ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_6300 | O Colexio Oficial de Traballo Social critica a axuda para reducir o custo da factura eléctrica por ter "un impacto limitado", supoñer un aforro duns 45 euros por semestre e chegar a un máximo de 14.000 familias. | Desde a pasada semana, as familias con menos recursos poden solicitar na Xunta o tícket eléctrico social que lles permitirá rebaixar o custo da súa factura. Pero a medida é insuficiente, escasa e con moi poucos beneficiarios. Así o asegura o Colexio Oficial de Traballo Social (Cotsg), que cualifica de "irrisoria e con impacto limitado" esta nova axuda. Tal e como aclara, poderán acollerse a esta subvención correspondente aos primeiros seis meses de 2014 as familias con fillos menores ao seu cargo e cuns ingresos que non superen os 532 euros mensuais. Á axuda enerxética só poderán acollerse familias con fillos menores e con ingresos que non superen os 532 euros mensuais O Cotsg recibiu xa queixas de traballadores sociais de varios concellos e a súa presidenta, Marta Capeáns, cualifica de "moi cativa" unha axuda que, de media, suporá un aforro duns 45 euros por semestre -nove euros ao mes de media- e coa que se verían beneficiados, como máximo, pouco máis de 14.000 familias. E ese número será o máximo posible, xa que, tal e como lembra o Cotsg, a documentación exixida, as trabas burocráticas e o feito de que só se poida presentar vía telemática "pon moi en dúbida o acceso fácil, rápido e directo a esta axuda". O Colexio lembra que moitas das persoas beneficiarias teñen dificultade de acceso a Internet e non posúen certificados dixitais polo que sería importante "habilitar outros procedementos máis accesibles". Son 14.000 o número máximo de familias que poderían acollerse a este tícket social que só se pode solicitar por internet Ademais, os traballadores sociais cuantifican o montante total do tícket social eléctrico nuns poucos miles de euros, "o que é manifestamente insuficiente no contexto actual que estamos a vivir". Capeáns entende que esta "non deixa de ser unha medida puramente publicitaria da Xunta de Galicia e que non se vai á raíz do problema", sendo moitas das persoas beneficiarias "receptoras da Risga". Así, a máxima representante do Colexio solicita a Feijóo que se centre en "axilizar a tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das Axudas de Inclusión Social para adecuar o tempo aos prazos que marca a normativa vixente", xa que a Risga é un ingreso para persoas ou familias en situacións económicas límite, de extrema precariedade e "non parece razoable" que a tramitación e concesión tarde máis de nove meses nalgúns casos. "Non deixa de ser unha medida puramente publicitaria da Xunta de Galicia, que non vai á raíz do problema" Finalmente Marta Capeáns tamén lembrou que mentres algúns concellos, "como o de Valdoviño", se dedican a eliminar prazas de traballadoras sociais, "con estes procedementos de solicitudes de axuda estase vivindo unha situación de saturación e con moita carga de traballo dos servizos sociais comunitarios", polo que solicita á Administración, "a blindaxe dos mesmos". |
NOS_14568 | O voceiro do BNG asegura que a súa formación "non vai participar da fragmentación até o infinito" e recalca que o proceso serve para "compartir un proxecto con forzas políticas propias". | O Bloque Nacionalista Galego realizou polo de agora 127 asembleas abertas por todo o país con "máis de 5.000 participantes, o 60% non militantes", o que a organización nacionalista valora como un proceso que "continúa posto en marcha en setembro baixo o lema de Construíndo Futuro". "Queremos un proxecto nacional máis alá das eleccións", asegura o portavoz nacionalista "Unha experiencia moi valiosa que reflicte dúas cuestións: que hai moita xente con inquedanza sobre o que está pasando no país e que hai moita xente que ve no BNG o instrumento útil para canalizar esas inquedanzas no plano político", resumiu o portavoz nacional da formación nacionalista, Xavier Vence. "Máis aló das eleccións municipais queremos que serva para reforzar un proxecto político en clave nacional e de esquerda e de transformación social para darlle futuro ao país", explicou Vence, quen salientou, segundo informa o BNG, "que as asembleas abertas permiten compartir o proxecto do BNG coa base social que quere ter forzas políticas propias e unha alternativa diferente para este país, para as municipais e a máis longo prazo". Fragmentación As asembleas abertas que convocou o Bloque terán continuidade como "ferramenta dese diálogo permanente coa base social nacionalista e de esquerdas, para canalizar as súas propostas que nos permita fortalecer o proxecto nacionalista", recalcou Vence, quen avanzou un segundo paso coa creación de grupos de traballo para elaborar o programa electoral das municipais cos participantes nesas asembleas. Así mesmo, o dirixente nacionalista explicou que outro asunto recorrente foi a preocupación por unha "excesiva fragmentación" do voto nacionalista e de esquerdas que beneficiaría o PP. "Hai esa preocupación e compartímola todos. Este proceso forma parte do esforzo do Bloque por integrar, por sumar propostas e persoas para conformar unha alternativa forte, capaz de ilusionar á maioría social e ser referente ante a oferta centralista de PP e PSOE e ante as políticas da dereita que arrasan co país", salientou Vence, que rexeitou a "dialéctica da fragmentación até o infinito dalgunhas organizacións políticas. |
NOS_12741 | A evolución da pandemia de coronavirus na Galiza segue bater todas as marcas rexistradas polo Servizo Galego de Saúde desde o mes de marzo. Os rexistros da terceira vaga deixan cifras récord que levan aos expertos a exixir a máxima prevención. Ao ritmo actual as proxeccións son pouco optimistas, mais as restricións poden frear esa tendencia. | Por terceira vez esta semana, a Consellaría de Sanidade volveu informar da detección de máis dun millar de novos casos de coronavirus en 24 horas. Un aumento dos contaxios que se reflicte en todas as áreas sanitarias e que contribúe a un incremento da incidencia acumulada, en alza desde a finalización das festas de Nadal. "Agora mesmo todas as áreas sanitarias amosan un aceleración da pandemia moi rápido. Soben ao unísono, e todo apunta que todas van superar as peores cifras da segunda vaga de contaxios" explica a Nós Diario Daniel González Peña, profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e autor do 'Semáforo Covid Galiza' que cada día actualiza a evolución da pandemia a partir dos datos facilitados polo Servizo galego de saúde. "Algunhas xa o fixeron", recalca. "Se reparamos na incidencia acumulada a 14 días, por exemplo, vemos que A Coruña e Santiago xa sobrepasaron a súa propia marca", con 440 e 443 casos por 100.000 habitantes respectivamente, "mentres a área sanitaria de Ourense se sitúa no máximo alcanzado no outono". Ourense é a primeira das principais cidades galegas en superar unha razón de taxas de dous. As proxeccións a curto e medio prazo son pouco alentadoras, advirte, "pero como dependemos das medidas que se tomen e do comportamento de cadaquén, poden variar, por iso non me gusta facer moitas estimacións", di González Peña. Con todo, asegura que son útiles para remarcar a velocidade de transmisión do virus e as complicacións asociadas a esa progresión. "Con esta celeridade, dentro dunha semana a cidade de Ourense duplicaría a súa incidencia porque ten unha razón de taxas de dous", salienta. De feito, é a primeira das principais cidades galegas en bater esa marca, o que significa que cada persoa con coronavirus contaxia dúas máis. Transmisión comunitaria A evolución da taxa de positividade tamén dá conta da alta transmisión comunitaria en todo o territorio. Tras o Nadal, o Sergas retomou o volume de PCR diarias realizadas. Por segundo día consecutivo vén de sobrepasar mais a porcentaxe de resultados positivos mantense en valores elevados. "Esta positividade tan alta é característica da terceira vaga e vese non só na Galiza, senón tamén no resto do Estado. É certo que depende do uso que se faga das probas de diagnose, pero malia todo, demostra a forte incidencia da pandemia nestes momentos. Mesmo é posíbel que esteamos baixando a taxa de detección, é dicir que se nos estean escapando casos", incide Daniel González Peña. A aceleración da pandemia, que se fai notar primeiro na incidencia, acaba chegando ás hospitalizacións, ás UCI e ao cómputo de falecidos. "Van máis tarde, pero á mesmo velocidade." O efecto da vacina "A segunda vaga da pandemia foi un calco da primeira. Case a metade das mortes que se rexistraron procedían de residencias de maiores. Ao cabo de 20 días será interesante ver o comportamento da terceira onda, agora que se iniciou a campaña de vacinación nestes centros", para comezar a analizar o impacto da inmunización, di González Peña. Mentres tanto, chama á prevención e ao cumprimento das medidas decretadas polas autoridades, cuxo efecto pode empezar a notarse dentro dunha semana. "Desde que te contaxias até que saes nas estatísticas pasan entre seis e once días, que é o tempo que debemos agardar agora para ver os primeiros resultados das restricións". Nova corentena Para Carlos Pereira, profesor de Viroloxía e Epidemioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, as medidas adoptadas non abondan. "O que hai que facer é promover unha corentena como a que se fixo no seu momento. Os límites acordados non nos acordes coa situación que estamos pasando. Son medidas que se han de aplicar cando a curva estea máis controlada". Neste sentido, defende un confinamento estrito "o tempo que faga falta para aplanar a curva o máis posíbel" para pasar despois a un sistema de confinamento perimetral que reduza a mobilidade e manteña a curva baixa. De non ser así, entraremos nunha "dinámica sen fin" e sen un control efectivo do virus. Portadores do virus O avance da Covid na Galiza é consecuencia directa do Nadal, do incremento da mobilidade e das reunións familiares, afirma Carlos Pereira. "Non hai evidencias que vinculen este ascenso á presenza de novas variantes do virus máis transmisíbeis". Están detectadas pero aínda é cedo para saber en que proporción e con que impacto. Neste escenario de alta transmisión comunitaria, e sen medidas drásticas sobre a mesa, o experto en Viroloxía da USC tamén pon o foco na vacinación. Non se debe vacinar cando a curva está tan alta. É un risco cando hai tantos portadores. "Por experiencia en epidemias de animais, non se debe vacinar cando a curva está tan alta. É un risco cando hai tantos portadores. Ademais, ten que contar cunha loxística máis eficiente para ser máis rápida. E en todo caso, non é a panacea. Poden pasar anos até dar a pandemia controlada só contando coa vacinación". |
NOS_37582 | O protocolo foi asinado en galego, castelán, catalán e éuscaro e establece un marco de cooperación para participar en accións comúns. | A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero; a directora do Institut Ramón Llull, Iolanda Batallé, e a directora do Etxepare Euskal Institutua, Irene Larraza, asinaron esta mañá un acordo de colaboración conxunto entre estas entidades para promover a lingua e a cultura galega, española, catalá e vasca. É o primeiro que asinan as catro entidades xuntas. "Somos institucións diversas pero é moito máis o que nos une que o que nos separa" asegurou Rosario Álvarez no acto de sinatura que se realizou de maneira dixital e se emitiu a través da canle de Youtube do Instituto Cervantes. Este acordo entre as catro institucións quere tender pontes para o coñecemento mutuo da realidade creativa das culturas catalá, vasca, galega e española, e das linguas respectivas. "Cremos que este é un gran paso adiante importante para mostrar, dentro e fóra das fronteiras do Estado español, a diversidade do pulo creativo deste mosaico de culturas e linguas. " asegurou Rosario Álvarez no transcurso da súa intervención. O acordo de colaboración subscrito ten unha vixencia de catro anos, que poden ser prorrogábeis. O protocolo foi asinado en galego, castelán, catalán e éuscaro e establece un marco de cooperación para participar en accións comúns que promovan, "dentro dos seus ámbitos de actuación e as súas posibilidades, as diferentes culturas e linguas propias do Estado español" asegurou Luis García Montero. Pola súa parte, Iolanda Batallé destacou "que este convenio forma parte dunha estratexia de falar con todas a con todos", e Irene Larraza, directora do Etxepare Euskal Institutua, "traballamos na internacionalización das nosas linguas e culturas porque sabemos que poden e deben ser coñecidas e recoñecidas no exterior. Hai que facer un traballo importante de alcance e transmisión". |
NOS_10926 | Arredor de tres mil persoas sumáronse á Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei. Despois de que descubriran os plans para converter o edificio patrimonial en hotel, a veciñanza comezou a se mobilizar para loitar pola conservación e a rendibilidade social do emblema da comarca. | Foi por casualidade que a veciñanza de Monterrei se enterou dos proxectos que a Xunta tiña para o castelo que é emblema da comarca. Cando algún deles subiu a se interesar polas obras de restauración foi un dos operarios quen lle confirmou que estaban a facer "habitacións". Saltou entón a alarma que fixo que, en pouco tempo, o propio presidente Alberto Núñez Feijóo tivera que facer público un proxecto até entón agochado: tiñan o plan de que o castelo se convertese en hotel. En principio, a explicación foi o traslado do parador -o máis deficitario do Estado segundo Paradores do Estado- ao castelo. Sen embargo, en Monterrei sospeitan que a operación consiste en restaurar o monumento, trasladar alí o parador -que pasaría de máis de vinte a 13 cuartos- e que esa manobra contribúa a capitalizar Paradores do Estado, moi deficitaria, para a súa privatización. En definitiva, a veciñanza teme que se lle "roube" o castelo para pasar en breve a mans privadas. "Aseguran que van poñer todas as forzas das que dispoñen para que o ben patrimonial sega a ser de uso cultural e goce da veciñanza". Desde a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei aseguran que van poñer todas as forzas das que dispoñen para que o ben patrimonial sega a ser de uso cultural e goce da veciñanza. Entre outras iniciativas, aseguran que irán tamén pola vía xudicial, convencidos como están da ilegalidade da operación apoiada pola Xunta. Ao seu favor contan co documento de cese do castelo polo que o Estado traspasaba o monumento ao goberno galego para uns determinados usos, en especial culturais e de promoción de produtos da comarca. O hoteleiro non entra nos usos da cesión. "Todo é unha grande mentira. Din que mesmo sendo hotel haberá acceso público mais é fácil saber que iso é mentira. O castelo é o noso símbolo, o que nos tiña que sacar de pobres e esta manobra vai limitar a capacidade da comarca para saír adiante", sinala Bruno Rúa, un dos membros da Plataforma e activo defensor dun castelo que, para el, tiña que ser o "foco de riqueza para a comarca". Ao castelo subía de cativo a xogar, forma parte da súa memoria e de toda a veciñanza do val onde se asenta e quere que continúe a ser o símbolo para seus fillos e netos. "Quero que meu fillo goce tamén del, que sexa educativo, nos explique a historia e mesmo o entroido podería estar alí presente", comenta Bruno Rúa, dunhas festas que teñen especial relevancia na comarca e nas que, dalgunha maneira, a loita pola conservacion do castelo está tamén presente. A emoción de defender o noso "Gustaríame chamar a atención sobre a emotividade da nosa loita. Quen estivo algunha vez neste val comprobou que o castelo se ve desde todos os puntos. É como un gran irmán que nos vixía. Moitos negocios teñen a súa imaxe como símbolo. O castelo durante moitos séculos defendeunos a nós e hoxe, os antigos servos dos señores, estamos a defender o castelo", comenta Bruno Rúa. "En ningún momento se informou nin á veciñanza nin sequera ao goberno municipal dos obxectivos das obras". Dous millóns de euros estanse a investir nas obras que arestora se están a realizar no castelo. Proveñen todos os cartos de fondos europeos, maiormente dos Feder. En ningún momento se informou nin á veciñanza nin sequera ao goberno municipal dos obxectivos das obras. De feito, o propio alcalde de Monterrei negou aos medios de comunicación a posibilidade de construír un hotel poucos días antes de que Feijóo confirmara o dato. "En Alemania, cerca de Franckfurt, asistín a un proxecto nun monumento e vin como xuntaron a todo o pobo para explicarllo e contar coa súa opinión. Aquí é todo ás nosas costas", denuncia Bruno Rúa. Desde a Plataforma están a activar accións de mobilizacións mais tamén a elaboración dun plan alternativo para o castelo e todo o seu entorno, contando co asesoramento de especialistas, entre elas a que está recoñecida como maior experta en fortalezas medievais. "Somos unha plataforma aberta de verdade. Non somos de ningún partido nin aceptamos que se politice. Nada que impida que toda a cidadanía participe. Trátase dun movemento social no que hai pluralidade de ideas", explica Bruno Rúa, insistente en defender a independencia do movemento, en especial, despois das primeiras acusacións recibidas. Para a Plataforma pola defensa do Castelo de Monterrei en xogo está o seu futuro, a defensa dun lugar emblemático que consideran foco de riqueza para a comarca. Reclaman, por iso, un uso público e cultural para o castelo e a garantía de integridade patrimonial da fortaleza. |
NOS_39797 | A Universidade de Santiago de Compostela deixa sen acceso á plataforma de ensino virtual dous implicados na caída desta ferramenta a pasada terza feira, unha acción do estudantado contra o sistema de avaliacións online estabelecido. | A Universidade de Santiago de Compostela bloqueou o acceso preventivamente ao Campus Virtual a dous alumnos polo colapso rexistrado esta terza feira na plataforma. Mentres, o estudantado organízase para volver protestar esta mesma tarde a través das redes sociais co cancelo #AsíTampoucoUSC, unha continuación do #AsíNonUSC empregado nun inicio. A institución académica asegura que estes estudantes utilizaron ferramentas de repetición de accións ou función para xerar un tráfico desmesurado no espazo virtual nun breve espazo de tempo o que, segundo indican, impediu o acceso á plataforma a un numeroso grupo de alumnos. Hoxe ás 20:30❗ #AsiTampoucoUSC pic.twitter.com/AI3FqZ9AEX— Filosofía USC (@Filosofia_USC) April 30, 2020 A USC xa notificou a suspensión cautelar da conta a estes dous estudantes, após ser identificados e recoñecer a autoría e implicación nos feitos. Xerouse un tráfico equivalente a máis de 12.000 conexións simultáneas, que vulnerou "o correcto funcionamento" das ferramentas virtuais, segundo traslada a universidade. Quixemos demostrar a imposibilidade de ser avaliadas através de exames online no CV: bloquear as contas é atentar contra o noso dereito de reivindicación.Infundir o medo non porá fin a que deixemos de loitar polo que é xusto. #AsíNonUSC #AsiTampoucoUSC #USCNonTemosMedo— a Lucía (@despeiteada) April 30, 2020 Neste sentido, o ente realizou un chamamento "á responsabilidade" da comunidade universitaria, tras insistir en que a maioría do alumnado utiliza o servizo con normalidade e advertiu de que este tipo de accións, que "prexudican ou impiden o acceso doutros usuarios", representan actuacións "sancionábeis tanto no contexto do regulamento do uso das TIC na o USC como do propio ordenamento xurídico", a través do Código Penal. Protesta do alumnado Ás 20:30 horas desta quinta feira estaba prevista outra acción contra o campus virtual promovida desde as redes sociais, onde o estudantado fala de "censura" e "persecución" co cancelo #AsiTampoucoUSC. ¡¡Comunicado des estudantes a Asamblea Aberta!! Non poden cargar contra noses alumnes así. Si calan a uns calan a todos.#AsiTampoucoUSC #AsiNonUSC ⬇️⬇️⬇️ pic.twitter.com/SAhKoWTnYn— Asemblea Aberta Xeo Arte Historia (@AAXeohistoria) April 30, 2020 O colapso sucedeu por mor dunha protesta do alumnado pola xestión da crise sanitaria e do final do curso. As redes sociais e os grupos de estudantes en WhatsApp fixéronse eco da convocatoria para colapsar os servizos da plataforma virtual ás 12 horas do día 28, e repetiron durante a tarde. O mesmo sucedeu na Universidade da Coruña ao día seguinte. Pola súa banda, a institución asegurou que a área TIC implementou medidas para fortalecer o sistema para asegurar "o correcto funcionamento" do Campus Virtual e "evitar situacións non desexadas". Así mesmo, afirman que van "reforzar" os "sistemas de avaliación". |
NOS_7904 | Hoxe comeza a Feira do requeixo e o mel das Neves, unha festa que é toda unha institución neste concello do Condado. O alcalde do municipio, Xosé Manuel Rodríguez, atendeu Nós Diario para tratar polo miúdo a feira gastronómica e para tamén conversar sobre as problemáticas e retos de futuro desta localidade. | Que vai ofrecer a Feira do requeixo e do mel a aquelas persoas que se decidan achegar até as Neves? Quen veña até As Neves durante a Feira do requeixo e o mel encontrarase cunha boa feira. Tratamos de crear un espazo para que a xente goce, un espazo cómodo, agradábel. Ademais, os produtos que ofrecemos son dunha moi boa calidade o cal esperemos que atraia moita xente. No grupo de Goberno do Concello intentamos facer un exercicio de responsabilidade festiva, queremos ofrecer á xente a posibilidade de gozar da Feira e da socialización. É un motivo para o reencontro, para poder vermos de novo e ter a capacidade de interrelacionarnos despois dun período moi complexo como foron os últimos dous anos en que non puido ter lugar a feira. Cales son os outros puntos fortes das Neves? Hai dúas cuestións que marcan o carácter das Neves. Unha é a localización; estamos situados na zona do Condado, somos fronteira con Portugal, aínda que eu prefiro dicir que somos unha ponte con Portugal, xa que temos unha gran conexión e relación co norte portugués. E, por outro lado, está o noso urbanismo; nas Neves temos un espazo urbano moi coidado que nunca foi alterado pola especulación urbanística e que está dedicado única e exclusivamente para o uso e goce da veciñanza e das persoas que nos visitan. Tamén temos moito que ofrecer até climaticamente, moita xente di que As Neves é un lugar no cal dá alegría vivir. Xa do punto de vista turístico, temos os instrumentos necesarios para facer das Neves un concello moi atractivo. Somos un lugar rico en historia, en patrimonio, en gastronomía e demais. Portugal contén a inflación, a metade que a galega, co seu sistema de fixación de prezos Falouse moito da aldea modelo das Neves. En que consiste? Nós concibimos a idea da aldea modelo como resposta ao abandono estrutural de superficies cultivábeis e forestais. Levamos traballando moito na creación desta aldea modelo porque ten esa dobre característica: recuperación da terra e creación dun ámbito rural habitábel. Queremos converter un terreo que estaba completamente infrautilizado nun lugar útil. De todos os modos precisamos ser aínda máis incisivos á hora de convencer os titulares das terras de que a aldea modelo é algo bo para todo o mundo. Ademais, as persoas propietarias da terra seguirano sendo, simplemente queremos dedicalas a unha actividade diferente que nós cremos que é mellor. Adega galardoa a defensa dos ríos galegos e a aposta polo rural cos seus Premios Osíxeno Moitos concellos pequenos e rurais non son capaces de garantir o acceso a servizos públicos para a toda a poboación. Cal cre que é a solución? A solución témola na man. É unha cuestión de vontade política mais tamén de xustiza. As institucións municipais deben ter un correcto financiamento e non se nos poden atribuír competencias que non podemos asumir. Así é como se poderá garantir o acceso aos servizos públicos por parte de toda a poboación, viva onde viva. Como son as relacións institucionais co Concello das Neves? Do punto de vista do respecto mutuo entre institucións, a nosa relación pódese cualificar como correcta, mais coa Xunta da Galiza, impóñensenos competencias que non podemos asumir e ademais o financiamento é moi mellorábel. Iso precisa dunha profunda revisión para que poidamos prestar a toda a veciñanza os servizos que merece, independentemente da cor política que a propia veciñanza escollera para encabezar o Goberno municipal. Precisamos ter unha igualdade de trato por parte de todas as institucións para que todo funcione axeitadamente. |
NOS_23596 | Carmen Riveiro, que gaña este premio por segunda vez, faise co galardón na modalidade 'tradicional' cun vestido de noiva de tres pezas, e Verónica Moar gaña na modalidade 'contemporánea' cunha composición de dúas pezas | A Deputación da Coruña vén de fallar os premios Antonio Fraguas de Artesanía, que nesta XIV edición recaen en Carmen Riveiro, natural de Zas, na modalidade 'tradicional' por un vestido de noiva realizado en liño, e en Verónica Moar, da Coruña, na modalidade 'contemporánea' por unha composición de dúas pezas en gres e cerámica. O xurado, que se reuniu na xornada de onte, estivo composto por Elena Bangueses Buceta, Carla Canedo Martínez, Idoia Cuesta Alonso, Elena Ferro Lamela e Lidia Nieves Domínguez, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Actuou como secretaria Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Non hai Penélopes no rural Da proposta de Carmen Riviero, titulada 'Vestido de noiva en tres versións', o xurado salienta no seu informe "a orixinalidade do feito de combinar dúas técnicas tradicionais: o tecido en tear de baixo lizo do vestido e o pantalón, e o encaixe de bolillos feito con liño do veo e o chaleco". Esta proposta combina unha serie de prendas que compoñen varias versións dun mesmo traxe de noiva, segundo se use o pantalón ou a sobre-saia, o que foi cualificado polo xurado "como unha composición de pezas moi versátil e moderna, xa que se trata dun conxunto de pezas evolutivo que pode irse modificando, permitíndolle moitas aplicacións". Da proposta de Verónica Moar, que leva por título 'Lo que contiene', o xurado valorou "o feito de que se trata dunha peza na que destaca o seu acabado e o dominio das técnicas utilizadas: torneado, modelado a man, e reprodución por colada". Trátase dunha escultura en pequeno formato que, segundo explica a autora na memoria que presentou, "nos conduce a unha paisaxe que se desintegra e distorsiona, que se desfigura e restaura, onde o xeolóxico, o telúrico e o sísmico adxectivan de maneira elocuente a obra". Consta de dúas pezas, unha grande realizada en gres, con modelado á man e esmalte en branco con cristalizacións, e unha pequena de porcelana, reproducida por colada e decorada á man con óxidos. A obra de Verónica Moar. Carmen Riveiro Carmen Riveiro, Zas 1949, gaña o Premio Antonio Fraguas de Artesanía na modalidade 'tradicional', por segunda vez, xa que en 2006 fora galardonada pola peza 'Chal de liño'. A súa traxectoria está estreitamente vinculada á recupreación do traballo do liño, desde a semente ata a confección de todo o tipo de prendas. Conta coa carta de artesá de tecido desde fai máis de 25 anos e, ademais de elaborar pezas en liño con diversas técnicas, leva realizado un importante trabalo de difusión e recuperación da cultura e da historia relacionada co liño e todos os procesos que conleva. Ten participado en diversas exposicións por todo o país. Na actualidade continúa realizando cursos de formación no Castelo de Vimianzo. Verónica Moar Verónica Moar, A Coruña 1978, como ceramista traballa a arxila ou a porcelana expandindo as súas posibilidades en campos como a escultura, a performance e a danza contemporánea. Tomando como punto de partida unha técnica depurada, o traballo manual, o respecto polo oficio e unha coidada selección do material, a súa obra caracterízase polo seu matiz poético e narrativo, mais tamén por abrir vías á experimentación creativa desde o deseño e os procesos artesanais. A súa obra artística tense amosado en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. O auxe dos zocos: Artesanía tradicional galega con tinte contemporáneo |
NOS_46767 | Anova tamén ve con bos ollos a iniciativa do líder da Marea Atlántica. | A fórmula partido —que a confluencia vaia ás eleccións xerais como un partido político sen outras siglas que as da propia En Marea, tal e como defende Luís Villares— sería a "que peor encaixe ten". segundo a expresión utilizada esta terza feira por Martiño Noriega, alcalde de Santiago e líder de Compostela Aberta. Perguntado polos meios, Noriega, destacado dirixente de Anova, situouse en posicións moi próximas ás de Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña e o 26M aspirante á reelección, quen esta mesma segunda feira advogou por unha sorte de coalición máis ampla que a de 2016 —naquela altura concorreron ao Congreso, e unidos baixo a mesma marca, Anova, Podemos e Esquerda Unida. A entente proposta agora por Ferreiro incluiría tamén, alén dos tres partidos devanditos, mareas municipalistas como Compostela Aberta e Marea Atlántica, ben como a propia En Marea. Fontes da dirección de Anova consultadas por Sermos mostran tamén o seu respaldo á proposta do líder da Marea Atlántica: "A análise máis realista é a que fai Xulio [por Ferreiro]. Defender unha coalición ampliada, onde En Marea participe como unha pata máis. Ten toda a lóxica porque En Marea non representa por si soa todo o espazo [de ruptura]", afirman. |
NOS_31133 | O Parlamanto aprobou a iniciativa do BNG que modifica a lexislación actual e permitirá acceder a esta axuda sen interrupcións. Aliás amplíase ás mulleres en situación de trata. | Até o de agora as mulleres en situación de violencia machista que querían acceder a unha axuda económica debían agardar a que esta fose convocada polo goberno polo que só podía ser solicitada entre os meses de marzo a outubro. Así pois, durante os cinco restantes era imposíbel ter acceso a esta prestación económica que visa dar independencia económica ás mulleres maltratadas. Na actualidade, a lexislación só permitía acceder a esta prestación económica nos meses de marzo a novembro Desde o pasado ano o grupo parlamentar do BNG, através da súa portavoz de Igualdade, Carme Adán, tentou que estes criterios fosen modificados pasando a xerir o coñecido como 'salario da liberdade' de igual maneira que outras axudas sociais como a Risga. En novembro de 2014 rexistrou unha proposición de lei que foi debatida en febreiro de 2015 polo pleno. Porén, a iniciativa foi rexeitada polo Partido Popular. Esta terza feira (24 de maio) Adán recuncou de novo na proposta e, agora si, conseguiu arrincar o voto favorábel da bancada popular e mesmo a unanimidade da Cámara. Após a aprobación da iniciativa do BNG, Galiza contará cunha prestación económica "de carácter periódico" para as mulleres que sofren violencia de xénero incluíndo ás mulleres "vítimas de trata". Estas axudas poderán ser solicitadas durante todo o ano. "Cada paso que damos, cada acordo ao que chegamos resulta crucial" porque hai trinta anos non se nomeaba a violencia de xénero e hoxe "estamos lexislando" e tomando medidas para erradicala, sinalou a deputada do Bloque no pleno. |
PRAZA_19542 | O número total en 2016, malia aumentar un 9% dende o 2015, e manter unha tendencia á alza dende 2012, segue por debaixo dos datos de 2009. Tamén se incrementaron as chamadas ao 016, que descenderan moito entre 2012 e 2014. | Este venres coñecéronse as estatísticas anuais de violencia machista, facilitadas polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. Os datos de denuncias recolleron un notable incremento en 2016 con respecto a 2015 (un 9%). Porén, observando as cifras en perspectiva, compróbase que o número de denuncias segue por debaixo dos niveis previos á crise económica e ao inicio dos recortes, un factor que ten sido sinalado en moitas ocasións como determinante á hora de facer pública unha situación de malos tratos. En 2009 presentáronse 6.067 denuncias, que descenderon nos tres anos seguintes, ata as 4.788 de 2012. Dende entón, as cifras veñen ascendendo, ata case rozar de novo as seis mil en 2016 (5.683). Se observamos a tendencia trazada por outros indicadores, coma o número de chamadas realizadas ao 016 -o servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero-, vemos que a evolución é semellante. Tamén se produciu un descenso a partir do ano 2011, se xeito que o número de chamadas foi notablemente inferior en 2012, 2013 e 2014. Só en 2015 se recuperou o nivel previo aos efectos da crise, acadándose unha cifra máxima en 2016. O incremento débese, sobre todo, ao maior número de chamadas realizadas por familiares ou persoas achegadas ás vítimas. As chamadas realizadas polas mulleres vítimas de violencia non crecen demasiado dende o 2008 (pasan de 2.628 a 2.801) pero sei o fan as efectuadas polas persoas da súa contorna persoal (pasan de 558 a 1.130). Finalmente, o número de ordes de protección incoadas e admitidas manteñen unha relativa estabilidade nos últimos anos, con incrementos e descensos en anos alternos, pero seguindo unha evolución distinta á das denuncias e á da propia crise económica. No 2016, por exemplo, reducíronse con respecto a 2015, manténdose en niveis moi semellantes aos rexistrados antes de 2009: 872 ordes adoptadas, fronte ás 815 de hai sete anos. |
NOS_20099 | A Plataforma Lugo Sen Mordazas continúa a traballar pola retirada do borrador da ordenanza de seguridade cidadá impulsada polo goberno local. Desta vez faino coa organización do Festival 'Incívico', un evento aberto a todos os públicos que terá lugar este sábado 30 de xuño a partir das 11:00h na Praza Maior de Lugo e onde as persoas asistentes poderán gozarv de actuacións musicais, accións artísticas, xogos de rúa e recitais poéticos, entre outras actividades. | A Plataforma Lugo Sen Mordazas, creada o pasado mes de maio para loitar contra a ordenanza de seguridade cidadá anunciada pola alcaldesa socialista Lara Méndez no mes de xullo de 2017, promove este sábado o Festival Incívico como protesta contra unha norma que "criminaliza o uso e desfrute do espazo público por parte da cidadanía". As actividades comezarán a partir das 11:00h na Praza Maior de Lugo, primeiro cunha actuación musical e máis tarde cunha charla na que se abordarán posíbeis solucións ecolóxicas ao problema dos ouriños na rúa. Cara ás 12:00h do mediodía será a quenda dos xogos de rúa (corda, tira a soga, carreiras de sacos, petanca, balón e mariola), que rematarán media hora máis tarde para dar paso á Escola Palimoco de teatro, que levará a cabo a acción artística "Quen ocupa esta cadeira?". Ás 13:00h Chus Rodríguez, de Lugo Sen Mordazas, ofrecerá unha palestra sobre o control social a través do medo a través da ordenanza que, para os perto de medio centenar de asociacións e colectivos sociais que integran a asociación, "amordaza a liberdade de expresión na vida cotiá de Lugo". A asociación teatral 3monos levará a cabo, cara ás 13:30h, unha intervención na rúa co nome de Ensoñamentos, inspirada nas sancións de 750 euros que a ordenanza pretende impoñer por durmir no mobiliario urbano. Despois do xantar popular que hai organizado ás 14:00h na praza, están programadas actuacións de monicreques, partidas de xadrez e xogos de rúa até ás 19:00h, momento do concerto de Kike Ganso con Javi Teclas. Ás 19:30 Randi Estrago e Gema López ofrecerán, respeitivamente, un recital poético e un espectáculo de pintura en vivo. A partir das 20:00h as asistentes poderán gozar dun obradoiro de malabares e espectáculos circenses diversos. A coñecida como "ordenanza mordaza" pola súa relación coa Lei Orgánica da Protección da Seguridade Cidadá en vigor desde 2015 baixo o goberno do PP, atópase aínda en estado de borrador e na plataforma existe certa inquedanza a respeito da súa data de aprobación: "Temos medo de que utilicen en verán para sacar adiante a norma, é unha técnica que xa utilizaron outras veces para aprobar cousas polémicas pois é un goberno en minoría", explica Carmen, unha das persoas integrantes do colectivo. O rascuño desta ordenanza prevé a imposición de multas de 750 euros por actos como sacudir alfombras pola fiestra, facer acrobacias con bicis e patíns, proferir palabras malsoantes na rúa ou facer ruído nas vivendas particulares. Amais, dálle potestade á Policía Local para entrar nas casas das mulleres que se adiquen á prostitución e requisar diñeiro, en calquer momento, das persoas que sospeiten se dediquen á venda ambulante, aplicándolles sancións de até 3.000 euros. |
PRAZA_12061 | O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, recoñeceu que o proxecto da planta de xestión de residuos do Irixo (Ourense) podería recibir axudas por parte do organismo económico de até 35 millóns de euros. Afirmouno entre duras críticas do portavoz do BNG no debate, Fernando Branco, quen acusou á Xunta de "lexislar á medida" de Estela Eólica. | O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, recoñeceu que o proxecto da planta de xestión de residuos do Irixo (Ourense) podería recibir axudas por parte do organismo económico de até 35 millóns de euros. Afirmouno entre duras críticas do portavoz do BNG no debate, Fernando Branco, quen acusou á Xunta de "lexislar á medida" de Estela Eólica. Aguilera admitiu que o proxecto do Irixo axústase ás características das axudas convocadas polo Igape para proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Feder Galicia 2007-2013, para a aprobación de apoios específicos ás provincias de Lugo e Ourense. Aínda que destacou que polo momento a Xunta non ten "ningunha proposta formal" da empresa, o director do Igape defendeu que a súa obriga é apoiar iniciativas "viables, solventes e que cren emprego" e neste senso salientou que o proxecto do Irixo é "ambicioso". Javier Aguilera fixou o límite de subvención para un investimento como a da planta do Irixo nun 15,55 por cento do investimento total, é dicir, un máximo de 35 millóns de euros. Pola súa banda, Fernando Branco (BNG) acusou á Xunta de "facer un traxe á medida" de Estela Eólica no canto de lexislar "con carácter xenérico" para o conxunto dos galegos e dos proxectos empresariais. Argumentou que tanto esta subvención, como o concurso eólico e a nova lei de industria "favorecen" o proxecto "concreto" do Irixo. |
NOS_15699 | Unhas xornadas debatiron na Coruña sobre o auxe destes movementos -presentes xa nunha vintena de parlamentos en Europa- e que facer para frealos. | O Paraninfo da Universidade da Coruña acolleu esta sexta feira e sábado unhas xornadas de análise e reflexión sobre 'O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa'. Coloquios, debates e relatorios da mán de expertos e expertas invitados pola eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a propia Universidade da Coruña; afondaron e preguntáronse sobre este fenómeno. "A extrema dereita é un perigo, porque ataca os dereitos de todas as persoas, aplicando nos gobernos nos que están entrando, os programas máis duros do neoliberalismo. Por esta razón, desde a esquerda e os colectivos sociais debemos debater sobre cales son as causas do auxe do neofascismo e das forzas de extrema dereita que se está está dando en toda Europa, analizar que podemos facer para frear estas forzas", manifestou a eurodeputada Lidia Senra na inauguración das xornadas. Por elas pasaron Gabriele Michalitsch, politóloga e investigadora da Universidade de Viena; Pastora Filigrama, avogada e membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as (SAT); e Sophia Siddiqui, membro do Institute of Race Relations (Reino Unido). Tamén os xornalistas Juan Miguel Baquero e David Lomboa, o politólogo Antón Losada, Edurne Goikoetxea, membro de Altsasu Gurasoak; Adama Sow, da Asociación Sen Papeis da Coruña; e Miguelanxo Malvido, sindicalista da CIG, falaron sobre os recortes en liberdades e dereitos civís A ultradereita está xa en 18 parlamentos en Europa e o número pode seguir a aumentar, advertiuse nestas xornadas, onde tamén se preguntou que se pode facer nun escenario como este. A esquerda ten que pararse a pensar en por que moita xente non se sinte identificada e queda na casa en lugar de votar. Debemos analizar por que a esquerda non capta o descontento da xente", dixo Pastora Filigrana, avogada do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT). O auxe da extrema dereita ten a ver cos intereses que ten agora o capitalismo, enfatizou Lidia Senra. Para seguir nese proceso de acumulación de riqueza en poucas mans, dixo, o capitalismo necesita gobernos de extrema dereita que sigan dándolle pulo ás reformas neoliberais, privando de dereitos as persoas. |
NOS_38303 | Três associações de militares convocaram para esta segunda-feira um protesto simbólico, dentro dos quartéis, contra os cortes orçamentais. Os militares irão assistir ao arriar da bandeira e permanecer até mais tarde nas instalações. | A ação foi aprovada pela Associação Nacional de Sargentos (ANS), a Associação de Oficiais das Forças Armadas (AOFA) e a Associação de Praças (AP) no passado dia 12, no final da concentração que os militares fizeram junto à Assembleia da República. O presidente da ANS, António Lima Coelho, disse: "Onde for possível, a nível nacional, vamos assistir à cerimónia do arriar da bandeira e depois permaneceremos até mais tarde nas respetivas instalações". Segundo a ANS, o protesto visa demonstrar que "não aceitam a continuada degradação das condições de vida económica, social e profissional". A ANS assinala ainda que "durante a permanência nas unidades, os militares portugueses refletirão sobre os problemas elencados e sobre as formas de continuar a resistir aos reiterados e permanentes ataques feitos pelo governo à condição militar e às Forças Armadas" Lima Coelho disse ainda à Lusa que o "protesto simbólico" visa "dar um sinal de preocupação e mal-estar que grassa" dentro da instituição militar face aos cortes orçamentais que atingem os salários, reformas e face a alterações em curso no estatuto dos militares. Lima Coelho convida para assistir ao arriar da bandeira "os militares na reserva e na reforma", que podem "visitar os seus camaradas de armas nas instalações onde prestam serviço". |
PRAZA_19406 | A complicidade desa parte do corpo social segue sendo o factor fundamental que explica a continuidade destas condutas impresentábeis. | Por se alguén tiña dúbidas, os últimos episodios rexistrados no ámbito xudicial (sentenza do "caso Urdangarín", cambios ordenados polo fiscal xeral do Estado para aliviar a belixerancia dos seus subordinados nos asuntos de corrupción, declaracións do fiscal de Murcia denunciando o clima de intimidación no que ten realizado o seu labor...) certifican que nos atopamos sometidos a unha lóxica perversa. Como os vellos partidos xudicializaron habitualmente a vida política porque non quixeron establecer un espazo autónomo para asumir as responsabilidades derivadas dos comportamentos non compatíbeis coa ética esixíbel aos cargos públicos, pretenderon controlar e/ou presionar ás persoas que podían resultar determinantes nos procedementos xudiciais. Por iso resulta comprensíbel que Mariano Rajoy e o ministro de Xustiza busquen minimizar os custes que, eventualmente, deban pagar os imputados do PP nos distintos tribunais. Canto menor sexa o número de condenas ditadas mais críbel resultará ese discurso de que a corrupción é unha colección de feitos illados que aconteceron no pasado. A recente sentenza da Audiencia provincial mallorquina debe ser avaliada tendo presente ese pano de fondo. A gravidade dos feitos involucrados neste procedemento xudicial resulta pouco discutíbel: a utilización das prerrogativas e da reputación asociadas a dúas persoas da Casa Real para conseguir recursos públicos de xeito inapropiado debería ter motivado diversas medidas exemplarizantes (por exemplo: eliminación dos dereitos dinásticos e de todos os privilexios asociados á posición institucional de Cristina de Borbón e de Iñaki Urdangarín). Non existiu tal pedagoxía preventiva senon que se trasladou, con insistencia, a lóxica defensiva de que ambas persoas eran inocentes mentres unha instancia xudicial non demostrara o contrario. Despois do veredicto do tribunal, suscitouse un debate totalmente condicionado polo corsé argumental do "respecto ás decisións da xustiza". Por moito que se queira disimular, resulta evidente a benevolencia das decisións adoptadas, tendo presente o contido das peticións formuladas polo ministerio fiscal e pola acusación popular. Tres delincuentes tan destacados como Correa , Crespo e "O Bigotes" non dubidaron en reclamar o mesmo trato recibido polo cuñado do Xefe do Estado. Gürtel, Nóos, cartóns black: velaí tres exemplos paradigmáticos do comportamento das elites españolas nos primeiros anos do século XXI. A cobiza extrema e o sentimento de impunidade invadiron as estancias dos poderes económicos e políticos. Chegaron mesmo á Casa Real, a pesar de que os orzamentos estatais contemplan unhas xenerosas transferencias monetarias. Eran tempos de viño e rosas. Todos os que podían daban "pelotazos", protexidos pola utilización indiscriminada do principio xurídico da "presunción de inocencia" a calquera ámbito da política institucional. O recente nomeamento de Arsenio Fernández de Mesa como conselleiro da empresa "Red Eléctrica de España" é a penúltima demostración de que a rexeneración segue sendo unha materia pendente na vida pública española. A pesar do amplo catálogo de "portas xiratorias" constatado nos últimos anos, Rajoy pensa que unha decisión coma esta non vai ter consecuencias electorais significativas. Está convencido de que os seus votantes asumen que semellante "canonxía" forma parte habitual da actividade política. Que as cousas son así e que os demais, se poden, fan o mesmo. A complicidade desa parte do corpo social segue sendo o factor fundamental que explica a continuidade destas condutas impresentábeis. |
NOS_43911 | Abel Caballero suspende o pleno entre as protestas de traballador@s que denunciaban a "pasividade e nula interlocución amosada polo goberno municipal" na resolución de cinco conflitos laborais vencellados ao Concello de Vigo. | A sesión desenvolvida esta segunda feira tiña por obxecto a aprobación dos Orzamentos municipais para 2013. Porén, o rexedor da cidade olívica decidiu suspender o pleno por mor dos apupos manifestados por máis de trinta sindicalistas que acudiron á sesión para amosar o seu rexeitamento fronte "a dupla vara de medir do alcalde" asegura no seu comunicado CIG-Servizos. Entre as persoas asistentes ao pleno atopábanse traballadoras e traballadores das empresas concesionarias dalgúns dos servizos municipais como Linorsa. "Viremos as veces que sexa oportuno até que o Concello deixe de amparar a precariedade e os despedimentos nas contratas", sentenzou María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal de CIG-Servizos, quen denunciou a negativa do alcalde vigués "a dialogar cos traballadores" dos distintos conflitos. Cuestión, din desde a central sindical nacionalista, que motiva actos coma o desenvolvido esta segunda feira no Pleno municipal. E é que Abel Caballero enfronta até cinco conflitos laborais sen resolver. Amais de Linorsa, traballador@s do Marco atópanse perante un futuro laboral incerto após os máis de 200 millóns de euros recortados nos orzamentos para 2013. Segundo a CIG, "A continuidade do Marco están en serio perigo se non se corrixen estes recortes". Tamén así, @s empregad@s do Instituto Municipal de Deporte (IMD) levarán á equipa de goberno de Vigo a xuízo por mor de 11 despedimentos que poderían ser considerados improcedentes --como xa declarou o TSXG a respecto dunha das traballadoras. Neste senso, @s manifestantes apuparon ao rexedor da cidade olívica berrándolle "Caballero cumpre as sentenzas", malia que o alcalde preferiu suspender a sesión en troca de "escoitar as demandas dos traballadores", aseveraron fontes da CIG-Servizos. |
NOS_46572 | Carmen Montón matriculouse fóra de prazo, non asistiu á metade das materias e convalidáronlle outras sen cursar cursos equivalentes; segundo desvela Eldiario.es | Eldiario.es desvela novas irregularidades dun máster da Universidade Rey Juan Carlos I (URJC) nun político. A Pablo Casado e Cristina Cifuentes úneselle agora o nome de Carmen Montón, ministra de Sanidade, Consumo e Benestar, Carmen Montón. Montón conta no seu currículo cun Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero na URJC realizado no curso 2010/2011. A súa nota media foi de 8,43 malia iniciar as aulas cando case rematara o primeiro cuadrimestre. Naquela altura era deputada do PSOE e a voceira en Igualdade. Segundo a información de Eldiario.es, Montón obtivo 3 sobresalientes, 1 notábel e 2 aprobados nas seis materias iniciais sen ter contacto cos profesores. Un dos seus excelentes foille concedido por Álvarez Conde, o mesmo director imputado do instituto que organizou os máster con irregularidades de Cifuentes e Casado. |
NOS_43996 | Son as primeiras declaracións do presidente en funcións da Generalitat após o 'Non' da CUP á súa investidura. Afirma que está "traqnuilo" e con ganas de seguir "para adiante". | O presidente da Generalitat en funcións, Artur Mas, asegura que está "tranquilisimo" e con "gañas de plantar cara a algúns de aquí que poñen as cousas excesivamente difíciles", en referencia á CUP. Mas fixo estas declaracións cando ía camiño da reunión do comité executivo nacional de CDC. "Teño gañas de loitar, de tirar para adiante e de plantar cara aos poderes de Madrid, que sempre intentaron que este país non saia adiante", dixo. Cando se lle preguntou por unhas posíbeis eleccións en marzo, o presidente en funcións limitouse a dicir: "Xa falaremos". CDC e ERC non prevén, en principio e á espera da decisión que adopten as súas executivas, convocar un novo pleno no Parlament e propor un candidato distinto de Artur Mas. Anna Gabriel, deputada da CUP, afirmou nesta segunda feira nunha entrevista radiofónica, que a súa formación non tería problema en investir outra presoa proposta por Junts pel Si. Oriol Junqueras ou Raül Romeva serían as persoas preferidas pola CUP, mais non porían impedimentos -segundo medios cataláns. a outros nomes, como Nesu Munté, de CDC. Mais desde CDC xa afirmaron, por boca de Josep Rull -coordenador xeral de Congergència- que non proporán un candidato alternativo a Artur Mas. Asume que iso suporá ir a unhas novas eleccións, e indica que agarda que se reedite 'Junts pel Si' por ser "unha ferramenta ganadora". Rull acusou a CUP de anterpor o "socialismo" á "independencia". Novas eleccións A xunta de portavoces convocou para o 7 deste mes un pleno, que será para designar os senadores de designación autonómica. Podería ser o derradeiro pleno desta lexislatura. A xunta non convocou pleno de investidura, polo que todo parece indicar que comeza a conta atrás para a XI lexislatura catalá. |
NOS_33478 | A sociedade Alu Ibérica LC queda disolta e privada das facultades de administración, que recaen no administrador concursal. | O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña acordou a apertura da fase de liquidación de Alu Ibérica LC, a sociedade que herdou a antiga planta de aluminio de Alcoa na Coruña e que agora queda disolta. A sentenza, con data do 21 de febreiro, da que informou onte o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), suspende do exercicio das facultades de administración e disposición sobre o seu patrimonio á empresa, en concurso de acredores desde o pasado decembro. O administrador concursal será agora o encargado de decidir o futuro tanto da planta como do resto de activos da compañía, que pola súa mala situación financeira viuse abocada á desaparición. A maxistrada indica no auto que consta "o informe de cesamento de actividade pola administración concursal e a falta de obxeccións do debedor", polo que entende que concorren os requisitos para acordar a apertura da fase de liquidación da compañía. Con todo, a sentenza non é firme e contra ela cabe presentar recurso de apelación. ERE extintivo A entrada en fase de liquidación complica aínda máis o futuro da planta de Alu Ibérica na Coruña e, en especial, dos seus traballadores, aos que o administrador concursal lles comunicaba a pasada sexta feira a inminente presentación dun expediente de regulación de emprego extintivo para todo o cadro de persoal. O comité exixiu entón á Xunta e ao Goberno central a convocatoria "urxente" da mesa industrial de Alu Ibérica. Do contrario, advertían, serían "as responsábeis e executoras" do ERE e de "traizoar aos traballadores logo de prometerlles e mentirlles con solucións". Tamén volvía insistir na posibilidade de que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) interviñese temporalmente as plantas para devolvelas logo ao mercado privado cun proxecto industrial de percorrido, xa que varias firmas mostraran o seu interese por facerse coas instalacións da factoría coruñesa e máis a de Avilés, na mesma complicada situación. |
PRAZA_18127 | Saen do Goberno galego a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o de Política Social, José Manuel Rey Varela, aspirantes ás alcaldías da Coruña e Ferrol, e separa os departamentos de Cultura e Educación. Chegan ao Executivo dous cargos de segunda liña do PP e unha profesora sen experiencia política previa | Os intereses de partido volven estar novamente por tras da crise de Goberno que vén de anunciar o presidente Feijóo. Como en ocasións anteriores, en que as principais mudanzas no seu Executivo non se produciron como consecuencia de resultados das eleccións autonómicas senón por motivos preelectorais ou derivados dos resultados doutros comicios estatais ou municipais, as eleccións municipais do próximo maio veñen de motivar a saída da Xunta da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e do titular de Política Social, José Manuel Rey Varela, que levan meses postulándose ás alcaldías da Coruña e Ferrol. Como xa fixera antes nas municipais de 2015, Feijóo volve prescindir de conselleiros para tentar recuperar cidades que controla a esquerda ao tempo que dá entrada no seu Goberno a cargos inferiores de menor peso político e separa os departamentos de Cultura e Educación.Saen do Goberno galego a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o de Política Social, José Manuel Rey Varela, aspirantes ás alcaldías da Coruña e Ferrol, e separa os departamentos de Cultura e EducaciónA actual crise de Goberno prodúcese a metade do terceiro mandato de Feijóo, pero ningunha nova pista parece dar sobre a súa sucesión máis alá de que o único vicepresidente segue a ser Alfonso Rueda, que o acompaña como número dous de facto dos seus executivos desde 2009 pero que desde hai dous anos xa non é ao tempo número dous tamén do PP galego. O actual cambio, de feito, é o primeiro que se produce desde hai tres anos, xa que Feijóo mantivo no comezo deste o seu terceiro mandato a exactamente os mesmos conselleiros cos que rematou o segundo.A saída de Mato de Medio Ambiente e Territorio supón a súa substitución nese departamento pola ata o de agora conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Ao tempo, as consellerías de Medio Ambiente e Infraestruturas intercámbianse entre elas as competencias en materia de Vivenda e Augas. Pola súa banda, a saída de Rey Varela de Política Social é cuberta co ascenso a conselleira da ata o de agora directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.O novo conselleiro de Medio Rural é José González Vázquez, deputado que levaba as cuestións forestais no Parlamento de Galicia; a de Política Social, Fabiola García, ata agora directora xeral; e a de Educación Carmen Pomar Tojo, profesora universitariaO traslado da conselleira Ángeles Vázquez a Medio Ambiente implica o nomeamento para Medio Rural de José González Vázquez, ata o de agora deputado no Parlamento de Galicia a cuxo cargo estiveron os principais debates e propostas en materia de política forestal e a representación do PP na comisión de estudo sobre os incendios de 2017.Xunto con eses nomeamentos motivados pola saída de Mato e Rey Varela para a carreira das municipais, Feijóo aproveita para separar os departamentos de Cultura e Educación, ata o de agora baixo o mando conxunto de Román Rodríguez. El seguirá agora á fronte da Consellería de Cultura e Turismo, competencia esta última que antes asumía a propia Presidencia da Xunta e que agora muda de departamento coa vista posta no Xacobeo. Mentres, a nova Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional será asumida por Carmen Pomar Tojo, profesora da Universidade de Santiago doutora en psicoloxía sen experiencia política previa.Cambios motivados por intereses partidariosA saída da Xunta de Mato (presente en distintas consellerías desde o primeiro Goberno de Feijóo de 2009) e Rey Varela para intentar facerse coas alcaldías da Coruña e Ferrol -das sete cidades galegas, actualmente o PP só controla en minoría a de Ourense- volve deixar en evidencia que a maioría dos cambios de goberno impulsados por Feijóo desde a súa primeira vitoria de 2009 veñen motivados non por buscar o mellor executivo autonómico posible senón por outros condicionantes partidarios externos. A súa primeira gran crise de goberno, a comezos de 2012, viu motivada pola marcha a distintos postos do novo Executivo central de Mariano Rajoy dos seus daquela conselleiros de Facenda (Marta Fernández Currás), Sanidade (Pilar Farjas) e Medio Rural (Samuel Juárez).A finais de 2014 Feijóo prescindiu dun dos seus homes de confianza, o daquela conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, para envialo a tentar solucionar a crise política do goberno local do PP en Santiago, onde non foi quen de manter a alcaldía nas municipais celebradas poucos meses despois. Para aqueles comicios Feijóo tamén sacrificou, a principios de 2015, aos seus daquela conselleiros de Facenda (Elena Muñoz) e Educación e Cultura (Jesús Vázquez), dos que só o segundo logrou o obxectivo de facerse coa alcaldía de Ourense, mentres que a primeira, candidata en Vigo, empeorou aínda máis os resultados do PP na cidade.Tras todos estes cambios, do seu denominado "goberno dez" de 2009 Feijóo xa só conta co vicepresidente Rueda e coa conselleira de Mar, Rosa Quintana.O cambio de goberno máis importante dos realizados por Feijóo nos máis de nove anos que leva na Xunta foi o que acometeu en outubro de 2015, cando non só mudou nomes senón tamén a estrutura de diversas consellerías. Aquela remuda foi aproveitada para buscar acomodo na Xunta a membros do PP que perderan os seus postos tras as municipais duns meses antes nuns cambios que foron interpretados como un intento de dotar ao seu executivo dun maior peso político para encarar as eleccións autonómicas que se celebrarían menos dun ano despois. Pola contra, tras a súa terceira vitoria electoral en setembro de 2016, hai agora dous anos, non mudou un só dos seus conselleiros a respecto dos que tiña ao remate do seu segundo mandato.Tras todos estes cambios, do seu denominado "goberno dez" de 2009 Feijóo xa só conta co vicepresidente Rueda e coa conselleira de Mar, Rosa Quintana. Ademais, nestes máis de nove anos no poder veñen sendo constantes os cambios nos seguintes niveis da administracións, o das secretarías e direccións xerais así como responsables dos entes paralelos. |
NOS_27160 | O prazo de solicitude abre este sábado e rematará o próximo 30 de setembro. | A Xunta da Galiza vén de convocar unha orde de axudas directas dirixidas a mozas e mozos de entre 18 e 35 anos para apoiar a compra da súa vivenda habitual en municipios cunha poboación que non supere os 10.000 habitantes. Segundo detalla a Administración nun comunicado, os incentivos poden chegar até os 10.800 euros por inmóbel, sempre que esta contía non supere 20% do prezo de compra. As bases reguladoras e os requisitos aparecen recollidos na resolución publicada esta sexta feira no Diario Oficial da Galiza (DOG), e as persoas interesadas poderán solicitar as subvencións a partir deste sábado e até o próximo 30 de setembro, preferibelmente por vía electrónica. As rendas de todos os membros da unidade de convivencia deberá ser igual ou inferior a tres veces o IPREM Entre os requisitos estabelecidos, será preciso acreditar que as rendas anuais de todos os membros da unidade de convivencia son iguais ou inferiores a tres veces o IPREM —23.725,8 euros—, aínda que o límite pode subir até catro ou cinco veces no caso de que concorran determinadas circunstancias fixadas na propia convocatoria. Outro dos requisitos é que o prezo da vivenda —que terá que estar xa construída, con independencia de que sexa nova ou de segunda man— non supere os 120.000 euros e que a operación de compravenda fose efectuada con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano. Os bancos europeos endurecen os requirimentos para obter un préstamo O orzamento para esta edición das axudas é de 2,55 millóns de euros. Aliás, serán compatíbeis con aquelas destinadas ao mesmo fin "sempre que as outorgue outra institución pública ou privada diferente da Xunta". |
PRAZA_1477 | ENTREVISTA Lara Méndez converteuse hai pouco máis dunha semana na inesperada primeira alcaldesa da historia de Lugo. Mentres continúa as negociacións con Lugonovo e BNG para conformar goberno Méndez asegura que o seu gabinete responderá ás expectativas "de progreso" e augura que os vindeiros presidentes galego e español serán José Ramón Gómez Besteiro e Pedro Sánchez. | Cando comezou o proceso electoral do 24M ninguén apostaba por que Lara Méndez (Männedorf -Suíza-, 1972) chegase neste 2015 á Alcaldía de Lugo. Tampouco ela mesma. Pero o resultado electoral e as esixencias de Lugonovo e BNG para facilitar a gobernabilidade da cidade derivaron na retirada do histórico Xosé López Orozco e na elección de Méndez como primeira alcaldesa da historia lucense. Dende o despacho que ocupou durante tres lustros o carismático exalcalde a nova rexedora aborda a tarefa coa experiencia acumulada durante oito anos como vicepresidenta da Deputación provincial. Mentres o PSdeG continúa as conversas para pechar un pacto ela non desbota presidir un goberno no que estean presentes as tres forzas que apoiaron a súa investidura. O electorado lucense votou esquerda e consenso, afirma nun panorama no que asegura "ver" a Pedro Sánchez como próximo presidente do Goberno de España e a José Ramón Gómez Besteiro, como seguinte titular da Xunta. Como foi a aterraxe? Ao cabo, o guión non era este, non estaba previsto que estivésemos aquí a falar con Lara Méndez, alcaldesa de Lugo Efectivamente, o guión non era este. Nós tiñamos unha folla de ruta cun alcalde que era López Orozco; houbo que modificar o guión pero os personaxes somos os mesmos e o proxecto é o mesmo. Aterramos con moitas ganas e moita ilusión. Un dos primeiros titulares tras o seu nomeamento foi o referido a que é a primeira alcaldesa da historia de Lugo, a única das sete cidades e unha das só 38 que hai en toda Galicia. As formacións políticas manteñen o teito de cristal no mesmo sitio de sempre? Como o observa, agora dende unha alcaldía? "Mentres sigamos ocupando titulares por ocupar cargos de responsabilidade, a igualdade real non será efectiva" Como é de cristal non se ve, pero está. Aínda nos custa moito máis chegar aos postos de maior responsabilidade, aínda que os vaiamos acadando. Mentres non poidamos deixar a un lado iso de "a primeira...", non chegaremos á igualdade real. En breve, se todo sae segundo o previsto, acontecerá o mesmo na Deputación de Pontevedra. Dado que seguimos ocupando titulares por ocupar cargos de responsabilidade, a igualdade real aínda non é efectiva. Queda moito por facer e hai que establecer políticas que dean pé a esa igualdade, como pode ser a conciliación ou a concienciación de que debemos ocupar postos de responsabilidade porque somos o 50% da sociedade e temos visións distintas. Debemos ocupar esa porcentaxe na vida pública e nos cargos de representación. Que retorno está tendo na cidade nestes primeiros días, como a recibiu a veciñanza? O primeiro contacto que estou tendo é co persoal da casa nos distintos servizos, que me está transmitindo as necesidades do propio Concello, que en moitos casos son de reforzar os servizos para que sexan de maior calidade. Con colectivos aínda non comezamos os contactos, agás con dous e por cuestións moi puntuais; unha vez que teñamos feita a visita a todos os servizos do Concello e os primeiros contactos cos sindicatos, co comité de empresa e a xunta de persoal, faremos unha rolda de contactos cos axentes sociais da cidade. En Lugo existen máis de 500 asociacións e agardo que teñamos contacto diario e próximos con elas ao longo destes anos. A posición pública do Partido Socialista foi a de manter como candidato ao señor Orozco. Como ponderaron e canto pesou neses días a posibilidade real de que, tras quince anos de goberno, este rematase nas mans do PP? Como equilibraron a balanza? "López Orozco pensou no mellor para a cidade; se pasaba á oposición, Lugo tería recortes e presión aos máis febles" O Partido Socialista tivo clara a súa postura dende o principio. Nós presentamos un candidato e as súas condicións eran coñecidas por todos os lucenses. Con ese perfil, os lucenses déronnos 8 concelleiros. Por iso o partido apoiaba 100% a López Orozco, que foi aclamado como candidato por unanimidade. Dito isto, a veciñanza dixo o día 24 que querían un goberno de esquerdas e de progreso; co cal, López Orozco, que é moi responsable, pensou no mellor para a cidade. E pensou que, se pasaba á oposición, aínda que el non tiña ningún problema en facelo, a cidade de Lugo non tería progreso, senón que tería políticas de recortes, austeridade e presión aos máis febles. Por iso renunciou e deu paso á formación dun goberno progresista e de esquerdas na cidade. Na campaña e nesa negociación estivo moi presente a figura da imputación, que unha vez máis foi arrebolada entre partidos. Todo o que pasou nestes anos, tamén isto último, lévaos a reflexionar sobre o debate político en torno aos procesos xudiciais? Ten que levarnos a todos a meditar e non só aos políticos, senón aos tres poderes. Hai que medir moito, porque estas cuestións poden facer un dano irreparable. Eu vivín unha experiencia moi desagradable en primeira persoa que cinco anos despois se cualificou como "erro xudicial". Son erros irreparables. Todos nos equivocamos, pero hai equivocacións e responsabilidades que tamén hai que asumir. Todos deberiamos ser máis conscientes e concienciar a cidadanía de que o feito de ser imputado é que se está desenvolvendo unha investigación e queren tomarche declaración para esclarecer unha cuestión. Deberamos ser todos máis reflexivos e conscientes; no caso de Orozco xa ten tres desimputacións e estou convencida de que volverá ser desimputado. Pero xa é irreparable, porque xa tivo que ceder para poder conformar este goberno. Para conformar ese goberno están en plenas conversas, posiblemente as máis complexas na historia do Concello de Lugo, polo plural que é a corporación. Como marchan esas negociacións? Ademais de ser moi plural, hai formacións moi recentes que non teñen establecidas as súas bases como partido, o cal complica moito máis a posibilidade de chegar a acordos. Con algunha formación, como o BNG, as conversas son máis áxiles, porque tiveron responsabilidades de goberno. No caso de Lugonovo é unha formación moito máis recente, que está instaurando as súas propias bases, e iso complica un pouco máis a negociación. Agora estamos pendentes de que nas súas respectivas asembleas Lugonovo e o BNG decidan o que queren seguir acordando para chegar a ese goberno, se se dá o caso. Fala de Lugonovo, unha formación que se enmarca no espectro das coñecidas como mareas. Como ve o xurdimento destas forzas, que gobernan tres cidades e están presentes no resto de corporacións urbanas? "As mareas aínda teñen moito que demostrar; asústame que un partido diga que non ten ideoloxía" A marea pode ser do Cantábrico, do Atlántico, do Mediterráneo... Son augas moi distintas, teñen que apousar e chegar a adquirir a mesma temperatura, a mesma densidade... As mareas aínda teñen moito percorrido por diante e moito que demostrar. Teñen que establecer as súas bases e estrutura como partido; iso leva un tempo. Teñen que perfilar de que maneira van tomar as decisións, que premisas das súas bases son innegociables, cal é a súa ideoloxía... Isto de non ter ideoloxía é incomprensible, porque a ideoloxía, ao cabo, é o que marca as políticas que levamos a cabo. É impensable que unha forza política non ten ideoloxía, porque ideoloxía tamén é facer ou non políticas sociais, asentar o piar do benestar, investir... Iso tamén é ideoloxía. A min, que un partido diga que non ten ideoloxía, asústame. A renuncia de López Orozco tivo un aquel de fito histórico na cidade por ser o peche dunha etapa tan longa na cidade. Que vai ter o seu goberno que non tiña o de Orozco, e viceversa? O que vai ter en común vai ser buscar o beneficio da cidadanía, que é o que debe mover a Administración local. Imos seguir facendo politicamente o mesmo nese sentido. Alén diso, estamos nun momento socioeconómico complicado e hai que priorizar en emprego e benestar social, xa o fixo o goberno de Orozco nos últimos anos, con Lugo como o primeiro concello de Galicia en gasto social. Seguiremos nesa premisa mentres non mellore a economía. Ese pode ser o denominador común a respecto da anterior etapa. Evidentemente, será distinto nas formas. Nin mellor nin peor, pero si distinto, porque somos persoas e xeracións distintas. E iso tamén se vai visualizar. Chegan ás alcaldías das cidades e ás de moitas vilas unha xeración que xa non é a da Transición, senón a seguinte. Obsérvao como un síntoma de cambio político? Para Albert Rivera, eu non debería estar aquí [ri], porque nacín en 1972. Pero, si, somos outra xeración. Estamos noutro momento; na política tamén hai relevo xeracional. Estamos obrigados a que se visualice outro xeito de facer política, máis cercano e directo. Aquí en Lugo esa era xa unha das premisas, pero é certo que hai ese relevo. Neste contexto de conversas, de cambios e de pactos, di o líder do PP en Lugo, o señor Castiñeira, que o que aconteceu aquí foi unha fraude e que o seu goberno será fraudulento. "O malestar do señor Castiñeira é por non ser alcalde, porque a veciñanza lle di mandato tras mandato que siga na oposición" En absoluto. O malestar que ten é por non ser alcalde. Pero é que a cidadanía dixo que quería un goberno de esquerdas e progresista, pluralidade e diálogo. Isto é o que non ve o señor Castiñeira. Eu entendo que estea enfadado, leva moitísimos anos no Concello, xa en 1999 formaba parte da corporación. E a veciñanza dille mandato tras mandato que siga na oposición. El veu a oportunidade de que esta fose a súa, pero non acadou o que a cidadanía non quixo que acadase. Alén destas cuestións, tócalle tamén abordar xa o día a día. Nos últimos anos do anterior mandato estiveron moi presentes asuntos como os servizos pendentes do HULA, a estación intermodal... Van seguir estas cuestións sobre a mesa ou ten outra axenda de prioridades? Iso vai seguir sobre a mesa. De feito, o luns recibín a chamada do señor Feijóo para felicitarme; pareceume un bo xesto, desexounos éxitos nas cidades e eu díxenlle que iría visitalo para abordar cuestións que imos seguir reivindicando, como os servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear para o HULA, a estación intermodal ou o Museo da Romanización. Son cuestións necesarias para os servizos e tamén infraestruturas que poden fomentar o turismo baseado nas nosas riquezas, para poñer en valor o noso pasado e que sexa un motor económico non só a fin de semana do Arde Lucus. Vimos dunhas eleccións e estamos xa case noutras dúas, as xerais e as galegas. Como observan estes procesos dende o PSdeG de Lugo? O panorama é efervescente, con novas forzas na esquerda e un PP que di que se renova. "Vexo a Pedro Sánchez presidente do Goberno e a Gómez Besteiro, presidente da Xunta" Se a renovación do señor Mariano Rajoy pasa por cambiar dúas persoas, evidentemente non creo que acade moi bo resultado. Eu vexo a Pedro Sánchez como presidente do Goberno e a José Ramón Gómez Besteiro, como presidente da Xunta. A xente vai visualizar que se pode remontar economicamente e investir no público para saír da situación que estamos a vivir. José Ramón Gómez Besteiro demostrou durante oito anos na Deputación provincial que se pode acadar débeda cero fomentando o emprego, os sectores estratéxicos e o crecemento cos recursos que temos. Ten o aval para que a xente vexa que se pode gobernar doutro xeito, sen renunciar ao público e saíndo da situación económica que estamos a vivir. |
PRAZA_14075 | O candidato do Bloque critica que "non pode ser que as persoas que racharon a unidade agora pretendan erixirse en paladíns dela". | O BNG respondeu finalmente á proposta de alianza electoral ampla lanzada o xoves por Xosé Manuel Beiras, e fíxoo -a preguntas dos xornalistas- para rexeitala, salientando que "en Galicia xa hai unha fronte ampla de esquerdas: o BNG". Ademais, o candidato do Bloque á Presidencia da Xunta criticou que "non pode ser que as persoas que racharon a unidade agora pretendan erixirse en paladíns dela". Engadiu así mesmo que ten a impresión "de que algunhas persoas que no seu momento optaron por abandonar o BNG agora comezan a ser conscientes de que ese paso, neste momento, ao único que beneficia é ao PP". "Algunhas persoas que optaron por abandonar o BNG agora comezan a ser conscientes de que ao único que beneficia é ao PP" Jorquera salientou que o BNG é "un partido serio", centrado "no que hai que estar, en servir aos intereses de Galicia e articular alternativas aos problemas" e concluíu que "non estamos nun tempo para falar de experimentos". |
NOS_39600 | A crise de Santiago tornouse, por decisión de Feijóo, nunha crise do goberno da Xunta. Mais será unha mini-crise: a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, relevará a Agustín Hernández. | Agustín Hernández era un dos conselleiros con máis peso político do Goberno galego, algo que eventualmente o convertía nun hipotético rival de Alfonso Rueda na perspectiva da sucesión de Feijóo. O seu relevo, de 41 anos, ten un perfil máis técnico. Era unha das pezas relevantes da súa consellaría. Feijóo desbota así realizar cambios máis profundos no seu gabinete e limítaos exclusivamente á mudanza en Meio Ambiente, embora o 25M o PP tivese o pior resultado da súa historia na Galiza, cedendo 15 pontos. A saída de Agustín Hernández, que se perfila como candidato seguro á alcaldía de Santiago en maio próximo, debilita politicamente o goberno, mais reforza as posicións do núcleo liderado por un Alfonso Rueda que na práctica é o que xestiona o día a día da Xunta, dada a intensa actividade externa de Feijóo, moi envorcado na súa carreira política estatal. |
NOS_23419 | Cualifican de "insultante e vergoñenta" a decisión do Goberno do Estado de enviar un buque oceanográfico á zona do naufraxio para realizar prospeccións pesqueiras e non para baixar ao pecio. | "Aínda están a tempo de dicir a verdade, os dous, e non contar máis mentiras. A verdade vaise a acabar sabendo porque os 21 falecidos teñen detrás a familia, amigos e toda a xente do mar, que seguirán insistindo para que se investigue", declarou este sábado María José Do Pazo, portavoz do colectivo. Do Pazo referiuse ás dúas versións que deu o patrón do Vila de Pitanxo sobre as causas do afundimento, recollidas pola prensa. "Si é certo o que di. As pescudas da Garda Civil corroboran que no Praia de Menduiña -o buque que os recolleu- o patrón explicou unha versión distinta á posterior sobre a parada do motor", asegurou. "Covardía e as mentiras" Sobre se espera algunha imputación após as declaracións dos investigados na Audiencia Nacional, Do Pazo afirma "confiar en que se faga xustiza". Insiste así en que digan a verdade. "Non o van a poder tapar. Pídolles que reflexionen. Vai ser peor se contan mentiras", sinalou. Non se pode permitir que un sinistro desta magnitude non se investigue Os familiares insisten en que non van deixar "que gañen a covardía e as mentiras". "Non se pode permitir que un sinistro desta magnitude non se investigue", comentaron. Do Pazo confirmou que o atestado coas últimas investigacións da Garda Civil de Pontevedra "dá a razón aos familiares", e aos expertos que con eles colaboran, e ve "delitos imputábeis, indicios claros de 21 homicidios imprudentes", tal e como eles denunciaron na querela interposta a semana pasada contra o patrón, o seu sobriño e a armadora. Concentración en Vigo Familias e achegados dos desaparecidos concentráronse nas inmediacións do Náutico de Vigo para denunciar que o Goberno estatal vaia enviar un buque á zona do naufraxio para realizar prospeccións pesqueiras e non para baixar ao pecio. Cualificaron a decisión de "insultante e vergoñenta" antes de asegurar "que si se pode facer" -baixar ao navío afundido-. Envían un barco a inspeccionar a zona onde afundiu o 'Pitanxo'... mais só para estudar os recursos pesqueiros Os familiares tiñan previsto manifestarse perto de onde estaba atracado o buque oceanográfico 'Vizconde de Eza', mais "cambiou de localización durante a noite". "Gustaríame que vísedes o barco. Lamentabelmente, de forma vergoñosa, alguén deu orde esta noite de movelo. Antes estaba nunha zona pública de libre acceso, e agora non somos capaces nin de velo", denunciou María José do Pazo, que incidiu en que se trata dun "menosprezo" cara á xente do mar. Capacidade para baixar ao buque O buque partirá cara a Terranova para realizar prospeccións pesqueiras durante tres meses, "exactamente no mesmo cuadrante no que se afundiu o Pitanxo". Levamos tres meses tendendo a man para recibir explicacións e só temos obstáculos e mentiras Do Pazo asegurou que as autoridades "menten" e que, máis aló dos ofrecementos de fora para baixar ao Vila de Pitanxo, España posúe os instrumentos necesarios para descender con autonomía de até 2.000 metros de profundidade. "Non queda outra que ter paciencia": familiares das vítimas do 'Pitanxo' insisten en baixar ao barco "O único que pedimos é que se investigue o maior sinistro marítimo deste século. Onte alguén tivo que ter unha reunión de urxencia para mover o barco. Por que non se reuniron para ter unhas palabras coas familias? Aí demóstrase a vergoña que nos dá este Goberno. É un insulto; levamos tres meses tendendo a man para recibir explicacións e só temos obstáculos e mentiras", insistiu a portavoz. Viaxe a Madrid Do Pazo anunciou que o vindeiro mércores estarán en Madrid, xa que o presidente comparecerá ante o Congreso para tratar o tema do Sáhara. Esperan que os reciba e lles explique "aquel compromiso que fixera de facer o posíbel e o imposíbel". Ademais, criticou tamén a actuación "nula" das persoas "nas que Pedro Sánchez delegou a investigación", ás que cualificou de "incompetentes" e ás que instou a "dimitir" se tivesen "algo de dignidade".Concretamente referiuse ao delegado do Goberno en Galiza, José Miñóns, e ao director de Sasemar, a quen instou a "rectificar e poñerse a traballar para axudar ás familias". |
PRAZA_6632 | Este luns comeza o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago. Cunha década de experiencia ás súas costas, a nova dirección puido neste 2014 deseñar con tempo todos os elementos que definen a nova xeira do certame. | Comeza Curtocircuíto. O Festival Internacional de Curtametraxes acode á súa cita con Santiago de Compostela coa promesa de que outubro é para quedar e coa intención de seducir o público dentro e fóra da sala de proxección. Cunha década de experiencia ás súas costas, esta undécima edición é máis relevante do que poida parecer. O ano pasado, un novo equipo liderado polo cineasta Pela del Álamo recolleu a testemuña na dirección e salvou os mobles celebrando o festival in extremis. Agora, en 2014 esta nova dirección puido deseñar con tempo todos os elementos que definen a nova xeira de Curtocircuíto. Un festival que busca a súa identidade coa vantaxe de saber o que quere e o que ofrece. As seccións competitivas abandonan a clásica clasificación por nacionalidades para competir en igualdade de condicións en categorías que responden a conceptos. Desta forma atopamos en Radar unha radiografía da produción que marca tendencias, en Explora un espazo de innovación e vangarda que nos propón descubrir novas narrativas e en Planeta GZ unha mostra da heteroxeneidade e bo estado de forma no que se atopa o cinema galego. Fóra de competición, dous nomes propios: Mike Hoolboom e Gabriel Abrantes. O primeiro, un cineasta canadense de extensa carreira que é un referente no cine experimental e o segundo un novo -pero moi proflífico- director portugués que non deixará indiferente a ninguén por polémico e gamberro, un auténtico enfant terrible. Ambos teñen en común o seu espírito transgresor e a súa decisión de levar as súas obras ata as últimas consecuencias. Dous directores que encarnan á perfección o novo espírito do Curtocircuíto. A nova liña de Curtocircuíto transita os terreos fronterizos onde a ficción, o documental ou a animación deixan de ser xéneros excluíntes para mesturarse e ser cine en toda a súa dimensión A oferta cinematográfica complétana gorentosas seccións paralelas como os programas dedicados a infancia e mocidade (Criaturas, 14_17) ou o ciclo deseñado polo Cineclube de Compostela (Carta branca) que proxectará a grandes autores como Aki Kaurismaki, Miguel Gomes ou Chris Marker. Alén da pantalla: concertos, performances e actividades formativas, unha variedade que ofrece unha experiencia completa a todo aquel que se achegue ao festival. Por diante unha intensa semana de cine con moita oferta e escasa marxe para equivocarse. A nova liña de Curtocircuíto transita os terreos fronterizos onde a ficción, o documental ou a animación deixan de ser xéneros excluíntes para mesturarse e ser cine en toda a súa dimensión. Hibridacións que responden a unha filosofía de entender o cine, máis aló do entretemento, como método de exploración e coñecemento. O máis importante é que apostar por contidos destas características revela a confianza de Curtocircuíto na nosa capacidade para sorprendernos, retarnos e ampliar os nosos horizontes. |
NOS_28607 | O 4 de outubro O Grove acollerá o partido oficial entre a selección galega e a irlandesa. Haberá competición masculina e feminina. | O vindeiro 4 de outubro a selección galega de fútbol gaélico enfrontarase a Irlanda, o país onde naceu este deporte e onde é toda unha institución. Será no Grove, a vila onde xoga o Mecos, un dos clubes fundadores da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Após dous anos consecutivos de se bater con Breizh (Bretaña, en 2012 e 2013), a selección galega vai competir co país creador deste deporte. No equipo irlandés van militar para ese partido xogadores que van representar 10 condados de 3 das catro provincias nas que se divide a illa. Xogadores como Paul Donnelly (condado de Kilkenny), Ja O'Loughlin (Galway), Ronan O' Sullivan (Cork) ou Tommy O Reilly "captain" ( Meath ) xa confirmaron a súa presencia. Tamén a selección feminina galega xogará contra a Irlandesa. Por parte da equipa feminina están xa confirmadas xogadoras como Aoife Herbert (Kildare ), Aimee O Neill ( Kildare) ou Linda Kavanagh ( Wicklow ). Cinco equipos galegos no Europeo Mais antes dese importante encontro, o fútbol gaélico galego ten unha cita de interese. Vai ser o 13 de setembro en Madrid, onde vai decorrer o torneo europeo coa presenza de 5 equipos do noso país: Pontevedra, Mecos (O Grove), Irmandinhos (A Estrada), Fillos de Breogan (A Coruña) e Estrela Vermelha (Compostela) . Aliás, varias varias xogadoras galegas estarán na selección europea feminina o vindeiro 27 de setembro en Irlanda. |
NOS_43002 | O punto de partida é a chegada dos novos inquilinos á urbanización de chalés que acaba de inaugurarse nunha zona periférica de Compostela. A forma na que son recibidos, con pequenas e grandes falcatruadas por parte do resto do barrio, evidencia unha cuestión coñecida pero pouco tratada literariamente: a difícil conexión entre a poboación tradicional dos arrabaldes coa nova "xentrificación" | Dentro da historia da narrativa galega hai unha certa tradición da novela coral, aquela onde nos custaría identificar un protagonista e que dá pé a contar historias colectivas, normalmente ancoradas en cidades ou vilas. Porén, non é menos certo que esta posibilidade poucas veces foi explotada para falar do territorio desde presupostos contemporáneos, capaces de ir máis aló da representación comunal e de tocar as transformacións e os conflitos deses espazos. Pode que esta sexa a principal innovación de Deixádenos remar, terceiro libro de Ana Cabaleiro e que se presenta coa banda de finalista do pasado premio Xerais. O punto de partida é a chegada dos novos inquilinos á urbanización de chalés que acaba de inaugurarse nunha zona periférica de Compostela. A forma na que son recibidos, con pequenas e grandes falcatruadas por parte do resto do barrio, evidencia unha cuestión coñecida pero pouco tratada literariamente: a difícil conexión entre a poboación tradicional dos arrabaldes coa nova "xentrificación" ao que estes espazos son sometidos. Isto é algo particularmente notábel en cidades sometidas tamén a outras problemáticas específicas, como son aquelas que sofren a presión turística, que no caso da capital galega aparece mesturada tamén coas peregrinacións do Camiño, presentes tamén na obra. Como dicimos, estas cuestións de convivencia urbanística son relevantes na obra, aínda que non estariamos falando de Deixádenos remar se ademais non presentase unha trama, que por máis disgregada nos seus distintos personaxes, aparece como excepcionalmente ben fiada e cargada de interese. Son os espazos do arrabalde os protagonistas e os que estruturan os capítulos, aínda que desde cada un deles falen personaxes distintos que veremos reaparecer ou que recoñeceremos como parte da vida doutros que xa apareceron. E aínda que, como eixos que guían as historias, escoitemos tamén a voz das paredes e das pintadas que aparecen sobre elas, como a de "Deixádenos remar" do título. Ana Cabaleiro constrúe a imaxe dun tecido social no que aparecen dramas persoais e odios de clase pero que, sobre todo, fai un fincapé especial nas dificultades socio-laborais dunha xeración acurralada pola precariedade e na que tamén destaca, como outro elemento central, a memoria das mulleres que se atreveron a vivir as súas vidas desde a disidencia posíbel que lles ofrecían eses mesmos espazos periféricos. Un libro orixinal e ben escrito para aprender os nomes das rúas suburbanas. |
PRAZA_9323 | A Fiscalía quere demostrar que en Catalunya se produciu unha rebelión, unha acusación que foi cuestionada por máis dun cento de penalistas españois e que tampouco compartiu a xustiza alemá | A Xustiza senta dende este martes no banco dos acusados a toda unha xeración de políticos independentistas cataláns. O independentismo non está descabezado, como proclamou cando aínda era vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría posto que segue gobernando Catalunya, pero o encarceramento dalgúns dos seus dirixentes e a decisión de Carles Puigdemont de desafiar á Xustiza española e instalarse en Bruxelas converte o xuízo ao procés e, sobre todo, ás súas sentenzas noutra proba de resistencia para a cada vez máis fráxil unidade independentista.A Fiscalía quere demostrar que en Catalunya se produciu unha rebelión, unha acusación que foi cuestionada por máis dun cento de penalistas españois e que tampouco compartiu a xustiza alemáA causa máis importante das últimas décadas tamén é un test para o propio Poder Xudicial a exame dentro e fóra de España. E aínda por riba, o calendario quixo que cadre co momento máis delicado da lexislatura de Pedro Sánchez, a tramitación duns Orzamentos que dependen dos votos dos deputados independentistas. A só unhas horas para que o Congreso decida se se tramitan as contas, o Goberno non ten apoios. As eleccións, tanto as xerais como as catalás, están cada vez máis preto.Non parece esaxerado afirmar que a vista que empeza no Supremo é histórica, desas das que se estudarán nos libros de texto. A Fiscalía quere demostrar que no outono do 2017 en Catalunya se produciu unha rebelión, unha acusación que foi cuestionada por máis dun cento de catedráticos penalistas españois e que tampouco foi compartida pola xustiza alemá, que se negou a entregar a Puigdemont ao non apreciar a violencia que require un delito desta gravidade.A propia Audiencia Nacional en 2008 dixo que non era competente para investigar a rebelión (pronunciouse por mor dunha querela de vítimas do franquismo) pero en cambio si aceptou investigar o caso catalán e admitiu as querelas do falecido fiscal Maza contra os políticos independentistas. A propia competencia para xulgar a causa do procés será tamén motivo de controversia xa na primeira sesión deste martes.A propia Audiencia Nacional en 2008 dixo que non era competente para investigar a rebelión, pero en cambio si aceptou investigar o caso catalánA Fiscalía ve un alzamento onde os partidos independentistas e os 'comuns' ven unha manifestación. Onde uns ven a uns activistas, Jordi Cuixart e Jordi Sànchez, pondo orde e desconvocando unha protesta, outros ven a dous rebeldes alentando unha turba contra o Estado. Así foi durante a instrución da causa e así será durante as próximas semanas.A vista oral do Supremo terá unha enorme carga política e non só polas alegacións iniciais e finais dos acusados ou pola presenza de Vox como acusación popular e o seu secretario xeral, Javier Ortega Smith, con todos os focos apuntándoo nos interrogatorios aos dirixentes independentistas. Todo iso retransmitido por televisión e en streaming. Nas próximas semanas porase a moviola aos feitos de outubro e ante o tribunal presidido polo maxistrado Manuel Marchena desfilarán varios protagonistas, coa obrigación, como testemuñas, de dicir a verdade.O ex-presidente Mariano Rajoy; a ex-vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría; o ex-ministro de Facenda, Cristóbal Montoro; o lehendakari, Iñigo Urkullu; a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau; o presidente do Parlament, Roger Torrent; o vicepresident, Pere Aragonès: todos eles deben explicar como combateron, mediaron ou impulsaron o proceso soberanista.O momento de Junqueras En ausencia de Puigdemont, o protagonismo será para Oriol Junqueras, a quen a Fiscalía sinala como máximo responsable desa presunta rebelión. O líder de ERC, quen xa soñaba con ser presidente dunha república catalá cando case ninguén falaba dela, enfróntase á máxima petición por parte da Fiscalía: 25 anos de cárcere. Este xuízo podería truncar para sempre ese soño, a pesar de que todas as enquisas apuntan que nunca estivera tan preto de cumprilo.A única certeza é que a rúbrica final, ninguén sabe cando, vaina poñer o Tribunal de Dereitos Humanos de EstrasburgoO líder republicano non renega da celebración do referendo. Nin el nin ningún dos outros acusados. O 1-O segue sendo un triunfo para o independentismo, o seu maior éxito. Outra cousa é a declaración unilateral de independencia, que case un ano e medio despois xa parece non ter nin pai nin nai. A estas alturas só a CUP e unha ANC cada vez máis cuestionada defenden a súa vixencia. Así foi até agora porque en función de cal sexa a sentenza, o president, Quim Torra, nin sequera descarta recuperala. É o que Torra bautizou co "momentum", un concepto engadido ao dicionario do independentismo, a pesar de que ninguén ten claro que implica. Só ERC, que non está polo labor de recuperar unha senda unilateral, pode impedilo xa sexa convencendo a Torra e Puigdemont polas boas ou negándolle ao president os seus votos no Parlament.Así que, coa incógnita de se España queda sen orzamentos, se Sánchez adiantará xa as eleccións e se o independentismo será capaz de aguantar no Govern tras a sentenza, este martes ábrese un xuízo cuxa última palabra non será a dos sete xuíces do Supremo. As defensas xa deixaron claro que se o fallo é condenatorio apelarán á xustiza europea. A única certeza é que a rúbrica final, ninguén sabe cando, vaina poñer o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo.AO VIVO | Retransmisión do xuízoRetransmisión en directo das sesións do xuízo. Sinal institucional fornecido polo Tribunal Supremo. |
NOS_3623 | O sindicato denuncian falta de persoal e privatización nalgúns traballos que afectarían a usuarias e usuarios. | A folga convocada en Renfe e Adif por CXT en toda Galiza obrigou a suspender 43 trens, 34 de media distancia e 9 de longa distancia, e tivo un seguimento de 40%. O sindicato informou que as razóns da protesta céntranse na falta de persoal que está a padecer o servizo ferroviario e privatizacións dalgúns traballos. Poñen como exemplo que a partir do 1 de xaneiro as manobras de material na terminal de Vigo Guixar estarán privatizadas a través da empresa Logirail, xerando un total de 5 traballadores excedentes en Adif. Ademais, comunican que as billeteiras de venda das estacións son cada vez menos coas xanelas abertas, recortando Renfe os horarios de venda anticipada en estacións como Compostela, Coruña, Vilagarcía, Pontevedra ou Vigo-Guixar. O sindicato denuncia con esta folga varias irregularidades nos servizos que afectan ao persoal traballador mais tamén a usuarias e usuarios. "Seguen substituindo trens por autobuses por falla de maquinistas", explican desde CXT, e sinalan que "este ano deixaron de circular por esta circunstancia 54". Aseguran que ADIF presentou un plan de peche de equipos de traballo que realiza o mantemento da infraestrutura, propoñendo a privatización do mantemento de vía e o aumento de contratación do persoal Técnico superior e de Estrutura directiva, "e segue con procesos de privatización do mantemento dos novos equipos de seguridade en vía que se están a instalar nas infraestruturas, como o ERTMS entre Vigo e Compostela". Por último CXT explica que até novembro de 2019 uns 4.100 trens de Media Distancia de Galiza circularon sen persoal de Intervención a bordo que atendese e informase as viaxeiras. "Estamos a falar de trens cunha capacidade media de 180 prazas que só circularon co maquinista, perdendo a empresa una importante cantidade económica". |
PRAZA_5458 | O exemplar movimento soberanista catalám padece, infelizmente, dumha doença aguda de sintomas padánicos. Evidencia-se no recurso à espúria justificaçom economicista que contribui a reduzir a aspiraçom independentista a mero expediente de corte de gastos e ajustamento de contas, mais próprio de um negócio em dificuldades que da honra nacional. | O discurso soberanista, a proclamaçom do direito a separar-se, parece refugiar-se actualmente na reivindicaçom pecuniária como cifra e argumento supremo da reivindicaçom identitária. Os tempos que correm, marcados pola crise económica, o pragmatismo mercantilista e o darwinismo social, alimentam esta deriva que poderíamos qualificar de viés padánico. Em aberto contraste, o empenho da Geraçom Nós, de Castelao e a sua gente, adquire umha pátina de irreal romantismo. Os tempos que correm, marcados pola crise económica, o pragmatismo mercantilista e o darwinismo social, alimentam esta deriva que poderíamos qualificar de viés padánico O argumento económico prevalece sobre o relato histórico. O cidadao devém consumidor a tal ponto que um dos argumentos preferidos para denunciar o sofrimento social é que este contribui a deprimir o consumo e, como consequência, a actividade económica. O consumidor prevalece sobre o cidadao. A capacidade de adaptaçom, a eficiência mercantil, o empreendimento – esse novo talismám oferecido à juventude– som valores em alça quando o mercado prevalece sobre as demandas sociais. O argumento económico prevalece sobre o relato histórico. O consumidor prevalece sobre o cidadao Observemos a deriva do catalanismo político. Som i serem gent catalana/ tant si es vol com si no es vol/ que no hi ha terra més ufana/ sota la capa del sol era o canto de desafio da primeira estrofe de "La Santa Espina", a mais patriótica das sardanas. A letra procede dumha zarzuela do mesmo nome estreada em 1907 que alcançou o singular honor de ser sucessivamente proibida polos ditadores Primo de Rivera e Francisco Franco. "Som i serem" evoca-nos outro vibrante aturuxo identitário "viva Lalim com razom ou sen ela!" que vem sendo a nossa versom particular de tant si es vol com si no es vol. Catalunha atravessa um período de intensa revivescência nacionalista. O movimento cívico que o sustenta é de signo admiravelmente transversal Catalunha atravessa um período de intensa revivescência nacionalista. O movimento cívico que o sustenta é de signo admiravelmente transversal, com ampla participaçom social, tanto de cataláns de origem como de destino. Convoca também a todo o arco político, fora da diarquia turnante e de algumha força emergente que nom crê em pátrias pequenas mas nom oculta o seu fervor polas grandes. O exemplar movimento soberanista catalám padece, infelizmente, dumha doença aguda de sintomas padánicos. Evidencia-se no recurso à espúria justificaçom economicista que contribui a reduzir a aspiraçom independentista a mero expediente de corte de gastos e ajustamento de contas, mais próprio de um negócio em dificuldades que da honra nacional. "Som i serem" apela ao berço, "vamo-nos de aqui que estes nos estám roubando", à contabilidade financeira. A pretensom de tirar pola borda os tripulantes menos aplicados na arte da remada nom parece a melhor via para concitar adesons senom, mais bem, a soluçom de um case study de benefit cost analysis de escola de negócios. Argumentar o abandono do Estado em termos do fiscal relief, promocionado polo conservadorismo norte-americano, evoca o prosaico Roma ladra da reaccionária Lega Nord Acode à mente a famosa declaraçom de princípios "No taxation without representation" que desencadeou a Revoluçom Americana das Treze Colónias. Mas é outro estilo, o da insubmissom fiscal como denúncia da submissom política: a reclamaçom da voz e o voto contra exacçom coercitiva. Argumentar o abandono do Estado em termos do fiscal relief, promocionado polo conservadorismo norte-americano, mais evoca o prosaico Roma ladra da reaccionária Lega Nord que os austeros pais da pátria americana. Filosofia de lojista em tempo de refluxo comunitário e social. Cousas como estas, baralhava eu na cabeça estoutro dia quando decidim perguntar-lhe a um dos honoráveis universitários cataláns da mesa se considerava razoável o troco do inveterado som i serem polo argumento fiscal de sabor padánico. Infelizmente, nom tivem resposta adequada, quer por nom ter entendido a pergunta quer por considerá-la impertinente. Formulava-a eu no tempo de colóquio do simpósio celebrado na Faculdade de Políticas da USC sobre "O futuro político de Catalunha: consulta cidadá e marco legal". O acto contou com a participaçom do "Consell de Diplomàcia Pública de Catalunya, Diplocat", com participaçom galega de qualidade, entre eles, Suso de Toro, recentemente reconhecido com a Creu de Sant Jordi polo seu compromisso com a melhor Catalunha. A jornada decorreu com a cordialidade habitual nas relaçons galaico catalanas, nom obstante a diferença de nível económico que separa ambas comunidades. A inquietaçom polas consequências do processo soberanista catalám tivo também o seu momento por boca do jornalista galaico-catalám Ángelo Lugilde que evocou em tom pessimista e irónico o inquietante cenário dumha Galiza encerrada numha Espanha autista e incorrigível sem o cívico contrapeso do povo catalám. O argumentário padanista nom é a via mais prometedora para suscitar compromissos militantes fortes. Ninguém vai oferecer "até a última gota do próprio sangue" por atributos pátrios como o PIB, a Balança de Pagamentos ou o tipo marginal do IRPF Ousei destacar de passada ainda a significativa presença de umha formaçom de inequívoca trajectória democrática e popular como ICV, que actualiza a tradiçom do velho PSUC. Também nom mereceu atençom da mesa, visivelmente escorada para o nacionalismo conservador catalám. O argumentário padanista nom é a via mais prometedora para suscitar compromissos militantes fortes. Ninguém vai oferecer "até a última gota do próprio sangue" -- como nos demandavam na jura de bandeira -- por atributos pátrios como o PIB, a Balança de Pagamentos ou o tipo marginal do IRPF que, sem negar-lhes méritos, dificilmente podem competir com a lacerante ladainha dos males da pátria. Persoalmente, prefiro o cordial discurso de Castelao e a sua magnífica tropa de perdedores, ou, já postos, a visom projectiva de um Paz Andrade que apontava para o mar quando queria convocar o país polos caminhos da prosperidade; nunca à Delegaçom de Fazenda. Nom podemos negar a importáncia do argumento económico no discurso político, mas reduzir este a um requintado exercício de contabilidade parece mais um signo dos tempos de indigência económica e política que nos toca viver que umha convocatória à liberdade. |
NOS_31184 | Os cárceres do Ecuador están a vivir unha crise de violencia desde que comezaron os recortes dos Gobernos de Lenin Moreno en 2017. O Executivo do presidente actual, Guillermo Lasso, acentuou aínda máis a rebaixa do orzamento para a xestión penitenciaria. Nesta situación, esta semana tivo lugar un novo motín no Centro de Rehabilitación Social de Santo Domingo dos Tsáchilas, que deixou un balance de 44 falecidos. Con estas, xa son máis de 400 as mortes nos centros penitenciarios ecuatorianos desde 2020. | Esta semana rexistrouse un novo motín carcerario no Ecuador. A situación tivo lugar nun centro de Santo Domingo dos Tsáchilas (centro-norte), que deixou 44 reos mortos. Con estes falecementos, son 64 os presos que perderon a vida este ano no país suramericano no medio de motíns. Unha cifra que se eleva a máis de 400 asasinados neste tipo de feitos desde o ano 2020. A dereita gaña en Ecuador e a esquerda lidera o escrutinio para a segunda volta en Perú No medio da etapa máis forte da pandemia do coronavirus, en 2020, foron 46 os presos falecidos. O ano seguinte, en 2021, a cifra ascendeu a 316 —un incremento de 587% respecto ao ano anterior—, segundo un informe da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH). Falta de control do Estado Aínda que os motíns nos cárceres do Ecuador orixináronse por enfrontamentos entre bandas criminais, organismos de dereitos humanos fixeron fincapé no deterioro do sistema penal do país suramericano. A CIDH, no seu informe publicado no pasado mes de marzo, identifica varias causas, entre elas: "A falta de control efectivo dos centros penais por parte do Estado", e en consecuencia, que "o control no interior vense exercendo por parte das propias persoas detidas"; a disputa polo control de pavillóns e centros penais no interior polas diferentes bandas; e a "insuficiencia de gardas de seguridade dedicados á vixilancia e control dos centros", así como a falta de equipo, formación e preparación dos propios gardas. A democracia do Ecuador "está a ser atacada" Só durante a administración do actual presidente do Ecuador, Guillermo Lasso, quen cumprirá o próximo 24 de maio un ano no Goberno, rexistráronse polo menos cinco matanzas dentro dos centros penitenciarios. O 28 de setembro de 2021 ocorreu o peor masacre carcerario do país nuns feitos que tiveron lugar no Centro de Privación de Liberdade Guayas (leste) Número 1, coñecido como Penitenciaría do Litoral, ocasionando a morte de 122 persoas. Recortes de Lenin e Lasso A CIDH cualifica a situación como "unha crise penal de carácter estrutural" e sinala que entre os factores que a xeraron está o "enfraquecemento das institucións" e a diminución orzamentaria desde 2017, cando gobernaba Lenin Moreno, do sistema penal. Lenin Moreno consuma a ruptura coa 'Revolución Cidadá' En detalle, especifica que o orzamento foi de 153 millóns de dólares en 2017; 131 millóns en 2018; 90 en 2019; 88 en 2020 e 54 millóns de dólares en 2021. Outros factores desta crise, segundo o organismo, son a corrupción, a falta de rexistro adecuado dos reos, o amontoamento e "o uso excesivo da prisión preventiva" no Ecuador. A alta comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, pronunciouse ante o ocorrido na prisión de Santo Domingo dos Tsáchilas. Bachelet declarou que esta matanza, parte dunha serie de masacres nos cárceres do Ecuador, mostra a urxencia da reforma do sistema de xustiza penal no país suramericano. Así mesmo, recalcou a responsabilidade do Estado ecuatoriano nas mortes nas prisións. Causas do último motín O Servizo Nacional de Atención Integral a Persoas Privadas de Liberdade do Ecuador informou que o motín desta semana ocorreu no pavillón de máxima seguridade da prisión de Santo Domingo dos Tsáchilas, onde os operativos das forzas de seguridade atoparon catro fusiles, tres pistolas, un revólver, catro granadas, 1.800 cartuchos de balas e tres cargadores. De acordo co Goberno ecuatoriano, do mesmo modo que nos masacres anteriores, este motín tivo por causa unha disputa entre bandas polo control do centro penitenciario. O ministro do Interior, Patricio Carillo, detallou que a matanza "foi unha crueldade dunha banda criminal que perpetuou os mesmos feitos hai un mes en Azuay". En concreto, afirmou, presos dunha banda chamada 'Os Lobos' atacaron os doutra, os 'R7'. |
NOS_33229 | O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na sexta feira o arquivo da denuncia interposta contra a titular do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Marbella pola letrada dunha muller á que privou da garda e custodia do seu fillo ao considerar que no auto se empregaban expresións, como a da "Galiza profunda", que podían ser constitutivas dunha infracción das previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial. | A decisión de arquivo adoptouna o promotor da acción disciplinaria no marco da Comisión Disciplinaria. É o encargado da recepción de queixas sobre o funcionamento dos órganos xudiciais, a recepción de denuncias, así como a iniciación e instrución de expedientes disciplinarios e a presentación dos cargos ante a Comisión Disciplinaria. Nun comunicado, o CXPX informa de que no acordo de arquivo, o promotor sinala que o artigo 418.6 LOPX tipifica como falta grave "a utilización nas resolucións xudiciais de expresións innecesarias ou improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas ou irrespectuosas desde o punto de vista do razoamento xurídico". E engade que o Consello só poderá proceder nestes casos "previo testemuño deducido ou comunicación remitida polo tribunal superior respecto de quen ditou a resolución". Apunta que é un requisito que non se dá no caso denunciado, pois non consta que o tribunal deducise testemuño ou remitise comunicación algunha. O acordo, que xa foi notificado á denunciante, cita tamén xurisprudencia do Tribunal Supremo, entre ela a sentenza da Sala Terceira do 4 de decembro de 2020, cuxo fundamento xurídico sinala que "o que taxativamente estabelece (o art. 418.6 LOPX) é que o Consello Xeral do Poder Xudicial non pode proceder en relación co tipo das 'expresións innecesarias ou improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas ou irrespectuosas desde o punto de vista do razoamento xurídico" sen o requisito de procedibilidade. Foi a titular do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Marbella quen acordou dar a custodia dunha menor ao pai atendendo aspectos como o feito de que a nai viva na "Galiza profunda". A nai presentou a finais de outubro unha queixa ante o CXPX. E anunciou que solicitaría a súa recusación e pediría a nulidade das actuacións. "Buscamos un xuíz imparcial", asegurou entón a Europa Press a letrada da nai, Claudia Traba, quen cualificou de "discriminatorio" o contido do fallo, pero tamén criticou os "descualificativos" que, segundo remarca, se vertían cara á súa clienta. O uso da expresión pexorativa motivou que o BNG presentara unha iniciativa ao respecto no Congreso. Tamén, froito dunha proposta da formación nacionalista, o Parlamento da Galiza chegou a aprobar unha declaración institucional para rexeitar a citada expresión. |
NOS_7961 | Máis de 1.000 organizacións de diferentes ámbitos apoian a petición de adiar a instalación desta tecnoloxía. | A coordinadora galega pola moratoria do 5G presentou unha petición polo adiamento da instalación desta tecnoloxía a máis de 80 concellos galegos implicados no seu despregamento, por "non atender ao principio de precaución e afondar na crise eco-social actual", aseguran desde Ecoloxistas en Acción. Na súa petición aos concellos, a coordinadora expón datos e informes que apuntan que este proceso de dixitalización do 5G e do Internet aumentan de forma exponencial a exposición ás radiofrecuencias, ás emisións de CO2 e o consumo enerxético, o extractivísimo mineiro, a obsolescencia tecnolóxica e o hiperconsumismo, a insostíbel e contaminante agro-gandaría intensiva na súa versión 4.0, a vixilancia e control social, a dependencia tecnolóxica e as conductas aditivas, o lixo electrónico terrestre e espacial, así como compromete á predición meteorolóxica e climática e o estudo astronómico. Lembra que lonxe de ser inmaterial, as emisión de gases de efecto invernadoiro do sector dixital convencional en 2019 xa dobraron as que tiña o transporte aéreo civil, e teñen unha "previsión de alcanzar o 8% en 2025 e o 14% en 2040". Ao mesmo, diferentes expertos consideran que coa tecnoloxía 5G e o seu Internet aumentarían "drasticamente as emisións globais de gases invernadoiro máis alá das proxeccións" dos estudos coñecidos, sustentados só nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación convencionais. Alén, expón que, co argumento de reducir a brecha dixital, aumentaría unha brecha social en detrimento de estender outras tecnoloxías biocompatíbeis (igual ou máis rápidas e máis seguras, como o cable de fibra óptica), e de outros modelos de consumo, educación e convivencia, como as baseadas en redes comunitarias. Desde a Coordinadora Galega, require aos concellos abrir un debate plural previo ao despregamento do 5G. Considera dito debate secuestrado e actualmente condicionado para acceder aos plans de estímulo europeos do Next Generation EU. Critican que estes fondos estean "comprometidos a un proceso acrítico deste despregamento tecnolóxico, auspiciado e maquillado polo Foro Económico Mundial como "inocuo", "verde" e "inmaterial", benfeitor do planeta e da humanidade". Esta petición conta co apoio de entidades sociais tanto do país coma do estado. "Preto de 1.000 organizacións do ámbito veciñal, ecoloxista a e medio ambiente (como Ecoloxistas en Acción, ADEGA, Comando Ghichas, Luita Verde), de ámbito animalista, de asociacións de enfermidades ambientais (como a Asociación de Sensibilidade Química Múltiple de Galicia), de plataformas STOP 5G, decrecentistas (como a Rede para o Decrecemento de Eo-Navia, Galiza, e O Bierzo), da solidariedade internacional (como o Comité Oscar Romero de Vigo), da educación, de consumidores, das comunidades xitana e mígrante (como Presencia Gitana), do sindicalismo agrario (como o Sindicato Labrego Galego), de defensa do público, da defensa da saúde e contra a contaminación electromagnética", aseguran desde Ecoloxista en Acción. Algúns dos concellos aos que se lle enviou esta petición son: Baiona, Cambados, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Aurousa, Ourense, San Cibrao das Viñas, Chantada, Foz, Viveiro, Ateixo, Cedeira, A Laracha, Muros, Ortigueira, Sada e Santiago de Compostela, entre outros. |
NOS_5418 | A concentración foi convocada pola Plataforma galega contra a OTAN, que reclama o fin da intervención militar rusa en Ucraína e o impulso da vía diplomática para evitar a escalada do conflito. | Arredor de 150 persoas concentráronse onte diante da Delegación do Goberno estatal na Coruña para rexeitar a "intervención militar de Rusia en territorio ucraíno", destaca a Plataforma galega contra a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), que convocou a mobilización. Baixo o lema "pola paz e a soberanía dos pobos. Non á guerra!", as e os manifestantes reiteraron consignas en contra do conflito. Desde a plataforma cuestionaron o papel da Unión Europea (UE) "como monicreque" dos intereses da OTAN e dos Estados Unidos. Tamén acusaron a Josep Borrell, alto representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, de avivar a escalada da tensión na zona, preocupándose unicamente das consecuencias económicas e políticas e non "das que traen para a poboación". A entidade, da que forman parte organizacións como o Bloque Nacionalista Galego ou a Confederación Intersindical Galega, salientou que a intervención pode dar "lugar a unha escalada de consecuencias imprevisíbeis", polo que reclamou diplomacia "como única vía para a resolución do conflito". Aínda que "condenamos a intervención militar rusa enerxicamente, non deixamos exenta de responsabilidade á OTAN e aos EUA", que levan "tempo propiciando esta situación cunha provocación total nos últimos 8 anos", apunta Xosé Lois Ribera, membro da plataforma. Esas accións, o trato "racista e xenófobo" coa poboación rusofalante e o intento de que Ucraína entre na OTAN aínda contradicindo os acordos de Minsk son o xermolo deste conflito, asegura. Para volver á vía diplomática téñense que respectar eses acordos, reitera, o Exército ruso ten que retirarse do país, mentres que Ucraína tería que comprometerse a non entrar na OTAN. En última instancia, exixe a "neutralidade activa do Estado español", así como a "retirada inmediata das tropas españolas enviadas á zona". |
NOS_44057 | Tractorada en Viana do Bolo convocada por Unións Agrarias, que alerta momento delicado que atravesa o rural galego. | Ducias de tractores percorreron Viana do Bolo para demandar axudas para o sector rural perante as perdas e prexuízos que atravesa por mor da xeada e as secas. Representantes de sectores como o gando extensivo, a castaña ou a apicultura das comarcas de Viana e próximas estiveron presentes na mobilización, convocada por Unións Agrarias. Este sindicato advirte da "situación delicada" que se vive en zonas de interior de Ourense, e non só, por mor da seca, que se suma aos prexuízos xerados pola xeada ou o pedrazo. Porén, indica, a Xunta non toma en serio esta situación cando o que se precisa son actuacións urxentes e decididas. Desde UU.AA destacan a necesidade de activar organismos que aborden con seriedade a incidencia do cambio climático no sector do rural galego. |
PRAZA_2172 | En Galicia percibirán a axuda máxima os gandeiros que cobren o litro a menos de 24,5 céntimos; en Andalucía, os que reciban menos de 31,5. O Estado "marxina" o país ao empregar unhas referencias nada axeitadas ao modelo galego, o que deixa sen axuda o 80% das explotacións Os gandeiros que arrodearon a Muralla de Lugo crearán un colectivo "sen cores ideolóxicas" | Os gandeiros que arrodearon a Muralla crearán un colectivo "sen cores ideolóxicas" O BOE publicou este pasado martes o real decreto polo que se establece o marco regulador das axudas directas de minimis para "compensar as dificultades económicas do sector lácteo" e que entran en vigor este mércores. Son as bases desa medida de 300 millóns de euros que anunciou o Ministerio de Agricultura durante a crise e as maiores mobilizacións dos gandeiros e coa que se pretendía paliar un chisco a precaria situación de milleiros de explotacións no Estado, nomeadamente en Galicia. Non obstante, nin as granxas galegas parecen ser as beneficiadas nin os beneficios son os que se anunciaran, xa que a orde tan só fala de 20 millóns. En Galicia percibirán axudas de 300 euros por vaca as granxas que cobrasen o litro a menos de 24,5 céntimos; en Andalucía, as que cobrasen menos de 31,5 Advertiuno este mesmo mércores o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, na sesión de control na que alertou da "discriminación" de Galicia. E advírteno tamén Unións Agrarias (UUAA) e Sindicato Labrego Galego (SLG) logo de analizar o decreto no BOE. Así, en Galicia percibirán as axudas de 300 euros por vaca aquelas explotacións que entre abril e xullo cobrasen o quilo de leite por baixo dos 24,5 céntimos, mentres que en Andalucía, poden beneficiarse dela todas as granxas que tivesen prezos de menos de 31,5 céntimos por litro no mesmo período. Para as axudas de 110 euros por vaca, no país esíxese que neses meses se cobrase menos de 27 céntimos, mentres que en Andalucía poderían cobrar aquelas que tivesen prezos de ata 34 céntimos. Unha "marxinación", segundo os dous sindicatos, que ten que ver co modelo que colle de exemplo o Ministerio de Agricultura. O que fai o Goberno central é empregar unhas referencias de custos de produción que o SLG considera "inaceptables" ao obviar conceptos esenciais como as amortizacións ou a necesidade de que os labregos teñan ingresos. Ademais, estas referencias non se basean en custos de produción medios ou nun tipo medio de granxa, senón que miran ao modelo andaluz, "xusto o que o Estado pon de exemplo" por estar preto dos centros de consumo, lembra Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG. O Estado "marxina" as explotacións galegas ao empregar unhas referencias de custos de produción que obvian conceptos esenciais e se fixan no modelo andaluz Así, o Ministerio establece uns niveis de rendibilidade como baremos para conceder as axudas baseados nos datos da Rede Nacional de Granxas Típicas (Rengrati). Xa que logo, as explotacións con dereito ás axudas de 300 euros serían aquelas que cobren o leite por baixo da contía necesaria para ter un beneficio efectivo, pero a orde do BOE non computa entre isto nin as amortizacións en instalacións ou maquinaria nin as perdas patrimoniais ou de capital, no caso de que as houbera. No caso das axudas de 110 euros, serían para aquelas que perciban un importe menor ao prezo do leite necesario para alcanzar beneficio segundo conta de explotación, pero neste caso non se ten en conta ningunha remuneración para os gandeiros. "É demencial", denuncia Vilalba. E parece selo porque as referencias non se basean en custos de produción medios ou nun tipo medio de granxa, senón que miran a un modelo moi diferente ao de Galicia, xusto onde o Ministerio recoñecía non hai moito que estaba o principal problema da crise láctea e o maior número de afectados. Porque en Galicia a media de vacas por granxa é de 31 e unha produción de 200.000 quilos, pero a referencia de Rengrati é a dunha explotación con entre 50 e 60 vacas e unha produción de entre 500.000 e 550.000 quilos. Ademais, segundo denuncia o SLG, "dáse por bo que as granxas con base territorial e uns supostos menores custos de produción cobren menos e mesmo teñan axudas inferiores"; isto fronte a granxas sen base territorial, que empregan o catering como sistema de alimentación e con menos UTAs e empregos, que é o tipo de granxa no que se basea o Estado para establecer os baremos de Andalucía. "En definitiva, penalízase a xeración de emprego, a alimentación en base á produción propia de forraxes e a xestión do territorio", asegura o sindicato. "Dáse por bo que as granxas con base territorial e uns supostos menores custos de produción cobren menos; penalízase a xeración de emprego e a xestión do territorio", denuncia o SLG O caso é que, segundo a propia Rengrati, o prezo medio pagado polo leite no primeiro cuatrimestre deste ano en Galicia foi de 29,8 céntimos, fronte aos 36,5 de Andalucía; mentres que a caída do importe respecto ao cuatrimestre anterior nas granxas galegas foi do 9% fronte ao 3% das andaluzas. Ademais, segundo datos de Medio Rural do mes de abril, en Galicia había máis de 2.500 explotacións cobrando por debaixo dos 26 céntimos e o valor do leite, como lembra o SLG, "aínda caeu máis". Ao tempo, o prezo medio para que unha granxa galega teña beneficios aproxímase aos 35 céntimos, segundo os datos de Rengrati, dependente dun Ministerio de Agricultura que agora di que as axudas destinadas ás granxas máis vulenerables beneficiarán a 1.700 explotacións en todo o Estado. Polo tanto, son moitos os gandeiros galegos que quedarán sen axuda ningunha. As axudas de 300 euros por vaca recaerán en 1.700 explotacións do Estado mentres en Galicia xa hai máis de 2.500 que cobran por baixo dos 26 céntimos "Son axudas absolutamente discriminatorias ao deixar fóra moitas das granxas galegas que levan meses vendendo por debaixo de 26 céntimos e ao basearse nunhas referencias de custos de produción inacepables", insiste o SLG. Ademais, UUAA cre que este límite supón "unha mensaxe clara do que para o Goberno supón a partir de agora un prezo sostible" e que asegura que o límite imposto "supón deixar fóra do paquete de axudas case o 80% das explotacións galegas". "Resulta difícil xustificar niveis de custos de produción tan dispares nun mesmo Estado, cando os prezos que as granxas pagan por insumos como o gasóleo, a electricidade, as forraxes ou os pensos son semellantes", lembra o SLG, que advirte que as axudas "son francamente insuficientes e, por riba, inxustas, ao discriminar, unha vez máis, as granxas galegas". Sindicatos e BNG piden a Feijóo que reaccione En Galicia, tal e como os gandeiros lembran e como detallaron expertos en Praza, o custo de produción dun litro de leite roldaría entre os 30 e os 31 céntimos por litro, iso sen incluír conceptos máis difíciles de calcular como as amortizacións de maquinaria e construcións da granxa e os gastos financeiros de hipotecas ou préstamos que teñen que afrontar as persoas propietarias da granxa. Poñer o límite en 24,5 céntimos deixa sen axudas a inmensa maioría das granxas que, aínda así, seguen sen cubrir os custos de produción. Nun comunicado, UUAA asegura que "esta realidade deixa claro que o único obxectivo das declaracións da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina era mover a desmobilización dos gandeiros que participaban nas tratoradas e manifestacións". Pero ademais, o sindicato mostra tamén a súa "sorpresa" ao comprobar que dos 300 millóns de euros comprometidos polo Goberno "só aparecen reflectidos 20 millóns" na orde publicada no BOE. UUAA tamén solicita ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "faga presión en Madrid para que se melloren, vía corrección de erros, os enunciados desta orde". O sindicato lémbralle "o seu compromiso público de sumar 500 millóns de euros se o orzamento disposto polo Ministerio de Agricultura non era dabondo". Pola súa banda, o BNG preguntou ao xefe do Executivo galego se non considera que "Galiza é novamente discriminada", cuestión á que non houbo resposta. |
PRAZA_6654 | Este martes presentouse o Observatorio Audiovisual de Galicia, co obxectivo de analizar a política audiovisual e de servir de foro de debate do sector e de interlocutor ante a administración. Falamos con Marcos Nine, un dos seus impulsores | A publicación o pasado mes de agosto das novas convocatorias da AGADIC para o apoio ao audiovisual, moi criticadas no sector, serviu de punto de arranque para a organización dunha plataforma de profesionais que quere traballar nun redeseño global da política audiovisual en Galicia. Froito das conversas mantidas nos últimos dous meses, aínda que consecuencia de debates que viñan de atrás, este martes presentouse en Compostela, no marco do Festival Internacional Curtocircuíto, o Observatorio Audiovisual de Galicia, que nace cunha carta de intencións apoiada por unhas 120 persoas. O texto parte dunha análise crítica da convocatoria da AGADIC, polo seu carácter regresivo dalgúns dos seus puntos: "restrición nos solicitantes; prazos moi comprimidos; a irrupción das persoas xurídicas nas axudas de Talento; erros na definición de conceptos; desconsideración á pluralidade das formas fílmicas e ao principio de igualdade de oportunidades". Pero vai máis aló: "O actual contexto de crise non é escusa para o constante desmantelamento dos avances, resultando farto significativos os recortes en orzamentos, convocatorias, modalidades, contías, dereitos, …Unha traxectoria negativa que urxe cambiar tentando promover o estudo, o debate e a defensa das boas prácticas". "Aquí temos a experiencia de que os cambios de goberno significan a parálise dunha política e a reformulación dunha nova. E mentres se paraliza unha e se reformula a outra, normalmente perdemos dous ou tres anos" O realizador Marcos Nine, un dos seus impulsores, destaca que o Observatorio quere servir de interlocutor cos responsables das administracións públicas para que o sector teña voz no deseño da política audiovisual. "No sector hai moitos interlocutores con intereses distintos; non é o mesmo que se fale coa asociación de directores, que coa de guionistas, que coa de produtores. Botabamos en falta algún organismo que fora independente e que puidese contemplar todos os puntos de vista. Por separado pódese chegar a falar con AGADIC, AGADIC non é un sitio onde se rexeite o diálogo directamente. Pero cremos que é importante que chegue alí un discurso que inclúa todos os puntos de vista, e non como agora, que chegan discursos fragmentados", explica. "Queremos achegar ideas para que esas axudas poidan ser estables. E tamén para que a xestión dos recursos públicos sexa máis eficiente" Nine subliña que aínda que "pode dar a impresión de que o Observatorio se coloca nun punto de confrontación coas institucións, isto non é así". E indica que "instituímonos para poder achegar algo á política audiovisual, non para confrontarnos a ninguén". Sinala que "o noso traballo de análise e de información debe servir de axuda tanto a quen está agora nas institucións coma a quen pode chegar a estar noutro momento". "Aquí temos a experiencia de que os cambios de goberno significan a parálise dunha política e a reformulación dunha nova. E mentres se paraliza unha e se reformula a outra, normalmente perdemos dous ou tres anos", critica. En canto ás axudas da AGADIC, Nine afirma que "queremos achegar ideas para que esas axudas poidan ser estables; as axudas varían e moitas veces non sabemos a que obedecen as variacións. E tamén para que a xestión dos recursos públicos sexa máis eficiente". Tamén incide na vontade de que a entidade funcione como Observatorio, analizando a situación e ofrecendo información sobre "cal foi o percorrido das axudas nos últimos anos e o efecto que tiveron no sector". "Nós non estamos pola idea de que o que necesita o sector son cartos. O que necesita o sector é crear unha serie de liñas que leven a algunha parte no futuro, pensar máis a longo prazo" Porén, vai máis alá e destaca que "cómpre replantexar o sector de forma global. De entrada, o principal motor non son as axudas de AGADIC, senón a TVG. E agora mesmo non contamos con información suficiente sobre a Televisión de Galicia: a que dedica os seus orzamentos, que produce, cal é o investimento público en cine... Necesitamos máis información para deseñar estratexias que consigan que este sector sexa máis forte". "A sensación que temos agora mesmo é que só se demandan cartos, e nós non estamos pola idea de que o que necesita o sector son cartos; o que necesita o sector é crear unha serie de liñas que leven a algunha parte no futuro, pensar máis a longo prazo. E aí ten que ver non só a produción dos proxectos, senón tamén como se distribúen e a que público chegan", sinala. Nine destaca o bo momento do audiovisual galego en canto á creación, á produción e á súa proxección internacional, pero fai fincapé en que iso non se traduce na súa difución e proxección en Galicia e na creación dun público para o cinema galego: "Nos últimos anos xurdiron unha serie de propostas, algunhas máis radicais e outras máis convencionais, que fan que en Galicia esteamos nun gran momento en canto á produción. Outra cousa é a repercusión que temos no noso propio territorio, e que se fai dende o noso propio territorio para poder difundir o que xa existe. Porque danse paradoxos de que Costa da Morte se exhibira nos cinemas máis días en Nova York que en toda Galicia (agora xa non, despois da súa estrea), ou que O Apóstolo, despois de pasar por unha infinidade de festivais internacionais tivese problemas para ser recoñecida en Galicia". "Si é certo que estamos nun momento creativamente moi bo como para apostar polo audiovisual" -continúa- "pero non existe a cultura de tentar conseguir público. Dános a impresión de que xa perdemos moitos anos sen ser quen de vincular a produción galega de cine co seu público natural, cousa que si se conseguiu coa televisión". "Se fomos capaces de enganchar o público á TVG e á ficción que se facía dende a TVG, deberiamos ser igualmente capaces de facer que o público chegase á películas que estamos facendo neste momento. Pero para iso fai falla deseñar políticas que teñan iso como función e aproveitar todos os recursos que temos ao noso alcance, aproveitar todas as sinerxías entre as distintas administracións", engade. "Si é certo que estamos nun momento creativamente moi bo como para apostar polo audiovisual. Pero non existe a cultura de tentar conseguir público" Nine indica así mesmo que o Observatorio debe servir "para dar resposta rápida a accións políticas ou a calquera tipo de iniciativa que teña que ver co audiovisual. Tanto as cousas boas coma as malas". E engade que "temos a impresión de que nin sequera somos capaces de transmitir dende o sector audiovisual todas as cousas que nos eran positivas. Por exemplo programas de televisión que existiron como Onda Curta ou Galicia Documental". Ou tamén as axudas ao talento tal e como foran concibidas, "que se cadra non comunicamos o positivas que eran para o sector e que non había que mudalas". O Observatorio debe servir "para dar resposta rápida a accións políticas ou a calquera tipo de iniciativa que teña que ver co audiovisual. Tanto as cousas boas coma as malas" Os impulsores do Observatorio manterán unha asemblea nas vindeiras datas. Indican que quen queira colaborar tan varias vías para facelo, dende a adhesión a ese chamamento inicial, a participación nas asembleas, até o traballo de todas as persoas que se queiran sumar nos distintos grupos de traballo que se creen. Nestes momentos xa está en marcha un grupo aberto dedicado a analizar as distintas ordes de axudas dende o 2003 até o 2014. Páxina do Observatorio |
NOS_13500 | O estilo nace da obriga de rodar en interiores estreitos de trens rusos, o cal permite fuxir da sombra alongada, e inevitábel, do seu compatriota Aki Kaurismäki. | Segunda longa de Juho Kuosmanen consolidando as expectativas xeradas no seu extraordinario debut: O día máis feliz na vida de Olli Mäki, premio a mellor filme en Cannes (Un Certain Regard). Repite en Cannes con Compartimento nº6, e desta volta, ascendendo de categoría co Gran Premio do Xurado. Compartimento Nº 6 (Hytti nro 6) / Juho Kuosmanen / Finlandia-Alemaña-Estonia-Rusia / 2021 / 107 min Adaptación da novela homónima de Rosa Liksom, Premio Finlandia en 2011, centrada en Laura, unha universitaria finesa que estuda Arqueoloxía en Moscova e decide coller un tren até Múrmansk para ir ver uns famosos petróglifos. Durante os días de traxecto debe compartir camarote con Ljoha, un mozo borrachón que non lle deixa pegar ollo. A viaxe comeza con mal pé, e non ten visos de mellorar. Road movie ferroviaria arredor de dúas personalidades contrapostas de afinidades improbábeis. Auga e aceite. Ela: intelixente, decidida, culta. El: alcohólico, infantil, bruto. Laura non atura Ljoha. Odio a primeira vista. Mais, como di o refrán: o roce fai o cariño. Aínda que non queira, durante a viaxe vai ter tempo abondo de coñecer o seu compañeiro de compartimento e decatarse que non é tan mal tipo como aparenta. Si, é moi pesado, bastante vulgar e chéiranlle os pés, pero baixo esa fachada de tipo duro hai agochado un gran corazón e moita fraxilidade. A acción, por sorte, está ambientada a finais dos 80. Cancións e aparatos electrónicos, como walkmans, videocámaras e, sobre todo, a ausencia de móbiles, sitúan a acción sen necesidade de precisar o momento exacto cun decepcionante texto en pantalla. E digo 'por sorte' pois esta simpática historia chea de empatía, amizade e romanticismo sería case imposíbel de ambientar a tempos actuais debido, precisamente, aos móbiles e a falta deses tempos mortos tan necesarios para que a parella protagonista se coñeza. Na realización, Kuosmanen opta maioritariamente por planos curtos e primeiros planos co gallo de mostrar o constante sentir e a evolución dos protagonistas. O estilo nace da obriga de rodar en interiores estreitos de trens rusos, o cal permite fuxir da sombra alongada, e inevitábel, do seu compatriota Aki Kaurismäki. Ademais centra así a atención na parella protagonistas -fantásticos Seidi Haarla e Yuriy Borisov-, que sosteñen todo o filme cunhas interpretacións cheas de autenticidade. Borisov acabou levando o premio a mellor actor na Seminci de Valladolid, e ambos obtiveron nomeación nos Premios do Cinema Europeo. Malia ter estrutura de drama xeracional, consegue deixar mellor sabor de boca que calquera das chamadas feel good movies. |
PRAZA_15756 | Comprobou pasados varios días que sobre David Bowie escribíronse varias decenas de páxinas nos xornais. Pero polo contrario de Chocolate Armenteros só se escribiu unha e de seguro que pasou desapercibida para a maioría de lectores de xornais. | In Memoriam. Chocolate Armenteros. O luns cando espertou sabía que a semana non ía ser boa. Primeiro a morte do cantor inglés David Bowie, logo a morte do trompetista cubano Chocolate Armenteros. Cumpriuse así o que din a súa muller Lady Jane, que moitos consideran medio-meiga e o seu amigo o psiquiatra de orixe húngaro pero con praza no Hospital psiquiátrico de Conxo Rendor Homok. Morren a pares. Este feito biolóxico es-inesperado fixo que xurdira nel de novo a súa vocación de autor de necrolóxicas que tivo ala polo ano dous mil dez en colaboración co seu amigo psiquiatra,chegando a publicar algunha nun xornal que hoxe está pechado e que pertencía a unha construtora. Non sabendo si pechou pola crise do periodismo ou pola crise da construción. Aínda que dá o mesmo porque tamén aquela vocación foi efémera. Como todo o que emprende na súa vida. As súas necrolóxicas tiñan por principal característica que non eran unhas necrolóxicas ao xeito. Eran necrolóxicas de evasión. Nelas non había que buscar datos biográficos contrastados nin eran unha enumeración das obras que produciu o falecido. Só evasión!. Así por exemplo na necrolóxica da que estaban máis contentos, a do cantor norteamericano Solomon Burke o único dato biográfico que se daba era que foi propietario dunha empresa de pompas fúnebres. Sen embargo, plantóuselle unha dúbida sobre quen escribir, polo que decidiu primeiro esperar a ler as necrolóxicas e artigos laudatorios que se publicarían nos próximos días. Comprobou pasados varios días que sobre David Bowie escribíronse varias decenas de páxinas nos xornais- Primeiras espadas da critica musical e artistas de rock nacionais, dende Julian Ruiz ata Loquillo-, que lle provocaron o que lle pasaba a Jaime Gil de Biedma e que anotou no seu diario de 1965 "siempre que escucho de labios de alguién que paso los treinta años el relato de una noche de amor tengo la impresión de que me está contando cómo va de vientre o como logro expulxar las piedras de la vejiga". Pero polo contrario de Chocolate Armenteros só se escribiu unha e de seguro que pasou desapercibida para a maioría de lectores de xornais. Polo que decidiu escribir a necrolóxica de Chocolate Armenteros, comezando coa seguinte frase " Chocolate Armenteros era un trompetista cubano afincado na cidade de New York dende mil novecentos cincuenta e oito, de sona mundial, chegando a tocar nun baile privado no Hotel Waldorf Astoria, contratado pola campaña de un mozo John F Kennedy pero tamén lle chamaban o "jodedor", pero un jodedor disciplinado porque nunca negou aos seus fillos", e remataba ca seguinte frase". Sabemos que Chocolate Armenteros morreu e con iso é suficiente porque como dicía o escritor Danilo Kis "Só a morte é innegable". Rest in peace, my brother.". Ao acabar a necrolóxica, plantóuselle outro problema. Quen a publica?. |
NOS_17547 | Apenas pasaran unhas horas do inicio do cesamento ao fogo acordado durante 72 horas cando a artillaría israelita asasinaba a catro cidadáns palestinos no sur da Faixa de Gaza, na cidade de Rafah. O número de persoas mortas ascende a máis dunha vintena. | A tregua, que encetaba ás 08.00 a.m (hora galega), tan só durou catro horas após carros blindados da Tashal, forzas armadas de Israel, lanzaren de novo ataques contra a poboación civil. Segundo as axencias de noticias internacionais foron resgatados tres corpos polos servizos de emerxencias palestinos nas primeiras horas da mañá. A cifra, ascende xa a máis dunha vintena mentres se manteñen os ataques no sul da Faixa. Israel deixa en perto de tres semanas de ofensiva máis mortes en Gaza das que causara na operación'Chumbo Fundido' de 2008-2009 onde foran asasinad@s 1.459 persoas. Desde Tel Aviv acusan a Hamas de ter cometido unha "violación flagrante" do cesamento ao fogo decretado para xustificar o seu incumprimento. Desde o 8 de xullo en que se iniciou a intervención 'Bordo Protector' caeron en combate 61 soldados israelitas, dous civís e un operario tailandés que traballaba na capital do Estado de Israel. |
NOS_45756 | Após o golpe de Estado falido en Turquía, o presidente do país, Recep Tayyip Erdogan, aplicou unha durísima represión contra quen considera responsábeis da sublevación, principalmente no Exército e na Xustiza. | Amais das 265 persoas mortas no intento de golpe, o balanzo que deixou tras de si a noite da sexta feira garda no seu haber 2.839 militares, dous deles xerais, e dez xuíces do Danistay –un dos organismos máis altos da xudicatura turca- detidos. Aliás, oito militares fuxiron a Grecia, país ao que pediron asilo. A represión de Erdogan deixa tamén unha trintena de xuíces en busca e captura e unha orde de arresto contra 140 xuíces do Tribunal Supremo. Tamén se anunciou a destitución de 2.745 xuíces máis. Desta maneira, o polémico presidente turco, cuestionado polas prácticas antidemocráticas dos últimos tempos, trata de anular todo o que lle resulta molesto. Pena de morte Entre as medidas que pode traer consigo o golpe falido da sexta feira atópase a pena de morte, que fora abolida en Turquía en 2002 para abrir camiño cara á integración na UE. O Goberno turco admitiu que recuperar a pena de morte é unha das posibilidades que barallan após a sublevación do Exército. O propio Erdogan, na madrugada do sábado, xa advertira de que "os responsábeis pagarán un prezo moi alto" polo "acto de traizón". O presidente turco, que leva no poder desde o 2014 grazas ao 51,8% dos votos, cualificou o intento de golpe como "un regalo de deus que permitirá limpar o Exército". |
PRAZA_2262 | O activista ten pendente un recurso á súa solicitude de asilo, denegada polo Goberno, e a Audiencia Nacional ordenou que non fose expulsado. A policía pretende agora devolvelo e todos os grupos da Cámara galega reclaman que non o manden a Marrocos, onde foi condenado a cadea perpetua | Todos os grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia acordaron o pasado venres solicitar ao Goberno central, a través do Ministerio do Interior, que recoñeza o dereito de asilo político ao activista saharauí Hassanna Aalia e non execute a orde de expulsión decretada contra el logo da súa detención, o pasado día 6 de outubro, en Burgos. Todos os grupos do Parlamento galego únense para pedir o asilo de Hassana Aalia e que non se execute a orde de expulsión decretada esta semana Esta demanda dos grupos parlamentarios súmase así á declaración institucional aprobada o pasado 10 de febreiro no pleno na que se insta ao Ministerio de Interior a reconsiderar a petición de asilo político de Hassanna Aalia, aceptando a súa petición de protección internacional, segundo o establecido na Lei 12/2009, dado que, se volve ao seu país, será castigado duramente polas autoridades marroquís e non volverá saír de prisión no que lle quede de vida. Hassanna Aalia, nacido en El Aaiún en 1988 e activista dende os 17 anos, participou en 2010, xunto con aproximadamente 20.000 saharauís, en Gdeim Izik, o campamento de protesta pacífica máis importante na historia do Sáhara Occidental, desmantelado polo exército marroquí con extrema violencia o 8 de novembro de 2010. O 17 de febreiro do 2013, o Tribunal Militar de Rabat emitiu sentenza contra 25 civís saharauís acusados de organizar Gdeim Izik, o campamento da dignidade. Entre eles, Hassanna Aalia, que permanece nesta comunidade e é xulgado en rebeldía e condenado a cadea perpetua. A policía pretende expulsalo malia estar condenado a cadea perpetua por Marrocos e malia que a Audiencia Nacional paralizou a súa saída O pasado martes, nunha viaxe de Galicia a Euskadi, onde reside, dous policías pedíronlle os papeis. "Entregueille os documentos do meu recurso de asilo e o papel da Audiencia Nacional que paralizou a miña saída obrigatoria de España ata que remate todo o proceso xudicial, pero dixéronme que non lles valía", declarou. Os axentes levárono a comisaría e, como adiantou o diario ABC, abríronlle un procedemento de expulsión. "Paréceme vergoñento porque lles presentei todos os papeis e os policías non recoñeceron a autoridade da Audiencia Nacional. Non o entendo", contou ás présas Hassana Aalia en conversa telefónica. "É vergoñento; os policías non recoñeceron a autoridade da Audiencia Nacional. Non o entendo" Condenado a cadea perpetua Hassana foi condenado primeiro a catro meses de cárcere por un tribunal civil e, máis tarde, cando se atopaba en España cursando unha bolsa de estudos, foille comunicada unha nova condena, neste caso dun tribunal militar, a cadea perpetua. Organizacións como Human Rights Watch e Amnistía Internacional condenaron o proceso militar contra os activistas por non ofrecer suficientes garantías. Entre outras cuestións, HRW recolleu as denuncias de torturas nos interrogatorios aos acusados. Daquela, "polo medo ás torturas en Marrocos", entre outras cuestións, Hassana decidiu non volver ao seu fogar e tramitar unha solicitude de asilo en España. O Goberno denegou a súa demanda e a decisión foi recorrida grazas ao asesoramento legal da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (Cear) de Euskadi. En virtude deste recurso (aínda sen resolver), a Audiencia Nacional aceptou a medida cautelar solicitada polo responsable xurídico de Cear Euskadi, Javier Canvell, para que non se expulse a Hassana ata que a xustiza determine se merece protección internacional. O Estado non lle concedeu o asilo, pero recorreu e a Audiencia Nacional aceptou a medida cautelar á espera da decisión xudicial O avogado do activista, Javier Canvell, explica que lle abriron un procedemento sancionador e daban 48 horas para presentar alegacións. Xa as presentamos, solicitando o arquivo da devandita sanción". Un proceso sancionador de expulsión pode ser arquivado, de estimarse as alegacións da persoa afectada, ou avanzar até a execución da saída do territorio nacional. Canvell é contundente: "Calquera sanción que se impoña estaría vulnerando unha decisión do a Audiencia Nacional". O letrado afirma que nas alegacións presentadas xustificouse "o perigo que sofre Hassana de volver a Marrocos" e espera que lles comuniquen o peche do procedemento. A Dirección Xeral da Policía Nacional rexeitou responder as preguntas deste medio sobre o protocolo do Corpo ante unha situación como esta: na que a persoa presenta unha decisión da Audiencia Nacional que garante a súa estancia temporal no país. "É un caso moi concreto", indican. O delegado da Fronte Polisario en Madrid, Abdullah Arabi, quere pensar que se trata dunha confusión. "Oxalá que fose un erro, pero non nos estrañaría que non o fose". O responsable saharauí cualifica de "incómodo" o caso do activista para as autoridades españolas e denuncia que "o Goberno respañol rexeita as solicitudes de asilo de saharauís porque comprometen as súas boas relacións con Marrocos". Aínda que estean "moi ben documentadas como neste caso", indica. "Oxalá que fose un erro, pero non nos estrañaría que non o fose" A Hassana, as dúas horas que pasou na comisaría removéronlle algúns dos seus recordos máis duros. "Quitáronme todas as miñas cousas, os meus documentos e metéronme nunha cela. Cheiraba dunha maneira que non podes imaxinar, mal non, o seguinte". Alí, entre reixas, chegaron as pantasmas: "Asusteime, acordeime daqueles anos na zona ocupada, das moitas ocasións en que me encerraba a policía marroquí e nos torturaba". Deixárono en liberdade ao oito da tarde, pero pola noite tampouco podía afastar esas vivencias da súa cabeza. Aínda que conta coa resolución da Audiencia Nacional, Hassana admite que sentiu desprotexido. Cando presentou os documentos á policía respondéronlle que "iso non valía para nada", di. "Hai un mes e medio, a policía paroume tamén no País Vasco e non tiña enriba estes papeis, díxenlles que non os tiña, pero conteilles a miña situación. Preguntaron polo meu nome e apelidos e, cando comprobaron quen era, deixáronme ir". Este martes, tamén lles dixo os seus datos e tiña ademais o documento, pero non serviu de nada. "A miña familia sabe que se eu volvo, vou estar toda a miña vida no cárcere e que vou pasar toda clase de torturas e malos tratos" "Sinto que non estou seguro estando aquí. A quen me vou a dirixir? Que podo facer?", lamenta ante o proceder dos axentes. Hassana puido falar co seu pai e os seus irmáns, que viven na zona do Sahara ocupada por Marrocos, e tentounos tranquilizar. "A prensa marroquina conta que a policía española detivo o imputado do grupo de Gdeim Izik, que me van levar ao cárcere para cumprir a condena". Hassana ten moi claro que non pode volver: "A miña familia sabe que se eu volvo, vou estar toda a miña vida no cárcere e que vou pasar toda clase de torturas e malos tratos". |
NOS_28853 | As xeadas e a falta de chuvias condicionan a produción de forraxes, o que engade máis incertezas sobre o futuro de moitas explotacións. | O mes de xaneiro foi o máis seco en 10 anos. A Galiza leva desde mediados dese mes baixo a influencia dun anticiclón que só deixou chuvias febles estes últimos días, pero o resto do tempo estivo marcado polas baixas temperaturas, a presenza de xeadas e a ausencia de chuvias ─choveu menos da metade do esperábel para un mes de xaneiro, segundo Meteogaliza─. De momento, como explicaba esta mesma semana a meteoróloga Ana Laxe, non hai previsión de grandes borrascas a curto prazo, unha situación que comeza a causar preocupación no agro galego, sobre todo se a tendencia das últimas semanas se mantén no tempo. A este respecto, o coordinador de Sectores Gandeiros de Fruga, Elías Somoza, explica a Nós Diario que "producir en base a pastos é o máis barato que hai". Porén, indica que coa falta de chuvias "tes que recorrer ás forraxes almacenadas e a produción está a uns custos elevados, igual que os abonos químicos ou os plásticos de ensilado, que veñen a uns prezos desorbitados", unha circunstancia que agrava aínda máis a delicada situación económica pola que están a pasar moitas explotacións gandeiras da Galiza. Nesta liña, Somoza lembra que "cando sobe o petróleo tamén soben as forraxes". Con todo, di que actualmente non existe problema, pero que este viría "a partir de agora se persiste este tempo, cunha diminución importante na forraxe que se poida colleitar". Sen problemas na horta Pola súa parte, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, salienta que na horta galega "neste momento non hai afectación, porque non se corresponde co seu ciclo. Vai ter máis incidencia o que pase a partir de agora e sería preocupante de manterse a tendencia", alerta tamén. Para Vilalba, o "momento determinante" corresponde ao inicio da primavera, a mediados do mes de marzo, no período da recollida das forraxes. "Ou empeza a chover ou é probábel que non haxa o volume necesario, o que acaba afectando á alimentación do gando", advirte a responsábel do SLG, que apunta que tamén será chave "ver que reservas van quedar para o final do verán". Vilalba, que incide en que de manterse a tendencia vai haber unha colleita de herba "moi reducida", argumenta que o feito de que a Galiza conte con poucas reservas de acuíferos fai que dependa moito da choiva. "Precisamente esa vinculación co ciclo natural fai que no país sexan moi minoritarios os cultivos de regadío", exemplifica. O problema da produción de forraxes sería "aínda máis preocupante este ano", alerta, pois a variábel da forraxe "é fundamental, porque o da alimentación representa 80% dos custos das explotacións gandeiras" que, como salienta, están a ver disparados os custos dos insumos neste comezo do ano sen que os prezos do que cobran pola súa produción, tanto de leite como de carne de vacún, suban na mesma proporción. Os gandeiros e gandeiras agardan, pois, que volvan as choivas xa que, do contrario, no canto de pór o gando a pastar, terán que recorrer ás súas reservas de forraxes e ensilados, co conseguinte aumento dos custos. |
PRAZA_19634 | É unha decisión sabia, nunha Europa cada vez máis diversa e inmersa nunha profunda crise de identidade, estigmatizar e marxinar estas mulleres? Evitarmos o autoritarismo relixioso non pode significar que os crentes sexan discriminados. | As relixións teñen tics antidemocráticos. Reclamar limitacións das liberdades individuais en nome dun deus é unha práctica que coñecemos demasiado ben como para non desconfiarmos dela. Por outra banda, moitos cidadáns conviven doadamente coa realidade das mulleres musulmás atrapadas nos costumes misóxinos das comunidades relixiosas reaccionarias a que pertencen, porque esta realidade encaixa á perfección nos estereotipos da nosa imaxe eurocéntrica do islam. Máis difíciles de entender son, pola razón contraria, as concidadás musulmás que voluntariamente se negan a ocultar a súa fe e teiman en levar posto un veo. Unha sentenza da Gran Sala do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 14 de marzo estabelece que unha empresa privada pode prever nunha norma interna unha política de neutralidade que prohiba o uso de signos políticos, filosóficos ou relixiosos por parte dos empregados que teñan trato cos clientes. Neste caso, a prohibición de exhibir símbolos relixiosos non sería discriminatoria, é dicir, non sería contraria á Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea, que protexe o dereito á liberdade de conciencia e de relixión, incluída a liberdade das persoas de manifestaren publicamente a súa fe. O veo integral non deixa lugar a dúbidas: constitúe un atentado manifesto contra os dereitos humanos da muller e é causa de inseguridade no conxunto da cidadanía. Pola contra, o xador ou o hijab deixan a cara da muller ao descuberto e permiten unha acomodación compatíbel coa salvagarda dos valores democráticos, coa protección dos dereitos das musulmás á súa integridade moral e coa garantía da seguridade de todos. Cualificar de "islamófoba" a sentenza do TXUE é algo que só se entende no marco dun debate xa moi acalorado. O certo é que a sentenza ten o mérito de trazar unha liña alí onde ningunha liña pode ser trazada ao gusto de todos. Pero é unha sentenza intelixente? Os populistas e os extremistas de dereitas aplaudiron a sentenza decontado, convencidos de que aumenta a presión sobre as musulmás para que renuncien aos seus costumes. Outros, máis moderados, pensan que a sentenza avala a súa pretensión de non verse expostos a símbolos que non comparten. Poucos repararon o suficiente en que o TXUE se refire a todos os símbolos relixiosos. Que pasará o día en que, en aplicación dunha norma interna como a prevista polo tribunal, unha empresa privada decida despedir un empregado que, no seu trato cos clientes, se nega a ocultar a cruz que lle colga do pescozo? A moitas mulleres europeas, profesionais competentes e musulmás devotas, acaba de creárselles un grave problema. Son persoas que non supoñen perigo ningún para a nosa seguridade. É unha decisión sabia, nunha Europa cada vez máis diversa e inmersa nunha profunda crise de identidade, estigmatizar e marxinar estas mulleres? Evitarmos o autoritarismo relixioso non pode significar que os crentes sexan discriminados. E en Europa debemos ser particularmente respectuosos con aqueles que, lonxe de calquera radicalismo político, procuran ser incluídos. Si, unha boa cidadá europea debería poder vestir un hijab, se iso é o que quere e non atenta contra os principios da laicidade. |
PRAZA_5361 | O proceso de militarización que estamos a vivir en numerosos conflitos e áreas do planeta, con escusas e manifestacións diversas, é a outra cara dos graves riscos de implosión que atravesa o sistema financeiro en Occidente, nomeadamente en Europa Occidental e EUA, en clara desvantaxe ante a prosperidade que amosa o Pacífico | O proceso de militarización que estamos a vivir en numerosos conflitos e áreas do planeta, con escusas e manifestacións diversas, é a outra cara dos graves riscos de implosión que atravesa o sistema financeiro en Occidente O proceso de militarización que estamos a vivir en numerosos conflitos e áreas do planeta, con escusas e manifestacións diversas, é a outra cara dos graves riscos de implosión que atravesa o sistema financeiro en Occidente, nomeadamente en Europa Occidental e EUA, en clara desvantaxe ante a prosperidade que amosa o Pacífico. Os esforzos orientados a afastar a Ucraína da órbita rusa están relacionados coa implementación do sistema de defensa estadounidense en Polonia, en Romanía e co Aegis que foi despregado en España, todos eles mostras da doutrina do golpe preventivo. Moscova deixou en claro a Washington que non aceptará este sistema que basicamente pretende anular a súa capacidade de resposta. Unha política semellante está en xestación no Pacífico, onde o rival a neutralizar é China. O secretario de Defensa de EUA, Chuck Hagel, de xira estes días pola zona, anunciou a presenza de dous navios máis equipados co sistema Aegis. A escusa son as provocacións norcoreanas (novos disparos de mísiles condenados por Pequín), pero a razón última é outra. Os intentos de salvar a alianza transatlántica sen poñer fin á economía casino que nos levou á crise probablemente fracasarán, o que pode derivar nunha desfeita aínda máis grave que a vivida en 2008 Os intentos de salvar a alianza transatlántica sen poñer fin á economía casino que nos levou á crise probablemente fracasarán, o que pode derivar nunha desfeita aínda máis grave que a vivida en 2008. O modelo chipriota, baseado na imposición de obrigas expropiatorias a toda a poboación, destruíndo por completo a economía do país, marcou o rumbo de conveniencia co beneplácito de poderes fácticos e instancias transnacionais. Non hai barreiras efectivas que nos protexan dos efectos da evaporación inmediata de todo o sistema en virtude da conexión entre os mercados. Estamos á intemperie. Os proxectos de establecemento de grandes zonas de libre comercio, tipo Acordo Transpacífico ou a Parceria Transatlántica para o comercio e os investimentos, o que en suma pretenden é dar unha volta de rosca que reforce aínda mais os grandes imperios empresariais (apenas uns centos), todopoderosos fronte a Estados diminuídos e gobernos sometidos ao seu ditado. Mentres, dous mil millóns de persoas seguen sen poder satisfacer a diario as súas necesidades básicas. Estatísticas recentes amosan que 85 individuos acumulan fortunas equivalentes ás de 3,5 mil millóns de persoas, que razón pode xustificar que 85 individuos acumulen máis riqueza que a metade da humanidade? As dinámicas económicas e militares en curso pretenden reforzar esta situación. A ideoloxía imperante baseada nun sistema de beneficios especulativos e afastados da economía real é a mesma que nutre a lóxica militarista, mesmo cando esta se presenta coa faciana humanitaria. O poder occidental, a cada paso mais concentrado, fará o imposible e mais por facer prevalecer a súa hexemonía global. Todo é posible, mesmo unha guerra a gran escala. Ou muda a maneira de pensar ou chegará un momento en que o nivel de risco será inasumible Os perigos dunha dinámica destas características non deben ser infravalorados. Todo é posible, mesmo unha guerra a gran escala. Ou muda a maneira de pensar ou chegará un momento en que o nivel de risco será inasumible. O paradigma no que seguimos instalados, botando contas da evolución da correlación de forzas, do balance xeopolítico e da guerra como recurso, deturpa a esencia dun debate que sen minusvalorar o valor daquelas claves debe transcendelas necesariamente. |
NOS_55225 | Mar de Lumes fai 8 anos de existencia. Un aniversario que chega en plena ofensiva de Israel contra Gaza. Tempo convulso, como cando naceu esta organización de solidariedade internacionalista, en 2013, tempos entón da voráxine das que se deu en chamar 'primaveras árabes'. Falamos cun dos seus portavoces, Óscar Valadares. | Estades de aniversario en Mar de Lumes Estamos, aínda falabamos estes días sobre a data concreta de fundación, que non nos damos posto de acordo (risos). Eran aqueles uns anos, hai 8, momentos difíciles a nivel internacional, estabamos no medio do que se denominou 'primaveras árabes' e naquel contexto pensabamos que era momento de recuperar unha organización de carácter internacionalista. Mar de Lumes non naceu con vocación de ser patrimonio de ninguén, senón ser un brazo colectivo que puidesemos utilizar para estudar e coñecer conflitos que hai ni mundo, tirar conclusións dos procesos que fan outros pobos. Non somos o brazo dun colectivo concreto, levamos anos xa facendo asembleas abertas con boa participación de xentes de diferentes sensibilidades, unidas polo convencemento de que o imperialismo ten múltiples formas, non só as guerras, e que todos os pobos do mundo teñen dereito a autodeterminarse. Mar de Lumes non naceu con vocación de ser patrimonio de ninguén, senón ser un brazo colectivo Aniversario que chega en plena ofensiva de Israel sobre Gaza... É un episodio máis na longa historia de operacións brutais, cada vez máis brutais, de Israel contra o pobo palestino. Operacións que son a historia do propio estado de Israel, que non se pode separar desde o seu nacemento da violencia diaria, constante e planificada contra os palestinos. Desde Mar de Lumes traballamos nestes anos con outras organizacións na denuncia do que é evidente: o que impón Israel é un sistema de apartheid. Israel é apartheid. Non podemos caer no discurso de que este é un "conflito relixioso", como se propaga desde moitos media, é un conflito imperialista, con ocupante e ocupado, non é un conflito entre iguais. E a actitude do Estado español e a UE é vergoñenta Que valoración fai tanto do traballo desenvolvido por Mar de Lumes como da propia evolución da situación internacional nestes 8 anos? A nivel de xeopolítica, está claro que a situación non foi a mellor no sentido de que conflitos que daquela estaban en fases non tan violentas encirráronse moito máis, como pode ser Colombia. Non é un período no que poidamos dicir que o imperialismo recuou, senón que en todo caso estase centrando nunhas rexións moi concretas: mundo árabe, África subsahariana e América Latina. O que si aconteceu e é para valorar, positivamente cremos nós, é que o mundo cada vez é menos unipolar. Cando rematou a IIGM veu a Guerra Fría e os dous grandes blocos, coa implosión da URSS iso finou e houbo mesmo quen argumentou aquilo "da fin da historia", que o capitalismo era o vencedor supremo, o sistema único. O país que representaba esa esencia, EUA, aparecía como único e indiscutíbel líder. Hoxe vemos que iso non é así e nós entendemos que é bo que sexa así, un mundo unipolar é un mundo menos vivíbel, menos humano, menos democrático. A emerxencia de contrapoderes a nivel internacional, como pode ser China, Rusia, mesmo Irán, falando a diferentes niveis; é cada vez máis clara. Houbo máis cambios... A nivel de avanzos nos procesos de autodeterminación nestes 8 anos vimos cousas moi interesantes, como en Escocia ou Catalunya, toda unha lección. Por exemplo, no caso de Catalunya constátase que non vai poder haber a reforma que reclama o pobo catalán pola vía estritamente institucional, o que indica que vai ser necesaria unha ruptura democrática. Somos solidarios cos pobos do mundo e aproveitamos eses contactos, simpatías e complicidades con organizacións deses pobos para explicar que aquí na Galiza existe un conflito Vemos abrollar nestes anos outros procesos de afirmación popular e nacional, como pode ser na Bretaña ou Córsega, que tamén entendemos que son de interese. Que papel desenvolveu Mar de Lumes nestes anos? Mar de Lumes naceu da constatación de que na Galiza o internacionalismo fora reducíndose nun proceso longo ás relacións que mantiñan determinadas organizacións políticas coas súas homólogas noutros países. Mais non existía unha organización con ánimo de se vincular todos eses conflitos. Había, e hai, outras organizacións de solidariedade internacionalista na Galiza mais Mar de Lumes non nace para ocupar ese espazo senón para axudar e colaborar con esas organizacións que xa existen e para dar soporte na medida das nosas posibilidades naqueles conflitos onde non haxa organizacións específicas. Mar de Lumes, logo, nacía para ocupar un espazo que non estaba a ser atendido nin traballado. Nestes anos desenvolvemos multitude de actividades, desde palestras a mobilización da rúa, participamos na creación de plataformas, como a de solidariedade con Catalunya. Tentamos atender 3 alicerces fundamentais: o combate ao imperialismo en todas as súas formas; apoio a procesos de emancipación nacional e popular - no caso de Escocia fixemos actividades que mereceron os parabéns do Goberno escocés -; e internacionalización do conflito nacional galego. Nós entendemos a solidariedade como un camiño de ida e volta, bidireccional. Somos solidarios cos pobos do mundo e aproveitamos eses contactos, simpatías e complicidades con organizacións deses pobos para explicar que aquí na Galiza existe un conflito. E a verdade é que alí onde o explicamos atopamos unha grande receptividade, moitas veces dinnos que non coñecían este caso. Nese sentido Mar de Lumes ten unha funcionalidade tamén para o propio pobo galego. Que significa na Galiza e no século XXI a solidariedade internacionalista? É o recoñecemento de que Galiza, como suxeito político, é quen de estar no mundo en pé de igualdade con outros pobos. Técense redes de coñecemento e complicidade entre as diferentes causas, que en definitiva é a causa colectiva de todas. Temos que entender que ás veces o internacionalismo pode nos parecer algo moi lonxe da nosa realidade diaria, que acontece lonxe de nós e que non nos afecta. Mais si afecta. Un exemplo: no caso do Sáhara está o banco sahariano de pesca, que ten importancia para a frota galega. En Marín, vila pesqueira, ten habido mobilizacións importantes para que as negociacións sobre ese banco pesqueiro fosen cos saharauís, non con Marrocos. Cando falamos da emerxencia de China como novo axente global falamos tamén da súa aparición como un parceiro comercial de primeira orde, que implica abrir novas vías e rotas comerciais, que tamén chegan a Galiza e nos afectan. E interesa que haxa rotas comerciais que non teñan que pasar polo centro do sistema. Internacionalismo, en definitiva, é recoñecer que outros pobos do mundo teñen os mesmos dereitos que quereriamos para nós, que nós poderiamos exercer os mesmos dereitos que outros pobos e que non temos que pasar polo centro do sistema, nin no caso da Galiza por España para nos relacionar con outros pobos. Consideras que a esquerda, unha parte dela, deixou de lado o internacionalismo? Hai conflitos internacionais ante os cal a esquerda está dividida. Houbo un descabezamento ideolóxico da esquerda nestas 3 décadas. Hai unha esquerda que se centra en elementos que ás veces son puramente simbólicos e deixa de lado, en xeral, as grandes cuestións de clase historicamente vinculadas á propia esquerda. Hai como un medo a defender causas que non sexan absolutamente impolutas. Hai unha esquerda que renunciou a un principio clave do internacionalismo: nós non temos ningún dereito a dicirlle a ningún país que Goberno ten que ter e se hai un problema interno deben de ser as propias persoas dese país as que deben resolvelo. Hai como un medo a defender causas que non sexan absolutamente impolutas Da mesma maneira que con respecto ás manifestacións de agora en Colombia EUA e UE póñense de perfil, chama a atención que aplaudisen o asasinato de Gadaffi. Aqueles bombardeos sobre Libia fóra da cobertura da ONU foron aplaudidos por unha parte da esquerda. Hai unha esquerda que foi perdendo as referencias históricas da loita da esquerda e foi entrando nun discurso neoliberal que se vinculou nos principios do XXI do dereito de intervención, do dereito dunha serie de países a velar para que os Goberno de determinados países fosen os 'correctos': e por iso interveñen en Venezuela, Brasil, Paraguai, en determinados países Árabes... Falabas antes da disxuntiva entre mundo unipolar e mulipolar. É esta a gran batalla no escenario internacional? As relacións internacionais son algo complexo mais é verdade que unha grande parte dos conflitos internacionais están relacionados con esa pugna. |
NOS_29460 | Unha multitudinaria cadea humana percorreu as rúas do barrio vigués de Coia para exixir un maior "investimento social" nos Orzamentos da Xunta e o Concello de Vigo. | Convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social da Parroquia Cristo da Vitoria, centos de persoas botáronse á rúa este domingo (15 de decembro) para denunciaren o desleixo da Xunta e do Concello de Vigo coas familias que en risco de exclusión social. Xa sobardan as 600.000 persoas as que no noso país se atopan baixo o limiar da pobreza "mentres unhas poucas acumulan a riqueza de todas de modo insultante", denuncian no manifesto ao que se deu leitura ao remate da acción. Face esta situación, desde ODS-Coia e o GAS exixiron que as contas públicas para o ano 2014 se poñan "ao servizo das persoas" en troca de destinaren as grandes partidas "a compañías aéreas ou grandes empresas construtoras". @s participantes na cadea humana reivindicaron os Orzamentos como "un mecanismo importante para corrixir as desigualdades e distribuír a riqueza" mais denunciaron que os gobernos de Alberto Núñez Feijóo e Abel Caballero prefiran destinar "os cartos de todas" a "portos exteriores" ou "a Cidade da Cultura" en troca de os dirixiren a "a cubrir as necesidades básicas" da cidadanía. Aliás, desde a Oficina de Dereitos Sociais criticaron as declaracións da conselleira de Traballo, Beatriz Mato, quen asegurou que a partida orzamentaria destinada á RISGA --Renda de inserción social galega-- permitirá "que ningún galego nen ningunha galega estean a pasar fame na nosa comunidade". Desde Coia lembraron a Beatriz Mato que o seu goberno "supera os tempos de agarda" estipulados pola lexislación na concesión desta axuda "chegando aos 8 e 9 meses de agarda" para o seu cobro. Así mesmo, recordáronlle que a contía da prestación non chega aos 400 euros ao mes por unidade familiar, unha axuda que na maior parte dos casos resulta insuficiente para persoas que viven "situacións de emerxencia social". A cadea humana que encheu o barrio de Coia urxiu ás administracións galega e local a por os orzamentos ao servizo das persoas "porque é urxente", din, "dar unha resposta inmediata" mais tamén, concluíron, "é de xustiza, respectar os dereitos sociais". |
NOS_43224 | Hai voces que tamén sitúan nas quinielas para dar o paso ao alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa, González Formoso. | O portavoz parlamentar do PSdeG na Cámara do Hórreo, Méndez Romeu, dará o paso e presentará a súa candidatura para as primarias dos socialistas galegos, sumándose así a Xaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero na carreira para optar a ser elexido pola militancia como candidato á Xunta. Os aspirantes deberán presentar antes do vindeiro día 13 un mínimo de 1.010 avais, o que equival ao 10% do censo, para poder tomar parte no proceso de primarias, que finalizará o 29 de maio coa proclamación do gañador. Por volta de 11.000 afiliados teñen dereito a voto neste proceso. Se ben Méndez Romeu non fixo oficial a súa decisión, fontes da súa contorna indican que dará ese paso antes den que remate a fin de semana. Quen si deu o paso esta cuarta feira foi Gonzalo Cortizo, sobriño do alcalde de Vigo e ex-concelleiro na cidade olívica. Este profesor de Económicas é unha das caras do "sector crítico" e afirma que se presenta ás primarias para pular pola "renovación" do PSdeG e para reverter o "declive" do socialismo. "Outro futuro é posíbel para o PSdeG". Nos últimos días hai outro nome que diversas voces do socialismo deixan caer na quiniela de aspirantes a concorrer nas primarias, o do alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. |
NOS_42836 | O Premio Cineuropa Especial da 30ª edición do festival recaeu en Carlos Saura, un dos directores máis significativos do cinema español que continúa en plena actividade creativa. | Aos seus 84 anos de idade, Carlos Saura recibirá o Premio Cineuropa Especial cando ten lugar a 30 edición do festival compostelán. Será o propio cineasta quen recolla o galardón o 25 de novembro, día en que tamén se proxectará o seu último filme, Zonda, unha fita en que aborda a música popular arxentina. Cineuropa, que terá lugar entre o 8 e o 25 de novembro, reivindica con este premio a "palpitante vixencia do discurso político do cinema de Carlos Saura e a necesidade de que as xeracións novas coñezan e se acheguen á súa obra, excepcional e subversiva". Carlos Saura sumarase con este premio a directores como José Luís Guerín, Bigas Luna, Albert Serra, Jaime Rosales, Vicente Aranda, Fernando Trueba, Oliver Laxe ou José Luis Borau, receptores do tributo do festival en edicións anteriores. |
PRAZA_19519 | Carlos Babío e Manuel Pérez Lourenzo investigan o espolio que non só na antiga mansión de Pardo-Bazán levaron a cabo os Franco da man de recoñecidas familias. "É a historia da corrupción política dun réxime, unha trama de favores mutuos a conta do erario público", conta un dos autores. | "A do Pazo de Meirás é a historia da corrupción política dun réxime, pero vai moitísimo máis aló dese inmoble e dos seus terreos; foi un macroespolio, a gran vergonza do Estado aínda sen resolver". Teno claro Carlos Babío, impulsor xunto ao historiador sadense Manuel Pérez Lourenzo da primeira grande investigación sobre aquela e outras "usurpacións á cidadanía" que o franquismo, en colaboración coas elites coruñesas, levou a cabo durante a ditadura nas Mariñas para beneficio da familia do ditador e doutras ben recoñecidas na comarca. Babío e Pérez Lourenzo investigan o "espolio" que os Franco acometeron en Meirás e noutras zonas coa axuda das elites coruñesas Logo de anos de traballo, os dous investigadores adiantan algunhas das conclusións dun traballo que aspira a ser publicado no vindeiro verán e que deita luz sobre un "espolio" que callou na ditadura pero que "continuou tamén despois dela". Unhas pescudas que Babío iniciou por unha historia persoal. "Á miña avoa roubáranlle unha casa, pero ese era un tema tabú e que implicaba moita dor", lembra quen se puxo a investigar "que pasara" con aquelas propiedades, algo que "sabía" que "estaba ligado ao que ocorrera co Pazo de Meirás": Neto e fillo dunha das familias labregas da zona que foron obrigadas a ceder as súas propiedades para ampliar o agasallo a Franco en plena guerra civil, desde que morreu o ditador foi descubrindo como unha das casas que quedan dentro do muro do Pazo lle fora substraída á súa avoa. Como tantos outros terreos doutros tantos veciños. "Os Franco aumetaron en 80.000 metros cadrados as súas propiedades fóra dos muros do Pazo de Meirás mediante fondos públicos" "Ademais de todas as ampliacións que fixeron dentro dos muros, os Franco chegaron a ampliar ata en 80.000 metros cadrados as súas propiedades fóra destes valos mediante fondos públicos, para logo enriquecerse a familia tras a morte do ditador", explica Babío respecto dunha práctica coa que os herdeiros do ditador apañaron unha enorme fortuna. "Temos nove hectáreas de terreo onde non entrou a democracia, onde manteñen os privilexios dos usurpadores, dos que abusaron da poboación", engade. Ao tempo, en plena posguerra, as administracións públicas do réxime gastaban cartos a esgalla en obras nas xa propiedades do xeneral fascista coa inestimable axuda das diferentes corporacións municipais coruñesas. O ditador escolle Bastiagueiro para outra residencia e ordena construír unha casa, que sería vendida pola súa familia tras a súa morte Pero Franco non quería só o Pazo, antiga mansión de Emilia Pardo-Bazán. O ditador viña por moito máis. "En 1939 chega a Meirás con varias intencións", di Babío. Ademais de vixiar e controlar todo o que se facía na que sería a súa residencia de verán, "fai un percorrido por diferentes praias da costa para escoller unha, ata que se decide pola de Bastiagueiro". "Alí ordena que se lle compre unha propiedade para construír unha casa", engade o que fora concelleiro en Sada. Adquírenlle un terreo e constrúe unha residencia, todo pagado "con fondos públicos". Á morte do ditador, a súa familia vende as propiedades e saca un enorme beneficio. Negocio redondo. E así con moitos máis. No poder dos Franco continúan algunhas propiedades, algúns terreos que non puideron vender "ao non ser urbanisticamente apetecibles e estar protexidos". Do resto na zona desfixéronse nos anos 80, "moitas veces con recualificacións por medio das que sacaron tamén importantes beneficios". E exemplos hai a moreas, como o dun acuartalmento de tropas para a vixilancia dos Franco, construído con fondos públicos nunha parcela roubada e posta a nome do ditador. "Logo especulouse a través dun pelotazo urbanístico... Non se lle pode sacar máis rendemento a un roubo", advirte Babío. En todas as operacións de espolio, Franco valíase da axuda das elites: "Era unha trama de favores mutuos a conta do erario público" En todas estas operacións durante a ditadura, a familia do ditador valíase da axuda das elites franquistas da Coruña e arredores. "Era unha trama de favores, de favores mutuos a conta do erario público; lucráronse a aínda se lucran as elites", engade o investigador, que aclara que "o Pazo de Meirás serviu como oportunidade de negocio para a burguesía". Tamén para que Franco cumprise cos seus caprichos, como a Casa Cornide, na zona vella da cidade. Foi adquirida por Pedro Barrié de la Maza nunha poxa en 1962 á que só asistiran el e o xefe do Movemento e pagando menos de 45.000 pesetas. Logo, acabou en mans do ditador grazas á intervención do conde de Fenosa, un dos persoeiros da época que formaron parte da denominada Junta Pro Pazo –grupo encargado de expropialo e recadar fondos para as súas obras–, xunto a José María Marchessi, Joanquín Barcia, José Casteleiro Varela ou o alcalde Alfonso Molina. "Alfonso Molina converteu o Concello da Coruña nunha empresa ao servizo do ditador" "Barrié e Molina foron dúas personaxes fundamentais en todas estas operacións de espolio", insiste Babío, que advirte que se o alcalde non o foi máis foi "pola súa morte en 1958". "Converteu o Concello da Coruña nunha empresa ao servizo do ditador que logo continuaron os seus sucesores no cargo coa mesma forma de actuar que instauraran Franco, o seu réxime e os seus aduladores", engade. A Solana e o Finisterre "Todo segue bastante vixente e estas historias dannos moitas respostas sobre o que acontece hoxe en día", aclara o investigador, que lembra a relación entre os terreos da Solana e o Hotel Finisterre na Coruña, que a Autoridade Portuaria teima en poñer á venda para financiar o porto exterior ante a mobilización cidadán pola súa reversión a terreos públicos. O réxime 'outorgou' a Solana a un coñecido militante fascista da cidade e facilitou que Barrié de la Maza adquirise o Hotel Finisterre "Os protagonistas que acaban beneficiándose daqueles terreos teñen moito que ver con todas estas tramas e favores dos que falamos e están intimamente relacionados co réxime e co espolio", conta. É Armando Casteleiro Varela o impulsor da construción do complexo da Solana na que era a antiga praia do Parrote. Recibe a autorización das administracións en 1941 e abre as súas portas pouco máis dun ano despois. O empresario e nadador é irmán de José Casteleiro Varela, membro do colectivo que pulou pola expropiación de terreos e a adquisición do Pazo en Meirás e, ambos os dous, recoñecidos militantes fascistas na represión. "Toda esta historia tapouse; o silencio non foi algo casual, senón determinado polos protagonistas do espolio" Logo, Casteleiro decidiu construír un hotel e formou unha sociedade na que entrou o empresario Aurelio Ruenes, o arquitecto Santiao Rey Pedreira e a división industrial do Banco Pastor, banco que comandaba Pedro Barrié de la Maza, designado procurador en Cortes por Franco desde 1946, e que acabaría por ser accionaista maioritario da sociedade que xestionaba o hotel e a Solana. Son, e foron, familias que seguen a acumular moreas de propiedades coas que as beneficiou o réxime e Franco, cuxa familia mantén a propiedade do Pazo de Meirás, que nin tan sequera cumpre coa obriga da apertura pública un mínimo de catro veces ao mes. "Todas estas historias tapáronse porque non interesaban que fosen descubertas; o silencio non foi algo casual senón determinado polos protagonistas do espolio", remata Babío, que xunto a Pérez Lourenzo procuran xa apoios para editar unha obra que pretende deitar moita luz. |
PRAZA_13851 | Unha redución media duns 1.000 euros ao mes nos salarios parlamentarios provocaría un aforro de arredor dun millón ao ano, o mesmo que traerá consigo o recorte de escanos que o PP pretende aprobar antes das vindeiras eleccións | "Neste momento excepcional, de enorme dificultade para as familias, os políticos temos que pronunciarnos, propoñer e asumir custos". O presidente da Xunta xustificaba deste xeito este xoves a súa intención de reducir de 75 a 61 o número de escanos do Parlamento de Galicia e de facelo antes das eleccións aínda que sexa co único apoio dos 38 votos do PP e cos 37 de PSdeG e BNG na contra. É o argumento da "austeridade" e da redución de custos o esgrimido para levar adiante unha iniciativa que para as forzas da oposición supón un "amaño" electoral, un "pucheirazo" ou, directamente, unha actitude "golpista". Nin o presidente nin ningún outro dirixente conservador enunciou ata o momento a tradución en cartos desta operación nin tampouco puxo sobre a mesa alternativas que derivasen nun aforro semellante sen tocar a composición do lexislativo galego. Malia todo, uns sinxelos cálculos permiten observar a posibilidade de chegar a ese mesmo destino de redución do gasto por vieiros distintos. Ao final do ano, o montante destinado a salario reduciríase en, aproximadamente, 1,02 millóns de euros Como vén informando Praza Pública na actualidade os datos dos salarios individualizados de cada membro do Parlamento de Galicia non son públicos, aínda que si o é o seu réxime económico xeral, así como os orzamentos da propia Cámara. Destes documentos tírase que o salario medio dun deputado ou deputada está, en números redondos, entre os 5.000 e os 6.000 euros mensuais, cifra que se eleva ata algo máis de 9.000 euros ao mes no caso da presidenta e algo menos de 8.000 para os dous vicepresidentes, o secretario e a vicesecretaria. Con estes números na man é doado concluír que pasar de 75 a 61 escanos traería consigo a eliminación de 14 salarios ou, o que é o mesmo, duns 85.000 euros ao mes, calculando á alza. Ao final do ano, o montante destinado a salarios reduciríase en, aproximadamente, 1,02 millóns de euros, cantidade que, por outra banda, é por exemplo moi semellante á que a Xunta se dispón a gastar nunha campaña publicitaria para transmitir "optimismo" ante a crise. Que acontecería se, no canto de recortar esa cantidade coa eliminación de 14 postos na Cámara, se tenta facer repartindo o esforzo entre os seus actuais 75 membros? De novo aproximando un chisco á alza, cada parlamentario ou parlamentaria tería que asumir unha redución duns 14.000 euros ao ano, isto é, uns 1.140 ao mes. Así as cousas, a controvertida manobra presidencial, que sobre o papel procura a redución de gastos, poderíase evitar cunha rebaixa salarial que non chegaría ao 20% como media. Este impacto podería ser aínda menor se os membros da Mesa -órgano reitor da Cámara- asumisen unha maior porcentaxe de redución por percibiren soldos máis altos que o resto de representantes da soberanía popular. Sen efecto electoral Este camiño da redución salarial ten, polo tanto, o mesmo efecto que o do recorte no número de escanos sen que, obviamente, traia consigo a distorsión electoral que si provocará o plan dos conservadores. Non en van, nun Parlamento con 14 membros menos as circunscricións das provincias interiores, Lugo e Ourense, tradicionais celeiros de votos do PP, gañarían peso fronte á Coruña e Pontevedra, onde tradicionalmente as forzas situadas na esquerda contan cun maior apoio nas urnas. Isto sucede, ademais, porque o recorte de deputados non virá acompañado dunha rebaixa na barreira do 5% que as forzas políticas deben superar para lograr un só deputado, o que dificultaría aínda máis o panorama aos partidos minoritarios. Mostra do efecto que a reforma tería na plasmación dos votos cidadáns no Parlamento é que, con idénticos resultados aos de 2009, os populares pasarían de ter unha axustada maioría absoluta por un só deputado a contar cunha vantaxe de tres parlamentarios sobre a suma de PSdeG e BNG. Ademais, esta redución suporía espremer case ao máximo o Estatuto de Autonomía, norma fundamental que fixa o número de escanos entre 60 e 80 e que nunca foi levada ao límite, xa que nas dúas primeiras lexislaturas se elixiron 71 deputados e, dende a terceira e ata a actualidade, elixíronse 75. |
NOS_46225 | "Se por nós fose, poriamos 11 conos no campo", asegura o presidente do Club. | O presidente do RC Deportivo, Fernando Vidal, anunciou que o equipo presentarse esta sexta feira ao partido da última xornada de LaLiga ante o Fuenlabrada, aprazado polos positivos por coronavirus no equipo madrileño, aínda que se por eles fose poñerían "11 conos no campo". Ademais, avanzou que pedirá ao Consello Superior de Deportes (CSD) a "inhabilitación" de Javier Tebas como presidente de LaLiga, ao que acusou de "humillar" e "buscar as cóxegas" ao club galego. "Sempre sostivemos non xogar o partido se non se disputaba xunto ao resto da xornada. Pero o último parágrafo do escrito de Competición déixanos abertas, independentemente de cal sexa o resultado do partido, todas as vías, como a anulación da xornada, a repetición da mesma ou o posible descenso e perda de tres puntos por parte do Fuenlabrada". O máximo mandatario do club coruñés confirmou que pedirá a "inhabilitación" de Javier Tebas, sinalando ademais que o Fuenlabrada, onde traballa o fillo do presidente de LaLiga, "manexaba información privilexiada e adiantada de se ían disputarse ou non os partidos". |
NOS_52638 | Un galego anónimo foi chave no desenvolvemento dun dos mellores xogadores da historia | Non intenten buscar o seu nome en Google. Tampouco na Wikipedia. Nin no Twitter. Nin sequera na deep web. Porque, como acontece con tantos galegos e galegas con vidas de película, un veo de esquecemento cubre a figura de Enrique Losada, o home que ensinou a xogar ao fútbol a nin máis nin menos que Alfredo Di Stéfano. No ano 1936 o que apenas unha década máis tarde recibiría o eterno alcume de "Saeta Rubia" da pluma do cronista deportivo Roberto Neuberger -debido á súa punta de velocidade e aos seus loiros cabelos- era aínda un bulebule de tan só 10 anos de idade que aloumiñaba o primeiro balón de coiro da súa vida. Era unha desas pelotas clásicas, con cordóns, que obrigaban os futbolistas da época a xogar cun pano na cabeza ou cunha boina -como Fernando Fariña, o ídolo futbolístico de Castelao- para evitar abrir a testa en cada remate. Aínda que, en comparación coas que estaba afeito a confeccionar co envoltorio dos pescozos das amidoadas camisas que recibía o seu pai dunha lavandería xaponesa, para o pequeno Alfredo era gloria bendita. Mentres o que chegaría a ser mellor xogador de fútbol do mundo daba as súas primeiras patadas a un balón de verdade, o seu pai, tamén coñecido como Alfredo, prosperaba no Bos Aires da época desde o seu cargo de secretario na Cámara Gremial de Patacas, recorrendo aos servizos dun adolescente galego como mozo dos recados. Co tempo, ese rapaz faríase coa súa confianza e ampliaría as súas funcións á asistencia da súa dona, Eulalia, no coidado do fogar e dos tres fillos do matrimonio: Tulio, Norma e Alfredo Júnior, a quen sacaba sete anos. Enrique Losada, que así se chamaba, era o menor de catro irmáns -Ramón, Eugenio e Antonio eran os nomes dos outros tres- e o primeiro gran preparador da Saeta Rubia. "Foi o meu instrutor, quen me ensinou a pegarlle á pelota, 'pisá aquí, Alfredito, pisá a pelota aquí, deste modo', dicíame", revela o propio Alfredo Di Stéfano na súa autobiografía, editada no ano 2000. Segundo conta o astro arxentino, ese "galleguito" mandábao golpear o balón unha e outra vez contra as paredes dunha fábrica próxima usando as dúas pernas para mellorar o seu golpeo e a súa habilidade: "Todo se aprende. O fútbol tamén é aprendizaxe, e grazas a iso eu conseguín defenderme ben coa esquerda a pesar de ser destro". Estas, xunto cunhas declaracións de Norma, irmá do cinco veces campión de Europa, recollidas nunha publicación de Ian Hawkey en 2017 nas que lembra Losada como "o único rapaz que nos axudaba na casa, porque o resto eran mozas", son os únicos testemuños que chegaron até o día de hoxe dun galego esquecido pola historia e o tempo, pero cun peso indubidábel como mestre dun futbolista único e irrepetíbel que figura por méritos propios no olimpo dos deuses do fútbol con Pelé, Maradona e Johan Cruyff. |
NOS_42205 | O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes iniciaron nos últimos días unha nova fase de escavación e musealización do Castro de Chandebrito destinada a conservar, consolidar e restaurar a muralla superior do primeiro recinto (datada no VIII a.C) e cuxa intervención se estima nun mes. | O Concello conta cunha subvención de 13.000 euros da Deputación de Pontevedra destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural. O goberno local levará ao vindeiro pleno a consignación de 11.000 euros do seu remanente para a redacción dun proxecto que contemple a exhumación de 400 metros cadrados de terreo situado entre esta muralla e a seguinte inferior, o que permitirá deixar ao descuberto máis estruturas e consolidar ambas fortificacións. Así o Concello comprométese coa Comunidade de Montes de Chandebrito para avanzar nas escavacións iniciadas en 2019 a través da cooperativa Árbore. "A meta é situar este castro como un referente etnográfico en toda Galiza, o potencial é enorme e non queremos desaproveitalo", indica Juan González, alcalde de Nigrán, e subliña que "é o gran tesouro patrimonial de Nigrán e da comarca". Esta segunda actuación, na que xa se está a traballar, suporá restaurar un tramo de aproximadamente 110 metros cadrados de muralla localizados na terraza superior e que xa quedara parcialmente á vista nas escavacións de 2019 nos 58 metros cadrados lindeiros. Naquelas escavacións afloraron tres construcións diferentes e outras dúas murallas máis. Polo tanto, a nova exhumación permitirá apreciar mellor a natureza do Castro como recinto fortificado "Desde a parte baixa apreciase como un muro totalmente vertical dificilmente expugnábel, pero unha vez que te achegas a el podes ver que é máis ben un socalco onde amoreaban as pedras, estamos seguros de que os seus habitantes xogaron con esta perspectiva ao seu favor á hora de construílo", sinalan os arqueólogos de Árbore. Os investigadores traballarán durante 20 días integrados nun equipo composto por cinco persoas expertas e dúas bolseiras restauradoras. "Esta nova escavación quedará totalmente á vista, polo que dará unha idea clara ao visitante de como era o castro na súa orixe, que segundo os diferentes achados podemos situar no século VIII", explicou Benito Vilas, un dos arqueólogos responsábeis. "Todos comprendemos que a cultura, o respecto ao medio e a actividade económica deben ir da man ", destaca o rexedor, e apunta á creación do primeiro parque forestal da comarca en terreos queimados das parroquias de Camos e Chandebrito como outro dos proxectos municipais. |
NOS_41607 | É un posto de alto risco o do director deportivo do Lugo. O clube comunicou esta terza feira o cesamento do titular do cargo, Emilio Viqueira. Cae tamén o seu adxunto, José Luis Deus. Viqueira é o cuarto director deportivo cesado na entidade branquivermella no transcurso dos últimos cinco anos. | Serias diferenzas na composición do plantel —Viqueira viuse obrigado a asinar até 6 futbolistas novos no mercado de inverno— precipitaron a caída dun director deportivo que durou apenas pouco máis de medio ano no cargo. O ex futbolista do Deportivo únese na nómina de cesados aos seus predecesores Víctor Moreno, Toni Otero e Emilio de Dios. A pesar do cesamento, a situación do Lugo na táboa dista de ser desesperada. En 24 capítulos do campionato sumou 26 puntos e dispón dun colchón de 4 a respecto da zona do descenso de categoría. Viqueira xa non contaba coa confianza da directiva presidida por Tino Sasqués cando esta, de costas viradas ao director deportivo e na ventá de fichaxes invernal, decidiu traspasar dous futbolistas clave do plantel, Azeez e Kravets, traspasados ao Granada e ao Leganés, respectivamente. |
NOS_47515 | Ribadeo, Lugo e Celanova acollerán as actuacións destes artistas entre os meses de setembro e outubro. | O Festival Revenidas, que este ano decorrerá entre o 7 e o 11 de setembro en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía de Arousa, contará cunha programación especial, da man do Xacobeo 21-22, que levará varios concertos a Ribadeo, Lugo e Celanova. Longa vida ao Revenidas En concreto, Baiuca, Treixadura e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán nestas vilas entre os meses de setembro e outubro. Segundo explican os organizadores do Revenidas, esta programación especial responde ao "afán de promoción da música e da lingua galega". Concertos fóra de Vilaxoán O primeiro dos concertos, que correrá a cargo de Baiuca, terá lugar esta sexta feira en Ribadeo. Nun comunicado, a organización do Revenidas define o artista como " principal expoñente da translación da música tradicional á contemporaneidade a través da súa mestura coa electrónica". Baiuca: "Cantar en galego xa é reivindicar, pero non cómpre dicilo na letra" A seguinte actuación, de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, será o 17 de setembro en Celanova, unha vez xa rematada a programación tradicional do festival en Vilaxoán. Neste concerto, o músico coruñés presentará un espectáculo "único", baixo o nome de 'O Camiño da Pedra'. Nel, varios artistas subiranse ao escenario con Díaz e as Adufeiras para acompañalos nun concerto no que revisarán os temas máis significativos dos seus repertorios. Xabier Díaz: "Penso que hai que ter coidado cos placebos, coa morfina das subvencións Entre estes artistas figuran Margarida Mariño (A Galiza), Daniel Pereira (Portugal), Carola Ortiz (Catalunya), Carlos Herrero e Héctor Castillejo, músicos do grupo El Naán (Castela e León), e Donald Shaw e Karen Matheson (Escocia). Xaquín Xesteira, de Treixadura: "Os coros levan cen anos cantando melodías tradicionais con gaitas, non é algo novo" O último dos concertos, a cargo de Treixadura, decorrerá en Lugo o 23 de outubro. "É unha banda de referencia da música tradicional que está a celebrar o seu 30 aniversario e que combina a mestura das formacións dos grupos de gaitas cos orfeóns de voces masculinas", detalla a organización do festival. Programación en Vilaxoán O vindeiro 7 de setembro comezará unha nova edición das Revenidas. Esta mesma semana, colgáronse na páxina web os horarios dos cinco días de concertos, cunha ampla presenza de artistas e bandas en galego. O festival Revenidas fecha cartel con Sés Así, o día 7, a cantante Sinner será a encargada de abrir o festival, seguida de Boyanka Kostova. Durante os seguintes días, SonDaRúa, Bratzantifa, Grande Amore, Dakidarría, Monolious Dop, as Tanxugueiras e A Banda da Loba, entre outras bandas e artistas, farán desfrutar ás asistentes da boa música que caracteriza o Revenidas. |
PRAZA_12426 | O colectivo, que dedica o seu labor a promover o recoñecemento a mulleres destacadas na diáspora, entregou os seus galardóns Rosalía de Castro, Virxinia Pereira e Noviña. Unha información de Cadernos de Comunicación e Análise. | A Asociación Herbas de Prata entregou as distincións Rosalía de Castro á profesora Andrea Cobas Carral; o Virxinia Pereira a Carmen Román e Noviña a Carina Fragoso. A distinción Rosalía "que se simboliza cun rosal para a homenaxeada" e que se propón como un xesto de gratitude e recoñecemento cara a aquelas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre, este ano foi para Andrea Cobas Carral, profesora e cocoordinadora de Lectores Galegos, un espazo de ensino e defensa da literatura e do idioma galego. Para este premio tamén foron propostas e, polo tanto, tamén homenaxeadas e recoñecidas no seu labor, Herminia Delfina Blanco, quen realizou diversas representacións teatrais, algunhas da súa propia autoría e que conduce o programa de radio Camiñando por España; Consuelo Castaño, galega de orixe, represaliada pola ditadura e esposa de desaparecido, que vén loitando a favor dos dereitos humanos e polo recoñecemento dos detidos desaparecidos españois durante a última ditadura arxentina; e Micaela Fernández Darriba, editora da revista virtual Foeminas e investigadora sobre estética, comunicación e xénero. Así mesmo, Herbas de Prata entregou o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira "representado por unha camelia" como unha homenaxe ao traballo anónimo daquelas galegas que co seu labor privado contribuíron ao desenvolvemento dos seus e souberon sementar neles o amor e respecto pola súa orixe galega a Carmen Román, integrante, desde fai xa moitos anos, das Cantareiras Ondiñas do Louro da Asociación Residentes de Mos. Herbas de Prata entregou o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira "representado por unha camelia" como unha homenaxe ao traballo anónimo daquelas galegas que co seu labor privado contribuíron ao desenvolvemento dos seus Nesta categoría, ademais, foron candidatas Beatriz Carballo Regueira, quen, silenciosamente, é difusora da cultura galega desde o seu traballo na o Asociación Fillos do Concello de Zas e é unha das autoras do libro Eu, emigrante; María Josefa Gerpe Pazos, presidenta da Asociación Santa Corda de Xallas, coordinadora das cantareiras de devandita institución e outra das autoras do libro Eu, emigrante; Regina Maquieira, emigrante da terra galega que organizou a defensa e axuda naqueles tempos difíciles da guerra civil aínda coa súa saúde debilitada polo intenso labor neses días; Elvira González Fraga, galega, muller comprometida e humanitaria, que preside a Fundación Sábato; María del Carmen Gende, incansable no labor de difusión do idioma galego, é quen vai polas escolas de Mar do Prata lendo contos tradicionais aos nenos e nenas dos xardíns de infantes; e, para rematar, Isabel Vilela Louriño quen, desde pequena, participou en actividades da colectividade e é integrante do grupo de danzas da Asociación Residentes de Mos. O premio Noviña, este ano, foi para Carina Fragoso, directora do grupo de gaitas da Sociedade Parroquial de Vedra O premio Noviña, este ano, foi para Carina Fragoso, directora do grupo de gaitas da Sociedade Parroquial de Vedra polo seu gran labor desenvolvido na colectividade galega durante tantos anos. Cadernos de Comunicación e Análise Asociación Herbas de Prata |
NOS_15304 | Correos vén de editar unha serie de selos gastronómicos, a raíz da cal sitúa a orixe do polbo á feira en terras "leonesas ou mesmo estremeñas". | No mes de xullo Correos iniciou un percorrido por todos os territorios do Estado para degustar "selo a aselo, prato a prato" as receitas máis significativas da xeografía nunha serie titulada 'España en 19 pratos'. O prato estrela da gastronomía galega para Correos é o polbo á feira, protagonista dun selo que desde o pasado 24 de xullo xa forma parte do Catálogo Enciclopédico de Selos do Estado español, cun valor postal de 4,15 euros. Ás portas da festa do polbo do Carballiño, declarada de interese turístico estatal, e que vai ter lugar este domingo, día 8, na capital da comarca do mesmo nome, saltou a polémica. Correos asigna á Galiza o seu prato tradicional, mais no texto explicativo que acompaña a presentación do selo atribúelle a súa orixe a "terras leonesas, mesmo estremeñas, segundo algúns", tras destacar que era a comida que elixían os arrieiros maragatos nas feiras, encargados de comercializar o aceite e o pemento, que acompaña o polbo no prato. Polbo á galega Mais o polbo á feira leva impreso no nome a súa orixe. "Polbo á galega", resalta o escritor e doutor en Historia Xavier Castro, quen sitúa nas comarcas do interior -O Carballiño, Sarria- a tradición do polbo con aceite pemento e sal en prato de madeira. "Até a revolución dos transportes, hai poucas décadas, e a revolución dos conxeladores ao interior da Galiza o que chegaba eran as sardiñas do tabal, o bacallau, que resiste moi ben o paso do tempo e as temperaturas elevadas e o polbo seco, que propiciou un dos pratos máis exitosos da gastronomía tradicional: o polbo á feira ou polbo á galega". Invento de mulleres Unha fórmula maxistral, di "que consiste en combinar o pemento co polbo, un pouco de aceite e sal, unha unión extraordinaria, simple e poderosa que triunfa en restaurantes e 'chiringuitos' de todo o Estado, competindo coa tortilla de patacas e a paella valenciana". E neste punto, precisa un aspecto pouco salientado. "Este achado, o do polbo a galega, que aparece como gastronomía de feira é un invento de mulleres, igual que o resto da gastronomía galega, que é creación das cociñeiras". |
NOS_41529 | O voceiro nacional do BNG presentou esta terza feira a alternativa que achega a súa formación: aforrar nas deputacións e n@s asesor@s de Feijóo. | "Facemos un chamamento a todas sas forzas para facermos fronte común e parar esta involución antidemocrática do PP". Con estas palabras, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, deu por presentada a alternativa que a formación frontista propuxo perante a teima do PP de reducir de 75 a 61 o número de deputad@s no Parlamento galego. Vence cualificou a medida de "machetazo" e insistiu en que terá un efecto "insignificante" no aforro público. Porén, a supresión das catro deputacións evitaría o desembolso de 500 millóns anuais, o montante que manexan estes gobernos. Aliás, a supresión d@s 46 asesor@s de Feijóo permitiría aforrar o triplo do que o presidente da Xunta di que quere aforrar coa eliminación de deputad@s. O BNG rexistrou unha proposta de reforma electoral que pasaría por manter os 75 escanos. Iso si, repartidos dunha maneira máis equitativa que reflicta fiel o resultado das eleccións. Lembramos que nos comicios do 21 de Outubro o PP recibiu o 44% dos votos e estes traducíronse no 55% dos escanos. Namentres, máis do 7% dos votos emitidos quedaron sen representación. Eliminar liñas vermellas que carrexan "desequilibrio" O contido da proposta nacionalista debullouna o seu voceiro parlamentar, Francisco Jorquera. Para conseguir un reparto "proporcional" dos escanos, o Bloque avoga por reducir o mínimo de 10 representantes por provincia e a liña vermella do 5% estabelecida para sentar na Cámara galega. Aliás, a proposta de reforma inclúe que en campaña electoral os medios públicos galegos deberán emitir "como mínimo" un debate entre as formacións que concorran aos comicios en horario de máxima audiencia. Piden entrevistas tamén en horario de máxima audiencia e eliminar o gasto do reparto de papeletas tanto porta a porta como a enviada por correo postal. |
PRAZA_17068 | Antón Sánchez afirma que a "unidade" das mareas con "ampla base popular" pode propiciar unha "nova primavera como a de 2015" fronte ás "forzas reaccionarias" | O mantemento dos gobernos logrados polas mareas municipais en maio de 2015 será unha proba esencial para estas formacións, tanto nas respectivas cidades como no que atinxe ás expectativas de transcender aos atrancos internos polos que atravesa En Marea nos últimos meses. Este é o cadro no que se enmarca a convención municipal celebrada este sábado por Anova, formación que en vésperas do que se prevé como unha dura precampaña en cada concello vén de chamar a "redobrar a aposta polas mareas municipais" para, en verbas do seu portavoz nacional, Antón Sánchez, "disputar a hexemonía" ao "bloque da dereita". Nunha xornada inaugurada polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen apelou á "xenerosidade" para "seguir construíndo unidade popular e esa república dos concellos con alternativas cohesionadas", diferentes representantes de concellos gobernados polas mareas intercambiaron experiencias en varias mesas de debate. Na sesión de clausura Sánchez puxo eses gobernos como mostra de que, di, non é certo que Alberto Núñez Feijóo "nunca foi derrotado". "Foi derrotado en maio de 2015, cando puxo todos os candidatos ás alcaldías e só lle quedou Ourense", resume. A xuízo do tamén vicevoceiro de En Marea no Parlamento, aquela "derrota do PP deunos a lección de que hai unha potencia, un desexo de cambio" e "coñecemos o vieiro para que ese cambio sexa realidade", a "unidade con ampla base popular". Anova, afirma, "apostou" por esa "unidade" dende o inicio e debe manterse nela porque "non hai cambio posible se non traballamos dende a xenerosidade" nun momento no que, lamenta, "hai quen se resigna" a dicir que "pasou a ventá de oportunidade, acomodarse e non disputar a hexemonía ao PP". Pero esa pugna "é posible", cre. Antón Sánchez afirma que a "unidade" das mareas con "ampla base popular" pode propiciar unha "nova primavera como a de 2015" fronte ás "forzas reaccionarias" Os comicios de 2019, coida Antón Sánchez, serán a cita electoral na que as mareas teñan que apostar por gañar "non só ao PP, senón ao bloque conservador que se está preparando coa vella dereita do PP e a nova dereita de Ciudadanos" que, advirte, "representan os mesmos intereses". "Alberto e Albert, tanto monta, monta tanto", ironiza Sánchez nun contexto no que ve o "ataque sistemático" ás mareas municipais como a mellor mostra de que os seus gobernos "son unha ameaza política para o PP" por seren "exemplo e como se poden cambiar as cousas", pero tamén por "non vendérense aos intereses aos que está vendido Feijóo". Estes motivos deben levar, di Sánchez, a que Anova contribúa ao reforzamento das mareas poñéndose ao "servizo de cada candidatura de unidade popular". Estas formacións, cre, poden propiciar unha "nova primavera como a de 2015, abrir un novo ciclo" no que non triunfen as "forzas reaccionarias" que "asedian" gobernos como os da Coruña ou Santiago, di, coa axuda dos "poderes fácticos" e a difusión dos "aparellos mediáticos que viven dos mesmos intereses". Só así, conclúe, caberá a posibilidade dun "proxecto nacional de transformación en Galicia". |
NOS_23515 | O comité clínico reunirase esta segunda feira para avaliar posíbeis restriccións a tres días da Noitevella | Após dous días nos coa taxa de positividade das PCR disparada, o comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións no marco da pandemia volverase reunir maña, 28 de decembro, a tres días de Noitevella, para analizar a incidencia do coronavirus na Galiza após as primeiras celebracións do Nadal. Os datos publicados hoxe pola Consellaría de Sanidade "preocupan" ao seu titular, Xulio García Comesaña, xa que presentan o segundo valor máis alto desta segunda vaga, 8,4% de positividade, e están moi por riba do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) como límite para dar por controlada a pandemia. Durante unha comparecencia ante os medios tras o inicio da campaña de vacinación contra a covid-19, Comesaña admitiu que hai un aumento da taxa de positividade, pero que iso "tamén depende de se se fan máis cribados ou menos". En calquera caso, avanzou que este luns o comité clínico estará "pendente" destas cifras, así como das de contaxios durante os primeiros días do Nadal, nos que de feito se aliviaron as restricións postas desde a Xunta. Iso si, o titular de Sanidade non quixo adiantar se os datos levarán ou non medidas máis duras contra a pandemia. Menos PCR Preguntado sobre a baixada das PCR realizadas nas últimas xornadas, xa que nos datos de Sanidade deste domingo figuran unhas 3.000 ─a metade que as practicadas o día anterior─, Comesaña xustificouno con que esta actualización recolle cifras da xornada de Nadal. "O número, contrariamente, foi especialmente alto para as datas nas que estamos. É certo que as PCR que saen hoxe no informe corresponden ao día de Nadal e, loxicamente, baixan lixeiramente", explicou, á vez que destacou que nos días previos a Noiteboa as probas "foron crecendo" todos os días grazas ao rexistro de viaxeiros que chegaron a Galiza e ao dos estudantes que volveron ao seu domicilio familiar. A continuación, o conselleiro prometeu que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) seguirá facendo PCR "ao máximo" da súa capacidade actual, ademais dos test de antíxenos que xa se practican na Atención Primaria e nos servizos de urxencia dos hospitais. |
PRAZA_16946 | Os traballadores rexeitan co 53% dos votos o pacto que o Goberno alcanzara con catro das sete centrais nunha votación con tensión e reproches mutuos. O conflito mantense tras cumprirse este venres 80 días de paro. | Sorpresa. O persoal de Xustiza rexeitou o polémico preacordo ao que chegara a Xunta con catro dos tres sindicatos con representación no comité de folga para poñer fin ao conflito e a 80 días de paro indefinido que provocaron a suspensión duns 22.000 xuízos. Cando o Goberno galego --e mesmo os traballadores-- daban por feito que o si vencería na consulta e que o funcionariado aceptaría a proposta da Administración, o reconto finalizou nun inesperado resultado. O persoal de Xustiza en Galicia votou 'non' ao preacordo entre a Xunta e catro dos sete sindicatos O non impúxose, segundo os datos facilitados polos sindicatos, en catro das sete sedes xudiciais onde se levaron a cabo as votacións (Vigo, Pontevedra, Ferrol e Lugo), mentres que en Santiago, Ourense e na Coruña o si ao preacordo foi maioritario. Por cidades, en Vigo gañou o non por 204 votos a 112, ao igual que en Ferrol (54-49), Pontevedra (184-50), Lugo (86-54). Na Coruña, o si ao acordo impúxose por 237 votos a 172, en Ourense por 135 a 102, mentres que en Santiago gañou con máis diferenza: 109 votos a favor por 34 en contra. O rexeitamento ao preacordo impúxose con case o 53% dos votos. Foron 746 votos a favor e 836 en contra dun total de 1.582 votos válidos de arredor de 2.600 traballadores chamados á consulta. O rexeitamento ao acordo impúxose en catro das sete cidades Este resultado supón unha nova reviravolta nun conflito que parecía chegar ao seu fin tras a última oferta da Xunta a catro das centrais --desvelado polo vicepresidente Rueda a pasada semana e aceptado este xoves por estes sindicatos-- e logo da evidente división sindical que se deu no comité de folga. Pero non rematou. A folga seguirá, superará os 80 días e o conflito enquístase aínda máis. Fontes do persoal sitúan no enfado de boa parte del coa actitude da Xunta ante as súas reivindicacións un dos motivos fundamentais para que a votación acabase coa negativa a este acordo. As votacións, que comezaron ás nove da mañá, desenvolvéronse con tensión en varias das cidades. Ao tempo que unha parte dos traballadores de Xustiza acudía a depositar a súa papeleta, os tres sindicatos en contra do acordo celebraban concorridas asembleas para explicar a súa postura nas que se manifestaba o non ao devandito acordo. En Vigo e Pontevedra houbo enfrontamentos verbais e foi requirida a presenza de forzas de seguridade. "Dignidade", "traidores", "vendidos" ou "que vote a policía" foron algunhas das proclamas. Desde CCOO, UGT, USO e CSIF --que suman o 60% da representación-- acusaron os outros sindicatos de intentar "boicotear" as votacións, mentres que CIG, AX-CUT e STAJ denunciaron un "auténtico pucheirazo" pola "falta de garantías de control" dos votos. De feito, estas últimas centrais daban por segura a vitoria do si desde primeiras horas ao ser "unha votación controlada e organizada" polos partidarios do preacordo. Pero non foi así. Nalgunhas urnas, traballadores introduciron moedas en lugar de papeletas para amosar o seu desacordo co pacto alcanzado coa Xunta, pero foron moitos os que se uniron para acudir a votar non entre reproches aos organizadores da consulta. As votacións desenvolvéronse con tensión en varias cidades e con reproches entre os sindicatos convocantes e os que rexeitaban o acordo Desde a Xunta, o vicepresidente Alfonso Rueda, principal diana das críticas dos sindicatos desde que comezara a folga o pasado 7 de febreiro, asegurou que os sindicatos que protestaron este venres "aínda se retratan máis" e lamentou os "incidentes". Ademais, cre que a súa actitude "confirma" a súa teoría de que hai centrais "que non tiñan interese en negociar nin en que rematase a folga". Desde o PPdeG, o seu secretario xeral, Miguel Tellado, elevou o ton para pedir "á oposición" que "explique o seu apoio a comportamentos radicais de sindicatos que son capaces de ameazar compañeiros". A formación conservadora empregou varias das súas canles nas redes sociais para difundir vídeos nos que acusaban de "coacción" a traballadores da Xustiza. Todo antes de coñecerse o resultado. Tras coñecerse este, Rueda atribuíuno ás "presións" aos traballadores froito de episodios "en absoluto democráticos" para "intentar condicionar o seu voto". Porén, as votacións realizáronse en urna e de xeito anónimo. O acordo, segundo defenden os sindicatos asinantes, supoñía que se conseguise o obxectivo inicial de que as remuneracións do persoal de Xustiza en Galicia fosen"xustas" e se situasen na media das comunidades autónomas tras comprobar que a oferta económica da Xunta era xa "inamobible". A Xunta e o PP cargaron con dureza contra os tres sindicatos en contra do acordo antes de coñecer o resultado das votacións Esta proposta situaría de inmediato os funcionarios galegos, segundo as táboas difundidas polos sindicatos convocantes da votación, en noveno posto --entre doce comunidades e un territorio do Ministerio de Xustiza-- en canto á retribución do complemento autonómico no caso dos xestores, sétimo no dos tramitadores e sexto nos corpos de auxilio. En 2019, os xestores avanzarían unha posición ata a oitava, mentres que tramitadores e auxilios serían cuartos; e en 2020, con todo o incremento aplicado, os xestores serían sextos e os demais continuarían na cuarta praza. O Goberno galego incluíu tamén unha cláusula que garante que o funcionariado galego non caería nunca por baixo da sexta posición nestas táboas. Ademais, os sindicatos convocantes aclaran que se confirman os acordos xa avanzados anteriormente que inclúen a ampliación dos supostos de incapacidade laboral transitoria nos que se percibe o 100% das retribucións, unha compensación económica que retribúa a diferenza de soldo do persoal funcionario que realice unha substitución nun corpo superior, a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos de duración e a amortización de prazas prevista no marco do plan de modificación dos cadros de persoal aprobado en 2012. Diferenzas entre os sindicatos O resto de sindicatos, pola contra, explicaron nun vídeo as razóns polas que non aceptaron o preacordo. Aseguran que o plan de recuperación do traballo polo paro "non é admisible" porque moitos dos traballadores que foron á folga "quedan excluídos". Ademais, denuncian que a cláusula de revisión condénaos "para sempre" a só garantir que se revisen os complementos "de alcanzar a sétima praza" na táboa de retribucións por autonomías. En canto ao aumento salarial, advirten de que neste 2018 "oscila entre os 61 e os 67 euros, moi lonxe dos 300 euros que di o Goberno e en contra do mandato parlamentario". "Son cantidades moi afastadas do que se reclamaba inicialmente e do que aínda a última semana se defendía", insistiron. O preacordo ofrecía un aumento de 140 euros máis ao mes para forenses, 135 para xestores, 127 para tramitadores e 122 para auxilios No preacordo votado este venres, a Xunta ofrece un aumento de 140 euros máis ao mes para os médicos forenses, 135 para os xestores, 127 para os tramitadores e 122 para auxilios. Sería aplicable en tres anualidades, percibindo o funcionariado o 50% deste incremento neste ano e tras validarse o acordo, o 30% en 2018 e o outro 20% en 2020. Os outros tres sindicatos --e o comité de folga ata este mesmo xoves-- defenden un incremento liñal e para todos os corpos de 140 euros que fose aplicable nun 60% de inmediato e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2018 e o restante aumento en senllas partes do 20% en 2019 e 2020. Sexa como for, a Xunta acabou por aceptar un incremento malia advertir en numerosas ocasións que non mudaría ofertas que foron sistematicamente modificadas. O funcionariado, que empezou reclamando un incremento de 400 euros mensuais para cada traballador, acabou por reducir ata 190, 180 e 140, a última proposta unitaria do comité de folga, que se dividiu finalmente ao aceptar catro sindicatos un acordo coa Xunta que implicaba un aumento de entre 140 e 122 euros segundo a categoría do persoal, aplicable máis de vagar nos vindeiros tres anos que na demanda anterior. pic.twitter.com/WiGT6q8vNg — AlternativasXustiza (@alternativaxus) 27 de abril de 2018 Agora, o conflito queda nun punto de difícil solución: cunha Xunta que cría arranxado o conflito e un comité de folga dividido. Cunha parte celebrando o resultado das voacións, como se pode apreciar no vídeo anterior, e outra asumindo un resultado que, moi posiblemente, non agardaba. |
NOS_1504 | Organismos exhaustos. Sometidos ao control, aos "mecanismos diarios de vixilancia e de explotación". Corpos expulsados. Vidas fronteirizas, excéntricas, expulsadas dos centros de poder. Consideradas refugallo, resto. Son os protagonistas de A desvértebra, (Chan da Pólvora), o libro que representa a volta de Ana Romaní á poesía tras dez anos de silencio. Atravesan esta obra, tamén, as alianzas contra o "ecocidio" e a orde patriarcal. O saberse "liques", "corais", organismos codependentes dispostos a resistir as estratexias de dominio. | Hai vértebras e desvértebras neste poemario. Que é a desvértebra? A desvértebra é a procura dun balbucir no colapso. O neoloxismo tenta substantivar o estado dun corpo común, social, inmobilizado. Na imposibilidade do xiro (a vértebra alude ao xiro) e na desarticulación (como sabedes nunha das súas acepcións desvertebrar implica tirar a estrutura interna, a articulación que confire estabilidade), o poema, descrido e algo exhausto, pescuda e persiste disonante na latencia, espreita e escoita o estado dese corpo de corpos. En realidade moitos corpos baixo unha orde. Ese é o ámbito que esculca o libro, cruzado de voces e experiencias diversas e nun contexto que alerta do ecocidio e o colapso sistémico, atende a dor dos corpos crebados (cando falo de corpo, non me refiro só a un corpo biolóxico) e detense nos mecanismos de control e consolidación da orde patriarcal e o exterminio capitalista. Hai un primeiro poema que utiliza léxico relacionado coa costura, que suxire a idea da carne -a boca- cosida, que dá paso ás tres partes do libro: o urdido, a carne e o fío. Por que esa presenza do vocabulario da costura? Por que a carne está cosida? Si, ese poema xunto co anterior, con "terma desta luz", funciona case a xeito de limiar. Se o primeiro enfoca o precipitarse de todo o que está a caer, o seguinte, "un fío entreabre o labio", adianta o fracaso do intento que seguirá: tensar o fío que zurce o labio e vocalizar, dicir, nomear... Máis que dicir realmente é un gaguexar no efecto da sedación. Logo virían as tres partes ás que aludes e o fío con dous poemas a xeito de apertura final, aínda que se cadra a apertura está xa na parte do xiro. O poema nunca dará dito, nunca se completará, sempre será o que se precipita fóra. Os beizos cosidos é a figura da imposibilidade de dicir, mais tamén a do castigo e a da censura, o que non debe ser dito. O acto de radical rebeldía é tensar o fío, abrir os labios, sabendo que ese tirar da carne producirá unha dor extrema e se cadra no propio acto inscríbese o fracaso ao que está destinado, e aínda así aí está a urxencia da voz. Á fin é unha imaxe que remite aos procesos de liberación. Ao extenuado e radical desligarse. A costura pode levarnos a un universo de patróns e fíos, mais tamén a unha esfera cirúrxica de asepsia, control e sutura do que irrompe, anómalo, nocivo e pernicioso, para un corpo "san". Por outra banda está ese balbucir no colapso ao que aludía antes. O poema nunca dará dito, nunca se completará, sempre será o que se precipita fóra, sendo linguaxe será o baleiro e o silencio que a constitúen, iso que a linguaxe instrumental opaca. A desvértebra, os poemas e os silencios que a conforman, apenas pode balbucir, acaso só espreita as múltiples formas que toma o imperio, a dominación, nas vidas. O territorio é político, as estratexias do dominio despréganse no emocional, no intelectual, no físico, na usurpación de palabras e de recursos, na subtracción da dignidade desas vidas de refugallo. O corpo -un corpo político- está sempre moi presente nos seus poemarios. Feito de construcións sociais que oprimen, mancan. En A desvértebra parece, tamén, un corpo-carne ferido e, seguramente, non normativo. Por que? Son corpos-carne feridos, si, expulsados da vida, son vidas de refugallo. O que está en xogo é a vida vivíbel e as súas múltiplas e interdependentes formas de palpitar. Corpos diferentes, non normativos, disidentes, disonantes, corpos de bichos, de ourizos, de vermes, e non só, tamén liques, amebas... O libro está cheo de bichos, como nós e outros, cheo de organismos exhaustos, sometidos ao control, á disección, á disciplina, aos mecanismos diarios de vixilancia e de explotación. O territorio é político, as estratexias do dominio despréganse no emocional, no intelectual, no físico, na usurpación de palabras e de recursos, na subtracción da dignidade desas vidas de refugallo. Eu véxoo como un libro colectivo, que abeira por veces a furia e por veces a ironía e a irreverencia paródica. Este rexistro irónico é, se cadra, o que soa algo diferente neste libro con respecto aos anteriores. A desvértebra permitiume unha dicción coa que gocei, acompañoume moito. É un libro moi especial para min, a súa escritura tivo un efecto liberador, foi reparadora, e por moi paradoxal que poida soar, na súa crúa dureza paréceme que acubilla a tenrura liberadora da descuberta, da decisión do rozamento, da escoita da carne, das células radiantes, de saberse lique, coral. Todas somos sobras e restos, nalgún momento da historia (con minúscula e con maiúscula) e da vida. Hai corpos condenados ao éxodo que se arrastran polo Campo. Remite á emigración forzada, quizais aos refuxiados… Onde podemos situar estes corpos? Son corpos exhaustos, seres expulsados, vidas fronteirizas, organismos excéntricos, de refugallo, desprazados dos múltiples centros nos que o poder se desprega cada día. As sobras, o refugallo, os restos. Iso que deixa de servir. E todas somos sobras e restos, nalgún momento da historia (con minúscula e con maiúscula) e da vida. Esas vidas, estas vidas de refugallo cruzan os poemas e os territorios da expulsión. Andan barrancos, desertos, mares, estradas, mais tamén, esoutros territorios da expulsión que son: a linguaxe, os cuartos privados, os coidados, as columnas crebadas no traballo sen remuneración ou mal pagado do día a día, esas mulleres de vértebras soldadas a soster e coidar dos despoxos deste colapso, os corpos das mulleres que cargan co peso dos restos. Esas vidas de refugallo son tamén os corpos da foresta, o do picapau e a cortiza e o teu cóbado que os roza, comparten a mesma dor, a dor retícula. Ou os corpos vencidos que persisten no bater da víscera. A víscera é a expresión do amor do corpo que resiste e crepita, en fin… A marabilla do corpo do verme a traballar nos ocos e o do ourizo e a súa sombra, que é a nosa. Ou eses corpos inmóbiles e deleitados nas sombras da cova que cren que deben preservar; ou os sometidos e obedientes na execución cómplice da orde deglutindo tórax; ou os que se precipitan canón abaixo e cae con eles un país; ou os que atravesan desertos ou ríos para chegar a Campos, a Granxas, a Estadios onde son recluídos, vixiados, sometidos, baixo a compracida ollada dunha inmensa icona feliz. Por certo que apenas hai maiúsculas no libro, mais ben un rumor de existencias e formas palpitantes minúsculas. As poucas maiúsculas que hai érguense en espazos de opresión, nomes que evocan cartografías da represión e da exclusión, os Estadios daquelas ditaduras, as Granxas industriais e os corpos cebados, Campos de refuxiadas, de concentración... imaxes de todos eses espazos que producen e se reproducen nos interiores das casas e nas esquinas das rúas que camiñamos. Que é a memoria en A desvértebra e como se relaciona, en xeral, este libro, co pasado, en comparación con Estremas? Son memorias cruzadas que atravesan os ocos dos poemas, pero talvez esta non sexa a memoria de Estremas senón unha memoria do futuro. Ás veces teño a sensación dun leve acento distópico nalgúns dos textos do libro. Pero ben, alén diso, hai un xogo temporal, conflúen no abismo "dese todo está a caer", tempos, espazos e voces. A desmemoria é unha das estratexias que propulsan a caída, o baleiro, que desarticulan a consistencia dun corpo. Sen memoria colectiva estamos expostas, condenadas como seres de laboratorio a rodar sempre no mesmo carrusel. A parte titulada "carne" está chea de animais. O corpo, unha vez máis sometido, aparece a través dos animais, ou da súa cara interior: órganos, vísceras. Por que? Os seres que respiran nos poemas, as formas que se cruzan polos textos, descrén dos catálogos, quero dicir, que se afastan das xerarquías dos reinos, animal, vexetal... das taxonomías. Hai unha alianza simbiótica de organismos en extinción, sometidos nas estremas dun sistema devastador, do ecocidio da orde patriarcal. Falo de seres, formas, órganos, vísceras, amebas, liques... A desvértebra ábrese cunha cita de Donna Haraway: "estes bichos ensinaron a xente coma min que tod*s somos liques, corais". Desde ese lugar, na rocha granítica ou nos océanos plásticos, escóitanse voces e latexos, bisbar de actos de resistencia, ou autogobernados actos de disolución como camiño de liberación, en fin... O libro está cruzado de voces e experiencias, non hai un suxeito e gustaríame pensar que se pon en cuestión a individualidade, o suxeito único … E aí volvo a Haraway, ao seu cuestionamento do antropocentrismo e á reivindicación de "pensar con". Como holobiontes polos poemas esvaran eses organismos, bacterias, microbios en interacción. Talvez procurando as disidentes artes da subsistencia como por exemplo en "As poboadoras de substratos", que se asoma a esa apertura final do libro. En "xiro" hai un poema que se presenta (quizais) como adaptación escénica de Circe e o pracer do azul de Begoña Caamaño. E fala de simulacro e de pantallismo. Por que? Este é un poema en homenaxe a Begoña Caamaño, escribino para Embegoñadas, o acto que fixeran en Compostela Implicadas no Desenvolvemento e 7H Cooperativa Cultural, e decidín recuperalo aquí porque creo que ten moito que ver con esa dicción paródica e algo irreverente que circula polo libro. Traslada as personaxes da novela, de Circe ou o pracer do azul, e a propia autora e a todas nós, a un imaxinario espazo escénico. É un xogo paródico sobre a espectacularización da vida e da literatura e o seu actuar nun tramado de titulares, capturas de pantalla e xogos de efectos. En "xiro" hai tamén algúns poemas con versos dispostos en vertical. E en todo o libro son bastantes importantes os silencios, os espazos baleiros, como en Estremas ou Arden. Hai unha continuidade formal, nese aspecto? Si, o texto no espazo da páxina busca tamén un ritmo de dicción, a respiración, o espazo no que o verso ou as palabras respiran ou se suspenden. Pausas, espazos en branco, versos que colgan, outros que danzan, guións, notas a pé, a confluencia de voces que cortan o verso… Talvez, con respecto a Estremas, neste caso se intensifique máis o despregarse do texto pola páxina e os seus ocos, o baleiro que o acolle. Con respecto a esta cuestión foi moi interesante ver como era a voz dos poemas e como o texto soaba fóra de si, fóra. Con Chus Silva estou facendo un proxecto que demos en chamar audiografías, que explora o poema no ámbito exterior, creando un novo espazo sonoro co contexto. As audiografías apenas amosan movemento. Tampouco ilustran nada que a voz pronuncie. Tan só se preguntan, quen escoita a quen? o espazo ao poema? o poema ás voces que o cruzan? a voz ao lugar? escoita quen mira? Xa están algúns vídeos no espazo LIPO de Chan da Pólvora. Hai unha alternancia de voces que ten que ver con esa convicción do poético como territorio de escoita e tamén do poema como espazo de desbordamento que rompe co discurso único, de autoridade. Hai tamén unha alternancia de voces, como en Estremas. Por que e que ten que ver co poema como xeito de discurso (de palabra) político/a? Si, eu véxoo como un libro de voces e entrecruzamentos de experiencias. Non hai unha experiencia única, non hai un suxeito, unha voz. Hai unha alternancia de voces que ten que ver con esa convicción do poético como territorio de escoita e tamén do poema como espazo de desbordamento que rompe co discurso único, de autoridade. O colectivo, o plural, constitúe ese corpo sen articulación inmobilizado que o poema tenta escoitar, ao tempo que pon en dúbida a esencia do estabelecido, a súa inmutabilidade. Político pois, mesmo irado. "Poboadoras de substratos" e "Acaso nunca humanas", entre outros poemas, fan pensar nun suxeito colectivo feminino que está moi presente tamén noutros libros seus. "Poboadoras de substratos" e "Acaso nunca humanas" son dous poemas que creo que concentran algúns dos fíos que fican soltos nos anteriores desa mesma parte, do xiro. Poemas atravesados de voces desaxustadas, que non se corresponden co rol, nin coa función, voces femininas desprazadas, disonantes: felinas, cervas, autoras descridas ou aquelas de cóncavas mans... Entón estes dous poemas reúnen eses fíos e comezan a xirar cara a esa apertura final do libro. Xogando poderiamos dicir que serían a vértebra da desvértebra, o xiro, un suxeito colectivo que se escribe en feminino e que nas disidentes artes da subsistencia estabelece alianzas, corpos estraños que se resisten ao catálogo, ao imperio, e alimentan a revolta. É acaso a liberación de non ter sido nunca humanas, que enlaza co texto Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas cando con Bradotti recollo que "como subxectividades sexuadas en feminino non cremos ter sido nunca humanas", o cal non deixa de ser unha condición de posibilidade de transformación, cando menos de revolta. O poema final da parte titulada "o fío" fala de lamber as vértebras feridas. E deixa unha sensación, quizais, de alivio. Hai neste libro ese movemento cara ao acougo? Si, porque aínda así e sen que nada semelle moverse hai un substrato vibrante que palpita e si, o libro camiña cara a unha apertura final, cara ao acougo, un acougo feliz, porque é unha determinación, a do rozamento, a da confianza. Á fin e a pesar de todo A desvértebra é un libro esperanzado, que confía, pero confía nesas outras formas da materia vibrante, células radiantes, alianzas... acaso a vida. O xornalismo cultural non deixa de ser xornalismo e polo tanto está afectado pola profunda crise que experimentou a información, os modelos de medios de comunicación e a perda da función de servizo público que era trazo crucial de identidade Recibiu o Premio Nacional de Xornalismo Cultural nun momento no que a cultura perdía peso nos medios públicos -despois de case desaparecer nos privados-. A situación non pareceu mellorar... O xornalismo cultural non deixa de ser xornalismo e polo tanto está afectado pola profunda crise que experimentou a información, os modelos de medios de comunicación e a perda da función de servizo público que era trazo crucial de identidade (tanto dos medios públicos como privados). O xornalismo como ben público é un axente básico na vertebración social, garante do dereito á información e ao coñecemento. Perdida esa función os medios (por máis que hai algúns que resisten) están máis preto da maquinaria propagandística e responden ás premisas e necesidades de estruturas mercantís. Aí a información cultural ten pouco que facer. O seu espazo foi reconverténdose nun gran bazar que baila ao ritmo do espectáculo que imprimen os departamentos varios de creación de contidos; a axenda está marcada polas promocións de produtos, as fotos institucionais e outras dinámicas externas. A novidade como noticia, a ausencia de contexto, a errada equivalencia entre contar e informar ou este precipitado de urxencias varias sen tempo para relacionar nada con nada son caldo de cultivo no que o bazar amplifica os titulares. Pero iso nada ten que ver co xornalismo cultural, que agás resistentes excepcións, desaparece silenciosamente entre tanto altofalante. |
NOS_6644 | A enquisa, feita após o 24M, outorga entre 1 e 2 parlamentares á fronte nacionalista. O PP sería a forza máis votada mais perdería a maioría absoluta. O PSOE, segundo e Podemos, terceiro. | O barómetro de xuño que Celeste-tel elaborou para eldiario.es indica que o BNG mantería a representación galega no Congreso español, ao obter entre 1 e 2 parlamentares -na actualidade posúe 2- na Cámara baixa. A enquisa, realizada após as eleccións municipais do 24M, outorga un 0,67% de intención directa de voto máis simpatía á fronte nacionalista, nunha porcentaxe moi similar a outras sondaxes e inquéritos -como a do CIS-, que tamén apontan a que o BNG mantería presenza no Congreso. O Partido Popular sería, de se realizar agora unhas eleccións xerais, a forza máis votada. Cun 30,1% dos votos e obtendo entre 134 e 138 deputad@s, uns cincuenta menos dos que posúe na actualidade (186) e ficaría afastado da maioría absoluta. O PSOE sería a segunda forza, cun 27% dos apoios nas urnas e entre 118 e 125 escanos, subindo a respecto dos 110 que ten nestes momentos. Cun 13,1% dos votos, Podemos entraría no Congreso español con entre 31 e 35 parlamentares. E Ciudadanos obtería de 20 a 22 escanos (10,48% dos sufraxios). A suma de Ciudadanos o PP (134/138) non daría para a maioría absoluta (que esá en 176 escanos). A quinta formación parlamentar en número de deputad@s sería, segundo a sondaxe, CiU, que obtería entre 10 e 11. Esquerra Repuclicana de Catalunya (ERC) tamérn tería grupo propio na Cámara española, pois tería entre 8 e 9 deputad@s, un incremento considerábel a respecto dos 3 actuais. Izquierda Unida tería entre 4 e 6 representantes no Congreso, número similar ao que este inquérito concede á esquerda abertzale (Amaiur), que atinxiría 4 ou 5. Compromís obtería 3 e Geroa Bai, 1. A CUP estaría entre 0 e 1 representantes, igual que a coligazón balear 'Més'. |
NOS_27847 | Desde a mañá desta sexta feira a Casa Consistorial de Pontevedra loce na súa fachada unha faixa que defende o dereito das mulleres a abortar. O goberno municipal inicia de maneira visíbel a campaña de rexeitamento da Lei de Gallardón. | "Polo dereito das mulleres a decidir. Aborto libre e gratuíto". En violeta sobre branco. A faixa pendurada na fachada da Casa Consistorial do Concello de Pontevedra ocupa case o longo da gran balconada de granito que identifica o edificio. O alcalde, Miguel Fernández Lores e distintos membros do goberno municipal, incluído o voceiro do PSOE, saíron esta mañá ao balcón para pendurar a faixa que mostra o seu compromiso co dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo. É o inicio dunha campaña coa que desde o goberno municipal se tentará concienciar á cidadanía sobre o alcance do proxecto lei presentado por Gallardón e a súa repercusión no recorte de liberdades e dereitos das mulleres. "Quixemos facer un chamamento á cidadanía e seguiremos traballando con distintas actividades para facer públicas as repercusións do paso cara atrás da lei do PP", sinala Carme Fouces, concelleira de Benestar Social Municipal e Muller. Até que se retire o proxecto de lei "A reforma do aborto é coherente co modelo social do PP que quere eliminación de todo o ámbito público para pasalo a mans privadas, cunha sanidade ou xustiza para ricos e outra para pobres xunto coa súa ideoloxización retrógrada que se ve con claridade no ensino. Neste marco, o proxecto que teñen para o aborto responde a un puzzle ben armado", denuncia Carme Fouces para quen a ofensiva de Gallardón contra as mulleres afonda na eliminación de dereitos conquistados socialmente nas últimas décadas. A faixa está á vista desde hoxe na balconada da Casa Consistorial e desde o goberno municipal contan retirala "cando se retire tamén o proxecto de lei". Segundo Carme Fouces, malia descubrirse algunha diferencia dentro do propio PP ao respecto do texto presentado por Gallarón, a responsabilidade é compartida xa que "o propio Feijóo desmantelou os centros de orientación familiar, os centros Quérote, e vetaron o debate do anteproxecto de lei na Comisión de Igualdade de hai quince días". En Pontevedra, o BNG xa presentara unha moción na defensa do aborto libre e o PP abstivérase co argumento de que non sabía en que termos estaba redactada a lei. "Non é ningunha agresión a quen opina doutra maneira. A lei anterior non obrigou a abortar a ninguén. Trátase de defender o dereito a decidir das mulleres sobre os seus corpos. Coa lei de Gallardón, o útero feminino pasa a ser dos psiquiatras, de médicos e xuíces", afirma Carme Fouces. |
PRAZA_3920 | Feijóo dá por "desactivada a fase aguda" da pandemia da covid-19 e sitúa o "pico" na contorna da primeira fin de semana de abril. A Xunta sinalara que prevía unhas 400 camas nos hospitais de campaña de Expocoruña e o Multiúsos Fontes do Sar; Galicia conta cunhas 7.000 camas públicas e arredor de 2.000 privadas | Expocoruña e o Multiúsos Fontes do Sar non funcionarán, finalmente, como hospitais de campaña para paliar a saturación dos centros sanitarios pola pandemia do coronavirus. As instalacións anunciadas polo Goberno galego o pasado 31 de marzo, xornada na que Alberto Núñez Feijóo estimara a súa entrada en servizo para a primeira ou segunda semana de abril, finalmente non serán precisas porque, en verbas do propio presidente da Xunta, "o pico está superado".Feijóo dá por "desactivada a fase aguda" da pandemia da covid-19 e sitúa o "pico" na contorna da primeira fin de semana de abrilSegundo Feijóo, o comité do Sergas que fai seguimento do impacto da covid-19 en Galicia estima que é posible dar por "desactivada a fase aguda" da pandemia no país e o Goberno estima que ese "pico" quedou na contorna da fin de semana do 5 de abril, cinco días despois do anuncio dos hospitais de campaña -que o Executivo dicía valorar tamén para o Ifevi de Vigo-. Naqueles días chegou ao máximo o número de persoas hospitalizadas por esta doenza."Tiñamos que estar preparados" e por iso estas instalacións comezaron a construírse, xustifica, pero "todo indica que non será necesario utilizalos", o cal considera unha "boa noticia". Non cumprirán cando menos "de momento" e "se non hai un rebrote" da enfermidade "nos próximos meses ou a finais de ano" nun contexto no que bota man do termo empregado nas últimas semanas por Pedro Sánchez, vén unha "nova normalidade" na que "moitas cousas non poderán ser como antes" ata que "comunidade científica descubra unha vacina". Sanidade non especificou polo momento os orzamentos destinados a habilitar estes recintos como hospitais de campaña e a súa plataforma de contratación tampouco ofrece ata agora detalles ao respecto. Tampouco o fixo Feijóo, que na súa intervención para os medios a través de internet -retransmitida tamén, como adoito, ao vivo pola TVG- si fixo fincapé en transmitir agradecementos a varias empresas que, asegurou, colaboraron na montaxe. Entre elas citou a Estrella Galicia, Inditex, Bandalux, Oximesa, Gadis ou o despacho de avogacía APS, sen especificar as achegas concretas de cada unha delas aos proxectos.A Xunta sinalara que prevía unhas 400 camas nos hospitais de campaña; Galicia conta cunhas 7.000 camas públicas e arredor de 2.000 privadasO anuncio de non utilizar os hospitais de campaña chega nun contexto no que, atendendo aos datos fornecidos este mércores polo Sergas, hai 874 persoas hospitalizadas por mor do coronavirus en Galicia. Delas, 128 están na UCI -tras once días de descenso- e 746, en unidades ordinarias de hospitalización. A finais de marzo, Sanidade estimaba que ía precisar ata 4.000 camas ao mesmo tempo para atender a persoas afectadas pola pandemia, segundo asegurara o propio Feijóo, que cifrara nunhas 400 as habilitadas en Expocoruña e no Multiúsos do Sar. Na actualidade e malia aos recortes dos últimos anos, Galicia conta cunhas 7.000 camas hospitalarias públicas e unhas 2.000 privadas.Protocolo de máscaras para "toda a nación española"Alén da situación das residencias de persoas maiores e dependentes, Feijóo detívose outra volta nas críticas ao Goberno de España sobre a xestión da pandemia, xa sexa para esgrimir os "test fiables" cos que a Xunta fará "un estudo epidemiolóxico" fronte aos remitidos polo Estado ou tamén para censurar que o que considera "ideas contraditorias" sobre o uso de máscaras sanitarias. Neste sentido, asegura, a Xunta tentará "garantir o subministro" de máscaras "a todos os galegos que o soliciten" cando "finalice o confinamento", remate que ao seu xuízo debera ser viable aplicar con "intensidades distintas" en función da incidencia da pandemia en diferentes puntos do Estado. Sobre o seu uso concreto, asegura, o Goberno galego seguirá reclamando "un protocolo que debe ser único en toda a nación española" determinado polo Goberno central ao cal, como fixera a finais de marzo o presidente de Aragón, Javier Lambán, Feijóo pide tamén que estude permitir saídas "controladas" da poboación menor de idade. |
NOS_36174 | O idioma galego, excluído por primeira vez nunha edición de XuventudeGalicia.net | "O Xuventude Galicia Net., que a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais. De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galicia Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento". É a denuncia clara e directa que fai Prolingua, que denuncia que a exclusión do galego non se deu até o de agora. "Abonda con consultarmos o timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobarmos como daquela se dirixían con toda normalidade en galego aos seus seguidores". Prolingua lembra que este evento contou con apoio da Xunta, a través dun convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e o vicepresidente Alfonso Rueda visitaron o recinto feiral de Silleda ratificando coa súa presenza que apoian a expulsión da lingua galega. A plataforma apartidaria ProLingua apionta a que "arela que a Xunta de Galicia, e o mesmo outros organismos que deberían ser exemplo no uso normalizado do galego, non patrocinen eventos que salientan pola ausencia da nosa lingua". |
NOS_55295 | O Colexio Oficial de Enxeñería Técnica de Telecomunicacións (Coettga) advirte que a alta demanda de medios telemáticos por parte da poboación, derivada do confinamento pola crise do coronavirus, pon en evidencia as desigualdades que existen na Galiza en canto a acceso dixital, onde o rural segue a ter peores condicións, con "puntos escuros" ao longo do territorio, malia os avances dos últimos anos en moitas zonas. | "Este aumento na demanda de medios telemáticos e de telecomunicacións constatou a significativa fenda, que penaliza as zonas do rural, e que veciñanza e institucións levan denunciando durante os últimos tempos", sinala o presidente do Colexio, José M. Martínez, Para Xosé M. Blécua, alcalde de San Xoán de Río e vogal do Coettga, "a principal fenda no rural que hai agora é a lexislación, porque vai moi por detrás da tecnoloxía". "Agora mesmo, por lei, o único que se obriga é a ter telefonía fixa por cable e velocidade de 1 MB por segundo. Sabemos que a telefonía fixa está desaparecendo e tamén sabemos que unha suficiente decente son de 30 MB", observa Blécua, para quen "a poboación do rural é a que queda sempre sen avances" . "O 5G no rural non o imos ver mentres non se lexisle, porque non sae rendíbel. No noso Concello temos 59 núcleos de poboación, dos que só un supera os 30 MB", exemplifica. O Colexio lembra que a crise polo coronavirus levou o Ministerio de Asuntos Económicos e Tranformación Dixital a suspender as actuación de cambios directos de canles radioeléctricas dentro do procedemento de liberalización do chamado Segundo Dividendo Dixital, "o que seguramente atrasará a implementación do 5G nestas zonas, o que afectará case un millón e medio de persoas, que precisamente viven nalgunhas das comarcas máis desfavorecidas", expón o decano do Coettga, que sitúa entre elas as zonas interiores da Galiza. Neste contexto, o ente profesional salienta que, de non ser polos sistemas de telecomunicacións e as novas tecnoloxías, sería "impensábel" continuar coa vida normal e o país paralizaría por completo, "o que suporía un número inxente de persoas ao paro --ao non poder acollerse a opcións de teletraballo-- e a imposibilidade de continuar coa formación educativa a distancia". "Probábelmente nestes días de illamento social é máis importante que nunca estar conectadas, axudar a soportar a incerteza desta situación descoñecida para a sociedade. Falar, comunicarse, socializar sen ter contacto físico… algo imposíbel sen as telecomunicacións", observa. Como expón, os datos do Ministerio de Economía revelan que, no territorio estatal, máis de 3,2 millóns de habitantes teñen unha conexión a internet "deficiente", cunha velocidade menor a 10 MB, e perto dun millón de persoas contan cun ancho de banda que non chega aos 2 MB. |
PRAZA_5763 | Xosé Veiras denuncia no blog Un claro no bosque a feble protección que ofrece a Rede Natura 2000 e critica o recentemente aprobado Plan Director, que enmarca "na política xeral ultraprodutivista do actual Goberno galego, polo que protexe desprotexendo" | Xosé Veiras denuncia no blog Un claro no bosque a feble protección que ofrece a Rede Natura 2000 e critica o recentemente aprobado Plan Director, que enmarca "na política xeral ultraprodutivista do actual Goberno galego, polo que protexe desprotexendo" Os estados da UE recoñecen, sobre o papel, a relevancia social e económica da conservación da biodiversidade. Mesmo acordaron en 2001 deter a perda de biodiversidade en 2010, para o cal adoptaron un plan de acción cuxa medida estrela era a implementación da rede de espazos protexidos Natura 2000, a máis extensa do mundo. Porén, o obxectivo non foi atinxido, adiándose para 2020. Un fracaso anunciado. Sen unha mudanza radical do modelo económico produtivista, nin sequera aplicando a mellor política sectorial posíbel de conservación da biodiversidade, a UE sería capaz de frear a deterioración da natureza. Cómpre ir á raíz e abordar as causas subxacentes da perda de biodiversidade, que teñen a ver cunhas pautas de produción e de consumo espoliadoras do capital natural As políticas de conservación da biodiversidade son necesarias e úteis. Malia as súas insuficiencias, conseguen aminorar algo a destrución da natureza, mais non abondan para afrontar eficazmente a crise da biodiversidade, un dos elementos principais da crise ambiental. Para iso, cómpre ir á raíz e abordar as causas subxacentes da perda de biodiversidade, que teñen a ver cunhas pautas de produción e de consumo espoliadoras do capital natural do que depende o noso benestar. Unhas pautas que o conxunto das políticas da UE tende a reforzar. "Mentres estas causas non sexan entendidas e abordadas, continuarán a impulsar a perda de biodiversidade, malia o boas que poidan ser as políticas de conservación da biodiversidade", afirmaba o European Environmental Bureau (EEB), a maior federación europea de asociacións de defensa ambiental, ao explicar o incumprimento do obxectivo de deter a perda de biodiversidade en 20101. UE: produtivismo neoliberal forte, conservacionismo débil En Galicia, xeralizouse unha percepción positiva do papel da UE na conservación da natureza. Fundaméntase, en boa medida, no impulso dado á rede Natura 2000, que no noso país veu remediar algo a sempre cativa disposición da Xunta a protexer os espazos naturais máis valiosos. Ademais, moita xente confía nunha suposta elevada conciencia conservacionista das autoridades europeas, que estarían sempre listas para acudir no resgate da natureza en calquera lugar da UE cando for vítima dos desleixos e abusos das administracións estatais e/ou subestatais. Algo que poucas veces acaba por acontecer. As institucións europeas e os estados membros da UE adoitan subordinar todo aos intereses do capital e á procura incesante dun crecemento económico intrinsecamente destrutor do medio Non só en Galicia ou no Estado español se destrúe máis que conserva a natureza. Tamén no conxunto da UE. As institucións europeas e os estados membros da UE adoitan subordinar todo aos intereses do capital e á procura incesante dun crecemento económico intrinsecamente destrutor do medio (cando menos, na medida en que a austeridade non impida o obxectivo do crecemento). Unha consecuencia disto é a perda de biodiversidade. E non só dentro das fronteiras da UE. A enorme pegada de destrución ambiental asociada ao consumo ecoloxicamente insustentábel das economías europeas exténdese por todo o planeta. A rede Natura 2000 protexe pouco e, ás veces, nada O alcance territorial, o grao de protección e a calidade da xestión dependen, en moi grande medida, da vontade política das administracións competentes dos Estados membro, no noso caso da Xunta A lexislación europea deseñou a rede Natura 2000 fixando uns criterios mínimos, mais o alcance territorial, o grao de protección e a calidade da xestión dependen, en moi grande medida, da vontade política das administracións competentes dos Estados membro, no noso caso da Xunta. A UE esixe, pero "sen pasarse". Porque a UE está sobre todo para o que está. Impón límites de déficit público, mais non un mínimo de superficie natural a protexer. Malgasta inxentes cantidades de diñeiro en investimentos e axudas socioambientalmente prexudiciais, mais está lonxe de garantir un financiamento adecuado para a rede Natura 2000. Ordena privatizacións e liberalizacións, mais non estabelece prohibicións a priori de actividades económicas destrutivas nos espazos da rede Natura 2000. A Comisión europea mesmo elaborou directrices para facer "compatíbeis" neles minas ou parques eólicos! A combinación de produtivismo forte con conservacionismo débil fai que o espolio da natureza en Europa sexa alarmante, mais alá de logros parciais na recuperación dalgunhas especies e espazos naturais. Segundo a propia UE, só o 17% dos hábitats naturais de interese europeo estaban en bo estado de conservación en 2010, 18 anos despois da aprobación da directiva que os protexeu e deu lugar á creación da rede Natura 2000. Se tomamos en consideración só a rexión bioxeográfica atlántica –na que se inclúe a maior parte de Galicia- nin un só tipo de hábitat presenta un bo estado de conservación2. O proceso de desenvolvemento da rede Natura 2000 en Galicia por parte da Xunta é unha crónica de atrasos inxustificábeis, notorias insuficiencias, cesións escandalosas a intereses privados e investimentos irrisorios na conservación de hábitats e especies A rede Natura 2000 non pode obrar milagres, mais aínda se a súa implementación, desigual segundo os países, deixa, polo xeral, moito a desexar. O caso galego debe ser dos peores. O proceso de desenvolvemento da rede Natura 2000 en Galicia por parte da Xunta é unha crónica de atrasos inxustificábeis, notorias insuficiencias, cesións escandalosas a intereses privados e investimentos irrisorios na conservación de hábitats e especies. Como lembra Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, "a Xunta de Galicia tardou nada menos que sete anos en elaborar unha primeira proposta de Rede Natura, tan ridiculamente cativa que tivo que modificala catro veces antes de que fose aceptada en 2004"3. Posteriormente, tanto o goberno bipartito como o de Feijoó prometeron ampliala, e mesmo presentaron propostas concretas para iso, mais todo ficou en nada. A promesa en vigor nestes momentos é que non se vai ampliar "nun curto prazo". No ámbito competencia da Xunta, pois si está prevista unha próxima ampliación no medio mariño, promovida polo Goberno estatal. No mapa da dereita represéntanse as áreas mariñas que entrarán a formar parte da rede Natura 2000 como Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Plan Director ou Plan Destrutor? O plan enmárcase na política xeral ultraprodutivista do actual Goberno galego, polo que "protexe desprotexendo" A Xunta vén de aprobar, por fin, o Plan Director da Rede Natura 2000, un plan de xestión para o conxunto dos espazos Natura 2000 que debería complementarse no futuro con plans específicos para cada espazo ou grupos de espazos. O plan enmárcase na política xeral ultraprodutivista do actual Goberno galego, polo que "protexe desprotexendo". Como apuntou, supomos que sen intención crítica, un titular do suplemento "Mercados" do xornal La Voz de Galicia (20 de abril de 2014), dá "luz verde a la actividad industrial en las zonas más frágiles de Galicia". As asociacións de defensa ambiental recibírono con fortes críticas. ADEGA denuncia que o documento fai "regra" do que debería ser unha excepción, considera como permitido "o que debera ser autorizábel" e como "autorizábel o que debera estar prohibido". Alén de ser moi permisivo con actividades impactantes, as medidas de conservación que inclúe apenas sairán do papel pois, como destacan a Sociedade Galega de Ornitoloxía e SEO/Birdlife, "a carencia de compromiso en investimentos impide o desenvolvemento das directrices e medidas". Talvez o peor do Plan Director sexa que restrinxe moi pouco a extracción de minerais Talvez o peor do Plan Director sexa que restrinxe moi pouco a extracción de minerais. Nun momento en que, após tres décadas de inactividade, rexorde con forza o interese pola minaría metálica en Galicia da man de empresas transnacionais, o Plan, alén de permitir a continuidade e expansión das minas existentes, posibilita a apertura doutras novas sempre que fosen solicitadas antes da entrada en vigor do plan, ou que se sitúen "en zonas con potencial Mineiro" designadas polo Plan sectorial de actividades extractivas, pendente de aprobación, ou en "concellos mineiros" declarados pola Xunta ao abeiro do lei de minaría de Galicia. Contramínate Costa da Morte creou unha petición para denunciar este feito perante a Comisión Europea. Pódese apoiar aquí. Boa falta fai que a subscribamos moit@s para que a Comisión a tome en serio. Notas (1) "Biodiversity protection after 2010: time to launch the ultimate rescue plan". EEB, 2010. (2) Unha nova avaliación estaba prevista pen 2013. Os datos da avaliación de 2010 están dispoñíbeis en: http://www.eea.europa.eu/data-and-maps/indicators/habitats-of-european-interest/habitats-of-european-interest-assessment. (3) Plan Director: tarde e mal, como sempre. Serafín González. Faro de Vigo, 20 de abril de 2014. |
NOS_40525 | Estudou a evolución deste mercado en catro cidades galegas desde 2014. Onde máis incrementou foi na Coruña e onde menos, en Ourense. | O prezo do alugueiro de vivenda aumentou na Galiza nestes cinco anos até nun 30%, nun proceso de encarecemento que ten como consecuencia unha sobrecarga financeira para quen ten que facer fronte a este gasto. O Banco de España avaliou a evolución do prezo de alugueiro de vivenda nas capitais das provincias do Estado español entre 2014 e 219, entre elas as galegas A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Así, o supervisor constata que Palma e Barcelona lideran o aumento do prezo do alugueiro, cunha suba de 50% nestes cinco anos. Na Coruña, e segundo este estudo, ese incremento foi de case 30%, mentres que en Lugo situouse perto de 20%, en Pontevedra supera 15% e en Ourense fica lixeiramente por baixo desa porcentaxe. A nivel de Estado, o gasto en alugueiro supón xa case 28% dos ingresos netos dos fogares, elevándose até 47% nos colectivos de menores rendas. Esta sobrecarga financeira supera notabelmente a media dos países da OCDE, que é de 13%. No Estado español 23% da poboación vive en vivenda de arrendamento, porcentaxe inferior á media da UE (31%) e moi afastada da que se rexistra en Estados como Alemaña (45%), Francia (35,6%) ou Reino Unido (35%). En mínimos A construción de vivenda social na Galiza está en mínimos. En 2017 houbo 12 vivendas protexidas rematadas, a cifra máis baixa entre todas as comunidades do Estado español. A anos luz da vivenda social en Madrid e Barcelona, mais tamén de territorios con menos poboación ca nós, como Euskadi, Aragón, Asturies, Estremadura ou Castela-A Mancha. En todo o Estado español entregáronse en 2017 as chaves de 4.938 pisos sociais. Só 12 na Galiza, o que supón apenas 0,2% do total. En Estremadura (1.600.000 habitantes menos que en Galiza) foron 216. En Nafarroa –a que cuadriplicamos en poboación– foron 192, o que representa 180 vivendas protexidas máis. |
NOS_9012 | Un Celta desatado, en plenitude física, pasou por cima do Barcelona. Tiña razón Luis Enrique ao advertirlles aos seus xogadores que se suicidarían se ían a Balaídos a medio gas. | O Celta ofereceu un partido para a lembranza, cheo de xogadas para enmarcar -o gol de Nolito, o segundo de Iago Aspas- e mostrou que a súa combinación de fútbol asociativo e verticalidade nos últimos metros pode destrozar a calquera equipa que se lle poña por diante. Aínda que esa equipa sexa o vixente campión da Champions. Foron 4 goles, mais puideron ser 6 ou 7. O xogo foi un monólogo dun Celta que saíu enganchadísimo ao relvado e que nos primeiros 10 minutos de partido transmitiu ao rival unha mensaxe clarísima: esta non vai ser a túa noite. Non a foi. Foi a noite de Sergio -providencial nas chegadas do FCB-, Nolito e Aspas. E foino de toda a equipa. Sen a súa intensidade, sen a solidariedade de todos nas fases defensiva e ofensiva, non tería sido posíbel golear a equipa que até a súa visita a Vigo era líder após sumar todos os pontos en xogo. O xogo foi un monólogo dun Celta que saíu enganchadísimo ao relvado e que nos primeiros 10 minutos de partido transmitiu ao rival unha mensaxe clarísima: esta non vai ser a túa noite O Celta está agora un ponto por cima do Barcelona cando levamos consumidas cinco xornadas do campionato. Ten 13 pontos. Só deixou de sumar 2 (os que cedeu na casa co empate face o Las Palmas). Partilla o comando da liga con Real Madrid -líder por mellor gol average xeral- e Villarreal. RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Radoja (Pablo Hernández, min.75), Wass (Planas, min.84), Orellana, Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.76). FC Barcelona: Ter Stegen, Dani Alves, Piqué, Mascherano, Mathieu, Busquets (Rakitic, min.66), Sergi Roberto (Munir min.57), Iniesta, Neymar, Messi e Luis Suárez. Goles: 1-0, min.25: Nolito; 2-0, min.29: Iago Aspas; 3-0 min.56: Iago Aspas; 3-1, min.79: Neymar; 4-1, min.83: Guidetti. Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestou a Busquets, Neymar, Hugo Mallo, Sergi Gómez. Campo: Balaídos. 23.311 espectadores. |
PRAZA_17925 | O Festival Intercultural do Barbaña está organizado por ESCuA (Espazo Cultural Alternativo). A Policía Local acudiu ao lugar pero finalmente non obrigou a deter os concertos, nos que actuaron unha ducia de grupos. Os colectivos sociais e culturais da cidade completaron un verán inzado de actividades culturais | Dende hai anos vén celebrándose en Ourense o Festival Intercultural do Barbaña (FIB), que este xoves chegou á súa sétima edición. Fíxoo con grande éxito, coa actuación dunha ducia de grupos, enchendo a Praza de San Marcial e desafiando a negativa do Concello de Ourense a concederlle un permiso definitivo. A Policía Local acudiu ao lugar pero finalmente non obrigou a deter as actuacións. A organizadora do evento, ESCuA (Espazo Cultural Alternativo), é unha entidade sen ánimo de lucro e por esta razón negábase a pagar as taxas esixidas polo Goberno local. Presentou varios recursos, pero non obtivo resposta, segundo destacan os responsables de de ESCuA, polo que decidiron seguir adiante do festival. Este mesmo xoves o Concello de Ourense publicou un comunicado no que subliñaba que non "aprobaba" a celebración do FIB "porque a organización non presentou os permisos necesarios nin garante a seguridade dos asistentes". Na nota de prensa o Goberno local invocaba o accidente do Marisquiña para defender a súa posición, afirmando que buscaba "evitar que se produzan incidentes como o ocorrido hai escasas semanas en Vigo". O FIB foi un éxito, coa actuación de Tabernet Sabañón, Los taraos, Rata de 2 patas, Pperetas, Damniperigos, Ukelerría, Manette, Kondiós, Rachid El Rafah e as Eskacharéns, Os do ecoconcello de Ponte Canedo, Nubes baixo ti e As Femilistas, nun cartaz que incluía ademais a Valtonyc, exiliado en Bélxica. "Parece que a autoorganización e autoxestión dos colectivos ourensáns funciona. Enchendo prazas en pleno mes de agosto con cultura urbana", destacaron dende ESCuA. Os colectivos que compoñen ESCuA completou un verán inzado de actividades. O veránEarte 2018 incluíu 35 actividades e 21 colectivos, que encheron as rúas e prazas da cidade durante os meses de xullo e agosto. A programación do veránEarte é "aberta e participativa, autoorganizada e autoxestionada. De balde, en galego e feminista e do ecoloxista", destacaban os colectivos que toman parte nela, que querían reivindicar "o uso activista, social e cultural do espazo público sen por elo ter que pagar taxas de ocupación". Houbo concertos, contacontos, obradoiros, radio na rúa, proxeccións de cinema ao aire libre, trivial feminista ou, por exemplo, actividades de ciencia nas prazas. |
NOS_56746 | O proceso de exclusión financeira non dá tregua. Tras perder arredor de 5.500 traballadores e traballadoras na última década e fechar máis da metade das sucursais bancarias, as entidades de crédito prepáranse para clausurar novas oficinas. A poboación do rural é por agora a máis afectada. | O Banco de Sabadell vén anunciar o fechamento de 31 sucursais na Galiza nos próximos meses. A iniciativa avanzada pola entidade con sede en fiscal en Valencia, no marco dun expediente de regulación de emprego (ERE) para máis de 1.900 empregados no conxunto do Estado, preocupa entre traballadoras e traballadores e clientela. A maiores, este novo despedimento colectivo prodúcese só uns meses despois da saída de 1.800 traballadores e cando o grupo financeiro vén de presentar beneficios por máis de 220 millóns de euros. A proposta do Sabadell sitúase na liña das realizadas polos principais operadores financeiros nos últimos tempos. A segunda entidade do país, o Santander, dirixida pola familia Botín, tramita un ERE para 370 empregados co fechamento de arredor de 80 sucursais, unha parte delas procedentes do Banco Popular, entidade que a súa vez ten absorbido os activos do Banco Pastor. Pola súa banda, CaixaBank prevé despedir entre 90 e 100 traballadores e fechar arredor de 15 oficinas, ficando por concretar o recorte de persoal do BBVA. Así as cousas, en 10 anos as entidades de crédito teñen prescindido de 5.500 asalariados na Galiza. O Banco Sabadell conta cunha importante rede comercial no país, derivada da adquisición do Banco Galego tras a quebra do seu titular, Nova Galiza Banco, sendo o quinto grupo bancario en presenza na Galiza após Abanca, Santander, Caixabank e BBVA. Malia que o grupo Sabadell aparece sinalado como unha das entidades financeiras con peores ratios de solvencia do Estado nas probas de estrés realizadas á banca europea no mes de xullo, hai uns meses especulábase cunha operación corporativa de fusión entre Sabadell e Abanca, posteriormente non confirmada. Concellos rurais O 94,9% das sucursais do Sabadell concéntranse nos concellos de máis de 5.000 habitantes pero o groso dos fechamentos vanse centrar nas localidades de menos de 5.000 residentes. A lóxica aplicada polo Sabadell nesta reestruturación é semellante á aplicada por outras entidades, até o punto de que varios municipios galegos atópanse en pé de guerra contra as entidades de crédito. Precisamente, a pasada sexta feira, veciños de diversos municipios das comarcas coruñesas afectados polo fechamento de sucursais manifestáronse diante da sede central da Abanca da Coruña para reclamar o mantemento dos servizos bancarios, tras as últimas decisión do grupo dirixido por Juan Carlos Escotet. Galiza perdeu o 52,15% das sucursais en dez anos A Galiza perdeu na última década 51,52% das sucursais bancarias. Segundo os datos achegados polo Banco de España, o groso dos fechamentos están asociados aos grandes movementos de concentración financeira da primeira vaga de fusións, nun proceso especialmente lesivo para as áreas rurais. Actualmente, 43 concellos galegos non dispoñen de ningunha oficina bancaria e outros 114 só contan cunha sucursal, sendo algúns destes últimos onde se preparan novos fechamentos. A este fenómeno contribúe o proceso de dixitalización e, particularmente, a situación de oligopolio na que operan algunhas entidades. As áreas periféricas das cidades, tamén afectadas As áreas periféricas das cidades non escapan ao proceso de exclusión financeira, expresado no fechamento das sucursais e na redución de servizos. En Lugo fecharon en 10 anos o 26,66% das oficinas e en Ourense o 25,33%. Ao tempo, o horario de atención ao público diminuíu de maneira drástica nos últimos dous anos, limitando a práctica totalidade das entidades o horario de caixa de 8.30 a 11 horas. Curiosamente, este novo modelo asistencial coincide cun aumento das comisións bancarias. |
NOS_54774 | O 12 de xaneiro de 2019 Mondoñedo ergue un monólito en lembranza e homenaxe de Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez. Os tres procedían do exercito dos máis, aqueles que enterraron en solo civil Leiras Pulpeiro, fixéronse xentes de ben naquelas milicias dos bos que construíron o soño republicano e morreron, como os mellores, asasinados polo fascismo. | Son o elo que nos une co nacionalismo e o sindicalismo de orientación heterodoxa. Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro, O Latoeiro e Manuel Rodríguez Núñez, Manolo de Feliciano, partillaron unha aprendizaxe social nas filas do sindicalismo católico, compartiron unha militancia común na única agrupación da Unión Socialista Galega das terras de Lugo, coincidiron na fundación e impulso do sindicato de oficios varios da Confederación Nacional do Traballo e morreron, máis unha vez xuntos, asasinados por un piquete de falanxistas e gardas civís encabezados polo brigada Galende na madrugada do 11 de xaneiro de 1938, un mesmo final na Rocha, a carón do cemiterio vello da cidade episcopal. Significan o proceso de toma de conciencia e de madurez política dunha xeración decidida a rachar co vello. Iniciados ao compromiso social nas filas da Sociedade de Obreiros Católicos, entidade de corte mutualista impulsada pola igrexa coa intención de apartar os traballadores das organizacións de clase pero que actuara de facto como viveiro e escola para os futuros dirixentes das organizacións operarias do Mondoñedo republicano, ocuparan vogalías e postos directivos no colectivo até o momento en que a conciencia galega de clase rebentou aquel xoguete para conciliar. Era xaneiro de 1932 cando Graciano Paz, tesoureiro da entidade, e Siervo González, vogal da mesma desde 1925, eran expulsados da entidade, xunto a perto de oitenta socios, tras denunciar irregularidades na xestión económica por parte do consiliario de Acción Católica Xosé María Agrelo, cuxo nome marcará, en boa medida, o futuro final destes tres mindonienses. Explican o xurdir e vivir contraditorio nas terras mariñás daquela Unión Socialista Galega que tivo, cando menos, o mérito de franquear os vieiros polos que o nacionalismo transitaría a partir da década dos sesenta. Estamos a finais de febreiro de 1932 e baixo o nome de Unión Socialista Obreira Galega bota a andar aquel xuntoiro de patriotismo diferente e de socialismo fóra de molde, presidida por Siervo González Rivas e cunha directiva da que facían parte Graciano Paz Amieiro, Manuel Castiñeira, Anxo Mel Mel, Pedro Nogueira López e Anxo Xesto Cornide. As protestas contra o incumprimento por parte do Concello da Lei de Termos, as demandas de solucións para a estrada de Argomoso, a denuncia da carestía da vida, a manifestación do primeiro de maio a competir coa UXT, coa banda da musica do Val e os gaiteiros locais ou as eleccións de novembro de 1933, onde Siervo González Rivas será o único candidato do partido do Lugo, marcan un proxecto que rematou pronto. Sinalan os días e as loitas en que o fermento libertario agromou e sacudiu Mondoñedo. A fundación e conformación da sección local da CNT, aquel xuntoiro de artesáns e simbióticos da vella capital galega, as crónicas de Siervo González nas páxinas de Solidariedade Obreira, o xenial voceiro obreiro da Galiza enteira, as denuncias dos baixos salarios e do incumprimento da lexislación laboral republicana, a represión que seguiu á revolta de 1934 e a clausura da entidade, pero sobre todo o axir dos máis e dos humildes. E tamén a constitución do Partido Sindicalista na cidade, as horas dos seguidores mariñaos de Pestana, a agrupación do partido na localidade á volta de 1935, máis unha vez Siervo González como presidente, Manuel Castiñeiras como secretario, Xosé María González como depositario, Ánxel Mel Mel como tesoureiro, e Manuel Muíño, Pedro Nogueira e Manuel Gesto Cornide como vogais. Exemplifican, ao fin, a dignidade e o camiño que temos por andar as xentes de ben da Galiza enteira. Cando xa cubría a noite, era un 10 de xaneiro de 1938, petaron as súas portas xentes de mal vivir da cidade episcopal, cuxo nome segue de boca en boca para que fique memoria, e foron con eles ao cuartel da Guarda Civil, onde agardaron que entrara a madrugada para sacalos de paseo e asasinalos. A súa sorte estaba decidida, negábanse a morrer, agonizaron, deixáronos tirados como cans na Rocha e hai quen di que mesmo se achegou un cura parente para ofrecerlles os sacramentos. Chamábanse Siervo González Rivas, cincuenta e dous anos, residente na rúa Febreiro, funcionario municipal, con muller e catro fillos, Graciano Paz Amieiro, corenta e cinco anos, residente na rúa Bispo Sarmiento, artesán latoeiro, deixaba muller e unha filla e Manuel Rodríguez Núñez, corenta e cinco anos, residente na rúa Febreiro, comerciante. |
PRAZA_18196 | O presidente considera que "quedou suficientemente claro que a ministra non deu ningunha instrución" porque "se lle pediu que rectificase e rectificou de forma inmediata" O investigador de Angrois culpa a ex-ministra Pastor de non reabrir as pescudas como pediu a UE e logo rectifica | O investigador de Angrois culpa a ex-ministra Pastor de non reabrir as pescudas como pediu a UE e logo rectifica O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu este xoves en defensa da ex-ministra Ana Pastor despois de que este mércores quen foi presidente da comisión oficial que investigou o accidente de Angrois dixese, e logo se desdixese, que ela impedira continuar as pescudas sobre o sinistro cando así o reclamou a Unión Europea. Feijóo lembrou que "nunha comisión de investigación un relato incorrecto pode ter responsabilidades penais". O presidente considera que "quedou suficientemente claro que a ministra non deu ningunha instrución" Este mércores Vicente Rallo Guinot, xefe da investigación oficial de Fomento que en 2014 concluíu que a responsabilidade do accidente era só do maquinista (hoxe na causa penal están imputados outros seis técnicos ademais do maquinista), dixo no Congreso pola mañá que Pastor non quixo reabrir as pescudas cando en 2016 a Axencia Ferroviaria Europea así llo pediu a España. Poucas horas máis tarde, despois de que diversos cargos populares e da contorna de Pastor, hoxe presidenta do Congreso, se mobilizasen na súa defensa como hoxe Feijóo, Rallo Guinot volveu pedir comparecer na Cámara para dicir que non dixera o que si dixera, o que o situaría no transo de ter mentido pola mañá ou pola tarde. Para Feijóo o cambio de postura "non debe sementar ningunha dúbida porque este señor fixo unhas declaracións, se lle pediu que as rectificase e as rectificou de forma inmediata" Xa este mércores desde a contorna de Pastor se fixo ver que mentir nunha comisión de investigación parlamentaria pode ser perseguido como un delito. E iso mesmo volveu lembrar este xoves Feijóo. Preguntado se as declaracións de Rallo Guinot sementan algunha dúbida sobre a actuación de Pastor tras o accidente de Angrois, Feijóo dixo que "non debe sementar ningunha dúbida porque este señor fixo unhas declaracións, se lle pediu que as rectificase e as rectificou de forma inmediata". Para Feijóo "quedou suficientemente claro que esa comisión é independente para facer as investigacións que procedan en relación co accidente de Angrois e que a ministra non deu ningunha instrución ao respecto". Porén, tanto a Axencia Ferroviaria Europea como a Audiencia Provincial da Coruña consideraron no seu momento que esa comisión de investigación oficial non era independente cando analizou o accidente de Angrois xa que os seus membros eran nomeados polo Ministerio de Fomento, situación que hoxe xa cambiou xa que son aprobados polo Congreso. Por outra banda, malia que tras o accidente a daquela ministra Pastor asegurou que Fomento facilitaría en todo o posible as investigacións, diversas ocultacións e demoras de Adif e Renfe veñen obstaculizando nestes anos a instrución penal do sinistro. |
NOS_1323 | Henrique Alvarellos con hache colleu o testemuño de Enrique Alvarellos sen hache e trouxo ao século XXI a editorial vicedecana das letras galegas, que se fundaba hai agora 40 anos en Lugo. Por este motivo quedamos con el no seu despacho, onde atopamos múltiples referenzas ao fundador. Deixamos un extracto da entrevista publicada no semanario Sermos Galiza. | A obra dun editor é o seu catálogo, claro. Como definirías ti o teu catálogo? É a cultura galega expresada en galego ou en castelán, neste caso. Eu como autor se cadra só publicaría en galego, pero como editor a idea é a partir de contidos galegos chegar, como fan outras editoriais que o conseguiron con moito éxito, como Kalandraka por exemplo, a todos os públicos que poidamos. Acabamos tamén de comezar unha colección infantil para traer autores de fóra e traducilos ao galego. Esa é a idea. A editorial defínese polo asentamento na nosa cultura e despois intenta unha transversalidade total nos temas. Definímonos polas cousas que non facemos: non facemos libro de texto, nin novela contemporánea, tampouco infantil e xuvenil, aínda que agora empezamos. E logo: moito ensaio, poesía, diarios, gústanme moito os temas de non ficción, ou a prosa realista ficcionada. O que pasa é que hai que buscar un equilibrio entre o que lle gusta a un e nesa parte máis pragmática está Marta -a miña muller - dicindo: "tranquilo, porque che gusta moito como lector pero como editor se cadra non funciona". Ese equilibrio é o que teño que andar buscando sempre, hai cousas que me gustan como lector moitísimo, pero despois... tiven fracasos por aí importantes. Ás veces un cre que é imposíbel que determinados títulos non se vendan, pero é así. Xa non digo miles de exemplares, pero pasar dos mil... E pasar dos mil hoxe en Galiza é complicado. E nós hoxe temos o 80% do mercado aquí. Sodes unha editorial diferente no mercado: clásicos esquecidos, gastronomía antes de que fora mainstream... Case diría que fostes buscando ocos. Si, iso é. Tamén queriamos facer libros diferentes esticamente. O libro como obxecto estético, agora hai que facer libros que un non se acorde das redes sociais cando os ten diante, que queira telo na casa, na mesiña de noite, no andel da libraría, que esteticamente aguanten ben. E con moito aparato gráfico. Ese tamén me parece un sinal de identidade de Alvarellos. Si, é como esas reportaxes de dobre páxina nos xornais, con boas imaxes, pero de longo percorrido, en formato libro. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 251, á venda na loxa ou nos quiosques e puntos de venda habituais] |
PRAZA_16062 | O texto, asinado inicialmente por unha vintena de investigadores e investigadoras galegas que traballan en centros de primeiro nivel no estranxeiro, demanda un "sistema sólido" en Galicia para "reter" os traballadores e traballadoras competitivas. | Manuel Vicente (Efervesciencia): "O proceso da ciencia non está rematado ata que está comunicado" "Facemos un chamamento á sociedade galega para pór de manifesto a necesidade urxente de mellorar o sistema de xestión e de financiamento da investigación en Galicia. A experiencia demostrou que é imposible desligar o desenvolvemento socioeconómico e cultural dun país dos seus avances en ciencia e tecnoloxía. Necesítase unha estratexia a longo prazo. Crear un sistema científico sólido, para crear riqueza e benestar económico e social". Hai dúas semanas unha vintena de investigadores e investigadoras galegas que traballan en centros de primeiro nivel fóra de España redactaron un manifesto galego pola ciencia no marco das sesións de traballo da VIII Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro, celebrada no MUNCYT da Coruña. O texto comeza denunciando os recortes sufridos nos últimos anos pola ciencia en España e Galicia e a ausencia de fórmulas e estruturas eficaces para captar e reter investigadores e investigadoras novas, que se ven obrigadas a marchar e permanecer noutros países que si lles dan a oportunidade para traballar coa estabilidade e os medios que permitan desenvolver os seus proxectos e vivir cun mínimo benestar. "Temos que loitar por vivir nun país europeo moderno, que xere coñecemento e estea na vangarda da ciencia, pois só así poderemos garantir a sociedade de benestar do futuro. As políticas científicas actuais fomentan que España se converta nun país de servizos de terceira división en Europa", denuncian, alertando de que "o problema é particularmente acuciante en Galicia", que "continúa perdendo poboación e talento investigador". Á Xunta reclámalle a creación dunha Axencia Galega de Investigación, como instrumento para a xestión e financiamento dos fondos públicos destinados a actividades de I+D O documento lembra que o investimento en I+D+i en Galicia é do 0,87% do PIB, fronte ao 1,19% de España, 1,82% en Euskadi e o 2% de media en Europa. Salienta igualmente que hai poucas oportunidades de contratación de persoal investigador novo e subliña que "a idade media do investigador líder de grupo en España é de 53 anos". O manifesto inclúe unha serie de recomendacións ou demandas, dirixidas sobre todo ao Goberno galego, pero tamén á sociedade e ao propio persoal científico, para reverter esta situación, incidindo ademais en fórmulas para retirar os obstáculos á incorporación da muller. Á Xunta reclámalle a creación dunha Axencia Galega de Investigación, como instrumento para a xestión e financiamento dos fondos públicos destinados a actividades de I+D para todos os centros de coñecemento galego. O documento esixe tamén recursos suficientes para os centros de investigación: "Os investigadores que se incorporen deben facelo en centros que reúnan as condicións adecuadas", sinalan e lembran que "compete á administración aumentar as infraestruturas e dotar aos centros de investigación de servizos técnicos competitivos". "Os investigadores non aspiran a ser funcionarios. Pero esixen ter os mesmos dereitos laborais que outro profesional, con contratos indefinidos suxeitos a avaliacións e salarios competitivos" Pide tamén "ampliar o plan de contratación de investigadores" para cubrir todas as fases da carreira investigadora e aposta por "desenvolver un plan de captación de talento novo (investigadores xefes de grupo)" para aumentar a masa crítica de investigadores, poñendo como referencia o desaparecido programa Isidro Parga Pondal ou o éxito de iniciativas como ICREA (do Goberno catalán) ou IKERBASQUE (do Goberno Vasco). Esixe tamén "reter aqueles investigadores que son competitivos", pois non se trata "só de captar talento", senón tamén de mantelo. "Os investigadores non aspiran a ser funcionarios, senón que, como persoal altamente cualificado, son conscientes que os seus contratos deben estar suxeitos a avaliacións polo menos cada 5 anos. Pero esixen ter os mesmos dereitos laborais que outro profesional, con contratos indefinidos suxeitos a avaliacións e salarios competitivos", subliñan. Chaman a "corrixir o alto nivel de endogamia que mostran as estatísticas no sistema universitario de Galicia" Esta demanda de estabilidade amplíana aos criterios de avaliación e, de igual xeito, demandan que "os comités correspondentes deben ser nacionais ou internacionais, nunca locais". Neste senso, chaman a "corrixir o alto nivel de endogamia que mostran as estatísticas no sistema universitario de Galicia" e subliñan que a captación de talento "non debe restrinxirse" só a investigadores españois ou galegos nin se debe favorecer a estes fronte a outras nacionalidades en ningunha das convocatorias. Recomendan "implantar de forma máis eficiente o uso do inglés nas aulas universitarias e nos centros de investigación, para evitar a limitación do idioma". Destacan que "é necesario aumentar os recursos e financiamento a proxectos e grupos de investigación" e recomendan xerar novas oportunidades como as denominadas seed grants, con dotacións económicas para investigadores novos nas súas primeiras fases de independencia para conseguir resultados que lles permitan acceder dunha forma competitiva a fases máis avanzadas da carreira investigadora. Os e as asinantes conclúen que "os e as investigadoras que están a traballar fóra das nosas fronteiras non teñen medo a volver. O único que temen é volver a Galicia e verse obrigados a volver marchar" Os e as asinantes conclúen que "os e as investigadoras que están a traballar fóra das nosas fronteiras non teñen medo a volver, porque están formados/as, saben pedir proxectos, publicar, desenvolver investigacións punteiras e sobre todo teñen a experiencia de sobrevivir en sistemas moi competitivos. O único que temen é volver a Galicia e verse obrigados a volver marchar". E reclaman "unha estratexia a longo prazo" para "crear un sistema científico sólido, para crear riqueza e benestar económico e social". Descarga aquí o manifesto galego pola ciencia (.pdf) |
NOS_29119 | Unha publicación dixital do Consello da Cultura Galega, con máis de 500 páxinas, contextualiza e revisa o fenómeno deste movemento histórico desde a perspectiva peninsular, europea e da diáspora. | As Irmandades da Fala no seu tempo: perspectivas cruzadas é o título da última publicación do Consello da Cultura Galega (CCG), que permite situar o movemento histórico no seu contexto actual, nunha análise comparada desde a perspectiva peninsular, europea e da súa dimensión americana e na diáspora. O texto nútrese das conferencias realizadas entre 2016 e 2018 coas que o CCG conmemorou o centenario da fundación das Irmandades da Fala. Ramón Villares, Xosé Manoel Núñez Seixas e Ramón Máiz foron os coordinadores destas citas e da actual publicación. Os tres expertos participan nunha conversa, que foi gravada previamente e que desde este sábado está dispoñíbel na páxina web da institución, ao igual que a publicación. O volume está dividido en tres seccións, que contan coa participación de historiadores, politólogos e lingüistas, como son Johannes Kabatek, Joep Leerssen, Justo Beramendi, Isabel Burdiel, Borja de Riquer, José Luis de la Granja Sainz, Alfonso Iglesias Amorín, Henrique Monteagudo, Emilio Xose Ínsua, Raúl Soutelo, Carlos Pazos-Justo, Pilar Cagiao e os tres coordinadores. Nacionalidades en Europa A obra repasa o desenvolvemento político das nacionalidades en Europa durante a Primeira Guerra Mundial, con atención ao contexto peninsular, desde os postulados rexionalistas de Emilia Pardo Bazán até as estratexias vasca e catalá. Igualmente, abórdase o emerxente nacionalismo galego e a súa pegada en países como Cuba e o Uruguai, así como tamén en Lisboa. |
NOS_25702 | A Asociación Ecoloxista Adega denuncia que o novo Plan forestal do Goberno galego, exposto publicamente en 2018 e agora en trámite no Parlamento, supón "máis eucalipto" e provoca "menos consenso social que nunca". Eis os seus motivos. | O novo Plan forestal, actualmente en trámite parlamentario, prevé un aumento dun 3% no primeiro quinquenio de aplicación (2021-2025) e unha redución dun 5% con respeito á superficie actual (para o período 2036-2040). Porén, Adega advirte de que "tendo en conta que a estimación de superficie para o xénero Eucalyptus en 2009 era de 307.984 hectáreas, das que 40.000 poderían ser de E. nitens, como se pode falar de aumento ou redución se non se coñece a superficie real actual?". Adega calcula que neste momento as plantacións do xénero Eucalyptus atinxan xa máis de 600.000 hectáreas. A Xunta afirma que ese aumento inicial de 3% correspondería case en exclusiva ao E. nitens e a redución neta final do 5% explícaa pola "transformación" de eucaliptais degradados e por un maior "control administrativo" destas especies. "Se a Xunta aplica o mesmo control administrativo que durante a anterior planificación de 1992 (prevía 245.000 ha de eucalipto para 2032 e hoxe supéranse xa as 600.000 ha), Ence Finsa, Greenalia... terán que dispoñer máis cadeiras nos seus consellos de administración", ironiza a asociación ecoloxista. A respecto dos piñeiros e outras coníferas, o plan propón no seu horizonte de aplicación (2040) un aumento doutras 50.000 hectáreas e prevense 11.699 ha máis doutras frondosas en relación ao estimado en 2009. "a Xunta non foi quen de realizar en 29 anos o inventario de masas previsto... Así pois, prevé unha superficie ocupada con especies autóctonas en 2040 de 425.000 hectáreas, mesmo rebaixando en 43.301 ha os obxectivos con respecto á versión do plan de 2018, que pretendía chegar ás 468.301". Datos "desfasados" Adega advirte de que as referencias documentais para estabelecer a nova planificación forestal parten de "datos moi desactualizados". A "fotografía forestal" a partir da que se incardinan as diferentes medidas de xestión é o Inventario Forestal Nacional realizado para a Galiza en 2009 e publicado en 2011. "Alén deste grave desfase, a propia Administración recoñece que non é quen de cuantificar a superficie real que atinxe o Eucalyptus nitens porque nos inventarios non foi posíbel diferenciala da ocupada polo E. globulus", lamenta Adega. A respecto das das frondosas autóctonas, no citado inventario ocupaban 413.301 ha, e malia a que o Plano forestal de 1992 recollía a obriga de realizar outro inventario, "29 anos despois aínda non está feito". "Por tanto, en base a que se pretende facer unha "lanificación sustentábel?", pregúntase Adega. Incremento das cortas de madeira Por outra banda, e malia descoñecer a situación de partida, a Xunta propón tamén incrementar as cortas de madeira até os 12 millóns de metros cúbicos e a xeración de biomasa para "bioenerxía" até os 2,3 millóns de toneladas ao ano. Neste contexto, Adega denuncia que a norma "nace xa obsoleta, sen consenso" e que é "fortemente produtivista e industrialista". A Xunta, afirma a asociación ecoloxista, "pretende ademais branquear as décadas de desleixo administrativo e descontrol intencionado co eucalipto". |
NOS_5465 | Actos e concentracións decorreron en 9 cidades e vilas do país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. | Música de zanfona en Vigo, un peculiar creo a oficiar na Coruña, maxia en Ferrol, unha performance en Lugo... Múltiples actos que tiñan en común facerse a pé de rúa: para rexeitar a Lomce. Era dentro da programación que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que levou a nove cidades e vilas do país, máis unha vez, a oposición aos proxectos de Wert para o ensino. Con estes actos a Plataforma quere tamén denunciar os recortes que se van producir para o inicio do curso escolar, con novas supresións, deficiencias nos centros, a falta de prazas -especialmente en ensino infantil de 0 a 3 anos e a formación profesional-, aulas masificadas e outras actuacións da Consellaría como a circular ás Escolas oficiais de Idiomas para que o alumnado que cursa 4º da ESO só nos centros plurilingües poida acadar o nivel básico ou intermedio de Inglés e Francés. |
NOS_10611 | Traballadoras e traballadores de diferentes contratas do operador R retomaron as protestas diante da ameaza de deslocalización. O conflito chegou esta semana ao Parlamento galego e ao pleno do Concello da Coruña. Polo de agora, a resposta institucional limítase a unha entrevista coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. | Persoal das contratas de R concentrouse diante da sede de R, na Rúa Real da Coruña, contra o proceso de deslocalización de servizos e en demanda de que o Goberno galego se implique na defensa dos máis de mil empregos que están en risco por esta decisión de Euskaltel (propietaria de R Cable e Telecomunicacións). As protestas continuarán esta cuarta feira diante do edificio de R no Polígono de Agrela. Os sindicatos alertan que despois da entrada do fondo de investimento Zegona no accionariado da empresa, esta avanza nun proceso de redución da estrutura repartida entre Euskadi, Asturias e Galiza. |
NOS_24856 | O pobo mapuche foi obxecto dun colosal saqueo. A meirande parte das súas terras na Patagonia arxentina, como tamén no veciño Chile, foron apropiadas pola forza polos seus gobernos para acabar entregándollas a terratenentes e grandes corporacións. Diante desa inxustiza, comunidades como o lof de Cushamen optaron pola ocupación para recuperar a terra que lles pertence. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 269. | A desaparición e morte de Santiago Maldonado puxo no mapa internacional Cushamen, na provincia arxentina de Chubut. O falecemento de Maldonado está claramente envolvido na vaga de represión coa que o Goberno da Arxentina, ao igual que o chileno, tenciona poñer fin ao levantamento do pobo mapuche que desde hai varios anos iniciou un proceso de recuperación de terras. Unha loita desigual que enfronta comunidades indíxenas que representan unha poboación dunhas cen mil persoas só na Patagonia arxentina co poder de grandes corporacións transnacionais que se fixeron donas das súas terras históricas coa complicidade dos Estados. O Pu Lof de Resistencia do departamento de Cushamen nace en xaneiro de 2015 como resultado da ocupación de 625 hectáreas, propiedade formalmente da compañía italiana Benetton. Unha iniciativa promovida polo Movemento da Comunidade de Puelmapu, do que facía parte o lonko (líder comunitario) Facundo Jones Huala, hoxe en prisión após ser detido pola policía arxentina. Arestora, o lof ocupa un total de 1.875 hectáreas. É a última da accións de recuperación de territorio mapuche apropiado no século XIX na chamada Conquista do Deserto para acabar en mans de terratenentes e grandes corporacións. [Podes ler a información íntegra no número 269 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_23670 | Ás portas da suba do IVE, o prezo dos carburantes volven rexistrar, máis unha vez, máximos históricos. Encher o depósito custa hoxe, dez euros máis que en 2011. | O prezo da gasolina superou esta semana o limiar do euro e medio, mentres que o gasóleo se atopa en 1,4 euros, continuando coa tendenza que iniciaron o pasado mes de xullo. Aos novos prezos, engadirase o vindeiro mes de setembro a suba do IVE aprobada polo goberno de Mariano Rajoy, pola contra o goberno francés de François Hollande vén de anunciar que reducirá o prezo dos combustíbeis seis céntimos esta semana, após chegar a un acordo coas empresas de distribución. En troca, no estado español os carburantes pasarán a tributar do 18% ao 21% o que suporá un incremento de 3,5-3,6 céntimos o prezo do litro. Malia a suba sufrida pol@s condutor@s, cuxo peto soporta un desembolso dez euros maior ao do ano pasado nestas datas, o custo do barril Brent atópase tres dólares por debaixo do valor da pasada semana. Os últimos datos tirados do IGE amosan unha importante contracción no consumo dos fogares, afogados polo desemprego e a falta de ingresos. A suba do IVE e o encarecemento dos carburantes supón un pao máis para as economías familiares. |
NOS_43003 | Segunda xornada de greve contra o bloqueo de negociación colectiva.Vídeo no interior | Centos de persoas tomaron parte na manifestación que tivo lugar en Vigo contra a precariedade en Pescanova e na defensa duns convenios dignos no sector da alimentación. Esta terza feira era segunda xornada de greve en Nueva Pescanova, convocada por CIG, CUT, USO e UXT. Desde as centrais anuncian que este sábado 25 desenvolverán unha nova asemblea cos empregados de Nueva Pescanova para analizar as dúas xornadas de folga e decidir a convocatoria de novas protestas. No caso de que non se produzan avances na negociación dos convenios, o cadro de persoal reitera que a greve pasará a ser indefinida a partir do martes 4 de abril. "Coa folga queremos deixar claro que non imos permitir a precarización salarial e laboral en Pescanova" afirmaba hai uns días Suso García, da CIG. "A empresa quere modificar toda a estrutura de categorías, quere crear o que eles chaman un novo grupo de entrada, cunha rebaixa importante, tanto a nivel salarial (nalgunhas categorías un 30 ou 40% menos) e incluso a nivel de xornada, con dispoñibilidade case absoluta, de luns a domingo. Nós evidentemente non imos consentir iso". |
NOS_8572 | O pleno de investidura marcou un cambio histórico na institución, en mans do PP desde 1987. | Esta sexta feira (17 de xullo) a socialista Carmela Silva foi investida presidenta da Deputación de Pontevedra, a primeira muller na historia da institución e tamén a primeira persoa dunha formación distinta ao PP desde 1987. A escolla de Silva produciuse após o acordo asinado entre o PSOE e o BNG. A fronte nacionalista asume a vice-presidencia da man do edil pontevedrés, César Mosquera. "The times they are a-changing", afirmou Carmela Silva ao asumir a súa responsabilidade e tomando emprestada a frase de Bob Dylan. Non se trabucaba. Desde 1987 o Partido Popular gobernou a provincia como anteriormente fixeran UCD e Alianza Popular. Un "cambio histórico" sinalou a socialista que, prometeu, será tamén "radical". Pola súa banda, Mosquera apelou á "prudencia" e á "humildade" perante o risco de caeren "na soberbia de tentar decirlle ás corporacións municipais" eleitas após o 24-M "o que teñen que facer". Aliás, o vice-presidente lembrou na súa intervención que o apoio outorgado a Carmela Silva e o PSOE está "condicionado" ao cumprimento do acordo programático asinado entre ambas as dúas forzas. |
PRAZA_9694 | A suma de todas as folgas convocadas multiplicou por oito as cifras do 2017 e fixo que Galicia duplicase os indicadores de Cataluña, Madrid ou Euskadi. A longa folga no sector da xustiza explica parte deste incremento. Ademais, o persoal afectado por ERE duplicouse con relación ao ano anterior | Galicia foi o pasado ano a comunidade autónoma con maior conflitividade laboral. A suma de todas as folgas convocadas superou amplamente as 1,1 millón de horas, oito veces máis que o ano anterior e mesmo por riba dos peores anos da crise económica. En total, máis de seis mil traballadores e traballadoras fixeron folga (o dobre que no 2017). Nestes datos xogou un papel moi destacado o longo conflito laboral levado a cabo polo persoal do sector da xustiza, que permaneceu en folga en toda Galicia durante 114 días. Galicia que duplica os valores de Cataluña, Madrid e Euskadi, os seguintes tres territorios con máis conflitividadeEstas cifras elevaron o índice de conflitividade laboral ata un nivel de 0,86. Este indicador é un produto da división do número total de horas de traballo perdidas por folgas entre o número total de horas de traballo. Galicia máis que duplica os valores de Cataluña, Madrid e Euskadi, os seguintes tres territorios en conflitividade. E multiplica os do resto de comunidades. De feito, o número total de horas en folga en Galicia achégase ao de territorios con moita máis poboación, como Madrid ou Cataluña e mesmo supera á de rexións como Andalucía.Por sectores, no conxunto de España son téxtil, metal e transportes e comunicacións as áreas que rexistraron o pasado ano unha maior conflitividade. Os datos de 2018 rachan así a tendencia dos últimos anos en Galicia, nos que a importancia das folgas convocadas levaban en niveis mínimos dende o 2013. Incremento dos EREO persoal afectado por ERE duplicouse o pasado anoEn paralelo, outro indicador amosa o incremento da conflitividade laboral en Galicia nos últimos tempos. En 2018 o número de traballadores e traballadoras afectadas por Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), máis de seis mil, case se duplicou con respecto ao ano 2017. A cifra regresa aos niveis nos que se movera nos anos 2015 e 2016, aínda que moi lonxe dos números que se rexistraran entre 2009 e 2014.As estatísticas feitas públicas polo Ministerio de Traballo indican que foi no mes de decembro o momento do pasado ano no que máis empregados e empregadas tiveron que pasar por un ERE. Só nese mes a cifra acadou os 3.671 traballadores e traballadoras, un nivel que nese mes non se acadab dende o ano 2012.No que levamos de 2019 presentáronse xa expedientes en Bosch, Ferroatlántica ou Isowat. E está por ver o futuro de AlcoaHaberá que agardar á publicación dos datos correspondentes aos primeiros meses do 2019 para comprobar se se mantén a tendencia á alza. De momento, en febreiro foi presentado o ERE en Bosch, que afecta a máis de 650 traballadoras. Tamén en febreiro anunciouse o ERE en Ferroatlántica (para uns 400 traballadores) e o 1 de marzo formalizouse o ERE en Isowat, para 79 persoas. Ademais, descoñécese cal vai ser o futuro para o persoal das plantas de Alcoa na Coruña en San Cibrao ou o de Poligal. |
NOS_11676 | querENDO advirte que o feche de servizo e de axendas neses meses complica a atención e asistencia a mulleres con esta doenza crónica. | A endometriose é unha doenza crónica que afecta máis de 60.000 galegas, das cales por volta de 9.000 teñen as formas máis severas da doenza. Son os graos III e IV, que precisan un seguimento continuado e frecuente debido a que hai continuas mudanzas de tratamentos, de situación na evolución da doenza. O colectivo querENDO cita a experiencia doutros anos para advertir sobre como a chegada do verán repercute en maiores espera para esta doentes. "Aumentan de maneira exponencial as chamadas á asociación polas queixas no retraso das citas", afirman Na Galiza hai neste momento tres consultas específicas de endometriose (Álvaro Cunqueiro, Chou e Chuac). As tres ou ben pechan durante os meses do verán ou ben minguan "drasticamente" o número de consultas pola baixada en persoal, quer por vacacións que por necesidades doutros servizos. "Isto case triplica as listas de espera para novas citas das doentes afectadas", denuncian desde querENDO. Durante este período, as consultas que se habían producir a tres meses vista alárganse e 6-7 meses. "Son períodos nos que estas mulleres só poden acudir aos servizos de urxencias nos picos de dor ou de empeoramento pero onde non se fai o seguimento que se debía facer. Se o tratamento que está levando a muller non está funcionando ou precisa de algunha variación alárgase a súa situación durante meses empeorando claramente a súa situación", explican desde o colectivo. . Nos hospitais onde non hai consulta específica de endometriose o panorama que viven as mulleres con endometriose é "igual ou peor". Exemplos querENDO achega o exemplo dunha muller con esta doenza. A xinecóloga que a atendeu no CHUAC recomendou revisar no mes de xullo, e que cando finalmente se lle adxudica cita esta é para mediados de decembro. "A situación é doblemente kafkiana porque se trata dunha muller en busca de embarazo en reprodución asistida e neste caso as mulleres deben seguir un estrito control no que os tempos nos tratamentos e as interferencias co agravamento da doenza son decisivos para conseguir ese embarazo". |
NOS_35084 | A celeridade e compromiso amosado polo goberno galego coa reconstrución da Igrexa da Barca (Muxía) contrasta coa actitude belixerante e negacionista do executivo de Alberto Núñez Feijóo na recuperación do Monte Pindo. | Após arder a práctica totalidade do Monte Pindo, un espazo natural que a Xunta de Alberto Núñez Feijóo rexeitou catalogar como Parque Natural malia as demandas sociais, o goberno galego continúa sen mobilizar recursos económicos e humanos para as labores de recuperación do Olimpo celta. Un ecosistema único de riqueza ecolóxica e paisaxística incalculábel que supón, aliás, parte do patrimonio inmaterial galego polas lendas e contos que arredor del se xeraron, entre eles, dar acubillo a deidades que lle outorgaran noutrora a súa característica xeomorfoloxía granítica. Porén a actitude do executivo galego en relación ao proceso de recuperación do Monte Pindo, contrasta coa celeridade na súa actuación após o incendio que destruíu a Igrexa da Barca (Muxía), un dos lugares máis emblemáticos da contorna e sitio de paso para peregrin@s. No último Consello da Xunta decorrido esta sexta feira, Alberto Núñez Feijóo xa avanzou que o seu goberno declarará "de emerxencia" as "actuacións necesarias para a recuperación integral do santuario" no "menor tempo posíbel", indicou tan só dous días despois do tráxico incendio. Unha celeridade e premura que dista moito do comportamento do goberno da Xunta co Pindo. Visitar a Barca e non O PindoPoucas horas pasaran desde que as lapas destruíran a Igrexa da Barca cando o presidente do executivo galego anunciaba á imprensa que visitaría a zona e o santuario. Alberto Núñez Feijóo declaraba desde o adro da Barca aos medios de comunicación que o máis urxente após apagar o lume era "apuntalar o edificio, reconstruír a cuberta e facer unha limpeza integral". Aliás, avanzaba que "nas vindeiras horas" o goberno galego se reuniría "co Bispado, o Arcebispado, a Deputación da Coruña e a Alcadía do Concello de Muxía para establecer a folla de ruta a seguir" ao tempo que amosaba o seu agradecemento a todas as persoas que participaran nas labores de extinción "e de todos os que continúan a traballar" nun espazo de "grande valor cultural, turístico e económico"; "un centro de peregrinaxe" e "grande símbolo colectivo de Muxía e a Costa da Morte". A celeridade do presidente da Xunta por se desprazar ao lugar dos feitos resulta chocante fronte o acontecido este mesmo verán a poucos quilómetros do santuario. Após arder durante catro días consecutivos, un dos maiores incendios rexistrados este ano provocaba a desaparición do Monte Pindo. Un espazo natural protexido que albergaba especies únicas, para alén de acoller na súa chaira explotacións horto-frotícolas coma a da Cooperativa Raíña Lupa, devastada polo lume. Naquela altura o líder do executivo galego viaxaba a Coruña para dar abertura ao curso político. Sen visitar a zona afectada polo incendio Núñez Feijóo rodeábase d@s líderes da súa formación na cidade herculina mentres as lapas avanzaban cara ao concello de Ézaro e deixaban tras de si máis de 2.000 hectáreas devastadas. Así mesmo, desde o Concello de Carnota, o seu alcalde, Ramón Noceda (BNG) urxía da administración pública a declaración de "zona catastrófica" no Monte Pindo e o inicio das labores de recuperación para evitar que as primeiras choivas provocasen escorrentías e incrementasen os prexuízos ecolóxicos do que, a todas luces, xa era un desastre medioambiental. Algo, que non acontecería, como denunciou con posterioridade o movemento ecoloxista e a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Declarar o desastre como "emerxencia" O Olimpo celta non foi declarado en ningún momento como "zona catastrófica" e as demandas sociais, ecoloxistas, veciñais e mesmo dos grupos da oposición que instaban a Xunta a actuar decontado para minimizar os danos, foron botadas ao lixo. Os votos do Partido Popular no Parlamento impediron tal catalogación e a elaboración dun plan urxente de restauración ambiental que cumpriría dunha dotación económica suficiente para o Concello de Carnota. De novo, a situación dista moito da vivida nos últimos dias en relación ao santuario da Barca. O presidente galego afirmou perante a veciñanza de Muxía e as autoridades locais --do Partido Popular-- que o seu goberno iniciará a licitación para re-construír a Igrexa "custe o que custe". Todos os medios sería poucos para volver á vida un espazo en mans da Igrexa, face un monte no que o goberno galego ten asinado un convenio para o seu mantemento e salvagarda. Do "custe o que custe" ás sancións ao voluntariadoPorén, esa titularidade da administración autónoma sobre o Olimpo Celta só se fixo valer para paralizar o programa de voluntariado posto a andar polo Concello de Carnota e a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Un sopro de ar fresco entre tanta cinza que axiña obtivo resposta. Ducias de voluntari@s ofrecéronse para desenvolver as labores de recuperación do monte ardido e mesmo o CSIC proporcionou exemplares de carballo anano --único no país-- para re-plantar unha especie que a piques estivo de desaparecer. No entanto, a Xunta de Galiza exixiu a parálise de SOS Monte Pindo por incorrer, dixo, nunha ilegalidade ao non estar o programa de voluntariado autorizado polo goberno galego. Aliás, advertiu que @s voluntari@s poderían ser sancionad@s por axentes policiais de continuaren adiante coas labores de recuperación ambiental. Algo que desde o concello e a Asociación tildaron de "persecución política". |
NOS_49312 | A derrota do Deportivo en Almería obriga os coruñeses a reaxir a e vitoria do Celta ante o Barça B invita os vigueses a soñar | Foi unha xornada desigual para os equipos galegos que xogan na segunda división, cunha derrota do Deportivo (0-2) ante o Almería, un rival en teoría accesíbel, e a vitoria (4-1), remontada incluída, do Celta frente ao Barça B. Porén, tanto o Celta como o Deportivo, teñen en común que o ascenso a Primeira está nas súas mans. Unha cuestión clara no caso do Deportivo, que se mantén líder mais que debe afrontar dous partidos non exentos de riscos (Valladolid e Numancia). A respecto dos celestes, o contundente triunfo ante o Barça é toda unha inxección de moral, ademáis de tres puntos no peto, para un equipo que amosou en Balaídos que a derrota na casa frente ao Depor non lles afectou na moral.O Celta viaxa na seguinte xornada a Sabadell e de esguello mirará o que fai o Depor, que se enfronta a un Valladolid ao que o equipo vigués desexa desbancar da segunda posición na clasificación. |
NOS_7453 | A Deputación da Coruña anunciou os galardóns da XIII edición dos Premios Rosalía de Castro de Lingua. Os premios recaeron na escritora María Canosa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o proxecto Brazolinda. | A escritora Maria Canosa, na categoría de persoas; a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), na categoría de entidades; e o proxecto Brazolinda, para iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, son as tres gañadoras dos XIII Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña. Irimia Fernández: "Que haxa xogos en galego dálle normalidade á lingua, tamén para as persoas castelanfalantes" O certame quere recoñecer cada ano a labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico da Galiza, tanto no ámbito da provincia como a nivel galego. Cada unha das gañadoras recibirá un premio en metálico de 5.000 euros. Xurado do Premio desta XIII edición O xurado formárono María Muíño, delegada especial de políticas de igualdade e normalización lingüística da Deputación; Alexandre Marín, técnico de normalización lingüística do Concello de Culleredo; e representantes de dous dos gañadores do certame en 2021, Carmen Denébola Álvarez, presidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, e Carlos García, de Twitter en galego. María Muíño presidiu o tribunal, no que actuou como secretaria Dores Sánchez, técnica de normalización lingüística da institución provincial. Persoas e proxectos premiadas nesta edición O xurado explica que á hora de outogarlle o galardón a María Canosa, o xurado valorou o "seu compromiso firme coa lingua galega e a longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos como de escritora e divulgadora". A AELG insta a agasallar un libro e unha flor o Día de Rosalía En relación á AELG salienta que "a súa longa traxectoria, con máis de corenta anos, de compromiso co sector literario galego nos seus diferentes xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio, escrita científica ou traducións), fomentando o uso e a defensa pública da lingua". Por último, do proxecto Brazolinda sinala que mereceu o galardón por ser unha iniciativa que "non só ten como persoas destinatarias a infancia e o impulso das relacións interxeracionais en lingua galega, senón tamén o fomento da normalización lingüística nos xogos de mesa, un espazo no que o galego non ten moita presenza até o momento". |
NOS_41866 | O PP cambiou de rumbo nas súas demandas en cuestión de semanas. | A última reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento da Galiza serviu para certificar a negativa dos populares a demandar as transferencias de tráfico. A decisión, adiantada o pasado 10 de maio polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, tras reunirse con representantes das asociacións da Garda Civil, significa unha viraxe coa alternativa defendida por esta formación nos dous últimos anos. De feito, a súa abstención na Cámara galega permitira tramitar e despois aprobar a solicitude desta competencia ao Estado. A historia da reclamación das competencias de tráfico exemplifica a lóxica do xogo partidario na Galiza e a capacidade real de decisión das forzas políticas de obediencia estatal. Á volta de 2008, o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa instando o Estado a transferir esta materia á Xunta, mais naquela altura o PSOE, con José Luis Rodríguez Zapatero no Goberno, votou en contra no Congreso, absténdose o PP dun Mariano Raxoi na oposición. Unha década máis tarde, concretamente en 2019, a Cámara galega, a proposta dos socialistas e coa abstención dos populares, deu luz verde á tramitación deste proxecto, avalando unha nova solicitude destas competencias en abril de 2021. Feixoo: cero competencias O cambio de rumbo do PP galego nas últimas semanas cuestiona a sinceridade das posicións mantidas por Feixoo na longa precampaña das elección galegas. O presidente da Xunta afirmaba en abril de 2019 que "a Galiza acumula un atraso nos traspasos como resultado da difícil conxuntura económica" e reclamaba "o mesmo trato para a Galiza que para Euskadi", que viña de recibir 30 novas competencias como resultado das conversas entre o PNV e Pedro Sánchez. Na mesma liña, en diversas comparecencias públicas durante a pandemia, defendeu a necesidade de contar "con medios policiais propios" e lamentou que "nun estado de alarma, o responsábel do estado de alarma non teña corpos e forzas de seguridade". A negativa dos populares galegos a reclamar as transferencias lígase coa posición mantida desde 2009 por Feixoo. O Executivo galego non negociou o traspaso de ningunha competencia nos últimos 12 anos, prescindindo de continuar a tramitación daquelas acordadas en 2008 polo Goberno galego e español referidas á Inspección de Traballo, á titularidade patrimonial dos bens da Tesourería da Seguridade Social ou aos centros de investigación do Estado con sede na Galiza. Na mesma liña, explícase a paralización da aplicación da Lei de policía da Galiza de xuño de 2007, que desenvolve o artigo 27.25 do Estatuto de Autonomía de 1981, onde se estabelece como competencia exclusiva "a creación dunha Policía Autónoma de acordo co que dispoña a Lei Orgánica prevista no artigo 149.1 da Constitución". A renuncia a asumir as competencias nesta materia e a posición mantida en relación coa asunción de novas transferencias dá conta da irrelevancia do PP galego a nivel de Estado e sitúao na liña ideolóxica de Pablo Casado. A este respecto, a alternativa defendida nesta terza feira no Parlamento polos populares respondeu á idea formulada en abril de 2019 por Casado, quen non dubidou en sinalar que "España non pode transferir máis competencias ás comunidades autónomas", porque "isto xa non se aguanta. Somos o país máis descentralizado da nosa contorna. Non hai que reforzar as autonomías, sobre todo as desleais, senón reforzar o Estado. Hai que reforzar a nación". |
PRAZA_6270 | O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta a súa "completa oposición" ao texto e solicita manter a vixencia da actual lei de prazos de 2010. | O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) manifesta nun comunicado a súa "completa oposición" á modificación da Lei do aborto que recolle o anteproxecto presentado en decembro de 2013 polo Goberno central. O Colexio sinala así mesmo que a reforma "constitúe un grave factor de risco para a vida da muller e unha conculcación dos seus dereitos individuais". Para o COPG, este anteproxecto da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo "implica un terrible retroceso na igualdade e na liberdade das mulleres e vai en contra das recomendacións sanitarias internacionais nesta materia. Así, a Organización Mundial da Saúde indicaba en 2012 que a eliminación das restricións sobre o aborto repercutía na redución da mortalidade materna causada polas prácticas abortivas inseguras e, polo tanto, supón unha diminución no nivel de mortalidade materna". Engade que cambiar a lexislación a unha lei de supostos como a que se está a contemplar "terá graves consecuencias para a muller", pois, por unha banda, "perde o dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa vida, e pasa a estar nas mans dos e das profesionais da saúde mental". "O aborto é unha decisión que debe ser estritamente tomada pola muller, e non por iso debe ser considerada como unha enferma mental", subliña. "No caso de alegar un dano psíquico, a muller cargará co estigma de ser definida como unha enferma mental duradeira no tempo ou mesmo permanente, o que pode ter consecuencias noutros aspectos da vida" Para o Colexio, "esta lei contempla a muller como un ser inmaduro que non ten capacidade para decidir pero tampouco para ser responsable do aborto se é considerado ilegal". Se finalmente a interrupción non entra dentro dos supostos que recolle a lei (que sexa un embarazo froito dunha violación denunciada ou que a nai poida sufrir danos físicos ou psíquicos duradeiros ou permanentes, aínda que parece que se van incluír unha lista de malformacións graves incompatibles coa vida), serían os especialistas que asinaran os informes as persoas que terían que responder diante da xustiza; a muller non é xuridicamente punible. Así pois, engade o documento, "no caso de alegar un dano psíquico, a muller cargará co estigma de ser definida como unha enferma mental duradeira no tempo ou mesmo permanente, o que pode ter consecuencias noutros aspectos da vida, como por exemplo, nun conflito pola custodia dos fillos ou en circunstancias legais onde poida verse incapacitada". O Colexio lembra que durante a vixencia da lei de 1985, tamén de supostos, o 96,77% das mulleres que abortaban facíano polo suposto de risco psíquico para a nai. En cambio, coa lei de 2010, na que non se argumentaban razóns, 9 de cada 10 mulleres abortaron fixérono por decisión propia, e apenas o 7,3% o fixo por risco para a saúde. Isto fai previsible, indican, que se este anteproxecto de lei entra en vigor, a "enfermidade mental" repuntará como causa na maioría das interrupcións voluntarias do embarazo. "Deixa aos e ás profesionais, desautorizados e diante dun dilema ético: sinalar un problema mental que non existe para non abandonar a muller e que poida abortar" Así mesmo, acentuaranse as desigualdades, co que as mulleres que conten con recursos económicos poderán acceder a clínicas privadas ou a centros no estranxeiro e exercer o seu dereito en condicións de saúde dignas, mentres que as que non dispoñan deses recursos ou estean en situación de exclusión social, verán como administrativamente se eternizan os prazos, recorrerán a prácticas abortivas inseguras ou levarán adiante un embarazo non desexado, sinalan. O texto conclúe que "os e as profesionais da saúde mental non queremos ser xuíces nin titores das mulleres, non debemos exercer a nosa moral nin decidir sobre os dereitos das persoas" Ademais, continúa o texto, as condicións esixidas para practicar esa interrupción do embarazo, de acordo co texto presentado en decembro de 2013, inducen a desconfiar da competencia dos propios e propias profesionais por parte da Administración, xa que esixe dous informes médicos recoñecendo o risco para a saúde física ou psíquica da paciente de xeito duradeiro ou permanente, e ningún deses ou desas profesionais pode pertencer ao mesmo centro clínico onde se practicaría o aborto nin ser o ou a especialista que o executaría. "Todo un exercicio de retorcedura legal para asegurar un aval que non se solicita para ningún outro proceso sanitario, o que deixa unha vez máis á muller como unha persoa incapacitada e aos e ás profesionais, desautorizados e diante dun dilema ético: sinalar un problema mental que non existe para non abandonar a muller e que poida abortar", din. O texto conclúe que "os e as profesionais da saúde mental non queremos ser xuíces nin titores das mulleres, non debemos exercer a nosa moral nin decidir sobre os dereitos das persoas. É por iso que lamentamos o retroceso lexislativo que supón a lei que pretende levar adiante este goberno e esiximos a súa retirada". |
PRAZA_2023 | Dende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ás leis estatais: un listado da normativa que viola Europa sobre refuxiados mentres debate o reparto obrigatorio de persoas que procuran asilo. | A partir do próximo martes, as autoridades húngaras arrestarán os refuxiados que cheguen ao país. Ese mesmo día entra en vigor unha nova lei que establece a pena de cinco anos de prisión para as persoas que accedan de forma ilegal ao seu territorio. Actualmente, calcúlase que cada día entre 3.000 e 4.000 refuxiados entran en Hungría, país de tránsito para os refuxiados que buscan chegar a Alemaña. Con estas medidas anunciadas este venres polo primeiro ministro do país, Hungría vulnerará numerosas leis de asilo, baseadas fundamentalmente no cumprimento dos dereitos humanos e que os Estados membros da Unión Europea deben cumprir. Toda persoa ten dereito a solicitar asilo se sente que a súa vida corre perigo. Aínda que Hungría non é o único país que vulnera tratados e leis coas que se comprometeu. Outro exemplo son as devolucións sumarias de estranxeiros, as chamadas 'devolucións en quente', denunciadas en España, entre outros países. Nestas ocasións, unha persoa é interceptada pola policía na fronteira e é devolta inmediatamente, sen identificala nin darlle a oportunidade de pedir asilo, ao país veciño. Isto ocorre no valo de Melilla, por exemplo, como demostraron numerosas imaxes e recoñeceu o Goberno, que pretende amparalas con mediante a Lei de Seguridade Cidadá. Os ministros do Interior dos 28 reúnense este luns para debater sobre a repartición obrigatoria de refuxiados que propuxo a Comisión Europea. A súa resposta retratará o compromiso dos estados da UE coa lexislación comunitaria. Co simple cumprimento de lexislación que xa existe "poderíanse evitar moitas mortes" Paco Solans, experto de Estranxeiría da Fundación da Avogacía Española, denuncia que se están incumprindo numerosas leis por parte dos mandatarios europeos. Solans considera que co simple cumprimento desta lexislación "poderíanse evitar moitas mortes" e considera "hipócrita" que se estea demandando unha nova normativa para a crise de refuxiados cando "xa existen leis que contemplan situacións de éxodo de persoas como a que se están producindo" e que simplemente se están ignorando". Directiva 2001 de protección temporal en caso de urxencia Como lembra Paco Solans, a Comisión Europea aprobou en 2001 unha normativa que xa establecía normas mínimas para casos de éxodo masivo de persoas, como o que se vive na actualidade. Nesta directiva, os Estados membros comprometíanse a "fomentar un esforzo equitativo para acoller as devanditas persoas e asumir as consecuencias da súa acollida" para "garantir unha protección inmediata das persoas". Nesta normativa, contémplase a repartición proporcional que estableceu a Comisión Europea desde o pasado mes de abril, as denominadas 'cotas'. Se se establece esta repartición obrigatoria, os países membros que se neguen a cumprir coas cotas estarían a incumprir a directiva. Declaración Universal de Dereitos Humanos España vulnera a Declaración dos Dereitos Humanos coas súas devolucións 'en quente' O artigo 14 da Declaración Universal de Dereitos Humanos establece que "en caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país". Este é un dos tratados aos que están adscritos os países da Unión Europea que se está vulnerando a día de hoxe. España coas súas devolucións en quente en Ceuta e Melilla, vulnera este dereito fundamental ao non permitir que as persoas que chega a territorio español poidan solicitar asilo. Convenio Europeo de Dereitos Humanos Trátase dunha das cartas que se están incumprindo no máis básico. Neste caso, o papel establece no artigo terceiro que "ninguén será sometido a tortura nin a tratos inhumanos ou degradantes". Hungría incumpre este dereito fundamental xa que son numerosos os refuxiados e testemuñas que denunciaron un trato humillante por parte das autoridades do país. Outra das disposicións que se recollen no Convenio é a de que "quedan prohibidas as expulsións colectivas de estranxeiros". Unha vez máis, as devolucións en quente baten coa normativa de dereitos humanos á que se adscribiu. Convención do estatuto do refuxiado A Convención de Xenebra impide sancionar as persoas refuxiadas Coñecido tamén como a Convención de Xenebra, de 1951, polo lugar da súa aprobación. Representa "a fundación da protección internacional dos refuxiados", apunta Acnur. Entre outras disposicións, co anuncio do goberno húngaro de Viktor Orbán de aplicar sancións penais de até cinco anos ás persoas que entren de maneira irregular no seu territorio, o país está a vulnerar o artigo 35 deste Convenio. Nel disponse que non se imporán sancións penais, por causa da súa entrada ou presenza ilegais, aos refuxiados que, chegando directamente do territorio onde a súa vida ou a súa liberdade estivese ameazada entrasen ou se atopen no territorio de tales Estados sen autorización". Leis españolas: protexido pola Constitución Cada país regula a protección aos refuxiados e ao dereito ao asilo no seu marco xurídico interno. A Constitución Española establece o dereito de asilo como un dos fundamentais. O artigo 13.4 da Constitución española recolle que "os cidadáns doutros países e os apátridas poderán gozar do dereito de asilo en España". Un dereito que tamén se recolle na Lei de Estranxeiría, que establece que unha persoa poderá ser demandante de asilo aínda que non dispoña de visado para permanecer en España. Os refuxiados vense obrigados a arriscar a vida ao non poderen pedir asilo dende o país de orixe Como se denuncia desde a Fundación da Avogacía Española, o Real Decreto 1325/2003 tamén prevé procedementos de emerxencia e de evacuación desde a orixe que inclúe a concesión de visados humanitarios e salvocondutos, documentación e permisos de residencia e traballo, axudas sociais e reagrupamento. Este decreto burlouse, como se denuncia desde a Fundación da Avogacía española, ao ignorarse "os chamamentos desde Turquía e Líbano" que desde hai meses están a producirse. Turquía acolle ao redor de 2 millóns de refuxiados sirios e Líbano, a máis dun millón. Como denuncian os propios refuxiados, víronse obrigados a arriscaren as súas vidas por terra e mar ao non concedérselles o asilo desde o seu país de orixe. |
PRAZA_18430 | GALERÍA DE IMAXES | Unha xornada de debate e denuncia sobre a situación organizada polo Movemento Ecoloxista da Limia volve evidenciar a proliferación de verteduras por toda a comarca | Unha xornada de debate e denuncia sobre a situación organizada polo Movemento Ecoloxista da Limia volve evidenciar a proliferación de verteduras por toda a comarca Boa parte da comarca da Limia está protexida por distintos tipos de figuras ambientais. Porén, segundo constatou en 2014 un informe do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) é das zonas máis contaminadas do mundo por nitratos, orixinados por toneladas de xurros sen tratar que de xeito recorrente aparecen espalladas ou amoreadas en distintos puntos da comarca, contaminando os acuíferos dunha zona no pasado caracterizada pola súa xa desaparecida lagoa de Antela. Malia que non sempre se poidan identificar os autores desas verteduras, a proliferación na comarca de grandes granxas intensivas de porcos e aves é para os ecoloxistas a causa orixinaria da súa degradación ambiental. Agora o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) volve á carga contra ese problema. Este venres o MEL organizou un encontro baixo o lema "Máis purín na Limia non" co obxectivo de reactivar as actuacións sociais, políticas e xurídicas contra a contaminación por xurros na comarca e que contou coa asistencia do biólogo e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Serafín González, a eurodeputada de AGE Lidia Senra e o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia David Rodríguez. A xornada comezou cun percorrido por distintos "puntos críticos" como lugares de vertedura de xurros ou novas graxas intensivas en construción ou en ampliación, pero tamén contou con visitas a explotacións gandeiras tradicionais. "Coren subministra ao granxeiro a tecnoloxía máis moderna para instalar a súa industria, pero deixa nas súas mans a enorme responsabilidade de eliminar os residuos que produce a granxa", din desde o Movemento Ecoloxista da Limia No percorrido o MEL quixo amosar aos asistentes a situación que vén detectando desde hai anos e que xa foi denunciada en numerosas ocasións por esa e outras organizacións ecoloxistas ante a Xunta sen obter resposta. Montículos de excrementos ou xurros espallados en leiras ou regatos por camións cisterna son unha paisaxe habitual na comarca. "A industria de produción intensiva que Coren ten espallada por toda a provincia de Ourense falla estrepitosamente ao non ser capaz de resolver o grave problema dos perigosos residuos que xera", din desde o MEL, explicando que "Coren subministra ao granxeiro a tecnoloxía máis moderna para instalar a súa industria, instalacións con sistemas automáticos de alimentación, medicamentos, suplementos de engorde, pensos transxénicos, dispón ademais de modernos matadoiros onde dar saída a toda esa produción; sen embargo deixa en mans dos granxeiros a enorme responsabilidade de eliminar os residuos que produce a granxa". "Coren conta con técnicos e tecnoloxía suficiente para solucionar o tema dos purins, só falta ter vontade de facelo", sentenzan desde o MEL. Os residuos da Limia equivalerían aos dunha cidade de dous millóns de habitantes, por iso reclaman unha moratoria na instalación de novas granxas intensivas Segundo as cifras que barallan os ecoloxistas, os residuos producidos na Limia equivalerían aos dunha cidade de dous millóns de habitantes que vertese as súas augas residuais sen ningún tipo de depuración. Por iso, reclaman ás administracións, entre outras cousas, unha moratoria na instalación de novas granxas intensivas que non teñan un plan de tratamento dos seus residuos, excluír ese tipo de explotacións das axudas comunitarias ou facilitar a recuperación da gandaría extensiva, que en vez de agredir á súa contorna contribúe a mantela. |
PRAZA_14098 | SOS Sanidade Pública, Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo denuncian que o decreto do Goberno central que suprime a atención sanitaria para os sen papeis elimina o carácter universal da sanidade, excluíndo unhas nove mil persoas en Galicia. A CUT ocupou un ambulatorio en Compostela, onde permanecerán pechados até este martes. | SOS Sanidade Pública, Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo realizaron un acto público en Compostela para rexeitar non só o decreto do Goberno central que suprime o dereito á atención sanitaria para as persoas migrantes sen regularizar senón tamén o programa de atención alternativa anunciado pola Xunta, que cualifican de "apaño" e de "medida electoralista", poñendo en dúbida que o Goberno galego a manteña despois das eleccións. O pasado xoves Alberto Núñez Feijoo anunciou que o Goberno galego ía poñer en marcha mecanismos para que as nove mil persoas que se calcula van ficar sen tarxeta sanitaria poidan recibir algún tipo de atención. A Xunta expedirá unha tarxeta especial para aquelas persoas sen permiso de residencia, pero que leven cando menos seis meses empadroadas nalgún concello e que ademais acrediten a súa carencia de recursos. A medida tamén inclúe unha moratoria de seis meses, nos que todas as persoas seguirán tendo acceso á sanidade. Porén, o certo é que o Goberno galego aínda non fixo oficial a medida, polo que non se coñecen máis detalles. Denuncian así mesmo que o Goberno central tenta disfrazar, coa crise económica como desculpa, un cambio no modelo sanitario, creando unha diferenza entre asegurados e non asegurados En calquera caso, os tres colectivos denuncian que a normativa suprime o carácter universal da atención sanitaria en España, establecendo "unha segregación por motivos racistas". Denuncian así mesmo que o Goberno central tenta disfrazar, coa crise económica como desculpa, un cambio no modelo sanitario, creando unha diferenza entre asegurados e non asegurados. Din que esta normativa exclúe as persoas migrantes sen regularizar a súa situación, pero alertan de que a exclusión se pode ampliar a outros colectivos. Alicia Ares (Médicos do Mundo) afirma que "estamos nun claro caso de xenofobia institucional disfrazada de crise". Os tres colectivos rexeitan que se requira o empadroamento como condición para ter acceso á atención sanitaria e piden que se habiliten outros mecanismos de xustificación da residencia en Galicia distintas do padrón. Piden que este programa de atención alternativa facilite as vías de acceso e non esixa a presentación de documentación complexa, da que moitas veces as persoas migrantes carecen e que na práctica impide o seu acceso a esta alternativa. Tamén piden que a atención que vaian recibir estas persoas sexa completa e igual que a que poden recibir as persoas con nacionalidade ou permiso de residencia. O pasado venres os tres colectivos mantiveron un encontro coa Consellaría de Sanidade, que xa lles presentou un plan asistencial pechado, cando eles consideraban que o obxectivo da convocatoria era debater vías de solución e achegar posturas. Francisco Reyes, de SOS Sanidade Pública, pide que o Goberno actúe contra o fraude fiscal e non contra o gasto xerado na sanidade pola poboación inmigrante Pola súa banda, Francisco Reyes, de SOS Sanidade Pública, pide que o Goberno actúe contra o fraude fiscal e non contra o gasto xerado na sanidade pola poboación inmigrante, uns 500 millóns de euros anuais que representan o 0'4% da fraude fiscal, que en España dobra a media da UE. Pídenlle ao Goberno que poña sobre a mesa datos comprobados "e non exemplos anecdóticos"; por exemplo, afirmou que cada persoa inmigrante consume a metade dos recursos sanitarios que os cidadáns españois, unha diferenza que é mesmo meirande no caso dos xubilados, onde o os españois consumen tres veces máis. |
NOS_22963 | O persoal de Xeal comezará novas protestas para exixir a readmisión do membro do comité despedido e para que adopten medidas contundentes contra o condenado por acoso sexual. | A representación social de Xeal anuncia a convocatoria de concentracións neste mes de febreiro as cuartas feiras 9, 16 e 23 diante da Fabrica de Cee (17.15h.), diante do Concello de Cee (17:30h.) e ante os Edificios Administrativos da Xunta da Galiza en Santiago (de 11 a 12h.). A través dun comunicado, indican que tomaron esta decisión como medida de presión para exixir "de maneira urxente que se readmita ao compañeiro despedido". Consideran que a decisión da empresa "ademais de ilegal e que xa foi denunciada, é unha clara represalia polo seu papel como testemuña a favor da traballadora vítima de acoso sexual". O Comité demanda, ademais, "que se adopten de inmediato medidas contundentes contra o Coordinador do servizo de Prevención condenado por acoso sexual, o cal segue traballando con total normalidade". Lembran que a Inspección de traballo advertiu a Xeal de que "incumpriu unha recomendación relativa a protección da dignidade da muller e do home no traballo". Explican que cando a traballadora presentou a denuncia ante a empresa polo presunto acoso sexual, "a empresa en lugar de protexer a traballadora, trasladouna de centro de traballo situándoa perto do presunto acosador" e como consecuencia "a traballadora causou baixa por motivos psicolóxicos". Non "amparar comportamentos machistas" O comité pide que a empresa "debe deixar de amparar este tipo de comportamentos machistas, e son responsábeis de garantir que se respectan os dereitos fundamentais de igualdade e integridade moral de todas as traballadoras e os traballadores e perseguir os comportamentos inadecuados, especialmente cando se dan en situacións nítidas de abuso de poder". Por este motivo, acordou retomar as mobilizacións, sen descartar "outras iniciativas institucionais e sindicais". |
PRAZA_2185 | O líder de Anova anima o portavoz nacional do BNG a falar directamente coas mareas municipais. O voceiro do Bloque resalta no encontro a aposta pola unidade se se materializa na procura dun grupo parlamentario galego. | O encontro levaba tempo pendente e celebrouse este xoves, pouco máis de vinte e catro horas antes de que Anova, Podemos e EU presenten a súa declaración política, o "preacordo" ao que chegaron para adoptaren posición común cara ás eleccións xerais que, segundo vén de confirmar Mariano Rajoy, se celebrarán o 20 de decembro. Xosé Manuel Beiras e Xavier Vence sentaron á mesma mesa para, coa casa do líder do BNG como escenario, abordaren o panorama político que se abre no país cara a eses comicios e expoñeren as posturas de cadansúas formacións sobre unha eventual confluencia. Na semana en que os membros de Marea.gal decidiron non fusionarse con Iniciativa pola Unión, que á súa vez está a votar a súa coordinadora, fontes coñecedoras do contido da xuntanza entre os portavoces nacionais de Anova e Bloque sinalan que o ton do encontro foi "cordial" e enmárcano nun escenario que, salientan, aínda está "aberto" cara á conformación dunha eventual candidatura galega para o 20-D. A reunión produciuse tras a suspensión dun contacto orgánico entre as dúas forzas, que finalmente chegará a semana que vén. Vence expúxolle a Beiras a necesidade da unidade materializada como unha candidatura galega que aposte por un grupo propio Pola banda do BNG Vence expúxolle a Beiras a necesidade de que as forzas políticas favorezan a unidade electoral materializada nunha candidatura galega que aposte por un grupo parlamentario propio. Neste sentido, indican as fontes consultadas, o Bloque coida que Iniciativa pola Unidade é o marco no que se pode fraguar esa posible confluencia. Beiras animou a Vence a contactar coas mareas municipais e subliñou que apoia un "suxeito político galego" que sexa "soberano" O líder de Anova, pola súa banda, animou a Vence a contactar directamente coas mareas municipais, que a xuízo de Anova amosan o vieiro que veu seguindo a "unidade popular" nos últimos anos no país. Xosé Manuel Beiras, sinalan fontes da súa contorna a Praza, indicou que este é o espazo político no que se vén movendo a formación dende a creación de AGE e esa, indican, é tamén a razón pola que se fiou o preacordo con EU e Podemos o cal, resaltan, non é un pacto electoral. Por este motivo, aseguran, Beiras detalloulle a Vence algúns dos puntos desta declaración, especialmente no que atinxe á aposta dun "suxeito político galego" que sexa "soberano". O preacordo presentarase xunto a "outros axentes necesarios para o proceso de confluencia" Con este pano de fondo está previsto que "a vindeira semana" se celebre unha xuntanza formal entre Anova e BNG, na que a formación frontista indicará que aposta pola unidade se esta non ten dependencia das decisións de formacións estatais como Podemos. Para daquela será público xa o preacordo que centrou o debate en torno á confluencia nos últimos días, o cal será presentado por "representantes dos tres partidos" xunto "outros axentes necesarios para o proceso de confluencia de cara ás eleccións ás Cortes", indican. |
NOS_8420 | Após varias xornadas nas que a xente acudía en masa a levar canto produto collese no carro da compra, os supermercados galegos volven a recuperar a normalidade e o subministro de determinados artigos. | O papel hixiénico é sin dúbida un dos grandes protagonistas da crise provocada pola epidemia de coronavirus (COVID-19). Se hai uns días a xente facía cola ante os estabelecementos comerciais para facerse cun paquete de rollos de papel, hoxe son un produto que mesmo desborda os andeis dos supermercados e comeza a ocupar calquera recuncho nos corredores das tendas de alimentación. É unha proba de que a psicose inicial xa pasou. Pero nestes días, o feito de ir á compra tamén mudou considerábelmente. É normal ver á xente ás portas dos supermercados, pero desta vez como medida de seguridade, xa que non está permitido superar un tercio da capacidade do estabelecemento. Na porta, as propias cadeas de distribución subministran guantes de un só uso para que as clientas non toquen directamente a mercadoría. Como explica a Nós Diario a encargada dun destes supermercados, "as medidas chegaron, pero tiñan que estar xa en vigor desde a pasada cuarta feira". Faino mentres controla o acceso ao local e recomenda ás clientas gardar unha distancia de seguridade de metro e medio. Outra das responsábeis do supermercado agarda na liña de caixas, onde pon orde para que a xente non se amoree á hora de pagar as súas compras. Nas caixas, as traballadoras do estabelecemento atenden con máscaras e contan cun bote de desinfectante para botar de cando en vez. "O que menos nos gustou foi que as clientas nos acusaran de esconder produtos. Véndese todo o que hai, pero tamén temos que velar pola seguridade das nosas traballadoras", apunta a encargada. "As clientas chegáronnos a acusar de esconder os produtos, e iso non nos gustou". A mesma situación pode atoparse en calquera das tres grandes cadeas de distribución do país, Froiz, Gadis e Vegalsa-Eroski. Todas afirman que non hai problema algún de abastecemento nin contan con que o haxa. O que si, recoñecen que as medidas de seguridade están a atrasar algunhas das entregas. En canto aos pedidos, ningunha alteración no reparto, coa única excepción de que se elimina o contacto entre persoas. Pendentes do Goberno español Na xestión da crise, as empresas galegas de distribución, cuxa presencia na rede é aínda bastante testemuñal, estabelecen os seus protocolos en función do que determina a Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados (Asedas). Desde a entidade, fan un chamamento ás compras "responsábeis" até que se coñezan as novas medidas económicas e laborais que pensa adoitar o Goberno español no Consello de Ministras desta terza feira. Neste senso, lembran a importancia de saír a mercar só se é indispensábel, non facelo acompañado de nenos, anciáns ou colectivos vulnerábeis, levar guantes, acudir só unha persoa por unidade familiar e intentar pagar con tarxeta de crédito para evitar os contactos. Galiza ten a sorte de contar cun amplo número de produtores locais, o que fai que o abastecemento estea garantido na práctica. A iso hai que sumar a "grande capilaridade" dos supermercados no territorio galego, o que unido á "eficiencia das súas plataformas loxísticas e ao compromiso das súas traballadoras, que están a actuar de forma exemplar", fan que as consumidoras teñan garantido o subministro de produtos de primeira necesidade, sinala Ignacio García Magarzo, director xeral de Asedas, quen fai un chamamento "á calma e a non facer acopio innecesario de alimentos". Minimizar riscos Segundo un estudo da consultora Nielsen, na primeira semana do mes de marzo, antes de que se decretara a alerta sanitaria, as vendas de produtos de gran consumo disparáronse 8,4% en relación ao mesmo período do ano anterior. Os produtos frescos e os de hixiene persoal, como termómetros clínicos e xabón de mans, foron os máis demandados como consecuencia da expansión do coronavirus no Estado español. A carne foi dos alimentos frescos máis demandados, en parte pola súa posibilidade de ser conxelada en previsión de que a situación se prolongue no tempo, apuntan desde a consultora. Pero os datos que máis chaman a atención son o incremento de vendas de produtos como termómetros clínicos, que se dispararon 262%, ou o xabón de mans, que o fixo 166%. Por detrás deles sitúanse as toalliñas corporais, con 49% máis de vendas, e os panos, con 22%. As clientas extreman cada vez máis as precaucións. De aí que as vendas por Internet tamén subisen con forza na primeira semana dos mes. As operacións polo canal 'online' aumentaron 39,3%, seguindo a estela dos días previos, nos que tamén creceu a dobre díxito. Porén, na Galiza a xente segue a preferir a tenda física, onde de momento o subministro está garantido. Iso sí, as traballadoras piden que se teña en conta o grado de exposición ao contaxio ao que están sometidas á hora de desenvolver a súa labor, polo que piden aos cidadáns "paciencia" e o cumprimento "estrito" das normas que se estabelezan. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.