Cámara de Representantes de Florida onde recibiu 65 votos a favor, na súa maioría pertencentes ao sector republicano, e 47 votos en contra, correspondentes á maior parte das e dos demócratas. Agora será o gobernador do estado, Ron DeSantis, quen con toda seguridade promulgará a lei. A proposición desta lei escúdase en "aumentar a seguranza nas aulas" A proposición desta lei escúdase en "aumentar a seguranza nas aulas" e nace como resposta das e dos representantes republicanos ao tiroteo nun colexio de Parkland, Florida, o pasado 14 de febreiro de 2018, onde 17 persoas foron asasinadas. Desde entón Donald Trump e a Asociación Nacional do Rifle teiman en que a figura do profesorado armado supón unha maior defensa do estudantado ante unha agresión masiva e aluden a que neste tipo de ataques imprevistos a policía non conta con tempo suficiente para actuar. Pola outra banda, a oposición a esta medida coincide en que a violencia armada non se soluciona con máis armas. Coa aprobación desta lei, as administracións dos centros escolares terán que decidir e votar se nas aulas dos seus centros pode haber profesorado armado. De resultar aprobado, o profesorado que porte armas terá que realizar 144 horas de adestramento e máis un exame, así como superar unha avaliación psicolóxica. Os Estados Unidos contan con máis armas que habitantes, existindo en torno a un 37% dos fogares con mínimo un adulto que dispón dunha ou varias armas. O dereito a portalas está recollido na segunda emenda da constitución, mais as interpretacións son variadas, desde quen pensa que só é aplicábel a unha milicia organizada até quen defende que toda persoa pode portar armas.
PRAZA_3515
Para o PP, as peticións de explicacións da oposición sobre os negocios de Pemex en Galicia tras a detención do ex-director xeral da petroleira co que tratou Feijóo non son máis que "ruído" sen "nada" máis por tras que "especulacións" ou "falsas noticias"
Non houbo sorpresa. Como era de agardar e como xa advertira Alberto Núñez Feijóo, o PP fixo valer este venres a súa maioría absoluta na Deputación Permanente do Parlamento -órgano que substitúe ao pleno en períodos inhábiles ou cando a Cámara xa está disolta, como actualmente- para evitar que, ás portas da campaña electoral, o actual presidente e candidato teña que comparecer para, como pediu toda a oposición nunha solicitude conxunta, explicar os seus contactos con Emilio Lozoya, o ex-director xeral de Pemex en cuxas mans estiveron os negocios da petroleira en Galicia apadriñados pola Xunta.Para o PP, as peticións de explicacións da oposición sobre os negocios de Pemex en Galicia tras a detención do ex-director xeral da petroleira co que tratou Feijóo non son máis que "ruído" sen "nada" máis por tras que "especulacións" ou "falsas noticias"Tras a detención de Lozoya en Málaga e mentres o ex-directivo permanece nun cárcere madrileño pendente de que a Audiencia Nacional decida sobre a súa extradición, os grupos da actual esquerda parlamentaria consideran necesario que Feijóo "explique cal foi a relación co señor Lozoya", toda vez que "hai unha investigación en marcha" en México sobre a compra de Barreras, resaltou Luis Álvarez dende o PSdeG. "Alguén pensa que cando alguén fai tratos con corruptos, a outra parte non se mancha?", cuestionou dende Común da Esquerda o parlamentario Antón Sánchez nun contexto no que Olalla Rodil, do BNG, subliña a necesidade de que o líder popular deixe claro "que apadriñou" e "que negociou coas persoas detidas e investigadas".Pero para o PP, as peticións de explicacións de toda a oposición non son máis que "ruído" sen "nada" máis por tras que "especulacións" ou "falsas noticias". No caso concreto de Pemex, desculpa, Lozoya "simplemente, materializou" acordos "coa anterior" dirección da compañía e ademais, mantén, "está investigado só" pola trama Odebrecht de presunta corrupción en Sudamérica. Non obstante, as autoridades mexicanas xa aclararon que Lozoya tamén se enfronta a pescudas pola compra de Barreras."O feito real é que Pemex salvou Barreras", di Puy, que tamén encadra no ámbito dos "rumores tendenciosos" a petición de explicacións que, na mesma sesión, a oposición lanzou a respecto das presuntas xestións que, segundo fontes consultadas por Canarias Ahora, realizou o xa ex-secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, para evitar que un cargo do PP tivese que asumir un buraco de 300.000 euros detectado polo Tribunal de Cuentas. "Non é máis ca unha campaña suxa que proxectan en nós", cre o popular. "Sementar ventos, mesmo gañando as eleccións, provoca que se recollan tempestades", concluíu.Para os grupos da oposición, o xeito en que respondeu o PP é a mellor mostra de que "hai algo que ocultar", sinalou Rodil dende o BNG. Mentres que os populares consideran a sesión deste venres un mal "epílogo" para a oposición, os grupos da esquerda ven no caso Pemex "o epílogo do señor Feijóo", advertiu Antón Sánchez. Porque ningún destes feitos, agregou o socialista Álvarez, son "inventos da oposición".López Obrador: Lozoya "teno difícil" malia contar con Garzón"Se se trata de defender a un posible defraudador, por moi bo que sexa...", ironiza o presidente mexicano sobre a asistencia xurídica do ex-xuíz a LozoyaO debate na Cámara galega desenvolvíase apenas vinte e catro horas despois de que transcendese, a través do xornalista mexicano Ciro Gómez Leyva, que Lozoya elixiu como avogado en España ao ex-xuíz Baltasar Garzón. Sobre esa fichaxe foi cuestionado o presidente de México, Andrés López Obrador, na súa comparecencia diaria ante a prensa. A xuízo do mandatario, con independencia da súa simpatía por el en casos como o proceso contra o ditador chileno Augusto Pinochet, "é un avogado como calquera profesional que dá servizo a un suposto delincuente".Preguntado pola posibilidade de que a defensa de Garzón dificulte a extradición de Lozoya a México, López Obrador non o cre. "Os avogados soen ser bos cando se trata de defender unha causa xusta" como algunhas nas que, di, se implicou Garzón no súltimos anos, caso do proceso contra Pinochet. "Pero se se trata de defender a un posible defraudador, por moi bo que sexa...", considerou.Alén do proceso de extradición, as autoridades mexicanas continúan a investigar as operacións impulsadas por Lozoya en Pemex, entre elas, a compra de Barreras. O propio Goberno de México prevé levar á Fiscalía neste mes de marzo esa adquisición do estaleiro vigués.
NOS_45853
Miles de persoas en todo o país marcharon nas convocatorias de Queremos Galego para reivindicar a vixencia do idioma neste Día das Letras Galegas. Feijóo foi declarado por aclamación inimigo do galego. [Vídeo no interior de GZVideos]
O presente do galego como mellor garantía de futuro. Baixo este lema marcharon miles de persoas nas sete cidades galegas e Ribadeo este Día das Letras Galegas. Unha xornada festiva mais de reivindicación ante os ataques e desleixo institucional que sofre a nosa lingua. As manifestacións máis numerosas foron en Santiago de Compostela e Vigo, onde 2.500 persoas sumáronse ao chamado da plataforma pola defensa do galego, segundo cifras facilitadas pola propia organización. O berro pola vixencia do idioma escoitouse con forza tamén en Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Ribadeo. Marchas nas que quedou patente que o galego ten futuro. Xentes de todas as idades corearon "Nas aulas da Galiza, queremos galego" e "por ti, por min, o galego non ten fin" contra as políticas galegófobas do partido no poder. Así o manifestou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, que deu lectura do manifesto unitario da convocatoria en Compostela, onde tamén estivo o candidato de Compostela Aberta, Martiño Noriega. "Renegar da lingua de Galiza é renegar do país, que ir contra ela, como está a facer desde que chegou, é ir contra Galiza e pór en perigo o seu futuro", aseverou Maceiras ante unha praza de Praterías ateigada de xente. Na mesma liña pronunciouse o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañado da candidatura nacionalista en Vigo. "Vemos en campaña un Feijóo que fai uso sistemático do español para dirixirse aos galegos e galegos, desprezando o idioma do país como nunca ten feito antes ningún presidente da Xunta", criticou. Vence interpelou directamente a Feijóo para lembrarlle que incumpre a "obriga" de promover a lingua propia que recolle o Estatuto de Autonomía. Por ese motivo, os centos de persoas presentes na marcha realizaron unha votación simbólica onde declararon por aclamación o presidente da Xunta como inimigo da lingua galega. RIBADEO "@SermosGaliza Se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma. @QueremosGalego en Ribadeo, na Mariña. pic.twitter.com/hMYa3vsSEJ— Xoán (@XoanBouza) 17 maio 2015 FERROL Galeguizando as nossas ruas no bairro de Canido #Ferrol em #galego pic.twitter.com/UqhJ3Tazmb— Fundaçom Artábria (@FArtabria) 17 maio 2015 A CORUÑA #queremos galego #coruna pic.twitter.com/2wkaj7C0pG— 15Masambleamontealto (@15Mmontealto) 17 maio 2015 OURENSE Queremos galego, os 365 días do ano! na Praza da Imprenta xa comeza o roteiro pola lingua c/ @QueremosGalego #Ourense pic.twitter.com/NnJQnLi3IM— BNG Ourense (@BNGOUrense) 17 maio 2015 PONTEVEDRA Pontevedra en galego pic.twitter.com/a6x5RyRUQJ— Montse Prado (@montseprado) 17 maio 2015 LUGO Na concentración de Queremos Galego en Lugo pic.twitter.com/tLAYGHvjgF— Comites Lugo (@ComitesLugo) 17 maio 2015
PRAZA_7829
Esíxenlle ao equipo de Goberno, ao Consello de Goberno e ao Consello Social "que leven a cabo as accións oportunas en defensa da USC" fronte á diminución do financiamento prevista na Lei de Orzamentos da Xunta.
33 directores e directoras de departamento da Universidade de Santiago veñen de facer público un manifesto que amosa a súa preocupación polos recortes no financiamento das universidades prevista na Lei de Orzamentos da Xunta e reafirma que debe manerse a autonomía da USC. O texto sinala que "é preciso esforzarse por manter o gasto destinado ao sistema educativo que, xunto coa sanidade e as pensións, fixeron posible o Estado de Benestar" e reclaman que os recursos asignados á universidade pública non deben ser considerados "gasto", senón "investimento", e engade: "sobre todo cando se pretende vincular a tan necesaria recuperación económica a un novo modelo produtivo baseado no coñecemento". O texto sinala que "a USC atópase entre as dez primeiras de España a nivel docente e investigador" e que "esta situación pode verse seriamente ameazada no caso de que se leven a cabo as reducións económicas previstas no borrador da Lei de Orzamentos 2013" O manifesto lembra que a Universidade de Santiago "non pode nin debe renunciar a súa autonomía na toma das decisións que considere máis axeitadas para lograr os obxectivos de excelencia que ten fixados". O texto sinala que "a USC atópase, independentemente do ranking considerado, entre as dez primeiras de España a nivel docente e investigador" e que "esta situación pode verse seriamente ameazada no caso de que se leven a cabo as reducións económicas previstas no borrador da Lei de Orzamentos 2013". Por ese motivo demándalle ao Equipo de Goberno, ao Consello de Goberno e ao Consello Social "que leven a cabo as accións oportunas en defensa da USC". Consulta o manifesto (.pdf)
NOS_24849
A Veiga colle este sábado a cuarta edición dunha cita imprescindíbel que reúne, de mañá até ben entrada a noite, en Muras música, artesanía, gastronomía, xogos tradicionais ou teatro.
A Veiga (Muras) acolle este sábado, 25 de maio, a IV Romaxe Artesá da Chaira, unha cita que nestes catro anos xa se convertiu en imprescinbíbel no calendario de encontros do país. Unha aposta máis en poñer en valor o rural galego e que reúne este sábado artesanía, teatro, música, gastronomía, cultura... neste concello da Serra do Xistral. De 10:00 horas a 14:00 horas terá lugar a Mostra dos Oficios, que reunirá unha manchea de artesáns e traballadores de diversas profsións, de xoiería a canteiros, pasando por artesáns da madeira, de instrumentos tradicionais ou da forxa. Ao longo do día haberá xogos tradicionais, obradoiros (para crianzas e para adultos) ou palestras sobre cooperativismo no rural, entre outros. Non faltará a gastronomía, como tampouco o baile, exposicións ou malabares. O ramo vaino poñer o concerto a tardiña/noite, coa Fanfarria Taquikardia e Sés.
NOS_29770
Coñecemos mellor a relación de vítimas, sabemos que pasou e como pasou, temos recoñecementos oficiais, placas, memoriais, homenaxes, escavacións, ensaios, crónicas e mesmo obras literarias nas que, coa perspectiva da ficción, se mencionan con veracidade, feitos, nomes e apelidos, sempre que se refiran ás vítimas; en canto as mencións son aos responsábeis directos, ou indirectos, das mortes, dos crimes, dos asasinatos… entón mudámoslle o nome, e convertemos Teodoro Fanego, o conserveiro de Cariño, responsábel da desgraza da familia Pita Armada, en Dimas. E iso faise cando o libro no que se fundamenta a ficción é autoría dun dos membros desa familia, José Pita Armada, o anarquista que fai un lúcido exercicio de memoria da traxedia familiar, desde o exilio pero sen mudarlle o nome ao Fanego, causa do padecemento propio e familiar. Ou na mesma actitude medoñenta, cooperamos no agocho dos responsábeis da catástrofe de 1936 convertendo Víctor Lis Quibén, funesto dirixente da Garda Cívica de Pontevedra, nas siglas V.L.Q. que, nese contexto, non ten carácter de abreviatura, nin cumpre coa función identificadora que promete e compromete a obra e o capítulo na que se insire, e que semella só exceso de precaución e temor á represalia.
O caso Joaquín Álvarez Lores Esta maneira de afastármonos da verdade é a herdanza do medo; do terror imposto polos criminais, tremor que pasou a novas camadas da sociedade. Moitos herdeiros dos masacrados detectaron que non podían reaxir en tempo e forma, mesmo que tiñan que contemporizar co ambiente de chumbo imposto pola violencia; "algho farían" dicíase nunha parte da sociedade do Grove até a década dos anos dous mil, no que comezaron a divulgarse feitos e circunstancias, a saberse que falanxistas, cívicos, gardas, militares e empresarios da conserva actuaran organizados contra as ansias de mudanza dos sectores progresistas e das clases oprimidas. Neses primeiros anos da década de 2000, Fabièn Garrido aloxaba nun sitio web, con dominio francés dado o seu nacemento e residencia en Francia, as memorias de seu pai, Ramón Garrido Vidal (O Grove, 1916-Les Lilas, Sena-San Denis, Francia, 1995); militante comunista exiliado na Bretaña, participando na resistencia á invasión nazi; encarcerado; responsábel político, obreiro metalúrxico, sindicalista... As memorias de Ramón Garrido Vidal botaran uns anos na rede, en dominio público, sen que fosen obxecto de maior atención. Cando comezaron a ecoar foi logo da súa subida ao sitio web da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove, desde a que se fai eco a obra de Aurora Marco (2003) dedicada a Ramiro Paz. Cos primeiros traballos da iniciativa da recuperación da memoria no Grove, e as homenaxes de lembranza aos perseguidos e asasinados,comezaron as reaccións familiares dalgúns dos sinalados como principais protagonistas da represión. Dous fillos do "ex alcalde das ditaduras" (Primo de Rivera, Bienio Negro, e primeiros anos do franquismo) Joaquín Álvarez Lores (O Grove, 1898-1981) presentaron demanda no xulgado de Cambados, no ano 2006, contra Ramón Garrido Vidal, que falecera en 1995, para que se "…elimine del dominio free.fr, el contenido de la página http://btysses.free.fr/espagne/Cuando_estallo_la_guerra_html, y subsidiariamente, para el caso que no se proceda a eliminar el contenido de dicha página, una vez verificado, se proceda al bloqueo de la misma". O auto do xulgado cambadés, sen escoitar a parte demandada, é inmediato á presentación da demanda, nel ordena a desaparición cautelar dese sitio web, de dominio francés, sobre o que non ten competencias, polas referencias directas ao ex alcalde Joaquín Álvarez Lores, "imputándole hechos tales como que era vox populi que se dedicaba a realizar listas de paseados" e fai consideracións sobre os dereitos á liberdade de expresión e de información, ademais do dereito ao honor, á intimidade ou á propia imaxe. Contendo un parágrafo que non semella acaído "rememorar, tantas décadas después, lo que mediáticamente se llama ahora "memoria histórica" de una forma revanchista, incontrolada, aviesa o sin datos ciertos y serios que acrediten lo que se afirma, vulnera de forma cierta el honor y la fama de las personas y sus familias…". Ningunha referencia a que se trata das memorias dunha persoa contemporánea e veciña de quen se pretende protexer a honorabilidade, de que son varias páxinas de textos escritos por un dos protagonistas da historia á que se refire en primeira persoa, asinando co seu nome e apelidos; que tanto o ex alcalde presuntamente manchado, como o redactor dos escritos faleceran había máis de 25 e 15 anos respectivamente… Queres continuar lendo este artigo? Procura o Nós Diario que atoparás nos quiosques ou para a súa lectura dixital na nosa loxa. Para organizarte mellor ante futuras entregas, recomendámosche facer a subscrición canto antes!
NOS_4473
Mentres o establishment do réxime celebrará o 36 aniversario da Constitución española, o BNG despregará unha campaña baixo o lema "Que non che coman o coco, temos un país de primeira".
A campaña presentáronna, na sede nacional da formación frentista, a secretaria de Imaxe e Propaganda, Montse Prado, e o portavoz nacional, Xavier Vence. A pretensión do BNG é reivindicar unha Galiza "en positivo" fronte á "imaxe interesada" que o Estado español vende do país, a dunha Galiza subsidiada que depende "de papá Estado". Fronte á marca España, a marca Galiza, veu dicer Montse Prado. "Que non nos conten milongas e sintamos o orgullo de ter un país de primeira", dixo a secretaria de Imaxe e Propaganda do BNG, quen receitou unha inxección de autoeestima ás galegas e aos galegos. Para espallar estas ideas, o BNG difundirá "masivamente por todo o país folletos informativos" e realizará "actos abertos á cidadanía", informa o Bloque a meio dunha nota de imprensa. O lanzamento da campaña coincidirá no tempo cos fastos que o establishment realizará co motivo do 36 aniversario dunha Constitución que o BNG alcuña como "Constitución Mordaza". Vence apela ao déficit fiscal e ao "buraco negro" do sector eléctrico para demostrar que Galiza si sería viábel se rachar a dependencia política "Pensemos en positivo, que non nos coman o coco con esa idea de que somos un país sen capacidade e sen potencialidade, como un país que precisa de papá estado para saír adiante como nos queren vender os que compran o discurso centralista e madrileño", afirmou na súa intervención o portavoz nacional, Xavier Vence. O líder nacionalista apelou ao déficit fiscal do país -a sociedade galega recebería menos do que achega ao Estado en impostos- e ao "buraco negro" do sector eléctrico -continuamos sen nos beneficiar do excedente eléctrico que producimos- para demostrar que Galiza si sería viábel se rachar a dependencia política.
NOS_50670
A ministra de Fomento aproveitou a súa comparecencia no Congreso para presentar un paquete de 20 medidas para mellorar a seguridade do camiño de ferro. Ana Pastor eludiu asumir ningunha responsabilidade política.
Na súa comparecencia de hoxe no Congreso sobre o sinistro ferroviario do pasado 24 de xullo, a ministra de Fomento, Ana Pastor deu a coñecer que se porá en marcha un paquete de vinte medidas para reforzar a seguridade ferroviaria. O anuncio chega cando logo da traxedia de Angrois, que custou a vida a 79 persoas e 130 feridos, puxo os focos no sistema de balizas instalado na curva da Grandeira, o trazado e outros aspectos de seguranza do tren de alta velocidade. A ministra evitou en todo momento asumir responsabilidades polo ocorrido, a pesar de ser interpelada a ese respecto polos grupos da oposición. "O factor humano é un elemento fundamental na prestación de calquera servizo", escusou a titular de Fomento, na liña do defendido polos directivos de Renfe e Adif, que descargan a responsabilidade do sinistro sobre o maquinista. A ministra eludiu a acusación directa e pediu tempo para que as dúas investigacións, a xudicial e a da Comisión de Accidentes Ferroviarios, determinen as causas da traxedia. Solucións que evidencian problemas As medidas anunciadas por Pastor poñen en evidencia fallas do sistema ferroviario. Fomento revisará agora as velocidades máximas e as sinalizacións das vías, ademais de estudar a instalación de balizas ASFA de freado automático en tramos similares á curva de A Grandeira. Melloras que supoñen unha asunción das carencias do trazado. De feito, ADIF instalou días despois do accidente tres balizas provisionais para evitar o exceso de velocidade no lugar onde se produciu o sinistro. O Sindicato de Maquinistas e Axudantes Ferroviarios (Semaf) asegura que alertaron en diversas ocasión da sinalización deficiente no tramo (o único con certa complexidade na ruta Ourense-Santiago), advertencias que non foron escoitadas e que, segundo eles, terían evitado o accidente. Outro dos puntos quentes é o relativo a por qué oito meses antes da inauguración do tramo en 2011, publicitado entonces como de alta velocidade, decidiuse modificar o ancho de vía polo da rede convencional. A decisión provocou que o sistema ERTMS, instalado no tramo cun custo de 168 millóns de euros, siga inoperativo a día de hoxe, máis de ano e medio despois. Pastor negou tamén, ao igual que os presidente de Renfe e Adif nas súas comparecencias, que os recortes nos orzamentos para infraestruturas influirán no descarrilamento. Algúns técnicos recordáronlles non obstante a redución do persoal de mantemento nos últimos anos. "O maquinista é o último elo da cadea a seguir, a responsabilidade non debe recaer unicamente sobre él", declarou neste senso o secretario de Semaf, Jesús García Fraile, en defensa do seu compañeiro. Algunhas das propostas de Fomento van encamiñadas precisamente a endurecer os requisitos para ser maquinista e instalar un sistema de "mans libres" para as comunicacións, posto que o condutor falaba por teléfono segundos antes do sinistro.
NOS_2399
A decisión adoptarase esta segunda feira, 15 de febreiro, no Comité clínico. En calquera caso, a Xunta advirte que non se rebaixarán de forma amplia as limitacións. O presidente insiste en acusar á hostalaría da maioría dos contaxios, pois vincula a baixada destes ao fechamento dos negocios.
Núñez Feixoo teima na desescalada. As reticencias do conselleiro de Sanidade a abordar agora esa desescalada ("non é prudente", apuntou) semellan que non interfiren na vontade do presidente da Xunta Feixoo afirmou hoxe que a vindeira segunda feira, día 15 de febreiro, o Goberno galego anunciará, após a reunión do Comité clínico, se son "poucos ou moitos" os levantamentos das restricións en vigor para facer fronte aos contaxios da covid-19. Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, se ben recoñeceu que aínda non se poderá volver "en ningún caso a situacións anteriores", considerou que "se Galiza evoluciona ben" poderase facer unha "apertura gradual, prudente e acorde á situación epidemiolóxica". Acusar á hostalaría En principio, estas medidas de alivio non afectarían a hostalaría. Ademais, advertiu de que "en ningún caso" se poderá volver "a situacións anteriores" cunha rebaixa moi grande das prohibicións. En concreto, respecto do sector danado ao que afirmou "admirar" -a pesar de preocuparse porque a sentenza xudicial de Euskadi é un precedente que implica "un problema de seguridade xurídica"-, insistiu en implicalo na expansión do virus. "Ou a maioría dos dirixentes políticos europeos están errados ou, lamentabelmente, é un sector crítico na traslación" da enfermidade, apuntou. "Se se fixan nas decisións que tomamos o 13 e o 26 de xaneiro, o fundamental foi o fechamento da hostalaría", remarcou, aludindo á posterior baixada da taxa de incidencia dos contaxios. Un horizonte máis sinxelo en maio Malia as posíbeis decisións que aumenten a mobilidade, explicou que o obxectivo é "manter unha incidencia baixa nos próximos tres meses" para continuar coa vacinación e chegar ao grupo de idade superior aos 80 anos. "Temos que non fallar até principios do mes de maio porque xogamos con moitas vidas", resumiu.
NOS_46074
Será no decorrer da homenaxe ao nacionalista Xoán Manuel Rama Trillo, que fora tenente alcalde de Noia e realizarase o sábado 8 de febreiro.
Unha homenaxe ao político nacionalista Xoán Manuel Rama Trillo, que foi tenente alcalde de Noia, reunirá nun debate público sobre a situación do nacionalismo galego o voceiro nacional do BNG, Xabier Vence; o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras; e o responsábel de Compromiso por Galicia Xosé Manuel Pérez Bouza. "A pretensión última desta homenaxe é lembrar unha persoa que entregou a súa vida ao servizo do País sen buscar nada a cambio", explicou Xosé Chorén, un dos organizadores do acto e quen describiu Rama Trillo coma "un referente ético de compromiso con Galiza". O encontro, que leva por título O nacionalismo galego en clave de futuro, realizarase o 8 de febreiro --18h, salón de actos da Fundación Novacaixagalicia en Compostela-- e vaise debruzar sobre a folla de ruta do movemento nacionalista galego a tres meses das eleccións europeas e en pleno debate sobre a conformación das alianzas con que cada forza concorrerá a estes comicios.
PRAZA_9621
David Casassas, profesor de Teoría Social e Política na Universidade de Barcelona, será un dos participantes nas xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, que terán lugar entre o 21 e o 23 de marzo na Coruña
Entre o 21 e o 23 de marzo A Coruña acollerá as xornadas Renda Básica: o novo dereito social necesario, organizadas polo Concello e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). Unha das mesas de debate, o venres 22, analizará a relación entre Traballo, emprego e Renda Básica, coa participación do economista Fernando Martínez Valdueza e de David Casassas Márquez, profesor de Teoría Social e Política na Universidade de Barcelona e vicepresidente da Rede Renda Básica, con quen falamos."A renda básica amplia as nosas liberdades á hora de escoller que traballos remunerados e non remunerados queremos facer, gañando capacidade de negociación"Avanzamos cara a unha sociedade na que necesariamente vai mudar a relación que establecemos co traballo? Que resposta dá a renda básica a unha realidade de emprego remunerado escaso? A renda básica racha o actual abismo entre emprego remunerado e traballo non remunerado?Temos a evidencia de que as cousas non van ben. Partimos dun consenso no que os ingresos proceden do emprego, pero este emprego é escaso, como vemos en España, onde hai un paro estrutural importantísimo. Ademais, son moitos os casos de persoas cun emprego a tempo completo que perciben ingresos por debaixo do nivel de pobreza. Así mesmo, vanse dar procesos de automatización de resultado moi incerto que van ter como resultado a destrución neta de emprego. A renda básica permitiría salvar ese baleiro, permitíndonos acceder a uns ingresos mínimos sen ter que pasar por este mercado de traballo. Pero a renda básica non só serve para apagar este lume que crea graves situacións de desigualdade, senón que nos permite gañar algo moi importante: liberdade. O emprego remunerado tende a ser explotador nunha gran parte dos casos e a renda básica o que fai é ampliar as nosas liberdades á hora de escoller que traballos remunerados e non remunerados queremos facer, gañando capacidade de negociación."É importante que os traballos non remunerados obteñan este recoñecemento material, aínda que sexa indirecto"Hai que ter en conta, ademais, que na actualidade a maior parte do traballo non remunerado é realizado polas mulleres. Contribúe a renda básica a nivelar un pouco a fenda de xénero?Si, por suposto. Hai traballo que xa se fai e que non se remunera, comezando por ese traballo de coidados, pero tamén moitas formas de traballo voluntario, pero sobre todo eses coidados que son os que permiten que vivamos. Polo tanto é importante que eses traballos non remunerados obteñan este recoñecemento material, aínda que sexa indirecto. E despois está o traballo que actualmente non se está a facerEn relación co traballo unhas das críticas que habitualmente se lle fan á renda básica é a de 'dar algo a cambio de nada' e de atentar contra os 'valores emancipadores' que o traballo pode ter en certos contextos. Que respondedes dende os defensores da prestación?Eu escoito moitas veces isto de 'como pode ser que deamos algo a cambio de nada' ou de que 'o traballo dignifica'. Hai que deixar moi claro que a renda básica non se opón ao traballo nun sentido amplo, senón que se opón precisamente ao traballo que non dignifica. Trátase de conquistar unha cultura do traballo e unha cultura do esforzo en ocupacións que verdade lle dean sentido ás nosas vidas, sen explotación, e iso é o que nos permite a renda básica."A hipótese que habitualmente manexan os críticos coa renda básica é que a xente abandonaría o mercado de traballo, e o que se comprobou en Finlandia foi que non foi así"Nas últimas semanas coñecéronse as conclusións do experimento levado a cabo en Finlandia durante dous anos con 2000 persoas desempregadas, a quen se lles ofreceu un pagamento non condicionado. Como valorades os resultados?De entrada, valorámola moi positivamente. Hai datos que amosan que aumentaron o benestar e a saúde das persoas perceptoras desta renda básica, que puideron ademais achegarse a novas ocupacións con tranquilidade, libres da desesperación e das obrigas que antes arrastraban. Algunhas das análises destacan que a medida non fixo que estas persoas se puxesen a traballar masivamente, pero paréceme máis significativo salientar que tampouco abandonaron o mercado de traballo. A hipótese que habitualmente manexan os críticos coa renda básica é que a xente deixaría de traballar, e o que se comprobou foi que non foi así.Que opinas, en xeral, destes experimentos? Son útiles?Eu son moi escéptico cara a estes experimentos, porque a estas experiencias limitadas no tempo fáltalles algúns elementos centrais da renda básica, que é unha prestación do berce á tumba. Esta característica é o que permite resetear a túa vida, e organizala dende a base con outro tipo de tranquilidade."A Rede Renda Básica demostrou cos seus traballos que cunha redistribución a través do IRPF, unicamente, xa se podía financiar en España" Outra das cuestións que sempre xorden en relación coa renda básica é a da súa viabilidade económica: de onde saen os cartos para financiala. A Rede Renda Básica ten realizado estudos que aseguran o seu financiamento no Estado Español cunha simple política de redistribución de rendas. Como vos enfrontades a esta pregunta?É unha cuestión de lóxica contable. A Rede Renda Básica demostrou cos seus traballos que cunha redistribución a través do IRPF, unicamente, xa se podía financiar en España unha renda básica. A proposta é máis ambiciosa e inclúe un conxunto de figuras impositivas, moi especialmente os impostos sobre o capital financeiro rendista, a famosa Taxa Tobin, impostos de sucesións, sobre o patrimonio, de sociedades... Varoufakis propoñía un imposto sobre os robots, que non era máis que un xeito de introducir un imposto sobre os medios de produción, un imposto de sociedades. Só co IRPF xa saen as contas. Imaxina se ademais non tivésemos que rescatar á banca con miles de millóns ou se loitásemos de verdade contra a fraude fiscal. Os números dan: falta polo tanto enfrontarse de forma política ao conflito social que supón a renda básica. A renda básica asusta non polas súas cifras, senón porque a súa aplicación lle restaría poder a quen máis ten. É unha ferramenta de democratización social."A renda básica asusta non polas súas cifras, senón porque a súa aplicación lle restaría poder a quen máis ten. É unha ferramenta de democratización social"A proposta da renda básica é criticada por "utópica", por non ter sido aplicada nunca anteriormente. Supoño que calquera novo dereito foi utópico ata que se aprobou por primeira vez...Temos que ser conscientes de que nos enfrontamos a unha situación moi grave de desigualdade, unida a unha catástrofe medioambiental, que dificultan enormemente a convivencia humana. E esta situación o actual capitalismo desatado só a poderá xestionar con altísimas doses de represión, de cultura do medo e de cultura do odio. Hai que pensar formas de repartir a riqueza, de xeito que todos teñamos a posibilidade de desenvolver proxectos de vida. O utópico é pensar que isto se vai conseguir pola vía actual.
NOS_40602
Esta sexta feira 25 de maio, A Coruña dá o disparo de saída a dez días de proxeccións, presentacións, film performances, debates e encontros coa crítica
Tempo, estruturas e patróns. Eses serán os eixos centrais da novena Mostra Internacional de Cinema Periférico, que dá inicio esta sexta feira 25 e completará nesta edición a triloxía adicada á creación cinematográfica iniciada en pasados anos con Os novos impresionistas (2016) e Obxectos e aparicións (2017). Este final de ciclo, bautizado como Lux Algebra, explorará as dimensións cinematográficas da luz como sistema abstracto. As obras de Ernie Gehr, Scott Stark, Chris Kennedy ou Kurt Kren serviranlle ao festival para explorar o tempo e a estrutura do cinema a través da montaxe e a propia construción interna dos filmes. Alén disto, tamén estará o ciclo Patrón de interferencias, coordinado por Alberto Alcoz e que estudará a través dunha decena de pezas o campo de actuación experimental do cinema pensando, principalmente, desde a innovación sonora. Por último, Lux Algebra contará con nove filmes dentro do programa Métrica e Rima, que servirán ao espectador para reflexionar sobre patróns, medidas, estruturas, correspondencias, ritmos e combinacións no dispositivo fílmico. A inauguración contará coa estrea da ópera-oratorio Voices of Light / A paixón de Xoana de Arco, de Richard Einhorn, dirixida por Fernando Briones e interpretada polo Coro e pola Orquestra Gaos. O evento está programado para a sexta feira 25 de maio ás 20:30 horas, no Teatro Colón. As entradas poden ser adquiridas na billeteira do propio teatro, en Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou nas sedes de Afundación da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. A vangarda do cinema contemporáneo Como parte do programa, S8 tamén abordará a obra de Phil Hoffman, mestre da arte do diario filmado. O festival proxectará dez das obras deste director canadense, pioneiro do cinema autobiográfico que entendeu a dimensión política do persoal e fixo unha lectura marxista da súa vídeo-biografía íntima. Hoffman tamén foi fundador do Film Farm –acampamentos fílmicos– e organizará un evento equivalente –Film Farm On The Road– no Nautilus do Aquarium Finisterrae do 5 ao 8 de xuño. Outro dos autores que contarán cunha sección propia no festival será Fried vom Gröller. De xeito similar a Hoffman, o artista tamén explora o eido íntimo da imaxe, desta volta a través do retrato –en 16 mm– e os close-up. A identidade, a xestualidade e a corporalidade son constantes no traballo de vom Gröller, do que se poderán ver cinco filmes. Á par desta retrospectiva, o director tamén ofrecerá unha conferencia na que analizará o seu proceso artístico. A sesión, programada para o 31 de maio ás 12:30h na Filmoteca do CGAI, consistirá en varios bloques de películas que serán intercalados coa proxección de fotografías de vom Gröller. Por outra banda, oito pezas breves serán as que resuman a traxectoria do cineasta experimental arxentino Pablo Mazzolo. Unha obra que destaca polo seu uso da luz e das súas variábeis cromáticas a través da manipulación da materia fílmica, creando imaxes case oníricas, cun forte potencial sensorial. Ademais, o ciclo Sinais repetirá unha vez máis no programa. Este ano, a artista visual combativa María Ruído apresentará a súa instalación Le Paradis, onde recolle o seu traballo desde finais dos anos 90 no instituto de Imaxe e Son coruñés. Alén disto, a autora tamén contará cun ciclo adicado á súa propia obra -A imaxe que pensa- no auditorio Afundación. Sinais en curto tamén amosará os traballos de Alberte Pagán (A mosca), Lara e Noa Castro (Pezas imposibles), Ángel Santos (M.), Helena Girón, Samuel Delgado (Plus Ultra) e Marcos Pérez e Martín Pawley (Fogos). De xeito paralelo, o cinema reborda a pantalla a través das film performances da sección Desbordamentos. Dentro deste programa, as persoas asistentes poderán ser testemuña do traballo de Tono Mejuto, Scott Stark, Pablo Mazzolo e do dúo colombiano-alemán Ojoboca (Anja Dornieden e Juan David González Monroy). Fóra do plano unicamente artístico, a mostra de Cinema Periférico contará coa presenza de Antonelli Bonfanti, directora de Canyon Cinema, que acaba de celebrar os seus 50 anos como distribuidora de referencia dentro do cinema experimental. Para conmemorar a data, a marca ofrecerá o programa California Dreaming, onde exporá unha selección de obras dos seus directores Bruce Baillie, Nathaniel Dorsky e Mark Toscano. Aprender sempre Por riba disto, o S8 completará o seu programa cunha vertente formativa. Dentro deste estará o seminario Seminario de crítica experimental organizado pola revista A Cuarta Parede. Tres sesións –impartidas o 26 e 31 de maio, 1 e 2 de xuño– a cargo de Alberte Pagán, Francisco Algarín Navarro e Mónica Delgado nas que se debullará a elaboración de textos críticos. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico [email protected]. Alén disto, a Mostra Internacional de Cinema Periférico tamén ofrecerá o 26 e 27 de maio o obradoiro O Cinema dos sentidos de Pablo Mazzolo. O director proporá un espazo onde desenvolver a percepción singular e subxectiva da imaxe, e traballará co alumnado en desenvolver as súas competencias á hora de trasladar esta ao traballo audiovisual. Ao final do workshop, cada participante terá producido un proceso, imaxe ou obra audiovisual. Por último, o festival contará cunha mesa-debate Vías para a realización, residencias artísticas, laboratorios, bolsas de creación e titorías de proxectos en desenvolvemento.
NOS_54689
Estamos nunha nova fase da Gran Recesión. A decisión de manter as políticas que provocaron o estoupido de 2007 co fin de garantir os beneficios dos núcleos de poder capitalista volven colocar a economía mundial nunha situación semellante á de hai unha década. Os dados adiantados polos diversos gobernos e organismos internacionais non deixan dúbida de que enfrontamos outra aceleración da crise en curso. Eis un extracto da análise publicada ao respeito no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza.
A crise actual ten a súa orixe nas políticas aplicadas a partir da segunda metade dos setenta para restaurar os beneficios dos grandes sectores empresariais após o estoupido de 1973. A financeirización, o aumento das desigualdades sociais, os desequilibrios globais por conta corrente a través do comercio e dos movementos de capitais, o incremento do endebedamento público e, sobre todo, privado son algúns dos factores que explicarían o acontecido. A financeirización, como resposta á tendencia ao estancamento do sistema, concrétase nun maior peso das actividades financeiras no conxunto da economía, determinando toda a lóxica produtiva e favorecendo unha distribución menos equitativa da renda. O aumento das desigualdades sociais, derivado da perda de peso dos salarios, maniféstase nun incremento da polarización social e na perda de poder adquisitivo dos traballadores, afectando de xeito decisivo a demanda agregada e o consumo interno. As diverxencias e asimetrías cada día maiores entre os diversos bloques rexionais e tamén no interior dos mesmos medra a medida que se intensifica o proceso de globalización. Duplícase nunha década o volume dos derivados As medidas adoptadas hai unha década para responder á conxuntura económica consistiron en repetir as políticas que tiñan ocasionado a crise. O proceso de financeirización, lonxe de recuar, viuse impulsado polas propostas de estímulo postas en marcha polos gobernos e os bancos centrais. Así, a borracheira de liquidez promovida por estes últimos serviu para favorecer novas burbullas en diversas partes do planeta, aumentar os índices de endebedamento públicos e privados ou incrementar a masa de produtos financeiros complexos, até o punto de duplicarse desde 2009 até hoxe o volume dos derivados. [Podes ler a análise completa no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_56495
A fita de Vaca Films dirixida polo monfortino Dani de la Torre é finalista en oito categorías, entre ellas a de mellor director novel e mellor actor protagonista (Luís Tosar). A outra representación galega é o filme de animación de Dygra, 'Noche de paz? Holy night'.
O thriller rodado nas rúas da Coruña obtivo 8 nominacións aos Premios Goya da Academia de Cine Español, sendo o terceiro filme con máis presenza por detrás de 'La novia' de Paula Ortiz, con doce; e 'Nadie quiere la noche', de Isabel Coixet. Estas tres fitas son as favoritas para a 30 edición destes galardóns que se celebrarán o vindeiro 6 de febreiro. O propio director Dani de la Torre é candidato á mellor dirección novel; o tamén director Jorge Coira opta á mellor montaxe; Luís Tosar ao mellor actor protagonista; Alberto Marini ao mellor guión orixinal; e Elvira Mínguez á mellor actriz de reparto. Tamén foron nominados á mellor dirección de produción, mellor son e mellores efectos especiais. A outra candidatura galega provén do filme 'Noche de ¿paz? Holy night' da produtora coruñesa Dygra e que dirixiu o tamén galego Juan Galiñanes.
QUEPASA_614
Os sorteos de vales de 50€ para combustible xa teñen gañadores.
Xentes de toda Galicia volveron achegarse esta pasada fin de semana a Baio para botar un ollo aos máis de 200 coches de ocasión que sacaron ás rúas os 5 unidos concesionais da capital galega do automóbil durante a 44ª edición de xornadas de portas abertas de Feirauto. Outra edición na que se manteñen as boas cifras, sumando máis dunha vintena de ventas e outras tantas operacións que se poden completar ao longo destas semanas. Unha boa parte dos vehículos vendidos ao longo destes días son coches seminovos de gama media-alta dun precio medio de 14.000 euros. Sorteos Foron moitos os que quixeron participar no concurso dos vales de 50€ para canxear na Estación de Servicio Cepsa de Baio. Os números gañadores son: 1075, 1885, 3942, 4295, 5312, 5919. As persoas que posúan as rifas dos números gañadores deben de presentarse en calquera dos talleres do grupo Feirauto (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóviles Celmar) onde lle indicarán os pasos a seguir para canxealas por combustible. Os gañadores teñen ata o 31 de outubro tanto para presentar a súa rifa como para utilizar o vale na Estación de Servicio Cepsa de Baio.
NOS_13594
A da portavoz nacional é a única petición rexistrada para encabezar a lista do BNG nas eleccións galegas. Está avalada por perto de 900 militantes nacionalistas.
Ana Pontón é a única persoa que se postulou para encabezar a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións galegas. Fechado o prazo para presentar candidaturas ás 19:00 horas desta cuarta feira, fontes da fronte confirmaron a Sermos Galiza que a da portavoz nacional foi a única que entrou por rexistro, avalada por 890 militantes. O BNG fixara en 50 avais os necesarios para se presentar, unha cifra reducida para facilitar que quen así desexase, poidese formalizar a súa candidatura. Desde esta quinta feira, día 21, até o 27 de abril decorrerán por todo o país as asembleas comarcais, citas das que a propia Ana Pontón asegurou que espera que sexan "participativas" e que nas mesmas se dea un "debate vivo". O 30 de abril procederase á proclamación de Ana Pontón como candidata do BNG á Xunta. A portavoz nacional e pre-candidata quixo agradecer "a todas as persoas que me alentaron e a todas as que estiveron recollendo avais" ao tempo que destacaba que "o nacionalismo é un proxecto con futuro, e de futuro para Galiza". Pontón explicou que o proceso de elección de candidata forma parte "da posta a punto da organización para fortalecer o BNG e enfrontar os retos sociais e electorais para ser parte decisiva da derrota do PP e sacar Galiza da ruína que nos deixan tanto Feijóo como Rajoy como as políticas impostas pola UE".
PRAZA_8097
Vivimos unha emerxencia social cunha mobilización moi importante en determinados ámbitos. Pero esta actividade non semella cristalizar en redes sostidas ou nunha forza de presión tanxible. Hai un movemento social galego que poida ser identificado como suxeito? Debe habelo?
"Onde está Galiza non se vende?". É unha pregunta que, como lembraba Manoel Santos nun artigo publicado en Praza hai un ano, se fai con frecuencia "unhas veces de xeito nostálxico e outras malicioso". É evidente que estamos a vivir unha emerxencia social moi importante, con grandes manifestacións nas rúas, coma as do pasado 23 de febreiro, e unha gran mobilización ao redor de certas cuestións conxunturais: dende as preferentes aos desafiuzamentos, pasando pola denuncia de certos proxectos mineiros. Pero hai un movemento social galego que poida ser identificado como suxeito? Hai coordinación entre os colectivos? Hai plataformas de diálogo e posta en común? Lonxe queda xa o tempo de Galiza non se vende ou do Foro Social Galego (2008) e só se pode salientar a aposta da Alianza Social Galega para unificar os esforzos de sindicatos obreiros, labregos, estudantís e colectivos profesionais e cidadáns afectados polos recortes e a crise económica. A mesma crise que está facendo agromar unha gran contestación social é a que dificulta moitas veces a creación de redes e estruturas pola debilidade na que deixa moitos dos seus participantes A crise afecta todos os procesos sociais. A mesma crise que está facendo agromar unha gran contestación social é a que dificulta moitas veces a creación de redes e estruturas pola debilidade na que deixa moitos dos seus participantes. Manoel Santos (Altermundo) sinala que "a crise arrasou con todo e na esquerda e tamén nos movementos sociais é máis difícil crear alternativas". Ou pola mudanza de prioridades: aos movementos ecoloxistas estalles resultando moi complicando levar ao primeiro plano a preocupación polo cambio climático nunha situación de urxentes necesidades económicas para moitas persoas: "a política das urxencias imponse", apunta Manoel Santos. Tamén afecta con dureza ás ONGs e outras organizacións do terceiro sector, que antes constituían un dos piares dos movementos sociais e que nos últimos anos viron brutalmente recortado o seu financiamento. Isabel Vilalba: "estamos nunha fase de transición. O cambio da estrutura económica e social nos últimos tempos foi vertixinoso e estanos sendo difícil ás veces identificar que é o que está pasando" Para Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG, "estamos nunha fase de transición. O cambio da estrutura económica e social nos últimos tempos foi vertixinoso e estanos sendo difícil ás veces identificar que é o que está pasando". Para David Rodríguez (A Nave das ideas) "pódese percibir que hai máis movemento. Hai unha emerxencia social que é difícil saber o que vai dar de si e supoño que dependerá de canto dure a crise económica". En opinión de Mari Fidalgo (Baladre) "houbo un revulsivo que marcou un antes e un despois, que foi o movemento 15M. Estamos nun momento moi diferente para os movementos sociais que cobraron moita forza pola presenza de moita xente que non estaba organizada". Por que non se visibiliza este movemento de como un actor político, como unha forza de presión social? Para Vilalba, "algúns dos principais movementos que poderían estar no núcleo dunha activación no movemento social galego están atravesando cambios na súa estrutura, que podía ser válida no pasado, pero que necesita adaptarse aos novos tempos" e engade que "hai tamén un rexeitamento das fórmulas clásicas de representación. Boa parte da sociedade sente que hai que facer un cambio cara a outros modelos". Vilalba conclúe que "está habendo un combate forte contra as políticas neoliberais e cada vez hai máis colectivos que identifican esta necesidade. Estamos nunha fase de camiñar cara adiante pero aínda non estamos nunha fase de consolidación.". "Estamos nunha fase de camiñar cara adiante pero aínda non estamos nunha fase de consolidación" Outras voces sinalan que a forza social máis visible está centrada en loitas singulares e de novo cuño: hipotecas, preferentes... Este tipo de movementos conxunturais, que nacen e funcionan de cara á consecución dun obxectivo determinado, son diferentes dos colectivos transversais ou dos movementos permanentes no tempo -ecoloxista, feminista...-, que adoitan crear unha cultura do movemento e tecer redes con outras organizacións. Porén, o tempo e o traballo práctico tamén fai que da actividade de organizacións e movementos conxunturais xurdan esa cultura e esas redes. Manoel Santos lembra o caso de Salva o Tren, unha iniciativa centrada nunhas reivindicacións moi concretas sobre a desaparición dalgunhas estacións e apeadeiros "e que co tempo foi creando nesas persoas un discurso moi desenvolvido sobre mobilidade". O mesmo pode estar sucedendo na actualidade nas plataformas contra os desafiuzamentos, por exemplo. Crear redes, crear tecido, crear estruturas Para David Rodríguez o máis importante é "crear tecido e redes propias fóra da dinámica do Estado" Para David Rodríguez o máis importante é "crear tecido e redes propias fóra da dinámica do Estado e que sexan independentes da dinámica da política do aparello do Estado". Sinala que a esquerda "está decatándose agora do que implicou historicamente a desaparición do movemento obreiro", que era moito máis que os sindicatos: había escolas, economatos, ou espazos de socialización. "Vémolo en Italia, onde a esquerda está desaparecida e o descontento social exprésase a través de espellos deformantes: sexa no Berlusconismo ou no Movemento 5 Estrelas". "As manifestacións son masivas, pero se iso non cristaliza en nada concreto, queda nun feito de expresión unicamente" Para Rodríguez, "esta emerxencia social para cristalizar en algo ten que substituír o vello movemento obreiro. Non hai esquerda sen movemento, sen movemento sostido. Por iso falo da necesidade de xerar institucións. Non se trata de reconstruír por nostalxia, senón de axeitar iso aos tempos actuais". E conclúe: "pola experiencia pasada acabamos moi queimados da burocracia e das estruturas, pero hai que traballar nese campo. As manifestacións son masivas, pero se iso non cristaliza en nada concreto, queda nun feito de expresión unicamente. Corre o risco de quedar todo nun desgaste de enerxías". Un novo Foro Social Galego? "Está caendo un pano de fondo", di Manoel Santos, "e aí é onde hai que influír para acadar unha transformación social. Os movementos sociais teñen que repensarse un pouco, porque se non hai confluencia non hai futuro" Pero o que tamén está claro é que a crise está debilitando o sistema: "Está caendo un pano de fondo", di Manoel Santos, "e aí é onde hai que influír para acadar unha transformación social. Os movementos sociais teñen que repensarse un pouco, porque se non hai confluencia non hai futuro. O movemento necesita confluencia porque a sociedade é moi grande e os movementos son pequenos". E engade a necesidade de que se convoque un foro ou calquera outra fórmula de coordinación: "Os movementos sociais teñen que estar preparados, ten que haber un foro social, un espazo de converxencia amplo. É importante que se visibilice un movemento de pais. É importante que se vexa a esperanza". Mari Fidalgo tamén cre necesario que a nivel galego xurdan "eses espazos de encontro e articulación" e salienta que nos últimos tempos se vai consolidando "un bloque critico que si se está coordinando e está ofrecendo unha resposta articulada e que pode ser o xermolo dunha confluencia máis grande". Porén, desbota a recuperación de fórmulas de coordinación xa ensaiadas no pasado: "no Foro Social había unha presenza moi importante de ONGs e organizacións do terceiro sector que dependían moito das subvencións. Iso rematou. E agora hai outras formas de organización moi distintas". Para David Rodríguez "non hai que impor apriorismos. Se nunha cidade se funciona ben en rede non hai que forzar unha articulación galega. Seguramente seria importante para moitos temas, pero se cadra para outros non. O que importa é a práctica". "No caso de GNSV acertouse coa estratexia critica na época do goberno de PSdeG e BNG" pero "equivocámonos no momento das eleccións, porque daquela había que botar un paso atrás e pedir o voto para o Bipartito" Manoel Santos repite, ao igual que fixera naquel artigo que "o deseño da rede de Galiza Non Se Vende era perfecto" e destaca que se conseguiu "aglutinar entre 50 e 60 colectivos sobre unha serie de cuestións comúns que se priorizaron". "A xente pon de exemplo Nunca Máis pero Nunca Máis era máis un movemento conxuntural. Creo que a experiencia de GNSV é máis útil", conclúe. Cun pero, iso si: "No caso de GNSV acertouse coa estratexia critica na época do goberno de PSdeG e BNG" pero "equivocámonos no momento das eleccións, porque daquela había que botar un paso atrás e pedir o voto para o Bipartito". Manoel Santos apunta neste senso como modelo ao MST brasileiro: "hipercrítico en todo momento coa xestión do PT pero que o apoia de forma expresa nas eleccións". Partidos e movementos David Rodríguez: "Hai que ocupar espazo de poder. Os movementos teñen que tomar conciencia de que deben organizarse e dirixir as súas enerxías" Outro gran debate que sempre pairou sobre os movementos sociais é a súa relación cos partidos políticos. Unha relación demasiado estreita pode acabar derivando en tutelaxe, ou ser entendida así cando menos. Unha relación demasiado distante implica desconexión entre a esquerda política e a esquerda social. Manoel Santos anima a quitar de enriba "clixés que se foron creando estes anos" e a "comezar a reaccionar" no senso de que "os movementos teñen que definir ben a súa liña política, pero tamén teñen que ter aliados políticos. Hai que actuar no campo político, porque se non estás fuxindo dun campo de loita onde se poden cambiar cousas". O mesmo pensa David Rodríguez: "Hai que ocupar espazo de poder. Os movementos teñen que tomar conciencia de que deben organizarse e dirixir as súas enerxías". AGE presentouse ás eleccións abandeirando unha relación nova entre a esquerda social e política, unha forma de canalizar a rabia social e a emerxencia de movementos transformadores. E ao dia seguinte do seu éxito electoral Beiras proclamaba que "AGE ten que ser unha ponte entre a cidadanía activa e o Parlamento". En varias comarcas coma Vigo ou Pontevedra, AGE promoveu asembleas para relacionarse cos colectivos locais. Outro modelo son as asembleas sociais de apoio a determinadas forzas políticas, coma a que funciona en Ferrolterra dende hai meses como enlace entre AGE e os movementos sociais da comarca e como fiscalizador da súa acción política. "Temos dereito a ser esixentes cos partidos. Son ferramentas e se non serven hai que desbotalos" Manoel Santos afirma que "non estou de acordo con asembleas de apoio a unha opción política. Si as vexo normais nunha época electoral". En todo caso Santos sinala que os primeiros pasos "deben dalos sempre as organizacións políticas". David Rodríguez advirte de que "se Anova ou AGE non asumen que a xente mira para eles con moito detemento para que cumpran o que din, poden tirar abaixo todo o seu capital político. Teñen que cumprir as expectativas". E engade "temos dereito a ser esixentes cos partidos. Son ferramentas e se non serven hai que desbotalos". "Teñen que traballar en paralelo, pero os partidos non poden fagocitar os movementos" Para Isabel Vilalba, os movementos sociais "para seren realmente útiles á sociedade teñen que evitar ser tutelados". Sinala que é normal que haxa "unha proximidade con formacións que loitan polos mesmos obxectivos" e cualifica de "visión moi curtopracista" que os partidos pensen que hai que dirixir os movementos: "iso leva a unha desafección e desmobilización da sociedade". Conclúe que "teñen que traballar en paralelo, pero os partidos non poden fagocitar os movementos".
PRAZA_19544
O barrio de Galeras, desde as Hortas até o Pombal pasando polo Carme, está mudando a súa veciñanza a unha velocidade incríbel. En cinco anos os apartamentos turísticos e albergues inzaron como cogomelos, facendo que corra o risco de se converter nun "parque temático", perdendo así a súa identidade de barrio de veciñanza diversa e plural.
A Plataforma de Galeras naceu para defender o público e facer cidade desde un barrio que combina o novo e o vello. Desde aquel inicio, a Plataforma leva traballando en actuacións que permitan a mellora deste espazo, tales son as propostas de "Galeras. Barrio 30" para priorizar o uso peonil e garantir a seguridade das persoas; a demanda de rehabilitación e apertura da "Casa da luz"; a mellora do parque infantil e do paseo do río Sarela e un longo etcétera no que ten prioridade a dotación dun centro público para persoas maiores no espazo do antigo hospital. A demanda dunha dotación tan importante para Compostela como é un centro para persoas maiores, con prazas residenciais e centro de día, é de xustiza xa que na rúa de Carretas se perdeu este uso no antigo Asilo e, asemade, con diñeiro público (cómpre lembrar que a Xunta de Galiza achegou 2 millóns de euros) privatizouse este edificio até tal punto que nin sequera a veciñanza pode entrar no xardín, pechado ou vixiado por gardas de seguridade. Non é así como se constrúe unha cidade de convivencia e de lecer, de sosego e de saúde. As persoas de idade, tras unha súa vida de traballo, teñen dereito a ser coidadas con agarimo e disfrutar de calidade de vida. E, desde a Plataforma de Galera, farase todo o posíbel para que así sexa, xa que no seu día, os terreos do vello hospital foron expropiados e a construción do edificio, fíxose con diñeiro público, é de dereito que este espazo, unha vez rehabilitado e recuperado, garde -polo menos unha parte- de uso público, dotacional e sociocomunitario. O barrio de Galeras, desde as Hortas até o Pombal pasando polo Carme, está mudando a súa veciñanza a unha velocidade incríbel. En cinco anos os apartamentos turísticos e albergues inzaron como cogomelos, facendo que corra o risco de se converter nun "parque temático", perdendo así a súa identidade de barrio de veciñanza diversa e plural. Cómpre, pois, que esta nova actuación urbanística no espazo do hospital, ademais de servir para conservar a memoria na arquitectura sanitaria, sirva tamén para facer cidade para as persoas.
NOS_49138
O ministerio público solicita que se lles condene por "lesións terroristas" por unha pelexa con 2 garda civís de paisano nun bar desta localidade navarra. Para unha das persoas procesadas a Fiscalía pide 62 anos de prisión, para outros seis 50 años a cada un, e doce anos e medio para outro.
A Fiscalía da Audiencia Nacional española solicita un total de 375 anos prisión para os 8 mozos de Altsasu que foron procesados após a lea nun bar con dos gardas civís. Para un destes mozos pide 62 anos de prisión, para outros seis 50 años a cada un, e doce anos e medio para outro. Segundo varias axencias españolas, o Ministerio Público solicita no seu escrito de acusación que a estes sete mozos se lles condene por catro de delitos de "lesións terroristas" e reclama 12 anos e medio de cárcere por cada un destes. A defensa non recibira notificación destas peticións a primeira hora da tarde, cando os medios españois daban a nova. O fiscal sostén que a lea no bar enmárcase na campaña 'Alde Hemendik' que existe en Euskal Herria e na que se pide que Guardia Civil e Policía abandonen o tetrritorio. Afirma que se procura crear un clima de "medo e rexeitamento" cara a eles, "influíndo de maneira negativa" na vida dos axentes das forzas de seguridade do estado español en País Vasco, procurando a súa "exclusión social". Para o Fiscal esta tese foi introducida por ETA en 1976 e posta en práctica pola esquerda abertzale ao longo destas décadas. Tres destes mozos – Oihan Arnanz, Adur Ramírez de Alda e Jokin Unamuno - permanecen en prisión desde novembro por esta causa. Os familiares de todos os procesados acudiron a semana pasada a Bruxelas a denunciar esta situación, obtendo apoio de 51 eurodeputados.
PRAZA_12101
Moitos, moitísimos centros privados e concertados incumpren dun xeito clamoroso as obrigas que o Decreto contén sobre o uso do galego no ensino. Materias obrigatorias en galego danse en castelán e teñen os seus textos nesa lingua. Danse en inglés (nalgúns casos nun trampitán que algúns lle chaman inglés) materias que terían que se dar en lingua galega, sen compensar o decrecemento do galego.
Prezado Valentín: Entro con este ton confianzudo por mor da vella amizade que nos une e o desexo de non ocultala, por máis que esta carta vai amosar a miña discrepancia co Secretario Xeral. Ben sei que herdas unha cadeira que ferve e, con ela, o moito mal que até hoxe se lle veu facendo ás posibilidades de normalización da lingua propia (aínda que lle pese ao Valedor do Pobo) de Galicia. Sei tamén o difícil que che puxeron, e van poñer, o traballo de defendela e promovela, como dita a obriga do teu cargo. Mais, ao agardo de ver como fas o teu traballo, quero falarche do contido dunhas túas declaracións a un xornal, que foron publicadas o día 4 deste mes e ano, e nas que, entre outras cousas das que tamén discrepo, dis: "[O novo decreto do uso do galego no ensino] Era unha promesa electoral e está funcionando." Ti cres que está funcionando ou, en realidade, é que ninguén mira se está funcionando ou non? E el non será que os que teñen que se preocupar polo seu funcionamento están a ollar para outro lado? A resposta verdadeira a estas preguntas é clara: non se está a cumprir o voso decreto de plurilingüismo! Moitos, moitísimos centros privados e concertados incumpren dun xeito clamoroso as obrigas que o Decreto contén sobre o uso do galego no ensino. Materias obrigatorias en galego danse en castelán e teñen os seus textos nesa lingua. Danse en inglés (nalgúns casos nun trampitán que algúns lle chaman inglés) materias que terían que se dar en lingua galega, sen compensar o decrecemento do galego. Mesmo me falaron (claro que son disques, pero plausíbeis) que nalgún centro, non lonxe da túa casa, se dan as clases de galego en castelán! Ti e mais eu sabemos que isto é así porque os que teñen a obriga de controlalo, os responsábeis da Consellaría de Educación (ou como se chame agora), cunha covardía miserábel, non fan cumprir nin o que eles mesmos poñen no DOG. E compórtanse así porque non queren incomodar aos centros de ensino privados e concertados, maiormente propiedade dese amplo sector da igrexa católica que despreza o galego porque Deus non o entende. Para eses non existen obrigas, só privilexios, corda polo lombo e que anden por onde queiran; e claro, os covardes axeónllanse diante dos poderosos aínda que se lles vexa o cu. E fan desta covardía mérito dicindo que non hai conflito. Pois moito menos habería de faceren un decreto cun só artigo: cadaquén que faga o que queira que nós non imos mirar. E baixo o mando deles, competindo en covardía e bordeando sempre a prevaricación, está a inspección educativa, que non se afana facer cumprir a lei. Inspectores que fan a vista gorda, que dan volta no camiño para non topar co problema se enfronte albiscan un incumprimento do decreto que están obrigados a facer cumprir. E se algún profesor non se prega ao desleixo tentan convencelo de que prevarique... Así, como cho conto. Esa e non outra é a realidade da aparente ausencia de conflito nos centros con relación ao voso decreto de Plurilingüismo: a corrupción (porque corrupción é non facer cumprir as leis sabendo que se están a violar), a covardía e o proceder raposeiro do altum siletium para que pareza que hai unha pax lingüísitca, que ti deveces, pero que non existe. Así que, se algunha responsabilidade che compete na vixilancia deste decreto, mira por el, como eu penso mirar por que sexa derrogado e poidamos volver a unha situación de consenso real e de avance na defensa da nosa lingua. Unha aperta,
NOS_57619
O cadro de persoal de técnic@s superiores en imaxe para o diagnóstico concéntranse para queixarse de que as súas condicións laborais non se axustan á normativa vixente. "Sométennos a descrédito para diminuír máis aínda os nosos dereitos laborais", subliñan
O cadro de técnic@s superiores do servizo de radioloxía da área sanitaria de Compostela protagonizarán esta terza feira unha concentración ás portas do hospital clínico da capital galega para denunciar que a dirección xeral de Enfermaría da xerencia xeral integrada "manipula os datos para poder contratar enfermeiros en lugar de técnicos". "Sométennos a descrédito para diminuír máis aínda os nosos dereitos laborais", acrecentan. A través dun comunicado de prensa, @s traballador@s informan de que en 2007-2008 a Xunta procedeu a unha "reestruturación" no servizo de radioloxía do Clínico e do hospital de Conxo para adaptar os cadros de persoal ás funcións específicas contempladas para cada categoría profesional. Mais, a día de hoxe, as condicións de traballo "non se adaptan á esa realidade". Denuncian @s técnic@s que desde a dirección xeral "non xustifican nin respostan por escrito" á colocación de enfermeir@s á fronte das salas de ecografía e vascular, ou perante o manexo de aparellos que desprenden radiación ionizante no servizo de hemodinámica, e recalcan que unha setenza do xulgado do Social nº1 de Compostela "xa sinalou que tales funcións corresponden a técnicos de radioloxía". Engaden que a diferencia salarial non xustifica tampouco a preferenza por profesionais da enfermeiría, pois existe unha diferencia de 455€ ao mes entre o que cobra un ou unha técnica e un ou unha ATS.
NOS_12031
O secretario nacional do sindicato, Suso Bermello, e a responsábel de FP da CIG-Ensino, María Rodríguez, mantiveron unha videoconferencia coa secretaria xeral de FP do Ministerio de Educación, Clara Sanz.
A CIG-Ensino obtivo a confirmación do Ministerio de Educación de que este organismo está disposto a variar algúns dos aspectos que se consideran "preocupantes" pola extinción do corpo do profesorado de Formación Profesional (FP). Nesta primeira reunión cunha alto cargo do departamento do Goberno Español (neste caso a secretaria xeral de FP, Clara Sanz), o secretario xeral de CIG-Ensino, Suso Bermello, puido trasladar a preocupación do profesorado pola extinción do corpo docente técnico que anuncia a LOMLOE ou Lei Celáa. A modificación supón, tamén, que se integren aquelas persoas que teñan titulación de Grao ou unha equivalente a efectos de acceso á función pública no corpo de profesorado do ensino secundario. Segundo destacan desde a CIG, na reunión -na que tamén participou a responsábel de FP María Rodríguez- Sanz amosou certa vontade de "artellar mediante Real Decreto un sistema áxil de acceso ao corpo de profesorado de ensino secundario de todo o persoal docente que teña titulación universitaria". Tampouco descartou a opción de "estudar a posibilidade de ampliar o período transitorio para acadar a titulación de Grao e así facilitar o acceso de quen non ten titulación universitaria a día de hoxe e analizar a inclusión na nova Lei de FP, que no mellor dos escenarios podería entrar no Parlamento despois do verán, dun sistema de ingreso que permita que as persoas con titulación superior de FP poidan seguir impartindo docencia nesta etapa educativa e opositando para acadar unha praza fixa". Aliás, a representante do Executivo español confirmoulle a Bermello que non haberá unha integración efectiva do corpo de PTFT no de Secundaria antes de que se estabeleza a normativa de acceso, que será fornecida as centrais sindicais para a súa negociación previa. Máis de 2.200 persoas Pola súa banda, os responsábeis da CIG-Ensino seguiron a defender que todas e todos os docentes de Formación Profesional pasen a depender do corpo de PES. Así, o líder sindical remarcou que "con vontade política todo é posíbel". Aproveitou o encontro para facer varias preguntas sobre o documento normativo e a inquedanza dos colectivos afectados, como os funcionarios de carreira e os interinos que non teñen titulación de Grao. En Galiza son máis de 2.200 persoas. Por iso, cuestionou o argumento de Educación de que a integración no corpo de PES, tal e como se aprobou, vaia afectar positivamente ao 90% do profesorado no conxunto do Estado. No caso galego, atendendo aos datos da Consellaría, o 35% do profesorado (funcionariado de carreira e interino con contrato por curso completo) teñen titulación de FP. Sobre a equiparación salarial co profesorado de ensino secundario, Sanz deixou nas mans das dos distintos territorios a posibilidade de que se lle vexa recoñecido ese complemento. "Desde o sindicato amosamos a nosa desconformidade con esta desigualdade laboral e salarial e que ten tamén incidencia na pensión de xubilación para que a día de hoxe é do réxime de Clases Pasivas e defendemos que se se fixe o pago dun complemento compensador que evite que unha parte do actual profesorado técnico quede relegado na mellora retributiva que implica acceder ao corpo de PES", destacou Bermello.
NOS_33074
Resta dramatismo ao desacordo e abre un cenario inédito: chegar a final de lexislatura coa actualización, vía decreto lei, dos orzamentos de 2017.
Montoro xa avanzou esta tese nunha entrevista a segunda feira na Cope e confirmouna esta cuarta cunha conversa informal con xornalistas nos corredores do Congreso. O que quixo transmitir Montoro é despreocupación do Goberno perante un eventual bloqueo de Ciudadanos aos orzamentos. Unha despreocupación máis finxida que real. Tal e como van os inquéritos, o Goberno é consciente de que gobernar sen novas contas cada ano desgastará aínda máis a imaxe pública do Executivo. Con todo, o Goberno envía un recado clarísimo ao partido laranxa: Rajoy en ningún caso pensa adiantar as eleccións, houber ou non orzamentos. Portanto, traslada a presión ao líder de Ciudadanos. Se Rivera quere avanzo eleitoral, terá que ser el quen rache coa Moncloa. O Goberno envía un recado clarísimo ao partido laranxa: Rajoy en ningún caso pensa adiantar as eleccións, houber ou non orzamentos O plano de Montoro ten unha debilidade: a actualización dos orzamentos vía decreto -por exemplo para actualizar o salario das e dos funcionarios- ten de ser tamén convalidada polo Congreso. Isto significa que se o PP dependería na mesma de Ciudadanos. Dirixentes do PP filtraron nos últimos días que nesas circunstancias o Goberno sondexaría a hipótese de chegar a acordos puntuais co PSOE de Pedro Sánchez, a practicar unha pinza sen precedentes, os dous partidos do bipartidismo unidos para conter o avanzo da formación laranxa. En todo caso, Rajoy xoga a súa baza favorita, a de gañar tempo. Pensa que se chega a 2020 ten máis opcións de revalidar do que de convocar eleccións neste momento, co partido moi deteriorado pola onda de corrupción e polos seus calamitosos resultados do 21D.
NOS_3548
Os artistas Manolo Paz e Fernando Leiro contan estes días con senllas exposicións en Madrid, que demostran que a calidade da arte escultórica da Galiza segue a dar moito que falar. 'A distancia que nos une', de Paz, e 'A filla da porteira' de Leiro, reivindican o potencial cultural do país, tanto dentro da Galiza como a nivel internacional.
Os exteriores dos principais espazos culturais de Madrid contarán até final de ano coa presenza de máis dunha decena de pezas escultóricas do artista Manolo Paz, ao abeiro da mostra A distancia que nos une. A praza do Concello de Madrid, a contorna do Museo do Prado, os xardíns do Museo Thyssen-Bornemisza e a Biblioteca Nacional, entre outros, son algúns dos enclaves escollidos para situar as obras do escultor. O primeiro aniversario da escolla do Paseo do Prado e o Bo Retiro como Paisaxe da Luz da Unesco foi o que motivou que se impulsase esta mostra que repasa algunhas das obras máis coñecidas de Manolo Paz. Neste sentido, a mostra foi posíbel grazas a un convenio de colaboración entre diferentes institucións e a galería madrileña de arte Max Estrella, baixo o comisariado de David Barro. En total, son cinco os conxuntos escultóricos que integran a exposición: Bolboreta, Menhir, Transparencias, Diálogo e Espellos do Camiño. Ningún dos conxuntos é de nova creación, senón que xa estaban expostos na Fundación Manolo Paz de Arte Contemporánea e formaran parte doutras mostras. Por exemplo, Espellos do Camiño foi inaugurada en decembro de 2020 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Exposición de Francisco Leiro Pola súa parte, a Galería Marlborough, tamén en Madrid, acolle a exposición A filla da porteira, do artista Francisco Leiro. A mostra foi inaugurada o pasado 8 de setembro, e estará aberta até o vindeiro 19 de novembro. Composta por tres bloques, a exposición xunta varias pezas escultóricas coas que Francisco Leiro "obxectualiza o corpo humano e humaniza os obxectos". A filla da porteira serve de continuación da anterior mostra que o escultor galego tivo na Marlborough, Corpo inventado (2018). Precisamente, a peza coa que comeza a actual exposición foi descartada na anterior. Nesta ocasión, a súa escolla estivo argumentada na necesidade de estabelecer un nexo de unión entre as dúas mostras. "As figuras de Leiro esperan, de pé ou recostadas, ensimesmadas ou cunha intención clara, e de esa espera xorde o sentido da escena", explicou o comisario da exposición, Ángel Calvo Ulloa, que salientou a "preocupación· de Leiro pola relación entre a obra e a súa contorna.
NOS_50986
Carlos Mouriño culpa Denis Suárez de "querer prexudicar" o clube. "E non o vou consentir", dixo.
A falta de dúas semanas para o inicio da Liga o técnico Eduardo Coudet segue a agardar as incorporacións prometidas por un Celta que asinou este verán o dobre de saídas que de chegadas. O presidente do clube, Carlos Mouriño, xustificou esta quinta feira a demora das fichaxes pola situación na que se atopan Denis Suárez e Santi Mina, ambos os dous fóra dos plans do primeiro equipo, mais por circunstancias radicalmente distintas. "Entre [os salarios de] Denis e Mina suman 20% de todo o equipo, son dos que máis cobran. E están a condicionar o mercado, esa é a realidade", afirmou, nunha rolda de prensa que convocara na cuarta feira para abordar unicamente esta cuestión. Sobre Santi Mina, condenado pola Xustiza almeriense en maio a catro anos de cadea por un delito de abuso sexual, o mandatario celeste dixo que, cando foi contratado polo Celta, os seus avogados "convenceron [o clube] de que non pasara nada e que sería inocente". O Celta aparta Santi Mina dos adestramentos após ser condenado a catro anos de cadea "Mentres non haxa sentenza firme debemos respectar os seus dereitos. Se o rescindimos, estamos a premialo e condicionamos o equipo polo tope salarial", afirmou, confirmando que o Celta non moverá ficha até a resolución do recurso presentado polo xogador. O caso de Denis A respecto da situación de Denis Suárez, cuxa continuidade foi rexeitada por Mouriño meses atrás debido a conflitos do clube coa súa axencia de representación, lamentou telo fichado: "Coa ilusión daquela 'operación retorno' trabuqueime. Pido desculpas, porque quen fallou fun eu". Na mesma liña, culpouno de pretender "prexudicar" o Celta: "Denis Suárez non está apartado. Adestra cos seus compañeiros coma calquera outro. Moitos xogadores doutros clubes non foron convocados e só un denunciou: Denis, que quere pór á afección contra o clube". Así, asegurou que o xogador de Salceda recibiu catro ofertas "que melloraban o seu salario", mais, segundo Mouriño, non aceptou "porque quere forzarnos a que o despidamos para prexudicar o clube, e non o vou consentir", dixo.
NOS_38028
O Certame Arquímedes ten como obxectivo "fomentar a investigación científica entre os estudantes universitarios premiando os mellores traballos de investigación en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por alumnos de grao e mestrado das universidades españolas". Convoca o Ministerio de Educación e exclúe as linguas cooficiais do Estado: "O traballo de investigación debe estar redactado en castelán".
O galardón diríxese a "estudantes universitarios matriculados durante o curso 2018-2019 en universidades españolas que impartan titulacións oficiais" matriculados "en estudos de grao e mestrado". As investigacións susceptíbeis de seren premiadas poden proceder das áreas das ciencias biolóxicas e biomédicas, das ciencias experimentais, exactas e ambientais, das ciencias sociais e humanidades ou de enxeñaría e arqitectura. O que non poden é estar nin en galego, nin en catalán, nin en euskera. E iso que o ministerio reparte 25 premios con dotación económica, catro estancias en centros de investigación e cinco premios a titores. O prazo de presentación rematou o pasado 19 de agosto. Nesta ligazón atópanse as bases completas: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/premios/universitarios/certamen-universitario-arquimedes.html#dg1
NOS_22043
En asemblea, o comité de empresa decidiu aprazar a greve indefinida desde este 19 de marzo ás 22h "namentres inspección de Traballo non solucione os servizos mínimos" que a dirección da empresa "está a vulnerar".
A folga indefinida encetada pol@s traballador@s de Povisa este 17 de marzo ficará aprazada desde o 19 ás 22h "até que inspección de Traballo non solucione o conflito dos servizos mínimos". Pactados entre a dirección e o comité de greve, a presidenta do comité de empresa, María Xesús Neira (CIG), informou en conversa con Sermos Galiza de que os mínimos acordados están a ser vulnerados. A empresa mesmo contratou persoal externo para substituír @s folguist@s. Así as cousas, concreta Neira como na clínica de día están a traballar o 100% d@s celador@s cando os servizos mínimos estabelecen que só o farán o 50%; na UCI "quitaron unha enfermeira e pasárona para a clínica de día"; no quirófano estivo un alumno de prácticas instrumentando; o quirófano de urxencias, o único incluído nos servizos mínimos por ser o das fins de semana, o persoal foi desprazado a outro quirófano para practicar intervencións programadas non urxentes. "Chamamos a inspección de Traballo hoxe --en referencia a esta terza feira-- e veu unha inspectora que non é a habitual que temos. Deu a razón en practicamente todo á empresa polo que en asemblea decidimos aprazar a folga" até que non se resolva o conflito dos servizos mínimos. Cómpre lembrar que esta é a segunda greve en Povisa en sete meses e que ten por obxectivo presionar para paralizar o despedimento de 14 traballador@s.
PRAZA_7220
O pasado venres entregáronse na Coruña os premios aos e ás gañadoras dos concursos Inventa en Galego e Sensores para Todos. Igaciencia realizou actividades para case catro mil alumnos de toda Galicia ao longo do ano.
Igaciencia leva anos traballando a prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia, como se pode ler no encabezamento da súa web, organizando numerosas actividades, dirixidas principalmente aos centros de ensino. Por exemplo, o Concurso Galego de Robótica, que xa vai pola súa sexta edición, o Día da Ciencia en Galego, o Congreso de Software Libre para Educación, que celebrou este mes de xullo por terceira vez, así coma concursos, rallies matemáticos e outras iniciativas. En total, ao longo de 2014 máis de catro mil alumnos e alumnas de centros de toda Galicia participaron nas iniciativas de Igaciencia. O pasado mes de maio falabamos co seu presidente, Manuel Díaz Regueiro. En total, ao longo de 2014 máis de catro mil alumnos e alumnas de centros de toda Galicia participaron nas iniciativas de Igaciencia A última destas actividades foi a entrega de premios nos concursos Inventa en Galego e Sensores para Todos, que tivo lugar o pasado venres na Coruña. Inventa en Galego propúxolles aos centros educativos de Galicia elaborar unha app para dispositivos Android na linguaxe de programación App Inventor que reflectise os lugares interesantes e turísticos da súa cidade comarca. O IES Concepción Arenal de Ferrol obtivo o primeiro premio, e o IES Chano Piñeiro de Forcarei o segundo, con mencións especiais para o CPI de Atios de Valdoviño e o IES Menéndez Pidal da Coruña. Grazas a este concurso os Concellos de Ferrol, Forcarei, Valdoviño e A Coruña xa dispoñen de apps que describen parcial ou completamente eses concellos. E, destacan dende Igaciencia, "o que é maís importante: case vinteún rapaces saben programar aplicacións para smartphones Android, grazas a os esforzos do profesorado por poñelos ao día e preparalos para competir no concurso". De igual xeito, o concurso Sensores para Todos animaba a facer "unha utilización tecnoloxicamente interesante" de sensores de Arduino ou Lego. Neste caso foron 29 os alumnos e alumnas premiadas, pertencentes aos centros de ensino CPI de San Sadurniño, IES de Brión, IES Concepción Arenal de Ferrol e IES Menéndez Pidal da Coruña.
PRAZA_13656
Nos últimos meses marchou a metade do persoal médico, e tamén a persoa que se ocupaba da biblioteca, agora pechada, e na que se conservan libros e xornais de gran valor.
Traballadores e traballadoras do Centro Galego de Bos Aires cortaron esta semana a esquina da Avenida Belgrano e Pasco, en reclamo de melloras nas condicións laborais e o pago atrasado de salarios e aguinaldos, segundo publicou Cadernos de Comunicación e Análise. A protesta tivo lugar nas portas do sanatorio, no barrio porteño de Balvanera, e segundo informaron os empregados nun comunicado, "o obxectivo é esixir unha resposta ao conflito por parte da patronal e o Ministerio de Traballo" e unha "intervención urxente da carteira laboral". "Marchou a metade do persoal médico e de enfermaría", denunciou Yolanda Guitián, delegada gremial do centro médico, quen agregou que "moitos traballadores están na rúa porque tiveron que deixar o lugar onde alugaban". Así mesmo, hai unhas semanas pechou a Biblioteca do Centro Galego, e algúns dos seus usuarios comezaron a manifestar o seu temor a que se perdan ou se degraden os valiosos materiais alí conservados, comezando polos libros, revistas e prensa histórica, algunhas datadas no século XIX e outras, aínda que máis recentes, de enorme importancia. Alí se pode consultar, por exemplo, a colección completa de El Correo de Galicia, o xornal editado a comezos do século XX por Ramón Lence, e que brindara apoio económico para a Real Academia Galega e para a elaboración do Diccionario Galego do Centro Gallego de Bos Aires. Estas voces critican unha situación de abandono cada vez maior en todos os servizos e espazos do Centro. Por exemplo, denuncian que a razón do peche da biblioteca foi a renuncia da bibliotecaria que se encargaba da súa catalogación e coidado, despois de ter estado cinco meses sen cobrar o seu soldo. A biblioteca conta con vinte mil volumes catalogados (e ao redor doutros dez mil sen catalogar) e ao redor da metade son libros galegos ou de temátca galega algúns dun valor incalculable.
NOS_28086
A UE anunciou un programa temporal para abonar 2.000 euros por cabeza para que marchen, mentres que a extrema dereita aproveita crise pola COVID-19 para pedir fronteiras máis estritas.
A alarma saltou o pasado domingo cando se confirmou o primeiro caso de contaxio de coronavirus na illa grega de Lesbos, onde se amorean ducias de miles de persoas refuxiadas, tanto no campamento de Moria como nos montes de arredor. A Comisión Europea apresurouse a asegurar que non se rexistrara ningún caso de coronavirus entre as persoas que agardan na fronteira. A expansión polo mundo do virus e da enfermidade que provoca, a COVID-19, podería ter consecuencias catastróficas nos campamentos de persoas refuxiadas, onde as condicións de insalubridade son un caldo de cultivo para calquera infección vírica ou bacteriana. Neste sentido, Médicos Sen Fronteiras (MSF) subliñou onte nun comunicado que a evacuación dos cinco centros das illas gregas é "máis urxente que nunca", dada a atención médica "enormemente limitada". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
NOS_46646
As formacións soberanistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya reaxiron ante a abdicación do Borbón cun chamado á ruptura democrática.
Fronte ao continuismo borbón ou a transformación do Estado español nunha República unitaria -na que o soberano continúe a ser o pobo español-, as formacións nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya chamaron aos seus respectivos pobos a avanzaren cara á construción das Repúblicas galega, vasca e catalá. Fixérono quer nas concentracións que se realizaron en vilas e cidades quer nos espazos axitativos das redes sociais. O BNG fixo rular o hashtag #RepúblicaGalega, mentres que EH Bildu fixo un chamado á #EuskalErrepublika e tamén á #independentzia, ao tempo que ERC apostaba con clareza por #RepublicaCatalana. Os líderes das forzas soberanistas tamén se debruzaron sobre o twitter para comunicar as súas posicións ante o debate que se abre após a renuncia do chefe do Estado español. Así, @xaviervence declaraba: "O cambio de rei non pode tapar a podremia do réxime e a crise social. É a hora dun proceso constituinte democrático que recoñeza as nacións". Por súa parte, @LauraMintegui, de EH Bildu, retornaba aos anos 30 para, evocando a Ortega y Gasset, chiar: "Delenda est Monarchia", en canto que @MartaRovira, secretaria xeral de ERC, puña en destaque o referendo autodeterminista convocado en Catalunya para o 9 de Novembro: "El #9N2014 és el nostre camí. Volem decidir #RepublicaCatalana". En definitiva, o soberanismo galego, vasco e catalán toman posicións perante o que se perfila como unha nova transición no Estado español, marcada en principio polo inmobilismo monárquico do bipartidismo e pola aposta na III República por forzas de esquerda españolas como IU ou Podemos.
NOS_40216
Malestar na hostalaría galega pola continuidade das restricións cando a vacinación chegou "ao 90% da poboación.
A hostalaría galega non está satisfeita coas restricións actuais que impuxo a Xunta da Galiza. Este sector reivindica volver traballar ao cento por cento das súas licenzas, tamén no lecer nocturno, á espera de que a partir do próximo sábado se relaxen as restricións e o Goberno galego decrete a fin da emerxencia sanitaria. O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería da Galiza, Cheché Real, asegura que "até que non consigamos o cento por cento e a normalidade absoluta non imos estar satisfeitos". O responsábel da entidade de hostalaría cre que "agora mesmo a incidencia hospitalaria e de contaxios é mínima" e engade que "sabemos que temos que andar con coidado, pero témonos que adaptar como noutras circunstancias e facémolo, así sabemos que nas operacións retorno ou saída van producir accidentes e mortes, pero non por iso restrínxese ningún movemento". . O tamén presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo incidiu en que con "estas circunstancias sanitarias e hospitalarias deberíase conseguir o cento por cento dos espazos e ocupación, como así o permiten as licenzas". "Responsabilidade individual" e vida normal Cheché Real avoga "pola responsabilidade individual" e lembra que "sabemos que hai un virus como hai outros, e agora coas vacinas, que estamos practicamente o 90 % da poboación vacinada, temos que coidarnos de non contaxiarnos e facer vida normal". Insiste en que "non pode seguir pagando o sector da hostalería a base de restricións e limitacións nos nosos negocios". Segundo o novo protocolo da Xunta, a partir do sábado os propios locais decidirán o nivel de restricións que aplican. Nos de menores requisitos, o interior pode ocuparse a 75% e as terrazas a 90%; no segundo nivel, a capacidade permitida é de 90% no interior e 100% no exterior. En relación ao lecer nocturno, a asistencia está limitada a 50% no interior e 75% no exterior, cun máximo de 2.000 persoas, mais os locais que exixen o certificado Covid poden abrir a 75% e 100% respectivamente. Así mesmo, poden fechar ás 4 horas da madrugada, unha máis que no resto de locais do sector.
PRAZA_17054
A SGHN sinala que a explotación estivo abandonada cando menos cinco anos, incumprindo a lei, e esixe que a Xunta inicie o proceso para declarar a caducidade da súa autorización de aproveitamento.
No ano 2002 a Xunta declarou a Serra da Enciña da Lastra como novo parque natural. Foi a última vez que un espazo acadou esta figura de protección en Galicia, a pesar de que xa no ano 2005 o Goberno galego prometeu a creación do Parque Natural do Courel. De feito, dende os anos noventa víñase reivindicando a creación dun amplo espazo protexido conxunto nas serras co Courel e de Enciña da Lastra. En calquera caso, o Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra si era unha realidade, protexendo "a zona de maior biodiversidade tanto animal como vexetal de todo o territorio galego", en palabras de ADEGA. Porén, este espazo sofre dende entón numerosas ameazas, comezando polo proxecto de construción da Autovía da Ribeira Sacra e tamén polo mantemento (ou recuperación) da actividade mineira nas canteiras. Este espazo sofre numerosas ameazas, comezando polo proxecto de construción da Autovía da Ribeira Sacra e polo mantemento (ou recuperación) da actividade mineira nas canteiras É o caso da canteira de caliza Pereda nº 295, de Canteras del Noroeste, SA, que despois de moitos anos abandonada retomou as súas actividades hai tres ou catro anos, malia atoparse agora no interior da ZEC, ZEPA e Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra. Xa nese momento a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou o feito e solicitou información ante a Xunta. "Tanto a Consellería de Economía e Industria como a de Medio Ambiente deron a calada por resposta aos escritos de SGHN demandando información sobre a canteira, ata que a Valedora do Pobo lles forzou a respostar conforme a lexislación que garante o dereito de acceso dos cidadáns á información ambiental", sinala a entidade. A SGHN sinala que a canteira estivo sen actividade cando menos entre 2006 e 2011 (e posiblemente máis tempo, indican), polo que Canteras del Noroeste, SA "podería ter incorrido en causa de caducidade da concesión segundo o establecido na Lei de Minas" que establece que "as autorizacións de explotación de recursos declararanse caducadas por manter paralizados os traballos máis de seis meses sen autorización do Ministerio de Industria". Con todo, a información facilitada -denuncia a SGHN- foi parcial e incompleta. A SGHN sinala que a canteira estivo sen actividade cando menos entre 2006 e 2011, polo que tería incorrido en causa de caducidade da concesión segundo o establecido na Lei de Minas A entidade solicítalle ao Conselleiro de Economía e Industria que "comprobe a existencia e autenticidade da documentación que debería ter presentada o titular da explotación no período 2006-2014 e se inicien todas as actuacións para que se depuren as posibles responsabilidades legais". Pide igualmente que "comecen os trámites para declarar a caducidade da autorización do aproveitamento por incumprimento das obrigas" establecidas na lei. A SGHN lembra o impacto social que hai dúas décadas tivera o proxecto de CEDIE, SA para abrir unha canteira semellante no corazón do actual parque natural, unha canteira "que provocaría un impacto severo, permanente e irreversible sobre a flora, a fauna e a paisaxe", unha valoración que agora estende a estoutra explotación extractiva.
PRAZA_2784
Ostrácia oferece fascinantes inovações na narrativa, múltiplas perspetivas e estilos. Leiam, portanto, Ostrácia; será uma experiência riquíssima.
Há algo mais dum ano, li um romance excecional: Herba moura de Teresa Moure. Causou em mim tal impressão que pedi permissão à autora para tentar uma tradução ao inglês, a qual esperamos que veja a luz o próximo ano. Acaba de publicar-se um novo romance de Teresa Moure, Ostrácia, muito diferente de Herba moura, mas outra obra mestra. Tem como protagonista Inessa Armand, uma mulher que a História denomina habitualmente a "amante de Lenine," sem mais, nas poucas ocasiões em que é mesmo mencionada. O romance convence-nos de que a imaginação literária, criadora, é quem de corrigir alguns dos muitos defeitos da História e de fazer-nos ver o passado duma maneira mais complexa, mais humana, e assim mais acertada. Inessa Armand, Vladimir Ilich Lenine, e tantas outras figuras históricas enchem as páginas dum romance que nos ajuda a entender a época da revolução Bolchevique (e muito mais) num nível novo, inacessível para quem apenas conhece a História, e não as histórias. Ostrácia oferece fascinantes inovações na narrativa, múltiplas perspetivas e estilos; o romance revela-se e rebela-se através da seleção dos "cadernos apócrifos" de Inessa Armand, de entrevistas, cartas, ensaios. Da primeira oração, inesquecível –que não cito cá porque @s leitor@s devem poder passar imediatamente para a segunda1– esta obra surpreende-nos, provoca-nos, obriga a reconsiderar o que críamos saber da História, a Revolução, e o Amor, entre muitos outros temas. Vê-se que é inútil tratar de dar uma ideia justa do romance numa una breve resenha. Leiam, portanto, Ostrácia; será uma experiência riquíssima. 1- Nota de tradução: A primeira frase aludida é: "A última vez que nos deitámos, no momento mesmo em que ele me penetrava, percebi por fim no seu olhar o quanto me odiava".
QUEPASA_317
A Residencia de Maiores DomusVi de Vimianzo rexistrou dous novos falecidos diagnosticados con COVID.
Á falta de coñecer os detalles que dará mañá o presidente e o Conselleiro en rolda de prensa, a Xunta, despois da reunión do Comité Clínico, avanza que subirá a restricións en toda Galicia. Deste xeito, os Concellos de máis de 10.000 habitantes (Carballo e A Laracha na nosa comarca) quedarán no nivel máis alto de restrición, mentres que os de menos pasarán a nivel medio-alto. Así, todos os Concellos sufrirán restricións de mobilidade (veremos se se manteñen os peches perimetrais conxuntos ou unicamente a nivel municipal), salvo por causas laborais, sanitarias ou para coidar a maiores ou menores. Así mesmo, toda a hostalería pechará ás 18:00h, e só poderán abrir cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior. Ademais, as reunións están limitadas a un máximo de 4 non convivientes. Dous novos falecidos en Vimianzo A situación na residencia DomusVi de Vimianzo segue sendo crítica, e neste comezo de semana xa foron dous os novos falecidos diagnosticados de COVID, con patoloxías previas. O luns era un home de 95 anos e onte unha muller de 84. Máis novas sobre o covid COVID: "Esta é a nosa historia". Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.
NOS_23602
O veciño de Compostela asegura que pode identificar o axente que lle rompeu varias falanxes e pide ao Concello que colabore no esclarecemento dos feitos
O músico e luthier Roi Vázquez vén de presentar nos xulgados a correspondente denuncia contra un policía local polas lesións que o axente lle tería causado en plena rúa na madrugada do 10 de xaneiro, fracturándolle varias falanxes que lle impedirán desenvolver o seu traballo durante arredor de catro meses. Sermos Galiza tivo acceso ao escrito da denuncia e procurou a valoración do avogado da defensa. A información completa sobre este asunto téndela no número 33 do Sermos Galiza en papel, nos vosos quiosques desde a sexta feira, 1 de febreiro.
NOS_14104
Máis de 40.000 escolares participaron nesta XIV edición do Correlingua que se desenvolveu en doce cidades e vilas do país. "Un éxito de participación e implicación do alumnado e profesorado", valora o novo presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira.
Co Correlingua de Foz púxose fin ás doce carreiras pola lingua que implicaron con entusiasmo á xente nova na defensa do galego. Máis de 40.000 participantes é o balance final dunha actividade que non se limita ás carreiras populares senón que integra concursos, actos culturais e demais accións encamiñadas a achegar de forma festiva e ilusionada ás crianzas na defensa do galego. Para o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, o desenvolvemento desta nova edición do Correlingua supón "un éxito de participación, a actividade mantense con dignidade grazas á implicación do profesorado e alumando que respostaron de maneira activa na elaboración de materiais e na difusión e participación na iniciativa". A cultura estivo tamén presente nas doce citas do Correlingua, con diversas actuacións literarias ou musicais. Despois de se iniciar en Pontevedra, cunha participación de 1.200 escolares que deron "un paso adiante" polo galego, a carreira do idioma prolongouse até o día 16 de maio visitando unha ducia de vilas e cidades. Compromiso, deporte, diversión e convivio para garantir presente e futuro para a nosa lingua co lema 'Galego, o paso adiante' Doce citas Despois de Pontevedra, o Correlingua pasou por Compostela, Lugo, Ferrol, Monforte, Vigo, Tui-Baixo Miño, A Estrada, O Morrazo, Ourense, A Coruña e Foz. O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de vídeo, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país. O Correlingua é unha iniciativa impulsada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo.
PRAZA_4476
Sacar un libro que se dubida de se merece ser publicado e no que se cuestiona ao escritor como "poeta de merda". Iso decidiu Samuel Solleiro. Non hai nada máis punk. Como o título da obra.
Que escritor sería quen de publicar un libro vello que, ao revisalo despois de anos na neveira, lle parece, nalgunha das súas partes, horrendo? E ademais de editalo sen volver escribilo, como unha polaroid do que foi unha etapa creativa pasada? Non moitos. Pois Samuel Solleiro é un deles. 'Punk' (Corsárias), é un poemario que escribiu hai tempo. Dun xeito que hoxe non o faría nunca. Pero que adianta moitas cousas que despois desenvolveu 'Gran tiburón branco'. Ademais, non hai nada máis punk que publicar un libro no que o autor se cuestiona a si mesmo dese xeito. Falamos con el desta obra, chea de humor.'Punk' é, segundo explicas no propio texto, outro libro sobre o paso do tempo. Con algo de parodia sobre os libros sobre o paso do tempo."É un libro que escribín, na súa maior parte, cando tiña 25 anos. Enfocado desde hoxe, pode facerse unha lectura paródica"É un libro que escribín, na súa maior parte, cando tiña 25 anos. Falaba sobre iso, sobre o paso do tempo, sobre a nostalxia de envellecer, visto desde a perspectiva de cando tes 25 anos. Claro que, enfocado desde hoxe, pode facerse unha lectura paródica. Pero non por iso deixa de ter, creo, algo de verdade.A publicación foise demorando: ía publicalo Sotelo, pasaron os anos e ao final sácao Corsárias. Que pasou?Primeiro envieillo a Sotelo e aceptárono, estiven esperando un par de anos e nada. Cando conseguía falar con eles ían adiando os prazos. Ao final nin puiden contactar con eles para dicirlles que o retiraba. Coincidín un día con Pepe, o director de Corsárias, nunha especie de recital, e a el gustáronlle os textos, entón decidín proporlle a publicación. Era agora ou nunca. Pero ao final aínda demoramos un ano máis por motivos técnicos. Así, o limiar é do 2011, as notas do 2012…, e xa podía facer unhas notas novas do 2013, pero xa me parecía ridículo. No epílogo explico a segunda vida do libro. Pero podería escribir sobre a terceira, sobre a cuarta…A cuestión é que publicas un libro que, ao revisalo, pareceuche que tiña partes horrendas e xa imposibles de corrixir. Un poemario no que cuestionas ao escritor chamándolle poeta de merda. Non hai nada máis punk."É publicar algo que dubidas de se merece ser publicado. Porque, visto desde hoxe, non creo que sexa, precisamente, o meu mellor libro"Tamén podería entenderse que punk é todo o contrario. Aínda que, ben pensado, estamos a dicir o mesmo. É publicar algo que dubidas de se merece ser publicado. Porque, visto desde hoxe, non creo que sexa, precisamente, o meu mellor libro. É anterior a 'Gran tiburón branco' e polo medio estiveron tamén outras cousas que non publiquei ou que non rematei nunca. Cambiei de voz, de xénero literario… Porque agora non leo tanta poesía, prefiro outros xéneros. Todo isto faime distanciarme do texto. Fíxenlle, antes de publicalo, algúns pequenos cambios. Pero case nada. Non quixen reescribir, porque tería que cambialo todo, e nin me apetecía nin tería sentido. Pero si creo que ten valor como unha sorte de polaroid dunha época concreta miña, e do mundo se cadra.O que si parece é que ten demasiado humor para ser punk, se asociamos o punk coa raiba, con enfado, con crítica…A verdade é que eu, co punk, como movemento musical, tiven e teño unha certa relación de amor-odio. Recoñezo as débedas que teño con el, como unha das primeiras músicas que me interesaron como adulto e que me seguen interesando. Pero se cadra foi unha cultura sobrevalorada, no sentido de que impuxo o relato de que o feito en música ata entón non valía nada. En realidade, o punk como tal foi efémero, e despois empezou a desenvolver unha serie de lugares comúns, como o da raiba. O que puido ter nos seus principios de orixinal, como o humor, foise esquecendo, ou estaba nos grupos de punk máis heterodoxos que andados os 80 xa non se lles chamaba punk porque o punk comezara a ser un asunto de crestas e botellas rotas. De todas maneiras, é verdade que o humor está moi presente en todo o que escribín. Nin é todo humor no que escribo, nin o humor deixa nunca de estar. Como está na vida, supoño.O libro está estruturado en varias partes. A primeira fala de elefantes en Bostwana, pero xa nos advirtes de que non nos fagamos ilusións, que o do Rei veu máis tarde. Esta primeira parece anterior ás demais.Si, o de Bostwana é moi vello. É anterior a 'dz ou o libro do esperma'. Pero como había referencias a esta parte no resto dos textos, decidín deixalo, diferenciándoo cun título propio e unha data. O texto é moi narrativo, aínda que sexa poesía, e hai fíos que se manteñen en todo o libro. Das outras tres partes que quedan, a primeira, a de El & Ela, é algo así como a vida en parella. A segunda é fóra, no Caribe, onde se dá a casualidade de que eu vivín, pero é ficción. E despois está a terceira, que é máis lírica, máis aberta, menos narrativa. Aínda que esta última tampouco é tan diferente das anteriores.O que si hai é temas que estarán despois en 'Gran tiburón branco', como o do encontro co Outro, ou que están en 'dz ou o libro do esperma', como a masculinidade mal entendida.É verdade que en 'Punk' aparecen ideas que en 'Gran tiburón branco' están máis desenvolvidas, pero que naquel momento non tiña nin o tempo nin as circunstancias axeitadas para tratar con máis detalle. Por iso hai partes de 'Punk' que me serviron de ensaio para o que veu despois. Tamén é certo que, cando escribes baixo a etiqueta "poesía", tes máis liberdade para experimentar e para facer cousas que, levadas á narrativa, resultarían pedantes. Por iso, hai cousas de 'Punk' que me serviron como campo de probas, para ben e para mal. Houbo cousas que despois retomei, e tamén fracasos que descartei, que se me presentaron xa como parodia deles mesmos.Tamén serve, dalgunha maneira, para ver a evolución do teu xeito de escribir. A evolución formal, quero dicir. A tendencia a ir depurando…É algo que estaba pensando agora, si. Vendo as tres partes do corpo final. As dúas primeiras son máis narrativas. E si hai encontro co Outro, como en 'Gran tiburón branco'. O encontro primeiro é o da relación de parella, e despois o encontro no sentido xeográfico da parte do medio. E tamén se fala xa da construción da masculinidade, dalgunha maneira.Presentas personaxes que, moitas veces, resultan ridículos, un pouco patéticos. Como en todos os teus libros. Non creo que haxa, pola túa parte, unha intención de levar ao esperpento a ridiculez humana. É que somos así. Personaxes enfrontados ao seu propio ridículo."O humor que nace do ridículo, aínda que sexa mediante personaxes de ficción, é moi acaído para rir dun mesmo"Pode que o medo ao propio ridículo sexa o que se atopa detrás do ridículo dos personaxes. O humor que nace do ridículo, aínda que sexa mediante personaxes de ficción, é moi acaído para rir dun mesmo, e esa é unha vía de escape interesante á ditadura da ironía e do sarcasmo, das formas de humor da posmodernidade que consisten en aparentar que se está de volta de todo e que desembocan en posicións cínicas. Aínda que todo isto non era o que eu pensaba cando escribín 'Punk'. Entón eu si vía ben ser irónico, que é algo do que hoxe renego.Dicías antes que era máis ben poesía narrativa. A min paréceme narrativa, directamente. Pero quen son eu, e quen somos nós, para poñer esa fronteira.Cando o escribín tiña, precisamente, a vontade de explorar as fronteiras entre a poesía e a narrativa. Claro que, visto desde hoxe, soa moi pretencioso. Ten unha parte máis lírica, e moita narración. Pero vista a evolución de ambas, andar falando hoxe de explorar a fronteira non ten sentido. O que si é certo é que, como dixen antes, se estás acubillado baixo a etiqueta poesía é como se se che permitisen máis experimentos, ou cousas que nunha novela resultarían pedantes, porque o son. Hai no texto moita fragmentariedade. Pero que na narrativa haxa fragmentariedade non é ningunha novidade."Ás veces penso que todas as referencias musicais que fago as coñece todo o mundo, pero non, e é verdade que peco diso"Hai, tamén, no libro, moita música, alén do título. Supoño que é algo inevitable para un membro de Ataque Escampe, para alguén que fai música desde hai moito tempo.Ás veces penso que todas as referencias musicais que fago as coñece todo o mundo, pero non, e é verdade que peco diso. É algo que hoxe tampouco faría, poñer tantas referencias e nomes propios nun libro. O título refírese ao punk, máis que no sentido musical, no sentido estético, nese espírito de mocidade no que parece que é como obrigatorio opoñerse a todo, aínda que ás veces o fagas de modo ridículo.Nalgún sitio do libro dis que falar de incomunicación estivo de moda. Pero, queiras ou non, en 'Punk' hai bastante soidade, e bastante incomunicación. Vas ter que amolarte.Lembro que nesa época se falaba de incomunicación como un dos grandes temas literarios. Hoxe esas referencias directas ao tema xa non están. Se cadra porque se asumiu como algo propio das relacións humanas e xa non sentimos a necesidade de conceptualizalo. Non é que desaparecese, é que está aí sen que o nomeemos tanto. Tamén se converteu nun estereotipo."Quixen tratar o tema do paso do tempo, pero sen o patético. Facelo da forma máis emotiva posible, pero o máis afastada posible do sentimental"Falar do paso do tempo non é máis que volver a un dos grandes clixés da literatura clásica, o do "tempus fugit". Ao final vas ser un clásico.Non é que queira eu asumir iso de que só existen uns poucos temas universais. Sempre é todo máis complexo. Pero si creo que hai temas que interesaron sempre e que van seguir interesando. E eu quixen tratar o tema do paso do tempo, pero sen o patético. Facelo da forma máis emotiva posible, pero o máis afastada posible do sentimental. Poden parecer o mesmo termo, pero para min non o é. O problema destes temas é cando se solidifican, se converten en só estereotipos, e se pasan ao patético. É como o tema do sexo, que xerou o seu propio léxico e as súas propias expresións, de maneira que é moi difícil saír delas e hoxe en día parece que non funciona xa como tema: en realidade non poden non funcionar temas como eses, pero hai que saber desprenderse dos lugares comúns e non é nada fácil.Hai un momento no que te pos racionalmente Kantiano e preguntas por que pasan os anos e que podemos esperar. Pero a pregunta máis importante do libro, a máis punk e se cadra tamén a máis racional, é se hai algo máis triste que tentar provocar e non conseguilo en absoluto.Pois alégrome de que iso poida interpretarse así, porque esa era unha parte do libro do que non estaba nada convencido.Cando presentaches 'Gran tiburón branco' insistiches na idea de deixar atrás o discurso da posmodernidade. En 'Punk' hai xa certa intuición sobre iso. Dis que falar de sangue como se non houbese dor non ten moito xeito. E ao poeta, explicas, cando lle cortan o escroto dóelle."Hai algo de reflexión sobre o fascista que todos levamos dentro, ou sobre o tema do aburguesamento"Cando escribín 'Punk' non estaba tan familiarizado co tema da posmodernidade. E non é que agora saiba moito, pero algo máis si. A narrativa posmoderna tivo aspectos bos e malos. Entre os bos, a falta de inocencia, a maneira de tratar moitos temas. Entre os malos, esa actitude como de estar de volta de todo, que se converte en cinismo. E, si, daquela interesábame esa posmodernidade, pero xa intuía que algo fallaba. Ese pode ser un texto un pouco oracular, no sentido de adiantar o que veu despois.Explicas no propio libro que ti nunca fuches punk. Pero algo punk saíuche. No último poema falas de rapaces encantadores, feministas e sensíbeis que adoran correrse nas tetas e na cara. Todo o libro apunta, en realidade, ás contradicións que temos…Dalgunha maneira si. Hai algo de reflexión sobre iso, sobre o fascista que todos levamos dentro, ou sobre o tema do aburguesamento. Que se cadra non é só algo que nos veña imposto, senón que levamos dentro.Vinte un día, hai anos, recitar ese poema. Foi na Gentalha do Pichel.Pois foi unha das poucas veces que recitei, porque non son moito de recitar. Ese día estaba Pepe por alí, e foi un pouco a raíz de que anos despois decidise enviarlle o texto
NOS_30993
A automoción é unha das xoias da economía galega por empregos xerados, por facturación, peso nas exportacións ou influencia no desenvolvemento empresarial. Mais faise necesario poñer os puntos sobre os is: parte desta situación descansa sobre unhas condicións e dereitos laborais precarizados e espremidos até o esgotamento. Os paros, mobilizacións e greves que nestes meses se rexistran na automoción galega apontan que non todo é da cor coa que o Cluster e a Xunta nola presentan. Este mesmo sábado 15 está convocada unha greve en PSA Vigo
Galiza representa o 15% dos automóbiles producidos no Estado español, competindo con Catalunya polo primeiro posto en territorios líderes na automoción. O sector no noso país achega unha facturación anual de máis de 8.300 millóns de euros –o 14% do PIB–, 19 mil postos de traballo directos –o 12% do emprego industrial– e máis de 8 mil na industria auxiliar, ou o 30% das exportacións galegas. Macrodados que reflicten un sector que é un alicerce na economía galega. Mais a automoción ten unha cara B. Unha cara escura que está a se poñer de relevo nestas semanas da man da conflitividade en varias empresas do sector, como GKN ou a 'xoia da Coroa', PSA-Citroën. "A automoción galega factura máis de 8 mil millóns de euros, si, mais mentres tanto agrava o empeoramento das condicións de traballo até niveis máis que preocupantes", mantén Xoán Xosé Bouzas, da CIG-Industria. O aumento dos ritmos e cargas de traballo e a sobrecarga física e mental á que están sometidas as traballadoras e traballadores do sector representan o eixo sobre o que pivota a produtividade da automoción. "Os ritmos de traballo son cada vez máis duros, fortes e intensos, son insorportábeis", descrebe Paco Sío, delegado da CIG en GKN, unha auxiliar con 980 operarias e operarios. Tamén en conversa con Sermos Galiza, Vítor Mariño, da CUT en Citröen, lembra que "hai moito tempo" que a carga de traballo supera o nivel do soportábel. As cifras están aí, como teñen denunciado a CIG e a CUT. De por volta de 5.500 operarias e operarios que hai na factoría de Balaídos, uns 400 están de baixa, a metade deles desde o pasado mes de abril. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 254 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
NOS_4903
Non está sendo a campaña electoral máis cómoda para Feixoo. Apenas un mes despois de que o PP colleitase o seu peor resultado histórico en Galiza, percorre o país alertando contra a división do voto na dereita, defende que o seu é un partido de centro e obvia a súa relación coa ultradereita de Vox. Este domingo, en Ribeira, apuntou ao seu particular inimigo triplo: "Socialistas, nacionalistas e populistas".
Segundo a versión da realidade galega de Feixoo, "a combinación de PSOE, Mareas e BNG ten como resultado parálise, enfrontamentos e máis impostos". Porén, foi a única cidade gobernada polos populares, Ourense, a que non conseguiu aprobar ningún orzamento no mandato que remata. A acción de goberno de Jesús Vázquez, alcalde ourensán, abalou entre o desmantelamento do anterior e apenas propostas propias. Mais o Feixoo destas semanas fala a un tempo para Galiza e para Madrid. Consciente de que a desfeita de Casado o 28 de abril volveu situalo no disparadeiro para dirixir o PP estatal, el non se nega en redondo. E a prensa afín non lle lembra que o seu apoio foi decisivo para que o aznarista Pablo Casado se impuxese a Soraya Sáenz de Santamaría como relevo a Mariano Raxoi. O presidente da Xunta, en todo caso, foi a Ribeira acompañado de Casado para intentar recompoñer o fragmentado espazo da dereita: "Todo os votantes de centro e dereita teñen que unirse para evitar o que pasou nas pasadas Xerais".
NOS_42683
A EMA anunciou o inicio da revisión da vacina rusa para unha posíbel recomendación positiva.
A Comisión Europea asegurou hoxe que non contempla polo momento incluír a vacina rusa Sputnik V na estratexia conxunta deseñada cos Estados membros para a compra centralizada de doses. Comunicouno pouco despois de a Axencia Europea do Medicamento (EMA) anunciar o inicio da súa revisión para unha posíbel recomendación positiva. "Non existen conversas en marcha para integrar esta vacina na carteira", expresou nunha conferencia de prensa o portavoz de Saúde do Executivo comunitario, Stefan de Keersmaecker. Na mesma liña, o portavoz principal da Comisión, Enric Mamer, subliñou que o feito de que unha vacina sexa aprobada polas autoridades sanitarias para o seu uso en toda a UE non "obriga" a ser incluída na carteira pactada entre Bruxelas e os 27. Se Sputnik V fose aprobada pola EMA, o seu uso pasaría a estar autorizado en toda a UE. Actualmente, só se pode subministrar naqueles países do bloque en que o seu uso foi autorizado por un procedemento de urxencia á marxe da avaliación da EMA. É o caso de Hungría e de Eslovaquia, que xa recibiron miles de doses do fármaco ruso. Bruxelas remarcou que a avaliación da EMA sobre seguridade e eficacia estará baseada en "criterios sanitarios". "A xeopolítica non ten nada a ver co feito de que a EMA a considere segura e eficiente ou non", destacou Mamer. A estratexia conxunta contempla a compra centralizada de oito vacinas distintas: Pfizer/BioNTech, Moderna, Astrazeneca/Oxford, Sanofi/GSK, Janssen e CureVac e continúa a negociar con Novavax e Valneva. As tres primeiras xa se están a distribuír, e a de Janssen podería ser aprobada pola EMA o 11 de marzo. Estados Unidos Precisamente a vacina de Janssen, filial de Johnson&Johnson está a causar polémica nos EUA, onde xa foi aprobada. A Conferencia de Bispos Católicos e outras seis dioceses do país norteamericano emitiron comunicados expresando a súa "preocupación moral" por esta vacina, que emprega células desenvolvidas no laboratorio procedentes de fetos abortados na década de 1980, segundo informa CNN. Non obstante, a Congregación para a Doutrina da Fe, custodia da doutrina católica na Igrexa, sinalara con anterioridade que "é moralmente aceptábel recibir vacinas contra a Covid-19 que usaran cultivos celulares de fetos abortados no seu proceso de investigación e produción". Italia Tamén polémica causou a decisión onte de Italia de paralizar a saída dun cargamento con 250.000 doses da vacina de AstraZeneca con destino a Australia, para evitar que doses producidas na UE sexan exportadas a un país terceiro mentres o fabricante incumpre coa entrega acordada con Bruxelas. A Comisión puxo en marcha a finais de xaneiro un mecanismo de control de exportacións para facilitar aos Estados actuar ante a sospeita de que partidas que corresponderían aos socios do bloque estaban a ser desviadas a outros compradores no exterior. Cuba e India Ademais, as autoridades cubanas autorizaron o inicio da fase 3 dos ensaios clínicos da vacina elaborada no país, Soberana, confirmou BioCubaFarma en Twitter. Máis de 85.000 persoas participaran nas fases finais. E na fase 3, a vacina india Covaxin ofreceu unha eficacia de 81%, tras ser administrada a 25.800 persoas. Mantense estábel entre 2ºC e 8ºC e os viais poden permanecer abertos 28 días.
PRAZA_3008
Verdegaia e o colectivo de persoas afectadas pola EDAR difundiron os resultados da auditoría encargado por Augas de Galicia en relación ao funcionamento desa instalación, que presenta "numerosas eivas".
A entidade ecoloxista Verdegaia e o colectivo de persoas afectadas pola EDAR de Ribeira difundiron os resultados do informe de Auditoría encargado por Augas de Galicia en relación ao funcionamento desa instalación, moi criticada nos últimos anos polo seu funcionamento. Verdegaia denuncia "graves irregularidades" e a existencia de "vertidos sistemáticos" de augas industriais do polígono de Xarás á rede de saneamento urbana. Unha eivas "que non parecen moi razoables nunha infraestrutura que leva tan pouco tempo en funcionamento".A auditoría destaca que a temperatura dese vertido e a súa cor "son claros indicadores da súa orixe industrial"Verdegaia lembra que "todos os documentos oficiais" relacionados coa EDAR subliñan que a instalación "está proxectada para auga urbana, e non para augas industriais". "Está claro que, por como se deseñou a EDAR e polas consecuencias negativas que os efluentes de residuos industriais teñen sobre o seu funcionamento, estes non deben ir á rede urbana", sinala a entidade.As gráficas de alivios "evidencian" que os vertidos "non son un feito ocasional, senón que se trata dun vertido sistemático"Porén, a auditoría realizada por Adantia destaca que tanto a temperatura dese vertido (anómala para unha rede de saneamento urbano, segundo as propias palabras do equipo técnico que elaborou o informe) como a súa cor "son claros indicadores da súa orixe industrial", salienta Verdegaia. A entidade presenta tamén gráficas que "evidencian" que os vertidos "non son un feito ocasional, senón que se trata dun vertido sistemático".Segundo os rexistros realizados polo sistema e analizados polo equipo que levou a cabo a auditoría, os alivios teñen lugar frecuentemente: ata maio houbo unhas 10 horas de alivio diarias, e a partir de aí oscilaron entre 14 e 18. A ausencia de alivios en domingos e festivos, así como durante o intervalo entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro, ratifica "sen deixar lugar a dúbidas" que os vertidos proceden da actividade industrial, destacan os colectivos denunciantes.Verdegaia pregúntase "se Augas de Galicia e o Concello de Ribeira están consentindo na irregularidade e mirando para outro lado"Para Verdegaia, "é inaceptable que se estean producindo este tipo de vertidos, que comprometen o bo funcionamento da instalación". E pregúntase "se Augas de Galicia e o Concello de Ribeira están consentindo na irregularidade e mirando para outro lado, ou están actuando de xeito neglixente na súa función de supervisar que se cumpra o establecido para eses vertidos"."Mentres os residuos industriais sigan sen depurar en orixe, e indo para onde non deben, os problemas na instalación vanse suceder", advirte a entidade, que conclúe que "cómpre determinar quen autorizou esa "chave de paso" para que as industriais pasen ao sistema xeral, quen deu permiso para que o alivio de industriais á rede (que podería ser entendible como algo ocasional) se produza de maneira sistemática; e que medidas se van tomar desde o Concello e desde Augas de Galicia para restituír a situación".Solicítanlles aos partidos políticos do concello de Ribeira "que non acepten o traspaso da infraestrutura a mans municipais en tanto non se solucionen as múltiples eivas contidas no informe"De igual xeito, o colectivo de persoas afectadas pola EDAR de Ribeira afirma que "a presenza de augas industriais na rede urbana é grave porque trae consigo un inadecuado funcionamento da infraestrutura, limitando a capacidade das instalacións para levar a cabo a depuración dunha maneira axeitada e contribúe ao deterioro do equipamento da EDAR". Ademais, destaca que "estes alivios de augas residuais industriais, cargan os pasivos ambientais desas industrias sobre a cidadanía de Ribeira e o seu medio natural".O colectivo solicítalles aos partidos políticos do concello de Ribeira "que non acepten o traspaso da infraestrutura a mans municipais en tanto non se solucionen as múltiples eivas contidas no informe realizado por Adantia". Así mesmo, pídenlles "que insten ao goberno municipal a aclarar a presenza (claramente irregular) de augas industrias nas instalacións" e "que insten ao goberno municipal e a Augas de Galicia a corrixir esa gravísima eiva e a tomar tódalas medidas necesarias para garantir que os residuos industriais van para o destino previsto para eles: a decantadora de Touro".
NOS_56810
Obama desbota unha intervención armada dos EUA e aposta, máis unha vez, nas sancións contra Moscova. Rusia acusa a Kiev de bombardear zonas residenciais nos territorios orientais de Ucraína
A tensión non decrece en Ucraína, após a NATO ter acusado a Rusia de invadir a zona oriental do país (en concreto, de enviar un destacamento de 1.000 soldados). Moscova continúa a negar a súa implicación militar no conflito, ao tempo que Putin eleva o seu ton político ao comparar o comportamento do Exército ucraíno co tido polos nazis durante a segunda guerra mundial. O líder ruso acusou a Kiev de bombardear zonas residenciais e de converter os civís en albo militar. Na súa intervención nun foro xuvenil realizado perto de Moscova, Putin dixo: "Isto é ben triste e lémbrame os acontecimentos da Segunda Guerra Mundial, cando os ocupantes nazis asediaron as nosas cidades, como Leningrado [actualmente San Petersburgo], e directamente bombardearon esas cidades e os seus habitantes". "Vilas e cidades", engadiu, "están a ser asediadas polo Exército ucraíno que está a bombardear directamente áreas residenciais co propósito de destruír infraestruturas e acabar coa vontade de loita da resistencia". Putin chama á negociación e Obama desbota a hipótese da intervención armada estadounidense Aliás, Putin considera que a solución ao conflito non pode pasar polo confronto militar e si pola vía da negociación diplomática. "É necesario levar ás autoridades ucraínas a comezar unha negociación e non sobre asuntos técnicos, senón sobre o fondo do asunto", dixo. Para Moscova, o "fondo do asunto" é a defensa dos "dereitos" das autoproclamadas Repúblicas de Donetsk e Lugansk. Conferencia de imprensa de Obama Paralelamente, en Washington, o presidente dos EUA compareceu en conferencia de imprensa, no serán da quinta feira, hora galega, para, entre outros asuntos (o avanzo do Estado Islámico...), avaliar a situación na Ucraína. Obama acusou a Moscova de enviar soldados aos territorios orientais de Ucraína e de acender a rebelión contra Kiev, mas ao tempo desbotou toda hipótese de implicación militar estadounidense nos confrontos. Advogou polo endurecimento das sancións comerciais contra Rusia. Dixo dela que nunca, desde o fin da guerra fría, estivera tan isolada internacionalmente como agora. Esta sexta feira, os embaixadores da NATO mantiveron unha reunión para analisar o desenvolvimento dos acontecimentos. Concordaron con Washington á hora de acusar a Moscova de ter violado a soberanía de Ucraína.
NOS_2298
En Marea rexistou esta quinta feira a súa constitución como grupo parlamentar, embora vaia ser na práctica un xesto testemuñal ou simbólico. A Mesa non autorizará a conformación do grupo en aplicación do regulamento.
O regulamento do Congreso é taxativo: deputadas/os pertencentes a un mesmo partido político non poderán facer parte de grupos separados, tampouco o poderán constituír parlamentares pertencentes a forzas que no momento das eleccións non se enfrentaron entre si perante o eleitorado. O 26 de xuño, En Marea obtivo 5 escanos: 2 de Anova, 2 de Podemos e 1 de Esquerda Unida. En aplicación do regulamento, os de Podemos e EU terían de estar no mesmo grupo que o resto de parlamentares desas forzas políticas españolas eleitas no resto do Estado. É evidente, aliás, que nen Podemos nen EU nen Anova se enfrentaron entre si perante o eleitorado. A forma para salvar este duplo atranco regulamentar tería sido a de rexistar En Marea como partido político -o expediente coñecido como partido instrumental- e non como coligazón de tres forzas pre-existentes, Anova, Podemos e EU. Formalmente En Marea sería unha forza nova e os seus parlamentares serían dela, non dos partidos que a integran agora. Este foi o criterio defendido en todo momento por Anova, mais non prevaleceu perante a oposición das súas forzas aliadas. A cuestión do partido político instrumental rebrota con forza con vista á asemblea das mareas do próximo día 30 en Vigo A diferenza do 20D, En Comú Podem nen sequer amagou agora coa constitución dun grupo propio e rexistou o seu conxunto con Unidos Podemos. A la Valenciana, a coligazón de Compromís, si que o vai intentar. Como no caso de En Marea, vai bater coa negativa do resto dos partidos representados na Mesa do Congreso. Os valencianistas anunciaron que, en todo caso, irían ao grupo mixto, para manter a súa personalidade propia. A cuestión do partido político instrumental rebrota con forza con vista á asemblea das mareas do próximo día 30 en Vigo. Anova defendeu esa vía con vehemencia o Día da Patria Galega, isto é, a constitución dunha nova marca política de afiliación individual. Podemos Galicia, a forza eleitoralmente hexemónica dentro das marés, négase en redondo porque quer preservar a súa existencia como partido político diferenciado. Declaracións de Alexandra Fernández Após rexistar a petición de constitución do grupo parlamentar, e xa dando por suposto que a Mesa do Congreso non a validaría, Alexandra Fernández, en funcións de portavoz, declarou: "Non se pode facer un cambio de cromos nen xogar cos nosos dereitos". A xuízo da parlamentar de En Marea, se finalmente o Partit Demòcrata Català -que tampouco cumpre os requisitos do regulamento- si obtén o grupo, entón o que ficaría "absolutamente en entredito" sería a "legalidade da Cámara". No comunicado de imprensa servido aos meios, En Marea deixa entrever que o seu futuro está no grupo parlamentar de Unidos Podemos. Afirman, aliás, que mesmo así "terán garantidas na práctica todas as características dun grupo parlamentario (iniciativa política, axenda propia, portavocía…)". En Marea di avaliar a hipótese de levar o case seguro rexeitamento da súa demanda de constitución como grupo parlamentar ao Tribunal Constitucional.
PRAZA_13624
FACUA-Consumidores en Acción denuncia que dende a liberalización do mercado pasamos de pagar unha media de 42,83 euros ao mes, a pagar 77,68 euros.
FACUA-Consumidores en Acción denuncia que o recibo da luz subiu un 81,4% nos últimos dez anos, nos que cada vivenda pasou de pagar unha media de 42,83 euros ao mes, a pagar 77,68 euros. A entidade culpa da subida á liberalización eléctrica, iniciada a finais dos 90 e impulsada mediante unha directiva europea en 2003, que se presentou aos usuarios co argumento de que provocaría importantes descensos nos prezos da luz. FACUA afirma que aquilo era "unha gran mentira" que dende entón denunciou continuamente "sen que os sucesivos gobernos, pregados aos intereses das eléctricas, aceptaran darlles participación nas políticas enerxéticas ás asociacións de consumidores representativas". En abril de 2007 o custe da factura media era de 48,59 euros e nos últimos cinco anos encareceuse case trinta euros ao mes (349,08 ao ano) A organización denuncia que coa última subida aprobada polo Goberno, vixente dende o 1 de xullo, o usuario medio aboará 77,68 euros ao mes. En 2002, o usuario medio pagaba 42,83 euros en cada recibo. Un ascenso do 80% en dez anos, que se produciu, sobre todo, a partir de 2007. En abril de 2007 o custe da factura media era de 48,59 euros e nos últimos cinco anos encareceuse case trinta euros ao mes (349,08 ao ano). A entidade critica que el Gobierno de Rajoy continúa a mesma política tarifaria que practicaba o PSOE, "con subas desproporcionadas que representan ataques inxustificados á economía das familias, seguindo o ditado das compañías eléctricas". FACUA denuncia igualmente que o Goberno pretende reducir substancialmente o número de usuarios que se poden acoller á denominada Tarifa de Último Recurso (TUR). A entidade critica que el Gobierno de Rajoy continúa a mesma política tarifaria que practicaba o PSOE FACUA está levando a cabo unha campaña "sobre as desproporcionadas e inxustas subas da luz". Elaborou un manifesto titulado Di a Rajoy que rechazas el tarifazo eléctrico, e un vídeo protagonizado polos actores Alfonso Aragón 'Fofito', Itziar Miranda eRoberto Cairo
PRAZA_17575
A Fundación Rosalía de Castro organiza unha xornada de portas abertas na Casa da Matanza acompañada de numerosas actividades entre os días 13 e 15 de xullo nas que tamén participa Praza.gal
"Abride a fiestra que quero ver o mar". Esas foron, segundo a súa filla, as últimas verbas de Rosalía de Castro antes de morrer na súa Casa da Matanza, en Padrón. Con ese lema a Fundación Rosalía de Castro quere encher ese mesmo lugar a próxima fin de semana de amigos da escritora con todo tipo de actos na súa lembranza. Praza.gal participará nas actividades. O venres 13 inaugurarase unha exposición sobre Rosalía en Carril e haberá lectura de poemas e unha actuación de Najla Shami. O sábado 14 os actos comezarán coa xa tradicional subida en dorna a vela (e outro tipo de embarcacións tradicionais) desde Valga a Padrón, onde posteriormente haberá unha actuación de Habelas Hainas. A Fundación Rosalía de Castro organiza unha xornada de portas abertas na Casa da Matanza acompañada de numerosas actividades entre os días 13 e 15 de xullo nas que tamén participa Praza.gal O día grande será o 15 de xullo, data do pasamento de Rosalía, no que a Casa-Museo da escritora, reinaugurada hai agora un ano, celebrará unha xornada de portas abertas na que ademais de actuacións musicais e unha feira con produtos rosalianos haberá visitas guiadas por personaxes coñecidos ou especialistas como Mercedes Peón, o deseñador Pepe Barro, o académico Xosé Luís Axeitos, os profesores Pilar García Negro e Manuel Lorenzo Baleirón ou o estudoso da horta rosaliana Carlos Dacal. Outro dos atractivos é a proxección do filme Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos (1951) comentada por Xosé Manuel Beiras, que estivo presente naquela xornada histórica para o galeguismo despois da Guerra Civil. Tamén haberá oferta para toda a familia, con contidos para os máis pequenos da casa: dúas sesións dun espectáculo de monicreques titulado A viaxe de Rosalía, de Larraitz Urruzola; e unha visita guiada especial para as crianzas protagonizada pola propia Rosalía (a actriz Mónica Caamaño), acompañada polo músico José Luís do Pico Orjais, que tamén estarán presentes ao longo do día en todo o festival. Tamén haberá un recital poético a cargo de Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos, Paula Antía Rei e Cinta Adhesiva. Programa de Abride a Fiestra 2018
NOS_9780
Villares ponse á frente da oposición da confluencia aos orzamentos do estado, pactados nas súas liñas mestras polo PSOE con Podemos. Cun discurso notoriamente máis duro que o empregado pola representación de En Marea en Madrid, o portavoz orgánico e parlamentar do partido instrumental pide "unha negociación bilateral" para mudar de "xeito substancial" as contas. A alteración dos orzamentos é condición sine qua non para teren o apoio de En Marea no Congreso.
"O noso compromiso político é con Galiza e exixiremos ao goberno de Pedro Sánchez que cumpra ou non haberá apoio de En Marea aos orzamentos presentados polo goberno central", dixo Luís Villares esta terza feira en conferencia de imprensa. O que vén propor o portavoz da confluencia é a abertura dunha vía de negociación bilateral co executivo de Sánchez para a modificación das contas no que teñen a ver cos investimentos territorializados na Galiza. De non se ver atendida esa petición, avanzou Villares, os votos de En Marea no Congreso serían contrarios ás contas. Villares falou en todo momento en nome do grupo de Madrid, embora este estar controlado polo sector crítico, isto é, polos partidos (Anova, Podemos e Esquerda Unida) que cuestionan a lexitimidade do seu liderado ao fronte do partido instrumental. O grupo de En Marea como tal, integrado na agrupación parlamentar que preside Pablo Iglesias, emitiu un comunicado sobre os orzamentos do estado no serán da segunda feira. Nel combínabanse dous relatos. Un, positivo, o de recoñecer nas contas o seu perfil social —rasgo que atribuén "ao noso acordo co executivo". Outro, negativo, o de criticar a aplicación concreta dos orzamentos a Galiza en materia de investimentos. Aí nese plano a En Marea que neste momento lidera Yolanda Díaz no Congreso —a portavocía é rotatoria— cualificou de "inadmisíbeis" os orzamentos por reducir o gasto do estado no país. En todo caso, Villares deu por suposto que as e os parlamentares de En Marea en Madrid non darán luz verde ás contas se estas non se ven substancialmente alteradas. A proposta de orzamentos, alegou, constitúe "unha provocación, un despropósito e unha fuga de oportunidades laborais, sociais e económicas para o noso país", dixo.
NOS_49444
O tribunal dá a razón ao comité de empresa fronte a unha decisión que fora tomada de maneira unilateral pola dirección do centro médico. A mesma resolución recorda que Povisa fai parte da rede pública de hospitais e exixe que as consellarías de Traballo e Sanidade garantan o cumprimento do convenio co Sergas
O TSXG ratificou a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo que condena o hospital Povisa a repoñer as xornadas laborais en quendas de mañá, tarde e noite, segundo confirmaron representantes do comité de empresa. Ao mesmo tempo, anunciaron que seguirán coas mobilizacións para reclamar a negociación do convenio colectivo antes de que decaia no mes de xullo e as condicións laborais e salariais empeoren "entre un 30% e un 40%" coa aplicación do convenio provincial. A resolución do Superior galego chega após o recurso da empresa contra a decisión xudicial adoptada a respecto dunha denuncia interposta polos sindicatos CIG e de CC OO. Querían botar abaixo a modificación "unilateral" das quendas de traballo por parte da dirección do centro médico, estabelecendo até seis quendas: de 21.30 a 7.30, de 22.30 a 8.30, de 7.30 a 13.30, de 10.00 a 16.00, de 10.00 a 17.00 e de 17.00 a 23.00 horas. A sentenza obriga a Povisa a recuperar as divisións horarias de 8.00, 15.00 e 23.00 horas, en períodos semanais de seis días de traballo. Tal e como explicou a voceira do comité, María Xesús Neira (CIG), a empresa non acatou aínda o mandato xudicial. En rolda de imprensa, Neira informou de que o cadro de persoal ten dereito a cobrar os atrasos salariais en virtude doutra resolución que data de 2010 e non foi tampouco cumprida. O xuízo pola redución de xornada imposta pola empresa está datado para o 25 de abril. O comité de empresa lembra que o centro médico vigués fai parte da rede sanitaria pública en virtude dun convenio co Sergas que fica incumprido ao manter a xornada reducida. Na sentenza que obriga a recuperar as quendas de traballo de mañá, tarde e noite, a xuíza exixe que as consellarías de Traballo e Sanidade e Inspección de traballo garantan o cumprimento do convenio asinado co Sergas.
NOS_25014
O Concello de Rianxo e a Comisión pola Recuperación Memoria Histórica do Barbanza (CRMHB) ergueron na maña de hoxe un monólito no Alto da Paradegua, en Burés, na parroquia de Asados para homenaxear ás vítimas do franquismo. O lugar escollido para esta iniciativa foi utilizado polos franquistas en 1936 para asasinar a Francisco López Pérez "Fontevella" e a Manuel Piñeiro Abeijón.
A xornada de homenaxe ás vítimas do franquismo contou coa intervención do alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, do historiador Xesús Santos e dun representante da CMHB. Ao tempo, a actriz Tero Rodríguez deu lectura a uns textos e os grupos Barahunta e a violinista Lurdes Oubes puxeron a pegada musical. Os participantes lembraron as figuras de Francisco López Pérez "Fontevella" e de Manuel Piñeiro Abeijón asasinados no Alto da Paradegua en 1936. López Pérez, natural e veciño da localidade rianxeira de Taragoña tiña 34 anos no momento do seu asasinato, o 12 de setembro de 1936. A CRMHB sinala que "os executores tanto os da vila como os de fóra procuraban levar ao reo para matalo o máis lonxe posíbel. Non aconteceu nos casos de "Fontevella" dado que se enfrontara cos seus verdugos dentro do coche que o trasladaba" Manuel Piñeiro Abeijón natural de Macenda-Boiro foi executado o 14 de agosto de 1936). Segundo documentan desde a CRMHB, "levaron o corpo pola mañá nunha camioneta e tirárono enfronte da casa de Xacobo, de Asados, moi preto do cemiterio, deixándoo "caer en alto en peso" na estrada, para logo lévalo nunha esqueira a enterrar, pero pasando primeiro pola caseta do cemiterio coa finalidade de facerlle a autopsia". O cura de Asados As entidades organizadoras do acto lembran que cando o cura de Asados soubo da súa morte afirmou "aquí non me traiades máis xente desta a enterrar!", unha frase que "fixo dubidar á xente sobre a súa humanidade". Segundo sinala a Nós Diario, o alcalde da localidade, Adolfo Muíños, "con este monólito que inauguramos hoxe pretendemos sinalizar os espazos da memoria no concello de Rianxo e lembrar as vítimas da ditadura na localidade". Neste sentido, Muiños avanza "a instalación de novos monólitos noutros lugares do concello asociados á represión franquista" Muíños destaca que para "o Goberno de Rianxo é de xustiza facer lembranza, reparación e memoria do acontecido cos demócratas após o golpe de Estado de 1936 e polo tanto estamos embarcados en restaurar a memoria daqueles lugares máis ligados a represión" 85 anos do asasinato dos irmáns 'Insua' A homenaxe organizada na xornada de hoxe desenvolveuse cando se cumpráin 85 anos da tráxica morte en Vigo de nove antifascistas en Vigo que tentaron abandonar a Galiza franquista por mar no "Bou Eva". Dous deses asasinados, os irmáns Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao, naturais e veciños de Rianxo, eran coñecidos na localidade como "Os Insua" Xosé Losada Castelao (Rianxo,1891-Vigo,1937), curmán de Daniel Castelao, mestre en diversas localidades galegas e militante nacionalista desde 1921, era, en palabras do poeta Manuel Antonio "un rapaz sumamente agradábel, e con quen se pode falar de moitas cousas. Ten ademais boa madeira de bo galego". Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1905-Vigo,1937), mestre de profesión coma o seu irmán, persoa de altas calidades artísticas, fixo parte do consello nacional do Partido Galeguista, actuando como o principal líder do nacionalismo galego na localidade no período republicano.
NOS_13802
É o libro do ano. Fanse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e actos oficiais e populares conmemoran a obra inaugural da nosa literatura. No Día do Libro achegámonos á "revisita" que fai del o artista e deseñador Pepe Barro.
O deseñador e creador Pepe Barro está metido neste ano de pleno no mundo rosalián. Da súa autoría é o cartaz da conmemoración do 150 aniversario da publicación da obra no que reza que "marca o comezo da Galicia contemporánea" e nas súas mans está tamén o proxecto museolóxico da Matanza, sede da Fundación Rosalía en Padrón e a exposición que se abre en Vigo, cidade de publicación da obra, para conmemorar o aniversario. Sen embargo, é a edición ilustrada de Cantares Gallegos publicada por El Patito Editorial a que transmite unha pegada máis persoal e íntima. Un traballo creativo que revisita a obra de Rosalía e no que, segundo sinalou, ofrece unha segunda voz -di que con ela é "sobervia" dicir que se canta a dúo- aos textos da autora que se converteu en primeira figura da nosa historia literaria. Coa idea de "proxectar futuro" , Pepe Barro achéganos ao que define como "pequenos cartaces" a través de montaxes e imaxes que recrean o espíritu da poeta. "O que me fixo reaxer foi entender Cantares gallegos coma o libro que anuncia e ao tempo crea a Galicia contemporánea, o país que somos. Aí atopei a que agarrarme, con vontade de empregar unha linguax e contemporánea no concepto e tamén na forma" comentou Barro a respecto da certa vertixe cando Genma Sesar e Fausto Isorna puxeron o proxecto nas súas mans. Na memoria do agro Relata que o primeiro impulso foi procurar unha edición de 1872 do seu tio-bisavó que manexara de neno, e reparou tamén nos apeiros de labranza de xeracións pasadas. Atoparía aí a materia coa que construir a súa imaxe de Cantares Gallegos, na memoria do antigo mundo do agro. Elementos identitarios que se tornan pezas da proposta persoal e sentida do artista está a contribuír na construción dunha nova imaxe de Rosalía. No video recóllese o proceso creativo de Pepe Barro á hora de elaborar a súa visión creativa de Cantares Gallegos. O 15 de maio inaugurarase en Vigo a exposición "No principio foi o verso. Rosalía de Castro" comisariada por Pepe Barro, que se artella en oito espazos temáticos, desde os inicios en Vigo, cidade na que foi publicado o libro, até o último titulardo "Muller bandeira" que recolerá fitos, documentos e obxectos da recepción da figura de Rosalía de Castro.
NOS_3911
O incendio forestal activo na localidade de Arbo (A Paradanta) que obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do fogo a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas xa leva arrasadas 50 hectáreas. Un novo fogo afectou unha vivenda en Tui.
O incendio forestal activo na localidade de Arbo (A Paradanta) que obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do fogo a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas xa leva arrasadas 50 hectáreas. Alerta 2 na Paradanta pola proximidade das chamas a un núcleo de vivendas O fogo, iniciado ás 3.17 horas deste sábado na parroquia de Mourentán, calcinou polo momento 50 hectáreas, segundo as novas estimacións da Consellaría do Medio Rural ás 14 horas. O incendio avanza dunha forma preocupante, pois a media mañá, as estimacións indicaban afectación a un total de 11 hectáreas. No lugar traballan nestes momentos dous axentes, 14 brigadas, 10 motobombas, unha pa, dous avións e tres helicópteros. Tamén se solicitou a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Brigadistas alertan da necesidade de realizar tarefas de prevención de incendios todo o ano Segundo declarou esta mañá o alcalde do municipio, Horacio Gil, as condicións meteorolóxicas nestes momentos son "moi adversas" con "moito vento e altas temperaturas", o que fai temer que as consecuencias do incendio adquiran maior gravidade. Ademais, sinalou que están a aparecer focos en distintos puntos "seguramente polo efecto do vento". Así mesmo, o rexedor confirmou que polo momento non foi necesario evacuar aos veciños da parroquia das Searas, onde o fogo se atopa máis próximo. Afectación doutra vivenda por un fogo Un incendio nunha vivenda da localidade de Tui (Baixo Miño) calcinou parte da cociña dun domicilio situado no lugar de Corbaceiras, na parroquia de Areas. Dous incencios en Bolo (Valdeorras) e Vigo calcinan habitacións en vivendas Segundo trasladou o 112 Galiza, o lume, que se iniciou sobre as 10.15 horas deste sábado, provocou que ardese o mobiliario da estancia e o fume afectou o resto da vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida. Foron os Bombeiros do Porriño os que avisaron ao 112 Galiza deste incendio e, posteriormente, desde a central de emerxencias mobilizaron até o punto á Policía Local, a Protección Civil e, por prevención, aos servizos sanitarios.
NOS_39831
O Goberno galego trasladou na quinta feira ao sector da hostalaría que o Comité Clínico que asesora a Xunta en materia de sanidade analizará na terza feira ampliar o horario dos restaurantes até as 22.30 e, en consecuencia, atrasar o toque de recoller ás 23 horas.
O Comité Clínico que estuda a evolución do novo coronavirus na Galiza reúnese a próxima terza feira coa ampliación do horario da hostalaría sobre a mesa. Segundo trasladou a Xunta da Galiza ao sector hostaleiro na xuntanza mantida na quinta feira, 8 de abril, analizarase ampliar o horario dos restaurantes até as 22.30 horas e atrasar o toque de recoller ás 23 horas. Na reunión, na que participaron o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e os conselleiros de Sanidade e Emprego, Julio García Comesaña e María Jesús Lorenzana, respectivamente, destacouse que a ampliación do horario de apertura dos estabelecementos hostaleiros estará condicionada á modificación do toque de recoller que, á súa vez, depende da evolución da pandemia. Na quinta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, expuxo que avaliará o atraso do toque de recoller que restrinxe a mobilidade nocturna e que na actualidade está fixado entre as 22 e as 6 horas. Na terza feira, e xa cos datos sobre os efectos da Semana Santa, o comité decidirá se procede ou non aliviar as citadas medidas. Unha medida con condicións: só para reservas en restaurantes Só poderían abrir até as 22.30 horas os estabelecementos de restauración e a ampliación de horario estaría condicionada a que a clientela dispuxese dunha reserva previa. Ademais, a Xunta baralla que os restaurantes realicen un rexistro de clientes. Tamén se estudará se ampliar o fechamento do resto de locais de hostalaría até as 21.30 horas. A última modificación das restricións para os estabelecementos hostaleiros entrou en vigor o pasado 19 de marzo, cando se ampliou até as 21 horas o período de apertura. Posteriormente, a Xunta trasladou ao sector que non se adoptaría unha nova flexibilización das medidas, polo menos, até despois de Semana Santa.
NOS_28548
Derrota o Eibar (0-2) nun partido no que os celestes foron de menos a máis. Marcaron Iago Aspas e Maxi Gómez, que suman 29 goles.
Había que sacar o mal sabor de boca das últimas citas, coa derrota e pésimo partido contra o Xetafe gravados na fronte. Xogar na casa era o aliciente necesario para obter a vitoria por moito que o rival non convidase a se tomar excesivas confianzas: O Eibar viña a Galiza disposto a loitar polo sétimo posto e a demostrar a progresión que tivo nestes meses. De feito, a primeira metade foi cousa dos vascos. O Celta saíu agarrotado, até parecía falto de confianza. O Eibar realizou unha presión alta contra a que os celestes non sabían moi ben que facer. Foron estes os mellores momentos do Eibar, que mesmo estivo a piques de se adiantar nunha oportunidade de Inui que finalmente non logrou materializar. A segunda parte foi cousa distinta. O cambio de Sisto (que nas últimas xornadas non rende ao seu mellor nivel) por Emre Mor sentou as bases do cambio. Do turco saíu o que acabou sendo o primeiro gol, de Iago Aspas. Adiantados no marcado, os celestes xa se sentiron mía cómodos e foron despregando o seu xogo habitual. Chegou entón o gol de Maxi Gómez. Entre Iago Aspas e Maxi Gómez suman 29 dos 43 goles que leva o Celta. Son a dupla atacante máis letal despois da que conforman Messi e Luis Suárez. Os seus goles volven situar os celestes ás portas de Europa, un obxectivo ao que non renuncian os celtistas. O Celta sitúase provisionalmente na sétima praza e a terza feira mídese ao Girona, rival directo na carreira por Europa. Ficha Celta (2): Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Roncaglia, min.87), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hdez., min.65), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.46), Maxi Gómez. Eibar (0): Dmitrovic, Oliveira, Arbilla, Cote (Juncá, min.83), Peña (Capa, min.73), Diop, Jordán, Inui, Alejo (Pedro León, min.60), Charles, Kike. Goles: Iago Aspas (1-0, min.56), Maxi Gómez (2-0, min.78). Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou Radoja, Cabral (Celta); Diop, Cote, Oliveira (Eibar).
NOS_8958
A enquisa a pé de urna da CRTVG sitúa o PP na maioría absoluta. O partido de Alberto Núñez Feijóo obtería entre 38 e 41 escanos, seguido en porcentaxe de voto por En Marea, que empataría en número de parlamentares co PSdeG. Ambos os dous partidos conseguirían entre 14 e 16 asentos no Parlamento. O Bloque formaría grupo parlamentar propio ao conseguir entre 5 e 6 escanos. Nas xerais de xuño, a israelita da CRTVG fallou estrepitosamente.
Segundo a enquisa da CRTVG, o PP (45,5% dos votos) conseguiría entre 39 e 41 escanos, mentres que En Marea (19,5%) e o PSdeG (18,9%) acadarían entre 14 e 16 escanos, cunha lixeira porcentaxe de voto maior no caso da candidatura de Luís Villares. O BNG (8,8%) lograría grupo parlamentar ao se situar entre os 5 e 6 escanos e Ciudadanos (4,4%) non obtería representación ningunha, aínda que o inquérito advirte dunha remota posibilidade por Pontevedra. Por circunscricións, este inquérito dálle ao PP entre 12 e 13 escanos pola Coruña e o 45,5% dos votos; á En Marea entre 5 e 6 co 19,20%; ao PSdeG entre 5 e 6 escanos e o 19,10% dos votos; ao BNG dous escanos co 9,20% das papeletas e Ciudadanos ficaría co 4,30% dos apoios. En Lugo, o PP conseguiría entre 8 e 9 parlamentares co 52,80% dos votos, mentres que o PSdeG se faría con 2 ou 3 escanos e o 17,70% dos apoios. En Marea lograría 2 parlamentares e o 15% dos votos e o BNG 1 co 9,40% dos votos. Ciudadanos acadaría o 3,40% dos apoios. En Ourense, o PP acadaría entre 8 e 9 escanos co 50,40% dos votos; o PSdeG entre 3 e 4 co 19,70%; En Marea, 2 co 14% e o BNG non obtería escano ao facerse co 5,10% das papeletas. Ciudadanos acadaría o 4,30% dos votos. En Pontevedra, o PP situaríase nos 10 parlamentares co 41,10% das papeletas; En Marea conseguiría entre 5 e 6 representantes co 23,40% dos votos; o PSdeG, 4 escanos co 18,70%; o BNG, 2 co 9,30% dos apoios. Ciudadanos obtería o 4,80% dos votos. Enquisa das eleccións xerais Hai que lembrar que a enquisa a pé de urna que a Forta (CRTVG) e a TVE ofereceron nas últimas eleccións xerais uns dados que se desviaron en boa medida dos resultados reais. Así, a nivel galego, esta enquisa prognosticara que o PP lograría 10 escanos (conseguiu finalmente 12), que En Marea obtería con entre 6 e 7 escanos (conseguiu 5) e que o PSOE ficaría en terceiro lugar con entre 5 e 6 escanos (acadou os 6). O inquérito deu por feito o sorpasso, que finalmente non se produciu. A nivel estatal a diferenza foi maior. A enquisa da Forta calculaba que o PP acadaría entre 117 e 121 escanos (acadou 137), que Unidos Podemos e as súas confluencias lograrían entre 91 e 95 escanos (lograron 71), que o PSOE obtería entre 81 e 85 escanos (obtivo 85) e que Ciudadanos se faría con entre 26 e 30 asentos (conseguiu 32).
NOS_13421
A taxa de desemprego xuveníl dispárase até 26,3%, cinco puntos máis que hai un ano.
Os datos da enquisa de poboación activa do cuarto trimestre certifican a crise de 2020, o ano en que se iniciou a pandemia da Covid-19, cunha taxa de paro de 12%, superior a 11,8% que tivo en 2019, e cunha perda de 21.000 empregos na Galiza, dos que 15.900 estaban ocupados por mulleres. En total rematou o ano cun total de 142.600 persoas desempregadas. A desigualdade continúa a marcar a diferenza e hai 65.400 homes desempregados, cunha taxa de paro de 10,3%, e son 77.300 as mulleres desempregadas, cunha taxa de 13,2%, tres puntos por enriba da masculina. Por sectores, servizos lidera a destrución de emprego en termos absolutos (10.900 ocupados menos en 2020, -1,4%), seguido pola industria (9.100 ocupados menos, -5%). Pola contra, creouse emprego en agricultura e pesca (4.000 máis, +6%) e en construción (1.000 máis, +1,3%). Outra das realidades que marca a enquisa é o aumento do desemprego xuvenil. Sobre un total de 318.700 mozas e mozos de entre 16 e 29 anos, 103.400 (32,44%) están ocupadas, 36.900 (11,58%) sen emprego e os 178.400 (o 55,98%) restantes son inactivas. A taxa de ocupación deste colectivo sitúase en 32,5% no cuarto trimestre de 2020, unha caída de seis puntos nun ano. Daquela, a taxa de desemprego xuvenil dispárase na Galiza até 26,3%, máis de cinco puntos respecto a 2019. Entre as sete cidades, Compostela conta coa taxa de desemprego máis baixa (7,5%), seguida de Lugo (7,9%). No outro extremo atópase Ferrol (18,4%). Resposta sindical Diante deste datos, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sinala que evidencian "a profundidade da crise que xa viñamos vivindo" co "proceso da chamada dixitalización e descarbonización, onde o desmantelamento e a destrución de postos de traballo esta sendo importante". Denuncia políticas "erráticas e inxustas" que se están adoptando "por parte dos gobernos a hora de xestionar esta crise e a necesidade dunha viraxe de 180º nas políticas públicas". Por este motivo insiste na necesidade "da derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensión e da intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos", entre outras. Para UXT, "é o momento de aplicar medidas que recuperen os dereitos laborais perdidos, avanzando na axenda política pendente". Nun comunicado demandan "o aumento do SMI e a derrogación da reforma laboral" xa que "sen estas decisións os investimentos proxectados no marco do Plan de Recuperación non chegarán aos máis necesitados". Desde CCOO consideran que a primeira tarefa da Xunta debe ser atender a crise sanitaria e as persoas máis prexudicadas, tanto nos aspectos sociais como laborais. Porén, o sindicato esixe abordar unha estratexia de desenvolvemento para Galiza "que non se limite a atender os sectores paralizados ou máis afectados pola pandemia, porque hai problemas 'endémicos', especialmente no ámbito industrial".
NOS_25312
En Catalunya, Estremadura, Andalucía, Baleares, Aragón, Canarias ou Castela-A Mancha, esa diferenza reduciuse nestes anos. En Galiza, non.
O informe 'Brecha salarial y techo de cristal' elaborado polos técnicos de Facenda (Gestha) evidencia máis unha vez que as mulleres cobran en Galiza menos que os homes. Un 28,7% menos. En cifras absolutas, esa fenda é de media no Estado español de case 4.800 euros menos ao ano. Gestha destaca que farían falla sete décadas para acabar con esa diferencia salarial. Son tres millóns de traballadoras no Estado español que non chegan ao salario mínimo interprofesional (SMI). O número de mulleres con ingresos entre 50.000 e 80.000 euros é a metade dos homes. Entre 2005 e 2015 esa fenda foise reducindo –até en 15%-, indica o informe, mais nestes anos volveu a aumentar. Territorios como que Estremadura, Andalucía, Aragón, Canarias, Castela-A Mancha, Baleares e Catalunya foron onde máis se rebaixou esa diferenza. Galiza, pola contra, está estancada e continúa coa mesma fenda de 2005. En Ceuta e Melilla, aumentou.
NOS_7532
O Celta regresa á acción dúas semanas despois co obxectivo de sumar tres puntos ante un rival directo na loita por Europa. O Lugo, pola súa banda, visita a casa da Real Sociedade B, penúltimo clasificado. No que respecta á Primeira RFEF, Celta B choca contra o filial do Valladolid, Rácing de Ferrol co Badaxoz e o Deportivo recibe o Real Unión de Irún.
O mesmo ano 1971 no que o Celta debutaba en Europa na primeira edición da por aquel entón coñecida como Copa da UEFA, Andrés do Barro protagonizaba con Conchita Velasco a película de Mariano Ozores En la red de mi canción, na que interpretaba en lingua galega a canción Teño Saudade. A súa letra "hoxe eu te lembro meu ben, porque teño saudade de ti, saudade teño de ti meu ben" resulta evocativa da situación actual dun Celta que ten saudade dunha competición continental que non disputa desde o ano 2017, e que sería un incentivo extra a unha tempada 2022/23 que xa de por si promete ser inesquecíbel, pois a entidade celeste celebrará o centenario da súa fundación. Mais para conseguir unha praza na actual Europa League -que xogarán o quinto e o sexto clasificado na Liga- ou na Conference League de recente creación -na que participará o equipo que remate sétimo no torneo da regularidade- a escuadra galega terá que mostrarse como un equipo máis sólido que até o de agora, e a primeira oportunidade será o choque de hoxe ás 18.30 horas ante o Raio Vallecano, oitavo clasificado con 32 puntos, catro máis que o Celta. Para tratar de superar os madrileños, o Chacho Coudet apostará por un bloque moi similar ao que venceu Osasuna e empatou co Sevilla: Dituro na portería; Hugo Mallo, Javi Galán, Aidoo e Araújo na defensa, coa dúbida de se o mexicano será substituído por Carlos Domínguez a causa do cansazo acumulado polo central nos partidos que vén de disputar coa súa selección nacional; Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez e Franco Cervi no medio do campo; con Iago Aspas e Santi Mina ocupando os postos de ataque. Oportunidade para soñar para o Club Deportivo Lugo A escuadra albivermella leva sen coñecer a derrota na competición ligueira desde o pasado 6 de novembro, tres meses máxicos nos que pasou de contar cun colchón de unicamente dous puntos sobre os postos de descenso a mirar con ollos larpeiros os postos que o introducirían na loita por subir a Primeira División vía un play-off que ten a só cinco puntos. O encontro de hoxe (16 horas) semella unha boa oportunidade de darlle continuidade a tan positiva dinámica ante un rival, a Real Sociedade B, que parece estar inmerso nunha espiral practicamente inversa, pois non sabe o que é gañar desde o 12 de novembro. Con todo, desde Lugo foxen de triunfalismos é, tal e como destacou Juanpe en rolda de prensa, o xogo do filial txuri-urdin adoita ser "rápido e de calidade". Pondo orde no caos da Primeria RFEF Os representantes galegos na terceira categoría, inmersos no caos do calendario desde que a Federación tomara a máis que cuestionábel decisión de adiar o choque entre Deportivo e Rácing de Santander por tan só dous positivos, medida que foi interpretada como unha forma de beneficiar os cántabros, non teñen máis opción que apertar os dentes e adaptarse aos constantes cambios de horarios. Precisamente o Dépor foi prexudicado de novo esta semana, pois a apenas 48 horas da disputa dun partido ante o Real Unión de Irún que tiña previsto disputarse hoxe coñeceu que sería reprogramado ás 17 horas de mañá. Tres horas antes, ás 12, o Rácing de Ferrol -que tampouco xogou o seu encontro da pasada xornada- visita o histórico Nuevo Vivero de Badaxoz coa obriga de sumar os tres puntos se non quere descolgarse dunha loita polo play-off á que se uniu, e de que modo, un Real Club Celta B que leva 15 goles a favor nos seus últimos catro partidos. O conxunto celeste será o primeiro equipo do país en entrar en acción (hoxe, 19 horas), e tratará de consolidar o seu posto de privilexio a costa doutro equipo filial, o Valladolid B.
NOS_2500
Populares e socialistas votan en contra dun "gran pacto pola sustentabilidade, a calidade das augas, a produtividade e o futuro das nosas rías" que propuña o BNG.
Un "gran pacto pola sustentabilidade, a calidade das augas, a produtividade e o futuro das nosas rías", propuxo no hemiciclo galego o deputado do BNG Luís Bará, no marco do debate dunha moción da formación nacionalista para protexer as rías e instar o Goberno galego a "reclamar as transferencias" para xestionar desde a Galiza os ríos, as rías o mar e a costa. Bará urxiu a revisar a xestión da auga "cambiando as prioridades" e considerando "imprescindíbel apostar pola investigación e mudar a relación co medio, sobre todo cos ecosistemas ultrasensíbeis" como ríos, zonas húmidas ou xunqueiras. Temos que frear os recheos na ría de Vigo, devolver os terreos de dominio público ao público, botar Ence da ría de Pontevedra e deixar de entender o mar como un vertedoiro", dixo. Nesa liña, propuxo elaborar un plan integral de rexeneración e aproveitamento dos recursos naturais, produtivos e sociais das rías e asegurar a protección e mellora das marismas, zonas húmidas e concas fluviais. Todas estas propostas foron rexeitadas polo PP e PSdeG. Sector eólico Tamén o BNG pediu "cambio de rumbo" no sector eólico "pondo no centro o interese público, as garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica" a Galiza. A nacionalista Noa Presas lembrou que o concello de Muras é "un claro exemplo de como a enerxía eólica reverte en beneficio da veciñanza, que ve abaratado o prezo do recibo da luz" por decisión do seu Goberno municipal. Tras a intervención da deputada popular Marta Nóvoa, que xustificou o proxecto eólico da Serra do Oribio afirmando que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza -que deixou sen efecto o proxecto- aínda pode ser recorrida, a deputada nacionalista pediu "que non a recorran porque xa bastante dano está feito".
NOS_42788
O Leo considera necesario que Galiza conte cun micrófono que a defenda en Europa, a pesar de que as institucións da UE "estean tomadas polo capitalismo". O músico, escritor e profesor Leonardo Fernández, O Leo, valora para Sermos Galiza que é o que se xoga o país nas eleccións europeas no contexto de emerxencia social en que vivimos.
Que se xoga Galiza nas eleccións europeas? Pois como en todas as eleccións, estar aí e estar presentes. É dicir, termos un micro. A actual Unión Europea é un monicreque do FMI e do Banco Mundial Que é para ti a Unión Europea? A actual Unión Europea é un monicreque do FMI e do Banco Mundial, polo que non teño confianza ningunha nela como ente con autonomía de decisión. Ademais, a chamada integración europea resultou ser outra pantalla máis do capital para disfrazar o totalitarismo. Mais pese a isto, entre ter un micro e non telo, hai moita diferenza. E mentres a socialdemocracia barre o campo de concentración Cara a onde avanza Europa? Esta Europa é fascista. Están morrendo milleiros de persoas ou, mellor dito, estámolas asasinando indirectamente. Hoxe hai un xenocidio directo ás portas de Europa, en Palestina, e hai outro xenocidio indirecto de milleiros e milleiros de seres humanos migrantes e refuxiadas a quen se deixa morrer nas fronteiras da Unión Europea. E mentres a socialdemocracia barre o campo de concentración. É unha vergoña que non se lexisle para devolver o favor ao resto do mundo que nos fixeron a nós. Sinto vergoña de ser cidadán de Europa.
NOS_10575
O candidato do BNG, Francisco Jorquera, empraza "o señor Feijóo para que defenda os intereses da sociedade galega, das ducias de miles de pequenos aforradores que en Galiza foron enganados á hora de subscribir este produto".
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, emprazou hoxe en Salceda de Caselas, onde asistiu á Festa dos Calles, a Núñez Feijoo a que lle pida aos deputados e deputadas galegas do PP no Congreso que voten en contra do decreto aprobado a sexta polo goberno de Rajoy "que impón que as miles de persoas galegas afectadas polas preferentes teñan que perder até o 70% dos seus aforros". Jorquera pediu "ao señor Feijóo que defenda os intereses da sociedade galega, das ducias de miles de pequen@s aforrador@s que en Galiza foron enganados á hora de subscribir este produto". "Por iso, demándolle que inste o goberno Central para que derogue este decreto e que @s deputad@s galeg@s do PP no Congreso, incluído o señor Collarte, voten en contra deste decreto, como fará o BNG, porque o BNG sempre pon por diante os intereses de Galiza", concluíu Jorquera. "O señor Feijoo dixo en Soutomaior que Galiza non lle fallará ao PP, eu digo hoxe que o BNG non lle fallará a Galiza" Jorquera contrapuxo que se "o señor Feijoo dixo en Soutomaior que Galiza non lle fallará ao PP, eu digo hoxe que o BNG non lle fallará a Galiza, porque a sociedade galega o que reclama é forzas políticas que poñan por diante os intereses da sociedade, de Galiza, antes que os intereses de partido". Neste sentido, subliñou que "nas participacións preferentes temos un exemplo: ao mesmo tempo que Feijoo facía estas manifestacións a policía cargaba contra as vítimas desta estafa masiva".
NOS_48599
Ana Pontón pide reducir a exención de pagar Patrimonio.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiterou esta segunda feira que a súa formación presentará unha emenda á totalidade ao proxecto de orzamentos da Xunta, "por insolidarios, insolventes e propagandísticos", onde a previsión das principais cifras macroeconómicas, asegurou, "son falsas e xa foron desmentidas polos expertos". Pontón avanza unha alternativa do BNG a uns orzamentos "insolventes" Pontón puxo o acento na faceta "insolidaria" das contas de 2023. "É moralmente inaceptábel que mentres se suprime a Tarxeta Básica a 50.000 familias para a compra de medicinas e comida, o Goberno galego regale 34 millóns de euros a unha minoría de 7.700 persoas que teñen un patrimonio de seis millóns de media", alegou. "Desigualdade" A líder da oposición engadiu a isto "o recorte de 3,3 millóns na partida da Risga, mentres o Executivo segue impedindo a compatibilidade entre esa prestación e o Ingreso Mínimo Vital, nun momento de alza de prezos que provoca desigualdade e aumento da pobreza", argumentou. Son, proseguiu, uns orzamentos insolidarios coas persoas que cobran as pensións máis baixas, as non contributivas, "e despois de manter trece anos conxelado o complemento autonómico, agora a subida é de 14 euros ao ano, que non dá nin para un quilo de froita ao mes". Olalla Rodil reivindica unha "xustiza social nos impostos" durante o acto de homenaxe ás mártires de Nebra "Estamos no mundo ao revés cun PP que propón que achegue menos quen máis ten", criticou Pontón, e por iso, anunciou, o BNG presenta unha "alternativa fiscal xusta e progresiva" na que "os que máis teñen acheguen máis". Unha alternativa, explicou a líder nacionalista, que inclúe dúas medidas destacadas: incrementar de cinco a oito o número de tramos do IRPF, "para gañar en redistribución", e baixar a 300.000 euros o mínimo exento de tributación por imposto de Patrimonio descontada á vivenda habitual. "Non se pode aceptar que o PP poña en marcha un pelotazo fiscal de 34 millóns de euros, cantidade que está por riba do que destina ao bono social térmico, a medidas de aforro enerxético ás familias; un agasallo aos ricos", concluíu Pontón.
NOS_24171
O Escuadrón 421 do EZNL, que atravesa o océano Atlántico no veleiro 'La Montaña', recalou a pasada semana nas illas Açores.
O pasado 3 de maio partiu da costa mexicana o veleiro La Montaña, cuxa tripulación conforman sete activistas do Escuadrón 421 do Exército Zapatista para a Liberación Nacional (EZLN), rumbo a Europa para levar a súa "Xira pola Vida" a 30 cidades do vello continente. Agora, após un mes e medio de travesía polo océano Atlántico, a delegación zapatista está a piques de arribar na Galiza, logo de estrearse en territorio europeo a pasada semana recalando nas illas Açores. A súa chegada ao porto de transatlánticos de Vigo está prevista para esta fin de semana, mais aínda non se coñece con certeza o día. "Hoxe [por onte] foi unha incógnita por mor do temporal, xa que o mar estivo axitado e elas veñen a vela, polo que calcular a chegada é unha lotaría", explica a Nós Diario Manuel Roxo, do colectivo Pallasos en Rebeldía e un dos compoñentes da asemblea que prepara a benvida ás zapatistas. "Cremos que chegarán o domingo, mais malia que fose o sábado, se cadra agardaremos ao día seguinte porque temos que organizar a recepción e anunciar o día", afirma. Roxo considera a visita do Escuadrón 421 un "fito histórico", xa que se trata da primeira visita das e dos indíxenas zapatistas ao lugar "que os libros din que os descubriu", pero máis ben "os espoliou". "Temos moito que aprender delas" O activista galego sinala esta experiencia como "unha grande aprendizaxe" sobre a causa zapatista da que, afirma, a esquerda europea ten moito que aprender: "Traen moitas mensaxes anticapitalistas e reflexións sobre o sistema que estamos a crear, deshumanizante, pouco comunitario e pouco cooperativo. Veñen darnos unha lección desde a selva Lacandona, porque nós crémonos desde aquí moi alternativas e moi de esquerdas, mais as compañeiras zapatistas dinnos 'reaccionade, empezade de novo', porque hai moitas pequenas loitas que nós non atendemos", sostén. Actos de benvida A recepción da tripulación será "moi humana, de aperta colectiva", afirma Roxo. "Temos un escenario no que decorrerán diferentes actos para celebrar esa mestizaxe que nos une a todas", engade. Aliás, desde o 14 de xullo, o monte das Pedriñas de Mos, un espazo autoxestionado pola veciñanza, conta cun espazo para caravanas, tendas de acampada e os servizos precisos para "acoller ás compañeiras galegas e as que veñen de toda Europa a recibir á delegación zapatista".
NOS_13534
Maessa, filial de ACS, obtivo bloques do buque que Navantia constrúe para a petroleira mexicana por 3,8 millóns de euros, segundo informa Economía Digital.
Pode que o Real Madrid non, mais Florentino Pérez sempre gaña. O presidente do club madrileño e de ACS sacou tallada do flotel que Pemex encargou os estaleiros de Ferrol. Iso é o que conta esta sexta feira Economía Digital nunha información asinada por Rubén Rodríguez na que afirma que Navantia outorgou sete contratos do buque de Pemex a Florentino Pérez por un valor de case catro millóns de euros. Cinco deses contratos concedéronse mediante procedemento negociado sen publicidade e dous co mesmo mecanismo, mais con publicidade. Maessa, a filial de ACS, beneficiaria destas adxudicacións, está no albo das críticas dos operarios polos seus incumprimentos en materia laboral, o que levou mesmo a un paro do cadro persoal. A CIG metal denunciou "ameazas" e "coaccións" por parte do empresariado de auxiliares como Maessa ou Ainair. Aloumiñado pola Xunta e o Estado Florentino Pérez lidera os encargos de procedencia institucional en Galiza. Obras e servizos públicos por un importe de case 64 millóns de euros, segundo apuntan en Economía Digital. Ningunha delas encomendada á todo poderosa ACS, emblema do presidente do Real Madrid. Mais si repartidas entre seis das súas filiais.
NOS_11830
Valentín González Formoso cualificou o discurso do monarca Felipe VI como "unha mensaxe de esperanza, de unidade para deixar atrás as diferencias políticas e traballar xuntos para enfrontar a recuperación social e económica, que é o grande reto que temos como país".
O secretario xeral dos socialistas galegos valorou a positivamente a intervención de Felipe VI e significou que respondeu a "ese espírito de unidade que está recollido na Constitución española ao que o rei fixo referencia no seu discurso". Pandemia O máximo responsábel dos socialistas na Galiza considerou axeitada a referencia do monarca á situación de emerxencia sanitaria e destacou "o grande esforzo colectivo na loita contra a pandemia" e "o avance fundamental que supón a extensión da vacina" Formoso avaliou de xeito favorábel que o Xefe do Estado fixera un chamamento a "seguir traballando para paliar as consecuencias económicas e sociais da pandemia, tanto na recuperación do emprego como na protección aos colectivos mais vulnerábeis" "É importante que dediquemos os nosos esforzos a traballar nesa dirección para que a recuperación sexa xusta e solidaria", afirmou González Formoso, quen tamén destacou as palabras do Rei instando á cidadanía a adaptarse ao cambio e "ir por diante dos acontecementos nestes tempos complicados e de incertezas". Fondos europeos O dirixente socialista coincidiu co monarca na "importancia de aproveitar a ocasión histórica dos fondos de recuperación europeos, que non podemos desaproveitar, pois será decisiva para o futuro do país". As palabras de Formoso situáronse na liña doutros dirixentes socialistas. A este respecto, Cristina Narbona, encargada de facer a valoración en nome da Executiva estatal da formación, sinalou que Felipe VI "acertou" tanto na "diagnose dos problemas" como "na forma de reaccionar". A presidente do PSOE significou que as palabras do monarca contribúen a "aumentar a confianza dos cidadáns nas institucións" e destacou o chamado deste ao "respecto", ao "diálogo" e á "colaboración" "para acadar os grandes acordos que se precisan nun momento de grandes transformacións".