ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
QUEPASA_706 | Manuel de Talelo: As secuelas da falta de vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos. | Respondeu a cidadanía da comarca e demostrou a súa mobilización para pedir o indulto a Manuel de Talelo, Manuel Martínez Lustres. A tarde do sábado tivo lugar unha emocionante concentración, con centos de persoas apoiando a este ex presidente da agrupación de perceberiso de Lira, que está pendente de ingresar en prisión tras recibir unha condena de 3 anos, por unha agresión a un furtivo. Un suceso acontecido en 2013, en pleno proceso de desmantelamento por parte da Xunta da Reserva Mariña dos Miñarzos, que obrigaba aos propios profesionais a enfrontarse aos furtivos cara a cara. Agora, a sociedade carnotá reacciona, se cadra algo tarde, tras 6 anos de litixio xudicial, e vendo como a prisión pode fracturar de raíz unha familia do máis normal, unha familia traballadora. Á chamada do Lira Club Fútbol uníronse os partidos políticos (BNG e despois PSOE levaron sendas proposicións non de lei ao Parlamento galego, e as confrarías úníronse nunha emotiva concentración celebrada esta tarde de sábado no Portocubelo de Lira. Máis dun milleiro de persoas demostraron un apoio que tanto agradece a propia familia de Manuel. Un Manuel que non se puido achegar ao lugar porque, literalmente, "estano matando en vida", como explica un dos seus amigos, Anxo Gómez, presidente do Club liracho e socio da confraría, e un dos armadanzas de toda esta mobilización. "Foi moi bonito, a verdade, ver todos os actores sociais, deportivos, económicos… xentes de todas as idades, unidos. Non xuntas tanta xente nun pobo pequeno como Lira, nin para as festas". E así foi esta demostración de apoio completo de toda a sociedade, dende o club de fútbol pasando pola Asociación Cultural Canle, as xentes do mar, ou veciños de todas as idades nun acto que quixo deixar fóra as cores políticas. O actor Miguel de Lira, familia de Manue, fixo de presentador, agradecendo a xente polo compromiso, e mesmo se mollou, deixando patente que os danos xa estaban máis que pagados, e que a prisión causaría un prexuizo á familia tremendo. Excusou a Manuel por etsar absolutamente abatido e deu paso ao patrón maior da confraría de Lira.José Mariano Lago Louro, con varios patróns de confrarías galegas, entre eles o presidente da Federación, quixo falar o que lle saíu do corazón, e mesmo se lle cortou a voz en varias ocasións da emoción. Dou as gracias ás confrarías de Galicia, porque o furtivismo nos inflúe a todos, e reiterou que os furtivos son de sobra coñecidos na zona, e recordou que viñeran vengarse porque Manuel os sacou das pedras, e o home reaccionou con medo. Un acto para intentar facer que o Goberno estatal escoiten a un pequeno pobo de Galicia, á xente do mar galego. Un acto no pobo falou e pediu xustiza, pediu perdón para Manuel. O Lira CF sacou a pancarta no partido da Liga da Costa |
NOS_27683 | Daniel Rodas é de Moaña. Alí vive e desenvolve desde hai anos a súa actividade. Foi horticultor, mariñeiro e traballador do naval. Este moañense tomou posesión como deputado do grupo parlamentar do BNG após a saída de Carlos Aymerich. | Daniel Rodas coñece de primeira man a realidade de dous dos sectores produtivos galegos que malia a teren enormes posibilidades económicas, padecen a asfixia e o desleixo da Xunta de Galiza. Traballou no sector naval e foi mariñeiro. Na súa primeira sesión plenaria como deputado do BNG, reivindicou os dereitos das persoas estafadas polo calote das preferentes portando unha das camisolas amarelas que locen acotío os milleiros de persoas defraudadas pola banca e os gobernos do PP. Conversamos con el sobre aquilo que se ve desde o escano do Parlamento mais tamén a pé de rúa. Un cravo vermello, un exemplar do Sempre en Galiza e unha camisola das preferentes. Son os símbolos da súa toma de posesión. Chega pisando forte![Ri] Pisando forte non! O BNG sempre levou o cravo e o Sempre en Galiza porque son os símbolos do Partido Galeguista e de Castelao como alicerces do ideario nacionalista. A camisola das preferentes leveina porque é un problema que se ve acotío aquí en Moaña [concello ao que pertence]. Con ela quixemos denunciar esta estafa e o desmantelamento do sector financeiro galego. O PP de Moaña dixo estar do lado das persoas estafadas, mais no PP din que pouco se pode facer desde os gobernos municipais contra esta fraude...O PP é un especialista en ter unha dobre carauta. Din estar do lado dos veciños mais quen aprobou a quita foi o Partido Popular en Madrid e tamén foron os que autorizaron a venda destes produtos que logo se converteron nun roubo. É a eles a quen hai que pedir responsabilidades. "O PP é un especialista en ter unha dobre carauta. Din estar do lado dos veciños mais quen aprobou a quita foi o Partido Popular" Cal foi a súa primeira impresión ao chegar á Cámara?O primeiro que me sorprendeu na distancia curta foi a actitude do presidente. Nas preguntas que lle formulan os grupos da oposición non responde aos asuntos plantexados. É un especialista en escorrer o vulto e eludir as súas responsabilidades. Cando ves esa caradura, asusta. Que Galiza se ve desde o seu escano? Ten a imprensión de que é a mesma que ven as deputadas do PP desde os seus? Vexo un goberno que non defende os intereses deste país. Falabamos antes do desmantelamento do sector financeiro mais isto acontece tamén nos demais sectores produtivos, o naval, o agro, os servizos públicos... O goberno do Partido Popular está a desmantelar todo o público cando o que debera facer é solucionar os problemas dos veciños. Eu son un cidadán de abaixo e vexo que a muller está no paro, os sobriños, os veciños... entrementres desde a Xunta só se fai propaganda para narcotizarnos coma se isto fose unha solución. É un goberno que dá as costas á realidade. Após a toma de contacto co sector pesqueiro e marisqueiro, como ve o sector? Vexo un sector abocado á desaparición, pois agora todas as normas emanan de Europa e o goberno español só contribúe para desmantelar a pesca galega. A pouco que te achegues ao sector ves que isto é asi. Por exemplo, agora vemos o que aconteceu coa frota cefalopodeira en Mauritania como xa pasara na costa de Marrocos-Sáhara. Pouco a pouco a única saída que che deixan é o desguace das embarcacións. "Eu son un cidadán de abaixo e vexo que a muller está no paro, os sobriños, os veciños... entrementres desde a Xunta só se fai propaganda para narcotizarnos" A Xunta non está para solucionar os nosos problemas como vimos coa xarda. Estaban máis preocupados por facer cumprir as cotas --que prexudicaba aos mariñeiros galegos-- que por defenderen os intereses do sector. Tamén así coa comercialización de produtos --porque aquí temos moita pesca mais tamén comemos. Cando se propuxo o selo da Denominación de Orixe para o mexillón unha eurodeputada do PP tivo a desvergoña de votar contra os intereses de Galiza. A finais de 2012 foi soada a morte dunha mariscadora e a resposta da Xunta foi: que non saian faenar con temporal. Non cumprirían algo máis que consellos para evitar os accidentes laborais que afectan a estas traballadoras?Esa foi unha desgraza que quitou á luz pública a situación do servizo de busca e salvamento desmantelado polo Partido Popular. Anteriormente tiñan gardas de 24 horas mais, após a decisión da Xunta, convertéronse en gardas localizadas porque saía máis barato. O único que lles interesa é beneficiar as empresas amigas e detrás desta situación sempre están os que se reparten o pastel, como Pescanova. Esta terza feira comparecerá Feijóo para falar da súa relación co narco Marcial Dorado, que agardan desta comparecencia?Saber quen lle estendeu a crema [ri]. Veremos en que queda a carauta deste presidente que era o máis puro e o máis casto. Nas eleccións de 2009 tivo unha actitude moi dura co daquela vice-presidente da Xunta [Anxo Quintana] e agora vemos que predicaba unha cousa e fai a contraria. O que deixa claro é que estes do PP non son nada de fiar. |
NOS_5655 | Borxa Colmenero, avogado e investigador no 'Espaço de produção crítica galega Clara Corbelhe' analiza nesta peza a xestión política da orde pública e dos problemas sociais. | As formas de gestão estatal do conflito voltam estar de atualidade. A recente condena do Julgado do Penal nº 1 de Compostela, a dous anos e dous meses de cárcere, ao ativista Chema Naia polos protestos contra o despejo do centro social okupado "Escárnio e Maldizer" na capital do país em 2017, reabre a controvérsia. Sem pormos necessariamente em causa que a manutenção da ordem pública constitui um dos grandes objetivos do estado, o debate surge na hora de arbitrarmos quais são os mecanismos que devem gerir o antagonismo que é consubstancial à política. No estado espanhol duas são as formas adoptadas: por um lado, a neutralização do conflito da política e, por outro, o seu ocultamento. Antes de descrever estas duas tendências, diremos que nesta análise se chamará de "conflito" à substância e de "política" ao procedimento conforme ao sistema de governo (neo)liberal. O conflito é diretamente neutralizado por meio da sua penalização, sem o estado intervir socialmente A primeira fórmula bebe da obsessão soberana, como modo de recuperação das quebras de legitimidade e consenso, nomeadamente num contexto de crise. Incapaz de produzir outros imaginários e adesões, o estado centra a sua agenda na gestão dos problemas sociais por meio do poder de polícia, pensando fenómenos como a precariedade, a insegurança e a exclusão através de práticas punitivas que procuram a sua neutralização. Vejamos como mostra desta lógica a escandalosa cifra de mais de 120 mil pessoas condenadas no estado por delitos contra a ordem pública na última década segundo dados do INE ‒frente às 25 mil por delitos contra a liberdade sexual ou às 30 mil por delitos de lavagem de dinheiro e contra a fazenda pública‒, levando em conta que um importantíssimo número de casos estão ligados às formas de subsistência dos sectores mais desfavorecidos ‒migrantes, sem-teto, etc.‒ e às atividades próprias dos movimentos sociais. Com esta estratégia de gestão, o conflito é diretamente neutralizado por meio da sua penalização, sem o estado intervir socialmente. Por outras palavras, as políticas públicas de carácter social próprias do estado de bem-estar são substituídas por políticas públicas de tipo criminal como solução aos problemas sociais. Ocultamento do conflito Ao lado desta primeira formulação, podemos observar ainda uma segunda estratégia, em solapamento, que tem passado mais desapercebida: o ocultamento do conflito da política. Nesta formulação os grandes reptos da contemporaneidade deixam de ser, formalmente, abordados desde o conflito, quer dizer, desde a relação antagónica dos distintos sectores da sociedade, para serem percebidos como problemas de mera administração de demandas. De modo que os discursos, as práticas e os procedimentos de resolução são mais os próprios do gerencialismo e da negociação empresarial que os da política tradicional. A disputa ideológica, em que ela se fundamenta, é, pois, ocultada das soluções oferecidas, vetando o confronto ideológico dos debates sobre a desigualdade, a pobreza ou a discriminação, para serem trocados por soluções tecnocráticas na procura da harmonização de interesses. Nesta perspetiva, a ordem social é, antes, construída por peritos e profissionais que fazem passar por neutra, isto é, não-política, uma posição política concreta para gerir o conflito que nunca desaparece, mas que é ocultado. Negada a conflituosidade da gestão pública, aproximamo-nos dum estádio pós-político em que o estado não busca neutralizar o conflito, mas apenas administrá-lo, demarcando os seus limites de admissibilidade. Um exemplo significativo deste processo vivemo-lo com a expansão da denominada buro-repressão, isto é, o controlo administrativo (e sancionador) das condutas identificadas como antissociais, sem necessidade de uma intervenção forte do ius puniendi, caso da conhecida Lei Mordaça; mas também com a proliferação da vídeo-vigilância, o controlo telemático, a identificação facial, a vigilância privada, a polícia de proximidade, as ordenanças municipais reguladoras do espaço público e até nas políticas de urbanismo dirigidas à reabilitação, em realidade gentrificação, de bairros históricos. Estas medidas, cada dia mais estendidas nas cidades, vilas e mesmo aldeias do nosso país ‒lembremos a modo de anedota a polémica em Castrelo do Val por uma regulação do trânsito de gado com sanções de 1.500 euros‒ são uma clara manifestação da negação do antagonismo da política: onde o cidadão em disputa polo exercício dos seus direitos muta num simples consumidor ou usuário dum serviço ou bem público que, voltando a Castrelo do Val, exige caminhar sem moléstias polas suas ruas, sem ter de se perguntar sobre o modelo de sociedade em que habita. Ao igual que se furta à sociedade perguntar-se como é que um moço como o Chema Naia pode acabar na prisão por participar num protesto social. |
PRAZA_18004 | O presidente constata no Parlamento que a inspección sanitaria abriu un expediente "para esclarecer" o acontecido no falecemento dun paciente no centro sanitario estradense e retruca ás esixencias de responsabilidades de Villares e Pontón acusándoos de "deteriorar" a sanidade pública HEMEROTECA | A familia do falecido no PAC da Estrada sen atención médica: "Esta é unha consecuencia palpable dos recortes" O presidente advirte de que non ve a TVG, pero "leo o que di sempre que podo" | HEMEROTECA | A familia do falecido no PAC da Estrada sen atención médica: "Esta é unha consecuencia palpable dos recortes"O presidente advirte de que non ve a TVG, pero "leo o que di sempre que podo"O pasado 4 de agosto un paciente que acudira ao PAC da Estrada para ser atendido dunha indisposición morreu sen recibir atención médica porque o único equipo médico dispoñible ese día nese centro de saúde tivera que saír para atender outra emerxencia. O propio Servizo Galego de Saúde admitiu horas despois os feitos que xa fixera públicos a familia do falecido e así tamén este mércores no Parlamento o presidente da Xunta, que ademais constatou que a inspección sanitaria ten en marcha unha investigación para "esclarecer se houbo algún problema na atención como consecuencia da organización do PAC da Estrada".O acordo en torno a cales foron os feitos é total, pero non así no que atinxe ás súas causas. Na primeira sesión de control tras o inicio do 'curso político' Alberto Núñez Feijóo tivo que enfrontarse a que dous dos tres voceiros da oposición, Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG), lle pedisen explicacións polo que consideran unha consecuencia directa dos "recortes", unha "vergoña" que "non pode volver suceder" mediante a garantía de que os Puntos de Atención Continuada teñan sempre dous equipos médicos dispoñibles, esixiron.O presidente constata que a inspección sanitaria ten aberto un expediente para "esclarecer" o acontecido no PAC da EstradaTras "lamentar profundamente o sucedido" o xefe do Goberno galego dixo non aceptar a "manipulación" que, do seu punto de vista, ambos grupos fan do suceso. Fíxoo nunha serie de respostas nas que deu en recorrer á intensa atención sanitaria que tiveron que recibir tras naceren prematuramente os fillos de Pablo Iglesias e Irene Montero, secretario xeral e voceira parlamentaria de Podemos."Agora que no seu partido saben moito de como se atende á xente nos hospitais, incluso aos prematuros", retrucou a Villares, En Marea debera ter en conta os "logros" da "atención sanitaria" no Sergas, que por exemplo destina "ata 100 persoas a atender un bebé prematuro cando hai unha necesidade". Neste sentido, Feijóo amagou con "ler" a carta que Iglesias e Montero divulgaron para agradecer o trato dado aos bebés na sanidade pública, toda vez que ao seu xuízo amosa que Iglesias "ten algo máis de cerebro ca vostede". Esa expresión valeulle o apercibimento do presidente da Cámara, Miguel Santalices.Feijóo cre Villares debera valorar os "logros" da "atención sanitaria", "agora que no seu partido saben moito de como se atende á xente nos hospitais, incluso aos prematuros""Un pouco de respecto polos feitos", reclamou Feijóo ao voceiro de En Marea antes de relatar a circunstancia ao que o propio Villares xa aludira: cando o paciente faleceu, "o persoal estaba regresando" de atender o traslado urxente ao que tivera que acudir a petición do 061 e da Garda Civil, detallou. Mentres, como marca o "protocolo", o propio 061 "coordina a atención" no PAC, que segundo Feijóo ese sábado tiña un só equipo porque un segundo médico, "previamente contactado", "entendeu que estaba destinado a outro PAC". O Sergas, relatou, "inmediatamente tentou contratar outro médico" pero "non o conseguiu ata o día seguinte". Pero "vostedes -reprochou- veñen manipular, deteriorando a sanidade pública".En Marea e BNG reclaman garantir que os PAC contan sempre con dous equipos médicos e abrir unha comisión de investigación sobre a morte no centro estradenseAlén de lamentar "a súa falta de elegancia ao falar de nenos prematuros", Luís Villares instou a centrar o debate en que "é inmoral que o Sergas non teña recursos humanos suficientes ao servizo da cidadanía" para atender servizos como os PAC. "Pero é que ademais é ilegal", advertiu, xa que "existe unha orde" do Sergas dende o ano 2008 que regula os plans funcionais dos PAC, documentos que inclúen "criterios para a cobertura das ausencias imprevisibles" do persoal. "O PAC da Estrada tiña este documento aprobado e prevía que tiña que haber dous equipos médicos, pero había só un", resolveu.Tanto Villares como Pontón remataron as súas preguntas lanzando propostas como a garantía dun "mínimo de dous equipos" nos PAC que, segundo En Marea e BNG, permitirían evitar a repetición do acontecido e esixiron aclarar estes feitos mediante unha comisión de investigación. O presidente obviou tanto as propostas como a petición; a inspección sanitaria sten as súas pescudas en marcha e a familia do doente, "toda a razón ao esixir xustia". "O que non estou disposto é a dicir cousas que son mentira e a manipular a realidade" como, cre, fixo a oposición neste caso. |
PRAZA_12510 | O BNG atribúe aos recortes a dimensión acadada polo incendio nas Fragas e o PP asegura que Feijóo aproveita a súa presenza en Madrid, no Comité Executivo do seu partido, para realizar xestións ante o Goberno central reclamando axuda para Galicia. | Ata onde chega a "responsabilidade" dos grupos políticos ante os incendios? Esta é a pregunta que deixan no aire as primeiras reaccións dos grupos parlamentarios galegos ante a catástrofe incendiaria das Fragas do Eume. Ao contrario do que acontecía nas crises incendiarias con Manuel Fraga no Goberno, o actual contexto ten a peculiaridade de que en poucos anos as tres forzas políticas pasaron polo Goberno e, polo tanto, as tres tiveron a misión de xestionar o operativo contra as lapas, pero tamén a de facer oposición mentres o monte ardía. Neste contexto, o grupo que sustenta o Goberno, o PP, lanzou este luns a mensaxe agardada, a da pechada defensa da xestión realizada pola Xunta, aínda que obviando o papel da súa propia formación cando quen sentaba en San Caetano eran un presidente socialista e un conselleiro nacionalista. "Reacción inmediata" e "colaboración exemplar" son os termos en que voceiro dos conservadores na Cámara, Pedro Puy, define o acontecido durante a fin de semana nun incendio no que en ningún momento houbo "escaseza de medios", mantén. Neste contexto, o parlamentario xustifica tamén que este luns o presidente da Xunta abandonase Galicia para acudir ao Comité Executivo do PP. En Madrid, na sede do seu partido e non en dependencias oficiais, Feijóo "está a realizar xestións" sobre o incendio. "Xa se entrevistou co ministro de Agricultura" e logrou o "desbloqueo de 150 millóns de euros para facerlle fronte á seca". Ademais, tamén sen saír da madrileña rúa de Génova, "vaise reunir co presidente do Goberno" para "formular unha proposta en firme para cambiar a reprobación penal dos incendiarios". Case á mesma hora, desde Madrid, o propio presidente reiteraba a mensaxe con idénticas palabras e engadía que as noticias que lle chegan dende as Fragas permiten albergar a esperanza de ter "boas noticias ao longo do día". O PP di que Feijóo aproveita a súa presenza na Executiva do PP en Madrid para realizar "xestións" ante o Goberno central, PSdeG e BNG acúsano de "agacharse" O portavoz popular tamén entraba, a preguntas dos xornalistas, de cheo na comparación na actitude dos conservadores no Goberno e na oposición. "Cando o país se enfronta a un inimigo común, que é un incendiario e hai persoas traballando arreo para minimizar os danos, empezar a falar de mobilizacións políticas dá unha imaxe dun comportamento irresponsable". A actuación da actual Xunta, ademais, asegura, non ten nada que ver coa do bipartito. Respondía así Puy á voceira socialista de medio rural, Sonia Verdes, que minutos antes vía "constatado" que Feijóo "xa ten o seu Prestige" e que "amosa a mesma ineficacia e descoordinación que cando Rajoy falaba de "hilillos de plastilina e as praias se enchían de chapapote". "Nin isto é o Prestige nin os danos son equivalentes", retruca Puy. Pero a benevolente avaliación dos populares non cadra coa da oposición socialista nin tampouco coa do BNG, que por boca da súa voceira parlamentaria, Ana Pontón, subliña que é compatible ser "respectuosos en relación cun problema estrutural como é do dos lumes" con advertir de que "o señor Feijóo non pode agacharse" de cales son "as súas responsabilidades polo desmantelamento" do operativo anti incendios e por "recortar 7 millóns de euros no servizo de extinción" e "20 millóns nas políticas de prevención". Nesta liña, socialistas e nacionalistas coinciden en reclamar a presentación inmediata dun plan de restauración para as Fragas do Eume e en criticar que non estea despregado o 100% do operativo contra o lume malia ás condicións "excepcionais" de seca que vén vivindo Galicia nos últimos meses. Do mesmo xeito, tampouco pasa desapercibida a "ausencia" do presidente cando as Fragas do Eume xa estaban a arder. "A prioridade era asistir a unha gala dun xornal", critica Sonia Verdes. |
PRAZA_3476 | No Estado español hai xa máis de 120 casos confirmados, pero Galicia é unha das tres comunidades autónomas (xunto con Murcia e Aragón) nas que aínda non se detectou ningún positivo. En calquera caso, para contextualizar o impacto real, cómpre lembrar que a gripe mata cada ano varias ducias de persoas en Galicia e motiva o ingreso hospitalario de máis de mil. | Galicia é unha das tres comunidades autónomas (xunto con Murcia e Aragón) nas que aínda non se detectou ningún positivoO número de afectados polo coronavirus segue a medrar en todo o planeta, e tamén no Estado español. Na tarde deste luns a cifra de casos detectados en España roldaba os 120, segundo a información oficial do Ministerio de Sanidade. Este luns rexistráronse ademais os dous primeiros casos en Portugal. En calquera caso, en España non houbo polo momento ningunha morte pola enfermidade e dos 120 enfermos totais, só revisten certa gravidade entre 5 e 10.Galicia é unha das tres comunidades autónomas (xunto con Murcia e Aragón) nas que aínda non se detectou ningún positivo. Madrid, con 32 casos, é a zona máis afectada, seguida da Comunidade Valenciana con 15, e Cataluña, Andalucía e Euskadi con 12.As persoas que sospeiten terse contaxiado co virus deben chamar por teléfono aos números habilitados, para que persoal médico acuda ao seu domicilio a realizar probasEste luns a Xunta reuniu á Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus e decidiu reforzar con 60 novos profesionais o persoal destinado a recoller mostras de coronavirus a domicilio, os equipos técnicos para realizar as probas en microbioloxía e os traballadores para a atención telefónica do 061.Ademais, hai uns días a Consellería de Sanidade puxo a disposición da poboación o teléfono 902 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. Sanidade subliña que tamén está dispoñible o 061 para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares. Polo de agora recibíronse 656 chamadas.A Xunta decidiu reforzar con 60 novos profesionais o persoal destinado a recoller mostras de coronavirus a domicilio, os equipos técnicos para realizar as probas en microbioloxíaO SERGAS estableceu un protocolo específico para as persoas que sospeiten terse contaxiado co coronavirus. Sinala que é importante que se contacte por vía telefónica con servizos sanitarios para que un equipo, formado por persoal de enfermería e persoal auxiliar, poda recoller mostras para analizar no seu domicilio, evitando en caso de infección a propagación do virus. Polo tanto, pide que se evite ir en primeiro lugar a un hospital ou centro de saúde.Ademais, recoméndase lavar as mans con frecuencia con auga e xabón cando menos durante 20 segundos e despois do contacto con secrecións respiratorias; así mesmo, tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano desbotable ou co interior do cóbado.Así mesmo, están a aplicarse numerosas medidas de prevención para evitar no posible a propagación da enfermidade entre uns e outros países. Por exemplo, a cerimonia anual do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que debía celebrarse este mércores en Bruxelas coa participación de varios rexedores galegos e da Conselleira de Medio Ambiente, foi suspendida por indicación da Comisión Europea.Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC, subliñaba hai uns días en conversa con Praza que "canto máis aguantemos se que o virus se propague, máis avanzaremos cara ao bo tempo, que axudará a que remita a incidencia da enfermidade e os seus efectos". Getal destacaba que se a enfermidade se estendese, habería que "organizar o noso sistema sanitario, como facemos todos os anos coa gripe estacional".Nos últimos dous meses morreron en Galicia 59 persoas que ingresaron no hospital enfermas de gripe. A maior parte eran moi maiores e non estaban vacinadasEn calquera caso, para contextualizar un chisco o alcance real da enfermidade, cómbre lembrar que a gripe mata cada ano en Galicia a varias ducias de persoas e motiva o ingreso hospitalario de máis de mil. Na actual campaña da gripe, que comezou en decembro e que está a piques de rematar, a cifra de falecidos entre as persoas que ingresaron no hospital con esta doenza sitúase nas 59, 25 deles directamente por gripe. En total, houbo 1.430 ingresos con gripe confirmada (957 xa dados de alta); dos que se ten información, 118 requiriron asistencia en UCI. Dos 59 falecidos, 55 tiñan indicada a vacina e 32 non estaban vacinados |
NOS_35148 | A quinta película de John Turturro coma director aborda o controvertido tema da prostitución masculina desde un punto de vista irónico e cunha recua de actores e actrices de alto nivel. | Título orixinal: Fading Gigolo Ano: 2013 Duración: 90 min. Nacionalidade: Estados Unidos Director: John Turturro Guión: John Turturro Fotografía: Marco Pontecorvo Música: Abraham Laboriel e Bill Maxwell Reparto: John Turturro, Woody Allen, Sharon Stone, Sofía Vergara, Vanessa Paradis, Liev Schreiber, Bob Balaban, Michael Badalucco, Max Casella, SINOPSE Fioravante (John Turturro) e Murray (Woody Allen) son dous amigos con graves problemas económicos. A pesar da súas avanzadas idades deciden tentar sorte no negocio da prostitución masculina, Murray coma proxeneta e Fioravante coma gigoló. A comunidade xudía do barrio non verá con bos ollos o inicio desta nova empresa. CRÍTICA A quinta película de John Turturro coma director aborda o controvertido tema da prostitución masculina desde un punto de vista irónico e cunha recua de actores e actrices de alto nivel. Para comezar Turturro firma o guión e tamén resérvase o papel principal de gigoló. O seu mentor é Woody Allen, nunha das escasas ocasións que fai só de actor e non dirixe. Para variar fai de si mesmo, cos tics típicos e humor mordaz, e tamén de proxeneta que se encarga de buscar os contactos ao improvisado gigoló. "Todo acontece moi rápido. Non hai apenas presentación de personaxes e van directamente ao grao. De súpeto xa son proxeneta e gigoló e conseguen mulleres con apenas chiscar os dedos". A cousa comeza de maneira bastante precipitada. Todo acontece moi rápido. Non hai apenas presentación de personaxes e van directamente ao grao. De súpeto xa son proxeneta e gigoló e conseguen mulleres con apenas chiscar os dedos. As influencias de Allen son notables no filme e por momentos parece un filme do director neoiorquino. Turturro calca planos, diálogos e mete música de jazz. Pero isto só é un espellismo. A música é demasiado intrusiva e non pega case nunca coas imaxes. O guión patina por todos lados e prefiro non falar do final porque senón me poño malo. Só algunha metáfora, un par de momentos puntuais e as actuacións de Vanessa Paradis e do propio Allen, salvan un pouco o conto. De feito a historia realmente xira entorno a Vanessa Paradis que interpreta a unha viúva xudía que segue rigorosamente os preceptos da súa relixión. Tras dous anos desde a morte do seu marido esperta á vida grazas ao gigoló que a trata coma a verdadeira muller que é. Con esta situación aproveita para criticar calquera tipo de adoutrinamento relixioso, aínda que se centra nos preceptos xudeus. De feito a comunidade xudía considerouna máis que ofensiva. Porén, volve a ser outro espellismo e todo acaba diluído nunhas situacións que acaban sendo inconexas e deixan ao espectador cun interrogante na cabeza. "O bo de Turturro máis que xogar a "aprendiz de gigoló" trata de ser "aprendiz de Woody Allen". Polo demais destaca a presenza de Sharon Stone ("Instinto Básico", "Casino") que se alía con Sofía Vergara ("Modern Family") para tratar de cumprir a fantasía de facer un trío. Pero cheira máis ben a que Turturro, que non é parvo aínda que o pareza, quixo xuntar a dous sex-symbols de xeracións diferentes (Stone dos 90 e Vergara na actualidade) para cumprir a súa propia fantasía. Por riba saíulle mal. En fin, trátase dunha película pequena e independente que tivo a premier no pasado Festival Internacional de Toronto. É moi probable que non se chegara a proxectar nos cinemas se non fora polo apadriñamento de Allen. O filme saca un par de sorrisos e ten algún momento de xenialidade pero iso é todo. Ao final todo o que puido ser bótao por terra nun dos desenlaces máis desastrosos que vin en moito tempo. O bo de Turturro máis que xogar a "aprendiz de gigoló" trata de ser "aprendiz de Woody Allen". Quizais fora ese o xogo de palabras que pretendía, pero o certo e que nin coma gigoló nin coma discípulo avantaxado de Woody Allen saca maneiras. Apuntou demasiado alto desta volta, quizais na próxima ocasión John... |
NOS_1400 | Segue sendo evocadora a construción de moitos poemas que se inician coa descrición de obxectos da vida cotiá ou paisaxes que revelan unha impresión. A partir desta confluencia entre o real e o subxectivo, o poema ábrese cara o final a unha reflexión sobre o comportamento humano que se fai universal. | Neste Any Gabriel Ferrater no que se conmemora a produción do intelectual cando se fan 50 anos da súa morte, ve a luz a tradución ao galego do seu poemario máis recoñecido, o que recolleu á volta de 1968 os títulos anteriores ao carón de textos novos. Tanto mérito ten o feito en si como a versión que realiza Manuel Outeriño, autor que mantén un certo paralelismo co catalán, ambos os dous poetas, tradutores e ensaístas. As mulleres e os días / Gabriel Ferrater (Tradución de Manuel Outeiriño) / Chan da Pólvora / 2021 / 22 euros / 474 páxinas Sobre a obra de Ferrater, e en xeral sobre a Escola de Barcelona, pouco máis se pode engadir ao que xa se leva dito. Mais a lectura desde outro marco temporal convértese nun exercicio curioso para entender como poden variar as recepcións. Segue sendo evocadora a construción de moitos poemas que se inician coa descrición de obxectos da vida cotiá ou paisaxes que revelan unha impresión. A partir desta confluencia entre o real e o subxectivo, o poema ábrese cara o final a unha reflexión sobre o comportamento humano que se fai universal. Complétase o círculo na brevidade de cada texto, aínda que hai algún bastante longo, ao unir o estímulo do material, a mediación do eu e a conclusión racional. O coñecemento que se convoca é fondo pero nunca grave. Prefírese a ironía ante un saber agudo do mundo e das persoas para facelo escorrer fácil, sen dramatismos. Asemade a sensualidade dos espazos rurais e mariños próximos ao Mediterráneo, como Cadaqués, opostos ao ruído da cidade e aos que se achega sen paternalismos, o proceso creativo ou o espírito do xograr medieval que divirte coa súa ollada paródica seguen sendo plenamente actuais, se é que a literatura pode deixar de selo. É outro dos temas centrais, precisamente o que lle dá título ao libro, sobre o que se pousou máis densamente o po do tempo. O obxecto muller é un dos elementos da realidade que provoca con máis frecuencia o pensamento. Un obxecto por veces ríxido, como sucede cando a muller é obxecto literario, un motivo máis do repertorio artístico aínda que aquí aparecen puntos de fuga, que conformaría ese "realismo crítico" onde se adoita integrar a Ferrater e que daría para un estudo demorado desde unha perspectiva contemporánea. Non obstante varíe a recepción, As mulleres e os días segue a ser unha obra fundamental, moi ben traducida e moi ben explicadas algunhas cuestións relacionadas con como se realizou a tradución, na que se respectaron contidos e aspectos formais, aínda que se agradecería un prólogo máis longo. O mellor é desfrutar da lectura cotexando o texto en catalán, que tamén se inclúe, coa versión de Outeiriño. |
PRAZA_5318 | A Asociación Galega de Apicultura cualifica de "catastrófica" a situación en Galicia e elevan a entre o 30 e o 40 por cento a taxa de mortandade anual, da que culpan aos insecticidas neurotóxicos | Nos últimos meses asistimos a algunha boa nova para as abellas e para a apicultura. A presión social, en Galicia e en toda Europa, levou á Xunta a deter as previstas fumigacións masivas, e á Comisión Europea a prohibir o uso de insecticidas neonicotinoides, pero só nalgúns casos e por un periodo de dous anos. Xa hai unhas semanas, en entrevista con Praza, Suso Asorey, secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), sinalaba que "o problema segue estando aí. A mortandade anual de abellas, que era dun 9 ou 10 por cento pasou a ser do 30 ou do 40 por cento debido a estes produtos". Explicaba que a medida adoptada pola UE "non é suficiente, é un parche que non vai solucionar o problema" e subliñaba que "non hai máis solución que promover unha agricultura sostible e compatible coas leis do medio ambiente. E eliminar estes praguicidas, que matan as abellas e outros polinizadores, que acaban coa biodiversidade e que fan que a agricultura actual sexa inviable pola falta de polinización". Lembraba que ao redor dun 84% das especies vexetais e un 76 % da produción alimentaria en Europa dependen da polinización por parte das abellas. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de denunciar que no pasado inverno, que vimos de abandonar, esa elevada mortandade das abellas se mantivo en cifras moi elevadas, cualificando de "catastrófica" a situación en Galicia A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de denunciar que no pasado inverno, que vimos de abandonar, esa elevada mortandade das abellas se mantivo en cifras moi elevadas, cualificando de "catastrófica" a situación en Galicia. AGA culpa do sucedido aos insecticidas neurotóxicos e sinala que a situación se mantén case inalterable dende que en 1994 apareceron no mercado estes produtos, que "están provocando unha situación de indefensión total por parte do sector apícola e levando a moitos apicultores a ruína". A asociación lembra que "está prohibido usar sementes de millo tratada con insecticidas (grans colorados)" dende o mes de decembro do ano pasado, polo que lles pregan "encarecidamente aos labregos que non usen estas sementes tóxicas para as abellas, medio ambiente e para a cadea alimentaria". De igual xeito, sinala que "estamos vendo agora mesmo, como nos campos se están usando masivamente herbicidas para preparar as leiras para a sementeira do millo, isto significa un envenenamento masivo das nosas terras e que sen dúbida pasará a cadea alimentaria". AGA esixe "a prohibición total destes insecticidas e unha política agraria totalmente diferente, basada nunha agricultura sostible e respectuosa co medio, na rotación de cultivos e na polinización como o factor determinante da nosa produción agraria". Préganlles aos labregos "que non usen estas sementes tóxicas para as abellas, medio ambiente e para a cadea alimentaria" A Comisión Europea vén de presentar os resultados dun informe sobre a mortandade das abellas durante o pasado ano. O estudo sinala que a mortandade é inferior á prevista, pero cómpre ter en conta que na súa elaboración non se tivo en conta o impacto dos pesticidas. A investigación tamén conclúe que situación é máis grave no norte de Europa e nas zonas frías e húmidas ca no Mediterráneo, se sinala o prexuízo causado polas intensas chuvias deste pasado inverno. |
PRAZA_9048 | Os promotores pedirán o apoio do Goberno local, de PSdeG-PSOE e de BNG para retirarlle a distinción, que lle foi concedida en 1968. | A distinción foille concedida en 1968Unha trintena de presos e presas políticas da ditadura franquista promoven unha iniciativa para que Manuel Fraga deixe de ser fillo adoptivo da cidade da Coruña. Este martes foi presentado un manifesto que pide a retirada desta distinción, que foi concedida o 24 de decembro de 1968. Entre os e as asinantes figuran Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Peña Rey, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez, Manuel Monge, Nicanor Acosta, Xan María Castro ou Xesús Díaz. O texto está aberto a novos apoios de de presas e presos, así como de historiadores, historiadoras e entidades.En representación do colectivo interviron en rolda de prensa: Manuel Monge, Nicanor Acosta, Manuel Villares e Xosé Manuel González Gómez, que anunciaron a solicitude dunha entrevista co alcalde da Coruña para pedir o apoio do goberno municipal á iniciativa, o mesmo que cos grupos municipais do PSdeG-PSOE e BNG.Así mesmo, o colectivo de presos e presas na ditadura ten solicitado participar no escano cidadán no Pleno municipal do vindeiro luns 14 de xaneiro. E, igualmente estuda a realización dun acto público na Coruña "para lembrar a biografía secuestrada de Manuel Fraga, ministro na ditadura e con case 40 anos de militancia no franquismo ou fascismo desde 1937".O manifesto alerta que "despois de 43 anos da morte do ditador Franco asistimos a unha ofensiva das forzas da dereita e ultradereita, todas con raíces franquistas, que poñen en perigo a democracia e as conquistas sociais" e pide "tolerancia cero co franquismo", subliñando que "ningún ministro de Franco pode seguir mantendo distincións honoríficas polos servizos prestados a unha ditadura criminal"."Se vivise hoxe sería citado a declarar como outros ministros da ditadura franquista, no marco da Querela Arxentina, por crimes contra a humanidade"O texto enumera unha gran cantidade de datos biográficos do ex presidente da Xunta, lembrando que "tivo unha traxectoria de máis de 35 anos de militancia franquista ou fascista" e que ocupou numerosos cargos de responsabilidade na ditadura ata chegar a ser ministro entre 1962 e 1969 e entre 1975 e 1976. E subliña que como membro do Goberno da ditadura "foi partícipe e cómplice de toda a política represiva que se aprobaba no Consello de Ministros: fusilamentos, cárceres, campos de concentración, despedimentos, exilio, Tribunal de Orde Público (TOP), graves violacións dos dereitos humanos, expedientes a xornalistas, peche de medios de comunicación e asasinatos de traballadores". Así mesmo, responsabilízao directamente do asasinato de cinco obreiros en Vitoria-Gasteiz en 1976 ou de dous persoas que asistían ese ano ao acto carlista en Montejurra.Como membro do Goberno da ditadura "foi partícipe e cómplice de toda a política represiva que se aprobaba no Consello de Ministros", lembra o textoO documento conclúe que Fraga "nunca manifestou arrepentimento nin pediu perdón polos crimes do franquismo. Se vivise hoxe sería citado a declarar pola xuíza arxentina María Servini, como outros ministros da ditadura franquista, no marco da Querela Arxentina, por crimes contra a humanidade, que non prescriben". "Como servidor do franquismo e ministro dunha ditadura criminal, Manuel Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de fillo adoptivo da Coruña", reitera.Relación completa de asinantesManuel Lourenzo Rafael Pillado Elvira Souto Xosé Luís Méndez Ferrín Manuel Peña Rey Celsa Díaz Cabanela Francisco Rodríguez Sánchez Manuel Monge Manuel Villares Nicanor Acosta Marisa Vázquez Barquero Xan María Castro Xesús Díaz Díaz Alfonso Tellado Luis Moya Luis Alonso Álvarez Enrique Veira Marisol García Juárez Manuel Bermúdez "Chao" Gonzalo Porto Sary Alabau Antón Martínez Aneiros Elisardo González López Raúl Pillado Vicente Couce Luis González López "Ferreiro" Anxo Currás Teresa González Grande José Manuel González Gómez |
NOS_17252 | A Mesa Sectorial Docente non Universitaria reuniu en Compostela as organizacións sindicais do ensino e mais o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo. | A Mesa Sectorial Docente non Universitaria reuniu na mañá desta terza feira, 13 de abril, en Compostela as organizacións sindicais do ensino e mais o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo. Do encontro desprendeuse que a Xunta publicará este ano unha oferta de emprego público con 1.604 prazas no ensino das que máis de 85% serán de novo ingreso, en total 1.372. Así, son 4.498 prazas entre as ofertas de 2020 e de 2021 e as probas deste ano desenvolveranse en 2022, xa que para agora están pendentes as que non puideron realizarse en 2020 por mor da Covid-19. A este respecto, o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, indicou que non se pode falar de "marxe de negociación" posto que hai unha limitación imposta polo Estado, "coa taxa de reposición de 110%". Á luz dos datos, o sindicato considera que "hai moitas prazas en especialidades de FP onde se están a ofertar tantas, ou máis prazas, como interinas hai a traballar", o que implica un nivel de competencia que fai que as persoas interinas estean en desvantaxe. Coas ANPA en contra A mesa sectorial continua na cuarta feira, 14 de abril, coa proposta de cambio no calendario escolar para modificar no curso 2021/2022 as datas dos exames de recuperación do alumnado de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Básica e realizalos no mes de xuño. Mentres desde a Xunta se explica que "o obxectivo do cambio é o de darlle ao alumnado maiores probabilidades de aprobar", as asociacións de nais e pais, lideradas por Confapa-Galiza e Anpas Galegas, trasladaron o seu rexeitamento á medida e censuraron que o Goberno non contara coa opinión das familias. Segundo Confapa-Galiza, "ao non incluír unha ampliación do calendario escolar, a avaliación coincidirá nos días lectivos e a mocidade terá que afrontar unha atropelada preparación" das probas extraordinarias. Anpas Galegas afirmaron que a medida supón "introducir á forza" unha segunda convocatoria e "eliminar de facto a posibilidade" de moito alumnado de superar o curso. Falan as opositoras Desde #opos2021xustasparatodxs denuncian que a convocatoria de 2020 se escudara na "blindaxe" das listas, cando a tres meses para as oposicións, aínda non foron publicadas. A plataforma defende que a "blindaxe" era falsa e que se abriu prazo de inscrición como ferramenta electoral de cara aos comicios de xullo de 2020. |
NOS_14427 | "O poder xudicial mobilizouse contra os migrantes que buscaban refuxio ao servizo das políticas migratorias", cuestionaron desde a Asociación Marroquí de Dereitos Humanos. | A Xustiza marroquí vén de condenar trece persoas migrantes a dous anos e medio de prisión após tentaren saltar o valo de Melilla o pasado 24 de xuño, que se saldou con entre 23 e 37 falecidos, segundo distintas fontes. Os medios marroquís fixéronse eco nesta quinta feira da decisión do Xulgado de Primeira Instancia de Nador. Primeiras vítimas após o acordo entre España e Marrocos: Ascenden a 37 os mortos ao tratar de saltar o valado de Melilla "Dous anos e medio de prisión e 10.000 dírhams —uns 955 euros ao cambio actual— de multa contra os trece migrantes xulgados pola Corte de Apelacións de Nador. Veredicto moi duro que mostra como o poder xudicial se mobilizou contra os migrantes que buscaban refuxio ao servizo das políticas migratorias", cuestionaron desde a Asociación Marroquí de Dereitos Humanos (AMDH-Nador). Xa en xullo, a Xustiza marroquí condenara 33 migrantes a once meses de cadea por "organizar e facilitar a saída e entrada ilegal de persoas en Marrocos, por insultar os funcionarios públicos no exercicio das súas funcións e por exercer violencia contra eles, así como por desobediencia". Ás 8.40 horas do 24 de xuño, un grupo de máis de 500 persoas iniciaron a entrada a Melilla após rachar cunha cisalla a porta de acceso do posto de control fronteirizo de Barrio Chinés, saltando polo tellado do mesmo. Centos de persoas lembran as vítimas do "masacre" de Melilla e urxen unha investigación independente A AMDH denunciou por aquel entón que, tras os enfrontamentos, as forzas de seguridade marroquís maniataron e amontoaron os migrantes inmobilizados no chan das rúas do Barrio Chinés da cidade de Nador, unhas imaxes que deron a volta ao mundo. O salto ao valo de Melilla en xuño foi o primeiro destas características desde a normalización das relacións entre o Estado español e Marrocos en abril de 2022, tras o xiro de posición do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sobre o Sahara Occidental. Cómpre lembrar que a comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Interior (LIBE) do Parlamento europeo solicitou o pasado xullo a comparecencia de cara ao outono do ministro do Interior español, Fernando Grande-Marlaska, para explicar a actuación do Estado español aquel día. |
NOS_44135 | O Trío do Acivro non é unha formación ao uso. Á frauta traveseira está Luís Soto, frauta da Real Filharmonía de Galicia e membro do TAC (Taller Atlántico Contemporáneo); ao violín está o seu fillo Lucas; e ao violoncello a súa filla Cecilia. E todos os nadais ofrecen un concerto didáctico na biblioteca Ánxel Casal de Compostela. A cita é mañá quinta feira ás 18.30 horas. | - Como comezastes co Trío?- Todo comezou hai nove anos cando a Biblioteca Ánxel Casal comezou a facer actividades participativas, e como eu xa facía cousas en garderías e así, empecei no Nadal a facer o que eu lle chamaba "Unha frauta chea de contos" e logo Lucas, que ten agora 12 anos, comezou a vir comigo co violín, máis tarde apareceu Cecilia. E como trío este é o terceiro ano que participamos. É un concerto divulgativo, participativo, onde os rapaces están convidados a tocar o seu instrumento. Tocamos xuntos, os meus fillos explican os seus instrumentos e eu invéntome un conto para os máis cativos, utilizando sempre a música como elemento engadido. Digamos que argallo un conto musical. - Xa vexo que lle meteches o becho da música aos teus nenos desde pequenos. - Si, non porque eu sexa músico, senón porque sempre considerei a música un elemento básico na educación de calquera persoa. Como elemento formativo é absolutamente fundamental, porque considero que a música é sobre todo escoita, e despois, nos máis cativos, inclúe unha destreza. Os meus fillos teñen a música como formación, como profesión xa serán eles os que decidan. Para ser profesional, a parte de ter moitas ganas e moito tesón, é necesario ter unhas dotes especiais, pero para ter unha formación non é preciso ser un superdotado. Sempre considerei a música un elemento básico na educación de calquera persoa - O Trío Acivro non ofrece máis concertos ao longo do ano?- É unha boa pregunta porque é algo no que me custa tomar unha decisión. De momento tocamos nalgunha gardería de amigos que mo piden. Excepcionalmente este ano pasado estivemos no Festival de Cans dentro do MiniCans, eu son de alí de pertiño, e non lle souben dicir que non. A cuestión é que tivo moito éxito e quérenme enlear de novo. Digo isto porque é moi delicado o que fago cos meus nenos. O da Biblioteca mantéñoo porque xa é algo que forma parte das nosas vidas, pero resúltame moi difícil sacalo dese entorno. O ano pasado Uxía enleoume para tocar en Mos, e fixemos algunhas cousas máis moi puntuais, pero sacalo de aí resúltame moi complexo. Só o facemos en entornos educativos, divulgativos e, por suposto, sempre dun xeito xeneroso e gratuíto. Ten que ter un elemento de colaboración, porque no fondo eu tamén estou educando os meus fillos. E tento educalos na xenerosidade e en compartir aquilo que podemos, de aí que participemos de forma tan entusiasa na Biblioteca. É un xeito de devolverlles á Ánxel Casal que ela nos presta a nós. Eu non dispoño de cartos, pero si de coñecementos musicais e de dous rapaces que poden ser dalgún xeito exemplo. E, de feito, todos os anos participo nas escolas dos meus fillos e sei de varios casos que hoxe tocan a frauta porque me escoitaron tocar a min alí. Ese é o mellor pago que nos poden facer a nós. Só o facemos en entornos educativos, divulgativos e, por suposto, sempre dun xeito xeneroso e gratuíto. Ten que ter un elemento de colaboración, porque no fondo eu tamén estou educando os meus fillos. - Son concertos didácticos. Como reaccionan os nenos diante da música clásica?- Dun xeito natural, porque tamén é presentado de xeito natural, non hai artificios. O problema da sociedade actual é que a música non existe no entorno das persoas, máis que como unhas pingas que van caendo. Nos entornos familiares a música clásica apenas entra, e descoñécense as virtudes que ten tocar un instrumento. Un director de orquestra moi coñecido dicía: "dálles aos nenos un instrumento, calquera instrumento, permítelle que se exprese". O noso obxectivo é que veñan a tocar con nós, tocan a miña frauta de ouro de miles de euros, proban o violín de Lucas e o violoncello de Cecilia. E probablemente algún deles chegará á casa e dirá: "papá, quero tocar un instrumento". Ese é o único obxectivo. - Tamén convidades aos nenos a unirse cos seus instrumentos. - Decateime de que un elemento moi importante. Eu levo 18 anos indo aos coles e pídolles que leven o instrumento, porque tocar un instrumento de clásica é unha singularidade, normalmente fano dous ou tres por aula. Iso singularízaos positivamente, porque de 20 xogan ao fútbol 18, pero un instrumento de 20 tócano 2. E iso enorgulléceos e engrandéceos diante da aula. E reciben o respecto da aula, senten como un orgullo propio. E na biblioteca acontece o mesmo, é como un agasallo para eles poder subir a un escenario. |
PRAZA_11526 | Pretender obter os recursos dun territorio desprezando a súa idiosincrasia é un conto vello, tanto coma o desprestixio que xeran as denuncias públicas dos contestatarios, eses cidadáns que ás veces, como resposta ante o agravio e as actitudes irrespectuosas, deciden non contestar. | Sucedeume o xoves 14 sobre as oito do serán. Recibo unha chamada da Axencia de Investigación de Mercados Ipsos; o motivo da comunicación -en castelán- é a realización dunha enquisa sobre a imaxe das compañías eléctricas entre a poboación. Tomo a decisión de acceder ao cuestionario e rógolle á operadora que me pase con alguén que poida efectuar a devandita enquisa en galego. Chega a resposta desconcertante: -Non mo permiten. Podería falarlle en galego porque son de Ourense, mais non nolo permiten.A operadora pronuncia as inquietantes palabras nun castelán que pugna por avanzar cara ao galego, e nos últimos sintagmas da frase predomina xa a lingua vernácula de emisora e receptor. Agardo que tal alarde de sinceridade non lle teña custado unha admonición dos seus superiores.Explícolle que está chamando a un territorio cunha lingua de seu, e polo tanto, se a súa empresa desexa realizar negocios ou sondaxes nesta comunidade, deberá contar con persoal formado no idioma propio da mesmaDeclino responder o cuestionario e a operadora ourensá despídese cun "Síntoo moito", xa en perfecto galego. Espero que tal ousadía non lle teña custado o posto de traballo.Nalgunha outra ocasión teño refusado participar en enquisas telefónicas por cuestións idiomáticas, mais o razoamento da operadora en cuestión fora ben diferente, pois a imposibilidade de comunicación na miña lingua aparecía vinculada á ausencia de galegofalantes no cadro de persoal. Indefectibelmente, cada vez que unha operadora ou operador require a miña atención -sempre co obxectivo de coñecer a miña opinión ou de me gañar como cliente- explícolle que está chamando a un territorio cunha lingua de seu, e polo tanto, se a súa empresa desexa realizar negocios ou sondaxes nesta comunidade, deberá contar con persoal formado no idioma propio da mesma.No caso de que a comunicación en galego non sexa posíbel, a enquisa tampouco o será pola miña parte, e moito menos a adquisición dun produto ou a contratación dun servizo. Non exixo nada extravagante nin inalcanzábel, tan só a mesma actitude mostrada polas empresas galegas no exterior, as cales empregan os idiomas precisos para comerciaren nos territorios onde se asentaron coa intención de ampliaren mercados. Poñamos un exemplo: Cando un madrileño vai comer unha ración de polbo á feira ao restaurante Terra a nosa!, situado a carón da Plaza Mayor de Madrid, non é atendido en galego senón en castelán, por moitos argumentos identitarios que incen o ambiente. As razóns son evidentes: Aos responsábeis do negocio hosteleiro interésalles facérense entender, e xa contemplando cuestións legais, a comunidade autónoma en que ofrece servizo o devandito estabelecemento, asume o castelán como lingua oficial.Cómpre estarmos alerta e fixármonos no modo de contactar das sociedades mercantís, por se outras empresas tamén decidiron asumiren o risco de perderen clientes a cambio de alentar o supremacismo lingüísticoIgnoraba eu que a deriva totalitarista á que asistimos no ámbito político fose traducirse tan axiña na vida cotiá, mais cómpre estarmos alerta e fixármonos no modo de contactar (publicidade, comercio electrónico, campañas telefónicas…) das sociedades mercantís, por se outras empresas tamén decidiron asumiren o risco de perderen clientes a cambio de alentar o supremacismo lingüístico. Non sei até que punto a legalidade vixente ampara as prácticas da compañía Ipsos, pois a prohibición de falar un idioma cando un usuario o demanda e a persoa empregada o coñece, supón unha evidente mostra de apartheid idiomático, e en definitiva unha grave vulneración dun dereito básico: A libre expresión na lingua propia.O apartheid é un sistema destinado a separar e illar, e por tanto, propicia que unha parte da cidadanía se vexa segregada a causa do seu patrimonio lingüístico e por extensión do seu patrimonio cultural. Non é esta unha maneira de practicar o criticadísimo separatismo? E por riba desde unha instancia poderosa como o é unha multinacional. Censurar o uso das linguas non é máis ca converter a ignorancia en virtude, pois unha operadora que ten a capacidade de conectar mellor e con máis familiaridade coa poboación dunha determinada comunidade, debería ser incentivada e xamais limitada no seu labor.Supoño que o departamento de recursos humanos da Ipsos, no canto de valorar o coñecemento de idiomas, penalizará certas competencias durante as entrevistas de traballo, optando por contrataren preferentemente os máis ignorantes. Pretender obter os recursos dun territorio desprezando a súa idiosincrasia é un conto vello, tanto coma o desprestixio que xeran as denuncias públicas dos contestatariosIsto non é novo, sabedoría e talento non sempre supuxeron unha óptima carta de presentación en determinados lugares e momentos; vénseme agora á mente o famoso e cuestionado ¡Muera la inteligencia!, bramado no afastado –ou non tanto?- 1936, ano en que o idioma galego xa se dota dunha lexislación oficializadora a través do primeiro Estatuto de Autonomía.Obstaculizar as conversas en determinadas linguas e adoptar a imposición como política de empresa non di nada en favor da Ipsos, pois, pretender obter os recursos dun territorio desprezando a súa idiosincrasia é un conto vello, tanto coma o desprestixio que xeran as denuncias públicas dos contestatarios, eses cidadáns que ás veces, como resposta ante o agravio e as actitudes irrespectuosas, deciden non contestar. |
NOS_49962 | O Portal das Palabras abriu o prazo para escoller a Palabra do Ano 2019, comezando polas propostas populares das verbas aspirantes. Após votación, a escollida darase a coñecer 27 de decembro. | O Portal das Palabras vén de abrir o prazo para presentar verbas aspirantes a se converteren na Palabra do Ano 2019. A elección colectiva do termo que mellor resuma a realidade que marcou os últimos doce meses constará de tres fases. A primeira delas, na que calquera persoa poderá enviar as súas suxestións, permanecerá aberta até o domingo 15 de decembro ás 23:59 horas nesta ligazón. De 16 a 25 de decembro, someteranse a votación telemática os termos máis repetidos. A sexta feira 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2019. Desde 2014, o Portal das Palabras escolleu as verbas que resumen o sentir da sociedade ao longo de 5 anos: deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —no centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014). |
NOS_12843 | A mediados do mes de xaneiro chegarán ás librarías de todo o país as novidades editoriais de Rinoceronte Editora. | A mediados do mes de xaneiro chegarán ás librarías de todo o país as novidades editoriais de Rinoceronte Editora. Trátase de Deshonra, do autor surafricano J.M. Coetzee; Adiviñas medievais do Libro do Exeter, de autoría anónima; e a escolma lírica Poemas, da artista xaponesa Chika Sagawa. A obra de J.M. Coetzee, Deshonra, conta a historia dun profesor de poesía romántica na Universidade de Cidade do Cabo, David Lurie, que ten unha impulsiva aventura cunha alumna até que é denunciado e o convocan a unha comisión de investigación. Lurie quere admitir a culpa pero négase a amosar o seu arrepentimento publicamente, así que decide marchar e visitar a súa filla na granxa na que vive. Adiviñas medievais do Libro do Exeter é un compendio de enigmas a modo de poemas que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso descrito de modo misterioso e, xeralmente, lúdico. Trátase dunha gran tradición presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da historia. Na literatura anglosaxona os enigmas son parte indispensábel dos recursos estilísticos da poesía do inglés antigo e, de feito, unha das súas figuras retóricas máis utilizadas, os kenningar, eran metáforas a modo de adiviñas en miniatura. Alba Doval encargouse da tradución da escolma Poemas, da escritora xaponesa Chika Sagawa, en cuxa obra dominan os elementos da natureza, a vida urbana da cultura occidental, como oposición, e a presenza da morte. Trátase ademais, dunha temática carente de connotacións femininas que dista moito das poetas xaponesas da súa época, e emprega convencións modernistas, que tratan de romper coa idea de que a linguaxe debe ser un cristal claro e transparente. |
NOS_53291 | A xestación subrogada ou ventre de alugueiro, as propias definicións indican un posicionamento, a debate. A nova entrega da sección 5x2, que Sermos Galiza impulsa para conmemorar o seu V Aniversario reúne Aurora González, da Asociación pola Xestación Subrogada, e Ximena González, activista do movemento feminista. | Sermos Galiza. Xestación subrogada ou ventre de alugueiro, até a propia definición que se empregue non é neutra, indica un posicionamento. Cales son os argumentos dunha e doutra sobre este proceso? Aurora González. Cremos que xestación subrogada é o termo a empregar porque é o que se utiliza nas leis e técnicas de reprodución asistida, é o termo xurídico. Falar de ventre de alugueiro insulta as familias que tiveron que recorrer a esta técnica, tamén os nenos que naceron grazas á mesma. Hai dous tipos de lexislación sobre a xestación subrogada, unha de carácter altruísta e outra comercial. Pensamos que no Estado español se pode regular perfectamente esta primeira, a altruísta, garantindo sempre que as mulleres que se ofrezan para xestar para outros non estean nunha situación de necesidade económica, senón que a motivación sexa a de xenerosidade, boa vontade. A nosa proposta de regulación é a mesma que contempla para gametos a lei de técnicas de reprodución asistida, que tamén estabelece que sexa unha doazón altruísta e estabelece unha compensación polas molestias e danos que pode xerar para os doantes. Nós propoñemos que estea sempre supervisada pola administración pública, que comprobaría a situación socioeconómica, física e psicolóxica das mulleres que se ofrecen para ser xestantes. Ximena González. É certo que en función da terminoloxía que se adopte escóllese unha posición. Cando nos referimos a ventres de alugueiro non estamos minimizando as mulleres que se someten a esta práctica, senón que sinalamos o que se está a facer exactamente. Entendemos que non é un simple modelo de reprodución, é un modelo que pasa polo filtro do mercado. Na maioría dos casos non hai altruísmo. Quen garante que non hai unha transacción económica? Quen decide cal é o límite da necesidade á que pode estar sometida unha muller para ir a esta práctica? Moito temo que vai ser o sistema capitalista quen decida e sabemos por experiencia que o sistema non decide nunca en favor das mulleres. Ximena González: «O ventre de alugueiro é un negocio a costa do corpo das mulleres» Non é casual tampouco que a maioría das axencias que interveñen como intermediarias nestes procesos recoñezan que naqueles países onde está regulado por altruísmo non se atopan case xestantes, e naqueles países con máis necesidades económicas é onde esta práctica é unha saída. Por que non pensar en modelos de adopción? Mellor regulados, máis rápidos, máis doados, para que todas esas crianzas poidan ter acceso a un fogar. As nenas e nenos teñen dereito a unha familia. Aurora G. Agradecería que non se metese as axencias nisto, porque nacen para lucrarse aproveitando que hai unha necesidade e teñen, en moitos casos, ben pouca preocupación polas mulleres ás que van recorrer noutros países para ser xestantes. Por outra parte, a adopción é un mecanismo de protección para a infancia e, en todo caso, a responsabilidade de adoptar as crianzas é de todos e non só das persoas que teñen problemas de reprodución. Ximena G. Eu o que non acabo de comprender é o porqué dunha técnica como o ventre de alugueiro, que supón someter un ano de vida dunha muller. Aurora G. Do que estamos a falar é de colaboración social, como a doazón de sangue, de gametos ou de medula, por exemplo. Hai xente que abandona o seu país e estilo de vida cómodo para ir a países en guerra ou do terceiro mundo a axudar a xente. Ximena G. Os países terceiromundistas son os que fornecen os mercados de ventres de alugueiro. Ou países do leste de Europa, como Ucraína, que están a colocar mulleres e corpos ao servizo dunha demanda de Occidente. Aurora G. Nós non somos Ucraína. Aquí as mulleres temos unha situación máis estábel social e economicamente. Resúltame chocante que empreguedes eses argumentos das axencias... Ximena G. As axencias tamén operan en países onde está recoñecida esta práctica como altruísta. Aurora G. En Ucraína e Rusia está aprobado como comercial. Ximena G. Mais no Canadá ou Reino Unido está aprobado como altruísta e tamén hai axencias que se benefician economicamente... É un negocio. Aurora G. A xestación subrogada pódese regular sen que sexa un negocio. Moitas das axencias deixarían de existir, existen precisamente para parellas españolas que teñen posibilidades económicas. Nós temos unha proposta de regulación. Propoñemos que se cree un rexistro de xestación subrogada, que teña unha base de dados de mulleres que queiran ser xestantes e que poñan en contacto as familias que queiran iniciar o proceso. Ximena G. Iso suporía abrir unha porta a que se empreguen eses espazos como unha saída económica. Noutros países onde se regula desta maneira hai un 'mercado negro' de ventres de alugueiro. Aurora G. Non habería mercado negro, a finalidade do proceso é que naza un neno que se vai inscribir nun rexistro como fillo dunha nai e un pai e isto no Estado español non se pode facer nun cuarto fechado, sen que ninguén o saiba. Ximena G. Pódese facer de forma altruísta para fóra mais despois pode recibir cartos por outra vía. Nun país onde hai mulleres en situación de pobreza é moi complicado que iso non aconteza. As propias axencias recoñecen que é case imposíbel atopar mulleres que fagan isto de forma altruísta. Aurora G. O ano pasado máis de 400 mulleres residentes no Reino Unido foron xestantes para outras persoas... Ximena G. Estamos falando de 400 no Reino Unido, onde viven millóns de persoas. Eu o que cuestiono é a posición de inicio, esa necesidade de someter unha muller a un ano de cambios físicos para ter unha crianza. A maternidade non é un dereito, é unha oportunidade, unha experiencia que se pode ter na vida, non é imprescindíbel, podemos vivir perfectamente sen pasar por esa experiencia vital. E non é un dereito que poida pasar por riba dos demais, que poida someter corpos doutras mulleres. Repito, non sei por que a adopción non é unha opción. Porque o ventre de alugueiro o que fai é someter o corpo dunha terceira persoa. E aí está o límite, o que cada quen faga co seu corpo, perfecto, mais que para que uns poidan ter unha escolla deban someter unha terceira persoa, non. Aurora González: «A xestación subrogada é un proceso que se regula con absoluta garantía para as mulleres» SG. A falla de regulación no Estado español non evita que haxa demanda e que esta non busque satisfacerse noutros países... Mais regular sería o mellor? Ximena G. Unha cousa, as parellas de aquí recorren máis a países onde o ventre de alugueiro implica un pago económico que a aqueles que teñen unha regulación deste sistema como altruísta. Isto fornécese porque hai mulleres con necesidades económicas. Aurora G. O das mulleres con necesidades económicas é moitas veces un mantra que dicides. En moitos países para ser xestante tes que pasar moitos filtros: de estado de saúde, psicolóxico, situación socioeconómica... Non se lles permite xestar para outros se están en situación de necesidade. De feito, dáse a circunstancia de que pais españois teñen menos ingresos que as mulleres que xestan para eles en California. A diferenza entre que unha parella de aquí vaia a Ucraína ou vaia a California e o Canadá é, por unha banda, que Ucraína é un país homófobo, polo que as parellas do mesmo sexo non poden ir. Segundo, que non todos teñen os 120 mil euros que custa nos Estados Unidos, porque alí a sanidade é privada e non pública, como en Ucraína, por exemplo. Ximena G. En Ucraína tes ofertas de ventres de alugueiro por 30 mil euros! Aurora G. O Parlamento europeo manifestouse contra a maternidade subrogada forzosa e suxire aos Estados membros que revisen as súas lexislacións restritivas para evitar ese movemento para buscar a xestación en países do leste europeo. Se no Estado español tivésemos unha regulación, as familias non terían que ir a Ucraína e poderían facelo aquí, moitas veces cunha muller do seu entorno, unha familiar, unha amiga... Ximena G. Estamos a colocar no mercado o valor dun ano de vida dunha muller. Cando se fala dos corpos, eu defendo a liberdade das mulleres a decidir sobre os seus corpos. Mais tamén digo se esas decisións non poden colocarnos a todas nunha posición de indefensión. O que pasa con esta cuestión é como coa prostitución, e non quero comparar, cítoo a respeito do uso do corpo. Pode que nos países ricos poidamos escoller que o noso corpo sexa alugado para o pracer masculino mais abrir esa porta significa que miles de mulleres en todo o mundo se coloquen nunha posición de escravitude sexual. O propio comité de bioética recomendou que esta cuestión que estamos a tratar ten que se dirimir a nivel internacional. De non se facer así, o único que se fai é desprazar o mercado. O capitalismo ten unha lóxica e emprégaa para todo: cando se regula dunha maneira que non lle convén nun sitio, deslocalízaa. E con isto da xestación actuaría como con calquera outro negocio, porque iso é o que fai dela, un negocio. Aurora G. O comité de bioética do que falas é o mesmo que se puxo a favor da reforma do aborto de Gallardón, o mesmo no que un dos seus membros dixo que a homosexualidade é unha enfermidade. Non ten moita credibilidade. A xestación subrogada non vai contra os dereitos humanos. É un proceso que ten que ser regulado con absoluta garantía para as mulleres, cumprindo os principios básicos da bioética: beneficencia, autonomía e xustiza. Garantindo en todo o proceso a liberdade e autonomía da muller, a voluntariedade e a vontade de axudar. SG. Ten o feminismo unha posición común a este respeito? Ximena G. O feminismo non é partidario dos ventres de alugueiro nin da súa regulación. Aurora G. Non estou de acordo. Eu tamén son feminista e non concordo co que dis. Ximena G. Na Galiza todas as plataformas feministas organizadas xa se posicionaron en contra deste proceso de intentar lexislar os ventres de alugueiro. Aurora G. Quero que as mulleres que libremente deciden axudar outras xestando poidan facelo, con todas as garantías. E quen non queira, que non o faga. Temos unha lei do aborto e non por iso estás obrigada a abortar. A maternidade SG. En varias ocasións enmarcades o tema de debate noutro como é o da maternidade... Ximena G. Pero é que ese debate ten a ver con este no que estamos! Vivimos nun sistema no que se nos di ás mulleres que para realizarnos na vida debemos ser nais... Se nos someten a esa presión social de ser nai, no momento en que non podes... Sen esa presión social non iríamos a este tipo de métodos. Aurora G. Ter fillos non é un dereito, pero intentalo si. E éo desde que no Estado español temos a lei de reprodución asistida que permite axudar as persoas en situación de infertilidade e desde que temos un sistema de Seguridade Social que cobre eses tratamentos. Por certo, e engado, eu fun nai porque me deu a gana, non por imposición social. Se falamos de mulleres que poden xestar, e poden xestar para outra persoa, porque non lle supoñen problemas nin incomodidades, e así poden axudar outra persoa, por que non podo? Igual que son doante de medula, de sangue e de óvulos. Ximena G. Pero estás a falar no ámbito familiar, de relacións. Non serían dúas descoñecidas. Iso é outro vínculo e unha lexislación diferente. Aurora G. E que estades fechadas en non permitir que se lexisle. Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 249, publicado a 8 de xuño de 2017. |
NOS_22953 | Nin os sindicatos, nin os empresarios nin ningunha das tres forzas política da oposición darán o visto bo a uns orzamentos que hoxe pasan o seu último trámite no pleno do Parlamento. A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convocou unha nova concentración mañá martes ás 12 ás portas do Pazo do Horreo. | Criticados nos debates previos parlamentarios por antisociais, polo seu recorte nos dereitos e servizos públicos e por non sentar as bases para a creación de emprego, as contas da Xunta inician hoxe o seu último trámite no Parlamaento nun pleno que rematará coa súa aprobación cos votos en solitario da maioría absoluta do PP. Milleiros de persoas manifestáronse o pasado xoves en distintas cidades galegas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos que calificaron os orzamentos como os máis destructivos de dereitos e servizos dos aprobados até o momento mais a esas voces críticas vén de se sumar o presidente dos empresarios galegos, Antonio Fontenla que, en entrevista coa cadea Ser, afirmou que as medidas promovidas polo PP e, de maneira especial, os orzamentos para o presente ano, non están a contribuir á creación de emprego. As forza da as oposición, PsdeG—PSOE, AGE e BNG coincidiron á hora de criticar que as contas do goberno da Xunta non están encamiñadas á loita co desemprego e que se desbotaran algunhas das medidas presentadas como a maior carga fiscal a quen máis ten. Os fortes recortes en políticas sociais e servizos públicos son tamén algunhas das razóns que levarán á oposición a non dar o seu voto positivo a unhas contas que comezan hoxe a súa tramitación final no Parlamento. O PP deféndese dicindo que son estes os orzamentos que menos decrecen de todas as comunidades autónomas. A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denunciou que estes orzamentos son o "toque de graza" para a destrución de servizos como sanidade e educación e afondan no proceso de privatización. . Só en ensino, os orzamentos disminúen un 30% con respecto ao 2009, e un 6,6€ en relación co ano anteior. |
PRAZA_15742 | Unha corentena de plataformas municipalistas acordan na Estrada iniciar o proceso para "explorar" a conformación dunha candidatura para os comicios galegos con "máis participación" e "confluencia máis ampla". | "Traballar con tempo para facer as cousas mellor". Unha corentena de 'mareas' municipais reuníronse este sábado na Estrada para exploraren o papel que poden xogar cara á constitución dunha forza de confluencia cara ás eleccións galegas que lle "dea continuidade" ao que supuxo En Marea nos recentes comicios xerais, pero con máis "participación" e "amplitude" e, asemade, "adiantándose" para que un eventual anticipo electoral non impida "facer as cousas ben" no que atinxe á realización de programas electorais e elección de candidaturas. Santiago Lamelo, da Marea Atlántica, resume deste xeito as liñas xerais do abordado nunha xuntanza na que participaron arredor de 150 persoas á procura dun primeiro "calendario de traballo" unha vez constatado o "desexo común" de "facer máis ampla a confluencia". Os resultados das municipais e das xerais, afirma, permiten afirmar que unha candidatura o suficientemente ampla pode "rebordar" o xa acadado ata "tomar a Xunta" cando Alberto Núñez Feijóo decida convocar os comicios. As plataformas municipais apostan por "facer máis ampla a confluencia" A incerta data electoral é un dos motivos polos que as plataformas municipalistas instan a non demorar o traballo. "Non sabemos as datas, poden ser no outono" pero tamén "en maio", resalta. Por iso cómpre baixar "canto antes" ao "concreto", tanto no que atinxe á "metodoloxía" e vías de participación como á conformación dunha proposta programática. Ese, indica lamelo, é "o sentimento xeral" das persoas que participaron, entre as que se atopaban os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol, "compañeiros que simbolizan que o traballo ben feito ten recompensa", indica Lamelo. Noriega ve necesario "equilibrar" forzas entre partidos e a "esquerda social" para "disputarlle a hexemonía ao PP" A aposta por ampliar a base da confluencia é compartida polos propios rexedores que, en verbas de Martiño Noriega, apostan por poñer a "carga simbólica" dos gobernos municipais "en beneficio do colectivo". O proceso iniciado este sábado, di Noriega en declaracións a Praza Pública, pode cubrir a "materia pendente" de "equilibrar" os papeis dos partidos políticos, das plataformas municipais e da "esquerda social" nas candidaturas. "O proceso é dinámico" e, tras esta primeira toma de contacto, ao seu xuízo fica constatado que é posible que todas estas forzas "convivan nunha candidatura que lle poida disputar a hexemonía ao PP" en Galicia. Ferreiro chama a "poñer por diante o común denominador programático" Neste sentido, o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, ve tamén postas as bases para "ampliar as mareas municipalistas e En Marea". O modelo da Marea Atlántica, di, "pódese aproveitar nunha escala como a galega" se se "pon por diante o mesmo común denominador programático e o desexo común de levar políticas transformadoras á Xunta". Para poder facelo non caben "présas", advirte, xa que neste caso "hai elementos diferentes dos das municipais". Jorge Suárez: "Anticipémonos aos erros cun sistema no que todo o mundo se sinta representado" Nunha liña semellante o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, coida que o modelo das mareas está "avalado" polos resultados electorais pero, ao seu xuízo, cómpre admitir que "a evolución dos procesos é moi mellorable" a nivel de participación e representación. Por iso, di, é positivo que "nos anticipemos aos posibles erros cun sistema no que todo o mundo se sinta representado". Cómpre, di, que a elaboración de programas e candidaturas sexa "participada" e "o máis transparente posible", sen "présas de última hora" nin "pactos in extremis". Con esa dinámica, matiza, "o proceso será máis natural" e responderase ás expectativas da "base social que agarda que nos organicemos". A realización de eleccións primarias ou a apertura e posible achegamento ao BNG dende o "respecto" ao seu proceso asemblear son algúns dos elementos dun debate no que, din varias das persoas participantes, tamén poderán achegar os partidos políticos. Trátase, resume Jorge Suárez, dunha aposta por que "todos participemos en pé de igualdade, veñamos de onde veñamos". |
NOS_36885 | Racharon as negociacións entre a Marea Atlántica e o grupo municipal do PSOE. ""O PSOE quebrou o clima de confianza dando por fechado un acordo que non estaba fechado", dixeron fontes de María Pita a Europa Press. Ferreiro abócase agora a unha cuestión de confianza. | Dos 27 escanos do Palacio de María Pita, Marea Atlántica ten 10. Se a cuestión de confianza non prospera nun primeiro pleno, abriríase un prazo dun mes para a oposición apresentar unha moción de censura con candidato alternativo. De non o facer, a cuestión de confianza entenderíase por outorgada e os orzamentos a ela vinculados serían aprobados automaticamente. A rotura da negociación produciuse contra prognóstico, despois de que durante a cuarta feira delegacións de Marea Atlántica e PSdeG-PSOE mantivesen unha longa reunión de 6 horas que en teoría achegou as posicións de ambas partes. Marea e PSOE terían acordado a xestión por parte de concelleiros do grupo municipal socialista de proxectos do goberno municipal sen que isto implicase en principio a súa entrada no executivo local. Esta mesma mañá, o PSOE dixo á imprensa que se acadara un "principio de acordo". Por que racharon as conversas? Marea Atlántica aduce que o PSOE utilizou as redes sociais para anunciar que xeriría proxectos por valor de 14,5 millóns de euros (cando en realidade o acordo era só por importe de 1,5 millóns). Os socialistas terían dito tamén que serían catro concelleiros seus os que xestionarían os proxectos -coxestionaría, matiza a equipa de Ferreiro- , o que, segundo o goberno local, sería faltar á verdade, pois o pactado sería que só fosen tres edís. Os termos en que o grupo socialista tería trasladado á opinión pública os termos do acordo estaría na xénese da rotura do "clima de confianza", segundo fontes do gabinete de Ferreiro. Hai un problema a maiores: entre as persoas que propón o PSOE para a xestión destes proxectos figura unha concelleira, Mar Barcón, cun perfíl que a Marea Atlántica, pensando nas súas bases, considera inasumíbel. Porén, Xulio Ferreiro negou esta quinta feira que a súa organización fose interpor vetos a ninguén e alegou que o único relevante era "atopar as persoas adecuadas". O PSOE, pola súa parte, di non entender a reacción da Marea Atlántica e que non se moveu das posicións mantidas na reunión de onte. |
NOS_38103 | A Coruña tamén quere estar entre as 11 sedes escollidas. | O Concello de Vigo confirma que xa enviou a documentación "completa e definitiva" para que o Estadio Municipal de Balaídos opte a ser sede do Mundial de Fútbol 2030 no marco da candidatura conxunta que están a desenvolver a Real Federación Española de Fútbol e a Federação Portuguesa de Futebol. Tal como informou en rolda de prensa o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, no envío inicial faltaban unha serie de follas relativas "ás competencias autonómicas", polo que agora xa se puido remitir o conxunto de papeis necesarios. O rexedor explicou que entre estes documentos están recollidas a garantía das prazas hostaleiras esixidas na cidade, as actuacións e plans de tráfico na urbe, a restauración, a seguridade ou a reforma do propio estadio. Neste sentido, indicou que, a pesar de que as bases estabelecen unha capacidade de polo menos 40.000 persoas, os organizadores tamén solicitan a reserva de 3.000 asentos, polo que serán necesarias no novo Balaídos unhas 43.000 prazas. Ademais, Abel Caballero aproveitou para volver cargar contra a Xunta da Galiza e o Real Club Celta de Vigo, subliñando que foron a Deputación de Pontevedra e o Concello olívico os que "pagaron" a reforma de Balaídos, mentres que a Xunta e o club puxeron "cero euros". A Coruña tamén reformará Riazor pensando na Copa A outra cidade da Galiza con opcións de ser sede da Copa do Mundo é A Coruña. Riazor é un dos 15 recintos que aspiran a ser un dos 11 escollidos para albergar o torneo, pero, como Balaídos, ten o hándicap de que na actualidade non chega ás 43.000 localidades mínimas esixidas, pois só conta con 35.000. No pasado mes de xuño a alcaldesa herculina, Inés Rey, explicou que o proxecto terá un custo de aproximadamente 20 millóns de euros. Ese prezo incluirá unha ampliación das bancadas de Tribuna e Marathón, reintegrando a famosa torre homónima na estrutura do estadio, da que foi excluída na reforma do ano 1998. Ademais, a intención do Concello é baixar a altura do terreo de xogo, o que permitiría crear máis asentos, así como mellorar na accesibilidade das persoas con mobilidade reducida, unha das eivas do campo coruñés. |
NOS_43123 | A Coordenadora de En Marea quer unha soa lista, de consenso, nas primarias da organización, que decorrerán este mes de xaneiro. As candidaturas serán listas fechadas, non abertas. E non se elixirá ningún cargo unipersoal. Neste momento hai 1.323 persoas inscritas para tomar parte no proceso. | A dirección de En Marea enviou esta cuarta feira un comunicado á imprensa en que manifesta a súa vontade de "impulsar unha candidatura única nas vindeiras eleccións ao Consello das Mareas". Trataríase de promover unha lista "de consenso participada por todo o espazo da confluencia" e que se constituiría a partir da "escoita activa e sintetizando as distintas achegas políticas e persoais". A Coordenadora dirixiu xa unha misiva ás persoas inscritas para participar neste proceso -neste momento son 1.323- para as informar de que a vindeira terza feira 10 de xaneiro se abrirá o prazo de apresentación de candidaturas ao Consello das Mareas. Este é o único órgao que se votará nas primarias. Será el, unha vez constituído, o que decida se a organización se dota ou non de cargos unipersoais. Así o decidiu o Plenario de En Marea realizado o pasado 17 de decembro. Todo indica que a persoa que liderará a candidatura de consenso promovida desde o aparato da organización será Luís Villares. O que está en cuestión é se finalmente o voceiro parlamentar será a única cabeza da dirección. Non parece probábel. A xulgar polas declaracións realizadas por pesos pesados da confluencia como Martiño Noriega ou Xulio Ferreiro,o presumíbel é que se opte por un modelo no mínimo de bicefalia. As fontes consultadas por Sermos indican que Villares continúa a despertar pouco entusiasmo na maior parte da organización. A Coordenadora demanda tamén ás persoas inscritas que contribúan a construír a candidatura de consenso "tanto a nível programático como no que se refire ás persoas que integrarán o Consello das Mareas". Cumpre lembrar que o Plenario do 17D aprobou que as listas que se apresenten deberán acompañar a súa candidatura dun documento político. O calendario das primarias é como segue: 10X. 10 horas. Apertura do prazo de apresentación de candidaturas e para solicitar o voto telemático non presencial. 13X. 23.59 h. Fechamento do prazo de apresentación das candidaturas. 14X. Proclamación provisoria das candidaturas e fechamento do prazo para se inscribir no censo. 16X. Resolución de reclamacións por pargte do comité eleitoral e proclamación definitiva de candidaturas. 17X. 00.00 horas. Inicio da campaña eleitoral. 20X. 23.59 horas. Remate da campaña eleitoral. 21X. 9 horas. Inicio do período de votación nas primarias. 22X. 23.59 horas. REmate do período de votacións. 23X. Proclamación provisoria de resultados e apertura dun prazo de 48 horas para reclamacións. 25X. Proclamación definitiva de resultados e das persoas integrantes no Consello das Mareas. As candidaturas serán fechadas e deberán estar constituídas por 35 persoas. O sistema de voto será proporcional: a asignación de postos no Consello da Marea gardará relación directa ao número de votos obtido por cada candidatura. Unha vez eleito, será o Consello das Mareas o que elixa a Coordinadora Nacional -a nova dirección, constituída por 11 persoas- e a que decida a criación ou non "dos cargos que considere necesarios", segundo os acordos adoptados no plenario do día 17 de decembro. |
PRAZA_17718 | O antigo narco demandou a Carmen Avendaño por afirmar en declaracións públicas que manexara "outras drogas" alén do haxís. O xulgado considera que as verbas da presidenta de Érguete non acadaron "relevancia" nin "a entidade necesaria" como para restrinxir a súa liberdade de expresión para protexer "o dereito á honra" de Oubiña | En xullo de 2017 Laureano Oubiña, acabado de saír do cárcere en liberdade condicional por atoparse na cuarta parte final da última das súas seis condenas, iniciou unha rolda de entrevistas que o levou á Cadena SER. Alí foi convidado a se pronunciar sobre a loita da asociación Érguete, as 'nais contra a droga', e a respecto dunhas declaracións da presidenta deste colectivo, Carmen Avendaño, nas que sinalaba que alén do tráfico de haxís polo que foi condenado, Oubiña tamén manexara "outras drogas". Quen segundo diversas sentenzas xudiciais se dedicou durante lustros ao narcotráfico considerou lesionada a súa honra e levou a Avendaño aos tribunais, que veñen de tombar as súas pretensións. O xulgado de instrución número dous de Vilagarcía vén de desestimar integramente a demanda de Oubiña contra Avendaño e de defender o dereito da histórica activista á liberdade de expresión. Segundo a sentenza, "se ben é certo" que as expresións de Avendaño a respecto "doutras drogas" puideron "molestar" a Oubiña "e non ser do seu agrado, máis aínda despois de cumprir unha longa condena de prisión pola comisión de delitos contra a saúde pública", o certo é que "o manifestado" pola presidenta de Érguete "non acada relevancia dabondo nin reviste a entidade necesaria para que a súa liberdade de expresión" deba "ceder a prol do dereito á honra" de Oubiña. O antigo narco demandou a Carmen Avendaño por afirmar en declaracións públicas que manexara "outras drogas" alén do haxís Cómpre, di o ditame xudicial, ter en conta que o antigo narco é "unha persoa pública" dende hai décadas e esta condición leva implícita unha "restrición ao seu dereito á honra". Ademais, subliña, as manifestacións públicas de Avendaño derivan "de feitos de gran relevancia pública", polo que "cabe a posibilidade, segundo as circunstancias do caso, de que a reputación allea teña que soportar restricións cando o requira a relevancia pública daquilo sobre o que se informa ou se opina". Protesta das nais contra a droga ante o Pazo Baión en 1994, nunha imaxe da TVG / © CRTVG O xulgado considera que as verbas da presidenta de Érguete non acadaron "relevancia" nin "a entidade necesaria" como para restrinxir a súa liberdade de expresión para protexer "o dereito á honra" de Oubiña Sempre segundo o xulgado, "a expresión vertida" por Avendaño "non deixa de ser unha insinuación que queda aberta a interpretacións" sen "chegar a concretar" e "unicamente ela é coñecedora de a que se refería" cando falaba "doutras" drogas. Durante o procedemento a líder de Érguete resaltou que "se refería ao tabaco de batea" co que Oubiña admitiu traficar, sen "facer distinción entre drogas legais e ilegais" e empregando "o termo drogas en xeral". Non existía, daquela, unha mención explícita "á heroína ou á cocaína", como pretendía a parte demandante. Por iso Avendaño se ratificou "plenamente" nas súas verbas durante o xuízo. Deste xeito, a "relevancia pública" das condenas aos narcos que "concretamente en Galicia e particularmente na zona da rías" promoveron a "entrada de gran cantidade de droga", combinada co dereito de Carmen Avendaño á libre expresión, dá lugar a que a causa sexa desestimada e Avendaño, absolvida. A única condena do procedemento é a derivada do pagamento do seu custo, que ten que asumir Oubiña. Contra esta resolucióna cabe, non obstante, recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. |
NOS_5366 | Alberto Corazón propúxonos un modelo de deseñador, unha recta vía, agora si, de preguntas sobre os límites da profesión, de investigación constante, | A influencia de Alberto Corazón (1942-2021) no deseño que se facía nos territorios do Estado español nos primeiros setenta foi seminal, non só porque parece que con el comezou todo, senón por ser quen de influír, de ser coñecido, de facerse coñecer, contribuíndo a incrustar xa na cultura española –Catalunya ten outra historia– a palabra deseño, unha verba que desprazaba xa nos anos setenta á vella denominación de "arte comercial", a maior consideración do publicitario na xeración anterior; lembremos que Manolo Prieto naceu corenta anos antes que Corazón. Claro que a profesión pasou tamén pola palabra "grafismo", denominación que se fixaba na fasquía xeométrica das obras, na delineación, na expresión matemática que caracterizou os herdeiros de Max Bill, entre os que é mestre o español Cruz Novillo. Pero o camiño de Corazón era o de Machado, un camiño feito polo deseñador a medida que este avanza, que se perde e quere perderse na selva escura, porque a recta vía non era xa a súa. Todo partía daquelas iconas anónimas, retalladas, ampliadas e coloreadas á man, foron o principio co que Alberto nos brindou carteis como bandeiras que sinalaban a independencia do puritanismo centroeuropeo. Mostrábame hai pouco un amigo unha edición actual de Aire, fuego, tierra, agua, a prodixiosa fervenza de imaxes arrancadas dos medios de comunicación, xustapostas e vomitadas por Corazón en forma de libro, unha obra de 1972. E este ensaio visual é un documento conceptual e é un documento pop ao tempo. Corazón supera contrarios e comeza a construír a súa propia linguaxe no deseño gráfico. Dicían cando eu era novo que no atelier de Alberto había unha fotocopiadora, o súmmum da modernidade: o medio é a mensaxe como aprendemos naquela revista Comunicación XXI, que Corazón deseñaba nos primeiros setenta con profusión de cadriños de libreta escolar que durante moito tempo foron a súa marca indelébel. Co uso exuberante da cor, co seu trazo de xestualidade libre, coas súas mesturas de rotulación e tipografía de freejazz, anticipa en España a actitude mediterránea que nos anos oitenta se impón como rasgo de identidade do deseño español. Todo partía daquelas iconas anónimas, retalladas, ampliadas e coloreadas á man, foron o principio co que Alberto nos brindou carteis como bandeiras que sinalaban a independencia do puritanismo centroeuropeo. E todo sen facer intervir o posmoderno, continuando a senda do compromiso cultural que o levou a editar libros sobre o construtivismo ruso ou mesmo a indagar nas formas tradicionais do mazapán toledano. Mais alén do seu valioso e extenso traballo, co seu exemplo Corazón propúxonos tamén un modelo de deseñador, unha recta vía, agora si, de preguntas sobre os límites da profesión, de investigación constante, de luces claras na selva escura da modernidade. |
NOS_9301 | As frontes internas consomen os esforzos dos socialistas lugueses. | A Deputación de Lugo continúa coa súa particular batalla cunha maioría de deputados que tentan apartar Manuel Martínez das súas responsabilidades, cun alcalde de Becerreá que fai valer o seu voto decisivo para manter o goberno provincial -reforzando a súa posición a medio de liberacións de persoal da súa confianza- e cun presidente que fía equilibrios tentando salvar o que fica de mandato. A alcaldesa Lara Méndez, lonxe de endereitar o rumbo da cidade a medida que avanza o mandato, dá cada día máis mostras de incapacidade para reverter unha situación que situou o concello nunha absoluta parálise e ausencia de xestión ao tempo que amosa unha absoluta falta de man esquerda para tecer acordos cunha oposición cada día máis enfrontada ao goberno. Non é mellor a situación no resto da provincia, onde os socialistas manteñen un importante número de concellos, nin tampouco no partido, carente a día de hoxe de dirección e liderados, sen visibilidade pública e diluído diante dos problemas das luguesas e os lugueses. A unidade, a principal fortaleza dos socialistas lugueses nos procesos orgánicos do PSOE a nivel galego e estatal, non é más que unha lembranza do pasado. Atrás fican os días en que Lugo, primeiramente dirixido por Xosé Blanco e López Orozco e posteriormente por Gómez Besteiro, se presentaba como un bloque compacto nos congresos socialistas para facer valer unha influencia que non se correspondía coa súa afiliación. Os tempos son outros e nesta ocasión os diversos candidatos á secretaria xeral do PSOE na Galiza terán que pelexar os seus apoios ao longo e ancho da provincia, se ben a esta altura do proceso a maioría da militancia se decanta por Juan Díaz Villoslada, o candidato patrocinado polo presidente da deputación d´A Coruña Valentín Formoso e pola presidenta da xestora galega Pilar Cancela. A favor de Villoslada xoga a sintonía que determinados dirixentes socialistas de Lugo, como Gómez Besteiro, Lara Méndez, Álvaro Santos ou Darío Campos, manteñen con Formoso e, sobre todo, o rexeitamento que os outros candidatos xeran na provincia. A favor de Villoslada xoga a sintonía que determinados dirixentes socialistas de Lugo manteñen con Formoso e sobre todo rexeitamento que os outros candidatos xeran na provincia. Gonzalo Caballero conta co seu grupo de fieis en Lugo, onde destacan persoas como o antigo concelleiro lugués Xosé Luís Díaz, o deputado autonómico Xosé Antonio Quiroga ou Raquel López, cun papel destacado na plataforma de apoio a Pedro Sánchez e que acadaron unha notábel representación na lista de delegados para o congreso confederal do PSOE; porén, o seu perfil e os seus apoios non son do agrado da grande maioría dos cadros da provincia, mesmo daqueles máis próximos a Pedro Sánchez. Nestes últimos sinálase Gómez Besteiro, home forte do partido na provincia e grande muñidor do sanchismo nas pasadas primarias, cuxo enfrontamento con Caballlero e coa súa xente en Lugo vén de vello, pero tamén unha boa parte de dirixentes locais, fundamentalmente alcaldes, que se manteñen leais ao antigo barón provincial e cuxo papel será decisivo no proceso precongresual. Outro sector no que o socialista de Vigo provoca un grande rexeitamento é entre aqueles militantes que apostaron en Susana Díaz no pasado congreso, particularmente as xentes de Blanco, Orozco ou Martínez, que apoiarían Díaz Villoslada como mal menor, unha vez que comproben que a candidatura de Leiceaga carece de posibilidades de vitoria. Lara Méndez situou o concello nunha absoluta parálise e amosou ao tempo unha absoluta falta de man esquerda para tecer acordos cunha oposición cada día máis enfrontada ao goberno Os socialistas lugueses xa miran de esguello o seu congreso provincial, onde deberán poñer fin a interinidade na que se atopa o partido tras a dimisión de González Santín vai para dous anos e tentar relanzar unha organización que esmorece sometido a dupla conflitividade que vive o partido, a consecuencia da situación galega e estatal pero tamén provincial. Álvaro Santos, concelleiro socialista en Friol, portavoz do goberno da deputación e persoa que medrou politicamente ao abrigo de Gómez Besteiro, tal como adiantaramos en exclusiva en Sermos Galiza, será o próximo secretario provincial dos socialistas en Lugo. Así é todo, fica sen resolver o "caso Martínez", o grande problema do PSOE en Lugo, a única dúbida é se esta será apartado do PSOE antes ou xustamente despois do congreso provincial, como teñen sinalado a Sermos Galiza persoas próximas a Besteiro, ou se pola contra os votos do seu sector son tan decisivos para o congreso galego que o de Becerreá fica blindado. |
NOS_25987 | Aposta por abrir un novo marco de "comarcalización" que garanta os servizos básicos nun "tempo razoable" para todos os galegos e galegas, ademais dunha bolsa de vivenda pública. | En Marea continuou campaña no municipio coruñés de Vimianzo cun mitin onde presentou as liñas principais do seu programa para o rural do país. A confluencia comprometeuse a desenvolver un plan de emprego que permita "aproveitar o potencial que cada tipo de comarca ofrece", como sinalou o candidato á Xunta, Luís Villares. Unha proposta que, segundo explicou o aspirante en declaracións recollidas por Europa Press, aposta por abrir un novo marco de "comarcalización" que garanta os servizos básicos nun "tempo razoable" para todos os galegos e galegas. Ademais, anunciou que crearán unha bolsa de vivenda pública para fomentar que a xente teña facilidades para trasladar a súa residencia o rural. "Se Feijóo non dá a cara, o pobo galego vaille dar as costas", prognosticou Villares. Villares referiuse tamén o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de ser "o único que ignora que Marcial Dorado era un narcotraficante e Baltar un acosador sexual", así como de ter "medo á democracia". Por ese motivo, o cabeza de lista de En Marea considerou que Feijóo se nega a repetir o debate electoral. "Se el non dá a cara, o pobo galego vaille dar as costas", prognosticou. "Faremos un pais xusto tamén contra os que deixan morrer aos enfermos ou prohiben as matemáticas en galego. O obxectivo de En Marea é reconstruír un pais logo do paso de Atila Núñez Feijóo, un sistema de goberno cuasi-tiránico. Atila, atende: Non nos rendemos", advertiu Villares. |
NOS_53561 | Piden garantías de continuidade e critican a "espantada" dos representantes das administracións. | este domingo, 30 de xuño, é a data límite para evitar o despedimento colectivo dos traballadores e traballadoras das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. A escasa marxe desa data a venda destas dúas factorías ao fondo suízo Parter faise de rogar. Os comités de empresa non avalan, polo de agora, esa venda, pois queren maiores garantías e compromisos de cara ao mantemento da actividade e o emprego. Após máis de seis horas de reunión entre representantes da multinacional alumineira e do plantel, non houbo acordo. Os trraballadores e traballadoras non aceptan o preacordo proposto por Alcoa para vender. Manterán unha nova xuntanza esta sexta feira. Parter comprométese a manter todos os postos de traballo das plantas durante dous anos. A partir de aí, dependerá do prezo da electricidade. Desde o cadro de persoal critícase a "espantada" das administracións públicas a respecto desta xuntanza: "Cando chega o momento de tomar decisións e dar garantías de emprego, desaparecen", manifestou. |
NOS_30581 | Acudiron á aula de Luciano Méndez con lemas pintados nos seus escotes. VÍDEO NO INTERIOR. | Estudantes do Máster de Xénero da USC acudiron á aula do profesor de Económicas, Luciano Méndez, que foi denunciado por comentarios machistas a unha alumna. Como resposta ás agresións proferidas contra unha alumna e que están a ser investigadas pola Universidade, decidiron asistir a unha das materias impartidas polo docente con lemas pintados nos seus escotes. "Antes frívola que machista", "a testo: unha vida de control", "excesivo o teu machismo", "lado débil = male tears", "asqueroso oféndete, machista non" ou "a miña masculina pel non che presta? =(". O grupo de estudantes decidiron "manifestar o noso desacordo ante o seu discurso sexista e ante a ausencia de consecuencias inmediatas ou medidas por parte da USC a raíz dos seus comentarios discriminatorios ante unha alumna". Decidiron actuar para "manifestar o noso desacordo ante o seu discurso sexista" e "a ausencia de consecuencias inmediatas por parte da USC" Así, minutos despois de dar comezo a aula "e de deixarlle claro que iamos comprobar a súa "calidade docente", quitámonos as camisolas e deixamos ao descuberto os nosos peitos, onde levabamos escritas diferentes frases". Méndez ameazou as estudantes "con botarnos cunhas patadas no cú" Neste senso, aseguran que, "a pesar dos seus esforzos, aínda non debe ter control completo sobre a súa testosterona. Entre outras saídas de tono, dixo referíndose ao único home do noso grupo que "ía mirar as tetas das túas compañeiras", laiouse porque foramos co peito pintado porque non luciamos tan ben as nosas "virtudes femeninas", dixo que pechaba a persiana para "ter máis intimidade, porque co ambiente que hai igual vai a máis" e ameazounos con "botarnos cunhas patadas no cú" a pesar de que en ningún momento nos negamos a abandoar a aula", explican nun comunicado de imprensa. "Os nosos corpos seguen a ser subversivos" "A pesar das moreas de desnudos femeninos que nos rodean, os nosos corpos nús non son aceptados se non están mediatizados pola obxectificación. Aínda é preciso reivindicar o noso dereito a vestir como queiramos, con escote ata o embigo ou sen camisola. Os nosos corpos seguen a ser subversivos", afirman. |
PRAZA_16308 | MAPAS INTERACTIVOS | Un terzo dos concellos galegos contan hoxe con menos ocupados e ocupadas que hai 12 meses. Só nove localidades teñen na actualidade máis cotizantes que antes do inicio da crise, hai unha década. HEMEROTECA | A perda de poboación incha a baixada do paro en Galicia | O número de persoas con emprego en Galicia incrementouse o pasado ano en 18 mil, dende as 909.756 afiliadas á Seguridade Social en decembro de 2016 ata as 927.389 de decembro de 2017. É o cuarto ano consecutivo de ascenso, dende o mínimo rexistrado a comezos de 2014. Porén, a cifra total de traballadores e traballadoras está aínda moi lonxe dos niveis previos á crise, hai unha década (1.056.259 en decembro de 2007). Un terzo dos concellos galegos (103) contan hoxe con menos ocupados e ocupadas que hai 12 meses Con todo, a pesar da mellora xeral do emprego rexistrada no último ano, un terzo dos concellos galegos (103) contan hoxe con menos ocupados e ocupadas que hai 12 meses. Unha boa parte destas localidades sitúanse en comarcas rurais de Ourense ou en zonas de montaña da provincia de Lugo e os seus datos amosan os efectos do rápido envellecemento destes concellos. Porén, tamén un número considerable de lugares do interior da provincia da Coruña (Ordes, Tordoia, Mesía) e do centro da provincia de Lugo (Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Guitiriz) presentan igualmente unha estatística negativa. Larouco, Miño, Laza, Xunqueira de Espadanedo, Ribeira de Piquín, Esgos e Mugardos son os concellos que máis ocupados/as gañaron No outro extremo, Larouco, Miño, Laza, Xunqueira de Espadanedo, Ribeira de Piquín, Esgos e Mugardos son os concellos que máis incrementaron o seu número de ocupados e ocupadas en 2017, en termos relativos. 205 localidades aumentaron as súas cifras de cotizantes á Seguridade Social. O mapa é moito máis negativo se facemos a comparación co número de ocupados e ocupadas que había hai dez anos, en decembro de 2007, antes do inicio da crise económica. Tan só 9 concellos teñen hoxe máis traballadores e traballadoras: San Cibrao das Viñas, Barbadás, Ames, Miño, Brión, Allariz, Melide e Outeiro de Rei. Outros 9 están preto de recuperar aquel nivel, pois presentan descensos inferiores ao 3%. Trátase de Carral, O Porriño, Oleiros, Soutomaior, Narón, Arteixo, Sada, Teo e Oroso. Tan só 9 concellos teñen hoxe máis traballadores e traballadoras: San Cibrao das Viñas, Barbadás, Ames, Miño, Brión, Allariz, Melide e Outeiro de Rei O resto están moi lonxe. De feito, un total de 139 presentan perdas superiores ao 20%, é dicir perderon máis de 1 de cada 5 traballadores e traballadoras na última década. Mesmo nas zonas urbanas esta destrución de emprego é notoria: Ferrol (-19.7%), Vigo (-15,2%), Ourense (-12.1%), A Coruña (-11.55), Pontevedra (-9.1%), Compostela (-7.4%), Lugo (-6.8%). |
NOS_19301 | As bandas coruñesas Tiruleque e Xosé Lois Romero & Aliboria encabezan a gran festa da música tradicional da Coruña, que actuarán o sábado 28 na Romaría de Santa Margarida nun concerto que porá o colofón ás Festas de María Pita. | A música tradicional e o folc tomarán a cidade da Coruña esta fin de semana do 27 e 28 de agosto coa programación da Romaría de Santa Margarida, que nesta edición reformula o seu concepto para ser unha verdadeira celebración do folclore e na que se contará, ademais, coa participación de dous grupos coruñeses de referencia no panorama musical galego: Tiruleque e Xosé Lois Romero&Aliboria. Ambas as dúas formacións actuarán este sábado 27 de agosto no parque de Santa Margarida, nun concerto que principiará ás 20.00 horas e no que tamén participarán as formacións Os d'Abaixo e Pesdelán. O conxunto destas actuacións englóbanse no programa da Romaría de Santa Margarida, que este ano se converte no gran colofón ás Festas de María Pita e reformula a súa natureza, ao se celebrar en conexión coas agrupacións cidadáns que participan desde decembro de 2015 nas foliadas de Ardelloeixo, proxecto de dinamización da cultura tradicional promovida polo Concello da Coruña. Deste xeito, a Romaría de Santa Margarida amplíase este ano ao conxunto de fin de semana, centrándose a xornada sábado na programación, que consiste en -ademais dos concertos nocturnos- na organización de actividades en catro prazas temáticas, dedicadas ao baile (Praza de Vigo), á música (Xardíns de Méndez Núñez), aos faladoiros (Praza de Galicia) e ao público infantil (Praza de Lugo). |
NOS_45662 | Máis de 500 sinaturas entre colectivos e persoas individuais queren que o dramaturgo galego sexa o homenaxeado en 2013. A Real Academia Galega aínda non decidiu quen será a figura protagonsta o ano vindeiro. | O dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño ten posibilidades de ser o homenaxeado o ano vindeiro, se temos en conta o éxito na recollidas de sinaturas ten a súa candidatura. As persoas promotoras, a Asociación de Actores e Actrices de Galiza, conseguiron xa máis de 500 sinaturas e teñen aberto un enderezo electrónico ([email protected]) e un enderezo postal (Rúas das Hedras 6, nivel 0, local I, 15895, Milladoiro, Ames) que estarán operativos até o 9 de xuño. Ademais habilitaron lugares onde mostrar o apoio, as tres universidades galegas, as asociacións escénicas de Galicia ou o Salón Teatro. Tamén se pode descargar un formulario de firmas e remitilo cuberto á Asociación de Actores e Actrices nesta ligazón PeticiónNa petición explican porque dedicar o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño: "O Días das Letras Galegas cumpriu 50 anos. Felicidades. Medio século ben empregado e sen facer moito teatro. Os tempos deberían ser chegados para ese xénero que segue sendo literario. Cincuenta anos pasaron polo Día e trinta polo teatro galego e a súa profesionalización. É tempo suficiente para ter comprobado a importancia do teatro na cultura galega e tempo suficiente para valorar como contribuíu a escena galega á revitalización da lingua e a darlle un uso actual, contemporáneo e habitable.Cincuenta anos despois do Día e trinta anos despois da romería chegamos a 2013 e damos coa cifra, tráxica en calquera caso, dos 11 anos da morte, que non desaparición, de Roberto Vidal Bolaño. Igual cadran as contas porque para falar de literatura, de teatro e de lingua non hai exemplo mellor que Vidal Bolaño: practicou a lingua e o teatro, o teatro da lingua, a lingua do teatro con toda a contundencia que lle foi dado e, algunhas veces, moito máis. As súas necrolóxicas de hai máis dunha década xa o sentenciaron como o máis importante autor galego de teatro e, once anos despois, a súa obra non deixou de medrar. Unha obra que comeza cos símbolos e acaba na realidade, nun proceso de interpretación dese lugar onde o mundo se chama Galicia que poucos autores, de teatro, narrativa ou poesía, poden igualar. Ese é o camiño que vai de Bailadela da morte ditosa a Rastros.Hai motivos. Moitos. Un por cada espectador que RVB levou ao teatro no pasado e outro por cada espectador que levará no futuro. Pero hai outro fundamental que garda relación intensa co prexuízo de que é ou que deixa de ser literatura. Se colocamos nunha ringleira a obra toda de RVB: Laudamuco, Bailadela, Saxo Tenor, Días sen gloria, Anxeliños, Animaliños, Criaturas, Rastros, As actas escuras, por exemplo, ¿hai moitas obras comparables? Escribir teatro tamén é de escritores.Aínda habería máis porque RVB foi unha figura da escena e, polo tanto, foi actor e director, pero foi actor de televisión e de cine e esas circunstancias implican unha biografía pública próxima aos espectadores, unha biografía con moitos atractivos e cun obxectivo que aínda hoxe resulta útil ou, quizais, sexa hoxe máis útil que nunca: explicarnos para ben e para mal como é o mundo visto desde o teatro de aquí. Como é o mundo desde Galicia. Polo tanto." |
NOS_14475 | A longametraxe Argo, dirixida por Ben Affleck e centrada na intervención da CIA en Irán, foi a galardoada como 'mellor filme' de 2013. Unha película coa que as administracións estadounidenses teñen moito a ver. | As inxerencias militares dos EUA en Oriente Próximo tiveron un importante protagonismo este ano na carteleira. Amais da premiada Argo, Zero Darck Thirty supuxeron dous dos estreos máis ansiados de 2013. Ambos os dous filmes centraron a atención do guión nas forzas especiais do exército dos EUA e nomeadamente nos servizos secretos. Neste senso, entrementres Zero Darck Thirty espertou duras críticas entre a administración Obama ao reflectir de maneira clara algunhas das prácticas de tortura desenvolvidas pol@s axentes da CIA en Afganistán e as luces e sombras da operación militar coa que, supostamente, os EUA asasinaron --nunha execución extraxudicial-- a Osama Bin Laden; o filme de Affleck, Argo, recibiu numerosos galardóns, entre eles o premio ao mellor filme. Porén, o guión ten moito a ver coa historia real ao narrar algúns dos acontecementos decorridos na capital do Irán. Teherán 1979. Un grupo de iranís toma a embaixada estadounidense após o trunfo da revolución xerando unha crise diplomática que se prolonga durante dous anos. Ao igual que aconteceu na realidade o director e actor narra como a administración estadounidense desprega unha operación militar --coñecida como Gadoupa da águia-- que no entanto, obtén mellores resultados, como é costume, na ficción. A aparición de Michelle Obama na entrega do galardón non deixa senón pé a moitas lecturas. A primeira dama loubou na súa intervención a todas as candidatas e afirmou que as mensaxes destas son "especialmente importantes para a xente moza" en grande medida pola carga ideolóxica que reflicten tres delas --Lincoln, Zero Dark Thirty e Argo--. Aliás agradeceu á industria do cine transnacional, Hollywood por ter incentivado as crianzas "para abrir a súa imaxinación". |
NOS_54307 | Dúas efemérides marcaron este Día da Patria Galega para o BNG. A primeira, o medió século transcorrido desde que un grupo de nacionalistas organizados na UPG penduraron, en 1968, unha faixa na Alameda compostelá: "Viva Galiza ceibe e socialista". A segunda, os 30 anos da organización xuvenil do Bloque, Galiza Nova. Ambas as dúas balizaron o discurso de Ana Pontón na Praza da Quintana. | A lembranza de Bautista Álvarez, histórico nacionalista falecido o pasado setembro e un dos participantes naquela primeira mobilización contemporánea do 25 de xullo, rescatou a memoria da clandestinidade. "Estea onde estea, Bautista está hoxe está dicindo 'Viva Galiza ceibe!". Co saúdo á "alegre e combativa mocidade de Galiza Nova", Ana Pontón sinalou "a esperanza, o presente e o futuro". O discurso da portavoz nacional do BNG nunha Quintana ateigada —20.000 persoas, segundo a formación, participaron na marcha— xa comezara atravesado da súa propia experiencia. Pontón botou a vista atrás e, en primeira persoa, relatou a primeira vez en que, apenas unha moza de 17 anos, asistiu ao "Día da Patria, Día da Matria". "Sabía que se lle preguntaba aos meus pais se me deixaban vir, a resposta máis probábel era non. Optei por non preguntar". E viaxou de Sarria a Compostela. "Ese 25 de xullo foi un día que marcou a miña vida. Entendín que eramos milleiros as persoas unidas polo amor a este país", dixo. A continuidade foi unha das ideas forza da intervención da líder nacionalista. Por iso se referiu ao "fío de dignidade" que cosía as persoas presentes na praza do casco vello compostelán. "Hoxe estamos aquí, collidos a ese fío de dignidade, defendendo con alegría que Galiza é unha nación e ten dereito á autodeterminación", expuxo, "e ninguén vai roubar o dereito a soñar e a facer realidade os nosos soños". Ese resultou un dos tramos máis aplaudidos do discurso por unha asistencia, xentes de todas as idades e de todos os recantos do país, que tamén se envorcou en amosar o seu apoio aos presos políticos cataláns. E que reaccionou con especial entusiasmo ás acusacións de Pontón contra unha xustiza "cega, que mira para outro lado ante os desmáns do principal delicuente deste Estado, Juan Carlos I, El Campechano". Non esqueceu o feminismo. Que tivo para Ana Pontón rostros singulares entre as multitudes que saíron á rúa para defenderen as mulleres: os das traballadoras de Bershka "que se enfrontaron ao home máis rico do mundo e venceron. E alí estaba o sindicalismo nacionalista". A portavoz do Bloque trazou, ademais, un mapa das loitas en que se recoñece e que recibía os aplausos de militantes e simpatizantes: o antimperialismo, aqueles que salvan vidas de migrantes no mar, as persoas que ocuparon o pazo de Meirás. "Un BNG cada vez máis forte" A partir deste punto, cos manifestantes que foran chegando á Quintana despois do tradicional percorrido polas rúas da zona nova e da zona vella da capital á procura de sombra, Ana Pontón pasou a explicar por que "o pobo galego necesita un BNG cada vez máis forte". Fixo pouco veladas críticas ao mundo político das Mareas —"a nosa xente pode deixarse engatusar un tempo polo adornos da madeira contrachapada con falsos acabados de galeguismo ou nacionalismo, pero ao pobo galego non lle gusta o superficial"— e atacou frontalmente Feixóo: "Goberna con desgana, tivo e ten a cabeza en Madrid". "Somos a única alternativa real, seria e consistente", reivindicou. A menos dun ano das eleccións municipais que suporán unha proba de lume para o equipo de dirección que encabeza Ana Pontón, fixo valer o funcionamento dos concellos gobernados polo BNG. E, despois de evocar Celso Emilio Ferreiro "non virá remedio nin esperanza de fóra", chamou a que o cambio político comece en 2019, nos comicios locais. Para fechar, volveu sobre a propia historia do nacionalismo organizado no BNG e os retos que, no seu ver, enfronta: "Somos as xeracións de hoxe quen debemos darlle un novo impulso ao proxecto de rebeldía e inconformismo que condensa o noso lema 'Viva Galiza ceibe!". Galiza Nova: "A construción da República galega" Antes de Ana Pontón, o Himno Galego e o simbólico xuntarse de dúas promocións de militantes nacionalistas 50 anos polo medio —Lois Diéguez participou no 68; para María Lois era o seu primeiro Día da Patria—, falou o secretario xeral de Galiza Nova. Alberte Fernández inscribiu as mocidades do BNG nunha secuencia de loitas que se iniciou a finais dos 80 contra a mili e pasou polo Nunca Máis, a pelexa contra a LOU, o Non á guerra de Iraq ou o rexeitamento do decreto do plurilingüismo. "Queremos unha organización viva, dinámica e útil", afirmou, "para construír un país próspero, con traballo digno e igualdade real. Para iso precisamos soberanía, unha Galiza independente, inciarmos o camiño dunha República galega que rache coa dependencia colonial". Delegacións de partidos nacionalistas e de esquerda de todo o mundo enviaron representantes e mensaxes solidarias á Praza da Quintana. Entre os máis calidamente acollidos pola asistencia, o Bloco de Esquerda, o Partido Comunista Português, Esquerra Republicana de Catalunya ou EH Bildu. |
NOS_39295 | Após um período de poucas intervenções, o subcomandante Marcos reapareceu com seu verbo e com ação para reinstalar o movimento zapatista no horizonte da agenda política do recém- eleito presidente Enrique Peña Nieto, cuja vitória marcou o retorno do Partido Revolucionário Institucional (PRI) ao poder. Em uma marcha realizada dia 21 de dezembro, da qual participaram cerca de 40 mil pessoas, Marcos divulgou um comunicado dizendo: "Escutaram? É o som de seu mundo desmoronando, é o do nosso ressurgindo". O artigo é de Eduardo Febbro e foi tirado do jornal digital Carta Maior. | Dezembro é o mês dos levantes. Ao término de um largo período de poucas intervenções, o subcomandante Marcos reapareceu com sua prosa e com a ação para instalar o movimento zapatista no horizonte da agenda política do recém- eleito presidente Enrique Peña Nieto, cuja vitória marcou o retorno do Partido Revolucionário Institucional (PRI) ao poder, após 12 anos na oposição. Já se passaram cerca de duas décadas desde que, logo após a meia noite de 31 de dezembro de 1993, o então presidente mexicano Carlos Salinas de Gortari ingressou no ano de 1994 com um brinde aguado: estava festejando o ano novo e a entrada em vigor do Tratado de Livre Comércio da América do Norte quando o ministro da Defesa da época o informou que um grupo armado acabava de tomar a localidade de San Cristóbal de las Casas e vários pontos de Chiapas, o Estado situado ao sul da península de Yucatã. O Exército Zapatista de Libertação Nacional (EZLN) impôs-se na política mexicana junto a seu líder, o subcomandante Marcos. O subcomandante e os zapatistas romperam o modelo dos tradicionais grupos revolucionários latino-americanos: eram majoritariamente indígenas e seu discurso e suas demandas estavam distantes das entonações marxistas, desenhando uma exigência democrática para um México que ainda era governador ininterruptamente pelo PRI. Os combates daquele primeiro levante duraram quase duas semanas ao final das quais houve centenas de mortos. Salinas de Gortari decretou um cessar-fogo e o subcomandante Marcos ganhou a batalha, não com as armas, mas sim com as palavras. A marcha do dia 21 foi a maior mobilização protagonizada pelos zapatistas desde que pegaram em armas no dia 1º de janeiro de 1994. Em um inesquecível comunicado dirigido à imprensa, Marcos respondeu ao suposto "perdão" oferecido pelo governo federal: Do que devemos pedir perdão? Do que vão nos perdoar? De não morrermos de fome? De não nos calarmos em nossa miséria? De não ter aceitado humildemente a gigantesca carga histórica de desprezo e abandono? De termos nos levantado em armas quando encontramos todos os outros caminhos fechados? De não termos observado o Código Penal de Chiapas, o mais absurdo e repressivo do qual se tem memória? De ter demonstrado ao resto do país e ao mundo inteiro que a dignidade humana ainda vive e está presente em seus habitantes mais empobrecidos? De termos nos preparado bem e de forma consciente antes de iniciar? De ter levado fuzis para o combate, no lugar de arcos e flechas. De ter aprendido a lutar antes de fazê-lo? De todos sermos mexicanos? De sermos majoritariamente indígenas? De chamar todo o povo mexicano a lutar de todas as formas possíveis em defesa do que lhes pertence? De lutar pela liberdade, democracia e justiça? De não seguir os padrões das guerrilhas anteriores? De não nos rendermos? De não nos vendermos? De não nos trairmos? Denso, legítimo, inapagável. Transcorreram quase vinte anos, houve muitos mortos em Chiapas, repressão, matanças como as Acteal (com 45 indígenas assassinados), centenas de páginas da prosa literária com a qual o subcomandante Marcos seduziu o mundo, um enorme terremoto político no México e, sobretudo, o fim do mandato interrompido do PRI e a chegada ao poder de outra força política, o conservador Partido da Ação Nacional (PAN), que governou o México durante dois mandatos consecutivos: Vicente Fox (2000-2006) e Felipe Calderón (2006-2012). O PRI retornou ao poder em dezembro de 2012, após seu candidato, Enrique Peña Nieto, ganhar as eleições presidenciais de julho do ano passado. E com o PRI voltou também o zapatismo, com a ação e a palavra. Após um longo período de recesso, o Exército Zapatista de Libertação Nacional irrompeu no espaço público em dois tempos: primeiro, no dia 21 de dezembro com uma mobilização silenciosa da qual participaram 40 mil pessoas com o rosto coberto com o gorro popularizado pelo subcomandante. Marcos divulgou um comunicado nesta marcha zapatista que percorreu várias comunidades dizendo: Escutaram? É o som de seu mundo desmoronando, e o do nosso ressurgindo. A marcha do dia 21 foi a maior mobilização protagonizada pelos zapatistas desde que pegaram em armas no dia 1º de janeiro de 1994. A escolha da data não foi casual: coincidiu com o décimo-quinto aniversário do massacre de Acteal perpetrado por paramilitares e no qual morreram 45 indígenas, em sua grande maioria mulheres e crianças. O governo mexicano atribuiu à matança a um conflito étnico e condenou 20 indígenas. Após 11 anos de prisão, os acusados recuperaram a liberdade devido a irregularidades no processo. O segundo tempo da instalação do zapatismo na agenda política foi assumido pelo subcomandante Marcos mediante duas cartas e um copioso comunicado nos quais, com sua verve habitual, entre crítico, poético e guerreiro, interpela e despedaça a classe política em seu conjunto, esquerda e direita, os meios de comunicação e o presidente Enrique Peña Nieto, a quem exige que cumpra com os acordos de San Andrés (Acordos de San Andrés sobre Direitos e Cultura Indígena firmados em 16 de fevereiro de 1996 pelo governo mexicano do presidente Ernesto Zedillo e pelo EZLN). Estes textos que figuram nas cartas do Comitê Clandestino Revolucionário Indígena são os primeiros em extensão que, nos últimos dois anos, levam a assinatura do subcomandante Marcos. O líder mexicano anuncia uma série de ações cívicas e, desde o princípio, assinala o caminho que será seguido: "A nossa mensagem não é de resignação, não é de guerra, morte ou destruição. Nossa mensagem é de luta e de resistência". O subcomandante arremete contra o atual presidente, acusando-o de ter chegado ao poder mediante um "golpe midiático" e destaca que "estamos aqui presentes para que eles saibam que se eles nunca se forem, nós tampouco". O insurgente zapatista não livrou ninguém: critica a esquerda de Manuel López Obrador, os governos passados e presentes e a imprensa por ter pretendido sentenciar a desaparição do zapatismo. "Nos atacaram militar, política, social e ideologicamente. Os grandes meios de comunicação tentaram fazer com que desaparecêssemos, com a calúnia servir e oportunista em um primeiro momento, com o silêncio e cumplicidade, depois". Marcos celebra o nível de vida que gozam os indígenas da região, muito superior, escreve, "ao das comunidades indígenas simpáticas aos governos de plantão, que recebem as esmolas e as gastam em álcool e artigos inúteis. Nossas casas melhoraram sem danificar a natureza, impondo a ela caminhos que lhe são alheios. Em nossas comunidades, a terra que antes era usada para engordar o gado de latifundiários, agora é para cultivar o milho, o feijão e as verduras que iluminam nossas mesas". Os grandes meios de comunicação tentaram fazer com que desaparecêssemos, com a calúnia servir e oportunista em um primeiro momento, com o silêncio e cumplicidade, depois". Este comunicado constitui um aparato crítico e um programa de ação que compreende "iniciativas de caráter civil e pacífico", uma tentativa de "construir as pontes necessárias na direção dos movimentos sociais que surgiram e surgirão", e, sobretudo, a preservação irredutível de uma "distância crítica frente à classe política mexicana". O subcomandante Marcos coloca o governo ante o desafio de demonstrar "se continua a estratégia desonesta de seu antecessor, que além de corrupto e mentiroso, tomou dinheiro do povo de Chiapas para o enriquecimento próprio e de seus cúmplices". Sem piedade ante o novo Executivo, Marcos dedica extensos parágrafos a lembrar o passado de alguns membros do atual governo. Com o PRI no poder o zapatismo voltou a ocupar espaço na agenda nacional como soube fazer com tanto êxito em anos anteriores. Os analistas, partidários e adversários de Marcos, estão divididos acerca da capacidade que o subcomandante ainda possui para mobilizar um país açoitado pela violência gerada por esse novo ator decisivo que é o narcotráfico. Tradução: Katarina Peixoto Artigo tirado do jornal digital Carta Maior |
PRAZA_12944 | Anxo Guerreiro foi deputado do PCG na primeira lexislatura do Parlamento Galego, e recuncou en 1997 con Esquerda de Galicia, en coalición co PSdeG. Fala con preocupación da situación económica, das medidas da axuste e dos erros estratéxicos da esquerda: "vai haber cambios de goberno en Europa, pero ademais fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude". | Anxo Guerreiro foi deputado do PCG na primeira lexislatura do Parlamento Galego, e recuncou en 1997 con Esquerda de Galicia, en coalición co PSdeG. Referente da esquerda no noso país, en 2007 foi homenaxeado en Compostela. Non morde a lingua e fala con preocupación da situación económica, das medidas da axuste e dos erros estratéxicos das forzas transformadoras. Di que vai haber cambios de goberno en Europa, "pero ademais de haber cambios de goberno, fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude". Como foi o proceso que levou a acadar a autonomía na Transición? Sentíades que loitábades sós? Na Transición, a clave para os poderes dominantes, nos que seguía tendo un gran peso o franquismo, era que non se desmontase o Estado centralista, pero sabían que tiñan que facer dúas concesións: Catalunya e Euskadi. Polo tanto, ao chegar a Galicia interpretouse que aquí había circunstancias excepcionais para facer o corte, pois UCD e AP tiñan máis do 60 por cento dos votos e ademais parte do nacionalismo estaba en contra da autonomía. Un pacto entre Pérez Llorca (UCD) e Alfonso Guerra (PSOE) decidiu que a autonomía de Galicia sería a primeira das de segundo nivel, aínda que foi UCD quen deu a cara. Aquí montamos unhas manifestacións impresionantes o 4 de nadal de 1979 e o PSOE recúa e UCD non se atreve a ir a un referendo en solitario. Éramos bastantes os que queríamos unha autonomía de primeira, pero a cidadanía respondeu masivamente por un sentimento de aldraxe, de que nos negaban o que lles daban a outros. "Ao chegar a Galicia interpretouse que aquí había circunstancias excepcionais para facer o corte, pois UCD e AP tiñan máis do 60 por cento dos votos e ademais parte do nacionalismo estaba en contra da autonomía" Como era o traballo nese primeiro Parlamento, do que fuches deputado? O ambiente era de compromiso coa causa. A maioría dos deputados eran conscientes de que eramos pioneiros, de que estabamos creando algo novo. Fixéronse moitas cousas, pero non había medios ningúns, non había cartos. Cres que se está producindo, ou que vai haber, un proceso de recentralización no Estado? Na Constitución do 78 recoñécese a existencia das comunidades autónomas, pero non hai un deseño do Estado das Autonomías. O deseño, polo tanto, foise facendo en base aos resultados electorais, ao contexto político de cada momento e ás sentenzas do Tribunal Constitucional. Agora estase apuntando un proceso de recentralización. Cando se intenta cargar sobre as autonomías o problema do déficit recórrese a argumentos falsos, porque o 76% do orzamento autonómico dedícase a sanidade, educación e servizos sociais; é gasto social, aí non se pode falar de despilfarro, son gastos imprescindibles. Ademais iso que din da desigualdade entre os españois, dos 17 sistemas sanitarios. Pero entón no ano 75 era a mesma sanidade en Madrid e en Galicia? Agora si hai igualdade, grazas ao investimento que se fixo e á xestión que fixeron as autonomías. "Cando se intenta cargar sobre as autonomías o problema do déficit recórrese a argumentos falsos, porque o 76% do orzamento autonómico dedícase a sanidade, educación e servizos sociais" Pero se queren facer esa recentralización, esa devolución de competencias ao Estado central, terían que chegar a un acordo entre PP e PSOE, e todo teríase que aprobar nos parlamentos autonómicos e pasar por referendo. Polo tanto é moi complicado e non se vai facer. Porque ademais, iso nunca iría adiante en Catalunya, Euskadi, Galicia e Andalucía, polo que no mellor dos casos poderían chegar a un Estado centralizado e con catro autonomías, como se plantexaba na Segunda República. Cal é a forma de saír da crise? A crise non a produciu o gasto social nin o déficit público, que cando se inicia a crise, en 2008, era moi baixo. Polo tanto o déficit público non é a causa da crise, senón a súa consecuencia. O que hai en España é un déficit fiscal gravísimo, debido a tres cousas: primeiro, un fraude fiscal que é dúas veces e media a media europea; segundo, a caída dos ingresos pola crise; e terceiro, os regalos fiscais: o imposto de sociedades, que está no trinta por cento, por estes agasallos está no quince por cento. E en realidade, non se está poñendo a lupa nas causas da crise, senón nas consecuencias. Os poderes financeiros e as grandes corporacións están aproveitando a crise para acabar co que eles chaman "excepción europea do capitalismo", que é o Estado social. Desapareceron as dúas causas que deron lugar ao Estado do Benestar: a existencia do bloque soviético, que exercía unha presión externa, e a presión interna dos partidos e sindicatos socialistas. "Os poderes financeiros e as grandes corporacións están aproveitando a crise para acabar co que eles chaman "excepción europea do capitalismo", que é o Estado social" Dá a impresión de que a sociedade está chegando a unha situación límite, cun 25% de paro, 50% de paro xuvenil e millóns de desempregados de longa duración... Por onde vai encamiñar a xente o descontento? O 25% de paro xa o tivemos nos anos noventa, pero había unha perspectiva de recuperación e crecemento: Europa creceu durante 14 anos seguidos dende 1995 e a taxa de paro en España e Galicia baixou até chegar case ao pleno emprego. A xente está reaccionando, mira o que pasou en Francia, mira o que pasou en Grecia, onde os dous grandes partidos están desfacéndose, igual que pasou en Venezuela nos noventa, cando os dous partidos maioritarios, despois dun espolio masivo e continuado da riqueza do país, foron case eliminados. Vai haber cambios, mesmo en Alemaña, onde a CDU leva un ano perdendo todas as eleccións. E estes cambios son imprescindibles, porque se seguimos así dentro duns anos no mundo vai haber catro ou cinco potencias: Estados Unidos, Brasil, China, Rusia..., e os países europeos non imos pintar nada, incluída Alemaña, Europa vai ser periferia, cando é obvio que Europa ten aínda grandes potencialidades, económicas, demográficas e tecnolóxicas. "Galicia é unha nación europea e a súa esquerda ten que superar algunhas reticencias sobre Europa, non porque haxa que respaldar o que hai hoxe, senón porque hai que chegar a unha coordinación da esquerda europea para construír unha alternativa" Galicia é unha nación europea e a súa esquerda ten que superar algunhas reticencias sobre Europa, non porque haxa que respaldar o que hai hoxe, senón porque hai que chegar a unha coordinación da esquerda europea para construír unha alternativa. A primeira condición é que a xente comece a votar doutro xeito, aí son bastante optimista. A segunda condición é que a socialdemocracia europea deixe de executar un proxecto que non é o seu, que é un programa neoliberal, a socialdemocracia deixou de ter proxecto. E a terceira é que o conxunto das esquerdas plurais nos unamos e perdamos algunhas reticencias ou sectarismos. Esta crise é unha máquina de devorar gobernos... Por iso digo que eu son optimista en canto a que vaia haber cambios de goberno, pero ademais de haber cambios de goberno, fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude. "O PP estou seguro de que vai perder votos, pero pode manter a maioría" Como ves a actualidade política galega, cunhas eleccións autonómicas moi próximas? Se a oposición estivese aquí como debería estar, Feijoo perdería as eleccións. A Feijoo se hoxe o entrevistasen tres xornalistas independentes, non sería capaz de dicir o que fixo en tres anos, porque non fixo nada, a súa única iniciativa foi a das caixas, e xa vemos como resultou. Dedicouse unicamente a asignar o orzamento, que ademais xa ten o 80% das partidas decididas de antemán. Pero a oposición ten problemas, porque o PSOE aínda non se recuperou de todo, e o nacionalismo non sabemos se vai ter dúas, tres ou catro candidaturas. Ademais diso o BNG vai continuar cun desgaste moi importante e o peor é que eses votos que perde non estamos seguros de que se vaian cubrir. Esquerda Unida pode entrar no Parlamento, pola crise de BNG e PSOE, pero eses dous deputados que pode sacar poden non cubrir as perdas dos outros. O PP estou seguro de que vai perder votos, pero pode manter a maioría. "Ante os recortes, ou hai unha alternativa de esquerdas, ou hai lei e orde e unha alternativa autoritaria" Cales son os grandes retos para Galicia nos vindeiros vinte anos? Ou cambiamos o modelo económico e produtivo ou Galicia e España desaparecen do mapa. Sentro dos países desenvolvidos somos un dos país máis atrasados en investigación e desenvolvemento. E naquelas tres ou catro cuestións nas que eramos punteiros: enerxías renovables, I+D sanitario, nalgunhas cousas da industria petroquímica... e todo iso cos recortes estase freando e estas cousas cando se frean, despois custa décadas que volva arrancar. Nesta situación de crise, a solución que se pode adoptar é cambiar o modelo económico, ou se non, o proteccionismo, e estamos vendo máis ben o segundo. E iso é a guerra. E ante os recortes, ou hai unha alternativa de esquerdas, ou hai lei e orde e unha alternativa autoritaria. Asi estamos. |
NOS_48337 | Villares terá que superar un novo match ball na asemblea de En Marea deste sábado. O relatorio presentado polo sector crítico da organización como emenda á totalidade dos textos oficiais, baixo a lenda de "Recuperar en marea", volta a defender o carácter colexiado, rotatorio e paritario da portavocía da organización, fronte á posición dos villaristas. Beiras respalda o texto e distánciase así do actual portavoz da confluencia. | Así no apartado 2.2.3 do documento titulado "Regulamento do Consello de En Marea" recóllese que "As voceirías serán colexiadas, paritarias e rotatorias (producíndose a rotación cada seis meses) e quedarán conformadas por dúas mulleres e un home". No caso de ficar aprobada esta proposta, En Marea abrazaría a fórmula defendida pola candidatura Máis Alá nas primarias de xaneiro deste ano, contraria á reunión nunha soa figura das portavocías orgánica e parlamentar. Alén do máis, o triunvirato que liderase a confluencia tería que ser renovado cada seis meses. Os críticos tampouco queren que teña ningunha función nen xerárquica nen de "dirección". A portavocía sería todo o máis un cargo simbólico. Os textos alternativos impulsados por Recuperar en Marea -corrente da que fan parte Anova, Esquerda Unida, PCE, FPG, Marea Atlántica ou Compostela Aberta- impugnan na súa medular a proposta dos oficialistas. Primeiramente porque poñen outra vez en cuestión a continuidade de Luís Villares e o seu papel como portavoz da organización, aspecto ao que fía boa parte da súa estratexia a oficialidade da confluencia. En segundo lugar, porque confrontan o modelo de organización que se impulsa desde a coordinadora, fundamentado nun liderado forte e con, din, semellanzas a un partido clásico. Por último, o documento crítico defende unha formulación de organización máis horizontal, cuns órganos de dirección cunha capacidade de decisión limitada polas bases, cunhas mareas locais con máis autonomía fronte á dirección central e cunha aposta decidida polo asemblearismo. Desde o villarismo o que se argumenta, por contra, é que a corrente crítica o que pretende é a hexemonía dos aparatos partidarios pre-existentes sobre "as persoas inscritas" e que En Marea funcione na práctica como unha coalición e non como unha organización de adscrición basicamente individual, un suxeito político cidadanista non controlado polos vellos aparellos. A proposta de teses formuladas desde o sector crítico concrétase en 7 documentos que cobren quer o abano político quer o organizativo. Así entre os primeiros destacan a achega sobre o modelo de financiamento autonómico e o relatorio denominado En Marea como instrumento político da maioría social. Sobrancea entre os segundos aqueles que se refiren á regulamentación dos órganos de dirección interna, ás relacións entre a estrutura nacional e ás mareas locais e o réxime financeiro da confluencia. Neste último, abórdase, mais unha vez, o capítulo da retribución das persoas electas de En Marea, aspecto que xa provocou ao longo da semana un vivo enfrontamento nas redes sociais. Neste sentido, formúlase como novidade a supresión da compensación aos parlamentares no caso de o salario no Hórreo non cobrir os ingresos da súa actividade privada. Xosé Manuel Beiras é un dos últimos dirixentes de En Marea que fixo público o seu apoio político aos textos alternativos aos oficiais. Fíxoo através da súa conta en Twitter. Apoio este documento político para o Plenario de @En_Marea deste #Compostela15X #RecuperarEnMarea https://t.co/UnfQiw5LJE— Xosé Manuel Beiras (@xmBEIRAS) 11 xullo 2017 A decisión do fundador de Anova é unha das grandes sorpresas que depara este proceso, xa que até o momento foi un dos maiores defensores de Luís Villares, primeiro na súa batalla contra a Marea Atlántica e despois como portavoz de En Marea contra o criterio da súa propia formación. Que Beiras poña terra de por medio a respeito do sector villarista resolve unha das grandes incógnitas desde que comezou este último proceso e significa un duro golpe para o sector maioritario na dirección e para o propio Villares. |
NOS_3004 | Integrante con Errejón, Monedero e Iglesias da equipa fundacional, afastado do líder no último conclave da formación morada, a compostelá Carolina Bescansa é relevada agora da súa praza na Comisión Constitucional do Congreso pola portavoz Irene Montero. A galega deplora que Podemos "non teña un proxecto político para España". | "Eu gostaría dun Podemos que lle falase máis a España e aos españois e non só aos independentistas", declarou nos corredores do Congreso Carolina Bescansa após se coñecer a súa substitución por Irene Montero na Comisión Constitucional da cámara baixa. A troca non é menor, sendo que a Comisión Constitucional sería o foro en que eventualmente se discutirá a reforma constitucional pactada por PP e PSOE. No conflito con Catalunya, Bescansa lamenta que Podemos non teña transmitido correctamente á opinión pública que a formación é "un partido español e estatal". Ao seu xuízo, a organización liderada por Pablo Iglesias manexa un discurso ambiguo e non ten sido quen de deixar claro que en ningún caso apoiará a independencia de Catalunya, "nen pola vía unilateral nen pola bilateral". 🎥Carolina Bescansa es TT por este zasca a la dirección de Podemos: "Hay que hablar más a los españoles y no solo a los independentistas" pic.twitter.com/RAFhLiKSxj— Schuma78 (@Schuma78) 25 outubro 2017 |
PRAZA_20312 | O anteproxecto da lei de espectáculos circunscribe a prohibición aos espectáculos taurinos que se celebren "en recintos pechados". A nova versión da norma suaviza os requisitos para a celebración de actos culturais | Catro anos despois, a Xunta vén de sacar do conxelador o anteproxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, un texto que o Goberno galego abordou por primeira vez como informe en outubro de 2013 e que suscitara diversas controversias nos sectores afectados por aspectos como o endurecemento de requisitos para organizar actividades culturais e festas populares e tamén pola introdución dun duro réxime sancionador para as "faltas de respecto ou provocacións intencionadas" dos artistas "con risco de alterar a orde". A Vicepresidencia da Xunta vén de retomar este anteproxecto, aberto a achegas ata principios de xullo, e nel inclúe as prometidas multas pola asistencia de persoas menores de 12 anos a touradas que, no entanto, o Goberno galego seguirá a autorizar. Malia ás reivindicacións de colectivos animalistas e ecoloxistas, así como da propia oposición parlamentaria, a Xunta deixou as touradas fóra da nova lei de benestar animal, que xa recibiu luz verde do Consello e se atopa actualmente en pleno trámite parlamentario. Así, a norma impulsada dende o departamento que dirixe Beatriz Mato incrementa a prevención fronte ao maltrato que, especifica, "non significa só violencia extrema", senón tamén "someter os animais a condicións hixiénicas e sanitarias cuestionables". Paradoxalmente, a lei resalta especificamente que ningún dos seus preceptos serán aplicables a "animais empregados en calquera espectáculo taurino, incluídos os encerros". O anteproxecto da lei de espectáculos circunscribe a prohibición aos espectáculos taurinos que se celebren "en recintos pechados" A futura lei de espectáculos si se ocupa, na súa nova versión, destes espectáculos, especificando que continuará a ser competencia autonómica "autorizar" a súa celebración. Dentro do artigo dedicado á protección das persoas menores de idade prevé que o seu acceso a espectáculos estea "suxeito ás limitacións e prohibicións previstas na normativa (...) da protección integral da infancia" e as normas que regulan aspectos como o consumo de alcol. Ademais, especifica que "en todo caso, queda prohibido o acceso aos espectáculos taurinos" para as persoas menores de 12 anos, se ben limita este veto ás touradas que se celebren "en recintos pechados", o que a priori deixa marxe para que nenos e nenas acudan a soltas de vaquillas ou capeas ao aire libre. A nova versión da norma, inicialmente presentada en 2013, suaviza os requisitos para a celebración de actos culturais O incumprimento desta prohibición, se finalmente fica con esta redacción na versión final da lei, estará incluído no apartado de infraccións graves, ao mesmo nivel que superar o aforo dun local de espectáculos con "risco grave para a seguridade", o incumprimento de horarios en locais de lecer o a "negativa" dun artista a realizar a actuación contratada "sen causa xustificada". Segundo o réxime sancionador que prevé o texto, a multa por este tipo de infraccións oscilará dos 300,52 aos 30.050,61 euros, que poderían combinarse con outras sancións como a suspensión da actividade por un ano, a clausura do establecemento ou a inhabilitación para organizar e promocionar espectáculos públicos por ese mesmo período de doce meses. É neste apartado de sancións graves onde o Executivo galego suaviza os criterios da versión inicial da lei. Aínda así, continuará a estar dentro dese réxime sancionador a "perturbación grave do normal desenvolvemento do espectáculo" e "os comportamentos que poidan producir alteracións da orde ou crear situacións de perigo para o público (...), participantes, persoas organizadoras e traballadoras", así como para "artistas, forzas e corpos de seguridade, terceiros afectados e bens", así como "a súa permisividade". Unha vez concluído o período de achegas públicas a lei aínda ten que pasar polo Consello para tornar en proxecto e ser remitido ao Parlamento. A previsión máis recente da Xunta indica que esta aprobación se producirá durante 2017. |
NOS_37295 | Poucos casos que relacionen a Igrexa católica coa corrupción e que, ademais, pasaran pola xustiza tiveron tanto seguimento mediático na Galiza como o que se denominou no seu momento como "Caso Retablo". A intervención xudicial e a implicación que relacionaba un funcionario da Xunta con comisións pola realización de obras eclipsou en parte a loita da veciñanza de Covelo por manter un espazo que consideraban seu e que coidaron toda a vida co seu esforzo: a súa reitoral. | O inicio desta historia podería comezar o 27 de febreiro de 1981 cando "a Igrexa católica adscrita á parroquia eclesiástica de Santa María de Paraños certifica da súa propiedade" un inmóbel que denomina "casa reitoral situada no lugar de Campo, da parroquia de Paraños no municipio de Covelo", segundo a inscrición pública que se conserva no rexistro da propiedade de Ponteareas. A inmatriculación, como logo souberon as veciñas e os veciños, realizouse sen publicidade nin exhibición de proba do seu dominio, e baixo as vantaxes do artigo 206 da Lei Hipotecaria. A casa databa de 1827 e era unha vivenda de construción tradicional de 310 m2 cunha gran finca de 4.600 m2. Até os anos 90 servira como residencia dos sucesivos curas da parroquia para pasar, nese momento, a empregarse esporadicamente como lugar de vacacións para os sacerdotes e sede de campamentos xuvenís nos que participaban crianzas de todas as idades. En todo ese período contemporáneo das instalacións o seu mantemento realizábao a propia veciñanza de Paraños que facilitaba man de obra e achegas económicas anuais que conseguía con subscricións populares e doazóns de particulares. A casa estivo coidada pola propia xente de Paraños e entre os seus usos estivo dar vivenda a unha das veciñas, María Ferreira, mentres arranxaban a súa propia casa. Esta muller, con problemas de saúde por ter pasado unha poliomelite de pequena, coidaba da reitoral a diario desde había moitos anos e pedira permiso para poder trasladarse a ela durante vinte meses. A situación mudou, xa cun novo párroco en Paraños, en 2002 cando a casa quedou sen actividade e un ano despois a veciñanza observou como accedían ao inmóbel algunhas fins de semana persoas que non coñecían. O cura párroco, José Juan Sobrino, perante as preguntas sobre esta circunstancia respondía que eran "persoas sen medios que necesitaban unha vivenda" mais pola insistencia popular que desconfiaba dos vehículos "de marca" que accedían á casa reitoral, acabou por admitir que a casa fora cedida por 20 anos a unha "boa familia" a cambio de que axudaran na restauración do retablo da igrexa. A partir dese momento a presenza do "novo propietario" fíxose máis constante e as obras na reitoral tamén. As máis evidentes foron a restauración con bos materiais da vivenda, a instalación dun gran portal de acceso para vehículos e, por último, a construción dunha piscina diante da casa reitoral. As reiteradas mentiras do párroco e do bispo O caso podería quedar en trato de favor cara a un particular, algo que non deixa de ser grave tratándose do patrimonio dunha institución, mais en 2009 a veciñanza soubo que había algo máis. En abril, a través dun anónimo nun dos taboleiros da aldea, descubriron que a reitoral estaba en venda por Internet ao prezo de 680.000 euros. Diante das contradicións do cura buscan información no rexistro da propiedade e descobren que o inmóbel agora é propiedade de Carlos Gómez Gil. Deciden entrevistarse co bispo de Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo, nunha reunión que tivo lugar o 2 de xullo. Daquela xa contan con máis documentación, como o contrato de compra-venda da reitoral, asinado polo propio cura e co consentimento do bispo e o Consello Diocesano de Asuntos Económicos, por un prezo de 60.000 euros. As respostas ás preguntas á comisión veciñal por parte do responsábel eclesiástico desconcertan. Daquela o prelado aseguraba que o inmóbel estaba en mal estado, a idea era alugalo mais decidiuse a súa venda. O malestar nas veciñas e veciños da parroquia aumentou perante estas explicacións. A propia veciña que coidara da casa durante todos estes anos e que era "de misa diaria" sentiuse ofendida polas declaracións do bispo. Nese momento, á volta da reunión, decidiron denunciar a situación nos medios de comunicación convocando a prensa. Pouco sospeitaban que nas mesmas datas a policía investigaba a Carlos Gómez Gil, técnico de restauración da Xunta da Galiza, como principal sospeitoso dunha trama de corrupción que o relacionaba co cobro de comisións por facilitar traballos a determinadas empresas aproveitándose da súa condición dentro de Patrimonio. O caso, denominado Retablo polo elemento artístico que predominaba nas listaxes de obras que saíron á luz, comezou polas denuncias dalgunhas empresas dedicadas á restauración sobre a imposibilidade de conseguir contratos públicos do Goberno galego que sempre recaían nas mesmas compañías. No mes de agosto a Asociación Veciñal de Paraños decide presentarse como acusación particular na causa que completan Fiscalía e Xunta da Galiza. A mobilización popular foi contundente. Liderada pola propia asociación, realizáronse múltiples actos como a intervención en forma de comparsa no Entroido de Mondariz e tamén varias concentracións diante da igrexa parroquial en sinal de protesta. O propio cura deixou de ir a esta parroquia e unha pancarta nun dos lugares máis céntricos co lema "Sr. Cura: mentir é pecado?" realizada pola deseñadora e presidenta da asociación, Karina Mouriño, converteuse no símbolo do malestar veciñal até o punto de ter a súa resposta en forma de anónimos ameazantes. As escoitas telefónicas da trama No seguimento deste caso para descubrir as persoas que estaban implicadas nesta trama empregáronse escoitas telefónicas entre os protagonistas. A casualidade fixo que o mesmo día en que a comisión veciñal visitaba o bispo tamén o facía a policía. Na véspera, o cura de Paraños mantivo unha conversa con Gómez Gil para prepararlle o argumento ao mandatario eclesiástico, que non podía dicir que a venda era "polos favores recibidos", e aconselláronlle que fora polo mal estado do inmóbel. As chamadas entre os protagonistas desta historia incluíron o propio bispo e outro personaxe: Benito Estévez Domínguez, membro da comisión económica do bispado. A través das escoitas sóubose que para "arranxar" a situación e proceder á devolución da casa á Igrexa mesmo estivo enriba da mesa o troco da reitoral por unha propiedade do bispado na avenida das Camelias de Vigo. En xaneiro de 2010 a parroquia é un fervedoiro de xornalistas, da venda dunha reitoral pasouse a unha confabulación que implicaba, ademais do funcionario de patrimonio, a José Manuel Pichel Pichel, arquitecto que prestaba os seus servizos para a entidade pública S.A. Xestión do Xacobeo sobre os proxectos de intervencións en inmóbeis vinculados con varios dos Camiños de Santiago. Ambos os dous, de común acordo, estabeleceran unha relación na que Pichel ben propuña obras de restauración a financiar polo Xacobeo, ben informaba a esta entidade en sentido favorábel para que esta entidade pagase cantidades para proxectos nas que a restauración fora informada por Gómez Gil. A finalidade común era a obtención de beneficios económicos que lles serían facilitados polas empresas adxudicatarias dos labores de restauración ou directa ou indirectamente polos párrocos interesados na restauración desas obras. Nas propias escoitas telefónicas aparecían os párrocos de Lérez, Crisanto Rial, e San Miguel de Riofrío (Mondariz) denunciados pola propia asociación veciñal. Recuperar a reitoral A idea das veciñas e dos veciños de Paraños sempre foi recuperar a casa reitoral para darlle un uso comunitario. A que máis éxito tiña, e tamén a de máis consenso, era a de empregala como centro de día para atender as necesidades dunha poboación tan maior como é a desta parroquia. "Era e é algo necesario aínda hoxe", asegura Xosé Manuel Sendín, presidente da Comunidade de Montes de Paraños, a Nós Diario, "temos casos de persoas de máis de oitenta anos que viven soas e pensamos que se podería formar un grupo con elas, que tivese unha asistencia de día nunha casa común, sen ter que desprazarse a Covelo, Ponteareas ou Vigo como aconteceu en moitos casos", engade. Daquela, acolléronse ao informe do propio bispado durante o procedemento e propuxeron un prezo de compra por valor de 32.384 euros que faría efectivo a Comunidade de Montes. Desta maneira, a casa estará a disposición de toda a parroquia ao ser o seu titular a institución á que pertencen todas as familias da mesma. A Igrexa queda fóra "Houbo un momento en que a Igrexa nos mirou como uns inimigos declarados, cando nós estabamos contra a corrupción na Igrexa e non contra a Igrexa como institución", asegura o presidente da Comunidade de Montes. E nese aspecto baseou tamén a súa denuncia até o final. A tramitación do Caso Retablo seguiu o seu curso e en 2014 deu unha importante novidade. Malia a insistencia da Asociación Veciñal de Paraños e do Ministerio público de que a trama de corrupción tiña que funcionar co apoio dos membros eclesiásticos que participaron dunha ou doutra maneira, ese ano o xuíz instrutor resolveu arquivar as súas imputacións. O recurso presentado tampouco prosperou e a Audiencia da Coruña ratificouna dous anos despois. "A Igrexa sempre foi a máis belixerante na actitude defensiva e ao final conseguiron o seu obxectivo, que era desimputalos pondo en dúbida a legalidade das escoitas telefónicas", explica a Nós Diario Carlos Feixoo, avogado da veciñanza. Sinala que nas últimas reunións que mantiveron nas que participou a Igrexa "non quería ver pasar polos xulgados, aínda que fosen como testemuñas, un montón de párrocos como sería neste caso". Por este motivo, acordaron que cando puxesen á venda ou alugueiro a casa reitoral unha vez recuperada os primeiros en ter acceso a realizar unha oferta sería a veciñanza de Paraños representada pola Comunidade de Montes por non ter patrimonio a asociación veciñal. Hotel de luxo, punto final A historia rematou este mesmo ano da maneira menos previsíbel. O bispado avisou a veciñanza de que tiña intención de vender a reitoral por un prezo de 200.000 euros, unha suma moi superior á que podía acceder a veciñanza. En pouco tempo comezaron as obras dun novo propietario que, para sorpresa da contorna, anunciou que o inmóbel pasaría a ser un hotel. Para Feixoo, en realidade, "puxeron unha cantidade moi alta para que se lles dixese que non, cando en realidade xa estaba vendida ao actual propietario, que tería iniciado os trámites". Neste caso, desconfía de como se fixo a xestión pola envergadura da nova instalación e o lugar en que se atopa. "Sabendo como funciona Patrimonio, en zonas como esta protexida, na que os trámites son lentos, deunos a sensación de que a venda por parte do bispado foi antes de que se lle comunicara á veciñanza", indica Feixoo. A día de hoxe non saben o prezo exacto polo que se vendeu a reitoral de Paraños, mais a cifra da que máis se fala rolda os 60.000 euros. "Defraudounos con esta solución, malvendeu a casa realmente por non querer negociar e nós soubémolo de casualidade", relata Sendín. En maio, nun acto fechado ao público, tivo lugar a inauguración do que a partir de agora xa é o Hotel 'La Rectoral', un grande estabelecemento que conta con seis dependencias no que era a antiga Casa Reitoral e con sete apartamentos de luxo diante con vistas ao río Xabriña. Entre os asistentes, o conselleiro de Medio Rural, José González, que deu fe do proxecto privado que contou cunha axuda económica do Programa Leader Galiza 2018-2020 e un orzamento de 172.157 euros. Desta nova situación hai opinións para todos os gustos. A proliferación de vehículos na aldea non axuda. As obras que se fixeron con anterioridade nas rúas, realizadas pola propia Comunidade de Montes, adaptaron a contorna ás vivendas que había e non contaban coa ampliación de visitantes temporais. Tampouco agradaron algúns dos eventos que se organizaron o pasado verán, como foi o caso dunha voda coa conseguinte festa nocturna. Foi o punto final, ou seguido, dunha historia que achega un ton acedo ao futuro do rural galego. |
PRAZA_16208 | Este mércores botou a andar o ente consultivo, que traballará para "garantir a xustiza e a reparación". Impulsado polo concello, participan PSdeG e BNG, ademais da Universidade e entidades memorialistas. A súa primeira tarefa será analizar a situación da Casa Cornide, en mans da familia do ditador Francisco Franco. | Este mércores botou a andar o Consello da Memoria Democrática da Coruña, un ente consultivo impulsado polo Concello que traballará para "promover a reparación moral e a recuperación da memoria persoal e familiar daquelas persoas que padeceron persecución ou violencia por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa" durante a ditadura franquista e para "dar resposta ao establecido na Lei de Memoria Histórica e atender ás demandas das vítimas en termos de verdade, xustiza e reparación". Na xuntanza de constitución da entidade participaron representantes da Universidade da Coruña, de entidades memorialistas (CRMH, ARMH) e culturais (Instituto José Cornide de Institutos Coruñeses, RAG), da Concellería de Cultura e tamén das forzas políticas con representación municipal: PSdeG-PSOE, BNG, mais non o PP. A pesar de que a formación popular está convidada a formar parte do Consello da Memoria Democrática da Coruña, ningún representante do grupo municipal do PP acudiu á xuntanza de constitución, na que si estiveron presentes Fito Ferreiro (PSdeG-PSOE) e Avia Veira (BNG). "O PP, coma sempre, fuxe de todo o que sexa lembrar e reparar o dano causado polo franquismo", denunciou este mércores Marea Atlántica a través das redes sociais. Entre as funcións do Consello da Memoria Democrática está a emisión de informes sobre aqueles proxectos ou programas relativos ás políticas municipais dirixidas á recuperación da memoria persoal e familiar das vítimas da represión. Neste senso, a súa primeira tarefa será analizar a situación da Casa Cornide, en mans da familia do ditador Francisco Franco. Os e as integrantes da Comisión analizarán se é posible que o Concello leve a cabo unha eventual reclamación para que este inmoble, que un día foi casa do prolífico historiador e humanista José Cornide, pase a formar parte do patrimonio público. O pasado 26 de setembro militantes do BNG ocuparon simbolicamente o edificio da Rúa Damas pedindo a "devolución do roubado". O pasado 8 de xaneiro o pleno municipal aprobou unha moción do BNG para que a Casa Cornide pase a formar parte do patrimonio público. "O espolio da Casa Cornide está clara e debidamente documentado: existiu unha trama, na que interveu o Concello da Coruña, o Ministerio de Facenda, o Ministerio de Educación e a Casa Civil do Caudillo para enmascarar como poxa un auténtico espolio en beneficio de Carmen Polo que desexaba unha casa en plena Cidade Vella. É hora xa de que se devolva á cidade e se reintegre ao patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses", sinalou Avia Veira. "Non se pode ser alleo ao veredicto da historia ao expolio que se levou a cabo durante a represión", indicou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. A moción foi aprobada cos votos favorables de Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e BNG, e o PP abstívose. O Partido Popular tamén se abstivera o pasado ano na moción que deu lugar á creación do propio Consello da Memoria Democrática, unha iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica que si contou co apoio do resto dos grupos. Daquela, o PP rachara a unanimidade incluíndo mencións a Cuba ou a Venezuela na súa argumentación sobre os motivos polos que non apoiaba a proposta. A futura Oficina Municipal de Atención ás Vítimas da Represión Franquista Durante a súa intervención no acto de constitución, o alcalde Xulio Ferreiro recordou que, ademais da creación deste ente, o Concello contará en breve cunha Oficina Municipal de Atención ás Vítimas da Represión Franquista, que se desenvolverá apoiada sobre a cátedra de investigación sobre memoria que o goberno local puxo en marcha da man da Universidade da Coruña. Ferreiro quixo destacar o traballo desenvolvido "ao longo de todos estes anos tanto por asociacións memorísticas como por entidades e formacións políticas que marcaron o camiño para a restitución da memoria". Así, recordou que o goberno local da Coruña conseguiu "sacar do rueiro os nomes dos asasinos", así como retirar as honras que recibían en María Pita "alcaldes que foron nomeados polo medo e non polas urnas". E lembrou a intención do executivo de retirar este exercicio a simboloxía franquista presente aínda nunha das vidrieiras do Concello. |
NOS_9363 | Nas próximas semanas chegará ás librarías a novela Cabalos e lobos, a estrea literaria coa que o xornalista Francisco P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela. O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un adianto do texto. | Na sección Textos do número 138 de Sermos Galiza que estará nas rúas esta quinta feira publícase un adianto editorial da novela do xornalista Francisco P. Lorenzo, Cabalos e Lobos. A obra, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela, é a estrea literaria dun autor cunha xa longa traxectoria no xornalismo e creador do blog Un país en lata onde está a publicar os book teaser da nova novela, á espera da súa publicación nas próximas semanas. A entrega 138 do Sermos Galiza -o único semanario en lingua galega- inclúe tamén unha entrevista co autor na que explica o proceso de creación da obra. |
NOS_18192 | Asegurouno após o Consello da Xunta e logo, dixo, de conversar co ministro de Sanidade español. Porén, será Madrid quen decida se se incorpora ao calendario de vacinacións do Sergas. | O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, sinalou após a xuntanza semanal do Consello que a vacina do meningococo B poderá ser adquirida nas farmacias "en poucos meses", embora non concretar cando. Feijóo fixo o anuncio logo de se reunir na segunda feira co ministro de Sanidade español, Alfonso Alonso, quen se comprometeu a iniciar os trámites para que a vacina sexa dispensada libremente. Até o de agora esta só era accesíbel para os considerados grupos de risco como persoas sen bazo ou persoal en contacto coa bacteria. A decisión estatal, a petición do goberno galego, visa pór fin ao malestar xerado entre as familias. E é que persoas ás que lle fora recomendada polo persoal sanitario ao constituíren, segundo os informes médicos, un grupo de risco tampouco tiñan acceso á vacina o que abocou a moitas familias a mercala en farmacias portuguesas. Eis o caso de Patricia, a nai dun neno con Síndrome de Down que baixou ao país veciño e relatou en conversa con Sermos Galiza a súa experiencia. Porén, polo de agora, a vacina non se incorporará ao calendario oficial de vacinacións do Sergas, segundo explicou Feijóo. Unha decisión que depende --de novo-- do goberno español malia as demandas de familias e profesionais da medicina. |
NOS_1888 | Puido ser unha casualidade, mais acho que ben pode ter un valor significativo o feito de que, se hai un mes estaba a falar nesta mesma columna da aparición dunha banda deseñada galega ambientada no rural, hoxe teño a oportunidade de volver laretar dunha outra obra que se achega a este pequeno espazo telúrico de múltiples facianas e realidades contrapostas que ben nos pode retrotraer á infancia saúdos como destapar escuros sucesos. | É o caso da obra que nos trae hoxe aquí, Madialeva, onde o eixo narrativo está fundamentado en Miraz, na Terra Chá, a non moitos quilómetros de onde Cristián F. Caruncho plasmaría a súa peza Grandarroiba, na comarca do Ortegal. Como no caso de Cristian, en Madialeva tómase como alicerce os lugares e paisaxes que lle son propios e tenta retransmitirnos parte dunha memoria colectiva, moitas veces inzada de inxustizas que ficaron agochadas do espallamento mediático polas imposicións sociais que levan décadas (ou séculos) imperando nas aldeas sometidas aos poderes caciquís. Madialeva | Ana Moreiras | Autoeditado | 124 páxinas | 19 euros Na base da historia introdúcenos a Pelines, unha presentadora asentada en Madrid que, como adoita suceder, volve ás orixes cando todo se lle está a torcer. Pronto nos desfaremos desta figura para centrarnos nas verdadeiras protagonistas, Mirta e Gloria de Raposo, que serán as encargadas de debullar parte da historia de Miraz, da dos seus devanceiros e da súa propia. Cohesionadas arredor de diversas xeiras onde as protagonistas limpan as tripas da matanza ou apañan nabizas, asistimos á construción dun imperio téxtil a costa de man de obra explotada, ou de como o caciquismo, a violencia sexual ou a emigración lastraron (ben poderiamos guindarlle o pretérito ao verbo) a vida das familias que poboan moitas das aldeas de Galiza. Como boas costureiras, estas dúas mozas entradas en anos enfían polo miúdo sucesos que dunha volta poden erguernos un sorriso pero que na seguinte encirran a alma ao lector, que se ve sorprendido pola narración extremadamente contida dunhas protagonistas que xa viron e viviron todo tipo de abusos. Quizás sexa aí onde resida o punto álxido da obra de Moreiras, en transmitir a naturalidade coa se expresan as protagonistas e coa que se nos achega ao fondo das súas vivencias, sen artificios nin adubos, cunha lectura áxil e un axeitado uso das convencións propias do medio, que fai desta unha peza moi completa, cun deseño non moi habitual mais interesante para seguir coñecendo anacos da nosa historia. |
NOS_48273 | O prezo medio da luz no mercado volverá tocar esta segunda feira novos máximos históricos, cun prezo medio de 106,74 euros o megawatt hora (MWh), superando así o anterior récord de 106,57 euros, que alcanzou o pasado 21 de xullo. | O prezo medio da luz no mercado volverá tocar hoxe, 9 de agosto, novos máximos históricos, cun prezo medio de 106,74 euros o megawatt hora (MWh), superando así o anterior récord de 106,57 euros, que alcanzou o pasado 21 de xullo. Na súa comparativa co ano pasado, a alza é de 180%, é dicir, o prezo de mañá case triplicará o rexistrado hai exactamente un ano, cando se limitaba a 38,09 euros/ MWh. Con todo, esta vez, o 'pool' eléctrico rexistrará un prezo medio de 106,74 euros/ MWh, superando todos os niveis de xullo e mesmo os picos deste arranque de agosto, que marcou tres dos cinco máximos históricos. Excepto desde as 15 até as 17 horas, o prezo manterase constantemente por enriba dos 100 euros/ MWh, marcando o máximo diario entre as 21.00 e as 22.00 horas, cando o prezo da luz será de 114,07 euros. Pola contra, o mínimo diario rexistrarase entre as 16.00 e as 17.00 horas, xa que se limitará a 97,95 euros o MWh. O prezo da luz prosegue así neste arranque de agosto coa tensión vivida ao longo de todo xullo, que levou a fechar cunha media de 93,46 euros/ MWh, o que supón o nivel máis alto da historia e un 169,8% por enriba do mesmo mes do ano pasado. Dereitos de CO2 e prezo do gas Este encarecemento no prezo do mercado eléctrico está motivado polos altos prezos dos dereitos de emisión e a suba do gas natural. En concreto, os dereitos de emisión encarecéronse até superar neste arranque de agosto os 54 euros por tonelada, cando no principio do ano cotizaban arredor dos 33 euros. Mentres, o prezo do gas natural repunta xa até os 41,7 euros por MWh, segundo datos de Mibgas. O prezo da enerxía ten un peso próximo na factura de en torno a 24%, mentres que ao redor do 50-55% corresponde ás peaxes -o custo das redes de transporte e distribución- e cargos -os custos asociados ao fomento das renovábeis, ás extrapeninsulares e as anualidades do déficit de tarifa-, e o resto, a impostos. As oscilacións no prezo diario afectan ás consumidoras acollidas á tarifa regulada (PVPC), algo máis de 10 millóns, mentres que están exentas as que están no mercado libre -sobre 17 millóns-, xa que contan cun prezo pactado coa súa compañía. Segundo indicaron expertas do sector, 88% do consumo eléctrico de España non está exposto á volatilidade do prezo do mercado 'anuncio', ao ter contratos con prezos fixos, véndose así expostos a ela as clientas acollidos ao PVPC. En xullo, un encarecemento do recibo de 36% O recibo da luz dunha usuaria media encareceu 36,2% en xullo con respecto ao mesmo mes do ano pasado, situándose nos 85,34 euros, segundo datos de Facua-Consumidores en Acción. A baixada do IVE/IVE a 10% até decembro mentres o prezo medio do megawatt hora estea por enriba dos 45 euros amortece a subida en 8,54 euros. Se se seguise aplicando o 21%, o recibo batería todos os récords, alcanzado os 93,88 euros, segundo os cálculos da asociación. No que se refire á suspensión do 7% do imposto sobre o valor de produción de enerxía eléctrica, que xa en 2018 decidirase a súa suspensión temporal durante seis meses para conter outra onda alcista no prezo da luz, estará vixente durante o terceiro trimestre deste ano. |
NOS_23593 | O ex presidente queda libre do cargo de incitación á insurrección tras o asalto ao Capitolio. Os demócratas, con 57 votos a favor da condena e 43 en contra, non logran a maioría de dous terzos. | O Senado dos Estados Unidos de América (EUA) absolveu o ex presidente Donald Trump, acusado de incitar á insurrección contra o Capitolio do pasado 6 de xaneiro. O proceso de destitución (impeachment) tivo como resultado 57 votos favorábeis e 43 en contra. Sete senadores republicanos apoiaron a condena que suporía a inhabilitación de Trump, e por tanto non podería volver presentarse ás eleccións presidenciais, pero eran necesarias dúas terceiras partes da cámara, é dicir, un total de 67 senadores. Os republicanos que deron o seu voto para a inhabilitación foron Bill Cassidy (por Luisiana), Susan Collins (polo Estado de Maine), Richard Burr (por Virginia), Lisa Murkowski (por Alaska), Mitt Romney (polo estado de Utah), Ben Sasse (polo de Nebraska) e Pat Toomey (por Pennsilvania). A pesar de que nun primeiro momento o senado dera luz verde á incorporación de testemuños contra o ex presidente, finalmente as dúas partes chegaron a un acordo para facer constar as declaracións da congresista republicana Jaime Herrera Beutler como proba máis evitouse a súa comparecencia na cámara, para non dilatar máis o proceso. "Esta foi outra fase da maior caza de bruxas do noso país", dixo Donald Trump nun comunicado logo de que rematase a votación. Os seus avogados xa fixeran un alegato final na mesma liña, acusando aos demócratas de vinganza partidista. O impeachment a Trump non só pretendía xulgar o seu papel nas horas previas ao asalto ao Capitolio, senón tamén o feito de "torpedear" a transición do poder e tratar de "vulnerar a vontade que os estadounidenses expresaron nas urnas o 3 de novembro". |
NOS_19658 | A CIG enceta un ciclo de conferencias para dar a coñecer o contido e consecuencias do Tratado de Libre Comercio que negocian a UE e os EUA. | 'Que sabes do TTIP?'. Esa é a pregunta que lanzan desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) ao conxunto de traballadoras e traballadores no ciclo de palestras que está a desenvolver arredor do Tratado de Libre Comercio entre os EUA e a UE. A resposta na maior parte dos casos é tamén un interrogante. O escurantismo no que se están a dar as negociacións e as escasas filtracións que trascenderon a respeito do contido das mesmas tradúcese no descoñecemento absoluto por parte da poboación das consecuencias que terá este novo marco normativo de se chegar a materializar. Neste senso, desde a central sindical nacionalista decidiron iniciar unha rolda de conferencias nas que explicar os principais puntos do Tratado e as consecuencias que carrexaría a súa aprobación. Até o momento desenvolvéronse xa nas pricipais cidades galegas --agás en Ourense que terá lugar o 28 de febreiro. Nelas, a central sindical, através do seu secretario xeral, Suso Seixo, advertiu que "o primeiro paso" para iniciar unha "resposta" popular ao TTIP é "coñecer" a súa existencia e crear "conciencia cidadá" arredor del, pois, aseguran, "sen ser aprobado" trátase dun dos tratados que "afondarán máis na desregulación de todos os ámbitos". Desregular o mercado de traballo E é que o Tratado de Libre Comercio (TLC) ou TTIP, nas súas siglas en inglés, afectará o marco laboral mais tamén o ambiental, sanitario, alimentar, financeiro e do sector servizos. Así, salientan desde a CIG, o obxectivo do tratado é "eliminar os aranceis", "harmonizar a lexislación" e "fixar mecanismos xurídicos que garantan os beneficios dos investidores financeiros" en múltiples planos, na procura de equiparar as condicións xurídicas entre os EUA e a Unión Europea. A CIG asegura que "o primeiro paso" para dar unha "resposta" popular ao TTIP é "coñecer" a súa existencia e as consecuencias das reformas que prevé No concreto, advirten, traducirase nunha "rebaixa" das condicións de traballo europeas para as aproximar ás estadounidenses cuns "estándares moi inferiores". Por exemplo, explican desde a CIG, nos EUA "non se recoñece un Salario Mínimo Interprofesional nin o dereito a folga ou a negociación colectiva". Neste senso, fronte aos 133 convenios asinados polo Estado español coa Organización Internacional do Traballo (OIT) os EUA só teñen 14. En materia alimentar, ambiental e de saúde prevese a eliminación do principio de precaución actualmente en vigor na UE. Un feito que permite a aplicación de medidas protectoras perante aqueles produtos ou tecnoloxías que puidesen ser prexudiciais para a saúde como a carne bovina tratada con hormonas ou o uso de químicos nocivos nos procesos industriais. Liberalización financeira e dos servizos públicos Así mesmo, prevé a desregulación financeira permitindo a flutuación de capitais sen restrición nen capacidade de control algún. Aliás, contempla a liberalización dos servizos públicos e a capacitación de calquera empresa ás dúas beiras do Atlántico para acceder a concursos de xestión pública incluídos a sanidade, a educación ou as obras públicas en calquera dos distintos niveis administrativos. Estes servizos son considerados polas grandes empresas transnacionais como un importante nicho de mercado. A respeito das transnacionais, o TTIP estabelece o denominado mecanismo de Resolución de Disputas entre Inversores e Estados (ISDS). Mediante este órgano as multinacionais van poder demandar aos estados se se senten prexudicadas nos seus intereses polas decisións que os gobernos adopten en calquera materia. As demandas presentaríanse en tribunais de arbitraxe internacionais, de carácter privado, integrados por tres membros (un nomeado polo estado, outro polo investidor e outro "neutral"), cuxos laudos son de obrigado cumprimento e non son recorríbeis. Por norma, estes árbitros son avogados/as de grandes bufetes e estes casos poden custar entre 6 e 22 millóns de euros. De feito, xa existe unha elite internacional de xuristas que actúan como xuíces nestas arbitraxes e que reparten a maioría dos casos. Perante esta realidade desde a CIG xa lanzaron un chamamento internacional para a convocatoria dunha folga xeral no Estado español através da plataforma social europea Alter Summit. A data coincidiría cunha xornada de loita que abranguería o conxunto da UE e os EUA e que podería ter lugar arredor do 18 de abril. Data que aínda se estaría a valorar. |
NOS_21522 | A Asociación A Pomba do Arco de Foz organiza entre os días 18 e 21 de abril o programa "Sentirmos a arte", unha serie de mesas de debate tamén con artistas como protagonistas nas que se avaliará o estado actual das distintas disciplinas artísticas. | A Asociación A Pomba do Arco bota a andar entre os días 18 e 21 de abril o programa "Sentirmos a arte", unha serie de mesas de debate tamén con artistas como protagonistas nas que se avaliará o estado actual das distintas disciplinas artísticas. "Creamos para crecer" é o título da primeira das xornadas que leva a Foz a Alberto Pena Rei na segunda feira. Na terza o novo audiovisual será motivo dun encontro coa presenza da productora e cineasta Ruth Chao, e da fotógrafa e deseñadora Montse Rego, ambas as dúas mariñáns que achegarán a súa experiencia persoal e darán conta do vizo desta disciplina artística en Galiza. O Bichero "A arte que vén" é o título da terceira das xornadas na que falará o profesor da USC, Miguel Anxo Rodríguez, que disertará das novas tendencias artísticas, das mudanzas no proceso de creación, na diversas percepción da obra polo público ao longo da historia O encontro "Sentirmos a arte" chegará ao seu fin coa cuarta e derradeira charla na que, co título de "O debuxo humorístico", o debuxante gráfico Luis Dávila "O Bichero" explicará a súa obra e fará unha demostración en directo da súa técnica de debuxo e do seu humor. Arte na Mariña As mesas redondas terán lugar tamén no Cenima de Foz, ás 20.30 horas, ofrecendo así a oportunidade de contemplar no mesmo edificio a mostra de obra de trinta dos principais artistas mariñás entre os que se encontran Celso Dourado, Mauro Leivas, David Catá, Alberto Pena, Hector Manasé e Raimundo Rubal. Ademais hai unha mostra de artistas locais en Burela e Xove; e outra de Xosé Vizoso en Ribadeo. |
NOS_43804 | O canal de Suez, ese suco de case douscentos quilómetros aberto no deserto para ligar o mar Mediterráneo ao mar Vermello e permitir as embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza, foi un proxecto iniciado polos faraóns, rematado no século XIX e ampliado no XX. Durante este tempo estivo varias veces fechado ao tránsito | En 1956 Exipto nacionalizou a Compañía do Canal co obxectivo de financiar a construción do Encoro de Asuán, após o rexeitamento dos Estados Unidos e do Reino Unido de forneceren os fondos necesarios, en represalia porque os exipcios adquiriran armamento da Unión Soviética. Os bens exipcios foron conxelados e a axuda alimentaria suprimida. Os principais accionistas do canal eran daquela os británicos e os franceses así que, coa colaboración de Israel, lanzáronse a unha operación militar, a "operación mosqueteiro", o vinte e nove de outubro de 1956. A Crise do canal de Suez durou unha semana. Como resultado dos danos e dos barcos afundidos, o canal fechouse até abril de 1957. E despois abriu. Exipto sofrera unha derrota militar mais non política. Os petroleiros que do Golfo viñan a Europa non podían dar a volta polo Cabo da Esperanza. |
NOS_26978 | O organismo sinala que o feito de que o certificado Covid "non elimine por completo a posibilidade de novos contaxios", non invalida "a idoneidade dunha medida que permita reducir o risco". | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) autorizou este sexta á Xunta prorrogar até o vindeiro 9 de abril a obriga de presentar o certificado de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa do Covid para visitar a un paciente ingresado nos hospitais e centros sociosanitarios residenciais para persoas maiores e persoas con diversidade funcional. Así o informou o TSXG nun comunicado, no que indica que a Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo destaca no auto que esta medida permite "o mantemento destas actividades en situacións nas que se produce un aumento do risco de contaxio, debido ás características de especial vulnerabilidade que concorren". Ademais, sinala que o feito de que o certificado Covid "non elimine por completo a posibilidade de novos contaxios", non invalida "a idoneidade dunha medida que permita reducir o risco". Por iso, o alto tribunal galego subliña que o seu obxectivo é reducir "a posibilidade de que unha persoa infectada entre en contacto con persoas non infectadas e desprotexidas e que poidan transmitirlles a infección". Ademais, asegura que vai acompañado "dun esforzo da administración sanitaria no ámbito da vacinación, na expedición de certificados e no incremento das probas para a detección do virus, destacando que todos aqueles que quixeron vacinarse puideron facelo". O Certificado Covid, activo mentres sexa "imprescindíbel" Na resolución, os maxistrados sinalan que o informe médico achegado pola Xunta xustifica a obriga de presentar o certificado de Covid en determinados espazos. Ademais, os maxistrados indican que a medida "manterase durante o tempo imprescindíbel para mellorar a situación epidemiolóxica da Galiza, que se revisa diariamente e se somete semanalmente á consideración do comité clínico, segundo as evidencias científicas que poidan xurdir". A autorización vixente abrangue até as 23.59 horas do día 9 de abril, ao comezo da Semana Santa. |
NOS_4706 | Unha guía de 'Mujeres en Igualdad' apunta a que o inicio cedo de relacións sexuais é outro factor de risco. | 'Mulleres en Igualdade', fundación do PP, afirma nunha guía que a promiscuidade e o comezar cedo a ter relacións sexuais son "factores de risco" que aumentan as posibilidades de que unha rapaza sexa vítima da violencia machista, segundo sinala El Diario nunha información. Así, e en base a esa guía de 'Mulleres en Igualdade', o baixo nivel de escolarización e as dificultades económicas son tamén variábeis que entrarían nesa situación de risco. Tal e como relata 'El Diario', a guía ('As mozas como novas vítimas') aponta a que a vulnerabilidade das mozas perante agresións machistas aumenta se son febles emocionalmente ("Baixa auto-estima, transtornos da conduta alimentar, depresión crónica"). Outras causas ás que se fai referencia é "un emparellamento temprano" e "unha maternidade prematura (15-20 anos). A guía é de 2011 e contou con subvencións do Instituto da Muller e do Fondo Social Europeo, segundo 'El Diario'. |
NOS_5990 | O lehendakari invoca a Lei de Claridade canadiana como modelo a tomar por Europa válida para resolver conflitos nacionais. | Iñigo Urkullu está en Quebec, dentro da viaxe institucional que realiza ao Canadá e no que a cuestión catalá tamén ten un oco na axenda. Tantear as posibilidades dunha mediación para o conflito catalán é unha das cuestións que o lehendakari vai tratar na súa estancia, segundo apontan algunhas fontes. O lehendakari invocou en Montreal o modelo de Quebec como unha posíbel vía da que a Unión Europea tome nota para encaixar as demandas de pobos como Catalunya ou Euskadi. "É un modelo especialmente valiosos pola experiencia dos referendos de 1980 e 1995, a tramitación da denominada lei de Claridade e a resposta dada polo Parlamento de Quebec", dixo. A Lei de Claridade quebequense estabelece as condicións nas que o goberno do Canadá debería abordar unha negociación con Quebec. Este modelo, canda o de Escocia, é unha das referencias de Urkullu para formular saídas aos problemas vasco e catalán. En todo caso, o lehendakari aclarou que eran referencias, non modelos a copiar. Manifestación en Bilbao contra o 155 Representantes de diferentes organizacións vasca convocaron unha manifestación en Bilbao para este sábado contra a aplicación do 155 e pola defensa do dereito a decidir. Entre os convocantes, sindicatos como LAB, ELA e CNT, plataformas como Gure Esku Dago, e organizacións políticas como EH Bildu. |
NOS_6511 | @s nacionalistas amosan o seu apoio ás mobilizacións do sector lácteo do vindeiro 27 e acusan a Xunta de abandonar @s gandeir@s "ao pé dos cabalos". No último lustro este sector veu como mermaba o seu poder adquisitivo en máis dun 40% | O BNG insta mediante varias iniciativas rexistradas no Parlamento galego o goberno autonómico a que "asuma a responsabilidade de liderar o sector lácteo e que impulse novas medidas como a creación dunha interprofesional, impulsar un marco galego de relación entre os operadores do sector lácteo". Unha petición da cal a fronte nacionalista informou á vez que anunciaba o seu apoio ás mobilizacións que este sector desenvolverá o vindeiro día 27. Para o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o sector do leite na Galiza "está a ser xibarizado" e exixiu ao goberno galego que tome as rendas, ao tempo que acusou a Feijóo de "abandonar os e as gandeiras aos pés dos cabalos". Vázquez exixiu "igualdade de condidións e capacidade de decisión para Galiza" ante unha situación que describiron como "insostíbel". O nacionalista enfatizou que "temos o mesmo dereito que Dinamarca ou Holanda a producir" afirmou Guillerme. Desplome nos prezos Desde 2005, entrementres os ingresos d@s gandeir@s galeg@s pola venda de leite medraron un 0,9%, os custos de explotación fixérono nun 29,6%, co cal a súa renda caeu nun 43%. Isto está provocado en boa medida porque o prezo que reciben é dos máis baixos da Unión europea e o máis baixo do Estado español: un 5,5% menos que a media estatal, un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda. A voceira de Medio Rural do BNG no Parlamento, Tareixa Paz, explicou que as iniciativas d@s nacionalistas apostaban por medidas como "a creación dunha interprofesional, impulsar un marco galego de relación entre os operadores do sector lácteo". Pola súa banda, Matías Da Torre, tenente alcalde de Silleda, cualificou de "agónica" a situación que se vive na comarca do Deza, onde hai 2.000 explotacións que xeran 12.000 empregos. "Os gandeiros están totalmente endebedados e o gran desafiuzamento do sector lácteo está por chegar agora se non se toman as rendas da situación", afirmou Matías da Torre. |
PRAZA_15402 | O pleno daralle luz verde á comisión das caixas o vindeiro martes, tras meses de vetos do PP e despois da interrupción do proceso polas eleccións | A comisión da marmota semella que finalmente verá a luz. O vindeiro martes o pleno do Parlamento votará de maneira acumulada as peticións de comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro formuladas por PP e PSdeG -únicos grupos con deputados dabondo para pedila- e os conservadores avanzan que, agora si, desbloquearán unha decisión que vetaron durante meses da pasada lexislatura, durante a cal bloquearon, con diversas argumentacións, as reclamacións presentadas polos daquela dous grupos da oposición. O mes de xullo ou o 1 de setembro foron algunhas das datas lanzadas polos populares para encetar as indagacións sobre as antigas Caixanova e Caixa Galicia, a fusión de ambas e o nacemento de Novagalicia Banco. Todas as promesas, adiadas durante meses, esvaeron finalmente o 27 de agosto, cando Alberto Núñez Feijóo decidiu adiantar as eleccións autonómicas. Con todo, no primeiro pleno do novo mandato si que se producirá a aprobación formal e en febreiro, cando se reanude a actividade ordinaria da Cámara -o mes de xaneiro, habitualmente inhábil, será habilitado para tramitar os Orzamentos- comezarán os traballos. Na oposición o Feijóo reclamaba que os grupos puidesen impulsar dúas investigacións por lexislatura aínda que non tivesen a maioría Será ese o momento, cando os grupos organicen os labores da comisión, de coñecer cal é a intención do PP no relativo ao alcance da investigación. Así, por exemplo, Alberto Núñez Feijóo xa manifestou a súa disposición a acudir como comparecente, se ben persisten incógnitas sobre os altos cargos das institucións financeiras que terán que acudir a dar explicacións ante os deputados e deputadas e os temas que terán que abordar. Ademais da súa propia xestión e das indemnizacións millonarias que percibiron, os grupos da oposición xa avanzan, por exemplo, o seu especial interese en tratar con profundidade o escándalo das preferentes e esixir as responsabilidades que cumpran sobre a cuestión. Esta comisión de investigación será a primeira que os conservadores acepten dende o seu retorno ao poder, no ano 2009. Ao longo da pasada lexislatura rexeitaron sistematicamente todas as reclamadas polo PSdeG e apoiadas polo BNG, tanto sobre as caixas como sobre outros asuntos, tales como a adxudicación da autovía da Costa da Morte. Esta posición contrasta coa mantida polo propio Feijóo durante a súa etapa na oposición. Daquela, o actual presidente apostou por unha reforma do Regulamento parlamentario segundo a cal os grupos terían dereito a impulsar dúas comisións de investigación en cada lexislatura, con independencia de que contasen ou non coa maioría parlamentaria. |
NOS_42462 | Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara e representante da CIG-Servizos, asegura que o grupo Inditex discrimina ás traballadoras das súas tendas fronte ao persoal de loxística, almacén ou da central con esta paga. | O comité de empresa de Zara denuncia que o reparto que fai o grupo Inditex da paga de beneficios, o chamado bono anual de abril, "é discriminatorio" porque "o persoal das tendas vai cobrar, ou non, en función das vendas do ano anterior ou do obxectivo que a propia empresa poña por cada cadea e por cada tenda". Porén, o persoal de central, almacén ou loxística "cobra sempre porque depende directamente dos beneficios" do grupo Inditex. Así o manifestou esta cuarta feira a presidenta do comité de empresa de Zara, e representante da CIG-Servizos, Carmiña Naveiro, quen entende que é, ademais, "dobremente discriminatorio porque se estabelecen diferenzas entre o cobran as traballadoras que, facendo o mesmo traballo, recibirán esa paga nunha ou outra contía ou non recibirán nada. E tamén é discriminatorio para todo o persoal de tendas fronte o de loxística, almacén e central, porque si ou si van cobrar". "Sendo todas dependentas non somos todas iguais", critica. Naveiro entende que con esta medida Inditex "deixa claro que dentro das propias tendas e do grupo existen traballadoras de primeira, de segunda e de terceira categoría". Asegura que ás traballadoras e traballadores "parécenos moi ben que Inditex e o propio Amancio Ortega fagan doazóns á sanidade e aos colectivos que o necesitan neste momento", mais traslada a queixa de que "non recibe igual trato o persoal" que merece ser "coidado" porque é, ao final, "quen lle garante ao grupo e ao empresario os cuantiosos beneficios que obtén". Prima de beneficios Carmiña Naveiro explica que a pasada terza feira se lle trasladou ao persoal que o bono anual de abril, a prima de beneficios, farase efectiva unha vez se proceda á apertura xeneralizada das tendas en todo o Estado e que esta paga será fraccionada. "Se as tendas abren en maio cobraremos en xuño unha parte e a outra en xullo", di. A empresa é quen estabelece os requisitos para cobrar esa paga: "Se unha traballadora supera o obxectivo fixado para a tenda, cobrará a prima completa; se non supera ese obxectivo, pero supera as vendas do ano anterior, cobrará a metade; e quen non chega o obxectivo, nin supera as vendas do ano anterior, non cobra nada". "Consideramos esta situación inxusta e discriminatoria para as dependentas das tendas de Inditex", asevera a presidenta do comité. |
NOS_2409 | Cuarta e quinta feira, convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias, que denuncia a "sobrecagra" e o "deterioro" no servizo. A Consellería de Sanidade afirma que a folga na mañá desta cuarta feira está a ser secundada por 12,7% do total do persoal chamado ao paro. Porén, desde as convocantes destacan que a greve está a ter "un bo seguimento". Así, cifran que está a ser secundada por 83% persoal na área de Vigo, 60% na de Ourense, 47% na da Coruña, 35% na de Compostela e 33% na de Lugo. | A Asemblea de Áreas Sanitarias da Galiza chama as e os profesionais de Atención Primaria a participar na folga convocada para hoxe e mañá, 27 e 28, para reivindicar "medios e tempo" para poder facer "ben" o seu traballo. Baixo a lema 'Por unha Atención Primaria digna', no marco das dúas xornadas de greve están previstas concentracións esta cuarta feira ás 12,00 horas no centro de saúde Concepción Arenal en Santiago; ás 12,30 horas en centros de saúde de Neda e Cedeira; ás 12,00 horas no de Viveiro; ás 19,00 horas no CS Virxe Peregrina en Pontevedra e ás 20,00 horas no Obelisco na Coruña, así como en centros de saúde locais de Vigo durante a xornada. Mentres, a quinta feira 28 as concentracións están fixadas ás 12,00 horas no CS Ventorillo na Coruña; ás 12,00 horas no CS Rosalía de Castro en Vigo, así como noutras localidades de Pontevedra. A elas súmase outra mobilización ás 17,30 horas desde o Novoa Santos até San Lázaro en Ourense e unha mesa informativa en Santiago de 17,30 a 18,30 horas na Praza do Toural. Entre as reivindicacións: un límite de 30 pacientes por día en consulta; unha xerencia de xestión de Atención Primaria; un orzamento para este nivel asistencial de 25% do total; cobertura de 100% das substitucións, a OPE de todas as vacantes de todas as categorías e unha atención homoxénea nas áreas, con mesmas derivacións e acceso a probas diagnósticas. "Só co conflito a Atención Primaria pode cambiar", afirmou o médico Moncho Veras para chamar as e os seus compañeiros médicos á mobilización, a terceira que convocan este ano neste nivel asistencial. A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos na Galiza (CESM) expresou, nun comunicado, o seu apoio ás demandas expostas pola Asemblea de Áreas Sanitarias . Seguimento A Consellería de Sanidade afirma que a folga na mañá desta cuarta feira está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por 12,7% do total do persoal chamado ao paro. Porén, desde as convocantes destacan que a greve está a ter "un bo seguimento". "Para ser a terceira folga nun ano na área de Vigo e a segunda na galiza, o seguimento aumentounalgunhas zonas, manteuse noutras e caeu en varias". Así, cifran un seguimento de 83% na área de Vigo, 60% na de Ourense, 47% na da Coruña, 35% na de Compostela e 33% na de Lugo. |
PRAZA_639 | Non deberían estar a xogar como están a xogar coa credibilidade da xente, como se se tratase duns vulgares trileiros. A cidade non o merece. Os veciños merecemos respeto e non ser humillados con falsas promesas. Merecemos un goberno municipal decente. | E agora o más difícil todavía: o alcalde de Ferrol anuncia unha nova obra. "Se trataría de un complejo con el agua como protagonista, este ambicioso proyecto contaría con una inversión de unos 6 millones de euros", ubicado na zona do Bertón; despois da cidade da "xustiza" no antigo Sanchez Aguilera, tócalle agora o turno á cidade do deporte no Bertón, con mil millóns das antigas pesetas. Non abonda cos ascensores panorámicos, non bastan "pipicans" por aquí e por ala, agora "a lo grande": piscinas de cincuenta metros "si hace falta", que para iso estamos en Ferrol, a cidade máis rica de Galicia. E por se non fosen poucas as promesas do PP na anterior campaña electoral do 2011, recordemos: aparcamentos subterráneos en Caranza, Ultramar, praza de Armas, centro de saúde en Canido, residencias para vellos en Covas e no Bertón, e un gran centro turístico na zona portuaria con edificios novos e bares, moitos bares... Agora serán un total de 8.700 metros cadrados de terreos dedicados o deporte e a auga. Non sei en que cidade vivirán estes gobernantes, non se enteran ou non se queren enterar de que en Ferrol superamos o 30 por cento de paro, que o 27 por cento do pequeno comercio leva pechado xa desde o 2007, que perdemos mil habitantes ao ano e que só chegamos o 52 por cento de taxa de actividade. E que estamos sobre todo fartos, moi fartos. Con este panorama, como poden os actuais mandatarios seguir con esta sarta de ocorrencias? Xa sei que estamos en campaña electoral, pero non debería valer todo en campaña, non debería valer prometer un aeroporto para Ferrol, con metro incluído, non debería valer prometer unha ponte de San Francisco que cruzase a ría con dobre dirección, por exemplo. Que ao paso que imos é posible que cheguemos a tales dislates. A situación de Ferrol non dá para máis, despois das mal chamadas políticas de austeridade aplicadas polo Partido Popular, a cidade está a sufrir unha situación social de extrema gravidade. E o alcalde e o seu partido están a protagonizar esta farsa a modo de esperpento. Non deberían estar a xogar como están a xogar coa credibilidade da xente, como se se tratase duns vulgares trileiros. A cidade non o merece. Os veciños merecemos respeto e non ser humillados con falsas promesas. Merecemos un goberno municipal decente. |
PRAZA_12956 | A prometida terra da fraternidade está en descomposición e urxe tecer a súa recomposición polo ben común aínda que vaia gañando, de lonxe, a implacable e predominante anti-utopía. Aquela que Pierre Bordieu resumira así: "A utopía neoliberal de un mercado puro e perfecto supón a destrucción de todas as resistencias colectivas. Conducirá a un mundo darwiniano onde todos loiten contra todos. E, sen embargo, a transición a ese mundo prodúcese de forma imperceptible, como a deriva dos continentes". Pois nesas andamos | Dicía recentemente a escritora arousá Mariví Villaverde nas liñas de Praza Pública, quen foi homenaxeada como Republicana de Honra 2012 a instancias da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que "é insoportable ver como se vai desfacendo esta sociedade". Unha frase sinxela e resignada, sen circunloquios. Dirixida a onde doe sen deixar de parecer un aloumiño. Por iso acerta, a recollo e a fago miña. Son pronunciadas coa afouteza necesaria e suficiente que 90 anos de perspectiva e combate imprimen nun carácter. Estou certo que saen das mesmas partes do corpo de onde saíron con forza revolucionaria as letras e a música que vertera e nos regalou o Zeca e que deixou en herdanza aos que aínda cremos nun mundo radicalmente distinto ao que están proxectando por riba das nosas cabezas e corazóns os prebostes do reaccionariado e do capitalismo distópico. As cançoes de luta non estaban mortas, nin de parranda. Estaban, están, para achegarnos a elas e sentilas. E as do Zeca, a súa poesía, probabelmente sexan das que mais resoaban aínda cando viviamos nunha ilusión desilusionada As cançoes de luta non estaban mortas, nin de parranda. Estaban, están, para achegarnos a elas e sentilas. E as do Zeca, a súa poesía, probabelmente sexan das que mais resoaban aínda cando viviamos nunha ilusión desilusionada. Hoxe están tanto ou mais vixentes pois aínda que o mito construído arredor da amnesia forzada e da competición por acaparar comeza a derrubarse a desilusión colectiva e a frustración cotizan á alza. Son "cancións do desasosego", como escribiu fai tan só uns meses o portugués Martín Deníz Silva. A prometida terra da fraternidade está en descomposición e urxe tecer a súa recomposición polo ben común aínda que vaia gañando, de lonxe, a implacable e predominante anti-utopía. Aquela que Pierre Bordieu resumira así: "A utopía neoliberal de un mercado puro e perfecto supón a destrucción de todas as resistencias colectivas. Conducirá a un mundo darwiniano onde todos loiten contra todos. E, sen embargo, a transición a ese mundo prodúcese de forma imperceptible, como a deriva dos continentes". Pois nesas andamos. E non xa de xeito silandeiro senón, mais ben, evidente. Camiñando a paso firme cara un pasado que considerabamos soterrado. Cara a suspensión das democracias, o desmantelamento do estado social, o endurecemento da represión e a posta en cuestión de dereitos e liberdades básicas. Camiñando a paso firme cara un pasado que considerabamos soterrado. Cara a suspensión das democracias, o desmantelamento do estado social, o endurecemento da represión e a posta en cuestión de dereitos e liberdades básicas José Afonso identificara ben aos responsables, xa daquela: os vampiros, que comem tudo e non deijan nada. Agora, mais sedentos que nunca, teiman en axeonllarnos ao común dos cidadáns, ao pobo, e teiman tamén en desfacer o que tantos anos de loita costou erguer co esforzo de tantos homes e mulleres, aínda que o resultado non fose óptimo. Sempre se recorda que foi unha persoa modesta, e esta era a súa forza moral. Criticaba a axitación musical da canción no mundo pos-revolucionario porque cría que a política non se facía xa así nin con discursos grandilocuentes senón tamén mediante cousas e causas aparentemente simples e sensibles como cantar conxuntamente, ir ao encontro das persoas e falar dos problemas concretos para crear a irmandade progressista que sempre predicou alá onde estivo, como en Galiza. E dicíao o primeiro capitán de Abril, o home que soñara unha Revolución triunfante e a república da fraternidade e a soberanía cidadá. Os tempos chegados obrigan a que soen a todo volume e nin que dicir ten que mais forte que nunca nesta terra tan querida por el e tan desprezada por outros que padece, ao igual que os irmáns do sur, a humillación da Gran Estafa Austera Un non pode deixar de facer paralelismos con outras figuras do mundo das artes que influíron ao seu nivel. Sempre penso que foi, salvando as distancias que puidera haber, unha sorte de Woody Guthrie ibérico que, sen necesidade de levar inscrito na guitarra un this machine kills fascits!, espertou e esperta as consciencias adormentadas. Aínda hoxe o seu legado é un antídoto contra esa pandemia rexurdida que ameaza con botar raíces. Por iso que non hai que deixar de escoitalas, de lelas ou de cavilar arredor do seu significado último. Mais, ao contrario, os tempos chegados obrigan a que soen a todo volume e nin que dicir ten que mais forte que nunca nesta terra tan querida por el e tan desprezada por outros que padece, ao igual que os irmáns do sur, a humillación da Gran Estafa Austera e do neoliberalismo descarnado e enxebre que "...nos leva a aniquilación física e espiritual, material e inmaterial... Ou estamos á altura do desafío ou podemos ser a derradeira xeración que sabe o que foi Galiza", segundo o Académico da Lingua, Henrique Monteagudo. Concordo totalmente. Fagamos que non sexa. Tamén nas rúas e nas prazas. Este artigo sae tamén publicado no Xornal Terra da Fraternidade, en homenaxe ao Zeca Afonso e polo cumprimento dos 40 anos da estrea de Grándola Vila Morena, en Compostela. |
NOS_56985 | En pleno proceso de desconfinamento o rural está á espreita das fórmulas que as Administracións galega e española preparan para acalmar as perdas millonarias no campo. Nunha primeira xuntanza entre a Consellaría de Medio Rural e as organizacións Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, a proposta foi adiantar os pagos das axudas xa concedidas. | O agro galego comeza a ver con dificultade o seu futuro. O conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo onte por vía telemática unha xuntanza con representantes de Unións Agrarias, Roberto García, e Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, para informar de que se van aboar "coa maior axilidade posíbel", entre este mesmo mes e xuño, 300 millóns de euros de convocatorias pendentes e anticipos para o agro. Da reunión, realizada en dúas partes pola realización tamén do Consello da Xunta, non saíron moi satisfeitas as organizacións agrarias. Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), explica a Nós Diario que "non houbo nada novo que non se anunciara antes, é lóxico que as axudas se paguen". Opina o mesmo Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA) para quen é unha mágoa que o Goberno galego se limite a "pagar as débedas" e non teña en conta axudas directas para as explotacións "que están sen nómina". Preocupación polo futuro Desde UUAA e o SLG botan en falta máis implicación da consellaría na difícil situación que está a vivir o campo galego. "Hai explotacións de carne, ovino-caprino e de viño, que "teñen que endebedarse" para manter a súa actividade", asegura García, engadindo que outras granxas cárnicas están a vender "a perdas". Desde o SLG avisan de que, por exemplo, unha parte da produción de viño aínda está nas adegas e a súa saída, se segue a actual ralentización, "pode levarnos a que haxa problemas coa recollida de uva". Xunta e Ministerio de Agricultura, polo de agora, non anunciaron novas medidas de gran calado para neutralizar a crise que se albisca no noso país. "Vemos que diversos Estados europeos pediron permiso á UE para apoiar o sector con 1.000 millóns de euros polas perdas que teñen", sinala Isabel Vilalba, "e aquí aínda non sabemos que farán". Sobre este tema na xuntanza os sindicatos trasladáronlle ao conselleiro que a UE dá a posibilidade de que o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) conceda a Galiza 12% dos seus fondos para adoptar novas medidas nesta crise froito da COVID-19. "Estamos de acordo coa Xunta en que se solicite ao Goberno español que os fondos que queden sen utilizar non se perdan e pasen aos territorios que garantan que se vaian executar", explica Vilalba, "mais non tivemos resposta disto". Programas pensados para outros territorios "As axudas das que se falan non valen para a Galiza", sinalan desde o SLG. Isabel Vilaba explica que "sacaron unha axuda para cordeiros que é tan pequena por cabeza que para o tipo de granxa que temos aquí é moi pouco significativa". Acontece o mesmo coas axudas á destilación en temas de viños ou á poda en verde que, para a secretaria xeral deste sindicato, "está pensada para Castela-A Mancha ou outras zonas, non para a Galiza". Fruga pide un plan de choque para o rural "Os anuncios de Medio Rural teñen todas as características dunha campaña electoral", asegura a Nós Diario Manuel Dacal, coordinador da Federación Rural Galega (Fruga). Para esta organización o pagamento das subvencións "xa concedidas" non incrementa"en nada" as achegas que existían. Dacal asegura que "non é un plan para afrontar os problemas causados polo coronavirus en ningún dos sectores que está vivindo unha realidade moi precaria". Para esta organización a Administración galega tería que mercar e intervir de maneira directa nos produtos que teñen difícil saída. Desde Fruga lamentan que o único plan que tivo a Xunta para o rural durante a pandemia "foi unha intermediación entre produtoras e produtores coas grandes áreas comerciais, cando para iso non se precisa a actuación da Consellaría". |
NOS_19403 | A un mes do 8M, mulleres, colectivos e plataformas feministas traballan para avanzar nunha axenda forte e na organización dunha cita que este ano quere facer de Verín o exemplo de mobilización coa que amosar "a rede de mulleres galegas que traballan de forma continuada na defensa dos seus dereitos". | Algo máis de 124 quilómetros separan Cervo de Lugo. Nas dúas localidades, as impulsoras e participantes nas xornadas feministas que se desenvolven durante o día de hoxe comparten dificultades. "Organizando esta xornada constatamos que Lugo está fóra de todas as comunicacións. Nin tren nin autobús. As mulleres que veñen viaxan o día antes, porque teñen moi difícil chegar. As de Vigo nin poden vir". Quen fala é Carmen de Simón, membro do Foro Feminista Maruxa Mallo, un colectivo formado maioritariamente por docentes luguesas xubiladas que este 8 de febreiro ten a encomenda de dirixir o III Encontro para unha Axenda Feminista Galega, que reúne unha ducia de organizacións galegas para definir, tal como indica o nome, as prioridades que colocar na axenda política desde o feminismo, de cara ás próximas eleccións galegas. Coa violencia de xénero na cúspide desa axenda, e con medidas xa consensuadas, como a reclamación de máis xulgados especializados nesta materia, formación específica para os operadores xurídicos e máis e mellores apoios para as vítimas, a sesión de hoxe quere continuar o traballo iniciado en 2019 nas dúas xuntanzas de Panxón e Compostela para acabar de perfilar ese documento, que servirá tamén para deseñar as súas accións futuras. Hoxe tratarán de incorporar as conclusións sobre prostitución desde unha posición compartida que é abolicionista, saúde das mulleres e diversidade funcional, vista desde unha perspectiva feminista. A metade das participantes neste encontro fan parte de Galegas 8M, a plataforma creada hai tres anos para aunar forzas e organizar unha mobilización feminista nacional unitaria e descentralizada arredor desta data, que neste 2020 terá lugar o 1 de marzo en Verín. Este sábado, Galegas 8M celebra en Cervo unha asemblea nacional para avanzar na organización dese grande acto, que o Foro Feminista Maruxa Mallo tamén apoia, "pola unidade de acción". Na Mariña xa están preparando as accións para o 8M. Esta mesma semana houbo xuntanzas en Foz, Burela e Ribadeo. "O traballo que facemos en común é o de mobilizar para ir a Verín, conseguir transporte e xente, e para iso estamos contactando con todos os concellos para conseguir axudas para o transporte, materiais e actividades", conta Inma Orol, membro do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que como entidade está integrada en Galegas 8M. A activista conta que o ano pasado, dividiron a comarca en tres sectores para chegar até as parroquias máis pequenas, "porque son máis de 70 quilómetros e así era máis factíbel mobilizar os grupos de traballo". Por iso, celebra a decisión de elixir Cervo para unha das xuntanzas da organización do acto central de Galegas 8M, ao tempo que mira para as accións e mobilizacións que se farán a nivel comarcal, coincidindo, estas si, coa efeméride. Unha plataforma para descentralizar os actos feministas do 8M "O que fai a plataforma é ir movendo as asembleas nacionais polo territorio, para descentralizar a acción e que todas poidamos participar, igual que se descentralizou a manifestación principal –en 2018 tivo lugar en Vigo e o ano pasado en Lugo– para que non caese sempre en Compostela. Agora podemos falar de grandes mobilizacións e implicación de xente de todos os sitios", salienta unha portavoz de Galegas 8M, que destaca a importancia da decisión. "Non todas podemos trasladarnos; dependemos do traballo, dos coidados ou do transporte, porque estamos moi mal comunicadas", observa, para subliñar o positivo: "Facémolo para que todas saibamos o complicado que é moverse e chegar as unhas ás outras, pero tamén para lembrar que cando o logramos chegamos máis alá, conseguimos máis consenso e maior mobilización". Como avanza, o movemento seguirá percorrendo o territorio de cara ao acto de Verín, "que é un xesto de apoio e agrademento á bravura das mulleres de alí, para celebrar a reapertura da sala de partos e para posicionármonos contra toda a violencia institucional que sempre reverte máis nas mulleres, neste caso a nivel obstétrico e de perda de servizos públicos, ben precarizados ou privatizados, que nos obriga a seguir moi vixilantes". A integrante na plataforma sinala que o interese que moveu a súa constitución foi amosar "un feminismo galego unido, e facelo nunha vila ou nunha cidade onde vísemos necesario dar un toque de atención ou un impulso". O manifesto que anticipa o acto do 1 de marzo advirte as "malas conexións" que sofren as galegas das contornas rurais. Chegar desde Cervo a Verín son máis de tres horas de coche, 305 quilómetros. Manifestaranse en Verín o 1 de marzo, baixo o lema "Sen coidados non hai vida" Galegas 8M pon o foco das reivindicacións deste ano nos coidados e no consumo. Baixo o lema "Sen coidados non hai vida", as súas integrantes decláranse "fartas de que o traballo no fogar, nas terras e nos coidados funcione como amortecedor dos efectos devastadores da crise no benestar das persoas". Nun comunicado, a plataforma chama á mobilización social, tanto na manifestación nacional do 1 de marzo como o propio 8M, nas mobilizacións locais e comarcais, e advirte de que o feminismo vai seguir "vixiante, porque o que aconteceu en Verín pode repetirse en calquera outra zona do país". |
NOS_43845 | O presidente de Bolivia, Evo Morales, vén de decretar a nacionalización de catro filiais de Iberdrola. Unha decisión adoptada para garantir, sinalou o presidente boliviano, a igualdade e equidade en tarifas e acceso á electricidade entre toda a cidadanía independentemente do lugar do país onde more. Algo que non se garantía coa empresa española | Bolivia nacionaliza catro filiais de Ibedrola: As distribuidoras de enerxía en La Paz e Oruro, unha empresa de servizos e unha xestora de investimentos. A expropiación destas filiais da empresa española resposta a un motivo simple, como informou o presidente boliviano Evo Morales: Garantir a equidade e a igualdade de tod@s @s habitantes do país en tarifa eléctrica e acceso a este ben. A estatal Empresa Nacional de Electricidad pasa asumir o contro desas catro compañías en representación do país. Morales argumentou que exiete unha fenda moi grande entre as tarifas urbanas e rurais, de aí que se decidise a nacionalización destas distribuidoras eléctricas. "Esta medida garantirá o dereito igualitario da cidadanía que vive na área rural, precautelando a súa economía con tarifas equitativas e un servizo de calidade uniforme". Discriminación Como exemplo, o presidente de Bolivia sinalou que a tarifa eléctrica urbana ten un custo de promedio de 0,07 euros por kilovatio/hora, mentres que no rural de Oruro é de 0,17 euros. Xa o pasado mes de maio Evo Morales nacionalizou as accións que Red Eléctrica Internacional, filial de Red Eléctrica Española, posúe na empresa Transportadora de Electricidad (TDE), e ordenou ao comandante en xefe das Forzas Armadas, Tito Gandarillas, que "tome as instalacións da administración e a operación" da empresa en Cochabamba. Red Eléctrica Internacional adquiriu en 2002 o 99,94% das accións da empresa boliviana TDE, propietaria e operadora do Sistema Interconectado Nacional boliviano (SIN), que atende o 85% do mercado nacional. Morales informou de que o seu Goberno asumía esa decisión coma un xusto recoñecemento ás traballadoras, aos traballadores e ao pobo boliviano, que "loitou pola recuperación dos Recursos Naturais e dos servizos básicos". |
NOS_21743 | Este sábado, 12 de maio, ás 15 horas portuguesas como estaba previsto comezaron os actos de homenaxe aos homes e mulleres mort@s polo franquismo na Galiza, na ponte Internacional de Monção, co descubrimento dunha placa en que figuran os nomes das 56 persoas homenaxeadas cunha referencia á terra da súa orixe cando esta se coñecer. | Tomaron a palabra, neste primeiro acto en Portugal para dignificar a memoria das vítimas da persecución franquista de orixe portuguesa, o Presidente da Câmara de Monção, José Emilio Moreira, o Reitor da Universidade do Minho, António M. Cunha e o profesor do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa, Fernando Rosas. Mário Soares, mediante un escrito, desculpou a súa ausencia por motivos de saúde. O grupo de gaiteiros "Os concheiros" acompañaron a cerimonia coa interpretación do Himno de Riego e Grândola, Vila Morena.Na sala de conferencias da Casa Museu de Monção da Universidade do Minho, totalmente chea, Lourenzo Fernández Prieto, director do proxecto Nomes e voces da Universidade de Santiago de Compostela, presentou dito proxecto, e falou deste estudo pioneiro no Estado español, posíbel por un "cambio de goberno que se deu na Galiza en 2005 que declarou institucionalmente o ano 2006 como Ano da Memoria, cando foi Concelleira de Cultura do goberno galego Anxela Bugallo". De seguido tomou a palabra o historiador Dionisio Pereiro, a quen lle debemos esta nova liña de investigación aberta, pioneira no Estado español, que conecta as dúas beiras do Miño, partillou co público a emoción por falar en presenza dunha bandeira republicana que pertence á familia Santiago (á mesma do escritor Silvio Santiago), das Terras de Monterrei, bandeira que permaneceu enterrada desde 1936 até a morte de Franco, símbolo da Memoria que cómpre desenterrar. O historiador partiu dunha característica fundamental das persoas homenaxeadas, eran emigrantes de orixe portuguesa, que desde puntos do Norte de Portugal se achegaron nos primeiros anos do século XX á Galiza: canteiros, xornaleiros, peixeiras, pedreiros, carrilanos do camiño de ferro de Ourense a Zamora, homes e mulleres que sufriron unha sorte parella á da cidadanía galega, sufriron a mesma represión, e non consta que o goberno portugués fixese nada por evitalo. Non morreron por ter orixe portuguesa, son vítimas da represión franquista por seren obreiros, estaren sindicados, organizados e seren antifascistas. A antropóloga Paula Godinho da Universidade Nova de Lisboa nunha brillante intervención insistiu na necesidade de que a memoria abandone a esfera do privado e conxurou un "Nós", composto polos falares dos dous lados e polas persoas que rexeitan "o apoliticismo que confisca as memorias", ese "Nós" herdeiro das persoas hoxe homenaxeadas, portuguesas, que se asentaron na Galiza e que se integraron facilmente pola lingua, pola política, pola clase social, polos sindicatos e polos amores a as familias. Persoas portuguesas de nacemento, antifascista, vítimas, combatentes. Paula Godinho rematou a súa intervención coa lectura do poema de Jorge de Sena "Carta aos meus fillos", sobre o cadro de Goya do fusilamento do 2 de maio. Entre o público asistente e familiares das persoas homenaxeadas, salientaba o Presidente da Cultura Galega, Ramón Villares e atopábanse representantes de moitas Asociacións pola Memoria Histórica de Galiza: Amigos da República de Ourense, a Oliveira de Teo ou o Instituto de Estudos Miñoranos.A xornada rematou coa actuación do grupo cultural "Os sinos da Sé". Nomes das Persoas homenaxeadas que figuran no monumento na Ponte Internacional de Monção Abílio Araújo Barbosa (Paredes de Coura)Adonís Jesús Teixeira AlonsoAlfonso Alonso "Portugués"Amador Gómez Agostinho (ou Agustino)António da Costa Sousa (Viana do Castelo)António Feernandes Guimarães (Guimarães)António González PazosAntónio MoreiraAntónio Pala MonteroAntónio RibeiroAntonio Soler (ou Sober) MonteiroArturo Ferreira de SousaAugusto Alfonso GonzálezBenito Diz Fernández "o da Portuguesa"4 DesconhecidosDomingo da Silva Esteves (Braga)Domingo Juncal Rodríguez (Viana do Castelo)Emilio Alonso AlonsoEnrique Acuña Barciela "Crabellón"Evaristo Monteiro dos SantosFernando Nunez da Costa (Vila Real)Francisco Amedo ParenteJoaquim (ou Juan) Salgado LópezJoaquim Carlos Álvarez RibeiroJoaquín da Silva FerreiroJoaquín Domínguez Ferreira (Leiria)José Augusto Pereira RochaJosé Brito ValJosé da Silva Ferreira "Peixoto"José da Silva GonzálezJosé Gonçalves Garmel, Barbeita, MonçãoJosé Manuel da Silva DuroJosé María Sena (ou Fena)José Pereira Lameira (Braga)José Rocha "O Portugués"Juan González de JesúsJulio Azevedo VeigaLeandro Diz FernándezLuciano Janeiro Valente (ou Luciano Francisco Valente) (Almodovar)Luís Castañeda ConcepciónLuís Duarte PedrosaManuel Correa de Carvalho Costa (Viana do Castelo)Manuel Correa González Manuel FariaManuel Felgueiras CoelhoManuel Graciano AraujoManuel Prudencio do Rosario "Manuel Lucinda" (Santarem)Manuel Silva ÁlvarezMaría Bello PazMaría Nogueira (Chaves)Mariana do Lazo Chaves (Viana do Castelo)Miguel Gonçalves PereiraRamiroRicardo Solla Lemos (Lisboa)Telmo Freitas Lima (Paredes de Coura) |
NOS_23422 | O novo número do semanario fornéceche, ademais, unha entrevista co cineasta galego Alberte Pagán, que vén de ser premiado no marco do festival Cineuropa, e unha reportaxe sobre o protagonista do documental 'Devolvendo o golpe', de Carlos Prado Pampín. | Sermos Galiza chega ao seu número 476 e con este bota a mirada atrás para analizar a evolución do graffiti xunto á experta Aurelia Balseiro García nunha viaxe polas fotografías tiradas por Iago Eiroa. Ambos asinan 'Arte urbana. Pos-graffiti. Muralismo en Lugo', unha reportaxe na que poñen o foco nesta arte. Porén, xa non falan daquelas pintadas improvisadas polos barrios senón da súa profesionalización cara ao muralismo, cada vez máis extendido na Galiza. Aínda que os grafittis persisten na paisaxe, a idea desta proposta artística derivada dese movemento é "construír unha estética máis duradeira". Ao tempo que afonda nas novas artes, o semanario tamén explora o cinema experimental coa colaboración dun dos referentes no país. O xornalista Manuel Xestoso entrevista o premiado deste ano no festival Cineuropa en 'Alberte Pagán. Cine desde as marxes'. Coa perspectiva que dá unha traxectoria longa e "coherente", o creador -no sentido máis amplo- fala da súa obra, do novo cinema galegos, dos proxectos que o ocupan, dos contidos políticos... Boxeo, paseos e cultura Pola súa banda, Antón Escuredo propón coñecer mellor ao boxeador Aarón González, protagonista do documental Devolvendo o golpe de Carlos Prado Pampín -premiado no festival Primavera de Cine de Vigo-, en 'A loita de Aarón. Devolvendo o golpe, algo máis que un documental'. Se o pasado sábado era o Andar e Ver o que ía coñecer o muralismo de Carballo, Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo regresan agora aos camiños menos urbanos da terra para recomendar a 'Subida ao Montouto, miradoiro da Paradanta'. E como en cada número, vante acompañar nesta fin de semana as recomendacións literarias e musicais. No primeiro caso Mario Regueira opina sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo de Lucía Gómez Álvarez e Susana Sanches Arins diserta sobre Aldara e a lenda do cervo branco de Inés Vázquez. Á hora de falar de música Belém Tajes pensa en Contigo de María Rodés& La Estrella de David, mentres que César Morán asina '(Sittin'on) The dock ot the bay. A saudade na baía'. Andrés Castro recomenda Jacinto de Javi Camino na escolma de cine ao tempo que Manuel Xestoso titula 'Otelo como trending topic' na crónica teatral. Por suposto, tampouco faltan á súa cita os pasatempos creados por Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Estás impaciente? Podes gozar de todos estes temas no Sermos Galiza que atoparás o sábado no quiosque ou na nosa loxa en liña xunto con Nós Diario. A forma máis sinxela de conseguilos sempre? Fai a túa subscrición agora mesmo! |
NOS_57165 | esta tarefa deu-me a luz para o artigo de hoje, pois pensar em instrumentos electrónicos, acústicos e percutivos foi-me levando sem querer ao vento do clarinete. | Ando a escrever sobre um livro que me pediram resenhar, um longo trabalho documentado que fala de músicas e instrumentos e do qual hei falar aqui ao seu tempo, mas não ainda. No entanto esta tarefa deu-me a luz para o artigo de hoje, pois pensar em instrumentos electrónicos, acústicos e percutivos foi-me levando sem querer ao vento do clarinete. Sempre gostei do clarinete, tão melódico e às vezes tão brincador. Se me ponho a imaginar, vou direitinho ao início da Rhapsody in Blue de Gershwin, que dá passo à orquestra antes da entrada do piano, e se me deixo levar encontro facilmente o gato a deslizar sobre a relva em Pedro e o lobo de Prokofiev. A ideia de que Mozart amava este instrumento é avondo estendida, o que não estranha no génio das cem mil melodias, e entre tantas composições está o Concerto para clarinete e orquestra, ou o Quinteto para clarinete, ambos em Lá maior. O som do clarinete é uma regalia para os sentidos, nomeadamente na grandeza de Sabine Meyer, ou no mundo do jazz de Sidney Bechet e Benny Goodman até nos nossos dias. Entre nós há clarinetistas de enorme destreza, como o meu exaluno Rafael Espido ou o extraordinário Xocas Meijide –com quem tivem o privilégio de gravar–, tão versátil em diferentes âmbitos e em modalidades de instrumento. Alguns saxofonistas são excelentes no clarinete, como o admirado Roberto Somoza, ou como também o era Pedro Iturralde, que nos deixou em novembro passado. Para além de instrumento de banda, nas pequenas agrupações musicais do rural galego –e também em vilas e cidades– não era infrequente o clarinete, combinado com instrumentos de percusão como o tambor, o bombo e a caixa, podendo haver gaita e mesmo acordeão. Algum dia falaremos do quarteto Os Pacheco, formado em Mondonhedo em 1907, e integrado por gaita, clarinete, caixa e bombo. Mas vém-me agora à memória uma aldeínha da montanha de Ourense onde passei parte da minha infância. Terra dura e fria, tinha um pequeno grupo que tocava em passa-ruas e no café de Avelino, que era também o menzinheiro do lugar. Um moço de nome Aquilino, filho do sacristão, tocava o clarinete com muito primor, pondo notas de cor naqueles lares onde o mundo era ainda tão primitivo, e mais o seria se não fosse pola proximidade de uma estação de trem. Naqueles anos sessenta a gente começou a emigrar à Alemanha, e eu via subir ao trem bem a miúdo, dia sim, dia também, os homens com as malas de cartão e a olhada indefinível das despedidas. A casa do sacristão estava diante da igreja, que ficava no cabo do lugar, e de aí à estação havia menos de um quilómetro polo monte arriba, entre uzes, tojos e carqueijas. Sei que a memória é difusa, mas um dia ao Aquilino deu-lhe também o anseio de emigrar, e saiu monte arriba com a mala de cartão e a ideia da Alemanha na cabeça. E quando virava a curva do carvalho grande berrou o pai, senhor Narciso chamado, desde a porta da igreja: –Aquiliiiiiiiiino! E agora como vai quedar a orquestra? |
NOS_31988 | Ponte... nas ondas! presentou onte o programa de actividades que ao longo de 2020 planea desenvolver polo 25 aniversario da iniciativa. O acto tivo lugar no auditorio da Universidade de Vigo. | Ponte... nas ondas! agradeceu a participación das escolas e institutos da Galiza e do Norte de Portugal na celebración do seu cuarto de século, así como das emisoras de radio públicas e locais nunha xornada que terá lugar o 27 de marzo. Ascenden xa a 55 os centros educativos inscritos, ademais dos grupos das Universidades de Santiago, Vigo e Trás-Os-Montes, que participarán nos programas desde os 22 lugares de emisión repartidos por toda a Eurorrexión. Desde a Universidade de Vigo farase a coordinación e a emisión en streaming de audio e vídeo a través do portal "Escolas nas ondas". No auditorio do edificio Miralles desenvolverase unha programación elaborada en directo por centros educativos de Vigo e comarca, con convidados e actuacións musicais como a de Magín Blanco e MJ Pérez. Pola súa banda, na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago levaranse a cabo actividades nas que participará alumnado do propio centro e doutras escolas da zona. Destaca unha mesa redonda sobre o patrimonio común galego-portugués , na que conversarán Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística; Carlos Quiroga, pola Associaçom Galega da Língua, ou Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Como convidadas, actuarán Tanxugueiras, Deteriorados, Leo i Arremecághona ou Susana Seivane. Tamén desde Braga, a Radio Universitaria do Miño (RUM) realizará unha emisión especial con escolas do municipio e músicos da rexión do Minho. En Ponteareas, o auditorio municipal Reveriano Soutullo acollerá unha programación en directo realizada por centros educativos da comarca, retrans- mitida por Si radio. En Chaves, os centros educativos porán en antena contidos análogos a través de Radio Chaves. Ademais faranse programas desde distintas emisoras galegas e portuguesas, como Radio Piratona, Radio Redondela, Radio Allariz, Rádio Montalegre, Rádio Afifense, Radio Caminha, Radio Tui, Radio Fene, Radio Ames, Cuac FM... Documentando o aniversario Con todo, a programación non fica aí. Artistas como Magín Blanco, Uxía Senlle, Dulce Pontes ou Vozes da Rádio porán o ramo coa estrea de temas compostos especialmente para conmemorar o 25 aniversario de Ponte... nas ondas!. A isto súmase unha gravación que deixará constancia de todo o acontecido durante toda a xornada do 27 de marzo. Un equipo de profesionais desprazarase aos distintos estudios de radio e centros de emisión para filmar os programas e colaboracións musicais coa finalidade de elaborar un documental. O proxecto Ponte... nas ondas! desenvolveu ao longo do seu cuarto de século actividades de dinamización e transmisión do patrimonio inmaterial galego-portugués ás novas xeracións da Galiza e Portugal. Por este compromiso obtivo, entre outros recoñecementos, o selo de "Boa práctica Iberoamericana" do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou o Premio Ondas á "mellor cobertura informativa" do acervo inmaterial galego-portugués. En 2016 foi acreditada pola Unesco como ONG consultora para o patrimonio inmaterial. |
NOS_13643 | A piques de abrirse a carreira polo liderado no PSdeG. | Diante da estatua do histórico Pablo Iglesias, en Santiago, Gonzalo Caballero anunciou esta quinta feira, 23 de setembro, que se presentará á reelección como secretario xeral do PSdeG. Precisamente, o comité nacional do partido reúnese esta sexta para abordar a convocatoria do seu XIV congreso, que decorrerá no mes de decembro. A preguntas da prensa, descartou entrar en "hipóteses" sobre se haberá outras candidaturas que lle disputen o liderado e valorou que o proxecto do PSdeG "é feminista, galeguista, ecoloxista e que está na esquerda". Sobre estes eixos, dixo, "traballarase no relatorio marco do congreso". Aliás, fixo balance destes catro anos como secretario xeral en que "o PSdeG avanzou en apoio electoral en todas as convocatorias: en eleccións xerais, municipais, europeas, tamén en galegas" -onde foi sobrepasado polo BNG- Nos últimos tempos movéronse fichas que poden facer emerxer novos e vellos liderados. Desde a decisión do Executivo estatal de pór José Miñones como delegado do Goberno na Galiza, cunha axenda diaria pública moi activa; até o posíbel retorno do ex secretario xeral Gómez Besteiro após a súa desimputación pola xustiza. A dirección socialista de Ourense exixe a expulsión de avalistas de Noela Blanco A dirección ourensá do PSdeG remitiu comunicación urxente a Ferraz solicitando a suspensión de militancia de avalistas de Noela Blanco que "insultaron gravemente" Pedro Sánchez nas redes sociais. Este domingo haberá votacións en Ourense para elixir as e os delegados que participarán no Congreso Federal do PSOE en Valencia. O ourensán é o único territorio galego con dúas listas, a liderada Blanco e a de Francisco Fumega, que apoia a dirección galega e ourensá. |
NOS_39114 | O cantante de Def Con Dos é unha das 19 persoas detidas na operación policial contra o ''enaltecemento do terrorismo'' nas redes sociais que decorreu en diveras partes do Estado. "En todo momento considerei que esta actividade atopábase amparada pola liberdde de expresión, mais é obvio que era unha ilusión", sostén nun comunicado. Pode ser condenado até a 2 anos de prisión. | César Strawberry é o 'frontman' de Def Con Dos, grupo de axitación musical que naceu a finais dos 80 entre Vigo e Madrid cunha aposta en misturar rap e rock duro. Esta terza feira foi detido xunto con outras 18 persoas no marco da operación 'Araña III' contra o 'enaltecemento do terrorismo'. "Estiven catro horas detido, fun fichado pola Garda Civil. Podo ser xulgado pola Audiencia Nacional e condenado até a 2 anos de prisión" explica Strawberry nun comunicado pendurado no facebook do grupo do que é cantante. "Levo 25 anos a exercer unha labor artística independente (...) Sempre loitei pola liberdade de pensamento, enfrontándome así a un sistema que pretende que todo sexa analizado desde o pensamento único". O cantante de Def con Dos considera que "un estado que se entenda democrático debería aceptar a crítica socio-política, por aceda e incómoda que esta sexa". Comprende, di, que os seus chíos nas redes ou as letras das súas cancións poidan molestar, mais "non podía imaxinar que o Estado ía responder privándome de liberdade" "En todo momento considerei que esta actividade atopábase amparada pola liberdde de expresión, mais é obvio que era unha ilusión", sostén no comunicado. "O Gran Irmao tirou a careta. ¿Orwell tiña razón? A policía do pensamento veu buscarme e podo ser xulgado por un delito, Pretenden encarcerar todo pensamento satírico?" |
NOS_53014 | Oito filmes serán distribuídos na provincia da Coruña, películas galegas ou dobradas ao galego que se poderán gozar nas pantallas tanto públicas como privadas. | Filmes como Nación de Margarita Ledo, A virxe roxa de Marcos Nine, ou Negro púrpura de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, forman parte dos oito títulos feitos na Galiza ou dobrados ao galego que chegarán as pantallas públicas e privadas despois da resolución de axudas da Deputación da Coruña. Esta liña de subvencións outorgou 96.352,67 euros a empresas de produción e distribución audiovisual para o apoio á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña durante este ano. As achegas, que van desde 8.412 euros até 25.500 euros, tamén inclúen a difusión da película internacional dirixida por Cristi Puiu, Malmkrog, e o documental sobre a historia do punk no Estado, No somos nada, de Kikol Grau. A curtametraxe de animación The Monkey, creada por Xosé Zapata e Lorenzo Degl'Innocenti, é outra das obras que se exporán nos cines do noroeste da Galiza, xunto ao filme portugués A metamorfose dos paxaros, baixo a batuta de Catarina Vasconcelos, e Cuñados, de Toño López. Atrancos para o cine en galego Apunta a Deputación que esta liña de axudas está pensada co obxectivo de "eliminar os atrancos que, historicamente, atopan tanto o cinema galego como o cinema dobrado ao galego para a súa distribución en salas de exhibición". O responsábel de Cultura do órgano provincial, Xurxo Couto, destaca que esta convocatoria "atalla a anomalía que supón a dificultade de asistir á proxección dos contidos audiovisuais de altísima calidade que se están a producir na nosa lingua". Polo que, sinala, sitúa a Deputación á fronte "do apoio á distribución do cinema en galego". |
PRAZA_21060 | A cifra de casos marcou o martes un máximo dende o comezo da pandemia. Dende entón vén descendendo, pero aínda triplica o nivel co que se iniciou o trimestre. | A situación da pandemia de COVID-19 nos centros de ensino galegos segue unha tendencia semellante á rexistrada no conxunto da sociedade. A mellora iniciada dende hai unha semana, co descenso no número de novos diagnósticos da enfermidade, ten o seu reflexo nas escolas e institutos, que dende este martes tamén presentan unha diminución no seu número de casos activos.A cifra de casos marcou o martes un máximo dende o inicio da pandemia. Dende entón vén descendendo, pero aínda triplica o nivel co que se iniciou o trimestreA cifra de casos achegada pola Xunta o pasado martes (correspondente ao luns) marcou un máximo dende o inicio da pandemia, con 3.952 persoas infectadas. Dende entón, o número de casos veu descendendo e este sábado sitúase en 3.609. Segue a ser un nivel moi elevado, máis de tres veces superior ao número de casos cos que se iniciou o trimestre, á volta das vacacións de Nadal (1.033). Porén, nos días seguintes, as cifras de contaxios disparáronse.Segue a haber case 200 aulas pechadas (179), preto do máximo acadado o pasado martes (198). Hai, ademais, catro centros de ensino pechados na súa totalidade: en Fene, Viveiro, Ourense e Vigo.O CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña é o centro que rexistra un maior número de positivos (32)O CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña é o centro que rexistra un maior número de positivos (32), seguido do IES Manuel Murguía de Arteixo, o CPR Santiago Apóstol de Soutomaior, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcia, o CPR Eiris, o CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco (ambos os dous na Coruña) e o CEIP Plurilingüe Cruceiro (en Sanxenxo).O CEIP de Maceda, o CEIP A Canicouva (Vigo) e o tamén vigués CPR Plurilingüe Compañía de María son os centros con máis aulas pechadas.Un total de 949 centros de ensino, correspondentes a 205 concellos, rexistran cando menos un positivo de coronavirusUn total de 949 centros de ensino, correspondentes a 205 concellos, rexistran cando menos un positivo de coronavirus. A Coruña, Vigo, Ourense e Pontevedra son as localidade que presentan un maior número de casos. Fóra das cidades, é Arteixo o lugar con máis positivos, tamén moi elevados en Monforte, Vilagarcía, Ponteareas ou Culleredo. Vigo é o concello que acumula un maior número de aulas pechadas. |
NOS_28960 | O ministro principal do Estado de Vitoria, Daniel Andrews, admitiu que "non haberá algo parecido á 'normalidade'" até que non haxa unha vacina ou un tratamento efectivo fronte á Covid-19. | A segunda maior cidade de Australia, Melbourne, vivirá seis semanas baixo confinamento polo novo rexurdimento de casos de coronavirus detectado nos últimos días, segundo informou na terza feira, 7 de xullo, o ministro principal do Estado de Vitoria, Daniel Andrews. A medida entra en vigor na medianoite da terza á cuarta, despois de que se confirmaran 191 novos contaxios só no Estado de Vitoria, unha cifra sen precedentes desde o inicio da pandemia da Covid-19. As autoridades estiman que hai polo menos 772 casos activos, segundo explicou a cadea de TV pública ABC. Andrews recoñeceu que, con estes datos, "é simplemente imposíbel" poder rastrexar os contactos de todos os contaxios para conter posíbeis focos. "Estamos no inicio de algo moi, moi malo de non tomarmos medidas agora", advertiu o mandatario. Os residentes de Melbourne ─e da lindeira comarca de Mitchell─ non poderán saír da casa agás para traballar, facer a compra, practicar exercicio ou acudir ao médico, entre outras tarefas consideradas básicas. As forzas de seguridade tamén vixiarán o perímetro da zona confinada para evitar que o virus se poida estender a outras zonas do país. Desde onte está fechado tamén o límite entre Nova Gales do Sur e Vitoria, 2.100 quilómetros de fronteira vixiada agora polas Forzas Armadas. Á espera dun tratamento "Non é onde queriamos estar, mais temos que enfrontar a realidade da nosa situación. Non facer nada tiña consecuencias mortais", dixo Andrews nun comunicado, onde admitiu que "non haberá algo parecido á 'normalidade'" até que non haxa unha vacina ou un tratamento efectivo fronte á Covid-19. |
PRAZA_14837 | Armando Requeixo inicia as súas colaboracións con Praza cunha recensión crítica do última obra de Xelís de Toro, O libro das pontes invisibles, un poemario bilingüe galego-inglés editado por Pighog Press. | A escrita como ponte, como fía que nos ata a unha existencia insular rodeada dun pélago de sombras, ausencias, ocos e baleiros. Do outro lado do espello, abríndonos ao abismo dos alentos, só as puntas invisibles das palabras nos salvan do abismo do nada. Velaí o que ofrece Xelís de Toro no seu O libro das pontes invisibles, volume impreso baixo o selo de Pighog Press en Brighton, Reino Unido. O incomunicable, a vertixe do libro aberto que un é, esa folla branca e impoluta (na) que (nos) escribimos e, atravesándoo todo, a canción protesta, a fractura social e os ermos do insolidario que merecen a crítica do poeta deambulan por estes poemas. Neles, a voz lírica descóbrese habitando un intre, no tempo impreciso dunha bágoa, en horizontes que cómpre inventar, ata que se volven parabólicos, mesmo lendas e alegorías (Da man á boca/ hai unha liña non escrita,/ unha ponte invisible/ esfrangullada nun infinito/ de pensamentos e emocións,/ do non feito, non dito,/ non chegado, non vivido). Aquí todo se dá nun festival visotextual, nunha orxía verboicónica experimentalista na que o pulo neovangardista campa ceibo e interactivo: poemas visuais, caligramas, disposicións gráficas expresivas, manuscritos, microdramas, composicións participativas e moitos xogos fónicos, paralelísticos, iterativos e de reorganización do discurso. O resultado destas procuras mestizas, transfundidas, postextuais recóllese no DVD que acompaña a publicación Este orixinal poemario é, tamén, un produto multimedia que se acompaña doutras creacións poliartísticas xeradas por un grupo de colaboradores que foron convidados a crear plástica, cinematográfica, literaria, teatral, musical, coreográfica e performativamente a partir dos textos de De Toro. O resultado destas procuras mestizas, transfundidas, postextuais recóllese no DVD que acompaña a publicación, onde figuran imaxes, vídeos e audios con todo o caudal interpretativo destes creadores. Alén do dito, O libro das pontes invisibles amosa tamén unha outra peculiaridade que engade valor: trátase dunha edición bilingüe, de tal xeito que os poemas galegos de De Toro foron trasladados ao inglés por John Rutherford, encargado tamén da versión de todos os restantes paratextos que acompañan a publicación, adornada aínda cun apéndice fotográfico que reproduce algunhas instantáneas dos traballos realizados polos artistas colaboradores. Había ben tempo que non se publicaba un volume de poesía galega tan sorprendente como O libro das pontes invisibles do escritor compostelán Había ben tempo que non se publicaba un volume de poesía galega tan sorprendente como O libro das pontes invisibles do escritor compostelán, quen soubo sumar os esforzos patrocionadores da Lottery Funded, o Brighton & Hove, Dada Projects e o Concello de Vigo para facer realidade este insólito proxecto e devolvernos, así, o máis fresco e orixinal Xelís de Toro. |
PRAZA_5889 | A Quenlla cumpre 30 anos. E celébrao cun disco que recolle 26 cancións inéditas, creadas en distintas fases do grupo. Montse Dopico entrevista a Mero. | A Quenlla cumpre 30 anos. E celébrao cun disco que recolle 26 cancións inéditas, creadas en distintas fases do grupo. Algunhas, mesmo de antes da etapa de Mini e Mero en Fuxan os Ventos. Porque non só hai problemas que continúan desde aquela. É que dereitos e liberdades que foran conseguidos con moito esforzo están a ser esmagados. Por iso, os cantores e cantoras de A Quenlla convocan a insubmisión. Falamos con Mero. Nun momento en que o que se leva é sacar vídeos no canto de discos, A Quenlla publica un dobre CD con 26 temas. É que nós sempre fomos uns espécimes raros que andamos a contracorrente. Estamos nun tempo complicado. Sufrimos ese desacougo de ver como están a roubarnos os dereitos acadados: o ensino, a sanidade; como están a maltratar a lingua, como está morrendo o rural… E, como cantores, como relatores dun tempo, cómpre que digamos as cousas. Porque debe prevalecer máis o amor que esas formas de traizón que nos están a impoñer e que agora ademais toman a forma de decretos e leis. Este é un disco no que falamos de moitas cosas e mesmo recuperamos temas antigos, de antes de Fuxan os Ventos, como Emigración, con letra de Curros Enríquez. "Debe prevalecer máis o amor que esas formas de traizón que nos están a impoñer e que agora ademais toman a forma de decretos e leis" Eu nunca pensei que os nosos fillos ían ter que emigrar e isto está pasando. Son temas que seguen a ter vixencia porque estamos a vivir unha involución total que non nos cabe nos ollos nin no corazón. E temos que dicirlles aos que están a provocala que son uns terroristas dos afectos. Hai que avergoñalos publicamente. Por todo isto temos que recuperar a insubmisión activa, dicir que non, e que iso transcenda en feitos e votos, non podemos seguir co suicidio colectivo que nos propoñen. Por iso fixemos esta gravación, para achegarnos o que poidamos a ese proceso que ten que ser colectivo. Para dicir a verdade. Que será a nosa verdade, certo, mais desde logo estará máis cerca da realidade que a que eles din. "Eu nunca pensei que os nosos fillos ían ter que emigrar e isto está pasando. Son temas que seguen a ter vixencia porque estamos a vivir unha involución total que non nos cabe nos ollos nin no corazón" Musicades moitos poemas, que non é nada raro en A Quenlla. Cunqueiro, Curros, Lois Diéguez, Lorenzo Varela, Salvador García-Bodaño, Anisia Miranda, Rábade Paredes, Manuel María, Darío Xohán Cabana…. Musicamos poetas que non se deixaron perverter. Que hai moitos intelectuais que se venderon, que van a estes Xacobeos de morte… E a min dáme moita pena. Hai intelectuais galeguistas, algúns deles que foron obxecto de veneración, que están calados e con medo, paralizados e atados por catro mequetrefes que lles poden dar unha subvención. O outro piar de A Quenlla era a música tradicional. Mais este é máis un disco de "canto de intervención", como din en Portugal. A música tradicional é o que nos gusta, é a nosa referencia e volvemos e volveremos a ela. É a música da dignidade colectiva, ademais do faro no que se miran moitos outros países. É a envexa de moitas outras culturas, que admiran o xeito no que perdura en nós. Mais esta vez pareceunos que había unha urxencia de dicir as cousas destoutra maneira, de reivindicar a nosa dignidade como pobo. De dicir que non pode someternos ninguén. "A música tradicional é o que nos gusta, é a nosa referencia e volvemos e volveremos a ela. É a música da dignidade colectiva, ademais do faro no que se miran moitos outros países" Amor, dor e loita son os conceptos que salienta o título. Amor ao país, dor pola regresión actual e loita para impedir que continúe. "Queremos ser donos de nós" é unha frase moi presente Son 26 temas que tocan moitas cousas. Consecuencia do amor ao país é a dor polo que lle pasa, e a dor é o que fai que debamos espabilar e que loitemos. Non vale cunha insubmisión pasiva, con deixarnos ir. Temos que saír, facernos protagonistas e dicir que non. Ningún político debería poder durmir mentres haxa xente buscando comida nos caldeiros do lixo. Por iso a nosa é unha chamada á loita efectiva, a romper o silencio. Eu sempre dixen que a nosa lingua non é de dereitas nin de esquerdas. É de dentro, e os que non teñen dentro son as que a combaten. O Estado español leva moito tempo repartindo ventoeiros, desprezos á nosa lingua. Xa desde o momento que a lei lle dá un tratamento predilecto a unha lingua en prexuízo das outras. Non hai xustiza sen igualdade… E todo isto produce desespero. Miras aos ollos da xente e ves que está triste, que non chega a fin de mes… porque nos roubaron e seguen a facelo. E non é certo que gastaramos demais. O que pasa é que aos que roubaban parecíalles pouco, o que roubaban, e roubaron aínda máis para leváreno lonxe. Nós, como cantores, temos que dicilo. Están a afogarnos e non é a primeira vez. Tamén tentaron afogar aos Irmandiños, ou ás xentes do monte Medulio, aos mártires de Carral. E sempre houbo quen dixo que non e non esqueceu. "Non hai xustiza sen igualdade… E todo isto produce desespero. Miras aos ollos da xente e ves que está triste, que non chega a fin de mes… porque nos roubaron e seguen a facelo" Aínda que non é musica tradicional, si está moi presente no disco a cultura popular. Cántase aos emigrantes, aos mariñeiros que morren no mar, aos labregos aos que lles dixeron que sobraban… Porque aínda que queiramos escapar da música tradicional os nosos ollos sempre miran para ela. É como no poema de Carlos dos Santos, con letra de Xosé Lois García. Carlos dos Santos era un portugués que amou o noso país, que tiña saudades do Porto e de Lisboa, mais que amou a nosa xente e que quedou entre nós, que asumiu como propia a nosa cultura… A cultura tradicional témola presente sempre, é a nosa xoia e está nas estruturas musicais do disco. Por exemplo, Na romaría do medo, leva unha muiñeira tradicional. Na romaría do medo leva zanfona e, como, Os cegos andantes, lembra os cantares de cego, que xa tiñades en Silencios na memoria. É outra das vosas moitas liñas de traballo… Si. Na romaría do medo fora asinada con seudónimo porque fala de dous homes asasinados por loitar pola súa dignidade. Eses cantares son parte da nosa memoria, que non podemos ignorar. Temos que coñecela e emendala e se cadra despois virá o perdón, pero non hai futuro sen memoria. Levamos xa 30 anos con A Quenlla e fomos abrindo moitas liñas de traballo. Temos xa máis de dez discos, ademais do traballo que facemos para vídeos ou obras de teatro e outros proxectos. Agora imos sacar un disco no que musicamos quince poemas de Díaz Castro, que leva tamén unha fotobiografía de Alfonso Blanco e unha película (de Xulio Xiz) na que sae Díaz Castro recitando, paseando… A poesía de Díaz Castro é dunha sensibilidade incrible, e ademais ten unha visión de país moi considerable. No disco poñemos música ademais a algúns textos que estaban inéditos e que agora vai publicar Armando Requeixo. "A poesía de Díaz Castro é dunha sensibilidade incrible, e ademais ten unha visión de país moi considerable" E segues a facer recollas de música tradicional polo país? Recollín durante moito tempo e sabía que chegaría un momento en que habería que recoller menos e transcribir máis. Agora estou máis nesa fase de recuperar o escrito, de organizar os arquivos… Debo levar unhas 12.000 coplas pasadas e transcritas. Fixemos xa dous discos de coplas, cantos e romances de cego e estamos pensando en facer outros dous, ou un máis grande. Hai poetas cos que tedes unha relación especial. O disco anterior, Unha vez foi o trebón, sobre as revoltas irmandiñas, foi feito sobre textos de Manuel María. E xa había poemas del no voso primeiro traballo, Os tempos inda non, non son chegados. Non só porque era un poeta especial, é que era un gran amigo noso. Encargabámoslle textos, el propoñíanos cancións, escribía na súa máquina para nós… O disco anterior era como unha débeda que tiñamos con el, co noso gran amigo que marchou antes de tempo. Coma outros poetas da nosa terra chairega, é un dos autores que atopaba os termos precisos e necesarios para dicir as cousas, que nos descubrían coas súas palabras mundos inimaxinables, como antes fixera Cunqueiro, Fole… Autores que, sen querer adoutrinar, abríannos os ollos ao mundo… E como se escolle entre tantos poetas queridos? Pois estamos a preparar monografías de autores e iso axuda. Neste disco vai Penélope de Díaz Castro, aínda que como che dixen fixemos un monográfico del para o Día das Letras. Porque é urxente tamén facer monografías sobre máis poetas, como Rosalía de Castro, para que non a falseen chamándolle chorona e mansa. Porque era, tamén, combativa e rebelde. Necesitamos tamén facer un disco de Cunqueiro, porque rompeu moldes na poesía e non se lle recoñece o que debera desde os territorios da música galega. Tamén temos un proxecto con textos de Neira Vilas sobre a emigración, ese drama que está no noso ADN, porque sufrimos continuos gobernos que non souberon conseguir o pan para todos… "Necesitamos tamén facer un disco de Cunqueiro, porque rompeu moldes na poesía e non se lle recoñece o que debera desde os territorios da música galega. Tamén temos un proxecto con textos de Neira Vilas sobre a emigración" Hai un tema dedicado a Prolingua, Cando amar é pecado. É un tema de agradecemento. Eu estiven na primeira reunión e tiven esa sensación que se ten ás veces de que é unha película que eu xa se vivira. Porque vía que había dous postulados. Un limpo, honrado e digno e outro de peros e problemas. Collín o micro e así o dixen. Porque este tipo de proxectos moitas veces acaban en nada porque hai catro que se venden. Alí prometeuse que ninguén se vendería, e non pasaron nin quince días para que algúns se venderan ás actividades dos que decretaron en contra do galego. Este tema é para os que non se venderon e seguen loitando pola nosa lingua. A peza que leva a letra de Rábade Paredes reivindica os proletarios. Que cada vez se nomean menos, aínda que cada vez hai máis. Si, cada vez hai máis, somos máis. Ese é un dos nosos primeiros temas, xa desde antes de Fuxan os Ventos. Estaba sen gravar e falamos con Xesús e con Helena porque, claro, había que gravalo xa. Xesús era daquela o proletario e solteiro, agora é casado e proletario loitador. Vimos desa caste e non podemos renunciar nin dedicarnos á vida contemplativa, temos que loitar polo que é noso. Loitan, por exemplo, os guerrilleiros de Guerrilleiro ou o Che, na Elexía ó Che. O do Che é porque parece que se puxo de moda deostar o Che e traizoalo. E A Quenlla está polas persoas que loitan pola liberación dos pobos. O Che é un símbolo, unha luz fronte a opresión, o medo, a escuridade, a sombra que nos asombra… Guerrilleiro é un poema de Manuel María, e nel a voz de muller aclara que non eran bandoleiros nin ladróns, senón loitadores pola liberdade. Nós non propoñemos unha loita violenta, mais si chamar ao poder á orde e poñelo no seu sitio, porque temos dereito a ser tratados con dignidade e que se reparta o que algúns queren só para eles, reparando os danos feitos. "Nós non propoñemos unha loita violenta, mais si chamar ao poder á orde e poñelo no seu sitio, porque temos dereito a ser tratados con dignidade" Mais tamén tedes cancións de amor. Como Saberte ou Mai, con letra túa. E máis, porque como che dicía antes, ás veces non sabemos se o disco vai do amor á loita ou da loita ao amor. Suso Vaamonde era moi amigo noso e temos falado con el disto: non teriamos un país normalizado ata que puideramos cantarlle ao amor na nosa lingua. Por iso había que facer cancións de amor en galego. Ademais, o amor é, sen dúbida, o sentimento que move o mundo. Mai é un poema do libro que saquei hai pouco. Mini musicouno e converteu en canción ese sentimento tan fondo de ausencia da nai… Moita xente foi pasando polo grupo nestes 30 anos. E algúns xa non están entre nós. Como Chus a violinista, que era unha namorada do grupo e non faltaba nin a un ensaio. Ela fixera un testamento no que dicía que se morría quería que lle cantasen Foi de amor. Case non fomos capaces de facelo no enterro. E nunca volvemos cantala. Houbo outros membros do grupo que non están con nós: Malula, César Morais e Fiz Otero… e que sempre temos moi presentes. Despois, claro, en tantos anos houbo xente que decidiu deixar o grupo porque non daba aguantado o ritmo dos ensaios, os concertos…, polo traballo, pola familia… Porque hai moito traballo silandeiro, que non se ve. Dos fundadores seguimos Chus e Teresa, Mini e eu, desde o 84. "Agora Mini e eu vivimos só a 14 quilómetros un do outro e podemos compartir moitos anceios relacionados coa música" E como vos coñecestes ti e Mini? Hai moitos anos, no instituto. Ao principio nin soñabamos coa música. Cadramos en actividades, tiñamos amigos comúns… e fomos xuntándonos. Os dous vimos de familias humildes e nunca fomos a clases de música, daquelas un privilexio. Comezamos tocando de oído, aprendendo de forma autodidacta, tocando con guitarras vellas, indo polos teleclubs… Eu comprei a miña guitarra polos 15 anos… Foi moi importante tamén o noso encontro co cura Xesús Mato, o que nos ensinou da música tradicional… Agora Mini e eu vivimos só a 14 quilómetros un do outro e podemos compartir moitos anceios relacionados coa música. Tamén botastes ben anos en Fuxan os Ventos… Este disco voso pode lembrar nalgunhas cousas aqueles primeiros anos de Fuxan. Estivemos máis de 10 anos en Fuxan, si. E o que nunca deixamos foi a idea que tiñamos da música, como elemento clarificador, aínda que deixaramos o nome de Fuxan. A proba de que non mudamos de idea son os 30 anos que levamos con A Quenlla, que é unha forma de cantar metendo tamén o dedo na ferida. Porque o folclore pode mostrar unha cara elegante pero muda ou neutra que non nos interesa. Non queremos ser neutrais, hai que mollarse. O folclore tamén pode denunciar, dicir as cousas, ademais de reconfortar. E nós nunca abandonaremos a crítica nin a nosa independencia. "Non queremos ser neutrais, hai que mollarse. O folclore tamén pode denunciar, dicir as cousas, ademais de reconfortar" Lembro unha vez, no Pichel, que diciades iso. Que na música tradicional galega había letras combativas, críticas, que moitas veces eran agochadas. Que non todo era a saia da Carolina. A saia da Carolina era, ademais de un canto inclusivo, un canto que exerceron os republicanos, conciliador, que reivindicaba a comunidade, a igualdade das mulleres… e iso tamén hai que explicalo. O que pasa é que sacadas de contexto e segundo como se traten estas cancións non se entenden ou non teñen máis matiz que o dato neutro da súa letra… É como os cantares de cego. Houbo cegos adictos ao poder mais tamén os houbo que eran críticos e que foron perseguidos por iso. E nós sabemos que se fósemos neutros e mansos sairiamos na tele, nas radios, teriamos máis promoción… Pero non estamos dispostos a deixarnos manipular. "A saia da Carolina era, ademais de un canto inclusivo, un canto que exerceron os republicanos, conciliador, que reivindicaba a comunidade, a igualdade das mulleres… e iso tamén hai que explicalo" Hai tempo preparabades unha ópera cun ucraíno, que debe de ser Saxa. Tamén tedes con vós a Omeljan… E senten verdadeira veneración pola nosa música tradicional. Son os dous moi sabios na música, e quedan pasmados diante do que temos como pobo. A min prodúceme vergoña allea que non sexa recoñecido aquí o que sexa admirado por fóra. E dígoo polas persoas, e non polas institucións, que xa non espero nada delas e porque están mandadas por parvos. Parece que temos asumido que temos unha terra, uns viños, unha gastronomía…, mais non que temos unha música tradicional, unha literatura tradicional moi viva, a verdadeira cultura está viva e é nosa… En Varsovia estabamos falando nunha mesa redonda e tivemos que apartar as mesas e ensinarlles a bailar a muiñeira, porque aquela xente non quería saír de alí ata aprender os puntos básicos e embeberse un pouco máis no noso. Demos unha charla en galego, que nos traducían ao castelán, e desde este ao polaco, e non houbo problema ningún. Se fose nalgún sitio da Coruña xa mesmo nos chamarían a atención por falarmos en galego… É incrible que en vez de estar orgullosos nos avergoñemos do noso. Terías que ver as caras de Saxa e Omeljan cando vían os cambios que faciamos nas cancións… Son dous grandes músicos, e ás veces tocan na rúa pasa sacar algún carto. En A Quenlla, ademais, ninguén cobra. Só se pagan os gastos e cando se pode. E aquel proxecto que había para que as túas recollas fosen dixitalizadas e gardadas no Museo do Pobo Galego? Están alí as cintas xa dixitalizadas. Faltan transcricións e contextualizacións de información. Son recollas feitas no tempo, miñas e dos meus alumnos. Eu fun profesor de galego e os meus alumnos gravaban poemas, contos… nas súas casas, que despois analizabamos nas aulas. As miñas cintas e as deles, cos seus nomes, están no arquivo do patrimonio oral. Pero aínda non están todas dispoñibles para consultar, hai moito que transcribir e ademais o proceso atrasouse porque, cando xa tiñan parte do traballos feitos, entraron uns hackers e estragárono vilmente. Agora aínda non hai cartos para seguir, pero o proxecto segue en pé. O arquivo de Mini está tamén dixitalizado e o de Mato tamén. Hai outros moitos compiladores cos seus traballos no mesmo proxecto. Non é só música. Son relatos, contos, lendas, puntos de danza, fotos… |
PRAZA_12241 | O ex director xeral da UNESCO estivo na Coruña para manter contactos con grupos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz e representantes da Universidade e do Concello. | O ex director xeral da UNESCO Federico Mayor Zaragoza estivo na Coruña para manter contactos con grupos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz e con representantes da Universidade e do Concello. Antes, tivo un encontro con xornalistas no que amosou o seu optimismo ante o futuro, a pesar da situación de crise: "Si que imos poder cos mercados" -afirmou- "son os últimos coletazos dun sistema que debería ter tomado outro camiño". "O resultado foi tan catastrófico que estou seguro de que se van tomar medidas, vaise volver ao multilateralismo" Mayor Zaragoza opina que o camiño que os poderes políticos e económicos tomaron dende os anos oitenta, "marxinando as Nacións Unidas, dándolle todo o poder a un pequeno grupo de globalizadores e asumindo o dogma de que a economía se rexe exclusivamente polas leis do mercado" significou unha abdicación "dos valores que deben dirixir os países democráticos: a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade". Para Mayor Zaragoza, "o resultado foi tan catastrófico que estou seguro de que se van tomar medidas, vaise volver ao multilateralismo. Estes fenómenos de deslocalización e desregulamentación van durar pouco. Porque non esquezamos que América Latina se está emancipando e está emerxendo, África está espertando, India é un país fabuloso, está Rusia, está Turquía... O mundo non é só Occidente". Os medios de comunicación O ex director xeral da UNESCO denunciou así mesmo que "os medios de comunicación están en moi poucas mans, moitos xornais son a voz do seu amo". A este respecto, salientou que "a xente vai mandar, este vai ser o século da xente. En poucos anos as democracias serán democracias, pois a democracia debería significar que os cidadáns se expresan e que o poder pon en práctica esas decisións, pero hoxe a democracia está sendo que os cidadáns votan cada catro anos en base ás informacións, pouco verídicas, que proporcionan os medios de comunicación". "A xente vai mandar, este vai ser o século da xente" Baseou este optimismo nas novas ferramentas comunicativas: "agora temos unhas ferramentas, as tecnoloxías da información e da comunicación son un instrumento que cambiará o curso da historia. As redes sociais son formidables e tamén son formidables os xornalistas que escriben o que queren escribir. O que non entendo son os xornalistas que van a rodas de prensas nas que non se admiten preguntas". A política de recortes Mayor Zaragoza salientou que "só cunha política de recortes non imos saír da crise. Fálase sempre das cifras do déficit, pero nunca se fala de en que se utilizou ese déficits: escolas, hospitais... Se se gastou niso, bendito déficit, se se gastou en obras innecesarias, non. Non se pode recortar no I+D+i, nin os estímulos para a creación de emprego". Ademais, foi moi crítico coas medidas adoptadas na Unión Europea para enfrontar a crise: "non se chegou sequera a unha federación fiscal e hai unha insolidariedade tremenda. A Grecia dinlle: vostedes non crecen. Como van crecer, se cada tres meses os estamos apretando? E claro que houbo excesos, pero estes excesos de gasto beneficiaron un poder financeiro que agora dita as medidas de recorte", concluíu. "Só cunha política de recortes non imos saír da crise" A este respecto o ex diplomático destacou que "son partidario da evolución, porque hai moitas cousas que cambiar, pero tamén hai moitas que conservar, pero se non hai evolución, haberá revolución. Porque hai países, como Grecia, Portugal ou España, que non van aguantar sempre nesta situación e cos recortes que se están aprobando. Hai que pagar as débedas, por suposto, pero por que en tres anos?" Apostou, así mesmo, por unha meirande conciencia medioambiental: "Non se pode pensar só no vinte por cento da humanidade. Non se poden ter máis automóbiles nin seguir explotando o 80% do planeta. Xa case non se fala do medio ambiente, no medio da crise. Agora só se fala de se sobe ou baixa a prima de risco. Que non nos veñan con máis PIBS, que nos falen doutros índices, por exemplo o índice de satisfacción social, o índice de comprensión lectora entre a mocidade, os índices medioambientais... E o resto das cousas son superfluas". O 15M e o futuro Pediu, igualmente, unha visión máis panorámica da realidade, citando a Nelson Mandela: "Ao erguernos cada día temos que pensar nas xeracións vindeiras. Non se pode abdicar de loitar polas xeracións que virán, aqueles que abandonan esa misión, están abdicando da súa condición de ser humano, é unha indignidade". Con todo, non reduciu esta cuestión a unha dicotomía xeracional: "hai mozos que se comportan como vellos e hai vellos que se comportan como mozos". "Os movementos sociais están facendo propostas moi interesantes e hai que emprestarlles atención" Dixo compartir os obxectivos e a forma de actuar do movemento 15M: "A xente di, moi rapidamente, xa están protestando, e eu sempre digo xa están propoñendo. Estanse facendo propostas moi interesantes e hai que emprestarlles atención". A este respecto, recomendoulles aos grupos que traballan por acadar un sistema alternativo que centren o traballo e a presión en certos elementos, por exemplo a abolición dos paraísos fiscais: "temos que tomar medidas moi concretas, nas que a mobilización popular obrigue aos grandes poderes a cambiar", para ir conseguindo paso a paso unha mudanza estrutural do sistema. |
NOS_43974 | Luis Villares, David Rodríguez, Paula Vázquez Verao e Pancho Casal formalizaron na mañá desta sexta feira o seu paso ao Grupo Mixto. | O até hai uns días alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a ex presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, son os dous nomes propostos polo Partido Popular para ser senadores por designación autonómica no pleno do Parlamento da Galiza da vindeira semana. O PP busca encaixe así a dous ex conselleiros con Núñez Feixoo e que deixaron o gabinete para se presentar en Ourense e Vigo nas municipais. Elena Muñoz fracasou nos dous asaltos á Alcaldía mentres que Vázquez perdeu o bastón de mando nestas eleccións en favor de Jácome e após un pacto PP- Democracia Ourensá polo que Baltar se mantén na Deputación. Na mañá desta sexta feira, Luis Villares, David Rodríguez, Paula Vázquez Verao e Pancho Casal rexistraron o seu paso ao Grupo Mixto, tal e como anunciaran esta quinta. "Anunciamos que estes 4 deputadas e deputados abandonamos un grupo parlamentar que xa non representa a En Marea, senón a Podemos e a aqueles que deciden seguir os seus ditados", leu Villares nesa comparecencia. "E facemos isto para avanzar nun proxecto renovado que recupere a ilusión perdida durante estes anos polas leas internas e que sexa unha das voces plurais da esperanza", acrecentou. Unha das voces, non a voz, enfatizou |
NOS_54546 | A Fundación Luis Seoane acolle ás 20 horas de hoxe a presentación do libro Demografía Zombi: Resilientes e redundantes na utopía neoliberal do século XXI, do demógrafo catalán Andreu Domingo, no que se analiza a evolución do xénero nesta centuria. | Andreu Domingo, subdirector do Centro de Estudos Demográficos da Universitat Autònoma de Barcelona e recoñecido demógrafo catalán, presenta na Fundación Luís Seone o libro Demografía Zombi: Resilientes e redundantes na utopía neoliberal do século XXI. O acto terá lugar a sexta feira 25 de outubro no marco do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, coa colaboración da USC e da UDC. A publicación analiza a evolución do xénero zombi no século XXI, até converterse nunha distopía que reflicte "a escisión da poboación entre redundantes –os que sobran– e resilentes –os que son capaces de resistir". Esta división respondería para Domingo ás dinámicas propiciadas polo neoliberalismo, que transforma aos individuos nun proceso baseado na competencia. O mundo postapocalíptico dos mortos revividos trae ao centro dá reflexión unha metáfora que lle fai a autopsia á utopía neoliberal para entender a distopía na que se converteu, levando cara a unha redefinición do concepto vida, cando o poder enfronta a pregunta de "a quen se debe salvar?". |
PRAZA_10315 | Essa é a realidade. Espanha é fascista, e não é uma opinião...é fascista porque se revela fascista quando faz juízos – farsa para justificar o encarceramento de líderes políticos que convocam um referendo "ilegal"... | Obviamente não apoio ao governo espanhol no seu posicionamento sobre o que deve ser o futuro do Valle de los Caidos, nem entendo que o que se está pretendendo fazer tenha o apoio do parlamento espanhol. Repito-o e repetirei-o constantemente em conversas privadas e também de maneira pública; a dinamita é o único destino plausível para um mausoléu fascista. Não se pode reconverter num espaço didáctico, como aconteceu com alguns campos de concentração nazis, nem num monumento à concórdia (bom, é que eu não acredito nas concórdias decretadas) como sugeria Ciudadanos, nem num lugar "de repouso" como sentenciava ridiculamente o Presidente Pedro Sánchez. A única alternativa à dinamita purificadora é deixá-lo como está, o que só poderá ser interpretado como uma vitória do fascismo na sua procura de perpetuar-se e trascender.Mas todo debate é sobre a fantasia, já que o estado espanhol é incapaz de tomar uma decisão e executá-la neste tema. Quando nas próprias estruturas do estado emanam palavras de ordem que atrancam a ação do poder executivo, que age por mandato do legislativo...como podemos nem imaginar sequer que um dia possa ser derrubada a cruz da infâmia, essa que coroa este fascismo perenne, perpétuo, que vive o estado espanhol? O estado espanhol é esse cujo poder judicial persegue a artistas, a historiadores, a ativistas sociais, ou simples cidadãos anônimos por dizer simplesmente a verdade...que os fascistas não tomaram o poder para salvar Espanha do caos e as turbulências sociais...chegaram para roubar e saquear, trás eliminar fisicamente a quem consideravam perigoso de mais, ou simplesmente a quem macabramente lhe tocou em sorte...a terápia de terror foi aplicada com eficácia. Essa milonga cínica de que todos sofremos aquela guerra, onde todos cometeram atrozidades, e que não há maior desgraça do que uma guerra civil é apenas isso...uma milonga, cada vez mais infumável. O Valle de los Caidos, lugar de repouso...? De repouso do esterco e do xurro de um estado seudo-democrático que se vanaglória da sua modélica transição a essa seudo-democracia, quando tal transição foi feita sob os silêncios mais humilhantes.Sim; Espanha é fascista, está infectada de fascismo. Espanha olha com ternura o tardofranquismo e sonha-se ainda imperial. Espanha não deixa fazer brincadeiras sobre Carrero Blanco, nem criticar ao Rei, nem deixa sequer chamar fascistas aos fascistas, nem nazis aos nazis. É mais fácil que tu vás à cadeia por qualquer destas coisas do que ver a um nazi ser julgado por uma agressão física. Essa é a realidade. Espanha é fascista, e não é uma opinião...é fascista porque se revela fascista quando faz juízos – farsa para justificar o encarceramento de líderes políticos que convocam um referendo "ilegal"...porque é mais criminoso pretender celebrar um referendo do que fazer brincadeiras com os direitos das mulheres, mentir sobre os inmigrantes ou fomentar o ódio cara a diversidade sexual. Mais ainda; permete-se que partidos que levam no seu programa suprimir os direitos de comunidades humanas inteiras se apresentem às eleições.Espanha está podre de fascismo...cheira. |
NOS_1940 | O ambiente de guerracivilismo no seo da dereita mediática é virtualmente irrespirábel: a caverna sempre ten tido unha especial vocación cainita. Esta cuarta feira as redes arderon co anuncio do despedimento de Pedro J. Ramírez como director de El Mundo, o mesmo día en que Federico Jiménez Losantos pedía o voto para Vox. | O estado de descomposición do espazo político e mediático da dereita española xa é inocultábel. Cheira a podre na capital do Estado. Xa non é que todo un vicepresidente do Parlamento europeu abandone o PP para mudarse a Vox, ou que Consuelo Ordóñez, emblema das vítimas de ETA, cuestione a dirección do seu partido en Euskadi. As hostilidades desprázanse agora da política ás súas terminais mediáticas. Axustes de contas. Vellas débedas saldadas. E odio, moito odio sobre o cenario. Dous blocos en conflito En realidade, é doado distinguir os dous blocos en conflito. Por un lado, a parella Pedro J. Ramírez, diretor fundador do segundo xornal con maior difusión do Estado, El Mundo, e o seu alter ego Federico Jiménez Losantos, axitador ultradereitista na radiodifusión española. Están claramente aliñados cos sectores máis reaccionarios e españolistas da dereita no Estado. Jiménez Losantos está aínda un paso máis alá do que Pedro Jota -que se colocaría máis na liña de Esperanza Aguirre e Aznar do que da de Vox- e pediu sen rubor este día o voto para o partido fundado por Ortega Lara. As hostilidades na dereita desprázanse agora da política ás súas terminais mediáticas Doutro lado, estaría o Grupo Vocento, sediado orixinariamente en Euskadi (dono do moi españolista El Correo Español-El Pueblo Vasco), e que neste momento controla o diario monárquico ABC, dirixido polo ex director de La Voz de Galicia, Bieito Rubido. Canda el está tamén La Razón, un xornal que se fundou cuase como unha reencarnación de El Alcázar, mais que neste momento, e visto o visto, foi até ultrapasado pola dereita pola inefábel parella Pedro J.-Jiménez Losantos. De facto, desde hai meses vense barallando a hipótese de que o ABC e La Razón findarán por se fusionaren. 1.000 millóns de euros de débeda "El Mundo debe 1.000 millóns de euros e sen Pedro Jota hoxe aínda vale menos", afírmase en sectores mediáticos próximos ao aparato do PP, ao que o entorno de Pedro Jota atribúe o seu cesamento. Algunhas fontes indican que Rajoy tería realizado fortes presións para provocar o cesamento de Pedro Jota Ramírez. Non sería a primeira vez que tal cousa acontecese. A súa acción foi decisiva tamén no seu día para descabalgar da dirección de Xornal de Galicia a José Luis Gómez, na actualidade editor de Mundiario.Com, pola publicación de fotografías que situaban o hoxe presidente do Goberno, durante unha precampaña, no barco dun narcotraficante. Estas manobras de Rajoy na escuridade virían pór en cuestión a súa imaxe de político desapegado do poder e sen demasiadas pretensións por se manter na lideranza da dereita española. A acción de Rajoy xa fora decisiva no cesamento de José Luis Gómez ao frente de Xornal de Galicia As críticas de Pedro Jota a Rajoy son constantes. Nas últimas semanas atribuíulle a responsabilidade de pór a dereita española á beira do seu desmembramento, pondo fin ao reagrupamento que conseguira en tempos Fraga e fortificara Aznar. Críticas de Pedro J. a Rajoy Esta cuarta feira, na súa conta twitter @pedroj_ramirez deitou o seguinte chío: Bdías. Pasará Rajoy á historia como o hombre que fracturou o centro dereita en España destruíndo o PP unido de Aznar? Leva camiño. O seu correlixionario mediático Jiménez Losantos, custodio do españolismo de dereitas máis esencialista, desenfundou esta quinta feira [tamén en twitter, @J_Losantos] contra todo o que se move: A saída de @pedroj_ramirez do @elmundo.es é o triunfo dos poderes fácticos: Zarzuela, Moncloa, goberno e oposición. Apartir de agora, o único dado fiábel a respeito do futuro de Pedro Jota Ramírez é que este domingo dirixirá o seu último número de El Mundo. Fontes próximas a el teñen filtrado que a empresa editora, participada por un conglomerado italiano na órbita de Berlusconi, o indemnizará con 20 millóns de euros, unha cifra máis própria dos top five do mundo do futebol do que do xornalismo. Un clásico do periodismo español, Pepe Oneto, afirmou esta cuarta feira en Twitter que a indemnización está ligada a que Pedro Jota -impulsor primeiro de Diario 16 e fundador despois de El Mundo- non emprenda ningún proxecto xornalístico, nen en papel nen na Internet. |
NOS_17672 | Setembro será un mes chave para a elaboración da proposta de orzamentos. O presidente español prepara reunións ao longo da semana cos responsábeis das principais forzas da oposición e o Executivo continúa mirando a dereita económica e política para sacar adiante unhas contas condicionadas por Bruxelas. | Pedro Sánchez ten por diante unha intensa axenda de reunións cos líderes das forzas parlamentarias co obxectivo de testar a súa posición en relación cos orzamentos do vindeiro exercicio. A primeira desas citas decorre hoxe co presidente do Partido Popular, Pablo Casado, e vai ter continuidade nos próximos días cos responsábeis de Ciudadanos, ERC e PNV. Así e todo, Casado segue antepoñendo calquera pacto con Sánchez á exclusión de Unidas Podemos do Goberno de coalición. Porén, as fontes socialistas consideran que hai marxe para o acordo cos populares, actualmente sometidos a unha forte presión desde a patronal e desde o IBEX para apoiar as contas públicas. A presenza de representantes das principais empresas do Estado e do máximo responsábel da CEOE, Antonio Garamendi, na palestra pronunciada por Pedro Sánchez a pasada segunda segunda feira é toda unha declaración de intencións do poder económico en relación cos orzamentos. A unha banda destaca o interese destes grupos en sacar adiante unhas contas que van recoller importantes axudas para as iniciativas empresariais promovidas desde o sector privado e en esquecer as relevantes propostas en materia social recollidas no acordo de goberno. Por outro lado deixa claro o apoio do empresariado a uns orzamentos que van responder ás súas orientacións económicas e que se van situar no marco da ortodoxia liberal esixida desde a Unión Europea. Os socialistas miran á dereita para sacar adiante estes orzamentos. Neste sentido, o Goberno agarda contar co apoio dos deputados e deputadas de Ciudadanos, unha vez que a súa presidenta, Inés Arrimadas, expresase a súa vontade de colaboración, co obxectivo de restar influencia á denominada maioría da moción de censura. "Estamos nun momento crítico para a nosa economía e non podemos permitir que Iglesias, Otegui e Rufián repartan os fondos europeos", afirmou Arrimadas nunhas declaracións que resumen os argumentos da patronal. Porén, Ciudadanos só conta con 10 deputados, polo que a súa capacidade de influencia real é moi limitada. Uns orzamentos virados á dereita As declaracións de onte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e da súa vicepresidenta, Carmen Calvo, insisten na idea duns orzamentos de amplo espectro virados á dereita. Así, o xefe do Executivo apostou en "antepor o ben común ao interese partidista", na liña de afirmacións anteriores, e sinalou que "non podemos excluír ningún grupo destas conversacións", nunha referencia clara á necesidade de acordos coa dereita parlamentaria. Máis explícita foi Carmen Calvo, quen fechou a posibilidade dun acordo con ERC, contradicindo as propias palabras de Sánchez e non deixou dúbida sobre a opción do Goberno. Unidas Podemos vai asumir finalmente as posicións do PSOE. Malia as declaracións dos seus portavoces Rafael Mayoral e Isabel Serra a pasada sexta feira, onde expresaron a súa negativa a uns orzamentos apoiados por Ciudadanos, a formación morada está traballando man con man cos seus parceiros de Goberno na proposta de orzamentos. Onte mesmo, representantes do PSOE e de Unidas Podemos mantiveron unha reunión coa ministra socialista de Facenda, María Jesús Montero, e co dirixente de Podemos e secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, para fechar o borrador do anteproxecto das contas públicas. As razóns desta mudanza no espazo de Unidas Podemos están asociadas ás diverxencias no interior da coalición e á súa debilidade política. A este respecto, o veto a Ciudadanos formulado polos morados non contaba co apoio de Esquerda Unida e do Partido Comunista de España, cuxos representantes no Goberno tiñan defendido previamente esa posibilidade. |
PRAZA_12923 | O sábado 12 de maio o movemento de indignados e indignadas volve as rúas, nas primeiras manifestacións que convoca dende o 15 de outubro e que se insiren nunha mobilización global (haberá marchas en todo o planeta) a prol dun cambio de sistema. O 15M fai un ano, sen o impacto mediático dos primeiros meses e sen a presenza masiva e constante nas prazas, pero con máis motivos para a mobilización e o valor do traballo conxuntos con outros colectivos. Falamos con membros dalgunhas das asembleas do movemento en Galicia. | O sábado 12 de maio o movemento de indignados e indignadas volve as rúas, nas primeiras manifestacións que convoca dende o 15 de outubro e que se insiren nunha mobilización global (haberá marchas en todo o planeta) a prol dun cambio de sistema. O 15M fai un ano, sen o impacto mediático dos primeiros meses e sen a presenza masiva e constante nas prazas, pero con máis motivos para a mobilización e o valor do traballo conxuntos con outros colectivos. Os cartos públicos entregados ás entidades financeiras para o seu saneamento, as indemnizacións millonarias a directivos e empresarios, a reforma laboral, os recortes nos servizos sociais anunciados cada venres nos consellos de ministros e as limitacións políticas e mediáticas ao propio exercicio da crítica (por exemplo as dificultades creadas pola Delegada do Goberno en Madrid ou os ataques de La Razón aos líderes das mobilizacións estudantís), danlle renovadas razóns ao movemento de indignación. "Os motivos aínda son máis grandes", salienta Vanesa, de Lugo, que centra os obxectivos da asemblea que traballa na cidade en informar e mobilizar pois "aínda hai moita xente que non se decate do que está pasando". O 15M non era só unha petición dun novo sistema electoral, de igual maneira que non era só a defensa do Estado de Benestar ou a reivindicación dunha reforma do sistema financeiro. Era todas esas cousas e máis, era o agromo dun malestar que se fora estendendo en capas moi amplas da cidadanía e que atopou esta vía para ser encamiñado. O 15M era mestizo en canto á súa composición, tiña cando menos dúas almas, unha antisistema e outra reformista, unha ligada aos movementos sociais existentes e outra conformada por unha parte da chamada maioría silenciosa (que deixou de selo). Se cadra, entrre os seus principais valores está a decantación que favoreceu en moitas persoas que nunca participaran nun movemento social. Combinaba as propostas macro (o cambio global do sistema, a creación dunha banca pública...) coas propostas micro, realizadas no propio barrio (a loita contra os desafiuzamentos, a creación de cooperativas de produción e consumo...) e mesmo con mudanzas persoais, sobre todo no que atinxe aos hábitos de consumo e transporte. E tiña moitas direccións ás que apuntar, tantos como problemas detectaba na sociedade: políticos, económicos, xornalísticos... Sabela, de Pontevedra, bota a vista cara atrás e afirma que nos últimos meses "hai xente que se desanimou, porque pensaban que se ían conseguir máis cousas, e outros en cambio, que nos vían con desconfianza, co paso do tempo foi mirando con máis simpatía o movemento". Onde está o 15M? Onde está o 15M? Que fai agora que é máis necesario ca nunca? Non é difícil escoitar preguntas deste tipo, lanzadas con boa ou mala intención. "Non temos a visibilidade que tiñamos hai meses", asegura Cristina, de Compostela, "pero estamos a realizar moitas accións en cooperación con outros grupos, tanto en cuestión de aforro público, folga do ensino, desafiuzamentos. O máis interesante son as relacións que se están creando con outros colectivos. É un traballo máis invisible, pero é moi importantes de cara ao futuro". Houbo autores que salientaron ese carácter virtual e mutable do 15M como a súa principal característica. Despois duns primeiros meses de intensa actividade física (a partir da propia ocupación do espazo público e a súa utilización como foro de debate e vía de difusión), o 15M desapareceu para estar en todas partes. "Nestes últimos meses a xente buscou lugares de loita específicos", di Roberto, de Ourense E en todas as loitas. Dende as manifestacións de outubro, os activistas do movemento teñen participado activamente nas reivindicacións dunha banca pública galega, do mantemento da calidade do sistema sanitario, nas loitas estudantís. Estiveron tamén nas manifestacións contra a reforma laboral convocadas polos sindicatos. "Nestes últimos meses a xente buscou lugares de loita específicos", di Roberto, de Ourense, que con todo quere poñer en valor a asemblea como instrumento: "A asamblea era algo magnífico, era o pobo na rúa que podía chegar a empoderarse. Son espazos completamente abertos, ás que pode acudir calquera persoa, coa ideoloxía que teña". "O que non se podía pensar é que nacese o 15M e cambiásemos o mundo, isto é un proceso moi longo" Rosalía, de Vigo, destaca que nos vindeiros meses o principal obxectivo do movemento será "tentar unir todos os colectivos de Vigo, sen ser pretenciosos, para traballar todos xuntos naquelas cousas que temos en común, que son moitas". Iván, da Coruña, opina que "o problema que temos é que non nos coñecemos", o que dificulta a acción conxunta dos movementos sociais e do 15M: "eles saben que cando necesitan de nós, poden contar con nós, e cando nós necesitamos deles, podemos contar con eles", di, pero conclúe que "creo que tampouco sería bo que nos confundísemos uns con outros, porque os movementos sociais teñen a súa identidade e a súa función". En calquera caso, salienta que "o 15M conseguiu cambiar os hábitos de consumo, ou por exemplo tivo impacto no crecemento da banca ética ou de Tríodos. O que non se podía pensar é que nacese o 15M e cambiásemos o mundo, isto é un proceso moi longo". As convocatorias en Galicia O sábado 12, pola tarde, están convocadas manifestacións nas sete cidades galegas, así coma concentracións nalgunhas vilas. Os lemas, escollidos por cada asemblea, varían dun lugar a outro, o mesmo que a táboa reivindicativa e os manifestos, pero en xeral, as manifestacións criticarán a entrega de cartos público á banca, defenderán o ensino, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos e de calidade, pedirán a retirada da reforma laboral, reivindicarán o dereito a unha vivenda digna, e a dación en pago retroactiva e esixirán unha reforma fiscal que redistribúa a riqueza. Un abano de demandas que procuran a inclusión de todos os colectivos, movementos sociais e cidadáns que procuran un cambio. O sábado non choverá, unha axuda para o éxito das manifestacións. Vigo. 19.00. Praza de España A Coruña. 17.30. Praza da Palloza Santiago. 18.00. Alameda Pontevedra. 18.30. Alameda Ourense. 19.00. Alameda Lugo. 18.30. Praza Maior Ferrol. 18.00. Praza de Armas Chantada. 19.00. Praza do Cantón |
PRAZA_16282 | A videopoesía segue a avanzar no panorama literario galego con proxectos coma Non, Amor, de Diana Varela. | A videopoesía está a abrirse un camiño cada vez máis sólido na literatura galega. Unha das últimas achegas neste sentido é Non, Amor de Diana Varela Puña., un proxecto editado en formato convencional en papel e en DVD. A autora dérase a coñecer cos seus poemarios anteriores, Fíos e Animal Abismo, coas súas pezas de teatro e cunha novela, Fin de Festa, reeditada recentemente por Laiovento. En Non, Amor explora o impacto da asunción da morte como único destino inexorable das persoas. Reivindica a liberdade, o amor e a patria, entendida como orixe, tribo, clan. Clama contra a violencia e a intolerancia. E cuestiona, como en Animal Abismo algúns binomios hexemónicos, como o que opón humanos e animais. Publicaches primeiro os videopoemas e despois o libro en formato papel. Por que? Interésanme moito o teatro e o cine. Este é, ademais, un libro que me levou varios anos facer. Estivo metido nun caixón ata que decidín retomalo. A raíz de facer recitais e, pola experiencia previa que tivera con A morte e a súa voz ausente -unha peza teatral miña sobre Cesare Pavese da que fixemos varias representacións e que gravamos en vídeo-, xurdiu a idea dos videopoemas. Falei cun amigo que traballa no cine, Cristian Rola, e así foi… Empezamos a coller algúns dos textos e a traballalos doutra maneira. De todas maneiras, a nosa proposta non consiste nunha poeta poñéndose a recitar versos, coma nun recital. As pezas son como pequenas curtas, nas que a imaxe e a música son tan importantes coma a palabra, aínda que sexa poesía. En youtube poden verse algúns dos poemas, pero non todos, porque tamén temos unha edición en DVD. "Neste breve conxunto de poemas imaxinei como verían o mundo varios personaxes a piques de integrarse na quietude definitiva", di o limiar do Non, Amor. Todo o libro está marcado pola presenza da morte, quizais da perda de seres queridos, e do xeito no que fuximos da morte, sen estar nunca preparados para a súa chegada. É unha reflexión, si, arredor da morte. Non só pola perda de seres queridos. É, esencialmente, o que pasa cando asumes que a morte sucede, que tamén che vai suceder a ti. É a maneira de afrontalo. Que pode ser iso que chaman delirio, loucura... vivir cos ollos pechados, non querer velo. O libro é unha reflexión sobre este limbo no que vivimos pois, desde que nacemos, estamos camiñando cara ao precipicio. É ese pánico de saber que vamos morrer. Mais tanto ten se estamos preparados ou non, porque vai acontecer igual. É esa angustia de saber que vas morrer, que é o noso único destino claro. "O libro é unha reflexión sobre este limbo no que vivimos pois, desde que nacemos, estamos camiñando cara ao precipicio" O poemario é moi diferente dos anteriores na forma. Poemas e versos máis longos, e máis narrativo. Por algunha razón especial? Eu pretendín que fose diferente. Non, Amor ten moito que ver coa música, con cancións que eu escoitaba ou tiña na cabeza mentres escribía. Os versos saíanme segundo a melodía da canción. Así foi o proceso: deixeime levar polo río da música. E iso permitiume expresar experiencias dolorosas dun xeito para min máis levadeiro. Non é que eu planease que ían ser poemas longos. Saíu así pola música, polo tema e polo que meu estado me pedía. Está moi presente, xa desde o primeiro poema, a idea de casa, orixe, raíz. A voz poética defínese como "aborixe galega". Remite á idea de familia, tribo… É iso, si. A tribo, o clan. Son as raíces o que nos permite dar sentido á vida, á presenza de cadaquén no mundo. E iso, para min, son as patrias. Creo máis niso que nas bandeiras ou fronteiras. As raíces, a cultura familiar -nun sentido non só literal-. Os pequenos clans, tribos, son o que entendo polo concepto de patria. "Son as raíces o que nos permite dar sentido á vida, á presenza de cadaquén no mundo. E iso, para min, son as patrias" Mais non é unha idea de tribo como concepto. Neste libro, e noutros, sae a túa propia familia, membros dela como os avós, a madriña… Na segunda edición de Fin de festa hai na capa unha foto dun familiar… Si, claro, porque cada un fala desde a súa propia experiencia. Eu nacín en Corme e a miña familia é de alí. E si hai, na miña vida, unha presenza moi poderosa dos avós. Miña avoa era unha muller de forte carácter, intelixente… e todo iso condiciona, claro. Eu non sería quen son sen eles. Eles van en min sempre. O home do chapeu da portada de Fin de festa é meu padriño, que foi mariñeiro toda a vida. Esta foto ía ir xa na primeira edición, pero ao final foi outra. Finalmente vai na segunda edición. A figura dos mariñeiros, eses homes valentes, tamén ten unha forte presenza na miña vida. "Eu non sería quen son sen eles, os avós. Eles van en min sempre" E o amor? Está neste novo libro desde o título. Xa en Fíos o teu primeiro poemario, había unha parte que era Fíos de amor, sobre o amor e o desamor… O tema está tratado de distintas maneiras nos teus libros. En Non, Amor parece haber unha oposición amor/morte. Que non deixa de ser un tópico literario... É xusto como dis. Cada libro corresponde a unha etapa vital. Escribín Fíos con 20 anos. A miña visión do amor non era a mesma que a de agora, que vou para os corenta. En Non, Amor xogo coa ambigüidade desde o propio título. O que quería salientar é que desde o amor tamén podes dicir que non, sen deixar de utilizar a palabra amor. Tamén quixen quitarlle transcendencia á idea de amor romántico que nos transmiten, que eu non creo que exista. En calquera caso, xogo coa ambigüidade tamén porque non pode haber verdades absolutas desde o momento en que nacemos para morrer. "O que quería salientar é que desde o amor tamén podes dicir que non" Hai tamén unha forte pegada, no poemario, do medo, a angustia… Supoño que en relación coa morte. Si, o pánico, a angustia, a ansiedade. Ás veces sentimos un pánico irracional. Non sabemos por que temos medo. Eu penso que ten relación con que sabemos que vamos morrer. O poema Manual de auxilio fala diso, de como afrontalo. Falabamos antes da idea de patria como lugar de pertenza. Nun dos teus poemas está o verso "un paso adiante, e outro atrás" de Díaz Castro. O poemario fai referencias a Galicia e as súas problemáticas sociais. A emigración, por exemplo. Non é só a familia ou a tribo. Si, e mesmo nos videopoemas con referencias a Palestina saen tamén referencias a Galicia. Porque son cuestións universais. Eu falo de clan, de min como aborixe, porque nalgún momento sentinme coma unha aborixe. Quero dicir: cando xiran a cabeza porque estás a falar en galego, cando apuntan unha palabra que dixeches… Por forza, convertémonos en aborixes. Pero si, as referencias son expresas. E son angueiras, reflexións, dores universais. Só que temos que falar, claro, desde o que coñecemos, desde o que se chama a verdade dos feitos, desde a realidade que vivimos. Nese sentido é no que entendo a patria como algo que non responde a unha cuestión de fronteiras. "Por forza, convertémonos en aborixes" Ao mesmo tempo, un dos poemas sitúase no Courel e de repente en Estados Unidos e ambos espazos fúndense. Como se funden, noutro, Galicia e París. Ou Galicia e Palestina. Ten que ver co que acabas de dicir? Si. Esa combinación de lugares, de momentos, corresponde a esa universalidade da que falamos. Estando por Manhattan, poallaba e eu pensaba na poalla do Courel. E estando en París vin uns corvos que me lembraron as gaivotas de Corme. O que trato de transmitir é esa universalidade de sentimentos, esa patria que sentimos todos, sexamos galegos, palestinos.. E a fermosura da diversidade cultural. "Estando por Manhattan, poallaba e eu pensaba na poalla do Courel" En relación con iso, o libro -e tamén os anteriores- fala bastante de violencia. Palestina, a violencia da guerra -Congo- ou a violencia contra os animais ou contra as persoas diferentes. Isto tamén está conectado co anterior. Non creo nos fanatismos nin en que o ser humano sexa o mellor dos animais. A maldade existe. A violencia existe. Hai persoas que non parecen malas todos os días, pero que non dubidan en exercer a maldade en certas circunstancias. A maldade e a violencia existen e hai persoas que son malas. "Non creo nos fanatismos nin en que o ser humano sexa o mellor dos animais. A maldade existe" Ademais de fundirse os lugares, xúntanse tamén os tempos. Hai bastantes referencias á mitoloxía grega, xa desde Fíos. É un tempo mitolóxico que tamén é o presente. É verdade. Eu non era consciente pero, si, díxomo un amigo e creo que ten razón. Gústame moito a mitoloxía, a literatura clásica. Leo poesía e teatro desa época e fixen unha viaxe moi interesante por Grecia… Non é algo consciente pero si, iso deixa unha pegada nos meus libros. E por que saen tantas aves? Un poema relaciona a Rosalía coas aves. Gaivotas, andoriñas… Pois… agora que dis, tamén é certo. Non sabería explicar moi ben por que. O certo é que non me gustan moito. Eu teño vertixe e cando vexo unha gaivota voar moi alto prodúceme unha sensación case de mareo… En París vin uns corvos enormes. E tamén me producían case ganas de botar a correr. Outro dos temas máis presentes é a liberdade. A liberdade que temos, mesmo, para escoller ser miserables, como conta Fíos. Porque se por algo paga a pena vivir é porque existe a liberdade e porque temos, ademais, o dereito de exercela. Que sexa posible ser libres é o que xustifica o noso paso polo mundo. "Que sexa posible ser libres é o que xustifica o noso paso polo mundo" Fin de festa (Laiovento) é unha novela sobre "náufragos da vida", símbolo da decadencia social. Solitarios, bebedores, vagabundos, persoas enganchadas ás drogas… Xente que tenta vivir de xeito digno, malia todo. Algo hai tamén diso en 'Non, Amor'. Si, hai conexión porque subxace algo no que penso bastante, que son as distintas "maneiras de vivir", como diría Rosendo. A cuestión é que tomar unha mala decisión, como lle pasa a unha das personaxes de Fin de festa que é unha rapaza brillante que acaba desfeita polas drogas, pode estragar a túa vida... O libro fala tamén de violencia e intolerancia co diferente: xente que non vive como se supón que ten que vivir e por iso é tratada con condescendencia… A Maruja Mallo apedreárona en Galicia por ir en bicicleta. E as persoas podemos ser moi malas, moi crueis e envexosas. "A Maruja Mallo apedreárona por ir en bicicleta. E as persoas podemos ser moi malas, moi crueis e envexosas" En relación con iso, saen nos tres poemarios mulleres que viviron contra as convencións sociais. Coma no poema A Outra. É o prezo que unha muller ten que pagar pola súa liberdade. Ademais, hai moito cinismo e hipocrisía. Que as actrices leven un abanico na gala dos Goya está ben, os xestos son importantes, pero máis alá diso o importante é o que fagan na súa vida diaria. O mundo só cambia se empezamos pola nosa propia casa. E habería que ver como viven esas mesmas señoras. Se levan unha vida convencional e é o que queren, é unha incoherencia que participen nunha exhibición como a vista nos Goya. "O mundo só cambia se empezamos pola nosa propia casa" Por que saen tanto os nenos nos tres poemarios? O neno que vai ser vello, en Non, Amor, os nenos vítimas de violencia, en Animal Abismo... Os nenos, aínda que despois se volvan malos e feos, nalgún momento foron nenos inocentes. E a nenez xa xustifica o noso paso polo mundo. Non se me esquece o que dixo a nai de José Enrique Abuín: eu non parín un monstro. Rompeume o corazón. Mellor non puido expresalo. É esa terrible realidade: aquel bebé precioso que criaches converteuse nun ser abxecto, desprezable e terrible. Pero foi un neno inocente. Penso que os nenos levan en si o mellor da humanidade. "Penso que os nenos levan en si o mellor da humanidade" Dicías antes que os humanos non son os mellores dos seres. En Animal Abismo había como un deshumanizarse para volver á natureza, á orixe, segundo dixeches noutra entrevista. Esa reflexión está tamén en Non, Amor, pero doutra maneira… É o que falamos antes. Os libros van marcados pola nosa propia evolución como persoas, polas nosas lecturas, polos nosos acontecementos vitais e pensamentos. Para min, a reflexión filosófica está moi ligada ao que escribo. Trato de reflexionar sobre as cousas que me preocupan e de expresalas a través da poesía, a narrativa, o teatro… "Trato de reflexionar sobre as cousas que me preocupan e de expresalas a través da poesía, a narrativa e o teatro" Tes publicadas dúas obras de teatro: As trovas de Midas, dispoñible en dixital, coa túa voz, e en papel, e Midas, Leo e o Paraugas. Teatro orientado a público infantil… Ademais dunha peza de teatro social en Banqueiros, de Laiovento. O teatro para nenos é o que teño publicado, pero en realidade teño máis pezas escritas que non son para público infantil, nas que estou a traballar para sacalas. O texto de Banqueiros é en realidade unha adaptación dunha obra máis ampla, que mudei para o tamaño e para o tipo de proxecto, de teatro social, que é Banqueiros. Teño, así, máis teatro escrito, que ten que ver con todo o que falamos nesta entrevista: as temáticas… Tamén publicaches en Medulia, en autoedición, coma Non, Amor, o poemario Ouvre la Lucarne, en galego e francés. Que proxecto é ese? Un libro que naceu de viaxes por Francia nas que fixen recitais. Despois recollín nun libro os poemas recitados. |
NOS_11097 | O BNG emenda a totalidade dos orzamentos que considera "unha oportunidade perdida", segundo declarou Noa Presas. | O BNG fai unha emenda aos orzamentos da Xunta porque, salienta a portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas, "son unha oportunidade perdida", unhas contas "que se presentan como se non existise unha pandemia". Por iso, de cara ao debate parlamentario, o Bloque fai unha proposta alternativa para mobilizar 1.600 millóns de euros con tres obxectivos: atender as urxencias de sectores económicos ao bordo da ruína, reforzar a sanidade pública e sentar as bases para unha economía verde, baseada na ciencia e na investigación, explica Presas. "Non podemos estragar esta oportunidade cun Goberno do PP instalado na rutina ignorando un escenario de crise sen precedentes", afirma Presas Ademais, a responsábel de Economía subliña que estes van ser "os únicos orzamentos expansivos de toda a lexislatura, porque contarán con fondos extraordinarios e non podemos estragar esta oportunidade cun Goberno do PP instalado na rutina ignorando un escenario de crise sen precedentes". Presas destaca algunhas das propostas que inclúe o BNG para mellorar as contas de 2021 mediante a reformulación e mobilización de fondos. Neste senso, inclúe no eido económico 100 millóns de euros en axudas directas "para o sector da hostalaría e do turismo". No sanitario, 250 millóns serían para reforzar a atención primaria e 100 para fomentar a contratación estábel na sanidade e reducir as listas de espera no Sergas. No eido social, 40 millóns propóñense para incrementar as pensións non contributivas, "medida que beneficia a 38.000 persoas con ingresos mínimos", e 240 para reforzar o ensino público e acabar coa fenda dixital. "Son algunhas das propostas que imos defender no debate de orzamentos para que a Galiza teña unhas contas enfocadas a paliar as consecuencias da pandemia", reiterou a nacionalista. |
NOS_6256 | A pandemia continúa disparada na Galiza. Segundo os dados ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) os casos activos marcan un novo máximo histórico con 62.693 doentes. | O aumento de casos activos na última semana é 16.720 persoas porén isto non ten repercutido de xeito proporcional na ocupación hospitalaria. Neste sentido, as autoridades significan que a presión sanitaria concéntrase nos centros de Atención Primaria. Vigo lidera os casos activos A área sanitaria de Vigo sitúase á cabeza dos casos activos con 13.745 doentes, colocándose a continuación a área sanitaria de da Coruña-Cee con 11.804 e seguíndoa de preto a área sanitaria de Santiago-A Barbanza con 11.472. Os postos de cola están ocupados pola área sanitaria de Ferrol con 4.025 casos activos, á area sanitaria de Lugo, A Mariña, Monforte con 6.311, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con 7.530 e a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras con 7.806. A presión hospitalaria mantense na tendencia dos últimos días. Así, o Sergas confirma 51 doentes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) da rede hospitalaria galega e 358 internados nas diferentes unidades de hospitalización das sete áreas sanitarias. Recomendacións do Sergas Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta da Galiza aconsellan á poboación adoptar as medidas de protección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. As autoridades sanitarias chaman a extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano, preferentemente desbotábel. Neste sentido recomendan evitar tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans A Consellaría de Sanidade considera importante "procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións" e chama a manter "a distancia de seguridade e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello". |
NOS_58323 | Recompénsaos polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE), agora xudicializado. | A multinacional Alcoa, propietaria da planta de aluminio primario e de alúmina de San Cibrao, no concello de Cervo, vén de aprobar no seu comité de retribucións un incentivo global para os seus directivos de máis de tres millóns de euros. O máis rechamante desa proposta, remitida ao regulador do mercado de valores estadounidense (SEC), son as primas que perciben o director comercial e vicepresidente executivo, Timothy D. Reyes (472.420 dólares ─uns 395.000 euros ao cambio), e o tamén vicepresidente executivo e responsábel xurídico da multinacional, Jeffrey Heeter (406.586 dólares ─uns 340.000 euros), por, entre outras cuestións, as súas xestións para o fechamento da fundición, de momento paralizado polas negociacións coa SEPI para a venda da mesma. Segundo destaca o documento trasladado á SEC, "o equipo do señor Reyes fixo achegas fundamentais á carteira de proxectos de transformación de Alcoa, entre os que se inclúe o cesamento da fundición de Intalco, a decisión de desinvestir no negocio de laminación en Warrick Operations, ou as accións iniciadas na fundición de San Cibrao". De Heeter, pola súa banda, resalta que "brindou apoio crítico a certas accións comerciais chave, incluídas as iniciadas na fundición de San Ciprián e para venda de activos non esenciais". Os incentivos, que neste caso cobrarán por un traballo non rematado, coñécense en plenas negociacións entre a empresa e o Goberno español para a venda da planta de aluminio primario de San Cibrao. A pasada segunda feira, as partes notificaron ao comité de empresa e aos sindicatos que estaban á espera de que a SEPI aceptase a última proposta remitida por Alcoa. A este respecto, o presidente do comité de empresa en San Cibrao, José Antonio Zan, insistiu hoxe na necesidade de convocar unha xuntanza urxente co Goberno español e coa Xunta da Galiza para coñecer "as condicións propostas pola empresa" para a venda, "que eran moi parecidas ás de setembro, mais que xa non son as mesmas". "Non podemos estar a esperar tanto tempo por coñecer esas condicións xerais, que teñen que chegar antes de Semana Santa", reivindicou o presidente do comité, que confía en que se poida alcanzar un acordo nos prazos fixados para a venda, antes do 30 de abril. |
NOS_30912 | O seu nome mete medo e aínda o citan en voz baixa cando un veciño e outro recordan os verdugos de Cabral. A súa herdanza, listas de bos sinalados para o martirio, mortos nun verán de inverno, o fin dun soño, a noite fecha e onde hoxe estamos. | Era da mesma feitura que Fernando Mariño, un dos famosos "Caducos" que dirixía paramilitares de camisa azul por Cabral para sementar a morte e traer o mal aos bos en pacto co demo até o inferno. Formaba con Xosé Maceiras Casales "O Maceiras", verdugo como o seu irmán Feliciano, empregado da Empresa xeral eléctrica, traidor á causa do comunismo e falanxista para matar e enriquecerse. Partillaba causa con Eusebio Lago Campos, alcalde e cacique do barrio, responsábel de diversas violencias e a facer cartos á sombra do medo. Coincidía, ao tempo, con Xosé Novas Curras, de alcume "O Meira" para manchar o nome da súa localidade natal no nacemento do Miño, elaborando listas negras, sinalando vítimas e riscando mortos. E tamén do "Cordobés", "O Chino", "O Mingos", "Os Velosos", "O Cuco", "Manolo da Mirlota", "Os Carbineiros" ou "Os Baos". Chamábase Antonio Alonso Villar pero todos o coñecían como "O Oubeira". Persoa de condición económica abastada e significado home de negocios, era propietario dun amplo e dotado local comercial nos baixos da súa casa, na actual avenida de Santa Mariña, que funcionaba como bar, estanco, ultramarinos, almacén e tenda de todo tipo de produtos precisos na actividade agraria. Militou sempre nas filas da orde, ocupando diversas responsabilidades no Concello de Lavadores durante a ditadura de Primo de Rivera e tamén na República, após a represión que seguiu a revolución de outubro de 1934, destacando polos seus enfrontamentos coa Sociedade Cultural Agraria e pola súa nula preocupación á hora de dar resposta ás necesidades do concello. Afastado da corporación após o triunfo da Fronte Popular, foi un dos moitos homes de ben, de dereitas de toda a vida, que abrazou o fascismo tras febreiro de 1936, para seguir defendendo os seus intereses de sempre. Segundo Abad Gallego "entre os veciños este home era moi temido, xa que era considerado como o principal responsábel das delacións" A súa actuación como represor deixou pegada até hoxe. Segundo escribiu Xoán Carlos Abad Gallego, nun dos seus documentados traballos sobre a represión en Vigo, " "O Oubeira" elaborou, persoalmente, unha moi completa lista onde aparecía o nome dun grande número de conveciños e conveciñas… e que polo tanto debían de ser eliminadas. Como consecuencia directa das súas delacións era o responsábel directo do paseo dalgúns veciños seus, como por exemplo Xosé Otero Campos e Emilio Rodríguez". Na mesma liña, Abad Gallego sinala como "entre os veciños este home era moi temido, xa que era considerado como o principal responsábel das delacións que se levaron a cabo na parroquia; delacións que provocaron a detención de moitos deles e que, non poucos, remataran asasinados nalgún retirado descampado". As mesmas fontes consideraban que traballaba en estreita conivencia cos irmáns Mariño "Os Caducos", Xosé Maceiras Casales "O Maceiras" e Eusebio Lago Campos. E soubo do ferro, neste caso, xusticeiro. O 6 de outubro de 1936, un grupo de antifranquistas dislocouse á súa casa en plena madrugada, chamando á porta con insistencia para que abrira, cousa que non fixe até cun deles se identificou como Xosé Maceiras Casales "O Maceiras", un dos seus camaradas de ignominia, sinalándolle que lle traía unha información urxente. Unha vez descuberta a verdade, "O Oubeira" tentou franquearlles o paso, pelexando cos fuxidos, até o punto de partirlle o brazo e rematar por dispararlle, deixándoo sen vida ao momento. A súa morte abriu o camiño a unha nova vaga represiva na zona, dirixida polo tristemente celebre tenente da Guarda Civil Francisco González Rodríguez " O Rabioso", que orixinou unha serie de detencións indiscriminadas co obxectivo de instaurar o terror sen vontade algunha de determinar a identidade dos autores do axustizamento, que a memoria popular asociou sempre aos guerrilleiros de Cabral Roxelio e Xosé García Molares "Os Maletas". |
NOS_7854 | A Coruña lidera a listaxe de 90 concellos con esta simboloxía. | "Todo quedou atado e ben atado". Cando o ditador Francisco Franco pronunciou aquelas palabras en 1969 estaba convencido de que, medio século despois, a simboloxía que rende tributo ao Réxime e á súa figura seguiría presente na Galiza. E, en parte, así foi. Máis dunha década despois da aprobación da Lei de Memoria Histórica, continúan en pé centos de monumentos, placas e distincións a persoeiros salientábeis do franquismo. O sociólogo e investigador Manuel Monge publicou hai escasos meses o libro Os restos do franquismo na Galiza, que contabilizaba 602. "A listaxe non para de medrar, cada día aparecen novos símbolos e hoxe son xa 650 repartidos por 90 concellos", expón, en declaracións a Nós Diario. A cidade da Coruña lidera a clasificación, con 102, entre os que destacan os múltiples recoñecementos a alcaldes da ditadura como Sergio Peñamaría, quen en 1939, como tenente da Lexión, "participou nun masacre represivo no Barco de Valdeorras", un concello que si lle retirou os honores e que en 2019 instou o consistorio coruñés a facer o propio. "Ese é o principal problema, a falta tanto de criterios claros como de coherencia. É evidente que o principal atranco é o PP, mais, se a esquerda e o nacionalismo defenden a retirada da cruz de Celanova, por que non fan o mesmo onde gobernan?", cuestiona o investigador, que fai fincapé no caso de Vigo, coa cruz do Castro aínda en pé. En Celanova, a veciñanza comezou mobilizarse o pasado verán para solicitar a retirada da cruz instalada pola Falanxe en 1939. Desde mediados de febreiro, máis de 1.500 persoas e entidades asinaron un manifesto a prol desta proclama. "A xente da época non pisaba o lugar porque sabía que conmemoraba unha barbarie, mais esa xeración foi morrendo e o seu significado foise deturpando desde que nos anos 70 e 80 a Igrexa e o Concello converteron o lugar nun merendeiro e mudaron o nome de Outeiro da Obra por Outeiro da Cruz", sostén Erik Dobaño, do Comité de Memoria Histórica de Celanova, que avoga por converter este espazo nun lugar para a memoria, a xustiza e a reparación. "Informar é un acto revolucionario" Alén de símbolos claramente recoñecíbeis como as cruces dos caídos ou os escudos franquistas aínda presentes en diferentes vilas, o problema son os múltiples recoñecementos no rueiro, as fachadas das Igrexas ou as denominacións de "fillos predilectos". "Non coñecemos a nosa historia e moita xente pensa sobre determinados persoeiros que, malia participaren da ditadura, eran boas persoas porque fixeron moitas obras públicas a prol da vila. Compostela mantén 20 ministros da ditadura como fillos predilectos, como é isto posíbel?", lamenta Monge. Neste senso, salienta a importancia de facer pedagoxía: "Informar é un acto revolucionario. Vímolo con Meirás, que a maioría da xente consideraba un agasallo lexítimo até que se lles explicou o acontecido. As institucións deben desmontar a 'teoría do empate', porque aquí o partido rematou 5.000 a cero e só houbo represión", expón, en alusión aos asasinatos fascistas. "Non vexo a Deus na cruz do Castro, só vexo a Franco" A Xustiza instou en 2014 á retirada "inmediata" da cruz do monte do Castro, en Vigo, mais o alcalde, Abel Caballero, recorreu a sentenza. "É unha posición reaccionaria que non ten explicación posíbel, porque foi erguida polos fascistas após a guerra e debe retirarse. Lembro unha compañeira crente, Manolita Caballero, que dicía que nesta cruz non vía a Deus, senón a Franco", di Celso López, presidente da Asemblea Republicana de Vigo, ente que loitou durante anos por derrubar a cruz. Para el, é preciso "frear o revisionismo histórico" xurdido após o "pacto de silencio da Transición", así como facer énfase no eido educativo sobre o significado da II República e o período franquista. "Falta moita pedagoxía no ensino, onde perviven certos 'tics' da ditadura", sostén, con coñecemento da causa, xa que durante anos foi mestre de Historia. Tamén insiste neste punto Erik Dobaño, que lembra que a Asociación de Avogados Cristiáns vén de promover unha recollida de sinaturas, que xa acadou 14.000, a prol de que se manteña a cruz de Celanova. "Estráñanos que o Bispado de Ourense non se pronuncie sobre o seu significado, xa que cómpre lembrar que o Vaticano se desmarcou en 1940 da Falanxe e dixo que a súa simboloxía, incluídas as cruces, non representaban o cristianismo", expón, en referencia á "apropiación" que fixeron os falanxistas dun símbolo e un espazo que "non son de culto". |
NOS_50101 | CIG e CCOO mobilízanse en Ferrol con motivo do Día da Clase Obreira Galega, no 50 aniversario das loitas obreiras. | Delegadas e delegados da CIG procedentes de diferentes vilas e cidades de todo o país manifestáronse esta quinta feira polas rúas de Ferrol con motivo do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Este ano a data cobrou especial relevancia, pois fixéronse 50 anos das loitas obreiras de 1972, "xerme do sindicalismo nacionalista que hoxe representa a CIG", sinala o sindicato. O secretario xeral da organización sindical, Paulo Carril, depositou unha ofrenda floral ao pé do monumento ao 10 de marzo na cidade, e aludiu no seu discurso á "plena vixencia" daquelas loitas de 1972. Aliás, subliñou o "orgullo" de formar parte dunha "historia colectiva" e unha "tradición sindical de loita honrada e coherente" que ao longo destes anos, dixo, levou a CIG a ser "primeira forza sindical en representación, afiliación e iniciativa social na Galiza. Os sindicatos piden saír á rúa e recuperar o espírito das loitas obreiras de 1972 Hoxe, medio século após aquelas loitas obreiras, Carril reivindicounas como "inspiración" nun momento "no que está en xogo o noso futuro como clase traballadora e como pobo galego", en referencia á "crise industrial e económica que atravesa a Galiza, agravada pola crise derivada da pandemia e á que agora se suman as consecuencias do conflito bélico na Ucraína". A respecto da guerra no leste de Europa, o líder sindicalista urxiu o "cesamento inmediato do conflito armado e a volta á vía diplomática", xa que "a guerra nunca é solución, senón traxedia e destrución na que as clases populares e os pobos son as vítimas". O secretario xeral da CIG criticou que medidas como a reforma laboral ou a reforma das pensións están a afectar "de maneira negativa" a clase traballadora ao "non recuperar nin gañar dereitos" e non actuar "efectivamente" na "eliminación das desigualdades e discriminacións que sofren as mulleres". "A represión en Vigo nas folgas de 1972 foi terríbel" Considerou "imperdoábel" que "un Goberno denominado de esquerda siga sen tomar medidas de intervención pública na economía, e sen levar adiante cambios profundos nas políticas económicas e fiscais para poder ter unha vida digna e acabar cos efectos devastadores que a carestía da vida está a provocar nas maiorías sociais", mentres "unhas poucas empresas, sobre todo do sector enerxético, gañan millonarios beneficios". Carril dixo que a clase obreira está chamada ao "conflito" na negociación colectiva e a "xerar dinámicas mobilizadoras" para "facer fronte" á situación actual: "Para que non nos rouben o dereito a negociar na Galiza os nosos convenios colectivos, defendendo o noso poder de negociar e decidirmos nós de forma directa e democrática as nosas condicións de traballo e os nosos salarios, impedindo que o fagan as cúpulas sindicais de UGT e CCOO desde Madrid", concluíu. CCOO Polas rúas de Ferrol tamén marchou unha delegación de CCOO, encomendada polo secretario xeral da organización no Estado, Unai Sordo, e a responsábel na Galiza, Amelia Pérez. "O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio" "É o 50 aniversario da data na que fomos protagonistas da historia deste país, uns acontecementos en Ferrol e Vigo, un ano no que temos que recuperar memoria e construír, non tirar de nostalxia pero si ter coñecemento dos feitos que se produciron aquel ano, a loita de homes e mulleres que pelexaron contra os últimos estertores do franquismo", dixo Pérez. Comisións Obreiras, sentenciou a sindicalista, "sempre estará comprometida coa conciencia e o orgullo de clase". |
NOS_469 | A presión da Moncloa podería estar a piques de dar os seus froitos. Fontes xurídicas informan de que esta o fiscal xeral do Estado e o chefe dos fiscais cataláns acordarán a presentación da querela. | Esta segunda feira está axendada unha nova reunión da Xunta de Fiscais de Catalunya. O encontro desta cúpula realizado a pasada sexta feira concluíu sen acordo e cunha maioría de fiscais a expresaren a súa posición contraria a interpor cualquer querela contra Mas. Mas fontes xurídicas informan de que a posición da XFC non é vinculante -nen sequer teria sido necesario que fose reunida- e que basta coa vontade da Fiscalía Xeral -dado que esta é unha institución fortemente centralizada e hierárquica- para a demanda contra o Govern se materializar. Todo aponta a que o cargo que se apresentaría contra Mas sería o da desobediencia En principio, todo aponta a que o cargo que se apresentaría contra Mas sería o de desobediencia, após se desbotar a demanda por prevaricación ao considerar que non existiu ningún acto administrativo impugnábel. O anuncio da hipotética denuncia podería producirse após Romero de Tejada dar traslado da súa decisión ao fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce. Formalmente, é a fiscalía catalá a que debe presentar a demanda ao seren os querelados -Artur Mas e Joana Ortega, presidente e vicepresidenta do Govern- aforados. En círculos xornalísticos e políticos dase por suposto que a presentación da demanda precipitaría a convocatoria de eleccións antecipadas -que Mas quixera plebiscitarias. |
PRAZA_9594 | Aspectos como a designación das persoas para encabezar as listas da Coruña e Pontevedra tornaron en obstáculos insalvables nas negociacións con Podemos e EU, que se prolongaron ata este xoves | Anova non participará en ningunha das candidaturas que concorrerán nas circunscricións galegas para as eleccións xerais do 28 de abril. A menos de doce horas para o peche do prazo legal do rexistro de coalicións, ás 23:59 deste venres 15 de marzo, a formación impulsada por Xosé Manuel Beiras e actualmente liderada por Antón Sánchez constatou que as negociacións con Podemos e Esquerda Unida non frutificaron nunha coalición a tres bandas e desbota, asemade, outras opcións como presentarse en solitario.Aspectos como a designación das persoas para encabezar as listas da Coruña e Pontevedra tornaron en obstáculos insalvables nas negociacións, que se prolongaron ata este xovesAs negociacións para esta alianza estendéronse durante as últimas semanas e chegaron ata este mesmo xoves, segundo fontes consultadas por Praza.gal. No entanto, aspectos como a adscrición das persoas que encabezarían as candidaturas pola Coruña e Pontevedra, nas que a priori a alianza tería máis posibilidades de obter representación, tornaron en obstáculos insalvables. Pola banda de Podemos e EU, que en gran parte das circunscricións xa teñen pechada a súa alianza baixo o nome Unidas Podemos, apostouse por Antón Gómez-Reino como número un da candidatura coruñesa e por Yolanda Díaz nese mesmo posto en Pontevedra. Gómez-Reino e Díaz foran primeiro e segunda na lista de En Marea nas anteriores xerais, nas que Miguel Anxo Fernán-Vello, de Anova, encabezara a candidatura por Lugo e Alexandra Fernández, a de Pontevedra. As formacións tampouco deron pechado un acordo sobre eventuais quendas nos escanos no caso de non obteren representación todos os socios da alianza."Non se dan as condicións condicións políticas para que Anova poida asinar un acordo semellante ao que deu orixe á coalición En Marea" Na súa explicación da decisión de non concorrer Anova subliña que a súa aposta foi a de crear "unha fronte ampla para as eleccións xerais" e que por iso "mantivemos conversas con Podemos Galicia e con EU, forzas coas que vimos compartindo espazos e alianzas", pero "non conseguimos pechar un primeiro acordo que pode trasladar a outras forzas políticas". "O BNG desbotou a oferta de diálogo e En Marea fixo outro tanto, remitíndonos ao seu proceso de primarias", agregan.Neste escenario consideran que "non se dan as condicións políticas para que Anova poida asinar un acordo semellante ao que deu orixe á coalición En Marea" nos comicios xerais de 2015 e 2016 porque esas condicións "pasan pola imprescindible coralidade do espazo en clave de ruptura" aínda que "a proximidade das eleccións municipais fixo que as mareas municipalistas" non se "implicasen" neste proceso. Así e todo, agregan, esta decisión é independente dos comicios locais, cara aos que "seguiremos o proceso de diálogo para apoiar e impulsar candidaturas de unidade popular".Deste xeito, o que en 2015 e 2016 foi unha única opción electoral baixo as siglas En Marea, daquela como coalición, serán definitivamente dúas e en ningunha delas participará Anova. Por unha banda concorrerá En Marea, que esta fin de semana fará oficial a presentación das súas candidaturas ao 28A unha vez concluído o seu proceso de primarias. Por outra presentarase a coalición de Podemos e Esquerda Unida, que nas últimas semanas barallaron a marca Galicia en Común entre as posibilidades para denominar a alianza con Anova que, finalmente, non se producirá. |
NOS_24683 | O tamén profesor da USC foi elixido polo xurado polo "rigor científico" da súa peza, así como por dirixirse a un "público amplo da Galiza e Portugal". | O escritor e profesor da USC Carlos Quiroga vén de facerse co XXV Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais coa obra titulada A costela galega de Eça de Queirós, un ensaio moi valorado polo xurado. Segundo fixo público a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), entre os traballos que concorrían ao galardón escolleuse este por estar "ben estruturado" e ter "rigor científico". Aliás, ao comunicar o premiado desde a organización destacaron que a peza poida ser gozada por un "público amplo da Galiza e Portugal". Isto é así porque Quiroga demostra a orixe galega de Eça de Queirós contando con "abundante documentación", tanto de carácter administrativo como histórico. Outro dos puntos nos que fai fincapé o colectivo é o traballo realizado polo autor para deseñar unha xenealoxía que retrata "as relacións comerciais, culturais, sociais e humanas entre o sur da Galiza e o norte de Portugal entre os séculos XVII e XIX". Neste caso, como nalgúns outros momentos da historia, "cuestiónase mesmo a idea de fronteira". Os accésit, que terán dereito á publicación dos textos, son para Breixo Martins Rodal co escrito Da ría ás Rías Baixas. Paisaxe, turismo e territorio e para Juan Antonio Seara Ferro pola obra O Corpus Christi de Allariz. |
NOS_22266 | O prezo de servizos como a luz, as peaxes da principal autoestrada da Galiza ou o tren soben por riba do IPC, o que deixará 'tocadas' moitas economías domésticas no país. | Coa chegada do novo ano, as empresas actualizan o prezo dos seus servizos. Na Galiza, hai taxas como as do transporte urbano que seguen conxeladas, pero moitas outras soben por riba do incremento do custe da vida, o que repercute nas economías de milleiros de persoas. Entre os incrementos máis polémicos está o das peaxes da AP-9, a autoestrada que vertebra Galiza de norte a sur, pero tamén chegan ás usuarias do tren ou ás persoas que estes días recorran aos servizos postais, sen esquencer as subas de impostos previstas polo Goberno, como a que afecta ao valor catastral das fincas urbanas, ou as que poderían chegar unha vez se produza a investidura de Pedro Sánchez en Madrid. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_43659 | O pintor cego é a obra póstuma de Xabier P. Docampo. O derradeiro libro que fixo a canda o ilustrador Xosé Cobas, o seu lector "máis comprometido", en palabras da escritora e ilustradora catalá Teresa Durán. Chega ás librarías un diálogo artístico e literario cargado de referencias pictóricas e aprezo persoal. | Xabier P. Docampo pensaba que "un libro ilustrado precisaba ser concibido coma unha obra conxunta, nacida dun texto literario e unha obra de ilustración que haberían de se ver fundidas nunha unidade narrativa na que texto e ilustración se ven obrigadas a unha interacción que constrúa a obra única". Na súa convicción, o escritor bateu con Xosé Cobas, o ilustrador co que compartiu máis de tres décadas de traballo e amizade. Dous anos após o pasamento do que fora Premio Nacional (estatal) de Literatura Infantil e Xuvenil, Xosé Cobas presenta da man de Kalandraka O pintor cego, a última obra que fixo en común con Docampo. "Trátase dunha historia antiga que Xabier tiña na cabeza desde había tempo. Acabou de escribila como sempre facía, sen rematala, co texto aberto, pendente de definilo unha vez eu rematase o meu traballo", explica Cobas a Nós Diario. Mais a Xabier P. Docampo chegoulle a morte antes de que o ilustrador avanzase até o final do libro. "Ía pola metade, e xa había tempo que Xabier non estaba en condicións de facer ningunha incursión sobre o texto. Eu xa lle propuxera introducir A illa dos mortos, do pintor suízo Arnold Böcklin, e animárame a facelo", lembra, ao igual que outras achegas gráficas, resultado das conversas diarias que mantiñan e das moitas viaxes e vivencias compartidas. O valor das gardas Por primera vez, Xosé Cobas traballou co texto "en estado primitivo", a sabendas de que non había sufrir ningunha adaptación, como era habitual na súa maneira de traballar, "moi complementaria". Custoulle recuperar o texto despois de deixalo repousar un tempo, orfo como se sentía. Mais decidiu sacalo adiante. Agora, descóbrenos unha obra chea referencias pictóricas, fieis á súa vocación pedagóxica, mais de referencias artísticas e persoais nos elementos paratextuais do libro. "Eu doulles moito valor á capa, ás gardas. E aí, decidín incluír unha mención ao pintor francés Yves Klein, polo que Xabier quedou fascinado despois de visitarmos xuntos unha exposición no Museo Reina Sofía de Madrid". Unha homenaxe á paixón do escritor e ás historias que nunca chegarán a tecer xuntos. Referencias pictóricas O pintor cego transporta as lectoras ao castelo dun rei malvado, cunha fermosa raíña da que se namora o protagonista; personaxes que o ilustrador aproveita para introducir novas referencias pictóricas: o Napoleón de Ingres, O pintor e a súa modelo, de Vermeer; Eros e Psique, de François Gérard; A gratitude infinita, de Magritte; A primavera, de Botticelli; as Pinturas negras de Goya ou a obra de Luis Feito. "Creo que é unha obra didáctica que se presta para servir de guieiro e introducir todos eses elementos propios da pintura dentro do contexto literario", salienta Xosé Cobas, quen recoñece no libro achegas gráficas que o texto non recolle, "pero das que eu sabía polas conversas que tiñamos". A falta desa última revisión, que o escritor non puido completar, o ilustrador achega o que Xabier P. Docampo procuraba seguido: "aquilo que eu non dicía no texto, pero que era necesario achegar". O pintor cego xa está nas librarías da man da editorial para a que foi concibido, Kalandraka. |
NOS_4012 | O programa de lecer infantil do Concello de Moaña está a piques de facer cinco anos sendo un referente na comarca do Morrazo. Maxia, música, monicreques e máis percorren a vila ofrecendo actividades "de calidade e en galego" en todas as parroquias, chegando incluso a ter obra propia dos Bolechas. | Segundo o Instituto de Estatística estatal, arredor de 2.700 dos pouco menos de 20.000 habitantes de Moaña, na comarca do Morrazo, teñen menos de 15 anos. A todas e todos eles se dirixen os Rechouchíos, o programa municipal de actividades infantís que fai cinco anos en novembro e por cuxos eventos puideron pasar varias veces as crianzas da vila, en base ao éxito de asistencia que está a obter a iniciativa da concellaría de Normalización Lingüística. "Chío chío", berra no inicio de cada actividade o edil da área, Aldán Santamarina. "Rechouchío", retruca a cativada, e así até tres veces no particular ritual dunha programación "de calidade que busca dar recursos de lecer en galego ás nenas e nenos", explica o edil, que forma parte do grupo político maioritario no Concello, o Bloque Nacionalista Galego, que goberna en coalición co Partido dos Socialistas da Galiza. Todas as parroquias "O interesante é que pasa por todas as parroquias, con variedade de lugares pero tamén de actividades", asegura, describindo como cada programación (que agrupa dous ou tres meses) inclúe "maxia, música, teatro infantil, monicreques e contacontos", ofrecendo boa parte das sextas feiras do ano unha alternativa de ocio familiar á que asisten unha media de entre 70 a 100 persoas polo xeral, un número que se duplica durante as sesións de maio e xuño no exterior, e que en actuacións determinadas pode chegar até 500 persoas, como no caso de Uxía Lambona e a Banda Molona, apunta Santamarina. Amais, desde o Concello procuran seguir buscando unha maior accesibilidade nos actos, polo que en distintas sesións dos Rechouchíos hai intérpretes de signos, sinala o edil, especialmente nos contacontos, polo cal impulsaron os "signo chíos", un apartado nas funcións no que aprenden cinco palabras en lingua de signos. Como parte desta iniciativa, desde Normalización Lingüística propúñanse entregar uns cartóns con estas cinco palabras para coleccionar, e así fomentar ese coñecemento entre as e os participantes, mais a chegada da pandemia de Covid-19 fixo imposíbel continuar por esa vía e freou todo o programa. Reactivación logo da Covid-19 Obrigadas a suspender a programación prevista co confinamento, os actos da última parte de 2020 tiveron que decorrer en liña e paralizarse de novo o primeiro trimestre deste ano. A pesar diso, os Rechouchíos foron quen de reactivarse e están a piques de rematar o seu 17º ciclo de actividades no primeiro lustro. Moaña e os Bolechas En 2018, o Concello de Moaña e a editorial Bolanda apostaron por unha colaboración que callou no libro Os Bolechas van a Moaña, de Pepe Carreiro, que vende directamente o consistorio na súa sede dixital. Con todo, este verán o proxecto presentou a súa segunda parte con Xirarei cos Bolechas, que xuntou dez músicas e músicos relacionados coa vila para crear cinco temas con cadanseu audiovisual ao redor do libro, accesíbeis desde a web municipal, que van desde unha versión soul do Xirarei de Xil Ríos, até unha canción dedicada ás mariscadoras pasando por unha oda ao festival Intercéltico. Coa coordinación de María Faltri e Jorge Juncal, encargadas tamén de desenvolver un dos temas, no proxecto colaboraron artistas como Anxo Lorenzo, a asociación María Fumaça, Magín Blanco, Wöyza ou un grupo de crianzas de Moaña coñecido como A Panda de Tirán. Como colofón, Andrés Hermelo creou un videoconto coa voz da actriz Iria Pinheiro, narrando o libro dos Bolechas con tomas da presentación pública dos temas o pasado agosto. |
NOS_5878 | Sete parroquias galegas teñen na actualidade menos de 5 veciños. O 32% da poboación galega habita en zonas pouco poboadas que ocupan case o 94% do territorio | Demograficamente, somos un país de contrastes cada vez máis acentuados. O coñecido como eixo da AP9 marca a concentración poboacional mentres se desertiza gran parte do país, tanto pola caída da natalidade como pola emigración, quer a outras zonas de Galiza, quer ao estranxeiro. Un de cada tres galegos vive no que se coñece como zonas pouco poboadas (ZPP) e que representa case o 94% do territorio de Galiza. A gran maioría dos galegos 'amontonánomos' no 6% restante. En Galiza hai 3.792 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. A despoboación ao longo destes anos deixa pegada en moitas delas, nalgunhas dun xeito realmente preocupante. Hai sete parroquias galegas que camiñan cara a ficar despoboadas, sen un só veciño a vivir nalgunha das aldeas que as integran. Coñeciamos, desde hai anos, o fenómeno das aldeas despoboadas, abandonadas. Mais non o das parroquias, o que supón un paso máis na desertización poboacional. Na parroquia de Gueral, no concello de Coles, só viven cinco persoas. Nas parroquias de Cortegazas, Cantoña e A Albergueira (dos municipios de Avión, Baños de Molgas e Vilar de Barrio, respectivamente) xa só fican catro habitantes en cada unha. Peor aínda son as espectativas nas parroquias de O Barón (San Amaro), San Vitoiro da Mezquita (A Merca) e Fontao (concello da Teixeira), onde nas súas aldeas e núcleos viven só tres veciños. Abandono En 855 aldeas galegas xa só vive un veciño. O despoboamento do rural galego tradúcese en desertización, abandono e perda. O máis que probábel destino destas 855 aldeas cun único veciño será engrosar a listaxe dos núcleos deshabitados. En Galiza, 1.669. O que supón 55 máis que no ano anterior, 2014, cando eran 1.614. Contraste O contraste con isto son as seis parroquias galegas que teñen máis de 50.000 habitantes. Son as parroquias da Coruña (213.934 persoas), Vigo, concello de Vugo (199.641), Ourense, con 99.299; Lugo, con 89.782; Santiago de Compostela, 79.511; e Pontevedra, parroquia do concello de Pontevedra, con 62.039. |
NOS_47392 | Despois de dous anos en que a pandemia de Covid-19 e as medidas sanitarias que se derivaron dela impedisen unha celebración normalizada, a Mostra de Encaixe de Camariñas chega á súa 31ª edición cun regreso á normalidade que non renuncia a novidades como VodaEncaixe. Dolores Lema, directora da Mostra, afirma estar feliz por volver ás datas de sempre e fechar esta paréntese de dous anos. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, dirixe o encontro desde hai vinte anos e segue tan ilusionada como o primeiro día. | A maior novidade desta edición é que se volve ao de sempre, non? Xusto. Despois destes anos de pandemia, volver ás datas de sempre, en Semana Santa, e á estrutura habitual é case unha aventura, un reto que nos fai moita ilusión. Ademais, a propia pandemia fíxonos ver o mundo doutra maneira e agora creo que lle damos máis valor ao local, ao que temos ao lado e ao mundo rural. Volven as datas de sempre e volven as delegacións internacionais. Si, neste ano, no que aínda as cousas non están de todo ben en moitas partes do mundo, non veñen, como noutras edicións, delegacións de fóra de Europa. Mais, para estar na situación que estamos, virán representacións de dez países, que é un número moi salientábel para estar na situación na que estamos. De que países veñen? De dez: Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Polonia, Suíza e República Checa. Ademais veñen dúas delegacións de Italia -de Novedrate, cidade coa que estamos irmandados, e de Trápani- e outras dúas desde Portugal: unha de Peniche -coa que tamén estamos irmandados- e outra de Serra d'el Rei. Mais aínda así hai outras novidades como o espazo VodaEncaixe. Si, é un espazo ideado para as parellas que teñen pensado casar, e no que van atopar vestidos de noiva de deseño, pero tamén vehículos clásicos da firma Alebura -agora que está de moda facer fotografías en coches deste tipo-, arranxos florais, complementos, fotografía...Iniciamos a nova sección con empresas locais para subliñar o valor do próximo. Pensamos que é un espazo que vai ter desenvolvemento brillante no futuro. E ademais, chega a súa segunda edición ArtEncaixe. Este espazo que creamos o ano pasado, con grande éxito, consiste en integrar o encaixe de Camariñas coa artesanía galega, cun cento por cento de expositores do país. O obxectivo é conseguir pezas duplamente artesás: se a unha peza de olaría de Buño, por exemplo, lle engades outra de encaixe de Camariñas, tes unha peza cun valor engadido que se duplica. PequEncaixe, ademais de dar cabida á cativada na Mostra, é tamén unha forma de asegurar a continuidade da tradición... PequEncaixe é o relevo xeracional, e tamén é a alegría e a ilusión no seu grao máximo. A Escola Municipal de Encaixe ten unha media anual de cincuenta nenos e nenas que están aprendendo a palillar e ese futuro é xa indiscutíbel. E á hora de mostrar os seus traballos na pasarela, hai unha felicidade e unha ilusión especiais. O alumnado séntese protagonista, toma moi en serio o seu traballo e é moi esixente cando teñen que mostralo ante o resto da vila. Especialmente os máis pequenos. Están os máis pequenos, mais tamén moita mocidade participando na organización. Camariñas debería facer unha bandeira para o voluntariado, porque desde a primeira edición foron os voluntarios e voluntarias os que fixeron posíbel que a Mostra sexa hoxe o que é. Hai persoas que están en posicións moi visíbeis mais tamén moitas outras que traballan motísimo sen que o público as vexa, e cuxo labor é igual de importante. Son unhas cincuenta persoas en cada edición que, xunto coas palilleiras, forman os piares fundamentais da Mostra de Encaixe de Camariñas. Eu sempre digo que sen os voluntarios e voluntarias, non habería Mostra. |
NOS_41741 | A fiscal xeral do Perú, denunciada hai poucos días por Castillo, presenta unha denuncia constitucional contra o mandatario, ao que acusa de liderar unha organización criminal. | A fiscal xeral peruana, Patricia Benavides, enunciou na madrugada da terza á cuarta feira unha denuncia constitucional contra o presidente, Pedro Castillo, ao que acusou de "presunto autor dos delitos contra a tranquilidade pública na modalidade de organización criminal agravada pola súa condición de líder", nos que tamén implica o ex ministro de Transportes Juan Silva, fuxido desde xuño, e o ex ministro de Vivenda Geiner Alvarado. 72 horas antes, dous avogados próximos a Castillo presentaron unha denuncia contra Benavides por retirar do cargo a fiscal suprema provisional, Bersabeth Revillo, cando investigaba as dúas irmás da fiscal xeral, as xuízas Enma e Ruth Benavides, que terían liberado narcotraficantes a cambio de subornos e executado contratacións irregulares de traballadores públicos respectivamente. O mandatario proclamou ao facerse pública a acusación que se iniciou "unha nova modalidade de golpe de Estado", facendo fincapé en que a Fiscalía, "lonxe de xulgar os verdadeiros criminais", está a perseguir "o Goberno que foi elixido lexitimamente polo pobo" con "artimañas e falsidades". Definindo a denuncia "como orquestrada e planificada", Castillo ratificou que se manterá "firme" para dar solución aos "principais problemas do país". Segundo a Fiscalía, o presidente -que ten abertos até seis casos en contra- participou nunha organización criminal e cometeu tráfico de influencias cos ex ministros para favorecer o consorcio Puente Tarata III e a outras empresas en procesos de licitacións públicas. Agora é a quenda da Subcomisión de Acusacións Constitucionais do lexislativo, que avaliará a denuncia e resolverá se prospera e chega á Comisión Permanente, último paso antes de ser votada no Congreso. Este proceso abriría a porta a un novo proceso de destitución de Castillo, que sería o terceiro nos 15 meses que leva na Presidencia. Após superar os dous primeiros, o líder peruano ten cada vez máis difícil sobrevivir politicamente tras romper con Perú Libre, a formación que o levou a encabezar o Executivo, e que o acusou de manter un "modelo neoliberal perdedor" contrario ao programa electoral. A isto hai que engadir a permanente inestabilidade na que está sumido o gabinete, polo que pasaron catro primeiros ministros e máis de 60 ministros distintos neste período, amais dos procesos xudiciais contra a súa familia e o choque permanente co lexislativo, no que o partido con máis representación é a Forza Popular de Keiko Fujimori. |
PRAZA_6091 | A oposición e a CIG-Ensino, impulsora do recurso que anulou os concertos de 2009, esixen que os centros segregacionistas retornen os cartos recibidos "indebidamente" á Facenda pública mentres Feijóo pon o foco en PSdeG e BNG. | Os cinco colexios privados, catro deles dunha empresa do Opus Dei, que veñen beneficiándose de concertos educativos da Xunta reciben, en conxunto, uns 3 millóns de euros ao ano, segundo cálculos sindicais. Segundo a sentenza que vén de ditar o Tribunal Supremo a instancias da CIG-Ensino esas achegas económicas foron ilegais mentres estivo en vigor a Lei Orgánica de Educación (LOE), que prohibía a discriminación por razón de sexo na admisión do alumnado. Malia esa colisión coa lei, que tamén observou o TSXG, o Goberno galego estableceu os concertos en 2009 e volveuno facer en 2013 nunha orde que tamén está pendente de resolución xudicial. Neste punto, e con independencia de que a vixente LOMCE permita este financiamento dende o 30 de decembro do ano pasado, a pregunta que xorde é se os colexios deben devolver os cartos que, segundo o Supremo, cobraron por unha resolución ilegal. Dado que a sentenza do alto tribunal non especifica se isto debe suceder -limítase a anular a orde e a sinalar que non é posible asignar fondos públicos contra o criterio legal- a devolución ou non préstase a interpretacións, cando menos polo momento. O primeira en considerar que ese retorno ao erario se debe realizar foi o sindicato impulsor da demanda, que cifra en 12 millóns as "cantidades indebidamente percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza e Asociación Fontenova" entre 2009 e 2012. A Xunta, di o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, "ten o deber de recuperar" os cartos "e reintegralos á Facenda Pública". A CIG-Ensino e a oposición apelan á Lei de Réxime Financeiro para esixir que os fondos retornen ás arcas públicas Esta afirmación, di Louzao, susténtase na Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia. Nomeadamente, no artigo 78 desa lei explícase que deben ser devoltas as cantidades "da subvención ou axuda pública" que sexa obxecto dunha "declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorrer nas causas previstas" na lei 30/92 de réxime xurídico das Administracións públicas. A ambas leis apelan tamén os deputados de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron, que lembran que a anulación das ordes se sustenta no artigo da LOE que impide a discriminación do alumnado por razón de sexo, o cal "se fundamenta no precepto constitucional que impide a discriminación por razón de sexo". A inconstitucionalidade, subliñan, é unha das causas que recolle a lei 30/92 nun contexto no que, lembran, a Consellería de Educación acumula 16 ditames xudiciais contra as súas políticas. Feijóo pon o foco en PSdeG e BNG Mentres, no Parlamento, o BNG tamén reclama a devolución dos cartos e a dimisión do conselleiro de Educación, cesamento tamén reclamado polo PSdeG, o presidente da Xunta evita pronunciarse sobre se procede ou non a devolución dos cartos e pon o foco, precisamente, en socialistas e nacionalistas. Tras a reunión semanal do Consello da Xunta e a preguntas da prensa Alberto Núñez Feijóo aferrouse ás sentenzas do TSXG que noutrora avalaron os concertos agora anulados e, sobre todo, a que estes colexios recibiron financiamento público durante boa parte do mandato do Goberno bipartito, se ben a Consellería que daquela dirixía o PSdeG acabou anulándoos e foi o PP o que os recuperou ao retornar ao poder en 2009. O presidente da Xunta evita aclarar se pedirán a devolución dos cartos Segundo o presidente da Xunta estas formacións "critican o conselleiro por facer o mesmo que fixeron eles", cando o que "hai que lembrar" é que "mantiveron os concertos". "Nós cumprimos a lei sempre -asegura- e cando hai unha cuestión que non é conforme a esa lei, de acordo cun tribunal aínda que mude a opinión doutros tribunais, seguirémola cumprindo". "Cumprimos cando non se pudo en cuestión durante décadas e todos os gobernos" financiaron estes colexios e tamén, afirma, "a cumprimos cando se cuestionou parcialmente" este financiamento. Pero, propiciarán a devolución dos cartos ás arcas da Xunta? "Cumpriremos exactamente o que a sentenza di", reitera, e se esta "di que hai que devolver, solicitaremos a devolución". "Se non aclara ese asunto", como así sucede, "solicitarase aclaración das sentenzas". "Cumprimos as sentenzas porque cremos no ordenamento xurídico e que os partidos e os gobernos temos que someternos á lei", asegura, nun contexto no que afirma que o Goberno fixo o propio cando o TSXG anulou parte do denominado decreto do plurilingüismo. |
PRAZA_17656 | A investigación foi instada pola CIG, cuxa denuncia recolle as reiteradas sancións impostas ás construtoras ao longo dos últimos anos pola confederación hidrográfica do Douro desveladas por Praza.gal 24 multas que suman só 48.000 euros da Confederación Miño-sil por danos das obras do AVE durante anos 18 multas por 30.000 euros da Confederación do Douro por danos do AVE a ríos en Ourense e Zamora | 24 multas que suman só 48.000 euros da Confederación Miño-sil por danos das obras do AVE durante anos 18 multas por 30.000 euros da Confederación do Douro por danos do AVE a ríos en Ourense e Zamora O xulgado de primeira instancia e instrución número 2 de Verín vén de acordar a apertura de dilixencias previas pola posible existencia de delito contra o medio ambiente nas reiteradas verteduras e danos ao río Támega e os seus afluentes provocados durante anos polas obras de construción do AVE. A investigación xudicial ábrese tras unha denuncia do sindicato CIG que incluíu entre os datos achegados ao xulgado os desvelados por Praza.gal sobre as sancións de reducido importe impostas polas confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro (esta última competente sobre o Támega) ás construtoras do AVE por danos reiterados durante anos aos ríos que atravesa a liña de alta velocidade. A investigación foi instada pola CIG, cuxa denuncia recolle as reiteradas sancións impostas ás construtoras ao longo dos últimos anos pola confederación hidrográfica do Douro desveladas por Praza.gal O 12 de xuño Praza.gal desvelou que desde 2011 a Confederación do Miño-Sil impuxo un total de 24 sancións por todo tipo de danos a ríos ás construtoras do AVE. As multas suman un total de 48.000 euros, a unha media de 2.000 euros por sancións, apenas o 0,001% duns traballos que se aproximan aos 2.000 millóns de euros. Tras esa publicación, este diario logrou que a Confederación do Douro desvelase tamén os seus datos, publicados catro días despois, o 16 de xuño, e similares: 18 multas desde 2011 que suman 30.000 euros, a 1.650 euros por multa. En total, as dúas confederacións impuxeron desde 2011 42 multas por un total de 78.000 euros, a menos de 2.000 euros por sanción. Estes datos, xunto con outros danos detectados nos últimos tempos por diversas administracións ao río Támega, foron incluídos nunha denuncia que o sindicato CIG formulou o 23 de xuño ante os xulgados de Verín. En particular, o sindicato salientaba a reiteración de danos ao Támega e os seus afluentes detectados nos termos municipais de Laza e Verín durante os últimos anos e denunciados en declaracións públicas polos alcaldes das dúas vilas. O xulgado solicita diversa documentación á Confederación do Douro, o Seprona ou Adif, pero limita o período de investigación aos anos 2016, 2017 e 2018 Tras analizar esa denuncia, o pasado día 9 de xullo o antedito xulgado de instrución número 2 emitiu un auto no que sinala que "os feitos que resultan das anteriores actuacións presentan características que fan presumir a posible existencia de delito contra os recursos naturais e o medio ambiente", polo que acorda "instruír dilixencias previas" para determinar "a natureza e circunstancias de tales feitos" e "as persoas que neles interviñeron". Para iso, solicita diversa documentación á Confederación do Douro, o Seprona ou Adif, pero limita o período de investigación aos anos 2016, 2017 e 2018. |
PRAZA_6261 | Rashid Shahin, escritor e xornalista palestino, fala con Praza desde Palestina, onde leva semanas denunciando o "masacre" que o exército israelí está a cometer na Franxa, o desleixo da comunidade internacional e a "complicidade" de Occidente. | Rashid Shahin é un escritor e xornalista palestino que leva anos contando -e sufrindo- o conflito entre Palestina e Israel. Acumula semanas denunciando a "carnicería" na que a Franxa de Gaza se converteu tras a última ofensiva israelí e denunciando o desleixo da comunidade internacional e a actitude dos Estados Unidos ante o masacre. "Non sei o que Obama lles dirá ás súas fillas ou se lles permite ver as imaxes dos nenos mortos", pregúntase este veciño de Belén nesta conversa con Praza. Como describirías a situación en Gaza? A situación na Franxa de Gaza exprésase por si mesma coas escenas horrorosas que os medios e as fotografías están a espallar a todo o mundo. Hai asasinatos en masa, intimidación e moreas de nenos feridos. A peaxe de morte pagada polo momento alcanza case as 2.000 persoas, máis do 85% delas civís e o 25% delas nenos. A Franxa enteira está agora sen electricidade nin auga potable e necesitará cando menos trinta millóns de litros de auga potable. Desde a parte oeste de Palestina estamos enviando auga aló, pero en moitos casos Israel prohíbeo e bloquea pasos como o de Erez. Chegan a bloquear o sangue que doamos para as persoas feridas. A única estación de electricidade de Gaza foi destruída pola aviación israelí tamén. "O 85% das vítimas da agresión israelí son civís e o 25% nenos; a Franxa enteira está agora sen luz nin electricidade" Está Israel intentando aniquilar o pobo palestino? Por que esa crueldade? Desde que Israel foi creado en 1948, son moitos os delitos de xenocidio e limpeza étnica cometidos polos sionistas. E desta limpeza étnica levan escrito e falado moitos historiadores israelís. É algo sistemático e que nunca cesa. Forzaron a máis do 70% dos palestinos a deixar as súas cidades e casas e destruíron completamente máis de 500 aldeas e vilas xa no que eles denominan a guerra da independencia, o que nós chamamos o Nakba. Todos os masacres teñen o obxectivo de que os palestinos abandonen a súa patria e xa forzaron máis de 750.000 a vivir como refuxiados, sen ningún lugar cara a onde ir. A realidade é que Israel construíu o seu propio Estado na nosa terra e sobre as traxedias cometidas contra os palestinos. "A política de Israel tan só reflicte a súa mentalidade de vinganza e sangue" E non hai intervención ningunha desde o exterior... Os políticos do chamado mundo civilizado miran as atrocidades sen facer cousa ningunha para deter a carnicería e matanzas cometidas polas forzas de ocupación en cada esquina. A cara real de Israel revélase no xeito no que están a tratar tamén os palestinos que se manifestan en Cisxordania, disparando a manifestantes pacíficos. A política que leva a cabo o Goberno de Israel tan só reflicte a súa mentalidade de vinganza e sangue, a mentalidade que domina as tropas e os políticos israelís, que non teñen compaixón ningunha das vidas palestinas. "Os dirixentes mundiais, especialmente os de Occidente, son cómplices desta agresión; Obama debería sentir vergonza" Cal é a súa opinión sobre a reacción da comunidade internacional? E dos Estados Unidos? A reacción da comunidade internacional oficial é vergoñenta e o mundo teríase que sentir avergonzado de presenciar tales agresións sen facer nada. Quen son masacrados en Gaza son seres humanos! Os dirixentes mundiais, especialmente Occidente e os estadounidenses, son cómplices desta agresión. O premio Nobel da Paz Barack Obama tería que sentir vergonza da súa actitude por dar luz verde a Israel para atacar e matar civís, por facilitar o seu arsenal ao exército e por torcer a realidade só para satisfacer o lobby sionista nos EUA. Non estou seguro do que Obama lle pode dicir ás súas fillas cando actúa deste xeito, que clase de escusas utiliza para xustificar os seus actos ou se é quen de deixarlles ver as escenas horribles de nenos mortos na Franxa. Tampouco estou seguro de se lles di que o seu Executivo facilita apoio armamentístico e financeiro a Israel cando llo pide e que lle dá o visto e prace ante as organizacións internacionais. Dóenlle especialmente as palabras dalgún dirixente occidental? É bastante duro pensar que o portavoz da Casa Branca cualifica de "acto barbarie" o asasinato dun soldado israelí no campo de batalla mentres durante todos os días da agresión defende o dereito de Israel á autodefensa, porque iso implica que o asasinato de nenos palestinos é algo lexítimo e xustificado. Que pensas sobre posición da prensa europea nos ataques? A maioría dos medios de comunicación occidentais, en xeral, están do lado israelí porque asumiron a historia que conta: que Israel se está a defender dos palestinos. Pero a verdade é que Israel está a atacar Gaza e nada se di da ocupación nin do bloqueo e o asedio á Franxa por mar, terra e aire. Gaza é como unha prisión a ceo aberto, a prisión máis grande do mundo e leva asediada oito anos. Prohíbenlles aos palestinos de Gaza a importación ou exportación, ir pescar nas súas augas territoriais, ir traballar preto da fronteira israelí... Tampouco poden viaxar libremente e, como Gaza non ten aeroporto nin ningún porto de mar... Todo é aínda máis incomprensible porque os gazatíes só poderían deixar Gaza a través de Israel ou de Exipto e, normalmente, nin os israelís nin os exipcios llelo permiten. "Os israelís mataron os soños e esperanzas de moitos nenos, pero están matando tamén calquera posibilidade de paz" Pero é tan grave, na súa opinión, o tratamento da prensa ao conflito? Desafortunadamente, os medios de comunicación occidentais en xeral, esqueceron que as vítimas desta agresión eran maioritariamente civís, e moitos deles eran nenos con nomes e soños. A maioría dos medios parecen esquecer os israelís mataron os seus soños e esperanzas e que están matando tamén calquera posibilidade para a paz na rexión. Entre os israelís asasinados, só tres eran civís: un israelí palestino, un traballador de Tailandia e un colono. O resto foron soldados mortos en combate. Que opinión lle merece o tratamento por parte dos medios españois? Dos medios españois en particular non podo dar unha opinión tan exacta, pero sei que nese caso a cousa está máis equilibrada e tamén que a solidariedade e compaixón coas vítimas palestinas é grande no Estado español. Parará Israel algún día a súa política do terror? O terror levado a cabo por Israel é un terror de Estado. Os palestinos están baixo ocupación e teñen dereito a resistir. A lei internacional recoñece esa ocupación e o dereito dos ocupados a resistir e iso inclúe todo tipo de medios. Estamos a defender o noso dereito a ser libres, a ter o noso propio Estado e a conseguir o dereito de autodeterminación. "Se Israel levanta o bloqueo a Gaza, estou convencido de que ningún foguete máis será lanzado desde a Franxa" Pero Israel argumenta que está a ser atacado con foguetes desde a Franxa... Israel di que ningún país do mundo aceptaría ter as súas cidades ameazadas por foguetes e iso é certo, pero é certo se falamos de dous países normais. Estou seguro de que nin España nin ningún outro Estado aceptaría estar recibindo impactos de foguetes lanzados desde Francia, pero se Francia fose ocupada por España, se cadra o asunto cambiaba. E se é Francia quen impón un asedio a España e non hai xeito de importar cousa ningunha polas fronteiras? Sería aceptado que se construísen túneles para conseguir as cousas que se precisan para vivir e sobrevivir? Israel ten unha maneira ben sinxela de parar todo iso: levantar o asedio e deixar as persoas de Gaza movérense libremente, deixarlles ter o seu propio aeroporto e porto de mar. Garántolle que, se iso é así, ningún foguete sería lanzado contra Israel. "A ofensiva está a crear máis rabia e máis sentimento de vinganza; é difícil pensar que os gazatíes esquecerán e perdoarán" Non está esta situación xerando moito máis odio? Si, claro. Todo isto está a crear máis rabia e sentimento de vinganza. É difícil pensar que as persoas na Franxa de Gaza van esquecer todas as atrocidades que sufriron durante tanto tempo. Non esquecerán nin perdoarán e non deben facelo a non ser que consigan recuperar os seus dereitos. O Goberno israelí trata os palestinos en xeral de maneira terrible e o sangue sempre estaba na competición entre os dirixentes de Israel: quen mata máis, é máis querido na sociedade israelí e conseguirá máis votos nas eleccións. Só hai que reparar nas enquisas feitas en Israel sobre a agresión a Gaza: máis do 85% dos israelís piden máis destrución e asasinatos. O problema é que o sionismo trata os palestinos como se fosen animais "Creo que a única solución posible é un Estado para dous pobos; Israel non deixa espazo dabondo para a creación dunha Palestina independente agora" Será posible algún día a paz entre Palestina e Israel? Israel creou unha atmosfera de aversión desde que foi fundado en 1948. Hai moita xente en Europa que non se decata de que Israel é un estado novo fundado coa axuda do poder colonial da Gran Bretaña daquel tempo. Foi posible acadar unha solución con dous estados hai poucos anos, pero o obxectivo principal de Israel era tomar máis territorio palestino a través das ocupacións con asentamentos. Creo que a única solución posible é ter un Estado para dous pobos, o que significaría que israelís e palestinos vivirían xuntos na histórica Palestina. Os gobernos sionistas acabaron por dominar a maioría do territorio palestino nas zonas ocupadas e non deixaron espazo dabondo para a creación dun Estado independente palestino. |
NOS_4546 | O candidato 'popular' foi investido presidente por segunda vez esta quinta feira. A sesión parlamentar que aprobou a súa renovación como líder do executivo reflectiu que Núñez Feijóo só contará co seu grupo parlamentar, no entanto a maioría absoluta da que goza permitiulle, máis unha vez, ocupar a presidencia da Xunta de Galiza. Porén, o debate de investidura deu boa conta do ton que a oposición manterá ao longo desta lexislatura. | O líder d@s populares acusaba as demais forzas políticas con representación parlamentar --agás o seu grupo-- de empregaren o debate de investidura como se dunha sesión sobre o estado da Autonomía se tratase, e o certo é que o candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo recibiu fortes críticas á súa xestión durante case tres horas de sesión, en que soamente o Partido Popular amosou o seu apoio á renovación de Feijóo como presidente. As tres forzas políticas que compoñen a oposición, denunciaron nas súas quendas de intervención as políticas desenvolvidas durante o anterior mandato e empregaron as interpelacións para denunciaren as consecuencias sociais do modelo político e económico defendido polo executivo galego. "Vostede é cómplice dese deseño", aseguraba o voceiro do BNG, Francisco Jorquera aludindo á actual realidade europea que para @s nacionalistas "condena a Galiza á condición de periferia económica, de país dependente" e que nega, asegurou, "o dereito elemental dos galegos e das galegas a viviren e traballaren dignamente e na propia terra". Jorquera (BNG): "Estamos perante unha crise sistémica e hai que ter a valentía de apostar por outro proxecto" Ao igual que o portavoz nacionalista, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, denunciou que durante o seu anterior mandato, @s populares "converteron a Xunta nunha delegación do poder central do Estado, nunha correa de transmisión das decisións da metrópole estatal e o Parlamento dos galegos nunha comparsa das Cortes españolas", aseverou. Asemade, Beiras lembrou @s deputad@s do Partido Popular que mesmo Manuel Fraga Iribarne "na última etapa dos seus mandatos" lle fixera saber que tiña problemas "coa dirección do seu partido en Madrid", por tentar "rehabilitarse e exercer realmente de presidente de Galiza", dixo, mentres acusaba os membros do executivo en funcións "limitáronse a xestionar en Galiza os dictados e intereses do poder español". Segundo Francisco Jorquera, o goberno galego non fixo senón presentarse "como alumno aplicado", afirmou, "en busca do recoñecemento da caverna madrileña". Deste xeito, o voceiro do BNG ironizaba cunha política que "nos últimos catro anos", dixo, "acelerou o proceso de destrución do noso tecido produtivo". Aliás, preguntou o nacionalista, "que fixo vostede e que vai facer para impedilo". A oposición non se creu o discurso desenvolvido por Alberto Núñez Feijóo a pasada terza feira durante a súa presentación como candidato --único-- a liderar o executivo galego; e o candidato á presidencia da Xunta tivo que escoitar en máis dunha ocasión, como lle retrucaban desde a oposición, que algúns dos seus plans para o goberno que vén non ían ser apoiados, pois aseguraba Francisco Jorquera son "políticas que rachan o contrato social e que están provocando unha auténtica fractura no seo da sociedade". Beiras (AGE): "Converteron a Xunta nunha delegación do poder central do Estado, nunha correa de transmisión das decisións da metrópole estatal" Neste sentido, Xosé Manuel Beiras denunciou que desde a chegada do PP a San Caetano "a acción do seu poder tornouse inmisericorde contra os cidadáns", cuestión que atribuiu "a dous furacáns que proveñen do leste" apelando ás institucións europeas e a Troika e doutra banda ao que definiu como a "xíria do chovinismo español máis reaccionario contra os valores identitarios da nación galega", sentenciou. As duras críticas da oposición espertaron o malestar do presidenciábel que aproveitou a súa réplica para bater contra as restantes forzas parlamentares e afirmar que aquel non era "un debate sobre o estado da Autonomía" senón "de investidura", polo que non se afanou en respostar aos voceiros do BNG e AGE e si centrar a súa intervención no PSdeG. No entanto, salientou á súa formación como única capaz de ofrecer "un goberno estábel" fronte ao que denominou "un bipartito ou tripartito" ao igual que fixera o voceiro do PP, Pedro Puy quen ironizou con que algún dos alí presentes representaba "a cuarta parte da cuarta parte", en alusión á porcentaxe que cada formación. Pola súa banda, o voceiro d@s socialistas mantivo un ton menos duro e empregou a retórica das contas públicas galegas, algo que lle daba comodidade ao candidato á presidencia da Xunta por centrar o seu programa de goberno no control do déficit e a redución da débeda pública a través de novas medidas de axuste. "Despois de oír o discurso do candidato", afirmaba Pachi Vázquez, "as súas propostas só se van traducir en máis paro, máis recesión, máis pobreza e máis destrución de servizos públicos e dereitos", denunciou o voceiro d@s socialistas quen criticou que a palabra máis empregada no discurso pronunciado a pasada terza fose "verdade". Neste sentido, Vázquez interpelou o presidente en funsións e preguntoulle polos incumprimentos da súa lexislatura e polas sentenzas do TSXG que o executivo galego asegurou que non ía acatar, Alberto Núñez Feijóo, respondeulle na súa quenda de intervención acusándoo de que a súa formación política non deixaba mellores resultados alí onde goberna e lembroulle algúns dos índices de desemprego ou redución do gasto que levaron a cabo desde o PSdeG en Andalucía. Vázquez (PSOE): "As contas estarán ordenadas na súa cabeza mais non no Consello de Contas, que lle deu un bo varapao" Ao igual que xa fixera durante a campaña electoral, Núñez Feijóo defendeu a súa xestión a través da comparativa de datos entre Galiza e a media do Estado español, ao tempo que acusaba as demais forzas políticas, daquilo que non fixeran durante o bipartito. "Vostede gañou as eleccións", aseguraba Vazquez porén, afirmou que "mentres se empeñe de ser o contable de Galiza, en vez de presidente, non conte con nós". Á espera de que se desenvolvan as votacións, todo apunta a que ningunha das tres forzas políticas da oposición apoiarán a investidura de Núñez Feijóo como novo presidente da Xunta de Galiza, polo que, máis unha lexislatura, tan só contará cos votos a favor do seu grupo parlamentar. |
NOS_52999 | Denúnciao A Mesa pola Normalización Lingüística a respecto da Wikipedia en castelán. | Wikipedia ten como lema "a enciclopedia libre que calquera pode editar". Mais non permite editar -e, por tanto, corrixir- a toponimia deturpada (casos como Arteijo, Tuy, Órdenes, Rianjo, Puentecaldelas ou Isla de Arosa entre outros moitos). Denúnciano desde A Mesa pola Normalización Lingüística, que afirman que "cando procedemos a editar os topónimos deturpados desde Wikipedia voltan a cambialos e responden: "He revertido tu edición en Anexo: Municipios de Galicia por población por contravenir la política oficial TOES." A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística recolle no artigo 10 que "os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega", así como que "estas denominacións son as legais a todos os efectos". Co fin de cumprir esta obriga, a Xunta publicou decretos polos que se aprobaba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación de Galiza, e onde aparecen as formas toponímicas xenuínas e oficiais. A organización denuncia que na convención específica para topónimos de España de Wikipedia en español recollen que os topónimos do Estado español deben utilizarse en castelán, e que aludir as leis que regulan o uso de topónimos non é un argumento válido xa que "regulan só o ámbito da correspondente documentación e sinalización oficial non o resto dos usos". Para A Mesa, non é comprensíbel como para wikipedia "as leis non son un argumento válido". O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, apuntou que "non empregar a forma oficial dos topónimos é unha discriminación e un ataque directo cara á lingua galega". |
NOS_13374 | O Deportivo cae perante o Sevilla (4-2) nun partido no que evidenciou unha das súas eivas recorrentes nesta tempada: unha frouxa defensa. Pepe Mel lamentou os dous penaltis non sinalados. | O Deportivo caeu perante o Sevilla (4-2) e ten un partido máis e tres puntos menos. Algo nada tranquilizador cando estamos xa metidos na recta final da Liga. Foi unha primeira metade de infarto, eléctrica, onde en apenas media hora se marcaron cinco goles. Os dous do Deportivo por obra de Kakuta, aguilloado pola volta a un estadio onde a súa fugaz estancia non debeu deixarlle boa lembranza. O Deportivo volveu a evidenciar algunha das eivas que lle acompañan esta tempada, como unha defensa frouxa: os tres goles do Sevilla na primeira metade dben máis a erros defensivos dos coruñeses que a méritos sevillistas. O Dépor perdeu por momentos a concentración no campo e semellaba non dispor nin de enerxía nin intensidade. Viña de realizar un mal partido fronte ao Granada, mais Sevilla [rival difícil] non foi o encontro que os redimiu. O adestrador deportivista, Pepe Mel, sinalou dous penaltis non sinalados polo árbitro como decisivos no partido. O Dépor acumula catro xornadas sen gañar e o p´roximo rival é o Málaga, coa mural polas nubes após derrotar o Barça. Ficha técnica Sevilla FC (4): Sergio Rico, Mariano, Pareja, Mercado, Escudero, Franco Vázquez (Lenglet, min. 76), Kranevitter, N'Zonzi (Iborra, min. 74), Sarabia, Joaquín Correa (Ben Yedder, min. 65) e Jovetić. RC Deportivo (2): Lux, Juanfran (Laure, min. 12), Arribas, Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Marlos Moreno (Ola John, min. 58), Emre Çolak (Andone, min. 72), Kakuta e Joselu. Goles: 0-1 Jovetić (min. 1); 1-1 Kakuta (min. 4); 2-1 Sarabia (min. 9); 2-2 Kakuta (min. 25); 3-2 Correa (min. 32); 4-2 Ben Yedder (min. 88). Árbitro: Jaime Latre (colexio aragonés). Cartón amarelo a Luisinho (min. 26), Escudero (min. 27), Kranevitter (min. 45), Arribas (min. 60), Jovetić (min. 67) e Joselu (min. 87). |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.