ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_15047
Os recortes nos servizos públicos, o incremento do desemprego, o aumento da pobreza ou a reforma laboral son só algúns das numerosas razóns polas que sindicatos e organizacións sociais chaman ao paro este mércores.
Unha nova folga xeral. A segunda contra o Goberno de Mariano Rajoy e en menos dun ano. Os principais sindicatos galegos e estatais convocan a un paro xeral contra os recortes e as políticas de axuste dun Executivo que, desde a súa chegada ao poder, non só non logrou reactivar a economía coas súas medidas, senón que ve como segue incrementándose o número de desempregados, a pobreza e a desigualdade social. A folga xeral coincide por primeira vez cunha xornada de loita europea Con preto de 270.000 parados e un aumento do desemprego constante, Galicia asiste a unha folga xeral convocada por todos os sindicatos de clase e numerosas organizacións, moitas delas agrupadas na Alianza Social Galega. E será un paro que por primeira vez se enmarca nunha xornada de loita europea convocada pola Confederación Europea de Sindicatos e que se adoptará de diferentes formas en diversos países europeos, con folgas parciais ou xerais, como as que se levarán a cabo en España e Portugal. Será un paro laboral, pero tamén pretende ser un paro social e de consumo. Un paro total. En Galicia, os tres sindicatos maioritarios (CCOO, CIG e UGT) convocaron once manifestacións nas sete principais cidades e nalgunhas vilas, sendo Vigo a sede da marcha principal. Á súa vez, CUT, CGT, CNT, STEG e SF levarán a cabo a súa manifestación unitaria tamén na cidade olívica, mentres que noutras urbes tamén haberá convocatoria destas centrais. Así, sindicatos e diversos colectivos e agrupacións sociais chaman a unha folga xeral para que cren que hai motivos dabondo. Unha reivindicación nun 14 de novembro cuxos argumentos pódense resumir tamén en 14 puntos: 1. Máis desemprego. O paro segue medrando en Galicia e en todo Estado, alcanzando cifras récord nos últimos meses e con previsións (incluídas as oficiais da UE) que non prevén unha rebaixa do número de desempregados nos vindeiros dous anos. Ademais, o Goberno central recortou as prestacións aos parados a partir do sétimo mes. Os novos parados cobrarán o 50% e non o 60% da base reguladora, ao tempo que se endurecen as condicións para acceder ás axudas dos desempregados sen ingreso ningún. 2. Reforma laboral. Os sindicatos levan meses criticando a reforma laboral e recordan que desde a súa aprobación, no pasado mes de febreiro, non só non axudou a recuperar emprego, senón que axudou á destrución de milleiros de postos de traballo en Galicia e no Estado. O despido é máis fácil para as empresas e os EREs multiplícanse a cada mes. 3. Soldos máis baixos. O poder adquisitivo dos cidadáns redúcese a pasos axigantados durante os últimos meses. A reforma laboral favorece o cambio nas condicións esenciais dos convenios e facilita a baixada de salarios o que, unido á suba de impostos, provoca un descenso do devandito poder adquisitivo. Un de cada cinco habitantes vive na pobreza en Galicia, onde hai case 270.000 desempregados 4. Aumento da pobreza. Un de cada cinco habitantes de Galicia vive na pobreza, segundo datos do INE. No conxunto do Estado, 1,7 millóns de fogares ten a todos os seus membros no paro, mentres que un 20% dos cidadáns atópoase baixo o limiar da pobreza. 5. Suba do IVE. A suba do tipo xeral do IVE até o 21% está a lastrar aínda máis o consumo no Estado e prexudicando a unha teórica recuperación da economía que non chega. Varios sectores, como o da cultura, víronse especialmente afectados polo incremento de impostos. 6. Recortes nas pensións. O futuro das pensións segue sendo un tema no que o PP non ofrece resposta ningunha. Mentres, as pensións conxeláronse o ano pasado, mentres que en 2012 creceron un 1%, xusto cando o copagamento farmacéutico ou os recortes na Sanidade afectan os máis vellos. Os recortes son continuos en Sanidade, Educación e servizos públicos 7. Recortes en Sanidade. Retirouse a subvención dunha morea de medicamentos, moitos deles básicos para calquera cidadán, ao tempo que se exclúe os inmigrantes da Sanidade Pública. A privatización de moitos centros de saúde e os recortes constantes no sector complican aínda máis o futuro duns servizos sanitarios que cada vez son menos universais e menos gratuítos. 8. A situación da educación pública. Máis alumnos, menos profesores e menos recursos. A situación da educación pública en Galicia é criticada constantemente por uns sindicatos que advirten do perigo que supón recortar no ensino dos máis pequenos. A redución de bolsas de estudo, a reforma do ministro Wert ou o incremento das matrículas universitarias son outros dos factores que complican o futuro da Educación. 9. Os servizos públicos. Ademais dos recortes en Sanidade e Educación, son moitos os sectores públicos que están a sufrir axustes e políticas de austeridade que diminúen o Estado de Benestar. Os traballadores da Administración Pública denuncian despidos, recortes ou a supresión da paga de Nadal, ademais da aprobación dunha nova normativa que permite os despidos masivos de traballadores públicos. A banca leva recibidos 140.000 millóns de euros en axudas, mentres as entidades expulsan a xente das súas casas 10. Menos dependencia e menos política social. Os recortes nas políticas de protección social ou a conxelación da lei de dependencia condena milleiros de persoas a unha situación de sufrimento constante. 11. Fraude e amnistía fiscal. A amnistía fiscal aprobada polo Goberno acaba beneficiando os grandes defraudadores. En España, as grandes empresas supoñen o 73% da evasión de impostos, segundo datos dos sindicatos. 12. Rescate á banca e non ao pobo. Mentres a baca leva recibidos uns 140.000 millóns de euros en axudas, os dereitos e servizos sociais do pobo continúan recortándose. Malia a inxección de capital na banca, o crédito segue sen fluír. Os escándalos das indemnizacións a ex directivos como os de Novacaixagalicia completan a posición das entidades bancarias nesta crise. 13. Os desafiuzamentos. Dous suicidios consumados e un intento máis no conxunto do Estado tiveron que ocorrer para que PSOE e PP intentasen modificar a lei hipotecaria e evitar os desafiuzamentos que sofren milleiros de persoas en España e Galicia. Os mesmos bancos que reciben axudas públicas botan da súa casa a xente por non poder pagar a hipoteca. 14. As políticas da troika. En marzo de 2011, o Consello Europeo aprobaba o Pacto do Euro, un documento que marca as grandes liñas das políticas de austeridade que se están a implantar nos países afectados pola crise da débeda. Esta é a folla de ruta das que se derivan as medidas consignadas nos diferentes memorandos e o texto que seguen os estados rescatados pola UE ou gobernos como o de Mariano Rajoy.
NOS_57021
Rui Pinto, o hacker que se reivindica como revelador de Luanda Leaks, o caso de corrupción protagonizado por Isabel dos Santos, filla do ex presidente de Angola, que espoliou as arcas dese país africano, anunciou que ten aínda moita máis información "que os portugueses merecem saber".
"Há ainda muita coisa que os portugueses merecem saber", escribiu no día de onte, quinta feira 30 de xaneiro, Rui Pinto na súa conta de Twitter. Este hacker portugués acusou tamén en redes a xustiza lusa de encarceralo sob co obxectivo de querer silenciar escándalos de corrupción como o Luanda Leaks, que el mesmo desvelou. "Acho que os cidadãos portugueses já perceberam que a minha prolongada e desproporcional prisão preventiva tem como objectivo primordial silenciar as minhas denúncias e manter escândalos como o Luanda Leaks fechados a sete chaves", afirmou Pinto. Luanda Leaks é un presunto caso de saqueo das arcas públicas de Angola a mans de Isabel dos Santos, filla do anterior presidente deste país. Pinto, de 31 anos, xa fora responsábel previamente das informacións de Football Leaks, que chegaron a involucrar o xogador Cristiano Ronaldo. Desde pequeno Pinto gostaba do footbol, e a través dun blog foi difundindo documentos sobre corrupción neste deporte. Varios medios internacionais filtraron informacións que deron base ao caso Football Leaks e finalmente Rui Pinto foi extraditado a Portugal e acusado de 147 crimes que o Ministério Público luso lle imputou por extorsión, acceso ilexítimo, aceso indebido, violación de correspondencia e sabotaxe informática. A finais de 2018, Pinto entregou á Plataforma de Protecção de Denunciantes na África un disco duro con datos relacionados coas fortuna de Isabel dos Santos, da familia e de todas as persoas que poden estar involucradas en operacións fraudulentas e de espolio dos cartos públicos de Angola. Agora, a través da conta de Twitter, Rui Pinto anuncia que existe máis información sobre este e outros casos de corrupción e pide que non se lle encarcere por iso e se permita investigar eses delitos.
PRAZA_6670
Débense pór en marcha actuacións encamiñadas á atención integral dos persoas con TMG e á optimización dos recursos dispoñibeis, co obxectivo último de mellorar a súa calidade de vida e reducir as consecuencias da enfermidade
Coñecer… As necesidades específicas das persoas con trastorno mental grave (TMG) e as intervencións a realizar veñen determinadas pola propria definición do mesmo. Enténdese por TMG aquel trastorno mental de duración prolongada que conleva discapacidade e disfunción social. Ante esta ampla definición propóñense acotacións que servan para homoxenizar criterios que definen este trastorno, e que poidan ser empregados para determinar a súa morbilidade e prevalencia, así como cuantificar e planificar os servizos e prestacións que van precisar. Téñense proposto diferentes definicións operativas, que contemplan algo máis que o diagnóstico dunha enfermidade: • Diagnóstico de trastorno mental segundo criterios internacionais: hai categorías diagnósticas que son habitualmente incluídas na deficinición de TMG. Así a esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, os trastornos bipolares, os trastornos depresivos maiores recorrentes, o trastorno obsesivo compulsivo grave e trastornos de personalidade graves. • De duración prolongada en función dun ou ambos dos seguintes criterios: a) tempo mínimo de evolución dende o diagnóstico de 12 meses; e/ou b) tempo mínimo de evolución dende o inicio da enfermidade de 24 meses. • Con importante grao de disfunción e unha gravidade clínica global apreciável, ambas medidas segundo criterios estandarizados. Considérase que sufren un trastorno especialmente grave aquelas persoas que presentan un perfil clínico de maior severidade e cuxas necesidades asistenciais son enormemente complexas – inestabilidade psicopatolóxica, con importantes déficits funcionais, escasa rede de apoio, mínima conciencia de enfermidade e desvencellados dos servizos sanitarios e sociais-. Ademais débese ter en conta tamén a presenza de comorbilidade con outras enfermidades (patoloxía física, consumo de drogas), o risco de presenza de conducta suicida, a baixa calidade de vida, o feito de poder pertencer a grupos de risco (poboación marxinal, inmigrantes, minorías étnicas, e anciáns); así como situacións de risco que poden vivir: embarazo, puerperio, discapacidade física, desemprego, precariedade económica, ausencia de vivenda, apoio familiar insuficiente, maltrato, abusos sexuais, convivencia con familiar con TMG, e mesmo antecedentes familiares de enfermidade mental. Moitas veces carecen dunha rede de apoio familiar e social; e poden ter unha situación legal especial: incapacidade civil. As mulleres… Cómpre facer mención especial ás mulleres que, por sélo, están nunha situación de desigualdade e discriminación, sendo vítimas da violencia de xénero, de abusos sexuais, da trata de persoas e de embarazos non desexados. Ademais de estar peor retribuídas nas actividades laborais que desenvolven, ter maiores dificultades para acceder ao mundo laboral, ser maior o desemprego, recaendo sobre elas as actividades e traballos non remunerados (coidado de fillos, sendo as coidadoras fundamentais de familiares enfermos e anciáns, tarefas do fogar), o que contribúe ao seu empobrecemento. Esta situación xeralizada de desigualdade e discriminación faise máis evidente e dramática nas mulleres con TMG. As necesidades… As persoas con TMG comparten co resto da poboación, obviamente, necesidades básicas comúns: saúde, alimentación, hixiene, aloxamento, seguridade, convivencia, sexualidade, apoio social e familiar, traballo, entre outras. Pero ademais, presentan necesidades específicas sanitarias e sociais. A reforma psiquiátrica no Estado Español que foi iniciada dun xeito formal coa promulgación da Lei Xeral de Sanidade (1986) -que incluíu a asistencia psiquiátrica nas prestacións do Sistema Sanitario Público-, normalizouse a súa consideración como enfermos, subsidiarios dunha atención equiparábel ao resto dos pacientes. Na Galiza tivo a súa continuidade no Decreto de Saúde Mental (389/1994). A partires dese momento a atención ás persoas afectadas por un trastorno mental grave, que até entón organizábase en torno ao hospital psiquiátrico, que cumpría funcións sanitarias, sociais e de custodia, enmarcouse nun modelo de orientación comunitaria. Entre as necesidades máis importantes das persoas con TMG pódensen incluir as seguintes: • Atención e tratamento das manifestacións clínicas da enfermidade: necesitan axeitados procesos de diagnóstico e terapias biolóxicas que permitan controlar a sintomatoloxía e previr as recaídas. • Atención na fase aguda: nas recaídas, con frecuencia faise necesaria a hospitalización breve para a estabilización psicopatolóxica e recuperación do nível de funcionamento. • Atención do deterioro no funcionamento xeral, necesidade de paliar os déficits sociais que acompañan ao desenvolvento da patoloxía, e que contribúen a agravala, e de eliminar as barreiras sociais que impiden a súa integración plena na comunidade, sendo esenciais os servizos e programas de rehabilitación psicosocial. Integración laboral: facilita a autonomía, independencia e a integración social. A maioría das persoas con TMG están desempregadas e excluídas do mundo do traballo, presentan importantes dificuldades para acceder e manterse en postos de traballo competitivos, polo que se fan necesarios programas de rehabilitación laboral, programas adaptados de formación ocupacional, e accións e medidas dirixidas a potenciar a incorporación destas persoas ao mundo laboral, tanto a través de emprego protexido ou emprego con apoio. • Vivenda: as dificuldades de acceso a aloxamento e a necesidade de supervisión, especialmente as persoas sen cobertura familiar, favorecen situacións de risco e marxinación. Tense que dispor de alternativas de vivenda e atención residencial que cubran as necesidades de aloxamento, coidado e supervisión. Velaí un dato clarificador: o 40% das persoas "sen teito" presentan un TMG. • Apoio económico, garantindo a cobertura das súas necessidades económicas mínimas para facilitar procesos de rehabilitación e mantimento autónomo na comunidade. Cómpre que a Administración cumpra a Lei de Dependencia e proporcione a estas persoas os recursos económicos que por lei lles corresponden. • Garantir a protección e defensa dos seus dereitos: son un grupo especialmente vulnerábel e indefenso ante posibeis abusos e situacións de desprotección, nomeadamente as mulleres. • Apoio ás famílias e coidadores: cómpre proporcionar ás famílias apoio, información e asesoramento, xa que son axentes activos na rehabilitación. As necesidades desta poboación son maiores e máis complexas que as doutros pacientes con enfermidades de menor gravidade, e derivan da propia psicopatoloxía, duración, deterioro a nível funcional e da especificidade de coidados, polo que ademais das prestacións consideradas estrictamente sanitarias, debe ofrecerse cobertura á rehabilitación psicosocial e á integración social, á rehabilitación e inserción laboral, e á atención residencial. As actuacións e intervencións… Débense pór en marcha actuacións encamiñadas á atención integral dos persoas con TMG e á optimización dos recursos dispoñibeis, co obxectivo último de mellorar a súa calidade de vida e reducir as consecuencias da enfermidade, adoptando múltiples intervencións baseadas na evidencia ciéntifica, aplicadas de maneira integrada e que impliquen unha coordinación dos diferentes sectores (como os da saúde, emprego, xustiza e servizos sociais). A OMS propón no "Proxecto de plan de acción integral sobre a saúde mental (2013-2020)" partindo do principio básico "non hai saúde sen saúde mental": fomentar a saúde mental, previr os trastornos mentais, proporcionar atención, mellorar a recuperación, promover os dereitos humáns e reducir a mortalidade, morbilidade e discapacidade das persoas con trastornos mentais. Seguindo pois as recomendacións da OMS, compriría: a) Elaborar políticas e plans de saúde mental, considerando que os que contan con mais de 10 anos de vida dificilmente poden reflectir as novidades mais recentes en prácticas baseadas na evidencia. b) Reorganizar os servizos de saúde mental e de asistencia social e ampliar a cobertura, no ámbito comunitario, con formulacións de plans escalonados e orzamentados de peche das institucións psiquiátricas para estancias prolongadas e substitucións das mesmas por sistemas de apoio na comunidade, a través da prestación de atención ambulatoria, atención e apoio domiciliarios, vivendas subvencionadas, equipos interdisciplinares de saúde mental para apoio de persoas com trastornos mentais e as súas famílias, entre outros. c) Elaborar estratexias para promover a saúde mental e previr os trastornos mentais. d) Elaborar estratexias nacionais de prevención do suicidio. e) Fortaler os sistemas de información, os datos ciéntificos e as investigacións sobre saúde mental. Polo que terán que: a) Desenvolverse programas específicos segundo un modelo de saúde mental comunitaria, que implique unha coordinación dos dispositivos e estruturas da rede sanitaria e dos servizos e dispositivos sociosanitarios na comunidade. b) Definirse protocolos e implantarse guías de práctica clínica. c) Estabelecer plans integrados de atención individualizada. d) Organizar a asistencia de xeito que se facilite a acesibilidade e adherencia ao proceso de atención. As carencias... É importante pór de manifesto as carencias que existen na atención ás persoas con TMG no noso país. Por parte da Consellería de Sanidade: a) Non se están a elaborar políticas e plans estratéxicos de saúde mental (último e único data de 2006-2011, que se aplicou durante dous anos e medio e que se paralizou co cambio de goberno da Xunta de Galiza). b) Non se elaboran nen se implantan guías de práctica clínica (GPC) en Trastorno Mental Grave (cando desde o ano 2003 o Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud creou o Proyecto GuíaSalud co obxecto da millora da toma de decisións clínicas baseadas na evidencia ciéntifica, desde entón téñense elaborado diferentes GPC noutros territorios do Estado). c) Non se elaboran plans de necesidades para as áreas sanitarias, polo que as decisións de recortes fanse descoñecendo as necesidades presentes e futuras. d) Hai unha ausencia de información sobre a suicidabilidade nas áreas. e) Non se desenvolven programas integrais específicos de TMG, onde se integren as intervencións psicopafaramacolóxicas, psicolóxicas, sociais e laborais. f) Non se desenvolven programas de prevención do suicidio. g) Non existen alternativas, como os equipos de "tratamento asertivo comunitario" ou programas de "seguimento de casos", para as persoas con TMG -que precisan un número elevado de ingresos en unidades de curta estancia ou que teñen dificuldades para vencellarse aos servizos asistenciais-. h) Non existen alternativas válidas á eliminación de camas nas unidades de longa estancia. i) Non se dota ás áreas sanitarias dos dispositivos específicos necesarios para desenvolver estes programas, e cos que se conta, son insuficientes. As consecuencias... Se as persoas con TMG non reciben as prestacións sanitarias axeitadas á súa patoloxía, non se lles oferece cobertura á rehabilitación psicosocial e á integración social, á rehabilitación e inserción laboral e á atención residencial, increméntase a súa morbilidade e mortalidade, presentan maiores difiuldades para interactuar socialmente, con perda de redes sociais que levan a situacións de illamento, sofren maiores dificuldades para acceder e manterse no mundo laboral, favorecendo a pobreza e marxinación, coa consecuente incremento da dependencia e perda de autonomía.
NOS_33778
Nos anos 70 e 80 desapareceron da Galiza "unha inxente cantidade de libros, textos e outros obxectos".
A Policía Nacional recuperou esta sexta feira en Sabadell (Catalunya) un manuscrito datado no século XVIII cuxa desaparición fora denunciada meses atrás na parroquia de San Pedro de Herbogo, en Rois. Aínda que se descoñece cando desapareceu o exemplar, o responsábel do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago denunciou en agosto a falta, entre outros documentos, do manuscrito Manuscripts, manuscrito, Santiago de Compostela, Socastro San Pedro de Herbogo, 1786, após realizar un inventario das obras da parroquia. Unha vez iniciada a investigación para esclarecer a desaparición dos documentos, a Policía descubriu que un deles ofertábase para a súa compra na internet, a través dunha ligazón a unha libraría con sede física na localidade de Sabadell. Cerámica chinesa e italiana, cuncas do século XVI... Estas son as reliquias achadas no convento de Santa Clara Os investigadores entrevistáronse coa persoa encargada de xestionar a libraría, especializada en libros antigos, na que se ofertaba o manuscrito. Con todo, non foi posíbel concretar a forma en que chegou a formar parte do seu catálogo, ao datar a súa adquisición duns 20 anos atrás. Fontes policiais precisan que era unha práctica habitual da libraría adquirir libros e documentos en mercados de ocasión e de segunda man, tanto en Sabadell ou Barcelona como noutras cidades. Apuntan, nun comunicado, a que a obra puido ser subtraída na década dos 70 ou 80, xa que durante eses anos, indican, desapareceron da Galiza "unha inxente cantidade de libros, textos e outros obxectos". "Ao ser Catalunya unha comunidade autónoma que conta cunha gran cantidade de estabelecementos dedicados á arte en xeral, e ás antigüidades en particular, non é descartábel que se poida producir a recuperación de máis obras subtraídas", avanzan. A Brigada Provincial da Policía Xudicial de Barcelona (Grupo 24 de Patrimonio Histórico), que recuperou o manuscrito, fixo a súa entrega formal esta quinta feira ao Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, nun acto protocolario no Mosteiro de San Martiño Pinario.
NOS_1985
Aproveita a tertulia da Radio Galega para defender Feijóo após a publicación das imaxes en compaña de Marcial Dorado, que achaca ao "de amarelismo informativo"
O catedrático de Dereito constitucional Roberto Blanco Valdés, membro do patroado de La Voz de Galicia desde o 3 de marzo de 2007, aproveitou a tertulia da Radio Galega para arremeter contra o diario español El País polo que considera "un exercicio de amarelismo informativo". Blanco Valdés quitou as unllas para defender a Alberto Núñez Feijóo após a publicación dunha relación se seis fotografías en que sae acompañado do histórico contrabandista Marcial Dorado, que fica encarcerado desde outubro de 2003 cumprindo unha condena de 14 anos por narcotráfico. "Eu publico unhas fotos onde ti saes cun señor que se dedicaba ao contrabando de tabaco. Digo que está preso por narcotráfico e todo o mundo te vincula co narcotráfico. Iso non é información; é manipular a opinión pública", acusou o catedrático, acrecentando que "as páxinas de La Voz de Galicia todas xuntas non chegarían para publicar as fotos de todos os que nos 80 e 90 tiveron relación con persoas que se dedicaban ao tráfico de tabaco. Era un fenómeno xeneralizado". Non dixo nada o patrono do xornal coruñés ao redor das fotografías filtradas polo PP a este medio durante a campaña electoral de 2009 en que o daquela vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aparecía subido nun barco canda o construtor Jacinto Rey. Por estas fotografías, que aínda non foron eliminadas do arquivo dixital do periódico, tanto Feijóo como Mariano Rajoy reclamaron a demisión do nacionalista.
PRAZA_10012
CCOO e UGT lémbranlle ao PSOE que a xente falou "votando á esquerda" e a CIG chama a "recuperar dereitos" ante un estado de "emerxencia social" durante as manifestacións de milleiros de persoas polo Día do Traballador en Galicia.
Milleiros de persoas saíron ás rúas este 1º de maio en Galicia. As principais cidades e vilas de Galicia acolleron as manifestacións convocadas polos sindicatos, marcadas pola resaca do 28A e as perspectivas en materia de política social e económica sobre o futuro goberno do Estado. CCOO e UGT celebraron a súa marcha central na Coruña, mentres que a CIG elixiu Vigo.CCOO e UGT lémbranlle ao PSOE que a xente falou "votando á esquerda" e reclaman un "xiro social" nas políticas do EstadoNa Coruña, José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT-Galicia, lembroulle ao PSOE que as urnas "falaron votando á esquerda" polo que pediu a Pedro Sánchez que non lles "falle" a todas esas persoas. Ademais, insistiu en pedir a derrogación das dúas últimas reformas laborais e da reforma das pensíións de 2013 tras unha manifestación con continuas alusións aos problemas da industria electrointensiva, como é o caso de Alcoa. Na mesma cidade, o secretario xeral de CCOO-Galicia, Ramón Sarmiento, avogou por un "xiro social" para pór fin "ás políticas de desvalorización de dereitos" para afondar na consolidación de dereitos sociais iniciada polo PSOE no Goberno nos últimos meses. Desde Vigo, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lembrou o estado de "emerxencia social" que vive boa parte da poboación e fixo tamén referencia ao grave problema da industria electrointensiva ou do automóbil, con continuos ERE nos últimos tempos, e mesmo de empresas de telemárketing. A CIG chama a "recuperar dereitos" ante un estado de "emerxencia social" Así, antes da manifestación máis numerosa deste 1º de maio en Galicia, Carril instou o Goberno central e a Xunta a asumir de vez esas problemáticas tras criticar a súa falta de "vontade" para arranxalas. Fíxoo nas declaracións previas a unha marcha baixo o lema Recuperar dereitos para avanzar. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas.Por outra banda, os sindicatos CUT, CGT, S. Elevación, STEG ou SF-Intersindical manifestáronse tamén en diferentes localidades, como A Coruña ou Compostela, tendo en Vigo a súa marcha principal baixo o lema Sen loita non hai dereitos. Camiñando cara á folga xeral. Na urbe coruñesa, a mobilización foi convocada polos sindicatos CUT e CGT baixo o lema Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita. Ademais, o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, esixiu a Pedro Sánchez o "cumprimento" dos compromisos que o Goberno socialista fixo antes das eleccións xerais para garantir o futuro desta factoría e a de Avilés. "Non confiamos en ningún político, enganáronnos bastantes veces", dixo, aínda que advertiu de que o persoal seguirá "presionando" con mobilizacións ata que se garanta o porvir das fábricas.
NOS_51451
Por primeira vez na Galiza, en 2011 as enfermedades laborais sen baixa superan ás que conlevan baixa
Ás portas da celebración o 28 de abril do Día Internacional da Seguridade e Saúde no traballo, un informe da UGT alerta da diminución "considerable" en 2011 de enfermidades profesionais con baixa na Galiza, factor que o sindicato atribúe ao "medo a perder o emprego por mor da actual coxuntura" creada a raíz das reformas laborais. De feito, 2011 foi no país o primeiro exercicio en que as enfermedades laborais sen baixa superan ás que conlevan unha baixa. No ano pasado as que implicaban baixa laboral caeron nun 25% a respeito de 2006 mentres que nese mesmo periodo houbo un incremento do 160% nas enfermedades sen baixa. Alén diso, UGT sinala que Galiza supera "sistemáticamente" a media estatal do denominado "índice de incidencia" (número de accidentes por 100.000 traballadores) de sinistros laborais. No que atinxe aos sinistros graves Galiza duplica a media do Estado, e a respeito dos accidentes no traballo con resultado mortal só é superada por Asturias. Para o sindicato, a "discrecionalidade da que gozan os empresarios tras a reforma laboral está a provocar ámbitos laborais tóxicos". De aí que solicite un papel máis activo do Ministerio Fiscal, desenvolvendo o seu papel constitucional de promotor da acción da xustiza, especialmente, nas situacións de riscos máis graves e intolerables que afectan a numerosos centros de traballo e que son causa directa da maior parte da sinistralidade.
NOS_8704
A ocupación Covid nas unidades de críticos dos hospitais galegos mantense con 63 pacientes ingresados.
O número de contaxios por Covid-19 detectados na Galiza nas últimas horas volveu a descender, segundo os datos publicados este martes pola Consellaría de Sanidade, que cifra en 404 os novos casos diagnosticados, de maneira que o número de persoas coa infección activa baixa até as 13.076. Segundo o balance de Sanidade, elaborado con datos até as 18 horas desta segunda feira, tamén se reduce a presión nos hospitais galegos, aínda que este alivio reflíctese só nas unidades convencionais, con 263 pacientes ingresados, 11 menos; mentres que se mantén sen cambios o número de doentes que se recuperan en UCI, 63. Por áreas sanitarias, aumenta a presión hospitalaria en Santiago e Vigo; mantense na de Pontevedra, e descende nas da Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. Casos activos A curva de casos activos de Covid segue á baixa e, por duodécimo día consecutivo, redúcese o número de persoas con infección polo coronavirus. Caen de 13.495 a 13.076. Os casos baixan en todas as áreas sanitarias. A Coruña sitúase en 4.217 casos (114 menos); Vigo rexistra 3.192 casos (102 menos); Pontevedra ten 1.351 casos activos (66 menos); Lugo contabiliza 1.330 casos (31 menos); a área de Santiago ten 1.290 casos (32 menos); Ferrol rexistra 899 casos (39 menos); e Ourense baixa ata os 797 casos (35 menos). Novos contaxios Segundo os datos notificados por Sanidade, nas últimas horas detectáronse 404 novos contaxios por Covid, cifra que ratifica a tendencia á baixa dos novos positivos diarios. Do total, A Coruña suma 122; Vigo, 62; Lugo, 73; Santiago, 49; Pontevedra, 36; Ferrol, 36, e Ourense 26. No que vai de semana Galiza rexistra perto dun millar de casos novos, 622 menos que os anotados á mesma altura a semana pasada. Así, a incidencia acumulada da Covid redúcese no conxunto do territorio, na contorna dos 175 e dos 430 casos a sete e 14 días, e tamén nas sete principais cidades do país. Lidera a caída, a Coruña, que malia todo mantén a marca máis alta na arredor dos 685 casos por 100.000 habitantes a 14 días. No outro extremo, Ourense, con perto de 225 casos. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza ascenden a 2.518, despois de notificar Sanidade outras dúas vítimas mortais: unha muller de 87 anos de idade ingresada en Povisa, e outra muller, de 86 anos, ingresada no Chuvi.
PRAZA_4059
Cada fase dura un mínimo de 15 días e superala ou mantela depende dos indicadores sanitarios, como a capacidade hospitalaria ou a circulación do virus. O proceso só ten dúas datas fixadas dende o inicio, o 4 e o 11 de maio
O Consello de Ministros do pasado martes aprobou o plan para a comentadísima "desescalada", isto é, o roteiro para ir erguendo parcialmente as restricións de movementos e actividades cotiás impostas ao abeiro do estado de alarma decretado a mediados de marzo para tentar frear os contaxios do coronavirus. O Goberno central sintetizou en case 40 páxinas as medidas bosquexadas por Pedro Sánchez na súa intervención ante os medios, un plan aínda pendente da súa concreción en ordes ministeriais para cada ámbito e fase, así como suxeito á coordinación coas autonomías para, por exemplo, definir se o ámbito territorial de cada fase é a provincia ou outro diferente. No caso galego, por exemplo, a Xunta prefire que a referencia sexan as sete áreas nas que se organiza o Sergas.Cada fase dura un mínimo de 15 días e superala ou mantela depende dos indicadores sanitarios, como a capacidade hospitalaria ou a circulación do virus. O proceso só ten dúas datas fixadas dende o inicio, o 4 e o 11 de maioO cronograma ten unha previsión que chega ata finais de xuño e está condicionado polo avance dos indicadores sanitarios: o espallamento da enfermidade e a capacidade de cada sistema de saúde para tratar as persoas contaxiadas pola covid-19. O feito de que o mantemento ou levantamento das restricións dependa desa evolución converte todas as datas en "orientativas" para todo o Estado e con dúas única referencias temporais comúns e concretas: o 4 e o 11 de maio. [Estes son os criterios sanitarios que determinarán o regreso de cada territorio á 'nova normalidade']Será o vindeiro día 4 cando se active a "fase 0". As actividades cotiás aínda estarán moi lonxe da normalidade, pero existirá un relativo alivio moi controlado para, por exemplo, poder pasear. Neste sentido, o Goberno central e a Xunta non desbotan definir horarios concretos para as saídas, priorizando a infancia e as persoas maiores de 65 anos e outros grupos de risco.A fase 0 é definida tamén como de "preparación" para unha "desescalada" que ten normas xerais, aplicables a todas a fases. Entre elas, o Ministerio de Sanidade destaca o "uso de máscaras" como "altamente recomendable cando non poida garantirse o distanciamento social" e a hixiene de mans "frecuente", así como a recorrente desinfección dos locais que poidan ir abrindo.Fase 1: as primeiras aperturasNesta primeira fase aínda non será posible desprazarse a outras provincias -ou áreas sanitarias, se finalmente ese é o ámbito territorial permitido en Galicia- e as viaxes, "calquera que sexa o medio de transporte", só poderán facerse "para a realización de actividades permitidas". Entre elas están os primeiros contactos sociais e as primeiras aperturas de comercios e locais de hostalaría e algunhas actividades culturais, pero con fortes limitacións.Como en todas as fases, o Ministerio de Sanidade advirte de que todas as medidas son reversibles se se producen novos brotes da covid-19 nun territorio determinado. "Todas as medidas poderán ser adaptadas en función da evolución da pandemia ou outras circunstancias xustificadas", sinala.Fase 2: viaxes máis amplas e feiras con restriciónsEsta fase comezará cando se cumpran os indicadores sanitarios marcados, pero nunca antes de que transcorran 15 días dende o comezo da fase 1. Isto é, como moi cedo, a finais de maio. As principais novidades serán a posibilidade de viaxar dentro da mesma provincia ou territorio de referencia para, por exemplo, dirixirse a unha "segunda residencia". Este é o punto no que o Goberno central prevé a posibilidade de reactivar algunhas actividades en centros educativos, entre eles a posibilidade de celebrar os exames de selectividade, os cales no caso de Galicia non se desenvolven ata xullo. Nesta fase, os locais comerciais poden ampliar o seu aforamento e os restaurantes xa poden atender a clientela nas súas propias instalacións, pero con aforamento limitado e moita máis distancia entre mesas.Como na anterior fase, a duración non será inferior a 15 días e prolongarase ou non en función dos indicadores sanitarios. "A desescalada non é un proceso matemático nin automático e non hai certeza de cando un territorio poderá pasar dunha fase a outra", indica o documento do Goberno central. "Canto mellor evolucionen os datos, máis rápido será o avance; pero non se pode ignorar a posibilidade de que empeoren e haxa que dar pasos cara a atrás", agrega.Fase 3: Máis voltas ao traballo presencial e máis eventos de lecerEsta fase chegaría, no mellor dos casos, entre mediados e finais de xuño e sería o pórtico do que o Goberno central e tamén a Xunta deron en alcumar como "nova normalidade", no sentido de que nela xa se "prevé a apertura de todas as actividades", pero con medidas de hixiene e distancia inéditas ata antes da pandemia.Así, xunto ás reincorporacións de persoas que aínda estivesen teletraballando, esta fase contempla a apertura de máis comercios retallistas e tamén abrir a man para actividades de lecer. Bares e discotecas xa poderán abrir e ter clientela no seu interior, pero con "aforo moi limitado" e tamén se permitirá ir á praia, pero "en condicións de seguridade e distanciamento". Algúns concellos costeiros, como o de Vigo, xa traballan en plans ao respecto, manexando posibilidades como fixar pequenas parcelas na area para garantir a separación.Unha vez superada esta fase 3 chegará a posibilidade de viaxar a outros territorios -as provincias como normal xeral e áreas sanitarias, se finalmente en Galicia esa é a referencia- que tamén a superasen. O Goberno central advirte, ademais, de que "todas as actividades e as súas limitacións" continúan "nas fases sucesivas", a non ser que se levanten de maneira explícita.
NOS_41562
A Galiza mantén a tendencia descendente de casos activos de Covid-19, que se sitúan en 1.310, o que supón 253 menos que os rexistrados na xornada anterior, ao haber máis altas (163), que novos contaxios (58), aos que se suma unha nova vítima mortal.
Os casos activos de Covid-19 na Galiza manteñen a tendencia descendente e caen a 1.310, a pesar de que as e os pacientes hospitalizados só descenden lixeiramente -hai 58 ingresados, un menos que onte-. Mentres, os contaxios detectados a diario mantéñense por baixo do medio cento. Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade este domingo 26 de setembro, con rexistros até as 18 horas do sábado, hai 17 persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos -unha menos que na xornada anterior-, mentres que outras 41 están en planta -unha máis-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en dúas (Santiago e Lugo), mantense sen cambios noutras dúas (Ferrol e Pontevedra), mais aumenta lixeiramente nas restantes (Ourense, A Coruña e Vigo). En canto ás que soben, a área sanitaria da Coruña contabiliza 19 ingresos con Covid-19 (+2), dos que cinco (sen cambios) están críticos. Na área de Vigo, hai catro hospitalizados (+1), dous deles en críticos; mentres que a de Ourense conta con oito pacientes (+1), catro ingresados en UCI. Por outra banda, en canto ás zonas que se estabilizan, Pontevedra continúa con sete hospitalizados, dos que dous están en UCI; e Ferrol mantense sen pacientes ingresados por Covid-19. A áreas de Santiago ten 11 pacientes hospitalizados, dous deles en críticos (-1), e a de Lugo, con nove persoas ingresadas por Covid (-4), dúas delas en críticos. Casos activos en descenso A Galiza mantén a tendencia descendente de casos activos de Covid-19, que se sitúan en 1.310, o que supón 253 menos que os rexistrados na xornada anterior, ao haber de novo máis altas (163), que contaxios (58), aos que se suma unha nova vítima mortal. Así, a Galiza xa conta con menos de 1.500 infeccións activas, a niveis de hai tres meses. A última xornada cunha cifra tan baixa foi a de 25 de xuño. Por áreas sanitarias, as e os pacientes Covid seguen en descenso en todas elas. A Coruña-Cee rexistra, de acordo cos últimos datos, 312 casos activos (-28). Séguena a de Vigo, con 261 (-26), e a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 241 (-27). Mentres, Santiago-Barbanza conta con 175 infeccións activas (-33), Ourense-Verín-O Barco ten 198 (-3), Pontevedra-O Salnés, 92 (-10) e Ferrol fecha a táboa con 31 (-7). Menos de 100 contaxios diarios No inicio da fin de semana, os contaxios de Covid-19 detectados en un día por todo tipo de probas mantéñense por baixo do medio cento con 31 casos, 27 menos que os 58 rexistrados na xornada anterior. De todos estes novos casos notificados, sete corresponden coa área de Ourense-Verín-O Barco, dous coa Coruña-Cee e tres coa de Lugo-A Mariña-Monforte. Ségueas Santiago-Barbanza con catro e Vigo con oito, mentres que Pontevedra-O Salnés suma seis novos contaxios e Ferrol un máis. Por iso, as persoas contaxiadas de coronavirus na Galiza desde o inicio da pandemia ascenden a 182.108, das cales 43.023 corresponden á área da Coruña; 37.570, á de Vigo; 26.931, á de Santiago; 21.680, á de Ourense; 21.402, á de Pontevedra; 19.883 á de Lugo; e 11.619, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 tests- baixou a 1,1% despois de 2,3% anotado na xornada anterior. Ademais, mantense por baixo de 5% que a Organización Mundial da Sáude (OMS) determina como limiar para considerar controlada a pandemia. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 2.629 na Galiza tras Sanidade notificar no sábado unha nova vítma mortal, unha muller de 88 anos que faleceu hai máis dun mes no seu domicilio situado na área sanitaria da Coruña-Cee. En toda a Galiza curáronse 178.203 persoas deste coronavirus desde o inicio da pandemia, 163 máis que as contabilizadas até a xornada pasada.
NOS_25502
Dentro das peculiares condicións nas que se desenvolve a escrita teatral na nosa lingua, é de loubar a vizosidade da produción dramática orientada ao público máis novo, que nos últimos anos nos deixou obras emblemáticas, ás veces co valor de rachar ou cuestionar algúns marcos.
Esta nova proposta de Celia Díaz lévanos ao tema da guerra, un dos escenarios máis populares neste subxénero, xa que permite presentar situacións excepcionais e introducir mensaxes de concienciación social. Unha estrela para Amina (il. Kristina Sabaitez) / Celia Díaz Núñez / Galaxia / 2020 / 80 páxinas / 10,50 euros Non se trata, porén, dun escenario rotundo e delimitado con detalle, senón máis ben unha alusión constante que pesa como unha lousa na protagonista, pero que só aparece como recordos ou pesadelos, creando un ambiente onírico. En certa medida, son estes detalles evanescentes os que fan de Unha estrela para Amina unha peza orixinal e que pode apostar por marcar algunhas diferenzas interesantes co contexto no que se insire. Amina, que coa súa boneca Sally e un coro de nenos son as únicas voces da obra, é unha nena refuxiada. Nunca acabaremos por saber cal foi o conflito que a expulsou do seu fogar e a afastou da súa familia, pero, polas conversas que mantén coa boneca, si que sabemos que nela palpitan as condicións universais das persoas vítimas dunha guerra. Amina ten recordos e traumas, pesadelos e lembranzas dunha vila e dunha cama branda que desapareceron para sempre. Tamén ten soños que, como os soños de todas as crianzas, son extremadamente ambiciosos: voar comos os paxaros para poder fuxir, por exemplo. Grazas á presenza da boneca Sally vamos saber moitas cousas da nena, tamén veremos como xuntas entoan cancións infantís de diferentes culturas. Celia Díaz aposta así por algo máis que a historia predeterminada dunha nena para contarnos o drama das crianzas refuxiadas como algo universal, atravesado por experiencias e músicas de moitos lugares, como son moitas tamén as orixes destas persoas. Ao mesmo tempo, partindo dunha presenza escénica mínima, Unha estrela para Amina consegue algo ben complexo: cuestionar a dependencia da proposta do texto dramático, entregando abondosos recursos para conseguir unha execución dinámica, colorida, e chea de música. Da mesma forma, tamén é meritorio como a mensaxe da obra, sen dúbida moitas veces escoitada, foxe dos habituais recursos do didactismo extremo para adoptar a forma das esperanzas e soños das crianzas. Vítimas que, mesmo desposuídas de todo, seguen acreditando con forza en que existe un futuro a construír sen as amarguras e crueldades do pasado.
PRAZA_7722
Á representación d'O método Grönholm, de Talía Teatro, este sábado pola noite seguiulle a celebración dunha asemblea para analizar a situacion das artes escénicas en Galicia á que asistiron medio cento de profesionais. A Xunta negáralles en varias ocasión o uso deste espazo público.
Foron varias as ocasións en que a Xunta lles negara ás asociacións e profesionais das artes escénicas galegas a utilización das instalacións do compostelán Salón Teatro -a pesar de ser un espazo público dependente da Consellaría de Cultura- para a realización de actos de reivindincación ou debate a respecto da situación límite que atravesa o sector en Galicia. A última fora o pasado luns cando a asemblea aberta a toda a profesión se tivo que celebrar na rúa, ás portas do recinto, e no último momento un par de persoas optaron por ocupar o balcón Este sábado pola noite os profesionais decidiron alterar as normas e á representación d'O método Grönholm, de Talía Teatro, seguiulle a celebración dunha asemblea á que asistiron medio cento de profesionais, entre eles Xúlio Lago, Salvador del Río ou Antonio Durán Morris. Ao longo de máis de tres horas os profesionais volveron debater, ao igual que o luns, sobre a paralización da Rede de Teatros e Auditorios e o baleiro á cabeza do Agadic, sen director dende outubro. Tamén se denunciou a ausencia de vontade de diálogo dos responsables de Cultura do Goberno galego e a súa falta de estratexia. A conclusión da asemblea aberta celebrada o pasado luns foi que había que "facer ruído" pois "todos os colectivos están na rúa e facendo moito ruído e nós estamos calados". E como proclamou Morria: "hai dúas formas de morrer. Morrer aos poucos, en silencio, ou demostrar que estamos a morrer e que importa. Hai que loitar coa morte non visible". Este sábado a ocupación durante unhas horas do Salón Teatro serviu como como chamada de atención. O teatro galego ten cousas que dicir.
NOS_45850
Apenas 5% do litoral de Galiza ten algún tipo de protección. É unha porcentaxe moi inferior á media española, que é de 27%. Pontevedra e Lugo, entre as que menos porcentaxe de litoral protexido teñen.
Galiza é, após Canarias, o territorio do estado español con máis quilómetros de costa, case 1.500 quilómetros, equivalente á distancia por estrada que hai entre Santiago de Compostela e París (Francia). Esa lonxitude vai acompañada de ser un litoral moi rico en diversidade, en flora, fauna... Porén, apenas temos protexidos 5,6% dos hábitat costeiros, unha porcentaxe moi inferior á española, que ten 27%. De feito, a provincia de Pontevedra é a que menos litoral ten amparada por algunha figura legal, 3,1% (unhas 4.300 hectáreas), sendo Lugo a terceira nesa clasificación, con só 3,3% de protección, o que supón 2.370 hectáreas. A Coruña mellora a porcentaxe, con 9,1% da superficie de litoral protexida, o que equival a máis de 29.000 Has. Son datos do informe de Greenpeace 'Destrucción a toda costa 2017', que presentou a comezos de verán. Documento que recolle diferentes dados para a reflexión. Como o feito de que nestes últimos 24 anos a costa galega sufrise un importante nivel de artificialización, coa destrución de litoral virxe que iso implica. A urbanización aumentou en 45% neste último cuarto de século. Greenpeace tamén pousa a mirada no que cualifica de 'elefantes brancos', infraestruturas de gran impacto e escasa rendabilidade, entre as que cita en Galiza Ence en Pontevedra ou o porto de punta Langosteira na Coruña. A provincia de Pontevedra é a quinta de todo o Estado español que ten
PRAZA_14725
É imprescindible ter un auténtico programa político de goberno, de amplo consenso. Consenso na posición fronte á débeda e ás exixencias a Troika e nas prioridades. Consenso en dotar a Galiza dun auténtico goberno galego. Isto, aínda que pareza de perogrullo, neste país sería toda unha revolución.
A Troika, formada por: o Banco Central Europeo (BCE), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Comisión Europea (CE); representa os intereses do gran poder financeiro, os mesmos intereses que provocaron a crise, non parece razoable esperar que lles ataque agora unha afección xenerosa de solidariedade que os leve a renunciar aos seus intereses; ben contrapostos cos das maiorías sociais. Os intereses da Troika están en poder impoñer o desmantelamento dos Servizos Públicos e os mecanismos de protección e integración social Uns intereses, os da Troika, que non están só en recuperar o que prestaron, mellor dito, investiron cando a especulación inmobiliaria lles proporcionaba beneficios escandalosos, con seguridade e xuros, convertendo a débeda privada en débeda soberana. Tamén está en poder impoñer o desmantelamento dos Servizos Públicos e os mecanismos de protección e integración social. En poñer no mercado un substancioso nicho de negocio para este capital financeiro. Cando todos estes servizos estean nas súas mans, afrouxarán as gadoupas da débeda, pero seremos os seus indefensos escravos. A chantaxe que están exercendo parécese a un guión moi repetido en filmes de serie B; empresario sen escrúpulos que presta cartos xenerosamente e despois esixe unha devolución imposible para quedarse coas terras, que esconden un xacemento ou ofrecen a posibilidade dun gran negocio. Por certo, no guión sempre está o suborno do cherif, do alcalde; quen sexa a autoridade competente. Desde a corrupción instituída, xeran outra mentira que esparexe a súa peste e satura as ventas da cidadanía para que non distinga e quede co famoso "son todos iguais" Pero a Troika non é un ente intanxible e afastado, "ten os seus representantes na terra" que aplican a súas políticas porque forman parte da mesma trama de intereses e teñen todos os medios para construír o corrupto mundo da mentira e dos saqueos. E para iso, desde a corrupción instituída, xeran outra mentira que esparexe a súa peste e satura as ventas da cidadanía para que non distinga e quede co famoso "son todos iguais". Constantemente, en case todos os medios de comunicación, é dicir; os que forman parte do que deron en chamar "caverna mediática" e, en xeral, todos os que teñen alugada ou secuestrada a súa palabra polos poderes instituídos; coma un mantra transversal que o envolve todo, nos venden como incuestionables dúas grandes mentiras: 1) As políticas esixidas pola troika sacarannos da crise, 2) É a única alternativa, non queda outra. É imprescindible ter un auténtico programa político de goberno, de amplo consenso. Consenso na posición fronte á débeda e ás exixencias a Troika e nas prioridades. Consenso en dotar a Galiza dun auténtico goberno galego É urxente paralos, frealos, facerlles fronte … Pero, na miña modesta opinión, tamén é imprescindible, e a cidadanía ten que percibilo para fuxir da depresión e activar todo o seu poder creativo, ter un auténtico programa político de goberno, de amplo consenso. Consenso na posición fronte á débeda e ás exixencias a Troika e nas prioridades. Consenso en dotar a Galiza dun auténtico goberno galego. Isto, aínda que pareza de perogrullo, neste país sería toda unha revolución.
NOS_44102
A banda Nao, referente do rock en galego, di adeus definitivo aos escenarios este 7 de decembro en Amio (Compostela) cun concerto de tres horas de duración e máis dunha vintena de colaboracións.
Após 14 anos de andaina sobre os escenarios galegos, Nao ofrece o seu derradeiro concerto este sábado 7 de decembro no recinto Feiral de Amio (Santiago de Compostela) ás 20.30 horas. Case 2.000 persoas asistirán a este Adeus e grazas dunha das bandas máis relevantes do rock galego actual. Con esta cita prometen un evento único, no que os catro integrantes da banda gozarán da compaña de diversos intérpretes que consideran parte da súa historia: "Xente coa que xa colaboramos como Mini e Navia Rivas e tamén persoas que xa forman parte da nosa familia despois desta última xira como SonDaRúa, Tanxugueiras, Nervo de Rebeliom do Inframundo ou Patty Castro". Nun repaso da práctica totalidade do seu repertorio, o grupo contará con artistas convidados como Picchio (Banda Bassotti), Sabela Ramil (OT), Pauliña, Gabri (Dakidarría), Luken Arkarazo, Iago Pico, Vituco Neira, Carlos Gillino, Xiana Lastra, Roi Xesteira ou a banda Odolaren Mintzoa. Prometen, ademais, outras sorpresas. Á formación habitual da banda uniranse Manuel Varela no acordeón, Carlos Narts no teclado, Inés Duport no violoncello e os tres ventos de Dakidarría. Nao promete unha festa épica que pon punto e final ao seu longo percorrido, clausurando A derradeira xira na que presentan "Ata que o lume se apague", disco que fecha a triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.
NOS_25519
Ex-traballador@s de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo protagonizan unha vaga de mobilizacións para exixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que os subrogue
Ex-traballador@s de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo (destinados no centro de menores, nas residencias LUG I e II, e outros en Ingemarma) protagonizan unha vaga de mobilizacións para exixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que os subrogue. A situación deste perto de 20 traballadores é dobremente dramática pois Sequor adebédalles cinco meses de salario e agora Prosetecnisa, a nova adxudicataria, non lles quere recoñecer o dereito a seren subrogados, e polo tanto a ter un emprego. Este colectivo tamén quere que a Xunta, como titular da contrata, para que obrigue á empresa a cumprir co estabelecido en convenio e respecte os dereitos laborais deste colectivo. Os traballadores iniciaron unha acampada indefinida ás portas do centro Santo Anxo de Rábade (Lugo), xa que a pesar de que acoden todos os días ao seu posto de traballo, dende que a nova empresa se fixo co servizo non lles permite o acceso ao centro, informan desde a CIG. Demanda no xulgado Para afondar aínda máis na precaria situación laboral e económica, sinalaban desde a central nacionalista, os traballadores tampouco poden acceder á prestación por desemprego porque nin teñen carta de despedimento nin certificado de empresa para tal efecto. Así as cousas, o persoal xa ten presentado demanda contra a empresa no xulgado do social
NOS_10153
No día a día atopamos espazos magníficos sen decatarnos. Quen deseña unha praza tranquila ou sitúa un banco estratexicamente á sombra dunha boa árbore toma decisións que melloran a vida da cidadanía. Detrás da construción de lugares ordinarios atópase o traballo e entusiasmo de moitas e moitos profesionais.
É habitual pensar que a grande arquitectura é tan só a dos grandes edificios, espazos relixiosos e símbolos do poder. Mais hai arquitectos que gustan de pensar ao grande en espazos cotiáns. Non hai que esquecer que o pobo galego foi quen de facer extraordinario algo tan simple como a construción para almacenar o millo: o hórreo. Nas aldeas máis humildes podemos atopar múltiples monumentos coma este: camiños empedrados, muíños, pontes e as demais arquitecturas ordinarias. Son espazos anónimos, que, con todo, están cargados de simbolismo, maxestosos e con vontade de permanecer. Ao igual que os canteiros da arquitectura popular, o arquitecto Carlos Pita trata de facer monumentos para o día a día. Conta que todo comezou cunha epifanía. Un día chuvioso, cando era aínda estudante, foi ver unha exposición sobre arquitectura de Nova York na Casa da Conga, en Compostela. Ao saír, escampara, e a praza da Quintana resplandecía cos raios do sol. Aí entendeu que o que estaba diante del era moito máis emocionante que as vangardas americanas do momento. A praza representa ao mesmo tempo o culto e o popular. É monumental pero tamén acolledora. É ordinaria e extraordinaria. Nesta dialéctica é onde se move a súa forma de pensar a arquitectura. Pita, desde a elocuencia, cita unha frase apócrifa do mestre Lewerentz: "o proxecto ten que ser tan realista como cando escolles uns zapatos para facer unha longa andaina". Esta é a outra pata do seu facer: a construción. Sempre traballa con orzamentos moi axustados, onde nada pode ser superfluo. Todo o construído ten que ser útil. Non hai revestimentos, prescíndese de luxos. Diferente do estilo minimal, unha postura estética que Pita considera a anorexia de neno rico. Na arquitectura modesta, trabállase co mínimo por pura necesidade. O estudio que encabeza o arquitecto na Coruña, no que colaboran José Carlos Igrexas e Manel Pérez, atópase nun bo momento. O campo de fútbol en Bandeira (Silleda) foi premiado na XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo no Uruguai, ademais de ser seleccionado para múltiples premios. A súa obra máis recente acaba de inaugurarse no corazón de Ferrol. Pita cita unha frase apócrifa do mestre Lewerentz: "O proxecto ten que ser tan realista como cando escolles uns zapatos para facer unha longa camiñada" A praza de Armas é, xunto á de Amboaxe, un dos grandes espazos públicos do barrio ferrolán da Magdalena. O estudio de Pita foi o gañador do concurso para a súa reforma, na que empregou a materia da que están feitas as alamedas históricas: pedra, terra e árbores. A terra é un pavimento que, ben usado, permite drenar a auga da chuvia. As cidades de asfalto e formigón son impermeábeis, o que produce sotos e rúas anegadas os días de temporal. En cambio, os chans que drenan regulan a auga da chuvia e achegan frescor, ademais de respectaren os ciclos naturais. A praza recorda a un campo da festa da aldea e, ao mesmo tempo, é un grande espazo urbano. Estabelece unha dialéctica entre o culto e o popular. O arquitecto apostou por facer un espazo xenérico, próximo, onde toda a cidadanía se sinta representada. Fíxoo cun só plano inclinado baleiro, como era orixinariamente, á vez que definiu un espazo cambiante, que poida acoller un concerto ou unha feira sen necesidade de mover nada. Configurou un baleiro con liberdade para ser transformado. No seu perímetro plantou tileiros de gran porte, así a praza gaña en sombra e vólvese tamén acolledora á vez que monumental. Templo do fútbol Moitas vilas non contan cunha gran praza, pero case todas teñen un campo de fútbol. Este supón o maior espazo público de moitas, polo que debería ter un tratamento como o espazo da colectividade que é. Bandeira, en Silleda, conta cun campo de fútbol nas aforas. Carlos, xunto con Abraham Castro, fíxose cargo do proxecto. Construíuse a nova grada como se fose un outeiro, cunha elevación do terreo onde subirse e sentar. No alto dela atópase a cantina. Para cubrilo todo empregaron unhas vigas prefabricadas de 13 metros apoiadas en piares intermedios. A cuberta funciona por puro equilibrio (non leva cemento nas unións), simplemente coloca dúas vigas atravesadas no outro extremo para lograr a estabilidade por contrapeso. Así se facían os templos da Grecia clásica, pedras apoiadas unhas noutras, estábeis grazas ao seu propio peso. O resto dos detalles resólvense con materiais que se poderían atopar en calquera almacén de construción local. De novo mestúrase o grandioso co humilde. Ao situárense nas aforas das vilas, os campos de fútbol contan coa sorte de se rodearen de natureza. Na Veiga (Cabanas) Pita deseñou un campo nun claro, próximo a un fermoso bosque de ameneiros. O orzamento era moi axustado, polo que non se podía desperdiciar nada. Construíronse a plataforma e o feche aproveitando os refugallos das voaduras dunha autoestrada próxima. Amontoáronse gaiolas dese xisto para dar lugar ao muro do perímetro. No interior: austeridade. Os materiais atópanse en cru, pois revestir supuña un luxo. Mesmo por non xerar residuos, parte dos desperdicios da obra incorporáronse ao pavimento de formigón, nunha colaxe que conta a historia do propio campo. Traballar na casa No polígono industrial de Bergondo atopamos unha anomalía. Entre naves anódinas, asfalto e camións aparcados, achamos un anaco de zona verde fronte a Texas Controls. Un polígono adoita ser un lugar desagradábel –cando se entra estase desexando saír–, pero esta sede é diferente. O encargo ao arquitecto (en colaboración con José Valladares) foi o de facer un lugar acolledor. Non desexaban ter as persoas traballando nunha triste nave, polo que proxectaron as oficinas no polígono como unha casa. Deseñaron un edificio baixo, que buscaba a luz natural. En contraste coas enormes edificacións cubicas é un volume fragmentado. Trataron de xerar un pequeno espazo tranquilo, no que ao mirar pola fiestra se atopa un remanso verde dentro do balbordo da industria. Plantaron un xardín ao redor para introducir a natureza nas oficinas. Os espazos interiores están pensados por estancias, igual que nunha casa, pero conectados. Cada departamento garda a súa intimidade, se ben todos están relacionados, de modo que se xera un contexto de traballo agradábel. Pita adiantouse ao seu tempo, xa que as novas oficinas posCOVID-19 van por este camiño, espazos separados e conectados ao tempo.
NOS_53296
A pandemia obriga a repensar os modelos de cidade ao evidenciarse a insalubridade de urbes onde o espazo público está ao servizo dos coches, onde prima o asfalto e non hai zonas verdes e reina a febre dos centros comerciais. E oposto a isto, Pontevedra é exemplo para a era posCovid.
Se a cidade do Lérez xa se reivindicaba como urbe modelo antes da pandemia, premiada en varios continentes pola súa aposta pola sostibilidade ambiental, a economía local e por colocar o espazo público ao servizo das persoas; moito máis o fai agora, cando a pandemia demostrou que a maioría das cidades non estaban pensadas para a xente. "Quen nos ía dicir que seríamos a cidade máis solicitada para falar en foros internacionais sobre o futuro das cidades na era posCovid?", pregúntase a portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías (BNG), en conversa con Nós Diario con motivo do ecuador do mandato do Executivo local. Gulías, ilusionada pola nova compra no convento de Santa Clara, que permitirá recuperar ese espazo da cidade para a veciñanza, considera que o Goberno amosou "solvencia" na pandemia. Destaca a aprobación do orzamento municipal, con máis de 100 millóns de euros, "convencidos da necesidade de investir nos proxectos que máis van tirar da cidade para reactivala economicamente". A nacionalista subliña a importancia de "ter un plan para impulsar Pontevedra" que foi posíbel grazas "á xestión ben feita nos anos anteriores, o que permitiu contar agora co maior investimento de recursos públicos da historia", e por ter un equipo de Goberno "cohesionado" e o liderado do alcalde Miguel Lores, "que se puxo con mais ilusión que nunca para sacar Pontevedra adiante". Facendo balance destes dous anos, Gulías destaca o gasto en saneamento e abastecemento de 58 millóns de euros co contrato da auga, que vai permitir que Pontevedra teña todas parroquias cubertas e practicamente a totalidade do territorio municipal. "Temos reformas en case todos os barrios para mellorar a calidade de vida da veciñanza", di, pondo como exemplo o investimento de tres millóns de euros en Loureiro Crespo ou as obras no Gorgullón, "que se atopaba nunhas condicións que non se correspondían cos estándares de calidade que temos na cidade". Repara ademais na Ponte do Burgo, "unha grande actuación" concluída neste mandato "que permite agora conectar o barrio do Burgo co centro da cidade e traballar tamén no Camiño de Santiago". Un cogoberno sincronizado A pandemia puxo as cousas moi difíciles, recoñece o tenente de alcalde e portavoz do PSdeG, Tino Fernández. "Asuminos o gasto de competencias doutras Administracións, sen contar con ningunha axuda, como na limpeza extraordinaria dos colexios, que é responsabilidade da Xunta", explica. O socialista enxalza que "o Goberno municipal traballou sincronizado ante a pandemia" e, en canto á economía, destaca o programa Ponte Lovers de dinamización do comercio local. Tamén as axudas directas a autónomos e comerciantes do Programa Supera 20, con 1,2 millóns de euros. "Agora xa estamos na segunda edición, con 1,6 millóns". O programa ten tamén unha liña que aboa a cada estudante 400 euros na compra dun ordenador. De cara á segunda parte do mandato, cita como compromisos: completar a rede de campos de fútbol no rural, seguir destapando e recuperando o río Gafos, mellorar as marxes do Lérez... Aliás, valora moi positivamente a entrada dos socialistas no Executivo -no anterior mandato gobernou o BNG en solitario-. "Achegamos dinamismo e damos estabilidade a un Goberno que estaba en minoría. O Goberno gaña", conclúe. O PP ve Lores esgotado Se nunha cidade é precisa a figura dun líder, nunha crise faise moito máis necesaria, di o voceiro municipal do PP, Rafael Domínguez. Porén, o popular ve o alcalde sen ideas e "desaparecido". O Goberno non "levou a cabo ningunha medida económica para paliar a crise", salienta. De facto, critica que no Plan Supera 20 non se chegase a dar "nin 30% do orzamento previsto" e que do Plan Supera 21 nin se publicaron as bases nin se compraron os ordenadores que se tiña previsto entregar a estudantes. No económico lamenta que "non se baixasen impostos aos sectores prexudicados" pola crise nin se "subise o gasto social". As propostas na pandemia viñeron do PP, afirma, citando a redución de impostos, as axudas á hostalaría e un programa de choque social de 17 millóns, "mais o Goberno négase sempre" ás nosas propostas. Novos retos: recuperar máis espazo para as persoas, zonas verdes e impulsar a economía A recuperación para a veciñanza do convento de Santa Clara e a recuperación do anel verde periférico da cidade, dentro da aposta pola sostibilidade, son centrais para Anabel Gulías, que salienta a recuperación nestes dous anos dos parques da Toba e da Fracha. Na foto vese a marca Capital Gastro, o programa que Tino Fernández asegura que converterá a cidade en referencia mundial gastronómica.
NOS_8090
O 24 de agosto fixéronse 75 anos da liberación de París da ocupación nazi por parte da novena compañía da 2ª División Blindada do exército francés. Estaba, segundo relata neste artigo o seu autor, o historiador Eliseo Fernández, composta maioritariamente por antigos combatentes da Guerra Civil española. Entre eles, tres galegos: Ángel Rodríguez Leira, Antonio Yáñez Quiza e Víctor Lantes. Eis un extracto da información, publicada no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza.
Resulta difícil de explicar o feito de que a historia de moitos homes e mulleres galegas que participaron na loita contra o fascismo sexa hoxe explicada baixo perspectivas que afondan na súa vitimización. Sen caer na idealización dos seus comportamentos, é importante destacar que non foron títeres manexados polas circunstancias, senón que no seu roteiro vital puideron tomar decisións que puxeron o compromiso social e político por diante doutras consideracións; e que esas decisións, nun contexto bélico creado por forzas totalitarias, conlevaba un evidente risco para as súas vidas e importantes sacrificios familiares, tomados de xeito totalmente consciente. Outra cousa ben distinta é que algúns xornalistas e historiadores estean moi lonxe de simpatizar coa súa actitude comprometida e valerosa, en particular, ou sexan pouco partidarios de calquera actividade comprometida, en xeral. Este 24 de agosto de 2019 foi o 75º aniversario dun dos feitos máis importantes da historia recente: a liberación da cidade de París da dominación nazi por parte de combatentes da 9ª Compañía da 2ª División Blindada do exército francés, maioritariamente composta por antigos loitadores da Guerra Civil. Neste grupo de persoas que en agosto de 1944 participaban na liberación de París figuraban varios antifascistas galegos, que había moitos anos xa que viñan librando aquel combate. Desde os tempos previos ao golpe militar tiñan pelexado pola mellora da sociedade en que vivían, a raíz do levantamento fascista tiñan combatido os que querían impoñer unha sanguenta ditadura militar e, despois da derrota na Guerra Civil, mantiveran a súa actividade belixerante contra o fascismo nunha Europa case dominada polo totalitarismo. Neste episodio histórico tiveron un grande protagonismo os militantes da CNT de Cariño Ángel Rodríguez Leira, "Sanroque", e Antonio Yáñez Quiza, "Garepo" e o comunista coruñés Víctor Lantes Vedruné. O mariñeiro da Pedra Ángel Rodríguez Leira e Antonio Yáñez Quiza tiñan formado parte do Ateneo Cultural Recreativo Cariñense, o organismo cultural creado en 1933. Posteriormente integráranse tamén no Sindicato de Industria Pesqueira da CNT de Cariño, que malia ver a luz en setembro de 1934, no chamado Bienio Negro, tiña conseguido agrupar a maior parte da clase traballadora asalariada de Cariño e as localidades máis próximas. Segundo unha reportaxe publicada no voceiro coruñés Solidaridad Obrera, o sindicato pesqueiro lograra en 1936 a práctica desaparición do desemprego, arrincara 7000 pesetas aos armadores da localidade en indemnizacións polas folgas declaradas, e tiñan fundado unha sociedade de socorros baixo a denominación de "El Apoyo Mutuo". Os delegados coruñeses que foran á vila para dar o mitin do 1º de maio de 1936 recoñecían nesa reportaxe de prensa que foran convencer e, finalmente, foran eles os que retornaran convencidos. Pola súa banda, Víctor Lantes Vedruné nacera na Coruña o 9 de febreiro de 1919, e era fillo da parella formada por Manuel Lantes e Victoria Vedruné; á súa vez, a súa nai era filla de Fernanda Ibáñez e do librepensador Guillermo Vedruné Sabot, falecido na cidade da Coruña en setembro de 1917. Toda a familia tivera que abandonar A Coruña en 1923 debido ao seu compromiso coas loitas sindicais, a raíz dunha folga declarada na cidade; como consecuencia, residiron sucesivamente en Bayonne, Cuba, New York e Arxel. [Podes ler a información íntegra no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_8747
O PP aproba en solitario no Parlamento a nova Lei de medidas fiscais e administrativas, que inclúe bonificacións para bingos, casinos e máquinas de xogo para compensar as perdas pola pandemia.
O Parlamento aprobou a nova Lei de medidas fiscais e administrativas, a coñecida como lei de acompañamento dos orzamentos, xa que é o texto lexislativo que debe acompañar as contas da Xunta para posibilitar a súa aplicación. A norma saíu aprobada unicamente cos votos do PP. Os grupos da oposición, BNG e PSdeG, coincidiron en reprochar á Xunta que faga "uso e abuso" desta normativa para mudar cun só texto até 25 leis, unha técnica que non consideran nin transparente nin democrática. A deputada popular Paula Prado foi a encargada de defender o texto, unha técnica lexislativa que permite axilizar e "desatascar", dixo, e que facilita a adaptación a un contexto marcado pola pandemia. Compensar o xogo "É unha lei útil", sentenciou Prado, o que exemplificou con que permite introducir "bonificacións" para compensar os sectores máis afectados pola pandemia. Unha das bonificacións que se introduce é a aplicábel ao canon da auga e ao coeficiente de verteduras, que afecta á hostalaría. Pero a oposición reprobou que tamén se introduzan bonificacións fiscais para "casinos e bingos". Tal e como informou Nós Diario en novembro, a norma do Goberno galego pretendía, tal e como ficou demostrado na Cámara esta terza feira, 26 de xaneiro, compensar casinos e bingos para axudalos a paliar a perda de ingresos. A nova lei di que ante a pandemia "cabe estabelecer un beneficio fiscal que coadxuve a situación provocada neste sector". Así, no caso de casinos e bingos, poderase aplicar unha bonificación equivalente a 20% da débeda tributaria devindicada correspondente ao período impositivo de 2020. Para o caso das máquinas de xogo a dedución poderase aplicar a 30%.
NOS_19134
O representante de Agora Canarias Vicente Quintana participou esta quinta feira nunha nova palestra organizada pola Fundación Galiza Sempre. Na súa intervención indicou que a dependencia do arquipélago é altísima e que detectan un "maltrato institucional". Das súas palabras extráese que se sinten reducidos a un destino turístico e unha "xigantesca cárcere para migrantes".
Ahora Canarias tiña como obxectivo prioritario a "refundación do independentismo canario" pero atopou coa pandemia da Covid-19, que está a dificultar o proceso para conseguir os obxectivos fixados. Así o contou hoxe o representante da formación Vicente Quintana, que participou nunha nova palestra organizada pola Fundación Galiza Sempre. Baixo o título "Nacionalismo canario no contexto actual", Quintana analizou a evolución desta corrente desde o século XIX falando da "factura" que pasou "o xiro brutal á dereita de Coalición Canaria". Na súa opinión, a creación desta confluencia fixo de "muro de contención" do nacionalismo. Antes tiveron épocas que, dixo, non foron quen de "aproveitar" para tomar unha posición firme. "Nas primeiras eleccións democráticas aquí, o nacionalismo foi a terceira forza política e no 82 comezou a notarse o declive", lamentou. Coas cartas que teñen após ese pasado, é preciso traballar para recuperar algún traballo feito no pasado coa vista posta en que "a xente teña a potestade de decidir o que queren e pode ser un futuro brillante para Canarias, pero para todas e todos, non para uns poucos". Sen "caer en vellos vicios", queren ir cara un reparto máis equitativo da riqueza ou da economía, pois segundo estimou algo máis de 4.000 residentes quedan "coa papa quente do PIB" das illas. Aludiu a esa imaxe idílica porque na actualidade "a dependencia do exterior é terríbel, pois o 80% do que se consume tense que exportar". O papel de "colonia" do Estado español, do que queren fuxir, fixo que o turismo fora a principal fonte de ingresos tras "destruír o pouco de industria que había, a frota pesqueira, o pouco que tíñamos para negociar con outros lugares...". "Temos que exportar porque dixeron que podemos atender os hoteis e pouco máis; son as leis impostas pola nación que nos conquistou, que nos trata como unha colonia", reflexionou Quintana, especialmente preocupado porque Canarias sexa vista como punto de afluencia turística pero tamén como "unha xigantesca cárcere de migrantes que non queren estar aquí". Após padecer o "maltrato institucional", desde Ahora Canarias advirten que están "nunha quebra social e económica". "A triste realidade é que estamos na bancarrota", resumiu.
PRAZA_18169
CRÓNICA Marta propón unha nova versión do himno na Ultranoite, na que reaparece Mariano e o Apóstolo Santiago aclara o tema do seu escándalo coa Pilarica. Por Montse Dopico.
Mas "solo los ignorantes/ fétidos y rudos/ imbéciles y escuros/ no sienten el español". Deixouno ben claro Marta -Arantza Villar- na última Ultranoite de Chévere en Teo, na que tivo unha aparición estelar motivada polo seu sentido da responsabilidade en favor do espallamento dos valores da "unidade e o constitucioeanalismo" neste terrible "momento histórico", no que, como xa denunciou Toni Cantó, aquí xa non falan castelán máis que "los de fuera". Porque, -lembrou Marta- na terriña da que procede, Galicia, "la mayoría se sienten españoles", só, que ás veces, como lles meteron cousas na cabeciña, dálles "vergüenza" recoñecelo. E de aí a relevancia de reforzar o espírito patriótico co Himno -que interpretou coa letra do galego un bocadiño cambiada e despois con aquela versión tan popular sobre a cor das cachas do Generalísimo a e súa relación cos Reais lavados con deterxente-. A artista chegara ao escenario do Auditorio da Ramallosa alzada, en procesión lexionaria, nos brazos de catro cabaleiros -Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Manolo Cortés e Borja Fernández- dunha brigada antilazos amarelos que conseguira minutos antes liberar a sala non só dunhas sospeitosas cintas da cor da flor do toxo, senón mesmo de anacos de limón camuflados en vasos de cristal e até dun bolso de señora do ton antiespañol. Momentos antes, víranse obrigados a reducir a Xesús Ron, que aparecera no escenario, en actitude provocadora, co traxe dun dos míticos personaxes da Ultranoite, Gualdo. O Apóstolo Santiago tivo que comparecer para aclarar os desaguisados provocados hai xa un tempo polo ateo, roxo e separatista Carlos Santiago Mais pasaron moitas máis cousas na última Ultranoite. Entre as máis importantes, a visita do mesmísimo Apóstolo Santiago, que tivo que comparecer para aclarar os desaguisados provocados hai xa un tempo polo ateo, roxo e separatista Carlos Santiago. Contou o Apóstolo que tivera que facer enormes esforzos para conter a súa cólera cando chegara aos seus ouvidos que el mesmo se atrevera a chamarlle "puta" á Virxe, a nai do seu mellor amigo, Xesús. Mais -lembrou-, el pola unidade de España está disposto a facer os maiores sacrificios -mesmo aplicarlle o 155 á Virxe de Montserrat se fose necesario-, e decidiu, tentar, antes de pasar a vingar tal afronta coa súa apostólica e ben coñecida ira, indagar de onde saíra semellante disparate. Foi así como soubo que, durante o Carnaval, os comunistas do goberno da súa cidade chamaran para dar un pregón a Carlos Santiago. "Un matrimonio" contáralle, despois, á Verdade Revelada, que este roxo e separatista proferira o tal insulto contra a nai de Xesucristo. Incrédulo ante unha barbaridade de dimensións tan estratosféricas, preguntouse o Apóstolo se o problema non radicaría en que, cortadas as xenerosas subvencións de Manuel Fraga, -pois antes corría o diñeiro a esgalla-, xa non se podían contratar xornalistas, polo que o equívoco podería deberse ao mal facer dun bolseiro incapaz de contrastar fontes e feitos. Disposto a aclarar as cousas e, preocupado polo escándalo que percorrera España enteira, o Apóstolo Santiago dirixiuse en persoa ao tradicional local da Verdade Revelada no centro da cidade, mais, para a súa sorpresa, atopou un cartaz de "Se vende", polo que tivo que usar o seu teléfono apostólico para chamar directamente ao seu director. Tras tranquilizalo aclarándolle que o pregón non o dera el, lembroulle aquela historia dun zaragozano que ousara dicir que a sagrada catedral de Santiago, ao lado da do Pilar, nada valía, ao que un picheleiro de pro, en resposta ante tal ofensa, replicara "vuestra Pilarica se la chupa a nuestro Apóstol". Público asistente a unha ultranoite / © Chévere Simplemente estaba a expresar, coa linguaxe machista e soez propia da época, que a catedral de Santiago era mellor que a do Pilar Por se alguén sufrise problemas de comprensión lectora, aclarar que o tal picheleiro, que en ningún momento cuestiona a virtude da Pilarica, non se refería a que se tivese producido ningún tipo acto sexual entre as dúas santas personalidades, nin a que tal feito fose ou debese producirse no futuro, senón que simplemente estaba a expresar, coa linguaxe machista e soez propia da época, a súa opinión sobre que a catedral de Santiago era mellor que a do Pilar. "¿Y no te hacía gracia esta historia antes?", preguntoulle o Apóstolo Santiago ao director da Verdade Revelada. Ao que este respondeu que si, pero que había que "vender periódicos", aínda a forza de crucificar a quen o Apóstolo cualificou como pobre ovella descarriada. Mais como a Ultranoite foi, desta volta, un auténtico desfile de personalidades, a carón da cantante máis patriota e do noso Apóstolo non podía faltar outro dos máis entrañables personaxes da mesma: Mariano -Manolo Cortés-, que chegou a Teo para explicarlle ao público onde anda e a que se dedica despois da "traición de censura". E é que o ex-presidente de España deixou a política para meterse a nada máis e nada menos que Rexistrador da Propiedade Intelectual, posto desde o que asesora artistas para evitar que os acaben metendo no cárcere. "O ex-presidente de España deixou a política para meterse a nada máis e nada menos que Rexistrador da Propiedade Intelectual" E alí mesmo, no Auditorio de Teo, deunos unha mostra do seu bo facer, recibindo a un galego, un catalán e un vasco. Ao catalán, -Borja Fernández-, que se parecía a Valtonyc, aconselloulle primeiro cambiar as súas letras e despois quedar en Bélxica, onde a xustiza é doutra pasta. A Evaristo (Miguel de Lira) -galego de orixe e vasco de adopción-, recomendoulle refinar a súa linguaxe, usando outro tipo de expresións para apelar a certos policías e non acabar denunciado pola… Garda Civil. A Fermín (Sergio Zearreta), vasco de fala galega, aconselloulle cantar en "vascuence", porque total ninguén o entende, mais acabou sendo contaxiado pola forza do primeiro cantando Sarri, Sarri. Pouco despois o público puido ver un vídeo do Valtonyc verdadeiro saudando a público e artistas da Ultranoite e chamando a non caer, nunca, na autocensura. "O público puido ver un vídeo do Valtonyc verdadeiro saudando a público e artistas da Ultranoite e chamando a non caer, nunca, na autocensura" Entre cliente e cliente, Mariano falaba coa súa secretaria Soraya. E a Soraya -Patricia de Lorenzo-, tamén puideramos vela xusto ao principio da Ultranoite. Viñera dicirnos, cantando, que o PP é seu, que para Dolores non vai haber ningún recuncho abondo agochado no que non poida dar con ela, e que non está nin moito menos morta, senón que volverá. E falando de políticos, tamén puidemos ver a Cristina (Sergio), explicando que o do seu máster só fora un desliz; ou a Pablo (Borja) no seu chalé recibindo a Bertín (Manolo), que viña propoñerlle substituír a Arévalo para seguir co espectáculo Vaya par de gemelos; ou a Pedro (Sergio), recén operado e totalmente zombi, coma unha sorte de Frankenstein superado polas circunstancias e por demandas múltiples e dificilmente conciliables. Membros de Chévere, portando camisolas en apoio ao persoal da CRTVG que participa nos venres negros / Defende a Galega Contra o final, a xuíza pitonisa -Mónica García- recibiu a consulta de Luis, (Xesús Ron), que se interesou polo futuro de Martiño, Xulio e Iago, ademais de consultar con ela os seus próximos movementos para reforzar a súa posición no Consello das Mareas. As imaxes de varios políticos desfilaron tamén polo xogo do Polbo da androide de Sanxenxo Akira. Unha aplicación na que o público ía votando "Si,oh" ou "Non,che", e na que Rosalía ou Maruxa saíron mellor paradas ca Fran (Franco), Manoliño (Fraga), Julito (Iglesias) ou Frijolito co seu amigo nun barco fariñeiro. Unha aplicación na que Rosalía ou Maruxa saíron mellor paradas ca Fran (Franco), Manoliño (Fraga), Julito (Iglesias) ou Frijolito co seu amigo nun barco fariñeiro A pitonisa recomendoulle non deixarse seducir polos aduladores da Voz antes de ter que saír atender unha demanda dos seus servizos como stripper chegada desde un chalé grande de Casas Novas. A actuación musical da Década lembrou tamén outros temas de actualidade, como o costume dalgúns machos de violar en manada porque en España non pasa nada ou a metedura de pata dun xuíz ao que España pagará pola súa defensa. Tamén lembraron o discurso neofascista de Matteo Salvini, pouco empático coa inmigración e os xitanos. E ese mesmo tema, o rexeitamento do diferente, foi o que centrou a intervención de tres abellas -Mónica García, Arancha Estévez e Patricia de Lorenzo-. Ben, en realidade eran unha avéspora do país moi preocupada pola aparición no seu terreo das velutinas -ou como queira se chamen-, unha velutina que se defendía como podía pero que tamén era boa e, no medio, unha abella galega. A avéspora chamáballes ladroas, depredadoras e asasinas ás velutinas, dicíndolles que cando elas emigraran foran traballar. E a velutina dicía que ela fora vítima da globalización, que estaba tan tranquila nun contedor comendo un lichi e que de repente aparecera na outra punta do planeta, mais que despois dun tempo por estas terras xa estaban botando raíces. Que xa dixera a consellería que había que aprender a vivir con elas. Ultranoite tocou a loita de traballadores e traballadores da TVG contra a manipulación e a utilización política deste ente público A Ultranoite tocou outros dous temas de ardente actualidade galega. Un, a loita de traballadores e traballadores da TVG contra a manipulación e a utilización política deste ente público. Monti e Iria -Sergio e Mónica- presentaron un telexornal no que non facía falta falar de nada máis, porque xa estaba Venezuela, ademais de conectar con outro reporteiro -Miguel- que estaba sentado no váter cun certo xornal, o cal lles deu para falar de fake/fuck news ou noticias de merda. Tras un número que apoiou a loita da veciñanza de Teo contra o proxecto de Toysal para enviarlles unha planta de tratamento de 80.000 toneladas de merda- precisamente-, grazas en boa medida á mudanza da lei do solo realizada polo PP para abrir o camiño a empresas coma esta ou ás mineiras de Touro ou Corcoesto, rematou a Ultranoite -con camisolas negras de Defendeagalega- cunha lembranza ao actor Xan Cejudo, recentemente falecido. A penúltima Ultranoite de setembro -pois esta crónica correspóndese co acontecido o venres 28- serviu tamén para anunciar que Iria Piñeiro estreará en outubro Anatomía dunha serea, e para presentar en "primicia" as primeiras imaxes de Eroski Paraíso, versión en película da obra de teatro homónima de Chévere.
NOS_14987
Aínda que con menor intensidade que nas xornadas da sexta feira e do sábado, o temporal segue a afectar a Galiza e deixa ao seu paso centenares de incidencias, a meirande parte, relacionadas coa caída de árbores ás estradas, amais de postes ou cables da luz.
Desprendementos de cubertas, caída de tellas, árbores e postes da luz... o temporal que azouta Galiza segue a provocar centenares de incidencias malia que o peor xa pasou. Unha das máis graves ocorreu na xornada do sábado en Lourenzá, onde o vento tirou dúas torres de alta tensións. Aliás, os efectos do vento e da chuvia levaron a reordenar o tráfico nas estradas do país debido á caída de tendido eléctrico, de restos de árbores e outros desprendementos. Segundo o 112, nas últimas horas rexistráronse máis dun cento de incidentes nas comarcas pontevedresas. O concello máis afectado volve ser A Estrada, con 36 avisos atendidos. Vigo, Lalín e Pontevedra son outros dos municipios con máis incidencias. Por outra banda, Galiza rexistrou un total de 471 lóstregos durante a madrugada e a mañá do domingo. Un dos lóstregos impactou nas inmediacións da Torre de Hércules, na Coruña, e deixou o faro sen luz. Predición A respeito da predición, a costa permanecerá este domingo en alerta laranxa por un novo temporal que afectará ao noroeste, así como á costa lucense a partir da tarde. Espéranse ventos do oeste de forza 7 e 8 e ondas de entre cinco e seis metros. Ademais, os refachos de vento superarán os 100 km/h en puntos das comarcas pontevedresas.
NOS_30836
Deportivo e Jaén empataron a ceros nun encontro no que non abondaron as oportunidades de marcar. Os coruñeses levan tres partidos seguidos sen gañar mais mantéñense no liderato.
Tras a derrota co Eibar e o empate en Numancia, o Deportivo da Coruña viaxaba a terras andaluzas coa intención de atinxir unha vitoria que lles fixese comezar 2014 cun liderato amplo para unha segunda volta na que deixar claro que son os favoritos o ascenso. Non houbo o triunfo senón un empate a cero, mais ese punto válelle o Depor xa non para seguir no cumio de Segunda, senón mesmo para abrir unha diferenza. O propio adestrador Fernando Vázquez recoñeceu que a segunda parte non fora boa e que deberían chegar o descanso con ventaxe. O equipo galego tivo tres oportunidades de marcar, mentres que os andaluces rexistraron dúas. Foi un partido medido, non moi fluído, no que ningunha das escadras querían cometer erros. A seguinte cita do Dépor vai ser co Girona, no fondo da táboa clasificatoria, unha oportunidade para os herculinos de atinxir a primeira vitoria de 2014. Ficha técnica Real Jaén: René; Gaitán (Santi Villa, m.3) (Edgar, m.68), Nino, Servando, Álex Cruz; Kitoko, Juanma, Fran Machado, Israel, Jozabed; e Jona (Cascón, m.86). Deportivo: Germán Lux; Laure, Insúa, Marchena, Manuel Pablo; Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Núñez (Luis, m.67), Culio, Luisinho (Juan Carlos, m.67); e Borja Bastón (Rudy, m.85).
NOS_697
O choque xeopolítico de Venezuela mantén dun lado os EUA e doutro, Beijing e Moscova. Esta sexta feira, un portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores chinés advertiu a Washington que a introdución "forzada" de "axuda humanitaria" en solo venezuelano podería desencadear un conflito violento. Beijng gabou a "calma" e a "contención" mostradas até agora por Maduro.
"Se a chamada axuda material se introduce pola forza en Venezuela, pode causar violencia e confrontos. Tería serias consecuncias. Iso é algo que ninguén quere ver", dixo o portavoz chinés de Exteriores, Geng Shuang. Beijing reiterou a súa oposición a unha eventual intervención norteamericana en Venezuela, hipótese que Washington considera seriamente. "Opoñémonos tamén a calquera acción que resulte en elevar a tensión", dixo Shuang. A posición oficial do Goberno Maduro é que non existe ningunha crise humanitaria e que é un pretexto dos EUA para criar unha situación de caos no país que xustifique a intervención militar estranxeira. En todo caso, Caracas anunciou nas últimas horas a chegada ao país dun cargamento de 7,5 toneladas de medicinas procedentes de Rusia. O Goberno Maduro atribúe os problemas de desastecimento que sofre Venezuela ás sancións de Washington.
NOS_25229
A oferta para estabelecer diálogos de paz por parte do presidente de Iemen chega despois dun alto o fogo durante o mes de Ramadán impulsado polos hutíes.
A guerra en Iemen enfronta ao Goberno, apoiado por unha coalición internacional liderada por Arabia Saudita, e aos hutíes, apoiados por Irán. Os hutíes controlan Saná e zonas do norte e o oeste do país, mentres que o Estado iemení o resto do territorio. O conflito sufriu un agravamento en varias frontes durante os últimos meses a pesar dos esforzos internacionais de mediación, nunha guerra que provocou a considerada maior crise humanitaria mundial. 19 millóns de persoas, con fame no Iemen O presidente de Iemen, Abdo Rabbu Mansur Hadi, fixo un chamamento aos hutíes para volver á mesa de negociacións para lograr un acordo de paz, días despois do anuncio dunha tregua con motivo da celebración do mes de Ramadán. "Pídolles que, como un compoñente político de Iemen que respecta os principios republicanos nacionais, a unión e a democracia, volvan ás negociacións para lograr a paz para o pobo iemení", sinalou. Iemen, inferno en vida para a infancia "Volvamos construír o Estado civil e federal de Iemen que acordamos crear na Conferencia de Diálogo Nacional", manifestou o presidente iemení, antes de pedir aos hutíes que se "distancien dos plans destrutivos de Irán" e traballen para "sanar as feridas do país". A tregua foi promovida polos hutíes 27 de marzo A tregua estabelecida entre as partes enfrontadas durante o mes de Ramadán foi promovida polo líder dos hutíes iemeníes, Mahdi al Mashat, o pasado 27 de marzo, e respondida afirmativamente pola coalición que lidera Arabia Saudita a 30 de marzo. Outras guerras, os mesmos crimes Al Mashat tamén propuxo convertila "nun compromiso final e permanente" en troque de que Arabia Saudita cese os bombardeos e deixe de respaldar milicias que lle son leais no territorio iemení.
NOS_41809
Ecoloxistas en Acción presenta no xulgado unha denuncia contra as Administracións local e galega por posíbel comisión dos delitos de prevaricación continuada, delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e delitos contra a Saúde pública por consentir as emanacións tóxicas da empresa Tratamiento Ecológicos del Noroeste pese ás múltiples denuncias da veciñanza da zona.
Ecoloxistas en Acción vén de pedir no Xulgado que se abra o "oportuno procedemento penal" contra María Sagrario Pérez Castellanos, en calidade de directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático; contra Ángeles Vázquez, en calidade de conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; contra Ignacio Codesido Barreiro en calidade de alcalde do concello de Touro; contra Alfredo Souto Castelo en calidade de alcalde en funcións durante os feitos descritos e contra José Antonio Gómez Pedreira en calidade de secretario-interventor do concello de Touro. O grupo ecoloxista advirte dunha posíbel comisión dos delitos de prevaricación continuada, delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente e delitos contra a saúde pública das citadas persoas "por consentir as emanacións tóxicas da empresa Tratamiento Ecológicos del Noroeste", relacionadas coa mina de Touro. Tratamento de residuos A empresa, sinalan os ecoloxistas, desenvolve desde 2004 unha actividade de tratamento de residuos no Lugar da Mina no concello de Touro. En 2015, realizou obras "sen que conste ningunha licenza municipal rexistrada no concello nesas datas e a nome desta empresa". "Igualmente non se ten constancia no concello de licenzas concedidas anteriores á autorización ambiental integrada (AAI) de 2016", advirten. A estrutura fundamental, informan, son dúas naves executadas en períodos distintos e instaladas en solo rústico de protección de infraestruturas, "non encaixando así a actividade da empresa en ningún dos usos que recolle o PXOM de Touro ou a Lei do Solo vixente nese momento como permitidos ou autorizados neste tipo de solo". Irregularidades da autorización ambiental integrada En 2020, salienta o colectivo, "o Concello de Touro emite un informe en relación á revisión de Autorización Ambiental Integrada da empresa, onde se poñen de manifesto as irregularidades e incumprimento da AAI outorgada en 2015. Neste informe póñense en dúbida as garantías que a empresa ofrece sobre as autorizacións dos residuos que se procesan; dúbidas sobre o debido control dos residuos que entran en proceso; sobre a capacidade de entrada de material nas cantidades autorizadas; sobre os controis e cumprimento da AAI; sobre o tratamento conxunto de diversos residuos de distinta procedencia e materia, co grave incumprimento do control de olores, manifestándose a constancia dos mesmos e a influencia na vida diaria dos veciños, na súa calidade de vida". Ademais, pon de manifesto que en maio de 2021, en sede parlamentar, "lévase o tema das actuacións da empresa e as queixas dos olores e as dúbidas sobre o tratamento dos residuos e o incumprimento da AAI". As Administracións, coñecedoras das denuncias "Na sesión parlamentaria o representante da Consellaría de Medio Rural confirma as denuncias existentes durante anos, as queixas veciñais e sustenta e xustifica a actuación da empresa baseada única é exclusivamente en informes que a empresa emite". "O Concello de Touro e a Xunta da Galiza recoñecen o problema e realizan instrucións, pero dan por válidos os informes que a posteriori presenta a empresa sen atender á realidade e ao incumprimento da AAI a pesar de que, desde hai anos, se rexistran denuncias diarias". A organización ecoloxista galega sinala que veciñas e veciños dos concellos de Touro e do Pino levan máis de 20 anos denunciando as continuas irregularidades destas empresas, polos fortísimos olores derivados do almacenamento e depósito de lodos, polo desbordamento das balsas da antiga mina e por verteduras aos ríos das que Concello e Xunta teñen constancia.
NOS_57818
O portavoz nacional do BNG sinala, nunha entrevista na Radio Galega, que en breve haberá reunións con Compromiso, dentro da apertura de contactos con todas as forzas nacionalistas, e incide en que "este país precisa unha maioría nacionalista para facer fronte á crise"
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, anunciou que a fronte nacionalista pula por "conformar unha gran candidatura ás europeas que leve a Galiza a ter voz en Bruxelas e defenda outro modelo de Europa". Vence realizou estas declaracións no transcurso dunha entrevista na Radio Galega. Anunciou,a preguntas do xornalista, que "nas vindeiras semanas" manterá contactos con Compromiso por Galicia e, inquerido sobres relacións con Anova, reiterou que o BNG considera que este país "precisa dunha maioría nacionalista" e que nesa liña "apostamos por unir todo o posíbel ao nacionalismo" para facer fronte a un escenario de crise económica e recentralización do Estado. O portavoz nacionalista reiterou que "queremos conquerir para Galiza unha representación en Europa",como un paso clave para a defensa dos intereses do país. Aliás, esa representación pularía en Bruxelas por outra Europa diferente á actual. En clave nacionalista Vence lembrou que desde o PP se está a impulsar unha serie de políticas centralizadores que teñen consecuencias directas que "laminan as competencias de comunidades autónomas" e "iso afecta á calidade de vida". En tal escenario, o BNG ten a obriga, considera, de "falar e explicar as nefastas consecuencias que supón non ter soberanía, non poder decidir nós sobre a política forestal, naval, pesqueira...". Se algo ten demostrado esta crise, apunta, son as nefastas consecuencias de carecer de soberanía. De aí que é precisa a soberanía, pois non é un simple demanda ideolóxica senón unha ferramenta "que equivale a axudar a solucionar os problemas desta crise". Núñez Feijóo está a ser "o cómplice perfecto para a estratexia de recentralización e tirar competencias aos territorios". O portavoz nacionalista entende, aliás, que Núñez Feijóo está a ser "o cómplice perfecto para a estratexia de recentralización e tirar competencias aos territorios". Alonso Montero, que respecte Na entrevista na Radio Galega tamén se lle preguntou a Xavier Vence polo cruce de declaracións co novo presidente da Real Academia Galega, Alonso Montero. O portavoz do BNG limitouse a pedir a Montero que "manteña un discurso acorde co seu cargo", polo que "debe ser respectuoso e defender claramente o galego, que prestixie o idioma". Por iso, considera Vence, o novo mandatario da RAG debería de se abster de intervencións que "son expresións dunha visión clasista" do idioma.
NOS_53921
O líder das socialistas galegas salienta que levarán a cabo unha campaña "en positivo" para "mobilizar a todo o electorado progresista" da Galiza. Ademais, insta a Feixoo a manter un "cara a cara" con el durante a campaña.
"Feixoo convoca as eleccións con moita présa para non ter que dar contas da súa xestión e vai levar unha sorpresa cando se abran as urnas", asegurou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esta terza feira nunha comparecencia na que lle lembrou ao actual presidente da Xunta que "leva os recortes na súa mochila". "Hoxe a Galiza está centrada en seguir gañando a batalla fronte ao virus", sinalou, para evidenciar que a decisión que Alberto Núñez Feixoo de convocar os comicios o 12 de xullo foi "persoal e unilateral", e "rachou o consenso" co resto de forzas políticas que levara ao aprazamento das mesmas pola crise sanitaria. "Feixoo debería respectar o que el mesmo publicou no DOG", afirmou, en relación a que non se convocarían as eleccións até que rematase o estado de alarma. "Se pedimos á cidadanía que respecte as normas, el debera ser o primeiro en dar exemplo", engadiu. "Á altura das circunstancias" Desta maneira, Caballero criticou que o presidente galego pretende "pasar de puntillas" pola súa xestión desde que comezou a pandemia e "obviar" como a sanidade pública chegou "con evidentes debilidades" a esta crise tras "once anos de recortes". "Fronte ao PP de Feixoo, que leva os recortes na súa mochila e deixa un legado de 70.000 ocupados menos tendo en conta os datos previos á chegada do coronavirus, o PSdeG estará á altura das circunstancias", sostivo o líder socialista. Caballero asegurou que as socialistas non teñen que "dar un xiro" ao programa co que concorrían ás eleccións do pasado 5 de abril, senón que farán "un reforzo" dos seus eixos de acción". Levarán a cabo unha campaña "en positivo" para "mobilizar a todo o electorado progresista" da Galiza. Cara a cara con Feixoo Por outro lado, Gonzalo Caballero instou a Feixoo a manter un "cara a cara" con el, así como a participar en varios debates co resto de forzas con representación na Cámara galega e citou expresamente ao BNG e a Galicia en Común-Anova Mareas. "A Feixoo non lle gusta debater", manifestou na súa comparecencia, na que confirmou que participará en "todos" os debates aos que acuda o candidato do PP. Así, salientou a importancia de realizar este tipo de actos para confrontar as ideas e "garantir a calidade democrática". Neste punto, tamén pediu que a CRTVG faga un "seguimento amplo" da campaña electoral con máis espazo para a información dos distintos partidos "de acordo á normativa".
PRAZA_6516
Rajoy confirma que o Goberno renuncia á contrarreforma e o ministro de Xustiza dimite ás poucas horas aclarando que o proxecto "era do Goberno de España". A Plataforma polo Dereito ao Aborto celebra "a vitoria" que atribúe á "loita social e do movemento feminista".
Un ano de alerta feminista contra os argumentarios de partido Mariano Rajoy confirmou este martes que o Goberno renuncia a sacar adiante a reforma da vixente lei do aborto. O presidente do Goberno central confirmou a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de Protección do Concibido e os Dereitos da Embarazada redactado polo Ministerio de Xustiza, por non atopar o consenso suficiente para sacalo adiante. A presión cidadá -encabezada pola loita das mulleres-, as diferenzas no Executivo e o temor á perda de apoios electorais acabaron cunha polémica contrarreforma liderada por Gallardón, que quedou desacreditado e que anunciou a súa dimisión ás poucas horas do anuncio de Rajoy. A presión social, liderada polas mulleres, e o cálculo electoral do PP obrigaron o Goberno a retroceder e desacreditar a Gallardón No seu lugar, Rajoy anunciou que o Goberno reformará a actual normativa para asegurar que as menores de 16 e 17 anos precisen do consentimento paterno para interromper o seu embarazo e apostará por un Plan de Protección da Familia que verá a luz, segundo dixo, antes de finais de ano. O xefe do Executivo fixo este anuncio en declaracións aos medios logo de participar no Congreso Mundial de Relacións Públicas que se celebra en Madrid. E fíxoo a poucos meses das eleccións municipais e a menos aínda de que arrinque a precampaña. Fontes de Xustiza non aclaran se o plan pasa por redactar de novo o anteproxecto que Gallardón presentou en decembro ou se se farán correccións ao documento para obrigar ao consentimento no caso das menores. Desde a contorna de Gallardón sinalouse que é "o normal" que fose Rajoy quen anuncie a noticia e non o ministro que máis a impulsou. Pero ás 17.30 horas, o ministro compareceu ante os medios para anunciar a súa dimisión "como consecuencia da decisión tomada polo Goberno". "Asumín a reforma de acordo coa doutrina do noso partido; era unha reforma do Goberno de España", advertiu Gallardón "Asumín a reforma de acordo coa doutrina do noso partido e co criterio asumido co recurso presentado ante o Constitucional; as consecuencias do debate xurdido levaron a que o Goberno tomase a decisión de non seguir adiante con este anteproxecto e creo que é a miña obriga admitir que non tiven a capacidade de convertelo en proxecto de lei, incluso despois de que os informes consultivos fosen favorables", dixo Gallardón, que aclarou que xa lle anunciara a Rajoy a súa intención de marchar hai unha semana e que anunciou tamén a súa marcha da política e a renuncia ao seu escano no Congreso. Tamén abandona a executiva do PP e todos os cargos no partido. "Debo dar e dou a miña vida política por acabada", insistiu. "Era eu o que estaba trabucado, pero en xuño dixen con convición que o proxecto ía ser aprobado este verán; máis que desautorizado, sinto que non fun capaz de cumprir un encargo que me fixo o Goberno", resumiu Gallardón, que volveu aclarar que o proxecto "era do Goberno de España". E xa que logo, non só del. "Pido perdón aos votantes aos que fallamos", engadiu. Rajoy di agora que retirar a reforma da lei é "o máis sensato" Rajoy explicara antes que tomou a decisión que lle pareceu "máis sensata" e que a súa intención é "seguir traballando pola cohesión". "Pero non podemos ter unha lei que cando chegue outro goberno sexa cambiada ao medio minuto", asegurou. Desde os colectivos polo dereito ao aborto, as organizacións políticas contrarias a esta contrarreforma e todo tipo de colectivos sociais na mesma loita, a satisfacción é enorme. "Estamos moi contentas", recoñece Pilar Estévez, unha das voceiras da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (PGDA), que cre que a sociedade "debe valorar o que se acaba de conseguir". "É algo histórico porque non estamos ante un Goberno que sexa moi proclive a retroceder, pero deu marcha atrás", insiste quen cre, tamén, que o PP "se decatou de que seguir adiante con esta reforma implicáballe tamén a perda de base social e de apoio electoral". "Ao tempo que apertas a xente a base de recortes e restriccións, intentas tamén limitar e esnaquizar a liberdade individual das mulleres... E iso non pode ser", reflexiona. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto cre que a loita constante do feminismo foi clave na volta atrás do Goberno A PGDA considera esta volta atrás de Rajoy como "unha vitoria", aínda que "non definitiva", e cre que a clave estivo "no enfrontamento total e constante do movemento feminista, apoiado por organizacións sociais e políticas, que tivo que sufrir este Goberno". "Non paramos de loitar e non cedemos un minuto, ademais de ser quen de consensuar, desde diferentes posicións, o noso rexeitamento a prol dos nosos dereitos... Foi un fito e por iso conseguimos o que conseguimos", engade. A plataforma reclamará agora a retirada do recurso ante o Contitucional Aínda así, Estévez reclama "seguir alerta" ante un Executivo que "pode modificar partes da lei actual ou pode estar agardando ao que responda o Constitucional sobre o recurso presentado". De feito, xa advirte de que a PGDA reclamará agora que se retire ese recurso porque "hai que seguir apertando". "Faémolo e agora hai que manifestarse con máis forza ca nunca, pero con ledicia e contundencia", advirte quen chama á sociedade a participar nas mobilizacións previstas para o vindeiro 28 de setembro co gallo da celebración do Día Internacional polo Dereito ao Aborto. Haberá actos variados e prevense flashmob reivindicativos en varias vilas e cidades galegas. "A vitoria tamén é seguir unidas", di. "As loitas na rúa si serven" As reaccións políticas tampouco se fixeron agardar. Desde Galicia, AGE asegura que "a loita social comandada polas feministas acaba de conseguir unha sonora vitoria". "As loitas na rúa si que serven para algo, e esta marcha atrás do PP é unha nova mostra", considera a deputada Eva Solla, quen avisa, non obstante, que "é preciso permanecer alerta para que non haxa unha nova involución". Solla lembra que o seu grupo parlamentario aposta, a maiores, "pola ampliación dos dereitos en saúde sexual e reprodutiva, non só no relativo ao aborto senón tamén en asuntos como a educación sexual". AGE recorda en numerosas ocasións a retirada da "ultraconservadora reforma da lei do aborto" ao Parlamento de Galicia. "Mais o PP de Alberto Núñez Feijóo negouse e fixo un vergoñento seguidismo de Madrid no ataque aos dereitos das mulleres; o machismo atópase na xenética da dereita pos franquista", di. O PSdeG cre que a retirada da contrarreforma "é unha vitoria das mulleres" e que a Gallardón non lle quedaba outra que dimitir. "A súa reforma era un ataque ás liberdades; adeus ao señor Gallardón e parabéns a toda a sociedade que loitou para que as mulleres conservasen o seu dereito a decidir", dixo Carmen Acuña, voceira de Igualdade no Parlamento. Ademais, o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, cre que Feijóo "ten mañá no Parlamento unha oportunidade de ouro para pedir desculpas, xa que estivo sempre con Gallardón apoiando a reforma do aborto". "O presidente da Xunta amosou neste tema que está na ala dura do Partido Popular", afirmou o líder dos socialistas galegos, que considera que "queda claro unha vez máis que o PP só acerta cando rectifica tras escoitar a opinión dos cidadáns", sostén o secretario xeral do PSdeG Desde o BNG, Olaia Fernández Davila, portavoz no Congreso, amosou a súa satisfacción pola retirada dunha "reforma retrógrada". "Non poidamos consentir que se fixese logo de ter logrado unha lei que garantía o dereito a decidir das mulleres, pero sobre todo que lles daba garantías xurídicas e sanitarias", asegurou. A Conferencia Episcopal acusa o Goberno de Rajoy de "falta de coherencia política" Desde Madrid, o PSOE lembra que "o dereito da muller non se pode partir en anacos" e reclama "a dimisión" do ministro Gallardón por "xogar co sufrimento das mulleres. O PP, pola súa banda, considera que a decisión do Goberno "é responsable". "Traballamos para non fracturar a sociedade", dixo o voceiro popular no Congreso, Alfonso Alonso. Mentres, a Conferencia Episcopañ Española acusou o Executivo de "falta de coherencia política", tal e como manifestou na súa conta de Twitter o seu secretario xeral, José María Gil Tamayo, que considera que a marcha atrás foi tomada "por intereses electoralistas".
NOS_51687
O acto celebrouse este domingo no Estaleiro da Banda do Río.
O Concello de Bueu puxo o ramo o domingo á Semana da Cultura Mariñeira cunha homenaxe a Staffan Mörling, coñecido como 'o mozo sueco de Ons', e que realizou un gran traballo investigador a prol das embarcacións tradicionais. Así o lembraron Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Xosé Leal, concelleiro de cultura, no acto celebrado no Estaleiro da Banda do Río. Xurxo Souto actuou como mestre de cerimonias cun discurso no que falou de Mörling como unha persoa namorada de Ons e das súas xentes, que soubo describir o enorme patrimonio cultural e histórico da Galiza. Souto lembrou aqueles anos nos que o sueco chegou a Ons e descubriu as dornas, unha experiencia que se uniu ao seu namoramento pola que despois foi a súa muller, de Ons, Josefa Otero. "O proxecto de Staffan Mörling foi pangalaico, percorreu todas as ribeiras, e aí reside a súa transcendencia e a súa posta en valor", salientou Souto, quen tamén tivo palabras para a loita que na actualidade está levando a cabo a veciñanza da Illa pola defensa dos seus dereitos. Aínda que a muller e o fillo de Mörling non puideron asistir debido á Covid-19, si que había entre o público familiares residentes na vila, ademais de xentes do mundo cultural e representantes políticos. O broche final púxoo Marcos Campos, director de Manxadoira, coa interpretación do himno sueco na gaita.
PRAZA_11320
En Vigo, ao parecer, instalaranse uns 10.000.000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800.000, iso é, contando a toda a xente do concello, 80 por persoa, máis de tres veces máis
En Vigo, ao parecer, instalaranse uns 10.000.000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800.000, iso é, contando a toda a xente do concello, 80 por persoa, máis de tres veces máis25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800 000, iso é, contando a toda a xente do concello, 80 por persoa, máis de tres veces máis (máis de cen por persoa se se considera só os habitantes da vila).Parece que as árbores non deixan ver o bosque, e os visitantes no Nadal non poderán ver a magnificencia do ceo estrelado ou as nubes cambiantes ocultando a Lúa de noite, pois para algo están as luces. Neste caso, para deslumbrar ós visitantes (e, efecto colateral, ós locais)A nota do concello destaca o esforzo para que Ribadeo sexa visible en toda a bisbarra. Custe, contaminación enerxética e visual, ou gusto, son arrumbados fronte as luminosas cifras postas sobre a mesa. Non en van dispónse de 23 900 €/ano que van ser radiados na noite ribadense como un extra sobre a iluminación normal. Se o ano pasado foron 13 500 €, implica un aumento do 77 % fronte a un ano atrás. Haberá quen diga, non importan os cartos cando se trata de fardar. Aínda que o pretendido, segundo a nota de prensa, é que 'se nos vexa' na bisbarra para que a xente consuma en Ribadeo. Ou sexa, trátase de consumir máis para facer que a xente consuma máis nese mesmo lugar. Enténdese pois que a acción está proposta non de cara ós ribadenses, senón como como subvención extra a ACISA (lembranza: asociación de comerciantes, industriales, servicios y autónomos de Ribadeo).Disponse de 23 900 €/ano que van ser radiados na noite ribadense como un extra sobre a iluminación normal. Se o ano pasado foron 13 500€, implica un aumento do 77%Non se pode dicir moito máis, pois o único a considerar para o contrato da iluminación das oitocentas mil luces será 'a oferta económica máis ventaxosa'. Con iso, enténdese que as luces outras luces, como as do campo de fútbol, que levan anos deslumbrando ó ir pola estrada de Vilela, serán reforzadas para quedarmos máis deslumbrados, e, co deslumbre, convertidos os visitantes e tamén os ribadenses en consumistas.É posible que sexan 'luces bonitas', pero coa súa visión non poderei menos que pensar noutras cousas a máis de xulgar a intensidade da súa beleza. Por exemplo, a eficacia da medida na potenciación do consumo, o retorno directo ós ribadenses desa inversión ou se o Ribadeo que queremos é un Ribadeo 'deslumbrado' por luces artificiais.
NOS_49033
Xa son un total de 72 positivos por Covid os rexistrados na Vila Olímpica.
O director executivo do comité organizador de Toquio 2020, Toshiro Muto, non desbotou a posibilidade de que os Xogos se volvan adiar ou mesmo cancelar se os casos da Covid-19 continúan a dispararse. Preguntado esta terza feira nunha conferencia de prensa sobre unha cancelación de última hora da cita olímpica debido ao aumento de casos, manifestou que estaría atento ás cifras de infección e mantería conversas cos organizadores de ser necesario. A tres días de que se inauguren oficialmente os Xogos Olímpicos de Toquio 2020 os casos da Covid continúan a subir. Os organizadores cifraron en 72 os positivos rexistrados até a data, incluíndo deportistas, adestradores, voluntarios e outros traballadores relacionados co evento deportivo. Na mesma comparecencia, Muto tamén avanzou que os atletas que dean negativo nun test seis horas antes da competición, poderán participar nela aínda que estivesen confinados nas horas previas polas sospeitas de contaxio. 18.000 persoas A xestión por parte da organización dos positivos e dos seus contactos estreitos, así de como se poderán volver introducir na Vila Olímpica con totais garantías para o resto de residentes, é un tema aínda por dilucidar. O número de persoas relacionadas cos Xogos, vidas de todo o mundo, é de arredor de 18.000. "Chegados a este punto, os casos poderían medrar ou decaer, non o sabemos. Así que pensaremos que facer cando coñezamos a situación", apuntou Muto. Tras as súas declaracións, os organizadores de Toquio 2020 manifestaron que están a concentrar os seus esforzos en ofrecer uns "Xogos exitosos". Sen público O foco de contaxio que máis preocupa neste momento é o da selección surafricana de fútbol, onde dous membros foron postos en corentena tras daren positivo. Tamén hai un contaxio no equipo checo masculino de volei praia e outro no equipo de ximnasia dos Estados Unidos. Na delegación estadounidense tamén causou baixa Zach LaVine, xogador de baloncesto dos Chicago Bulls, que quedou sen viaxar a Toquio por ter estado en contacto cun positivo. O inicio dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 está previsto para esta sexta feira, día en que se desenvolverá ─se non hai novidades─ a tradicional cerimonia de inauguración. Hai unhas semanas, Xapón tomou a decisión de que todas as probas deportivas se disputen sen presenza de público nas bancadas.
NOS_10715
A bailarina da Compañía Pisando ovos presentará, xunto a Cristina Montero, un novo espectáculo no Festival 'Corpo(a)terra' de Ourense
Que veremos no Festival 'Corpo(a)terra' de Ourense?Presentaremos un dueto entre a coreógrafa Cristina Montero e mais eu. Levamos pouco tempo ensaiando e gustaríanos que fora o inicio dunha peza máis longa. Chámase "Só unha escusa" porque era o que precisabamos, que alguén nos convidara a poder presentar algo para meternos nun proceso creativo e crear unha peza conxunta. Levamos moito tempo coñecéndonos e temos as mesmas intencións neste mundo. O que se presentará en Ourense é a primeira parte de algo moito máis longo.É un dueto moi físico. Estamos traballando sobre o contacto físico entre as persoas. Como podemos movernos as dúas mesmo cando non estamos xuntas. En Ourense semella que tod@s, espectador@s e bailarinas, pertencemos a ese espazo escénico e crease outro moito máis normal O público en Ourense comparte espazo coa artista. Como vive a bailarina esta situación?É unha experiencia moi enriquecedora, moi positiva. Nos teatros está moito máis lonxe, todo é moito máis formal. En Ourense semella que tod@s, espectador@s e bailarinas, pertencemos a ese espazo escénico e crease outro moito máis normal, onde paseamos tod@s, formando parte do que sucede. É moi interesante toda esa enerxía que hai ao redor, como miran, como comentan, axudan a ir nunha dirección ou noutra. Hai un intercambio moito máis directo. Forman tod@s parte do mesmo espazo. Que importancia ten a música neste espectáculo?A estrutura que bailaremos é semimprovisada, con material investigado mais non sabemos en que orde vai ir. Segundo a xente que nos mire a coreografía será unha ou outra e coa música vai suceder o mesmo. Sabemos que calquera das dúas pode empregar a música en calquera momento mais con total liberdade. É unha coreografía aberta.
NOS_34263
Así o anunciou Ortega Smith en Lugo, incidindo en que a máxima prioridade é evitar que a esquerda goberne.
Vox ofrece a Núñez Feixoo o seu apoio para que poida seguir no poder após as eleccións de 2020 se neses comicios o PP perde a maioría absoluta. Un ofrecemento feito en Lugo polo número 2 da formación ultra dereitista, Ortega Smith, que incidiu en que para Vox o importante é evitar que "a esquerda goberne". Smith, porén, dixo que ese apoio non era un "cheque en branco" e que en caso de ser necesario o seu apoio ao PP para gobernar pedirán que se asuma polo goberno "unha lista de medidas". O dirixente de extrema dereita cargou no acto en Lugo contra Manuel Fraga, ao que acusou de ser responsábel de "impoñer o galego". Nesta liña, instou a Feixoo a que defenda que Galiza é "unha parte inseparábel de España".
NOS_18897
As imaxes foron tomadas con cámaras de altísima calidade
O caso da Maruxaina segue a queimar etapas ao tempo que aparecen novos indicios que agravan a ilegalidade cometida. Nos últimos días saíron á luz novos vídeos que, a diferenza dos primeiros, mostran a varias parellas mantendo relacións sexuais de xeito explícito na praia de San Cibrao durante a noite. Do mesmo xeito que as imaxes de mulleres ouriñando que foron tomadas co descoñecemento das agredidas, os vídeos destas parellas foron recollidos con cámaras de visión nocturna de moi boa calidade. A gravidade do acto exemplifícase nun dos vídeos das relacións sexuais, xa que a persoa ou unha das persoas que gravou estas imaxes chega a tocar a perna dunha rapaza mentres a grava coa súa parella, acto recollido nas propias gravacións. Os vídeos suman máis dunha hora de duración, aínda que fontes policiais aseguran que a metraxe final podería ser moito maior, dado o material descuberto nas últimas xornadas. O avogado do colectivo que aglutinou a denuncia das agredidas, Bumei, recoñeceu que as novas imaxes recompiladas polas investigadoras son "impresionantes pola calidade dos medios que se empregaron alí e polo descarado das gravacións, practicamente pegados á xente que estaba na praia. Xosé Oliveros explicou que desde o punto de vista legal agarda que "o xuíz determine se isto confire unha maior gravidade ao caso, porque desde logo isto é peor que o que xa se vira". As 32 denunciantes instan o maxistrado a que lles tome declaración, ademais de pedir información á empresa titular do vehículo de aluguer que había na zona na que se tomaron as gravacións, xa que as investigacións apuntan a que o vehículo foi un dos puntos de gravación. Outra das peticións é que o xulgado de Viveiro solicite información ao Concello de Cervo sobre posíbeis permisos especiais de circulación pola zona nese día.
NOS_50999
A asemblea de formación morada decidiu que Isabel Faraldo, que entra como edil tras a renuncia de Xiao Varela, non se integre no grupo municipalista.
Podemos terá representación propia no Pleno do Concello da Coruña, á marxe de Marea Atlántica, a lista coa que concorreu ás eleccións municipais de 2019. Así o decidiu a asemblea da formación morada na Coruña, onde se acordou que Isabel Faraldo, desta organización e que entra para substituír a Xiao Varela no Pleno, non se integre no grupo da Marea Atlántica. Que sexa concelleira non adscrita e represente así a Podemos. Faraldo ía de número oito na candidatura de Marea Atlántica e tomará posesión no Pleno do vindeiro mes de decembro. Así pois, Podemos terá representación de seu na cámara coruñesa a través dunha concelleira non adscrita e que se presentou aos comicios municipais do ano pasado na lista da candidatura municipalista. Nos últimos días, e após a marcha de Xiao Varela, este escenario estaba presente en non poucas quinielas embora Marea Atlántica sinalaba que non contemplaba outro escenario que non fose que Faraldo sen sumase ás súas filas. Mais finalmente isto non foi así e Marea Atlántica terá cinco dos seis concelleiros obtidos nas eleccións do ano pasado, sendo o secto para Podemos como edil non adscrita. O secretario de Podemos na Coruña, García Buitrón, manifestaba a principios desta semana en Radio Coruña que estaban "en debate" pero advertía de que Podemos non podía "diluírse nin quedar sen voz" no Concello da Coruña A Coordinadora da Marea Atlántica reclámalle a través dun comunicado a Isabel Faraldo que reconsidere a decisión de entrar en María Pita como concelleira non adscrita en lugar de integrarse no noso Grupo Municipal. "Pedímoslle que non protagonice unha nova operación de transfuguismo en María Pita". "Isabel Faraldo concorreu ás eleccións municipais de 2019 na lista da Marea Atlántica, como inscrita na Marea Atlántica, cos avais das compañeiras e os compañeiros da Marea Atlántica que esixía o regulamento de primarias e comprometéndose, por escrito, coa defensa dos principios básicos da Marea Atlántica e co cumprimento do Código Ético da Marea Atlántica. A única opción honesta, ética e democrática é que Isabel Faraldo se sume ao Grupo Municipal da Marea Atlántica en igualdade de condicións co resto dos concelleiros e as concelleiras. Nese sentido, reiteramos o convite que xa lle trasladamos persoalmente nos últimos días".
NOS_1290
"Unha novela de misterio presidida polo humor" vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil concedido pola Deputación da Coruña. Titúlase Antía e Daren e os pequenos detectives e é obra de Valentín Alvite (Vimianzo, 1959).
O xurado salientou, ademais do misterio e o humor, "a orixinalidade da historia, que saes das liñas habituais da literatura infantil máis recente". Retranca, léxico coidado e prosa moi áxil son outras características da peza de Alvite, quen antes publicou Don Nuno e outros relatos humorísticos (2003) e Relatos para sorrir (2017). Ademais da obra gañadora, o xurado, do que fixeron parte a crítica Montse Penas, o debuxante Xosé Cobas, e as escritoras An Alfaya, Antonio Manuel Fraga e Xosé de Cea, decidiu declarar finalista A noite da deusa, de María López Sández (Lugo, 1973), quen "elabora unha xeneaoloxía feminista coa fusión de diferentes mitoloxías cun ollar contemporáneo". López Sández publicou antes o ensaio Pasiaxe e nación (2008) e as novelas A forma das nuves (2012) e O faro escuro (2015). O premio Raíña Lupa, que convocu a súa edición número 12, está dotado con 6.500 euros.
NOS_44583
"Non só merecen o aplauso que reciben da cidadanía todos os días desde as fiestras e balcóns. É necesario un recoñecemento por parte da Administración". Así se pronunciaba na mañá desta sexta feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que propuxo unha "gratificación extra" para todo o persoal sanitario.
O "grande esforzo" e o "risco de contaxio" que pesa sobre as traballadoras e traballadores da sanidade merece unha "gratificación extraordinaria". Así o considera o BNG, que na mañá da sexta feira, por boca da súa portavoz nacional, Ana Pontón, instou a Xunta a aprobar a medida. Ademais, o BNG exixiulle ao Sergas "garantías de protección" para todo o persoal sanitario fronte á COVID-19 e pór punto final "á precariedade" no sistema de contratación. "O mellor aplauso a todos e todas as traballadoras da sanidade pública sen recortes nin privatizacións", exemplificou Pontón. Pontón valorizou que todas as traballadoras e traballadores da sanidade están a dar "o mellor de si" a pesar das circunstancias nas que desenvolven o seu traballo. "Segue sendo motivo de preocupación que a día de hoxe continúen sen o material de protección suficiente e adecuado contra o risco de contaxio", sinalou nun comunicado remitido aos medios de comunicación, en que tamén lamentou a falta de axilidade na realización de probas e os "fallos" dos protocolos. A este respecto, denunciou que hai centros nos que se "mestura no mesmo cuarto a pacientes sans con pacientes contaxiados de coronavirus". Pontón fíxose eco da denuncia da CIG-Saúde, que informou de que o Sergas "despediu a persoal temporal que contraese o coronavirus", e manifestou que "aínda que a Xunta rectificou, o simple feito de que isto pasase é dunha enorme gravidade e deixa ao descuberto unha política laboral que non podemos compartir baixo ningunha circunstancia". Ao seu entender, a situación "merece unha explicación". De aí que emprazase o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a comparecer no Parlamento galego e a restituír "os dereitos de todas e cada unha das persoas que foron despedidas".
PRAZA_16491
VÍDEO | O portavoz de En Marea foi o segundo dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación dos montes organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública Presente e futuros do territorio, a análise no Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Presente e futuros do territorio, a análise no Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública Luís Villares, portavoz de En Marea, foi o pasado venres o segundo dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a nova lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais e a ordenación dos montes en xeral que está a organizar o Instituto de Estudos Miñoráns. Praza Pública colabora moderando as intervencións dos asistentes e formulando preguntas aos participantes, cuxas respostas sintetizamos na semana seguinte a cada faladoiro en pezas informativas acompañadas de extractos audiovisuais. "Hai un plan oculto de abandono do medio rural para que ese territorio despoboado poida ser obxecto dun aproveitamento distinto do que se facía ata o de agora" Que modelo de ordenación do monte defende En Marea? Parece que hai un plan, que non se nos declara, pero parece que está por baixo, latente, dun abandono do medio rural inducido, dunha despoboación forzada mediante o estrangulamento dos servizos básicos. Para que ese territorio despoboado poida ser obxecto dun aproveitamento distinto do que se facía ata o de agora. Isto é un modelo de explotación do territorio. Non é o de En Marea, por suposto. É un modelo de pouca xeración de valor engadido, de simple explotación de materia prima. Producir madeira pero despois comprar os mobles en Ikea para os galegos é unha anomalía que está normalizada. O modelo de En Marea busca unha ocupación do territorio adaptada aos tempos e con valor engadido. Circula por aí unha iniciativa lexislativa popular cun punto que me parece moi importante, que abre o debate sobre se é necesario un novo tipo de propiedade diferenciada da propiedade privada e da propiedade pública, que sería a propiedade veciñal. Hoxe a lei de dereito civil de Galicia define os montes veciñais en man común como propiedade privada de titularidade colectiva. Se definísemos un terceiro tipo de propiedade, como se reclama desde as comunidades de montes, debería ter unha caracterización da función social como prevalente sobre a individual. Tería unha singularidade, que lle poderiamos dar unha relevancia fiscal propia. E cunha aplicación de beneficios que, superando o marco actual, puidese reverter sempre cunha orientación de carácter social. Estamos falando de que os beneficios do monte puidesen servir para bolsas de educación, para complementar o sistema de dependencia, para axudar á conciliación e reverter a regresión demográfica. En Marea defende a capacidade tributaria propia de Galicia, e dentro dela estaría a capacidade de establecer o tipo de tributación que terían as comunidades de montes. "O fundamento moral de que sigan a existir os montes comunais é que serven ao asentamento territorial, xeran riqueza para quen ocupa o territorio" A figura xurídica do monte comunal galego ten orixe medieval. Por que no século XXI ten que haber eses montes que son propiedade só de algúns veciños, que obteñen ingresos por eles, e non de toda a sociedade? A orixe está no dereito xermánico, que a diferenza dos romanos tiña unha visión colectivista do mundo como máis eficiente. O fundamento incluso moral de que hoxe en día se recoñezan os montes veciñais en man común é que serven ao asentamento territorial. Son xeradores de riqueza para quen ocupa o territorio. É un aliciente para non abandonar o territorio. Por iso a Xunta tiña un mandato, que era o de intervir nas comunidades que estaban abandonadas ou con mala xestión para poñelas en valor coa vocación, engado eu, de que un complemento de renda fose un estímulo para a recuperación veciñal. Por iso paga a pena manter os montes veciñais en man común, non polos montes senón pola cidadanía á que serve. Falaba da falta de valor engadido no monte, pero un dos argumentos explícitos lanzados polo PP para xustificar a Lei de Implantación de Iniciativas Empresariais é o de facilitar as industrias transformadoras nos montes e non só a extracción. Non é positivo? Se o PP tivese querido que fose unha iniciativa transversal non se tería centrado en tres sectores: o enerxético en relación co eólico, o mineiro e o forestal. A xustificación foi ese estado de opinión de que Portugal nos roubaba industria, o que non era certo. O que pasaba era que había industrias, como as auxiliares da automoción, que se implantaban directamente abaixo do Miño e non arriba. Unha estratexia de captación puido ser unha aposta polas infraestruturas. Se o que se quería era eliminar trabas, non había que enfocalo só a eses tres sectores senón a todos os sectores produtivos. Tampouco hai ningunha aposta pola I+D neses sectores que se pretenden implantar, ou no sector de transformación agroalimentaria. "En economía existe a opción cero, non facer algo, e nós apostamos por non facer determinados usos do territorio que o danan irreparablemente" Unha das críticas que fai En Marea á lei de implantación empresarial é que liberaliza e elimina trabas para algúns proxectos polémicos. Pero xa antes, con requisitos supostamente máis esixentes, estes non sempre garantían un maior control dos proxectos. O problema é da norma ou de facer cumprir a norma? A eliminación de trabas non é malo. O problema é cando tras a simplificación administrativa se ocultan outras cousas e se omiten trámites ambientais ou de protección do patrimonio. Estamos falando dunha perda de garantías doutros valores ou dereitos que entran en cuestión co interese económico. Agora mesmo a mina de Touro colide con outros intereses como os agrogandeiros na zona ou mesmo os marisqueiros na ría de Arousa. Pero supoñamos que se cumpran todos os trámites e todas as garantías. Aínda así non a queremos. Porque en economía existe a opción cero, non facer algo. Nós apostamos por non facer determinados usos do territorio que o danan irreparablemente. Nós preferimos que a xente siga a vivir en Touro ou no Pino de explotacións gandeiras que hoxe son exitosas e non ter a mina. Contáronnos unha milonga porque en materia de minaría ninguén cumpre coa restauración ambiental. Non tragamos con iso e preferimos a opción cero, porque o territorio é un ben escaso e non colle todo. Hai tamén en Galicia unha parte de monte privado que está abandonado e que supón un risco para as comunidades de montes que teñen os seus ben tratados. Que se pode facer con esas propiedades? Quen incumpriu a súa propia ordenación forestal foi a Xunta, non dotando de recursos o Plan Forestal de Galicia. Non se pode trasladar á cidadanía a responsabilidade da administración. Houbo intentos de figuras de xestión do monte privado, como no bipartito as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor), que tiveron máis éxito nos dous anos que duraron que as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) do PP en nove anos. Só a golpe de multa por ter o monte abandonado non vas a ningún sitio, tes que darlle unha saída. Estamos nunha situación na que a propiedade rústica non custa, os impostos son ridículos, pero ao mesmo tempo non rende. Un xeito de mobilizar a propiedade non sendo as Uxfor podería ser un banco de terras no sector forestal, por exemplo. Pero non para a transformación de terras agrarias en forestais. "Sería mellor que se cumprise o Plan Forestal actual que a situación de descontrol que hai, pero para nós é necesario un novo porque hai terras que cambiaron o uso, unha nova dimensión da poboación rural ou especies invasoras" Esa planificación depende en parte do Plan Forestal de Galicia, elaborado en 1992 co horizonte de 2032 pero que o Consello de Contas vén dicindo que non se está a cumprir. pero que agora xa se quere reformar e que o Consello de. É necesario un novo plan forestal ou bastaría con cumprir o que xa hai? É necesario un novo Plan Forestal que se adapte aos tempos que cumprirmos. Cumprir o actual suporía de entrada unha moratoria de plantacións de eucaliptos, que superaron as previsións, pero tamén hai terras que cambiaron o uso, unha nova dimensión da poboación rural ou especies invasoras. Desde logo sería moito mellor que se cumprise ese plan que o estado de descontrol que hai, pero desde o noso punto de vista é necesario un novo plan. Son necesarios tantos cambios? A Lei de Montes actual aprobouse en 2012, pero xa se modificou seis veces en seis anos, entre elas a través da Lei de Iniciativas Empresariais. Como xurista, con tantos cambios, como pode a cidadanía saber que pode facer ou non no monte? Se algo se valora en dereito é a seguridade xurídica. Pero o Plan Forestal é a constatación dun fracaso. É parte da política do PP, de querer un territorio despoboado para non ter a ninguén que poida protestar. Hai un plan oculto. "A depuración das responsabilidades políticas pola ilicitude administrativa da contratación dos helicópteros contra incendios debe ser independente da penal" En materia de loita contra incendios, o xuíz instrutor, co asentimento da Fiscalía, vén de arquivar a investigación penal aberta polo xeito en que a Xunta entregou a dedo e sen contrato en 2012 os helicópteros de extinción á empresa Inaer, investigada tamén noutras partes de España pola súa implicación no cartel do lume de empresas que supostamente se repartían contratos. O auto di que foi ilegal facelo sen contrato pero que non houbo prevaricación porque foi unha situación extraordinaria e imprevisible. Como xuíz, como pode explicar o caso? Aí diría Baltar pai o de que el é un cacique bo. Latexa un pouco esa idea, a dunha resolución que non é conforme a dereito pero que non chega a ter o grao de arbitrariedade suficiente como para que teña relevancia penal. A diferenza entre o ilícito penal e o administrativo é moi difusa. Neste caso o xuíz di que non houbo arbitrariedade porque era a empresa que xa viña recibindo o contrato en anos anteriores. Pero cabería facerse unha pregunta. Foi a administración a que se colocou na posición de ter que obrar á marxe do procedemento? Porque iso si que sería unha absoluta arbitrariedade. Era previsible que rematase o contrato do ano anterior, e era previsible como todos os anos ter que contratar o servizo. Como era previsible todo iso, esa imprevisión da Xunta era casual ou era unha situación na que se colocou voluntariamente? Nós pensamos que voluntariamente. En todo caso, aínda que non haxa ilicitude penal, a ilicitude administrativa e a responsabilidade política era evidente desde o primeiro momento. Danos igual que non haxa responsabilidade penal. A depuración das responsabilidades políticas debe ser independente, e esa é outra trampa na que caemos na última década co PP.
PRAZA_19584
María Alonso ponlle voz en 'Transmigrantes. Fillos da precariedade' (Axóuxere) á xeración expulsada por un mercado laboral galego (e español) que nega un espazo aos máis novos.
Un dos efectos do fracaso das políticas económicas e educativas do país é o precariado transmigrante. Unha xeración que emigrou non á busca de aventuras, senón porque lle negaron a posibilidade de traballar no seu lugar de orixe. Mais que tampouco atopa, fóra, unha mínima estabilidade laboral que lle permita deixar de ser lumpenproletariado nómade. De cidade en cidade. De subemprego en subemprego. María Alonso reivindica no seu libro Transmigrantes. Fillas da precariedade (Axóuxere) este colectivo como suxeito político en loita, activo, e non adurmiñado nin submiso, como tantas veces entende o tópico sobre o emigrante. Mozos e mozas que desenvolven, ademais, identidades híbridas nas que non é a distancia da terra, senón a precariedade, o motor da angustia vital. Do saberse estafados. Con medo a non poder volver. As persoas transmigrantes sodes, aseguras no inicio do libro, un colectivo "silenciado". En que sentido? Hai unha importante presenza nos medios de comunicación de historias de éxito de galegas e galegos no estranxeiro, mesmo a través de programas de televisión que idealizan dun xeito case obsceno este fenómeno. A emigración do final feliz si está documentada, mais hai outra que non o está. Con esta versión edulcorada da nova emigración galega parécese querer suxerir que a xente emigra porque quere, non porque non ten outra opción, e que o éxito está a esperar por nós no estranxeiro. Pero hai unha cara B que non se ve reflectida en moitas ocasións: as historias de fracaso daquelas persoas que aspiraban a ter unha vida mellor e que atopan no estranxeiro a mesma precariedade que pensaron que estaban deixando atrás. "Parécese querer suxerir que a xente emigra porque quere, non porque non ten outra opción" Para min a transmigración é equivalente a precariedade, e desta precariedade poucas veces se fala. A cara menos amable da nova realidade migratoria, que é a migración das que teñen que firmar tres contratos zero-hour como limpadoras para poder chegar a fin de mes e, como iso non abonda, deciden probar sorte nalgún outro país e buscan outros tantos minijobs para tirar para adiante, e finalmente, mesmo pode que decidan deixalo e regresar á casa. A necesidade de recoller esta cara B foi o motivo que me levou a escribir o libro. En realidade, o que fago é intentar comprender o mundo que me rodea, mais tamén o concibo como contradiscurso a esta visión idealizada da nova emigración galega. "A cara menos amable da nova migración é a das que teñen que firmar tres contratos 'zero-hour' como limpadoras para poder chegar a fin de mes" En que se diferencia o actual do emigrante galego da xeración dos nosos pais e dos nosos avós? Os condicionantes históricos son obviamente diferentes. Ademais, agora todas e todos temos un coñecemento moito máis global do mundo, o que facilita a toma da decisión de emigrar. Os medios de transporte tamén melloraron as condicións nas que unha viaxa, mesmo as novas tecnoloxías permítennos estar 'aquí' e 'alí' á vez e axudan a paliar a saudade. Estas diferencias son indiscutíbeis, pero tamén hai unha serie de paralelismos. A nova emigración galega, coma a do século pasado, caracterízase pola alta cualificación das e dos emigrados. A xeración das nosas nais e avoas pode que non tivesen títulos académicos, ou doutoramentos, pero os datos e estatísticas indican que tiñan un nivel de profesionalización moito maior do que eu pensaba, o que axudou a que se integrasen no tecido laboral dos países de acollida. É preciso afastarse do tópico da e do emigrante galego analfabeto do século pasado que tanto complexo de inferioridade ten creado. "É preciso afastarse do tópico da e do emigrante galego analfabeto do século pasado que tanto complexo de inferioridade ten creado" En Terra de adeuses, que é o segundo capítulo do libro, ofrezo unha contextualización histórica á nova diáspora galega tendo en conta os movementos do pasado. Falo dos factores pull e push que motivan a toma de decisión de emigrar, e trato a segunda década dos noventa, caracterizada polo boom inmobiliario e que favoreceu a chegada de inmigrantes a Galiza, convertendo ao país no que define como un diaspora space. No caso galego, este espazo de diáspora viuse condicionado non soamente pola chegada de comunidades latinoamericanas, africanas e de Europa do leste, entre outras, senón tamén pola presenza de retornados e retornadas, é dicir galegas e galegos de primeira ou segunda xeración no estranxeiro que aproveitaron aquela época de conxuntura económica para regresar ao país. A nova emigración galega afecta a todos estes colectivos, tanto ás galegas e galegos que nacemos en Galiza, como á xente que chegou durante os anos de bonanza económica, como ás retornadas e retornados que agora están a facer novamente as maletas. Non se trata, sinalas en varias partes do libro, de establecer unha competición entre emigrantes para ver cal sofre a situación máis dramática, como se só os que están peor tivesen dereito á protesta. Por que dis isto? O que está a ocorrer ás portas da Fortaleza Europea é tan dramático e intolerábel que, ás veces, o partir dunha situación de privilexio como pode ser o feito de pertencer a un país da UE parece invalidar calquera dereito á queixa contra unha realidade laboral que é sen dúbida inxusta. E este é o verdadeiro triunfo do sistema: o de crear conflito mesmo entre grupos subalternos. Por suposto que o colectivo do precariado transmigrante intraeuropeo ten dereito á protesta, como o ten calquera outro colectivo que así o considere. "Por suposto que o colectivo do precariado transmigrante intraeuropeo ten dereito á protesta" Posibelmente sexa a invisibilización e o descoñecemento da situación de precariedade do novo emigrante galego o que faga que dende o país de orixe se cuestione este dereito á protesta. Porén, no país de acollida -o Reino Unido no meu caso en particular-, a visibilización forzosa deste colectivo ten un efecto diferente; e isto, obviamente, non é casual. Durante a campaña para as eleccións xerais do 2015 no Reino Unido, así como para o referendo sobre o Brexit de 2016, a suposta problemática sobre a inmigración utilizouse dun xeito descarado para acalar a crise de refuxiados e refuxiadas. "A suposta problemática sobre a inmigración utilizouse dun xeito descarado para acalar a crise de refuxiados e refuxiadas" Nos debates políticos daqueles anos non se falaba de barcos afundidos no Mediterráneo nin de camións que ocultaban cadáveres no seu percorrido da fronteira turca até o norte de Europa. Nos noticiarios tratábanse novas sobre a guerra en Siria e no Kurdistán coma se fosen estes conflitos alleos, porén o debate deses anos de crise de refuxiados centrouse na migración intraeuropea. Falábase de españois e de romaneses cando se discutía a necesidade de controlar a inmigración ás illas británicas, e xa non tanto daquelas persoas que foxen das guerras. Hai que ter en conta que o Reino Unido é un lugar periférico, unha illa, e non é sinxelo chegar ao país de xeito ilegal. Probabelmente sexa por esta razón que o precariado transmigrante intraeuropeo converteuse nos últimos anos en obxectivo para os sectores conservadores. "O precariado transmigrante intraeuropeo converteuse nos últimos anos en obxectivo para os sectores conservadores" A iso engádese, afirmas no libro, a manipulación da linguaxe que converte a emigración en "mobilidade exterior", a precariedade en "flexibilización do mercado laboral" ou o propio feito da emigración nunha aventura Erasmus. No comezo do terceiro capítulo do libro, que leva por título A Fortaleza Europea, utilizo unha cita de Chomsky na que di que a propaganda é á democracia o que unha maza a un Estado totalitario. Esta cita sérveme para explicar como a moda da posverdade afecta tamén ao colectivo do precariado transmigrante. Este discurso da 'mobilidade exterior', das 'aventureiras e aventureiros', da 'flexibilización do mercado laboral' e da 'desaceleración transitoria' utilízase para manipularnos a todas e todos porque, como di Chomsky, manipular a linguaxe é o mesmo que manipular as persoas. A manipulación da linguaxe é unha especie de lobectomía lingüística que nos están a facer sen que nos decatemos. Mais o certo é que esta dobre fala tamén forma parte deste proxecto de invisibización da situación de precariedade do colectivo transmigrante. Ao deixar de ser emigrantes exiliadas que padecemos de precariedade a causa da crise, convertémonos en privilexiadas europeas que non teñen dereito á queixa. "Ao deixar de ser emigrantes exiliadas que padecemos de precariedade a causa da crise, convertémonos en privilexiadas europeas que non teñen dereito á queixa" Este terceiro capítulo xira arredor desta reflexión. Achégome aos comezos da Unión Europea como proxecto económico, non como proxecto humano, e analizo as dinámicas que favoreceron nos últimos anos o sometemento dunha periferia (a do sur e da clase traballadora) a favor dun poder hexemónico (o do norte e das multinacionais). O meu fío argumental é que a posibilidade de libre movemento de persoas, que seguiu á decisión de libre movemento de cartos dentro da UE, concibiuse para acadar uns obxectivos de mercado e non, como os mestres da falsidade lingüística queren facernos ver, para facilitarnos a vida ás e aos europeos que queren viaxar. "A posibilidade de libre movemento de persoas, que seguiu á decisión de libre movemento de cartos dentro da UE, concibiuse para acadar uns obxectivos de mercado" Despois de achegarme a traballos de investigación como os de Schmidt (2006), Cafruny e Ryner (2003) ou Geddes (2008), entre outros, a miña conclusión é que Europa precisa inmigración, pero que se as que nos movemos somos as membros desa periferia sometida, non será entón preciso abrir as fronteiras a quen queira entrar dende fóra da Fortaleza Europea. Esta liña de argumento sérveme para tratar outras cuestións máis complexas, como son as condicións laborais do precariado transmigrante, dun xeito moi específico. O cambio para o colectivo no Reino Unido chega agora, cando a fronteira deste país deixe de ser unha zona de paso para converterse nunha zona de control. A transterritorialización, comentas, favorece o desenvolvemento dunha identidade híbrida e transcultural. De que xeito se reconfigura a identidade da persoa emigrada desde a experiencia do rexeitamento por parte do mercado laboral do seu país de orixe? Iso é exactamente o que me pregunto no libro. Cando xa estaba a escribilo, enviei unha mensaxe aos meus contactos nas redes sociais que sabía que estaban a traballar no estranxeiro preguntándolles que sentimentos lles producía a expresión "traballar en Galiza", e estas son as respostas coas que comezo o segundo capítulo: paro, explotación, amargura, frustración, inestabilidade, falta de oportunidades, escaseza, desilusión, precariedade, utopía, tristeza, decadencia, emigración, apatía, enchufismo, estafa. O sentimento, como se pode ver, non é moi positivo. O certo é que non sei que consecuencias terá de cara ao futuro esta experiencia xeracional do colectivo transmigrante, que se sente rexeitado tanto polo país de orixe como polo de acollida. Unha das miñas principais preocupacións está relacionada co xeito no que as experiencias de frustración persoal e o sentimento de rexeitamento e abandono condicionarán o proceso de construción dunha identidade híbrida dende o exterior. Isto vén dado polo feito de que concibo o concepto de 'identidade híbrida' no sentido que lle outorga Homi Bhabha, non como un proceso neutral de interacción cultural, senón como un proceso no que entran en xogo dinámicas de desequilibrios e desigualdades, xa que a identidade de comunidades é o resultado de dous elementos en conflito onde un ocupa unha situación de poder e outro de resistencia. "Coido que esta nova xeración de galegas e galegos na diáspora ten unha visión menos emotiva sobre o tema da emigración" Coido que esta nova xeración de galegas e galegos na diáspora ten unha visión menos emotiva sobre o tema da emigración. Considero o precariado transmigrante como suxeitos político que adopta unha posición extremadamente crítica cara aos condicionantes que deron pé á súa transterritorialización. Pregúntome no libro se este sentimento de rexeitamento influirá no xeito no que esta e futuras xeracións se relacionen co país de orixe. Pregúntome se fenómenos transculturais identitarios como o galego-uruguaio ou xermano-galego do século pasado seguirán vixentes a través desta nova xeración diaspórica, e pregúntome tamén cal é a nosa responsabilidade como portadoras de bagaxe cultural. Mais o máis relevante, apuntas, non é a cuestión da identidade. É que a transmigración é unha das expresións da loita de clases. Empresarios que aproveitan a crise económica para empeorar máis aínda as condicións laborais. Traballadores que son lumpenproletariado nómade (de cidade en cidade e de país en país), que chega a pasar fame e que vive en pisos pateira. De que xeito é, tamén, expresión do fracaso de políticas económicas e educativas? Para padecer a precariedade laboral non é preciso emigrar. Iso ben o sabemos as que levamos máis de dúas décadas buscando un traballo digno tanto fóra como dentro do país. Idealízase o feito de que haxa galegas e galegos de éxito traballando en multinacionais no estranxeiro, ou académicas nas institucións máis prestixiosas do mundo, ou enxeñeiras implicadas en proxectos alén dos mares, cando en realidade esta marcha de talento tería que considerarse coma unha traxedia para o país. Igual de tráxico é que haxa xente malgastando a súa formación e capacidade laboral servindo peixe frito nun fish&chips ou limpando habitacións de hoteis ou fregando pratos nalgún pub. "É tráxico é que haxa xente malgastando a súa formación e capacidade laboral servindo peixe frito nun fish&chips" Digo que é tráxico non porque teña nada de malo ou fregar, senón porque nesta xeración de licenciadas, enxeñeiras, doutoras, etc. gastáronse moitos cartos e esforzos na súa formación. Ao vencellar a emigración ao éxito a través da invisibilización da precarización do colectivo transmigrante, inevitabelmente estase a conectar o marchar con progresar; porén ao malgastar o tempo vital e a formación destes e destas novas emigrantes, máis ben estase a involucionar. "Considero que é a precariedade do colectivo a causante desta sorte de angustia vital que padecemos, e xa non tanto a distancia coa nosa terra" En pego un bo repaso ás políticas europeas en materia laboral, así como á manipulación lingüística da que falamos antes e que está directamente conectada coa necesidade de favorecer un sistema asimétrico. Considero que é a precariedade do colectivo a causante desta sorte de angustia vital que padecemos, e xa non tanto a distancia coa nosa terra. Isto xa o indicou Frantz Fanon, cando a mediados do século pasado afirmou que o vector 'clase' ía substituír a 'raza' para perpetuar unha sociedade de opresores e oprimidos que tan ben está a funcionar ao poder hexemónico. Esta nova realidade implica a necesidade de postular un paradigma alternativo arredor da emigración galega. A teoría poscolonial sérveme, neste caso, para facer esta achega e para analizar a complexidade dun tema que pode parecer anecdótico ou costumista para alguén que non está directamente afectado, pero que prexudica a moitísima máis xente da que poida parecer. En relación co anterior, comentas que hai un certo clasismo no feito de falar de "titulitis", de xeito despectivo. Porque, cres que tes dereito a chegar ao salario mínimo por ter un título? Razoamento utilizado por persoas que non o aplican aos seus propios fillos. Só aos fillos dos obreiros, que estudaron con bolsas. Tes toda a razón. O da 'titulitis' non se aplica ás clases altas, soamente ás fillas e fillos dos obreiros. O mesmo acontece con outros apelativos como o da 'xeración nin-nin'. En Transmigrantes achégome a estes apelativos ao ofrecer a contextualización histórica á diáspora galega que sinalei antes. Falo de Galiza como comunidade diaspórica, pero tamén como lugar de destino durante a época do boom inmobiliario, vencellada a negocios como o da construción ou o sector servizos, para intentar comprender o que aconteceu con aquela xeración que medrou durante este espellismo económico e que agora leva padecendo dez anos de crise. Nunha sociedade tan asimétrica coma a nosa, somos as que quedamos fóra do sistema laboral as que temos que soportar estas etiquetas como a de 'xeración nin-nin' para aquelas e aqueles que durante o boom deixaron os estudos para pórse a traballar e agora levan anos desempregados, ou o da 'xeración da titulitis' para as que vemos na formación académica e nas bolsas un xeito de supervivencia. "O da crítica á 'titulitis' non se aplica ás clases altas, soamente ás fillas e fillos dos obreiros" Coido que hoxe en día todas e todos temos asumido que un título académico non é garante de nada. Para a xente desta xeración que agora ten entre trinta e corenta anos aproximadamente, e que quedou fóra do sistema laboral, xa non é só que sexa máis difícil atopar un traballo, senón que moi probabelmente non chegue a ter a oportunidade, que si tiveron as nosas nais e pais, de ter acceso a dereitos sociais garantidos. Mesmo as e os que atoparon traballo durante estes anos, sexa no país ou na diáspora, padecen tamén desta precariedade ao se trataren estes novos contratos, en moitas ocasións, de temporais ou zero-hour. "Nunha sociedade tan asimétrica coma a nosa, somos as que quedamos fóra do sistema laboral as que temos que soportar estas etiquetas como a de 'xeración nin-nin" Pero o precariado transmigrante europeo ten un problema a maiores do que aínda non se fala: de que xeito quedarán reflectidos na nosa xubilación -porque o 'dereito ao paro' para a e o transmigrante non existe practicamente- estes anos de bagaxe laboral errante? Estamos agora a ver como mariñeiros que traballaron nunha especie de limbo favorecido pola UE teñen que loitar para que se lles recoñeza o seu dereito á xubilación. Algo moi similar acontecerá probabelmente con esta nova xeración se non se asimila nalgún sistema laboral de xeito estable nun futuro próximo. Comentas que a xeración dos "nin-nin" podería ser chamada en realidade a dos "si-si", que si estudaron, que si traballaron en condicións precarias, e que perderon a esperanza de mellorar. A xeración 'si-si' é a xeración da 'titulitis' que si estudou pero que non se lle recoñece a súa valía profesional, e que si traballa pero a través de contratos precarios ou en prácticas que se perpetúan no tempo. A esta xeración refírome non como 'xeración perdida', senón como a xeración das oportunidades perdidas para o país que a expulsa. Na formación desta xente inverteuse unha cantidade inxente de cartos, e todas elas e eles cumpriron coa súa parte do trato, que era a de formase para o beneficio do país, pero agora ve que ten que marchar para exercer as súas profesións no estranxeiro ou que teñen que aceptar traballos para os que non é preciso formación. "A xeración 'si-si' é a xeración da 'titulitis' que si estudou pero que non se lle recoñece a súa valía profesional, e que si traballa pero a través de contratos precarios ou en prácticas que se perpetúan no tempo" O libro está escrito desde unha perspectiva persoal, subxectiva, mais o que defendes apóialo en datos e en bibliografía. Falas de "fraude vital", de "timo existencial". Polo que ti ves, pásase dese sentimento de fraude á conciencia de ser clase subalterna con dereitos, independentemente da clase social de procedencia? Ou quédase só no nivel da experiencia do desclasamento? O desclasamento non afecta a todas por igual. Afecta de xeito particular á 'xeración si-si', é dicir, ás fillas e fillos dos obreiros. Na diáspora, ás veces tamén acontece este desclasamento coas que ocupan unha posición intermedia no país de orixe nesa xerarquía asimétrica da que falamos arriba e que, ao cruzar unha fronteira, baixa de posición na sociedade na que se asimila. "Falo de 'fraude vital' e 'timo existencial' porque o precariado transmigrante está cheo de historias de frustración persoal e insatisfacción laboral" Falo de 'fraude vital' e 'timo existencial' porque o precariado transmigrante está cheo de historias de frustración persoal e insatisfacción laboral, pero tamén é moi duro para as que quedan na casa, é dicir, para as nosas familias, que se senten impotentes por ver que non hai futuro. Refírome ás novas 'viúvas dos vivos' ao falar das nais de fillos ausentes, dos pais de fillas, da mocidade con irmáns e irmás holográficos que ven medrar desde o Skype, das avoas sen netos, etc. A soidade, tanto de quen marcha como de quen queda, é posibelmente o peor castigo desta fraude vital. "A soidade, tanto de quen marcha como de quen queda, é posibelmente o peor castigo desta fraude vital" Na Fortaleza Europea, comentas, a prioridade das políticas de emigración non son os dereitos humanos, senón o control das fronteiras, teoricamente abertas. En Gran Bretaña, os grandes partidos, -tamén o laborista-, apuntáronse ao discurso do estranxeiro como parásito que vén chuchar do sistema social inglés. En que sentido(s) é este discurso mentireiro? Obviamente o Brexit ten mudado, e seguirá a mudar, a situación do precariado transmigrante intraeuropeo, galegas e galegos incluídos, de xeito radical. Até entón, a transmigración estaba normalizada. Era un colectivo, non invisibilizado no país de acollida -o Reino Unido, neste caso-, senón homoxéneo. As que emigramos de Galiza cara ao norte partiamos entón dunha situación de privilexio da que probabelmente non gozaron as nosas devanceiras, pero agora isto xa non é así. "Agora somos aliens, suxeitos indesexábeis, obxectivo de discursos políticos xenófobos que nos fan sentir máis que nunca 'inmigrantes" Agora somos aliens, suxeitos indesexábeis, obxectivo de discursos políticos xenófobos que nos fan sentir máis que nunca 'inmigrantes'. Somos un colectivo visibilizado á forza e no punto de mira no país de acollida. Pero quen está neste punto de mira é o precariado transmigrante. Non se cuestiona a presenza de directivos ou directivas non británicas nas grandes empresas, ou de académicos e académicas estranxeiras nas universidades; senón a de quen chega e sofre unha depreciación como capital humano polo simple feito de cruzar unha fronteira. Isto posibelmente supoña outro paralelismo coa emigración clásica galega. "Non se cuestiona a presenza de directivos ou directivas non británicas nas grandes empresas, senón a de quen chega e sofre unha depreciación como capital humano por cruzar unha fronteira" En Transmigrantes recollo unha cita coa que Sara Ahmed abre o seu libro The Cultural Politics of Emotion e na que o British National Front aseguraba que, e traduzo: "todos os días de todos os anos, hordas de inmigrantes ilegais e falsos refuxiados invaden o Reino Unido de calquera xeito que lles sexa posíbel ... Por que? Só buscan as comodidades e os subsidios gratuítos da cándida Gran Bretaña. Todo iso pagado por TI: o cidadán británico que paga os seus impostos". Este discurso, que se utilizou para crear conflito e incitar a poboación británica contra calquera colectivo que non fose británico, é totalmente falso e así o deixou de manifesto, por exemplo, o periódico The Guardian nun artigo de investigación que tamén recollo no libro. Mais temos que recoñecer que este tipo de afirmacións alarmistas e falsas tamén aconteceron no noso país durante o boom económico cando chegaron comunidades de alén dos mares a Galiza, e mesmo é algo que está a acontecer nestes momentos para suxerir que as persoas refuxiadas que chegan a Europa teñen casa e paga gratis. Este tipo de discurso é xustamente o que está a padecer o precariado transmigrante, galegas e galegos incluídos, no Reino Unido. E aínda por enriba, o galego carga cos estereotipos -en boa medida creados polo galeguismo-, sobre o emigrante como ser pasivo, submiso… De que xeito o discurso neocolonial e "orientalista" entraron neste imaxinario sobre o emigrante como "outro"? Castelao, en Atila en Galicia, dicía que "en Galiza non se pide nada, emígrase". Esta idea da emigración como unha renuncia á revolta foi asumida, dende o meu punto de vista dun xeito bastante inxusto, polo galeguismo e, sobre todo, por aquelas e aqueles que gozan dunha situación de privilexio. Emigrar é unha das decisións máis duras que poida tomar unha persoa. Afástase unha do coñecido para no descoñecido, déixase á familia ou amigos pola soidade, cámbiase de país, de lingua, de clima. Non entendo como se pode considerar esta decisión como unha renuncia á revolta ou como unha asimilación de fracaso persoal, cando en realidade tería que considerarse xustamente como o contrario. "Non entendo como se pode considerar a emigración como unha renuncia á revolta, cando en realidade tería que considerarse xustamente como o contrario" Para min a emigración é unha revolta en si, e a e o emigrante é un suxeito político. Cheguei a esta conclusión a través da última publicación de Manuel Forcadela, na que analiza o concepto de 'saudade' como construto cultural dunha colectividade que di non ao desarraigo. En Transmigrantes considero que a nova emigración galega lle dá a volta a todas as metáforas que rodean á diáspora clásica galega. Coido que o precariado transmigrante cuestiona estes orientalismos creados arredor do emigrante como o 'outro' coa súa actitude crítica con respecto ás causas que condicionan a súa transterritorialización. Esta nova xeración de precariado transmigrante galego é unha xeración en loita. Poida que esta loita non se escoite, ou non se queira escoitar, no país de orixe, ao que soamente chegan novas edulcoradas deste fenómeno migratorio, pero o colectivo do precariado transmigrante -tanto galego como non galego- é un colectivo moi activo e consciente da necesidade de romper cos orientalismos que se nos outorgan por defecto. "O precariado transmigrante cuestiona estes orientalismos creados arredor do emigrante como o outro" De que maneira a saudade e o que Helena Miguélez chamou "sentimentalismo" poden ser, segundo dis, susceptibles de converterse no principio da revolta, da protesta, da reivindicación, da subversión? As novas tecnoloxías teñen mudado as prácticas sociais de xeito radical ao permitir estar en contacto coa nosa familia, amigos e mesmo cultura de orixe case permanentemente. É por isto que a Galiza que unha deixa xa non é un obxecto imaxinario estático na memoria da ou do emigrante, como o era outrora, e pasa a converterse en algo dinámico. A pesares disto, o precariado transmigrante galego continúa a padecer desta angustia vital e da saudade da que padeceron as e os nosos devanceiros, polo que o que Transmigrantes suxire é que son a situación de precariedade e a falta de expectativas de mellora as causantes destes sentimentos. "A nova e novo transmigrante, como suxeito político que é, reinterpreta todas as metáforas arredor da diáspora clásica galega dende unha perspectiva crítica" A pesares disto, coido que a nova e novo transmigrante, como suxeito político que é, reinterpreta todas as metáforas arredor da diáspora clásica galega dende unha perspectiva crítica. Miguélez-Carballeira analiza, en Galiza, um povo sentimental?, o emprego retórico do sentimentalismo galego como unha manifestación dunha comunidade nostálxica que vive en harmonía coa natureza ou botándoa de menos cando está lonxe da súa terra. As ficcións culturais que están agora a aparecer dende a diáspora, e que son creadas por este colectivo do precariado transmigrante galego, están a ofrecer unha visión ben distinta deste sentimentalismo que, dalgún xeito, si que está presente na cara A desta nova diáspora, é dicir, na diáspora galega de éxito que se amosa nos medios de comunicación. Nestes dous ou tres últimos anos están a aparecer proxectos moi interesantes que parecen facer uso desta retórica da sentimentalidade, pero como contradiscurso para amosar unha situación que aínda é descoñecida por moitas e moitos no país de orixe. E iso é así porque estou de acordo con Forcadela cando propón achegarse á saudade, ou á sentimentalidade por extensión, como discursos políticos dun colectivo e dunha era que din non ao desarraigo. Que potencialidades ves en canto á unión ou polo menos intercambio entre o que quedou aquí e o que emigrou? Hai un gran potencial que é agora cando está a tomar forma grazas a proxectos culturais e sociais que se levan a cabo tanto no país de orixe como nos países de acollida do colectivo do precariado transmigrante. As novas ficcións culturais que xorden dende a diáspora para darlle voz a estas historias de precariedade, en ocasións silenciadas no noso país, están a xogar un papel moi importante neste proxecto de visibilización. Transmigrantes, fillas da precariedade aspira a converterse tamén nun destes textos que, desde o exterior, intenta representar a cara B da nova emigración; pero non é nin o primeiro nin o último. O documental No Cow on the Ice de Eloy Domínguez Serén sobre a súa experiencia como novo emigrante galego en Suecia, ou En tierra extraña de Icíar Bollaín sobre a nova diáspora española en Edimburgo son probabelmente dous dos mellores exemplos deste contradiscurso que se está a artellar dende a diáspora para intentar facer visible a situación de precariedade do colectivo transmigrante intraeuropeo. É necesario que en Galiza se coñezan estes traballos, porque deles se falará dentro de dez ou vinte anos, cando nos acheguemos, dende esa distancia histórica, a esta época convulsa pola que algunhas tivemos que pasar. Transmigrantes considera que non é preciso esperar máis, e preséntase como facilitador deste intercambio ao ser un texto escrito en galego, dende a diáspora, mais para a lectora e lector do meu país de orixe, e xa non tanto para o do país de acollida.
NOS_11001
País Vasco vive esta quinta feira a súa cuarta folga xeral nestes catro anos. Convocada pola maioría sindical vasca, vén de recibir o apoio de sindicatos dos cinco continentes, entre eles, os galegos CIG e CUT
As mensaxes de apoio veñen de centrais sindicais dos cinco continentes, de 30 países diferentes. Un total de 43 sindicatos quixeron expresar o seu respaldo á Folga Xeral que esta quinta feira terá lugar en Euskal Herria convocada pola maioría sindical vasca e co apoio de máis de medio cento de colectivos e asociacións. Tamén mostraron o seu compromiso con esta protesta do 30 de maio cinco organizacións sindicais internacionais, destacando a FSM, que representa a máis de 82 millóns de traballadores e traballadoras de todo o mundo. Tamén se suman a este apoio a Plataforma de sindicatos de nacións sen estado. Entre as centrais que quixeron transmitir o respaldo a este paro de 24 horas están as galegas CIG e CUT Máis de 600 comités de empresa A xornada de protesta e mobilización convocada pola maioría sindical vasca (ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, Hiru, CGT e CNT), para alén dun cento de colectivos, asociacións e agrupacións agrupadas na plataforma Gune. Segundo informa Naiz, nunha primeira recollida, máis de 600 comités de empresa de Euskal Herria xa anunciaron que ían secundar a folga xeral. "E o número segue a aumentar día a día". Para as organizacións convocantes, estas adhesións, así como que a listaxe vaia en aumento, mostran ás claras que "a clase traballadora ten claro que hai que responder ás imposicións e ás reformas". Sindicatos e agrupacións cidadáns, ambientais, culturais, de desenvolvemento, desempregad@s... fan un chamamento á sociedade vasca a saír este 30 de maio á rúa "para afirmar con rotundidade que non aceptamos os recortes en Euskal Herria, que existen alternativas e que loitamos por un modelo propio". Sinalan que están a realizar desde hai tempo xuntanzas e asembleas "comarca por comarca e sectorpor sector" para informar e para animar a tomar parte nunha mobilización que ten que ser, afirman, "un clamor xeral" contra as "políticas que nos impoñen"
NOS_27016
Había na pintura de Alfonso Abelenda un algo de inocencia. Entre a ollada fauvista e o cubismo, sempre figurativo, a súa extensa carreira artística rematou a pasada semana ao non superar unha infección derivada dunha intervención quirúrxica. Nacera na Coruña en 1931.
De feito a súa cidade natal está presente en non poucos dos seus lenzos. Formado en arquitectura, antes coñecera as tendencias modernas da arte da man do poeta coruñés Miguel González Garcés. Despois foi o arquitecto Andrés Fernández Albalat quen o apoiou nos inicios da súa traxectoria. Abelenda non só obtivo sona pola súa pintura. Como humorista gráfico publicou na mítica revista La Codorniz, en Semana, no diario Ya ou, na súa última etapa, en La Opinión da Coruña. Ao tempo, logo da súa primeira mostra individual na Coruña en 1954, as exposicións sucedíanse: en Bos Aires, en Caracas, en México. Até 1999, en que o Quiosco Alfonso da Coruña acolleu unha gran retrospectiva do pintor. A principios daquela década instalarase de novo na urbe atlántica. En 2005, a Real Academia Galega de Belas Artes acolleuno como membro numerario. A poeta Ánxeles Penas dedicou varios ensaios aos seus cadros. Nota: O pintor Alfonso Abelenda, nunha imaxe do programa Eirado da TVG.
NOS_50323
O presidente de Ecuador denuncia "unha operación internacional contra varios países de América do Sur" e abre unha investigación sobre a súa orixe.
As contas de e-mail e os teléfonos de alt@s funcionari@s do goberno de Ecuador, mesmo o do presidente Rafael Correa, foron "hackeados con fins de espionaxe", segundo denunciou o propio mandatario nunha entrevista con medios internacionais. Correa sinalou que existe unha "operación internacional" encamiñada a espiar a varios países de América do Sur, como Arxentina, Venezuela, Colombia e Ecuador. Nese sentido, adiantou que as investigacións mantéñense para pescudar cales son os núcleos e nexos desas tarefas de vixilancia. "Podo verificar, porque obtivemos a información, que todas as nosas contas de correo foron hackeadas, os nosos teléfonos intervidos. Pasounos esa información unha fonte que participou nas operacións, pero como eran núcleos diseminados, nin el mesmo sabe onde estaba o centro que dirixe", afirmou Correa. Nos últimos meses foron coñecidos grandes programas de espionaxe de Estados Unidos e países da Unión Europea.
NOS_7564
O ministro do Interior comparece esta quinta feira no Congreso para dar conta da actuación do goberno español o 1 de outubro, o día en que miles de catalás e cataláns sofreron violentas cargas policiais.
Con certa prepotencia, o ministro de Interior gardou para o final da súa intervención o dado do custo da operación policial, tornada acontecimento mediático global pola brutalidade das imaxes. "Non acabarei o discurso sen dicer canto nos custou a todos os españois o dispositivo policial froito da arrogancia do Goberno catalán", dixo Zoido, para a seguir pormenorizar que "o dispositivo policial custou uns 87 millóns de euros entre aloxamento, manutención e dietas". O Estado desprazou a Catalunya por volta de "6.000 efectivos" que se unirían "aos que xa estaban presentes alá". Zoido xustificou a contratación de cruceiros (o celebérrimo Piolín entre eles) cos consabidos argumentos securitarios: "Necesitabamos contar con aloxamentos seguros, como os barcos" e nese sentido enfatizou que "se quixo expulsar policías nacionais e gardas civís de Calella e Pineda de Mar". "Os asedios [aos policías] foron consentidos. Foron episodios de odio".
PRAZA_12764
O Premio Nóbel de Química ofrecerá este xoves unha conferencia na Cidade da Cultura. O xaponés afincado nos Estados Unidos obtivo o recoñecemento da Academia sueca en 2010.
Ei-ichi Negishi visita estes días Compostela para participar no Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago. O padriño de Negishi nesta visita é o profesor da USC Ricardo Riguera. O acto central do seu programa en Galicia será este xoves 26 coa conferencia pública titulada Catálise para un mundo próspero e sostible, que terá lugar ás 20.00 horas na Cidade da Cultura. O científico xaponés, afincado nos Estados Unidos, obtivo o Premio Nóbel de Química en 2010 por conseguir acoplamentos cruzados catalizados por paladio en síntese orgánica, o que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular, máis complexa. Ei-ichi Negishi aposta por reciclar o CO2, concretamente por reducir o nivel de oxidación do carbono Neste senso, Ei-ichi Negishi aposta por reciclar o CO2, concretamente por reducir o nivel de oxidación do carbono. Esta é na súa opinión un dos principais retos ao que se enfronta a Química, segundo explicou nun encontro cos medios de comunicación este mércores 25 na Reitoría da USC. A súa proposta é unha sorte de fotosíntese de xeito catalizado, que ademais posúe a particularidade de ser algo alcanzable porque "os principios para aproveitar o CO2 son coñecidos". Por contra, o seu inconveniente é económico, polo que o esforzo da ciencia neste eido debe centrarse en atopar formas máis baratas de facelo, e "a catálise é unha peza fundamental no proceso".
NOS_9102
Dúas arpas unidas na distancia
O encerro por mor da alerta sanitaria foi especialmente produtivo para algunhas. As intérpretes Bea Martínez e Rodrigo Romaní presentan Illas, un traballo elaborado desde a óptica senlleira do período de confinamento. O álbum supón unha reflexión instrumental baseada nos sons combinados de dúas arpas célticas, como a expresión de dúas illas unidas na distancia pola música e a inspiración nunha linguaxe común, entendendo a melodía como un exercicio de enriquecemento contrapuntístico e harmónico sinxelo na súa sensación sonora, se ben complexo na execución. As intérpretes Rodrigo Romaní é músico, intérprete e compositor ben coñecido por introducir o uso da arpa céltica no Estado a través do seu labor como membro fundador do grupo Milladoiro e, posteriormente, dos seus álbums en solitario, ou coa creación da primeira orquestra folk europea: SonDeSeu. Bea Martínez é unha arpista consagrada na música galega, coñecida polo grupo Ghaveta e a participación co propio Romaní a dúo e a trío nos festivais mais importantes de Europa.
NOS_33356
Ana Pontón reiterou que os incendios deben ser apagados no inverno e aplicar políticas de prevención. A candidata apostou por un modelo forestal que potencial o monte galego.
A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta pola formación nacionalista, Ana Pontón, afirmou que os incendios que azoutan o sur do país nestes días amosan que é urxente "unha política de prevención e un novo modelo forestal para Galiza". Pontón dixo estas declaracións durante a súa visita á Casa das Insuas, en Rábade, sede da asociación Custodia do Territorio, adicada á xestión e defensa de 107 hectáreas, 5 quilómetros ao longo do río Miño que conta cunha grande riqueza en especies forestais. A candidata nacionalista detacou o labor da asocición, sobre todo nuns días nos que se rexistraron en Galiza importantes incendios, mesmo en espazos protexidos dos que dixo, hai responsábeis persoais pero tamén "hai unha responsabilidade política". Pontón explicou que "os incendios se apagan en inverno" e engadiu que ao seu xuízo, non é de recibo que "ano tras anos teñamos incendios cun impacto maior sobre os espazos protexidos, as propiedades e vivendas". Nesta situación, explicou, ten responsabilidade un goberno "irresponsábel" que incluso eliminou algunhas das medidas adoptadas polo BNG no goberno bipartito como maiores franxas de protección de vivendas e estradas. O PP fixo a política contraria e dende o BNG hai unha prioridade, "o noso monte é unha riqueza e pode xerar moito emprego".
NOS_36868
María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias recolleron no Museo do Mar de Vigo os seus galardóns nun acto que recupera a normalidade tras a pandemia
Após dúas edicións nas que foi necesario modificar o tradicional acto de entrega dos Premios Xerais, a festa de entrega volveu este sábado á normalidade cun acto celebrado no Museo do Mar de Vigo. María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias recibiron os premios Xerais de Novela, Jules Verne de Literatura Xuvenil e Merlín de Literatura Infantil, respectivamente. "Como non emocionarse? Hai tanto traballo detrás dunha novela, como non emocionarse cando recibes un premio que vés lendo e coleccionando desde a adolescencia?", preguntábase María Solar ao recoller o galardón á súa novela A culpa. Con este thriller psicolóxico, a autora mergúllanos nunha historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente. "Ides atopar un thriller adubado de novela negra, no envoltorio, e unha novela máis literaria e psicolóxica, no corazón". María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais Pola súa parte, Rocío Leira dedicou o seu libro "a aqueles que se permiten o luxo de cuestionar as cousas, a aqueles que son capaces de observalo todo baixo perspectivas diferentes". Cicuta para dous, gañadora do Jules Verne, é unha novela de investigación chea de humor e intriga e protagonizada por un filósofo. Como a propia autora dixo, está pensada para público adolescente "A rebeldía que acompaña esas idades, as infinitas dúbidas que amosan os adolescentes, son a materia prima por excelencia de calquera filósofo que se prece", explicou a autora. O director de Xerais, Fran Alonso, destacou a "prodixiosa literatura dun país pequeno" O Premio Merlín 2022 foi outorgado a Anxo Iglesias polo seu poemario Unha nova dimensión. Das 37 edicións que leva en marcha o premio, esta é a segunda vez que un libro de poesía infantil se fai co galardón outorgado por Xerais. Este é o primeiro libro de Anxo Iglesias Os tres libros gañadores dos Premios Xerais 2022, que foron fallados no pasado mes de xullo, xa están dispoñibles nas librarías. O acto, presentado pola actriz e escritora Sabela Hermida, foi inaugurado cun discurso do director de Xerais, Fran Alonso, que felicitou os gañadores e agradeceu o traballo dos xurados. Ademais, tivo palabras de agradecemento para o equipo de Xerais, así como para "unha sociedade amiga e cómplice". Neste sentido, destacou a "prodixiosa literatura dun país pequeno" que acadou 25 premios nacionais nas últimas décadas e 11 dos últimos 23 premios Lazarillo convocados. Fran Alonso: "Necesitamos que a Xunta nos acompañe nas nosas accións" Alonso falou tamén da preocupación de Xerais polo estado da lingua galega, que perde falantes entre as xeracións máis novas. Desa preocupación xorde o isologo "Fálame Sempre", de Pepe Barro, co que a editora quere abrir unha liña de publicacións arredor desta cuestión, como O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, ou Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota. "O futuro da lingua galega é tamén o futuro de Xerais, o futuro da edición galega, o futuro da literatura galega e o futuro da nosa cultura", dixo. Ismael Ramos pechou o acto cunha lectura dalgúns dos seus poemas recollidos na obra Lixeiro, editada por Xerais e pola cal acadou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández neste ano
NOS_46134
A partir deste sábado, día 14 de marzo, queda decretado o estado de alarma. "Vai ser moi duro e díficil mais imos parar o virus". Así o advertía o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, esta sexta feira.
O Consello de Ministros reunirase o sábado de maneira extraordinaria para decretar o estado de alarma perante a pandemia de coronavirus, tal e como avanzou na tarde da sexta feira o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, nunha declaración institucional no Palacio da Moncloa. Sánchez comunicou esta decisión ao rei Felipe VI e ás forzas políticas e esta tarde falará cos presidentes das comunidades autónomas, aos que agradeceu de antemán o seu traballo e comprensión. Non desbotouu o presidente chegar a 10.000 persoas contaxiadas e explicou que a declaración do estado de alarma "permite a máxima mobilización de recursos materiais para combater o virus", pero tamén insistiu en chamar á responsabilidade individual para que o conteña. As medidas a adoptar baixo o estado de alarma estarán "encamiñadas a mobilizar todos os recursos do conxunto do Estado", tanto "económicos como sanitarios, públicos e privados, civís e militares", para "protexer mellor a saúde de todos os cidadáns. ", particularmente os máis vulnerables á enfermidade", dixo Sánchez. O presidente tamén xustificou a necesidade de decretar o estado de alarma para responder á emerxencia social e económica "coa máxima axilidade e contundencia". "Queremos a máxima coordinación dos recursos, eficaz e garantida do conxunto das administracións públicas e o seu mellor funcionamento", dixo. "O Goberno de España protexerá a todos os cidadáns e garantirá condicións de vida adecuadas para deter a pandemia co menor dano posíbel", dixo o presidente, que se puxo a disposición do Congreso dos Deputados para informalos "inmediatamente" desta decisión. Esta tarde, avanzou Sánchez, ten intención de falar por teléfono con todos os presidentes dos territorios. O xefe do Executivo advertiu de que o Estado español só está na "primeira fase" da loita contra o coronavirus, polo que as semanas "moi duras" están por vir. Sánchez advertiu que non desbota que a próxima semana o país supere os máis de 10.000 afectados pola enfermidade. O presidente explicou que todos os esforzos sanitarios están dirixidos a previr unha propagación demasiado rápida da enfermidade para poder axudar a pacientes que, debido a enfermidades anteriores ou á súa idade, son máis vulnerables e requiren atención hospitalaria.
NOS_1052
Comenta o profesor Gonzalo Navaza, e comenta ben, que un dos precursores da lingüística románica moderna así como da filoloxía galega foi Frei Martiño Sarmiento. O sabio galego –oriúndo das Raposeiras, Cerdedo– rexistraba nos cadernos das súas viaxes por Galiza listaxes de topónimos, voces, curiosidades, observacións sobre vexetais, algúns dos cales en tempos actuais habían ser revisados e analizados polo citado profesor, sen dúbida unha das máximas referencias nestes eidos nos que –quizais con ousadía– nos aventuramos. E facémolo coa necesaria prudencia, pois non somos para nada especialistas nestas lides –máis si curiosos–, coas ganas necesarias –como cando se inicia un proxecto interesante– e cunha mochila ateigada de documentación e libros nos han ir orientado polos vieiros na onomástica galega.
A antroponimia que traeremos a estas páxinas (os nosos apelidos e as súas particularidades) beben deses estudos, que están adobiados outrosí coas necesarias referencias xeográficas (tamén no que atinxe á súa difusión), culturais, sociais e incluso provistos de extractos paleográficos, inéditos ou tirados de fontes publicadas. Así e todo debemos ser xustos, pois as axudas dos expertos tamén fican entre estas liñas: velaí están Gonzalo Navaza e Xosé-Henrique Costa (ambos da Universidade de Vigo), Xoán Costas e outros, pois o seu maxisterio e a súa xenerosidade serviron para mellorarmos as liñas que comezamos a trazar. Non buscamos abordar unha boa parte dos apelidos galegos, nin incluso a listaxe que facilita a Real Academia Galega (RAG) n'Os apelidos en galego: Orientación para a súa normalización, senón aqueles –de certo tan só unha escolma– que teñen correspondencia coa toponimia actual. Non pretendemos tampouco achegar a etimoloxía da totalidade deles, pois existen antropónimos ben complicados que merecen as análises de persoas vinculadas con esa materia directamente antes de lanzarmos teorías un tanto incorrectas que pouco poidan axudar á investigación e, paralelamente, á difusión. Para nada van ser estas páxinas un refuxio documental no que se dea conta de orixes remotas de certas familias, nin moito menos ilustres, se ben o dato histórico e as referencias han estar sempre presentes. Buscaremos incluso non a alusión máis pretérita, coidamos que tan interesante resulta a divulgación diso como os feitos significativos ou curiosos, as probas que dean máis luz ou aqueles datos sociais que nos axuden incluso a equilibrar cuestións de xénero. Por iso, para conseguirmos tales propósitos, teremos que botar man de obras e publicacións de diversas persoas do eido da etimoloxía e a historia. No que afecta ao primeiro dos campos, entre outras serán útiles –e incluso imprescindíbeis– as achegas de Nicandro Ares Vázquez (Estudos de toponimia galega), Edelmiro Bascuas (Estudios de hidronimia paleoeuropea), Diego Bernal Rico (Apelidos da Galiza, de Portugal e do Brasil), Ana Isabel Boullón Agrelo (diversas publicacións), Xosé-Henrique Costas (Os xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua e cultura galegas), Manuel Ferreiro (Gramática Histórica Galega), Clara Iglesias Cortizo (Os nomes da Estrada), Manuel Lorenzo Baleirón (Toponimia de Dodro e Laíño), Xosé Luís Méndez Ferrín (Consultorio dos nomes e apelidos galegos), José Pedro Machado (Dicionário etimológico da língua portuguesa), Juan J. Moralejo (Callaica Nomina), Gonzalo Navaza (Fitotoponimia galega e unha morea de publicacións máis), Eligio Rivas Quintas (Onomástica persoal do noroeste hispano), Carlos Vázquez García (Toponimia do concello de Lugo) así como aquelas obras publicadas ben dende a RAG (da autoría de Fernando Cabeza Quiles, Xosé Ramón López Boullón, Xulia Marqués Valea, Paulo Martínez Lema, Luz Méndez e outros) ben tamén dende a Universidade de Vigo (Lorena Carrasco, Afonso Salvador Rodríguez González, Anxo Rodríguez Lemos, Iván Sestay Martínez...). Por outra banda, nos apartados paleográfico e histórico foron de utilidade artigos e obras de José Miguel Andrade Cernadas, Paula Bouzas Rosende, Alexandra Cabana Outeiro, Enrique Cal Pardo, Ángela Comesaña, José Ignacio Fernández de Viana, Xesús Ferro Couselo, Miguel García-Fernández, Anselmo López Carreira, Antonio López Ferreiro, Ramón Lorenzo, Manuel Lucas Álvarez, Ramón Mariño Paz, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Francisco J. Pérez Rodríguez, Ángel Rodríguez González, Xosé Sánchez Sánchez, José António Souto, Mercedes Vázquez Bertomeu, Xavier Varela Barreiro, Suso Vila... Amais disto, mergullamos as nosas pescudas nun bo número de protocolos notariais, nomeadamente do Arquivo da Catedral de Santiago (dende agora ACS), de Noia e Compostela, custodiados no Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS)... Tamén se botou man de fondos do Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPo), do Histórico Diocesano de Santiago (AHDS), dos provinciais de Pontevedra e Ourense (AHPPo e AHPOu, respectivamente), dos Arquivos de Galiza (AG) e do Reino de Galiza (ARG), da Real Academia Galega (ARAG), da Fundación Penzol (AFP), da Biblioteca Nacional de España (BNE) e do Arquivo Histórico Nacional (AHN)... Pero gustamos de analizar, incluso, certos documentos conservados en arquivos privados de diversos pazos das bisbarras da Estrada e do Umia. E resumo, non menos de douscentos apelidos serán tratados, agardando sermos precisos (malia as prudencias) e cunhas intencións non menos importantes: animar a cidadanía a que restaure ao galego os apelidos que na actualidade fiquen deturpados, castelanizados ou con algún xeito de incorrección. Para conseguir tal propósito só se precisan tres requisitos: elaborar unha instancia coa solicitude de restauración do ou dos apelidos, entregar a documentación no rexistro civil no que cadaquén está inscrito e agardar pola aprobación. De seguido haberá que facer as modificacións pertinentes na documentación persoal: documento de identidade, permiso de conducir... Así, entre todas e todos, continuaremos a lle dar máis vida ao idioma, conseguindo, paralelamente dignificar a onomástica dos fillos e fillas deste país. Entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín Hai anos publicara nas páxinas do Faro de Vigo uns artigos ben interesantes vinculados cos apelidos existentes no noso país. Esas entregas conformarían con posterioridade o seu Consultorio dos nomes e apelidos galegos. Como foi aquela experiencia na que distintas persoas tamén lle preguntaban pola orixe dos seus antropónimos? Moi gratificante. Permitiume facer público, e compartir con moitas persoas con curiosidade pola súa onomástica persoal, o resultado duns estudos aos que me dedicara privadamente desde os meus días universitarios. En varias conferencias e obras súas ten falado de que Galiza é posibelmente o país con maior número de termos de orixe celta malia estar o galego latinizado. Realmente, como especialista que é, existen tantos vocábulos prerromanos? É posíbel que Galicia (incluíndo o Bierzo, a Terra Eo-Navia e o norte de Portugal) sexa o espazo románico no que existe meirande concentracións de topónimos que non son de orixe latina senón que proceden de linguas faladas na Gallaecia antes da romanización. Parte destes topónimos convertéronse en apelidos usuais nos nosos días. Un continxente grande de léxico común galego é, tamén, prelatino. Non todo o prelatino é celta, sen embargo. Diso tamén trato, e tratan lingüistas importantes aos que lles estou recoñecido. En realidade o que penso é que, posibelmente, os galegos sexamos o pobo románico que use maior número de verbas pre-románicas, considerando a toponimia, a antroponimia e, hipoteticamente, riscos fonético-históricos un dos cales pode ser a gheada e outro a perda do -l- e -n- intervocálicos Cal é súa opinión sobre a restauración dos apelidos galegos á forma lexítima, como pode ser o caso de Guimarey por Guimarei ou Iglesias por Igrexas? Paréceme unha tendencia que indica que unha porción do noso pobo non tolera a asimilación. Isto prodúceme inmensa ledicia. Baixo o noso punto de vista houbo un aspecto particular na nosa antroponimia, hoxe de uso residual na oralidade, que suscita o noso interese: a flexión de xénero masculino e feminino en apelidos como Barreiro, Barreira, Cousiño, Cousiña. Que nos pode afirmar ao respecto? A forma masculina ou feminina dos apelidos depende de moitas causas orixinais. Sería preciso explicar caso por caso. Podería sinalarnos algunha particularidade máis da antroponimia galega? Os nomes persoais (antes de pía) están suxeitos a modas pero, en boa parte, dependen da vontade ou capricho dos autorizados a rexistralos civilmente. Os apelidos veñen do pasado e, con frecuencia, da ancestralidade. Forman un corpus valiosísimo e son parte da nosa herdanza inmaterial. A toponimia de Galicia foi restaurada oficialmente no galego orixinal. Para a restauración onomástica persoal requírese a vontade individual das persoas. Todos podemos regaleguizar os nosos nomes e apelidos, pero ese paso deben dalo suxeitos civís un por un.
NOS_30091
O Concello de Teo lamenta o fallo en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e critica que "os expertos científicos contratados, baseen a argumentación en criterios económicos que menosprezan o debate científico". Aseguran que explorarán outras vías para lograr esta clasificación.
"En valoración de toda a proba, a Sala non pode concluír que existe unha evidencia científica da necesidade de tal inclusión". Así fecha a porta a inclusión das distintas especies de eucalipto no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. Unha solicitude que o Concello de Teo presentou ante o Ministerio de Medio Ambiente e que tomou, en 2018, a vía dos tribunais. Con todo, agrega o Alto Tribunal, "toda cuestión é susceptíbel de evolucionar nun sentido ou outro". O TSJM responde así a unha demanda interposta pola Administración local teense contra a decisión do Ministerio de non clasificar o eucalipto como invasor. Esta argumenta que o propio Comité Científico que asesora ao departamento estatal concluíu a favor desta catalogación, ademais, sinala defectos no procedemento. Á parte demandada, o propio ministerio, sumáronse a Xunta da Galiza e mais as administracións asturiana, cántabra e andaluza así como a Confederación de Organizacións de Silvicultores de España. Todas achegaron informes nos que se estuda o eucalipto desde o punto de vista ambiental, se insiste na súa importancia económica en ditas comunidades ou no impacto que suporía a súa consideración como invasor e na existencia de normas reguladoras do eucalipto. Relevancia económica O Alto Tribunal madrileño percorre os informes entregados por todas as partes e que serven para soster a introdución ou a exclusión do eucalipto de dito catálogo. A favor amósanse os 19 expertos e expertas do citado Comité e mais a Xunta de Extremadura, coa condición de que se poidan aproveitar as masas xa existentes desta árbore. O Goberno de Canarias acepta que se incorporen dúas especies concretas. A maiores, o auto recolle que a ausencia de resposta das Administracións consultadas a través da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural será considerada desfavorábel á inclusión. Unha toma en consideración posta en dúbida polo Concello de Teo. "De todos os informes, a conclusión que pode obterse é que non existe nos termos esixidos na norma aplicábel un consenso na comunidade científica" dita o TSJM, que se basea na documentación das partes demandadas para desmontar o ditame do Comité Científico. "Non existe unha base científica clara sobre as conclusións dos traballos que toma en consideración", apuntan. O Concello de Teo amósase moi crítico con esta parte do auto. "Máis alá do debate científico, sempre necesario, é impresentábel que a Administración central primeiro e o tribunal despois dean o mesmo peso argumental a un órgano colexiado, o comité científico, que á opinión de expertos individuais contratados polas Administracións interesadas en facer informes de parte", di o seu alcalde, Rafa Sixto. En conversa con este medio, o rexedor teense tamén cuestiona "que se equiparen ou minusvaloren os criterios científicos fronte aos económicos e que, mesmo os expertos científicos contratados, baseen a argumentación en criterios económicos que menosprezan o debate científico". Pegada do eucalipto Unha liña semellante á argumentada polo catedrático e doutor en Bioloxía Ramón Varela Díaz. "A miña opinión coincide co informe do comité de 2017 e mais co de 2012, cando se prohibiu a plantación de eucalipto nitens na marxe da ría de Navia por consideralo de gran capacidade invasora", explica a Nós Diario. A argumentación que desprega por teléfono é tamén similar á do Comité Científico. "A rápida velocidade de crecemento do eucalipto e a súa adaptabilidade a todo tipo de terreos fano a especie dominante sobre outras autóctonas. É pioneira nese sentido, prolifera antes, sobre todo en terreos que sofren incendios. Tras os lumes os territorios nos que agroman os eucaliptos son inmanexábeis. A maiores, os eucaliptos espállanse nas áreas lindeiras a onde hai plantacións", di Varela Díaz. Desde o Concello de Teo aseguran que explorarán outras vías para que o eucalipto sexa declarado invasor. Ao tempo, sinalan a expansión desta especie no país. Respecto a un dos argumentos da Xunta, a existencia de plans forestais do eucalipto, conclúen lamentando que esta "avale sistematicamente o seu incumprimento".
NOS_28754
Unidade total cara á folga que prevé paralizar este municipio o 16 de outubro e exixir a continuidade de Endesa para manter o futuro da comarca. Falamos con representantes dos traballadores e traballadoras da central, do Concello ou dos comercios e hostelaría local.
As Pontes entra nuns días cruciais. Neste municipio da comarca do Eume levan meses de reunións e xuntanzas a través do comité de crise no que están representados todos os grupos políticos da corporación municipal, a asociación de empresarios, a asociación de comerciantes, o comité de empresa de Endesa, CIG, CCOO e UXT e a Asociación de transportistas do carbón. Esta cuarta feira 16 de outubro paralizarán o municipio e manifestaranse pola tarde en Madrid, diante do Congreso. Vai ser unha mostra de forza que visibilizará un problema que vai máis alá do conflito laboral e implica toda unha sociedade. "A folga vai a estar secundada de xeito maioritario, desde os polígonos até no comercio" Alberto Amado (Comité de empresa) Ninguén quere pensar no que sería das Pontes sen a súa central térmica. "A situación se fecha é catastrófica, tanto no eido social como económico, como patrimonial", afirma a Sermos Galiza José Castro, presidente dos Empresarios e Empresarias das Pontes (Seara), "é unha situación que non se agardaba e os colleu a todos e todas co paso cambiado". Para José Rodríguez, presidente da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO) o feche da central afectaría a todas e todos. "É unha cadea, posto que primeiro serían as camioneiras e camioneiros, das Pontes e doutros concellos, logo virían as gasolineiras, os talleres, os comercios, os restaurantes, as empresas de seguros...". "A situación se fecha é catastrófica, tanto no eido social como económico" José Castro (Asociación Empresarios) Folga masiva A convocatoria de folga foi apoiada por unanimidade desde o inicio como explica a Sermos Galiza Alberte Amado, do Comité de empresa das Pontes. "A folga vai a estar secundada de xeito maioritario, desde os polígonos até no comercio, tamén nas empresas do concello". O responsábel sindical afirma que tamén vai a haber unha participación importante en Madrid. "Estanse a cumprir as expectativas". Confirma esta idea José Rodríguez cando asegura que "para o día da folga contamos con que peche todo, mesmo as grandes empresas deron o día libre ao seu cadro de persoal para que poidan apoia a folga" e engade "os colexios tamén comunicaron que haberá servizos mínimos". Afeitos a loitar As Pontes xa pasou por situacións moi complicadas relacionadas coa súa dependencia de Endesa. José Rodríguez lembra a Sermos Galiza que "daquela buscamos solucións e saímos para adiante e agora será o mesmo, eu son bastante positivo nese caso". Para Rodríguez, os investimentos que se fixeron nestes anos teñen que aproveitarse. "Temos unhas mellores comunicacións, mellores infraestruturas, hai gas, hai electricidade,... Calquera outra industria que queira vir ás Pontes teno moito máis doado que hai dez anos". As Pontes xa pasou por situacións complicadas relacionadas coa súa dependencia de Endesa Unanimidade hai tamén na petición dunha transición máis lenta e axustada aos propios tempos para adaptarse. Desde o propio Goberno municipal Ana María Pena, concelleira de Industria e Emprego das Pontes, indica que o municipio merece "unha transición máis xusta". Da mesma opinión é José Rodríguez, que afirma que "ten que haber unha transición con tempo como está a facer Alemaña, a 15 anos vista e non a 15 días vista que non ten sentido ningún". "Ten que haber unha transición con tempo como está a facer Alemaña, a 15 anos vista e non a 15 días vista que non ten sentido ningún" Ana Mª Pena, concelleira de Industria e Emprego Endesa ten que responder Ninguén é partidario ou partidaria de buscar culpábeis mais hai quen sinala algúns. José Rodríguez, por exemplo, adianta a Sermos Galiza que "do que pasou teñen culpa todos" e "o primeiro Endesa, que se aproveitou das políticas ecolóxicas que están agora de moda", explica, "está moi ben loitar contra o cambio climático mais hai que mirar para as persoas, por moito ben que lle fagamos ao cambio climático se logo non temos que comer...". Logo a responsabilidade do Goberno galego. "A Xunta tamén ten parte porque ten que dar un golpe na mesa e dicir que Galiza vai quedar sen industria, non só nas Pontes, en todo o sector, tanto en Vigo como o que vén detrás". "Galiza vai quedar sen industria, non só nas Pontes, en todo o sector, tanto en Vigo como o que vén detrás" José Rodríguez (Asociación comercio e hostelaría) Ana María Pena tamén pensa que Endesa ten que responder. "Hai máis de 40 anos que se implantou primeiro coa explotación mineira e desde hai uns anos, desde o 2005, coa Central Térmica e todos eses beneficios tanto no sector público como no privado teñen que repercutir", engade a Sermos Galiza. "Non se pode permitir que a parte empresarial prime os seus intereses e peche a porta a un territorio que desde hai anos é dependente da súa actividade". José Rodríguez coincide con esta idea. "O que non podemos consentir é que Endesa marche de aquí logo de todo o que gañou nas Pontes e o que As Pontes fixo por Endesa... como o lago, o burato que fixo Endesa, sacou moitas toneladas de carbón e todo iso haberá reinvestilo dalgún xeito".
NOS_16088
Galiza vén de impulsar un proxecto baseado na epidemioloxía xenómica que busca saber e aprender da evolución do coronavirus no país. Epicovigal, que así se denomina, combina o estudo do pasado cunha vixilancia activa do virus en tempo real. Nós Diario conversa con David Posada, coordinador e investigador do CINBIO da UVigo.
Epicovigal dispón de mostras do coronavirus que circulou pola Galiza desde o mes de marzo. Que información nova pode achegar a epidemioloxía xenómica sobre o virus da primeira vaga? Certezas, poucas, porque cando se fala do pasado, non existen. Primeiro porque nós traballamos con mostras do virus, non con todos os virus, e iso engade incertezas. Temos que recorrer a modelos probabilísticos, matemáticos e preditivos para entender, por exemplo, cando entrou o virus na Galiza, cantas veces, por onde, procedente de que territorios, como se moveu. Son algunhas das respostas que nos vai ofrecer o estudo do xenoma a partir de técnicas de filoxenia. Dalgunha maneira permitirá reconstruír o periplo do virus e a súa evolución desde o inicio. E poñela en relación con outros acontecementos ligados á pandemia. A circulación do virus foi a mesma o ano pasado antes e despois do uso obrigatorio da máscara? Mudou cando se introduciron as restricións de mobilidade máis duras? Iso é o que queremos saber: que pasou no tempo e no espazo, e en que medida se seguiu fortalecendo a diversidade xenómica ao tempo que mudaban as medidas de saúde pública. Para chegar a entender mellor a historia do virus na Galiza. E a súa xenealoxía. Este proxecto está interesado en saber exclusivamente que pasou na Galiza. Existen proxectos idénticos, centos deles, en distintas rexións a diferentes escalas para tratar de saber como foi a súa evolución noutros territorios. En España, en Europa, nos EUA. E todos teñen sentido.Isto é epidemioloxía. Epidemioloxía xenómica. En vez de preguntarlle ás persoas que fixeron, que avión colleron, se foron a unha festa de aniversario ou a un concerto, falamos co virus interrogando o seu xenoma, estudando as súas mutacións, porque nesas mudanzas queda rexistrada a súa historia. Chegar a coñecela é o obxectivo do estudo do pasado. Ao que suman unha segunda liña de traballo: a monitorización do virus en tempo real. Si, de aquí a final de ano aspiramos a facer unha vixilancia activa do que vai pasando mes a mes. E para iso o primeiro foi traballar nos protocolos necesarios para facer a secuenciación do xenoma. Tecnicamente o proceso non é complexo, pero é longo, normalmente uns sete días. Leva tempo pero faise e sae ben. Non falla. En principio, aspiramos a facer un cento de xenomas cada catro semanas. Non é o óptimo pero é o mellor que podemos facer cos cartos e o persoal dispoñíbel, co obxectivo de saber que variantes do virus están a circular en cada momento e detectar cando aparece unha nova, preocupante desde o punto de vista da saúde pública. Hai que ter en conta que do virus hai miles de variantes, porque mutar é parte da súa condición natural. Pero só algunhas son preocupantes , porque fan que o virus se comporte dunha forma mais problemática para as persoas. Por exemplo, que contaxie máis, que sexa capaz de entrar mellor nas células, con menos partículas e a máis distancia, que se transmita mellor, máis rápido -que é o que parece suceder coa variante británica-. Tamén se pode dar o caso de variantes máis patolóxicas, que aumenten a severidade da doenza, que causen máis dano e eleven a taxa de mortalidade dos paciente infectados. Disto non hai nada demostrado pero hai sospeitas de que algunha pode provocar este dano engadido. Entón, ademais, habería que poñer estas novas variantes en relación coas vacinas para saber se poderían chegar a escapar dos seus efectos. Nunca de maneira completa, pero si reducir a súa eficacia. O importante aquí é chegar a anticiparse. De aparecer uha variante preocupante, o importante é estar preparado para detectala a tempo, antes de que sexa a variante dominante, para facilitar a toma de decisións e a adopción de medidas concretas destinadas a frear a súa transmisión. Cando hai vixilancia, como sucede no Reino Unido, que leva máis dun ano secuenciando o virus e uns 300.000 xenomas analizados, a capacidade de observación e detección é moi alta. A vixilancia periódica permite ver se aumenta a frecuencia dunha variante ou se aparece en varios sitios de forma independente e simultánea, o que indicaría que o virus se está adaptando. Se de súpeto a frecuencia explota, pode advertir que é máis contaxiosa. A capacidade de vixiar permite detectar cambios. Se ti non secuencias o xenoma nunca saberás que variantes circulan, se aumentan ou non. Estarías en desvantaxe á hora de tomar decisións asimétricas. Nos aspiramos a aprender do que sucede na Galiza a partir do estudo do xenoma. Ciencia aberta e accesíbel en tempo real. Os resultados son públicos e pódense consultar na web de Epicovigal. Epidemioloxía xenómica na Galiza Epicovigal é un consorcio no que participan membros de equipos de investigación das tres universidades galegas e dos servizos de microbioloxía das sete áreas sanitarias da Galiza. En marzo de 2020, coincidindo coa chegada do SARS-CoV-2 e a declaración da pandemia da Covid-19 comezaron a definir o proxecto que busca desenvolver unha plataforma xenómica para o estudo da epidemioloxía molecular do novo coronavirus na Galiza e obter información útil para a toma de decisións a nivel local e territorial. "A finais do verán pasado logramos os cartos necesarios, así que o proxecto botou a andar oficialmente no mes de setembro. Desde entón o que fixemos foi reunir perto de 2.500 mostras procedentes dos distintos hospitais. Agora toca secuenciar o xenoma desas mostras de virus presentes desde marzo e ao mesmo tempo, o xenoma dos virus que xorden cada mes".
NOS_42013
Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e UMG emiten un comunicado no que animan a camiñar cara un paro xeral, que consideran "a resposta necesaria ante a situación que estamos a vivir".
Cinco organización xuvenís nacionalistas e independentistas veñen de emitir un comunicado ás portas do Primeiro de maio no que mostran o seu apoio á convocatoria dunha greve xeral. Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e UMG denuncian "unha situación de extrema precariedade e con nulas perspectivas de futuro". Precariedade, temporalidade, pobreza, emigración, desemprego fan parte dunha realidade na que os beneficiarios son "o grande capital español e transnacional". A isto, sinalan, hai que engadir, "unha situación que subordina Galiza aos intereses do mercado español, que son os da minoría capitalista que sustenta ese Estado". "O Estado español e a Unión Europea son un freo para o desenvolvemento autocentrado da Galiza". As organización entenden que perante este escenario, e o "aumento da conflitividade laboral en diferentes sectores", nestes meses, faise necesario "camiñar cara unha folga xeral na Galiza, xa que é a resposta necesaria ante a situación que estamos a vivir cunhas características propias na nosa nación". Unha greve para "recuperar" os dereitos perdidos. Por iso, no manifesto "saúdan" a campaña da CIG para a greve xeral. Nesta liña, Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e UMG animan a participar nas mobilizacións do 1 de maio convocadas polo sindicalismo galego de clase.
NOS_34548
Solicita que a acreditación de muller en situación de violencia machista non dependa da denuncia através da modificación da lexislación actual a nivel estatal.
A voceira de Igualdade do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, presentou esta sexta feira (14 de agosto) a proposta lexislativa coa que pularán pola modificación da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero. O obxectivo da organización frontista é a creación do Estatuto de vítima de feminicidio, un "título" específico a incorporar na lexislación actual co que se muden as condicións polas que as mulleres en situación de violencia machista poidan ver acreditada este feito. Neste senso, suprimiríase a obriga de ser através da denuncia a única formulación para que sexan tamén os informes dos servizos sociais, sanitarias, os certificados de acollida ou mesmo un informe da Inspección de Traballo ou da Seguridade Social. Con esta mudanza, as mulleres en situación de violencia machista poderían acceder aos recursos asistenciais, económicos e/ou psicolóxicos previstos pola lexislación sen que sexa preceptivo presentar previamente unha denuncia. Adán: "Se en vez de mulleres vítimas de violencia de xénero fosen asasinadas por outras razóns o estado paralizaría as súas vacacións" Após 11 anos da aprobación da Lei Orgánica, sinalou Adán, esta "fica curta" e cómpre adaptala á realidade actual. "Levamos máis de 700 mulleres asasinadas [desde 2003] no Estado e 40 na Galiza sen contabilizar as que non aparecen nas estatísticas". Entre elas, lembrou, a amiga de Marina Okarnynska, asasinada xunto a ela por Sergio Morote en Cuenca, Laura del Hoyo. Así pois, desde o BNG propoñen a incorporación do termo "feminicidio" na propia lexislación "amosando que a violencia machista é unha cuestión política e social" e non "algo illado". A deputada nacionalista criticou con dureza a actitude do goberno español perante os asasinatos de mulleres e crianzas ocorridos este verán. "Se en vez de mulleres vítimas de violencia de xénero fosen asasinadas por outras razóns o estado paralizaría as súas vacacións para crear con urxencia un gabinete de crise". Porén, en troca, "existe unha relaxación e mesmo a crenza de que durante o verán é normal que morran máis mulleres". A este respeito Adán lembrou que "non son mulleres mortas" como acotío recolle a imprensa nas súas informacións senón "asasinadas".
PRAZA_12025
Os catro sindicatos da Función Pública mantéñense "unidos" e anuncian que proseguirán as mobilizacións contra o proxecto de lei de medidas do emprego público. As centrais arremeten contra a "precarización" do emprego público e reivindican as alternativas ao recorte que remitiron a Feijóo, sen éxito.
Non cesarán as protestas no colectivo de empregados públicos contra o proxecto de lei que vén de aprobar o Consello da Xunta. CIG, CSI-F, CCOO e UGT teñen programada unha inxente cantidade de actos de protesta contra un documento "inxusto", "agresivo" e que precarizará as condicións laborais deste colectivo. "Non somos os culpables da mala xestión nin da crise", berraron na mobilización deste xoves os traballadores públicos. O documento, que só "foi maquillado" no tocante ás baixas laborais, como condena Fernando García (CIG), espertou máis aínda a contestación social contra a austeridade do gasto público. Para os sindicatos da función pública este proxecto de lei configura "unha Administración dual con precarización a través de minijobs para interinos e temporais que afectará a máis de 1.500 traballadores". O regulamento establece a redución de xornada dos interinos ao parecer do Goberno, pero a administración aínda non especificou en base a que necesidades se porá en marcha esta partición da xornada laboral, a quen afectará ou que aforro "real" vai reportar ás arcas públicas. "A cifra de 80 millóns de aforro é unha falacia sen sentido, non está desglosado no proxecto e tampouco se nos explicou", arremeteron fontes sindicais consultadas por Praza. Segundo os representantes da CIG, CCOO, UGT e CSI-F, as protestas van continuar. "O proxecto está aprobado polo Consello da Xunta pero aínda queda o trámite parlamentario, onde se pode modificar", reseña García. "Mentres haxa posibilidades de que isto non saia adiante nós manteremos as mobilizacións". As centrais consultadas por Praza coinciden en que "o Goberno non se esperaba a unidade sindical" nin, din, "o apoio maioritario dos empregados públicos" a esas accións de protesta. A CIG non descarta facer un chamamento á folga xeral, aspecto no que son máis cautos nos outros sindicatos. "Nós non descartamos nada", afirmou María Carme Santamariña. Pero no sindicato nacionalista non queren romper a unión sindical. "Queremos facer as cousas de maneira consensuada", puntualizaron. O exemplo de Esperanza Aguirre Segundo fontes sindicais presentes na última Comisión de Persoal, a Xunta puxo como exemplo a "didáctica" da presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre. "Aquí lócense tanto que usan como referencia o que di esta muller", confirmou Fernando García a este diario. "É ridículo, dixeron que según Aguirre estas medidas serven para aforrar". Un exemplo "gravísimo" que, a ollos dos sindicatos, demostra que Alberto Núñez Feijóo está "seguindo o patrón do sector máis conservador do PP, colleu as medidas da peor dereita".
PRAZA_18240
O presidente do Goberno de España e o líder de Podemos pactan un documento con medidas como a suba do salario mínimo aos 900 euros ou o incremento do IRPF para rendas altas, pero tamén con accións sociais ou de igualdade alén do estritamente económico. O acordo vai ao Congreso sen garantías de aprobación DOCUMENTO | Acordo do Goberno de España con Unidos Podemos para os orzamentos de 2019
DOCUMENTO | Acordo do Goberno de España con Unidos Podemos para os orzamentos de 2019 Elaborado con información de Aitor Riveiro, Irene Castro, Marina Estévez, Diego Larrouy, Rodrigo Ponce de León, Laura Olías, Antonio M. Vélez e David Lombao Un acordo que, dende a súa escenificación, pretende ir alén do económico aínda que os Orzamentos Xerais do Estado para 2019 sexan a súa peza central. O presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, rubricou este xoves na Moncloa xunto ao líder de Podemos, Pablo Iglesias, un acordo orzamentario que é tamén, en certo xeito, o pacto de mini-lexislatura ao que ambas formacións non chegaron no marco da moción de censura que desbancou do poder ao PP de Mariano Rajoy. O acordo chegará ao Congreso cunha base máis ampla que os 84 escanos socialistas, pero sen garantías de aprobación No documento de 50 páxinas encabezado polos logotipos do Executivo estatal e do grupo parlamentario de Unidos Podemos, asinado ás portas do límite para que o gabinete de Sánchez remita o seu marco orzamentario á Comisión Europea, figuran propostas en materia estritamente económica -como maiores inxeccións en áreas sociais- ou fiscal, caso da suba do imposto sobre a renda para quen manexe máis de 130.000 euros anuais. Pero tamén outras medidas políticas sen asignación orzamentaria mecánica como a suba do salario mínimo a 900 euros, a derrogación do tipo penal que persegue os piquetes nas folgas, accións contra a violencia sexual, límites á publicidade das apostas ou reformas en materia de alugueiro de vivenda. Ambos grupos deben buscar os votso de formacións como ERC, PDeCAT e PNV; En Marea afirmou que no trámite parlamentario porá sobre a mesa a súa "axenda galega" A tradución a números deste proxecto orzamentario encamíñase agora ao Congreso dos Deputados cunha base máis ampla que os 84 escanos socialistas, pero sen garantías de aprobación. PSOE e Unidos Podemos deben agora negociar con ERC, PDeCAT e PNV e poñer o foco tamén nas arestas territoriais das contas. Neste sentido, no caso galego os cinco membros de En Marea, integrados no grupo que encabeza Iglesias, aseguraron nos últimos días que na mesa negociadora da Cámara Baixa estarán asuntos como o traspaso da AP-9, a recuperación do Pazo de Meirás ou a reactivación da "axenda galega" de competencias paralizada dende 2008. Cabe agardar, tamén, que pola banda valenciana Compromís esixa compromisos en materia de financiamento autonómico. Velaquí algunhas das principais medidas pactadas polos equipos de Sánchez e Iglesias: Suba do salario mínimo a 900 euros A proposta de Unidos Podemos era subir a 1.000 euros a partir de xaneiro o salario mínimo, pero no Goberno de España víano inviable e, ademais, querían deixalo nas mans de sindicatos e patronal. 900 euros é a cifra acordada fronte aos 736 euros actuais. 1% de imposto de patrimonio a partir de 10 millóns As fortunas que superen o dez millóns de euros terán que pagar un 1% en imposto de patrimonio, segundo o acordo alcanzado. A vicepresidenta de Sánchez, Carmen Calvo, confirmouno e asegurou que forma parte da "nova fiscalidade" que prometeron os socialistas. Suba do IRPF a partir de 130.000 euros Increméntanse dous puntos os tipos impositivos sobre a base xeral para os contribuíntes que teñan rendas superiores a 130.000 euros e catro puntos para a parte que exceda de 300.000 euros. O tipo estatal sobre as rendas do capital sobe en 4 puntos porcentuais para as rendas superiores a 140.000 euros. Este foi un dos puntos de fricción: Unidos Podemos quería que o limiar fosen os 120.000 euros mentres que o Executivo non quería tocar inicialmente o IRPF e despois abriuse a facelo en rendas a partir de 140.000 euros. Regulación dos prezos do alugueiro de vivendas Os concellos poderán regular os prezos do alugueiro en zonas tensionadas e os contratos de alugueiro para persoas físicas volven ser de cinco anos O Goberno acabou por ceder fronte ás súas posicións iniciais, moito máis minimalistas. A principal novidade é que os concellos poderán regular os prezos do alugueiro en zonas tensionadas (normalmente, os centros das grandes cidades), o que implicará un cambio da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU). Ademais, darase máis protección aos inquilinos. Os contratos de alugueiro para persoas físicas será de cinco anos e os de persoas xurídicas serán de sete, fronte aos tres actuais en ambos os casos. Crece o orzamento para vivenda Aauméntase o orzamento estatal de Vivenda (na actualidade é de 474,24 millóns de euros, un 0,2% menos que en 2017). Todas estas cuestións terán que ser definidas e concretadas en posteriores reunións técnicas. I+D+I crece ao 6,7% As contías para Ciencia e I+D+i en 2019 incrementaranse nun 6,7%, integramente no ámbito civil. Isto supón un investimento en 2019 de 273 millóns de euros. Ademais dun plan para a recuperación do talento exiliado, a partida destinada á convocatoria regular de proxectos de I+D+i de ámbito estatal incrementarase en 85 millóns máis, respecto dos 393,7 de 2018. Baixas de maternidade e paternidade iguais e intransferibles O acordo tamén inclúe que as baixas de maternidade e paternidade sexan iguais e intransferibles, pero a vicepresidenta matizou que se fará "de maneira paulatina". O calendario será este: 2019, 8 semanas; 2020, 12 semanas; e 2021, 16 semanas. O acordo para aumentar as baixas de maternidade e paternidade esténdese ata 2021 330 millóns para escolas infantís coa vista posta nos concellos "Facilitarase que as Corporacións Locais poidan destinar parte do seu superávit a realizar Investimentos Financieramente Sustentables (IFS) financiando e mellorando as escolas infantís actualmente xestionadas por estas administracións, o que supón un impacto de 300 millóns de euros. Así mesmo dotarase con 30 millóns de euros o Orzamento de 2019 para aqueles municipios que, non contando con superávit, planifiquen investimento nestas infraestruturas", sinala o acordo. Ao longo de 2019 deseñarase un plan de universalización xunto ás autonomías para incorporar ao ciclo educativo a etapa de 0 a 3 anos nunha rede de recursos integrada pública e gratuíta, aseguran. Deixa no aire a fiscalidade de xénero A intención do Goberno era dar unha "perspectiva de xénero" á fiscalidade, pero a súa posta en marcha queda no aire: "Coa fin de incorporar a perspectiva de xénero ao sistema impositivo nas principais figuras tributarias, vanse a realizar os traballos necesarios para analizar en profundidade a mellor forma de levar a cabo esta adaptación". O acordo si recolle que os artigos de hixiene feminina (como tampóns e compresas) pasen ao IVE superreducido da 4% fronte ao 10% actual. A fiscalidade de xénero queda no aire, pero confírmase o IVE do 4% para artigos de hixiene feminina Desenvolvemento do ingreso mínimo vital Así se recolle no texto do acordo a proposta dos socialistas que é unha sorte de renda mínima. Incrementarase progresivamente a prestación por fillo a cargo, comezando nos limiares de pobreza severa que inclúen ás persoas máis necesitadas. En 2019 incrementarase a prestación actual de 291 euros ao ano até chegar a 473 euros/ano por fillo a cargo, o que permitiría unha redución da pobreza infantil severa do 14,7%, o que equivale a reducir o número de nenos e nenas en pobreza severa en 99.500, un 16% do total, segundo os cálculos do Executivo e Unidos Podemos. En 2019 terá un impacto orzamentario de 180 millóns de euros. Máis fondos contra a pobreza infantil Relacionado co anterior, os orzamentos destinarán 25 millóns de euros ás axudas de comedor "co obxectivo de garantir que todos os menores de familias en situación de precariedade ou risco de exclusión poidan acceder a comedor que lles garanta unha correcta alimentación". Nada máis chegar a Moncloa, Sánchez duplicou os fondos que deixara Rajoy ao destinar 10 millóns ao plan de comedores e campamentos de verán. Retorno do subsidio para desempregados maiores de 52 anos O acordo implica que o subsidio de desemprego para maiores de 52 anos volva ás condicións previas á reforma de Rajoy A medida supón un gasto de 323 millóns de euros. Esta axuda foi modificada polo Goberno do Partido Popular en plena crise, en 2012 e 2013, atrasando o seu acceso até os parados maiores de 55 anos, así como diminuíndo a súa contía e con maiores dificultades de acceso segundo a renda. O acordo orzamentario recolle a volta ao subsidio tal e como estaba antes destas modificacións do Executivo de Rajoy, co acceso segundo a renda persoal non familiar (como estableceu o Tribunal Constitucional) e suprimindo a obrigación de ter xubilarse de maneira anticipada cando se percibe. As horas extra volverán cotizar As horas extraordinarias volverán cotizar á Seguridade Social, tal e como o facían antes de 2012. As horas extra diminuíron durante a crise e nos últimos anos volveron incrementarse, aínda que case a metade non son remuneradas nin compensadas de ningún modo, segundo a EPA. Ademais, revisaranse as bonificacións á contratación para as empresas "co obxectivo de reducilas". Revalorización das pensións segundo o IPC O acordo inclúe dous aspectos: garante a suba segundo a inflación en 2019 (cunha paga compensatoria se finalmente queda por riba do 1,6% pactado polo anterior Executivo) e ademais recolle o compromiso de incluír a vinculación das prestacións ao IPC na reforma lexislativa integral do sistema de pensións. As pensións mínimas e non contributivas subirán un 3%, e inclúese o compromiso para "sentar as bases" que leven a unha maior subida no futuro. No caso galego, as pensións non contributivas contan cun complemento específico anual conxelado dende hai sete anos. Derrogar os aspectos "máis lesivos" da reforma laboral de 2012 A reforma laboral do PP non será derrogada, senón modificada en aspectos puntuais O Goberno e Unidos Podemos asinan derrogar antes de finalizar este 2018 algúns dos elementos da reforma laboral do PP, entre os que inclúe de maneira expresa ampliar o réxime de non caducidade do convenio colectivo (ultraactividade) e revisar as causas para a modificación substancial das condicións de traballo. Para máis adiante, destaca o compromiso para concluír coa maior urxencia posible as reformas legais da subcontratación, do rexistro de xornada dos traballadores e a igualdade laboral entre mulleres e homes. 0,2% de taxa ás transaccións financeiras Goberno e Unidos Podemos pactaron a creación dun Imposto de Transaccións Financeiras, herdeiro da histórica Taxa Tobin. En concreto, este imposto gravará nun 0,2% as operacións de compra de accións emitidas en España. Queda fóra a compra de débeda tanto pública como privada e a compra de títulos das pemes. Imposto de Sociedades Tipo mínimo ao 15% e rebaixa a pemes ao 23%. O Goberno e Unidos Podemos conseguiron pechar un acordo sobre o Imposto de Sociedades para que a tributación efectiva se vexa menos afectada o uso de deducións e bonificacións. Esixirase unha tributación mínima dun 15% ás empresas cuxa cifra de negocios sexa igual ou superior a 20 millóns de euros, as entidades financeiras e as petroleiras terán un tipo de gravame do 18%, reducirase nun 5% a exención sobre os beneficios conseguidos no estranxeiro e diminúese o tipo nominal do 25% ao 23% para pequenas empresas que facturen menos dun millón de euros. Maior control sobre as SICAV A Axencia Tributaria asumirá a competencia para declarar o incumprimento por parte das sociedades de investimento de capital variable (SICAV) dos requisitos, como xa avanzou Montero, e o acordo establece a limitación de concentración de capital nunha mesma sicav para poder adherirse aos beneficios fiscais. Deste xeito controlarase o uso dos coñecidos como mariachis, pequenos accionistas sen poder na sicav utilizados unicamente para alcanzar o requisito do mínimo de 100 accionistas nestes vehículos. O acordo asume que poderá provocar unha perda de capital nestas sociedades pero que se cumprirá co carácter colectivo deste vehículo de investimento, regularizando o uso fraudulento. Imposto ás tecnolóxicas O Goberno cumpre a súa promesa de gravar ás empresas tecnolóxicas coa creación dun Imposto sobre Determinados Servizos Dixitais do 3% sobre a publicidade en liña, intermediación en liña e a venda de datos xerados a partir de información proporcionada polo usuario. Esta taxa está destinada ás firmas cunha facturación alta: só tributarán aquelas compañías con ingresos anuais totais mundiais de polo menos 750 millóns de euros e con ingresos en España superiores aos 3 millóns de euros. Eliminación do artigo 315.3 do Código Penal e reforma da lei mordaza A 'lei mordaza' tampouco é derrogada e só serán modificados algúns dos seus aspectos máis controvertidos en eidos como as manifestacións, os rexistros ou o tempo de identificación nas comisarías Unha das principais reivindicacións dos sindicatos foi a eliminación deste artigo do Código Penal que establece o delito de coaccións á folga e que a fiscalía invoca para solicitar anos de cárcere para traballadores e sindicalistas pola súa participación en folgas. Esta era unha das promesas electorais de ambas as formacións. Ese apartado forma parte dunha modificación da lei mordaza á que tamén se comprometen no acordo e que está en tramitación no Congreso. Os aspectos que queren cambiar refírense ás manifestacións non comunicadas, aos rexistros corporais, ao máximo de dúas horas de identificación en comisaría ou a revisión de sancións e infraccións. Loita contra a fraude: como moito, 1.000 euros en efectivo Limite de 1.000 euros ao pago en efectivo e prohibir as amnistías fiscais. Tanto o PSOE como Unidos Podemos fixeron bandeira da loita contra a fraude fiscal. Nestes Orzamentos recóllense medidas como reducir a 1.000 euros os pagos que empresarios e profesionais poidan realizar en efectivo no seo da súa actividade, reforzar a normativa tributaria para ser máis esixentes cos paraísos fiscais, reducir a 600.000 euros a cifra para ser incluído na lista de morosos da AEAT e incluír aos responsables solidarios, prohibir por Lei futuras amnistías fiscais, crear unha unidade central de control de grandes patrimonios e estudar a rebaixa a 50.000 euros do limiar cuantitativo de punibilidad da defraudación. Ambas as formacións asumen que a listaxe de amnistiados de Cristóbal Montoro non será publicada, como prometeu Sánchez. Modificar a cotización dos autónomos Reformarase durante o próximo ano o sistema de cotización dos traballadores autónomos, para vinculalo aos ingresos reais que perciban. Reforma legal contra os falsos autónomos O acordo recolle unha medida destinada a combater o abuso das empresas dos falsos autónomos: determinar por lei a presunción de relación laboral por conta allea aquelas prestacións de servizos para un só cliente, salvo que se probe efectivamente que hai unha relación de autónomos. Sector eléctrico As axudas ao vehículo eléctrico financiaranse, en parte, cunha suba do imposto ao diésel Medidas contra os "beneficios caídos do ceo" dalgunhas tecnoloxías, un fondo de 50 millóns contra a pobreza enerxética, reforma do bono social, "repotenciación" de plantas renovables e un plan de axudas para o vehículo eléctrico até 2020 que se financiará en parte coa subida do imposto ao diésel. Sen concreción en Xogos de azar e apostas en internet A pesar de que Unidos Podemos quería subir a fiscalidade aos xogos de azar e as apostas online, o acordo neste ámbito quedou moi descafeinado: Aprobar unha regulación da publicidade deste sector similar á do tabaco, reorientar a taxa de xestión dos operadores para financiar programas de prevención do xogo e posta en marcha de medidas de prevención e reparación dos efectos negativos do xogo na sociedade. O acordo trae consigo medidas non estritamente orzamentarias como o impulso da lei contra a violencia sexual, suprimir o delito de ofensa aos sentimentos relixiosos ou limitar a publicidade das apostas Delitos de ofensa aos sentimentos relixiosos O acordo vai máis aló do estritamente orzamentario, xa que se inclúe o compromiso a desenvolver a medidas como a modificación dos artigos do Código Penal que fan alusión aos delitos de ofensa aos sentimentos relixiosos e inxurias á coroa. Contra a violencia sexual Para erradicar a violencia sexual impulsarase unha lei integral pola protección da liberdade sexual e contra as violencias sexuais, que garanta a sensibilización, prevención, detección, atención, protección e reparación e que implique a acreditación da vítima, a unificación e ordenación das condutas constitutivas de agresións sexuais e de abusos sexuais baixo a denominación común de "agresións sexuais" e que comprenda unha serie de políticas públicas ás que poidan acceder quen sufran violencia sexual, igual que ocorre coa violencia de xénero no ámbito de parella ou ex-parella.
NOS_38743
Máis un número do semanario na rúa. Entrevistamos Antón Sánchez (Anova) e o director Alberto Vázquez, falamos dos negocios falidos da Xunta, contamos como vai ser o divorcio entre Reino Unido e a UE e achegámonos á biopsia líquida. Todo isto, e máis, xa na na nosa loxa.
Bo día, tes un minuto para colaborar connosco? A pregunta repítese acotío nas principais rúas e prazas das cidades galegas. Son captadoras e captadores de socias e socios para ONG, cuxa presenza durante os últimos anos se converteu en habitual, en especial na Coruña, Vigo e Compostela. Un labor que se asocia co voluntariado, pero nada máis lonxe. As mozas e mozos que abordan os viandantes vestidos con chalecos e carpetas son en realidade persoal asalariado, a maioría nunha situación precaria e baixo condicións laborais que denuncian como "explotación". 'Captar en precario: como as ONG recadan fondos no país'. 'A biopsia líquida, a espía que loita contra os tumores'. A investigación do grupo Oncomet sobre o estudo de material tumoral presente no sangue sitúa Galiza na vangarda en Oncoloxía. A presidenta de FOANPAS analiza o que agocha a pregunta "Que queres ser de maior?" e expón os condicionantes do actual sistema educativo á hora de que o alumnado elixa que estudar e a que dedicarse no futuro. 'Que queres ser de maior?'. En febreiro de 2016, XV Asemblea do BNG, moi poucas persoas podían prever que apenas un ano despois o Bloque afrontaría a súa cimeira número XVI dunha forma tan plácida como o irá facer esta fin de semana na Coruña. Deberes feitos, lideranza indiscutida e consenso. Así chega o BNG a Palexco. 'A Asemblea do relanzamento, a máis tranquila do BNG'. 'Nos orzamentos Rajoy olla para Catalunya'. Após alcanzar un acordo co PNV, a Moncloa non desbota abrir negociacións coa antiga Convergència. "A unidade é unha ferramenta innegociábel" Entrevistamos Antón Sánchez. Enxeñeiro agrónomo. Parlamentar. Agora novo líder de Anova, pendente de ser nomeado como tal pola Coordenadora Nacional recentementeeleita pola III Asemblea da formación. Antón Sánchez ten perante si a complexa tarefa de substituír na portavocía nacional unha figura do relevo de Xosé Manuel Beiras. E non só iso, ten por diante o labor de fortalecer Anova e de contribuír a pacificar a convulsa unidade popular. "O que espera de nós a xente que nos apoia é a unidade", afirma. Colombia O jornalista Bruno Carvalho começa com esta peça, 'Na encruzilhada da paz', uma série de três crónicas, a dupla página, a respeito da situação na Colômbia. Ele fala do ponto de vista privilegiado de quem tem estado com protagonistas e acontecimentos, agindo como enviado especial de Sermos Galiza. O 29 de marzo a primeira ministra británica comunicará ao Consello Europeu a activación do artigo 50 do Tratado de Lisboa, coa que o Reino Unido porá en marcha o abandono da Unión Europea. O proceso deberá ficar finalizado antes de dous anos. 'Así será o divorcio do Reino Unido e a UE'. 'A independencia non quer agardar ao Brexit'. A oposición escocesa ao Brexit, que atinxiu o 62% no referendo de xuño de 2016, empurra unha nova consulta independentista. O Partido Nacionalista Escocés (SNP) tenciona que a votación teña lugar cando xa se coñezan os termos da saída do Reino Unido da UE pero antes de que esta sexa efectiva Os millóns perdidos En 'Os millóns perdidos da Xunta' falamos dos millóns de euros de diñeiro público os que se perderon nestes anos nas apostas feitas desde a Xunta de Galiza en forma de axudas, avais ou subvencións á empresa privada para proxectos que non sempre reunían todas as garantías. E hai operacións que proen especialmente. En Análise deitamos a ollada sobre a temporalidade en Europa. E non falta á cita Fóra de Serie, con achegas e propostas, ideas e recomendacións. No selfie entrevista falamos con Cheikh Fayé, autor do blog Senegaliza. Distrito Xermar lévanos en 'Polaroid' a mirar fachadas. Encarna Otero debúllanos aquela Galiza de costureiras e modistas. E o colectivo Xea lévanos polas ribeiras de ríos e humidais para gozar de como florecen as árbores. "Falta unha escola pública potente de animación" Entrevistamos Alberto Vázquez, director de cinema, un referente da animación. Leva con el máis de cen recoñecementos. "A TVG tamén podería axudar comprando pelis e curtas, como fai a ETB vasca". Xerais presentaba hai uns días a primeira colección de divulgación científica en galego nunha editorial comercial. Pero este non foi o único esforzo neste eido desde que o Seminario de Estudos Galegos comezou a publicar ciencia en galego. Falomos desta nova tan impotrtante en 'Unha débeda saldada'. Ademais, neste número non falta a voz de achegas e colaboradores. Marilar Aleixandre, Xoán Costa, Guillerme Vázquez, Olaia Ledo. Os cadriños de Nacho Hortas e Tokio. Xulio Carballo reivindica a banda deseñada galega, a crítica literaria de Mario Regueira e a de cinema de Andrés Castro, Mónica Pazos achéganos a un libro para saber contar, Iolanda Gomis fálanos de 'Nenas, mulleres e abismos dixitais'.
NOS_44435
A plataforma de emigrantes retornadas e retornados enceta unha vaga de novas mobilizacións con motivo do verán. E é que catro anos despois, o Estado segue aplicando unha lei que lles nega dereitos e lles rouba recursos. Elas e eles seguirán reclamando estes meses diante da Facenda española e anuncian un outono con protestos máis contundentes. Escribimos sobre a súa loita no Sermos Galiza 254.
"Sabes as que pasamos? Meu home e eu inda tiñamos un piso, pero moitos vivían nunha habitación, como os romaneses hoxe aquí. E no verán, cando viñan as nenas e os nenos pasar uns días, había que ir repartíndoos por casas. Moitas mulleres parían os fillos e viñan traerllos aos avós, non porque non quixeran telos alá, é que non podían…", conta Carme Bolaño, unha forza da natureza. Hai que selo para aos 75 anos, achacosa -moza que casou cun rapaz que andaba por Suíza e emigrou- seguir á fronte dos protestos das e dos emigrantes retornados en Ourense, no país, coller un avión se fai falta para ir a Bruxelas e onde sexa necesario, por ela, pola memoria do seu home, por todas elas. "Sabes as que pasamos? –repite-. Pregúntalle á Concha e ao Crisanto que eles foron a Alemaña". Crisanto responde ao teléfono desde Verín. Marchou no 63. Concha no 65, cando a filla xa tiña uns aniños e podía quedar cos pais dela. "Íamos en trens de madeira, cos corredores cheos de maletas, un circo. Fun para alá cun contrato que me fixeron os de Emigración en Ourense. Alí pasei o recoñecemento médico. Ese viñan os alemáns facérnolo. Traballei dezaoito meses nunha fábrica de rodas e cando quedei liberado do contrato, veu a muller. Ela, por medio dunha irmá, empezou nunha cadea de etiquetado de botellas, logo foi limpadora nunha clínica. Eu era soldador e ao mesmo tempo mecánico, había que ter dúas portas, sabes? Tiña días de 18 horas. Durmía menos co galo no arame". Tiveron outros dous fillos, criados tamén cos avós. "No 92 Concha volveu pasar uns días e dixo que quedaba acá… estaban os netos. Eu regresei ao ano seguinte. Volvemos a Alemaña un par de veces. Aquela xente non parou, e aquí estancámonos, vólvennos levar o mesmo adianto que daquela, igual". [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 254, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_17057
O Goberno galego foi avanzando coa súa tramitación xusto antes de varias convocatorias electorais e anunciando as súas demoras e molestias para a cidadanía unha vez superados sucesivos comicios
Os primeiros dous treitos da Autovía do Morrazo, 7,3 quilómetros cun custo duns 56 millóns de euros que supoñen o desdobramento de dous a catro carrís do preexistente Corredor do Morrazo, veñen de ser inaugurados este venres día 11 de maio polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A nova infraestrutura entra en servizo sete anos despois da primeira licitación dunha autovía que neste tempo avanzou ou parou segundo os ritmos electorais. O Goberno galego foi avanzando coa súa tramitación xusto antes de varias convocatorias electorais e anunciando as súas demoras e molestias para a cidadanía unha vez superados sucesivos comicios O orixinario Corredor do Morrazo, dun carril en cada sentido, foi planificado nos tempos do popular Xosé Cuíña á fronte da Consellería de Política Territorial pero foi executado fundamentalmente cando o propio Feijóo ocupou ese departamento, entre 2003 e 2005. Pero non chegou a tempo para a súa inauguración, en decembro de 2005, pouco máis de catro meses despois da chegada do bipartito de PSdeG e BNG á Xunta e malia que en febreiro a súa consellería tentara rendibilizar a actuación cunha asistencia técnica de 67.000 euros para "estudos de comunicación e difusión da actuación Corredor do Morrazo". Cinco anos despois, en 2010, o Corredor rexistrou 8 mortos en sucesivos accidentes, o que levou á Xunta novamente en mans do PP a axilizar a súa conversión en autovía, con dous carrís por sentido, pero aí empezaron os problemas e a curiosa relación dos seus trámites administrativos cos tempos electorais. En plena crise e cos orzamentos autonómicos en retroceso, a Xunta dixo non ter cartos para acometer ela mesma a obra, que daquela valoraba en 87 millóns de euros, e decidiu encargar o desdobramento do corredor en autovía a través dunha concesión de peaxe en sombra que se fixese tamén cargo do mantemento do resto de estradas da península do Morrazo a cambio de 364 millóns a pagar durante 25 anos. Licitou por primeira vez o contrato xusto antes das eleccións municipais de maio de 2011, pero nun momento no que non só as administracións tiñan problemas para atopar financiamento senón tamén as empresas privadas, máis interesadas en obras de pagamento inmediato e que non requirisen de endebedamento. A Xunta agardou a despois das xerais de 2011 para anular a primeira licitación tras mantela durante meses coa metade da mesa contratación imputada malia que na oposición Feijóo pedira a dimisión da socialista Caride por unha situación similar no Barbanza A aquel primeiro concurso só se presentou unha oferta, liderada pola logo quebrada Isolux Corsan, e o Goberno galego dubidou desde o primeiro momento da súa capacidade para acometer os traballos. Así o contou El País o 14 de novembro daquel ano. Porén, non foi ata uns días despois das eleccións xerais do 20 de novembro que a Xunta fixo oficial a súa decisión de anular aquel primeiro concurso. Durante o tempo que durou aquel logo frustrado concurso a oposición afeou ao Goberno galego que tres dos seis membros da mesa de contratación estivesen imputados no caso Campeón de tráfico de influencias. Aquilo chegaba despois de que, durante o bipartito, unha situación similar da mesa de contratación da Autovía do Barbanza levase ao propio Feijóo a pedir a dimisión da daquela conselleira socialista María José Caride. Nos dous casos as imputacións acabaron arquivadas. Durante os seguintes tres anos pouco máis se soubo da prometida Autovía do Morrazo. Ata que o 13 de abril de 2015, un mes antes das novas eleccións municipais do 24 de maio dese ano, a Xunta anunciou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova licitación da construción do primeiro dos tres treitos en que decidiu fragmentar a obra para acometela agora máis lentamente con fondos propios. Do mesmo xeito, o segundo treito licitouno no DOG o 16 de decembro de 2015, catro días antes das eleccións xerais do 20 de decembro daquel ano. A Xunta agardou a despois das autonómicas de 2016 para anunciar o primeiro dos sucesivos cortes de tráfico malia prometer inicialmente que as obras da autovía permitirían seguir circulando polo corredor Ese inicio definitivo das obras non supuxo que estas avanzasen sen interrupción. O Goberno galego prometeu que os traballos de desdobramento serían compatibles coa circulación de vehículos polo corredor. Pero non foi así. A Xunta non tivo en conta no seu proxecto nin a afección ao castro de Montalegre que se viu obrigada a protexer mellor cun túnel non previsto inicialmente nin a inestabilidade dun noiro, actuacións que levaron ao Goberno galego a sucesivos cortes da circulación. O primeiro deses cortes de tráfico non sería comunicado de xeito público ata o 28 de outubro de 2016, un mes despois das eleccións autonómicas do 25 de setembro dese ano. O último e máis importante, que facilitou os traballos das construtoras e que puidesen cumprir os prazos comprometidos, prolongouse desde o pasado outubro ata a inauguración deste venres. Feijóo presentou a modificación das obras á que a Xunta se viu obrigada polas protestas sociais para preservar o castro de Montalegre como unha "proba desa vontade de escoitar e de responder" No acto de inauguración destes dous primeiros treitos (queda pendente un terceiro treito, doutros catro quilómetros e 15 millóns de euros cuxas obras rematarán o ano próximo) o presidente Feijóo quixo dar protagonismo a quen foi o conselleiro de Infraestruturas responsable da maior parte da longa tramitación da nova autovía, Agustín Hernández, á fronte xa da dirección xeral que planificou o Corredor anterior en época de Fraga. Hernández, hoxe portavoz do PP na oposición no Concello de Santiago, asistiu ao acto de inauguración, no que, pola contra, non participou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, do BNG, en protesta polas obras pendentes que restan no seu municipio e polo xeito en que se realizou a autovía. Na súa intervención Feijóo presentou a modificación das obras á que a Xunta se viu obrigada polas protestas sociais para preservar o castro como unha "proba desa vontade de escoitar e de responder".
NOS_42539
Un dos sectores máis feminizados da industria, o da conserva, atópase no medio da negociación dun novo convenio colectivo que marcará o futuro laboral de 16.000 persoas nos vindeiros cinco anos. As empresas galegas representan un 85% de todas as do Estado e veñen de aumentar a súa facturación coincidindo coa crise provocada pola pandemia.
As negociacións para o novo convenio colectivo do sector das conservas manterá o vindeiro 12 de maio a súa terceira reunión coas posturas definidas e distanciadas entre a representación empresarial e os sindicatos. A intención da patronal, segundo explican CIG, CCOO e UXT, é incrementar a xornada laboral e pasar de 1.730 horas até 1.770, así como que se mude de traballar de segunda feira até sexta feira para engadir os sábados e domingos. Ademais, propoñen que a xornada irregular, que polo Estatuto das e dos Traballadores é dun 10% da xornada anual, chegue a ser dun 20% e a xornada diaria pase de ser de 9 horas até 10 horas diarias. En relación ao persoal fixo discontínuo, a representación empresarial pide facilitar a mobilidade funcional dentro da empresa. No tocante ao aumento salarial, a proposta da patronal é que non haxa en 2021 e que en 2022 sexa de 0,5%, en 2023 de 0,25%, en 2024 de 0,50% e en 2025 de 0,75%. Roberto Alonso, vicesecretario xeral de Anfaco-Cecopesca, cre que nas primeiras reunións houbo "diferentes puntos de vista", mais con "talante negociador". Sinala a Nós Diario que os sindicatos deben entender que "o mercado é competitivo" en Estados como Francia ou Alemaña, onde "un 50% das conservas de atún proveñen de terceiros países". Para a patronal, a prioridade é "manter as fábricas moitos anos máis" e rexeita "ser curtopracista". Por último, engade que no propio borrador do convenio hai referencia á "igualdade retributiva" entre homes e mulleres "que as empresas deben cumprir". Desigualdade salarial A proposta sindical quere regular, a través do convenio, os dereitos básicos e fundamentais para que se corrixan as "anomalías" que existen nestes sectores. Unha delas é a diferenza salarial entre homes e mulleres. "Non cobra igual un oficial de primeira de oficios varios que unha oficial de primeira de fabricación", asegura Francisco Vilar, de CCOO-Industria, como exemplo da desigualdade que segue a predominar neste sector. Para o sindicalista este tipo de diferenzas económicas, que poden chegar a ser de entre un 20% ou un 25% nalgúns casos, "non teñen ningún tipo de xustificación". O trato discriminatorio cara á muller neste sector, segundo Vilar, aumenta cando están embarazadas, "que en moitas empresas xa non as volven chamar", e no caso de ter que coidar de fillas, fillos ou persoas maiores "a conciliación coa vida persoal non existe" polo que, ao cabo, afirma, "condena as mulleres a abandonar o seu posto". Tamén o remate da vida laboral prexudica as mulleres. "Os salarios tan baixos garanten pouco máis da pensión mínima e se abandonaron o traballo non teñen dereito á pensión por non cotizar os anos suficientes", asegura Vilar, "algo que non sucede no home que traballa na conserva ou na transformación dos produtos do mar", sentencia. Posturas encontradas Desde a CIG propoñen facilitar un convenio colectivo onde se poida conciliar a vida persoal e familiar. Para Rosa Abuín, da central nacionalista, "neste caso é todo o contrario". Piden unha redución de xornada "que manteña os días de traballo de segunda a sexta feira e un incremento salarial acorde para non perder o poder adquisitivo" ademais da desaparición das empresas de traballo temporal. Manoli Filgueira, de UXT, considera "inaceptábeis" as liñas do borrador da patronal do sector. En declaracións a Nós Diario compara este convenio con outros "que tocan salarios, extensións de xornada e mobilidade". Entende que é "unha proposta agresiva" onde "perdemos os dereitos que tanto tempo nos custou conseguir". As tres forzas sindicais non descartan chegar a mobilizarse no caso de que desde a representación empresarial non modifiquen a súa proposta.
NOS_30199
Nun Cantón dos Morenos ateigado por volta de 400 persoas o BNG da Mariña lembrou e homenaxeou ás 152 persoas represaliadas polo franquismo após o golpe de estado de 1936. "É hora de mudar a historia" afirmou o responsábel local da organización frontista, Marcos Loureiro
"Alfaro Pérez, Juan, Alonso Álvarez, César, Alonso Fernández, José María, Alonso Lastra, Rosalía, Álvarez López, Marcelino, Álvarez Martínez, Dominica...". Un a un o responsábel local do BNG de Ribadeo, Marcos Loureiro, deu leitura aos 152 nomes d@s represaliad@s polo franquismo na localidade mariñá. "Homes e mulleres",dixo, que representan "os nomes da liberdade",daquel@s que "padeceron a represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas". Nunha praza onde se amoreaban multitude de familiares das vítimas do fascismo, a organización frontista conmemorou o Día da Galiza Mártir rendendo homenaxe ás súas protagonistas, persoas anónimas --outras non tanto-- que combateron o levantamento militar e loitaron polos dereitos e liberdades durante a 'longa noite de pedra'. "É hora de mudar a historia" aseverou Loureiro, e de dar voz "@s vencid@s" pois, afirmou, "cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición, sempre trunfan as destes últimos". No acto, onde tamén participou o alcalde de Ribadeo, a agrupación local do BNG amosou o seu recoñecemento @s represaliadas como un xesto de "recuperación e restitución das súas figuras, pago da débeda que a sociedade actual ten contraída con eles", subliñou o rexedor nacionalista, Fernando Suárez. De maneira simbólica, @s nacionalistas descubriron unha praca na súa honra para que "o exemplo dos que hoxe homenaxeamos", sinalou a responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida, "nos dea folgos" para continuar coa súa loita e devolverlle, dixo, "o poder ao pobo" como exemplo "de compromiso e lealdade cos nosos homes e mulleres do 36", sentenciou. Ana Ermida, exixiu na súa intervención a demisión do alcalde de Baralla após as súas declaracións no pleno municipal do pasado 26 de xullo onde asegurou que "os condenados a morte" polo franquismo "algo farían". Para Ermida, estas afirmacións amosan "a cumplicidade do PP co franquismo" polo que González Capón "non pode seguir nin un minuto máis na política". "Definitivamente o PP non quere romper co franquismo e cada minuto no que continúan atrincheirados no silencio dan por bo as palabras do Alcalde de Baralla", denunciou a responsábel comarcal do BNG.
PRAZA_3423
Os axustados resultados que deron lugar aos dous últimos cambios de cor política no Goberno galego amosan ás claras por que as formacións políticas afrontan o vindeiro 5A dende a consciencia de que non sen trata dunha única elección, senón de catro
O 19 de xuño de 2005 o PP perdeu un escano pola Coruña, outro por Lugo e dous por Pontevedra. O segundo en disputa na circunscrición pontevedresa quedou pendente do popularmente coñecido como voto emigrante; o PSdeG lograra o último escano desa provincia por unha marxe relativamente escasa que, se era compensada polo sufraxio exterior aos populares, regresaría ao cómputo total dos de Fraga, permitíndolles reter a maioría absoluta pola mínima.Nos seguintes comicios galegos, os do 1 de marzo de 2009, o reparto de escanos foi practicamente idéntico ao de catro antes. Só houbo unha excepción: o PP recuperou o seu duodécimo escano pola provincia da Coruña, que en 2005 fora o quinto do BNG nesa circunscrición. A coalición do PSdeG e o Bloque pasou a sumar 37 actas (25 máis 12) e o PP de Alberto Núñez Feijóo conseguiu a trixésimo oitava da maioría absoluta que dá acceso ao Goberno.Os axustados resultados que deron lugar aos dous últimos cambios de cor política no Goberno galego amosan ás claras por que as formacións políticas afrontan o vindeiro 5A dende a consciencia de que non sen trata dunha única elección, senón de catroOs axustados resultados que deron lugar aos dous últimos cambios de cor política no Goberno galego amosan ás claras por que as formacións políticas afrontan o vindeiro 5A dende a consciencia de que non sen trata dunha única elección, senón de catro. Catro comicios, un por provincia, con trazos específicos e influencias concretas da lei e do sistema electoral: dende o feito de que a circunscrición da Coruña elixe un terzo do total do Parlamento -25 de 75 escanos- ata que en Lugo e Ourense, con cadanseus 14 escanos, a barreira do 5% para acceder á Cámara acaba sendo, a efectos prácticos, superior ao 6%.Neste sentido, nas formacións da esquerda que aseguran observar como posible unha mudanza política en Galicia o vindeiro 5A repítese unha expectativa para dala logrado: que o PP chegue a perder un escano por provincia, unha baixada de catro actas como a padecida por Fraga en 2005, de 41 a 37. Neste punto, os derradeiros escanos repartidos en cada circunscrición mediante o sistema d'Hondt resultarían capitais.O escanos finais de 2016Nos cuarteis xerais das forzas políticas repásanse nas últimas semanas o sentido de voto do electorado galego nos comicios celebrados durante 2019 -xerais, europeas, municipais e as xerais repetidas-, pero tamén o escrutinio definitivo de hai catro anos. Naquel 25 de setembro de 2016, a diferenza en escanos entre esquerda e dereita foi escasa nas provincias atlánticas, pero disparouse no interior.Hai catro anos, a diferenza de escanos entre esquerda e dereita nas provincias atlánticas foi escasa, pero disparouse no interiorNaqueles comicios o PP logrou 13 dos 25 escanos que reparte A Coruña e o escano final levárao o PSdeG por unha marxe relativamente curta, de pouco máis de 1.500 votos, que permitiu aos socialistas reteren a súa quinta acta e que o PP non lograse a décimo cuarta. En Pontevedra, En Marea, PSdeG e BNG sumaran 11 escanos, tantos como o PP, que levara o deputado final en xogo cun colchón de máis de 6.000 votos sobre o PSdeG, o que quedou máis próximo. En Lugo, onde o PP tivera 8 dos 14 escanos dispoñibles, a acta final levárana os socialistas, e a seguinte forza en disputalo, En Marea, estivera a máis de 6.800 votos de conseguila. En Ourense, no entanto, o reparto do escano final estivo moi apertado e ao PSdeG faltáronlle 157 votos para quitarllo ao PP; malia á expectación xerada, o voto exterior naquela ocasión tampouco mudou nada e os populares quedaron con 9 de 14. Previsibles chamadas ao 'voto útil' e un ollo no estranxeiroCon este pano de fondo e cos resultados de 2016 na man, nas que previsiblemente serán principais forzas políticas da carreira electoral do 5A abondarán as chamadas ao voto útil sen desbotar que, malia á implantación do voto rogado -solicitude de participación previa, implantada en 2011-, un eventual escenario axustado poida converter o sufraxio do estranxeiro en determinante. En Galicia ese impacto do exterior non foi decisivo dende a reforma de 2011 pero na veciña Asturias, por exemplo, no ano 2012 a maioría de goberno si estivo nas mans destes votos. O prazo para solicitalo remata o 7 de marzo.Pola banda dereita, esta chamada é continua dende hai meses e, no caso concreto das eleccións galegas, concrétase nas reiteradas advertencias do PP ao potencial electoral de Vox ou tamén de Ciudadanos, partido co que Feijóo desbotou a confluencia que a dirección estatal de Pablo Casado si impuxo en Euskadi, mesmo pasando por riba de quen era o seu líder e candidato vasco, Alfonso Alonso.Nas anteriores eleccións galegas, Vox non se presentou e o apoio a Ciudadanos foi escaso; nas xerais de 2019 ambas formacións chegaron a sumar máis de 270.000 votos en GaliciaEn 2016, Ciudadanos non rozou nin de lonxe os votos necesarios para acceder ao reparto de escanos -na circunscrición na que obtivo maior porcentaxe de apoios, Pontevedra, non chegou ao 4%- e Vox nin se presentou. No entanto, nos comicios xerais celebrados durante 2019 ambas formacións sumaron máis de 270.000 votos o 28A e máis de 178.000 o 10N. Nesas segundas eleccións, ao partido de extrema dereita faltáronlle algo máis de 7.000 votos para conseguir o derradeiro escano da Coruña, que foi para o BNG.O xogo matemático de extrapolar os resultados das xerais ás galegas -un exercicio politicamente improbable, tanto polas variacións no sentido do voto como pola habitualm ente dispar participación entre comicios de diferente ámbito- amosa ata que punto o PP tivo competencia real en ambos comicios no espectro da dereita. Cun resultado como o do 28A, a esquerda sería maioritaria nun Parlamento galego no que habería na oposición 25 escanos do PP, 8 de Ciudadanos e 2 de Vox. Se o electorado votase ao Parlamento galego como o pasado 10N, a esquerda tamén lograría maioría absoluta e os populares, con 28 escanos, compartirían oposición con ata 5 representantes de Vox.Mentres, pola esquerda, as que se presentan como tres principais opcións -PSdeG, BNG e Galicia en Común- tamén competirán por concentraren o voto, moi especialmente nas provincias de Lugo e Ourense. Nestas circunscricións interiores, as menos proporcionais e nas que o PP adoita ter máis peso, a última forza da esquerda en acceder ao reparto de escanos hai catro anos foi o BNG, que logrou cadansúa deputada por circunscrición. Para lograren unha soa acta lucense e outra ourensá, na formación soberanista precisaran máis de 13.500 votos en Lugo e algo máis de 10.500 en Ourense.
NOS_15822
Os descontos e abonos gratuítos aprobados polo Goberno estatal para os trens comezaron a aplicarse esta quinta feira, que comezou con maior afluencia do habitual durante a mañá.
Os trens que percorreron a Galiza a primeira hora do 1 de setembro fixérono cunha maior afluencia do que era habitual debido á posta en marcha dos descontos e abonos de balde aprobados polo Executivo do Estado co fin de suavizar o impacto da inflación. As viaxeiras e viaxeiros de trens de media distancia puideron xa beneficiarse dos bonos multiviaxes de balde, mentres que as usuarias e usuarios de tren Avant, que percorren a liña da Coruña a Ourense, tiveron o 50% de desconto no traxecto. Os trens Avant fican excluídos dos bonos gratuítos Precisamente, na cuarta feira, a ministra de Políticas Territoriais, Isabel Rodríguez, puxo de manifesto que o Ministerio de Transportes está a traballar para incluír os Avant nos abonos gratuítos de Renfe, tras as múltiples queixas de partidos políticos como o BNG e Podemos, membro da coalición de Goberno. Para beneficiarse das viaxes de balde, as persoas interesadas teñen que adquirir o novo abono que creou Renfe especificamente para aplicar esta medida até o 31 de decembro, previo pago dunha fianza de 20 euros que se devolverá a condición de que se realicen polo menos 16 viaxes. No caso da Media Distancia, o abono terá unha orixe e un destino fixado polo viaxeiro, polo que se terá que viaxar 16 veces entre esas dúas estacións para que sexa gratis, sempre unha única persoa. O abono gratuíto de Renfe, dispoñíbel desde hoxe: Como podo solicitalo? Desta forma, a gratuidade quedou limitada aos viaxeiros frecuentes que traballen ou estuden e non a calquera cidadán que colla esporadicamente un tren por outros motivos, que seguirá pagando a tarifa actualmente en vigor ou os 20 euros de fianza se sae máis económico coller o abono aínda que sexa para menos de 16 viaxes. Descontos da Xunta no bus e no barco Tamén esta quinta feira, co inicio do mes, comezou a aplicarse a bonificación do 50% do billete dos bonos multiviaxe do autobús interurbano, do transporte da ría de Vigo e do tren da área de Ferrol. Unha medida que aínda anunciou na cuarta feira o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A rebaixa incluirá os bonos xa adquiridos con anterioridade, "con efecto retroactivo", e aplicarase ás viaxes coa Tarxeta de Mobilidade da Galiza e a Tarxeta Xente Nova.
NOS_36949
O cantor portugués volve de novo a Galiza para presentar o seu novo disco, 'Até pensei que fosse minha', un tributo a Chico Buarque en forma de 16 cancións interpretadas por el que poderemos escoitar en directo o 14 de maio no Auditorio de Galiza en Compostela.
- Vén de presentar 'Até pensei que fose minha', un traballo no que reinterpreta cancións de Chico Buarque. Por que un artista consolidado coma vostede decide facer un disco con cancións doutro artista? El é un dos seus músicos favoritos, non?- Si, é por iso, e para homenaxear o que eu creo que é o maior poeta da lingua portuguesa neste momento e por este motivo quixemos facerlle unha homenaxe e gravar este disco. - Escolleuno entón polo seu valor poético?- Poético e musical tamén. - Despois do de Dylan xa podemos reclamar tamén o Nobel para Buarque... - [risos] Non sei... Na miña clasificación el está sen dúbida entre os mellores, mais non somos nós quen decidimos, así que mellor. A musica tradicional tamén é moi rica; de ser posíbel acho que os seus autores serían merecentes de calquera tipo de premios que se entregase no mundo. - Que outros autores ou autoras acha que poderían levar ese premio pola calidade das súas letras?- De todo o mundo? - Si.- Chet Baker, o Chico...Tanta xente... En España gosto moito de Joaquín Sabina, gosto moito do que el fai. A musica tradicional tamén é moi rica a pesar de termos difícil encontrar os autores, mais de ser posíbel acho que serían merecentes de calquera tipo de premios que se entregase no mundo. - Como fixo para escoller as cancións de Buarque? Non son nin as máis coñecidas nin as máis obvias. - Si, non tiven un criterio moi concreto. Eu escollín polo gosto persoal e por suxestión das persoas que tocaron comigo neste disco, principalmente Gonçalves, que é o produtor musical e entre nós fumos collendo as cancións que criamos que podían ficar mellor. Foi moi difícil porque Chico Buarque ten un repertorio vastísimo e todas as músicas son marabillosas polo que é difícil escoller só dezaseis. Quedaron estas dezaseis pero podían ter quedado outras. De aí vén o título, 'Até pensei que fosse minha', porque acabamos por nos apropiar das cancións. - Cal é a marca persoal que lle imprime Antonio Zambujo a estas cancións?- O que intentei foi dar a miña interpretación, a miña visión do poema e da música. E acaba por ser un disco moi persoal por ese motivo. Son eu que estou a pensar, son eu quen estou a gravar, son eu que estou a cantar. E de aí vén o título, 'Até pensei que fosse minha', porque acabamos por nos apropiar das cancións. - Que lle dixo Chico cando escoitou as cancións?- O Chico gostou do disco. Dixo que era un disco bonito, que había algunhas versións que el consideraba como definitivas e iso deixoume moito máis feliz. - No disco fas varios duetos co propio Buarque, con Carminho, con Roberta Sá. En directo vas facer algún especial con el?- En directo? Non, non. O meu propósito é facer estes concertos para homenaxear o Chico, non para importunalo. Eu quero homenaxear a súa obra, mais nada. A música brasileira é unha grande influencia para min. - E como vai a ser o concerto de Santiago? - Imos ter unha convidada, unha cantante portuguesa, tamén actriz de teatro, que se chama Sara Carinhas, e vai cantar comigo tres músicas. Iremos coa banda toda, iremos tocar só músicas de Chico Buarte, algunhas que están gravadas no disco e outras que non están gravadas. - E non vai cantar ningunha súa? Aínda que lle pidan "Flagrante" non vai haber maneira?- [risos] Non, neste concerto non, vai ser só Chico Buarque. - Teño lido de vostede que é o cantor portugués máis "brasileirizado", por dicilo dalgún xeito, está de acordo?- A música brasileira é unha grande influencia para min. A forma de cantar de Joao Gilberto [considerado o pioneiro e creador da 'bossa nova'] é unha escola onde eu quixen entrar e eu quixen entender a forma de el cantar. E, de facto, é unha música que me influenciou bastante. Non sei se hai outros cantores portugueses que gosten tanto da música brasileira coma min, mais... Eu acho que a música é para transmitir unha mensaxe, non é? E, se ten letra, debe engrandecer esa letra. - Ademais vostede sempre foi moi ben recibido no Brasil, mercado considerado moi autártico, onde é moi difícil de entrar, non? -Si, téñense feito unha serie de concertos alá, unha serie de xiras. Desde 2009 imos alá todos os anos, tocamos, gravamos, facemos colaboracións con músicos dalá... Temos unha relación moi boa coa música brasileira, si. - Lin unha crítica que di que o mellor de vostede é como entende a letra dunha canción e como transmite o recado do autor. Coincide?- Eu acho que a música é para transmitir unha mensaxe, non é? E, se ten letra, debe engrandecer esa letra. Entón acho que ese é o obxectivo de quen canta, transmitir esa mensaxe, e iso é o que eu procuro nas miñas interpretacións. - Nunca pensou en escribir vostede mesmo as letras?-Non, non. Non consigo, xa tentei varias veces e non consigo. Gosto de facer músicas, mais as letras non me saen [risos]. Teño moitos amigos aí [en Galiza] con quen non sería difícil facer un disco, con calquera deles. - Do seu disco anterior, 'A rúa da emenda', dixo que era a fin dun ciclo. Entón supoño que este é un disco de transición, non ?-É, é. - E xa ten claro por onde vai coller o seu próximo camiño?-Non, inda non. Tal vez a final do ano, por esa altura, eu me poñerei a pensar o que vou facer, o que vou gravar. Agora estou a compor unhas músicas e tal, mais sen pensar en nada. Só compor, cantar e tocar. - Volta a Galiza despois de ofrecer hai mes e pico un concerto polo trinta aniversario d'A Casa das Crechas. Ten vostede unha relación intensa con este país. Só falta un disco con algún galego ou galega. - Eu xa fixen participacións no disco de Budiño e cantei moitas veces con Uxía. En fin, teño moitos amigos aí con quen non sería difícil facer un disco, con calquera deles.
PRAZA_15702
O gabinete de António Costa manifesta nunha conferencia en Gaia a súa aposta por cumprir a promesa de electrificar a liña para reducir o tempo da viaxe ata a cidade galega, que actualmente supera as dúas horas.
A mellora da atrasada conexión ferroviaria entre Vigo e Porto vén sendo unha materia pendente das relacións entre Galicia e Portugal dende hai moitos lustros sen que se producisen avances significativos. Así, por exemplo, na última Cimeira Ibérica, unha xuntanza de apenas dúas horas en Baiona o pasado xuño, o tema volveu estar sobre a mesa para constatar que a electrificación desta liñá estará en servizo dous anos máis tarde do previsto. No entanto, o novo goberno portugués, do Partido Socialista co apoio do Bloco de Esquerda e do PCP, di estar decidido a pular por esta infraestrutura con declaracións públicas, pero tamén con cartos. Este luns unha ampla representación do novo Executivo de Portugal encabezada polo primeiro ministro, António Costa, participou en Vilanova de Gaia, municipio lindeiro co Porto, nun panel de conferencias organizado polo Jornal de Notícias baixo o título As vias do noroeste. Neste marco o ministro de Infraestruturas, Pedro Marques, amosou o seu interse por investir en ligazóns pendentes como a do porto de Leixões con Salamanca, pero tamén en facilitar a conexión con Galicia. O Ministerio de Infraestruturas asegura que porá os fondos necesarios para a electrificación da liña O seu departamento, afirma, prevé destinar "centenas de milhões de euros" a un paquete de investimentos que inclúe a mellora da Linha Norte, do Porto a Lisboa e a "modernización da linha do Minho", a que chega a Vigo, entre outros obxectivos. O primeiro ministro manifesta o seu acordo para impulsar unha infraestrutura que, para o presidente da Cámara Municipal de Braga e da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, debe poñer fin á "vergonha" que supón o agravio comparativo entre esta liña e a que une a estación viguesa coa Coruña, eixo que xa dispón dos trens Avant. O Eixo Atlántico chama a pór fin á "historia de enganos e deslealdades" na que tornou esta obra Non se trata, sinala Rio, nin sequera de alta velocidade, senón de "um investimento muito concreto de 147 milhões de euros que permitiria aumentar a velocidade de circulação". O obxectivo, alenta, debe ser unir ambas cidades en 90 minutos, reducindo así as máis de dúas horas e cuarto que actualmente dura a viaxe. Este investimento, salienta, "não serve só Porto e Vigo", senón que suporá unha conexión de calidade dende a cidade galega ata Lisboa. Pola banda galega tamén se saudou o alento a este investimento a través de Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, quen non obstante advirte da necesidade de poñer fin á "historia de enganos e deslealdades" que supuxeron o sucesivos anuncios a respecto desta liña. "É bo que non se esqueza a historia para non repetila", resalta Vázquez Mao, quen resalta que os fondos que tería que poñer o Goberno portugués serían máis que compensados polo "retorno en impostos directos e indirectos" que xerará a liña cando estea electrificada
NOS_21605
Activada a alerta vermella na cunca do río Miño polas temperaturas extremas que continuarán, cando menos, até a segunda feira.
A maior vaga de calor que se lembra na Galiza segue a bater récords segundo os datos de Meteogalicia. Esta quinta feira Ourense marcou, cumpridas as 16.30 horas, o valor máis alto na estación da entidade meteorolóxica galega na zona desde que existen rexistros —1972—, cando se comezaron recadar estes datos: 44 graos centígrados. A cidade das Burgas superou, deste modo, o pico de temperatura que alcanzara na terza feira e que tamén supuxera un rexistro histórico, 43,3ºC, tamén segundo Meteogalicia, os mesmos graos que esta quinta feira chegaron a percibirse en Ribas de Sil. Con este novo dato, Ourense ficou a só dúas décimas do récord histórico do país, que ostenta o concello de Leiro desde o 7 de agosto de 2016 (44,2ºC). A calor non dá tregua e os termómetros volven superar a barreira dos 40 graos A xornada principiou xa cos termómetros da meirande parte dos municipios costeiros por riba da barreira dos 30ºC, así como noutros moitos do interior do país, segundo os datos ofrecidos por Meteogalicia. As temperaturas mínimas superaron durante a noite os 20 graos na práctica totalidade da Galiza, e só Calvos de Randín —arredor das 3.40 horas— e Cospeito —7.30 horas— lograron baixar dos 15ºC. No extremo oposto, Carnota volveu vivir unha noite 'tropical' con temperaturas superiores a 30ºC e que, cando saíu o sol, rexistraba o valor máis alto do país: 35,4ºC. A calor extrema seguirá até a segunda feira Malia que nun primeiro intre tanto Aemet como Meteogalicia dixeron que a vaga de calor sucumbiría ao remate desta semana, a axencia estatal precisou esta quinta feira que as temperaturas extremas continuarán na Galiza até, cando menos, a vindeira segunda feira. Alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño Por mor dos elevados rexistros que hoxe volverán protagonizar os termómetros galegos, a Xunta decretou a alerta vermella na cunca do Miño, que nesta xornada alcanzará de novo os 42ºC.
NOS_17534
O actual presidente da Deputación da Coruña formalizará a súa precandidatura esta quinta feira pola mañá, avanzou a Cadea Ser-A Coruña.
Valentín González Formoso si que se presentará para competir con Gonzalo Caballero pola secretaria xeral do PSdeG. O actual secretario xeral do Partido Socialista provincia e presidente da Deputación da Coruña formalizará a súa precandidatura esta quinta feira pola mañá, segundo avanza a Cadea Ser-A Coruña. Xa pola tarde, segundo este mesmo medio, presentará esa candidatura nun acto con militantes na súa agrupación no concello das Pontes, onde é alcalde desde hai 14 anos. González Formoso apurará os prazos do calendario marcado pola actual dirección do PSdeG de cara ao Congreso galego, que finalmente terá lugar a finais de ano. González Formoso é alcalde das Pontes desde 2007. Licenciado en Dereito está casado e é pai de dous fillos. En xullo de 2015 foi elixido presidente da Deputación provincial da Coruña cargo que revalidou tras as pasadas municipais. É unha persoa próxima ao anterior líder dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro. Fontes do partido consultadas pola Ser aseguran que Formoso estaba pendente do aval de Ferraz para dar o paso fronte a Gonzalo Caballero, que se presenta, con todo, como o defensor de Pedro Sánchez na Galiza. "A dirección do PSOE en Madrid rexeitou esta fin de semana a denuncia da dirección galega polo aumento do censo de militantes nas Pontes. Rexeitou tamén a petición de Caballero de realizar o congreso galego antes do Federal".
PRAZA_17728
As comarcas de O Condado, O Morrazo, Baixa Limia, Viana e Terra de Trives son as que rexistran os valores máis elevados no interior de vivendas. Por cidades, Ourense e Vigo encabezan a lista. O Laboratorio de Radon da USC leva realizadas case catro mil investigacións en toda Galicia.
O Laboratorio de Radon de Galicia, da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, vén de engadir 400 novas medicións en vivendas ao seu Mapa de Radon de Galicia, que suma xa máis de 3.800 medicións e espera superar as catro mil nos vindeiros meses. O Laboratorio de Radon da USC leva realizadas case catro mil medicións en toda Galicia Todas as medicións –efectuadas coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade– pódense consultar na web do Laboratorio e colocan Galicia como o territorio do Estado mellor analizado en canto á exposición a radon interior. Así, mentres o Mapa de España contén un total de 12.000, Galicia ten case un terzo do total. De feito, as provincias de A Coruña e Pontevedra teñen cada unha delas máis de mil, sendo os concellos con maior cantidade os de Vigo, con 255, e o de Santiago con 248. As novas medicións confirman Ourense e Pontevedra como as provincias con maior concentracion de radon en interior, aínda que "existen diferenzas entre as concentracións no ámbito municipal", destacan os profesores Juan M. Barros Dios e Alberto Ruano Raviña, responsables do Laboratorio. A exposición ao gas radon é, despois do consumo de tabaco, o segundo factor de risco do cancro de pulmón e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Dadas as características xeolóxicas do seu solo (por exemplo a alta presenza de granito), Galicia é unha zona de elevada de exhalación de radon, que se fai máis manifesta no sur do país. As medicións efectuadas na provincia de Ourense tiveron como resultado unha media de 146,55 becquerelios por metro cúbico de aire no interior, cun 36,6% das medicións por riba de 200 Bq/m3 e un 22,1% por riba de 300 Bq/m3. As medicións realizadas na provincia de Pontevedra tiveron como resultado unha media de 1127,85 Bq/m3 de aire no interior, cun 29,4% das medicións por riba de 200 Bq/m3 e un 15,5% por riba de 300 Bq/m3. As comarcas de O Condado, O Morrazo, Baixa Limia, Viana e Terra de Trives son as que rexistran os valores máis elevados no interior de vivendas Destacan os resultados de comarcas como O Condado (cunha media de 209,80 Bq/m3), O Morrazo (192,06), Baixa Limia (190,39), Viana (189,71), Terra de Trives (184,25), O Sar (178,72), Muros (176,06), A Paradanta (173,54), Verín (164,58). En canto ás sete cidades, cómpre salientar os datos de Ourense (149,45), Pontevedra (128,61), Vigo (115,79) e Compostela (95,73). Nos últimos meses o sindicato CIG denunciou a resistencia da Xunta a medir o nivel de radon nos seus centros de traballo, lembrando que é obrigada a realización de medicións nos "lugares de traballo, subterráneos ou non subterráneos, en áreas identificadas polos seus valores elevados de radon", como é o caso de moitas zonas de Galicia. O pasado ano un equipo da USC atopou relación entre a exposición ao radon en Galicia e os tumores cerebrais, publicando un artigo na revista Scientific Reports. Páxina do Laboratorio Radon de Galicia
NOS_53525
París desprega 15.000 soldados e axentes para protexer o que denomina 'lugares sensíbeis'. Manuel Valls cifra en 1.400 as persoas en Francia venelladas coas redes 'yihadistas'.
O Goberno francés mobilizou 10.000 soldados e 5.000 axentes de policía para protexer o que denominan 'lugares sensíbeis', en referencia a posíbeis obxectivos do terrorismo . París mantén activo pois o plan Vigipirate de loita contra o terrorismo. Sinagogas, escolas xudeas ou mezquitas son algúns deses emprazamentos. O primeiro ministro francés Manuel Valls manifestou esta segunda feira que se baralla como hipótese que colaboradores e cómplices dos atacantes de Charile Hebdo sigan libres. Valls pronunciouse a favor de atinxir unha "asociación plena" entre todos para dar unha "resposta firme" na loita contra o terrorismo. Cifrou en 1.400 as persoas en Francia vencelladas a redes da 'Yihad' en Iraque e Siria.
NOS_25645
BNG e PSOE presentarán iniciativas para defender os postos de traballo da factoría coruñesa. AGE acusa a Feijóo de "non exercer as súas funcións".
Distintas iniciativas levarán ao Parlamento de Galiza e ao Congreso de Madrid o problema de Alcoa, que pechará en breve a súa factoría na Coruña. Así, desde o PSOE piden que os gobernos se impliquen "nunha solución" e solicitan a "comparecencia urxente do ministro José Manuel Soria". Pola súa parte, o BNG rexistrou unha pregunta na Cámara galega na que pide a posición da Xunta e que medidas pensa tomar "para manter os postos de traballo". Tamén no Congreso de Madrid elevará unha iniciativa a formación nacionalista, que reivindica "unha tarifa propia para Galiza, que é un territorio produtor de enerxía". Pola súa parte, desde AGE afirman que "Feijóo non exerce as súas funcións" ao non defender ao persoal de Alcoa -unhas 400 persoas están a piques de perder o seu posto de traballo- cuxo posíbel peche definen como "dramático".
NOS_19492
Os días 5 e 6 de xullo terá lugar no Barco de Valdeorras o X Ciclo De Perto. Nel creouse o Recanto Florencio, un espazo onde actuarán o cantautor Anxo Rei e a actriz Fátima Délgado.
O cantautor Anxo Rei e a actriz e poeta Fátima Delgado participarán os próximos días 5 e 6 de xullo no X Ciclo De Perto no que se abre o Recanto Florencio, un espazo das voces valdeorresas arredor do poeta de Córgomo e da súa obra. Ambos artistas actuarán na parroquia de Viloira, no Barco de Valdeorras (xardín da Casa Grande, 20.30 horas). Anxo Rei: o primeiro divulgador dos poemas de Florencio Delgado Anxo Rei (Rubiá, 1957) leva máis de corenta anos cantando e compoñendo cancións, con letras propias e con poemas de Rosalía, Celso Emilio, Antón Tovar ou Delgado Gurriarán. Con versos deste último gravou en 2003 Fronteira de cegoñas e precisamente neste ano das Letras de Florencio o cantautor valdeorrés volve cantar aquelas cancións en directo. A súa discografía complétase con A rabela da pluma (2006), Ao son da auga (2009), O año pitaño (2012), Rosa (2016), así como o colectivo Poesía Galega en Música (2015). Ademais, ten participado en numerosos festivais e ofrecido recitais en localidades de toda a Galiza. Conferencia documental de Fátima Delgado Fátima Delgado (O Barco de Valdeorras, 1981), poeta, actriz e dramaturga, presentará O tío Florencio, unha conferencia documental que quere amosar, segundo Delgado "a miña relación persoal coa figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán, quen tamén era o meu parente". As 'Noites de Florencio' honran a Delgado Gurriarán en Vilamartín Partindo do arquivo familiar das irmás Delgado no que figuran cartas e postais que Florencio lles escribía, obxectos especiais e anécdotas que viviron con el, construíu unha conferencia documental. A través da correspondencia que o poeta lles enviaba desde o exilio de México e baseándose nas súas propias lembranzas, a actriz achegouse ao Florencio máis familiar.
NOS_28971
Cando nos achegamos ao ecuador da lexislatura no Estado, a vicepresidenta Teresa Ribero abre a porta á posibilidade dunha mudanza na composición do Executivo estatal, co obxectivo de encarar a recuperación da pandemia en liña coa política imposta pola UE e os actores internacionais.
"O presidente [do Estado] está traballando en como encarar a nova etapa na que estamos e correspóndelle a el avaliar como, cando e con que equipo quere seguir xestionando esta nova etapa", afirmou na noite da quinta feira nunha entrevista Teresa Ribera, vicepresidenta cuarta do Goberno do Estado e ministra de Transición Ecolóxica, abrindo a posibilidade dun cambio no seo do Executivo. Ademais, a ministra, nada en Madrid, remarcou que nesta cuestión estaba "contestando á galega" pola prudencia, defendía, que hai que ter neste debate. A pesar de que a vicepresidenta e as titulares de varios ministerios tentaron matizar as súas palabras, as declaracións confirman o que até o de agora era un ruxerruxe nos últimos días despois das filtracións de fontes do Estado a diversos medios estatais. O comunicado da Moncloa, aínda desmentindo que esas mudanzas estean planificadas, aclarou que Pedro Sánchez "ten en exclusiva a prerrogativa e a iniciativa para formar ou modificar o seu gabinete", e salientou que de producirse será comunicado "polo propio presidente no tempo e forma que determine". Nos último meses varios ministros foron cuestionados no interior do PSOE, a forma principal da coalición de Goberno con Unidas Podemos, Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza, estaría nunha das situacións máis complicadas, a negativa do PP de negociar a renovación do Poder Xudicial e a campaña da dereita e parte do PSOE contra os indultos, que o ministerio que dirixe terá que tramitar, poñen en cuestión a súa permanencia no gabinete. Tamén a ministra de Exteriores, Arancha González Laya, foi cuestionada incluso desde o propio Goberno do Estado pola súa xestión da crise migratoria de Ceuta, chocando en distintas ocasións con Fernando Grande-Marlaska, ministro de Interior. Outro dos nomes que están nas quinielas é o de Alberto Garzón, que de adiantarse as eleccións en Andalucía sería o candidato de Unidas Podemos, tendo que ser substituído no gabinete.
PRAZA_10242
Os representantes dos socios foron noqueados por un gobierno de corruptos noxentos que levaron ao moi honorable Centro Galego ata unha morte no desprestixio.
Non é necesario ser un especial observador da realidade arxentina para coñecer aos macrigaitas. Saltan á vista aínda que intenten pasar desapercibidos. Onte mesmo berraban entolecidos contra dunha señora a quen chamaban Yegua Kretina pero agora teñen a boca pechada. Non fan ningún comentario sobre o activo derrube social no devastado territorio da República Arxentina xa que os cidadáns de orixe galega están unidos exactamente pola mesma miseria que todos os votantes de Macri. O grande Arturo Jauretche dicía que "clase media arxentina é experta en resucitar, cada tanto, aos seus verdugos" pero os macrigaitas son covardes e por tanto incapaces de pedir desculpas. Manteñen a firmeza en negar a equivocación aínda que os vexas comendo vidro na substitución do domingueiro asado de tira no fondo da súa casa de Lomas de Zamora ou de Villa Ballester. Son irresponsables e axiña lavan as mans para "escurrir o vulto" como facían na infancia. Parécelles unha trangallada o que dicía Pablo Neruda sobre que "vostede é libre de facer as súas eleccións pero é prisioneiro das súas consecuencias".Doéme que Castelao vexa aos macrigaitas colaborando coa tropa mercenaria que invadiu a lareira emigrante que desde maio de 1907 leva acesa sen ningunha interrupciónO que acabo de escribir permíteme achegarme ata a esquina de Belgrano e Pasco para intentar detectar a presencia dos miserables macrigaitas no Centro Galego de Bos Aires. Estou diante de "O Cego" (óleo sobre tea de Castelao que mide 142 x 102 cm) nun espazo destinado ao Instituto Argentino de Cultura Gallega. É unha obra que abre o corazón á solidariedade. O noso excelso rianxeiro envíanos a mensaxe de que debemos estar sempre o lado do que menos ten. Doéme que Castelao vexa aos macrigaitas colaborando coa tropa mercenaria que invadiu a lareira emigrante que desde maio de 1907 leva acesa sen ningunha interrupción. É un golpe máis na súa vida de exiliado aínda que inesperado por vir dos descendentes de aqueles nobres emigrantes que o acolleron na familia riopratense. Que me estás a dicir? É a típica pregunta do macrigaita que desexa fuxir de calquera relación entre o seu voto a Macri e baleiramento do Centro Galego. Escoita! O presidente Macri despreciate e tamén a ministra Stanley. Antes (non que o esquezas) desprecioute o ministro Lemus que sendo fillo de emigrantes de Vimianzo non sabe moi ben se o Centro Galego está na esquina de Pasco ou de Rincón ou de Combate de los Pozos.No Centro Galego pasouse dunha débeba asumible, sendo presidente Carlos Alberto Vello, a outra inmensa que xerou a intervención de Moyano en pouco máis de tres anos. Un planexamento perfectamente definido para pechar servizos e despedir traballadores. Resulta evidente que o interventor non veu para mellorar a atención médica pero os macrigaitas non o queren recoñecer pois sería opoñerse ao seu amado don Mauricio. Fago a salvedade de que dúas agrupacións ("Galicia" e "Unión Gallega") opuxéronse as trapalladas de Moyano. Non se fiaban dunha persoa que intentou traer ao desprestixiado xubilado Antonio Burgueño para encargarlle un afundimento rápido do hospital. Cando Moyano comprobou que algúns representantes dos socios eran honrados foise chamuyar aos infelices de dúas agrupacións pequenas que estaban na beira da extinción. O primeiro paso foi achegarse aos de "Breogán" que levaban desde o ano 2006 sen presidir a Xunta Directiva. Cando fracasa a operación Trucha One vai ata a carpa de "A Terra" coa oferta da Trucha Two para unha reducida agrupación que levaba sen presidir desde 1998. Hai uns días que foi consumada a estafa. Quero dicir que para este lamentable acordo non era necesario o ataque contra dos traballadores e asociadosHai uns días que foi consumada a estafa. Quero dicir que para este lamentable acordo non era necesario o ataque contra dos traballadores e asociados. O gran logro do interventor foi o desprestixio que obtivo para o Centro Galego. Asinouse unha cesión mediate convenio dos servizos médicos hospitalarios coa empresa "Olmos" que xestiona varias clínicas na capital e nas capitais provinciais. É curioso ler que disque foron as agrupacións as que acordaron en votación a sinatura do convenio. Outra irregularidade máis para clarexar en vía xudicial cando Arxentina recupere a cordura democrática que agardo sexa no vindeiro mes de outubro. O grande interventor failles crer as agrupacións que son elas as que deciden. Ao estar intervido hai unha única autoridade, Moyano, quen actúa e cumpre ordes en nome do Executivo e baixo supervisión xudicial. Claro que no réxime macrista ou máis ben macricida foi abolida a separación de poderes e o titular do xulgado encargado é un servo máis da inxustiza. O 21 de maio por medio dun milagre ou dunha milagreira apócema recuperan as forzas para conseguir que o hospital do Centro Galego siga coas súas portas abertasAs agrupaciones sorrín, felices e contentas. Sosteñen que salvaron o patrimonio social xa que evitaron a venda do edificio e engaden –-coa boca chea--- que a empresa "Olmos" non está interesada na adquisición de propiedades. Afirman que os socios van ser atendidos. A verdade é que estou sorprendido xa que se son eles os que deciden, non entendo a espera e o retraso de tres anos cos brazos recollidos mentras Moyano cargaba un camión con documentación e material hospitalario para levar ao anexo de Valentín Alsina. Se queren tomarme por parvo ---adiante, non o podo evitar--- pero o ano pasado estaban atados e non podían facer nada xa que mandaba Moyano. O 21 de maio por medio dun milagre ou dunha milagreira apócema recuperan as forzas para conseguir que o hospital do Centro Galego siga coas súas portas abertas. Coido deben de informar aos socios que teñen unha porta aberta en Vicente López (Clínica Crespo) e outra en Caseros (Policonsultorios 3 de Febrero) por cortesía del grupo empresarial Olmos-Basa. Haberá quen entenda o que estou a dicir pero serán moitos os que o xustifiquen con excusas baratas. Os representantes dos socios foron noqueados por un gobierno de corruptos noxentos que levaron ao moi honorable Centro Galego ata unha morte no desprestixio. Algúns poida que teñan o atrevemento de culpabilizar a don Mauricio por facerlles confundir o que todo necio confunde: valor e prezo.
PRAZA_16748
A empresa denunciou o sindicato e o comité de folga polo paro de 22 días no mes de outubro pasado para esixir o cumprimento dos acordos salariais e laborais pactados.
O xulgado do social número dous de Ferrol deixou este xoves visto para sentenza a vista pola demanda interposta por Navantia contra o sindicato CIG e o comité de folga polo paro de 22 días que no mes de outubro pasado convocou a central para esixir o cumprimento dos acordos salariais e laborais pactados en 2001. A CIG concentrouse ante os xulgados para denunciar "os intentos de criminalizar a loita obreira" Coincidindo coa celebración do xuízo, delegadas e delegados da CIG concentráronse ante os xulgados "en defensa do dereito á folga" e contra "os intentos de criminalizar a loita obreira". Pola contra, os avogados de Navantia argumentan que o obxectivo do paro era o de paralizar a fábrica, polo que reclaman que se declare ilegal e intentan evitar que se dea un "sobreuso" dese dereito. "Vimos aquí reivindicar que o dereito á folga é un dereito fundamental e que Navantia, por moi poderosa que sexa, nin nos vai asustar nin vai impedir con demostracións deste tipo que defendamos o dereito á folga e o que fixemos ou teñamos que facer na nosa acción sindical para protexer os dereitos da clase traballadora", dixo ante a sede xudicial o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. Ademais, cualificou de "esperpento" ao intentar a empresa que o persoal apareza "como denunciado por faacer valer os seus dereitos". Para a CIG, os intentos de Navantia por declarar a folga das auxiliares como ilegal ou abusiva teñen como obxectivo "criminalizar a loita dos traballadores e traballadoras das subcontratas", que en outubro do pasado ano secundaron masivamente durante 22 días unha folga para "reivindicar o cumprimento dos acordos salariais e laborais de 2001, a súa inclusión nun marco legal que lle dea eficacia, e rematar así coa precariedade laboral instalada neste sector".
PRAZA_10731
A asociación cultural Morreu o Demo defende o carácter transgresor e crítico dos títeres ante unha denuncia realizada nas redes sociais por un espectáculo de Barriga Verde en Sarria. A entidade sinala que este tipo de polémicas proceden dunha "falta de coñecemento da nosa propia tradición"
En febreiro do ano 2016 dous integrantes da compañía Títeres desde Abajo foron detidos en Madrid acusados dun delito de enaltecemento do terrorismo, despois de que aparecera unha pancarta co lema "Gora Alka-Eta" nunha representación "La bruja y don Cristóbal". Evidentemente, o proceso xudicial ficou en nada e os dous titiriteiros foron absoltos un ano despois. No medio dun linchamento mediático e dunha guerra cultural impulsada por grupos conservadores, o mundo do monicreque tivo que saír a defender non só a liberdade de expresión, senón tamén a explicar que os títeres teñen dende hai séculos un carácter transgresor e crítico, representado por numerosos personaxes clásicos, entre eles o noso Barriga Verde."Pretender que os titeres de cachaporra non teñan cachaporra é como se queixar de que os peliqueiros batan coa zamarra no entroido de Laza", sinala a asociaciónHai uns días unha representación en Sarria da obra 'Dona Barriga Verde' de Larraitz Urruzola a cargo da Asociación Cultural Morreu o Demo deu lugar á publicación dunha denuncia en Facebook a cargo dunha persoa que cualificou o espectáculo de "bochornoso e fóra de lugar". "Vimos como a títere protagonista pegou cunha cachiporra a todos os protagonistas, colgou da forca a un xuíz e zarandeouno fóra do escenario, meteu nun cadaleito ao seu marido, ao que previamente mallara cunha tixola, machacou un crocodrilo...", escribiu o home. A cousa podería ter ficado aquí, nun comentario máis nas redes sociais, pero a suposta polémica foi crecendo en intensidade, ata o punto de que a concelleira de Cultura da localidade viuse obrigada a realizar declaracións públicas nas que xustificaba a elección da obra, que forma parte dun catálogo de espectáculos da Xunta de Galicia, defendía a tradición dos títeres e recomendaba que os pais e nais se informasen previamente do tipo de espectáculos aos que deciden levar os seus fillos e fillas. Un espectáculo que, ademais, se pode ver integramente en youtube.Ante as críticas recibidas, a propia Asociación Cultural Morreu o Demo para recuperación do Títere Tradicional Galego lembra que a obra representada "correspóndese cunha tradición de séculos viva e recoñecida en toda Europa, con personaxes senlleiros como Guignol, Punch ou Pulcinella" e engade que "pretender que os titeres de cachaporra non teñan cachaporra é como se queixar de que os peliqueiros batan coa zamarra no entroido de Laza". "O descoñecemento e os prexuízos, como pensar que os títeres só son para cativos, son inimigos da cultura", conclúe."Sabemos que a falta de coñecemento ante a nosa propia tradición dificulta moitas veces comprender o que se está a ver"A entidade denuncia que "en gran medida as queixas sobre os contidos das obras de títeres derivan de preconceitos sobre os mesmos e non se darían sobre outras formas plenamente aceptadas como expresións artísticas e culturais". Exemplos de pinturas non aptas para menores como o 'Saturno devorando os seus fillos' de Goya, de cinema violento como os deseños animados clásicos da Warner Bros ou as comedias mudas de Buster Keaton e moitos outros "non son cuestionados por seren manifestacións consideradas artísticas", sinala. E critica que "son as propostas marxinalizadas na nosa cultura como os títeres sobre as que se verten denuncias e reclamacións".A asociación remata sinalando que "sabemos que a falta de coñecemento ante a nosa propia tradición dificulta moitas veces comprender o que se está a ver, por iso cómpren proxectos coma o noso, para evitar que esmoreza unha parte da nosa cultura que durante anos foi un referente da escena en galego e que continúa viva na memoria de grande parte da poboación do país".Quen é 'Barriga Verde'?Barriga Verde foi o títere (de luva) por excelencia en Galicia durante o século XX, percorrendo da man da familia Silvent feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60, fundamentalmente no verán: o San Froilán de Lugo, a Ascensión de Santiago, a Peregrina de Pontevedra, María Pita da Coruña e o Corpus de Ourense, entre outras moitas. Barriga Verde está moi presente no imaxinario colectivo de varias xeracións de galegos e galegas, deixando na fala popular expresións como "Morreu o Demo, acabouse a peseta" (unha peseta é o que custaba a entrada ao espectáculo)."O espectáculo de Barriga Verde conseguía incrustar tan eficazmente a crítica que moitas veces as autoridades franquistas nin se daban de conta", conta Comba CampoyA partir de estruturas e fórmulas fixas (e comúns a outros territorios europeos), entre elas os golpes de cachiporra, Silvent conseguía atraer a atención do auditorio incorporándolles aos diálogos dos personaxes elementos de actualidade e sucesos de tipo local. Os espectáculos constituían unha crítica ao poder establecido e serviron para canalizar e expresar de xeito público as críticas, anceios e frustracións de boa parte da poboación da época, como explicaba nesta entrevista para Praza Comba Campoy, que hai tres anos defendeu unha tese de doutoramento na que analizou a través de Barriga Verde O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas.Campoy destacaba que "o espectáculo de Barriga Verde conseguía incrustar tan eficazmente esa crítica que moitas veces as autoridades franquistas nin se daban de conta", aínda que "si constan algunhas amoestacións verbais, con orixe no cura da parroquia". A autora engadía que "o réxime miraba con receo aquelas expresións que sobardaban o seu control, mais permitíaas porque desprezaba a súa influencia. A fin de contas, duraban o que un sorriso".A tradición galega de Barriga Verde lígase a personaxes moi semellantes existentes no norte de Portugal (Don Roberto) e tamén en Italia, Inglaterra ou Francia (Pulcinella, Punch e Polichinelle)A tradición galega de Barriga Verde lígase a personaxes moi semellantes existentes no norte de Portugal (Don Roberto) e tamén en Italia, Inglaterra ou Francia (Pulcinella, Punch e Polichinelle) e mesmo en Brasil (os mamolengos), Asia ou África. A asociación lamentaba hai tres anos (ao fío da detención dos dous titiriteiros) a "redución dos títeres a un espectáculo para crianzas", algo que "vivimos desde hai décadas", cando en realidade "estes entretementos desempeñaron durante moitos anos unha función catárquica para as clases populares e se dirixían a espectadores de todas as idades". Dende hai seis anos a asociación Morreu o Demo traballa en distintos eidos para recuperar a memoria deste personaxe e dos propios titiriteiros. Dende o inicio a entidade fixo fincapé non só no pasado, senón en reivindicar a vixencia de Barriga Verde para a actualidade, de recuperalo, entendendo esta recuperación tanto por "recobrar a súa memoria" coma por "garantir a transmisión interexeracional da historia do personaxe como popularizalo e achegalo aos máis novos". "Queremos facer de Barriga Verde un personaxe máis da nosa cultura", destacan.
PRAZA_12699
This is not a film é o contestatario e ousado exercicio metafílmico, a materialización dunha non-película por parte dun director, Jafar Panahi, a quen se prohibe facer películas, un subversivo e loable acto de resistencia contra a opresión dun réxime totalitario e intolerante. Un proxecto tan arriscado e clandestino que, di a lenda, logrou atravesar as fronteiras de Irán e chegar ata Cannes nun pen-drive agochado no interior dunha torta. Unha colaboración d'A Cuarta Parede.
Aseguraba o pensador estadounidense Ralph Waldo Emerson que, do mesmo xeito que o río crea a súa propia ribeira, cada idea lexítima crea a súa propia cal1. Este lúcido adaxio adquire un significado especialmente conveniente en This is not a film, o contestatario e ousado exercicio metafílmico dun cineasta inhabilitado pra facer cinema, a materialización dunha non-película por parte dun director a quen se prohibe facer películas, un subversivo e loable acto de resistencia contra a opresión dun réxime totalitario e intolerante. Un proxecto tan arriscado e clandestino que, di a lenda, logrou atravesar as fronteiras de Irán e chegar ata Cannes nun pen-drive agochado no interior dunha torta. Antes de se converter, por mor do seu encarceramento, na icona máis mediática da loita contra a represión cultural do réxime de Mahmud Ahmadineyad, o iraniano Jafar Panahi adquirira xa un notable recoñecemento en Europa Antes de se converter, por mor do seu encarceramento, na icona máis mediática da loita contra a represión cultural do réxime de Mahmud Ahmadineyad, o iraniano Jafar Panahi adquirira xa un notable recoñecemento en Europa, sendo considerado un dos adaís da fornada de cineastas que, liderados por Mohsen Makhmalbaf e Abbas Kiarostami ao longo dos anos oitenta e noventa, desvelaron a ollos do vello continente a realidade social, política, económica e cultural dunha República Islámica na que inda estaban a cicatrizar as feridas da revolución de 1979 e a guerra contra o veciño Iraq (1980-1988). Notable prestixio internacional Logo de traballar como axudante de dirección de Kiarostami en A través das oliveiras (Through the Olive Trees, 1994), debutou na dirección de longametraxes con O globo branco (The White Balloon, 1995) [con guión tamén de Kiarostami], filme co que acadou a Cámara d'Ouro no Festival de Cannes. O seu segundo filme, O espello (The mirror, 1997), gañou o Leopardo d'Ouro no Festival de Locarno, mentres que o seu seguinte proxecto, O círculo (The circle, 2000), foi premiado co máximo galardón na Mostra de Venecia. Logo virían Sangue e Ouro (Crimson Gold, 2003), Premio do Xurado na sección Un Certain Regard de Cannes; Fóra de xogo (Offside, 2006), galardoada en Berlín e Xixón; e O acordeón (The Accordion, 2010), merecedora dunha mención especial en Venecia. Á censura previa de guión á que tivo que someter tódolos seus proxectos, hai que sumar tamén a prohibición de exhibición en salas iranianas de O círculo, Sangue e Ouro e Fóra de xogo. O motivo de citar os reiterados premios internacionais adquiridos por Panahi nos principais festivais do mundo é por mor de comparar o seu consolidado éxito internacional co constante e insistente asoballamento ao que viña sendo sometido no seu propio país por parte da Comisión de Control do Ministerio da Cultura e de Guía Islámica, incluso dende moito tempo antes de seres finalmente encarcerado. Así, á censura previa de guión á que tivo que someter tódolos seus proxectos, hai que sumar tamén a prohibición de exhibición en salas iranianas de O círculo, Sangue e Ouro e Fóra de xogo. O acoso do Réxime O paroxismo desta fustrigación por parte dos sucesivos gobernos de Muhammad Jatami e Mahmud Ahmadineyad produciuse en 2009 e 2010, coas dúas detencións que precederon ao encarceramento de Panahi (en marzo de 2010), acusado de "actuar contra a seguridade nacional e facer propaganda contra el réxime". Esta acusación de "conspiración" foi resultado das visibles mostras de apoio do cineasta polo candidato Mir-Hossein Mousavi durante as eleccións presidenciais de 2009, así como a súa firme defensa dos participantes na Revolución Verde que se alzou contra o presunto fraude electoral que supuxo a reelección de Ahmadineyad. O motivo oficial co que o ministro de Cultura iraniano argumentou a detención de Panahi foi que o cineasta "estaba a facer unha película contra o réxime na que se mostraban os acontecementos posteriores ás eleccións de 2009" O motivo oficial co que o ministro de Cultura iraniano argumentou a detención de Panahi foi que o cineasta "estaba a facer unha película contra o réxime na que se mostraban os acontecementos posteriores ás eleccións de 2009". Tras un total de oitenta e oito días en prisión, e logo de dez días de folga de fame e semanas de mobilización internacional en favor da súa liberación, saíu da cárcere baixo fianza en maio de 2010, pero en decembro dese mesmo ano foi condenado a seis anos de prisión, ao que se sumaba, en palabras da súa avogada, "a prohibición de realizar películas, escribir guións, viaxar ao estranxeiro ou ofrecer entrevistas", durante vinte anos. O non-filme clandestino Considerei necesario ofrecer toda a información previa co gallo de sermos conscientes da grotesca e arrepiante magnitude que adquire a represión cultural en Irán, así como para contextualizar a xestación de This is not a film e podermos comprender o risco que implica a realización dun proxecto desta natureza, que se levou a cabo durante o período de arresto domiciliario imposto ao cineasta, mentres a súa avogada apelaba á condena (que sería ratificada por un tribunal de Teherán en outubro de 2011 e será agora recorrida ante o Tribunal Supremo). Panahi atopa un "baleiro legal" segundo o que, malia que non pode escribir e facer unha película, si pode narrar, explicar e representar unha película que xa está escrita pero que non chegou a producirse debido a sucesivos problemas coa censura This is not a film é, polo tanto, un proxecto no só clandestino, senón tamén constrinxido polo impedimento legal de "dirixir películas" e "escribir guións". E velaquí a canle que Emerson atribuía a toda idea lexítima: Panahi atopa un "baleiro legal" segundo o que, malia que non pode escribir e facer unha película, si pode narrar, explicar e representar unha película que xa está escrita pero que non chegou a producirse debido a sucesivos problemas coa censura: "non me deixan dirixir nin saír de casa, pero o que non di a sentenza é que non poida actuar e contar o guión que tiña previsto realizar", razoa o director. En consecuencia, o cineasta explica o seu proxecto inédito a un íntimo amigo, o documentalista Mojtaba Mirtahmasb, mentres este o filma cunha cámara dixital. O encontro entre ámbolos dous amigos esténdese ao longo de todo un día, dende a hora do almorzo ata a bocanoite, tempo no que os dous cómplices tentean os límites da viabilidade legal e funcional da súa "produción", que inclúe restricións tan perspicaces e irónicas como que Panahi non poida dicir "acción!" e "corten!", ou que teña que recrear o escenario no que se desenvolvería o seu filme delimitándoo con cinta adhesiva sobre a ampla alfombra do seu salón: "se podemos contar unha película, entón para que filmala?", chega a preguntarse o autor. Unha introspección honesta e meritoria As explicacións de Panahi ao seu colega van dende a posta en escena e os movementos de cámara de determinadas secuencias, ata indicacións sobre a interpretación do rol principal, unha rapaza á que os seus pais fechan no seu cuarto para que non poida ir a Teherán e matricularse na facultade de Belas Artes, na que xa foi admitida. Esta historia, baseada no relato curto From the diary of a young girl de Anton Chekhov, é en realidade unha alegoría da situación do propio Panahi, quen, como se tivera sido empurrado ao interior dun dos seus filmes, padece en carne propia o estado de sometemento, intolerancia e represión no que tratan de sobrevivir os protagonistas das súas películas. O autor confesa que os momentos que máis lle emocionan da súa propia obra son aqueles que se escapaban completamente ao seu control mentres estaba filmando O cineasta, que revela un meritorio e honesto proceso introspectivo ao longo do filme, alterna cavilacións, dúbidas e meditacións vitais e emocionais con reflexións metafílmicas, como cando visiona secuencias de O globo branco, O espello e Sangue e ouro e confesa que os momentos que máis lle emocionan da súa propia obra son aqueles que se escapaban completamente ao seu control mentres estaba filmando. E, namentres, Mirtahmasb filma tamén sucesos cotiáns do día a día de Panahi, como conversas telefónicas coa súa avogada e cos seus amigos, ou tarefas do fogar como rega-las plantas e alimentar á iguana que ten como mascota. Talvez o aspecto máis salientable de Panahi en This is not a film é a integridade que demostra malia a súa indignante situación Talvez o aspecto máis salientable de Panahi en This is not a film é a integridade que demostra malia a súa indignante situación, xa que, se é certo que nun par de ocasións podemos velo amoucado, melancólico ou desanimado, en ningún momento adopta unha actitude vitimista, rancorosa ou vengativo. Tamén é encomiable o seu amargo sentido do humor, a miúdo irónico, como cando mostra nun dos seus andeis o dvd de Buried, de Rodrigo Cortés, un filme no que, como lembramos, toda a acción transcorre no interior dun cadaleito do que o protagonista trata de saír antes de morrer soterrado. Porén, malia as innegables virtudes deste proxecto, considero que o único verdadeiro momento de gran cinema en estado puro é o formidable e prolongado plano secuencia final, no que Panahi, logo de marchar o seu amigo Mirtahmasb, colle por primeira vez a cámara (ata entón gravara pola súa conta coa cámara do seu iPhone), coa que se mete no ascensor cun rapaz que se encarga de ir retirando as bolsas do lixo piso a piso. Ámbolos dous homes, representantes de dúas xeracións ben distintas de iranianos, falan durante minutos sobre o presente e o futuro do mozo, que tamén é o presente e o futuro do país, mentres descenden pouco a pouco cara a rúa. Fóra, alén do portal do edificio, a noite de Teherán está iluminada por fogueiras e fogos de artificio que celebran o Aninovo do calendario persa. Panahi filma dende lonxe esa rúa á que lle está prohibido saír, mentres o rapaz recoméndalle que fique onde non o poidan ver e pérdese no medio da multitude. Epílogo: outros cineastas condenados en Irán Gustaríame rematar este texto sinalando que, malia que Jafar Panahi está a ser o caso máis coñecido a nivel internacional, durante os últimos anos foron varios os profesionais do cinema iraniano arrestados e condenados a prisión, como o propio Mojtaba Mirtahmasb, o amigo que filma a Panahi e aparece acreditado como co-director de This is not a film, encarcerado durante tres meses logo de ser culpado de subministrar a canles de televisión estranxeiras material audiovisual considerado perxudicial para o réxime de Teherán. Idéntico motivo polo que foi condenado tamén o productor Katayoun Shahabi. Por outra parte, outros dos directores arrestados por demostrar o seu apoio á Revolución Verde foron Mehdi Pourmoussa e Mohammad Rasoulof, director de Iron Island (2005) ou The White Meadows (2009), encarcerados xunto a Panahi mais liberados poucas semanais despois. Os castigos do goberno de Mahmud Ahmadineyad esténdense tamén aos actores, como no caso da intérprete Marzie Vafamehr, que foi condenada a un ano de cadea e a noventa lategazos pola súa participación en O meu Teherán a subasta Os castigos do goberno de Mahmud Ahmadineyad esténdense tamén aos actores, como no caso da intérprete Marzie Vafamehr, que foi condenada a un ano de cadea e a noventa lategazos pola súa participación en O meu Teherán a subasta (My Tehran for Sale, 2009), da directora iraní Granaz Moussavi, que narra a historia dunha actriz apaixonada do teatro con moitas dificultade para expresarse libremente, e que se ve obrigada a vivir o seu soño dende a clandestinidade. Afortunadamente, excepto Panahi, os outros condenados están actualmente en liberdade. Web d'A Cuarta Parede
NOS_21300
As cámaras de Nós TV recolleron o multitudinario evento, miles de mulleres a tomaren a emblemática praza compostelá nunha mobilización feminista sen precedentes. Foi a maior das concentracións habidas esta mañá, preludio das manifestacións convocadas esta tarde nas vilas e cidades do país.
Un resumo da histórica manifestación do feminismo compostelán "Se nós paramos, párase o mundo" pic.twitter.com/XMDk2FO2ZJ— Nós Televisión (@NosTelevision) 8 de março de 2018
PRAZA_2440
Sen pluralidade de ideas e sen igualdade ante a xustiza non hai verdadeira democracia. Non son temas menores
Os fascistas que atacaron o Centro Cultural catalán Blanquerna en Madrid, que romperon parte das súas instalacións e que gasearon cun spray de pementa os asistentes a un acto pola Diada, que se desenvolvía neses momentos, ficaron case inmediatamente en liberdade até un xuízo oral. Había medios de comunicación presentes, que tamén sofreron as agresións. As imaxes do asalto pódense achar cunha sinxela procura en internet. Eses fascistas recoñecidos e violentos non padeceron a aplicación da Lei Antiterrorista, non foron xulgados pola Audiencia Nacional e, a continuación, mesmo se presentaron sen problema como candidatos ás eleccións europeas Porén, eses fascistas recoñecidos e violentos non padeceron a aplicación da Lei Antiterrorista, non foron xulgados pola Audiencia Nacional e, a continuación, mesmo se presentaron sen problema como candidatos ás eleccións europeas. Até onde eu sei, eses fascistas continúan na rúa. Os seus "partidos", entre os cales salienta Falange, non teñen ningunha vía de difusión das súas ideas fechada ou limitada, e iso que só fai falta ter ollos na cara para ver que promoven as agresións físicas e o odio contra o diferente. Unha das razóns que deron os tribunais para que os asaltantes tivesen un tratamento relaxado da xustiza foi que nese acto no Centro Cultural Blanquerna non estaba presente a bandeira española... Si, como o ledes. Ese razoamento é de España, século XXI! Como sabe toda persoa que me coñece, rexeito con absoluta firmeza a violencia e penso que se debe cortar de raíz toda posibilidade de que esta agrome en vez do debate das ideas e dos métodos de presión democrática (manifestacións, concentracións, campañas, etc.). Coa mesma firmeza, rexeito a criminalización das ideas, as desproporcionadísimas varas de medir da xustiza española e o sensacionalismo, tan estupidizante como electoralista, promovido polo goberno do PP, ese partido que aínda ten algúns gobernantes e dirixentes que honran a ditadura criminal de Franco, sen que se coñeza actuación policial ningunha por exaltación do terrorismo. Pensemos, por exemplo, na defensa acérrima da homenaxe ao golpista Millán Astray feita por Carlos Negreira, aínda hoxe presidente do PP na provincia da Coruña. Sen pluralidade de ideas e sen igualdade ante a xustiza non hai verdadeira democracia. Non son temas menores Tampouco nos debería estrañar tanto, xa o sei. É o partido da Lei Mordaza, o partido que conseguiu as maiores cotas de manipulación informativa, o partido que promove a criminalización das ideas críticas. A que organización veciñal, cultural, feminista, nacionalista, ecoloxista, lingüística ou sindical galega que saíse á rúa nestes anos para mobilizarse contra as políticas do PP non lle chegou como mínimo unha multa? Sen pluralidade de ideas e sen igualdade ante a xustiza non hai verdadeira democracia. Non son temas menores.
PRAZA_9302
Vox logra traducir os efectos socialmente desestruturantes do neoliberalismo basicamente nun sentimento de ameaza identitaria inducido polos independentistas cataláns e polos inmigrantes
Cos poucos datos solventes de que dispomos, facermos un retrato fiel do votante de Vox é imposíbel. Un bosquexo non demasiado imprudente ofrecería a imaxe dun antigo simpatizante do Partido Popular que obedece o impulso emocional de desfacerse do complexo que lle impedía expresar na urna o seu apoio a un cóctel programático cuxos ingredientes son a unidade nacional e o centralismo (definido tamén negativamente como oposición ao independentismo catalán), o antiautonomismo e o euroescepticismo, o antiesquerdismo, a antipatía verbo das políticas de memoria histórica, o nativismo e a xenofobia envolta nun discurso contrario á inmigración, o enxalzamento das virtudes castrenses, o rexeitamento da "ideoloxía de xénero" (cuxo correlato é o apoio á recuperación dos costumes de base católica e, especificamente, dos roles de xénero tradicionais, incluída a posición preponderante do home, a misoxinia, a homofobia e o antiabortismo), a oposición á eutanasia, o antianimalismo ou a desconfianza cara aos medios.Un bosquexo ofrecería a imaxe dun antigo simpatizante do PP que obedece o impulso emocional de desfacerse do complexo que lle impedía expresar na urna o seu apoio a un cóctel programáticoOs chamados perdedores da globalización poderían daquela non constituír o groso dos futuros votantes de Vox. En Alemaña, onde o populismo de dereitas vén sendo estudado con atención desde hai anos, fálase do Wutbürger, quen, no noso caso, podería describirse como o cidadán encolerizado que, cun pensamento antipolítico primario, se mobiliza contra o establishment porque entende que as elites, corruptas e distantes, non reparan nel. Este cidadán percíbese como unha persoa decente e traballadora que, constrinxida pola linguaxe politicamente correcta –reflexo dunhas actitudes tolerantes que se plasman en ocorrencias tan irritantes como o matrimonio entre persoas do mesmo sexo–, xa non ten voz. O activismo do noso Wutbürger ten lugar, en boa medida, na internet, en especial nas redes sociais, que son un viveiro de recursos ideolóxicos e operativos, unha plataforma de propaganda e intercambio internacional e unha poderosa instancia de lexitimación, radicalización, fortalecemento e mobilización. Na internet, o matiz, esmagado polo efectismo caricaturizador (produto da combinación de simplicidade e agresividade), tende a desaparecer; de aí que a rede lle poida ser hostil ao labor intelectual.O votante nacionalpopulista desconfía da política –porque "todos os políticos son iguais"– e dos expertos –que contradín a súa cosmovisión–, e é visceralmente refractario á (auto)críticaO votante nacionalpopulista desconfía da política –porque "todos os políticos son iguais"– e dos expertos –que contradín a súa cosmovisión–, e é visceralmente refractario á (auto)crítica. O carburante da súa mobilización é unha mestura de medo e cólera, con poucos argumentos produto do pensamento rigoroso. Certamente, o empobrecemento e a marxinación das clases baixas alimentan a súa furia. Inseguro, alarmado e ansioso, arela encadrarse nun marco comunitarista homoxéneo que o libre dun posíbel desclasamento sen, porén, alterar a orde socioeconómica. A cerna da súa mobilización negativa é pois defensiva. "Nós, o pobo" –esa ficción metafísica–, debemos protexer a identidade nacional española ameazada pola inmigración, pero tamén polo independentismo catalán percibido como unha gravísima ofensa, un ataque –que reclama un desquite– contra o noso orgullo nacional español e contra o noso estilo de vida tradicional.Este cidadán desconfiado, atemorizado e encolerizado emite un voto emocional, nostálxico e pesimista. Pero non actúa dun xeito completamente irracional. Cando o "sistema" falla, confiar en alternativas pode ter sentido, e Vox constitúe unha opción política que logra traducir os efectos socialmente desestruturantes do neoliberalismo basicamente nun sentimento de ameaza identitaria inducido polos independentistas cataláns e polos inmigrantes. É posíbel, en consecuencia, que esteamos, sen sabelo, a piques de librar unha guerra cultural, porque é o empeño por recuperar a autoridade moral e a hexemonía cultural o que articula a mobilización do nacionalpopulismo.Vox logra traducir os efectos socialmente desestruturantes do neoliberalismo basicamente nun sentimento de ameaza identitaria inducido polos independentistas cataláns e polos inmigrantesPero non nos enganemos: simplemente non sabemos aínda quen é o votante nin cales son as expectativas de Vox. As sondaxes vaticinan unha entrada moi potente deste partido no Congreso dos Deputados, con entre un 5% e un 13% dos votos. A brutal disparidade destas estimacións revela a súa inseguridade, porque todas elas carecen do seu ingrediente fundamental: a experiencia. En Galiza, mentres case tres de cada catro cidadáns declaran a súa dobre identidade nacional galego-española, que parecen vivir dun xeito non conflitivo, a inmigración non se percibe como un problema significativo. Con todo, un de cada cinco galegos apoiarían a supresión da autonomía política, e un de cada dez a rebaixa do nivel competencial da Comunidade Autónoma. Pero, dado o carácter moderado do electorado galego, non parece demasiado aventurada a hipótese de que, no noso país, as expectativas de éxito do ultranacionalismo español de Vox son máis ben modestas.
NOS_29633
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanza que a súa formación ve necesario "acoutar mellor" a duración desta medida extraordinaria
Pontón amosouse contraria a que o novo estado de alarma se estabeleza, como pretende o Goberno español, ao longo de seis meses, cando na primeira onda da pandemia renovábase cada 15 días.En rolda de prensa, Pontón demandou que "non se pretenda eludir o control parlamentario" e avisou de que é necesario tomar medidas por cada territorio, á vez que considerou que o estado de alarma é compatíbel co "control e a rigorosidade" dunha medida que "recorta dereitos e liberdades". "Parece que se quere responsabilizar unicamente á cidadanía da evolución do virus", sinalou a líder da oposición, entendendo que a medida que supón "un plus de exixencia ás persoas na súa vida diaria". Como sostivo, "é perfectamente compatíbel adoptar medidas extraordinarias nun contexto excepcional" co control parlamentario, "fundamental nun momento como este". Aínda así, a portavoz nacionalista sinala que o BNG vai actuar "con responsabilidade" e estará "a favor de todas as medidas que sexan necesarias", debido a que "salvar vidas é o prioritario" ante o "récord" de contaxios. Preguntada pola proposta do PP para reformar a lei de saúde para actuar diante nos novos focos de coronavirus, Pontón emprazou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a traballar por "tomar medidas que están na súa man" no canto de "dicirlle ao Goberno do Estado como reformar" esta norma e preguntou "que está a facer" a Xunta "nun momento excepcional", apelando ao reforzo da Atención Primaria ou "facer os deberes" co traballo de rastrexo de contactos. Na comparecencia, Pontón chamou tamén a "blindar" as residencias de maiores cunha intervención pública que garanta que "100%" pasan á tutela da Xunta até que a pandemia estea baixo control. Xunto a isto, o BNG apuntou á "grave situación económica" de autónomos e sectores como o cultural e demandou ao Goberno galego "medidas de alcance" extraordinarias no canto de "parches" que eviten a perda de "miles de postos de traballo". Máis unha vez, reclamou a convocatoria dun pleno extraordinario do Parlamento para analizar estas cuestións.
NOS_46594
Os temblores dos últimos días precipitaran a orde de comezar co desaloxo dalgúns colectivos de persoas. A explosión tivo lugar ás 15.12 horas deste domingo após unha intenta xornada no que se refire aos movementos sísmicos.
Após días nos que a intensa actividade sísmica na zona facía presaxiar a probábel erupción do volcán da illa da Palma, este domingo ás 15.12 horas do domingo comezaba a saír lava da contorna de Cumbre Vieja, concretamente en Cabeza de Vaca, no concello de El Paso.Segundo as primeiras informacións, o volcán xurdiu nunha zona de monte non habitada, mais xa a primeira hora deste domingo comezaban as labores de desaloxo dalgúns grupos de persoas. Actuábase de forma preventiva, tamén fechando as rutas de paseo polos montes, pero os avances das autoridades permitiron trasladar ao medio cento de persoas -así o indicou a Televisión Canaria- que tiñan problemas de mobilidade e que estaban localizadas. En concreto, evacuáronse dos núcleos de Los Llanos, Fuencaliente e El Paso, sendo os seus habitantes enviados a outras zonas con familiares e achegados ou aos recintos feriais de Braña Alta ou El Paso, habilitados para atender á xente. Nese punto traballa a Cruz Vermella facendo as primeiras labores de "triaxe", por se hai veciñas e veciños que precisen ser levados a residencias dependentes do Cabildo ou ao acuartelamento El Fuerte. Precisamente, o alcalde do Paso aclarou máis tarde que foi preciso sacar da zona afectada a unhas 300 persoas dos asentamentos de El Paraíso e Cabeza de Vaca, pois tamén é un dos puntos máis afectados. Estas cidadás foron enviadas ao estadio municipal. Sen previsións do tempo que pode durar a erupción Pola súa banda, o vulcanólogo do Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan), David Calvo, fixo unhas declaracións á Televisión Canaria para explicar que se trata dunha erupción de tipo estramboliano, igual que a do Teneguía. As dúas bocas eruptivas abertas -que no momento de redactar esta noticia xa ascenderan a sete- na terra están a emitir coladas de lava se ben non se detectan episodios "especialmente explosivos". Polo de agora, descoñécese cantas horas podería continuar a erupción porque é "totalmente impredecíbel" até que non se teñas as primeiras estimacións de enerxías que liberan as fisuras, se ben as autoridades invitan á poboación a permanecer tranquila. Até a erupción submarina de outubro de 2011 na veciña illa do Hierro, a última notificada no Estado fora a de outubro de 1971 no volcán Teneguía, situado poucos quilómetros cara ao sur dos enxames sísmicos actuais. Reaccións políticas Unha vez pasados os primeiros momentos de tensión por este episodio "histórico", como o cualificou o presidente do Goberno canario, Ángel Víctor Torres, insistiuse en manter a "cala e a preocupación" para evitar danos persoais. Mentres o presidente do Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, cancelaba a súa axenda en Nova York e viaxaba a Canarias, Torres sinalaba que estaba previsto realizar unha reunión do comité director do Plan Especial de Protección Civil e Atención de Emerxencias por risco volcánico no territorio de Canarias (Pevolca) para coordinar as labores de emerxencia dada a situación. A pesar de que a erupción xurdiu nunha zona sen poboación, no momento de escribir esta Nova puntualizábase que existe "risco" de incendio forestal. Coa ameaza que supón a situación actual, pediu á cidadanía que evite achegarse á zona afectada porque "tempo haberá de achegarse" para gozar desta "festa da natureza".
NOS_32191
A dirección do centro alertou a pais e nais das consecuencias dunha posíbel redución do profesorado.
No día de onte, un amplo grupo de pais e nais do alumnado do IES Punta Candieira, no concello de Cedeira, puxeron de manifesto a súa "total oposición" a unha redución do número de docentes que presuntamente quere levar a cabo a Consellaría de Educación. A Xunta define como "adecuación" dos cadros de persoal o "tesoirazo" de 800 docentes denunciado polo BNG A dirección do instituto trasladou un detallado informe aos pais do alumnado do centro educativo, no que se reflicten todas as trabas coas que se van atopar os docentes e a mocidade de cara ao vindeiro curso que comeza a semana que vén, no caso de que a redución de profesardo se faga efectiva. Así, e segundo recolle este escrito, a redución do cadro de docentes provocaría o cese dos reforzos educativos de Lingua Castelá e de Matemáticas en 1º e 2º da ESO. Tampouco se poderán levar a cabo os desdobramentos para o laboratorio do centro estudantil nas materias de Física e Química e Ciencias Naturais, polo que estas serán impartidas só de maneira teórica, sen contar co compoñente práctico. Que está a ocorrer no IES Virxe do Mar de Noia? "Indignación" no profesorado coa Consellaría de Educación Aliás, a falta de profesorado afectará á elaboración dos grupos nos distintos niveis da Educación Secundaria Obrigatoria. Segundo lamenta a dirección, a intención da consellaría é levar os ratios de alumnado até o límite máximo para así poder recortar nas horas que faga o profesorado do centro. Supresión do Bacharelato de Adultos Outra das consecuencias da xestión educativa do Goberno galego é que o IES Punta Candieira verase obrigado a suprimir o Bacharelato de Adultos, xa que non poderán chegar ao mínimo exixido pola Consellaría de Educación despois de que esta cambiase os requisitos en agosto. A Xunta obriga o profesorado en prácticas a asistir a un acto, que nun principio era "por convite", menos de 24 horas antes de que decorra A Educación Secundaria para Adultos (ESA) tamén correría o risco de desaparecer, no caso de que o centro educativo non conseguise un número mínimo de 10 alumnos e alumnas matriculadas. Por outra parte, o recorte de profesorado que critican provocaría a redución de varias optativas no Bacharelato, o que "afectará á ponderación da nota final que poidan necesitar para acceder a estudos superiores, tanto de Universidade como de Ciclos Superiores". O PSdeG urxe pór fin á "política de recortes" da Xunta após a dimisión conxunta da directiva dun instituto guardés Despois de que os pais e nais do alumnado do IES Punta Candieira constituísen unha plataforma para protestar e intentar evitar a redución do cadro de docentes no centro estudantil, o secretario xeral da CIG Ensino, Suso Bermello, trasladou o seu apoio nas redes sociais. Neste sentido, a plataforma ten pensado presentarse este sábado no pleno extraordinario do Concello de Cedeira, convocado tamén por esta posíbel redución do profesorado, para dar visibilidade ás súas reclamacións.
NOS_15881
En xaneiro Fomento aplicará unha nova suba nas tarifas da AP-9, co que serán 4 os incrementos das portaxes nos últimos 12 meses. A principal vía de comunicación do país podería subir en xaneiro un mínimo do 3,1%
En xaneiro, viaxar de Ferrol a Tui pola principal vía de comunicación da Galiza suporá un desembolso duns 20 euros. Unha cantidade nada despreciábel, e menos en tempos de crise. O ministerio de Fomento está a calcular unha nova suba da portaxe da AP-9 para inicios de 2013, incremento que se calcula en base ao incremento do IPC entre novembro de 2011 e outubro de 2012. Será a cuarta suba nos últimos 12 meses. No que vai de ano as subas da autoestrada do Atlántico xa foi cinco veces superior ao IPC. Algo que xerou un gran malestar e indignación entre @s usuari@s, fartos do que consideran un abuso. Perda de tráfico O tráfico na AP-9 caeu nos primeiros meses do ano un 5,5 por cento, un descenso que hai que engadir aos que se rexistraron de xeito consecutivo desde 2007. O fastío d@s usuari@s da AP9 amosouse o 30 de outubro, na chamada para que @s conductor@s que empreguen esta autoestrada manifestasen o seu desacordo cos seus prezos. Tratábase de empregar outras vías de comunicación, como mostra clara de desacordo coa imposición por Audasa de prezos que entenden como "abusivos". A plataforma 'Todos contra a suba das peaxes' botou man dos datos da Dirección xeral de tráfico para calcular o seguimento da mobilización que convidaba a 'desertar' do vial de pagamento para rexeitar a suba das taxas por parte da concesionaria, Audasa. Esa queda na circulación foi dun 27%.
NOS_47791
As cifras abafan: "duras de asimilar cando son así de grandes", di a ONU; "case imposíbeis de comprender", para Save the Children. A paupérrima situación humanitaria no Afganistán tornouse crítica co ascenso dos talibán ao poder. A axuda é vital; a miseria está a 5.000 km de distancia.
Á pregunta de que sucedería se non chegase o suficiente apoio humanitaria ao Afganistán, o coordinador da Axuda de Emerxencia da ONU, Martin Griffiths, sinalaba: "Un millón de crianzas ─as cifras son tan duras de asimilar cando son así de grandes─ ... un millón de crianzas están en risco dese tipo de malnutrición [aguda]". "É estremecedor", engadía. Un total de 5.000 millóns de dólares. Esa é a cifra necesaria en 2022 para evitar a catástrofe. Son 4.410 millóns de euros ao troco, "a maior cifra nunca solicitada para axuda humanitaria e tres veces maior que a necesitada e recadada en 2021", explicaba onte Griffiths en conferencia de prensa. Actualmente hai arredor de 22 millóns de persoas no Afganistán necesitadas de axuda para sobrevivir, ademais doutros 5,7 millóns de cidadáns afgáns fóra das fronteiras do país. A ONG Care4Calais alertaba onte de que a situación dos refuxiados chegados ao norte de Francia coa intención de cruzar en botes cara á Gran Bretaña estase a deteriorar axiña. Co risco, segundo recolleu o diario inglés The Guardian, de morreren de frío ante a acción policial de retirar os seus refuxios improvisados. Bloqueo climático e político O duro inverno afgán é outra das grandes preocupacións. "Lustro zapatos para atopar diñeiro co que comprar pan para a miña familia, mais nestes días fríos pouca xente vén", declaraba Ahmad Hussain á TV afgá Tolo News na segunda feira. A familia de Ahmad está composta por 11 membros, como 11 son os anos que ten Ahmad. A semana pasada as nevaradas bloquearon as vías de comunicación e o traballo das axencias humanitarias sobre o terreo. Un traballo hercúleo tras o ascenso ao poder dos talibán, que levou á conxelación de fondos por parte de moitos países e organizacións internacionais. Precisamente esta preocupación, que o diñeiro solicitado pola ONU para axuda humanitaria non acabe nas mans do movemento islamista de extrema dereita, foi abordada onte por Martin Griffiths. Insistiu en que ese diñeiro irá directamente "aos profesionais médicos sobre o terreo" para que poidan seguir dando servizos sanitarios, non para dar apoio a estruturas do Estado. E tanto el como o Alto Comisionados para os Refuxiados da ONU, Filippo Grandi, advertían de que, de non dar solucións, o sufrimento e a miseria non ficarán dentro das fronteiras afgás. Afganistán, a crise humanitaria que "eclipsou" as do resto do mundo A organización non gobernamental Save the Children solicitou onte a través dun comunicado que a petición da ONU á comunidade internacional sexa atendida, xa que "o nivel de sufrimento humano no Afganistán eclipsou o de calquera outra crise humanitaria no mundo". "As cifras son case imposíbeis de comprender: agárdase que case todo o país se afunda na pobreza, e máis da metade da poboación se enfronte a niveis críticos de fame", segundo salientou a directora interina de Save the Children no país, Fiona McSheehy. De acordo coa Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA, en inglés), a metade da poboación afgá, dun total de 39 millóns, afronta condicións de fame aguda; máis de nove millóns de persoas foron desprazadas dos seus fogares; e millóns de crianzas, especialmente nenas, non van á escola.
PRAZA_12532
Praza estivo nas Fragas do Eume cando xa pasara o peor do lume e falamos con veciños e activistas. Por que se queimaron? Quen son os responsables? Que se debe facer para recuperalas? A Plataforma para a Defensa das Fragas crea unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do lume e este mércores entregaralle ao director do Parque Natural un documento con oito reivindicacións concretas para a Xunta.
Praza estivo nas Fragas do Eume cando xa pasara o peor do lume e falamos con veciños e activistas. Por que se queimaron? Quen son os responsables? Que se debe facer para recuperalas? A Plataforma para a Defensa das Fragas vén de crear unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do lume, que se presentarán este mércores ao mediodía diante do director do Parque Natural. A Plataforma para a Defensa das Fragas vén de crear unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas Así mesmo, entregaralle ao un documento con oito reivindicacións concretas que solicitan que cumpra o Goberno galego. En primeiro lugar, piden unha investigación exahustiva das causas que provocaron o incendio e das actuacións levadas a cabo na prevención e extición do mesmo tomando medidas de depuración de responsabilidades políticas. Tamén reclaman a adopción inmediata de medidas e accións conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do incendio no ecosistema do Parque Natural e que se garanta en todo momento o caudal ecolóxico do Río Eume e afluentes. Tamén demandan o aumento de recursos materiais e humanos (beneficiando na medida do posible os propietarios e veciños do parque) para a prevención e extinción do lume nas Fragas do Eume e a recuperación do posto de vixianza no Parque. E exixen a elaboración urxente e inmediata do obrigado Plan Rector de Usos e Xestión do Parque, asi como o programa forestal coa súa correspondente dotación económica, consensuados cos propietarios, organizacións ecoloxistas e outros colectivos. Pídese igualmente que se leven a cabo as xestións necesarias para rematar co conflicto social existente entre os propietarios e a Xunta desde a creación do parque. A Plataforma reclama a retirada da Lei de Montes e unha nova xestión do lume, máis centrada na prevención Ademais, solicítanse dotacións económicas especificas nos orzamentos da Xunta de Galicia de partidas destinadas para a protección e posta en valor dos espazos protexidos, nomeadamente o Parque Natural das Fragas do Eume. Finalmente, reclaman a retirada da Lei de Montes en trámitación parlamentaria "por non apostar pola diversificación dos usos do monte e sí pola entrega do mesmo aos monopolios da madeira e o fomento do monocultivo (fundamentalmente do eucalipto)" e a modificación da "política do lume", centrando máis os esforzos públicos na prevención e non na extinción.
PRAZA_5704
O INE publicou esta semana a Estatística de Nacementos correspondente ao ano 2012, que revela que os nomes máis frecuentes para os nacidos neste ano en Galicia foron Noa e Hugo. Atrás quedaron os tempos de Manuel e María, pero tamén os de David ou Laura. Analizamos como década a década estas tendencias foron mudando
O INE publicou esta semana a Estatística de Nacementos correspondente ao ano 2012, que revela que os nomes máis frecuentes para os nacidos neste ano en Galicia foron Noa e Hugo. Atrás quedaron os tempos de Manuel, Jose ou María (dominantes até os anos setenta), pero tamén os de David, Pablo ou Laura (os máis habituais nos oitenta ou noventa). Nos nomes tamén hai modas e estas cada vez cambian con máis rapidez. Por suposto, de igual xeito que hai grandes diferenzas por década ou por xeración, tamén as hai entre os distintos territorios do Estado. No ano 2012 Hugo (421), Mateo (375), Martín (352), Pablo (334), Daniel (301), Nicolás (279), Diego (273), Adrián (265), Alejandro (256) e Manuel (247) foron os nomes predilectos polos pais e nais galegas para os nenos. Para as nenas foron Noa (354), Sara (352), Lucía (348), Daniela (300), Sofia (263), Carla (257), Alba (244), Paula (237), Martina (210) e Maria (202). No conxunto de España, Daniel (6.234) foi o máis utilizado para os varóns, por diante de Hugo (5984), Alejandro (5.744), Pablo (5658), Álvaro (5.111) e Adrián (4.698). Para as mulleres, dominan Lucía (6.363), María (5.823), Paula (5.375), Daniela (4.748) e Sara (4.456). Analizando os datos das distintas comunidades autónomas, atopamos que Daniel domina en Aragón, Extremadura, Madrid, Castela-León, Castela-A Mancha, Valencia, Cantabria, La Rioja e Asturias, Marc en Baleares e Catalunya, Alejandro en Andalucía e Murcia, Iker en Navarra, Markel en Euskadi e Hugo en Canarias. De igual xeito, Lucía e ó nome máis habitual en Aragón, Asturias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Valencia, Madrid e La Rioja, María en Andalucía, Murcia e Estremadura, Júlia en Catalunya, Paula en Baleares, Valeria en Canarias, Irati en Navarra e Ane en Euskadi. Nomes 'xeracionais' Entre os nacidos entre o 2000 e o 2009 en Galicia son máis os Pablo, Alejandro, Daniel, Adrián ou David. E tamén as Lucía, Laura, Sara ou Paula Pero non sempre foi tempo de Hugos e Noas en Galicia. Afondando nas estatísticas que recolle o INE pódense analizar os suscesivos cambios, nomes que pola súa frecuencia mesmo podemos identificar cunha década ou xeración concreta. Abonda con sumar os datos dos nacidos na pasada década, a primeira do século XXI. Vemos como entre os nacidos entre o 2000 e o 2009 en Galicia son máis os Pablo, Alejandro, Daniel, Adrián ou David. E tamén as Lucía, Laura, Sara ou Paula. Nesta década, hai uns poucos anos, Noa non aparecía nin entre os dez nomes máis frecuentes, onde si entraba Hugo, pero en posicións moito máis atrasadas que na actualidade. Nos nenos e nenas que pasaron polo rexistro nos 70 predominan os nomes compostos con José no caso dos homes, e María no das mulleres. Se imos unha década máis atrás, até os noventa, atopamos que o nome máis común era Adrián, seguido de David, Daniel, Sergio, Diego ou Alejandro. Nas mulleres era Laura, seguido de Sara, Andrea, Alba ou María. Os oitenta foron anos de David e de Pablo, e tamén de Rubén, Alberto ou Daniel. Foron tamén unha década marcada polas Cristina, Patricia, María, Beatriz, Vanesa, Marta ou Andrea. Os setenta foron unha época de grandes cambios, e iso nótase moitísimo nos nomes que recibían os galegos e galegas nacidas antes e despois. Deste xeito, nos nenos e nenas que pasaron polo rexistro nesta década predominan os nomes compostos con José no caso dos homes, e María no das mulleres. María Carmen, María José, Ana María son os máis habituais, aínda que tamén aparecen as Mónica e as Patricia. José Manuel, Manuel ou José Antonio dominan nos varóns, por diante de Javier ou Óscar. A sociedade mudaba máis lentamente nas décadas de ditadura, polo que a listaxe de nomes máis frecuentes nos anos cincuenta e sesenta é case idéntica á dos setenta. Ademais dos xa referidos hai moitos Antonio, Jesús e Francisco; e tamén moitas Carmen, María Dolores, María Pilar ou Josefa. Tan pouca variación había que máis de dous de cada dez rapaces levaban José no nome, e case catro de cada dez nenas tiñan María como primeiro ou segundo patronímico. Tan pouca variación había que máis de dous de cada dez rapaces levaban José no nome, e case catro de cada dez nenas tiñan María como primeiro ou segundo patronímico Como curiosidade, a situación era un chisco diferente antes do ano 40. Manuel, José e María eran os nomes máis habituais en Galicia nos anos 20 e 30, pero non de forma tan absoluta coma nas décadas seguintes, deixando máis espazo para os Antonio, Ramón, Francisco ou Jesús. E tamén para as Carmen (o nome máis habitual para as mulleres galegas antes de 1940), Josefa, Rosa ou Concepción. Os nomes que pasaron 'de moda' Os oitenta foron unha época de irrupción e popularidade de nomes como Raquel, Silvia, Noelia, Iria, Vanesa ou Verónica, que hoxe semellan ter pasado a un segundo plano nas preferencias de nais e pais Hoxe en día non hai moitas nenas chamadas Josefa ou María Dolores, nin moitos Ramón ou José Antonio. Pero non é necesario pensar nestes nomes (habituais entre os nacidos hai sesenta ou setenta anos) para atopar exemplos de nomes que nalgún momento foron moi comúns e xa non o son. Os oitenta foron unha época de irrupción e popularidade de nomes como Raquel, Silvia, Noelia, Iria, Vanesa ou Verónica, que hoxe semellan ter pasado a un segundo plano nas preferencias de nais e pais. Tamén era máis habitual atopar nenos chamados Roberto, Marcos, Miguel, Iván ou Carlos, hoxe fóra dos quince ou vinte máis frecuentes. De igual xeito, na década dos noventa aparecen entre os vinte nomes máis utilizados Nerea, Antía, Sandra, Lorena, Tamara ou Tania. E tamén os Brais, Cristian ou Borja, hoxe algo menos frecuentes. E que nomes ascenden posicións nos últimos tempos? Ademais dos Hugo, Mateo, Martín, Noa, Sara ou Lucía xa comentados (os máis utilizados en 2012), cómpre sinalar que as Claudia, Iria, Sabela ou Uxía se manteñen como nomes moi utilizados, aínda que quedan fóra dos dez primeiros, o mesmo que os Lucas, Iago, Brais ou Álvaro.
NOS_50524
Traballo en equipo e moitas ganas de contaxiar ánimo e valores como a solidariedade, a empatía e o respecto pola diversidade poñen o compás do himno dos Limpamundos, un grupo de escolares de cuarto de Primaria do colexio Parga Pondal de Santa Cruz, en Oleiros, que, coa axuda da súa mestra, Alicia Tojeiro, e dos músicos Jesús Suárez e Iago González, dan contido a unha canción e un vídeo que quere ser un "chute de enerxía" para este tempo de confinamento.
"Os Limpamundos sempre traballan coa realidade, co contexto social. Fan contos, buscan solucións… aprenden a ser cidadáns e cidadás o día de mañá. Ante esta situación que estamos a vivir non podían quedar parados, tiñan que reaccionar", expón Alicia Tojeiro, mestra deste grupo de nenas e nenos de entre nove e dez anos de Santa Cruz, protagonistas dunha canción coa que queren "amosar o seu apoio neste tempo de confinamento". Detrás do proxecto está unha formación "na que a perspectiva social e a educación en valores ten moito peso". "Cremos nunha educación non só enfocada na aprendizaxe do saber, senón tamén do ser: aprender a ser resilientes, a aguantar situacións complicadas, traballar a autoestima... aprender facendo, pensando e sentindo", explica a docente, que apunta que a creación do "himno" que hoxe sae á luz non é a única actividade dos Limpamundos, autores de contos, accións ou o proxecto solidario sobre o valor das diferencias "Só ti podes cambiar o mundo", que verá á luz nas semanas vindeira. Para dar forma á súa canción, contactaron co músico e compositor Jesús Suárez, membro de Mar de Fondo e autor, entre outros temas, dun coñecido himno do Deportivo, quen aceptou "o reto" de facer unha composición infantil inspirada nas ideas motivadoras das pequenas e pequenos. "Pareceume un proxecto moi chulo e todo un reto, porque eu fago cancións para xente adulta", recoñece o autor, que buscou inspiración na banda sonora do Xabarín Club. O resultado é un tema recolle o espírito dos Limpamundos e dá acompañamento ao vídeo no que as 25 alumnas e alumnos fan propostas para pasar estes días de confinamento. Alicia Tojeiro salienta desta iniciativa o "traballo en equipo, que é a forma de que saian as cousas". A mestra pon en valor o labor musical de Suárez e de Iago González, profesor do Conservatorio de música da Coruña que tamén colaborou no proxecto, do informático Julián Ramiro e da familia Piñeiro, que se encarga de signar o vídeo, como unha das colaboración que realiza cos Limpamundos, que poñen a imaxe e a enerxía para "quedar na casa" e sacar nestas datas "os talentos que todos e todas levan dentro". Esa mesma enerxía quérena transmitir tamén ao persoal sanitario e as persoas que estes días están ingresadas no complexo hospitalario da Coruña, as que o alumnado desta clase do Parga Pondal está a enviar cartas de ánimo e que xa lanza un novo reto: unha canción que lembre, cando todo esto pase, todo o traballo das profesionais da medicina, da enfermería e de todos aqueles ámbitos que hoxe dedican as 24 horas do día a minorar os efectos da pandemia "e que todo isto pase".
PRAZA_21005
A verdade é que eu non as levaba todas comigo. Cheguei á casa bastante atordado, mais, en canto me metín entre as sabas, a canseira que viña canda min a escape me fixo durmir a sono solto. E se non fose por aquel repugnante asubío, pola melodía monocorde que conseguiu esquivar a miña somnolencia para fochicarme nos ouvidos, arestora aínda me atoparía no colo de Morfeo. Entón pregunteime, será cousa dalgún deses tunantes que andan por aí a deshora?
Quería ver como a auga caía en tromba polo costado do val, acompañada dun vento forte que o limpara todo.(Lars Miytting, As dezaseis árbores do Somme).A verdade é que eu non as levaba todas comigo. Cheguei á casa bastante atordado, mais, en canto me metín entre as sabas, a canseira que viña canda min a escape me fixo durmir a sono solto. E se non fose por aquel repugnante asubío, pola melodía monocorde que conseguiu esquivar a miña somnolencia para fochicarme nos ouvidos, arestora aínda me atoparía no colo de Morfeo. Entón pregunteime, será cousa dalgún deses tunantes que andan por aí a deshora? Cando estaba a piques de recuperar a dozura da ansiada quietude, a insólita música de fondo −o zunido dun coro de viraventos− adiantouse á pedrada que transformou os vidros da porta da solaina nun formigueiro de nimiedades. Peguei un brinco, botei a correr descalzo ata o balcón e, sorprendido ao non ver a roupa que deixara tendida, enfiei a ollada cara a tódolos lados en busca da recua de malandríns agochados no negror da noite pecha, obstinados en chafarme o devezo de identificalos. Entón dixen contra de min, serán uns malcriados que gozan espreitando a laverca ata que se me inflame o malo xenio? O golpe seco dunha porta encargouse de estremecer a fráxil casca do meu apampado cerebro, obrigándome a ir do sobrado cara a cociña, alancando de dous en dous os chanzos das escaleiras, en busca dos elementos que se confabularan para amargarme a noite. Xa no patio, aínda descalzo e medio espido, presentín un teimudo tremor que case me deixa tolleito. Talvez fose ese arrepío, o da inoportuna friaxe e non o alustro que de súpeto iluminou o horizonte, o causante de facerme saber que aqueles cabróns conseguiran esgallar as cabezas da figueira, ata tumbala e segarlle a vida definitivamente. Uns badocos que, subidos ao tellado, non cesaban de arrebolar tellas e tellas, para escachalas contra o chan como se fosen ovos chocos. Entón pensei, serán uns revirados da merda que aproveitan a escuridade da noite para me avinagrar as entrañas?Un novo alustre fíxome desviar a mirada cara ao palleiro, ao bater contra os meus ollos adoecidos. Vino cambalear como un ser talmente borracho. Nun santiamén finquei a cabeza contra del, e mesmo tratei de abrazalo para facer máis forza e así evitar que se esbarrelase. Entón berrei: «Gurrade, gurrade, malcriados! Robástesme a roupa, arrincastes a figueira e estragastes o tellado, mais o palleiro non o ides chimpar, me cago na vosa estampa!»Co abrente, ou talvez por mor da molladura que tiña enriba, fun espertando pouco a pouco. O palleiro desaparecera, o patio era un auténtico augueiro, e nós −eu e maila figueira− cañotos encerellados entre apracíbeis moreas de palla que desprendían un insólito olor invernizo. [Así foi tal cal me contou esta historia o meu tío Lisardo. E así debeu ser como lla contou a el, Paco Picholas, quen aquela noite, tan escura e retorta, marchara cara a casa antes da conta, por medo a causar unha horríbel catástrofe na taberna, se por un casual alguén acendía un misto mentres el bafexaba.]
NOS_36705
Nunha entrevista no Galicia por diante, o presidente do Uruguay lanza un chamado a Europa para que "non lles rouben a liberadade" e asegura que "nun país do terceiro mundo" como Uruguay o seu "obxectivo é o desenvolvemento" mais sen que "a sociedade do consumo" nos sugue. "Hai que dedicarlle tempo á vida". Imaxes: Riobó Prada
Din del que é "o presidente pobre". Vive na súa morada familiar. Sen luxos, cun tractor e un vello Beatle, acompañado da súa dona e dun can coxo. A maior parte do seu salario convérteo en doazóns para políticas sociais e racha coa protocolaria imaxe dun xefe de Estado. "Eu co que teño son rico", afirma con rotundidade, "para que quero salario?". Os pobres, di, "son os que precisan moito e non lles chega nada". Non cre en Deus.O seu pasado remóntase ao movemento guerrilleiro de liberación nacional Tupamaros. Recoñécese marxista mais, sobre todo, "libertario". Non é "cento por cento estadista" mais o seu horizonte "é socialista". Cre nunha sociedade "autoxestionada" e nunha "economía manexada pola xente que traballa" e non ao servizo do capital do que di "os banqueiros" fan "o asalto [roubo] máis grande" e "nós vivímolo" recoñece. "Veño dun país do terceiro mundo que loita para se liberar" José Mujica racha co perfil de mandatario e representa un bo exemplo das mudanzas que está a viver América Latina. Encabeza un dos procesos de transformación que puxeron fin a décadas de expolio e neocolonialismo ianqui en Latinoamérica. Vén dun país "do terceiro mundo", afirma, cuxo obxectivo é "alcanzar o desenvolvemento". Mais na súa mente esa progresión debe rachar cunha "sociedade de consumo" que "nos rouba a liberdade", denuncia. "Son un pouco marxista e cento por cento libertario e o meu horizonte é o socialismo" Após catro anos como presidente do Uruguay, José Mujica defende o Frente Amplio co que gañaron as eleccións en 2009 desbancando o bipartidismo dos partidos Blanco e Colorado. Un frente, afirma "que pasa dos 40 anos" e se asenta no "policlasismo" malia "todas as contradicións". Unha organización que combina "empresarios e obreiros" e se asenta nunha "unidade" que é ao tempo "inconveniente" e "grandeza". Mujica, afirma que o Fente Amplio "non rachará" porque "os feitos demostraron que quen se separa do cardume, perde" e iso, nun país "que loita pola súa liberación", di, non é unha opción. "A política debe dar solucións aos problemas do máis acó" e non "construír utopías" no alén, para iso, afirma "está a relixión".
NOS_50638
Cando aínda está nas salas o seu último filme, 'Mimosas', o director galego-francés xa está a traballar no seu próximo proxecto, 'Aquilo que arde'.
O vindeiro filme de Laxe, 'Aquilo que arde', será un retrato dun pirómano e, para levalo adiante, o director busca actores e actrices non profesionais de entre os veciños da zona, mesmo para os papeis protagonistas. O vindeiro sábado 21 de xaneiro o seu equipo realizará un cásting en Navia de Suarna. Nos seus filmes Laxe adoita traballar con xente sen bagaxe no cinema, polo que todas aquelas persoas interesados en participar na película, sen importar idade ou experiencia, poden presentarse o vindeiro sábado 21 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 na sala de plenos do Concello de Navia de Suarna e realizar as probas. Aínda que os perfís principais que se buscan son mulleres de máis de 60 anos e homes de máis de 40, o casting está tamén aberto a nenos e nenas, adolescentes e persoas de calquera idade que poidan encaixar nalgún papel da película. Neste novo proxecto o cineasta pon o seu foco nos Ancares lugueses, de onde procede parte da súa familia, pero tamén en zonas como Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes e Viveiro. Aínda que non remataron os traballos de localización e é posible que se sumen outras comarcas, a rodaxe terá lugar practicamente na súa totalidade na provincia de Lugo. O vindeiro día 21 de xaneiro haberá un cásting en Navia de Suarna 'Aquilo que arde' filmarase no verán de 2017, entre agosto e setembro, e a estrea está prevista para marzo de 2018. Quen si está confirmado para a participación na fita é o actor fetiche de Laxe, Shakib Ben Omar, que xa protagonizou os seus dous anteriores proxectos. Segundo a produtora, Miramemira, o filme é un retrato extremo da Galiza, da súa personalidade ruda e tenra a un tempo, excesiva e calma por igual; un retrato da súa desmesurada e paradoxal beleza, fermosura que non sabe de equilibrios. Está protagonizado por un pirómano e a súa nai, e por un mozo dunha brigada anti-incendios. O filme é un retrato extremo da Galiza, da súa personalidade ruda e tenra a un tempo, excesiva e calma por igual; un retrato da súa desmesurada e paradoxal beleza 'Aquilo que arde', que conta co apoio económico de TVG e AGADIC, é unha fita iniciativa do Máster en Documental de Creación (Idec-Universidad Pompeu Fabra), un referente a nivel internacional na produción de filmes como 'En Construcción' de José Luis Guerin, gañadora dun premio Goya ao mellor filme documental. No caso deste novo proxecto, nove alumnos do máster acompañarán a Oliver Laxe durante a estancia nos Ancares, que será a base de operacións desde a que este grupo de cinema, xunto ao equipo de produción, desenvolverán o filme. Este proxecto de pedagoxía cinematográfica é o primeiro paso do cineasta para revivificar a aldea de onde é orixinaria a súa familia. A creación dunha cooperativa de agricultura ecolóxica e dun centro de formación cinematográfica alternativo serán as seguintes etapas. Este proxecto de pedagoxía cinematográfica é o primeiro paso do cineasta para revivificar a aldea de onde é orixinaria a súa familia. 'Aquilo que arde' será a terceira longametraxe do cineasta galego, logo de 'Todos vós sodes capitáns', gañadora do premio Internacional da crítica do Festival de Cannes de 2010, e 'Mimosas', gañadora do Grande Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e actualmente na carteleira dos cines de todo o Estado. Estreita relación cos Ancares Nunha entrevista con Sermos hai uns meses xa nos avanzaba que o seu próximo proxecto sería máis sinxelo a nivel de produción. "É un proxecto que vou facer en Galiza, a metade de orzamento, tres veces menos xente, vou facelo cos meus alumnos da Universidade Pompeu Fabra, imos vivir nunha casa dunha aldea abandonada dos Ancares durante unha serie de meses nos que queremos face un filme sobre a identidade. Teño alumnos de Perú, Brasil, Cataluña, Valencia, Canarias, algúns galegos tamén, Bélxica. Paréceme un cóctel ideal para pensar a identidade". O cineasta mantén unha estreita relación cos Ancares, de onde procede a súa familia, e onde está a arranxar a casa dos seus avós. O cineasta mantén unha estreita relación cos Ancares, de onde procede a súa familia, e onde está a arranxar a casa dos seus avós. "Cos meus amigos restauramos a casa desde hai algúns veráns e si tiña intención de rehabilitar a aldea. Quero revivificala e para facelo preciso crear certas enerxías económicas e o tema da castaña nos Ancares é interesante, e dalgunha maneira quero facer isto cando teña tempo, porque sinto a responsabilidade de coidar deste val, onde tantas e tantas xeracións de labregos viviron. Todos os meus ancestros viviron alí e síntome na obriga de honrar esta liñaxe". Outro dos proxectos que ten bosquexados é unha escola alternativa de cinema, transversal, creada con outros amigos cienastas e profesores, onde van impartir moitos obradoiros de cinema. "Este proxecto de filme digamos que é a primeira experiencia que imos levar a cabo. É o punto de partida. En canto á escola, non será unha escola regrada, van ser encontros semanais, compartir paseos, visionados... como unha ferramenta de descuberta, de desenvolvemento persoal, que nos pode converter en persoas máis sensibles e máis libres diante do que nos rodea. Polo momento todo isto son desexos".
NOS_43861
Nos anos 20 do século pasado é frecuente atopar na prensa referencias á elaboración de cavas na Galiza que se confundirían co mesmísimo viño da Champagne.
Vida Gallega sitúa á fronte de todos os intentos e todas as tentativas para a produción galega destes viños Manuel Costas, quen, por volta de 1905, comezou a madurar a idea. O primeiro ano rebentaron case todas as garrafas, mais conserváronse as suficientes para saber que o resultado non era moi diferente ao produto francés. A partir de aí chegou iso denominado co galicismo "Cavas" do Val Miñor e o champaña Galicia tomou sona en toda América. As adegas de Costas son definidas pola prensa como "enormes, modernas, magníficas" Na exposición Internacional de San Remo, de 1921, o Champán Galicia recebeu Diploma de Honra e Medalla de Ouro, en competencia cos produtos franceses. O premio resulta normal para El Eco de Santiago que na edición de 27 de setembro de 1921 escribe: "Non nos estraña este novo triunfo que acaba de obter o Champán de Galicia, pois coñecemos ben os extraordinarios éxitos que vén logrando consecutivamente, un ano após outro, e cada vez con maior intensidade, quer nos mercados de España quer nos de América, en competencia coas marcas máis afamadas". Na exposición Internacional de San Remo, de 1921, o Champán Galicia recebeu Diploma de Honra e Medalla de Ouro En 1924 as adegas comercializan espumosos tintos, mais cara a 1925 o cava deixou de se producir. Tomou o relevo en Ourense Manuel Vázquez Gulías, arquitecto que, cando estudaba en París, tomou amizade cun champañeiro que lle enviaba os fermentos desde Epernay (Reims) por barco a Vigo e logo continuaba por tren a Ourense. Na inauguración do tranvía A Coruña-Sada, o trinta e un de decembro de 1922, brindouse con Gran Champagne Gulías.
NOS_56273
A subministración de gas natural será escasa até 2026 por mor das compras masivas de gas da UE, que están a impedir o acceso doutros Estados por un acaparamento superior incluso á súa capacidade de regasificación.
Ducias de barcos metaneiros -con gas natural licuado- dan voltas polos portos europeos nas últimas xornadas, incapaces de descargar polo alto volume de compras de gas natural da Unión Europea (UE), superior á capacidade de regasificación, que permite usar o gas en industrias e fogares. Esta situación chega a pesar das críticas reiteradas polos altos prezos que cobran os Estados Unidos, o que non evita que o bloque comunitario continúe un proceso de acaparamento de gas para substituír o antes posíbel a porción que era vendida por Rusia (40% do gas natural consumido en 2021), impulsando a alza os prezos mundiais polo maior custo do gas natural licuado, máis caro do que chega por gasoduto. Este proceso está a incidir, en casos de xeito catastrófico, na economía de varios Estados de Asia en vías de desenvolvemento. Hai poucas semanas, 80% dos 168 millóns de persoas que residen en Bangladesh sufriron un corte masivo de electricidade, incluíndo a capital, Dacca, e as grandes cidades. O motivo foi unha caída do sistema eléctrico provocado por unha demanda moi superior a produción, afectada por unha suba de prezos que levou o Goberno a suspender o traballo en varias empresas de xeración para tratar de controlar os custos das compras de gas natural. O medio económico Bloomberg destaca que a "UE está a exportar a súa crise enerxética", nun movemento que "está a resultar moi doloroso para as economías emerxentes de Asia", facendo fincapé en que "a estratexia de supervivencia" de Bruxelas pasa por "superar Asia no que se refire ás compras de gas natural", o que está a "inflar de forma drástica os prezos e as tarifas dos petroleiros". En Bangladesh, 75% da enerxía consumida procede do gas natural importado, sendo este corte de electricidade a última das múltiples interrupcións que sufriron ao longo deste ano. Nunha situación semellante están Paquistán, xa afectado polos reiterados monzóns que paralizaron a súa economía, India ou Filipinas, que apostou polo gas natural para reducir a súa dependencia do carbón. En Paquistán, unha licitación para adquirir gas natural licuado durante seis anos ficou deserta, mentres os vendedores recoñecen que até 2026 hai pouca subministración de gas natural dispoñíbel. A pesar de que estes países están máis perto dos lugares de extracción non poden asumir os prezos que está a pagar a UE, nun efecto semellante ao das vacinas contra a Covid-19, que non chegaron aos lugares de menos ingresos até meses despois, ao acaparar en primeiro lugar a UE e os Estados Unidos doses para toda a súa poboación pola súa capacidade de comprar a un prezo maior. Revenda de materias primas Ademais, as sancións da UE en contra do petróleo ruso transportado por mar por medio dun tope de prezo -que na práctica supón acabar coas compras directas- que queren estender ao gas natural, suporá un novo aumento de prezo destas materias primas, pois acabarán sendo revendidas desde os Estados que teñen acordos preferentes con Moscova. En todo caso, o acaparamento de gas non está evitando a fuga de empresas da UE, como a alemá BASF, que anunciou o traslado de parte da súa produción á China. Os EUA benefícianse da redución das compras a Rusia Aínda coas sancións aplicadas a Rusia por parte da UE no marco da guerra en Ucraína, isto non implica que haxa lugares onde aumentaron as compras de gas natural a Rusia, como é o caso do Estado español, líder mundial en compras de gas natural licuado a Moscova após a baixada das adquisicións a Alxer. Así e todo, o maior beneficiado da situación actual son os Estados Unidos (EUA), que se converteron no principal provedor de gas natural do bloque comunitario. Nese sentido, o ministro de Economía francés, Bruno Le Maire, sostivo no lexislativo que "a guerra en Ucraína non debe resultar nunha dominación económica dos EUA e nunha UE debilitada", criticando que o seu "socio estadounidense" venda á Bruxelas o gas natural licuado catro veces máis caro do prezo ao que llo vende ás súas industrias.
PRAZA_456
A semana pasada na Coruña vimos tamén como unha igrexa oficial, a dos herdeiros do bando vitorioso no 36, trataba de sepultar baixo as súas pedras un rito pagán anterior á súa chegada, a República. O novo rei Borbón e o alcalde da Coruña rendéndolle homenaxe ao autor do Gernica, Picasso, o que trataban de facer, en realidade, era inutilizalo, desactivar todo o seu potencial subversivo como símbolo do bando vencido na Guerra Civil.
No século VI os príncipes da Igrexa tiñan dúas preocupacións principais: a primeira, interna, combater as desviacións do dogma, as herexías, nomeadamente, o arrianismo. A segunda, externa, tiña como obxectivo combater a subsistencia dos cultos pagáns, é dicir, da anterior relixión oficial politeísta. Así, Martiño Dumio na Correctione Rusticorum predica contra o costume de consagrarlle cada día da semana a un demo, é dicir, a un deus pagán, e consegue de feito erradicar esa práctica cando menos no ámbito da súa xurisdición eclesiástica, o Bispado de Braga, onde pasan a chamarlle aos días da semana seguindo a numeración ordinal: segunda feira, terza feira, etc. Aínda así, os cultos pagáns subsisten, como recoñece o propio Martiño Dumio, "nos bosques frondosos e nos montes outos", lugares nos que o pobo común, os rústicos, seguen a adorar os deuses e deusas anteriores á chegada do deus único, as grandes moreas de pedra, a auga, a lúa ou simplemente unha árbore. Ante esta situación, a Igrexa idea unha argucia realmente sutil: construír ermidas naqueles lugares, sepultar, literalmente, o rito prohibido baixo as súas pedras. Por suposto, esta práctica tamén ten un risco, o do sincretismo, e será unha das razóns que dez séculos máis tarde dará lugar ao cisma luterano que, entre outras cousas, acusará os católicos de "idólatras". O reprimido sempre volve, como dixo un doutor vienés, ás veces en forma de ironía do destino. Na Coruña vimos tamén como unha igrexa oficial, a dos herdeiros do bando vitorioso no 36, trataba de sepultar baixo as súas pedras un rito pagán anterior á súa chegada, a República A semana pasada na Coruña vimos tamén como unha igrexa oficial, a dos herdeiros do bando vitorioso no 36, trataba de sepultar baixo as súas pedras un rito pagán anterior á súa chegada, a República. O novo rei Borbón e o alcalde da Coruña rendéndolle homenaxe ao autor do Gernica, Picasso, o que trataban de facer, en realidade, era inutilizalo, desactivar todo o seu potencial subversivo como símbolo do bando vencido na Guerra Civil –sintagma desterrado do vocabulario da dereita española- e como memoria da desfeita, das atrocidades cometidas polos vencedores durante a guerra e a ditadura. En Galicia, lembremos, non houbo guerra, só a represión unilateral e ilimitada dun dos bandos. As marcas dos vencedores seguen aí, na rúa División Azul coruñesa, na Cruz do Castro en Vigo, na non devolución aos seus lexítimos donos dos bens incautados polo réxime franquista Di Gregorio Morán referíndose á operación de Laín Entralgo cando escribe Descargo de conciencia, que en España a suposta reconciliación nacional consistiu en que o bando vencedor se perdoou a si mesmo polas súas culpas, mentres que ao vencido ninguén lle pediu perdón. As marcas dos vencedores seguen aí, na rúa División Azul coruñesa, na Cruz do Castro en Vigo, na non devolución aos seus lexítimos donos dos bens incautados polo réxime franquista. A nosa memoria debe ter pois un sentido benjaminiano: non se trata simplemente de lembrar o que un día foi, trátase máis ben de explicar a continuidade daquel pasado no presente. Traizoar a memoria sería entón traizoar a vista, o que vemos.
PRAZA_5448
O evento, que se celebrará do 21 ao 24 de maio, acollerá a estrea en Galicia do documental Tu voz entre otras mil, sobre a vida de Antonio Vega
Achégase o tempo de Cans. A undécima edición do festival celebrarase do 21 ao 24 de maio e este xoves, a menos dun mes xa do seu comezo, os seus responsables revelaron en Compostela novos detalles sobre o evento, comezando polas xa tradicionais camisolas, que cada ano mudan o seu deseño, e que xa se converteron nun dos elementos identificadores da cita. As camisetas, deseñadas un ano máis por Pablo Rodríguez, de Rei Zentolo, exploran dous aspectos fundamentais da imaxe do Festival: o "Pedigree" e os "Chimpibuses", e poderán mercarse nas tendas do Rei Zentolo, a partir da próxima semana, por 12 euros. "Non se trata só dunha maneira de pasear a imaxe do Festival de Cans polo mundo", dixo Alfonso Pato, "senón que as camisetas tamén son unha fórmula que nos axudan a financiarnos". Tamén se anunciou que Cans acollerá a estrea en Galicia do documental Tu voz entre otras mil, que desvela aspectos descoñeciedos da vida de Antonio Vega. A proxección contará coa presenza da súa directora, Paloma Concejero. Ao longo de catro anos, e ante a presenza do escritor Bosco Ussía e a súa gravadora, Antonio Vega foi rememorando momentos da súa biografía, impresións e recordos que poderán escoitarse por primeira vez tal como xurdiron, e que desmenten falsos mitos e rachan a estereotipada imaxe triste e atormentada difundida polos medios. "Son dúas seccións", explicou Alfonso Pato, "que nos permiten cumprir un dobre obxectivo: axudar a construír cineastas e permitir que o público vaia vendo como se constrúe unha película dende o principio ata o final" Na presentación deste xoves tamén participaron Alex Sampayo e Fernando Cotizo, responsables de dúas seccións fundamentais no festival: Fill@s de Cans, onde se ven avances de películas en proceso de montaxe ou postprodución, e A que andas?, onde se len fragmentos de guións na última fase antes da rodaxe. "Son dúas seccións", explicou Alfonso Pato, "que nos permiten cumprir un dobre obxectivo: axudar a construír cineastas e permitir que o público vaia vendo como se constrúe unha película dende o principio ata o final". Sampayo e Cortizo están moi relacionados co Festival de Cans, onde participaron como curtometraxistas e onde presentarán os seus próximos proxectos: Schimbare, a primeira longa de Sampayo, que se estreará a finais de ano e da que se verán as primeiras imaxes no Festival; e Organistrum, a segunda longa de Cortizo, que está en proceso de busca de financiamento e da que dará un anticipo do guión. Kepa Junkera, Pepe Solla e Alonso Caxade, no Jaliñeiro O Jaliñeiro do Festival de Cans é un espazo moi especial, un lugar para a música presentada de xeito moi singular, en pequeno formato e nun contexto irrepetible. Nos últimos anos grandes artistas pasaron por el e a edición 2014 non ía ser menos: Kepa Junkera e Alonso Caxade tocarán aquí, e o cociñeiro Pepe Solla realiará unha sobremesa cociñada con ingredientes da aldea antes de ofrecer un concerto que descubrirá ao público do Festival as súas habilidades musicais. Manuel Pazos, un acordeonista galego de 86 anos que desprazará a Cans dende Merexo Kepa Junkera, un dos máis importantes e influentes músicos vascos, presentará Galiza, un traballo no que viaxa pola tradición e música galegas acompañado dalgún dos seus máximos expoñentes. O concerto será dobremente especial, porque contará coa presenza dun destes expoñentes, Manuel Pazos, un acordeonista galego de 86 anos que desprazará a Cans dende Merexo, na Costa da Morte, e que representa o tesouro do patrimonio da música galega que Kepa Junkera recuperou para Galiza. Será un momento de grande emotividade, unha das poucas ocasións nas que Kepa e Pazos coincidan nun escenario con cadanseu acordeón.
PRAZA_2205
A contestada conselleira de Sanidade é substituída por Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona. José Manuel Rey Varela ocuparase da nova Consellaría de Política Social. E Ángeles Vázquez Mejuto, alcaldesa de Melide, dirixirá Medio Rural, separada de Mar, onde segue Rosa Quintana.
A política sanitaria, e moi especialmente a xestión do novo hospital de Vigo (e tamén o de Lugo), convertérase nos últimos tempos nunha das principais dores de cabeza de Alberto Núñez Feijoo. A masiva manifestación (cunha participación de 200 mil persoas) que hai unhas semanas percorreu as rúas das cidade olívica foi a chamada de atención definitiva, deixando moi debilitada a Rocío Mosquera, a pesar de que publicamente o presidente da Xunta expresou o seu apoio á contestada conselleira e criticou a convocatoria da marcha. A Xunta vén de anunciar unha ampla reestruturación do Goberno, que se produce con certa sorpresa. Rocío Mosquera é destituída, sendo substituída por Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona. Un rexedor da área viguesa, polo tanto. Vázquez Almuíña ocupou cargos de director provincial do Sergas en Pontevedra e director-xerente do Hospital Meixoeiro en Vigo. Na súa nota de prensa, a Xunta elude citar a xa ex conselleira de Sanidade e afirma que "a renovación supón un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento". O Goberno pasa de 10 a 12 consellarías. Outro dos grandes conflitos que estaban poñendo en cuestión a xestión do Goberno galego é a crise dos prezos do leite. A remodelación tamén se centra na Consellaría de Medio Rural e do Mar, que se divide en dous. Rosa Quintana non é destituída, pero si que deixará de ocuparse do tema leiteiro, xestionando a partir de agora unicamente Mar. Ángeles Vázquez Mejuto, alcaldesa de Melide, dirixirá Medio Rural. O terceiro gran cambio da crise de Goberno anunciada hoxe ten que ver coa política social, outro dos puntos de permanente conflito e crítica á xestión dos populares en Galicia. Créase unha consellaría específica, que será responsabilidade de José Manuel Rey Varela, ex alcalde de Ferrol, derrotado nas eleccións de maio e cuxa xestión da depuración de augas o colocou no centro da polémica, trala confirmación de que Emafesa estaba a cobrar por un servizo que non se realizaba. O pasado mes de xuño, xusto despois dos malos resultados nas eleccións municipais, o Goberno galego anunciou xa unha serie de medidas coas que buscaba dar un xiro social, que foron cualificadas de "insuficientes" e "tardías" pola oposición. As competencias de Traballo da antiga Consellaría de Traballo e Benestar pasan a formar parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Francisco Conde. Beatriz Mato deixa de ocuparse das políticas sociais para xestionar a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que tamén se divide en dúas partes. A actual responsable, Ethel Vázquez, dirixirá a nova Consellaría de Infraestruturas e Vivenda. Os novos membros do Goberno tomarán posesión do cargo este luns no Pazo de Raxoi ás 9.30 horas. Trátase da quinta crise de goberno realizada por Alberto Núñez Feijoo dende a súa chegada ao poder en 2009 e é, con gran diferenza, a máis importante de todas. Xaneiro de 2012, decembro de 2012, xuño de 2014 e febreiro de 2015 foron as catro anteriores. Os cambios chegan a un ano das eleccións ao Parlamento galego, que probablemente terán lugar en outono de 2016, e necesariamente teñen unha lectura electoral, procurando incrementar as opcións dos populares de recuncar no Goberno. Críticas da oposición As forzas da oposición valoraron xa os cambios introducidos por Alberto Núñez Feijoo. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cre que o presidente da Xunta "enméndase a si mesmo no tempo de desconto do seu mandato" e que "admite o fracaso da súa xestión sanitaria e do seu goberno". "Feijoo lidera agora mesmo un goberno en crise que deixa un país en crise", engadiu. Pola súa banda, Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, sinalou que "o PPdeG e Feijóo ven a súa derrota no outono de 2016 e, agora, Feijóo quere salvar a súa carreira lanzándose a Madrid e colocando na parrilla de saída ao seu sucesor". Díaz di que "Feijóo ao fin entendeu a forza dos movementos sociais, das mareas, das mobilizacións cidadás e de plataformas como SOS Sanidade Pública, que recolleron as queixas de milleiros de persoas que pedían en Vigo unha sanidade pública, universal e gratuíta e o fin dos recortes e das privatizacións". O portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, afirmou que "Feijoo tenta salvar un goberno morto, máis sinto dicirlle que a resurección non existe". Para Xavier Vence, os cambios supoñen o "recoñecemento do fracaso da súa nefasta xestión" nas consellerías de Sanidade e Medio Rural. "Por fin, despois de moitos anos, parece que o señor Núñez Feijóo se decatou de que Galicia necesita unha Consellaría de Medio Rural específica", engadiu. Por Compromiso, o seu secretario xeral, Xoán Bascuas, considerou que a remodelación é "a constatación dun fracaso" e unha "emenda á totalidade" da propia xestión da Xunta. Para Bascuas, "tiveron que pasar tres anos e medio para decatarse que foi un erro xuntar as consellerías do Mar con Medio Rural e Medio Ambiente con Obras Públicas". O líder de CxG sinalou igualmente que o novo conselleiro de Política Social, Rey Varela, "non se caracterizou precisamente por ser exemplar na súa política de benestar social".
NOS_10870
Un novo naufraxio e cincuenta persoas máis falecidas nas augas do Canal de Sicilia. A traxedia repítese en Lampedusa despois de que a semana pasada 339 inmigrantes perderan a vida e 24 permanezan aínda desaparecidos no naufraxio.
Un naufraxio acontecido onte en augas do Canal de Sicilia causa medio centenar de persoas falecidas, dez delas nenos e nenas. A medianoite conseguíranse salvar 221 náufragos dun novo barco que buscaba con desesperación as costas europeas, cando aínda non foron rescatados todos os corpos do naufaxio que aconteceu hai só uns días. Coas últimas accións de submarinistas da garda costeira localizáranse 339 cadáveres de inmigrantes do naufraxio da pasada semanana, do que fican aínda 24 desaparecidos. Diante da grave situación de emerxencia, o presidente de Cruz Vermella reclamou un corredor marítimo humanitario para parar a traxedia nas augas do Mediterráneo xa que milleiros de emigrantes agardan aínda para zarpar na costa norteafricana. A barca volcou cando os inmigrantes trataban de pedir auxilio a un avión. A alcaldesa de Lampedusa falou de cifras que semellan un "escenario de guerra".
NOS_29841
As accións contra a entidade, propiedade dos irmáns galegos Castro Valdivia, non fixeron máis que comezar, din as feministas. Na cabeza teñen xa un acto recadatorio para enviar cartos ás mulleres que teñen familiares entre os nove presos políticos que hai a día de hoxe no municipio de Barillas. Están na cadea por se opor ao proxecto de explotación dunha minicentral hidroeléctrica que o capital galego quere pór en marcha alén mar, co único apoio dos militares e dun goberno que preside o ex xeneral Otto Pérez Molina
Espidas e cubertas de 'sangue'. Así se presentaron un grupo de activistas feministas diante da sede dunha das empresas que os irmáns Castro Valdivia posúen. Querían que fose Hidralia. Camuflada baixo un nome máis local, Hidro Santa Cruz, esta transnacional pretende explotar unha central hidroeléctrica en Santa Cruz Barillas, un municipio situado no departamento de Huehuetenango, en Guatemala. Aínda que as comunidades indíxenas que habitan os territorios que a empresa foi expropiando á forza dixeron que non querían alí ningunha actividade que non respectase a natureza, aínda que unha consulta comunitaria realizada en 2007 situou a opinión do pobo maia nesa liña, aínda que o concello denegou a licenza de construción á empresa galega... esta seguiu adiante pola vía da forza e co apoio dun goberno que preside o ex xeneral Otto Pérez Molina, após de que Luis Castro Valdivia colaborase no financiamento da súa campaña electoral. Violacións a mulleres, incursións do exército ás noites nas vivendas das familias para as amedrentaren, explosivos de uso exclusivo militar colocados no territorio onde se instalou a empresa --após ouviren unha forte explosión, @s veciñ@s achegáronse e deron cun can morto e despezado-- e até o asasinato dun líder campesiño a tiros por parte de dous traballadores de Hidro Santa Cruz o 1 de maio, son as prácticas que manexa a alianza militar-empresarial, segundo documenta un informe da Converxencia polos dereitos humanos de Guatemala. Pois ben, as feministas querían denunciar a violencia de Hidralia ás portas das súas instalacións na Coruña. Mais a escasa visibilidade do emprazamento, na avenida do Exército, levounas á sede doutra empresa, propiedade tamén de Luis Castro Valdivia, coñecido na Galiza como 'o señor das minicentrais' e que estivo investigado pola fiscalía anticorrupción polas numerosas adxudicacións que se fixeron a seu nome durante a era Fraga, cando o seu cuñado, Ramón Ordás Baldía, era director xeral de Enerxía e Minas. Nunha das empresas, Hidroeléctrica del Arnoya, posuía o 50% das participacións xunto con Antonio Fontenla, presidente da Confederación de empresarios. O outro 50% era propiedade da familia de Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, a través dunha empresa cuxo nome, Iglevaz, xuntaba os apelidos do ex rexedor --Vázquez-- e da súa muller --Iglesias--. "Desde Galiza, un grupo de individualidades feministas posicionámonos en solidariedade coa loita das comunidades mayas de Barillas, en particular coa loita das mulleres que, asediadas pola deslixitimación, as ameazas, o acoso, a intimidación e a violencia sexual, seguen co firme propósito de poñer fin aos procesos históricos de abuso e expropiación da terra e dos seus corpos", concluíu dicindo a voz que deu lectura ao manifesto en que se detallan un a un os abusos cometidos por Hidro Santa Cruz contra o pobo indíxena maia neste lugar de Guatemala, nomeadamente contra as mulleres. Así, as activistas colocaron unha faixa en que se podía ler un duro lema que fixo parte de mobilizacións de mulleres alén mar, en Huehuetenango: Quantas mulheres precisam violar para produzir luz? A mesma acción repetiuse diante da vivenda de Francisco Vázquez. A idea das activistas e "seguir loitando", segundo explican a este xornal. Na cabeza ándanlles xa máis actos reivindicativos para denunciar as prácticas emprendidas por transnacionais e multinacionais nos países do sur con capital galego ou español, como o caso de Cajamarca, en Perú. Coordinado con organizacións guatemaltecas, prepararán tamén unha acción recadatoria para enviar diñeiro ás mulleres de Barillas que teñen familiares encarcerados, presos políticos. A día de hoxe hai nove persoas detidas --todos homes--, e 21 ordes de busca e captura ditadas polo propio Goberno en contra de comunitari@s que se opoñen á actividade de Hidro Santa Cruz.NOTA: As fotos publicadas nesta información foron cedidas por Rizlinha. Nas páxinas de Internacional do noso semanario nº13 poderedes atopar información completa sobre a actividade dos irmáns Castro Valdivia, tanto na Galiza como en Guatemala
QUEPASA_360
Viki Rivadulla: "Bruxa fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia".
Este mércores 8 de maio, tivo lugar a inauguración da exposición "Bruxa!", de Viki Rivadulla, no Museo Provincial de Lugo. Uha exposición que "fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia" e que se estreou en Vimianzo, e xa percorre o país. Estivo acompañada por Luz Darriba, Premio da Cultura Galega das Artes 2018, e por un grupo de mulleres comprometidas que leron diferentes textos inspiradores deste proxecto artístico. A Ademais de expoñer no Museo Provincial, haberá tamén obra da artista muxiá durante todo o mes nos outros museos que pertecen á Rede Museística de Lugo.