ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_10749 | Cando comezou a diáspora galega? Hai cinco séculos dous baioneses iniciaron a primeira circunnavegación da Terra, impulsada polo portuense Fernão de Magalhães e que levou a un escravo das Molucas a ser a primeira persoa en dar a volta ao planeta | Cando comezou a diáspora galega? Hai cinco séculos dous baioneses iniciaron a primeira circunnavegación da Terra, impulsada polo portuense Fernão de Magalhães e que levou a un escravo das Molucas a ser a primeira persoa en dar a volta ao planetaCando comezou a diáspora galega? Hai cinco séculos dous baioneses iniciaron a primeira volta ao mundo, impulsada polo portuense Fernão de Magalhães, culminada polo guipuscoano Elcano e que levou a un escravo das illas Molucas, as illas das Especias, a ser a primeira persoa en dar un xiro completo ao planeta.Nos últimos tempos Madrid e Lisboa veñen disputándose e colaborando á vez na celebración dos 500 anos da primeira circunnavegación da Terra, que partiu de Sevilla o 10 de agosto de 1519, hai agora cinco séculos, e volvía a ese mesmo porto tres anos máis tarde, o 8 de setembro de 1522. Pero a procedencia dos 18 homes que lograron aquela fazaña (dos 239 que a iniciaron) é moito máis plural: andaluces, gregos, italianos, vascos e dous galegos, os dous de Baiona, onde un monumento e nomes de rúas os lembran: o mariñeiro Diego Carmona (ou Carmena) e o grumete Vasco Gómez.Enrique de Malaca, escravo de Magalhães, converteríase na primeira persoa da que hai constancia que deu a volta ao mundo ao regresar á súa terra polo leste dez anos despois de ser tirado dela polo oesteCon Portugal consolidando a súa ruta ás Indias, en particular ás illas das Especias que tanto se cotizaban en Europa e que facían rendibles aquelas viaxes, polo itinerario aberto por Vasco da Gama en 1498 polo sur de África (con galegos tamén polo medio), a idea de Magalhães, natural do Porto, de apostar pola viaxe cara o oeste buscando un paso a través de América non tivo receptividade en Lisboa. O financiamento tivo que conseguilo o portugués na coroa e en comerciantes españois, que o axudaron a conformar a flota que hai agora 500 anos partiu de Sevilla. Magalhães atoparía o paso cara ao Pacífico, polo estreito que leva o seu nome, pero tardaría un ano e medio en chegar ás Indias polo oeste en 1921. E ao chegar alí, en Filipinas, morrería nun enfrontamento cunha tribo. Magalhães xa estivera na zona en 1511, cando no arquipélago das Molucas se fixera cun escravo, Enrique de Malaca, que levou como intérprete nesa nova viaxe cara ao oeste. El converteríase polo tanto, dez anos despois de ser tirado da súa terra á forza, na primeira persoa da que hai constancia que deu a volta ao mundo.Unha das repercusións en Galicia daquela expedición de Magalhães da que agora se cumpren 500 anos foi a creación na Coruña da Casa de Contratación da Especiería, similar á de Sevilla pero que só funcionaría sete anosCoa morte de Magalhães, e tras diversos enfrontamentos internos e cos portugueses que levaban anos pola zona, o liderado da reducida flota recaeu en Elcano, que emprendeu, sempre cara ao oeste, a viaxe de volta á Península, culminando en setembro de 1522, tres anos despois de iniciarse, a primeira circunnavegación do globo. Dos cinco barcos que partiran só chegaba un, a nao Victoria, cargada de especias pero con apenas 18 dos 239 homes que iniciaran a expedición, entre eles os dous baioneses. Uns anos máis tarde outros galegos da mesma flota que quedaran nas Molucas reparando un dos barcos acabarían completando tamén a súa volta ao mundo.Unha das repercusións en Galicia daquela expedición de Magalhães da que agora se cumpren 500 anos foi a creación na Coruña da Casa de Contratación da Especiería, outorgada por Carlos V á cidade para centralizar o comercio coas Indias que puidese derivarse da viaxe do mariño portugués ao xeito en que Sevilla facía o mesmo co comercio con América. A posterior cesión a Portugal dos dereitos sobre as illas das Especias fixo que só funcionase durante sete anos. |
PRAZA_3063 | O CSIC publicou un almanaque que inclúe efemérides relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía, emprestando especial atención ao papel das mulleres e que se acompaña dunha guía didáctica. A UDC e os Museos Científicos Coruñeses encargáronse da súa versión galega. | O calendario recolle para cada día do ano un aniversario científico ou tecnolóxico: nacementos de persoas, avances realizados en distintos ámbitos ou curiosidadesO 14 de xaneiro de 2005 a sonda Huygens aterrou en Titán, o principal satélite de Saturno. O 20 de xaneiro de 1758 naceu Marie Anne Pierrete Paulze, cuxos logros científicos a converteron na nai da química moderna. O 9 de febreiro naceu Aletta Henriette Jacobs, a médica pioneira en planificación familiar que realizou o primeiro estudo sistemático de anticoncepción. Tres efemérides para tres días que podemos ler no Calendario científico escolar que realizou o CSIC e que conta cunha versión en galego realizada polos Museos Científicos Coruñeses e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o SNL da Universidade da Coruña (UDC).O Calendario recolle para cada día do ano un aniversario científico ou tecnolóxico: nacementos de persoas destacadas no mundo da ciencia, avances realizados en distintos ámbitos ou curiosidades, como que o 15 de decembro de 1972 Brian May, guitarrista de Queen e astrofísico, publicou en Nature o primeiro artigo da súa tese de doutoramento. O almanaque inclúe algunhas referencias galegas, como Ángela Ruiz Robles, María Ángeles Alvariño González, Isabel Zendal ou Antonio Casares RodríguezO almanaque inclúe algunhas referencias galegas, como por exemplo o nacemento de Ángela Ruiz Robles, a mestra inventora da enciclopedia mecánica, precursora do libro electrónico (28 de marzo de 1895). Ou o nacemento de María Ángeles Alvariño González, a primeira muller científica en traballar a bordo dun buque británico de investigación (3 de outubro de 1916). Elas dúas aparecían tamén na ducia de mulleres científicas galegas que publicamos en Praza.gal hai un tempo. No calendario aparece tamén o nacemento de Isabel Zendal Gómez (26 de febreiro de 1773), a enfermeira que coidou dos nenos que levaron a vacina da varíola polo mundo na primeira expedición sanitaria da historia (Real Expedición Filantrópica da Vacina). Ou o nacemento de Antonio Casares Rodríguez, o pioneiro en métodos analíticos que realizou as primeiras análises de augas medicinais en mananciais galegos (28 de abril de 1812). E mesmo unha previsión para este ano: o 21 de novembro entregaranse na Coruña os Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, o certame español máis antigo e recoñecido no ámbito da divulgación científica.O proxecto puxo "especial atención no uso dunha linguaxe non sexista e en asegurar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas"Dirixido fundamentalmente ao alumnado de Primaria e ESO, o calendario está acompañado dunha guía didáctica con actividades que poden ser adaptadas a distintos rangos de idade e materias. Aínda que todas as actividades son susceptibles de ser utilizadas en materias diferentes en función da súa orientación final, cobran maior sentido como traballo interdisciplinar entre materias STEM (do inglés 'science, technology, engineering and mathematics') e outras máis propias das humanidades. Trátase con isto de fomentar unha cultura científica integral e un pensamento crítico que sexa aplicable a todos os campos do saber.Así mesmo, o proxecto puxo "especial atención no uso dunha linguaxe non sexista e en asegurar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas, para pór a disposición do alumnado referentes que promovan as vocacións científico-técnicas entre as nenas e adolescentes", destaca o CSIC. |
PRAZA_1432 | O modelo obsoleto e desfasado que se está a impoñer vai provocar vertidos contaminantes a ría e vai incrementar as tarifas polos seus altos consumos enerxéticos | A iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e o saneamento de Ferrol entregaralle o próximo día 23 de xuño ao novo alcalde Jorge Suarez as sinaturas acadadas pola Proposta dunha iniciativa popular para a realización dunha consulta para a remunicipalización da auga e o saneamento. Esta iniciativa ten a súa orixe no debate social que se ten producido en Ferrol en torno o modelo de saneamento que se esta implantar e o seu modelo de xestión. Este modelo consiste nun proxecto moi custoso que unicamente vai incrementar o beneficio empresarial da empresa mixta que vai xestionar o sistema. Ademais, o modelo obsoleto e desfasado que se está a impoñer vai provocar vertidos contaminantes a ría e vai incrementar as tarifas polos seus altos consumos enerxéticos. Modelos similares a este teñen provocado que en Vigo a Xunta de Galicia alerte dos indicios de vertidos contaminantes que se producen polo seu mal funcionamento. O modelo obsoleto e desfasado que se está a impoñer vai provocar vertidos contaminantes a ría e vai incrementar as tarifas polos seus altos consumos enerxéticos Preténdese ademais, un modelo administrativo semiprivado de xestión, outorgando dunha forma que vulnera as premisas básicas da contratación pública a sua xestión a empresa mixta Emafesa. Isto vai supor que se vai primar o beneficio empresarial sobre o benestar social. E vanse incrementar a suba dos recibos. Con este sistema que ten apoiado a administración saínte non se busca o mellor para todos e todas, senón outras prioridades. Outro dos prexuízos do modelo foi o convenio asinado en xullo do 2012 por augas de Galicia e ACUAes cos concellos de Ferrol e Narón que conleva que será a veciñanza destes concellos as que van ter que pagar durante 50 anos a parte correspondente o Estado, inhibíndose este de asumir o custe, mais non o control que vai exercer a través de ACUAes España. A veciñanza da ría de Ferrol ten dereito a un saneamento integral e real da sua ría. Non podemos renunciar a este obxectivo inescusábel para o futuro económico da comarca. Non esquezamos que nestes momentos viven xa sobre 500 mariscadores directamente da ría de Ferrol. Hai que ter en conta tamén que a directiva Marco da Auga do ano 2000 obriga a diminuír a niveis aceptables a contaminación dos ecosistemas acuáticos a fin de protexer o medio e a saúde humana. A veciñanza da ría de Ferrol ten dereito a un saneamento integral e real da sua ría. Non podemos renunciar a este obxectivo inescusábel para o futuro económico da comarca Un dos grandes problemas que ten esta obra é que inclúe -aparte do colector xeral- os famosos "tanques de tormenta". A sua función lóxica sería a de ademais de evitar as inundacións en caso de choiva, a de separar as augas pluviais das sucias. Mais o que vai acontecer é que os "tanques de tormenta" van mesturar as augas residuais coas pluviais, e van envialas todas xuntas ao colector xeral para ser depuradas, impedindo deste xeito a súa reutilización e incrementando os custes do bombeo. Esta mestura vai ser derivada a ría provocando vertidos contaminantes, que como se di nun informe técnico; "es muy clarividente que el sistema unitario que tan sólo consiga gestionar las aguas residuales en tiempo seco, sin considerar la gestíon de la contaminación en tiempo de lluvias provocara el imcuplimiento de calidad.... por lo cual dicho sistema podrá calificarse de ineficaz e ineficiente". Ou como moi ben resume o experto da UDC Joaquín Suarez; "O saneamento unitario non é sostible, xera impacto ambiental e supón un elevado custe medioambiental". Cómpre pois que o novo goberno encabezado por Jorge Suarez replantexe o sistema de saneamento escollido para a ría de Ferrol, e que se proceda a un estudo para a introdución paulatina de melloras técnicas que non supoñan a paralización e se proceda a un estudo para a introdución paulatina das melloras que viabilicen a obtención dun sistema máis idóneo de depuración das augas. E ir así o tantas veces demandado saneamento "integral da ría". Mais para poder adoptar outro modelo en función dos intereses do común e para que non se volvan a producir episodios tan vergonzosos como a suba xeneralizada das taxas, sería primordial municipalizar o servizo de augas de Ferrol. Para poder adoptar outro modelo en función dos intereses do común e para que non se volvan a producir episodios tan vergonzosos como a suba xeneralizada das taxas, sería primordial municipalizar o servizo de augas de Ferrol Cidades europeas como París ou Berlín xa o fixeron ou o están a facer, con grandes melloras no servizo e rebaixas substanciais para os seus aboados. Este tipo de xestión non mercantil permite tamén a realización das inversións necesarias que o sector privado non esta disposto a realizar e, en algúns casos, unha redución da tarifa pagada polos usuarios que como no caso de Paris ou Arteixo se rebaixaron nun 8%. Nestes tempos de precariedade económica a rebaixa das tarifas nos servizos básicos é algo fundamental. A auga e o saneamento non son mercadorías, son dereitos humanos básicos e o novo goberno de Ferrol vaino entender asi. Ferrol non debe aceptar máis control nin máis abusos sobre servizos que foron públicos e que se privatizaron, non polo ben común, senón para favorecer a uns poucos. O debate social fica aberto. |
NOS_39742 | A CIG, CCOO e UXT convocan unha folga xeral de catro horas para o vindeiro día 17 de decembro que terá lugar entre as 10 e as 14 horas. Ese mesmo día unha cadea humana de entre 4 e 5 quilómetros unirá os concellos de Ferrol e Narón a partir das 11 horas. | A situación das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal é dramática. As tres forzas sindicais con máis presenza nelas, a CIG, CCOO e UXT, chegaron hai tempo a esta conclusión, pero o remate de ano e as perspectivas de que 2021 empeore aínda máis o panorama económico e laboral desta zona levaron a unirse na convocatoria dunha folga xeral de catro horas para o vindeiro día 17 de decembro que terá lugar entre as 10 e as 14 horas. Ese mesmo día unha cadea humana de entre 4 e 5 quilómetros unirá os concellos de Ferrol e Narón a partir das 11 horas. O estaleiro de Navantía, o futuro da central térmica de Endesa nas Pontes e a deslocación de Siemens desde As Somozas até Portugal son o foco dun problema ao que se suman as empresas auxiliares, de servizos e a propia hostalaría. Sen novidade das comarcas nos orzamentos "O fechamento de empresas e negocios é continuado", explica Manel Grandal, secretario comarcal da CIG, a Nós Diario, "e o motor que é Navantia está sen carga de traballo polo que cando se inicie 2021 as empresas auxiliares padecerán", engade. Este sindicalista denuncia que "os orzamentos do Estado español e o borrador dos da Xunta da Galiza esquecen estas comarcas". Da mesma opinión é o Secretario xeral de CCOO en Ferrol, Santiago Díaz, que engade que tampouco "hai proxectos dentro dos fondos europeos" que dean esperanza á poboación. Infraestruturas obsoletas "Falamos de empresas mais tamén de comunicacións", asegura o sindicalista da CIG. No punto de mira está "o tren e a liña de alta capacidade que son vitais para dar solucións". Díaz explica que "a liña férrea que nos une coa Coruña e con Betanzos leva sen apenas tocarse desde que se fixo en 1914". Entre os atrancos que padece a poboación cada día, as malas comunicacións impiden o progreso económico, e pon como exemplo que "en Betanzos seguen cun sistema no que os trens teñen que parar alí e agardar 20 minutos para desviarse en dirección a Ferrol". Explica que nos orzamentos figura un estudo para este tema, "mais debe ser o terceiro que se pide e non comezan nunca as obras", "levamos 20 anos con reclamacións". Sinala, ademais que o traxecto de 55 km coa Coruña ten unha duración de 1,20 horas e conta con só tres trens ao día. Decrecemento maior da poboación "É unha situación dramática, de decrecemento da poboación", apunta o sindicalista de CCOO. "Hai 20 anos tíñamos 20 mil habitantes máis dos que temos hoxe" polo que "non hai outra cidade na Galiza ou no Estado que conte con esta dimensión de decrecemento". Culpa deste panorama "á falta de postos de traballo". Ten claro que se "as nosas fillas e fillos non atopan aquí emprego" a perda de poboación continuará. "Ferrol tiña un peso considerábel na industria galega e hoxe en día está toda a comarca parada", resume. Para José Antonio Díaz, secretario xeral da UXT en Ferrol boa parte da culpa está na "mal chamada reconversión naval por non dotar de empresas que puidesen paliar a falta de traballo no naval que temos agora". Folga en Siemens Gamesa pola falta de carga de traballo Persoal de Siemens Gamesa no polígono industrial das Somozas aprobou en asemblea o desenvolvemento de dúas xornadas consecutivas de folga, cun parón de 48 horas, a realizar as vindeiras segunda e terza feira. Denuncian que a planta está a quedar sen traballo, xa que os encargos de pas aeroxeneradoras do modelo SG-114, que son as que maioritariamente realizan nesta factoría, están a piques de ser finalizadas. |
NOS_32098 | A plataforma veciñal que se opón ao proxecto de mina a ceo aberto que a empresa canadense Edgewater pretende desenvolver en Cabana de Bergantiños, co beneplácito da Xunta do PP, vén de facer público un manifesto apoiado polo mundo da cultura, a docencia, a investigación, a política e o movemento ecoloxista galego | A Plataforma pola defensa de Corcoesto vén de facer público un manifesto contra a mina a ceo aberto que unha empresa de capital canadense pretende instalar na parroquia, ubicada en Cabana de Bergantiños, e que afectaría tamén os municipios lindeiros de Ponteceso e Coristanco. No texto, que conta co apoio explícito de centos de persoas vinculadas ao mundo da cultura, da docencia, da investigación e da política, para alén do movemento ecoloxista galego, salienta que o proxecto mineiro supón "un espolio dos recursos" do país practicado "co apoio explícito" dunha Xunta até o de agora gobernada polo PP e que non dubidou en presentar como "proxecto estratéxico" as intencións da mineira Edgewater: destruír unha superficie equivalente a 700 campos de fútbol a cambio de 20 postos de traballo. O uso do cianuro como técnica para a separación do ouro "é altamente contaminante", e todo co ollar posto en 34 toneladas de ouro "das cales nin sequera está demostrada a súa existencia". Para isto removeránse 64 mil toneladas de terra ao día, e consumiranse máis dun millón de litros de auga. Segundo os cálculos da Plataforma, o consumo é o equivalente ao que farían 6.497 persoas. Son máis d@s que habitan o concello de Cabana. Hai uns días, representantes do colectivo veciñal contrario á mina de ouro mantiveron unha xuntanza coa consellaría de Industria, nomeadamente co secretario xeral, Borja Berea, e a subdirectora xeral de Recursos minerais, María José Mijares. Segundo explicou a este xornal Francisco García, amb@s os dous altos cargos ficaron "sorprendidos" pola cantidade de información que manexa a Plataforma. "Non contaban con que soubesemos tanto", subliñou García, salientando que Berea se comprometeu a revisar as alegacións que o colectivo presentou para parar a mina, proxecto que, tal e como transladaron en San Caetano, consideran "puramente especulativo". Como reza o manifesto, unha pantasma percorre as terras de Pondal, os vales de Bergantiños, as revoltas do Anllóns [...] Esa pantasma ten alento de cianuro e chámase Edgewater. |
NOS_18019 | Aumenta a tensión cando case todas as cartas están sobre a mesa. Aínda hai, aliás, algunhas incógnitas, a principal, a de se o Parlament votará esta semana, ou non, a declaración de independencia. JxSí e CUP acordaron esta segunda feira realizar un pleno a quinta feira, a véspera de o Senado aprobar a activación do 155. Puigdemont estuda comparecer na cámara alta para defender as alegacións do Govern á aplicación do artigo que liquida a "autonomía" catalá. | A situación xudicial de Puigdemont é delicada -hai contra el cargos de prevaricación, malversación de fondos e desobediencia- e tende a pior, após se coñecer que a Fiscalía Xeral do Estado prepara tamén unha querela por un presunto delito de rebelión. A querela apresentaríase automaticamente na eventualidade de Puigdemont (ou o Parlament) declarar a independencia e envolvería a detención do president, segundo dixo esta terza feira a Antena 3 o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, quen ocupa o ministerio público por designación do executivo -unha anomalía democrática española que pon en cuestión a división real de poderes. O delito de rebelión está moi fortemente penado e pode conlevar penas de prisión de 15 a 30 anos (no caso extremo de se materializar o acto rebelde con violencia). Algunhas fontes xurídicas indican que a Fiscalía tenciona estender o delito de rebelión a todos os cargos eleitos que voten a declaración de independencia. E vaise votar finalmente? Fontes soberanistas consultadas por Público.es indican que si, que o Parlament -na reunión axendada para esta quinta feira- si declarará á independencia. Destarte, levantaríase a suspensión sobre a DUI -ou máis ben sobre os efeitos da Lei do Referendo- decretada por Puigdemont na súa comparencia parlamentar de 10 de outubro. Fontes soberanistas consultadas por Público.es indican que si, que o Parlament -na reunión axendada para esta quinta feira- si declarará á independencia O acordo para realizar o pleno do Parlament esta quinta feira, xusto nas vésperas de o Senado se reunir a sexta para dar luz verde ao 155, tomárono esta segunda feira JxSí e a CUP. No enunciado de convocatoria non aparece ningunha referencia expresa á independencia, o cal é lóxico porque do contrario o pleno sería suspendido con toda seguranza polo Tribunal Constitucional. O que se prevé é que no mesmo transcurso do pleno se introduza un novo ponto na orde do día para submeter a votación a DUI. Puigdemont ao Senado A outra grande dúbida neste momento ten a ver coa hipotética comparecencia de Puidgemont no Senado para levar el persoalmente as alegacións do Govern ao 155. O de a Administración ameazada de intervención formular as súas observacións e obxeccións é un trámite inescusábel da aplicación deste artigo da Constitución. O Govern pode saldalo ou ben por escrito ou ben presencialmente. Esta última é a opción que parece se acabará impondo, sendo que JxSí quer transmitir a impresión de que a parte catalá esgotou as vías de diálogo até as últimas consecuencias. |
NOS_22590 | O Ministerio de Xustiza dirixiuse esta semana a 15 concellos galegos para instalos a que cumpran coa Lei de Memoria Histórica e retiren dos seus rueiros "vestixios do franquismo". Trátase da Coruña, Lourenzá, Quiroga, Ribadeo, Beariz, Carballiño, Melón, San Cristovo de Cea, Xunqueira de Ambía, Agolada, A Estrada, Tui, Campo Lameiro e O Porriño. | Os municipios recibiron unha carta do director xeral para a Memoria Histórica do Goberno español, Fernando Martínez López, en que solicita "a certificación de non existencia de simboloxía de exaltación no seu municipio e, en caso de que a houbese, proceda a dar cumprimento á lei". Esta inclúe a obriga para cada concello de "elaborar o catálogo de vestixios municipal, coa inmediata retirada dos escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar e represión da ditadura". O ministerio aclara que xuntou os datos municipais a partir do rueiro censal do Instituto Nacional de Estatística (INE), "organismo alleo á detección ou non de vestixios da Guerra Civil ou o franquismo". Ademais, a misiva do alto cargo lembra os mecanismos de fiscalización e sanción incluídos na Lei de Memoria Histórica 52/2007. No artigo 15.1 expón que as administracións públicas "tomarán as medidas oportunas para a retirada" destes recordatorios públicos da ditadura fascista, entre as que se atopa "a retirada de subvencións ou axudas públicas". Justicia enviou requerimentos a un total de 656 concellos en todo o Estado español. A partir dos datos do INE, cuantificou 1.171 rúas e prazas "con nome de destacadas figuras do franquismo". |
PRAZA_2889 | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou a posición do seu partido como "segunda forza" por detrás do PP, argumentando que En Marea non é unha organización política, senón unha coalición de partidos. | "O PP é a forza máis votada, pero perdeu 5 escanos, polo que é o peor resultado que tivo na historia da democracia". O PSOE, en cambio, "revalidou os resultados que tiñamos, nun contexto de moita fragmentación", consolidándose ademais como "segundo partido" en Galicia, por detrás do PP, xa que En Marea é unha "coalición de partidos". Esta é a interpretación que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, achegou na súa comparecencia ante os medios para valorar os resultados das eleccións, malia que En Marea non só igualou ao PSdeG en número de escanos, senón que, co 99,66% escrutado, obtivo 407.022 votos, -o 25,04%-, fronte aos 347.000 do PSOE, -21,35%-. O PSdeG non conseguiu, así, mellorar os seus resultados respecto ás eleccións xerais do 2011, no que obtivera 457.633 sufraxios, -27,81%-, nin beneficiarse da importante caída do PP. Besteiro considerou estes resultados "absolutamente positivos" e salientou, da mesma maneira que os representantes de En Marea, a "tendencia" ao cambio de cara ás eleccións autonómicas. "O cambio hoxe é máis posible ca nunca", indicou. O PSOE, -engadiu-, "é un partido solvente e extraordinariamente responsable, que non vai defraudar". Incidiu, así, na mesma idea que, cando se coñecían os primeiros resultados, subliñaba o voceiro do PSdeG no Parlamento, José Luís Méndez Romeu: "O PSOE ten unha capacidade demostrada de poder chegar a acordos. A lexislatura será máis inestable, onde a necesidade de diálogo vai ser maior". |
NOS_45766 | A illa de San Simón acollerá o vindeiro domingo, 16 de xullo, a homenaxe nacional anual ás vítimas do franquismo que como cada ano organiza a Iniciativa Galega pola Memoria. | Segundo a Iniciativa está prevista a participación dunhas catrocentas persoas nesta xornada que neste 81 aniversario do golpe fascista estará dedicada aos cárceres e campos de concentración que os golpistas habilitaron nas distintas cidades de Galiza para confinar ás persoas que defenderon a legalidade republicana: San Simón, Camposancos, Oia, Figueirido, Rianxo, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Muros, Lavacolla, Betanzos, Ferrol, Cedeira, Ribadeo, Celanova e outras. O acto central da xornada será ás doce do mediodía na illa de Santo Antón e contará coa intervención da escritora Susana Sánchez Arins. Esta xornada estará dedicada aos cárceres e campos de concentración que os golpistas habilitaron nas distintas cidades de Galiza A illa de San Simón é, segundo a Iniciativa pola Memoria, todo un símbolo tanto do que supuxo a represión franquista como da resistencia que, pese ao que se adoita pensar, opuxo o pobo galego ao golpe, así como da solidariedade que, cos presos do Lazareto amosaron moitas persoas da contorna e moi especialmente as mulleres, que lles levaban comida, roupa limpa e consolo. Este espazo foi campo de concentración entre 1936 e 1943 e nel estiveron máis de 6.000 persoas confinadas nunhas condicións moi duras. Desde a Iniciativa critícase novamente o desmantelamento da política da memoria que se iniciara no ano 2006 precisamente neste lugar coa súa declaración coa Illa da Memoria. "Todas estas iniciativas foron eliminadas a partir do 2009, baleirando o actual goberno a illa de calquera contido relacionado co seu pasado como campo de concentración franquista, chegando mesmo a cambiar a denominación de Illa da Memoria por Illa do Pensamento. A partir dese momento foi a Iniciativa Galega pola Memoria a que tomou as rendas da organización da Homenaxe Nacional, á que sempre se outorga un dobre carácter de recoñecemento e tamén de reivindicación". |
NOS_36195 | Chamádeme Simbad (Galaxia, 2009) é un dos títulos de máis éxito de entre a prolífica obra de Francisco Castro (Vigo, 1966). O libro, publicado nunha colección infantil, reflexiona sobre a memoria e a enfermidade. O 29 de abril estréase a versión teatral, no auditorio de Vigo, a cargo da Escola Municipal de Teatro. | As primeiras funcións de Chamádeme Simbad serán dirixidas a público exclusivamente escolar. Non será até xuño, "unha vez finalizada a xira por colexios", que a obra se abra "ao público familiar". Dez edicións e a súa inclusión na Lista de Hontra do IBBY, traducións a varias linguas e "mlleiros de exemplares vendidos", o traballo de Castro "é un dos clásicos da literatura infantil e xuvenil en lingua galega", segundo a súa editorial. "Mais, por enriba de todo, Chamádeme Simbad acadou unha gran sona como ferramenta para a visibilización do Alzhéimer entre os máis pequenos", engade Galaxia. |
NOS_32643 | A proposta tivo o apoio nas asembleas de máis de 90% da militancia. O Consello Nacional referendará esta decisión das bases na reunión deste sábado. | Amplo apoio das bases do BNG a concorrer ás eleccións europeas en coalición con ERC e Bildu. Máis de 90% da militancia, informa o Bloque a través dun comunicado, deu luz verde a esta candidatura conxunta para os comicios de maio tras un proceso de debate nas asembleas locais. Após esta decisión da militancia, este sábado o Consello Nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, asumirá e ratificará a opinión manifestada polas bases. A dirección do Bloque destaca que, tendo en conta a circunscrición electoral estatal, está candidatura conxunta representa unha garantía real de defensa do pobo galego na Eurocámara "sen condicionamentos alleos" O Bloque desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios "en función exclusiva dos intereses de Galiza Como explicaba a dirección da fronte nacionalista na proposta de resolución remitida á militancia, trátase dunha coalición "de carácter instrumental", polo que o Bloque desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico e con candidatos propios "en función exclusiva dos intereses de Galiza". Ademais, engade, recolle as bases políticas que fundamentan a candidatura impulsada polo BNG: defensa de Galiza como nación, do dereito de pobo galego a decidir e da súa soberanía política, defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra. Aliás, combate "o modelo ultraliberal da Unión Europea" e defende os principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos. |
NOS_26795 | Despois de trinta anos de militancia no PP, Alejo Vidal Quadras o que fora deputado e ex-presidente do partido de Mariano Rajoy en Catalunya vén de comunicar que abandona o partido. Vidal Quadras se integrará en Vox, o partido creado polo ex-funcionario de prisións José Antonio Ortega Lara. | As diferencias coa dirección do PP levaron finalmente a que Alejo Vidal Quadras abandone o partido para formar parte da organización de nova creación Vox, promovido por José Antonio Ortega Lara. Vidal Quadras comunicou ao presidente do partido, Mariano Rajoy Brey a súa decisión a través dunha carta na que critica "o aumento brutal de impostos, o reparto de vocalías no poder xudicial e o continuismo na negociación con ETA e a ausencia de democracia interna" e, de maneira especial, a postura ao respecto do proceso soberanista catalán, ao seu ver, nada contundente. "Non me sinto capaz de dixerir que se proclame que o estado das autonomías foi un éxito e que ofreza aos separatistas cataláns, que xa fixaron o día e a pregunta para a liquidación de España como nación, diálogo sen data de caducidade", di na carta na que lamenta que teñan a iniciativa, os "impulsores da desaparición da nosa gran nación, os que utilizaron a bomba ou a pistola e os que recorreron á reinvención do pasado e o envelenamento do presente". |
NOS_23168 | Nas vindeiras semanas haberá novos contactos. CxG di que na candidatura debe "caber todo o mundo" que defenda un cambio e grupo parlamentar propio. | "Moi positiva e nun moi ambiente". Eis a valoración que Compromiso por Galicia fai da xuntanza que mantivo con Esquerda Unida para falar da posibilidade dunha candidatura galega ás eleccións xerais. CxG transmitiu a súa opinión favorábel a que "as organizacións políticas temos que ser motores auxiliares" neste proceso. Para a formación galeguista nesta iniciativa "colle todo o mundo que queira un cambio político e institucional no Estado, cunha visión galega, cun grupo parlamentario propio". Nesta liña, desde Compromiso sinalan que ""para construír unha proposta con eixo de actuación en Galicia, Esquerda Unida é un actor fundamental". A delegación de CxG estivo formada polos membros da Executiva Nacional Rafael Cuíña, Manuel González e Zeltia Martínez e a de Esquerda Unida por Yolanda Díaz e Rubén Pérez. Nas vindeiras semanas haberá novas reunións. |
PRAZA_15607 | A presidenta do Parlamento representa o rei na cerimonia da translación da Catedral de Santiago, que volveu mesturar política e relixión mentres no exterior protestaban persoas afectadas polas preferentes | "Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa católica e demais confesións". O artigo 16.3 da Constitución Española definía deste xeito o campo de xogo no que, sobre o papel, se desenvolverían as relacións entre o Estado e as relixións dende a aprobación da norma. Trinta e catro anos e un concordato co Vaticano despois política e relixión católica volvéronse mesturar por enésima vez este domingo na Catedral de Santiago. Foi na cerimonia da "translación", coa que a tradición cristiá conmemora o relato da suposta chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela. Dende o século XVII a Casa Real española realiza unha "ofrenda" neste acto, en moitas ocasións a través dunha persoa "delegada" que, desta volta, foi a presidenta do Parlamento de Galicia. Como xa fixera a súa antecesora no cargo, así como os sucesivos presidentes da Xunta ou alcaldes de Santiago, entre outros, Pilar Rojo foi a encargada de pasarlles revista ás tropas e de encabezar unha comitiva de cregos e políticos pola praza do Obradoiro ata chegar ao interior do templo, onde lle correspondeu "invocar" o Apóstolo. A segunda autoridade da comunidade autónoma fíxoo para reclamar saídas para a crise nun foro que, a priori, é menos proclive ao deseño de estratexias de política económica que a Cámara que preside. Como delegada rexia Rojo pediu que o santo "axude" a "todos os responsables públicos" para que "adopten as mellores solucións para superar os problemas do presente", tamén "para que os máis necesitados consigan saír da situación actual". Rojo sinalou que "a tradición xacobea pode resultar útil para afrontar o paro" e reclamou "progreso social, pero tamén progreso espiritual" Mentres, no exterior do templo, persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas protagonizaban unha sonora protesta, a xefa do lexislativo pedía tamén intercesión divina para "alcanzar un sistema social ancorado na xustiza na igualdade" e para "reforzar o noso firme compromiso co valor da solidariedade e a nosa sólida convicción ética co servizo público". Todo isto, explicou, solicítao nun contexto no que "España e Galicia están en débeda co Apóstolo, por establecer nelas un itinerario espiritual que as enriquece en valores e cultura", en referencia a un Camiño de Santiago que, ao seu xuízo, "nos legou unha herdanza bañada de humanismo cristián que dignifica a nosa existencia". Co presidente da Xunta e o alcalde de Santiago nos primeiros bancos catedralicios, Rojo asegurou tamén estar convencida "de que a tradición xacobea pode resultar útil para afrontar o paro" que está no centro da propia crise. Para que o país saia adiante cómpre "progreso social, pero tamén progreso espiritual, porque o ser humano vai máis alá da súa entidade, como realidade meramente física", aseverou. Alleos á intervención apostólica, os afectados polas preferentes obsequiaron as autoridades con apupos, ao tempo que reclamaban a devolución dos cartos que lles "estafaron". |
NOS_51052 | A autora retrata a súa infancia a través de 16 contos de ficción nos que reflicte os seus seres queridos | A obra inédita de Xela Arias, Non te amola!, foi editada nunha publicación conmemorativa por parte do Consello da Cultura Galega en homenaxe á autora, editora e docente con motivo do Día das Letras Galegas. Esta peza representa a única obra narrativa de Arias, máis coñecida pola súa faceta poética e o seu traballo no mundo da tradución, e foi publicada por primeira vez este ano, da man da Editorial Galaxia e agora con esta edición especial a cargo da institución presidida por Rosario Álvarez. O texto componse dun total de 16 contos escritos a principios dos 90, cando a autora contaba con preto de 30 anos de idade. Neles, Xela Arias ofrece un retrato á súa infancia e retrotráese até os nove anos, para relatar as vivencias do día a día e da súa propia familia. A obra estaba finalizada e revisada pola propia escritora, que mesmo contaba cunha subvención concedida pola entón Consellaría de Cultura e Xuventude para a súa edición. A pesar diso, optou por deixar o libro no ámbito familiar, renunciou á axuda e conservouno á espera do momento oportuno. A decisión da Real Academia Galega de recoñecer a figura de Arias nas conmemoracións do 17 de maio, levou a súa familia a propor a difusión e publicación desta proposta narrativa inédita, que o Consello da Cultura asumiu como parte da súa liña de edicións conmemorativas daqueles autores aos que se dedican as Letras Galegas. A publicación, que conta cunha tiraxe limitada de 500 exemplares, conta cun estudo introductorio a cargo de Ana Iglesias, profesora e amiga persoal de Xela Arias, ademais de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores. Ambas participaron esta t4rza feira en Santiago de Compostela na presentación desta edición, canda o fillo de Arias, Darío Gil, e a presidenta do CCG, Rosario Álvarez. Precisamente, Álvarez destacou que o libro mostra unha Xela Arias "empapada do galego tradicional", servíndose dun rexistro máis espontáneo e próximo á oralidade e tentando introducirse como unha nena de nove anos que fala do mundo que lle rodea: da aldea, da educación, a familia ou o cambio a de unha contorna rural a outra urbana. Ana Iglesias incidiu neste punto para sinalar que presentaba unha "intención moi clara de deixar ese legado ás futuras xeracións", aos seus fillos e á súa familia, que queda reflectida ao longo das diferentes historias a través dos diferentes personaxes que protagonizan os contos. "É un agasallo para a súa familia e aí quedou como un tesouro. E grazas á súa xenerosidade converteuse nun agasallo para todos nós". A edición conta, ademais, coa participación da ilustradora Bea Gregores, que quixo salientar "esa relación no rural" e a importancia do mundo de Xela reflectido nas historias, unha visión dunha nena que soñaba con cambiar o mundo para as novas xeracións. Finalmente, Darío Gil agradeceu o traballo de todos os implicados nesta publicación conmemorativa, unha peza "moi fermosa" e que permite dar a coñecer "unha faceta máis" da traxectoria creadora da súa nai. |
NOS_50109 | A maior baixada deuse no sector servizos. | O paro rexistrado descendeu en febreiro en 1.679 persoas, o que é 0,88% de descenso, por riba da media estatal, que estivo en 0,18%. Desde febreiro do ano pasado agora o número de persoas anotadas nos rexistros de desemprego baixou en 11,9%. A maior baixada foi no sector servizos, en 1.048 persoas, seguida da construción, 461, da Industria, 343 persoas, e da Agricultura, con 25. De por parte, a afiliación á Seguridade Social aumentou no pasado mes en 5.027 persoas, o que é 0,52% de suba (no Estado foi de 0,45%). |
NOS_44123 | Unha orientación práctica do estudo da cultura dende o dominio da organización. | Lembro unha lectura de Agustín Markaide sobre cultura empresarial. Alí dicía que a bondade dunha cultura mídese polo acerto nas estratexias que xera. É unha proposición sinxela, que vén do eido da cultura de empresa, a que se desenvolveu notablemente desde 1980, precisamente cando se facía necesario examinar tódolos aspectos da organización da empresa para tratar de acadar metas de interese. A cuestión está na orientación eminentemente práctica do estudo da cultura desde o dominio da organización. A idea de medir a cultura polo criterio do acerto nas estratexias pareceume sinxela, pero xenial. Eu atopei aí un punto fixo fundamental despois de tanto tempo dándolle voltas a que hai algo na cultura galega que causa malestar, derrea arelas e consecución de obxectivos... para de repente xulgar a cultura polo acerto nas estratexias. Entusiasmado, comuniqueillo ós meus, pero atopei escasa receptividade, mesmo decepción. Pretendía precisamente propoñer facer unha revisión da cultura galega para facer observar pautas e contidos que nos conducen ao desacerto máis ou menos sistemático nas estratexias. Se abordamos esta tarefa con acerto, poderíamos seguramente dar grandes pasos adiante tanto nas relacións interpersoais satisfactorias, no clima social, na capacidade e satisfacción da actividade asociativa e colectiva, canto nos camiños cara a metas que nos propoñemos. Pero... ninguén atopou erótica na tarefa. A cuestión está na orientación eminentemente práctica do estudo da cultura desde o dominio da organización A opinión unánime da contorna conduciume a abandonar a aspiración. Hoxe querería propoñer de novo, a ver se atopo cómplices, abordar a tarefa de revisar a cultura galega tendo por norte o acerto nas estratexias. Chamarlle á endeita enxeñería cultural? Pois é. No intre, lin con paixón un libro de Zizek, Mis chistes, mi filosofía, quen fai unha cala en algo coma "psicanálise da cultura", tomando como fonte de inspiración chistes e apotegmas de ampla circulación social. O autor desvelaba relacións, concepcións profundas e detíñase no xuízo relativo ao acerto e desacerto nas estratexias que eses apotegmas enxalzaban, encubrían ou propoñían. Era o primeiro texto que identifiquei como un intento de reflexionar a cultura, fóra do eido da organización da empresa, desde a óptica do acerto nas estratexias. Seguramente chama a atención o monte de estratexias contidas na cultura galega que nos resultan disfuncionais e daniñas e que nos frustran no eido interpersoal, tronzan de modo recorrente a vida asociativa e a acción colectiva. Vou tentar unha cala. "O horror ao trato directo" Primeiro, o horror ao trato directo. Gran parte do esforzo nas relacións interpersoais consiste en ocultarse, evitar que nos pillen a agulla de marear: se nola chegan a descubrir, como que quedamos fráxiles e indefensos. O tabú das preguntas directas na cultura galega contrasta, por exemplo, cos nosos veciños casteláns, de trato directo, do pan pan e viño viño e do si ou non. A metáfora é a do galego na escaleira disimulando e causando perplexidade. As formas indirectas da conversa galega, o descortés do trato directo e a busca de evocacións tratando de acertar pistas coas que se permite esculcar o outro, poden resultar por certo divertidísimas e estimulantes. Á parte de seren divertidas –especialmente para algúns–, deberíamos preguntarnos onde teñen a súa orixe e cal é a súa funcionalidade. Fago a hipótese de que se forxou nunha cultura de superpoboación (Galicia foi até recentemente unha nación rural superpoboada) de base económica agrícola con notable estancamento técnico. Iso implica que se un medra terá que ser constrinxindo a outro: de aí a defensa e a oposición ao medrío do veciño. Preservar a intimidade e sortear o compromiso formal tamén teñen a avantaxe de ladear a presión de grupo e defenderse da conformidade. Estas son, desde logo, vantaxes innegables en certas circunstancias. Manifestamente, a nosa cultura profunda conseguiu con estas estratexias sortear a tripla agresión secular: a agresión da teoloxía católica contra a vivencia profunda da relixión galega, a agresión da lingua e civilización española contra a nosa lingua e cultura, e a agresión do racionalismo ilustrado contra o noso ser real-concreto. Teñen tamén un lado que fai moito dano: as relacións interpersoais confusas, que na cultura actual fannos desgraciados e desamparados. Fannos pouco capaces de compromisos claros e de metas colectivas... Posiblemente danan tamén a amplitude e profundidade do pensamento estratéxico.Unha cultura pódenos instar espontaneamente a xogos gañar-gañar nos que todos gañamos, ou frustrar sistematicamente estas opcións estratéxicas e conducirnos a xogos gañar-perder que normalmente acaban tornándose perder-perder. Desde esta óptica, a endeita sería mergullarnos na nosa cultura para ver que hai de bo e que hai de perigoso en moitos dos seus contidos. Penso que así poderemos ir buscando unha boa cultura, unha cultura que nos flúa por estratexias acertadas, que tanta falta nos fan se queremos azos para un futuro. |
PRAZA_2653 | Un bo resultado en decembro suporía un punto de partida idóneo para que nas próximas autonómicas existise a opción dunha candidatura unitaria na que participasen todas as forzas rupturistas galegas | Galiza non só pugna por obter o maior número de deputadas e deputados, senón que conta cun reto superior, o de asegurar a continuidade do proceso de cambio que tivo a súa sorte de 'clímax' o pasado mes de maio Nunha recente entrevista que mantiven con Xulio Ferreiro, alcalde de A Coruña, este afirmaba que as chamadas 'cidades do cambio', de non contar con aliados noutras institucións, terían moi difícil "aguantar, gobernar" e, ao final, "demostrar que as cousas pódense facer doutro xeito". Falabamos sobre a importancia das vindeiras eleccións xerais. E que importancia teñen? Responde o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega: "A de non sentirnos sós cun foco dos poderes fácticos moi adversos". Igual opina o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, quen advirte que neste ciclo electoral "non se poden frear os procesos de unidade popular que loitan contra a corrupción sistémica e pola recuperación dos dereitos sociais". Os concellos, engade, "non poden ser meros parapetos contra os recortes e a depredación das que son vítimas as clases populares; é preciso a conquista do lexislativo". O 20 de decembro, Galiza non só pugna por obter o maior número de deputadas e deputados no Parlamento do Estado español, senón que conta cun reto superior, o de asegurar a continuidade do proceso de cambio que tivo a súa sorte de 'clímax' o pasado mes de maio, nas eleccións municipais. Porén, o proceso de cambio en Galiza non comezou entón, senón moito antes, como ben remarca Noriega. O alcalde de Compostela entende que se en maio tivo éxito a fórmula da unidade, foi porque "o proceso estaba máis maduro que no resto do Estado". Comezou, opina, "nos anos 90 co BNG como acumulación das forzas nacionalistas partidarias; continuou con AGE no 2012 como acumulación das forzas da esquerda nacionalista e da esquerda federal partidaria; e no 2015 coas mareas como acumulación das forzas de esquerda partidaria, tanto nacionalista como federal, e da esquerda social, entendendo esta última como 15M e Nunca Máis". O propio Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, asegurou en varias ocasións, de feito, que se non tivera nacido a experiencia de AGE probablemente a súa formación non existiría, polo menos non nos marcos nos que se move desde os seus inicios. Un bo resultado en decembro suporía un punto de partida idóneo para que nas próximas autonómicas existise a opción dunha candidatura unitaria na que participasen todas as forzas rupturistas galegas Non pode resultar alleo, polo tanto, que o seguinte paso neste proceso de cambio en Galiza pasa por En Marea, a candidatura de unidade que conforman Podemos, Esquerda Unida e Anova. Un bo resultado en decembro suporía un punto de partida idóneo para que nas próximas autonómicas existise a opción dunha candidatura unitaria na que participasen todas as forzas rupturistas galegas que puidesen disputar definitivamente a hexemonía do bipartidismo, pero, sobre todo, do Partido Popular. En Galiza, o significante 'marea' sustenta máis significados dos que pode entenderse a nivel estatal. No 2002, fomos testemuñas do despectivo significado que podía acompañar ao termo 'marea' cando o seu apelido non podía ser outro que o de 'negra'. A 'marea negra' do Prestige non se pode entender unicamente pola cor que bañaban entón as mareas que asolaron as nosas praias, senón que describe tamén a xestión entón e sempre dos gobernos do Partido Popular en Galiza. En Marea é resultado non só da necesaria unidade popular galega, senón que responde a emerxencia de rematar coas mareas negras do Partido Popular, coas súas políticas de corrupción, recortes, desigualdade e inxustiza En Marea é resultado non só da necesaria unidade popular galega, senón que responde a emerxencia de rematar coas mareas negras do Partido Popular, coas súas políticas de corrupción, recortes, desigualdade e inxustiza. Nunca Máis, durante a crise do Prestige, non era outra cousa que un berro de xustiza no medio de tanta inxustiza. O eco dese berro ten que escoitarse tamén o 20 de decembro, cunha marea que alcance as nosas praias e borre coa forza da unidade as inxustizas que o Partido Popular deixou escritas na area. As primeiras mareas de ilusión chegaron en maio e conquistaron as principais cidades de Galiza, pero cumpre que non esquezamos que esa conquista precisa de logros maiores. O 20 de decembro non queremos as praias, queremos o conxunto dos océanos e mares que bordean o noso país. |
PRAZA_3995 | Estamos núos até os ósos. A Ocasión a pintan calva porque non poderemos xa asir a esa fugaz deusa romana cando pasar. Batamos coa porta e saiamos a un mundo distinto, máis noso. Localizado. Deixemos de fuxir. | Fumos conducidos a un cuarto por un mordomo que nos deixou alí pechados baixo chave. Un cuarto dun enorme hotel no inferno. Un cuarto sen espello nin fiestras cunha única porta e con a penas tres sillóns, unha estatua de bronce e un abrecartas. O mordomo marchou e aquí ficamos nós, a porta pechada. Esperando. Esperando ser torturados, mais non aparece ningún torturador xa que os torturadores somos nós. Todo o que hai na habitación é inútil. Fai parte dun absurdo. Nin a estatua de bronce da lámpada permite apagar a luz nin o abrecartas ten utilidade sen papel. Estamos así obrigados a mirar e ser mirados nun nudismo forzado. Ao nos confinar, o mordomo converteunos nos nosos proprios verdugos. Nunha dependencia demoníaca. So no ínfimo intre do palpabrexo é que nos podemos sustraer á ollada allea. E aínda entón están os xeolocalizadores para nos axexar.Un home e dúas mulleres, Garcin, Inés e Estelle obrigados a convivir. Sumetidos á ollada da Gorgona que petrifica.Este é o argumento da obra de teatro do existencialista Sartre, escrita e estreada antes do remate da Segunda Guerra Mundial. A primeira vez que eu lin a rotunda frase do protagonista, Garcin, alter ego de Sartre: O inferno son os Outros, aqueloutroume. Principalmente porque vin por vez primeira enunciada a miña propria experiencia ou intuición. De nena eu coidava que o mundo era un lugar perigoso, que se podía vivir só dentro dunha limia que non ía moito máis aló da rúa do Hospital onde vivían meus avós maternos e Pazos onde ficava a familia paterna. Os nenos teñen un pensamento mítico. A realidade divídese en dúas, unha coñecida, segura e outra selvaxe, misteriosa e arriscada onde tes que estar sempre en estado de alerta. A dicotomía civilizado-selvaxe coa que tamén xoga a literatura.O mundo globalizado e a interrede crebaron esas limias e hoxe o estado de alerta é permanente. Os nenos teñen máis pesadelos ca nunca e os adultos sofremos de insomnio ou sopor. Esborrelan as contornas e custa barro e fariña disterar se é que estamos dentro ou fóra e de que. Máis isolados ca nunca, latexando entre a continxencia e a necesidade, entre o real e o dixital, o sono e a vixilia, o inferno habítanos. Levamos o demo da alteridade interiorizado, sobrexpostos á ollada obrigada nas redes sociais sen as que o isolamento sería aínda máis terrorífico. Máis dun mes confinados, acuartelados. Imaxinando só o que pasa fóra. Moitos temos fiestras, non todos, desde as que mirar por vez primeira a ese outro que se mira nas luces nouturnas das pantallas o mesmo ca nós. Un outro ao que non nos podemos achegar, nin ollar de fite, co que non podemos falar se non é na distancia das redes onde voluntariamente nos sometemos a ser xulgados , a procurar o veredicto que nos salve ou nos destrúa. Prefiririamos estar nesa habitación sartriana, con conflictos cara a cara? Cantas familias, compañeiros forzosos ou non de vivenda estarán nese cuarto a porta pechada?. Con habitacións sen xanelas co mesmo abrecartas absurdo sen papel na vida?. Cun abrecartas inútil no tempo dos emailes. Cantas velliñas temerán sair á horta após a apocalipse do noticieiro a buscar os repolos?.Agora temos todo o tempo do mundo, os confinados, a desvelar a identidade dese mordomo que nos pechou coa chave da covid 19. Son os mordomos do universo todo. Senhores à força, mandandores sem lei. Enchem as tulhas, bebem vinho novo. Dançam a dança no pinhal do Rei. Os mordomos-vampiros do Zeca que xa están acó, que nunca tiveron marchado.Sartre nos di en A porta pechada que non é posibel o illamento. Que ninguén pode salvarse só. Que gañamos ou perdemos todos. Transitar da cortesía ao silenzo, do silenzo a axuda e da axuda mutua ao vincallo. Non temos outra que defrontarmonos no Outro, sempre no cerne do conflicto. Abocados á nos construir na Alteridade. A impotencia do individuo pode levar do individualismo mercantil a unha procura colectiva, un volver sobre nós como colectividade. Confrontar o meu sen medo ao teu. Todos deveriamos agardar que se espere algo de nós. O outro como espello onde nos mirar. Non deveriamos ter espellos na casa. A porta pechada, neste eterno presente sartriano, non todo está previsto. Desbotemos a ollada que nos xulga. Apontemos a ollada no verdadeiro conflicto. A situación alarmante non é consecuencia da chave ou virus. Non é a chave quen nos mantén pechados senón o mordomo que marchou e ao que esquecimos mentres nos pelexamos ollando a pechadura.Procuremos o discernimento. Pescudemos no acontecemento que nos limita. Rachemos coas aparencias do mundo, cos xuízo externos, cos roles sociais que nos vazían da nosa potencialidade ao servizo do común. É tempo de parar e rachar co inferno das aparencias, coas máscaras impostas. Estamos núos até os ósos. A Ocasión a pintan calva porque non poderemos xa asir a esa fugaz deusa romana cando pasar. Batamos coa porta e saiamos a un mundo distinto, máis noso. Localizado. Deixemos de fuxir. Pois ben, continuemos. |
NOS_39966 | A Asemblea de Áreas Sanitarias da Galiza apunta unha maior participación en todas as áreas agás na de Vigo, que rexistrou unha caída de "90% a 83%". Canto á actividade nos centros de saúde, a Asemblea destaca a normalidade con que se atendeu as doentes durante a xornada de paro. | A Asemblea Galega de Áreas Sanitarias subliña "a atención normal" que se viviu nos centros de saúde durante a primeira xornada de folga á que estaban chamadas pediatras e médicas de familia de Atención Primaria. O seguimento medra en todas as áreas sanitarias salvo na de Vigo. Segundo Alberto García Pazos, voceiro da Asemblea na área sanitaria de Vigo, a participación medrou en todas as áreas a respecto do último paro convocado o pasado 19 de xuño salvo na de Vigo, matizou, onde diminuío o seguimento de "90% a 83%". García Pazos incidiu en que esta é a terceira convocatoria que se fai na área e "nótase o desgaste dos médicos". Con todo, dixo, "rexistrou o seguimento máis alto" de todo o territorio. Por detrás de Vigo, a folga rexistrou un apoio de 65% en Ferrol e Pontevedra; e de 50% en Ourense. Segundo a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias, onde menos soporte recibiu o paro foi na Coruña, Santiago e Lugo, cunha participación de 47%, 45% e 33% respectivamente. Talvez, apunta Alberto García Pazos, "por mor da dispersión da poboación e a dificultade de comunicación das profesionais". Datos de Sanidade Fronte a estes datos, a Consellaría de Sanidade rebaixa o seguimento da folga en todo o país e sinala que a participación das facultativas foi inferior á rexistrada no mes de xuño. Segundo as súas estimacións, 12,7% das profesionais de Atención Primaria secundaron a folga na quenda de mañá e 12,1% na de tarde. 28 de novembro, segunda xornada de folga Esta quinta feira, 28 de novembro, está convocada unha nova xornada de paro. "Pídese algo que parece sinxelo pero que está resultando moi complicado: poder facer o traballo ben e atender aos pacientes co tempo suficiente", inciden desde a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias. Pídese algo moi sinxelo que resulta complicado: poder facer o traballo ben e atender aos pacientes co tempo suficiente. Desde o colectivo valoran positivamente o "amplo seguimento da folga e de apoio á táboa reivindicativa", e engaden que "por moito que insista o xerente do Sergas, Fernández Campa, a realidade é que non houbo cambios nos centros de saúde nestes meses". Reivindicacións A lista de reivindicacións aprobadas para ir á folga son seis: 1. Xerencia de Atención Primaria.2. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en tres meses, e definir un tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de "todas" as vacantes de "todas" as categorías mediante Oferta Pública de Emprego (OPE).4. Cobertura de 100% das ausencias de "todas" as categorías.5. Orzamento específico e propio de Atención Primaria até acadar 25%, a razón dun incremento mínimo anual de tres puntos porcentuais. 6. Atención homoxénea en todas as áreas sanitarias. |
NOS_40278 | Os parques eólicos Brisa, Céfiro e Galerna, que Greenalia está a tramitar a través do Miteco, situaríanse en medio do Camiño de Inverno e a Vía da Prata. Aliás, nos estudos de impacto ambiental consta a presenza de especies da avifauna vulnerábeis como a tartaraña cincenta, o miñato real ou a gatafornela. | O Boletín Oficial do Estado (BOE) someteu o 15 de xullo a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e os estudos de impacto ambiental (EIA) de tres novos parques eólicos que afectarían os concellos de Dozón, Lalín, Rodeiro e O Irixo: Brisa —once aeroxeradores e unha potencia instalada de 61,6 megawatts (MW)—, Céfiro —dez turbinas e 56 MW— e Galerna —outras dez e 56 MW—. Todos eles están promovidos por Greenalia SA, malia que a través de tres sociedades diferentes, unha cuestión que vén sendo o 'modus operandi' da enerxética galega: Greenalia Wind Power Brisa SLU, Greenalia Wind Power Céfiro SLU e Greenalia Wind Power Galerna SLU. As tres entidades, segundo consta nos seus respectivos anteproxectos, "chegaron a un acordo para compartir a tramitación, construción e explotación das infraestruturas de conexión comúns precisas para a conexión á rede en Silleda [na subestación colectora que reúne a enerxía xerada en diferentes parques da zona]". De feito, malia contaren os tres parques de Greenalia con cadansúa subestación para recoller a enerxía provinte directamente dos aeroxeradores, esta circulará até Silleda conxuntamente a través da liña de alta tensión do eólico Galerna. Isto non impediu que cada parque fose sometido de forma separada ao EIA —previo á Declaración de Impacto Ambiental (DIA), formulada pola Administración competente, neste caso o Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco)—, unha práctica frecuente da que veñen alertando nos últimos meses diferentes colectivos ecoloxistas, ao consideraren que non se está a valorar o impacto real da suma de todos os aeroxeradores sobre o medio natural e a propia vida humana e animal. Cómpre salientar que as turbinas de Brisa e Céfiro están a apenas dous quilómetros de distancia, e estas últimas a seis de Galerna. Muíños no Camiño Os propios estudos de impacto destes tres parques recoñecen a "severa" afección dos mesmos a dúas rutas do Camiño de Santiago: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno. É o caso de Céfiro, que, de se aprobar, situaría dúas turbinas xusto a ambos os lados polos que discorre este último traxecto. Aliás, o parque sería visíbel ao longo de 22 quilómetros de percorrido da Vía da Prata e de 30,7 do Camiño de Inverno. Debido á elección do emprazamento destes aeroxeradores —un total de 31—, "resulta imposíbel non cruzar os dous camiños", segundo recoñece a empresa no EIA do parque Galerna, que unicamente insta a "minimizar no posíbel a afección". Mais non só afectaría as e os peregrinos: unha de cada dúas persoas residentes en Lalín padecería un impacto visual "moi alto" das turbinas, que tamén serían perceptíbeis desde diferentes parroquias de Agolada, Dozón, Rodeiro e O Irixo. Así mesmo, os estudos falan dun impacto acústico elevado nos treitos do Camiño que ficarían atravesados polos muíños: entre 45 e 50 decibelios (dB) —o máximo permitido por lei é de 50 dB en horario nocturno e 55 durante o día—. Elementos patrimoniais Decenas de mámoas presentes na contorna padecerían tamén unha afección "severa" como consecuencia da construción e explotación dos parques, así como diferentes castros, un sarcófago, a Igrexa de San Xoán de Veiga e outros elementos do patrimonio cultural. Tamén as aldeas da Veiga, Carballeda, Casares ou Palmaz —entre moitas outras declaradas "de interese"— se verían afectadas. Especies ameazadas Nos estudos de impacto detectouse a presenza nas zonas afectadas de senllos exemplares da tartaraña cincenta, unha especie definida como vulnerábel no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) que nidifica nos terreos que ocuparían os parques, e o miñato real, actualmente en perigo de extinción. Tamén se tivo constancia de que na contorna habitan outras especies vulnerábeis como a gatafornela, a ra patilonga, a ra vermella ou o lagarto arnal, así como numerosos morcegos. Os estudos recoñecen o perigo que suporían, especialmente para as aves, as numerosas turbinas que se erguerían neste territorio. Contra estes tres parques poderanse presentar alegacións até o 15 de agosto. Nova solicitude ante o Miteco Noutra orde, a empresa catalá Automatic Recovery Systems SLU vén de iniciar ante o Miteco os trámites para a construción dun parque eólico, denominado Riós, nos termos municipais de Castrelo de Val, A Gudiña e Riós. Malia que aínda non figura o estudo de impacto ambiental, no documento de inicio constátase que estará composto por 15 turbinas cunha potencia total instalada de 90 MW. Aliás, o BOE volveu someter a información pública o 15 de xullo os eólicos Badulaque, Barqueiro, Moeche e Santuario, situados na comarca de Ferrolterra, por erros na primeira publicación —o pasado día 7—. Deste modo, amplíase o prazo para presentar alegacións contra todos eles até o vindeiro 15 de agosto. Os catro están promovidos por Enel Green Power, filial de Endesa. |
PRAZA_7586 | A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovia atópase cortada, segundo SOS Courel, que nos últimos anos criticou en varias ocasións o estado da via e os traballos de reforma mal realizados. "Unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte", conclúen. | A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovía atópase cortada, segundo SOS Courel, que denuncia a situacion de illamento na que se atopa a zona nestes momentos. A asociación lembra que esta estrada comezou a reformarse no ano 2003 e que "aínda falta a metade" e que a vía "tiña que ser autonómica pero de xeito inexplicábel segue nas mans da Deputación". Tamén salienta que en varios momentos no pasado se denunciou o estado da estrada e os traballos de reforma mal realizados. A LUP-1301, que une Seoane do Courel co hospital do Cebreiro e a autovía atópase cortada, segundo SOS Courel, que denuncia a situacion de illamento na que se atopa a zona nestes momentos A estrada está cortada por mor da chuvia que caeu na última semana. Xa o venres pola tarde dende Pena Ferreira desprenderonse varios miles de toneladas de terra, pedras e vexetación, que despois de percorrer máis dun quilómetro baixaron a encorar o Río Lor, cortando ao seu paso a estrada de Seceda, e logo a LU-651 no seu quilómetro 28.5. As dúas estradas permaneceron cortadas un día enteiro. Finalmente a enchenta do Lor desfixo o encoro e axudou a librar a estrada. Segundo SOS Courel este mesmo desprendemento xa ocorrera hai máis de trinta anos debido a que as pistas que baixan da Serra da Escrita verten as augas das súas cunetas nunha pista abandonada que se dirixe ao abismo de Pena Ferreira, enchoupando bolsas de terra A asociación conclúe que "unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte" SOS Courel denunciou ante as administracións "a falta de estudos ambiental e xeotécnico e outra serie de irregularidades" e no 2011 repetiu as denuncias ante a Garda Civil. As fendas que veñen de obrigar a cortar a estrada producíronse na saida de Piñeira cara a Seoane, nunha zona de subsidencia xeralizada, un fenómeno provocado porque "cando se reformou a estrada se recheou de terra mal compactada, á que non se lle engadíu material rochoso suficiente para darlle solidez", segundo a asociación. SOS Courel engade que "para colmo de males o sistema de drenaxe está descoidado, e nos días previos a formación das fendas a cuneta ocupouse por unha pequena freita e unha árbore, a auga viuse obrigada a sair da cuneta e percorre o asfalto ate verter por fóra". A asociación conclúe que "unha vez máis levarán a culpa os deuses, a choiva, a cicloxénese e a mala sorte". |
QUEPASA_190 | O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas. | Datos positivos os que recollemos hoxe na plataforma de transparencia do SERGAS. Son 9 os Concellos sen alerta sanitaria por COVID19 na Costa da Morte, cando levábamos varias semanas con só 5 concellos en verde. Aos Concellos de xa estaban en verde estes días, Corcubión, Fisterra, Carnota, Muxía, Muros e Zas, sumámoslle hoxe os de Mazaricos, Dumbría e Camariñas. Tamén baixa lixeiramente a incidencia en Bergantiños, xa que Ponteceso sae da zona vermella, quedando só 6 concellos en nivel 3. Deste xeito, o mapa queda do seguinte xeito: Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Cabana e Vimianzo. Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Santa Comba e Ponteceso. Nivel 21 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe e Cee. No Hospital Virxe da Xunqueira temos 12 ingresados en planta (1 máis ca onte). Nos Centros Educativos O CEIP Fogar segue a sendo máis afectado de toda Galicia, con 28 casos activos. En total son 109 positivos e 11 aulas pechadas. Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1 CABANA CPI As Revoltas 2 0 CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1 CAMARIÑAS CEIP de Camelle 1 0 CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 1 1 CARBALLO CEIP de Gándara-Sofán 1 0 CARBALLO CEIP Fogar 28 3 CARBALLO CEIP Xesús San Luís Romero 1 0 CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 3 0 CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 2 CARBALLO IES Alfredo Brañas 7 0 CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 3 0 CARBALLO IES Monte Neme 3 0 CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 1 0 CEE IES Fernando Blanco 2 0 CORISTANCO CEIP de Bormoio-Agualada 1 0 CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 7 0 CORISTANCO EFAG Fonteboa 2 0 LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 7 0 MAZARICOS E.I Mazaricos 1 1 MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0 MALPICA CEIP Milladoiro 1 0 MUROS IES Plurilingüe Fontexería 1 0 MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0 PONTECESO CRA Nosa Señora do Faro 1 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0 SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 2 1 SANTA COMBA CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada 1 0 SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0 VIMIANZO CEIP Baíñas 2 0 VIMIANZO CEIP de Castromil 1 0 VIMIANZO IES Terra de Soneira 4 0 ZAS CEIP Labarta Pose 3 1 ZAS CPI de Zas 1 0 ZAS IES Maximino Romero de Lema 8 0 TOTAL COSTA DA MORTE 109 11 Entrevista Juan Jesús Gestal Otero: "É moi importante que agora procuremos estar confinados". Máis novas do COVID 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3. 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños. 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas. 12-11-2020: A Xunta avisa do "máis que probable" peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños. 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica . 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello. 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX. 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella. 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID. 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3. 04-05-2020: Carlos do Celme Café: "Xa nos mataron en vida". 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria. 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca. 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral. 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3. Un novo estado de alarma para unha nova onda. 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2 |
PRAZA_17302 | Mercedes Peón publica o seu quinto disco, Déixaas, no que volve mostrarse como a vangarda da world music feita en Galicia. | "Procuro colocarme en lugares non céntricos. Eses lugares permíteme ver con outra perspectiva. Mudo o espazo, conceptualizo e compoño dende aí". Iso di Mercedes Peón do seu propio traballo. E podería ser un bo xeito de explicar, en poucas palabras, o que é o seu novo disco, Déixaas. Déixaas voar. Deixa que se expresen. Non vampirices a súa música cos teus prexuízos androcéntricos, coloniais ou binaristas. Déixaas non sería posible sen toda a investigación que Peón leva facendo desde os 13 anos, cando comezou a facer recollas polas aldeas, tras a primeira vez que quedou prendada pola forza telúrica da música das pandeireteiras. Sen a súa reflexión sobre as fantasías patriarcais que latexan aínda na construción actual do imaxinario tradicional galego. Sen a procura do seu propio son, e sen a súa evolución desde Sós, o seu anterior disco. Cada minuto de cada tema de Déixaas é resultado dun laborioso traballo de micro composición, inzado de detalles. Un traballo electroacústico no que, nunha soa canción, pode haber até 75 sons. Mais todo flúe. Encaixa. Irradiando unha enerxía imparable. Falamos con ela. O disco é, xa o explicaches, o resultado dunha investigación, non dun proxecto para editar un disco. A visita a Navantia buscando, segundo dixeches, provocarte emocións, foi só un elemento máis dun proceso longo: de 8 anos, desde o último disco, e supoño que de antes. Como foi ese proceso? Andei, durante moito tempo, á procura do meu propio son. Estiven 25 anos facendo recollas. Ao comezo era un querer saber: estaba en contacto con aquilo que sentía que era meu, pero que realmente descoñecía... Despois tamén comezou a haber persoas que solicitaban a miña colaboración nos seus proxectos como vocalista, compositora ou letrista… Eu tiña o son de todas nós, de todos nós pero, como che dicía, non tiña o meu propio. Non lle vía sentido a sacar un disco ata que rematei co que me tiña entretida e pensaba que era o apropiado. Despois de recoller polas aldeas e colaborar con moitísima xente decidín gravar o meu propio disco porque tiña a necesidade de plasmar desde a miña visión a música que comezaba a emerxer con toda a potencia do meu propio son. "Eu tiña o son de todas nós, de todos nós pero, como che dicía, non tiña o meu propio" Podía optar pola performance, por imitar aquel son, esa fala de creación colectiva que temos, ou buscar outro camiño. Eu quería esa enerxía telúrica, esa potencia, mais non quería tratalas desde o punto de vista "puro", -para min a pureza non existe desde o momento que ti o fas en solitario-, e o meu posicionamento afastábame tamén da "música celta", que é un construto. Botaba en falta un punto de vista industrial, que se puidese transmitir polos aparatos de verificación. Comecei a investigar a zanfona, a gaita, o yembe… De aí viñeron Isué, Non me mires e Elelé. Foi un proceso de busca, de ensimismamento, de colocarme nun transo… "Despois de Sós planteeime se seguir sacando discos. Porque non quería repetir fórmulas" Neste primeiro disco, Isué, quedou plasmado un tipo de investigación onde melodía, letra e arranxos están tratados sen ningún tipo de prexuízo, desde a nosa idiosincrasia, algúns desde un punto de vista máis metafísico -Marabilla, Sombra é luz-, cun posicionamento sociopolítico máis global… A investigación electrónica vocal levoume aos outros discos, pero despois de Sós pregunteime se seguir sacando discos. Porque non quería repetir fórmulas. "Por que me ía intemperiar -como dicía Xela Arias-, por que ía volver subir ao escenario, para facer o mesmo?" No Sihá hai certos temas que a min colócanme nun transo inmediatamente. Fórmulas que teñen que ver cun tipo de tratamento da voz, con poliritmias ternarias… Pero non quería volver facer o mesmo. Por que me ía intemperiar -como dicía Xela Arias-, por que ía volver subir ao escenario, para facer o mesmo?. Porque, se a xente ía seguir vindo verme, tiña que achegarlle algo. Por iso tiña que facer algo que tivese un senso de investigación, que me colocase noutro sitio. Pois estiven moito tempo investigando, ata que atopei a metáfora… A metáfora do portaavións en Navantia. En que consiste esa metáfora? Nacemos en lugares, en momentos, onde os acordos están xa establecidos. Desde que aprendemos a falar xa nos din cal é o noso lugar, xa nos marcan uns obxectivos, que facemos nosos. O buque é un lugar onde acontecen cousas paralelas, en dimensións distintas, que podemos ver segundo os acordos mentais que teñamos. Alguén pode estar traballando alí, por exemplo, cunha grande preocupación polas persoas que foron despedidas, pode loitar para que volvan… Da mesma maneira, podes pensar que estás a construír un buque de guerra -é un portaavións-, ou un buque que lle dará electricidade a un hospital nunha cidade bombardeada… Cadaquén interpretará segundo os seus acordos. "Nacemos en lugares, en momentos, onde os acordos están xa establecidos. Desde que aprendemos a falar xa nos din cal é o noso lugar, xa nos marcan uns obxectivos, que facemos nosos" A miña experiencia alí foi marabillosa. Estiven alí unha primeira vez, hai xa cinco anos, e despois volvín para gravar o videoclip de Déixaas. O lugar é arquitectonicamente impresionante. E, desde o punto de vista humano, era xente coa que vibrábamos. Estabamos en Ferrol, pero podería trasladarse a calquera outra cidade: os acordos que creamos. E eu, tamén como personaxe artística, e con toda a modestia, teño que cuestionarme a min mesma, cuestionar os meus acordos. Hai alí máquinas de 50 anos… E vós facedes percursión con todo: o voso corpo faise un coa estrutura… A máquina que sae no clip de Déixaas é impresionante. Tronza o metal. Eu mirábaa abraiada. E penso que Alberto Castaño, que fixo o vídeo, recolleu moi ben esas sensacións. O operario poñíanos a funcionar as máquinas, que nós viamos cun valor estético novo para a xente que traballaba alí. Penso que para eles tamén foi gratificante porque colocamos o foco de atención noutro lugar… "A máquina que sae no clip de Déixaas é impresionante. Tronza o metal. Eu mirábaa abraiada" Unha cousa interesante tamén é que alí non hai unha cadea de traballo mecánico. O traballo alí precisa reflexión, ensimismamento… Dise que en Galicia non hai industria, pero alí estaba traballando un equipo cunha formación incrible, desde os torneiros aos enxeñeiros e enxeñeiras... Estabamos no angar onde se facía o portaavións e a verdade é que parecía incrible que aquela estrutura tan enorme puidese chegar a flotar… E, respecto á música, eu gravaba os sons metálicos que, despois, claro, converto noutra cousa: pásoos ao ordenador, córtoos, traballo con anacos, transfórmoos… Xa que falas diso, penso que se algo caracteriza cada tema é a, non sei se chamarlle densidade. Múltiples detalles en cada minuto. Que me fan pensar nun traballo artesanal, hiperminucioso, aínda que se faga por ordenador: escoller, cortar, unir, fusionar… Ten en conta que cada tema pode levar 50 sons, ou 75… Podía escoller 10, metelos no ordenador e buscarlles un camiño para facerse unha canción ou un espazo sonoro por eles sós. Sempre digo que a electrónica é unha ferramenta marabillosa. Non podería chegar onde chego coas cancións se non tivese esa ferramenta. Pero tampouco sei o que vai pasar: se cadra máis adiante decido volver a algo como o que é o último tema do disco: só piano e voz. Non podo sabelo. En calquera caso, teño que dicir que foi un proceso apaixonante, sobre todo nos últimos cinco anos -nos tres anteriores estiven coa xira de Sós-. Tamén polas compañeiras que teño. Non teño palabras… Mónica de Nut e Ana Fernández. De Ana, teño que dicir que sei menos... Ademais do que ti definiches ben como densidade, eu busco volumes. En cada estadio acontecen accións distintas, con elementos distintos… Iso pódenos levar tamén a pensar que o tempo non existe, que no mesmo instante conflúen cousas diferentes que están acontecendo… Pero ao que iamos: eu precisaba unha pandereteira con coñecementos musicais amplos. Ana xa tocara comigo, fora alumna miña, e entende o meu compás, como transito dun lugar a outro… Era a persoa axeitada para este proxecto. "Síntome moi agasallada por ter comigo as dúas, a Ana e a Mónica" Canto a Mónica, foi convocada por varias razóns. A súa enerxía é unha delas.Ten unha entidade creativa brutal e unha formación que teñen moi poucas persoas. Ademais, a súa transgresión do que denominamos música contemporánea e experimental… Síntome moi agasallada por ter comigo as dúas, a Ana e a Mónica. Mónica é a encargada de levar a escena as liñas de baixos a través dos sintetizadores, e ademais é pianista, polo que non podía haber persoa mellor… Falabamos ao principio de cando comezaches a facer recollas. Sempre contas como, con 13 anos, te encontraches con aquelas mulleres de Bergantiños tocando unha ribeirana e foi totalmente impactante para ti. De que maneira che fixeron repensar o teu propio concepto sobre a música tradicional? O primeiro que me fixeron cuestionarme foi a miña representación como rapaza. Ás veces a crítica musical fala de puntos de inflexión na miña carreira e eu creo que o único punto de inflexión foi este, aquel encontro coa enerxía tremenda daquelas mulleres. Elas eran o centro. Elas tocaban e os señores que estaban alí puxéronse a bailar. Pero penso que nin ten sentido falar de liderado. É máis ben un eu fago porque eu podo e porque eu son. "Ás veces a crítica musical fala de puntos de inflexión na miña carreira e eu creo que o único punto de inflexión foi este, aquel encontro coa enerxía tremenda daquelas mulleres" Elas non precisaban decapar nada pero eu si, porque tiña fantasías de aceptación, tiña representacións sobre como podía ser ou non ser a música tradicional. Unhas representacións que foran construídas, que os medios de comunicación reproducían, e que eran, en canto a xénero e outras cuestións, o contrario do que eu estaba a ver naquelas mulleres e homes. Por iso digo que foi un punto de inflexión. Porque a certeza naceu alí. E de onde naceu a deturpación? Falaba hai pouco con Xabier Díaz disto: un folclore que escolle, en nome da tradición, reproducir modelos patriarcais: que as mulleres non poden sacar o punto, por exemplo… Mais sobre iso tamén hai un debate, tamén se está a revisar, hai xente que está a facer autocrítica... A deturpación acontece cando nun lugar onde hai acordos distintos, onde os roles non se exercen con violencia e todo muta, recóllese e represéntase, en base a subxectividades da man de persoas que chegamos á aldea, dende ese punto de vista colonial, e é levado a un mundo do capital onde a deportivización do folclore está instalada nas nosas cidades. Eu teño unhas 2.000 cintas gravadas e sei que esa subxectividade non é certa. As mulleres sacan puntos, non están en segundo plano, non levantan máis os brazos os homes… "A deturpación acontece cando nun lugar onde hai acordos distintos, onde os roles non se exercen con violencia e todo muta, recóllese e represéntase, en base a subxectividades da man de persoas que chegamos á aldea, dende ese punto de vista colonial" No ensino, houbo esa deportivización: o folclore é tratado como un deporte e de feito faise competición. Había que formar filas, ir todos vestidos igual… Galicia non foi allea ás influencias que veñen do século XVIII e do XIX, do romanticismo relacionado coa construción nacional: por exemplo, a imaxe do gaiteiro viril, nunha representación fálica… E con iso viña un elitismo: considerábase que o gaiteiro dos grupos folclóricos era o que "sabía música" e que as que cantaban e tocaban a pandeireta "non sabían música". No mesmo grupo entraban os gaiteiros ou gaiteiras das aldeas que tocaban distinto ao establecido, sen cinguirse a grupos de 4 compases, improvisando, etc. Beatriz Busto fixo un estudo sobre como se representaba a través do NO-DO as mulleres galegas: doces, submisas… que pouco tiñan que ver coa muller real que collía o sacho… Despois, no século XX, veu a deportivización da que falaba. Nos 80 aconteceu o que eu chamo a revolución das pandereteiras. "Nos 80 veu o que eu chamo a revolución das pandereteiras" E grazas ás persoas do folclore, quedou plasmada unha linguaxe, unha fala que é nosa e que chega hoxe ata nós, polo que eu teño que falar deles e delas con todo o cariño. Mais gustaríame que as representacións sociais que se fan non estivesen guiadas pola fantasía androcéntrica, por fantasías que aceptamos sen cuestionamento. A subxectividade pola que se optou é violenta nese sentido, naceu a mediados do século XIX, pero o problema é que se tomou como a única real. Na época na que eu facía recollas había unhas 3.000 pandereteiras. Entón, como non vai haber mulleres compositoras? Son representacións sociais que arrastramos ata hoxe. E non vou dicir que Galicia estea mal nese sentido porque hai moitas mulleres na música. Pero é que eran consideradas tocadoras, non creadoras.... "Gustaríame que as representacións sociais que se fan non estivesen guiadas pola fantasía androcéntrica, por fantasías que aceptamos sen cuestionamento" Iso lémbrame algo que di outra muller con moita enerxía: Sés. Primeiro dicía que ela non era cantante, que era cantareira. A última vez, explicoume que tiña que deixar de definirse como cantareira, que ela é música porque fai as súas propias cancións. Que se fose home dirían dela que é músico, pero que como é muller din que é cantante. Non compositora, quero dicir. Ata creo que na RAG non existe o termo música como calificativo dunha muller que fai música, só existe músico. A min iso agora non me pasa pero si, enténdoo. O que acontece, no androcentrismo global no que vivimos, é que cando algo chama a atención, os que teñen o poder aprovéitanse de calquera cousa que consideren subalterna, e os que teñen o poder son homes. E, en relación con iso, creo que hai algo importante. "O que acontece, no androcentrismo global no que vivimos, é que cando algo chama a atención, os que teñen o poder aprovéitanse de calquera cousa que consideren subalterna" Non fai falta que elevemos as pandeireteiras porque o que fan xa é perfecto. Esa tradición creada colectivamente xa é perfecta. Se algo quedou estático é porque lle valeu así á comunidade durante centos de anos. Penso que a nosa actitude debe ser estar agradecidos, agradecer a beleza, a enerxía, a conexión telúrica que só se pode encarnar desde o seu contexto, desde a creación colectiva. E penso que Sés, por certo, si está agradecida de ter esa sabedoría encarnada, alén de ser unha música con grande talento que nos agasalla coa súa presenza no panorama musical, aínda por riba cunha representación social libre de estereotipos hexemónicos. "Non fai falta que elevemos as pandeireteiras porque o que fan xa é perfecto" Estas reflexións lévannos directamente a Déixaas, a primeira canción do disco. A letra di: "E agora que recollestes/ e agora que xa o sabedes/ e agora que recollestes/ ai agora que faredes!". Por que fala de deixar ir as cintas do mandil? Si, a letra ten que ver con iso que falabamos. Imaxina que es tocadora, que empezas a cantar, que a xente empeza a bailar. E, entón, agora que hai recollas, agora que sabedes como era, ides seguir así? Que ides facer? E se voan, voan, as cintas do meu mandil, pois déixaas voar, non tentes atalas, non reprimas e, se vas usalo, non o vampirices, xa que sodes todos tan feministas e vedes que o colocades nunha subalternidade. E entón sae Mónica co seu só e é unha explosión, en certa medida un acto de sororidade… Podería ser unha situación como a que acabamos de imaxinar, pero pode ser calquera cousa na vida. Déixame, non me uses para os teus fins, que xa o fago eu. A revolución é esa, poñerse a facer. "A revolución é esa, poñerse a facer" Falabas antes da revolución das pandereteiras. A que te refires con iso? Canto ti comezas a a facer recollas, cal era a actitude das mulleres cara á súa propia creación? Eu comecei a facer recollas aos 13 anos. Collía un autobús e ía polas aldeas. Nin meus pais o sabían. Todo aquel mundo aínda estaba vivo. Eu conectaba coa súa enerxía, co seu transo colectivo, con aquelas expresións corporais primixenias, co seu pracer. Mais é verdade que o que me dicían era: pero neniña, de que che vai valer a ti isto? Non é que non lle desen valor ao que facían, pero consideraban que a min non me ía valer para moito. E despois, o que dixen antes: non hai purezas. É unha cultura de creación colectiva, como un microhábitat que tamén é cambiante de por si, mais tamén veñen desexos creados dende o exterior. Somos seres sistémicos: todo depende de todo e ti podes mudar para sobrevivir. "É verdade que, cando empecei a facer recollas, o que me dicían era: pero neniña, de que che vai valer a ti isto?" Cando falo da revolución das pandeireteiras, refírome ao contexto da incursión nas aldeas dos grupos folclóricos que viñan da man de Coros y Danzas e da Sección Femenina, que pretendían ser o máis fieis posible ao que eu chamo "creación colectiva en microhábitats". Este proceso o que fai é traer á tona algo que fora eliminado de calquera tipo de representación musical en Galicia, as pandeireteiras. Isto aconteceu grazas aos grupos folclóricos, a persoas ilusionadas que se botaron á aldea e atopáronse con algo que lles ía dar o elemento diferenciador co que se fixera anteriormente sen ningún tipo de fisuras. "Desde mediados do XIX ata os 80, houbera unha omisión do que fora maioritariamente a música na nosa terra: máis dun século da expresión musical maioritaria en Galicia, a das pandeireteiras" Desde mediados do XIX ata os 80, houbera unha omisión do que fora maioritariamente a música na nosa terra, ou a única música para moitos lugares, máis dun século da expresión musical maioritaria en Galicia: a das pandeireteiras. A iso chámolle a revolución das pandeireteiras. E por iso a letra de, agora que xa sabedes, agora que faredes. Agora que farán eles e elas. E aínda así hai unha fantasía patriarcal que latexa na construción actual do imaxinario tradicional galego. "Hai unha fantasía patriarcal que latexa na construción actual do imaxinario tradicional galego" O segundo tema, MK, recrea un momento da novela A música dos seres vivos de María Reimóndez. MK é unha música moi famosa que, de nena, emigrara de Tamil Nadu (India) a Escocia e á que lle fixeran perder a súa lingua -a súa nai non deixa que se fale támil na casa-. Cando se reencontra con Poomani, a amiga da infancia, non pode entendela. MK volve a onde naceu, coa súa amiga, despois dun momento moi duro para ela. Está coa súa amiga e non é quen de entendela. Por iso "Non entendo esta fala/ Esta fala eliminada/ Esta fala substraída/ Estirpada da miña vida". O que está despois non é támil, son palabras inventada por min, que representa o que para MK podería ser o que lle está a dicir a amiga. Eu son a voz da amiga. A amiga fálalle a MK algo que entende foneticamente, que lle resulta familiar, seu, pero non comprende o significado. Cando falaba con María, hai pouco, desta novela e da serie da que forma parte, o Ciclo dos Elementos, dicíame que un dos temas máis relevantes no mesmo era a xestión das identidades non hexemónicas. MK representa unha xestión en positivo dunha identidade non hexemónica. Podería dicirse que este disco teu é iso mesmo. Non sei que dicirche pero, si, hai algo diso que dis. Eu procuro colocarme en lugares non céntricos, eses lugares permíteme ver con outra perspectiva, mudo o espazo, conceptualizo e compoño dende aí. E o disco si está influenciado por Implicadas no Desenvolvemento, por María Reimóndez e por Yolanda Castaño, polo traballo de María coas mulleres dos Grupos de Axuda Mutua en medio mundo… Si hai unha influencia dese pensamento. "Procuro colocarme en lugares non céntricos, eses lugares permíteme ver con outra perspectiva, mudo o espazo, conceptualizo e compoño dende aí" En MK hai chíos de paxaros. E os sons da natureza -non só os industriais- están bastante presentes no teu traballo. En Sós, en Sao Paulo estaban os sons da cidade. Faime pensar no traballo que fixeron Escoitar.org, aínda que ti xa comezaras a gravar sons por aí sendo unha nena. Como fas para rexistrar os sons? Como é o proceso? Levo dúas gravadoras, unha delas para amplificar. É unha experiencia para min moi creativa, porque cambian os planos. Imaxina que agora poñemos aquí unha gravadora para amplificar, de xeito que o son do teu bolígrafo ao escribir no papel, o son da túa chaqueta que se despraza pola folla coa túa man… pasarían a primeiro plano. Como un tratamento cinematográfico: rexistro tamén moito o movemento. Interésame crear volumes. "Rexistro tamén moito o movemento. Interésame crear volumes" Neste disco hai moito diso: a propia paisaxe abre a porta a un lugar distinto e despois iso lévame a compoñer por enriba. Lémbrome das emocións que sentín escoitando iso, e traballo con certas texturas de medios, graves e agudos… Coma unha escultora que atopa unha rocha e comeza a pulila ata que se vai revelando o que ten dentro, mais eu fago música, polo que me permito variar, facelo desaparecer, inundalo todo etc, e todo en función da periferia na que decidise traballar. Eu corto, transformo… manipulo os sons que recollo, cando xorde a idea tanto de produción, como conceptual, como de harmonía, ou poliritmia, todo ten que estar en función do que máis pesa ou decido que hai que seguir sen facer concesión. Partículas fala de partes afastadas que alumean idénticas. De equilibrios de partículas, como nunha historia de amor. É a canción máis cuántica, si. Eu pregunto como é que dúas partes diferenciadas alumean alteracións idénticas. Os ferros, metais, córtanse, fúndense e cambian de estado, pero hai dúas partículas que, estando separadas, alumean alteracións idénticas. E eu quedo ensimismada na súa historia. Como dúas abellas dando voltas. Non só convivimos os humanos. E logo están os loops, que son repetitivos, pero nos que vou facendo variacións cada dous por tres. Os loops están moi presentes no disco. Tamén traballa moito con eles Mónica de Nut. Como os concibes ti? Aquí temos que diferenciar a produción dun disco con facer un directo dunha obra. No caso do disco só fago loop de percusións, tanto os que gravo con batería ou elementos por separado de percusión formal como, e aquí vén o caso de máis utilidade, con todos os elementos non formais que recollo por onde sexa, neste caso Navantia. Quedo ensimismada cun son, é agudo, case que diría que dá unha nota concreta, outro son trátoo como se for un prato da batería, agora outro timbre que é un ferro batendo con outro, etc. Aquí é fundamental para as miñas producións facer loop e despois varialos para humanizalos. É un traballo de micro composición e moi laborioso. Neste caso creo que Mónica fixo os seus traballos discográficos moito máis orgánicos, pero terémosllo que preguntar a ela... "Ao final atopeime cuns 250 sons que me permiten traballar electronicamente un directo nada convencional. Vou colocando capas, decido se un loop vai nun sitio, ou se será unha ráfaga, se o filtro ou non" Logo para directo uso dous samplers, por páxiña teñen un ten trece sons e outro nove. Son 22 sons que poden interaccionar. Fixen unha serie de arranxos que mudei ao longo dos ensaios, ao final atopeime cuns 250 sons que me permiten traballar electronicamente un directo nada convencional. Eu vou colocando capas, decido se un loop vai nun sitio, ou se será unha ráfaga, se o filtro ou non etc … Vou construíndo os temas así. Pero os arranxos que fago son distintos en cada tema. O directo leva unha percusión formal, dous pratos, unha caixa, aparatiños sonoros, gaita eléctrica -que neste disco só a toquei nun tema- e os dous samplers dos que che falei. E, por certo, tocas de todo e fas de todo. Pon no disco que son túas: as teclas de piano electrónico, samplers, frecuencias, gravacións de campos sonoros, produción e manipulación compositiva, baixos electrónicos, percusións, gaita, clarinetes e melódica. Sobre todo percusión, clarinete, gaita, voz, colorinzos con calquera instrumento ou non que se me poña na man… Eu gravo e manipulo os sons, sintetizadores, toco o piano... mal, (ri); fago a produción… Fago todo iso que dis en solitario, compoño a músicas e despois chamo dende un punto de vista de produción musical a persoas que creo que van a facer súa ou mellorar a proposta melódica que fago para tal ou cal instrumento.. Chamei a Manuel Alonso, paseille as liñas de baixo para dous temas que quería que fosen con baixo eléctrico. Veu unha tarde á casa e gravounos. Creo que un mandoumo vía internet. Fernando Martínez o acordeón, en 15´ tiña o que quería del: corañón. Miguel Seoane mandeille o tema por email, e despois fixen unha proposta que tivo que volver gravar e a mandarma, sons peculiares e contemporáneos. Manuel Cebrián chegou e pedinlle que improvisase por riba das propostas de harmonía ou melódicas que tiña eu. É un fiera e así puiden ter unhas guitarras incribles… De feito estou agradecidísima de que estean involucrados neste proxecto porque son pura musicalidade. Fernando Abreu achégase cos seus clarinetes e agasállame co seu tempo unha tarde de harmonía, melodía e paciencia coa proposta. Tarde para Ana Fernández: coros, gusto polas melodías etc. Tarde para Mónica de Nut: fixen un tema pensando nela e en Fernando Abreu. Chegou e púxome os pelos crespos, trouxo o seu teclado para que o usase, escoitamos e díxome: non che fai falla, parécense os son do teu teclado ao meu. E así, algo que podería ser tedioso, é o mais satisfactorio, despois de pasar cinco anos encerrada sen insinarlle nada a ninguén chegan estes músicos marabillosos e humanizan dando outras subxectividades, por moi cativas ou enormes que sexan as súas achegas. "Despois de pasar cinco anos encerrada sen insinarlle nada a ninguén chegan estes músicos marabillosos e humanizan dando outras subxectividades, por moi cativas ou enormes que sexan as súas achegas" Por que dis entón que facer un disco é un traballo solitario? Porque eles veñen un día, grávoos, e despois a traballaba novamente soa, transformándoo. É un proceso moi solitario, nese sentido e tamén no sentido de que eu tomo todas as decisión musicais. Estás totalmente en soidade. Cando escoitei o disco por primeira vez, tiven a impresión de que era moi compacto, como unha unidade na que, ás veces, cando me daba conta xa mudara de canción. Non digo, en absoluto, que non haxa variedade, porque a hai cada minuto. Pero é como se comezases polo primeiro tema e non acabase ata o final. É que tamén se busca que haxa unha coherencia. Aínda que iso é moitas veces algo que ves ao afastarte do disco: a interacción duns temas con outros. Co disco, eu quero introducirvos nun lugar. Ese lugar é un contedor e o que contén é o portaavións. A metáfora é esa, pero non é explícita. Non está explicada no CD. Uso a música como o que é, unha linguaxe abstracta, interésame esa comunicación. E non o digo por criticar a ninguén: eu admiro a quen é quen de facer emocionar dende outros lugares con letras directas ou como queira. Para min é imposible. "Uso a música como o que é, unha linguaxe abstracta, interésame esa comunicación" O tema Plataforma está moi relacionado co que acabas de dicir. Recolle as túas sensacións alí enriba do portaavións. Como foron? Foron as sensacións que tiven ao verme alí na cima. É un cambio de perspectiva porque ves a ría. E a ría, en Ferrol, non se ve porque está tapada por un muro. Só os que traballan alí a ven! Despois tamén é o que che comentaba antes: a xente que traballa alí ten unha sensibilidade sociopolítica importante. Son persoas totalmente vivas. "A xente que traballa alí en Navantia ten unha sensibilidade sociopolítica importante. Son persoas totalmente vivas" Esa humanidade -tratáronme con moitísimo agarimo e interese- e a política -no sentido de polis, de participación nos asuntos públicos- estaba moi latente. Con todas esas sensacións, cos sons da plataforma, coa vista da ría… aflora o meu pensamento. E teño unha sensación de ser metálica, como se o barco e eu fósemos o mesmo. Por iso a imaxe das flores metálicas, azuis. Foi unha sensación do momento, algo moi corpóreo. E fíxate na contradición: eu decátome de que é unha plataforma militar… Sae, nas letras de varios dos temas, a metáfora do muro. Por que? Niso está moi centrada a canción Tras o Muro-Cabelo. Refírome a mirar desde lugares peculiares. E eu dígoche, con todo o agarimo, que te achegues, que mires desde onde estou mirando eu, a ver que ves. E de repente meto o transo, o cabelo -que son eu, o meu aspecto-, o meu mundo. E todo se mestura. Despois entra María… Despois chega Linguas elementais, na que están as voces de María Reimóndez e de Yolanda Castaño, e na que hai letra de Yolanda -en galego-, de María -en alemán- e de Sukirtharani. Xa o explicaches noutras entrevistas: non están as linguas hexemónicas, como o inglés e o castelán. E ademais a lingua tratada como exótica é a alemá. É a lingua galega a que dá o sentido. Toda unha metáfora anticolonial. Nese sentido, a lingua está presente no teu traballo desde o primeiro disco: De seu en Isué. Pero penso que hai unha mudanza no discurso, unha evolución. En Sós tamén había varias linguas en Babel... Nun principio quería facer unha obra electroacústica coa voz de María en alemán, pero non o conseguín. En realidade, neste disco houbo varias cousas que non conseguín, que tiven que desbotar a idea. Pero si, o meu pensamento foi indo por derroteiros distintos e é normal. Eu non son a mesma que fixo Isué. Aínda que estou encantada con De seu. Pero co tempo es outra persoa, claro. "Cando se elimina a túa lingua primixenia, están eliminando os teus desexos" Cando se elimina a túa lingua primixenia, como lle pasa a MK, cando perdes a lingua que te relaciona co teu antano, a que trae unha carga de relación sistémica co que te rodea, están eliminando os teus desexos. Os teus desexos xa non son os teus. Os nosos desexos están mediados pola publicidade, polos acordos dos que falabamos ao principio… Cando a nosa lingua é extinguida volvémonos moito máis manipulables, a nivel de consumo. Como dicía antes, eu non son moi explícita e xa non o era cando fixen Isué, pero agora si que vexo de xeito máis claro que non estamos fóra das correntes económicas que afectan e definen o que é válido e non é válido, ou que definen a nosa propia contorna: política, social… a través das fantasías das que falabamos antes. "Cando a nosa lingua é extinguida volvémonos moito máis manipulables, a nivel de consumo" "Se non fose o abraio/ dunha política colonialista", "eu tamén/ me deitaría contigo", di Linguas elementais. No caso da personaxe da MK hai un regreso á aldea, que tamén é mirada, desde a cidade, desde un punto de vista colonial. Eu crieime na Coruña, pero sempre tiven aldea e volvín hai anos para vivir na aldea. E penso que temos que mirar ao noso interior e preguntarnos se somos nós mesmas ou se estamos construídas polas nosas fantasías, polos nosos acordos. Eu tento ter sempre presente no meu traballo que debo afastar sempre esa visión colonialista que herdamos. Que non se transmite tanto polo que dis, que tamén, senón pola posición que adoptas, por onde te colocas. "Penso que temos que mirar ao noso interior e preguntarnos se somos nós mesmas ou se estamos construídas polas nosas fantasías, polos nosos acordos" En relación con iso, a letra de Sukirtharani é brutal. "Quero unha lingua/ que non falase aínda ninguén", di. Se alguén podía ter prexuízos, pois eí está ela. Xa o falabamos antes: eu non creo que sexa nin cuestión dun proceso de empoderamento, se por iso entendemos facer meu o poder. É que ela pode e ela faino porque ela é. Por iso "se non fose, se non fose"... Hai unha carga moi potente nesta letra, como tamén a hai na letra de Yolanda. Letras que poderían ter sido escritas en calquera lugar do mundo. E o mundo aquí é o da globalización. Aínda hai que crear un mundo, construílo desde outro lugar, fóra do imaxinario colonial e dos binarismos. "Aínda hai que crear un mundo, construílo desde outro lugar, fóra do imaxinario colonial e de todos os binarismos" O binarismo de xénero sae neste tema, cando Sukirtharani escribe: "A miña nueza sen depilar/ irradia a maxestade/ das selvas intactas", por exemplo, e sae no seguinte tema, Ela propón, a través do que di Paul Preciado. "Ela propón algo como a contra sensualidade/ Afirma que non existen os xéneros". Si, Paul Preciado di que non existen os xéneros. Mais nese tema por un lado está a mazá feminista, que fala dos feminicidios -Ciudad Juárez, pero podería ser calquera outra cidade- e por outra a mazá queer. Todas as persoas somos crías mamíferas, e eu escollo unha forma en feminino, ou que podería ser gramaticalmente feminina: cría. Cría é o substantivo. A todas as persoas nos asignan un xénero e iso ten consecuencias: se che asignan xénero feminino, chámanche "chorona", como di a canción. Non debería importar se nos asignan un xénero ou outro, se somos "homes" ou "mulleres". O binarismo é a base de que unhas persoas -homes- lles asignen a misión, e a outras persoas -mulleres- lles asignen a submisión. "O binarismo é a base de que unhas persoas -homes- lles asignen a misión, e a outras persoas -mulleres- lles asignen a submisión" Hai debates entre o queer e os feminismos por iso. Vale que o binarismo de xénero é arbitrario e que mellor sería que para ninguén fose relevante se es "home" ou "muller", pero as mulleres son discriminadas por seren mulleres. Si, claro, e eu non son unha experta e opino sobre todo o que me preguntas con toda a humildade do mundo. Pero, igual que na música, penso que non debemos ser puristas. Os feminismos de última xeración virían sendo case queer. Os pensamentos máis relevantes e significativos do século XX e primeiros do XXI son feministas e queer. É normal que haxa debate. É, ademais, a periferia da periferia. Pero ambos discursos son moi relevantes desde o punto de vista político. Ti podes ser queer, pero resulta que no teu entorno es invisible por ser muller, cousa que pode pasar por exemplo na cultura, e iso hai que levalo á tona. Se soubese que usar o xénero masculino bastaría para acabar co maltrato e a violación, eu sería a primeira en usalo… Quero dicir, que podo ser queer e loitar contra a discriminación. Todo suma. "Os pensamentos máis relevantes e significativos do século XX e primeiros do XXI son feministas e queer" Cabo de min di: "O aneliño que me deches/ perdino na estrada vella/ non me pesa do anel/ pésame de quen o leva". Outros temas falan de achegarnos entre as persoas. Este, parece que de deixar ir a alguén, por fin. "Que eu xa me teño ceibado/ doutras cadeas máis duras". Si, este tema parte dunha copla tradicional que eu transformo. O sentido é o de quitar peso ás rupturas, ou á vida en xeral. Non facer uso de certas posesividades. Ten que ver co amor erótico, no sentido de Fromm, pero non só. Despois veñen Transición e Olores perdidos. A última -de piano, moi diferente de todas as anteriores do disco-, parece que fala da perda, nun sentido distinto a Cabo de min. Si, sae en Transición a prancha fina, o son da máquina, e logo uns bombos de Vilariño de Conso… ata chegar ao piano e voz de Olores perdidos. O último tema parte dunha historia persoal miña e, si, ten que ver coa perda. Cabo de min non é unha historia persoal. Pero Olores perdidos podería dicirse que fala de calquera tipo de perda. E o bo da música é tamén que nos permite drenar a dor… Hai outro vídeo, o da peza de danza de Janet Novás e Virginia Rota con Plafaforma. Con Janet tiña relación desde o proxecto El canto de los caballos. Virgina é unha artista emerxente. Eu son moi tímida e ela reflectía a miña fraxilidade, un lado moi humano… Propúxenlles vir a Navantia. A Virginia, que é unha fotógrafa máis ben de aire libre, non lle interesaba nada, en principio, o industrial. Pero houbo sinerxias e saíu moi ben. Era un día de treboada e Janet colocaba a miña música nun lugar moi potente, de xeito natural. Levábaa a lugares moi profundos… Durante todos estes anos tiveches concertos por medio mundo… A verdade é que non sei por que me chaman. Non hai unha multinacional polo medio… "A verdade é que non sei por que me chaman. Non hai unha multinacional polo medio" Pero chámante, e de moitos sitios. Hai uns meses estiveches no Womad en Nova Zelanda. Supoño que todas as viaxes, e toda a relación con tantas periferias, algo influirían no disco. Ngahuia é unha antropóloga maorí que fixo un traballo sobre as mulleres maorís desde unha visión feminista e queer e que reivindica as mulleres como as guerreiras que eran. Como tantas outras mulleres no mundo, sufrían a violencia simbólica de negárenlles o papel que tiveran na sociedade. Ao ler cousas coma estas polo menos botas un sorriso e sénteste menos soa. Canto ao pobo maorí, teñen a súa lingua, as súas escolas… e conseguiron poñerlle freo ao colonialismo nalgunhas cousas. Ata hai nada, a Constitución de Australia tiña un apartado que falaba da flora, a fauna… e os indíxenas entraban nesa catalogación, ao mesmo nivel. O Womad non está exento desa visión colonial que nos afecta a todas, pero alí había artistas indíxenas que mostraban ben que hai outros xeitos de ver o mundo… "Quixen afastar tamén calquera visión exótica, ou do vulgar e o gracioso, que pode pasar cando ese tipo de música se saca do seu contexto" Realmente, ti comezaches a ser moi coñecida polo teu traballo no Luar da TVG, onde levabas a aquelas mulleres potentes que coñeceras facendo recollas… Algo axudaría a TVG a mudar a imaxe sobre as pandeireteiras. Máis que mudar víronse novamente no lugar de ocio que lle quedaba, a TV, e as persoas das cidades quedaron abraiadas con esas expresión. Realmente, cando comezamos as recollas, as mulleres xa non se xuntaban para tocar porque o ciclo do ano xa desaparecera. Ademais, os seráns estiveran prohibidos no franquismo. A TV, como aparato de verificación -no sentido de Foucault- si tivo un impacto. Eu sabía que estaba diante de algo único, inédito, pero tampouco quería poñelas nun pedestal porque non era o que sentía. Quixen afastar tamén calquera visión exótica, ou do vulgar e o gracioso, que pode pasar cando ese tipo de música se saca do seu contexto… Penso que esta verificación a través da tele puido axudar, si, a que se volvesen xuntar. Porque realmente a cadea de transmisión rachara. "O serán é a festa, o desexo de mesturarse, o desexo do exceso en comunidade, do pracer" Agora é moi normal ver xente nova tocando e bailando. En vaqueiros. E se cadra a iso tamén axudou a tele, non sei. Si, iso tamén ten que ver coa recuperación dos seráns. Porque para tocar e bailar non fai falta un espazo especial, nin facer un investimento de cartos, nin levar uns traxes determinados. O serán é a festa, o desexo de mesturarse, o desexo do exceso en comunidade, do pracer… E isto é a última cadea de transmisión que existe… |
PRAZA_16001 | ENTREVISTA Hai unha amálgama de discursos e estéticas vellos e novos en Long Play, o segundo libro de Lois Pérez. Mais o que non hai é impostura. Malia que algunhas cousas poidan soar xa sabidas. | Ledicia blue. Cantar a tristeza, a amargura, mais con ledicia e con humor, con ironía. Coma as mellores cantantes negras de blues. Coma as mulleres que entoan os cantos de labor galegos. É o lugar onde se sitúa Lois Pérez, o autor do poemario 'Long Play' (Xerais). Entre a tradición oral, a cultura popular e a denuncia da inxustiza dun "mundo de merda". Bebendo de moitas fontes: de Rompente a Ronseltz, de Nicho Varullo a Siniestro Total. Fuxindo do "clube dos poetas tristes", sen renunciar á ambición de axudar, aínda que sexa só un pouquiño, a "mirar doutra maneira". Tentando chegar, afirma, ao inaccesible. "Escribo porque me sae así, porque aquí abaixo na escrita, aquí onde todo é subterráneo, dei co meu lugar e síntome invencíbel fuxindo da morte", di un dos primeiros poemas do libro. No manifesto final dise: "No fagades poesía porque non hai máis poesía cá morte". A morte e a súa relación coa escrita atravesan todo o libro. Por que? Ese poema que citas fala da morte e de poñerse nun lugar subterráneo, que ten moito que ver coa idea que eu teño, que pode ser errada ou atinada, de que temos necesidade de facer algunha sorte de viaxe interior a través da escrita, das artes… E penso que para botar luz sobre o que somos é necesario o concurso das sombras. Quero dicir, que o que tento é escribir sobre o inaccesible, sobre as cousas fundamentais que nos preocupan e, claro, un deses temas é a morte, que si percorre todo o libro. Aínda que non se me ocorrera facer ese nexo que sinalas ti entre ese poema do principio e esa frase do manifesto. "O que tento é escribir sobre o inaccesible, sobre as cousas fundamentais que nos preocupan" O Manifesto dos Louseiros Posibilistas fíxome pensar naquela historia da "secta loisista" que se divulgara polo Día das Letras de Lois Pereiro. O ton do libro, en xeral, lembra o Antón Reixa dos 70/80, despois hai referencias ben claras a Siniestro Total…. É como se os teus referentes estivesen máis nos 80 que nos 90 ou despois. Non pensara, en concreto, o da secta loisista, pero si que están esas influencias que dis. Supoño que porque a súa influencia foi tan grande que a única maneira de que non te influísen sería non coñecelos. Nunha das presentacións do meu libro, na presentación de Compostela nas Crechas, onde participou o Leo, ao falar con el confirmei que temos certas afinidades, que el traza máis polo lado musical e eu polo lado literario. Penso que é un fío invisible no que están desde Reixa e o grupo Rompente ata as letras de Os Resentidos ou Ronseltz, e no musical desde Nicho Varullo e Kinindiola ata Siniestro Total. É un fío que si me dou conta de que está aí e que se vai manifestando de distintas maneiras ao longo do libro. Supoño que porque para min foi máis estimulante ca outras cousas. Na presentación de Compostela nas Crechas, onde participou o Leo, falabamos e confirmei que temos... "Penso que é un fío invisible no que están desde Reixa e o grupo Rompente ata as letras de Os Resentidos ou Ronseltz, e no musical desde Nicho Varullo e Kinindiola ata Siniestro Total" O tal Manifesto dos Louseiros Posibilistas -todos con tráxicos finais- defende o "extravío como liña de acción poética". Cita o situacionismo de Debord, o extravío mal interpretado como "colocón"... A que te refires con todo iso? Hai cousas relacionadas con iso que me interesan moito. Coma a figura de Arthur Cravan, o boxeador e poeta sobriño de Oscar Wilde. Foi un dos primeiros en aplicar a escrita automática, e a súa figura empata tamén con Boris Vian e cos situacionistas. Debord e os seus compañeiros xuntábanse nun café pola noite e despois marchaban por aí cadaquén polo seu lado. Ao amencer volvían xuntarse e era cando falaban, pintaban, escribían… É un tipo de extravío que era diferente de perderse, pois é volver ao camiño no que estaban. Hai en todo isto, tamén, un toque surrealista que me interesa. "Hai unha visión dominante na poesía que está protagonizada por homes, europeos, de boa condición social burguesa, con demasiado tempo para pensar" Despois hai outra cousa que xa dixen noutra entrevista e non quero repertirme demasiado, pero eu penso que hai unha visión que percorre boa parte da poesía nos últimos anos, unha visión dominante que está protagonizada por homes, europeos, de boa condición social burguesa, con demasiado tempo para pensar. Iso fai que se impoña un pesimismo tráxico, que non se compadece con outras manifestacións da cultura, as relacionadas por exemplo coa cultura popular, e en especial manifestacións culturais protagonizadas por mulleres coma os cantos populares. Alexandra Koss fixo unha tese sobre as chastuxkas -pezas menores da tradición oral rusa- das pièselnitzas -mulleres rusas do rural-, que comparou coas coplas e jotas galegas das mulleres da nosa tradición oral. Os cantos das chastushkas cos cantos de labor das mulleres galegas: as lavandeiras, as traballadoras das conserveiras… E detectou un fío común: unha ironía amarga. Para min é coma o blues, e en concreto o blues das grandes cantantes negras, co seu fondo de ironía triste. É como cantar a tristeza con ledicia e con certo humor. E eu sitúome a min aí. Para min é moi importante o humor e a ironía. "É como cantar a tristeza con ledicia e con certo humor. E eu sitúome a min. Para min é moi importante o humor e a ironía" Falabas antes de escrita automática… O que si hai no teu libro é algúns poemas que parecen pouco revisados -coma os que están na Cara B- e que ben poderían ter sido escritos despois dunha noite de marcha. Ou que poden ser lidos nesas mesmas circunstancias. É divertido, por certo, ese "western" de Muimenta. Aínda que eu mesma ía a Hermo de adolescente e nunca vin tal cousa… Hai un punto absurdo... É que eu empato con esa maneira de entender a escrita e ademais esa parte está pensada para ser actuada con música. Nós tamén naufragar, gústame dicir, dándolle unha volta ao verso da adorada Xohana Torres. Hai algo diso que dis, de nocturnidade. Tamén é que, a ver, non me considero unha persoa moi experimentada nin maior, pero sempre me interesou ver o que hai por aí adiante e o da noite é un bo espazo para observar… Hai algo diso, de noite, de discotecas, que tamén ten que ver co rock, coa inmediatez… E si pode haber no libro cousas para ler antes de deitarse despois de saír de marcha. Hai comic en branco e negro, que está sen cor para que se poida pintar, se cadra antes de ir a clase de reenganche... Se cadra todo isto do que estamos a falar é algo tópico. O poeta e a noite, o extravío, o escuro… Coma unha certa apelación ao malditismo… A literatura galega está chea de poetas malditos. Non é novidade ningunha. Entendo, mais ten que en conta que eu trato iso dun xeito caricaturesco, desde o humor. O Grupo dos Louseiros Posibilistas serían unha xeración enteira de poetas que se suicidan. É unha maneira de poñer en cuestión iso que dis. É rir do tópico, desa tendencia á poesía triste, tráxica, que leva a unha sorte de clube dos poetas tristes. Ás veces vas a un recital e saes cun baixón, coa sensación de que non hai saída por ningures. O que fago é rir de toda esa visión, non escribir en serio desde iso. "É rir di tópico, desa tendencia á poesía triste, tráxica, que leva a unha sorte de clube dos poetas tristes" E supoño que os louseiros son posibilistas porque si ven saídas… Iso deixa albiscar tamén o manifesto: a esperanza. E, ben, porque… levaba as letras L e P. É un exercicio de humor, non trata de revelar verdades profundísimas e agochadas. Pero si revela o que eu son. Falabamos antes de cultura popular e de tradición oral. Ti levas tempo sendo contador de historias. Algunha relación imaxino que haberá… O blues, os cantos das traballadoras... Colaboras coa sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Hai. A vontade de contar. E ten que ver co que creo que eu son. Hai unha vontade de contar que empata coa influencia da tradición oral. Hai pouco fomos a As Pontes para gravar e había un señor, Eladio o Cego, que quedou cego con 21 anos. Pois contaba como atravesaba catro ou cinco parroquias para ir á casa da súa parella, sen ver e guiándose polos sons. E iso pasaba no seu lugar, que quedou sepultado baixo a maior mina a ceo aberto de Europa, que abrira un burato enorme na terra. El ilustraba todo iso con palabras… A literatura, tamén a oral, debe ser memoria. O que pasou. "O discurso da televisión, ou da política, pretende dominarnos. Parte da crítica literaria tamén. A poesía non" A poesía pode ser un xeito de resistencia e de protesta. O discurso da televisión, ou da política, pretende dominarnos, son como bandeiras que se axitan por enriba das nosas cabezas sen deixar lugar para pensar, para retrucar, para matizar. Parte da crítica literaria tamén pretende dominarnos. A poesía non. E este libro, con toda a súa insignificancia, o que pretende é axudar, aínda que só sexa por un intre, a cambiar os xeitos de mirar. O que hai é só unha vontade de contar algo de maneira sinxela e directa. E o do blues, que preguntas, é o mesmo. Se hai dous colectivos que sufriron ao longo da historia son as mulleres, discriminadas e perseguidas, e os negros. E as mulleres negras aínda máis. O blues era o seu xeito de expresarse, como o eran os cantos de labor das mulleres galegas. Esa ironía amarga, esa ledicia triste, que eu chamo ledicia blue… Ese xeito de ollar o mundo, que me fascina. "Este libro, con toda a súa insignificancia, o que pretende é axudar, aínda que só sexa por un intre, a cambiar os xeitos de mirar" Hai unha cousa… que é que quizais fuches atrevido coas rimas. Quero dicir, que para rimar hai que ter bastante dominio. Porque supón un risco adicional de acabar facendo poemas malos. Por que optaches, en parte dos poemas, pola rima? Pois é doado de explicar. Unha parte da literatura que me gusta é a literatura clásica. E non vou presumir de transgredir, porque a transgresión xa non é unha innovación, está incorporada á tradición literaria, pero interésame a rima. É verdade que podo cometer erros, non nego que poida saírme algún ripio, pero lembra o que dicía Proust sobre a tiranía da rima, ese brillo que pode adquirir a palabra ao rimar con outra.... Quero dicir, que me interesa a sonoridade que adquiren as palabras coa rima e ademais chego, coa rima, a imaxes que doutra maneira dificilmente chegaría. "Non vou presumir de que o eu fago é transgredir, porque a transgresión xa non é unha innovación" Perfectamente explicado. Por certo, tes un libro anterior, LP, de 2013, editado por Emerxente, do que rescataches once poemas para Long Play. Si, collín once poemas dos 97 que tiña o libro e tentei melloralos porque eran claramente mellorables. Co resto, a verdade é que xa non me identifico. É un libro que hoxe xa non me identifico… Pero por algures tiña que comezar e sempre lle estarei agradecido de corazón a Alberte Momán, quen apostou por min e o publicou. E a Verónica Martínez, que me axudou. "Sempre lle estarei agradecido de corazón a Alberte Momán, quen apostou por min e publicou LP. E a Verónica Martínez, que me axudou" Fas autocrítica. Iso é importante… Por certo, por que hai tanto mariñeiro nos poemas dun mozo da Piringalla? É que vivín catro anos en Viveiro, en Celeiro. Hai un café aló, o Rancho Chico, cunha mariñeira que foi pioneira… Por alí está o colectivo Chilindrín. O nome vén de como lles chamaban os mariñeiros ingleses aos nenos: children, e de aí chilindrín, pasando o children polo galego de Celeiro. A Celeiro foi onde chegou o pesqueiro Sempre Casina remolcado despois de afundir, e os mariñeiros falecidos. Long Play divídese en varias partes. A Cara A comeza con Long Play, na que hai amor, palabras que tentan acceder a unha realidade tramposa e reaccións ante a miseria política: os refuxiados de Siria que morren no mar, unha terra galega que descarrila en Angrois, un monte no que xa non se pode agocharse porque está queimado… Aí hai feridas... Está a idea do amor, si, pero nun sentido amplo. O amor como a amizade, por exemplo. E despois, non é que eu sexa sospeitoso de ser crente, pero si me identifico cunha idea particular de busca da salvación. Marcos Lorenzo ten un libro de conversas con Karlotti que se chama Karlotti: un poema crónico, que recolle unha idea que tamén está en Really de blues, a biografía de Mezz Mezzrow, que é a salvación polo amor. Quero dicir, que se non traizoas o que es, as túas ideas e os teus valores, vas descansar tranquilo. E esa é das poucas aspiracións que podemos ter: estar tranquilos co que somos, ser fieis ás nosas ideas e cultivar o amor, picando os dedos na corrente cando faga falta. Tentar ser feliz coa miña muller Alba e co Loisiño e querelos e sentirme querido, para min é dabondo. "Esa é das poucas aspiracións que podemos ter: estar tranquilos co que somos, ser fieis ás nosas ideas" Hai unha imaxe que aparece no libro que vén de algo que me contou Manolo Bragado. Unhas rapazas universitarias, en Damasco, que escribiron con area versos do Simbad de Cunqueiro. E outras dúas imaxes que tiven moi presentes ao escribir o libro, que para min son mostra da nosa derrota como civilización. Unha é a de Aylan, o neno sirio afogado, e outra é menos icónica: un refuxiado camiñando pola autoestrada co seu neno ao lombo, chovendo a chuzos. Claro que hai unha ferida absoluta, de inxustiza, da nosa absoluta falta de empatía. E a min paréceme que a poesía ten que servir tamén para que saibamos o que a xente opina sobre as cousas que lle doen. A poesía tamén ten que falar do que acontece na rúa, do que pasa neste mundo de merda. Despois tamén está o feito de que hai un intento de imbecilización, de banalización da palabra a través da televisión, e penso que a poesía pode axudar a desprendernos diso. Nese sentido, tamén pode ser un lugar no que atopar refuxio ante un mundo gobernado por delincuentes. Un bo poema, un bo cadro, unha boa canción… poden ser ferramentas de coñecemento do que nos rodea. "Hai un intento de imbecilización, de banalización da palabra a través da televisión, e penso que a poesía pode axudar a desprendernos diso" Despois hai outra trampa, que é a grande pixa tecnolóxica. E explícome, porque sei que pode soar mal. E eu admito que tamén tento desandar un camiño nese sentido. A pixa é a grande sublimación do patriarcado como sistema. O machismo, os estereotipos sexuais, a (in)cultura do maltrato, a discriminación das mulleres, están a entrarnos na cabeza todo o tempo por todo tipo de trebellos, neste mundo da inmediatez. E a poesía pode loitar contra iso. Os escritores son, fronte a iso, produtores de sentido, modestos produtores de sentido, ou de sinsentido, non sei. "O machismo, os estereotipos sexuais, a (in)cultura do maltrato, a discriminación das mulleres, están a entrarnos na cabeza todo o tempo por todo tipo de trebellos" Antes falabamos, por certo, do poema de Muimenta, no que se fala dunha grande pelexa. Tamén é unha maneira de falar de intoxicación. Hai boas viaxes e malas viaxes. Para que a intoxicación sexa boa a merda ten que ser boa. E as boas viaxes -e aquí volvemos aos surrealistas- poden levarnos ao onírico, ao subconsciente… e ás palabras da tribo. Muimenta é, coma Meira, un lugar que está no meu imaxinario. Non sei moi ben por que. Mais, mira, o poema SON (G) adicámosllo nas presentacións do libro a Xosé, o da Flor, de Meira. Pois do que falo era algo que el tiña: a maneira de saber dicir as cousas con palabras sinxelas e directas. Que é o que tento. Aínda que ás veces me saian ripios, como me dicías, e que tentarei mellorar… Sei que algúns toman tan en serio iso de Deleuze de parecer estranxeiros na súa lingua que escriben cousas que non se entenden, pero non creo que a min me pase iso. "Sei que algúns toman tan en serio iso de Deleuze de parecer estranxeiros na súa lingua que escriben cousas que non se entenden, pero non creo que a min me pase iso" Hai un poema que é como un trasunto do himno galego. Fala de mafiosos que nos rouban, de olor a podre e non só en Dinamarca e da sombra de Fraga. En xeral, varios dos poemas falan do pasado fascista e do que aínda pesa. Do seu presente e futuro. Realmente falo sobre a memoria e a falta de memoria, que promove o Goberno de Madrid e aquí a Xunta. Un pasado fascista que tratan de ocultar e disimular, pero que está aí. Eu boto de menos máis exposicións e máis actividades sobre isto, que terían que ser obrigatorias para os alumnos de secundaria, para os profesores e para os membros dos partidos políticos. Hai pouco Manuel Rivas escribiu un artigo moi bo sobre a memoria, que cadrou cun feito paradoxal, estando eu en Madrid: fan unha exposición sobre Auschwitz debaixo das torres Kio. Todo un símbolo. E esta é a desgraza que estamos a padecer. E mentres, hai artistas que tentan dicir cousas complicadas de xeito sinxelo, filósofos que tentan dicir cousas sinxelas de xeito complicado e despois están os do PP que non din absolutamente nada e así nos vai. "Hai artistas que tentan dicir cousas complicadas de xeito sinxelo, filósofos que tentan dicir cousas sinxelas de xeito complicado, e despois están os do PP que non din absolutamente nada" Dedicas algúns poemas a artistas: Daniel Caxigueiro, Baldo Pestana -sobre quen acabas de escribir en Táboa Redonda-... Baldo é unha persoa moi especial para min, que tiven a sorte de coñecer nos últimos anos. Síntome moi marcado por el. É unha persoa que estivo en todo: viviu no século XXI e no século XX, pasou 40 anos en París, coñeceu os artistas latinoamericanos do boom… Coñeceu a todo o mundo, pero non era unha persoa que andase por aí con ínfulas. Todo o contrario. Era un artista con maiúsculas. Dedico tamén poemas a Daniel Caxigueiro, Anxo Moure, Camilo Valdehorras que me deu bos consellos para afinar a miña escrita… A segunda parte do libro é Lima-Perú, que foi unha viaxe que fixemos buscando os lugares de Baldo en Lima. Alí cadramos con Bryce Echenique, que nunca o imaxinaríamos… A Baldo, que morrera había menos dun mes, non o atopamos, pero atopamos moitas máis cousas. Nesa parte tamén está o poema sobre a fuga de Malpica… Outra referencia ao fascismo e as súas consecuencias. É que actuei en Perú no Teatro García Lorca para o centro galego e centro español. O que era o presidente, Luís Novo Arcay, contoume esa historia da fuxida de Malpica e logo a viaxe no Winnipeg de Neruda a América. Os seus dous avós, que entón non se coñecían, ían alí. De Malpica foron a Chimbote, que se converteu nun imperio pesqueiro ao chegar alí os emigrantes galegos… A terceira parte é Longo Paseo. Comeza cun poema río que se busca e non se encontra ata a quinta parte, Libertario Poema. Na terceira hai tamén un poema sobre a escrita que se resiste, que foxe de ti… Eu vou correr á beira do río moi cedo polas mañás, con néboa, e mentres corro vou anticipando na miña cabeza o que vou escribir. Como xa dicía antes, o que quero é chegar ao subconsciente, o inaccesible… Nese primeiro poema que citas non o conseguía e por iso hai tamén ese outro poema, que en realidade é o mesmo, sobre a escrita que foxe de min. O poema río non chegou ata tempo despois. Fixemos unha presentación do libro en Santiago na que participaron Uxía e Xiana Arias. Uxía leu o primeiro e Xiana leu Libertario Poema. Foi ao escoitala a ela recitar cando me decatei de que chegara onde quería chegar cando escribín o segundo poema que citas. Esa conexión coa infancia, co subconsciente, co onírico… "Como xa dicía antes, o que quero é chegar ao subconsciente, o inaccesible" A cuarta parte é Lingua Popular. O poema sobre a señora que quería ir á escola pero tiña que quedar coas vacas é brutal. Os poemas desa parte recollen palabras que escoitaches. É unha señora que coñezo moi ben. Ás veces, ao estar falando con ela, dábame conta de que xa non estaba a falar comigo, que estaba como a falar coa nena que foi. Un día contoume iso tal cal. A ela gustáballe ir á escola, pero moitas veces non lle deixaban ir porque tiña que ir coas vacas. O poema dinos moito de como vivían: no monte coas vacas, pasando frío, comendo o que cadrase… e apañando merda para poder aboar e subsistir. En realidade, tamén é un poema sobre a memoria. E mira canta fondura, baixo unha aparente sinxeleza e cun discurso tan afastado do cultureta. Pois os poemas desa parte foron feitos así, con cousas que escoitei. O do nasi de Fisterra foi alí no aparcadoiro da praia… "Mira canta fondura, baixo unha aparente sinxeleza e cun discurso tan afastado do cultureta" Está aí a lingua e está, por exemplo, en Libertario Poema, que ten un sobre a diglosia. Lady Glosia=satisfaction. Ese foi o que escolleu O Leo para ler na presentación. O tema da lingua está bastante presente, si. Penso que nalgunhas manifestacións literarias hai unha tendencia a un exceso de dicionario, a encher todo de palabras. Eu penso que o poeta ten que facilitar a comprensión de quen le. O que ambiciono eu, de feito, como escritor, é desaparecer da escrita. Ser quen de chegar a desaparecer da escrita. De crear imaxes claras e precisas, desde a sinxeleza. Recollendo, polo camiño, voces e xiros da lingua oral, popular, para incorporalas á linguaxe poética. "O que ambiciono eu, de feito, como escritor, é desaparecer na miña escrita" En relación con iso, hai un sentido xeral de restar importancia ao feito de ser poeta, quitarlle transcendencia ao feito de escribir, no sentido de non colocar o poeta nun pedestal. Ninguén é súper importante por escribir un libro. Diso falouse moito xa nos 90, mais non sobra lembralo… Por iso teño poemas como o Decálogo para poetas en clave de bufanda e fular, que foi o que leu Marcos Lorenzo na presentación na que participou. E si, eu quero escapar deses lugares que dis. Un poeta sempre busca un recoñecemento porque a todas as persoas nos gusta que nos digan que o que fixemos pagou a pena. Pero eu non me quero erixir en líder da nada nin que me poñan nun pedestal. Ben, en calquera caso o pedestal non sería moi grande, para a xente que hai nas catro provincias, e máis escribindo en galego. "Nós tamén naufragar. Sen naufraxio non hai reparación" O lugar da poesía, para min, é dar voz ao subterráneo, aos lugares de sombra e aparentemente triviais ou marxinais do traxecto, fuxindo dos lugares consolidados. Que é algo que tamén está no rock ou en certa parte do rock. A posibilidade de reinventarnos, de non caer no autoplaxio, de non repetir as fórmulas. Buscando formas de fasquía diferente, tentando chegar a terra dando unha volta… Porque, como dicía antes, Nós tamén naufragar. Sen naufraxio non hai reparación. Citamos varias persoas que te acompañaron nas presentacións. Tamén estivo Yolanda Castaño, por exemplo. Soubeches facer ben iso. É que o máis intelixente que se pode facer é rodearse de xente máis intelixente ca un. Tiven a sorte de contar con creadores e creadoras que son persoas xenerosas, coas que tamén podes construír algo no plano dos afectos, das emocións. Xelís de Toro estaba alí, ou Miro Villar, Sole Felloza... ou Xoan Carlos de Ronseltz na Coruña e máis xente … Se o soubese antes, non podería crelo. É bonito e supón un enorme estímulo para seguir e facelo mellor. Sei o que é andar só tamén. "Eu escribín este libro para que o lector, a lectora, se divirta, se emocione, pense, se cuestione ao tipo que escribiu iso…" Son momentos que gardo comigo, nos que o pasei moi ben… Foron unha celebración e a poesía tamén ten que ser celebrada. Eu escribín este libro para que o lector, a lectora, se divirta, se emocione, pense, cuestione a realidade e que mesmo cuestione ao tipo que escribiu iso… Para que a xente o pase ben, ría, se emocione, e para cambiar un pouquiño o xeito de mirar. E eu lévoo dentro e teño que botalo. |
NOS_20206 | As esquecidas das medidas fronte á COVID-19. | Hai uns días, saltou ao Facebook unha plataforma que reivindica as creadoras literarias galegas como especie en perigo de extinción. Mais esta é só a punta do iceberg. Por baixo desta campaña, que procura visibilizar un problema que vai máis alá da situación xerada pola COVID-19, latexa un prolongado proceso de diálogo entre diferentes pólas da literatura galega, procedentes fundamentalmente de dous eidos: a escrita e a ilustración. Foi o debuxante Kiko da Silva quen sementou o xerme da reivindicación. Segundo explica a Nós Diario, atopábase bastante ao corrente das distintas medidas que se estaban a tomar a nivel administrativo ante a emerxencia sanitaria, das que as profesionais da creación quedaban en moitos casos excluídas. "Déixannos totalmente tirados", declara con rotundidade o autor. O detonante foron as propostas do Plan de reactivación da cultura e o turismo da Xunta da Galiza, que dentro do denominado sector do libro non dirixe ningunha axuda a ese elo máis feble das escritoras e ilustradoras. "Chamoume moito a atención que distintas plataformas non fixesen máis ruído, que deixasen pasar os días sen comunicado ou resposta a unhas medidas que deixan fóra as que facemos os libros", conta. Así, o que comezou como conversas informais entre amigas rematou nun grupo de Facebook para estender a comunicación entre todas as que escriben, deseñan, traducen... "É un erro ir por gremios, penso que iso nos impide ter a forza que precisamos", apunta Da Silva. Ao cabo, todas son creadoras e deste modo descubrirían problemáticas descoñecidas entre elas. Ilustración por encarga Ligados ao mundo editorial viven diferentes elos nos que moitas veces non se repara. Paradoxalmente, o das ilustradoras, con frecuencia carta de presentación da obra, é un dos máis invisíbeis. O seu traballo chega nun momento serodio do proceso, normalmente por encarga, agás en casos moi concretos e excepcionais, explica o profesional Víctor Rivas. É por iso que á parada nas vendas, que leva consigo a pausa nos ingresos polos dereitos de autor, súmase a lenta recuperación da nova demanda. "A min quedáronme colgados tres libros desde novembro e non conto con que me chamen para novos traballos até dentro de tres ou catro meses", vaticina. Ante a situación actual enfrontan problemáticas complexas. A súa actividade, exenta de IVE, factúrase de maneira anual, polo que "é moi difícil de demostrar o impacto económico que está a supor a parada", comenta Rivas, pois até xuño, cando declaran o groso dos ingresos, non terán datos da baixada, concreta Da Silva. Porén, "continuamos a pagar a cota de autónomos, o aluguer, a luz, a auga e internet", di o debuxante. Isto considerando aqueles poucos casos das que viven de facer libros, sen compaxinar con outras actividades, un dos problemas para lexislar a nivel fiscal a creatividade. A escrita "non é un oficio" A mesma problemática aparece tamén no eido da escrita. "Ningunha traballa diso e as que o conseguen, como Yolanda Castaño, é porque se moven moito e fan máis cousas que escribir", explica a poeta Tamara Andrés, que compaxina as actividades literarias coa docencia. A ausencia das escritoras nas axudas da Xunta "non é algo novo", senón que pon de relevo unha situación que vén de lonxe. "Ás escritoras non se nos ten en conta", opina, dentro da industria do libro a escrita "non é un oficio". Andrés sinala certos aspectos dos contratos das autoras que fan moi difícil a profesionalización. Apunta, por exemplo, ao pouco habitual que resulta dentro das prácticas sectoriais ofrecerlles adiantos, cando é algo habitual no caso das ilustradoras. A posta en común destas preocupacións está a permitirlles "darnos conta da situación na que estamos todas, que se cadra hai cousas que non podemos seguir aceptando", entende Andrés. Mais ese punto de diálogo no que se atopan, para alén de produtivo, é moi complexo, porque son moitas -máis de 100- e as situacións son moi diversas, como variado é o sistema literario galego. Se ben devagar, saben que o traballo dará resultados para seren capaces, no futuro, de "construír algo sólido" e ofrecer propostas concretas que poidan mellorar o contexto. Non se trata de "ir en contra das editoriais", aclara Da Silva, senón de chegar a acordos comúns que xurdan de falar e de comprender os problemas, para "ter un sector o máis unido posíbel". Só así se poderá "artellar unha saída o máis equitativa para todas", apunta. Se non a parte máis feble, que son elas, será a máis prexudicada. Así, se callar, ese momento de pausa fronte a unha situación insólita pode servir de punto de partida para crear algo mellor. Se podemos crer que a nova normalidade garda algún carácter revulsivo de mudar as cousas Emigración física ou metafórica A falta de reacción da Xunta e do Ministerio ten para Da Silva un risco claro: a "perda de talento". A situación aboca quer ao abandono dos oficios creativos, dos que non se pode sobrevivir, quer á emigración (metafórica física), a outros sistemas literarios que recollan a creatividade galega, co mercado conxelado. "Estase xogando coa cultura do país", advirte o ilustrador. Do proceso actual de diálogo que están a manter, contan con que saia un escrito dirixido ao Congreso e á Xunta para reivindicar que os escoiten e que non os deixen atrás |
NOS_32519 | A construción de parques eólicos en Paradela e na Serra do Iribio non só está a producir unha insólita articulación da oposición veciñal. Tamén na esfera política suscita resposta. O BNG quere que a Comisión Europea se pronuncie sobre esas infraestruturas, que afectan espazos protexidos pola Rede Natura. | "A comisión debe investigar a escandalosa tramitación administrativa dos mesmos", sinala a portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, "que incumpren ademais as directrices da Rede Natura e supoñen un terríbel impacto paisaxístico nesas zonas. Galiza non pode permitirse destruír a súa enorme riqueza". A Ribeira Sacra, O Courel e a Serra do Iribio optan a se converter en Reserva da Biosfera e, porén, a Xunta autorizou empresas eólicas estabelecer os seus parques. E a Ribeira Sacra é ademais a única candidata do Estado español a Patrimonio da Humanidade da Unesco. "A instalación de 27 aeroxeradores e tendidos eléctricos de media e alta tensión en Paradela non é compatíbel coa candidatura", entende Miranda. No caso do parque da Serra do Iribio -que se atopa en Zona de Especial Conservación Ancares-Courel, Rede Natura 2000 e no BIC Camiño de Santiago-, a nacionalista falou de "terríbel impacto medioambiental". "Carece de valoración dentro dunha planificación estratéxica, aspecto que a Comisión Europea valora como importante á hora de buscar os lugares máis axeitados para o desenvolvemento eólico", di. Para o BNG, "a instalación destes parques eólicos ten máis prexuízos ca vantaxes para o rural galego, non só desde o eido medioambiental, senón tamén desde o punto de vista laboral". |
NOS_20403 | A Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra vestiu no día de onte as estatuas da cidade do Lérez con consignas contra "a chantaxe de prorrogar a concesión de Ence Elnosa máis alá de 2018". | A APDR vestiu as estatuas de Pontevedra con lemas contra a prórroga da concesión de Ence Elnosa máis alá de 2018, unha prórroga que, en palabras da organización ecoloxista, "impediría definitivamente a recuperación da Ría de Pontevedra, das nosas praias, da calidade de vida e da economía da comarca". Nun comunicado, a APDR salienta que a economía de Pontevedra "ten que ir da man da explotación racional dos recursos naturais e do turismo, unha economía sustentábel no tempo e incompatíbel coa presenza deste complexo na ría". A entidade acusa Ence de "provocar o paro de forma directa, indirecta e inducida: a destrución de emprego no complexo é evidente e así o confirman as denuncias sindicais, como é evidente a destrución do medio, dos recursos e o emprego nos sectores ligados ao turismo, ao mar e ao monte". "Ninguén pode negar que todos estes sectores poderían ter un desenvolvemento racional quen de sacar á comarca da crise económica se se lle sacase o freo que supón a presenza do complexo en Lourizán", conclúe a Xunta Directiva da APDR. |
NOS_22880 | A nacionalista subirá ao Marianne en Bueu e viaxará até Lisboa acompañada pola activista do Grupo de Ação Palestina, Ana da Palma e o xornalista de La Marea, Eduardo Muriel. | A ex-deputada do Parlamento Europeo e portavoz do BNG nesta institución, Ana Miranda, acompañará a Flotilla da Liberdade desde Galiza a Lisboa. Miranda embarcará o domingo 31 de maio no Marianne e percorrerá augas galegas e lusas xunto coa activista de Porto, Ana da Palma (Ação Palestina) e o xornalista de La Marea, Eduardo Muriel. En conversa con Sermos Galiza, Ana Miranda asegurou que o obxectivo é amosar a "solidariedade internacionalista" do pobo galego coa Palestina e, máis no concreto, coa poboación gazatí. "Rumbo a Gaza quere pór o foco en Gaza que continúa sen re-construír" após a ofesniva militar lanzada polo Estado de Israel no verán de 2014. Aliás, sinala Miranda, a Flotilla visa rachar co "bloqueo" que atinxe a Faixa dunha maneira tan simbólica como percorrendo o mar. "Os mariñeiros gazatís son dos principais afectados polo bloqueo pois viven asediados psicolóxica, emocional e militarmente" por Israel. Un feito, di, que "tamén queremos denunciar internacionalmente". A "impunidade" de Israel A respeito do acontecido en 2010 cando a Armada israelita bombardeou a Flotilla nunha agresión na que foron asasinadas 10 persoas, Miranda asegura que "responderá igual" tendo en conta a "impunidade" coa que conta o Estado de Israel. "Con todo o que aconteceu o pasado ano" [en referencia á denominada Operación Alicerce Defensivo na que foron asasinadas máis de 2 mil persoas, a maior parte civís, na Faixa de Gaza] "é incríbel que non se lle exixa responsabilidade algunha a nivel internacional". A portavoz do BNG en Bruxelas asegurou sentirse "moi orgullosa" e "honrada" por facer parte da tripulación neste tramo da travesía e sinalou que "é o menos que podemos facer" en "solidariedade co pobo palestiniano". Imaxe capa: Delmi Álvarez |
NOS_57130 | O Tribunal Supremo analizará a utilización "abusiva" dos nomeamentos de persoal estatutario eventual por parte do Sergas e as consecuencias desa actuación, co obxecto de formar xurisprudencia. | A sala do contencioso administrativo do alto tribunal acaba de admitir a trámite un recurso do servizo de saúde contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) na que se estabelecía o carácter "fraudulento" dos nomeamentos temporais dun profesional da área de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). A resolución recoñecía a condición do sanitario recorrente como "persoal indefinido –asimilado a interino–" así como a súa antigüidade e o carácter estrutural do seu posto de traballo, após encadear durante oito anos nomeamentos e prórrogas sucesivas. Non se trata dun caso illado: só en 2019, o alto tribunal galego avalou o carácter fraudulento dos nomeamentos temporais sucesivos nunha decena de casos máis, repartidos entre distintas áreas de hospitais da Coruña, Pontevedra e a zona de Lugo. A información íntegra pode consultarse na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_16136 | Porto Exterior, Parador de Muxía e o AVE a Madrid xa iniciado daquela, única herdanza do Consello de Ministros celebrado na Coruña o 24 de xaneiro de 2003, dous meses despois do inicio da crise do Prestige HEMEROTECA | Dos 1.000 quilómetros de AVE ao parador: as obras que ían tornar o Prestige na "maior oportunidade VÍDEO | O plan que tornou en parodia: 'En Plan Galicia' | Porto Exterior, Parador de Muxía e o AVE a Madrid xa iniciado daquela, única herdanza do Consello de Ministros celebrado na Coruña o 24 de xaneiro de 2003, dous meses despois do inicio da crise do Prestige"A Coruña, 24 de xaneiro de 2003. O Consello de Ministros aprobou o Plan Galicia, un conxunto de medidas destinadas a paliar a curto prazo as consecuencias económicas e sociais do Prestige e, a medio e longo prazo, impulsar o desenvolvemento social e económico de Galicia". Así comezaba a nota de prensa difundida polo Goberno de José María Aznar hai hoxe 15 anos tras a reunión que aquel día mantivo de xeito extraordinario no Pazo de María Pita, a Casa do Concello da Coruña. Cinco lustros despois, só tres das súas oito grandes obras están en execución: o Porto Exterio da Coruña, o AVE á Meseta e o Parador de Muxía.Naquel Consello de Ministros celebrado na Coruña por invitación do seu alcalde, o daquela socialista Francisco Vázquez, dous meses despois do inicio da crise do Prestige e entre elevadísimas medidas de seguridade polas manifestacións contra a xestión da catástrofe, aprobáronse diversas liñas de axudas e actuacións de urxencia baixo o epígrafe de Plan Galicia. Posteriormente, a Xunta tamén usaría ese mesmo termo para as súas propias actuacións. Pero se aquela nota de prensa permaneceu no imaxinario colectivo foi polas oito grandes obras que o Goberno central se comprometía a realizar en Galicia. Curiosamente, no Boletín Oficial del Estado (BOE), onde as notas de prensa se converten en feitos oficiais, o termo Plan Galicia só sería empregado polo Goberno galego para publicitar as súas actuacións, pero non polo Executivo central.Aquela nota de prensa posterior ao Consello de Ministros de hai agora 15 anos supúxolle a Medalla de Galicia ao daquela ministro de Fomento Francisco Álvarez-CascosAquela nota de prensa posterior ao Consello de Ministros de hai agora 15 anos, que lle supuxo a Medalla de Galicia ao daquela ministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos, admitía que boa parte do seu contido en materia de grandes obras públicas era unha recompilación de actuacións xa prometidas pero sen prazos ás que se melloraban as súas características e supostamente se lles inxectaban máis cartos, ata un total duns 5.200 millóns. A actuación de maior importe das concretadas, 1.476 millóns de euros, era o denominado "AVE del Cantábrico (El Ferrol-Asturias-Cantabria-Bilbao), do que o Goberno se comprometía a iniciar a súa planificación e prevía xa o antedito investimento só no seu treito galego. Esa liña quedou desbotada antes mesmo de que chegase a crise e hoxe o obsoleto FEVE actual segue a deteriorarse.Os trens rápidos do Cantábrico, Lugo-A Coruña e Monforte-Ponferrada desapareceron prontoA liña de AVE que hai 15 anos xa tiña avanzada a súa planificación e estaba en obras nos seus treitos máis próximos a Madrid, comúns coa liña desde esa cidade a Valladolid, era a do AVE entre Galicia e a Meseta. Naquel Consello de Ministros acordouse mellorar algo o deseño anterior cunha "solución de dobre túnel e alta velocidade" no treito Lubián-Ourense, pero o Goberno central mantivo as obras con peores características que esas ata 2010. As obras desa liña están notablemente avanzadas, pero se hai que ter en conta a promesa dun trazado con características de alta velocidade realizada daquela, ese AVE non entrará en servizo aínda ata a próxima década.Aquela nota de prensa de hai 15 anos tamén anunciaba o "inicio dos estudos de trazado da conexión de Alta Velocidade Ponferrada-Monforte, cun investimento para este trazado no treito galego de 690 millóns", así como o mesmo "inicio dos estudos de trazado da conexión de Alta Velocidade Lugo-A Coruña, trazado que contará cun investimento de 780 millóns de euros". As dúas liñas desapareceron ben pronto das promesas políticas, substituídas pola alternativa dunha conexión Ourense-Lugo que tamén quedaría en nada e que hoxe se limita ao inicio dos estudos para melloras puntuais da liña actual.A Autovía Chantada-Monforte non tería tráfico e a Pontevedra-A Cañiza foi reformulada na A-57 Pontevedra-Vigo-O Porriño, con só 6 quilómetros en obrasAquel Plan Galicia tamén citaba dúas actuacións en materia de autovías. A "Autovía Pontevedra-A Cañiza: 480 millóns de euros" viu como o seu trazado variaba e se achegaba máis ao oeste reconvertida na A-57 Pontevedra-Vigo-O Porriño, cuxo deseño se estendería tamén cara o norte a xeito de circunvalación da capital provincial e onde só hai en obras un treito de 6 quilómetros cuxa primeira pedra se colocou dous meses antes das eleccións xerais de 2015. E a "Autovía Chantada-Monforte: 196 millóns" segue nunha prolongada fase de estudos previos malia que o tráfico da estrada convencional, daquela como hoxe, é escaso.O Parador de Muxía aínda está en obras e o Porto Exterior carece de acceso ferroviario e de data para o traslado do tráfico de petroleiros desde os peiraos do centro da CoruñaAsí, daquelas oito grandes actuacións, e á marxe do AVE á Meseta en construción, só están en obras o Parador de Turismo da Costa da Morte, en Muxía, para o que o Goberno prevía un investimento de 24 millóns e xa supera os 27 tras anos de traballos parados, e o Porto Exterior da Coruña. Paradoxalmente, desa actuación foi da que menos se concretou naquela nota de prensa do 24 de xaneiro de 2003. "Realización da análise da viabilidade do proxecto de porto exterior na Coruña", limitábase a dicir aquel comunicado, sen indicar cifras dun proxecto que hoxe ten rematados os seus peiraos cun custo que se disparou ata superar os 700 millóns de euros pero que está aínda infrautilizado e carece de acceso ferroviario. Ademais, o obxectivo daquel porto era afastar dos peiraos do centro da cidade o tráfico de petroleiros para a refinaría da Coruña, que xa motivara en 1992 o afundimento do Mar Exeo. 15 anos despois, Porto Exterior xa hai pero segue sen data ese traslado dos petroleiros. |
NOS_11915 | O movemento feminista convocou este 25N unha trintena de mobilizacións en cidades e vilas do país, que se suman aos actos desenvolvidos nestes días. | Un serán de mobilizacións ao longo de todo o territorio galego pechou esta segunda feira a xornada na que se celebra o Día internacional contra as violencias machistas, unha chamada á acción do movemento feminista –promotor dunha trintena de convocatorias na Galiza– que ten réplica nas principais cidades e vilas galegas. Desde a mañá sucedéronse os actos reivindicativos nos que sacar á luz as distintas violencias que seguen a padecer as mulleres polo feito de selo. Plataformas como a Marcha Mundial das Mulleres puxeron o foco este ano na "violencia xudicial", para reclamar uns servizos e un acompañamento axeitados para as mulleres que denuncian, mentres que as accións desenvolvidas pola CIG esta mañá centraron a atención na precariedade que existe nos traballos relacionados cos coidados, exercidos de forma maioritaria por mulleres. A axenda de manifestacións culmina unha fin de semana cargada de actos de reivindicación da igualdade. Cinco mulleres asasinadas, catro crianzas orfas, ducias de mulleres violadas. Na Galiza hai máis de 3.500 casos activos de seguimento e protección a vítimas da violencia machista. Son dados a ter en conta todos os días, especialmente un 25N, Día Internacional contra a violencia machista. Desde a Marcha Mundial das Mulheres se incidía na violencia xudicial. «As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non se está facendo efectivo», avisa o documento emitido pola plataforma feminista, que salienta que os avances formais acadados nos últimos anos polo feminismo organizado «resultan insuficientes», vista a súa falta de aplicación. Entre as medidas que se reclaman desde a Marcha Mundial das Mulleres cóntase tamén a revisión da atención que se presta nos organismos públicos nos que se emiten informes que afectan aos procesos de denuncia. Este é o caso do Imelga, o Instituto de Medicina Legal da Galiza, para o que se pide un incremento de persoal e unha supervisión da súa formación en violencia machista, «para evitar que se empreguen invencións como o Síndrome de Alienación Parental contra as mulleres». |
PRAZA_1683 | A lucense Marta Fernández denuncia que o organismo público recoñeceu o "risco" que estaba a sufrir, "pero no FREMAP dixéronme que non podía ter a baixa ata que estivese embarazada de seis meses e medio". | A lucense Marta Fernández vén de sufrir un aborto na súa décimo terceira semana de embarazo. Tras diversas dificultades lograra quedar embarazada do que sería o seu primeiro fillo ou filla, un embarazo de risco ante o que solicitou unha baixa no seu traballo como enfermeira no 061. Realizou os trámites para exercer ese dereito pero a mutua FREMAP denegoullo. Agora fai público o seu caso porque, di, non é a primeira vez que acontece. Aínda que, subliña, non pode demostrar que exista unha relación causa-efecto entre a denegación da baixa e o aborto o que si existe é un precedente, o dunha compañeira da base do 061 de Foz, na Mariña, que pasou por unha situación semellante a finais de 2014. E o que tamén existe, explicou este xoves ante os medios, é que o propio 061, dependente da Consellería de Sanidade, "recoñeceu o risco por estar traballando nunha ambulancia" e así o fixo constar nun informe do seu servizo de prevención de riscos laborais. "Pero no FREMAP dixéronme que non podía ter a baixa ata que estivese embarazada de seis meses e medio" con independencia dos riscos evidenciados polo organismo público. "Recorrín, pero despois chegou un silencio administrativo e xa foi tarde", lamenta. O 061 "recoñeceu o risco, pero no FREMAP dixéronme que non podía ter a baixa ata que estivese embarazada de seis meses e medio", explica Marta Fernández Marta Fernández compareceu ante os xornalistas acompañada por dirixentes do PSdeG e das Xuventudes Socialistas en Lugo, para quen esta é unha mostra da "perda de dignidade" que provocan as "políticas antisociais do PP". Para o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, este é "un feito intolerable froito das políticas de odio ás persoas" polas que, indican os socialistas, terá que responder a conselleira de Sanidade no Parlamento. "O PP está en contra do dereito ao aborto, pero despois condena as mulleres que queren ter fillos", censura, mentres esixe que Alberto Núñez Feijóo "tome medidas" por este caso. O PSdeG anuncia a presentación de iniciativas no Parlmaento para "evitar novos casos coma este" Nun sentido semellante a secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, lamenta, na xornada en que o PP saca adiante no Congreso o seu recorte ao dereito ao aborto, que "os que presumen de seren os defensores da familia deneguen baixas médicas a persoas como Marta, que ten todo o noso apoio". Neste escenario, o PSdeG anuncia ademais a presentación dunha iniciativa parlamentaria encamiñada a esixirlle á Xunta "medidas correctoras para evitar novos casos coma este". |
NOS_51890 | Os de Javi López estreáronse na Liga perante un dos grandes da segunda división, o recentemente descendido Málaga. Fixérono nun partido emocionante que os lugueses botaron a perder en tan só cinco minutos. | Nun abrir e fechar de ollos, o Lugo viu como o Málaga remontaba o partido nos compases finais. Os homes de Javi López encetaron o encontro cunha grande intensidade e presión, sen se achicaren ante un dos grandes de segunda. De feito, aos seis minutos estreaban o marcador cun gol de Cristian Herrera. O primeiro tempo caracterizouse polo control do tempo por parte dos locais e polas mellores ocasións por parte dos galegos, que non permitiron brillar o Málaga. Os de Muñiz non lograron apertar até o último tramo da primeira parte, en que buscaron balóns por alto para Harper. Con boa sensación, deixaba o Lugo o terreo de xogo pasado o minuto 45. Malia que o Málaga estivo a piques de se poñer por diante cun cabezazo de Adrián González, o Lugo xestionaba correctamente a súa vantaxe e apertaba a saída. Conforme pasaba o tempo, os locais seguían dominando e só concedían no balón parado e no xogo aéreo até que chegaron os cinco minutos finais, que botaron por terra todo o traballo feito. O Málaga logrou igualar por medio de Juankar nunha xogada accidentada. Nunha segunda xogada, N'Diaye anotaba coa cabeza cun golpe certeiro que supuña unha condena excesiva para o Lugo, que na seguinte xornada se enfrontará ao Granada. Lugo: Juan Carlos; Serge Leuko, Bernardo, José Carlos, Kravets; Iriome, Seoane, Carlos Pita (Sergio Gil, min.87), Juan Muñiz (Campillo, min.58); Cristian Herrera e Jona (Aburjania, min.67). Málaga: Munir; Cifu, Luis Hernández, Pau Torres, Federico Rica; Alfred N'Diaye, Recio; Harper, Adrián González (Gustavo Blanco, min.60), Ontiveros (Juankar, min.46); e Renato Santos (Hicham, min.71). Goles: 1-0, min.6: Cristian Herrera. 1-1, min.86: Juankar. 1-2, min.89: N'Diaye. Árbitro: Areces Franco, do comité asturiano. Amoestou Pita (min.41), do Lugo e N'Diaye (min.68), do Málaga. Incidencias: Partido disputado no Anxo Carro ante 3.290 espectadores. |
NOS_42744 | O feche da sala de partos do hospital de Verín abanea o escenario político galego. Mentres desde a Consellaría de Sanidade xustifican a decisión en base a criterios de carácter técnico, os colectivos en defensa da sanidade pública considérana unha medida política dirixida a desmantelar os servizos sanitarios na Galiza non urbana | O 1 de decembro de 2019 deixa de funcionar a sala de partos do hospital de Verín. Segundo manifestan desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas), a decisión responde "ao consenso entre as sociedades científicas e profesionais, que indican que debe existir un número mínimo de partos para garantir unha atención segura e de calidade, e minimizar os riscos para a saúde". A proposta das responsábeis sanitarias, conforme ás recomendacións do Ministerio de Sanidade, baseadas nos procedementos do American College of Obstetricians and Gynecologist, cifra o número mínimo de partos anuais en 600. Os argumentos empregados polo Goberno galego para fechar a sala de partos de Verín son de aplicación ao resto dos hospitais comarcais. Os datos oficiais, recollidos nas memorias de 2018 dos sete hospitais comarcais, suman para o conxunto dos centros un total de 1.847 nacementos e unha media de 236 bebés por ano. Á cabeza atópase o hospital do Salnés, cun total de 547 partos, seguido dos 350 de Burela, dos 318 de Monforte, dos 312 de Ribeira, dos 218 de Cee, dos 103 do Barco de Valdeorras e dos 98 de Verín. Os datos sobre seguridade ofrecidos polas propias xinecólogas e xinecólogos do hospital de Verín desmenten as dúbidas lanzadas desde a Consellaría de Sanidade. Segundo sinala a Nós Diario o xefe do servizo de Xinecoloxía do hospital de Verín, Xavier Castrillo, "os dados perinatais no Hospital de Verín son francamente bos, moi bos. Temos rexistrados uns 3.000 partos. Non houbo nin unha soa morte fetal intraparto. Nin unha. Complicacións graves en obstetricia, practicamente ningunha. É dicir, non se deron casos dun neonato que tivese que ser atendido debido a unha patoloxía grave por un mal manexo do parto". O Executivo de Alberto Núñez Feixoo esquece na súa decisión algunhas das consideracións achegadas nas recomendacións do Ministerio de Sanidade empregadas para clausurar a sala de partos do hospital de Verín. Así, ao tempo que sinala como "prudente" non dotar aqueles hospitais que non teñan "unha área de poboación que xere unha demanda de 600 partos ao ano", esquecen a excepción fixada para aquelas zonas "que por razóns de tempos de desprazamento ou accesibilidade así o aconsellen". A este respecto, a CIG denuncia "que a grande maioría das poboacións da zona atópanse a máis dunha hora de distancia de Ourense". Centralización de servizos Os argumentos das autoridades sanitarias non convencen a cidadanía da comarca de Monterrei. Neste sentido, a equipa de Xinecoloxía do centro verinés critica o Sergas por "empregar supostos criterios técnicos" para xustificar a supresión da sala de partos e por "aplicar recortes e desmantelar os hospitais comarcais", mentres lembra que "desde a apertura do centro en 1994 nunca se acadaron os 200 partos na área sanitaria". Pola súa banda, Fernando Rivas, membro de SOS Sanidade Pública, indica que "manter ou non unha sala de partos é un tema de xestión". A totalidade das corporacións dos concellos afectados, forzas políticas e colectivos cidadáns tamén expresan o seu rexeitamento á decisión do goberno galego. Mentres o tenente alcalde de Verín polo BNG, Diego Lourenzo, afirma que "os argumentos da Xunta da Galiza son escusas coas que tapar o verdadeiro motivo deste feche, que é económico e que agocha un afán por centralizar os servizos sanitarios na capital e desmantelar o rural", Ana Villarino, alcaldesa do PP de Oímbra, esixe solucións a Núñez Feixoo e a Xosé Manuel Baltar. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_6094 | Un dos grandes males da sociedade galega é, ao meu ver, a ausencia de consensos. Xa non que os consensos sexan escasos ou mesmo insólitos, senón que son vistos como algo innobre, como unha cesión incomprensible ao inimigo, como unha peaxe que non se debe pagar. Ilexítimos, que lle chaman agora. Esta fuxida cara á pureza é unha das causas fundamentais do atraso social de Galicia, a verdadeira lacra que deberiamos extirpar e que se estende, en proporción fractal, por todas as capas, capiñas, roñas e rañolas da sociedade. A escolla de Filgueira Valverde coma o homenaxeado no Día das Letras é un meridiano exemplo deste comportamento suicida. | Un dos grandes males da sociedade galega é, ao meu ver, a ausencia de consensos. Xa non que os consensos sexan escasos ou mesmo insólitos, senón que son vistos como algo innobre, como unha cesión incomprensible ao inimigo, como unha peaxe que non se debe pagar. Ilexítimos, que lle chaman agora. Esta fuxida cara á pureza é unha das causas fundamentais do atraso social de Galicia, a verdadeira lacra que deberiamos extirpar e que se estende, en proporción fractal, por todas as capas, capiñas, roñas e rañolas da sociedade. A escolla de Filgueira Valverde coma o homenaxeado no Día das Letras é un meridiano exemplo deste comportamento suicida. O Día das Letras é un día especial, do que estar orgulloso. Poucas culturas, agás quizais a escocesa, dedican tantas horas laborais, tanto peso simbólico, tanta transmisión educativa, á súa literatura. Os escoceses céntrano unicamente nun poeta, como se nos dese por celebrar, a modo de Bill Murray, a cadano o día de Rosalía. Nós mudamos, e o criterio da Real Academia Galega escolleu poetas medievais de dubidosa existencia, polígrafos decimonónicos, asasinados xornalistas republicanos de obra exigua, poetas auto(?)traducidos e, tamén, os grandes esteos do noso canon literario. Empezando pola propia Rosalía. Eses son os nosos vimbios, a lama coa que estamos feitos. E neles hai tamén, sempre, unha faísca de grandeza. É difícil que todos os autores e as poucas autoras homenaxeadas nos merezan cariño ou aprezo. Como é posible sentir reverencia acrítica por humanos coma min e coma ti? Non sabemos que a súa carne caducible é niño de delacións, de homofobia, de violencia de xénero, de misoxinia, de racismo, de soberbia…? Claro que o sabemos. Sabemos incluso que aqueles historiadores inventaron e falsificaron datos, que esoutros novelistas endexamais sentiron o recendo das musas e que estes estudosos da literatura andaban sesenta anos por tras do que se investigaba aí fóra. Pero eses son os nosos vimbios, a lama coa que estamos feitos. E neles hai tamén, sempre, unha faísca de grandeza. Filgueira Valverde é un destes homes: luces e sombras que en 2015 teremos ocasión de celebrar e de estudar o máis criticamente que se poida. Pero non nos val a todos. Unha parte importante do ámbito cultural galego (que, non o esquezamos, é unha importante minoría social) oponse a Filgueira ata o punto de boicotear, como non se fixo nos 50 anos anteriores, esa celebración única que é o Día das Letras. De súpeto Xosé Fernando Filgueira Valverde é un alieníxena, un corpo alleo: un colaboracionista do franquismo nun país onde ninguén colaborou co franquismo, un señor de dereitas onde nunca ninguén houbo de dereitas, unha minoría que debe ser ignorada e menosprezada. Hai galegos e galegas entre nós que esquecen o obvio: que a metade somos de dereitas. Igual cá metade que falamos o galego. E que moitos máis da metade colaboramos co franquismo, ou somos netos e fillos dos que colaboraron co franquismo. Nada especial: xa todos negociamos cos nosos monstros na casa, no seu debido tempo, con maior ou menor éxito. Tampouco é ese un motivo de orgullo e reivindicación. Simplemente estamos aí, e de vez en cando escribimos obras literarias, editamos cancioneiros ou fundamos Seminarios de Estudos Galegos. Destruír a Academia ou destruír o Día das Letras é terriblemente sinxelo neste paisiño de tecidos fráxiles. Podemos facelo. Pero despois non culpemos da nosa mesquindade estragadora o capitalismo internacional, a Madrid, ou o sursumcorda Non vou facer loanza de Filgueira: xente de estudos a fará; e tamén eles e elas erguerán as obrigadas críticas. Fago loanza do consenso. Celebrei e respectei a Lorenzo Varela, non porque concordase ideoloxicamente con el, non porque aprezase a súa creación literaria, non porque respaldase as súas amplísimas zonas de sombra. Forma parte inseparable deste avío. E así celebro e respecto a Filgueira Valverde, mantedor, con humanas imperfeccións, do edificio que nos dimos. Hai quen prefire poñer a súa folla de ruta minifundista por diante. Ananos que en nome da súa razón non dubidan en destruír espazos de consenso. Que non ven ao redor xente normal, votantes indecisos, xentiña coas súas preocupacións, mais só militantes puros e pérfidos nemigos. Os 17 de maio temos ocasión de dirixirnos á xente normal, de engadalos, de traelos ao noso rego: mais preferimos arredalos porque só nós (e os nosos) somos dignos da pureza. Nesa fuxida á pureza non temos paraxe. Destruír a Academia ou destruír o Día das Letras é terriblemente sinxelo neste paisiño de tecidos fráxiles. Podemos facelo. Pero despois non culpemos da nosa mesquindade estragadora o capitalismo internacional, a Madrid, ou o sursumcorda. Somos nós os responsables, ben máis responsables ca Filgueira Valverde, de destruír o que nos herdaron. |
PRAZA_5955 | Nos últimos 10 anos, o acaparamento de terras e a falta de apoio estatal expulsaron do campo paraguaio a 585.000 mozos e mozas que quedaron sen un lugar para cultivar e vivir na súa comunidade. | Nos últimos 10 anos, o acaparamento de terras e a falta de apoio estatal expulsaron do campo paraguaio a 585.000 mozos e mozas que quedaron sen un lugar para cultivar e vivir na súa comunidade. Unha mocidade que podería labrar o seu futuro nunha propiedade pública de 2.000 hectáreas que hoxe ocupa unha empresa que produce soia, un produto xerador de grandes beneficios e que Europa e China importan para utilizalo como agrocombustible, forraxe para animais e consumo humano. As comunidades afectadas, a Articulación Curuguaty, formada por máis de 40 organizacións da sociedade civil paraguaia, e a ONGD Oxfam lanzaron unha campaña de denuncia e que promove que o campesiñado de Curuguaty recupere as terras e teñan un lugar onde vivir unha vida digna. Esta fin de semana centenares de persoas participaron nas marchas en defensa dos e das sen terra. Nos últimos 10 anos, o acaparamento de terras e a falta de apoio estatal expulsaron do campo paraguaio a 585.000 mozos e mozas que quedaron sen un lugar para cultivar e vivir na súa comunidade O problema da posesión das terras é tan universal como a existencia dos grandes latifundistas que as explotan (ou non). Curuguaty é un destes casos; un caso que seguramente tería pasado desapercibido se o 15 de xuño de 2012 as armas non se impuxeran ao diálogo. Dezasete persoas morreron (once campesiños e seis policías) e a día de hoxe, dous anos despois, aínda non se esclareceron os feitos. Por esta razón miles de persoas de diversos continentes queren saber que aconteceu en Curuguaty. Curuguaty é un símbolo das xentes que loitan polo amor á terra; son os que non queren emigrar aos suburbios de Asunción a engrosar a poboación das ribeiras dos bañados Curuguaty é un símbolo das xentes que loitan polo amor á terra; son os que non queren emigrar aos suburbios de Asunción a engrosar a poboación das ribeiras dos bañados. Coma se dunha telenovela se tratase, en Marina Kue (finca pertencente ao distrito de Curuguaty) dánse todos os ingredientes para un argumento con máis de dous anos de capítulos. A empresa Campos Morombí dicía que as terras son súas: en Paraguay, se alguén explota durante máis de 20 anos terras que non son do Estado, estas pasan a ser da súa propiedade. As terras en litixio (2.000 hectáreas) foron doadas ao Estado en 1967 pola empresa La Industrial Paraguaya SA que daquela era a propietaria, e o Estado destinounas para o asentamento dun destacamento da armada paraguaia. Existe un decreto do Presidente no que acepta a doazón dos terreos, pero deles non se fixo inscrición no Rexistro da propiedade. O asentamento do exército mantívose na zona ata 1999 e, logo de 5 anos de abandono, unha comisión de veciños sen terras, agrupada na Comisión sin Tierra Narajaty, iniciou os procedementos administrativos para que as terras pasasen a ser transferidas ao Instituto Nacional de Desenvolvemento Rural e da Terra (INDERT), responsable da reforma agraria. E en paralelo, o INDERT reactivou tamén as xestións para a transferencia legal dos terreos que, por tanto, pasarían a ser propiedade do Estado e destinadas á reforma agraria. Cando o INDERT vai a empezar a medir as terras para iniciar a distribución, aparece a empresa Campos Morombí SAC y A para reclamalas dicindo que son súas Pero cando o INDERT vai a empezar a medir as terras para iniciar a distribución, aparece a empresa Campos Morombí SAC y A para reclamalas dicindo que son súas. Foi nese momento cando se inicia unha longuísima e lentísima serie de xuízos e disputas entre o Estado e Campos Morombí. Mentres, os campesiños e campesiñas seguen a defender que as terras son do Estado, o INDERT promete en distintas ocasións que ía iniciar a súa medición e a distribución; e ademais, ao mesmo tempo como medida de presión para deixar patente a propiedade estatal da terra, os labregos as van ir ocupando de forma pacífica ata en sete ocasións. E cada vez que se daba unha orde de desaloxo, os campesiños agarraban a mochila e saían de forma negociada coas autoridades... e volta a empezar. E todo así de ben e de conciliador ata que o 15 de xuño de 2012 a cousa complícase, voan as balas e os defuntos, e casualmente acaba rodando a cabeza do presidente Fernando Lugo nun controvertido xuízo político onde se lle acusa de non saber xestionar o "problemiña"... Fálase entón de golpe de estado encuberto... dinse moitas cousas... O 15 de xuño de 2012 a cousa complícase, voan as balas e os defuntos, e casualmente acaba rodando a cabeza do presidente Fernando Lugo Actualmente, e como consecuencia de todo este proceso, hai 12 campesiños imputados que pasaron por unha folga de fame reclamando un xuízo xusto, e que se desgastaron na cadea acusados de invadir propiedades alleas, de tentativa de homicidio e asociación criminal. Por se non fose suficientemente complexo, Campos Morombí chegou a argumentar que o desaloxo do 15 de xuño levouse a cabo para protexer unha reserva natural da zona. Agora, a versión da empresa xa é outra: di que Marina Kue non forma parte da reserva e Campos Morombí "fíxose cargo" das terras ante a irresponsabilidade das autoridades, recoñecendo así que a propiedade foi doada ao Estado paraguaio. Campos Morombí chegou a dicir que non importa a nome de quen estea a propiedade e que, finalmente, non teñen interese de quedar coas terra. Cantos xuízos inútiles e canta perda de vidas teriamos aforrado se comezásemos por aí...! Estes días estanse a cumprir dous anos dos sucesos. Conmemoráronse con música e accións en Marina Kue: o "Festival da terra", que se celebra en Asunción, foi a antesala das marchas de centenares de persoas a Curuguaty. O domingo 15, de madrugada, alá estivemos: acompañando ás familias nas denuncias pola xustiza, na súa loita por unha terra que nunca debeu de ser regada de sangue O domingo 15, de madrugada, alá estivemos: acompañando ás familias nas denuncias pola xustiza, na súa loita por unha terra que nunca debeu de ser regada de sangue. Se a mocidade de Curuguaty queda sen terra só lles espera o futuro dos bañados inundados de Asunción. "Oxfam ten activa nestes momentos unha campaña onde se pide ao presidente de Paraguay, Horacio Cartes, que resolva o caso e otorgue as terras públicas de Marina Kue aos mozos e familias labregas; pódese asinar aquí |
NOS_25945 | Os pulsos da terra traducidos aos latexos musicais, o máis íntimo convertido en percusión, acompañada de voces de mulleres, un eco atemporal. Son as músicas que remiten ao pasado colectivo, ao máis próximo que é tan galego, tan noso, como universal. Latexo é o novo disco de Aliboria, grupo dirixido polo compositor Xosé Lois Romero, que vén debuxando nos últimos anos un novo horizonte na experimentación musical. A súa chave, ademais da imaxe da nova portada, é, en palabras do compositor, "seguir innovando, reinventando a tradición". | "Nestes momentos teño pouco tempo para escoitar música", confesa entre risos Xosé Lois Romero. Conversamos con el arredor do novo disco que saca da man de Aliboria, Latexo (Raso Estudio, 2020), mentres permanece no seu confinamento no mosteiro desacralizado de Pontón, en Girona, onde está a facer unha residencia artística. Nado en 1970, este compositor e percusionista oleirense está interesado desde a infancia polos ritmos herdados da tradición, que, confesa, quere reinterpetar por todos os medios posíbeis, "abrir e ensanchar o horizonte", sostén, dunha música galega "en evolución constante". Unha tarefa que o fai feliz. É sabedor da boa acollida dun grupo, Aliboria, innovador no panorama musical da Galiza, coa investigación de novos ritmos e arranxos que levan ás xeracións máis mozas pulsos tan humanos como milenarios. Mais, aclara, desbotan o tradicionalismo para interpretar a modernidade. Chegan a 2020 con colaboracións con artistas como Baiuca no fardel, con arranxos que rozan o folktrónico, escoitados no móbil, nas plataformas online e en concertos coas localidades esgotadas. Romero describe un clima musical axeitado na década que comeza para redescubrir e innovar as músicas máis achegadas ás voces íntimas, as que falan desde a terra e son recoñecíbeis na sensibilidade común da derme humana, a que percibe o latexo. —Relacionamos a música coa identidade? No meu caso, a música é un elemento identitario de seu. Sempre fago música como galego, como se fose un filtro a través do que recibes moita información e músicas distintas, pero levando a cabo unha interpretación autóctona arredor de cal é o teu sentimento, onde vives. Unha das cousas máis identitarias que temos é a música, despois destes anos de evolución do folk, agora mesmo, a pesar da crise, creo que vivimos un momento marabilloso e esa expresión artística está normalizada. Sempre pretendo facer música con carácter identitario e comprometido. —Unha identidade que é, no fondo, ollada para dentro e para fóra. Sempre hai pretensión de dar forma nova de maneira persoal á música do meu país, do sitio onde vivo. Obviamente Aliboria é un paso máis nese traballo. —Esa identidade que procuran está en evolución, vai ao compás da actualidade. Claro, sempre toquei paus moi distintos. Vou buscando novos camiños constantemente, os que non se andaron antes. Neste caso, humildemente, tamén foi iso o que procurei. O feito de ser un proxecto no ano 2020 de voces e percusión tradicional contemporánea, sen ser tradicionalista, é dun claro atrevemento e risco. Xustamente o que pretendín foi ir aos elementos máis esenciais, ir á raíz, para facer a proposta máis contemporánea que se me poida ocorrer. Agora, sobre todo, os pasos adiante están nesa estratexia: actualizar e contemporaneizar a percusión tradicional e o canto, cumprir esa teima que temos. —Apelando a esa identidade propia que amosa Aliboria, descubrimos voces universais. Tomándoos a vostedes de exemplo, fan unha música pegada ás nosas raíces, algo moi persoal como colectivo, pero que alguén pode escoitar na outra punta do mundo e segue a ser igual de identificativa para esa persoa. Xustamente. A percusión e a voz, neste caso a das mulleres, son os elementos máis primarios no concepto, non xa só da música, senón da humanidade enteira. Provoca unha sensación global, algo que me gusta moito e que nos conecta cunha especie de capa común da humanidade que, en certo modo, supera as limitacións ou condicionantes estilísticos. No momento en que falamos de música instrumental, con arranxos, entran máis elementos externos que te colocan nunha vertente ou noutra. —Algo que tamén descobre o seu público. Dime moita xente que isto é da Galiza, pero tamén que podería ser de calquera outra parte do mundo. Conseguimos, con algo absolutamente galego, conectar coa capa común humana, coa capa común musical. —Gústalles a combinación, tanto que colaboraron con outro artista emerxente e recoñecido como é Baiuca. Como foi ese traballo conxunto? O traballo en Misturas foi un marabilloso encontro entre Álex e mais eu. De primeiras dinlle os parabéns polo seu disco e comezamos falar, díxome que tiña pensado falar connosco, con Aliboria, e propúxonos facer ese traballo conxunto. Misturas foi un encontro perfecto, unha sinerxía ideal. Unha das cousas que, curiosamente, me gustaría facer é o que está acometendo Baiuca: ese equilibrio que parecía tan imposíbel entre unha música electrónica máis moderna e os elementos absolutos da tradición galega. Nese sentido, foi un pracer para ambos. Tocamos xuntos, facemos concertos con el… Foi para min todo un agasallo. A percusión e a voz, neste caso a das mulleres, son os elementos máis primarios no concepto, non xa só da música, senón da humanidade enteira —Semella que gran parte da evolución musical de hoxe aposta nesa mestura que sinala, non temos medo nin a combinar nin a adaptar o de antes para poñelo a punto para o agora. Sería absurdo crer que non o levamos facendo até o momento. Todo é mestura, crer que non foi así é faltar á verdade. Todo o que se fixo na música galega, desde sempre, poñendo fincapé na miña xeración (a dos últimos corenta anos) foi mesturar e remesturar. Por unha vertente determinada ou por unha estética buscada, sempre foi así, creando sinerxías conxuntas. Baséase en empoderar a música galega deixándose contaminar por outras que a enchen e abren a novas posibilidades. Despois destas décadas incríbeis, de todo tipo de experimentos e propostas, cando estabamos nunha volta onde non sabemos moi ben por onde vai ir todo… Aparece Baiuca. Supón unha evolución, ou máis ben unha revolución. É comparábel ao que fixeron no seu día Milladoiro ou Fuxan os Ventos, grupos que crearon unha estética onde, a priori, "non había nada"; onde se cría que non se podía facer xa nada máis. Nese sentido, creo que somos un elo máis na cadea da evolución da música galega. —No seu novo disco, Latexo, conseguen nesa anovación poñer enriba da mesa o debate entre se o tradicional e popular pode ser reinterpretado polos novos públicos, na Galiza e fóra dela. É un debate que agardo non teña moito máis recorrido, porque está superado. Hai 20 ou 30 anos houbo unha forte discusión, algo que penso que no seu momento foi natural, arredor do que estabamos a crear e que forma debía ter. Houbo unha conversa común sobre se "isto novo" debía ser máis ou menos purista, máis ou menos conservador, máis ou menos arriscado… É un debate normal, que foi neses anos airado e controvertido, pero pasou moito tempo. Hoxe en día, por moitos motivos, temos unha historia de música recreada. —Recreada? Debatemos entón arredor de algo que non é o mesmo, que non existe? A música tradicional, como tal, desapareceu. Somos a xeración que a rematou no sentido literal e exacto da palabra. Agora estamos a facer outra cousa, estamos a recrear esa tradición. A música popular exércea hoxe xente que non é música, xente que a incorpora na súa vida como un elemento de lecer, de riqueza, de diversión e de enriquecemento persoal. Esa é a xente que está a manter a música popular na Galiza. —A música tradicional coma unha construción colectiva. E cultivada polo pobo, cada un da súa maneira e guiados pola socialización e a diversión. O resto, os grupos que sacan discos, que realizan produtos artísticos, fan en realidade creación a partir dun patrimonio, que xa é outra cousa. As dúas teñen igual importancia, mais, persoalmente, o que hoxe en día ten máis valor, o que me ilusiona e reconforta, é ver como se normalizou de forma activa o folclore; persoas que cantan e bailan nos nosos días, que o fan moi ben, de xeito espectacular. Esa é a verdadeira tradición, a verdadeira música popular que transcende o tempo e ten vida. Que determinados grupos innovemos e saquemos este ou outro disco… Iso xa é outra cousa á marxe. —Tamén o nome do álbum parece apelar a esa vida, a algo universal apegado á terra. Latexo fai referencia a moitas cousas. Dunha banda, o propio sentido da palabra, o primeiro que se nos vén ao concibilo, é o latexo que pode ser da terra, do noso… Unha enerxía telúrica, unha forza de vida e marca o pulso, un biorritmo. Persoalmente, vencello dous conceptos que me gustan moito, un sentido romántico e realista: todos os seres humanos, todos, escoitamos por vez primeira a voz da nosa nai e o latexo do seu corazón. —Serían esas as nosas raíces musicais, o que fai desa mestura de voz e percusión algo para todos? Si. Alí está a raíz, na voz de mulleres e o seu corazón, nas voces e na percusión máis tradicional, porque son o primeiro latexo. Eses son os ingredientes de Aliboria. Por outra banda, está tamén a conexión coa terra. A música que nós facemos, como cantan as mulleres, como se toca... ten que ver co sitio no que vivimos, a 200 quilómetros xa é distinto, xa é outra cousa. Cada lugar do planeta ten un latexo distinto. A música e a forma de cantar que chegou até nós, ao presente desde a da noite dos tempos, naceu dunha conexión coa terra que se traballaba e se habitaba. Nese sentido, sermos música tradicional galega é, tamén, un elemento de unión coa terra que pisamos. —Ese chegar ao que nos simboliza, ao máis íntimo, pode ser tamén esa chave que temos na imaxe do disco. Ten unha historia curiosa. Todos os discos anteriores teñen ese mesmo elemento na súa portada. Foi algo azaroso; co proceso do primeiro disco atopei unha chave de goma laranxa na rúa, tirada no chan. Deume unha idea que puiden propór como deseñador gráfico. Xogando con ela, chegou un momento no que resumía e gardaba moito significado. A idea é ese concepto de que para nós o que facemos é unha chave para un mundo moi grande, un universo polo que transitar aínda. Esa chave facíame referencia a Aliboria, pero, ademais, a un tema popular castelán, "la llave de la alegría". Son elementos intrínsecos do grupo: a alegría, forza, terra… Manter a enerxía tribal da música, no fondo. Visualmente ten moita forza, para todos ten un sentido que é interesante. —É un disco que, segundo puidemos ouvir, ten tamén un cambio a respecto do que xa escoitaramos de Aliboria. Estamos moi contentos con Latexo porque é un disco que, co esencial, co canto das mulleres e a percusión tradicional, cos elementos básicos, intenta camiñar o máis para adiante e o máis ancho que se poida. Nese sentido hai un cambio importante a respecto do que levamos facendo previamente. No primeiro disco todo o repertorio era tradicional, neste segundo só hai dous temas tradicionais, o resto son composición inspiradas nese estilo do canto máis ancestral. Temos tamén unha versión no mesmo track, dous temas unidos: Ponta de areia e María María, popularizados por persoas como Mercedes Sosa. Moita xente pregúntase como un grupo tradicional canta iso. A resposta é que nós non somos un grupo tradicional nin tradicionalista. Nós empregamos elementos tradicionais para tocar música actual, ben sexa composta ex professo ou versionando temas tradicionais con arranxos do presente, ou tamén, por que non, versionando cancións doutros autores do mundo. Procuramos sempre esa visión contemporánea, queremos manter a forza que ten a música tradicional e cantada. Unha música poderosa, sen medias tintas. A percusión tradicional é potente, o canto das mulleres é potente, e ambas son un elemento identitario a preservar. Temos que utilizalo, non suavizalo, dulcificalo ou refinalo, como vimos en parte do folk galego. Nós traballamos o tribalismo, o concepto máis telúrico. —Nese labor de creación hai tamén unha innovación técnica. Chama a atención o emprego de instrumentos creados por vostedes para este disco en concreto. Partimos da percusión máis nosa. Todo o que tocamos pertence ao mundo tradicional. O que fixemos foi adaptar instrumentos, melloralos tecnicamente: sistemas de afinación, tipos de peles, sonoridade, amplificación… Un proceso de construción e creación de instrumentos que até agora nunca se tocaron neste formato e que temos que conseguir que soen o mellor posíbel. Por unha banda, temos ese redeseño a partir dos propios artesáns, para que elaboren as ferramentas que nós precisamos. Pola outra, está a creación duns instrumentos que non existen como tales na tradición, que non teñen un nome, pero son sonoridades que forman parte do imaxinario colectivo. O que facemos é procurar elementos que acheguen esa sonoridade e adaptalos para integralos nunha mensaxe. Hai desde canas golpeadas até cazos de metal con cousas dentro. —Considéranse precursores, dalgún xeito? Traballamos un campo onde non hai nada feito. Ninguén está utilizando a percusión tradicional en todo seu abano. Son instrumentos dos que na súa maioría non están estandarizados, nin a súa maneira de tocar. —Que nos pode adiantar dos seus próximos pasos? É unha aposta moi forte o que estamos a facer hoxe. O compromiso de Aliboria é ese, seguir innovando. Non descartamos futuras colaboracións, xa cho adianto. Algunha cousa moi interesante temos, querémonos irmandar con mais artistas. |
NOS_47250 | A organización agrogandeira informa de que as cooperativas que facían parte deste proxecto levarán a consellaría do Medio Rural perante a xustiza e que a dirección de Alimentos Lácteos identifica tamén o Goberno galego como causante do desmantelamento. | A organización agrogandeira Fruga volveu enfatizar que a Xunta de Galiza é "a responsábel da quebra" de Alimentos Lácteos. Fíxoo mostrando o seu convencemento en que "o sector lácteo galego xa non ten dúbidas" e anunciando que unha parte das cooperativas que facían parte do proxecto, para alén da propia dirección, levarán a consellaría de Medio Rural perante os tribunais. En rolda de imprensa, o responsábel de sectores gandeiros de Fruga, Elías Somoza, informou de que "os propios protagonistas recoñecen que a empresa só serviu para beneficiar o PP namentres prexudicaba os produtores, os traballadores da planta de envasado e o sector leiteiro galego". Alimentos Lácteos xurdiu cando en 2009 Pascual desmantelou a fábrica de Outerio de Rei e un colectivo de 23 cooperativas se comprometeu a continuar co traballo e manter os empregos. Porén, a Xunta impediu que a iniciativa se fechase e impulsou Alimentos Lácteos, integrada só por unha parte das cooperativas do proxecto inicial e capitaneada por dous membros do PP: Eugenio Montero, tenende de alcalde de Touro; e Arcadio López, ex-alcalde da Pastoriza. A experiencia desta empresa, que supuxo perder unha oportunidade para crear un grupo leiteiro galego, deixou un regueiro de 15 millóns de euros recoñecidos en débedas, un milleiro de produtor@s que non cobraron o alimento entregado durante varios meses, un cento de traballador@s da planta de embasado no desemprego e as cooperativas nunha situación que Somoza cualificou de "realmente crítica". |
PRAZA_16943 | Este venres comezou na Coruña o Foro Tecendo Litoral, que busca contribuír ao debate público sobre os usos dos terreos portuarios. Expertos apostan por un proxecto que manteña actividades produtivas nos peiraos e que sexa produto dun consenso social. O alcalde pide "que non se hipoteque o futuro da cidade". Audio no interior | "Unha cidade non se pode pintar nunha servilleta. Non pode ser a idea xenial dun arquitecto nin o capricho dun alcalde. As cidades son creacións colectivas", con estas palabras definiu Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, os obxectivos do Foro Tecendo Litoral, que se está a desenvolver este venres e sábado na cidade, buscando contribuír ao debate público sobre os usos dos terreos do porto interior. 400.000 metros cadrados sobre os que se opoñen dúas visións completamente distintas: a defendida por Goberno central e Xunta, que se aferran ao convenio de 2004 que prevé a súa venda e a construción de milleiros de vivendas e áreas comerciais e hoteleiras, e a proposta polo Concello, que reclama, en primeiro lugar, a necesidade de que o seu deseño sexa aberto e colectivo e que a súa titularidade siga sendo pública, apostando polo mantemento de actividades produtivas ligadas ao mar e a súa integración medioambiental. "Unha cidade non se pode pintar nunha servilleta. Non pode ser a idea xenial dun arquitecto nin o capricho dun alcalde. As cidades son creacións colectivas" "A voz da cidade é imprescindible. Creo que hai un consenso xeneralizado na Coruña de que os convenios de 2004 xa non teñen sentido a estas alturas, que temos que redefinir os usos previstos neses peiraos que se van desocupar, que temos que procurar que ese espazo siga sendo un dos pulmóns produtivos da nosa cidade", afirmou o rexedor, que subliñou que "temos que evitar operacións especulativas que xa aprendemos da experiencia da historia recente da nosa cidade e do noso país que non teñen un final feliz". Ferreiro afirmou que ese "sentido común" foi o que sacou a máis de 4.000 persoas á rúa hai agora un ano, en defensa do común e da titularidade pública dos peiraos interiores e sinalou que "calquera iniciativa que pretenda manter a vixencia destes convenios, como é o caso do protocolo asinado hai escasos días pola Xunta e Fomento, supón prorrogar unha hipoteca e darlle osíxeno a un proxecto sen proxecto". "A transformación do porto é unha oportunidade para A Coruña, un momento clave só comparable ás situacións que se viviron nos anos 60 e 70. Xa temos hipotecas abondas nesta cidade", salientou Ferreiro "A transformación do porto é unha oportunidade para A Coruña, un momento clave só comparable ás situacións que se viviron nos anos 60 e 70. Xa temos hipotecas abondas nesta cidade", salientou Ferreiro na súa intervención, que concluíu dicindo que "o borde litoral pode ser unha barreira ou pode ser unha ponte, unha porta. Hai un sentido común novo na Coruña. Temos a oportunidade de facer ben as cousas". Ferreiro criticou, ademais, que "nin o presidente da Xunta nin o presidente da Autoridade Portuaria quixesen estar hoxe aquí, uníndose a un diálogo produtivo" e denunciou que están a optar por unha vía "unilateral" que non ten en conta os intereses da cidade da Coruña e da súa poboación. Reivindicou, finalmente, o "irrenunciable dereito da Coruña a decidir o seu futuro sen chantaxes nin imposicións". "Solucionar os problemas de hoxe sen hipotecar aos habitantes de mañá" Nesta primeira sesión do Foro participaron representantes das Federación de Asociacións Veciñais, da Universidade da Coruña e da Confederación de Empresarios. E tamén os alcaldes e alcaldesa de Sada, Oleiros, Culleredo, Cambre ou Bergondo. No Foro presentáronse así mesmo as primeiras conclusións da investigación que unha serie de persoal experto vén desenvolvendo nos últimos meses, realizando unhas 60 entrevistas e xuntanzas con representantes de distintos sectores sociais ou económicos ligados á actividade portuaria ou ao espazo que ocupan os peiraos. O director desta investigación, o arquitecto catalán Sebastià Jornet, debullou algunhas das claves da análise realizada. A primeira desas claves, seguramente a fundamental, é que "ten que ser unha construción colectiva, un relato e unha conversa na que participen todos os implicados, non o proxecto do que manda agora ou do que manda mañá". Jornet fixo fincapé, ademais, en que "non podemos volver caer no erro de vender solo publico", sen que iso impida a participación da iniciativa privada no proceso. "Ten que ser unha construción colectiva, un relato e unha conversa na que participen todos os implicados, non o proxecto do que manda agora ou do que manda mañá", dixo Sebastià Jornet "É unha oportunidade de recuperar a relación histórica da Coruña coa auga, co mar, que o porto non sexa unha barreira", salientou Jornet, que recomendou integrar o porto co resto da cidade, sobre todo cos barrios máis próximos (Oza, Os Castros, A Gaiteira...) e tamén coa contorna metropolitana, tanto a nivel medioambiental como económicos. Outra das suxestións que realizou é que o porto manteña actividade produtiva, sobre todo a ligada ao propio mar. Incidiu tamén nos valores do "urbanismo adaptativo", apostando por aproveitar os elementos xa existentes no lugar, reciclar e rexenerar e non tanto por estender máis a cidade. Reivindicou, igualmente, unha sorte de urbanismo de pequenas accións, que actúe dende xa para "xerar cambios a longo prazo", unha visión -dixo- "moi diferente da que había momento no que se asinou o convenio de 2004". E pechou a súa intervención defendendo "un urbanismo sostible. Algo tan simple como solucionar os problemas de hoxe sen hipotecar aos habitantes de mañá". |
NOS_38825 | Os ollos de medio mundo están pousados sobre Grecia, á espera de coñecer o resultado do referendo que se celebra este domingo. Mentres a Troika persegue que o pobo grego vote o "NAI/SI" a novos recortes, o Goberno de Tsipras trata de que gañe o "OXI/NON", botándolle unha sorte de pulso á UE para defender que ten que ser o pobo quen decida. | Ao longo do día de hoxe todos focos estarán centrados en Grecia, expectantes polo resultado do referendo convocado polo Goberno de Syriza para que o pobo grego decida se acepta ou non os requirimentos da Troika –Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional- para estender os créditos ao país. Precisamente, o FMI sitúa en 50.000 millóns de euros as necesidades de Grecia para os próximos tres anos, unha cantidade que fai inviábel o pagamento da débeda, máxime cando os acredores rexeitan toda caste de quita. Non é noticia que Grecia se enfronte a un paquete de recortes dos acredores. O novidoso é que un país que pertence á UE tense a corda para permitir a decisión do pobo sobre as condicións impostas pola Ttroika para termar do sistema financeiro grego. Deste xeito, 11 millóns de gregos e gregas están hoxe chamados a decidir polo seu futuro e a acudir ás urnas para apostar polo "Nai/Si" dos recortes –cuxo obxectivo pasa por asegurar un superávit fiscal que permita o pagamento dunha débeda que o FMI admite que é imposíbel devolver- ou polo "Oxi/Non", promovido polo Goberno de Tsipras, ás medidas de austeridade. En concreto, o pobo grego terá que responder hoxe á pregunta "Temos que aceptar o proxecto de acordo que foi presentado pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional no Eurogrupo do 25/06/2915, que se compón de dúas partes e que constitúen a súa única proposta?". No día de onte, o Goberno de Tsipras anunciou que manexa datos que advirten dunha lixeira vantaxe do "Non" nas sondaxes. Porén, sinalou que hai entre un 6 e 7% de persoas que aínda non decidiron o sentido do seu voto. Cómpre lembrar que para que o referendo sexa válido ten que rexistrarse, cando menos, un 40% de participación. As últimas sondaxes indican que a participación superará o 80%. O sábado, o Goberno de Tsipras anunciou que manexa datos que advirten dunha lixeira vantaxe do "Non" nas sondaxes Polo "Si" apostan Nova Democracia, o Pasok, o To Potami, o Movemento de Socialistas Democráticos ou a patronal grega, entre outros. Polo "Non", amais de Syriza, avogan a dereita nacionalista Anel e forzas sen representación no parlamento como Antarsya. Contra o "Si" e o "Non" posiciónanse a Pame, que aglutina o movemento sindical de clase, e a formación comunista KKE, pois ambas organizacións critican que non se someta a referendo a alternativa do Goberno de Tsipras ao proxecto da troika. A alternativa de Syriza non é considerada como tal polos críticos, ao advertiren que é antiobreira e que coincide nunha alta porcentaxe coas medidas que impoñen a Comisión Europea, o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional. Deste xeito, sinalan que rexeitan tanto o "Si" como o "Non" e apelan a clase obreira a elevaren as súas propias demandas e reivindicacións. Os anteriores rescates da Troika a Grecia levaron o país heleno ao bordo do colapso, cunha situación de crise humanitaria onde o PIB caeu máis dun 25%. De feito, en 2010, a UE e o FMI impuxéronlle ao país un "rescate" de máis de 240.000 millóns de euros para sanear a economía. A cambio do "rescate", o goberno conservador grego aprobaba unha serie de recortes sociais que sumiron na miseria o pobo. Entre os tesoirazos atopábanse a redución do salario e das pensións mínimas, así como a redución do investimento nos servizos públicos, nomeadamente na sanidade e na educación. A rebaixa dos salarios e a supresión de postos de traballo tamén foron consecuencia deste rescate. Haberá que agardar até as 20h para coñecer os primeiros resultados do referendo sobre a proposta dos acredores para a prórroga do rescate grego e para coñecer o apoio social co que conta o Goberno de Tsipras. O seu ministro de Finanzas, o mediático Yanis Varoufakis, anunciou onte que de gañar o "Si" renunciará ao cargo. |
NOS_53386 | A central sindical traslada unha queixa ao director xeral do ente público por este "novo episodio de manipulación" | A CIG remitiu un escrito de queixa ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e a directora da Área de Información polo tratamento informativo recibido con respecto aos actos de celebración do Primeiro de Maio. "A evidente ocultación da primeira forza sindical en Galiza e a manipulación na cobertura das súas convocatorias dificilmente casan cos principios de obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa polos que se debe rexer a televisión pública galega", apuntan desde o sindicato . Fortes críticas Critican que a Televisión de Galicia non se fixo eco da rolda de prensa, desenvolvida por videoconferencia o día 27 de abril -na que se informou das acción previstas para ese Primeiro de Maio- e que o día 1 seguinte asistiron a "un obvio exercicio de manipulación informativa", pois no programa Bos Días trasladouse a idea "de que as únicas convocatorias eran as de CCOO e UXT". Ademais, denuncian que no Telexornal do mediodía repetiuse a situación, "emitíndose imaxes dos chíos en redes sociais de perfís de persoas que se suman ao chamado de CCOO e UGT e non se recolle nin un só da convocatoria da CIG". "Recóllense declaracións, por esta orde, de Unai Sordo, secretario xeral de CCOO; Pepe Álvarez, de UGT; José Antonio Gómez, secretario xeral en Galiza de UGT; Ramón Sarmiento, secretario xeral en Galiza de CCOO, e Paulo Carril, secretario xeral da CIG. Da información, 1 minuto e 31 segundos dedícanse a informar das convocatorias de CCOO e UGT e 13 segundos -9" de total de Paulo Carril- a informar da CIG", explican. No Telexoranl Serán divídese en dous bloques a información relativa a esta data. No primeiro dáse conta do concerto virtual convocado por CCOO e UGT (33"). No segundo das manifestacións nas redes sociais, repetindo o esquema dos anteriores informativos. Durante 1 minuto e 19 segundos fálase de CCOO e UGT, fronte aos 12 segundos nos que se fala da CIG. "Dificilmente hai obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, cando hai ocultación manifesta da convocatoria dunha das organizacións sindicais fronte ás outras dúas. Máxime cando ademais a CIG ostenta a primeira posición en Galiza en representatividade", conclúe a central sindical. |
NOS_2875 | O voceiro parlamentar de AGE visitou a zona afectada pola mina para constatar que a complicidade manifestada polo PP é "moi grave" ao permitir que saia adiante o "espolio" que pretende a empresa canadense Edgewater, "propio dun modelo de desenvolvemento de países colonizados" | De "cómplice pasivo" da "estafa" que a empresa mineira de capital canadense Edgewater está a practicar entre a veciñanza de Corcoesto tildou este sábado á Xunta o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, que visitou a zona en que se contruirá a mina a ceo aberto acompañado doutros dous deputados desta formación política, Xabier Ron e Antón Sánchez. Acompañados de membr@s da Plataforma pola defensa de Corcoresto, percorreron os montes desta parroquia de Cabana de Bergantiños para constatar que a tolerancia amosada polo Goberno galego é "moi grave", ao permitir "que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión e a chantaxe", para alén de subliñar que un proxecto destas características --unha mina a ceo aberto que ocupará a superficie equivalente a 700 campos de fútbol a cambio de dúas ducias de postos de traballo-- "é propio de países colonizados". Sostén a formación que lidera Beiras que esta actuación, tramitada como plan estratéxico industrial para acelerar os permisos, é en realidade "un expolio para todo o País". Por conseguinte, AGE organizará en xaneiro unhas xornadas sobre minaría para explicar o impacto real que teñen os proxectos mineiros, propios "de modelos de desenvolvemento propios da etapa colonial". |
NOS_45320 | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pon en dúbida que a partir de xuño vaia haber unha vacinación masiva porque dependerá do número de doses dispoñíbeis. En todo caso, opina que o "lóxico" é que as máscaras comecen a desaparecer da cara da xente a partir deste verán. | Pouco despois de que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciase que o próximo mes vai haber unha "vacinación masiva das persoas menores de 50 anos", o seu homólogo na Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, puxo en dúbida tal compromiso. Para o seu ver está máis perto a saída sen máscara malia que o virus continúe en circulación. Para Feixoo non se pode garantir ese ritmo porque vai depender dos fármacos que vaia chegando. "Vai depender do número" de doses, polo que a estas alturas non podería "confirmar que vaia haber suficientes" para que a afirmación de Sánchez sexa realidade. "Oxalá", dixo, destacando que polo de agora non houbo tales campañas. "Se temos capacidade para 100.000 diarias e tócannos150.000-160.000 en sete días, de momento non temos vacinación masiva", aclarou. En calquera caso confía en que todas as galegas e galegos estean inoculados dalgún tratamento contra a Covid-19 antes de final de ano. O que si está na súa mente é que a máscara vaia deixando de ser un complemento indispensábel. "O lóxico é que a máscara vaia caendo a partir do mes de xullo ou agosto", comentou, se ven referíase só a espazos exteriores. Insistiu na cuestión de que os movementos sexan "ao aire libre". "Os epidemiólogos que forman parte do comité clínico dinnos que o lóxico é que a medida que avance a vacinación, entendemos que por xullo-agosto as máscaras en exterior non serán necesarias salvo en rúas moi concorridas ou cando non sexa posíbel a distancia social", engadiu. Fernando Simón, na mesma liña Nesta mesma liña manifestouse esta segunda feira, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, que ve "moi probábel" que "en non moitos días" haxa unha rebaixa das situacións nas que se empregan as máscaras grazas á boa evolución epidemiolóxica e ao ritmo de tratamento da poboación. "Aínda non temos nin unha incidencia, nin unha cobertura de vacinación, nin unha inmunidade comunitaria suficientemente alta como para relaxar as medidas de protección persoal", puntualizou sobre o momento máis inmediato. |
NOS_14020 | O festival lugués consolídase como referente da xeira de inverno. | A Candeloria xa ten data e cartaz. Será os días 19 e 20 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Bandas como Nao, Narco, Zoo, Aspencat ou Sociedad Alkoholica compoñen o cartaz da terceira edición consolidando o festival como o principal da xeira de inverno. Após congregar milleiros de persoas o pasado ano a organización comezou a vender anticipadas as entradas con prezos especiais e tamén disponibiliza através do seu portal web un amplo abano de información de interese na que se inclúe rotas de desprazamento e posibilidades de aloxamento na cidade de Lugo para aquelas persoas que non desexen acampar no propio Pazo. A presenza de grupos de ampla traxectoria como S.A e Narco, mestúrase con algunhas das principais bandas actuais. Eis o caso de Aspencat e Zoo, ambas as dúas procedentes dos Països Catalans. Aliás, a terceira edición da Candeloria conta cun número importante de grupos nacionais como NAO que presentará no festival o seu próximo traballo, Soñar. Un fito que marcará o inicio de Apocalipse, a despedida desta banda que leva desde 2005 facendo rock en galego desde A Estrada. Xunto a eles, estarán Ataque Escampe, Habelas Hainas, Os Diplomáticos, Familia Camagno, Zënzar e os irreverentes Poetarras que comezan a se facer un oco no panorama musical galego após o seu éxito, Feijóo. |
NOS_3905 | Arelas e TransForma convocaron unha xornada de mobilización e actividades para reclamar unha sociedade libre de transfobia. | Este domingo 10 de xullo a Asociación de familias de menores trans, Arelas, e TransForma organizaron o II Orgullo Trans Galego, unha xornada de mobilización e actividades para visibilizar a diversidade que transcorreu na capital da Galiza, Compostela, desde o mediodía cunha comida ao ar libre. Por volta das 19 horas tivo lugar unha manifestación que percorreu as rúas da cidade desde a Praza do Obradoiro até a Praza do Toural baixo o lema 'Orgullosxs de ser como somos, orgullosxs de ser diversxs'. A actuación musical de Canela cafuné e a leitura de poemas de temática trans para alén do propio manifesto de convocatoria, remataron co lanzamento de globos con mensaxes de apoio ao colectivo. Lei de identidade sexual Neste senso, as organizacións convocantes sinalan que malia os avanzos acontecidos nos últimos anos, nomeadamente no plano formal, "o certo é que a patoloxización en todos os ámbitos, o acoso no ámbito escolar, a violencia dentro e fóra dos fogares, a discriminación social e moitas outras formas de rexeitamento, seguen a estar presente a cotiá na vida das persoas Trans*". "Queremos dicir ben forte que os menores trans existen e reclamar o máis básico: o seu dereito a ser e a expresarse como realmente se sinten, porque case sempre as súas propias familias e a sociedade os invisibilizan", dixo Cristina Palacios, presidenta de Arelas quen subliñou a patoloxización que se mantén sobre a transexualidade no noso país. "Aínda hai que pasar por un psicólogo e por un psiquiatra para poder acceder a calquera tratamento ou para poder modificar legalmente o teu nome", polo que reclaman unha lei de identidade sexual que garanta todos os dereitos das persoas trans. |
NOS_24069 | Un borrador filtrado esta segunda feira apunta que o xefe de Anticorrupción, Alejandro Luzón, non achou "indicios" que vinculen o rei emérito cunha presunta conta bancaria con dez millóns de euros aberta no paraíso fiscal de Jersey. | O borrador de arquivo das dilixencias de investigación relativas á presunta fortuna do rei emérito, Juan Carlos I, na illa de Jersey sinala que o equipo de fiscais, liderado polo xefe de Anticorrupción, Alejandro Luzón, non atopou indicios "que permitan dirixir reproche penal contra S.M.D. Juan Carlos de Borbón e Borbón" e apunta que, por tanto, "procede acordar o arquivo das dilixencias de investigación". Así o reflicte un extracto do borrador de decreto de arquivo que avanzou esta segunda feira a Cadena Cope. Esta era unha das tres liñas de investigación abertas na Fiscalía do Tribunal Supremo sobre a fortuna do emérito, sendo as outras dúas as presuntas comisións ilegais pola adxudicación do AVE á Meca e o suposto uso de tarxetas 'black' sufragadas por un empresario mexicano. Sobre a investigación de Jersey, o Ministerio Público indagaba na presunta existencia dunha conta bancaria con arredor de dez millóns de euros a nome do ex xefe de Estado nesta illa, un paraíso fiscal de bandeira británica. "De 2004 a 2021 non existe indicio ningún que permita vincular a sociedade The JRM 2004 Trust con Juan Carlos de Borbón, nin na súa xestión, nin na capacidade de dispor dos fondos; en ningún momento tivo este a condición de beneficiario do 'trust' nin consta que percibise cantidade ningunha nas súas contas", di o borrador nas súas conclusións. Nas conclusións do borrador indícase que The JRM 2004 Trust constituíuse con fondos procedentes da liquidación doutros dous 'trust', Tartessus e Hereu, fundados en 1995 e 1997 respectivamente e "dos que foi beneficiario o daquela rei de España". Cómpre lembrar que até a súa abdicación o 19 de xuño de 2014 Juan Carlos I gozaba da inviolabilidade recollida na Constitución de 1978. No citado documento da Fiscalía, Luzón engade que non existe actualmente "documentación soporte dispoñíbel" sobre eses dous 'trust' e que "probabelmente nunca se coñecerá con total certeza a orixe dos fondos con que foron creados". Sexa como for, desde a súa abdicación e a consecuente perda da inviolabilidade e irresponsabilidade do emérito, "as disposicións de JRM 2004 Trust fórono nunhas contías que en ningún caso alcanzarían a cota correspondente a un delito contra a Facenda Pública, aínda cando tales fondos fosen entregados eventualmente a un contribuínte español, algo do que non existe constancia ningunha". |
NOS_30901 | Bilbo viveu esta tarde a marcha que Naiz.Info cualifica como a maior mobilización da historia de Euskal Herria. 115.000 persoas saíron á rúa en defensa dos dereitos d@s pres@s basc@s. | A multitudinaria marcha -organizada por Herrira- expresa que un importantísimo sector da sociedade basca repudia a política penitenciaria do Estado español por non respeitar dereitos humanos fundamentais dos militantes de ETA encarcerados e dispersos por distintos penais da península. O retorno d@s pres@s a Euskal Herria e o avanzo cara a unha solución democrática do conflito político foi a principal demanda da maré humana despregada polas rúas de Bilbo. No manifesto co que se fechou a marcha, os portavoces de Herrira enfatizaron: «Os gobernos español e francés deben dar pasos. Este pobo reclámao. A crueldade sempre foi asideiro da covardía. Sexan valentes. Por unha vez, póñanse ao nível que exixe a situación". |
PRAZA_19757 | Xunta e Fomento instan a non comparar o orzamentado en 2017 co previsto nas anteriores contas estatais e o presidente da Xunta asegura que o orzamento "será mellor que o de 2015 e o de 2016" se é "executado" O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE Fomento certifica o abandono sen prazo da nova liña de tren a Lugo que prometeu Feijóo | As previsións de investimento para Galicia que o Goberno de España inclúe nos Orzamentos Xerais do Estado viñeron sendo presentadas nos últimos anos co seu montante total como principal valor. As avultadas partidas para a construción da liña ferroviaria de alta velocidade a Madrid permitiron aos sucesivos Executivos -o do PSOE, con alzas anuais constantes de 2004 a 2009; e o do PP, malia afondar nos recortes iniciados en 2010- estatais debuxar unha escena de compromiso coas obras pendentes en territorio galego pola vía dos grandes números, con independencia de que parte deses fondos non chegasen a executarse, isto é, a gastarse. Pero esta dinámica vén de ser freada abruptamente no proxecto orzamentario que dende esta semana se tramita no Congreso, unha caída do 32% cun evidente impacto político no país que a Xunta tenta amortecer coa creación dun "comité de seguimento" da execución das contas. A proximidade do remate das grandes partidas do AVE á Meseta -a que quedará pendente, para a variante de Ourense, terá un custo estimado superior aos 600 millóns, pero o horizonte dos primeiros 200 está alén de 2020, segundo estimacións de Adif- e a inexistencia de novos proxectos dunha magnitude semellante é a principal explicación dunha baixada da que a Xunta era xa consciente antes da presentación do Orzamento, que agora os grupos das Cortes poden tentar modificar pola vía das emendas. Así, poucas horas despois de que o ministro Cristóbal Montoro presentase as cifras dende San Caetano facíase público un comunicado no que, na liña do argumentario difundido polo Ministerio de Fomento, se instaba a comparar o orzamentado para 2017 non co previsto para 2016, senón co efectivamente gastado. Xunta e Fomento instan a non comparar o orzamentado en 2017 co previsto nas anteriores contas estatais Os 924 millóns de euros que corresponden a Galicia son, resalta a Xunta, un importe "máis dun 53%" superior ao "executado en Galicia durante o ano pasado". O Goberno de España, mantén, non executou máis porque o 2016 estivo "marcado polo bloqueo político", asegura a Consellería de Infraestruturas. A versión oficial obvia, non obstante, que o groso dos investimentos previstos en 2016 eran tamén para o AVE a Madrid e que os principais motivos para a ralentización non tiñan relación coa formación ou non de Goberno, senón con cuestións técnicas e tamén coa xestión das empresas construtoras adxudicatarias dos tramos máis atrasados nun contexto no que, ademais, si foron realizados trámites mentres o Executivo estatal estaba en funcións. A comisión Feijóo Feijóo: "Se executamos o orzamento tal e como se aproba será mellor que o de 2015 e 2016" A chamada a comparar cartos orzamentados con cartos executados e mais a poñer o foco no "investimento por habitante" e non nos fondos totais completábas o pasado mércores cun anuncio do presidente da Xunta sobre a posta en marcha da devandita comisión. Despois de recibir no Parlamento os reproches da oposición polo, en verbas da voceira do BNG, Ana Pontón, "recortazo" do gabinete de Mariano Rajoy, mostra para En Marea e PSdeG do pouco "peso político" de Alberto Núñez Feijóo no seu partido, o presidente aproveitaba unha rolda de prensa tras unha recepción oficial para avanzar o nacemento dun "comité de seguimento da execución orzamentaria real" do Estado en Galicia "que vou presidir eu mesmo". Este órgano, admite o presidente, non será máis ca un "comité interno de funcionamento da Xunta" no que sentarán, ademais del, o vicepresidente Rueda, o conselleiro de Facenda e as conselleiras de Infraestruturas e Medio Ambiente. Os cinco van "ir valorando" a "execución real do Orzamento", isto é, se os ministerios -Fomento, fundamentalmente- gastan todo o previsto, algo que practicamente nunca sucedeu. "Se executamos o orzamento tal e como se aproba será mellor que o de 2015 e 2016; se polo contrario o Goberno central non o executa, estaremos ante un orzamento decepcionante", admite. O anterior seguimento dos investimentos do Estado produciuse co Goberno de Zapatero, ao que a Xunta chegou a dar ultimatos de apenas 10 días O precedente máis inmediato dun seguimento pormenorizado dos investimentos do Estado en Galicia por parte da Xunta produciuse hai seis anos, pero nun contexto político ben diferente ao actual e restrinxido ao AVE á Meseta. Daquela, tras dous anos marcados polo pacto de Feijóo con quen na altura era ministro de Fomento polo PSOE, José Blanco, a proximidade das eleccións municipais de 2011, primeiro, e das xerais, inmediatamente despois, provocou que a Xunta controlase milimetricamente os investimentos para o tren rápido, de xeito que dende o Executivo de Alberto Núñez Feijóo chegáronse a establecer ultimatos de dez días para o cumprimento dos investimentos previstos. Se os prazos prometidos non se facían realidade sen variación ningunha o PSOE estaría a "someter" a Galicia a un novo "maltrato", polo que o ministro Blanco só tiña dúas opcións, dicía o PP galego: "Cumprir ou dimitir". |
NOS_19806 | A Administración prefire os eucaliptos ás herbas de namorar, mesmo que estean en perigo de extinción e só existan na Galiza. A zona reforestada, no concello de Palas de Rei, será en breve Rede Natura. Adega poñerao en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente por incumprimento das leis de conservación e de protección contra os incendios. | Puideran parecer insignificantes, só unha herbiña máis ou unha outra flor da primavera, pero as especies que porá en perigo a plantación de eucaliptos permitida pola Xunta en Palas de Rei, non só están en perigo de extinción senón que ademais, nalgún caso só existen na Galiza. É o caso da santolina melidensis ou dunha caste de herba de namorar (a armeria merinoi) propia das zonas de Melide, Ordes e A Capelada. Foi o carácter excepcional destas especies o que contribuíu a facer posible que esta área vaia ser en breve Rede Natura. A Xunta está obrigada á súa protección de querer respectar a Lei de Conservación. Calquera persoa, de arrincalas, estaría a cometer un delito, segundo apunta Fins Eirexas, de Adega. A Administraría autonómica estaría, insiste, a incumprir a lei.A plantación pasa ademais por alto a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais aprobada en 2007. Non só por supor un cambio de usos nun terreo que até o de agora era agrario senón porque, até hai apenas dous meses, esa área foi incendiada e, segundo apunta a norma, sería preciso agardar tres anos como período de cautela para volvela a utilizar. Os danos poden ser irreversibles, segundo apunta Adega, pois, para as especies afectadas pois son precisamente os cambios de hábitat a principal ameaza para a súa supervivencia. "A administración, sabendo da súa existencia, está a permitir un cambio de usos que degrada o seu hábitat", apunta Eirexas. As tres especies en perigo que sinala Adega -a armeria merinoi, a santolina melidensis e o iris boissieri -unha caste de lirio morado endémico no noroeste ibérico- forman parte do Catálogo Galego de Especies Ameazas. |
NOS_21751 | O expresidente do Goberno central, José María Aznar, chamou a derrotar as e os independentistas nas vindeiras eleccións xerais aludindo a que "non se pode convivir permanentemente cun golpe de estado". Así mesmo, o ex mandatario reivindicou o papel de Lincoln aludindo a que nunca aceptou a división dos Estados Unidos de América a pesar dunha guerra civil e de 300.000 mortes. | A sete días das eleccións xerais reapareceu publicamente o ex presidente do Estado español, José María Aznar, para chamar "a derrotar" o independentismo e anunciou que as respostas á situación de Catalunya dependerán do que a poboación vote o vindeiro domingo. O ex dirixente do Partido Popular considera que se está a vivir nun continuo golpe de estado por mor da actuación das e dos soberanistas que reclaman o dereito a decidir. "En Catalunya fai falta unha política nacional con continuidade no tempo e que deixe moi claro que é imposíbel a ruptura da unidade de España", aseverou o ex lider popular Porén, asegurou que para el non se trata de nada novo, e asegurou que a situación que atravesa Catalunya xa se viviu con anterioridade en Euskadi e afirmou que «nos anos 90 non só enfrontamos o terrorismo, senón que mobilizamos a sociedade». "En Catalunya fai falta unha política nacional con continuidade no tempo e que deixe moi claro que é imposíbel a ruptura da unidade de España", aseverou o ex lider popular nun acto onde participou do director do diario El Mundo, Francisco Rosell, e no que cualificou o ex presidente dos Eestados Unidos Abrahm Lincoln como garante da unidade. Deste histórico presidente, Aznar resaltou que defendeu "a integridades dos EE.UU." a pesar de ter que enfrontar unha guerra e de 300.000 mortes. |
PRAZA_8404 | PSdeG-PSOE, AGE e BNG amosaron a súa postura favorable a apoiar a ILP. Agora todo depende do grupo do PP, que até o de agora non respondeu ás peticións de entrevista. | Representantes da comisión promotora da ILP Para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos reuníronse este xoves cos grupos do PSdeG-PSOE, AGE e BNG. Os tres grupos amosaron a súa postura favorable a apoiar a ILP. Agora todo depende do grupo do PP, que até o de agora non respondeu ás peticións de entrevista. Os tres grupos amosaron a súa postura favorable a apoiar a ILP. Agora todo depende do grupo do PP, que até o de agora non respondeu ás peticións de entrevista A Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, insisten na necesidade "de poñer as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos", porque entenden "que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa". Afirman que "para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e europea". "Para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo" Os promotores da iniciativa lembran que a Lei de Residuos de Galicia de 2008 xa establece os "tres erres" como "obxectivo prioritario" e as directivas europeas na materia, traspostas á lexislación do Estado en 2011, "formularon o obxectivo de transformar a actual nunha sociedade do reciclado". Neste contexto chegou o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) no mesmo 2011, un documento que, na súa opinión, "cumpre só na teoría os obxectivos" da lexislación anterior, xa que no seu orzamento "a suma de prevención, información, educación ambiental, recollida selectiva e outras medidas de reutilización e reciclaxe atinxe o 18,1%", mentres que "o 48% dos investimento destínase a unha nova planta de eliminación por incineración". A ILP pide a modificación do PXRUG, destinando non menos do 15% á "redución" de residuos e non menos do 60% "á preparación para a reutilización para a reciclaxe". Paralelamente, a incineración ficaría "excluída, con ou sen recuperación de enerxía -caso de Sogama- das actuacións a promover pola Xunta para o tratamento de residuos". Ademais subliñan que "se fai necesario clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía que establece a prioridade dos tres erres |
PRAZA_15324 | Xosé Manuel Pereiro presentou este martes na Coruña Prestige, tal como foi, tal como fomos, unha crónica do desastre que vai desde a "chafallada" da xestión do desastre ata as solucións políticas, pasando pola reacción da xente, que para o autor demostrou "que Galicia estaba moito máis viva do que nos parecía". | En novembro de 2002 a sociedade galega sofre unha devastadora catástrofe que provoca, en palabras do autor, Xosé Manuel Pereiro (Monforte, 1956), un "cambio de mentalidade" dos galegos. Prestige, tal como foi, tal como fomos, de 2.0 Editora, está xa á venda desde hai tres semanas e narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe. O escritor e xornalista, que vén de presentar a obra na Coruña, define como "chafallada" a xestión daquel sinistro e cre que a reacción da sociedade civil en Galicia foi "algo nunca visto". Fala da obra como "unha guía da catástrofe do Prestige en 125 páxinas". Como se podería resumir en poucas frases a xestión que se fixo daquela catástrofe? Desde o punto de vista da Administración, unha chafallada, como por outra parte foron todas as anteriores. Quizais a Xunta podería ter disimulado máis, polo control do territorio e cidadán que tiña, pero fíxose cargo o Goberno Central, que demostrou que nin tiña idea do que aquí pasaba, nin o entendía, e o que é peor, que nin lle importaba. A reacción do que se chama a sociedade civil, de parte dos partidos políticos, dos sindicatos, de todo tipo de asociacións, de grupos de rock, de xente normal, foi incrible, demostrou que a sociedade galega estaba moito máis viva do que todo tipo de indicadores externos demostraban, ou polo menos nos parecía a nós. O fenómeno Nunca Máis, por extensión, por intensidade e por creatividade foi algo nunca visto. "A reacción da sociedade galega foi incrible; demostrou que estaba moito máis viva do que demostraban os indicadores externos" - Son as múltiples anécdotas que conta no libro a proba evidente da descoordinación ou da falta de medios e de previsión dos diferentes gobernos? Cal considera a máis divertida ou reveladora? Posiblemente a de que no gabinete de crise, cando se debatía o destino do barco, non houbese cartas mariñas, e para prever a instalación de barreiras anticontaminación se marcasen cun rotulador nun mapa de estradas como o que levamos no coche. Alguén –que non era funcionario- tivo que ir a unha librería a mercar as cartas. - Fala tamén dun "cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio" na sociedade galega, que aproveitou "para demostrar que podemos ter dignidade". Segue vixente aquel cambio de mentalidade no pobo galego? Apagouse aquel espírito reivindicativo? Creo que os experimentos científicos danse por válidos cando en condicións iguais os resultados son iguais. Teríanse que dar as mesmas circunstancias, ou similares, para ver se ese espírito segue vixente, pero o certo é que nas mobilizacións que se producen –nas folgas xerais, por exemplo- a participación en Galicia é porcentualmente, e moitas veces incluso en cifras absolutas, moi superior a outros sitios. - Souberon os partidos políticos canalizar aquela resposta social vistos os inmediatos e posteriores resultados electorais? Se xa non hai correlación estrita e directa entre boa ou mala xestión e resultados electorais, como estamos vendo, menos a hai entre mobilizacións e votos. As eleccións inmediatas eran municipais, nas que se escolle alcalde, non partido, e o PP en Galicia baixou catro puntos, mentres en España baixou décimas. Os resultados son malos ou bos dependendo das expectativas, e da imaxe que fixe a propaganda. "Ganamos en Muxía!" e toda unha serie de xente, entre eles moitos voluntarios, dixeron, e siguen dicindo: "y para eso fuimos a ayudar!". Penso que o traballo político ten que ser menos inmediato e menos caníbal e que a solidariedade ten que ser máis desinteresada. "Agardar unha tradución electoral inmediata do Prestige era moito agardar, pero as eleccións galegas gañounas unha coalición galeguista" - Houbo quen viu naquelas masivas manifestacións de dignidade a posibilidade dun lóxico fortalecemento do nacionalismo ou galeguismo ante a xestión feita desde Madrid e ante a sumisión do PPdeG. Por que non se traduciu politicamente aquela reacción? Os xornalistas temos un océano de coñecementos dun dedo de fondo. Eu neste ámbito teño medio dedo de coñecementos. Supoño que agardar unha tradución electoral inmediata é moito agardar, sobre todo se o resto do discurso non acompaña. Aínda así, en certa forma hóuboa, deulle a maioría a unha coalición que consideraba de suma inequivocamente galeguista. "No xornalismo actual non falta emoción; sobra crise e, sobre todo, falta xornalismo" - Define aquel momento do Prestige como "emocionante" entre os xornalistas e a sociedade. Por que? A crise, os despedimentos, o cambio de modelo... Falta "emoción" no xornalismo actual? Porque foi un momento en que a axenda a marcaban os medios, mesmo os xornalistas, non as institucións nin os gabinetes. Unha situación na que había unha demanda social de información, e unha interacción co público, sentías que o que contabas servía para algo. E a materia informativa era máis interesante desde todos os puntos de vista, desde o persoal, o social, o profesional e o creativo, que andar ás roldas de prensa. No xornalismo actual non falta emoción. Cada un pódelle poñer a que queira. Sobra crise e, sobre todo, falta xornalismo. "Que xulguen un capitán por desobediencia e que estivese tres meses na cadea é miserable" - Que opinión lle merece o xuízo que se está a desenvolver na Coruña? Que di do sistema xudicial ou da Administración que os que foron principais xestores daquela catástrofe non só non estean sentados non banco, senón que a maioría ostente cargos de maior responsabilidade aínda? Que haxa un xuízo é bo, e aí acábase o positivo do asunto. Que xulguen un capitán por desobediencia (e que estivese case tres meses no cárcere!) cando un remolcador contratado por Salvamento estivo ese tempo negociando como se fose privado é miserable. E o do xefe de máquinas non digamos. E menos mal que Nunca Máis e a Audiencia da Coruña consideraron que tamén se debería de sentar con eles alguén da Administración, senón, aí estarían sos os dous gregos cabezas de turco, nunca peor dito. Eu non me meto en responsabilidades penais, pero nun país civilizado, calquera que tivese relación co Prestige, tería a carreira política igual de afundida. Con culpa ou sen ela, como o director xeral da BBC que vén de dimitir por dúas reportaxes que difundiron acusacións falsas contra unha persoa, e que el nin fixo nin revisou, por suposto. - Dez anos despois, estaría mellor preparada Galicia para xestionar unha catástrofe como aquela? Sería semellante a reacción da Administración? E a da sociedade? Non hai esa vergonza de que o único remolcador público estea en Xixón sen facer nada mentres onde fai falta estea contratado un privado facéndolle un favor a un amigo. Supoño que algo máis dos oito quilómetros de barreiras mariñas que daquela había e hai unhas medidas de UE algo máis estritas para o transporte de hidrocarburos. Pero se pasa algo parecido, non sei –é dicir, creo que non- se estaría claro quen tomaría a decisión de que facer co barco, quen adoptaría as medidas técnicas. Eu todos os simulacros de sinistro que vin están previstos e anunciados a así non vale. A sociedade penso que non tragaría xa con escusas tipo "estaba de dios", "estas cousas pasan" ou como dixo Ana Botella "a culpa é do barco". Aínda que coas trincheiras que se cavaron desde entón e se seguen afondando, imaxino que habería tertulianos e portadas de xornais que asegurarían que o chapapote é bo para a crianza do peixe, e excelente para a dermis do bañista, e sectores da sociedade que o crerían como dogma de fe. |
PRAZA_8391 | Neste ambiente xeral de frustración retorna o concepto de subsistencia como algo necesario, e con el deben ser revisados os parámetros da rendibilidade agraria; referentes como o autoconsumo e a agricultura de subsistencia, antes claramente deplorábeis face a unha produción suficiente para ser comercializada, revélanse agora como hipóteses que, no marco do apoio mutuo comunitario, poden resolver un problema xeneralizado de alimentación. | Cando eu era pequeno o concepto de subsistencia posuía un matiz claramente negativo, pois era asociado habitualmente a unha explotación deficiente dos recursos. Na mesma liña, unha característica autenticamente galega, o minifundio, era sen dúbida unha lacra ancestral que impedía o progreso económico. A Galiza traía desde o pasado máis un veleno que debía ser neutralizado canto antes, un lastro intolerábel que perpetuaba a miseria e impedía o progreso. Cando eu era pequeno o concepto de subsistencia posuía un matiz claramente negativo, pois era asociado habitualmente a unha explotación deficiente dos recursos Na actualidade, nunha situación en que a subsistencia non é unha falla grave unicamente nos países máis pobres senón que nos supostamente máis avanzados non está asegurada para a maioría, o concepto tínxese irremediabelmente de positividade. Xa non está sobre a mesa unha mellora continua do nivel de vida, onde visamos atinxir cada ano o conforto da Europa desenvolvida. Só desexamos que na mingua de recursos a que nos conducen os nosos gobernantes non se perdan completamente a escola, a atención sanitaria, a vivenda e a alimentación para a maioría da sociedade. Preténdese, e por iso se reclama na rúa cada semana, termos o necesario para dignamente subsistir. Moitos dos nosos pais pertencen a unha xeración que foi criada, nas tristes consecuencias dunha guerra, por militares e sacerdotes. Viviron despois como a treboada franquista amainaba e como as forzas vivas do autoritarismo pasaban á clandestinidade democrática. Despois de teren saído da noite da ditadura e teren criado os seus fillos nunha bonanza posterior que pensaron irreversíbel, non teñen forzas, xa na terceira idade, para imaxinar un novo desastre social. Os postos de traballo non existen, ou van camiño de se converter nunha renuncia completa á liberdade individual Os nosos fillos, amamentados nos estertores dun certo progreso económico e democrático, están a ser criados nun ambiente xeral de desánimo pola perda progresiva de nivel de vida. Os seus profesores, día após día conscientes da demolición programada do Estado do ben estar, non poden sinceramente animalos a estudar ou a esforzarse para conseguiren unha profesión. Os postos de traballo non existen, ou van camiño de se converter nunha renuncia completa á liberdade individual; a crise económica é intereseiramente convertida en crise social, e unha evidente frustración cidadá nace da pésima xestión política do ben común. Neste ambiente xeral de frustración retorna o concepto de subsistencia como algo necesario, e con el deben ser revisados os parámetros da rendibilidade agraria Neste ambiente xeral de frustración retorna o concepto de subsistencia como algo necesario, e con el deben ser revisados os parámetros da rendibilidade agraria; referentes como o autoconsumo e a agricultura de subsistencia, antes claramente deplorábeis face a unha produción suficiente para ser comercializada, revélanse agora como hipóteses que, no marco do apoio mutuo comunitario, poden resolver un problema xeneralizado de alimentación. Chego a sospeitar, ignorante como son nos campos da nutrición e da agricultura, que a nosa vella estrutura minifundista pode constituír un patrimonio de incalculábel valor Neste sentido, hoxe en día xa existen colectivos conscientes da importancia da soberanía alimentaria e da calidade nutricional. E é que provoca medo comprobar como a calidade da alimentación está en mans das grandes empresas da alimentación e como a súa oferta constitúe directamente un engano ao consumidor desde o punto de vista cualitativo. As administracións conceden sen pudor as concesións de servizos de comedor escolar, hospitais, residencias para maiores e outros servizos similares en virtude unicamente dos prezos máis baixos, e isto implica unha ausencia de control sobre a calidade dos alimentos. Como a estratexia destes servizos consiste unicamente en encher bandullos en lugar de ofrecer programas nutricionais e produtos adecuados, conscientes disto en Europa existen iniciativas de cultivo local responsábel de alimentos que prestan servizos a comedores escolares xestionados con valores da ecoloxía e a saúde (cfr. o iluminador documental El plat o la vida). Lugares en que se consumen diariamente vexetais frescos de temporada sen aditivos tóxicos, onde non se abusa dos conxelados nin das carnes de animais alimentados con abonos nocivos e onde pais e familiares entran en contacto cunha nova perspectiva saudábel da produción e o consumo local. Grazas a estas iniciativas chego a sospeitar, ignorante como son nos campos da nutrición e da agricultura, que a nosa vella estrutura minifundista pode constituír un patrimonio de incalculábel valor. Se cadra estamos perante máis unha faceta dun legado cultural que aínda non soubemos aproveitar. |
NOS_24519 | A formación morada celebrou o día da nación galega esta quinta feira cun acto de afirmación feminista. "A maneira que temos de celebrar a Patria é defender os dereitos das mulleres", dixo a Sermos un portavoz de Podemos Galicia. | A praza de Carmen Pesqueira, "A Capirota", en Marín, acolleu o acto de Podemos con motivo do Día da Patria Galega. No evento tomaron parte a deputada da formación morada no Hórreo, Julia Torregosa; ben como a secretaria galega de Feminismos e LGTB+, Verónica Hermida; e a portavoz do partido en Marín, Tesi Landín. Torregosa centrou a súa intervención nunha denuncia da discriminación que sofren as mulleres no ámbito laboral. As traballadoras galegas, ilustrou, cobran de media 27,5% menos que os homes. "Galiza é o caso máis extremo de todo o Estado, sendo que para suprimir a fenda salarial ao ritmo actual tardaríase 615 anos", dixo. "Podemos impulsou esta lexislatura numerosas iniciativas no Parlamento de Galiza destinadas a mellorar a situación laboral da muller, eliminar a fenda salarial e o traballo precario, e para favorecer a conciliación. Pero temos que seguir loitando por unha Galiza feminista", arengou. Por súa parte, Verónica Hermida evocou os versos de Xohana Torres do seu poema Penélope ao reclamar "unha Galiza na que a maxia sexa de todas e na que todas podamos berrar por aquelas mulleres que loitaron antes cá nós: Eu tamén navegar". Nota: esta nota foi emendada ás 15.08. |
NOS_57222 | A Federación Rural Galega esíxelle ao Ministerio que abandone o proxecto e traballe en prol dun modelo de produción "baseado na terra" | A Administración estatal está a elaborar un proxecto de lei que regularía a produción de leite e os controis sanitarios aplicábeis a esta. Segundo indica FRUGA (Federación Rural Galega), as 7900 explotacións lácteas galegas –50% de gandería vacún de leite do Estado– veríanse "seriamente afectadas" por esta nova normativa debido ás propias características das plantas, de carácter familiar e moi dispersas polo territorio. Unha das mudanzas destacadas deste novo proxecto de lei sería o novo papel do transportista. Este pasaría de ter que recoller as mostras pertinentes e envialas ao laboratorio interprofesional correspondente a ser o responsábel de analizalas na propia explotación. Isto obrigaría a parar en cada granxa unha media de 30 minutos, o que ocasionaría tempo de recollida máis longo e un sobrecusto que se traduciría nunha baixada dos prezos do leite, "que xa son os máis baixos de todo o Estado", sinalan desde FRUGA. O sindicato considera logo que o rol desta figura non debera incluír esas competencias, xa que "para iso xa están os laboratorios correspondentes". Ven nesta medida unha forma encuberta de favorecer "a concentración da produción en macro-explotacións", que serían as únicas en condicións de poder ter o seu propio servizo de análise. En base á realidade das explotacións lácteas galegas, un elemento chave no medio rural do país que está a experimentar unha progresiva perda de undiades produtivas, FRUGA esixe ao Ministerio de Agricultura o abandono do proxecto de lei, e ínstao a traballar " na consecución dun modelo de produción baseado na terra, e no cal o noso país, tería moitas posibilidades de ser pioneiro". |
NOS_40050 | O 22 de novembro de 1979, a Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados daba luz verde ao proxecto de Estatuto da Galiza. O texto, aprobado en exclusiva cos votos dos representantes da Unión de Centro Democrático (UCD), mereceu a contestación dunha parte da sociedade galega, desconforme co tratamento ofrecido ao país, introducindo a idea da aldraxe. Corenta anos após aqueles feitos, repasamos a súa significación. | O proceso autonómico arrancou eivado polo estatus reservado a Galiza nos deseños dos grandes partidos estatais e pola súa falla de lexitimidade. Mentres o Goberno catalán e vasco eran restaurados a mediados de 1977 e comezos de 1978, poñendo á súa fronte persoeiros dun inquebrantábel compromiso democrático, como o exiliado Josep Tarradellas e o preso da ditadura Ramón Rubial, o Executivo central non concederá a preautonomía a Galiza até 16 de marzo de 1978, un día antes de que se fixese o propio con Aragón ou Valencia. "O Executivo central non concederá a preautonomía a Galiza até 16 de marzo de 1978, un día antes de que se fixese o propio con Aragón ou Valencia" Así as cousas, a Xunta preautonómica non se constituirá até 18 de abril de 1978, cun Goberno presidido por Antonio Rosón (Becerreá, 1911- Compostela, 1986) –persoa con importantes responsabilidades durante a ditadura e político de referencia na circunscrición de Lugo–, hexemonizado por membros da UCD e integrado por un representante de Alianza Popular (AP) e outro do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). A cuestión da lexitimidade A falla de lexitimidade pairou ao longo de todo litixio autonómico. Xa a comezos do outono de 1977, Xosé Vilas Nogueira (Vigo, 1936-Compostela, 2010), na altura cadro de relevo do Partido Obreiro Galego (POG), manifestábase ao respecto, nunhas declaracións recollidas en Informe dunha frustración, sinalando que "o problema é se o réxime autonómico vai instaurarse en base exclusivamente á lexitimidade case democrática do posfranquismo actual ou coa lexitimidade histórica do plebiscito de xuño de 1936". O propio Antonio Rosón era plenamente consciente da contradición, segundo afirma a Nós Diario Xosé Antonio Gaciño, xornalista daquela de El Ideal Gallego e coautor con Manuel Rivas de Informe dunha frustración, libro chave para coñecer o proceso, «Rosón defendeu, nunha xuntanza da UCD, algún galeguista histórico para presidir a preautonomía, afirmando que lle daría unha credibilidade moral que eles non tiñan, ao que lle retrucaba Meilán Gil: 'Credibilidade non a terás ti'». A Comisión dos 16 A necesidade de dotar de lexitimidade o proceso autonómico e de ensanchar o seu apoio social levou o Goberno da preautonomía, baixo o impulso decisivo de Antonio Rosón, a constituír un grupo de traballo amplo e plural co obxectivo de redactar o texto do estatuto. A esta idea responde a creación da coñecida como Comisión dos 16, cuxos debates arrancaron o 10 de xaneiro de 1979, baixo a presidencia de Manuel Reimóndez Portela (A Estrada,1916-1994), coa presenza de oito membros da UCD, tres do PSOE, dous de AP, cadanseu representante do Partido Comunista da Galiza (PCG), Partido Galeguista (PG), POG e Partido do Traballo da Galiza (PTG), e a autoexclusión do Partido Socialista Galego (PSG) e do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG). A negativa do BN-PG a participar, en declaracións a este semanal do seu dirixente Francisco Rodríguez, respondía «á intención de non lexitimar o proceso e tamén á conciencia de que o estabamos condicionando desde fóra». Como Euskadi e Catalunya As diverxencias ideolóxicas dos redactores non impedía as coincidencias na cuestión central. Os máis –así o lembran hoxe, en conversa con Nós Diario, algúns membros da Comisión do 16, como Camilo Nogueira ou Pablo González Mariñas, na altura dirixentes do POG e da UCD– partillaban o desexo de homologar Galiza con Euskadi e Catalunya e dotala da máxima autonomía posíbel, dentro das posibilidades do marco político. A dialéctica interna da UCD favorecía esta solución. Segundo o xornalista Xosé Antonio Gaciño, «As loitas dentro da UCD animaron Rosón a defender unha proposta de máximos, coa intención de pór en evidencia, como centralistas, os outros sectores do partido e meter presión ao aparato madrileño». O estatuto redactado pola Comisión dos 16 non tardará en ser aparcado. O 5 de maio de 1979, o plenario da Asemblea de Parlamentarios, conformado pola totalidade dos congresistas e senadores electos nas circunscricións galegas, –militantes respectivamente da UCD, PSOE e AP– deciden rexeitar, coa oposición dos nove representantes socialistas, a proposta de estatuto elaborado polos dezaseis e acordan elaborar un novo texto. O novo proxecto, elaborado por unha delegación formada por cinco parlamentarios da UCD, dous do PSOE e un de AP, malia as rebaixas en relación co documento anterior, deseñaba un modelo homologábel ao de Euskadi e Catalunya. Finalmente, o 28 de xuño, coincidindo co aniversario do referendo do estatuto celebrado en 1936, será entregado nas Cortes españolas. Os debates da Comisión O 9 de outubro de 1979 iníciase o debate do estatuto galego na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados, órgano competente para a súa aprobación, presidida polo dirixente da UCD Emilio Attard, formada por trece parlamentarios galegos, na súa condición de relatores, e por unha representación proporcional dos grupos da Cámara baixa, composta por membros da UCD, PSOE, AP, PC, PNV, Convergència i Unió (CiU), Partido Socialista Andaluz (PSA) e Fuerza Nueva. Os duros debates arredor do deber de coñecemento da lingua galega, da organización territorial do país, moi particularmente do recoñecemento das parroquias e da supresión das deputacións, gañaron, aínda, intensidade cando comezou a discusión do réxime xurídico da Galiza, do marco competencial e do modelo de financiamento. O novo proxecto, elaborado por unha delegación formada por cinco parlamentarios da UCD, dous do PSOE e un de AP, malia as rebaixas en relación co documento anterior, deseñaba un modelo homologábel ao de Euskadi e Catalunya. Se o debate a respecto do financiamento rematou coa dimisión dun dos deputados máis firmes na defensa da proposta saída da Asemblea de Parlamentarios da Galiza, Xoán Ramón Quintás Seoane –que renunciaría tras acusar de traizón os seus compañeiros da UCD–, a discusión sobre «a racionalización das competencias», demandada polo ministro da UCD Pérez Llorca, acendeu todas as alarmas na sociedade galega. O historiador Justo Beramendi, en declaracións a este medio, sinala como a fórmula defendida por Pérez Llorca representaba «unha rebaixa de competencias e, sobre todo, a subordinación da súa definición, transferencia e exercicio ás leis orgánicas das Cortes. Era un claro intento de liquidación de calquera autonomía política real». Unha nova vaga centralizadora A decisión de paralizar o proceso e de iniciar unha nova vaga recentralizadora estaba tomada con anterioridade á remisión do estatuto galego á Comisión Constitucional. O diario El País, nun editorial publicado o 16 de novembro de 1979, deixaba claro o fondo do debate, sinalando que «hoxe inicíase na Comisión Constitucional o debate sobre o Estatuto da Galiza nun clima de expectación plenamente xustificado. Ao cabo, o resultado desta discusión vai marcar, dalgún xeito, a orientación de todo o proceso autonómico en curso». O xornal do grupo Prisa, remata animando os representantes galegos a renunciar ao aceso á autonomía pola «vía do artigo 151 da Constitución», o estabelecido para as nacionalidades históricas. Unha autonomía de segunda A folla de ruta definida pola UCD e o PSOE estabelecía un réxime estatutario para Galiza diferente ao de Euskadi e Catalunya. Xusto Beramendi afirma que «o Goberno de Suárez quería dividir a¡os territorios en dúas clases ben diferenciadas. Por un lado Catalunya e País Vasco, plenamente autónomos. Por outro, todos os demais cunha autonomía cativa. E Galiza era fundamental para que este designio saíse adiante, porque se o aceptaba sendo 'nacionalidade histórica', as outras comunidades probabelmente o aceptasen». Na mesma liña, o xornalista Lois Caeiro, que naquela altura respondeu con contundencia ao editorial de El País desde as páxinas de El Ideal Gallego, lembra a este semanal, «o pacto entre o ministro da UCD Pérez Llorca e o dirixente do PSOE Alfonso Guerra estabelecía un estatuto de primeira para Euskadi e Catalunya e un recorte coa Galiza». A intención do Executivo estatal, presidido por Adolfo Suárez, de rebaixar o rango institucional da Galiza non se lle escapaba a ninguén. Xosé Luís Meilán Gil (A Coruña, 1933- 2018), máximo dirixente da UCD na Coruña e presente nos debates da Asemblea de Parlamentarios e da Comisión Constitucional, afirmou, en declaracións a Suso de Toro, recollidas no volume Camilo Nogueira e outras voces, que «a idea da UCD era solucionar o problema catalán e vasco. A rebaixa comezaría pola Galiza. Facilitábaselle así a resolución do problema ao PSOE en Andalucía». Nun sentido semellante, Ceferino Díaz (O Saviñao,1947-Compostela, 2012) na altura secretario de Relacións Políticas da executiva do PSOE na Galiza, subliñou en Camilo Nogueira e outras voces que «eu oín falar dun pacto entre a UCD e o PSOE de recoñecer dúas nacionalidades históricas, Catalunya e Euskadi, e que o resto eran problemas menores. Logo, para frear outras ansias autonómicas, o lóxico era baixar o diapasón na Galiza». A resposta á aldraxe A reacción social ao Estatuto da Galiza aprobado pola Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados, na súa xuntanza do 22 de novembro de 1979, non se fixo agardar. O acordo, adoptado cos votos favorábeis da UCD e a oposición do resto dos grupos, retallaba o estatuto saído da Asemblea de Parlamentarios da Galiza e rebaixaba, sen ningún xénero de dúbidas, o estatus do país, situándoo por baixo do vasco e do catalán. Os días seguintes sucedéronse os chamados á protesta, as declaracións de responsábeis institucionais e referencias sociais, os peches nas casas consistoriais e mobilizacións ao longo de todo o país, significándose as manifestacións celebradas o 4 de decembro de 1979. As rúas de Vigo e A Coruña, cidades non dirixidas pola UCD, acolleron as marchas máis numerosas, que xuntarían en todo o país, segundo o historiador Beramendi, «pouco máis de 100.000 persoas». Galiza: problema de Estado As direccións estatais da UCD e do PSOE non tardaron en percibir o malestar da sociedade galega e en tomar conciencia do alcance do conflito. A xeneralización da idea da discriminación da Galiza e a extensión da percepción do agravio xerou o temor, nos núcleos de poder madrileño, a unha explosión da conciencia galega. O propio Ceferino Díaz, como lembra Afonso Eiré no seu volume Eu estaba alí, chegou a afirmar que «se non fose polo Bloque os partidos estatais terían tragado cun estatuto de terceira». A este respecto, o xornalista Afonso Eiré, bo amigo e confidente durante anos do político do Saviñao, sinala a este medio, como «Cefe comentaba o temor que infundía o Bloque e as Comisións Labregas en Madrid e como el recorría a ese medo para meter presión a Guerra». A solución ao problema autonómico da Galiza converteuse nunha cuestión de Estado. O presidente do Goberno español Adolfo Suárez non dubidaría, ao longo de 1980, en tender pontes co país, recoñecendo «erros» na tramitación do proxecto, solicitando, «respecto aos sentimentos colectivos da Galiza» e comprometéndose «a reparar as inxustizas cometidas coa Galiza durante séculos». A propia Coroa, a través de Domingo García Sabell, convertido na altura nun dos homes de confianza do monarca Juan Carlos de Borbón, xogaría un papel chave nunha reorientación do litixio. Un estatuto de pouco nivel O 29 de setembro de 1980 presentábase, finalmente, unha solución de compromiso que deixaba a un lado algúns dos aspectos máis problemáticos do proxecto estatutario. A proposta, resultado dun acordo asinado entre a UCD, PSOE, AP, PCG e PG e coñecido popularmente como o «Pacto do Hostal», abriu a porta á aprobación dun novo texto pola Asemblea de Parlamentarios e á súa validación, por unanimidade, pola Comisión Constitucional o 4 de novembro de 1980. Se ben o texto resultante introducía modificacións sobre a proposta acordada na sesión da Comisión Constitucional do 22 de novembro de 1979, Galiza ficaba lonxe de Euskadi e Catalunya. Así, Camilo Nogueira, en declaracións a este suplemento, pon de manifesto que «non se chegaba ao [seu] nivel». Engade Xosé Antonio Gaciño que «o estatuto foi mellorado, mais seguía tendo moi pouco nivel». |
PRAZA_13274 | Helena Escoda é unha activista catalá moi implicada nos últimos anos na loita pola abolición das touradas en Catalunya. O 16 de xuño participará na Coruña, xunto con outros expertos, na Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia | Helena Escoda comezou o seu activismo no ano 2000 cando reuniu máis de mil sinaturas para protestar contra os sacrificios crueis que tiñan lugar no canil municipal de Mataró, sinaturas que despois entregou no Concello. Dende entón ten colaborado en moitos actos de protesta contra os abusos que reciben os animais en diferentes puntos de España. Por exemplo, ideou a campaña Por uns touros de lume sen crueldade en Catalunya, na que propoñía que se utilizasen touros de cartón en lugar de seres vivos. Finalmente, participou moi activamente na campaña para declarar Barcelona como cidade antitaurina. Escoda intervirá na Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia que se celebrará o vindeiro sábado 16 de xuño na Coruña, organizada por Galicia, Mellor Sen Touradas e CAS-International. "En Catalunya había unha situación determinada: consenso social e á mesma vez un consenso político para abolir as corridas de touros, pero ademais existe unha tradición lexislativa máis evolucionada respecto dos dereitos dos animais" Que consello lles podes dar aos activistas galegos baseándote na experiencia exitosa de Catalunya? En Catalunya había unha situación determinada: consenso social e á mesma vez un consenso político para abolir as corridas de touros, pero ademais existe unha tradición lexislativa máis evolucionada respecto dos Dereitos dos animais. En 1988 o parlamento catalán aprobou a primeira lei relativa á protección dos animais; esta foi a primeira lei deste tipo que se aprobou no Estado español. Esta lei ademais foi mellorada en máis dunha ocasión e recoñece o sufrimento dos animais tanto físico como psíquico, o que se dá nuns poucos países. A diferenza doutras comunidades autónomas, para mencionar algúns exemplos, en Catalunya non está permitido por norma xeral sacrificar aos animais de compañía que foron abandonados, tampouco a exposición de animais en escaparates para a venda, tampouco as atraccións xiratorias con ponys, etc. Mesmo na lei de 1988 prohibiuse explicitamente matar os touros nos festexos populares ou correbous. Tamén existen máis de 50 concellos que aprobaron unha moción para declararse cidades antitaurinas, entre eles Barcelona capital, e hai máis de 50 municipios que xa non permiten o circo con animais salvaxes, entre eles as catro capitais de provincia. "En moitas comunidades autónomas, pero Galicia é o exemplo máis claro, existe tamén o consenso social, mesmo aínda máis amplo que o de Catalunya, pero non se dá o político e isto é o principal impedimiento para seguir o exemplo de Catalunya" En Galicia si hai consenso social para prohibir as corridas. Que falta? En moitas comunidades autónomas, pero Galicia é o exemplo máis claro, existe tamén o consenso social, mesmo aínda máis amplo que o de Catalunya, pero non se dá o político e isto é o principal impedimiento para seguir o exemplo de Catalunya. Para empezar unha ILP coma a de Catalunya é importante que existan as posibilidades políticas, se non é así, non se poderá aprobar. No entanto, é importante que se siga facendo o traballo de rúa, que os cidadáns mostren o seu rexeitamento a estes espectáculos por ser crueis. Pero ademais no caso de Galícia, penso que é moi importante oporse ao financiamento público da tauromaquia, xa que esta pode ser unha clave para conseguir o seu fin. A actual crise económica reduciu moito a celebración de festexos en todo o Estado. Isto é así porque estas celebracións non eran espectáculos rendibles e a súa dependencia da subvención pública era case total. Por exemplo a Feira da Coruña, se non se conta coa subvención pública, o espectáculo non se pode celebrar. Oporse ao financiamento público da tauromaquia é unha das mellores estratexias para evitar festexos taurinos. Xa que esta dependencia económica significa que a afección é moi minoritaria. "O Partido Socialista o que non quere é comprometerse nin cuns nin con outros" Por que algúns partidos políticos seguen sen apostar pola abolición naqueles lugares nos que unha inmensa maioría da poboación (por exemplo Galicia) rexeita este espectáculo? É certo que os dous grandes partidos teñen matices rexionais moi destacados, como no caso de Galicia, tamén nas Baleares, Euskadi, e por suposto en Catalunya...etc. pero o Partido Popular ten no seu programa principal defender e promover a tauromaquia como parte esencial da cultura en todo o Estado. Loxicamente, esta directriz de Madrid será apoiada por todos os grupos autonómicos. Creo que esta é a principal razón. O Partido Socialista o que non quere é comprometerse nin cuns nin con outros. No caso catalán, o PSC non apoiou claramente a ILP nin a favor nin en contra... Montilla votou en contra e a opinión pública resultoulle moi desfavorable. Os cataláns consideraron que o papel ambiguo do PSC para esquivar a ILP era unha directriz procedente de Madrid. Non contentou a ninguén, nin a taurinos, nin a abolicionistas. No entanto, en todas as formacións políticas, sexan cales sexan, hai persoas que rexeitan a tauromaquia por unha cuestión de moralidade. A pesar que esta cuestión fose o branco de gran cantidade de críticas á ILP catalá, hai que destacar que os correbous son unha excepción nalgunhas vilas de Catalunya Máis aló do problema das corridas de touros, mesmo naqueles sitios nos que deixan de celebrarse, subsísten outras formas de crueldade cara aos animais, por exemplo os correbous. Como loitar contra estoutras torturas? En Canarias deixaron de permitirse corridas de touros en 1991 e, con todo, permítense as pelexas de galos... No caso de Catalunya falouse moito dos correbous... Creo que a mellor forma de traballar para abolir esta clase de tradicións crueis é traballar concienciado a nivel local. No caso dos correbous cataláns, o problema está moi focalizado nalgúns municipios. A pesar que esta cuestión fose o branco de gran cantidade de críticas á ILP catalá, hai que destacar que os correbous son unha excepción nalgunhas vilas de Catalunya e, especialmente, están que concentradas nunha rexión de moi pouco peso demográfico, en Lles Terres de l'Ebre, no extremo sur. Cando empezou o proceso da ILP, a maioría de cidadáns cataláns ignoraban que en Catalunya se permitían festexos como os correbous. Ou tiñan unha visión dos mesmos moi distorsionada. En Catalunya tamén existe o falso mito de que nos correbous os animais non sofren, porque non lles fan o mesmo que nas prazas, non lles cravan nin banderillas, nin espadas, nin os matan, "só corren". Persoalmente, creo que os cidadáns de todo o Estado estamos tan afeitos a ver imaxes de corridas de touros, que xa non nos impresiona ver unha imaxe dun peche ou correbous. E pensamos que estes festexos non son crueis. Non podemos evitar comparalo coas corridas. Despois da aprobación da ILP nos medios de comunicación cataláns e de todo o mundo falouse moito dos correbous e a súa crueldade. Grazas a toda esta repercusión, permitiuselle á maioría de cidadáns cataláns saber que é un correbous, que é un bou embolat (touro de lume), a modalidade máis controvertida. Antes da ILP, a presenza dos correbous nos medios de comunicación cataláns era moi residual. E como a gran maioría de cataláns viven en Barcelona, onde non se conservan este tipo de tradicións, a maioría de cataláns descoñecía o que pasaba nas festas de Lles Terres de l'Ebre. Actualmente, todas as enquisas dan unha clara porcentaxe que a maioría de cataláns son tamén partidarios de abolir os correbous. "Se non fose por este financiamento público quizais a tauromaquia xa tería desaparecido" É a estratexia de asociar touradas con cultura o último recurso dos taurinos para salvar unha actividade cruel pero que ademais subsiste grazas a subvencións? Podemos considerar cultura todo aquilo que o ser humano faga por atavismo, por tradición. Dende o punto de vista antropolóxico todo acto social é cultura. A tauromaquia tamén o é, non o podemos negar, pero isto non significa que sexa digno de preservarse. Actualmente, a tauromaquia é unha tradición en vías de extinción que sobrevive grazas ao financiamento público. Por suposto que os afeccionados e os que traballan nesta industria considerarano cultura e reivindicarano como tal, é a maneira de conseguir e xustificar subvencións. Pero se non fose por este financiamento quizáis a tauromaquia xa tería desaparecido. A subvención non cobre só o soldo do toureiro e a loxística esixida para a celebración do espectáculo, senón que o diñeiro público é fundamental na gandaría do touro de lídia. Esta gandaría ten máis de romántica que de rendible, as subvencións europeas que reciben os gandeiros son fundamentais para poder seguir proporcionando touros ás prazas. Agora que se fala tanto da marca españa, como afecta á imaxe de España no exterior as corridas de touros? Por suposto que afecta e moi negativamente. A tauromaquia é cruel e os cidadáns estranxeiros maioritariamente consideran as corridas de touros un anacronismo bárbaro. Antes da aprobación da ILP estiven en moitos actos informativos fronte á praza de touros Monumental de Barcelona e vin centos de turistas que saíran chorando. "Creo que as xeracións futuras non apoiarán máis estes espectáculos, porque crecen cunha mentalidade e unha sensibilidade máis desenvolvida que inclúe o respecto tamén para os animais" Es optimista? Vendo a evolución dos últimos anos cres que poderemos ver o final das corridas de touros e outros espectáculos de crueldade cara aos animais? Si, moito. Creo que as xeracións futuras non apoiarán máis estes espectáculos, porque crecen cunha mentalidade e unha sensibilidade máis desenvolvida que inclúe o respecto tamén para os animais. Nas prazas cada vez hai menos novas. Os mozos teñen outras afeccións, outras oportunidades; cada ano as enquisas dan máis partidarios da abolición, isto en parte tamén se debe á substitución xeracional. Non teño ningunha dúbida que a tauromaquia algún día desparecerá por falta total de afeccionados. |
NOS_4051 | Non teño nada contra o espectáculo como representación. É instrutivo. Pode ser ameno. A política claro que ten que ver co espectáculo, porque implica unha posta en escena, unha interacción co público. Aí entra o maior ou menor talento escénico, a maior ou menor impostura. Mellor hoxe non te dediques á política se non coñeces algunhas técnicas digamos teatrais, no bon sentido da palabra (se é que ten algún malo). O único que pido ao espectáculo é que o guión sexa bon e que non me tomen o pelo. | Cando compras un billete para ver un filme ou unha obra de teatro falo coa esperanza de que te emocionen. Se vas a un mitin vas tamén un pouco coa mesma disposición de ánimo. Agardas sintonizar cun discurso, si, mais tamén cobizas electricidade, vibracións, algunha bolboreta no estómago. Que che falen desde o corazón. Conseguir iso -transmitir ideas e emocionar á vez, seducir, conquistar- é o supremo talento político. Despois están as modas, claro, e a maior ou menor sobre-exposición mediática, a conversión de personaxes políticos en celebridades, que son imáns para as masas, enchen os palacios como as estrelas de rock os estadios. Si, falo de Pablo Iglesias, claro, non son un extra-terrestre, e vin a entrevista de Pepa Bueno este domingo. "Con las chicas también salías a ganar?", perguntoulle, more or less, falo de cor. "Con las chicas salía a querer", contestou. Espectáculo. Crónica rosa. A xente tende a buscar algo co que ilusionarse. Iso é así. Non condeno o espectáculo e até admiro cando está tecnicamente ben feito, mais, talvez pola miña formación xornalística, sempre tendo a reparar máis na letra -o guión- do que no intérprete -o actor, disimulando. Nós precisamos outro espectáculo, até o noso star system, e un texto pensado en Galiza e para Galiza. E que dicermos do guión do espectáculo chamado Nova Política? Pois é dunha perfección técnica inmaculada, que para iso os seus artífices son profesores do ramo. Indo de non políticos, os novo políticos son animais absolutamente políticos, tanto que non din nada que non teñan perfeitamente calculado e milimetrado. Niso Pablo Iglesias ou Albert Rivera son unhas máquinas. Sopesan cada frase. Fabrican titulares. Imposíbel apañalos nun renuncio. OK. Mais hai filmes tecnicamente irreprochábeis e que logo non acaban de funcionar porque se lles ve de máis as suturas e o cálculo, o oportunismo grouchiano de ir mudando de principios en función das vagas demoscópicas e de que se abra esta xanela de oportunidade e se feche aqueloutra. Pablo Iglesias again: xa non está no anguitismo de asimilar PP con PSOE, xa concibe o acordo co PSOE, ex casta. Xa non está no bolivarismo, xa non está con Monedero, está na ocupación da socialdemocracia. Comercialmente é un espectáculo potente, unha boa blockbuster ("Pepa, el debate que lo petaría sería el mío con Rajoy", dixo algo así no sofá con Bueno) e as forzas políticas propias deste país -ou sexa, o nacionalismo- farían ben en tomar apuntamentos de como traballa a competencia española en determinados aspectos. O guión?? Iso é outra historia. O de Iglesias é un guión pensado en España e para España. España pode vestirse de guay e de cool, mais évos igual España. Nós precisamos outro espectáculo, até o noso star system, e un texto pensado en Galiza e para Galiza. Escusa vir ninguén de fóra a nos dicer como temos que colocar os móbeis no escenario. |
NOS_31884 | Varios centos de persoas saíron na tarde desta sexta feira ás rúas de varias cidades e vilas galegas para dar a benvida á República catalá e rexeitar a aplicación do artigo 155. As mobilizacións estaban convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya, | Varios centos de persoas saíron na tarde desta sexta feira ás rúas de varias cidades e vilas galegas para dar a benvida á República catalá e rexeitar a aplicación do artigo 155. As mobilizacións estaban convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya, baixo o lema 'Contra o golpe de estado do 155. Liderdade, democtacia, independencia'. No manifesto repartido nas concentracións denúnciase que coa aplicación do 155 "o goberno español opta por unha vía autoritaria e represiva que terá importantes consecuencias políticas e que amosa, máis ás claras, a situación de involución democrática que estamos a atravesar nestes momentos". Unha medida con consecuencias que " non só afectan á negativa do Estado español de recoñecer o carácter nacional de Cataluña, Euskadi e Galiza e o seu lexítimo e inalienábel dereito á autodeterminación, senón que vai nunha clara dirección de retroceso, recentralización e perda de dereitos e liberdades básicas nunha democracia -merecente de tal nome- como o son a liberdade de expresión, a liberdade de reunión e manifestación, de conciencia ou de participación política". |
NOS_30885 | Tomaría posesión o 5 dese mes. | O debate que culminará coa investidura do popular Núñez Feixoo como presidente da Xunta terá lugar no Parlamento da Galizaa os días 1 e 3 de setembro, nun calendario que coincide co do lehendakari vasco Iñigo Urkullu. Así quedou ratificado tras a Xunta de Portavoces que albergou a Cámara galega. Previamente, a próxima semana efectuarase a preceptiva rolda de consultas dos grupos co xefe do Lexislativo, Miguel Santalices. A vontade de Feixoo era ser investido e tomar posesión canto antes (barallouse a última semana de agosto), pero está pendente de fixar unha conferencia de presidentes que abordaría unha cuestión clave como o inicio do curso escolar. Finalmente, a previsión é que Feixoo tome posesión do seu cargo o 5 de setembro. Inmediatamente despois, designaría ao seu Goberno. |
PRAZA_2971 | O principal obxectivo da Xunta segue sendo desmantelar e privatizar a Sanidade Pública, o que deixará unha grande hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir os enormes compromisos económicos contraídos coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. | Desde o punto de vista sanitario poderiamos resumir o ano 2015 como un paso mais na senda do desmantelamento da sanidade publica que leva a cabo o goberno de Núñez Feijóo para abrir espazos de negocio a empresas e a multinacionais afines ao PP. 1.- Redución do orzamento sanitario público nun 18.3% desde 2009, sendo a CCAA que fixo o recorte máis severo. A mais prexudicada foi en Atención Primaria que baixou un 22.3% fronte a un 0.2% da hospitalaria. 2.- Recortes de persoal: desde o inicio da crise perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública, 1.154 en AP e 641 nos hospitais. Os recortes afectaron a 513 prazas de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), a 184 prazas de enfermería hospitalaria e a 1.121 prazas de persoal non sanitario. O ano pasado o SERGAS reduzo o persoal nun 30.6% fronte a unha media do 7.9% do Estado. 3.-Recorte en camas: Entre 2010 e 2014 elimináronse 447 camas hospitalarias públicas en a pesar do incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias. 4.- No Novo Hospital de Lugo seguen as limitacións nos Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear para tratar a pacientes con cardiopatías ou cancro. 5.-Prosegue o desmantelamento e a privatización do Sistema: -Moitas das actividades estratéxicas do Sergas e a Consellería, pasaron a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión, baleirando de contido ás estruturas directivas e deixando a xestión do sistema sanitario público galego a mans privadas. -A utilización do modelo de Colaboración Público-Privada para construír o Novo Hospital de Vigo incrementou o seu custe de 450 a 1.400 millóns de euros, pese o cal reducíronse as camas operativas de 1.230 a 850, os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% ou os servizos de Radioloxía nun 45%. Tamén se recortaron consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, o as prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios) etc. O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes. -A Xunta xa licitou a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU) favorecendo á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. A ampliación do hospital do Salnés foi adxudicada á multinacional Cofely-Suez. -Renovouse o Concerto Singular co hospital privado Povisa de Vigo, pese a advertencias en contra do Consello de Contas, o que supón pagar un canon anual de 75 millóns de euros pola utilización de 403 camas, pese a ter menos recursos humanos e materiais que os hospitais do SERGAS -Privatizouse o Laboratorio Central de Galicia, adxudicado a multinacional UNILABs, o que pon en perigo os laboratorios dos hospitais públicos, que poderán pechar progresivamente como en Vigo -Mantense a empresa de xestión privada Galaria S.A., incumprindo o compromiso de integrar os servizos de Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética. -Prosegue a privatización dos servizos tecnolóxicos mediante a figura do "socio tecnolóxico", polo que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos controlan os equipos que deben adquirir os hospitais, fixan o seu prezo e deciden onde se ubican. Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis barato). -Privatizouse a investigación sanitaria mediante os Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas, acollidos ao modelo empresarial, coa participación das multinacionais farmacéuticas que controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega. 6.- Trasládanse os servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión (os recursos necesarios para o control e funcionamento da sanidade pública pasou a mans privadas) aos que haberá ademais que pagar enormes cantidades de cartos por realizar unha función que se facía con recursos propios: -Servizo de ambulancias: adxudicado por 236 millóns de euros á UTE Ambulevante, empresa valenciana relacionada con ex-presidente de Valencia Fabra. -Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, o que supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega. -Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa relacionada co La Caixa, BBVA e Bankia. -A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte. -O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede. -O servizo de subministro e loxística entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil -O mantemento dos equipos sanitarios adxudicado á Ibérica de Mantenimiento SA. -A xestión da limpeza e enerxía entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008 e responsable do desplome de Novagalicia Banco). -O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de investimento Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE e imputado no caso Bankia). -Os servizos de protección radiolóxica cedidos a General Electric, a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade. -Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, vendida ao fondo de inversión CVC-Capio). -Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que xestionan tamén a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica. 7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público que pretenden converter os Centros de Saúde e Hospitais en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. As UXC abren a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal. En resumo O principal obxectivo da Xunta segue sendo desmantelar e privatizar a Sanidade Pública, o que deixará unha grande hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir os enormes compromisos económicos contraídos coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Parece necesario e urxente desaloxar ao PP do goberno da Xunta para impedir esta demolición planificada do servizo sanitario público. |
PRAZA_11470 | A asociación empresarial do Tambre acolleu a presentación das "vacinas contra as violencias machistas", un dos novos materiais da iniciativa. O Concello de Lugo organiza o día 22 o acto oficial de adhesión de municipios e deputacións á campaña, da que un ano máis se desmarca a Xunta | No outono de 2015 o Concello de Santiago impulsou a campaña En negro contra as violencias machistas, encamiñada a "facer visible o rexeitamento da cidadanía" á violencia de xénero en recintos institucionais, pero tamén en locais comerciais e diversas entidades sociais da capital galega. Tras a boa acollida da primeira edición, o concello compostelán ofreceu a campaña ao resto de municipios galegos: en 2016 sumáronse unha quincena, en 2017 foron máis de 70 e o ano pasado superaron o centenar.A campaña comezou en 2015 no Concello de Santiago e no pasado 2018 superou xa o centenar de municipios: "Educación e prevención son esenciais para frear as violencias contra as mulleres", subliñan nesta quinta ediciónCon esta bagaxe chegou a quinta edición da campaña, que o novo goberno local de Santiago (PSdeG) asumiu do anterior (Compostela Aberta) porque, en verbas da concelleira de Igualdade, Noa Díaz, "as cousas que están ben feitas van continuar". Deste xeito, en vésperas do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, bota a andar a parte máis intensa dunha nova xeira da campaña que neste 2019 pon o foco con especial intensidade na necesidade da educación para erradicar as condutas machistas.A sede Asociación Área Empresarial do Polígono do Tambre, que nesta ocasión tamén secunda a iniciativa, acolleu este luns a presentación das novidades dunha campaña que, explica a edil, parte do "convencemento de que a educación e a prevención son esenciais para frear as violencias exercidas contra as mulleres". Todo isto, subliña, nun ano no que xa foron rexistrados "oficialmente" 51 asasinatos machistas en todo o Estado, se ben "a estes feminicidios hai que sumar as miles de mulleres que sofren diariamente episodios de acoso e violencia sexual"."Vacinas" contra o machismoA asociación empresarial do Tambre acolleu a presentación das "vacinas contra as violencias machistas", un dos novos materiais da iniciativa, que tamén desenvolve actividades en centros educativosO polígono do Tambre -unha das contornas máis transitadas de Santiago, lembrou o seu presidente- foi escenario tamén da presentación dun dos novos materiais da iniciativa, dúas mil "vacinas contra as violencias machistas". Trátase dun estoxo que contén a camisola negra da campaña, unha pulseira e un adhesivo para os coches ademais dun "prospecto": "A violencia machista é contaxiosa. Vacínate. Composición: Respecto 800 mg, Coidado 600 mg, Empatía 450 mg. Consentir e animar bromas e comentarios sexistas tamén é machismo", di o formulario.Os centros escolares da cidade serán tamén "esenciais" nesta nova edición, adiantou a concelleira. Así, os colexios e institutos composteláns son convidados a penduraren as lonas negras da campaña e a expoñeren, o propio día 25 nun acto na Praza do Obradoiro, os resultados dos seus proxectos de sensibilización contra a violencia machista, tamén realizados no marco da campaña. O Concello de Santiago tamén fornece de materiais da iniciativa á cidadanía en xeral, se ben anima a reciclar o de anos anteriores. Repártense no Centro de Información á Muller, na rúa Galeras, ata o día 22 de 9h a 14H e de 15:30h a 19h.Acto de adhesión dos concellos en Lugo e ausencia da XuntaComo en anos anteriores, nas vésperas do 25 de novembro os concellos participantes na campaña En negro contra as violencias machistas farán visible a súa adhesión á iniciativa cun acto conxunto que nesta ocasións se celebrará en Lugo o día 22. Tamén acudirán as deputacións galegas que participan, todas agás a de Ourense.O Concello de Lugo acolle o día 22 o acto oficial de adhesión de municipios e deputacións á campaña, da que un ano máis se desmarca a XuntaDende o consistorio lucense a súa alcaldesa, Lara Méndez, cre que "cómpre aproveitar" este acto na cidade da Muralla para "manzar unha mensaxe unánime" de "condena profunda" á violencia machista no marco dunha campaña que, no caso do municipio lucense, xa agrupa a "preto de 250" empresas, institucións e entidades. "Por iso, dende o 18 ao 28 de novembro, Lugo tinguirase de negro, por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte por asasinato. Tomemos as rúas da cidade, fagamos que sexan un gran escaparate para reivindicar que queremos un concello e un país libre de violencia", conclúe Méndez.Un ano maís, a iniciativa Galicia en negro ten unha ausencia destacada, a da Xunta, que en anos anteriores evitou secundar esta campaña tanto no eido simbólico como no político e institucional mentres persoal da propia Administración galega denunciaba vetos á participación na campaña dos concellos, atranco que o Goberno galego negou. Así, por exemplo, os balcóns do Goberno galego son os únicos das institucións situadas na compostelá Praza do Obradoiro que non locen a campaña.A Secretaría Xeral de Igualdade está a desenvolver outra volta a súa propia campaña, que volve centrarse en anuncios nalgúns medios de comunicación. Desta volta expándese tamén a un dos eidos nos que máis impacto tivo a acción En negro nos últimos anos, a dos clubs deportivos de diferente disciplinas. |
PRAZA_18 | É o cuarto incremento consecutivo do desemprego no país, a comunidade autónoma onde máis se incrementa o número de parados, que descende no conxunto do Estado. | O cuarto incremento consecutivo e a comunidade autónoma onde máis sobe o desemprego, que descende pola contra no conxunto do Estado. Ese é o panorama co que o mercado laboral galego comeza o ano e que fai referencia aos datos do pasado mes de decembro. Nin a campaña do Nadal foi quen de deter o aumento do paro no país, que segue escalando desde que no verán a autonomía liderase a súa caída. Desde agosto, o número de parados rexistrados nas oficinas de emprego subiu en setembro en 1.264 persoas, en 5.841 en outubro e en máis de 4.500 en novembro. Desde agosto, o paro subiu en Galicia en todos os meses ata decembro, onde lidera o incremento no Estado En decembro, Galicia rexistrou 3.286 desempregados máis, un 1,32% máis que en novembro, polo que encabeza o grupo das únicas cinco comunidades nas que o paro medrou no último mes do ano, seguida de lonxe por Castela e León, onde o número de parados medrou en menos da metade (+1.274). No conxunto do Estado, o desemprego medrou tan só en catorce provincias, catro delas na comunidade galega. Mentres, no Estado o desemprego rexistrado descendeu en 64.405 persoas (-1,43%), o segundo maior descenso para un mes de decembro en toda a serie histórica, polo que os cidadáns apuntados nas listas do antigo Inem sitúase en 4.447.711 a final de ano, 253.627 persoas menos, (-5,39%) que hai un ano. Non obstante, desde a chegada de Mariano Rajoy ao Goberno central, en España destruíronse máis de 450.000 empregos e sobre un millón de cotizantes á Seguridade Social. Galicia pechou 2014 con 19.145 parados menos, pero ata en cinco autonomías o descenso no desemprego foi maior Tamén no cómputo anual, Galicia pechou 2014 con 19.145 parados menos (-7%) que en decembro de 2013, deixando a cifra de desempregados en 251.918 persoas, unha feble e lenta tendencia positiva que está virando nos últimos meses e na que o país tampouco lidera recuperación ningunha. As proclamas non se corresponden coa realidade. Ata cinco autonomías (Cataluña, Navarra, Aragón, Illes Balears e Cantabria) teñen un descenso interanual maior. En canto aos datos intermensuais, a comunidade é das poucas nas que sobe o paro e a única onde esa suba supera o 1%. Os datos contrastan co triunfalismo de Feijóo, que non dubidou en afirmar no última discurso de fin de ano que "a Galicia que decrecía economicamente é agora unha Galicia que aspira a crecer un 2% o próximo ano e a Galicia que destruía emprego é agora unha Galicia que está empezando a crear emprego". Non nos últimos catro meses. Nin moito menos. O número de desempregados aumenta nas catro provincias galegas, sobre todo na Coruña, que pecha decembro con 1.715 parados máis, seguida de Pontevedra (+1.247), Lugo (+261) e Ourense (+63). Non obstante, en comparación co mesmo mes do ano anterior, os resultados son positivos en todas elas, con caídas do 9,7% na provincia lucense, do 7,5% en Pontevedra, do 6,7% en Ourense e do 6% na Coruña. Ademais, o desemprego subiu en todos os sectores en Galicia agás nos servizos e no colectivo sen emprego anterior, onde descendeu en algo máis de 500 persoas en ambos os dous casos. Así, o paro aumentou en 460 persoas na agricultura, en 1.497 na industria e en 2.372 na construción. O dato é aínda peor se temos en conta que a afiliación á Seguridade Social en Galicia baixou no mes de decembro en 2.178 persoas, polo que o total da media de afiliados situouse en 926.482 traballadores. En relación co mesmo mes do ano anterior, a cifra aumentou en 11.856 persoas, un 1,3% máis. É este dato interanual o único positivo, xa que as cifras do último mes do ano deixan claro o empeoramento do mercado laboral en Galicia, que mesmo racha coa feble e precaria tendencia positiva no conxunto de España. No conxunto do Estado, a Seguridade Social pechou 2014 cun aumento medio de 417.574 afiliados (+2,5%), logo de rexistrar en decembro 79.643 cotizantes máis, un aumento do 0,48%. Tan só o 7,5% dos contratos asinados en decembro foron indefinidos A contratación medrou un 3% en decembro, con 1.763 contratos máis que en novembro -onde a caida foi de máis de 20.000- ata quedar nun total de 59.094, mentres que en termos interanuais, o país rexistrou un incremento de 6.332 contratos (+12%). Ademais, a maior parte dos contratos foron temporais, 54.650 fronte aos 4.444 indefinidos do último mes do ano. Estes indefinidos supoñen un 7,5% do total e tamén son menos que os de novembro. En concreto, 481 menos, o que supón unha caída do 9,7%. A Xunta e o PP presumen dos datos Malia todo, a Xunta de Galicia non dubidou en sacar o lado positivo das cifras, aínda que a directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, considerou o dato do aumento do paro no mes de decembro como "negativo", pero lembrou que é un mes "onde habitualmente se rexistran incrementos do desemprego". A Xunta presume de volver aos niveis de desemprego de hai tres anos e o PP obvia os malos datos dos últimos meses "Grazas a esta evolución, Galicia rematou o 2014 con niveis de paro inferiores aos que se rexistraron en 2013, en 2012 e en 2011. Volvemos ás cifras de hai tres anos", subliñou a responsable autonómica, que insistiu en destacar que en termos intermensuais trátase do "mellor comportamento dun mes de decembro de toda a serie histórica (desde 1996) en termos relativos". Tamén o PP centrou o seu discurso nos datos positivos, pero cunha reviravolta máis. O voceiro dos populares galegos no Parlamento, Miguel Tellado, asegura que Galicia está "ante o mellor comportamento interanual nun mes de decembro dende 1996" e que "leva catorce meses consecutivos rexistrando descensos no paro interanual". "Galicia compórtase mellor, xa que aquí a baixada interanual foi 1,67 puntos maior que na media do Estado", insiste, obviando os catro últimos meses de incremento do desemprego e os datos que fan que o país lidere as cifras negativas no Estado. O Bloque, pola súa banda, cre que "o fortísimo aumento do paro rexistrado sumado ao descenso de afiliación en máis de 2.000 persoas revelan que en Galiza non existe tal recuperación e que temos o peor comportamento do Estado español". Así o dixo o portavoz nacional, Xavier Vence, que cre que "stán fallando as políticas económicas e Feijóo está totalmente equivocado no tipo de receitas que aplica porque o que necesitamos son políticas de reactivación e dinamización do noso sector primario, da industria, de protección do comercio local e crear emprego de calidade, non precario con salarios de miseria", explica. HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_12145 | A formación do novo Goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos no Estado pode alterar a configuración de dous grupos parlamentarios da oposición na Galiza | O actual voceiro do Grupo Común da Esquerda no Parlamento da Galiza, Manuel Lago, valora trasladarse a Madrid para participar do Executivo xunto a galega Yolanda Díaz, que previsibelmente pasará a ser ministra de Traballo e dependerá da Vicepresidencia de Asuntos Sociais, que ostentará o líder de Podemos, Pablo Iglesias.Manuel Lago é economista e experto en relacións laborais. Vencellado a Esquerda Unida, foi membro do gabinete confederal do sindicato Comisións Obreiras e exerceu como director financeiro da Televisión de Galiza. Así mesmo, é profesor de Estrutura Económica Social e Relacións Sociolaborais na Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña. Haberá que agardar até a semana que vén para que o presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, anuncie formalmente a configuración da súa equipa, mais Lago xa estuda a súa saída do Parlamento galego para traballar con Yolanda Díaz. A súa carreira política está ligada á dela, pois xa formou parte da equipa de Díaz en ocasións anteriores e foi un dos artífices do programa electoral da coalición Galicia en Común, a fórmula coa que Esquerda Unida e Podemos se presentaron ás eleccións estatais. A saída de Lago da Cámara galega suporía a entrada da seguinte persoa na lista da coalición En Marea, que concorreu ás últimas eleccións á Xunta de 2016 e o pasado mes de xullo dividiuse para deixar por un lado a Podemos, Anova e Esquerda Unida no Grupo Común da Esquerda e o partido En Marea no Grupo Mixto. Mariló Candedo é profesora titular de Pedagoxía Social na Universidade da Coruña e foi decana da Facultade de Ciencias da Educación neste mesmo centro. Forma parte do Consello das Mareas e fora elixida para ser a senadora por designación autonómica antes de que a decisión recaera no PSdeG como líder da oposición no Parlamento galego. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_19158 | A universidade a distancia aplicou a menor das taxas impostas polo Goberno español. Educación penalizou especialmente o estudantado que se matricula da mesma materia por segunda ou terceira vez e, especialmente, da cuarta en diante, onde o prezo do crédito ascendería a 88€. O non-presentado fai correr a convocatoria a efectos de matrícula. | O 28 de abril, sábado, o reitor da UNED --a universidade estatal de educación a distancia--, Juan Antonio Gimeno, colocaba no seu blogue persoal unha entrada para respostar á "lóxica preocupación" espertada entre as ao redor de 250 mil persoas que cursan estudos nalgún dos 62 centros asociados ante a inminente subida das taxas alentada polo Goberno español. A media de idade do alumnado está nos 37 anos e o 80% ten obrigas de carácter familiar e/ou laboral. O crédito en terceira matrícula 36€ máis caro que en 2011Após catro meses de espera, finalmente o BOE publicou a orde de prezos. En primeira matrícula e para un grao de experimentalidade 1 --Física ou Química, por exemplo--, o crédito pasou dos 18,10€ aos 19,01€. O incremento non é o mesmo para todas as titulacións, pois os prezos relaciónanse co custo estimado de cada unha delas, mais sitúase ao redor do 10% respecto do curso anterior, cunha suba media de 1,5€ o crédito. Para licenciaturas, diplomaturas e enxeñarías o incremento medio na primeira matrícula é do 6,26%, e de 14,22% nos mestrados. A meirande parte do alumnado da UNED compatibiliza os seus estudos con traballo e/ou responsabilidades de carácter familiar Mais o RD do Goberno español castiga especialmente as segundas e, sobre todo, as terceiras e sucesivas matrículas. Aínda que a UNED fixou a menor das taxas contempladas no intervalo marcado, seguindo co exemplo anterior --19,01€ en primeira--, na segunda o crédito custaría 29,25€; na terceira 63,37€; e nas seguintes ascendería até os 87,74€. O curso 2011-2012, na segunda matrícula o crédito custaba 7€ menos. Na terceira, até 36€ menos. Esta medida resulta especialmente gravosa dado que --como xa se sinalou-- a meirande parte do alumnado da UNED compatibiliza os seus estudos con traballo e/ou responsabilidades de carácter familiar, e non pode dedicarse por enteiro ás tarefas académicas, motivo polo que optan por se matricular nunha universidade a distancia. Calculamos o custo dun curso no grao de ciencias políticasColocadas as cifras, botamos agora contas para o grao en Ciencias políticas, un dos máis reclamados para estudar a distancia. A titulación fai parte do grupo 6, polo que os prezos do crédito son os máis baratos da UNED. Por exemplo, de queremos matricular do segundo curso completo, 10 materias de 6 créditos, cada un custa 12,04€, por ser a primeira vez que nos inscribimos, polo que pagariamos 722,40€ en total. Unha faixa ben numerosa de estudantes matrículase para ter dereito a se examinaren e non fan apenas uso de ningún servizo da UNED Mais do primeiro curso temos unha materia suspensa que cursaremos este ano: son outros 6 créditos, e o prezo ascende até os 16,90€ por ser segunda matriculación. Tamén nos inscribimos dunha materia máis, á que non puidemos presentarnos en dúas convocatorias anteriores: outros 6 créditos a 31,29€ cada un por ser a terceira vez. Agora si: o total da nosa matrícula serán 1011,54€. Lembramos que no grupo 6 é onde o crédito ten o prezo máis baixo. A mesma matrícula para o grao en Psicoloxía --grupo 4 e outro dos máis demandados-- roldaría xa os 1.300€. En Química --grupo 1-- acariñaría os 1.700€ mais, neste caso, de nos matricular nunha materia de 6 créditos por cuarta vez xa nos custaría case 527€. Prezos especialmente desorbitados tendo en conta que unha faixa ben numerosa de estudantes matrículase para ter dereito a se examinaren e non fan apenas uso de ningún servizo da UNED --as titorías presenciais de moitas materias son en horario laboral--, agás poder acceder a plataforma docente en liña. O estudantado reacciona: unha reforma sen ningún sentido para a UNED e que segue o camiño da privatización "A principal apreciación que se pode facer respecto da suba das taxas neste caso é que non ten ningún sentido", valora Daniel Candal, da organización estudantil Comités. Saleta Chao, da Liga estudantil galega, considera que "non se tivo en conta o papel que xoga a educación a distancia, como saída para complementar estudos con traballo ou cargas familiares". Así as cousas, tanto Chao como Candal fan especial fincapé no feito de que o alumnado da UNED non fai uso de "practicamente ningún" servizo, fóra do dereito a un exame. "Suponse que cando pagamos unha matrícula na universidade pública, ese diñeiro vai para cubrir gastos de persoal e de mantemento. Se non hai docencia, a onde van parar eses cartos?", inquire a integrante da Liga estudantil, lembrando que o prezo por unha materia matriculada en cuarta convocatoria pode acariñar os 600€, case o prezo da primeira matrícula completa nun grao como Socioloxía ou calquera dos que fan parte do grao 6 de experimentalidade. Na mesma liña pronúnciase polos Comités Daniel Candal, lembrando que en calquera das universidades que fan parte do sistema galego "se non hai dereito a docencia quen se inscribe nesa titulación paga só unha cantidade que non supera os 50€ para se poder examinar". Neste sentido, o responsábel nacional deste colectivo estudantil apunta a que a suba dos prezos desta volta non se corresponde nin coa óptica "de mercado" baixo a cal se impón a contrarreforma educativa, facendo do ensino un negocio. "O que temos que pagar non cadra cos servizos de que podemos gozar", quéixase o estudante. É máis caro repetir na UNED que na universidade pública convencional E é que o único servizo que o alumnado da UNED goza é o dereito a se examinar. Tendo en conta as características particulares de quen opta por estudar a distancia --as xa sinaladas cargas laborais e/ou familiares--, a posibilidade de se matricular máis dunha vez na mesma materia é real, e a "desproporción" que existe entre a primeira e a cuarta matrícula "é enorme!", subliña Saleta Chao ollando as cifras colocadas nesta información. "É máis caro repetir na UNED que na universidade pública convencional". Ás taxas de matrícula hai que engadirlle o prezo dos materiais didácticos necesarios para cursar as materias, o que encarece a mesma até niveis privativos. |
NOS_3673 | Pilar Cancela asumiría a dirección da xestora do partido até a realización do Congreso. | Asegurou en comparecencia de imprensa que a súa renuncia como secretario xeral do PSdeG, após decidir que non se presentaría como candidatábel á Xunta, foi unha decisión "libre, persoal e responsábel". Aliás, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou aos medios de comunicación que Pedro Sánchez "respectou" a súa escolla cando lle comunicou que renunciaría ao cargo hai uns días. "A partir de mañá serei un militante máis", dixo tamén através da súa conta de Twitter. O 'Garañón' e o 'Pulpo' Gómez Besteiro demite como secretario xeral do PSdeG, unha decisión que se fixo efectiva no comité executivo que os socialistas galegos realizaron esta mesma tarde. O PsdeG fica agora en mans dunha xestora, dirixida por Pilar Canecela, deputada e actual secreataria de Organización, até a celebración do Congreso. A presión sobre Besteiro para que, após demitir como candidato á Xunta o fixese como secretario xeral do PsdeG, foi en aumento tras a súas imputacións na 'Operación Pulpo'. Unha presión na que participaron persoas de peso no PSOE como a presidenta de Andalucía, Susana Díaz. Porén, e após demitir como candidato, o propio Pedro Sánchez amosou o seu apoio a que Besteiro seguirse como secretario xeral do PSdeG, mais lembrando que de se lle abrir xuízo oral tería que demitir. Non foxo falla chegar a tanto. O día despois de que Pedro Sánchez aproveitase o seu paso por Galiza para dar o seu apoio e amosar a súa total confianza a Gómez Besteiro, a xuíz de Lara atribuiu ao secretario xeral do PSdeG seis delitos. Aos catro delitos polos que está a ser investigado Besteiro no marco da 'Operación Garañón' engádense seis na 'Operación Pulpo', unha investigación centrada na Deputación de Lugo sobre adxudicacións ilícitas. |
NOS_43712 | No boxeo galego hai un club, o Cidade de Lugo, que acaparou este ano unha boa parte do medalleiro en todas as idades e categorías. 'Nós Diario' quixo coñecer de primeira man o traballo que hai detrás deste éxito deportivo para descubrir o traballo de adestradores como José Luís Álvarez, 'Rocky' e do seu fillo, José Luís Álvarez. | O Bóxing Club Cidade de Lugo foi este ano proclamado o mellor no último campionato galego, decorrido en Sobrado dos Monxes na última fin de semana de xuño. O resultado non era para menos ao levar para a cidade amurallada un total de oito medallas de ouro nas categorías masculina e feminina. Ademais, desa cita deportiva trouxo outras cinco medallas, tres de prata e dúas de bronce. O segredo, se cadra, está no dúo que conforman José Luis Álvarez 'Rocky' e o seu fillo, José Luís Álvarez, que adestran nesa entidade deportiva. O club naceu en 2005 como unha extensión na carreira como boxeador de 'Rocky', que comezou cando tiña tan só 15 anos cando venceu por KO o seu primeiro combate contra un puxil que o dobraba en idade. Logo virían os éxitos, como o de quedar dúas veces campión galego, campión galaico astur e campión estatal. Como seleccionador galego, gañou por primeira vez o Campionato de España por Autonomías para Galiza no ano 2007. Falando do seu currículo afirma con desgusto que lle roubaron o campionato dun dos seus deportistas con máis proxección en 2019 no campionato de España de peso lixeiro. "Hai moito favoritismo", asegura a Nós Diario. Agora prefire centrarse na mocidade que ten no club e que supera a cifra de 100 rapazas e rapaces. A canteira de Lugo non para de medrar Ese traballo é o que tivo os seus resultados. Os campións galegos do club lucense están en case todas as categorías: Celtia Gómez (sub-8), Uxue Poña (sub-12), Antía Santín (categoría sub-14), Carla López (sub-16) que revalidou o título tras ser campioa galega o pasado ano, Nerea Gallardo (sub-21), Aitor López (sub-14), Marcos Somoza (sub-16) e Carlos Jackson (sub-21). Ademais conseguiron medallas María Méndez (prata na categoría sub-16), Erik Alvariño (prata en sub-10), Alexandru Arhip (maior de 21 anos), Ainara Díaz (bronce en sub-14) e Damián Folgueira (bronce sub-10). "O éxito é polo meu fillo, eu agora dedícome máis á xente maior", asegura. Pensa que a base para triunfar no boxeo é "aprender educación" para saír adiante neste deporte "aínda que ao final é cuestión de gañar combates". En todo caso entende que "hai que saber perder" e explica que non ten reparo en tirar a toalla se algunha ou algún dos seus deportistas non ten o día. O seu fillo, José Luis Álvarez, é adestrador de boxeo homologado pola Federación Galega e foi medalla de bronce campionato de España en 2009 e tamén bronce no campionato galego 2017. "É el quen ten o mérito de como está a medrar a canteira do boxeo aquí", asegura, "traballa con eles e corrixe as súas maneiras para que teñan éxito nos combates, aínda que eu tamén estou aí", engade. Esa é a explicación que dá ao grande éxito deste ano no campionato galego. Para 'Rocky' a proxección do seu club vén desde 2019, ano en que tamén tiveron moi bos resultados. "Se non chega a ser pola pandemia da Covid-19 aínda estariamos mellor", admite. A razón de achegarse ao boxeo deportivo Desde o Club Cidade de Lugo non teñen unha única explicación tampouco á razón pola que se achegan as rapazas e os rapaces ás súas instalacións para practicar este deporte. "Algúns din que é para estar en forma e outros para pasalo ben acompañados de amigas e amigos", conta 'Rocky', "despois xa vemos se poden facer algo máis, como por exemplo competir", indica. Nese momento comeza un estudo por parte dos dous adestradores para ver se hai posibilidade seria ou non de que a ou o aspirante entre nalgunha competición. O primeiro é coidar o aspecto físico correndo e con exercicios, en moitas ocasións acompañados por 'Rocky' ou o seu fillo. "Estamos moi pendentes deles e despois, nun momento dado, comezamos coa práctica con luvas, indicándolles como se colocan as vendas", asegura este adestrador. É daquela cando xa se sabe "quen vale e quen non vale". Recoñece que nese intre valórase moito se teñen medo ou non para aguantar un combate como para dedicarse ao mundo profesional. "Explicámoslles todas as técnicas, como por exemplo non abrir moito as pernas para manter o equilibrio diante do rival", admite. Logo están os combates e entra en xogo a experiencia do propio adestrador e do club se se tratan de pelexas profesionais. "Temos que valorar moito cando aceptas ou rexeitas participar", admite, "non é a primeira vez que che falan de realizar un combate con determinado peso e despois cando estás xa alí resulta que o contrincante pesa moito máis". A súa experiencia, neste caso, é fundamental. |
NOS_24130 | A Real Filharmonía da Galiza (RFG) realizará a vindeira semana unha xira de catro concertos por Austria, na que levará a cabo dous programas diferentes nas prestixiosas salas Grosses Festspielhaus (Salzburgo) e Festspielhaus (Bregenz). | A Real Filharmonía da Galiza (RFG) realizará a vindeira semana unha xira de catro concertos por Austria, na que levará a cabo dous programas diferentes nas prestixiosas salas Grosses Festspielhaus (Salzburgo) e Festspielhaus (Bregenz). Esta xira foi presentada durante a xornada de onte no Auditorio de Galiza, sede da orquestra. Alí estiveron presentes o mestre Pablo González, que dirixirá ambos concertos; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; xunto á directora técnica da RFG, Sabela García. Fiel ao seu lema desta tempada, En movemento, a Real Filharmonía protagoniza con esta a súa segunda xira, logo dunha primeira saída a Xaén a finais de xaneiro e principios de febreiro. A travesía austríaca comezará o 4 de marzo cunha primeira actuación na sala de concertos e ópera Grosses Festpielhaus de Salzburgo, un dos maiores escenarios do mundo, cuxo auditorio ten un aforo con capacidade para 2.179 persoas. Baixo o título Iberia I, a orquestra interpretará varias obras de Manuel de Falla (1876-1946): a Suite nº 1 de El sombrero de tres picos, ou El amor brujo, que soará na voz de María José Pérez. Ademais, os músicos achegarán ao público austríaco o Concerto para piano en Sol de Maurice Ravel (1875-1937), da man da recoñecida pianista Claire Huangci. O segundo programa, titulado Iberia II , interpretarase os días 5 e 6, tamén no Grosses Festpielhaus de Salzburgo, e o día 7 no Festpielhaus de Bregenz. Nesta ocasión a Real Filharmonía da Galiza tocará a Sinfonía en Re de Juan Crisóstomo de Arriaga (1806-1826); o Concierto de Aranjuez de Joaquín Rodrigo (1901-1999), coa guitarra de Enrike Solinís; varios fragmentos da Suite Iberia de Isaac Albéniz (1860-1909), orquestrada polo compositor Jesús Rueda; e El amor brujo de Falla, con María José Pérez. Ademais, o público austríaco terá a oportunidade de escoitar Negra sombra, da poeta galega máis internacional, Rosalía de Castro, orquestrada para esta ocasión por Octavio Vázquez. "Un grande éxito" Na súa intervención, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, salientou que "é a primeira gran xira da orquestra fóra da Península Ibérica despois de 20 anos, e á capital por excelencia da música en Europa. Ademais, hoxe, a Real Filharmonía de Galicia cumpre 24 anos, polo que esta xira é como un bonito agasallo". Lembrou, do mesmo modo, que a RFG "tivo que competir con outras orquestras do Estado español para poder estar aí, é todo un orgullo", antes de deixar clara a súa "seguridade" en que será "todo un éxito". Pola súa parte, a concelleira de Acción Cultural do Concello compostelán, Mercedes Rosón, manifestou que esta xira é "unha grande oportunidade para levar ao berce da música o bo facer da Real Filharmonía da Galiza: "Para os músicos é unha tolemia marabillosa coa que van gozar moitísimo. O futuro pode anunciar cousas boas para esta orquestra". A directora técnica da RFG, Sabela García, agradeceu o apoio das diferentes institucións públicas que fixeron posíbel que a orquestra galega poida levar a cabo esta xira internacional, resaltando que "será unha ocasión importante para facer de embaixadores da cultura galega en Austria". |
NOS_11315 | Galaxia continúa coa súa forte aposta por levar máis alá das fronteiras a literatura galega. Mañá cuarta feira presenta o seu proxecto Mar Maior en Arxentina, onde publica vinte títulos, mentres prepara o lanzamento en Brasil en colaboración cunha empresa local. | O 27 de abril Galaxia presenta por todo o alto na Feira de Bos Aires o proxecto Mar Maior, nun acto no que participará a escritora galego-arxentina María Rosa Lojo, Ramón Villares, Xavier Alcalá, Xesús Alonso Montero, Carlos Brandeiro e o director da editorial, Víctor F. Freixanes. Unhas horas antes, o presidente do Consello da Cultura presentará, da man deste mesmo selo, unha versión adaptada ao país andino da súa Historia de Galicia. Mar Maior, que xa se presentou en Madrid e en Bruxelas, chega a Arxentina con varios títulos diferentes da súa aposta na Península para adaptarse ao mercado local. Ademais do ensaio de Villares, veñen de publicar alí En los pagos de Huinca Loo, a novela de Xavier Alcalá ambientada na Pampa; e tres libros arredor de Blanco Amor: A Esmorga traducida por el mesmo como La Parranda e con epílogo de Manuel Rivas; Los miedos; En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la Guerra Civil (1936-1939); e unha biografía súa escrita por Antonio Pérez Prado. Cunqueiro tamén é unha figura importante dentro do catálogo presentado, con catro obras: El año del cometa, Vida y fugas de Fanto Fantini, Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos, e Flores del año mil y pico de ave. Ademais, o actual presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, publica o ensaio Letras argentinas, letras gallegas no que examina as relacións entre creadores literarios dun e doutro país. E tamén inclúen El vidrio roto. Cuentos para las Américas da coruñesa Emilia Pardo Bazán, que reúne relatos publicados pola autorana prensa americana. Álbum ilustrado Entre o catálogo atopamos tres títulos de álbum ilustrado: Un montón de familias de Xosé A. Neira Cruz con ilustracións de Rodrigo Chao; Maruja Mallo. Una memoria en construcción, de Xosé Ramón Barreiro e Beatriz López; e El libro de los Siniguales y del único Sinigual de María Rosa Lojo e a ilustradora Leonor Beuter. Ademais tamén inclúen novelas contemporáneas como Circe o el placer del azul, de Begoña Caamaño; Laura en el desierto, de Antón Riveiro Coello; Futuro imperfecto, de Xulia Alonso; Imposible de desatar, de Iván García Campos; El último libro de Emma Olsen, de Berta Dávila; Hora zulú, de Santiago Lopo; ou La forma de las nubes, de María López Sandez. A finais de ano, Brasil Paralelamente Galaxia está a preparar a saída de Mar Maior Brasil en asociación cunha empresa local e con alianzas na Universidade de Sao Paulo. O lanzamento está previsto en principio para finais de ano, cun catálogo que tamén busca complicidades coa cultura local. A Historia de Galiza de Villares adaptarase ao Brasil, e tamén se publicará o ensaio de Xavier Baixeras Brasil no centro, un libro a xeito de diario no que o escritor galego fala sobre a súa experiencia vital neste país no que reside longas temporadas. Outros dos libros que publicarán son Circe ou o poder do azul, de Begoña Caamaño e Merlín e familia, de Cunqueiro. |
PRAZA_13451 | O presidente da Xunta anuncia un investimento de 110 millóns nun proxecto que "aforrará 18 meses de trámites" grazas aos apois lexislativos do Goberno. A plataforma contraria á explotación asume que acabará recorrendo á Xustiza e advirte das numerosas irregularidades e do seu impacto medioambiental, tras lembrar que a compañía só garantiu menos de 300 postos de traballo. | "O desenvolvemento ou é sustentable ou non será desenvolvemento económico". Con esta frase, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resumiu o seu discurso durante o Día Mundial do Medio Ambiente no Courel. Foi hai dúas semanas. Neste xoves, o xefe do Executivo galego vén de anunciar tras o Consello de Goberno os avances na tramitación para a explotación da mina de ouro de Corcoesto, que será o primeiro proxecto industrial estratéxico no país conforme á nova Lei reguladora da política industrial de Galicia, e que disque "suporá un investimento de 110 millóns de euros e a xeración de 1.371 postos de traballo". Todo, malia o amplo rexeitamento popular e as alegación presentadas por colectivos e grupos ecoloxistas a un proxecto que para os seus detractores será "unha bomba" para a comarca. "Non ten pés nin cabeza, axustan a lei ao proxecto, pero non é o proxecto o que se adapta á lei", quéixase Fernando M. Souto, voceiro da Plataforma pola defensa do Corcoesto, que loita contra a explotación con preto de 1.500 sinaturas de apoio e a través de alegacións baseadas en estudos e informes de expertos. Insisten nunha chea de irregularidades no proxecto de Edgewater Exploration e quéixanse de que a Xunta considere "estratéxico" o negocio, algo que, cren, permitirá á compañía evitar moitos dos requirimentos legais. Feijóo destaca que a empresa aforrará 18 meses ao acelerarse a tramitación ordinaria da declaración de impacto ambiental Feijóo advirte que os trámites para a explotación da mina, localizada nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso, lévanse a cabo como proxecto industrial estratéxico "pola indubidable magnitude do proxecto". E engade que a aprobación da nova Lei reguladora da política industrial en Galicia, orientada a facilitar a implantación de grandes proxectos, permitirá a Edgewater "aforrar un ano e medio de trámites administrativos". "Imos aforrar 18 meses na tramitación ordinaria convencional deste tipo de declaracións de impacto ambiental", recorda. Deste xeito, o obxectivo é que "a finais de ano esta empresa canadense poida iniciar a explotación da mina por un período máximo de trece anos, e que poida facer un investimento de 110 millóns de euros na comarca de Bergantiños cun emprego estimado, entre postos directos e indirectos, de preto de 1.400 novos empregos". A empresa comezaría a explotar a mina a finais deste ano e durante un período máximo de trece anos A previsión, segundo indicou Feijóo, é que a proposta poida ter o visto e prace "para iniciar os seus traballos a principios do ano que vén". Ademais, precisou que serán 13 anos de período total de explotación, dos que tres corresponderán á preparación, ás infraestruturas e aos investimentos necesarios, oito á explotación da mina, e outros dous para a súa clausura e peche conforme á normativa que se lle vai exixir no momento da autorización definitiva para a extracción mineira". A plataforma pola defensa de Corcoesto non dá crédito. "A empresa ofrece 271 postos de traballo, o alcalde de Cabanas fala duns 500, o conselleiro de Industria dixo 1.000 e agora Feijóo case chega a 1.400; estannos tomando o pelo", di Fernando M. Souto, que lembra que no propio proxecto da empresa fálase "de xornadas de 12 horas diarias" e tamén que en pouco tempo comezarán a traballar varios veciños da zona "con contratos de quince días de duración". "Así tamén chego eu a máis de mil empregos", insiste este voceiro do coelctivo contrario á mina, que cre que o Goberno "utiliza o medo ao paro e á crise" para poder "facer promesas e convencer a xente". A compañía fala de menos de 300 postos de traballo e Feijóo eleva a cantidade a case 1.400 Pero a plataforma non censura só as dubidosas promesas de emprego, senón unha morea de incumprimentos legais, así como "o grande impacto medioambiental" que causará na zona e que, segundo o colectivo, "acabará con todo aquilo do que vive esta comarca". Así, advirten, por exemplo, "dun contido de arsénico nos residuos" que se prevén xerar "que sobrepasan en moitas veces o límite permitido na lexislación vixente", o polémico uso de cianuro -non recomendado pola UE-, efectos sobre a rede hidrográfica e as traídas de auga e os danos ás explotacións madereiras, gandeiras e agrícolas da zona. "Se se abre esta mina todo isto desaparecerá e temos que ter en conta que afecta a dez quilómetros á redonda", lembran, tras recordar tamén que a firma só ten dous proxectos mineiros no mundo: un en Galicia e outro en Ghana. Por todo isto, na plataforma xa asumen que acabarán "indo aos tribunais" e que se verán inseridos nun proceso longo tras insistir en que a empresa "non cumpre case ningún dos requirimentos legais". "E aqueles que cumpren son só promesas", di, antes de advertir: "Todos sabemos como acabou o de Reganosa". Cunha planta de gas funcionando e unha sentenza que dá a razón aos que loitaron desde o principio contra ela. |
NOS_38382 | "Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posibelmente, estean relacionados", afirma o conselleiro. | A Consellería de Sanidade, a través de Saúde Pública, estuda a relación de dous focos na Mariña que elevan os positivos no brote detectado a 18 casos positivos. Así o sinalou esta sexta feira o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao comezo dunha rolda de prensa sobre os protocolos de seguridade para lecer nocturno e verbenas, na que indicou que o brote na comarca coruñesa de Barbanza "está controlado" e "non houbo ningún cambio" con respecto a xornadas anteriores. Con todo, en relación á zona da Mariña luguesa destacou que están "aínda na fase de control de contactos" e detectáronse "directos 11 casos" no concello de Xove. "Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posibelmente, estean relacionados", afirmou Almuiña, para puntualizar que o investiga Saúde Pública, "que poderían alcanzar un total de 18 (positivos) no brote" desta comarca "se se confirman estes casos, que até agora eran orfos, non tiñan ningunha relación causal co brote orixinal", puntualizou. "Estamos a facer os estudos de contactos e facendo probas diagnósticas", engadiu en relación con este brote. Con todo, o conselleiro subliñou que non se acabou "aínda" a crise sanitaria. "Non vencemos a pandemia, estamos nunha situación epidemiolóxica boa", manifestou. |
NOS_12921 | Unha vez os once conselleiros e conselleiras tomaron posesión dos seus cargos, posaron xunto co novo presidente da Xunta para a primeira foto oficial do Executivo, previa á primeira reunión oficial do Goberno galego. | Os conselleiros e conselleiras da Xunta participaron na mañá desta segunda feira no acto solemne de toma de posesión do Goberno de Alfonso Rueda. Nove dos once integrantes do Goberno galego optaron por xurar o seu cargo: o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; o de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; a de Política Social e Xuventudes, Fabiola García; o de Medio Rural, José González; e a de Mar, Rosa Quintana. Diego Calvo entra no Executivo de Alfonso Rueda como vicepresidente segundo Os dous restantes decidiron prometer o seu cargo. Por un lado, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, única incorporación con respecto ao Executivo de Alberto Núñez Feixoo; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Unha vez os once conselleiros tomaron posesión dos seus cargos, posaron xunto co novo presidente da Xunta para a primeira foto oficial do Executivo, previa á primeira reunión oficial do Goberno galego. Goberno "máis experimentado" Na súa intervención, Alfonso Rueda reivindicou o seu Executivo, de carácter continuista, como o "máis experimentado" e de "traxectoria contrastada". "O que funciona ben non debe tocarse, debe complementarse", dixo. Pontón critica Rueda por elixir un Goberno "de rutina" sen pensar na Galiza O novo presidente galego instou os 11 conselleiros e conselleiras a "seguir traballando como até o de agora", pero "se é posíbel, mellorar aínda máis". [En ampliación] |
PRAZA_17872 | Este luns comezou a intervención arqueolóxica de romanarmy.eu no Penedo dos Lobos, que chegará ata o domingo. O sábado haberá unha visita guiada ao recinto e unha charla na que os investigadores debullarán os resultados obtidos e a importancia dos achados | Este luns comezou a intervención arqueolóxica que o equipo de investigación romanarmy.eu realiza no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda). A singularidade do achado débese a que se trata dun dos recintos militares de campaña mellor conservados do noroeste peninsular. Entre outras cousas, conserva as catro entradas orixinais de entrada ao recinto, en boa medida por ter sido construído con pedra (cando o habitual era empregar materiais máis perecedoiros) e tamén polo carácter illado do xacemento. Trátase dun dos recintos militares de campaña mellor conservados do noroeste peninsular O obxectivo da investigación, dirixida por João Fonte, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, é estudar en detalle a morfoloxía do xacemento e o seu encaixe no proceso de conquista e control do noroeste peninsular por parte do Imperio Romano. Un proceso do que aínda é moito o que descoñecemos. O equipo traballará no lugar ata o domingo 26. Todos os días ás 12 horas do mediodía realizan unha emisión en directo a través da súa páxina de Facebook, na que este martes destacaron os "sorprendentes" achados no campamento, subliñando o seu bo estado de conservación. Ademais, o sábado 25 de agosto realizaranse actividades gratuítas abertas ao público. Ás 12 da mañá realizarase unha visita guiada ao campamento. O punto de xuntanza é na estación de esquí de Manzaneda. E, pola tarde, ás 19 horas, o salón de actos do concello de Manzaneda acollerá unha charla, tamén de acceso aberto a todo o público interesado, sobre a intervención arqueolóxica a cargo de João Fonte e José Manuel Costa García. O sábado 25 realizarase realizarase unha visita guiada ao campamento e unha charla sobre a intervención arqueolóxica "Estamos ante un fenómeno histórico do que sabiamos moi pouco. Os campamentos militares eran espazos de uso temporal que materialmente deixaban moi pouca información", destacaba João Fonte entrevistado por Praza. O investigador salientaba que "a nivel cuantitativo coñecemos cada vez máis sitios, pero tamén a nivel cualitativo, o que nos vai permitir reescribir as narrativas históricas sobre este período, sobre os primeiros contactos entre Roma e as comunidades indíxenas do noroeste da Península". Estes primeiros traballos serán continuados por outras técnicas, que aproveitarán recentes avances tecnolóxicos que están a facer máis doada e accesible a investigación arqueolóxica. Por exemplo, levarase a cabo un levantamento fotogramétrico cun dron para obter un modelo tridimensional co que poder apreciar as características morfolóxicas do recinto. Ademais, o equipo empregará tamén un magnetómetro para facer unha prospección xeofísica, un mapeado das anomalías magnéticas que pode presentar o lugar e indicios de eventuais estruturas arqueolóxicas. A campaña está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e o Grupo de Investigación Síncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. |
NOS_5947 | A axencia rebaixa aínda máis, a categoría B3, a cualificación da entidade financeira en pleno debate sobre a súa venda | Novagalicia Banco xa era bono-lixo para a axencia de cualificación Moody´s. Mais agora éo aínda máis. Na última valoración realizada por Moody´s afunde á entidade financeira galega (e tamén a Catalunya Banc) dous chanzos máis. Dalles nota de B3. A axencia tamén rebaixa a cualificación a Bankia, que pasa a B1. A decisión sobre NGB prodúcese apenas unhas horas despois de que o FROB anunciase a súa intención de vender a entidade antes do inverno.Para iso mesmo vai contratar un banco de investimento (ao que pagará un máximo de 700.000 euros). Segundo este fondo, hai investidores, tanto do Estado español como estranxeiros, interesadosen NGB |
NOS_16661 | Unha Comisión Nacional de Coordenación, a constituír esta fin de semana con representantes das comarcas e grupos que participan no proxecto, encetará o proceso constituínte da organización que substituirá Causa Galiza | A finais de novembro pasado, Causa Galiza anunciaba o inicio dun proceso polo cal nos vindeiros meses procedería a transformarse "nunha organización independentista e socialista, de ámbito nacional, asemblear, con vocación de masas e rumada á loita de masas, ideolóxica e institucional", finiquitando así o que se viña definindo como 'iniciativa popular pola autodeterminación'. Desde entón e até o de agora viñéronse sucedendo asembleas en diferentes comarcas do país, para alén de contactos a nivel persoal. Todo iso co obxectivo de "desenvolver un proceso "con luz e taquígrafos", con transparencia, sen axendas pechadas e favorecendo a máxima participación como mellor evidencia de que estamos ante algo substancialmente distinto a experiencias anteriores". "Estamos ante algo substancialmente distinto a experiencias anteriores", sinalan @s promotores do proceso Se ben aínda continúan as asembleas por comarcas, as persoas encargadas da promoción do proceso anuncian que esta fin de semana procederán a conformar a Comisión Nacional de Coordenación (CNC), que terá como finalidade "pilotar a construción do novo proxecto e definir os calendarios, as metodoloxías e os contidos da dinámica de debates abertos que se iniciará co horizonte do proceso constituínte". Clarificar a política de alianzas e estratexia independentista "Queremos dotar a reivindicación da independencia e o socialismo dun proxecto político amplo, ilusionante e capaz de materializar unha prática efectiva nesta dirección", teñen afirmado desde Causa Galiza. Como dúas das tarefas a resolver neste proceso constituínte, e para alén do modelo organizativo, os e as impulsoras sinalan dous aspectos: clarificar a política de alianzas no campo nacionalista e cal vai ser a estratexia independentista para os vindeiros anos. |
NOS_18223 | Os 80 foron a época dourada do Clesa Ferrol, anos nos que chegaron a competir tres veces na Copa Korac da man dunha das parellas de estranxeiros máis lembradas nos albores da ACB: Anicet Lavodrama e Mike Schlegel. Texto Marcos Gendre Fotos Cedidas | Aínda que soamente xogaron xuntos nas tempadas 87-88 e 88-89, Schlegel e Lavodrama deixaron un recordo inesquecíbel nas e nos ferroláns que, xornada tras xornada, acudían á Malata para vibrar cun equipo no que a sinfonía baloncestística tamén tiña como intérpretes o canoneiro do 6,25 Manolito Aller, o apagalumes Loureiro, e nomes que quedaron gravados con letras de ouro na súa historia como Aldrey e Juane. Con anterioridade a estes anos, o Clesa Ferrol chegara a competir tres veces na Copa Korac. Non obstante, esta época de éxitos, centrada nos comezos da década dos oitenta, endexamais tivo a repercusión coa xente da cidade como a lograda por ferroláns de adopción como Lavodrama. Un dos xornalistas que coincidiu co que pode ser considerado como o equipo de basket galego máis destacado da historia foi o mítico Xoán Barro. Como el mesmo me conta: "Estiven colaborando moito tempo cunha revista que se editaba en Barcelona, Mundo Basket. Levábaa un italiano. Coincidín coa época de apoxeo do Oar Ferrol. Mira como era o baloncesto naquel tempo que o único que retransmitía nos pavillóns a onde ían xogar, en Primeira división, era eu. Agora hai douscentos tipos, aínda que de prensa escrita si había máis". Barros foi protagonista no ascenso do Clesa Ferrol á Primeira Division en 1988, cando a Liga ACB, constituída en 1984, aínda estaba en panos e non era consciente do seu verdadeiro poder mediático. Tal como el lembra dos partidos de ascenso: "Tiven que andar colgado do lateral da liña de fondo porque os da Telefónica foron alí, a deixaron enrodelada, e logo liscaron". Naquela tempada, Richard Anicet Lavodrama, que xa levaba no club desde 1985, volveu destacar como o gladiador do equipo baixo os aros. Sen ser un pivote moi alto (2,04 medía), resaltaba por unha fortaleza física descomunal, mesturada coa axilidade que lle proporcionaba a súa musculatura apolínea de trazos africanos. Tratábase dun xogador que conectaba coa afección pola súa entrega e o espectáculo que brindaba a golpe de tapóns e mates, como os que executou no concurso de mates que realizou a ACB no seu primeiro ano na liga española. Pero antes que un xogador vistoso de cara a galería, foi o paradigma do que se entende como xogador de equipo. (Podes ler o artigo íntegro de 'Lavodrama & Schlegel S.L.' no suplemento Xogar, no teu Nós Diario de hoxe (e de todas as quintas feiras), á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) Neste número, ademais, Héctor Pena escribe sobre o "roubo" ao arqueiro galego Miguel Alvariño; a Federación Galega de Voleibol e José Méndez -presidente da Federación de Peñas Celtistas- deixan as súas opinións nas seccións 'Meta voante' e 'Pé a terra', e a futbolista galego do Betis Borja Iglesias protagoniza o 'selfie' desta semana. Suplementos diarios de carácter temático Coñecer', 'Aprender', 'Xogar', 'Gozar' e 'Producir' publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel. |
NOS_52543 | O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou onte o Partido Popular de "perder o sentido de Estado" coa súa posición que "imposibilita unha investidura" do "partido gañador" nas pasadas eleccións xerais. | Caballero sinalou que está "en risco" o avance da ultradereita polos pactos entre o PP e Vox e que estamos ante un "debate sesgado" provocado por unha "dereita cainita" que impide a formación dun Goberno progresista que tome as medidas necesarias para Galiza. O estatuto das electrointensivas, facerlle fronte aos efectos do Brexit e manter os progresos sociais como a suba das pensións e do salario mínimo interprofesional son os puntos clave que, segundo o discurso do líder socialista, están a afectar a Galiza pola falta dun Goberno con plenas funcións. O candidato dos socialistas galegos reivindicou a súa formación como "a barreira contra a ultradereita" que, nas súas palabras, supón "un ataque directo ao Estatuto de Autonomía da Galiza e ao seu autogoberno". Nesta liña, Caballero apuntou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo,"ten que lle dicir aos seus que por responsabilidade teñen que apoiar un Goberno progresista para Galiza". "Feixoo, que tanto fala de centralidade, ten que amosar que é un gobernante centrado e rexeitar os pactos coa ultradereita", insistiu. O tamén portavoz socialista no Parlamento da Galiza advertiu de que co "bloqueo" á investidura do candidato do PSOE, Pedro Sánchez, o Estado está "abocado a unhas terceiras eleccións". Por isto, Caballero instou os populares a actuar con "sensatez e responsabilidade" para que "haxa un Goberno do partido que gañou as eleccións" pois considerou que outros comicios "non beneficiarían á sociedade española nin galega". Co fin de evitar outro proceso electoral no Estado, Caballero cargou de novo contra Feixoo instándoo a "dar instrucións" e "convencer" os seus compañeiros de partido para que permitan a formación do Goberno froito do pacto entre o PSOE e Unidas Podemos. Pola súa banda, o portavoz do PP no Parlamento galego, Pedro Puy, concedeu que a falta de Goberno "non resulta tranquilizadora" e escudouse na posición expresada polo presidente da Xunta de que non hai nada que facer "se non hai un Goberno alternativo a este". "Se o contexto fose outro, falaríamos", dixo. "Cada un ten que asumir a súa responsabilidade e o PP asumiría a súa se Sánchez fixese como Raxoi e propuxera unha coalición PP-PSOE", destacou Puy. |
NOS_17053 | O conselleiro de Interior da Generalitat, Ramon Espadaler, afirma que "un mínimo de 1.600.000 persoas" tomaron parte na Vía Catalá e nos diversos actos organizados arredor da Diada. A cadea humana de 400km que uniu de norte a sur Catalunya para demandaren o dereito a decidir do pobo catalán e a convocatoria dun referendo de autodeterminación en 2014 foi o acto máis multitudinario. | Unha maré humana percorreu desde primeiras horas da mañá Catalunya coincidindo coa Diada. Esteladas e berros de independencia claman polo dereito de autodeterminación para o pobo catalán. Este 11 de setembro perto de medio millón de persoas formaron unha multitudinaria cadea humana a prol da independencia. Convocada pola Vía Catalá, desde as 16.00 horas as participantes comezaron a formar a ringleira de 400 km que percorrerá de norte a sur Catalunya e que procura simbolizar a vontade cidadá a prol dun Estado propio. "Non queremos nin podemos agardar máis", dixo Carme Forcadell, presidenta da ANC A persoa que fechou a cadea, na Praza de Catalunya, é Carme Forcadell, presidenta da Assemblea Nacional de Catalunya. "Non queremos nin podemos agardar máis", dixo ao termo do acto. E enfatizou: "Aquí e agora, a ANC reitera o seu compromiso de traballar sen desmaio até Catalunya ser un novo Estado en Europa",dixo. "Queremos que o ano de 2014, o tricentenario da nosa derrota, se torne no primeiro ano da nosa liberdade", dixo. |
NOS_21400 | O duelo entre brancos e celestes copou a atención nunha xornada futbolística galega na que Luís César sumou un novo encontro, e van tres, sen gañar á fronte do Club Deportivo Lugo e o Rácing de Ferrol disputou ante o Guixuelo o único partido da categoría de bronce, logrando un triunfo que lle permite seguir soñando co ascenso. | O Celta atópase nun escenario que non por desexado -despois da agónica permanencia da pasada tempada, calquera seareira asinaría atoparse na actual situación, ocupando unha cómoda décimo primeira posición na táboa clasificatoria despois de 28 partidos disputados- deixa de ser complexo, pois resulta complicado navegar cara a un rumbo fixo cando te atopas en terra de ninguén, como lle acontece á escuadra olívica. A derrota ante o Real Madrid en Balaídos (1-3, tantos de Santi Mina para os galegos e Benzemá por dúas veces e Marcos Asensio para os madridistas) incidiu nesta situación, pois tanto Betis como Vilarreal gañaron os seus compromisos, agrandando así a brecha que a separa dos postos europeos. Polo contrario, no sentido oposto, os 11 puntos de vantaxe sobre o Eibar, penúltimo clasificado e equipo que marca o límite do descenso, parecen un colchón moito máis que cómodo para xestionar ao longo das últimas 10 xornadas. Porén, o Chacho Coudet non quere confiarse, e na rolda de prensa posterior ao encontro cos Viquingos afirmou que "nunca se sabe" cal é o número de puntos necesario para lograr a salvación "até que se conseguen matematicamente", un tópico dos máis clásicos do fútbol que coroou coa frase emblema do seu compatriota e técnico do Atlético de Madrid, Diego Pablo Simeone: "Temos que ir partido a partido". 'Strike' tres para Sampedro Terceiro partido de Luís César Sampedro á fronte do Club Deportivo Lugo, e terceira ocasión en que os albivermellos non son quen de sumar os tres puntos, pois logo de empatar no seu debut ante o Fuenlabrada (0-0) e posteriormente ante o Xirona (1-1), esta semana volveron ser incapaces de gañar, nesta ocasión ante o Castellón (0-0) . Con todo, a sensación do Lugo baixo a dirección de Luís César é a dun equipo sólido, ao que resulta moi difícil facerlle un gol, pero que ten un claro problema cara a portaría contraria que xa existía na etapa de Mehdi Nafti. O Rácing aférrase á esperanza do ascenso A escuadra departamental evidenciou que a fe move montañas, pois pese á súa evidente inferioridade física logo do gromo de Covid-19 que padeceron, foron quen de superar o Guixuelo por 1-0 e manter con vida as súas opcións de loitar polo ascenso. |
NOS_6794 | A organización apela a unha dinámica "ampla, popular, descentralizada e participativa de rexeitamento e boicote á presenza de La Vuelta a España'' no noso país. | O paso por Galiza de varias etapas de 'La Vuelta a España' é para Causa Galiza unha "provocación" dun Estado que nega a Galiza como nación e procura "liquidar a nosa identidade nacional". Por iso, a organización independentista considera que La Vuelta debe ser rexeitada ao seu paso polo país, aproveitando para proxectar que "hai un conflito político en Galiza". CG critica que, aliás da españolización, supón un esbanxamento de recursos. "A Junta da Galiza, que afoga economicamente o desporto galego de base, destinará nesta ocasiom 290.000 euros para La Vuelta em concepto de "promoçom da imagem da Galiza". Assim, a exaltaçom da "espanholidade" do país converge com a proibiçom do concurso de seleçons oficiais galegas em provas internacionais, o esganamento institucional ao desporto popular e a venda da Galiza como objeto de consumo turístico". Causa Galiza considera que o paso La Vuelta pode ser unha oportunidade para a unidade de acción d@s soberanistas nunha dinámica "ampla, popular, descentralizada eparticipativa" para amosar o rexeitamento ao paso da proba por Galiza.. Exhibición de bandeiras nacionalistas, "inzar os percorridos coa lexenda Galiza non é España", presentar mocións municipais contra a proba...son algunhas das actuacións propostas por CG para realizar neses días. |
PRAZA_20225 | Desde En Marea debese apostar pola feminización da política no senso de facer políticas feministas, relacionar o micro e o macro, o persoal e o político, a diversidade, a xustiza social, | Na nova coordinadora de En Marea hai varios aspectos reseñables, un deles, a súa composición: Na coordinadora hai 7 mulleres e 4 homes, ou o que é o mesmo: o 66% das súas integrantes son mulleres. Con isto tamén se exemplifica esa consigna de partida de "En Marea naceu para mudalo todo". A política cambia en función de se quen a fan son unha parte minoritaria da sociedade ou se quen a fan representan á pluralidade da sociedade. É por isto polo que un proxecto político como é En Marea debe fomentar activamente ter mulleres nos seus órganos de decisión, non so a nivel cuantitativo (a presenza de mulleres, en si mesma, non é garantía de cambio), senon para democratizar un espazo, para defender a pluralidade de novos xeitos e maneiras de facer, para denunciar e desmontar as políticas e valores profundamente heteropatriarcais e neoliberais (xerárquicos e autoritarios), habilitando un espazo onde todas e todos teñan cabida e non se infrarrepresente a parte da poboación no lugar onde se xoga o poder e as decisións colectivas. En Marea debe apostar por un xeito de facer política onde ningunha parte da poboación quede infrarrepresentada, tendo tódalas persoas as mesmas oportunidades de participación e toma de decisións. A democracia é participación, e para democratizar o espazo público hai que ensinar a visibilizar o que normalmente non se ve: que hai modos non masculinizados, tanto de mulleres como de homes, que son compatibles coa firmeza e a contundencia dos discursos. Que o patriarcado deixa fora ás mulleres e outras formas de facer política, que reforza estereotipos androcéntricos e cánones masculinos. Algúns homes (tanto no ámbito específico da política como en xeral a nivel organizativo) consideran a presenza das mulleres como algo estético e inevitable na esfera pública, polo que manteñen unha actitude condescendente. É ante a presenza de máis mulleres, máis novas e moitas decididamente feministas, cando emprenden campañas para deslexitimalas, desvalorizalas, ridiculizalas, etc., onde demostran a súa convicción de que ese espazo público lles pertence a eles. Iso é machismo: patriarcado en estado puro que hai que combater, entre outras cousas, coa sororidade das mulleres. Nos espazos políticos, como noutros moitos, moitas mulleres incorporan outros xeitos de facer política a partir doutras prácticas, máis participativas, máis horizontais e máis relacionais fronte ás máis agresivas e máis competitivas que marca a práctica masculina hexemónica. Isto ten a súa orixe na socialización diferencial, froito da cal a visión das mulleres está máis vinculada ao ámbito relacional (pola responsabilidade asignada dos traballos dos coidados), ao ámbito privado e no caso dos homes máis vinculada á realización do seu logro individual e a súa proxeción no espazo público. Debe terse presente que "o persoal é político", polo que tanto homes coma mulleres teñen moito que achegar neste senso. Débese fomentar tamén desde o ámbito político a sensibilidade, a solidaridade, a empatía, a falta de agresividade competitva, etc. valores opostos ao individualismo e á competitividade insana do mundo capitalista, tendo como obxetivo común a medio/longo prazo acadar unha sociedade na que mulleres e homes se liberen desa visión fragmentada da vida entre o público e o privado, a razón e a emoción, etc, etc. Non se trata só de recoñecer o traballo dos coidados e o benestar das persoas fronte ás necesidades dos mercados ou de incorporalos a un discurso politicamente correto senón de garantir a corresponsabilidade real e efectiva, nomeadamente dos homes e das institucións. Desde En Marea débese apostar pola feminización da política no senso de facer políticas feministas, relacionar o micro e o macro, o persoal e o político, a diversidade, a xustiza social, etc., o que obviamente implica unha transformación de toda a sociedade. Todo isto non corresponde só ás mulleres, a responsabilidade non é só nosa: corresponde a todas e todos, e está en mans de todas e todos. |
PRAZA_5591 | Ourense acolleu unha xornada sobre A emigración hoxe en Galiza, organizada por Anova, con achegas académicas e tamén dos movementos sociais, e na que destacou a intervención do senegalés Mamadou Niass, que advertiu que "a xente vai seguir vindo a Europa, porque é aquí onde levaron a riqueza de África" | "Nós seguiremos usando todos os nosos medios para vir a Europa, porque é onde levaron e seguen levando as riquezas de África Non imos quedar alí onde non hai nada". Nas xornadas A emigración hoxe en Galiza, celebradas o pasado martes en Ourense, o senegalés Mamadou Niass, voluntario de Asala (Asociación Sociocultural Afrolatina), explicou en primeira persoa e con gran claridade as razóns e as dificultades da poboación migrante. O encontro, organizado por Anova Ourense, con achegas académicas e tamén dos movementos sociais, celebrouse en instalacións da Universidade, despois de que os responsables de Espazo Xove (a antiga Casa da Xuventude) se negasen a acoller o evento. A xornada buscaba afondar na situación das persoas migrantes, con crecentes dificultades para entrar en España, pois "os últimos acontecementos están demostrando que 'todo vale' con tal de que as persoas migrantes non poidan cruzar a fronteira: concertinas, devolucións ilegais, a utilización de material antidisturbios que pon en perigo a vida destas persoas". E tamén con novos obstáculos para as persoas xa residentes, despois de que o Goberno do Partido Popular suprimise o dereito universal á atención sanitaria, nunha medida destinada a deixar a poboación migrante non regularizada fóra do sistema de protección. "O ser humano debe ter liberdade de circulación, para ir buscar a vida onde poida. Cando eles ían a África hai uns séculos a vender os nosos bisavós, aí si que non había fronteiras" Mamadou Niass fixo unha análise crúa da situación que se vive en África: "fomos explotados, seguimos sendo explotados e seguiremos sendo explotados", dixo, "en África temos riqueza, somos un continente moi rico, pero durante séculos esta riqueza foi roubada, o noso continente foi economicamente saqueado. E isto seguirá pasando, porque os nosos líderes en África, os dirixentes dos gobernos dos países africanos son simplemente representantes dos gobernos europeos, non velan polos nosos intereses". Foi moi crítico coa política de fronteiras do Goberno: "España retrátase cando pon coitelas nas vallas, é unha vergonza. O Goberno fala de dereitos humanos, pero o ser humano non lles importa, non entenden a situación de persoas que teñen a esperanza de ter unha vida digna, pero que cando chegan á fronteira só atopan coitelas". E engadiu que "o ser humano debe ter liberdade de circulación, para ir buscar a vida onde poida. Cando eles ían a África hai uns séculos a vender os nosos bisavós, aí si que non había fronteiras". "Non lles interesa que saiamos do pozo, a competencia non lles interesa. Ten que existir un terceiro mundo para que exista un primeiro. Utilizan a pobreza, e utilizan os pobres", concluíu, despois de rexeitar as "axudas" ou a "caridade" que ás veces se ofrece a África; "se queres axudar un pobo, deixa simplemente que aproveite as súas riquezas, non llas roubes, como está pasando por exmeplo cos acordos de pesca", dixo. "Nós vimos aquí a traballar, para que a nosa familia saia da pobreza, como fixeron os galegos durante séculos. Vimos a traballar e temos dereito a facelo" Niass sinalou que "nós non vimos buscando turismo de sol, xa temos bastante sol no noso país. Nós vimos aquí a traballar, para que a nosa familia saia da pobreza, como fixeron os galegos durante séculos. Vimos a traballar e temos dereito a facelo. Ninguén nos regala nada, ti non verás un senegalés roubando ou pedindo pola rúa". Queixouse, así mesmo, do tratamento mediático que sofre o seu colectivo: "ves como os gobernos e os medios empregan contra nós unhas palabras terribles, como 'avalancha'. É duro e indignante. Se eles non roubaran todo o que roubaron, nós non nos veriamos nesta situación, tendo que soportar as miradas de rexeitamento, que entres nun sitio e pensen que vas roubar". "Nós seguiremos usando todos os nosos medios para vir a Europa, porque é onde levaron e seguen levando as riquezas de África, Non imos quedar alí onde non hai nada" "Os europeos séntense superiores? Problema deles, se teñen complexo de superioridade. Nós non nos sentimos inferiores. A única guerra que pode facer África é a mistura das razas no primeiro mundo, a mestizaxe", engadiu, "nós seguiremos usando todos os nosos medios para vir a Europa, porque é onde levaron e seguen levando as riquezas de África, Non imos quedar alí onde non hai nada". "Sobredimensión" da realidade Anova Ourense, organizadora da xornada, denunciou "a linguaxe bélica aplicada dende os medios de comunicación", que non se axusta á realidade Anova Ourense, organizadora da xornada, denunciou "a linguaxe bélica aplicada dende os medios de comunicación", que non se axusta á realidade e "contribúe a crear unha falsa alarma na sociedade". De igual xeito, sinalou que se están a utilizar cifras desproporcionadas de persoas inmigrantes e a sobredimensionar unha realidade "para tapar a inxustificable violación de dereitos humanos". Ademais, denunciou o mantemento de "desigualdades estruturais, o saqueo sistemático do Norte sobre o Sur e a redución en catro anos un 70% as axudas do Estado á cooperación". Tamén esixiu a prohibición "do uso de material represivo e quitar de vez as malchamadas concertinas, eufemismo de coitelas". De igual xeito demandou o peche dos CIEs, "na práctica auténticos campos de concentración de inmigrantes nos que se vulneran diariamente os seus dereitos humanos". Polo regreso da atención sanitaria universal Inés Fernández de Córdoba (Médicos do Mundo) criticou que nos centros de saúde hai "unha grande falta de información" Pola súa banda, Inés Fernández de Córdoba (Médicos do Mundo), denunciou a modificación lexislativa que acabou co dereito universal á saúde en España, cuxos efectos sofren sobre todo as persoas migrantes. Enumerou os servizos de asesoramento e información que emprestan a estas persoas, para que vaian superando as dificultades coas que se atopan á hora de recibir atención. Neste senso, criticou que nos centros de saúde hai "unha grande falta de información", que leva a que o persoal administrativo non lles explique convenientemente ás persoas migrantes que alí acoden os requisitos e trámites que teñen que superar para ter dereito a seren atendidos. Subliñou así mesmo que aínda que no Decreto publicado se afirma que as mulleres embarazadas teñen dereito a asistencia gratuíta, dende os centros se lles entrega un documento a xeito de factura, un compromiso de pagamento, que non os obriga a pagar, pero que en moitas ocasión polas dificultades idiomáticas, as persoas migrantes están aboando. De igual xeito, os menores de idade, que teñen dereito á asistencia sanitaria, están atopando un obstáculo engadido, pois a Xunta esixe un informe dun traballador social. En moitas ocasións as nais, por medo ou descoñecemento, non realizan este trámite, e o menor de idade queda sen acceder ao sistema sanitario, a pesar de ter todos os dereitos legais a facelo. Indicou que algunhas medidas postas en marcha por comunidades autónomas, entre elas Galicia,"son só un parche", e reclamou o retorno do dereito universal á atención sanitaria, suprimido nos últimos anos Finalmente indicou que algunhas medidas postas en marcha por comunidades autónomas, entre elas Galicia,"son só un parche", e reclamou o retorno do dereito universal á atención sanitaria, suprimido nos últimos anos. Sinalou tamén a "falta de transparencia" nos datos oficiais achegados polo Goberno central sobre as tarxetas sanitarias retiradas e sobre o número de persoas que en total perderon o seu dereito á saúde. Tamén interveu Irene Pérez Docampo, antiga traballadora de Galicia Terra de Acollida, unha entidade situada no barrio ourensán do Couto que se viu obrigada a pechar polo recorte das axudas públicas. O seu labor centrábase, sobre todo, na información e asesoramento á poboación inmigrante da cidade, chegando a traballar ao mesmo tempo con máis dun milleiro de persoas, para salvar dificultades relacionadas coa lingua ou con trámites administrativos. |
PRAZA_10638 | No vindeiro outono celébrase o centenario do cónclave das Irmandades, en 1919, onde ademais de elixir o 25 de xullo como xornada de reivindicación nacional afondouse nun programa de "cumprimento urxente" con diferentes demandas culturais, educativas ou económicas | No vindeiro outono cumpriranse cen anos desde que os persoeiros das Irmandades da Fala, reunidos na II Asemblea Nazonalista, deciden a elección do 25 de xullo como "Día de Galicia". O centenario dunha decisión que buscaba reforzar os sinais de identidade do país e os símbolos nacionais e que supuxo a instauración dunha xornada que, desde aquela, vai moito máis aló da súa vertente relixiosa para tornar tamén en festa e reivindicación. No outono de 1919, na II Asemblea Nazonalista celebrada en Compostela, as Irmandades deciden a elección do 25 de xullo como Día de GaliciaAclarábano as Irmandades ao explicar que a escolla da data non fora "pol-a súa sinificación relixiosa, pois o noso movemento non é confesional nin aconfesional", senón "pol-á sinificación mítica e simbólica" da xornada. Con todo, foi a cuestión relixiosa un dos motivos de polémica e discusión daquela segunda asemblea do nacionalismo, celebrada no Colexio San Clemente de Compostela entre os días 7 e 9 de novembro de 1919. De "agre polémica" falaban os xornais da época ao relatar o debate sobre "se o nacionalismo debe ser ou non confesional", unha disputa que acabou por ser suspendida e coa marcha de asembleístas tras "ruidosos incidentes". A outra razón do conflito, contaban El Ideal Gallego ou El Orzán, residía en decidir se o "ideario máximo" do nacionalismo establecido na I Asemblea de Lugo do ano anterior debía ser "intanxible ou ser modificado". Causou o "millonésimo incidente", contaba a prensa. Fora daquela, en 1918, cando se estableceu o primeiro programa político nacional para Galicia, reclamando "autonomía integral" para o país, un "salto ideolóxico" que foi a base da que nacería logo o Partido Galeguista. Gil Casares, un dos persoeiros presente, decidiu buscar "o práctico" ante os continuos debates e apostar por un programa mínimo de "cumprimento urxente". Propoñer, xa que logo, solucións para problemas inmediatos, máis aló dun ideario xa asentado e que, lembrouse, estaba xa definido. Entre aquelas proposicións, a de instaurar o 25 de xullo como Día de Galicia. A coincidencia desta xornada cunha festividade relixiosa provocou que a elección non fose a preferida por todos. Antón Vilar Ponte, presidente da Mesa naquel día, propuxo anos despois celebralo o 17 de decembro, data na que fora executado o mariscal Pardo de Cela na praza da catedral de Mondoñedo. Pero, xa en 1920, tal e como se acordara, celebrouse aquela primeira xornada de "autoafirmación", coa Diada catalá como un dos principais referentes. A coincidencia do Día de Galicia coa celebración relixiosa provocou que membros das Irmandades propuxesen outra xornada, como o 17 de decembro, data da execución de Pardo de CelaOs irmandiños tamén chamaron a unirse á celebración a "irmáns, amigos i-enimigos". Izados da bandeira azul e branca en edificios destacados, repartos de propaganda e actos políticos e culturais protagonizaron os primeiros pasos dunha celebración que, segundo indicaba A Nosa Terra no seu editorial do 25 de xullo de 1922, debía ser de "comunión e ledicia para os galegos, un acto externo para que moitos dos nosos compatriotas se dean conta do que son, da terra nai, á que teñen que volver se queren ser algo"."Que hoxe todos poñan o seu pensamento en Galicia, falen a súa propia fala, e recen os versos dos nosos poetas!", animaban. Asentou así unha celebración polo 25 de xullo grazas a aquela asemblea que debateu e propuxo moito máis que aquel Día de Galicia. Gil Casares, Vicente Risco, Quintanilla, Peña Novo, Castelao, Xesús Culebras, Tomás Rodríguez, Vilar Ponte, Deulofeu, Noguerol... Importantes persoeiros do galeguismo e nacionalismo participaron durante tres días nos debates. Na apertura, insistiron en pular pola "transformación" e o "común progreso" de Galicia, así como o desenvolvemento da súa "cultura propia" e dun país "por e para os galegos".No día seguinte, os asembleístas homenaxearon e asistiron a unha misa na honra de Luís Porteiro Garea, falecido pola pandemia de gripe un ano antes con só 28, un dos fundadores das Irmandades e impulsor do nacionalismo político máis aló da reivindicación cultural e lingüística. Na mesma xornada, acordaron unha serie de demandas que incluían a reforma electoral para un sistema proporcional nas eleccións ás Cortes ou a "rápida construción" do ferrocarril da costa, "que tanto interesa a Galicia".Pola tarde, acabáronse de definir outra serie de demandas tras unha unánime "censura ao caciquismo". Entre elas, o "intercambio cultural entre España e Portugal" e unha "franquía de Aduanas entre ambos países para as obras de carácter cultural", ademais de reclamar a "libre entrada dos portugueses en España e reciprocidade en Portugal".A asemblea demandou naquela xornada a "libre entrada dos portugueses en España e reciprocidade en Portugal", a creación dunha cátedra de Historia Galega ou unha Escola de Xornalistas GalegosTamén se reclama a "autorización aos concellos para urbanizar as cidades", unha bolsa de traballo en Galicia para os emigrantes, un tribunal social para dirimir cuestións entre obreiros e patróns ou a representación das industrias pesqueiras galegas e dos sindicatos labregos na Junta de Valoraciones y Aranceles. Ademais, demandouse unha Escola de Xornalistas Galegos, o traslado da cátedra de Lingua e Literatura Galega á Universidade de Santiago ou a creación das de Historia Galega e Dereito Político Galego. Pero tamén algunha proposta que viña adaptarse a unha das paixóns que no ocio estaban a callar entre a cidadanía: "Que sexan decretados de interese público, sen necesidade de expediente, os parques e terreos públicos destinados ao xogo do football". Entre os temas máis polémicos, unha petición para que o galego, ao igual que o catalán e o vasco, fose incluído na Real Academia de la Lengua. Houbo que votar esta proposta, xa que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pediu que o galego fose incluído na Académia da Língua Portuguesa. Vicente Risco, ademais, logrou que se aprobase unha conclusión: "Os nazonalistas, agora como decote, coidan que o problema galego é un problema de persoalidade, de libertade e de dinidade. Queren todalas descentralizacións políticas e administrativas, mais entenden que ainda conqueridas estas descentralizacións, o problema nazonalista ficaría sen resolvere. Soio ha ter resolución cando sexamos donos dunha persoalidade propia basada no trunfo dunha propia cultura, que nos independice das culturas alleas".Púxoselle así o ramo á II Asemblea Nazonalista, a que instaurou o Día de Galicia o 25 de xullo, que xa foi celebrado no 1920. "Que dentro de poucos anos, o 25 de xullo, non haxa un fogar galego, aldeán ou vilego, que non deixe de exteriorizar o seu patriotismo", desexaban as Irmandades. No entanto, apenas un ano despois a celebración da incipiente festa chegaron os primeiros obstáculos serios para a súa expansión. A ditadura de Primo de Rivera pasou a considerar "perigosa" e "separatista" toda simboloxía e chamamentos políticos nacionais que non fosen os españois, e por iso prohibiu todas estas manifestacións, que viraron máis privadas e simbólicas. A ditadura de Primo de Rivera denunciou o Día de Galicia por "perigoso" e "separatista" e o franquismo provocou que a reivindicación política do 25 de xullo deixase practicamente de existir durante uns anosA fin do directorio de Primo de Rivera en 1930 deu lugar a unha certa apertura das autoridades, podendo recuperarse as celebracións galeguistas. A chegada da II República impulsou as celebracións do 25 de xullo, a partir de 1931 nucleadas, en boa medida, en torno ao Partido Galeguista, que impulsou en diversas localidades do país mitins e xantares festivos mentres publicacións como A Nosa Terra ou El Pueblo Gallego tiraban números especiais. A partir de 1934 as Mocidades Galeguistas estenden a celebración xa á noite do día 24 coa organización en Santiago do Mitin das Arengas, que só tería dúas edicións. O golpe de 1936 e a posterior ditadura provocaron, sobre todo nos seus primeiros anos, que os actos do 25 de xullo ligados a Galicia deixasen practicamente de existir no territorio galego. Impulsáronse no entanto, na emigración e no exilio, con fitos como o Alba de Groria de Castelao. A mediados dos anos 50 os galeguistas agrupados en torno á emerxente Editorial Galaxia impulsaron o máis semellante a unha celebración do 25 de xullo en clave galega dende a fin da República: a Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval. Habería que agardar case 20 anos máis ata que, en 1968, a Unión do Povo Galego comezase a organizar actos en clave netamente política polo Día da Patria. En 1979, o primeiro presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, promulgaba o decreto "polo que se declara Día Nacional de Galicia o 25 de xullo de cada ano", denominación que segue a ser oficial na actualidade aínda que o Goberno galego a ignore recorrentemente. |
NOS_44874 | Até tres autovías ou autoestradas tiveron que pecharse nunha mesma fin de semana na Galiza. Defectos de planificación que paralizan a A-8 pola néboa ou o vento e provocan accidentes; atascos interminábeis en Vigo ou o clásico escándalo das peaxes reabren a polémica sobre as infraestruturas galegas. | Brétemas, accidentes, cortes continuados, atascos e altos prezos nun negocio privado con diñeiro público pero damninifad@s do común. Así se pode resumir, nas súas diferentes versións, a desfeita viaria que sofre Galiza, moi acusada nestes últimos días de verán. A Autovía do Cantábrico (A-8), nun tramo de 16 quilómetros na provincia de Lugo, viuse obrigada a interromper a circulación. A néboa forzou esta decisión, poucos días despois de esa mesma circunstancia provocar un accidente cunha persoa morta e que puido ser aínda moito peor. Pasando ao eixo atlántico, a realidade do verán é nos accesos a Vigo pola autoestrada e Rande un auténtico pesadelo. En dirección á zona do Morrazo, as retencións na fin de semana poden alcanzar os cinco quilómetros. Noutros puntos urbanos, especialmente en Compostela -na entrada de Teo- e na Coruña en dirección aos areais da Mariña, por exemplo Miño, tamén se dá esta circunstancia, pero sen alcanzar as dimensións viguesas. Moit@s d@s usuari@s acusan destes problemas ao lento proceso de cobro nas cabinas de Audasa, a concesionaria que obtén un enorme beneficio da AP-9, tamén numerosas protestas. Ante as queixas, Audasa afirma que reforzou a presenza de persoal nas cabinas de cobro, mais, no caso de que esa versión sexa real, non foi suficiente en moitos puntos, onde as retencións continuaron. O enfado chegou ás esferas gobernamentais. A Xunta pediu a Fomento que interviñese, e a propia ministra ameazou con quitarlle a Audasa a concesión, algo que despois recoñeceu que non faría. Fogos artificiais de agosto. Toda a información sobre este asunto, ao completo no nº 110 do Sermos Galiza, xa nosa loxa e nos quiosques |
NOS_57635 | Arredor dun cento de representantes do comercio de Vigo e comarca xuntáronse para avaliar o macrocomplexo comercial previsto en Porto Cabral. O pequeno comercio cuestiona o proxecto e a súa opacidade. | A Platafoma de Comercio Autónomo, que agrupa comerciantes de distintos sectores, realizou a pasada sexta feira unha xuntanza na que puxeron en cuestión o proxecto dun macrocomplexo comercial en Porto Cabral, segundo informa o xornal Vigodixital. Na xuntanza déronse cita comerciantes de diversos sectores non só de Vigo senón tamén de Redondela e Mos, que se senten directamente afectados polo proxecto como se sentiu na xuntanza na que se criticaron os efectos negativos dun complexo como o que Eurofunds prevé instalar en Cabral. Segundo sinala Vigodixital, criticaron que o planeamento urbanístico que permitiría a súa creación tiña como punto de partida unha "aposta por un crecemento desmesurado da cidade" distinto ao que se vive na actualidade. A presidenta da Asociación de Comerciantes do Calvario, Encarna Álvarez fixo fincapé na xa saturación na comarca de grandes superficies comerciais que supoñen, ao seu ver a destrución de cinco empregos no pequeno e mediano comercio por cada un que se xera nas grandes áreas. Criticas ao proxecto Á marxe da defensa do comercio pequeno e mediano da comarca, as persoas reunidas na xuntanza do sector criticaron tamén o proxecto do fondo de investimento Eurofund para Porto Cabral porque, ao seu ver, contra a promesa de respecto ao medio ambiente, supón un malgasto de enerxía cun deseño no que inclúe un lago artificial navegábel e unha pista de ski. Reclamaron tamén transparencia contra a opacidade do proxecto e esixiron o coñecemento de datos do proxecto como a procedencia dos fondos de investimento, os negocios que se implantarán ou o tipo de empregos que se van impartir. Para iso, convidarán a unha vindeira xunta a representantes dos grupos políticos para que expoñan a súa postura antes das eleccións municipais. |
NOS_23872 | Das 26 probas realizadas esta quinta feira confírmanse tres casos positivos e 23 negativos. | A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas esta quinta feira, confírmanse outros tres casos positivos de persoas afectadas por Covid-19, o que eleva a 11 o número de casos do brote inicial detectado en Xove pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Trátase dun brote familiar de infección por Covid-19 que se detectou na tarde da terza feira no concello de Xove. A partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Das 26 probas realizadas esta quinta, confírmase a existencia de 3 casos positivos en Covid-19 máis (o que eleva a 11 o número de casos do brote de Xove). Outras 23 probas deron resultado negativo. Dos 11 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Da mesma forma, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado dos positivos do brote detectado en Xove tivo que ser hospitalizado. A Consellería de Sanidade segue a rastrexar a persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posíebis contactos. Así mesmo informar que, á marxe deste brote, nestes momentos na comarca de A Mariña hai outros tres positivos por Covid-19. Un dos pacientes está ingresado no Hospital Público da Mariña e os outros dous permanecen en seguimento domiciliario. |
NOS_32399 | Dous de cada dez asalariados en Galiza tivo en 2014 uns ingresos inferiores ou iguais a 1.883 euros anuais, a metade do SMI. | O informe que vén de presentar o gabinete técnico da CIG sobre as rendas de traballo deita datos demoledores sobre o impacto real da crise no mundo do traballo e a vida das persoas. Elaborado a partir de datos e informacións da Axencia Tributaria, o documento do sindicato nacionalista indica como desde 2009 baixaron os salarios e medrou a desigualdade, unha evolución preocupante. Así, un 31% das persoas asalariadas en Galiza cobra como máximo o salario mínimo interprofesional (SMI). Ou sexa, que un de cada tres traballadores que hai no noso país gañaron como máximo 6.800 euros en 2014. A isto hai que engadir que un total de 177.314 persoas asalariadas tivo nese ano uns ingresos inferiores á metade do SMI, é dicir, que ingresaron menos de 1.884 euros. Un 18,4% do total de traballadores en Galiza están nesta situación, un dato que amosa a precariedade salarial con toda crueza. No outro extremo, tal e como recolle o informe da CIG, están aqueles que ingresan máis de 10 veces o SMI, é dicir,m por riba dos 141.374 euros anuais, e que en 2014 foron 4.005 persoas. Apenas un 0,4% dos traballadores de Galiza. Mocidade En 2009, os ingresos dunha persoa asalariada menor de 18 anos acadaban o 24% do salario medio; 5 anos despois, apenas o 22%, co engadido de que ese salario medio é un 2,6% menor. O ingreso descendeu en todos os grupos de idade, pero sobre todo entre os menores de 35, especialmente entre o colectivo entre 18 e 25 anos, cuxos ingresos son un 27,8% inferiores, de media, ao ano 2009. Os ingresos dos maiores de 56 anos practicamente cuadriplican os dos menores de 25 anos. Muller "Ser home ou muller no mercado laboral sempre supuxo ter unha diferenza salarial importante. A crise non rematou con este problema, aínda que si o atenuou", afirma o gabinete técnico do sindicato nacionalista. No 2009 o salario medio dunha muller representaba o 76,9% do dun home. En 2014 é o 78,1%. "As diferenzas", explican no informe, "atenuáronse polo maior descenso dos ingresos salariais percibidos polos homes fronte aos das mulleres, non porque medrasen máis uns que outros". Conclusións En resumo, apontan desde este gabintete técnico,após un quinquenio de crise económica, "os efectos sobre a clase traballadora van máis alá do que ten a ver coa perda de emprego". Así, á destrución de postos de traballo hai que engadir que se reduciron os ingresos e aumentaron as desigualdades. Aumentaron tamén as desigualdades entre os territorios do Estado. O único emprego que se creou "foi entre os asalariados/as con ingresos inferiores ao SMI, e o salario destes descendeu". E, para finalizar, a CIG lembra que neste estudo non están todos. "Faltan os miles de mozos e mozas que ante esta situación optaron pola emigración, senón os datos serían aínda máis alarmantes". |
PRAZA_14270 | O texto, asinado por Fernando Blanco, Yolanda Ferreiro, Fernando Martínez Randulfe, Nemésio Barxa, Elvira Landin ou José Ángel Brandariz e aberto a adhesións, demándalles a Gallardón ou Aguirre "respecto as regras do xogo e ao imperio da lei" e que se manteña "a dignidade da persoa e o principio de humanidade das penas" | O texto, asinado por Fernando Blanco, Yolanda Ferreiro, Fernando Martínez Randulfe, Nemésio Barxa, Elvira Landin ou José Ángel Brandariz e aberto a adhesións, demándalles a Gallardón ou Aguirre "respecto as regras do xogo e ao imperio da lei" e que se manteña "a dignidade da persoa e o principio de humanidade das penas" Imperio da lei e oportunismo político A Sección Primeira da Sala do Penal da Audiencia Nacional resolveu o 12 de setembro o recurso de apelación interposto polo Ministerio Fiscal contra o auto do xulgado central de vixilancia penitenciaria que concedía a liberdade condicional por doenza grave e incurábel ao preso Josu Uribetxebarria. A resolución da Sala puxo fin ao longo proceso que acompañou a tramitación deste expediente de liberdade condicional. Mais, nós, traballadores e traballadoras no mundo de Dereito, queremos salientar o desprezo ao imperio de lei amosado por alguns responsábeis políticos nas súas declaracións e alargar o foco dende o caso de Josu Uribetxebarria ao de tantos presos e presas con doenzas graves que están nas cadeas e que, de prevaleceren algúns dos postulados retribucionistas e vindicativos escoitados nestes meses, verán comprometida a obtención deste dereito. Como requisito para sua concesión, este instituto só esixe a concurrencia de unha doenza moi grave con padecementos incurábeis e, segundo a xurisprudencia, tal estado non e asimilábel a unha situación pre-agónica Do punto de vista técnico–xurídico compre lembrar que a liberdade condicional para doentes graves é un instituto que se regula no artigo 92 do Código Penal e no artigo 196 do Regulamento Penitenciario. O Tribunal Constitucional, os xuíces de vixilancia penitenciaria e as audiencias provinciais definiron esta figura legal como unha norma de contido humanitario relacionado cos principios de humanidade das penas e dignidade e o dereito á vida e integridade física, principio que a Constitución española consagra nos artigos 10 e 15. Como requisito para sua concesión, este instituto só esixe a concurrencia de unha doenza moi grave con padecementos incurábeis e, segundo a xurisprudencia, tal estado non e asimilábel a unha situación pre-agónica. Esta mesma xurisprudencia sinala que doenza grave é aquela que compromete severamente a saúde e, polo común mais non sempre, pon en risco a vida do doente. Por padecementos incurábeis deben entenderse aqueles para os que o coñecemento científico carece de remedio ou solución definitivos, ainda que poda paliar o dano ou retrasar a evolución da doenza. Esta mesma xurisprudencia interpretativa desvincula a concesión de excarceración dunha morte cercana no tempo (de feito a liberdade foi concedida a presos cunha expectativa vital de cinco anos, como no caso do Garda Civil Rodriguez Galindo, condenado polo asesinato de Lasa e Zabala, excarcerado en 2004 e ainda con vida cinco anos mais tarde). A norma tampouco esixe a total eliminación da funcionalidade delitiva, senón simplesmente a sua diminución. Consecuentemente, a liberdade en aplicación desta norma ten sido concedida por patoloxías (por exemplo a cegueira) desvinculadas dun prognóstico fatal. O "caso Uribetxebarria" , ten unha primeira vertente individual que acaba de resolver a Audiencia Nacional: coa nosa lexislación, non cabe manter en prisión até a morte unha persoa cunha expectativa vital de meses. O contrario seria inhumano. Se queremos ter penas de prisión inhumanas, mudemos a lei e optemos pola pura vindicación. Mais non alardeemos despois de defensores dun estado de dereito. Son centenares as persoas que agonizan entre os muros da prisión ou son excarceradas, xa inconscientes, apenas uns días antes da morte para faleceren nas unidades hospitalarias, co propósito de reducir, non o sofrimento, senón a taxa de mortandade penitenciaria E ten unha segunda vertente de alcance xeral que, como xuristas, nos causa desasosego. Esta segunda vertente di respecto ás numerosas declaracións públicas de responsábeis políticos inspiradas nun nidio populismo punitivo. Asi, o Ministro de Xustiza, perdendo unha boa ocasión de optar polo silencio que lle sería esixibel en razón do seu cargo, afirmou que pode ser defendíbel a concesión do terceiro grao mais non a da liberdade condicional, asumindo a tese, aplicada pola Institución Penitenciaria durante décadas, que levou a converter as seccións abertas das cadeas do Reino de España en unidades penitenciarias onde se amorean doentes de SIDA, neumonía, hepatite e outros padecementos graves pola demora na concesión da liberdade condicional. Son centenares as persoas que agonizan entre os muros da prisión ou son excarceradas, xa inconscientes, apenas uns días antes da morte para faleceren nas unidades hospitalarias, co propósito de reducir, non o sofrimento, senón a taxa de mortandade penitenciaria. Tal foi a solución postulada polo Sr. Ruiz Gallardón para Iosu Uribetxeberria e, con el, para os centos de doentes que hai nas prisións do Reino. Tampouco a inefábel Presidenta de Madrid tivo reparos en declarar que, ainda que o legal era conceder o terceiro grao ao Sr. Uribetxebarria, ela non o tería feito, recoñecendo sen vergoña que non dubidaría en prevaricar. Como traballadores e traballadoras do dereito, demandamos dos responsábeis políticos, respecto as regras do xogo e ao imperio da lei. Deploramos os excesos retributivos do Sr. Ruiz Gallardón e os obscuros desexos prevaricadores da Sra. Aguirre. Deploramos os excesos retributivos do Sr. Ruiz Gallardón e os obscuros desexos prevaricadores da Sra. Aguirre Como xuristas que coñecemos a situación das cadeas do Reino de España, ollamos o futuro a partir do caso Uribetxebarria con inquedanza. Tememos que a manifestación de baixas paixóns, desexos retributivos e vindicativos que agromaron neste caso, combinados con o escaso respecto das nosas normas que amosaron alguns representantes do poder político, determinen restricións na concesión da liberdade condicional por doenza grave para as persoas presas nas cadeas do Reino de España. Demandamos que, encanto exista a pena privativa de liberdade, esta manteña como límite do seu cumprimento, a dignidade da persoa e o principio de humanidade das penas. 1. Fernando Blanco Arce (avogado) 2. Yolanda Ferreiro Novo (avogada) 3. Guillerme Presa Suárez (avogado) 4. Fernando Martínez Randulfe (avogado) 5. Nemésio Barxa (avogado) 6. Elvira Landin Aguirre (avogada) 7. Miguel Angel Fernandez (avogado) 8. Ana Lorenzo Conde (avogada) 9. Hector López de Castro (avogado) 10. Lois Ríos Paredes (avogado) 11. Alejandro Cortizas (avogado) 12. Pilar Guerrero (avogada) 13. Rosa Vila (avogada) 14. Maria Rosario Gonzalez Seoane (avogada) 15. Juan Rego González (avogado) 16. Javier de Cominges Cáceres (avogado) 17. Mónica Velasco Pérez (avogada) 18. Rosana Rodríguez Avalle (avogada) 19. Roberto Mera (avogado) 20. Celia Pereira (avogada) 21. Gustavo García Fernández (avogado) 22. Paola Bar Franco (avogada) 23. Sara Carou García (avogada) 24. José Manuel Losada Diéguez (avogado) 25. Pilar Zato Montenegro (avogada) 26. Helena Cardezo (avogada) 27. Cándido Soria (avogado) 28. Agustina Iglesias Skujl - (Investigadora UdC (Dereito Penal) 29. Xosé Ramón González Pereira - (Graduado social) 30. José Ángel Brandariz (Profesor de Dereito Penal - UDC) |
PRAZA_9985 | O Concello critica a "falta de rigor e arbitrariedade" da "empresa privada" que concede as distincións, ás que cada vez renuncian máis municipios e cuxo impacto ambiental está en cuestión | O Concello critica a "falta de rigor e arbitrariedade" da "empresa privada" que concede as distincións, ás que cada vez renuncian máis municipios e cuxo impacto ambiental está en cuestiónNigrán, o turístico concello da emblemática praia de Lourido-Panxón, coñecida en conxunto como praia América, que chegou a ter catro bandeiras azuis e que conta cunha ducia de areais de moi diversas características, súmase á lista de municipios que agora rexeitan contar con esa distinción, criticada tanto polas organizacións ecoloxistas como por administracións que consideran inasumibles os seus requisitos. Únese así a concellos de toda cor política situados principalmente na ría de Arousa (O Grove, Ribeira, A Pobra ou Rianxo) ou ao lucense de Barreiros, que en anos anteriores xa rexeitaron optar, por un ou outro motivo, ás bandeiras azuis. Nos últimos anos foron varios os concellos que dixeron renunciar ás bandeiras azuis despois de ser incapaces de cumprir os requisitos unha vez que obtiveran as distincións, especialmente ante a escaseza de vixiantes para atender a todos os areais. Ao ano seguinte, varios renunciaron a sequera presentar as súas candidaturas, como fixo Barreiros en 2017 tras ser incapaz de cumprir cos requisitos que esixira en 2016 o galardón por falta de socorristas e contaminación das augas. Agora é Nigrán, tras diversos enfrontamentos o ano pasado coa Xunta pola falta de socorristas e a calidade das augas, quen carga duramente contra a "empresa privada" Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), que é quen outorga as bandeiras e que en 2018 recoñecera tres areais do municipio (América, Panxón e Patos) facendo que daquela o Concello salientase que o distintivo "vén a corroborar unha vez máis a calidade excelente das augas e os servizos nas principais praias do municipio"."Ningunha organización ecoloxista apoia o certificado, simplemente é un produto comercial co que non desexamos traballar porque xera unha presión totalmente inxustificada e carente de rigor en aspectos cos que non coincidimos", di o alcaldePola contra, este ano o alcalde, o socialista Juan González defende a decisión de non optar ás bandeiras azuis como "unha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC" e porque os galardóns "supoñen máis constraprestacións que beneficios para as praias". "Ningunha organización ecoloxista apoia o certificado, pese a ser supostamente o culme do respecto medioambiental, simplemente é un produto comercial co que non desexamos traballar porque xera unha presión totalmente inxustificada e carente de rigor en aspectos cos que non coincidimos", argumenta González. O rexedor asegura que "isto non repercutirá en absoluto na calidade dos servizos que vimos ofrecendo e polos que seguimos apostando firmemente: praias accesibles, cardioprotexidas e medioambientalmente sostibles", e lembra diversos investimentos que vén realizando o Concello nos seus areais nesas materias.A propia organización que outorga as bandeiras, da que a Unión Europea se desligou hai xa dúas décadas por considerar que os galardóns carecían de rigor, admite que estas poden prexudicar espazos naturais "fráxiles"Os argumentos do Concello de Nigrán son similares aos ofrecidos polos concellos que previamente xa renunciaran ás bandeira azuis e engádense ás críticas lanzadas desde organizacións ecoloxistas sobre os requisitos de servizos e accesibilidade que requiren os galardóns e que poderían favorecer a progresiva perda das características naturais dos areais. A propia organización que outorga as bandeiras, da que a Unión Europea se desligou hai xa dúas décadas por considerar que os galardóns carecían de rigor, admite que estas poden prexudicar espazos naturais "fráxiles", o que non impediu que o Concello de Vigo traballase nos últimos anos por estender o galardón tamén ás protexidas illas Cíes. A Xunta, mentres, paga 40.000 euros ao ano a ADEAC a través dun convenio encadrado como "axudas á protección e promoción do patrimonio natural". |
NOS_23855 | A coalición insiste en que o Goberno galego ten que "intervir e medicalizar" todas as residencias e salienta que o 40% das persoas falecidas na Galiza pola COVID-19 eran usuarias destes centros. | Galicia en Común-Anova Mareas reitera que a Xunta ten que "intervir e medicalizar" todas as residencias de maiores do país "de inmediato" diante da gravidade da situación que padecen e o risco real para a saúde de usuarias e traballadoras. "Se a Xunta non as intervén xa, estará a poñer en perigo as súas vidas", asegura o portavoz da coalición, Antón Gómez-Reino. O voceiro lembra que o 40% das persoas falecidas na Galiza pola COVID-19 eran usuarias desas residencias, e alerta de que familiares e traballadoras levan semanas denunciando as enormes carencias de persoal, medios sanitarios e equipos de protección "que impiden na práctica que se cumpran as normas máis elementais de seguridade contra a expansión da epidemia". Así mesmo, Gómez-Reino subliña que a coalición "ten constancia" de que varios familiares de persoas falecidas nas residencias optaron por presentar demandas na Fiscalía do Estado reclamando que se investigue a responsabilidade do Goberno galego nesas mortes, "pola súa inacción" e pola falla de medios e de persoal nos centros "privatizados". "Os Gobernos de Feixoo permitiron e fomentaron durante anos que se fixese negocio coa saúde e o benestar dos nosos maiores, e agora é un imperativo que a Xunta asuma a súa responsabilidade e exerza todas as súas competencias facéndose cargo da súa xestión e garantindo que as usuarias reciben os coidados e protección que precisan", incide Martiño Noriega. "Advertimos desde o inicio que non había equipos de protección suficientes nas residencias públicas dependentes da Consellaría de Política Social", engade Eva Solla, que cualifica de "auténtico desastre" a xestión da crise sanitaria do Executivo de Feixoo. "Destaca, por nefasta, a xestión nos centros concertados, fundamentalmente os da empresa DomusVi. Tanto persoal como residentes seguen a contaxiarse porque seguen sen medios e nin sequera contan con servizos de limpeza axeitados", denuncia. |
NOS_7896 | Esta cuarta feira o comité inter-empresas da CRTVG convoca unha manifestación sonora ás portas de San Marcos. Denuncian a desaparición na grella da maior parte da programación propia e a contratación de produtoras externas para cubrir eses espazos. | @s traballador@s da TVG iniciarán esta cuarta feira (23 de outubro) unha vaga de mobilizacións baixo a fiestra do director xeral da canle. Os protestos terá unha duración de 10 minutos --como xa avanzou Sermos Galiza-- e visan denunciar as mudanzas introducidas na grella coa chegada da tempada outono-inverno. As concentracións coinciden coas xuntanzas que manteñen os directivos da compañía con motivo da súa (re)conversión nunha corporación polo que se prolongarán tanto coma estas. Neste senso, desde o comité inter-empresas denuncian o feche de boa parte da programación propia producida pol@s empregad@s da televisión pública (Eirado, Reporteiros, No bico un cantar ou Alalá) e a contratación dos servizos a produtoras externas que, aliás, supoñen un maior custe económico para a entidade. Desde o comité inter-empresas denuncian a redución progresiva do gasto en persoal e o incremento notábel do investimento en produción externa "Camiñamos cara á unha situación en que na casa só se producirán os servizos informativos", lamentaba Raquel Lema presidenta do comité da CRTVG. E é que, segundo os dados que manexa a representación das traballadoras e dos traballadores, entre 2011 e 2012 o gasto en persoal da televisión pública reduciuse en 4.105.881 euros, namentres o investimento en produción externa medrou en 787.142 euros. Así pois, desde o comité da CRTVG exixen que o novo mandato-marco que ten de aprobar o Parlamento de Galiza con motivo da fusión das distintas empresas que constitúen a CRTVG (TVG, RG) garanta nas súas directrices o mantemento de contidos de elaboración propia. Algo que xa están a exixir nas negociacións do convenio colectivo. "Pedimos que un dos aspectos sexa unha garantía de mantemento dunha porcentaxe de produción propia" que podería situarse arredor do 50% da grella, sinalan desde a CUT. O comité inter-empresas demanda "carga de traballo" para @s empregad@s da canle pois, din, "é un servizo público". Embora o proceso de fusión acordado polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo --que integrará a radio e televisión nacionais nunha única corporación-- poida supor mesmo a súa privatización, denuncian. |
NOS_53803 | Denuncian "opacidade" no proceso. | Militantes do PP anuncian que impugnarán a aprobación da convocatoria do XIII Congreso Local do PP vigués do que sairá elixido o novo presidente ou presidenta e esixen ao comité organizador "unha aclaración urxente sobre os requisitos para poder votar" ante a proposta de que só participen os afiliados que regularizasen a súa cota a día 20 de xullo. Así o trasladaron fontes que accederon a un documento remitido por militantes ao comité organizador e que pertencen á contorna do senador Javier Guerra, quen en pasadas datas confirmou o inicio de "contactos" coa militancia para "fortalecer" o partido. No escrito, os asinantes anuncian que impugnarán a aprobación da convocatoria do congreso, realizada o pasado 17 de novembro de 2021, ao considerar que "vulnera as normas estatutarias que regulan a convocatoria dese órgano colexiado". De feito, conclúen que o acordo é "nulo" ao se asehtar sobre unha convocatoria "incursa en defecto esencial de forma e, por tanto, non axustada á legalidade". Así, remarcan que "o censo que debe rexer o congreso local é o do momento da convocatoria do congreso provincial" e advirten de que "non debe confundirse o peche de censo con estar ao corrente de pagos". Por iso, reclaman que se "confirme" que os interesados en participar "dispoñen do prazo dos 15 días fixados para a inscrición para, de ser o caso, poñerse ao corrente no pago das súas cotas Nesta liña, denuncian a "opacidade" do proceso, que "se pon de manifesto ao non informar expresamente aos que son afiliados a data de peche de censo" e da "posibilidade que regulamentariamente teñen para poñerse ao día do pago da súa cota". Critican que o regulamento do congreso local "non convida á participación da militancia" e "parece querer limitala". Pola súa banda, preguntada tras un acto, a até o de agora única candidata á presidencia do PP vigués, Marta Fernández-Tapias, insistiu en que este asunto "depende do comité organizador do congreso", cuxos membros "son os que marcan as normas". O PP vigués atópase actualmente dirixido por unha comisión xestora que encabeza a ex alcaldesa e deputada a Corina Porro, despois de que a anterior presidenta local do partido, a actual senadora Elena Muñoz, dimitise e abandonase o Concello ao pasar de sete a catro concelleiros nas eleccións municipais de 2019. Polo momento, a única candidatura á Presidencia do PP vigués é a presentada por Fernández-Tapias, aínda que recentemente Guerra iniciou "contactos" e púxose á fronte de "unha iniciativa de unidade" en representación de "a voz da militancia", acompañado polos concelleiros Teresa Egerique, Jesús Marco e Alfonso Marnotes, a senadora Elena Muñoz e o deputado Diego Gago. |
NOS_53476 | Unha multitudinaria mobilización de traballadoras e traballadores reclamou en Compostela solucións para o sector electrointensivo e un estatuto que fixe prezos "competitivos" para a enerxía. | Máis de medio milleiro de traballadoras e traballadores da industria electrointensiva mobilizouse en Compostela esixindo solucións para estas industrias na Galiza e demandaron a aprobación dun estatuto que fixe prezos "competitivos" para a enerxía. A protesta foi convocada polos comités de Alcoa, Ferroatlántica e Celsa Atlantic e partiu do estadio de San Lázaro, na capital galega, até a sede da Xunta de Galiza. A aprobación do estatuto para a industria electrointensiva era unha das promesas do goberno central para evitar o peche das plantas A aprobación do estatuto para a industria electrointensiva era unha das promesas do goberno central para evitar o peche das plantas de Alcoa da Coruña e Avilés; mais o executivo foino retrasando xustificándose nas reticencias expresadas pola Comisión de Mercados (CNMC). A falta aínda de estatuto está causando preocupación e malestar no cadro de persoal. O comité de empresa da factoría da Coruña xa pediu reiteradas veces ao goberno central que aprobase o estatuto, así como tamén reclamou maior implicación á Xunta de Galiza. Nese sentido, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, denunciou os elevados custos da enerxía eléctrica por estaren provocando, entre outros problemas, o peche de fábricas como Alcoa, e sinalouno como un problema político. "Por iso ímoslles petar a porta na Xunta, para que nos dean un prezo da enerxía que nos permita traballar e competir ao mesmo nivel que outros países europeos", afirmou. Mentres, Agustín Méndez, presidente do comité de Celsa Atlantic, reclamou ao goberno un marco enerxético que permita "competir en igualdade de condicións que o resto de plantas de Europa e do mundo, que permita á nosa industria seguir facendo investimentos en Galiza". Reclaman ao goberno un marco enerxético que permita "competir en igualdade de condicións que o resto de plantas de Europa e do mundo" Galiza conta na actualidade con 20.000 traballadoras e traballadores menos que no ano 2.009. e moitos dos problemas que hai detrás do peche de empresas do sector da industria electrointensiva veñen derivados da política enerxética e o seu prezo, dándose a disxuntiva de que o noso país é o maior produtor de electricidade. Participaron representantes de todas as formacións políticas agás o PSOE A manifestación contou coa participación de representantes da formacións políticas excepto do PSOE. Luís Villares, portavoz de En Marea, propuxo que se eliminen das poxas diarias "toda a enerxía que procede da nuclear e a hidroeléctrica" como vía para facer viábel a industria e baixar a factura da luz a todas as casas. O deputado Xosé Luís Rivas 'Mini' do Bloque Nacionalista Galego, pediu sensatez aos gobernos galego e estatal así como a intervención en defensa dos postos de traballo. A deputada Yolanda Díaz, de En Común - Unidas Podemos acusou o PSOE de continuísta das políticas do PP no sector enerxético. Polo PP estiveron o parlamentario Gonzalo Trenor e a portavoz da formación conservadora na Coruña, Rosa Galego, quen reclamaron a Pedro Sánchez unha solución para os 400 empregos que dependen de Alcoa. |
PRAZA_7757 | Os sindicatos falan dun seguimento "masivo", de ata o 90% de media, do paro xeral contra os plans de reestruturación da entidade, que rebaixa as cifras ao 43%. | Unha histórica folga baleirou este mércores moitas das oficinas de Novagalicia Banco no país. Até o 90% do cadro de persoal, segundo datos dos sindicatos, secundou o paro xeral convocado por todas as centrais con representación para amosar o seu rexeitamento aos plans de reestruturación da entidade, un cuarto ERE que suporía o despedimento duns 2.250 empregados. NGB rebaixa o seguimento a algo máis do 43% e aclara que puido realizaro o 70% da súa actividade normal. Os sindicatos cifran o seguimento da folga xeral nun 90% de media Malia a desconvocatoria de folga dos traballadores das outras dúas entidades nacionalizadas (Bankia e Banco de Valencia), ao alcanzar un principio de acordo sobre o ERE coas súas respectivas direccións, o seguimento do paro nas oficinas de NGB foi masivo e amosou a posición contraria da inmensa maioría do cadro de persoal ante o que os sindicatos consideran "a máis dramática e salvaxe" reestruturación das que se están a dar no sistema financeiro estatal. O que si houbo foi un seguimento desigual, xa que aínda que o descenso na asistencia de persoal foi evidente en todas as comarcas, a cantidade de oficinas abertas na área da Coruña e Vigo foi maior que noutras zonas. Tampouco foi tan importante o paro no resto do Estado, aínda que tamén houbo importantes mobilizacións nalgunhas comunidades como Cataluña, onde os sindicatos falan dun seguimento do 75%. En Galicia, seis das sete principais cidades -todas agás Ferrol- acolleron manifestacións con centos de traballadores das antigas caixas e baixo o lema Axudas para os banqueiros, despedimentos para as persoas e nas que se escoitaron berros como "somos traballadores, non somos banqueiros" ou "clientes e persoal, afectados por igual". "Non foi fusión, foi demolición", aseguraron tamén. Seis das sete cidades galegas acolleron manifestacións de traballadores do banco Tal e como lembra CIG-Banca, logo da fusión das antigas caixas galegas, o cadro de persoal sumaba un total de 8.000 traballadores. Agora, a previsión é que Novagalicia quede con 2.000 empregados en 2017. Na actualidade, son 5.600 as persoas que traballan -e estaban convocadas á folga- na entidade nacionalizada e con sede en Galicia. Os sindicatos non descartan unha folga indefinida a partir do vindeiro día 14 A pesar das últimas negociacións entre sindicatos e dirección, os despidos previstos en Novagalicia non baixarían de 2.000, aínda que a entidade si mellorou a indemnización prevista, que pasaría dos 23 días por ano cun límite de 14 mensualidades aos 28 días cun máximo de 18. A cambio, NGB imporía algunhas medidas de flexibilización que incluirían a apertura dalgunhas oficinas pola tarde, así como a redución de xornada e a conseguinte diminución do soldo dos empregados. Pola contra, Banco de Valencia e Bankia xa chegaron a un principio de acordo cos representantes dos empregados, o que, segundo as centrais de NGB, evidencia que "mentres noutros lugares si hai disposición a negociar, aquí non se quere facer". Precisamente, Novagalicia e os sindicatos teñen o vindeiro luns unha nova cita para seguir negociando o ERE, cuxo período de consultas remata o día 14. A partir dese mesmo día, ou desde o seguinte, é "posible" que os sindicatos volvan convocar unha folga xeral nas oficinas de NGB "de forma indefinida". HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_11840 | As formacións partidarias de se independendizar de Dinamarca atinxen nos comicios lexislativos 19 dos 33 escanos da Cámara. | Situadas entre Escocia, Noruega e Islandia, as Feroe son un arquipélago de 18 illas (17 delas habitadas) de 1.400 quilómetros cadrados onde viven apenas 50.000 persoas, 20.000 delas en Tornshaven, a capital, e a súa contorna. Son un área autónoma mais pertencente ao Reino de Dinamarca, nunha situación similar á de Groenlandia. Segundo informa Nationalia, nas recentes eleccións lexislativas que decorreron esta semana en Feroe os partidos independentistas atinxiron 19 dos 33 escanos do Parlamento, un resultado que "conducirá a unha mudanza de goberno" na que os partidos conservadores perderían o poder en beneficio dunha coligazón de esquerdas. A independencia das Feroe non foi nesta campaña un dos temas fulcrais, e mesmo no novo goberno poderían convivir independentistas e unionistas. A forza máis votada foi o Partido Social-demócrata (unionista, 25% dos votos, 8 deputad@s). O seu lider Aksel Johannesen é o que se sinala como probábel novo primeiro ministro das Feroe. Mais para iso tería que atinxir un acordo con outras forzas. Esquerda independentista, segunda forza A esquerda independentista (Tjóðveldi)foi a segunda forza máis votada, atinxindo 7 escanos após obter case o 21% dos votos. Os 2 partidos conservadores son os grandes derrotados nestes comicios, cada un deles perdendo 2 parlamentares. Tanto o unionista Partido da Unión coma o independentista Partido Popular obtiveron 6 deputados. O actual presidente Kaj Leo Johannesen (Partido da Unión) estaba en horas baixas por un contrato para a construción dun túnel entre dúas das illas que compoñen as Feroe. Os seis escanos restantes repartíronse entre formacións máis pequenas, todas independentistas: Partido do Auto-goberno (social-liberais), Partido do Centro (conservador) e Progreso (liberais). Cada unha obtivo 2 deputad@s. As diferenzas existentes entre as 5 formacións independentistas que obtiveron representación sobre como e cando se iniciaría un proceso de cara a independendizarse de Dinamarca e proclamar un Estado feroés independente fan que non haxa acordo entre elas para gobernar. Independencia proclamada e anulada por Dinamarca As Feroe levan baixo dominio de Dinamarca, con breves irrupcións, desde 1.388. Non foi unha relación amistosa, O Parlamento das Feroe (Løgting) foi suspendido ou abolido en varias ocasións, como en 1856; e o idioma e cultura propias das illas foron marxinadas pola lexislación imposta desde Copenhage. En setembro de 1946 realizouse un referendo, consulta na que os votos a prol da independencia representaron o 50,8% dos emitidos fronte ao 49,2% de sufraxios partidarios de seguir en Dinamarca. As Feroe declararon a independencia o 18 de setemgro, mais dous días despois Dinamarca anulou a declaración. En 1948 as Feroe obtiveron un auto-goberno que daba competencias ao goberno autónomo sobre diferentes eidos. En virtude desta autonomía, as Illas Feroe decidiron en referendo non facer parte da Unión Europea. |
NOS_39855 | Escenario Aberto non é un evento ao uso. Está organizado por alumnos e alumnas da Escola O Raio Verde e pretende ser unha mostra multidisciplinar da cultura galega. | Os alumnos e alumnas do último ano do ciclo superior de produción audiovisual, radio e espectáculos da Escola Raio Verde de Santiago de Compostela organizan un evento que se realizará no Auditorio de Galicia (Sala Mozart) a cuarta feira 2 de marzo. Escenario Aberto reunirá a diferentes artistas e profesionais da cultura galega nun acto multidisciplinar con novas promesas e figuras consagradas, como Teresa Moure, Poetarras, a cooperativa Cestola na Cachola ou o grupo Break Inclán, entre outros. O acto comezará as 20:30 horas e as portas do recinto abriranse media hora antes. A entrada é de balde ata completar aforo. O presentador Pablo Meixe será o encargado de presentar Escenario Alberto, un evento apadriñado por varios negocios da área compostelá, e que reunirá nun mesmo escenario disciplinas tan diversas como o teatro, a música, a ilustración e a danza. Escenario Aberto forma parte do proxecto de fin de curso dos alumnos e alumnas do Raio Verde. Dez mozos e mozas que queren promocionar o amplo espectro cultural da nosa terra coa intención de crear sinerxias que deriven en proxectos conxuntos futuros. |
PRAZA_17858 | CRÓNICA | O PP cre que, tras o accidente do Marisquiño, ten por primeira vez a tiro a Abel Caballero e trata de aproveitalo na loita pola Deputación pontevedresa, que vai ser clave nas municipais en Galicia, xunto coas cidades coruñesas. Por Anxo Lugilde | Cos seus 7.242 habitantes o concello de Soutomaior ten apenas un 3% da poboación do partido xudicial de Pontevedra, no que está encadrado nas eleccións de deputados provinciais. Así, este municipio é bastante residual na loita pola Deputación, diluído nunha gran circunscrición na que os sete escanos en xogo se deciden sobre todo na capital provincial e na comarca do Morrazo. Mais, incluso con Mariano Rajoy fóra de La Moncloa, Soutomaior, co seu castelo do que Carmela Silva botou o partido da gaivota hai dous anos, segue a ser o símbolo da loita pola Deputación de Pontevedra. E esa batalla é a que aparece como a clave da ofensiva que os populares lanzaron en Vigo xa o mesmo luns, horas despois do accidente do Marisquiño, esa catástrofe terceiromundista que grazas á fortuna e á marea baixa se saldou sen vítimas mortais. Incide no que é un dos escenarios fundamentais da carreira cara ás eleccións locais, na medida en que lle crea inesperadas e complexas dificultades ao que parecía como o máis intocable gobernante local en Galicia, Abel Caballero. O caso das urbes coruñesas é central porque servirá para medir a saúde de En Marea. E tamén será o termómetro da capacidade de Feijóo de trasladar a súa resistencia das últimas autonómicas ao ámbito local A lectura dos resultados municipais en Galicia é moi complexa. Ten provocado miraxes como a de que o PP resistía despois do Prestige porque aguantaba en Muxía, cando en realidade sufría a primeira derrota do fraguismo fronte á suma de PSOE e BNG. O desenlace xógase en dous niveis, no do cómputo total de votos e na distribución das principais cadeiras. Hai once destacados tronos en xogo, os das sete alcaldías urbanas e das catro presidencias provinciais. O PP agora mesmo ten só dous destes asentos, os do Concello de Ourense e da Deputación da mesma provincia, mentres que o PSOE ocupa cinco, os das alcaldías de Lugo e Vigo e dos gobernos provinciais da Coruña, Pontevedra e Lugo, os dous primeiros compartidos co Bloque. As mareas teñen tres, os dos concellos da Coruña, Santiago e Ferrol, e o BNG, un, o da cidade do Lérez. É un panorama moi diferente ao de 2011, cando o PP tiña seis tronos, os de todas as deputacións menos a de Lugo e os das tres urbes coruñesas, mentres o PSOE contaba con catro, os da deputación lucense e os das alcaldías de Lugo, Vigo e Ourense, e co Bloque firme no seu reduto pontevedrés. O escenario que se albisca agora para 2019 aparece focalizado no eixo A Coruña-Santiago e na Deputación de Pontevedra. O caso das urbes coruñesas é central porque servirá para medir a saúde de En Marea, se como todo apunta chega ás municipais coa súa configuración actual. E tamén será o termómetro da capacidade de Feijóo de trasladar a súa resistencia das últimas autonómicas ao ámbito local, na parte do territorio urbano que lle é máis propicia, na única na que logrou en 2011 estender a súa hexemonía. Para os populares o escenario anterior á moción de censura de Sánchez abría algunha expectativa de que unha posible irrupción con forza de Ciudadanos, sobre todo na Coruña, puidese servir para desprazar as que o presidente da Xunta chama "as mareas de Podemos", mais a baixada da onda laranxa volve despexar o panorama para Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, co primeiro en principio menos desgastado có segundo. Neste grupo das cidades coruñesas Ferrol é caso á parte, pola lóxica pendular de alternancia automática de maiorías de centro-dereita e centro-esquerda que se dá desde a reconversión naval e que está moi ligada á súa decadencia socioeconómica, un problema ata agora irresoluble. Desta volta tocaría un xiro á dereita co PP do conselleiro Rey Varela como teórico máximo favorito para facerse co bastón de mando, mais esta dinámica de remudas imparables no despacho principal da Praza de Armas incluía tamén a renovación do partido que perdía o poder. Se o PP, aínda co auxilio de C's, pagase a súa aposta pola continuidade, abriríase unha oportunidade para que o centro-esquerda puidese parar o péndulo, mais seica non tanto a través do desgastado alcalde de Ferrol en Común, Jorge Suárez, senón do PSOE se acertase coa súa renovación e segue a ter o vento a favor que chega desde Madrid. Para que lles saian as contas necesitan subir un escano no partido xudicial de Vigo, o escenario da súa hecatombe de 2015 Hai outras incógnitas de grande interese, como a de se a socialista Lara Méndez se dará consolidado en Lugo, se o PSdeG non pagará o seu desastre destes anos da Deputación lucense ou se o surrealismo de Pérez Jácome segue a permitir ao PP conservar en minoría a alcaldía da cidade das Burgas. De non haber un terremoto brutal en favor dos socialistas cun Pedro Sánchez desatado desde La Moncloa, algo no que agora mesmo resulta difícil pensar, non se albiscan en principio opcións de cambio na Deputación da Coruña, pola ampla marxe que ten o centro-esquerda, nin na de Ourense, por motivos xeolóxicos, nin tampouco na Pontevedra de Lores. No distrito da capital provincial foi nun dos que se produciu hai tres anos o abraiante afundimento provincial do PP, que perdeu un escano no partido de Pontevedra, outro en Tui e tres no de Vigo. Co vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda como novo barón provincial, e aínda que non se presente directamente xogándose sempre as súas opcións sucesorias, o PP tratou de poñer as bases para recuperar o goberno provincial, ese que como di Abel Caballero tiña desde o tempo dos romanos, coa unificación da dereita en Tui, que foi unha das claves da moción de censura do ano pasado. Con esa xogada os da gaivota contan con sacar un dos dous escanos que necesitan subir para recuperar a Deputacion, na que teñen 12, por 10 do PSOE, 4 do BNG e 1 da Marea de Vigo. Os populares cren que están ante a súa grande oportunidade histórica de ir a por Caballero, non tanto pola cuestión da responsabilidade no afundimento do paseo, senón por ter autorizado a celebración do Marisquiño nese lugar e, segundo o PP, sen un axeitado plan de seguridade Os deputados provinciais, que non son votados polos cidadáns, repártense nos partidos xudiciais en función dos resultados das municipais. Como os populares teñen o único deputado que se elixe en Lalín, Ponteareas e A Estrada, e sen que se albisquen moitas opcións de cambios en Arousa e a comarca de Pontevedra, para que lles saian as contas necesitan subir un escano no partido xudicial de Vigo, o escenario da súa hecatombe de 2015. E cun PSOE osixenado desde Madrid e cunha líder local moi feble como Elena Muñoz, os de Feijóo parecían telo moi difícil, cun alcalde feito o rei da pista en Castrelos. Pero desde o luns os populares cren que están ante a súa grande oportunidade histórica de ir a por Caballero, non tanto pola cuestión da responsabilidade no afundimento do paseo, senón por ter autorizado a celebración do Marisquiño nese lugar e, segundo o PP, sen un axeitado plan de seguridade. Vai ser unha guerra que se vai librar, coma sempre, no xulgado e na que os populares xa non contan con esa decisiva ferramenta que é a fiscalía. É o escenario clave da segunda batalla de Soutomaior, a do intento de Rueda de recuperar o castelo cuxa rehabilitación dirixiu o seu pai, vicepresidente nos anos 80 da Deputación que dirixía Rajoy. <a data-cke-saved-href="http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a67e1fa0&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE" href="http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a67e1fa0&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE" target="_blank"><img alt="" border="0" data-cke-saved-src="http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=333&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a67e1fa0" src="http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=333&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a67e1fa0" /></a> |
NOS_55406 | Os grupos queren que os xefes de goberno e de Estado dean explicacións polos escándalos da familia real española | BNG, ERC, Bildu, Junts, PDeCAT, Compromís e Máis País teñen previsto rexistrar esta quinta feira a comparecencia no Congreso do rei Felipe VI e do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, tras as regularizacións fiscais efectuadas polo emérito, Juan Carlos I. Estas organizacións reclaman a presenza de ambos os dous en sede parlamentar "ante a gravidade do sucedido nas últimas horas, días, meses e anos en relación coa casa real", segundo apunta un apunta un comunicado. En concreto, avanzan que solicitan as explicacións do Xefe do Estado no Congreso tras a fuxida do seu pai a Emiratos Árabes, onde reside desde o pasado mes de agosto, así como as últimas informacións coñecidas en relación con membros da familia real. Isto pode incluír as vacinas do coronavirus que se puxeron as infantas Elena e Cristina nunha recente visita ao seu pai ou as dúas regularizacións fiscais efectuadas por Juan Carlos I desde decembro, entre outras cuestións. Así mesmo, as mencionadas forzas reclaman a presenza de Sánchez o Congreso para que detalle o papel do Goberno ao redor dos "escándalos" que afectan á Monarquía. Hai poucas esperanzas de que a iniciativa prospere. Non só pola oposición frontal do PSOE, que sumou reiteradamente os seus votos con PP e Vox á mesa do Congreso para rexeitar este tipo de peticións, senón porque os avogados da Cámara española fecharon reiteradamente a porta a calquera iniciativa que implique o control do monarquía, argumentando que o Congreso ten o poder de controlar o Goberno español, mais non a Casa Real. |
NOS_24478 | Nic.gal é desde a noite desta sexta feira o primeiro dominio de .gal activado pola Icann, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Supón, ademais, que a Icann delega o dominio. Que Galiza teña un dominio propio na rede está moi cerca. | Nic.gal é o primeiro dominio rexistrado co .gal activado polo Icann (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers), o organismo que xestiona a nivel planetario a rede. Así pois o .gal que identifica Galiza xa ten a primeira páxina. Unha páxina técnica e de probas, como lembran desde a asociación Puntogal. Un premio para todo un país que chega despois de "máis de 7 anos de traballo e sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades". O dominio de internet para a lingua e cultura galega "avanza cara a súa posta en funcionamento" Esta páxina supón ademais "a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega", segundo sinala a Asociación Puntogal. Est asociación asinou o 7 de novembro de 2013 o contrato do dominio, que permite que a entidade galega poida tomar o control do .gal para a súa posta en funcionamento. "Nos vindeiros días detallaranse as normas para o rexistro nas que traballou unha comision multidisciplinar por encargo da asociación. Estas normas terán caracter público e rexeranse por criterios de transparencia e equidade". Abrente e Carreira Puntogal informa que o rexistro no dominio galego na Internet "comezará cun período de lanzamento repartido nas fases de Abrente (sunrise) e Carreira (landrush), para despois abrirse o rexistro ao público xeral". No período de Abrente as administracións públicas e asimilados terán prioridade para rexistrar os seus dominios co sufixo .gal, seguidas polas entidades que teñan unha traxectoria probada de promoción da lingua ou da cultura galegas; as marcas rexistradas no Trademark Clearing House de ICANN e outras marcas rexistradas, nomes ou intereses protexidos; e páxinas realizadas ou con versión en lingua galega. A etapa de Carreira facilitará o acceso ao rexistro .gal a rexistrantes sen dereitos ou intereses protexidos. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.