ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_10649
De repente e en México, falecía esta madrugada Paco de Lucía, renovador do flamenco, xenio da guitarra, mestre de xeracións e un dos grandes da música mundial.
O de Paco de Lucía é un dos que, co de Camarón, convertéronse en nomes de culto na música flamenca. Nacido en Alxeciras (Cádiz) en 1947 con só vinte anos viu a luz o seu primeiro disco en solitario, "La fabulosa guitarra de Paco de Lucía" que faría xa del con tan curta idade un dos grandes da música e unha verdadeira revelación no mundo do flamenco. Antes, cando seu irmá e con só sete anos, xa asinara un disco con tan só catorce anos asinado como "Los chiquitos de Algeciras". A música tíñaa na casa, coa súa nai Lucía Gómez "A Portuguesa" e seu pai e mestre de guitarra Antonio Sánchez. Tamén os seus irmáns dedicaríanse ao flamenco de maneira profesional. Os grandes teatros abríronse a súa música nos anos setenta e a súa fama reventou de vez cando fixo dúo con Camarón en máis de dez discos conxuntos, "El Duende Flamenco" entre eles. Coa morte de Camarón, Paco de Lucía sufriu unha forte crise que mesmo o levou a afastarse da música durante un tempo, parada que non sería a única na súa traxectoria e que rompeu de vez con aquel "Cositas Buenas" do 2004 que se convertiría nun dos seus discos máis valorados. Case todos os premios posíbeis locían na súa traxectoria, desde o Grammy ate a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes. Xunto con Camarón levaron ao flamenco a súa cima máis popular, rompendo todas as fronteiras e renovando desde o absoluto respecto as súas raíces.
PRAZA_12823
A Organización Internacional do Traballo censura as reformas económicas do Executivo, critica aos gobernos "que dan prioridade á austeridade fiscal e as drásticas reformas laborais" e pide "un cambio radical" de políticas
A Organización Internacional do Traballo (OIT) censura as reformas económicas en España. A axencia especial das Nacións Unidas para o mercado laboral carga contra as receitas de moitos dos países desenvolvidos contra a crise por crear "consecuencias devastadoras" para a creación de emprego. No seu último Informe sobre o Traballo no Mundo 2012, o organismo advirte de que as economías avanzadas non crearán emprego a niveis anteriores á crise até finais de 2016 e critica con dureza as prioridades marcadas polos executivos. "Seguen faltando 50 millóns de empregos a nivel mundial comparado coa época anterior á crise", asegura o informe, que culpa desta situación a que "moitos gobernos, en particular nas economías avanzadas, déronlle prioridade á combinación de austeridade fiscal e drásticas reformas laborais", o que provoca "consecuencias devastadoras" nos mercados laborais e na creación de emprego, ademais de "non lograr, en xeral, reducir o déficit fiscal". A OIT tíralle de orellas a España. Primeiro sen citala e logo argumentando con datos sobre o Estado polo que considera políticas erradas para a recuperación económica. "A austeridade fiscal combinada coa liberalización do mercado laboral non favorecerá as perspectivas de emprego a curto prazo", si, insistindo en que "non hai unha relación evidente entre as reformas laborais e as taxas de emprego máis altas; é máis, algunhas reformas recentes, sobre todo en Europa, reduciron a estabilidade laboral, exacerbaron as desigualdades e fracasaron na creación de postos de traballo", engade. Os últimos datos económicos de España confirman as peores previsións da OIT, pero tampouco semella que o Goberno de Mariano Rajoy confíe en variar uns agoiros que coinciden en moitos casos cos da axencia das Nacións Unidas, que pide novas receitas que parecen agromar tamén na UE. "Os países que investiron en políticas de creación de emprego lograron mellores resultados; moitos destes países volvéronse máis competitivos e superaron a crise mellor que aqueles que seguiron o modelo de austeridade", afirma Juan Somavia, un dos autores dun documento que pide "estudar detalladamente estes países e extraer leccións". A OIT pide "políticas favorables á creación de emprego, baseada en impostos e nos investimentos públicos" Raymond Torres, director do Instituto Internacional de Estudos Laborais e principal autor do informe, incide no mesmo e censura "a excesiva importancia que moitos países da eurozona lle están dando á austeridade fiscal, o que profunda na crise de emprego e podería conducir a outra recesión en Europa". A solución, segundo a OIT, estaría "na combinación de políticas favorables á creación de emprego, baseada en impostos e no aumento de investimentos públicos e beneficios sociais". Xusto o contrario do que se aplica en España e noutros moitos estados da UE. Con esta receita, e segundo o informe, "poderían crearse aproximadamente dous millóns de emprego no vindeiro ano nas economías avanzadas". Insuficiente, pero esperanzador. A prioridade, tal e como insiste a OIT, debe ser "atacar o desemprego, en particular entre os mozos", e estimular "a inversión privada, a través dos investimentos públicos en infraestruturas e do apoio ás pemes". O informe considera que os recortes fiscais "son importantes para propiciar a estabilidade fiscal e estimular o emprego", pero engade que este proceso de consolidación fiscal "debe ser socialmente responsable". "Non se recuperará emprego até finais de 2016 a non ser que as políticas cambien radicalmente" A OIT conclúe a súa argumentación con datos e destaca que en máis do 90% dos países que aplicaron medidas de austeridade, as taxas de desemprego "superan os niveis de 2007". Ademais, na metade deles, as porcentaxes de paro "aumentaron máis a finais de 2011". "Nas economías avanzadas hai 43,5 millóns de desempregados", conclúe. Nestes países, en particular en Europa, a recuperación do emprego "non está prevista antes de finais de 2016, a non ser que as medidas políticas cambien radicalmente o seu curso". Estímase que 196 millóns de persoas estaban desempregadas no mundo a finais de 2011 e prevese que esta cifra aumente aos 202 millóns en 2012, o que supón unha taxa do 6,1%.
NOS_14869
O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, pide máis reformas estruturais no mercado do traballo para "se adaptar á nova realidade económica".
O presidente do Eurogrupo e ministro de Finanzas dos Países Baixos, Jeroen Dijsselbloem, tomou parte esta segunda feira nun almorzo informativo que decorreu en Madrid. Foi esa a plataforma desde a cal o mandatario comunitario afirmou que a cidadanía do Estado español vai ter que afacerse a traballar "máis e máis tempo". Unha declaración que se produce en pleno proceso de debate sobre as pensións públicas. Un debate no que desde a Eurocámara se posicionan como partidarios de retrasar a idade de xubilación. O mercado laboral ten que ser "máis dinámico" e cunha contratación "máis moderna" "Hai que se adaptar á nova realidade económica", dixo Dijsselbloem, que pediu "máis reformas laborais" para garantir un "medre económico necesario" e así combater, apuntou, "o alto desemprego". Entende, e así o manifestou, que o mercado laboral debe ser "máis dinámico" e cunha contratación "máis moderna". Após aplaudir as reformas impulsadas polo goberno español, e de afirmar que entende que non vai ser preciso alongar as axudas á banca española, Dijsselbloem insistiu na necesidade de facer máis reformas no mercado de traballo. Declaracións que casan á perfección coas realizadas periodicamente pola patronal e membros do goberno español de necesidade de 'reformas'.
NOS_3044
A construción de equipamentos sociais e sanitarios e a implantación dos servizos públicos e vías para a mobilidade mellorou a calidade de vida das galegas e galegos, mais tamén supuxo un desequilibrio territorial e demográfico que medrou co paso do tempo e no que o deseño das infraestruturas xogou un importante papel.
O cambio foi vertixinoso. A transición dun modelo económico pre-capitalista cara a outro post-industrial produciuse na Galiza nun par de décadas. A desagrarización, que noutros estados como o alemán se consolidou ao longo de tres xeracións, iniciouse entre a década dos 50 e os 60 acelerada pola emigración e o baleirado de aldeas. O asfalto gañou terreo e a poboación concentrouse cada vez máis na franxa atlántica. "Este proceso queda reflectido no territorio, con espazos que gañan e acumulan poder político, económico e financeiro e outros que perden", explica o xeógrafo e investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Rubén Lois. A transformación dos espazos sucedeuse veloz. Multiplicáronse as casas aos bordos das estradas, medraron as vilas cabeza de comarca e as urbes desbordaron aos municipios veciños. Desertouse da memoria labrega, a cidade ofrecía mellores condicións de vida, di Rubén Lois Cultural e socialmente, as cidades impuxéronse sobre un rural que se asimilou á pobreza. "Desertouse da memoria labrega, a cidade ofrecía mellores condicións de vida e o modo de vida urbano gañou prestixio", apunta Lois. O territorio non ficou indemne, coa desestruturación dos usos agrarios tradicionais. "Medraron os propietarios absentistas e as terras abandonadas", di Mar Pérez Fra, profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC. Conexión interrompida As grandes infraestruturas da Galiza son un reflexo da distribución desequilibrada da súa poboación, das tensións territoriais existentes e mais tamén do peso do sector da construción na axenda pública. "A autoestrada do Atlántico é un negocio, constrúese entre dúas áreas moi habitadas que son polos económicos cobrándose unha peaxe para o tránsito", exemplifica Lois. Nese desequilibrio hai espazos urbanos que "perden" e quedan fóra da malla de conexións aceleradas. Na beira atlántica é o caso de Ferrolterra ou da Costa da Morte. Na cantábrica, a da Mariña. No interior, a falta dunha rede efectiva arredor das cabeceiras de comarca. En tanto, a tensión territorial unida á falta de planificación despréndense dos investimentos nos tres aeroportos galegos que á súa vez están deficientemente conectados. Na construción dos portos exteriores, que carecen dunha rede ferroviaria de mercadorías á que trasladar os produtos recibidos. Na edificación de grandes instalacións culturais como auditorios, teatros ou museos cuxo aforo e usos non responden á poboación na que se asentan. Mais tamén nas dificultades para artellar redes de transporte metropolitano. Hai un abandono do territorio, pero á vez hai explotacións que teñen problemas para acceder á terra, apunta Pérez Fra Outras contradicións afectan aos concellos rurais que perden habitantes ano tras ano. "Hai un abandono do territorio, pero á vez hai explotacións que teñen problemas para acceder á terra, temos unha das porcentaxe de solo agrario utilizado (SAU) máis baixa da Unión Europea", expón Mar Pérez Fra. "Temos que reverter o modelo forestalista de monocultivo, ten que haber máis superficie para a agricultura ou a gandaría, que son as actividades que asentan poboación", acrecenta Lois. A voltas coas migracións A profesora de Economía Aplicada lamenta que as políticas públicas para acrecentar os habitantes dos concellos rurais pasen pola natalidade. "As políticas natalistas téñense superado desde hai décadas, volver a esas receitas é un erro. De nada vale que as mulleres teñan moitos fillos se cando estes chegan á idade adulta marchan", engade. Pérez Fra destaca que, aínda que o saldo migratorio da Galiza sexa levemente positivo, "unha parte importante obedece a persoas retornadas que xa remataron a súa vida activa". "Os municipios rurais continúan a expulsar poboación moza, e do número de persoas que saen do territorio moitas son novas e moi cualificadas, un capital humano que non sobre", advirte. Os municipios rurais continúan a expulsar poboación moza, lamenta Pérez Fra Para a docente e investigadora, para que a poboación regrese do litoral atlántico ou para atraer emigrantes aos municipios con menos habitantes cómpre "facer os espazos rurais atractivos e xerar emprego". [Esta reportaxe foi publicada xunto a un detallado artigo do infografista Xan Sabarís. Podes lela íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da sexta feira, día 30, nos quiosques ou na nube]
NOS_55153
O maratón de seis partidos en pouco máis de 20 días será "intenso e bonito", di o técnico José Ignacio Prades.
O Atlético Guardés volve das súas longas vacacións para afrontar un mes de xaneiro "intenso, bonito e importante". Así describe o técnico do Guardés, José Ignacio Prades, o reto que están a piques de afrontar as súas xogadoras. Esa "intensidade" da que fala o adestrador valenciano vén marcada pola disputa de seis partidos en pouco máis de 20 días; a "beleza", porque é "intrínseca a calquera reto"; e a "importancia", no feito de participar nunha competición europea, na Copa da Raíña e no tramo decisivo da Liga Guerreiras Iberdrola. "Coñeceremos un pouco o futuro", apunta Prades, que se mostra "expectante" ante unha volta ao traballo que tivo a boa nova das recuperacións de Rosario Urban e Sarah Valero, polo que só queda na enfermaría guardesa Martina Mazza. Con todo, o adestrador do conxunto galego lembra que Laura Morales e África Sempere "aínda non están ao 100%", mais considera "importante" ir sumando efectivos para afrontar un tramo da tempada no que "as rotacións e dosificar esforzos vai ser súper importante". Prades móstrase ilusionado ante este comezo de 2021 tan cargado de compromisos, que obriga a que, case contra o reloxo, o Guardés teña que recuperar o ritmo de competición para saír airoso dun mes que determinará o éxito ou fracaso do equipo do sur da Galiza na tempada 2020-21. Elxe, primeiro paso do camiño á gloria europea Exactamente dez meses despois do seu último partido europeo na tempada 2019/20 -concretamente o 8 de marzo contra o Aula Alimentos de Valladolid na Sangriña- o Atlético Guardés volve disputar un choque correspondente a unha competición continental, concretamente da EHF European Cup. O Balonmano Elche será o primeiro rival da escuadra galega no 'Last 16' dun torneo no que se tiña que ter estreado xa no pasado mes de novembro de 2020, pero a causa das restricións sanitarias no seu país, o LK Zug suízo non puido participar na terceira rolda da EHF. Xa que logo, a Federación Europea tomou a decisión de clasificar automaticamente o Guardés para o 'Last 16', enfrontándose en primeiro lugar co Elche, un equipo co que aínda non se encontrou na Liga por estar encadrado nun grupo diferente.
PRAZA_19855
No 25 aniversario do tren Madrid-Sevilla, en Galicia hai 242 quilómetros en servizo, 80 en obras, e aos 80 mortos no accidente de Angrois hai que sumar os 7 falecidos na construción MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego
MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego No 25 aniversario do tren Madrid-Sevilla, en Galicia hai 242 quilómetros en servizo, 80 en obras, e aos 80 mortos no accidente de Angrois hai que sumar os 7 falecidos na construción O 21 de abril de 1992, hai agora 25 anos, produciuse a primeira circulación comercial dun tren de alta velocidade en España, o AVE Madrid-Sevilla, de 471 quilómetros, que estes días se está a conmemorar. Cinco lustros despois, dentro de Galicia o AVE ten outras cifras. Hai 242 quilómetros en servizo, ningún deles aínda coas máximas prestacións, e 80 quilómetros en obras, e neles rexistráronse xa 80 mortos, os do accidente de Angrois, pero tamén outros sete falecementos dos que poucas veces se fala, os dos obreiros que morreron na construción. Os accidentes mortais tanto no Eixo Atlántico como na liña á Meseta coincidiron cos periodos de maior intensidade das obras en ambas as dúas actuacións A primeira pedra do AVE galego, do que daquela non ía ser máis que unha reforma da vella vía entre A Coruña e Vigo, púxose o 21 de xullo de 2001, case unha década despois da inauguración do de Sevilla. E a primeira redución considerable dos tempos non chegaría ata a inauguración en 2007 do AVE Madrid-Valladolid, co que o galego comparte os primeiros quilómetros ata Olmedo. Foi ese mesmo ano, o 7 de setembro de 2007, cando se produciu a primeira morte nas obras en Galicia cando se derrubou un viaduto en construción no Carballiño e morreu un capataz vigués de 45 anos da empresa Comsa e resultaron feridos outros catro traballadores. Dúas semanas máis tarde un obreiro de Ferrovial de 23 anos de Mazaricos morreu ao envorcar a súa escavadora en Cerceda. E en xullo de 2009 un topógrafo de 27 anos de Salvaterra do Miño foi aplastado por un camión nun túnel en Arcade. Eses anos coincidiron coa maior intensidade dos traballos nas liñas do Eixo Atlántico e Ourense-Santiago, que se puxeron en servizo a partir de 2011. Non volveu rexistrarse outro accidente mortal ata que volveu haber outro incremento notable da actividade, desta volta na liña á Meseta. Foi alí, en Vilar de Barrio, onde o 2 de abril de 2013 morreu un enxeñeiro madrileño de 37 anos de Vías y Construcciones atropelado nun túnel. Un ano máis tarde, o 15 de abril de 2014, un mecánico asturiano de 53 anos de Copisa faleceu golpeado por unha pa no túnel da Canda, no fronteirizo municipio zamorano de Lubián, sen que a súa morte transcendese en Galicia. E dous meses despois, o 17 de xuño de 2014, un traballador de 42 anos de Sevial Proyectos y Obras morreu ao caer a escavadora que conducía por un noiro entre A Gudiña e Vilariño de Conso. O último morto rexistrado nas obras en Galicia data do 15 de setembro de 2015, en Laza, cando cedeu a cesta dunha grúa na que traballaba un operario de 31 anos asturiano que resultou falecido e quedou ferido grave outro traballador. A estas sete mortes na construción do AVE só en Galicia hai que engadir os 80 falecidos o 24 de xullo de 2013 no accidente de Angrois nunha liña, a Ourense-Santiago, que, malia os intentos de Fomento por negalo, quedou acreditado que era de alta velocidade. Hoxe en España hai 3.240 quilómetros de liñas de alta velocidade, segundo Adif, dos que Galicia se beneficia duns 475, aínda que ningún deles ao máximo das prestacións que permiten Hoxe en España hai 3.240 quilómetros de liñas de alta velocidade, segundo Adif, dos que Galicia se beneficia duns 475, aínda que ningún deles ao máximo das prestacións que permiten. Son os 233 quilómetros en servizo entre Madrid e Zamora e os 242 abertos no interior de Galicia. Nos primeiros, só entre Madrid e Olmedo, ao sur de Valladolid, hai unha liña coas máximas prestacións, pero os trens Alvia que circulan a Galicia non poden superar os 250 quilómetros por hora. Entre Olmedo e Zamora a liña é de vía única e aínda non ten instalado o sistema de seguridade do AVE, o ERTMS, polo que os trens non poden pasar aínda dos 200 quilómetros por hora a que están limitados co sistema de sinalización convencional, o ASFA. No interior de Galicia, eses mesmos Alvia tampouco poden circular a máis de 220 por hora nos 87 quilómetros da liña Ourense-Santiago. Nela xa está funcionando o ERTMS que fora desconectado antes do accidente de Angrois, pero a súa vía de ancho ibérico e non internacional, como a do resto do AVE español, impide superar esa velocidade. A outra liña de altas prestacións, o Eixo Atlántico Vigo-A Coruña, suma outros 155 quilómetros en servizo, pero tampouco nela está aínda en servizo o ERTMS, polo que os trens non poden superar os 200 quilómetros por hora. Canto ás obras actualmente en marcha na liña á Meseta, trabállase en 122 quilómetros entre a cidade de Zamora e o túnel do Padornelo e noutros 80 quilómetros xa no interior de Galicia, pero aínda non comezaron as obras nos 17 quilómetros entre Taboadela e Ourense, que non estarán rematados antes de 2024, nin hai prazos para o resto de liñas inicialmente previstas (Ourense-Lugo, A Coruña-Ferrol, Ourense-Vigo por Cerdedo e Vigo-Porto).
NOS_56764
Feixoo introduce ETA na sesión sobre irregularidades nas vacinacións e os fondos contra a pandemia.
Núñez Feixoo anunciou hoxe na sesión de control ao presidente no Parlamento galego unha desescalada "medida e gradual" e "sen pasos en falso" na Galiza. Unha afirmación que fai horas despois de que Galiza superase as 2.000 persoas falecidas pola Covid. Epidemiólogos e sanitarios teñen advertido en non poucas ocasións do desacertado de afrontar posíbeis fin das restricións en breve, porque iso leva a un escenario que implicaría novas repuntas de contaxios. O presidente dá un paso máis así a respecto do anuncio que fixo esta segunda feira, antes da reunión do comité clínico, e no que xa apuntaba a un "alivio" das restricións a partir de mediados de semana que vén. Vacinas A primeira intervención na sesión foi a de Gonzalo Caballero (PSdeG), que mostrou a súa preocupación polos "preocupantes" datos que está a deixar a pandemia na Galiza, con eses 600 mortos no que vai de ano. O socialista demandou de Núñez Feixoo explicacións a respecto das "irregularidades" no proceso de vacinación, indicando o que sucedeu coa delegada de DomusVi ou a alcaldesa de Boirmorto. Feixoo botou balóns fóra: apelou a que o Goberno español foi quen permitiu no Nadal o de reunións de "achegados" e cargou contra os criterios de reparto de vacinas por parte do Goberno español. "De ter vacinas, en seis semanas estaría toda Galiza vacinada", dixo. Caballero, de por parte, pediulle humildade: "Fallou a estratexia de salvar o Nadal, a prioridade non debe ser salvar a semana santa". ETA ETA fixo acto de presenza na sesión de control ao presidente da Xunta. Unha aparición que veu da man do propio presidente, Núñez Feixoo, nunha sesión na que a oposición lle preguntaba pola vacinación e polos fondos europeos para facer fronte á pandemia. Cara ao final da sesión, e ante as acusacións da portavoz do BNG, Ana Pontón, de que Feixoo non estaba á altura de defender "os intereses da Galiza" ante Madrid nestes fondos, o presidente optou polo ataque. "Nada hai máis antigalego e antidemócrata que apoiar Otegi e Junqueras" , dixo. Mais non parou aí e proseguiu: "Non hai nada máis contra a autonomía de Galiza" que estar nun mitin "cun membro de ETA político-militar, que "secuestrou unha persoa". E non parou: "Quere que lle lembre - preguntou a Ana Pontón - o número de galegos asasinados por ETA?". A pregunta da principal forza da oposición centrárase nos fondos europeos para a recuperación. Pontón lamentou a "cerimonia de confusión" da Xunta sobre estes fondos, que o nacionalismo considera claves e que, sinala, o Goberno galego limítase a xestionar "como axente comercial das grandes multinacionais". Lamentou tamén que da xuntanza que Feixoo mantivo co presidente español, Pedro Sánchez, non saíse nada concreto para Galiza, "mais vostede di que saíu da reunión moi satisfeito". Feixoo acusou entón Pontón de ir da man dos socialistas, extremo que negou a nacionalista, lembrando ao presidente a política de pactos do seu partido con Vox.
NOS_57309
O Executivo autoriza a concesión de novos contratos de subministro de combustíbel para motores.
O Goberno de Bulgaria acordou esta cuarta feira aliviar as restrincións ao mercado ruso, promovidas pola Unión Europea, por mor dos problemas de abastecemento de combustíbeis que atravesa o país. En concreto, Sofía informou da concesión dunha "excepción" a un apartado do paquete de sancións aprobado polo ente comunitario e que fai alusión ao subministro de carburantes para motores. "Permítese a adxudicación de novos contratos públicos, así como a execución dos contratos en vigor e acordos marco a respecto do subministro de combustíbeis para motores a partir do próximo 10 de outubro", expón, nun comunicado. Esta "excepción" á norma, precisa o Executivo, "imponse debido á necesidade de proporcionar [este tipo de carburantes] para o funcionamento dos órganos e estruturas estatais, a fin de protexer a orde pública, a vida e a saúde da cidadanía búlgara, así como a seguridade nacional". A medida ficará en vigor até o 31 de decembro de 2024, a pesar de que a UE acordou esta mesma cuarta feira novas sancións á Federación Rusa que incluirá, entre outras cuestións, un tope ao prezo do petróleo procedente deste país. Esta medida chega como reacción á recente adhesión á Federación Rusa dos territorios de Donetsk, Lugansk, Zaporijia e Kherson. "Nunca aceptaremos os falsos referendos nin tipo ningún de anexión. Estamos determinados a continuar facendo que o Kremlin pague", afirmou a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. Crônica desde o Donbass: Adesão à Rússia abre portas a uma nova fase da guerra Vladimir Putin, pola súa parte, asinou un decreto que nomea os líderes rexionais destes catro territorios, mantendo Leonid Pasechnik e Denis Pushilin á fronte de Lugansk e Donetsk, respectivamente, mentres a administración de Zaporijia recae en mans de Evgeni Balitski e a de Kherson, en Vladimir Saldo.
PRAZA_2791
A situación do sector lácteo, os desafiuzamentos, a corrupción, os salarios baixos ou a situación dos refuxiados están presentes nos nacementos instalados nas igrexas de San Antonio de Momán (Xermade) e San Pedro de Cambás (Aranga), parroquias do coñecido cura de Xestoso
As tractoradas chegaron a Belén. Cando menos aos beléns instalados polos veciños e veciñas nas igrexas de San Antonio de Momán (Xermade) e San Pedro de Cambás (Aranga), que recollen as demandas de prezos dignos para o leite, reivindicadas nas rúas polos gandeiros galegos este mesmo xoves. Nos dous templos están presentes ademais outras demandas e denuncias sociais, dende os desafiuzamentos ata a situación dos refuxiados, pasando pola corrupción e os salarios baixos. Ambas as dúas parroquias son responsabilidade de Luís Ángel Rodríguez Patiño, o coñecido como cura de Xestoso (lugar de Monfero do que é párroco dende hai máis de trinta anos), e que exerce habitualmente distintas accións reivindicativas. Non é estraño que as demandas dos gandeiros estean moi presentes en Aranga e Xermade, concellos nos que a produción leiteira é unha das principais fontes de riqueza. A parroquia de Cambás, en concreto, conta con grandes explotacións e unha cooperativa. Así, xunto ao tradicional presebe, aparecen tractores, gandeiros, unha botella na que se le "0.25 na granxa e 1.20 no super" e cartaces con textos do tipo "queremos un precio xusto ou temos que levar as vacas ó comedor social" ou "se as granxas fallan todos imos a pique, se desaparece o campo a ver que se come". Non son os únicos elementos que fan referencia á actualidade: o portal foi desafiuzado para construír vivendas de luxo, San Xosé participa nun escrache, Papa Noel é encarcerado, dos Reis Magos tan só Melchor e Gaspar poden entrar na cidade, pois Baltasar é enviado a un campo de concentración xunto con outros refuxiados. Non é a primeira vez que os beléns das parroquias de Luís Ángel Rodríguez Patiño inclúen mensaxes de denuncia. Hai dous anos, tamén en Xermade, a representación do nacemento explicitaba a prohibición de acceso aos gais, ante a sospeita de que un dos Reis Magos puidese ser homosexual. Era unha crítica a unhas declaracións do bispo de Castellón, Casimiro López Llorente, nas que afirmaba que o matrimonio gai "deriva en violencia" e en fillos "con perturbacións". O belén incorporaba tamén concertinas para evitar a chegada de inmigrantes. Outros anos foron os desafiuzamentos o centro das súas críticas, precintando o presebe, simulando que os seus personaxes foran desaloxados. "Os que fan a usura e os que cooperan coa usura non poden pertencer á Igrexa", sinalara Luís Ángel Rodríguez Patiño, que engadira que "se Xesucristo vivise hoxe en día sería desafiuzado". Noutras ocasións pediu tamén a excomuñón para os políticos e banqueiros corruptos, criticou o celibato, denunciou "a actuación dos sacerdotes pederastas e o silencio da xerarquía eclesiástica ante os abusos". E, de igual xeito, permitiu que nas misas que oficiaba no Entroido a xente fose disfrazada á igrexa, sinalando, simplemente, que "no Entroido, a xente disfrázase". Hai un par de semanas Luís Ángel Rodríguez Patiño fixo pública unha carta de apoio ao papa Francisco, na que criticaba "a pechada oposición e os ataques que lle fan minorías conservadoras", sinalando entre outros a Rouco Varela. Rodríguez Patiño afirmaba estar sorprendido pola "rebelión de cardeais conservadores contra o seu modo de conducir o Sínodo e, sobre todo, a Igrexa universal"
PRAZA_14757
Máis do 60% dos galegos e galegas declara dificultades para chegar a fin de mes e no 5% dos fogares recoñécense atrasos no pagamento de facturas ordinarias por problemas económicos
No medio da barafunda post electoral galega e vasca o Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo públicos este luns os resultados da súa enquisa de condicións de vida, un completo estudo demoscópico que radiografía diferentes aspectos socioeconómicos no conxunto do Estado e que deixa, tamén en Galicia, preocupantes resultados no que atinxe ás carencias dun bo número de persoas para contaren cun mínimo sustento no seu desenvolvemento vital. Nomeadamente, é posible afirmar que no ano 2011, ao que corresponde o inquérito, unha de cada cinco persoas habitantes en Galicia vivían por baixo do limiar da pobreza. Segundo os datos amosados polo INE a taxa de risco de pobreza de Galicia está no 18,8%. Polo tanto, case o 20% da poboación do país está por baixo do limiar da pobreza ou, o que é o mesmo, non acada o 60% da mediana de ingresos ordinarios. Estas cifras sitúan a Galicia un chisco por baixo da media do Estado, situada no 21,8% e sensiblemente lonxe de niveis como os de Canarias (33,8%), Extremadura (31,9%) ou Andalucía (31,7%). Está afastada tamén, non obstante, dos territorios con menores niveis de pobreza, caso de Euskadi (10,8%), Asturias (9,9%) e Navarra (8,8%). A fotografía complétaa a evolución interanual, que reflicte tamén con clareza o impacto da crise económica: en 2010 a taxa de risco de pobreza en Galicia era do 16,8% e en 2009, do 19,1%. Taxa de risco de pobreza Canarias 33,8 Extremadura 31,9 Andalucía 31,7 Castilla-La Mancha 31,7 Murcia 26,4 Castilla y León 23,5 MEDIA DO ESTADO 21,8 Cantabria 20,3 Comunitat Valenciana 19 Galicia 18,8 Illes Balears 18,5 Aragón 16,6 Catalunya 16,6 Madrid 15,9 Euskadi 10,8 Asturias 9,9 Navarra 8,8 Máis do 60% da poboación galega ten xa dificultades para chegar a fin de mes Pero a situación non só é mala para os homes e mulleres que xa atravesaron o devandito limiar da pobreza. A enquisa amosa tamén datos que permiten detectar o xeito en que as dificultades económicas impactan na vida das familias que aínda teñen ingresos en niveis máis ou menos ordinarios. Neste sentido, a suma das persoas que declaran ter "moitas dificultades", "dificultades" ou "certas dificultades" para chegar a fin de mes chegou xa ao 61,2% da poboación en 2011. En 2010 este indicador estaba no 59,8% e en 2009, no 59,7%. Ao tempo, nun 5% dos fogares admítense atrasos no último ano no pagamento de "gastos relacionados coa vivenda principal", como a hipoteca, o alquiler ou as facturas de servizos habituais. Este indicador baixa levemente a respecto de 2010 -estaba no 5,3%- pero sobe un punto se a referencia é o ano 2009 (3,7%) e os anteriores da mesma década. Estudo completo
PRAZA_6320
Deberamos conseguir que o decrecemento non remate por ser unha ferramenta comunicativa máis que os partidos empreguen para gañar os votos dun electorado descontento, sen unha implicación real sobre o problema
Desde a publicación do Manifesto Derradeira Chamada algúns autores teñen apuntado que a crise de civilización á que nos enfrontamos supón pon en cuestión os aparellos estatais, sabedores de que a todo réxime político correspóndelle tamén un réxime enerxético. En concreto, ponse no centro da diana as institución políticas nacidas directamente do Estado do Benestar, pois como ben amosan os datos a tal efecto os estados sociais ou do benestar son grandes consumidores de recursos e moi densos en canto a complexidade. O índice da pegada ecolóxica sérvenos para ilustrar as consecuencias do crecemento económico e o seu impacto sobre o planeta, así pois, mentres que a oferta ecolóxica media a nivel planetario non supera as 2'18 hectáreas por persoa e ano, as grandes economías triplican e incluso cuatriplican esta medida. Ponse no centro da diana as institución políticas nacidas directamente do Estado do Benestar, pois os estados sociais ou do benestar son grandes consumidores de recursos e moi densos en canto a complexidade O primeiro posto deste ranking do ecocidio é para Estados Unidos, cuxo exército é o maior consumidor de petróleo do planeta, e a súa pegada ecolóxica ascende a 9'57 hec. por persoa e ano. Sen embargo, Europa non queda atrás. O vello continente amosa resultados realmente escandaloso, pero o que chama máis a atención aínda é que sexan os países escandinavos, aqueles cuxo nivel de benestar e progreso é a envexa de boa parte dos partidos políticos europeos, os que encabecen a lista. Noruega, Suecia e Finlandia presentan unha pegada ecolóxica de 8'17, 7'95 e 7'00 respectivamente, o que quere dicir que cada habitante destes países consume unha cantidade de recursos cada ano equivalente á produción de entre 8 e 7 hectáreas. Cabe salientar que o 50% da pegada ecolóxica do planeta é froito do consumo de enerxías fósiles, e que estes estados non escapan a esta proporción. O decrecemento non é posíbel baixo as condicións do benestarismo, cuxa condición sine qua non é o crecemento económico e o consumo Que quere dicir isto? Sinxelamente que o decrecemento non é posíbel baixo as condicións do benestarismo, cuxa condición sine qua non é o crecemento económico e o consumo. Todo un problema se observamos que a reivindicación material centra a atención de grande parte dos sectores descontentos da sociedade. Se ben o escenario de cara ao discurso do decrecemento mudou nos últimos anos, o que debera ser o eixo central de todas as políticas económicas continúa relegado a un segundo plano, tal e como aconteceu no seu día coas teorías do "desenvolvemento sostíbel". Tanto ten que os gobernos vistan bandeiras de esquerdas ou dereitas, o elemento central do debate en calquera dos dous casos adoita ser a relación do Estado cos capitais privados e as entidades financeiras, de onde nacen diferentes enfoques da política social. Como primeiro punto nunha intensa orde do día, deberamos conseguir que o decrecemento non remate por ser unha ferramenta comunicativa máis que os partidos empreguen para gañar os votos dun electorado descontento, sen unha implicación real sobre o problema. Algo que xa de por si, pretende facer o Manifesto. Deberamos conseguir que o decrecemento non remate por ser unha ferramenta comunicativa máis que os partidos empreguen para gañar os votos dun electorado descontento, sen unha implicación real sobre o problema Por outra banda a propia evolución do Estado nestas últimas décadas, baseada na complexización, na centralización e na súa extensión á práctica totalidade dos aspectos da vida social do individuo, trouxo consigo consecuencias devastadoras no que respecta á autosuficiencia (aínda que for parcial) das comunidades humanas tradicionais, asentadas en territorio rural. A sociedade de consumo e o progreso económico creados en paralelo ao Estado de Benestar foron grandes factores de concentración urbana, o que implicaba maior uso de enerxía, ao tempo que deixaba sen relevo xeracional culturas populares próximas á autoxestión e á vida comunitaria desprazando os nosos modelos de vida cara a constitución do Homo Economicus e das sociedades de consumo e da abundancia é dicir: construíron a golpe de adoutrinamento escolar e marketing publicitario un suxeito cuxas aspiracións concordan cos obxectivos do capitalismo actual. Todxs sabemos que o decrecemento non achega votos. Que advertir a alguén de que debemos mudar o noso modelo de mobilidade para adecuarnos aos limites ecolóxicos do planeta, ou que non podemos manter cidades hiper densificadas porque abastecelas provoca un gasto enerxético insoportábel, ou que aumentar os postos de emprego na industria é inoportuno... non xera simpatías, e menos nunha poboación que se cada vez máis privada de recursos económicos. Por iso, pregúntome que irán (iremos) facer as candidaturas que facemos noso o decrecemento como alternativa para responder eficazmente ao exercicio de accountability que, abofé, a cidadanía vai levar a cabo no caso de lograr poñer en marcha ese programa decrecentista que tan ben enunciou Florent Marcellesi nun artigo publicado recentemente. Pode que esta pregunta atope difícil solución no marco da institución-Estado na que vivimos, xa que esta, defínese pola dualidade maioría-desorganizada e minoría-organizada Pode que esta pregunta atope difícil solución no marco da institución-Estado na que vivimos, xa que esta, defínese pola dualidade maioría-desorganizada e minoría-organizada. Unha minoría que ocupa os aparatos do Estado e na que a maioría deposita a lexitimidade e, o que é mais importante, a responsabilidade sobre os asuntos comúns. Exemplos deste caso podemos observalos en América Latina: A defensa dos ecosistemas de Rafael Correa choca coa realidade de ter que asegurar "condicións de vida dignas" para os habitantes das cidades, e para iso crea unha empresa (Petroamazonas) que arrasa o territorio Yasuní e pon a modelos de vida indíxenas sostíbeis en perigo de desaparición, faino para cobrar mais soldo? para adquirir beneficio? Non. Faino para garantir o aumento do nivel de vida da súa poboación. Algo semellantes pasa na Venezuela, onde o goberno bolivariano so pode costear a súa política social por medio da extracción de petróleo que sustenta o progreso económico chinés e indio. Exemplos deste caso podemos observalos en América Latina: A defensa dos ecosistemas de Rafael Correa choca coa realidade de ter que asegurar "condicións de vida dignas" para os habitantes das cidades Por outra banda, tampouco semella que obviar por completo as institucións do Estado como lugar de referencia e lexitimidade para construír realidades políticas diferentes vaia ofrecer froitos, pois de nada vai valer discutir en pequenos círculos ou comunidades un camiño de cara ao decrecemento se non somos capaces de enchelo de soberanía política. Isto podería levar a converternos en cómodos adversarios do crecemento, enfrascados nun discurso posto en práctica unicamente a pequena escala mentres o mundo continúa xirando (e medrando) ao noso redor. Por desgraza, estamos condenados a movernos nun terreo de xogo que non escollemos nós.
PRAZA_2402
Que hai detrás de imperios empresariais como Inditex? Son respeitados os dereitos das traballadoras que axudaron a erguelas? Fíos fóra, o novo documental de Illa Bufarda, dá algunhas respostas a cuestións coma estas.
O que pasou en Galicia co sector téxtil non é tan diferente do que está a acontecer agora en Marrocos ou en calquera outra parte do mundo ao que as grandes empresas galegas decidiron deslocalizarse para abaratar custos. Aproveitarse do traballo das mulleres para deixalas sen ren cando xa non interesan. Disto fala Fíos fóra, o novo documental de Illa Bufarda, realizado a proposta da ONG Amarante Setem. Falamos con Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, de Illa Bufarda. Foi unha proposta de Amarante, que vos acompañou no proceso, pero a parte creativa é vosa… Adriana: Déronnos moita liberdade, si. Nós construímos a estrutura, decidimos a quen entrevistar… A nós interesábanos especialmente achegar unha pequena retrospectiva histórica e amosar o vínculo entre o que pasou aquí e o que está a pasar agora noutros países. A estrutura está montada arredor do contraste entre dúas perspectivas: a dos empresarios, homes, e a das obreiras, mulleres. Por que? Sabela: Tiñamos claro, por unha banda, que queriamos que falasen as obreiras do sector, as protagonistas do mesmo. E por outra a patronal, á que se engade un representante institucional, do Igape. Son, así, dúas entrevistas corais. Ao comezo tiñamos unha terceira entrevista coral, pero ao editar escollemos as dúas que quedaron porque xa eran o suficientemente potentes para explicar o que sucedeu. Por outra banda, a cuestión de xénero que comentas é evidente. Non só porque eles sexan os empresarios e elas as obreiras. É o xeito de falar, de mirar á cámara… Hai varias fontes anónimas, que só escoitamos pero non vemos. Sinal de que teñen medo de falar. Adriana: É un sector moi feminizado, nos que os postos que supoñen un maior status son ocupados por homes, mentres que os traballos de menor cualificación son realizados por mulleres. E a cuestión é que desde o principio atopamos moito medo a falar. Fomos a Arteixo buscando xente… e era moi difícil. De feito, as mulleres coas que conseguimos falar xa non traballan no sector. Se falan, poden perder o seu traballo. E non só elas. Moitas familias dependen do sector. O que diga unha pode prexudicar todo o seu entorno. As mulleres coas que conseguimos falar xa non traballan no sector. Se falan, poden perder o seu traballo Tamén é interesante a evolución da perspectiva das mulleres. Desde dicir que non as escravizaban porque elas facían horas extras para gañar máis a reflexionar sobre como algúns se fixeran ricos grazas ao seu traballo antes de deixalas sen nada. Sabela: Hai unha evolución, si, que se percibe no documental. E non se produciu polo experimento que facemos ao final de ensinarlles noticias de prensa críticas coa patronal. Adriana: Eu creo que ese cambio é polo encontro entre elas. Porque xuntamos mulleres de distintas partes de Galicia. E xa dicían elas que nunca fixeran iso. Elas falaban coas compañeiras, pero podían pensar que o que lles pasaba a elas era problema da fábrica na que traballaban e non algo estrutural. Como diciades antes, o documental fai, dalgunha maneira, un percorrido histórico pola situación no sector desde os 60. Sabela: Para min é moi revelador cando comentan que non imaxinaban o que ía vir. Porque había moito traballo, moita produción, gañaban un salario que non poderían gañar noutro sector… pero despois viñeron as deslocalizacións e elas quedaron totalmente defraudadas, sen traballo. Agora mesmo mantéñense talleres e cooperativas só para poder pagar a Seguridade Social. Sen obter beneficios. Adriana: E ademais o que pasa é que pasou aquí o mesmo que agora pasa noutros países. O traballo da muller considerábase unha axuda familiar e non unha profesión cun salario. Agora, eles son considerados empresarios de éxito. E as costureiras, que fixeron medrar o sector téxtil co seu esforzo, quedaron sen nada mentres os empresarios se enriquecían. Moita xente montou talleres cos seus cartos e despois quedou arruinada. Prometíanlles traballo, pero despois marcharon e deixáronos sen nada. Agora mesmo mantéñense talleres e cooperativas só para poder pagar a Seguridade Social. Sen obter beneficios Da parte dos homes, falan o fundador de Caramelo, Javier Cañás Caramelo, o secretario xeral do Cluster Galego do Sector Téxtil e Moda, Alberto Rocha, o director de Internacionalización do Igape, Abel Veiga, e o copropietario do taller Rosa Neira, Jesús Iglesias. Os discursos reflicten ben a posición, -e a clase social-, de cada un. Só Jesús parece estar preocupado realmente polos traballadores e traballadoras. Sabela: Si. Nesas entrevistas chamounos a atención a perspectiva deshumanizada coa que os representantes da patronal enfocaban a cuestión. Desde unha visión capitalista na que as persoas non importan. Mais creo que nós non temos que dicir nada: cada persoa retrátase co seu discurso. Adriana: Ten en conta, ademais, que non temos representantes de Inditex, porque non quixeron saír no documental. Non nos foi tan difícil atopar a quen entrevistar por esa parte como pola parte das mulleres. Pero a perspectiva de Jesús non é a dos outros. E sabemos que para el non foi fácil dicir o que pensa. Non é fácil adoptar unha perspectiva crítica con Inditex. Fíxoo Chévere con Citizen, por exemplo. Pero non é o habitual, fóra dos medios non convencionais. Sabela: E entendiamos que tiñamos que ter a alguén que falase desde Inditex. Por iso temos a voz dunha deseñadora, que nos dá unha visión corporativista. Considera a Amancio Ortega un triunfador, segundo a imaxe que cativou a tanta xente. Ela recoñece que traballan moitísimas horas, pero está contenta co seu traballo. Di que o ritmo de traballo é imposto polo consumidor, pola súa demanda de novidade constante. Adriana: É normal, porque ela tamén é unha triunfadora. Ela tamén tivo a súa parte de triunfo porque traballa alí. Mais di algo que é verdade, que é que se mercamos camisolas a tres euros, é porque alguén non está a cobrar polo seu traballo o que tiña que cobrar. Adriana: Pero é que ese, precisamente, é o modelo que nos trouxo Inditex. É dicir, roupa barata para usar e tirar. Xa o din as costureiras: agora a roupa é de moi mala calidade. E ese modelo de consumo rápido aquí implantouno Inditex. E hai xente que ten opción e xente que non, que non pode pagar roupa máis cara. Sabela: O consumidor ten unha responsabilidade pero non é o culpable do que pasa, aínda que sexa cómplice. Compras porque che fixeron crer que necesitabas comprar. Así funciona o sistema. O modelo de consumo rápido, de usar e tirar, aquí implantouno Inditex Tamén hai contraste entre as propias mulleres, a partir das voces en off. O enfoque de Pilar Rodríguez é diferente do do resto. Ela reivindica de xeito claro os dereitos das traballadoras. A postura das outras é, moitas veces, máis ambigua. Din que non as "escravizaron" porque elas escolleran traballar alí e facer horas. Adriana: Si, Pilar ten un discurso de defensa das traballadoras moi claro. Outras tamén falan de manifestacións e mobilizacións, para defender os seus postos de traballo cando pechaban talleres concretos. Sabela: Interesábanos moito, ademais, ver como reaccionarían elas ao comentar o que está a pasar agora noutros países. Porque podían pensar que non era o mesmo que lles pasara a elas ou que si. E elas si que empatizan coas mulleres doutros países, pero non chegan a sentilas como iguais nese sentido, como traballadoras explotadas igual ca elas. En Marrocos hai nenas traballando. E parte das galegas empezaron sendo nenas, traballando de xeito ilegal. Non é tan diferente. O feito de que as anónimas conten as peores historias, e tendo presente que moitas non se atreveron a falar, fai pensar que é peor do que nos conta o propio documental. Sabela: Ao falar por teléfono e sen dar o nome poden sentirse máis libres para falar, claro. No caso de Pilar non temos a súa imaxe porque non puido estar cando gravamos. Adriana: Está ben que se vexa como dis. Está claro que algo pasa se hai voces anónimas. Os testemuños máis fortes son de xente que non pode mostrar a cara, e iso é por algo. A nivel formal tamén foi cambiando o documental. Nun principio ía ser como unha investigación que facían Pilar e a profesora da USC Montse Villarino. Os testemuños máis fortes son de xente que non pode mostrar a cara, e iso é por algo E ao final presentádesnos o propio proceso de investigación feito por vós. As búsquedas en internet… En calquera caso, aínda que está clara cal é a vosa posición, a favor das traballadoras, o feito de que saian representantes da patronal ou mulleres con distintas perspectivas evita o maniqueísmo. Adriana: Tivemos un debate sobre se incluír xente da patronal, porque eles son os representados no discurso oficial. Pero a verdade é que os retratan as súas palabras. As visións que achegamos son diversas, dentro do posicionamento do que partimos. Web de 'Fíos fóra'
NOS_695
Coa súa abstención, Barcelona en Comú negou os votos precisos para a adhesión de Barcelona á AMI se consumar. Votaron a prol Convergència, Esquerra e a CUP.
Ada Colau volta a distanciarse do proceso soberanista en curso en Catalunya. Primeiro anunciou que non iría á manifestación da Diada por considerar que a mobilización fai parte da campaña eleitoral do bloco independentista. Agora, coa súa abstención, na sesión plenaria decorrida esta segunda feira, bloquea a incorporación de Barcelona á Associació de Municipis per la Independència (AMI). Non só se abstivo, senón que cargou contra ela. "Ten unha visión conservadora, mística e clerical", afirmou na súa intervención no Pleno o concelleiro de Barcelona en Comú Jaume Asens. "É a de Cambó, Vicens Vives i Mossèn Cinto Verdaguer, non a de Salvador Segui e Andreu Nin", engadiu. A postura de Colau provocou a retirada de confianza na súa formación por parte de Esquerra. "Hoxe retirámoslle a confianza que lle demos. A partir de agora terá [Ada Colau] de se gañar cada respaldo que receba por parte nosa", dixo o portavoz republicano Alfred Bosch. Como era previsíbel, Ciutadans, PP e PSC votaron en contra. O 78% de concellos cataláns, na AMI A AMI está composta neste momento por un total de 741 concellos, o que supón o 78,2% dos 947 que ten Catalunya.
NOS_49067
Con traballos como o de Din Matamoro percibimos que o presente artístico evidencia que a pintura, a pesar de todas as mudanzas, continúa a ser un ben común e que é o pensamento, a idea, a que é atinxida pola alteridade, continuando en boa medida a forma a ser un valor de uso.
O lugar da pintura, a súa xerarquía no panorama da arte, abala desde as vangardas históricas nas coordenadas dunha dupla polaridade: as da súa resistencia e as da súa posíbel desaparición, e nese contexto e debate debemos inserir os recorrentes discursos da súa decadencia e da súa total disolución. A mirada acesa / Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto / Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Até o 7 de novembro A reflexión sobre o presente da pintura e sobre a súa relación e viabilidade como linguaxe vénme suxerida pola impactante exposición de Din Matamoro (Vigo, 1958) no Marco de Vigo, onde por medio dunha vistosa e meditada montaxe deixa que as obras falen por si soas para desenvolver unha reflexión fonda sobre o sentido da captación do cromatismo e da luz. Con traballos como o de Din Matamoro percibimos que o presente artístico evidencia que a pintura, a pesar de todas as mudanzas, continúa a ser un ben común e que é o pensamento, a idea, a que é atinxida pola alteridade, continuando en boa medida a forma a ser un valor de uso a pesar da multiplicidade de linguaxes artísticas. N'A mirada acesa o espectador pode percibir os elementos de continuidade da longa tradición da pintura, detectando a maneira en que sobreviven e se prolongan trazos provenientes da pintura do pasado nun continuo diálogo do que se pode tirar a conclusión da permanencia pictórica, que se ben ten de compartir peso na arte actual con diferentes vehículos expresivos, e mesmo estar atenta á constante posta en cuestión, mostra a súa vitalidade e transmite a súa estrutura profunda mesmo cando se sitúa na abstracción. Mais a obra de Din Matamoro sitúanos xa lonxe dos debates da vangarda histórica, como poderían ser os que se centraban na dicotomía abstracción-figuración; encádranos nun contexto distinto -o actual- no cal a arte é plenamente consciente da súa historicidade, mais tamén da súa carga de intensa cultura visual. A idea que preside a obra do artista vigués é a de estabelecer un diálogo entre o exterior (natureza) e o interior (mente), do que xorden como resultado as obras. O triunfo da luz, do extremo luminismo, preside todo o traballo do pintor. O resultado deste encontro é intensamente poético e envolvente, froito dunha coidada proposta e dunha elaboración moi pensada, que o espectador pode percibir intensificando a ollada, como unha visión primixenia, o que me lembra a reflexión kantiana de que "é belo o que agrada universalmente e sen concepto".
NOS_46025
O Consello de Ministros e Ministras aprobou na segunda feira o proxecto de lei de dereitos LGTBI e trans, que sae adiante na véspera do Orgullo LGTBI e após un ano de polémicas negociacións dentro do Goberno do PSOE e de Unidas Podemos. As mudanzas no texto non varían o espírito do escrito, que será remitido ao Congreso para iniciar a súa tramitación parlamentaria. Eis as chaves do proxecto de lei:
1. Autodeterminación de xénero: As persoas trans non terán, á fin, que declararse enfermas para modificar o seu sexo rexistral nin someterse, como até o de agora, a un mínimo de dous anos de tratamento hormonal. 2. Cambio de sexo desde os 12 anos: As persoas menores poderán realizar o cambio de sexo rexistral a partir dos 12 anos, se ben, entre os 12 e os 14 requirirán dunha aprobación xudicial; dos 14 aos 16, da asistencia dos pais ou titores e a partir dos 16, sen limitacións. 3. Revisión en tres meses: As persoas menores terán que reafirmarse perante o Rexistro Civil aos tres meses de presentar a vontade. 4. Sen informes nin tutelas médicas: Tan só se requirirá da vontade da persoa para mudar o sexo, sen necesidade de presentar informes médicos nin tutelas médicas nin legais. Tratarase dun procedemento perante o rexistro civil. 5. Prohíbense as terapias de conversión: Fican prohibidas as terapias de conversión, que consisten en actuacións psicolóxicas que buscan modificar a orientación sexual ou identidade de xénero dunha persoa. 6. Filiación de fillos e fillas: A norma facilitará a filiación de crianzas de lesbianas e persoas bisexuais, pois na actualidade só se considera nai biolóxica a muller que deu a luz e a súa parella debe recorrer a un proceso adoptivo. 7. Multas: A lei prevé un réxime de sancións e infraccións por discriminación ao colectivo LGTBI. 8. Mantéñense as obrigas xurídicas anteriores ao cambio: A norma contempla o mantemento de dereitos e obrigas xurídicas anteriores ao cambio de sexo rexistral, de maneira que non se evitarán condenas con agravante por razón de xénero, é dicir, os maltratadores non poderían pedir a mudanza no rexistro para saltar así a lei. 9. As persoas non binarias non conterán un terceiro apartado no documento de identidade, como reclamaba o colectivo
NOS_19607
Ponse en marcha a octava edición do proxecto "A residencia", laboratorio musical promovido pola Fundación Paideia Galiza, a través dos Estudios Mans e en colaboración coa emisora musical Radio 3.
O obxectivo do proxecto A residencia é o de pór a disposición de artistas chegados de diferentes estilos musicais un espazo anovador de experimentación. Nesta ocasión o artista asturiano Rodrigo Cuevas e mais o compostelán Ortiga van partillar a residencia musical dunha semana de duración. Neste tempo, ambos os dous artistas desenvolverán o seu proceso creativo co obxectivo de compor e gravar un tema inédito. A gravación terá lugar nos estudos Mans, na vindeira sexta feira, e presentarse ao público dentro do programa de Radio 3 Hoy empieza todo, que se emitirá en directo entre as 7 e as 9 da mañá, desde o propio estudio. Polo proxecto "A residencia" xa pasaron, nas edicións anteriores, bandas e artistas da escena galega e portuguesa e do Estado español como Izal, Depedro, Amaro e Iván Ferreiro, Love of Lesbian, Viva Suecia, Rufus T. Firefly, Luisa Sobral, Zahara, Novedades Carminha, Dellafuente ou Coque Malla e mais Morgan. O perfil dos artistas O músico asturiano Rodrigo Cuevas descríbese a si mesmo como "axitador folclórico". Ten dous traballos discográficos no mercado, Prince of Verdiciu e Manual de Cortejo, e é un referente da experimentación musical coa tradición popular como base. Ortiga, pola súa banda, é o proxecto unipersoal do compostelán Manuel 'Chicho' González. Un espectáculo musical no que fusiona ritmos pop, con melodías de verbena e con cumbia e co uso do autotune e de sintetizadores MIDI.
NOS_10006
As dúas forzas rexistran no Parlament unha declaración conxunta aberta ao resto de partidos na que dan por iniciado o proceso cara á independencia de Catalunya.
Os grupos parlamentares de Junts pel Sí e a CUP rexistraron esta terza feira no Parlament de Catalunya unha declaración conxunta na que inician o proceso para a creación "dun estado catalán independente en forma de república". O documento, aberto a propostas e achegas do resto de formacións, será debatido e votado en pleno na Cámara catalá antes da sesión de investidura. O acordo impulsado por JpS e a CUP consta de nove puntos. Parte de afirmar que o Parlament é o depositario da soberanía "e expresión do poder constituínte" e por tanto non se pode "supeditar ás decisións das institucións do Estado español", nomeadamente "o Tribunal Constitucional". Se ben nesa declaración non se fai referenza a unha desobediencia, si que se fala de que o Estado español está "deslexitimado" en Catalunya, á vez que insta ao futuro goberno catalán a "cumprir en exclusiva aquelas normas ou mandatos emanados desta Cámara, lexítima e democrática, para blindar os dereitos fundamentais que poidan estar afectados polas decisións das institucións do Estado español". "Apertura dun proceso constituínte" A declaración proclama a "apertura dun proceso constituínte cidadán, participativo, aberto, integrador e activo para preparar as bases da futura constitución catalá". E dá un prazo de trinta días para comezar coa tramitación de leis do proceso constituínte, de seguridade social e de facenda pública.
NOS_32298
PP e PSOE reclaman apoiar a OTAN e a UE na declaración institucional do Parlamento da Galiza, mentres o BNG reclama que non se utilice a situación en Ucraína para atacar a formación nacionalista e propón o mesmo texto que as tres forzas acordaron na Deputación da Coruña.
Os tres grupos parlamentares no lexislativo, Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), non foron quen esta terza feira de acordar un texto para unha declaración institucional -que exixe unanimidade- sobre a guerra en Ucraína. Perante a proposta pactada polo PP e o PSdeG, o BNG lanzou un texto alternativo, igual que o consensuado polas mesmas forzas na Deputación da Coruña, no que amais da "condena da agresión de Rusia a Ucraína e a total solidariedade co pobo ucraíno", reclama o alto o fogo e a retirada das tropas rusas. Tamén solicita "respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk", coa Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) como garantes da resolución do conflito, así como o "retorno á diplomacia como única fórmula para lograr acordos de paz". Apoio á UE e á OTAN Pola súa parte, a declaración pactada entre PP e PSdeG no Parlamento non menciona os acordos de Minsk, ou o papel da ONU e a OSCE á hora de resolver o conflito, remarcando o apoio ao Goberno estatal e á Unión Europea, do mesmo xeito que ás sancións unilaterais que están a impor a Rusia impulsadas polos Estados Unidos (EUA). Asemade, reivindica o apoio aos principios da UE e máis da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), a alianza militar liderada polos EUA, defendendo o labor das Forzas Armadas españolas "para garantir a paz e a integridade territorial nos países europeos". Após cuestionar tanto PP como PSdeG os días anteriores que o BNG non quería "condenar sen ambigüidades" a invasión rusa, o voceiro do PP no Parlamento, Pedro Pui, acusou a formación nacionalista de negarse "a apoiar o noso Goberno, a apoiar a Unión Europea e a apoiar as decisións que se están adoptando". Mentres, o voceiro do PSdeG no lexislativo, Luís Álvarez, defendeu que "o único que cabe de forma sensata" é "apoiar os organismos internacionais, a UE e a OTAN, e o Goberno de España dentro das accións coordinadas co resto de institucións". "Utilizan a dor dun pobo" A resposta chegou da man da vicevoceira parlamentar do BNG, Olalla Rodil, que criticou a negativa de PP e PSdeG a negociar sobre o texto consensuado noutras institucións, acusándoos de "utilizar a dor dun pobo, os mortos e os refuxiados desta guerra para atacar o BNG", "é o máis indecente en política que vin desde que estou neste Parlamento", resolveu. Nese sentido, o BNG reiterou ao longo destas semanas que non comparte a posición tanto do Estado como da Unión Europea de intensificar o envío de armamento a Ucraína, sostendo que isto só sirve para que o conflito escale en violencia e dificulta a volta á vía diplomática. Amais, para que isto aconteza, defende que a OTAN debe comprometerse a abandonar a súa expansión cara ao leste.
NOS_40949
Falamos con Dores Sánchez de toponimia, normalización lingüística e, por suposto, de Sermos Galiza.
"O semanario ten a súa razón de ser, sempre que consiga que as lectoras e os lectores agarden a súa saída cada semana con impaciencia. Hai que procurar conseguir iso." Quen así se expresa é Dores Sánchez Alegre, A Baña-A Coruña. Licenciada en Filoloxía Hispánica, especialidade de Galego-Portugués, pola Universidade da Coruña. Activista da AC Alexandre Bóveda da Coruña, da Federación de Asociacións Culturais Galegas, da Mesa pola Normalización Lingüística, da asociación veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros, desde 2007 forma parte da directiva da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. É técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña desde 2003. A primeira cuestión, para fixarmos a súa orixe: A Baña ou Avaña? E en consecuencia, é vostede unha "avañense" ou unha "bañense" "Avañense" de corazón, claro, mais polo Decreto 189 /2003, que aprobou o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña, son "bañense". O topónimo Avania aparece documentado desde 1153 e, daquela forma orixinal, a denominación hoxe tería que ser Avaña.Mais, froito do proceso de castelanización de topónimos totalmente alleo á evolución natural etimolóxica, sufriu a segmentación da vogal inicial "A", ao ser tomada como artigo singular feminino e ser traducida por "La", estes falsos cortes tamén tiveron lugar noutros topónimos galegos, como Ogrobe ("El Grove") ou Agolada ("La Golada"). Coa Lei de normalización lingüística que dispón no seu artigo 10 que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega" dáse un proceso de regaleguización de "La Baña" para A Baña, en vez de para Avaña. Polo seu traballo estará vostede ben afeita a estes procesos de castelanización de topónimos, totalmente alleo á evolución do galego... Certamente. A toponimia ou os nomes dos lugares forman parte do patrimonio cultural do país, é a vinculación histórica do pobo coa súa xeografía e haina que respectar. Débense evitar as deturpacións que aínda se poden ver e restituír as formas lexítimas. A incorporación da lingua á administración non é todo o satisfactorio que cabería agardar. Hai unha lexislación lingüística de obrigado cumprimento, mais moitas veces nin sequera se cumpren eses mínimos. A administración debería dar exemplo, mais non é así. Vostede ten analisado as contribucións das distintas institucións sociais ao proceso de normalización lingüística na segunda metade do século pasado. Como resumiría esa contribución? Ou en que a centraría? Cal é para vostede a institución que máis ten contribuído neste proceso? A proliferación de partidos políticos logo da morte do xeneral Franco, a creación do novo Estado Español, o nacemento de todo tipo de sindicatos (agrarios, proletarios e de estudantes) e o labor levado a cabo polas distintas asociacións culturais e lingüísticas na defensa da lingua contribúen decisivamente na normalización da lingua. Todos eles son valiosísimos actores da política lingüística non institucional desde os anos sesenta até hoxe e xogaron, en definitiva, un papel fundamental na nosa historia máis recente. Aí están os cartaces, os folletos, as campañas de promoción social da lingua, as múltiples revistas publicadas e as innumerábeis accións reivindicativas a prol da lingua que o testemuñan. Que papel ten nese proceso a prensa escrita? Importantísimo. Nese momento, e hoxe aínda máis, os medios de comunicación actúan sobre a sociedade. Permiten saber como somos e como vivimos, mais tamén como nos expresamos, a lingua que usamos. Na década dos 60 contribúe firmemente ao proceso de estandarización da lingua e á fixación da norma. A prensa escrita terá que actualizar o seu formato e o seu contido, mais sempre terá un oco na sociedade. Non é probábel que desapareza, nin sería positivo. Sermos Galiza é agora, infelizmente, o único semanario en galego. Que valoracións faría desta realidade? Dá unha idea de como está o noso país, dos escasos instrumentos que temos para a defensa da nosa identidade como pobo, e tamén, máis unha vez, queda claro que en Galiza infelizmente nin sequera hai unha certa burguesía que defenda medios de comunicación con visión de país. A prensa que se edita na Galiza cada vez é máis allea e mesmo máis hostil a un proxecto político de país. É vostede máis partidaria do Sermos Galiza diario dixital ou do semanario? Penso que co diario dixital se pode chegar máis axiña e a moito máis público, e de sectores moi diversos. Non obstante, o semanario ten a súa razón de ser, sempre que consiga que as lectoras e os lectores agarden a súa saída cada semana con impaciencia. Hai que procurar conseguir iso. Hai quen prognostica a desaparición dos textos xornalísticos impresos. Vostede que razóns daría para a permanencia da imprensa escrita en galego? O xornal impreso, igual que o libro impreso, sempre van estar aí. É normal que sufra o impacto da prensa dixital, mais é difícil contemplar unha sociedade viva e dinámica que non aposte tamén pola prensa escrita. En canto á prensa escrita en galego forma parte xa da nosa tradición histórica e nunca faltarán sectores sociais ilustrados que a apoien decididamente. Sermos Galiza é un medio en construción que necesita ser máis coñecido. Que medidas se lle ocorren para esa popularización necesaria? Ademais de mellorar no posíbel o contido, que sempre se pode mellorar, creo que habería que repensar o prezo. Ao mellor o xornalismo de opinión e de investigación é compatíbel cunha periodicidade quincenal, e para unha persoa que pode estar interesada neste tipo de xornal non é o mesmo 5 euros cada quince días que 3,50 euros cada semana. Que bota en falta en Sermos Galiza? Máis espazo para o xornalismo de investigación ou para o debate e algunhas columnas fixas de certos persoeiros, buscando sempre a pluralidade de opinións. Para finalizar, que titular, ou que nova, gustaría de ver na capa de Sermos Galiza? "O nacionalismo galego dá pasos firmes para a reconstrución da súa unidade"
NOS_45631
"Hoxe a esperanza impúxose ao medo", dixo Gabriel Boric, que vai ser o novo presidente de Chile após a súa vitoria electoral o domingo. Ana Miranda, coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, estivo estes días no país andino, desde onde escribe esta crónica.
Chile 20 de decembro de 2021. Levo aquí uns días falando con moitas persoas representativas de diferentes eidos e todas definen a Chile como un país fragmentado, dividido polo curso da historia, da dos vencedores, das desigualdades, da falla de respeito á diversidade nacional e cultural, do neoliberalismo bo para uns e destrutor para as maiorías, das consecuencias da depredación de recursos. É a terceira vez que veño. A primeira foi con Beiras, na visita organizada aos territorios da Araucanía, ao Wallmapu como lle chama o Pobo Mapuche, organizada pola Fundación Galiza Sempre onde coñecemos a realidade plurinacional deste Estado pecador do centralismo e a represión ao Pobo Mapuche; a segunda como eurodeputada do BNG membro da Delegación Mixta UE-Chile na pasada lexislatura e esta, na que notei un cambio moi grande. Unha maior precarización da vida das persoas —base das revoltas de 2019 que fixeron mella no Goberno Piñera e sacaron a luz milleiros de reivindicacións— e un fartazgo pola crise multisistémica e multisectorial política social, sanitaria, cultural provocada pola falta de solucións do neoliberalismo económico e ausencia do Estado. A despolitización até 2019 era produto da desafección política a consecuencia da política do consenso do bipartidismo harmónico, dende a falsa superación da ditadura mantendo unha Constitución pinochetista, os mornos gobernos da concertación e o piñerismo dos últimos anos. A revolta social, "el estallido social", aumenta a concienciación e de novo o interese pola Política abrindo un ciclo político moi convulso. Dai a alta polarización e fragmentación que houbo na primeira volta, cun empate técnico en representación parlamentar. Dous días despois da primeira volta, o Presidente Piñera facía descaradamente unha intervención tácita de apoio ao candidato da ultradereita, Kast meténdose no proceso electoral. Paralelamente naceu a consecuencia do estalido social o proceso inédito e participativo da Convención Constitucional que pretende modificar a constitución pinochetista cara a unha verdadeira democracia, con recoñecemento plurinacional e coa intención de facer profundas e necesarias reformas estruturais no País. Chile enfrontouse na segunda volta con dous candidatos empatados nas sondaxes e cunha forte tensión política de dous modelos antagónicos. A candidatura de "Apruebo Dignidad" encabezada por Gabriel Boric, antigo líder estudantil, presenta un programa social e político con desexo de transformación do país coa vocación de apoio total á Convención Constitucional, produto da unidade política e social de varias forzas de esquerda e do apoio de movementos sociais nesa unidade de acción que foi fundamental para o triunfo. Cambio de ciclo A candidatura encabezada por Kast, retrógrada, anti feminista e anti dereitos humanos, pretendendo retirar a Chile da multilateralidade internacional baseada na orden, seguridade e man dura, no ultraneoliberalismo no económico, coas características típicas do neofascismo mundial de combater á diversidade e o pluralismo, cuestionar a democracia e totalmente contraria ao proceso da Convención que derogaría de ter sido electo. Nas rúas respirábase un cambio de ciclo político aínda que tamén moita indecisión nos últimos días, a consecuencia dunha dura campaña de desprestixio, bulos e manipulación nesta segunda volta cara a Boric. A esquerda e a dereita volven tomar sentido segundo os analistas políticos na campaña, despois do roubo da soberanía popular en repetidas ocasións e foi precisamente na campaña onde as posturas eran antitéticas. O dilema para moitas e moitos chilenos que se debateron entre que votar finalmente posicionou o voto encuberto de máis dun millon de persoas cara ao progresista na chamada ao medo ao pasado contra o neofascismo e iso é un cambio de rumbo fundamental despois dun conformismo case inmobilista. A desvantaxe competitiva de Boric nos medios de comunicación non xogaba ao seu favor, mais os recentes apoios de moitos movementos sociais como a Coordinadora Feminista 8M e a inxente loita das feministas chilenas, diversas formacións políticas, ex presidentes de Chile, etc, fixeron o aumento da popularidade e a homologación fronte a unha clara campaña de desprestixio típica deste novo neofascismo. Boric é un candidato novo en idade e en apertura dun novo ciclo político cun programa transformador que constrúa un novo pacto social baseado na dignidade, no recoñecemento da condición humana, na recuperación dos dereitos sociais, ambientais, políticos e do respecto ao dereito dos diferentes Pobos que integran Chile, nunha sociedade cun trauma histórico e un presente traumatizado que quere cura, a cura do trato en igualdade, de novas receitas contra o neoliberalismo depredador, de recoñecemento plurinacional. Chile dixo non ao fascismo e á desigualdade, con conciencia e responsabilidade. Non vai ser tarefa fácil para o Goberno de esquerda porque hai demasiado abandono e saqueo, mais o cimento dun novo ciclo político está botado, esperanzador para outros Pobos de América e tamén para nós, porque botar á dereita é posible. A celebración foi tremendamente emotiva para Chile e para o Mundo e para a esquerda mundial e os Dereitos dos Pobos porque o internacionalismo é fundamental neste mundo interconectado e nós no BNG vimos acompañando este proceso antineoliberal e o Pobo Mapuche, e por iso tamén estabamos aquí, nos tempos difíciles, e agora a carón do novo Goberno que abriu as alamedas da esperanza.
NOS_15093
Nalgúns territorios europeos ofrécense estas probas de balde a determinados sectores da poboación, e o seu prezo xeral chega a ser oito veces inferior ao que teñen na Galiza.
O aumento exponencial de contaxios da Covid-19 que se está a vivir na Galiza provoca un aumento considerábel da demanda de tests de antíxenos, tendo en conta que a Xunta agora só realiza este tipo de probas a persoas con síntomas ou colectivos en situación de vulnerabilidade. O prezo actual nas oficinas de farmacia galegas oscila entre os seis e os oito euros, malia que nalgunhas pode chegar até os doce. Nas últimas datas tense constatado un incremento da especulación a este respecto. Alemaña Alemaña ofrecía até mediados de outubro un test diario gratuíto para cada cidadán e cidadá, nos diferentes puntos habilitados. Agora teñen un prezo, mais moi inferior ao que se paga na Galiza: pódense adquirir en farmacias, tendas e supermercados desde 80 céntimos, e a unha media de entre dous e catro euros. Aliás, nos centros de ensino realízase, cando menos, un test de balde por semana. Portugal No país veciño, os antíxenos están exentos de IVE, polo que o seu prezo é moi inferior ao da Galiza. Cada unidade ten un prezo de 2,1 euros. O paquete completo de autodiagnose véndese en supermercados e farmacias a un prezo de arredor de sete euros. Reino Unido No Reino Unido os tests de antíxenos son de balde, e calquera persoa pode solicitalos a través da web do Servizo Nacional de Saúde e recibilos na súa vivenda en menos de 24 horas. Tamén as escolas entregan probas ao estudantado. Italia En Italia, pola contra, a situación é semellante á da Galiza. Os antíxenos custan nas farmacias, por decreto, 15 euros para as persoas maiores de 18 anos, e oito para as menores de idade. Francia Tamén en Francia o custo destas probas de detección do coronavirus é elevado. Non están subvencionados polo Estado e o seu prezo nas farmacias oscila entre 25 e 30 euros.
QUEPASA_72
Boca de Sapo abre este sábado 23 as xornadas de reflexión sobre o monte.
Xa están en marcha as Aulas de Natureza da Asociación Boca de Sapo. A entidade corcubionesa ten lista unha visita para que os peques de Primaria do CEIP Praia de Quenxe coñezan e primeira man o seu monte, e procedan á prantación de varios carballos. Todo nunha das fincas municipais que a entidade liberou de eucaliptos, para seguir loitando contra o monocultivo. Xa foron varias as aulas prácticas de natureza armadas na finca "deseucaliptizada". A semana pasada xa estiveron os de 3º Primaria do cole corcubionés, que atiborraron a preguntas aos Francisco Santiago López, Serxio Iglesias, Belén Lorenzo e Martina Trillo. Pasárono de medo correndo monte arriba e abaixo. Ademais, o domingo pasado tocou saída cos rapaces do IES Fernando Blanco. A pesar do mal tempo, viviron unha interesantísima sesión de formación directa de como rexenerar unha finca e a golpe de sacho, prantaron varias árbores autóctonas. Cómpre salientar que os esquexes de carballos foron doados pola brava Sonia Lago, que ademais de facer o mellor Xabón natural da bisbarra, o Natulóxico, vai salvando pequenos carballos para replantalos en zonas escollidas. Ademais, os gastos destes eventos son sufragados pola doazón da Senda Solidaria artellada o día do campionato de caza de raposo de Carnota. Este sábado, charla Este sábado 23 ás 18:00h, a Capela do Pilar corcubionesa acollerá "Encontro sobre explotación sostible do monte e como recurso turístico e loita natural contra os incendios". Unha cita aberta a todos os veciños nos que César Pérez e Francisco Santiago López falarán da xestión do monte. Supercharlas de marzo A cita sabatina servirá ademais para presentar as supercharlas do 23 de marzo, que posiblemente terá que desprazarse ata a Casa da Cultura, dada a potencia das mesmas. Pola mañá falarase en clave de montes, e estarán, entre outras, Rosa Arcos, presidenta da Federación de Mulleres do Rural. Ademais falarase de castañas, porco celta, razas bovinas, galiña de Mos… Pola tarde, toca tarde de mar sobre pesca artesanal, con Asoar Armega e APEMAR, que falará sobre o cooperativismo no mar. Daremos conta destas xornadas.
NOS_6110
Máis de 30 equipos, femininos e masculinos, loitarán nas Finais do Campionato Pan-Euro de Fútbol gaélico que terán lugar na Coruña o 15 de outubro. Os encontros definitivos transmitiranse por televisión.
O torneo coas Finais do Pan-Euro de fútbol gaélico chegará este sábado á Coruña. Trátase da máxima competición europea na que se reúnen clubs de varios países para consagrar ao mellor equipo nas categorías feminina e masculina. "Se estiveramos a falar de fútbol podería compararse a unha Champions League e unha Europa League comprimidas nun mesmo día", asegura a Nós Diario a presidenta e xogadora do equipo anfitrión, Fillos de Breogán, Paula López Otero. A Coruña será a sede en outubro do torneo de fútbol gaélico máis importante de Europa O evento será na cidade herculina, tal e como se acordou antes da pandemia, aínda que como consecuencia da emerxencia sanitaria, con dous anos de atraso. Nel haberá máis de 30 equipos, masculinos e femininos, de máis de 10 países de Europa aínda que sen presenza irlandesa, berce deste deporte. López Otero non oculta que é "moi emocionante" acoller un torneo destas características. Apunta que se trata "dunha ocasión moi especial para nós que levamos moito practicando este deporte". Por parte galega estarán, ademais dos equipos feminino e masculino do seu club, o Estrela Vermelha (Compostela), Keltoi e Independente (Vigo), Auriense (Ourense), Herdeiras de Dhais (Lalín), Turonia (Gondomar) e Irmandinhos (A Estrada). "Algúns xogadores soltos que non conseguiron formar equipo, como é o caso de Cambados, estarán con outros clubs", indica a presidenta, "ademais de ser a estrea do Lume de Beltane de Poio", engade. Ademais de equipos galegos, haberá participación de Francia, Jersey, Polonia, Bélxica, Dinamarca, Países Baixos, Suíza, España, Italia, Bretaña e Alemaña Competición e difusión A competición dispútase nun só día e os equipos terán como estímulo a posibilidade de loitar por diferentes títulos: os mellores polo trofeo Sénior, os seguintes polo Intermediate e, por último, procurando o Júnior. O equipo coruñés feminino defenderá o título Intermediate que acadou en Viena 2019, anterior edición do torneo. Sobre a competición en si, a maior parte dos partidos xogaranse na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias e nos campos de fútbol de San Pedro de Visma da Coruña. Primeiro hai unha fase de grupos, que acostuman ser duns 4-6 equipos, e despois semifinais e finais. Nalgúns casos xógase o que se coñece como a Shield, unha especie de torneo con semifinais e final na que participan os equipos que non se clasificaron para as semifinais da Copa. Alba Rodríguez, xogadora: "O resultado mostra o moi bo traballo que se fixo" As finais principais, as sénior, tanto a masculina coma a feminina, xogaranse no Estadio de Elviña entre as 17 e as 19 horas, e serán televisadas en directo pola TVG. O feito de que, desta vez, se retransmita por televisión é unha boa nova para este deporte na Galiza. "É fundamental que a xente o coñeza, que as nenas e nenos saiban del desde que son cativas e cativos, que cando teñan idade de xogar non lles soe extravagante", opina a presidenta de Fillos de Breogán. Trátase dunha necesidade que agora mesmo, segundo transmite, "é imperiosa" ao urxir xogadoras e xogadores para continuar adiante coa aventura do fútbol gaélico na Galiza. "Hai un bo traballo de achegamento aos colexios mais é preciso deportistas que ingresen agora nos equipos sénior ou moitos desaparecerán", conclúe.
NOS_12078
Malia a retirada do polémico proxecto de reforma tributaria hai convocadas novas mobilizacións.
Organizacións sociais, estudantís, sindicalistas e indíxenas anunciaron esta segunda feiras que manterán as mobilizacións nas rúas das cidades de Colombia, ao tempo que denunciaron case mil casos de abuso policial rexistrados durante as marchas dos últimos días. Tras varias xornadas de intensas protestas, que deixaron 21 mortes, o presidente colombiano, Iván Duque, viuse forzado a retirar do Congreso o polémico e antipopular proxecto de reforma tributaria. O anuncio produciuse na noite do domingo (hora local) e onte os medios xa barallaban que houbese dimisións no Gabinete. Entre outras, a de Alberto Carrasquilla, ministro de Facenda e promotor da polémica iniciativa, que ao contrario que o resto de ministros non estivo presente durante o anuncio de Duque. Só en Cali houbo 16 mortes, cinco desaparecidos, 234 feridos, seis persoas con mutilación ocular e a violación dunha muller por parte dun axente da Esmad [Escuadrón Móbil Antidisturbios] A pandemia está a provocar un forte impacto na economía de Colombia, país onde máis de 40% da poboación é pobre. A reforma tributaria pretendía compensar a caída de case sete puntos no Produto Interior Bruto (PIB) recadando uns 6.300 millóns de dólares máis en impostos. Porén, segundo denunciou a sociedade civil e gran parte do Congreso, tres cuartas partes do recadado estaba previsto que saísen do peto da cidadanía, xa abafada pola situación económica actual. Pouco máis de 25% deses 6.300 millóns achegaríano as empresas. As protestas reverteron a situación, mais manteranse ─sinalan─ para clamar contra a violencia. Só en Cali houbo 16 morte,s "cinco desaparecidos, 234 feridos, seis persoas con mutilación ocular e a violación dunha muller por parte dun axente da Esmad [Escuadrón Móbil Antidisturbios]". E a ONG Indepaz denunciou o asasinato por sicarios do líder das marchas en San Luis (Antioquía), Juan David García Naranjo. O Comité Nacional do Paro de Colombia denunciou esta segunda feira que a represión por parte das forzas de seguridade durante as manifestacións deixaran un saldo provisional "de 27 asasinados". Os dirixentes do paro aseguraron que para esta cuarta feira, 5 de maio, foi convocada unha nova xornada nacional de protestas, na que participarán diferentes plataformas sociais e as centrais obreiras.
NOS_49789
O 23,90% das galegas e galegos de entre 5 e 14 anos non saben falar galego. É un dos datos máis preocupantes dos incluídos na enquisa estrutural a fogares sobre "coñecemento e uso do galego" do Instituto Galego de Estatística publicada este 27 de setembro. O documento, que sae cada cinco anos e fai referencia á realidade de 2018, debuxa un estancamento á baixa da lingua que contrasta coa despreocupación, ás veces mesmo triunfalismo, do Goberno galego ao respecto.
É rechamante que sexa a faixa de menor idade a que presenta menos coñecemento do idioma. Porque ademais se trata de persoas escolarizadas xa co polémico Decreto do Plurilingüismo, a primeira norma lexislativa na historia da Autonomía que reduciu a presenza do galego nas aulas. Segundo se avanza en idades, caen as porcentaxes de descoñecemento: o 9,84% entre 15 e 29 anos -que se corresponden con promocións anteriores ao retroceso normativo da etapa Feixoo-; o 12,21% entre 30 e 49 anos; o 11,69% entre 50 e 64 anos; o 8,84% de 65 ou máis anos. A media é dun 11,95% de galegas e galegos que saben "pouco ou nada" de galego. Uso maioritario do galego: o 52,29%O apartado Uso habitual e inicial do galego amosa con clareza a situación. A porcentaxe de poboación da Galiza que fala sempre en galego é do 30,57%, 0,63% menos que na anterior enquisa hai cinco anos. Se a esta cifra se lle engade aquela xente que afirma falar "máis galego que castelán", o resultado é que 52,29% da Galiza fala maioritariamente castelán. As turbulencias atópanse ao descender á letra miúda. Na rapazada de entre 5 e 14 anos, só fala sempre en galego o 14,27%, e un 1,85%, máis galego que castelán. É dicir, o 73,88% da mocidade menor de 15 anos fala sempre en castelán ou máis castelán ca galego. No que respecta á expresión escrita, o abismo entre galego e castelán resulta inmenso. O 82,11% das persoas na Galiza escriben habitualmente en castelán, só o fan en galego un 16,64%, e un 1,25%, "outras situacións". No "ámbito social"A enquisa debruza tamén os usos da lingua nos ámbitos familiar, social, laboral, educativo e de medios de comunicación. É nestes tramos da mesma en que se poden comprobar a supervivencia de prexuízos e a tan estudada e discutida diglosia. Ese 52,29% de galegas e galegos que falan sempre galego ou máis galego que castelán mudan a súa escolla se van ao médico: só manteñen a actitude lingüística o 46,1%. Ou se falan co profesorado das fillas e fillos: un 39,29% fálanlle sempre ou máis galego que castelán. Ou se visitan o banco: o 46,66%. Ou no comercio: o 49,41%. Ou na Administración: o 49,67. En troques, cos amigos e amigas non varía: o 52,08% seguen a falar máis galego ou sempre en galego. Así, existe unha significativa, cualitativa e cuantitativamente, diferenza entre os usos privados e públicos. No mundo do traballo tamén se observan actitudes singulares que van en detrimento do galego. O seu uso descende segundo as persoas falen cos compañeiros e compañeiras, coa clientela ou coas superiores: o 48,18%, o 47,68% e o 42,79%, respectivamente. É no ámbito familiar no que se rexistran os datos talvez máis positivos para o galego da enquisa. O 44,34% da poboación na Galiza con fillos e fillas "fálalles sempre en galego", o 31,20% sempre en castelán, o 13,85% máis castelán e o 9,50% máis galego. De volta, a situación cambia, e o 39% das fillas e fillos fálanlles sempre aos pais en galego e o 37% en castelán. No ensinoNo que atinxe ao "ámbito educativo", afirma que "o 59,57% das persoas que estudan na Galiza recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán". Entre a poboación de a 16 anos, esa porcentaxe é do 72,72%, e baixa ao 36,03% na poboación de 17 ou máis anos, que recibe o 46,48% das clases en castelán. Estas cifras casan mal co coñecemento do galego entre as persoas menores de 15 anos: unha de cada catro non sabe falar galego. Os medios de comunicación constitúen un dos campos sociais máis remisos á lingua. A escaseza de oferta condiciona os usos da poboación. Só un 17,65% ve a televisión sempre ou máis en galego que en castelán, fronte a un 55,75% que o fai maioritariamente en castelán e ao 26,60% sempre en castelán. Na radio, as porcentaxes son do 14,26%, 46,72& e 39,02%, respectivamente. Na prensa en papel e na navegación por Internet, a situación para o galego resulta aínda peor. Só o 1,06% le prensa sempre en galego e un 2,90%, máis en galego que en castelán. Da outra banda, un 36,94% le prensa máis en castelán que en galego e un 59,1, só en castelán. Na Rede, o 1,29% navega sempre en galego, o 3,78%, máis en galego ca en castelán, 25,46% máis en castelán ca en galego, e o 69,47, sempre en castelán. Xa máis en concreto, o espazo das redes sociais resulta un pouco, só un pouco, máis amábel para a lingua: 8,25% úsaas sempre en galego, o 18,03% máis en galego ca en castelán, o 21,65% máis en castelán ca en galego e o 52,07% sempre en castelán. Xeografía da linguaO apartado final da enquisa contén cifras que trazan un mapa do uso do galego e que evidencian o mantemento de actitudes e a ausencia de resultados efectivos da política lingüística pública. Nos concellos de máis de 50.000 habitantes -é dicir, as sete cidades-, só nun 5,66 dos fogares todos os seus membros de máis de cinco anos falan só galego. Nos de menos de 10.000, o 45,70%. Nos que van de 10.000 a 20.000, o 19,30% e nos de 20.000 a 50.000, o 19,59. As áreas con maior uso do galego atópanse na Costa da Morte, un 92,43% fala sempre ou máis galego ca castelán, e nas comarcas de Melide, un 93,14%. Na situación oposta están ás áreas de Vigo, cun 25,5%; da Coruña, cun 33,55%, e a área de Ferrol-Eume-Ortegal, cun 33,75%. a cidade que menos galego fala é Vigo, un 3,85%, e que máis, Lugo, un 21,34%.
NOS_30996
O Prémio Camões é o maior galardão literário dedicado à Literatura em Língua Portuguesa. No valor de 100 mil euros, foi instituído por Portugal e pelo Brasil em 1989. Raduan Nassar é ganhador nesta edição.
O Camões é o prémio de maior prestígio da língua portuguesa e visa "consagrar anualmente um autor de língua portuguesa que, pelo valor intrínseco da sua obra, tenha contribuído para o enriquecimento do património literário e cultural da língua comum". O escritor Miguel Torga foi o primeiro autor a ser distinguido, Raduan Nassar o mais recente. Raduan Nassar nasceu em Pindorama, São Paulo, em 1935. O escritor é descendente de libaneses, estudou Direito e Letras na Universidade de São Paulo, e concluiu a sua formação académica em Filosofia. Raduan Nassar estreou-se na literatura em 1975, com o romance "Lavoura Arcaica". Em 1978, publicou a novela "Um Copo de Cólera" e em 1997 a coletânea de contos "Menina a Caminho". É autor de uma obra parca, considerada de intervenção e há muito que se encontra afastado da literatura, tendo há duas décadas deixado de escrever e decidido regressar à terra natal e dedicar-se às atividades agrícolas e a criar galinhas. Nassar é um dos mais discretos escritores do Brasil, e com apenas três livros publicados que juntos pouco ultrapassam as 200 páginas, é considerado pela crítica como um grande escritor, graças à extraordinária qualidade da sua linguagem e da força poética da sua prosa. A curta extensão da obra de Nassar não foi óbice para o júri ao considerar "que o escritor não cede a pressões do mercado sobre a produtividade ou presença pública mais constante. Cria a obra literária em total independência aos valores que lhe são antagónicos". Apoio a Dilma Afastado há mais de vinte anos da vida pública o seu afastamento foi interrompido há algumas semanas quando decidiu reaparecer em público e fazer uma proclamação contra o "golpe de estado" contra a Presidenta Dilma Rousseff. Nassar, contesta o processo de impeachment e o caminho da política brasileira nos últimos meses, tendo-se sentido na obrigação de tornar conhecida a sua opinião, tal como podemos ler no Diário de Notícias em boca do presidente do júri, o poeta brasileiro Sérgio Alcides Amaral: "O Raduan Nassar é muito recluso e avesso aos holofotes. Não é por vaidade, antes uma forma de ser introspetiva. As circunstâncias políticas lamentáveis que o Brasil vive neste momento retiraram esse escritor da reclusão, e fez um pronunciamento contrário à queda da legalidade quando se punha em marcha o golpe de estado que aconteceu efetivamente com o impeachment. Essa atitude tão extraordinária mostra Essa atitude tão extraordinária mostra um senso de responsabilidade que contraria o seu modo de ser. Ao ser compelido a pronunciar-se, o resultado foi de grande impacto social." Para o presidente do júri, a saída da sombra de Nassar teve um resultado muito forte: "O efeito dessa sua declaração foi muito relevante, o que confirma a importância da sua obra, que não é engajada politicamente. O facto de a sua voz ter tido essa repercussão mostra que a extensão da obra não corresponde ao impacto que ela tem." Quanto à data de entrega do Prémio Camões, prémio que o escritor "acolheu-o com satisfação e orgulho" nada está ainda decidido. -------------------------- Raduan Nassar, fragmento de Um copo de cólera A CHEGADA E quando cheguei à tarde na minha casa lá no 27, ela já me aguardava andando pelo gramado, veio me abrir o portão pra que eu entrasse com o carro, e logo que saí da garagem subimos juntos a escada pro terraço, e assim que entramos nele abri as cortinas do centro e nos sentamos nas cadeiras de vime, ficando com nossos olhos voltados pro alto do lado oposto, lá onde o sol ia se pondo, e estávamos os dois em silêncio quando ela me perguntou "que que você tem?", mas eu, muito disperso, continuei distante e quieto, o pensamento solto na vermelhidão lá do poente, e só foi mesmo pela insistência da pergunta que respondi "você já jantou?" e como ela dissesse "mais tarde" eu então me levantei e fui sem pressa pra cozinha (ela veio atrás), tirei um tomate da geladeira, fui até a pia e passei uma água nele, depois fui pegar o saleiro do armário me sentando em seguida ali na mesa (ela do outro lado acompanhava cada movimento que eu fazia, embora eu displicente fingisse que não percebia), e foi sempre na mira dos olhos dela que comecei a comer o tomate, salgando pouco a pouco o que ia me restando na mão, fazendo um empenho simulado na mordida pra mostrar meus dentes fortes como os dentes de um cavalo, sabendo que seus olhos não desgrudavam da minha boca, e sabendo que por baixo do seu silêncio ela se contorcia de impaciência, e sabendo acima de tudo que mais eu lhe apetecia quanto mais indiferente eu lhe parecesse, eu só sei que quando acabei de comer o tomate eu a deixei ali na cozinha e fui pegar o rádio que estava na estante lá da sala, e sem voltar pra cozinha a gente se encontrou de novo no corredor, e sem dizer uma palavra entramos quase juntos na penumbra do quarto. NA CAMA Por uns momentos lá no quarto nós parecíamos dois estranhos que seriam observados por alguém, e este alguém éramos sempre eu e ela, cabendo aos dois ficar de olho no que eu ia fazendo, e não no que ela ia fazendo, por isso eu me sentei na beira da cama e fui tirando calmamente meus sapatos e minhas meias, tomando os pés descalços nas mãos e sentindo-os gostosamente úmidos como se tivessem sido arrancados à terra naquele instante, e me pus em seguida, com propósito certo, a andar pelo assoalho, simulando motivos pequenos pra minha andança no quarto, deixando que a barra da calça tocasse ligeiramente o chão ao mesmo tempo que cobria parcialmente meus pés com algum mistério, sabendo que eles, descalços e muito brancos, incorporavam poderosamente minha nudez antecipada, e logo eu ouvia suas inspirações fundas ali junto da cadeira, onde ela quem sabe já se abandonava ao desespero, atrapalhando-se ao tirar a roupa, embaraçando inclusive os dedos na alça que corria pelo braço, e eu, sempre fingindo, sabia que tudo aquilo era verdadeiro, conhecendo, como conhecia, esse seu pesadelo obsessivo por uns pés, e muito especialmente pelos meus, firmes no porte e bem-feitos de escultura, um tanto nodosos nos dedos, além de marcados nervosamente no peito por veias e tendões, sem que perdessem contudo o jeito tímido de raiz tenra, e eu ia e vinha com meus passos calculados, dilatando sempre a espera com mínimos pretextos, mas assim que ela deixou o quarto e foi por instantes até o banheiro, tirei rápido a calça e a camisa, e me atirando na cama fiquei aguardando por ela já teso e pronto, fruindo em silêncio o algodão do lençol que me cobria, e logo eu fechava os olhos pensando nas artimanhas que empregaria (das tantas que eu sabia), e com isso fui repassando sozinho na cabeça as coisas todas que fazíamos, de como ela vibrava com os trejeitos iniciais da minha boca e o brilho que eu forjava nos meus olhos, onde eu fazia aflorar o que existia em mim de mais torpe e sórdido, sabendo que ela arrebatada pelo meu avesso haveria sempre de gritar "é este canalha que eu amo", e repassei na cabeça esse outro lance trivial do nosso jogo, preâmbulo contudo de insuspeitadas tramas posteriores, e tão necessário como fazer avançar de começo um simples peão sobre o tabuleiro, e em que eu, fechando minha mão na sua, arrumava-lhe os dedos, imprimindo-lhes coragem, conduzindo-os sob meu comando aos cabelos do meu peito, até que eles, a exemplo dos meus próprios dedos debaixo do lençol, desenvolvessem por si sós uma primorosa atividade clandestina, ou então, em etapa adiantada, depois de criteriosamente vasculhados nossos pelos, caroços e tantos cheiros, quando os dois de joelhos medíamos o caminho mais prolongado de um único beijo, nossas mãos em palma se colando, os braços se abrindo num exercício quase cristão, nossos dentes mordendo ao outro a boca como se mordessem a carne macia do coração, e de olhos fechados, largando a imaginação nas curvas desses rodeios, me vi também às voltas com certas práticas, fosse quando eu em transe, e já soberbamente soerguido da sela do seu ventre, atendia precoce a um dos seus (dos meus) caprichos mais insólitos, atirando em jatos súbitos e violentos o visgo leitoso que lhe aderia à pele do rosto e à pele dos seios, ou fosse aquela outra, menos impulsiva e de lenta maturação, o fruto se desenvolvendo num crescendo mudo e paciente de rijas contrações, e em que eu dentro dela, sem nos mexermos, chegávamos com gritos exasperados aos estertores da mais alta exaltação, e pensei ainda no salto perigoso do reverso, quando ela de bruços me oferecia generosamente um outro pasto, e em que meus braços e minhas mãos, simétricos e quase mecânicos, lhe agarravam por baixo os ombros, comprimindo e ajustando, área por área, a massa untada dos nossos corpos, e ia pensando sempre nas minhas mãos de dorso largo, que eram muito usadas em toda essa geometria passional, tão bem elaborada por mim e que a levava invariavelmente a dizer em franca perdição "magnífico, magnífico, você é especial", e eu daí entrei pensando nos momentos de renovação, nos cigarros que fumávamos seguindo a cada bolha envenenada de silêncio, quando não fosse ao correr das conversas com café da térmica (escapávamos da cama nus e íamos profanar a mesa da cozinha), e em que ela tentava me descrever sua confusa experiência do gozo, falando sempre da minha segurança e ousadia na condução do ritual, mal escondendo o espanto pelo fato de eu arrolar insistentemente o nome de Deus às minhas obscenidades, me falando sobretudo do quanto eu lhe ensinei, especialmente da consciência no ato através dos nossos olhos que muitas vezes seguiam, pedra por pedra, os trechos todos de uma estrada convulsionada, e era então que eu falava da inteligência dela, que sempre exaltei como a sua melhor qualidade na cama, uma inteligência ágil e atuante (ainda que só debaixo dos meus estímulos), excepcionalmente aberta a todas as incursões, e eu de enfiada acabava falando também de mim, fascinando-a com as contradições intencionais (algumas nem tanto) do meu caráter, ensinando entre outras balelas que eu canalha era puro e casto, e eu ali, de olhos sempre fechados, ainda pensava em muitas outras coisas enquanto ela não vinha, já que a imaginação é muito rápida ou o tempo dela diferente, pois trabalha e embaralha simultaneamente coisas díspares e insuspeitadas, quando pressenti seus passos de volta no corredor, e foi então só o tempo de eu abrir os olhos pra inspecionar a postura correta dos meus pés despontando fora do lençol, dando conta como sempre de que os cabelos castanhos, que brotavam no peito e nos dedos mais longos, lhes davam graça e gravidade ao mesmo tempo, mas tratei logo de fechar de novo os olhos, sentindo que ela ia entrar no quarto, e já adivinhando seu vulto ardente ali por perto, e sabendo como começariam as coisas, quero dizer: que ela de mansinho, muito de mansinho, se achegaria primeiro dos meus pés, que ela um dia comparou com dois lírios brancos. (Fragmento da Edição comemorativa 35 anos [1978-2013] da Companhia das Letras)
NOS_11327
Varios miles de persoas manifestáronse este domingo en Compostela, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, para reclamar unha alternativa ao actual modelo enerxético.
Convocados pola coordinadora da plataforma 'Eólica Así Non', máis de 200 plataformas ecoloxistas, culturais, sociais, sindicais e políticas demandaron polas rúas da capital galega "un modelo enerxético sustentábel e xusto". O presidente da Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Roi Cuba, reivindicou unha "alternativa ao modelo eólico" que, sinala, "impón a Xunta e o Estado". "Queremos que o modelo enerxético sexa sustentábel e xusto", insistiu. Ademais, expuxo que, "sendo o Día Mundial do Medio Ambiente", para os ecoloxistas é "fundamental" defender o territorio e, neste sentido, volveu incidir en que a implantación da enerxía eólica "ten que ser sustentábel", tanto no mar como no monte. Pola súa banda, Arantza González, da plataforma 'Aire Limpo nas Mariñas Mandeo', da comarca de Betanzos, puxo en valor que este movemento "ten forza" porque "o moven os veciños que se senten agredidos por este ataque ao seu territorio". "Temos o apoio de toda a cidadanía porque este ataque non é só ao territorio, senón ao medio ambiente", puntualizou. 88% da eólica galega é propiedade de fondos de investimento estranxeiros Nesta mesma liña, lamentou que o modelo eólico actual "ataca ecosistemas que non teñen prezo e non se venden por nada, como a auga", xa que os aeroxeradores sitúanse en ladeiras dos montes "onde nace a auga que serve a aldeas e pobos". Recalcou, ademais, que o debate non é "eólicas si ou non": "Enerxías renovábeis si, por suposto, pero non como as queren pór". Por iso, subliñou que demandan "enerxías renovábeis sustentábeis", pero "as que fagan falta" e "sen malgastar", porque considera que hai que reducir o consumo para diminuír "os oligopolios que queren seguir co seu negocio". "Tamén estamos aquí para defendernos do ataque das macroindustrias eléctricas", concluíu. "Temos alternativa!" A manifestación transcorreu con normalidade desde a Alameda compostelá até a praza do Obradoiro, onde portavoces dos diferentes colectivos adheridos procederon á lectura do manifesto 'Temos alternativa!', nun acto conducido pola actriz Isabel Risco e o contacontos Lois Pérez, acompañados dun grupo de música tradicional. Colectivos sociais advirten que a nova normativa estatal sobre renovábeis mingua a participación pública O documento recolle a defensa de nove principios fundamentais: a protección da natureza, a preservación dos caladoiros de pesca e corredores ecolóxicos mariños, o coidado do patrimonio, a compatibilidade coa soberanía alimentaria, o aforro e eficiencia enerxética "antes que o aumento da xeración", a soberanía sobre os recursos fronte ao "espolio enerxético", a planificación enerxética con fins socioambientais e "ao servizo do país", ", participación pública activa e preservación da saúde pública. O BNG, contra "o 'boom' eólico depredador" Á manifestación asistiu a portavoz do BNG, Ana Pontón, que pediu á Xunta que "deixe de abrazar ás eléctricas" e "escoite á cidadanía nas rúas". A líder nacionalista defendeu que a Galiza "non pode soportar un novo ataque ao medio rural" porque, ao seu xuízo, detrás dos proxectos de macroeólicos "hai interese por continuar co espolio e depredación de toda a vida". A patronal eólica láiase da perda de "máis de 1.500 postos de traballo nos dous últimos anos" Neste sentido, criticou que "aínda que algúns queiran pór a etiqueta verde, non coa" porque "hai un movemento de norte a sur contra o 'boom' eólico especulativo e depredador" que non vai aceptar un modelo eólico que supón "a depredación do territorio" e que só busca que "o lobby eléctrico siga facendo negocio e especulando". A preguntas dos medios, Pontón avanzou que este é un tema "prioritario" para o BNG polo que na reunión prevista esta segunda feira co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediralle que o Goberno "dea resposta" ao "boom eólico especulativo"."É agora cando hai que parar isto e sentar a planificar un desenvolvemento enerxético que sexa sustentábel, respecte o mundo rural e deixe beneficios no país e non no consello de administración das eléctricas", defendeu.
NOS_48193
Unha das exposicións que se atopan actualmente no Centro Galego de Arte Contemporánea aproveita o 30 aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra para reflexionar sobre o que esta significou no sistema artístico galego. O comisario Ángel Cerviño escolleu 30 obras de artistas que pasaron polas súas aulas e fíxoas dialogar no espazo, atopando inesperadas reminiscencias comúns.
Até o 23 de maio deste ano pódese visitar a exposición Cultivar incertezas. Reformular o espazo / conmocionar a mirada no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Compostela, proxecto que conmemora as tres décadas da facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020). O que o seu labor significou para a arte galega é precisamente o que trata de dilucidar esta mostra, indica Ángel Cerviño, o seu comisario: "Non damos unha resposta, mais cos 30 anos chegou o momento de facermos unha visión histórica do que supuxo". Trátase pois de facer balance e situar en contexto os cambios impulsados ou que contribuíu a consolidar, no conxunto do sistema artístico. "Foi importantísimo en todos os sectores: galerístico, comercial, institucional...", asegura. Cómpre lembrar que a facultade nace pouco antes que o propio CGAC (1993), co que "se fecha un pouco o círculo", explica Cerviño. "O apoio institucional deses anos é moi forte", conta, "apoiábase moito a presenza en feiras, a Xunta patrocinaba galerías que ían a Arco...". A maquinaria posta en marcha desde anos antes tería así nos 90 a súa eclosión coa confluencia destes factores. "Foi un punto de inflexión, pódese falar de antes e despois da facultade", asegura. Era a última facultade desta sorte inaugurada no Estado e recibiu un cadro de profesorado "renovado", que fixo correr "moita información e novos aires polo sistema artístico". As novas e novos artistas son tamén axiña incorporadas polo CGAC e coleccionistas privadas, realidade da que a mostra dá conta favorecendo obras adquiridas na Galiza. Cerviño entende que desde as primeiras promocións se marca o "carácter mestizo e sobre-conectado dos novos rumbos da creación plástica: entrecruzamento de códigos e disolución das retóricas ancoradas en superadas categorías xenéricas, emerxencia do obxectual e o procesual en detrimento do maioritario dominio exercido polo pictórico-escultórico nas décadas anteriores, o definitivo estabelecemento de novos recursos tecnolóxicos, a hibridación da obra de arte con relatos e imaxinarios simbólicos xerados en ámbitos non especificamente artísticos...". Curso a curso, gaña visibilidade a presenza feminina nas aulas e nos proxectos expositivos, con crecente peso da investigación sobre as políticas de xénero e a dimensión política dos roles sexuais. Xeneralízase a irrupción das prácticas artísticas feministas e a presenza do corpo como suxeito político de primeira orde. Destacan aliás programas de bolsas, residencias e intercambios internacionais, que facilitarán a circulación acelerada de correntes plásticas e estratexias conceptuais. Actividades paralelas Á misión de debullar polo miúdo as implicacións da facultade contribúen unha serie de actividades paralelas que terán lugar de maneira máis presencial ou telemática, segundo o permitan as circunstancias. Os investigadores Natalia Poncela e Miguel Anxo Rodríguez coordinan esta parte fundamental do programa, con mesas redondas, seminarios, conferencias e encontros con diferentes axentes do sector, que narrarán en primeira persoa as súas experiencias e analizarán como, co paso do tempo, foron frutificando as propostas xurdidas das aulas. Búscase deste modo unha análise que parta da vivencia para formular cuestións que afectan o futuro destes estudos, con temas relacionados coa docencia especializada e abertura interdisciplinar, a influencia da teoría na práctica, e a influencia da facultade no contexto artístico galego. "Nunha paisaxe cultural cada vez máis polarizada, queremos achegarnos tamén a esas novas formas de enunciación colectiva que afectan á produción e exhibición a través de canles independentes, xestionadas polos mesmos artistas", explica Rodríguez. A isto súmanse as xornadas da Aula Aberta, coordinado por Poncela, que nas súas palabras constitúe "un espazo construtivo, analítico e expositivo situado dentro do propio percorrido expositivo, mostrándose a modo de prólogo ou epílogo contextual". A divulgación é a premisa deste, que "ofrecerá unha ampla documentación e intensa programación de actividades para a revisión e a análise das tres décadas de actividade da Facultade". Desta maneira, "os contidos, as dinámicas e as estratexias que integran a docencia e a investigación artística, insírense no espazo museístico do CGAC". Un dobre proxecto de edición completará o deseño expositivo: un libro-catálogo da mostra que achega os argumentos curatoriais con documentación gráfica, e unha segunda publicación cuxa función será documentar e proporcionar o rexistro impreso das propostas xurdidas dos debates, encontros e actividades. Mostra da diversidade A escolma non foi doada, sempre co sabor agridoce das propostas que fican fóra cando poderían entrar perfectamente. "Pensa que neses 30 anos, cunha media de 80 ou 90 en cada promoción, son 2.700 artistas", aproxima Cerviño. A idea foi ter un ou unha representante por ano, se ben de modo non estrito, considerando os cambios de licenciatura a grao e outras excepcionalidades. Desta forma, a mostra achéganos a un período de "profundas modificacións das prácticas artísticas en todas as súas facetas e derivacións: estéticas, filosóficas, tecnolóxicas, políticas e sociais, e por riba todos os aspectos puramente formais e morfolóxicas", explica Cerviño. Outra das dificultades é que nesas tres décadas "case se produce un cambio xeracional", polo que conviven persoas que teñen agora 50 anos con outras que actualmente apenas pasan dos 20. Erik Balbuena, Teresa Búa, Mónica Cabo, Marcos Covelo, Victoria Diehl, David Fidalgo Omil ou Basilisa Fiestras son algúns dos nomes que atoparemos. "As obras son moi dispares, as poéticas e as liñas de traballo absolutamente diferentes", describe, e metelas nun espazo comprimido, onde "conviven case ombro con ombro", era un desafío. A montaxe, na procura dunha harmonía, sempre co medo de como se ían integrar, barallou diferentes opcións de organización: cronoloxicamente, por estilos... Ao final o comisario decidiu non seguir unha norma fixa, ir encaixando as pezas "como me ían pedindo". E curiosamente hai unha certa conexión: "Xuntas unha pintura dos anos 90 cun vídeo que acaban de facer e non sei se é porque todos veñen do mesmo sitio, pasaron pola mesma escola, pero hai certas referencias e resonancias entre elas". Un fondo filosófico ou estilístico común que permite falar dunha simpatía entre elas, unha certa irmandade que non se sabe moi ben de onde procede. Cerviño pensa que hai outra conclusión básica, innegábel: "Temos uns artistas excepcionais, unha base fantástica para que o sistema da arte galega vaia para adiante". Mais non abonda, cómpre que "as institucións e toda a sociedade sexa consciente disto e o apoie". Así, reafírmase: "Esta exposición podería estar en calquera museo do mundo, sen ningunha dúbida".
NOS_46034
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, comprometeuse a investigar os avisos por deficiencias nos centros. A CIG-Ensino fixo pública a existencia destas advertencias de Inspección de Traballo.
Educación avaliará as diferentes deficiencias e incorreccións no plan de protección do persoal detectadas pola Inspección de Traballo na xestión do coronavirus nos centros educativos. Así o asegurou o responsábel do departamento, Román Rodríguez, que en calquera caso defende o marco estabelecido pola Xunta. De esta forma respondeu o representante da Xunta á denuncia feita esta terza feira pola CIG-Ensino ao respecto da existencia dun requirimento da Inspección de Traballo e da Seguridade Social á Consellería de Educación. Segundo comentou a central sindical, esta área do Goberno da Xunta leva cometidas diversas deficiencias e incorreccións, desde a perspectiva da protección da saúde do persoal que traballa ao seu cargo nos centros educativos desde que comezou este curso. Interrogado ao respecto, Rodríguez subliñou que haberá un estudo sobre eses avisos relativos á protección do profesorado e traballadoras dos centros educativos do país fronte á pandemia. Porén, defendeu que a estratexia marcada pola Xunta e seguida por cada infraestrutura a través de plans de continxencia específicos está a funcionar correctamente. "Cada centro elabora o seu plan de continxencia e aí están todos eses aspectos", aclarou Rodríguez sobre as acusacións da CIG. Identificar tarefas de risco Na súa denuncia, o sindicato fala dunha carencia de actualizacións nos protocolos fronte á Covid-19, de que non se identifican as tarefas de máis risco, de que o persoal non tivo unha adaptación "suficiente". Tamén fala das "incongruencias" que se dan cos equipos de protección individual (EPI). Rodríguez tamén asegurou que se remitiron "fondos" aos centros educativos para mercar o material preciso para a protección axeitada das persoas. Malia este argumento, Inspección convocou á consellaría para explicarse o 16 de decembro.
PRAZA_13773
Rematou por fin a semana máis "negra". "Negra" do carbón dos mineiros reprimidos, e "negra" polo cariz que está tomando a política do PP e os seus anuncios sucesivos de recortes e demolición do Estado de Benestar. "Negra" polo estado de ánimo da xente, polas protestas contra o PP e o nivel da indignación social.
Rematou por fin a semana máis "negra". "Negra" do carbón dos mineiros reprimidos, e "negra" polo cariz que está tomando a política do PP e os seus anuncios sucesivos de recortes e demolición do Estado de Benestar. "Negra" polo estado de ánimo da xente, polas protestas contra o PP e o nivel da indignación social, que podería -e debería- desembocar nunha auténtica revolta. Unha semana que se inaugurou coa "Marcha Negra", que seguiu co anuncio do maior paquete de recortes da Historia, que continuou con protestas por toda a xeografía española, e rematará mañá con outra gran manifestación, á que se van sumar tódolos sectores afectados pola política antisocial e antisistema –eles si o son- do PP. Eu non teño nada en contra do fútbol como deporte, nin dos que o disfrutan; si do fútbol como mobilizador de masas que nunca se moverían por outra cousa Criticaba no meu anterior artigo o nivel de mobilización que podía chegar a ter "La Roja", e unha horda de seguidores fanáticos descalificábame e desexábame o peor coa mesma elegancia coa que a deputada Andrea Fabra profería ese "Que os jodan!" aos parados, aos políticos do PSOE, ou a quen fose, nese baleiro indeterminado no que cabemos todos os que non comungamos coas súas ideas. Dicía un "comentarista", anónimo por suposto, que o meu artigo lle parecía pacato como o dun cura de aldea, e que sería como dicir que non se pode disfrutar facendo o amor, por toda a miseria que vivimos. Ben, nada máis lonxe: a luxuria, como diría ese cura, non só é positiva, senón necesaria. Face-lo amor é un acto íntimo e individual, ou máis ben de dous, que non necesita mesturarse con nacionalismo rancio e excluínte, chauvinismo, nin coa violencia máis irracional. O amor é revolucionario; o fútbol, non. O amor –correspondido- e o sexo espertan, moven; o fútbol adormece, distrae, embrutece. Eu non teño nada en contra do fútbol como deporte, nin dos que o disfrutan; si do fútbol como mobilizador de masas que nunca se moverían por outra cousa, nin polos seus dereitos nin polos dos seus fillos, e destes. A política profesional tense tornado paralelamente nun campo de fútbol no que se actúa coa mesma prepotencia, chulería e visceralidade: "Que se jodan!" A noite do martes 10 de xullo de 2012, os mineiros entraban, como heroes que son, en Madrid e Sol, recibidos por decenas de milleiros de cidadáns. Ao contrario que os futbolistas, non os ovacionaban por facer o seu traballo, senón por defendelo. Por querer facelo, a pesar de que non perciben soldos nin primas milmillonarias coma eles, nin defraudan ao Estado non pagando os impostos correspondentes á Patria que din amar e representar. Porque eles si teñen dignidade, e eles si dan exemplo. Culminaba así a Marcha Negra de case un mes percorrendo centos de quilómetros a pé, e o mes e medio de folgas, peches e enfrontamentos para visibilizar a súa loita e resistir ó exterminio planificado do seu medio de subsistencia dende o Goberno español. Comezarían aí os "disturbios" das "forzas de inseguridade", sementando o terror en plena Gran Vía madrileña, dando porrazos e pelotazos "a diestra y siniestra", mesmo contra xente que non tiña que ver coa protesta. Ao señor José Manuel Sánchez Fornet, líder do SUP, Sindicato Unificado de Policía, parecíalle ben a actuación da Policía, fose unha nena ou unha muller anciá a que recibise o impacto das pelotas de goma. As políticas antisociais e antisistema do PP tiveron as súas primeiras consecuencias, que non defenderei, mais tampouco condenarei, porque a maior violencia é a económica que practican os representantes do poder financeiro. Antes, xa os estudantes menores de idade foran tratados, literalmente, como "o inimigo", pola policía valenciana (e, de paso, e coa súa connivencia , polo Goberno). Logo viñeron os universitarios, os xubilados, os dependentes, as mulleres, os usuarios da Sanidade pública, que somos todos. Mais este sería só o principio da fin. Xusto ao día seguinte, Rajoy anunciaba o maior recorte na Historia de España. Aos empregados públicos (e non só os "funcionarios", como tentan reducir a unha gran porción da poboación), aos parados (o sector produtivo máis numeroso do país, cun potencial de produción e rebelión inimaxinable) e en xeral a toda a poboación, por vía da suba dos impostos indirectos. Á representatividade do Pobo (e non "popular" precisamente) nos concellos. Toda a bancada "popular" aplaudía como seareiros, e a filla de Fabra berreaba: "Que se jodan!" Esa mesma mañá comezaba a semana máis "roxa", roxa non pola Selección, senón polo estado de ebullición da cidadanía indignada: a rebelión dos empregados públicos, que se unirían definitivamente aos parados e aos traballadores precarios na loita. Mañá, tarde e noite, cada día sucederíanse as protestas contra as sés do PP, o Congreso e as institucións autonómicas. O "venres 13", en honor á película, Mariano I de España e V de Alemania executou a súa advertencia e sacou a rebarbadora para podar aínda máis a árbore do Estado de Benestar, reducindo aínda máis o salario dos funcionarios, as prestacións de desemprego e os soldos e o poder adquisitivo de todos os traballadores. Deixaba constancia do crime o BOE. As protestas recrudecéronse, con cortes de tráfico, linchamentos verbais e mesmo ataques contra os locais do partido máis impopular de todos. As políticas antisociais e antisistema do PP tiveron as súas primeiras consecuencias, que non defenderei, mais tampouco condenarei, porque a maior violencia é a económica que practican os representantes do poder financeiro. Por fin parece que o Pobo espertou do seu soño. Sen ter que celebrar unha fazaña futbolística, sae a pelexar con unllas e dentes polos seus dereitos, duramente conquistados e que agora queren facer papel mollado. O xoves 19 hai manifestacións convocadas por todo o Estado para denunciar este ataque frontal ao 99%. Por iso mesmo, porque o ataque é masivo e igual para todos, cómpre máis que nunca a unidade da cidadanía, e por suposto de toda a esquerda. Por riba de divisións estúpidas, detalles nimios e discusións estériles. O contrario é condenarse a morte. Como dicía a sentencia de Martin Niemoeller, erroneamente atribuida a Bertolt Brecht, "primeiro viñeron a buscar aos comunistas, e non falei porque non era comunista. Despois viñeron polos socialistas e os sindicalistas, e non falei porque non era era nin o un nin o outro. Logo viñeron polos xudeus, e non falei porque non era xudeu. Finalmente viñeron a por min, e para ese momento xa non quedaba ninguén que puidese falar por min". Mais hai outras que si son do gran dramaturgo e poeta alemán, moi acaídas para os tempos. "Ao río que todo o arrinca o chaman violento, pero ninguén chama violento ao leito que o oprime". E "cando a verdade sexa demasiado débil, terá que pasar ao ataque". Amén.
PRAZA_5706
Ás 18 horas votara no país un 33,79% do censo, dato inferior ao 35,31% de hai cinco anos. A participación sobe lixeiramente no conxunto do Estado grazas á masiva mobilización en Cataluña. Uns 2,7 millóns de persoas están chamadas en Galicia a participar nas eleccións sobre as que paira a sombra dunha elevada abstención. Os comicios do 25-M non só configurarán a vindeira Eurocámara, senón que tamén condicionarán a Presidencia da Comisión. Contra as 23:00 da noite coñeceranse os resultados dos comicios, que hoxe se celebran en 21 estados da Unión. Os comicios son o primeiro test dun longo ciclo electoral que continuará nas municipais de 2015.
Galicia, ata as seis da tarde, participou menos nestas eleccións europeas que nas de hai cinco anos. A participación dos cidadáns galegos chamados ás urnas no país para estes comicios situouse ás 18 horas nun 33,79%, unha cifra máis dun punto e medio inferior aos de 2009, cando o 35,31% dos electores xa depositaran o seu voto a esa hora, tal e como sinalan os datos do Ministerio do Interior. A participación en Galicia ás seis da tarde baixa punto e medio con respecto a 2009 e descende sobre todo nas provincias do interior O dato de Galicia é lixeiramente inferior ao da media estatal a esa mesma hora, e que se situaba no 34,08%, superando así a participacion no conxunto de España de 2009, cando votara o 33,79%. Esta lixeira suba no Estado débese, fundamentalmente, á espectacular mobilización que en Cataluña está a provocar o proceso soberanista, ao aumentar a participación en case nove puntos, situándose no 35,4% fronte ao 26,7% de 2009. Por territorios, en Galicia a participación baixa considerablemente nas provincias do interior, fundamentalmente en Ourense onde o descenso é de case seis puntos (do 42,38% de 2009 ao 36,48% de hoxe). En Lugo tamén descende en case catro puntos (do 37,11 ao 33,53%), mentres que na Coruña e en Pontevedra os datos son case idénticos aos de hai cinco anos, situándose a paricipación en preto do 32,5% na primeira e no 34,55% na seguda. Ás seis da tarde, aumentara a participación en tan só 47 concellos do país con respecto a 2009, destacando o aumento que se produciu nas comarcas de Santiago, A Coruña, Ferrolterra e a área metropolitana de Vigo. Porque hoxe é votar ou agardar polo que decida quen vote. Son as dúas opcións que este domingo ten diante de si a cidadanía de 17 dos 21 estados da Unión Europea nos que hoxe se celebran eleccións. Nos catro restantes -Bélxica, Chipre, Grecia e Luxemburgo- votar non é unha opción, porque é obrigatorio. Dende as primeiras horas da xornada e ata as once da noite, hora á que pechan os colexios electorais en Italia, as urnas estarán abertas para configurar o novo Parlamento Europeo. Dende esa hora comezarán a coñecerse os resultados das votacións que, xunto ás exercidas dende o xoves polo electorado dos Países Baixos, Reino Unido, Irlanda, República Checa, Malta, Eslovaquia e Letonia, condicionan parte do futuro político duns 400 millóns de persoas. Con contadas excepcións, se algo teñen en común estes comicios nos diferentes Estados e territorios da Unión é a sombra da abstención. A desafección, a crise económica, os recortes da troika e a percepción de que os asuntos europeos son algo afastado constitúen un cóctel que tamén afecta de cheo a Galicia, onde as europeas non conseguen achegar ás 3.618 urnas a máis da metade do censo dende 1994. A respecto das últimas eleccións, nas que a abstención galega se achegou ao 57%, o censo medrou un 2,1%. As persoas que o integran terán para elixir 39 candidaturas, catro máis que hai cinco anos. Dende as once da noite coñeceranse os resultados das eleccións, que este domingo se celebran en 21 estados Dende o Parlamento Europeo, ao que a Xunta Electoral lle impediu animar abertamente a votar no Estado español, asegúrase que "estas son as eleccións europeas máis importantes" de todas as que se teñen celebrado, e non só porque "permitan os votantes xulgar os esforzos realizados polos líderes da UE para atallar a crise da zona euro" e "expresar a súa opinión sobre os plans para intensificar a integración económica e política". Tamén son as primeiras eleccións dende que o Tratado de Lisboa lle outorgou en 2009 novas competencias á Eurocámara. Os votos tamén condicionan a Comisión Entre as principais novidades destas eleccións é que, por primeira vez, a voz do novo Parlamento Europeo, que se constituirá o 1 de xullo, terá que ser escoitada para renovar a Presidencia da Comisión Europea. Aínda que non se trata dunha elección indirecta ao xeito, por exemplo, do presidente da Xunta -os deputados e deputadas escólleno entre os membros da Cámara-, o certo é que a persoa que sexa proposta polos estados membros para suceder a José Manuel Durão Barroso terá que obter o apoio parlamentario. Segundo o Tratado, isto supón que a Eurocámara "elixe" o presidente ou presidenta. O Tratado de Lisboa implica que o Parlamento teña que refrendar a persoa proposta para presidir a Comisión Dos trece grupos políticos da Unión catro designaron candidato e un, candidato e candidata para a Presidencia. Pola banda do Partido Popular Europeo o candidato é Jean-Claude Juncker, ex primeiro ministro de Luxemburgo e anterior presidente do Eurogrupo. Os socialistas europeos apoian a Martin Schulz, quen presidiu a Eurocámara na segunda metade da lexislatura que remata. O candidato dos Liberais e Demócratas é Guy Verhofstadt, ex primeiro ministro belga. O grupo dos Verdes e da Alianza Libre Europea, ao que apoia o BNG, opta polo líder agrarista francés José Bové e a alemá Ska Keller, e a Esquerda Europea, na que se integra AGEe, presenta o grego Alexis Tsipras, líder de Syriza. Unha vez elixida a Presidencia, os gobernos estatais propoñen a lista de comisarios e comisarias, un por cada país e o Parlamento debe refrendalos ou rexeitalos. Primeiro test dun longo ciclo electoral Malia á previsible baixa participación os resultados das eleccións europeas traerán consigo unha lectura política en clave interna. No caso galega estas eleccións supoñen o primeiro test electoral para as forzas políticas tras as autonómicas de 2012, nas que o PP perdeu máis de 100.000 votos pero gañou tres escanos. Estas son as primeiras eleccións con José Ramón Gómez Besteiro á fronte do PSdeG e Xavier Vence como líder do BNG e tamén son unha proba para a resistencia electoral da coalición de Alternativa Galega de Esquerda e mais para o PP despois de tres anos do Goberno de Mariano Rajoy en Madrid e cinco do de Alberto Núñez Feijóo en Galicia. A seguinte estación do ciclo electoral serán as municipais de 2015 Os resultados que obteñan as principais candidaturas, que en Galicia teñen como referentes a Francisco Millán Mon, José Blanco, Ana Miranda, Lidia Senra e Paulo Carlos López, serán o punto de partida para un longo período electoral que ten a súa segunda parada nas municipais da primavera de 2015 e, se nada muda, nas xerais que se terán que celebrar a finais do mesmo ano. Xa en 2016 completarase o ciclo de eleccións coa renovación do Parlamento galego. A noite electoral, en Praza Pública Web oficial para seguir os resultados ao vivo
NOS_50303
Extrema igualdade en Balaídos no partido de dezaseisavos da Copa do Rei entre o Celta e a Real Sociedade. Igualdade en posesión, en pases totais, en goles... En paus, non, en paus gañou o Celta, con dous chuts, de Sisto de falta directa e do dinamarqués Hjulsager, repelidos pola madeira. O Celta marcou, claro, por medio de Aspas. Mais a equipa vasca restabeleceu o equilibrio no taboleiro de marcas moi perto do epílogo. A eliminatoria vaise decidir en Donostia.
Aspas fixo o que sempre se espera del, mais o gol do de Moaña non lle bastou ao Celta para se impor a unha Real Sociedade que veu a Balaídos a disputarlle a pelota e o control do xogo á equipa galega, consciente o combo de Asier Garitano que vir a Vigo a se fechar era practicamente asinar a sentenza de morte. Combinou ben o Celta, levado con bon criterio por Lobotka. A má noticia para a freguesía celeste é que o futebolista eslovaco acabou lesionado, polo que foi substituído no minuto 73 por Fran Beltrán. A tal hora aínda se descoñece o alcance da mancadura que deixou o Celta no tramo final do encontro sen un dos seus futbolistas máis dotados. Coa posesión da bola igualada ao 50 por cento, a Real foi máis incisiva do que os galegos no achegamento á portería rival. A equipa vasca tirou a porta, entre os tres paus, 6 veces por 4 do Celta. Até lanzou máis córners, 5 por 4. Outro índice de que Balaídos presenciou un combate de ti a ti, unha disputa sen excesiva especulación defensiva, os dous 11 a procuraren a portería contraria. Achouna primeiro Iago Aspas, que continúa esplendoroso neste primeiro terzo do campionato. O gol celeste chegou no minuto 57, cun disparo na boca do gol produto dunha asistencia de Néstor Araújo ao 10 celeste. Nada mudou co 1-0. O partido continuou a ser un tira-puxa sen ninguén a dominar o xogo. A Real, premida polo taboleiro de marcas, puxo algo máis de intensidade nas últimas xogadas e, froito da súa teimosía, cobrou o 1-1 xa no minuto 88. Todo fica, pois, pendente para o choque de volta.
PRAZA_14426
Os socialistas remodelan o eslogan electoral co que Pachi Vázquez concorreu por primeira vez á alcaldía do Carballiño para unha carreira electoral na que o candidato protagonizará máis de 60 actos
En Galicia, como en calquera outro ámbito electoral, téñense visto lemas de todo tipo nas eleccións. Curtos, longos, con alusións ao país... fórmulas diversas que varían en función das circunstancias e, nos últimos tempos, que se guían en boa medida polos consellos dos equipos de asesoría de campaña das formacións políticas. Nestas eleccións de 2012 o PSdeG opta por unha fórmula pouco usual: recuperar un eslogan doutra campaña e actualizalo para a presente. Pero non o fan cun lema calquera elixen o que empregou o seu candidato á Xunta, Pachi Vázquez, cando optou por primeira vez á alcaldía do Carballiño, municipio que gobernou durante case unha década. Así, aquel É o momento compleméntano agora os socialistas con Galicia decide. A intención, explica o seu secretario de organización e xefe de campaña, Pablo García, é amosarlle á cidadanía que "ten a oportunidade dun cambio de rumbo fronte ao horizonte de recesión e sufrimento ao que nos abocan as políticas do PP. En presenza de candidatos e candidatas ao Parlamento e de cargos nacionais e provinciais do partido García explica que, durante a campaña, Pachi Vázquez protagonizará uns sesenta actos públicos, unha media de catro por día, e os cabezas de lista das catro circunscricións farán algo semellante. Coa vista posta nos métodos tradicionais de encontros nas diferentes localidades, pero tamén tendo as redes sociais de internet como un eixo de "relevancia estratéxica", o PSdeG tentará transmitir que as eleccións autonómicas son a clave para que o PP comece a "recuar, non só en Galicia", senón tamén no conxunto do Estado, xa que, asegura, se Vázquez chega á Presidencia se reverterán decisións como o copagamento farmacéutico pero, ademais, o Goberno galego optará sempre "pola verdade". Vázquez protagonizará uns sesenta actos ao longo da campaña electoral Pachi Vázquez, subliña García, está a asegurar xa nos seus actos de precampaña que "prefire perder un puñado de votos por dicir a verdade" que "dicir unha mentira". Esa, asegura, será a actitude que manteña ao longo dunha campaña "baseada na ilusión do cambio a pesar das dificultades" na que, salienta, terán especial importancia os debates electorais que o aspirante socialista compartirá na TVG con Alberto Nüñez Feijóo, por unha banda, e con Francisco Jorquera, pola outra. "A pesar de todos os atrancos do PP e grazas ás cesións do PSdeG, haberá debate", asegura García. Pablo García presentaba a campaña socialista pouco despois de que, en Madrid, Pachi Vázquez pronunciase unha conferencia na que, presentado por Alfredo Pérez Rubalcaba -que participará en diversos actos da campaña galega- insistiu na idea de que "o 21 de outubro nos xogamos o modelo de saída da crise, tanto para Galicia como para España", circunstancia que, di, lles dá "enorme transcendencia" ás eleccións, nun momento "que require unha profunda reflexión pero, sobre todo, require acerto, decisión e valentía". Isto sucede, di, despois de que o Goberno de Feijóo xa fixese que "o mito da dereita xestora empezase a caer", xa que o candidato á reelección "asinou un pacto con Galicia de catorce puntos e incumpriunos".
NOS_28510
As mulleres representan o 87,2% do seu persoal asalariado e os voluntarios, sen remuneración, supoñen 28%
O 79% das prazas residenciais nas entidades prestadoras de servizos sociais de Galiza son de titularidade privada, segundo a enquisa que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE), con datos correspondentes a 2018. Na categoría de prazas residenciais inclúense aquelas ocupadas por menores en casas de acollida, por residentes en centros de maiores e por residentes en centros para persoas con algunha discapacidade. O número de prazas residenciais nas entidades prestadoras de servizos sociais con actividade na Galiza ao 31 de decembro de 2017 era de 22.074 e aumentou "lixeiramente" en 2018, até chegar ás 22.123 prazas. A porcentaxe de ocupación destas prazas é do 95,7% e esta porcentaxe sobe ata case o 100% no caso das prazas públicas (o 98,8% en 2017 e 98,2% en 2018). As porcentaxes máis baixas de ocupación atópanse nos centros residenciais privados non financiados. Con todo, neste caso supérase o 94% de ocupación nos dous anos do estudo. Na categoría de prazas residenciais inclúense aquelas ocupadas por menores en casas de acollida, por residentes en centros de maiores e por residentes en centros para persoas con algunha discapacidade O 9,4% das prazas residenciais están ocupadas por persoas de 50 ou menos anos. Por sexo da persoa, esta porcentaxe sobe ata o 15,2% no caso dos homes. Por outra banda, o 59,7% das prazas residenciais están ocupadas por persoas maiores de 80 anos e, neste caso, ao desagregar por sexo, a porcentaxe de prazas ocupadas por mulleres que superan esta idade é superior á de homes (67,4% no caso feminino fronte a 47,1% no caso dos homes). Na categoría de prazas non residenciais inclúense aquelas ocupadas por menores en garderías ou escolas infantís, por maiores que asisten a centros de día e por persoas que asisten a centros que atenden necesidades especiais. Nas entidades prestadoras de servizos sociais o emprego feminino supera ao masculino. As mulleres representan o 86,4% das persoas asalariadas en 2017 e o 87,2% en 2018. Estas porcentaxes baixan ao tratarse do traballo por conta propia; neste caso, o sexo feminino representa o 53,9% das persoas que traballaban por conta propia nas entidades prestadoras de servizos sociais en 2017 e o 51,3% en 2018. Un dato "para subliñar" que, segundo o IGE, "fai destas unhas entidades especiais", é que as persoas que prestan os seus servizos voluntariamente, sen percibir a cambio unha remuneración, supoñen o 29,4% do persoal empregado por estas entidades en 2017 e o 28% en 2018, "porcentaxes moi elevadas se se comparan con outro tipo de entidades".
NOS_40759
A Conferencia Episcopal non partilla a resolución do Constitucional sobre unións entre persoas do mesmo sexo e está disposta a se facer ouvir "nas parroquias e nos colexios". Canda o Foro de la Familia revólvese até contra o PP, exixindo que bote embaixo a norma aprobada en 2005 "aínda que sexa formalmente constitucional" ao considerar que non garante que as nenas e os nenos vaian ser educad@s "como esposas e esposos do futuro"
A resolución do Tribunal Constitucional en que arroupa baixo a acepción de 'matrimonio' tamén a unión entre dúas persoas do mesmo sexo non contentou á Igrexa católica. Na súa asemblea número 100, a Conferencia episcopal voulveu amosar a súa frontal oposición. Sinalou o arcebispo de Madrid e presidente da organización dos bispos, Antonio María Rouco Varela, que arestora é "máis urxente que nunca" formar nos valores da familia tradicional "nas parroquias e nos colexios". Con esta declaración de intencións, a Conferencia episcopal fixo pública a súa idea de tornar en púlpitos tamén os centros de ensino para adoutrinar as crianzas ao redor da idea de que considerar 'matrimonio' a unión de dúas mulleres ou de dous homes "é gravemente inxusto porque non recoñece netamente a institución", para alén de remarcar os roles de xénero ao subliñar, en palabras de Rouco Varela, que a nova lexislación "non garante o dereito dos nenos e dos mozos a seren educados como esposos e esposas do futuro". Recoñece Rouco que non lles toca aos bispos "pronunciarse sobre a pertinencia xurídica dos actos dos tribunais". Porén, pronunciáronse e xustificaron tal proceder "no deberde axudar á distinción necesaria acerca dunha lei que condiciona o futuro do pobo". A Conferencia Episcopal súmase así ao Foro de la Familia, colectivo de orientación ultradereitista española que anunciou a presentación dunha ILP en que instará o Goberno español a "restabelecer o matrimonio tradicional". Din que o Constitucional "non ten competencia para sinalar como deben ser as leis" e cualifican a sentencia como unha "profunda falta de respecto intelectual para os que votaron a Constitución española", modificando a Carta Magna "para acomodala á ideoloxía momentánea". Sabedor@s da palabra dada por Gallardón de non derrogar a lei aprobada polo PSOE en 2005 se esta era avalada polo TC, a Conferencia Episcopal e o Foro de la Familia encáranse tamén co PP e presionan para que a norma sexa botada embaixo "aínda que sexa formalmente constitucional", e reprochánlle á formación conservadora a "mudanza de criterio en tan pouco tempo e sen unha explicación pública".
NOS_2145
Goretti Pina é da Ilha do Príncipe. Desenhadora, escritora, professora, advogada, criminóloga. Navega da moda à escrita e da escrita à moda, paixões surdidas quase a um tempo. Inspira-se nas pessoas e nas paisagens para, transformada a inspiração em obra, conquistar as pessoas com suas criações.
Quem é realmente Goretti Pina? Ao que a Goretti Pina julga saber sobre si é que é alguém que gosta muito de existir, apesar de todas as turbulências próprias do estar-se neste mundo, e sentir-se impotente e por vezes frustrada com as limitações que tem, sobretudo perante as injustiças, intolerâncias e falsidades. Que procura que os seus momentos de alegria possam durar, serem sempre extensivos a mais alguém e que possam superar os momentos menos alegres. Você define-se como criadora de moda, estilista. Se a roupa veste o corpo e as palavras são vestido das emoções, aceitaria ser definida como estilista da língua? Engraçado, interessante. Estilista da língua?!... Está a falar, por exemplo, do extraordinário Mia Couto, não? Ainda teria de ler muito e de treinar muitos desenhos nesta minha escrita ainda tão pouco madura! Mas sou atrevida o suficiente para registar esta pergunta como um desafio a ter em conta no meu processo de crescimento enquanto escritora. E assim, por "sua culpa" um dia possa eu vir a conseguir brindar os meus leitores com algum estilo neste domínio, além do simples comunicar e contar histórias, pensamentos e emoções, que é o que tenho feito. Fale-nos de seus livros, de Viagem por começar ... Penso nele como um livro feliz e de sonho, no sentido em que nele tudo é maravilhoso. Viagem foi o primeiro livro editado. É um livro de paixões e de viagens E até as inseguranças, incertezas e noção de que nada nos está garantido tem o seu apontamento de felicidade e de certezas. É próprio do estado de paixão seja por alguém, por algum lugar, ou simplesmente pela dádiva que é a vida. Foi um livro, um sentimento, uma capacidade de observação e "estado de graça"pelo qual me vi invadida e atropelada durante um determinado período, inclusivamente enquanto fazia pesquisas para a escrita do romance No dia de São Lourenço. No dia de São Lourenço rende homenagem a factos... O primeiro grande facto é a importância da representação do Auto de Floripes -peça de teatro de rua que costuma ter lugar no 10 de Agosto, dia de São Lourenço- na ilha do Príncipe) para as pessoas do e no Príncipe. O dia de São Lourenço é como um balão de oxigénio num lugar lindíssimo É por ventura o maior postal cultural de São Tomé e Príncipe que atrai para a ilha tantos olhares e presenças como em nenhuma outra altura do ano e transforma a cidade de Stº António num verdadeiro palco de festa. É como um balão de oxigénio num lugar lindíssimo, mas com as dificuldades características de ilha num país ainda com muitas carências, sobretudo no domínio da saúde. … e homenagem a pessoas... Sim, especialmente a três: A Manuela, uma enfermeira extraordinária como profissional e como ser humano. À senhora Quéia, conhecedora de práticas e métodos tradicionais de fertilização apenas com massagens corporais e dieta alimentar à base de plantas medicinais e outros frutos da terra. O Vado, um jovem dinamizador cultural que faleceu em Agosto, mês de festa, num brutal acidente de moto, poucos meses após o seu casamento, tendo deixado a esposa grávida. Você trabalha moda infantil... Trabalho numa moda sem idade, isso sim. A minha marca é para todos os que encaram a moda como um apontamento de bem-estar, independente da idade. Portanto, crianças incluídas, com certeza. Para quando literatura infantil? Literatura infantil, na minha perspetiva já é mais exigente. É uma literatura de falsa simplicidade porque escrever para futuros homens e mulheres, pessoas em verdadeira construção/formação interior requer um traquejo e um cuidado que é obrigatório considerar. Literatura infantil é uma literatura de falsa simplicidade É preciso leveza e ao mesmo tempo um sentido de responsabilidade bastante apurado, e acertividade no que se vai comunicar e transmitir. Já fui desafiada a fazê-lo, e quero muito vir a fazê-lo, mas ainda não me sinto preparada. Se calhar, a literatura não tem idadeSou de opinião que se não é possível nem necessário haver uma literatura para cada faixa etária, no geral deve haver, pelo menos, literatura infantil muito bem demarcada da literatura para adultos. Um adulto ganhará sempre ao ler um livro infantil, mas raramente será recomendável que uma criança leia um livro fora do seu universo,um universo que deve beneficiar de algum resguardo. Já agora, O principezinho é para adultos ou para crianças? Reproduzimos a seguir um fragmento dum livro de Goretti Pina No dia de São Lourenço/O encanto do Auto de Floripes, Edições Colibri, 316 páginas, 17 euros, Lisboa 2013 De repente, o ruído de uma moto Honda abafou as palavras seguintes de Ligeiro Andrade. Era Vado, com toda a boa energia que lhe era característica. Em poucos segundos, encostou o transporte e tirou, de uma argola de arame pendurada no guiador, o peixe fresco que trazia para Ma Gaane. Uma das três corvinas vermelhas de tamanho médio a que, persistente, havia conseguido cravar o arpão. Tinha na pesca submarina uma das suas paixões. Quando corria um pouco melhor, lembrava-se da amiga. Vado tinha a pele dourada pelo sol, tanta era a vida ao ar livre. A mostrar nuns calções pelo joelho as musculadas e longas pernas ligeiramente arqueadas, aproximou-se do grupo, que, naturalmente, transferiu para ele a atenção. Do cumprimento que proferiu ao chegar, ouviu em coro a resposta. Eram vozes que, por contágio, se animaram com a sua agradável presença. Ma Gaane recebia-lhe o peixe das mãos, quando sobre o ombro Vado já tinha Bibas, que lhe fazia festas na cabeça, enquanto ele falava com Isma, de quem estranhou as pálpebras inchadas. – É, meu rapaz, é de chorar! Ela chegou-me aqui nesse estado. Mas eu já disse a Isma que muito pouca coisa nessa vida merece nossa lágrima!... – começou Ma Gaane por elucidá-lo, afastando-se entretanto com a corvina para a cozinha. As últimas palavras de Ma Gaane tinham o selo da mais pura verdade. Vado concordava. Também era de opinião de que uma larga maioria de coisas e de situações têm a importância que lhes atribuímos. Não mais. Cabe-nos, então, dosear esse valor da maneira mais sensata que pudermos, para não nos deixarmos dominar e consumir. A responsabilidade é nossa. Tal como é a nós que compete a compreensão e gestão das nossas emoções.
PRAZA_18217
O Ateneo de Santiago e a USC percorren unha exposición o labor político e cultural de Camilo Díaz Baliño e o xeito en que Isaac Díaz Pardo traballou para "recuperar a memoria histórica de Galicia interrompida en 1936"
O estudio de Camilo Díaz Baliño en Santiago era un fervedoiro cultural e político. Por alí pasaron algúns dos intelectuais máis relevantes da época e, durante a II República, colaborou activamente coa causa do galeguismo, do nacionalismo progresista. Foi pintor, ilustrador, escenógrafo e pioneiro do deseño e puxo a súa arte ao servizo de causas como a aprobación do primeiro Estatuto galego, en cuxa campaña tamén colaborou o seu fillo, un mozo Isaac Díaz Pardo. Tras o golpe de 1936 os franquistas perseguiron a Díaz Baliño, detivérono e asasinárono, e Isaac tivo que agocharse durante meses dos sublevados. A Compostela que compartiron pai e fillo é agora o centro argumental dunha exposición impulsada dende o Ateneo de Santiago e mais a universidade compostelá. Baixo o título Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela, ambas institucións percorren co apoio do Concello e mais da deputación da Coruña os dezaseis anos que ambos viviron na capital galega, a súa vida e a súa arte. "A casa da Tumbona, escenografía, deseño gráfico e editorial, eventos artísticos do Concello" ou carteis da campaña do Estatuto son algúns dos elementos da mostra, comisariada por Xosé Ramón Fandiño e Gloria López. O Ateneo de Santiago e a USC percorren unha exposición o labor político e cultural de Camilo Díaz Baliño e o xeito en que Isaac Díaz Pardo traballou para "recuperar a memoria histórica de Galicia interrompida en 1936" Os retratos que o propio Camilo Díaz trazou dos seus compañeiros de prisións nas celas da Falcona -nos baixos do Pazo de Raxoi- son a mostra da "barbarie" franquista nunha exposición que tamén se centra "na actividade artística, industrial e cultural" de Díaz Pardo. Hai así espazo, daquela, para o significado cultural que tivo a creación do Laboratorio de Formas, "ente teórico e vieiro de ideas" que dende os anos 60 do século pasado Isaac e Luís Seoane "concibiron para recuperar a memoria histórica de Galicia interrompida en 1936", subliñan dende o Ateneo. Do Laboratorio xurdirían proxectos como Ediciós do Castro, o Museo de Arte Galega Contemporánea Carlos Maside ou a Fábrica e Seminario de Sargadelos. Na mostra, que estará aberta no Pazo de Fonseca ata o 30 de novembro, hai tamén espazo para un "itinerario visual" sobre o Santiago ao que regresou Isaac Díaz Pardo en 1978. Desa volta xurdiu a Galería Sargadelos na rúa Nova e tamén os anos de Díaz Pardo no Instituto Galego de Información, "oficina estable e o seu domicilio habitual", o seu espazo máis persoal ata o seu falecemento en xaneiro de 2012.
PRAZA_2275
Volven as Xornadas de Música Contemporánea, que este ano ollan no seu programa a compositores galegos e universais como Rogelio Groba, Manuel Rodeiro e Jesús González
Fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música. Este é o obxectivo das Xornadas de Música Contemporánea, que se viñan celebrando en Compostela desde os 90 e que, tras trece anos de interrupción, foron recuperadas no 2012. Organizadas polo Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o CGAC, co apoio desde 2013 da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM), comezaron coa homenaxe da Orquestra de Cámara Galega ao compositor galego Rogelio Groba. O martes 13 celebran tamén a obra de dous compositores do país. O Grupo Instrumental Siglo XX, dirixido por Florian Vlashi, conmemora o 50ª aniversario de Manuel Rodeiro e Jesús González. Será co Grupo Instrumental Siglo XX dirixido por Florian Vlashi o martes 13 de outubro ás 20:30 horas no CGAC. "Máis que o arbitrio dunha data, a Rodeiro e González úneos unha traxectoria común, á vez independente, e comprometida, tanto coa propia creación como coa difusión da música contemporánea en Galicia. Artífices dunha obra que o paso do tempo fixo recoñecida e recoñecible, a forza revitalizadora e a dimensión enerxética da música de Rodeiro atopa o seu correlato na quietude meditativa e transformación pausada da obra de González, nunha relación de opostos que se complementa á perfección", lembra a organización. O mércores 14 será a quenda na Igrexa de San Domingos de Bonaval ás 20:30 de Vertixe Sonora Ensemble, que interpretarán música do compositor milanés Giorgio Netti dentro de OFF_Contemporánea!!. "É a especificidade do corpo do instrumento o que me interesa, o instrumento coma unha vía de saída cara á que dirixirse para realizar unha lectura do mundo a través do son. O que máis me atrae é como o son pode cambiar inesperadamente do tradicionalismo máis arraigado á máis ousada experimentación mentres o seu corpo permanece imperturbable". Giorgio Netti explica así o seu ciclo necessità d'interrogare il cielo, concibido para saxofón soprano, que interpreta Pablo Coello, director de Vertixe Sonora. Para o venres 16 ás 20:30 horas no CGAC, o dúo galego-portugués KONTAKTEduo proponnos cuestionarnos que é a música hoxe co programa Catro pezas febrís. KONTAKTEduo reúne tres perspectivas distintas de son, gramática musical, xesto e intención: o virtuosismo técnico do neozelandés John Psathas en Happy Tachyons, a obsesiva escrita do Tombeau do francés Philippe Hurel e o xogo de ataque/resonancia das Quatre Pièces Fébriles do grego Georges Aperghis. Pneuma XI, do norteamericano Daniel Steffey, abre o concerto nunha tentativa de desafiar as fronteiras da interpretación/composición, instrumentista/músico, músico/home… O dúo galego-portugués KONTAKTEduo proponnos cuestionarnos que é a música hoxe O sábado 17 ás 20:30 horas no CGAC poderemos escoitar ao conxunto estremeño Sonido Extremo, que presentará dúas estreas absolutas de José Río-Pareja e Juan Cruz-Guevara, obras encargadas polo CNDM. Interpretarán ademais Dérive I, unha das últimas composicións do período máis produtivo do nonaxenario director e compositor francés Pierre Boulez. O compositor vigués Eduardo Soutullo, un clásico da música contemporánea española como Luis de Pablo e unha das últimas obras do madrileño Jesús Rueda completan o programa. Pecha a semana o domingo 18 de outubro con outra proposta do OFF_Contemporánea. Pablo_seoane_trem presenta ás 20:00 horas no Teatro Principal a estrea absoluta de La Bestiaire, composición do pianista ferrolán inspirada na obra de Apollinaire-Poulenc e Dufy. Le Bestiaire de Apollinaire-Poulenc-Dufy é unha obra creada a partir do ciclo de cancións do mesmo nome que Francis Poulenc compuxo en 1919. Pero Pablo Seoane non ofrece unha mera interpretación dese ciclo, senón unha composición de maior duración, inspirada na obra dos tres autores. Bestiario é o segundo proxecto do pablo_seoane_trem e, tamén, o segundo que estrea no marco destas Xornadas de Música Contemporánea. Pablo_seoane_trem presenta a estrea absoluta de La Bestiaire, composición do pianista ferrolán inspirada na obra de Apollinaire-Poulenc e Dufy O luns 19 en Afundación e, da man de Os luns do Ateneo, chegará unha charla-concerto co violinista Florian Vlashi. O martes 20 teremos outra das estreas encargadas polo CNDM. Neste caso será no salón Teatro, ás 20:30 horas, co quinteto de ventos Zoar e a obra Ignis et Terra de Federico Mosquera. Ademais, estrearán tamén unha obra do tamén galego Fernando Buide encargada polo propio quinteto. O mércores 21 de outubro será o encontro no CGAC ás 20:00 horas que servirá de preámbulo da estrea de Siempre/Todavía cos seus autores: Alberto Corazón (artista plástico) e Alfredo Aracil (compositor), que se celebrará o día 23 ás 20:30 horas no mesmo lugar. Trátase dunha ópera sen voces con guión de Alfredo Aracil a partir dos textos de Damasco Suite de Alberto Corazón que foi encargada pola Universidade de Navarra e o CNDM. Siempre/Todavía é un espectáculo singular no que xunto á música de Alfredo Aracil, para piano solo, as imaxes de Alberto Corazón, proxectadas sobre unha pantalla, nos van pouco a pouco desvelando un texto... A súa materia prima son unhas anotacións do propio Alberto Corazón nos seus cadernos de viaxe durante unha estadía en Damasco. Tamén o día 23 poderemos escoitar, nesta ocasión ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia dirixida polo director galego Diego García Rodríguez. O programa que presentan é Frankenstein!! Pan-demonium macabro e humorístico de HK Gruber no que a orquestra estará acompañada por Julián Rodríguez, ex Siniestro Total, e que completan cunha obra de Thea Musgrave e outra de George Antheil. A Real Filharmonía estará acompañada por Julián Rodríguez, ex Siniestro Total De novo haberá unha proposta do OFF_Contemporánea o 24 de outubro, ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade. O clarinetista galego Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, estará acompañado do poeta Celso Fernández Sanmartín en Doubles, un singular programa con obras para clarinete e clarinete baixo de referencias das vangardas musicais do século XX, como o italiano Luciano Berio ou o norteamericano Elliott Carter, e creadores de diferentes recunchos do mundo, algúns clarinetistas, que atoparon unha frutífera fonte de inspiración neste instrumento. A Banda Municipal de Música será a protagonista o domingo 25 ás 12:00 horas no Auditorio de Galicia, acompañada do coro de Cantigas e Agarimos e o gaiteiro José M. López Josele. Dirixidos por Juan Miguel Romero Llopis estarán como presentados do programa Beatriz e Alberto Cancela. Froito da recuperación do arquivo histórico da Banda polo programa Descubrindo as nosas músicas poderemos gozar da inspiración que Rosalía de Castro supuxo no compostelán Pepe Curros, -con A orillas del Sar e Airiños da miña terra-, e dun valse de Felipe Paz Carbajal. Ademais, tamén teremos dúas estreas absolutas de Simón Couceiro e Mario Diz. A Banda Municipal dará un concerto co coro Cantigas e Agarimos O luns 26, no Paraninfo da Universidade ás 20:40 horas e na Igrexa da Universidade ás 21:30 horas, teremos unha proposta dobre do Cuarteto Gerhard. Un programa cun cuarteto de corda, o cuarto, do madrileño Alfredo Aracil –compositor residente do CNDM na tempada 2015-16 e dobre protagonista coa estrea nestas Xornadas de Siempre/Todavía– e unha obra de discurso antibelicista como Black Angels, concibida por George Crumb para unha pouco convencional instrumentación de cuarteto electrónico de cordas, vasos de cristal e percusión. Complétano con Officium breve in memoriam Andreae Szervánszky de Kurtág. O martes 27 poderemos escoitar no Salón Teatro ás 20:30 horas a Camerata OSG dirixida por Wladimir Rosinkij e co violinista e guitarra eléctrica Frank Stadler. Mostra da riqueza creativa e variedade estética defendida por autores austríacos neste arranque do século XXI son as obras de Johanna Doderer, compositora cunha especial afinidade pola ópera de quen escoitaremos Mondsee, composición inspirada no fermoso lago e encarga do festival do mesmo nome, e de Hossam Mahmoud. O violinista Frank Stadler, mestre no Mozarteum, será protagonista destacado do concerto e da estrea dun autor moi vinculado a Galicia como Wladimir Rosinskij. O violinista Frank Stadler, mestre no Mozarteum, será protagonista destacado do concerto e da estrea dun autor moi vinculado a Galicia como Wladimir Rosinskij O mércores 28 será a quenda no Paraninfo da Universidade ás 20:40 horas do pianista Francesco Tristano. "Sr. Gershwin: a música é a música". Esta frase de Alban Berg que fala da música como unha linguaxe universal, única e indivisible, podería resumir o ideal estético e musical de Francesco Tristano, singular intérprete, director e compositor, amante de Bach e do techno. Comezando por un saúdo techno da súa autoría, o pianista luxemburgués seleccionou pezas de autores de referencia como Berio, Cage ou Ligeti, unha estrea absoluta dun investigador do son como Justin Messina e pezas propias. A clausura das Xornadas deste 2015 farase da man da Orquestra Sinfónica de Galicia o xoves 29 ás 21:00 horas nun concerto no Auditorio de Galicia. A Sinfónica de Galicia ponse ás ordes dun nome de prestixio como Arturo Tamayo, -compositor e director especialmente preocupado pola difusión da música contemporánea-, para ofrecer un programa variado no que a música de Anton Webern Fuga (2. Ricercata) a 6 voci da Ofrenda Musical a Bach preludia a interpretación da póstuma Clamores y alegorías de Enrique X. Macías, e da Sinfonía de cámara n. 1 op.9 para 15 instrumentos de Arnold Schoenberg. As xornadas inclúen tamén AdesTempo, que tratan de achegar aos máis novos a música contemporánea e a creación actual, a través de tres variadas propostas en forma de concertos para nenos, novos e familiares. O domingo 18 ás 12:30 no CGAC teremos á Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago dirixida por Mario Diz e co programa Contos de sempre contados coma nunca. Concerto para caixa de música e orquestra no CGAC. O sábado 24 de outubro ás 18:30 horas a Real Filharmonía de Galicia ofrece no Auditorio de Galicia para público familiar o Frankenstein de Gruber acompañados de novo polo ex-siniestro total Julián Hernández e dirixidos por Diego García. E pecha o AdesTempo o domingo 25 no Salón Teatro ás 19:0 horas coa proposta Resonancias en movemento, un espectáculo didáctico de danza e percusió. Nela participan o Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e o Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes nun espectáculo con coreografía de Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Julia Penado, dirección musical de Diego Ventoso, e presentación e proxecto didáctico de Xoán-Xil López. A maior parte dos concertos son con entrada libre ata completar aforo ou mediante invitacións que se poden retirar no despacho de billetes do Teatro Principal ou nos das salas onde se celebran. Só son de pago os concertos da Real Filharmonía de Galicia o día 23 no Auditorio de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia o 29 tamén no Auditorio así como a proposta didáctica en AdesTempo da RFG o día 24. As entradas para estas tres propostas poden mercarse en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal así como no do Auditorio o propio día do evento, informa a organización nunha nota de prensa.
NOS_2479
A Garda Civil acaba de deter o presunto agresor cando acudía a entregarse.
Unha muller resultou presuntamente agredida pola súa parella este domingo na parroquia de Sísamo, no concello de Carballo. A agresión machista ocorreu de madrugada sobre as 2.45 horas, e a vítima foi atopada tombada na estrada, con evidentes lesións na faciana e na cabeza. Até o lugar tiveron que desprazarse dúas ambulancias de soporte vital básico, persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Carballo e unha ambulancia de soporte vital avanzado, que asistiron en primeiro lugar a agredida. A muller tivo que ser evacuada até o complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC), no que se atopa hospitalizada. Como resultado das exploracións no hospital, constatouse que presenta un traumatismo craneal, e o seu estado é de "pronóstico grave". A Garda Civil informou de que o presunto agresor, que levaba desaparecido desde o momento da mesma, foi detido a primeira hora da mañá, cando acudía a entregarse. As crianzas da muller agredida, menores de idade, tiveron que ser recollidas polo servizo de bombeiros, após acceder ao interior da vivenda familiar. Atópanse custodiados por integrantes da familia. Denuncia por vexacións e malos tratos O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, detallou que existía unha denuncia previa "de hai un ano por vexacións e insultos" proferidos polo presunto agresor cara á vítima.
NOS_37014
O fútbol galego conta con episodios moi destacados que paga a pena lembrar aproveitando o tempo libre que outorga o confinamento. Estes son os nosos favoritos.
Teledeporte, a canle especializada en deportes de Radio Televisión Española (RTVE), está emitindo encontros lendarios que integran o seu arquivo durante estas datas. A clasificación da selección española para o Mundial de Estados Unidos 1994 ou a vitoria do Real Zaragoza na Recopa de 1995 -aquela do gol de Nayim desde a súa casa- son algúns dos partidos que leva retransmitido. Mais o fútbol galego tamén conta con episodios destacadísimos que paga a pena rememorar aproveitando o tempo libre que outorga o confinamento. Estes son, para nós (e sen ningunha orde en particular), os 12 momentos máis destacados do fútbol galego dos últimos 30 anos: 12. O Dépor gaña a Copa do Rei de 1995: Un ano despois de perder unha liga tras errar un penalti no último minuto, o Súper Dépor de Bebeto, Arsenio e compañía afrontaba a última oportunidade de levantar un título. Foi difícil, un diluvio sobre Madrid obrigou a adiar a final, pero finalmente cun gol de Alfredo Santaelena conseguiu vingarse do Valencia e gañar o primeiro título da súa historia. REVÍVEO AQUÍ. 11. O Celta imponse 7-0 ao Benfica: O 25 de novembro de 1999 a escuadra celeste dixo adeus ao milenio da mellor forma, cunha goleada inesquecíbel a un dos mellores equipos de Europa. Karpin (2), Mario Héctor Turdó (2), Mostovoi, Juanfran e Makèlèlè foron os grandes responsábeis de asinar unha xesta que será lembrada por sempre. REVÍVEO AQUÍ 10. O penalti de Djukic: Se a Copa foi a cara, o penalti de Djukic foi a cruz. O Dépor necesitaba gañar para certificar un dos maiores milagres na historia do fútbol mundial. Fronte aos branquiazuis, un Valencia que só se xogaba os tres millóns de pesetas por barba que lle ofrecera o Barcelona pola vitoria. Finalmente, e como nunha película desas con final triste que abundan nos festivais de cine independente, o iugoslavo Djukic asume a responsabilidade de lanzar un penalti que vale unha liga e erra. Párao González, que o celebra como se gañase a Liga de Campións. REVÍVEO AQUÍ 9. Ás semifinais da Europa League 2017: Hai pouco menos de tres anos, un Celta comandado por Berizzo no banco e Aspas sobre o céspede, viviu un soño europeo que os levou a xogar as semifinais da Liga Europa ante o todopoderoso Manchester United do portugués José Mourinho. REVÍVEO AQUÍ 8. Dépor 4-0 Milan: O rival era o vixente campión de Europa. Tras o Real Madrid, e con permiso do Liverpool inglés, o equipo coa historia máis importante do continente. Unha escuadra na que todos e cada un dos xogadores eran estrelas mundiais. De Maldini a a Shevchenko, pasando por Nesta, Seedorf, Kaká, Inzaghi, Pirlo ou Rui Costa. E vai o Dépor e gáñalles 4-0. Pandiani, Valerón, Luque e Fran certificaron unha remontada que será lembrada por sempre. REVÍVEO AQUÍ 7. O ascenso de 1992: Eran os tempos nos que os onces se recitaban de carrerilla, practicamente declamando: Villanueva; Otero, Agirretxu, Mandiá, Dadíe, Juric; Gil, Fabiano, Damián; Salillas e Vlado Gudelj era o do Celta. O hoxe delegado celeste foi o home clave dese regreso a Primeira División, conseguindo infinidade de puntos cos seus 27 tantos. REVÍVEO AQUÍ 6. O Centenariazo: Todo estaba listo para a que sería unha gran noite de gloria do Real Madrid. Djalminha até recibira un convite do seu ex compañeiro Flavio Conceiçao para a festa post partido que tiñan organizadas as estrelas da galaxia madridista, integrada por Roberto Carlos, Raúl, Figo ou Zidane. Pero chegou o Dépor ao Bernabéu e suspendeu a festa ao se impor por 1-2. REVÍVEO AQUÍ 5. A permanencia do 4,01%: Un 4,01% de posibilidades, en calquera campo da vida, parecen ben poucas, pero en fútbol son aínda menos do que parecen. As matemáticas dicían en xuño de 2013 que dos 531.441 resultados posibles que se podían dar nas xornadas 37 e 38, só 21.294 lle valían ao Celta para manter a permanencia, o que supoñía 4,01%. Mais os vigueses fixeron o (case) imposíbel e derrotaron as matemáticas, conservado a súa praza na Primeira División. REVÍVEO AQUÍ 4. O ascenso a Primeira da Sociedade Deportiva Compostela: Após unha loita agónica polo ascenso ante o Rayo Vallecano con dous partidos que remataron en empate, o Compostela xogou a súa carta final noutro campo neutral. O Estadio Carlos Tartiere de Oviedo foi o escenario, nun día primeiro de xuño de 1994, do ascenso do Compostela á máxima categoría por primeira vez na súa historia, selando un 3-1 final nun partido para a historia. REVÍVEO AQUÍ 3. Celta 4-0 Juventus: O conxunto galego esmagara o Benfica nos dazaseisavos de final da Copa da UEFA 2000, pero nos oitavos agardaba polos celestes un equipo aínda mellor: a todopoderosa Juventus de Turín, que contaba cun once inicial que asustaba, conformado por Van der Sar, Birindelli, Ferrara, Montero, Mirkovic, Conte, Davids, Tacchinardi, Zambrotta, Del Pierto y Kovacevic. Pola súa banda, os celestes tiñan menos estrelas, pero moito máis fútbol, o que se traduciu no 4-0 final. REVÍVEO AQUÍ 2. Campión de Liga: Pouco que engadir. No ano 2000 o Real Club Deportivo engadiu o seu nome ao olimpo do fútbol ao conquistar un título que tan só outros oito equipos conseguiron en toda a historia da competición. REVÍVEO AQUÍ 1. O regreso da selección galega: O rexurdimento tivo que agardar até o ano 2005. Con Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias dando as ordes, e Fran e Michel Salgado como líderes, Galiza volveu competir nun terreo de xogo e fíxoo para derrotar o Uruguai, unha nación campioa do mundo, ante máis de 13.000 espectadores que converteron San Lázaro nunha festa inesquecíbel. REVÍVEO AQUÍ
NOS_28262
O primeiro barómetro do CIS após a conformación do Goberno español indica que o PP perdería a condición de forza máis votada na Galiza de haber agora eleccións estatais.
O PP perderías as elección na Galiza. O primeiro barómetro do CIS após a conformación do novo Goberno español mostra ás claras que as populares non repetirían a vitoria que obtiveron o 10 de novembro, cando foron a opción máis votada no noso país con 31,9% dos apoios nas urnas Segundo a sondaxe publicada esta quinta feira, en voto máis simpatía, o PSOE gañaría as vindeiras eleccións estatais na Galiza cun 30,4% dos votos; seguido do Partido Popular, con 22,7%; Unidas Podemos, cun 9,3%; BNG, con 6,7%; Vox, con 3,1%, e Ciudadanos con 3,6%. A mostra non ofrece resultados de estimación de voto para Galiza, o que impide unha comparativa precisa cos resultados dos comicios de novembro. É, pois, moi complicado extrapolar este resultado a unhas eleccións galegas. Estado A nivel estatal hai un aumento na estimación de voto cara ás dúas forzas que fan parte da coalición de Goberno. O PSOE obtería 30,4% dos votos, catro puntos máis que nos comicios de novembro; e Unidas Podemos atinxiría 13,8%, un punto máis que daquela. PP, Ciudadanos e Vox perderían apoios nas urnas, segundo este barómetro. Partido Popular obtería 19,9% mentres que en novembro lograra 20,8%; Vox baixa até 13,4% (tivera o 10N 15,09%) e Ciudadanos atinxiría 6,5% (lograra 6,7%). ERC aumentaría en votos, pasando de 3,6% a 3,9%, mentres que JxCat sufriría un importante retroceso (de 2,19% dos votos a 1,4%). A CUP manteríase en 1%. As forzas nacionalistas e independentistas vacas aumentarían en apoios: PNV atinxiría 1,6% e EH Bildu 1,3%. Más País baixaría de 2,08% a 1,8%.
NOS_4242
A ex responsábel do servizo de Cirurxía Plástica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cesada por criticar a xestión do Sergas nos primeiros días da pandemia, denuncia a filtración dunha resolución contraria aos seus intereses.
Eva Maquieira, a ex responsábel de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, cesada pola súa posición crítica coa xestión dos servizos sanitarios durante a pandemia, volveu empregar as súas redes sociais, desta vez para denunciar a filtración a varios medios de comunicación dunha resolución do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) sobre o recurso de apelación que presentou sobre a súa orde de cesamento. Como explica a afectada no seu perfil de Facebook, a información publícase "antes mesmo de facerse pública polo TSXG na súa páxina oficial nin ter coñecemento dela o meu avogado, e moito menos eu", afirma enoxada, ao tempo que se recoñece "tocada" por algúns aspectos que se recollen na mesma. En concreto, Maquieira defende que liberdade de expresión, "sen insultos, ameazas e dentro da marxe da educación e responsabilidade, deberia ser un dereito universal para calquera cidadán, independentemente do cargo de responsabilidade que ocupe". "Ostentar unha xefatura ou cargo de responsabilidade non conleva quedarnos mudos e non ter dereito a queixa. Ou non debería...", engade a ex traballadora do HAC. Idoneidade para o posto Sobre a súa idoneidade para ocupar o posto, a ex responsábel de Cirurxía Plastica do HAC argumenta que en sete anos de traballo "non tiven ningunha reprobación nin amoestación nin verbal nin por escrito, dun mal desempeño das miñas funcións". Tamén indica que sempre estivo "nunha posición de fraxilidade", pois o seu posto era en comisión de servizos, pero que lle chamou especialmente a atención que o seu cesamento "fulminante", aínda sendo "facilísimo cesarme moito antes", indica, se producise só unha hora despois das súas críticas pola falla de protección das persoas que traballaban no Cunqueiro na primeira onda da pandemia, en marzo de 2020. Tal e como denunciaba de aquela, a súa "lealdade e responsabilidade" naqueles momentos estaba cos seus compañeiros e compañeiras de servizo e o resto do persoal do centro, que traballaban a diario "con escasa ou nula proteccion, sendo humillados polos seus superiores por levar unha miserable máscara para o desempeño das súas funcións, e sobre todo e por encima de todo, para cos meus pacientes" . "Esa é e será sempre a miña única lealdade e responsabilidade como médico, moi por encima de intereses politicos, idoneidades de cargos e malos xestores", asegura Maquieira antes de afirmar que "dous anos despois, botando a vista atrás e con todo o que coñecemos hoxe, volvería facelo sen dubidar".
PRAZA_17244
O PSdeG lucense ofrece "asistencia xurídica gratuíta ás familias" para que "coñezan as medidas legais que poden emprender" por mor das "consecuencias" de que a hemodinámica non abra as 24 horas. O Sergas nega que a mortalidade sexa maior en Lugo que no resto do país O horario de oficina da unidade de infartos en Lugo impediu tratar a tres de cada catro doentes
O horario de oficina da unidade de infartos en Lugo impediu tratar a tres de cada catro doentes Só unha de cada catro persoas que sufriron un infarto na área de Lugo entre xuño de 2015 e setembro de 2017 puideron ser tratadas no Hospital Lucus Augusti. As tres restantes foron enviadas á Coruña porque a sala de hemodinámica, servizo que atende estas doenzas, só abría en horario de oficina -de 8 da mañá a 3 da tarde, de luns a venres-. A propia Consellería de Sanidade deu en admitir estes datos o pasado maio, tres meses despois de que o Servizo Galego de Saúde dese en ampliar o horario deste servizo ata as dez da noite de cada día, fins de semana incluídas, tras sete anos de protestas veciñais e políticas a esixir a apertura durante as 24 horas. Durante ese tempo Lugo liderou a mortalidade por infarto en Galicia. A información a respecto do número de persoas tratadas en Lugo (73) e trasladadas á Coruña (203) no devandito período procede do Rexistro Galego de Infarto (Regaliam) e o Sergas achegoullos hai poucos días ao PSdeG, que os reclamaba dende hai anos. Os socialistas pediran tamén coñecer datos de mortalidade e os que os Sergas forneceu ratifican a tendencia que xa apuntaban outras fontes; coa hemodinámica en horario de oficina, a mortalidade por infarto en Lugo era a máis alta de Galicia. Nomeadamente, no conxunto de persoas atinxidas por un infarto, a taxa media de mortalidade nos primeiros 30 días foi para o conxunto de Galicia nese período do 3,6%. Mentres, en Lugo a proporción era do 4,6%, case dous puntos por riba das áreas sanitarias cunha menor mortalidade, Santitago e Pontevedra, ambas no 2,9%. No caso dos doentes que foron tratados cunha Intervención Coronaria Percutánea (ICPP), tamén coñecida como anxioplastia -un dos procesos aplicados nas salas de hemodinámica-, a mortalidade lucense tamén era a maior, do 3,6%. O PSdeG lucense ofrece "asistencia xurídica gratuíta ás familias" para que "coñezan as medidas legais que poden emprender" por mor das "consecuencias" de que a hemodinámica non abra as 24 horas Unha vez recibidos estes datos, así como os referidos aos dispares tempos de atención entre áreas sanitarias, o PSdeG lucense dá por "constatado" que "a decisión política de Feijóo de non dotar a provincia de Lugo de hemodinámica as 24 horas supuxo graves consecuencias para os lucenses", en verbas do seu secretario provincial, Álvaro Santos. Por iso, avanza, o propio partido "ofrece ás familias lucenses asistencia xurídica gratuíta para que coñezan as medidas legais que poden emprender" por mor das "consecuencias persoais causadas por non contar co servizo de hemodinámica as 24 horas". "Que lle pode dicir o PP a todas as familias da nosa provincia que engrosan a media de mortalidade?", pregúntase Santos, quen avanza que o PSdeG "continuará facendo presión e empregando todos os recursos que están ao noso alcance para que a Xunta dote o HULA" deste servizo con apertura continuada. "Non hai escusas para non facelo", máis aínda cando os datos o avalan e "os propios profesionais" do hopsital "están reclamando a súa inmediata implantación", conclúe o socialista. Mentres, dende o Sergas, respóndese á intervención do PSdeG asegurnado que é "absolutamente falso" que "na provincia de Lugo se produza unha maior mortalidade que no resto de Galicia" por mor dos infartos. "Non hai diferenza ningunha entre a taxa de mortalidade entre os pacientes de Lugo e os do resto de Galicia", advirte Sanidade, que como en anteriores ocasións salienta que a atención a estas doenzas en Lugo "cumpren cos estándares" recomendados polas sociedades científicas, que ubican o limiar no 5%.
NOS_17762
O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, non gosta de que o Goberno estatal fale de "niñes", de "Matria", de "carne", nin de "franquismo". Foi así como, na mañá da sexta feira, tratou de ridiculizar o Executivo de Pedro Sánchez, a quen acusou de ser "frívolo".
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo, sentou esta sexta feira por primeira vez a cúpula do partido, após ser reelixido como xefe de filas dos populares galegos a pasada fin de semana, e á marxe de chamar os seus a traballar para obter resultados no ámbito local, aproveitou para cargar contra o Goberno que dirixe Pedro Sánchez, ao que ve "frívolo e irresponsábel". Feixoo insistiu en que os populares non deben aspirar a ser "políticos á moda" nin a "reorientar" a forma de actuar do seu partido, centrado, dixo, en "solucionar os problemas" dos cidadáns. En fronte, situou o Goberno estatal, co que se mostrou moi crítico. "Cando a xente pregunta polas previsións da Covid, o Goberno central fala de Franco; cando pregunta polos ERTE, fala de niñes; cando pregunta por restricións, fala de matria. E cando a xente está preocupada e non sabe saír do túnel, aconsella non comer carne", afeou. Por iso, reivindicou que a política centrada en liquidar os problemas dos cidadáns e o PP fai máis falta "que nunca" en España. "Na política española hai unha enorme inestabilidade. Nunca houbo unha inestabilidade igual. Nunca houbo un Goberno tan enfrontado e inestable, nunca máis preocupado de crear problemas que de solucionalos", advertiu. "Hai máis frivolidade que nunca" "Hai máis irresponsabilidade e frivolidade que nunca", engadiu, antes de advertir que "hai xente" no Executivo de Sánchez que "non sabe que responsabilidade" asume co cargo de ministros. "Como hai tantos", reflexionou, para agregar que tamén "hai máis egocentrismo que nunca". Do mesmo xeito, criticou que Sánchez se comporte "máis como un candidato permanente que como un primeiro ministro" e tamén que haxa "máis independentismo que nunca".
PRAZA_17032
As 450 auxiliares de enfermería do centro denuncian ser sobrecargadas con funcións que non lles corresponden. A Xerencia responde ameazando con expedientes e sancións. Falamos con Miriam Costas, unha das traballadoras: "A nosa función é asistencial. Se nos obrigan a levar bolsas de roupa sucia dun lado ao outro estaremos desatendendo os pacientes"
Dende que foi inaugurado en 2015, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo motivou numerosas protestas, tanto por parte dos e das profesionais coma dos usuarios e usuarias e da cidadanía en xeral. O centro, que naceu no medio da polémica pola fórmula público-privada escollida para a súa construción que supuxo un gran custe engadido e a redución de camas e servizos, foi criticado polas deficiencias na atención, pola xestión da súa Xerencia e polo trato dado aos seus traballadores e traballadoras, levando a mobilizacións frecuentes do persoal sanitario e doutros colectivos. A solución da Xerencia para finalizar coa protesta do persoal de limpeza foi trasladar o problema a outro lugar, cargando con novas funcións ao persoal auxiliar de enfermería O pasado mes de febreiro foi o persoal de limpeza o que denunciou o "deficit" no cadro de persoal, que provocaba unha sobrecarga de traballo e tamén que parte das instalacións non puidesen ser limpadas coa frecuencia necesaria. Criticaba tamén o "incumprimento" no seu convenio e acusaban á dirección do centro de asignarlles tarefas que non lles correspondían como por exemplo o traslado das bolsas de roupa sucia da porta das habitacións aos puntos de recollida, unha función non recollida no prego de condicións da concesión da limpeza. A solución que nese momento ideou a Xerencia do hospital para finalizar con esta protesta foi traspasar esta e outras funcións ao persoal auxiliar de enfermería (TCAE). É dicir, en lugar de contratar máis persoal, optouse por trasladar o problema a outro lugar e outro colectivo, como unha manta curta que se tenta estirar polos seus dous extremos. Unha mostra máis das limitacións que presenta o novo hospital de Vigo, inaugurado hai tres anos cun enorme investimento público e presentado pola Xunta como un centro modélico e a solución aos problemas sanitarios da maior cidade de Galicia. O persoal de TCAE respondeu que a súa función é recoller a roupa e introducila nas bolsas, pero non trasladala (deben ser depositadas en puntos afastados), pois esta tarefa non figura nos seus estatutos e, polo tanto, réstalles tempo de traballo de atención aos e ás pacientes, pois é un colectivo especialmente sobrecargado, nunha área que necesitaría da contratación de máis persoal. "O persoal de limpeza protestou e fixo moi ben en facelo. Pero o colectivo de auxiliares temos unhas funcións moi determinadas especificadas nuns estatutos: o coidado do paciente, o seu aseo, temos a obriga de recoller os ocos dos pacientes..., no trasladar estas bolsas", explica Miriam Costas, unha das traballadoras. Dende os sindicatos tamén se critica á Xerencia do centro e ao Sergas por unha mala redacción do prego de condicións do servizo de limpeza. A pasada semana as auxiliares de enfermería (ao redor de 450) iniciaron protestas, negándose a trasladar a roupa sucia ata os puntos de recollida Ao igual que xa fixeran as traballadoras da limpeza, as auxiliares de enfermería (ao redor de 450) iniciaron protestas a pasada semana, negándose a trasladar a roupa sucia ata os puntos de recollida, de xeito que as bolsas comezaron a acumularse nos corredores do hospital. A reacción da Xerencia foi ameazar as traballadoras con sancións disciplinarias e a apertura de expedientes, acusándoas de provocar "unha grave alteración das condicións hixiénico-sanitarias para os pacientes, con riscos para a súa saúde". En total, abríronse ao redor de 150 expedientes. "Somos persoal de enfermería, a nosa función é asistencial. Se nos obrigan a levar as bolsas dun lado ao outro estaremos precisamente desatendendo os pacientes", di Miriam Costas "Eu non sei quen ten que facer este traballo, pero dende logo non é a nosa función. Somos persoal de enfermería, a nosa función é asistencial. Se nos obrigan a levar as bolsas dun lado ao outro estaremos precisamente desatendendo os pacientes", di Miriam Costas, que subliña que "o último que queremos é que este conflito prexudique os pacientes. É a Xerencia a que está primando o aforro sobre a atención ao paciente". "Cal é o fondo do problema? Que a concesionaria non quere contratar máis persoal e polo tanto opta por cargarnos a nós cun traballo que non nos corresponde. E precisamente escolleunos a nós porque somos un colectivo que nunca protesta", sinala. "Pero chega un momento no que o vaso reborda. E dixemos: ata aquí", engade. "Cal é o fondo do problema? Que a concesionaria non quere contratar máis persoal e polo tanto opta por cargarnos a nós cun traballo que non nos corresponde" O persoal TCAE está a realizar asembleas e neste momento realiza consultas cun avogado para presentar unha querela administrativa ante a Xerencia do hospital e unha denuncia ante Inspección. Con todo, recoñecen a dificultade de manter un conflito coa dirección, polos prexuízos que lles poden provocar os expedientes abertos: "unha parte somos persoal estatutario, pero a maioría están contratadas, e cun expediente aberto non poderían presentarse ás oposicións e figurar en listas de contratación", subliña Costas, que denuncia un acoso laboral crecente. Nos últimos días as TCAE accederon temporalmente a trasladar as bolsas ata os puntos de recollida, para evitar sancións.
NOS_28194
A Axencia Galega das Industrias Culturais será a beneficiaria da metade do incremento orzamentario en Cultura para 2021. Leva 21 millóns, dez máis que no exercicio anterior, que veñen maioritariamente de fondos da Unión Europea para facer fronte á crise da Covid-19. Porén, non se detalla como se beneficiará o sector do país, alén da aposta de 9,6 millóns na creación dun "hub de industrias culturais e creativas" que semella ter como buque insignia o audiovisual e dedicará máis de 60% dese orzamento a infraestruturas que aínda non se sabe nin onde se sitúan.
O sábado, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse cos presidentes do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, na que avanzou que a Xunta ampliará o alcance do Plan de reactivación da cultura con 23 millóns de euros no primeiro trimestre do ano. Estes sumaríanse aos 94 millóns que contan as partidas de cultura nos orzamentos de 2021, aprobados polo Parlamento a finais de xaneiro. Este aumento de 20 millóns sobre o pasado ano foca a metade do incremento na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que medra de 11 millóns e medio de euros a máis de 21 millóns. Esta suba, en aparencia tan elevada, explícase no contexto da crise sanitaria, pois deses máis de dez millóns de euros, 9,6 veñen dos fondos REACT da Unión Europea, destinados a apoiar a cultura ante a situación xerada pola pandemia. Con todo, a efectividade que terá isto no tecido cultural galego fica aínda nunha zona escura. O 'hub' Estes fondos empregaranse para crear un "hub de industrias culturais e creativas", segundo anunciaba Jacobo Sutil na presentación dos recursos da Agadic, entidade que dirixe. Rodríguez apuntaba que a iniciativa "se desenvolverá en plena colaboración e coa participación do sector cultural galego, estabelecendo xuntos prioridades co fin de potenciar e incrementar a competitividade do noso talento de maneira profesional". Aínda non se coñecen os detalles deste proxecto, que parece orientarse fundamentalmente ao eido audiovisual, segundo se adiantaba xa o pasado decembro. A finalidade desta proposta é, en palabras de Sutil, "financiar os mellores proxectos culturais" do país, mais os cartos que poderían chegar directamente á industria redúcense a 3,6 millóns, xa que nas contas da axencia os outros seis se reservan para "investimento en edificios e outras construcións", co gallo de adaptar unhas instalacións que, polo de agora, non se sabe nin onde se situarán nin a dimensión destas obras. Con todo, a estratexia parece tirar de novo na liña da creación de contedores culturais que corren o risco de ficar baleiros. O exemplo máis acusado destas prácticas na Galiza, a Cidade da Cultura, rematará este ano co edificio Fontán, que entrará en funcionamento en 2021. Reversión de recortes camuflada de reacticación Sen contar a inxección europea, Agadic suma só medio millón sobre o orzamento de 2020, cantidade que dificilmente lle permitirá erguerse como o anunciado catalizador do Plan de reactivación. Na presentación dos orzamentos considérase que o incremento de 85,5% dos fondos da axencia servirá "para apoiar as estruturas empresariais máis afectadas" e pór a andar "iniciativas de reactivación e fortalecemento das puxantes industrias culturais". Mais fóra do dirixido á creación dese hub, que concentra 60% en infraestruturas, só aumenta medio millón (518.690 euros) o orzamento da entidade en relación ao pasado ano, dos que 430.000 euros se engaden ás axudas á produción artística. Dedicaranse así 5,6 millóns a subvencionar audiovisual, música e artes escénicas, o que constitúe o principal apoio a estes sectores por parte da Agadic, que só se achega deste modo ao nivel de 2018 e 2019 (5,5 millóns), logo do descenso a 5,17 millóns de 2020. As polémicas baixadas no financiamento dos centros da Axencia no pasado exercicio recupéranse moderadamente. O Centro Dramático Galego recibe 600.000 euros, fronte aos 350.000 de 2020, cifra que iguala a de 2019, logo de oito anos moi por baixo. O Centro Coreográfico Galego, pola súa banda, volve aos 150.000 de hai dous anos, triplicando os dramáticos 50.000 dos previos orzamentos. Por último, o Centro Galego de Artes da Imaxe disporá de 155.000 euros, co que se retorna, após a baixada a 132.000 en 2020, a índices de 2017. Para o Centro Galego de Arte Contemporánea, que non depende de Agadic, mantense o proxecto de apertura de dúas sedes máis alén da de Compostela, en Vigo e en Lugo, dotado cunha partida de 50.000 euros. Programacións O apoio a festivais de artes escénicas e audiovisuais ou a asistencia a mercados de diferentes sectores sobe unicamente naquelas subvencións que van a empresas privadas, por volta de 20.000 euros. As "axudas en materia cultural" manteñen as contías (255.000 euros). Os orzamentos da Agadic fechan con cativos incrementos nalgunhas partidas, mentres outras, como as actuacións e programacións culturais, baixan de 1.391.719 a 1.083.000 euros. Este último dato resulta especialmente preocupante considerando os problemas xerados polo actual feche de teatros, salas de concertos ou cinemas. Malia que a Xunta asegura na memoria de actuación para 2021 cambios no "tratamento das salas de artes escénicas privadas" ou no financiamento da Rede Galega de Música ao Vivo "para facilitar que os concertos sexan rendíbeis", aínda non se sabe como manifestarán estas cuestións. En calquera caso, á agarda de máis datos sobre eses últimos 23 millóns anunciados (entre os que habería, por exemplo, axudas á exhibición cinematográfica), as políticas até o momento presentadas non semellan apuntar na dirección que desde os colectivos sectoriais se reclama, con medidas específicas que respondan ás realidades, tamén distintas, do tecido.v
NOS_5157
Para Ana Pontón, "a autocompracencia e a falta de autocrítica" da comparecencia de Núñez Feijóo só se pode definir dun xeito: "Un insulto". A portavoz do BNG recolleu a luva do presidente da Xunta e a súa distinción entre "arder" e "queimar", mais deulle a volta: "A Galiza quéimana as políticas pirómanas do Goberno, as portas xiratorias de Ence, o abandono do rural".
Pontón despregou unha serie de preguntas sobre a actuación da Xunta a fin de semana do 15 de outubro, cando arderon 50.000 hectáreas de monte en 137 concellos, morreron catro persoas e houbo 128 feridas. "Vai ter a humildade e a decencia política de pedir perdón? Por que non activaron a prealerta? Por que aquel domingo pola mañá non se mobilizaron todos os medios dispoñíbeis?", inquiriu. E esixiu do Goberno galego que "aclare as súas resonsabilidades" e que "poña fin a 30 anos de políticas pirómanas". Un plan de protección das casas e das infraestruturas, o freo á extensión do eucalipto, elaborar o Pladiga no primeiro trimestre ou a necesidade dun mando único no dispositivo de extinción foron as medidas que reclamou, antes de concluír cunha cita do propio Feijóo tras a vaga de incendios de 2006: "Hai que cesar o conselleiro, constituír unha comisión de investigación e, despois, chegar a un pacto forestal".
NOS_29983
O BOE publica a orde que elimina tamén o límite dun adulto para pasear con menores de 14 anos.
A partir de hoxe, 22 de maio, as franxas horarias para camiñar ou facer deporte desaparecen en concellos de até 10.000 habitantes e cunha densidade de poboación inferior a 1 habitantes por quilómetro cadrado. O BOE publicou finalmente a orde que flexibiliza o horario de traballo nestas localidades, o que beneficia na Galiza máis de 250.000 persoas. A liberdade de franxas só estaba permitida até o de agora para concellos de ata 5.000 habitantes. Porén, mantéñense restricións para aquelas persoas "que presentan síntomas ou están illados no fogar debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopan nun período de corentena domiciliaria por ter un contacto estreito con alguén con síntomas ou diagnosticado con COVID -19 ". No caso de persoas vulnerábeis ao coronavirus, terán liberdade horaria "sempre que a súa condición clínica estea controlada estea controlada e o permita, e manteñan medidas de protección rigorosas". A citada orde tamén elimina o límite dun adulto responsábel e até tres menores de 14 anos ao saír á rúa. Así mesmo, todos aqueles que viven no mesmo fogar poden dar un paseo xuntos. O BOE especifica que a devandita actividade "pode practicarse no municipio ou, no seu defecto, unha distancia máxima de cinco quilómetros, incluídos os municipios adxacentes, sempre que estean dentro do ámbito desta orde e pertenzan á mesma unidade referencia territorial. " Aclara que estas medidas de relaxación só se aplicarán a aquelas persoas empadroadas nestes municipios ou que pasaron alí os últimos 14 días, e non aos que están de paso A orde tamén detalla que nos concellos de até 10.000 habitantes, será posíbel "ordenar o uso do espazo público mediante medidas como a ampliación de zonas peonís; a recuperación e adaptación de zonas verdes e outros espazos libres, incluídos bosques comunais ou municipais; a definición de camiños para bicicletas, scooters e vehículos similares, e para peóns, acceso á organización do tráfico de sentido único, a zonificación de áreas para baño público nas praias, ríos ou lagos cando estea permitido". As franxas horarias desaparecerán coa Fase 2 agás para grupos vulnerábeis. Fernando Simón confirma a eliminación das franxas horarias establecidas para regular as saídas á rúa, aínda que se manterá unha para grupos como as persoas anciás. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, aberto a "flexibilizar" as restricións para a capacidade en bares e tendas.
NOS_25855
O portavoz nacional, Xavier Vence, fala de 2 requisitos sobre os que construñir o futuro do sistema de financiamento da universidade: calidade de servizos e dotacións, e que o diñeiro non sexa peneira á hora de acceder a ela.
O portavoz nacional do BNG mantivo unha reunión con representantes de colectivos que integran a Universidade de Compostela -persoal docente e investigador, persoal administrativo e estudantado- nas que defendeu que " como parte do futuro do país a universidade ten que ser unha aposta estratéxica". Xavier Vence considera que para enfrontar "a degradación do ensino" que supón a última proposta do PP (3+2 cómpre "fixar unha posición común das tres universidades galegas". Posición que, dixo, "debe ser asumida pola Xunta, que inclúa títulos uniformes sen custe maior dos en relación aos graos, e que nas tres universidades o custe dos créditos sexa idéntico para favorecer o acceso do alumnado aos dous niveis". O BNG tamén debateu co persoal docente e investigador, co persoal administrativo e co estudantado a situación do financiamento universitario, -en plena renovación-, e o sistema de bolsas. Vence defendeu un debate aberto e "que non sexa levado ás agachadas desde a Consellería de Educación", cuxos anuncios para o futuro plan de financiamento plurianual "van na dirección equivocada porque insisten nos recortes", alegou. Para as e os nacionalistas o futuro sistema de financiamento universitario debe responder a dous requisitos: garantir a calidade dos servizos e das dotacións básicas e que ningún alumn@ capaz de acceder á universidade quede fora por falta de recursos. "Isto implica unha dotación económica que non debería baixar dos 450 millóns de euros anuais, – un 5,3% do orzamento autonómico con cifras de 2015-, fronte os 374 millóns de euros deste exercicio, e garantir ao persoal docente e investigador necesario, hoxe en risco pola taxa de reposición".
NOS_53030
"Mídase como se mida, os niveis de pobreza alcanzan cotas inaceptábeis", sinala Maica Bouza, en relación ás máis de 544.000 galegas e galegos que viven por baixo do limiar da pobreza.
Esta segunda feira conmemórase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e, neste contexto, CCOO Galiza vén de urxir "medidas efectivas de protección social" diante dunha problemática que afecta máis de medio millón de galegas e galegos que viven por baixo do limiar da pobreza. Trátase, concreta o sindicato, dunhas 544.520 persoas, isto é, 20,2% da poboación da Galiza que ingresan 9.535 euros ou menos cada ano, no caso dos fogares unipersoais. Así o reflicte un novo informe de CCOO que vén de facer público. Unha de cada catro persoas atópase en risco de pobreza ou exclusión social "Alén dos indicadores, a realidade é que son moitas, demasiadas, as persoas que viven unha situación dramática", sostén Maica Bouza, secretaria de Emprego e Política Social da organización. Na mesma liña, lembra que o indicador Arope cifraba o pasado ano en 679.302 as persoas en risco de pobreza ou exclusión social. Ao mesmo tempo, desde a central sindical precisan que hai até 30.800 fogares no país sen perceptores de ingresos, segundo os datos de 2021. Os partidos galegos toman posicións ante a supresión da Tarxeta Básica por parte da Xunta "Mídase como se mida, os niveis de pobreza alcanzan cotas inaceptábeis", defende Bouza, quen cualifica como "imprescindíbel" aproveitar as etapas de crecemento económico para "desenvolver políticas que combatan a pobreza laboral, a precariedade e a desigualdade". Neste senso, Maica Bouza alega que as redes de protección social deben xogar un papel "determinante". Por unha parte, di, o sistema público de pensións e de prestacións por desemprego, así como as rendas de inserción —como a Risga ou o ingreso mínimo vital (IMV)— "deberían cubrir as necesidades básicas das persoas, en especial das que se atopen en situación máis vulnerábel". O ingreso mínimo chega a 63.000 persoas na Galiza malia haber 250.000 en situación de pobreza severa Así, incide na necesidade de que a Risga sexa "compatíbel" co IMV, a fin de "cubrir aquelas situacións onde este non chega". De feito, lembra que só 15 de cada 100 galegas e galegos en risco de pobreza perciben algunha destas prestacións.
NOS_35935
A enquisa sitúa o Partido Popular como terceira forza en intención directa de voto, por detrás de Podemos e o PSOE. O Bloque baixa unha décima.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicou esta cuarta feira (5 de novembro) o barómetro de outono. Nos resultados tirados polo inquérito Podemos sitúase como a primeira forza política en voto directo co 17,6%, seguido do PSOE (14,3%) e PP (11,7%). Segundo as estimacións de voto, no entanto, Podemos situaríase como terceira forza co 22,5%, fronte PSOE (23,9%) e PP (27,5%). Cos resultados coñecidos hoxe o CIS conforma a emerxencia da organización liderada por Pablo Iglesias e o declive do bipartidismo español. Pola súa banda, Izquierda Unida fica relegada como cuarta forza en voto directo (3,7%) o que lle supón unha importante queda a respeito do barómetro do mes de xullo en que recollía o 6,2%. De igual maneira, en relación coa estimación de voto a organización liderada por Cayo Lara cae do 8,2% ao 4,8%. O 19,5% das persoas enquisadas asegura "non saber" a quen votaría nas eleccións ao Parlamento español e o 15,7% sinala que "non votaría" A forza galega, o BNG, perde unha décima en ambas as dúas variábeis en relación con hai tres meses. A organización nacionalista recolle o 0,1% en intención directa de voto e o 0,4% en estimación de voto. Na enquisa publicada no mes de xullo o CIS outorgáballe 0,2% e 0,5% respectivamente. A respeito das organizacións de Euskal Herria e Catalunya a tendencia tamén apunta á baixada, agás no caso de CiU, en relación co pasado mes de xullo. Segundo o CIS, ERC contaría cun voto estimado do 2,3% (3,3% en xullo), Amaiur co 0,9 (1% en xullo) e o PNV mantense co 1%. Pola súa banda, CiU recolle segundo o barómetro de outubro o 3,8% na estimación de voto, fronte o 2,9% que lle outurgaba o centro en xullo. Así as cousas o 19,5% das persoas enquisadas asegura "non saber" a quen votaría nas eleccións ao Parlamento español e o 15,7% sinala que "non votaría". Rajoy non xera "ningunha" confianza No tocante á valoración do contexto político e económico as persoas enquisadas polo CIS sinalan o desemprego (76%) como o principal problema do Estado español, seguido da corrupción (42,3%), @s polític@s (23,2%) e a sanidade (11,8%). Segundo o inquérito a cidadanía valora como "moi mala" (41,2) ou "mala" (27,7) a xestión de goberno do executivo de Mariano Rajoy. O presidente español, asemade, cae en picado na valoración cidadá pois o 61,1% das persoas enquisadas di non sentir "ningunha" confianza nel.
NOS_30777
@s representantes de BNG, AGE e PSdeG critican que Rocío Mosquera non compareza para dar conta da 'desviación do poder' acreditada polos tribunais no caso do seu marido e que envíe a un alto cargo de Sanidade.
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non acudiu á comisión parlamentar para dar conta do 'desvío de poder' acreditado polo TSXG no Sergas cando ela era xerente e do que se beneficiou o seu marido. A maioría que obstenta o PP volveu imporse como 'rodiño' e evitou a Mosquera ter que dar explicacións ante a oposición. No seu lugar, mandou á directora xeral de Recursos Humanos do Sergas. Margarita Prado. Os representantes do BNG, AGE e PSdeG abandonaron a comisión de Sanidade por considerar inadmísíbel que a conselleira non estivese alí para dar explicacións sobre o que cualifican como un escándalo de "neopotismo". Para a voceira do BNG, Montserrat Prado, que Rocío Mosquera con compareza "é unha mostra de covardía". Por iso as tres formacións marcharon da comisión. "para darlle un plantón ao goberno galego e ao PP por non vir aquí dar explicacións". "Neopotismo" Para o TSXG o ascenso do marido de Rocío Mosquera cando esta era xerenta do Sergas incorreu nun delito de "desviación de poder". E é que segundo o tribunal o proceso de adxudicación desenvolvido foi "altamente cuestionábel" ao se "afastar de pautas obxectivas" na valoración do proxecto presentado por Manuel Bustamante. O ditame, anula pois a decisión adoptada pola mesa de contratación e exixe que esta se repita sen que tome parte da mesa ningunha das persoas con presenza no proceso anterior. O acontecido, ocorreu en 2010. Naquela altura, a actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, era xerenta do Sergar e o seu compañeiro resultou ascendido a xefe de cirurxía no CHUS. Unha coincidencia que desde os grupos da oposición tildan de "nepotismo" e "abuso de poder".
NOS_32233
En resposta á intención do Goberno francés de reducir as horas de ensino en "linguas rexionais".
Varios centos de persoas, por volta de 2.000 segundo medios bretóns, manifestáronse esta fin de semana en Brest (Bretaña) na defensa da presenza do bretón no ensino. A marcha convocouse en resposta á intención do Ministerio de Educación fracés de reducir o número de horas para o ensino das chamadas "linguas rexionais" no sistema educativo. Varias organizacións, como Diwan - a rede de escolas de inmersión en bretón – organizacións políticas como UDB, entidades como Bretagne d'Avenir ou a coordenadora de asociacións culturais bretoas Kevre Breizh, convocaron este acto. En concreto, a reforma introducida polo Goberno de Emmanuel Macron reduce de tres horas por aula e por semana a tres horas por nivel a asignación para o bretón, co fin de asegurar mellor coñecemento do francés. Así, por exemplo, se a escola ten tres aulas por nivel só terían unha hora de bretón por semana. Isto afectaría directamente non só ao coñecemento deste idioma senón tamén á contratación de profesorado Christian Troadec, alcalde nacionalista bretón de Karaez-Plougêr, unha localidade de 7.000 habitantes no departamento de Fisterra, declarou: "Ante o indescritíbel ataque do ministro J.-M. Blanquer ao sistema de inmersión de Diwan e, polo tanto, á lingua bretoa, só podemos sumarnos á protesta".
NOS_39825
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informou este domingo que as persoas infectadas por coronavirus na Galiza ascenden xa a 189, 36 máis que no último boletín oficial, anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a pasada noite de sábado.
Os novos datos foron publicados polo Goberno galego no mediodía do domingo, mentres que Feixoo permanece reunido por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de presidentes das demais comunidades autónomas para abordar o estado de alarma que se declarou en todo o Estado español. 189 casos positivos Estes 189 casos positivos (195 segundo o Ministerio de Sanidad) anunciáronse despois de que esta madrugada o Sergas confirmase o segundo falecido na Galiza, un home de 81 anos con patoloxías previas e ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra. Por ámbitos territoriais, 72 dos infectados pertencen á área da Coruña, 36 a Vigo, 27 a Santiago de Compostela, 22 a Ourense, 18 a Pontevedra, 9 a Lugo e 5 a Ferrol. Os 189 infectados dos que informa a Consellaría de Sanidade non contemplan a cifra acumulada que reflicte a do Ministerio de Sanidade, que suma os casos positivos que existen na actualidade ao número de falecidos e ao de altas médicas. Neste último caso, o dato galego ascendería a 195 (os 189 máis o catro altas médicas e dous falecidos). Segundo os números do Sergas, oito dos pacientes permanecen na UCI, mentres que 33 están en unidades de hospitalización e 148 persoas reciben atención no seu domicilio. Por outra banda, rexistráronse catro altas de persoas que sufriron a enfermidade e recuperáronse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). 2 falecementos Os dous falecementos que se rexistraron até agora corresponden ao home de 81 anos de Pontevedra, anteriormente mencionado, e unha muller de 92 anos que morreu con coronavirus, pero xa sufría outras patoloxías e estaba ingresada en Vigo, no Hospital Povisa. No novo boletín da Consellaría de Sanidade tamén se informou que até agora na Galiza realizáronse un total de 1.390 probas de coronavirus.
PRAZA_19793
A xente nova emprega máis a lingua propia nas clases que fóra delas e reduce aínda máis o seu uso nas actividades extraescolares e no ocio, segundo a enquisa do informe do Consello da Cultura Galega. Os que máis usan o galego son tamén os que máis adoitan mudar o idioma nunha conversa. A mocidade valora o galego pero é pesimista e mantén prexuízos sobre normativa e ensino
A mocidade valora o galego pero é pesimista e mantén prexuízos sobre normativa e ensino A mocidade usa máis o galego nas aulas que fóra delas e emprega maioritariamente o castelán nas relacións cos compañeiros. Tal e como reflicte o informe Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, elaborado polo Consello da Cultura Galega (CCG), boa parte da xente nova abandona no recreo a lingua coa que se relaciona cos profesores nas clases. O 60% do alumnado exprésase maioritariamente en castelán cos seus compañeiros nos centros de ensino Segundo a enquisa elaborada ao abeiro deste estudo entre rapaces de entre 15 e 24 anos, o 53,7% do alumnado relaciónase co profesorado nas aulas en castelán ou máis en castelán ca galego, fronte ao 46,4% que emprega só o galego ou máis galego ca castelán. Pola contra, na relación cos compañeiros, a situación muda ao ser maioritario o castelán en case o 60% dos casos fronte ao 40% que usan só ou maiormente a lingua galega. "A relación co profesorado no medio escolar recolle un uso e unha presenza maior do galego do que se derivaría das relacións cos compañeiros/as", asegura o CCG. A enquisa foi elaborada sobre unha mostra representativa da mocidade galega, afixada proporcionalmente por idade, sexo e hábitat. Entrevistouse telefonicamente a 800 persoas en conversas de entre 20 e 30 minutos nas que se lles preguntou por múltiples variables sobre a presenza do galego na súa vida diaria. "A relación co profesorado no medio escolar é maior en galego do que se derivaría das relacións cos compañeiros/as", di o CCG No caso da lingua empregada no centro de ensino, o informe do CCG conclúe que, ao igual que os que aprenderon galego na casa tenden a falar galego co profesorado, os que aprenderon castelán adoitan falalo cos profesores. Pola contra, nos bilingües iniciais "a tendencia non é equilibrada" ao tenderen máis ben a falar en español cos docentes. Do mesmo xeito, a lingua galega é máis habitual nas clases entre a mocidade das zonas menos poboadas. No caso da relación cos compañeiros, a tendencia é semellante: son os galegofalantes os que adoitan cambiar máis de idioma que ao contrario. Así, existe unha gran coincidencia entre o idioma habitual e o idioma cos compañeiros, pero hai unha pequena tendencia a que se incorpore algo máis castelán entre os/as galegofalantes que ao revés. Así, mentres case o 30% dos bilingües con predominio do galego muda ao castelán cos compañeiros, pouco máis do11% dos bilingües con preponderancia do castelán cambian ao galego. Os alumnos bilingües con predominio do galego mudan máis ao castelán que os bilingües onde se impón o castelán Ademais, o uso do galego entre o alumnado é moito máis frecuente nas zonas pouco poboadas. Con todo, a súa utilización descende nas zonas intermedias e nas densamente poboadas. o alumnado. Ao tempo, o informe destaca que a mocidade "incorpora o galego entre compañeiros/as coa idade", dado que é maior o uso de galego no grupo de idade que vai de 20 a 24 anos que no de 15 a 19. Por outra banda, os datos da estatística reflicten como o galego esvaece a medida que se sae do centro de ensino. Así, nas actividades extraescolares o castelán é moi predominante. Máis da metade da mocidade di recibir as clases de reforzo exclusivamente en español fronte ao 30% en galego, unha repartición que é semellante ao referírmonos aos usos lingüísticos nas actividades deportivas. O uso do galego entre a mocidade redúcese fóra dos centros escolares, tanto nas actividades extraescolares como no lecer En canto ao tempo de lecer, como era de esperar, tamén a lingua utilizada coincide en gran medida coa lingua habitual dos mozos e mozas, pero volve ocorrer que os bilingües iniciais e os falantes iniciais de castelán incorporan en maior medida o castelán no seu tempo de lecer. No medio laboral, os usos lingüísticos mudan un chisco: un 43,2% dos entrevistados empregou preferentemente o castelán nas súas entrevistas de traballo, fronte a un 32,9% que o fixo en galego. Na redacción do currículo, máis do 70% emprega o español, mentres que na relación cos xefes, a clientela ou os compañeiros, é o idioma habitual ou o hábitat o que condiciona a elección. Máis galego na familia, menos con parella e amigos No que ten que ver coa acomodación lingüística, fenómeno segundo o cal as persoas se adaptan ou non á lingua do interlocutor, dáse con máis frecuencia recuencia cara ao galego que cara ao castelán. "Son máis os rapaces e rapazas que se adaptan ao seu interlocutor se lles fala galego que ao revés.", destaca o CCG. Ademais, a enquisa tamén aborda a exposición ao galego, autoavaliada pola propia mocidade, utilizando un modelo de resposta cunha escala do 0 ao 10, que se corresponde co nivel mínimo e máximo respectivamente. Así, a presenza do galego é maior nas relacións familiares e de veciñanza (entre 6,9 e 6,7), e baixa sobre todo nas relacións de parella e amizades (entre 5 e 5,6). A exposición do galego entre a xente nova é maior nas relacións familiares e de veciñanza e baixa sobre todo con parella e amizades Ocorre tamén aquí que entre os falantes habituais de galego, a lingua propia ten unha presenza importante nos ámbitos de familia, veciñanza e amizades, con puntuacións por riba de 9, pero descende de forma sensible nos estudos e no traballo. Pola contra, nos falantes de castelán, o galego mantén certa presenza no centro de traballo ou de estudos así como na familia, aínda que é inferior a 5 e, ademais, é moi escasa entre amizades (entre 4 e pouco máis de 3). Entre os bilingües, a situación difire en función da lingua predominante. Os bilingües con predominio do galego teñen relacións en galego en todos os ámbitos, pero reducen a presenza do galego no traballo ou nos estudos. Os que teñen predominio do castelán semella que están algo expostos ao galego principalmente na familia e no lugar de traballo, con puntuacións de entre 5 e 6, pero moi pouco coas amizades.
PRAZA_17696
VÍDEO E GALERÍA DE IMAXES | Feridos e familiares dos 80 falecidos manifestáronse entre a estación á que nunca chegou o Alvia e a praza do Obradoiro reclamando respostas xudiciais e políticas Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas cinco anos despois ENTREVISTA | Avogado do maquinista:"As vítimas de Angrois e nós temos diferenzas, non hai ningún pacto contra Adif e Renfe" MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de Angrois
Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas sobre Angrois cinco anos despois ENTREVISTA | Avogado do maquinista:"As vítimas de Angrois e nós temos diferenzas, non hai ningún pacto contra Adif e Renfe" MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de Angrois "En memoria dos que deixaron as súas vidas nas vías e para que non volva ocorrer, esiximos verdade e xustiza". Esa foi a reclamación que este martes, no quinto aniversario, portaron pola mañá polas rúas de Santiago e expresaron pola tarde na curva de Angrois, á mesma hora do sinistro, vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido o 24 de xullo de 2013 que custou 80 vidas e 144 persoas feridas. Feridos e familiares dos 80 falecidos manifestáronse entre a estación á que nunca chegou o Alvia e a praza do Obradoiro reclamando respostas xudiciais e políticas Como en anos anteriores, unha manifestación de vítimas e simpatizantes da súa causa saíu ás once da mañá da estación de tren de Santiago á que nunca chegou aquel Alvia. O seu paso polas rúas do centro de Compostela foi recibido con momentos de silencio respectuoso e algún aplauso espontáneo da cidadanía e turistas que contemplaban a marcha. Á súa chegada ao Obradoiro os afectados leron un manifesto no que criticaron que "durante cinco anos, a maquinaria do Estado traballou para eximir a responsabilidade de quen foron neglixentes" e salientaron que agora "chegou a hora de que os responsables que ocupaban cargos decisivos dean a cara e asuman a súa responsabilidade, xa que ningún dimitiu nin foi cesado". As vítimas de Angrois poñen o foco nos directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, Andrés Cortabitarte e Antonio Lanchares, imputados polo xuíz instrutor por sospeitar que non avaliaron como lles obrigaba a normativa o risco previsible que existía na curva de Angrois, carente de ningún sistema de seguridade, pero mantidos en postos de libre designación con gobernos de PP e PSOE. Ademais deles dous e do maquinista do Alvia, Francisco José Garzón, na causa están tamén investigados outro técnico de Adif e tres da consultora pública Ineco. A plataforma de vítimas lamenta os obstáculos que vén sufrindo a investigación penal do sinistro e por iso pon o foco tamén noutra análise, a política A plataforma de vítimas lamenta os obstáculos que vén sufrindo a investigación penal do sinistro e por iso pon o foco tamén noutra análise, a política, que vén de iniciarse cunha comisión de investigación específica no Congreso dos Deputados rexeitada polo PP e bloqueada durante catro anos polo PSOE. Nela os afectados reclaman explicacións ao máis alto nivel, aos ex-ministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor, aos que non consideran responsables directos do accidente pero si de diversos enganos á cidadanía. Á segunda, ademais, acúsana de entorpecer a investigación do sinistro. Imaxes de Blanco e Pastor volveron ser protagonistas este martes na praza do Obradoiro. O PSOE, que o ano pasado participou na manifestación, volveu ausentarse este ano, como vén facendo todos os anos o PP No seu percorrido polas rúas de Santiago, como en anos anteriores as vítimas volveron ter o apoio de dirixentes políticos de En Marea, BNG, Esquerda Unida, Podemos, Anova ou Ciudadanos (este luns os principais partidos xa verbalizaran as súas posturas), así como de sindicatos ou da vicepresidenta da Comunitat Valenciana e líder de Compromís Mónica Oltra, de visita en Santiago e que puxo o foco nas similitudes do accidente de Angrois co do Metro de Valencia ocorrido sete anos antes. Ao contrario da excepción que supuxo o ano pasado, e como nos anos anteriores, non houbo ningún representante do PSOE, ausencia mantida no tempo polo PP. Posteriormente, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, emitiría un chío en Twitter e unha nota de prensa de respaldo ás reclamacións políticas e xudiciais das vítimas. Xa no Obradoiro, durante a concentración das vítimas saíron da sede do Concello de Santiago os portavoces municipais de PP e PSOE, Agustín Hernández e Francisco Reyes, que se atoparon cos afectados pero os esquivaron e abandonaron a zona. Homenaxe en Angrois O vento impediu despregar en Angrois un globo aerostático cunha gran pancarta co lema "Nunca vos esqueceremos. Verdade e xustiza. Seguimos loitando" Pola tarde, algo antes de que desen as 20.41 horas, o momento en que hai cinco anos descarrilou o Alvia, os afectados celebraron unha homenaxe aos falecidos na propia curva na que ocorreu o accidente. O acto ía contar este ano cun globo aerostático que despregaría unha gran pancarta co lema "Nunca vos esqueceremos. Verdade e xustiza. Seguimos loitando", pero o vento impediu que se puidese inflar. Finalmente, como en anos anteriores, os protagonistas en Angrois foron as lectura de poemas, música, verbas de agradecemento e dor, e unha ofrenda floral. E o silencio final, co que como cada ano remata este acto de lembranza á mesma hora en que o Alvia rematou alí o seu percorrido.
PRAZA_7842
Sentou mal a negativa por parte deste e, en xeral, por parte do resto de deputados da AGE, a deixárense enlear na lóxica gremial, na política de amigotes e na festa rachada da democracia na que o rei vai nu. Xa que logo, e aínda que pareza paradoxal vendo as reivindicacións antroideiras do de Toén, no que toca ao affaire do parlamento, aquel que facía chances arredor dos sobres cheos de euros que circulaban con tanta fluidez polas veas e arterias do Partido Popular estaba a ser, coas prerrogativas do bufón que nos dramas de Shakespeare é quen canta as verdades, o máis serio de todos.
Como un ten parte da ascendencia do Ribeiro tamén escoitou na familia historias sobre o antroido. A máis rechamante: aquela sucedida durante unhas pequenas representacións satíricas (chamábannas entremeses) nas que o desafío á autoridade fora tan agudo que un garda civil desenfundara a pistola e soltara algúns tiros ao aire para rematar de vez con aquel mundo posto do revés no que os labregos analfabetos rían —coa bula outorgada pola maldita institución popular do carnaval— a costa das forzas vivas; levando así á práctica o que Mikhail Baikhtin habería teorizar escribindo que o antroido consiste na "abolición provisional das relacións xerarquicas, privilexios, regras e tabúes". Seguro que por estar imbuído deste espírito o deputado de AGE, David Fernández Calviño, tivo a ocorrencia de facer escarnio, en sede parlamentar, da corrupción estrutural no seo do Partido Popular Seguro que por estar imbuído deste espírito o deputado de AGE, David Fernández Calviño, tivo a ocorrencia de facer escarnio, en sede parlamentar, da corrupción estrutural no seo do Partido Popular. Ocorrencia que, naturalmente, non fixo ningunha graza aos señores e señoras de dito partido e motivo polo cal David de Toén foi expulsado do sancta sanctorum da democracia por orde do vicepresidente do mesmo. E porén, nisto dos antroidos e da función social que, en sentido amplo, cumpren as festas, hai outras interpretacións que retorcen un pouco máis as cousas. Así, di antropólogo Manuel Delgado: "As festas institúen unha especie de esquizofrenia social, na que a orde da comunidade que celebra imparte instrucións, a quen debe acatala, para que se encaren con ela. Esa é a clave da contradición que, a primeira vista, se percibe na dobre función da festa como mecanismo de control social e de subversión da orde (...) Un dispositivo cibernético a través do cal un determinado sistema de autoridade ponse el mesmo en crise, escenificando os seus propios contenciosos e figurando a súa falsa solución nunha catarse de liberdade e inhibición, os efectos da cal resultan ser absolutamente integradores e demostran unha virtude en derradeira instancia domesticadora." Cando un repara un chisco neste carácter ambivalente da festa comprende moito mellor aquela frase coa que Tierno Galván conminaba aos novos, nos anos oitenta, a "se colocaren" (e de paso, como dicía o libro de Alba Rico e Fernández Liria, a "deixaren de pensar" na grande estafa que se estaba a perpetrar coa Transición). Desde aquela, podemos dicir que a política española —e a súa intrahistoria económica— foi, toda ela, unha grande festa da que agora estamos a ver como aboia, en forma de quebra económica total e de corrupción xeralizada, unha magnífica resaca de dimensións antolóxicas na que aínda cae, en cantidades industriais, o confeti co que a ministra Ana Mato disque celebraba os aniversarios dos seus fillos mentres, ao lonxe, en provincias, soan melancólicas as derradeiras notas —á moda de Nino Rota— do trombón de Baltar pai. Mesmo esa idea anexa á festa que apunta Manuel Delgado consistente en se pór un mesmo en crise para atopar unha falsa solución está a ter as súas metástases (velaí o caso do vídeo sospeitosamente publicitario da xoven rebelde Beatriz Talegón) mentres seguimos agardando polo estourido final da gran festa autoinfrinxida que rexenere a podremia do réxime a base coroar a Felipe VI e limpar un pouco os patíns dos grandes partidos tal como xa está a aconsellar o sempre cómico diario El País (no que aínda reverberan as risas causadas pola foto de Chávez que en verdade era un señor mexicano que pasaba por alí). Se para Von Clausewitz a guerra era a política por outros medios, para o baile de máscaras que foi a política española das últimas décadas a festa era a política por outros medios Se para Von Clausewitz a guerra era a política por outros medios, para o baile de máscaras que foi a política española das últimas décadas a festa era a política por outros medios. Neste desfile de disfraces contínuo no que o compadreo entre opcións políticas e entre estas e o mundo da empresa era o pan de cada día e no que tras a representación teatral do antagonismo nos parlamentos (a festa dos maniquíes) se deseñaban, compartindo mesa e mantel detrás dalgún biombo, as decisións demandadas polo consenso (de Washington ou de Berlín), a mera suxestión de que alguén puidese tomar en serio a idea de que un parlamento é o lugar no que se dirimen os diversos intereses enfrontados nunha sociedade antóllaselle, ao stablishment, pouco decoroso e susceptible de se converter nun motivo para desenfundar, como o garda civil no conto familiar, metralla argumental arredor da Dignidade da Institución (sempre con maiúsculas) e outras parvadas do estilo; obviando que a dignidade dun parlamento vén dada pola capacidade que este teña para deliberar e para buscar as solucións máis xustas á continua concorrencia de intereses sociais diverxentes e non na capacidade que teñen os deputados para reificalo, ao modo dun mausoleo, mentres confraternizan na cafetería, intercambian palmadiñas no lombo e quedan para xogar ao pádel como se ocupasen ese lugar en tanto que casta con intereses corporativos compartidos e non representando a posicións políticas, na maioría dos casos, irreconciliables. Sentou mal a negativa por parte deste e, en xeral, por parte do resto de deputados da AGE, a deixárense enlear na lóxica gremial, na política de amigotes e na festa rachada da democracia na que o rei vai nu Isto é, seguramente, o que menos graza fixo aos deputados do Partido Popular do momento baikhtinián de David Fernández. Sentou mal a negativa por parte deste e, en xeral, por parte do resto de deputados da AGE, a deixárense enlear na lóxica gremial, na política de amigotes e na festa rachada da democracia na que o rei vai nu. Xa que logo, e aínda que pareza paradoxal vendo as reivindicacións antroideiras do de Toén, no que toca ao affaire do parlamento, aquel que facía chances arredor dos sobres cheos de euros que circulaban con tanta fluidez polas veas e arterias do Partido Popular estaba a ser, coas prerrogativas do bufón que nos dramas de Shakespeare é quen canta as verdades, o máis serio de todos.
NOS_31006
Benedetti é a proposta do monopatín galego para os Xogos Olímpicos
O deporte do monopatín (skateboard) galego conta cunha campioa que ten un gran presente e un prometedor futuro. Julia Benedetti (A Coruña, 2004) leva este deporte como un pasatempo malia conseguir o campionato de España, competir a nivel internacional e prepararse para participar nos vindeiros Xogos Olímpicos de Tokio 2021. Se o consegue, sería a deportista galega máis nova nese evento. Foxe dos tópicos que durante anos acompañaron esta práctica deportiva asociada ás cidades. Os tempos mudan e as novas xeracións marcan ritmo propio. Avante Pouca Como coñece na Coruña o mundo do skateboard?Comecei a patinar e a facer skateboard polo meu irmán, cando tiña doce anos. Somos varios na familia e un dos meus irmáns practicaba surf desde había anos. Cando non había ondas na praia, collía o skate e patinaba. Foi así, probando. Gustoume tanto que me mercaron outro para min. Daquela apunteime á escola profesional Maroña na Coruña. Pensou algunha vez en que podería ser algo máis que un pasatempo?Segue sendo un hobby. Ao principio non competía e cando fixen os primeiros campionatos de España chamáronme tamén para ir aos campionatos do mundo. Foi a miña primeira viaxe. Non me esperaba que podería viaxar polo mundo. Lembro o día en que me sacaron do colexio para facerme o pasaporte e envialo á federación! Foi unha alegría moi grande. Logo a experiencia foi impresionante. Coñeces xentes doutros países e doutras culturas. Avante Media Que ten este que non teñan outros deportes?Non o sei explicar. Para min é o mellor, igual que para outra pode ser o atletismo. Se cadra engancheime a el polo tema da velocidade. É máis rápido que outros. Hai facilidades para a súa práctica hoxe en día?Agora incrementouse moito a xente que o practica. Hai uns anos non o practicaba case ninguén e neste momento hai máis. Melloran as instalacións. Unha explicación podería ser que agora é un deporte olímpico e ten máis visibilidade. Como é un adestramento de cara a competir?Para min non é un adestramento como tal. Vou patinar e pásoo ben. Cando mellor o paso é cando máis aprendo. Se non o paso ben, non me sae nada. Escolleu unha modalidade en particular, cal é a razón?Das dúas modalidades que hai máis coñecidas, Street (rúa) e Pool (piscina) eu fago esta segunda por ser na que comecei. Tamén polo tema que comentaba antes da velocidade, vas máis rápido. Paréceme máis difícil a primeira, igual por non practicala. Avante Toda Este deporte sempre se asociou á cultura urbana, a determinada música. Segue sendo así? Depende moito da persoa. A xente un pouco máis maior coido que son así. As novas xeracións penso que non tanto. Eu non son así. Non me gusta o rock mais coido que non ten que ver. Hai igualdade neste deporte?Hai moitos máis rapaces que o practican e durante máis tempo que as rapazas. Esa circunstancia pode explicar que teñan máis nivel. As rapazas non practicaban este deporte do skateboard nunca e agora cada vez hai máis que se animan. Cales son os retos que ten por diante?Con esta situación non hai ningunha competición prevista. Eu tento seguir mellorando e seguir pasándoo ben. Cando veña un campionato farei o mesmo. Como lle afectou a pandemia?Eu adestro para non esquecerme, mais boto en falta practicalo onde ía sempre e estar con xente. Tamén o ambiente dos campionatos. Por sorte podo seguir adestrando por contar cun permiso especial de deportista de alto nivel e podo desprazarme.
PRAZA_9731
Os e as participantes no roteiro, duns 6 quilómetros, estarán acompañados por pescadores de Melgaço e de Arbo, que levarán a cabo unha simulación da pesca da lamprea. Será este domingo
As ribeiras do río Miño, en Melgaço e Arbo, acollerán este domingo 31 de marzo unha camiñada internacional centrada na actividade tradicional dos pescadores galegos e portugueses. O roteiro está organizado pola Cámara Municipal de Melgaço e o Concello de Arbo en colaboración coas entidades Melgaço Radical, coas asociacións A Batela, Vaguarda, Arrepions e a Asociación dos Pescadores de Arbo. O roteiro comezará ás 9 da mañá na Casa da Cultura de Melgaço. Os e as participantes na camiñada, duns 6 quilómetros, estarán acompañados por pescadores de Melgaço e de Arbo, que levarán a cabo unha simulación da pesca da lamprea, dando a coñecer os segredos desta arte ancestral, ao tempo que gozan das marabillosas paisaxes de ambas as dúas marxes do río. Os pescadores contarán historias e curiosidades sobre a arte da pesca artesanal e a escalada da lamprea, explicarán o proceso de desenvolvemento das redes de pesca e amosarán as construcións milenarias existentes nas beiras do río para a pesca desta especie. Estas construcións, patrimonio cultural e paisaxístico do Río Miño, testemuñan saberes ancestrais na escolla dos mellores sitios para a súa colocación, na súa orientación en relación ás correntes do río, no proceso de traballar a pedra e erguer os muros, na escolla das redes máis axeitadas e, igualmente, no sistema de xestión comunitaria do seu uso. A orixe das súas construcións pérdese na historia: as primeiras referencias documentadas proceden do século XI, pero pénsase que xa eran utilizadas polos romanos para a pesca da lamprea. O roteiro inclúe tamén a visita ao Centro de Interpretación da Lamprea Arabo, en Arbo, e rematará cunha degustación de lamprea, acompañada de viño Alvariño das adegas de Melgaço e Arbo.Así mesmo, o Concello de Melgaço acolle estes días na Casa da Cultura a exposición de fotografía O Río Miño é vida. A mostra é da autoría do artesán Vicente López Martínez e está composta por 45 fotografías e 17 esculturas de pesqueiras do Miño e lampreas, ademais dunha pesqueira e dunha batela en tamaño real.
NOS_32147
Os casos activos descenden a 502.
Galiza inicia esta semana cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 14, a menor cifra desde o inicio do outono e da 'nova normalidade', mentres que os pacientes ingresados aumentan a 47 -tres máis-. Os casos activos baixan a 502 e a taxa de positividade cae a un 0,5%. Segundo os datos publicados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas do domingo, mantéñense 10 persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI e ascenden a 37 os ingresados noutras unidades -tres máis-, mentres que 455 pacientes permanecen en seguimento domiciliario. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente nas da Coruña e Cee, onde seguen tres pacientes en UCI e soben a 16 os doutras unidades -dous máis-; e Vigo, que continúa cun ingresado en críticos e oito noutras unidades -un máis-. Nas outras cinco áreas sanitarias non hai cambios con respecto á xornada pasada, polo que Ferrol segue sen ingresados pola Covid-19; a de Ourense ten un en críticos; e a de Pontevedra e O Salnés uno en UCI e outro en planta. Galicia inicia esta semana coa primeira ponte -o do 12 de outubro- sen restricións de mobilidade pola Covid-19 con 502 casos activos, que supoñen 32 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (46) que contaxios (14). As infeccións activas aumentan lixeiramente en dúas das sete áreas: A Coruña e Cee (+1) e Ferrol (+1); mentres que descenden en cinco: Ourense (-10), Lugo (-8), Pontevedra e O Salnés (-8), Vigo (-7) e Santiago e Barbanza (-1). En canto aos novos contaxios de Covid-19 caen a 14 no conxunto de Galiza no inicio desta semana, o que supón 15 menos que os 29 cos que finalizou a anterior, e representan a cifra máis baixa desde que entrou na 'nova normalidade'. Todos eles foron positivos detectados por Proba de Detección de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles sete corresponden á área da Coruña e Cee; dous, á de Santiago e Barbanza; outros dous, á de Vigo; un, á de Pontevedra e O Salnés; outro, á de Lugo; e outro, á de Ferrol, mentres que na de Ourense non houbo. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia mantéñense en 2.641, ao non notificar este domingo a Consellaría de Sanidade novas vítimas.
NOS_8797
En Vigo e Compostela, ás 20:00 horas
A loita por un aborto legal e seguro ten esta cuarta feira unha cita chave en Arxentina, onde o Senado votará a despenalización do aborto, un paso aprobado no Congreso. Ao longo destes meses a cor verde foi o símbolo de millóns de mulleres que se mobilizaron en Arxentina por este dereito. Para esta xornada hai convocada unha nova 'vixilia' polo feminismo arxentino na emblemática Avenida de Mayo de Bos Aires. A poucas horas da votación, ninguén se atreve a prognosticar un resultado. En apoio ás compañeiras arxentinas, colectivos feministas de todo o mundo convocaron concentracións e mobilizacións para este 8 de agosto. Tamén na Galiza, onde as citas son na Praza do Obradoiro (Compostela) e fronte ao consulado arxentino de Vigo (R/ Príncipe), ambas as dúas ás 20:00 horas.
NOS_52754
Os xornalistas Xavier Fonseca e Selina Otero resultaron gañadores do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) anuncia a concesión do seu primeiro Premio de Divulgación Científica a Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo na facultade de física da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O galardón recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles: libros e colaboracións en prensa escrita, radio e televisión, ademáis da organización de todo tipo de actividades para o gran público. Desde 2005, dirixe o Programa ConCiencia, unha iniciativa ideada por el para promover a divulgación a cargo de científicos de primeira orde a nivel internacional, cos que ten traído a Galicia a numerosos Premios Nobel para impartir charlas dirixidas ao público xeral. Tamén é fundador e promotor de iniciativas como a Nerd Nite e varias actividades de observación astronómica na Costa da Morte, así como director da colección de divulgación científica da editorial da USC e comisario de exposicións como "Un mar de xenios na Fin da Terra", a máis visitada en Galicia en 2013. Entre os libros de divulgación publicados por Mira destacan "¿A qué altura está o ceo?" e "A ciencia no punto de mira". As súas colaboracións en medios de comunicación, que comezaron a finais dos anos 90, inclúen a publicación de artigos en La Voz de Galicia e a participación en programas da Radio Galega e de Televisión de Galicia (TVG), a través de seccións propias sobre divulgación, así como tamén en Radio Nacional de España (RNE) e Televisión Española en Galicia (TVE-Galicia). Premio de Xornalismo Científico O Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, dotado con 3.000 euros netos e convocado conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), será recollido por Xavier Fonseca, redactor do diario La Voz de Galicia, pola reportaxe titulada "Se o quentamento segue, hai opcións de que chegue a Galicia un gran furacán", publicada o 30 de outubro de 2019. O accésit deste premio, dotado con 1.000 euros, correspóndelle ao segundo traballo mellor valorado, titulado "A aposta científica das aulas galegas", asinado por Selina Otero e publicado o 15 de decembro de 2019 no xornal Faro de Vigo.
NOS_55138
O libro de Louise Glück por veces adquire a fasquía da oración e outras moitas a da parábola.
Podería parecer que a lectura crítica da obra dunha autora á que lle concederon recentemente o Nóbel, como é o caso de Luise Glück, non é necesaria. Que a calidade xa se lle supón e o feito de que estea accesible agora en galego é mérito suficiente para que sexa ben recibida. Mais o texto que publica Chan da Pólvora ten características de seu, afortunadamente, que van máis alá de modas, coincidencias cronolóxicas con premios e aniversarios (o quinto da editorial) ou o pulo normalizador. Dous deses trazos fundamentais son a edición bilingüe confrontada e o traballo notable do tradutor. Estes son os elementos, sobre todo o segundo, que avalan esta publicación. Mesmo que deberían avalar a publicación de calquera tradución. O outro, virtude xa da autora, ten que ver co interese intrínseco á obra, independentemente dos galardóns. Noite fiel e virtuosa / Louise Glück (trad. de Samuel Solleiro) / Chan da Pólvora / 2021 / 151 páxinas / 18 euros A pesar de que se ten sinalado que este poemario supón unha ruptura coa produción anterior, convén matizalo en que é un paso cara adiante que torce un chisco de dirección, aínda que semelle un paso cara atrás no tempo. A noite e a constatación de que se leva moito camiño, porque en todo momento se senten as pegadas da viaxe, animan a revisar o pasado. A influencia da familia, viva e morta, as revelacións que se produciron na infancia no momento en que xorde a consciencia de ter unha identidade, a sincronía coas mudanzas da natureza ou as dúbidas ante o labor creador distribúense de maneira episódica e intercalada. Por veces adquire a fasquía da oración e outras moitas a da parábola, como reza o título do primeiro texto. Mais para restarlle transcendencia, porque todas as vidas se cimentan no descubrimento iluminador, porque non hai nada máis sagrado que a rutina de naturalizar a facultade universal de coñecer, a autora escolle o ton confesional, íntimo, que require a transmisión do que xa se sabe que non é único, o que resulta moi tranquilizador. Por iso ás veces interpón a ficción, mesmo a máscara do personaxe masculino que fala en primeira persoa, para distanciarse do que podería semellar autobiográfico, pero que excede os límites do eu: "Estaba dividida entre unha estrutura de oposicións / e unha estrutura narrativa". Anúncianse novas entregas da obra de Louise Glück, algunhas inéditas, para este outono e para principios do ano que vén. Mentres agardamos, a mestura do prosaico co onírico atravesado polo cabaleiro na noite, como o cavaleiro monge de Pessoa, que ofrece Noite fiel e virtuosa condúcenos á luz. Unha constante na autora que aquí se soubo respectar.
NOS_19754
Nada menos que 101 novelas se presentaron á primeira edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester que se convoca coa modalidade de lingua galega.
Esta primeira convocatoria do Premio, promovido pola Deputación da Coruña, acadou cifras de récord: 18 obras finalistas das 101 presentadas, o que supón máis do dobre da edición que máis obras en galego recibiu: a do 2009 con 47 títulos. Supoñemos que a razón que explica semellante éxito é a dotación económica, que ascende a 25.000 euros, máis do dobre dos máis suculentos premios da literatura en galego que existían até o momento: o Repsol de Narrativa Curta (12.000 euros máis publicación), o Blanco Amor (ídem) e o Xerais de novela (10.000 euros incluíndo os dereitos de autor dos 3.000 primeiros exemplares vendidos). Nesta edición, por vez primeira, a Área de Cultura da Deputación da Coruña convocou dúas edicións separadas deste galardón, unha para obras en lingua galega e outra en castelán. Mañá día 13 de decembro coñeceremos o orixinal gañador en galego e a vindeira terza feira, día 20, será a quenda da modalidade en español. O xurado da modalidade galega está composto por Ledicia Costas, Mario Regueira, Ramón Nicolás, Mercedes Queixas e Eva Moreda. Só sete novelas en galego Dado que desde que o premio se instaurou, en 1989, se podían presentar obras en galego e español, nestes 26 anos só sete novelas na lingua propia conseguiron o galardón, todas elas escritas por homes: 'A cidade dos césares' (Víctor F. Freixanes, 1992); 'Que me queres, amor?' (Manuel Rivas, 1995); 'Un xogo de apócrifos' (Xosé Carlos Caneiro, 1996); 'A memoria do boi' (Xosé Vázquez Pintor, 2000); 'As humanas proporcións' (Xesús Constenla, 2003); 'A choiva do mundo' (Xosé Manuel Pacho, 2007); e 'A vida do outro' (Carlos Reigosa, 2008).
NOS_28497
Após a asemblea local desenvolvida a pasada terza feira, @s concelleir@s do BNG en Lugo, Antón Bao e Paz Abraira, comunicáronlle ao alcalde da cidade, José López Orozco, a súa decisión de abandonaren o goberno de coalición. Neste sentido, @s nacionalistas aseguraron que a decisión responde ao "código ético" que rexe o comportamento do BNG nas institucións.
"Esta é a práctica do BNG e entendemos que debe ser dos restantes partidos políticos". Así falaba Alex Penas, responsábel local do BNG en Lugo após anunciar a decisión adoptada pola fronte nacionalista que finalmente abandonará o goberno da cidade. A decisión adoptada atende, segundo informou Penas, ao "código ético" que guía ao BNG nas institucións e polo cal "os cargos públicos que son imputados con acusacións deste tipo abandonan de inmediato os seus cargos para preservar as propias institucións e os propios cidadáns", asegurou. Neste sentido, após a imputación do alcalde lugués --procesado por suborno a persoal público e tráfico de influencias-- @s nacionalistas aseguran que a súa saída do goberno de coalición veu motivada pola negativa do rexedor a renunciar ao seu cargo. Nun "exercicio de coherencia e coa finalidade de preservar as institucións democráticas decidimos abandonar o goberno", salientou o responsábel local do BNG en Lugo esta cuarta feira, ao entender que a actitude mantida por López Orozco "supuxo unha perda de confianza". Aliás, subliñou que perante a actual realidade social as institucións deben "ser exemplo de democracia real" e non existir nelas "ningunha sombra sobre o traballo a prol da veciñanza". Así mesmo, desde o BNG consideraron que a "xudicialización da xestión pública" fai dano á cidade de Lugo e "non permite traballar" de maneira coaligada nun executivo municipal sob cuxa xestión existe unha "sospeita constante". Rexeitamento ás declaracións do alcalde Desde a localidade de Lugo, @s nacionalistas amosaron a súa oposición tallante ás declaracións feitas polo rexedor lugués quen aseguraba a pasada fin de semana que "o bo alcalde é o que ten dúas imputacións anuais". Porén, e malia que recoñecen e salvagardan a presunción de inocencia, Alex Penas asegurou con rotundidade que @s nacionalistas teñen "unha visión completamente antagónica do que é a xestión democrática dunha institución" e agardan que a xustiza resolva coa maior celeridade o proceso xudicial "que provoca un grave dano para a nosa cidade", sentenciou. "Non imos favorecer o acceso do Partido Popular ao goberno" Alex Penas, concluíu a lectura do comunicado asegurando que nesta nova etapa, @s nacionalistas continuarán "desenvolvendo un proxecto positivo para a cidade e o país" polo cal non apoiarán de ningunha forma, o ascenso do Partido Popular ao goberno lugués. Aliás, Penas salientou que o BNG seguirá a traballar por Lugo na oposición, no exercicio do seu principal obxectivo a "defensa e apoio da cidadanía", concluiu. Corte de audio Ir a descargar
NOS_1997
Despois das vacacións de Nadal.
As aulas na Galiza comezarán esta sexta feira día 8 "agás que as autoridades indiquen que é máis seguro" a vindiera segunda feira, día 11, segundo manifestou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez. A preguntas dos xornalistas, o conselleiro apuntou ao regreso ás aulas "o día 8 con normalidade" a non ser que as autoridades sanitarias decidan atrasar esta data. Neste sentido, apuntou á reunión de hoxe do comité clínico, que, en caso de adoptar algunha medida distinta á prevista para a volta aos centros educativos, "farase saber". En calquera caso, ao seu xuízo, "o máis importante de todo isto é reafirmarse en que os centros educativos e as aulas son lugares seguros", xa que na súa opinión "confirmouse con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia.
QUEPASA_562
actividade está indicada para nenas e nenos de 13 a 17 anos
O Concello de Mazaricos organiza unha fin de semana multiaventura en Pena Aventura, un incrible parque situado no norte de Portugal, nun entorno natural espectacular e cunha das tirolinas máis grande do mundo. Será os días 9 e 10 de agosto e a saída terá lugar o venres ás 8 da mañá na Casa do Concello. As actividades programadas, indicadas para nenas e nenos de 13 a 17 anos, son: circuíto aventura, salto negativo, caza do tesouro, fantasticable, escalada, alpine coaster, crazy carts e slide. O prezo é de 70€ para persoas que estean empadroadas no concello e de 90€ para aquelas que non. O límite para anotarse é o 5 de agosto e é preciso presentar copia do DNI e tarxeta sanitaria. O teléfono para máis informacióné o 981 86 71 04.
PRAZA_2009
Esta Marea Galega é fundamental pra democratizar a economía, pra rescar o público, pra recuperar as institucións pra a xente, pra transformar a sociedade e pra o cambio político e ese cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais
É a hora da Unidade Popular, da confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade, da altura de miras e de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras. É a hora de xuntarnos, unirnos, de cooperar conxuntamente pra conformar unha Gran Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas, unha Marea Galega con grupo parlamentario propio pra as vindeiras Eleccions Xerais pero tamén para as seguintes eleccións autonómicas na que quepamos todos/as, na que todos/as traballemos conxuntamente e colaborativamente , onde todos/as sexamos necesarios/as e nadie imprescindible porque é mais o que nos une que o que nos separa. Desde a miña humilde opinión, esa Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas, esa Marea Galega debe contar co total protagonismo cidadán e dos movementos sociais, debe estar construída dende abaixo, dende as bases, de forma democrática, inclusiva, plural, horizontal, participativa. Os partidos políticos que apoien este proceso de Unidade Popular esta Marea Galega son benvidos pero deben estar nun segundo plano, acompañando este proceso e non tutelándolo ou instrumentalizandolo . Esta Marea Galega debe ter un Programa Común claramente de esquerda e antineoliberal totalmente aberto, inclusivo, participativo que defenda o Ensino Público e a Sanidade Pública, o dereito a unha vivenda digna, os servizos públicos, a igualdade de oportunidades, a xustiza social, o dereitos humans, os dereitos sociais, a nosa cultura, o noso idioma galego e os nosos sectores productivos, os dereitos da clase traballadora galega e do pobo galego. Esta Marea Galega é fundamental pra democratizar a economía, pra rescar o público, pra recuperar as institucións pra a xente, pra transformar a sociedade e pra o cambio político e ese cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais que todos os días loitan na rúa por un mundo máis xusto, humano, solidario e democrático.
NOS_44939
Organizan unha viaxe a Portugal que sairá de Compostela ás 17 horas. A convocatoria anunciouse no seu blogue e nas redes sociais.
Hai dous anos, o 29 de xuño de 2020, fora a plataforma cidadá 'Sei O Que Nos Figestes… nos últimos 525 anos' quen convocara unha viaxe para apoiar a Portugal, daquela no Mundial de Sudáfrica. Agora o motivo é o encontro que xogarán este serán as seleccións de España e Portugal a partir das 19:45 horas (hora galaico-portuguesa). Aquelas persoas interesadas poden achegarse ao blogue 'Roja en el Colacao' onde informan de prezos e horarios para vivir o partido na "Euro Vila Verde 2012" da Praça de Santo António en Vila Verde (Braga).
NOS_3572
A Dirección Xeral de Saúde Pública fala de "casos orfos" porque se descoñece o lugar da infección. Ademais, os menores de 11 anos, malia estar en pleno tratamento fronte ao coronavirus ou estar á espera da vacina, non aparecen entre os tres grupos de idade cunha maior incidencia de contaxios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública fala dunha "situación de transmisió comunitaria" da Covid-19 na Galiza, pois recoñece que a estas alturas a orixe do 54% dos casos é unha incógnita. Ademais, ese descoñecemento do lugar de infección das enfermas e enfermos atópase "en ascenso". No ámbito sanitario fálase de que estes positivos no país son "casos orfos" e precisamente esa consideración e o feito de que a transmisión estea xeneralizada foron algúns dos argumentos trasladados pola Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) para conseguir o seu apoio á ampliación temporal das medidas de control do virus. Despois de analizar dous documentos do Goberno galego, "certamente mellor fundados que os que se analizaron no auto do 30 de decembro", a Xustiza comunicou esta sexta feira o seu visto e prace á ampliación das restricións até o 29 de xaneiro porque é "evidente" a necesidade de persistir nas medidas que se orientan a reducir a interacción social". Unha vez conseguido este aval, a Consellaría de Sanidade apurou a publicación das prórrogas acordadas co subcomité clínico para as medidas de control da pandemia no país que se puxeran en marcha para o nadal. Na edición bis do Diario Oficial da Galiza (DOG) saíu tanto a restrición das reunións entre persoas que non vivan xuntas -entre as 3 e as 6 da madrugada das quintas feiras, sextas e sábados- como a obrigatoriedade do Certificado Covid para acceder a locais de hostalaría, hospitais ou albergues de peregrinos, entre outros espazos. Taxa de incidencia Ao respecto da evolución epidemiolóxica, a incidencia acumulada a 14 días indica que a poboación de idades comprendidas entre os 20 e os 29 é a que presenta un maior número de positivos. O seguinte grupo sería o de 12 a 19 anos para despois dar paso á cidadanía de entre 30 e 39 anos. Así, con independencia de que os contaxios da variante Ómicron se dispararan en todo o conxunto da poboación do país, amósase que as crianzas de menos de 11 anos (a maioría sen vacinar ou só cunha das picadas da pauta fronte ao virus) non están entre os principais grupos afectados. O pasado 8 de xaneiro, a incidencia a 14 días situouse nos 2.152,6 casos por cada 100.000 habitantes. Se se compara coa do 29 de outubro, cando era de 18,17 casos por 100.000 habitantes -ao comezo da sexta onda-, o crecemento experimentado foi do 11.747%. No caso das hospitalizacións, a porcentaxe de ingresos dos contaxiados dos últimos 7 e 14 días é de 1,2% e de 1,1%, respectivamente, nas distintas áreas de doentes estábeis, e de 0,1% e o 0,1% a 7 e 14 días nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI).
NOS_41330
A traballadora faleceu en decembro de 2012 após agardar 40 minutos pola chegada do helicóptero de Salvamento marítimo. O servizo fora privatizado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo un ano atrás o que ralentizou o tempo de resposta do Pesca I.
A Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar) presentou esta terza feira (27 de maio) unha denuncia perante a Fiscalía de Pontevedra pola morte dunha percebeira en decembro de 2012. No escrito presentado, Agamar sinala a cargos da Xunta de Galiza como responsábeis dun presunto delito de homicidio imprudente, omisión do deber de socorro, prevaricación e denegación do auxilio pois a traballadora faleceu após agardar 40 minutos pola chegada do helicóptero de Salvamento marítimo. 40 minutos pedindo auxilio M.M.V.M., iniciais da percebeira, foi arrastrada ao mar por unha onda entrementres faenaba nunha zona de rochas limítrofe entre Baiona e Santa María de Oia. Naquel momento, o servizo de resgate aérea tardou perto dunha hora en responder á chamada de socorro o que ocasionou a morte da percebeira. Desde Agamar apuntan á privatización do servizo como principal causa da demora no tempo de reacción e, por iso, exixen "que se depuren responsabilidades". Neste senso, Agamar denuncia a Francisco José Vidal-Pardo Pardo, entón secretario xeral técnico da Consellaría del Medio Rural e do Mar; Lino Sexto, subdirector xeral de Gardacostas de Galiza; e Juan Fernando De Miguel Posada, director xeral da empresa concesionaria Inaer Helicópteros Off Shore pois "a morte da percebeira produciuse nunhas circunstancias en absoluto normais", apunta en conversa con Sermos Galiza Manuel Maneiro, secretario xeral de Agamar. Manuel Maneiro (Agamar): "A morte da percebeira produciuse nunhas circunstancias en absoluto normais" Para Maneiro "houbo unha demora no tempo de resposta do helicóptero" que execeu o fixado "polos protocolos". De acordo coa normativa vixente Salvamento marítico conta con 10 minutos para facer despegar o servizo de resgate e acudir ao lugar dos feitos. Gardas localizadas e non presenciais autorizadas pola Xunta Mais, en troca, o Pesca I tardou até 40 minutos --segundo as testemuñas presenciais-- en chegar até a localización en que se atopaba a traballadora. Para o secretario xeral de Agamar, o tempo transcorrido entre a chamada de auxilio e a chegada do helicóptero debeuse "a que as persoas que estaban de garda non o estaban no aeroporto" de Peinador, onde se sitúa a base do Pesca I. Senón, "nunha garda localizada" que fo aceptada pola Xunta de Galiza cando asinou as condicións no contrato de concesión asinado con Inaer Helicópteros Off Shore. "Hai que depurar responsabilidades", sinala Manuel Maneiro para quen tanto a Xunta de Galiza como a empresa son "responsábeis" do falecemento da traballadora embora, naquela altura, "todo o mundo" procuras3e "escorregar o bulto", apunta. Para Agamar o incumprimento dos protocolos por parte da concesionaria foron amparados pola Xunta de Galiza de maneira que "partillan responsabilidade" Na denuncia, a Asociación de Mariscadoras exixe que sexa resarcido "o sufrimento das compañeiras que tentaron salvala nunhas condicións e un medio tan adverso como o mar" para alén "da súa familia". Mais deixan en mans da xustiza que cuantifique a cantidade a pagar. Aliás, exixen prisión provisional e fianza para os cargos da Xunta de de Inaer Helicópteros Off Shore. O PP levou o Salvamento Marítimo ao monopolio privadoA Xunta de Galiza procedeu en xuño de 2011 á venda dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, de propiedade pública, suscitando un intenso debate da comisión de Pesca en que BNG e PSOE, as dúas forzas que daquela tiñan representación parlamentar canda o PP, se opuxeron frontalmente contra a reformulación do contrato coa empresa Inaer, operaria dos helicópteros, para vender por 13 millóns dúas aeronaves que cando foran mercadas, en 2005, custaran 27 millóns. Para alén de lle reprochar que presentara como un aforro unha operación en que polo menos debera recuperarse un 12% máis do invertido, a oposición alertaba de que tan pronto como Inaer acabe de pagar os helicópteros poderá impor os prezos que considere, pois non existe outra empresa en toda Europa con aeronaves adaptadas para búsqueda e rescate.
PRAZA_8799
Con demasiada frecuencia escóitanse críticas persistentes sobre varios sectores do sistema literario, como se quen falase descubrise un mal conxénito, unha pesada cruz coa que a súa sensíbel mente ou o seu sufrido talento tivesen que cargar desde a orixe dun seu magmático patriotismo. "Neste país só hai cinco verdadeiros poetas, como moito", teño ouvido de veteranas plumas
Con demasiada frecuencia escóitanse críticas persistentes sobre varios sectores do sistema literario, como se quen falase descubrise un mal conxénito Con demasiada frecuencia escóitanse críticas persistentes sobre varios sectores do sistema literario, como se quen falase descubrise un mal conxénito, unha pesada cruz coa que a súa sensíbel mente ou o seu sufrido talento tivesen que cargar desde a orixe dun seu magmático patriotismo. "Neste país só hai cinco verdadeiros poetas, como moito", teño ouvido de veteranas plumas; "Os premios literarios están amañados, pois non pode ser que gañen sempre aquelas que gañan", teño escoitado xa nin sei se en soños ou entre murmurios de última hora; "As editoras publican sempre os mesmos" ou "As institucións pagan as viaxes aos de sempre", e afirmacións deste teor aparecen e desaparecen continuamente como aquelas variedades de nubes que estudamos na primaria, e que mostran a insatisfacción permanente daqueles que non toleran a sombra cando outros apañan un sol supostamente cegador. A crítica literaria non se salva da queima que promoven estas sulfúricas linguas: "Os críticos sempre eloxian as obras dos amigos" Evidentemente, a crítica literaria non se salva da queima que promoven estas sulfúricas linguas: "Os críticos sempre eloxian as obras dos amigos", ou "De min falou mal porque non me trata, e con alguén ten que xustificar a cota de críticas negativas do ano", por exemplo. Non é fácil, como xa teño defendido, escribir libros nunha lingua con tan poucos lectores, vender libros en tan exiguo mercado e facer crítica sen medios de suficiente divulgación. Estamos a falar, amigos e amigas, de traballos que esixen unha entrega tamaña e que logo non dispoñen de boa pista para despegar. E mentres tanto esforzámonos, algúns que moito menos fornecen botan a lingua a pacer e sen contemplacións desprezan traballos que eles propios non son quen de facer nin dispondo de varias reencarnacións. Os parámetros deberían ser técnicos, e non basearse fundamentalmente en criterios de gusto persoal, ideoloxía, suposta caducidade dos xéneros ou irrenunciábel modernidade No entanto, temos que recoñecer que en ocasións os argumentos á hora de valorarmos as obras non son da altura que se require. Os parámetros deberían ser técnicos, e non basearse fundamentalmente en criterios de gusto persoal, ideoloxía, suposta caducidade dos xéneros ou irrenunciábel modernidade. Si é certo que estas cuestións poden aparecer nunha argumentación, mais debería ser, creo eu, en segundo plano e xustificando estratexias de maior calado que os meros caprichos do crítico. Porque se non non existirá un criterio digno de tal nome, e nada salvo o criterio propio constitúe a xustificación dunha crítica literaria. Ao mesmo tempo, por exemplo, pouco ou nada se valora a lingua literaria, e discursos por veces ben pobres, quer por falta de matices quer por apoiarse demasiado en referencias castelás, chegan a coroarse con premios que, nacendo para normalizar, converten en habitual unha temeraria desviación cultural. Ao mesmo tempo pouco ou nada se valora a lingua literaria, e discursos por veces ben pobres, quer por falta de matices quer por apoiarse demasiado en referencias castelás, chegan a coroarse con premios Para finalizar, vouvos pór un exemplo do que é ter criterio, se me permitides a vaidade de contar unha anécdota da casa. Recentemente G. F., de doce anos, leu esta obra por prescrición docente: Chamádeme Simbad, de Francisco Castro. Despois de terlle dedicado á lectura tan só unha tarde, a súa concisa valoración foi a seguinte: "Gustoume moito, moito. Porque habendo tan poucos personaxes como hai, e tan poucos escenarios, mantivo a acción dunha maneira que non era capaz de parar de ler, nin sequera para ir ao baño. E iso paréceme un mérito moi grande". Como vedes, aquí hai criterio, pois este lector sabe moi ben que as súas preferencias tenden á variedade de personaxes e escenarios; e ademais hai fundamentación técnica, pois explica claramente en que consiste a fórmula do autor e que tipo de éxito logra con esas ferramentas narrativas.
PRAZA_20728
A Xunta ten seis postos no consello de administración da regasificadora de Mugardos, onde ata agora foi representada por membros dos departamentos económicos ou de coordinación xeral do Goberno. Rey Varela foi alcalde de Ferrol ata 2015 e non se descarta que recunque como candidato do PP en 2019
O Goberno galego aumentou paulatinamente nos últimos anos a súa participación no accionariado de Reganosa, a planta de gas que opera dende 2007 coa intervención directa da Xunta na súa controvertida ubicación de Mugardos, á beira da ría de Ferrol. Operacións empresariais como a absorción de Unión Fenosa por parte de Gas Natural deron lugar a movementos internos na compañía que derivaron, en 2016, en que o Grupo Tojeiro -propietario de Gadisa e Forestal del Atlántico- sumase acccións ata acadar a maioría -case o 50,7%- e en que o Goberno, pola súa banda, fixese o propio do 17,5% ao actual 24,31%, tornando no segundo maior accionista, condición que lle dá dereito a seis postos no consello de administración. Un deles vén de ser asumido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. O nomeamento de representantes do Executivo galego en Reganosa non é novo, pero si o é o feito de que participen na administración da regasificadora integrantes do Goberno que non están directamente relacionados cos eidos económico e industrial ou ben con departamentos encargados da coordinación política da Xunta. Así, os representantes da comunidade autónoma que acumulan máis tempo no consello de Reganosa son dende 2014 o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e mais o actual secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, nomeado cando exercía como director xeral de Política Financeira e Tesouro. A Xunta ten seis postos no consello de administración de Reganosa, onde ata agora foi representada por membros dos departamentos económicos ou de coordinación xeral do Goberno Foi tamén en 2014 cando, segundo consta na información corporativa de Reganosa, chegou ao consello o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, daquela acompañado por quen era conselleira de Facenda, Elena Muñoz. Nese mesmo ano integrouse tamén no consello da regasificadora a secretaria xeral da propia consellería de Facenda, María del Socorro Martín, e cando en 2015 Muñoz abandonou o Goberno para optar á alcaldía de Vigo polo PP o seu posto en Reganosa foi asumido polo novo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que continúa representando á Xunta na empresa. Neste tempo tamén foi elección da Xunta o enxeñeiro Manuel Lara, nomeado asemade polo Grupo Tojeiro. Estes eran os asentos da Xunta en Reganosa ata o pasado día 14, cando ficou confirmado o nomeamento de Rey Varela, cuxas competencias están limitadas ao ámbito das políticas sociais. Ao ser cuestionada ao respecto por Praza.gal a súa Consellería evita detallar as razóns concretas da decisión. A Xunta, evidencia Política Social, "conta cunha participación no accionariado de Reganosa dende a súa constitución" e isto implica que na actualidade conte cos devanditos seis representantes, que "serán os encargados de defender os intereses xerais da comunidade". "O conselleiro de Política Social -agregan- agora, como sempre o fixeron os representantes do Goberno galego, ocupa un deses postos" para "ostentar esa representación". Rey carece de ligazón con Reganosa no ámbito competencial e profesional, pero non no político A ligazón de Rey Varela con Reganosa non existe no ámbito competencial nin tampouco estritamente no profesional -é licenciado en Dereito-, pero si no político e xeográfico. Rey foi alcalde de Ferrol de 2011 a 2015 e na actualidade continúa a presidir o PP local, aínda que deixou o seu posto como edil da oposición cando Feijóo o designou como conselleiro dentro da ampla crise de goberno do propio 2015. O seu desembarco en Reganosa chega nun momento no que medran as voces que o sinalan para recuncar candidato conservador á alcaldía ferrolá en 2019, unha posibilidade que a dirección do PPdeG evitou desbotar publicamente nos últimos meses. A súa designación como membro do consello da regasificadora apenas tivo eco no eido político, aínda que si suscitou críticas pola banda de Esquerda Unida. A xuízo desta formación "o nomeamento de Rey Varela para o consello da planta ilegal de Reganosa" é "unha proba do bo funcionamento das portas xiratorias que o PP pon en marcha". "Reganosa segue a ser unha instalación ilegal e perigosa cuxa construción parte dun negocio turbio, da tememridade e do desprezo medioambiental", afirmou nun comunicado EU, que advirte de que segue a "traballar para rematar coas irregularidades do affaire Reganosa".
NOS_41150
O Goberno galego anunciou a procura de estabelecementos hoteleiros para un posíbel traslado de doentes e a asociación en defensa da sanidade pública lembra os centros de Vigo que permanecen sen actividade.
"As camas son importantes nos hoteis e non tanto nos hospitais", afirmou en 2016 o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para defender a decisión da Xunta da Galiza de pechar camas en centros hospitalarios no verán. Tras aquelas declaracións e o anuncio do 18 de marzo da Xunta, informando da procura de hoteis para asumir a hospitalización de pacientes durante a crise xerada pola COVID-19, sitúanse dous contextos moi diferentes. E, segundo a Asociación Galega para a defensa da sanidade pública, de non terse aplicado o primeiro posicionamento hoxe a necesidade de estabelecementos hostaleiros sería menor. Nun comunicado, o colectivo debulla datos relativos a área sanitaria de Vigo. "No hospital Álvaro Cunqueiro estaba prevista a apertura de 394 camas, despois cancelada, no de Meixoeiro perdéronse 71 prazas, cuxo peche foi denunciado pola xunta de persoal do centro, e no de Nicolás Pena, 52", segundo aseguran as súas integrantes. A capacidade inicialmente no proxecto do Álvaro Cunqueiro era maior da construída, cunha redución de máis de 80.689 metros cadrados dunha superficie de 172.000 metros cadrados construídos. "Na unidade de críticos hai 45 camas, en troques das 160 previstas e na de urxencias suprimíronse 72", din. Peche de edificios Na área viguesa, as aperturas do hospital de Meixoeiro ou o Álvaro Cunqueiro derivaron no peche do Policlínico de Cíes e dos centros de especialidades de Coia en 2015 e Dobrada en 2017. No eido da saúde mental, permanecen abertas as portas do centro de Conxo, en Compostela, despois de que pecharan os psiquiátricos de Toén e Castro en 2011 e, en 2016, o do Rebullón en Mos. Hoxe, o antigo Hospital Xeral de Vigo está sendo reconvertido na Cidade da Xustiza. Outros hospitais xerais ficaron no camiño por deficiencias estruturais, como o de Compostela, ou o de Lugo, xa derruído. E a xerente da área compostelá, Eloísa Núñez, tamén preveu o abandono do hospital Gil Casares. "Apoiamos e colaboramos coas medidas e recomendacións do Sergas e do Ministerio de Sanidade", asegura a asociación, "pero este apoio non debe encubrir e silenciar as políticas que dificultan afrontar a crise".
NOS_37136
O sector crítico –18 dos 35 membros do actual CCA– reuniuse este sábado en Compostela para decidir unha nova estrutura executiva. A dirección actual di que esa potestade só lle corresponde á secretaria xeral.
Crise en Podemos Galiza. A celebración dun Consello Cidadán Autonómico (CCA) convocado polo sector crítico para elixir nova executiva foi rexeitado pola dirección actual, que non acudiu á cita e advertiu de que esa potestade lle corresponde á secretaria xeral, Carmen Santos, segundo o regulamento orgánico. A división interna é máis patente a só unha semana da votación decidida por Santos para conformar o órgano de decisión da formación morada. O sector crítico –18 dos 35 membros do actual CCA– reuniuse este sábado en Compostela para decidir esta nova estrutura executiva e, segundo aseguran, "cumprir co mandato" da asemblea estatal coñecida como Vistalegre II. Nun comunicado, a dirección recordou que Santos xa fixo pública a data para celebrar a votación (25 de marzo) e que esta "se axusta en tempo e forma ao establecido". O sector crítico elixiu seis novas secretarías das 14 actuais, unha dirección alternativa onde as persoas afíns a Santos manterían oito postos, segundo recolle Europa Press. Nela, Ares Jiménez ocuparía o cargo de secretario de organización, desprazando o deputado de En Marea no Parlamento galego Juan Merlo, que sinalou que o grupo da convocatoria "foi amoestado pola Comisión de Garantías o pasado mes de Decembro exactamente polo mesmo movemento realizado hoxe". A dirección considera a reunión "unha irresponsabilidade e deslealdade" e chamou a cesar "o ruído" dos críticos porque este "só favorece ao argumentario dos medios afíns o PP e o propio PP ao trasladar á opinión pública unha imaxe de divisións e permanentes discrepancias". Porén, a executiva alternativa trasladou os acordos á dirección actual e 48 horas para participar na votación.
NOS_45973
O segundo accionista da multinacional galega, Carceller, enfrontado ao presidente, ten alianza con Oetker, grupo clave no sector europeo
Pescanova está nuns días cruciais para o seu futuro: auditorías de contas, xuntanza con acredores,... E todo iso mentres na cúpula segue a se afondar a fenda aberta entre algúns dos principais accionistas. O segundo accionista de Pescanova, Grupo Damm e Demetrio Canceller, xa solicitou por tres veces a revogación do presidente, Fernández de Sousa. Petición en balde, pois De Sousa-Faro conta non ten intención de demitir e conta co apoio da maioría do consello. Mais pode haber novidades ou factores que varíen a correlación de forzas. Así, e segundo informa Economía Digital, Callecer conta cunha baza de peso: o grupo Oetker, todo un xigante da industria de conxelados e do transporte marítimo. Oekter ten unha participación do 25% en Damm, que é o segundo accionista de Pescanova De peso Así, e segundo sinala o mencionado medio dixital, Oetker ten en Damm (que é o segundo accionista de Pescanova) unha participación do 25%, sentando no consello de administración do grupo cervexeiro. Oetker "é líder no se país no segmento de comida conxelada (facturados 10.011 millóns de euros en 2011), unha especialidade de Pescanova,e tamén controla, a través de Hamburg Süd, a maior flota navieira de Alemaña" (160 barcos, 4.500 traballadores). Cinco Días, que estableceu unha comparanza dos tres grupos, xa pronogsticou que a crise de Pescanova implica a tres das familias con máis poder no negocio europeo da alimentación. Acredores A banca acredora mantense á agarda de que Pescanova lle presente as contas, que algunhas fontes indican que pode conter unha débeda de máis de 2.500 millóns de euros. Unha vez que as teñan, dará inicio da renegociación da débeda. Pescanova está agora sometida a dúas auditorías, a de BOD e a de KPMG, esta segunda encarregada pola banca acredora. KMPG foi a que avaliou o proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, dando o visto bo e mesmo asegurando que sería rentábel en poucos anos.Cobrou un millón de euros por ese informe.
PRAZA_2004
A Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso) elaborou nos últimos meses un documento que analiza a normativa e a aplicación desta renda social e que ofrece unha serie de suxestións para un labor de inclusión máis axeitado.
A aplicación da RISGA (Renda de inclusión social de Galicia) veu espertando numerosas críticas nos últimos anos, tanto nos propios usuarios e usuarias coma nos traballadores e traballadoras sociais e entidades de apoio. A crise económica obrigou as distintas administracións a elevar os fondos que destinan á Risga, pero as críticas van máis aló da demanda dun incremento orzamentario e céntranse tamén no proceso que permite aos posibles beneficiarios acceder a estas axudas. Atrasos na concesión (en ocasións superiores aos seis meses), atrancos burocráticos, deficiente coordinación entre administracións e a necesidade de que as situacións de exclusión se aborden de forma "integral", abranguendo accións formativas, de inserción laboral e de acceso a vivenda, son as principais reivindicacións. Proserso elaborou, coa experiencia directa de traballadores e traballadoras sociais de toda Galicia, un documento que analiza a normativa reguladora da Risga e a súa aplicación "Pedimos que os Concellos non se deixen caer na trampa da emerxencia, na trampa do asistencialismo", demandaba hai uns meses Xosé Cuns, director de EAPN-Galicia, incidindo na necesidade de aplicar unha verdadeira política de inclusión, que vaia á raíz das causas da pobreza. De igual xeito, en xullo a Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso) esixía "persoal especializado nos servizos sociais", un reforzo nestas áreas, que en ocasións pasaban a ser xestionadas por traballadores sen experiencia específica nestas cuestións, que van máis aló de "tramitar unha axuda económica". Alerta de que a ausencia de desenvolvemento regulatorio provoca "unha desprotección total das e dos potenciais beneficiarias e beneficiarios de Risga e a non homoxeneidade nas resolucións das diferentes áreas territoriais" A Risga é unha axuda "que necesita duns coñecementos específicos da materia e da poboación coa que se está tratando e dunha gran coordinación entre os concellos e outras administracións, esixe un control moi grande dos servizos sociais e un gran coñecemento das prestacións", explicaba unha das voceiras da Plataforma. "Antes, cando unha persoa solicitaba a Risga, non só se activaba esta axuda, senón tamén se poñía en alerta a todas aquelas institucións e asociacións e a todos os mecanismos que a esa persoa a poden axudar a saír desa situación na que está", engadía. "Estanse incumprindo reiteradamente os prazos establecidos, así como a norma do silencio positivo e concesión de atrasos" Proserso elaborou, coa experiencia directa de traballadores e traballadoras sociais de toda Galicia, un documento que analiza a normativa reguladora da Risga (nomeadamente a Lei 10/2013, de inclusión social de Galicia) e a súa aplicación, ofrecendo unha serie de suxestións para a súa mellora e a redacción do decreto que a desenvolva. O informe complementa o texto (Por unha RISGA efectiva) que o pasado ano realizou EAPN-Galicia a partir de entrevistas con 74 profesionais e beneficiarios. Nove medidas Desenvolvemento regulamentario. Proserso destaca que aínda "en numerosos apartados da lei consta o 'establecerase regulamentariamente'", "como isto non se fixo" -denuncian- "prodúcese unha desprotección total das e dos potenciais beneficiarias e beneficiarios de Risga e a non homoxeneidade nas resolucións das diferentes áreas territoriais". Atrasos. A plataforma alerta de que aínda que a norma (artigo 37) "establece os prazos de resolución así como as consecuencias do silencio administrativo", na práctica "estanse incumprindo reiteradamente os prazos establecidos, así como a norma do silencio positivo e concesión de atrasos". Explican que "se require documentación tempo despois de transcurrridos os tres meses" e "non se conceden atrasos tendo en conta realmente a data de presentación do expediente completo, senón a data na que se achega a nova documentación requirida, moitas veces documentación realmente non necesaria ou que xa obraba no expediente". Tamén denuncian que "os recursos presentados por este motivo son desestimados incumprindo frontalmente o establecido nesta normativa" e que "se realizan mesmo retroaccións nos recursos que incumpren totalmente a lei do procedemento administrativo". Debe haber "unha axeitada e organizada coordinación e non unha mera transmisión de datos", din Coordinación. Proserso sinala que a lei (artigo 24) establece a transmisión de información entre os servizos sociais e o Sepe "sen establecerse de que modo será esa coordinación". "Entendemos que debe ser unha axeitada e organizada coordinación e non unha mera transmisión de datos", destacan. Persoal especializado. A norma esixe (artigo 39) a existencia "con carácter permanente" de "unidades técnico-administrativas de apoio ao órgano de resolución, integradas por persoal técnico experto en servizos sociais". Proserso denuncia a súa ausencia na provincia da Coruña e demanda que estes organismos "conten co maior número de traballadoras e traballadores sociais posibles". Vivenda compartida. Aínda que a lei recolle a posibilidade excepcional de que se concedan dúas Risgas nun mesmo domicilio cando "unha persoa con cargas familiares non compartidas se ve na necesidade de acollerse noutro fogar independente", Proserso alerta das dificultades que os e as perceptoras de Risga atopan para afrontar o pagamento en solitario dun aluguer, o que as leva en moitas ocasións a compartir vivenda con outras beneficiarias da renda. A plataforma pide que a normativa relaxe as esixencias neste punto, permitindo a convivencia nun mesmo domicilio de dúas persoas perceptoras, independentemente das súas cargas familiares. Demanda unha maior concreción na lei, de xeito que se asegure o seu carácter garantista Persoas con fillos e fillas ao seu cargo. Subliñan que a lei (artigo 17) "deduce da contía correspondente de Risga prestacións económicas por fillos ao cargo" e recomendan que se inclúan "como exentas de dedución desta prestación" as prestacións por acollemento familiar "para que realmente estas prestacións poidan ter a finalidade para a que se crearon e poidan cumprir os obxectivos previstos sen discriminar precisamente as familias en situación de maior precariedade económica". Embargos. Ademais, demanda unha maior concreción na lei, de xeito que se asegure o seu carácter garantista. Por exemplo, aínda que a norma afirma (artigo 6.3) que esta renda "non poderá ser obxecto de embargo ou retención", dende Proserso sinálase que "na práctica diaria obsérvase como en diversas ocasións si está sendo obxecto de embargo", polo que pide "a execución das medidas oportunas para que a prestación non poida ser efectivamente obxecto de embargo". Chabolistas. A entidade critica a denegación da axuda a chabolistas en base aos "antecedentes" que constan na xefatura territorial en canto a anteriores percepcións de Risga. "Non se atenden a criterios sociais nin se respecta o dereito á reinserción social nin a normativa vixente", destacan. Tamén se alerta da "extinción a chabolistas aínda que se cumpriran outros obxectivos, por non teren abandonado o asentamento". Tamén fan fincapé nas extincións e denegacións da Risga que sofren outras persoas e colectivos "sen coordinarse en absoluto coas e cos profesionais de referencia" Extincións. Tamén fan fincapé nas extincións e denegacións da Risga que sofren outras persoas e colectivos "sen coordinarse en absoluto coas e cos profesionais de referencia", unha coordinación "que evitaría numerosos recursos que con posterioridade en numerosas ocasións son estimados" pero que xa tiveran como consecuencia "unha ruptura do proceso de intervención social e unha desprotección económica, así como en certas ocasións unha ruptura da confianza co seu profesional de referencia".
NOS_55084
Anfaco reclama a suspensión da DOP, denuncia o Consello Regulador do Mexillón, nunha actuación que "podería inducir á prevaricación".
A sentenza firme que ditamina que ningúnha conserva de mexillón pode facer referencia á orixe galega do produto se non está amparada pola Denominación de Orixe Protexida cabrea, e moito, á gran patronal conserveira, Anfaco, que sempre quixo que esa DOP se limitase ao mexillón para fresco e non afectase á industria conserveira. Un criterio que a xustiza botou pola chan. O secretario xeral de Anfaco, Juan Vieites, a raíz da sentenza, manifestou que esa resolución vai levar a aque "en 3 ou 5 anos" non se enlate mexillón galego e que se use "doutros países". Para o Consello Regulador do Mexillón, "estas manifestacións poderíanse considerar como recomendacións colectivas aos seus asociados para que executen tales indicacións e, en consecuencia, ser pacto colusorio, o que vulneraría a Lei de Defensa da Competencia". Xuntanza Anfaco convocou na súa sede de Vigo a produtores de mexillón, asegura o Consello. Nese encontro, indica, encabezado polo propio presidente da patronal, Jesús Alonso, presentouse aos produtores á sinatura un documento dirixido á Consellería. "A primeira reflexión que xorde é a coacción exercida polo poder de compra para conseguir tal declaración. Nese escrito solicítase á Consellería do Mar a tramitación dunha suspensión da DOP, temporal e con carácter cautelar. Todo parece indicar que o escrito é unha incitación á Consellería a tomar resolucións inxustas e contrarias á Lei (prevaricación)". O presidente de Anfaco é o responsábel da principal empresa conserveira de mexillón de Chile (produto que se vende en conservas como galego,como denuncia o sector), e que á súa vez é interprovedor dunha gran cadea de distribución.
PRAZA_498
Revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor
Día de andar pola rúa, en trámites. Andei pola rúa para fuxir dunha oficina escura, que me abafa. Non soporto a prepotencia do Escuredo, o seu BMW e as constantes letras de cambio a renovar; aborréceme a voz da Nucha e a súa fala desclasada, copiada do bo dicir dun colexio de monxas pago con privacións da familia. Crucei na rúa co padre Sobroso, en roupa de varón normal pero aínda cheirando a incenso e santos óleos. Nunca lle perdoarei o mal que me fixo no confesionario e no seu despacho co cristo lúgubre a un canto: ese crego maldito quería meter na miña alma de neno a seguridade de que un israelita iluminado era fillo de Deus, que Deus era unha realidade comprobable ("cien-ti-fi-ca-men-te, Xoán"), que a Deus se chegaba por Xesús de Nazaré; que todo, o mesmo azar, a selección impertérrita da especie que mata ou deixa vivir sen dar explicacións, formaba parte dun plan divino. Mirámonos pero non nos dixemos nada. Sepárannos case vinte anos de vivencias e el sabe que eu xa descubrín toda a súa mentira cristiá, eclesiástica. El tampouco cre nas imbecilidades que pregoa, pero non ten a onde ir. Algún día heime parar con el e dicirlle que agora somos irmáns, xuntos no medo á morte e na pregunta sen resposta: Deus. Despois do crego, vello, magro, corcovado, atopei o Xoán Manuel Couce, pletórico, rubio, prototipo de comedor de callos feliz. Saudoume cun vozarrón gordo que me levou a unha excursión en lancha polo río, o Xoán Manuel a cantar o "Velaí vai", rindo, bebendo, chuchando a graxa dunha patela de asar sardiñas por unha aposta de corenta pesos. Recordoume a náusea contida, o baño, a pelexa entre mozos e mozas cos restos da comellada, a volta, todos fedendo a sardiña, a lancha ateigada, mal gobernada, que metía auga. Naufraxio, e non era broma. Salvamento aos berros, o Couce atronando a ribeira, as rapazas preocupadísimas polas súas bolsas. Eu, rescatando a da Marga. E, ao final, o baile, todos mollados e espelufados... Marga, Margarita a veraneante. Nese bailongo empezamos. Esta mañá de primavera hipotética de 1978, por culpa do Couce, asaltáronme lembranzas do verán do 68. En canto me preparaban as pólizas no estanco, Marga tomou forma a estreitarse contra min na verbena da vila, a bicarme na porta do seu chalé con intención de que non o esquecese. Ata Madrid. En Madrid, máis; e máis porque viviamos en colexios próximos, á vista. Pedinlle un grande favor a un amigo rico, con piso propio. Pedíanllo moitos e só esixía coidado co horario e limpeza no cuarto emprestado. Deixárame un sobre no bar de embaixo con chave e nota prosaica sobre a roupa de cama. A Marga sabía coma min ao que iamos, para alén de todo, así o mundo afundise... En canto hoxe o lembraba, desapareceron a beirarrúa que estaba a pisar, a rúa, os coches e os carteis contra os vertidos radioactivos. Moi lonxe, cun ollar cego de pálpebras apertadas, a Marga recoñecíame que lle estaba a dar a vida nese momento: "Ai, miña vida, Xoanciño, mi vidiña, mi vidiña, ai...". Ela viraba a cara para os lados e eu paraba sabendo que non resistiría máis. Esperaba desexando comezar de novo. A almofada estaba manchada de rimmel. Mirei a Margarita enteira na penumbra: pel pálida e cabelo castaño-vermello, os ombros redondos e os peitos aplanados, as rosetas a proxectar as puntas suplicando lingua; e o torso que se ía estreitando para o monte dos cadrís; as pernas torneadas e tersas, entreabertas, o velo delicioso do pube a ocultar o absurdo obxecto dun gozo absurdísimo, húmido, zumegante, que vence a vontade do varón. En fin. Camiñando, tentando evitar calquera vulto de muller que me lembrase a palidez de ollos negros da Margarita (que se me foi para sempre cos restos derradeiros da pubertade), imaxinei o Barros ao teléfono suxerindo nomes para o xurado do concurso de novela... e case me entrou un calafrío polas costas ao pensar que se nese xurado non aparecese o Mourín... Pero non, non terían tan grandísimos collóns como para armaren tal xogada, non, señores, non. Non podían maltratar así o fato de parvos que, coma min, andamos a facer un esforzo grande e grave na esperanza (na seguranza, os máis idiotas) de que o seu sexa merecente do premio. ¿Un premio para encher o peto do Alberto Mourín? Tamaña fraude... E nesta circunstancia foi como atopei o Avelino, nun momento en que o sol furaba as nubes e convidaba a saborealo. O Ave, arredondado polo seu sedentarismo de cirurxián, acurralaba contra o granito do edificio de Correos un tipo delgadiño, citrino, co cabelo corvino cortado xusto por cima das orellas e unha chaqueta de lapelas que semellaban ás para voar. Achegueime a eles; o tipiño viume vir e deu mostras de inquedanza. O Avelino berráballe: –Tes demasiada cara, Vilela. Es capaz de irlle vender un aparello ao arcebispo para que vexa se as hostias levan Cristo dabondo... Nada, Vileliña, nada. O vendedor denunciou a miña presenza coa vista, tendeulle a man ao doutor Avelino Cagigao e fuxiu. O Ave virouse para min: –Carallo, Walter Scott ao axexo... ¿Que hai, ho? –Moito lle berrabas ao coitado... –¿Coitado? Chámalle burro ao cabalo: non é que me viñese ofrecer unha comisión, senón mira que fillo de puta é, que me ofrecía repartirmos unha comisión polos pedidos de material funxible que non sirvan ao quirófano e eu non llos reclame. –Italia é un país de mafiosos. –E viciosos. Por iso os españois os vencemos en Guadalaxara. –Pois si. Vaille preguntar ao pai do Luís... ¿E que hostias fas ti pola rúa a estas horas? –Anoite tiven garda no hospital. Vou ao notario. –¿Botámoslle un grolo? –A ver que hora é –deixou ver un Rolex de ouro oculto baixo o puño da camisa, e agachouno rapidamente; mais decatouse de que llo vira e de como sorrín–. Imos logo... ¿Que hai do teu amor americano? –¿Do Fermín? –¿Tes outro? –Anda con moita papelada, seica. Como demore en vir, non chega ao festival preautonómico. Ten que ser un cristo desmontar a casa nos Estados Unidos e vir para aquí... ¿Entramos nesta cafeteriíña? –Vale... Boas, Martini con xenebra. ¿E ti? –Tamén. Outro, por favor. Había dúas rapazas e dous rapaces vestidos de punkies provincianos. Un dos mozos, moi moreno e co cabelo tinxido de louro sobre as tempas, levaba unha radio portátil, desaforada, chea de botonciños, que afortunadamente escoitaba con auriculares. Lembrei a miña narración do "Radiolar"... O Ave disparou: –Cando sexamos vellos, as nosas pensións van depender deses fillos de puta de hippies. –Punkies –corrixino, e calei que pouco lle vai preocupar a el a pensión cando se retire. Mellores rendas terá como siga rachando cristiáns... –Ave, ¿e tes as mans aseguradas? –Teño, si... ¿Que tal a Ana? –fuxiume. –Ben. Demasiadas clases. –A xente ándache tola co do inglés. –Anda, anda. Non tiñamos nada que falar. Rematamos logo a bebida con promesa de xuntarmos as familias nunha próxima fin de semana (o cal non faremos, porque eu irei cos meus vellos xantar na aldea mentres o Avelino pasa o domingo en pixama, lendo libros e revistas de cirurxía). Paguei os Martinis. Os punkies mirábanse calados cando saïamos. Eu olleinos desde a rúa, querendo ser punky, querendo estar coa Marga nun niño alleo, exercendo un dereito que se perde cos anos, demasiado cedo e para sempre: o de gozar sen pensar. Como xa era tarde, decidín non volver pola oficina; ou sexa, faltar aos meus deberes, o cal me molesta aínda que os meus deberes sexan unha merda. E fun onda o Luís á Delegación de Industria (ao Escuredo interésalle que eu cultive a amizade cun home ben colocado nesa delegación, que dá subvencións e permisos). O meu amigo tiña xente á porta do escritorio mais dispúxenme a esperar. Tirei o xornal da carteira e pasei follas irritantes, abafantes, demostradoras de que imos a peor, abocados á verdade que antes non nos deixaban entrever. Con Franco estabamos moito mellor, porque as ilusións valían para lamberse, eran a droga cotiá. Viviamos ilusionados. O noso Kepa morreu antes de tempo. Agora seguiría a tramar complots, atentados, secuestros... Puta UCD, son os de sempre. Kepa. Cos ollos perdidos sobre un artigo da Maruxa Veiga ("Día de trabajo en mi despacho del Parlamento") vinme en Madrid, nun inverno irrespirable de canos de escape e calefaccións. Á desesperada, eu marcaba un número de teléfono, o da miña irmá casadiña co engominado. "Dígame". "Carmela, ¿está o teu marido?" "¿Queres falar con el?" "Espera... Mira, Mela, desde que eramos pequenos nunca che pedín un favor así, muller... É que teño un amigo que o anda rastrexando a Social. É un rapaz vasco... Se puidese durmir un par de noites na vosa casa... Fala co Miguel". "Non penso facelo. E non nos comprometas". "De vós ninguén sospeitaría". "Que non, Xoán". "Non sexas cagada, Carmela, hostia". "Que non, Xoán; e a ver cando paras coas imbecilidades da política. Mira o que lle pasou ao avó, e aos tíos..." "Cagona filla de puta". "Estás tolo, ¿que me dis?" "O que escoitas, cagoendiós; e, se queres, cóntallo a papá, a ver se me castiga". Kepa. Esa detención marcoulle o camiño: logo dela, o monte, a metralleta... –Luís, estou aquí –avisei o teatreiro funcionario, que saía co último visitante, a riren os dous un riso frouxo, tal vez final do que foran gargalladas. –Caramba, don Xoán Castro Méndez, ínclito novelista... Entra –e, ao pasarmos por diante da súa secretaria, púxose serio–: Lucía, dígalle ao do Ministerio que sigo ocupado, que o chamamos mañá á primeira hora... Senta, senta, que che vou contar o chiste que me contou ese que acaba de saír... É de Franco. A cousa ocorre dentro de sete anos, en 1985. O vello xa leva dez no caldeiro. Pacta co demo para que lle deixe saír o 20 de novembro, a ver como andan isto logo dunha década. Colócanlle o abrigo verde de facha, as gafas escuras, o chapeu de cazador e, zas, á praza de Oriente. Ponse por alí a dar voltas, esperando a manifestación de lembranza e nada, nada de nada... Fártase de esperar e vai para un bar e pide un cortado. Pregúntalle ao camareiro se non vai haber manifestación e o tipo dille que iso era antes, que agora non se fan... Daquela o vello pregúntalle polas folgas e o outro di que nada, que non se arman . ¿E o goberno, que tal? Moi ben. ¿E o paro? Xa non hai diso... Entón, o vello, medio cabreado de que todo andase tan ben e non o lembrasen, acaba de beber o café dun grolo e di "¿Que lle debo?", e o camareiro dille "Sonlle dous rublos". O Luís riu forte e eu seguinlle o riso; pero, segundo ría, ía matando aquel rebento de diversión porque os tempos do vello tiranete non voltarán e porque nada nos asegura que en 1985 non esteamos a pagar en rublos os cafés. O amigo inseparable e histriónico viu extinguirse a hilaridade no meu rostro e quixo introducir un elemento de interese diferente na conversa de fin de xornada matinal: –Supoño que xa leches o xornal. –Estábao mirando mentres esperaba. Quedei nas fazañas hemicíclicas de dona Maruxa Veiga. –Pois xa verás na sección de Cultura o que escribe o Mourín: un artigo histórico. Descóbrelle ao pobo ignorante deste impaís que no Brasil hai marabillas de literatura. Mesmo menciona o Guimarães Rosa, tan ben coñecido polo grande académico Pais Cornide... ¿Acabaches de ler os "Soños" mourínicos? –Vaiche boa, Luisiño. –¿E que? –Un bluff: o que temín ao empezar a lelo. Iso non é novela. Non ten trama. O tipo non sabe como diaño acabar a historia e mete o da viaxe astral do protagonista. –Si, pero, malia esa tolería, a historia é reflexo da vida, Xoán, que é o que importa. O curioso é que o Mourín, que tanto critica os demais, non vexa que o seu, o que borda o cabrón, é precisamente o realismo do principio desa novela, que si é novela, porque novela é todo; e si conta unha historia, aínda que se trabuque ao final... Pena que non tire coa pipa e as fantasías... Por certo, anda todo cristo a preparar novela para ese concurso... ¿E ti? –Non sei aínda o que vou facer. –Pois, carallo, vas ter que bulir, que por moi rápido que escribas... ❧ O ABRIGO DO SOL – Capítulo 4º O abrigo do sol Seguiron a camiñar, mais agora alertados. Corcovinha e Faca Longa sabian o que significaba o aviso da muller de corpo lindo e ollos grandes, furadores. A floresta é o mellor lugar do mundo para un inimigo sigiloso se agachar: os fustes das árbores, as raíces que fan de contrafortes... A Valquíria e eles, que foran escravos do mato, gardaban siléncio e axexaban, a carabina pronta a disparar. A branca pálida e os morenos, fillos dos negros de outrora, temian o índio astuto, o arco, a zarabatana, a frecha, o dardo envelenado. O capitán e o profesor parecian ignorar o perigo, marchaban e falaban. –Foi un canal, faga-me caso –dicia o home dos lentes grosos–. Era para seguir navegando cando baixaba o nivel das augas. Ao longo dun canal o terreo pode variar de características. Por iso, cando non se mantén a obra, unhas partes se derruban máis rapidamente que outras. Iso é o que produce esta sucesión aparente de lagoas estreitas, e ja viu como unhas son máis fondas ca outras... Ora, imos ver como acaba esta sucesión delas. E acabou, na maior de todas as láminas brillantes vistas naquela marcha. O espello de auga mansa facia arco arredor dunha grande mole de pedra con covas a rente da superfície. –Todo coincide, Ribeiro –sentenciou o profesor–. Esas grutas son as mansións dos morcegos defensores do templo –e foi estreitar a man do capitán. Ambos sorriron marabillados, contentísimos. Mália a suor, o español acorporado e o portugués fraquiño apertaron-se sen nojo. Despois sentaron na herba da beira da lagoa e mandaron aos demais tomaren descanso. Abriron cantimploras e petacas de whisky. A gringa achegou-se-lles pero non sentou; mantiña-se de crequenas como os índios, lista para erguer-se. Da mochila tirou unha cámara e fijo fotos. Falaba en gringo cos chefes, nun ton e cuns acenos que inducian a imaginar diferenzas e adverténcias. De súpeto a muller ergueu-se e pujo-se a rodear a lagoa, coa vista no pelouro que non deixaba ao mato medrar, rocha gris á que se agarraba algún felgo desesperado. O capitán Ribeiro e o portuga pitoño continuaban bebendo e fumando, en aparéncia indiferentes á descuberta pola que trillaran a selva bruta. O Zé Corcovinha sentiu curiosidade polos ocos que tiña enfronte e os morcegos que alá puidesen estar, bichos estraños, pendurados cabeza abaixo. Levantou-se, cortou unha vara máis alta ca el e usou-na para tentear o fondo da lagoa. Comprobado que mal afundiria ata a cintura, arriscou-se a cruzar cara á rocha; e nese mester viu como o Leô Faca Longa se botaba a contornar a lagoa polo lado oposto ao que exploraba a moza. Prudente, o compañeiro nos traballos de caucho e diamantes avanzaba coa carabina e o machete a jeito. Naquela lagoa non afogaba un gato, pensou o Zé segundo a pasaba. Se algunha vez fora un fojo –coma os das fortalezas nas costas da sua terra–, o mato enchera-llo con raíces e restos de plantas que podrecian e facian lama. Ja no céspede arredor da rocha reparou nunhas formas gravadas sobre as entradas ás covas, difíciles de ver polo musgo. Partiu un anaco da vara e con el repasou as marcas na pedra. Ao pouco aparecian figuras repetidas: a lua, morcegos e homiños tan pequenos coma os bichos da noite. Entretivo-se con aquela tarefa, a revelar cousas de gente índia que teria andado por alí. Ou que poderia seguir andando, ainda que tanto musgo falase de abandono... –Zé, ¿que está descubrindo? –preguntou-lle o piloto, ja en pé, quizais reposto da camiñada. –Debuxos de morcegos, capitán. Veña ve-los. O capitán achegou-se. O profesor seguiu-no mochila ao lombo. Ambos cruzaron a lagoa sen dificultade, ficaron a contemplar os debuxos que o Corcovinha limpara de musgo e lanzaban gargalladas coma parvos. O portuga quitou cámara da mochila e fijo fotos das figuras, repetidas sobre os bordos das cavernas. –Faga-me unha foto histórica, Ribeiro –tendeu-lle a cámara ao piloto e posou co chapeu na man, para que se lle vise ben a cara miúda con barba branca. A seguir, con aquel espírito de brincadeira en que andaba, tivo a ocorréncia de meter a vara do Zé nunha cova e sacudi-la dentro. Armou-se un estrondo terrorífico, de bater de ás e chios. Dúcias de morcegos grandes coma ratas aventuraron-se á luz do dia chocando cos homes que os importunaban. Ribeiro afastaba-os ás manotadas; o portugués riu tolamente cando un bicho nojento, con dentes de lobo miúdo, lle tirou os óculos. Foi tan grande o barullo, e tamaña a impresión, que os humanos perturbadores da paz dos animais non escoitaban os gritos de júbilo da Valquíria. –¡O abrigo do sol! –anunciaba–. ¡O abrigo do sol! ¡Estamos no abrigo do sol! ¿O abrigo do sol? Mais, ¿que diaño era iso? Fose o que for, o Corcovinha seguiu os chefes, quen cruzaron a lagoa sen moito pensaren o que facian e deixaron-se guiar en terra firme pola gringa. A grande poza rodeaba a pedra, estreitando-se contra ela a cada paso ata morrer nunha explanada de herbas altas. Aí a rocha tomaba a sua altura maior e cortaba-se coma un cantil inclinado cara ao chan, cóncavo, que ao Zé lle pareceu o interior dunha cuncha de pedra gigantesca. A superfície da cuncha aparecia limpa de musgos, clara, gravada con trazos escuros de soles e outras figuras que non se entendian. O capitán devolveu-lle a cámara ao profesor e ficou a ollar aquel mundo de cousas raras pasando a man pola barba entre roxa e negra, de vários dias. O profesor deu en mover-se quitando fotos. O Faca Longa tamén se movia, mais por preto da cavidade, osmando nela. O sorprendente foi ver a Valquíria chorando. –Non chore, Úrsula –con ese nome o profesor dirigiu-se a ela–. Pense na sorte que tivo de dar co sítio; e faga moitas fotos. Jamais puiden pensar que neste lugar fosen coincidir duas lendas, as nosas duas lendas favoritas, as lendas das nosas vidas –tirou a suor da fronte co canto da man, limpou os óculos coa camisa e agora dirigiu-se ao piloto–: O que oíu, Ribeiro: unha coincidéncia marabillosa, se a é; porque isto é o Abrigo do Sol, que aparece en moitos documentos desde comezos deste século. Ora, pode ser tamén o que viñemos buscar... Eses soles non son só o noso astro rei. Son estrelas. Estamos ante un mapa sideral... e... observe a liña vertical gravada na pedra. Penso que... Si, si... Temos o norte ás nosas costas, ¿non? –Temos –confirmou o piloto ollando o compás. –Pois escoiten o que lles digo –o profesor ollou a tal Valqui, Valquíria ou Ursa, que limpaba os ollos coa manga da camisa–. Vejan: esa liña rebaixada na pedra marca as alturas máximas do sol ao longo do ano. É curta porque estamos moi preto do ecuador e apenas hai diferenzas entre solsticios... Apostaria a que o rebaixe soportaba... –Espellos, ou algo que reflectia o sol –rematou o piloto. –Exactamente, exactamente –interveu a moza, reposta. Calou e fijo unha foto–. Espero que me saia ben. Quigen coller a liña e esa pedra grande, aí, no médio, adiantada, desprazada con relación á parede curva... Todos os relatórios das expedicións parten da idea dun altar onde se reflectia o sol. –Claro, claro, é a teoria da parábola, a parábola e o seu foco –proclamou o portuga e ao Zé Corcovinha pareceu-lhe que falaba como un crego na igreja, do Evangeo. –¿Onde vai o Leô? –preguntou a Valquíra. En todas as facianas houbo gesto de sorpresa; e a seguir ela avanzou cara á tal pedra-altar, que podia tapar-lles a vista do compañeiro, quizais caído por tras. Alancando, a moza desabrochou a pistoleira que levaba ao cinto; e logo a sua voz resoaba na cuncha de pedra–: ¿Que anda a facer, animal? ¡Pare! ¡Pare ou meto-lle un tiro! Os tres homes precipitaron-se para onde ja se vian a branca e o moreno, enfrontados, ela de pé, revólver na man; el, de geonllos. No chan areoso, da mesma cor da rocha, via-se un leito de plumas de cores vivas. Nel habia... ¡láminas de ouro con gemas engastadas! O Leô delatou-se pola faca que tiña na man e mais polo siléncio: cacharan-no tentando arrincar do ouro algunha pedra. Ribeiro ergueu do chan o moreno, cujos ollos faiscaban de cobiza. Do colchón de plumas levantou as pezas do metal que sempre brilla, e colocou-nas no altar. Agora todos os ollos contemplaban, abraiados, as láminas de ouro, estreitas, longas. Median vários palmos cada unha e sostiñan decenas de pedras de cores variadas. Ao profesor con gafas durou-lle pouco a contemplación a simple vista. Flanqueado pola moza e o piloto –eles con cadansua pistola na man–, tirou da mochila un lente de joieiro e foi ollando polo miúdo as pedras preciosas. Cando concluíu a inspección, deitou cabeza e brazos sobre o achado e así permaneceu uns minutos que aos demais se lles farian inacabables. Ao incorporar-se, dijo algo estraño: –Señores, agora sei o que deberon sentir os egiptólogos cando se viron fronte aos tesouros das pirámides... Úrsula, fagamos fotos e medicións –e terminou falando en gringo. –Leô, Zé, vaian recoller –mandou o capitán–. Temos que fugir de aquí. Isto é lugar sagrado de índio. Obedeceron, o Zé coa sospeita de que o amigo arrincara algún garavanzo das chapas de ouro. O Leô apuraba moito dando a volta á lagoa e o Zé seguia-o con necesidade de lle preguntar. Mais non tivo ocasión pois, cando chegaron a onde deixaran os trastes, o Faca Longa botou a correr para dentro do mato. –¡Ei, Leô, ¿que fas?! –o Corcovinha quijo rete-lo, razoar-lle– ¡Espera aí, non sejas tolo! ¿A onde vas? –os seus berros apenas resoaron nas galerias de árbores entre os gritos dos paxaros e os macacos. ¡Oh, Deus! O Leô enlouquecera coas gemas que teria apañado coa faca, e non lles sabia o valor porque non as mirara co lente fino, como o portuga. Quizais non valesen unha fugida deixando gente en terreo perigoso. O Faca Longa equivocaba-se. O comportamento do capitán era raro, e tanto falaren gringo os patróns indicaba que gardaban un segredo desde o princípio da expedición: sabian que naquel "abrigo do sol" habia un tesouro, un tesouro enorme... Pero non ian ser tan fillos de cadela como para non lle daren o quiñón a quen os acompañara. Non eran esa clase de gente. Non. Algo lle habian dar de agasallo a un ajudante se non os abandonaba. El non ia fugir. Levaba anos ajudando o capitán Ribeiro. E pujo-se a recoller os tarecos, agardando polos chefes. Entón soaron tiros da carabina do Leô. ¡Alarma! O fugitivo podia ter topado con índios, celosos do seu território e, aínda máis, das suas cousas de bruxeria. Os desalmados eran coma os bichos que defenden o niño (e aquel leito de plumas con ouro e diamantes podia ser para eles coma o Meniño Jesús no berce de palla para os cristiáns). Agachou-se entre as raíces dunha árbore, afinando o oído, o dedo no gatillo da carabina; e non tardou en sentir pisadas dos compañeiros daquel mergullo no mato que podia acabar mal. Avanzaban a paso medido, o piloto e a Valquíria ollando en volta, pistola na man; no médio deles o profesor coa mochila, onde viria o tesouro. Cando ja estaban a poucos pasos do refúgio do Corcovinha, duas frechas erraron o albo do corpo do capitán e foron cravar-se nun tronco próximo. Ribeiro refugiou-se tras doutro tronco e disparou na dirección de partida das frechas, que viñan do alto; a muller imitou-no; o Corcovinha, tamén. Sentiron-se quebrar pólas e unha batida nas follas do chan. Alá ia o arqueiro... e nun instante o Zé Corcovinha viu-se no pasado, no seringal, na soidade do seu posto ignoto, a infinita distáncia do seguinte posto con gente; e recordou-se camiñando na selva á procura dun compañeiro co que beber cachaça, fumar e falar das saudades das terras própias. Mais ao final da camiñada atopaba un corpo podre, atravesado de frechas... A esas mortes chamaban-lles "avisos"; cando os índios arteiros consideraban que os cristiáns avanzaran de máis na cobiza das árbores da goma, mandaban un "aviso" que enchia o persoal de medo. –Leô, Zé, recollan; e arreando –chegou a orde do capitán–. Non esquezan nada das latas e da munición. O Zé xurdiu do escondedoiro. Con movementos de gato trouxo para alí as mochilas, encheu a sua de latas de comida e paquetes de cartuchos, e endereitou cara á liña de lagoas. Ja lle virian os outros atrás; ja os conduciria el de forma que nunca saísen ao aberto, onde os arqueiros podian abate-los. Alancou ollando onde pisaba para que non soasen os ramos e as follas, e, escoitando arredor, comprobou que alguén o seguia tan sigilosamente coma el: a Valquíria, cun ollar própio de onza en alerta. Ben, a pos dela virian os homes. O profesor e o capitán sabian andar pola breña e ja lles pasaran as ganas de brincadeira. Máis nada de risos, palmadas e felicitacións. A suor do esforzo e o medo levantaba a sede; e a sede facia esquecer a fame polo momento. Levaban moitas horas sen comer e ian ter que aguantar ata que se figese noite. Sorte se os índios gañaran medo das armas de fogo ou se cansaban de segui-los. ¿Por que teria disparado o Faca Longa? Non tardou en sabe-lo: manchas de sangue nas follas do chan e contra algunha árbore figeron-no pór en alerta. Agardou pola Valqui, a quen lle fijo sinal de ollar e calar. Esperaron polos compañeiros. Juntaron-se todos para continuaren avanzando á espreita, arrimando-se a árbores diferentes. –¿Onde vai o Leô? –preguntou o capitán polo baixiño. E o Zé apuntou para un corpo de índio sen máis roupa que unha cordiña á cintura coa que amarrar o membro de macho. Fora morrer apoiando as costas nun tronco. Aínda manaba sangue polo burato que lle figera no peito a bala do Faca Longa. A Valquira, ou Ursa, ou como se chamase, despojou o morto de arco e frechas mentres facia, con sordina, un comentário: –Se chegarmos vivos ao rio, con isto non imos morrer á fame. –Se chegarmos, amiga amazona –bisbou o profesor–. Porque non sabemos desde onde nos veñen seguindo e ata onde nos van seguir estes indígenas. Esperemos que nos deixen vivir ata a noite. Daquela, nin os veremos nin nos van ver; pero nós jogamos coa vantage do compás do capitán Ribeiro. –Zé Bento –terzou o capitán con firmeza–. Diga claro o que pasou co seu amigo. –Que fugiu, capitán. –¡Fillo de...! –o piloto quijo berrar unha maldición mais a muller aguerrida tapou-lle a boca. Seguiu-se unha marcha para rebentar mesmo un seringueiro resistente, sempre por onde máis custase ás frechas atravesar; e sen perderen o rumbo. De cando en cando o piloto se achegaba ao Corcovinha, mostraba-lle o compás, e seguian. O sol caía, a luz foi perdendo forza. O Zé alancaba con mil ollos e duas esperanzas: que os índios non soubesen embosca-los e que non se perdese a mochila do portugués, onde iria o tesouro. ¡O tesouro! A sua avoa fora escrava nunha facenda de moitos negros que crian nos espíritos. A vella sempre falaba dun espírito ruín que facia aos homes –amos ou escravos– tolear e matar, por unha muller ou polo metal que todo consegue. Ese espírito queria agora facer que o Zé Bento Corcovinha se distraese pensando no ouro e as pedras que o portuga traía ao lombo. O malvado dicia-lle que non esperase, mansiño, polo quiñón; e Zé acariñaba o cano e o gardamato da carabina: serian só tres tiros. Con tres disparos ficaria dono da riqueza... Pero non. Nunca faria tal ruindade. A noite fijo-lles afrouxar a marcha e trouxo-lles o alívio do fresco. Habia lua dabondo como para guiar-se polo resplandor das lagoas. Sobre os infinitos ruídos da bicharada nocturna sentia-se o vento da seca nas copas das árbores. –Zé –o piloto acercou-se-lle cun falar maino–. Olle, estamos chegando ao rio... Non sei se nos vai estar esperando o fillo de puta do Faca Longa. ¿Que se lle ocorre facer para saírmos desta? O demo da cobiza novamente tentou jogar coa alma do Corcovinha; por un instante volveu pensar na carabina, como podia estar pensando o Leô. Mais foi outro espírito, bo, quen o levou a falar: –Se o Leô está á nosa espera, haberá que liquida-lo á faca, capitán; sen disparos que alerten os índios. Cando esteamos preto da praíña onde deixamos as canoas, vostede e eu pomo-nos a buscar, e que a Valqui proteja o profesor. –Se cadra, ese fillo de cadela... Se cadra... ¿Non seria capaz de fugir coa sua canoa e lanzar a nosa ao rio? –Daquela, teriamos que facer moitas leguas a pé ata a aldea de pescadores máis próxima. Ribeiro lanzou un funguido e o Zé comprendeu: os pilotos traballan sentados, o seu non son as marchas longas. Proseguiron. O luar reflectido no rio ja daba luz como para que o capitán e o Zé seguisen a sua táctica. Avanzaban eles diante, arma branca á man; atrás, o profesor pitoño e a muller de vista gatuna. Movian-se todos palmo a palmo, tentando distinguir ruídos... Nada. Non daban sentido ruído própio de gente. Os ollos furadores da moza distinguiron o que todos buscaban, e dijo-llo ao Zé na orella: –Hai unha canoa na praíña. O Zé falou ao oído do capitán e logo reptaba ata a lancha. Explorou arredor; e dentro dela. Seguia ben amarrada; tiña os remos. Non longe, na area ficara a marca da barriga doutra canoa. Non quijo pensar máis. Non quijo imaginar unha trapela. Cumpria arriscar-se e saír como fose daquel inferno. Avisou os compañeiros por toques e bisbos. Nun minuto estaban na auga, remando. Noutro saían á luz do rio. Daquela sentiron-se funguidos, picadas na auga, batidas na madeira. E un suspiro de angustia mortal. ❧ –Moi engurrado ves, Xoanciño... Dáme un bico, ho, que non é para tanto. –Ai, Aniña… –Un premio de contos… –Non é só por esa merda de premio, muller, que a min o que me importa son as novelas longas, xa o sabes... ¿Sabes o que penso? Que... Non che sei. –A ver, aclárate, Castro. –É o efecto dominó: un ano vai empurrando o seguinte, ese ao que vén despois... E, ao final, unha vidiña toda á mostra, lista para sentenza. –¿E que? –¿Lembras cando diciamos o de "cando cheguemos aos trinta...". Pois eu xa cheguei, e agora a meta son os trinta e cinco, e despois serán os corenta. "Non, claro; de aquí aos corenta seguro que...". Seguro que nada: non teño nada. Se morro hoxe non deixo nada feito, nada aforrado, nada de nada. –¿E que querías deixar, Xoán? Ti tamén… Mira ao teu arredor, dime que teñen os teus amigos, os compañeiros da universidade, a xentiña do colexio maior. ¿Que ten a xente con trinta anos, Xoán? –O Avelino tenche un Rolex de ouro e as mans aseguradas contra todo risco, ¿sabías? E o Luís ten unha nómina de funcionario que non lla toca nin deus; e o mamón do Rocha ten un almacén de valvulería que factura seiscentos millóns... –¿E os demais? –Os demais… Os demais… Dáme unha aperta, Aniña... Se che digo a verdade miña deste momento, os demais sodes todos, incluídos eses que teñen pasta; e todos importádesme un carallo. Só me importo eu... Eu xa debía ter novelas, no-ve-las, obra feita, ¿comprendes? ¿Que non son un xenio? Asumido; pero podía ter traballado, tentado sorte. –Xoán Castro o precoz. –Ai, ri, Ana Parguiña, ri. Pero vale para todos: un ano empurra o seguinte, como as pezas de dominó. –Pois é o risco da vida, fillo. Para seres novelista, tes que ter vivido. Espera aos corenta, tranquilo. –Leucemia. –¿O que? –Ou non. Non ten por que ser leucemia. Existe outra solución, tema para un conto. Vexamos: un prometedor novelista vai no seu coche coa familia á aldea da muller, onde os espera unha pavorosa comellada de Entroido. Non lonxe do seu destino, uns rapaces métense nun 127 co fociño cheo de faros, que sae disparado cara a un cruzamento de estradas. O condutor é fillo dun matrimonio que leva trece anos na Suíza e foi criado na aldea pola avoa-madriña. Cos cartos da Suíza, o subsidio da vellez dos avós e mais o produto da venda duns eucaliptos plantados nas leiras que antes cultivaba a familia... etc., choque, traumatismo cranial, evisceración... Podemos titulalo "Fin dunha promesa literaria" ou "Morte dun home concienciado a mans dun fillo do pobo que el quería concienciar". Tamén poden ser título e subtítulo. –¿E que andas escribindo agora? Porque ben escoito como lle dás á máquina... –Non sei o que escribo, muller. Ultimamente non sei nin o que fago. Xúrocho. –Escoita: teléfono. ¿Valo coller ti? –Vou... Cago no demo mil veces, carallo: ¿que andas escribindo agora? Un plaxio, Ana; un plaxio de merda porque non son capaz doutra cousa. Estouche a plaxiar unha novela de aventuras porque eu non vivín un carallo e non teño nada que contar que pague a pena. Eu non fun á guerra como o meu pai... –¿Diga? –Ola, Castro, boa noite. Sonche o Santamariña. Perdoa que te chame tan tarde, ho... Mira, é que imos pechar edición e quería que me contases algo do concurso de narración breve do ateneo... A ti déronche o premio por O Radio... ¿como? –O Radiolar. –¿Pódesme resumir o conto? –Pois é a historia de Fiordia, que é un país afastado, "con cultura e idioma propios" como se di, un pobo de navegantes por todo o mundo ata que o poder lle foi arrebatado por Centralia, e aí comeza a decadencia de Fiordia, que xa non pode relacionarse máis cos países aos que exportara a propia cultura e... Bo, o conto céntrase, penso eu, no xuízo ás posturas dos representantes pseudo-oficiais da cultura fiordesa no momento en que o Estado centralés dispón popularizar o Radiolar facéndoo chegar ata as provincias máis remotas. O Radiolar é un sistema de radiodifusión omnipresente e orientado a un segundo plano de conciencia, de xeito que a xente poida estar sempre a recibir as emisións por medio dun microrreceptor acoplado á orella sen que iso lle impida realizar calquera traballo... Santamariña, ¿estasme seguindo? –Estou, Xoán, estou. Estoucho gravando, ademais, cun acoplador acústico para non perder palabra. –Vale, vale. Ben, o ministro de cultura de Centralia define o Radiolar como "o lar radiofónico de toda a nosa nación", e está claro que todo o que emite o Radiolar está falado en centralés. –Ou sexa, o tiro de graza no idioma de Fiordia. –Exacto. –De acordo, Castro. Con isto chégame para hoxe. A ver logo se facemos algo extenso nas páxinas do dominical... ¿Oíches? Dese conto non dirá o Mourín que é realismo fotográfico. –Vai ti saber o que vaia dicir... –Atopeino no aeroporto o día que viña o Sartorius. Estaba que non cabía en si percibindo como o miraba o persoal: el, tan bo mozo, tan alto, coas barbas e a pipa. Cando me viu, faltoulle o tempo para contarme que vai viaxar á Unión Soviética, que alá ten todo arranxado cos soviets para que se publique unha escolma de narradores galegos. Seica son Castelao, Cunqueiro, Blanco-Amor, Neira Vilas... e el. –Manda truco. –Pois si, Castro. E outra cousa, rapaz, off the record. Iso de chimpardes o Pepe Lantaño da presidencia da vosa asociación cultural... digo eu que será operación do colectivo socialista tránsfuga contra os socialdemócratas con pedigree nacionalista, claro. –Sen dúbida. –¿E ti con quen estás? –Co Pepe... Estouche con el, pero non estou. Ou, se queres, non estou con el pero cago na puta agonía que lle están facendo pasar... –Xa... Ben, Xoán, ala, déixote, que aínda teño que amañar as túas declaracións de premiado... Ah, ¿e quen son eses aos que lles deron os outros premios? –Novas estrelas do firmamento literario... Ninguén os coñece. Un é profesor de formación profesional e outro seica é colega do Cameselle, un bancario. –¿Non concursaba ninguén da vosa tertulia do Barlovento? –Amigo Santamariña, iso é para falarmos de vagar. –Está ben. Daquela o venres heite chamar. Ata logo. –Ata logo, e moi agradecido por lembrarvos de min. Dillo ao xefe. –Dígollo. Adeus. Cago en todo: mañá na primeira páxina "MAXIMINO CREGO, PRIMEIRO PREMIO DE NARRACIÓNS DO ATENEO (Página 13)"; e alá, na páxina 13 a foto do Maximino Crego, cara de idem. ¿Como serían as deliberacións do xurado? ¿Como será ser xurado e deliberar? O Salvador non sabía que che dicir, Xoanciño: "Home, Xoán, espero que non che pareza mal. De verdade que foi moi difícil decidirmos. Os tres finalistas erades moi bos. Houbo que votar". Espero que non che pareza mal... –Xoán, ven. Non te encerres tan rápido. –Dime. –¿Con quen largaches tanto? –Co Santamariña. Quería que lle explicase o do Radiolar para facer unha nota no xornal... ¿E sabes que me contou? Que o Mourín vai viaxar a Rusia, que van facer alá unha escolma de clásicos galegos e el vai incluído. ¿Que che parece? –¿Por que non esqueces o Mourín? Deixa que se frita no seu propio sangue, caramba... ¿Oíches? –¿Que? –Que eu quéroche igual, aínda que todos os demais non che importemos nada... –Perdoa, muller, perdoa... –Voume deitar. ¿Ves? –Pois... quería mirar unhas cousas. –Non te me deites tarde, que, despois, a cabeza... ❧ É tarde. Vou durmir pouco e mañá, entre a falta de sono e o tabaco do Sieiro, á hora de xantar a neuralxia andará amargándome. Mais, sexa como for, vou deixar apuntado o que aconteceu hoxe: O día rompeu co pistonear inconfundible dun compresor; despois sentiuse aceiro a bater en rocha, e erguinme para contemplar o espectáculo: obreiros con casco iniciaban os históricos traballos para dar cabo do pelouro que separa a nosa rúa do mundo por onde circulan vehículos automóbiles. O ceo leitoso entre edificios insípidos veu alumear un tipo corpudo a furar pedra cun trade. A carón del, un guindastre inmóbil, pranchas de ferro aboladas e mais unha rede. Nos furos meterán dinamita e... Pena de non ser xubilado para poder contemplar a voadura. Saín cara á oficina disposto mesmo a traballar con tripas e corazón. Pero, logo de chegar, unha notiña xornalística de nada abriu a primeira brecha no fol inchado dos meus propósitos. Estaba á vista no xornal que o Sieiro deixara nunha esquina da mesa. Anunciaba que hoxe se faría público o fallo do discreto premio do ateneo, tan discreto que nin se coñecía o xurado. E, de súpeto, todos os asuntos que tiña en carteira parecéronme de máis. Sentíame incapaz de apreciar prioridades, ver por cal había que empezar... Collía un arquivo de proxecto, facía algo nel –e axiña me vía en roda de prensa falando de Fiordia, explicando que o fiordés era un pobo sangrado pola emigración, con montes pelados coma grandes bestas mortas a mostrar a osamenta, montes outrora cubertos de mestas carballeiras que se empregaran en construír invencibles e inútiles armadas baixo mando de inexpertos almirantes de Centralia... Collía un orzamento para cotizar e víñame daquela a tentación de proclamar que neste impaís non hai crítica nin críticos que nos administren a tristeza cultural en que vivimos. Despois veu o segundo golpe: a Nucha anunciábame que me chamaba "don Ricardo Dozón", ou sexa, o Caruncho. Louco de ganas de ser premiado, imaxinei o Caruncho chamándome para anticiparme calquera filtración de membro de xurado. Mais don Ricardo telefonaba para comunicarme que non debía faltar baixo ningún concepto á xuntanza da asociación na que iamos dimitir en bloque. Tiñamos que dimitir todos xuntos "para abrir o proceso". Ou sexa, para deixarmos o Pepe Lantaño so, no abandono, pasando as mans polas greñas longas, cravando os ollos fondos nun futuro imposible. Sentín case náuseas: merda de loita político-cultural... Ollei con asaño o Sieiro, o seu mirar de ollomol a concentrarse nun listado de ordenador e o quinto cigarro da mañá nos beizos. Necesitaba aire e saín a "tomar un café", pero tomei unha tila, chamándome covarde e dicíndome que ao feito, peito; que ninguén me mandara meterme en complicacións, en guerras intestinas. Señores, eu non quería que as cousas fosen así. Quixera que o Bautista e o Rodríguez Calvo e o Lantaño, e o mesmo Barros, fosen todos dun único partido (como en Gales o eran o Meic e a súa xente) mentres Fiordia perigase. Quixera que o da autonomía non cheirase a xogos de Entroido, a castelos de fogo diante da catedral. Queimei o esófago coa infusión, e gustei do castigo, por crédulo; por imbécil. Queimado en vertical por dentro, decidín non faltar á xuntanza da nosa veterana asociación cultural militante. E aturar, sen que se me notase moito na cara o "Tu quoque Brute" do Lantaño. Ai, pero quedaba o premio. Coidado: se me chegasen a procurar para ir á festa da entrega do galardón mentres eu andaba encerrado no local da asociación... Á volta no escritorio non traballei. Vencinme. Ao xantar díxenlle á Ana que tiña xuntanza inescusable na asociación, que non me esperase para cear. Repetinllo e miroume estrañada pola insistencia. Na oficina o Escuredo chamoume ao seu despacho, cheo de papeis amoreados, que soamente se moven cando a señora da limpeza lles sacode o po. Hoxe viña de empresario coa súa combinación favorita: verde musgo e bordeus, camisa de seda azulina con iniciais; e lentes escuros porque o sol dera furado a capa delgada das nubes nun intento de anunciarnos que logo vai vindo a primavera. Cun sorriso cadrado, amable, seguro, mandoume forzar o pedido dun cliente, arrincarlle unha letra asinada. Malia o sorriso, no falar mostrábase nervioso: debía necesitar o desconto da letra para calquera trapallada financeira. Estiven disposto a aclararlle que o cliente era un paisano gordo con dous dentes de ouro, sen esquinas nin canellóns; un tipo clarísimo que, ata non ter os cartiños xuntos para nos pagar cando se lle servise o pedido, non adiantaba letras. Que non era coma el... Mais calei e pasei o resto da tarde tentando, a modo de distracción, localizar o home e falarlle. Tiña interese en facelo: a prosa terceiromundista do papel de pagamento adiantado para tapar buratos afastaríame das esferas onde se descoñece a poesía das letras de cambio, promesas de pagar –con timbre do Estado– en troco dalgún ben ou servizo, mostras de mutua confianza entre os contratantes, marabillosos documentos convertibles en diñeiro contando co beneplácito dos bancos. A busca do cliente conseguiu o efecto esperado. Enguedellado na xestión, esquecín un xurado que estaría a deliberar sobre o meu conto. As chamadas por teléfono non deron outro resultado, non atopei a vítima. Mais o Escuredo pareceu conformarse coa miña mostra de entrega á empresa. Ofreceume un cigarro e un Supermirafiori de segunda man "en excelente estado", dun amigo que tamén ía polo BMW. Á hora xusta de saír, marchei. Conducín inventando coma un imbécil frases para os xornalistas que me preguntasen sobre "O Radiolar". No local da asociación, máis fume, de tabaco pobretón, de esquerdas. A roupa e as barbas da nosa xente levan o cheiro acedo das marcas populares de Tabacalera Española. Pensei iso, e tamén que os cans da policía deben estar adestrados para identificaren rojos polo cheiro. Pero non, porque os polis tamén son pobres e fuman da mesma porquería... O Patriarca das Letras de Fiordia, Outer Parvaio, presidía o noso desaforo asociativo desde o seu cravo na parede. Grande reunión de socios, non abondaban as cadeiras. Na mesa de xuntas, o Lantaño presidía baixo a ollada gafosa do volumoso patriarca (antollóuseme enmarcar o rostro do Outer nun triángulo, a xeito de ollo divino). ¿Sería eu o Xoán evanxélico naquela Derradeira Cea?¿E o Caruncho, o Xudas? ¿Habería bico de traizón? Polo menos o Rodríguez Calvo, instigador, director do colectivo psoecialista, non viñera. Completa a xunta directiva, o secretario anunciou aos asistentes que nos convocara a unha asemblea extraordinaria con só dous puntos na orde do día: presentación da demisión voluntaria pola presente directiva e votación para a elección dunha nova. Segundo os estatutos..., candidaturas pechadas... A presidencia... Tanto me tiña. Por veces ollaba o Pepe Lantaño, as súas mandíbulas apertadas, os ollos mouros fitos na parede do fondo da sala, os dedos entrelazados sobre a mesa, todo disposto para ser unha estatua... E outras veces íame para a reunión do hotel onde nese intre o xurado dos premios de narración estaba reunido. Podía xa estar votando. O secretario pediu aos demisionarios levantaren a man. Comezou el mesmo e, segundo as mans se alzaban unha a unha, fun lembrando en flashes aquel piso perdido nunha calella dos Cuatro Caminos de Madrid, a voz do Bautista adoutrinando alí sobre a UPG, o Kepa fuxido da Social, a esperanza de atopalo no lugar máis inesperado e o medo de me ver na obriga de emulalo... Beiras, Rodríguez Calvo, Lantaño, un longo paseo co Pepe Lantaño pola praia e o seu consello de loitarmos sen armas, Meic Stephens e a desobediencia cívica ao estilo galés; pensar e pensar neste maldito paisiño inexistente, remoer ideas sobre el en avións e aeroportos; o retorno ao impaís e a morte do Kepa, moito medo, a morte do "enano del Pardo", o ascenso do "pelele Borbón"; a legalización dos partidos e os cursiños de formación do PSG, o Lantaño a vender un libro do Enrique Barón, vivir en socialista... Ía alzar o brazo mais nese instante vin que alguén o erguía desde a porta da sala. Era a Ana. ¡Ana!, o corazón deume un saltiño. Ana tendíalle algo a un socio próximo á entrada con indicación de que me chegase. Segundo o aquilo avanzaba, decateime de que era un papel dobrado. Certamente. Desdobreino: DÉRONCHE O PREMIO DO ATENEO. QUE TE ESPERAN A CEAR. Xa non vin nin oín máis nada. Xa non estaba alí; estaba no hotel onde o xornal indicaba que "no transcurso dunha cea se faría público...". Musitei calquera desculpa e mandei ao diaño a asociación cultural e a loita pola cultura. A única loita válida era a loita por min. Busquei a Ana entre a xente de pé á entrada, mais desaparecera; baixei ás carreiras ata o portal e alá estaba ela, miña e linda na súa gabardina apertada á cintura. Díxome que saía fungando para a casa porque xa lle marchara a Ramona e tivera que deixar os cativos coa veciña... Apertoume a man (adoro as mans da Ana. Son mans duras en que se sente o óso e o músculo. As mans gordechas de muller son un noxo). Parei un taxi e mandeille ao home levarme ao hotel. No traxecto caín na conta de que o taxista non me coñecera porque non son xogador do Dépor da merda; e lambín a ferida coa esperanza de que o Estatuto de Autonomía (que tanto enchía as bocas) poida servir para que se defenda a cultura do país e algún día os fillos dos taxistas coñezan os escritores que gañan premios. "Positive thinking" é o que recomenda a Ana. E percorrendo as rúas alleas, cheas de xente alleada dunha cidade principal do antigo reino de Fiordia, metido nun taxi, escoitando a radio do taxista falar de fútbol en centralés, coxitei que o positive thinking debía ser un motivo existencial para min de alí en diante. Á entrada do hotel había barulliño de xente. Nun ambiente ben iluminado, de castiñeiro, mármore e espellos, cámaras fotográficas e minimagnetófonos indicaban o acontecer de algo extraordianario. E eu sería a estrela, porque me deran o premio. Esperei que alguén me recoñecese e se achegase a min. Pero ninguén se me dirixía. Unha porta vidreira entreaberta deixaba ver longas mesas de banquete e, polo corredor que acababa nela, os reporteiros asaltaban un tipo delgadiño, con bigote e conxunto de chaqueta máis gravata de grandes almacéns; tamén rodeaban un suxeitiño corcovado, como submiso de nacemento, que continuamente encollía de ombros ao –segundo parecía– facer declaracións. Levanteime un par de veces sobre as puntas dos pés, coma quen que procurase alguén no rebumbio da xente, queréndome facer visible. Entón foi cando unha moza se desprendeu dun grupo de informadores e veu cara a min. Era baixota, redonda e corada, coma unha cenoria con gafas e gravador de casete. –Ola, Castro. Son Feli Turnes da Radiocadea... Primeiro, parabéns... Olla, tesme que contar que é iso do Radiolar, que xa o título... Espera –pulsou unha tecla do aparello e puxo voz radiofónica–: A terceira entrevista deste informativo, con fondo no animadísimo ambiente dunha cea que se espera concorrida e saborosa tanto polo culinario como polo literario, corresponde a outro dos gañadores do... –non escoitei máis, "outro dos gañadores...", unha merda de ex-aequo, seguro–. Xoán, coa brevidade que impón este medio quente sobre o que se basea o teu relato, ¿queres explicar aos nosos oíntes que é o Radiolar? –Ben, pois no fondo é unha crítica a esa postura tipicamente académica que se resume en dúas frases: "o noso pobo, que se mantivo fiel á lingua dos maiores" e "o noso idioma goza de boa saúde pois aínda o fala un oitenta por cento da poboación". Eu teño un amigo que di que este país é unha xerontocracia galénica, que nolo desgobernan médicos vellos... Eu estendo a desgobernación a outras castes tamén, como avogados e xentes de letras... O caso é que a todos eles se lles fan dificultosas as realidades estatísticas... –sentín que me estaba perdendo, que non podía aguantar máis a pregunta e seguín, atropelado–: Quero dicir que esa xente non se decata de que estamos nunha civilización científico-técnica e que, se a nosa peculiaridade se mantivo, como na Fiordia do meu conto, foi polo illamento en que viviamos, ata que chegou o Radiolar; ou sexa, ata que os medios de comunicación masivos, expresados nunha lingua allea, a do Estado, puxeron en perigo a supervivencia do idioma. Parei. Os ollos pequerrechos da rapaza abríronse, sorprendidos, dentro dos aros dos lentes. –¿Iso é todo? –preguntou e non lle respondín. –¿Que premio me deron? –pregunteille. –O terceiro –tendeume a man en silencio, como quen dá un pésame; e deixoume, endereitou cara á porta xiratoria. Un golpe de carraxe cegoume; decidín escapar do bochorno dun premio de consolación; e xa me encamiñaba á rúa cando aos meus oídos chegou unha voz rouca, inconfundible: –Castriño, ei, Xoán. Vireime e alá viña da sala de xantar toda a humanidade do Salvador García coa súa barba poética. –Choca esa man, Castro castrón –lanzoume unha baforada de viño, esmagoume os metacarpianos–. Sodes uns feras os do Barlovento, ¡carai para os tipos!, toda a tertulia mandou cousas a este concurso. Debín pór cara de pampo, como na realidade estaba, tentando adiviñar o que puidese ter acontecido, e aterrado porque o primeiro e o segundo premio fosen para... Mais non, non: aqueles descoñecidos que facían declaracións non eran tertulianos. O Salvador apercibiuse e fíxome a mercé: –Home, Xoán, espero que non che pareza mal. De verdade que nos foi moi difícil decidir. Os tres finalistas erades moi bos. Houbo que votar. É máis, había un nivel altísimo. Por iso che digo o do cenáculo do Barlovento. Na penúltima votación estabades todos, e na última quedaches ti nada máis. Estabamos seguros de que catro erades da tertulia, polos estilos, e, como nos picaba a curiosidade, ao final abrimos as plicas. Unha onda suave e morna coma a do viño invadiume a alma (o bulbo raquídeo, quero dicir). Sorrín para o Salvador, que me collía polo brazo, e seguía: –Démosche o terceiro porque un ilustre parvo do xurado, que non che vou dicir quen é pero que, se cadra... Bo, tanto ten. O caso é que o tipo empeñouse en que o teu relato é críptico en exceso, que lle faltan claves. Eu mantiven que o que contas está claro de máis, que alá andaban o Barros e o Lantaño a salvar Fiordia baixo o ollar celestial do defunto Outer Parvaio. E non sei se che fixen unha putada porque houbo comentarios sobre posibles ofensas ao establishment; dicían que un xurado non debe avalar irreverencias... –lanzou unha gargallada franca, e preguntou con acento de intriga–: ¿Xa chimpastes da presidencia o Pepe Lantaño? –Non sei. Eu funme da asemblea cando me chegou o aviso que mandastes desde aquí... –entramos á sala da cea: mesas en U, xente a buscar acomodo. Non quixen perder a ocasión de saber o máis importante–: ¿E quen eran os outros tres da tertulia? –Pois o Pereira cunha cousa moi súa, sobre a metempsícose; o Cameselle, que seica é compañeiro do que levou o segundo premio, o Guntín. ¿Coñeces o Guntín? –Neguei–. Despois cho presento... O Camaselle mandou unha historia dun tipo que traballaba nun bingo e facía un roubo matemático. Non che está mal. E o Souto largounos algo da loita sindical, dun crego obreiro; pero líase ben. Sentamos, en calquera lugar. Á cabeceira íanse acomodando varios barbudos do ateneo e mais un tipo de chaqueta cruzada estilo mafioso cun terrible estrabismo externo, que lle proxectaba unha pupila inútil contra o alto das xanelas. Salvador díxome que era o delegado provincial de Cultura. Xunto ao funcionario acomodouse un suxeito louro, longueirón e corcovado, con lentes de cu de vaso enmarcadas en tartaruga. Aquela figura tentaba conectarme co pretérito, cun pasado lonxincuo de máis para resistir a barullenta inmediatitude. Axiña nos serviron un consomé fumegante e con algo de viño xa me sentía feliz, chosco no reino dos cegos do Barlovento, dono dunha formidable escusa para o terceiro posto final: no xurado houbera secuaces da academia e o meu conto era moito grolo amargo que tragar. Poderíanlle preguntar ao Salvador García, tipo honrado onde os houbese. Á altura do peixe xa caeramos na política. O Salvador aseguraba que a dereita estaba disposta a apoderarse dos resortes da cultura. Se os franquistas inventaran a Sección Feminina para administraren o folclore, estes agora estaban para montar xa algunha trapallada. Seguro que o do Omnium Cultural viña servir intereses do goberno. Enfronte de nós un tipo sen gravata metía o peixe na boca coa pa, nunca co garfo; comía e discurseaba en castelán: non hai brancos nin negros, só clases en loita, mesmo na África do Sur. Botaba doutrina en todo o que falaba, e non paraba de falar; ata que me fartei e, axudado polo Fefiñanes, lle preguntei se era do PC. O comensal falto de urbanidade moderouse nas intervencións, pasou a escoitar xente do seu lado da mesa. Libres daquela fonte de ruído maxista, o Salvador e eu cerrámonos nas desventuras do noso partido. Eu confesei a miña mestura de pena e rabia pola escisión e o madrileñismo incomprensible dalgúns camaradas; e o Salvador dixo que o PSG podía ser unha merda pero era o noso e debiamos ser fieis ao que ficaba del... Cando nos serviron o roast beef au maître xa estabamos levando as orixes do partido ao nacionalismo tradicional de esquerdas, decantado polo paso adiante da Fronte Popular na república das esperanzas. Na parola xurdiron Castelao, Vilar Ponte, os fuxidos da derrota, Buenos Aires... Entón cortei de súpeto e introducín o Blanco-Amor a perorar no ateneo, cativante. Salvador escoitoume, fixo unha demorada libación de ribeiro tinto e sentenciou: –Seica o Eduardo tiña ciúmes de Castelao en Buenos Aires, e iso é como un bispo ter ciúmes de Cristo. Calei, conmovido pola sentenza; e, comendo da vagar os cogumelos da guarnición, discorrín unha forte descarga de contrarréplica: Castelao debeu ser un home carismático, mesmo vidente (Prada contoume que, cando foi avisar o Guieiro de que lle morrera a mai, este xa o sabía). Pero non deixaba por iso de ser un personaxe local, necesitado de terra e raigaña para xustificarse. No entanto, "doña Eduarda" (que cabróns, os "gayegos") era unha figura do mundo, de onde fose, traducible a calquera circunstancia... Non disparei na defensa do artista que en Buenos Aires quixo seguir sendo galego. Na presidencia do acto xa ían polo café e a copa e o presidente do ateneo levantábase pedindo silencio. Calamos. O ateneísta revelou a composición do xurado, que –enfatizou– non se fixera pública antes para evitar tentacións e molestias consecuentes aos seus membros. Seguidamente, deu lectura á acta: "... a tantos de tantos..., reunidos...". Importábame tres carallos. Comecei a comer a torta xeada pensando no autor de "A esmorga". Ao Eduardo só lle faltara darlle máis á máquina cando novo. Puido ter escrito máis novelas... Aínda que tal vez as escribise: el aseguraba que un escritor se mide polo número de páxinas que tira á papeleira e quizais non se atrevera a salvar do lixo máis que catro textos. Ao gañador do primeiro premio dáballe logo diploma e cheque o señor delegado provincial. Aplausos. Ao comunista de enfronte caeulle ao prato un anaco de torta xeada, visgosa, esvaradía, que tentara meter na boca co coitelo de sobremesa. Imaxinei o Fermín rebentando ás gargalladas ante a torpeza, precisamente dun devoto de Lenin. Xa ía o segundo premiado cara á presidencia. Esperaba por el, con diploma e cheque, o presidente do ateneo. Aplausos. Prepareime para saír ao escenario das mesas dispostas en U. Chamáronme. Fun. Cun sorriso incompleto –os ollos ocultos baixo unha morea de dioptrías– o longueirón louro entregoume diploma e talón bancario por "Ptas. 15.000". Estreiteille a man e retornei entre aplausos ao meu recanto. Un desacougo proíame. Aquel miope alto coma unha torre... Aquel tipo... –Salvador, ¿quen é o carallo ese que me deu os papeis? –O delegado local de Cultura. Era un xefiño da Falanxe destes que acomodaron os da UCD. Chámase Augusto... Augusto... Nonchesei. ¡Augusto! ¡Don Augusto! Unha saudade corrosiva fíxome esboroar na cadeira: fun a moitos anos atrás, á aula de Formación del Espíritu Nacional. Por diante de nós, cativiños, un rapaz esvelto con lentes pesados relataba a valentía daquel flecha de Falange que perseguía rojos guindándolles bombas de man. "Rojos, rojos malditos, horda soviética", berráballes lanzando granadas e perseguíndoos sen medo, só coa dúbida de morrer ou por Deus ou pola Patria. Como gozaba eu as leccións de don Augusto o pitoño, que ás veces chegaba á fin da tarima e case caía a rolos, para erguerse e seguir relatando casos de flechas escapados da casa para iren á fronte buscando a todo custo o fragor da batalla. O viño e o coñac da cea do ateneo permitíronme ver algo claro: á Falange débolle algo da miña ansia de fabular... Volvín á realidade inmediata, o Salvador zoupaba no tipo do PCE que comía coma un cocho, acusaba a todos os comunistas –"incluído o anano do Alonso Montero" – de tomaren posicións progaleguistas puramente tácticas. Non quixen entrar na lide, escuseime para marchar cando o delegado provincial de Cultura comezaba a saudara a udiencia, cunhas perigosas follas na man. Estiven a piques de comentar que todos os de Cultura andaban mal da vista: o Augusto, miope; o xefe, birollo, estrábico. Pero dixen que ao día seguinte tiña que viaxar cedo. –Moi agradecido por todo, Salvadoriño. Encantado –mentinlle ao peceeiro, e retireime en puntas de pés. Cara á porta sentín o discurso oficial: –Un nuestra región, señores, hai unha inflacción política y una deflación cultural... Pena que o tipo non dixese tamén "deflacción" porque daría para anécdota completa.
NOS_9903
As dinámicas electorais postas sobre a mesa nos comicios de Madrid implican un modelo claramente prexudicial para Galiza, fundamentalmente no económico.
As urxencias derivadas das dinámicas electorais adoitan situar nun segundo plano as realidades estruturais asociadas ás dialécticas de fondo que determinan o acontecer social e político. As análises dos recentes comicios madrileños, as lecturas das causas dos resultados, a interpretación do acontecido en base a aspectos conxunturais, a reflexión centrada en variábeis de carácter táctico ou as lecturas en chave orgánico son bos exemplos diso. Nesta lóxica argumental, enténdese que Galiza só aparece como extensión do ecosistema español de partidos e escenario de futuros combates electorais ligados á gobernabilidade do Estado, obviado o impacto dos comicios no rol de Madrid no espazo ibérico e no papel do país neste contexto. Os resultados das pasadas eleccións madrileñas reforzan un modelo claramente prexudicial para Galiza. A súa foto final significa o triunfo dun proxecto de desenvolvemento económico baseado no espolio do resto dos pobos do Estado e cuxas chaves se deben buscar nun deseño político que favorece as vantaxes do seu status como capital. Isabel Díaz Ayuso non é máis que a expresión desa alternativa, funcional aos intereses dos grandes grupos económicos e a unhas elites cuxa existencia depende dunha estrutura unitaria e fortemente centralizada. As derivadas para Galiza deste modelo téñense amosado moi negativas. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, en 2019, 4.359 empresas con actividade na Galiza teñen a súa sede en Madrid. Ao tempo, en 2019 abandonan Galiza con destino á capital do Estado outras 129 sociedades, nun movemento que se ten acentuado nas últimas décadas. Os efectos desta situación son evidentes, cun importante impacto fiscal para o país e unha distorsión das súas potencialidades reais en detrimento de Madrid. As consecuencias do efecto sede son letais para a economía galega. Sen ir máis lonxe, unha empresa de actualidade como Alcoa, co seu único centro de traballo operativo no Estado en San Cibrao, paga os seus impostos en Madrid, malia que a factoría da Mariña representa máis do 30% do Produto Interior Bruto total das comarcas de Lugo. Outro tanto acontece ao longo do país con múltiples empresas, entre elas as grandes operadoras eléctricas, propietarias de importantes centros de produción na Galiza como os encoros, tamén contribuíntes en Madrid. O prestixioso Laboratorio de Análise de Políticas Públicas do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) sinala, nun informe presentado en setembro de 2020 ,que o efecto sede "reforza a tendencia á diverxencia entre Madrid e boa parte das rexións españolas, en lugar de actuar para compensar o proceso de polarización entre Madrid e boa parte das rexións españolas" e "inclina a actuación das autoridades centrais a favor das empresas localizadas nun territorio que conta cun nivel de renda por habitante moi por riba da media, ao realizar moitos máis contratos con elas en lugar de amosar a neutralidade territorial que sería exixíbel con todo o tecido empresarial". A pasada segunda feira, o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, afirmaba en Porto que "Madrid non é España, é a capital" e desmarcábase cunhas críticas ao centralismo. As palabras, pronunciadas perante un auditorio moi preocupado polos resultados electorais en Madrid e unha sociedade portuguesa que padece tamén o modelo madrileño, deben ir acompañadas de feitos que cuestionen as relacións de poder no Estado para que non semellen escusas.
NOS_1307
A ferramenta vén de presentala a organización non gobernamental Mestura perante as trabas culturais e lingüísticas que dificultaban a relación médic@-paciente
Un aplicativo deseñado para mellorar a atención sanitaria que se lles presta a mulleres inmigrantes grávidas ou con crianzas de curta idade. É o que veñen de por en marcha desde a organización non gobernamental Mestura, fincada na Coruña, no marco do programa Ne-nei-ras, iniciado en 2010 e que culmina agora con esta iniciativa. Segundo contou Liliana Rodríguez, coordinadora do proxecto, do que se trata é "de evitar as confusións que xorden ao redor das diferencias entre as culturas e tamén de botar embaixo as barreiras lingüísticas". Nunha primeira fase, o aplicativo, bautizado como Nais do Mundo e pensado para Iphone e tablets, vai dirixido a inmigrantes marroquís. A maioría destas mulleres chegan á Galiza procedentes de zonas rurais e só falan e entenden o marroquí, "unha forma dialectal do árabe" que non ten forma escrita. As preguntas máis frecuentes, en lingua marroquíAsí as cousas, o aplicativo inclúe como opcións as preguntas máis frecuentes para realizar un historial médico dunha muller grávida. Ao premer sobre cada escolla a voz en off dunha mediadora marroquí que fai parte de Mestura traduce para esta lingua, facilitando a comunicación entre médic@ e paciente. "As mulleres escoitan o que lles di o pediatra, mais moitas veces non entenden", explicou Liliana Rodríguez, exemplificando coas recomendacións que ir incorporando alimentos de maneira paulatina á dieta das crianzas. "Asinten sinalando que así o farán, mais despois dan ao bebé comida dun adulto marroquí, moi condimentada, por exemplo", acrecentou, subliñando que tamén xorden dificultades á hora de seguir un tratamento, debidas á barreira idiomática. O programa Ne-nei-ras conta con tres fases diferenciadas (Ne: nais empregadas, sobre orientación laboral; Nei: nais encamiñadas e informadas; e Ras: recorrendo a saúde) Na segunda delas, Mestura realizou un acompañamento de mulleres grávidas a matronas, constatando as trabas que supuñan no eido sanitario o descoñecemento da cultura marroquí e da súa lingua por parte do persoal sanitario. De feito, o aplicativo Nais do Mundo "é unha demanda dos propios médicos" e, alén das frases en dialecto marroquí, inclúe tamén un glosario con vocabulario. Unha ferramenta pensada para levar "Non todas falan árabe ou entenden o árabe", apuntou Liliana Rodríguez respecto da posibilidade de editar guías traducidas a esta lingua. Contou que en 2010 e co gallo do mesmo proxecto, a organización lanzou o vídeo 'Que che dixo a doutora?', onde se explicaba o seguimento do embarazo e os primeiros coidados na etapa infantil. "Úsase nas consultas cando hai un conflito moi grande co idioma, mais non dispoñen del, por exemplo, nos hospitais" para facilitar a atención post-parto. "A idea era ter unha ferramenta que se puidera levar a todas partes" e que mellorase a atención e reducise os tempos nun momento en que os recortes se ceban co sistema sanitario público. "Se médico e paciente se entenden a consulta será mellor e máis rápida", sostén Liliana Rodríguez. Xustamente con esta idea naceu Nais do Mundo, que nun futuro se desenvolverá tamén para mulleres da China ou da África subsahariana.
PRAZA_3330
A poboación menor de 35 anos con dereito a voto no 5A e residente en Galicia apenas supera xa as 380.000 persoas, 41.000 menos que nas anteriores eleccións galegas. A mocidade non é o grupo electoral residente en Galicia con máis peso sobre o total dende as eleccións nas que Fraga perdeu a Xunta
A convocatoria das eleccións galegas anticipadas ao 5 de abril supuxo a posta en marcha de todos os mecanismos ligados aos comicios. Tamén a publicación das principais magnitudes do censo electoral, composto por un total de 2.699.505 persoas das que 2.237.062 residen en Galicia. Entre o electorado residente no país, 72.964 persoas poderán votar por primeira vez por cumpriren os 18 anos dende as anteriores eleccións ao Parlamento, celebradas en setembro de 2016.O electorado menor de 35 anos residente en Galicia apenas supera xa as 380.000 persoas para o 5A, 41.000 menos que nas anteriores eleccións galegasEste novo electorado, mozos e mozas que acadaron a maioría de idade nos últimos anos, incorpóranse a un continxente de poboación cada vez menos numeroso, o do electorado novo. Tendo en conta que en termos estatísticos é habitual falar de mocidade para se referir á poboación de ata 35 anos, é posible afirmar que as eleccións do vindeiro 5A rexistrarán un novo mínimo histórico de xente moza con dereito a voto, con apenas 380.000 mozos e mozas. Son 41.000 menos que hai catro anos.Mentres o peso da mocidade é cada vez menor, un grupo de idade aséntase como cada vez máis preponderante entre o electorado galego, o das persoas maiores de 65 anos. As mulleres e homes por riba deste limiar son xa case 700.000 e, con diferenza, o grupo de idade máis numeroso entre o electorado galego dende hai década e media. Tamén aumenta lixeiramente a poboación con dereito a voto de entre 50 e 64 anos, mentres que se reduce a de entre 35 e 49 anos, que resiste polo momento como segundo grupo máis numeroso.A mocidade non é o grupo electoral residente en Galicia con máis peso sobre o total dende as eleccións nas que Fraga perdeu a XuntaOs datos amosan ás claras como quedan cada vez máis lonxe os anos en que o grupo máis numeroso entre o electorado galego era, precisamente, o da mocidade que agora non deixa de marcar mínimos históricos. As últimas eleccións nas que o maior continxente de electoral tiña entre 18 e 34 anos foron as de 2005, as que supuxeron a perda do Goberno para o PP de Fraga. Daquela, a poboación moza eran máis de 640.000 persoas con dereito a voto. Agora son 262.000 menos e o grupo de idade con menor peso.Mentres, neste mesmo período todos os demais grupos de idade aumentaron o seu peso electoral. Fixérono especialmente as persoas maiores de 65 anos, que nestas eleccións de 2020 serán 100.000 máis que naquelas de 2005. A poboación de 50 a 64 anos aumentou en case 80.000 persoas e a de 35 a 49 aumentou tamén, pero moito máis lixeiramente, en algo máis de 7.800.Dominio esmagador do PP alén dos 65 anosAínda que a idade non é, nin de lonxe, o único elemento que condiciona o sentido do voto, o certo é que os sucesivos estudos demoscópicos sobre o recordo do voto nas eleccións galegas deixan claro que a preponderancia do PP segue a ter unha base esencial na poboación maior de 50 anos e, moi espialmente, na maior de 65. Así, por exemplo, no estudo postelectoral do CIS correspondente ás eleccións galegas de hai catro anos os populares acadaban máis dun 64% de apoio entre maiores de 65 anos.Nos comicios de 2016, segundo o CIS, o PP perdeu a primeira posición entre o electorado menor de 35 anosNa banda contraria, a da mocidade, naqueles comicios deuse un feito rechamante con relación a anteriores convocatorias. En contraste co sucedido nas dúas anteriores convocatorias -as de 2009 e 2012-, o PP non foi primeira forza entre a poboación de 18 a 24 anos e tampouco entre quen tiñan daquela de 25 a 34 anos. En ambos casos esa segunda posición correspondera a En Marea, segundo estes estudos. Na poboación de 35 a 44 anos os conservadores xa recuperaban a súa preponderancia, que se disparaba nas franxas de idade máis elevadas.Nas eleccións de 2012 foi tamén significativa a caída dos apoios ao PSdeG entre as franxas de maior idade. Así, por exemplo, nos comicios de 2009 -nos que os socialistas obtiveran uns históricos 25 escanos- o partido daquela encabezado por Emilio Pérez Touriño chegaba ao 30% de apoio entre o electorado de 55 a 64 anos, apenas sete puntos menos que o PP. En 2016, o PSdeG caeu ao 16% nese sector da poboación e o PP disparouse ata o 42%.
NOS_12899
Na illa de Utopía que Thomas More imaxinou para a súa máis coñecida obra, non existe a propiedade privada e todos os seus habitantes teñen garantido un ingreso vital. Era 1516.
Medio milenio despois, o Goberno de Finlandia acaba de publicar os resultados do experimento levado a cabo entre 2017 e 2018 para avaliar o impacto da instauración dunha renda básica universal. As conclusións foron maioritariamente positivas. O estudo implicou a entrega dunha renda mensual de 560 euros a 2.000 persoas desempregadas de entre 25 e 58 anos ─sen obriga de buscaren traballo nin veren reducido este ingreso en caso de atoparen un─, en comparación con outro grupo de 73.000 que percibiron a tradicional prestación por desemprego. Segundo explica o Ministerio de Asuntos Sociais na súa web, "os receptores da renda básica estaban máis satisfeitos coas vida e experimentaron menos estrés mental que o grupo de control". Tamén, di, realizaron máis actividades de voluntariado. Ademais dunha mellora na saúde mental e dun incremento da confianza no futuro, o grupo da renda básica tamén rexistrou mellores datos de emprego que o grupo de control: entre novembro de 2017 e outubro de 2018, o primeiro traballou unha medida de 78 días, por 72 do segundo. Isto confirmaría que a percepción dunha renda básica non desincentivaría a procura activa de emprego. A investigación tamén descubriu un descenso do desemprego en familias con crianzas e en aquelas en que a lingua materna non era nin o finés nin o sueco. O primeiro é o idioma de 90% da poboación, o segundo de 5%. Mais tamén hai minorías lingüísticas de ruso, estoniano e sami. A coordinadora da investigación do Kela, Minna Ylikännö, sinalou que a renda básica "daría seguridade á xente en situacións de grande inseguridade cando non saben se van ter algún ingreso", en relación ao momento actual de incerteza por mor da pandemia. Con todo, matizou que o estudo está condicionado pola activación en 2018 dun novo modelo con maiores restricións para o acceso ao subsidio de desemprego. "O diñeiro é importante, mais por si só non abonda para promover significativamente a oferta ou a demanda de traballo", dixo. A ONU pide o ingreso mínimo As Nacións Unidas volveron pedir nos últimos días aos Gobernos de todo o mundo a introdución da renda básica universal para combater a crise económica provocada pola pandemia. Desde o organismo internacional consideran que os paquetes de estímulo fiscal en que se está a traballar non abondarán para revitalizar a economía. Kanni Wignaraja, subsecretaria xeral da ONU e responsábel do Programa para o Desenvolvemento na rexión Asia-Pacífico considera que co diñeiro gastado en subvencionar combustíbeis fósiles e unha recadación tributaria sen paraísos fiscais, entre outras medidas, permitiría estabelecer unha renda básica universal. Un ingreso mínimo especialmente necesario nos países en desenvolvemento, onde a maioría dos ingresos públicos provén dos impostos indirectos. O Goberno escocés, a semana pasada, foi dos últimos en anunciar que traballará por estabelecer esta renda, que xa funciona no Irán, en zonas rurais de Quenia ou en Alaska , e que, de forma limitada, tamén puxo en marcha recentemente o Executivo español.
NOS_8993
O 19º Encontro do Foro de São Paulo encerrou-se neste domingo (4), na capital paulista, com a presença e o anúncio do presidente da Bolívia, Evo Morales, sobre a realização do próximo encontro, em 2014, na cidade boliviana de Cochabamba. Pela manhã, a plenária foi conduzida com resoluções e declarações finais acordadas após os cinco dias de encontro entre os partidos de esquerda da América Latina e de outras regiões do mundo.
Entre as declarações e resoluções a que chegaram os representantes, após os debates de alto nível em diversas sessões e os encontros de mulheres, juventude e afrodescendentes, estavam a lembrança ao legado do comandante bolivariano Hugo Chávez; o apoio ao Nobel da Paz e ex-presidente da África do Sul, Nelson Mandela; à luta do povo e especialmente das mulheres saharauis, no norte da África; a confirmação da incorporação ao foro da Marcha Patriótica (Colômbia), da Frente Guasú (Paraguai) e do Partido do Povo (Peru); o apoio à presidenta brasileira Dilma Roussef; e muitas outras declarações ligadas diretamente com as lutas dos diferentes povos no processo de integração e construção socialista. De acordo com a resolução difundida, "a influência positiva do FSP deve-se, entre outros motivos, à nossa diversidade e à nossa pluralidade interna", e é parte importante do processo de mudança em curso na América Latina e no Caribe. Entre os desafios a curto-prazo, ressaltou-se a necessidade de aprofundamento da integração regional justa, soberana e equitativa, com a consolidação dos mecanismos já existentes, como a União de Nações Sul-americanas (Unasul), o Mercado Comum do Sul (Mercosul), a Alternativa Bolivariana para os povos da Nossa América (Alba), a Comunidade de Estados Latino-americanos e Caribenhos (Celac), entre muitos outros. "Ressaltou-se a necessidade de aprofundamento da integração regional justa, soberana e equitativa, com a consolidação dos mecanismos já existentes, como a Unasul ou Mercosul" Além disso, a atenção, unidade e compromisso da esquerda latino-americana com as próximas eleições deste ano e de 2014 são fundamentais para a garantia da continuidade e do aprofundamento necessários, "para que as forças de esquerda, democráticas e progressistas saiam vitoriosas, com melhores posicionamentos e maiores espaços de poder". Neste sentido, foi detalhado também um plano de ação pela democracia em Honduras, com um encontro entre parlamentares regionais e o envio de uma missão de observação eleitoral; a declaração de apoio aos cinco heróis cubanos detidos nos Estados Unidos, com o envio de uma declaração ao presidente estadunidense, Barack Obama, sobre os direitos dos antiterroristas e o pedido pela sua libertação; o apoio ao processo de paz na Colômbia, com o empenho pelos diálogos iniciados entre as Forças Armadas Revolucionárias da Colômbia (Farc) e o governo, em 2012; e resoluções como a que aborda a questão dos presos políticos, de consciência e pessoas desaparecidas forçosamente; e a maior participação efetiva das mulheres, especialmente na representação de seus partidos no Foro, entre muitas outras. Representantes de diversos partidos estiveram presentes para a leitura das resoluções e dos planos de ação, que abordaram temáticas diversas e fundamentais para a consolidação do processo de integração e de solidariedade entre os povos da América Latina e do Caribe, sobretudo frente ao imperialismo e para o fortalecimento da autonomia regional progressista. "Evo falou ainda da nacionalização do gás e do petróleo bolivianos como uma garantia da independência do país com relação ao Fundo Monetário Internacional e ao Banco Mundial" Por isso, ressaltaram os jovens, através da declaração final do seu 5º Encontro, no âmbito do Foro de São Paulo: "Todos os nossos avanços nos levam a uma situação inédita para continuar nossas lutas, mas é imprescindível a construção da unidade acima de qualquer diferença que possa nos separar, inclusive a nível nacional. As novas gerações aprenderam da nossa história, dos nossos próceres da independência americana, dos nossos heróis e mártires revolucionários e também das nossas derrotas, que foram, em muitas ocasiões, produtos da desunião, do sectarismo e do individualismo". Perspectivas socialistas de integração O presidente da Bolívia, Evo Morales, foi recebido pelos participantes no ato de encerramento do encontro com intensas manifestações de apoio e admiração, já que forma parte do grupo de governos latino-americanos que consolida o avanço social de seus próprios povos, a sua soberania nacional e a integração com os vizinhos no sentido democrático e progressista, como alternativa ao neoliberalismo, com políticas de solidariedade e complementaridade, e não de competitividade. Evo, o primeiro indígena a governar um país sul-americano, definiu um partido, ou um governo socialista como aquele ligado diretamente aos movimentos sociais, o que luta pela nacionalização dos recursos naturais, o anti-imperialista, que garante os serviços públicos (e não os privados); "este é um partido e um governo socialista, mais amplo e participativo". Em outro sentido, criticou a Aliança do Pacífico, frequentemente ressaltada durante o encontro como uma contraofensiva imperialista contra a integração progressista da América Latina e do Caribe. "O que querem é debilitar a Unasul, esse processo de integração", como a retomada da Área de Livre Comércio das Américas (Alca), derrotada com o empenho de resistência dos governos progressistas. Com a Aliança do Pacífico, o objetivo é a abertura dos mercados e a liberalização dos serviços, "ou seja, as privatizações" dos serviços básicos, como a água, as telecomunicações e a eletricidade, "que são parte dos direitos humanos", disse Evo. O presidente falou ainda da nacionalização do gás e do petróleo bolivianos como uma garantia da independência do país com relação ao Fundo Monetário Internacional e ao Banco Mundial, com recursos que mudam a relação de dependência do capital estrangeiro em geral, seja de empréstimos ou investimentos privados, para "a independência da economia nacional"; esta foi a importância da recuperação dos recursos naturais sob o controle do Estado, explicou, contra o saqueio estrangeiro. "A importância do investimento da esquerda em meios próprios de comunicação (dado o "atentado midiático", patrocinado pela direita, de que são vítimas os governantes progressistas)" "Destacou a importância do investimento da esquerda em meios próprios de comunicação (dado o "atentado midiático", patrocinado pela direita, de que são vítimas os governantes progressistas)" Espaços de integração como a Alba, a Unasul, a Celac, o Mercosul, disse Evo, com governos que têm objetivos anti-imperialistas, graças a Fidel Castro, a Hugo Chávez, "que antes eram o 'eixo do mal'. E agora somos vários presidentes do 'eixo do mal'", ironizou, apesar dos esforços externos contra o processo, com golpes em Honduras, na Venezuela e no Equador, por exemplo. Evo saudou o Foro de São Paulo e a decisão de levar o próximo encontro à Bolívia, o primeiro a ser realizado no país, em Cochabamba, em 2014. Aqui, disse, "somos movimentos sociais e partidos de esquerda, que defendemos a vida, e não a morte, a paz, e não a guerra", contra os avanços capitalistas e imperialistas. "Vamos bem", disse Evo, "mas também temos que seguir colocando mais propostas, políticas e programas". Esta é a obrigação dos partidos de esquerda e movimentos sociais, afirmou. Já em coletiva de imprensa, após o encerramento do 19º Encontro do Foro de São Paulo, Evo respondeu a perguntas gerais sobre a política interna do país; a incorporação da Bolívia ao Mercosul; o encontro deste sábado (4) com o ex-presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, a quem classificou de "um amigo" com quem tem "confiança"; a importância do investimento da esquerda em meios próprios de comunicação (dado o "atentado midiático", patrocinado pela direita, de que são vítimas os governantes progressistas); a migração boliviana para o Brasil, entre outros temas.
NOS_16662
A ordenanza municipal da Coruña para a igualdade na diversidade impulsada pola Marea Atlántica contou co apoio unánime dos grupos políticos no pleno. Con ela procúrase elevar a igualdade como un compromiso principal do concello, agora e no futuro, goberne quen goberne.
O pasado 6 de maio o pleno da Coruña deu luz verde á ordenanza municipal de Igualdade na Diversidade. Na actualidade atópase en período de exposición pública para recibir melloras por parte da veciñanza. A ordenanza foi impulsada desde a Concellaría de Igualdade e Diversidade, que ten á fronte a socióloga feminista Rocío Fraga. O texto dá un maior rango ás políticas de igualdade e ten como obxectivo dotar o concello de instrumentos cos que integrar a perspectiva de xénero dentro da súa actividade. A ordenanza é para a edila Rocío Fraga "o colofón" da traxectoria que a Marea Atlántica tivo estes anos A ordenanza é para a edila Rocío Fraga "o colofón" da traxectoria que a Marea Atlántica tivo estes anos, no sentido en que dota as políticas de igualdade na diversidade dun marco xurídico-administrativo. Desta maneira as políticas de xénero deixan de ser cuestión de vontade do goberno de turno e pasan a ser medidas a cumprir goberne quen goberne. Nese sentido, Fraga pon o exemplo dos obradoiros de igualdade nos centros de ensino, onde en gobernos anteriores tiñan lugar por vontade e de maneira esporádica, mediante pagos con facturas. Porén, coa nova ordenanza, estas actividades pasan a ser programas educativos, con contratos, orzamentos asignados e co deber de calquera goberno de garantilos ano a ano. Nese sentido, Fraga afirma a Sermos Galiza que cando chegaron ao consistorio iniciaron "un camiño diferente á etapa anterior". A edila lembra que os servizos e iniciativas sobre igualdade que houbo nos pasados mandatos na Coruña leváronse adiante precisamente grazas á vontade das traballadoras, principalmente do (Centro de Información á Muller), xa que salvando a etapa do PSdeG co BNG, a área de igualdade como tal no concello non existira. Xa houbo ordenanzas deste tipo en Euskal Herria e en Barcelona. Mais na Galiza trátase do primeiro concello en tela. Con todo, Fraga matiza que a ordenanza só é un punto de partida e que debe ser ampliada. A ese respecto sinala que o seguinte paso é dotala dun réxime sancionador. Rocío Fraga sinala que o seguinte paso é dotar a ordenanza dun réxime sancionador A ordenanza estabelece a organización municipal en materia de igualdade (composta polo Centro de información ás mulleres, a Rede de acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero, a Unidade para a transversalidade de xénero, ética e diversidade; o Consello municipal de igualdade...). Así mesmo, a ordenanza marca tamén o compromiso de elaboración dun plan de igualdade como documento que estabeleza o desenvolvemento e a concreción da política municipal nesta materia. Plasma tamén o compromiso da igualdade na xestión do persoal municipal e dedica un capítulo exclusivo ás violencias machistas, deseñando medidas de intervención, prevención, sensibilización, formación e atención e protección das vítimas. O empoderamento das mulleres, a corresponsabilidade e o uso non sexista da linguaxe tamén están regulados na ordenanza xunto o compromiso de definir, con carácter previo á elaboración de calquera norma ou actividade municipal, o impacto de xénero que esta terá. Inclúe un capítulo encamiñado a incorporar a perspectiva de xénero na contratación e as subvencións públicas Na ordenanza tamén se estabelece o desenvolvemento de proxectos coeducativos dirixidos ás novas xeracións, "libres de estereotipos e prexuízos de xénero". Ademais, inclúe un capítulo encamiñado a incorporar a perspectiva de xénero na contratación e as subvencións públicas. Con esta medida, o goberno da Marea Atlántica dá continuidade a outras iniciativas feministas que levou adiante, como o Pacto social por unha cidade libre de violencias machistas, a Instrución para a transversalidade de xénero, o Plan de igualdade para o persoal municipal ou a Escola de empoderamento feminista.
NOS_18073
A organización internacional, que representa a 92 millóns de traballadoras e traballadores, denuncia "as prácticas autoritarias e o terrorismo do goberno de Rajoy".
Na escalada de reaccións internacionais diante da brutal represión coa que o goberno español, tencionou impedir a realización do referendo de autodeterminación de Catalunya, o pasado domingo 1 de outubro, e após o éxito da folga xeral nacional do día 4, a Federación Sindical Mundial vén de difundir un comunicado en apoio ao pobo catalán. O secretariado da FSM, que representa a máis de 92 millóns de traballadores e traballadoras en 126 países de todo o planeta, expresou a súa "denuncia máis rotunda" diante dos acontecementos sucedidos durante a xornada electoral do 1-O, "onde as forzas represivas do Estado español feriron, agrediron e detiveron a cidadáns de Catalunya que querían expresar libre e democraticamente as súas opinións". "O movemento sindical de clase de todo o mundo, afiliado á grande familia clasista da FSM, denuncia as prácticas autoritarias e o terrorismo do goberno de Rajoy en contra do seu propio pobo", acrecentan. A organización reitera tamén o seu apoio ao dereito de autodeterminación. "A FSM, fiel aos seus principios fundadores, apoia o dereito de cada pobo de decidir libremente sobre o seu presente e futuro", conclúe a declaración.
NOS_57230
A familia mantén que non tiña patoloxías previas. Lamentan que fose incinerada sen autopsia para aclarar as circunstancias da morte, que oficialmente atribúen a COVID-19.
O Defensor del Paciente solicitou á Fiscalía Superior da Galiza unha investigación sobre a morte dunha muller de 37 anos embarazada e do seu bebé durante unha cesárea na Coruña. O Servizo Galego de Saúde informou o domingo desta morte, a primeira dunha muller embarazada infectada por Covid-19. Porén, a familia desta muller de Carballo asegura que non tiña patoloxías crónicas previas, como se indicaba no informe sanitario, e lamentou que non se lle fixese a autopsia antes de incinerar o corpo. Defensor del Paciente argumenta nun comunicado que non se explica que estas mortes se deban ao coronavirus porque, consideran, aínda que estivese contaxiada ese non é motivo de morte durante a cesárea nin no caso da muller nin no do bebé "Consideramos que non houbo autopsia e é posibel que se cometese unha irregularidade que supuxo a morte da nai e do bebé ", afirma esta organización. O propio presidente, Núñez Feixoo manifestou esta terza feira, a preguntas de xornalistas, que este tipo de casos merecen "unha explicación"
NOS_32649
Pide deixar de lado partidismos: "O adversario á bater é o virus, o paro, o peche de empresas e negocios"
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, solicita unha reunión ao presidente da Xunta para abordar, "desde o diálogo e a negociación", solucións aos que sinala como "grandes retos de País". A líder do BNG entende que, nunha situación de crise sen precedentes en tempos de paz, é máis necesario que nunca deixar de lado "o partidismo e a confrontación" e dar alternativas á cidadanía. "Solicito unha reunión co presidente da Xunta porque, dada a situación de crise que vive Galiza e a súa durísimas consecuencias, é tempo de diálogo, de propostas, de negociación e de sumar en positivo para sacar este País adiante e darlle solucións aos problemas da xente, para dar esperanza de futuro por parte de quen temos a obriga de facelo, tanto desde o Goberno como desde o principal partido da oposición", salientou Pontón. De cara a esa xuntanza a líder do BNG formula catro cuestións clave. Primeiro, reforzo da sanidade pública e un plan de vacinación que permita vacinar 24/7 en canto se solucione o problema de subministro; segundo, defensa dos intereses de Galiza nos fondos europeos de recuperación, Next Generation; terceiro, plan de rescate real para os sectores máis afectados pola pandemia e cuarto, traballar nun novo modelo de coidados que garanta unha vellez digna aos nosos maiores. "A cidadanía merece que os seus representantes deamos o mellor para aportar solucións, deixando de lado partidismos e enfrontamentos", recalcou, destacando onde ten o BNG as súas prioridades. Preguntada pola interpretación que fai da campaña de ataques contra o BNG e, en particular, contra a propia portavoz nacional, Pontón indicou que esa é unha cuestión á que debe responder Fexoo a quen dixo ver nervioso, "parece como se o seu compás apuntase a Génova e agora se sentise un pouco desnortado", ironizou en relación ao anuncio do PP de pechar a súa sede central en Madrid.
PRAZA_2519
Os populares inician en solitario o trámite da lei de acompañamento dos Orzamentos, na que o Goberno inclúe unha norma para prorrogar indefinidamente o mandato do actual responsable dos medios públicos.
Este martes comezou no Parlamento o debate da lei de medidas fiscais e administrativas, a coñecida como "lei de acompañamento" aos orzamentos, que se tramita paralelamente ás contas de 2016 e a través da cal o Goberno galego modifica pola vía rápida unha vintena de leis. Como informou Praza Pública, desta volta a Xunta coa no medio deste marasmo de modificacións unha disposición que permite manter indefinidamente no seu cargo o actual director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, no canto de substituílo por unha persoa nomeada por maioría cualificada no Parlamento, como marca a xa moi incumprida lei de medios públicos. A lei de acompañamento vén de superar o primeiro trámite e o PP xustifica a blindaxe do director nomeado por Feijóo na ausencia de "consenso" entre grupos e mesmo na necesidade de "aforro". Tras semanas de silencio case total ao respecto pola banda da oposición, no marco deste debate si chegaron as críticas ao que dende as bancadas da esquerda se le como unha "cacicada", en verbas da vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz. O Executivo, censura dende o BNG Francisco Jorquera, "coa de rondón unha modificación da lei de medios" para "dar un auténtico golpe de Estado" na nova Corporación Radio Televisión de Galicia, creada pola propia norma. Os conservadores, censura, "abren a vía para prorrogar indefinidamente" o mandato do director xeral nomeado por Feijóo, o que na práctica implica "perpetuar o control partidista" dos medios públicos mesmo "máis alá da presente lexislatura". A norma incluída na lei de acompañamento dos orzamentos permite manter indefinidamente no cargo o director xeral nomeado por Feijóo Tamén o socialista Juan Carlos González Santín ve clara a intención de "prorrogar sine die" o mandato de Sánchez Izquierdo nun movemento que o voceiro do PP, Pedro Puy, presenta como un mero trámite administrativo. O parlamentario popular dá por sentado que "non hai" o "consenso" que a lei esixe para nomear o novo director -dous terzos ou tres quintas partes dos deputados débeno apoiar- e, polo tanto, o mellor é habilitar un recurso para que non sexa imprescindible. Se non se fai, argumenta, non se podería aplicar o resto dunha lei que, non obstante, leva sendo incumprida dende seis meses despois da súa aprobación. Puy esgrime a necesidade de poñer en marcha o resto da lei, incumprida dende seis meses despois da súa aprobación A non aplicación do conxunto da lei, admite agora Puy, supón "perder os aforros" económicos que derivan da constitución da nova corporación, así como "non constituír" órganos como o Comité de Informativos. Por todo iso, sinala, o gabinete de Feijóo, "responsablemente", garante que "se vai cumprir a lei ata que se elixa o director xeral por consenso". "Mentres tanto -resolve- haberá que procurar o acordo, ao que nós estamos sempre abertos". Na xornada en que o propio Parlamento debatía tamén o mandato marco da nova RTVG o voceiro socialista resalta que o conveniente sería, "antes de aprobar este mandato marco, nomear o director xeral" e facelo por consenso, como marca a lei. "Non sei por que dá por sentado que non se chegará a acordos para nomealo", dille Santín ao PP. "A non ser -matiza- que o único candidato que haxa sexa o que actualmente está". Nese caso, advirte, non habería lugar ao acordo, e aínda así "non se pode suplantar o debate no Parlamento cunha disposición para manter unha persoa nun cargo". Dende as filas do BNG Jorquera agarda que este movemento lles sirva aos socialistas de "elemento de reflexión". A aposta do PP por controlar a renovación da dirección xeral dos medios públicos, di, "ratifica os motivos polos que rexeitamos como se acometeu a renovación do Consello de Administración" da CRTVG, apoiada polos populares e o PSdeG o pasado verán.
NOS_28751
A oposición urxe a Sanidade a dar explicacións emntres o PP opta polo silencio.
A exclusiva de Nós Diario sobre o contrato sen publicidade da Xunta da Galiza co cofundador dunha empresa dos Díaz Ayuso por un importe de 298.265 euros mediante un procedemento con negociación sen publicidade irrompeu na axenda política galega. Desde o Partido Popular óptase por gardar silencio e declinan facer calquera tipo de valoración ou declaración ao respecto. Desde o BNG e PSdeG, pola contra, urxen o Goberno galego a dar explicacións e adiantan iniciativas no Parlamento para pedir que se esclarezan os feitos. Montserrat Prado, portavoz parlamentar do BNG en Sanidade, pide "luz e taquígrafos" sobre este contrato, afirmando que "é preciso esclarecer como se fixo" e "a través de quen". "Escandaloso" Prado considera "escandaloso" que en "plena pandemia" se produzan este tipo de actuacións e adiantou que a formación nacionalista vai levar ao Parlamento esta contratación. "Queremos que se informe de todas as contratacións feitas de emerxencia pola Consellaría de Sanidade durante a pandemia", manifestou a deputada do BNG. Julio Torrado, portavoz de Sanidade do PSdeG na Cámara galega, anunciou que desde a formación socialista "imos facer un seguimento deste caso" e instan a Consellaría de Sanidade a dar explicacións "o máis rápida e claramente posíbel". Torrado sinalou que o PSdeG "non desbota exixir responsabilidades a través de iniciativas parlamentarias" por este contrato e enfatizou que "non podemos consentir nin asumir que se dean contratacións" deste tipo. Un modo de facer política Tanto Montse Prado como Julio Torrado coincidiron en enmarcar este feito nun "facer" da Xunta de Gobernos de Núñez Feixoo ao longo destes anos. "A información que publicades en Nós Diario redunda en algo que moitos denunciabamos desde hai tempo, como era que os Gobernos de Feixoo tenden a ser pouco transparentes", apunta Julio Ferreiro. Montse Prado, pola súa parte, apunta que "levamos anos denunciando que o PP privatiza a Sanidade e faino en beneficio de empresas amigas. Desde o minuto un demostraron a opacidade coa que funcionan, que é tremenda". Sanidade adxudicou 298.265 euros a Proyectos Hospitalarios Internacional S.A. (Prhoinsa) mediante un procedemento con negociación sen publicidade. A empresa ten por administrador único Herrero Casasola, segundo o Rexistro Mercantil. Este empresario foi cofundador de Sismédica SL, a compañía da que Isabel Díaz Ayuso manifesta ter o 50% na súa última declaración de bens patrimoniais na Asemblea de Madrid. O administrador único de Sismédica é Tomás Díaz Ayuso, o irmán da política e intermediador dos contratos supostamente irregulares que acabaron, por tratar de investigalos, coa carreira de Pablo Casado. Eulen Tanto o BNG como o PSdeG lembraron onte Eulen, o grupo empresarial do que é que é directiva unha irmá de Núñez Feixoo e que formalizou coa Xunta contratos por contía de 37 millóns de euros desde 2009, ano en que Feixoo chegou á Presidencia. "Sanidade ten moitos contratos con esta compañía", indicou Torrado. "Non debemos esquecer que o PP vetou que Contas audite eses contratos", dixo Prado.
PRAZA_2077
ENTREVISTA Nacho Carretero afonda coa súa obra Fariña na negra historia do tráfico de droga en Galicia cunha crónica áxil que xunta anécdotas co relato da conivencia política, policial e social co contrabando. "Hai unha certa 'narcocultura' que aínda persiste, hai que asumilo", di.
O reporteiro galego Nacho Carretero escribiu de todo e sobre todo en Jot Down, XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Desde o xenocidio de Ruanda ata o ébola, pasando pola crúa experiencia de Pablo Ibar no corredor da morte ata o conflito de Siria. Percorreu o mundo para contar o que pasa e agora narra a historia do narcotráfico na súa terra, un soño xornalístico que tiña desde ben neno. Afonda en algo que aínda segue vivo en Galicia, aínda que non acade os niveis dos anos 90, cando o 80% da cocaína desembarcaba en Europa polas rías do país. Fariña (Libros del KO), así se titula, sae á venda o vindeiro 21 de setembro e non é só un libro sobre o contrabando e a droga, nin un denso tratado sobre o tema. É un relato cheo de anécdotas, de lectura áxil e que trata sen complexos da conivencia de políticos e policía, da permisividade da cidadanía ou da banalización da farlopa ou o perico que deixaron unha xeración perdida. O agora xornalista de El Español repasa aquela negra historia. Como lle deu por facer esta crónica do narcotráfico? O narcotráfico é un dos temas estrelas para calquera que en Galicia teña inquedanza na crónica ou na narrativa. Calquera xornalista mirouno en Galicia, aínda que fose de esguello, porque é un tema bestial e moi particular. Como todo fenómeno criminal organizado ou mafioso ten ese auréola romántica que dá moito xogo para escribir. Desde que son periodista sempre tiven en mente facer algo con isto e sempre estiven moi atento ao tema. Como galego sentía que era un tema con moitas posibilidades e que estaba mal contado ou sen contar. Xurdiume a oportunidade grazas a Libros del KO e foi cando me puxen a vomitar todos os datos que tiña e a entrevistar e investigar. Así xurdiu Fariña. Supoño que non é doado contactar coa xente que estivo implicada dunha ou doutra maneira no narcotráfico. Cando contactas con xente que está ou estivo metida no narcotráfico directa ou indirectamente é moi difícil. Teñen certo medo. Tamén é complicado falar con algúns xuíces ou policías porque non queren que o seu nome figure. Non é doado conseguir as fontes e a maioría queren ser anónimas, o que fai que a historia perda un pouco de forza, pero non queda outra. A maioría da xente pediume que non revelase o seu nome. "A maioría das fontes queren ser anónimas, pídenme que non revele os seus nomes" Vostede ten temor ou medo? Temor non porque o libro non revela nada que en Galicia, quen tivese un mínimo interese, non soubese. Todo foi contado algunha vez ou forma parte da sabedoría popular galega e non hai nada que poña as cousas patas arriba. É unha recompilación dun fenómeno moi importante que non fora tratado en global, pero tamén facendo un percorrido por anécdotas e feitos históricos, cunha lectura áxil. Para nada é un tratado sobre o narcotráfico, senón que calquera o pode ler, saiba ou non do tema. É certo que cando se poñen datos xuntos enriba da mesa ou se removen cousas, saen nomes, pero non teño medo porque os xornalistas que están sobre o terreo e que traballan ou traballaron nisto durante anos son os que de verdade se xogaron moitas cousas e aí seguen. Se eles seguen, que menos que facerlle fronte ao temor os que non estivemos sobre o terreo tantos anos. "O resto de España viu o narcotráfico como folclore; calquera mozo galego sufriu algunha broma sobre o tema algunha vez" En Galicia o narcotráfico é algo coñecido, pero quizais non tanto en España. Déuselle pouca importancia? Desde o resto de España viuse como folclore. O narcotráfico estigmatizou bastante a Galicia. Calquera mozo galego que viaxase por España adiante sufriu unha broma, aínda que fose sen mala intención, sobre este tema. O propio libro igual non lles gusta a moitos galegos porque é incidir nun tema que perpetúa o estereotipo da narcoterra, pero é unha realidade. En canto ás autoridades e o Estado, ata a operación Nécora houbo unha absoluta pasividade e desleixo por culpa das institucións e políticos galegos que non deron a voz de alarma, xa que estaban en conivencia co contrabando e logo co narcotráfico. Tamén porque a España dos 80 probablemente pensaba que tiña cousas máis importantes que atender que o que pasaba naquel curruncho. "Ata a operación 'Nécora', houbo unha total pasividade por parte do Estado, e a culpa foi dos políticos galegos que estaban en conivencia co narcotráfico" Non segue a haber banalización sobre o narcotráfico. Que tería pasado noutro país coas fotos de Feijóo con Marcial Dorado? Se ti lle contas a alguén o da foto de Feijóo ou que había alcaldes de localidades galegas que tamén eran contrabandistas e narcos ou que o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía tamén estaba metido no narcotráfico, pois pensará que é algo gravísimo. E claro que o é, pero por que se tolerou? A historia do narcotráfico vén de toda unha tradición contrabandista que nace da necesidade. Galicia fai fronteira con Portugal e había unha serie de contrabando porque a zona era subdesenvolvida. A partir de aí chega o contrabando de tabaco e estes contrabandistas estiveron ben vistos porque xeraban riqueza e postos de traballo. Cando dan o salto ao narcotráfico hai certo desinterese porque seguen dando traballo e a tolerancia social de tratar co ilegal non cambia da noite á mañá. Arrástrase esa inercia, de aí que haxa unha tolerancia que viviu moitos anos e que aínda pervive, quizais non tanto cara ao narcotráfico, pero si cara ao diñeiro que o narcotráfico deixa. Hai hoteis, restaurantes e cafeterías que a xente segue utilizando sen que lle importe de onde xorden. E certa narcocultura aínda persiste en Galicia. Como galegos pode doernos dicilo, pero hai que asumilo e ser autocríticos. "Hai unha certa 'narcocultura' que aínda persiste en Galicia; pode doernos dicilo, pero hai que asumilo e ser autocríticos" A conivencia das forzas de seguridade co narcotráfico tamén foi importante. Eles mesmos o din. A Garda Civil dos anos 90 ten un expediente cheo de casos de corrupción, colaboración ou infiltracións. Non creo que sexa un fenómeno propio de Galicia porque calquera crime organizado ten que contar coa conivencia política e das forzas de seguridade. Por sorte agora os casos son contados e a loita policial, da Garda Civil e dos Servizos de Vixilancia Aduaneira é moi importante hoxe en día, tanto a nivel de medios como de efectividade. Isto explica que o narcotráfico estea agora moito máis vixiado e combatido. A relación do narcotráfico coa política e o financiamento de partidos en Galicia tamén parece evidente... Non o digo eu porque eu non teño probas. Eu recollo o que se publicou e dixo en moitas ocasións. No libro hai un xuíz que me di esta frase textual: "En Galicia non hai un só partido político que non recibise financiamento do narcotráfico". Refírese, quero pensar, a nivel local. Houbo decenas de casos e casos de apoio e financiamento a partidos. E non só iso porque contrabandistas históricos como Terito tiñan a insignia de Alianza Popular. Era amigo de Fraga e era o xefe de todos os xefes do contrabando. Nené Barral foi alcalde tamén por AP e o PP e houbo moitos máis. Non estou acusando, senón que son realidades indiscutibles. Houbo unha conivencia co contrabando e co narcotráfico. Desde logo, as fotos de Feijóo non axudan a pensar que os altos cargos non estaban ao tanto do que pasaba. "No libro hai un xuíz que me dixo: 'En Galicia non hai un só partido político que non recibise financiamento do narcotráfico" Cando viches as fotos de Feijóo con Marcial Dorado na portada de El País, que pensaches? Eu pensei que tería que dimitir fulminantemente pero estaba seguro de que non ía pasar nada. Unha das xustificacións de Feijóo é que Marcial Dorado era contrabandista de tabaco e que cortara relacións con el, pero logo sóubose que non, que a relación seguiu anos, co que asumía que sabía que era contrabandista. En Galicia serve esa xustificación argumentando que se só andaban ao tabaco pois non pasaba nada. Iso mostra ata que punto se xustificaba e había permisividade. "Cando vin as fotos de Feijóo pensei que tiña que dimitir pero que non pasaría nada; non axudaron a pensar que os altos cargos non estaban ao tanto do que pasaba" Sempre se di que Galicia estivo a un paso de ser outra Sicilia. Canto de preto estivo? Esa é unha frase feita que se refire a que o narcotráfico estivo a piques de ter tanto poder e de meterse nas institucións e crear un contra-Estado que podía ter desafiado as autoridades oficiais en Galicia. Estivo moi preto. Soa a slogan, pero Pablo Vioque foi presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía e era o líder do lobby empresarial de Arousa, había narcotraficantes en varias localidades galegas, estaban moi dentro da Garda Civil e de Aduanas... Estableceron unha rede de control moi ampla. Foron torpes e unha parte da sociedade galega tiña unhas leis do silencio moi estritas, pero se a cidadanía de Galicia, encabezada polas nais de Érguete ou a Fundación Galega contra o Narcotráfico, non empeza a facer ese ruído, o Estado tería tardado moitos máis anos en reaccionar e é probable que eses anos nos tivesen saído carísimos. O narcotráfico tería penetrado moito máis do que o fixo. "Se as nais de Érguete non comezan a facer ruído, o Estado tería tardado moito máis anos en reaccionar e eses anos puidéronnos saír carísimos" Foi máis importante a operación Nécora ou a reacción da cidadanía? Non é que fora máis importante unha coussa cá outra, senón que unha cousa levou á outra. O narcotráfico fixo moito dano e creou unha xeración perdida en Galicia, xente moza que deixou a vida. Ademais, hai uns estigmas; a droga en Galicia é moi habitual e estamos moi afeitos a unha convivencia coa droga á que noutras zonas de España non están afeitos. Houbo efectos directos e indirectos no sentido da aceptación dun narcotráfico que traía cartos. Eses movementos cidadáns saltan aos medios e o Estado reaccionou. Foi fundamental o que fixeron aquelas nais e aqueles veciños de Vilagarcía e Cambados que reaccionaron e puxeron en risco as súas vidas. Foron fundamentais para rematar coa impunidade. "Claro que se banalizou a droga, pero non foi porque si, senón consecuencia do que ocorreu en Galicia" Non segue a haber tamén unha banalización da droga, da farlopa, en moitos ámbitos da sociedade? Cando cheguei a Madrid con 23 anos pasoume un par de veces: estar tomando algo, que alguén escoitase o meu acento e que me pedise directamente cocaína. Isto é algo que lle pasou a moita xente nova e é un exemplo moi gráfico do estigma e do prexuízo que isto creou en Galicia. Houbo banalización? Claro que si, pero non é porque si, é consecuencia. Nunha terra pequena con 2 millóns e pico de persoas onde están asentadas as redes do narcotráfico máis importantes e por onde chegou a entrar o 80% da cocaína que chegaba a Europa... Como non vai afectar? Aquilo era un tornado. Levou por diante tecido industrial, económico e social. "Xa non é o que era, pero o narcotráfico segue a existir en Galicia; hai clans potentes con capacidade para grandes descargas" No libro insiste en que o narcotráfico segue vivo en Galicia. Non é o que un día foi pero o que intento deixar claro é que o narcotráfico segue a existir en Galicia. Xa non é a época da ostentación, das grandes organizacións mafiosas pero si que hai unha narcocultura herdada. Hai moita xente aínda nas Rías Baixas disposta a participar nunha descarga, hai pilotos de planeadoras e pequenos clans que se asocian para introducir cocaína en Galicia. Hai máis dunha ducia de clans activos e algúns deles, como os Pasteleros, os Lulús ou os Burros, son clans potentes que teñen capacidade para facer grandes descargas. O que pasa é que o narcotráfico, como calquera outro negocio, está globalizado e Galicia xa non é ese monopolio de entrada porque hai moitas máis en Europa. "Galicia segue sendo unha opción de entrada da droga e ten unha peculiaridade: os narcos galegos son moi bos no seu traballo" Pero Galicia segue a ser unha desas portas de entrada... Galicia é unha máis, pero se nun momento dado é fácil meter a droga por aquí, vaise meter por aquí. Se non é fácil, irán a outro lado, pero Galicia segue sendo unha opción e unha opción cunha peculiaridade: os narcos galegos son moi bos para desgraza das consecuencias. E moi efectivos. Os narcos latinoamericanos prefírenos a eles e o negocio non é o menudeo, como no Estreito, senón que se introducen grandes cantidades, 3.000, 4.000 ou 5.000 quilos, que non adoitan entrar noutras zonas de Europa. Elisa Lois, tal vez a maior coñecedora do narcotráfico en Galicia, di unha frase coa que estou de acordo: "En Galicia houbo narcotráfico, hai narcotráfico e seguirá habendo narcotráfico". E mentres o narcotráfico a nivel global non se solucione, Galicia seguirá sendo unha parte dunha cadea moito máis ampla.
PRAZA_13810
Mozos vinculados ás diferentes sensibilidades do galeguismo debaten co obxectivo de "construír alternativas para a sociedade galega" nun "espazo de reflexión" que pretende novas dinámicas ante os retos "da crise económica, política e social do país". O proxecto terá continuidade e trasladará as súas propostas a diferentes formacións políticas.
O Foro da Mocidade Galega reuniu este sábado en Compostela un grupo de mozos "que se senten galegos e que desexan un cambio social en Galiza". En réxime de autoconvocatoria e como "experiencia de participación política, libre, individual e directa" foron varios os homes e mulleres novas que debateron durante todo o día "coa vontade de tecer pontes entre as diferentes sensibilidades da esquerda galeguista máis alá dos grupos e estruturas políticas xa organizadas". Teceron pontes mozos que demostraron a súa sintonía política máis aló das diferenzas de quen aposta polas diferentes correntes nacionalistas que agroman desde hai meses. Mozos vinculados ao BNG, Anova ou CxG teceron pontes na busca de "alternativas para a sociedade galega" Representantes de diversos colectivos políticos, principalmente vinculados ao BNG, Anova e Compromiso por Galicia (CxG), debateron e intercambiaron impresións durante horas para acadar unha resolución final que pretende que "non sexa un punto final, senón un punto de partida dentro do proceso de debate aberto no seo do nacionalismo galego". O obxectivo, tal e como aclaran os organizadores nun comunicado, é "construír alternativas para a sociedade galega" e é por iso polo que as trasladarán a diversas formacións políticas. Nun debate dividido en áreas temáticas, o Foro analizou o papel da mocidade dentro da crise económica, denunciando "a precariedade laboral" dos novos, así como a "turistificación do país e a privatización das caixas galegas" como fenómenos derivados da grave recesión económica. Ademais, insistiron en reclamar "a defensa da protección social" e a necesidade de "introducir novas medidas como a renda básica". O Foro denuncia a "precariedade laboral" dos novos, así como "a turistificación do país e a privatización das caixas galegas" Precisamente, e en canto ás medidas sociais, o Foro puxo en valor a creación "de escolas comunitarias que están a nacer no país para garantir un ensino integramente en galego", así como a reclamación de "mecanismos de democracia local" co obxectivo de que a cidadanía "poida tomar decisións sobre temas comunitarios que a afectan na súa vida cotiá". Ademais, o Foro da Mocidade resaltou "a necesidade de que a mocidade poida desenvolver proxectos de vida no medio rural" e reclamou tamén "a potenciación dun xeito diferente de entender a vida e a economía". En canto ao ámbito lingüístico-cultural, os mozos apostaron por "tecer vínculos coa lusofonía como fórmula para poder ampliar a capacidade de incidencia da industria cultural galega" e destacaron tamén a necesidade de "potenciar os vínculos comunitarios da creación cultural". O Foro da Mocidade terá continuidade, creará grupos locais e trasladará as súas propostas ás formacións políticas O proxecto do Foro da Mocidade Galega terá continuidade e xa ten previsto reiniciar a dinámica de debate na segunda quincena de setembro. Ademais, intentarase "crear grupos locais" para potenciar esas xuntanzas, así como estender as resolucións "ao máximo número de organizacións posíbeis". O obxectivo: "Crear un espazo de convivio e de reflexión, que sirva para crear novas dinámicas diante dos retos abertos pola actual crise social e política que vive o país".
NOS_9991
A marihuana poderase cultivar, consumir en clubs ou mercar nas farmacias do Uruguai. Unha lei aprobada por 50 votos dos 96 deputados do congreso decidiu dar un paso adiante na legalización das drogas que o presidente Mújica explica como un medio para loitar contra o narcotráfico.
Despois dun logo debate no Congreso dos Deputados, o goberno uruguaio conseguiu levar adiante a súa lei que regulariza o uso da marihuana para usos recreativos, medicinal e industrial. Poderase adquirir mediante autocultivo de seis plantas e 480 gramos de colleita, clubs colectivos de 15 a 45 persoas ou a través de farmacias ate 40 gramos por mes. En declaracións a Repórter Brasil, o presidente do Uruguai polo Fronte Amplo, José Múgica, defendeu que a legalización era a máis acaída medida para vencer o narcotráfico. "O problema non é que a xente fume marihuana senón o negocio que hai detrás e que rompeu os vellos códigos da delincuencia. O narcotráfico fixo aparecer no noso país os sicarios, os que matan por encargo e esa é a barbaridade, moito peor que a droga" sinalou, antes de garantir a regulación por parte do Estado do mercado das drogas legais.
PRAZA_12681
Este galego, investigador da London School of Economics e profesor na Universidade de Oxford, é experto en gobernanza monetaria e financeira europea e global. Analiza a crise económica na UE e en España, de quen fala con claridade e engadindo a visión que desde outros países se ten da delicada situación no sur do continente.
Miguel Otero Iglesias (Basilea, 1979) é profesor titular de Economía Política Internacional na Escola de Negocios ESSCA de París, investigador na London School of Economics, profesor adxunto na Universidade de Oxford e habitual investigador visitante do Instituto para a Economía e Política Mundiais (IWEP) da Academia China para as Ciencias Sociais en Pequín. Experto en gobernanza monetaria e financeira europea e global, analiza aquí a crise económica na UE e en particular en España, onde cre que "falta autocrítica" e "claridade". Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador tamén no ámbito da comunicación, reside en Inglaterra tras facelo antes en varios países de Europa e América. Foi a pasada a peor semana para a economía española? Non sei se é a peor semana, pero é evidente que a situación é bastante delicada para España. Isto víñase vendo; o problema é que non hai un obxectivo nin un plan de crecemento. As exportacións están aguantando ben, pero nunha economía que se baseaba no ladrillo e no turismo, segue sen haber unha proxección de crecemento. O sector inmobiliario está estancado e non houbo unha corrección de prezos como noutros sitios. Os analistas consideran que aínda hai percorrido, polo tanto as posicións de bancos e caixas están en cuestión porque non se sabe moi ben o valor que teñen nas contas. Isto non é cuestión dunha semana, senón dun tema estrutural de calado que vai xurdir de cada pouco ata que en España non haxa claridade. "O problema de España é que non ten un obxectivo nin un plan de crecemento" Que se di en Europa da situación económica de España? Que pensan os analistas? España sempre se considerou en perigo, incluso incluíndoa entre os PIGS, porque é o país máis débil despois de Grecia, Portugal e Irlanda. Sexamos serios: o poder produtivo e industrial de Italia e a riqueza do sector privado superan con moito os niveis españois; e o desemprego ten niveis moito máis baixos. O paro en España é un grave problema. O desemprego dos mozos e as taxas de desemprego xeral asustan a calquera. Non é tanto o problema da débeda pública, aínda que tamén empeza a haber moitas dúbidas de que sexan reais os datos que dá o Goberno. O cambio de Goberno non parece rematar coas dúbidas. Na transición do PSOE ao PP houbo unha suba do déficit público que non agardaba a xente. De súpeto chega o PP e di un 8%, logo sobe máis... Cheira un pouco a Grecia e non é serio. Os partidos que están no Goberno manipulan as cifras. A comparación con Inglaterra é xusta: cando Cameron substitúe a Brown, as cifras que dixeron uns e outros foron exactas, non houbo cambio ningún. A credibilidade tamén se gaña con cousas como estas. Daquela, España ten pouca credibilidade en Europa? Pouco despois o PP non presenta os Orzamentos á espera dunhas eleccións autonómicas... Os analistas en Inglaterra non dan crédito; non é unha política de Estado; é política de partido, electoral. Ademais, coas acusacións que se fan sobre as autonomías, desde fóra tense a impresión de que en España hai demasiada descentralización e témese que o Goberno non sexa quen de impoñer as súas medidas a cada un dos territorios. "Os analistas británicos non dan creto: a política de España non é de Estado, é de partido, electoral" Dubídase das cifras de débeda pública que dá o Estado? Sinceramente, ponse en dúbida que a cifra da débeda pública estea arredor do 70%; hai quen xa fala do 90%. Non hai transparencia e xorden os ruxerruxes. Ademais, cando chega o momento de asinar o pacto fiscal a nivel europeo, Rajoy di primeiro que non o acepta, despois negocia outro teito de déficit... Deste xeito España queda fatal, porque está nunha posición de debilidade e non pode impoñer os seus argumentos. Lembremos que o Estado está, de facto, intervido. O Goberno nega que España estea intervida... O déficit por conta corrente amosa que España é incapaz de financiar a débeda externa. É o BCE o que está a financiar esa diferenza entre o que España pode conseguir nos mercados e o que está gastando. É dicir, os bancos españois non poden conseguir crédito fóra, e se unha empresa española precisa comprar máquinas alemás e pide un préstamo a un banco español, este irá aos mercados e aos bancos internacionais a pedir o préstamo que el non pode ofrecer. Se estes non llo dan, non queda outra que este banco ou caixa vaia ao Banco de España a pedilo, que á vez llo pide ao BCE, que á súa vez llo acabará pedindo ao Banco Central Alemán. Por iso Alemaña está preocupada, porque ten moitos cartos aí metidos. "España está de facto intervida; é o BCE o que lle está financiando a débeda externa" Que solucións pode levar a cabo a Unión Europea? Moitos analistas e expertos din que o pacto fiscal de estabilidade é unha ponte con só un pilar, falta o outro pilar e iso é case como un suicidio. O obxectivo final está claro: hai que construír unha unión fiscal, pero iso non é posible sen unha unión política. As diferenzas económicas entre norte e sur fano imposible, así que o que se precisa é unha unión de transferencias; o que ocorre aquí é que a un alemán lle asusta estar pagando de seguido para salvar os europeos do sur e é aí cando aparecen os estigmas e os receos entre uns países e outros. Pero a realidade é que unha unión monetaria non pode existir sen un orzamento federal que sexa capaz de redistribuir recursos. E para iso necesítase unha unión política. Son os recortes a solución? Se se seguen aplicando máis recortes en España, entrarase nunha espiral de débeda: menos actividade, menos consumo, menos recadación... É un círculo vicioso que non leva a ningures. O primeiro que hai que facer é estabilizar o sistema financeiro español. Precísase transparencia porque non a houbo. Hai que sacar os mortos do armario e saber canto se precisa para capitalizar os bancos españois e ver onde estamos. Como se recapitalizan? Agora hai un fondo de estabilidade, con case 800 billóns de euros, que se podería empregar, sen ser un programa de intervención, pero si como unha especie de rescate. Logo tería que haber unha política de investimento conxunta a nivel europeo, empregando os recursos dos fondos estruturais de cohesión. O que é difícil é que cada país achegue o 50% como se lle pide, polo que se debería baixar a achega de cada estado ao 15%, por exemplo, para que se poidan activar dunha vez eses fondos e crear proxectos de infraestruturas, rematar o AVE, fomentar a innovación, unha economía sostible... "O recorte en I+D é dramático, unha política de inmolación; o valor engadido só se consegue investindo en educación" Pero España acaba de recortar en investigación e en educación... O recorte en I+D é dramático. É unha política de inmolación. Se España quere crear valor engadido, só o pode conseguir a través do investimento en educación e en I+D. Que lle parece a amnistía fiscal? É unha trapallada. Non sei que réditos vai crear, pero tamén é verdade que España é un dos países nos que máis se evade ao fisco. Aínda se pode facer moito. Todos estes problemas téñense que arranxar en España. Xa está ben de criticar constantemente a Alemaña, porque España ten moitos problemas que se taparon coa burbulla inmobiliaria. Podemos culpalos de que non nos axuden o suficiente, pero precísase máis autocrítica. E o que máis se pode facer? Tamén se debería empregar o Banco Europeo de Investimentos, que sempre actuaba no leste de Europa, pero que agora debe actuar tamén no sur, que está nunha situación dramática. Serían eurobonos para conseguir crédito máis barato dos mercados e a través deles financiar proxectos de innovación e crecemento. Proxectos de economía sostible e desenvolvemento. Ademais, este banco de investimentos podería estimular tamén o sector privado a través de apostas interesantes. O Goberno chino está desexando ver unha estratexia, un plan de investimento no sur de Europa. Chámao Plan Marshall ou como queiras, pero o que si debe haber é un control da UE. O erro foi dar cartos aos países europeos sen exercer ningunha supervisión nin comprobar que o seu uso fose efectivo. Vendo este negro panorama, que opcións lle quedan a España para recuperarse? A curto prazo, lamentablemente, para o Goberno non hai moita marxe de manobra. De facto, España está intervida. Depende do BCE para financiarse. Imaxina que o BCE di que xa abonda, que non presta máis... O Goberno español é dependente das autoridades europeas e non pode facer outra cousa que non sexa seguir as directrices de Bruxelas. Ou se deixa o euro e se vai á bancarrota, ou España ten que seguir apandando co que lle diga o BCE. É así de claro. A longo prazo, España ten que repensar a súa política educativa. A universidade ten que modernizarse. Hai que impartir menos teoría e máis formación práctica. Ten que haber maior cooperación entre o mundo empresarial e o mundo da universidade. Ten que estimularse o emprendimento na universidade. En Inglaterra, os estudantes de primeiro ano de universidade chegan xa con certas nocións de economía aprendidas na escola secundaria. En España non é así. Seguirán Alemaña e a UE presionando tanto a España? A teoría ortodoxa alemá que impera nas autoridades europeas é que a única maneira de parar este ciclo de débeda é establecer recortes e consolidación fiscal o suficientemente fortes. Saben que creará dor a curto prazo, pero tamén que estabilizará a débeda para xerar crecemento a medio e longo prazo. O problema é se España consegue chegar a ese medio-longo prazo antes de estoupar. A política alemá consiste en meter presión aos países ata poñelos contra a parede. Tamén é verdade que España só fai reformas cando ten a auga ao pescozo, cando está contra a parede. Digamos que España está espertando do seu soño... España espertou e ten unha resaca brutal. Esa é unha boa metáfora. Creo que se en España non hai máis xente na rúa protestando é porque hai quen tamén sente que se pasou, que pediu máis do que debía e que viviu por riba das súas posibilidades. O problema é a débeda privada, o sector empresarial e os fogares. España é o exemplo claro de que esa teoría neoliberal de que os mercados son eficientes e que é mellor que o Estado non interveña non é así. O Estado saíu do terreo de xogo, deixou de arbitrar o partido e os mercados actuaron dun xeito ineficiente e irracional. Meteron toda a riqueza no ladrillo, un sector claramente improdutivo. "Témese que a frustración dos mozos sen traballo os leve á violencia" Aínda así, cada vez hai máis conflitividade:º teme Europa o conflito social que se pode derivar dos recortes? Son moitos os expertos que pensan que non será posible para o Goberno aplicar o plan de recortes polo conflito social que se provocaría en España. Desde un punto de vista anglosaxón, considérase que os sindicatos e o activismo obreiro son moito maiores no sur de Europa que no norte ou no centro. O capitalismo no Reino Unido é moi flexible e os sindicatos perderon moita forza despois de Thatcher, mentres que en Centroeuropa hai un modelo de cooperación e de diálogo moi positivo. O capitalismo mediterráneo, no entanto, caracterízase por un conflito constante entre empregado e empregador, e iso é lamentable. En Francia, pero sobre todo no sur, tras os recortes haberá un grande activismo e iso levará ao conflito social e posiblemente á violencia nas rúas. Desde un punto de vista dun inglés, que teñas 28 anos e non esteas traballando debería crearche unha frustración que leva inescusablemente á violencia. E témese iso, claro que se teme. Pero non están pagando a crise os máis débiles e aqueles que non se endebedaron? Está claro, pero iso tamén encaixa na versión alemá dos feitos. Eles pensan: "Nós non vivimos por riba das nosas posibilidades e aceptamos que nos baixasen os salarios para ser máis competitivos; por que teño que rescatar aos que se endebedaron?". Isto é unha sociedade e ao final a clave é o grao de compromiso que tomas co pobo e o grao de unión desa sociedade. O problema dos países mediterráneos é a desigualdade en renda e patrimonio, e claro que pagan xustos por pecadores e claro que hai moita xente que se enriqueceu, mentres agora sofren os estudantes e moita da xente que sempre actuou de xeito moderado no gasto. Pagarán os que menos o merecen. Os sindicatos incluso advertiron do perigo de conflitos internos entre a sociedade, da desunión. É un risco porque calquera sociedade ten que tomar un compromiso para saír da crise de forma unida. Podes botarlle a culpa a moita xente, pero se non hai unión na sociedade española, vai ser prexudicial para todos, para o conxunto. Do mesmo xeito, se Alemaña non axuda os países do sur, vaille ir peor, pero as unións políticas nunca foron fáciles. Por esa mesma razón os EUA son a maior potencia económica mundial; son un país unido e non un conxunto de 27 países, coas súas culturas e diferenzas. Na sociedade pasa o mesmo. Os pobos unidos adoitan resolver mellor os problemas, tamén os económicos. Aos suízos, aos vascos, aos cataláns, aos chinos ou aos xudeus sempre lles foi bastante ben nese aspecto. Son xente unida que se apoia unha a outra.
PRAZA_4410
O PP obtería entre 38 e 39 escanos, polo que a esquerda precisaría un ou dous máis para aspirar a un Goberno alternativo unha década despois. O PSdeG volvería ser segunda forza con 19 ou 20, aumentando entre 5 e 6 escanos, o BNG case duplicaría a súa representación e chegaría aos 11 mentres GeC quedaría en 6
Aínda que siga a ocupar un lugar practicamente residual no debate público, o certo é que resta xa algo menos de mes e medio para o día en que a cidadanía galega estará chamada a votar a composición do Parlamento que elixirá o vindeiro Goberno da Xunta, cuxo primeiro e central cometido será abordar as consecuencias sanitarias, sociais e económicas da crise do coronavirus. O PP afronta a recta final da carreira cara ao 12X con menos marxe sobre a maioría absoluta da que obtivo en 2016, pero aínda por riba dese limiar: entre un e dous escanos, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es.O PP obtería entre 38 e 39 escanos, polo que a esquerda precisaría un ou dous máis para aspirar a un Goberno alternativo unha década despoisAtendendo a este inquérito, cuxo traballo de campo foi realizado entre o 25 e o 29 de maio, os de Alberto Núñez Feijóo perderían un escano pola provincia de Pontevedra, outro pola de Ourense e tería en risco un pola de Lugo. Estas baixadas deixaríanos con entre 38 e 39 no Parlamento. Isto é, un por riba da maioría absoluta ou xusto nos 38 que permitiría ao PP formar Goberno por terceira lexislatura consecutiva e que deixaría á esquerda sen marxe para conformar un Executivo alternativo. O PSdeG volvería ser segunda forza con 19 ou 20, aumentando entre 5 e 6 escanos, o BNG case duplicaría a súa representación e chegaría aos 11 mentres GeC quedaría en 6Pola banda da esquerda, suceda o que suceda co Goberno, a enquisa prognostica a enésima reconfiguración de forzas. O PSdeG recuperaría a segunda posición que perdeu nas urnas de hai catro anos e sumaría entre 5 e 6 escanos para quedar con entre 19 e 20 grazas a un incremento duns cinco puntos de apoio do electorado (Celeste-Tel sitúa os de Gonzalo Caballero na contorna do 23% dos votos). O BNG, pola súa banda, medraría aínda máis en votos e podería aspirar a ata practicamente duplicar representación, con 11 escanos fronte aos 6 dos que dispuxo na lexislatura que remata. O Bloque sería a terceira forza do Parlamento e xa non a cuarta. Nesa posición pasaría a estar Galicia en Común; esta coalición estrearíase como tal no lexislativo galego con algo máis do 9% dos votos e 6 escanos. Á esquerda faltaríanlle, daquela, un ou dous para darlle a volta a un xogo de maiorías no que, pola dereita, non terían marxe nin Ciudadanos nin Vox, moi lonxe do 5% do limiar para obter representación en calquera das catro circunscricións, sempre segundo o inquérito. O estudo de Celeste-Tel tampouco sinala marxe ningunha de representación para a coalición liderada por En Marea.As provincias claves nun eventual cambio de maioríaA enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es apunta tamén en que circunscricións estarían as claves dun eventual cambio de maioría que permitise á esquerda gobernar Galicia unha década despois. Nese caso, a batalla polos escanos finais volvería virar clave e faríao especialmente, atendendo aos datos deste inquérito e doutros previos, nas provincias da Coruña e Pontevedra e tamén na de Lugo.A da Coruña sería, atendendo á enquisa, a circunscrición na que a esquerda tería que facer máis esforzo para restar cando menos un escano ao PPA da Coruña sería, segundo este inquérito, a circunscrición na que as formacións da esquerda terían que facer un maior esforzo por rabuñar ao PP cando menos un escano, toda vez que na anterior edición desta mesma enquisa -antes da crise do coronavirus- os de Feijóo si quedaban sen o décimo terceiro escano coruñés, posto que nas listas rexistradas polo PP para o 5A ocupaba a actual conselleira de Educación, Carmen Pomar. [As deputadas que garanten o goberno do PP]. En 2005, a última ocasión na que o PP perdeu a absoluta, un dos escanos perdidos foi o último da Coruña, circunscrición á que corresponde un terzo do Parlamento -25 escanos-.Naqueles comicios, os conservadores viran caer finalmente dous escanos por Pontevedra e, segundo o inquérito de Celeste-Tel, agora mesmo terían en risco só un, pasando de 11 a 10. Tamén terían en risco o oitavo de Lugo, que tornaría clave no caso dun resultado moi apertado, toda vez que ese deputado bailaría entre os populares e o PSdeG. En Ourense, di o inquérito, o noveno escano que os de José Manuel Baltar lograron en 2016 por unha escasa marxe sería nesta ocasión para o PSdeG.A mocidade, a que menos vota ao PP e a máis abstencionista nos comicios da covid-19O inquérito advirte da influencia na participación dun eventual rebrote do coronavirusNun contexto no que o propio inquérito advirte de que un elemento clave no resultado final pode ser o medo a eventuais contaxios do coronavirus -un terzo do electorado di que non acudiría ás urnas en caso de rebrote-, a posible abstención estaría repartida de maneira desigual e afectaría máis á franxa que, unha vez máis, menos votaría ao PP: a mocidade. Nesta poboación menor de 30 anos, a primeira forza sería o BNG. [O electorado mozo baixa ata outro mínimo histórico no censo para as eleccións galegas do 12X]Mentres, a poboación maior e 65 anos, entre a que os populares seguen sendo primeira forza con primacía esmagadora, sería tamén nesta ocasión a que máis acudiría a votar.
NOS_7514
Un borrador do Alto Tribunal filtrado esta segunda feira avoga por tombar unha sentenza histórica que garantiu en 1973 este dereito ao entender que estaba recollido na Constitución.
O dereito ao aborto podería ter as horas contadas nos Estados Unidos de América (EUA). Así o ratificou na noite desta segunda feira o xornal estadounidense Politico após filtrar un borrador da Corte Suprema, asinado polo xuíz Samuel Alito, que reflicte o voto favorábel de cinco dos nove membros do tribunal a respecto do histórico caso xudicial 'Roe contra Wade', sentenciado pola propia Corte que agora avoga por tombar o fallo. Aquela sentenza emitiuse en 1973 e obrigou a derrogar numerosas leis estatais e federais que impedían exercer o dereito ao aborto. "Estaba terribelmente equivocada desde o principio. A súa motivación foi excepcionalmente feble e tivo consecuencias prexudiciais, xa que, lonxe de lograr un consenso nacional arredor do tema do abordo, aguzou o debate e profundou na división", expuxo o xuíz Alito no borrador filtrado. "A Constitución non fai ningunha referencia ao aborto, e ningún dereito deste tipo está protexido implicitamente por ningunha disposición constitucional", engadiu o maxistrado. Roberta Metsola, a quen a esquerda acusa de "antifeminista", nova presidenta do Parlamento europeo Trátase, porén, dun borrador que aínda podería ser modificado en próximas sesións do devandito tribunal, e mesmo os xuíces e xuízas que o conforman poderían mudar o sentido de cadanseu voto. O presidente da Corte Suprema, John Roberts, confirmou esta mesma terza feira a autenticidade do borrador, ao tempo que cualificou de "abuso de confianza atroz" a filtración dese mesmo documento. Porén, precisou: "Non representa unha decisión do tribunal nin a posición final de ningún membro sobre o caso". A este respecto tamén se pronunciou o presidente dos EUA, Joe Biden, para quen o borrador reflicte unha posición "radical" que pon en perigo "todo un abano de dereitos básicos". Que pasaría no caso de se ratificar o texto? No caso de que este borrador tornase en fallo firme, o dereito ao aborto veríase gravemente afectado. Segundo apunta o diario The New York Times, máis dunha vintena de estados de maioría conservadora teñen xa senllos proxectos de lei redactados para prohibir o aborto no momento mesmo en que o autorizase a Corte Suprema. Unha lei de Oklahoma ofrece recompensas a quen denuncien persoas que axuden outras mulleres a abortar Un deles é Oklahoma, que na pasada quinta feira aprobou unha lei que impide as intervencións após a sexta semana de xestación, algo que xa fora impulsado en Texas. Só prevé como excepción aquelas situacións nas que a vida da nai correse perigo. Aliás, a norma, coñecida popularmente nos sectores conservadores dos EUA como 'lei do latexo', ofrece recompensas de até 10.000 dólares a aqueles cidadáns e cidadás particulares que denuncien os provedores destes servizos médicos ou as persoas que axuden outra muller a abortar, con penas que poderían alcanzar os dez anos de prisión. Un documental galego denuncia as consecuencias da ilegalización do aborto en Dominicana
NOS_1390
Estamos diante do máximo responsábel do operativo do terror franquista na comarca de Trasancos nos momentos máis duros da represión. Membro dunha significada saga de militares, a súa etapa á fronte da Delegación da Orde Pública coincidiu co momento nos que a execucións paralegais acadaron o seu máximo alcance. Recuperamos a traxectoria de Victoriano Suanzes.
Asistimos a un proceso de ocultación do papel da Garda Civil no operativo represivo franquista. A operación contextualízase no proceso de lexitimación do modelo político institucionalizado na constitución de 1978 e tenta camuflar as responsabilidades de institucións centrais durante a ditadura que seguen a xogar un papel chave no réxime vixente. A Garda Civil, un corpo chave no xenocidio franquista A construción do discurso obriga a excluír do relato histórico a executoria da Benemérita no combate á democracia e na persecución a disidencia política e a súa función determinante na organización e funcionamento da maquinaria represiva así como na imposición do terror. A referida formulación ideolóxica coxea cando analizamos a xeografía do xenocidio en Galiza, atopando á fronte da mesma a mandos da Garda Civil como Florentino González Vallés en Lugo, A Coruña ou Donostia, a Xoán Aranguren Ponte n´A Mariña, a Francisco González "O Rabioso" en Vigo, a Ricardo Macarrón en Pontevedra ou a Xosé Leseduarte en Santiago de Compostela. Un represor antes de 1936 Victoriano Suanzes Suanzes significouse dese moi novo pola súas convicións reaccionarias. Nado en 1903, nunha familia vinculada de vello a armada, era fillo, neto, sobriño, irmán e curmán de militares,seguindo el mesmo eses estudos, para ser destinado posteriormente a Marrocos, onde combateu a revolta do Rif nas filas do rexemento de León, sendo ferido en diversas ocasións e acadando o grao de capitán. Incorporado á Guarda Civil, serviu en diversos destinos, a comezar pola comandancia de Oviedo e a seguir polo posto de Xuvia, onde destacaría polo súa persecución aos demócratas, particularmente a raíz da revolución de outubro de 1934. Catrocentas persoas foron executadas extraxudicialmente en Trasancos nos catro meses de mandato de Suanzes. Son numerosos as noticias de prensa da época que o vinculan á represión aos militantes de esquerda, marchando como voluntario a Asturias en novembro de 1934, canda outros números da benemérita da comarca ferrolá que se distinguirán en 1936 pola súa brutalidade, para combater e reprimir a revolta. A súas posicións reaccionarias non pasaron desapercibidas para as autoridades da Fronte Popular que remataron por trasladalo fora de Galiza, atopándose destinado en Barcelona o 18 de xullo de 1936. Victoriano Suanzes no epicentro da represión en Trasancos A súa actuación será determinante nos momentos máis duros da represión en Trasancos. Após fuxir da Barcelona democrática vía Franza volverá a Galiza, non tardando en ser nomeado en agosto de 1936 Delegado da Orde Pública en Ferrol, unha responsabilidade a onde chegaría apoiado pola súa fama de duro, as súas ligazóns familiares e os seus contactos con aqueles mandos da Garda Civil situados nos postos chave da urdime represiva. Os dados ofrecidos por Eliseo Fernández, o investigador ferrolán que máis se ten ocupado do labor de Victoriano Suanzes, non deixa dúbidas ao demostrar a súa responsabilidade nas execucións parelegais en Ferrol, sinalando que "de 715 asasinados en Ferrol entre 1936 e 1939, mais de 400 persoas executadas extraxudicialmente fórono no período en que a bisbarra estivo baixo o mando de Suanzes". Se estas cifras son abondo clarificadoras, tendo en conta que Victoriano Suanzes só estivo ao fronte da Delegación da Orde Pública durante tres meses entre agosto e outubro de 1936, non é menos outra achega de Fernández en relación coas sacas de presos onde certifica que "24 presos desembarcados do "Plus Ultra" por orde do Delegado de Orden Público Victoriano Suanzes e 7 presos desembarcados por orde Xefe de Policía Xosé María Pagola estaban entre os asasinados con diversos pretextos". Un protexido do franquismo Victoriano Suanzes desenvolvería unha destacada carreira dentro do réxime, morrendo en 1967 como xeneral da Garda Civil. Malia que a súa saída da Delegación da orde pública de Ferrol en novembro de 1936 significou unha sorte de cese encuberto, provocado polo descontento cos seus excesos por parte de sectores do franquismo e particularmente da igrexa que o culpaba do asasinato do crego do Val do Xestoso Andrés Ares Díaz, non tardaría en ser recuperado e mesmo ascendido en outubro de 1937 como Delegado provincial da orde pública e por conseguinte como máximo responsábel do conglomerado represivo na Coruña. A súa labor e os seus ascensos no corpo militar seguirían ligados á denominada loita contra a insurxencia, até o punto de pasar ser unha autoridade na materia e mesmo dislocarse fora do Estado para a formación de diversos corpos policiais, como aconteceu co peruano, sendo autor dalgunha publicación sobre o tema.
NOS_9612
Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto.
🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 18.37 | Alemaña expulsa 40 diplomáticos rusos A ministra de Exteriores de Alemaña, Annalena Baerbock. confirmou a través dun comunicado a expulsión de até 40 diplomáticos rusos, aos que se declarará como indesexábeis". A decisión do Goberno alemán chega despois de que se fixesen públicas as imaxes da masacre entre a poboación civíl de Bucha, próxima a Kíiv. Un acto que a comunidade internacional cualifica como crime de guerra, e do que os países integrantes da UE e da OTAN fan responsábel ao exército ruso, que se retirou a pasada semana desta localidade. 15.42 | Asasinan a alcaldesa de Motiyin, próxima a Kíiv, xunto coa súa familia O exército ucraíno denunciou a descuberta dos cadáveres da alcaldesa de Motiyin, Olha Shukhenko, o seu marido e o seu fillo, con marcas de disparos no seu corpo. Trátase dunha vila próxima á capital de Ucraína, Kíiv, ocupada até agora polas tropas rusas. Precisamente, coa retirada dos soldados rusos para concentrarse no Donbás, as autoridades ucraínas están a denunciar os "crimes de guerra" cometidos presuntamente por Rusia en Irpin, Bucha e Motiyin, entre outras. Axustizan o alcalde de Kreminna, en Luhansk, partidario de negociar co Goberno ruso 14.15 | Reino Unido refusa a reunión do Consello de Seguridade da ONU sobre a situación en Bucha Londres négase a aceptar a xuntanza solicitada por Rusia. Porén, Rusia volverá exixila, declarou esta segunda feira a portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, María Zajárova. O Ministerio de Defensa de Rusia tachou de "provocación" as imaxes que mostran cadáveres de civís nas rúas da localidade de Bucha e denunciou que se trata dunha "escenificación" creada "para os medios de comunicación occidentais", informa Russia Today. 11.23 | Rusia rexeita as acusacións sobre o asasinato de civís en Bucha O Ministerio de Defensa de Rusia cualificou de "provocación" as imaxes obtidas na localidade ucraína de Bucha, perto de Kíiv, que mostran cadáveres de civís nas rúas, e cualificounas de mera "escenificación" das autoridades ucraínas "para os medios de comunicación occidentais". O ministerio explicou que todos os militares rusos abandonaron Bucha o 30 de marzo, un día despois da rolda de negociacións de paz en Turquía, e que o 31 de marzo o propio alcalde da localidade, Anatoli Fedoruk, non só confirmou nunha mensaxe por vídeo que na urbe non quedaban militares rusos, senón que "nin sequera fixo mención algunha sobre residentes locais coas mans atadas, fusilados nas rúas", informa Russia Today. 10.35 | Recuperados perto de 340 cadáveres en Bucha tras a retirada das forzas rusas Segundo as informacións facilitadas polo diario ucraíno Ukrayinska Pravda, que cita os servizos funerarios de Bucha, até o momento foron achados entre 330 e 340 cadáveres na localidade, algúns deles coas mans atadas ás costas e con feridas de bala na cabeza, recolle Europa Press. 09.58 | Rusia pide unha reunión do Consello de Seguridade da ONU sobre Bucha O Goberno ruso reclamou unha reunión do Consello de Seguridade de Nacións Unidas esta segunda feira, 4 de abril, sobre os supostos crimes de guerra na cidade de Bucha e apuntou a "unha provocación" do Exército ucraíno, á vez que acusou a Kíiv de tentar "interromper" as conversacións de paz. "O significado do novo crime do réxime de Kíiv é frustrar as negociacións de paz e escalar a violencia", afirmou na súa conta de Telegram a portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia, María Zajárova. O representante permanente adxunto de Rusia ante a ONU, Dmitri Polianski, advertiu que Moscova planea "desenmascarar" os "provocadores ucraínos e os seus protectores occidentais". 09.37 | Rusia culpa Ucraína do masacre de civís na cidade de Bucha Os informes sobre as atrocidades rusas en Bucha son "acusacións falsas", sinalou o embaixador de Rusia en Estados Unidos, Anatoli Antonov. Segundo afirmou, as forzas ucraínas lanzaron lume de artillería sobre Bucha tras a retirada das forzas rusas, informou a axencia rusa TASS. Pola súa parte, a portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia, María Zajárova, asegurou que malia a falta de ditames de expertos ou calquera outra información, Occidente "xa está listo para culpar de todo" a Rusia, segundo recolle Russia Today. 09.30 | Zelenski pide o fin dos "crimes de guerra" rusos tras o masacre de civís en Bucha O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, aprobou a decisión de crear un mecanismo especial de xustiza en Ucraína para a investigación e o exame xudicial de todos os crimes. "Todos os culpábeis de tales crimes serán incluídos nun libro especial de torturadores, serán atopados e castigados", advertiu. O secretario xeral da ONU, António Guterres, pide unha investigación independiente sobre o ocorrido.
NOS_35158
A europarlamentar considera que estas prácticas non se poden lexitimar baixo a súa consideración como actividade deportiva. Miranda denuncia que as batidas conten co patrocinio do Goberno galego, ben como de Ence e o concello de Cerdedo-Cotobade, "tal e como figura nos seus carteis de publicidade", informa o BNG en comunicado de imprensa.
"Disparar a seres vivos non pode considerarse como actividade deportiva", xulga a eurodeputada do BNG, quen amosa o seu apoio ás denuncias formuladas pola asociación Libera segundo as cales durante o período 2011-2017 foron tiroteados máis de 75.000 exemplares "por simple disfrute". O BNG censura que, a pesar de non existir ningún censo fiábel sobre a poboación destes animais na Galiza, a Xunta teña autorizado no mínimo sete batidas no conxunto do territorio galego Non só padecen os raposos cos ataques indiscriminados e masivos. Tamén o fai o medio ambiente, danado polo uso do chumbo empregado nos perdigóns. "Non só atopamos unhas prácticas que non son deportivas, senón que por riba son tremendamente contaminantes para o noso medio", conclúe Miranda.
PRAZA_18902
O ano 2022 comeza cos primeiros Orzamentos estatais aprobados dende 2018, cunha lixeira modificación da lexislación laboral xa vixente e cunha nova normativa que permite aos empregados públicos interinos con máis de cinco anos de antiguidade consolidar o seu emprego só a medio da avaliación dos méritos.
O ano 2022 comeza cos primeiros Orzamentos estatais aprobados dende 2018, cunha lixeira modificación da lexislación laboral xa vixente e cunha nova normativa que permite aos empregados públicos interinos con máis de cinco anos de antiguidade consolidar o seu emprego só a medio da avaliación dos méritos. Velaí a fachenda do Presidente do Goberno do Estado no seu discurso desta fin de ano.Certo é que a solución para o emprego interino foi imposta pola xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE e pola decisión do PNV e ERC, que definiu unha resposta lexislativa que o antigo ministro Iceta rexeitaba. E certo é que as moi limitadas-malia que positivas-reformas da lexislación laboral manteñen o núcleo esencial da reforma de Rajoy de 2012, ademáis de centralizar a negociación colectiva a nível estatal, impedindo que os convenios galegos melloren as condicións laborais. Velaí a oposición a esta reforma do soberanismo e sindicalismo galego, catalán e vasco. Cando a CIG é o principal sindicato en votos e delegados no noso País. Despois de dous anos de goberno de coalición estatal PSOE-UP e de máis de tres anos e medio de Gobernos Sánchez a esquerda española non foi quén de derrogar a chamada "lei mordaza" nin de reformar o Código Penal para suprimir delictos que xa non existen na Europa, como as inxurias ao Rei ou a sedición que permitiu as desaqueladas condenas do Tribunal Supremo de 2019 ás persoas presas políticas catalás ou para suprimir unha prisión permanente que é incompatíbel cos principios de resinserción que alicerxsan as lexislacións penais das democracias europeas. Tampouco cumpriu a súa promesa dunha reforma da lei educativa que lle devolvese aos Gobernos autonómicos a responsabilidade a respecto dos contidos educativos, nomeadamente nas nacións con lingua propia.Pedro Sánchez conta xa coas ferramentas parlamentarias para agardar os menos de dous anos que fican de lexislatura e que en moi boa parte llelas deron de balde ERC e EH Bildu. Desaproveitouse e séguese a desaproveitar a capacidade de transformación normativa e da gobernanza da coalición parlamentaria que fixo posíbel en xaneiro de 2020 a investidura de Pedro Sánchez, mentres éste e Yolanda Díaz impoñen unha axenda lexislativa moito máis próxima á continuidade monárquica da transición ca á transformación pola que votou a maioría en novembro de 2019.A esquerda española está a incumprir as súas promesas e non é quen de percurar novos alicerces que lle conecten coa cidadanía. Velaí que estean desbotar unha oportunidade histórica que pode entregarlle as chaves do vindeiro Goberno do Estado ao dúo de dereita radical do PP de Casado e Ayuso e o Vox de Abascal.