ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_26517
Aconteceu na sexta feira (8 de xullo) no barrio dos Mallos.
Un home foi prendido pola policía local da Coruña após unha chamada telefónica na que foi denunciado por violencia machista. Aconteceu no barrio coruñés dos Mallos na sexta feira (8 de xullo) segundo explicaron fontes policiais á axencia de noticias Europa Press. A detención produciuse logo de que a muller explicase aos axentes que o home é "moi agresivo" e que batera nela en máis ocasións, información que corroboraron a nai da muller e unha asistencia social desprazada ao domicilio. O detido foi trasladado a dependencias policiais e fica pendente de pasar a disposición xudicial.
NOS_19669
A equipa pedagóxica da escola Semente Compostela fórmana media ducia de educadoras e educadores e Álvaro Mera encárgase da súa coordinación. Afondamos con el nas liñas educativas deste centro de ensino para crianzas de infantil e de primaria, artellado arredor da inmersión lingüística e do traballo asembleario.
Na actualidade existen 4 escolas Semente ademais da de Compostela, que foi a primeira. Até que punto comparten a liña pedagóxica entre elas? A nivel nacional temos por principio traballar unha liña básica que todas as Sementes partillen. Cando existe un grupo promotor en calquera parte de Galiza, ímos visitalo e dáse o paso definitivo coa sinatura dun contrato que reafirma a concordancia coa liña metodolóxica da Semente, aínda que se mantén a autonomía de cada escola. Fálenos desa metodoloxía... As políticas de inmersión lingüística son a base que sustenta o proxecto. No seu momento, a Semente naceu coma unha resposta social á situación lingüística do país. As nosas crianzas mandabámolas ao cole e aínda que na casa fixeramos un esforzo por manter a lingua, cando se escolarizaban perdíana. Mais non é que só sexamos unha escola de inmersión, senón que temos outras inquedanzas. Cuestións coma o feminismo, que entendemos que ten que ser unha cuestión transversal, que o proxecto educativo ten que estar impregnado desta característica na práctica diaria, por exemplo, ou a cuestión da educación científica, que para nós é chave e relacionámola tamén coa laicidade. Pode explicar algo máis esa relación coa ciencia? Desde a Semente entendemos que todos os conceptos e todos os coñecementos que lles trasladamos ás crianzas teñen que ter unha base científica e que se teñen que explicar a través da ciencia. Parece obvio pero, ultimamente, temos moitas pseudoteorías asociadas á cuestión educativa e que non teñen ese cimento científico. Nesta liña, desenvolvemos a cuestión da integración e do respecto pola natureza, desde unha perspectiva galega. Isto é, para coñecer a natureza primeiro temos que coñecer as plantas que nacen na nosa horta, os animais que vemos todos os días. Partimos do coñecemento da contorna próxima para abrirnos ao mundo da fauna e da flora en xeral. A pedagoxía coa que se traballa na Semente defínena como transformadora e ten como unha das súas características o 'autorregulamento' das crianzas. A que se refire ese aspecto? Nós entendemos que cada crianza, e diría incluso cada adulta e cada adulto, ten o seu modo de aprender e o seu momento tamén. Non todas as crianzas son iguais porque a contorna para elas tamén é diferente, canda unha vén dunha familia, dun tipo de educación... e nós tampouco podemos responder igualmente a todas as crianzas. Por exemplo, non podemos ter un protocolo moi fechado para o período de adaptación porque cada crianza ten unha mochila diferente, temos que saber reaxir de modo diferente con cada nena e con cada neno, debemos ter flexibilidade para poder adaptarnos ao seu desenvolvemento. Se eu forzo moito unha crianza, a resposta vai ser a contraria da que eu quería. Como favorece esa adaptación á diversidade de cada unha e cada un, a integración e a adaptación á diversidade funcional, por exemplo? Todas e todos somos diferentes e por esta cuestión nunca imos responder da mesma forma cada unha a unha intervención. Nós sempre temos esa flexibilidade pero aínda así hai casos de diversidade funcional que nós tamén temos e que precisan ademais dun tratamento individualizado e flexíbel. O que tentamos, é a nosa política, é traballar en rede, tanto coa familia coma cos apoios externos, se os hai. Fomentamos que exista colaboración, que haxa conexión entre o noso centro e o centro externo, sempre tentando sobre todo o ben para esa crianza. Se todas procuramos o ben para a crianza buscamos o ben propio, se a crianza está ben, o grupo está ben, a familia está ben e todo funciona. Cremos que iso é o ideal e así funcionamos. Como afronta o vindeiro curso e os protocolos sanitarios fronte á Covid-19? Para nós pode ser sinxelo porque traballamos con ratios pequenas, e dentro do noso proxecto educativo e da nosa realidade diaria o espazo exterior e o traballo ao aire libre son elementais. Agora estamos á espera dun protocolo rematado e serio, por parte da Xunta, e que nolo presenten para nós poder aplicalo, alén de implementar os que xa están incorporados coma o xel hidroalcólico ou o uso obrigado de máscaras. De todos modos, nós pensamos en melloralo, os nosos grupos xa son menores de 20 e en cada centro só hai 2 e entendemos que o control pode ser máis sinxelo. Se o virus entra podemos atallalo ou fechar o círculo máis facilmente que un centro convencional. Crianza crítica, crianza activa "O obxectivo da nosa liña pedagóxica é que as nosas crianzas sexan críticas e activas" comenta Álvaro Mera, "porque realmente despois isto inflúe en todo. "Se ti es crítica e tes iniciativa e estás a vivir nun país onde non se respecta a túa lingua, ou que vive un empobrecemento continuo", exemplifica, "loitarás para que iso non pase, poñerás en práctica dinámicas que fomenten que iso non pase". Ou no relativo ao feminismo, como aspecto transversal das escolas Semente, "se ves que neste país a situación da muller é tamén unha situación de depresión continua e histórica, e es unha persoa crítica e activa, darás en facer cousas para que iso non pase". Álvaro Mera subliña que esta educación no "activismo crítico" atinxe todas as materias: o respecto ambiental, a participación na vida comunitaria etc.
NOS_23842
Veciñanza e activistas conseguiron impedir o despexo dunha familia en Aríns (Compostela) que ficou aprazado para o 28 de xullo.
Ducias de persoas acudiron esta terza feira ao lugar de Arís (Compostela). Para hoxe estaba fixada a execución do desafiuzamento dunha familia finalmente poderá ficar na súa morada, cando menos até o vindeiro 28 de xullo, data para a que ficou aprazado o despexo. A familia xa presentou unha denuncia apoiada pola plataforma Stop-desafiuzamentos Compostela por "estafa". E é que a súa casa é propiedade dun empresario francés que lles emprestou diñeiro a cambio de ficar coa propiedade en réxime de aluguer. A familia presentou unha denuncia por estafa antes de ser ordenado o seu despexo R.M., iniciais do prestamista francés, foron feitas públicas pola plataforma cidadá que denuncia as actividades do devandito empresario quen se dedica a arrendar vivendas "por conta propia" segundo se pode atopar na Internet. Após diversos impagos, por imposibilidade económica, do diñeiro que lles exixía o prestamista solicitou a orde de desafiuzamento mais a presenza de activistas e veciñanza impediu que esta se levase a cabo esta terza feira. Desde Stop-Despexos Compostela instan o xulgado a "escoitar a familia" e que teña en conta esta testemuña "á hora de resolver a denuncia por estafa presentada por esta familia antes de botalos da súa casa". Unha morada, sinalan, construída "coas súas propias mans".
NOS_34196
Hai unha outra maneira de viver a manife do BNG. No mundo dos chíos. Velaquí teremos unha escolma en tempo real.
14.45 @AlvaroXnz #SoberaníaGZ , éxito rotundo a mani de hoxe en Compostela. Ganas de ser maior de idade para poder ir 14.40 @alouminhar #GalizaPolaSoberanía #15S #Compostela #PzaQuintana pic.twitter.com/ZZPv5xtZKC 14.16 @sermosgaliza Soa o himno #15SoberaniaGZ 14.13 @loispcastrillo Na Praza da Quintana, moitedume de dignidade berrando polo direito de Galiza a ser nazon de seu. #15SoberaníaGZ pic.twitter.com/6rTo7OwoVM 14:10 @GorettiSRei a soberania e a precondicion pra aplicar politicas de esquerda. Xavier Vence 14.06 @paulopadin Ja tou a ver La Coz de Galicia: "Enorme sucesso da maioria silenciosa d@s galeg@s que não foi à manifestação do BNG". #soberaniaGZ 14.03 @tereixapaz A Quintana berra queremos traballar e non emigrar. Decidamos nos sobre a nosa economía. pic.twitter.com/Nef4B0DdZu 14.02 @feminismogz Sumemos a todas as pessoas boas e generosas para conquerir umha Galiza Livre e nom Patriarcal #15SoberaniaGZ #SoberaniaParaGaliza 13.56 @xarubal Feijóo ten 46 asesores persoais, 7 millóns ao ano, para disfrazar con mentiras que está reducindo a cinzas o país. #ConDecisionHaiFuturo 13.54 @anaponton Non podemos resignarnos ao paro e a emigración #soberaniaGaliza #xavierVence 13.50 @carmeadan #ConDecisiónHaiFuturo Vence: Gz vive e hoxe latexa na Quintana pic.twitter.com/E3gB97ZKee 13.46 @carmeadan #ConDecisiónHaiFuturo Maceirs afirma q non queda nada no monte Pindo, "estamos aqui pola dignidade" di pic.twitter.com/NBAz1NwvHB 13.41 @pilaraymara I love Scots #15SoberaniaGZ #GZ Demontration today in #Compostela demanding Galiza's sovereignty pic.twitter.com/xuz38aiASB 13.40 @carmeAdan #ConDecisiónHaiFuturo fala Manuel Grandal defende a potencia do naval q o PP sacrifica x outros intereses pic.twitter.com/6nIFl2Bhhj 13.39 @aljofarias Galiza pola soberania 15S os tempos son chegados pic.twitter.com/UUBf9Jk4tv" 13.36 @feminismogaliza Alucinante que siga o apagom informativo nos meios. Da igual que milheiros de pessoas estem a manifestarse em Compostela? #15SoberaniaGZ 13.35 @leixoes #soberania #galiza #cultura #bng #demonstration pic.twitter.com/Kue9hTutKb 13.33 @xosemarcote "A relaxing glass of licor cafe in Plaza da Quintana". #IsabelRiscoéaostia #SoberaniaGZ 13.31 @xarubal Isabel Risco domina o botellinglish! #ConDecisionHaiFuturo 13.30 @corralfoto Manifestación en prol da soberanía nacional enche a praza da Quintana. @obloque pic.twitter.com/7DOrmNcPfh 13.27 @silviofalcon Contento polo bo resultado da manifestación pola #SoberaniaGZ . Acumular forzas para encetar novos procesos de cambio! 13.22 @GorettiSRei LoisLeiros emigrante retornado. contra as multas ao colectivo de pensionistas q volveron pic.twitter.com/nTaDOi7X9c 13.21 @carmeadan #ConDecisiónHaiFuturo fala Leiros da emigracion e das multas q agora teñen q asumir, un atraco pic.twitter.com/N9d6XdQiGQ 13.20 @comitesabertos Hoxe os @comitesabertos estamos na mani pola soberanía, para defender un ensino público e democrático. pic.twitter.com/YPIGkY3ELy 13.19 @GorettiSRei Pilar 1 labrega q quere seguir sendoo pic.twitter.com/njC9RV1Y1f 13.17 @carmeAdan #ConDecisiónHaiFuturo fala Moncho Veras para defender a Sanidade publica q o PP destroza pic.twitter.com/Pxw46w5Dic 13.16 @GorettiSRei Interven Vanessa afectada preferentes recentemnt xulgada polo desaloxo n Congreso. pola dignidade e contra a estafa! pic.twitter.com/Quaz6x4kC1 13.15 @miguelpenas Representando à @AGALgz na manifestaçom convocada por @obloque, pola soberania de Galiza pic.twitter.com/Gx4HdIYljm 13.14 @arredeemo Miles en Compostela co @obloque por unha Gz soberana. Saúda desde Euskal Herria @sortu. Galiza Euskal Herria solidariedade 13.13 @adrianrbravo O secretario xeral de @galizanova @oalberte presenta o acto de clausura da manifestación pola #SoberaniaGZ pic.twitter.com/0fr3rXSKg9" 13.10 @adrianrbravo Os medios non daran a información. Diran que eramos catro. Pero hoxe a Quintana esta ateigada unha vez mais para reclamar #SoberaniaGZ 13.05 @feminismogaliza Que extranho nengum jornal galego agas SermosGZ da informaçom sobre a manifestaçom15SoberaniaGZ Está a pasar e é positivo para Galiza 13.02 @onosolar Que alegría me estou levando desde o Hospital!! Un 15 de setembro convertido e 25 de xullo! Por unha Patria sobera — https://posts.app.net/10921648 13.02 @gorettiSrei Pola soberania 1 clamor na Quintana ateigada de xente 13.01 @marabaixo Así está a Praza da Quintana a esta hora reclamando a soberanía para Galiza #15SsoberaniaGZ pic.twitter.com/ra4nyO9gKj 13.00 @outes Vista da Quintana pedindo #soberaníaGZ pic.twitter.com/QGn7iB3v5Y 12.54 @susoBermello Que queiran, que non, Galiza é unha nación. #15SoberaniaGZ #DIADA pic.twitter.com/LdnzKbpnvl 12.53 @HMCarballeira e co meu país, logo dun vrao durísimo para a súa xente e territorios: #15SoberaniaGZ 12.50 @zeta_gz Sempre en Galiza, sempre en galego #SoberaniaGZ pic.twitter.com/5STJiRlcpf 12.49. @xarubal Enchendo a Quintana de xente que quer un futuro para o seu país #ConDecisionHaiFuturo pic.twitter.com/knXAgg0eys 12.43 @onosolar Cando un 15 de setembro se convirte nun 25 de xullo!! "Que queiran que non Galiza é unha nacion" #15SoberaniaGZ pic.twitter.com/4yhJgLC8XY 12.41 @puraferrenho Q qeiran q non GZ é unha naciòn @obloque #15SsoberaniaGZ pic.twitter.com/aFmKjiN5sp 12.38 @ramixgz A cabeceira entrando nas rúas do casco vello e a cola aínda saíndo da Alameda! #15SsoberaniaGZ #condecisiónhaifuturo pic.twitter.com/eThkBWBfNm 12.37 @AmilGZ A #SoberaniaGZ tem que vir do conjunto do povo galego, não dum só partido. Mas não vou "pôr chatas à obra" agora que o BNG espertou. 12.32 @cousasdeimeneo Impresionante a manifestación do @obloque por unha Galiza soberana 12.28 @galizanova Érguete por unha Galiza Nova!! pic.twitter.com/GOxalFGxjn 12.27 @feminismogz Por umha Galiza Livre e Nom Patriarcal #GalizaPolaSoberania pic.twitter.com/5QVZsbkZcD 12.21 @mannersramone Un pouco lonxe para asistir á manifestación de Compostela #SoberaníaGZ 12.17. @montseprado Adiante! Sae a mani de @obloque Miles de persoas Por unha Patria Soberana pic.twitter.com/gp3bLDE4m6 12.11 @adrianbravo Dende a base e dende a esquerda #SoberaniaGZ 12:09. @silviaseixasnai A Quintana xa está preparada! #15Ssoberaniagz pic.twitter.com/rR695FGfCT 12.06. @xarubal Miles de persoas xuntándose para a mani do 15S. Agardando a q remate a 'rolda' de prensa. #ConDecisionHaiFuturo pic.twitter.com/OhKTjIK0NT 12.04 @xosemarcote Xa chegou Xavier Vence, rodeado pola prensa. #SoberaniaGZ pic.twitter.com/DPebF0LvTW 12.01. @duartecorreagz Na alameda preparándose para sair pic.twitter.com/6Fj5z6QzVt 11.56 @feminismogaliza Soberania para umha Galiza Livre e Nom Patriarcal 11:48. @magimoranta Bon dia! @obloque @jorqueracaselas @anamirandapaz @RosanaperezGZ @galizanova. El @psm_entesa també per una Galícia sobirana. Una abraçada 11:48 @carmeadan #CondecisiónhaiFuturo 11.41 @xosemarcote Repartindo os petos para comezar a organizar o servizo de orde. #SoberaniaGZ pic.twitter.com/u1yoL2vUsa 11.40 @obloque O servizo de orde da manifa do 15, sempre imprescindíbel, sempre voluntarioso #condecisiónhaifuturo pic.twitter.com/4Jz7cbFkbZ 11.33 @albixoi Xa en Santiago. #Venceremos #BNG #Soberanía 11:32 @puraferrenho Xa no punto d encontro para o servizo d orde da manifa #15SsoberaniaGZ en #Compostela15S pic.twitter.com/zEXW2eCtf7 11:27 @marcosGZ Ninguén lle pode negar a Galiza o lexítimo dereito á autodeterminación. Queremos ser donos do noso futuro. Ás 12h na Alameda #SoberaníaGZ 11:23 @duartecorreaGZ Digo eu, tanta policia en Compostela será porque se à manifestan os de @obloque pola soberanía e os dereitos sociais? Acho que sim 11:20: @TirsoGZ Por unha Patria soberana, polo control popular dos sectores produtivos, por unha Galiza ceibe!Ás 12 na alameda mani de @obloque #SoberaníaGZ 11.12: @AntomMeralho Caminho a compostela a berrar contra o lume, o paro, a corrupçom, o colonialismo, a repressom... Pola liberdade, por dignidade #SoberaníaGZ 11:10: @montseprado Preparando a Quintana para recibir à xente comprometida cunha Galiza soberana e a xustiza social pic.twitter.com/B1euhc8evO 11:08. @pilaraymara Pois con pouco tempo hoxe porque temos compromisos familiares, pero polo menos un ratiño iremos á mani do @obloque #polanosasoberanía #GZ
NOS_485
Xavier Vence (Rodeiro, 1961) é o flamante portavoz nacional do BNG. Na súa primeira conversa con Sermos Galiza, unha longa entrevista que ve hoxe a luz no noso semanario impreso, o catedrático de Economía Aplicada da USC afirma que "a soberanía está no ADN do nacionalismo". E sobre a independencia, non deixa marxe para a dúbida: "A independencia non é unha garantía absoluta para [conseguir] a soberanía, mais si axuda a reconquistala".
Para o portavoz nacional do BNG, no momento en que fai quebra o modelo de globalización neoliberal a soberanía se torna aínda máis chave para os pobos. "A única forma de reverter a situación e saír da crise desta globalización neoliberal é que os países teñan capacidade suficiente para pór a economía ao servizo das maiorías sociais e iso significa soberanía", afirma. Vence mantivo unha longa conversa coa xornalista de Sermos Galiza Olalla Rodil. O significado da soberanía, a reunificación do nacionalismo, as alternativas do BNG perante a crise do capitalismo global foron -alén de cuestións de tipo máis persoal, por exemplo verbo de se se vai estrear ou non en twitter- os temas básicos que vertebraron a entrevista. Comprometido co nacionalismo desde moi novo -xa desde o instituto-, Vence reflicte na conversa sobre como "a contraposición hoxe está entre a liberdade dos mercados e a soberanía dos pobos". A contraposición hoxe está entre a liberdade dos mercados e a soberanía dos pobos A conquista da soberanía non chegará mentres non se elevar o grao de conciencia nacional do pobo galego, enfatiza Xavier Vence, quen avanza que o BNG quer impulsionar "un movemento multicolor pola soberanía" como unha proposta "aberta" que tenciona "ilusionar moita xente". "A oferta do Bloque é que poida participar en pé de igualdade todo o mundo que queira contribuír a ese proceso de debate e reflexión", afirma Vence. E sobre a unidade do nacionalismo e as formas concretas que poda adoptar no futuro, o novo portavoz nacional do BNG subliña: "Nesta asemblea nacional decidimos deliberadamente non formularmos un modelo concreto. É algo que cómpre ir explorando a partir da disposición e vontade das diferentes partes". A entrevista íntegra poderás atopala no número 40 do semanario Sermos Galiza
PRAZA_16087
Camilo José Cela remitiu a todos os carteiros galegos um questionário pedindo informaçom sobre os "ditados tópicos" das suas zonas, isto é, os gentilícios, pseudogentilícios (alcumes) e também cantigas e adágios, insistindo Cela em que "no debe omitirse ningún apodo, aunque pudiera parecer insultante".
Camilo José Cela remitiu a todos os carteiros galegos um questionário pedindo informaçom sobre os "ditados tópicos" das suas zonas, isto é, os gentilícios, alcumes e também cantigas e adágios, insistindo Cela em que "no debe omitirse ningún apodo, aunque pudiera parecer insultante" Preparando o seu Diccionario Geográfico Popular Español, o iriense Camilo José Cela remitiu a todos os carteiros galegos um questionário pedindo informaçom sobre os "ditados tópicos" das suas zonas, isto é, os gentilícios, pseudogentilícios (alcumes) e também cantigas e adágios, insistindo Cela em que "no debe omitirse ningún apodo, aunque pudiera parecer insultante". O resultado tinha que ser espetacular por força, e a comarca de Ordes nom foi umha exceçom. O amigo Davide do Arroio fotocopiou-me as respostas correspondentes à nossa comarca, quase todas cobertas polos carteiros na primavera de 1971, e o certo é que nom defraudam: os Tolos de Lesta; os Anexos da Vilouchada; os Chorons de Angeriz; os Republicanos de Andorra de Sam Romám de Passarelos; os Queijeiros ou Pacholetas de Montaos; os Caciques, Cacicatos ou Caciquilhos de Ordes; os Cagarechos de Pereira; os Pouleiros ou Vaqueiros de Poulo; os Minhateiros da Fraga da Galinha (Ordes); os Pataqueiros de Meirama; os Raianos de Encrovas; os Galegos ou Brutos de Vila de Abade; os Berceiros (nom sei se a leitura é exata) de Cerzeda… Estes alcumes jocosos que se davam os vizinhos de uns lugares a outros podiam rematar calhando num topónimo, ficando a aldeia para sempre com o nome da brincadeira. Cabeza Quiles pensa que este foi o caso do lugar de Nogalháns (Berreio, Traço), topónimo festivo "que parece referirse a un antigo grupo rural alcumado de maneira graciosa co mote de nugalláns, isto é, folgazáns ou preguiceiros"1. A palabra mugalhám é das poucas exclusivamente galegas dentro do âmbito lusófono2, com o que dificilmente se acharám estes topónimos fora da Galiza, naçom cujo centro geográfico ocupa, aliás, um lugar de nome Nugalhás (na freguesia de Arcos, pertencente ao concelho de Antas de Ulha3), casualidade que resulta bem simpática. Estes alcumes jocosos que se davam os vizinhos de uns lugares a outros podiam rematar calhando num topónimo, ficando a aldeia para sempre com o nome da brincadeira Quanto ao topónimo da aldeia pertencente a Berreio, todos e todas as ordenses o tenhem mui presente, por dar nome ao emblemático conjunto hoteleiro do centro da vila, com umha cafetaria e pastelaria das mais senlheiras do concelho, em que tem parado Álvaro Cunqueiro, declarado admirador dos queijos frescos do país. "Servidor se acuerda de algunos quesos, comprados en la feria de Santiago, algunos jueves, y de otros comido en el Nogallás de Órdenes…"4, escrevera, saudoso, num dos seus livros mais populares. * (Este artigo foi publicado orixinariamente esta semana na web Aldeias de Ordes, o novo blog de Carlos C. Varela sobre toponimia galega que naceu co inicio do novo ano 2018 e que será actualizado unha vez á semana con artigos desta temática escritos por el no cárcere) NOTAS 1- Fernando Cabeza Quiles, Os nomes da Terra. Topónimos galegos, Noia, Toxosoutos, 2000, pág. 243. 2- Asociaçom Galega da Língua, Ortografia Galega Moderna confluente com o português no mundo, Santiago de Compostela, Através, 2017. 3- Xavier Sánchez Pazos, "Nugalhás: centro da Galiza", Novas da Galiza nº 152, janeiro de 2017, pág. 28. No cálculo geográfico só se tem em consideraçom a Galiza autonómica, excluindo as comarcas orientais de EU-Návia, Vale do Íbias, Bérzio, Cabreira e Seabra. 4- Álvaro Cunqueiro, "La cocina gallega", em Álvaro Cunqueiro&Araceli Filgueira, Cocina gallega, Everest, 1984, 3ª ed., pág. 69. Nom pudem consultar a ediçom original: A Cociña galega, Vigo, Galaxia, 1973.
NOS_55762
Conxunción política, antropolóxica, literaria e musical. Así define Ugia Pedreira o seu novo disco, Segmento cantábrico, que contén tamén un pequeno poemario, Atalaia norte. Un traballo que é porto, a Mariña e o noroccidente asturiano, e singradura polos pobos de Ortegal a Ouessant. Que é canto, poema e spoken word con percusión ou sintetizadores vintage. Que é, sendo quizais o seu álbum máis persoal, tamén tribo. Vida comunal. Diálogo, pensamento. Arte que é vida e vida que é arte. Como ela di, levar a arte pegada aos ósos.
O Segmento Cantábrico é onde naceu e onde vive desde hai anos. O disco está dedicado a todos os pobos de Ortegal a Ouessant. De que maneira o mar conformou a creadora que é hoxe? O título do disco é unha honra a ese mar que nos baña aos pobos galego, astur, cántabro e euskaldún, e a aquitanos e bretóns. Sinto os espazos, as paisaxes, de maneira muito intensa. Determinan o meu ánimo e movemento. Este horizonte cravóuseme nos ollos e esta vía marítima relacional do eixo Cantábrico foi e é unha realidade. Compartiuse muito e segue a ser así. Só catro dias de navegación a vela separan as costas da Mariña–Occidente astur coa costa bretoa. Por certo, a pedra estatua da portada do disco é cuarcita de tipo arenisca. Trátase dunha cuarcita armoricana común na cornixa Cantábrica, formada no ordovicico inferior no macizo armoricano correspondente á parte antiga da Armorica e os relieves de Mayenne. A vontade de unir a xeoloxía ao apelido é evidente e coincide con esta unión a través do mar. Estas pedras están na praia de Arnao, en Figueras de Castropol. Mira á Galiza administrativa, a Ribadeo. É un lugar visitado para estudar os estratos xeolóxicos. Alí paso tempo ancho. E entre tanta beleza tamén está o seu pasado gris de ter un campo de concentración franquista dos máis descarnados. Esta dualidade, os extremos do segmento, a bipolaridade, a cara e cruz dos acontecimentos éme cotiá. O meu segmento é doce e amargo a partes iguais. Desde este nodo norte. O mar, sempre o mar. No mar, na agua, son feliz, unha balea. Santo e seña neste paso pola terra. Acougo, sano. Doe-me tamén. A Comuna del Barruzo era un libro-disco. Este novo proxecto xunta un disco (Segmento Cantábrico) cun poemario (Atalaia Norte), algo parecido ao que facía Noente Paradise… No libro de poemas e cancións de Noente Paradise quería poñer o foco de atención para quen quixera velo na cultura galega. Que a literatura musical, as letras e os poemas abrázanse xuntas desde a neve dos tempos. Si, Bob Dylan gañou o Nobel depois. Como escrevo no poemario adxuntado ao cd: "o poema e canción ás veces dormen xuntas e outras en camas separadas". Son unha adicta á poesía sexa cantada, declamada ou escrita e o meu interese actual está enfocado na musicalidade da fala. Por iso entrei no spoken word. Creo que o noso galego ten muita información sonora a ser experimentada, sen ter necesariamente que cantar rock, rap ou funk con sotaque inglés ou brasileiro. Son impostacións donde non vexo avance para o namoramento co idioma. É un traballo moi persoal e bastante ecléctico. Hai poemas (seus e doutros autorxs), músicas variadas (do folk á inspiración pop ou a electrónica) e spoken word. Como foi o proceso de creación? Á hora de crear éme difícil situarme nun xénero departamento de venta musical. Actualmente temos a oportunidade de coñecer creativamente o que está acontecendo en todo o planeta. A palabra fusión gañou en velocidade de licuado. Fixem as cancións segundo ían aparecendo sinais, intereses ou inclusive encargos. Logo cosín intencións pola miña parte, que teñen máis que ver coa conectividade de ideias que matino e con descubrimentos individuais. Vin que o minipoemario era complementario a toda a paleta ideolóxica que quería expandir, como que era máis firme a miña obra con el. Laborei este álbum como unha obra de arte circular donde todo ten conexión. Alomenos para min. Valoro positivamente a vida comunal, mover os marcos, atender a cuestións de comarcas naturais e apoiar a veciñanza No disco, ademais de voz e letras, pon vostede percusión e corda. Ademais están os sintetizadores de Pierre-Yves Rougier, responsábel de boa parte dos arranxos. En que sentido é este disco, tamén, creación dos dous? (Como o era A Comuna del Barruzo). O meu primeiro instrumento de nena foi a guitarra. Unha que papá me comprou, por certo, en Vegadeo [refírese á Veiga]. Aos 14 anos compoñía coa guitarra e ata me presentei a un concurso de canción de autor en Benquerencia. Gañeino e fun bañarme ao mar de Benquerencia. Este disco cae de caixón: antes ou depois tiña que facelo. Sempre compuxen: nos doce discos anteriores publicados con outras persoas hai melodías, letras, postas en escena, filosofías, historias, ideas de deseño, asinadas por min. Neste caso igual, toda decisión sonora, filantrópica, lingüística, e de acabado xeral. Consensuei as fotos con Oscar Gorriz, o deseño con Xavier Belho, os vídeos con Eloy Couceiro, o master con Arturo Vaquero e as músicas con Pierre. Ambos firmamos a Comuna del Barruzo porque as decisións foron pactadas entre ambos e el creou cancións para a Comuna. Non creo que Quincy Jones teña que firmar a dúo os discos de Michael Jackson, nen Alizz os de C. Tangana. O outro día Jaureguízar preguntou o mesmo no Progreso. Daquela non se me ocorreu esta resposta. A primeira canción, Ser i ser máis, fala de vivir con poucas cousas. En A Comuna del Barruzo tamén estaba a idea dunha máis sinxela, como a da xente que decide volver ao rural… Ser un ser máis é unha aceptación do medo como emoción que igual conxela e igual impulsa. Eu nasci nas aldeias e vilas da Mariña que nada teñen a ver con unha dos Ancares ou de Ponte Caldelas. Portos, novidades e información entrando constantemente nesta atalaia norte. Non son nova nen vella rural. En zona de transición como pode ser esta hai unha educación de interdependencia. Valoro positivamente a vida comunal, mover os marcos, atender a cuestións de comarcas naturais e apoiar a veciñanza. Antes da canción Follas Novas explica que o disco ten que ver coa vida real, o útero creativo, feito poema, spoken ou canción. Este tema inclúe as voces de monxes tibetanos. De que xeito arte e vida cotiá se dan a man neste disco? A melhora da miña vida cotiá pasa pola composición, musical, escénica e escrita, e pola composición da vida, na improvisación muitas veces. Sen dúbida a arte é polo tanto quen mantén a columna vertebral da miña existencia. Son a trovadora que conto o que vexo, sinto, padezo, e cambio o meu minúsculo mundo nesta construción criativa. A min é a xente que máis me interesa, o artista que vai coa arte pegada ao óso, sen rede. Muitos anos levo dicindo que ser funcionario e logo pintor non ter que ver con viver só da pintura ou da música. Non gosta que o diga? Pois creo que na molestia das cousas está a evolución e mesmo a curación. Puxemos as Follas Novas de Rosalía de Castro cos cantos tibetanos porque escoitámolos na casa bastante. Esas follas novas eu identifícoias cos eucaliptos. E así van no disco entre techno-e-tibet, porque si. Quizás para aplacar a dor, como berro da alma que é. Esa dualidade, controversia e contraste no que vivimos. Aceptamos, rebelamo-nos, calamos. Hai un tema: Orgánico é viaxar, sobre os afectos nun disco dedicado, entre moitos amigos e amigas, á súa filla Lua por darlle a oportunidade de "coñecer a pureza". De que xeito o disco nace tamén dos afectos (a tribo…)? Orgánico é viaxar leva muitos anos comigo erosionándose. Son das que podo pasar meses para encontrar unha palabra ou outra. Fíxena cando me estaba achegando a unha intimidade maior co meu corpo. Como un renacemento orgánico nel. Abrín o canal do sentir na pele. O sexo converteuse en desfrute máis sereno, a favor do meu ben corporal, sen ser a fuxida dos problemas ou a resolución deles. Tamén este permiso e atrevemento comigo mesma poñéndome núa en formas de pedra a modo dunha venus paleolítica vén de aí. Ou ensinando pel nas fotos de Oscar Gorriz. Un empoderamento persoal que fala tamén da gordofobia, de tantas persoas que se senten feas ante a súa gordura. Botei mao do escenario e da miña propia introspección para aceptar o meu grande corpo e os dos demais. Se isto e a miña escrita e música pode ser útil para o benvivir de alguén, xa cumprín e limpei karma. Fixen con esta peza de Orgánico Viaxar un vídeo para o proxecto Sesiois a Brosa con Eloy Couceiro onde mesturei o amor polos barcos, no taller dos Pachos, carpintería de ribeira única no noso Cantábrico, con esta composición. A madeira, a pele e a agua son elementos cos que aboio. Esa imaxe de portada é quizais entón como unha muller que se representa, que se esculpe a si mesma… Eu son venus e como os soños. Así remata o poemario ao pé dun debuxiño meu que fixen dunha suposta venus con cabelo de sol e tocado en forma da de Renancourt. Puxemos na portada unha venus imaxinaria seguindo as esteatopixias das venus de corpos grandes. Busquei unha posición que me identificara sentanda ollando o mar na praia nudista de Arnao. O acto de estar espida como contrato social tamén vai implícito no discopoemario. Non facer do desnudo un castigo. En honra a miña mai que pariu unha nena de cinco quilos con muito cabelo. Con excepción da Dama de Arlanpe en Euskadi ou a Venus de Caldas en Oviedo é curiosa a falta de venus na Península. Estas figuras simbolizaban segundo estudos abundancia e fertilidade. Agora fálase de que son ferramentas ideolóxicas como amuletos que protexían a muller no parto, a cría e a lactancia. Herdadas de muller a muller quizás en altares. Quixen facer unha obra de arte que aunara disciplinas. A multidisciplinariedade ten bastante que ver coa forma que teño de construír. Por iso para min o Segmento é cunha conxunción política, antropolóxica, literaria, evidentemente musical e sempre danzística. "Poñer o frío no seu sitio a veces manca", di o poema de Marina Oural que musicou neste disco, nunha canción que viaxa polo folk europeo. Por que escolleu este poema? Vida Aínda é un poema de Marina Oural (socia da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, adicada á arte e saúde) parceira de muitas vivencias, con quen traballo na posta en escena das súas composicións, das miñas e axudamos a outrxs artistas. A Vida aínda tocábaia coa pandeireta nun ritmo de muiñeira inventado que en maos de Pierre Rougier rematou con aires do Cáucaso. O spoken word do final pertence a unha conversa entre os tres. As grandes conversas tan cheias de versos explosivos! Encántame encontrar versos nelas. Durante estes anos axudei a muitos a compoñer ou atopar piares donde sustentar o seu relato creador. Por exemplo con Alba Maria no estudio Ty Awel de Pierre en Castropol fixemos unha peza brutal nun día ao que el xa está poñendo bases e arranxos. En Segmento Cantábrico hai varias variedades de galego: do eo-naviego ao galego anterior á normativa ILG-RAG ou o reintegracionista… O disco foi feito ao abeiro da convocatoria do Xacobeo FX21 e cumprindo a legalidade normativa que se pedía nesta convocatoria. Aceptaron o galego de Asturias. Hai dous temas nele e supoño que se albisca o meu nato reintegracionismo en esencia. Unha produción con Nordesía, empresa papámamá da xestión cultural en Galiza coa que comecei no ano 1995 e coa que me voltei atopar. Encantada co novo equipo ilusionante e con ganas de navegar tamén. Probablemente este disco sería outra cousa, tamén, se antes non existisen Marful ou Nordestin@s… Con Chouteira, Nordestinas, Marful, por exemplo, por citar algún proxecto, tiña a consciencia histórica e a árvore xenealóxica de onde viñan e ían os álbums. Estudar, ler, meditar aséntame as visións e ideias desde sempre. Isto fágoo en cada álbum. Foi unha etapa da vida donde compartín con outros músicos a súa sapiencia e talento. Ademais das colaboracións que me agasallou a vida, con Banda Bassotti en Italia, con David Murray en Franza substituíndo a Omara Portuondo, cos grupos de rock galego dos 90, lembro cariñosamente a etapa con Xenreira, aqueles días de ser a chica de coro de Fermín Muguruza, Karen Matherson ou Amparanoia no espectáculo de Reixa, a aventura da Descarga ao Vivo en Cuba... Cada experiencia forxoume e fíxome chegar ás conclusións actuais. Para explicar proxectos coma Ecléctica Ensemble fálase moitas veces de conxugar tradición e modernidade como se fosen naturalmente opostas, como se non houbese continuidade entre ambas. Como se relacionan para vostede? Cando saíu o vinilo de Ecléctica Ensemble no 2000 de música electrónica e tradicional tábamos en Galiza en terra de ninguén a este nivel. Porque o que propuxemos Nacho Muñoz, Xurxo Piñeiro, Ramón Pinheiro e eu era unha visión de jazz, world music, tradicional galega e experimental nun vinilo que aínda se vende. Para ouvidos cultivados está fóra de modas. Por iso gostei de traballar con Pierre Rougier no Segmento Cantábrico desde unha perspectiva de son máis vintage cos sintetizadores. Os planos de arquitectura sonora do Segmento Cantábrico teñen por unha parte unha pizca de enxeñería artesanal, un copo grande de física, atencionalidade coa historia da música mundial e grolos de intuición. Para este disco empregamos o que tiñamos a mao: cordas, percusión, sintetizadores, o baixo de Iván Laxe (The Elas), pedal steel de Alvaro Lamas, sons da aldeia... A música electrónica ten unha historia amplísima desde os 60. Cae de caixón o seu futuro, pois democratiza novas composicións. E as formas patrimoniais das músicas do mundo esculpíronse por identificación e asimilación no devir dos ouvidos. Tamén é un discorrer normal. Cando leo tradición e modernidade, sopro. Non sei ben a que se refire, nesta grande Pangea. E penso naqueles congresos de antropoloxía musical ou no posgrao de música tradicional da USC promovido polo CMTF de Lalín e aCentral Folque donde aprendemos máis e máis como as esporas culturais van polo ar, veñen polo vento. Como pensa presentar o disco? Espero poder presentalo con todo o equipo: Pierre cantando, tocando a flauta e os sintetizadores, comigo en palco, con Xavier Bello proxectando e pintando en pantalla no escenario, coa posta en escena de Marina Oural, o son de Xurxo Pinheiro e as luces de Alberto Casas, como será o caso de Ribadeo o 12 de marzo. Mas tamén gosto da experiencia de ir eu sosiña coa guitarra e percusións máis a modo de recital como será o caso da Universidade Victoria Gasteiz o 25 de marzo. O Segmento ten muita flexibilidade de visibilización, tamén muita capacidade de adaptación a palcos diversos. Tamén gostaría de probalo con máis músicos ou artistas no escenario. Teño como un fogo interno que me fai buscar unha maxia diferente en cada concerto. Por outra banda os cambios cansan e eu xa fixen muita furgoneta noutras épocas. Levo desde 1995 na escena musical "máis profesional" e a discapacidade da miña filla Lua axúdame a recolocar o urxente, importante e necesario. Nisto tamén.
NOS_34251
O Concello votou a favor desa medida como protesta se a entidade financeira continúa adiante coa súa idea de eliminar unha oficina. Ademais, retirará do banco todos os fondos que teña en contas da entidade.
Os grupos con representación na corporación do Concello de Portas acordaron que, no caso de que Abanca continúe co seu plan de fechar unha oficina no municipio, decretarán un día de loito oficial. Nun pleno no que tamén se pactou un decálogo de medidas para realizar no caso de que a desaparición da sucursal sexa unha realidade, as e os edís concluíron que outra acción reivindicativa será a supresión de todos os fondos municipais que haxa en contas nesta entidade financeira. Desde o Goberno local insisten en que esta decisión de Abanca é "unilateral e inxustificada tomada de forma irreflexiva" pola dirección, que de feito está a sinalar unha serie de oficinas repartidas por toda a xeografía galega para facelas desaparecer. En Portas consideran que esta actuación é "un ataque contra os dereitos" da cidadanía, nomeadamente das persoas maiores. A este respecto, lembran que estas últimas son "vítimas da ruptura tecnolóxica" e quedarán "abandonadas á súa sorte á hora de poder cobrar as súas pensións ou atender as súas xestións bancarias". O Concello tamén trasladará o seu malestar e a súa posición contraria a este recorte de servizos públicos á Xunta, o Goberno español e o Banco de España. En relación ao Executivo galego, sostén que debe actuar "como garante dos concellos rurais" impedindo que os bancos realicen estas operacións que eliminen os "servizos presenciais". Ao tempo, a corporación ten idea de buscar outras opcións se finalmente decorre o feche.
PRAZA_12994
En obras como Galicia como tarea ("o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista", segundo Ferrín) ou La marginación de Galicia, o autor realiza unha análise da situación económica de Galicia e un programa sistemático de industrialización. O propio Beiras asegurou que "o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país"
"Tampouco debemos deixar intocado o transfundo do problema. A forma de encapsulamento social en que Galicia viviu relegada, polo menos ata a segunda metade do século XIX, vén de moi atrás. A pescuda podería retrotraerse aos comezos do réxime feudal. Ou, cando menos, aos abruptos anais do século XV. É aquí onde se insiren os principais eslavóns da fractura interna, que ía aniquilar á vez a estrutura produtiva e a organización social do Reino. Nada parece máis contrario á expansión que o clima de opresión. Máxime cando dúas clases minoritarias como a nobreza e o clero son as que apertan as torcas sobre as ansias de emancipación da inmensa maioría". Foi Valentín Paz-Andrade quen escribiu estas palabras, no seu ensaio La marginación de Galicia, editado en 1970. Paz-Andrade denunciou sempre o "xugo", -tal como o define en La marginación de Galicia-, que oprimira o país, impedindo o desenvolvemento do seu potencial Este libro complementa outro anterior, Galicia como tarea, do 1959. Paz-Andrade denunciou sempre o "xugo", -tal como o define en La marginación de Galicia-, que oprimira o país, impedindo o desenvolvemento do seu potencial. E a súa análise, desenvolvida na súa obra ensaística e xornalística, continúa, en boa medida, vixente. "Nunca, desde os tempos dos ilustrados, se fixera no pensamento social galego unha tentativa tan sistemática de propoñer non de forma retórica senón concisa e argumentada, unha vía de industrialización para Galicia", escribe o historiador Ramón Villares no limiar da edición facsimilar de Galicia como tarea que Xerais tirou do prelo este ano con motivo do Día das Letras Galegas. O xermolo deste volume, -"o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista", tal como definiu o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín-, naceu da participación de Paz-Andrade no 1957 nunhas conferencias en Bos Aires sobre economía e cultura galega, convidado polo Centro Galego con motivo das Xornadas Patrióticas. Dous anos despois foi publicado na capital arxentina por Ediciones Galicia, coa coordinación de Luis Seaone. "O grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista", tal como definiu o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín "Foi un libro moi valorado entre os seus destinatarios do exilio porteño e doutros exilios, pero padeceu no interior as dificultades da súa edición afastada e da escasa distribución na Terra, así como unha recepción non moi calorosa no campo do galeguismo cultural. Quixo Paz-Andrade asegurar a súa argumentación no 1970, na casa editora transcontinental, de La marginación de Galicia, pero tampouco se chegou a converter en obra de referencia á hora de construír unha interpretación moderna de Galicia, a que podería servir de base para o 'novo nacionalismo' dos sesenta e setenta do pasado século. Ese mérito corresponderíalle ao libro de Xosé Manuel Beiras, O atraso económico de Galicia, (1973), que ten algunha parentela coa obra económica de Paz-Andrade pero que se diferenza claramente del no seu enfoque analítico e nas consecuencias políticas que se derivan de cadansúa visión de Galicia", comenta Villares no limiar. O propio Beiras, nunhas declaracións que cita Xan Carballa na súa Biografía de Valentín Paz-Andrade (Galaxia), asegurou que "o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país". A proposta de Paz-Andrade para a industrialización de Galicia aséntase en dous piares, segundo resume Villares: a abundante man de obra e a riqueza nun recurso básico como é a auga: doce, para a produción hidroeléctrica, e salgada, para a industria pesqueira, que el mesmo tentou impulsar implicándose na creación de Pescanova. E, "dada a debilidade da banca e do aforro rexional, apela o autor, apoiado nas teorías de M. Keynes, á necesidade dunha creciente intervención del Estado no investimento industrial, para o que é preciso que o Instituto Nacional de Industria (INI) supere a súa baixa proporción de investimentos ata daquela realizados en Galicia", explica Villares. O propio Beiras asegurou que "o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país" Os argumentos de Galicia como tarea amplíanse en La marginación de Galicia. O problema comeza, segundo o autor, coa "marxinación do home". O "desequilibrio demográfico" ten que ver, na súa opinión, non coa "falacia" do "exceso de poboación" como causa do subdesenvolvemento, senón cunha elevada densidade concentrada nunhas determinadas zonas que, unida ao dominio da economía, naquela altura, polo sector agropecuario, atopa o seu escape na emigración. "A súa achega á causalidade da emigración galega arguméntase mediante o recurso a obras de ilustres científicos sociais, (Hicks, Fromont, Landry), que xa postulaban entón a necesidade de entender as migracións como un resultado das diferenzas de renda entre lugar de orixe e lugar de destino, o que hoxe se chamaría 'privación relativa', e non mediante alusións á miseria, ao desexo de aventura e por aí adiante", xulga Villares. A "marxinación do capital" é, segundo Paz-Andrade, outro dos eixos da cuestión. Non abonda, entende, co tópico da Galicia como terra rica que vive pobremente A "marxinación do capital" é, segundo Paz-Andrade, outro dos eixos da cuestión. Non abonda, entende, co tópico da Galicia como terra rica que vive pobremente. O marco administrativo provincial, "pezas dunha cuadriculación artificial", constitúe, ao seu ver, un dos primeiros obstáculos. Como o dualismo interior, no que conviven "núcleos industrializados" con retagardas "de atraso e autoconsumo". Ou o feito de que o país quedou á marxe ou participou "escasamente" nos "grandes despregues financeiros que comandan os núcleos favorecidos pola polarización do poder económico, o oligopolio da enerxía e a transmigración do aforro". A descapitalización lastra, así, o avance industrial. En canto ao agro, a modernización técnica, a diversificación de cultivos ou a mellora das infraestruturas, xunto coa creación dunha rede de Caixas Rurais ben organizada, son algunhas das súas propostas. "Só o galego pode utilizarse como vehículo para a relación con Brasil, onde tal vez se acumula a maior dispoñibilidade de recursos naturais do mundo, e, tanto o nivel demográfico como o desenvolvemento económico, adquiren aceleradamente dimensións espectaculares" Mais unha das dimensións da orixinalidade destes ensaios, para o seu tempo, reside na súa consideración da cultura como un dos factores nos que debe asentarse ese desenvolvemento posible. E a marxinación do idioma, é, por isto, unha das principais pexas a superar. A súa estratexia, ao respecto, é a do "galaico-portugués". O castelán, -di en Galicia como tarea-, "fálase en vinte nacións do novo Continente. Pero a máis extensa e poboada da área ibero-americana fala portugués. Só o galego pode utilizarse como vehículo para a relación con Brasil, onde tal vez se acumula a maior dispoñibilidade de recursos naturais do mundo, e, tanto o nivel demográfico como o desenvolvemento económico, adquiren aceleradamente dimensións espectaculares. Ninguén pon en dúbida que, algún día, seguramente non moi afastado, a hexemonía económica mundial será exercida, ou cando menos compartida, por aquel favorecido anaco do mundo cuxa conquista iniciou Pedro Álvarez Cabral".
NOS_40704
Non houbo sorpresas e Alberto Núñez Feijóo anunciou na mañá do domingo que mantén os dez conselleiros e conselleiras, con Alfonso Rueda como vicepresidente. O continuísmo dáse tanto nos nomes como na estrutura da Xunta de Galiza.
Repiten os dez conselleiros e conselleiras que acompañaron Feijóo nos últimos meses do seu Executivo após a remodelación do Goberno en outubro de 2015. Desta maneira, o presidente da Xunta aposta no continuísmo en canto a persoas como a estrutura. O vicepresidente volverá ser Alfonso Rueda, quen se ocupará da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, mentres que Valeriano Martínez se encargará da Consellaría de Facenda. Na Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recunca Bea Mato e na de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez. Francisco Conde repite como conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e Román Rodríguez como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Aliás, seguirá á fronte de Sanidade Jesús Vázquez; de Política Social, José Manuel Rey Varela; de Medio Rural, Ángeles Vázquez e de Mar, Rosa Quintana.
NOS_3596
A coordenadora de EU interveu no Pleno para fixar a posición de En Marea no debate dos orzamentos.
A parlamentar ferrolá censurou duramente os orzamentos en dous planos, no da política galega -"esquecen Galiza"- e no xeral do Estado -incluirían "máis de 5.000 millóns en recortes". De paso lanzou un ataque ao PSOE, ao que colocou no mesmo saco que Cs como "socios do goberno". A respeito da Galiza, obxectou que os orzamentos reducen o investimento a respeito de 2016 en 32,9 por cento -pasan de máis de 1.329 millóns a 891,7- , ao tempo que criticou que esquezan "cuestións importantes", entre as que aludiu a situación do sector lácteo ou o salvamento marítimo. "Sabe [dixo, interpelando a Montoro] que os nosos gandeiros venden o leite por debaixo do seu valor de produción? Sabe que se tivésemos outra catástrofe do Prestige estaríamos en idéntica situación, con consecuencias terríbeis?", perguntou Díaz. Denunciou asemade a carencia de partidas para dotar o país dun servizo de cercanías e os moi cativos fondos que se destinan ao saneamento das rías. "É unha vergoña a consignación orzamentaria das rías. Un só exemplo, a Ría do Burgo precisa 48 millóns de euros, e só destinan un millón. É un insulto". A parlamentar defendeu a emenda á totalidade a estas contas do grupo na que se acha inserida, o confederal de Podemos, Esquerda Unida, En Comú Podem, En Marea e Equo. Nesa emenda, como informou Sermos, non aparece ningunha referencia concreta aos problemas da Galiza.
NOS_58489
"Non caben ambaxes nin ambigüidades. Hai que dicir que non", precisou o secretario xeral do PSdeG nun acto no que escenificou a "unidade" do socialismo galego.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, responsabiliza o presidente da Xunta e candidato a presidir o PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, de "autorizar a involución" do pacto entre Partido Popular e Vox no Goberno de Castela e León, unha decisión que provoca "estupefacción" entre os populares europeos, dixo. Nunha comparecencia en Santiago, na que escenificou a "unidade" do socialismo galego, Formoso deixou claro que o papel do PSdeG será "frear" esa "involución que está a propor Alberto Núñez Feixoo ao resto do Estado" co seu pacto con Vox. Así, apunta a Feixoo como responsábel de permitir que se ampare "unha formación que pon en cuestión os valores que máis defende a sociedade galega", entre o que citou a igualdade entre homes e mulleres, que "están en risco coa autorización" do futuro presidente dos populares en España. Respecto diso, alerta dos riscos que provoca que "Vox xestione áreas de goberno en Castela e León" en cuestións como os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e a lei de eutanasia. "Un presidente que estea presente" González Formoso advertiu que a Galiza "necesita un presidente que estea presente". "Non compartimos esa fotografía de compatibilidade de estar nas Fallas onte en Valencia mentres os pescadores están a amarrar a frota por dificultades económicas", recriminou. Tampouco comparte "estar na Palma mentres os agricultores galegos e galegas están a aparcar os seus tractores por dificultades económicas". E afea a "xira autonómica" de Feixoo no canto de sentar cos transportistas. "Se non o fai a Xunta da Galiza, se non o fai o PPdeG, vaino facer o Partido Socialista da Galiza", deixa claro o líder do PSdeG.Neste sentido, insiste en emprazar a Feijóo a que "se comprometa co seu país" e "dea prioridade ao seu país" por riba de "opcións persoais". Preguntado sobre as declaracións de Núñez Feixoo nas que culpa ao PSOE do pacto entre PP e Vox en Castela e León, Formoso precisou que "non caben ambaxes nin ambigüidades", pois "hai que dicir non". "O presidente do Partido Popular europeo, non o presidente da agrupación de Barbadás, As Pontes ou Tui, considera que esta autorización por parte de Alberto Núñez Feixoo é unha mala noticia para a democracia, que espera que non se estenda a outras comunidades; por tanto, máis nada que dicir", finalizou.
NOS_43450
A rapaza, de dez anos, remitiu unha carta á Mesa pola Normalización Lingüística na que afirma que o seu "propósito" é que ninguén sexa discriminado por falar en galego.
Através dunha carta remitida á Mesa pola Normalización Lingüística a rapaza agradeceu o apoio amosado pola entidade e a maré de persoas que se volcaron na defensa do idioma ao longo desta semana. Mantense no anonimato mais quixo trasladar o seu agradecemento ás persoas e entidades --a comezar pola propia Mesa-- que, após coñeceren o seu caso, amosaron a súa solidariedade con ela na defensa da lingua galega. Con data de 29 de xullo e nunha carta escrita a man, a nena que foi discriminada polas monitoras do campamento organizado polo Clube Hípico Casas Novas de Arteixo, agradeceu "todo o que fixestes, perdendo o voso tempo en min", sinala, en relación á concentración que decorreu perante as instalacións do clube na cuarta feira. "Quero que saibades que o meu propósito é que non llo fagan a outra persoa" "Grazas a vós síntome máis acompañada", acrecenta quen amosou unha firmeza absoluta na súa loita a prol do galego. "Quero que saibades que o meu propósito é que non llo fagan a outra persoa", conclúe. Desde A Mesa agradeceron nun comunicado de imprensa a "valentía" da nena e por terse decidido a denunciar. Neste senso, a entidade en defensa do idioma lembran "cada verán en moitos campamentos do noso país, moitas nenas e nenos sofren humillacións e desprezos sememellantes por falaren a nosa lingua". Así pois, recordan a liña telefónica que manteñen aberta para denunciar calquera discriminación ou violanción dos dereitos lingüísticos 902 106 474 e o enderezo electrónico disponíbel para tal fin [email protected].
PRAZA_12044
Na universidade os préstamos do Banco Santander suplantan as bolsas e a propia universidade pública, certamente cada vez máis controlada por este tipo de poderes financeiros, entrégase gustosa á extorsión dos seus estudantes, investigadores, P.A.S. e moitos dos seus profesores. Os ánimos comezan a quentarse. Na eclosión madrileña do 15M unha rede universitaria, Juventud sin Futuro, xogou entón un papel importante. Non cabe dúbida que no seguinte acontecemento da política de movemento a disidencia universitaria volverá estar aí, empurrando co resto.
*Antón Fernández de Rota, membro de www.zoopolitik.com O venres 17 a Universidade da Coruña entregaba os seus premios extraordinarios e medallas. Unha delas levaba o meu nome xa que un ano atrás doutoreime en Antropoloxía Cultural, especialidade en Antropoloxía Política. Se esta universidade pretendía honrar aos seus homenaxeados, moitísimo se equivocou traendo como convidado de honra ao alcalde do PP desta cidade. En igual medida trabucaríase se o convite fose para algún gobernante anterior do PSOE. Un e outro partido son directos responsables da dramática situación que vivimos na universidade en xeral, e na sociedade no seu conxunto. Aclaro. O "mileurismo" é cousa do pasado. Sendo eu, na actualidade, o tipo de profesor universitario ao cal lle pagan un salario que non chega nin a ese mínimo bioloxicamente reprodutivo co cal Marx definía aos proletarios de antano, non podo sentirme de ningún xeito honrado pola presenza do devandito personaxe. Moi pola contra, como tantos outros, levo máis dunha década participando activamente contra as políticas que o PP e o PSOE implementaron baixo a escusa dos "mercados". Quen pode esquecer tan cedo as sabotaxes contra as ETTs que legalizou o PSOE no 1994, os insultos recibidos por UGT e CCOO por cada reforma laboral que asinaron, a ledicia de ver emerxer con Chiapas e Seattle o "movemento de movementos" global, máis tarde as loitas contra a LOU, tamén aquelas mobilizacións para por fin a crueldade das guerras económicas secundadas por Aznar, ou hai ben pouco os berros da rede V de Vivenda? Todos estes movementos golpeaban dende ángulos dispares na matriz de relacións que xestaron a crise. O que os USA non puideron coa guerra o tentan facer agora coas axencias de rating; a resposta que os partidos non souberon dar aos movementos pola vivenda, estala agora nas nosas caras. Esta crise leva con nós moito máis do que din, simplemente mudan os seus puntos quentes. No 2001 lle tocou a Arxentina e pouco antes aos por entón chamados "Tigres Asiáticos". California leva en bancarrota dende o Dot.com Crash do ano 2000. De aí que non sexa de estrañar o eco obtido polas protestas de Ocuppy Wall Street na costa Oeste. Así como a perda de poder adquisitivo leva unha longa marcha nos USA, no estado español a precarización da existencia foi unha constante dos últimos quince anos entre os mozos, soamente atenuada polos "colchóns" familiares herdados dun raquítico welfare e o bluff dun crédito que, ao cabo, non resultou tan barato. Como consecuencia, a "clase media" desaparece. O "99%" devimos precariado en acto ou en potencia. No meu caso, nunca pedín un préstamo, pero pídeseme que, pola vía indirecta dos recortes, pague unha débeda non contraida. No entanto, teño a firme convicción de que os gregos están no certo. O precariado, esteamos hipotecados ou non, realmente non lle debemos nada a ninguén. Estamos a ser vítimas dunha extorsión mafiosa? Non hai dúbida de que a economía converteuse en mera policía; o seu son as porras e os lacrimóxenos. Si, renóvase o conflito de clases, agora entre os acreedores das grandes finanzas e os deudores sennúmero. De tal xeito, suxire outro antropólogo da política, David Graeber, compre reclamar a abolición das débedas, como tantas outras veces na historia tiveron que ser suprimidas cando os prestamistas non foron quen de comedir as súas ambicións e desmáns. Esta parece ser condición sine qua non para a saída da crise. Non a solución, pero si unha das condicións. Agora ben, o problema non so é a Troika e Goldman Sachs, é dicir, os grandes actores globais, titiriteiros dos partidos políticos. As mareas verdes, brancas e de todos os cores explicitan os antagonismos que atravesan todas e cada unhas das institucións. Ambivalencia. Na universidade os préstamos do Banco Santander suplantan as bolsas e a propia universidade pública, certamente cada vez máis controlada por este tipo de poderes financeiros, entrégase gustosa á extorsión dos seus estudantes, investigadores, P.A.S. e moitos dos seus profesores. Os ánimos comezan a quentarse. Na eclosión madrileña do 15M unha rede universitaria, Juventud sin Futuro, xogou entón un papel importante. Non cabe dúbida que no seguinte acontecemento da política de movemento a disidencia universitaria volverá estar aí, empurrando co resto. O pasado venres funme dando as costas ao acto, sen recoller o galardón ofrecido, renovando as miñas ganas, con tantos outros compartidas, de tamén marcharme deste país e sistema universitario. Á espera dun estrondo que pronto tomará as rúas, preferín conservar de momento algo de dignidade. Mágoa o da medalla. Mágoa que a Academia lles siga rindo as grazas... Como cantar o Gaudeamus Igitur cando o que hai que responder é Non Servium!
NOS_7667
A Unión Europea prepárase para acoller "millóns de refuxiados". Polo de agora cruzaron a fronteira con Polonia máis de 575.000 ucraínos e ucraínas.
O Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos, encabezada por Michelle Bachelet, vén de elevar a 227 o "balance provisional" de persoas civís falecidas en Ucraína desde o inicio da invasión rusa o pasado 24 de febreiro. Porén, desde Nacións Unidas apuntan que a cifra real, aínda por contrastar, sería "moito maior". De feito, as autoridades ucraínas falan xa de "máis de 2.000 persoas" alleas ao conflito. A guerra en Ucraína, en directo Os 227 pasamentos que xa están verificados inclúen 15 rapazas e rapaces, mentres a cifra de feridos ascende a 525 segundo os datos da ONU, incluíndo 28 menores de idade. "Son máis que todas as vítimas civís entre 2018 e 2021 no leste de Ucraína", afirma a organización. Con base nesta mesma información, 323 vítimas —entre mortos e feridos— da última semana corresponden ao Donbás, incluídas 65 persoas falecidas, "na súa meirande parte en zonas controladas polas forzas leais ao Goberno de Zelenski", di a ONU. A ONU condena a invasión de Rusia a Ucraína con 141 votos a favor, 35 abstencións e 5 en contra Neste senso, portavoz do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos (Acnudh), Liz Throssell, vén de confirmar, en declaracións á axencia rusa Sputnik, que na última semana 40 persoas morreron no territorio do Donbás controlado por Kiev, e outras 18 nas zonas baixo control das milicias de Donetsk e Lugansk. Aliás, outras 198 resultaron feridas no conxunto da rexión. Acollida de persoas refuxiadas Paralelamente, a comisaria europea de Interior, Ylva Johansson, vén de confirmar que "desde o 24 de febreiro, 575.100 persoas chegaron desde Ucraína a Polonia". A Galiza comeza a coordinar o dispositivo para acoller persoas refuxiadas de Ucraína "A Unión Europea debe prepararse para recibir a millóns de refuxiados que foxen da guerra", advertiu.
NOS_1114
Trátase dunha persoa que non foi hospitalizada e que presenta un cadro clínico compatíbel con esta doenza. No Estado español, á cabeza de Europa, confirmáronse unha trintena de positivos.
A Consellaría de Sanidade vén de informar de que se detectou o primeiro caso sospeitoso da coñecida como varíola do mono, cuxa mostra tomada por proba PCR será analizada polo Instituto de Saúde Carlos III. A través dun comunicado, a Consellaría explica que se trata dunha persona que "non está hospitalizada" e que presenta un cadro clínico compatíbel coa definición distribuída pola dirección xeral de Saúde Pública, á espera de recibir o protocolo definitivo do Ministerio de Sanidade. Precisamente, o departamento que dirixe Julio García Comesaña vén de activar un protocolo para que todos os profesionais sanitarios da Galiza teñan "claros os criterios" para identificar posibles casos das variola do mono. O caso sospeitoso detectado esta sexta feira e xa foi remitido ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno estatal. Desde que se recibiu a alerta internacional, na tarde da terza feira, a Galiza está vixiante para poder identificar e confirmar, por medio da proba PCR, os posibles casos sospeitosos que se detecten. Guía para os sanitarios Así, remitiuse aos centros asistenciais galegos, como os servizos de urxencias, o 061 e os centros de atención primaria un primeiro protocolo elaborado por Saúde Pública, para que calquera sanitario poida coñecer os criterios para incluír un caso nesta alerta sanitaria, como o propio conselleiro confirmou, en declaracións aos medios, en Muíños. "Evidentemente, á vista da situación que se está producindo en Madrid con eses casos confirmados e ese alto número de casos sospeitosos, estamos alerta para canto antes aquí algún caso entre nesa definición poder canto antes identificalo, confirmalo, que é unha cuestión tamén importante a confirmación mediante PCR e remitindo as probas ao Instituto Carlos III", afirmou.
NOS_10791
A Lei do ciclo da auga chega a próxima semana ao Parlamento para a súa tramitación dous anos despois da presentación do anteproxecto e após recibir ducias de alegacións por parte de Administracións e entidades. O BNG e o PSdeG presentaron emendas de devolución a unha norma "recadadora" e "invasiva".
O Consello da Xunta do pasado 10 de marzo autorizou a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que agora chega ao Parlamento galego para a súa tramitación. Unha norma que a Consellaría de Infraestruturas defende para avanzar cara a unha "xestión profesionalizada do abastecemento, do saneamento e da depuración". Unha defensa en solitario, pois nin a oposición no Parlamento, nin outras Administracións implicadas —Concellos e Deputacións— nin sequera o Consello Económico e Social (CES) acaban de ver con bos ollos o proxecto presentado. De feito, o propio Goberno galego vén de ter que reformular puntos da lei para excluír as Deputacións do cofinanciamento das obras contempladas na norma após as protestas de entidades provinciais. A Xunta presenta a Lei do ciclo da auga entre incógnitas sobre o texto final O proxecto de lei que chega ao Parlamento, perto de 200 páxinas, mantén non poucos artigos que xeran preocupación e dúbidas por parte das entidades antes mencionadas e nas que basean as emenda de devolución presentadas tanto o BNG como o PSdeG, emendas ás que tivo acceso Nós Diario. Maior carga fiscal O principal temor recae en se con esta nova lei persoas usuarias e contribuíntes van pasar pagar máis pola factura da auga. A Consellaría négao mais o persoal técnico da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) estimou que "nunha familia de tres membros cun consumo de ao redor de 39 metros cúbicos, a factura aumentaría por volta de 60%". Na memoria económica do proxecto contémplase un incremento da carga fiscal cun aumento da recadación de Augas da Galiza a través, por exemplo, do canon de xestión de depuradores, que prevé uns ingresos no primeiro ano de 12 millóns de euros fronte aos 5,8 actuais. Por situar dous exemplos que figuran na propia memoria, en Gondomar pasaríase de pagar 44.000 euros a 505.000 e no caso de Ribadeo ese salto sería de 143.000 a 407.000. Derivar competencias O segundo punto de preocupación fai referencia a que este proxecto vai derivar nas entidades locais e Concellos obrigas e competencias do Goberno galego. Ao que se chega sen haber antes "diálogo nin debate" por parte da Xunta, sinala a formación socialista na súa emenda. o BNG, pola súa parte, alega "falta de participación e diálogo" por parte da Xunta co resto de axentes implicados no ciclo da auga, o que leva a que a norma sexa unha "imposición unilateral". A Fegamp desmente a Xunta: a Lei da auga si suporá un aumento da factura para as familias O proxecto de lei tamén estabelece toda unha serie de obrigas a cumprir polos Concellos nun limitado prazo de tempo, desde adaptar instalacións a realizar auditorías e controis, o que desde a oposición consideran "abafante" e difícil de realizar por entidades municipais nun contexto como o actual. A Xunta dispón de competencias plenas en depuración de augas residuais desde 2001 mais até o de agora, dúas décadas despois, non elaborou ningún plan de xestión integral do ciclo da auga. E o proxecto que chega ao Parlamento faino envolto en críticas e polémica.
PRAZA_8296
A causa da impugnación é o veto á participación dos medios comunitarios na repartición de licenzas a pesar de que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisua de 2010 recoñece a este tipo de medios como un dereito da cidadanía.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a demanda presentada pola Rede de Medios Comunitarios contra o concurso destinado a outorgar as licenzas dispoñibles en Galicia para a emisión en frecuencia modulada. A causa da impugnación é o veto á participación dos medios comunitarios na repartición de licenzas a pesar de que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, aprobada en 2010, recoñece a este tipo de medios como un dereito da cidadanía. A Xunta pretende outorgar as 85 licenzas das que dispón a servizos de comunicación comercial, esgotando así o espectro planificado dispoñible e imposibilitando pola vía de feito o exercicio do dereito a comunicar a través de medios comunitarios en condicións dignas. O concurso -que fora anulado pola Xunta en maio por defectos formais na súa convocatoria (fora denunciado no seu día polo Consello Consultivo por estar limitado ás emisoras comerciais)- volveu ser convocado o 26 de xullo e exclúe expresamente no seu primeiro punto a participación de medios sen ánimo de lucro: "quedan fóra do ámbito deste concurso os servizos de comunicación audiovisual radiofónica comunitarios sen ánimo de lucro". Os criterios da convocatoria fan moi difícil ademais que unha emisora non comercial poida competir das propostas das grandes cadeas. Esixe, por exemplo, unha cuantiosa garantía económica só para participar no concurso. Ademais, aínda que a proposta de proposta de programación pode outorgar 40 puntos para o baremo final, a proposta económica pode acadar 30 puntos, a proposta tecnolóxica 20 puntos e a experiencia outros 10. A Xunta pretende outorgar as 85 licenzas das que dispón a servizos de comunicación comercial, esgotando así o espectro planificado dispoñible e imposibilitando pola vía de feito o exercicio do dereito a comunicar a través de medios comunitarios en condicións dignas Cando en agosto a emisora coruñesa Cuac FM comezou unha batalla para acadar unha destas 85 licenzas presentándose -ao non quedarlle outra maneira legal- como emisora comercial, comezou en paralelo outra loita, esta estritamente legal -a través da Red de Medios Comunitarios- para impugnar a convocatoria e esixir que a administración cumpra o seu compromiso de reservar un mínimo espazo no dial para as emisoras comunitarias ou sen ánimo de lucro. As radios comunitarias en Galicia España está moi lonxe doutros países europeos, nos que as radios comunitarias si contan con lexislación e espazos específicos. Tan só unha emisora comunitaria (Radio Klara, na Comunidade Valenciá) acadou nas últimas décadas unha licenza de emisión. O resto manteñen a súa actividade nunha continua situación de alegalidade, á espera de que o Goberno central aprobe o regulamento que desenvolve a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual de 2010, que recoñece por vez primeira (o que é un grande avance, despois de trinta anos de democracia) a existencia de emisoras comunitarias e posibilita que se poida legalizar a súa situación. A Xunta escúdase nesta inacción do Goberno central para restrinxir o concurso ás emisoras comerciais e tapa os ollos á realidade de que xa existen seis emisoras comunitarias en funcionamento. Radio Piratona, en Vigo (106.0); Rádio Filispim, en Ferrol (93.9); Radio Kalimera, en Compostela (107.9); Radio Roncudo, en Corme (106.1); Radio Clavi, en Lugo (103.0) e Cuac FM, na Coruña (103.4). Están agrupadas na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, formada en 2006. En Galicia existen medios libres e comunitarios dende hai tres décadas, sen que até a data as diversas administracións lles outorgaran licenzas para desenvolver a súa actividade, a pesar de contemplalas na normativa reiteradamente Polo tanto, en Galicia existen medios libres e comunitarios dende hai tres décadas, sen que até a data as diversas administracións lles outorgaran licenzas para desenvolver a súa actividade, a pesar de contemplalas na normativa reiteradamente. Non hai que esquecer que a Resolución do Parlamento Europeo A6-0263/2008, "pidelles aos Estados membros que poñan a disposición destes medios o espectro de frecuencias, analóxica e dixital, de radio e televisión, tendo en conta que o servizo prestado polos medios de comunicación comunitaria non se ha de avaliar en termos de custo de oportunidade ou xustificación do custo de adxudicación do espectro, senón polo valor social que representa", e que a actividade dos medios comunitarios atópase legalmente protexida na maioría dos países europeos. Os medios de comunicación comunitarios caracterízanse por non ter ánimo de lucro, por estar xestionados por un colectivo cidadán, pola súa xestión participativa e horizontal e por ter un obxectivo de servizo á cidadanía e da sociedade civil da que parte. A propia Cuac FM define o seu obxectivo como "dar voz a aqueles que non a teñen", e máis aló de que esta premisa poida soar simple ou inxenua, o certo é que as emisoras comunitarias cumpren ese papel tan necesario de acceso democrático, que supón entregarlles aos colectivos e persoas individuais espazos e tempos para que expresen o que queiran expresar. Varias delas rexeitan a denominación de piratas e prefiren chamarse radios libres ou comunitarias, pois consideran que os que verdadeiramente piratean, son as emisoras comercias que ocupan frecuencias ou emiten en cadea máis aló do permitido pola lei. O sistema radiofónico en España e Galicia beneficiou nas últimas décadas as grandes cadeas radiofónicas, que copan case todas as frecuencias de emisión e que deixan un espazo moi escaso para as emisión locais O sistema radiofónico en España e Galicia beneficiou nas últimas décadas as grandes cadeas radiofónicas, que copan case todas as frecuencias de emisión e que deixan un espazo moi escaso para as emisión locais. Esta nova convocatoria da Xunta, por exemplo, esixe que o 50% das emisións se realicen en galego, pero ao mesmo tempo permite que a meirande parte das horas de emisión se poidan facer en cadea, case sempre con orixe en Madrid, polo que ese 50% só se aplica nas emisións realizadas dende Galicia. A convocatoria tampouco valora especificamente a creación de postos de traballo, o que sería unha grande axuda para o sector do xornalismo, que atravesa unha profunda crise.
NOS_35248
Finais máis que disputadas en todas as categorías nesta LXXII edición, que decorreu en augas de Meira. As tripulacións galegas venceron en cadete masculino (Cabo) e xuvenil (Mecos). O absoluto masculino e feminino foi para Euskal Herria (Urdaibai e Zumaia).
As augas de Meira (Moaña) acolleron esta fin de semana a LXXII edición do Campionato de España de bateis, unha cita na que se deron cita tripulacións galegas, asturianas, cántabras e vascas para competir nesta modalidade do remo en banco fixo, cunha embarcación con 4 remeiros e un patrón. Foron finais disputadas en todas as categorías, de promesas e absoluto, e en masculino e feminino. Galiza conquistou 12 medallas: 2 de ouro, 5 de prata e 5 de bronce. Os ouros gañárono os bateis de Cabo de Cruz (en cadete masculino, nunha final na que participaron 4 barcos, 3 deles galegos) e Mecos (en xuvenil. Para a final clasificáronse 5 bateirs, 3 galegos). As pratas foron conquistadas por Robaleira (dúas), Chapela, os anfitrións de Samertolameu de Meira, Cabo de Cruz. E as tripulacións de Vilaxoán, Robaleira, Vila de Cangas, Samertolameu e Moaña conseguiron bronce. Nas categorías absolutas a vitoria foi para o bate del Urdaiai. Bermeo, na categoría masculina (Cabo finalizou segundo e Moaña, terceiros); mentres que na feminina as mozas de Zumaia conquistaron o ouro, seguidas de Chapela e Samertolameu. Na edición de 2014, que decorreu en Cantabria, a votoria en mabas as dúas categorías absolutas fora para tripulacións galegas: Cabo de Cruz en homes e Chapela en mulleres.
NOS_47852
O ano en que Feijóo chegou á Xunta (2009) esa partida representaba menos do 4 por cento. O goberno galego deixou de investir por volta de 5.300 millóns de euros en política social dende a toma de posesión de Feijóo.
Cando Núñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta no ano 2009 nos orzamentos públicos de Galiza a cantidade destinada a pagar a débeda non chegaba nin ao catro por cento do total. Era un 3,6 %. Cinco anos despois esa cifra multiplicouse por cinco até o 15,3 por cento. E como lembra o deputado socialista González Santín, "de acordo co informe financeiro presentado pola propia conselleira de Facenda, a previsión para 2015 é que o pago da débeda supoña o 18,2 por cento, o máximo histórico de Galiza e un 0,6 por cento mais que en 2014". O incremento do pago da débeda pública dende a chegada de Feijóo pasou de pagar 339 millóns de euros na súa chegada ao goberno galego aos 1.515 millóns actuais. "o goberno galego deixou de investir "un total de 5.300 millóns de euros en política social dende o ano 2009, o ano que Feijóo tomou posesión" Aliás, en paralelo a este medre constante, houbo recortes continuos en campos como o social ou o do emprego. O portavoz de Facenda socialista explicou que o goberno galego deixou de investir "un total de 5.300 millóns de euros en política social dende o ano 2009, o ano que Feijóo tomou posesión". O deputado advertiu que o goberno galego "esquece a loita contra o paro", xa que o "pequeno incremento" do 5 por cento para as políticas activas de emprego non pode agochar o drástico recorte do 73 por cento con relación ao ano 2009. A Xunta, dixo, pasou de investir 2.500 euros por parado en 2009 aos apenas 700 do ano 2015.
NOS_56240
A UDB e Breizh War Raok concorrerán en coligazón á cita de decembro coa aspiración de superar a barreira do 10% dos votos e pasar, por vez primeira para o nacionalismo, á segunda volta.
As bases da principal forza política do nacionalismo bretón, UDB (Unión Democrática Bretoa) aprobaron a proposta de confluír nunha candidatura de unidade con Breizh War Raok, o partido bretonista do activista Christian Troadec, alcalde da vila de Karaez e un dos líderes do movemento 'gorros vermellos'. Unha listaxe unitaria para as eleccións ao Consello Rexional de Breizh (Bretaña), comicios que terán lugar o mes de decembro. Segundo recolle o dixital Nationalia, o obxectivo que se marcan os integrantes desta candidatura é pasar á segunda volta e amosar que o nacionalismo poder ser chave na política do país. O apoio entre a militancia da UDB a esta confluencia foi dun 73%. Un importante cambio na liña desta formación nos últimos anos, centrada en acordos pre-electorais co Partido Socialista e Os Verdes. Mais agora apostan nunha "plataformas que agrupe as forzas de progreso por Bretaña". Fontes consultadas por 'Nationalia' indican que nas bases da UDB había descontento con esa colaboración co PS, pois o partido non fixera nada para dotar de autonomía a Breizh ou por lograr a reunificación. Mais tamén, sinalan esas mesmas fontes, hai recelo na militancia nacionalista cara á C. Troadec, malia recoñecer a súa ampla popularidade. De feito, a UDB fai fincapé en que ten de ser unha "candidatura de esquerda bretoa". As eleccións rexionais despútanse en base a un sistema de dupla volta. Se na primeira ningunha das forzas atinxe a maioría absoluta, as candidaturas que acadaran un mínimo do 10% dos votos pasan á segunda volta. Esa é a barreira que esta coligazón quere superar. De conseguilo, entraría con grupo propio no Consello Rexional.
NOS_44043
Segundo as cifras do Imserso, na Galiza hai un déficit de case 15.000 prazas nas residencias de maiores.
O Estado español ten un déficit de máis de 75.000 prazas en residencias de maiores, segundo recolle un informe da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, elaborado con cifras do Imserso. Segundo este informe, ao remate do ano 2020 había 5.529 centros residenciais no conxunto do Estado, 13 menos que o ano anterior, 1.451 deles públicos (16 máis que o ano anterior), e 4.078 privados (29 menos que antes da pandemia). No tocante ás prazas, había 389.677, "só 643 máis que un ano antes". O resultado, segundo precisa o colectivo, é "un maior déficit de prazas residenciais ano a ano". En 2014 faltaban 53.103 prazas para alcanzar o limiar de 5% que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS)—cinco prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos—, e no último ano este déficit alcanza as 75.699 prazas. Aliás, atendendo á demanda que existe actualmente sen atender, o informe detalla que serían necesarias, "de maneira inmediata, non menos de 62.000 prazas" residenciais para as persoas con Dependencia Severa (Grao II) ou Grandes Dependentes (Grao III). Segundo datos oficiais do IMSERSO, correspondentes a novembro de 2021 e recollidos pola asociación, hai en lista de espera 91.729 persoas con Grao II e III, aos que hai que sumar 67.000 pendentes de valorar e que previsiblemente obterán un deses graos, o que eleva o número ata as 158.729 persoas. A asociación estima que catro de cada dez deles demandarían un servizo residencial en praza pública, concertada ou en prestación vinculada a ese servizo. De aí a previsión de que serían necesarias entre 62.000 e 63.000 prazas residenciais só para atender a demanda da lista de espera, o denominado "limbo da dependencia". A Galiza, terceira con maior déficit Debullando os datos, o informe pon de relevo que os territorios con maior déficit de prazas son Andalucía, País Valencià e Galiza, con 30.236, 22.860 e 14.331 respectivamente. Ao mesmo tempo, noutros cinco hai un exceso de prazas, destacando Castela e León, con 17.541. Por outra parte, o informe revela que case dúas de cada tres prazas residenciais de maiores son de financiamento público, 63,2% do total, que inclúe prazas en centros públicos, prazas concertadas en centros privados, e prazas que se financian coa prestación vinculada ao servizo. Esta porcentaxe, segundo apunta a Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, foi aumentado "lixeiramente" nos últimos anos, de maneira que ao finalizar 2020 supuñan 2,65 por cada 100 persoas maiores de 65 anos. Deixando á marxe o financiamento e no que atinxe á titularidade dos centros, segundo os datos recompilados polo xornalista Manuel Rico no seu libro Vergoña! O escándalo das residencias, achegados polos gobernos territoriais, tres de cada catro residencias galegas son de titularidade privada —76,6%—, tres puntos por riba da media estatal.
NOS_2376
Afrontar as urxencias agravadas pola Covid-19, impulsar a reconstrución económica e resolver o procés catalán a través da amnistía e a autodeterminación. Eis as pedras angulares do discurso pronunciado na sexta feira por Pere Aragonès (ERC), candidato á Presidencia da Generalitat de Catalunya.
Pere Aragonès, candidato á Presidencia da Generalitat, expuxo desde as 10.45 desta sexta feira o seu programa de Goberno no pleno de investidura ao Parlament de Catalunya. O debate comezou 45 minutos tarde polas peticións de reconsideración sobre o voto delegado do parlamentario exiliado Lluís Puig (Junts). De feito Ciutadans anunciou a súa intención de seguir xudicializando a política en Catalunya e de levar o voto de Puig ao Tribunal Constitucional. No seu discurso, Aragonès salientou que o seu Govern terá tres obxectivos principais: "Afrontar con total determinación as urxencias e a desigualdade aumentadas por crise provocada pola Covid-19, impulsar a reconstrución económica do país e encamiñar a resolución do conflito político co Estado español facendo inevitábel a amnistía e a autodeterminación". "Estes serán os compromisos polos que me gustaría que me avaliasen. Debemos atopar solucións conxuntas e saídas compartidas", sinaloi. O candidato á presidencia referiuse á "profunda crise social e económica e unha silenciada crise emocional" provocada pola pandemia e tamén á "a crise democrática que ameaza con cronificarse". Catalunya conta con máis de medio millón de persoas no paro, cunha taxa do 13,9%, unha cifra que sobe ao 15% entre as mulleres e ao 30% entre a mocidade de entre 18 e 24 anos: "Esta é a crise que está a dividir Catalunya. É a división que debemos combater", dixo. Neste contexto, apelou á necesidade de reforzar os servizos públicos e prometeu que, nos primeiros 100 días de Govern, mobilizará 700 millóns de euros para facer fronte á emerxencia e un investimento de máis de 5.000 millóns na sanidade pública, con especial relevancia na atención primaria. Así, nun discurso con fondo contido social, tamén aludiu a cuestións como a vivenda, a fenda dixital, a igualdade, a educación, a renda básica, o modelo policial, a emerxencia climática e a unha banca pública. Referendo Con respecto ao conflito político, remarcou a súa aposta por un referendo no que a cidadanía de Catalunya poida elixir o futuro que desexa. "Somos unha maioría independentista a favor da amnistía e a República Catalá. Somos unha ampla maioría que sabe que a resolución do conflito co Estado pasa por un referendo, a liberdade dos presos e o regreso dos exiliados". Así, apostou nunha mesa de diálogo co Goberno de Madrid. Explicou que non pode prometer unha resolución inmediata, mais insistiu na idea de non "cronificar" o conflito. "Podemos atoparnos na represión ou na solución. E a solución é votar", aseverou. Primeira investidura falida Aragonès conta co apoio do seu partido, ERC, e da CUP. Un acordo avalado pola militancia da CUP e das organizacións que a acompañaron nas eleccións. En total, suma 42 deputados e deputadas. De todas as maneiras, a investidura resultará falida nesta primeira sesión, pois Junts anunciou que se absterá, á espera da segunda volta. O resto dos grupos -PSC, Vox, En Comú Podem, Ciutdadans e o PP- votarán previsibelmente en contra.
NOS_23751
O PP veta unha proposta que demanda "transparencia" do Goberno.
O artigo 9 do Regulamento do Parlamento da Galiza estabelece que os deputados e deputadas poden solicitar os datos, informes ou documentos que teñan as Administracións. Estabelece, ademais, a obriga da Xunta de facilitalos ou fundamentar unha eventual negativa nun prazo de 30 días. Porén, e como expuxo o deputado do BNG Iago Tabarés esta cuarta feira na Cámara, das 546 solicitudes de información e documentación requiridas á Xunta en virtude dese artigo 9º "só consideran realizadas 129, é dicir, 23% é o que vostedes considera atendido, nin sequera que o sexa realmente". Tabarés deu estes datos durante a defensa da iniciativa na que pedía á Xunta que, "de conformidade coa legalidade vixente e con pleno respecto ao dereito fundamental de participación", atenda os requirimentos de información ou documentación solicitados na Cámara. O PP vetou a proposta impulsada pola formación nacionalista e que contou co apoio do PSdeG. O xornalismo urxe transparencia na repartición de axudas da Xunta á prensa Vía xudicial A proposición non de lei tamén propuña que o Parlamento instase, mesmo na vía xudicial, ás accións oportunas "para evitar a vulneración deste dereito de deputados e deputadas". Pola súa parte, o deputado socialista Pablo Arangüena criticou que "a realidade é que a Administración galega non dá resposta á inmensa maioría das peticións, e non o fai nin en 30 días nin en 30 séculos". Lembrou, ademais, que o índice europeo de calidade de Goberno elaborado pola Universidade de Gotemburgo e financiado pola UE, puntúa a Galiza como o territorio 14 entre as 17 do Estado en peor calidade de Goberno. Paula Prado (PP) asegurou na súa intervención no Parlamento galego que "os mecanismos de transparencia e de bo goberno na Galiza funcionan con total normalidade e plena operatividade".
PRAZA_2717
O fiscal non atopa probas que vinculen a relación sexual cunha oferta de emprego. A denunciante opta agora pola demanda xudicial, amplía a descrición e reclama que o presidente da Deputación sexa citado a declarar por presuntos delitos de acoso, prevaricación e violencia de xénero O PP celebra o arquivo do fiscal e dá o caso por pechado
O PP celebra o arquivo do fiscal e dá o caso por pechado A Fiscalía vén de arquivar a primeira das denuncias presentadas contra o presidente da Deputación de Ourense por acoso sexual. Unha muller presentara hai mes e medio a demanda acusando a José Manuel Baltar -tal e como desvelara eldiario.es- de ofrecerlle un emprego a cambio de sexo. Agora, no seu escrito, o fiscal considera que tomando como base a declaración da denunciante e as gravacións e mensaxes achegados por ela, "non existe nas devanditas probas expresión ou manifestación meridianamente clara sobre a vinculación entre unha suposta relación sexual coa promesa de traballo por parte do denunciado". Por iso é polo que decide arquivar o caso. A Fiscalía arquiva a denuncia porque non ve clara a vinculación entre a suposta relación sexual e a oferta dun posto de traballo A Fiscalía aclara que "da análise tanto dos SMS como das gravacións presentadas despréndese que existía unha relación de tipo persoal entre a denunciante e Baltar Blanco, aínda que nos mesmos non aparece indicio ningún sobre o suposto trato que vinculara directamente a presunta relación sexual coa concesión dun posto de traballo, circunstancia que ademais non se produciu". O Ministerio Público resalta que a denunciante é "maior de idade e con plena capacidade" O fiscal tamén detalla que valorou "a posible existencia de condutas contra a liberdade sexual, suborno e abuso no exercicio da función pública". No primeiro caso, sinala que a denunciante "é maior de idade e con plena capacidade" e que, segundo as súas declaracións, non mediou "usou de forza ou intimidación". En canto aos outros dous presuntos delitos, lembra que son tipos delitivos "que non poden darse en quen non é autoridade" e advirte de que os supostos feitos producíranse non sendo aínda Baltar Blanco presidente da Deputación. "Ademais, tampouco se está no caso de que se tivese proecedido a realizar a contratación da denunciante", insiste. É por iso polo que cre que os feitos postos de manifesto "non achegan indicios suficientes de existencia de feitos delitivos". Denuncia no xulgado Pero a presión xudicial no caso Baltar non acabará aquí. A denunciante declarara xa en dúas ocasións ante a Fiscalía e, dada a actitude que advertía no Ministerio Público, optou pola demanda xudicial. Nesta ocasión, segundo puido saber este diario, o relato dos feitos amplíase e é máis exhaustivo. Así, por exemplo, a denunciante explica no seu escrito que coñeceu a Baltar no marco do congreso no que foi designado presidente provincial do PP en substitución do seu pai, José Luis Baltar, o mesmo no que votaron as 104 persoas que, segundo a Xustiza, foron enchufadas polo patriarca do clan na Deputación poucos días antes do conclave. A denunciante amósase sorprendida pola actitude da Fiscalía, e afirma que non abordou elementos como as mensaxes de móbil Sempre segundo o texto da demanda, tras varios contactos telefónicos chegou o encontro nun hotel da capital ourensá que rematou a iniciativa da muller. Ela, afirma, non accedeu a novos encontros e diso, segundo a súa versión, derivou que Baltar abxurase das promesas formuladas, e por iso comezou a gravar conversas como as publicadas. O asunto, asegura, continuou latente cando Baltar xa substituíra o seu pai tamén na presidencia da Deputación, en 2012, chegando a ser recibida, di, no despacho de Presidencia da institución provincial. A demanda reclama que o barón ourensán sexa citado a declarar como presunto autor de acoso, prevaricación e violencia de xénero Foi xa nese momento cando, dadas as circunstancias, decidiu emprender accións legais, aínda que unha enfermidade diagnosticada en 2013 impediulle facelo ata agora, primeiro na Fiscalía e despois nos xulgados. A denunciante tentará agora poñer sobre a mesa elementos como as mensaxes de móbil intercambiados co barón ourensán e os cales, asegura sorprendida, non lle foron requiridos polo fiscal, se ben este asegura que os tivo en conta. Deste xeito, está agora en mans do xulgado decidir se ten en conta o que a denunciante presenta como probas e se, como ela reclama, cita a Baltar a declarar. De ser citado, unha das posibilidades sería que o fixese en calidade de investigado, o que popularmente se segue coñecendo como imputado, por presuntos deltios de acoso sexual, prevaricación e violencia de xénero, os aludidos pola demanda. A ausencia de accións xudiciais contra Baltar foi o parapeto empregado por Alberto Núñez Feijóo para non emprender accións contra el no seo do PP galego nin reclamarlle a súa marcha da presidencia da Deputación.
PRAZA_14023
O Dereito europeo permite xa que os Estados membros poidan aplicarlles aos autónomos e pemes o chamado "criterio de caixa" (pagaremos o IVE cando cobremos a factura) no canto do criterio do devengo. E, de feito, esta remuda era unha das propostas electorais incumpridas polo PP, que ven hai poucas semanas de rexeitar no Congreso unha proposta de CiU para introducir este criterio fiscal.
Autónomos e pemes sufrimos o chamado "criterio do devengo" no IVE: pagamos o imposto repercutido canda a facturación e non canda o seu efectivo aboamento. O Dereito europeo permite xa que os Estados membros poidan aplicarlles aos autónomos e pemes o chamado "criterio de caixa" (pagaremos o IVE cando cobremos a factura) no canto do criterio do devengo Este criterio do devengo agrava ate extremos inaturábeis a situación financeira das nosas pemes e autónomos, nun contexto recesivo onde medran a morosidade e os prazos de pagamento e mingua o crédito bancario. Xa que logo, autónomos e pemes pagamos o IVE de importantes contías facturadas e aínda non percibidas sen que poidamos financialo bancariamente e só, en determinadas circunstancias, botando man dos aprazamentos que conceden as propias Administracións Tributarias, a tipos medios de xuro do 5%. O Dereito europeo permite xa que os Estados membros poidan aplicarlles aos autónomos e pemes o chamado "criterio de caixa" (pagaremos o IVE cando cobremos a factura) no canto do criterio do devengo. E, de feito, esta remuda era unha das propostas electorais incumpridas polo PP, que ven hai poucas semanas de rexeitar no Congreso unha proposta de CiU para introducir este criterio fiscal. Porque a única prioridade de Rajoy, como xa teño dito, é cadrar as contas do mes que ven, custe o que custe en termos de desemprego, desindustrialización ou exclusión social. Autónomos e pemes obterían un moi importante balón de osixeno da introdución deste sistema, o que redundaría, sen dúbida, nun mantemento do emprego que xeraría unha inducida recadación fiscal adicional. E o custo administrativo e informático para as Administracións Tributarias seria moi asumíbel. Mais para situar este tema fulcral na axenda política cumpre que autónomos e pemes poidan facerse ouvir, superando unhas organizacións patronais sempre pendentes dos intereses da grande empresa e uns sindicatos refractarios historicamente á peme. Subvencionar a educación separada é inconstitucional O sistema de educación separada pode xerar resultas moi perversas. Velaí algúns que opinan, xa, que hai que lles ensinar máis ciencias aos rapaces e máis humanidades as rapazas O Ministro Wert ven de amosar o seu extremismo ao propor unha nova lei que permita subvencionar os colexios que separan as persoas dun e doutro sexo. Mais o certo é que a norma legal que prohibe os concertos con centros de ensino separado xorde do propio artigo 27 da Constitución. O sistema de educación separada pode xerar resultas moi perversas. Velaí algúns que opinan, xa, que hai que lles ensinar máis ciencias aos rapaces e máis humanidades as rapazas.
NOS_53726
Unha media de dous profesionais galegos á semana solicita o certificado para poder traballar fóra do Estado.
Desde 2010 até agora máis de 1.200 médicos galegos pediron nos colexios profesionais o certificado de idoneidade que lles permite traballar no estranxeiro, unha media de cen por ano ou dous cada semana. Entre 2020 e 2021 foron un total de 170 os médicos que pediron este aval. A cifra é moi superior á de médicos estranxeiros que viñeron traballar a Galiza e que foron, entre 2017 e este ano, por volta de 300. Unha afluencia menor á dos que marchan. A falta de profesionais é un dos temas de debate en torno á sanidade pública galega, cunha Xunta sinalando o Goberno estatal para reprocharlle que non facilite medidas para que haxa máis médicos. Ao tempo, desde sindicatos e colectivos de defensa da sanidade pública lembran á Consellaría de Sanidade as súas propias responsabilidades ao respecto. Desde colectivos como SOS Sanidade Pública levan tempo incidindo no feito de que haxa profesionais galegos que opten por ir traballar xa non a outros estados senón a outras comunidades ante a situación laboral na Galiza. SOS Sanidade Pública suma 18.000 sinaturas para "salvar" a Primaria Xosé Dios, médico especialista de Atención Primaria e integrante de colectivos de defensa da sanidade pública, ten apuntado que entre as causas da falta de profesionais: "profesionais pouco incentivados para realizar un traballo vocacional, unha Administración que non ten órganos de decisión para realizar a carteiras de servizos e que non aprecian a sanidade real, por non estar próximos aos problemas da xente. Falta de estabilidade no traballo: sabemos de contratos por horas, por días (cando se vai estar meses) ou contratos parciais para substitucións largas". O Instituto Galego de Estatística (IGE) recoñece a existencia de 2.625 prazas de facultativos na Atención Primaria en 2021, último ano con datos. A Xunta pagou á sanidade privada máis de 2.000 millóns en dez anos Os cadros de persoal en medicina están moi envellecidos en Atención Primaria. Segundo datos recollidos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), 15,9% dos facultativos dos centros de saúde da Galiza superan 64 anos. Así, 17 deles rexistran 70 anos, 258 atópanse entre os 66 e os 69 anos e 169 teñen 65 anos, como consecuencia dun proceso marcado polos recortes orzamentarios e a falta de previsión por parte da Xunta da Galiza. Tanto é así que o Goberno galego, coñecendo as futuras dificultades de persoal, estabeleceu a xubilación obrigatoria aos 65 anos para estes profesionais entre 2013 e 2018.
NOS_52193
Pianista, compositor, alma de Nani García Trío, e un dos nomes fundamentais para entender o jazz en Galiza e mesmo no Estado. Entrevistámolo con motivo do segundo traballo de NGT, todo un 'achádego afortunado'.
'Serendipia' (descobremento ou achádego afortunado) é o título do novo traballo de Nani García Trío. Nani García (piano), Simón García (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería) abren e profundizan nos horizontes musicais que xa perfilaran en 'Renaissance' (Xingra, 2012), o seu primeiro disco. Composicións propias, un son definido e que asume o reto de reflectir o directo, ese enlazar a era bop co jazz de autor baixo unha impronta de seu. Nani García Trío volve achegar unha proposta orgánica e orixinal ao jazz galaico. 'Serendipia' é o segundo disco que publicas en apenas dous anos. Está nunha etapa prolífica? Pode que se deba á decisión vital de regresar ao jazz dun xeito máis estábel despois duns anos máis implicado na composición. E tamén de ter a fortuna de contar cuns músicos como Simón García e Miguel Cabana, que fan que se traballe moi ben. Estamos mergullados na presentación de 'Serendipia' e ultimando o terceiro disco. Onde situamos 'Serendipia'? máis como unha continuidade do anterior traballo ou ben como un paso ao que tes cualificado como "estrearmos emocións"? O de estear emocións é algo ao que me teño referido en relación ao cine e a esa capacidade, algo que tamén ten a música, claro. Espero que si, que os discos que fago sexan quen de xerar algo nas persoas que escoitan, mais iso é algo que deben dicir eles. "Estamos mergullados na presentación de 'Serendipia' e xa ultimando un terceiro disco" Está este traballo máis perto de acadar esa emoción e espíritu do directo, ao que tenta se achegar? Desde logo, intentámolo. Non é sempre doado conseguilo porque os mundos da gravación e do directo son moi diferentes. Mais creo que cada vez estamos máis perto. Acadou con Nani García Trío o formato adecuado para arroupar o piano, co contra-baixo e a batería? A formación de trío a min paréceme fundamental, unha das miñas metas era acadar o punto no que creo que agora nos atopamos, esa complementariedade que temos. E, espero, ademais, que aínda teña camiño por percorrer. Para min a formación de piano e de trío é un formato clásico, que permanece ao longo do tempo. Penso que para o pianista é obrigado pasar polo trío. Recoñezo que aló polos comezos dos 80, cando comezaba, custoume un pouco entrar. Maia desde entón fomos avanzando. O seu nome está ligado a Clunia Jazz -trabe de ouro do Jazz galego, que editou cinco discos durante a súa laureada traxectoria que abrangue, con irrupcións, desde 1981 a 2009-. Visto desde hoxe, que pegada quedou dese proxecto? Creo que o que pode ficar como pegada é a intensidade coa que tocabamos. Brandford Marsalis definía o jazz como a intensidade musical e eu en gran parte partillo esa definición. Se algo practicaba Clunia era esa intensidade. Cando comezamos faltábanos, por dicilo así, educación musical, eramos en gran medida autodidactas. Mais tiñamos esa intensidade. Pero, vamos, se aquilo deixou pegada ou impronta é algo que ten que dicir o público. "Falar dun jazz que soe a galego paréceme pretencioso. Fai falla tempo, maduración, esas cousas levan o seu tempo. Mais estou certo de que vai acabar habéndoo" Fala de que entón non había esa educación musical, que hai hoxe, mais iso tamén pode levar a que actualmente haxa maior 'estandarización'.. Quizás a estandarización pode implicar unha certa perda de frescura, é un risco que hai en toda educación regrada, non só na musical. Mais non é algo tan directo, está en cada quen evitalo, procurando expresarse, procurar novas linguaxes, non caer no estándar... Como ve o panorama do Jazz en Galiza? Non pode desligarse do terríbel tratamento que está a padecer a cultura en xeral. Vén unha nova xeración, educada, cultivada, formada, que ten unha mirada crítica. E enfronte está esa xente que está a vilipendiar a cultura, que trata por todos os medios de que a cultura non estea na primeira liña. A cultura implica, conleva unha mirada crítica, e o Jazz é cultura. En canto ao panorama do jazz en concreto, pois en vista do que acabo de dicir, non pode estar ben. É difícil sobrevivir, que non tocar. Actuar nunca se actuou tanto mais baixo mínimos, precariedade. Moita xente non sae adiante, non pode vivir coa música. É moi difícil facer rendábel isto, poder telo como un oficio, van quedando poucos festivais con tradición (o de Vigo, Lugo...) Mais hai 'escena' de Jazz en Galiza, hai máis dunha...? A escena de Jazz en Galiza está moi condicionada polo que comentei antes. Eu vivo na Coruña e podo tocar no 'Filloa' e en dous ou tres locais máis. Mais ir tocar a Vigo supón que o que nos van pagar vai ir en auto-estrada e en combustíbel. Pódese dicir que traballamos 'para Repsol' (rí). As condicións son tan precarias que desprazarte a tocar a outro lugar implica que podes perder cartos. E o voluntarismo pode estar ben durante un tempo, mais así non se resiste unha situación como a actual. E, claro, isto ten unhas consecuencias: que se van creando escenas novas e diferentes por áreas, cada un a tocar na súa. Mais estilisticamente non hai diferencias. Tamén é certo que a xente moza ten máis fogos e móvese máis embora as dificultades que antes dixen. "Brandford Marsalis definía o jazz como a intensidade musical e eu en gran parte partillo esa definición. Se algo practicaba Clunia era esa intensidade" Hai voces que falan dun jazz europeo, dun jazz español... Hai, logo, un jazz galego? Hai países onde se pode dicir que o jazz ten certo estilo propio en Europa, principalmente no norte. Ou en Francia, que son moi seus. Mais é porque hai décadas que o jazz chegou alí e desde entón lévano tocando e vanse impregnando das propias vivencias e experiencias dos músicos deses países que o tocan. No que atinxe a un jazz español ou galego... bueno, hai intentos, mais dicir que hai un son propio sería pretencioso. Non se pode pretender conseguir xa o que precisa o seu tempo, a súa maduración... Un jazz que soa a galego, pois vai ser difícil, mais estou certo de que vai acabar habéndoo: co paso do tempo, co pouso dos anos, as influencias vivenciais e do que escoita a xente que fai jazz aquí ... Tamén é un dos responsábeis de Xingra, unha discográfica para ir editando os seus traballos. Espírito do DIY (Do It Yourself - Faino Ti Propio)? Pois si, en certa forma é esa cultura do 'faino ti propio' mais formalizada nun selo. Somos dous os responsábeis, Xavier Ferreiro, de Luar Na Lubre, e mais eu. Impulsámolo para sacar adiante os nosos produtos, o de xente afín, amigos... Empezamos con moitos folgos. O seu nome tamén é unha referencia na composición de bandas sonoras, como as de 'De Profundis', 'Enrrugas' ou da multi-galardoada curtametraxe 'O Xigante'... Nese mundo empecei pouco a pouco, a través do teatro e da Televisión de Galicia nos 90. De aí xa pasei ao cine. É un mundo moi diferente ao do jazz. Moi distinto. Ademais, cada vez abundan máis o que eu cualifico como 'músico de factoría'. Eu síntome máis cómodo facendo cousas de autor.
PRAZA_16402
Os responsables do HULA revelan que dende a apertura da hemodinámica en 'horario de oficina' dous de cada tres doentes tiveron que ser enviados a outros centros. O hospital non é quen de precisar cando podería chegar a extensión do servizo ás 24 horas que Feijóo a prometeu na inauguración do centro, hai sete anos
O Sergas ultima unha ampliación do horario de atención a infartos en Lugo tras sete anos de protestas cidadás O vindeiro luns, 26 de febreiro, será o sétimo aniversario da inauguración do Hospital Lucus Augusti polo presidente da Xunta, acto no que Alberto Núñez Feijóo asegurara que antes do remate daquel ano, o 2011, "os pacientes con doenzas do corazón ou de cancro" que ata ese momento tiñan que desprazarse a Santiago ou á Coruña", ían "poder ser atendidos no seu hospital público de Lugo". A mención de Feijóo ás enfermidades cardíacas referíase á posta en marcha da sala de hemodinámica do HULA, que non abriría ata 2014 e en 'horario de oficina', de 8 da mañá a 3 da tarde e de luns a venres. Dende este 26 de febreiro a unidade ampliará a súa apertura ata as 22 horas de cada día da semana e o propio hospital calcula que arredor dun terzo dos doentes continuarán, sete anos despois, a ser trasladados. Como avanzou Praza.gal, no hospital lucense traballábase dende hai meses nunha ampliación que os profesionais do propio centro reclamaban dende a súa propia apertura ao consideraren que ofrecer o servizo de maneira continuada tería un "impacto indubidable" na atención, benestar e supervivencia da poboación que sufrise un infarto en calquera punto da provincia lucense. Este pasado xoves, un día despois de que o conselleiro de Sanidade bosquexase os novos plans no Parlamento, os responsables do HULA compareceron ante a prensa para detallar a noticia e tamén para confirmaren que durante estes sete anos dous de cada tres doentes susceptibles de seren atendidos na sala de hemodinámica tiveron que ser trasladados -o máis habitual, á Coruña- por estar pechada. Os responsables do HULA revelan que dende a apertura da hemodinámica en 'horario de oficina' dous de cada tres doentes tiveron que ser trasladados Segundo o xerente do HULA, Ramón Ares, dende que en 2014 a hemodinámica foi inaugurada co devandito horario de oficina, "case 500 pacientes de Lugo foron tratados en Lugo, se necesidade de trasladalos fóra da provincia". Este dato complétase co das persoas que si tiveron que ser enviadas á Coruña. E o certo, admitiu Ares en comparecencia conxunta co xefe de Cardioloxía, Juan Carlos González Juanatey, é que "dous terzos" dos doentes quedaron fóra do horario de atención. Co novo modelo de apertura, de 14 horas diarias, o hospital aspira a que dous de cada tres pacientes xa poidan ser atendidos no HULA, mentres que "outro terzo", calcula, seguirá a atopar a porta pechada. O hospital non é quen de precisar cando podería chegar a extensión do servizo ás 24 horas, malia non ser "cuestión de cartos" e aínda que Feijóo a prometeu na inauguración do centro, hai sete anos A decisión de ampliar o horario pero non facelo de vez para as 24 horas do día chega, segundo Ares, a partir da análise que o Sergas fai dos datos do Rexistro Galego de Infarto de Miocardio (Regaliam), a base de datos activada por Sanidade en 2015, pouco despois de que datos oficiais do INE acreditasen que a mortalidade por infartos na provincia de Lugo duplicaba a media estatal. Ese mesmo rexistro oficial, resalta Juanatey, amosa que os infartos agudos de miocardio viñan sendo atendidos agora en Lugo, de media, uns 160 minutos despois de que a persoa doente perciba os primeiros síntomas. Isto supón, explica o cardiólogo, que o hospital lucense estivese uns 40 minutos por riba do limiar establecido polas sociedades científicas para unha atención correcta. Co novo horario, di, agardan poder "cumprir os estándares dos 120 minutos", o que tería unha "transdendencia importante". Ambos facultativos evidencian que "levou o seu tempo" conseguir unha ampliación de horario sobre a que Ares evita aclarar se a Xunta podería, nun horizonte próximo, autorizar a súa estensión ás 24 horas do día. O xerente dá en admitir que "durante a noite" tamén se producen infartos en Lugo e provincia e que nin sequera é "cuestión de cartos" poder ter aberta de maneira permanente unha unidade que, afirma Juanatey, está ao máximo nivel no que atinxe aos seus recursos técnicos e profesionais. O investimento para a apertura permanente sería escaso, di o xerente -só implicaría máis gardas localizadas durante a noite-, pero esta está condicionada a que a considere oportuna a comisión do Sergas que avalía os datos do Regaliam. "Queda un terzo para que o PP nos considere cidadanía de primeira" Álvaro Santos (PSdeG): "Reclamamos que funcione as 24 horas, a hora na que poidamos sufrir un infarto é incontrolable" Os detalles da ampliación do horario foron retrucados xa dende o PSdeG lucense, que apenas vinte e catro horas antes do anuncio lanzara á Xunta un "ultimato" para que lle facilite e divulgue os datos completos do Regaliam referentes a Lugo, que a formación leva reclamando sen éxito dende a creación do rexistro. "Temos dereito a saber se o capricho do PP de atrasar a hemodinámica 24 horas custou ou condicionou a vida dalgún veciño", di o secretario provincial dos socialistas, Álvaro Santos, quen advirte de que coa nova medida aínda queda "un terzo", á vista das explicacións ofrecidas, "para que o PP nos considere cidadanía de primeira". Olalla Rodil (BNG): "É un insulto á intelixencia que as posibilidades de supervivencia sigan dependendo da hora na que se sufra un ataque cardíaco" Alén de que o "ultimato" de acudir aos tribunais se a Xunta non fai públicos os datos poida ter "surtido xa algún efecto", di Santos, que a unidade de hemodinámica abra ata as 10 da noite "non é o noso obxectivo". "Reclamamos e necesitamos que funcione as 24 horas dos sete días da semana, queremos ser atendidos con todas as garantías", toda vez que, evidencia, a hora do día na que "poidamos sufrir un infarto" é "un feito incontrolable". Nun sentido semellante, a deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, considerou un "insulto á intelixencia" o "novo capítulo da serie que relata o maltrato do PP ás persoas que viven en Lugo", no que "non lles importa subministrar a atención sanitaria a contagotas". A poboación lucense, subliña Rodil, "seguirán tendo un servizo deficiente e dependendo da hora na que sufran un ataque cardíaco" para ter máis ou menos "posibilidades de supervivencia". A apertura total, resalta a nacionalista, é "unha decisión política" para que estas instalacións deixen de "estar paradas", agora durante as noites.
NOS_46295
Diversos meios de comunicação portugueses recolhem a entrada em vigor da Lei para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia. Aliás, avaliam uma possível entrada da Galiza na CPLP.
Após ter sido aprovada por unanimidade, a Iniciativa Legislativa Popular Valentim Paz Andrade para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia foi publicada no Diário Oficial da Galiza. O Governo fica agora obrigado a dar cumprimento à nova norma que visa introduzir o português nas escolas e pular pela entrada do país no espaço linguístico que representa a lusofonia. Perante esta realidade, diversos meios de comunicação portugueses fizeram eco nos últimos dias não só da aprovação da lei, mas de uma hipotética incorporação da Galiza para a Comunidade de Países de Língua Portuguesa ( CPLP ), um fórum internacional que visa aprofundar as relações políticas, diplomáticas e também económicas dos seus Estados-Membros. Este é o caso do jornal Publico.pt que em sua edição digital vem de publicar esta quinta-feira (10 de abril) um editorial intitulado "A Galiza e o estranho mundo da lusofonia". Um texto breve mas que salienta as estreitas relações que unem as duas margens do Minho mesmo, dizem, sem "precisar truques para selar essa proximidade" . "Relações privilegiadas" Desde o jornal português enfatizam as "relações privilegiadas" entre a Galiza e Portugal e fazem-no lembrando a apresentação do Grândola, vila morena do Zeca Afonso no Burgo das Nações. "Não no Alentejo, em Lisboa ou no Porto", mas em Compostela, pouco antes de tocar na histórica noite do 25 de abril. O interesse da imprensa portuguesa pela incorporação do português para o ensino regrado galego levou à estação de rádio Antena -1 da RTP a emitir uma extensa reportagem em torno do debate parlamentar da ILP Valentim Paz Andrade mas também, do ensino e aprendizagem do português na Galiza. Em 'Falarás a nossa língua' o jornalista Miguel Soares desloca-se até a capital portuguesa para recolher as impressões de estudantes de português e mesmo empresários. Aliás conversam com o Secretário-Geral de Política Linguística, Valentín García, que se mostrou certo de que a proximidade entre a Galiza e a lusofonia constitui "uma vantagem" por razões linguísticas . Adhesão á CPLP No entanto, as mudanças no seio do Partido Popular são recolhidas também pela imprensa portuguesa que salienta os receios iniciais do governo galego mas que agora "está a dar o braço a torcer", sublinham. A aprovação da Lei para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a lusofonia -que conseguiu chegar ao Parlamento garantida por 17.000 assinaturas- pode representar um ponto de viragem nos anseios de uma parte da sociedade portuguesa que reivindica a adesão do país à CPLP . Um espaço que, para além das relações linguístico -culturais, abriria a Galiza inúmeras oportunidades políticas e econômicas. Integram a CPLP a República de Angola, a República Federativa do Brasil, a República de Cabo Verde, a República da Guiné-Bissau, a República Portuguesa, a República Democrática de São Tomé e Príncipe e a República Democrática de Timor- Leste .
NOS_2208
Rematan as vacacións, comeza setembro e con el a rutina e a volta á realidade. O difícil período de adaptación á vida activa despois dun período de descanso pode causar o coñecido síndrome postvacacional, unha molesta sintomatoloxía que cómpre evitar para que o inicio do curso sexa máis levadeiro.
Noites de agosto / e a ver o que facemos en setembro. / Noites de agosto. / Non haberá inverno..." Os integrantes do grupo musical Ataque Escampe souberon expresar á perfección esa terríbel sensación de rematar o período vacacional para volver pór os pés na realidade. Non quedarán noites de agosto baixo as Perseidas, nin baños infinitos na praia, nin mañás que malgastar (ou aproveitar?) na cama lacazaneando, nin xantares que se prolongan até o serán. E agora que? Cando as vacacións rematan, non hai mellor sensación que a de saber que se aproveitaron os días de lecer, que se desfrutou deles con plenitude e que estes cumpriron con eficacia a función de desconectarnos da nosa realidade cotiá, do noso traballo, das nosas responsabilidades... Como cando un está saciado despois dunha boa comida, volvemos oxixenados e coas baterías recargadas para unha nova temporada. Unhas vacacións mal aproveitadas sitúannos nunha conxuntura pouco recomendábel, frustrados por non termos podido gozar dese tempo Pola contra, unhas vacacións mal aproveitadas sitúannos nunha conxuntura pouco recomendábel, frustrados por non termos podido gozar dese esperado e necesario período de tempo e situados de novo fronte ás exixencias dun novo ano. Mais dunha maneira ou outra, o retorno non adoita resultar sinxelo. Aínda que un non estea descontento ou descontenta co seu traballo e coas súas rutinas familiares e sociais, sempre resulta duro volver a elas. Para a maioría das persoas, a preguiza e o fastidio polo remate das vacacións supérase con certa facilidade despois dos primeiros días. Mais para unha boa porcentaxe da poboación, o regreso pode converterse nunha patoloxía que xera uns síntomas facilmente recoñecíbeis. Enténdese por síndrome postvacacional o estado que se produce cando unha persoa non supera o proceso de reincorporación e de adaptación á vida activa despois dun período de vacacións e de descanso, e sofre molestias físicas e psíquicas que afectan ao seu estado de ánimo e ao seu rendemento. Nos últimos anos estase a xerar o debate sobre se esta síndrome se debería considerar unha enfermidade ou non. Hai quen prefire referirse a ela como un simple e natural "trastorno adaptativo" provocado pola mudanza cara a unha situación vital menos gozosa cuxa sintomatoloxía consiste nun malestar xeral, similar ao que ocasiona o estrés e que pode provocar un leve estado de ansiedade. Pode provocar unha diminucion da capacidade de concentración, tristeza, falta de interese ou nerviosismo, no referido ao aspecto psíquico En maior ou menor medida, todas as persoas que rematan un período vacacional vense afectadas por esta síndrome; porén, non todas a superan da mesma maneira. O habitual é pasar por un período máis ou menos intenso de debilidade xeneralizada, con problemas de insomnio ou certa somnolencia ao longo do día, con cansazo e fatiga, e dores musculares, no que respecta á sintomatoloxía física. Tamén pode provocar unha diminucion da capacidade de concentración, tristeza, falta de interese ou nerviosismo, no referido ao aspecto psíquico. A falta de tolerancia ao traballo pode xerar unha sensación de desidia ou de fastío que afecte á produtividade laboral. Se ben estes síntomas son polo xeral leves, hai persoas que experimentan unha sintomatoloxía máis agravada, próxima a un transtorno depresivo, cunha angustia vital que incapacita a toma de decisións, cambios de carácter, agresividade, ansiedade e melancolía. Os síntomas da síndrome postvacacional teñen unha duración que oscila entre as dúas e as tres semanas; non habitúan estenderse alén dese período de tempo. A porcentaxe de xente que experimenta este estado varía entre o 10% e o 40%. Existen diversos métodos para previr ou diminuír as súas consecuencias. Os máis aconsellábeis son intentar manterse activo ou activa durante o período de descanso, evitar volver das vacacións xusto o último día, deixando algunhas xornadas de adaptación previas á reincorporación na vida laboral, ir adaptando progresivamente os horarios para acostumarse á rutina diaria e levar con calma e paciencia as primeiras semanas, asumindo con naturalidade o lóxico malestar da volta ao traballo. A falta de tolerancia ao traballo pode xerar unha sensación de desidia ou de fastío que afecte á produtividade laboral Os diagnósticos de casos de síndrome postvacacional aumentaron exponencialmente nas últimas décadas. Os hábitos e as exixencias da modernidade, o ritmo frenético da rutina diaria, as présas, o estrés e a ansiedade, así como outras patoloxías mentais crecentes polo escaso tempo libre co que contan as persoas na actualidade, provocan que a volta das vacacións sexa cada vez máis dura e que a fin dos períodos de descanso poida causar estados de tipo depresivo. Existe unha gran dificultade para decidir se esta patoloxía constitúe ou non unha auténtica enfermidade. Unha gran parte da comunidade científica nega a súa consideración como tal; de feito, non aparece recoñecida pola OMS dentro do seu catálogo de enfermidades. Isto débese a que a síndrome en si consiste nun simple período de adaptación totalmente normal, ao trocarse unha pracenteira rutina de descanso noutra dinámica menos reconfortante ligada ao traballo. As persoas máis propensas a experimentar esta síndrome son principalmente as que observan pouca resistencia á frustración e as que detestan o seu traballo ou non contan cun entorno laboral agradábel Con todo, si é certo que pode derivar en enfermidades reais diagnosticadas por expertos e expertas cando se prolonga máis do razoábel e provoca unha sintomatoloxía moi profunda, como o estrés e a ansiedade, que a pode situar no inicio dun cadro depresivo. As persoas máis propensas a experimentar esta síndrome son principalmente as que observan pouca resistencia á frustración e as que detestan o seu traballo ou non contan cun entorno laboral agradábel. Tamén contribúe notabelmente ao desenvolvemento de patoloxías severas a circunstancia de que o período vacacional resulte demasiado longo. Aínda que moita xente sinta ao volver das vacacións que non hai máis realidade que "esta tristeza, azul como os sugus de ananás" (voltando á canción de Ataque Escampe), cómpre seguir as recomendacións para que a rutina non se presente tan dura; e pensar que sempre haberá un novo verán a agardar por nós, cheo de "noites de agosto. Non haberá inverno..."
PRAZA_7803
Os dous concelleiros expedientados defenderon o voto favorable do PSdeG á moción presentada polo BNG na que se pedía a investigación de posibles irregularidades na urbanización de Someso, a posta á disposición da Xustiza de todos os datos que constan no Concello e, chegado o caso, a depuración de responsabilidades políticas.
Estoupou no pleno municipal de xaneiro, pero a división na agrupación do PSdeG na capital coruñesa vén de atrás. A perda da condición de forza máis votada e do goberno municipal, tras a maioría absoluta acadada polo PP nas eleccións municipais de 2011, obrigou o partido a promover unha renovación do seu grupo municipal que significou a entrada na cámara de Jesús Fernández e Gloria del Valle, os concelleiros agora expedientados. Foi precisamente Jesús Fernández quen encabezou, hai só uns meses, a candidatura alternativa –na cal tamén participaba Del Valle– que lle disputou a secretaría xeral a Mar Barcón, actual voceira municipal quen finalmente saiu electa por unha ducia de votos de diferenza. Os dous concelleiros expedientados defenderon o voto favorable do PSdeG á moción presentada polo BNG na que se pedía a investigación de posibles irregularidades na urbanización de Someso Os dous concelleiros expedientados defenderon o voto favorable do PSdeG á moción presentada polo BNG na que se pedía a investigación de posibles irregularidades na urbanización de Someso, un caso que ten a súa orixe hai case un cuarto de século, cando o Concello da Coruña expropiou uns solares para a futura construción dun campo de fútbol para o equipo da popular zona de Elviña, o Relámpago. Finalmente, onde debería haber unha instalación deportiva acabouse por levantar un centro comercial ademais de vivendas, no que moitos viron como un claro pelotazo urbanístico. Os edís rebeldes apostaban pola posta á disposición da Xustiza de todos os datos que constan no Concello e –chegado o caso– a depuración de responsabilidades políticas, ademais das xudiciais. Finalmente, o grupo municipal socialista decidiu absterse, de xeito que a moción foi rexeitada cos votos en contra do PP. Mais os dous concelleiros agora expedientados decidiron ausentarse da votación, para mostrar o seu rexeitamento á decisión do partido, sen porén quebrar a disciplina de voto do grupo. Contactados por Praza, nin Jesús Fernández nin Gloria del Valle confirman ou desmenten a apertura do expediente disciplinario e remítense á agrupación local coruñesa, que tampouco quixo entrar en detalles, se ben transcendeu á prensa local coruñesa que o proceso interno está en marcha. No entorno dos edís sublíñase que ambos están dispostos a insistir na súa postura en defensa da rendición de contas dos cargos públicos e da renovación dun partido que consideran copado por "profesionais da política" e lastrado pola herdanza dos tempos de Francisco Vázquez como alcalde. Precisamente a figura de Vázquez e a posición de revisión crítica ou de defensa a ultranza da súa xestión é un dos elementos de división no PSdeG coruñés. O desenlace do expediente dependerá da súa tramitación interna nos organismos do PSOE a nivel provincial, nacional e finalmente federal, e podería concluír coa expulsión dos dous concelleiros e a petición de entrega das actas que hoxe ocupan no pleno coruñés.
NOS_32670
A formación frontista rexeita o veto imposto á mobilización de Tantaz Tanta e di que a fiscalía da AN "respondeu ás presións políticas do Goberno español" ao impedir que se realizase a marcha. Tamén Anova e as organizacións independentistas Nós-UP e Causa Galiza condenaron a prohibición.
As reaccións no nacionalismo galego ao veto que a Audiencia Nacional española impuxo á mobilización de Tantaz Tanta --Pinga a Pinga na súa tradución do euskera ao galego-- non se fixeron agardar. O BNG emitiu un comunicado de imprensa en que manifesta o seu "decidido apoio" ao proceso de paz en Euskal Herría "ao entender que é o camiño a seguir para a resolución definitiva do conflito vasco". Lamenta a formación frontista que o Goberno español estea a "ignorar" o novo escenario "e a oportunidade aberta" após a declaración do alto o fogo definitivo realizada pola organización ETA en outubro de 2011. Considera o veto á convocatoria de Tantaz Tanta, a prohibición da actividade de Herrira e a detención de avogad@s d@s pres@s vasc@s actuacións políticas e xudiciais "que parecen empeñadas en entorpecer o proceso de paz" e chama a atención sobre a actuación seguida pola fiscalía da Audiencia Nacional, "que responde ás presións políticas do Goberno español". Por derradeiro, o Bloque considera "extravagante" que se prohiba unha manifestación convocada baixo o lema Dereitos humanos, resolución, paz e volve destacar que o Executivo español está a deixar pasar "unha oportunidade histórica" para o pobo vasco. Anova fala de "franquismo sen Franco" A organización política Anova condenou tamén a prohibición da manifestación en prol dos dereitos dos e das presas de ETA así como as detencións acontecidas nos últimos días en Euskal Herría. Cualifican a decisión da Audiencia Nacional de "atropelo" e aplauden a resposta unitaria do nacionalismo vasco. "A decisión de prohibir a manifestación contra a política penitenciaria e de castigo ás familias dos presos é unha mostra evidente da regresión nos dereitos democráticos e cívicos que está impoñendo o PP para facernos regresar ao franquismo sin Franco", sinala Anova nun comunicado. Nós-UP e Causa Galiza tamén rexeitaron o veto da AN As organizacións independentistas Nós-UP e Causa Galiza fixeron público o seu rexeitamento á prohibición da mobilización de Tantaz Tanta a través das súas contas de Twitter. "Manifestamos a nosa solidariedade coas últimas detencións en Euskal Herría e denunciamos a prohibición da Audiencia Nacional da manifestación de Bilbo", escribiu Nós-UP, achegando noutro chío a súa "solidariedade" coas persoas que foron detidas na última operación da Garda Civil, desta volta contra avogad@s de pres@s. Pola súa banda, Causa Galiza considerou que "a prohibición da mobilización de masas de Tantaz Tanta é o retrato do fracaso de España en Euskal Herría" e, atendendo ao carácter histórico da manifestación que se agarda para este 11 de xaneiro, expresaron que "Madrid utiliza a Garda Civil e as prohibicións para non probar o caldo; mañá --en referencia ao día do protesto-- consumirá sete cuncas".
PRAZA_9834
PP e Ciudadanos optan pola cidade herculina para o seu acto inicial, Unidas Podemos abre a súa campaña en Vigo e PSdeG-PSOE, En Marea e BNG realizarán o principal pegado de carteis en Santiago. Ás 12 da noite as formacións poderán pedir o voto.
As seis principais formacións políticas en Galicia escolleron as provincias atlánticas para os seus actos de inicio de campaña, que terán lugar esta noite, pouco antes da medianoite, momento no que poderán comezar a pedir o voto. PP e Ciudadanos optan pola Coruña para os seus actos iniciais, que terán lugar a escasos metros de distancia, no Hotel Atlántico e na Mariña da cidade herculina, fronte ao teatro Rosalía de Castro, respectivamente. Alí estarán Alberto Núñez Feijóo polos populares e Marta Rivera de la Cruz pola formación laranxa.Os actos principais das seis formacións terán lugar nas provincias atlánticasMentres, Unidas Podemos abre a súa campaña no centro de Vigo, na Porta do Sol, onde intervirán Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz, cabezas de lista pola Coruña e Pontevedra.Finalmente, PSdeG-PSOE, En Marea e BNG realizarán o principal pegado de carteis en Compostela. O Bloque faino na Praza de Praterías, nun acto no que intervirán Ana Pontón e Néstor Rego, cabeza de lista pola Coruña. A cita do PSdeG-PSOE será na rúa Montero Ríos, onde estará o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero. En Marea escolleu realizar o seu primeiro acto de campaña fronte ao Salón Teatro, na rúa Nova, coa presenza de Luís Villares e de Ana Seijas, entre outros.Non son os únicos actos programados para este xoves. Todos os partidos teñen outras citas nas distintas cidades galegas, nas que realizarán o pegado de carteis os diferentes candidatos e candidatas en cada circunscrición. O PSdeG-PSOE, por exemplo, ten convocatorias en Pontevedra, Vigo (rúa Urzaiz), Vilagarcía de Arousa (Parque Miguel Hernández) ou Redondela (Praza do Concello). O BNG realizará unha pegada na Coruña (Rúa Damas), o mesmo que Unidas Podemos (Campo da Leña). Ciudadanos estará tamén en Lugo (Praza da Constitución), Ourense (Parque de San Lázaro) e Vigo (Praza de Compostela). E En Marea farao igualmente en Lugo (Praza Maior), Ourense (Parque de San Lázaro) e Vigo (Porta do Sol).
NOS_40906
Anova valora "positivamente" a proposta de Compostela Aberta para renovar a dirección do partido instrumental. Porén, para Villares "unha mesa de partidos é unha volta atrás, a unha idea de coalición superada en 2016".
A Coordinadora Nacional de Anova reuniuse este sábado en Teo, xuntanza coincidente co sexto aniversario da Asemblea Constituínte da Irmandade Nacionalista. "Seis anos moi intensos de aposta na ruptura con este Réxime a través da ferramenta da unidade popular", manifestou Antón Sánchez, portavoz nacional. Porén, e máis que nestes seis anos, o interese informativo recaída, máis unha vez, en En Marea e máis no concreto nos últimos movementos de procurar dar unha saída á situación de desavinza interna, como a proposta realizada desde Compostela Aberta. Sánchez informou da valoración positiva desa proposta, quer cualificou como "construtiva e de diálogo" e que confrontou cun "inmobilismo" que "só serve para que apodrezan as cousas". Mais foi Xosé Manuel Beiras o que se expresou con maior contundencia, unha vez finalizada a xuntanza da Coordenadora. Para Beiras, o xerme do espazo de ruptura non está nun patido senón nas alternativas que foron xurdindo a nivel local e comarcal para facer fronte ao PP antes das municipais de 2015. As mareas municipalistas gañaron "nos feudos do poder do Partido Popular" nos que "a cidadanía do común foi protagonista", dixo. Para a continuidade do proceso é fundamental "redobrar esforzos", enfatizou, na consolidación das mareas municipalistas. E fronte a iso atopa evidencias de que "En Marea non ten claro isto da autonomía municipal" e que practica o partido "interferencias moi graves, coma en Ferrol". Villares: "Volta atrás" Luís Villares, portavoz de En Marea, considera que a proposta de Compostela Aberta é "unha mesa de partidos", que é "unha volta atrás, a unha idea de coalición superada en 2016. Así o manifestou este sábado en declaracións á Radio Galega, "Unha mesa ten o problema de poñer uns dentro e outros fóra. Non queremos que ninguén fique fóra. Unha mesa de partidos sería deixar fóra a todas esas persoas que, coma min por exemplo, non temos partido".
NOS_589
Os Gobernos de varios territorios veñen de votar en contra das propostas do Ministerio de Sanidade para evitar a propagación da Covid-19 este verán. Ademais da Galiza, non queren as restricións previstas polo Goberno español en Madrid, Euskadi, Catalunya, Andalucía e Murcia. Malia estas opinións, o documento conseguiu saír adiante.
A Xunta, entre outras Administracións públicas dos distintos territorios que forman parte do Estado, vén de amosar a súa oposición ás ideas do Ministerio de Sanidade para avanzar cara a nova normalidade con algunhas restricións diferentes ás coñecidas até o de agora. Malia a negativa destas zonas, finalmente o documento das limitacións saíu adiante. Na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, o Goberno español presentou o seu borrador de iniciativas para evitar que coa desaparicións de restricións se produza un novo gromo de coronavirus nas próximas semanas ou meses. O clima de tensión non evitou que Sanidade sacara adiante o documento de obrigado cumprimento para a "nova normalidade" que, finalmente, deixará que o lecer nocturno funcione até as 3 da mañá nas zonas que non teñan risco ou estén no primeiro chanzo do mesmo. Este tipo de negocios poderán abrir cando o efecto da pandemia sexa moi baixo, pero aínda así o horario de feche será distinto ao de antes da chegada da Covid-19. Aliás, estará prohibido superar o 50% da capacidade de cada local. No resto da hostalaría Ademais, mentres continúa a campaña de vacinación, o departamento que dirixe Carolina Darias entende que sería positivo fechar a hostalaría, a restauración e as terrazas, así coma os estabelecementos das praias, á 1 da madrugada, e así o definiu. Respecto á capacidade, estará fixada no 50% en interiores alí onde o avance epidemiolóxico sexa bo, e a porcentaxe podería subir ao 60% só se se estabelecen medidas para garantir moita ventilación e un constante control da calidade do ar. Nas terrazas poderase ocupar a totalidade das mesas, pero respectando as distancias de seguridade dun mínimo de 1,5 metros entre as cadeiras das diferentes mesas. Tamén se retoma a atención nas barras, con idénticos espazos interpersoais. Entre outras cousas, Sanidade tamén puxo sobre a mesa e deu o visto e prace á prohibición de fumar en espazos abertos sempre que non se manteñan os dous metros de distancia con outras persoas. Porén, Galiza e outros territorios interpretan como unha "imposición" estas indicacións, pois após decaer o estado de alarma se traballou en normativas por zonas. Así, votaron en contra da iniciativa Madrid, Catalunya, Euskadi, Andalucía e Murcia, ademais da representación do país no consello. No caso de Castela e León e Melilla houbo abstencións.
PRAZA_2074
O novo equipo xestor deste centro social autoxestionado da Coruña vén de anunciar que en outubro comezará a nova programación cultural. Mantén "o espírito de centro social aberto e participativo co que se iniciou o anterior proxecto", destacan nesta entrevista.
A Casa Tomada xa ten relevo á vista. Cando en agosto os responsables deste centro social autoxestionado anunciaron o peche de actividade xa anticiparon que un novo equipo, formado por colaboradores e colaboradoras habituais do espazo, iniciaría en breve un novo proxecto, no mesmo lugar, que mantería a aposta pola difusión cultural e a intervención, de forma aberta e participativa. A Casa Tomada dixo "deica logo" o 29 de agosto, deixando un indubidable pouso na vida cultural e nos movementos sociais e artísticos da Coruña. En outubro iniciará a súa actividade Nave 1839, o novo centro social autoxestionado, "un espazo multidisciplinar, destinado a promover a cultura e as artes e entre cuxos obxectivos primarios se atopa fortalecer o tecido social do territorio no que se integra", como destacan na súa web. O nome do centro responde á denominación que no rexistro de Adif ten o local, ubicado nos terreos da estación de tren a Coruña. "A elección deste nome tan árido" -destaca o equipo xestor do espazo- "busca subliñar un elemento que para nós é clave neste proxecto: o edificio en si mesmo, así como o seu emprazamento en terreo ferroviario". "Pensamos que as características do propio inmoble (incluído o legado de todo o traballo que o anterior equipo investiu nel) son importantes máis aló das ideas que cada novo colectivo queira imprimir sobre os seus contidos. Noutras palabras: noutro espazo quizá a viabilidade de proxectos destas características non fose posible", salientan. "A elección deste nome tan árido busca subliñar un elemento que para nós é clave neste proxecto: o edificio en si mesmo, así como o seu emprazamento en terreo ferroviario" Lembran, así mesmo, que ambas asociacións, a que xestionaba a Casa Tomada e a que xestionará Nave 1839, "acordamos utilizar un nome diferente para distinguir aquel proxecto, coas súas características e personalidade, deste, conformado por un novo equipo cos seus propios intereses e criterios". "O equipo da Casa Tomada decidiu disolverse por diversos motivos, e varios dos colaboradores de dito equipo, e outra xente moi próxima a nós e á propia Casa, decatámonos de que non podíamos deixar esmorecer este espazo tan estupendo e que con tanto esforzo e agarimo levantaron os nosos antecesores. A vinculación sentimental ó propio espazo e moi importante, pero aínda máis importante o son as ganas de seguir aportando o noso gran de area á creación e mantemento dun circuíto cultural alternativo e autoxestionado que cremos que é moi necesario no país", destacan a xeito de presentación. Salientan, así mesmo, a ausencia de "fins comerciais nin ánimo de lucro" no proxecto, no que ningún dos seus xestores ou colaboradores percibe remuneración ningunha, "Consideramos que a xestión do equipo anterior foi impecable, máis tendo en conta o que supón enfrontarse por primeira vez a un reto tan grande como é a creación e xestión dunha asociación cultural destas características" "Consideramos que a xestión do equipo anterior foi impecable, máis tendo en conta o que supón enfrontarse por primeira vez a un reto tan grande como é a creación e xestión dunha asociación cultural destas características", sinalan. "Esperamos facelo cando menos a metade de ben que os nosos predecesores, que conduciron o espazo de maneira exemplar durante os seus dous anos de percorrido e sentaron as bases para que todo isto e moito máis sexa posible", engaden. "Queremos abrirnos a todo tipo de actividades e que o centro sexa o máis multidisciplinar posible" Que se manterá e que cambiará nesta nova etapa? "Practicamente o concepto é o mesmo. Analizamos os erros cometidos e intentaremos que non volvan ocorrer. Así mesmo quedamos con todo o bo que aprendemos ó longo destes anos de colaboración na Casa Tomada. Mantemos o espírito de centro social aberto e participativo co que se iniciou o anterior proxecto, e agardamos que o abano de actividades que se realicen a partir de agora sexa tanto ou máis variado do que viña sendo ata o momento", explican. "Xa estamos traballando para pechar algúns eventos, a maior parte deles musicais", anticipan, subliñando que "queremos abrirnos a todo tipo de actividades e que o centro sexa o máis multidisciplinar posible". Nave 1839 "non é baixo ningún concepto unha sala de concertos, dado que non é un negocio e que a súa vocación é organizar e acoller propostas de diversas naturezas (obradoiros, cineclube, charlas, etc)", sinalan. "Hai certas artes, culturas ou actividades, que por minoritarias, ou por radicais no sentido estrito da palabra, non teñen cabida noutros lugares" Destacan que na Coruña "se están creando e consolidando iniciativas moi interesantes como pode ser o Autobán". "Nós, dende o noso recunchiño, trataremos de contribuír á diversificación cultural desta marabillosa cidade e apoiaremos todo aquelo no que creamos", engaden. Salientan a importancia de que existan este tipo de centros autoxestionados. "Aquí en Galicia á xente parécelle algo moi innovador, pero é algo que ten unha longa tradición noutros países europeos e que xa se viña facendo en moitos lugares da Península", comentan. "O exemplo máis claro é o Arrebato en Zaragoza, que levan 20 anos de actividade xa. Tamén La Faena en Madrid. Hai certas artes, culturas ou actividades, que por minoritarias, ou por radicais no sentido estrito da palabra, non teñen cabida noutros lugares", din. "Non nos parece de recibo quedar quedos laiándonos do que podería ser e non é. Optamos pola acción porque non coñecemos outra forma de ser" "En xeral a acción voluntaria está mal vista por unha gran parte da nosa sociedade. Ocorre todo o contrario noutros países máis desenvolvidos, onde as comunidades implícanse voluntariamente na xestión e desenvolvemento do seu territorio", afirman. Porén, "a nós non nos parece de recibo quedar quedos laiándonos do que podería ser e non é. Optamos pola acción porque non coñecemos outra forma de ser", conclúen. Web de Nave 1839
NOS_11978
m-Talá. Edición do Vixésimo Aniversario inicia a publicación por parte da editorial Euseino? das obras completas de Chus Pato.
Co gallo do vixésimo aniversario da publicación de m-Talá dá comezo en Euseino? a edición crítica da obra completa dunha autora imprescindible. Resulta estraño outorgarlle o estatuto de "clásica" a alguén que segue en activo. "Imprescindible" coido que recolle mellor a produción de Chus Pato e a calidade da edición realizada por Carlos Lema. Non se debería prescindir de edicións deste tipo para outras autorías, clásicas por ser de antes ou clásicas contemporáneas. Non se entende, ou non debemos querer entender, esta escaseza. Para cando unha aposta seria por parte de editoriais fortes? Ou de institucións culturais, sobre todo das públicas? Para cando a ecdótica terá un lugar relevante na universidade? m-Talá (Obra completa. Volume extra) / Chus Pato / Euseino? / 2020 / 17 euros / 232 páxinas Mais deixemos as especulacións. Para alén do estimulante que resulta a lectura con perspectiva das variantes, das características formais das diferentes edicións do poemario e dos estudos críticos que dan conta do impacto que obtivo o libro cando apareceu no ano 2000, os textos volven causar o mesmo abraio. Se cadra máis. Tense dito que a súa obra é críptica, seguramente pola exuberancia. É rica en referencias culturais e en intensidade. E a dificultade está en conseguir que o intelectual non obstrúa a rabia, o sanguíneo, o sádico. Prodúcese unha evisceración lacerante, tamén do cerebro, que se ofrece crúa no poema. Por iso a escritora desbota a comunicabilidade da poesía. Non é un tránsito lingüístico. O poema aséntase e desde os seus alicerces mestizos só pode ser contemporáneo. Mestizo e contemporáneo porque acolle todos os xéneros, non só os textuais. As imaxes saltan do onírico a superficies que poderían ser as da pantalla. Porque a posición do suxeito poscatastrófico xa non é central. Tampouco a do suxeito que se agoche detrás de enunciación (de aí a multifrenia), detrás da autora ou detrás dunha categoría muller sen base biolóxica. Como moito temos persoas consumidoras, tamén de linguas, unha sociedade lobotomizada, a obriga de matar o pai en todas as súas formas, "Lear-Moisés-Iahvé-Dracull", e a realidade do cíborg. Non era (nin é) pouco para que xurda a furia por non aceptar a disolución: "cheguei a un lugar onde a dor impide o pensamento, o cerebro funciona como unha fábrica de imaxes". Non sei se nestes vinte anos o cambio máis profundo é que preferimos fuxir da complexidade entendida como reto, como oportunidade feliz para a descuberta. Gústame pensar que non. De estar no certo, m-Talá segue a ser unha experiencia necesaria. A edición crítica da obra de Chus Pato, tamén.
NOS_55203
As capas da práctica totalidade de xornais españois e galegos partillan mensaxe nas súas capas: fracaso do independentismo e derrota de Mas. Pasar os Pirineos e a noticia cambia radicalmente nos principais medios internacionais: vitoria dos 'separatistas' e España ten un problema.
A maioría da prensa española considera que das eleccións do 27S extráese unha soa e rotunda conclusión: a derrota independentista. Afánanse nas portadas das edicións en papel e dixital en que fique clara a mensaxe, con maior ou menor énfase, mais sen variar substancialmente a idea: a aposta na independencia fracasou nas urnas. De 'La Razón' a 'El País', pasando tamén polas prensa 'de provincias'. Os principais xornais de Galiza non se desvían un ápice da mensaxe que desde a noite do 27 se machaca por prensa, radio e televisión: o independentismo sae derrotado. E iso arguméntase minimizando o resultado en escanos (72 independentistas, 4 máis que a maioría absoluta) e centrándose nunha lectura particular dos votos: o independentismo tería o 48% e o 'unionismo' o 52%. E ponto. Outras visións (da prensa catalá, mais tamén europea), sinalan que sería máis acaído dicir que o independentismo tivo un 48%, o 'unionismo' un 39% e un 11% (de Catalunya Si que es Pot e Unió) non poderían atribuirse a ningún dos dous 'blocos'. E que, en deputados, que é como se miden as eleccións, a vitoria dos independentistas é clara: maioría absoluta. Nesta vaga da 'Brunete mediática' La Voz de Galicia destaca pola contundencia. Unha portada cun titular a cinco columnas e a unha liña, escrito en maiúsculas: 'A maioría di non'. Non fica atrás El Faro de Vigo, que nos explica no titular que 'O soberanismo perde ao votar os cataláns contra a independencia'. El Progreso opta por un 'Mas perde o seu referendo'. Sorprende 'El Correo Gallego', cun titular no que afirma: "España ten un problema" e explica o por que: "Junts pel Si gaña as eleccións mais necesita o apoio dos radicais da CUP". De radicais e plebiscitos Non é o único medio que cita en portada os 'radicais' da CUP. Faino tamén La Razón, que riba dunha foto de Artur Más bebendo champán, titula: "Más non consegue os seus obxectivos". E a seguir, o 'horror': "Dependerá dos radicais da CUP". O ABC ocupa toda a portada cun pretendidamente rotundo 'Catalunya non se quere ir'. "A maioría dos cataláns non quere a independencia", aponta El Mundo na portada mentres que 'El País', di que se ben os independentistas "gañas as eleccións", perden "o seu plebiscito". Un pouco de ar fresco atópase, dentro do Estado, na prensa escrita catalá e nalgunha vasca. Na de Euskal Herria o Gara titula 'Catalunya gaña outra etapa cara á independencia'. Na catalá, El Periódico fala dunha 'Amarga vitoria', La Vanguardia ocupa a súa capa cun 'O si imponse' e Ara titula 'Maioría absoluta'. A capa do Avui é un titular que é unha chamada: 'Escoita, Europa'. EUA, Inglaterra, Alemaña e Francia... coinciden. "Gañaron os independentistas" As eleccións cataláns merecen sitio nas capas da principal prensa internacional, destacando que o independentismo foi o vencedor da xornada. O New York Times opta por unha fotonoticia na capa de varios cataláns indo votar con bandeiras independentistas e xa no seu interior , informa: "Os separatistas cataláns gañan as eleccións". Un titular idéntico ao do xornal alemán 'Frainffunter Allgemeine', que na súa capa titula "Os separatistas gañan as eleccións en Catalunya". Un dos principais medios escritos franceses, Le Figaro, leva os comicios á súa capa. "Os cataláns emprenden o camiño da independencia" é o título elexido polo xornal galo. "A vitoria dos separatistas" é o titular que figura na capa de 'La Reppublica', un dos principais xornais de Italia. Na mesma liña se move tamén 'La Stampa'. E 'The Guardian', na súa edición dixital, opta por un "os separatistas gañan as eleccións e reclaman o voto como un si á independencia". Desde Escocia, que hai un ano viveu un referendo no que o si á independencia perdeu, 'The National' titula na súa capa: "Catalunya di si"
PRAZA_12079
A TVG xa emite máis publicidade en castelán (58'7%) que en galego (41,3%). En 2010 os anuncios na lingua propia de Galicia representaban o 51%. A Mesa e Prolingua acusan á dirección do ente de desleixo e falta de compromiso coas súas funcións legais.
O primeiro punto do primeiro artigo da Lei de Creación da CRTVG di así: "Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega". Efectivamente, a TVG emite toda a súa programación en galego (con algunhas excepcións nalgúns contidos moi específicos. Tamén o fai a Radio Galega (na que ademais todas as cuñas están na lingua propia do país). Porén non sucede así coas insercións publicitarias na televisión. Até o de agora, a cota de publicidade en castelán na televisión pública de Galicia era importante, superando o trinta e o corenta por cento moitos anos. No ano 2009 e 2010 chegara a rozar mesmo o 50%, rexistrándose unha igualdade case total entre as dúas linguas. Porén, nos datos de 2011 o castelán representa xa o 58,7%, ficando o galego no 41,3%, unha diminución de dez puntos nun ano. Os datos foron achegados este mércores por Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG, en resposta a unha pregunta da voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón. Sánchez Izquierdo escudouse na caída "importante" da publicidade institucional -estatal e autonómica- ou na desaparición das caixas de aforros galegas para explicar o descenso. Pontón esixiulle o desenvolvemento de estratexias "para correxir" estes datos. Para Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a clave pasaría por un traballo de concienciación dos anunciantes do "rendíbel" que lles sería anunciarse en galego, "como din os estudos de mercado", dicirlles a anunciantes que si se anuncian en catalán ou vasco "que anunciarse en galego tería moitas vantaxes para eles". Para Callón, a diferenza entre a TVG e a TV3 e que en Catalunya "o que fan é proporlles aos anunciantes que se anuncien en catalán", mentres que que na CRTVG "se o anuncio chega en galego, perfecto, e se chega en castelán, perfecto tamén". "O problema é de falta de vontade, tanto da CRTVG como de Política Lingüística, que non fan absolutamente nada nese sentido", explica. Dende a Mesa indican que nin sequera piden unha modificación da norma -aprobando unha semellante á que rexe a Radio Galega- para que toda a publicidade estea na nosa lingua, senón que abondaría con facer un traballo de "recomendacións". En opinión de Xabier Docampo, integrante de Prolingua, "se subiu a publicidade en castelán non foi porque cambiasen os hábitos dos anunciantes, senón porque baixaron as esixencias da CRTVG". Docampo lembra que "a razón de existir da TVG e da RG é a lingua" e que os responsables da CRTVG e do goberno galego "teñen a obriga legal e moral incuestionablemente de defender a lingua". "Eu lembro outros tempos nestes case trinta anos de televisión"- explica- "nos que o nivel de esixencia era moi distinto". Para Docampo, con esta actitude "de que todo vai a baixa, de que Galicia é unha cousa que se pode pignorar, o primeiro que están devaluando é a propia existencia da televisión pública". E conclúe "se o ano pasado o castelán representaba o 50% e este o 60%, o que vén estou seguro de que será o 70%".
NOS_49621
A xornalista Laura Dalama (Ribeira, 1997) vén de presentar o seu traballo final de fin de grao sobre a menstruación. Nel aborda temas como a explotación capital, os tipos de produtos de hixiene existentes e o seu impacto ambiental e persoal, a composición e o uso dos anticonceptivos hormonais e os mitos e beneficios que presenta a regra.
O teu TFG titulase "negocio menstrual", de que formas se aproveita o capitalismo das mulleres con menstruación? Existen moitísimas maneiras polas que se obtén un beneficio capital coa menstruación. No traballo falo, sobre todo, da rendibilidade económica. Esta amósase de forma moi clara nos elevados prezos que teñen as compresas e os tampóns. As ganancias económicas presentan unha retroalimentación co factor social. O capitalismo fai uso deste último para acadar un crecemento nas vendas. Cando estaba investigando, atopei que os homes que inventaron a píldora decidiron que esta provocase un sangrando artificial. Este non é necesario. Simplemente se implantou para que o consumo do anticonceptivo parecese o máis natural posíbel. Son as aplicacións de control de ciclo outra forma de beneficio empresarial? No meu traballo fago referencia a unha investigación de The Wall Street Journal que afirma que Facebook posúe información sobre cando as mulleres desexan quedarse embarazadas, que produtos utilizan, etc. Estes dados son vendidos a outras empresas privadas que as utilizan, por exemplo, para adecuar a súa publicidade ao perfil da persoa que estea utilizando esas aplicacións. Para iso, xeran unhas bases de dados con todos aqueles elementos que identifiquen unha persoa (correo, nome, apelidos, ...) e cruza estas coa súa información empresarial. A pobreza menstrual fai referencia á falta de produtos de hixiene menstrual derivada dunha mala situación económica. Os altos prezos dos produtos de hixiene menstrual que mencionaba (non cubertos en moitos países pola Seguridade Social) derivan nunha pobreza menstrual, en que consiste? Este concepto fai referencia á falta de produtos de hixiene menstrual derivada dunha mala situación económica. É dicir, que unha persoa non poida permitirse pagar o prezo das compresas, tampóns ou copas menstruais. A maiores tamén se inclúe todo o relacionado coa menstruación mais alá do uso destes artigos. É dicir, o caso de que unha persoa poida adquirir os produtos de hixiene menstrual pero non dispoña dun sitio seguro ou coas condicións sanitarias necesarias para poder cambiarse. A utilización das toallas sanitarias, dos tampóns e dos salvaslips ten un alto impacto medioambiental. Efectivamente. Estes produtos de hixiene menstrual tardan en degradarse a redor de 500 anos e hai que ter en conta que as persoas con menstruación desbotan, ao longo da súa vida, até 6 toneladas deles. Na actualidade vivimos unha situación medioambiental preocupante e, existindo outros produtos máis ecolóxicos, paréceme innecesario o uso de artigos que o único que fan é xerar residuos. A maiores cómpre lembrar que todos estes produtos conteñen moitísimos químicos. Estes son prexudiciais para as persoas e tamén afectan ao medio ambiente dunha forma cuxo impacto real aínda descoñecemos. Os produtos de hixiene menstrual tardan en degradarse a redor de 500 anos Un deses produtos sustentábeis que cita é a copa menstrual, que outros beneficios presenta? Se ben é certo que a copa menstrual é de plástico, esta pódese utilizar até dez anos. En cambio, as compresas e os tampóns teñen unha vida útil de seis horas. Así mesmo, a súa longa duración supón un aforro económico. Alén diso, tamén podemos falar dos beneficios para a saúde que implica o seu uso. As copas non presentan todos os compostos químicos que si teñen os demais produtos de hixiene menstrual. No seu traballo menciona que a receita de anticonceptivos hormonais é unha forma de aforrar custos en diagnósticos por parte das institucións medicas. Si. Un exemplo claro disto é o caso da endometriose. O seu é un diagnóstico que tarda dez anos de media en darse. Esta enfermidade provoca moita dor, o que fai que as xinecólogas e os xinecólogos, na maioría dos casos, prescriban a píldora para frealo. Eses dez anos supoñen un tempo que o sistema sanitario se aforra noutro tipo de probas médicas. Un período no que a muller toma a píldora todos os días e todos os meses cos seus consecuentes custos. Ao final, as farmacéuticas levan unha parte do diñeiro e o sistema afórrase a parte restante. A prescrición da píldora nos casos de endometriose fai que o sistema sanitario aforre noutro tipo de probas médicas Ten o sangue menstrual beneficios para a saúde persoal? Hai estudos que demostran que o endometrio que provoca a regra contén células nais. Estas últimas posúen moitos beneficios médicos. Utilízanse, por exemplo, na loita contra en enfermidades como o párkinson ou a leucemia. O caso é que as células nais da menstruación son moi fáciles de conseguir e supoñen unha menor doenza e gasto. Actualmente, estas extráense da medula ósea, un proceso que doe moito e que necesita un material médico mais especializado. Na nosa sociedade existen, no que respecta á menstruación, múltiples crenzas como que é sucia ou ten mal olor, son certas? Non. O mal olor é algo subxectivo. Para min o sangue menstrual ule a sangue. Si que é verdade que usando compresas ou tampóns pode existir un mal cheiro. Porén, este deriva dos químicos que se usan na composición destes produtos. Sobre a crenza de se é sucia, existen investigacións que afirman que o estilo de vida que levamos inflúe no noso tipo de menstruación. Se temos unha vida máis ou menos saudábel, a regra non debería de ser sucia.
PRAZA_19943
O pasado xoves a Xunta anunciou a posta en marcha dun novo programa de emprego xuvenil. A pesar da leve recuperación dos dous últimos anos e de que 13 mil mozos e mozas marcharon á emigración dende o 2010, a porcentaxe de ocupados e ocupadas é hoxe menor que nos inicios da crise.
O pasado xoves a Xunta anunciou a posta en marcha dun novo programa de emprego xuvenil que busca contratar 10 mil mozos e mozas menores de 30 anos ata o 2020. O plan responde a unha situación insostible na que, se ben a taxa de paro xuvenil se reduciu algo dende os peores anos da crise, segue a ser moi elevada (35,5% no primeiro trimestre de 2017) e na que a porcentaxe de mozos e mozas con traballo é aínda menor da que se rexistraba en 2010. Hai sete anos, xa coa crise económica iniciada, traballaban o 65% dos galegos e galegas entre 25 e 29 anos e o 26% dos que tiñan entre 16 e 24. Hoxe, as porcentaxes son do 63% e do 19%, respectivamente. Falamos de porcentaxes, de cifras relativas. En canto ás cifras absolutas, ao número total de mozos e mozas residentes en Galicia que traballan, o descenso é moito máis importante. A pesar da leve recuperación experimentada nos dous últimos anos, ao final do primeiro trimestre de 2017 só 38 mil mozos e mozas de 16 a 24 anos e 81 mil de entre 25 a 29 teñen traballo, moi lonxe dos 61 mil e 119 mil de 2010. Unha parte importante desta redución no número de ocupados e ocupados responde ao descenso no número total de mozos e mozas residentes en Galicia. Hoxe viven no territorio galego 91 mil persoas menos de entre 16 e 30 anos que no ano 2010. O Goberno galego adoita responsabilizar desta realidade unicamente á caída da natalidade nas últimas décadas. O efecto do menor número de nacementos a partir da década dos setenta é innegable: como se pode ver neste gráfico, entre 1987 e 1991 naceron case cen mil nenos e nenas menos que entre 1977 e 1981. Porén, as cifras poboacionais amosan como nos últimos anos esas mesmas xeracións nacidas entre os últimos anos 70 e os primeiros anos 90 (e que hoxe teñen, polo tanto, entre 25 e 39 anos) viron reducido de forma importante o seu número de efectivos. Se no ano 2011 vivían en Galicia 222.755 persoas nacidas entre 1977 e 1981, hoxe só o fan 218.791. E o mesmo sucede nas restantes xeracións. Descontado o efecto dos escasos falecementos nesas idades, o resultado é unha perda de 13 mil habitantes nacidos entre 1977 e 1991, un saldo migratorio moi negativo precisamente no período vital máis produtivo laboralmente e tamén de cara á natalidade. Un emprego precario Non só traballan poucos mozos e mozas en Galicia, con taxas de paro sorprendentemente elevadas a pesar do número cada vez menor de demandantes de emprego. O feble mercado de traballo galego non só ofrece poucos postos, senón que estes son cada vez de peor calidade. Nos últimos anos descendeu a porcentaxe de empregos a xornada completa para as persoas entre 16 e 29 anos. Eran o 81% en 2010 e hoxe son o 74%. Precarízanse tamén as modalidade contractuais. A porcentaxe de contratos de duración indefinida pasou do 50% ao 39% entre 2010 e 2017. Finalmente, a radiografía sobre o tipo de ocupacións que levan a cabo os mozos e mozas galegas non variou demasiado nestes últimos anos. Os traballadores e traballadoras dos servizos de restauración e dependentes e dependentas representan o 31% do total, lixeiramente por riba do dato de 2010 (28%), despois de ter chegado ao 34% nos peores momentos da crise. Ademais, neste tempo reduciuse de forma importante a proporción de traballadores e traballadoras cualificadas da industria (do 17% ao 13%). E, pola contra, incrementouse a porcentaxe de técnicos/as e profesionais científicos/a e intelectuais (do 14% ao 17%).
NOS_40731
Sairá as sextas feiras e co cambio desaparecerá o único gratuíto galego que se distribuía nos días laborábeis. De Luns a Venres, o xornal gratuíto do Grupo El Progreso, será semanal a partir do día 8 de febreiro. A empresa despide nove traballadoras.
O 8 de febreiro o De Luns a Venres sairá xa como semanario e xa só se repartirá nas rúas das sete cidades a quinta feira. Sen prezo de capa, a publicación gratuíta do Grupo El Progreso -que edita os diarios El Progreso e Diario de Pontevedra- mantíñase como único diario publicado integramente en galego, con distribución non en quiosques senón de reparto na rúa. A empresa editora anuncia o cambio a través das súas webs e, malia a modificación da periodicidade, a publicación pasará, segundo afirman, a ter máis páxinas e continuará distribuíndose nas sete cidades. LV. De Luns a Venres levaba desde decembro de 2006 nas rúas cunha estimación por parte do grupo editorial de 38.000 lectores. Anuncian tamén que reforzarán a edición dixital e a subscrición a través de correo electrónico alén de manter a información en redes como Facebook ou Twitter. O cambio de periodicidade na publicación de De Luns a Venres enmárcase na política de recortes do grupo editorial, que vén tamén de prescindir do que foi durante trece anos director do Diario de Pontevedra, Antón Galocha, aludindo unicamente a razóns de tipo económico. Coa noticia do paso a semanario do gratuíto sábese tamén que a empresa despide nove traballadoras, algunhas xornalistas do diario e outras da axencia de noticias do grupo.
NOS_53712
Os xuíces do tribunal Supremo de Brasil afirman que Jair Bolsonaro cumprirá a Constitución. O presidente saínte acudiu á sede xudicial após recibir unha invitación dos maxistrados.
O presidente saínte do Brasil, Jair Bolsonaro, acudiu á sede do Tribunal Supremo onde confirmou aos xuíces que as eleccións "terminaron". Esta acción realizouna após recibir unha invitación dos maxistrados do Supremo para que lles reafirmase a súa derrota nas axitadas eleccións deste domingo, tras as que Luiz Inácio Lula da Silva volverá presidir Brasil. Bolsonaro rompe o seu silencio mais non recoñece abertamente a vitoria de Lula "O presidente da República usou o verbo terminar en tempo pasado, dixo 'terminou'. Por tanto, hai que mirar cara a adiante", confirmou o xuíz do Supremo, Luiz Edson Fachin, segundo informou o portal G1. Os xuíces do Tribunal Supremo valoraron que Bolsonaro recoñecese a súa derrota, que afirmase que cumpriría a Constitución e até que chegase a criticar de maneira velada os bloqueos que algúns dos seus seguidores estiveron levantando en varias estradas nos últimos días para protestar polos resultados das eleccións. "Os xuíces do Supremo reiteraron", aseguran nun comunicado os maxistrados brasileiros, "a importancia do recoñecemento por parte do presidente da República do resultado final das eleccións, coa determinación de iniciar o proceso de transición, así como a garantía do dereito de libre circulación con motivo dos bloqueos nas estradas brasileiras". Primeiras declaracións Pouco antes, Bolsonaro manifestárase publicamente por primeira vez sobre a súa derrota na segunda volta das eleccións do pasado domingo, case dous días despois de que se coñecesen os resultados, prometendo que cumpriría coa Constitución. Gobernadores brasileiros mobilizan a policía para eliminar os bloqueos de estradas de seguidores de Bolsonaro Na súa breve declaración, o líder da ultradereita brasileira rexeitaba que se lle tachara ao longo destes anos de "antidemocrático" e aseguraba que se movería sempre "dentro das catro liñas da Constitución".
NOS_36952
A capacidade de influencia do sector do xogo déixase notar de novo.
A tolerancia da Xunta da Galiza co xogo e a conivencia coas demandas do sector do xogo son obxecto de repetidas críticas desde as instancias máis diversas. Se no pasado mes de outubro eran as entidades representativas da hostalaría quen se queixaban da diferenza de trato entre os seus negocios e os locais de xogo, excluídos das limitacións de horarios impostas ao ocio nocturno como consecuencia da pandemia, uns meses máis tarde eran as forzas da oposición quen denunciaban unha rebaixa fiscal sen precedentes nos orzamentos galegos de 2021 para salas de apostas, bingos e casinos. Precisamente, a propia patronal do xogo da Galiza non dubidou en cualificar esta medida como unha concesión do Goberno de Feixoo ás súas esixencias. O 'punto de acordo' de Rueda O Consello Económico e Social(CES) foi a última entidade en denunciar a actitude do Executivo galego en relación co xogo. O organismo dependente da Xunta, presidido polo antigo conselleiro de Feixoo e candidato do PP á alcaldía de Compostela, Agustín Hernández e cuxos informes son preceptivos naqueles textos lexislativos de carácter económico, vén de discrepar diante do anteproxecto de Lei reguladora dos xogos da Galiza. Segundo o vicepresidente Alfonso Rueda, a proposta normativa pretende "conxugar os intereses de todos os sectores implicados, sen ceder ás demagoxias, nin á búsquea do titular fácil, nin a visións distorsionadas da realidade" e "buscar un punto de acordo". O CES non aforra críticas á nova lexislación en materia de xogo da Xunta. Así, sinala no seu ditame ao anteproxecto de Lei reguladora dos xogos da Galiza que "algúns fragmentos do texto parecen incidir na naturalización da actividade, póndoa en valor ("carácter dinámico e activo"), deixando case de lado os graves problemas que ten ocasionado". Na mesma liña, "o CES considera de todo punto insuficientes as medidas establecidas no anteproxecto xa que logo non inciden decididamente en cuestións como a publicidade e a promoción dos xogos, a tipoloxía de establecementos". O ditame do CES "entende que no anteproxecto de Lei debería aludirse con máis contundencia á problemática xerada nos últimos anos pola práctica incontrolada do xogo e a súa particular afección aos sectores sociais máis vulnerábeis e desfavorecidos". Ao tempo, destaca que a norma "nace con importantes eivas xa que no seu conxunto estabelece unha regulación do xogo baseado case na súa totalidade en modalidades tradicionais e practicamente non regula a figura do xogo en liña, á que accede maioritariamente a poboación". Neste sentido, advirte das "consecuencias prexudiciais do xogo para as persoas consumidoras e a sociedade no seu conxunto". As maquinas comecartos As queixas do órgano consultivo chegan ás maquinas comecartos. Neste sentido, afírmase que "tampouco comparte o CES o feito de que a norma non prevea a desaparición das máquinas comecartos e de apostas deportivas nos establecementos de hostalaría e restauración se non xa con carácter inmediato, polo menos logo da expiración do período transitorio previsto no texto". A este respecto, sinala que "resulta difícil entender o sentido de disposicións tendentes a limitar o acceso a estabelecementos específicos de xogo cando o acceso con controis máis laxos pode facerse en centos de locais abertos ao público na Galiza". As críticas do CES ao anteproxecto da Lei reguladora dos xogos da Galiza volve a pór sobre a mesa a influencia da patronal do xogo. A Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) fundada en 1982 e conformada actualmente por 55 sociedades ten como obxectivos a defensa dos intereses do sector e actuar de enlace entre o mesmo e as diferentes administracións. Segundo o seu presidente, Serafín Portas "de nós dependen máis de 1.800 empregos directos na nosa comunidade, máis de 756 empresas e delas, case o 95% son de carácter familiar". Ao tempo, teñen sede na Galiza algúns dos máis importantes operadores do xogo a nivel estatal e cunha importante presenza internacional. A proximidade do Partido Popular á patronal do xogo é unha crítica de vello das forzas da oposición. A presenza dos responsábeis do Goberno galego nos seus actos é habitual, estando casado en réxime de gananciais o presidente de AGEO, Serafín Portas coa deputada do Partido Popular por Pontevedra, Lupe Morillo. "Cousas" de Rueda Cando se pregunta no Partido Popular polas relacións da formación coa patronal do xogo, algúns dirixentes responden que "son cousas de Rueda e dos seus rapaces". Sexa certo ou non, o vicepresidente primeiro do Goberno galego e máximo responsábel da formación en Pontevedra é un habitual dos actos de AGEO.
NOS_10761
Baixo o lema "Se non conto non te voto", unha ducia de entidades feministas presentou onte en Compostela a súa "axenda feminista galega", que trasladarán ás forzas políticas que concorren na Galiza ás eleccións do 5 de abril.
O documento contén, segundo indica a Nós Diario Carmen de Simón, integrante no Foro Feminista Maruxa Mallo de Lugo, 25 propostas prioritarias, que sitúan nun lugar destacado a loita contra o "terrorismo machista", e que inclúen medidas como a "aplicación íntegra" da lei de tratamento da violencia de xénero á creación dunha "verdadeira rede de Centros de Información á Muller" en todos os concellos. Nas súas reivindicacións cóntanse tamén a petición dunha "lei abolicionista do comercio sexual e reprodutivo" ou investimentos en educación en igualdade e prevención do machismo."Reclamamos que se asegure que toda a poboación recibe formación en igualdade, o que non acontence, que se inclúan nas distintas materias educativas as achegas das mulleres, que estamos desaparecidas e o desenvolvemento de plans de igualdade nos centros de ensino", exemplifica a portavoz do Foro Maruxa Mallo, que asina o documento xunto coa Rede Galega pola Igualdade, a Asociación Profesional de Axentes Igualdade de Oportunidades Galega, a Federación de Mulleres Rurais da Galiza, a asociación O Soño de Lilith, Comando Igualdade, Mulleres Viúvas Democráticas de Vigo, o Colectivo Feminista Pontevedra e a Rede viguesa contra os Malos Tratos. A "axenda" compila o traballo dos últimos tres anos, que agora se presentará aos partidos, de cara a que as propostas se inclúan nos programas para o 5-A. Como avanzaron onte as portavoces, tanto o BNG como o PSOE confirmaron xa o seu "compromiso" para reunirse cos colectivos, que tamén solicitan unha reunión ao Grupo Común da Esquerda, mentres que desde o PP lles foi notificada a recepción do informe.
NOS_12414
O novo secretario xeral do PSdeG propón reformar o Estatuto a través dun "acordo amplo" na Cámara.
Valentín González Formoso estréase no Parlamento galego cun discurso ambicioso. Nesta quinta feira compareceu por vez primeira como líder do PSdeG ante a Comisión de Orzamentos para presentar as contas da Deputación da Coruña en 2022, e na súa intervención defendeu un novo modelo de financiamento local, ante as "numerosas competencias" que a Xunta deriva a deputacións e concellos "de forma dispersa e sen cartos", ao tempo que reclamou unha maior autonomía para os municipios e un impulso á prestación compartida de servizos. Así, avogou por reformar o Estatuto para igualalo, en materia de política municipal, aos de Andalucía, Catalunya ou o País Valencià. "Os obxectivos deberían abordarse axeitadamente a través dun novo Pacto Local da Galiza que actualice a relación de competencias e concrete as condicións óptimas de prestación e financiamento de servizos públicos desde un acordo amplo de todas as formacións políticas", xustificou. A respecto dos orzamentos da Deputación, anunciou que ascenderán a 189,2 millóns de euros —2,6% máis que en 2021—, e salientou as partidas destinadas a gasto social nos concellos —7 millóns—, o plan de emprego local —12,6— e os plans de mellora da rede de estradas da Deputación —14,6—. As contas financiarase con cargo a fondos propios, sen recorrer a créditos, polo que a institución "manterá a actual situación de débeda cero". Lugo terá os orzamentos "máis altos da década" Tamén presentou os orzamentos da Deputación de Lugo o seu presidente, José Tomé, quen salientou que serán "os máis altos da última década", cunha contía que ascende a 100 millóns de euros —8% superior ás contas anteriores—. Non asistiu á Cámara, mais si enviou as contas, a súa homóloga en Pontevedra, Carmela Silva, cuxa ausencia "por quinto ano consecutivo" criticaron PP e BNG.
NOS_33211
Un ano despois de que o mundo tivese que frear para parar a pandemia da Covid-19, a música feita en galego segue a presentar novidades a pesar de que apenas se poidan levar a cabo os concertos tan precisos para promover os traballos. Sexa de artistas emerxentes ou consolidadas, en tempos de desescalada non deixa de soar música composta na nosa lingua.
Despois dun ano de pandemia onde a música galega –ao igual que outros moitos sectores– sufriu un gran golpe, as artistas que compoñen na nosa lingua seguen a brindar novos temas ao público. Xa sexa cunha relevancia consolidada ou emerxentes, músicas e músicos galegos dedican o principio da primavera a preparar novos traballos e, mentres, brindan algúns adiantos do que soará nos dispositivos electrónicos do país durante esta tempada. Hai un mes Tanxugueiras (Sabela Maneiro, Aída Tarrío e Olaia Maneiro) publicaba "Midas", un sinxelo que mestura a música tradicional con ritmos urbanos e que está preto das 150.000 reproducións en Youtube. Esta canción confirma a mestizaxe que as pandereteiras xa viñan asomando en cancións como "Perfídia"do seu segundo traballo, Contrapunto. Actualmente as artistas están na produción dun novo tema que espera poder ver a luz nunhas semanas. Esta mestura de música tradicional e vangarda lévaa ao seu máximo o proxecto de Laura LaMontagne e Pico Amperio. A lucense pon a súa voz chea de matices á lírica medieval galaico-portuguesa mentres que o seu compañeiro, Pedro Cuntín, combina o son urbano con efectos electrónicos para crear unha música que non deixa indiferente a ninguén. O proxecto gañaba o ano pasado o Premio Martín Códax da Música na categoría de músicas urbanas. Músicas e músicos galegos dedican o principio da primavera a preparar novos traballos A reinterpretación do tradicional, desde o seu propio punto de vista, é o que explota o dúo Boyanka Kostova, composto por Cibrán García (voz) e Chicho do Funk (produción). O seu tema "Muiñeira de Interior" traspasaba o ano pasado fronteiras nos medios de comunicación e volvía ser tendencia na rede hai unhas semanas pola colaboración que a cantante Pili Pampín facía cos músicos no programa da TVG Land Robert Tunait Show. Pola súa banda, Chicho, co seu proxecto en solitario chamado Ortiga, lanzará nunhas semanas o seu segundo traballo no que os propios seguidores puideron suxerir o nome que leva. Cunha base de autotune e estilos de verbena, este santiagués aumenta o repertorio no que xa ten colaboracións con artistas como Rodrigo Cuevas ou Grande Amore, co quen comparte un disco que lanzaron fai unha semanas co nome de Los Rastreadores. Grande Amore, tamén coñecido como Nuno, do grupo Oh! Ayatollah, presentou recentemente un adianto do seu primeiro traballo en solitario. O sinxelo "Vémonos no baño", unha lembranza que o artista fai ás noites de esmorga prepandemia. Sen apenas concertos, presentan novos traballos A pesar de que case non se poden levar a cabo os concertos tan necesarios para presentar novos traballos, os grupos e artistas galegos de todos os estilos seguen a presentar os seus proxectos. A viguesa Margarida Mariño daba a coñecer a finais do mes de febreiro un novo sinxelo baixo o título "Alcume". Un violoncello con sintetizadores e loops e a súa voz dan corpo a un tema que busca representar a viaxe da vida mais sempre desde un punto de vista ambiguo, xa que a artista gústalle que o público busque o seu propio significado das composicións. En 2020 presentaba o seu primeiro traballo Cello & Electronics. Desde Lugo, Candorka presentou hai pouco o seu novo tema "Muíños", que inclúe a novidade do formato banda deste proxecto. Orixinalmente formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López, os músicos buscan expresar a música de raíz desde a experimentación, mesturando repertorios gaitístico e vocal con sonoridades procedentes do jazz ou vertentes máis clásicas. O mencionado trío compartiu nomeamento na categoría folk da VII edición dos Premios Martín Códax da Música, cuxo melómano levou á casa o grupo Caldo. A Banda da Loba e Fernando Abreu homenaxean Xela Arias coa súa música Na actualidade, este grupo, integrado por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), está na produción do seu segundo traballo, despois de presentar hai dous anos en Vigo un CD homónimo. Seguindo no eixo da reinterpretación da música tradicional desde un estilo máis pop e definíndose como un grupo de amigos aos que lles gusta facer música, Néboa –formado por Lucas De Centi, Aloia López, Tomás Porteiro, Jacobo García e Sandra Pérez– presentará o formato físico, xa que xa se pode escoitar na rede, do seu traballo A realidade enganosa nas próximas semanas sen poder facer un único concerto. Case o mesmo lle aconteceu ao dúo de rap de Ponteareas, Son Da Rúa, que en plena corentena lanzaba o seu traballo Eterno combate e só puideron presentalo nun concerto realizado na Sala Rebullón (Tameiga, Mos). Hai apenas uns días uníanse co macedán Pirata para a realización dun novo sinxelo titulado "Duro". Xela Arias feita música Dentro das novidades que presenta a música galega, artistas de diversos estilos tamén homenaxean a poeta recoñecida este ano co Día das Letras Galegas, Xela Arias. A Banda da Loba avanza un sinxelo do que será un EP inspirado nos poemarios da escritora. Baixo o título "Intempériome", homónimo do último traballo publicado por Arias, o grupo utiliza cinco poemas para crear unha canción que fala de deixar atrás os prexuízos e os estereotipos e de afondar na persoa que se quere ser. Baixo o mesmo enfoque de homenaxe, mais cun estilo musical baseado na improvisación, o clarinetista Fernando Abreu avanzaba o proxecto que sairá xunto a unha edición especial do mesmo poemario Intempériome, que publicará a editorial Xerais. No traballo sonoro pódese escoitar a voz da propia Xela Arias, que gravou os seus poemas nos meses antes do seu pasamento. Aos clarinetes de Abreu xúntanse a guitarra interpretada por Pablo Carrera, Macarena Montesinos no violoncello e Elena Vázquez no violín.
PRAZA_6930
Fronte á simple interlocución disciplinaria do Estado, a sociedade civil catalá reaxiu dispoñendo e pegando. Poñendo en práctica a súa escumenista arte asociativa. Defendendo as urnas coa participación
Utilidade do inútil Fileiras que nunca se viran para o que El País cualifica de "inútil". Se non fora porque disque non se podía votar, o de onte foi mesmo unha consulta. O que non encaixa na lóxica neoliberal de utilidade sen tañeiras, que rebaixa a democracia a unha bela aparencia sen substancia, tórnase un acto sen valor. Eis o marco interpretativo que vén de ser subvertido en Catalunya e no que debruza certa idea do poder no estado español, o da promiscuidade finanzas-política. Porén, o que onte se viviu en Catalunya en consulta simbólica, foi un acto de estilo e de vontade que non ten marcha atrás, cando menos en termos psicopolíticos, malia tratarse dun suceso participativo talvez con discreta porcentaxe tratándose dun referendo. Fronte á simple interlocución disciplinaria do Estado, a sociedade civil catalá reaxiu dispoñendo e pegando. Poñendo en práctica a súa escumenista arte asociativa. Defendendo as urnas coa participación Fronte á simple interlocución disciplinaria do Estado, a sociedade civil catalá reaxiu dispoñendo e pegando. Poñendo en práctica a súa escumenista arte asociativa. Defendendo as urnas coa participación. A cidadanía disciplinada foi quen de aproveitarse do inútil. Os voluntarios e as entidades soberanistas interpretaron onte que tamén os partidos cumpriron malia os impedimentos impostos pola goberno español. No entanto, demóstrase que o simulacro, o procedemento, era efectivo para poder votar, e o Estado non soubo como evitalo malia telo impugnado e alcumado de "inútil" e "pantomima". Acontece que a forza xeradora do inútil -como ben lembra Nuccio Ordine- mostra a súa creatividade cando somos quen de formarmos unha colectividade con memoria que, fuxindo do extravío, procure gañar o sentido de seu. Emponderamento e nova política A política catalá acaba de mostrar suxeito político propio nun referendo que a prensa internacional cualificou de informal, a diferencia do goberno e os medios españois que teimou en reducilo a "ilegal" e "inútil" deturpando o significado do que é ou non é democrático. O matiz é importante porque a impugnación da consulta legal -a impostura legalista do Estado- foi contestada pola cidadanía de Catalunya nunha xornada de total protagonismo democrático da xente, do xeito máis consistente posíbel: con desobediencia e desafiando a legalidade estagnada. Mais esa informalidade que é a súa avantaxe e fortaleza, é tamén a da súa debilidade. De feito, a prohibición tornouse nun paradoxo, unha oportunidade para novos métodos. Asumir o protagonismo co entusiasmo que amosaron as voluntarias e voluntarios no 9-N serviu para mostrar unha acción que os seus protagonistas fixeron de seu: a participación como elección e non como simples deber imperativo Laboratorio. Asumir o protagonismo co entusiasmo que amosaron as voluntarias e voluntarios no 9-N serviu para mostrar unha acción que os seus protagonistas fixeron de seu: a participación como elección e non como simples deber imperativo. Fronte a vella lóxica, as novas formas de responsabilidade. Máis de 2 millóns de persoas foron quen de mostrar que hai unha vontade de participación significativa. Ficou de relevo tamén a habelencia de Mas que soubo navegar neste proceso turbulento. Logo dunha semana de devalo do bloque soberanista e de calada negociación de Joan Rigol co PP e o PSOE á marxe do Pacte pel Dret a Decidir, sumouse un maquiavélico adubio xa que astucia que Mas anunciara atinxía tamén aos seus compañeiros de viaxe e non só ao goberno español. Mas sentiuse afortalado, porén, a mensaxe que a cidadanía tamén lle enviou ao President foi que o que é para ser feito debe ser feito agora e sen adiamentos. Se esta non foi a definitiva, a posibilidade dunhas plebiscitarias debruzará na dificultade de agregar e manter a pluralidade. Abrollan máis incógnitas que certezas, e xa veremos quen é quen de se aventurar a dicir cando haberá eleccións nin sob que siglas han concorrer. A capacidade de agregar electores, un espazo de encontro, será o elemento aberto á discusión. É obvio que a vontade de Mas de asumir arestora máis protagonismo, malia saír reforzado, terá un punto de tensión coa ANC, Òmniun e o movemento da sociedade civil, no fondo os verdadeiros triunfadores do día xunto coa permanente laboriosidade de ERC, ICV e a CUP aínda tendo renunciado ao formato orixinal do 9-N. Dia de grande mobilización, de apertas e de emocións que lle dan azos aos partidarios do avanzo electoral. Agora tocaralles aproveitar a luzada sobre un trasfondo de corrupción e de irrompimento de Podemos (onde moran Jiménez Villarejo e Jaume Asens) que o creba todo nun posíbel escenario constituínte xa que coincidirían nunhas mesmas eleccións a sociedade civil secesionista e un movemento estatalista direccionado contra o establishment. Legalismo excesivo Certo que a declaración de ilegalidade ten como recente contrapunto o anuncio de "iniciar as accións legais que correspondan" (tería de ser o TSXC quen abrira proceso contra os políticos aforados). Mais as informalidades tamén serven para perder o medo xa que a liberdade como dádiva non é mais do que desviarse da necesidade. A activa recollida de sinaturas nos puntos de participación para a denuncia aos organismos internacionais contra a prohibición do goberno español de celebrar un referendo de independencia en Catalunya, expresa ben a queda do pano da estratexia da ameaza e do medo. Catalunya está a ensaiar ir coa democracia española alén da democracia española para poder apropiarse de seu, decidindo Porén, malia a evidencia, o grande desenvolvemento das forzas estatais teima en aferrarse ao primado legalista que nos corenta anos de democracia foi derivando en novas relacións clientelares e nula capacidade de integración das diferencias. A esperanza de que a consulta non vinculante achaire o camiño a unha consulta topará os vindeiros días co muro do legalismo ideolóxico e a súa maquinaria. Catalunya está a ensaiar ir coa democracia española alén da democracia española para poder apropiarse de seu, decidindo. Ao cabo, o que a suposta inutilidade do 9-N revelou foi que o legalismo excesivo é unha falta de liberdade, unha coacción que mostra sen paliativos que o que realmente se tornou débil e inútil é unha certa idea española do poder para dar conta do presente. E chegará o dia en que terán de chamar as cousas polo seu nome
NOS_40822
A policía acusa un dos detidos, un uzbeco de 39 anos de idade, de ser o responsábel do atentado.
Un camión atropelou esta sexta feira unha multitude en Estocolmo, a capital de Suecia, provocando a morte de catro persoas. "Todo apunta a un atentado terrorista", segundo o primeiro ministro sueco, Stefan Löfven. O camión após bater contra a xente que paseaba por Drottninggatan, unha arteria comercial de Estocolmo, acabou empotrado contra uns grandes almacéns. Hai unha persoa detida como sospeitosa de estar relacionada co atentado. É un uzbeco que mostrou simpatías polo Estado Islâmico, segundo avanza o diario sueco Aftonbladet. Segundo este medio, o home, de 39 anos, reside noutro barrio da capital sueca e tiña colocado na súa páxina na rede social Facebook vídeos propagandísticos de Daesh.
NOS_24938
Baixan a 283 as persoas ingresadas en hospitais.
Os casos activos de Covid-19 en Galiza seguen en aumento na semana de Nadal e sitúanse nos 16.253 despois doutros 1.038 novos contaxios -293 menos que o día pasado-, mentres que se alivia a presión hospitalaria ao descender a 283 os hospitalizados por este coronavirus -nove menos-. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa ao 11,96%. Segundo os datos publicados na mañá desta terza feiras pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta segunda, descenden a 50 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galiza -unha menos- e baixan a 233 as hospitalizadas noutras unidades -oito menos-, mentres que 15.970 pacientes permanecen en seguimento nos seus domicilios. A presión hospitalaria aumenta soamente na área da Coruña e Cee, que conta con sete ingresados en UCI pola Covid -un máis- e 33 noutras unidades -seis máis-; alíviase en tres: Vigo, Pontevedra-O Salnés e Lugo; e mantense nas de Ourense, Ferrol e Santiago-Barbanza. Os casos activos seguen en aumento a poucos días das celebracións do Nadal e sitúanse en 16.253, que supoñen 397 máis que no inicio da semana de Nadal ao haber máis contaxios (1.038) que altas (636), ao que se engaden varios falecementos. A terza feira da semana pasada -14 de decembro- as infeccións sumaban 12.692. As infeccións activas ascenden en seis do sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+158), seguida da de Santiago e Barbanza (+99), Vigo (+71), Lugo (+38), Pontevedra e O Salnés (+34) e Ferrol (+32); mentres que descenden de novo na de Ourense (-35). Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidad na tarde desta pasada segunda feira, 20 de decembro, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 567,06 casos por 100.000 habitantes, polo que se sitúa a incidencia por baixo da media do Estado, que está en 609,38. Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por riba do milleiro, mais cun descenso con respecto á xornada anterior, ao situarse nos 1.038, que implican 293 menos que os 1.331 cos que comezou a semana de Nadal. O domingo pasado rexistrouse a cifra máis alta do que vai de sexta vaga, con 1.357. A terza feira anterior -14 de decembro- notificáronse 873. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende ao 11,96%o, tras comezar esta semana cun repunte ao 18,7%. Por tanto, segue por riba do limiar de 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en toda Gaza ascenden a 2.730, ao notificar esta segunda feira a Conselaría de Sanidade oito novas vítimas. En concreto, estes falecidos, cuxas idades estaban comprendidas entre os 77 e os 89 anos, presentaban patoloxías previas. Ademais das mortes comunicadas durante esta fin de semana, este sábado faleceron dous homes de 60 e 89 anos no Hospital Povisa de Vigo.
NOS_2424
Rueda, que era o principal candidato a suceder Feixoo, confírmase como o novo dirixente do PP galego.
O vicepresidente primeiro da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, sucederá Alberto Núñez Feixoo na presidencia do Xunta e do PP galego. Así o asegura La Región. Rueda, que era o principal candidato a suceder Feixoo, confirmaríase así como o novo dirixente do PP galego. Rueda pecha a porta a que haxa varias candidaturas para suceder Feixoo: "Haberá acordo" A falta de que a propia formación política o faga oficial, Rueda asumiría as funcións institucionais e orgánicas que o aínda presidente da Xunta deixa orfas coa súa marcha a Madrid. Desde que Feixoo deu a coñecer que se presentaría a presidir o PP estatal e dimitiría como presidente da Xunta, o nome de Alfonso Rueda foi sinalado pola maioría de medios e moitos cargos internos dos populares galegos como o seu sucesor, dado o seu coñecemento do Goberno galego e a súa relación co propio Feixoo. Único candidato Pese a que nas últimas semanas o silencio do presidente da Xunta con respecto ao seu futuro só fixeron acrecentar as dúbidas sobre posíbeis tensións internas en canto ao candidato ou candidata que ocuparía o seu lugar, finalmente Rueda será o único candidato para suceder Feixoo. A sucesión de Núñez Feixoo entra nunha "nova fase", afirma Rueda O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, que nun primeiro momento evitara sinalar Rueda como candidato dos populares ás galegas de 2024, e só o postulara como presidente interino da Xunta até que decorrese un congreso extraordinario, deu pistas no día de hoxe do que agora xa está confirmado. Baltar, nunha entrevista a Europa Press, desbotou a súa posíbel candidatura á presidir o PP galego e sinalou Rueda como vía de "unidade" para os populares. As súas palabras chegaban após manter unha conversa con Núñez Feixoo, na que o presidente do PP en Ourense mostrouse conforme coa proposta do aínda presidente da Xunta. Puy evita sinalar Rueda como cabeza dunha lista unitaria para a sucesión de Feixoo A falta de que outros persoeiros do PP galego, como os presidentes provinciais da Coruña e Lugo, Diego Calvo e Elena Candía, ou o portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, se posicionen publicamente, todo indica que Rueda será escollido novo máximo dirixente do Partido Popular galego por unanimidade.
NOS_29099
Esta metodoloxía para comprobar a presenza do coronavirus transcendeu polas prácticas en China pero o Servizo Galego de Saúde xa a estaba a realizar hai tempo.
Hai escasos días China comunicaba aos medios que estaba a facer un novo abano de probas para diagnosticar o coronavirus, nun momento no que no país asiático comezan a repuntar os contaxios. A metodoloxía que máis chamou a atención é a dos test por vía anal e a pregunta de si ese tipo de exames chegarían a outros territorios foi moi repetida. Neste contexto, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de confirmar que xa estaba a facer PCR polo recto antes de que saíra á luz a técnica china. De feito, algúns medios falan da Galiza como pioneira desta práctica no Estado español. Fontes do Sergas concretaron que fai eses test de forma puntual e non xeral, máis xa se teñen detectado casos da Covid-19 desta forma para personas hospitalizadas en estado grave "con algo compromiso da vía aérea". As equipas sanitarias tamén as practican en bebés cando nacen e nalgúns pacientes que ofrecen "pouca colaboración" para que sexa sinxelo facer a PCR nasal. Igualmente, utilízase para aquelas persoas que se atopan en "situación de axitación". Desde a Consellaría de Sanidade explican que "a técnica de obtención da mostra para determinar a infección realízase de forma habitual con mostras nasofarínxeas maioritariamente". Porén, en casos "con alto compromiso da vía aérea, ou en ventilación mecánica, pode estar indicada la obtención da mostra por vía rectal". No caso dos recentemente nacidos é precisa esta medida "dada a dificultade de contención da cabeza da crianza e as peculiaridades da anatomía da vía aérea"."Dáse desde o principio da pandemia, sen que existise ningún cambio de procedemento recente", engaden fontes do Sergas, amosando que o de China non foi un descubrimento.
NOS_11317
O autor do dobre feminicidio fora absolto con anterioridade por malos tratos psicolóxicos.
Na segunda feira (12 de xaneiro) producíronse os dous primeiros feminicidios do ano no Estado español. Foi en Elche (País Valenciá). Teresa e Natividad F.S. (de 70 e 64 anos) foron asasinadas polo ex-compañeiro dunha delas na pedanía de Balsares. O presunto asasino teríase suicidado posteriormente. As estatísticas oficiais só computan o crime dunha das mulleres por non ter existido unha relación afectiva entre o agresor e a irmá desta Segundo informaron fontes policiais á axencia de noticias Europa Press o crime tería sido cometido cun obxecto contundente embora non trascenderen as características do mesmo. O home fora denunciado en novembro de 2013 por malos tratos psicolóxicos mais resultara absolto. Porén, xa lle fora imposta unha orde de afastamento con anterioridade a esa denuncia mais que non continuaba en vigor de acordo coa información ofrecida polo Concello de Elche. Ao igual que aconteceu co duplo feminicidio de Cervo, onde un home asasinou a Adela Ramos e María José Suárez, nas cifras oficiais non aparece computada a irmá da ex-compañeira do agresor como se reflicte na estatística publicada polo Ministerio español de Sanidade por non existir ou ter existido unha relación afectiva entre ambos.
PRAZA_12521
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas organiza unha maratón na Coruña o vindeiro 15 de abril e puxo en marcha unha iniciativa de crowdfunding para recadar cen euros por cada un dos 42 kilómetros. Un total, queren obter 4.200 para mellorar a actividade asistencial ás persoas que sofren lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple. Os mesmos 4.200 euros nos que, denuncian, se recortaron as subvencións públicas que recibían.
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organiza unha maratón na Coruña o vindeiro 15 de abril e puxo en marcha unha iniciativa de crowdfunding para recadar cen euros por cada un dos 42 kilómetros. Un total, queren obter 4.200 para mellorar a actividade asistencial ás persoas que sofren lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple. Os mesmos 4.200 euros nos que, denuncian, se recortaron as subvencións públicas que recibían. FEGEREC salienta que "o noso reto é conseguir 100 euros por cada kilómetro da maratón, porque se unha maratón é unha proba de sacrificio, esforzo e vontade, vivir cunha enfermidade rara e/ou crónica tamén". Os cartos que se recaden irán destinados a financiar os servizos de terapia ocupacional, fisioterapia ou atención psicolóxica que emprestan na Coruña, Cabana de Bergantiños, Narón, Lugo, Pontevedra e Vigo. FEGEREC quere recadar 4200 euros, a mesma cantidade na que, denuncian, se recortaron as subvencións públicas que recibían Solicitan o apoio da cidadanía, tanto a nivel económico (a través destas microachegas, para as que non hai unha cantidade mínima, todas son ben recibidas), a difusión ou a propia participación no Maratón. As persoas que se queiran inscribir para correr, e deste xeito facer público o seu apoio á FEGEREC poden poñerse en contacto coa asociación en [email protected] Páxina para facer unha pequena doazón económica Web de FEGEREC
PRAZA_7805
A plataforma contraria á explotación mineira considera que o aval ambiental está fundamentado en "falsidades" e "ocultacións interesadas" da empresa e ignora a realidade socioeconómica da zona, din
"Máis de 2.000 afectados e titulares de bens e dereitos situados no ámbito da explotación mineira", entre eles titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso veñen de presentar, a través da Plataforma pola Defensa de Corcoesto, un recurso de reposición contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de ouro que unha empresa canadense proxecta na zona. A razón fundamental deste trámite está, segundo a plataforam, na "falisdade ou ocultación interesada de datos no estudo de impacto ambiental elaborado pola empresa mineira". A xuízo do colectivo veciñal, a compañía Edgewater está a vulnerar de maneira "flagrante" o Real Decreto que rexe dende o ano 2008 as avaliacións de impacto ambiental e, polo tanto, a "xerar indefensión para os interesados e interesadas", que ademais, afirman, non recibiron "notificacións na forma prevista" por esta mesma normativa. Así, por exemplo, ilustran, o estudo da empresa "ignora por completo a realidade socioeconómica dos concellos afectados" para "evitar realizar unha análise detallada dos efectos da explotación" sobre "actividades económicas que xeran emprego directo e indirecto sostible" no tempo, que ademais "contribúe ao mantemento de poboación no rural". A plataforma coida que o estudo ambiental omite boa parte dos efectos nocivos da explotación mineira na zona Ao tempo, a plataforma sustenta o recurso en que "a empresa mineira recoñece un verquido de arsénico" na zona "por importe superior ao máximo permitido pola lexislación", pero "non fai unha análise previa da súa concentración no ámbito da explotación mineira nin no río Anllóns". Aínda menos, afirman, "analizan a incidencia que este feito pode ter para a sáude humana e animal" e, en última instancia, "para os bancos marisqueiros da ría de Corme e Laxe". Todos estes motivos, engadidos á "instalacións de residuos mineiros" que "vulneran a directiva Directiva 2006/21" da Comisión Europea e á "omisión da existencia de hábitats e de especies animais especialmente protexidas" no entorno da mina, levan o colectivo a reclamar a "nulidade de pleno dereito da Declaración de Impacto Ambiental". Este, din, foi un "acto de trámite arbitrario e contrario a dereito" por parte da Xunta que "serve de base para outorgarlle unha autorización a unha empresa que non é propietaria dos terreos forestais" e que "pretende un cambio de uso dos mesmos sen o consentimento dos actuais propietarios, prescindindo así do procedemento establecido pola actual Lei de Montes".
PRAZA_10930
Antón Sánchez (Común da Esquerda) censura que o "plan estrela" da Xunta en materia de vivenda ficou en "propaganda". Pontón reprocha ao presidente que actúe como "recadeiro de Casado" ante o bloqueo do financiamento autonómico e Feijóo retruca descualificando o BNG como "tonto útil" do PSOE
A primeira sesión de control do novo curso político trouxo consigo tamén unha reestrea, a de Antón Sánchez nos labores de voceiro. Sánchez, que xa exercera este labor en AGE no treito final da pasada lexislatura, asumiu a portavocía de Común da Esquerda tras a ruptura do antigo grupo de En Marea. As circunstancias internas da creación do novo grupo foron aproveitadas por Alberto Núñez Feijóo na resposta ás preguntas de Sánchez a respecto da política de vivenda do Goberno galego e, nomeadamente, dos escasos resultados do seu plan de vivendas baleiras, que no pasado ano admitiu o propio Instituto Galego de Vivenda e Solo.O IGVS xa admitira hai un ano que o plan de vivendas baleiras da Xunta apenas lograra xestionar uns poucos pisosO "programa estrela de vivendas baleiras" non foi máis ca "propaganda", acusou Antón Sánchez, xa que "en 2017 houbo catro axudas recibidas para propietarios" que incluíron os seus pisos no proxecto e "neste 2018 este programa estrela deu dúas axudas en todo o país". Segundo Feijóo ese program non funcionou porque foi "boicoteado de forma constante" polos concellos urbanos gobernados polas mareas ata o pasado xuño -A Coruña, Ferrol en Santiago-. E malia isto, proclama, Galicia é xa "un referente na política de vivenda para desfavorecidos e rendas baixas.Descualificación ao BNG como "tonto útil"Este mércores o Parlamento acolleu tamén o primeiro debate do novo período de sesións entre o presidente da Xunta e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que instou a Feijóo a facer balance da súa xestión á fronte do que considera "un goberno de palla" cun "presidente que oculta o seu fracaso con toneladas de manipulación". "Antes era o recadeiro de Rajoy e agora, o recadeiro de Casado, que xa lle dixo que hai que utilizar a Galiza para desgastar a Sánchez", reprochou a líder nacionalista.Ana Pontón: "Antes era o recadeiro de Rajoy e agora, o recadeiro de Casado"A xuízo de Pontón, Feijóo "mente cando diq eu se debe máis aos galegos que ao PP" porque se así fose, exemplificou, ademais de criticar a Pedro Sánchez por non desbloquear o financiamento pendente "presentaría recurso xudicial para defender o que lle corresponde a Galiza" e "abandonaría o seguidismo do centralismo madrileño" apostando por un modelo de financiamento que, para o Bloque, debera basearse no concerto económico. Feijóo atribuíu esa "manipulación" ao propio Bloque que, asegura actúa como "tonto útil dos gobernos" do PSOE. "Quen veu e quen está vendo ao BNG", ironizou o presidente. "Non hai nada máis tonto que dicir unha cousa e a contraria na mesma intervención", retrucou Pontón, quen advertiu que dende o BNG actúan con "máis respecto" como para "vir a este Parlamento a faltar", o cal "é o seu estilo cando non ten argumentos".
PRAZA_19831
De non reconstruírse as comunicacións entre Rusia e USA o mundo pode encamiñarse cara ao abismo. Pero as cousas non van solucionarse se non se se inflúe nos mandatarios construíndo un gran movemento pacifista que mova as conciencias da Humanidade e pare esta tolemia suicida. Debe facerse en cada país, e en Galiza xa tarda
Os últimos grandes acontecementos na política internacional, como o Brexit ou a elección de Donald Trump, tiña despistados a moitos analistas, cousa nada sorprendente, porque eran resultados moi pouco probables, se temos en conta a previsíbel e coherente mecánica de sucesos políticos que experimentou o mundo Occidental dende a II Guerra Mundial. Aínda que o tempo transcorrido non é suficiente para ter unha perspectiva definitiva, tanto sobre o significado da elección do novo presidente americano ou a saída dos británicos da UE, xa hai algúns elementos significativos que poden iluminar algo do drama que nos ofrecen as elites que manexan o mundo. Argumentei que Donald Trump non era o candidato do stablishment, algo que se pode deducir de forma moi sinxela con só observar o acoso continuado ao que foi sometido polo mainstream durante os últimos meses, desautorizando o seu discurso, impugnando as súas medidas lexislativas, ata incluso chegar a falar de sometelo a un impeachement, segundo as declaracións de hai unhas semanas da coñecida líder demócrata, a congresista Nancy Pelosi. E todo iso, sen ter cometido ningún acto ilegal, e, verdadeiramente insólito, sen sequera respectar os 100 días de cortesía parlamentaria ao uso. Sen embargo, todo cambia de repente o pasado 6 de abril: Trump decide bombardear Siria (aínda que este ataque ten moitos elementos escuros e contraditorios), contra a opinión que tiña manifestado na época de Obama e, de maneira especial, durante a pasada campaña electoral. E fíxoo sen consultar ao Congreso, como é preceptivo pola Constitución USA, salvo perigo inminente para a seguridade do país, cousa que non sucedeu neste caso, como é obvio. Mais en vez de acusalo de temerario e de incumprir a Lei, todos os representantes do Estado Profundo americano que antes o desprezaban: CNN, senador McCain, OTAN e demais corifeos aplaudiron a medida e declararon ao unísono que Trump acababa de converterse nun auténtico USA President. Lamentablemente, se algunha vez Trump mereceu algunha marxe de confianza, no ámbito da política internacional, a día de hoxe o seu creto está practicamente esgotado con esa criminal decisión, complementada co seu último achegamento á OTAN e aos seus plans de guerra. Estamos asistindo ao rendemento incondicional de Trump ante o stablishment, despois de consentir que o Deep State neutralizase ao seu director de intelixencia e conselleiro de seguridade nacional, o tenente xeneral Michael T. Flynn? Este e outros nomeamentos, de persoas claramente anti intervencionistas, —incluso anti stablishment— foron desprazados de postos clave do goberno, nos menos de tres meses transcorridos dende a toma de posesión, invalidando o proxecto político prometido durante a campaña electoral. O tempo diranos se a deriva actual se confirma, pero en calquera caso en EE.UU. xa comezan a moverse importantes sectores antibelicistas advertindo de que a guerra non é a alternativa. E aquí debemos analizar o papel dos británicos en todo este embrollo. A orixe da famosa conexión de Trump con Rusia foi unha fake news elaborada polos servizos de intelixencia británicos e aireada polos media do sistema a ambos lados do océano, conferíndolle a esa trola carta de autenticidade. Realmente, con toda a información que está aparecendo, parece que é Londres quen leva a dirección desta guerra psicolóxica. Segundo o profesor Marcello Ferrada, fundador da organización Médicos Suecos polos Dereitos Humanos (SWEDHR), hai poderosos indicios de colaboración entre a ONG "siria" Cascos Brancos e as organizacións terroristas Al Nusra e Fatah al Sham. Esa ONG, dedicada aparentemente a tarefas humanitarias en Siria, está financiada polo Reino Unido e rexistrada nos Países Baixos. Foi a que deu a coñecer outro suposto ataque químico de Bashar al Assad en 2015. Igual que daquela, o ataque actual de Jan Sheijun documéntase mediante testemuñas anónimas pertencentes aos Cascos Brancos e sen ningunha proba obxectiva que implique ás forzas sirias. Non hai dúbida de que Londres ten un papel reitor na ofensiva contra Moscú e Damasco, e utilizou os seus longos tentáculos imperiais para manexar de forma conveniente á Administración Trump e aos organismos internacionais. Os británicos son expertos fabricando bulos ao tempo que traballan sobre o terreo coas súas forzas especiais para preparar os atentados de bandeira falsa necesarios con tal de que Rusia e EE.UU. non poidan entenderse para resolver os graves conflitos que ameazan a paz mundial. Sábese que na preparación do último ataque a Siria interveu activamente Londres "convencendo" a Trump de que había que pararlle os pés ao "bárbaro" Assad, algo recoñecido polos propios británicos e posto de manifesto polo representante ruso Safronkov na ONU ao esixirlle de forma ostensible ao representante do Reino Unido: "deixe de mentir sobre Siria e de frustrar a colaboración entre Rusia e USA nos asuntos internacionais". Incluso o "progresista" The Guardian non ten reparo en advertir dende as súas columnas que "ou Putin lle fai caso ao secretario Tillerson (abandonar a Al Assad) ou Siria acabará coma Libia". O brexit non foi unha vitoria do pobo contra a UE senón unha decisión calibrada das elites do Imperio Británico para actuar sen ataduras e marcándolle o camiño a USA. Fóra da UE están agora liberadas da obriga de ter que facer caso de opinións non coincidentes que poidan darse na Europa continental. O que parecía un novo paradigma de paz corre o risco de acabar en guerra aberta polos intereses británicos cuxa economía radica no mantemento do statu quo de predominio anglosaxón-americano xurdido da II Guerra Mundial. A situación é verdadeiramente grave, non só polo de Siria, tamén polas ameazas directas a Corea do Norte e a guerra xorda de Ucraína, por non falar de Iraq e Libia, desangrándose cada día. De non reconstruírse as comunicacións entre Rusia e USA o mundo pode encamiñarse cara ao abismo. Pero as cousas non van solucionarse se non se se inflúe nos mandatarios construíndo un gran movemento pacifista que mova as conciencias da Humanidade e pare esta tolemia suicida. Debe facerse en cada país, e en Galiza xa tarda. Sorprende, nesta alarmante escalada bélica, a parálise da esquerda, e mesmo da "sociedade civil", uns ocupados nos seus problemiñas de escaso alcance, e o resto de vacacións, como se o que ocorre no mundo non fose da súa competencia. Sen ir máis lonxe, as fragatas que dispararon os seus mísiles sobre Siria teñen a súa base en Rota. Se se desencadease un conflito da OTAN en Siria o Estado Español estaría totalmente involucrado, por activa e por pasiva.
PRAZA_2041
Este martes comeza o curso en ESO, Bacharelato e ensinanzas especiais para arredor de 200.000 estudantes. Na última media década o sistema educativo público do país sufriu un recorte de persoal duns 1.500 profesionais.
Este martes comezan o curso arredor de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial. Únense así a un volume semellante de alumnado, segundo datos da Xunta, que a pasada semana retornaba ás aulas de Infantil e Primaria. Os centros educativos do país que funcionan a base de fondos do Goberno galego -os públicos e os concertados- afrontan o período escolar 2015-2016 cun lixeirísimo incremento orzamentario na Consellería de Educación, pero despois de media década na que a dotación das contas públicas para o ensino se reduciu en máis de 300 millóns de euros. Malia seren negados en diversas ocasións, as propias táboas orzamentarias do Executivo galego amosan ás claras que o orzamento educativo non deixou de baixar dende o cambio de goberno no 2009, ano no que estiveron vixentes as derradeiras contas do Goberno de coalición de PSdeG e BNG. Naquel exercicio Educación dispuña de 2.383,2 millóns de euros, a maior cantidade da serie tras varios anos de subas. O recorte acumulado tocou teito en 2014, con 336,5 millóns menos que nos Orzamentos de 2009 Nas primeiras contas do gabinete de Alberto Núñez Feijóo a función orzamentaria de Educación algo menos de 24 millóns. En 2011 a tesoirada duplicouse e retirou 55 millóns do orzamento e, ao ano seguinte, 11 máis. As contas públicas de 2013 chegaron cun recorte aínda maior, de 127 millóns, e en 2014 quedaron polo camiño 20 millóns máis. Así, cun recorte acumulado de 336,5 millóns de euros, a leve suba incluída nos Orzamentos Xerais de 2015 deixa o saldo total nunha baixada de 335 millóns de euros dende o acceso de Feijóo á Presidencia. As consecuencias destas restricións orzamentarias son diversas e van dende o material ao humano. Así, por exemplo, nestes últimos anos sucedéronse as denuncias dende os centros educativos públicos por falta de recursos, especialmente no que atinxe ao profesorado. Á espera de coñecer os datos do curso 2015-2016, aínda non publicados pola Consellería de Educación, os resumos realizados polo Ministerio de Facenda indican que entre 2009 e 2015 o cadro de persoal do sistema educativo galego se reduciu nunhas 1.500 persoas, pasando de máis de 35.500 profesionais no ano 2009 a pouco máis de 34.000 a comezos deste ano. O cadro de persoal do sistema educativo público de Galicia reduciuse en 1.500 persoas nos últimos cinco anos O curso comeza tamén cunha maior presenza de equipamentos tecnolóxicos nalgunhas aulas. Así, o presidente da Xunta sinala dende hai meses que a xestión do Goberno está permitindo "facer realidade" o que denomina "educación dixital", en referencia á utilización nos centros educativos de pizarras dixitais ou ordenadores como os do Proxecto Abalar. Nesta liña, un informe que vén de facer público a OCDE, organización recorrentemente aludida pola Xunta como termómetro do sistema educativo a través do informe PISA, evidencia que a maior presenza de ordenadores nas aulas non implica, necesariamente, uns mellores resultados escolares do alumnado.
NOS_29826
Os EUA amenceron esta quinta feira por segundo día sen un gañador nas eleccións presidenciais, con cinco Estados aínda sen adxudicar, mais co reconto de votos avanzando dentro dos límites temporais estabelecidos polas lexislacións estatais. Trump levará este proceso aos tribunais, unha decisión que espertou críticas no seo do seu partido.
Líderes do Partido Republicano, entre estes os influentes senadores Mitch McConnell e Marco Rubio, mantivéronse á marxe das acusacións de irregularidades do presidente Donald Trump e defenderon en cambio a contaxe en marcha dos votos. McConnell, líder da maioría republicana no Senado, saíu ao paso das acusacións de Trump e admitiu que aínda que este ano hai un maior número de Estados con votacións anticipadas e por correo (101 millóns de sufraxios en total), os candidatos débense adaptar "ás regras de cada Estado". "Afirmar que gañou as eleccións é diferente a terminar a contaxe", sinalou, e engadiu que "a decisión dos Estados sobre como levar a cabo a elección non é asunto do Goberno federal". Despois de denunciar sen probas unha "fraude", Donald Trump proclamouse na cuarta feira gañador en Pensilvania, Georgia, Carolina do Norte e Michigan, catro Estados chave. "Usar días para contar os votos emitidos legalmente non é fraude", escribiu pola súa banda Rubio no Twitter. Horas antes, xa asegurara: "O resultado da carreira presidencial coñecerase despois de que se conten todos os votos legalmente emitidos". "Mala estratexia" Tamén na mesma liña se pronunciou o ex gobernador republicano Chris Christie, asegurando na cadea ABC News que hai que deixar que o proceso se desenvolva antes de xulgalo como defectuoso. "É unha mala decisión estratéxica, é unha mala decisión política e non é o tipo de decisión que se esperaría que tomase esta noite [en alusión ao anuncio de Trump na madrugada da cuarta feira] alguén que ocupa o cargo que ocupa", agregou Christie, que ademais é asesor do presidente e pasou varios días ingresado en coidados intensivos pola Covid-19. Os EUA amenceron onte por segundo día sen un gañador nas eleccións presidenciais, con cinco Estados aínda sen adxudicar e cada vez menos votos que computar para dirimir unha contenda en que o demócrata Joe Biden está mellor situado para alzarse coa vitoria final, mais na que Trump aínda non tirou a toalla. As denuncias infundadas de fraude suscitadas polo presidente durante a mesma noite electoral, ás que seguiron distintos recursos xudiciais en tres Estados ─dous destes, Pensilvania e Georgia, aínda sen decidir, segundo os medios estadounidenses─, non paralizaron o reconto que, como xa auguraran tanto as autoridades como os expertos, viuse afectado polo elevado número de votos anticipados e por correo emitidos. No entanto, os cinco Estados aínda sen un gañador claro ─Pensilvania, Carolina do Norte, Georgia, Nevada e Arizona─ seguiron adiante coa contaxe de votos, apelando á calma e a confiar no proceso electoral, que nos Estados Unidos está moi marcado polas lexislacións estatais. Co paso das horas, son menos os votos pendentes de contabilizar e producíronse lixeiras variacións en canto ao resultado previsto, mais aínda non dabondo como para declarar a Biden ou a Trump como gañadores en ningún deles. O Estado que máis debate suscitou foi Arizona, tradicionalmente un bastión republicano, mais que nestas eleccións se auguraba que podería votar demócrata. Aquí, tanto a axencia Associated Press como a cadea conservadora Fox News deron xa como ganador a Biden, mais o resto de medios insisten en que aínda non está nada decidido. Nos Estados Unidos non é o Departamento do Interior nin os Estados ou os Condados quen informan do reconto e dos resultados preliminares senón os medios de comunicación, que fan as súas propias proxeccións. Fundada en 1846 como unha cooperativa de varios diarios e radios estadounidenses, Associated Press é, neste sentido, a referencia a nivel nacional. Datas límite En Pensilvania, as normas estabelecen que os condados non poden comezar a contar papeletas até fecharen os colexios e mesmo algúns non o comezan a facer até o día seguinte. Ademais, o voto por correo pode chegar até o día 6 de novembro, é dicir, até hoxe, que é cando debería finalizar a contaxe. En Carolina do Norte o reconto acaba na mesma noite electoral, mais o prazo para recibir votos por correo esténdese até o 12 de novembro. En Georgia, o habitual é que todos os votos estivesen contados na mesma noite electoral, data límite ademais para recibir o voto por correo. Tamén en Arizona o 3 de novembro, o día dos comicios, era cando tiñan que estar no colexio todos os sufraxios non emitidos presencialmente, mais este Estado tradicionalmente acumula unha gran cantidade de votos a contar para os días posteriores á cita electoral. Por último, Nevada ten de data límite para recibir o voto por correo ─que non, evidentemente, como no resto dos caso, para emitilo─ o 10 de novembro. Donald Trump, "un líder carismático" Para o sociólogo arxentino Atilio Borón, "calquera que sexa o resultado final desta elección [...] hai unha conclusión inevitábel e preocupante: o desempeño electoral de Donald Trump foi excepcional para un presidente que é responsábel dunha traxedia sanitaria como a da Covid-19". Na análise, que publicou na cuarta feira o xornal Página 12, Borón asegura que "o principal saldo, por agora, desta elección [...] é a consolidación dunha dereita populista radical mais que agora, por obra de Trump, adquire unha resonancia de masas que xamais tivo o Tea Party nin ningunha outra expresión dos republicanos desde a época de Teodoro Roosevelt, a comezos do século XX e, en parte, Ronald Reagan". E alerta que de perder Trump "esa masa plebea e furiosa ficaría orfa", mais "dispoñíbel para novas interpelacións populistas e de dereita doutro líder carismático".
PRAZA_15509
A formación denuncia que dende 1990 máis de 25 persoas perderon un ollo en toda España a causa deste tipo de proxectís. O Concello, no que o Bloque conta con maioría absoluta, adherirase á campaña Stop balas de goma.
O BNG vai presentar unha moción no pleno municipal Bueu para denunciar o uso de balas de goma. O Concello, no que o Bloque conta con maioría absoluta, adherirase deste xeito á campaña Stop balas de goma. A moción tamén insta a Xunta "a que demande do Goberno do Estado que proceda á prohibición do uso de balas de goma, tal e como sucede en outros países europeos". O BNG denuncia que dende 1990 máis de 25 persoas perderon un ollo en toda España a causa deste tipo de proxectís A formación salienta que algunhas forzas e corpos de seguridade do Estado "son das poucas policías que utilizan balas de goma en manifestacións e eventos públicos" e denuncia que dende 1990 máis de 25 persoas perderon un ollo en toda España a causa deste tipo de proxectís. A moción explica que estes proxectís, que poden acadar unha velocidade de 720 quilómetros por hora, son capaces de causar danos permanentes nos órganos vitais e son dificilmente controlables, xa que ao ser disparadas defórmanse e non seguen unha traxectoria predefinida e prefixada. Recentemente nas diferentes manifestacións da folga xeral do 29M dous rapaces máis perderon a vista dun ollo e outros foron perdidos de gravidade, sendo intervidos no bazo ou por fracturas nas costelas. E nas manifestacións da folga xeral do 14N en Barcelona unha persoa perdeu un ollo por recibir un impacto dunha bala de goma e unha segunda perdeu parcialmente a visión. Nas manifestacións da folga xeral do 14N en Barcelona unha persoa perdeu un ollo por recibir un impacto dunha bala de goma e unha segunda perdeu parcialmente a visión O Parlamento Europeo, tras uns feitos ocorridos en Irlanda do Norte no 1982 (12 persoas morreron polo impacto destes proxectís, deles sete eran nenos menores de 15 anos) instou os países membros á prohibición do uso deste tipo de armas contra a poboación civil. Pronunciouse no mesmo sentido en 1984 e 1997.
NOS_13993
A Federación galega de alimentación, mar, transporte e telecomunicacións da CIG alerta do "enorme problema de seguridade no mar" que supón a inoperatividade, desde hai unha semana, do helicóptero do servizo de gardacostas da Galiza Pesca 2, dependente da Xunta, que está parado desde o 24 de outubro por unha avaría.
O helicóptero, con base en Viveiro, ten como misión o servizo de gardacostas, inspección pesqueira e busca e salvamento na Mariña e a zona norte da costa galega. A ollos da organización sindical, o parón no servizo resulta "gravísimo", segundo advirte o seu secretario confederal de Emprego, Francisco Cartelle, quen fai notar que tanto a zona costeira como gran parte do interior da Galiza estarían "sen recursos" en caso de suceder unha emerxencia que precisase da intervención desta unidade. A CIG repróchalle á Xunta a "enorme precarización que se produce ao privatizar servizos, neste caso dos máis básicos, como son os que teñen por obxectivo manter a seguridade das persoas". Como pon de relevo o sindicato, os helicópteros Pesca 1 –con base en Vigo– e Pesca 2 foron vendidos pola Xunta á empresa concesionaria do servizo, Babcock MCS España, "supostamente por quedaren xa obsoletos". "Curiosamente, estes aparellos son os que agora seguen a prestar o servizo e por estes dispositivos a Xunta paga un arrendamento á empresa adxudicataria", advirten desde a CIG.
NOS_57224
Unha nova antoloxía de novos poetas menores de trinta anos que pode axudar a enxergar posíbeis traxectorias.
Haberá quen pense que tres antoloxías poéticas de voces novas en cinco anos son moitas. Esta última vén sumarse á que publicou Apiario en 2016 (No seu despregar) e á que publicou en 2017 Chan da Pólvora (Antoloxía da poesía galega próxima). Mesmo se podería engadir Dentes para a mazá, tamén de Chan da Pólvora, que recolle a obra de doce poetas que aínda non publicaran de maneira individual á altura de 2018. En calquera caso, o propio coordinador xustifica no limiar a decisión de Urutau con razóns convincentes, ás que se podería engadir que, se aceptamos o consenso sobre o bo momento que atravesa a nosa poesía, coñecer de primeira man autorías menores de trinta anos, xa que este é un dos criterios, axuda a enxergar posíbeis traxectorias. Poesía galega novísima (Marcus Daniel Cabada, coord.) / Urutau / 2020 / 14 euros / 246 páxinas Ademais é unha boa forma de achegarse a través do formato en papel ao que se está a producir fóra dos libros. Para alén do soporte audiovisual, as redes sociais, as iniciativas por parte de asociacións ou os encontros poéticos en streaming, que tan bos resultados están a ter nesta pandemia, débense ter en conta todas as formas de creación e difusión que se dan na rúa, nunha reviravolta de arte urbana que inclúe batallas, slams ou jams en espazos, a priori, pouco ortodoxos para a lírica. Mais que estean fóra das páxinas de celulosa non significa que estes textos vaian situarse sempre na marxe literaria. Mentres camiñan cara ao centro, aínda coas baixas que se producirán no traxecto e cos perigos que supón "que poesía é a nova presa dese capitalismo do espectáculo", en palabras de Cabada, seguen a ser útiles as recompilacións pensadas para unha recepción máis clásica, entre elas a da crítica. Esta vocación é totalmente acorde co espírito da editorial, que aposta sobre todo pola poesía, aínda que lles dá cabida a outros xéneros, desde unha perspectiva feminista e multicultural, onde participan principalmente autorías do eido da lusofonía. É certo que ás veces é complicado atopar as obras nas librarías, xa que se opta por un sistema de venta directa. Pero o sistema galego debe atender a esta casa editora na que teñen publicado autoras galegas como Eli Ríos ou Arancha Nogueira, entre outras, ou lado de voces brasileiras, portuguesas ou doutros lugares do Estado. Para resumir, no libro atoparemos trinta e tres poetas con propostas diferentes, dificilmente agrupábeis en temáticas, para os que se inclúe unha breve nota biobibliográfica tan importante como os poemas se queremos entender quen é quen. Mentres agardamos evolucións, este petisco axuda a abrir boca.
NOS_12987
O preacordo asinado supón unha perda salarial de case 600 euros en dous anos
A Federación de Banca da CIG realizou este venres unha xornada de protestas diante dalgúns dos maiores call centers de Vigo e A Coruña en demanda dun convenio xusto e para rexeitar o preacordo asinado pola patronal, CCOO e UGT, que supón unha perda salarial de 596 euros en dous anos, pendentes da suba do IPC durante o resto da duración do mesmo, e nun contexto de medre da facturación das empresas. As concentracións realizáronse diante da plataforma de Eurocen na Coruña e consecutivamente nos centros de Bosch e Unísono de Vigo, nas que demandou a negociación dun convenio galego e unha mellora substancial das condicións salariais e laborais. Contrariamente á perda salarial que implica o preacordo, a CIG-Banca subliña que as empresas do sector incrementaron a súa facturación, nomeadamente na deslocalización, onde tamén medrou o emprego. Mentres engordan a súa conta de beneficios, critican, compañías como Sykes ou Stream aplican EREs e outras como Atento reducións de xornada, aproveitándose en toda a súa extensión das facilidades introducidas pola lesiva reforma laboral do PP. Neste senso, dende a Federación da CIG sublíñase que este non é un sector en crise e, polo tanto, o recorte de 596 euros nuns salarios máximos de 12.000 euros anuais "non é de recibo, como tampouco é de recibo que nun marco de medre do desemprego as empresas de telemárketing e as empresas usuarias (principalmente de telecomunicacións e banca) continúen deslocalizando o emprego fóra do Estado".
NOS_22620
O poeta Manuel López Rodríguez foi recoñecido co X Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, do Concello de Fornelos de Montes. A obra gañadora, Baixo terra. No ar, será presentada publicamente no mes de xullo e publicada pola Editorial Xerais.
Sobre que versa o poemario? Para min, o importante cando escribo, máis que o que, é o como está escrito. Todos podemos falar sobre os temas universais que se tratan ou se trataron na literatura ao longo da historia, mais para min o interesante é o como está construído, máis que o que di o propio texto. Este é un libro que complementa outro. Desde hai un tempo, escribo os libros de maneira que garden relación entre eles ou fago xogos intertextuais entre eles. Existen dúas personaxes, nun fala unha delas e noutro, a outra, como se fose unha especie de diálogo. O xurado destacou a súa capacidade para a superposición de dous discursos poéticos. Nesta obra falan dúas voces. A voz principal, que é a que dialoga con esa voz do outro libro, e logo si que aparece como unha especie de coro no medio dos poemas, apelando un pouco ao teatro clásico. Non é un poema ao uso, é un texto pequeno no que aparece como unha voz interior que vai narrando o paso do tempo a través dun río que nos vai levando, etc. A obra conta con trazos propios ou persoais? É inevitábel. Hai algo de ti sempre en todo canto escribes. Aínda que si é certo que eu tendo a distanciarme moito do que escribo. Tenme pasado que, cando escribes un poema, os lectores pensan que es ti o autor, quen está detrás dese texto ou polo menos desa voz. En realidade, non tes porque identificarte con esa voz, o narrador é unha personaxe. Antes non o facía, pero agora si que tendo a distanciarme moito dos personaxes do libro e da voz que fala, como se non fose miña. Eu son o autor, mais eu non son o narrador. Pero si é certo que algo de ti sempre hai nos libros. Outra cousa é que ti queiras ou che apeteza que o lector entenda o que hai de ti no libro, que por outro lado tampouco creo que sexa importante. Ademais, eu tamén son bastante contrario a ese tipo de poesía discursiva ou educativa, na que o poeta tenta educar para unha sociedade mellor. Abúrreme un pouco iso, case como se fose unha especie de texto propagandístico ou publicitario. É algo do que fuxo moito. Iso tamén é un dos motivos polos que me tento distanciar das personaxes e da voz. Diría, entón, que o seu estilo á hora de escribir se basea nestas cuestións? Á hora de escribir teño un estilo moi cambiante, non me gusta estar repetindo sempre o mesmo. Abúrreme como autor e tamén como lector. Estar lendo unha autora ou autor e ver que libro tras libro sempre segue co mesmo discurso. Hai outra cuestión da que tamén fuxo e é que todos os libros que escribo son diferentes, ou procuro que o sexan. Si é certo que ás veces fago eses diálogos entre os propios libros, pero intento que sexan distintos. Cando digo que eu non fago actualmente ese tipo de poesía con pretensións sociais ou educativas dígoo porque foi algo que fixen hai tempo. Hai 20 anos escribía pensando que a poesía podería cambiar algo, que se escribo de certa maneira un libro de poesía podería influír no pensamento do lector. É algo no que hoxe non creo, pero naquel momento si. Agora interésame máis a forma, a experimentación co texto, cos sons, co ritmo, coa fonoloxía... É o que máis me atrae neste momento. Cal cre que é a situación do panorama poético galego? Creo que fai falla máis diversidade e máis heteroxeneidade. Que vaiamos a unha libraría que teña vinte libros nos estantes e que cada un deles sexa diferente, que non falen sobre o mesmo, porque pode chegar a ser aburrido. Como lector, ás veces é realmente desesperante atopar algo que che poida gustar sen aburrirte, cousas distintas. Iso si que o boto en falta na poesía galega, pero non só agora. Esa temática que se pon de moda adoita excluír as demais de maneira automática. Creo que iso é moi empobrecedor, non só para a galega, senón para a literatura en xeral.
NOS_12969
Un proxecto de lei promovido polo Executivo do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, tenta apropiarse das terras en que se construíron os asentamentos de colonos.
O relator especial sobre a situación dos dereitos humanos nos Territorios Palestinos ocupados desde 1967, Michael Lynk, denunciou esta segunda feira que Israel tenta dar luz verde ao roubo de terras palestinas cun proxecto de lei que permite a confiscación de terreos privados ao legalizar máis de 100 asentamentos xudeus ilegais en Cisxordania. Lynk, nun comunicado, mostrouse "profundamente preocupado" por que o proxecto de lei suporía "un duro golpe ás esperanzas dunha paz duradeira" na rexión, despois de que a Knesset (o Parlamento israelí) aprobase o pasado mércores un primeiro bosquexo do proxecto de lei. Asentamentos ilegais A maioría dos asentamentos xudeus na Cisxordania ocupada son considerados ilegais baixo a lei israelí, polo que a súa legalización retroactiva será outro cravo no cadaleito da solución dos problemas pendentes entre os dous Estados, dixo Lynk. A Knesset non debería dar luz verde ao roubo mudando a lei Tamén indicou que eses asentamentos "socavan o dereito dos palestinos á libre determinación, violan os seus dereitos á propiedade, a liberdade de movemento e o desenvolvemento, e continúan confinando os palestinos a cantóns máis e máis pequenos de terras non contiguas dentro do seu propio territorio" Este relator especial da ONU sinalou que a aprobación do proxecto de lei permitiría a Israel apropiarse de terras palestinas privadas nas que se construíron os asentamentos, co que regularizará o seu uso por parte dos colonos israelís, cando o dereito internacional prohibe á potencia ocupante confiscar a propiedade privada. A anexión do territorio ocupado tamén sería unha profunda violación do dereito internacional. "A comunidade internacional debe ser moi clara co Goberno de Israel. Se Israel procede, a comunidade internacional debe estar preparada non só para condenar a acción, senón tamén para adoptar medidas apropiadas para reverter esas violacións", concluíu Lynk. Lynk lembrou que unha potencia ocupante non pode transferir a súa poboación civil ao territorio ocupado e que esta medida viola a cuarta Convención de Xenebra, así como múltiples resolucións da Asemblea Xeral da ONU e do Consello de Seguridade. O proxecto de lei promovido polo Executivo do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, tenta, entre outras cuestións, impedir a evacuación a finais de ano do asentamento de Amoná, en Cisxordania, como estableceu o Tribunal Supremo israelí tras ditaminar que está construído en terra palestina privada.
NOS_33838
As chaves da ausencia do presidente diante da emerxencia sanitaria e económica.
O presidente galego mantense fiel ao seu libro do estilo. A comparecencia realizada onte para explicar a posición do Goberno galego diante da situación da emerxencia sanitaria na comarca coruñesa respondeu ao guión habitual. Nesta liña evitou confirmar as medidas xa adoptadas na Mariña nunha situación semellante, eludiu calquera tipo de compromiso novo da Xunta para facer fronte á pandemia e esixiu máis responsabilidades aos concellos da zona e ao Goberno estatal. A ausencia de Núñez Feixoo nas últimas semanas contrasta coa activa presenza nos meses previos á celebración dos comicios galegos de 15 de xullo. Así, durante o período de vixencia do estado de alarma e coas competencias en materia sanitaria en mans do Goberno estatal, o presidente galego non aforrou declaracións e comparecencias públicas para facer chegar a súa opinión a respecto do coronavirus. Ao longo de marzo, abril, maio e xuño a presenza de Feixoo nos medios de titularidade pública, particularmente na Televisión da Galiza, foi permanente, atesourando horas e horas de máxima audiencia para verter a súa opinión e sobre todo cuestionar a xestión de Pedro Sánchez. Núñez Feixoo deixou de preocuparse pola pandemia unha vez que a Xunta da Galiza recuperou as competencias sanitarias. A partir deste momento, cando toda a responsabilidade sobre a xestión do coronavirus pasou ao Executivo galego, apareceu en escena o conselleiro da Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña até aquela altura publicamente ausente. Un exemplo ben significativo da nova postura do mandatario galego atopámolo durante a aparición do gromo da Mariña, onde Feixoo delegou toda a resposta á emerxencia sanitaria noutros membros do Goberno, mantendo unha estudada distancia que xerou gran malestar entre a poboación desa comarca. Unha táctica política para desgastar os rivais A xestión da crise do coronavirus responde antes e agora a unha calculada táctica política. A única orientación de Núñez Feixoo fronte á pandemia é deteriorar a posición dos seus rivais políticos, moi particularmente a de Pedro Sánchez, e evitar o desgaste propio, como consecuencia dos posíbeis erros que se poden cometer nunha situación de excepcionalidade como esta. O seu perfil político é inversamente proporcional ás súas responsabilidades na materia, adoptando unha maior proxección pública cando carece de capacidade de xestión real e desaparecendo do escenario nos momentos que a súa posición é decisiva. A resposta do presidente galego á crise sanitaria é análoga á xestión da emerxencia económica. Así, Feixoo signifícase publicamente á hora de esixir ao Executivo estatal solucións para as factorías de Alcoa de San Cibrao, demandando a elaboración dun marco enerxético que faga rendíbel a actividade. Porén, evita posicionarse sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional, cuxa aprobación corresponde á Xunta da Galiza, delegando no seu conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, a confirmación da negativa do Goberno galego a desautorizar o ERE. A historia dos 11 anos de Núñez Feixoo á fronte do Goberno galego son unha constante fuxida. Os próximos meses comprobaremos se isto abonda nunha situación de emerxencia económica e sanitaria como a actual, porén é hora que explique a súa folla de ruta diante da pandemia. A este respecto, resulta chave coñecer as medidas adoptadas polo presidente galego para evitar, no caso dun gromo no mes de outono, unha situación semellante á vivida durante a primavera. As decisións adiantadas en relación ao novo curso escolar semellan non ir, precisamente, na dirección axeitada.
PRAZA_14747
"Se Feijóo pensa que por renovar a maioría no Parlamento os cidadáns van estar máis mansos que as vacas, está trabucado", dixo o líder de Alternativa Galega de Esquerdas que culpa da maioría absoluta do PP ao desgaste da oposición parlamentaria.
"A cidadanía vaise reactivar e nós imos ser a vangarda", advertiu Xosé Manuel Beiras, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda, a gran sorpresa da noite electoral tras conseguir 9 escanos e superar incluso en dous o BNG. "Se Feijóo pensa que por renovar a maioría no Parlamento os cidadáns van estar máis mansos que as vacas, está trabucado", asegura. "Se Feijóo pensa que os cidadáns van estar máis mansos que as vacas, está trabucado", advirte Beiras Nunha comparecencia en Teo, na que nin el nin a número dous, Yolanda Díaz, felicitaron a Feijóo, o líder de Anova e cabeza de lista da coalición con Esquerda Unida advertiu que "a derrota do PP vai ser segura" e alertou de que se abre un novo camiño coa irrupción de AGE no Parlamento. Para Beiras, a maioría do PP chega por mor do desgaste da oposicíón parlamentaria, PSdeG e BNG, que segundo el non cumpriron con seu "cometido". "Conseguimos reactivar a sociedade e a rebelión cívica está en marcha", manifestou. "Fixemos mesmo máis do que podiamos! Mágoa do resto da oposición, que non fixo o seu traballo", dicía pouco despois na súa conta de Twitter. "Somos o motor primordial do comezo dun novo ciclo histórico" engadiu. "Durante a campaña dicía que PP estaba derrotado políticamente e que só faltaba derrotalo eleitoralmente, nos conseguimos reactivar, ilusionar, e acentuar, darlle unha saída política ao proceso de rebelión cívica que está en marcha, por tanto nós conseguimos ter uns resultados que significan unha derrota eleitoral para o PP", dixo, logo de insisitr en que "non hai que fiarse dos datos aparentes" porque "o PP mantén a súa maioría de escanos no Parlamento porque as dúas forzas políticas que estaban na oposición, non o obtiveron o apoio do eleitorado que tería nutrido de ter sido realmente unha oposición". "Os resultados nosos son primordialmente debido aos continxentes que había neste país que ata agora non conseguían traducilos en escanos e máis de toda esa inmensa cidadanía que estaba en loita socialmente pero non atopaba referente que lles merecese confianza", asegurou. "Seremos os espartanos e esparatanas que nas termópilas pararon os exércitos persa de Dario e deron tempo a que todo o exército de Grecia os vencerá despois en Platea", dixo. Ademais, Beiras destacou que en Alternativa Galega de Esquerda "temos o compromiso de recuperar, restablecer o rol sobranceiro da Cámara de representantes". "AGE acaba de nacer e xa é un referente", dixo Yolanda Díaz, que cre que o "tsunami" da coalición "é imparable" Por outra banda, Yolanda Díaz felicitouse de que AGE fose "quen de levar adiante este tsunami que xa é imparable e que marca unha nova etapa en Galicia". "Imos ao Parlamento a facer política, e imos facelo porque o noso compromiso é defender a maioría social" asegurou. A número dous pola Coruña subliñou o feito de que "Alternativa Galega de Esquerda acaba de nacer é xa é un referente. Xa non se entenderá nada da historia deste país, do Estado e incluso de Europa sen este conxunto de homes e mulleres que uníronse para cambiar a situación". Yolanda Díaz rematou a súa intervención asegurando que no día de hoxe sínte "certa tristura porque o PP volve a gobernar en Galicia pero desde mañán mesmo comezaremos a combatilos. Saúde e República".
PRAZA_20898
Un total de 115 localidades, nas que vive o 72% das poboación galega, terá así as medidas máis duras, que implican limitacións de mobilidade, coa prohibición de entrar e saír do termo municipal, e o peche de toda a actividade interior da hostalaría.
A información que buscas está agora nesta ligazón
NOS_24192
A chanceler alemã, Angela Merkel, chega a Portugal após a visita à Grécia no último mês de outubro. Sindicatos de classe, partidos políticos de esquerda e vários grupos e movimentos sociais preparam-lhe uma receção perante o que não consideram uma visita ao povo português, mas uma passagem para encontrar os membros e beneficiários do Pacto de Agressão.
A sua chegada à Grécia o passado mês de outubro, virou em vários protestos principalmente na capital, Atenas. As pessoas que todos os dias sofrem as consequências das decisões tomadas sobre a supervisão permanente da chanceler, quiseram agasalhá-la com uma 'receção' que refletisse o mal-estar social fruto da política de austeridade que prega em seus discursos. Após a sua viagem para a Grécia e dentro da agenda de encontros bilaterais que a levou a se reunir com membros do governo francês, brasileiro e até russo, Angela Merkel chegará esta segunda-feira à capital portuguesa. Durante as cinco horas que permanecerá no país, a chanceler alemã manterá uma reunião com o Presidente português, Anibal Cavaco Silva e também com o Primeiro-Ministro, Pedro Passos Coelho. Porém, Merkel será recebida por milhares de pessoas nas ruas da capital que consideram a sua visita "uma afronta ao povo português, à sua dignidade e soberania", afirmou Ângelo Alves, membro da Comissão Política do PCP. Para ele, assim como para muit@s outr@s protugues@s, a sua chegada e, acima de tudo, os interesses, objetivos e oções que representa, constituem "alguns dos principais responsáveis pela crise social do nosso país", continua Alves, que com rotundidade afirma "A chanceler alemã só pode receber do povo protuguês o que merece: um coro de protesto e luta contra as políticas de austeridade". Panos pretos que digam 'NEM Merkel, NEM troika'Diversas manifestações aguardaram a chegada da chanceler alemã. Neste sentido, a plataforma Que se lixe a troika! -que protagonizou uma das maiores manifestações dos últimos tempos em Portugal - apela todo o país a protestar "nos locais de trabalho, nas escolas, nas ruas, nos estabelecimentos comerciais". Para isso fazem um apelo à cidadania a usar "braçadeiras negras ou panos pretos nas janelas das casas e nos carros. " Com esse símbolo, Que se lixe a troika! quer mostrar o "repúdio" d@s protugues@s à presença em Portugal da alemã. Também a CGTP convoca manifestações em Lisboa, Braga, Porto e Faro, sob o tema 'NEM Merkel, NEM troika'. Na central sindical, asseguram que as mobilizações foram convocadas "em defesa da soberania e da independência nação", diz Armando Farias membro da comissão executiva da CGTP. Aliás, o Movimento sem emprego, uniu-se aos protestos do sindicato para enviar uma mensagem para Merkel: "quem deve aqui dinheiro é o banqueiro", assevera com clareza Ana Rajada, porta-voz do MSE que conclui "esta dívida não é nossa, o FMI fora Daqui ".
NOS_17654
A Mesa Intersindical de Bombeiros advirte das consecuencias que tería un incendio das dimensións do que sufriu Fandicosta nos polígonos de San Cibrao das Viñas, de Xinzo de Limia, de Verín e de Carballiño, dada a falta de efectivos.
Que ocorrería se se presentase un incendio de grandes dimensións e con risco químico similar ao de Fandicosta nos polígonos San Cibrao das Viñas, de Xinzo de Limia, de Verín e de Carballiño? A Mesa Intersindical de Bombeiros advirte de que faltaría persoal no caso de que se producise un incendio como o da fábrica situada en Moaña. "A día de hoxe, tanto en igualdade de condicións, se isto se presentase no polígono de Verín ou Xinzo de Limia só hai garantida a intervención de tres bombeiros. De pouco vale ter catro ou cinco vehículos contra incendios cargados de material se non hai quen os use", denuncia a Mesa Intersindical nun comunicado de imprensa, "cabe dicir que é tecnicamente imposíbel intervir con seguridade xa non só nun incendio industrial senón en calquera incendio urbano con tres efectivos". O caso de Verín e Xinzo, onde só está garantida a intervención de tres bombeiros, é resultado da privatización Os bombeiros denuncian que o caso de Verín ou de Xinzo é resultado da "xestión privatizada", que "precariza sobre todo en medios humanos que a Deputación de Ourense usa". "Esta é a única Deputación galega que prefire continuar renunciando a un 30% do orzamento (21.225.956,48€) por seguir privatizando servizos de bombeiros, penalizando os cidadáns coas capacidades mermadas e interesadas de empresas privadas", engaden. No caso do Carballiño, a Mesa Intersindical salienta que "a día de hoxe, despois de máis de 10 anos, segue pendente a apertura do parque de bombeiros, deteriorándose polo paso do tempo". Advirte das intencións da Deputación para o privatizar, "instaurando así o modelo fracasado de xestión que se aplica aos parques de Xinzo, Verín e Valdeorras". "Obviamente cun parque de bombeiros fechado, a resposta ante unha emerxencia sempre será escasa ou nula", denuncia. En San Cibrao, só un bombeiro de garda para toda incidencia En relación ao polígono de San Cibrao, os bombeiros lembran que hai "un servizo de bombeiros moi insuficiente no que se pode atopar a un só bombeiro de garda para toda incidencia, resultando canto menos curioso que este servizo sexa de xestión directa pública da Deputación e que non invista para a súa mellora". Así, a intervención recaería maiormente sobre os Bombeiros Municipais de Ourense por capacidade. "Actuarían e actúan alí onde son requiridos, atopándose hoxe por baixo da dotación mínima que garante a seguridade de todo o municipio", sinalan. Os bombeiros cargan contra a xestión da Xunta no caso do incendio de Fandicosta. "Prefírese mobilizar servizos precarios, insuficientes e inseguros que os servizos públicos, aínda estando máis próximos e mellor dotados, para potenciar a falsa imaxe de que o sistema privado funciona". Neste sentido, acusan a Xunta de "seguir omitindo" a Lei de Emerxencias 5/2007, do 7 de maio, que obriga a contar cun modelo homoxéneo en todo o país e a elaborar un regulamento do bombeiro. Critica, ademais, que "fomente o seu incumprimento, sobre todo tendo en conta que participa economicamente coa Deputación de Ourense, que recibe o 62,5% do orzamento por parte da Xunta".
NOS_41898
A campaña electoral arranca na véspera do Día dos Defuntos. As forzas políticas teñen oito días para pedir o voto antes da cita coas urnas.
Resta xa menos de un día para o comezo dunha campaña electoral marcada pola súa brevidade, oito días. A casa de saída é a madrugada da quinta a sexta, noite de Samaín e véspera do Día dos Defuntos. Na Coruña coincidirán PSdeG, Galicia en Común e BNG na pegada de carteis, mentres o PP optará por Vigo e Ciudadanos repartirase nas capitais administrativas das circunscricións. O PSdeG pegarán os seus primeiros carteis na zona do Obelisco, previa cea de campaña na que participarán o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño. Durante a fin de semana o partido celebrará un acto en Vigo que contará coa presenza da vicesecretaria estatal, Adriana Lastra. Galicia En Común comezará no local "Monty" da cidade herculina, onde a coalición reunirá a partir das 20 horas ás súas cabezas de lista polas catro circunscricións. A continuación, cada candidato desprazarase á súa correspondente capital administrativa para participar, xa na medianoite, na pegada de carteis. As nacionalistas celebrarán un magosto na súa apertura de campaña, no que estarán presentes a portavoz nacional, Ana Pontón, e o candidato pola Coruña, Nestor Rego. Os seus primeiros carteis ocuparán as vallas da Praza de Catro Camiños. O Partido Popular escolleu Vigo para pegada de carteis. Esta sábado o PP celebrará en Lalín un magosto-mítin, no que participará o secretario xeral Pablo Casado. O secretario xeral dos populares na Galiza, Miguel Tellado, non precisou se contarán coa presenza doutros dirixentes, como o expresidente Mariano Raxoi, para a carreira cara ao 10-N.
PRAZA_7881
A Policía e funcionarios xudiciais aproveitan a marcha dos manifestantes e da prensa para intentar o desafiuzamento de Aurelia Rey. A presión cidadá impide o desaloxo tras varios momentos de tensión nos que os concelleiros Carril e Santiso e mais o deputado Jorquera foron zarandeados. Video no interior
Continúa o pulso na rúa Padre Feijoo da Coruña logo dunha longa mañá e de máis de sete horas cargadas de tensión. Aurelia Rey, a anciá de 85 anos que está ameazada de desaloxo polo atraso no pago do aluguer, semella que non será desafiuzada neste luns tras a forte presión cidadá que impediu a entrada da comisión xudicial na súa vivenda. A Policía e os funcionarios xudiciais esperaron á marcha dos manifestantes e da prensa para intentar desaloxar a Aurelia Rey Logo de catro horas de espera, e tras o anuncio por parte de fontes xudiciais da comisión de que non se levaría a cabo o desaloxo, a Policía aproveitou a marcha de boa parte dos manifestantes e da maioría dos xornalistas para tentar botala da casa. Foi arredor das dúas da tarde cando seis furgóns policiais apareceron na rúa para levar a cabo un desafiuzamento que tan só uns minutos antes parecía suspendido e despois tamén de que os axentes antidisturbios abandonasen a zona. Nese momento, e nos primeiros momentos de tensión, os voceiros de BNG e Esquerda Unida no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril e César Santiso, foron zarandeados e golpeados pola Policía, tras denunciar unha situación que cualificaron de "engano" e "trampa" por parte da comisión xudicial e da Delegación do Goberno. Co paso do tempo, e coa volta de centos de manifestantes, a rúa permaneceucortada mentres uns vinte axentes antidisturbios intentaban facilitar o traballo da comisión xudicial. O portal estaba pechado cunha cadea, pero o primeiro grupo de bombeiros que foran chamados ao lugar negáronse a rompela para facilitar o desafiuzamento da anciá. De feito, un deles foi despedido entre aplausos mentres sostía un cartel de Stop Desafiuzamentos e agora enfróntase a un posible expediente. Un equipo de bombeiros negouse a romper a cadea que impedía o desaloxo e tras suxeitar un cartel contra os desafiuzamentos foi despedido entre aplausos Logo de que un bombeiro si aceptase colaborar coa apertura da porta, varios dos manifestantes que observaban desde o fondo da rúa romperon o cordón policial e intentaron evitar a entrada na vivenda de Aurelia Rey. Foi daquela cando volveu a tensión e de novo o concelleiro nacionalis Xosé Manuel Carril foi empurrado e arrastrado por varios axentes. Francisco Jorquera, voceiro do BNG no Parlamento, sufriu tamén os empurróns da Policía e caeu ao chan, ao tempo que algún xornalista recibía algún golpe, ao igual que varios veciños, aínda que os axentes non fixeron uso das porras. Paralización As novas acumuláronse nunha mañá na que os concentrados para evitar a expulsión de Aurelia chegaron a celebrar a súa vitoria ao redor da unha do mediodia. "Pensei que tiña algo, pero teño moito máis". Con estas palabras, Aurelia Rey agradecía o apoio de centos de cidadáns que, coa súa presión, lograran paralizar o desaloxo desta anciá de 85 anos da súa céntrica casa da Coruña. "Estou moi agradecida a todos; calquera cousa que poida facer eu por eles, fareino", asegurou a muller desde a súa vivenda, minutos despois de que a comisión xudicial encargada do caso anunciase á plataforma convocada ante o portal que o desafiuzamento previsto fora aprazado. Entre berros de "Aurelia queda, Aurelia non se vai", "desafiuzar o Partido Popular" ou "unha cidade para todas", os 200 manifestantes -aos que se uniron varios viandantes que decidiron apoiar a convocatoria- conseguiron deter o desafiuzamento. É só temporal, pero dá máis tempo e esperanza a Aurelia. A comisión xudicial debe fixar agora unha nova data para o desaloxo A paralización era e acabou sendo unha vitoria temporal simplemente. Segundo voceiros de Stop Desafiuzamentos, con ela Aurelia Rey tería un novo prazo de quince días para intentar evitar quedar sen casa, aínda que a plataforma advirte de que, nestes casos, o seguinte intento podería realizarse xa coa rúa acordoada e un dispositivo policial maior que impida o paso de manifestantes. Ante esta posibilidade, os colectivos que apoian a muller de 85 anos preparan xa "outras medidas de resistencia" que eviten que se consume un caso que consideran "vergonzoso" Varios manifestantes romperon un cordón policial e evitaron o desaloxo nun dos momentos de máis tensión Unha expulsión sen débeda Aurelia Rey leva máis de trinta anos vivindo nunha casa da rúa Padre Feijoo da Coruña. Paga 165 euros de aluguer grazas a un contrato de renda antiga, pero isto supón máis dun terzo da súa pensión de 375 euros. O atraso en dous pagos -un deles no ano 1999 e outro en marzo de 2011- foron suficientes para que os donos do inmoble reclamasen o desaloxo desta anciá, malia que non mantén débeda ningunha cos caseiros e logo de denunciar continuas presións por parte da familia propietaria do piso para provocar a súa marcha da vivenda. A última oferta implicaba o aprazamento do desaloxo dous meses co único obxectivo de convencer a afectada para que abandonase o seu fogar. Unhas 200 persoas mantivéronse concentradas máis de catro horas para deter o desaloxo Arredor dunhas 200 persoas, convocadas por Stop Desafiuzamentos, estiveron concentradas este luns fronte á vivenda para intentar deter o desafiuzamento e denunciar o mobbing inmobiliario que, segundo a plataforma, está sufrindo a anciá para conseguir que o céntrico inmoble -polo que se podería chegar a pagar un aluguer de 600 euros mensuais- quede libre. Stop Desafiuzamentos critica a actitude do Concello, ao que consideran "cómplice" da situación por inacción. O Goberno municipal ofrécelle a Aurelia Rey trasladala a unha residencia de anciáns, pero ela non quere, entre outros motivos porque se vale por si mesma para realizar a súa vida diaria. "Que vaian eles para unha residencia; eu quero vivir a vida porque xa traballei dabondo para poder gobernala como eu queira", aseguraba antes de agradecer o apoio dos veciños que aínda quedaban concentrados ás portas do edificios catro horas despois.
NOS_4868
Educación e non campañas publicitarias "conmemorativas". É o que defendeu a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Mª Rosa Álvarez na súa intervención no Parlamento para erradicar a violencia machista
A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Mª Rosa Álvarez, lamentou o carácter "conmemorativo" das campañas publicitarias do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres mentres a prevención no ámbito da educación é inexistente. Animou tamén á administración a ofrecer a imaxe dunha muller empodeirada con mensaxes de rexeitamento da violencia que se dirixan tamén a homes e mocidade. Na súa comparecencia na Comisión de Igualdade do Parlamento, Mª Rosa Álvarez Prada reclamou unha aposta contra a violencia contra as mulleres, en especial, desde o ámbito da Educación e destacou a necesidade de que se integre nos estudos dos profesionais afectados como os da avogacía ou a saúde ademais de activar desenvolvementos curriculares en igualdade e prevención nos centros educativos. A única garantía, dixo, para erradicar comportamentos sexistas e de violencia, está na educación. "A única garantía, dixo, para erradicar comportamentos sexistas e de violencia, está na educación". Unha instancia coordinadora real Denunciou tamén, na súa análise da situación lexislativa, que non se está a facer valer o carácter integral da normativa e que o sistema non ampara ás mulleres que deciden saír dunha situación de violencia. Reivindicou, nese sentido, a urxencia de contar cunha instancia coordinadora real, que cun protocolo claro defina os pasos que teñen que dar as mulleres para se sentiren acompañadas e eliminar así a "peregrinación" a través de distintas instancias públicas. Definiu como "un parche" os programas de asistencia psicolóxica que xestiona o COPG en convenio coa Vicepresidencia da Xunta e defendeu a necesidade de que a asistencia psicolóxica se ofreza xa en atención primaria. Mª Rosa Álvarez defendeu a eliminación do criterio de non convivencia co agresor xa que, segundo lembrou, un dos momentos máis delicados é cando a muller pon fin á relación. Prestou tamén especial atención á protección de menores e, entre outras medidas, defendeu que non haxa necesidade de informar ao presunto agresor do inicio do tratamento psicolóxico.
NOS_39961
O Foro económico de Galicia aponta o medre da economía galega, mais lembra que seguimos a perder poboación activa.
Galiza perdeu na crise económica 8,5 pontos do seu PIB, unha queda importante e significativa que indica o boquete que a gran recesión causou na economía galega. Peor aínda foi o impacto na economía española, onde o seu PIB caeu en 9,3 puntos. Mais, e segundo os datos do Foro económico de Galiza, a recuperación española está a ser máis activa e dinámica que a galega, que vai a un ritmo moi inferior. Así, e como sinalan no 'Informe de coxuntura socioeconómica' do segundo semestre de 2016, que veñen de presentar, Espàña recuperou 6,2 dos 9,3 puntos do PIB perdidos na crise. O que supón dicir que recuperou case o 67%. Outro debate é como e onde se produciu esa 'recuperación'. Mentres, como recolle este documento, Galiza só foi quen de 'recuperar' 3,9 dos 8,5 pontos que perdeu, é dicir, un 45,8%. Vinte puntos menos que a española. Unha fenda que non é a única existente entre ambas as dúas economías. O Informe do Foro destaca a evolución favorábel dos indicadores de emprego e ocupación nestes meses. Mais pide que hai tres cuestións que convidan a "moderar o optimismo" neste aspecto. A primeira, que continúa a perda de poboación activa, "Galiza segue a perder capital humano". No primeiro trimestre do ano o país conta con 14.200 activos menos, o que supón unha redución do 1,1%. Segundo, o peso do paro de longa duración, que representa aínda o 48% da poboación desempregada. E, finalmente, a capacidade de recuperación da economía galega en termos de emprego (postos de traballo equivalente a tempo completo) é inferior á media española, "xa que Galiza recuperou menos de 3 puntos dos 18,6 perdidos durante a crise (II trimestre de 2008 = 100) fronte aos 5,2 puntos no Estado".
NOS_17165
"Para concluír, como creador son un perfecto fracasado". Con esta crueza percibíase, en 2001, o escritor Xosé Ignacio Taibo. Nun texto autobiográfico publicado na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Taibo lamentaba o "activo rexeitamento" que suscitaba na crítica a súa obra serodia. A concesión, pola mesma AELG, da distinción Escritor na súa Terra vén reparar, sequera parcialmente, este relato.
A escrita de Taibo -nado en 1949 en Madrid- circulou sempre por vías alternativas. Os aires borgianos e de anticipación posmoderna de Homes de ningures (1977), a reivindicación da narrativa de aventuras en Informe bestiario (1990) ou a experimentación coa novela historica da Ponliña irlandesa (1997) ou Salvador de Occidente (2000) foron mostras do seu continuo internamento en territorios por conquistar. "Nos libros de texto non pinto nada, e amais é imposible establecer correntes a partir da Nova Narrativa", respondía a Óscar Iglesias de El País en 2009 sobre a localización historiográfica do seu labor, "diría que non hai perspectiva histórica, pero tampouco é explicación". Se hai trazos efectivamente comúns coa promoción de autoras comandada por Ferrín, Queizán ou Mourullo, non teñen a ver coa reavaliación do Nouveau Roman, inexistente nos libros de Taibo. Si, talvez, con certas relacións e unha visión política: o pintor Reimundo Patiño, "pintor de extrema avangarda deliberada e comunista nacionalista", foi unha amizade determinante. Mais aquela luz que emitían os seus pasos iniciais -O fotógrafo (1977), Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981) ou A semancia (1981)- esmoreceu ao tempo que certa normalización reducía as potencias da literatura á procura de mercados e estatus social. "Despois de certo bum entre 1975 e 1980, porque non había moito máis, cando nos normalizamos, a miña obra simplemente foi marxinada", chegou a declarar. Retorno: 'Os tres de nunca' "Non estamos, porén, diante dun exercicio de perspectivismo inane nin dun colado pouco orgánico de fragmentos soltos, porque Taibo é ben consciente do que fai", escribía a tamén novelista e crítica Eva Moreda a respecto do último traballo de Taibo, Os tres de nunca (2017). Literatura de longo alento sobre tres amigos soprepasados pola historia -a Guerra Civil-, Os tres de nunca, engade Moreda na súa recensión para Biosbardia, "non pareceu ter cando se publicou vai aló un ano a acollida que merecía". E porén, as súas colegas escritoras parecen decididas a reconfortar aquela sensación de desamparo literario que Nacho Taibo sinalaba no seu auto exame de 2001. A viséximo cuarta edición do Escritor na súa Terra concédelle a letra E e unha homenaxe que se celebrará en xuño onde pasou boa parte da súa infancia: Oleiros.
NOS_21957
A Federación Rural alerta do "pesadelo" que viven os produtores polos baixos prezos e presións da industria e reitera que na situación actual non pode haber futuro para as explotacións leiteiras galegas.
A Fruga considera que os produtores de leite galgos están a vivir "un verdadeiro pesadelo" derivado dos baixos prezos - "nalgúns casos a baixo dos 20 centimos"-, e das "prácticas protagonizadas polas industrias". Unha situación que, di a Federación, pon en risco o futuro das explotacións leiteiras galegas. "Nos últimos dias estamos a observar como algún primeiro comprador está a anunciar que vai deixar de recoller importantes cantidades de leite na comarca Deza-Tabeirós, quedando os clientes desta industria nunha situación de indefensión total, sen saber moi ben a quen lle van entregar o leite a partir do dia 1 de Xullo, ou no peor dos casos se van conseguir que haxa algunha industria que se faga cargo deste leite". Para a organización agraria, esta situación que denuncia debe dar lugar a algún tipo de actuación por parte da administración. Tamén din que Capsa (Peñasanta) "está a comunicarlles os gandeiros que sobrepasan a producción de leite asignada nos contratos(incluido o marxe do 5% de admisibilidade), que poden ter consecuencias negativas, chegando a deixar de recorlle ese leite unha vez sobrepasado o volumen pactado no contrato" . Casos como estes, afirma a Fruga, amosan a "deixadez de funcións" por parte da administración está a favorecer "de xeito claro as industrias, as cales están a comprar en Galiza o leite mais barato de todo o Estado, e de toda Europa a conta de afogar económicamente os gandeiros de leite galegos".
PRAZA_4128
A mudanza que o Ministerio de Sanidade vén de introducir na presentación de datos da covid-19, obtidos a través do Sergas, permite coñecer información como o número de positivos por test de anticorpos e recuperar o acumulado de casos como fío condutor da evolución da pandemia
O Ministerio de Sanidade fai público cada día un informe sobre a evolución do coronavirus en todo o Estado a partir de cifras fornecidas polas comunidades autónomas. A información requirida polas autoridades sanitarias autonómicas ás estatais e o seu grao de detalle foi variando dende o inicio da pandemia da covid-19. Así, por exemplo, nos primeiros días de abril o Ministerio reclamou datos precisos sobre os falecementos en residencias de maiores e a mediados do mesmo mes pediu concrecións como o número de positivos detectados mediante probas PCR, as máis precisas, e aqueles que abrollaron a través de test de anticorpos.A mudanza introducida polo Ministerio de Sanidade na presentación de datos da pandemia que obtén a través do Sergas permite coñecer datos como o número de positivos por test de anticorpos e recuperar o acumulado de casos como fío condutor da evolución da pandemiaNo caso galego, a fonte destes datos é o Servizo Galego de Saúde, que ata finais de abril informou a prensa e á cidadanía de Galicia con magnitudes diferentes ás do Estado. Informaba, por exemplo, de positivos "activos" sen cifras acumuladas e daba contas só de altas hospitalarias mentres o Ministerio reportaba "curacións". Durante todo este tempo, ao contrario que outros gobernos, a Xunta non publicou unha serie estatística completa sobre a evolución da pandemia no país. Pero si foi ofrecendo datos comparables cada día, permitindo a medios e cidadanía ir construíndo unha serie que saltou polos aires a pasada semana, cando introduciu dun golpe 3.552 "curacións" sen referencia temporal para, acto seguido, inserir outras modificacións no cómputo para -afirmou o presidente, Alberto Núñez Feijóo- adaptarse ao protocolo estatal.Esa adaptación non trouxo consigo a publicación dunha estatística completa -a Xunta non o contempla-, pero tampouco a divulgación, por parte do Sergas, de todos os datos sobre a covid-19 que recompila para transmitilos ao Estado. Isto obriga a realizar un cruzamento das cifras fornecidas por ambas institucións para poder coñecer a evolución da pandemia, toda vez que o único dato que non sufriu alteracións significativas nos últimos días é o de persoas falecidas, que xa eran 573 ata este martes -o 45%, residentes de centros de maiores-.Esta combinación de fontes permite obter un maior volume de información dende este 5 de maio, cando o Ministerio -que si ofrece unha serie completa por autonomías, aínda que incompleta, a través do Instituto Carlos III- mudou a forma de presentar a información, revelando datos que o Goberno galego segue sen publicar.Ata este 5 de maio, os positivos acumulados en Galicia eran 9.953Unha das variacións que vén de introducir o Ministerio é dar a coñecer cantos dos positivos detectados en cada autonomía proceden de test de anticorpos dende o inicio da pandemia e o detalle por días dende finais de abril. Este dato, engadido ao acumulado de persoas que deron positivo por proba PCR que xa viña publicando o Ministerio, permite recuperar o acumulado de positivos como fío condutor da evolución da covid-19 en Galicia, dato que a Xunta nunca publicou directamente, e saber cantos proceden de cada tipo de test. Ata este 5 de maio as persoas que deran positivo mediante PCR eran 9.051 e a través de test de anticorpos, 902. En total, 9.953 positivos acumulados.Outro indicador relevante sobre a evolución da pandemia en Galicia que a Xunta manexa sen facer público, pero que transcendeu este 5 de maio a través do Ministerio de Sanidade ten que ver cos detalles das persoas que a Xunta presenta como "curadas" dende finais de abril, cando introduciu as devanditas 3.552 curacións "dun golpe" sen referencia temporal ningunha, sumándoas ao que ata ese momento fora a serie de altas hospitalarias e só indicando que se trataban de persoas que estiveran illadas a domicilio.O Ministerio aclara tamén que o reportado como persoas "curadas" non implica necesariamente persoas dadas de alta ou persoas enfermas ata o día en que é coñecido o datoDende ese día, a columna de "curacións" triplicouse porque pasou a incorporar non só as persoas que, en verbas do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, pasaron a "poder considerarse como curadas" tras pasar o illamento domiciliario. Tamén, indicou Alberto Núñez Feijóo ao día seguinte, ás persoas que aínda que continúen ingresadas no hospital pasasen a dar negativo no test do coronavirus, aínda que continúen no hospital -como indicou o Ministerio-. Esas persoas ás que a Xunta se refire como "curadas" deixaron de ter este martes esa denominación na estatística do Ministerio, que as pasa a computar como "infeccións resoltas". A razón, revela, é que é unha cifra que "inclúe os casos con enfermidade covid-19 dados de alta" -domiciliaria ou hospitalaria", pero tamén "ás que se realizou unha proba serolóxica", de anticorpos, e "non se puido evidenciar un momento de enfermidade". Cabe deducir, daquela, que esta é a razón pola que o número de positivos activos que publica a Xunta está a diminuír nos últimos días menos do que aumenta o que o Sergas publica como "curados". Ademais, a través do Ministerio é posible coñecer o número de hospitalizacións novas, tanto en UCI como en unidades ordinarias, e o acumulado de hospitalizacións.Complétase así un chisco máis unha imaxe que, así e todo, segue a ser incompleta por ambas bandas. O Ministerio segue sen ofrecer cada día, por exemplo, os datos de número de PCR realizadas, que o Sergas si actualiza a diario. Mentres, dende a Xunta continúase sen divulgar datos como o detalle da pandemia por concellos, que o Goberno galego si manexa e que outros gobernos como o asturiano están a facer públicos.
PRAZA_19772
O PSdeG advirte das consecuencias da sentenza do Supremo que obriga a repercutir nas facturas os sobrecustos para as eléctricas polo canon eólico. Leiceaga pregúntalle á Xunta se vai "permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia".
Un incremento medio duns tres euros para cada fogar no recibo mensual eléctrico? Esa é a posibilidade da que advirte o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, que aclara ademais que esta suba sería exclusiva para Galicia. Refírese o socialista ás consecuencias derivadas dunha sentenza do Tribunal Supremo do pasado 10 de marzo pola que as eléctricas poderían aplicar un "suplemento territorial" á factura da luz para repercutir o custo dos tributos específicos que se fixen nas diferentes comunidades autónomas. Leiceaga advirte das consecuencias da sentenza do Supremo, que obriga a repercutir nos recibos os sobrecustos polo canon eólico Neste caso, a preocupación expresada polos socialistas refírese ao derivado do canon eólico. En rolda de prensa este venres, Leiceaga advertiu do prexuízo que suporía o ditame do Supremo, onde insta o Ministerio de Industria e Enerxía a que integre axiña na parte regulada das tarifas os tributos sobre a enerxía en cada autonomía. Como adiantou Faro de Vigo, obriga a repercutir sobre a factura da luz os 23 millóns de canon eólico en Galicia e "abre a porta" para que afecte tamén aos tributos sobre augas encoradas e sobre contaminación atmosférica das eléctricas, un total duns 43 millóns de euros. Segundo explica Leiceaga, o Supremo establece agora un prazo de tres meses para repercutirlle aos recibos da luz dos cidadáns de Galicia, entre outras comunidades autónomas, os sobrecustos aplicados ás eléctricas en concepto de impostos medioambientais autonómicos mentres estivo en vigor o decreto-lei de estabilidade orzamentaria aprobado por Rajoy en 2012. Aquel decreto fixaba como obrigatoria a posibilidade aberta pola Lei do sector eléctrico, que permitía incorporar suplementos territoriais aos consumidores de autonomías con recargos sobre os tributos estatais. "A Xunta está a permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia que erosiona o noso autogoberno", advirte Leiceaga Para o voceiro socialista, a Xunta está a "permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia que erosiona o noso autogoberno" e censura o Goberno galego pola súa "inacción" que permite unha "discriminación inaceptable". A advertencia xa a fixera tamén o BNG, que preguntara á Adminnistración logo do anuncio do Estado de cargar no recibo da luz o canon eólico. A súa deputada, Noa Presas, preguntaba se o Goberno galego "aceptará que os galegos e galegas paguemos máis na factura eléctrica ou plantará cara a Madrid". Daquela, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, afirmaba que "ningún consumidor galego" ía "pagar máis na súa factura eléctrica" polo canon eólico, xa que "non hai suplemento territorial para Galicia". Referíase, na comisión de industria do Parlamento galego, á orde ministerial de xaneiro coas subas en catro comunidades polos seus impostos ás eléctricas en 2013. Pero non tiña en conta a sentenza do Supremo posterior. Ante o panorama que agora se presenta, o PSdeG anunciou xa unha ofensiva parlamentaria para levar "ata o límite" o Regulamento do Parlamento e "frear esta situación". Fernández Leiceaga apuntou como liñas de actuación a reforma da Lei eléctrica ou mesmo presentar un recurso de inconstitucionalidade, como fixo o propio goberno de Extremadura contra o Real Decreto Lei de estabilidade de 2012. A situación actual "desactiva a capacidade tributaria sobre impostos medioambientais aplicados ás compañías eléctricas", advirte o PSdeG O portavoz socialista instou a Xunta a abandonar a súa "posición de non sabe/non contesta e decidir se defende os galegos ou continúa por inacción coa súa complicidade coas eléctricas". Con esta normativa, dixo, "as empresas poden despreocuparse pola fiscalidade medioambiental, que xa recaerá sobre os cidadáns". Leiceaga criticou un "ataque que non debe quedar sen resposta" e explicou que a consecuencia directa será o incremento da tarifa eléctrica e, ademais, "desactiva a capacidade tributaria sobre impostos medioambientais aplicados ás compañías eléctricas".
PRAZA_19717
Tras varios anos chamando a atención sobre o incremento de partidas o Goberno de España tenta amortecer o impacto da súa diminución, derivada do avance de obras do AVE a Madrid MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego
MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego O Ministerio de Facenda entregará o vindeiro martes no Congreso o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2017 para iniciar a súa tramitación parlamentaria. O propio Cristóbal Montoro explicou este venres, tras a súa aprobación en Consello de Ministros, as grandes liñas dunhas contas das que aínda se descoñecen detalles como o investimento por territorios, o cal non será público ata a entrega nas Cortes. No entanto, Xunta e partidos galegos teñen claro que o montante total que chegará a Galicia será inferior que noutras ocasións e, ante os primeiros titulares ao respecto, o Ministerio de Fomento emitiu un comunicado no que o departamento de Íñigo de la Serna dá en escusarse por un orzamento aínda descoñecido. A explicación preventiva de Fomento chega despois duns anos nos que, cadrando co intenso ciclo electoral, os gobernos galego e español puxeron o acento cada ano nos incrementos das consignacións orzamentarias para Galicia, engrosadas fundamentalmente polas partidas para o AVE a Madrid. Esa liña ferroviaria, aínda que adiada novamente, ten xa rematada ou en marcha a práctica totalidade do seu trazado. Por este motivo, e dado que o Estado non ten previstos grandes investimentos para Galicia noutros ámbitos, o montante total vaise reducir. E por iso o Executivo de Rajoy tenta amortecer o impacto desta mingua. Tras varios anos chamando a atención sobre o incremento de partidas o Goberno de España tenta amortecer o impacto da súa diminución, derivada do avance de obras do AVE a Madrid Neste escenario, Fomento sae ao paso das primeiras alarmas para asegurar, sen adiantar unha soa cifra, que o proxecto orzamentario "contempla todas as partidas necesarias para facer fronte aos compromisos do Ministerio con Galicia, especialmente a chegada da alta velocidade". O ministerio mantén, como xa fixera tras a xuntanza de De la Serna con Feijóo, que as "obras da alta velocidade a Galicia" van estar "finalizadas" no "terceiro trimestre de 2019", se ben obvia que a entrada en servizo antes de 2020 é materialmente imposible, e insta a ter en conta que o orzamento para un dos treitos, o que unirá Zamora con Pedralba de la Pradería, "figura" como investimento para Castela e León, e non para Galicia. A respecto deste treito Fomento incorre por enésima vez nunha contradición con Adif. Así, o Ministerio volve "prever" a "finalización" do treito para 2018, mentres que, como informou Praza.gal, a empresa pública mantén que estará "en servizo" xa este ano. Variante de Ourense e tren a Lugo, sen prazos O Ministerio admite que a variante de Ourense será contratada "a partir de 2019", polo que o tren pasará pola cidade cunha solución provisional durante un período indefinido O ton preventivo da explicación de Fomento leva o departamento estatal, ademais de a asegurar que os investimentos están garantidos, a evidenciar que dúas das promesas estrela para a conexión ferroviaria das dúas principais cidades do interior galego, Lugo e Ourense -Orense, en todas as mencións á cidade no documento difundido por Fomento- carecen de prazos. Así, a variante ourensá de Taboadela -cuxa necesidade cuestionou o ministro para, ás poucas horas, recuar polas protestas do PP ourensán- será licitada "a partir de 2019", o que implica que durante un período de duración indeterminada o tren rápido pasará pola cidade cunha solución provisional. No que atinxe ao tren a Lugo, di, "contémplase o global do investimento plurianualizado", isto é, como ata agora, pero sen máis compromisos que "adaptar á normativa" tramites xa feitos. O comunicado oficial do Goberno de España tenta tamén tapar outro flanco, o vigués, cunha reflexión xenérica sobre a variante do AVE por Cerdedo, un proxecto cuxo custo estímase nuns 2.200 millóns de euros e cuxo traslado á realidade semella practicamente imposible. Non obstante, aínda que non entre nos plans gobernamentais abordar unha obra destas dimensións, o Ministerio tenta acalmar os ánimos asegurando que "está programada a tramitación" para cando "se reciban as consideracións medioambientais".
NOS_52793
Lembran que até o de agora a greve "foi limpa" mais que de non cesar na contratación de persoal foráneo, "a responsabilidade vai caer sobre alguén".
Cumpridos perto de corenta días de folga na recollida de lixo de Lugo o conflito mantense aberto á espera de se reiniciaren as negociacións. Para isto, Urbaser enviou directivos desde Madrid que nos vindeiros días poderían iniciar as conversas co comité de folga. Até iso se producir, a empresa concesionaria do servizo mantén a presenza de persoal foráneo na recollida dos puntos considerados de risco sanitario. Un feito que desde o comité coidan está a ensuxar a folga. Neste senso, urxen a Urbaser a retirar @s furafolgas, porén, a empresa asegura que continuará empregando traballador@s doutras localidades para retirar os residuos. Unha folga limpa O secretario do comité, Julio Pacios (UGT) asegurou nos últimos días que até o momento "a folga foi limpa" non se producindo ningún incidente durante os actos de protesto nen tampouco ao se detectaren a incorporación de furagreves. No entanto, advertiu a Urbaser que de non se retiraren @s operari@s foráne@s "a responsabilidade vai recaer sobre alguén". O comité advirte que de se manteren @s furafolgas "a responsabilidade vai recaer sobre alguén" A reiterada actitude de Urbaser no incumprimento do dereito a folga xa foi denunciada perante Inspección de Traballo, que levantou unha acta ao respeito. "Agora non tería que haber ninguén traballando", sinalou na terza feira Pacios, "e están barrendo e baldeando a cidade coma se foran traballadores normais, co que se volve vulnerar o noso dereito a folga", mesmo con escolta policial. Para o comité e o persoal de Urbaser este facto constitúe "unha provocación da empresa" polo que "a xente non vai responder" se continúan, subliñou. Pola súa banda, desde o Concello de Lugo insisten en que se trata dun "problema empresarial" polo que non entran a valorar o conflito entre o persoal e Urbaser. Aliás, através do concelleiro de Medio Ambiente, Luís Álvarez, aseguran estar "cansos" da situación mais "non agotados" polo que, din, continuarán a "procurar unha solución" promovendo novos encontros entre traballador@s e Urbaser.
NOS_57548
Son moitos os motivos polos que galegas e galegos devecemos pola chegada da época de entroido. Entre eles, alén da esmorga, está a comida. Neste tempo son dúas as patas fortes perfectamente definidas: o cocido e as sobremesas de entroido. Contánolo Miguel Vila Pernas, escritor, xornalista gastronómico e autor de A Cociña do Entroido e San Xoán.
O cocido é sen dubida un imprescindíbel de entroido. O prato principal por sistema en toda Galiza. Explica o escritor e xornalista Miguel Vila Pernas que o cocido está marcado por unha grande temporalidade, "o entroido coincide co tempo de dispoñer de carne de porco salgada en condicións de ser cociñada, así como de dispoñer de grelos ou cimós". Por outro lado, engade, a chegada da coresma significaba noutros tempos unha carencia de carnes na mesa, se ben esta ausencia era habitual todo o ano en tempos de necesidade. "A poboación galega adoitaba comer moito pan e moito caldo, mais caldo pobre a base de unto ou un refrito de graxa que houbese na casa. Botábaselle ao caldo un pouco de pemento moído", relata, en conversa con Sermos Galiza Miguel Vila. Chegada a coresma non se podía tomar ningún tipo de carne nin touciño nin unto, así que era tempo de "darse unha homenaxe". Explica o experto gastronómico que as ceas do martes de entroido "eran bastante opíparas porque antes das doce había que liquidar todo o que quedase de carne de porco". Xustifica así Vila Pernas que antigamente as familias se xuntasen para comer o cocido de mediodía, saír de troula e volverse xuntar para rematar toda a carne restante na casa. Igualmente, detalla que segundo a zona existen múltiples diferenzas, especialmente no acompañamento. As variacións pasan por garavanzos, fabas, garavanzos e fabas, bolo do pote, grelos, androlla ou botelo. Tamén repolo, que o autor de A Cociña do Entroido e San Xoán (Xerais, 2006) reivindica como unha opción ao grelo. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 336 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
QUEPASA_755
Completas Galerías de fotos de Rafa Quintáns
Fin de semana movida pola capital da Xunqueira. Esperando por esas míticas Festas da Xunqueira (xa teñen pregoeiro na voz de Fernando Fraga) a vila viviu unha xornada de Deporte na Rúa tremendamente viva, ademais dun San Cristovo peculiar, onde a procesión motorizada é o punto máis fermoso. Unha procesión con premio ademais. Deporte na rúa O Club Arte e Movemento facía historia a semana pasada con 15 medallas no Campionato de España de Bailes Caribeños. Non quixo desaproveitar o Concello a ocasión para cfelicitarlos e organizou unha recepción no Concello o pasado venres. Xa o sábado, tivo lugar a sexta edición do Día do Deporte na Rúa de Cee, que foi un éxito de participantes (200 asistentes) onde nen@s e maiores disfrutaron da práctica de diferentes disciplinas deportivas levadas a cabo polo dinámico tecido deportivo co que conta a Vila: o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, o ciclismo, o jiu jitsu (Piscina m. De Cee), o taekwon-do ITF, o kick boxing e o baloncesto foron os protagonistas desta xornada. Aquí vos deixamos cunha completa galería de Rafa Quintáns O Concelleiro Rubén Villar e o técnico de Deportes Manolo Calo-Fotos de Rafa Quintáns
NOS_27893
As declaracións do ministro de Economía e a posíbel intervención do Banco Central Europeo na compra de débeda, déixase ver nos mercados. O goberno español prepara novos recortes para recibiren os fondos do rescate.
Após unhas semanas de vacacións para o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, en que visitou o país e o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, o executivo español prepara máis unha vaga de recortes e axustes de acordo coas exixencias do memorando asinado co gallo do primeiro rescate aprobado o pasado mes de xuño. Malia repetiren até a saciedade --como tantas outras veces-- que non existiría unha intervención directa na economía española, o ministro de Economía, Luis de Guindos, e mesmo a alcaldesa da cidade de Madrid, Ana Botella, declararon en senllas entrevistas que o rescate é practicamente un feito. O devandito anuncio xerou unha reacción inmediata nos mercados, que relaxaron os seus indicadores --nomeadamente a prima de risco, encamiñada a avaliar as posibilidades de pagamento do déficit--. Neste sentido, o ministro de economía solicitou á máxima autoridade financeira da Unión que "mercase débeda sen límite" e de "xeito contundente", na procura de aliviaren a presión exercida polos mercados financeiros sobre a economía española. O rescate devirá en máis políticas de axuste e nun menor gasto nas pensións --segundo afirmaron fontes do goberno a diversos diarios estatais--. Así mesmo, prevese máis unha suba de impostos --que se sumarán ao aumento do IVE aprobado con anterioridade--. Buxelas investiga o Estado españolSegundo as autoridades comunitarias, algunhas das medidas aprobadas polo goberno español poderían ser "desproporcionadas" polo que a Comisión europea iniciará unha investigación sobre os axustes, nomeadamente sobre a diminución na renda de inserción das persoas desempregadas e da súa interrupción cando estas viaxen ao estranxeiro. Segundo a Comisión, esta pode ser unha "medida desproporcionada" polo que enviará un escrito sobre a investigación ao executivo español "con carácter de urxencia".
NOS_35955
A entidade apuntou que 60% destes fogares viron "agravada ou moi agravada a súa situación".
Un informe elaborado pola Organización Non Gobernamental (ONG) Igaxes alertou de que, desde a entrada en vigor do estado de alarma, a taxa de desemprego das familias monoparentais desfavorecidas galegas elevouse en 13% até situarse en 34,4%. Tamén se indicou que outro 25% destes proxenitores foi sometido a Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), segundo o estudo 'Do confinamento á exclusión: impacto da crise sanitaria na infancia e a mocidade máis vulnerables en Galiza'. En concreto, o informe realizouse sobre unha poboación de 500 persoas participantes en programas de atención directa da entidade. Desta forma, mostrouse que 73% das familias en situación vulnerábel con menores a cargo dispuña dun posto de traballo antes a entrada en vigor do estado de alarma. Posteriormente, as unidades familiares en situación ou risco de exclusión nos que a proxenitora ten un posto de traballo reducíronse até 43% e a outro 18% aplicáronselles ERTE. A ese respecto, a entidade apuntou que 60% destes fogares viron "agravada ou moi agravada a súa situación". Tamén se indicou que de 57% das familias que se viron afectadas pola crise sanitaria un 13% perdeu o seu posto de traballo, o que supón que a taxa de desemprego se elevase ao 39% neste colectivo. Dificultades Neste sentido, remarcouse que, dado que "a maior parte destas persoas carecían de aforros" e "chegaban con dificultades a final de mes", a perda de emprego e a entrada en ERTE provocaron que deban afrontar os gastos diarios "só con prestacións e axudas". Ademais, advertiuse de que esta situación pode afectar á alimentación dos menores a cargo destas unidades familiares, así como á súa saúde mental, o seu desenvolvemento cognitivo e as súas relacións. De feito, Igaxes asegurou que os nenos están "máis desprotexidos" ante os conflitos que pode xerar a situación de incerteza económica na súa contorna. O informe elaborado pola ONG sinalou que a comezos do mes de marzo un 23% dos galegos e galegas de entre 16 e 29 anos en risco de exclusión dispuña dun posto de traballo fronte a 38% da media de todas as persoas deste grupo de idade. Con todo, tres semanas despois da entrada en vigor do estado de alarma só o 8,5% dos mozos en situación vulnerable mantiña o seu emprego e outro 10,8% fora sometido a un ERTE. Así as cousas, Igaxe considerou "impostergábel" a implantación dunha renda mínima universal que permita "dignificar" a vida das persoas e garantirlles "uns estándares mínimos de seguridade e benestar". Deste xeito, a entidade social reivindicou a necesidade de que esta prestación sexa de carácter "universal" e compatible con outras axudas, así como de que se desenvolva un plan de inclusión sociolaboral para os receptores da mesma.
NOS_30875
Co gallo da investidura de Feixoo como presidente da Xunta e do nomeamento das persoas titulares das consellarías, conversamos coa portavoz parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), para que nos expoña a súa valoración ao respecto, como ve o inicio do novo curso escolar ou cales son as solucións para a situación que se está a vivir nas residencias das persoas maiores.
Á luz dos nomeamentos e de que, dentro da continuidade, os únicos cambios que hai afectan ás áreas de sanidade e educación. Que lectura se fai desde o Bloque?Feixoo é consciente do malestar que hai polo mal que se fixo nesas dúas áreas e con isto quere aplacalo, pero temos que ser conscientes de que o responsábel máximo do que se fixo en Sanidade e en Educación é o propio Feixoo, e que de nada valen cambios de cara se detrás non hai un cambio de políticas. O primeiro reto que van ter, xa no inicio do curso, é demostrar se hai vontade de que as cousas se fagan ben e coas máximas garantías sanitarias e académicas. E iso pasa inevitabelmente porque hai que reducir ratios e contratar máis profesorado. E hai que ter protocolos claros, non pode ser que a estas alturas non se saiba que vai pasar no caso de que se produza un gromo en calquera colexio ou instituto do noso país. Ante unha situación excepcional hai que tomar medidas excepcionais. É unha auténtica barbaridade planificar un inicio de curso como estaba a facer o PP, como se non existise unha pandemia e que teñan que ser os pais e as nais e o propio profesorado quen se estea a mobilizar. É necesario que haxa un custo extraordinario e esa responsabilidade é da Xunta. Nunha entrevista radiofónica, o presidente de Asociación de Pedagogos e Psicopedagogos referíase, hai uns días, a situación que se creará se hai un gromo nun colexio. Que pensa que pode suceder?No inicio desta pandemia todos diciamos que ningún goberno estaba preparado, pero non pode ser que meses despois o que estamos a ver sexa unha improvisación. Non se atendeu nin a fenda dixital, nin o problema de dar clase a distancia, que non é como dar unha clase diante dunha cámara, senón que se necesita formación e unhas plataformas para o profesorado. A día de hoxe non hai nada diso, mostra máis da incapacidade e de como durante estes seis meses o goberno de Feixoo en vez de estar preocupado por preparar o inicio de curso, estivo preocupado pola a campaña electoral. Tivo seis meses para preparar o inicio de curso... É unha auténtica irresponsabilidade. Hai que reducir ratios e contratar máis profesorado Se volvemos aos nomeamentos, non hai cambio ningún na consellaría de Política Social, cando hai casos de Covid-19 que están a afectar ás residencias de maiores...É evidente que, se as dúas únicas consellarías que se renovan son Sanidade e Educación, é porque sabe que son dous dos puntos máis febles do seu goberno e que tenta eludir a súa responsabilidade. Que non interveñan no tema das residencias non deixa de ser unha labazada na cara das vítimas da Covid-19, sobre todo no ámbito no ámbito das persoas maiores. No primeiro pleno desta lexislatura levaremos adiante a petición dunha comisión de investigación para que haxa verdade, e para que non se volvan repetir estas situacións. Alármanos que despois de ver como case a metade dos falecementos por Covid-19 na Galiza eran, precisamente, nas residencias, non se blindaran eses centros. O que está a pasar en Outeiro de Rei, no Incio ou en Culleredo é un anuncio de que as cousas non se están a facer ben. Insistimos en que a Xunta, mentres dure a pandemia, debera intervir todas as residencias de maiores, garantir a atención e o persoal e as medidas sanitarias suficientes. E non pórse de perfil, como está a facer, porque é evidente que as cousas se poden facer doutra maneira. E se algo lles debemos aos nosos vellos e ás nosas vellas e coidalos ao máximo nunha pandemia na que son a parte máis vulnerábel. Na súa valoración sobre os nomeamentos, facía referencia ás dúas vicepresidencias, das que son titulares dous homes...A estas alturas do século XXI que haxa un goberno cun presidente e dous vicepresidentes non deixa de ser un menosprezo á loita das mulleres, e tamén toda unha declaración de intencións. Para este goberno o tema das mulleres non é prioritario, porque sabemos que a participación paritaria tamén é un compromiso coas políticas de igualdade. Se algo lles debemos aos nosos vellos e ás nosas vellas é coidalos ao máximo Noutra ocasión houbo dúas vicepresidencias, no derradeiro goberno de Fraga, cando precisamente Feixoo foi vicepresidente. Ve algo de paralelismo?Si que me chama á atención, e sería fraudulento que no medio dunha crise na que o que se necesita do goberno é que este ao cen por cen para tratar as consecuencias sanitarias e económicas, Feixoo deseñe este goberno pensando en cando vai marchar. Se esa é a concepción, temos un punto máis de preocupación. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, ostenta agora tamén a titularidade de Turismo, ás portas do Xacobeo 2021. Que opina deste cambio?O que está a dicir a Covid-19 é que necesitamos un país que produza, que teña unha industria. Seguir fiando a recuperación económica de Galiza ao Xacobeo é un erro. O turismo existe, si, e ten moito peso, pero nós levamos tempo alertando sobre as gravísimas consecuencias, nesta crise, dentro dese sector. É evidente que pandemia prexudica as expectivas que houbera no Xacobeo pero preocúpame máis que desapareza a industria e non se considere un elemento central da nosa política económica. Neste goberno desaparece a Consellaría de Industria. No medio dunha crise económica, que non exista esa consellaría e tendo en conta, ademais, a crise tan profunda do sector industrial, e coa necesidade que temos de que sexa un piar de futuro, iso chámase deixación de funcións ou é un anuncio de que non se quere exercer o poder estatutario que temos. Preocúpame que a industria non se considere un elemento central da nosa política económica Que espera desta lexislatura e cal vai ser o traballo do BNG?Esperamos que haxa un goberno que rompa coa rutina e recoñeza que neste país se necesita algo máis que ir coa propaganda e con anuncios que só quedan nos titulares, e que estea disposto a traballar polo ben de Galiza. A nosa máxima preocupación é defender os intereses dos galegos e das galegas, protexer a súa saúde, e defender que este país se levante desta crise. Con ese horizonte imos traballar os catro anos. Agardo que este non sexa un goberno que siga repetindo políticas que vemos que conducen a Galiza a unha crise demográfica e a unha crise económica. Por moito que queira agochar o balance detrás da pandemia, o certo é que Galiza non recuperou tan sequera o nivel de emprego do ano 2008. Polo tanto, temos un reto moi importante. Faremos un control rigoroso do goberno, pero tamén presentaremos alternativas. Volvamos á outra novidade da semana, alén do novo goberno, o inicio do curso escolar. Se vostede fose a presidenta, que faría agora mesmo?O primeiro sería convocar a todos os sectores educativos, e anunciar que reducimos ratios e contratamos máis profesorado. Penso que é a noticia que toda a comunidade educativa espera e coido que, ademais, é o que merecen os nenos e as nenas deste país, porque a educación é un dos investimentos máis importantes que podemos facer e, nela, non se deberan escatimar esforzos.
NOS_35977
A crise da COVID-19 levou moitas familias galegas a apostar nos produtos locais e no comercio de proximidade, unha tendencia que non perde forza co fin do confinamento.
O confinamento serviu a moitas familias galegas para reflexionar sobre os seus hábitos de compra. A conclusión de moitas delas foi que a aposta no produto da terra era a mellor alternativa. Dese modo levaban á casa alimentos de calidade ao tempo que prestaban apoio ás produtoras galegas e aos comercios tradicionais. Co progresivo levantamento das medidas de restrición e a reapertura das grandes superficies, esa tendencia apenas mudou, mais as produtoras están aínda lonxe de volver aos niveis previos á crise derivada da COVID-19. Segundo recoñece a Nós Diario o xerente da Asociación Galega de Cooperativas (Agaca), Higinio Mougán, "durante a pandemia, a xente tivo tempo de pensar e planificar a estratexia de compra". Nesas decisións influíron aspectos económicos e tamén de seguridade no canal de compra. Para moitas galegas, a garantía estaba no comercio de proximidade e no produto local, en especial para as persoas de máis idade, que fuxían das aglomeracións das grandes superficies de distribución. As máis novas buscaron esa seguridade nas compras online, evitando así saír da casa. Ese retorno á tenda tradicional, que como apunta Mougán "tira máis de produtos diferenciados" convive con outra tendencia detectada entre as persoas que viron limitada a súa capacidade de compra polos efectos da crise, que acoden á gran distribución "na procura de ofertas e produtos máis estandarizados". Con todo, a COVID-19 reforzou o "nicho" do comercio directo en produtos como a carne, as froitas, legumes e hortalizas, produtos que se viron moi afectados pola "caída brutal" do canal horeca (hostalaría e restauración). As produtoras están agora "á espreita do que aconteza" coa chamada 'nova normalidade', indica o responsábel de Agaca. O factor prezo Pola súa banda, Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores da Galiza (Ucgal), sinala que o incremento na aposta no local "non é tan significativo como nos gustaría". O problema non está tanto na calidade do produto como no prezo. De feito, López asegura que "o factor prezo segue a ser determinante na decisión de compra". As clientas e os clientes poden ter a intención de apostar no produto galego, mais sinala "esa intención se pode diluír no momento de chegar á tenda" se hai unha alternativa máis atractiva en canto ao prezo. Alimentación saudábel Esta dicotomía entre prezo e produto local tamén se dá cos alimentos precociñados. O confinamento fixo que moitas familias galegas tivesen tempo para pensar nas súas decisións de consumo e, en non poucos casos, que dispuxesen de máis tempo para coidar da súa alimentación e facela máis saudábel. Porén, o responsábel de Ucgal destaca o feito de que, igual que subiu o consumo de produtos locais, tamén o fixo o de pratos precociñados. "Baixou o consumo de peixe cando supostamente tiñamos máis tempo que nunca para cociñar", engade. Na súa opinión, esta realidade responde á "desidia" de parte da poboación á hora de modificar os seus hábitos na alimentación, ao tempo que supón un cambio de tendencia, xa que antes do confinamento o consumo deste tipo de preparados marcaba unha liña descendente. Seguridade Respecto aos canais de comercialización, López amosa a súa preocupación por que se intente asociar a seguridade a unha canle determinada. Na súa opinión, o que teñen que facer comerciantes e Administracións e fixar unhas normas "claras, comprensíbeis e demostrábeis" que garantan a seguridade do produto non só nos lineais, senón "en toda a cadea de valor". "Aínda podemos facer moitas cousas en materia de saúde, seguridade e imaxe. En prezo non sempre se vai poder competir", recoñece o responsábel de Ucgal, quen destaca o "bo traballo conxunto" que están a facer todas as partes para dinamizar o consumo local, de temporada e de proximidade que, como lembra, "é unha opción clara, de calidade e económica que deixa cartos no país".
PRAZA_20596
Deixa aflorar a nostalxia e limítate a pensar que a declaración de Rajoy no xulgado foi algo así coma cando chegabas á alfándega e un señor uniformado che preguntaba, «Ten algo que declarar?», e ti sempre respondías, «Non señor, non levo nada»
"O debate, seguido en silencio polo conxunto dos contertulios, rematou dun xeito pouco amistoso, cando el lle recordou ó fiscal a parábola dos talentos e a dignidade bíblica do cargo da acusación pública." Deus sentado nun sillón azul, Carlos Casares Querido sobriño: Nestes tempos que corren, de estío abrasador, emboutados de fastío perdurable, éche mellor non falar de política nin de fútbol. Vaque si? A non ser que esteas disposto a correr o risco de que unha invasión ulcerosa che acabe perforando a víscera dixestiva situada entre o esófago e o intestino, ata converterche o estómago nun auténtico cribo. Así que, visto o visto, é recomendable –e reconfortante- facer o papaleisón, coma se non soubeses de que vai a cousa. Se algún colega repugnante quere amolarche a sesión vermú, contándoche as falcatrúas dese amigo de Aznar, tan importante e ben peiteado, que se foi sen previo aviso, ti alégalle que o chotis é un baile que denota chulería nos homes e amais as mulleres van ataviadas con mantón de Manila. Deixa aflorar a nostalxia e limítate a pensar que a declaración de Rajoy no xulgado foi algo así coma cando chegabas á alfándega e un señor uniformado che preguntaba, «Ten algo que declarar?», e ti sempre respondías, «Non señor, non levo nada» Cando algún cuñado tocagüevos pretenda amargarche o xantar na casa da sogra, o día da festa da patroa, empeñándose en trapelear sobre a visita aos xulgados do Presidente do Goberno, o que tes que facer é recordarlle o fervor relixioso do ex-ministro Jorge Fernández Díaz e, se sigue porfiando, bótalle a culpa de todo a Puigdemont. En fin, se un veciño cargoso, no canto de opinar do tempo, se pon a falar no ascensor dese fulano do fútbol –como se chama?- ao que se se lle agarran os billetes ao sabugo dos dedos, malia ter as uñas tan ben recortadas, deberías facer fincapé en que, o feito de que Felipe Juan Froilán sexa un tarambaina, non é por mor do segundo apelido que figura no seu "de-ene-i", senón por non terse graduado no Instituto Lucus Augusti. Ao fin e ao cabo, de que che vale perder o tempo falando das travesuras desa xente? Deixa aflorar a nostalxia e limítate a pensar que a declaración de Rajoy no xulgado foi algo así coma cando chegabas á alfándega e un señor uniformado che preguntaba, «Ten algo que declarar?», e ti sempre respondías, «Non señor, non levo nada». Logo mandábache abrir o maleteiro e ti, con moito disimulo, ensinábaslle a matrícula. Sen máis prolegómenos o axente cadrábase e despedíase cun lacónico «Siga!». Sentíaste importante, arrancabas o motor, rubíache a ledicia polas veas e púñaste a asubiar, porque ías chegar á casa co coche ateigado de paquetes de café Sical, de augardente vella, de toallas baratas e de tres botellas de Mateus Rosé. Que tempos!, dixo Añón. Ah! Unha aperta do teu tío, e a gozar que son dous días! Lisardo Quintas Teixeira.
PRAZA_3967
Nacida en Ribadeo en 1922, finou este luns na Coruña, onde residía dende finais dos anos 80. Poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio, deixou varias ducias de obras, nas que foron centrais o amor, a sensualidade, Rosalía de Castro como referente e a luz como elemento simbólico.
Luz Pozo Garza finou este luns na Coruña aos 97 anos de idade. Nacera en Ribadeo en 1922 e ao longo da súa vida esta poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio converteuse "nunha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX", segundo desta a Real Academia Galega nunha nota de homenaxe.Naceu en Ribadeo, pero residiu tamén en Viveiro, Lugo, Vigo ou A CoruñaCon catorce anos, por mor da Guerra civil e da persecución da que foi obxecto seu pai, trasladouse coa súa familia a Lugo e, posteriormente, a Marrocos, instalándose finalmente en Viveiro cando regresou a Galicia. Tivo unha longa traxectoria como docente de ensino medio, que a levou a Vigo e ao instituto de Nigrán, onde se xubilou en 1987. Dende entón residía na Coruña, onde faleceu.Con só 28 anos, en 1950, foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega, pero non foi ata 1996 que se converteu en académica de número, ingresando cun discurso titulado Diálogos con Rosalía, a primeira intervención deste tipo escrita no código da poesía, un discurso respondido por Xesús Alonso Montero. Así o destacamos nesta reportaxe. Como académica de número, Luz Pozo foi a segunda muller, tras Olga Gallego, en ocupar unha cadeira no seu pleno e a primeira en ocupar un posto de dirección na institución, ao asumir a vicesecretaría entre 1997 e 2001. No seu 95 aniversario, a RAG publicou Un pozo de luz, unha homenaxe colectiva á auotraA súa produción poética en galego abrangue case 70 anos, dende o inicial O paxaro na boca (1952), publicado na Colección XistralPublicou máis de 15 poemarios e media ducia de ensaios, ademais de múltiples colaboracións en obras colectivas. A súa produción poética en galego abrangue case 70 anos, dende o inicial O paxaro na boca (1952), publicado na Colección Xistral, proxecto editorial creado polo pintor Ánxel Johán e o poeta Manuel María dende Lugo e que se inaugurou con este volume. Nestas décadas a poeta alternaba a súa produción en galego e en castelán, mais a partir dos anos 70 Luz Pozo pasou a publicar unicamente en lingua galega, con Últimas palabras / Verbas derradeiras (1976), Concerto de outono (1981) ou Códice calixtino (1986). Con só 28 anos, en 1950, foi nomeada membro correspondente da RAG, pero non foi ata 1996 que se converteu en académica de númeroComo destaca a RAG, a poesía de Luz Pozo bebeu con frecuencia na fonte de Rosalía de Castro, á que rendeu homenaxe en obras como Vida secreta de Rosalía (1996) ou Medea en Corinto (2002), poema polifónico no que galeguizou este mito clásico. "O amor e a sensualidade foron dúas constantes na súa obra, caracterizada por un fondo lirismo e o diálogo intertextual íntimo coa tradición poética galega e universal. A luz como elemento simbólico central é outro sinal de identidade dunha autora que nunca deixou de escribir", subliña a Academia.Nas súas obras foron centrais o amor, a sensualidade, Rosalía de Castro como referente e a luz como elemento simbólicoA poeta seguiu escribindo e publicando ata os seus últimos anos e, de feito, aínda o pasado ano puidemos ler Pazo de Tor, un libro no que visita as raíces da memoria familiar, especialmente as da súa nai. Da súa nai tomou moitas cousas, entre elas o seu nome literario, pois Dolores Elvira Pozo Garza adoptou o nome de Luz en homenaxe á súa nai, Luz Garza Feijoo. "Quíxena moitísimo, entregouse a min toda a vida. Foi a primeira que me ensinou música e cultivou moito en min o afán de escribir", destacaba a autora.Foi recoñecida coa Medalla Castelao (1995), o Premio Celanova (2001), o Premio Laxeiro (2013), o Premio Trasalba (2019). De igual xeito, en 2018 Viveiro nomeouna filla adoptiva e deulle o seu nome á Escola de Idiomas da localidade. Tamén no ano 2018 foi unha das primeiras autoras homenaxeadas no Xardín das Pedras que Falan inaugurado en Compostela, no que está acompañada por Rosalía ou por Seamus Heaney. Finalmente, en xaneiro deste 2020 foi recoñecida como filla predilecta do seu Ribadeo natal. Fragmento de 'Cantiga para ler en tempo de penumbra' (Códice Calixtino, 1986)Cae unha folla intacta coma laiotalvez volver os ollos a contemplar o tempobailar corpo belidono centro da mudanza onde o mar é levadoe non saber a forma precisa da demora: E ai Deus se virá cedo!Dormir soñar morrer acasoagardar un encontro para se tornar cariciae bañarse nas ondasnas mesmas vivas aguas da existenciasílabas delicadas ausencias repentinasa se perder no reino do lamento: E ai Deus se virá cedo!
NOS_5987
A LFP expresou a súa "sorpresa" e di que non lle pediron información
A Liga de Fútbol Profesional (LFP) de Javier Tebas continúa coa súa particular "eu contra o mundo" e durante a xornada de onte arremeteu contra o Goberno galego logo de que a Xunta anunciase que abrira un proceso sancionador contra o Club de Fútbol Fuenlabrada e a propia LFP por "incumprimento grave" do protocolo sanitario tras a viaxe con persoas positivas en Covid-19 do equipo madrileño á cidade da Coruña para disputar o último encontro da tempada na Segunda División. O Goberno galego tomou esta determinación logo do expediente informativo aberto a pasada semana no seo da Consellaría de Sanidade, tal e como informou Feixoo na rolda de prensa posterior á reunión do seu Goberno en funcións desta quinta feira. O dirixente apuntou que non se respectaron "nin os protocolos para viaxar á cidade nin as medidas decretadas de confinamento", aspecto no que incidiu subliñando a "gravidade dos feitos investigados" desde o punto de vista da saúde pública e da "alarma social" na cidade da Coruña e de todo o país. Concluído o proceso de instrución previa, agora debe iniciarse un procedemento sancionador, para o que existen "indicios suficientes de responsabilidade grave", segundo Feixoo, quen apunta a unha dupla responsabilidade da Liga e do Club de Fútbol Fuenlabrada. A Liga defende atacando Fiel aos seus principios, como un deses vellos adestradores consecuentes até as últimas consecuencias coas súas ideas futbolísticas, Javier Tebas deféndese atacando. Horas despois da rolda de prensa de Núñez Feixoo, a entidade que preside emitía un comunicado onde afirmaba que estaba padecendo "declaracións e medidas inxustas e arbitrarias por parte das Administracións públicas, que nos retrotraen a tempos pretéritos felizmente superados", estabelecendo un paralelismo que remite inequivocamete a tempos franquistas. Ademais, a Liga de Fútbol Profesional tamén tivo un non moi cariñoso recordo para o Real Club Deportivo, acusándoo de ser, indirectamente, o responsábel de toda a situación vivida nas últimas datas pola súa "situación deportiva". Por outra banda, considera "sorprendente" que non recibiran "ningunha petición de información" por parte da Xunta da Galiza, e critican o feito de que se lles "xulgue publicamente sen sequera ter oportunidade de defensa nin de achegar nin un só documento".
NOS_24008
A plataforma explica que Cuntis conta cun dos acuíferos máis grandes da Galiza, con 19 mananciais dispersos polo núcleo urbano e "case todos canalizados para a explotación privada", e perto de 2.500.000 litros de auga termal a unha temperatura media de 60ºC.
A Plataforma Veciñal para a Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis vén de denunciar nun comunicado a "situación alarmante" dos "recursos mineiromedicinais" do concello. No seu escrito, lamenta que "a administración nin lidera a defensa da conservación dos dereitos públicos, nin intenta recuperar uns bens (mananciais e burgas localizados en dominio público: rúas e prazas) rexistrados como propiedade privada". Continúa a campaña para a recuperación das augas termais de Cuntis para uso público A plataforma explica que Cuntis conta cun dos acuíferos máis grandes da Galiza, con 19 mananciais dispersos polo núcleo urbano e "case todos canalizados para a explotación privada", e perto de 2.500.000 litros de auga termal a unha temperatura media de 60ºC. Neste sentido, critica que a comunidade "beneficiase" de menos de 5% do caudal hídrico total e, por outra. Ademais, pon de manifesto o deterioro das infraestruturas das fontes públicas, construídas en época romana, "sen que ninguén as protexa". Sen "amparo da administración" A plataforma pon como exemplo da falta de protección dos recursos termais o feito de que, "desde hai un tempo, á fonte de auga quente denominada da Rúa Real instálanlle un tapón, o que priva que verta de xeito continuado cara ao común". Afirma que se trata dun ben etnográfico e arqueolóxico que "debería ter o amparo da administración". "Teñen pensado os representantes públicos do municipio facer algo ao respecto? Iniciarán algún proceso recuperador das burgas localizadas nas rúas e prazas da vila? Van buscar vías para rexistralas como bens de titularidade pública?", pregúntanse no colectivo. Reclaman o uso público das termas de Cuntis, controladas pola empresa privada Polo de agora, a plataforma xa elevou as súas queixas e documentos tanto a Seprona como á Consellaría de Economía, Emprego e Industria (xefatura de minas) e ao Concello de Cuntis (con copia para cada agrupación política). "Quizais sigamos perdendo auga, caudais e dereitos, mais este colectivo sabe moi ben que ten que facer e a quen responsabilizar de todo o que aconteza de agora en diante", conclúe o comunicado.
NOS_4746
Nestes cinco anos o número de ocupados en Galiza caeu en máis de 87.000 persoas, a metade delas entre asalariadas do sector privado.
En só cinco anos, os que van desde 2010 a 2015, Galiza perdeu máis de 87.000 persoas ocupadas, ao pasar do millón castrocentas mil cincocentas que tiña daquela ao 1.017.000 co que se despediu o ano pasado. Un ritmo de destrución da ocupación de 48 persoas por día, dúas cada hora. Tal e como se recolle nos dados do Instituto galego de estatística, esa perda de poboación ocupada atinxiu a todos os grupos. Onde máis de notou foi entre as persoas asalariadas do sector privado. En cinco anos, 2010-15, 47.000 persoas ocupadas menos. Pasou de máis de 666.000 en 2010 a menos de 620.000 en 2015. Tamén entre as asalariadas do sector público houbo unha queda máis que notábel, de 17.900 persoas. Neste lustro ao que nos estamos a referir o sector públcio na Galiza pasou de contar con perto de 200.000 persoas asalariadas (198.900) a 181.000. Mais o golpe á ocupación non se limitou ás persoa asalariadas. Na categoría de 'empresarios con asalariados' pasamos de ter 71.300 en 2010 a 68.900 en 2015, o que significa que neses cinco anos perdeuse 2.400. Se analizamos o grupo de traballador independente ou empresario sen asalariados ao cargo' hai agora 14.300 menos que en 2010. Entón eran 154.200 e agora 139.900. Por último, até na ocupación dunha persoa en empresas e negocios familiares deixou pegada a crise. Sempre en base ao que sinala o IGE, as persoas que estaban ocupadas na 'axuda á empresa ou negocio familiar' pasouse de 12.400 en 2010 a 7.000 en 2015. Polo camiño, nestes cinco anos, ficaron 5.400 persoas.
PRAZA_20619
O ministerio, que asume o pagamento en solitario, muda o sistema de cálculo co que desde 2006 viña asumindo a gratuidade a medias coa Xunta por "prexudicial para as administracións", pero non indica desde cando nin en que cantidade
O sistema de cálculo polo que o Ministerio de Fomento e a Xunta veñen aboando desde 2006 as peaxes de todos os vehículos que empregan a autoestrada AP-9 nos treitos Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala é "prexudicial para as administracións implicadas, e ven supondo un certo enriquecemento inxusto para a sociedade concesionaria", Audasa. Así o di Fomento no Boletín Oficial del Estado (BOE) deste sábado, no que publica o Real Decreto co que modifica ese sistema de cálculo para pagar menos e asume en solitario esas peaxes liberando así á Xunta de ter que achegar a metade do custo, que agora será menor. O ministerio, que asume o pagamento en solitario, muda o sistema de cálculo co que desde 2006 viña asumindo a gratuidade a medias coa Xunta por "prexudicial para as administracións", pero non indica desde cando nin en que cantidade A gratuidade das circulacións pola AP-9 nos treitos da ponte de Rande e A Barcala foi asumida en 2006 polo daquela Goberno central do PSOE a medias co bipartito da Xunta. As dúas administracións decidiron pagarlle a Audasa por cada vehículo que circula por eses treitos a cambio de que non o tivesen que facer os usuarios. Desde que se liberaron de peaxe para os condutores eses treitos, o tráfico por eles incrementouse en maior medida que no resto da autoestrada, "polo que os importes abonados pola Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia en concepto de compensación difiren substancialmente dos que percibiría a sociedade concesionaria de non adoptarse a citada medida", di Fomento no BOE. Isto é, o incremento de tráfico que provocou esa liberación de peaxes para os condutores fixo que nestes anos os ingresos de Audasa pola compensación que recibe da Administración se incrementasen moito máis do que o farían se eses ingresos dependesen da peaxe que lle pagase cada usuario. Isto, di agora Fomento, é "prexudicial para as administracións implicadas, e ven supondo un certo enriquecemento inxusto para a sociedade concesionaria". Agora fomento terá en conta á hora de pagar a Audasa polos tráficos de Rande e A Barcala o incremento xeral de tráfico experimentado en toda a autoestrada pero non o incremento moito maior rexistrado xusto neses treitos polo feito de estar liberados de peaxe Así que a partir de agora Fomento, que asumirá en solitario eses pagamentos liberando á Xunta da súa metade, implantará un novo sistema de cálculo que terá en conta como factor de corrección "a variación dos ingresos de peaxe do resto de percorridos da autoestrada [...] respecto aos obtidos en 2005". Isto é, Fomento deixará de pagar por eses vehículos a maiores que decidiron comezar a empregar a AP-9 para eses traxectos porque agora sexan libres de peaxe. O ministerio terá en conta á hora de pagar a Audasa polos tráficos de Rande e A Barcala o incremento xeral de tráfico experimentado en toda a autoestrada pero non o incremento moito maior experimentado xusto neses treitos por estar liberados de peaxe. Os gobernos de PSOE e PP en España mantiveron este sistema cadanseus 5 anos; en Galicia o bipartito conviviu con el de 2006 a comezos de 2009 e o Executivo conservador, durante os últimos 8 anos Porén, no Real Decreto publicado este sábado no BOE non se indica desde cando nin en que medida ese sistema de cálculo implantado en 2006 é "prexudicial para as administracións" e está a enriquecer de xeito "inxusto" a Audasa. O que se sabe polos orzamentos públicos é que tanto Xunta como Fomento veñen pagándolle cada unha máis de seis millóns de euros ao ano. Durante estes anos, este sistema "inxusto" para os fondos públicos foi mantido o mesmo tempo, máis de cinco anos cada un, polos Gobernos de España do PSOE e do PP, que agora o modifica. En Galicia o sistema conviviu dous anos co bipartito e 9 co PPdeG. O Real Decreto tamén modifica os prazos de pagamento a Audasa, que ata agora eran anuais e implicaban tamén un maior custo ás arcas públicas. "A fin de reducir o custo dos xuros que implica o pagamento anual da compensación, inclúese a posibilidade de efectuar os pagamentos trimestralmente, de tal xeito que non se xeren xuros de demora se se abonan as cantidades no prazo acordado desde a súa facturación", di o BOE. Feijóo rexeitaba a titularidade da autoestrada se implicaba asumir a outra metade desas peaxes que pagaba Fomento, pero o ministerio di que co novo sistema de cálculo terá que aboar menos el só que o que prevía en 2006 cando acordou pagar a medias coa Xunta Esta asunción por parte de Fomento da totalidade das peaxes de Rande e A Barcala, liberando así á Xunta de asumir a metade, como viña facendo desde 2006, vén sendo presentada polo presidente Feijóo como un logro persoal a cambio do ao seu ver mal menor de non lograr a transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada, como reclama de xeito unánime a Cámara autonómica. Feijóo chegou a dicir que non quería asumir a titularidade da AP-9 se iso implicaba que Fomento se desentendese de pagar a súa metade das peaxes e a Xunta tivese que aboar o dobre. Porén, a argumentación que emprega agora Fomento no BOE para asumir en solitario o pagamento das peaxes evidencia que co novo sistema de cálculo non vai ter que gastar o dobre polo feito de que a Xunta deixe de achegar a súa metade. "Os novos importes de compensación calculados [co novo sistema] son inferiores aos compromisos de gasto autorizados [en 2006], o cal permite e motiva que a Administración Xeral do Estado asuma por completo o financiamento". Real Decreto 803/2017 publicado no BOE do 29-7-2017
PRAZA_14121
O PP da Arxentina convoca un mitin do presidente da Xunta e candidato á reelección para o vindeiro día 15 en Bos Aires
Primeiro negada, despois confirmada e agora, con data. A prevista xira sudamericana de Alberto Núñez Feijóo para recabar apoios electorais entre os inscritos no Censo de Residentes Ausentes (CERA) xa ten ubicación no calendario. Será a vindeira semana e, á espera de coñecer cando comezará, xa ten un día marcado como especialmente relevante. Será o vindeiro sábado 15 cando o presidente da Xunta e candidato á reelección suba a unha tribuna na cidade de Bos Aires para facer precampaña. Segundo consta nunha convocatoria do PP da Arxentina á que tivo acceso Praza Pública o acto botará a andar ás catro e media da tarde desa xornada e, para asistir a el, aos simpatizantes conservadores non lles abondará con achegarse o propio día. Se queren escoitar as palabras de Feijóo terán que retirar previamente unha "tarxeta de acceso" na sede do partido, na rúa San José da cidade. Esta é unha instrución asinada polo director do comité de campaña para Galicia dos populares arxentinos, Avelino García Melle. Na Arxentina viven máis de 140.000 persoas das case 400.000 que forman o censo de residentes ausentes A visita de Feijóo ao país sudamericano prodúcese tras coñecérense os datos definitivos do censo electoral para as eleccións do 21 de outubro o cal, como xa detallou este diario, volveu experimentar un notabilísimo incremento no que se refire ao denominado "voto emigrante". Nomeadamente, mentres que o número total de votantes sobe algo menos dun 2% o CERA aumenta case un 20%. Eses mesmos datos revelan tamén a especial importancia da Arxentina, onde viven 141.680 persoas das 397.284 que teñen dereito a elixir os membros do Parlamento galego malia non viviren en Galicia nin en ningún outro punto do Estado. Feijóo é o primeiro pero se cadra non o último dos candidatos á Xunta que cruza o Atlántico antes do 21-O. Mentres que o BNG xa desbotou que Francisco Jorquera vaia pedir o voto a Sudamérica o comité de campaña do PSdeG aínda valora a posibilidade de que Pachi Vázquez si o faga. Nas estratexias dos partidos na emigración pesa tamén un factor novidoso e que, con toda probabilidade, só existirá nestas eleccións: a reforma da Lei Electoral -que o Goberno de Mariano Rajoy prevé mudar- esíxelles aos e ás emigrantes exercer o voto rogado, isto é, solicitar antes do 22 de setembro a participación nos comicios, factor que, como xa aconteceu nas xerais de 2011, reducirá previsiblemente a participación do exterior.
PRAZA_8557
Roberto Mansilla, do IGADI, analiza a axustada vitoria electoral de Nicolás Maduro e o futuro político do país, cunha oposición reforzada e cunha estratexia desestabilizadora apoiada dende o exterior, e un presidente que ten que enfrontar tamén as críticas internas dentro do chavismo pola perda de votos.
O permanente estado de tensión e convulsión postelectoral en Venezuela tralo axustado triunfo electoral de Nicolás Maduro (50,75% dos votos) nos comicios presidenciais do pasado 14 de abril abre o compás dunha incerta dinámica política no país caribeño e sudamericano, a través dunha transición post-Chávez basicamente determinada por unha permanente polarización social e política que non semella esvaecerse senón, polo contrario, agudizarse. Hai paralelismos con situacións similares ocorridas noutros países azoutados por crises postelectorais e evidentes intereses internos e externos na caída dos seus respectivos gobernos Pero este estado de convulsión, principalmente determinado polo non recoñecemento dos resultados electorais por parte do líder da oposición Henrique Capriles Radonski (49,07% dos votos) e da plataforma política da Mesa pola Unidade (MUD) aducindo presuntas irregularidades electorais e a aparente "conivencia" política co "chavismo" por parte do Consello Nacional Electoral (CNE), aborda certos paralelismos con situacións similares ocorridas noutros países azoutados por crises postelectorais e evidentes intereses internos e externos na caída dos seus respectivos gobernos. Estes paralelismos establecen casos de acusación de fraude, non recoñecemento dos resultados (principalmente instigados dende o exterior, con particular implicación de EUA) e unha "rebelión cívica" que, en determinados casos, deu paso a fortes enfrontamentos coa autoridade. Son principalmente os casos das crises postelectorais de Serbia en 2000, a de Xeorxia en 2003, e a de Ucraína no 2004, e que terminaron coa caída dos respectivos gobernos que nese momento ocupaban o poder. Mentres a práctica totalidade dos gobernos e organismos internacionais recoñeceron case de inmediato o triunfo de Maduro, ata o momento nin Washington (así como tampouco o goberno español) emitiron unha declaración similar de recoñecemento No caso venezolano, e mentres a práctica totalidade dos gobernos e organismos internacionais recoñeceron case de inmediato o triunfo de Maduro, ata o momento nin Washington (así como tampouco o goberno español) emitiron unha declaración similar de recoñecemento. Mentres, nas rúas de Caracas e doutras cidades presentábanse protestas e mobilizacións con enfrontamentos violentos e ataques contra instalacións gobernamentais, cun saldo aproximado de sete vítimas mortais, decenas de feridos e mais dun centenar de detidos. Curiosamente, nas eleccións para gobernador do estado Miranda en decembro pasado, Capriles logrou a reelección cun 50,53% dos votos, pouco mais de catro puntos porcentuais por riba do candidato "chavista" Elías Jaua, actual ministro de Exteriores do goberno interino de Maduro, sen que esta votación rexistrara crispación e tensión postelectoral algunha como a que está acontecendo actualmente en Venezuela. Autocrítica no "chavismo post-Chávez" A certamente escasa marxe de vitoria electoral de Maduro déixano nunha delicada posición principalmente dentro do "chavismo" Aínda que resulte incerto e case improbable que a actual crise postelectoral venezolana implique unha inmediata caída de feito dun Maduro recen proclamado como presidente por parte do CNE, o pulso político postelectoral dos próximos días e incluso meses determinarán principalmente cara onde se desliza a balanza política venezolana. Ninguén dubida que, contando cun favoritismo preelectoral sólido, a certamente escasa marxe de vitoria electoral de Maduro déixano nunha delicada posición principalmente dentro do chavismo, un aspecto que, a mediano prazo, pode alterar a súa aparentemente incontestable lexitimidade como líder do chavismo post-Chávez e, incluso, como presidente do país. Este asunto resulta mais importante, se cabe, que as presións e protestas dun Capriles que radicaliza a súa posición sabedor de que os resultados indubidablemente lle outorgan un reforzamento do seu liderado, precisamente por erixirse como o candidato da oposición que mais alta votación rexistrou e mais votantes logrou quitarlle ao chavismo. Unha hora despois de que o CNE anunciara na madrugada do día 15 a axustada vitoria de Maduro por escasos 235.000 votos (o cal supón un 2% por riba de Capriles), o presidente da Asemblea Nacional, Diosdado Cabello, identificado como un peso político chave dentro do "chavismo", con fortes vínculos dentro da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB), da cúpula burocrática do gobernante Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV) e incluso sinalado eventualmente como un rival político do propio Maduro dentro do "chavismo", inmediatamente lanzou unha advertencia política estratéxica, instando a unha "profunda autocrítica" e unha reflexión polos resultados electorais. Cabello argumentou que resultaba inexplicable que o "chavismo" con Maduro á cabeza perdera case 700.000 votantes co respecto á vitoria electoral rexistrada en outubro pasado Cabello argumentou que resultaba inexplicable que o "chavismo" con Maduro á cabeza perdera case 700.000 votantes co respecto á vitoria electoral rexistrada en outubro pasado e que deu a reelección ao falecido presidente Hugo Chávez. Por tanto, a súa "reflexión" incluíu indirectamente unha severa crítica cara a campaña de Maduro, debido a que eses votos perdidos certificaban que "os pobres votaron polos seus explotadores, a dereita perversa". Hai que tomar en conta que están por contabilizarse a totalidade dos 100.495 votos do exterior que, tradicionalmente favorecen á oposición, razón pola que a vitoria final de Maduro ben podería reducirse a escasos 100.000 votos de diferenza. Con isto, Cabello semella focalizar unha posición de poder que Maduro e os actores políticos venezolanos deberán tomar seriamente en conta a mediano prazo. Se ben oficialmente amosa o seu apoio a Maduro como sucesor designado por Chávez, a conxuntura postelectoral pode establecer unha posición radicalmente mais crítica por parte de Cabello, eventualmente orientada a cuestionar e incluso minar a lexitimidade de Maduro como líder do "chavismo post-Chávez". A tutela da FANB A institución militar venezolana semella claramente encamiñada a posicionarse como o actor principal desta transición post-Chávez, focalizado en garantir a necesaria estabilidade institucional Mentres Capriles non recoñece os resultados esixindo un reconteo de votos, o propio Maduro aceptaba publicamente realizar unha auditoría electoral inmediatamente apoiada polo xefe do Comando Estratéxico Operacional do ministerio de Defensa, o xeneral Wilmer Barrientos. Aquí identifícase outro factor de peso dentro da actual crise venezolana: o papel político e institucional que cobrará a partir de agora a FANB. A institución militar venezolana semella claramente encamiñada a posicionarse como o actor principal desta transición post-Chávez, focalizado en garantir a necesaria estabilidade institucional, actualmente obstaculizada por un pulso político postelectoral que está xerando unha tensa e violenta conxuntura. Precisamente, e sabedor do papel chave que xogará a partir de agora o sector castrense, o propio Capriles intensificou aínda mais o clima de tensión e inestabilidade ao esixir ás FANB o descoñecemento dos resultados electorais do 14/A. O poder da FANB ven establecido pola conxunción política de intereses dentro da Revolución Bolivariana, a tenor do sentido "cívico-militar" do proceso de cambio establecido por Chávez. Os militares venezolanos controlan sectores importantes do PSUV e do aparato económico estatal, mentres que 10 das 20 gobernacións gañadas polo "chavismo" nas eleccións rexionais de decembro pasado están en mans de ex militares candidatos do goberno. Por tanto, o seu peso político e institucional resulta mais decisivo, incluso por riba do PSUV, das elites burocráticas do "chavismo" ou da propia oposición, á hora de converterse no árbitro da estabilidade e da política venezolana. Os militares venezolanos controlan sectores importantes do PSUV e do aparato económico estatal, mentres que 10 das 20 gobernacións gañadas polo "chavismo" nas eleccións rexionais de decembro pasado están en mans de ex militares candidatos do goberno Así e todo, a FANB non escapa do agudo clima de polarización política. Desde a chegada de Chávez ao poder en 1999, a institución castrense experimenta unha forte disputa interna entre sectores "bolivarianos", principalmente identificados nos mandos medios, e outros denominados "institucionalistas", aparentemente distanciados do proxecto revolucionario e contrarios a "politizar" á FANB. Esta polarización foi evidente durante o golpe contra Chávez en abril de 2002. A implicación de alianzas estratéxicas por parte de Chávez con Cuba, China, Irán ou Rusia, así como a creación dunha milicia bolivariana vista en diversos sectores castrenses e políticos como unha especie de "garda pretoriana" para o "chavismo", son factores que igualmente certificaron este clima de polarización interna na FANB. Non obstante, e a pesar da penetración de elementos de politización e ideoloxización, a FANB seguen a manter unha posición institucional orientada a garantir a estabilidade nacional. OTPOR en Venezuela Se ben Capriles, quen non dubida en cualificar a Maduro de "presidente ilexítimo", posteriormente moderou a súa posición adoptando un perfil de diálogo (sen menoscabar na presión política) que o propio Maduro sempre ofreceu dende que foi recoñecido como vencedor electoral por parte do CNE, o seu papel semella moi similar ao que realizaron no seu momento outros líderes opositores en países con forte polarización e crise política. O caso venezolano ben podería reproducir, de forma menos directa e tanxencial, esas mesmas situacións de tensión postelectoral que viviron no pasado mais recente países como Serbia, Xeorxia e Ucraína e noutros contextos Estes casos paralelos poden identificarse na acción do líder opositor serbio Vojislav Kostuniça durante a crise que levou á caída de Milosevic en Serbia (2000) Así mesmo, a periferia ex soviética foi proclive a este tipo de rebelións, como a do líder opositor xeorxiano Mikhail Saakashvilii en 2003 contra o goberno de Edward Shevarnadze e igualmente a do opositor ucraíno Viktor Yushenko en 2004, contra o goberno de Leonid Kuchma e do seu candidato Viktor Yanukovich, curiosamente hoxe en día presidente de Ucraína. Outros países como Kirguizistán (coa caída do presidente Askar Akayev en 2005) e Uzbekistán, igualmente experimentan ou experimentaron este tipo de rebelións. O caso venezolano ben podería reproducir, de forma menos directa e tanxencial, esas mesmas situacións de tensión postelectoral que viviron no pasado mais recente países como Serbia, Xeorxia e Ucraína e noutros contextos. Desde 2007, o goberno venezolano ven advertindo da presenza en Venezuela da organización OTPOR (Resistencia en serbio, un actor chave na caída de Milosevic), acusando a organizacións no exterior como a estadounidense USAID de presuntamente prover do seu financiamento e loxística. Noutros medios internacionais identifícase ao coronel retirado estadounidense Robert Helvey, así como ao Albert Einstein Institute, como os verdadeiros "cerebros" detrás de OTPOR e doutros movementos. Desde 2007, o goberno venezolano ven advertindo da presenza en Venezuela da organización OTPOR, acusando a organizacións no exterior como a estadounidense USAID de presuntamente prover do seu financiamento e loxística. OTPOR actúa principalmente cara o sector estudantil e universitario e estableceu unha prolífica ramificación de células, precisamente, en Xeorxia, Ucraína, Kirguizistán, Uzbekistán, Rusia, Bielorrusia, Líbano, Myanmar ou Albania, entre outros. En Venezuela tivo a súa repercusión na conformación do movemento estudantil Juventud Activa Venezuela Unida (JAVU), o cal en 2007 iniciou a súa oposición frontal ao referendo de reforma constitucional impulsado por Chávez e celebrado en decembro dese ano, e que derivou precisamente na única derrota electoral do "chavismo" fronte á oposición. Se ben JAVU semella mais ben constituírse como un actor político "virtual", posúe unha notable implicación dentro da plataforma unitaria da oposición venezolana que foi conformándose de cara ás eleccións municipais de 2008 e, principalmente, trala creación da MUD para os comicios lexislativos de 2010. Identificada en líderes estudantís reconvertidas na política como Yon Goicoechea, Freddy Guevara ou Ricardo Sánchez, as súas accións de protesta e mobilización (inspiradas na "resistencia cívica" de OTPOR en Serbia, Ucraína, etc) lle permitiron inserirse en diversos partidos da oposición (Primeiro Xustiza, Un Novo Tempo, Proxecto Venezuela) e dentro da MUD como operadores políticos chave, con especial incidencia na elección de Capriles Radonski como candidato unitario da oposición a comezos de 2012. Dende diversos medios oficialistas ou simpatizantes co "chavismo" vense acusando da presunta existencia dunha especie de manual de actuación de OTPOR en Venezuela, con eventuais ramificacións en Bolivia, Arxentina e incluso Cuba, e destinados a provocar inestabilidade cara os gobernos esquerdistas na rexión. Certo ou non, a implicación da JAVU dentro da MUD e das accións de protesta realizadas nos derradeiros anos contra o goberno de Chávez, identifican unha situación bastante similar coa presentada nos casos anteriormente sinalados. No contexto actual, estas actuacións de intensifican ante o clima de indignación existente nos sectores opositores cara os resultados electorais do pasado 14/A e o anuncio da vitoria de Maduro. Non obstante, o goberno venezolano xa viña advertindo días antes das eleccións dun presunto plan de conspiración por parte da oposición, orientado a non recoñecer os resultados e crear un clima de crispación e violencia. As incertezas dunha nova etapa Incluso se finalmente termina sendo parcialmente recoñecido pola oposición, Maduro deberá iniciar unha serie de negociacións a varias bandas con todos os actores involucrados Focalizada a atención no pulso político postelectoral entre Maduro e Capriles, a crise venezolana mais ben semella identificar unha serie de variables onde o peso institucional da FANB e, eventualmente, a capacidade de manobra de Diosdado Cabello, poden mais ben clarificar cara onde transita a transición post-Chávez en Venezuela. Neste pulso, quen mais retos ten por diante é o propio Maduro, cuxo limitado resultado electoral, correspondente ao peor e mais baixo rexistro de votos alcanzado polo chavismo dende a súa chegada ao poder en 1999, lle resta certa capacidade de manobra. Incluso se finalmente termina sendo parcialmente recoñecido pola oposición, Maduro deberá iniciar unha serie de negociacións a varias bandas con todos os actores involucrados coa finalidade de alcanzar pactos de gobernabilidade que permitan manter un mínimo de estabilidade. Pero neste marco de actuación, o papel da FANB resultará vital e estratéxico para manter o nivel de estabilidade na transición, incluso no caso eventual de que Maduro xa non estea na presidencia. Pola súa banda, Capriles tentará capitalizar politicamente o mellor resultado electoral da oposición en catorce anos de goberno chavista para erixirse como o líder indiscutible dunha oposición politicamente heteroxénea. A falta de observar en que derivará a convulsión actual e se finalmente se realizará a auditoría electoral pedida polo propio Capriles, a presión política e a mobilización dos seus simpatizantes serán un factor chave para consolidar a unidade da MUD e, principalmente, para asentar o liderado de Capriles. Un reto electoral a curto prazo, tanto para Capriles como para Maduro, serán as eleccións para alcaldes previstas para o próximo 14 de xullo Un reto electoral a curto prazo, tanto para Capriles como para Maduro, serán as eleccións para alcaldes previstas para o próximo 14 de xullo, escenario que pode mudar substancialmente o mapa político post-Chávez e servir de precedente para unhas eleccións lexislativas pautadas para 2015 que se anuncian como estratéxicas para o futuro político venezolano. Non se debe esquecer que, en caso de que Maduro logre consolidarse na presidencia neste novo período, a MUD pode calibrar en perspectiva a eventualidade dun referendo revogatorio amparado na Constitución bolivariana, o cal non podería realizarse ata a metade do mandato, entre 2016 e 2017. A MUD pode calibrar en perspectiva a eventualidade dun referendo revogatorio amparado na Constitución bolivariana, o cal non podería realizarse ata a metade do mandato, entre 2016 e 2017 Se o xogo político venezolano amosase mais aberto e incerto a partir de agora, un actor político importante estará en mans do que poida realizar Diosdado Cabello como peso pesado do chavismo. Igualmente, o chavismo de base identificado nos movementos sociais, nas milicias populares e outros actores política e ideoloxicamente mais radicalizados, terán un papel importante nesta etapa post-Chávez. Variables e escenarios aparte, o único factor que clarifica a realidade venezolana está contido na súa aguda polarización, seriamente exacerbada no proceso electoral do pasado 14/A.
NOS_40015
Algúns meios británicos -entre eles The Guardian- publicaron que o líder do Sinn Féin fora detido pola policía norirlandesa. O Sinn Féin, en troca, nega o arresto e afirma que Adams acudiu por propia vontade a unha comisaría de Antrim para prestar declaración.
Nun comunicado pendurado na web do Sinn Féin, Adams negou calquer relación co asasinato de Jean McConville e o posterior enterro secreto do seu corpo, accións perpetradas en 1972 e que o propio IRA, en 1999, recoñeceu ter cometido. O Exército Republicano Irlandés acreditaba que McConville era un confidente dos británicos. Adams afirma que hai un mes a policía lle indicou que debía estar disponíbel para prestar declaración sobre o atentado contra McConville e que esta tarde acudiu voluntariamente aos cuarteis xerais da policía nor-irlandesa do condado de Antrim para submeterse a un interrogatorio. O líder republicano aproveitou para lembrar que nunca ten negado a súa "relación" co IRA e que nunca o fará. A acción policial contra Adams chega após se coñecer inquéritos que colocarían o Sinn Féin como a primeira forza política na República de Irlanda, un feito sen precedentes "Eu creo que o asasinato de Jean McConville e o enterro secreto do seu corpo constituíron un erro e unha grave inxustiza para ela e a súa familia. Fixéronse públicas graves acusacións contra min. Eu rexéitoas. Aínda que nunca neguei a miña relación co IRA e nunca o farei, son inocente de calquera participación no secuestro, asasinato ou enterro da señora McConville". As confusas noticias sobre a detención de Adams chegan dous días depois de se ter publicado enquisas que, ante as eleccións europeas do 25 de maio, colocarían o Sinn Féin como a primeira forza política no conxunto de Irlanda, un feito sen precedentes.. A presidenta do Sinn Féin, Mary Lou McDonald, atribúe a acción policial contra Adams ao intento do Estado británico de facer dano á formación nacionalista irlandesa nas vésperas dos comicios europeus.
PRAZA_7160
A Comisión Europea vén desenvolvendo desde hai uns tres anos unha plataforma de código aberto xurdida da colaboración público-privada. O que é o mesmo, un intento de Europa para competir con xigantes do sector como son Amazon Web Services e Google.
A Comisión Europea vén desenvolvendo desde hai uns tres anos unha plataforma de código aberto xurdida da colaboración público-privada -Telefónica é un dos principais partners- e que foi bautizada como Fi Ware. Descrita como un ecosistema público e aberto que unifica a linguaxe, servizos e tecnoloxía para as futuras aplicacións da rede. O que é o mesmo, un intento de Europa para competir con xigantes do sector como son Amazon Web Services e Google. Os seus impulsores defíneno como un lugar para o emprendemento e para a innovación a través das TIC. Unha inversión monumental -600 millóns de euros- e grandes espectativas de negocio para PEMES Os seus impulsores defíneno como un lugar para o emprendemento e para a innovación a través das TIC. Unha inversión monumental -600 millóns de euros- e grandes espectativas de negocio para PEMES. Xa existen algúns proxectos de smartcity (cidade intelixente) baseados nesta plataforma. Fiware xa atopou os seus detractores, que argumentan que hai demasiadas palabras e pouca concreción nesta iniciativa. Nas diferentes informacións que xorden arredor desta plataforma aparecen palabras como Cloud Computing, o Internet das Cousas, Big Data. Termos moi utilizados e pouco explicados, sobre todo polos medios especializados. A idea deste artigo é explicar, dar unha idea un pouquiño máis profunda do que significan estes conceptos. Cloud Computing Fiware xa atopou os seus detractores, que argumentan que hai demasiadas palabras e pouca concreción nesta iniciativa Computación na nube ou informática na nube sería a súa traducción literal. Por explicalo de maneira sinxela definiremos a nube como un entorno externo ao noso dispositivo no que se poden almacenar e executar contidos e aplicacións. Basicamente podemos dispoñer de servizos da rede sen a necesidade de posuír da estructura precisa para mantela. Un exemplo moi claro: os servizos de almacenamento coma Dropbox ou OwnCloud, servizos de correo electrónico como Gmail ou Outlook, ou sistemas de xestión de contidos como Wordpress. Tanto a nivel usuario como a nivel empresa ofrece diferentes vantaxes: rápida implentación e mantemento, importante reducción de custos, aforro de custes enerxéticos, constante actualización dos servizos, acceso desde diferentes dispositivos e escalabilidade (na medida en que o sistema pode medrar). A seguridade é un dos grandes problemas da nube. Numerosas aplicacións e servizos baseados neste entorno teñen sufrido numerosas vulneracións dos seus sistemas quedando os datos dos usuarios comprometidos. Ademais disto, a nube atópase con numerosos detractores coma o fundador da Free Software Foundation, Richard Stallman que ve no Cloud Computing un sistema cerrado, centralizado e que ataca a privacidade dos usuarios. O Internet das cousas O concepto baséase na conexión de obxectos, sistemas e servizos á rede. De maneira máis sinxela: unha lavadora ou unha neveira conectadas a Internet e que poden ser programadas desde un teléfono móbil intelixente. Esta evolución tecnolóxica ten múltiples aplicacións na vida real. Non estaríamos falando tan só de poñer unha lavadora desde o traballo, ou de apagar a lámpada que no quedou acesa na sala de estar. Falamos de creación de sistemas de servizos para o control e monitorización de produtos e servizos, coma nas coñecidas como Smart Cities. Interconexión, identificación, monitorización e colaboración. A cuestión é se queremos chegar a ese nivel. O Big Data O Big Data ou Datos masivos refírese tal e como indica o seu propio nome á acumulación de datos de maneira masiva ou a gran escala. Coma case sempre nestes casos, o termo anglosaxón é o de uso común. Imaxinemos a gran cantidade de dispositivos que existen hoxe en día. Cada un de nós posúe un mínimo de dous contando portátile e teléfono móbil. Cada vez hai máis xente que engadiu un terceiro, a tablet. O Big Data consiste precisamenta na capacidad de xestionar e procesar toda esa información dun xeito rápido e eficiente. Obter o dato correcto no momento preciso no medio dese océano de información, esa é a clave Pensemos en todos eses dispositivos coas súas redes sociais, blogs, xogos, aplicacións de produtividade e demais xerando información continuamente. Existen por suposto máis dispositivos e aparellos que producen información de xeito masivo. O Big Data consiste precisamenta na capacidad de xestionar e procesar toda esa información dun xeito rápido e eficiente. Obter o dato correcto no momento preciso no medio dese océano de información, esa é a clave. Un par de exemplos moi visibles do que é o Big Data: Google e Facebook. Os dous xigantes da Internet xestionan teras e teras de información. A súa importancia vai máis alá da web. É relevante en sectores como seguridade, saúde, meteoroloxía e no mundo empresarial. A estructuración e análise destes datos masivos é o gran reto desta época.
NOS_14657
O presidente pide apoio político e social para pactar o seu contido, e interpela especialmente ao PSC e os comúns.
Un acordo de claridade para conseguir un referendo pactado, inspirado nos casos de Canadá e Quebec que estabeleza cando e como Catalunya pode exercer o dereito de autodeterminación. Esta foi a "proposta ampla de autodeterminación" que o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, avanzou que fará durante o debate de política xeral para incluír "non só quen defende a independencia, senón todos os demócratas", como dixera el. Feixoo asegura que, se gañar as eleccións á Moncloa, "o independentismo catalán non voltará á rebeldía" A proposta toma como referencia directamente o proceso independentista de Quebec, que en 2000 conseguiu que o parlamento de Canadá aprobase unha lei que estabelecía as condicións a partir das cales as provincias canadenses podían realizar negociacións co goberno federal para chegar á independencia. Agora, aterrando a proposta en Catalunya, Aragonès pretende pactar co Estado español un marco normativo que permita a autodeterminación catalá . Fai catro anos, durante o primeiro Debate de política xeral do presidente Quim Torra , os comúns xa propuxeron un acordo de claridade inspirado no caso canadense como forma de distanciarse da vía unilateral, pero nin ERC, nin Junts nin a CUP aceptaron. Noutro referendo catalán gañaría o "sí" á independencia Tamén foi a proposta do PSC no 2016 , que durou apenas unha semana , cando cambiaron o redactado do relatorio político que debían aprobar pola súa proposta sobre o crecemento soberanista. Agora Aragonès faise súa a proposta para conseguir "un referendo definitivo que permita traducir a decisión da cidadanía en consecuencias políticas". Vía "máis rápida e eficiente" "Non teño ningunha dúbida de que esta é a vía máis rápida e máis eficiente para volver votar", dixo Aragonès, que fixo referencia ás "aprendizaxes de outono de 2017 e ás dificultades que non nos permitiron ser independentes agora fai cinco anos". 2025, o ano 'límite' para a independencia de Catalunya Reivindicou que era a vía para implicar a todos os cidadáns no referendo, e reforzouno con datos do Centro de Estudos de Opinión: "É a opinión de 90% dos votantes de Catalunya en Comú. É a opción de 73,7% dos votantes do PSC. E mesmo é a opción de 50% dos votantes de C's." Dixo que é a forma de tecer complicidades internacionais e estableceu unha relación entre este hipotético referendo acordado e o referendo de independencia que os cidadáns defenderon na rúa hai cinco anos: "Só a lexitimidade dun referendo acordado pode substituír o que significou o Primeiro de Outubro". Dolors Sabater: "Se ficamos co orgullo do 1-O pero non o materializamos, de que nos serve?" Segundo Aragonès, esta é a proposta que debe superar o bloqueo político e pór en marcha un novo ciclo político: "Un novo ciclo de proposta, de deliberación, de participación, de mobilización, de consensos e de resultados".
NOS_4830
Ambos están inmersos na zona baixa da clasificación
A vixésimo sétima xornada da Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino estatal terá mañá ás 18 horas (Pazo Provincial dos Deportes, Lugo) un feche de ouro co derbi galego que enfrontará os dous únicos representantes da Galiza na competición, as locais do Durán Maquinaria Ensino e Baxi Universidade de Ferrol. Ambas as escuadras necesitan imperiosamente o triunfo -máis a visitante-, pois están inmersas na zona baixa da clasificación, pois o Ensino é décimo segundo con dez triunfos en 26 encontros e o Baxi fecha a táboa con tan só sete vitorias. O técnico ferrolá, Lino López, é perfectamente consciente de que a estas alturas "cada partido é unha final", e máis tendo en conta que apenas quedan catro datas para o final da Liga. Na mesma liña se manifestou a súa xogadora Carmen Grande, quen sabe que o derbi de mañá "é un partido a vida ou morte, porque está todo apertadísimo". En Lugo, a escolta internacional Alba Prieto gabou ás súas rivais sinalando que son un bloque "moi versátil, que xoga moi aberto e excelentes ao contraataque", e apuntou que para superalas necesitarán "estar moi agresivas e moi activas desde o inicio, en especial na defensa". Duro duelos para Obradoiro e Breogán Na ACB, os homólogos de Ensino e Baxi na competición masculina, Obradoiro e Breogán, encaran a fin de semana coa intención de sumar cadanseu triunfo que os achegue ao obxectivo final. No caso dos da capital, compiten hoxe ás 18 horas contra Baxi Manresa, e de gañar non só marcaría distancias co descenso, senón que lle faría un favor ao derrotar a un rival directo dun Breogán que continúa aspirando ao play-off, para o que terá que vencer o Burgos (mañá, 12.30 horas) do seu ex adestrador, Paco Olmos.
NOS_3661
A candidatura 'Entre Todas' ao Consello das Mareas presentouse en Compostela.
Unha En Marea "onde non sobra ninguén", "diversa", "plural" e que "integre" todas as sensibilidades. Esta foi a tarxeta de presentación que de si propia fixo a candidatura 'Entre Todas', que se presentou en Compostela. O seu cabeza de lista, David Bruzos, incidiu en que a aposta da lista é por "agrandar o espazo de cambio en Galiza". Para iso, dixo, faise preciso construír un espazo "diverso e plural en que todas se sintan cómodas" e que integra "persoas, marés municipais e movementos sociais". Bruzos rexeitou as acusacións feitas polo actual portavoz, Luís Villares, que cre que 'Entre todas' xorde dun "pacto de cúpulas" entre Podemos, EU, Anova e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña. O exdeputado entende que a candidatura camiña cara a un proxecto "máis forte" co obxectivo de "construír maiorías diversas e mestizas", algo que, ao seu xuízo, "deixou de existir" nos últimos tempos. De por parte, Oriana Méndez, número 2 da lista 'Entre todas' dixo que esta candidatura representaba "a onda da Galiza que se move"" e que "somos diversas".