ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_42655 | Nun momento especialmente delicado e practicamente en paralelo ao agresivo discurso de El-Rei, o Ministerio de Defensa ordenou o envío de dous comboios militares a Catalunya. A versión oficial é que os destacamentos van en misión de apoio loxístico á Garda Civil e á Policía Nacional. | O relato oficial desde o goberno do Estado é que Policía Nacional e Garda Civil están a ser obxecto de hostigamento por parte do bloco social independentista, como mostrarían os escraches dos que pretensamente terían sido obxecto. Isto xusticaría a necesidade de mobilizar unidades militares para lles daren apoio loxístico, noticia avanzada por ElConfidencial. Os comboios, que partiron da súa base zaragozana, mobilizan por volta de 20 camións e terían como obxectivo servir de soporte loxístico para os efectivos da Garda Civil e da Policía Nacional que nos últimos días acharon problemas para se aloxaren en estabelecimentos hoteleiros. Sempre segundo a versión de Defensa, os camións transportan liteiras, duchas, cociñas, que se instalarán no acuartelamento de Santa Eulália de Sant Boi de Llobregat, e que poderían eventualmente ser utilizados por policías e gardas civís. Interior xa anunciou esta pasada terza feira que renovaría por unha semana o aluguer dos tres cruceiros en que, no porto de Barcelona, se aloxan miles de efectivos dos corpos e forzas de seguranza do Estado. Carles Puigdemont pediu esta terza feira a saída de Catalunya das forzas policiais enviadas para se despregaren no país xa nas vésperas do 1-O. Interior non só as mantén, senón que recebe agora reforzos do Ministerio de Defensa. O envío destes comboios -xusto no mesmo día do discurso de Felipe VI, un auténtico aval ás políticas represivas da Moncloa- prodúcese, en calquera caso, nun momento de extrema tensión en que non se pode desbotar nengunha hipótese, mesmo a da intervención do Exército en aplicación do artigo da Constitución española que lle outorga o papel de garante da integridade territorial. |
NOS_36211 | O Celta comezará coas obras no segundo semestre de 2023. | O presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, pronunciouse esta sexta feira sobre a apertura do expediente de declaración de interese autonómico do proxecto Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, aprobada onte polo Consello da Xunta presidido por Alfonso Rueda. A 'Factoría do Deporte' do Celta en Mos, que a Xunta declarará "de interese autonómico", destruirá un acuífero que abastece a zona O proxecto impulsado polo principal conxunto da cidade olívica prevé a construción dunha cidade deportiva, un centro de capacitación deportiva e un edificio que integrará espazos para a práctica do deporte e zonas de restauración en Tameiga (Mos), en terreos pertencentes a comuneiros. Neste sentido Mouriño, que falou para os medios oficiais do Celta, non dubidou en cualificar de "soño" a decisión do Goberno galego. "Para nós é un día fantástico, marabilloso. Foron moitos meses de traballo pero hoxe culmináronse con este recoñecemento a ese esforzo e ilusión e sobre a todo a ese compromiso que adquirimos para chegar á conclusión definitiva e poder terminar nun éxito para a cidade, a súa área metropolitana e toda a Galiza", salientou. O Celta pide amparo legal á Xunta para construír a cidade deportiva O presidente do Celta avanzou que as obras da macrocidade deportiva en Mos comezarán cara ao segundo semestre de 2023. Precisamente, o presidente galego afiou onte máis os prazos e sostivo que o expediente de declaración de interese favorábel do proxecto podería estar fechado de maneira favorábel para os intereses de Mouriño en setembro do vindeiro ano. O Celta obvia a oposición veciñal Na súa intervención o máximo dirixente do equipo celtista enumerou os organismos que deron o "visto bo". Mouriño citou entidades "públicas e privadas" nas que o proxecto foi presentado, entre eles o "Consello Superior de Deportes, a Liga de Fútbol Profesional, o Comité Olímpico Internacional; empresas tan importantes como CBR, equipos da NBA; en Estados Unidos ou na embaixada do Estado español en México". A veciñanza comuneira de Tameiga avisa: "Traballan para roubarnos o monte" Porén, obviou comentar a grande oposición social que o proxecto recibiu entre a veciñanza de Mos e integrantes da Comunidade de Montes de Tameiga. Así, até 5.000 alegacións foron presentadas por plataformas ecoloxistas –Ecoloxistas en Acción, Verdegaia, Extinction Rebellion, Fridays for Future, Adega ou Greenpeace–, sindicais –CIG, CXT, UXT, CCOO e CUT– e grupos municipais na oposición en Mos –PSOE, BNG e GañaMós– sumadas ás das comunidades de augas, á Comunidade de Montes de Tameiga e á asociación veciñal Portela de Tameiga. Onte mesmo, o o coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga, Gonzalo Pérez, denunciaba en Nós Diario que "desde un principio a Xunta, o Concello de Mos e o Celta de Vigo camiñan da man para sacar adiante o proxecto, antepondo os intereses dun empresario aos da veciñanza". Tameiga "non achanta" ante a "campaña de acoso" da alcaldesa de Mos Coa declaración de interese autonómico, o Executivo galego poderá levar a cabo a expropiación de terreos veciñais "a prezo reducido" sen ter en consideración as alegacións presentadas por diferentes entidades sociais, ambientais ou na defensa da patrimonio. Ademais, segundo critica o comuneiro de Tameiga (Mos), suporá a destrución dun acuífero empregado desde hai 40 anos que abastece toda a veciñanza da zona sen ocasionar apenas gastos de distribución. |
NOS_32170 | O secretario de Organización do partido, Sergio Pascual, reafirmou a decisión de Pablo Iglesias de disolver todos os órganos directivos en Galiza, advertindo a Riobóo que iso tamén lle afectaba a el como secretario xeral galego | A dirección estatal de Podemos advirte a Breogán Riobóo que está destituido como secretario xeral do partido en Galiza. Unha advertencia que lanza pouco despois de que Riobóo anunciase nunha comparecencia que se sentía lexitimado para seguir no cargo e que desbotara concorrer a primarias. O secretario de Organización do partido, Sergio Pascual, reafirmou a decisión de Pablo Iglesias de disolver todos os órganos directivos en Galiza, advertindo a Riobóo que iso tamén lle afectaba a el como secretario xeral galego. Por moito que diga Riobóo que se mantén no cargo. Tamén reafirmou Pascual a creación dunha 'comisión técnica' – xestora- para realizar eleccións internas. O secretario de organización dixo que "o señor Riobóo é libre de se presentar ou non ao novo proceso interno convocado polo secretario xeral", en referencia a Pablo Iglesias. Neste sentido, Sergio Pascual dixo que se Riobóo non quer concorrer nas primarias, as persoas inscritas en Galiza elexirán o seu secretario xeral "tan pronto como se poña en marcha ese proceso". |
NOS_15420 | O desemprego descendeu en todos os sectores. Asináronse 99.000 contratos, unha media de 17 por cada persoa que deixa o desemprego | Maio despediuse deixando na Galiza 5.556 persoas menos rexistradas nas oficinas de desemprego. Un descenso que sitúa o número de persoas no paro no noso país en 155.249, o máis baixo nos últimos anos. O desemprego reduciuse en todos os sectores, nomeadamente en servizos (-3.763) mais tamén en Industria (563 desempregados e desempregadas menos) e Construción (367 menos). En maio asináronse case 99.000 contratos laborais, a gran maioría deles temporais (91.288). Son, pois, 17 contratos por cada persoa que abandona o paro, unha media que indica a gran temporalidade e eventualdiade do emprego creado. A afiliación á Seguridade Social sitúase na Galiza en 1.025.192 persoas após aumentar en 6.787 novas afiliadas en maio, aumento de 0,67% que está por riba da media española. Porén, na comparativa interanual (de maio de 2018 a maio de 2019 esa suba é de 1,86%, por baixo da media do Estado español, que é de 2,7%. |
NOS_27890 | Seareiros celtistas do colectivo Nós sofreron esta fin de semana a requisa de material no Santiago Bernabeu. Falamos cun dos seus integrantes. "Xa se sobrepasa o absurdo", afirma. | "Coas estreleiras (bandeira galega coa estrela vermella) xa se tivera problemas en certos estadios,mais coas bufandas, non, eses problemas comezan agora". Filipe é un dos integrantes do Colectivo Nós, unha peña federada do RC Celta. Catro membros do colectivo sofreron a requisa das súas bufandas polo persoal de seguridade privada do estadio do Real Madrid. "Xustificárono en que era simboloxía, pola estrela vermella da bufanda". A prenda leva, coas cores do Celta e da bandeira galega, unha estrela vermella e o nome do colectivo, así como uha silueta de Castelao e a serea popularizada polo rianxeiro, sobre parte da cal se sobrepón o escudo do equipo celeste. O lema "Galiza está sempre na nosa ialma e o Celta no noso corazón",enmarca a bufanda. Unha bufanda coa que ao longo destes anos non tiveron problemas para acceder a múltiples estadios de fútbol, como lembran desde o colectivo. "En Levante case non entramos no estadio por levar unha sudadeira de Galiza" Filipe explica que nos últimos anos foise a peor, sobre todo en certos estadios. A raíz do asasinato en Madrid do seareiro deportivista Jimmy, lembra, impulsouse unha nova normativa moito máis restrictiva en canto ao material co que se accede aos recintos. O que antes era un decomiso de bandeiras, agora esténdese a bufandas e mesmo á roupa. "En Levante case non me deixan entrar no estadio por levar unha sudadeira de Galiza. Tiven que empeñarme e insistir". Diferencias Lembra este integrante da peña celtista que un dos argumentos ou xustificacións que se dá cando se requisa material é o da "incitación á violencia", un concepto moi laxo e relativo. "O que poden entender por incitación á violencia os do servizo de seguridade nun estadio de Madrid non ten nada a ver co que poden entender nun de Bilbao, por exemplo". De feito, e como exemplo, mentres as 'estreleiras' non teñen problema en entrar e se amosar en estadios como Balaídos, Riazor, San Mamés, Anoeta, Nou Campo... noutros (Valladolid, Calderón, Bernabeu,etc...) o habitual é que sexa requisadas. |
NOS_6890 | O Congreso valida o Real Decreto-lei da reforma laboral por 175 a 174 votos, grazas ao erro dun deputado do PP que votou telematicamente a favor da reforma, o que permitiu que fora validada. | Ás 18.30 desta quinta feira, a presidenta do Congreso, Meritxell Batet, daba conta dos resultados da votación que valida o Real Decreto-lei coa reforma laboral proposta polo Executivo español, aceptado por 175 votos a favor e 174 en contra. Ademais das forzas do Goberno de coalición, PSOE e Unidas Podemos, optaron por apoiar o texto Ciudadanos, o Partit Demòcrata Europeu Català, Más País, Compromís, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Partido Regionalista de Cantabria e Teruel Existe. Pola contra, negáronse a validar o documento o Partido Nacionalista Vasco, EH Bildu, Junts, Esquerra Republicana de Catalunya, Candidatura d'Unitat Popular, Bloque Nacionalista Galego, Foro Asturies, Partido Popular, Vox, Unión del Pueblo Navarro e un ex deputado de Ciudadanos. Aínda que pola distribución de escanos de cada quen a proposta quedaría derrogada, o erro dun deputado do PP que votou telematicamente a favor da reforma permitiu que fora validada. Nunha sesión lexislativa na que entre as palabras máis repetidas estiveron "parche" ou "estafa", a primeira en intervir foi a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que cualificou a reforma laboral como "a norma máis importante da lexislatura". Díaz agradeceu a "xenerosidade" das patronais Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa, así como dos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO) e Unión Xeral de Traballadores (UXT), que pactaron a reforma no que denominou "diálogo social". Amais, vangloriouse de acabar coa "cultura da precariedade" e de "limitar" a posibilidade da contratación temporal, subliñando que non había ningunha outra opción sobre a mesa no caso de que o Real Decreto-lei non recibira a validación do lexislativo, ou aceptar a proposta sen modificar ou "confirmar para sempre" a reforma laboral do PP en 2012. Non obstante, a reforma do PP non quedou derrogada -como prometera Díaz ao acceder ao gabinete- coa validación da norma, de feito, consolida aqueles aspectos que non foron abordados no texto impulsado polo Goberno presidido por Pedro Sánchez. Aumento das axudas aos sindicatos estatais Pola súa parte, o PP incidiu no incremento das axudas aos sindicatos españois que deron sustento á norma, aos que culpou de vender "literalmente" o seu silencio a cambio de apoiar xunta a patronal o Real Decreto-lei. O voceiro da formación no Senado, Javier Maroto, denunciou, baseándose nos datos procedentes do Executivo estatal, que a subvención a CCOO pasou de catro a seis millóns de euros, mentres a de UXT elevouse de 3,6 a 5,3 millóns de euros. Promesas incumpridas Tamén se amosou moi crítico coa proposta do Goberno estatal o deputado do BNG, Néstor Rego, que inculpou o gabinete por non modificar os elementos chaves da reforma do PP, "non tocan as facilidades e o abaratamento dos despedimentos, a prevalencia dos convenios estatais, a facultade das empresas para cambiar as condicións de traballo ou a distribución irregular da xornada até o 10%". Para Rego, "esta proposta é a expresión do incumprimento das súas promesas e compromisos, e non sirve para recuperar dereitos para as traballadoras e traballadores", e dirixiuse a Díaz sinalando que "terá que explicar porque tendo maioría parlamentar non quixeron recuperar a indemnización de 45 días por ano nos despedimentos improcedentes, optaron por seguir os ditados da Unión Europea e contentar os empresarios". "Que teñan que aprobalo cos votos da dereita ultra liberal é a mellor imaxe práctica", concluíu. "A próxima vez non lles envíen unha tanqueta" Unha das intervencións máis elocuentes da sesión foi a de Gabriel Rufián, voceiro de ERC, que acusou a Díaz de falar moito dos traballadores do metal de Cádiz (que estiveron en folga reclamando mellores condicións laborais) e recomendou que "a próxima vez non lles envíen unha tanqueta" para reprimilos.Nese sentido, apuntou que non é bo sinal que estean de acordo coa proposta tanto a patronal como Fátima Báñez (a ministra do PP que fixo a reforma laboral de 2012 e que agora traballa na CEOE). Rufián xustificou o voto negativo da forza catalá en que, por unha banda, "as leis fanse no Congreso, e se vés dicindo isto é o que hai e non se pode cambiar é que pensas que é unha notaría e non a sede da soberanía", e pola outra, que os cambios reais que ofrece para a clase traballadora son mínimos. O custo do despedimento improcedente antes e despois deste Real Decreto-lei non cambia, criticou, nin se modificaron os salarios de tramitación, os que ten que pagar a empresa até que a Xustiza decida sobre o despedimento, que se manteñen en cero euros, salientando que isto non mudou porque nin Díaz nin o Goberno estatal quixeron que así fora. "O diálogo entre a patronal e os sindicatos españois non é nada máis ca iso, non é un diálogo social", cuestionou na súa quenda Míriam Nogueras, de Junts, subliñando que a reforma laboral de PSOE e Unidas Podemos está feita á medida das grandes empresas, e ignora o 99,8% das compañías catalás. "Pregáronse aos mesmos que se pregou o PP", resolveu. Unha das forzas que pactara coa coalición gobernamental a derrogación da norma do PP de 2012 foi EH Bildu, a súa voceira, Mertxe Aizpurua, salientou que deixan "indefensa a clase traballadora" ao non tocar os "aspectos máis lesivos" da Lei orixinal. Laiándose dunha "oportunidade perdida" e da renuncia da coalición a "recuperar dereitos", Aizpurua declarou que isto xa o "saben Ciudadanos, UPN, PDeCAT, a CEOE, Fátima Báñez e Ana Botín -presidenta do Banco Santander-, e por iso apoian esta reforma". Tramitación como Proxecto de lei Na sesión tamén foi rexeitada a tramitación do Real Decreto-lei como Proxecto de lei, o que permitiría debater e votar as emendas dos grupos á reforma laboral impulsada polo Goberno de Sánchez. |
PRAZA_8620 | A vitoria do empresario Horacio Cartes nas eleccións presidenciais paraguaias celebradas o pasado 21 de abril identifica a emerxencia dunha nova elite reaccionaria dentro da política latinoamericana, con claras perspectivas orientadas a frear o avance ao poder do progresismo de esquerdas presentado durante o período electoral 1999-2012. | A vitoria do empresario Horacio Cartes nas eleccións presidenciais paraguaias celebradas o pasado 21 de abril explica dúas variables enfocadas na polémica transición política acaecida no país suramericano trala remoción do ex mandatario Fernando Lugo en xuño de 2012. Unha primeira ollada implica observar que esta vitoria electoral supón o retorno ao poder do outrora hexemónico e conservador Partido Colorado, plasmando e consolidando ó mesmo tempo un status quo político derivado da polémica caída presidencial de Lugo. Paralelamente, a segunda variable identifica a emerxencia dunha nova elite reaccionaria dentro da política latinoamericana, con claras perspectivas orientadas a frear o avance ao poder do progresismo de esquerdas presentado durante o período electoral 1999-2012. Asistimos á emerxencia dunha nova elite "reaccionaria" dentro da política latinoamericana, con claras perspectivas orientadas a frear o avance ao poder do progresismo de esquerdas presentado durante o período electoral 1999-2012 Debese, por tanto, observar con atención como un resultado electoral nun país aparentemente periférico dentro da política latinoamericana, como é o caso de Paraguai, pode subitamente converterse nunha referencia viable para outros contextos políticos e electorais hemisféricos, en particular ante o ciclo electoral 2013-2016 actualmente en curso na rexión. Amparado no apoio dun partido histórico como o Colorado, detentor do poder en Paraguai entre 1947 e 2008 cando perdeu as eleccións ante a plataforma de esquerdas liderada por Fernando Lugo, Cartes semella asumir unha nova etapa política nun país polarizado pola polémica remoción do ex presidente Lugo tras un confuso escándalo político en xuño de 2012. O novo Congreso paraguaio terá unha abafante hexemonía conservadora, sendo esta"colorada" e liberal, que dificilmente logrará ser revertida ante a división existente na esquerda paraguaia Non obstante, a polarización post-Lugo non exerceu unha directa influencia nas urnas: Cartes gañou co 45,8% dos votos; o seu principal rival, o liberal Efraín Alegre (candidato apoiado polo presidente interino Fernando Franco, quen asestou o golpe parlamentario contra Lugo), alcanzou o 36,9% da votación. Finalmente, a Fronte Guasú apoiada polo ex presidente Lugo, a penas logrou un 9,5% da votación. Por tanto, o novo Congreso paraguaio terá unha abafante hexemonía conservadora, sendo esta"colorada" e liberal, que dificilmente logrará ser revertida ante a división existente na esquerda paraguaia. Neste sentido, a transición política post-Lugo, en mans do presidente interino Franco, funcionou como mecanismo de conservación dun status quo anteriormente ameazado polas políticas progresistas do removido ex presidente paraguaio que, curiosamente, logrou alcanzar un escano no Senado a pesar de estar case absolutamente desprazado do centro da atención política paraguaia. A transición política post-Lugo, en mans do presidente interino Franco, funcionou como mecanismo de conservación dun status quo anteriormente ameazado polas políticas progresistas do removido ex presidente paraguaio Deste modo, un ata agora outsider da política como Cartes, quen arrastra un vergoñento background empresarial como magnate do tabaco implicado en desfalco ao Estado, cárcere por lavado de diñeiro e presunta implicación co narcotráfico, encarna agora as demandas dunha poderosa clase terratenente e das elites burocráticas e económicas tradicionalmente hexemónicas na política paraguaia. Precisamente, o propio Cartes chegou a eloxiar durante a súa campaña electoral a presunta orde e progreso existente na prolongada ditadura militar de Alfredo Ströessner (1954-1989), que consolidou precisamente esa hexemonía política colorada. Por tanto, a vitoria cartesiana en Paraguai eventualmente gravitaría con notable influencia no contexto rexional, en particular ante a posibilidade de observar un retorno das elites políticas e económicas reaccionarias coas vitorias electorais das esquerdas latinoamericanas no período 1999-2012. A vitoria de Cartes pode alentar a conformación de plataformas de centrodereita, sexan de carácter liberal ou conservador, encarnadas en liderados provenientes do sector privado que poden obter relevantes réditos electorais dentro deste novo ciclo electoral Polémicas aparte, a vitoria de Cartes pode dalgún xeito alentar a conformación de plataformas de centrodereita, sexan de carácter liberal ou conservador, encarnadas en liderados moi probablemente provenientes do sector privado que poden obter relevantes réditos electorais dentro deste novo ciclo electoral na rexión. A curto prazo, especialmente importantes serán os escenarios políticos na polarizada Venezuela post-Chávez, Arxentina, Perú e América Central, entre outros. Pero o reto principal de Cartes será asentar a reinserción paraguaia no concerto rexional (MERCOSUR, UNASUR, CELAC) trala suspensión temporal acaecida pola polémica remoción parlamentaria do ex presidente Lugo en xuño pasado. Se ben os resultados electorais do pasado 21 de abril lexitimaron ese status quo post-Lugo, Cartes deberá agora necesariamente convencer aos gobernos e organismos rexionais da fortaleza democrática e institucional paraguaia, ó mesmo tempo que debería interpretar o cambio político en América Latina ante os avances electorais da esquerda reformista. Prolongar o súbito illamento paraguaio non será, obviamente, unha opción viable no actual contexto. |
NOS_24006 | Un arrebato de dignidade devolveu o Dépor ao camiño das vitorias. Após 14 partidos sen gañar, o Dépor derrotou o fechacancelas da liga nun partido para superviventes. O triunfo non garante nada e moito menos se o Levante vence este domingo en Valéncia ao Las Palmas. | Non é o mesmo baixar a Segunda División escorregando polo chan que facelo con certo decoro. Esa idea é a que move neste momento o combo treinado polo holandés Clarence Seedorf, o técnico que esta sexta feira conquistou a súa primeira vitoria após 9 xogos como inquilino do banco branquiazul. O balanzo é magro e seguramente insuficiente. En 31 capítulos deste campionato o Dépor sumou 23 pontos. Só foi quen de obter 5 vitorias (3 con Mel, 1 con Cristóbal e agora 1 con Seedorf). O Dépor púxose con vantaxe no marcador ben axiña. Minuto 6. A típica galopada en solitario de Lucas. Típica mais moi infrecuente nesta liga. O de Monelos acaba por ser derrubado na área. Penalti. Embora ter sobre a súa conciencia o fallo da pena máxima no crucial encontro co Espanyol, a Lucas non lle treme o pulso e apaña a bola. Chuta co seu pé esquerdo e engana totalmente o gardamallas. 1-0. O gol anestesiou o Dépor, en realidade anestesiou o partido. Non houbo máis nada nos primeiros 45 minutos. Só o empate do Málaga. A equipa andaluza tivo o dominio da bola, mais foi incapaz de chutar a porta neses primeiros 45 minutos. Non chutou nen no gol, obra dun xogador branquiazul -Guilherme- en propia meta. O empate non lle valía nen ao Dépor nen ao Málaga, mais a única equipa que saíu ao verde na segunda parte con vontade de ir a polos tres pontos foi a treinada por Seedorf. E foi entón cando brillou un futbolista tan intermitente como talentoso. Adrián. Un bailarín no meio das trincheiras. Pura clase. Tivo aliados, claro. Momentos de Çolak, que, si, sempre ten de estar no campo, que desbaldimento a cantidade de minutos que nesta liga estivo no banco! E logo Lucas evocou por momentos o Lucas de hai dúas temporadas. Abeirou o gol nunha volea ao comezo da segunda parte que obrigou Roberto, o excelente porteiro do Málaga, a dar a mellor versión de si propio para evitar o 2-1. O Dépor foi quen puxo máis e ás veces -non sempre, como demostra a traxectoria de Seedorf en Razor- o fútebol reparte xustiza. Adrián, que non é precisamente un killer na área, tivo dous raptos de inspiración. Un deles foi contrabalanceado por un soberbio gol de Rolan, o exquisito ponta colombiano asinado polo Dépor para a próxima campaña (xa veremos que pasa con el se se consumar o descenso a Segunda División). O segundo deles -a un pase sensacional, tenso, exacto, mortal, de Pedro Mosquera- xa foi definitivo para o desenlace do encontro. Hai agora 7 xogos por diante. A aritmética diría que con 5 vitorias (5 son as que conseguiu o combo coruñés en 31 xogos!) o milagre sería posíbel. Mais obxectivamente 5 triunfos de 7 parece unha empresa fóra do alcance desta equipa. Ora, embora este deporte non ser unha ciencia, se o fose as súas normas estarían ás veces próximas á física cuántica, ao mundo en que ás veces o azar o goberna todo e en que calquera cousa pode acabar acontecendo. RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Pedro Mosquera (Borja Valle, min. 80), Muntari (Borges, min. 46), Emre Çolak (Andone, min. 87), Lucas e Adrián. Málaga CF: Roberto, Rosales, Luis Hernández, Miquel, Miguel Torres, Success (Samu García, min. 56), Iturra, Lacen (Adrián González, min. 68), Chory Castro (Borja Bastón, min. 79), Rolan e En-Nesyri. Goles: 1-0 Lucas, de penalti (min. 6); 1-1 Guilherme, en propia meta (min. 41); 2-1 Adrián (min. 70); 2-2 Rolan (min. 73); 3-2 Adrián (min. 85). Árbitro: Mateu Lahoz (c. valenciano). Cartóns amarelos a Miquel (min. 16), Muntari (min. 34), Luis Hernández (min. 43), Guilherme (min. 48), Emre Çolak (min. 51), Miguel Torres (min. 52) e Rubén (min. 90). Incidencias: partido da 31ª xornada de LaLiga disputado en el Estadio ABANCA-RIAZOR ante 17.058 persoas. |
NOS_10126 | Entrevistamos Paulo Carril, secretario xeral da CIG, días antes de que teña lugar o 1 de Maio, data que este ano vén marcada polo chamamento a acumular forzas para encetar o camiño que leve a unha folga xeral. Amósase convencido de que é hora de intensificar a mobilización para obrigar o PP a "retroceder nas súas posicións antisociais e antiobreiras" e que, advirte, "permanecen inalterábeis no proxecto de orzamentos xerais do Estado", e salienta a problemática das pensións como cuestión clave da greve. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 293. | Por que este é o momento para encetar o camiño para unha greve xeral? Entendemos que neste momento o nivel de precariedade laboral, as novas formas de explotación, a pobreza… son cada vez maiores e corremos o risco de vivirmos peor que a xeración anterior. Está tamén o aumento do abuso da patronal, cómoda cunha reforma laboral e da negociación colectiva que lle permite asentar máis o modelo de individualización; con empresas multiservizos; ETT; contratos que duran horas, días, semanas; con contratación temporal; con caída enorme dos salarios…, por outro lado vemos que hai unha represión simultánea á imposición destas medidas que é unha combinación perfecta no social e no que ten a ver cos dereitos colectivos das nacións. O que se está a manifestar con toda a dureza coa que o PP actúa é a decrepitude dun réxime, o do 78, que no social leva a esa situación de non saída á que acabo de referirme, porque hoxe ter un traballo non garante vivir en condicións dignas nin ter unha pensión significa vivir en condicións dignas. O que nos motiva é toda unha suma de reivindicacións que esixe un paso á fronte pola recuperacións dos dereitos e por derrogar todas estas reformas e en materia de liberdades democráticas, sexa a Lei Mordaza ou a do Código Penal, e tamén dar un salto e demostrármoslle ao poder político e económico que estamos dispostos a resistir e a recuperar os nosos dereitos. Está disposta a CIG a convocar a greve xeral en solitario? Nós si, estamos dispostos, como xa fixemos en 2011. En marzo de 2011 convocamos a greve contra a reforma das pensións en solitario e demostrouse que había necesidade de facelo e en 2008 fomos quen empezamos a mobilizarnos contras as primeiras decisións do Goberno de Zapatero, contra aquel primeiro plan de rescate ao sistema financeiro. O sindicalismo nacionalista de clase historicamente deu resposta a situacións que se daban no país e non imos depender da posta en común con CCOO e UXT que nós convoquemos ou deixemos de convocar. [Podes ler a entrevista íntegra no número 293 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_33803 | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, amosou a súa satisfacción por contar co apoio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza para solicitar o Certificado Covid en bares e restaurantes. Aliás, dada a evolución epidemiolóxica, advertiu de que a semana próxima poden chegar limitacións para os espectáculos de pé. Tampouco descarta novas medidas de contención do coronavirus. | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou esta sexta feira a súa "satisfacción" pola autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a que se demande o Certificado Covid para acudir aos restaurantes e aos bares e cafeterías, estes últimos tan só a partir das 21 horas. En calquera caso, xa avanzou que a semana que ben podería chegar o cambio das actividades de pé para que o público estea sentado. Malia que a do pasaporte do coronavirus é a última medida que entra en vigor para frear a expansión, ao tempo que quedará vixente a redución dos grupos de 10 a oito persoas en interiores e de 15 a 20 en espazos exteriores, Feixoo xa avanzou que a semana próxima entrarán en estudo novas limitacións. Debido aos datos de contaxios, a Xunta considera oportuno analizar a posibilidade de "substituír" actividades que xa se estaban facendo con público de pé polas mesmas pero con cadeiras, para que as persoas permanezan sentadas. "A semana que vén, probabelmente, iremos falando da oportunidade de substituír actividades de pé por sentadas, iremos falando das ceas con carácter xeral sentados, na mesa con oito persoas como máximo", subliñou. Previsión ante a "sexta onda" Na súa intervención desta sexta feira en Vigo, na que falou dunha "hostalaría galega segura", recoñeceu que ante a "sexta onda" non se poden descartar novos pasos prohibitivos. "Temos que seguir traballando para que non impacte na economía en Nadal", defendeu, coa intención de evitar "outras decisións" que si chegaron a Portugal ou a Austria, por indicar algúns exemplos. "A vacina está sendo a ferramenta máis efectiva, non é a infalibilidade ao 1.000%, a vacina non é infalíbel, ten espazos nos que o contaxio é máis benigno, probabbelmente sen necesidade de ingreso", animou á xente a que atenda as chamadas para a dose de reforzo e, no caso da poboación que non fóra vacinada nun principio, que se trate.Sobre a imposición doutras medidas, Feijóo subliñou que "ningunha autoridade de saúde pública responsábel pode neste momento descartar de forma categórica decisións que non dependen da autoridade sanitaria, senón da evolución e do impacto e incidencia do virus". |
NOS_7282 | O 12 de setembro fixéronse 82 anos do asasinato deste canteiro de oficio, mestre e xornalista, pioneiro en intuír que o marxismo podía contribuír a explicar a opresión nacional de Galiza. O documental que sobre el estrearon hai 11 meses, agora pode verse en aberto. | Xohán Xesús González foi asasinado contra o muro do cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, o 12 de setembro do 36. Irredutíbel militante por un país mellor. Fundador de xornais como Amañecer -voceiro da Unión Socialista Galega, o partido que entre 1932 e 1933 avanzou a síntese de socialismo e galeguismo- ou El País Gallego -na rúa entre 1927 e 1931-, sempre adscrito ás esquerdas -pasou polo PSOE, Izquierda Republicana ou Vanguardia de Izquierda Republicana-, encabezou o chamado Terzo de Calo, grupo de obreiros armados que intentou defender a legalidade republicana en Compostela tras o golpe de Estado de Franco. O canteiro de Sebil é "unha ollada comunal" arredor de González. Un traballo producido por Quinteiro do Umia. Nel, entrevistas a historiadores e biógrafos altérnanse con reconstrucións dramáticas -cameo da corporación municipal de Compostela incluído- e a presenza de familiares de González e mesmo de quen o coñeceu en persoa. O Leo tamén comparece cunha estremecida versión en galego de The Partisan, popularizada no seu día por Leonard Cohen. Este traballo pode verse agora en aberto. |
PRAZA_20779 | O coronavirus non veu impor ningunha nova realidade, senón a amosar con máis claridade a brutalidade imperante | Certamente o 2020 foi un ano canto menos diferente, que veu para romper con esa dinámica de normalidade absoluta que parecía reinar en solo europeo, quizais só perturbada no caso español polos sucesos en Cataluña ou pola parafernalia prestidixitadora que se erixe cada vez que o país se enfronta a unha cita electoral. No marco da pandemia global que aínda sufrimos (por moito de que a economía xa se estea engrasando de novo ou se realicen homenaxes ós mortos e ós sanitarios...) levamos bastante tempo escoitando expresións como "nova normalidade" ou "antiga normalidade". Pero a cuestión é: a pandemia da Covid- 19 veu a implantar unha nova época creadora dunha nova realidade ou só amosou con máis crúa claridade a realidade, e deste xeito a brutalidade da que vai acompañada?. Falarei de brutalidade xa que mentres exista explotación dunha persoa sobre outra e isto se pretenda amosar de maneira hipócrita como "normalidade", non se me ocorre expresión mellor para definir esta situación. Ademais, vivo nun país no que o nivel de hipocrisía no tratamento do tema as veces roza o surrealista, entendendo que existen outros países no que se chega a disimular con maior fortuna.Certamente o 2020 foi un ano canto menos diferente, que veu para romper con esa dinámica de normalidade absoluta que parecía reinar en solo europeo, quizais só perturbada no caso español polos sucesos en Cataluña ou pola parafernalia prestidixitadora que se erixe cada vez que o país se enfronta a unha cita electoralA pesar da baixa mortalidade do virus da Covid- 19 (arredor dun 3% polo que teño entendido), a súa novidade e descoñecemento no seu tratamento efectivo xerou unha situación de alerta social e prevención sanitaria que fixo actuar a todos os Estados do mundo de diferentes xeitos para tratar de combater os seus efectos. Todos os Estados do mundo é case un xeito de falar, xa que en certos casos como o estadounidense a realidade do país só se modificou en que se fai todo igual ca antes pero ca mascarilla posta (si tomas a decisión individual de poñela...), ou no caso español onde de xeito macabro se tratou en todo momento de equilibrar a gravidade da crise sanitaria cos escuros intereses de sectores económicos non esenciais (destacando o caso do turismo), derivando nos lamentables datos de falecidos que todos coñecemos... Non é solo iso, xa que no caso español vemos como se creou un debate político en torno á cuestión da xestión do coronavirus, con innumerables polémicas, onde creo que se amosou cunha claridade cristalina que si dous adversarios políticos teñen que polemizar cunha cuestión vital como esta, o único que demostra é que se debe manter a compostura de "enfrontamento" constante para que non se vexa que no fondo ambos son a mesa cousa. Isto amosa ás clara o tipo de sistema político que rexe o país, vinculado profundamente non só a sucesos posteriores á morte do Caimán, se non dende a imposición militar deste e a imposición do seu proxecto político. E é neste sentido onde xurde a primeira cuestión. Nun contexto no que está morrendo xente, non existe maior acto de hipocrisía que queixarte de que nos "encerren" na casa? Estas nun lugar axeitado para a vida e ca barriga chea, así que deberías ter un mínimo de empatía con aquelas persoas que non viven en condicións habitacionais dignas ou que ó mellor nin sequera teñen casa. Aínda así a crítica ten certo sentido, xa que o que se debeu facer é pechar as fronteiras xa nos momentos iniciais da pandemia. Entendería os reproches do "encerro" si fose a segunda ou terceira pandemia que vivísemos, pero nin eu nin os meus pais, por exemplo, vivíramos unha experiencia semellante nas nosas vidas (cando ó longo da historia as epidemias e pandemias son algo do máis común, indo dende a peste negra á gripe española, por só citar algunhas das moitas...). Acaso as actitudes antisociais e o modelo de xestión estatal que trata de primar a economía (entendida de xeito capitalista, como o mecanismo de obtención da máxima plusvalía posible) fronte á saúde da poboación, non nos amosan unha especie de imposición da lei da selva, de "só os máis fortes sobreviven"?. Isto ven a amosar ben ás claras a natureza dos valores derivados da Ilustración deixando ver as súas sombras, sempre ocultadas polos propagandistas do liberalismo e a democracia. Na historiografía é algo moi frecuente a discusión sobre en que momento os movementos burgueses xurdidos no século XIX (dos que os nosos modelos estatais son herdeiros) pasaron de revolucionarios a contrarrevolucionarios, cando no fondo esa esencia contrarrevolucionaria sería propia dos mesmos dende o principio. Isto non quere dicir que por exemplo respecto ó anterior modelo escravista ou feudal isto supuxo un progreso, pero ese progreso baseouse na explotación. Ante isto apreciase con maior claridade a necesidade de evolución histórica, de ruptura con este modelo que conforme avanza o tempo se vai aferrando con maior forza á súa posición de dominio, co seu conseguinte saldo de morte e brutalidade, por moito de que a postmodernidade queira pintalo de colores, reformalo ou vender a imaxe de que as identidades foron abolidas xunto ca historia. Esta necesidade de avance histórico é mostrada con claridade polo marxismo, xa que defende que a natureza debe ser convertida no máis xusta posible por medio da acción humana, pondo ó servicio desta causa o traballo e a técnica (non debendo ser empregada soamente para aumentar os niveis de beneficios como no actual sistema). Pasando a unha realidade máis concreta, centrarémonos no reino de España (sei que me repito, pero cada vez que escribo reino sinto que me transporto no tempo e non só no espazo, chocándome a supervivencia de reinos en pleno século XXI...). O que máis me chamou a atención dende o inicio foi que por moito que se fale da "era das comunicacións, da información, da técnica suprema mellorada pola informática.." en ningún momento se nos chegou a explicar con claridade cal é o funcionamento do virus, ademais de que non se lle prestou a suficiente atención ó fenómeno do contaxio, máis alá de certos casos moi radicais ou dos efectos secundarios que pode ter superar a enfermidade. Paralelo a isto xurdiron estatísticas nas que se amosaba que dentro das cidades eran os barrios obreiros os que sufrían máis contaxios, xa que a unhas condición de vivenda que non facilitan a convivencia prolongada súmaselle ó feito ineludible de ter que traballar para vivir... Todo isto viría a contradicir empiricamente esa máxima tan gastada de que ó virus afecta a todos, tanto da que sexas rico como pobre. Xa falei dos homenaxes, quizais o espectáculo máis dantesco e macabro da pandemia, xa que as mesmas elites que nos conduciron a esta situación se querían representar como as artífices da "vitoria", en lugar de cuestionarnos o sistema e as consecuencias que este ten para a vida, ou cando menos facer a promesa de mellorar o sistema sanitario... Isto contrasta fortemente cas imaxes iniciais da pandemia onde o material sanitario brillaba pola súa ausencia. De novo observamos o estúpido de querer derivar cara unha sociedade da "performance", das militancias simbólicas, das imaxes en redes sociais ou xestos en partidos de fútbol... a realidade é algo radical, algo que se debe afrontar con accións decididas e reais, e a evasión das mesmas só demostra que se quere proxectar unha imaxe de cambio para que nada cambie. Non falemos xa do tema dos bares (para deixalo claro ante previsibles reclamacións, obviamente ó peche obrigatorio dos mesmos deberían ir acompañadas as pertinentes axudas económicas). Nunha pandemia (teña esta a mortalidade que teña) o último que podes facer é pretender restablecer a idea de normalidade anterior á mesma, xa que isto compromete bastante a disciplina social necesaria nun contexto deste calibre... Case igual de macabro foi ver a reanudación de eventos deportivos e semellantes actividades que de ningunha maneira se poden considerar como esenciais. Aínda que cheguei a ser un gran seguidor do fútbol, o feito de tratar a situación de Messi como unha cuestión de Estado é algo que me chega a mancar como persoa (xa o faría nun contexto de "normalidade", pero si a isto lle sumamos a xestión estatal do coronavirus...). En todo este tempo asistimos a numerosas noticias sobre congregacións de xóvenes obstinados en seguir celebrando botellóns e similares ritos esotéricos a pesar de todas as restricións e do aumento vertixinoso dos contaxios. Neste caso vanme permitir que eu exerza de avogado defensor desa xuventude (esa xuventude entre a cal me inclúo, a pesar dos meus hábitos de vida máis propios dun octoxenario e de que a alopecia me estea gañando o combate de xeito abrumador...). Pero non defenderei as actitudes antisociais, o nihilismo e a autodestrucción... Creo que as drogas son o cáncer da nosa xeración, especialmente da xuventude obreira, xa que si papi ten pasta sempre é máis fácil paliar os teus desfalcos... Antes de nada, gustaríame sinalar o feito macabro no que se converteu a "festa" na nosa era histórica. Incluso se perdeu a súa etimoloxía, xa que festa é unha celebración, unha expresión de xúbilo por un feito digno de efeméride. Pero si carecemos dun feito ou motivo de celebración, que sentido ten a "festa"?. Acábase convertendo nunha imposición, nun acto ritual herdado das nosas xeracións pasadas e reproducido sen máis, no que se amontoan multitude de rapaces e rapazas expectantes de que suceda algo especial, e sempre ocorre o mesmo... De todos os xeitos non creo que esa xuventude que adoita saír nos medios nos represente. Non vou a negar que se trata dunha masa importante da xente que está próxima á miña idade, pero dubido que sexa hexemónica. Creo que existe unha cantidade importante da xuventude que traballa arreo para axudar ás súas familias, que estudia arduamente para resolver os problemas que nos foron legados e ós que debemos responder con responsabilidade, así mesmo seguro que unha cantidade inxente estudia e ó mesmo tempo ten que traballar para poder pagarse estes estudos. Isto non é só un condicionante pola falta de tempo que supón, se non que isto impón que deban escoller carreiras que lle deberán retribuír a "inversión" a corto prazo, desprazándoos cara carreiras de corte técnico, e eu como militante no mundo das humanidades observo con tristura este panorama, xa que esa xuventude traballadora é moi necesaria por estes lares, onde a batalla contra a erudición idealista e ó pensamento tecnocrático fai necesaria a maior cantidade de combatentes posible. Como alegato final nesta defensa gustaría introducir unha cuestión. Quen son os culpables de que parte da xuventude só pense na "festa", coa avalancha de autodestrucción e falta de esperanzas no futuro que isto supón?. Dende a miña ignorancia atreveríame a afirmar que parte da xeración que nos precedeu non tivo unha concepción da sociedade moi diferente á que se nos acusa de ter, inflamada polo egoísmo e o clasismo, reproducíronse ó igual que agora os seus fillos reproducen as súas conductas sociais, por automatismo e sen racionalidade. Na outra cara da moeda temos ás familias traballadoras, nas que mentres se lles impón o mensaxe de que "España va bien" observan como a explotación se converte nalgo xenético do que moi dificilmente se consegue saír, polo que a droga é unha das poucas saídas que se lle deixan abertas, xerando o drama que anteriormente xa comentei. O coronavirus non veu impor ningunha nova realidade, senón a amosar con máis claridade a brutalidade imperanteCon todo o dito creo que contribuín a amosar que o coronavirus non veu a impor ningunha nova realidade, senón a amosar con máis claridade a brutalidade imperante. Pero non todo neste relato van ser afirmacións, si miramos cara o futuro emerxen poderosamente dúas interrogantes: haberá reaccións ante este imprevisíbel choque coa realidade? Canta máis hipocrisía social seremos capaces de aturar?. Debemos romper coa volta ó oscurantismo, cun modelo que expón vinte mil alternativas pero no fondo ningunha renega do capitalismo. Debemos recuperar un materialismo revolucionario, xa que a imposición do idealismo só xera brutalidade. Xa a comezos de ano era necesario este cambio, para canto nin máis en situacións excepcionais como unha pandemia, na que se precisan solucións científicas, non sentimentais ou de militancia simbólica. |
NOS_28165 | A formación de Rosa Díez apresentou un recurso contra o plano de cobertura da CRTVG. UPyD entende que a TVG e RG deben informar sobre a campaña de PP, PSOE e AGE, mais non deben cubrir a do BNG. A formación nacionalista respondeu nun comunicado con retranca: "Recoñecemos que Ana Miranda non existe, é un invento para coarnos nos medios". | A UpyD pareceulle insuficiente a decisión da Xunta Eleitoral Provincial da Coruña que daba por non presentado o BNG nas anteriores eleccións europeas e, en consecuencia, lle outorgaba só 10 minutos nos spots eleitorais gratuítos. Destarte, a formación de Rosa Díez presenta agora un recurso contra o plano de cobertura da CRTVG, aprobado a pasada terza feira, e pide a exclusión do BNG da cobertura informativa de campaña nos telexornais, co argumento de que o BNG, a efeitos destas eleccións, non é formación parlamentaria. UPyD fai abstracción de dous feitos: primeiro, que o BGN si obtivo representación no Parlamento europeu, como o mostra o feito de Ana Miranda ter sido eurodeputada na pasada lexislatura; dous, que o BNG posúe un grupo parlamentar no Parlamento de Galiza e que o marco de referencia da CRTVG debe ser, e foino historicamente, Galiza e non o Estado español. "O españolismo está dos nervos e non nos quere ver en campaña", di Bieito Lobeira O partido españolista considera que a TVG e RG só debería cubrir a actividade de campaña de PP, PSOE, AGE e tamén a deles propios. O BNG apresentou xa alegacións a este recurso de UpyD. "Está claro que o españolismo está dos nervos e non nos quere ver en campaña", afirmou Bieito Lobeira, director de campaña do BNG, en declaracións a Sermos Galiza. 103 mil votos face 15 mil Nas súas alegacións, o BNG aduce que a CRTVG debe ter en consideración exclusivamente o criterio dos resultados obtidos por cada unha das forzas políticas no ámbito de difusión do seu sinal, isto é, no territorio de Galiza. En 2009, o BNG obtivo en Galiza 103 mil votos, face os apenas 15 mil da candidatura españolista de UpyD. Segundo puido saber Sermos Galiza, a Xunta Eleitoral Provincial resolverá o recurso de UPyD a próxima segunda feira. Para terza feira, agárdase o ditame da Xunta Eleitoral Central ao recurso interposto polo BNG contra o acordo da XEP que lle outorga o mesmo tempo nos spots gratuítos que a formacións políticas que non obtiveron representación hai 5 anos. A última hora da tarde, o Bloque fixo público un comunicado no que utillizou a retranca para cargar contra UPyD. Di así: "O BNG comunica á cidadanía que Ana Miranda, cabeza de lista ás europeas do 25M, é unha creación ficticia desta organización, un produto de mercado na procura dun rostro en que poder simbolizar as aspiracións do nacionalismo galego. Ana Miranda nunca estivo no Parlamento europeo en representación do BNG. Os centos de documentos, fotografías, vídeos, escritos que mostran a súa presenza na Eurocámara entre xaneiro de 2012 e xuño de 2013 son o resultado dunha manipulación masiva". |
NOS_39745 | "Aleppo está a morrer lentamente e o mundo está a ollar sen facer nada", afirmou a BBC un portavoz de Unicef. A batalla polo control da cidade entre as tropas de Damasco e os chamados rebeldes inutilizou as estacións de bombeo de auga corrente da urbe na que se está a decidir a sorte do país. | Esta segunda feira colapsou o cessar fogo que pactaran os EUA e Rusia. A situación virou insustentábel após 60 soldados sirios ter morto a consecuencia dun bombardeamento por parte de avións da coligazón que lidera Washington. Os EUA atribuíron a acción a un erro, en tanto que Damasco viu nela a proba dos vínculos norteamericanos co Estado islámico (as tropas sirias estaban cercando unha posición yihadista). Un ataque ulterior a un comboio de axuda humanitaria que se dirixía aos territorios sob o control da insurxencia acabou coa vida de 21 persoas. Rusia e Damasco garantiron non teren tido ningunha responsabilidade nese golpe, unha máis das traxedias que acotío acontecen por volta dunha cidade cuxo control podería resolver a guerra para un lado ou para outro. Os chamados rebeldes -a oposición armada a Damasco que ten o apoio da UE e dos EUA- responsabilizaron o Exército sirio do bombardeamento deliberado dunha estación de bombeo de auga corrente situada no leste da cidade, que tería deixado sen subministración a por volta de 250 mil persoas. A resposta non se fixo agardar e as milicias opositoras a Assad bombardearon e deixaron inoperativa a estación de auga da parte occidental da urbe. A intertroca de golpes deixa 1,7 millóns de persoas sen acceso a auga corrente -segundo un portavoz de Nacións Unidas- e as aboca ao consumo de auga contaminada, coas previsíbeis secuelas sobre o deterioro da súa saúde. Unicef ten denunciado que ambos bandos utilizan a auga como arma de guerra. Nos últimos días, o Exército sirio ten apertado o cerco sobre o leste de Aleppo, a zona controlada polos aliados dos EUA. Damasco planifica unha operación terrestre a grande escala e fontes das milicias rebeldes revelaron a Reuters a toma de control por parte das tropas sirias do campamento de Handarat, un enclave situado a poucos quilómetros ao norte da zona oriental da cidade. |
NOS_40406 | A multinacional alude aos "permanentes problemas estruturais" que impiden que a factoría de Cervo sexa "competitiva", mentres o persoal retoma a folga indefinida. | Os maxistrados da sala do social do Tribunal Supremo debaten nesta quinta feira, 20 de outubro, sobre o recurso interposto por Alcoa contra a anulación do ERE para máis de 500 traballadores que pretendía aplicar na factoría de Cervo. O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) declarou "nulo" o citado ERE ao apreciar "mala fe" nas negociacións por parte da empresa, cuxo "fin único e primordial" era "apagar as cubas e fechar a fábrica da maneira máis rendíbel posíbel". Pola súa banda, Alcoa afirma que actuou "de boa fe" durante o período de consultas cos representantes dos traballadores, "de forma xusta e conforme cos requerimentos legais". Aliás, fai alusión aos "permanentes problemas estruturais que fan que a planta de aluminio de San Cibrao non sexa competitiva". Volta á folga indefinida Neste contexto, o persoal de Alcoa vén de retomar a folga indefinida para denunciar o bloqueo das negociacións entre a multinacional, o Goberno estatal e un eventual comprador. Na pasada sexta feira, a firma estadounidense asegurou manter o seu compromiso para traspasar a factoría a un terceiro, mais puxo como condición que o Executivo estabeleza un "marco enerxético competitivo". Cómpre lembrar que Alcoa vendeu as súas fábricas da Coruña e Avilés ao fondo Parter, que logo as transferiu a Grupo Riesgo. Hoxe ambas as dúas están administradas xudicialmente e a Audiencia Nacional investiga se houbo despatrimonialización nestas operacións. De feito, na quinta feira ordenou aos imputados no caso devolver 13 millóns de euros ás dúas plantas. |
NOS_13510 | As consecuencias do efecto sede déixanse notar nas economías das nacións e comunidades. O status de Madrid como capital do Estado español favorece o seu desenvolvemento económico, como demostran os máis importantes indicadores económicos. Os resultados para a Galiza fican á vista. | Un total de 3.983 empresas con actividade na Galiza pagan os seus impostos en Madrid. Segundo os últimos datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referidos a 2019, destas sociedades, un total de 3.323 desenvolven a súa actividade nos servizos, 357 na industria e na enerxía, 266 na construción e 37 na agricultura e na pesca. Porén, a diferenza doutras anualidades, no referido exercicio tense detido a fuga de mercantís á capital do Estado, fundamentalmente en compañías dedicadas aos servizos. Aínda así, a práctica totalidade das principais mercantís manteñen o seu enderezo social e fiscal en Madrid, destacando as sociedades do sector eléctrico e industrial. A Galiza é chave na operativa económica dos principais operadores enerxéticos do Estado. Iberdrola dispón no país dunha capacidade de xeración de 1.558 megawatts de orixe hidráulica e de 599,5 de carácter eólico; Naturgy dunha potencia instalada de 1.120 megawatts hidráulicos e de 393,2 megawatts eólicos e Endesa de 375 megawatts hidráulicos e de 262 eólicos. Malia a importancia da Galiza para estas compañías na área da xeración, ningunha delas paga os seus tributos no país. A primeira, tras varias décadas con sede en Madrid, fixou en 2020 o seu enderezo fiscal en Bilbo, tributando as dúas segundas na capital do Estado. O escenario repítese no complexo industrial. Así, unha empresa de actualidade como Alcoa, co seu único centro de traballo operativo no Estado en San Cibrao (Cervo), paga os seus impostos en Madrid, malia que a factoría da Mariña representa máis do 30% do Produto Interior Bruto (PIB) total das comarcas de Lugo. Outro tanto acontece coa antiga Ferroatlántica, actualmente Xeal, a primeira compañía en man de obra ocupada e facturación da Costa da Morte, co seu enderezo fiscal emprazado na madrileña rúa de Velázquez. A situación é semellante en Celsa, a metalúrxica da Laracha, con arredor de 150 empregados, cuxos beneficios son tributados en Madrid. As grandes fortunas pagan en Madrid A situación atopa réplica noutros sectores da actividade económica e na operativa dos principais capitais do país. Neste sentido, a meirande parte das Sociedades de Investimento e Capital Variábel (Sicav) dos grandes patrimonios galegos teñen o seu enderezo en Madrid. En 2013 só mantiñan a sede na Galiza tres Sicav, propiedade de Manuel Fontela, Francisco Botas e Iván Prieto, pagando os impostos na capital do Estado as Sicav de importantes fortunas galegas como a da falecida Rosalía Mera ou a de Amancio Ortega. A ausencia de transparencia na operativa fiscal dos grandes capitais impide achegarse con máis precisión a situación actual, onde gaña cada día máis peso o emprazamento de sociedades en paraísos fiscais. As consecuencias do efecto capitalidade resultan negativas para a economía galega. Segundo se sinala no informe Madrid, capitalidade, economía do coñecemento e competencia fiscal, elaborado polo grupo de investigación dos profesores Francisco Pérez e Ernest Reig para o Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), teñen a súa sede en Madrid o 44,5% das 1.000 maiores empresas do Estado, o 50,4% das 500 máis grandes e o 60% das 100 primeiras. Pola contra, só manteñen o enderezo social na Galiza o 5,3% das 1.000 maiores empresas do Estado, o 5% das 500 máis grandes e o 4% das 100 primeiras. A consecuencia disto, Madrid concentra unha quinta parte da renda estatal, dispondo de 19,2% do PIB no 1,6% do territorio. O IVIE responsabiliza desta situación o apoio público á capital do Estado, que "reforza a tendencia á diverxencia entre Madrid e boa parte das rexións españolas, en lugar de actuar para compensar o proceso de polarización entre Madrid e boa parte das rexións españolas". Na mesma liña, o instituto valenciano denuncia que "o efecto externo negativo sobre outras comunidades da competencia fiscal de Madrid reforza a tendencia á diverxencia rexional". Ao tempo, destaca que o efecto sede "inclina a actuación das autoridades centrais a favor das empresas localizadas nun territorio que conta cun nivel de renda por habitante moi por riba da media, ao celebrar moitos máis contratos con elas en lugar de amosar a neutralidade territorial que sería esixíbel con todo o tecido empresarial". |
PRAZA_3558 | Marea de Vigo, BNG e Vigo Histórico critican a modificación lanzada de forma sorpredente polo Goberno local, que suporía a ampliación do túnel ata a rúa Torrecedeira e un incremento de 6 millóns no custe da obra. Reclaman a paralización do proxecto e lembran os danos ao Casco Vello | O Concello de Vigo anunciou este luns, por sorpresa, unha radical modificación do proxecto de construción do túnel baixo a Porta do Sol, cuxas obras comezaron hai unhas semanas. O túnel, que comeza na rúa Policarpo Sanz e que anteriormente chegaba ata o final da rúa Elduayen, saíndo no Paseo de Alfonso, alonga a súa extensión uns 150 metros, saíndo finalmente na rúa Torrecedeira, pasando polo Barrio do Cura. O alcalde, Abel Caballero, afirmou que procederá a un modificado do actual contrato para introducir os cambios, aínda que non ofreceu detalles técnicos. A modificación incrementará o custo da actuación en seis millóns de euros (que se sumarían aos 17 millóns xa previstos) e a duración das obras en 15 meses, que se unen aos dous anos xa previstos. O túnel pasaría a medir 550 metros, fronte aos 400 previstos inicialmente.O grupo municipal da Marea cualificou de "chapuza ilegal" propoñer unha modificación do contrato do túnel ampliando importe e obraO anuncio do Goberno local foi recibido con críticas por parte da Marea de Vigo, do BNG e de Vigo Histórico, o colectivo que máis se ten mobilizado nos últimos meses contra o proxecto municipal. O grupo municipal da Marea cualificou de "chapuza ilegal" propoñer unha modificación do contrato do túnel ampliando importe e obra e anuncia que votará en contra na mesa de contratación do Concello. Rubén Pérez denuncia que a figura do modificado "só pode ser admitida en supostos excepcionais como contratos menores, negociados sen publicidade e modificacións contractuais, pero nunca nunha obra nova, que tería que ter licitación separado polo seu elevado importe".Ademais, a Marea considera "delirante" que unha prolongación dunha infraestrutura "que vai alterar o ámbito aprobado" sexa imputada a custe do Concello "e non mediante convenio urbanístico en todo caso co promotor privado do Barrio do Cura". "Agora asumiremos cos recursos públicos a infraestrutura, un feito que pode ser entendido como dunha deixación interesada da defensa do interese público en aras do privado por parte do Alcalde de ser certo o que plantexou en rolda de prensa", denuncia.O BNG criticou "a improvisación do Goberno municipal" e defende que existen "alternativas tecnicamente viábeis que evitarían unha actuación "innecesaria, custosa e agresiva"Pola súa banda, o BNG criticou "a improvisación do Goberno municipal" e defende que existen "alternativas tecnicamente viábeis que evitarían unha actuación "innecesaria, custosa e agresiva". Xabier P. Igrexas afirmou que o anuncio do concello "supón recoñecer que o túnel deseñado era un absoluto disparate que tronzaba Elduayen e que inviabilizaba a peonalización do Paseo de Afonso".O Bloque esixe do Concello "transparencia e participación", pedindo que o Goberno local explique "de maneira clara" cal vai ser o custo total do proxecto e como se vai financiar. Así mesmo, demanda que se paralice a execución das obras para "estudar outras alternativas", sinalando que "aínda se está a tempo de evitar unha actuación irreversíbel e que supón tamén importantes riscos en materia de protección do patrimonio histórico"."Fantasías" e "danos ao Casco Vello""Mentres nos entreteñen con estas fantasías, estase a desenvolver a realidade da construción do túnel do Elduayen, un atentado ao patrimonio, ao medio ambiente e a ordenación urbanística da cidade"Mentres, Vigo Histórico limitouse a cualificar o anuncio do Concello como "fantasía urbanística". A entidade lembrou que a idea ten que pasar aínda por unha serie de trámites, como a elaboración dun proxecto cun estudo de viabilidade técnica, un estudo de impacto sobre o patrimonio e un estudo de impacto medio ambiental, entre outros. E que aínda despois debería superar varias fases como a súa exposición pública, alegacións, aprobación por parte do pleno do concello, licitación e posterior adxudicación a unha empresa.Polo tanto o colectivo subliña que "mentres nos entreteñen con estas fantasías, estase a desenvolver a realidade da construción do túnel do Elduayen, que estimamos que é un atentado ao patrimonio, ao medio ambiente e a ordenación urbanística da cidade".Nos últimos días Vigo Histórico presentou un informe sobre o impacto no patrimonio cultural de Vigo da obra de soterramento do tráfico rodado na Porta do Sol. O documento salienta que "realizar un túnel que atravesa e secciona de lado a lado todo o Casco Vello é un asalto ao Patrimonio Cultural dos vigueses. Se realmente se busca unha peonalización da zona vella e unha redución das emisións de CO2, a solución é ben sinxela: peonalizar, sen máis". Ademais, subliña que "a etapa dos 'aeroportos pantasma' rematou; o dispendio vinculado ás ocorrencias dos iluminados xa non é aceptable, por moito que teña financiamento europeo. E aínda máis inxustificable se supón a afectación irreversible ao patrimonio cultural"."Entendemos como prexudicial e alleo aos tempos (e ás regulacións) unha obra que incrementa a diferenciación e seccionamento, separando irreversiblemente ambos os ámbitos da cidade histórica. A práctica totalidade da rúa queda seccionada polas entradas do túnel, nunha acción que beneficia a un dos límites do BIC (a Porta do Sol) sacrificando o eixo central do mesmo (Elduayen). Esta rúa, pola contra, debería converterse en eixo vertebrador e de encontro antes que límite", afirma o informe.A obra "destrúe desde o punto de vista físico pero tamén simbólico o tecido social e económico dun espazo tan sensible como é o conxunto histórico", alerta o informeO texto detalla os posibles que prexuízos que a obra e a propia infraestrutura terían para o patrimonio arqueolóxico da zona (por onde pasa un treito da antiga muralla da cidade), para o patrimonio arquitectónico, e para o Camiño de Santiago, que atravesa esta mesma rúa.O informe tamén alerta dos prexuízos "sociais" ao Casco Vello e aos seus habitantes, por unha obra que "destrúe desde o punto de vista físico pero tamén simbólico o tecido social e económico dun espazo tan sensible como é o conxunto histórico". "O futuro do proxecto é unha arquitectura danada e un barrio partido, pero sobre todo unha condena lenta pero inexorable ao decaemento da actividade comercial e económica, e ao abandono por parte dos seus habitantes", conclúe o texto. |
PRAZA_8983 | Este luns reuniuse a Comisión de Seguimento dos Lumes, formada por ONGs, sindicatos agrarios e dirixentes socialistas. O PSdeG acusa o PP de renunciar á política de prevención e de querer trasladarlles responsabilidades nos incendios aos concellos | Este luns constituíuse na sede nacional do PSdeG-PSOE a Comisión de Seguimento dos Lumes, formada por ONGs conservacionistas, sindicatos agrarios e representantes organizativos e locais do PSdeG. Esta comisión constitúese tódolos anos para facer avaliación e seguimento puntual da campaña contra os lumes forestais no verán, con xuntanzas periódicas mensuais, ás que se engaden outras convocatorias nos momentos de maior incidencia do lume. Os lumes son cada vez máis duradeiros "porque a política de desmantelamento dos centros de vixilancia evitan a alerta temperá, ecando se detectan os lumes, xa está en condicións de difícil extinción" Carmen Gallego, coordinadora desta Comisión de Seguimento dos Lumes, denunciou a "falla absoluta de prevención" por parte da Xunta en materia de política contra incendios. A comisión tamén denunciou o "recorte dos medios humanos e materiais" para a loita contra o lume e salientou que os lumes son cada vez máis duradeiros, "porque a política de desmantelamento dos centros de vixilancia evitan a alerta temperá, e, cando se detectan os lumes, xa está en condicións de difícil extinción". A Xunta, concluíu Gallego, ten a política contra o lume baseada na "chuvia, que é a que apaga os lumes". A Xunta, concluíu Gallego, ten a política contra o lume baseada na "chuvia, que é a que apaga os lumes" Carmen Gallego chamou a atención tamén sobre a "novidade" desta tempada de lumes, consistente en que a Xunta manifestou a intención de asinar cos concellos convenios para o financiamento de brigadas. Gallego lembrou que os concellos non teñen competencias en materia de extinción de incendios: "poden colaborar, pero non asumir responsabilidades" e salientou que esta partida orzamentaria para brigadas municipais "non incrementa os recursos" para a loita contra o lume: "detráense de partidas de Medio Rural para substituír o diñeiro que poñía antes o conselleiro Rueda nos GRUMIR, agora desmantelados". |
NOS_2605 | 'Galiza, o Camiño a seguir' é o lema elixido polo aínda vicepresidente primeiro do Goberno galego, unha clara chiscadela ao Xacobeo 21-22. | 'Galiza, o Camiño a seguir' é o lema elixido polo aínda vicepresidente primeiro da Xunta e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, para a campaña interna que, a partir da sexta feira, o levará por distintos puntos do país para iniciar un percorrido que pretende que desemboque no seu máximo reto electoral: revalidar a Presidencia da Xunta en 2024. A través dun comunicado e ás portas de formalizar a súa candidatura, Rueda destacou que o eslógan elixido para o "camiño" que finalizará no congreso do 21 e 22 de maio —onde, salvo sorpresa, será elixido líder do PPdeG— é "claro, concreto e cheo de intencións", nunha clara chiscadela ao Xacobeo 21-22. Nel, defendeu, resúmese "unha idea xeral que ás veces non se valora o suficiente: a normalidade extraordinaria que temos na nosa terra, e que queremos que sexa o Camiño a seguir". Rueda ratifica a súa candidatura a presidir o PPdeG: "A quinta maioría absoluta empeza hoxe e aquí" "Somos unha referencia para toda España e temos que seguir séndoo, porque o que aquí é normalidade, fóra da Galiza é extraordinario, e iso é mérito de todas as galegas e galegos", proclamou, antes de comprometerse a "defender a normalidade extraordinaria da Galiza sempre e ante calquera". Aliás, subliñou que o PPdeG "é un partido comprometido co seu futuro, pero sobre todo comprometido coas necesidades da Galiza, que son as que sempre guían" os seus membros, asegurou. Rueda puxo en valor a "estabilidade", "cun partido no goberno que se preocupa por gobernar e dedica o seu tempo a atender os asuntos da cidadanía e non ás pelexas internas ou entre socios de goberno". Tamén salientou a "unidade", "cun partido no goberno que está a protagonizar unha sucesión exemplar, de unidade e responsabilidade entre todos". En terceiro lugar, reivindicou a "xestión", "cun partido no goberno que leva 13 anos consecutivos aprobando os seus orzamentos todos os anos en tempo e forma e cunha eficacia na súa execución de 95%". Que papel xogará José Manuel Baltar no PP de Rueda? "Este partido faise coa forza de todos. Xuntos estamos e xuntos faremos unha transición tranquila e exemplar, porque temos claro que o importante é a Galiza. Xuntos faremos un proxecto gañador que siga achegando respostas a cada necesidade da cidadanía; e xuntos faremos unha Galiza mellor e, cando toque, volveremos pedir a confianza dos galegos", esgrimiu. No que atinxe aos prazos do congreso, esta quinta feira é o último día para que o precandidato entregue os avais, e unha vez que a Comisión Organizadora do Congreso o proclame candidato, comezará a campaña electoral interna, desde o 30 de abril e até o 9 de maio, na que Alfonso Rueda percorrerá o país para presentar o seu proxecto aos afiliados populares. "Voume a pór á súa disposición para que este partido siga a ser merecedor da confianza dos galegos, vivan onde vivan e vivan como vivan". |
PRAZA_19312 | A conversión do Parlamento galego no centro da vida política da nosa nación segue sendo unha materia pendente. Serán necesarios cambios legais e unha maior esixencia cidadá para que esta peza básica da arquitectura institucional do autogoberno galego sexa quen de conectar coas forzas mais creativas que habitan na nosa sociedade. | No pasado mes de decembro, o Parlamento galego cumpriu 35 anos de vida. A envergadura da cifra convida a facer algunhas reflexións sobre as luces e as sombras dunha institución que ten moita importancia no desenvolvemento de calquera sistema político democrático. Toda cámara parlamentaria debe realizar, polo menos, tres funcións básicas: debater e aprobar leis que determinen os dereitos e as obrigas das persoas que conviven no tecido social existente; analizar as opinións e as reivindicacións que se susciten no seo da cidadanía e practicar un rigoroso control do goberno. Semellantes tarefas serán acometidas con maior ou menor eficacia dependendo, nunha boa medida, da composición e do funcionamento regulamentario da propia institución. A capacidade lexislativa do Parlamento galego estivo condicionada polo marco competencial recollido na Constitución de 1978 e no actual Estatuto de Autonomía e, tamén, polo alcance das transferencias acontecidas nas décadas posteriores. Obviamente, non se pode esquecer unha circunstancia decisiva neste período histórico: nos 35 anos -e sen considerar o sucedido nas eleccións do pasado Setembro-, o PPdG administrou unha maioría absoluta de escanos durante 24 anos (16 con Fraga e 8 con Feijoo) e só houbo un goberno diferente durante 6 anos (1987-1989 e 2005-2009). A dinámica da institución padeceu as circunstancias desta hexemonía continuada: mantívose vixente un regulamento restritivo para as minorías e consolidouse unha dependencia excesiva do poder executivo. A pesar destas limitacións significativas, pódese afirmar que a Cámara galega coñeceu e discutiu todos os problemas e demandas relevantes xurdidas no corpo social. A actividade desenvolvida polas distintas forzas da oposición permitiu conxurar o perigo dunha desconexión letal entre representantes e representados: todo o que se moveu na rúa foi trasladado ao interior da institución. Outra cousa foi a pouca receptividade demostrada, habitualmente, pola maioría parlamentaria e, xa que logo, a pouca capacidade exhibida para mellorar a credibilidade do propio Parlamento ante o corpo electoral. Se ben é certo que a democracia lexitima o goberno da maioría expresada nas urnas, tamén resulta indiscutíbel que a calidade deste sistema está directamente vinculada co adecuado exercicio do control por parte das forzas políticas minoritarias. Este labor de oposición só pode acadar niveis óptimos se hai unha elevada transparencia na xestión dos recursos públicos e un clima mediático favorábel ao respecto da pluralidade e da liberdade de expresión (medios públicos non gobernamentalizados e grupos de comunicación privados non enfeudados ao poder político vixente). Neste ámbito, o balance da vida parlamentaria galega presentou serias deficiencias:a continuidade das maiorías absolutas erosionou notabelmente a posibilidade dun control efectivo do labor gobernamental. O complemento dun sistema mediático que, na meirande parte dos casos, non exerceu un contrapeso real ás dinámicas impostas dende San Caetano, dificultou gravemente o emprendemento de propostas rexeneradoras das eivas persistentes durante estas décadas. A conversión do Parlamento galego no centro da vida política da nosa nación segue sendo unha materia pendente. Serán necesarios cambios legais e unha maior esixencia cidadá para que esta peza básica da arquitectura institucional do autogoberno galego sexa quen de conectar coas forzas mais creativas que habitan na nosa sociedade. |
NOS_15936 | Nunha xuntanza con deputad@s e senador@s deste partido para avaliar os dous anos de Rajoy á fronte do Goberno español, o líder do PSdG-PSOE concluíu que "España está peor e Galiza moito peor". | "España está peor que hai dous anos e Galiza moito peor". É a conclusión que o PSdG-PSOE tirou este sábado na xuntanza realizada en Compostela en que @s deputad@s e senador@s da formación fixeron balance dos dous anos de Mariano Rajoy á fronte do Goberno español. Foi o líder d@s socialistas galeg@s, José Ramón Gómez Besteiro, quen explicou perante os medios de comunicación as liñas tiradas do encontro. Cunhas cifras de desemprego que medraron nese tempo un 20% no noso País e un número de fogares con tod@s @s integrantes sen traballo remunerado que brinca por riba dos 89.000, considerou Besteiro que "as xeracións futuras fican condenadas a pagar a débeda que está a xerar Feijóo". As políticas promovidas polo PP desde Madrid e desde a Xunta "contradín" o lema 'Menos paro, menos impostos' con que este partido se presentou ás eleccións hai dous anos, dixo o socialista. Ao fío, o PSOE marcou a folla de ruta a emprender de aquí en diante e que pasa por unha "aposta decidida" no emprego para a mocidade e para as persoas que están a ficar excluídas polo sistema. Aliás, Besteiro falou tamén de "impulsar a reindustrialización" e de "apoiar os emprendedores", para alén de "defender os intereses da Galiza na distribución das axudas" da Política agraria común, a PAC. |
NOS_8687 | O primeiro ciclo galego de cinema de curta duración volve elixir a vila arousá como punto de partida para a súa xira | O ciclo de cinema itinerante Ficciónate estrea nova edición. Será este sábado 7 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal da Illa de Arousa. Cun custo de entrada de 2 euros, esta iniciativa busca amosar o traballo dos novos talentos e alentar as novas xeracións a que produzan e creen industria creativa. A Illa de Arousa será a capital galega do cinema por terceiro ano consecutivo. Nos vindeiros meses, o III Ciclo de Cinema Galego Ficciónate percorrerá distintas cidades e vilas galegas proxectando cinco curtametraxes de autoría galega estreadas nos últimos anos. Lurna de Nani Matos, Quinta provincia de Miguel Canalejo, Matria de Álvaro Gago, Zugzwang de Diego Markwalder e Perversa Lola de Sonia Méndez son as cinco obras seleccionadas para esta nova edición de Ficciónate. Após as proxeccións, haberá un coloquio cos directores e representantes de cada curtametraxe. Como novidade, Ficciónate incorpora ao seu programa presentacións e coloquios en centros de formación audiovisual de Galiza, ben como proxeccións alén das nosas fronteiras, realizando pases a nível estatal e internacional. |
NOS_9804 | A vice-presidenta do Goberno español asegura non saber nada sobre os sobresoldos pagados por Bárcenas á cúpula do PP. | En conferencia de imprensa após o Consello de Ministr@s, a vice-presidenta do Goberno español asegurou aos medios de comunicación que ela non vira nin escoitara nada a respecto dos supostos pagamentos que Luís Bárcenas tería realizado a dirixentes do PP durante dúas décadas empregando diñeiro negro. Soraya Saénz de Santamaría escorregaba o bulto e remitía ao partido a resposta máis demandada esta sexta feira. Cospedal: "No PP, quen a fai págaa e cada pao terma da súa candea" Porén, a número dous do Goberno Rajoy dixo demandar unha investigación en profundidade "e que se siga até o final" o caso destapado polo diario español El Mundo, ao tempo que asegurou que de ter sabido, "non calaría". No día de hoxe, todas as olladas estaban postas en Xénova. Desde a sede do PP en Madrid, respostaba con rotundidade a secretaria xeral do partido, María Dolores de Cospedal e rexeitaba apoiar a calquera militante que puider verse inmerso no escándalo, "no PP, quen a fai págaa e cada pao terma da súa candea". |
PRAZA_8257 | A Iniciativa Galega pola Memoria, apoiada por persoeiros da cultura, da política ou dos movementos sociais, lanza un manifesto que chama "á mobilización cívica" para loitar por unha consulta popular que permita "deixar atrás unha monarquía caduca". | "Adhesión á República. Primeira planta". Así rezaba o cartel que indicaba o lugar do hotel coruñés onde se celebrou este xoves a rolda de prensa para presentar o Manifesto do Día da República. "Así debería poñer en moitos máis sitios que neste hotel, quitándolle dramatismo ao que é o normal ao contrario do que supón a sucesión no poder dun home por outro home tan só por ser o seu fillo", explicou o escritor e xornalista Xosé Manuel Pereiro, un dos voceiros nun acto no que diferentes persoeiros do mundo da cultura, da política ou dos movementos sociais e sindicais amosaron a súa adhesión a un documento lanzado pola Iniciativa Galega pola Memoria (IGM). A Iniciativa Galega pola Memoria pide o apoio a un manifesto que pretende dar pulo a un movemento social a prol da República Apostando pola "naturalidade" que debe supoñer reclamar un sistema "no que todos sexamos iguais e poidamos escoller a quen xestiona" a vida pública, os presentes animan a asinar un manifesto que pretende servir de pulo para que a sociedade sexa a vangarda na pelexa pola instauración da República no Estado español. "A solución ante esta grave situación non é a abdicación do rei no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e avanzar na conquista da República", di o texto titulado Fronte a unha monarquía caduca, construamos un futuro republicano. "Queremos unha República laica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática que respecte o dereito a decidir da nación galega", di o texto "Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen as clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega", di o manifesto, para o que piden apoio a través dunha recollida de sinaturas que "non ten límite temporal". "Ata que se vaia, en todo caso", escoitouse. "A chegada da República dependerá da vontade da cidadanía", destacou Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade integrada na IGM, nun acto ao que tamén asistiron, entre outros, Suso Mosquera, Suso Díaz, Xurxo Souto, Francisco Pillada Maior, Tino Fraga ou Manuel Rivas. O debate sobre a República "está camuflado e substraído" dos partidos políticos, destaca Manuel Rivas Foi precisamente o escritor Rivas quen destacou o feito de que "a maioría social apoie maioritariamente a partidos que defenden o sistema republicano" nas súas bases, ao tempo que hai "unha camuflaxe ou substracción" dun debate sobre a República que non dá chegado á política de partidos ou institucional. "Hai unha substracción da cuestión nos movementos políticos porque hai medo", asegurou. "O debate está fóra dos partidos", díxose tamén na conversa que se abriu entre os asistentes a un acto que pretende servir de pulo para a "apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado". "Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade", reivindica o manifesto ante o que queren que sexa "un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns". |
NOS_13450 | Na Galiza non se permite acceder á ABAU con materias suspensas, algo que si é posíbel en nove territorios do Estado cuxo alumnado poderá optar a prazas nas universidades galegas das que son excluídas centos de estudantes galegas na convocatoria ordinaria. | Máis de 13.000 estudantes galegas someteranse a vindeira semana —os días 8, 9 e 10 de xuño— á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), nunha convocatoria á que só poden acceder as e os alumnos con todas as materias aprobadas. Non acontece o mesmo en nove territorios do Estado, como Catalunya ou Euskadi, onde se permiten os suspensos se a nota media é suficiente. Dado que o sistema de acceso á universidade é único a nivel estatal, o alumnado con materias pendentes na Galiza non poderán optar na convocatoria ordinaria a prazas que si estarán dispoñíbeis para persoas de fóra que fagan a ABAU con algunhas suspensas. Esta situación de "desigualdade" denunciouna nesta terza feira a Confederación de Anpas Galegas, a través dunha carta aberta ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez: "É consciente [a Consellaría] de que está deixando as prazas nas universidades galegas a alumnado foráneo que precisa de menos requisitos para acceder?", censurou, facendo fincapé en que, desta forma, "está eliminando as posibilidades reais do noso propio alumnado". Tamén Rogelio Carballo, presidente da Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa), sinala a Nós Diario o "fraco favor" ás e aos estudantes galegos: "Estanse a agasallar os orzamentos públicos das universidades da Galiza aos de fóra, xa que as e os galegos non compiten en igualdade de condicións", di, e lembra que cando se examinen da ABAU na convocatoria extraordinaria "apenas quedarán prazas vacantes". Fontes da Consellaría consultadas por este xornal apuntan que esta instrución, "vixente desde o inicio do curso", está enmarcada dentro das accións da Xunta para "corrixir na Galiza os efectos do denominado 'Decreto do aprobado xeral'" do Goberno estatal. "Consideramos que ataca piares básicos do noso sistema como son a calidade, a equidade, a igualdade de oportunidades e a cultura do esforzo", xustifican. Aliás, instan ao estabelecemento de "fórmulas para a coordinación entre as comisións encargadas de elaborar as probas de acceso á universidade", a fin de "garantir a equidade e igualdade de oportunidades no conxunto do Estado". Docentes da FP fican "discriminadas" Noutra orde, representantes da CIG-Ensino reuníronse na segunda feira coa secretaria xeral de Formación Profesional (FP) do Ministerio de Educación, Clara Sanz, para abordar a situación do profesorado técnico desta modalidade, que o sindicato pide integrar no corpo PES (Profesores de Ensinanza Secundaria). O Ministerio, porén, propuxo crear un novo corpo para dez das especialidades da FP, rexeitando, segundo a CIG, a posibilidade de incluír as outras 19. "A medida implicará a convivencia de tres corpos diferentes; o PES —quen dispoñan dun título universitario—, o PTFP —Profesor Técnico de FP, quen non o teñan— a extinguir e o novo corpo de profesorado especialista —quen ingresen no futuro, o que pode supor problemas no concurso de traslados, na carga lectiva dos diferentes módulos ou na xestión das listaxes de interinidade e substitucións", lamentou a CIG, que instou o Goberno estatal a "buscar alternativas" para "evitar discriminacións entre persoal docente que realiza as mesmas funcións". |
NOS_53234 | O Executivo español logrou hoxe ratificar no Congreso o decreto de medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que facilita a xestión dos fondos europeos de recuperación que o Estado ten previsto recibir: 140.000 millóns de euros. | O Goberno español logrou que o Congreso ratificase a execución do fondo europeo para a recuperación económica (o decreto lei para a xestión e reparto dos fondos da UE), e aconteceu grazas a unha decisiva e inusual suma de votos: o 'si' de Bildu e a abstención de Vox. A votación non estaba segura, pois diversas forzas anunciaron o seu 'non': PP, Cs, Junts, PDeCat ou CUP. Mais tamén votaron 'non' forzas que permitiran a investidura, como ERC e o BNG. Pero o que colleu por sorpresa a populares e a Cs foi a imprevista abstención de Vox, en aras, dixeron, de facilitar que as axudas cheguen canto antes a empresarios e comerciantes. E todo nun contexto en que Vox tenta superar o PP nas eleccións de Catalunya. En declaracións aos medios, a vicepresidenta Carmen Calvo agradeceu o voto das formacións que facilitaron aprobar o decreto, pero non respondeu se o Goberno negociara con Vox a súa abstención. "O Goberno debería reflexionar que están a facer profundamente mal, porque non sacaría o seu decreto máis importante se non for grazas á abstención da extrema dereita", incidiu Íñigo Errejón (Más País). Para Gabriel Rufián (ERC), a posición de Vox "xustifica por que ERC votou que non", xa que "converte o diñeiro dos fondos nun botín que van repartir as empresas do Ibex", crítica que tamén expuxo Néstor Rego (BNG), que xustificou o voto en contra polo "marcado sesgo centralizador" do reparto dos fondos, que provocará a súa "ralentización". "A eliminación de trámites e o recorte de prazos ten o risco de que os investimentos e a selección de proxectos non cumpran coas garantías necesarias", transparencia ou control ambiental. Oskar Matute (Bildu), porén, xustificou o apoio ao lograr do Goberno o compromiso de aumentar o financiamento aos Concellos. O Congreso tamén validou o decreto que regula a nova relación co Reino Unido, o de medidas de apoio ao sector turístico e hostaleiro, o de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda e o de medidas financeiras de apoio social e económico e de cumprimento da execución de sentenzas. Socialistas e populares benefícianse da caída de Vox e Ciudadanos O PSOE e o PP gañan apoio ante a caída de Vox, Cs e Podemos, segundo amosa o novo barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que pon o PSOE como principal partido no Estado, con 30,7% do voto (por riba de 29,5% que obtivo no estudo de decembro), e deixa o PP con 20,5% (tivo 19,2% o mes anterior). Vox e Cs perden máis dun punto e, en menor medida, baixa Podemos (perde unha décima). O estudo dá a Sánchez unha nota de 4,3 sobre 10, igual que en decembro. O resto de líderes estatais baixan: Pablo Casado cae 4 décimas até 3,2; Pablo Iglesias pasa de 3,2 a 3,1; Inés Arrimadas, de 3,9 a 3,4; e Santiago Abascal, de 2,5 a 2,3. Ademais, o CIS de xaneiro tamén informa de que 72,5% da poboación no Estado está disposta a vacinarse da Covid-19 de forma inmediata, mentres que 16,5 % sinala que non quere inocularse. |
NOS_17567 | Reino Unido é o cuarto destino exportador de Galiza, un mercado ao que van o 5,8% das nosas vendas ao exterior, un valor de 1.097 millóns de euros. A balanza comercial cos británicos é positiva para Galiza en máis de 500 millóns. | Máis de 64 millóns de persoas están chamadas a decidir o vindeiro 23 de xuño se Reino Unido fica ou marcha. Se se mantén dentro da Unión Europea, estrutura da que fai parte desde mediados dos 70, ou ben se opta por se dar de baixa do club comunitario. As enquisas apontan a unha vitoria desta segunda opción, embora haxa unha importante bolsa de indecisos e un voto oculto que pode inclinar finalmente a balanza cara os partidarios de seguir na UE. Mais de non ser así e escoller os británicos abandonar a UE, unha das primeiras consecuencias sería a reaparición das taxas arancelarias, coas consecuencias inmediatas no comercio exterior E falar de comercio exterior con Gran Bretaña é algo que tamén afecta a Galiza. O Reino Unido é para o noso país o seu cuarto destino exportador. En 2015 vendemos aos británicos bens por un valor superior aos mil millóns de euros, é un mercado que recibe o 5,8% das nosas exportacións. Só Francia, Portugal e Italia teñen maior peso no noso comercio exterior. Ademáis, o británico é un mercado en aumento para Galiza. En 2015 as nosas exportacións ao Reino Unido incrementaron nun 29,8 por cento, en 2014 foran de 845 millóns de euros. Textil e automoción O ano pasado exportamos a Reino Unido bens por valor de 1.097 millóns de euros, volvendo superar a barreira dos mil millóns, algo que non acontecía desde o 2003. E as nosas importacións dos británicos foron de 473 millóns de euros. Temos, logo, unha balanza comercial positivo con Reino Unido de máis de 500 millóns. E que exportamos a Gran Bretaña? Pois non poucos bens, mais os textís e as súas manufacturas supoñen case o 40% do total das nosas exportacións a ese mercado: vendas por valor de case 400 millóns de euros. A continuación figura o material de transporte (automóbiles), con 167 millóns de euros. Os metais comúns e as súas manufacturas (85 millóns de euros) e os produtos da industria alimentar e bebidas (case 63 millóns de euros) conforman outras das categorías que vendemos a Reino Unido. Os produtos das industrias químicas, con 50 millóns de euros, son outro dos grupos con peso; así como o que abrangue o calzado, con perto de 49 millóns. |
PRAZA_11394 | O Sindicato de Metalúrgicos da área metropolitana paulista, en São Bernardo do Campo, é o punto de partida da súa volta á vida politica. O ex-presidente está disposto a recorrer o país organizando unha oposición forte. | A enerxía coa que o ex-presidente Luiz Inácio Lula da Silva abandonou a cela na que quedou recluído o 7 de abril de 2018 está á altura do seu currículo. O cóctel de mensaxes nas súas primeiras palabras, repartindo amor e esperanza, pero mirando directamente aos ollos da Fiscalía e do ex-xuíz federal Sérgio Moro, augura tempada de loita para un dos máis veteranos símbolos da esquerda latinoamericana. A política brasileira viu xa moito, pero nunca presenciou un verdadeiro corpo a corpo entre Bolsonaro e Lula; o desafío arrinca agoraA política brasileira viu xa moitas cousas, pero nunca presenciou un verdadeiro corpo a corpo entre Jair Bolsonaro e Lula da Silva. Nin tan sequera entre Bolsonaro e o Partido dos Traballadores. Lula xa estaba preso cando arrincou a precampaña electoral de 2018, e nos primeiros debates entre candidatos non permitiron que acudise no seu nome Fernando Haddad, que logo o substituiría. Cando a remuda se confirmou, Bolsonaro fora apuñalado, e negouse a participar nos últimos debates --as enquisas dábanlle vantaxe daquela--, nos que si estaba presente o novo candidato da PT. O desafío, polo tanto, arrinca agora, e Lula está disposto a propagalo por cada recuncho do país, rumbo ás eleccións municipais de 2020, como punto de partida. A esquerda brasileira, incapaz de responder o ímpeto de Bolsonaro, necesítao. No último discurso antes de entregarse á Policía Federal, hai 580 días, Lula ergueu os brazos vitoriosos e optimistas de dous novos valores da esquerda brasileira, Manuela D'Ávila (Partido Comunista do Brasil) e Guilherme Boulos (Partido Socialismo e Liberdade, PSOL). Onte saíu de prisión e lanzou as primeiras mensaxes rodeado da plana maior da súa agrupación, o Partido dos Traballadores. Custodiábano, entre outros, o mencionado Fernando Haddad --candidato presidencial, ex-ministro de Educación e ex-alcalde de São Paulo--, Gleisi Hoffmann --deputada federal e presidenta da PT--, Wadih Damous --ex-deputado e membro do equipo de defensa do ex--presidente--, e a súa actual parella, a socióloga Rosângela da Silva. Lula entregouse ao agarimo que lle outorgou durante todo este tempo preso a vixilia que o agardaba nun campamentoApoiando e recibindo a Lula tamén estaban, como sempre estiveron, boa parte dos sindicatos e os principais movementos sociais. Un dos primeiros agradecementos, facendo unha chiscadela a estes fieis escudeiros, foi para o Movemento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) e para o sindicato CUT (Central Única dos Trabalhadores). Entregouse o ex-presidente ao agarimo que lle outorgou durante todo este tempo a vixilia que o agardaba nun campamento, baixo a súa xanela, marcándolle puntualmente as horas de luz cun bos días, unhas boas tardes e unhas boas noites. "Fixéstesme máis valente", aseguroulles, emocionado. Saída desde o quilómetro cero: o sector metalúrxico Insistiu Lula, nada máis suxeitar o micrófono tras a súa liberación, nunha mensaxe que deixou tamén hai un ano e sete meses: "Non detiveron un home, tentaron matar unha idea. E unha idea non se pode matar". Agora, a idea, case coa mesma potencia que daquela, necesita volver ao quilómetro cero. E até ese punto dirixiuse Lula da Silva no seu primeiro amencer tras abandonar Curitiba. A orixe política do seu personaxe sitúase no Sindicato de Metalúrgicos do ABC paulista (área industrial da rexión metropolitana de São Paulo), en São Bernardo do Campo. As asembleas e as folgas na época da ditadura militar foron o seu berce, a súa escola e a súa familia. "Convosco aprendín a loitar por un país mellor", escribía aos seus ex-compañeiros, desde a cadea, o pasado mes de xullo, con motivo do noveno congreso do sindicato. Na mesma misiva animáballes a seguir facendo fronte ás novas medidas do Executivo de Bolsonaro: "É realmente delituoso o que están a facer co noso país, entregando as nosas riquezas, atacando os nosos dereitos e as conquistas históricas dos traballadores". Foi desde ese trampolín, como secretario xeral da organización sindical, desde o que Lula saltou ao Partido dos Trabalhadores, e de alí á primeira liña política, gañando sona a nivel nacional a base de perder e perder eleccións. Ata que se colgou a franxa de presidente en 2003. Por iso Lula pasou a súa última noite en liberdade alí, na sede do sindicato, e por iso desde alí, desde a orixe, comezará a combater a Bolsonaro. Os ollos de todos os brasileiros, defensores e detractores, craváronse este sábado en São Bernardo do Campo."Non detiveron un home, tentaron matar unha idea. E unha idea non se pode matar" , advirte Lula da SilvaOs detractores, ao mesmo tempo que seguen as primeiras horas en liberdade de Lula, non quedaron de brazos cruzados. Reaccionaron desde as rúas e tamén desde os escanos da Cámara de Deputados e do Senado. Houbo concentracións tamén convocadas para este sábado en repulsa do veredicto do Tribunal Supremo, anulando a execución de penas en condenas en segunda instancia. No Congreso, aproveitando que o presidente do Supremo lembrou que os parlamentarios poderían redefinir o texto constitucional que rexe cando han de cumprirse as penas, xa se están articulando iniciativas para tramitar propostas de emenda á Constitución. Trátase dun longo camiño, pero desde este luns os movementos en ambas as dúas Cámaras agudizaranse. Lula da Silva, pola súa banda, terá que afrontar dentro dunhas semanas outro xuízo noutro dos procesos xudiciais nos que está imputado: o do predio de Atibaia, un suposto suborno en forma de remodelación dun espazo que o ex-presidente frecuentaba, propiedade duns amigos. Xa foi condenado en primeira instancia, pero a súa defensa alega que o proceso está igual de viciado e contaminado pola parcialidade do ex-xuíz Sérgio Moro e a Fiscalía que o caso do apartamento de Guarujá --Moro nunca conseguiu probar que fose propiedade de Lula, pero condenouno por corrupción pasiva e lavado de diñeiro--. Os avogados de Lula necesitan a inocencia do seu cliente, a absolución, ou a anulación dos procesos, para que o ex-mandatario poida volver presentarse como candidato a un cargo público, en base á Lei da Ficha Limpa, que impide, en condicións normais, presentar a candidatura a un acusado condenado xa en segunda instancia. |
NOS_56191 | Vista pública esta cuarta feira no Tribunal Supremo para os avogados d@s 4 independentistas intervir en defensa do recurso que interpuxeron contra a sentenza condenatoria ditada pola Audiencia Nacional o pasado mes de setembro. | @s independentistas foron condenad@s por delitos de participación en organización terrorista, falsificación de documento oficial e tenza de explosivos. A importancia da sentenza ditada pola AN decorre de que é a primeira en que se considera probada a existencia de Resistencia Galega como organización armada. Agora é a quenda de o Tribunal Supremo se pronunciar ao respeito. @s 4 independentistas -Eduardo Vigo Domínguez e Roberto Rodríguez Fialhega, condenados a 18 anos de prisión; Antom Santos Pérez e María Osorio, a 10 anos- negaron a súa pertenza a tal organización e repudiaron o uso da violencia con fins políticos. |
NOS_400 | As últimas sondaxes publicadas antes do encerramento da campaña para as eleccións presidenciais francesas outorgan unha vantaxe de catro puntos a François Hollande, do Partido Socialista (PS). | Hollande obtería o domingo o 52 por cento dos sufraxios contra 48 de Nicolás Sarkozy, da Unión por un Movemento Popular (UMP). Hollande e Sarkozy realizaron esta sexta feira os últimos actos de campaña cun apelo aos seus seguidores a acudir masivamente ás urnas. No último discurso o presidente e candidato á reelección prometeu diante dunhas 2.500 persoas que se vai bater até o último minuto por manterse no cargo. "Vostedes non poden imaxinar todo o que se xoga este domingo", dramatizou Sarkozy e insistiu no argumento dos perigos para o país en caso dunha vitoria do campo socialista. Jean-Luc Mélenchón, da Fronte de Esquerda, chamou a votar contra Sarkozy na segunda volta Pola súa banda Hollande realizou este venres un maratón de reunións no departamento de Moselle para demandar aos seus seguidores non caer no exceso de confianza e pensar que as eleccións están gañadas de antemán. O aspirante ao Eliseo polo PS reiterou a intención de traballar pola unión nacional para dinamizar a vida económica e social de Francia. "Quero dicilo aos que votarán contra min este domingo que tamén serán benvidos na reunificación do país", expresou. Mentres, o excandidato presidencial da Fronte de Esquerda, Jean-Luc Mélenchón, tamén realizou un mitin na Praza de Stalingrado, desta capital, onde chamou os seus simpatizantes a votar contra Sarkozy na segunda volta. Para alcanzar os obxectivos de instalar a esquerda no poder, primeiro é necesario desprazar a dereita, dixo Mélenchon ante miles de persoas reunidas no emblemático lugar, que rebautizou como "A praza do pobo". Os colexios electorais pecharán o domingo ás 20:00 horas e publicarán os primeiros resultados. |
PRAZA_18049 | Persoeiros políticos e culturais de Galicia e de América lembraron o que fora presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina un ano despois da súa morte. | A emigración homenaxeou esta fin de semana a Francisco Lores no seu cabodano. Unha das figuras máis importantes e relevante da colectividade galega na Arxentina faleceu o 14 setembro de 2017 e este pasado sábado autoridades políticas e persoeiros da cultura ou da defensa dos dereitos humanos lembraron o que fora presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA). Precisamente, a FAGA destaca a "emoción" do acto celebrado no Teatro Bambalinas de Bos Aires na que os presentes e outros que enviaron mensaxes desde Galicia homenaxearon "unha figura incomparable da colectividade galega", un home do que destacaban a súa belixerancia "contra os que utilizaban a galeguidade, a política e a súa posición en beneficio propio en lugar de axudar a sociedade". Persoeiros da cultura e da política arxentina e galega homenaxearon "unha figura incomparable da colectividade galega" O acto contou con actuacións musicais ou un vídeo autobiográfico de Paco Lores. O actual presidente de FAGRA, Diego Martínez, lembrou a quen "nunca perdeu os seus principios" e destacou algúns dos logros obtidos polas loitas lideradas ou impulsadas por el, como as marchas para reclamar a instauración das pensións non contributivoas para os que se atopaban en situacións complicadas. "A ministra de Traballo española anunciou a semana pasada que os españois ían poder cobrar de novo as súas pensións na moeda que lles corresponde. Foi Francisco Lores quen logrou que se cobrasen estas pensións", dixo. Pérez Esquivel, Nora Cortiñas, Beiras ou Víctor Freixanes lembraron a figura de Lores no acto deste sábado Entre as mensaxes enviadas destacaron as do premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, ou a da integrante das Madres de la Plaza de Mayo, Nora Cortiñas. Tamén se leu unha cara remitida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e houbo palabras de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; María Xosé Porteiro, Xosé Manuel Beirs ou Luis González Tosar. Tamén de persoeiros da política e da cultura arxentina, que destacaron un home "leal, loitador, bo e xeneroso". Lorena Lores, filla de Francisco e secretaria xeral da FAGRA, interpretou o tango Balda para mi muerte e destacou o "amor" que seu pai sentía pola FAGRA como "refuxio da intelectualidade e a cutlura galega na época da ditadura franquista". Ademais, anunciouse que o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) vén de ser rebautizado co nome de Paco Lores, o seu fundador. Homenaxe a Francisco Lores / © Federación de Asociacións Galegas da Arxentina Figura clave da emigración galega Lores chegou a Arxentina en 1952 e sendo moi novo trabou amizade con Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela ou Luís Seoane. Dende os anos 90 significouse en numerosas loitas a prol dos dereitos da colectividade galega no país, tanto en reivindicación de pensións dignas, da posibilidade de votar nas sedes consulares para evitar a fraude. En 1995 elevou estas demandas, como responsable do Consello de Residentes Españois (CRE), tanto ao rei Juan Carlos como ao daquela xefe do Goberno español, Felipe González. Dous anos máis tarde fixo o mesmo ante José María Aznar nunha visita deste á Arxentina. Lores significouse en numerosas loitas a prol dos dereitos da colectividade galega na Arxentina Lores defendeu tamén a causa dos Netos, que reclamaban a posibilidade de obter nun plano de igualdade a nacionalidade española, que nese entón tiña varias limitacións. E loitou a favor do voto emigrante sen restricións para todos os galegos e galegas da diáspora. Foi igualmente unha figura clave para a creación da Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina (FUAGRA), hai xa case tres décadas. Durante a súa xestión á fronte da Federación creou, en 2005, o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), e máis adiante a Biblioteca Galega de Bos Aires Antonio Pérez-Prado. Así mesmo impulsou dende a Federación dúas querelas contra o Exército Arxentino pola desaparición de numerosos cidadáns españois e de orixe galega, durante a última ditadura arxentina (1976-1983). |
NOS_47077 | Rusia e Ucraína son dous actores internacionais fundamentais no comercio de cereais, fertilizantes e enerxía, polo que o conflito existente no leste de Europa pode ter importantes repercusións no sector agrogandeiro galego. Nós Diario conversa con representantes dos principais sindicatos agrarios ao respecto. | O sector agrogandeiro verase afectado case con total seguridade, din os expertos, polo conflito en Ucraína, pois os contendentes son dous países relevantes na produción de cereais. Mentres Rusia é o primeiro exportador de trigo a nivel mundial, a Ucraína fornece 35% de todos os cereais que entran na Unión Europea. O prezo dos fertilizantes leva subindo desde o inicio da pandemia e alcanzou recentemente máximos históricos, unha situación que seguramente se agravará debido a que Rusia é un dos principais produtores a nivel mundial de fertilizantes baratos, e o segundo produtor máis importante de potasa, un importante nutrinte para a mellora da eficiencia dos cultivos. Esta situación únese a actual suba dos prezos enerxéticos, no caso do gasóleo B, o que se emprega nas explotacións agrarias, este experimentou un incremento onte que o elevou até 1,074 euros o litro. Pola súa parte, a electricidade sufriu en febreiro un incremento interanual de 111,5% e alcanzou o sábado o prezo máis alto do ano, 261,11 euros por megawatt hora. Elías Somoza, responsábel do sector gandeiro da Federación Rural Galega (Fruga), en declaracións a Nós Diario, afirmou que todo parece indicar que a situación en Ucraína xa se está a facer notar na economía primaria, pois téñense dado "unhas subas abusivas nos prezos do cereal nos últimos dous días" atopándose en "máximos históricos materias primas como o trigo e o millo". Tamén sinala que a colza "está a subir moito". Con respecto aos fertilizantes Somoza indica que "os prezos xa triplicaban os do ano pasado antes do conflito e que esta situación non vai a axudar". Para o representante da Fruga tamén hai que ter en conta os importantes incrementos de prezo que se están a dar no eido da enerxía froito da situación no leste de Europa, pois a suba da electricidade e do petróleo son algúns dos factores que "máis van a afectar" ao incremento dos custes para o sector agrogandeiro. O sindicalista considera o aumento da base territorial das explotacións galegas como un factor primordial para conseguir sobrepasar ou diminuír a dependencia do sector da volatilidade existente no mercado internacional. Porén, sinala que esta cuestión non está sendo abordada polo Goberno galego, que "favorece o eucalipto e os intereses de Ence". Somoza é taxativo ao respecto ao afirmar que "a política agraria non a pode rexer o lobby forestal". Entre as cuestións que Somoza considera prioritarias para desenvolver a base territorial das explotacións e reducir a dependencia da Galiza están "o aproveitamento silvo-pastoril dos montes veciñais en man común e a mobilidade das terras". Pola súa parte, a representante do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, sinala que desde finais do ano pasado se está a experimentar unha suba dos cereais, e que, aínda que non se pode ratificar con datos polo momento, a repercusión da guerra ao sector agrogandeiro "é previsíbel pola importancia da zona en conflito en enerxía, cereais e fertilizantes". A maiores, alerta da posibilidade de que "os mercados financeiros poidan aproveitar a situación para especular coas materias primas". Vilalba recalca que neste conflito "a principal preocupación son as vidas humanas", mais aclara que "sen esquecer as consecuencias económicas que tamén afectan ao desenvolvemento vital das persoas". A responsábel do SLG lembra que unha das insignias da súa organización foi historicamente apostar "polo desenvolvemento de proxectos agrarios e gandeiros que diminúan a dependencia das explotacións". Un dos factores chave para a autosuficiencia da economía primaria galega, segundo a sindicalista, é o aumento da base territorial, "mais para iso é necesario contar con máis superficie agraria útil". Ao respecto, laiase de que "mentres en outras zonas da Unión Europea teñen 50% de superficie agraria, na Galiza esta non supera 20%", ao tempo que culpa desta situación a unha "política errada" por parte da Xunta. Unha das cuestións que remarca Vilalba é que "non se pode dicir que se loita por frear o abandono nin de mobilidade de terra cando esta se entrega a grandes empresas que non manteñen o rural con vida". Roberto Gracia, representante de Unións Agrarias (UUAA), considera que é un feito que a raíz do conflito en Ucraína "o incremento dos custos se vai acentuar". Un feito, indica, que se combina "coa seca e as condición climáticas no Estado, que evitan o emprego de forraxes propias". Unha "certeza de que se van a disparar os custos" no sector agrogandeiro que agrava o problema que supón unha "lei da cadea" que provoca que non se pague un prezo xusto aos produtores de alimentos. Gracia pon o exemplo do prezo do leite, xa que "mentres a propia Xunta marca o custo de produción do litro en 0,47 céntimos de euro, permite que os distribuidores o compren por debaixo". Cousa que tamén pasa coa tenreira galega, que se compra a cinco euros cuns custes de seis. "O 99% das transaccións de leite e carne incumpren", afirma. Para o responsábel de UUAA a pandemia e a guerra demostran a necesidade de soberanía enerxética e alimentaria. Para conseguilo, cree prioritarios cambios normativos que permitan "o autoabastecemento de electricidade e a posterior venta dos excedentes" e fomenten o emprego de superficie agraria para "dar terra a quen a precise" e favorecer "o emprego de forraxes propias para reducir os custes". |
NOS_2705 | Hai, claro, unha manife na rede. Velaquí vola traemos. | #QueremosGalego We want Galego and we have rights! pic.twitter.com/gN5YD9OmBh— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 8 fevereiro 2015 IMOS INDO. #QueremosGalego Foto feita con Xulia pic.twitter.com/HEdz7u5C5B— Ana Miranda (@anamirandapaz) 8 fevereiro 2015 Non podo estar en Santiago ahora mesmo.... pero berro moi forte... #QUEREMOSGALEGO!!— Carmen Méndez (@CarmenMendezAct) 8 fevereiro 2015 Qué pasa na Galiza? #QueremosGalego pic.twitter.com/363etFZxb2— Antonio Agrelo (@AntonioAgrelo) 8 fevereiro 2015 Na defensa do Ensino GALEGO e en GALEGO! #QueremosGalego pic.twitter.com/rcTsGu9n7q— Diego Boquete (@Onosolar) 8 fevereiro 2015 Mañán fría en Compostla atemperada polo solciño.Imos á marcha para reivindicar a nosa fala,a identidade como pobo.Falamos e #QueremosGalego— Pilar Cancela (@PiliCancela) 8 fevereiro 2015 Aló imos pic.twitter.com/lIxnLyTlyW— Paulo Calvo (@paulocg77) 8 fevereiro 2015 Aínda chego a algo! #QueremosGalego!— Carlos Callón (@carloscallon) 8 fevereiro 2015 Chegamos ao Casco Vello de #Compostela ao berro unánime de "Feijóo escoita Galiza está en loita" #QueremosGalego pic.twitter.com/RAmJxUoGGM— Galiza Nova (@galizanova) 8 fevereiro 2015 As ruas de Compostela ateigadas porque #QueremosGalego pic.twitter.com/xLhMAyqm50— Inacio Luxilde (@InacioLuxilde) febrero 8, 2015 #QueremosGalego A língua galega é sagrada. pic.twitter.com/Nj4bhjrMy2— Alexandre Fisterra (@A_Finisterre) febrero 8, 2015 #QueremosGalego pic.twitter.com/7MM8wXuVbu— Jose Cabalar (@jcabalar) febrero 8, 2015 Moitisima xente quere o galego. A Quintana chea #queremosgalego— xose maria torné * (@xmtorne) febrero 8, 2015 Chegamos á Quintana!! pic.twitter.com/Q4NvFVmYCD— Paulo Calvo (@paulocg77) febrero 8, 2015 Na Quintana, totalmente lotada, com o @inacioluxilde cc/ @josevicgz @Bor_xinha @Javier_Brea ;) pic.twitter.com/RErUOIV6Dk— Diego VFS (@VladFidelSalvad) febrero 8, 2015 Milers de persones criden a Santiago de Compostela @QueremosGalego.Alguna cosa s'està movent a l'Estat #independència pic.twitter.com/ebcydjhvOV— Silvio Falcón (@silviofalcon) febrero 8, 2015 "A TVG non emite debuxos de actualidade en galego, non podemos mercar revistas no noso idioma" di unha crianza. pic.twitter.com/r8uzJ1WteH— Adrián R. Bravo (@adrianrbravo) febrero 8, 2015 Na Quintana #SCQ cunha morea de xente. Sol e lingua. #Queremos galego— Arancha Estévez (@arantxaestevez) febrero 8, 2015 Entramos en calor co rirmo de Caxade. NON aos homes pota. SI AO GALEGO!!! #QueremosGalego— A Mesa Normalización (@amesanl) febrero 8, 2015 . @alonsocaxade MOI BEN— Denís F. Méndez (@denisfmendez) febrero 8, 2015 Segue entrando xente na Quintana que xa non dá para máis #queremosgalego— Redenasa.tv (@redenasa) febrero 8, 2015 Viva o galego mundial di @alonsocaxade #QueremosGalego pic.twitter.com/faQIkHnvk1— Dores S. Alegre (@AlegreDores) febrero 8, 2015 E segue entrando xente na Quintana para berrar @QueremosGalego pic.twitter.com/xUAX7fop2V— David Pena (@Arredeeemo) febrero 8, 2015 A Quintana chea con @rosinharojo @Miguel_Lhou @monicanogareda #8FQueremosGalego pic.twitter.com/5xopK9QvjJ— Brais Fidalgo (@braisribeiro) febrero 8, 2015 Fala Isabel Risco un Arma de Construción masiva de conciencia nacional pic.twitter.com/F3qa79NWOa— Montse Prado (@montseprado) febrero 8, 2015 #QueremosGalego #profesoradoCelgareadmisión #édexustiza pic.twitter.com/TB3uxP9bSI— Ana García (@anadevilela) febrero 8, 2015 Ateigamos a Quintana. Pola nosa língua. pic.twitter.com/M42ZEJTXQ1— Adolfo Muíños (@Adolfomuinhos) febrero 8, 2015 Maceira: O irresponsabel Feixó prefire gastar 300 mil euros n Enriq Iglesias q en teñamos acceso a filmes e series n galego #QueremosGalego— A Mesa Normalización (@amesanl) febrero 8, 2015 Grazas a @natilodeiros por agasallarme este cartel de#QueremosGalego8F pic.twitter.com/HLUMk6KBfv— Pilar Salgueiro (@pilar_salgueiro) febrero 8, 2015 Que no noso país permitan dar clase en inglés e non na nosa lingua é intolerable e vergoñento. #QueremosGalego pic.twitter.com/gKkHD6Appz— Lola (@lolagalega) febrero 8, 2015 Hoxe, máis que nunca, os de Fiandola #Queremosgalego!!!!— Fiandola - Folc (@fiandolafolc) febrero 8, 2015 |
NOS_53302 | A mostra que acolle o Museo de Pontevedra complétase con cinco relatorios sobre a súa traxectoria e obra. O primeiro, con Ramón Villares o 13 de xaneiro. | 'Un fotógrafo de Galicia para América' é o título da conferencia que dará inicio ao ciclo de charlas para afondar na obra e na figura de Virxilio Viéitez, con motivo da exposición sobre o fotógrafo de Soutelo de Montes que acolle ao Museo de Pontevedra ata o 7 de febreiro de 2016. Esta primeira conferencia correrá a cargo de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, o 13 de xaneiro. O ciclo continuará o 14 de xaneiro, cunha charla a cargo de Manuel Sendón, profesor de Historia da Fotografía da Universidade de Vigo, que falará sobre 'A fotografía de Virxilio Viéitez. Do carné ao Museo'. O día 19 de xaneiro, será Miguel Fernández-Cid, director da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o que diserte sobre 'Virxilio Viéitez. As imaxes e o ruído', e o 20 de xaneiro o escritor Suso de Toro falará sobre 'O fotógrafo dun tempo salvaxe'. O ciclo finalizará o 21 de xaneiro cun diálogo que leva por título 'Virxilio Viéitez: a súa obra e o seu tempo' e no que participarán o fotógrafo Miguel Vidal, o historiador e crítico de arte Ramón Rozas, e o director do Museo provincial Carlos Valle. Todas estas charlas terán lugar ás 20:00 horas no Auditorio do Sexto Edificio do Museo. A través desta serie de palestras e conversas, desde o Museo provincial promóvese o coñecemento ao redor da traxectoria de Virxilio Viéitez , afondando na súa obra, no que supón a súa figura como profesional da fotografía nun contexto histórico determinado, sobre todo nas décadas de 1960 e 1970, e nunha contorna xeográfica con marcado carácter rural. A expo A exposición de fotografías de Virxilio Viéitez foi aberta ao público no Museo provincial o pasado 10 de decembro e desde a súa apertura xa contabilizou 1.434 visitas. A mostra recolle 118 imaxes de encargo, entre as que destacan as destinadas aos emigrantes galegos na diáspora americana e que constituían unha testemuña visual dos seus familiares na Galiza. Ademais das fotografías, a exposición tamén recolle o documental de José Luis López Linares 'Virxilio Viéitez. Más allá del oficio', do ano 2005. Virxilio Viéitez foi un fotógrafo rural que documentaba os momentos vitais máis importantes das familias pontevedresas, comuñóns, bautizos, vodas e funerais, e que destacou pola súa extraordinaria intuición para a posta en escena. Para esta mostra, levouse a cabo unha investigación que tivo en conta a práctica totalidade dos negativos datados entre 1953 e 1980 e recuperouse material inédito de caixas seladas e latas que contiñan metros de película que nunca foran positivados tras a súa primeira utilización, é dicir, logo do encargo do cliente da época. Na recuperación e selección deste legado, desempeñou un papel fundamental a filla do fotógrafo Keta Viéitez. Esta mostra remata o seu periplo no Museo de Pontevedra tras un itinerario de cinco anos por distintos espazos expositivos do Estado entre os que destacan o MARCO de Vigo, o Espacio Fundación Telefónica de Madrid, a Fundación Provincial de Cultura da Diputación de Cádiz, a Hospedería Fonseca de Salamanca e a Biblioteca Pública del Estado de Zamora. |
PRAZA_17943 | Senten diante dos seus monitores, porque en setembro espéranos unha nova batalla polas liberdades fronte ao lobbie do copyright. Apoien, difundan e participen nas accións que os diferentes colectivos a prol dos dereitos humanos e dixitais están a preparar e que se lanzarán nos próximos días; porque, estamos a xogarnos moito. | A mediados de marzo de 2018, soaron as alarmas nas principais organizacións europeas de dereitos do cidadán dixital. O motivo? Preséntase o proxecto de Reforma da Lei de Propiedade Intelectual Europea, de obrigado cumprimento en todos os seus estados, e as alarmas soaron ao ler o Artigo 13 da devandita Lei. Trataremos de usar, a partir de aquí, dun modo moi simplista e sen tecnicismos, unha linguaxe que todas entendamos para comprender o que di devandito artigo e coma afectará a Internet. O primeiro que hai que dicir é que dita lei foi redactada polos lobbies do copyright. En España, igual sóanvos nomes como SGAE ou CEDRO integrantes de devanditos lobbies; uns grupos de poder que levan desde mediados do século XX baixo un mesmo modelo de negocio e que non quixeron entender que a sociedade avanza e que o desenvolvemento de tecnoloxías leva cambios de hábitos e de consumo. No seu lugar, preferiron manter durante dúas décadas que os seus clientes son uns ladróns, uns piratas, uns delincuentes e que practicamente deberían estar todos no cárcere. Uns grupos de poder que, por moito que nos empeñemos, aínda non acabaron de entender, ou non quixeron entender, algo tan sinxelo coma que o seu cd musical non se reproduce nos nosos mp3 ou móbiles, xa que non hai unha ranura para cds e que, por moito que se empeñen, non é posible introducilo fisicamente neses dispositivos. Pero, que pretenden con esta reforma da propiedade intelectual? Pois basicamente, no canto de actualizarnos lexislativamente ás novas formas de comunicación da era dixital e fomentar o seu carácter innovador e económico, o que pretenden, unha vez máis, é pórlle portas ao campo e utilizar Internet coma unha máquina de censura, pero esta vez ao grande. Para iso, con esta lei, queren aprobar unha normativa que obriga a filtrar e censurar previamente todos aqueles contidos en Internet que poidan inflixir o copyright en calquera das súas formas. E todo iso dun modo automático, sen individualizar os casos, obrigando a todas as empresas, dende Google ata Facebook, ou a calquera persoa que desexe montar unha empresa e teña presenza dixital, a instalar unhas multimillonarias máquinas de censura. E todo iso, poñendo xa de principio sobre a mesa unha posición de favor e unha gran vantaxe competitiva a esas dúas compañías citadas anteriormente, xa que, a gran maioría de empresas xamais poderán desenvolver esas máquinas de censura, simplemente, porque ou son multimillonarias ou non poderán pagar os custes tecnolóxicos de tales desenvolvementos. Non se analiza individualmente o filtrado deses contidos, é dicir, suprímense todas as excepcións que marcan as leis do copyright, como os dereitos de cita, a parodia, os fins educativos, e, por suposto, o interese xeral. E isto, en que me afecta? Pois na túa forma diaria de ver e usar a rede, e, no caso de que teñas unha empresa ou queiras montala, vas ter uns atrancos moi graves se a túa área de negocio é dixital. Xa non poderás ler nin publicar na túa rede social favorita a túa cita de Simone de Beauvoir; por suposto, tampouco poderás ver parodias humorísticas; non poderás gozar o cover desa canción que tanto che gusta; eses youtuber de videoxogos que te encantan van ter moi difícil seguir facéndoo e gañarse o pan con iso; non poderás aprender por ti mesmo xa que se suprimiu o dereito a cita; e, por non falar, non falemos das videocríticas, os tutoriais, ou a propia Wikipedia, todos eles desaparecidos da face de Europa. E todo isto, quitándose dunha plumada á cidadanía para que non poida protestar, porque ti como usuario terías que denunciar á túa rede social favorita para poder subir a Internet ese meme que tanto che gusta e esperar a que os tribunais resolvan o teu caso individualizado antes de poder subilo a Internet. E, se na túa rede social favorita publicas o teu meme, esa rede social será a responsable directa de tal publicación. Basicamente, quítanche do medio a ti como cidadán á hora de defender os teus dereitos; e todo iso, para que Google e Facebook sexan a nova policía, xuíz e fiscal dixital; un gran irmán do dixital en toda regra. E, no caso de que non esteas de acordo coa decisión arbitraria destas empresas, terás que enfrontarte xudicialmente a elas, cousa simplemente imposible economicamente para a gran maioría dos mortais. Grazas á presión das principais organizacións europeas de dereitos dixitais xunto a algunhas empresas e entidades que defenden unha rede máis aberta, como poden ser Wikimedia, a fundación Creative Commons, X-net, Asociación de Internautas, Quadrature du Net, etc etc, e a través dunha gran campaña por practicamente toda Europa, conseguiuse frear a primeira votación desta lei no pasado xuño, pero chega setembro e volven á carga. A mediados de setembro debaterase e volverase votar dita reforma da Propiedade Intelectual en Europa. É de vital importancia frear de raíz este atraco a man armada á liberdade de expresión e freo ao desenvolvemento tecnolóxico, que impide que o próximo Google sexa europeo, converténdose, por suposto, nun ataque de novo ao pulmón dos Dereitos Humanos. Novamente, escúdanse na propiedade intelectual e nos dereitos dos autores para usalos como a escusa perfecta para establecer unha máquina de censura ás liberdades fundamentais, ao libre pensamento, á liberdade de expresión e á innovación empresarial europea. Isto non é novo, en España somos uns profesionais destes temas; cada poucos anos ábrese esta caixa de Pandora, como si xa ninguén se acordase do manido "os cassettes están a acabar coa música", do canon dixital ilegal co que nos baleiraron dos petos millóns de euros, da famosa Lei Sinde, do canon AEDE ou da nova moda de intimidación pseudofascista de sentar nos tribunais a músicos por dicir en Twitter e nas súas letras noticias corroboradas pola prensa, tales como aquela de que o cidadán Juan Carlos vaise a cazar elefantes e suborna o silencio de supostas amantes con fondos públicos, por citar algúns exemplos. Senten diante dos seus monitores, porque en setembro espéranos unha nova batalla polas liberdades fronte ao lobbie do copyright. Apoien, difundan e participen nas accións que os diferentes colectivos a prol dos dereitos humanos e dixitais están a preparar e que se lanzarán nos próximos días; porque, estamos a xogarnos moito, como di este artigo e unha das primeiras campañas que se lanzaron ao coñecerse esta aberración, "sen memes non hai democracia". Publicidade |
PRAZA_16362 | A Xunta, cos gobernos de Aragón, Asturias e Castela e León, urxe a Rajoy a reformar este ano o sistema de financiamento antes das eleccións autonómicas previstas o ano próximo na maioría das comunidades DOCUMENTO | Declaración institucional da Xunta cos gobernos de Aragón, Castela e León e mais Asturias sobre o financiamento autonómico | DOCUMENTO | Declaración institucional da Xunta cos gobernos de Aragón, Castela e León e mais Asturias sobre o financiamento autonómico Galicia e Aragón, xunto con Castela e León e Asturias, "comparten intereses comúns, froito das súas características socioeconómicas, da súa relación de vecindade e dos seus fondos vínculos históricos". Así se pode ler na declaración conxunta asinada este luns polos catro presidentes autonómicos en León coa que o Goberno galego continúa a estender a súa rede de alianzas deixando á marxe as nacionalidades históricas. A Xunta, cos gobernos de Aragón, Asturias e Castela e León, urxe a Rajoy a reformar este ano o sistema de financiamento antes das eleccións autonómicas previstas o ano próximo na maioría das comunidades A reunión deste luns en León estivo centrada en pedir ao Goberno central que acelere a reforma do sistema de financiamento autonómico. Os catro gobernos, coa vista posta nos comicios previstos en maio de 2019 na maioría das comunidades, "manifestan a súa preocupación polo calendario electoral dos próximos anos que podería engadir máis incerteza a uns acordos xa de por si complexos de acadar polo que consideran necesario dar cumprimento no presente exercicio" ao acordo acadado hai algo máis dun ano para avanzar nesa reforma do financiamento. Unha reforma na que agora Feijóo quere ir da man tamén de Aragón ao igual que hai uns meses xa escenificara unha sintonía similar coa Comunidade de Madrid asegurando que tamén con ela había intereses en común. Intereses que días despois a propia presidenta madrileña, Cristina Cifuentes, xustificou coa unidade de España. Esta nova alianza prodúcese ao tempo que Galicia evita manter relacións igual de estreitas coas outras dúas nacionalidades históricas, Euskadi (cuxo sistema de financiamento non depende do Estado) e Catalunya. Igualmente, Castela e León e Asturias están a ser os socios cos que a Xunta quere impulsar a denominada Macrorrexión europea do noroeste peninsular que supón diluír o alcance político da histórica Eurorrexión co Norte de Portugal. O Camiño de Santiago volve ser un dos exemplos salientado como interese común de Galicia con outras comunidades Para xustificar a nova alianza, este luns a declaración institucional asinada en León sinala como "exemplos" de iniciativas conxuntas desenvolvidas ata o de agora polas catro autonomías a "planificación do Camiño de Santiago", elemento que a Xunta salientou compartir mesmo con Madrid, ou a "constitución dun foro estable de colaboración entre Comunidades Autónomas con Desafíos Demográficos (FREDD)". Declaración institucional conxunta dos gobernos de Aragón, Asturias, Castela e León e Galicia |
PRAZA_1669 | Hai unhas semanas, e doutra patada no traseiro, arreboloume ata os confíns da Galiza coñecida, no val de Monterrei e arredores. Eu nunca alí estivera e non vía a razón divina que podía haber detrás; pero coñecendo a Deus, que presume de non dar puntada sen fío, algunha tiña que haber. | Di a ciencia teolóxica que Deus escribe recto con liñas torcidas; a saber, que para dicirnos algo da voltas e reviravoltas para chegar ao asunto; ou sexa, coma Jorge Valdano explicando por que lle pesan os calzóns aos futbolistas cando pisan o prado do Santiago Bernabeu; ou o demo do meu fillo, que comeza a escribir a frase na esquina superior esquerda e remátaa na inferior dereita. Pois que queredes que vos diga, sendo Deus quen é ben podía dicir as cousas como son e non andar con arrodeos; que xa mais parece que o fixeron a imaxe e semellanza nosa que nós a súa. E penso que sei do que falo. Hai sete anos, aló polo 2008, aproveitando o comezo da Gran Crise, fíxose pasar pola Man Invisible do capitalismo e dunha patada no cu chimpoume no barrio da Chanca, en Lugo. Nun principio pensei que era cousa do azar, que me mandou para alí como me podía mandar para calquera outro sitio; ata que caín na conta que enfronte da oficina onde traballaba, na rúa Carlos Azcárraga, estaba a carballeira do Sagrado Corazón. Había trinta anos ía eu alí coa miña primeira moza nos seráns solleiros e interminables da primavera, a refregar os corpos sobre a camposa lene e mirar o ceo verde das follas. A que viña agora esta tortura? Que carallo me quería dicir? Moitos días despois conseguín acougar os miolos e pensei que se cadra Deus só pretendía ensinarme que o mundo é redondo e a vida circular, que andas e vives para rematar outra vez onde comezaches. Superada esa proba pensei que xa rematara o meu viacrucis e regresei contento e aliviado á vida contemplativa nas beiras do mar da Arousa. Pero esquecera que Deus é de mal conformar, e unha vez que pon o seu ollo triangular sobre ti vas apañado. Hai unhas semanas, e doutra patada no traseiro, arreboloume ata os confíns da Galiza coñecida, no val de Monterrei e arredores. Eu nunca alí estivera e non vía a razón divina que podía haber detrás; pero coñecendo a Deus, que presume de non dar puntada sen fío, algunha tiña que haber. Polo camiño cara o desterro vin un touro negro de latón, enorme e inmóbil no curuto dunha cuíña nos arredores de Xinzo. Pensei en Riveiro Coello. Igual era seu e trouxérao de España coma recordo dalgún verán inesquecible; xa se sabe, os homes pequenos son quen de facer as cousas mais grandes (Franco, Jesús Perez Varela, o Super Piñeiro ... e tantos outros). Os vales ancheaban e recuaban as montañas, facéndose mais altas; a herba das chousas ou secara ou xa ela nacía así amarelada, e unha especie de carrascos ananos coloraban de gris as abas dous outeiros. Érame todo tan estraño que cando cheguei a Verín botei media hora falando castelán fluído, ata que caín na conta de que a xente me contestaba en galego. Pensaría que xa estaba fóra do país, vai ti saber. Pero Santo Deus, por que Verín?, berrei na cima do castelo, cos brazos abertos e mirando cara o ceo do solpor. Se cadra fora unha equivocación, un lapsus mentis divino, que querendo dicir Lalín, dixo Verín como podía dicir Ribeira de Piquín, a min plin. Andaba eu nestas trécolas cando unha andoriña que voaba nos arredores veu cara min, e durante uns segundos eternos estivo a fitarme suspendida no aire, con descaro e certa arrogancia. "Ébora", piou o paxaro e de seguido marchou voar outra vez. Ostrás! Ou sexa, que estas que pisaba eran as terras do grande Libardino Romero, aquel home de corazón sobredimensionado e miolos rebuldeiros? Agora caía da burra; agora si entendía a causa divina do trasfego a estas terras. Porque fun eu quen levei a Libardino a Lalín, nos primeiros día do Bipartito, cando aínda toureaba a pe, con grande éxito de crítica e público, e andaba namorado da mítica Ánxela B. Que gran faena fixera no Deza! Recibiu o animal a porta gaiola e logo un surtido de verónicas, medias verónicas, chicuelinas, naturais e pases de peito... todo un compendio de tauromaquia. Que grande faena a de Libardino no Deza! Ata o xefe das forzas subversivas, Paco Vilariño, nada afecto aos requilorios das artes e letras, rebrincou no asento coma unha moza casadeira. Pouco tempo despois de vir a Lalín, Libardino cambiou o toureo a pe polo de acabalo, algúns dixeron que amolado polos amores non correspondidos da pérfida Ánxela B. O certo é que xa non volveu ser o mesmo. E todo este esbardalle a que carallo viña?... que xa me perdín outra vez ... |
NOS_7258 | CXT demanda máis prazas nos trens de maior afluencia e a reposición das liñas suprimidas pola pandemia. | O sindicato CXT vén de criticar a decisión de Renfe de non programar reforzos nos primeiros trens con saída de Vigo na mañá desta segunda feira, polo que "ducias de viaxeiros quedaron en terra por non teren prazas". Os convois, apunta a central nun comunicado, circularon "con capacidade normal". "Sen reforzar con outra composición e así circular ofertando o dobre de prazas", precisa. En concreto, os trens con saída de Vigo ás 6.40, ás 8, ás 9.13 e ás 11 horas "circularon completos, impedindo que viaxeiros de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía puidesen coller o tren para o desprazamento programado para hoxe", explica. Deste modo, insisten desde a CXT, "algúns tiveron que pagar o prezo do billete para poder viaxar até Santiago de Compostela no Alvia Urzaiz-Madrid das 9.20 horas, aínda que tiñan bono recorrente, xa que este tren de longa distancia non permite a formalización deste tipo de billetes de balde". Primeiro día para adquirir o abono gratuíto de Renfe, entre o aplauso e o temor a quedar sen prazas A organización ve "incomprensíbel" que Renfe "non programase ningún tren de mañá en dobre composición, a pesar de que hoxe, día 5, esperábase unha afluencia importante de persoas que ían utilizar o ferrocarril". O problema, subliña, "centrouse no corredor atlántico sentido Vigo-Compostela e a falta de prazas repercutiu os cidadáns de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía que quixeron desprazarse a Santiago ou A Coruña, que se atoparon cos trens cheos e sen prazas á venda, xa que a relación A Coruña-Santiago, principal fluxo de viaxeiros no sentido A Coruña-Vigo, ten moitas máis circulacións, o que impide que se enchan os trens na súa totalidade". Traxecto único, bono unipersoal e fianza: así son as viaxes gratuítas en tren Neste momento, segundo CXT, están en circulación quince trens de Media Distancia entre A Coruña e Santiago fronte aos dez entre Vigo-Pontevedra e Santiago, entre as 5 e as 15 horas, "en clara desvantaxe". Por iso, a central reclama a Renfe e ao Ministerio de Transportes "que reforce os trens de maior afluencia de viaxeiros e repoña os suprimidos pola pandemia". |
QUEPASA_815 | Esta fin de semana volvemos sufrir varios accidentes nas nosas estradas. Algún con carácter singular, como o que acontecía en Muxía. | Pasadas as 10:00h da mañá deste sábado, un coche sufría un envorco na estrada DP-2303 (punto quilométrico 10) á altura da Ponte Constante, en Muxía. O primeiro coche que parou, axudoulle ao condutor e único ocupante a saír, pero acto de seguido o home saíu monte arriba. As testemuñas, que quedaron tremendamente sorprendidas, chamaron ao 112 e tiveron ata que sinalizar a calzada pois o vehíclo quedara no medio e medio da estrada, ocupando, envorcado, os dous carrís. Ao chegar axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, as testemuñas indicáronlle o camiño por onde escapara, e pasados uns 40 minutos o atoparan no medio do monte. A Garda Civil identificouno (é veciño de Fisterra) a través do coche, que carecía de seguro. O individuo tiña o permiso retirado e duplicaba a taxa de alcolemia. Tiña feridas leves e foi trasladado por efectivos do 061 ao Hospital Virxe da Xunqueira. Ata ás 12:30h a estrada non recuperou a normalidade. Un ferido en Cabana Este domingo, ás 1:00h, un coche sufría unha saída de vía, provocando un choque en Ameixenda, parroquia de Nantón, Cabana. A acompañante resultaba ferido e tiña que ser atendida polos sanitarios cunha fractura aberta nun nocello. O outro ocupante do vehículo (condutor) saíu ileso. Ao lugar acodiron os Bombeiros de Carballo, Ambulancia 061 e Garda Civil de Tráfico. |
NOS_33560 | O presidente da Deputación de Pontevedra considera que é de "primeira necesidade" unha modificación da lei que evite o goberno de coalicións electorais. | O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, considera de "primeira necesidade" unha reforma da lei electoral. Unha modificación que o tamén máximo dirixente do PP pontevedrés considera que ten que ter unha finalidade clara: Garantir que goberne a lista mais votada. E, tamén, impedir que gobernen coalicións electorais (malia que teñan os votos e escanos/deputados/concelleiros precisos). Para o presidente provincial, esta proposta parte "da democracia ben aplicada". A iniciativa de Rafael Louzán non é unha novidade no PP, que desde hai tempo avoga por xunguir democracia e partido máis votado. Mais o presidente da Deputación vén de apuntar un calendario da modificación ao afirmar quer non dubida de que antes de que acabe esta lexislatura "o goberno central" acometerá esta reforma. |
NOS_38908 | A baixada xeral e persistente nos prezos de bens e servizos pode, inciden economistas e analistas, ser un risco. En economías con alto desemprego e baixos salarios, un perigo. | O dado adiantado do IPC de decembro facilitado polo Instituto Nacional de Estatística era de -1,1, acumulando así seis meses consecutivos en índices negativos, 16 meses con valores cercanos ao 0 por cento e 8 valores negativos no 2014. Un conxunto de dados que apontan que o risco de deflación (baixada xeral e persistente no nivel de prezos de bens e servizos) está consolidado no Estado español. Ao que hai que engadir a queda da demanda na Eurozona. Mais hai quen, como Angel Laborda, da Fundación de Caixas de Aforro, tira ferro á situación e fala de "deflación importada" pola baixada do petróleo. Se ben é certo que desde o propio comezo da crise hai voces que advirten de riscos de deflación, nos últimos meses entidades como o BCE, FMI ou a OCDE falan do risco, se ben optando por 'tranquilizar os ánimos'. Mario Draghi recoñecía hai menos dunha semana que en Europa pende o risco de deflación, mais que este é limitado. E, engadía o presidente do Banco Central Europeo, o BCE estaría preparado para facer fronte á esa eventualidade. O Fondo Monetario Internacional alertaba hai uns meses do perigo de que o Estado español caese nunha "espiral" de deflación e a OCDE (que agrupa a 34 estados industrializados) suxería en novembro ao BCE que destinase até 700.000 millóns a mercar bonos públicos e escorrentar así risco de deflación. Mais que é do que estamos a falar? A deflación é un período longo e sostido de baixada de prezos, unha aparentemente boa nova mais que para sectores de economistas e analistas é unmperigo. Se ben un período así preserva o poder adquisitivo das rendas, dispara o valor das débedas e acrecenta o custo relativo dos intereses. Escenarios fatais para os actores endebedados, sexan estes familias, empresas ou estados. @s consumidor@s tenden a retrasar as decisións de compra pois esperan que os prezos sexan aínda máis baixos. Xa que logo, a deflación supón un calexón sen saída para o emprego Mais non é esta a única consecuencia negativa, insisten os partidarios desta análise: supón un freazo para o medre económico. O motivo: que @s consumidor@s tenden a retrasar as decisións de compra pois esperan que os prezos sexan aínda máis baixos. Xa que logo, a deflación supón un calexón sen saída para o emprego, entre outras consecuencias. Os dous casos máis coñecidos de deflación prolongada na Historia da Economía é a Gran Depresión Estadounidense e a de Xapón (esta comezou a principios dos 90 estancando a economía nipona até hoxe) Outras visións Mais hai outras visións, como a do profesor de Economía da UCM e membro de econoNuestra J.A. Niete, que reflexionaba en Público sobre a deflación. "Se é pasaxeira non debería preocupar á maioría da poboación. E se ameaza con ser duradeira os gobernos terían que actuar para combatila con políticas públicas e instrumentos de política monetaria e fiscal". O problema radica, para J.A Nieto, que en vista da actuación dos gobernos durante a crise prevé que serían "incapaces" de adoptar esas medidas. O Estado español acumula seis meses de valores negativos no IPC. O preocupante é que estes valores negativos dos prezos sexan consecuencia dunha "demanda reducida" e, polo tanto, "dunha perda de valor económico dos bens e servizos". Para María José Landaburu, secretaria xeral de UATAE, faise preciso, expón en Tribuna, "mellorar as rendas, especialmente de pensionistas, asalariados e autónomos, e garantir o acceso ao crédito en mellores condicións, especialmente das pequenas unidades de produción e as familias, para apuntalar o medre da demanda e a economía, crear emprego e alcanzar uns prezos moderados aínda que positivos". |
PRAZA_13798 | Ata agora as noticias sobre o nacionalismo tratáronse como política ou sucesos, e igual xa toca falar desde a sección dos pasatempos. Un divertimento clásico de algúns xornais consiste en buscar as diferenzas entre dous debuxos case iguais, pero que non o son de todo, un ben coñecido é "Los 8 errores". Neste artigo vou procurar as diferenzas entre o ámbito do nacionalismo de matriz UPG, agora por extensión BNG, e o que pode(ría) ser a nova iniciativa que está emerxendo; tanto os elementos caracterizadores como os prexuízos que se proxectan sobre o nacionalismo realmente existente, unha imaxe que foi callando en boa parte da sociedade e a que contribuímos con empeño as/os propias/os nacionalistas. | Ata agora as noticias sobre o nacionalismo tratáronse como política ou sucesos, e igual xa toca falar desde a sección dos pasatempos. Un divertimento clásico de algúns xornais consiste en buscar as diferenzas entre dous debuxos case iguais, pero que non o son de todo, un ben coñecido é "Los 8 errores". Neste artigo vou procurar as diferenzas entre o ámbito do nacionalismo de matriz UPG, agora por extensión BNG, e o que pode(ría) ser a nova iniciativa que está emerxendo; tanto os elementos caracterizadores como os prexuízos que se proxectan sobre o nacionalismo realmente existente, unha imaxe que foi callando en boa parte da sociedade e a que contribuímos con empeño as/os propias/os nacionalistas. A inmensa maioría da xente nacionalista e de esquerda está farta de que proxecten sobre ela estes prexuízos, e tamén de verse envolvida en lóxicas que non lle gustan nin comparte pero en moitos casos alimenta. Para moitas persoas e prácticas do BNG estes comentarios son moi inxustos, pero ao meu xuízo impregnan parte desa cultura e operan como lóxicas que se sobrepoñen á vontade da maioría das súas/seus protagonistas; moita xente ve con receo o nacionalismo por estes motivos. Isto non é un axuste de contas co pasado propio, máis ben é unha advertencia para que as supostamente novas iniciativas non rematen por seren o mesmo do que foxen. A socialización política na que nos formamos a maioría deixou unha impronta que non somos quen de superar. O dito, non ten que ver só co BNG, como dí o refrán: dígocho filla, enténdemo nora. Pódese dar o paradoxo de que as diferenzas sexan moi grandes e os seus programas políticos coincidan en boa medida. A devaluación dos programas ten que ver coa consciencia de incumprimento, o asunto non é o que pon o papel senón a credibilidade de que se vai chegar a facer e que o conxunto é coherente. As diferenzas non virán por este lado, senón na forma de comprender o político e o social, teñen que ver co discurso, como se comunica e se relaciona coa cidadanía, e moito coa práctica, a posición ante a xente para construír en común e facela partícipes dun proxecto, anticipar o que demandamos para a sociedade. Vamos ver algúns. 1- Reducir o mundo á nación, a nación ao galeguismo, o galeguismo á organización... Hai certa forma de comprender o nacionalismo como desconexión, como illamento. A corrente central sempre comprendeu o galeguismo como un xeito propio de abrirse ao mundo, de situar a súa nación no planeta, estando en sintonía cos movementos máis avanzados de cada época. Pero tamén houbo quen alentou unha sorte de provincianismo nacional, confundindo o endóxeno co autorreferencial. O certo é que unha parte importante da sociedade acabou por vernos así, como se o nacionalismo fose unha ideoloxía limitante. Cando desde o Partido Popular lanzan estas insidias, oféndennos porque sabemos que son eles os provincianos, pero dóenos tamén porque sabemos que moita xente pensa o mesmo. O nacionalismo debe ser todo o contrario ao illacionismo, non estamos contra os vínculos, senón contra as relacións que nos empobrecen, nos dominan ou nos fan subalternos, comprendendo ao noso país como un suxeito colectivo. Porque somos unha nación expandida, sempre o fomos pola emigración e hoxe por sorte ou por desgraza trasladamos a dispersión das nosas aldeas á parroquia global. Preocupámonos polo mundo, estamos no mundo e queremos abordar os problemas dos cidadáns/as de Galiza con perspectiva propia en clave internacional e mentalidade de rede, facendo propios os movementos de emancipación da humanidade. Somos unha nación aberta ao mundo. 2- Dogmas Outra das proxeccións que pesa sobre unha parte do nacionalismo e da esquerda é a súa consideración como dogmáticas, verdades reveladas. Unha visión da historia coñecedora do que vai acontecer no futuro dunha sociedade reconciliada, o pobo galego ou a humanidade consigo mesma. Se xa sabemos o que vai pasar os humanos somos figurantes dun guión prefixado, podémolo favorecer máis ou menos, pero vai suceder, e o resto das posicións son equivocadas. Cando alguén está en posesión da verdade a democracia está de máis. Non é superable a diverxencia de ideas, de valores, de percepcións, uns están errados e outros non. Precisamos principios na política, un ideario honesto que nos permita mirar aos ollos aos cidadáns/as e con ambición do cambiar as cousas O paraíso, a sociedade sen conflitos, non existe nin pode existir, pero é unha tentación forte procuralo. Calquera ideario pode ser dogmático: o neoliberalismo, o galeguismo, a socialdemocracia ou o altermundismo. Calquera idea liberadora pode constituírse en relixión, moitas seitas están fundadas en idearios supostamente antidogmáticos, nin sequera a moderación exime desta lacra. A crítica razoable ao dogmatismo, e mesmo aos grandes relatos, non debera conducirnos a "tirar a nena co balde da auga sucia". Precisamos principios na política, un ideario honesto que nos permita mirar aos ollos aos cidadáns/as e con ambición do cambiar as cousas, a liberdade, a igualdade, a fraternidade, o autogoberno, a democracia, a construción dunha nación. Ideas fortes mobilizadoras que teñan conexión coa vida da xente e permiten extraer o máis digno que temos como humanos e a capacidade de facer en común. Os dogmas combátense con mente aberta, pero tamén tendo unha concepción laica das nosas ideas. 3- Control do aparato. Asociado ao dogma está o comportamento sectario, se a verdade está do meu lado, se os meus son o nexo entre o pasado e o final da historia, está claro que todo vale. As crenzas indiscutibles non teñen discusión, son acríticas por definición, é cuestión de fe; pero o caso é que sempre teñen interpretes que nolas fan chegar. Seica cando Moisés baixou do Sinaí houbo quen lle recriminou "Mira, pero é a túa letra". A cuestión non son só os dogmas, son os dogmatismos, os dogmáticos e o aparato de poder discursivo e material asociado. Digámolo de forma máis recoñecible, o ideario ríxido, da UPG e outras organizacións, cumpre a funcionalidade mobilizadora dos propios -administran esencias e fundamentos- pero tamén é un aparato de control. No seu momento o guerrismo no PSOE conxugaba esquerdismo discursivo e control de aparato, podían desenvolver políticas antitéticas e convivir baixo esa etiqueta Rodríguez Ibarra e Paco Vázquez. É a ideoloxía como unha mistificación da realidade para que sexan eficaces os mecanismos de fidelidade, non tanto ás ideas canto aos ideólogos. A quen determina o recto camiño e administra os certificados de autenticidade, non sei se lle preocupa o destino, pero si que os camiñantes vaian polo carreiro. Non debemos despistar o foco de atención organizativo. Un aparato de control organizativo e de entidades sociais tan eficaz é unha combinación dun ideario forte, militancia disciplinada pero tamén da xeración dun tramado de intereses. Moitas das cousas que están sucedendo non se comprenderían senón introducimos a clave das burocracias internas. O relato propio autoxustificativo pode parecer fundamentalista pero ofrécelle unha dignidade que ennobrece a maquinaria de poder. Non se precisa ler a Maquiavelo para saber que a guerra de poder é constitutiva da política, pero pódese facer de xeito máis ou menos transparente ou democrático. A lóxica de control non se limita ao ámbito interno, nas organizacións de fóra a tendencia ao control e instrumentalización fai máis descarnada as relacións cos movementos sociais. Calquera que lea este artigo viviu nas súas proximidades episodios de utilización e control de organizacións sociais, e da súa catalogación afectiva en función de se eran das nosas e se eran controlables. 4- Democracia de baixa intensidade. Un paradoxo dos sistemas democráticos é ver como os partidos son elementos clave para o seu funcionamento e ao mesmo tempo funcionan con lóxicas que son escasamente democráticas. É un mal xeneralizado, non pensemos que esta práctica é patrimonio UPG, pero parte da historia do Bloque está lastrada por esta democracia de baixa intensidade, xogos de maiorías e minorías, vividos como: adversario o PP/PSOE, inimigo o interno. As formas de control con apariencia democrática son unha impronta bastante xeneralizada na nosa cultura política, hai versión máis perversas, un Gatopardo 2.0: cambiemos todo facendo partícipe a todo mundo, para que todo continúe igual. Todo o poder para os soviets, que xa os controlo eu. A adulteración do basismo e asemblearismo é unha práctica estendida na esquerda, os receos dos "formalismos democráticos" conducen por veces a tirar a democracia coas formalidades. A democracia é un proceso sen fin, de continua democratización da democracia. Penso que nos debemos preocupar de que os nosos procesos sexan participativos, deliberativos e inclusivos, espazos abertos e amables para facer en común. Demostrar que dentro facemos o que propoñemos para a sociedade, como exemplo e como motor de ilusión para quen participa. 5- Universos paralelos. O mundo do nacionalismo contemporáneo tendeu a crear unha cultura propia, bastante autoreferencial e bastante recoñecible desde fora. Gustos, temáticas, referencias, estilos de vida, xeitos de falar identificables de maneira particular, e un universo política propio que non interacciona demasiado co conxunto da sociedade. É como se fósemos unha comunidade elixida para salvar un pobo, que se recoñece entre si. Ten algo de ridículo e moito de certo o feito de que nos concibamos como a comunidade sobre a que asenta a emerxencia da nación, pero iso non debería conducir ao mesianismo. Unha idea que subxace a algúns postulados é que a maior parte do pobo está alienado, somos nós quen temos consciencia da situación e temos a misión histórica de despertalo do seu sono. Isto non promove relacións moi igualitarias e democráticas, pensar que as únicas persoas non alienadas somos as nacionalistas (ou a esquerda), converte o noso cometido en procurar que toda a cidadanía tome consciencia, é dicir, alcance a nosa posición. Se o pobo está alienado/colonizado non ten vontade autónoma, non pensa nin actúa conforme a un criterio propio, polo tanto a democracia non serve ata que sexan plenamente conscientes. Na versión nacional o autoodio sería un concepto que condensa parte de isto. De pouco serve que haxa outros procedementos democraticos que melloren a representación ou empoderen á cidadanía, o problema de fondo é que a xente quere cousas equivocadas De pouco serve que haxa outros procedementos democraticos que melloren a representación ou empoderen á cidadanía, o problema de fondo é que a xente quere cousas equivocadas. Por suposto, eu non penso que todo o mundo teña a mesmo nivel de consciencia, pero desde logo tampouco que o único non alienado sexa eu. Paréceme bastante san nunha forza política que pense nos acertos e desacertos propios cando non acada maiores apoios, ou non avanza nos resultados, non unicamente nas conspiracións externas e nas incapacidades do propio electorado. E desde logo, non mido o nivel de consciencia da humanidade na súa coincidencia coas miñas ideas, nin me atrevo a dicir que eu estea máis ou menos alienado que a maioría da poboación. 6- A política como prédica. Boa parte da actuación política "tradicional" parte dunha concepción pasiva da cidadanía e unidireccional da política. O ciclo susténtase na participación activa a través do sufraxio que lexitima o conxunto, o cal está moi ben pero non esgota o campo democrático. Un voto cada catro anos pon a funcionar a maquinaria representativa e executiva de acción pública, onde os/as cidadáns/ás pasan despois a modo pasivo, como usuario/a, administrado/a, e non tanto como conformadores da vontade democrática e responsables do común. Se a esta concepción tradicional e pasiva da política lle engadimos que a verdade está do noso lado, temos como obxectivo convencer á humanidade da evidencia que ti predicas; o retorno non se precisa, a cuestión é sumar militantes, simpatizantes, votos. O noso cometido é achegar a boa nova e tamén reñerlle ás cidadás/ns cando non se comportan do xeito adecuado. Incluso a concepción da política como mercado electoral precisa unha adaptación da oferta para aumentar no posible a demanda, o marketing aliméntase do coñecemento dos potenciais clientes/votantes para maximizar a oferta electoral. É dicir, ten un fluxo de duplo sentido para saber a quen te dirixes e afinar candidatos, mensaxe, políticas, etc. Xa non digamos unha idea máis participativa e republicana da democracia que lle dea un papel activo á cidadanía. Un proxecto político debería atender tanto á liña descendente: comunicar e chegar á sociedade, canto á ascendente: ver como a sociedade, os/as votantes, a súa base social, a súa militancia se implica na construción das propostas e na acción da formación. Desde a miña perspectiva a apertura da organización significa perder o control pero gañar capacidade de influencia. 7- Militantes como soldados Do mesmo xeito que se ten unha concepción pasiva da cidadanía tamén se concibe así aos efectivos propios. A militancia pénsase como a axentes que operan na orde descendente, no que o seu cometido central é facer chegar unha mensaxe homoxénea á sociedade. Ten moito menos relevancia a construción ascendente e a participación da xente implicada na conformación da vontade común. As/os participantes non deberían interpretarse só como músculo, máis como pel, fígado, corazón e cerebro do corpo colectivo. Unha organización intelixente que implica á súa xente na xeración de ideas e na relación coa sociedade, e permite que aprenda e interactue co contexto. A metáfora do corpo non é moito mellor que a maquinaria organizativa, pero pretende subliñar a importancia da intelixencia e a vontade na bondade organizativa; e que todas/os somos neuronas, poros, glóbulos vermellos... células constitutivas. O que se percibe de forma negativa pola maioría da sociedade funciona como unha fortaleza enorme para gañar asembleas ou facer unha campaña A apelación transcendente das seitas é enormemente motivadora. O que se percibe de forma negativa pola maioría da sociedade funciona como unha fortaleza enorme para gañar asembleas ou facer unha campaña. Non valerá para seducir, incluír, integrar, pero si para mobilizar aos próximos e transmitir socialmente a idea de constancia. "Sempre están aí, son sempre os mesmos, cuadriculados... o que queiras, pero están aí". O que limita tamén sostén. Eu penso que hai ideas e xeitos de convivir tan motivadores, e desde logo máis valiosos para quen participa. Trátase de que a participación sexa ilusionante non por fanatismo nin por prebendas, senón por ambición social e por colaborar nun espazo amable que facilita a implicación, sentindo o seu nexo e a súa efectividade no mundo de afora. 8- Duplo discurso. As palabras mesiánicas non sempre son apreciadas pola cidadanía. Cando as ideas propias son exóticas a ollos da sociedade, hai que procurar un discurso que non provoque rexeitamento. Faise preciso establecer unha interface, unha pantalla que permita acceder a colectivos amplos. Hai moitos anos que o BNG di cousas moi sensatas nos seus programas, pero que Iavé os libre de que o seu/a súa votante medio coñeza moitos debates e textos internos. O que se dá en chamar programa oculto responde a isto, cando os obxectivos últimos non son confesables, establécese un duplo nivel de linguaxe, un interno para adeptos ou iniciados, e outro para poder conectar co grande público. Calquera organización ten que modular as súas demandas, non se pode confundir o que se aspira a curto prazo coa ambición de transformación de longo percorrido Calquera organización ten que modular as súas demandas, non se pode confundir o que se aspira a curto prazo coa ambición de transformación de longo percorrido. Pero a nosa ambición non debe ser vergonzante, porque o que queremos debera ser accesible e apreciado pola maioría social. Entendo que -como en Blade Runner- hai xente que "viu cousas que vós non creriades: Atacar naves en chamas máis alá de Orión", cousas que poden ser reais e parecer de iluminados. É posible. Pero eu penso que debemos ser accesibles, empatizar coas persoas, interaccionar de forma continua coa sociedade, ser unha organización que aprende; pode ser que digamos cousas diferentes en momentos distinto pero non se verá como un programa oculto senón como unha ambición modulada. O parecido pode ser completamente distinto Moitas das cousas que aquí se din foron (e poden ser) lastres que impediron o avance do nacionalismo e da esquerda. Creo que agora son ameazas para a nova iniciativa (Anova e Compromiso). Ensaiar outras maneiras de facer e convivir, e de implicar á sociedade serán claves na reconsideración social do proxecto, o que parece semellante poda percibirse e ser unha cousa diferente. Durante a década dos 80 o PP de Fraga estaba situado nos 5 millóns de votos e o 25% a nivel español, en poucos anos, no 1996, situouse en torno aos 10 millóns de votos. Que sucedeu? pois que pasou de percibirse como un residuo do Franquismo, algo trasnoitado, nunha forza de alternancia asimilable a outras dereitas europeas, rexeneracionista, eficaz para crear emprego, hoxe pode parecernos cándido pero é así. Non mudou moito o programa, nin o seu ideario, nin a súa xente, pero todo era distinto. O exemplo é susceptible de ser malinterpretado (continúan sendo o mesmo, fan que cambie para que todo siga igual, etc); a intención é facer ver como certos cambios na forma de actuar, comunicar, relacionarse... dun referente político poden permitir que se reformule a súa percepción e valoración por parte da cidadanía (e dos/as propios/as membros). A nova iniciativa precisa, en palabras de Manuel M. Barreiro, marcar a diferenza en vez de diferenzar a marca (se ben agora xa precisamos ser identificables pola sociedade). O noso obxectivo non debe ser retornar a un momento idílico inexistente, senón construír coas ferramentas de hoxe para os problemas de hoxe, e sobre todo que poda xerar esperanza, confianza nas capacidades. Algo crible para a sociedade porque nós o cremos, e facemos participe do proxecto compartido a unha parte ampla da cidadanía. Parte da cultura do Bloque veu coas persoas que iniciamos a nova andaina. O bo (que é moito) e o malo traémolo con nós. Parte da cultura do Bloque veu coas persoas que iniciamos a nova andaina. O bo (que é moito) e o malo traémolo con nós. A lóxica de competición entre grupos asentou dentro, e eu non acabo de ver iso dos "vicios privados" como "virtudes públicas", que os egoísmos dos grupos sexan bos para o conxunto. Instalamos a desconfianza xeneralizada e despregamos as intrigas clásicas deste mundo. Queremos abrirnos á maioría social, construír algo de base cidadá, artellar un movemento/ organización de amplo espectro, e non somos capaces de entendernos no básico. Con todo o respecto, non conseguimos aínda romper a lóxica dos partidos tradicionais e a súa relación coa cidadanía. Para min o radical é ser capaz de sintonizar coa sociedade e constituír algo aberto á grande maioría social e non só aos iniciados. Este é un percorrido que apenas fixo ninguén, houbo tentativas, algunha vontade, máis continuamos nun debate bastante para dentro. Somos unha expectativa da que, polo momento, apenas se sabe nada, falamos entre nós e non nos entendemos, tentamos recompoñer as proximidades e non nos botamos á praza aberta; de momento partindo da grande expectación e esperanza inicial temos confusión e perplexidade. Podemos ser algo diferente pero hai que demostralo. Confluencia como claudicación Non sei como chegamos a este punto (ou si) pero carece de sentido que alguén poda ver a confluencia Anova e Compromiso como unha cesión, como unha perda nesta carreira. Temos a certeza de que ir sós ás eleccións galegas sería un suicidio para ambos, camiño certo cara a irrelevancia social e política. A dinámica de competición retroaliméntase e, sendo contraria á vontade maioritaria das persoas de ambas forzas, ten difícil saída. A confianza sempre é fráxil e difícil de xerar, cando racha non é fácil de recompoñer. Cómpre un suplemento de vontade, recuperar o espírito construtivo e ilusionante de hai uns meses, e acordar uns mínimos procedementos validos para todos/as para falar, a ver se somos capaces de desbloquear a situación. Hai moito que desaprender, abrir a mente, ser xenerosas/os e exercitar a fraternidade activa. Temos que salvarnos nós mesmos/as. Non acabo de comprender o debate que contrapón organización e movemento, penso que precisamos unha estrutura fluída, porosa, integradora, pero estrutura Non acabo de comprender o debate que contrapón organización e movemento, penso que precisamos unha estrutura fluída, porosa, integradora, pero estrutura; e temos que ser movemento ir máis alá da suma das persoas que nos apuntamos nun papel ou asistimos a un acto, desbordar as organizacións e penetrar internamente para superar as lóxicas tradicionais dos partidos. Están de actualidade a metáforas da física, pois eu penso que a nova iniciativa debe comprenderse nos termos misteriosos da física cuántica como onda-partícula, igual que a luz temos esa dupla natureza, depende de como fagamos a observación. Precisamos unha organización que non sexa un fetiche que se autoreproduce, nin un movemento que se dilúe e non permanece. Unha iniciativa que pensa máis alá de si mesma, capaz de sintonizar e relacionarse cos movementos e o dinamismo civil na súa pluralidade, para escoitar e apoiar. Son diversas as vías cara a irrelevancia social e política: (a) camiñar por separado e ofrecerlle a sociedade a confusión de forzas moi claras, ninguén o entende pero é coherente, (b) crear un partido de corte clásico no momento do seu ocaso, (c) conformar unha opción de centro cando non é apreciada, nin crible, e a sociedade está escorando cara a esquerda, (d) crear un polo de forzas independentistas, perfectamente alleo ás inquietudes da maioría social, (e) desprezar a concorrencia electoral e a acción pública, e que a sociedade desconsidere a nosa alternativa cidadá, (f) ampliar a sectores da mesma matriz ideolóxica e escasa relevancia social, permanecendo alleos a boa parte da sociedade que mira para nós con vontade de colaborar para facer fronte á desfeita a que estamos asistindo. Son moitas as oportunidades e moitas as ameazas. Fraternidade e indignación, alternativa para un tempo novo A irritación e indignación social son enormes ante a burla e incapacidade dos gobernantes. Estou convencido de que existen poucos lugares na península coas oportunidades desta nova iniciativa para canalizar o malestar social. O novo contexto é de mudanzas e a sociedade demanda para si outro poder e outras ferramentas. Non se trata só de maximizar o electorado nacionalista de esquerda, é dicir, ensanchar os apoios de convencidos. Trátase de construír en común unha forza de base cidadá que defenda cousas tan revolucionarias como as incluídas nas cartas fundamentais dos Estados e tratados internacionais: soberanía popular, servizos públicos universais, Estado social e democrático de dereito, garantía de dereitos e liberdades públicas, traballo digno, igualdade de oportunidades efectiva, progresividade fiscal, participación cidadá no ben común, honradez na administración e nos cargos públicos: democracia. A estrutura de oportunidade política actual anuncia unha recomposición do sistema de partidos e da forma de facer política. As forzas tradicionais (BNG, PSOE e IU incluídos) son vistas con receo por moita xente, hai demanda de algo distinto pero polo momento son estes os instrumentos existentes para combater a dereita de turno. A nova iniciativa debe constituírse nunha ferramenta útil no social e no político, capaz de tramar alianzas entre os sectores agredidos diante da ofensiva neoliberal, firme ante os retrocesos e o desmantelamento do Estado do Benestar. Pero ten que comprenderse tamén en positivo, a cuestión vai máis alá de derrotar (esta) dereita, trátase de xerar a alternativa da esperanza, demostrando que a política non é turnismo, que se pode facer outra cousa non só por cambiar aos gobernantes, mais porque confiamos nas capacidades do país e da xente, na implicación da cidadanía no común e no público e podemos facer outra cousa, desde a radicalidade de democrática, liberdade, igualdade e fraternidade. Irmáns, irmás, pódese facer outra cousa, todo o poder para a xente, trátase de ser demócratas. |
NOS_53983 | O vídeo leva a asinatura do realizador J. Aragunde. O ano pasado, o BNG estreou a fórmula, cun tema interpretado por Alonso Caxade e Xosé Luís 'Mini' Rivas. Desta volta, na segunda edición de #ACancióndo25, é a quenda de Aida (Cuarta Xusta) e Jasper (Nao), con Sumar por Galiza, o lema co que o BNG convoca o Día da Patria Galega. | A música para convocar as masas e para animar a mobilización do Día da Patria Galega. Esa aposta do BNG de 2017 vén para ficar. Unha opción pola criación galega. "Esa é unha 'marca da casa' dos contidos do Bloque nos últimos anos", destaca en declaracións a Sermos o responsábel de Comunicación da formación soberanista, Xavier Campos. No retrouso de Sumar por Galiza pódense identificar os elementos que vertebrarán o discurso do BNG este Día da Patria Galega 2018: "Sumar as forzas man con man", "abrindo un novo tempo de esperanza", "este Día da Patria camiña canda nós". O Bloque acredita que está nun bon momento e que está a reconectar coa sociedade. O vídeo mostra vitalidade e optimismo, a poucos días dun evento histórico, o 50 aniversario da primeira manifestación nacionalista durante a ditadura, un acontecimento que o BNG prepara con especial esmero. |
PRAZA_11419 | O tribunal tiña pendente pronunciarse sobre a proposta do instrutor de xulgar o maquinista e un cargo de Adif, punto ao que di que volverá se nas novas pescudas non se atopa nada relevante. | A Audiencia Provincial da Coruña acaba de decidir que se investigue a denuncia de borrado de datos do Alvia lanzada por un mecánico de Talgo hai unhas semanas, segundo o auto emitido este martes e ao que tivo acceso Praza.gal. O tribunal tiña pendente pronunciarse sobre a proposta do instrutor de xulgar o maquinista e un cargo de Adif, punto ao que di que volverá se nas novas pescudas non se atopa nada relevante.No auto, a Audiencia di que "procede reabrir a investigación co obxecto concreto, en principio, que se introduciu nesta fase de apelación" e que, no caso de que as pescudas sexan "infrutuosas" e de que "a causa volva ao mesmo punto no que se atopaba", poderanse dar por reproducidas as resolucións xa ditadas e os alegatos xa realizados "para que a causa poida volver á súa situación previa á introdución dos novso feitos". A Audiencia Provincial da Coruña tiña previsto analizar o pasado 11 de outubro se validaba ou corrixía a proposta do xuíz instrutor do accidente de Angrois, formulada hai xa case un ano, de xulgar xa como responsables de 80 homicidios por imprudencia tanto o maquinista do tren como o daquela director de Seguridade na Circulación de Adif. Porén, un día antes a plataforma de vítimas do sinistro sacou á luz unha declaración xurada dun antigo mecánico de Talgo que asegura que xusto tras o descarrilamento se borraron datos informáticos sobre posibles avarías do tren.A investigación acumula xa máis de seis anos con numerosas demoras de todo tipoAo coñecer a denuncia, a Audiencia decidiu aprazar a súa decisión sobre o futuro do caso e consultar ás partes persoadas na causa a súa opinión sobre que facer agora. As vítimas pediron que se investigue a denuncia, igual que o avogado do maquinista. Pola súa parte, o avogado do cargo de Adif tamén imputado por non habilitar as medidas de seguridade necesarias para evitar o despiste do maquinista salientou que a denuncia do mecánico evidencia que se investigou moito máis a infraestrutura (as vías, dependentes de Adif e do seu defendido) que o tren (dependente de Renfe e Talgo). Pola súa banda, Renfe dixo non ter coñecemento dos feitos. Xa que logo, con todas esas opinións ao respecto e a petición do fiscal de que se investigue esa denuncia, a Audiencia decidiu que hai que investigar esa denuncia lanzada por un mecánico do Talgo antes de continuar cunha investigación que acumula xa máis de seis anos con numeras demoras de todo tipo. |
NOS_23563 | Os estaleiros prexubilarán 900 persoas até 2022. | Os dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol perderán entre este ano e 2022 un total de 200 empregados. Os cadros de persoal de ambos os dous centros de traballo aprobaron maioritariamente a pasada terza feira, día 18, validar os dous documentos que se levaron a votación: o convenio colectivo único e mais o Plan Estratéxico, un documento que levaba varios anos enriba da mesa e que, despois de diferentes modificacións e un bo feixe de xuntanzas na sede central da compañía pública en Madrid, foi referendado polos cadros de persoal. Ben é certo que os resultados foron desiguais segundo os centros. No conxunto, participaron perto de 4.000 traballadores dos 5.030 que ten a compañía a día de hoxe. Case 68% do total manifestaron a súa conformidade co contido dos dous documentos; algo máis de 30% entendeu que as liñas básicas que recolle non garanten nin o mantemento do emprego nin unhas condicións laborais cando menos semellantes ás vixentes. En Navantia Fene (a antiga Astano) estaban convocados 226 operarios –só exerceron o seu dereito 176– e validou a proposta 78%; pola contra, na factoría ferrolá participaron 1.405 dun censo total de 1.839, aínda que o número de apoios foi moito menor: só 55,37% aceptou as condicións do acordo ao que chegaron a SEPI –matriz de Navantia– e os sindicatos estatais. O propio presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CCOO) recoñeceu tras se facer públicos os resultados que agardaba un respaldo significativamente maior; porén, apuntou que a ratificación permite despexar o horizonte dunha compañía que, coas contas na man, se atopa en quebra técnica, con elevadas perdas acumuladas nos últimos exercicios. [Podes ler o texto íntegro no número 327 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_10003 | A Consellaría de Sanidade vén de comunicar esta medida após decorrer un novo encontro co comité clínico que asesora ao Goberno galego sobre a evolución da pandemia no país. Seis municipios fican nun nivel elevado de restricións, mentres que outros 30 estarán en risco medio-alto. Hoxe tamén se aprobou o uso da vacina de Janssen para as persoas de entre 50 e 59 anos. | A Xunta e o comité clínico de expertas e expertos que asesora sobre a situación epidemiolóxica da Galiza decidiron manter as máximas restricións en Cambados, Laza e Padrón, o que implica o fechamento perimetral destes tres concellos así como o paro na hostalaría entre outras medidas. Respecto da semana pasada, na sexta feira deixarán este chanzo de prohibicións tanto Cualedro (que levaba varias semanas na mesma situación) como Vilanova de Arousa. A Consellaría de Sanidade comunicou tamén que haberá outros seis municipios no nivel alto de limitacións, se ben isto supón unha rebaixa respecto ao último encontro de traballo. En concreto, estarán neste grupo A Laracha, Oleiros, Cangas, Lobios, Ribeira e Vilanova de Arousa. Na práctica isto implica varias cuestións, pero que ten maior repercusión para o empresariado é que a hostalaría só terá abertas as terrazas. Así mesmo, as reunións serán dun máximo de catro persoas en interiores e seis en exteriores. Coas medidas do nivel medio quedarán 29 localidades a partir do día 14. En concreto, son Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. Neste caso, os locais hostaleiros poderán ter un 30% da súa capacidade ocupada. Nas terrazas o máximo será do 50%. No entanto, os números das reunións serán idénticos aos do nivel superior. O resto do país terá as limitacións propias do nivel de risco medio-baixo, se ben non se descarta unha cuarta onda nos próximos días ou semanas. Outras novidades Estas novas medidas por concellos saen na mesma xornada na que o PPdeG votou en contra de que se coñeza exactamente o número de vítimas da pandemia por cada residencia. Ademais, o Sergas explicou que, segundo un estudo, a vacinación permitiu unha redución do 100% de ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos e de falecementos nesas persoas xa tratadas. Tamén no ámbito da inoculación dos tratamentos contra a Covid-19, a Comisión Interterritorial de Saúde Pública decidiu esta tarde que as persoas de entre 50 e 59 anos recibirán o fármaco creado por Janssen. |
NOS_34110 | No terceiro trimestre presentáronse 1.349, un 1.5% máis que a respeito do mesmo período do ano anterior. O número de ordes de protección solicitadas incrementou nun 33%, até 447. Delas, 183 foron denegadas. | O número de denuncias presentadas por violencia de xénero e a solicitude de ordes de protección aumentou en Galiza neste terceiro trimestre a respeito do mesmo período do 2014, segundo dados que vén de facilitar o Tribunal superior de xustiza de Galiza (TSXG). Neste terceiro trimestre de 2015 houbo 1.349 denuncias por violencia machista, un 1,5% máis que no terceiro trimestre de 2014. No que atinxe ás ordes de protección solicitadas no noso país neses tres meses, a cifra disparouse un 33%. Pasouse das 335 peticións incoadas en 2014 a 447 no terceiro trimestre de 2015. Destas 447 peticións 264 (59%) foron adoptadas e 183 (41%) denegadas. As estatísticas corresponden ao Observatorio contra a violencia doméstica ,que indica que o número de mulleres vítimas da violencia de xénero en Galiza foi de 9,39 por cada 10.000 mulleres. O 75,8% das persoas enxuizadas por este tipo de delitos foi condenada. |
NOS_19514 | O CGAC presenta unha mostra individual de Francesc Torres (Barcelona, 1948), un creador amplamente recoñecido como un dos referentes históricos da instalación multimedia, membro da primeira xeración de instaladores xurdida no contexto artístico norteamericano na primeira metade dos anos setenta. | O traballo do artista catalán desenvólvese no ámbito da imaxe, seguindo estratexias que teñen na manipulación e na ambigüidade os seus alicerces máis evidentes, optando por evidenciar as posibilidades de asociacións mentais desde o emocional e poético e tendo como fío condutor a imaxe visual. Como resultado, acaba por crear pezas enormemente suxestivas, en que o emotivo adquire un papel relevante. Crebas | Francesc Torres | Primeira planta e Dobre Espazo, CGAC, Santiago de Compostela | Até o 1 xuño de 2020 A obra de Torres é unha indagación no substrato cultural e social do século XX e posibilita unha cadea de suxestións e reflexións críticas sobre a sociedade contemporánea e a súa relación coa acelerada modernidade como piares para un achegamento á súa realidade cultural. O artista, que pasa tempadas na Costa da Morte, utiliza o termo "crebas" para salientar o sentido obxectual do seu traballo, do que é exemplo unha monumental instalación a modo de Wunderkammer ou gabinete de marabillas, revelada aquí como xénese e sustento de toda unha vida de creación. Miles de obxectos de enorme carga simbólica que, do mesmo xeito que as crebas, testemuñan vivencias persoais, sucesos históricos e reiteracións da memoria. O carácter aberto e reflexivo das distintas pezas -como a histórica Construction of the Matrix, presentada na Bienal de Venecia de 1976, a instalación Feminicidios (por arte interpuesto) ou La campana hermética- fai que poidamos, como espectadores, participar da creación procurando lecturas e asociacións propias. Son obras que presentan un abano de preocupacións que acaban por se configurar como un auténtico calidoscopio dalgúns dos fenómenos do noso presente. A obra de Francesc Torres, pois, amósanos algúns dos camiños andados pola arte desde a asunción da cultura de masas como materia creativa, e como consecuencia a súa manipulación crítica, chegando en obras como as agora expostas á deconstrución do discurso por medio de vídeos e fotogramas que facilitan lecturas persoais. O catalán fai que o seu traballo sexa unha emotiva ollada sobre a nosa sociedade, desde os seus aspectos máis banais e cotiáns até os sentimentos máis fondos e universais. P.D: En canto non poidamos acceder fisicamente á mostra, podemos achegarnos virtualmente a través da web do CGAC. |
NOS_26848 | A asistencia presencial na Atención Primaria continuará confinada. Malia ao alivio das restricións fronte á pandemia noutras esferas sociais e os problemas xerados na calidade asistencial das usuarias e usuarios da sanidade pública, a Xunta da Galiza insiste en limitar a atención presencial nos centros de saúde e adianta que unha parte das consultas médicas a finais de ano continuarán sendo telefónicas. Mentres aumentan as queixas da poboación polo incremento das listas da agarda, profesionais sanitarios advirten dos inconvenientes do sistema en marcha. | As limitacións á asistencia sanitaria non presencial na Atención Primaria chegaron para quedar. A este respecto, resultaron clarificadoras as palabras pronunciadas a pasada quinta feira na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento da Galiza pola directora xeral de Planificación e Reforma Administrativa da Consellaría de Sanidade, Estrella López-Pardo, onde defendeu que só o 40% das consultas médicas foran de carácter presencial. "As axendas de médicos xa están preparadas para facer unha porcentaxe de presencialidade axeitada", sinalou López-Pardo, quen aseverou que "serán os médicos os que decidan quen é atendido de forma telefónica ou presencial". As palabras da responsábel da Consellaría de Sanidade non gustaron entre as forzas da oposición e profesionais do sector. Así, a deputada do BNG Montse Prado espetoulle que "en moitos centros de saúde agárdanse semanas por unha cita telefónica, e noutros hai colas" e o seu homólogo socialista Julio Torrado afeoulle a López-Pardo que "quitaron a capacidade de decidir ao usuario, pero non lla deron ao profesional porque o volume das lista de agarda impide citar todo o mundo". Neste sentido, a directora xeral de Planificación e Reforma Administrativa recoñeceu que "a atención presencial viuse resentida neste período estival", apuntando a que as consultas médicas telefónicas representaron máis do 70% do total. "A consulta presencial ten que ser o normal en Atención Primaria e máis nunha situación como esta na que se fala de recuperar a normalidade", sinala a Nós Diario a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen considera que as declaracións de López-Pardo "están destinadas a agochar os problemas de acceso aos centros de saúde e trasladar a responsabilidades aos profesionais sanitarios". "Hai que volver á normalidade, pero non á normalidade de antes da pandemia", insiste Abuín, quen reclama "aumentar os cadros de persoal dos centros de saúde, e non só con médicos, senón con persoal doutras categorías, como poden ser os psicólogos clínicos". Precisamente, o 20% das consultas en Atención Primaria son de natureza psicolóxica. "A situación vai ir a peor" Abuín amósase convencida de que "a situación vai ir a peor" e aposta por "un novo modelo de Atención Primaria á altura de 2021". "Hai que facer un plan de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para identificar as necesidades que faltan", defende Abuín. Neste sentido, o Informe de recursos humanos da enfermaría 2020, elaborado polo Consello Xeral da Enfermaría sinala que a ratio de enfermeiras na Galiza é de 5,19 por cada 1.000 habitantes, fronte a 6,02 do conxunto do Estado, presentando só Murcia, con 4,59 profesionais por cada 1.000 habitantes, e Andalucía, con 5, unhas cifras peores. "Unha barriga non se pode palpar de maneira non presencial. Para detectar unha apendicite hai que tocar a barriga e o mesmo acontece con outras doenzas", sinala Pablo Vaamonde "Non hai xustificación sanitaria neste momento para manter estas limitacións no acceso á Atención Primaria", comenta a Nós Diario, Pablo Vaamonde, antigo presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria e médico do centro de saúde de Labañou na Coruña, quen responsabiliza a Administración de "manter neste momento a non presencialidade como sistema de cita preferente en Primaria", tentando "botarlle a culpa aos profesionais" da situación. "A xente non pode estar agardando unha semana a que lle dean unha cita telefónica para unha consulta", continúa Vaamonde. "O problema básico é a falla de persoal e iso provoca a masificación", apunta a Nós Diario Xosé María Dios, médico de familia no concello de Outes e secretario da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, quen responsabiliza desta situación a "unha política de aforro que provoca unha mala calidade asistencial". "Non é certo que non haxa médicos, como nos repiten permanentemente. Aos últimos exames do MIR presentáronse 14.000 licenciados en Medicina e só aprobaron 6.300, polo que quedaron 8.000 profesionais fóra", destaca Dios, quen advirte de que "os médicos de Primaria son un colectivo moi envellecido, onde máis do 30% dos actualmente en activo estarán xubilados nun prazo de cinco anos". Os riscos asistencias da atención non presencial Dios entende que "unha consulta telefónica non pode ser prioritaria, senón complementaria". Ademais, lembra as dificultades das persoas maiores para acceder ás novas tecnolóxicas, o que "pode provocar que queden directamente moitos deles sen atención sanitaria". Vaamonde considera que "hai algunhas tarefas que se poden atender por teléfono como cubrir un parte de baixa, elaborar receitas de medicamentos... pero unha barriga non se pode palpar de maneira non presencial. Para detectar unha apendicite hai que tocar a barriga e o mesmo acontece con outras doenzas". Analiza con preocupación a situación das "persoas maiores con problemas cognitivos ou con trastornos psicolóxicos" pero tamén dos "doentes crónicos que careceron da atención debida". "A atención dos doentes non se pode basear en consultas telefónicas ou telemáticas porque se perde a eficacia", di Xosé María Dios "Para nós supón unha grande incerteza ter que tomar decisións sen poder consultar de maneira presencial o doente", sinala Pablo Vaamonde. "Este modelo xera maior dificultade asistencial, aumenta moito as posibilidades de erro e impide facer un estudo preciso da situación", continúa Vaamonde, quen lembra que "a situación vólvese máis complicado cando falla algún compañeiro e temos que facernos cargo dos seus doentes, para nós absolutamente descoñecidos e aos que non lle temos feito o seguimento dos asociados ás nosas tarxetas". As outras mortes en tempos da Covid Xosé María Dios amósase convencido de que "o día que se faga un estudo doutras mortalidades por causas diferentes ao coronavirus durante a pandemia vai ficar claro que a mortalidade é moito maior da prevista". Na mesma liña, alerta da "falla de control médico do aumento da comorbilidade", termo empregado para describir dous ou máis trastornos ou enfermidades que ocorren nunha mesma persoa. No mesmo sentido, advirte que "está aumentando a mortalidade porque non hai a prevención que se daba noutros momentos". "Hai patoloxías graves que se deixaron de atender como consecuencia da pandemia e estanse vendo patoloxías doutros factores de risco maiores que o coronavirus", afirma Dios, quen vincula esta situación a que "non se pode facer prevención porque a xente non pode acudir aos centros de saúde". Asemade, sinala que "hai especialidades para as que non podemos solicitar cita presencial e obrígasenos a enviar os usuarios ás urxencias hospitalarias, co que significa de atraso para a atención e revisión destes doentes". Atrasos nos tratamentos oncolóxicos A pandemia está provocando atrasos nos diagnósticos, mesmo naquelas patoloxías máis sensíbeis. Así, por exemplo, a Sociedade Española de Oncoloxía Médica vén denunciando nos últimos meses importantes atrasos na detención e nos tratamentos do cancro, sinalando que 36,5% dos tratamentos oncolóxicos téñense interrompido no Estado ao longo de 2020. Na mesma liña, a asociación profesional destaca que "durante os diversos picos da pandemia ao longo de 2020, os centros de oncoloxía diminuíron a súa actividade en 60,9%, o que se traduciu nun atraso das cirurxías en 44%, da quimioterapia en 25% e da radioterapia en 17%". |
PRAZA_19972 | O festival de contidos dixitais afronta o último día tratando tamén a influencia de Twitter sobre a televisión convencional | "Despois dunha década de experimentación e amateurismo, a produción de contidos audiovisuais para Internet está a madurar, tamén no que respecta ao salto profesional". A cuarta edición do Carballo Interplay abordará, na súa última xornada deste sábado, a profesionalización que están a vivir os contidos dixitais e farao da man de Flooxer, en representación das novas plataformas que están a xurdir -co apoio dos grandes medios- para seleccionar o talento que hai na rede; Está pasando, como mostra das axencias que poñen os seus contidos on line ao servizo de marcas e produtos de entretemento; e Diffferent Enterntainment, exemplo de produtora especializada na ficción para internet que logrou facer disto o seu modo de vida, tanto con producións propias como traballando para terceiros. "A produción de contidos audiovisuais para Internet está a madurar, tamén no que respecta ao salto profesional" "Nos tempos da multipantalla, somos practicamente incapaces de estar a mirar a televisión unha noite calquera sen ter o móbil diante", advirten os organizadores, que aseguran que, ao contrario do que se podería pensar, "isto non nos aparta do contido, senón que o fai máis divertido". A conversa ao redor dos programas e retransmisións en directo agora faise nas redes sociais e favorece a participación dos espectadores de diversas maneiras: desde o chiste e o comentario troll ata o saúdo aos veciños, o compartir fotos ou rebentar os timelines cun trending topic tróspido. Diso falan esta mañá no Carballo Interplay, El Hematocrítico e os responsables de redes dos programas da TVG Land Rober (Javi Mos) e Luar (Pilar Rodríguez). A interacción no Twitter ao tempo que se ven programas "non nos aparta do contido, senón que o fai máis divertido" Xa pola tarde, despois das proxeccións das últimas webseries que compiten na sección oficial, a familia Prieto Flores traslada ao Pazo da Cultura de Carballo o salón da súa casa, para conversar con Isa Calderón, Soy una pringada, Percebes y grelos e El Hematocrítico. Tras esta versión "ao vivo" dos seus populares vídeos de Youtube, celebrarase a gala de clausura de IV Carballo Interplay, conducida polo actor Sergio Zearreta. Pechará a festa unha picada da DJ Son unha pringada. Todas as actividades son libres e gratuítas ata completar aforo. |
NOS_52480 | A pasada sexta feira, un integrante da asociación polos dereitos LGTBI Avante sufriu unha presunta agresión "homofóbica e gordofóbica" en Santiago de Compostela. Así o denuncia en Nós Diario, que recolle o seu testemuño. | "Maricón de merda", "puto gordo", "foca". Estes foron algún dos insultos que D. R. presuntamente sufriu a pasada sexta feira en Santiago de Compostela. En concreto, a agresión verbal tería ocorrido contra as 20.30 horas na rúa do Preguntoiro, no casco histórico da cidade, cando a vítima se atopaba con outra rapaza. "Arriba España e morte aos maricóns": condenan 4 garda civís destinados en Noia por homofobia Tal e como explica D. R. a Nós Diario, coincidira co presunto agresor minutos antes, nunha tenda desa zona. "Atopamos un home que estaba gritándolle á dependenta. A miña compañeira e mais eu fomos preguntar se estaba todo ben, ao que a traballadora nos recoñeceu que era algo habitual nesa persoa", relata o afectado. Despois de que o home marchase da tenda e a vítima da agresión e a súa compañeira atendesen a dependenta, estes dirixíronse cara á rúa do Preguntoiro, onde volveron atopar o atacante. "Ía camiñando e toqueille sen querer; ía pedirlle perdón cando me decatei que era el, e aí foi cando comezaron os insultos gordofóbicos e homofóbicos", narra D. R. Deixando a homofobia en fóra de xogo "Ameazoume con partirme a cara e díxome que me achegara a el se me atrevía, que quería rebentarme", prosegue, "mentres nos seguía pola rúa e me chamaba de todo". A vítima, que forma parte da asociación a prol do colectivo LGTBI Avante, explica que denunciou a situación nas súas redes sociais e a través de Nós Diario porque quere que se saiba que "segue habendo agresións deste tipo" e concienciar sobre esta situación. "Non é a primeira vez que me pasa isto, e cada vez imos a peor", sentenza. Outros episodios de intolerancia Compostela foi este pasado verán protagonista de varios actos vandálicos contra a comunidade LGTBI, despois de que dous paneis indicativos de entrada na cidade, decorados coa bandeira do arco da vella, fosen pintados coa do Estado español. Uns actos que espertaron a preocupación tanto de colectivos como de formacións políticas. Unha bandeira LGTBI en Santiago, cuberta coa de España nun novo acto vandálico Porén, non só a capital da Galiza sofre unha repunta dos ataques lgtbifóbicos. O pasado ano, un grupo de rapaces propinou unha malleira mortal na Coruña a outro mozo, Samuel Luiz, ao berro de "maricón de merda". Este mesmo ano, outro mozo púxose en contacto con Nós Diario para denunciar unha agresión da Policía Nacional española por querer entrar con medias nunha discoteca da cidade herculina. En Vigo, o pasado mes de abril un grupo de persoas agrediu gravemente dous rapaces na praza de Portugal, en Vigo, após bicarse, mandándoos ao hospital. Despois de entrar en urxencias, os facultativos constataron que un dos agredidos tiña unha fractura do tabique nasal, un desgarro nunha orella e varios hematomas na faciana e no corpo. O outro rapaz presentaba unha moa rota e un traumatismo nun cóbado. Asaltan e agriden gravemente dous rapaces en Vigo após bicarse Ourense é outra das cidades galegas na que nos últimos meses se produciron ataques deste estilo. Tamén en abril deste ano, o grupo valenciano de hardcore punk Amor denunciou nas súas redes sociais a agresión homófoba sufrida por un dos seus integrantes, ao que, aseguraron, deixaron inconsciente após romperlle o nariz. |
NOS_13545 | Unha tese estuda os recursos lingüísticos que se precisan para etiquetar estatística e automaticamente corpus en galego. | O galego atópase entre as linguas con recursos computacionais "robustos" que a sitúan "na vangarda da lingüística computacional". Eva Mª Domínguez Noya sostén esta información na súa tese de doutoramento 'Etiquetaxe e desambiguación automáticas en galego: o sistema XIADA' baseándose nos datos: o galego posúe un etiquetador morfolóxico automático estatístico de alta precisión, cuxa taxa de acerto se sitúa no 96%, e un corpusetiquetado morfoloxicamente de case 600.000 unidades cun sistema de recuperación de información flexible e cómodo. A construción de recursos lingüísticos, entre os cales están os corpus, é necesaria en toda lingua para profundar no seu coñecemento, mais tamén é fundamental para o procesamento da linguaxe natural. Nos últimos anos, ademais, as novas tecnoloxías da información xorden como un parámetro máis de clasificación das linguas en función da súa presenza ou ausencia nelas, e o galego non é alleo a esta corrente. Proxecto multidisciplinar No Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o catedrático de Lingüística española da USC Guillermo Rojo dirixe un proxecto multidisciplinar cuxo obxectivo é facilitar a recuperación de información do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), ademais de por forma ortográfica, por etiqueta morfosintáctica e lema. Resultado dese proxecto é a ferramenta creada especificamente para o galego denominada Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA). 'A tese estivo codirixida polo profesor do Departamento de Lingua Española da USC Guillermo Rojo e a profesora do Departamento de Filoloxía Galega M.ª Sol López Martínez. O traballo, que acadou a cualificación de Sobresaliente cum laude. |
PRAZA_10837 | A formación nacionalista advirte de que existe a posibilidade de que unha serie de tempolos dedicados ao culto fosen rexistrados "ilegalmente" | O BNG rexistrou no Parlamento galego unha batería de iniciativas para "demandar" ao Estado que publique unha listaxe cos bens inmatriculados pola Igrexa católica entre os anos 1946 e 1998.Así o advertiu o Bloque nun comunicado no que asegurou que existe a posibilidade de que unha serie de templos dedicados ao culto fosen rexistrados "ilegalmente". Xa que logo, lembran que o Goberno central dispón desde agosto de 2018 dunha lista de bens inmatriculados entre 1998 e 2015, "que non se fixo pública" e que "impide abrir vías legais para a súa anulación". Ante iso, a formación nacionalista considera "urxente e necesaria" a súa difusión para actuar. O BNG advirte de que existe a posibilidade de que unha serie de tempolos dedicados ao culto fosen rexistrados "ilegalmente"A iniciativa do BNG pretende "ampliar a investigación" a todos os bens desde 1946, data na que se aprobou a norma que outorgaba á Igrexa católica a posibilidade de "rexistrar bens sen acreditar propiedades", unha situación que o Bloque considera "un privilexio franquista que lle permitiu inscribir miles de bens porque a Lei Hipotecaria e o regulamento permitiu que os representantes eclesiásticos actuasen como fedatarios públicos". Así, o deputado do BNG no Parlamento galego Luís Bará acusou o PP e o PSOE de "protexer estes privilexios e abusos", ademais de demandar a creación dunha oficina de información e asesoramento para as entidades que reclamen estes bens. |
NOS_4082 | A Axencia Europea do Medicamento (EMA) vén de aprobar o uso de emerxencia da pílula antiviral contra a Covid-19. | Os Estados membros da UE poderán decidir se autorizan ou non o uso da pílula antiviral contra a Covid-19 que vén de aprobar a EMA. O regulador europeo informa de que os estudos suxiren que o tratamento pode reducir a capacidade de virus de se replicar dentro do corpo das persoas. Desta maneira, a pastilla, cuxo nome é molnupuravir e que antes se probara contra o virus da gripe, podería previr a hospitalización e o falecemento a causa da enfermidade. A decisión da UE non é un visto bo total ao medicamento, mais a luz verde a que os Estados poidan utilizala en situacións de emerxencia abre a porta a unha aprobación definitiva nas próximas semanas. Se se administra a pílula a pacientes nos días posteriores a un test de diagnóstico positivo, reduce nun 50% as posibilidades de hospitalización, segundo un ensaio clínico da EMA. O Reino Unido foi o primeiro en autorizar o molnupiravir en persoas que sofren Covid lixeira ou moderada e presentan cando menos un factor de risco de desenvolver a enfermidade de maneira grave: obesidade, idade superior aos 60 anos, diabetes ou enfermidades cardíacas. Dado o anuncio, Merck empezou a producir de maneira masiva o medicamento e ten previsto fabricar as doses necesarias para 10 millóns de tratamentos antes de fin de ano. A compañía farmacéutica fechou acordos cos EUA -que adquiriu cada tratamento, que consta de 40 pastillas: 4 cápsulas dúas veces ao día durante cinco días, por 600 euros- e Francia. A OMS advirte dun rebrote en Europa O anuncio chega cando o director da Organización Mundial da Saúde (OMS) para Europa, Hans Kluge, alertou de que o continente está nun punto crítico de rebrote. Amosouse preocupado polo alivio das restricións nalgúns Estados. "Todos os países do continente enfróntanse a unha ameaza real de rexurdimento da Covid-19", alertou Kluge, quen destacou que de alcanzarse o 95% de uso da máscara poderían salvarse 188.000 vidas do medio millón que se poden perder de aquí a febreiro de 2022. Un dos peores rexistros dáse en Alemaña, onde as autoridades notificaron 33.949 novos contaxios no último día. É a cifra máis elevada desde o inicio da pandemia. |
NOS_58076 | Cada sexta feira do mes de maio e até o 18 de xuño decorre o II Foro Culturminho, de cultura transfronteiriza, que se desenvolverá alternativamente nos concellos de Paredes de Coura e O Rosal. | Na xornada de mañá bota a andar o II Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo "Culturminho", un evento que busca a creación de iniciativas culturais conxuntas no territorio miño e que está organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho e o Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER). Cada sexta feira até o 18 de xuño, e entre os concellos de Paredes de Coura e O Rosal, axentes culturais privados e creadores galegos e portugueses traballarán na busca de cales deben ser os eventos transfronteirizos a desenvolver para mobilizar un público conxunto. Este II Foro Culturminho desenvolverá grupos de traballo presenciais e en liña para reflexionar sobre as sinerxías existentes nas dúas beiras do Miño, co obxectivo de xerar creatividade e mobilizar a economía da Eurorrexión. As xornadas de traballo que comezan agora e rematan o 14 de maio levan por título "Desing Thinking aplicado á creación de proxectos culturais no Río Miño transfronteirizo", guiadas pola especialista en Creatividade Aplicada, Katja Tschimmel. O 21 de maio traballarase sobre "Proxectos de estruturación para o financiamento: aspectos críticos no desenvolvemento e a xestión" e "Orzamento, financiamento e comunicación"; e o 28 de maio farase unha análise crítica dos proxectos desenvolvidos e das "Redes internacionais: creación e xestión de redes e proxectos europeos", a cargo dos xestores culturais Lucía García e Nacho de la Vega. O 18 de xuño, xornada de clausura do II Foro Culturminho, presentaranse os proxectos deseñados no Centro Social Polivalente d'O Rosal e decidiranse as posibilidades de cada un deles para optar a fondos europeos. Neste sentido, o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez salientou a importancia de optar a todos os fondos europeos posíbeis, subliñando que desde o AECT Rio Minho se traballará por acadar cartos da UE dos programas 'Europa Creativa-Cultura' e 'Europa dos cidadáns', ademais dos que xa se están xestionando do Interreg e dos que poidan chegar do Plan de Recuperación Económica pos COVID-19 'Next Generation'. "A cultura é unha parte moi importante para a reactivación económica do territorio miñoto. Nestes momentos no que a zona da fronteira sufriu un dobre impacto polo feche con Portugal, hai que multiplicar esforzos, propor proxectos e buscar financiamento para recuperar a actividade", insistiu Benítez. |
NOS_48200 | No Día Internacional da Epilepsia, a Sociedade Española de Neuroloxía advirte da importancia do acceso aos tratamentos, que melloran a vida de tres de cada catro doentes, e sinala os principais factores de risco para desenvolver esta enfermidade. | Un de cada catro casos de epilepsia pode previrse ao mellorar a saúde vascular e evitar os traumatismos cranioencefálicos, o que podería reducir os casos en máis de 15%, segundo sinalaron esta segunda feira profesionais do grupo de estudo de epilepsia da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), con motivo da celebración do Día Internacional da Epilepsia. No Estado español, a enfermidade afecta unhas 400.000 persoas e en todo o mundo os casos ascenden a máis de 50 millóns de pacientes. O coordinador deste grupo de estudo, Juan José Poza, advertiu que será unha patoloxía máis habitual nos próximos anos debido ao aumento da esperanza de vida e da supervivencia das persoas que padecen algún factor de risco desta enfermidade. "A epilepsia é unha das enfermidades neurolóxicas máis frecuentes en todo o mundo e aínda que afecta a persoas de todas as idades, a incidencia desta enfermidade é maior en nenos e nenas e persoas anciás: é a terceira enfermidade neurolóxica máis frecuente entre as persoas maiores, e o trastorno neurolóxico máis frecuente en nenos", sinalou. No desenvolvemento desta enfermidade están implicados diversos factores xenéticos e metabólicos, alén doutros que aínda non están claros, entre os que destacan sufrir algún tipo de lesión perinatal, algunha infección do sistema nervioso central, algún traumatismo cranioencefálico ou un ictus. "Levar a cabo estratexias que permitan mellorar a saúde materna e neonatal, o control de certas enfermidades transmisíbeis, así como previr lesións e problemas vasculares, podería axudar a reducir significativamente o número de casos. De feito, por exemplo, as meninxites bacterianas e as encefalites víricas son as responsábeis de entre 2 e 5% dos casos de epilepsia. Por outra parte, as persoas que sufrisen algún traumatismo cranioencefálico (TCE) grave teñen un risco 20 veces maior de desenvolveren epilepsia que as persoas con TCE leves, e estes son a causa de entre 4 e 5% dos casos. Aliás, sufrir un ictus pode ser a causa de padecer epilepsia en até 12% dos casos", engadiu o experto. A SEN subliña que existen tratamentos para esta enfermidade, o que supón que case 75% das persoas que a padecen teñan unha vida practicamente normal; con todo, matiza que arredor de 25% das persoas pacientes non responde aos tratamentos, o que se denomina epilepsia farmacorresistente. "Dado que se trata dunha enfermidade que afecta tantas persoas, o feito de que para 25% dos pacientes aínda non se atopase un tratamento efectivo, e que non en todos os países sexa posíbel o acceso correcto a tratamentos, fai que a epilepsia sexa a causa da perda de máis de 13 millóns de anos por discapacidade e de máis de 0,5% da carga mundial de morbilidade. Ademais, o risco de morte prematura en persoas con epilepsia é até tres veces maior que na poboación xeral", detallou Juan José Poza. Aproximadamente 50% dos adultos con epilepsia padecen, cando menos, outro problema de saúde físico ou psiquiátrico. Entre as afeccións psiquiátricas máis frecuentes destacan a depresión (23%) e a ansiedade (20%). Aliás, a discapacidade intelectual é a afección comórbida máis frecuente en nenos con epilepsia (entre 30 e 40%). A relación entre a resistencia aos fármacos e a depresión Noutra orde, un estudo do Hospital do Mar de Barcelona presentado esta segunda feira detectou que a metade das persoas doentes con epilepsia resistente ao tratamento farmacolóxico presentan "altos niveis" de depresión e ansiedade, e 70% delas afirmou ter unha "mala" calidade de vida. |
NOS_56787 | A Xunta non constituirá até xullo a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia, encargada de redactar informes anuais sobre a aplicación deste dereito. | A asociación Dereito a Morrer Dignamente na Galiza vén de reclamar máis formación dos profesionais sanitarios e máis información para difundir o "dereito" para solicitar a eutanasia, en base aos requisitos estabelecidos pola Lei de eutanasia que entrou en vigor o 24 xuño do ano pasado. A prestación da eutanasia avanza malia dárense "actitudes non facilitadoras" Así o manifestou a Europa Press a súa vicepresidenta, Isabel Blanco, quen asegurou que son numerosas as solicitudes de información que reciben, unha cuestión que vincula coa falta de formación nesta materia por parte dos profesionais sanitarios. Segundo o Sergas, desde a entrada en vigor do Decreto de regulación da Eutanasia recibiu un total de 19 solicitudes, "das que en catro realizouse a prestación". Galiza rexistrou 9 peticións de eutanasia desde a entrada en vigor da lei "En canto aos restantes casos, a maioría dos procedementos atópanse aínda en proceso" de tramitación, sinalaron desde a Consellaría de Sanidade. Falta de "transparencia" Sobre a situación na Galiza, Isabel Blanco afirmou que unha vez ao ano debe publicarse un informe, pero que no caso do noso país non se fixo aínda. Pontón exixe a Feixoo que non poña atrancos á Lei de eutanasia Isto débese a que a Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia, encargada de redactalo, non se constituirá até xullo. Porén, outras autonomías "con outra transparencia" xa publicaron dito informe, afirmou a vicepresidenta da organización En canto á aplicación da lei, admite que, ao tratarse dunha lexislación nova, é "difícil normalizar ese dereito". Neste sentido, incidiu en que "faltan campañas divulgadoras e formación do persoal sanitario". O arcebispo de Compostela cualifica de "acto homicida" a eutanasia "A xente vai pedir ao centro de saúde información e non saben (os facultativos)", concluíu. |
NOS_29237 | O PP vetou que o presidente galego tivese que comparecer para dar conta da actuación do goberno nestes 2 temas. Para Francisco Jorquera, os populares "anulan o Parlamento para evitar que Feijóo dea a cara". | O BNG pide o apoio dos restos do grupo da oposición para asinar unha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario no Parlamento de Galiza sobre os incendios e o sector lácteo galego. Unha solicitude que @s nacionalistas fan após que o PP evitase na Deputación permanente que Feijóo comparecese na Cámara galega para da explicacións sobre a actuación do goberno en ambos os dous temas. Para o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera -que compareceu acompañado da deputada Tereixa Paz- o Partido Popular anula o Parlamento galego para evitar que o señor Feijóo "dea a cara" e para "encubrir o fracaso manifesto das súas políticas". Non ten explicación que após un incendio como o orixinado en Cualedro, que arrasou 3.000 hectáreas e foi o segundo mías grande deste século en Galiza, o presidente non compareza. Tereixa Paz considerou que a única maneira de facer "un debate serio sobre os incendios forestais é facelo nun pleno con datos obxectivos para formular propostas encamiñadas a resolver a situación". O Goberno da Xunta non pode seguir mantendo que estamos ante un problema de orde pública e incendiarios, explica a deputada, porque existen "situacións estruturais vinculadas co abandono e unha política forestal que cubre as necesidades de eucaliptos dunha soa empresa en Galiza pero non está orientada a crear riqueza nin a diversificar a produción forestal". Sobre o sector leiteiro, Jorquera lembrou que o Goberno galego apela a que é ilegal fixar un prezo mínimo do leite en orixe mais tamén é ilegal, insistiu, que as grandes superficies utilicen o leite como produto reclamo ou que as industrias concerten prezos. Malia isto, Xunta e Estado optaron pola "inacción total e absoluta", denuncia o nacionalista. Pola súa parte, Tereixa Paz afirmou que "un paquete lácteo na que só lle impoñen obrigas aos gandeiros pero non á industria e a distribución ia resultar inútil para vertebrar o sector". "Galiza é a comunidade de toda a Comunidade europea onde se vende o leite máis barato con 7 céntimos menos que no resto do Estado español e sen embargo, as industrias seguen ameazando con deixar de recoller leite". |
NOS_52656 | O 18 de setembro de 2014 as e os escoceses decidirán en referendo se queren ser ou non un estado independente. De votar si, a independencia proclamaríase o 24 de marzo de 2016, segundo anunciou o goberno escocés. Xusto 309 anos despois da 'Act of Union', o acordo para o que traballara de espía pro-inglés o autor de Robison Crusoe, Daniel Defoe | 24 de marzo de 1707: Asinábase a Act of Union, acordo polo que se fixaban e establecían os termos da unión de Inglaterra e Escocia aprobada por senllos parlamentos. Para uns, unha integración. Para outros, unha anexión. Daniel Defoe, que ademais do autor de 'Robinson Crusoe' estivo en 1706 en Edimburgo como axente secreto para facer todo o posible para que se asinara a unión con Inglaterra recoñecía: "De cada 50 escoceses que me atopo, como moito un apoia a unión". 24 de marzo de 2016: Escocia declarará a súa independencia. Farao se no referendo do 18 de setembro de 2014 as e os escoceses optan por esta opción. Nesa consulta preguntaráselles se queren que Escocia sexa independente e se constitúa en estado. Poderán votar os maiores de 16 anos. Se gaña o non, a vella Alba seguirá a formar parte de Gran Bretaña, como desde 1709. Se a vitoria é do si, a folla de ruta xa está trazada: o 24 de marzo de 2016, 19 meses despois do referendo, o Parlamento escocés proclamará a independencia. E en maio realizaranse as primeiras eleccións para escoller o parlamento da Escocia independente. En maio de 2016 realizaranse as eleccións para escoller o parlamento da Escocia independente O 24 de marzo de 2016 é a data que se recolle no Libro branco sobre a independencia, un documento de case 700 páxinas que quer explicar, informar e dar resposta a todas as preguntas sobre o presente e o futuro do proceso soberanista que vive esta vella nación celta. O libro vai ser presentado esta terza feira en Glasgow polo goberno escocés (SNP). Nicola Sturgeon, vice-ministra especial de Escocia, afirma que este documento é unha "guía" na que se dan datos e estudos sobre a viabilidade dunha Escocia independente, para alén de informar sobre como se declararía a independencia, como serían as negociacións no período de transición. Enquisas Enquisas e sondaxes sobre a independencia son constantes en Escocia. Hainas, como a máis recente, de The Scotsman, que sitúan o apoio a un estado escocés no 38%, mentres que un 47% son partidarios se seguir a formar parte de Gran Bretaña. |
NOS_3753 | Para o alcalde, o Goberno galego "ataca Vigo de novo". | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu insistir nesta quinta feira no transvasamento do río Verdugo para abastecer de auga a cidade. O rexedor socialista criticou que, segundo el, a Xunta "pretende que Vigo quede sen auga". O posíbel transvasamento dos ríos Verdugo e Oitavén chega ao Parlamento da man do BNG Nunha rolda de prensa, lembrou que, durante a "gran seca" de 2017, o aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, "foi polas televisións estatais dicindo que a auga de Vigo era mala", e que o Goberno galego sancionou o Concello, para despois retirar as multas por sentenza xudicial. As palabras de Caballero chegan despois de que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, manifestase as dúbidas do Goberno galego sobre a necesidade dun transvasamento para garantir o abastecemento de auga á cidade e a súa contorna. "Novo ataque a Vigo" O alcalde vigués sinalou que, despois da seca de 2017, pediu "apoio ao Goberno español", que encargou un estudo técnico sobre as posibilidades para garantir o abastecemento de auga en Vigo nun futuro O informe, 'Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da Provincia de Pontevedra', recolle, entre outras, a construción dun encoro en Forzáns, no concello de Pontecaldelas, ou o transvasamento dos ríos Verdugo e Oitavén. A Xunta rexeita o transvasamento de Verdugo e Oitavén "Agora que nos din o que hai que facer, a conselleira di que non lle vale, porque o estudo non pon o que ela quere", censurou, e criticou que a Xunta se opoña a un transvasamento de emerxencia, que "non produce deterioro da auga nin ambiental". Para o alcalde, o Goberno galego "ataca Vigo de novo". Tamén denunciou que a Xunta rexeita financiar unha nova potabilizadora, que terá que pagar o Concello. |
NOS_55378 | O canxe das preferentes de NCG banco comezará en breve e prolongarase até finais de febreiro. Unhas semanas nas que @s estafad@s poderán recuperar o 60% do investido, pois o 40% rescate é a quita imposta por Bruxelas para pagar o custo do rescate da entidade. | O ministro de Economía, Luis de Guindos, anunciou no Congreso que o canxe de preferentes de Novagalicia Banco comezará de inmediato e prolongarase até finais de febreiro. Unhas semanas nos que os e as posuidoras destes activos poderán recuperar o 60% do que investiron, pois o 40% restante é a quita que impuxo Bruxelas. "Consúmase o roubo", alertan desde as plataformas de estafad@s. Hai pola volta de 45.000 estafad@s no calote das preferentes e subordinadas en NCG. A metade acudiron á arbitraxe. E uns 13.000 non apostaron por esta vía, de aí que a canxe sexa case que a única alternativa que lles queda. O Fondo de Garantía Salarial convertirá en efectivo ese 60% do aforro que o cliente ten nas preferentes. Mais desde as plataformas alertan de que se esté intentando dar a imaxe de que o problema das preferentes está solucionado. "É mentira. Exiximos que nos devolvan o 100%. Non pode ser que se permita este roubo e os gobernos non fagan nada", denuncian. NCG deberá reducir os seus activos nun 60% até 2017. Unha data na que esta entidade nacionalizada ou ben terá que ser vendida ou ben proceder á súa liquidación ordenada. A folla de ruta imposta por Bruxelas contempla un forte recorte de plantel (2.500 traballadores e traballadoras) e impón fortes quitas aos titulares das preferentes, que serviría para reducir a factura das axudas do estado. E tamén terá que recortar á metade a rede de oficinas que ten esta entidade. |
NOS_19939 | O novo propietario do estaleiro Hijos de J. Barreras avanza no acordo coa banca e con Cesce para rematar o cruceiro de Ritz-Carlton e construír a segunda unidade. | Cruise Yacht Upper Holdco Limited (CYUHL), a filial de cruceiros do grupo Ritz-Carlton, anunciou esta sexta feira o feche do financiamento para retomar a actividade no estaleiro vigués Hijos de J. Barreras e asumir o subrecusto do cruceiro Evrima, que supera os 60 millóns de euros. Nun comunicado no que non concretaron cantidade económicas nin prazos, a firma sinala que o acordo coa banca e coa Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Cesce) permitirá tamén a construción dun segundo cruceiro, xemelgo do Evrima, comprometido o pasado mes de maio. Douglas Prothero, máximo directivo de CYUHL, agradeceu a traballadores, provedores e subcontratistas a súa "paciencia e apoio", ao tempo que amosou o seu compromiso en retomar a produción "o máis pronto posíbel". |
NOS_51190 | As tres institucións académicas e a Xunta acordaron unha batería de medidas para reducir ao máximo o risco epidemiolóxico, retomar a presencialidade e volver de forma progresiva á normalidade. | As tres universidades queren que haxa presencialidade nos sete campus galegos no próximo curso e, por iso, veñen de pactar coa Xunta unha serie de medidas de seguridade fronte á Covid-19 que confían en ter como aliadas nun avance progresivo cara a normalidade. Entre as instrucións máis destacábeis está que se permitirá a semipresencialidade, pois as aulas só poderán estar ao 50% da súa capacidade. Este será o caso daquelas instalacións con bancadas fixas, onde deberá haber un espazo entre estudantes. Así mesmo, a separación entre alumnas terá que ser dun mínimo de 1,2 metros para cumprir coa distancia de seguridade cando o mobiliario poda moverse. En consecuencia, cando haxa grupos moi numerosos haberá que estabelecer algunha fórmula de rotación. "Nestes casos é preferíbel empregar aulas espello ou docencia telemática simultánea e, desta maneira, evitar concentracións elevadas nun único espazo", recolle o texto. O obxectivo da norma acordada nesta sexta feira é quer "manter uns requisitos mínimos que garantan a calidade da docencia", quer dispor "das medidas de control e prevención sanitaria para un período de transición entre a situación de presencialidade adaptada durante o curso 2020-21 e a situación de normalidade adaptada que se prevé para o curso 2021-22". Plans adaptados a cada escenario É dicir, o novo ano lectivo concíbese como un momento de adaptación cara o futuro, sobre todo no caso do primeiro cuadrimestre. De feito, dado o incremento dos contaxios nos últimos días, vai haber varias rutas a seguir segundo sexa a realidade no momento de regresar ás clases. Ese plan de continxencia, que se distribuirá entre o profesorado, incorpora escenarios alternativos no caso de gromos localizados, de peches perimetrais de determinados lugares, entre outras situacións. Esta folla de ruta para as clases tamén vai afectar ás prácticas no caso de que sexa preciso. A Axencia de Coñecemento en Saúde fixará os criterios de priorización dos diferentes colectivos que opten ás prácticas clínicas. No resto de tipos de prácticas cuxo desenvolvemento se puidese ver afectado polos efectos da pandemia, estas poderanse substituír por outro tipo de actividades que garantan a adquisición das competencias e capacidades esixidas. |
NOS_35715 | Impúxose 3-2 na final ao gran favorito e máximo rival na liga, o Barça. | Tres goles de falta directa do internacional catalán Jordi Adroher deron ao Liceo da Coruña a súa terceira Supercopa de España de hóckey sobre patíns, na final disputada o domingo en San Sadurní de Noia, onde derrotou o Barça por 3-2. O partido entre os últimos campións da OK Liga (o equipo catalán) e da Copa do Rei (o conxunto galego) cumpriu as expectativas e non defraudou. O Barça comezou por diante no marcador, cun golazo de Helder Nunes, e dominou o Liceo nos primeiros compases do encontro. Non obstante, antes do descanso Adroher ─sen dúbida o mellor na pista─ empatou co primeiro dos seus tres goles de falta directa. O guión do primeiro tempo tivo continuidade no segundo, con Pau Bargalló desnivelando o marcador a favor do Barça grazas a un potente tiro exterior. Non foi até a recta final que Adroher ─que xa marcou 17 goles de falta directa na pasada tempada─ consumou a remontada con dous tantos. O Barça, que tivo ao veterano Aitor Egurrola, de 41 anos, na portería por lesión de Fernández, mantivo un alto nivel en todo o partido, gozando de maiores ocasións, mais o Liceo foi máis resolutivo en xogadas a bóla parada. 🏑 🛬 Velaí tedes a chegada esta mañá do @HockeyClubLiceo a Alvedro coa Supercopa 🏆🏆 O Liceo acumula 4⃣4⃣ títulos no inicio da temporada do seu 5⃣0⃣ aniversario 🎂 pic.twitter.com/jRYnjfZwl2— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 13, 2021 O conxunto coruñés consegue así o primeiro título oficial da tempada ante o que, posibelmente, será o seu gran rival na OK Liga, que bota a andar a vindeira fin de semana coa novidade do retorno dos play-off. Cisma consumado Por outra banda, o sorteo da próxima edición da Euroliga que se desenvolveu na localidade portuguesa de Paredes, consumou a división do hóckey patíns europeo, sen a participación na máxima competición continental dos oito mellores equipos, entre estes o Liceo, o Barça, o Reus, o Caldes e o Noia, que crearán a nova Superliga xunto a outros sete clubs. A Asociación Europea de Clubs de Hockey Patines (EHCA), que forman os citados equipos galego e cataláns, xunto a outros cinco portugueses (Sporting, Oporto, Benfica, Oliveirense e Barcelos), así como o Forte dei Marmi italiano e o Saint-Omer francés, xa comunicaran que non estarían no sorteo organizado pola federación continental, a World Skating Europe, tras non chegaren a ningún acordo para a reforma da Euroliga. A situación é moi similar á que se produciu hai anos no baloncesto e que propiciou o nacemento dunha nova competición. A vella estará formada por dous grupos de catro equipos. Os dous primeiros de cada un xogarán unha final a catro. |
PRAZA_3536 | O ente fiscalizador independente e a Xustiza levan anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da Xunta | O ente fiscalizador independente e a Xustiza levan anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da XuntaOs bos xestores, o goberno cumpridor da legalidade, o goberno previsible e estable... Eses e outros cualificativos similares veñen sendo empregados por Feijóo e o PP galego para gabar a súa propia acción de goberno durante estes 11 anos. Porén, son numerosas as sentenzas xudiciais e os informes do Consello de Contas, a entidade independente encargada de fiscalizar a xestión das institucións galegas, que evidencian deficiencias na administración dos recursos públicos por parte do Goberno galego. Unha revisión dos informes anuais do Consello de Contas permite comprobar como nas análises da xestión pública dos últimos exercicios seguen estando presentes diversas eivas xa detectadas no exercicio 2010, o primeiro xestionado de xeito íntegro polo PP á fronte da Xunta tras o 2009 compartido aínda na primeira metade do ano polo bipartito de PSdeG e BNG. Así, a Xunta de Feíjoo vén recorrendo de xeito sistemático a un "uso excesivo" das partidas orzamentarias para imprevistos que o Consello de Contas considera que non son tal e que deberon ser previstos polo Goberno galego. Esa falta de previsión na xestión por parte do Goberno galego tamén se constata na reclamación reiterada de Contas de "que se realice unha dotación adecuada daqueles créditos que, sen xustificación bastante, son ampliados ano tras ano por resultar claramente insuficientes", algo que se vén producindo de xeito constante especialmente no Sergas.O ente fiscalizador afea de xeito recorrente a falta de previsión da Xunta de gastos que deberan ser coñecidosNo eido sanitario Contas vén sinalando que a Xunta recorre de xeito indebido a modificacións orzamentarias "para a cobertura de necesidades con consignacións insuficientes pero que eran coñecidas no momento da aprobación do orzamento, destacando especialmente o gasto farmacéutico e gastos por xuros". En toda a administración, por exemplo, en 2015 a Xunta chegou a modificar o destino de máis do 10%, preto de mil millóns de euros, dos orzamentos inicialmente previstos.Igualmente, o Sergas mantén concertos sanitarios con centros privados "nos que non se emprega ningunha fórmula contractual senón que se recorre de forma reiterada ás autorizacións de uso e na meirande parte dos casos non se acreditan as necesidades urxentes que se pretenden atender". Isto é, malia saber con tempo cales son as necesidades de Galicia, a Xunta opta por non prevelas nos orzamentos senón improvisar posteriormente con medidas que acaban resultando máis caras, segundo constata o Consello de Contas.Nesta última década o Consello de Contas tamén viu melloras no eido do desprazamento de gasto -os gastos que non se computan no ano no que se producen senón no seguinte para maquillar as contas públicas-. Con Feijóo ese desprazamento chegou a ser de máis de 400 millóns de euros en 2010, arredor do 5% dos orzamentos totais da Xunta, mentres que o propio Consello de Contas eloxiou que durante o bipartito previo ese proceder chegara a ser "residual", de apenas 10 millóns de euros. Nas súas últimas análises ao respecto o Consello de Contas di que se mellorou nesa cuestión, pero que aínda hai "marxes de mellora nesa planificación nas que é preciso insistir". A Xunta intentou, sen éxito, que Contas non a criticase polo que considera un aforro "residual" logrado coa supresión de entes paralelosContas tamén vén reiterando á Xunta, sen lograr aínda que cumpra con esa esixencia, "que recolla na súa memoria anual información sobre a significación dos compromisos financeiros asumidos pola Comunidade para financiar as infraestruturas públicas, o que determinará unha maior transparencia sobre a situación económico-financeira" de Galicia. A Xunta reflicte nos seus orzamentos canto ten pendente de desembolsar por esas infraestruturas de pagamento adiado (2.000 millóns só polas autovías de peaxe na sombra, aos que hai que engadir outros mil millóns polo novo hospital de Vigo, infraestruturas todas elas cuxo custo inicial real a cargo das concesionarias foi duns 850 millóns), pero sen detallar os conceptos financeiros. A Xunta tampouco cumpriu coa esixencia legal establecida en 2010 de crear un rexistro de entes paralelos, os denominados chiringuitos, boa parte deles creados durante os gobernos de Fraga, do que Feijóo foi conselleiro, e cuxa redución nos últimos anos conseguiu un aforro considerado "residual" polo Consello de Contas. A Xunta mesmo intentou, sen éxito, que Contas borrase esa crítica.Contas sinalou en diversos informes que a Xunta merca medicamentos que non precisa, fragmenta contratos para adxudicalos a dedo ou malgastou cartos beneficiando a entidades afíns ao PP como Xóvenes AgricultoresIgualmente, o ente fiscalizador tamén vén advertindo de que a Xunta non controla como debera os gastos que por lei non teñen por que ser obxecto dunha fiscalización previa, como os contratos menores ou as subvencións nominativas. Nese eido da contratación menor, dos gastos que polo seu reducido importe se poden adxudicar a dedo, Contas advirte de que, malia as súas advertencias previas, a Xunta segue a fraccionar as contías para manter a discrecionalidade á hora de contratar.Ademais, nesta última década os informes anuais xerais do Consello de Contas así como as súas análises específicas sobre áreas concretas de xestión veñen detectando que a Xunta merca medicamentos que non precisa, mudou os criterios de adxudicación en concursos xa iniciados, apenas aforrou ao privatizar o mantemento no Sergas malia que iso empeorou o servizo, rescatou persoal de entes suprimidos manténdolles soldo superior ao do funcionariado equivalente ou malgastou cartos beneficiando a entidades afíns ao PP como Xóvenes Agricultores.Son críticas todas estas formuladas non polos partidos da oposición senón polo órgano independente de fiscalización das contas públicas, do que tamén forman parte políticos populares, como o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez, que na súa toma de posesión en 2013 chegou a amosar a súa "lealdade" a Feijóo, ao que debía fiscalizar. Porén, fronte ás anteditas críticas, reiteradas ano tras ano durante a última década, Feijóo opta por realizar unha valoración cuantitativa e asegurar que a Xunta cumpre co 78% das recomendacións do Consello de Contas mentres que o restante 22% "non nos parecen axeitadas". O argumento supón que o Goberno galego asume que a súa xestión non foi a adecuada nese 78% de elementos nos que tivo que corrixir a súa actuación pero só cando así llo pediu o Consello de Contas. No eido xudicial, son numerosas as sentenzas que nesta última década veñen condenando á Xunta pola súa xestión do persoal público, engadindo indemnizacións e pago de costas xudiciaisPero non só o Consello de Contas vén advertindo dunha xestión incorrecta por parte da Xunta. No eido xudicial, son numerosas as sentenzas que nesta última década veñen condenando á Xunta pola súa xestión do persoal público, engadindo ás irregularidades cometidas a condena a pagar as costas xudiciais do proceso ou a indemnizar por danos e prexuízos aos traballadores e traballadoras afectadas. Non é só que tribunais de toda Galicia veñan sentenciando que persoal ao que a Xunta vén recorrendo de xeito reiterado a través de distintos tipos de contratos temporais ou como interinos deben ser considerados indefinidos, senón que as condenas reiteradas por esas situacións ilegais veñen supoñendo para as arcas públicas un custo económico directo polas indemnizacións e as custas procesais. Isto é, se a intención orixinal que provocou a situación laboral ilegal fose a de aforrar cartos públicos, esta quedou revertida e mesmo empeorada unha vez que as sentenzas en todo tipo de eidos obrigaron á Xunta a pagar ao persoal afectado a diferenza que se aforrara nese tempo engadindo ademais indemnizacións e custos xudiciais.Os atrasos da Xunta á hora de pagar as súas débedas tamén están a supoñer maiores custos para as arcas públicas pola vía dos xuros que reclaman os acredoresOs atrasos da Xunta á hora de pagar as súas débedas tamén están a supoñer maiores custos para as arcas públicas pola vía dos xuros que reclaman os acredores. Así o vén salientando o Consello de Contas -só no último ano fiscalizado, 2017, o Sergas tiña 34 expedientes de reclamación de xuros pendentes de resolver por importe de máis de 4 millóns de euros- e así o reflicten tamén diversas sentenzas coñecidas nos últimos tempos, como a que obrigou á Xunta a pagar 33.000 euros en xuros á empresa que xestiona a maioría dos seus helicópteros ou a condena a pagar outros 14.000 euros en xuros á construtora da polémica ponte sobre Noia, en cuxo contrato o Consello de Contas tamén atopara irregularidades.Pero tamén a un nivel moi inferior hai sentenzas que evidencian erros na xestión da Xunta, como a condena que recibiu hai uns meses por retirarlle unha axuda de 5.000 euros a unha muller desempregada que se quería establecer como autónoma porque tiña unha débeda de 5,88 euros que a propia administración lle imposibilitaba pagar, o que levou ao tribunal a poñer "en cuestión" o fomento do emprego autónomo que a Xunta "tanto pregoa".Sentenzas que non atoparon responsabilidades penais si sinalan todo tipo de irregularidades administrativas na xestión da Xunta, ou a súa incapacidade para prestar unha atención adecuada ás máis de 3.000 persoas adultas que tutelaAdemais, diversas sentenzas xudiciais sobre cuestións analizadas inicialmente na vía penal e que acabaron arquivadas por non considerar o xuíces que fosen delito conclúen que, malia non chegar a ese extremo, os feitos si foron en todo caso produto dunha xestión administrativa ilegal ou irregular por parte da Xunta. Foi o caso do arquivo da imputación por prevaricación que pendeu sobre o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, polo xeito en que encargou a dedo a unha empresa o servizo de helicópteros contra incendios sen ningún tipo de contrato polo medio, unha máis das diversas irregularidades detectadas neses servizos polo Consello de Contas. O xuíz ratificou que o procedemento fora ilegal pero non viu delito de prevaricación, que require unha intencionalidade, porque non apreciou "capricho" na actuación do alto cargo.Do mesmo xeito que Contas certifica que a Xunta non é boa xestora de cartos públicos, tampouco o é das persoas. Numerosas sentenzas veñen evidenciando a incapacidade da Xunta de prestar unha atención adecuada ás máis de 3.000 persoas adultas que tutela a través da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), con só 23 traballadores. Tutelados que exercen a mendicidade e mesmo un que cometeu un asasinato, desvío de responsabilidades propias a outras administracións ou entidades sociais, ou relacións laborais conflitivas no seu seo son algunhas das eivas do funcionamento do sistema de tutela de adultos da Xunta que veñen poñendo en evidencia os tribunais nos últimos anos. |
NOS_39438 | O Consello de Ministros tomou esta sexta feira 28 de xullo a decisión de levar a reforma do regulamento do Parlament catalán ao Tribunal Constitucional despois de recibir o ditame urxente do Consello de Estado. O Partido Popular prevé que o Constitucional admita a trámite o recurso e suspenda a reforma do regulamento. | A decisión foi tomada na última reunión do Consello de Ministros antes das vacacións de verán. No caso de o Tribunal Constitucional admitir a trámite o recurso, o calendario previsto por Junts Pel Sí e a CUP en relación co referendo do 1 de outubro estaría en perigo. Foi esta cuarta feira día 26 de xullo cando Mariano Rajoy, despois da aprobación no Parlament da reforma do regulamento, recabou do Consello de Estado a elaboración dun ditame urxente sobre o contido do texto aprobado pola cámara catalá. O organismo que preside Romay Beccaría concluíu que hai fundamentos xurídicos suficientes para presentar un recurso de inconstitucionalidade. O propio Consell de Garantias Estatutàries catalán -un órgao en todo caso consultivo- viu problemas de legalidade na reforma regulamentar (que permitiría a tramitación da Lei do Referendo polo procedimento da leitura rápida, co que se limita o direito da oposición a formular emendas parciais). E mentres Madrid movía ficha na dirección de botar man dun Tribunal Constitucional que está a se mostrar como un arma arreboladiza do Estado contra o procés, todas as parlamentares de Junts pel Sí e da CUP asinaron esta sexta feira a Lei do Referendo, que se rexistará formalmente no Parlament a vindeira segunda feira 31 de xullo. A meio deste aceno simbólico, Junts pel Sí (a antiga Convergència Democràtica de Catalunya máis Esquerra Republicana) e a Candidatura d'Unitat Popular (CUP) queren mostrar a solidez da súa alianza estratéxica en defensa do referendo axendado para o 1 de outubro, convocatoria que tenciona ser boicotada polo Estado español co uso de todo o arsenal xurídico ao seu alcance. |
PRAZA_1233 | O PP perde as súas maiorías absolutas e segue sendo forza máis votada en Ferrol en Lugo, cidades nas que caberían pactos de esquerda. Vázquez será alcalde de Ourense pero dependerá de Democracia Ourensana A Coruña confíalle o cambio á Marea Atlántica Martiño Noriega será o novo alcalde de Santiago Caballero e Lores consolidan o seu dominio en Vigo e Pontevedra A esquerda recupera Ferrol e mantén Lugo O PP gaña en Ourense, onde Democracia Ourensana dá a gran sorpresa O PP tropeza nas vilas medias | Xiro á esquerda da Galicia urbana. Catro anos despois do tsunami da dereita as mareas desbancarán das alcaldías da Coruña e Santiago o PP de Alberto Núñez Feijóo, que podería ficar unicamente coa alcaldía de Ourense pero dependendo dun eventual e arriscado pacto coa formación local Democracia Ourensana. As cidades da provincia coruñesa, núcleo do poder interno de Feijóo, pasan á banda das mareas a comezar pola propia Coruña, na que a Marea Atlántica emerxe ata converterse na forza máis votada, o que aseguraría a investidura como alcalde de Xulio Ferreiro. O mesmo acontece en Santiago, Concello que encabezará Martiño Noriega. A Marea poderá gobernar A CoruñaO veredito das urnas permitiríalele a Xulio Ferreiro ser alcalde da Coruña mesmo sen pactos para a investidura, dada a súa condición de forza máis votada co 92% escrutado. Nas súas primeiras eleccións a Marea Atlántica logra 10 edís, os mesmos que o PP, pero máis votos. O PSdeG de Mar Barcón pasaría de 8 a 6 actas e o BNG, de 3 a 1.Martiño Noriega, alcalde de SantiagoMartiño Noriega ten asegurada a investidura como novo alcalde de Santiago. Compostela Aberta convértese na forza máis votada na capital con 10 concelleiros, un máis que o PP, que perde catro e queda con 9. O gran desplome en Santiago é o do PSdeG, que pasa de 9 a 4 edís, e o BNG perde un edil e fica con 2.Posibles pactos de esquerda en Ferrol e LugoNo Concello de Lugo o PP mantense como forza máis votada pero empeorando o seu resultado de hai catro anos. Os de Jaime Castiñeira baixan de 12 a 9 edís e o PSdeG, de 11 a 8. As urnas deixan en Lugo unha plural corporación na que os socialistas poderían manter a alcaldía se logran un pacto cos 3 edís de Lugonovo, os 2 do BNG e o edil de ACE, formacións que esixirían a saída do actual alcalde, Xosé López Orozco. Os conservadores, pola súa banda, non poderían obter o bastón de mando nin sumando os seus 10 edís aos 2 de Ciudadanos, que se incorpora á corporación.No caso ferrolán o PP tamén descende a respecto de hai catro anos. José Manuel Rey Varela segue encabezando a lista máis votada pero sen maioría absoluta. Os números da nova corporación permitirían a composición dun pacto de esquerdas que estaría encabezado por Ferrol en Común e os seus 6 edís. O PSdeG deixa polo camiño 2 actas ata quedar en 5 mentres o BNG resiste con dous. Ciudadanos tamén accede á corporación ferrolá, pero cun único concelleiro.O PP de Ourense, a expensas de Democracia OurensanaO PP ourensán logra ser a forza máis votada con Jesús Vázquez malia perder un edil e quedar en 10. O ex conselleiro de Educación será alcalde pero dependerá, en boa medida, dos movementos de Democracia Ourensana, a polémica formación local que cuadriplica a súa representación na corporación ata chegar aos 8 edís. O PSdeG, que gobernaba ata agora, queda con 6 edís e Ourense en Común emerxe con 3 concelleiros. O BNG, que tiña 3 concelleiros, fica sen representación.Caballero arrasa en VigoAs enquisas ficaron curtas en Vigo. Abel Caballero consolida amplamente o seu poder na cidade ata lograr unha folgada maioría absoluta de 17 edís mentres a nova candidata do PP, Elena Muñoz, desploma o seu partido ata os 7 edís. A corporación viguesa completaríase con 3 edís da Marea de Vigo, o que implica a desaparición do BNG.Lores amplía o sustento do BNG en PontevedraMiguel Anxo Fernández Lores encara o quinto mandato na alcaldía de Pontevedra con maioría simple, pero ampliada. O BNG suma un edil ata chegar aos 12, mentres que o PP perde 4 e queda en 7. Así as cousas, Lores ten garantida a investidura e poderá buscar pactos cos socialistas, que segue en 3 edís, ou coa Marea de Pontevedra, que se estrea con 2. Ciudadanos logra incorporarse á corporación pontevedresa, pero cun só edil. |
NOS_42958 | Sermos entrevista Breogán Riobóo, aspirante á re-elección como secretario xeral de Podemos Galiza. A conversa, a dupla páxina, aparece no número 187 do semanario, xa na rúa. Eis un pequeno avanzo. | Supoño que serás consciente de que a túa victoria nas primarias sería interpretada como unha derrota de Pablo Iglesias. Non sei se será esa interpretación ou non. Eu teño que facer o que a xente no seu día me mandatou para facer: preservar os principios de democracia, participación e transparencia. A cuestión aquí radica en que hai moitas ferramentas que temos que ir descentralizando. Eu como secretario xeral galego non teño acceso ao censo da xente que conforma Podemos na Galiza. Só ten acceso a el a dirección estatal. As secretarías xerais municipais téñenme dito en moitas ocasións: "necesitamos o censo a nível local para contactar con esta xente". A día de hoxe non sabes cantas persoas compoñen a afiliación de Podemos Galiza? A ciencia certa, non. Os censos teñen que descentralizarse. En todo proceso eleitoral o lóxico é que haxa transparecencia, que os censos sexan accesíbeis, para garantir a democracia interna. É preciso que haxa unha publicidade dese censo e tamén unha limpeza, unha actualización. Podes ler a entrevista íntegra no nº187 do semanario en papel. Á venda na loxa virtual e nos puntos habituais. |
NOS_50971 | O cinema que transita polas periferias, que procura linguaxes alternativas, que se vale de materias inauditas, que se relaciona co real inmediato, é o que interesa ao Festival Internacional de Cine Curtocircuíto de Compostela. Este sábado, 29 de setembro, comeza a súa décimo quinta edición. | "Mantemos a procura de novas formas e linguaxes cinematográficas no cinema mundial", explica a organización, que presentou esta terza feira a programación, "ao tempo que a programación inclúe seccións que xuntan o espírito vangardistas co festivo e enfatizan o vínculo do festival coa cidade". Catro retrospectivas forman, xunto a sección oficial, o esquelete do Curtocircuíto. "O risco é a súa característica común", afirma desde o certame. O austríaco Ulrich Seidl -controvertido e brutal diseccionador da realidade contemporánea-, Bertrand Mandico -"responsábel dun dos universos estéticos máis excéntricos do cinema reccente"-, o retrato da "América profunda" de Roberto Minervini e mais Jessica Sarah Rinland será os protagonistas. As sección competitivas -Radar, Explora, Planeta Gz e Penínsulas- proxectarán 64 filmes, 31 deles estrea no Estado español. O festival, un total de 158. E haberá atención especial "ao cinema galego e á identidade de Santiago de Compostela". Relación cos países lusófonos Baixo o título de Curmaos, e en colaboración co Instituto Camões, recolleranse filmes de países lusófonos. Terra dedícase a cineastas galegos "cunha traxectoria consolidada". Serán Xacio Baños e Jaione Camborda; o primeiro vén de pasar Trote en Donosti e a segunda ultima a súa primeira longametraxe. Sobre a cidade versará a Carta branca a Ezequiel Méndez. O histórico fundador do Cine-Club Universitario de Compostela proxectará dúas obras "con visións opostas da cidade", en colaboración co actual Cineclube de Compostela. Lois Patiño estreará O espírito de Pucho Boedo, en que rexistra a banda compostelá Novedades Carminha gravando A Santiago voy, o clásico dos Tamara. Actividades paralelas completarán o cartaz. Un dos pratos fortes será a Festa do 15º Aniversario, o 5 de outubro na Sala Malatesta, con música de Baiuca, Sunset Rollercoaster ou os picadiscos DJ Firmeza e DJ Nigga Fox. O Concello de Compostela organiza o Festival Curtocircuíto co apoio da Deputación da Coruña e o Agadic. |
NOS_3480 | Consulta aquí as bases completas do 'I Certame de Microrrelatos Nós Diario sobre a Diversidade Sexual' | Con motivo da celebración do Orgullo da Diversidade Sexual, Lugo Diversx 2020, NÓS DIARIO en colaboración coa Asociación ARELAS, coa Asociación AVANTE LGTBI+ LUGO, coa Asociación SETE OUTEIROS e a REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO, convocan o Primeiro Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual que se rexerá baixo as seguintes bases: 1.Poderán concursar todas as persoas maiores de idade que o desexaren ou as menores con autorización expresa de quen posúa a custodia legal, para o cal deberán enviar un anexo asinado que se poderá descargar na seguinte ligazón. 2.Os textos xirarán sobre a temática da Diversidade Sexual, deberán ser orixinais e inéditos e estaren escritos en galego en calquera das súas normativas. 3.A extensión dos microrrelatos non poderá ser superior a 1700 caracteres, espazos incluídos. 4.Cada persoa poderá enviar un único microrrelato. O envío farase por correo electrónico ao seguinte enderezo [email protected] No correo deberá figurar como asunto: Primeiro Certame de Microrrelatos sobre a Diversidade Sexual e acompañaranse dous documentos (A e B) en formato PDF Documento A: Nomearase co título do microrrelato e conterá exclusivamente o texto do microrrelato, en letra tipo Arial, 12 puntos, interliñado 1, 15, sen sinatura e baixo pseudónimo Documento B: Nomearase do seguinte xeito: Título do microrrelato -Pseudónimo e dentro conterá os datos identificadores da persoa autora do texto: Nome e apelidos, copia dixital do NIF, enderezo postal, correo electrónico e teléfono. Serán excluídos do certame aqueles arquivos que conteñan datos persoais no título dos mesmos. 5. Os traballos serán enviados antes das 24 horas do día 23 de outubro. Entre o 24 de outubro e o 6 de novembro as persoas participantes recibirán comunicación de aceptación do traballo, previa verificación de que se axusta ás bases. 6. Estabelécense dous premios, o primeiro de 250 € e o segundo de 150 € amais da publicación de ambos os dous na versión papel e web de Nós Diario e das Asociacións e Entidades colaboradoras. Así mesmo, o xurado poderá conceder tres accésit, sen dotación económica, que serán publicados conxuntamente cos dous textos premiados. 7.O fallo do xurado farase público o 22 de novembro e será comunicado ás persoas gañadoras no mesmo día, preferentemente por vía telefónica, posteriormente será posta en coñecemento do público en xeral a través de Nós Diario e das entidades colaboradoras. A composición do xurado farase pública no momento do emitir o veredicto do certame. A decisión do mesmo será inapelábel. Os textos publicaranse na edición en papel e web de Nós Diario o sábado 28 de novembro. 8. De acordo coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos dos e das participantes serán tratados de xeito confidencial co fin de garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, a súa honra e intimidade persoal. 9.O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das súas bases. Galiza, 23 de setembro de 2020 |
PRAZA_2641 | Tu nom podes chamar-te de guerrilheiro. Mercenário, gangster, assassino, lunático, fascista, terrorista...qualquer cousa menos guerrilheiro. Que ninguém suje a memória de Foucelhas, do Ché Guevara ou de Marulanda chamando-te de guerrilheiro. Os guerrilheiros, as guerrilheras, luitam por um mundo melhor. Celebrarei cada obús que te rebente disparado por umha guerrilheira curda. | O termo "guerrilla" aparece pola primeira vez na "Guerra da Independência" espanhola, para denominar um método de luita, a "guerra de guerrilhas". Um povo sem formaçom militar, nem estrutura nem tecnologia bélica própria dos exércitos regulares da época, enfrentava-se nos caminhos, nos montes, nas proximidades dos núcleos de populaçom à potente maquinária de guerra das tropas napoleónicas. Pequenos grupos armados com ferramenta do campo ou do mar, ou armas de caça, emboscavam e causavam baixas nos soldados de Napoleon, fazendo-os recuar. Um método de guerra que serviu para derrotar a um exército imperial poderoso, que mantivo doblegada a toda Europa. Muitas som as guerras heróicas que se tenhem ganhado luitando desde umha correlaçom de forças desigual, povos que derrotarom a exércitos superiores em armamento e conhecimentos nas artes militares. Lembro aos mambises em Cuba, a guerrrilha vietnamita que derrotou ao imperialismo francês e ao norte-americano, a guerrilha bereber de Abd-El Krim.... Como nom recordar referentes mais cercanos, como as guerrilhas da FRELIMO, o MPLA, o Partido Africano...ou as guerrilhas latinoamericanas, como o MRTA, Sendero Luminoso, FARC, EPR...como nom lembrar a guerrilha indonésia, como nom lembrar aos e às camaradas do Novo Exército do Povo nas Filipinas, ou a guerrilha independentista de Timor. E jamais, jamais esquecer aos nossos, às nossas...a Henriqueta Outeiro, ao Piloto, ao Foucelhas, a Gomes Gaioso... a guerrilha é o laboratório popular onde o povo desenvolve a ciência da guerra contra o poderoso. Mas, tu? Tu nom és um guerrilheiro. Tu que te gavas de escravizar sexualmente a mulheres e meninas, tu que traficas com drogas e com obras de arte, com petróleo roubado, com seres humanos...que lhe compras armamento a estados genocidas, que extorsionas e tomas como refens populaçons inteiras. Tu, que submetes a um estado de terror a quem vive sob o teu domínio. Tu, que praticas execuçons públicas brutais, e que provocas massacres indiscriminados em qualquer lugar do mundo...que procuras o martírio e a matança do infiel, quantas mais vidas melhor, em honor à tua merda de Deus...tu? Tu nom podes chamar-te de guerrilheiro. Mercenário, gangster, assassino, lunático, fascista, terrorista...qualquer cousa menos guerrilheiro. Que ninguém suje a memória de Foucelhas, do Ché Guevara ou de Marulanda chamando-te de guerrilheiro. Os guerrilheiros, as guerrilheras, luitam por um mundo melhor. Celebrarei cada obús que te rebente disparado por umha guerrilheira curda. Para que as mulheres, curdas, árabes, africanas nom chorem mais nas tebras da tua violência bestial. Para que os povos do Oriente, do Magreb, da África subsaariana se libertem do teu lixo supremacista étnico e de classe, do teu sórdido fanatismo, do pesadelo nihilista do teu crime. Tu, guerrilheiro? Tu, monicreque das monarquias absolutistas saudís, do estado nazi-sionista de Israel e dos Estados Unidos!!! Tu, cabrom, reza para morrer a maos dos teus financiadores, porque a guerrilha é a que vai vingar de verdade as tuas vítimas. Tu, guerrilheiro? Tu, matom indigno... |
NOS_24657 | Centos de mozos e mozas participaron na manifestación xuvenil unitaria. | "A República Galega é o futuro" foi o lema e reivindicación que presidiu na tardiña deste sábado 24 de xullo, véspera do Día da Patria Galega, a mobilización xuvenil unitaria que saíu da Alameda compostelá para finalizar en Cervantes. Centos de mozos e mozas tomaron parte na mancha, fortemente escoltada por antidisturbios da policía española, nunha presenza que xa se está a facer habitual cada 25 de xullo e días previos. Nas redes sociais sucedéronse denuncias de identificacións e cacheos a mozos e mozas por levar simboloxía galega por parte de axentes das frozas e corpos de seguridade españolas. "Independencia", "Avante, sen tregua, República Galega" ou "Galiza Ceive, Poder popular" foron algunhas das palabras de orde que se corearon durante a mobilización, que decorreu nun ambiente festivo e reivindicativo. A manifestación estaba convocada por Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e Mocidade pola Independencia. As organizacións defenderon a República galega como a chave para rachar cun presente marcado pola precariedade laboral, a emigración xuvenil, a imposibilidade de acceder a unha vivenda digna ou o desmantelamento do ensino público. A mobilización estivo convocada por Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e Mocidade pola Independencia. Fronte a isto, destacaron a necesidade de "sumar forzas para construír un futuro digno" na Galiza, o que, segundo consideran, pasa pola construción dunha República galega fronte "a un Estado Español antidemocrático e o capitalismo". "Un estado español antidemocrático, marcado pola promesa dunha falsa transición, que continúa a manter no poder económico e social a quen hai máis de 80 anos deixaron as nosas familias nas cunetas. Un estado en que unha institución reaccionaria como a monarquía, aínda rodeada de escándalos de corrupción, continúa manténdose na xefatura do estado", denuncian no manifesto. Ao remate da manifestación, varios encarapuchados prenderon lume a unha bandeira española entre berros de "independencia" por parte das presentes. |
NOS_8217 | A maioría conservadora impón o seu criterio na sesión decorrida onte. | A Sala Primeira do Tribunal Constitucional (TC) acordou onte levar ao próximo pleno, para o cal non hai aínda prevista data, a resolución de tres recursos presentados no seu día polas forzas da dereita españolista contra os acordos adoptados no seu momento pola mesa do Congreso e do Senado a respecto das distintas fórmulas de acatamento empregadas na sesión constitutiva das Cortes de maio de 2019. A maiores, Vox presentou un recurso contra a fórmula empregada por un total de 29 parlamentarios, os máis deles pertencentes ás organizacións nacionalistas, na sesión do Congreso que deu arranque á actual lexislatura. Segundo fontes do Tribunal Constitucional consultadas por Europa Press, para unir o debate do recurso de Vox aos tres anteriores fica por comprobar tecnicamente que as impugnacións son similares e non merecen debate diferenciado o fondo de todos eles. O resultado da última xuntanza do Tribunal Constitucional representou unha vitoria para sector máis reaccionario. Tanto é así que botaron abaixo os informes previos que avogaban por non admitir estes recursos, ao non perseguir obter o amparo dunha vulneración dos dereitos fundamentais, na liña do disposto pola xurisprudencia do mesmo. Porén, este resultado era previsíbel, ao ir asinado por seis maxistrados, sendo unicamente necesarios tres votos. O Tribunal Constitucional tense manifestando en diversas ocasións sobre a fórmula de acatamento. Se en 1990, en relación co caso dos electos de Herri Batasuna, deu por bo o engadido de "por imperativo legal", no caso galego avalou na década dos 80 a expulsión dos parlamentarios nacionalistas Bautista Álvarez, Lois Diéguez e Claudio López Garrido por non xuraren a Consitución de 1978. A este respecto, en declaracións a Nós Diario, Lois Diéguez considera que "que o fagan agora é porque están tremendo" e agarda que "a extrema dereita non leve a titubear as posicións democráticas". "Xurar unha constitución significa mesturar o moral e o político e a moral non pode ser xurada", conclúe Diéguez. As formalidades xurídicas agochan un debate político de fondo na xurisdición constitucional, empregado historicamente como un ariete contra as reivindicacións nacionalistas. A este respecto, os representantes das formacións afectadas polo recurso xa expresaron a súa intención de non dar marcha atrás nas súas posicións. |
NOS_18812 | A portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados tamén acusa o presidente da Xunta de "crear confrontación" co Goberno do Estado español. | A vicesecretaria xeral do PSOE e portavoz no Congreso, Adriana Lastra, participou hoxe en Compostela nun acto organizado polos socialistas galegos. Durante o transcurso do mesmo acusou o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, de ser "o máis de ultradereita de todo o PP". "Noutras épocas o actual presidente da Xunta parecía que era o progre do Partido Popular, mais empézase a descubrir que pasou como con outros como Alberto Ruiz Galladón, que todo o mundo pensaba que era dereita moderada", engadiu. A socialista criticou tamén a "confrontación" do líder do PPdeG contra o Goberno do Estado español., e chamou chamou o Partido Popular a facer unha "oposición leal e construtiva" como a que "sempre" fixo o Partido Socialista. "Porque así se conseguen avances sociais para todos, doutra forma só constrúese a destrución do seu partido", concluíu. |
NOS_6911 | A comunidade educativa de Redondela sairá á rúa esta sexta feira. | Os centros educativos da Galiza prepáranse para reapertura das aulas a partir do 8 de setembro. Ese día comeza o curso en todos os niveis educativos salvo no universitario, mais xa desde primeiros de mes equipos directivos e docentes prepáranse para o regreso do alumnado. Toca facer reconto do profesorado, fechar os horarios e repasar os cambios obrigados, nuns casos pola aplicación da Lomloe, nos cursos impares, e noutros pola modificación de unidades e postos de traballo docentes publicada pola Consellaría de Educación o 12 de agosto. Nese documento figura o feche de 33 unidades de Educación Infantil, Primaria e Especial; 59 en total, que segundo a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, supoñen "case 100 docentes menos no sistema educativo galego neses niveis". Os primeiros días de setembro serán decisivos para coñecer con máis detalle os recortes e as carencias que van achegar ás aulas. "Unha cousa é o que recollen os catálogos e outra a realidade coa que se atopan os centros educativos", advirten a Nós Diario desde a Confederación de Anpas Galegas, que malia os anuncios da Consellaría polo momento só ten constancia da mobilización da comunidade educativa de Redondela para denunciar o recorte de catro prazas no IES Mendiño e outras catro noutros tres centros educativos do municipio. A primeiros do mes de agosto a asociación de pais e nais deste instituto de Secundaria e Bacharelato soubo da perda de catro docentes de cara ao seguinte curso. "De 42, que xa eran xustos, pasarán a ser 38, nun centro que o ano pasado superou os 420 alumnos e alumnas", explica o presidente da ANPA do IES Mendiño a este xornal. Segundo Anxo Lusquiños o primeiro que se resinte é a calidade educativa, mais este recorte tamén vai pór en perigo que o profesorado poida ofrecer servizos que viña ofertando até agora. "Está en risco que se poida seguir cos grupos de apoio a 1º e 2º da ESO e tamén o coidado das aulas que precisen dun docente de garda en caso de baixa ou permiso". O voceiro das familias tamén salienta a súa preocupación polo abano de materias optativas que ofrece o centro ao alumando de Bacharelato, "ao que xa se lle está dicindo que mude a súa escolla porque non vai haber profesorado para impartir a materia da súa lección". Mobilización A perda de profesorado, destaca Lusquiños, obrigará a aumentar as ratos por aula, "até o punto de que nalgúns casos se volverá superar a cota anterior á pandemia con máis de 30 estudantes por aula, que non son condicións para un ensino de calidade". Desde a ANPA xa enviaron un escrito a Inspección Educativa para amosar a súa desconformidade cunha decisión que consideran "irresponsábel", mais nun centro no que "vimos detectando desde hai tempo problemas de ansiedade, estrés e medicación entre o alumnado adolescente, que precisaría unha atención máis individualizada e iso non pasa por recortar profesorado e masificar as aulas". Esta sexta feira concentraranse na praza do Concello de Redondela arroupados por toda a corporación municipal, salvo o PP, e pola federación de ANPAS local, que á redución de prazas do Mendiño suma outras catro en Redondela: unha menos no IES Illa de San Simón, dúas no EEI Marisma e outra no CEIP Plurilingüe de Reboreda. |
PRAZA_2446 | O alcalde de Bos Aires, que forzou unha segunda volta nas eleccións, fixo campaña por Rajoy en 2011, nomeou cidadán ilustre a José María Aznar e ten unha estreita relación con Alberto Ruiz-Gallardón | "Se hai alguén que vai saber percorrer o camiño duro da recuperación, se hai alguén que vai saber como desta crise xerar unha oportunidade para o pobo español, estes son os dirixentes do Partido Popular", asegura Mauricio Macri nun mitin fronte a centos de persoas. É 2011, e na primeira fila do Centro Cultural Español en Buenos Aires está Alberto Núñez Feijóo, en plena campaña para captar o voto emigrante en Arxentina. No seu breve discurso, o alcalde da capital fala do PP e o Pro, o seu partido: "Sentímonos claramente unidos na mesma cultura e no mesmo destino, e á espera do que nos manden e o que poidamos axudar". Catro anos despois daquilo, os vínculos entre o Partido Popular e a formación que encabeza o candidato á presidencia pola alianza Cambiemos non desapareceron, aínda que o seu discurso político actual non se pareza en absoluto ao de entón. Agora, ante a complicada encrucillada económica á que se enfrontará o próximo Goberno, Macri defende a xustiza social, os subsidios para os pobres e mesmo as nacionalizacións de empresas que realizou o kirchnerismo. A Macri agora non lle interesa ese perfil de dereita, pero desde a creación do Pro, en 2002, o PP de Aznar, ao que admiraba, sempre foi un modelo a seguir A Macri agora non lle interesa ese perfil de dereita, pero desde a creación do Pro, en 2002, o PP de Aznar, ao que admiraba, sempre foi un modelo a seguir. Daquela o candidato defendía a redución do papel do Estado e o liberalismo que propugnaba o PP. E os vínculos creceron. Macri non só fixo campaña por Rajoy en 2011 entre os españois que viven en Arxentina. Tamén nomeou a José María Aznar cidadán ilustre de Bos Aires e é amigo próximo do ex ministro Alberto Ruiz-Gallardón, con quen adoita verse en Bos Aires ou Madrid. Mesmo fixo a foto de rigor con Ana Botella para mostrar o seu apoio á candidatura olímpica madrileña de 2020 e mercou vellos coches do Metro de Madrid que ían para chatarra para que circulasen polo Subte porteño. Federico Pinedo, deputado do Pro, recoñece "unha moi boa relación co PP" e explica que a súa forza forma parte da rede de partidos demócratacristianos no mundo. Pero traza distancias: "O PP nace cunha concepción ideolóxica da política e nós, non", afirma. Sostén que na súa xestión de goberno o Pro sempre tivo posicións e accións que poderían ser de centrodereita ou de centroesquerda. Se lle dan a elixir, vese máis preto de Ciudadanos e dunha nova forma de facer política. "Coa crise, Arxentina destruíu o seu sistema de partidos, e as forzas emerxentes coma a nosa son moito máis plurais e centristas", afirma Pinedo. A pesar de que agora lles interese unha imaxe máis centrada, as relacións co PP son tan estreitas que o propio Pinedo participou na convención do PP en Valladolid en 2014. Nun país no que a dereita neoliberal morreu a cazoladas na crise de 2001 e cuxo máximo representante foi o peronista Carlos Menem, o centro político é difuso e amplo Macri agora cóidase máis pero si di cousas que os kirchneristas identifican coa dereita: fala de apertura dos mercados (quitando o control de divisas) e de promover os investimentos estranxeiros. Curiosamente, son propostas moi parecidas ás do candidato oficial, Daniel Scioli. Só difiren en sutileza e horizonte temporal. Nun país no que a dereita neoliberal morreu a cazoladas na crise de 2001 e cuxo máximo representante foi o peronista Carlos Menem, o centro político é difuso e amplo. "Matar o pai" Naqueles axitados anos noventa, Mauricio era un novo empresario nado nunha das familias arxentinas máis poderosas. O seu pai, Franco, de orixe italiana, dirixía unha compañía moi próxima ao Goberno menemista, que se fixo con grandes contratos de obras e servizos públicos. Os romances dos Macri enchían entón as páxinas das revistas do corazón, e pai e fillo aparecían en programas de televisión como homes exitosos que cantaban loas ao libre mercado. Pero fóronse distanciando. En 1995 Mauricio deixou o Grupo Macri para converterse en presidente de Boca Juniors. O clube de fútbol serviulle de trampolín á política, e estivo a piques de ser alcalde da capital en 2003. Perdeu en segunda volta. Conseguiuno en 2007 e leva no posto desde entón. Pero nin sequera eses logros cegaron o implacable Franco, que afirmou hai un ano que non cría que o seu fillo puidese ser presidente e chegou a dicir que prefería a alguén próximo a Cristina Kirchner na Casa Rosada. Nun país no que a psicanálise é obxecto de conversa nos bares, a candidatura presidencial de Mauricio Macri foi cualificada por moitos como unha forma, en termos freudianos, de "matar o pai" Nun país no que a psicanálise é obxecto de conversa nos bares, a candidatura presidencial de Mauricio Macri foi cualificada por moitos como unha forma, en termos freudianos, de "matar o pai". O certo é que, convertido no favorito para o ballotage tralos sorprendentes resultados da elección do domingo, Mauricio chegou moito máis lonxe do que o seu proxenitor previra. Un apelido que marca Ese apelido que lle marcou a vida tamén é o seu principal problema político. Moitos arxentinos, sobre todo os máis pobres, temen que Macri, como membro da aristocracia empresarial, vaia eliminar as políticas de inclusión social do kirchnerismo que sacaron a millóns de cidadáns da pobreza. Por iso o candidato e o seu partido encárganse de negalo cada día. Agora defenden medidas coma a Asignación Universal por Fillo e mesmo prometeron amplialas. É difícil explicar como encaixarían estes conceptos en FAES, o think tank no que se forman moitos cadros do Pro. A Fundación macrista Pensar é unha das entidades colaboradoras de FAES, e organizou mesmo campus presididos por Aznar. A Macri lémbranlle constantemente desde a esquerda as súas posicións polémicas en cuestións clave como a lei de matrimonio igualitario e a lei de reprodución asistida, que rexeitou A Macri lémbranlle constantemente desde a esquerda as súas posicións polémicas en cuestións clave como a lei de matrimonio igualitario e a lei de reprodución asistida, que rexeitou. Tamén votou en contra da nacionalización de Aerolíneas Arxentinas (que era propiedade do Grupo Marsáns) e a de YPF (de Repsol). Precisamente o conflito con España pola petroleira en 2012 desatou as críticas a Macri pola súa relación co Partido Popular español. Cambiemos, a alianza coa que o Pro se presentou ás eleccións, explica tamén a viraxe ao centro do partido. A eles sumáronse os radicais e a Coalición Cívica, que poderían identificarse como de centroesquerda Hoxe o candidato, como a maioría dos arxentinos, defende estas nacionalizacións. Cambiemos, a alianza coa que o Pro se presentou ás eleccións, explica tamén a viraxe ao centro do partido. A eles sumáronse os radicais e a Coalición Cívica, que poderían identificarse como de centroesquerda. "O Pro traballa desde 2008 buscando acordos co resto da oposición, co peronismo non kirchnerista, o socialismo, os progresistas... Non nos custa pornos de acordo, porque somos un grupo de persoas que cren que a democracia non é división senón procura de consenso", sostén Pinedo. Nunca un partido de dereitas gañou as eleccións en Arxentina e Mauricio Macri sábeo. E aínda que os vínculos entre Pro e o PP sigan intactos, de momento manda a distancia. Sería impensable que nesta campaña Rajoy lle devolvese ao alcalde a xentileza de 2011 e subise ao escenario a pedir que voten presidente a Macri. |
NOS_57835 | O primeiro ministro británico asegurou esta cuarta feira no seu discurso que en 2017 preguntará @s británic@s sobre a permanencia do Reino Unido na UE se gaña as eleccións. | Se gaña as eleccións en 2015 a consulta podería desenvolverse en 2017. Así o anunciaba esta mesma mañá o conservador David Cameron no seu discurso sobre as relacións entre Reino Unido e UE. O euroescepticismo amosado polo primeiro ministro durante os últimos meses copará o seu programa electoral no que salienta o referendo sobre o mantemento --ou non-- do Reino Unido na Unión Europea. "É hora de que os británicos dean a súa opinión" "É hora de que os británicos dean a súa opinión", aseverou Cameron. A proposta feita pública esta mañá baséase nunha re-negociación dos termos que actualmente rexen a pertenza do Reino Unido á UE. Neste senso, o líder conservador asegurou que após os acordos que se obteñan dese novo modelo relacional coas institucións comunitarias "darémoslles aos británicos un referendo coa opción de quedar ou saír", salientou o primeiro ministro. Malia que o Reino Unido goza actualmente dunha particular adhesión á UE, Cameron asegurou que o que procura é "un mellor acordo" que devolva parte das competencias cedidas en materia económica a Bruxelas. Neste senso, segundo apuntan diversos medios de comunicación do país, actualmente máis do 40% d@s británicos estaría a favor dunha saída da UE. |
NOS_45313 | Queixas e protestos de usuarias por unha situación "vergoñenta" e que entenden que vai contra os criterios para evitar a propagación do COVID-19. | Dos 7.700 casos rexistrados de coronavirus en todo o Estado español, máis de 3.500 están en Madrid, sinalada como unha das 'zonas vermellas' do COVD-19. A pesar desas cifras, da aplicación do estado de alarma e das constantes e reiteradas chamadas de administracións e autoridades sanitarias a evitar aglomeracións para non favorecer a expansión do virus, o primeiro día laborábel de 'confinamento' deixa imaxes para a preocupación. Usuarias do metro de Madrid puxeron nas redes sociais imaxes de como ían os vagóns deste medio de transporte a primeiras horas da mañá: ateigado de pasaxeiros e pasaxeiras, cheos, facendo imposíbel respectar consellos como o dunha mínima separación entre persoas Desde Metro Madrid pediron polas redes sociais que "se aproveite os espazos libres" nos vagóns e plataformas, o que xerou moito malestar nas usuarias, que denunciaban que "non había un oco libre". Pero no se iba a controlar el acceso de gente? Pero no íbamos a poner separación? A mí sólo me asaltan dudas y dudas con lo que veo de #Atocha pic.twitter.com/A06gqCNv81— Julio Lleonart (@juliolleonart) March 16, 2020 |
NOS_18382 | O DOG e o BOE ratifican o cesamento de Feixo. O Goberno galego non poderá adquirir compromisos de gasto que non teñan consideración de gasto corrente nin adxudicar contratos de máis de 150.000 euros. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) e o Boletín Oficial do Estado (BOE) publican este sábado, unha vez comunicado ao Rei Felipe VI e á Moncloa, a renuncia do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, como presidente da Galiza. Como seguinte paso legal, os boletíns oficiais galego e estatal publican o real decreto no que, de conformidade co disposto no artigo 15.2 do Estatuto de Autonomía, declárase o seu cesamento a petición propia. O decreto, que subscribe o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, féchase co habitual agradecemento polos "servizos prestados". Feixoo dimite na Galiza para ir a Madrid Goberno en funcións Tras o paso dado por Feixoo, tanto el como o seu Goberno quedan en funcións até que tome posesión o seu sucesor, o que ocorrerá, unha vez resoltos a investidura e os trámites parlamentarios previos no Pazo do Hórreo, a mediados de maio. Até que Rueda tome posesión do seu cargo e nome ao seu Goberno, o actual Gabinete seguirá en funcións, coas súas actividades e decisións limitadas e axustándose á Lei de transparencia e bo goberno impulsada no ano 2016. A norma estabelece que o Goberno galego deberá limitar a súa xestión ao despacho de asuntos ordinarios, evitando adoptar medidas que condicionen aquelas que deba definir o Goberno que o substitúa. A sucesión na Presidencia da Xunta: votación o 12 de maio e toma de posesión o 14 Sen compromiso de gasto Ademais, durante a súa permanencia en funcións e excepto casos de urxencia ou cando existan razóns motivadas que o xustifiquen, non poderá, entre outras cuestións, enviar proxectos de lei ao Parlamento, autorizar convenios, adquirir compromisos de gasto que non teñan a consideración de gasto corrente ou aprobar convocatorias de probas de acceso ou de provisión de postos de traballo para calquera categoría de empregados públicos. Tampouco poderá adxudicar contratos que teñan vixencia plurianual e, en todo caso, aqueles cuxa estimación económica supere a contía de 150.000 euros. |
PRAZA_4448 | A Federación traballa en tres posibles encontros da 'Irmandiña' -dous deles contra Cataluña- para este mesmo ano, nunha iniciativa na que tiveron moito que ver Fernando Vázquez e Johan Cruyff e que non suporía gasto ningún para a Xunta. | A Federación Galega de Fútbol (FGF) traballa para que a selección volva disputar partidos amigables neste ano 2014. Xusto cando se acaban de cumprir cinco anos desde o último partido do combinado profesional - e despois de que a Xunta decidise non colaborar na organización dese tradicional encontro de Nadal-, a FGF confirma que negocia coa súa homóloga catalá para organizar dous enfrontamentos: un ao rematar a Liga e outro durante as festas en decembro. Confirmouno a pasada semana en Radio Coruña-Cadena Ser o seu presidente, José García Liñares, que agora explica a Praza os detalles dunha iniciativa que fai case segura a volta da Irmandiña máis dun lustro despois. Agás sorpresa, a selección galega volverá xogar máis de cinco anos despois do seu último encontro E hai unha figura que é clave neste máis que probable regreso da selección galega, como tamén o fora na reestrea de 2005 e na reivindicación que antes fixera o mundo do fútbol e da cultura galega por un equipo propio. É Fernando Vázquez, actual técnico do Deportivo e ex seleccionador xunto a Arsenio, un dos artífices de que Galicia se poida enfrontar a Cataluña neste ano. O outro, Johan Cruyff. Si, o ex futbolista, ex adestrador e ex técnico do combinado catalán. Ambos os dous coincidiron hai un mes na Coruña, con motivo da inauguración do primeiro campo da Fundación que leva o nome do holandés e do Congreso de Adestradores onde deu unha conferencia. Explícao García Liñares. Fernando Vázquez aproveitou unha visita a Galicia de Cruyff, ex seleccionador catalán, para propor a celebración dun partido entre ambos os dous equipos "Coincidimos Vázquez, Cruyff e eu comendo e Fernando insistiulle bastante a Johan sobre a posibilidade de organizar un partido entre Galicia e Cataluña; a Cruyff tamén lle pareceu boa idea e logo decidín falar co presidente da Federación Catalá para poñernos en marcha", confirma o tamén alcalde de Cerceda, que aclara que ambos os dous adestradores coincidiron no bo momento tanto do fútbol galego como catalán e na idoneidade dun encontro que xuntaría moi bos xogadores por ambos os dous conxuntos. "Nin a nivel federativo nin a nivel político hai demasiado interese en que se fagan eses partidos, pero sería bonito porque dispoñemos dun grupo de rapaces en Galicia que sería interesente ver xogando xuntos", dixera Fernando Vázquez antes do derbi entre Deportivo e Lugo. E seica se puxo mans á obra nunha xuntanza na que houbo dúbidas sobre as reticencias que podería haber nalgún estamento público polo risco de politización do partido, máis aínda tras o proceso soberanista aberto en Cataluña. "É un partido, nada máis; eu quero liberarme de calquera tema político neste ámbito porque a selección é de todos os galegos e non duns partidos determinados; nin tan sequera consultei co meu partido porque eu teño claro que non quero que a política estea presente", explica García Liñares, que desexa tamén que o encontro "vaia máis aló do simbolismo" e lembra cando lanzou a idea de crear un campionato estatal autonómico para "darlle máis oficialidade" á Irmandiña. "Pero non hai datas libres para organizalo", explica. A alternativa: disputar un ida e volta con Cataluña, unha solución que convence a dúas bandas porque supón tamén un "aforro importante", xa que cada unha das federacións ocuparíase dos gastos do rival. Para a Xunta, que sempre xustificou a supresión da selección galega no seu excesivo gasto, non suporía gasto ningún. "É un partido, nada máis; non quero que a política estea presente porque a selección é de todos", di o presidente da Federación "A FGF traballa xa para buscar xeitos de financiar o encontro, a través das entradas, que serían moi baratas, e de patrocinadores", insiste García Liñares, que aclara, porén, que "aínda está todo por facer", pero que as negociacións van por bo camiño. Para o presidente da Federación, non hai dúbida de que "un partido entre dúas autonomías" do Estado e con tanta tradición futbolística tería "moita máis relevancia" que os encontros que, pola falta de fondos, se ven obrigados a organizar Cataluña e Euskadi, as únicas que manteñen o encontro de Nadal. "Uns acaban de xogar contra Cabo Verde e outros contra Perú, dous rivais menores que nin tan sequera enchen os estadios", argumenta. Pero hai máis. Logo do incendio que destruíu o santuario da Virxe da Barca en Muxía, o Real Madrid ofreceuse tamén para xogar un partido amigable que a FGF pretende que sexa contra a selección galega. Sería outra das opcións para a volta da Irmandiña. "De non ter ningún a ter tres", bromea Liñares, que confía en que, cando menos, se celebre un dos tres encontros que ten en mente. Sería o regreso dun combinado profesional que saltou ao céspede por última vez hai máis de cinco anos en Riazor, ante Irán, onde destacou Nacho Novo, ferrolán que xogaba en Escocia e que chegou ao estadio a poucos minutos de que comezase o partido. "Agora non sería complicado formar un equipo porque temos moitos e bos xogadores na elite; todo sería máis doado", conclúe o presidente da Federación. |
NOS_52708 | Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística ese ano creáronse 17.312 compañís e desapareceron 15.556. | Datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre demografía de empresas sinalan que Galiza conta cunha taxa de desaparición e creación de empresas inferior á media estatal en 2017, ano ao que se refire o estudo. A media galega sobre as compañías existentes é 7,6% en 2017, algo inferior á estatal que é 7,9%. A taxa de creación de empresas en Galiza é de 9,1%, cando a media estatal é de 9,4%. En 2017 creáronse 1.756 compañías máis (17.312) das que desapareceron (15.556) cunha taxa neta de 0,8%. O total de empresas existentes ese ano foi de 213.787. Por sectores, 58% destas empresas pertenceu á categoría resto de servizos, cando 23,1% corresponde a comercio, 12,7% a construción e 6,1% a industria. |
QUEPASA_736 | Decembro 18: Camariñas, territorio de 2ª para Portos. Novembro 18: Fábrica de xeo ou fábrica de fume para Camariñas. | Portos s O pasado mes de novembro Portos de Galicia comprometíase a tomar parte nos problemas da situación da ponte da dársena do porto de Camariñas, segue pechada. O Concello camariñán ten feito un informe que considera que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural, mentres a entidade autonómica aseguráballe ao concello que ía facer outro para corroborar esa tese e contemplar alternativas para a súa situación. Pero a cousa segue sen movemento algún. De aí que a alcaldesa Sandra Ínsua, lamente "a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado". "O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero Portos o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal", explica. |
NOS_50756 | Unha familia de Arzúa pon o foco no reto pendente da inclusión educativa. | "Estamos ante un caso de vulneración dos dereitos educativos dunha menor con necesidades específicas". Así resume Isabel Montero, nai dunha nena de 7 anos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) escolarizada no CEIP de Arzúa, a situación de atención á diversidade que atravesa a cativa neste colexio. O novo currículo de Primaria impulsa a inclusión e o traballo competencial Asegura que sempre foi contenta á escola. "Na etapa de infantil contou cunha titora moi implicada no seu proceso de aprendizaxe". Os problemas, di, comezaron co salto a Primaria e a falta de aplicación do plan individual de atención aprobado para a súa filla e dos protocolos estabelecidos por Educación para o alumnado con TEA. "O plan específico é moi básico e debera revisarse cada curso en función das necesidades da nena. Mais non se fixo. Manteñen o do ano pasado, polo que aínda non recolle as achegas das asociacións que atenden a Lara". Desde hai dous anos a familia mantén un tirapuxa co centro e a Administración documentado con ducias de informes, solicitudes e recordatorios oficiais para unha mellor atención da rapaza O detonante dos atrancos que a familia sinala a Nós Diario, dos que son sabedores tamén a Consellaría de Educación e a Valedora do Pobo, ademais de todas as entidades que acompañan a crianza no seu desenvolvemento, foi o uso dun reloxo GPS que o centro censurou amparándose "nunha lei que prohibe ese tipo de dispositivos na aula" e que especialistas médicos recomendan polas "dificultades de autonomía e comunicación" da nena. Apoios técnicos e humanos Desde entón a familia mantén un tirapuxa de dous anos co centro e a Administración documentado con ducias de informes, solicitudes e recordatorios oficiais para unha mellor atención da rapaza. Neste tempo, explica Montero, lograron que o reloxo GPS fose admitido, mais aspiran a que o colexio cumpra outros mínimos: "anticipación, protocolos de entrada e saída da nena do centro e as horas de apoio que lle corresponden". E piden que lle concedan unha tablet mais a figura dun profesor preferente, "como nos recomendou solicitar a orientadora do colexio". Consideramos que debe seguir nese colexio e que debe existir un mellor control da inclusión por parte da Administración A situación deteriorouse na recta final do curso. "A falta de información, coordinación e resposta por parte do centro", sinala Isabel Montero, estragou a súa relación mais tamén a confianza e seguridade de Lara na escola. "Non se sente involucrada e comeza a afectarlle á saúde. Até deixou de ir varios días á escola por recomendación médica, porque se sente rexeitada e iso créalle ansiedade". A atención á diversidade na escola exixe recursos e protocolos adaptados Mais esa perda tamén supón unha mingua das súas capacidades como alumna cunhas necesidades específicas de atención. "Nós consideramos que debe seguir nese colexio, que debe pór os medios técnicos e humanos necesarios á súa disposición. E consideramos que debe existir un mellor control da inclusión por parte da Administración". A Galiza non goza de profesorado suficiente nin competente para levala a cabo de forma efectiva En resposta a Nós Diario, a Consellaría de Educación mantén que "segundo a información técnica proporcionada pola Inspección educativa esta alumna conta con todos os recursos educativos que precisa" e que "non se solicitou ningún apoio educativo a maiores". Desde Anpas Galegas, Fernando Lacaci asegura que neste caso concreto a situación chegou "ao límite do grotesco", mais dá conta "de despropósitos cotiáns" na atención á diversidade na Galiza, que non goza de profesorado suficiente nin competente para levala a cabo de forma efectiva. "A Xunta non fornece de medios abondos os centros escolares cando ten todas as competencias, recursos e posibilidades para facelo, gústelle ou non". Cooperación, control e seguimento A aposta por unha educación inclusiva "require recursos materiais e humanos", afirma a vicesecretaria de Cogami, Juana Tubío. "Melloran o desenvolvemento persoal do alumnado con necesidades especiais mais tamén da aula e do propio profesorado". O caso de Arzúa, di, revela que é urxente "reforzar a cooperación entre os diferentes axentes que atenden o alumnado e estabelecer mecanismos de control e seguimento para asegurar que contan cos apoios suficientes e de calidade. Non poden quedar a mercé do centro". A atención á diversidade, á espera de recursos suficientes e estruturais A atención á diversidade non se logra nin con boas palabras nin con normas, conclúe Lacaci. "É algo moi custoso. Fan falta cartos para dedicalos ao que verdadeiramente importa: máis profesorado con formación específica para que todas as crianzas estean ben atendidas". Do contrario, di en referencia ao caso de Arzúa, seguiremos a ver como o alumnado "sofre o desencontro de xente moi pouco profesional". |
NOS_5382 | Solicitan que compareza na Deputación Permanente. | Os grupos da oposición na Cámara galega (PSdeG, Común da Esquerda, BNG e mixto) uníronse para solicitar que o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, compareza ante a Deputación Permanente para informar do brote de coronavirus na comarca da Mariña. Nun escrito rexistrado na mañá desta segunda feira, ao que tivo acceso Europa Press, demandan a convocatoria do órgano interino do Lexislativo galego para abordar a proposición, que pide a Núñez Feixoo que ofreza explicacións no Pazo do Hórreo sobre a situación desta zona do norte da Galiza, fechada desde a madrugada da segunda feira ante o incremento de casos, que exceden xa a barreira do centenar de infectados. A petición prodúcese a menos dunha semana para a realización este domingo dunhas eleccións galegas que o Bloque pide xa suspender na comarca afectada, mentres que Marea Galeguista e Galicia en Común enviaron senllos escritos á xunta electoral nos que cuestionan sobre como se desenvolverá o proceso no caso de que A Mariña continúen unhas restricións que, polo momento, manteranse até a sexta feira. |
QUEPASA_203 | Continúa Viki Rivadulla a través da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía, recuperando a historia en clave de muller. Hoxe vai de ciencia: | Margarita Salas (Canero, Asturias 1938- 2019), é Doutora en Ciencias Químicas e gran referente da ciencia en España Estudou Química, o que foi unha boa elección debido a que moi pronto deuse conta do entusiasmo que lle xeraba pasar horas no laboratorio de Química Orgánica. Tanto é así, que ao terminar o terceiro curso pensou que o seu futuro podería ser a investigación nesta materia. Durante os estudos coñeceu ao que sería o seu esposo, Eladio Viñuela. Severo Ochoa aconséllalle realizar unha tese doutoral en Madrid baixo a dirección de Alberto Sols, excelente bioquímico, ao que envía unha carta para que admita a Margarita. Por aquel entón, Sols esperaba moi pouco do traballo científico dunha muller, pero non puido negarse á petición do premio Nobel. Margarita pásao mal polo machismo que a rodea durante esa época. Despois trasládase con Eladio a Nova York, para traballar ambos con Severo Ochoa quen era consciente da pouca 'visibilidade' que podería ter a científica nun mundo dominado por homes, pois na maioría dos matrimonios que traballaban xuntos os descubrimentos adoitaban ser atribuídos ao home, así que os separou profesionalmente. Retornou nos anos 60 a España para introducir o incipiente campo da bioloxía molecular. Traballou intensamente, descubriu algúns dos segredos do ADN e desenvolveu a patente máis exitosa na historia do CSIC, a ADN polimerasa. Firme defensora da investigación básica e amante da docencia, obtivo grandes logros en investigación e formou a moitos científicos e científicas. Foi recoñecida con numerosas distincións, como o Premio Rey Jaime I de Investigación (1994), o Premio de Investigación e Innovación Tecnolóxica da Comunidad de Madrid (1998) e o Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón e Cajal (1999), entre outros. Recibiu, así mesmo, a Medalla do Principado de Asturias (1997), a Medalla de Ouro da Comunidad de Madrid (2002), a Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (2003), a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio (2003), a Medalla de Honra da Universidade Complutense (2005) e a Medalla de Ouro do Mérito ao Traballo (2005). En 2008 depositou na Caixa das Letras do Instituto Cervantes dous cadernos coa investigación realizada no laboratorio de Severo Ochoa na Universidade de Nova York. Despois de xubilarse obtivo un nomeamento do CSIC de profesora Ad Honorem, o que lle permitiu seguir traballando ata o final no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa CBMSO. Durante a súa intensa carreira publicou numerosos artigos, ostentou cargos á fronte de institucións científicas – como a presidencia da Sociedad Española de Bioquímica, a dirección do Instituto de Bioloxía Molecular do CSIC e do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e presidenta da Fundación Severo Ochoa. Desde 2015 ten o seu propio museo en Luarca. |
PRAZA_5267 | Benestar suma xa case un millón de euros na elaboración e difusión dos anuncios cos que di tentar transmitirlle á poboación a súa "responsabilidade" no problema demográfico do país. A oposición censura que a acción publicitaria sexa simultánea á aplicación de recortes sociais. | Que Galicia ten un serio problema demográfico é algo compartido na práctica totalidade dos ámbitos sociais e políticos. O país vive un verdadeiro inverno demográfico, co peor saldo vexetativo do Estado e a taxa bruta de mortalidade máis alta, mentres que a de natalidade se atopa nun minúsculo 7,6. Ante esta realidade a discrepancia sitúase no xeito de abordala. Dende a Xunta apostouse polo Plan de Dinamización Demográfica, un documento despachado no Parlamento en menos de catro horas aprobado sen a oposición precisamente por esa celeridade no trámite. Ese plan combina medidas de apoio ás familias con plans tan polémicos como considerar cidadáns de pleno dereito a nenos e nenas "concibidos e non nados" ou destinar fondos públicos a campañas de propaganda para animar a cidadanía a ter fillos e fillas. Este gasto vai xa polo millón de euros. O pasado verán o Goberno galego tramitaba a primeira parte desta campaña, sacando a concurso público a elaboración e difusión da súa primeira acción publicitaria de "sensibilización para a dinamización demográfica" por un importe máximo de 640.000 euros. O contrato foille adxudicado en outubro á empresa Canal Uno por 614.840 euros. Esta compañía foi a responsable dos anuncios que, nos últimos meses, amosaban unha nena chamada Mariña e os seus supostos pais que "farán feliz a toda Galicia". "Converterse en pai ou nai é unha das mellores experiencias da vida, non a deixes escapar", alentaba o Goberno. O gasto total da campaña aproxímase xa ao millón de euros A campaña, criticada dende a oposición parlamentaria por desenvolverse entre recortes sociais que dificultan notablemente a decisión de ter fillos ou fillas -a Xunta, pola súa banda, opina que os cartos ou o paro non inflúen nisto-, rematou formalmente o 15 de marzo e apenas unha semana despois, o día 21, a Consellería comezou os trámites para contratar unha segunda edición, que desta volta se estenderá ata o mes de novembro deste ano. Dado que a imaxe gráfica da campaña xa está elaborada, Benestar pon sobre a mesa un orzamento menor, que con todo chega aos nada desprezables 331.656 euros. A "responsabilidade" da cidadanía Como en xullo, Benestar xustifica a contratación da campaña na súa aposta por transmitir a "necesaria responsabilidade compartida por toda a sociedade para atallar un dos maiores problemas aos que se enfronta Galicia". Co seu plan demográfico, di o departamento de Beatriz Mato, tentao "impulsar o incremento da media" de fillos por muller, pasando de 1,08 "á cifra europea de 1,59". "Para lograr esta meta" unha das "áreas de intervención" son as "accións de sensibilización" como esta campaña. A Xunta cre que os anuncios poden lograr que a poboación perciba a "dimensión social" de "ter fillos" As enquisas realizadas pola Xunta din que a poboación "aínda non considera en toda a súa dimensión" o problema demográfico e por iso realiza estes anuncios en prensa, radio e televisión. "A maior parte dos enquisados considera ter fillos como un obxectivo persoal" e non ten en conta "a dimensión social". "Esta falla de percepción fai totalmente necesario elaborar unha campaña estratéxica que poida ter continuidade no tempo para mobilizar o conxunto da sociedade galega cara á recuperación demográfica", sinala. |
PRAZA_544 | O sexismo, o mesmo ca o racismo ou o clasismo, descoñece os valores da inclusión e cohesión social e ergue, si, barreiras inxustas e mesmo antixurídicas, mais tamén barreiras ao desenvolvemento social e ao crecemento económico, que precisan contar con todas as persoas posíbeis e no mellor de cadansúas capacidade | A cuestión da igualdade das persoas (mellor ca dos sexos, é evidente que aquí tampouco son acaídas as respostas bipolares ou bipartidistas) transcende moito do ámbito dos dereitos fundamentais. Porque constitúe unha cuestión fulcral na nosa vida social e económica. O sexismo, o mesmo ca o racismo ou o clasismo, descoñece os valores da inclusión e cohesión social e ergue, si, barreiras inxustas e mesmo antixurídicas, mais tamén barreiras ao desenvolvemento social e ao crecemento económico O sexismo, o mesmo ca o racismo ou o clasismo, descoñece os valores da inclusión e cohesión social e ergue, si, barreiras inxustas e mesmo antixurídicas, mais tamén barreiras ao desenvolvemento social e ao crecemento económico, que precisan contar con todas as persoas posíbeis e no mellor de cadansúas capacidades. Contábame este día unha mediana empresaria, muller comprometida social e politicamente, que os plans de expansión da súa empresa estaban a se ver ameazados pola situación de violencia machista que sofría unha súa íntima colaboradora. Velaí unha visión da que moitas veces non nos decatamos: a violencia machista non é só un crime, é tamén un ataque ao benestar social e económico. Sen chegar ao extremo da violencia machista, vemos como as retalladas, os recortes, afectaron nomeadamente ás mulleres pola súa menor vinculación cos núcleos duros de poder, mais tamén por ser até de agora os principais garantes do benestar das crianzas, persoas maiores e dependentes. O decrecemento substancial da cobertura social limita a incorporación plena da muller ao mercado de traballo, mais tamén a grande achega á creación de emprego e benestar que xeraría un mundo laboral, unha iniciativa empresarial, con participación parella de homes e mulleres. Horarios inasumíbeis e dinámicas organizativas e funcionais absurdas que apartan millóns de mulleres ben preparadas das funcións de dirección e iniciativa Por outra banda, as substanciais deficiencias das nosas empresas e organizacións na orde de promovermos a conciliación da vida laboral coa persoal deriva en horarios inasumíbeis e dinámicas organizativas e funcionais absurdas que apartan millóns de mulleres ben preparadas das funcións de dirección e iniciativa. Novamente non perden só as mulleres, nin os sectores máis febles da sociedade. Perdemos tod@s. E mire vostede, que pensa das cotas de xénero? Pois que lle vou dicir? Que non lle acredito nelas, mais si acredito en todo o que se acadou con elas. É dicir, penso que non podemos pasar sen as cotas. |
NOS_14737 | Manifestacións que se desenvolverán en 18 localidades. | A CIG convoca para o domingo 7 de febreiro o que denomina unha "xornada de mobilización" e que se enmarca na campaña que o sindicato desenvolve desde o pasado mes de outubro para demandar unha "saída galega xusta da crise". A central exixe políticas que permitan afrontar "unha auténtica recuperación económica e social" ao tempo que permita camiñar cara á "unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza". As mobilizacións desenvolveranse en 18 localidades en diferentes comarcas da Galiza e a CIG incide en que se garantirá en todo momento as medidas de seguridade e distanciamento establecidas no contexto da pandemia da Covid. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que as medidas que se están a adoptar polos Gobernos español e galego son "insuficientes ou inexistentes para dar unha resposta xusta á crise derivada da pandemia" e "lévannos a unha maior precariedade, máis desigualdade social e máis pobreza porque o capitalismo aposta por salvar a economía en vez de protexer as persoas". Carril considera que para iniciar a recuperación dos dereitos laborais e sociais, hai que comezar pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións implantadas dende 2010. Tamén reclama a fixación por lei do SMI no 60% do salario medio, como marca a Carta Social Europea, a supresión do IPREM e o establecemento dunha renda de inserción laboral e social, na contía do SMI; así como establecer por lei unha pensión mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual co IPC real. Xunto isto, aposta en que se prohiba por lei a aplicación de ERE, ERTE, modificacións de condicións etc. sen previa autorización administrativa e acordo co persoal. Ante a conxuntura actual, o secretario xeral da CIG destaca que as administracións teñen que ter un papel fundamental na dinamización económica. Canda estas medidas, a CIG demanda un reforzo dos servizos públicos, eliminando a taxa de reposición, e retornando ao público aqueles servizos privatizados, volvendo á xestión directa da sanidade, e fortalecer o ensino público, incrementando os cadros de persoal en ambos casos. Tamén a posta en marcha dun Plan de Conciliación con dereitos para as necesidades de coidados xeradas pola pandemia e a creación dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas, que integre residencias, centros de día, centros de atención á diversidade... incorporando á rede pública os SAF e dignificando as condicións do persoal. Lugares e hora das mobilizacións - A Coruña: ás 11:30h, marchas con saída dende a Casa do Mar, a Torre de Hércules, o Pazo da Ópera e a Praza de Portugal até a Praza de María Pita. - Compostela: ás 11:30h, marchas dende o Hotel Peregrino, a rotonda de San Caetano e a rotonda do Restollal até a Praza da Quintana. - Ferrol: ás 11:30h, marchas con saída dende a Praza Vella e dende a rotonda do Diapasón (Esteiro) até a Praza de Armas. - Lugo: ás 11:30h, marchas dende o Parque Frigsa e o edificio do INSS (avda. de Madrid) até á Praza Maior. - Ourense: ás 11:30h, marchas con saída dende a estación de RENFE, a rotonda de Mariñamansa/Paco Paz e o estadio do Couto até a Praza Maior. - Pontevedra: ás 11:30h, con saídas desde o Hospital Provincial (rúa Loureiro Crespo) e desde a rotonda de San Roque -Alameda. - Vigo: ás 11:30h, marchas dende a Dobrada e da praza do Concello até o farol de Urzáiz. - A Guarda: ás 11:30h, concentración na Praza do Reloxo. - As Pontes: ás 12:00h, concentración no edificio do INEM - Boiro: ás 12:00h, na Praza do Concello. - Cangas: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello. - Cee: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello. - Lalín: ás 11:30h, concentración na Praza da Torre. - Porriño: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello. - Redondela: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello. - Ribadeo: ás 12:00h, concentración na Oficina de Emprego. -Verín: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello. - Vilagarcía: ás 11:30h, con saídas desde rotonda Ramal e desde rotonda Piñeiriño. |
PRAZA_8691 | O Balonmán Cangas gañou este venres o derbi galego da Asobal na pista do Academia Octavio por 23-28. Foi un encontrodramático no que os dous equipos, igualados a puntos, xogaban a permanencia na máxima categoría | O Balonmán Cangas gañou este venres o derbi galego da Asobal na pista do Academia Octavio por 23-28. Un derbi dramático no que os dous equipos, igualados a puntos, xogaban a permanencia na máxima categoría e que rematou cos cangueses moi preto do obxectivo e cos vigueses nunha posición moi comprometida. Ademais nun derbi normalmente marcado polo factor campo, o Cangas logrou a súa primeira vitoria da temporada a domicilio oito anos e tres partidos despois do seu último triunfo nas Travesas. Así, a falta de tres xornadas para o final, o Cangas queda a un triunfo da salvación con dous partidos no Gatañal á vista. Pola contra, o Octavio, ao que lle restan dous partidos fóra e un na casa, necesita dúas vitorias en tres partidos e involucrar na loita ao Quabit Guadalajara, que xoga mañá domingo na súa pista ante o Huesca. O Cangas conseguiu a vantaxe decisiva de cinco goles entre os cinco últimos minutos do primeiro tempo e os primeiros sete do segundo nun partido cargado de tensión. Un tanto de Moisés Simes a falta de dous minutos sentenciaba a contenda e acentuaba os cánticos da numerosa afección canguesa desprazada ata As Travesas, aproximadamente unha cuarta parte dun pavillón cheo pero que igualou a contenda en termos ambientais e despediu ó seu equipo con berros de "que bote o Gatañal". O Cangas conseguiu a vantaxe decisiva de cinco goles entre os cinco últimos minutos do primeiro tempo e os primeiros sete do segundo A igualdade e o baixo número de goles foron a constante dos primeiros minutos e de case todo o primeiro tempo. As defensas impoñíanse a uns ataques minguados polas ausencias nas formacións iniciais de Pablo Cacheda e David García, ambos centrais e xogadores de máis talento dos seus equipos, que volvían de lesión e non estaban a tope. Só houbo tres goles nos primeiros cinco minutos, seguidos por un lixeiro dominio local que acadou o seu punto álxido no 6-4 do minuto 13 tras dous goles do sueco Kallman. Foi entón cando Víctor García 'Pillo', o adestrador do Cangas, forzou con David García e o encontro cambiou: parcial de 3-0 para os visitantes que os poñía por primeira vez por diante 6-7. Tras un tempo morto do adestrador local, Quique Domínguez, o Octavio situouse 9-8 arriba. Non obstante, dúas exclusións consecutivas para xogadores do Octavio, as dúas primeiras do encontro, xunto co troco á defensa 4-2 de 'Pillo', posibilitaron a reacción canguesa ata o 9-12. Unha reacción que mesmo puido ser maior se Suso Soliño non falla un sete metros e o porteiro local Jorge Lloria non intervén en tres ocasións. A saída de Pablo Cacheda, minguado polo xeonllo, apenas tivera impacto. Chegou entón a primeira exclusión para o Cangas, unha exclusión que non impediu, tempo morto de 'Pillo' de por medio, que os visitantes aproveitasen os últimos 20 segundos do primeiro acto para marcar e manter a renda de tres tantos, 10-13, antes do descanso. Os primeiros minutos da segunda metade resultaron demoledores para o Octavio Os primeiros minutos da segunda metade resultaron demoledores para o Octavio. Ao gol rápido de Fran González seguiulle un parcial de 4-1 do Cangas, con dous goles de Rosales, que deixou en mera anécdota a exclusión de Cerqueira, ex pivote do Octavio. O porteiro do Cangas, Javi Santana, que xogou cun peto amarelo, tamén contribuíu con varias paradas. O marcador estaba xa nun 12-17 que se ampliou a seis goles tras fallar o Octavio un penalti. Non obstante, reaccionou o conxunto vigués con dúas exclusións consecutivas do Cangas, a entrada de Chantada por Lloria na meta e as achegas de 'Jabato' e Kallman ata colocarse a tres goles, 17-20, mediada a segunda metade. Foi o único amago de reacción dos locais, abortado por un Cangas que volveu poñer terra de por medio no 19-25. Senllos pares de goles de Rosales e David García, os máximos goleadores xunto a Cerqueira, achegaban o triunfo ó Morrazo. A falta de oito minutos o choque estaba visto para sentenza, máis aínda cando o Octavio fallou dous sete metros e non aproveitou tres exclusións consecutivas dos visitantes. Nervios, amago de tángana e Simes que marcaba o tanto da tranquilidade antes de que os xogadores do Cangas fosen cara os seus afeccionados a celebrar a vitoria. Na bancada estaba Sergio, porteiro mancado do Celta, que foi testemuña do derbi que o deixa o Cangas a un paso da permanencia e que condena ó Octavio a unha fazaña para manterse na Asobal. |
PRAZA_13309 | Centos de persoas maniféstanse en Compostela para esixir que a Xunta non combata a praga do gorgullo do eucalipto verquendo sobre as plantacións fluxfenuron, un nocivo pesticida que a Unión Europea vén de prohibir polos seus efectos na fauna, nas augas e na saúde das persoas | "As abellas pican, danlle medo á xente" e "o 76% do que comemos, da nosa cesta de alimentos, esixe que haxa abellas". Quen fala é Xesús Asorey, voceiro da Plataforma contra as Fumigacións, que este domingo sacou centos de persoas ás rúas de Santiago para reivindicar e explicar un problema tan importante como complicado de coar nas primeiras liñas da opinión pública xa que, a priori, é difícil facerlle chegar "á xente", recoñece Asorey en conversa con Praza Pública, a necesidade de saír en defensa dunha especie de insectos e contra un produto químico. Isto é, precisamente, o que fixo a plataforma en Compostela ao berro de "fóra veleno dos nosos montes" ou "queremos abellas": rexeitar o flufenoxuron e defender as abellas ou, o que é o mesmo, esixir que a Xunta non permita fumigar eucaliptos con este produto químico, cuxo carácter nocivo está recoñecido en diversas instancias, ata o punto de que a Comisión Europea o vén de prohibir. Quen ten intención de empregar este perigoso pesticida é a patronal papeleira, ASPAPEL, para combater a praga do gorgullo do eucalipto e quen ten que autorizalo é o Goberno galego. Na marcha celebrada en Compostela tiñan claro que non é casual que se queira verquer canto antes o produto por medio país -as fumigacións produciríanse en amplísimas extensións das provincias atlánticas e en lugares moi localizados da Mariña lugues-. Ben ao contrario, os motivos son esencialmente económicos e comerciais, din. "Hai un stock" de flufenoxuron, explica Asorey, e as empresas que o teñen almacenado tentan desfacerse del antes de fin de ano. "Andan a toda velocidade porque non se vai poder utilizar a partir do 31 de decembro". E non lles importa, di, que sexa "perigoso para as augas, para a saúde das persoas" e para a fauna, esencialmente para as abellas. A plataforma ve intereses comerciais por tras da urxencia das fumigacións: o pesticida queda prohibido a finais de ano "Non son conscientes", ou non queren selo, matizan dende a plataforma, do "labor polinizador" das abellas. Os últimos datos do Parlamento Europeo, lembra Asorey, deixan claro que "ata o 84% das especies" vexetais "dependen das abellas para seren cultivadas". Xa en 2008 "se declarou a abella como a especie máis valiosa do planeta", por "imprescindible para a produción agraria, a biodiversidade" e a "produción de produtos" do agro de especial calidade, caso por exemplo do mel, pero non só. Ademais de matar as abellas as fumigacións tamén atacaría outra especie, empregada precisamente para loitar contra as pragas, "unha avespa asiática" que se vén usando "como loita biolóxica". Liberouse en diferentes plantacións hai anos "e un 40% delas permanece no campo", onde "van facendo control biolóxico". "No momento en que lles botemos este pesticida, todo o traballo que fixemos" vai desaparecer. "Gastamos os cartos e non servirá para nada". Pero na orixe do esparexemento de pesticidas non está só a vontade empresarial ou gobernamental. Está tamén unha planificación forestal que vinte e catro horas antes xa se rexeitara tamén en Santiago, durante a manifestación contra a Lei de Montes que o Parlamento está a piques de aprobar. "O problema de fondo son os monocultivos de eucaliptos", di Xesús Asorey. Cómpre promover "un monte multifuncional", no que se "contemplen varias actividades" e que se ordene baseándose nunha "variedade de especies vexetais". Coa nova lei "vanse promover grandes extensións" de cultivos idénticos e a situación que a manifestación deste domingo esixiu reverter "vaise agravar". "Cada vez vai haber máis pragas" e "cada vez se van utilizar máis produtos". "O único que sae mal parado é a nosa biodiversidade", conclúe. A Xunta atribúelles aos manifestantes un "tratamento esaxerado" que fan "de maneira interesada" E, como tamén aconteceu ante a manifestación contra a Lei de Montes, a Consellería de Medio Rural tentou tamén desactivar os argumentos dos manifestantes remitindo un comunicado á prensa, neste caso para pedir "máxima tranquilidade aos galegos fronte ao tratamento tratamento inexacto, pouco rigoroso e esaxerado que se está a facer do tema de maneira interesada dende algúns grupos e que ao único que leva é a enganar e manipular á sociedade". O departamento de Rosa Quintana "lembra que nestes momentos non se ten levado a cabo ningunha fumigación aérea na que se aplicase este produto", xa que se está "a estudar e avaliar" que "cumpre todas as esixencias que establece a lexislación vixente". En todo caso, di, "o flufenoxurón non é un prodo neurotóxico" que "provoca dano e toxicidade", senón "un antiquitinizante, que actúa sobre as larvas cando cambian de estado, impedindo o seu desenvolvemento". |
NOS_20154 | A Sociedade Cultural Medulio de Ferrol presenta o vindeiro sábado 21 de maio, ás 19 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta de Compostela, unha representación da Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. | Estaba no programa das Irmandades da Fala a recuperación da soberanía estética da Galiza. E, dentro dese proxecto, Vilar Ponte consideraba que o teatro era a "arma de máis eficacia para a propaganda lingüística e para a educación das masas". Algo diso foi esquecéndose -probabelmente pola ubicua presenza do audiovisual na nosa sociedade- mais o teatro segue a ser, talvez, a arte que máis se aproxima a unha asemblea popular na que se dirimen os asuntos que preocupan ao público. E, en moitas ocasións, é o teatro amador o que asume ese labor de sensibilización e de fomento dos valores cívicos e culturais. A Sociedade Cultural Medulio de Ferrol presenta o vindeiro sábado 21 de maio, ás 19 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta de Compostela, unha representación da Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero que, en parte, responde a esas motivacións de difundir valores. Neste caso, dun autor que cultivou o teatro cunha fonda conciencia do papel que esa arte podía xogar no seo da sociedade galega. Elia Rico Lagarón, presidenta da Sociedade Medulio e unha das actrices que fan parte do elenco da obra, explica que a montaxe comezou a xestarse para conmemorar a figura de Carvalho no ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas, "mais entón chegou a pandemia e todo o proceso de ensaios tivo que deterse, polo que todo se atrasou. E un dos motivos para retomalo foi, precisamente, que a Covid provocou que moitas das actividades preparadas para esa celebración tivesen que suspenderse, deixando o Ano Carvalho un pouco deslucido. Dalgunha maneira, seguir difundindo a obra de Carvalho Calero é unha forma de desagravio". Carvalho Calero, fornecedor de pezas clave para o teatro, a poesía e a narrativa Rico opina, ademais, que esta función pode servir como unha forma de compensar "a falta de interese do teatro institucional polos nosos clásicos. A representación destes autores sería positiva non só para divulgar a súa obra, senón tamén para afianzar entre o público a nosa cultura e a nosa lingua". A obra, dirixida por Francisco Rodríguez, tivo, polo de agora unha única representación no Teatro Jofre de Ferrol, e a recepción, segundo Rico, foi bastante boa. "A xente riu moito, e iso sempre é un bo indicador", lembra. O certo é que a Farsa das zocas, é, dentro da seriedade da obra de Carvalho Calero, unha comedia inspirada en motivos populares, o que facilita a chegada a todo tipo de públicos. "En principio, semella fácil de montar", di a directora da Sociedade Medulio, "mais axiña te decatas de que unha obra esixente, tanto no plano lingüístico como no artístico". Sen perder de vista esa inspiración popular, efectivamente, existe un enorme esforzo de estilización que transforma a obra nunha peza que se afasta do realismo costumista. O propio Carvalho subliñaba esa vertente simbólica do texto: "Cando algunha vez dirixín a representación desta obra aconsellei que as personaxes actuaran cunha certa rixidez semellante á dos títeres, porque é unha farsa verdadeiramente (...), é un teatro de barraca, propio para ser interpretado ao ar libre, aínda que admita tamén unha versión moi sofisticada". Unha obra no ronsel da modernidade brechtiana A Farsa das zocas, escrita en 1948 por Carvalho, alicérzase no teatro popular, mais afástase del na creación dun código que, en palabras do propio autor, é "tan primitivo que resulta moderno, e plausíbel sempre para o espectador verdadeiramente inxenuo ou verdadeiramente culto". De feito, o de Ferrol emprega unha serie de recursos tomados do teatro oriental e do de bonecos que achegan a obra a algúns dos postulados de Bertolt Brecht sobre o distanciamento. A peza de Carvalho, que segue o ronsel modernizador do teatro de Castelao e de Otero Pedraio foi, con seguridade a peza máis representada do autor, aínda que sempre da man de colectivos amadores. En 2020, a compañía A Quinta do Cuadrante preparou para o Consello da Cultura Galega unha lectura dramatizada da obra, dirixida por Tito Asorey. García Negro e Castelao Mexuto presentan a obra literaria completa de Carvalho Calero |
NOS_24160 | Centos de produtores concentráronse diante da Delegación do Goberno español. | Centos de gandeiros e gandeiras concentráronse esta cuarta feira diante da Delegación do Goberno, convocados por Unións Agrarias, para rexeitar o uso do leite como "produto reclamo" por parte das empresas distribuidoras, e pedir un prezo xusto. Con bombos e sachos, as concentradas instan Xunta e Goberno español a tomar medidas ao respecto, demandando un Real Decreto que obrigue as industrias a non pagar por baixo do custo de produción. Lembran que ese custo por litro na Galiza móvese entre 32 e 34 céntimos o litro mentres o que se lles paga moitas veces non supera os 30 céntimos. Unha delegación foi recibida por Javier Losada, delegado do Goberno español na Galiza. Roberto García (UUAA lembrou as protestas protagonizadas polos gandeiros e gandeiras de leite do 2015 e lamentou que "catro anos e medio despois" aínda se dá "a mesma situación" de 'dumping' a pesar do acordo asinado entón. Así, criticou a pouca "transparencia" da industria do sector e evidenciou que as cadeas distribuidoras "seguen usando" o leite como produto reclamo "para gañar consumidores e non compradores". "Seguen con prezos de hai cinco anos, a 56 céntimos o litro. Esas mesmas cadeas que uns quilómetros despois, en Francia, un país excedentario, ten o prezo a 73 céntimos", insistiu García, para despois urxir a convocatoria da mesa do acordo lácteo. E é que, tal e como explicou o secretario xeral de UU.AA., mentres a produción supón un gasto de 32 céntimos por litro para os gandeiros, a industria imponlles un prezo de compra ao redor dos 30 céntimos: "E se non asinas, dinche que xa non che compran máis". |
PRAZA_13301 | O denominado "rescate" da economía española por parte das institucións políticas e económicas europeas levanta interrogantes na mesma medida en que confirma algunhas certezas. | As certezas 1. A economía española está en graves problemas debido ao desmesurado endebedamento privado, motivado principalmente pola pésima xestión das mesmas entidades financieiras que deberían darlle solidez, e secundariamente ao endebedamento –en boa medida, inducido polas propias entidades financieiras– de empresas e familias. Recortar o gasto público non resolve os problemas estruturais que padecemos, mentres que socializa o sofremento 2. A raíz da crise que atravesamos non estivo nunca no exceso de gasto público, polo que recortar nese aspecto –e máis aínda cando se fai en políticas de benestar social (sanidade, educación, servizos sociais e dependencia, salvándose só até agora a cobertura ao desemprego)– non resolve os problemas estruturais que padecemos, mentres que socializa o sofremento. Cun engadido importante: convén non perder de vista que as comunidades autónomas, a pesar de xestionaren os servizos públicos máis onerosos (sanidade e educación), son responsables por menos do 5% do total da débeda española, o que dá conta da eficiencia dunha xestión descentralizada e do razoable desempeño dos sistemas de financiamento autonómico pactados até agora. 3. A bolla inmobiliaria provocada pola Lei do Solo, aprobada no mandato de Aznar, é a grande responsable tanto da artificial prosperidade creada na virada do século –e mantida polos gobernos de Zapatero como vía de financiamento fácil das necesidades orzamentarias– como da crise e recesión que seguiron ao seu súbito desinflamento. A ausencia de soberanía do Banco de España sobre a emisión de moeda, a fluctuación do cambio e os tipos de xuros, en decorrencia da integración de España na Unión Monetaria Europea, resultou letal 4. A ausencia de soberanía do Banco de España sobre a emisión de moeda, a fluctuación do cambio e os tipos de xuros, en decorrencia da integración de España na Unión Monetaria Europea, resultou letal. O sometemento aos intereses de Alemaña provocou unha miraxe idílica (a famosa integración na "Champions da economía", en palabras de Zapatero) da que estamos a acordar arrepiados. Asistimos a unha devaluación encoberta –a través da contracción dos salarios– que constitúe unha escolla ideolóxica profundamente regresiva e probablemente abocada ao fracaso 5. A falta de competitividade da economía española segue, comparativamente, nos mesmos niveis que antes da fase de intenso crecemento previa á crise, o que dá conta da incapacidade da maioría das empresas para aproveitar os tempos de bonanza no sentido de modernizarse, o que pasaría ineludiblemente polo impulso da I+D+i e polo aumento de salarios. Ao invés diso, asistimos a unha devaluación encoberta –a través da contracción dos salarios– que constitúe unha escolla ideolóxica profundamente regresiva e probablemente abocada ao fracaso, toda vez que a clase empresarial desiste das súas responsabilidades e utiliza o aparello estatal para manter (ou mesmo incrementar) as marxes de beneficios sen afrontar as mudanzas estruturais necesarias. Isto, unido aos drásticos recortes de gasto público en I+D+i, lastrará a competitividade da economía española no medio e longo prazo de maneira notable, reducindo sensiblemente as marxes dunha eventual recuperación. 6. A decisión de unir a sorte das contas públicas á evolución da saúde das institucións financieiras, pactada a finais de 2010 polo PSOE e o PP, demostrouse completamente errada. Se daquela aínda había escolla, hoxe carecemos dela ou, en todo caso, as consecuencias de optar por unha solución heterodoxa serían moito máis dramáticas: xa non se pode sanear o sistema eliminando as entidades insolventes, dado que a nacionalización das súas débedas atrela o destino da estabilidade orzamentaria ao saneamento dos balances da banca privada e das caixas de aforro nacionalizadas vía FROB. A pésima xestión das entidades financieiras tanto na época do boom especulativo como no destino dado aos fondos públicos inxectados desde o comezo da crise debe ser obxecto dunha investigación exhaustiva que depure responsabilidades 7. A pésima xestión das entidades financieiras tanto na época do boom especulativo como no destino dado aos fondos públicos inxectados desde o comezo da crise debe ser obxecto dunha investigación exhaustiva que depure responsabilidades. As Cortes españolas, ben como os respectivos Parlamentos e Asembleas das comunidades autónomas no caso das entidades financieiras de ámbito territorial, teñen o deber ético e político de instaurar comisións de investigación. E, desde logo, a Fiscalía está obrigada a entrar neste asunto até as últimas consecuencias. As dúbidas 1. É unha medida acertada colicitar o rescate da UE para sanear, basicamente, tres entidades financieiras? Ou poderíase articular unha fórmula alternativa de endebedamento (p.ex. mediante o empréstimo directo do BCE ao Estado español) que o tornase desnecesario? 2. Cal será o alcance do rescate, tanto cuantitativamente (monto total da inxección de capital) como cualitativamente (modelo de xestión do fondo de rescate e contrapartidas a seren concedidas polo Estado español á troika)? Cales serán as consecuencias do "rescate" sobre as políticas públicas? 3. Cales serán as consecuencias sobre as políticas públicas? Ao máis que previsible aumento de impostos –fundamentalmente do IVA (imposto indirecto e, por tanto, regresivo)– seguirán novos recortes do gasto público? En caso afirmativo, serán unha vez máis os servizos públicos esenciais o albo das novas tesoiradas? 4. Que destino se dará ás entidades nacionalizadas? Que parte ficará en mans públicas, que parte será privatizada e cal será o destino dado aos ingresos obtidos da venda deses activos? 5. A banca privada que non será obxecto de rescate, está en condicións de dar cumprimento aos prazos de devolución das liñas de crédito público ás que recorreron desde o comezo da crise? Hai vida despois do euro? 6. O que fica da soberanía dos Estados-nación como España? Paga a pena pagar un prezo tan alto como deixar de decidir o propio destino para seguir a formar parte da eurozona? Hai vida despois do euro? É posible unha aposta pola reformulación do modelo de Estado vixente actualmente en España que estenda o modelo basco-navarro a outros territorios, como –sen ir máis lonxe– o noso país? 7. É un bo negocio para os territorios sen estado, como é o caso de Galicia, seguir dentro de estruturas estatais que lles negan a soberanía fiscal e financieira e que, ao tempo, carecen dela? Que peso político terá Galicia co afastamento do centro de decisións de Madrid a Bruxelas? É posible unha aposta pola reformulación do modelo de Estado vixente actualmente en España que estenda o modelo basco-navarro a outros territorios, como –sen ir máis lonxe– o noso país? Hai vontade política de dar ese debate por parte dos partidos galegos e do noso Parlamento? |
NOS_49625 | Na cidade vívense intres de máxima tensión após o reforzamento militar israelita na zona. Aliás, Netanyahu anunciou a construción de máis de mil novas colonias. | Após a operación militar lanzada polo Estado de Israel contra a Faixa de Gaza este verán, a calma non chega ao pobo palestiniano. Nos últimos días, a poboación árabe que habita a cidade de Xerusalén --ocupada por Israel en 1967 en contra dos acordos internacionais-- atravesa un dos momentos máis dramáticos. E é que logo do asasinato de Mohamad Abu Jedeir, de 16 anos, este mes de xullo, en represalia pola desaparición e asasinato de tres colonos xudeus, a violencia israelita non cesa. Neste senso, 35 colonos instaláronse nas últimas semanas no barrio palestiniano chegando a ocupar a zona das Mesquitas --un espazo de culto para a comunidade musulmá. Aliás, unha crianza palestiniana foi atropelada por un colono nunha estrada de Cisxordania e o domingo 26 de outubro militares israelitas dispararon até causarlle a morte a un mozo palestiniano de nacionalidade estadounidense, que participaba nunha manifestación. 35 colonos instaláronse nas últimas semanas no barrio palestiniano chegando a ocupar a zona das Mesquitas --un espazo de culto-- Un cidadán palestiniano-estadounidenseasasinado polo exército de Israel Arwa Abdel Wahab, de 14 anos, foi abatido polo exército sionista --e segundo o relato do goberno israelita-- por tirar "botellas" contra unha estrada que atravesa Cisxordania para dar acceso ás colonias xudeas construídas nos territorios ocupados. "Os soldados abriron fogo ao consideraren que a vida dos condutores estaba en risco", sinalou un resposábel de imprensa do exército israelita. Con Arwa Abdel Wahab, suman xa 43 @s palestinian@s asasinad@s polas forzas armadas sionistas desde que comezou o ano --e sen contar as persoas mortas durante a operación Alicerce Defensivo. Desde a presidencia do Estado de Israel, Benjamin Netanyahu, atribuíu ás forzas políticas palestinianas a morte dun bebé de 3 meses atropelado no barrio de Wadi Jozz, en Xerusalén leste, onde ficaron feridas outras oito persoas. Embora non esclarecerse se o accidente foi premeditado, Netanyahu acusou Mahmud Abbas --presidente da Autoridade Nacional Palestina-- dos "ataques en Xerusalén" pois, dixo, "enxalza e abraza a organización á que pertencen, Hamás". O atropelo dunha crianza de 3 meses no barrio de Wadi Jozz, en Xerusalén, foi empregado como excusa por Israel para acusar a Abbas e Hamás dos "ataques" contra a cidade Este feito serviu de excusa ao goberno sionista para incrementar de maneira notábel a súa presenza militar na cidade de Israel, nomeadamente nos barrios árabes que Netanyahu cualificou como "conflitivos". Porén, os últimos movementos do presidente israelita, entre eles o anuncio da ampliación das colonias no leste de Xerusalén, deixan ver que no centro da súa política contra os territorios ocupados, está á febleza na que se atopa o seu goberno de coligazón. A crise de goberno no centro da ofensiva A situación política en Israel após as eleccións parlamentares de 2013 é complexa. A fragmentación do arco político imposibilitou ao Likud de Netanyahu gobernar en solitario forzando unha coligazón que integra a moderados --como os ministros de Finanzas e Xustiza-- e ultraortodoxos. Nas posicións enfrontadas destes sectores reside a febleza dun goberno ao que @s analistas polític@s agoiran un final anticipado. Neste senso, algunhas voces mesmo apuntan á convocatoria de eleccións na segunda metade de 2015, embora Benjamin Netanyahu procura calmar os ánimos afirmando que "o último que necesitamos agora son eleccións". Sexa como for, os inquéritos sitúan o partido do ministro de Economía, Naftali Bennet, entre as forzas en crecente popularidade. Máis de mil novas casas nas colonias O partido, Fogar xudeu, preséntase como un claro defensor da colonización de Cisxordania e a el diríxense as últimas propostas lexislativas anunciadas polo presidente israelita. Netanyahu avanzou que construirá máis de mil novas casas destinadas a ampliar as colonias de Xerusalén Leste ás que se sumará un plan de infraestruturas --estradas na súa maioría-- para mellorar os accesos a estes asentamentos declarados ilegais polo dereito internacional. Na actualidade, viven máis de 300 mil colon@s, nos territorios ocupados, a maior parte en Xerusalén Oriental. Benjamin Netanyahu anunciou a construción de máis de mil novas casas para colonos, un aceno ao seu socio de goberno, Fogar Xudeu A imprensa local sitúa estas propostas nun intento por compracer a Fogar xudeu --a segunda forza máis importante no actual executivo-- e principal fonte de votos para o Likud. Porén, desde as organizacións moderadas --Yesh Atid e Hatnuá-- as decisións de Netanyahu supoñen o inicio dunha "grande crise" diplomática para un Estado de Israel cada vez máis illado. Netanyahu "está bombardeando os intereses diplomáticos de Israel por uns cantos meses máis na cadeira", sinalaron desde o Partido Laborista. Neste senso, ningún dos seus aliados tradicionais (EUA-UE) ve con bos ollos a ampliación das colonias e mesmo a ONU advertiu que supoñen "unha violación da lexislación internacional e dos dereitos humanos". Prohíben @s palestinian@s coller o autobús Así as cousas, o goberno sionista non recúa e mesmo está a incrementar a súa belixerancia. Neste senso, o 26 de outubro emitiu un comunicado através do ministro de Defensa, Moshe Yaalon, polo que se daba a coñecer a aprobación dunha directiva que prohíbe @s operari@s palestin@s usar os autocarros urbanos israelitas en Cisxordania. A medida obrigará @s traballador@s a se desprazaren até o paso de Eyal a pé ou noutro medio de transporte, mais non en autocarro. Na actualidade, @s palestinian@s teñen prohibido durmir no centro da cidade véndose obrigad@s a se desprazaren diariamente até Cisxordania após cruzar múltiples check-points israelitas. |
PRAZA_6486 | Máis de 14.300 persoas deixaron de constar como demandantes de emprego porque non renovaron a 'tarxeta do paro', non por atopar traballo. Máis do 90% dos contratos do mes foron temporais. | A relación de altas e baixas nas oficinas de emprego deixou o pasado agosto un indicador de paro rexistrado favorable, cando menos a nivel discursivo, aos intereses da Xunta. Entre xullo e agosto as persoas inscritas no Servizo Público de Emprego en territorio galego rebaixáronse en 3.340, unha cifra que converteu a Galicia na autonomía cun maior descenso mentres o dato estatal era negativo, con 8.000 inscricións máis. Así e todo, como adoito, estes números non queren dicir que esas 3.340 persoas abandonasen a lista oficial do paro, xa que foron moitas máis, nin que todas as que o fixeron atopasen un traballo. Os datos debullados polo SEPE e recollidos polo Instituto Galego de Estatística indican que nas oficinas de emprego do país se deron de baixa durante o pasado agosto un total de 39.140 persoas, case 700 menos que un ano antes, cando as baixas chegaran ás 39.859. Isto tampouco supón, nin moito menos, que se xerasen case 40.000 postos de traballo tanto en agosto de 2013 como no actual, senón que todas estas persoas deixaron de constar como demandantes de emprego por diversos motivos. No caso de algo máis de 4 de cada 10, ese motivo non foi atopar un emprego. Máis de 14.300 persoas deixaron de constar como demandantes de emprego porque non renovaron a 'tarxeta do paro', non por atopar traballo Segundo estes datos oficiais durante o pasado mes algo máis de 14.300 persoas deixaron de constar como inscritas no antigo INEM porque non renovaron a súa demanda de emprego, isto é, non foron selar a coñecida popularmente como tarxeta do paro. A estas cómpre agregar 2.783 máis cuxa baixa figura no epígrafe "outras causas", apartado que abrangue, entre outros colectivos, ás persoas que foron chamadas para realizar un curso de formación obrigatorio e que tamén deixan de constar como paradas. Así, as colocacións quedan en 21.997. Estas persoas que atoparon traballo o pasado mes, 1.920 máis que un ano antes, retornaron ao mercado laboral, na súa gran maioría, por tempo moi limitado, toda vez que o 94% dos contratos do mes foron temporais. Ademais, tal e como amosa o propio SEPE, o sector servizos seguiu a ser preponderante, o que amosa que o reto de mudar o modelo produtivo está aínda moi lonxe de tornar nunha realidade. |
NOS_5609 | Do paradigma de Peter Pan (persoas adultas que se comportan como crianzas) cara ao paradigma de Oliver Twist (crianzas obrigadas a se comportaren como adult@s traballando e asumindo responsabilidades que non son propias da súa idade): na Galiza unha de cada dez crianzas vive xa nun fogar onde ningunha persoa ten emprego | Na Galiza unha de cada dez crianzas vive nun fogar onde ninguén ten emprego. Xogando coas tesoiras, o PP colocou o Estado español á cabeceira dos territorios da Unión Europea onde @s menores de idade sofren maior risco de exclusión social. No Mundo a desnutrición infantil afecta a máis de 200 millóns de nen@s. É esta a realidade en que cómpre colocarmos a conmemoración de máis un Día internacional da infancia. Marchar para a cama sen cear non é unha reprimenda a crianzas fedellas e no Observatorio popular polos dereitos sociais pregúntanse xa se "camiñamos do paradigma de Peter Pan --persoas adultas que se comportan como crianzas-- cara ao paradigma de Oliver Twist --crianzas obrigadas a se comportaren como adult@s traballando e asumindo responsabilidades que non son propias da súa idade". Así as cousas, os datos da Federación de entidades de atención e educación á infancia e á adolescencia, Fedaia, describen unha Catalunya onde o 23% das nenas e dos nenos non poden cear porque non teñen que. Sen cifras concretas que confirmen este mesmo panorama no noso país, Unicef sinala porén que a porcentaxe de crianzas en risco de exclusión social si que é similar, ao se situar xa por riba do 20%. A repercusión que a crise ten para @s pequen@s tamén se reflexa nas taxas de abandono escolar temperán, que en 2011 e segundo os datos da propia Xunta de Galiza se situou no 21%, fronte á media do 14% rexistrada para a UE. Cadrando co Día internacional da infancia vén de se presentar un informe financiado por LaCaixa e elaborado polo Observatorio social de España (OSE) e a Universidade catalá Pompeu Fabra. Sinala o documento como a pobreza infantil severa aumentou un 45% nos últimos catro anos, e coloca o dedo riba "do déficit das políticas de familia e infancia" desenvolvidas polo PP e que, nos mellores casos, non se modificaron a pesar da crise capitalista. As máis das veces, tales políticas sufriron tamén os recortes. Sinálase no informe o papel das mulleres á hora de evitaren "peores consecuencias económicas e de risco de pobreza". Porén, o traballo dos coidados non se recoñece, e o documento fala de mulleres "inactivas" que se viron "forzadas" a buscaren emprego perante a destrución de traballo masculino. O texto recentemente publicado coloca o estado á cabeza de Europa canto á taxa de pobreza infantil, e culpa "as políticas sociais que están implantadas". Por derradeiro, cómpre sinalar que o perfil máis afectado, para alén das familias inmigrantes, sería o dunha familia monoparental encabezada por unha muller e con crianzas. |
PRAZA_8682 | Jose Julio Fernández aproveita a presentación do informe anual da institución para realizar contundentes críticas á banca, que "provocou" a crise, e considerar "inadmisible" que se produzan desafiuzamentos "mentres hai un amplísimo parque de vivendas baleiras" | Dende maio de 2012 José Julio Fernández exerce como Valedor do Pobo en funcións. Ata esa data era un dos vicevaledores do titular da institución, Benigno López. Concretamente, era o proposto a iniciativa do PP. Unha das súas poucas intervencións en temas de actualidade ata o momento, o pasado 6 de abril, foi interpretada por moitos como un aliñamento coas teses do partido que inicialmente o designou, ao considerar que as fotos de Alberto Núñez Feijóo co narco Marcial Dorado, publicadas por El País, carecían de "interese xornalístico". Pero este venres Fernández desplazouse ás antípodas da formación conservadora para, na presentación do seu primeiro informe anual, basear en razoamentos xurídicos opinións sobre temas tan sensibles como as preferentes, os desafiuzamentos e, sobre todo, os coñecidos como "escraches". O que para o PP é "acoso", en verbas de Alberto Núñez Feijóo, ou directamente "nazismo puro", segundo María Dolores de Cospedal, para o alto comisionado do Parlamento de Galicia é un exercicio do dereito "á liberdade de expresión", cando menos "os que coñezo pola información de prensa", dado que "eu non estiven en escraches". Para José Julio Fernández este tipo de protestas, nas que a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos se manifestan ante as vivendas de determinados responsables públicos pola súa posición ante os desfiuzamentos, son un tema "interesante, constitucionalmente falando", toda vez que aborda unha eventual "colisión de dereitos fundamentais", tales como a propia liberdade de expresión e manifestación, o dereito á integridade física ou á intimidade. E, polo momento, non ve que se sobrepasasen límites. Fernández coida que os problemas legais dos escraches chegarían "se se repiten durante certo tempo" na casa da mesma persoa A única dúbida legal do Valedor ao respecto chegaría "se o escrache se repite durante certo tempo" na casa da mesma persoa, porque "a repetición" acabaría por "afectar á integridade da persoa obxecto da protesta". Pero "un día determinado" non é "desproporcionado", nin sequera "dous" ou "tres", aínda que a manifestación implique "berros" ou "megáfonos". Iso, coida, "non é inconstitucional". Só "o exceso de tempo pode dar lugar á violación dun dereito fundamental neste caso". En calquera caso, salienta, xa "o dixo o presidente do Tribunal Supremo, mentres que non haxa desproporción, é liberdade de expresión". Desafiuzamentos executados por quen "provocaron a crise" As valoracións a respecto dos escraches chegaron, a preguntas da prensa, no marco da presentación do informe anual do Valedor do Pobo, marcado entre outros factores polos desafiuzamentos ou, o que é o mesmo, pola non satisfacción dunha "necesidade básica do ser humano para garantir a igualdade real e efectiva", como é "o dereito a unha vivenda digna". Con 17 queixas formais en 2012 e 32 no que vai de 2013 o Valedor constata que as familias que "ven en perigo a aplicación deste dereito" están nesa situación "non pola súa culpa, senón pola doutras instancias ou persoas". "Algunhas" das "instancias" que as levaron a esta situación son "curiosamente, os banqueiros que agora os queren botar da casa", os mesmos que "especularon no seu momento e provocaron esta crise", censura. O Valedor ve "inadmisible" que se produzan desaloxos mentres "hai un amplísimo parque de vivendas baleiras" Nun discurso máis próximo aos de colectivos como Stop Desafiuzamentos -co que se reuniu no último ano- que ao dos diferentes gobernos o Valedor debuxa unha situación na que "as entidades bancarias que agora tentan executar hipotecariamente a persoas actuaron imprudentemente" no momento da "concesión dos créditos", cando "sobrevaloraron a capacidade de endebedamento dos compradores". "No 99% dos casos non teñen a culpa da situación que están vivindo", polo que resulta "inadmisible" que os bancos non colaboren coa propia institución que encabeza cando se dirixe a eles para tentar frear un desfiuzamento. "Calquera reticencia debe ser criticada de xeito contundente" porque os bancos son uns "privilexiados neste momento", advirte. Para José Julio Fernández este non é un problema só económico ou político, senón tamén "ético". Resulta, ao seu xuízo, "inadmisible que exista un amplísimo parque de vivendas baleiras" e que este conviva coa "lacerante realidade de familias que poden perder a súa vivenda digna e adecuada". Por este motivo ve "imprescindible" a "creación dun fondo social de vivenda para responder ao problema", tendo en conta ademais que as reformas do Goberno central contemplan "con demasiadas cautelas" medidas como a dación en pagamento, esixindo "niveis de ingresos case de exclusión social". Informe anual do Valedor do Pobo |
NOS_5571 | Há um distanciamento ideológico dos africanos face ao Feminismo devido a uma falsa ideia de tradição e um desconhecimento da nossa História pré-colonial. | Sempre fico um pouco triste quando converso com pessoas e percebo o seu desconforto em falar de feminismo ou assumirem-se feministas, porque nós já tínhamos na nossa vivência formas de estar fora do padrão patriarcal. A arrogância das feministas ocidentais ao debaterem África, assumindo as suas realidades como "certas" ou como "modelos" não dá espaço para o estudo dos nossos feminismos, da nossa filosofia africana tradicional. As feministas ocidentais sempre falaram em nome de todas as mulheres, como se conhecessem as experiências de todas as mulheres, ou pior, como se as suas experiências fossem universais. Na verdade as relações de género diferem bastante, daí a necessidade de interseccionalidade. Não existe uma única experiência de mulher, mas sim várias. A arrogância das feministas ocidentais ao debaterem África, assumindo as suas realidades como "certas" ou como "modelos" não dá espaço para o estudo dos nossos feminismos Embora de forma generalizada possamos todas assumir que vivemos numa sociedade que privilegia o masculino, há que reconhecer as nossas diferenças. Uma das grandes diferenças é a exploração da sexualidade como meio para alcançar o domínio e o poder. Por exemplo, nas mulheres Makhua os ritos de iniciação e técnicas corporais como o alongamento dos lábios vaginais e o pompoarismo, têm como fins eróticos e estéticos que visavam a maximização do prazer da mulher. Através dos ritos de iniciação era possível passar este papel da sedução e do desejo como ferramentas para fazer política, tanto a nível intra-género, em que as mulheres mais velhas mostravam a sua autoridade pelas mais novas e também a nível inter-género, ao usar a arte do sexo para dominar o masculino. No feminismo ocidental, pelo papel da Igreja e os conceitos puritanos de moral e de finalidade do sexo, houve uma demonização do sexo e por isso os poderes sexuais são um ponto até hoje de muito debate e polémica. A sexualidade da mulher deve ser reprimida para ser aceite, assim, uma mulher que reconhece, assume e faz uso do seu poder sexual é vista como devassa e é símbolo da degradação moral da sociedade. Já existiam feministas aqui, antes de chamarmos o Feminismo por esse nome Neste caso, o feminismo ocidental ofusca o sexo e o erótico numa nuvem de culpa, medo, vergonha e desprezo que impede uma visão saudável do sexo como ferramenta para fazer política. Daí o falso moralismo e cinismo em torno do trabalho sexual (pornografia; prostituição; etc), visto que é um tema tabu cujas opiniões continuam polarizadas no que diz respeito ao reconhecimento da sua existência e da sua legitimidade. Outro elemento diferenciador é a existência de sociedades matrilineares. No Norte de Moçambique, especialmente no período pré-colonial, era comum a linhagem/ descendência ser contada pelo lado materno. Eram os homens que abandonavam as suas zonas de origem e passavam a viver com a família da esposa após o matrimónio. Os filhos do casal também levavam o apelido do tio materno e a mulher assumia a liderança na sua comunidade. Adicionalmente, nas culturas matrinineares, nomeadamente Yao e Makhua, eram (e ainda são) praticados os ritos de iniciação tanto para os meninos como para as meninas, como ritual de passagem da infância à fase adulta. E nestes ritos era onde os conceitos de masculinidade e feminilidade eram passados. Para as meninas, era um espaço de autonomia onde podiam partilhar as suas dúvidas e inquietações e ouvir das mulheres mais velhas conselhos e informações sobre o seu corpo, gestão do lar, cuidados de saúde; educação dos filhos, etc. Podemos concluir que os processos de modernização podem provocar tanta ou maior exclusão que os padrões tradicionais Esses momentos de partilha e sororidade entre mulheres, em privado, longe dos olhares dos homens, eram inexistentes no contexto ocidental. Os ritos de iniciação permitiam incutir na menina um sentido forte de pertença e poder, desde cedo, domando-lhe de ferramentas para liderar a sua família e a sua aldeia. Havia portanto um poder feminino. Nós tínhamos sociedades lideradas por mulheres em que cada um – homem e mulher – tinha os papéis bem definidos, sem necessariamente haver submissão por parte da mulher (ou sequer do homem). É importante enquadrar os paradigmas africanos dentro de um Feminismo que englobe questões específicas das realidades locais. Fará sentido um debate em torno da liberdade da mulher realizar trabalho remunerado, por exemplo? Poderemos encarar isso uma parte central do feminismo em África? A mulher negra sempre pertenceu à força de trabalho. Aliás, é esta a grande tese de Sojourner Truth no seu discurso "E não sou uma mulher?" (Ain't I a woman, originalmente), em 1851 na Convenção dos Direitos das Mulheres nos EUA, quando ainda existia a escravatura e as mulheres brancas lutavam para serem vistas como seres humanos capazes de trabalhar e assumir responsabilidades. Em África, e mais especificamente em Moçambique, o trabalho no campo sempre foi feminino por excelência. Encarava-se a mulher como criadora da vida, e por isso, reprodutora por natureza. Nesse sentido, o seu domínio se estendia também à fertilidade da terra. Por isso a sua participação na produção agrícola era central, não só por uma questão económica, mas também pelo sentido espiritual. Com a instauração do colonialismo e de um sistema económico monetarizado houve uma desorganização dos modelos tradicionais de autoridade, de género e de organização política Com a instauração do colonialismo e de um sistema económico monetarizado houve uma desorganização dos modelos tradicionais de autoridade, de género e de organização política. É importante lembrar também que a abertura do mercado de trabalho transnacional nas minas da África do Sul levou à saída de muitos homens jovens, deixando as mulheres sozinhas nas aldeias onde tiveram de assumir papéis tradicionalmente masculinos – mesmo nas sociedades patrilineares. Os processos de descolonização, por sua vez, pela influência das teorias ocidentais também não permitiram o resgate dos valores tradicionais ou sequer o seu entendimento, pelo contrário, em muitos casos, como em Moçambique o sistema socialista gritou bem alto "abaixo o lobolo! abaixo ao feudalismo! abaixo aos ritos de iniciação!", esquecendo o papel estruturante destes elementos como a base de identidades moçambicanas. Numa tentativa de unificação e consolidação de uma Nação, paradoxalmente, ignoraram-se estilos de vida tradicionalmente moçambicanos. Para os arquitectos da nação, o poder masculino representava a modernidade e o progresso, enquanto formas não ocidentais e e/ou não patrilineares representavam o atraso. Deste modo, em benefício do projecto nacional estabeleceu-se uma ordem patriarcal na qual o homem seria inquestionavelmente o chefe da família, provedor e autoridade máxima, apagando por completo formas alternativas de estrutura social, em prejuízo das mulheres. Podemos concluir que os processos de modernização podem provocar tanta ou maior exclusão que os padrões tradicionais. Encaram-se as estruturas sociais pré-modernas como fonte de todo atraso e opressão e a modernização como intrinsecamente libertadora, o que não é verdade. Repito: a modernização, ou, por outras palavras, a "ocidentalização" não é necessariamente libertadora. As dissemetrias de género e as próprias categorias de género e de sexualidade são fruto dessa ocidentalização e em muitos casos não se adequam às tradições africanas, como no caso da cultura Igbo (Nigéria). Já existiam feministas aqui, antes de chamarmos o Feminismo por esse nome. Perguntem só à Rainha Nzinga do reino de Ndongo; à Huda Shaarawi do Egipto; à Funmilayo Anikulapo-Kuti da Nigéria; e a tantas, tantas outras. E nós ainda estamos aqui. |
PRAZA_5050 | Coa nova suba das taxas os 110 mil habitantes do Salnés pagarán 3,3 millóns de euros anuais a Sogama, cantidade que financiaría en dous anos unha planta de tratamento semellante á de Lousame, que custou seis millóns e que dá servizo a 97 mil persoas e xestiona 40 mil toneladas | O forte incremento da tarifa que Sogama lles cobra aos concellos para xestionar os seus residuos ameaza con provocar que numerosas localidades abandonen este modelo, en beneficio doutros sistemas máis baratos e, ademais, máis sustentables. A planta de tratamento de Lousame recibiu nas últimas semanas a visita de alcaldes e outros representantes institucionais das comarcas do Deza e do Salnés, a maior parte do Partido Popular. Alí puideron coñecer a forma de traballar neste lugar, no que destaca a recollida selectiva da materia orgánica e demáis fraccións, a clasificación en planta dos materiais inertes e a fermentación natural da materia orgánica para producir compost. Nos concellos de ambas as dúas comarcas xa se abriu o debate sobre a conveniencia de permanecer en Sogama. No caso do Salnés, o presidente da súa mancomunidade de concellos, Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, realizou xa varias visitas á planta de Lousame, para interesarse polo modelo e valorar a posibilidade de que os concellos da comarca se adhiran a el ou mesmo de construír unha planta semellante. "O noso deber é buscar alternativas máis baratas a Sogama, e por iso vin a Lousame", sinalou. Ademais dos beneficios medioambientais e do aforro económico para os concellos e os seus veciños, a incorporacións destas localidades ao proxecto de Lousame sería beneficioso polo feito de reducir a distancia percorrida polos residuos. Actualmente chegan á planta da Mancomunidade do Barbanza os residuos de Carnota, a 60 quilómetros. E os concellos do Salnés atópanse a unha distancia non superior aos 70 quilómetros. Porén, tamén se baralla a posibilidade de que no Salnés se constrúa unha planta comarcal. A Mancomunidade do Salnés agrupa os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, cunha poboación total de 110 mil habitantes. En conxunto xeran ao redor de 48 mil toneladas anuais de residuos (aplicando a media galega de 1,2 quilos por habitante e día recollida no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia, elaborado pola Xunta). Unhas cifras que superan as actuais dimensións da comunidade á que dá servizo a planta de Lousame, uns 86 mil habitantes aos que veñen de unirse os 12 mil de Rianxo, e que en conxunto producen unas 40 mil toneladas de residuos. Os nove concellos da Mancomunidade do Salnés pagaranlle anualmente a Sogama (tras a suba que entrará en vigor este mes) ao redor de 3,3 millóns de euros Os cálculos económicos do custe desta planta están xa no debate público. A planta de Lousame tivo un custe de menos de seis millóns de euros, e ese sería máis o menos o prezo de construír unha planta semellante no Salnés. Mentres, os nove concellos da Mancomunidade pagaranlle anualmente a Sogama (tras a suba que entrará en vigor este mes) ao redor de 3,3 millóns de euros. A planta amortizaríase en só dous anos, polo tanto. Tamén no Deza A pasada semana os rexedores de Lalín, Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces puideron coñecer de primeira man o tratamento de residuos que fai da planta do Barbanza, nunha visita conducida por expertos de Adega e da Universidade da Coruña, ademais de polo propio persoal da planta. Adega salientou despois desta visita que "moitos dos concellos da comarca do Deza teñen un perfil similar á do Barbanza, polo que unha iniciativa parecida sería perfeitamente trasladábel a aquela". A entidade ecoloxista destacou así mesmo a "sorpresa" amosada polos alcaldes pola cantidade de postos de traballo que xera o sistema da compostaxe: 150 fixos para 35.000 toneladas de residuos tratadas anualmente na Mancomunidade do Barbanza. Adega lembra que "tomando como referenza unha cantidade de 100.000 toneladas/ano, incineralas en SOGAMA xera 14 postos de traballo, mentres que a compostar esa mesma cantidade permitiría crear 428". ADEGA sinala que "moitos dos concellos da comarca do Deza teñen un perfil similar á do Barbanza, polo que unha iniciativa parecida sería perfeitamente trasladábel a aquela" Cómpre lembrar que o pasado mes de novembro, o alcalde de Lalín, José Crespo, recuperou a idea de construír unha incineradora de tamaño medio na comarca, en resposta a unha proposta do BNG para instalar unha planta de reciclaxe e compostaxe. Concentración do PSdeG-PSOE Pola súa banda, alcaldes e deputados socialistas participarán este martes, ás 11:45 horas, nunha concentración contra da suba do 34% do canon de Sogama diante da sede do Parlamento de Galicia. O acto, convocado polo PSdeG-PSOE, contará coa participación do secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro. Os socialistas pídenlle ao Goberno galego que dea marcha atrás na súa decisión "e deixe de enganar aos cidadáns porque esta suba débese, única e exclusivamente, á decisión do Executivo Central de suprimir as primas para a xeración de enerxía renovable e á da Xunta de anular o plan do bipartito". Os alcaldes do PSdeG consideran que "o aumento do canon de Sogama é unha mostra de insensatez e de pobreza política, a Xunta lávase as mans e deixa a responsabilidade deste aumento en cada Concello". |
NOS_41506 | O sindicato nacionalista denuncia que mentres acontece iso a carreira profesional do resto empregad@s da AEAT está conxelada por falta de dotación económica, non se repón persoal por falta de medios e desmantélanse as pequenas administracións da Axencia. | A Sección Sindical da CIG na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) cualifica de "escandaloso" e "arbitrario" o reparto de produtividade neste servizo e, nomeadamente, na Delegación Especial de Galiza. Critican que se repartiran máis de 1.600.000 euros neste concepto entre os altos cargos, "mentres a carreira profesional do resto de traballadores e traballadoras da AEAT está conxelada por falta de dotación económica, non se repón persoal por falta de medios, desmantélanse as pequenas Administracións da Axencia, e increméntase a presión sobre o resto dos/as empregad@s". Esta partida de produtividade situouse en máis de 80 millóns de euros durante o ano 2014 "Mentres o Goberno do Partido Popular conxela os salarios, penaliza as baixas por razóns médicas, recorta as vacacións ou reduce á mínima expresión as axudas sociais, a partida de produtividade non deixa de medrar para que os altos cargos da AEAT sigan incrementando o seu poder adquisitivo", denuncian desde a central nacionalista. Esta partida de produtividade situouse en máis de 80 millóns de euros durante o ano 2014, véndose incrementada respecto anos anteriores polo subterfuxio dun 'Plan Especial de Intensificación de Actuacións', afirma a CIG, sinalando que se xustificou para loitar contra a fraude,. "Mais na práctica serviu para encher os petos deste grupo privilexiado dun xeito escandaloso". Este Plan, púxose en marcha por primeira vez no 2014 "e contou coa complicidade de todos os sindicatos, agás a CIG". Neste ano 2015 vólvese pór en marcha, afirman, mais nesta ocasión mediante imposición unilateral da AEAT. "Desde a Sección Sindical da CIG opuxémonos desde un principio a este malgasto, negándonos a avalar coa nosa sinatura este tipo de dispendios". |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.