ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_25241
Son o resultado da fase de recollida de propostas, na que participaron máis de 5.500 persoas.
Dende o Portal das Palabras propoñen dende 2014 participar na Palabra do Ano, a elección colectiva da voz que mellor resuma o ano a piques de rematar, ou que saliente un tema de especial relevancia nos últimos doce meses, ou incluso unha maneira de buscarmos acougo. Os 5.500 particiopantes nesta ocasión elixiron como finalistas gromo, máscara, nós, pandemia, seteiro ou vacina. Moitas das suxestións teñen que ver, de feito, coa situación sanitaria que se padece a nivel mundial. Mais hai quen prefire centrarse nalgunhas das cousas boas deste ano e celebrar efemérides destacadas como o centenario da xeración Nós; ou animar a coñecer mellor o ceo e os seus nomes, como suxire a presenza entre as finalistas dun dos xeitos de chamarlle á constelación que na nomenclatura latina se designa como Sagittarius. Gromo, máscara, vacina e pandemia son vocábulos do noso dicionario que pasaron a ter un novo significado na vida cotiá e mesmo nas obras lexicográficas. Nas edicións anteriores gañaron sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) -cadrando co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).
PRAZA_17967
Jorge Coira dirixe a "nova lectura "cinematográfica" do espectáculo teatral, producida por Chévere e OlloVivo co apoio de Eroski e Deleite
Eroski Paraíso estreouse na primavera de 2016 e pouco despois xa tornou nunha das montaxes máis aclamadas de Chévere e tamén das máis queridas polo público. O espectáculo teatral achegábanos a Álex, unha moza estudante de cinema en Barcelona que apostaba por realizar a súa primeira película documental centrada na desaparecida sala de festas O'Paraíso, en Muros, onde se coñeceran os seus pais. Este diálogo xeracional entre discotecas e supermercados triunfou nos teatros e agora quere facelo tamén no cinema baixo a dirección de Jorge Coira. Chévere e a produtora audiovisual OlloVivo teñen en marcha no auditorio Constante Liste da Ramallosa, en Teo, a gravación de Eroski Paraíso: o filme. A alianza entre as dúas produtoras converte a obra de teatro nunha película protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Luís Martínez. Alén dos recursos de ambas compañías audiovisuais a rodaxe que encabeza Coira, "sen subvencións públicas", está apoiada por Vegalsa-Eroski, por Deleite e mais polo Concello de Teo, onde Chévere é compañía residente. Jorge Coira dirixe a "nova lectura "cinematográfica" do espectáculo teatral, producida por Chévere e OlloVivo co apoio de Eroski e Deleite Como na obra de teatro, no filme de Eroski Paraíso o público será convidado a explorar os límites entre ficción e documental, entre realidade e representación do real. No fondo atopará unha reflexión sobre as mudanzas da sociedade dende os anos 80 do século pasado ata a actualidade, mudanzas tan radicais como a experimentada pola vella discoteca de Muros, que agora é un supermercado. A película non será unha mera filmación dunha obra de teatro. O traballo de Coira pretende "unha nova lectura do espectáculo teatral de Chévere mediante a tradución ao medio cinematográfico". Chévere e OlloVivo dan así unha nova vida a unha obra que en dous anos xa foi vista por unhas 24.000 persoas máis de medio cento de vilas e cidades de todo o Estado. Entre outubro deste ano e xaneiro de 2019 volverá ser representada nunha xira de despedida que pasará por varias localidades galegas -A Coruña, Vigo, Pontevedra, Gondomar e Teo-, así como por varias comunidades autónomas e tamén por París. Despois deixará de representarse "para sempre". Pero quedará o recordo, o filme e tamén o texto da obra, publicado por Kalandraka dentro da colección Biblioteca de Teatro.
NOS_42693
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) tamén comunicou que Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns foron merecedores dos Barriga Verde nas modalidades de teatro de monicreques para adultos e crianzas, respectivamente.
A autora Carme Varela vén de ser recoñecida co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais grazas á súa obra As desterradas. O xurado destes galardóns literarios, que a Xunta convoca bienalmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), outorgou o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para adultos e mozos a Esther F. Carrodeguas por República Sideral e a Carlos Losada-Galiñáns por Pois eu!, respectivamente. A Consellaría de Cultura aclarou que o XI Manuel María de literatura dramática infantil ficou deserto.Antes de comunicar o seu ditame, as e os xuíces valoráronse os 107 textos presentados, dos cales 50 optaron ao Álvaro Cunqueiro, 22 ao Manuel María e 35 ao premio Barriga Verde (20 na modalidade infantil e 15 na de adultos-).O galardón para Carmen Varela (Duomes de Arriba, A Baña, 1970) supón recoñecer "traballo requintado de preocupación estilística, a súa boa estrutura e a interesante construción dos personaxes que, detrás dunha aparente sinxeleza, mostran unha profundidade psicolóxica que individualiza os conflitos, á vez que proporciona unha perspectiva coral dos acontecementos". A autora concreta que As desterradas xorde da idea de escribir un texto teatral para unha das actividades da asociación do patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que a autora forma parte desde a súa fundación. A obra conta os últimos días do mosteiro de monxas benedictinas de San Salvador de Albeos, no actual municipio de Crecente, falando da a coroa de Castela e os mosteiros benedictinos de Galicia desde o punto de vista das perdedoras desta batalla desigual.Para o público adulto, o XIV Barriga Verde recaeu en Esther F. Carrodeguas, que escribiu unha "farsa esperpéntica" que tamén ten unha inspiración histórica.Neste caso, a autora parte dun episodio pouco coñecido da historia de Galicia, como foi a declaración da República Federal Independente da Illa de Arousa, durante unhas horas entre o 7 e o 8 de outubro de 1934, e bota man do teatro da cachiporra para propor unha reflexión sobre o absurdo da condición humana, a guerra, os enfrontamentos ideolóxicos e as mortes gratuítas.Pola súa banda, o autor e director teatral Carlos Losada-Galiñáns volve conseguir un dos premios literarios da Agadic, após ser o gañador en 2008 do Manuel María de literatura dramática infantil por 'Game Over'.
NOS_40570
BNG, AGE e PSdeG tildan de 'estafa' o discurso de investidura pronunciado esta terza feira por Alberto Núñez Feijóo. Para o voceiro parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, o candidato á presidencia da Xunta "compórtase como Dr. Jekyll e Mr. Hyde" entrementres para Xosé Manuel Beiras a sesión de investidura "insulta a intelixencia dos cidadáns" e mesmo podería ser comparada cos estudos de Víctor Klemperer sobre a manipulación da linguaxe durante o III Reich.
Os grupos da oposición rexeitaron a maior no discurso de investidura desenvolvido esta terza na rúa do Hórreo. Dos tres grupos que compoñen a Cámara --a máis do PP-- ningún deles apoiou as verbas pronunciadas polo candidato á presidencia da Xunta e dá boa conta do que podería acontecer a vindeira quinta feira cando se produza a votación. BNG, AGE e PSdeG concordaron en que o discurso co que Alberto Núñez Feijóo se presenta candidato a liderar o executivo galego podería ser comparado con personaxes da literatura internacional, con afamados estafadores ou mesmo coa linguaxe tendenciosamente manipulada que se desenvolveu na Alemaña nazi. Non conta o dos Peares con boa sona entre a oposición. Os catro anos do seu anterior mandato deixaron para a historia moitos incumprimentos e unha política baseada na austeridade que foi duramente criticada desde as bancadas da oposición. Neste senso, o discurso pronunciado por Feijóo esta terza foi comparado con diversas personaxes históricas coas que as demais forzas políticas quixeron describir os postulados do presidenciábel 'popular'. Francisco Jorquera: "Feijóo compórtase como Dr. Jekyll e Mr. Hyde"O voceiro nacionalista acusou a Alberto Núñez Feijóo de comportase como a famosa personaxe da literatura inglesa, escrita por Robert L. Stevenson. Segundo Jorquera o discurso do candidato á presidencia da Xunta foi "grandilocuente, autocomplaciente, sen sensibilidade social nin ambición nacional", pois malia a intentar inicialmente facer ver que a súa preocupación eran os problemas da cidadanía evidenciou, para @s nacionalistas "a súa total e absoluta obsesión pola política da mal chamada austeridade, que só agrava estes problemas". Aliás, Francisco Jorquera denunciou após a sesión de investidura que, ao igual que acontecera na anterior lexislatura "veu aquí a vender fume" pois, dixo, "naquel debate anunciou 135 plans, programas ou novas leis que todas se revelaron total e absolutamente inconcretas e inútiles para saír da crise". O BNG preguntará á Mesa do Parlamento por que a CRTVG non emitiu as intervencións da oposición O grupo nacionalista denunciou, asemade, que a televisión pública "censurase" as intervencións dos partidos da oposición durante a retransmisión do pleno, "un feito sorprendente que contrasta co funcionamento habitual de calquera televisión pública en debates destas características", aseguraron as deputadas Montse Prado e Ana Pontón. Aliás lamentaron que a CRTVG "siga mantendo unha liña de actuación que claramente está situada na ocultación da pluralidade" e continúe a se comportar como un "apéndice ao servizo do goberno". Xosé Manuel Beiras: "O discurso supera a miña capacidade de asombro"O voceiro de AGE interviu perante os medios de comunicación "indignado" co discurso de investidura pronunciado por Alberto Núñez Feijóo do que dixo foi "un combinado de desprezo pola intelixencia, de desprezo polos cidadáns; de intentar venderlles caramelos tóxicos envolvidos en papelitos de cores para que a xente con menos capacidade de descifrar as cousas siga sendo embaucada". Neste senso, Beiras comparou as verbas pronunciadas polo presidente en funcións coa obra de Victor Klemperer, LTI (A lingua do terceiro Reich) en que o autor xudeu analizada a manipulación da linguaxe na Alemaña nazi, pois dixo, "Feijóo insulta a intelixencia dos cidadáns". Aliás, afirmou sentirse "conmovido" perante o que calificou como "absolutamente tráxico". Abel Losada: "É como Victor Lusting que foi capaz de vender a Torre Eiffel dúas veces"O portavoz do grupo parlamentar socilista considerou que ao igual que Lustig, o presidente en funcións "agochou que Galiza está hoxe peor que hai catro anos" e denunciou que co seu discurso de investidura tentara "encubrir un ataque fortísimo aos servizos públicos esenciais que non lles quere contar aos galegos e galegas". Losada asegurou ter experimentado un déjà vu coa intervención de Núñez Feijóo en que achegou "moita retórica e ningunha solución". Aliás, retrucou ao Partido Popular por arrogárense a "paternidade política" da comisión de investigación sobre as caixas, dixo, "cando o PP rexeitou a solicitude dos socialistas hai mais de un ano".
NOS_56045
O artigo O segredo mellor gardado levou a primeira edición do premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey do Concello de Fornelos de Montes. É obra do escritor e colaborador de Sermos Xoán Carlos Domínguez Alberte (Ramirás, 1966). Cunha prosa tensa, repasa a vida dun avó que combateu por defender as liberdades, "a xustiza social e os seus inmorrentes ideais".
"Non vivimos nunha democracia normalizada. As vítimas nin sequera puideron verbalizar" a súa condición de vítimas, denuncia a respecto das dificultades para recuperar o relato do antifascismo. Domínguez Alberte, que prepara un libro de poemas para Galaxia, vén, a maiores, de entregar un ensaio á revista A Trabe de Ouro: Senlleiros e esquecidos, sobre a represión na Terra de Celanova. O 5 de novembro, en Fornelos de Montes, recollerá o galardón. -O avó que protagoniza o artigo existiu? -Si, existiu, e existiu ate non hai moito tempo. O texto baséase en fontes de memoria oral moi achegadas a min. E a área de incidencia é a miña bisbarra, a Terra de Celanova, onde teño traballado durante décadas sobre a memoria histórica. -A que se debe o medo á memoria? -Débese, evidentemente, ao círculo vicioso de políticas, leis, tribunais e medios de comunicación que se retroalimenta. Vémolo agora co que sucede en Catalunya. A base do sistema en que vivimos foi pactada co franquismo. E eu insisto, así o escribín moitas veces en Sermos e noutros lugares, non estaremos nunha democracia real ate que a dereita rexeite e repudie o franquismo. -Mais ese medo non é unicamente da dereita, senón, nalgúnha medida, social. -É que xente como este avó do artigo, que padeceron moito, que sufriron, nunca puideron falar destes temas. Amais de seren vítimas, non puideron verbalizalo. Non vivimos nunha democracia normalizada. Ao contrario que noutros países europeos, o fascismo non foi repudiado. Seguimos cos mesmos dirixentes, que se foron sucedendo uns aos outros desde o franquismo. Quedou todo atado e ben atado. -E, ao seu ver, para que serve recuperar a memoria histórica? -É fundamental para dar a coñecer a verdade á xente nova, e non tan nova, para construír un mundo novo diferente do que vivimos e para que non se volvan cometer os erros que se cometeron. E nese punto é moi importante a escola, como reivindico no artigo, unha escola libre e laica. -Os ideais republicanos. -Claro, porque a República era a democracia real, popular. -Que lle di Manuel Lueiro Rey, o escritor que dá nome ao certame que vostede gañou? Non é unha figura, de certo xeito, esquecida? -Como tantas outras figuras fundamentais da nosa cultura. Porque el foi un personaxe que non se deixou corromper e sempre defendeu os valores da República. Lueiro, amais de escritor, fixo un xornalismo libre, independente e intelixente. Como Roberto Blanco Torres, sobre o que tamén teño investigado, ou como o meu paisano Curros Enríquez. -Escritores metidos a xornalistas. -Si, cultivaron a cotío o xornalismo como voz en defensa das liberdades e a xustiza social. Necesitamos ese xornalismo, sobre todo na sociedade en que vivimos.
NOS_41622
A próxima segunda feira, 1 de abril, conmemórase o Día das Artes Galegas, que este ano se lle dedica a Luís Seoane. É por iso que abrimos a edición número 340 do semanario en papel Sermos Galiza cunha reportaxe sobre a obra do artista.
Fechamos un novo número do semanario en papel Sermos Galiza, que suma 340 edicións. Nesta ocasión, dedicámoslle a capa e o Tema de Primeira, a coñecer a obra espallada de Luís Seoane, a quen se lle homenaxea co Día das Artes Galegas o próximo 1 de abril. Intelectual inconmensurábel e polifacético, exiliado, militante da esquerda e o nacionalismo, poeta e facedor de libros, deseñador e debuxante, a súa pintura situouno entre os máis avanzados artistas galegos do século e nun imbatíbel renovador da materia. Continuamos cunha reportaxe sobre as publicacións feministas que viron a luz na Galiza e que agora recompila o Consello da Cultura Galega e tamén debullamos a visión antropocéntrica da medicina coas médicas Lola Ferreiro e Flora Miranda. En Economía publicamos unha conversa con dous afiliados da CIG polos seus 25 anos de vida. Así, facemos de testemuñas no diálogo que manteñen Vitorino Ares e Maca Rodríguez sobre o sindicalismo. En Política recollemos dúas análises, unha sobre a desaparición de Galiza na precampaña das eleccións xerais e outra sobre a situación política en Oleiros, no marco das informacións publicadas en que examinamos as perspectivas electorais nas cidades e vilas con máis poboación do país. Na sección sobre internacional, retrocedemos oito anos para poñermos o foco no comezo da guerra en Siria e analizamos o contexto actual. Fóra de Serie abrímolo cunha reportaxe sobre o disco-libro da AS-PG e da Mesa pola Normalización Lingüística Pondaliana, con 15 poemas de Pondal musicados. Ademais, publicamos unha entrevista cos libreiros Xesús e Pablo Couceiro, cuxa libraría vén de facer 50 anos. A respecto das críticas, esta semana Mario Regueira analiza Non trabes na lingua, de Antón Cortizas, e Andrés Castro fai o propio co filme The Guilty. En Letras Miúdas, Montse Pena Presas debulla o novo libro de Eva Mejuto, Memoria do silencio e o colectivo XEA lévanos, desta vez, á carballeira de Xesta, na serra do Suído. Ademais, en Das africanas praias, Xoán Costa dános a coñecer Khédija Gadhoum e Pepe Barro relátanos como se creou o primeiro deseño do "Cuponazo". Xulio Carballo publica a terceira entrega de "A banda deseñada no ensino". O selfie protagonízao a deseñadora Elga Fernández Lamas. Fechamos o Fóra de Serie co almanaque de abril, cortesía da AS-PG. En canto á opinión, publicamos os artigos de David Otero e de Marga Do Val, que acompañan os cadriños de Tokio e Nacho Hortas e a unha nova publicación de "A ollo nu", asinado por Xoán Costa e titulado "Globe trotters polo Estatuto". [O número 340 de Sermos Galiza sae á venta na tarde da cuarta feira na loxa e a partir da quinta nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_8621
O PP amósase disposto a que unha representación das persoas afectadas pola estafa das antigas caixas explique "a súa situación" na comisión de investigación do Parlamento sobre a xestión das entidades. A oposición reclama abondosa documentación interna das malogradas Caixa Galicia e Caixanova.
Custoulles moitas horas de rúa, peches, protestas e expulsións pero finalmente unha representación das persoas afectadas polas participacións preferentes poderá explicar, en primeira persoa, o que lles aconteceu nunha sesión do Parlamento de Galicia. Non será nunha sesión plenaria no hemiciclo do que foron expulsados cando a súa tensión deu en rebentar o pasado decembro, senón nunha reunión da comisión de investigación que indagará no entramado financeiro das malogradas Caixanova e Caixa Galicia, no seu proceso de fusión e na xestión dos seus responsables. Á espera de que este órgano parlamentario pacte un plan de traballo definitivo o voceiro do PP na Cámara, Pedro Puy, avanzaba na mañá deste luns que o grupo conservador aceptará que os preferentistas tomen a palabra. Mentres os grupos ultiman as súas propostas de plan de traballo Puy asegura que a súa formación está diposta a que os labores da comisión sexan "amplos" no que atinxe á documentación a tratar e á nómina de persoas comparecentes, que ademais das afectadas polas preferentes incluirá tamén responsables políticos galegos e estatais e comparecentes de perfil máis técnico. Eles, din, aceptará que acuda todos aqueles que teñan "algo que achegar aos obxectivos da comisión". Os preferentistas explicarán "a súa situación" na comisión de investigación Amplitude e "transparencia" é, precisamente, o que reclaman os grupos da oposicion, que non só apostan tamén por que as preferentes sexan tratadas escoitando as persoas estafadas, senón que tamén tentarán coñecer, agora si, algunha da documentación que levan reclamando dende que comezou o proceso de fusión das caixas. Este é o caso, por exemplo, da auditoría elaborada pola empresa KMPG por encarga da Xunta que auguraba boa saúde financeira e rendibilidade da caixa fusionada. O documento, reclamando en numerosas ocasións pola oposición, nunca foi remitido e agora os socialistas, avanza o seu voceiro, Abel Losada, volverano reclamar para que sexa tratado na comisión. No caso das comparecencias políticas o PSdeG tentará que cheguen ata o entorno do ano 2002, cando naceron as normas legais que ampararon a comercialización de preferentes. A oposición esixe copias da auditoría de KPMG e documentos sobre a xestión interna das antigas caixas Pola banda da AGE a súa pretensión é que a comisión "abra o foco político" ata converterse "nun grande xuízo á banca no que se depuren todo tipo de responsabilidades, dende a falta de control por parte da Adminsitración pública ata as condutas irresponsables e delitivas por parte dos xestores" das propias entidades. Así, por exemplo, Alternativa reclama "todas as actas dos concellos de administración" e doutros órganos reitores das caixas dende 2005 e toda a documentación que a Xunta elaborase sobre as entidades. Ademais, o grupo que encabeza Xosé Manuel Beiras reclama tamén a "relación nominal dos 100 impagados máis importantes" e dos "100 proxectos de investimento máis importantes". En canto ás comparecencias, esixirán que pasen pola Cámara, entre outros, José Luis Méndez, Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego ou a conselleira de Facenda. No caso do BNG a relación de documentos solicitados inclúe tamén as auditorías sobre a "situación patrimonial" das caixas, por separado e despois de fusionárense, os contratos laborais "e xustificacións de calquera liquidación ou pagamento por extinción da relación laboral" dos antigos directivos, ou documentos sobre as preferentes, entre os que reclaman "copia dos correos electrónicos remitidos pola dirección comercial de Caixa Galicia e Caixanova relativos á comercialización deste tipo de produtos". En canto aos comparecentes o Bloque quere que acudan ao Parlamento o actual presidente da Xunta e o seu antecesor, Emilio Pérez Touriño, o conselleiro de Economía do bipartito e a actual de Facenda, así como ex directivos, ex ministros de Economía e Facenda, representantes sindicais e membros das devanditas plataformas de afectados polas preferentes.
NOS_15211
A primeira fase do proxecto abrangue desde a Prehistoria ao Reino Suevo e terá continuidade na primavera cunha nova ampliación do espaxo expositivo.
"A idea dunha sala de Historia é un propósito do Museo do Pobo Galego desde a súa orixe", resume en declaracións a Nós Diario o director do centro, Manuel Vilar. Após 45 anos, esa vella aspiración comeza a facerse realidade. O Padroado do museo inaugurou onte as primeiras coleccións permanentes da sala 'Historia da Galiza' un proxecto que en palabras do seu presidente, Justo Beramendi, se desenvolveu unha vez completada a "dimensión etnográfica" do conxunto expositivo, un traballo que levou "máis anos do previsto pola pertinaz limitación de recursos dispoñíbeis". "Había outras prioridades e unhas necesidades que cubrir" cuns medios limitados, precisa Vilar. A raíz do 40 aniversario da institución, xurdiu a oportunidade de materializar ese anhelo inicial. "E estámolo facendo. Igual non á velocidade que nos gustaría pero estámolo facendo", reitera o director. Con esta iniciativa, o Museo do Pobo Galego busca ofrecer unha "visión xenérica" da Historia da Galiza. "Pretendemos que o visitante, galego ou de fóra, atope un lugar onde teña unha aproximación inicial á Historia da Galiza, un espazo que lle permita chegar máis lonxe a afondar en calquera interese incipiente" a propósito deste novo percorrido. Novos espazos e coleccións As novas salas dedicadas á Historia da Galiza son parte do edificio conventual, onde se localiza o museo. "A partir da primavera continuaremos coa a ampliación deste espazo expositivo cara a á sur do edificio de Bonaval, de cuxa restauración se ocupou o Consorcio de Santiago", explica Manuel Vilar, con novas coleccións permanentes dedicadas a ampliar o discurso histórico desde a época medieval até a actualidade. A primeira fase do proxecto que restaurou abrangue desde a Prehistoria ao Reino Suevo e acolle varias mostras permanentes que conteñen pezas, textos e vídeos explicativos. "A maioría dos fondos expostos son propios. Pertencen ao Museo do Pobo Galego. Mais tamén se exhiben pezas que se pediron a outros museos" co obxectivo de encher algúns baleiros e ofrecer ao público un discurso completo da Historia da Galiza até o século V. Segundo resaltou Justo Beramendi, "estas primeiras salas teñen moitos pais e nais", a Xunta da Galiza e a Deputación da Coruña, ademais do Consorcio de Santiago e dunha extensa lista de colaboradores entre os que se atopan persoas particulares e museos. É o caso do Museo Provincial de Lugo e do Castro de Viladonga, o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, o Museo do Castro de Santa Trega, o Museo das Peregrinacións e o da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Ás súas achegas hai que sumar outras como a reprodución do mapa de Fontán que dá a benvida ao público na porta de acceso ás novas salas, cedida por Xesús Couceiro, ou a música que acompaña algunha das pezas audiovisuais que xa son parte do museo, da autoría de Abe Rábade. No acto de inauguración da nova oferta expositiva, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, situou o Museo do Pobo Galego á cabeza da rede de museos antropolóxicos da Galiza e gabou a súa modernización. "Como repositorio central da nosa identidade ten que estar nas mellores condicións para seguir promovendo unha galeguidade aberta", dixo. Da Preistoria ao Reino Suevo A Historia da Galiza desde a Época Antiga e Sueva que vén de estrear o Museo do Pobo Galego artéllase en tres módulos e conta con 64 manifestacións artísticas e culturais. O centro avoga por un discurso moderno e máis audiovisual. Pero tamén por pezas de gran valor como a colección procedente do Dolmen de Argalo, en Noia, a agulla de óso de Punta Atalaia ou o vidro da Cidaella de Sobrado dos Monxes; ademais de ánforas, frechas e machados.
NOS_39267
A incidencia da Covid-19 mantense estábel sen máis indicios de mellora.
Galicia experimentou un novo alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 252 os pacientes Covid ingresados, o que implica 19 menos que a xornada anterior. Tamén caen os casos activos até os 2.575, moi perto do nivel de finais de agosto. Con todo, no arranque desta ponte de San Xosé, os novos contaxios rexistrados nas últimas horas soben a 188, a cifra máis alta nunha semana. Deles 172 foron detectados por PCR. Segundo os datos actualizados hoxe pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas desta quinta feira, permanecen en Unidades de Coidados Intensivos 55 pacientes Covid - dous menos- e 197 recupéranse noutras unidades -17 menos-. Hospitalizacións Así, na área de Ourense, seguen dous ingresados en UCI e soben a 20 os que se atopan noutras unidades de hospitalización -tres máis-; mentres que na de Santiago e O Barbanza baixan a cinco o críticos -un menos- e a 19 os doutras unidades -dous menos-. Tamén na área de Ferrol redúcense a seis os pacientes Covid en UCI -un menos- e descenden a 14 os que están noutras unidades de hospitalización; mentres que na de Lugo baixan a catro os ingresados en UCI -uno menos- e mantéñense en 15 os doutras unidades. Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés baixan a seis os pacientes Covid en UCI -uno menos- e mantéñense en 11 os que se atopan noutras unidades; mentres que na de Vigo soben a 12 os críticos -dous máis- e baixan a 43 os doutras unidades -catro menos-. A área Coruña e Cee segue á cabeza en número de hospitalizados, mais baixa do centro. Atende 20 pacientes Covid en UCI, sen cambios, e 75 noutras unidades -oito menos-. Menos casos activos máis contaxios Os casos activos de Covid-19 volveron descender na Galiza lixeiramente até os 2.575, o que supón 11 menos que a xornada anterior. En xeral redúcense en catro das sete áreas sanitarias. Soben en Lugo, onde pasan de 205 a 210; Ourense, onde soben de 155 a 162, e en Vigo, onde aumentan en tres, até os 487. En canto aos novos contaxios, o Sergas detectou en 24 horas 188 infeccións por coronavirus fronte as 146 da xornada anterior. A Coruña con 59 novos positivos e Vigo con 46 rexistraron as maiores deteccións. Falecementos Até a data curáronse da Covid-19 na Galiza 110.601 pacientes. Pola contra, desde o inicio da pandemia faleceron 2.315 persoas diagnosticadas con coronavirus, após o últimas cinco vítimas notificadas na noitiña desta quinta feira polas autoridades sanitarias.
NOS_54261
Ducias de manuscritos medievais europeos –dende Francia até as terras escandinavas, e dende Inglaterra até Italia– plasman unha realidade socio-política galega diferente á que, dende a Península, se nos foi imbuíndo pola forza do castigo e do desprezo. Quer en crónicas históricas, quer en textos literarios, o noso país diferénciase perfectamente de España. E bo exemplo disto certifícase na obra dun dos trobadores máis destacados de Brabante e Flandres: Adenet le Roi.
Que saibamos, Adenet le Roi é autor de catro obras literarias, tres delas cancións de xesta e outra, un extenso relato de cabalería. Quizais a primeira en ser elaborada é a que leva por título Bueves de Commarchis, séguelle Les enfances d'Ogier le danois (As infancias de Ogier o danés) e Berte aux grans piés (Berta a dos pés grandes). Segundo John L. Grigsby, Li romans de Cléomadès é a única que se pode datar con certeza, considerándoa de 1285. O autor: Adenet le Roi Grigsby encadra a vida de Adenet entre 1240 e 1300, pouco máis ou menos, se ben o último dato que dispomos do poeta é de 1297. Segundo parece, o primeiro dos seus mecenas, que morre en 1261, foi Henri III "O Piadoso", duque de Brabant e Basse-Lotharingie. Del non só obtén sustento senón, ademais, educación e instrución literarias, acadando tan bo creto que pasa a ser o xefe ou rei dos seus trobadores (chef ou roi des ménestrels). A partir de entón a súa carreira profesional discorre nas estancias nobres do futuro conde de Flandres, Gui de Dampierre, ao que acompaña –segundo consideran algunhas voces– á cruzada que Luís IX de Francia promove en Túnez (1270). Estivese ou non nesa contenda bélica, que resultou ser un verdadeiro fracaso e na que o monarca falece da peste, si figura con Dampierre en Sicilia e na Península Italiana, o que lle serve a Adenet para ambientar os seus textos literarios. Aínda que habitual da corte francesa, continúa ao servizo dos condes de Flandres, pero sen privarse de visitar de cando en vez a abadía de Saint-Denis co propósito de consultar os anais que alí se custodian. A obra: Cléomadès O poeta neerlandés Andries Hendrik van Hasselt cualifica o seu predecesor como un dos máis importantes do seu tempo, malia non contar cun recoñecemento proporcional á súa calidade literaria. Sinala o biógrafo, dende as súas contribucións á Bibliographie nationale de Belgique, que nunha das visitas á casa real gala coñece a Branca de Francia, irmá do soberano e que dende 1275 fica viúva do infante Fernando de la Cerda, fillo de Afonso IX "O Sabio". Branca e a raíña María de Brabante proporanlle a Adenet que escriba aquela composición poética que logo se ha titular Cléomadès, de certo a máis importante das obras do trobador. Porén, con que motivaron aquelas damas ao poeta? A resposta tráenola de novo Grigsby ao afirmar que Branca, nora de Afonso IX "O Sabio", puido ter ouvido certas lendas da Mil e unha noites chegadas dende países musulmáns á corte castelá, nomeadamente aquela do cabalo de ébano que, ao galope, sucaba os ceos. Na novela, cinco reis veciños do español –movidos pola envexa– están en guerra continua con Marcadigas. Dicíanse: Garsianis, rei de Portugal; Bondar le Gris, rei de Gascuña; Galdas des Mons, señor de Tolosa; Agambart le Long, rei de Aragón; e Sormáns le Roux, rei da Galiza De Cléomadès –obra que na orixe buscou ser épica e que logo remata sendo unha novela romántica de aventuras composta en versos octosilábicos– consérvanse 16 manuscritos, algúns de forma fragmentaria, esparexidos por Berlín, Berna, Bruxelas, Colonia, Cracovia e París. Nesta última cidade son dez os custodiados entre a Bibliothèque nationale de France e as do Arsenal e o Instituto francés. Mais para a descrición da obra valoraremos a copia manuscrita 1456 daquela biblioteca nacional, elaborada no primeiro terzo do S. XIV. Ademais teremos en conta a bibliografía oportuna, sendo fundamental a do referido Hasselt. O manuscrito, de 150 folios redactados a dobre columna e iluminado por 25 miniaturas, comeza na época do emperador Diocleciano (f. 2v) e narra a historia de Marcadigas, fillo do rei Caldus de Sardeña, que se fai co trono de España ao casar coa agarimosa e xenerosa Inabel (ou Sabela), sucesora deste último reino. O matrimonio consegue varios fillos e envía o varón, Cléomadès, a diversos recunchos de Europa, sobre todo a Francia –terra de honra e cortesía–. As fillas, belidas e boas mozas, chámanse Elyador, Féniadisse e Marine, sendo esta última a de maior simpatía. Curiosamente, cando xa son rapazas casadeiras, cinco reis veciños do español –movidos pola envexa– están en guerra continua con Marcadigas. Dicíanse: Garsianis, rei de Portugal; Bondar le Gris, rei de Gascuña; Galdas des Mons, señor de Tolosa; Agambart le Long, rei de Aragón; e Sormáns le Roux, rei da Galiza. Marcadigas, na busca dunha rápida solución, pois os conflitos bélicos van en aumento, propón un único combate contra algún dos seus rivais, mais estes consideran que o español talvez poida gañar, polo que ofrecen unha outra alternativa malia teren en conxunto un exército maior: baterse en batalla xeral. Logo de ser aceptada, chegan novas ao príncipe de España (Cléomadès) que por aquel entón fica en Francia. Retorna ao seu país e, malia as reticencias do seu proxenitor, encabeza os exércitos e conta coa axuda do seu pai e doutros cabaleiros (Fercatas e Heyadas). Os insurrectos reis de Aragón, Galiza, Gascuña, Portugal e Tolosa vense obrigados a se agruparen pois o español íalles sacando vantaxe. O masacre das tropas, tal e como parafrasea Albert Henry en Les œuvres d'Adenet le Roi, dura dende a mañá até a noite. Por ese tempo, hai en África tres reis ben levados que, ademais de coñeceren os segredos da nigromancia e da astronomía, saben da beleza das fillas de Marcadigas. Canda o aniversario deste, os análogos africanos agasállano con incríbeis presentes. Comenta H. S. V. Jones que o chamado Mélocandis lle entrega un trompetista de ouro; Baldigant, unha galiña con seis pitiños do mesmo metal precioso; e Crompart, un cabalo de ébano que podía ir tan rápido coma unha frecha. Agradecido, Marcadigas ofréceslles que pidan o que gusten, polo que axiña preguntan polas súas fillas. Agás Marine, as maiores están satisfeitas cos seus pretendentes, pois a cativa comproba a fealdade de Crompart e Cléomadès, o seu irmán, oponse ao matrimonio e promételle protección. Este, por outra banda, verifica as calidades do cabalo máxico e co tempo aprende como funciona. Porén, as nupcias de Mélocandis e Baldigant coas infantas españolas adíanse de xeito indefinido. A novela ofrece fantásticos e distintos escenarios, polo que os episodios discorren por multitude de lugares (Sicilia, Venecia, Grecia, Salerno, Sevilla...). Como desenlace final celébranse unhas cinco vodas, pois ademais de casaren as tres irmás do protagonista (Elyador e Féniadisse cos reis africanos Mélocandis e Baldigant; e Marine con Méniadus), o príncipe Cléomadès celebra os seus esponsais con Clarmondine, filla do rei da Toscana; e a raíña de España –cuxo marido falece ao longo da historia–, co rei Carmant. Como acontece con tantas obras literarias europeas dos séculos XII ao XIV, fundamentalmente, os reinos galego e español diferéncianse de forma nidia. Posúen naturezas xurídicas, territoriais, idiomáticas e culturais propias Garsianis: rei de Portugal Como acontece con tantas obras literarias europeas dos séculos XII ao XIV, fundamentalmente, os reinos galego e español diferéncianse de forma nidia. Posúen naturezas xurídicas, territoriais, idiomáticas e culturais propias. Por outra banda, na obra de Adenet le Roi resulta curioso que o fantástico rei de Portugal leve o nome de Garsianis, o que nos fai lembrar –houber ou non intención do autor– aquel monarca chamado García II (que tanto renome tivo na literatura medieval dos países nórdicos) e que foi rei da Galiza e de Portugal entre os anos 1065 e 1071, dous séculos antes de que Adenet escribise a obra que vimos de comentar. Cómpre, así e todo, facer unha aclaración. Portugal na época de García era un dos condados galegos, mais sería este monarca quen se intitule por primeira vez rei tamén da emerxente nación portuguesa. Sormáns le Roux: rei da Galiza No que afecta ao fantástico rei galego Sormáns, alcumado "O Roxo" por mor da cor do seu cabelo, aparece nomeado en varias ocasións ao longo da novela, concretamente en sete. A primeira é cando se describe a quinta batalla, estabelecida entre o rei español e o galego. No folio 6v do sinalado manuscrito recóllese así: "La quinte [bataille] ot roy Sormans li Rous / cil estoit le plus fel de tous / et qui plus savoit de malice / Rois fu du regne de Galice / par lui fu premier commencié / Icele guerre et atisié" (f. 6v). Isto podémolo entender como: "A quinta [batalla], co rei Sormáns 'O Roxo'. / Este era o máis felón de todos. / Quen coñecía máis a malicia / foi rei do reino da Galiza. / Para el, esta era a súa guerra / acendida e primeira". Noutros capítulos, vemos a Sormáns en Sevilla, xusto o día no que chega Bondar le Gris, rei da Gascuña: "Celui iour meismes avint / que le roy Sormans le Roux vint / A Sebile, et Bondar le Gris" (f. 134v). Incluso figura ao final do relato, no banquete de vodas de Cléomadès e Clarmondine. A el asisten moitas persoas da alta sociedade e de numerosos países, así como tamén os cinco reis que atentaran contra o monarca de España e que polo príncipe foran derrotados. Tales rebeldes soberanos van acompañados das súas respectivas mulleres. Da do galego diríase que era ben entrañábel: "Et la fame le roi Sormans / I sist, qui moult iert avenans" (f. 140r). As armas do rei galego Noutro momento, descríbense as armas que usa o rei da Galiza. Deste xeito quedan indicadas: "Armes portoit moult desguisées / Sormans li Rous, mais devisées / les vous aurai assez briément / l'escu d'or à I vert serpent / portoit, et ot eles vermeilles / le serpent, et bleues oreilles, / et ot aussi la teste bleue / si ot blans piez et noire queue / ci erent les armes vraiement" (ff. 6v-7r). De interpretarmos os versos, estes virían a indicar algo semellante a isto: "Leva armas moi adornadas / Sormáns 'o Roxo', mais teriádelas / suficientemente descritas en poucas palabras: / o escudo de ouro unha serpe verde / levaba, e coas ás vermellas / a serpe, e azuis as orellas, / e tamén coa testa azul, / cos brancos pés e a cola negra / eran estas as súas armas, verdadeiras". Deste e doutros brasóns imaxinarios descritos nos folios iniciais da obra xa trataron varios autores, cando menos o poeta occitano Bernat Manciet (en Le golfe de Gascogne) e Arthur de Marsy, director da Sociedade Francesa de Arqueoloxía, cando aborda Le langage héraldique au XIIIe siégle dans les poèmes d'Adenet le Roi (1882). Aínda que este dragón lle faga lembrar a Manciet aquel da batalla de Carohaise, que aparece en textos artúricos; aínda que o dragón vermello na matière de Bretagne simbolice os bretóns e o branco aluda aos saxóns (tal e como achega Lise Fuertes-Regnault); nós –pola nosa parte– vémoslle certa semellanza con aquela serpe alada e verde que, nun campo de ouro e dende a primeira metade do século XVII, se pretende vincular co antigo reino galego dos suevos. E que conste que o escudo portugués xa tiña un dragón como cimeira no solpor do medievo. Aínda que oculto parcialmente polos corpos dos combatentes, o brasón deixa intuír a figura dun ser fantástico de rabo negro, gadoupas brancas e ás vermellas. Velaquí identificamos a bretemosa imaxe de Sormáns le Roux, un dos nosos reis literarios galegos Interesantes, como sinalamos, resultan todas as miniaturas, mais cremos procedente describir a do folio 7r. Nela recréase a batalla do príncipe de España cos indomábeis reis da Galiza, Portugal, Aragón, Gascuña e Tolosa. Porén, só se perciben con certa nitidez dous brasóns: un provisto de tres coroas reais (vinculado co soberano español), e o león rampante de Bondar le Gris (rei da Gascuña). Detrás das dúas figuras ecuestres plásmanse outras catro, unha das cales, ás costas do príncipe Cléomadès, terma da espada e do escudo. Aínda que oculto parcialmente polos corpos dos combatentes, o brasón deixa intuír a figura dun ser fantástico de rabo negro, gadoupas brancas e ás vermellas. Velaquí identificamos a bretemosa imaxe de Sormáns le Roux, un dos nosos reis literarios galegos, eses reis –os únicos marabillosos– que dende a literatura certifican que Europa soubo subliñar ao longo do medievo a nosa propia identidade nacional. Familias literarias Unha das investigadoras que mergullou na obra Cléomadès é Meritxell Simó (dende a Universitat de Barcelona). Afirma a profesora que esta novela garda certa semellanza –sobre todo no esquema lírico-narrativo– co Roman de la Rose, poema francés escrito por Guillaume de Lorris (entre 1225 e 1240) e Jean de Meung (entre 1275 e 1280). Ademais, sinala que tanto o Cléomadès de Adenet le Roi como o Meliacin de Girart d'Amiens narran no substancial unha mesma historia aínda que mudan os escenarios e os personaxes. Outros "espellos literarios" tamén foron advertidos por Andries H. van Hasselt nos anos sesenta do século XIX, por iso denuncia que o romance Valentin et Orson, clasificado dentro do Círculo Carolinxio e composto entre 1475 e 1489, sexa unha ordinaria falsificación (ou contrefaçon grossière) da obra de Adenet. Así e todo cumpriría precisar un pouco, pois aínda que esta última conteña episodios nos que aparece o cabalo voador de Las mille et une nuits, os personaxes son ben distintos. Tanto é así que incluso aparece un xigante chamado Ferragu de Portugal. A bandeira dos suevos Durante os séculos V e VII goberna o Galliciense Regnum unha dinastía de monarcas de orixe sueva. Descoñecemos como sería exactamente o estandarte que puideron empregar, xa que non se conservan restos materiais del. Porén, nun memorial de 1669 presentado polo cabido da Catedral de Lugo á Xunta do Reino da Galiza afírmase que "(...) de aquí tubo prinçipio y se originó borrar el dragón berde y león roxo (armas de los Reys suevos que al tiempo tenían en este Reyno su corte), y trasladar al dorado campo del escudo de sus armas la ostia, dentro del basso sacramental (...)". Un século despois, no maior compendio heráldico escrito até entón en castelán, a "Ciencia Heroyca Reducida a las Leyes Heráldicas del Blasón" (1725) de Joseph de Avilés e Iturbide, afírmase que: "Los Reyes Suevos, que reynaron en España à la parte de Galicia en los años de quatrocientos y doze de nuestra Redempcion, traían por insignias en sus Escudos (...) un Dragón verde".
PRAZA_11892
O catedrático de Comunicación da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid estivo na Coruña convidado pola Rede Robin Hood. Experto en redes e movementos sociais, salienta que o 15M "quebrou o sistema, porque se negou a entrar no antagonismo de 'estás comigo ou en contra de min' e que levou nestes trinta anos a unha alternancia de discursos políticos e xornalísticos que no fondo eran o mesmo".
Víctor Sampedro (Viveiro, 1966) combina con brillantez e coherencia a súa faceta académica (Catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política) coa faceta activista (membro da Tabacalera de Lavapiés e do colectivo Propolis). Estivo na Coruña convidado pola Rede Robin Hood á serie de conferencias sobre dereitos sociais, para falar da relación entre o xornalismo e o movemento 15M. Para Sampedro, o máis salientable do 15M foi o seu carácter masivo, e ao tempo, de ruptura, con milleiros de persoas "que se autorrepresentaban, con demandas hexemónicas e que gañaron un espazo público liberado". Xente, dixo, "que conderabamos que non tiña política dentro, que manexaba un discurso distinto, distinto ao noso e ademais, incomprendido polos profesionais da esfera pública". Para Sampedro, supuxo a certificación da fin da Cultura da Transición, de consenso feitos de costas ao público. Para Sampedro, "a principal achega do 15M á cultura política reside en abrir un espazo público libre e incontrolado. Sen formato preestablecido xera en asembleas un discurso emancipador. Son procesos de xestación e expresión política colectivas, publicitadas en tempo real. Se auto-representan quen non delegan a súa voz nos portavoces profesionais, políticos e xornalistas". O catedrático asegura que a cidadanía se dotou de artefactos políticos e medios de expresión, que son propios e autoxestionados: asembleas e redes telemáticas descentralizadas, "a súa autonomía e horizontalidade son criticadas polos medios, a pesar dos matices, cunha defensa corporativa". Sampedro conclúe que "en apenas uns meses o 15M redefiniu a disidencia permisible e a hexemonía, o disputable e o consensuado. Impugna a Transición por non acometer unha rexeneración e por instalar unha democracia de baixa intensidade" As audiencias recean dos medios de comunicación? Estamos nun momento moi curioso: os suxeitos que eran detentadores da liberdade de expresión eran os xornalistas, os que cobraban un salario por comunicar, e cobraban ese salario por facer de contrapoder, por ver que había detrás dos biombos e desfacer a imaxe pública creada polo poder. Para garantir unha competición democrática aberta, que fose sobre evidencias e non sobre aparencias. O que sucedeu foi que a mercantilización da noticia converteuna nun relato contaminado e contaminante no que a persuasión se disfraza de información, porque é ese disfrace o que fai esa persuasión moito máis potente. Aí había un pacto, que agora está roto. Os xornalistas sufriron unha progresiva precarización e un desempoderamento progresivo. E o resultado é que o seu traballo perde valor. Como alternativa, resulta que xorde unha cidadanía, que está máis empoderada e que comeza a comunicar ao mesmo nivel. O mellor exemplo disto é Wikileaks. Como afectou Wikileaks aos medios convecionais? Wikileaks non só recupera o crédito e o papel de xornalistas e empresas, senón que conseguiu que os xornais que publicaron as filtracións subisen moito as súas vendas. Un xornalista é hoxe o director dunha orquestra de jazz, que debe ordenar moitos fluxos, permitindo que a xente do público colla un instrumento e toque Como se pode recuperar a conexión entre xornalistas e cidadáns? Hai que abandonar o enfrontamento entre a clase profesional e as audiencias e buscar un pacto, que non é outro que o orixinal. Un pacto no que o xornalista non ten como misión convencer a ninguén de nada, senón amosar unha realidade que considera que é de interese, un interese non medido no impacto, senón na relación que ten cos intereses reais do lector, a curto e a longo prazo. Agora xa non é un proceso unidireccional de emisión-recepción. Agora o valor dun xornalista xa non é a súa axenda e os números de teléfono das fontes segredas e exclusivas. O valor do xornalista hoxe é a forza do discurso social, tal e como se manifesta nas redes sociais, nas colaboracións, nas análise colaborativas, na redifusión... Levalo á praxe, convertelo nun proxecto xornalístico concreto é urxente, é imprescindible, porque hai moito público que xa está facendo cousas que precisan do traballo do xornalista na sociedade actual: ordenar as axendas do debate, limpar o superfluo, expulsar da esfera pública o mintireiro e o carente de ética. Un xornalista é hoxe o director dunha orquestra de jazz, que debe ordenar moitos fluxos, permitindo que a xente do público colla un instrumento e toque. Estase producindo un proceso de desafección lenta e continuada dos grandes medios? Estamos nun momento no que os grandes saurios da comunicación, nunca mellor dito porque viviron moito dos fondos de reptís, non están renovando audiencia. E iso significa que teñen un problema de oferta, non hai un problema de demanda, porque a xente está consumindo información en cantidades inxentes. Hai especies que van morrer, porque non se van adaptar. É coma os grandes mamíferos mariños e o plancto; por moito que as baleas devoren e devoren, sempre vai haber plancto. Hai que facer proxectos de simbiose; a información que está creando e difundindo a xente da base da sociedade é puro procomún, hai moito máis coñecemento fóra das redaccións que dentro, como é obvio. Un pacto de credibilidade? Si, é un pacto de credibilidade, porque a credibilidade da túa audiencia é o principal valor dun medio de comunicación. E iso non pode ser posto en risco nunca máis polo crédito dos mercados, nin polo populismo barato da prensa sensacionalista. Unha das cousas máis bonitas do 2011 foi a caída do neopopulismo informativo que representaba Murdoch. Esta xente quebrou o sistema, porque se negou a entrar no antagonismo de 'estás comigo ou en contra de min' e que levou nestes trinta anos a unha alternancia de discursos políticos e xornalísticos que no fondo eran o mesmo Neste proceso, 15M mediante, nos medios e na política asistimos á caída dos pactos consensuais da Transición, non si? Do 15M hai que entender, sobre todo, que supuxo a ruptura dos pactos da Transición. Se os partidos e os medios non entenden isto, van morrer. O 15M o que supuxo, sobre todo, foi que o PSOE perdese máis de catro millóns de votos, e catro millóns de votos que estaban apelando ao auténtico consenso constitucional: que haxa unha esfera pública aberta, igualdade de oportunidade electorais, unha economía social por riba dos mercados... Esta xente quebrou o sistema, porque se negou a entrar no antagonismo de 'estás comigo ou en contra de min' e que levou nestes trinta anos a unha alternancia de discursos políticos e xornalísticos que no fondo eran o mesmo, porque eran pura retórica, un pacto. Pero un pacto de desmobilización. A cidadanía demanda uns novos artefactos xornalísticos que precisamente dependan e cuxa forza emane só desa sociedade civil. O 15M rachou fronteiras e valados, xerou novos espazos transfronteirizos achegou novos activistas para vellas ideas e viceversa? O novo xornalismo ten que ter en conta que os temas xa non están delimitados polas fronteiras do Estado-nación ou das nacións sen Estado, ten que ser transfronteirizo e 'trans' en todos os aspectos: transcultural, transxeracional, ten que ser glocal. Xa no serve con controlar o poder que tes máis cerca. Temos que atender aos actores internacionais de estruturas diseminadas e horizontais, ás redes de profesionais que colaboran entre si, ás redes públicos activos. Nunca as redes foron tan visibles: están aí e só hai que dirixirse a elas. Páxina persoal de Víctor Sampedro Rede Robin Hood Propolis La Tabacalera
NOS_30268
Co 95% do voto escrutado, a coalición até o de agora gobernante (Nova Democracia e Pasok) non terían o respaldo suficiente para reeditar o pacto e levar adiante o plan de novo rescate para Grecia que impulsan FMI e UE.
A crise non leva por diante só gobernos, senón mesmo a representatividade tradicional dun páís.É o que vén de acontecer en Grecia, onde o bipartidismo conservadores/socialdemócratas imperante desde a restauración democrática do 1974, voou polos ares. O noutrora poderoso Pasok (socialdemócrata) caeu até a terceira posición, atinxindo 41 deputados e sendo superado non só polos gañadores (Nova Democracia, conservadores, con 109 escanos) senón tamén pola Coalición de Esquerda Radical Syriza, que con 48 deputados é a segunda forza prlamentaria de Grecia. Gregos Independentes, con 30 deputados, e Aurora Dourada (en torno a 20) representan as formacións máis á dereita no novo hemiciclo heleno, sobre todo a segunda delas, de crácter filonazi e relacionada con agresións a inmigrantes, homosexuais e persoas de esquerda.Mais non fica aí a listaxe de fornacións que integran o parlamento grego. O Partido Comunista (KKE) atinxiu 26 deputados e Esquerda Parlamentaria, 19. Xa que logo, aquelas formacións de esquerdas (deixando de lado ao Pasok), sumarían perto do cento de deputados.A abstención rondou o 38%, sendo sinalada por moitos como a verdadeira vencedora das eleccións.
NOS_52873
Unha contribución ao papel das mulleres entre 1896 e 1936.
ACoruña, Vigo e Ferrol constitúen, xunto con Marín, os lugares emblemáticos da organización obreira protagonizada polas mulleres. Isto non quere dicir que a loita se circunscribise só a estes lugares, pois atopamos a implicación organizada das obreiras espallada por toda a nosa xeografía nacional. A folga das cigarreiras da Coruña de 1857 marca un fito e un despois no traballo sindical das traballadoras galegas que irá medrando paseniñamente pese as duras barreiras que se van atopando no camiño. Na localidade de Marín podemos falar do inicio do movemento obreiro feminino no mesmo intre en que nace a auto-organización proletaria na vila, estando documentada a súa presenza nas primeiras asembleas operarias de 1897. Anterior a esa data descoñécense conflitos laborais protagonizados por elas, aínda que a súa presenza está constatada nas protestas xeneralizadas polos impostos de consumo que se producen por toda Galiza. En 1885 as vendedoras de peixe de Marín, en contestación polas novas tarifas, decidiron improvisar unha praza no Campo de San Roque (Pontevedra) ameazando os que por alí pasaran se intentaban cobrarlles as taxas, queimando despois as instalacións. Dous anos máis tarde un balbordo de mulleres, ao berro de "Abaixo o arrendo!", lograron paralizar un pleno municipal en Marín que trataba o arrendo de consumos, obrigando a que unha comisión municipal fose a Pontevedra para arranxar o problema. Este é o avance do documental 'Galicia, 10 de marzo', dirixido polo cineasta Roi Cagiao Pese a estas circunstancias, non podemos pensar que a muller gozaba de liberdade e dereitos. O contexto social estaba marcado pola emigración, cambios industriais e por unha sociedade machista con abundantes casos de violencia de xénero e no que eran constantes as fuxidas de mulleres das súas casas, coas denuncias correspondentes dos seus maridos para que fosen apreixadas e as conducisen ao fogar marital. O drama social que provocaba ficar viúva, sobre todo no mundo mariñeiro pola situación de pobreza, os procesos xudiciais por adulterio, os abortos provocados e constantes suicidios de mulleres cando se miraban inútiles son outros factores a ter en conta na sociedade daquel entón. Aínda así, non é o caso deste artigo facer un estudo amplo da situación da muller nese período histórico, mais si ter en conta o seu contexto. As mulleres de Marín traballaron fóra da casa en diferentes eidos: lavandeiras, peixeiras, cociñeiras, domésticas (coas consecuencias de violacións e abusos sexuais provocadas polos varóns da casa), leiteiras... mais van destacar os oficios relacionados coa industria mariñeira: conserveiras, redeiras, empacadoras de peixe, estibadoras ou descargadoras de carbón. Será nestes últimos traballos onde vai pivotar a auto-organización das mulleres obreiras nesta localidade. A conxuntura laboral das que traballaban na industria de salgadura e conserveira vai vir ligada á falla de contratos formais, mesmo sen aparecer os seus nomes, recolléndose ás veces tan só o parentesco que tiñan cos homes que estaban empregados na empresa. Moitos destes traballos eran eventuais, dado que non se traballaba de modo continuo debido á temporalidade do sector. As mulleres asalariadas de Marín, apenas unhas raparigas, traballaban nunhas condicións laborais paupérrimas. Volvendo a 1896, para os obreiros que crearon as primeiras sociedades operarias era unha necesidade imperiosa involucrar as mulleres na loita. A propia UXT e as federacións obreiras alentaban esta cuestión entre as mulleres asiduas ás reunións. Non existe documentación que nos axude a comprender as causas principais polas que nese intre non se organizaron, nas que podemos barallar entre outras o alto analfabetismo que existía entre elas e a falla de tempo e preparación para dedicarlle á sociedade. O sindicalismo galego sae á rúa para reivindicar a "plena vixencia" das loitas obreiras de 1972 O empeño do socialismo sindical foi abafante. En 1900 unha comisión de xastras e peonas organizadas de Vigo acudiu a Marín co obxectivo de asociar as mulleres e así crear unha sociedade de resistencia, dando lugar á sociedade El Porvenir , que non sería legalizada. Nese momento os maiores problemas laborais dábanse na industria manufactureira, onde existían 13 fábricas de salgadura que empregaba 480 persoas e tres conserveiras cun persoal de 300 efectivos. Pese a que se anunciou a existencia de mulleres entusiastas do traballo sindical, os problemas debían ser moi fortes dado que até xaneiro de 1902 a Federación Obreira non considerou organizar unha sociedade de mulleres nas fábricas de salgadura e conserveira. Será no mes de maio de 1902 cando se constitúe unha Sociedade de Oficios Varios (SOV) onde aparecían algunhas mulleres afiliadas. Nese intre comezan os problemas entre as operarias e os patróns, na fábrica de Ortiz formouse unha "comisión de amotinadas" pola problemática da arte do trabuque e na salgadura de Heraclio Méndez o patrón negouse a admitir mulleres asociadas, provocando que a Federación Obreira declarase a folga na fábrica, dando lugar a un dos primeiros conflitos laborais protagonizado polas proletarias de Marín.
NOS_49342
A nova fábrica deixará espazo para a fabricación doutros compoñentes para eólica mariña, como os 'jackets' ou as estruturas flotantes.
Navantia Fene volve saír beneficiada dun contrato de Iberdrola co estaleiro público. Desta vez, en forma dunha nova factoría para a construcción de monopilotes XXL ─outro tipo de estruturas que sustentan os muíños eólicos no mar─ con Windar. O acordo marco de colaboración de Iberdrola con Windar e Navantia para a fabricación e subministración de 130 cimentacións monopilotes XXL, valorado en 400 millóns de euros, permite a eléctrica realizar pedidos a estes fabricantes por este valor, entre 2023 e 2025, para futuros parques eólicos mariños e asegúrase a subministración preferente dunha parte destes compoñentes para os próximos anos. A nova factoría, na que se elaborarán cimentacións de máis de 100 metros de lonxitude e até 2.500 toneladas de peso para parques eólicos mariños, estará dispoñíbel nun prazo de 13 meses. Situarase nunha parte das instalacións do estaleiro de Fene que non interferirá cos medios produtivos destinados á construción doutros produtos de eólica mariña, como son os jackets e as estruturas flotantes. Iberdrola afianza desta maneira unha relación de máis de sete anos con Navantia e Windar, con contratos de eólica mariña por un valor próximo aos 1.300 millóns de euros. Entre os proxectos xa executados para Iberdrola polo consorcio atópanse os parques eólicos mariños Wikinger, no mar Báltico; East Anglia One, no Reino Unido; o novo parque eólico de Saint Brieuc, en augas da Bretaña francesa e dúas subestacións para estes dous últimos parques, adxudicadas a Navantia. Ademais, Windar realizará as pezas de transición para o parque que a enerxética construirá en Estados Unidos, Vineyard I. En todos estes traballos están involucrados máis de 2.000 profesionais de forma directa e varios miles nas auxiliares.
NOS_26437
O conxunto vigués ofreceu unha boa imaxe pero caeu por tres tantos a cero ante o Real Madrid, que atopou axuda arbitral para adiantarse no marcador.
Cando pasaban só 35 minutos e o Celta estaba dándolle máis que guerra ao poderoso Real Madrid no seu campo, un inexistente penalti de Jonny a Cristiano Ronaldo que o colexiado sinalou permitiu que o conxunto local se adiantase no marcador e así abrise a porta a unha vitoria clara no cómputo final (3-0) pero moito menos no amosado sobre o céspede, onde o conxunto de Berizzo chegou por momentos a ser superior ao de Ancelotti. Cristiano Ronaldo foi a figura do encontro, xa que marcou os tres tantos brancos, se ben no segundo tivo moita sorte ao aproveitarse dun mal rexeite da zaga viguesa. Tamén un erro na saída do balón permitiu que anotase o terceiro, xa na recta final do partido, no que o Celta volveu mostrar un gran sentido colectivo que, non obstante, comeza a ser demasiado improdutivo a nivel de resultados, xa que os célticos levan varias xornadas perdendo as posicións europeas que se gañaron no seu espléndido arrinque de campaña.
NOS_45401
A multinacional estadounidense deixa plantados a comité de empresa, Xunta, Ministerio e posíbel comprador (Liberty House).
A xuntanza telemática a varias bandas convocada polo Ministerio de Industria para tentar evitar os despedimentos en Alcoa contou co 'plantón' dun dos actores principais: Alcoa, que deixou plantados ao resto das partes. Así o confirmaron a Nós Diario fontes da xuntanza. Nas últimas horas o desacordo centrouse na pretensión da multinacional de parar as cubas, "unha proposta inasumíbel porque significa a morte da fábrica" para o comité. Esta reunión fora convocada após a maratoniana xuntanza anterior. "Como poden deixarnos aquí sós", pregúntábase o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, "cunha multinacional que se está rindo do Estado e a Xunta da Galiza", engadía. É o resumo que fixeron desde a representación sindical da reunión de 28 horas nun estabelecemento hostaleiro de Lugo, a última segundo o calendario imposto pola multinacional norteamericana para finalizar o período de consultas para executar o expediente de regulación de emprego (ERE). Unha xuntanza que evidenciou a nula intención da empresa de deixar as cubas de electrólese funcionando para facilitar a transición da factoría, a través dunha posíbel venda. O motivo do desacordo unánime do comité, segundo explica a Nós Diario Paulo Carril (CIG), foi a pretensión da multinacional de parar as cubas, "unha proposta inasumíbel porque significa a morte da fábrica". Para o lider sindical nacionalista "non é de recibo ningún acordo destas características, máis logo de que a empresa rexeitara todas as propostas que se fixeron durante todo o período de negociacións e, nomeadamente, nestes últimos días". Presión ás Administracións para que actúen A empresa abandonaba o lugar da reunión deixando aos membros do comité exhaustos despois de tantas horas non sen antes entregarlles a acta de desacordo das consultas do ERE coa intención de volver ás 13:30 horas. Zan denunciaba ao remate da reunión que se senten "abandonados polas Administracións" nun momento tan importante e malia as "moitas advertencias, moitos ultimátums, mais a empresa segue facendo o que lle dá a gana", censuraba. "Aquí ten que vir alguén e actuar xa", sentenzaba. O sindicalista amosouse molesto polas advertencias da Xunta a Alcoa para que non actuara de mala fe. "Máis mala fe que esta?" preguntábase, "A que teñen que chegar estes? Teñen que acabar torturándonos tamén?", clamaba. Tamén tivo palabras para o Goberno español cando chegou a sinalar que "hai semanas que dixo que lle daba un ultimato" a Alcoa para que vendese, mais "a empresa segue facendo oídos xordos" xa que "o principal para ela é parar as cubas e aplicar un ERE ou un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), dálle igual, porque sabe que sería un despedimento en directo ou en diferido" por ese motivo aseguraba que "é unha auténtica vergoña como se está comportando connosco tanto a empresa como as autoridades". Pouco despois destas declaracións do comité de empresa sabíase que a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, convocaba mesmo pola tarde a mesa multilateral de Alcoa na que ademais dos interlocutores habituais -Goberno español, Xunta, empresa e comité- estaría presente Liberty House, a multinacional británica interesada en adquirir as factorías de aluminio de San Cibrao (Cervo). Á espera do resultado desta xuntanza, que sería telemática, Alcoa e comité pospuxeron a sinatura das actas do final do período de consultas do ERE para a quinta feira. Porén, Alcoa non se presentou a esa cita.
PRAZA_581
Melloran as cifras de concursos de acreedores, demandas por despedimento, EREs ou execucións hipotecarias en Galicia, pero os datos seguen lonxe dos niveis previos á crise, como recolle o Consello Xeral do Poder Xudicial nun informe
A crise afoga un pouco menos, pero segue apretando, e moito. Case todos os indicadores económicos e estatísticas recentes permiten afirmar que o 2014 foi un ano mellor que os anteriores, pero tamén amosan que a ferida aberta está aínda moi lonxe de pechar, con realidades coma as estarrecedoras cifras de desemprego, de pobreza ou de perda de poder adquisitivo que tardarán aínda moitos anos en regresar aos niveis previos a 2008, se é que o fan algún día. O Consello Xeral do Poder Xudicial fixo público este venres o informe "Efectos de la crisis económica en los órganos judiciales" que ofrece un resumo da evolución anual e trimestral de varios indicadores que permiten observar moitos dos danos concretos provocados pola crise: concursos de acreedores, demandas de despedimento, expedientes de regulación de emprego, execucións hipotecarias, lanzamentos.., consecuencias xurídicas dunha realidade económica que golpeu a millóns de persoas nos últimos anos. En todas elas podemos observar unha mellora no pasado ano en Galicia. Hai menos concursos e EREs, hai tamén menos execucións hipotecarias. Porén, seguen sendo demasiadas e duplican (no caso dos concursos) ou triplican (nas execucións hipotecarias) os datos de 2008. Ademais, en moitos casos, a evolución que segue algún indicador amosa que o ritmo de recuperación en Galicia é máis lento que o que se segue no conxunto do Estado. Se a crise foi longa, a recuperación tamén o será. O número de concursos presentados en Galicia o pasado ano duplica aos que se presentaran en 2008, e aínda supera aos de 2010 e 2011, anos nos que a crise económica xa se deixaba notar con forza. Descenden un 16,9% con respecto ao 2013, unha diminución inferior á que se rexistra no conxunto de España (25,7%) e suman un total de 2.965 nos seis anos de crise. Unha tendencia semellante rexístrase nas demandas por despedimento, que no último ano se reduciron en Galicia, un 12,3%, inferior ao descenso experimentado no Estado (19,5%). As cifras galegas, aínda que amosan unha clara recuperación (é o segundo ano de mellora, dende os máximos de 2012), indican que o número de demandas por despedimento é aínda superior ao que se rexistraba en 2009 e 2010. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Galicia 81 247 388 403 491 564 611 508 España 1.589 4.813 7.768 7.163 8027 10.290 10.949 8.132 Concursos de acreedores presentados en Galicia e no conxunto de España. Fonte: CGPJ 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Galicia 3.330 5.188 6.800 6.621 7.729 8.711 8.057 7.069 España 66.249 102.925 135.379 111.942 117.613 147.404 146.796 118.213 Demandas por despedimento presentadas nos xulgados en Galicia e no conxunto de España. Fonte: CGPJ Outro dato que amosa que os efectos provocados pola crise comezan a remitir atopámolo no número de EREs presentados. En 2014 foron un total de 96 en Galicia, moi por debaixo dos 155 de 2013 e dos 191 de 2012. No último ano, o descenso é dun 38%, superior (aqui si) á media española (30,9%). 2012 2013 2014 Galicia 191 155 96 España 1.809 1.782 1.232 Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) presentadas en Galicia e no conxunto de España. Fonte: CGPJ Execucións hipotecarias Tamén mellora a situación no que respecta ás execucións hipotecarias, que en 2014 se reduciron en Galicia por vez primeira dende o inicio da crise, pasando de 2.576 a 2.106, un descenso do 18,25% (superior ao experimentado no conxunto de España). Porén, a cifra segue sendo moi alta e equivale a case seis (5,76) por día e triplica á que se rexistraba en 2007, antes do inicio da crise. O número de execucións hipotecarias en Galicia é aínda un 54% superior ao de 2008, mentres que en España a diferenza é do 38%. Nos seis anos de crise suman 13.208 só en Galicia. Como subliñaba a estatística ofrecida hai uns días polo INE, destas execucións, en 2014 1.068 corresponderon a vivendas familiares. O que non se reduciu o pasado ano foi o número de lanzamentos, é dicir, o desaloxo efectivo do propietario ou propietaria dese inmoble. Foron 2.519, unha cifra superior á rexistrada en 2013 (2.404). No conxunto do Estado os lanzamentos tamén se incrementaron lixeiramente. Neste caso, non se pode establecer unha comparación coas cifras de anos anteriores ou cos datos previos á crise. Ata o 2012 os datos son parciais e proceden dos servizos comúns de notificacións e embargos, nos lugares nos que existían; só a partir de 2013 os xulgados comezan a recoller de forma completa e exhaustiva esta información. En calquera caso, o número de desaloxos de 2014 é moi superior ao que se rexistraba no tempo anterior ao comezo da crise. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Galicia 701 1.369 2.053 1.942 2.003 2.528 2.576 2.106 España 25.943 58.686 93.319 93.636 77.854 91.622 82.680 80.749 Execucións hipotecarias presentadas en Galicia e no conxunto de España. Fonte: CGPJ 2008 (i) 2009 (i) 2010 (i) 2011 (i) 2012 (i) 2013 (ii) 2014 (ii) Galicia 818 1.054 1.562 1.588 1.461 2.404 2.519 España 17.433 22.493 32.689 40.740 46.408 67.189 68.091 Lanzamentos practicados. (i) Datos ata 2012 dos servizos comúns de notificacións e embargos (parciais). (ii) Datos de 2013 e 2014 procedentes dos xulgados (si exhaustivos). Fonte: CGPJ
NOS_40003
Da guitarra de Miguel Mosqueira (Lalín, 1982) proceden algunhas das máis inconfundíbeis melodías do pop galego contemporáneo. É un dos tres membros fundadores que resisten en Ataque Escampe, organizados en 2001 e responsábeis dunha cromática e singular traxectoria. Entre o infrarock acústico dos inicios e o tropicalismo agridoce do último traballo -Primeiros Bicos (2017)-, a banda pecorreu as estradas principais e secundarias da música do país.
"Vou escoller dous discos con máis de 40 anos para así ter mellor perspectiva. E estes dous envelleceron moi ben", avanza Mosqueira en resposta a Albums de aquí e acolá. O primeiro deles é Apostrophe ('), de Frank Zappa, publicado en 1974. "É un disco que me gusta desde a adolescencia", lembra, "e dentro do diferentes que son as súas obras, aquí hai maior contención". O músico americano, indomábel e propietario dun brutal sarcasmo, tendía musicalmente a certa dispersión. Jazz rock, influencias académicas, parodia doo wop, psicodelia desenfreada, intensidade, nada quedaba á marxe da súa trituradora. Un salvaxe enfrontamento contra as elites nutría a súa lírica. En Apostrophe ('), como noutros elepés da época -Overnite Sensation (1973), nomeadamente-, o formato canción adquire protagonismo. Relativo, claro: trátase de Zappa. "Transmite a idea de que todo é posíbel na música", afirma Mosqueira, "de que todo está permitido, e podes romper a canción, ires a un interludio, calquera cousa. E ten soul, pop, mesmo un pouco de disco music". Algo desa táctica mestiza entremeteuse en Ataque Escampe. O disco vermello (2014) ou Primeiros Bicos amplían o campo de xogo, abrogan fronteiras e incorporan ritmos máis alá da estreita tradición aglosaxoa que aínda domina o pop rock. A escolla galega é de moi outra xínea, pero practicamente coetánea. "Quero reivindicar Rosalía de Castro, de Amancio Prada", di, "porque, talvez a causa de razóns extramusicais non ten o recoñecemento que merece". Obra de Amancio Prada que viu luz en 1975, Rosalía de Castro contén 12 poemas da autora de Follas Novas exquisita e acusticamente arranzados. "Agora que se fala tanto da canción de autor, das músicas de raíz, e de intérpretes e artistas do Estado como Rosalía ou Silvia Pérez Cruz, penso que este disco de Prada é mellor ca moitos deles", considera sobre unha obra que pon á altura de autores internacionais como Bonnie 'Prince' Billy ou Sufjan Stevens. "Posúe boas melodías e arranxos sutís que funcionan moi ben", resume. Mais, sobre todo, salienta a "emoción que transmite". Aquel elepé, que fai parte dunha certa idade dourada do folk pop galego -co debut de Luís Emilio Batallán, o Por que no mundo mengou a verdade de Quintas-Canella ou os experimentos máis arrimados ao rock de Bibiano-, chegou a ser emblema. "Non coñezo moitos casos tan perfectos de poñer música a poemas", conclúe Miguel Mosqueira.
NOS_6029
A Mesa tramitou unha queixa a través da Liña do Galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a App "Radar Covid" creada polo Ministerio de Sanidade do Goberno do Estado para que a poboación faga seguemento da situación da pandemia ao seu arredor está dispoñíbel só en español e en inglés, "ignorando todas as linguas co-oficiais". "O Estado pensa que a Covid só entende español e inglés, mais a loita contra o virus faise tamén en galego", asegura o presidente da Mesa, Marcos Maceira. "Temos dereito a recebermos información, atención e axuda sobre a Covid en galego", indica. A Mesa, que tramitou unha queixa a través da Liña do Galego pedíndolles ás institucións sanitarias que rectifiquen, vén denunciando dende o pasado mes de marzo que "a atención que se nos presta aos galegos e ás galegas no noso idioma é practicamente inexistente en todo o relativo á Covid", dando lugar a "unha grave limitación ao noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica".
NOS_54775
Depois da tomada de Mariupol, o controlo total de Lugansk é a mais importante vitória para as forças russas e milícias locais desde o começo da intervenção militar em fevereiro.
Passam três dias desde que os homens da Brigada Prizrak conseguiram empurrar as tropas ucranianas para fora da localidade de Gorskoe mas ainda se ouvem explosões ali bem perto e voos rasantes de caças russos nos arredores. Nota-se bem que estamos no último caldeirão que resta na região de Lugansk, onde a tomada de Severodonetsk e Lysychansk, dias depois, acabaria por ser o toque de finados para Kiev. A progressão militar das forças comandadas pela Rússia pode ser, por vezes, lenta mas é consistente. Chegar a Gorskoe, localidade de 10 mil habitantes situada a sul de Lysychansk, não é fácil. Viajar num território em disputa implica sempre gastar mais horas nos piores caminhos, muitos deles de terra batida, maltratados pelas lagartas dos tanques e pelo peso dos carros blindados. Debaixo de um sol inclemente, atravessamos a poeira provocada pelo sobrevoo de vários helicópteros russos, a prova de que Donbass é, nos meses de verão, um inferno e não apenas por causa da guerra. São muitos os que em Gorkoe têm razões de queixa. Dos 10 mil habitantes, apenas 3 mil se mantiveram aqui Quando entramos finalmente em Gorskoe debatemos qual o melhor caminho a tomar. Há quem queira ir em frente, há quem queira virar na primeira saída. Tomamos a primeira saída. Dali a pouco, recebemos a notícia de que um condutor que decidira ir em frente atravessou uma mina anti-tanque e que a viatura ficou completamente destruída. Este homem teve de ser levado para o hospital em estado muito grave. Mais um dia com vida, diria Ryszard Kapuscinski, sobre quem prefere não contar as vezes em que morte se voltou a enganar. "Sabem o que é isto? Fósforo branco", denuncia um vizinho. Mas, se a vida às vezes também acerta, a morte não se engana sempre e são muitos os que em Gorkoe têm razões de queixa. Dos 10 mil habitantes, apenas 3 mil se mantiveram nesta localidade. Encerrados desde há meses em caves, reúnem-se agora em comunidade para contar tudo o que lhes aconteceu. Sem eletricidade, gás ou água canalizada, é na rua que cozinham muitas vezes em fogueiras improvisadas. Quando descobre que somos estrangeiros, de um país ocidental, uma mulher acusa-nos de sermos responsáveis pelo que ali aconteceu. Outros tentam justificar estas palavras e procurar que entendamos esta revolta que lhes corre nas veias. Enquanto isso, um homem sai de um prédio e traz-nos um saco: "Sabem o que é isto? Fósforo branco. Sabem que isto está proibido em áreas civis?" Querem falar mas não querem dar a cara, apenas denunciar o que viveram. Apontam o dedo às forças ucranianas de extrema-direita, sobretudo ao Batalhão Aidar, especialmente ativo nesta região. Crónica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas Mais à frente, dois vizinhos conversam entre si e aceitam responder a algumas perguntas. Ao lado, junto à fachada de uma casa, vários lança-rockets norte-americanos abandonados pelas forças ucranianas. Na lateral, "made in USA". "Eu nasci aqui e quero viver aqui no meu país. Disseram-me para sair. E os impostos vão para a Ucrânia. Os militares [ucranianos] aproximaram-se de mim e disseram-me: 'Não quer ir embora, então você é um separatista'. E eu respondi: 'Não quero partir, portanto sou um separatista. Que tipo de separatista? Eu vivi aqui toda a minha vida'. Temos passaportes ucranianos. Eu paguei impostos onde? Para a Ucrânia. Para onde devo ir?". Indignado, este reformado aponta para um prédio e recorda que uma mulher e o seu filho de 13 anos foram queimados vivos depois de um ataque com Grad. "O que nós já passámos em quatro meses…" No centro de Gorskoe, centenas de pessoas juntam-se para receber ajuda alimentar enquanto um dos comandantes da Brigada Prizrak, famosa por reunir milhares de combatentes civis e por se declarar anti-imperialista em 2014, explica que se trata de apoio proveniente da administração das cidades de Pervomaisk e Kirovsk: "Foram eles que nos pediram e vamos distribuir toda esta ajuda. Amanhã, vão trazer um novo lote de pão. Mas também haverá pão hoje à noite. Portanto, se possível, não vão para longe. Quem precisa de ir a uma clínica ou a um hospital, deve fazer esse pedido. Hoje e amanhã, é dia de folga na policlínica. É sábado e domingo. Mas vamos concentrar-nos na segunda-feira. Estaremos aqui e vocês venham também. Escrevam o vosso nome e morada para que saibamos onde vos encontrar. Está bem? Se tiverem dúvidas, perguntem". Ali bem perto, duas mulheres tentam afastar um grupo de cães demasiado interessados no conteúdo destes sacos. É um cenário que se repete. Em geral, há matilhas de cães abandonados em muitas destas localidades que se dedicam àquilo que todos, incluindo humanos, parecem querer: sobreviver e não morrer de fome. É o caso de Elena, de olhar perdido, sentada num banco de jardim, ao lado de uma loja destruída. Não mora longe dali e diz que não tem ninguém porque todos partiram. "Fui deixada sozinha". Parece não entender muito do curso da guerra porque esteve em casa o tempo todo. De repente, um avião rasga os céus sobre as nossas cabeças. Tomada pelo susto pergunta do que se trata. Mais calma, explica que a 5 de março as janelas de casa ficaram destruídas. "Fiquei nesta casa fria. A 26 de maio, fomos atingidos por outro projétil. E a 1 de maio, a vedação da casa ficou destruída. O portão derreteu. Eu estava perto da porta de casa e as minhas pernas tremiam. Olhem como ficou a escola". O estabelecimento de ensino de Gorskoe está destruído. E olhamos. Há uma cratera enorme em frente ao principal estabelecimento de ensino de Gorskoe. O edifício está completamente destruído. As tropas ucranianas usaram a escola como posição militar. Podemos vê-lo porque há sacos de cimento nas janelas e material bélico por todas as partes. Granadas, balas, fardamento, capacetes e uma bíblia, a que Deus, se existir parece ter ficado indiferente. Crónica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida"
NOS_24693
O comité asegura que acudiu á planta para protestar e solicitar información mentres a empresa o acusa de deixar "feridos". Ambas partes chamaron á Policía para que mediara no conflito.
As e os traballadores da planta da empresa Alu Ibérica na Coruña participaban hoxe nunha nova xornada de protestas para pedir a "intervención" da factoría, cando o día tornou nun dos máis tensos entre as dúas partes dos últimos tempos. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, explicou a Europa Press que cando estaban na concentración diante da Delegación do Goberno recibiron o aviso do despedimento dunha compañeira. Corbacho fala dun "despedimento fulminante, con argumentos irracionais", o que provocou que a marea de operarias e operarios se trasladara até as portas da planta do polígono de A Grela. Alí, dentro das instalacións, houbo tensións coa dirección con motivo da "discusión" pola rescisión de contrato da empregada. Ambas partes chamaron á Policía que chegou a intervir. "Foron momentos de alta tensión", recoñeceu o representante. Ademais, engadiu que hai traballadoras "que non cobraron a paga extra, outros non cobraron o mes de outubro e outros novembro". "Onte deixouse sen limpar a planta e estivo Inspección Traballo", apuntou Corbacho. Pola súa parte, a dirección de Alu Ibérica emitiu un comunicado para amosar o seu "profundo rexeitamento á violenta actuación que o comité de empresa exerceu hoxe contra os traballadores da planta da Coruña". A compañía chega a acusar ao comité de deixar "feridos e afectados" dos que se tivo que facer cargo. Ademais vén de abrir unha investigación "para esclarecer o ocorrido, base sobre a que se estudarán accións legais co obxectivo de protexer aos traballadores da planta".
PRAZA_1441
A policía está convencida de que dous dos detidos este mércores, xunto aos catro encarcerados e postos en liberdade despois polo xuíz, son os autores da malleira que acabou coa vida do afeccionado deportivista.
A policía detivo na mañá deste mércores 18 persoas máis pola suposta relación coa masiva liorta que rematou co asasinato do seareiro deportivista Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy, o pasado 30 de novembro. Dous dos detidos están acusados de homicidio e a operación desenvolveuse principalmente en varias localidades de Madrid, aínda que tamén en Valencia e Toledo. Segundo aseguran varios medios, nesta terceira fase da operación Neptuno -aberta xa hai meses- arrestouse por homicidio unha persoa que xa fora detida nos días posteriores á morte de Jimmy, aínda que daquela tan só se lle imputara rifa tumultuaria e tenza de armas prohibidas. As probas apañadas nas últimas semanas empurraron a Birgada de Información de Madrid a detelo como presunto participante no homicidio do membro dos Riazor Blues. Todos os detidos son membros do Frente Atlético ou de peñas afíns a este grupo de extrema dereita; dous están acusados de homicidio Todos os detidos desta vez serían membros da peña ultra de extrema dereita Frente Atlético ou de peñas afíns a este grupo radical, incluídos algúns dos considerados históricos. Un dos acusados de homicidio é menor de idade e non se descarta que se produzan máis detencións durante esta xornada. Esta fase da operación Neptuno chega logo de que, pouco despois do asasinato, se levasen a cabo un total de 82 detencións, entre os que se atopaban os catro supostos homicidas (Ismael López Pérez, Sergio Santiago Martínez, Francisco Javier Jiménez Linares e José Luis Zarzoso). Pero o caso deu unha reviravolta incomprensible para a propia policía cando o pasado 21 de maio, e logo de escoitar a versión renovada de dúas testemuñas, o cuarto xuíz que se ocupaba do asunto decidiu deixar en liberdade os catro presuntos asasinos. Considerou que as probas -vídeos gravados no escenario dos feitos principalmente- concluían que a persoa á que agredían non era Jimmy, senón outro afeccionado do Deortivo que logrou saír do río Manzanares polo seu propio pé. A policía está convencida de que os autores do homicidio son dous dos detidos este mércores e os catro encarcerados e postos en liberdade Pero a versión policial non é esa, senón a que mantivo desde o principio. De feito, os axentes están convecidos de que foron seis os participantes na malleira que acabou coa vida de Jimmy: os catro acusados e detidos nun principio e os dous que agora foron tamén arrestados e acusados de homicidio. A policía mantén, xa que logo, a súa versión, que é a mesma que se aclara con todo luxo de detalles nunha dilixencias que inclúen numerosas imaxes e comprobacións. Os investigadores policiais aseguran que a persoa que tiran ao río estes seis ultras si é Jimmy e en declaracións a axencias dicían recibir "con estupefacción" a decisión do maxistrado. En declaracións a El País, os investigadores eran claros: "Non temos ningunha dúbida de que é Jimmy", aseguran os investigadores. "Pola súa complexión física delgada, pola roupa que levaba, pola súa estatura (entre 1,65 e 1,70 metros), polo pelo; mentres que o outro seareiro que caeu ao río é de complexión grande, pode medir 1,80, é calvo e no momento da súa detención levaba un xersei azul", dixeron. Pero o maxistrado puxo en dúbida a versión policial para aceptar a das testemuñas. Investigación detallada Estes mesmos investigadores botaron meses analizando vídeos, gravacións de cámaras de seguridade, debullando intervencións telefónicas e mesmo realizando xeolocalizacións. Acabaron por dar cos catro presuntos homicidas, todos eles coñecidos no mundo ultra de extrema dereita, pero faltábanlle outros dous, que serían estes arrestados este mércores. Os Riazor Blues fixeran público un comunicado daquela no que manifestaban o "máis absoluto desprezo" a esta decisión xudicial. "Unha vez máis se demostra a absoluta impunidade coa que actúan os fascistas e neonazis", dicían. E o presidente do Deportivo, Tino Fernández, declaraba que a decisión xudicial lle parecía "sorprendente". "Estamos moi descontentos; non me explico que seis meses despois se chegase a esta situación. A xustiza estanos tratando mal", insistiu. Seis meses e medio despois do asasinato do afeccionado ultra do Deportivo, os únicos datos que se revelan do sumario que investiga os altercados acontecidos en Madrid apuntan sempre á emboscada por parte do Frente Atlético e non a unha pelexa pactada -como mantiveron fontes policiais e oficiais desde un inicio- entre ambos os dous grupos. Malia todo, agora parece que a operación Neptuno podería acabar coa impunidade dos asasinos, ao tempo que a maioría das sancións recaeron sobre afeccionados deportivistas -incluído o presidente da Federación de Peñas- e sobre o propio club. >> HABERÁ AMPLIACIÓN
NOS_55360
A Comisión de Atención Hospitalaria afirma que a situación é "insostíbel", con pacientes "amoreados en até 3 corredores"
A Comisión de Atención Hospitalaria denuncia un "novo colapso" no servizo de Urxencias do Hospital da Coruña (Chuac): "A situación do servizo, de novo, volve a ser insostíbel con pacientes amoreados en até 3 "corredores, levando incluso mais de 24 horas". Afirman, ademais, que o servizo de urxencias estaba "superado", tendo que habilitar un "corredor" fóra do servizo, unha vía de saída á rúa, onde é unha zona de tránsito de pacientes e acompañantes das consultas. A atención nos "corredores", denuncian, é "deplorábel", non se pode garantir a seguridade e intimidade dos pacientes, non están habilitados para atender as necesidades básicas destes (non dispoñen nin de baños, mobiliario axeitado, etc). Indican que o persoal xa non pode soportar mais estas condicións de traballo Actualmente, afirman, "hai 130 pacientes no servizo de urxencias e 37 á espera dunha cama nunha unidade de hospitalización, sendo bastante improbable que os pacientes non poidan dispoñer até a tarde dela; moitos deles levan toda a fin de semana no "corredor" nesta situación". Indican que o persoal xa non pode soportar mais estas condicións de traballo, en moitas ocasións "con persoal insuficiente o que provoca un esforzo adicional na situación que xa se está vivindo". A Comisión de Centro sinala que leva anos denunciando perante a Xerencia a situación "insostíbel" do servizo de urxencias do Chuac, "e non só non se fixo nada para abordala senón que se empeorou".
NOS_55103
O deputado do BNG no Congreso salienta que "facilitará" a aprobación da prórroga do estado de alarma por "responsabilidade" e agarda "recuperar" o acordo ao que chegara esta mañá co PSOE para apoiar o decreto.
O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, vén de trasladar que esta mañá chegara a un "principio de acordo" co PSOE sobre as condicións do decreto para a prórroga do estado de alarma que se votará esta cuarta feira na Cámara estatal. Porén, no borrador do decreto do Goberno publicado esta tarde o nacionalista constatou "diferencias" que poden obeceder a unha "viraxe" do Executivo de Pedro Sánchez após un acordo con Ciudadanos. "Non queremos interpretar isto como unha marcha atrás nin pensar que obedece a un pacto do Goberno con Ciudadanos", asegurou Rego, que mantén aberto o sentido do seu voto: "O BNG, como en ocasións anteriores, vai facilitar a aprobación desta prórroga. Manteremos a actitude responsábel e colaborativa, e en ningún caso imos votar en contra". Así, da comparecencia de Rego no Congreso extráese que, a esta hora, mantense na abstención, mais aínda non desbota un voto afirmativo á prórroga. "Prefiro ser positivo e esperar a comprobar se o PSOE está en disposición, quedamos en volver falar esta tarde, de recuperar a posición que esta mañá parecía un acordo", apuntou. "É moi difícil buscar acordos a un lado e ao outro. Neste sentido, o Goberno tería que saber en que ámbito se quere mover. Hai unha maioría que posibilitou a presidencia de Pedro Sánchez, e deberíase buscar acordos de forma privilexiada con estas forzas", manifestou. Competencias "íntegras" e mobilidade Néstor Rego celebrou a "rectificación" do Goberno español sobre a duración da prórroga, que será de 15 días como as anteriores e non dun mes, mais explicou que a súa formación segue a ser moi crítica coa "centralización" que se está a aplicar. Na súa reunión co PSOE, o deputado defendeu que "os Gobernos autonómicos deberían manter íntegras as súas competencias" nesta crise. Un extremo no que parecía haber acordo, pois as socialistas aceptaban "restituír as competencias das Comunidades Autónomas" mantendo ao Ministro de Sanidade "como autoridade". Porén, no borrador do decreto figura que Salvador Illa só "consultará" aos Gobernos territoriais. Rego, que fixo fincapé na súa "actitude de diálogo", tamén lamentou que non se atenda a unha "reclamación moi sentida na Galiza" como é a "mobilidade entre provincias" para esta fase 2 do desconfinamento. Pois o decreto recolle uns desprazamentos en termos semellantes aos de Euskadi, só para concellos limítrofes de distintas provincias. "Fixar a provincia como unidade obedece a criterios politicos e ideolóxicos e seguimos sen verlle sentido a esa restrición se todas as provincias están na mesma fase. Non acarrearía ningún risco desde o punto de vista sanitario, podería facerse con absoluta seguridade", argumentou. Reparto de fondos públicos Neste sentido, Rego tamén solicitou ao Goberno que "modificase os criterios de reparto" dos 16.000 millóns de euros en axudas anunciados para os territorios estatais pois eran "perxudiciais para Galiza". "Con estes criterios a práctica totalidade do fondo iría para Madrid e Catalunya", indicou, "non nos negamos a que se recolla o esforzo sanitario, mais sistematicamente se obvian criterios como a dispersión da poboación e o envellecemento". "A metade dos núcleos de poboación do Estado están na Galiza, son particularidades que marcan unha diferencia fundamental no custo de moitos servizos, entre eles o sanitario", destacou. Con todo, o deputado incidiu en que espera "reconducir" o diálogo co Goberno nas vindeiras horas. "Si somos favorábeis á aprobación da prórroga do estado de alarma, imos pór por diante os obxectivos sanitarios e que o fundamental é salvar vidas", concluíu.
NOS_55602
Este profesor de secundaria gañou a batalla xudicial á Consellaría de Educación. "Sabemos que nos quitaron de diante porque cuestionamos as cousas", di.
Alfonso Malvido sente que o fallo xudicial coñecido esta segunda feira polo que se declara ilegal o seu cesamento e inhabilitación, lle quita "a etiqueta de delincuente" posta pola Consellaría de Educación. Como valoras a sentenza?É unha alegría que máis dun ano despois se faga xustiza coa miña persoa. Sentinme atropelado e degradado como profesional. Tamén polas miñas compañeiras e compañeiros que traballaban cóbado con cóbado comigo para mellorar as condicións do centro. Así mesmo, ledicia polas familias que confiaban en nós. Que se recolle nesa sentenza?Recoñece a miña situación de indefensión porque non se tomou en consideración a proba testemuñal da xefa de estudos, quen estaba presente aquela mañá do luns 16 de setembro e era unha parte importante do proceso xudicial. Porén, a Consellaría de Educación só tivo en conta o informe técnico elaborado polo inspector. "Propuxen ao claustro adiar as aular mais nunca pensamos que se fose desencadear algo tan violento como o cesamento do director" Que foi o que aconteceu e por que decidiches adiar un día o inicio do curso, razón pola que fuches inhabilitado?O primeiro día de setembro estaba aberto o prazo de vacantes. Comezamos a comentar co inspector a nosa preocupación porque faltaba un profesor. Un PCPI que non sabiamos se nos ían mandar mais que era fundamental para distribuír as horas o que condicionaba o funcionamento do centro. Fixen todos os trámites precisos desde o comezo --documentación que achegamos ao xuízo. Ao longo desas semanas non nos confirmaron nada e a última hora da sexta feira 13 de setembro marchamos cuns horarios provisionais. Na segunda feira a primeira hora tiñamos convocado un claustro, non tiñamos nada en firme. Chamei antes do claustro ao inspector e, nese momento, decateime de que era unha encerrona. Administrativamente sentinme só. Propuxen ao claustro adiar as aular mais nunca pensamos que se fose desencadear algo tan violento como o cesamento do director. Dixeron que me excedera nas miñas funcións mais como xestor do centro o que sentín foi abandono. Como se che comunica o teu cesamento e inhabilitación?Veu un coche oficial da Consellaría de Educación con dous señores vestidos de escuro. Moi amábeis, iso si, mais era esperpéntico. Nós nunca sentimos que estiveramos a desobedecer. Sabemos que nos quitaron de diante porque cuestionamos as cousas que se fan e que inflúen negativamente na aprendizaxe do alumnado. O que quixeron foi enviar unha advertencia aos demais. 'Quen se mova, ollo, porque lle acontecerá o mesmo que a Malvido'. E a partir de agora?Teremos que mirar, xunto co avogado da CIG, se podo incorporarme como director pois a miña lexislatura remata este mes de xullo. Incorporarme á dirección serviría para resarcir a miña dignidade. Para alén de que a sentenza érgueme a inhabilitación durante 3 anos consecutivos e que me impedía exercer función directiva en ningún centro. Iso é moi forte. Mais non lles teño medo, non llelo tiven nunca. Non sei que farei a partir de agora, eu tamén mudei moito con todo isto. Alédame, iso si, que a sentenza me quite a etiquetaxe de delincuente. "Sabemos que nos quitaron de diante porque cuestionamos as cousas que se fan e que inflúen negativamente na aprendizaxe do alumnado" Que foi do xefe territorial?Segue no seu cargo e seguirá. Pensas que vai demitir? Sábense poderosos e abusan. Xogan co medo. A xente que está por riba dos directores úsanos como executores da súa política. Como saco de golpes. Coidas que o teu foi un castigo disciplinario?Si. Non están acostumados a que unha equipa directiva estea tan en sintonía cos pais e nais. E nós estamos no mesmo barco. Eles non. Só quería que non recortasen máis profesorado e que o alumnado teña os seus programas e o que necesitan. E aquela praza, chegouse a cubrir?Si, esa terza feira á mañá presentouse un grande compañeiro, fixéronse os horarios e comezamos a traballar. Mais para min tamén comezou o meu calvario.
PRAZA_13116
Érase un fermoso país católico de occidente, alá por onde se pon o sol, cun bonito nome que agora non consigo recordar, alcumado "O país dos paspáns" polos dos veciños, de enfeitizadoras montañas coa forma de peitos o lombos de muller e cuns verdes vales cheos de vida, nos que se daba de todo menos o café e algunha cousa máis. Pero atopábase na ruína moral e económica, por gobernalo unha panda de políticos unidos pola amizade, en vez de o estar por un ideal político patriótico beneficioso para o país e a súa poboación.
Érase un fermoso país católico de occidente, alá por onde se pon o sol, cun bonito nome que agora non consigo recordar, alcumado "O país dos paspáns" polos dos veciños, de enfeitizadoras montañas coa forma de peitos o lombos de muller e cuns verdes vales cheos de vida, nos que se daba de todo menos o café e algunha cousa máis. Pero atopábase na ruína moral e económica, por gobernalo unha panda de políticos unidos pola amizade, en vez de o estar por un ideal político patriótico beneficioso para o país e a súa poboación. Entre eles falaban unha lingua de fóra, e a do país diante do pobo para engaiolalo coa política que predicaban Entre eles falaban unha lingua de fóra, e a do país diante do pobo para engaiolalo coa política que predicaban. E a xente crédula ó sentilos falar na lingua dela dicía: "¡Son coma nós!"... Pero o único que a eles lles interesaba da xente era que os votase, para seguir no poder. O presidente do goberno era un rubio roncollo, moi presumido. De rapaz, cando se ía bañar ó río cos outros do lugar, tapaba coa man o sitio do collón que lle faltaba. E de maior, cando tiña que defender como presidente o país, toda forza se lle ía pola boca. Para estar politicamente a ben coas mulleres tiña unha moza moi discreta contratada, coma quen aluga unha casa para dicir que vive nela. Porque tiña medo de perder o voto feminino nas eleccións, que eran cada catro anos, coma as dos países veciños. Coa política do goberno que el presidía, a natalidade caía en picado. A poboación avelloaba, e as fértiles terras do país ían a monte por non haber quen as traballase Coa política do goberno que el presidía, a natalidade caía en picado. A poboación avelloaba, e as fértiles terras do país ían a monte por non haber quen as traballase. Os enfermos aumentaban co avelloamento da poboación e consumían moitas menciñas, que estaban obrigados a pagar aínda que quedasen sen un can. E ó quedar sen cartos, tiñan que morrer. Debido ó baixón da natalidade, nas escolas e colexios había cada vez menos alumnado. E o goberno mandaba unha chea de profesores sen indemnización para o paro, a vivir dos míseros aforros da ensinanza se os tiñan. Porque lles pagaba moi pouco, por non crer gastar na educación dos fillos do pobo. Os bancos do país, dirixidos por políticos avariciosos, quedaron sen un can para prestar, por dedicarse á especulación sen regra levados os seus dirixentes pola golosía dos cartos, que comeran coma as ratas o queixo nas cloacas do capitalismo Os bancos do país, dirixidos por políticos avariciosos, quedaron sen un can para prestar, por dedicarse á especulación sen regra levados os seus dirixentes pola golosía dos cartos, que comeran coma as ratas o queixo nas cloacas do capitalismo. As empresas e os negocios cerraban por falta de crédito, deixando milleiros de empregados na rúa. E coa crise todo o mundo ía quedando na miseria menos os políticos, que seguían vivindo a todo tren, como se a crise a creasen eles á medida para conservar o status. Por riba, o goberno abrasaba con impostos a xente. Quería cobrarlle pola auga, que baixaba a embute das montañas fendendo a terra. Ós estudantes cobráballes por estudar, como se co paro que había fose un gran negocio facer unha carreira. A xente facía cola diante dos ambulatorios para medir a capacidade torácica, pola que lle poñían a cota de pago polo aire que respiraba. E todo o mundo estaba desesperado coa crise, e indefenso ante o poder. Porque o valedor do pobo que puxera o goberno só o defendía a el, por esquecer o seu oficio. De tanto esquilmar o pobo, o goberno daba cada vez máis que falar entre as minorías ilustradas que quedaban independentes do poder, porque vían que nas mans del o país ía a ruche De tanto esquilmar o pobo, o goberno daba cada vez máis que falar entre as minorías ilustradas que quedaban independentes do poder, porque vían que nas mans del o país ía a ruche. E o goberno escaramoado, para evitar que as faladurías deles inzasen no pobo, controlou ferreamente as radios, televisións e demais medios de comunicación. Cos ditos medios da súa man continuaba enganando con falsas promesas o pobo coma nada. Pois había moita xente crédula que lles seguía crendo por teren boa presenza, sempre moi peripostos, vestidos con roupa de marca, afeitadiños e moi ben peiteados, sen sobresaírlles un pelo doutro. Por ser tan postineiros, cando actuaban diante da xente ensinábanse dun lado e doutro, adoitando diversas posturas para que os vise ben, procurando abrir a boca o menos posible. Porque cando a abrían moito, non lles saía dela cousa con cousa por falta de formación. O goberno escaramoado, para evitar que as faladurías deles inzasen no pobo, controlou ferreamente as radios, televisións e demais medios de comunicación Sen teren nada de relixiosos andaban sempre diante nas procesións. Ocupaban os primeiros bancos nas igrexas durante as cerimonias relixiosas, para que os de atrás mirasen para eles. E devecían por saír na televisión e nas portadas dos xornais e das revistas. Pois eran tan narcisistas que non se enchían de amosarse e de autocontemplarse diante do público coma nun espello, de tan namorados que estaban de si mesmos. Ensinarse en público era o traballo que mellor sabían facer. En cambio, non eran quen de facer nada de proveito pola mellora nin polo futuro do país, que tiñan convertido no seu escaparate. Por riba, trataban a xente con frialdade, por ser incapaces de transmitirlle calor humana coa súa política. A frialdade era a característica máis salientable do seu hierático carácter, que canxaba moi ben co seu ideal, que era o do poder polo poder, para gozar del satisfacendo as súas ansias de mandar. Espertei coas ganas de ir alá desenganar aquela xente. Pero axiña me decatei de que todo fora un soño A aquel país tan fermoso e rico, no que se daba de case todo, os veciños dos de ó lado chamábanlle o dos paspáns. Porque nel había moita xente crédula, que non sabía distinguir o que estaba ben politicamente do que estaba mal, nin a clase de mans polas que andaba gobernada. Espertei coas ganas de ir alá desenganar aquela xente. Pero axiña me decatei de que todo fora un soño. Entón concluín que os soños, soños son, como di Calderón de la Barca en La vida es sueño. E que se de algo valen na vida, é para seguir soñando.
NOS_32950
A 3ª Asemblea Nacional acorda impulsar un proceso constituínte dunha nova organización.
Este sábado decorreu en Teo a III Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), cita de carácter "extraordinario, como extraordinario é o momento político e social no que vivimos", na que a militancia desta organización acordou "por unanimidade" pechar o ciclo do MGS "e impulsar un proceso constituínte dunha nova organización". Unha decisión que pon punto e seguido a un movemento que con ese nome naceu en 2009, se ben foi na I Asemblea Nacional, maio de 2012, cando aprobou os estatutos e escolleu a súa primeira Mesa Nacional Nun comunicado, o MGS indica que esa nova organización política que queren impulsar pasa por definir "novas prioridades, campos de traballo e formas de intervención neles e, sobre todo, que estea adaptada á nosa realidade e ao momento político actual". "Un punto de inflexión" di o MGS sobre esta decisión. "Tanto a nivel de dinámica interna como en canto á proxección pública, que nos permita rachar coas inercias que nos lastraron até agora e nos permita non só remotivar e remobilizar a nosa base militante e simpatizante, mais tamén aumentala". "Entendemos que este espazo político debe estar ocupado por unha organización de carácter estratéxico, identificábel publicamente, con vocación e perspectiva revolucionaria e capacidade de orientación política para avanzar nese camiño, sendo quen de fixar posicións ante os debates fundamentais do noso tempo e intervir en base a elas".
NOS_56956
O paro afecta a todo o comercio vario e a estabelecementos de grandes grupos como Inditex, Cortefield, Dielectro ou Kilovatio. A greve -convocada pola CIG, CC OO e UGT- estase a desenvolver no inicio das rebaixas e está a ter unha especial incidencia nas cidades.
O comercio vario da provincia da Coruña está en folga neste 1 de xullo, coincidindo co inicio das rebaixas. Unha protesta que está a ter especial incidencia nas cidades. O obxectivo desta folga é para denunciar o bloqueo da negociación do novo convenio colectivo e para denunciar as pretensións da patronal de aplicar "brutais recortes salariais e laborais". Convocado por CIG, CCOO e UGT, este paro é unha loita contra a precarización. As propostas da patronal:As propostas do empresariado suporían a redución nun 10% dos salarios, a supresión da paga extraordinaria de marzo, a desaparición das categorías e a mobilidade absoluta do persoal, o desprazamento obrigatorio nun radio de 50 km, a eliminación dos calendarios de traballo anuais, o estabelecemento dun 15% de xornada non regulada ao ano ou a diminución da porcentaxe mínima de persoal indefinido. Medidas que constitúen un "recorte brutal das condicións salariais e laborais" dun sector que xa parte dunha situación de marcada precariedade. Así o denunciou o responsábel de comercio de CIG-Servizos Roberto Pérez, quen lembraba que por mor da demora nas negociacións o persoal do grupo Inditex viu conxeladas as súas remuneracións durante todo o 2012 "a pesar dos enormes beneficios que obtivo a empresa". Aliás, a limitación da ultraactividade ameaza con deixar sen vixencia este convenio en poucas semanas.
NOS_36756
O cuarto filme de Ledo Andión "conta a historia das mulleres galegas que conseguen facerse un oco no tecido industrial, a súa relación co campo, a súa memoria, a súa fortaleza". Tráiler no interior
Este domingo presentouse a través das redes sociais o tráiler de Nación, um sítio onde pousar a cabeça, a cuarta longametraxe de Margarita Ledo Andión. Un filme de non ficción con banda sonora de Mercedes Peón e cuxo título evoca un verso do poeta portugués Manuel António Pina. No filme agóchase unha historia de intimidade que desde Nós Produtora Cinematográfica Galega definen como a propia "da muller operaria que, dende o agro e o mar, accede ao traballo industrial". As localizacións da produción inclúen o Castro (Sada), Pontesampaio (Pontevedra), Noalla, Illa Lobeira, Castro de Rei, Vilaboa e Compostela. Ademais da dirección e o guión de Ledo, Nación contará con Alberte Branco como director de fotografía. A idea orixinal do filme parte de 2015 e vén respaldada polo premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña a "ideas e proxectos audiovisuais pola igualdade", ademais de figurar entre os proxectos escollidos por Agadic para a súa liña de axudas á produción audiovisual. A anterior longa de Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) data de 2012 e titulouse A cicatriz branca. Foi a súa primeira incursión na ficción, e fíxoa para reflexionar sobre a emigración galega a América e as mulleres. Antes estreara os documentais Santa Liberdade (2004), sobre o heroico secuestro do paquebote Santa María para combater franquismo e salazarismo, e Liste, pronunciado Líster (2007), sobre o histórico comunista e militar antifascista galego.
NOS_48316
O combinado de 4x800 inscribe o seu nome nos libros de historia.
As probas de control federadas que se disputaron na pista cuberta de Expourense, xunto ao Campionato da Galiza Máster Individual e de Probas Combinadas, trouxeron consigo a consecución dun fantástico récord mundial na proba dos 4×800 metros lisos. O combinado galego masculino da categoría Máster-65, formado polos atletas Pablo Fervenza e Domingo Álvarez (ambos do Samertolomeu), Nemesio Gutiérrez (Atletismo Friol) e Xose Luís Otero Cepeda (Atletismo Santiago), logrou parar o reloxo nun rexistro de 10.41.58, pulverizando así en máis de 17 segundos a anterior plusmarca planetaria. Con este novo récord, o atletismo veterano do país continúa acumulando rexistros mundiais e continentais, pois se une ao que conquistou Pepín Rioseco nos 800 metros M-75 en 2018 e ao de Esther Pedrosa sobre a mesma distancia no ano 2021. Ademais, esta plusmarca representa unha recompensa para a excelente traxectoria deste cuarteto de atletas, na que cabe salientar o amplo currículo de medallas estatais de Xosé Luis Otero, así como a excelente tempada 2021 que asinou un Domingo Álvarez quen rachou co récord de España de 800 co seu tempo de 2.19.30. A maiores, e de modo paralelo á disputa desta competición, levouse a cabo o Galego de Marcha na Pobra do Caramiñal, facéndose cos títulos absolutos as dúas grandes favoritas: Carmen Escáriz (Ourense Atletismo) na modalidade feminina e Daniel Chamosa (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) na masculina. Ambas as corredoras dominaron de forma clara a proba nos 10 quilómetros que se estendeu o torneo, pero tamén foi digna de mención a actuación das atletas que as acompañaron no podio: Oleksandra Kostenko e Aldara Meilán e Juan Manuel Morales e José Fernández, respectivamente. Cabe salientar que durante o transcurso do campionato caeu o récord galego Sub-14 da man da marchadora do San Miguel de Marín Sabela Castelo, quen pararía o cronómetro na proba dos dous quilómetros en nove minutos e 38 segundos. Do mesmo modo, fixo o propio na categoría Máster-50 a marchadora do Ourense Atletismo María Soledad Pousa na distancia dos 10 quilómetros, completando o percorrido nunha hora, catro minutos e tres segundos. Entre os homes, Manuel Polo (Atletismo Narón) confirmou as boas sensacións coas que chegaba a esta competición esnaquizando o mellor rexistro histórico galego M-45, que baixou até os 50 minutos e cinco segundos.
NOS_36098
O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) rendeu tamén homenaxe á figura de Moncho Reboiras como "militante exemplar da liberación nacional e social de Galiza". O acto político realizado onte no cemiterio de Imo (Dodro) reuniu un cento de persoas, segundo a organización, e combinou a reivindicación, a celebración da memoria e a confraternización entre as asistentes.
O acto político do MGS, que foi conducido por Ximena González, contou coas intervencións de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG en Dodro, Élia Lago, da Mesa Nacional do MGS e de Isca! e o sindicalista da CIG, Ramiro Oubiña. Mariño fixo un chamado a continuar coa loita pola que entregou a vida Moncho Reboiras contra un "sistema capitalista que nos oprime e que ten, no caso particular da Galiza, unha fasquía extractivista e colonial que nos aferrrolla dobremente". Pola súa banda, Lago defendeu o paralelismo entre as circunstancias actuais e o contexto no que viviu e militou Moncho Reborias, reflexionando sobre o "significado intenso do comprimiso militante até as últimas consecuencias" e tamén sobre os reptos para "un futuro libre e socialista". O histórico dirixente da CIG, Ramiro Oubiña, salientou o papel desempeñado por Reboiras no proceso de creación da primeira organización sindical galega, o Sindicato Obreiro Galego (SOG), no treito final da ditadura franquista. Oubiña tamén fixo comparanza daquel momento histórico, cualificando de "farsa" a chamada "Transición", e os nosos días, poñendo o foco no "inmenso traballo que queda por facer" fronte a un deseño do Estado e un marco autonómico que están "ao servizo do capital e destinadas a afogar as apostas revolucionarias e independentistas". Fronte a iso, Oubiña reivindicou a "militancia real e diaria nas causas da soberanía e do socialismo" como único vieiro que pode resultar en avanzos reais. O acto contou coa intervención musical do cantautor Roberto Sobrado, e concluíu cunha ofrenda floral. A continuación desenvolveuse un xantar de convivio confraternidade na carballeira próxima co que o MGS pón todos os anos o ramo ao curso político. Outras homenaxes Para alén dos actos realizados pola UPG e o MGS, a lembranza de Moncho Reboiras motivou outras actividades ao longo da xornada do pasado sábado 12. Pola mañá, ás 11:30h Agora Galiza realizou a súa ofrenda floral en Imo. No mesmo lugar, ás 12:30h, a CIG e a Fundación Moncho Reboiras fixeron tamén unha homenaxe floral na que participou o ex secretario xeral do sindicato nacionalista e actual presidente da fundación, Suso Seixo. Ás 17h, tamén en Imo, Causa Galiza desenvolveu un "acto independentista de homenaxe". En Vigo, cidade na que viviu moitos anos Reboiras, a Frente Popular Galega e Xeira organizaron un acto de homenaxe na Praza do Toural no barrio de Teis ás 12h.
NOS_48377
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de autorizar a medida da Xunta para intentar frear os contaxios, que seguen en aumento. Os parámetros deste novo paso fronte á pandemia aparecen publicados no DOG de forma que estarán activos desde mañá. Así, será preciso amosar o pasaporte para acceder aos "interiores" dos restaurantes e dos bares, estes últimos a partir das 21 horas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) deu o visto e prace á Xunta a implementar o Certificado Covid para permanecer nos "interiores" de restaurantes e nos bares (neste caso só a partir das 21 horas) como se adiantara esta semana sobre as consideracións do Goberno galego e o sector para intentar reducir o número de contaxios polo virus. O pasaporte, que xa era requerido no lecer nocturno, nos albergues de peregrinos (sempre e cando estean ao 100% da capacidade en habitacións compartidas) e para as visitas e acompañantes de pacientes ingresados na rede de hospitais do país. A medida sairá publicada no Diario Oficial da Galiza (DOG), nunha nova versión desta sexta feira, de maneira que os novos requerimentos entrarán en vigor desde mañá e, polo de agora, até o 18 de decembro. A documentación deberá ser solicitada a todas as persoas maiores de 12 anos, debido a que é a poboación diana que xa puido acceder á vacinación fronte o coronavirus. A Sala entende que esta medida cumpre co requisito de temporalidade esixido polo Tribunal Supremo e destaca que non só cumpre a función de "evitar contaxios, senón tamén de minimizar os riscos", pois lembra que é "unha evidencia científica" que a transmisión da Covid-19 entre os vacinados é "moito menor á dos non vacinados". Non é un "sacrificio desproporcionado" Os maxistrados inciden en que esta medida permite "uns niveis maiores de ocupación (xa que non se reducirá o 100% da capacidade), pero garantindo a seguridade sanitaria" e consideran que está xustificada porque a exhibición da documentación pídese para entrar en espazos fechados "nos que se poden agrupar factores que aumentan o risco de transmisión". No auto, tamén indican que este tipo de negocios son "lugares de socialización que favorecen a relaxación da atención necesaria para manter as medidas individuais de prevención", ao que "pode contribuír o consumo de alcol". Entre os seus argumentos, o TSXG asegura que a implementación da medida non supón "un sacrificio desproporcionado", pois a exhibición do certificado requírese "para o desenvolvemento dunhas actividades de lecer onde a entrada ou o acceso ao estabelecemento é voluntaria". O alto tribunal galego tamén advirte no auto que a situación epidemiolóxica de Galicia está "a empeorar", polo que, segundo a sala, "as actividades que presentan un risco comparativamente máis alto de transmisión, como é a hostalería, precisan continuar con medidas específicas de control". Sen necesidade de permiso xudicial Tamén se confirmou, isto si xa nunha segunda versión do DOG -e sen a intervención xudicial-, que os grupos de xente van quedar reducidos a un máximo de nove persoas na hostalaría, o ocio pola noite e os eventos con cóctel. Ao igual que sucede co Certificado Covid, tamén estes límites chegan este sábado día 27 de novembro, baixando en dúas persoas os máximos que estaban estabelecidos até agora no interior dos negocios. Nas terrazas a restrición chegará a 15 persoas no lugar de 20, como quedara o permiso.
NOS_36
Pontón considera que o que pasa en Alcoa demostra a falla de propostas das forzas estatais para Galiza.
Ana Pontón considera que o que está a pasar con Alcoa e as 'sombras' sobre o futuro para as plantas da Coruña e San Cibrao e centos de postos de emprego é un exemplo de que as forxas estatais carecen de proxecto e compromiso para con Galiza. A portavoz do BNG considera "decepcionante" a "insuficiente" proposta de estatuto electrointensivo que presentou o goberno español (PSOE) e critica que Feixoo non se implique na defensa deste sector produitivo. "Como é posíbel que Euskadi consiga unha rebaixa de 23 euros por megavatio e para Galiza o que se propoña sexa de 4 euros?", preguntouse a portavoz, que instou a Xunta a pular por unha negociación bilateral co Estado " e conseguir un novo marco [eléctrico]" na liña do que logrou Euskadi. A portavoz do BNG visitou a planta de Alcoa na mariña e lamentou que desde goberno español e galego non se estean a dar "alternativas de futuro" para a planta da Coruña nin a actuar para disipar a preocupación na de San Cibrao. Galiza produtora O BNG considera "insólito" que nun territorio produtor de electricidade como é Galiza "haxa miles de empregos en xogo polo alto prezo da electricidade". A portavoz incidiu en que o alto prezo da electricidade impide que a industria electrointensiva galega compita "en igualdade de condicións" con outras industrias europeas, por iso entende que o estatuto electrointensivo debe garantir unha tarifa estábel e tamén compensar Galiza polo feito de ser produtora de enerxía.
NOS_29014
A falta de planificación e unha "xestión deficiente" por parte do equipo directivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés no último lustro conduciron "ao caos sanitario" que están a sufrir profesionais e doentes dos centros de saúde, PAC e hospitais da zona. A denuncia parte de cinco sindicatos que reclaman unha negociación directa co presidente da Xunta para evitar a folga.
Representantes dos sindicatos sanitarios CESM Galiza, Prosagap, Co.bas, Omega e TSP veñen de lanzar un ultimato ao Goberno galego: de non se sentar a negociar solucións urxentes que muden a situación asistencial en todos os niveis da área de Pontevedra e O Salnés avanzarán "na convocatoria dunha folga de todos os profesionais sanitarios". "Agora, en pleno verán, consideramos que non é o momento de convocar un paro rápido que non conduza a nada", afirma a Nós Diario o médico de urxencias Enrique Marra, voceiro de CESM Galiza. Mais de cara a setembro de non obter unha resposta inmediata por parte do presidente da Xunta, botarán man das mobilización para encarreirarán as súas demandas. As Urxencias do Hospital de Montecelo colapsan e desde a dirección piden "non acudir por cadros leves" O persoal sanitario apela directamente a Alfonso Rueda. "Esperaremos unha semana a que contacte con nós -ou a persoa na que delegue- e inicie unha negociación que será con acordos que deberán facerse públicos". Balance do "caos" Sindicatos e traballadores fixeron balance dunha situación insostíbel que se agravou coa chegada do verán, o incremento da Covid e a chegada de miles de visitantes. "Xa non podemos máis", aseguran, nunha área sanitaria na que apuntan condicións "distintas" a doutros distritos, como resultado dunha xerencia "deficiente" que precipitou "fuga de profesionais, a marcha de residentes coa especialidade rematada e xubilacións anticipadas imprevistas". Sinalan unha carencia de persoal "brutal", sobre todo en PAC e centros de saúde. "Os PAC están con contratos eventuais e contan polo menos cinco vacantes. En Primaria faltan unha vintena de efectivos. E isto é unha espiral: cada vez menos xente máis sobrecargada atende unha poboación crecente no verán", di Marra. Falece un octoxenario en Lalín que tivo que agardar 50 minutos por unha ambulancia A presión na Primaria con axendas diarias de 60 doentes, "gardas obrigatorias nos PAC con ameazas", movementos dun centro a outro até no mesmo día e diminución de persoal facultativo que obrigou determinados "feches funcionais" nos últimos días trasládese aos hospitais. Tal e como informou este xornal nas últimas datas as urxencias do hospital de Montecelo permaneceron varios días colapsadas, "con até 45 doentes esperando de forma simultánea nos corredores". Os tempos de espera chegaron a superan as 72 horas neste servizo, pero tamén acusaron demoras nos traslados en ambulancia, de 24 e 12 horas, "no caso dunha nena de 12 meses cun traumatismo craneoencefálico". Apertura de camas Esta situación urxe unha resposta inmediata, asegura Marra. Por iso piden o cese inmediato do equipo directivo da área, un plan de emerxencia que reverta a situación actual de colapso, precariedade e falta de planificación e a apertura das camas fechadas. "Chegou a haber 125, 101 en Montecelo e no Provincial e 24 no Salnés, que permanecen baleiras. Coas de Montecelo van xogando. Seguen fechadas as de lactantes e medicina interna, pero as de cirurxía, trauma e cirurxía maior ambulatoria, abren e fechan segundo lles parece".
PRAZA_17133
O libro Encrucilladas da diversidade lingüística europea. Kiel-Santiago de Compostela (Galaxia), editado por Martín Vázquez e Facundo Reyna, analiza a situación do galego e os discursos na súa defensa no contexto da diversidade lingüística europea.
A pirámide de idade da lingua galega reduce a súa base a un ritmo acelerado "A miúdo termos técnicos da análise (socio)lingüística (i.e. bilingüismo, dialecto e lingua, entre outros) téñense deslizado cara á esfera pública cobrando un novo sentido ou, cando menos, xogando un papel diferente. Ao noso parecer, algo semellante ocorreu coa clásica caracterización do galego como idioma minoritario e minorado. Se o primeiro adxectivo é cuestionable, o segundo converteuse nunha pexa á hora da promoción lingüística desta lingua". Isto afirman os investigadores Martín Vázquez e Facundo Reyna, editores do ensaio Encrucilladas da diversidade lingüística europea. Kiel-Santiago de Compostela, (Galaxia), que defenden caracterizar, no discurso público, a comunidade lingüística galega como "de tamaño medio" para contribuír a "configurar unha imaxe máis positiva da lingua galega". O termo "comunidades lingüísticas de tamaño medio", das que son exemplo a neerlandesa, checa, polaca, ucraína, danesa, eslovena, estoniana, finesa, hebrea, letoa e húngara, xorde, segundo estes autores, para definir as comunidades situadas nunha posición intermedia entre as grandes linguas e as pequenas. Trataríase de linguas de máis dun millón de habitantes e menos de 25 millóns, faladas en sociedades economicamente "desenvolvidas" e cunha "transmisión interxeracional positiva como síntoma de vitalidade lingüística". Segundo estes criterios, a comunidade lingüística do galego podería considerarse de tamaño medio, malia que " a súa vitalidade lingüística non está garantida e a transmisión interxeracional é un dos problemas máis importantes". Desde o punto de vista demolingüístico, explican Vázquez e Reyna no limiar de Encrucilladas da diversidade lingüística europea, o galego sitúase entre o 5 por cento das linguas do mundo con máis dun millón de falantes, "feito que demostra a pouco axeitada caracterización desta lingua como minoritaria". "Entendemos", -engaden-, que "a caracterización da comunidade lingüística galega como mediana, un termo que non remata por rachar a xerarquización entre minoritario-maioritario, sérvenos para mellorar a imaxe e contribuír a eliminar algúns dos prexuízos sobre a súa utilidade ante o marco ideolóxico imperante". Da mesma maneira, aseguran que o termo "lingua minorada", aínda que nalgún momento puido servir para denunciar as "forzas invisibles" que actuaban na substitución lingüística, "agochadas baixo o argumento da liberdade do individuo, na actualidade esta etiqueta xoga en contra do galego á hora da súa promoción". "O galego sitúase entre o 5 por cento das linguas do mundo con máis dun millón de falantes" Vázquez e Reyna conflúen ademais, na súa argumentación, co profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, que noutro dos artigos recollidos neste mesmo libro ocúpase das linguas minoritarias europeas. Malia a elaborada narrativa a favor do mantemento destas linguas, tan reproducida no "mantra" neoliberal da "unidade na diversidade", en moitos Estados, -indica Ramallo-, "as políticas públicas deixan de lado non só a promoción da diversidade senón, e isto é o máis preocupante, unha elemental protección", de xeito que se reforza o "discurso da diversidade como un mecanismo de dilución do discurso da xustiza", ao tempo que se constrúe o discurso da diversidade como problema. O autor defende, por isto, unha abordaxe da diversidade lingüística a partir das desigualdades e non desde unha retórica "baleira e abstracta". Fernando Ramallo defende unha abordaxe da diversidade lingüística a partir das desigualdades e non desde unha retórica "baleira e abstracta" As cifras que se manexan, -sostén Ramallo-, "sitúan a diversidade lingüística de Europa entre 230 e 300 linguas, das que un 15 por cento ten status de 'lingua oficial'. O resto, considéranse linguas sen Estado, linguas rexionais ou linguas minoritarias. Das linguas minoritarias, 79 estarían cubertas pola Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Mais o concepto "minoría lingüística", -lembra-, é ambiguo. Unha serie de trazos, -explica-, adoitan aparecer nas situacións de minoración lingüística, como, desde o punto de vista sociopolítico: a dependencia política en modelos democráticos liberais, o baixo prestixio social, o conflito lingüístico permanente, que pode estar latente, e o activismo cívico a favor da lingua minorada, ou desde o punto de vista demográfico o perfil envellecido ou a aparición de minorías aínda máis desprotexidas, fronte ás minorías autóctonas, a consecuencia dos movementos migratorios. Das linguas minoritarias, 79 estarían cubertas pola Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias Outros trazos serían, desde o punto de vista legal, unha fráxil lexislación de protección das minorías lingüísticas e o baixo nivel de visibilidade institucional, desde o económico o empobrecemento e desde o sociolingüístico problemas de ruptura da transmisión interxeracional, presenza de neofalantes ou actitudes máis favorables á diversidade lingüística nos falantes da lingua minoritaria que nos da dominante, xunto con actitudes máis neutrais cara á primeira nos falantes da lingua maioritaria, ou desfavorables se consideran o bilingüismo como competencia. En canto ao futuro destas linguas minoritarias, Ramallo propón un modelo para tratar de predicilo, en función de dúas variables: o maior ou menor prestixio social da lingua e a intensidade do conflito lingüístico entre as comunidades en contacto. Así, no grao un estaría a substitución lingüística, en situacións de baixo prestixio sen apenas resistencia social; no grao dous a diglosia funcional, en situacións de baixo prestixio e con conflito baixo ou latente que leva a tensións cando se activa; no grao tres a autonomía lingüística, con establecemento de dereitos lingüísticos territorializados; no catro o federalismo lingüístico, con monolingüismo exclusivo da lingua minoritaria nun determinado territorio, e multilingüismo oficial, acando a lingua minoritaria status legal en todo o Estado e para todas as funcións. En calquera caso, -resume Ramallo-, as linguas europeas son maioritariamente linguas minorizadas. E a dobre consideración das linguas como maioritarias ou minoritarias, oficiais ou non oficiais, constitúe a base dunha discriminación con múltiples implicacións. "En calquera caso, -resume Ramallo-, as linguas europeas son maioritariamente linguas minorizadas" "Basta xa de episodios gloriosos pero errados!", conclúe este autor. Pois, -salienta-, os falantes das linguas minoritarias "teñen dereito á caída do adxectivo e a que no seu día a día a súa lingua sexa maioritaria e operativamente exemplar. Se aceptamos que as linguas minoritarias teñen futuro, cómpre desminoralas, isto é, enchelas de oportunidades, de espazos de uso, de funcionalidades mediante a súa transformación de linguas minoritarias a linguas comunitarias". Sobre o futuro da lingua -galega- reflexiona tamén, no mesmo libro, o profesor emérito da Universidade de Santiago e ex-presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, que reivindica o galego como unha lingua "antiburguesa". Nun texto que parte das lembranzas da súa infancia e da súa toma de conciencia do nexo entre lingua e clase social, lembra que, no Rexurdimento, as elites intelectuais galegas eran, no seu día a día, monolingües en castelán. "Rosalía e Murguía", -sinala- "escribíanse sistematicamente neste idioma, e neste idioma, o castelán, cortexáronse, namoraron, conviviron e socializaron os seus fillos". E esta situación mantívose, con poucos matices, durante décadas. Deste xeito, -asegura-, Ramón Otero Pedrayo non falaba en galego coa súa nai, e a mesma "incoherencia" entre o seu discurso público e a lingua das súas relacións familiares amosaron Francisco Fernández del Riego ou Ricardo Carvalho Calero, "capaz de dirixirse en castelán á súa muller e ás súas dúas fillas en grupos onde o galego era o idioma de conversa". Arredor de 1955, -engade-, Antón Beiras e Antía Cal comezaron a falar en galego no fogar, a partir dunha "heroica decisión incomprendida daquela por non poucos antifranquistas e non seguida en Vigo e en Lugo por ningún dos galeguistas que xa o eran antes do 1936". Antón Beiras e Antía Cal comezaron a falar en galego no fogar, a partir dunha "heroica decisión incomprendida daquela por non poucos antifranquistas" Segundo Alonso Montero, é Curros Enríquez, por outra banda, o primeiro defensor do galego que presenta esta lingua como "un idioma civil, un idioma nobre", dotado da nobreza que lle transmite non "o ocio, o ouro e o ouropel" das clases altas, senón "o prestixio do traballo e do sufrimento" das clases traballadoras. A "lingua proletaria do meu pobo" de Celso Emilio Ferreiro, o idioma da "nación sociolóxica" dos pobres, dos labregos, dos "parias". No Rexurdimento, -sinala Montero-, ningún dos moitos apoloxistas da lingua patria a defendeu con este argumento, agás Curros, como despois fará Castelao. A "lingua proletaria do meu pobo" de Celso Emilio Ferreiro, o idioma da "nación sociolóxica" dos pobres, dos labregos, dos "parias" A partir dos anos 80, o Estatuto de Autonomía e as leis posteriores sobre o idioma, -en concreto, a presenza do galego na escola, nos medios de comunicación e na administración-, conseguen, segundo Montero, desacelerar o proceso de substitución lingüística, pero se a inmensa maioría da sociedade aínda non a percibe como unha lingua de prestixio é, segundo a súa análise, porque as "clases altas", -agás excepcións-, seguen sen usala como lingua coloquial habitual, "nin na casa nin no marco veciñal ou profesional". Mais de toda a sociedade, conclúe, e non só de certas institucións ou grupos, depende o seu futuro. A obra Encrucilladas da diversidade lingüística europea foi impulsada desde o Centro de Estudos Galegos de Kiel, (Alemaña), baixo a dirección de Javier Gómez-Montero. O Camiño de Santiago foi a vía escollida por este centro para poñer en valor a lingua galega, no contexto do plurilingüismo europeo, no norte de Europa. "A literatura", indica o propio Gómez-Montero nun artigo neste libro, "fundou o Camiño" e "é un espello de como cada xeración o reinventa". As lecturas literarias do Camiño, os textos ficcionais e a literatura odopórica, "redescobren de mil formas diferentes o territorio que o cruza, a súa historia oculta, a das súas cidades, aldeas e vilas, e supoñen tamén unha aproximación ás linguas dos seus habitantes, enraizándoas tanto na sociedade como nos seus imaxinarios colectivos". No espazo báltico, a diversidade lingüística está presente en virtude da confluencia entres as familias lingüísticas xermánica, eslava a báltica, xunto con linguas non indoeuropeas como o finés e o estoniano. O espazo báltico é, segundo Vázquez e Reyna, lugar de reunión de moitas das comunidades lingüísticas de tamaño medio. Da diversidade lingüística no norte de Alemaña e áreas veciñas ocúpase en Encrucilladas da diversidade lingüística europea o profesor Alastair Walker, da Universidade de Kiel, que define os distintos modelos educativos en canto a presenza das linguas minoritarias ou rexionais. O espazo báltico é, segundo Vázquez e Reyna, lugar de reunión de moitas das comunidades lingüísticas de tamaño medio Así, remarca, nos Países Baixos o frisón occidental pode abranguer desde unha hora de aulas á semana ao 50% do currículo, segundo a decisión da dirección de cada escola, mentras que o Baixo saxón case non está nas aulas, agás en dous concellos. En Alemaña, hai un modelo de inmersión lingüística en todo o currículo nas escolas de minoría danesa; o baixo alemán é moi pouco utilizado, aínda que a tendencia comeza a mudar; o frisón setentrional está normalmente unha ou dúas horas á semana no xardín de infancia e na escola e o romaní non ten taxa de matrícula formal, aínda que membros da comunidade lingüística acompañan os nenos sinti na escola en Kiel, empregando esta lingua. En Dinamarca, case todo o currículo nas escolas de minoría alemá ten como lingua de instrución o alemán. Deste xeito, conclúe o autor, "as dúas minorías que teñen os sistemas educativos máis eficientes e desenvolvidos son as minorías danesa e alemá. Estas son dúas minorías transfronteirizas nas que a lingua minoritaria é máis unha lingua de uso institucional que familiar", mentras que "as comunidades lingüísticas autóctonas, coa excepción do frisón occidental, teñen xeralmente unha posición moi modesta nos respectivos sistemas educativos estatais".
PRAZA_16983
Os mediadores internacionais esixiran que a declaración sobre a disolución da banda fose clara e inequívoca. Tras o comunicado final celebrarase unha conferencia internacional na que se espera un cento de asistentes DOCUMENTO | A declaración final de ETA Galicia é a terceira autonomía con máis presos de ETA nos seus cárceres: 22 dun total de 231
DOCUMENTO | A declaración final de ETA Galicia é a terceira autonomía con máis presos de ETA nos seus cárceres: 22 dun total de 231 Cando o avogado surafricano Brian Currin e o seu equipo do Grupo Internacional de Contacto (GIC) aterraron en outubro pasado en Euskadi para ver de que maneira podían acompañar o final definitivo da organización terrorista ETA a condición básica que puxeron encima da mesa aos seus interlocutores era que a declaración fose clara e inequívoca. ETA tiña que anunciar con claridade que pechaba definitivamente o seu ciclo terrorista, que se estendeu durante os últimos 60 anos. A "declaración final" chegou este 3 de maio de 2018. "Isto era algo que non estaba nada claro cando os do Grupo Internacional de Contacto estiveron en outubro pasado", apunta unha fonte coñecedora das reviravoltas do final de ETA que estivo durante todos estes meses en estreito contacto co equipo de Currin e que participou na organización da Conferencia Internacional de Aiete, en outubro de 2011. A pesar de que o comunicado definitivo e o vídeo gravado por ETA -no que se recolle a súa declaración definitiva de disolución- se difundirá este xoves a través dun medio internacional (previsiblemente a BBC), os termos utilizados pola organización terrorista xa desarmada na súa carta do pasado 16 de abril -remitida a axentes políticos e sociais vascos e adiantada por eldiarionorte- son inequívocos. Os terroristas de ETA non só explican que disolven "completamente todas as súas estruturas", senón que afirman que co debate aberto en 2010 para finiquitar a súa actividade, a banda pecha "o seu ciclo histórico e a súa función". O equipo do avogado surafricano Brian Currin mantivo a esixencia de que a declaración sobre a disolución da banda fose clara e inequívoca Fontes coñecedoras do proceso do final da organización -que inclúe a celebración dunha Conferencia Internacional o vindeiro venres na localidade vascofrancesa de Cambo- apuntaban que a terminoloxía desta misiva é practicamente calcada á que empregará ETA no seu epitafio final. E así foi. Desde entón, o equipo de Currin, xunto coas outras organizacións que prepararon o encontro internacional deste venres -o Foro Social Permanente e Bake Bidea- mantiveron esa esixencia, sabedores que a conferencia internacional debía ser o acompañamento a unha decisión clara, definitiva e sen interpretacións diversas por parte de ETA. Nese sentido, as fontes coñecedoras desas conversas explicaron a eldiarionorte.es que a declaración recollida na literalidade da carta reflicte e cumpre á perfección coa esixencia de Brian Currin. A carta de ETA chega xusto nun momento no que os partidos vascos confirmaron en fervenza na xornada deste mércores a súa decisión de acudir ou non ao encontro internacional de Cambo. Os organizadores esperan finalmente un centenar de asistentes, entre eles, o líder do Sinn Fein Gerry Adams, Jonathan Powell, ex-xefe de gabinete de Tony Blair, e Bertie Ahern, o que fora primeiro ministro de Irlanda, aínda que non estarán outros dos líderes internacionais que si acudiron a Aiete como Kofi Annan, exsecretario xeral da ONU, e a norueguesa Gro Harlem Brundtland. Tras o comunicado final celebrarase unha conferencia internacional na que se espera un cento de asistentes A semana pasada xa se descartou a presenza do lehendakari, Íñigo Urkullu, e da presidenta de Navarra, Uxue Barkos. O portavoz do Executivo vasco, Josu Erkoreka, argumentou entón que "o acto non foi consensuado" e que non comparte "a orientación do mesmo" nin o seu "enfoque ético e político". Tamén se confirmou desde un primeiro momento a presenza do presidente da Mancomunidade do País Vascofrancés e alcalde de Bayona, Jean René Etchegaray. Os populares vascos, liderados polo seu presidente Alfonso Alonso, foron os primeiros en criticar o acto e en rexeitar calquera presenza nun encontro que, ao seu xuízo, pretende 'branquear' o pasado terrorista de ETA. Os socialistas vascos de Idoia Mendia tamén anunciaron a súa intención de non acudir a Cambo. "Queremos evitar contribuír coa nosa presenza en calquera acto que poida ser utilizado para maquillar a historia de ETA ou buscar xustificación aos seus crimes", apuntaba o PSE-EE. Os gobernos vasco e navarro non prevén acudir á conferencia, á que si asistirán o PNV, EH Bildu e sindicatos como LAB, ELA e UGT Euskadi Por contra, o líder do PNV, Andoni Ortuzar e o de EH Bildu, Arnaldo Otegi, encabezarán as delegacións dos seus respectivos partidos na Conferencia na localidade vascofrancesa. Podemos Euskadi anunciou este mércores que enviará unha delegación, pero non acudirá o seu líder, Lander Martínez. A formación morada, que estará representada pola parlamentaria Eukene Arana, cre que debe estar presente en "todos os espazos que supoñan pasos para a consolidación de escenarios de paz e convivencia", aínda que tamén quixo resaltar que a súa presenza "non implica necesariamente a adhesión acrítica ao devandito acto". No campo sindical, ademais das centrais LAB e ELA, estará presente o líder de UGT Euskadi, Raúl Arza. A central uxetista asiste para "certificar dunha vez por todas que a organización terrorista ETA desaparece definitivamente tras décadas de terror, acoso, extorsión e asasinatos ao conxunto da sociedade vasca e española e, en especial, aos nosos militantes e á nosa organización, que sufriu en primeira persoa a súa violencia de persecución e a súa negativa a recoñecer a pluralidade da sociedade vasca". No outro extremo, Comisións Obreiras argumenta que "a falta de información do acto e o respecto por nosa propia historia de confrontación fronte ao terrorismo, lévannos a tomar a decisión de non asistir ao acto".
NOS_16453
Os seus traballos de investigación etimolóxica son referentes nos estudos referidos a esta temática.
O filólogo e etnógrafo Elixio Rivas Quintas, natural de Fondo de Vila (Xunqueira de Ambía), faleceu o pasado sábado aos 97 anos de idade deixando un legado inmortal que lle valeu numerosos recoñecementos e distincións; o máis recente, a Medalla de Ouro da Deputación de Ourense (2019). Entre os numerosos traballos de Rivas destacan a restauración da ermida de San Mamede, a creación da Aula da Natureza no Caudillo, os traballos a prol da restauración do Camiño Mozárabe de Santiago ou a creación e restauración das pezas do Museo Etnográfico situado en Montemedo. A Deputación deu conta do seu pasamento na tarde do domingo e lembrouno como "unha figura fundamental desta provincia, á que axudou á súa propia autocomprensión grazas a unha vida completamente adicada á investigación". Especialista en toponimia, a súa tese de doutoramento sobre esta materia e os seus traballos de investigación etimolóxica son un referente nos estudos universitarios referidos a esta temática. Rivas tamén foi membro da Comisión de Toponimia da Xunta da Galiza desde 1978 e fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica da Universidade de Santiago, así como correspondente da Real Academia da Historia. Aliás, hai xusto un ano Nós Diario distribuía para as persoas lectoras un coleccionábel sobre a onomástica galega no que se contou, entre outros, co traballo de investigación de Elixio Rivas. Nós Diario afonda no mundo dos apelidos no seu novo coleccionábel
NOS_1927
Preséntase a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular 'Xabarín'
Unha nutrida representación de profesionais da música, do audiovisual, do teatro e da industria editorial de Galiza, así como representantes de colectivos sociais e de todos os ámbitos do ensino arrouparon en Compostela o lanzamento da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular Xabarín. Unha PNL impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística no Parlamento de Galiza co obxectivo de instar o goberno galego "a tomar as medidas precisas para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego". A petición demanda que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle "con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos". Celia Armas, secretaria xeral da Mesa, recordou que a proposta tamén instará ao goberno de Feixoo a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil. "O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias", salientou. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou na presentación que a petición reuniu a través da web case 15.000 sinaturas. Foi, precisamente, a velocidade e a intensidade con que a sociedade galega respondeu á proposta o que levou a entidade de defensa da lingua a transformar o que inicialmente era unha petición nunha iniciativa popular que cumprise todos os requisitos para poder ser debatida e aprobada no Parlamento. "Día a día demostran ademais que máis que demanda o que hai é necesidade, como a hai para calquera sociedade avanzada mais que no noso caso é urxencia", asegurou, "como demostra esta iniciativa que nace coa participación de ducias de colectivos do sector da cultura mais tamén das asociación de nais e pais, organizacións xuvenís, a grande maioría da representación sindical do profesorado galego ou os xa máis de 200 estabelecementos comerciais onde se recollerán as sinaturas nos próximos días asi que a Xunta electoral valide, sele e numere os pregos onde se recollerán". O apoio concrétase na posta en marcha dun grupo impulsor da iniciativa popular no que están representadas as principais asociacións profesionais da cultura galega (AAAG, AELG, AGAG, AGEM, AGPI, AGPTI, Escena Galega, Músicas ao vivo e Asociación de Profisionais da Dobraxe); artistas de referencia para o público infantil e xuvenil como Fran Amil, Magín Blanco, Pepe Carreiro, Paco Cerdeira, Pablo Díaz, Gloria Mosquera ou Uxía Lambona e a Banda Molona; empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas como Apiario, Baobab, Charlatana, Culturactiva, Editorial Galaxia ou Xerais; colectivos sociais como a Federación Galiza Cultura ou as ANPAS Galegas; e organizacións do ensino como Erguer, ANEGA, AS-PG, Nova Escola Galega, CIG Ensino, CSIF Ensino ou STEG.
NOS_18932
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de condenar o Sergas e a Consellaría de Sanidade ao pago dunha indemnización de 60.000 euros a unha muller que quedou embarazada, tres meses despois de se someter a unha intervención para a colocación dun anticonceptivo.
A sentenza sinala que a ineficacia do procedemento estivo causada pola mala praxe do equipo médico ao interpretar de maneira errónea unha das probas que se realizaron á paciente e que levou a colocar nunha das trompas de falopio un dispositivo anticonceptivo denominado Essure, un pequeno espiral de metal e fibra que, ao implantarse, xera tecido cicatrizal que evita que os espermatozoides alcancen o óvulo. Esa omisión, xunto coa retirada do DIU que a muller tiña colocado, causada pola mesma conclusión errónea, foi o que "posibilitou –segundo recolle o ditame– que se producise a fecundación e posterior embarazo". A resolución chega despois de que tanto o Sergas como o xulgado, nunha primeira instancia, desestimasen a pretensión da recorrente, unha muller cunha discapacidade recoñecida de 86%, que reclamou polo dano sufrido, tanto económico –polo aumento dos seus gastos derivados do nacemento da súa segunda filla– como moral, pola lesión do seu "dereito de autodeterminación reprodutiva". O tribunal basea a súa conclusión sobre a responsabilidade patrimonial da Administración na "errónea" interpretación do equipo facultativo que atendeu o caso de que existía unha oclusión "total e permanente" da trompa dereita da paciente, por atopala obstruída no momento de intentar a colocación do Essure, o que fixo desbotar a esta posibilidade e retirar o DIU. Segundo consta na resolución, o informe derivado da proba de imaxe –histerosalpingografía– para confirmar a obstrución ditaminou que había unha "replección parcial" da trompa, do que se deduciu de forma equivocada que había unha oclusión definitiva do conduto, cando o que ocorría é que estaba parcialmente obstruído. A sentenza aprecia ademais que a proba de imaxe para comprobar a oclusión ou apertura da trompa se realizou sen deixar o tempo necesario para ser efectiva, á vista da opinión dun perito xudicial que sinalou que, no caso do Essure, esta comprobación faise pasados tres meses desde a inserción do dispositivo, "para proporcionar un período suficiente a fin de que se fibrose o tecido e se produza o feche". Neste caso, esa proba de imaxe realizouse só 15 días máis tarde da intervención. A este respecto, o tribunal bota man do informe do xefe de servizo de Xinecoloxía do centro hospitalario, quen advirte que a maior taxa de embarazos con esta técnica se relaciona co incumprimento do protocolo de seguimento por parte da paciente ou do persoal médico "ou –como neste caso–por unha mala interpretación das probas de imaxe". O implante Essure foi retirado do uso no Estado español en 2017 polos efectos secundarios que causaba, e xerou numerosas reclamacións por problemas na implantación e por falta de información. Neste caso, a paciente tamén alegaba falta de información sobre a técnica e as decisións que se tomaron, se ben neste contexto a sentenza rexeita o argumento pola existencia de varios documentos de consentimento informado no expediente.
PRAZA_19727
A pantasma da nova oficina xudicial pasou pola nosa lei, levouse cartos públicos e non mellorou para nada a administración de xustiza en Galicia porque o noso goberno non quixo. Namentras nas oficinas tradicionais loitamos como podemos por aplicar unha lei organizativa que xa non se axusta a o que acontece cada día porque regula un modelo que coido nunca veremos na práctica.
Con case que 5 anos de demora (o conselleiro de xustiza anunciara en 2010 que a sede abriría o ano 2013) inaugurouse a reforma do edificio da Fábrica de Tabacos da Coruña no que a Xunta vai albergar algúns órganos xudiciais e a Fiscalía da Coruña. A nova oficina xudicial Cando en 2010 planearon o novo edificio xa entraran en vigor algunha das importantes reformas (as leis orgánicas 19/2003 e 1/2009, nomeadamente) que, froito do moi cacarexado «Pacto de Estado para la reforma de la Justicia» (2001), pretendian actualizar (modernizar, dicían os políticos), as nosas decimonónicas oficinas para implantar unha «nova oficina xudicial». Este, naquela altura, «novo» modelo tiña entre as súas finalidades: dar unha atención de calidade aos cidadáns, aforrar os custes innecesarios que en ocasións produce o ter aos distintos xulgados funcionando como oficinas estancas, sen comunicación entre si, e homoxeneizar o funcionamiento de todas as oficinas nos trámites non estritamente xurisdiccionais; polo que estes trocos implicaban non só unha muda organizativa senón tamén unha reforma dos edificios que xa non poden servir para acoller varios xulgados illados arredor do cadanseu xuiz e letrado da administración de xustiza. No Boletín Oficial do Estado hai nova oficina xudicial dende 2009 pero... Existe no mundo acaecido? Mentres que nas comunidades autónomas nas que o Ministerio de Xustiza ten competencias sobre a administración de xustiza vaise avanzando vila a vila e sen demasiados folgos noutras, sobranceiramente Euskadi, tomáronse en serio as leis e decidiron sacar adiante un proxecto que xa aplican con éxito na meirande parte dos seus partidos xudiciais. Namentres na Nosa Terra a Dirección Xeral de Xustiza aínda que comezou cedo coa publicidade da súa «firme aposta» polo novo modelo, até agora non fixo nada salientable. Foi o Ministerio de Xustiza o que deu o primeiro paso (presionando á Xunta) cando deseñou o que chama a «Nova Oficina Fiscal» tamén para Galicia que, polo momento, existe só nun decreto publicado no diarios oficiais en 2014. «Non sal o toxo de toxo / por froleado que esteña» Nunha administración na que o «papel cero» só é un lema publicitario poden imaxinar o que suporá a mudanza das oficinas e arquivos de tramitación da fiscalía e dos ditos órganos xudiciais a un edificio novo. A refractariedade ao cambio de todos os traballadores da administración de xustiza é proverbial, e un traslado como este era a ocasión ideal para facer un troco maior como o establecemento da (nova) oficina xudicial nestes órganos. Pero a Consellería de Xustiza ven de desaproveitar unha outra oportunidade de cumprir as súas obrigas legais no eido da administración de xustiza. A configuración da administración de xustiza que é de obrigado cumprimento dende 2009 terá que seguir agardando en Galicia a un goberno con mais respeto pola legalidade vixente. Así, tras a mudanza, teremos nun edificio con mobiliario e equipamento do trinque as vellas oficinas de sempre, cos seus retrasos, as súas duplicidades de traballo, o seu papel a mancheas porque, como rimou o Leiras Pulpeiro, vestir cunha camisa nova non é abondo para alcanzar a grandeza. O modelo da oficina xudicial do 2003-2009 ten os días contados porque os mesmos políticos que pactaron implantalo (PP e PSOE) decidiron abandonalo tras as primeiras oposicións. Houbo resistencia porque as reformas organizativas tiñan amáis da finalidade declarada de dar un mellor servizo a cidadanía outras non confesadas como as de controlar o traballo de xuíces e maxistrados e reducir o número de traballadores da administración de xustiza. Convén recordar que a primeira folga de xuíces dende 1976 convocárona os maxistrado españois para opoñerse ás reformas proxectadas ao abeiro do «Pacto de Estado para la reforma de la Justicia» A reticencia dun gran número de xuíces e maxistrados é unha das causas fundamentais de que a oficina xudicial non se implantara na meirande parte dos partidos xudiciais españois e nomeadamente en Galicia, onde o noso executivo é moi permeable aos consellos, recomendacións e directrices dalgúns maxistrados. Algúns custes da (nova) oficina xudicial Pero aínda que a (nova) oficina xudicial non exista xa quitou cartos dos orzamentos públicos. Voulles dar dous exemplos de primeira man, desas inversións inútiles adicadas polo Reino de España e Galicia a oficina xudicial : - no 2009 a Dirección Xeral de Xustiza coa colaboración do Ministerio de Xustiza impartiu un curso de 2 días en Santiago de Compostela para 20 letrados da administración de Xustiza (co todos os custos cubertos) sobre a Nova Oficina Xudicial na que o aínda director xeral de xustiza afirmou en castelán: [El plan de primeras medidas para la implantación de la nueva oficina judicial en Galicia e]s un primer plan de implantación que se engloba en un proceso gradual, de más amplio alcance, que afectará a todos los niveles de la oficina judicial en el periodo 2009-2011. - en 2011 asistín (co todos os custos cubertos) a unha visita de 3 días a recén imprantada nova oficina xudicial de Cáceres para coñecer o seu funcionamento práctico. Estas visitas ás sedes reformadas continúanse a convocar todos os anos dende aquela en quendas de arredor 20 participantes para que os letrados da administración de xustiza coñezamos este modelo (que xa non podemos chamar novo). Non podo confirmar -pero é doado imaxinar a súa existencia- as ducias de plans, amáis de aquel «Plan de primera medidas...» do que falou o director xeral de xustiza en 2009, e proxectos de implantación que se elaboraron nestes anos para rematar non facendo nada. A pantasma da nova oficina xudicial pasou pola nosa lei, levouse cartos públicos e non mellorou para nada a administración de xustiza en Galicia porque o noso goberno non quixo. Namentras nas oficinas tradicionais loitamos como podemos por aplicar unha lei organizativa que xa non se axusta a o que acontece cada día porque regula un modelo que coido nunca veremos na práctica.
PRAZA_1034
Temos unha demografía catastrófica e semella que calquera Goberno que mereza o nome de autónomo ou galego vai tentar revertela. Mais iso non abonda no curto prazo. Cómpre, xa, xerar emprego de calidade. E isto esixe unha aposta moi potente pola empresa galega.
Galicia supón moi pouco para o conxunto do Estado, tanto en termos de PIB como en poboación. Quere dicir isto que a nosa forza é a diferenza, a identidade, unha Marca propia. Mellor sermos país de noso ca provincia. Xa que logo, precisamos un proxecto económico proprio. Oportunidades económicas tan nidias como a potenciación dos nosos portos no eixo Panamá-Antuerpe-Rotterdam ou o noso sector enerxético, que foi número un no eólico e que no futuro, se houber ideas claras no Goberno galego, podería facer moito independizado mentalmente da famosa teoría do cerebro madrileño que todo o sabe e todo o pensa. Para alén, temos unha demografía catastrófica e semella que calquera Goberno que mereza o nome de autónomo ou galego vai tentar revertela. Mais iso non abonda no curto prazo. Cómpre, xa, xerar emprego de calidade. E isto esixe unha aposta moi potente pola empresa galega. Galicia habería ser o país da Europa no que máis doado fose crear unha empresa, dixemos aquí hai pouco. Maticemos. Sempre no marco da legalidade laboral, fiscal e ambiental. E aí a función dos concellos será fundamental, pondo medios e recursos para o emprendemento local. Mais nesa batalla do curto prazo, semella imprescindíbel a captación do investimento exterior. Galicia arestora é anecdótica nesta captación, agás operacións puntuais. Mais temos diante nosa grandes ferramentas ao noso favor, como nos relata o economista galego Vicente Martín Egaña. "Escolas de enxeñería industrial, civil, naval e de teleco punteiras, xente nova ben formada, con coñecemento de idiomas e que hai que traer canto antes da emigración, unhas infraestruturas viarias razoábeis". A estas avantaxes cumpriría engadirlles a oferta razoábel de solo industrial e as canles variadas (lusofonía, ibeoramericana, europea) de potenciar a Marca-Galicia. Pero para todo isto compre que o noso Goberno e a nosa sociedade acreditemos- en nós propios. E que non nos deixemos ir polo que outros fagan ou -máis ben- deixen de facer. Morreu Juan Ramón Díaz Vén de morrer Juan Ramón Díaz, Vicepresidente da editora dos xornais El Ideal Gallego, Diarios de Arousa, Bergantiños e Ferrol e do deportivo DXT. Juan Ramón é xa parte da historia do xornalismo galego. Fica na lembranza a súa capacidade de construír proxectos e de facer equipas. Tamén a súa grande habilidade para radiografar problemas e diagnosticar solucións. Morreu, sen dúbida, un dos grandes.
NOS_47215
O conselleiro explicou a abstención na reunión do Ministerio coas comunidades en relación á nova estratexia de vacinación
O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, xustificou a abstención de Galiza na reunión do Ministerio de Sanidade coas comunidades autónomas en relación á nova estratexia de vacinación porque aposta por "vacinas canto antes por criterio de idade". Así o manifestou en declaracións aos medios con motivo da súa presenza nun acto en Abegondo preguntado pola reunión desta cuarta feira do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, onde Comesaña comentou que "hai un punto importante xa que se validou a estratexia cinco de vacinación". Respecto diso da votación sobre a mesma na reunión da xornada anterior, o titular de Sanidade explicou "Galiza abstívose na votación" porque fronte a esta versión da estratexia que aposta por grupos profesionais, defende "vacinar canto antes por criterio de idade". "Vacinar por grupos profesionais ou de enfermos xera moito ruído e moita comparación", lamentou o conselleiro de Sanidade, "o mesmo coa listaxe de patoloxías a vacinar", abunda, porque "algún colectivo pensará que non está incluído". "Parece que isto nos afasta do obxectivo de vacinar canto antes e a xente de máis idade", insistiu o conselleiro, quen concluíu que resulta "necesario vacinar rápido e por idade".
PRAZA_15649
A tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, confirmou a intención do Concello de levar o sucedido á vía xudicial e anunciou que en breve se fará pública a auditoría encargada para esclarecer os feitos e analizar o funcionamento desta infraestrutura.
A tenente de alcalde de Ferrol, Beatriz Sestayo, confirmou a intención do Concello de remitir á Fiscalía as "irregularidades" da estación depuradora de augas. O anuncio aínda non é oficial e está pendente da presentación dos resultados da auditoría encargada polo Goberno municipal, que se fará pública en breve, sinalou tamén Sestayo, que non quixo afondar nos detalles desta investigación, á espera de que o faga o concelleiro de Servizos, Bruno Díaz. O obxectivo é que a xustiza investigue o posible incumprimento da lei por parte da Estación Depuradora de Cabo Prioriño, xestionada pola parte privada da empresa mixta Emafesa (Socamex-Urbaser, filial do Grupo ACS). Tamén se sinala a responsabilidade das administracións que entregaron e recepcionaron a infraestrutura, nomeadamente Augas de Galicia e a propia Xunta, tendo en conta que as instalacións -a pesar do importante investimento de cartos públicos- non estaban en condicións de operar, como constataron os técnicos de AEOPAS na visita que realizaron en setembro. "Existen responsabilidades legais e irregularidades na depuradora que é preciso comunicar á Fiscalía. E en breve estaremos en condicións de comunicar esas actuacións" Sestayo sinalou que o informe da auditoría obrigará á convocatoria dunha xuntanza do consello de Emafesa (no que están representados o Concello e a empresa Socamex-Urbaser), "que terá que dar pasos importantes". E, ademais, permitirá acudir "á vía xudicial". "Existen responsabilidades legais e irregularidades na depuradora que é preciso comunicar á Fiscalía. E en breve estaremos en condicións de comunicar esas actuacións", concluíu. Nos últimos meses o Concello puxo en marcha tres investigacións distintas para esclarecer distintos aspectos relacionados coa adxudicación, construción e funcionamento da depuradora e a rede de saneamento. A consultora especializada PW Advisory & Capital Service levou a cabo unha análise do proceso de posta en marcha da depuradora para saber en que estado estaba a planta cando o Ministerio lla entregou á Xunta, o Goberno galego ao Concello e este a Emafesa. Tamén se investiga a legalidade do cobro da taxa de saneamento cando nunca se chegou a emprestar este servizo. Así mesmo, Indra afonda nas causas dos danos existentes na depuradora e quen ten a responsabilidade de reparalos. Por último, o Grupo de Enxeñería da Agua e do Medio Ambiente da UDC realizou un estudo sobre o ciclo da auga na cidade, dende a súa captación e transporte ata a súa depuración.
PRAZA_10155
As sondaxes sinalan un PSOE á alza na maior parte das cidades cun PP que non se dá recuperado dos devalos de 2015 e das xerais mentres as mareas perderían forza e o BNG regresaría ás corporacións onde perdeu representación, ademais de reforzarse en Pontevedra
Este 19 de maio foi o derradeiro domingo previo á entrada en vigor do veto á publicación de enquisas ata a celebración das eleccións municipais e europeas, en virtude do estipulado pola lei electoral. A inminencia dese prazo legal precipitou a publicación de inquéritos por parte das editoras de varios xornais impresos en Galicia con cifras dispares pero cunha diagnose xeral coincidente: atendendo aos seus prognósticos, o PP continuaría afastado dos principais postos do poder local en Galicia. Isto é, da maioría das alcaldías urbanas e sen posibilidades claras de sumar gobernos nas deputacións.As sondaxes sinalan un PSOE á alza na maior parte das cidades cun PP que non se dá recuperado dos devalos de 2015 e das xerais mentres as mareas perderían forza e o BNG regresaría ás corporacións onde perdeu representación, ademais de reforzarse en PontevedraEn ausencia dunha casa pública de enquisas ao xeito do CIS, o Euskobarómetro vasco ou o CEO catalán, un proceso electoral máis a fonte demoscópica que en boa medida veu marcando o paso das principais forzas políticas do país foi Sondaxe, a empresa de inquéritos do Grupo Voz. Na súa entrega deste domingo previo á prohibición -estes trackings adoitan seguir realizándose, pero sen seren publicados- debuxa, como en días anteriores, un PSOE á alza na maior parte das cidades cun PP que non se dá recuperado plenamente dos devalos de 2015 e das xerais, mentres as mareas perderían forza e o BNG regresaría ás corporacións das que desapareceu hai catro anos ademais de reforzar o seu goberno en PontevedraOs socialistas, segundo estes números, beneficiaríanse dunha baixada das mareas gobernantes -agora especialmente de Ferrol en Común e Marea Atlántica- que situaría ao seu alcance as alcaldías de Ferrol, A Coruña e Santiago -neste último caso, perseguido de cerca por unha Compostela Aberta en recuperación e mais polo PP-, que o PP non sería quen de aproveitar. Ademais, auguran que o PSdeG podería seguir gobernando Lugo, Abel Caballero arrasaría en Vigo e o ourensán Rafael Rodríguez Villarino tería posibilidades de erguer o bastón de mando na que neste mandato foi única alcaldía urbana do PP. O BNG, pola súa banda, podería aspirar á maioría absoluta en Pontevedra.A diferenza do resto da campaña, neste derradeiro domingo de enquisas aos prognósticos de Sondaxe engádense outros no ámbito galego. É o caso dos inquéritos publicados polos xornais do grupo Prensa Ibérica -Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña- para as cidades dos seus ámbitos de influencia. Para Vigo, o traballo demoscópico da empresa DYM sitúa a Caballero cunha amplísima maioría -ata 21 dos 27 edís-, en Ourense indica un panorama fragmentado con PP, PSOE e DO pelexando a primeira posición e en Pontevedra prevé que Lores está próximo á maioría absoluta.Na recta final do prazo para publicar enquisas as fontes demoscópicas para as municipais galegas son máis diversas do habitual No caso da Coruña a enquisa sitúa en cabeza da intención de voto ao PSdeG de Inés Rey, que podería aspirar á alcaldía apoiada nuns 9 edís mentres que á Marea Atlántica lle outorga 6. O PP de Beatriz Mato sería segundo esta enquisa a segunda forza da corporación, pero con 8 edís que quedarían lonxe da maioría mesmo sumando os 2 que o estudo outorga a Ciudadanos. Para a corporación coruñesa ofrece tamén este domingo unha enquisa o xornal El País; este inquérito, da empresa 40dB, dá tamén ao PSdeG o primeiro lugar (9-10) e augura que Marea Atlántica e PP disputarán a segunda praza, en todo caso sen posibilidade de maioría de dereitas.O outro grupo mediático galego que publica enquisas esta fin de semana é o editor do xornal ourensán La Región, que no seu caso sitúa nunha sondaxe de Infortécnica ao PP de Jesús Vázquez resistindo como primeira forza da corporación nun escenario de fragmentación co PSdeG de Villarino á alza. Este mesmo grupo coincide en prognosticar en Atlántico Diario unha ampla maioría absoluta de Abel Caballero en Vigo cun PP á baixa e ata catro grupos máis con posibilidades de entrar na corporación.A estas fontes demoscópicas engadiuse esta fin de semana o Grupo El Progreso. Nunha sondaxe de Infortécnica sitúa a socialista Lara Méndez recuncando na alcaldía e á dereita sen posibilidade de suma alternativa. Na corporación lucense sumarían apoios BNG e Ciudadanos, mentres que Lugonovo os perdería e Podemos debutaría con 2 edís.As vilasOs inquéritos coñecidos esta fin de semana atinxen tamén a varias vilas medias do país. As enquisas do Grupo Voz refírense a cinco concellos en catro dos cales as forzas gobernantes poderían seguir facéndoo tras o 26M: Carballo (BNG), Vilagarcía (PSdeG), Viveiro (PSdeG), e Narón (Terra Galega). En Ribeira, pola contra, a primacía do PP estaría en perigo polo ascenso dunha escisión dos propios populares, o Partido Barbanza Independiente. En Ribeira, precisamente, pediu o voto este domingo Alberto Núñez Feijóo acompañado de Pablo Casado.Gobernos vilegos da esquerda como Carballo, Vilagarcía, Viveiro, Cangas, Moaña ou Bueu poderían continuar tras o 26M e o PP tería en perigo feudos históricos como Ribeira ou Vilalba e podería aspirar a recuperar LalínAs sondaxes divulgadas por Prensa Ibérica en Faro de Vigo, pola súa banda, auguran tamén bos resultados para as forzas que sustentan os gobernos de Cangas (ACE), Moaña (BNG) ou Bueu (BNG). Mentres, en Lalín augura un forte devalo de Compromiso por Galicia, cun transvasamento de sufraxios ao PSdeG que situaría o PP en condicións de recuperar o que fora un dos emblemas do seu poder local. Na Estrada os populares poderían seguir gobernando con ampla maioría.No caso dos prognósticos do Grupo El Progreso, a nota máis destacada dos traballos de Infortécnica é que o PP correría o risco de perder o seu histórico feudo de Vilalba, onde unha alianza da esquerda encabezada polo PSdeG podería lograr a alcaldía. Mentres, en Monforte o PSdeG aspiraría á maioría absoluta e en Viveiro serían os máis votados, pero con necesidade de pactos.
NOS_26522
A plataforma Queremos Galego valora a manifestación do pasado domingo como un éxito contundente" e lamenta o recurso da Xunta ante o Supremo en defensa do 'decretazo': "É a primeira vez na democracia que un goberno recorre contra a súa propia lingua"
O manifesto da plataforma Queremos Galego en defensa do idioma propio de Galiza no ensino e pola derrogación do 'decretazo' suma xa máis de 4.500 adhesións. Entres os milleiros de asinantes, nomes coñecidos da literatura (Manolo Rivas, Paco Martín ou Fernández Paz), da escena (Mónica Caamaño, Comba Campoi) ou música (Magín Blanco). O representante de Queremos Galego, Carlos Callón, aclarou que esas sinaturas facían referencia só ás atinxidas a través da web da plataforma, "faltan por contabilizar as que se recollen en todas as comarcas do país". Representantes desta plataforma que aglutina a máis de 700 entidades valoraron como "un éxito contundente e sen paliativos" a manifestación do pasado domingo, na que "unha maré de persoas asolagaron as rúas de Compostela para pedir a derrogación do decretazo". Callón lembrou que a mobilización contou coa presenza de milleiros de cidadáns "malia o silenzo de medios como a TVG ou Radio Galega" e a falta total de apioi do goberno "a un acto que era para defender o idioma". Recurso Carlos Callón tamén fixo referencia á decisión da Xunta de recorrer ante o Supremo a setenza do TSXG sobre o 'decretazo'. Para Callón "o de Feijóo é o primeiro goberno nestes 30 anos de democracia que vai aos tribunais para que a súa lingua propia non teña presenza no ensino". Aliás, o representante de Queremos Galego cualificou de "vergoña" que "nuns tempos nos que nos din que non hai cartos para sanidade ou educación, se estexa a gastar diñeiro público en atacar o galego".
PRAZA_8042
A clave para rexenerar o valor da política e da democracia é a recuperación da confianza. Pero @s cidadáns non volverán confiar ata que non se lles faga partícipes da mesma, ata que non se "desterre" @s que se serviron do seu cargo para roubar e se esixan actuacións contundentes da xustiza, ata que non perciban que a política non é un problema, senón a ferramenta para mellorar a súa calidade de vida.
"Tod@s son iguais, tod@s están en política para roubar". Nunca me gustou xeneralizar, porque normalmente cométense inxustizas coa maioría ao tender a xulgar tod@s polo comportamiento duns pouc@s. É verdade que nos últimos meses asistimos abraiad@s ao "destape" de casos de corrupción, que os sobres de Bárcenas cabrean o cidadán de a pé que paga relixiosamente os seus impostos, pero…son tod@s iguais? inmediatamente veñen á miña cabeza a imaxe de moit@s compañeir@s que compatibilizan a súa actividade profesional coa súa paixón pola política, @s concelleir@s que saen "disparad@s" a horas intempestivas das súas casas porque rompeu una tubería na súa vila, @s militantes incansables que están "ás duras e as maduras" que en ocasiones sacrifican as súas vacacións para colaborar nunha campaña electoral, ou @s altos cargos que permanecen nos seus despachos cando xa caeu a noite. Eles/as tamén "están en política". Certo é que as organizacións políticas teñen que cambiar moito para volver a ser respetadas pol@s cidadáns, que non sempre actuaron coa suficiente contundencia ante os casos de corrupción, que as veces se confunde lealtad con servilismo, que se fala moito e se escoita pouco, e que en ocasións se tomaron decisións que beneficiaban a uns pocos e non a sociedade no seu conxunto. Pero coidado! Quere decir esto que debamos prescindir da política como motor de cambio da sociedade na que vivimos? Dase o paradoxo de que ante a "ruptura" entre a política e @s cidadáns xurden partidos deses que non son "nin de dereitas nin de esquerdas", que din en cada "praza" o que o seu público quere oír, que se autoproclaman como salvadores/as. A esquerda está caendo de manera irremediable nesta trampa, nunha emboscada que nos está tendiendo a dereita más rancia para desacreditar a política. Porque se os partidos son todos iguais, entón chegan os populismos que baixo a súa careta esconden o fascismo. Compre recordar que un dos métodos do franquismo era precisamente ese, inculcarnos as "maldades" da política, e que ata o mismísimo Hitler ascendeu ao poder durante un período de crise económica, social e política. A clave para rexenerar o valor da política e da democracia é a recuperación da confianza. Pero @s cidadáns non volverán confiar ata que non se lles faga partícipes da mesma, ata que non se "desterre" a@s que se serviron do seu cargo para roubar e se esixan actuacións contundentes da xustiza, ata que non perciban que a política non é un problema, senón a ferramenta para mellorar a súa calidade de vida.
NOS_41653
Na súa memoria de 2012 recoñeceu que as accións que o Ministerio de Interior atribuíu a esta organización non permitían determinar con claridade "a súa existencia como banda armada".
A Fiscalía xeral do Estado considerou na súa memoria de 2012 que as accións que se lle atribuíron á organización Resistencia Galega foron "illadas" dabondo como para "demostrar a súa existencia como verdadeira banda armada". Malia todo, a sección terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional española comunicou nestes días a sentenza a 10 anos de prisión para Antom Santos e María Osorio, e de 18 para Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo. Para @s catro considera probada a súa "pertenza a banda armada". Di que as penas eran "excesivamente leves" A Fiscalía, que reclamou para el@s 64 anos de cárcere, queixábase naquela memoria publicada hai só uns meses de que o feito de que @s militantes independentistas negasen a existencia dunha organización chamada 'Resistencia Galega' e, por tanto, a súa pertenza a ela, carrexaba "unha resposta punitiva excesivamente leve". Por isto, no escrito de acusación dirixido contra Osorio, Santos, Vigo e R. Fialhega, a Audiencia Nacional española mantivo por primeira vez a imputación por "pertenza". Para probar a existencia de RG no xuízo realizado os días 24 e 25 de xuño en Madrid, a Fiscalía chamou a declarar máis dunha vintena de funcionari@s da policía española e da garda civil, que centraron as súas declaracións en Antón García Matos, militante do desaparecido Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, a quen atribúen a fundación da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI); así como nun manifesto, intitulado 'Pola resistencia galega', que se podía descarregar libremente da internet. Os argumentos da condena: "Se non ían tranquilos será por algo" A respeito d@s acusad@s, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega foron condenados por tenza de explosivos ao considerar que si coñecían o contido das mochilas que se lle incautaron no momento da súa detención, en novembro de 2011. Como argumentos, sinala o fallo xudicial que "os axentes do C.N.P. manifestaron que ambos acusados adoptaron evidentes medidas de seguridade para saber se eran ou non seguidos. Isto evidencia que, se non ían tranquilos, será por algo". Máis argumentos: "Non é moi lóxico que se posúa gasolina só por ter un carro" Pola súa banda, Antom Santos e María Osório foron tamén condenados por "pertenza" ao entender a sala "non parece moi verosímil" a declaración realizada por amb@s en que insistiron en que a garrafa de oito litros de gasolina que gardaban no trasteiro era para o seu vehículo particular. "Non é moi lóxico que se posúa --a gasolina-- simplemente porque se ten un carro", sinala a sentenza. Aliás, @s catro foron condenad@s tamén por falsificación de documentos oficiais. Con todo, @s catro acusad@s negaron durante o xuízo a existencia de Resistencia Galega e a súa pertenza a esta organización. Por se tal cousa acontecía, a Fiscalía xeral do Estado colocou xa na súa memoria de 2012 que a "banda armada", efectivamente, existía; que "recolle o testemuño" do EGPGC e que "conxuga o independentismo coa ideoloxía de extrema esquerda". Aliás, apuntou tamén que quen fai parte dela ten "como primeira regra" negar tal pertenza para "aparentar desestruturación" e que as accións que a policía española lles achaca "sexan illadas e individualizadas". Imputacións e detencións para xustificar a existencia de RGA propia Fiscalía recoñeceu as "dificultades" para demostrar a existencia "dunha verdadeira banda armada" porque "non se visualizan as súas estruturas de dirección, execución, captación ou financiamento". Coas imputacións de militantes independentistas por enaltecemento do terrorismo ou a detención e imputación de Júlio Saiáns como "xefe do aparello de financiamento" de RG o que se pretendeu foi abrir diferentes procedementos a nivel xudicial para dar por probado que, como vén sinalando a Garda civil desde 2007-2008, o colectivo opera en Galiza. Cara aí dirixiran as investigacións policiais que, até o de agora, non tiveran efectos xurídicos pois a imputación por "pertenza" non superara nunca a fase de instrución.
PRAZA_16872
Un xurado, integrado por profesionais do sector, escollerá os proxectos gañadores, uns galardóns que se entregarán nunha gala o vindeiros 9 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Os galardóns entregaranse nunha gala o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra Os V Premios Martín Códax da Música deron a coñecer este mércores os seus 54 finalistas, froito das votacións realizadas nas últimas semanas polas socias e socios de Músicos ao Vivo. Agora un xurado, integrado por profesionais do sector, escollerá os proxectos gañadores, uns galardóns que se entregarán nunha gala o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. En total houbo nesta edición 449 proxectos inscritos (superando os do ano anterior): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical. As bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. En total houbo nesta edición 449 proxectos inscritos (superando os do ano anterior): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical Os e as finalistas anunciáronse na Festa de Nomeados que se celebrou, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax, en Cambados. Sonia Lebedynski e Ramón Bermejo (Músicos ao Vivo) deron a benvida a todos os e as finalistas e agradeceron o apoio ás Bodegas "polo seu apoio constante á música galega, neste e noutros eventos" así como ao resto de patrocinadores principais, a quen agradeceron que se sumaran ao proxecto dende os comezos. Pola súa banda, Xoán Allegue, director das Bodegas Martín Códax, puxo en valor o traballo da Asociación Músicos Ao Vivo, organizadora dos premios, xa que "dan ao sector a oportunidade de visibilizar y recoñecer o traballo de toda a comunidade de Galicia". "Unha asociación, de base cooperativista, formada por músicos e para músicos e con quen compartimos o espíritu social e á que nos sentimos moi unidos, xa que nós tamén somos cooperativa", dixo. Durante o acto presentáronse tamén os chamados melómanxs, as estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala do mércores 9 de maio. Entre os nomeados e nomeadas que optan a acadar algún premio, figuran artistas que están comezando o seu proxecto xunto a consagrados a nivel estatal e internacional como Xacobe Martínez, Uxía, Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, Caxade, Músculo!, DeVacas ou Nastasia Zürcher. Estes son os e as 54 finalistas.
PRAZA_12977
O plan de AENA para os aeroportos menos rendibles ameaza o futuro dos da Coruña e Vigo, incluídos no grupo dos menos eficientes e con datos negativos desde hai tempo. A ministra Ana Pastor non nega o peche dalgunha terminal e advirte de que "non todas son viables"
Alvedro e Peinador en perigo. Os recortes promovidos polo Goberno central nas terminais españolas ameazan con afectar aos aeroportos da Coruña e de Vigo, que AENA sitúa entre os 30 menos rendibles e eficientes do Estado. A negociación está xa aberta e o xestor aeroportuario vén de advertir aos sindicatos dos seus plans, que non son outros que recortar en persoal e, de chegar ao caso, eliminar algunha terminal que acumula perdas ano tras ano. A propia ministra de Fomento, Ana Pastor, lonxe de despexar dúbidas, aumentounas durante a súa intervención en Santiago. "Todos os aeroportos poden ser viables, pero non coa actual conta de resultados", aclarou, tras anunciar o plan de negocio que se está a preparar para as terminais do Estado. "Estamos implantando un plan de negocio en todos os aeroportos, non só nos galegos, senón nos de toda España porque a situación que herdei é dunha débeda de máis de 14.000 millóns de euros no grupo AENA", respondeu Pastor cando se lle preguntou pola posibilidade de que Alvedro ou Peinador fosen pechados. Non descarta nada. Segundo unha información de Voz Populi, os aeroportos da Coruña e de Vigo son dous dos sinalados por Fomento polas súas elevadas perdas, nas que Peinador ocupa os primeiros postos con 7 millóns en 2011. Justo Pérez, presidente do comité de empresa de Alvedro, recoñece a negociación entre AENA e sindicatos, pero nega que haxa "algo firme polo momento". "As xuntanzas están empezando e as posturas son moi tirantes", asegura o representante sindical, que asume que haberá recortes pero que di que "a ninguén se lle pasa pola cabeza que pechen o aeroporto". A Coordinadora Sindical Estatal recibiu a lista dos 30 aeroportos menos rendibles hai tan só uns días de parte de Fomento, que fala xa de flexibilidade horaria, dunha estrutura mínima e da centralización da xestión dos recursos humanos. Os sindicatos temen que baixo a negociación se agoche un ERE parcial, ademais das xubilacións que se emprenderán nos vindeiros meses. "Pode que haxa recortes, pero a ninguén se lle pasa pola cabeza que pechen Alvedro", di o presidente do comité de empresa "Claro que hai temor a que reduzan o persoal, sobre todo se seguen baixando os pasaxeiros; Alvedro está previsto para mover un millón de persoas ao ano e se baixamos desa cifra, sobrará xente", asume Pérez, que tamén recoñece que "en España hai aeroportos inviables, é evidente". Aínda así, o presidente do comité de empresa confía na negociación e en que as cousas non se fagan "á brava". O que si lle preocupa é que a reforma laboral sexa empregada polo Goberno como escusa para levar a cabo despidos. "Se baixamos en pasaxeiros e reducimos as ganancias, a empresa xa tería un argumento para reducir o persoal", lembra Pérez, que recorda tamén que unha reestruturación no grupo afectaría "a todos os aeroportos españois". "Se Madrid é rendible tamén o é porque asume pasaxeiros doutras terminais", di. Os traballadores temen tanto os recortes como os efectos da reforma laboral No entanto, as diferenzas financeiras entre as tres terminais aeroportuarias galegas son fiel reflexo dos seus rexistros de pasaxeiros. Non en van, só Lavacolla só supera con comodidade, e faino dende hai unha década, o limiar do millón e medio anual de pasaxeiros, establecido pola Comisión Europea para considerar que un aeroporto é rendible de seu. Como ten detallado Praza, nin sequera as inxentes inxeccións económicas dos anos de bonanza económica, tanto en infraestruturas como en subvencións ás aeroliñas de baixo custo, conseguiron facer realidade un crecemento acompasado e sostible dos tres aeródromos unidos pola Autoestrada do Atlántico. E se isto non se logrou antes da crise, menos aínda en plena treboada económica e financeira. Tomando como referencia os últimos tres anos os rexistros oficiais de Aena Aeropuertos amosan un crecemento sostido do aeroporto compostelán mentres que, agás excepcións puntuais, os da Coruña e Vigo acumulan notables perdas interanuais. Así, en 2009 pasaron por Lavacolla 1,9 millóns de pasaxeiros, mentres que por Alvedro fixeron o propio 1,1 millóns de persoas e en Vigo, 1,06. Esas cifras supuñan que Compostela medraba levemente, un 1,4%, que a terminal viguesa caía un 9% e que a coruñesa se desplomaba un 13,7%. A chuvia de axudas ás low cost do Xacobeo 2010 invertiu a tendencia na Coruña, que un ano despois medrou un 3%, unha cifra positiva comparada coa caída do 0,9% de Vigo, pero moi lonxe do 11,8% co que despegou Santiago ao calor do Ano Santo. Neste contexto chegouse ao ano 2011. Cos subsidios ás aeroliñas notablemente recortados e co malogrado comité de rutas xa metido no caixón Alvedro volveu caer e fíxoo ata o 8%, a Vigo aconteceulle o mesmo, cun 10,7% menos de pasaxeiros que en 2010 e Lavacolla seguiu a medrar, neste caso un 13,4%, situándose nos 2,5 millóns de pasaxeiros. En cifras globais nestes tres anos de referencia voaron a Galicia ou dende Galicia 12,9 millóns de persoas das cales 6,5 tiveron orixe ou destino na capital. Así e todo o aeroporto de Santiago non recibe só boas novas. Coa súa terminal practicamente acabada de estrear e mentres o Ministerio de Fomento dsenvolve ou ten previstos substanciosos investimentos na Coruña -coa ampliación da pista- e en Vigo -co novo aparcadoiro- o ano 2012 comezou con malos números para os tres aeroportos do país, aos que o peche de Spanair e a redución de destinos internacionais lles serviu de lastre. No caso de Lavacolla, aínda que o número absoluto de pasaxeiros é crecente, no primeiro cuadrimestre do ano só pechou febreiro con números negros, medrando un 5,6% a respecto do mesmo mes do ano anterior. En xaneiro, pola contra, perdeu un 2,3%, en marzo un 9,4% e en abril, un 16,2%. Onde non houbo tregua para foi na Coruña e en Vigo. En Alvedro os catro meses pecharon con reducións de tráfico do 15,5%, 31,9%, 29,5% e 37,4%, respectivamente. Non é mellor o panorama en Peinador, con perdas do 20,1%, 19,2%, 24,1% e 23,2%.
PRAZA_7580
Sempre empoleirado na xestión de altura e alto risco, materializar hoxe proxectos multimillonarios e financiados non é doado. Tanto lle ten autoadxudicarse o Hipódromo de Antela como a revenda de coches ou de parcelas da Deputación, el é o herdeiro lexítimo das bondades de Feijoo e Rajoy, profetas do descarado sálvese quen poida no que está a derivar esta troupe de broncíneos bustos parolantes esquecidos nos corredores do Senado.
Deixemos Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Lugo e poñamos que falo de Madrid, a capital deste reino travestido á campo santo de elefantes que vaga sen rumbo desde as marabillosas medidas económicas dos 6 millóns de parados (Rajoy 6-Zapatero 4), o tesoureiro corrupto que se beneficia da amnistía fiscal legalizando os sobresoldos en negro dos seus amigotes da cúpula do PP, polo conselleiro que privatiza a sanidade para logo fichar pola empresa que a xestiona, ata a glamurosa aristócrata alemá que tanto lle ten desflorar un monarca decrépito como ao seu atlético xenro troiano das finanzas, princesa mercadoría de luxe, non como as de Fernando León. O alcalde funambulista. Sempre empoleirado na xestión de altura e alto risco, materializar hoxe proxectos multimillonarios e financiados non é doado Poñamos logo que tampouco falo de Madrid aínda que Sabinas habelas hainas tamén e moitas na capital da Limia. E poñamos, xa que logo, que falo precisamente dunha que destaca entre todas e a que sempre admirei profundamente xa desde A Pedra Alta da miña raza limiá, o exemplo de alcalde máster nos complexos equilibrios financeiros da corda frouxa: o alcalde funambulista. Sempre empoleirado na xestión de altura e alto risco, materializar hoxe proxectos multimillonarios e financiados non é doado. Tanto lle ten autoadxudicarse o Hipódromo de Antela como a revenda de coches ou de parcelas da Deputación, el é o herdeiro lexítimo das bondades de Feijoo e Rajoy, profetas do descarado sálvese quen poida no que está a derivar esta troupe de broncíneos bustos parolantes esquecidos nos corredores do Senado. Alto risco sempre ó límite do prazo e suposto legal co amparo e confianza dunha rede de seguridade que ata o de agora tiña sempre todo previsto, infalible e con todas as garantías por enorme que fora a tallada Alta xestión, cibernética financeira a golpe de renovacións de crédito, máis débeda en total ausencia dun proxecto de cidade, alto risco sempre ó límite do prazo e suposto legal co amparo e confianza dunha rede de seguridade que ata o de agora tiña sempre todo previsto, infalible e con todas as garantías por enorme que fora a tallada. Dúas décadas do apartheid baltarista non podían ser para menos, mágoa que agora, semellando a excepción que pode estragar tan refinada norma, aparece o primeiro puntapé serio cunha xustiza que por fin atopou indicios de lume a pesar do negro fumeiro que a Deputación de Ourense ten desde os oitenta ata agora, sucesión dinástica engadida. O dito, falemos logo dun alcalde calquera, un de Ourense ou da Limia, que facendo gala da súa empatía e intelixencia emocional é capaz de adaptarse a conxuntura de crise e recorta o 15% no soldo das traballadoras e traballadores municipais, ao tempo que estuda un ERE extintivo coa consultora Galivalia, tamén aproba en pleno co rodo da súa inapelable maioría un panfleto que xustifica unha provisión mínima de 131 traballadores (cun gasto mínimo de 4,5 millóns de euros nun concello de 10 mil persoas), mais non toca nin dietas nin comisións pola asistencia ós órganos de goberno e por suposto segue a contratar de xeito indiscriminado a interventores, apoderados, candidatos e ata a dona do concelleiro de facenda. Recorta o 15% no soldo das traballadoras e traballadores municipais, mais non toca nin dietas nin comisións pola asistencia ós órganos de goberno Este o ronsel inconfundible do alcalde funambulista, dependurado entre a débeda e a prevaricación, anubiado polas cantigas de sabinas como os Baltar, e que máis cedo que tarde terá tamén que visitar o Pazo da Xustiza para respostar non só polo enchufismo salvaxe senón polos programas provinciais de cooperación á dedo que financiaron tal barrunta na contratación de interventores do PP como persoal municipal. Funambulismo financeiro en estado puro.
NOS_9340
Marcha Mundial das Mulleres fala de "misoxinia, machismo e fascismo"
Descoñecidos atacaron e vandalizaron o mural da Gran Vía de Vigo no que figuraban os rostros de 7 mulleres, 7 'pioneiras' na loita en distintos ámbitos das mulleres pola igualdade. Denunciouno esta segunda feria a través das redes sociais a Marcha Mundial das Mulleres: "Na pasada noite atacaron o mural feminista que fixemos coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo. Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque. Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres!". Na pasada noite atacaron o mural feminista que fixemos coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo.Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque.Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres! pic.twitter.com/B4fe8cFuiN— Marcha Mundial Mulleres Galiza (@MMMGaliza) May 17, 2021 Asociación "Nós Mesmas" tamén condenou este ataque: "Na adversidade seguiremos cara diante, aínda máis fortes, aínda máis unidas que antes!". 'Stop feminazis', o símbolo da muller riscado, manchóns vermellos nos ollos das mulleres retratadas… O ataque non é o primeiro que se produce en Vigo e na Galiza contra murais feministas, internacionalistas ou de apoio á lingua galega. 'Stop feminazis', o símbolo da muller riscado, manchóns vermellos nos ollos das mulleres retratadas… O ataque non é o primeiro que se produce en Vigo e na Galiza contra murais feministas, internacionalistas ou de apoio á lingua galega. O mural foi deseñado por Eva Casals e inaugurado o pasado mes de abril. A obra está protagonizada por sete mulleres 'pioneiras': Olimpia Valencia (primeira galega licenciada en medicina, detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista), Corona González (unha das primeiras fotógrafas galegas), Saladina (muller trans nos anos da ditadura franquista), Rosario Hernández "A Calesa" (socialista asasinada polos fraqnuistas), Carmen "A Picoña" (curandeira e axudaba a abortar en tempos en que este dereito non existía e estaba perseguido), Placeres Castellano (mestra, fixo parter da resistencia francesa contra os nazis) e Urania Mella (presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo, encarcerada polo franquismo)
PRAZA_1191
A avogada e xornalista enferma de cancro conseguiu no xulgado a incapacidade permanente, pero continúa á espera dun cambio lexislativo para unha maior protección para os doentes en tratamento. "Xa non podo máis", di, farta de esperar polo apoio dos grandes partidos e das administracións.
Hai hoxe dous anos, Beatriz Figueroa comezou a súa batalla. En solitario, sen apenas apoio, esta enferma de cancro pelexou -e pelexa- para que se recoñeza unha maior protección para os doentes desta enfermidade que estean en tratamento. Aquel 21 de maio de 2013 iniciou unha folga de fame. Recolleu sinaturas e presentou medio millón no Congreso dos Deputados, onde tan só o PP votou en contra da toma en consideración da súa proposta -presentada polo BNG- na que solicitaba a incapacidade permanente, non definitiva, para os doentes de cancro sometidos a un tratamento e mentres non se produza a súa curación a través dunha modificación lexislativa. "Estou igual de soa que hai dous anos e xa non podo máis; non tiven o apoio que precisaba", di Beatriz Figueroa Afectada particularmente, insistiu no xulgado número 3 do social de Vigo na súa causa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que non lle recoñecía a invalidez. Unha reclamación que lle fora negada en tres ocasións, aínda que a xustiza acabou dándolle a razón. Pero despois de moito tempo e só para o seu caso. Agora, di estar "igual de soa que hai dous anos". "Fisicamente isto custoume moito, a miña saúde deteriorouse e xa non podo máis; non tiven o apoio que precisaba", asegura. Gañou a súa batalla persoal e veu aumentados os seus ingresos nuns 120 euros ao acadar unha pensión do 55% da súa base regulativa dos últimos anos nos que traballou. Antes cobraba 426 euros a través dun subsidios e logo de esgotar a súa prestación por desemprego, unha cantidade co que tamén fai fronte ao 40% dos gastos en menciñas. "Empecei con isto porque a situación non tiña moito sentido; mentres unha administración intentaba salvame a vida, a outra privábame dos medios suficientes para sobrevivir; parecíame unha ironía terrible", di quen na súa situación acudía cada tres meses a selar o cartón do paro. "Tiñas que repartir as túas forzas, sen medios e facendo fronte á morte; non había maneira de saír diso; busquei todas as vías, solicitando a incapacidade, o recoñecemento dunha situación que afectaba milleiros de persoas, pero ao tempo formaba parte deses 5 millóns de parados que tiña que visitar cada pouco a oficina de emprego", lembra. "Empecei con isto porque a situación non tiña sentido; unha administración trataba de salvarme a vida e outra privábame dos medios suficientes para sobrevivir" No mes de marzo de 2011, diagnosticábanlle cancro de mama. Despois de perder o seu traballo e dunha depresión, pasa dúas veces polo quirófano, maio de 2011 e maio de 2012, por un proceso de quimioterapia. Ao esgotar a prestación por desemprego, solicitou o pago directo ao INSS por incapacidade temporal, pero malia ter cotizado máis de 20 anos, e unha vez rematada a prestación, recibía unicamente eses 426 euros que, segundo a propia Administración dicía, son dabondo para as "necesidades de vivenda, alimentación e vestido", polo que son incompatíbeis outras axudas económicas complementarias. "Logramos un consenso da oposición que non foi doado, pero o PP aplicou o 'rodillo' da súa maioría absoluta" Mentres loitaba en varios ámbitos da súa vida, pelexou tamén por un cambio de lei para que estas incapacidades non teñan que ser recoñecidas nos xulgados e tras meses de pelexa, senón que se faga a través dunha valoración médica. A avogada e xornalista insistiu en que o motivo polo que o PP se nega a tan sequera debater un cambio normativo é económico. Os populares votaron en contra dunha proposición apoiada por milleiros de sinaturas e toda a oposición. "Sabía que a miña situación era a de moitos enfermos que a sufrían pola conxuntura económica e pola lexislación vixente", conta agora. "A Administración dificultaba o recoñecemento aos enfermos... Tiña que haber unha protección especial e logramos un consenso que non foi doado, pero o PP aplicou o rodillo da súa maioría e botouno abaixo", di. "Non houbo compromiso dos partidos; non hai vontade" Agora séntese decepcionada. "Os partidos votaron a favor no Congreso, pero eu sigo estando igual de soa que hai dous anos; non teño infraestrutura detrás, gustaríame ter tido unha asociación, financiamento e colaboración de xente, pero non podo máis", quen recoñece o apoio do BNG e da súa deputada Olaia Fernández Davila. "Pero o Bloque é minoritario na Cámara e non pode facer moito máis", conta. "Non se trasladou un compromiso fóra daquel voto puntual", engade Figueroa, que pide "a axuda" de partidos máis grandes como o PSOE. "Intentei trasladarlles as miñas peticións pero non tiven resposta; teñen unha materia pendente que teñen que abordar, pero parece que non hai vontade", insiste quen sabe do "ambicioso" desa lei integral de protección dos enfermos de cancro, semellante á existente en Francia, pero que sabe que hai moitas opcións. A Generalitat catalá vén de aprobar un plan anti-cancro que "non é todo o que se pode facer, pero que é algo". "Por algo hai que comezar, pero desde a Xunta, a nivel autonómico, tampouco se fixo nada", asegura. Figueroa bota en falta o apoio dos grandes partidos ou da Xunta que, lembra, "non fixo nada tampouco a nivel autonómico" Beatriz Figueroa reuniuse co Valedor do Pobo, ao que puxo sobre a mesa a posibilidade dunhas prestacións autonómicas para paliar a situación dos enfermos mentres non houbese unha regulación xeral. Pero nada. Agora ten cita co Defensor en Madrid o vindeiro 16 de xuño. Que unha persoa, sen formar parte dunha asociación, sexa recibida xa é un bo sinal. "Quizais considera que son a voz de moitos cidadáns co mesmo problema", di. "Nin a AECC nin o GEPAC se mollaron; non é o mesmo concienciar que denunciar porque denunciar é ir contra o sistema ao que están vinculados" A avogada e xornalista tampouco está moi contenta coa reacción de colectivos como a Asociación Española contra el Cáncer (AECC). "Poucos días despois de que eu lanzase a miña petición dicían que a situación económica era difícil e non se posicionaron publicamente ao meu lado porque hai moitos intereses creados e teñen convenios de colaboración coas administracións", asegura. A GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer), di, "tampouco se mollou". Chegou a desmentir unhas declaracións na que esta entidade aseguraba terlle dado o seu apoio. En canto a personaxes públicas e relevantes, Figueroa cre que "non é o mesmo facer unha campaña de concienciación, que é importante que denunciar esta situación... Porque denunciar é ir contra o sistema e hai moita vinculación con este sistema", remata.
PRAZA_13814
Segue o caminho planeado polo nacional-catolicismo, amplamente representado nas instituiçons.
O ministro Gallardón quere converter em lei o que é simplesmente doctrina de fe. Segue o caminho planeado polo nacional-catolicismo, amplamente representado nas instituiçons. Um caminho planeado longe da transparência e da democracia, nos sombrios espaços das seitas mais poderosas, chamem-se Opus Dei, Comuniom e Libertaçom ou Neocatecumenato. A vida das mulheres e das nenas, graças a este obediente inquisidor, vai estar constringida à moral dumha Igreja que é capaz de obrar o milagre de recolher mais dum milhom de euros nos seus cepilhos. Assim, como no tempo onde nos mandavam torturar e queimar nas praças públicas, quedam expostas ao lume da maternidade imposta Assim, como no tempo onde nos mandavam torturar e queimar nas praças públicas, para liberar as nossas almas possuídas polo mal da bruxaria, agora o inquisidor, quere liberar-nos da violência estrutural que nega os nossos direitos, dando-lhe de beber à opinom pública um vinho de arrecendos democráticos que agocha o mortal veleno da misoginia, mentres mulheres e nenas, quedam expostas ao lume da maternidade imposta. Chega a sua perversom ao extremo de converter a malformaçom do feto num problema de discriminaçom. As leis e os direitos que nelas tenhem que estar garantidos, estam em mans de mentes obsessionadas em legislar, acotar e dominar, o que consideram o espaço-força origem do pecado: a sexualidade e o corpo das mulheres. A Inquisiçom carga de novo contra as cidadás livres, que poidam decidir, com toda a informaçom necessária, levar a termo ou nom um embaraço, com malformaçons ou sem elas, é o seu direito.
NOS_18451
O BNG propuxo no Parlamento a creación dunha Corporación Industrial Galega co fin de superar a política de subvencións da administración pública a empresas privadas dentro da Lei para a Creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento que a maioría do PP impediu que fose adiante.
A Lei para a Creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento que defendeu no parlamento a deputada Carme Adán trataba de dar resposta a unha situación que definiu como de "desaparición do sistema financieiro galego, estrangulamento do crédito e derrubo do tecido industrial galego". A proposta nacionalista contemplaba a creación dunha Corporación Industrial Pública que supere a política de subvencións que inxecta cartos públicos a empresas privadas e sen facer logo seguimento da súa xestión. A deputada Carme Adán puxo sobre a mesa exemplos como os recentes acontecidos en empresas como T-Solar, Freiremar, Pescanova, Alimentos Lácteos ou Infinita Renovables para mostrar como "os millóns de euros públicos da administración non garanten o emprego nin a permanencia das empresas no noso territorio". "Os millóns de euros públicos da administración non garanten o emprego nin a permanencia das empresas no noso territorio"., Carme Adán Un IGAPE "zombi" A lei defendía así a creación dun mecanismo de financiamento do tecido empresarial unha vez que os orzamentos "minguados" do IGAPE só se están a investir en subvencionar a empresas que co tempo marchan do territorio galego. Carme Adán defendeu así a transformación do IGAPE -"un zombi que se arrastra pola economía galega", chamoulle- nun Instituto de Crédito e Investimento, seguindo o modelo xa existente en Cataluña e Euskadi. A venda das caixas galegas supuxo, segundo os datos presentados pola deputada, que dos 8.981 millóns de axudas públicas que recibiu NCG Banco só se recuperarán 728 millóns de euros. "Isto supón que só se reintegrará un 8% do diñeiro público que se empregou para sanear a entidade. Como tantas veces repetimos, unha ganga total para o comprador e unha ruína para o país", manifestou Adán. A outra cara da moeda da operación é o estrangulamento do crédito que sitúa a Galiza no segundo lugar pola cola despois de Estremadura. Remitiuse a Bóveda para defender a importancia do sistema financieiro para a construción dunha nación. "O rexeitamento da creación dun IGCI é a expresión desta dereita galega sumida na vontade de Tánatos", concluíu a deputada na súa defensa dunha lei que foi rexeitada no último pleno polos votos en contra do PP.
NOS_38553
A Fundación Luis Seoane acolle até o outono 'Moscoso Cosmos. O universo visual de Víctor Moscoso'. Comisariada por David Carballal a mostra achéganos á obra deste galego deCulleredo, criado e formado nos Estados Unidos, cunha destacada traxectoria na gráfica psicodélica e na contracultura de finais dos 60.
A Fundación Luis Seoane acolle unha nova exposición titulada "Moscoso Cosmos. O universo visual de Víctor Moscoso", unha mostra retrospectiva e panorámica da obra gráfica deste deseñador nado en Culleredo que tivo un papel de referencia no cartelismo psicodélico xurdido na década de 1960, na cabeira Zap comix e no movemento contracultural dos Estados Unidos naquela altura. Víctor Moscoso (Vilaboa, Culleredo, 1936) trasladouse aos Estados Unidos xunto cos seus pais á idade de 5 anos, onde levou a cabo os seus estudos e desenvolveu toda a súa carreira profesional, marcada pola serie de carteis de rock psicodélico e mais pola súa participación na revista underground Zap Comix, xunto con artistas como Robert Crumb e Rick Griffin, entre outros, e que se prolongou por 40 anos. "A persoa que visite a mostra vai facer un percorrido completo pola traxectoria artística de Víctor Moscoso, que abrangue desde o ano 1966 até hoxe en día", explica David Carballal, deseñador e comisario da mostra en conversa con Nós Diario. Unha retrospectiva "A mostra xestouse moi lentamente, foi unha idea que xa xermolou pouco a pouco", lembra Carballal, "nunca me sentira especialmente atraído pola gráfica psicodélica, pero a raíz de saber que Moscoso nacera aquí, picoume a curiosidade e pensei, "como é posíbel que sexa de aquí e que nunca se fixera nada?". "Algunhas das súas pezas xa me tiñan chamado a atención e empecei a investigar", relata o comisario da mostra. "No resultado tamén se nota que se foi xestando pouco a pouco e a obra de Víctor Moscoso, á parte de que mereza este recoñecemento desde a súa Galiza natal, tamén precisaba a nivel internacional unha exposición cun catálogo retrospectivo e panorámico, non fragmentado, do seu traballo", engade Carballal, que decidiu que había material e historia suficiente para organizar unha mostra xa en 2015. "Cando empecei a investigar decateime de que nas entrevistas, feitas para revistas norteamericanas, el escribía da Galiza, das súas lembranzas, pero agora, despois de conversar con el durante todo o proceso vin que o seu vínculo é máis forte aínda", comenta o comisario, que tamén lembra que Moscoso "viaxou en 1965 co seu irmán e pasou un mes en Oleiros, na casa dos seus avós". "Ten moita familia aquí, coa inauguración achegáronse vinte e tantos familiares cos que aínda ten relación", comenta. Un artista de referencia "Víctor Moscoso aparece en practicamente todas as factoloxías de deseño gráfico, cartelismo e tipografía desde o ano 68", explica David Carballal. E así, a súa obra está en museos como o Moma de Nova York, a libraría do Congreso dos Estados Unidos, o Smithsonian Institution, no Victoria and Albert Museum do Reino Unido, na Tate Gallery, no Gestaltiung Museum de Zurich... "É mundialmente coñecido", sentencia. "O que ocorre con Moscoso é que aínda que non saibas o seu nome, hai pezas súas que están no imaxinario colectivo". Unha delas, a moza coas gafas de sol na que está a información do disco de The Chambers Brothers rotulada nos lentes, é un cartel de 1967 que foi versionado e repetido e que constitúe unha imaxe icónica da California de entón. Carballal lembra a cuberta de Herbie Hancok and The Head Hunters en 1973, durante décadas o álbum de jazz máis vendido da historia... A obra de Moscoso, xunto á do resto de cartelistas psicodélicos de finais dos 60, marcou un xiro na estética gráfica do século XX. "Considérase o primeiro momento da posmodernidade, no que se poñen en dúbida dogmas estabelecidos desde os anos 20", afirma o comisario da mostra. "Esta xente o que fixo foi pór eses principios patas arriba e, polo tanto, marcar unha curva, un cambio de dirección na gráfica do século XX, así que a súa influencia é realmente moi grande", recalca Carballal. Na inauguración da exposición, que permanecerá aberta na Fundación Luis Seoane áte outubro, estiveron presentes o autor, que participou en liña desde a súa casa en San Francisco (California); a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a directora da Fundación, Silvia Longueira; e o deseñador e comisario da mostra, David Carballal.
NOS_11038
O primeiro ministro escocés e líder do SNP foi interpelado pola colaboradora de Sermos Galiza, Pilar Fernández.
A frota galega si teria acceso ás augas dunha Escocia independente, afirmou taxativamente esta quinta feira en Edimburgo o primeiro ministro escocés e líder do Scottish National Party, Alex Salmond. Salmond contestou neste sentido unha pergunta formulada pola colaboradora de Sermos Galiza, Pilar Fernández. Portavoces do goberno español teñen posto en cuestión, en conversas co sector pesqueiro, que a fota galega puidese faenar en augas escocesas caso de triunfar o SI no referendo do 18 de Setembro. Iso foi o que deu pé a Pilar Fernández a inquirir a Salmond no encontro que este mantivo esta mañá, no Centro de Imprensa Internacional de Edimburgo, cunha representación da imprensa estranxeira. O porto de Inverness A frota galega que faena no Grande Sol si opera nos caladoiros escoceses e con frecuencia utiliza o porto de Inverness, embora as cotas que pode explotar son cativas, cousa da que non se pode responsabilizar ao goberno escocés e si á Unión Europea. De acordo co Tratado de Edimburgo (2011), Escocia, de votar o seu pobo polo SI o 18 de Setembro, non sería formalmente independente até o 2016, como produto dun arduo traballo de posta ao día das novas institucións soberanas e de negociación con Londres de cuestións tan espiñentas como o status da libra esterlina. A partir daí o probábel é que Escocia tivese de abandonar temporalmente a UE, co cal as súas augas deixarían de ser formalmente comunitarias En todo caso, Salmond quixo dar seguridade á frota galega de que os seus intereses non se verían prexudicados de se tornar Escocia un Estado independente.
PRAZA_14903
Non será ningunha débeda histórica herdada do plebiscito do 1936, nin ningún factor dogmático, a clave de bóveda para que Galiza poda exercer ou non a súa plena soberanía será que así o queira ou non a vontade maioritaria do pobo galego. E dado o carácter plural e marcadamente migratorio da nosa sociedade, será só na imprevisible e rotunda centralidade do noso imaxinario colectivo onde se lle permita ao postnacionalismo galego acadar o respaldo electoral masivo, factor da transformación total deste país nunca antes imaxinada.
Segundo o filósofo español Félix Duque a postmodernidade remata no ano 2001 coa destrución das torres xemelgas de New York, masacre simbólica e real dunha civilización e dun modelo económico. O desconcerto social xerado daquela ante semellante deslocalización total do terror castigando directamente a cerne mesma do todo poderoso imperio anglosaxón capitalista, ultraliberal, intocable e asegurado á todo risco por poderosas axencias financeiras privadas internacionais, marca o punto de inflexión dunha xeira. Nunhas poucas horas a imprevisibilidade absoluta do terror transforma crenzas, desexos, arelas, fantasías e anhelos dunha sociedade americana, branca, heterosexual, supostamente desenrolada e ata entón inquebrantable. Ese carácter imprevisible e transformador agromou tamén no panorama político galego coa volta do veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras Ese carácter imprevisible e transformador agromou tamén no panorama político galego coa volta do veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras. Unha imprevisibilidade transformadora que tamén impregna a totalidade das reflexións de Edouard Glissant e que non é outra que a ceibada polas diferentes culturas do mundo cando entran en relación entre si, caracterizándose pola ambigüidade, a imaxinación, o mestizaxe, a resistencia e a resilencia, a capacidade de sobreporse ao adverso. O impacto decisivo dos medios de comunicación como experiencia que activa o imaxinario colectivo transforma a mesma definición de identidade e fai que teña que ser repensada en tempos de globalización, repensada nunha dimensión multicultural Galiza, igual que moitas comunidades, nacións, países ou continentes, segue a padecer a hemorraxia das migracións que, salvando todo o negativo, inevitablemente conéctannos dun extremo ó outro do mundo facendo que as culturas actuais vivan nun mesmo momento varios tempos e espazos, unha contracción amplificada polas constantes influencias que chegan das imaxes, as culturas e as identidades en continuo movemento. O impacto decisivo dos medios de comunicación como experiencia que activa o imaxinario colectivo transforma a mesma definición de identidade e fai que teña que ser repensada en tempos de globalización, repensada nunha dimensión multicultural que bebe de múltiples fontes e repertorios, que pode ser multilingüe, transumante e ata clonarse como esa mesma identidade primixenia moi lonxe do territorio onde naceu. Hoxe toda reflexión sobre a identidade en termos conservacionistas semella como un intento de forzar os feitos, de deter procesos sociais inexorables, en constante renovación e transformación constante; é como pretender embalsamar nun conxunto de matices invariables algo que xa está en transformación permanente. A mestizaxe colle o novo sen rexeitar o pasado e na súa imprevisibilidade modifica, erosiona, lima, transforma. Cruza as liñas divisorias entre las linguas e culturas para desmontar a estabilidade, a inmobilidade, a unicidade e o monolitismo A mestizaxe é un fenómeno que facilita o pensamento do encontro e da relación nun mundo total, onde a internacionalización das culturas, ideas, tendencias, modas, gustos móvese a unha velocidade que atravesa continentes. A mestizaxe colle o novo sen rexeitar o pasado e na súa imprevisibilidade modifica, erosiona, lima, transforma. Cruza as liñas divisorias entre las linguas e culturas para desmontar a estabilidade, a inmobilidade, a unicidade e o monolitismo. A diferenza non deteriora, e cando as ideoloxías do mundo, as súas visións, as súas cosmogonías e prefiguracións, os castelos no aire que se erixen se veñen abaixo, é necesario levantar de novo este imaxinario. Non se trata de soñar o mundo ideal, senón de intervir no real, de transformalo. Non se trata de soñar o mundo ideal, senón de intervir no real, de transformalo E neste contexto de relación e apertura ao outro aparece a creatividade como un rizoma necesario, sen centro nin periferia, abríndose á compenetración co outro mantendo as diferenzas. A complexión dunha identidade de relación comporta unha apertura ao outro, sen risco de disolucións, onde a centralidade do imaxinario colectivo é un factor dinámico da vida que converte aos individuos e a súa rutina, xunto coas fantasías e anhelos, no terreo de xogo onde se está a decidir o futuro da nosa sociedade. Non será ningunha débeda histórica herdada do plebiscito do 1936, nin ningún factor dogmático, a clave de bóveda para que Galiza poda exercer ou non a súa plena soberanía será que así o queira ou non a vontade maioritaria do pobo galego. E dado o carácter plural e marcadamente migratorio da nosa sociedade, será só na imprevisible e rotunda centralidade do noso imaxinario colectivo onde se lle permita ao postnacionalismo galego acadar o respaldo electoral masivo, factor da transformación total deste país nunca antes imaxinada.
NOS_20185
Non dedicarei as seguintes liñas a tratar sobre a identificación dos vitimarios, senón que, a diferenza das miñas compañeiras e compañeiros de monográfico, vou centrarme nas fórmulas de castigo simbólico que contra eles se elaboraron. Quedo, polo tanto, no terreo da construción de relatos que tiñan como misión axuizar e condenar os perpetradores. Son fórmulas que as comunidades activaron para limitar os efectos psicolóxicos da violencia construíndo un espazo colectivo de dor que permitía axudar a seguir vivindo despois de ter pasado por unha experiencia traumática.
Eric Hobsbawm, unha figura chave da historiografía contemporánea, ten unha chea de frases memorábeis, pero coido que escribiu unha que é moi atinada para encabezar esta achega: "nunha atmosfera de opresión e submisión, a xente soña". A mágoa, xa o adianto, é que aínda non din perfeccionado as pescudas sobre o mundo do onírico... "[...] No ano 46 morreu o Latonero dun cancro en Castroverde. Durante dous meses escoitáronse os berros na Rampla, o Latonero morreu consumido pola dor dunha agonía horrenda... está morrendo coa peor das mortes, grazas a Deus, pensaba para min [...]". "A ese home [Correas] foi a última vez que o vin. Enfermou e morreu, durou vinte días. Dicían que morrera inchado, que estoupara, que se puxera tan tan mal da cousa pensando na barbaridade aquela do fusilamento. Porque el dicía: "Home, é verdade que fun matar dous, pero alguén tiña que ser [...]. En canto a Pedro, o irmán de Emilio, tamén un día alí, onde se poñían as cestas e as verzas [...] detrás da Igrexa, naquel recantiño que hai alí [...] eu vexo aquel home bailar e dar brincos. Parecía que escapaba de algo que o estaba perseguindo. Logo xuntouse xente, el berraba que vía espíritos, espíritos que o andaban perseguindo [...]. A xente dixo: "aparéceselle o cadáver de [o comandante] Moreno. Ve o Moreno por todos os lados". O caso é que despois desapareceu. Dixeron que morrera...". O primeiro comentario é de Xosé Manuel Sarille, o segundo está sacado das memorias de David Álvarez. Os exemplos sobre as construcións míticas máis habituais nos relatos memorialísticos son xustamente as que atopamos neles. Son os que versan sobre as longas enfermidades e espantosas mortes que tiveron que soportar os perpetradores. Os elementos inventados ou esaxerados nestas lembranzas serven para multiplicar o sufrimento dos verdugos, aos que se transfire, en certa medida, a dor que infrinxiron. A peor das mortes posíbeis (con moita dor, lentitude, en soidade ou na máis absoluta miseria) e a loucura inducida pola visita das ánimas das súas vítimas está moi presente nos relatos e é comentada como unha retribución apenas suficiente. Outra construción mítica que aparece tanto acompañando a mala morte como en solitario é a que presta especial atención ao momento máis emblemático e simbólico de cantos un individuo ten dentro da súa comunidade, a morte. Ao garda civil Nemesio Hortal, un dos máis destacados represores do concello de Arzúa, e ao que varias fontes imputan o asasinato do alcalde republicano, a memoria comunitaria négalle todo acompañamento nas súas honras fúnebres. No mesmo punto insisten os veciños dunha parroquia do concello de Cospeito ao lembrar o enterro dun dos dous irmáns da localidade que tiveron sona como represores na súa zona e, sobre todo, na comarca da Mariña. Gostarías de seguir coa lectura? Este capítulo do coleccionábel 'Os nomes do terror' sae publicado no Nós Diario que atoparás hoxe nas librarías, quiosques ou na nosa tenda online para a súa lectura na nube. Non perdas máis novas de interese e fai agora mesmo a túa subscrición!
PRAZA_9050
Goberno central, Xunta e Principado presentan un documento de mínimos a Alcoa no que lle piden paralizar o ERE e seis meses para negociar alternativas ao peche logo dunha longa xuntanza que se retoma este mércores.
Sen moito avance. Ata altas horas da madrugada se prolongou a xuntanza que este martes mantiveron en Madrid representantes de Alcoa, dos sindicatos, do Goberno central e dos executivos autonómicos da Xunta e do Principado de Asturias. Na busca de alternativas ao peche anunciado das plantas da Coruña e de Avilés, as administracións volveron comprobar o "bloqueo" da multinacional á procura de alternativas e a súa "falta de vontade" para atopar un camiño que evite o despedimento duns 700 traballadores, case 400 deles en Galicia. Así de claro o dixo a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, que mudou o ton para sinalar e culpar a multinacional estadounidense. Estado, Xunta e Principado presentan un documento de mínimos a Alcoa no que lle piden paralizar o ERE e seis meses para negociar alternativas ao pecheNa mañá deste mércores, en declaracións á Cadena SER, Reyes Maroto advertiu de que "hai solucións" para evitar o peche das fábricas e que o Goberno central estaas "valorando", pero advertiu de que para que saian adiante precísase "vontade" por parte de Alcoa e "tempo" para maduralas. Por iso, Estado, Xunta e Principado asinaron un documento que presentaron á empresa xa de madrugada cunha "serie de mínimos" que esixirán á compañía para "seguir negociando". Entre eles, que dean seis meses máis de prazo e se paralice o ERE "para poder traballar cun escenario de máis tempo para buscar solucións. "Hainas e estamos avaliando propostas", insistiu. A ministra Reyes Maroto di que o Goberno xa "avalía" propostas pero pídelle tempo á empresa para evitar o peche e atopar solucións"Necesitamos que haxa vontade por parte da empresa que nos di que pecha, á que xa se lle deu un ultimátum", engadiu Maroto, que nada dixo da posibilidade que propoñen comités de empresa, sindicatos e formacións como En Marea ou BNG: a intervención da empresa temporalmente por parte da SEPI para logo buscar unha empresa que se faga coas plantas e manteña a actividade. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pola súa banda, pediu un cambio de "actitude" á empresa e asegurou que o Goberno de Sánchez quería paralizar o ERE pero que a reforma laboral impulsada polo PP impediullo. "Atopámonos cunha reforma laboral que nos impide actuar como nos gustaría neste conflito", confesa. Xa na mañá do martes, Reyes Maroto, demandou a Alcoa "responsabilidade" para negociar unha saída aos peches das plantas e acusou a compañía de ser a "responsable" da perda de centos de empregos ao "estar a bloquear" as posibles "solucións". A ministra de Industria acusou a Alcoa de ser a "responsable" da perda de centos de empregos por "estar a bloquear" posibles "solucións""Pedimos a Alcoa que reformule o peche das plantas e que manteñan unha posición proactiva na mesa negociadora xa que, se segue bloqueando, lamentablemente imos chegar a unha situación que non é nova para empresa e traballadores, e que non esperamos nin desde o ministerio nin desde as administracións rexionais implicadas", dixo Maroto, que en todas as súas declaracións contrapón a "predisposición" doutras empresas como Cémex e Vestas para buscar --e conseguir-- alternativas reindustralizadoras nas súas sedes coa postura da multinacional do aluminio."O Goberno xa demostrou que se pode buscar unha solución de reindustralización, pero necesitamos a vontade da empresa e que con ela se poida chegar a acordos, parar ese peche e sacar esas familias da desesperación e a angustia", repetiu. Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, cualificou de "decepcionante" a reunión con Alcoa, aínda que recoñeceu que se abre "unha posible segunda oportunidade" de paralizar o ERE e "ampliar" o prazo de negociacións. Con todo, pediu ao Goberno central "solucións concretas" e reprochoulle non ter feito "os deberes".A resposta da firma estadounidense, en declaracións á axencia Europa Press o martes, fora insistir en que non recibiu oferta ningunha, que o Goberno central tampouco lla presentou e que non está bloqueando a negociación, aludindo mesmo ao aumento dos prazos das negociacións co persoal como aval. Maroto negouno. "Non é certo, están bloqueando e así se constata nas mesas de negociación", dixo. Ademais da xuntanza coas administracións, a multinacional tiña prevista tamén outra reunión máis pola negociación do ERE cos traballadores, pero foi adiada porque representantes do persoal coruñés e avilesino foron recibidos polo secretario xeral de Industria, Raül Blanco, que recibiu varios representantes do persoal. O Goberno ofreceu adiantar para xa as medidas para abaratar a factura eléctrica e advertiu de que, sexa como for, habería unha solución ao conflito antes do 15 de xaneiro. O persoal da planta da Coruña é moi escéptica respecto á posibilidade de que Alcoa pare o ERE e pide ao Estado que actúe xa para evitar os despedimentos, que se poderían executar xa a vindeira semana de non deterse o expediente. Ademais, acusan a firma de "enganar" os gobernos buscando abaratar o feche da factorías e aos executivos de "inacción" ante o habitual modus operandi da multinacional. O persoal de Alcoa da Coruña convocou para este domingo outra manifestación que sairá ao mediodía da praza da Palloza.
NOS_16251
O Bloque cualifica de "corrupta" a xestión do partido dos Baltar e Feijóo namentres AGE afirma que os populares "fináncianse ilegalmente desde os anos 80".
O BNG condenou mediante declaracións do seu voceiro nacional, Xavier Vence, "a xestión corrupta do PP de Ourense que xestiona con empresas amigas para controlar a provincia". "Estase a destapar unha forma de gobernar que o BNG leva denunciando anos", engadiu en referencia ás sospeitas de financiamento irregular dos populares, que está a ser investigada. Pola súa parte, AGE -en boca do seu voceiro Xosé Manuel Beiras- asegurou que "o PP leva desde os 80 financiándose ilegalmente, incluso grazas a contrabandistas", indicou. O PSOE pedirá que Feijóo explique no Parlamento o posíbel fraude da súa formación, namentres que o líder do PP en Ourense e presidente da Deputación, José Manuel Baltar, anunciou que demandará ao ex-secretario do PP na provincia, Emilio Pascual, por "atentado vil e obsceno".
NOS_31098
Pasadas as 11.15h, o patio da Casa de Hortas acollía o inicio do II Convivio da Cultura Galega, no que participan arestora perto de 500 persoas e que este ano cobra especial significado após de que a Real Academia Galega anunciara que o Día das Letras de 2016 estará dedicado a Manuel María.
O acto deu comezo coas palabras de Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, quen explicou que o convivio, organizado pola Fundación, pola Federación Galiza Cultura e pola Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, foi convocado baixo o espírito da romaría popular, tan querida polo escritor chairego. Precisamente, a música popular tradicional foi a protagonista da xornada matutina, que abriu cos acordes da Banda de Rábade-Begonte e coa Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo. Na súa intervención, Ansede enxalzou o papel das bandas de música e salientou que "os elementos da música popular representan unha tradición milenaria que é expresión dun xeito de vida e dunha maneira de ser". Salientou o mundo "rico e vivo" da expresión musical das bandas e reivindicou Galiza como primeira potencia do Estado español en música de bandas, aínda que lamentou a súa presenza marxinal nas festas galegas. Unha vez comezado o acto coas pezas das bandas, as persoas participantes no II Convivio da Cultura Galega, a primeira homenaxe que recibe Manuel María tras o anuncio da Academia, trasladáronse ao cemiterio para realizarlle a ofrenda floral ao escritor de Outeiro de Rei. Foi entón cando, ao pé da sepultura de Manuel María e citando a Pondal, tomou a palabra Manuel Ferreiro en representación do Padroado da Fundación: "Aquí jaz o que fora/noutro tempo cantor do eido noso". "Eis pois, Bergantiños é Pondal, a Terra Chá é Manuel María; para o un e para o outro, Bergantiños ou a Chaira son patria galega, a nación enteira". Nesta liña, sinalou que o autor chairego viviu "sempre ao servizo do proxecto común da redención nacional". Ferreiro salientou que Manuel María "estará hoxe feliz sabendo que o seu nome ficará para sempre ligado ao das Irmandades da Fala" "Manuel estará hoxe feliz sabendo que o seu nome ficará para sempre ligado ao das Irmandades da Fala en 2016", apuntou Ferreiro, "igual que as Irmandades, tamén Manuel María acreditou decote na patria común, na lingua de noso, na nación que nos une, resiste e persiste mentres as nosas vidas pasan". Finalizou a ofrenda coas "boas e xenerosas" mensuras propostas por Manuel María "ferrados de corazón, fanegas de alma" de cara ao futuro que nos espera. Tras o Himno nacional, o convivio trasladouse á carballeira de Santa Isabel onde continuou a romaría popular coa presenza da Banda de Rábade-Begonte, da Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, da Banda de Música Solfa e do Coro da Asociación Cultural e Musical Solfa. O momento máis emotivo da mañá tivo lugar cando entre os carballos que tanto lle serviron de inspiración ao escritor homenaxeado soou a "Alborada para Manuel María", peza de Carlos Seráns estreada co gallo do convivio e que interpretaron as tres bandas de maneira conxunta. Na xornada da tarde, após o xantar popular, celebrarase o encontro aberto coas directivas das asociacións culturais que participan no convivio para trazar as liñas de traballo de cara á conmemoración do próximo ano. A tarde continuará coa foliada animada por Xurxo Souto na que participarán grupos de música e baile tradicional.
NOS_45641
O Parlamento galego insta a Xunta a entrar nesa empresa pública para presionar e conseguir acordos comerciais para o estaleiro ferrolán.
O anuncio de novos contratos para as instalacións de Navantia na baía de Cádiz coincide no tempo coa falta de carga de traballo para o seu estaleiro en Ferrol. As instalacións da antiga Bazán van quedar sen ningunha ocupación, unha vez abandone o estaleiro o segundo dos buques do tipo AOR que están a construír para a Armada de Australia, e até que se inicie o corte de chapa das futuras fragatas F-110 para a Armada Española, previsto para 2022. Mentres, nas instalacións de San Fernando celebran o acordo para a reparación e mantemento de destrutores da armada dos Estados Unidos de América, que fornecerá de emprego até xaneiro de 2028 cun compromiso económico de 822,4 millóns de euros e a creación de máis de 1.000 empregos directos ao ano. Ademais, Cádiz contará cun contrato coa Mariña Real de Marrocos para deseñar e construír un patrulleiro de altura, que creará 250 empregos durante o próximos tres anos e medio. O desigual tratamento de ambos os estaleiros desde a dirección de Navantia comeza a molestar moito a unha parte do comité de empresa así como aos grupos políticos con presenza no Parlamento galego. Malas novas da presidenta de Navantia A representación sindical de Navantia Ferrol mantivo unha reunión telemática coa presidenta desta empresa pública, Belén Guarda, na que se ratificou esta mala situación. "Non teñen nada até que veñan as fragatas", afirma a Nós Diario o delegado da CIG no estaleiro, Marcelo Amado. Este sindicalista indica que a realidade confirma "que se estabelecen diferenzas, supoño que por directrices políticas, entre Ferrol, Cartaxena e Cádiz". Tampouco foi moi satisfactorio o anuncio que realizou no encontro a responsábel de Navantia en relación cos investimentos no estaleiro galego. "A idea de novas instalacións de hai catro anos, cun dique cuberto, non se farán e os investimentos serán moito máis cativos", afirma Amado. Polo seu lado, Fran Rubio, de UXT, pensa que "a presidenta é unha figura política e traslada o que lle mandan dicir". Cre que a empresa leva tempo con dirixentes que "nin viven nin coñecen o sector naval". Lamenta que os contratos dependan de "acordos políticos, como aconteceu co de Australia, concedido finalmente ao Reino Unido". Instan a Xunta para que entre en Navantia Diante desta situación, hoxe o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha lei promovida polo grupo do BNG para que a Xunta pida o seu ingreso no consello de administración de Navantia coa finalidade de tentar lograr carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol. Ademais, todos os grupos políticos reclamaron ao Goberno español a constitución dunha mesa de ámbito galego para promover e divesificar actividades no estaleiro ferrolán. Durante o debate na Comisión de Industria o deputado nacionalista Ramón Fernández incidiu na necesidade de que a Administración autonómica teña "voz e voto" contra as "prácticas lesivas" da empresa na comarca de Ferrolterra, onde, segundo o parlamentario, practican unha "privatización encuberta" do centro de Fene.
NOS_12378
O Goberno venezolano manexa a tese de Hugo Chávez non ter morto por causas naturais, mais si vítima dalgún tipo de ataque con armas biolóxicas. Maduro evocou o caso de Yasir Arafat.
Até onte mesmo, en que se consumou o falecimento do líder bolivariano, o Goberno de Venezuela non levantara sospeitas arredor da xénese do cancro que acabou coa vida de Chávez. Maduro anunciou que unha comisión científica investigará a orixe da doenza, mas dixo que o seu goberno ten dados de que foi provocada polos "inimigos" de Venezuela. Chegou a citar Yasir Arafat, o líder palestiniano que, segundo os últimos indicios, podería ter sido asasinado por envenenamento. En Xullo de 2012, Al Jazeera emitiu un documentario en que se revela que Arafat foi envenenado con polonio, a mesma substancia que provocou a morte do ex espía ruso Alexander Livtenko, que faleceu en 2006 en Londres.
QUEPASA_241
O IES Fernando Blanco abre a inscrición das Ensinanzas para Persoas Adultas.
Yatma é un mozo senegalés veciño de Fisterra. Deixou o seu país hai apenas uns meses para se reunir co seu pai, procurar un futuro certo, unha vida digna. Todo é diferente e novo para el neste novo mundo. Empezando pola lingua, polas dificultades na comunicación. El só fala wólof. Desde o día seguinte da súa chegada, Yatma acode ás clases de Educación Básica Inicial no IES Fernando Blanco para aprender o idioma. Pouco a pouco, día a día, letra a letra, Yatma vai adquirindo destrezas e habilidades comunicativas da man da súa inseparable profesora, Chicha. A Yatma gústalle moito o fútbol e di que é do Barça. Yatma saúda sempre con bondade nos ollos e alegría no corazón, e aprende do mesmo xeito. As Ensinanzas Básicas Iniciais, as EBI, son unha porta aberta á integración. Hai uns anos, a súa principal función era a alfabetización primeira de persoas que no seu momento non tiveron acceso á educación regrada: lectoescritura, operacións matemáticas básicas... E así segue sendo. Só que non últimos anos o perfil do alumnado está a mudar. Cada vez son máis os e as inmigrantes que se achegan a estas ensinanzas co obxectivo de aprender (ou perfeccionar) o castelán e tamén o galego. Unha porta aberta, porque non se requiren estudos previos, nin expedientes académicos, nin siquera hai un prazo de matrícula. As EBIs están abertas durante todo o curso escolar e teñen unha gran flexibilidade horaria. Son porta aberta e son integración. O alumnado é diverso na súa procedencia, na súa idade, nas mochilas que cada un trae consigo. Pero a aula exerce o seu papel máis nobre. A aula, as clases, o instituto convértense nun punto de encontro, nunha referencia de intercambio e aprendizaxe. Aprendermos xuntos, uns dos outros. Ao igual que Yatma, Abdul tamén é senegalés. O caso de Abdul é un exemplo de perseverancia e esforzo. Leva moitos anos en España, traballando arreo. Fala un castelán envexable. Porén, para tratar de conseguir a nacionalidade, Abdul tivo que examinarse dunha dura proba de Coñecementos socioculturais e constitucionais que poucos españois aprobarían, así como dunha proba de nivel de idioma moi esixente. Preparou ambas as probas nas Ensinanzas Básicas Iniciais e superounas satisfactoriamente. Portas abertas e integración deixan de ser palabras baleiras. Porque integrar é incorporar, axudar a conseguir. Andreas é un home alemán de mediana idade. Leva un tempo vivindo en Cee e, aínda que se desenvolve en castelán con bastante autonomía, procura formación dixital e acceso ás novas tecnoloxías. É un exemplo de constancia e progreso. Senabou, Yatma e Andreas E Marieme e Senabou, senegalesas con moi boa preparación previa en francés, o que facilita a súa evolución na adquisición do idioma. Ou Khadim, senegalés tamén, sempre cun sorriso e cun saúdo amable, aprendendo de maneira entusiasta. E a desbordante alegría de Bilal, paquistaní amigo de todos. Cidadá do mundo, Herminia naceu en Colombia e traballou toda a vida en Estados Unidos. Xa xubilada, vive en Cee e voltou á escola á que de nena non puido ir. Ou Marilú e Esperanza, tamén colombianas, que buscaron aprender a nosa lingua con respecto e amor. Xa case é noite e Yatma apaga o seu ordenador. Despídese da súa mestra, Chicha, que en poucos meses, se foi convertendo nunha referencia imprescindible, nun vínculo, nunha man que te axuda a pasar a ponte. As Ensinanzas Básicas Iniciais do IES Fernando Blanco, e en xeral as Ensinanzas de Adultos, amosan o lado máis humano e fermoso da educación. Poñen o foco directamente na persoa e nas súas necesidades. No ensino son importantes as normas, os decretos, as metas curriculares. Pero a meta máis importante é reconciliarse co ser humano, varrer fronteiras coa educación. Nada hai nada máis gratificante. Serxio Iglesias. Xefatura de estudos de Educación para as Persoas Adultas.
PRAZA_7715
Por vez primeira celebráronse conxuntamente o LaconNetwork e a entrega dos galardóns da Asociación de Empresas Galegas Dedicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías. Petrilla Tech, Nasas Social & Media, Construdata21 Internacional, OnTouch Nova Tecnoloxía Publicitaria ou A Navalla Suiza foron os gañadores.
Este venres, por vez primeira, celebráronse conxuntamente o LaconNetwork e a entrega dos Premios Eganet, os galardóns da asociación de empresas galegas que desenvolven software ou servizos tecnóloxicos. O Palacio de Congresos de Compostela reuniu máis de 300 persoas, representando boa parte das empresas TIC de Galicia. Respondendo con creces ao obxectivo de visibilidade buscado coa unión dos dous eventos: "Sempre falamos de que para que creza unha grande árbore, éste necesita un bosque que o acubille. Xa cremos que "as árbores", comezan a ser "bosque" … e queremos que se vexa". Os premios Eganet contaron con cinco categorías: Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC, Premio Emprendedor TIC, Premio Aplicación Software, Premio Comunicación Dixital e Premio Negocio Online. A estas uniuse un Premio Especial, que recaeu a título póstumo en Víctor Gulías, profesor da Universidade da Coruña e director do CITIC, que contribuíu á posta en valor do I+D galego no ámbito da informática. Petrilla Tech, Nasas Social & Media, Construdata21 Internacional, OnTouch Nova Tecnoloxía Publicitaria ou A Navalla Suiza foron os gañadores O galardón á mellor Aplicación Software recaeu en OnTouch DS, unha solución de OnTouch Nova Tecnoloxía Publicitaria, que emprega o recoñecemento de imaxes para personalizar os contidos que aparecen en paneis publicitarios. O premio ao mellor negocio en liña correspondeu a Construdata21 Internacional. E o recoñecemento na categoría de Comunicación Dixital foi para a campaña promocional de ARTEC primavera2012 de Nasas Social & Media. Mentres o proxecto Emprendedor TIC máis destacado foi o ePocketGuide de Petrilla Tech. E en canto ao Proxecto Colaborativo Empresarial TIC, o premio foi para Probeta de A Navalla Suíza, Cen Litros Metro Cadrado e Ekinocio. Os pratos fortes do LaconNetwork chegaron coas intervencións de Javier de Andrés Marín, fundador e director xeral de Ticketea, e de Johann Huber, de TechReactor Pola súa banda, o LaconNetwork permitiu asistir a palestras e debates nos que se amosaron fórmulas de apoio ao emprendedor da man de Antonio del Corral, presidente de Vindeira Capital Network; Juan Diego Pereiro, xestor de WeKCo; Juan Carlos Bugallo, director xerente da Fundación Universidade da Coruña; Manuel García, director de Zarpamos; e Carlota Sánchez Puga, directora de desenvolvemento económico e fomento do emprego de Novacaixagalicia. Houbo tamén presentación de iniciativas de Coworking e de aceleradoras nacidas en Galicia. E o evento contou coa participacion do gañador do premio Emprendedor XXI Galicia de 2012, Roi Correa. Os pratos fortes da xornada chegaron coas intervencións de Javier de Andrés Marín, fundador e director xeral de Ticketea, e de Johann Huber, de TechReactor.
NOS_39043
O epicentro político está neste momento en Barcelona, en pleno conflito entre o pobo catalán e o estado español. BNG e En Marea estarán presentes na manifestación. A confluencia anuncia tamén participación nun acto político do partido de Ada Colau, embora a alcaldesa de Barcelona non teña esclarecido aínda se vai colaborar co 1-O.
A posición do BNG é nidia, apoio inequívoco ao referendo. A de En Marea é máis ambigua, desde o momento que no seu seo conviven componentes que si o respaldan (o sector de Villares, a Anova de Antón Sánchez, neste asunto converxentes, nos orgánicos non) e outros fragmentos (Podemos e Esquerda Unida) que non defenden a consulta autodeterminista de 1-O porque opinan que carece das suficientes garantías ao non ter sido pactada con Madrid e faltarlle o recoñecimento internacional. Así as cousas, o BNG envía unha delegación do máis alto nível -encabezada pola súa líder, Ana Pontón- á manifestación da Diada, mentres que En Marea estará á vez nesta e no acto político que convocan os comúns en Santa Coloma. Estarán, pois, con Ada Colau e os seus, no ollo do furacán estes días en Catalunya por non teren aderido -como si outros máis de 500 concellos catalás- o referendo de autodeterminación. De feito, os comúns aínda non teñen resolvida a cuestión de se apoian ou non o referendo e a súa dirixencia despraza a decisión á militancia, nunha consulta interna a se realizar esta semana (entre a terza e a quinta feira). As e os inscritos en Catalunya en Comú, por volta de 10.000 persoas, terán de contestar a pergunta: "Catalunya en Comú ten que participar na mobilización do 1 de Outubro?", un texto que elude a palabra "referendo", sendo que os de Ada Colau lle negan carácter como tal á consulta autodeterminista convocada polo Govern para o 1 de outubro.
NOS_26005
Na estatua pódese apreciar a ausencia dunha serie de elementos ornamentais, nomeadamente os gromos de carballo, situados na parte superior e que son parte fundamental da mesma ao darlle sentido á escultura"
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense chama a atención sobre a falta dos elementos ornamentais, concretamentes os gromos de carballo, "parte fundamental e que lle da sentido á escultura," presentes na parte superior da estatua homenaxe a Alexandre Bóveda, obra de Buciños, sita na rúa da Barreira, fronte á casa natal do galeguista asasinado polo franquismo o 17 de agosto de 1936. Os nacionalistas queren saber "se estamos diante dun novo atentado non só ao patrimonio artístico da cidade, senón tamén a nosa memoria histórica, ou pola contra, se se trata dunha actuación de conservación por parte do concello, motivo polo cal, veñen de solicitar información ao actual Goberno Local". No BNG queren que se clarexe canto antes esta cuestión, ao tempo que fan unha chamada ao Goberno Local para que poña todo o seu empeño na preservación do patrimonio cultural da cidade. Segundo Luis Seara, "non é de recibo que sigamos a ver estampas como a da estatua do Carrabouxo, no Parque de San Lázaro, tapada por parasois, ou que a día de hoxe descoñezamos o paradoiro da estatua de Arturo Baltar no Parque Miño".
NOS_32345
Tres activistas curdas foron mortas a tiros en París a pasada madrugada. O ministro de Interior francés, Manuel Valls, cualificou o facto de "execución".
As vítimas son Sakine Cansiz, unha das fundadoras do PKK (Partido dos Traballadores do Curdistán); Fidan Dogan, representante do Congreso Nacional do Curdistán, cuxa sede se acha en Bruselas; e Leyla Soylemez, do Centro de Información do Curdistán na capital francesa. A identidade destas persoas foi revelada polo sitio web Actukurde.fr.Uns amigos das tres vítimas acharon os corpos sen vida das activistas, cun tiro na cabeza, na sede do Centro de Información do Curdistán. O crime produciuse arredor das 3 da madrugada e os disparos foron realizados con silenciador. O triplo asasinato cométese en plena negociación entre o goberno turco e o fundador do PKK, Abdul·lah Ocalan.A Federación de Asociacións Curdas de Franza convocou a todos os curdos que residen en Europa a se manifestaren en París en repulsa por este brutal atentado terrorista.
PRAZA_20971
O convenio pactado entre o Concello e a Xunta prevé ampliar o CHUAC cara á zona habitada, o que ergue as protestas dos veciños, da Marea e do BNG, que denuncian o cambio de postura municipal.
Visto e prace para o "novo CHUAC". O pleno extraordinario específico para debater o convenio que o Concello da Coruña e a Xunta asinarán para a ampliación do hospital da cidade rematou este mércores coa aprobación do documento tal e como chegara. PSOE e PP uniron os seus votos fronte á abstención da Marea Atlántica e do BNG e o único voto en contra da concelleira non adscrita de Podemos. O convenio para a ampliación do hospital da Coruña sae adiante cos votos a favor de PSOE e PP, a abstención de Marea e BNG e o voto en contra da edil de PodemosFoi nun pleno polémico, criticado polos partidos que non apoiaron o texto por ser convocado "con nocturnidade" --e con só unhas horas para poder revisalo-- e por confirmar, segundo Bloque e Marea, que "incumpre as promesas" feitas á veciñanza de Eirís que será afectada polas expropiacións ao establecerse a ampliación cara á zona das súas casas e non, como se dixo que se faría segundo lembran ambos partidos, cara ao aparcadoiro e na dirección do parque. "O proxecto do novo CHUAC será cara ao suroeste, xusto sobre a zona habitada", advirten. A veciñanza de Eirís afectada polas expropiacións acusa o Concello de mudar a súa postura tras defender sempre unha ampliación cara a outra zonaFóra, representantes da asociación de veciños de Eirís amosaban o seu malestar co Concello e pedían explicacións. Segundo denuncian, o goberno municipal mudou a súa postura da man da Xunta logo de "defender durante once meses que a ampliación se fixese cara ao norte", en contra do proxectado polo Executivo de Feijóo. Segundo advirte o colectivo, esta opción evitaría o derrubamento das vivendas de 27 familias --mentres que a agora aprobada no convenio pode afectar un total de 43-- e abría a porta a novas instalacións nese espazo, cun párking privado que non ten previsto tocarse e de máis superficie que a zona das casas.Mónica Díaz, presidenta da asociación de veciños, asegura que hai só unha semana, a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, aseguráronlle nunha xuntanza que non mudaran a súa postura. "Pero este martes convocaron un pleno extraordinario para aprobar un convenio coa Xunta na que se recolle expresamente a orientación das novas edificacións cara ao suroeste", engade, ademais de lembrar o colectivo que o propio Concello advertira non hai tanto de que o convenio que prevía a Xunta "roza a ilegalidade". O convenio indica que se tratará de "minimizar a afectación a vivendas de modo compatible coa funcionalidade do hospital" e o Concello aclara que os terreos para a ampliación están nunha zona sen desenvolver no plan xeral, polo que non afectaría as casas que alí están. Lage Tuñas, portavoz do PSOE, gaba o papel de Inés Rey para desatascar o proxecto e asegura que "non ten nada que ver" coa proposta inicial da XuntaPara o portavoz do PSOE, José Manuel Lage Tuñas, o acordo supón "un punto de inflexión" polo importante investimento no ámbito sanitario. O representante socialista gabou o papel de Inés Rey para desatascar o proxecto nun acordo pechado nunha xuntanza con Feijóo hai só uns días. Ademais, lembra que o texto agora aprobado "non ten nada que ver coa proposta inicial da Xunta que os nosos técnicos consideraban rozando a ilegalidade porque só había obrigas para unha parte".A voceira do PP, Rosa Gallego, gabou tamén o presidente da Xunta, así como a política sanitaria e os investimentos na cidade do seu Goberno.Desde outras formacións non se agochan as acusacións de "propaganda" a ambos partidos, ademais de advertir tamén dunha incomprensible présa que vinculan á necesidade do anuncio dun grande acordo no ámbito sanitario no vindeiro Consello da Xunta. "O único urxente aquí é a foto con Feijóo", di a Marea sobre a actitude de Inés Rey. Marea e BNG rexeitan o acordo, critican a súa "opacidade" e denuncian a "propaganda" que Feijóo e Inés Rey buscan co pacto"É un acordo negociado con total opacidade que vai supor expropiacións, derruba de vivendas hoxe habitadas, mudanzas sensibles na mobilidade e infraestruturas e compromisos para as arcas municipais superiores aos 26 millóns", advertiu no pleno María García, portavoz da Marea, na mesma liña seguida pola concelleira do BNG, Avia Veira. A representante nacionalista pediu tamén a PP e PSOE que "non insulten a intelixencia de ninguén" ao ligar a urxencia na construción do novo CHUAC á loita contra a pandemia cando "xa se falaba del en 2018 e 2019". Desde a Marea lembran, ademais, que, con sorte, as obras non empezarían ata 2023. No convenio, a Xunta comprométese a investir máis de 430 millóns en sete fases; o Concello prevé gastar 12 millóns nas expropiaciónsNo convenio, que defenderon PSOE e PP no pleno, a Xunta comprométese a investir máis de 430 millóns de euros en sete fases para unha ampliación que creará 29 novas camas de hospitalización e creará unha nova área de hospital de día. O Concello, pola súa banda, asume a execución de viais de acceso entre 2023 e 2026 por 10,2 millóns, ademais de encargarse das expropiacións, nas que se prevé un gasto de 12 millóns, e dos custos de servizos municipais básicos ou da cesión dunha parcela. Rexeitado o voto particular da MareaO texto foi aprobado tal e como chegou ao pleno cos votos de PSOE e Partido Popular tras ser rexeitado o voto particular da Marea Atlántica, apoiado tamén por BNG e a edil de Podemos. Nel, solicitábase que se incluíse na redacción do texto a "opción preferente" da ampliación do compexo cara ao aparcadoiro, tal e como se consensuara coa asociación de veciños, que o gasto en expropiacións non superase os 9 millóns de euros ou completar o convenio cun "informe económico-financeiro de intervención e tesoureiría que xustifique a suficiencia de recursos municipais". "Creo que cometen un erro histórico ao se poñer de lado e non apoiar a firma do convenio para o novo hospital", dixo Lage Tuñas respecto dos votos da Marea, o BNG e a concelleira non adscrita.
PRAZA_5498
CCOO e UGT piden unha resposta "masiva", a CIG chama a "facerlle fronte á UE" e a CUT reivindica "o espírito do 22M" nas diferentes marchas que percorrerán as rúasnun Día da Clase Traballadora marcada polas "terroríficas" cifras do paro en Galicia. Consulte os horarios das manifestacións.
Galicia afronta outro Primeiro de Maio. E desta vez farao tan só dous días despois de que os datos da EPA marcasen un récord histórico de número de desempregados no país. 296.900 persoas non teñen traballo nunha comunidade que foi a que incorporou máis persoas ás listas do paro no último ano e que conta con 190.000 cidadáns sen traballo e sen prestación ningunha. Serán estas "terroríficas" cifras, en palabras dos sindicatos e da oposición, as que marquen un Día Internacional da Clase Traballadora que volverá contar con variadas e diversas manifestacións envoltas en plena precampaña aos comicios europeos e na crise, recortes e precariedade que denuncian as centrais e a esquerda política. O Primeiro de Maio chega tras coñecerse as "terroríficas" cifras do paro en Galicia, con case 300.000 desempregados Os catro principais sindicatos do país (CCOO, UGT, CIG e CUT) sairán á rúa en distintas marchas nas principais vilas e cidades de Galicia este xoves. Comisións e UGT de Galicia chaman a cidadanía galega a dar unha resposta "masiva" contra os recortes e insisten na crítica ás políticas de austeridade impostas pola troika que "tan só provocaron paro, desigualdade, pobreza e recorte nos dereitos sociais e laborais". Por iso, reclaman "un cambio de dirección" que permita unha saída da crise "real, xusta e digna". Baixo o lema Sen emprego de calidade non hai recuperación, os dous sindicatos estatais convocan nove marchas nas que reivindican "traballos dignos, máis cohesión social e máis democracia". Ademais, lembran o difícil que é falar de superación de crise ningunha tendo en conta as malas cifras da EPA ou que aqueles que traballan "fano en peores condicións". Aumentou a contratación a tempo parcial e reducíronse os contratos indefinidos a xornada completa, unha situación que "está a prexudicar sobre todo as mulleres". "Menos emprego, máis precario e tamén menos protección social", recordan os sindicatos, que tamén censuran as propostas da patronal por "dar noxo" e que pediron tamén unha "participación masiva" nos vindeiros comicios europeos. CCOO e UGT piden unha resposta "masiva" da cidadanía na rúa este xoves A CIG, pola súa banda, manifestarase en solitario e tamén claramente marcada polo contexto europeo e baixo o lema Contra a explotación e a pobreza, fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía. Neste caso, serán once as marchas que percorrerán Galicia. Nelas, a central nacionalista pretende "denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos", ao igual que a "masiva emigración da mocidade" provocada polas políticas "promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta e o Goberno español". "Debemos organizarnos contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático", di o sindicato, que lembra que medio millón de persoas están baixo o limiar de pobreza en Galicia ou que cada mes máis de 150 familias perden a vivenda. Ante esta situación, a "conversión do ensino, a saúde, a asistencia social ou as pensións nun negocio para o capital privado", unha política fiscal "inxusta" ou as "contrarreformas laborais", a CIG aposta pola "loita solidaria da clase obreira de todo o mundo, desde a súa propia realidade e autoorganización, contra este sistema socioeconómico capitalista". A CIG reclama "organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático" Pola súa banda, a CUT convoca cinco marchas en Galicia para saír á rúa "sumando forzas na unión do sindicalismo alternativo, de clase e combativo" e ás que se unen nalgúns casos outras centrais sindicais que xa colaboraron con este sindicato nas Marchas Galegas da Dignidade. A CNT, por exemplo, celebra varias convocatorias en Galicia e comparte marcha en Compostela cunha CUT que aposta pola "non resignación" das clases populares e critica "a farsa das corporacións sindicais que deron vida ós Pactos da Moncloa" baixo o lema Unir as loitas, pola dignidade! Precisamente, a CUT é un dos sindicatos asinantes dun manifesto polo Primeiro de Maio no que se reclama a nivel estatal "asumir o espírito do 22M". "O éxito das Marchas da Dignidade que confluíron en Madrid o pasado 22 de marzo amosou que a clase traballadora e as clases populares están dispostas a tomar a rúa", di o texto, no que se aposta por que "o sindicalismo de clase e alternativo deseñe a súa propia estratexia de loita obreira e acción sindical". A CUT pide "asumir o espírito do 22M" e que o "sindicalismo de clase alternativo deseñe a súa propia estratexia de loita obreira" "Nesta conxuntura histórica excepcional imponse a vertebración dunha ampla fronte obreira e popular que posibilite que amplos sectores da clase traballadora, agora desencantados e decepcionados pola traizón sindical e polo réxime nacido coa Reforma Política, volvan acreditar na nosa capacidade para enfrontar e frear as políticas dos gobernos da Troika", asegura "en síntese" un manifesto que é asinado polo SAT; ESK, Intersindical Valenciana, IAC, FSOC, Confederación Intersindical, Sindicato Ferroviario e a CUT de Aragón. No plano político, os principais líderes de BNG e AGE anunciaron xa a súa participación nas diversas manifestacións polo Primeiro de Maio en Galicia. No caso do Bloque, e con motivo da precampaña europea, a candidata ao Europarlamento Lidia Senra, candidata ás europeas por Alternativa, estará presente en Vigo ao igual que Ana Miranda, que estará acompañada nesta xornada polo líder agrarista e histórico activista francés José Bové, que viaxa a Galicia para amosar o seu apoio coa ex parlamentaria europea, coa que compartiu grupo (Verdes-ALE) no Parlamento Europeo. Marcada tamén pola precampaña europea, Ana Miranda (BNG) estará acompañada este 1º de Maio do líder agrarista José Bové Candidato do Grupo Verdes-ALE á presidencia da Comisión Europea, en competencia con Jean-Claude Junker, Martin Schulz ou Alexis Tsipras, Bové participará na manifestación do Primeiro de Maio en Vigo con Ana Miranda, o portavoz nacional, Xavier Vence, e unha ampla representación do BNG, nunha xornada que rematará en Compostela, nun acto con agricultores, gandeiros e ecoloxistas. Pola súa banda, líderes do PSdeG acudirán tamén ás manifestacións que conxuntamente convocan CCOO e UGT en varias localidades. >> Consulte aquí horarios e lugares das manifestacións: Manifestacións polo Primeiro de Maio CCOO-UGT CIG CUT Vigo Cruce Vía Norte/Urzáiz 11.30 h Doblada 11.30 h Praza Fernando O Católico 11h A Coruña Praza da Palloza 12 h Praza de Vigo 12 h Praza Pontevedra 12 h Ourense Pavillón dos Remedios 11.30 h Pavillón dos Remedios 12 h Ponte Romana 12 h Compostela Alameda 12 h 12.30 Praza Roxa Porta do Camiño 12.30 h Lugo Ronda da Muralla 12.30 h Ronda da Muralla 12 h Pontevedra Praza da Peregrina 12 h Praza da Ferrería 12 h Ferrol Praza do Inferniño 12 h Local CIG 12.30 h Vilagarcía Praza da Ravella 12 h Casa do Mar 12 h Cangas Praza do Concello 19 h Alameda 17.30 h A Estrada Praza do Mercado 12 h Viveiro Casa Sindical 12 h Cervo Fábrica Sargadelos 12.30 h Ribeira Praza do Peixe 12 h
NOS_10176
Se existe unha poética singular na música galega posterior a Os Resentidos, é a de Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Responsábel intelectual desa inaudita colisión entre punk rebelde e canción popular chamada Os Diplomáticos de Monte-Alto, da súa pluma e voz saíron auténticos himnos subalternos, de orgullo rururbano e conciencia arroutada, onde se celebraba a vida dos de abaixo.
"A min conmocionoume Na Palleira, da Charanga do Cuco de Velle", sinala sen apenas pensalo, "antes da música mestiza, Ourense xa era o centro do mundo". Aquela casete "mercada na estrada" -é dicir, nun bar ao pé do camiño ou nunha gasolineira- databa de 1980. Producíraa o cantautor Suso Vaamonde, da derradeira fornada de Voces Ceibes. Mais o seu contido distaba da canción de intervención. "A música galega, a música americana, a música galega, estaban aí. E con toda forza do popular", engade, "anos despois escoitei Flaco Jiménez, o tex mex ou mesmo Manu Chao, e xa estaban antes na Charanga do Cuco de Velle". Ao alcume de Cuco de Velle respondía Claudio González Añel (Velle, Ourense, 1916 – Ourense, 1993). Rexentaba unha taberna de nome, si, La Palleira. E, nunha operación análoga á que nos arrabaldes rurais de Vigo levaran adiante A Roda -o seu primeiro elepé, de 1977 e inzado de clásicos populares, procedía de percorrer furanchos e tascas da contorna-, a súa Charanga nutriuse da cultura subterránea do viño sen etiquetar. Entre os variados afluentes que desembocaron en Diplomáticos, o da agreste música popular do Cuco de Velle resulta máis ou menos visíbel. Non o é tanto a escolla internacional de Xurxo Souto: Dark Side of the Moon (1973), de Pink Floyd. Esta cimeira comercial do rock sinfónico contrasta abertamente co salvaxismo folk punk da banda de Souto. Explícase: "Tiña 15 anos, e descubrín a posibilidade da música como porta de acceso a estados de conciencia alterados". O lirismo espacial de Pink Floyd apreciábase mellor, engade, con auriculares: "Así principiabas a viaxe, era como o escoitabas". The Dark Side of the Moon marcou, tamén, o afastamento definitivo do grupo británico respecto da psicodelia tecnicolor da súa primeira etapa, en que as cancións de Syd Barret determinaban o camiño. "The Dark Side of the Moon foi unha visión", conclúe Xurxo Souto, "como atopar a verdadeira música".
NOS_41270
"Nos últimos oito anos, Santiago de Compostela non tivo un proxecto claro e foi á deriva, por iso o BNG preséntase coa vocación de ofrecer un proxecto ilusionante, transformador e cun modelo de cidade para o futuro. Así presentou a portavoz nacional Ana Pontón a candidatura do Bloque para a capital que encabeza Goretti Sanmartín.
Ademais de Sanmartín, actual vicepresidenta da Deputación da Coruña e aspirante á alcaldía, figuran na listaxe nacionalista Navia Rivas, Lois Calvelo, Pilar Lueiro, Xosé Quintáns, Esther Martínez, Henrique González, Margarita Ledo, Salva Martí, Lucía Carreira, Fins Eirexas, Isabelle Kerdudo, Xesús Domínguez, Helena Maio e Alexandre Garrido. "Esta é unha candidatura sólida onde conxugamos renovación, mocidade e experiencia", explicou Goretti Sanmartín no acto público desta quinta feira en que deu a coñecer os candidatos, "e sobre todo conta con xente que provén do movemento asociativo, veciñal, cultural ecoloxista e das preferentes, alén de seren representativa dos distintos barrios e parroquias que conforman Santiago de Compostela". A candidata nacionalista afirmou que á cidade "foille mellor cando o BNG tivo maior presenza no Concello". A organización formou parte dos tres gobernos locais presididos polo socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo. Na actual corporación conta con dous edís, Rubén Cela e a propia Goretti Sanmartín, que en maio deste ano encabezará a candidatura. "No BNG temos un proxecto sólido e unha organización cohesionada, ademais dun proxecto sólido para Compostela que quere deixar atrás estes oitos anos de deriva", insistiu a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, que acompañou a lista na súa presentación.
NOS_37276
El, Vitorino, xubilado parcialmente, traballou na construción e afiliouse en 1975 ao SOG, Sindicato Obreiro Galego, gromo do que naceu a CIG. Ela, Maca, traballa nunha empresa de consultoría informática, onde é delegada sindical pola central nacionalista. Falamos con ambos os dous -xeracións distintas, experiencias vitais e laborais distintas, mais no mesmo proxecto sindical- sobre sindicalismo e os seus retos nuns momentos en que a CIG logrou ser a primeira forza na Galiza en representación. Eis un extracto da entrevista publicada no número 340 de Sermos Galiza.
Vitorino Ares marchou ben novo do seu Curtis natal para A Coruña para traballar na construción. Alí afiliouse ao SOG e comezou a súa implicación e compromiso de catro décadas no sindicalismo nacionalista. Maca Rodríguez vive en Compostela, onde estudou e agora traballa nunha empresa do sector TIC. Afiliouse ao sindicato. Con motivo do 25 aniversario da fundación da CIG, conversamos con eles. Como empezaron no sindicalismo? Vitorino Ares: Eu en 1975. Traballaba nunha obra na Coruña que se chamaba 'a das 600 vivendas'. Empecei a conectar con xente do mundo do nacionalismo. En 1976 houbo unha folga moi grande da construción que durou 36 días e aí xa había xente do SOG, o Sindicato Obreiro Galego, e comecei a reunirme con eles e así. Teño o carné número 18 do SOG na Coruña. Maca Rodríguez: Sempre estiven vencellada co movemento nacionalista e os movementos sociais e cando empecei a traballar, un grupo de compañeiros e compañeiras decidimos que había que afiliarse e demos o paso. Pouco despois decidín presentarme ás eleccións sindicais. Como foi aquel primeiro contacto? V.A. Eu viña da aldea e vivín na Coruña só, a onde fora traballar na construción. Traballaba nun taller de ferralla e tiña tempo a ler os xornais e lía aquelas noticias sobre Moncho Reboiras, a loita obreira en Ferrol... e vas meténdote, despois coñeces xente e vas meténdote máis. Entras nun mundo que é totalmente distinto a hoxe, quizás máis doado porque daquela non había nada e calquera cousa que se conseguía era moi importante. A xente implicábase máis porque, como dicía, non había nada. Creo que é máis difícil facer sindicalismo hoxe, hai máis presións, cambiou o mundo do traballo, que é máis individualista, tamén mudaron as empresas... M.R. Está entrando xente nova no sindicalismo, pero menos da que debería. Eu empecei a interesarme por isto ao materializar as conversas coas compañeiras. Diciamos "hai que facer algo". A xente é conformista. Hai unha regulación laboral mínima, poucas cousas coas que nos conformamos. Como cren que mudou desde aquela a agora a actitude da sociedade respecto do sindicalismo? V.A. A maioría de quen empezamos no sindicalismo nacionalista tiñamos 17, 18, 20 e poucos anos; non había xente maior, non tiñamos referentes. E foi esa xente nova a que ía polas obras, polas fábricas, a que montaba piquetes, a que organizaba... Daquela a actitude da xente a respecto dos sindicatos era clara: eu lembro que traballaba nunha obra en Monelos, 'as oito torres', nas que se facían 600 vivendas, e levabamos unha semana con ruxes ruxes de que ía haber unha folga. Un día chegou un grupo de persoas de SOG e CCOO á entrada da obra e un deles dá unha palmada e coa man fai ademán para que baixemos. Non fixo falta máis, todos paramos, sen discusión e empezamos a organizar piquetes. Había ganas, había compromiso pero é que non tiñamos nada, nada, por iso había que moverse. E hoxe cunha palmada...M.R. (Ri) Nin coa palmada nin case co megáfono. Moita xente moza non lle ve utilidade ao sindicato. Se teño un problema no traballo xa me informo por internet do que facer, ou pregúntolle a un colega ou xa verei. Se teño problemas na empresa prefiro cambiar de empresa a enfrontarme. Hai moitos medos. Por iso non se queren mollar. Confórmanse con eses dereitos básicos, con ese salario mínimo para ir tirando en precario. "Non quero líos", dinche. [Podes ler a entrevista íntegra no número 340 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_5299
O xurado destaca a coidada estética da obra e o valor do documental para a zona que retrata. Outro galego, Diego Romero, recibe unha mención especial pola fotografía de 'Stop the Pounding Heart'.
O xurado internacional da décima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui concedeu o premio desta edición -2.000 euros e o trofeo- a Lois Patiño pola súa obra Costa da Morte. O xurado destacou a coidada estética da obra e o valor do documental para a zona que retrata O xurado, formado polos críticos e programadores Fernando Vílchez, Antonio Weinrichter e Jara Yáñez, destacou a coidada estética da obra, así como ao valor do filme para a zona que retrata. Na súa argumentación, destacaron a aposta de Patiño "por desenvolver unha proposta onde se xunta o rigor formal coa capacidade de presentar un retrato vivo dun lugar e dunha comunidade". O vigués Lois Patiño é un habitual do certame, onde xa mostrou en dúas ocasións anteriores as súas cuartas paisaxísticas. Como el mesmo lembrou ao recoller o premio: "Levo vindo aquí cinco anos, ben como espectador ou coas miñas películas, e espero seguir facéndoo moitos máis". Tamén agradecu o galardón, que cualificou como "especial" polo vínculo que o une co festival de Tui. O premio do Play-Doc únese aos do Festival de Locarno ou do de Cine Europeo de Sevilla Costa da Morte recibiu varios premios en diversos festivais, como o de mellor director emerxente que levou no Festival de Locarno, mellor filme no Ficunam de México ou o galardón á Mellor Película de non ficción na sección Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) 2013. "Deixei de contar", bromeou onte sobre o número de recoñecementos que tivo. Lois Patiño (Vigo, 1983) compaxinou os seus estudos de psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid cos de cinema na escola Tai. Continuou a súa formación de cinema na NYFA de Nova York e en Barcelona, onde realizou o Master de Documental de Creación na Universitat Pompeu Fabra. Segundo informa a organización este domingo, esta é a cuarta edición consecutiva de Play-Doc na que se inclúe unha película de Galicia na competición internacional. E en tres ocasións -anteriormente Todos vós sodes capitáns e Vikingland- gañou unha fita galega. O vigués Diego Romero recolleu unha mención especial por 'Stop the Pounding Heart' Pola súa banda, o tamén vigués Diego Romero recolleu unha mención especial, sen valor económico, por Stop the Pounding Heart. O filme está dirixido polo italiano Roberto Minervini, e Romero é o seu director de fotografía. Aínda que este recoñecemento non lles achegará cartos, ao xurado parecíalle importante destacar este filme "por sinalar un camiño propio de mestizaxe entre o real e a invención". "Faime moita ilusión recibir este recoñecemento, máis aínda porque son veciño, de aí á beira", dixo Diego Romero, que fotografou a obra de Minervini ao recoller o galardón. Stop the Pounding Heart, segue o día a día de Sara, unha adolescente que se cría nunha familia de granxeiros de Texas, moi tradicional. A película ficcionaliza ese ambiente real, traballando con actores non profesionais, que se interpretan a si mesmos. Na xornada deste domingo, o Play-Doc clausura a décima edición co último filme da retrospectiva de Nicolás Pereda, Juntos; e coa reposición da película gañadora, Costa da Morte. Coa incorporación, por primeira vez na historia do festival dunha segunda sala, espérase superar os 7.000 espectadores marca do pasado ano, cun público que a organización define como "heteroxéneo e fiel".
NOS_10841
"A intimidade da historia de Nación, um sítio onde pousar a cabeça é a da muller operaria que, dende o agro e o mar, accede ao traballo industrial". Así describe Nós. Produtora Cinematográfica Galega a que será a cuarta longametraxe de Margarita Ledo Andión. Esta terza feira 27 de agosto comezará a súa rodaxe.
O filme gravarase no Castro (Sada), Pontesampaio (Pontevedra), Noalla, Illa Lobeira, Castro de Rei, Vilaboa e Compostela. Ademais da dirección e o guión da propia cineasta, Nación contará coa dirección de fotografía de Alberte Branco e música de Mercedes Peón. Como "colaboracións especiais" figuran Eva Veiga -poeta e actriz-, a música Mónica de Nut, a actriz Mónica Camaño, Xoana Pintos, Bernardo Tejeda e Luis Moscardó. "É filmar o traballo dende o corpo como arquivo de pequenos acontecementos, persoais e comunais, á marxe do relato oficial", engade a documentación da produtora, "por iso Nación enlaza con imaxes que rexistraron a acción das mulleres en diferentes situacións e tamén coa restitución da memoria propia". A idea orixinal da película, cuxo título completo evoca un verso do porta portugués Manuel António Pina -"um sítio onde pousar a cabeça"-, data xa de 2015. O pasado ano obtivo o premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña, que se concede a "ideas de proxectos culturais pola igualdade" e conta ademais cunha axuda á produción de Agadic. "Por iso Nación é filmar o vivido como índice, como vestixio, como sinal dunha época que desapareceu e que volve agromar na procura dese lugar 'onde pousar a cabeça", conclúe o texto de presentación. Nota: Margarita Ledo (segunda pola dereita), o director de fotografía Alberte Branco (primeiro pola dereita) e parte do equipo de Nación. A foto é de Nós. Produtora Cinemagráfica Galega.
PRAZA_15377
Google anunciou esta semana que permitirá que os usuarios moifiquen algúns dos datos dos seus mapas para mellorar deste xeito a súa calidade. Entre eles os nomes dos lugares, que en Galicia incluia erros en moitas ocasións.
Google anunciou esta semana que permitirá que os usuarios modifiquen algúns dos datos dos seus mapas en Andorra, Bulgaria, Estonia, Hungria, Letonia, Lituania, Eslovaquia, Eslovenia e España para mellorar deste xeito a súa calidade. Entre eles os nomes dos lugares, que en Galicia incluia erros en moitas ocasións. Esta iniciativa forma parte dun proxecto chamado Ground Truth que comezou en 2008 co obxectivo de acadar mapas precisos e actualizados botando man de fontes orixinais algoritmos e tamén da intelixencia colectiva dos usuarios e usuarias. Os internautas podes deste xeito emendar os erros e ausencias, incorporar elementos pequenos que non se rexistraran na primaira versóns dos mapas e corrixir a toponimia e microtoponimia, que adoitaba incluir erros e anacronismos. Aproveitando esta posibilidade Prolingua anima a todos os usuarios de Google Maps a modificar a toponimia galega incorrecta ou que inclúa castelanismos. Para facelo só hai que clicar na esquina inferior dereita do mapa un boton que pon "informar dun erro" e escribir o comentario de corresponda. Por exemplo, ao buscar a vila -galega- de Baiona vemos com en Google Maps aparece como Bayonne. Unha caste de galicismo neste caso que Google se compromete a corrixir nunhas horas.
NOS_39568
Estreamos deseño neste semanario, o 181. Un número no que debullamos a prórroga a ENCE, a XV asemblea nacional do BNG, falamos do entroido, conversamos con María do Cebreiro e Abe Rábade. Xa á venda na nosa loxa.
Sermos Galiza nº181. Novo deseño, nova pel para un semanario que mantén a aposta e o compromiso no xornalismo galego. Estreamos deseño nun número que sae do forno ben completo de contidos. O Tema de primeira é Ence, que tratamos na reportaxe 'O derradeiro favor do PP a Ence'. Completámola con entrevistas ao alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, e e ao presidente da Federación de Asociación de Veciños 'Castelao', Juan Loureiro. Antón Masa, presidente da APDR, escrrbe unha columna de opinión. En 'Integrar asimilando' analizamos a integración como reto político. A crise de persoas refuxiadas está a marcar a axenda política internacional e, no concreto, a europea. O avanzo do discuso xenófobo e da extrema dereita sitúan a integración social no cerne do debate político, mesmo na Galiza, após seren adoptadas polémicas medidas como a confiscación de bens en Dinamarca. 'Entroidar no sur de Lugo'. O Oso de Salcedo, os Mecos, Máscaras e Peliqueiros de Chantada. O Sur de Lugo mantén vivas moitas tradicións e ritos vencellados á festividade do Entroido. Algunhas delas foron resgatadas da memoria popular após ficaren prohibidas polo fascismo. Outras, tentan sobrevivir á perda de poboación das parroquias nas que se desenvolveron durante séculos. Falamos dalgunhas das tradicións que atopamos en Entroido na Ribeira Sacra En 'Un semanario remozado para un ollar máis fondo' falamos do novo deseño e información selectiva que caracterizan esta etapa do SG. Sermos Galiza volta aos quiosques con nova faciana, un deseño innovador e actual obra de Pepe Barro, un dos grafistas máis recoñecidos do país. Amais das mudanzas físicas, o semanario incorporará contidos de máis análise, profundidade e investigación. "Sermos ten espazo e posibilidades de se consolidar como un medio referencial", confésanos Xoán Costa, presidente do Consello de Administración, nunha entrevista. "Creo nun debate sen tabús para a refundación" Entrevistamos Francisco Jorquera (Ferrol, 1961), unha das voces ás que se presta máis atención dentro do Bloque Nacionalista Galego. Non só por ser o portavoz do grupo parlamentar, senón pola súa capacidade para o diálogo dentro da casa. Licenciado en Xeografía e Historia ten o percurso histórico do nacionalismo galego na cabeza, mais prefire pór as luces largas e ollar para o futuro. Ten ideas e propostas para o BNG saír da crítica situación na que se acha. "Son tempos de ter a cabeza fría e analizar a fondo que cambios houbo na sociedade". Afondamos nas cuestións que marcarán a axenda muncial para 2016 En 'Axenda mundial para 2016' repasamos os principais asuntos e problemáticas que determinarán a axenda internacional este ano. Das eleccións en EUA até o TTIP, pasando polos refuxiados. 'Novos Estados no mundo: independência para algo mais' é un artigo de análise no que se debullan as causas que estimulan os procesos independentistas en andamento no mundo. E detémonos en Bernardino Rivadabia, un galego que foi o primeiro presidente de Arxentina. Alcumado como Doctor Chocolate polos seus adversario políticos. Motivo? Posíbel ascendencia africana. Non existe documentación que acredite tal hipótese. O que é seguro: a súa orixe galega. Galiza no seu sae-se-podes Cunha taxa de actividade do 53% (apenas da metade dos galegos de 16 e máis anos é poboación activa), Galiza áchase fronte a un desafío para nada menor: ser viábel. Factores como o avellentamento ou a emigración estrutural, entre outros, deixan pegada nunha taxa de participación das máis baixas da súa contorna europea. Corremos, pois, o risco de sermos un país insostíbel, embora o potencial produtivo que temos. Tratamos esta cuestión en 'Un país baixo ameaza de ermo laboral'. Maria do Cebreiro e Abe Rábade falan da segunda xeración da cultura galega Conversamos con María do Cebreiro e Abe Rábade. Son xa segunda xeración de 'persoeiros' da cultura galega. Fillos dos escritores Helena Villar e Xesús Rábade, criáronse xuntos e confesan que "temos case telepatía. Houbo quen nos chamou monstro bicéfalo" (e escachan a rir). Pronuncian palabras ao unísono, un completa as frases do outro e comparten a ilusión polos cambios sociais que estamos a vivir. Fóra de serie Da man do colectivo Xea percorremos A Eira de Padrendo, conxunto de 17 canastros ao pé da serra de Santa Eufemia. Unha pequena xoia a atopar en Ourense. E na nova sección 'Fóra de serie', temosm axenda, consellos, gastronomía, viños, libros, cinema... Un espazo dinámico e aberto. E nesta volta acompáñanos o deseñador Pepe Barro falándonos da importancia da letra R do ismo vangardista primeiro. E aínda hai máis, Xan G. Muras proponnos un calendario para o mes de febreiro, Preguntamos a 'pistola-no-peito' a Samuel L. Paris (poeta que toca o baixo ou baixista que escrebe poemas) nunha mini-entrevista con 'selfie', falamos do danés que mirou dentro de nós...
NOS_26189
Unha frase do ex-presidente español, "nunca tivemos peor resultado no País Vasco a pesar das cousas que fixemos", percorre as redes sociais cunha conclusión maioritaria: referíase ao terrorismo de estado.
A entrevista a Felipe González na Cadena Ser co debate interno do PSOE como elemento central ficou desbordado nas redes sociais por un elemento inesperado e sorprendente. Un elemento introducido polo propio Felipe González cando, no transcurso da entrevista e nun estraño lapsus, afirmou: "Nunca tivemos peor resultado no País Vasco a pesar das cousas que fixemos.. ta-pa-tá". A frase axiña se estendeu polas redes sociais e a interpretación maioritaria foi que se estaba a referir aos GAL e a época de terrorismo de estado baixo os anos de gobernos socialistas contra ETA. Felipe Gonzalez: "Hemos tenido los peores resultados de la historia en euskadi a pesar de las cosas que hicimos allí." ¿Que cosas Felipe?— Arnaldo Otegi (@ArnaldoOtegi) 28 setembro 2016 Felipe Gonzálex— Gabriel Rufián (@gabrielrufian) 28 setembro 2016 "A pesar de las cosas que hicimos". pic.twitter.com/BBee0cYiLU— Lander Iruin (@iruintxo) 28 setembro 2016 -... a pesar de las cosas que hicimos.+Que cosas?-Llámalo X. Felipe González— Javi (@Javier_Brea) 28 setembro 2016
NOS_40769
3.000. Ultrapasada esa cifra, O Diario Galego verá a luz en 2019 e esa noticia —sen dúbida, unha nova moi boa para o espazo de comunicación deste país— ocupa toda a capa do Sermos331, xa na rúa e na nosa loxa. Son 3.000 voces que se alzaron en demanda dun xornal que conte o que pasa na Galiza e o mundo con óculos propios, non emprestados, en defensa exclusivamente dos intereses galegos.
"Do utópico ao real: o diario en galego sairá enn 2019", así titulamos as dúas páxinas do Tema de Primeira que desta volta dedicamos á noticia do aparecimento este mesmo ano dun xornal diario galego e en galego, un medio chamado a reforzar o espazo de comunicación deste país e a pór fin a unha anomalía que nos mancaba como nación, a de sermos a única do estado con lingua propia que carecía dun medio impreso diario. Contámosvos nestas páxina que se teñen conseguido as 3.000 presubscricións que se consideraban imprescindíbeis para garantir a viabilidade do proxecto, mais ao mesmo tempo noticiamos que Sermos Galiza aspira a aumentar os apoios e, portanto, vai manter aberto o prazo para incorporar máis voces, máis persoas, a este proxecto colectivo. "A reacción é de satisfacción e de aumento da autoestima", afirma nunha entrevista o presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., Xoán Costa. Interpelado a respeito de que lle diría a quen non se fixo aínda asinante por dubidar do proxecto, Costa responde: "Hai algunhas persoas que pensan que non é o momento dun diario en papel. A esas persoas eu diríalles que o xornal impreso ten, e seguirá a ter a certo prazo, moitísimo consumo leitor diario. Esa leitura, e através dela a interpretación do mundo, estase a facer na Galiza desde outra lingua e é indispensábel facela desde a lingua propia". Alén da noticia da saída do Diario Galego neste 2019, este Sermos331 debrúzase, entre outros contidos, sobre a situación do termalismo en Ourense -unha reportaxe de Laura D. Veiga nas páxinas de Sociedade- ou sobre os distintos muros que separan e dividen a humanidade no planeta -un texto de Uxía Castro en Internacional. Xa en Política, encetamos cunha análise sobre a A Coruña unha serie de reportaxes en relación ás municipais de 2019 e detémonos tamén a estudar a abulia lexislativa do Goberno Feixóo. En Economía abrimos unha ventá para que se exprese Suso Seixo, secretario xeral da CIG durante o período 2011-2017 e ao que a central nacionalista vai homenaxear o próximo día 26 de xaneiro en Compostela. "Sermos a primeira forza sindical non é un mérito persoal meu, senón de centos de persoas", dinos nunha entrevista a dupla plana. "Correspóndellle ao nacionalismo político convencer a clase traballadora galega para que o vexa como referente dos seus intereses estratéxicos", afirma. Canto ao Fóra de Serie, e alén das súas seccións habituais, pomos en destaque unha entrevista de Mario Regueira á escritora Úrsula Heinze, quen nos di que "teño máis de setenta libros publicados, pero nunca percibín recoñecimento". Abrimos tamén espazo para a prosa de Daniel Salgado, que lle dedica unhas liñas á última obra de Suso de Toro, un ensaio titulado Dentro da literatura.
NOS_21370
O filme de Ignacio Vilar foi seleccionado polo equipo deste programa especializado na sétima arte como unha das mellores fitas do Estado neste 2015.
O programa de TVE2 escolleu A Esmorga como o mellor cuarto filme do ano. Segundo eles "convertiuse na película máis vista en Galiza e, sen embargo, no resto de España non tivo a repercusión que en Días de Cine cremos que se merecía esta estupenda adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor". No programa dirixido por Gerardo Sánchez, tamén destacaron os "tres actores fabulosos" que a protagonizan: Miguel de Lira, Karra Elejalde e Morris. Os outros filmes elixidos son, por esta orde, B, a fita que recrea o caso Bárcenas; Techo y comida, de Juan Miguel del Castillo; Un día perfecto, de Fernando León de Aranoa; e Un día perfecto para volar, protagonizado por Sergi López. Pola súa banda, A Esmorga continúa no ronsel do éxito, sendo un dos DVDs máis vendidos este Nadal, e cuns datos de espectadores que sobardan os 150.000. Agora comeza o seu percorrido internacional logo dos premios acadados no Festival de Toulouse, onde acadou os galardóns ao mellor director, mellor interpretación masculina ex aequo e mellor dirección de fotografía.
NOS_34925
A portavoz nacional, Ana Pontón, a candidata por Pontevedra, Carme da Silva, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, mantiveron en Pontevedra un encontro cunha ampla representación de empresas galegas de diferentes sectores produtivos.
"Cando nós deixan producir, somos capaces de sacar adiante grandes proxectos que xeran emprego e riqueza", dixo Ana Pontón diante das empresarias e empresarios pontevedreses. Mais, reflexionou, ese potencial está "lastrado pola irrelevancia política á que nos conducen as forzas estatais que nos demostran a diario que pasan olimpicamente deste país". A portavoz nacional do BNG volveu reclamar a urxencia de recuperar voz propia en Madrid da man dunha forza que faga valer os intereses do tecido empresarial galego. "Ese enorme potencial necesita que o 10-N teñamos voz propia ante o Estado, e hai cada vez máis persoas que saben que Galiza perde cando o BNG non está no Congreso, que a este país lle vai mal cando non ten forzas propias para defender os nosos intereses". Neste sentido, Pontón amosouse convencida de que unha maioría social vai converter en oportunidade "o problema creado polas forzas estatais", unha oportunidade para Galiza, "a de facerse valer, de recuperar peso político e de poñer en marcha una axenda galega para defender un futuro mellor". Carme Da Silva ás empresarias: "Teñen no BNG un aliado imprescindible" Pola súa banda, a candidata nacionalista por Pontevedra, Carme Da Silva, explicou durante o encontro que "no BNG temos un compromiso co tecido empresarial do país, o compromiso de traballar e di tirar xuntas man a man con ese tecido empresarial galego que ademais é o que cotiza aquí e xera ingresos, riqueza e emprego". "Teñen no BNG un aliado imprescindible", subliñou a nacionalista. "Estas empresas que son innovadoras, que xeran emprego e riqueza van ter en nós unha forza política aliada para empuxar naquelas cuestións que lles afectan: modernización das infraestruturas, acadar custes enerxéticos adecuados ou obter investimento en innovación", afirmou Da Silva.
NOS_17441
O hat trick do de Moaña perante o Eibar serve en bandexa a Antonio Mohamed unha clara vitoria no marcador (4-0) mais non despexa as dúbidas sobre o xogo celeste.
Sobrepasando ídolos e xenios doutrora como Mostovoi ou Gudelj, Iago Aspas ten xa desde hai tempo capela propia na parroquia celeste. Unha capela que o de Moaña está a agrandar partido a partido camiño de facela catedral. O rapaz espilido que xogaba ao balón na vila que leva tatuada na cerna o remo (dúas das mellores traiñeiras galegas, Tirán e Meira, son de alí) aparece sempre que se lle necesita e o Celta, e sobre todo Antonio Mohamed, precisaban del. Apareceu Aspas, após unha noite no hospital acompañando o nacemento da súa filla, marcou tres goles e volveu para o hospital. A contundente vitoria no marcador perante o Eibar (4-0) non foi tal en canto a xogo. De feito, as dúbidas sobre o xogo celeste non se disiparon nun partido no que o que decidiu foi a pegada de Aspas. A equipa galega estivo desorientada gran parte do tempo, sen saber comos sacar o balón desde atrás, por momentos mesmo perdendo a serenidade. O primeiro gol do Celta foi madrugador. No minuto 5 e por Aspas. Foi un gol que aliviou un Balaídos tenso, mesmo crispado, por comprobar que a marcha do Celta nestes últimos encontros non era o que se prevía. Xa o di a cantiga celtista, tabernaria e popular: "E pediron a cabeza / do señor entrenador(e)". Antonio Mohamed estaba estas últimas semanas no punto de mira. Mais foi marcar o primeiro gol e o Celta renunciar. O Eibar foi estendendo o seu dominio, achegándose ao área celeste mais sen lograr concretar. Os vigueses non o estaban a pasar ben, caendo nos mesmos erros e dúbidas que en encontros anteriores. Foi entón cando chegou o segundo gol, unha xenialidade de Aspas, con preciosa vaselina para sobrepasar o adiantado porteiro 'armero'. A segunda metade volveu ser de dominio vasco, que estaba volcado no campo do Celta. Mais os folgos non eran os dos primeiros 45 minutos e iso notábaselles. O Celta aproveitou unha contra para volver marcar e rematar así o encontro. Un tanto de Brais Méndez, outro fruto da canteira celtista. Xa todo estaba resolto mais a Aspas faltáballe algo. E obtívoo: aproveitou un erro defensivo do Eibar para marcar de novo, hat trick. Tres goles, tres puntos e a cabeza do adestrador, de momento, a salvo. Ficha técnica Celta (4): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncà, Beltrán, Lobotka, Brais Méndez, Emre Mor (Okay, min.74), Iago Aspas (Dennis, min.85), Boufal (Sisto, min.81). Eibar (0): Riesgo, Bigas (Cucurella, min.68), Cote (Sergio A., min.68), Peña, Arbilla, Diop, De Blasis, Orellana, Jordán, Sergi Enrich (Charles, min.57), Kike. Goles: Iago Aspas (1-0, min.5), Iago Aspas (2-0, min.36), Brais Méndez (3-0, min.56), Iago Aspas (4-0, min.82). Árbitro: González González, do comité madrileño. Sen cartóns Campo:Balaídos (15.509 espectadores).
NOS_22220
Concluído o prazo da controvertida amnistía fiscal impulsada polo goberno Rajoy, técnicos de Facenda sinalan que, como moito, esta medida servíu para recadar o 6% do previsto polo propio exectivo. Apenas 150 millóns dun total de 2.500. "Impunidade a prezo de saldo", califican expertos esta medida
A aministía fiscal (regularización fiscal na neolingua rajoyana) botou a andar en marzo pasado, facilitando aos e ás defraudadoras regulizar os seus caros en negro a cambio de pagar un 10% dos mesmos. Unha medida xa moi criticada desde o primeiro momento por oposición, sindicatos, colectivos sociais e mesmo a entidade que representa aos técnicos do Ministerio de Facenda. Tod@s coincidiron en sinalar que a amnistía non ía servir para recaudar o que prevía o executivo do PP (2.500 millóns), para alén de algo moito máis grave: Impunidade para aqueles que defraudaron millóns e millóns de euros ás racas públicas. A aministía fiscal permitiu aos defraudadores pagar un 10% para legalizar os seus cartos. Sen xuros, recargos, sancións ou consecuencias penais Esta sexta finaliza o prazo dado polo goberno popular para acollerse a esta amnistía fiscal. Desde Gestha, o sindicato d@s técnic@s do Ministerio de Facenda, xa se calculou que a medida só serviu para recadar o 6% do previsto polas contas botadas polo executico central: Apenas 150 millóns daqueles 2.500. Impunidade "a prezo de saldo" A aministía fiscal permite aos defraudadores pagar un 10% para blanquear os seus cartos. Sen xuros, recargos, sancións ou consecuencias penais. Os técnicos consideran esta cantidade "un prezo de saldo" comparado que que teñen que desembolsar os contribuíntes que cumpren coas súas obrigas fiscais, e aos que lle corresponden tipos deaté o 52% no IRPF. Unha discriminación que foi sinalada ao longo destes meses desde diferentes sectores, incidindo na doble vara de medir. A de Rajoy non foi a primeira amnistía fiscal que se fixo no estado español. pois houbo 2 anteriores, unha delas baixo o goberno de Rodríguez Zapatero- Non serve A sección sindical da CIG na Axencia de Tributaria fixo no seu momento unha valoración negativa das medidas de "amnistía fiscal" aprobadas polo goberno español para facer aflorar o dineiro negro. Consideraba que "as medidas non son máis que a constatación do fracaso dun modelo de xestión dos tributos que leva anos obsoleto". A isto, a central sindical nacionalista engadía a denuncia de que "viamos como a fraude fiscal e a economía somerxida non paraban de crecer mentres que a Axencia Tributaria se limitaba a perseguir a pequena fraude ou a requirir os cidadáns que, sen ánimo de defraudar, cometían algún erro ou se esquecían de facer algún pago no prazo previsto". Mentres, prosegue o sindicato, as e os defraudadores profesionais "vivían pracidamente e as facilidades de branqueo facían do Estado Español o paraíso das distintas mafias que fixaban aquí a súa residencia". Para a CIG, a Axencia Tributaria é incapaz de recadar a maior parte das débedas tributarias que liquida, "chegando a un pírrico 47% para as débedas inferiores a 1.000 euros, e non chega ao 13% para as débedas superiores a 50.000 euros".
NOS_51727
"Un día dinme conta de que estabamos a deixar fóra ás persoas con discapacidade", di o cineasta valenciano, que participa mañá na primeira edición de Cinemabeiro na Coruña, sobre a orixe do seu novo enfoque laboral. Nesta Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non Violencia amosará algunhas das súas pezas creadas para e desde a inclusión.
"Quero tombar barreiras; facer á xente discapacitada invisíbel cando vai ao cine e facer que todo o público sexa igual". A priori a afirmación do director Miguel Ángel Font Bisier parece ir pouco acorde coa idea da inclusión que promove a I Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non Violencia, Cinemabeiro, que decorre a partir desta sexta feira na Coruña. Mais é todo o contrario: a pretensión é que ninguén sexa sinalado por ter unhas capacidades diferentes, que cando a luz queda apagada na sala todas as espectadoras partan do mesmo punto, sen prexuízos. Pode haber algo máis inclusivo que asumir a inclusión como un acto cotiá máis e non darlle ningunha importancia? É, quizais, parte da concepción do traballo que Font comezou hai cousa de tres anos. Até entón, até que un día reparou en que "no meu traballo como comunicador e cos medios actuais estaba deixando fóra persoas con discapacidade sensorial". Operaba cun "método tradicional" de darlle vida aos proxectos culturais visuais sen pensar na diversidade. Desde ese preciso momento en que se lle pasou pola cabeza a problemática, apostou en repensalo todo para "non cerrarlle ás portas a ninguén e menos nun momento coma este". A idea podía ficar nun avance na accesibilidade, pero na súa faceta creativa pensou que había que dar o paso de estruturar os contidos "dunha maneira máis plural". Un equipo con diferentes puntos de vista Foi como ao seu equipo de traballo se incorporaron de forma activa persoas con capacidades diferentes para cubrir todas as perspectivas posíbeis. Por exemplo, na produción dun documental que proxectará no museo Domus da Coruña mañá á noite -xunto cunha curtametraxe e tamén participará nun coloquio- participaron persoas con "dano cerebral, xordeira, cegueira, distrofia física...". A idea podía ficar nun avance na accesibilidade, pero na súa faceta creativa pensou que había que dar o paso de estruturar os contidos "dunha maneira máis plural" Grazas a estas colaboracións e a un estudo intenso por parte do tamén escritor comezaron a aparecer linguaxes que fan máis sinxelo gozar do cine a persoas con certas discapacidades pero que, ao mesmo tempo, non afectan ao fío argumental nin á calidade das historias. Non fala de inclusión como o fan filmes como Campeones, achega ese tratamento por igual a través de estratexias case imperceptíbeis en iniciativas que van desde o cinema de terror até os documentais, pasando polas curtametraxes tecidas con mimo para un público infantil. "Coa dirección de arte comezamos a pensar en que houbese un son cada vez que aparecese unha personaxe, para que as persoas con xordeira as identifiquen", revela, como un exemplo sinxelo. Tamén xogou coas cores nos seus actores e cada un ten subtítulos nun ton, que ademais vai aparellado a un complemento da mesma cor que loce cada protagonista da trama. Un descubrimento con maior percorrido Ao final "son unhas caixas dentro doutras, e esas dentro de outras, e así...", reflexiona sobre como evolucionou o proceso. Porque se nas orixes era máis mirar a accesibilidade que a inclusión, logo foi a inclusión e, agora, as súas ferramentas poden chegar a todo tipo de públicos para os que non foran pensadas. A meta é "comunicar de outra maneira", con linguaxes máis amplas, para seren universais "A unha avoa pódelle axudar a seguir a película que estea subtitulada, alguén con problemas cognitivos pode valerse das estratexias pensadas para a xordeira...", e mesmo alguén pode aprender idiomas con esta simboloxía tan sinxela e, á vez, tan valiosa. Desde que a súa nova concepción de ver o audiovisual transcendeu, Font atendeu a numerosas administracións públicas e organizacións pero coida que o sector do cinema ten que ir un paso máis aló. Non quedarse só no obrigatorio Si el revisitou proxectos antigos este verán da man "dunha estudante da Galiza" para investigar se as ferramentas poden incorporarse a esas cintas, pensa que tamén hai que ser quen de non quedan "só na accesibilidade, que xa é algo que manda a lei, senón ir ao inclusivo, que é o salto maior". A meta é "comunicar de outra maneira", con linguaxes máis amplas, para seren universais.
PRAZA_18236
A quen ofenden os insultos machistas do alcalde de Vilanova é a milleiros de mulleres que todos os días teñen que aguantar comportamentos impresentables como o deste señor e non teñen as oportunidades que polo meu cargo eu si dispoño para denuncialo
Este mércores non estiven na concentración contra a violencia institucional e os ataques machistas que o Servizo de Igualdade convocou en Pontevedra e que foi secundada por colectivos feministas de toda Galicia, partidos políticos, asociacións e cidadanía en xeral. Non fixo falta que o pensase moito. Se son sincera teño que recoñecer que o corpo pedíamo, pero tamén teño claro que os insultos machistas do alcalde de Vilanova, que pretendían ofenderme como muller, en realidade a quen ofenden é ás milleiros de mulleres que todos os días teñen que aguantar comportamentos impresentables como o deste señor e non teñen as oportunidades que polo meu cargo eu si dispoño para denuncialo. Por iso non debo estar na concentración. Porque non son eu, somos todas. E porque non vou consentir que as mesmas voces que non teñen pudor algún en faltar o respecto ás mulleres, denigralas, ofendelas ou amparar este tipo de actitudes incomprensibles no século XXI, poidan utilizar a miña presenza para acusar de novo á presidenta da Deputación de calquera tipo de protagonismo. Porque a concentración de Pontevedra é de todas, non é para defender a miña honorabilidade. É para defender a dignidade de tantas e tantas mulleres invisibilizadas que non teñen o altavoz que me da o meu posto. A quen ofenden os insultos machistas do alcalde de Vilanova é a milleiros de mulleres que todos os días teñen que aguantar comportamentos impresentables como o deste señor e non teñen as oportunidades que polo meu cargo eu si dispoño para denuncialo Non estiven na concentración, pero o voso silencio será o meu, porque nós, as mulleres e os homes que cremos profundamente na igualdade e que loitamos xuntas e xuntos por un mundo máis digno e mellor, non necesitamos o ruído, e menos dos que utilizan cargos públicos de representación da cidadanía. Porque nós temos claro que o berro máis forte é o que nos levanta cada mañá para subirnos ao lombo da nosa liberdade e saír a rúa sentíndonos poderosas… a pesares dos que aínda non se decataron de que o 8 de marzo este mundo cambiou, que as mulleres somos as axentes de cambio do noso propio proceso de empoderamento e que hai tempo que levamos as rendas da nosas vidas Non son tampouco unha inxenua e sei ben que o proceso será longo. Aínda que teño natureza optimista, son moitos anos de aguantar insultos e ataques machistas polo feito de ser muller, polo feito de que, como moitas, un día tomei a decisión de dar o paso ao traballo político. E algúns, cada vez menos pero aínda seguen aí, non o soportan. Polo tanto, non é o primeiro ataque, o primeiro insulto e tamén sei que tampouco será o último, nin para mi, nin para moitas mulleres. Por todo iso a concentración é vosa, é de todas e todos. E grazas, mil grazas pola vosa sororidade, a de elas pero tamén a deles, tantos homes que dixeron basta e sumáronse a esta loita, a máis digna que pode ter unha persoa: ser quen ela queira e como ela queira. Estou orgullosísima das mulleres desta provincia porque saben que ninguén te da poder, que o poder o tes que tomar. Sodes as mellores. E aos do ruído, e aos que amparan ese ruído, simplemente dicirlles que, como dixo a escritora Ayn Rand, "a pregunta non é quen vai a deixarme. A pregunta correcta é quen vai a determe". Farédelo vos? Non creo, porque non os imos deixar. Publicidade
NOS_1102
No informe de xestión que se debaterá na asemblea deste sábado, a dirección saínte da formación de Beiras arrógase o rol de principal impulsor da confluencia. "Anova foi o único actor político nacional que apostou sen ambigüidades polo proceso das marés", di o relatorio.
No informe de xestión, ao que tivo acceso Europa Press, Anova reivindica para si a condición de forza motriz da confluencia nas eleccións municipais de maio de 2015 e, a respeito das xerais de decembro dese mesmo ano, enfatiza que a converxencia tivo de lidar con "moitas tensións e contradicións que houbo que superar", decorrentes da vontade de Podemos e Esquerda Unida que, segundo a formación liderada por Beiras, "desexaban limitar o alcance da alternativa a un acordo pontual". Nese sentido, Anova denuncia o que cualifica como "pinza permanente entre Podemos Galicia e Esquerda Unida", alianza que tería impedido unha maior participación no proceso das mareas municipalistas, co que se tería desincentivado "a visión inicial dun proxecto compartido". En Marea acudiu ás xerais de decembro de 2015 e xuño de 2016 baixo a forma de coligazón de partidos e non de partido instrumental tal e como desexaba Anova. Nas xerais de xuño a confluencia desceu en votos e cedeu en representantes na Galiza, ao perder un escano no Congreso e outro no Senado. Anova atribúeo á "nefasta" dirección política da campaña e en ton dramático acrescenta: "A confluencia e a unidade popular na Galiza estaban feridas de morte". Pasa tamén revista o informe ás eleccións galegas de setembro de 2016 e nese sentido desliza críticas a Podemos a quen apón unha política de obstruccionismo do proceso de consolidación do "partido instrumental". Anova denuncia o que cualifica como "pinza permanente entre Podemos Galicia e Esquerda Unida" no proceso que levou ás municipais de 2015 O relatorio refere tamén os últimos acontecimentos arredor do proceso de consolidación organizativa de En Marea, desde o plenario de 17 de decembro. E nese sentido lamenta que a aposta nunha candidatura unitaria e de consenso non se tivese materializado, o que leva a Anova a criticar o colectivo Somos Quen -dirixido por un parlamentar da organización de Beiras, Davide Rodríguez- por ter decidido "unilateralmente" afastarse da vía consensual e ter promovido unha candidatura propia. Ao terse apresentado tres listas, e nun "contexto de participación baixo mínimos, derivada do esgotamento da base social de En Marea após un proceso eleitoral e unha confrontación interna continua", as primarias da confluencia resultarían nunha "contundente pero insuficiente vitoria da candidatura Máis Alá", analisa a dirección saínte. A situación tería derivado "nun bloqueo para o desenvolvimento de En Marea que no momento da celebración desta asemblea aínda non foi superado". O "bloqueo" ao que se refere Anova é que o máximo órgao de En Marea -o Consello das Mareas- aínda non se voltou a reunir desde o 28 de xaneiro, sendo que ten aínda pendente a designación da Coordenadora Nacional, a dirección executiva da confluencia. Bloqueada está tamén a cuestión da escolla da portavocía orgánica, con Beiras a defender que sexa para Luís Villares, apesar de os textos aprobados nas primarias excluíren taxativamente para esa función os portavoces do Parlamento galego e do Congreso dos Deputados.
PRAZA_18863
O escrutinio provisional outorgou 1.596 votos á candidatura de Villares e 1.098 á liderada por Bruzos. Entre Todas pediu unha "auditoría" dos resultados e disponse a abrir "un período de reflexión sobre o futuro do espazo de unidade popular"
As eleccións internas de En Marea deixaron un resultado de vitoria para a candidatura do seu actual voceiro, Luís Villares, que á fronte da lista Coidando a casa logrou case o 60% dos votos, segundo o escrutinio provisional. O que fora candidato da confluencia á Xunta en 2016 cre tras a súa vitoria que é necesario "pechar canto antes" o "capítulo" do enfrontamento interno e di ter "a man tendida" ao sector crítico de En Marea. Pero o certo é que a unidade da formación segue no aire.O escrutinio provisional outorgou 1.596 votos á candidatura de Villares e 1.098 á liderada por BruzosPoucas horas despois de que a militancia da formación recibise eses resultados provisionais do escrutinio -1.596 votos para a lista de Villares fronte a 1.098 para a que lideraba o ex-deputado David Bruzos, Entre todas- a candidatura do sector crítico xa advertiu de que no seu seo persisten as dúbidas sobre a limpeza do proceso. Aseguran percibir "indicios claros de falta de imparcialidade" e dubidan do reconto dos votos, emitidos a través de internet.Despois de que as votacións fosen suspendidas pola dirección do partido instrumental durante dúas semanas por detectar, segundo denunciaron, accesos irregulares ao censo da votación por parte do comité electoral -daquela con maioría do sector crítico-, Entre todas anunciou a súa "esixencia" dunha "auditoría independente" antes da proclamación definitiva do resultado, prevista para este mércores, día 26, sen "descartar" polo momento "medidas legais". Desde o seu punto de vista, vulneráronse" as normas internas previstas para a elección.Entre Todas pediu unha "auditoría" dos resultados e disponse a abrir "un período de reflexión sobre o futuro do espazo de unidade popular"Mentres a candidatura que contaba co aval de Podemos, Anova, Esquerda Unida e referentes da formación como os alcaldes da Coruña, Ferrol e Santiago, asegura ademais que se dispón a "abrir un período de reflexión sobre o futuro do espazo da unidade popular", Villares insta a "deixar de falar de nós" . Toca, afirma, centrarse "nos problemas da xente".O risco dunha ruptura parlamentaria xa vivida en AGEEn declaracións á Radio Galega o tamén voceiro de En Marea no Parlamento galego, ademais de avalar a limpeza do proceso, cre que as votacións reflicten "un proxecto plural" que terá "reflexo" no Consello das Mareas, órgano de dirección ordinaria no que contará con maioría. "É un bo momento para que reflexionemos tendo en conta" o que os resultados nos acaban de dicir" e sen perder de vista, advertiu, que "temos unhas eleccións enriba da mesa" que obrigan a "envorcarse cos proxectos municipalistas".Villares chama a ter en conta que "temos unhas eleccións municipais enriba da mesa" e asegura "tender a man" sen "ningún tipo de dúbida" aos alcaldes da Coruña, Santiago e FerrolNeste sentido Villares asegura estar disposto a "tender a man" aos alcaldes Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez "sen ningún tipo de dúbida nin dobrez". Pero, polo menos de momento, nada parece indicar que a axitadísima vida interna de En Marea vaia transitar cara a un período de calma.Alén da sintonía que Villares poida ou non recuperar cos alcaldes, unha eventual decisión de abandonar En Marea por parte de Podemos, EU ou Anova faría que a formación regresase no Parlamento de Galicia a un escenario xa vivido no seo da súa precursora, a Alternativa Galega de Esquerda que lideraban Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.Tras múltiples enfrontamentos internos aquela coalición rematou a anterior lexislatura galega escindida en tres grupos. Nestas eleccións internas tres dos restantes 13 membros do grupo parlamentario de En Marea -Paula Vázquez, Davide Rodríguez e Pancho Casal- integráronse na lista de Villares.
PRAZA_9967
A Xunta pagou o alugueiro do domicilio de Florentino Delgado durante máis dunha década ata 2016, pero este seguiu no inmoble e o propietario denunciou ao Goberno galego pola débeda
A Xunta pagou o alugueiro do domicilio de Florentino Delgado durante máis dunha década ata 2016, pero este seguiu no inmoble e o propietario denunciou ao Goberno galego pola débedaA Fiscalía Xeral do Estado vén de suspender de funcións de xeito cautelar o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, no marco dun expediente disciplinario que lle abriu para aclarar a situación da súa vivenda, cuxo alugueiro asumiu a Xunta desde 2004 ata 2016 e que este non abandonou nin pagou cando o Goberno galego deixou de facelo. O propietario denunciou ante a xustiza o impagamento do alugueiro por parte da Xunta, pero esta seguiu aboando os gastos dos servizos do piso. Delgado ten tamén aberto outro expediente disciplinario, xunto co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, por abuso de autoridade en prexuízo da ex-concelleira socialista Áurea Soto que denunciara unha suposta ilegalidade urbanística do ex-alcalde popular Manuel Cabezas. Malia contar con eses dous expedientes disciplinarios abertos, a medida cautelar da súa suspensión provisional de funcións por parte da Fiscalía Xeral do Estado débese só, segundo fontes fiscais, ao caso da súa vivenda, que estourou cando un particular dono do inmoble denunciou ante a xustiza á Xunta polo impagamento desde 2016 do alugueiro que viña asumindo desde finais de 2004, cando Delgado chegou á fiscalía de Ourense. Tras deixar de pagar a Xunta o alugueiro, que ascendía a uns 900 euros ao mes, Delgado seguiu ocupando o piso sen aboalo el e ao tempo que o Goberno galego si seguía pagando os gastos de servizos do mesmo, e mentres o dono non denunciaba a súa débeda ata comezos de 2018. Ao ser denunciada por impagamento, a Xunta insinuou un acordo entre propietario e fiscal para seguir ocupando o piso á conta da administración autonómicaO Goberno galego xustificou a un tempo deixar de pagar o alugueiro porque xa non se daban as condicións de 2004 -cando se considerou como un incentivo para ocupar a fiscalía- e seguir pagando os gastos para que o fiscal non a puidese acusar de coaccións. A Xunta tamén insinuou un acordo entre propietario e fiscal para seguir ocupando o piso á conta da administración autonómica.A situación do piso saltou á luz pública despois de que o fiscal se querelase contra dous cargos da Xunta por acoso inmobiliario a unha anciáA situación do piso saltou á luz pública despois de que o fiscal se querelase contra dous cargos da Xunta por acoso inmobiliario a unha anciá que ocupaba outro inmoble de propiedade autonómica. A comezos deste mes de abril o xuíz que instruía o caso acordou o seu arquivo porque considerou que a deixadez da Xunta no mantemento do inmoble non podía considerarse un delito de coaccións contra a inquilina. Xunto co expediente disciplinario para aclara a situación do piso que agora o aparta cautelarmente do cargo, Delgado tamén ten aberto outro expediente que tamén afecta ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes. Este analiza o suposto abuso de autoridade e deixación de funcións na súa actuación nunha denuncia presentada pola ex-concelleira socialista Áurea Soto contra o ex-alcalde popular Manuel Cabezas por supostamente non reclamar para a administración local as cesións urbanísticas a que estaban obrigadas algunhas promocións inmobiliarias. Os avogados da ex-concelleira queixáronse tanto da inacción do fiscal no caso como da actuación de Delgado contra eles, o que acabou implicando ao fiscal superior, que encargou ao propio Delgado a investigación das denuncias presentadas pola actuación da fiscalía no caso.
NOS_8101
A consellaría de Benestar desmantelou o servizo de atención a pacientes con algún tipo de dependencia, reducindo as prestacións ao asistencialismo. Nesta liña encádrase a última denuncia do comité de empresa: usuari@s con diversidade funcional "encerradas e amoreadas" nas instalacións dun centro da Coruña, namentres o complexo dispón de edificios pechados sen motivo
Co argumento da "urxencia económica" como pano de fondo, a Xunta de Galiza gobernada polo PP saíu máis dunha vez en defensa dos recortes nos servizos sociais executados desde Madrid, chegando a sinalar aqueles como "a mellor opción" para conquerir "un estado do Benestar viábel". Mais tal opción o que fixo foi ir abrindo a gabia en que soterrar os dereitos sociais, reducidos "ao asistencialismo" e facendo deles "un luxo privado".Nesa liña encádrase a denuncia que o comité de empresa da consellaría de Benestar vén de facer pública, informando da "pasividade de falta de interese" da Xunta respecto das persoas usuarias do centro de atención a persoas con diversidade funcional da Coruña. A prestación de servizos freouse, até facer do centro "un aparcadoiro". Sinala o comité nun comunicado de prensa que as obras de reforma que se están a facer nas instalacións deixaron ao descuberto o desleixo do PP, quen fixo oídos xordos da proposta de transladar @s usuari@s a calquera dos edificios de que dispón o complexo, "en condicións de ser usados e neste momento pechados sen razón ningunha".Encerradas, amoreadas, aparcadasNestas circunstancias, nin as persoas reciben a atención que demandan, nin o cadro de persoal pode traballar "en condicións óptimas de saúde e seguridade". O "encerro" ao que se ven avocad@s impide que se realicen as actividades programadas, orientadas cara o reforzo de habilidades. O resultado son persoas "amoreadas" ou "aparcadas" en pouco espazo "e co perigo de provocar situacións de nerviosismo" que desemboquen "en situacións conflitivas", informan desde o comité de empresa. Cabe lembrar que se trata de persoas de entre os 16 e os 59 anos, todas afectadas dunha discapacidade intelectual severa.Namentres @s profesionais desenvolven as actividades no patio, á intemperie e entre o ir e vir dos vehículos de obra --co risco que isto carrexa para @s usuari@s, moit@s das cales non teñen conciencia do perigo--, o ximnasio e outras dependencias do centro son empregadas como trasteiro, segundo denuncia o comité de empresa dos centros de Benestar. As preferencias: máis dun millón para o centro Nuestra señora de Fátima y Cristo ReyNo seu comunicado quéixanse tamén da cobertura de baixas, vacantes e vacacións, pois hai servizos que non se prestan durante o periodo vacacional d@ traballador ou traballadora, como fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía ou traballo social. Por todos os feitos descritos, o comité solicitou unha reunión co director do centro o 14 de setembro. Aínda non recibiron resposta.Na Xunta din que non hai cartos para o público. Porén, nos convenios do primeiro cuadrimestre do ano deixaron claro por que atención apostan ao entregar 1.038.441,60€ ao centro residencial asistencial Nuestra señora de Fátima y Cristo Rey, namentres naqueles centros que dependen da consellaría de Benestar a folla de ruta non contempla a estimulación nin a aprendizaxe, focando as prestacións na mera cobertura de necesidades básicas.
PRAZA_1612
A cámara estuda a modificación da directiva de dereitos de autor da UE para ampliar a todos os países a actual liberdade de panorama, existente por exemplo en España, ou recortala, impedindo a difusión de fotografías de edificios ou esculturas recentes.
A liberdade de panorama está ameazada. Que é isto? Trátase do dereito de calquera persoa a tomar imaxes na vía pública (e distribuílas) aínda que nelas aparezan obras (por exemplo esculturas, edificios, pontes e outras estruturas) suxeitas a dereitos de autor. Na actualidade a lexislación sobre a liberdade de panorama varía dun país a outro: mentres en España ou Alemaña o dereito de aplica a calquera imaxe tirada na vía pública, e no Reino Unido ou Austria afecta mesmo ao interior dos inmobles, noutros lugares está máis limitada, afectando unicamente a edificios (Dinamarca, Rusia...) ou estando directamente prohibida a difusión comercial destas fotografías (Francia, Italia, Holanda...). O Parlamento europeo está a debater a modificación da actual directiva de dereitos de autor da UE para que a norma sexa común aos 27. Aínda que nun comezo a intención desta modificación era ampliar a liberdade de panorama (ese era o obxectivo da eurodeputada do Partido Pirata, Julia Reda, autora do borrador da lei), a proposta foi rexeitada o pasado 16 de xuño no Comité de Asuntos Xurídicos da Unión Europea debido á emenda do eurodeputado francés Jean-Marie Cavada, do grupo liberal. Cavada pretende, polo contrario, que a liberdade de panorama sexa restrinxida en toda Europa, acompasándoa á actual lexislación gala, argumentando que así se defenden os dereitos dos autores e autoras (arquitectos e arquitectas, principalmente) fronte aos xigantes tecnolóxicos coma Facebook. "A liberdade de panorama é o recoñecemento codificado de que existe de verdade unha esfera pública para o beneficio de todos", defende Reda. "Un edificio ou unha escultura merece e recibe a protección da lei, pero o alcance de tal protección remata onde comeza a protección da esfera pública", di. Pola súa banda, Cavada denuncia que "a utilización comercial de reproducións de obras situadas en espazos públicos deriva en situacións das que son vítimas os artistas e ás veces os consumidores". "Wikimedia querería explotar estas obras con fins comerciais e non só educativos sen compensar aos autores, e Facebook evita pagar dereitos de autor pola utilización comercial de fotos subidas á súa rede ao facer recaer esta responsabilidade aos seus usuarios a través das súas condicións de utilización", engade. O deputado francés defende ademais o dereito de cada Estado de fixar a súa propia lexislación nesta cuestión. A limitación incluiría a prohibición de compartilas en páxinas web ou redes sociais (como Facebook) que insiren publicidade A emenda de Jean-Marie Cavada votarase en principio este xoves 9 de xullo, aínda que ten escasas posibilidades de ser aprobada. Pero que pasará se é aprobada? Xa non poderemos tirar imaxes da Cidade da Cultura ou da Estación do AVE de Vigo? Non exactamente, se a actual liberdade de panorama fose limitada ou eliminada si poderíamos libremente facer fotografías destes edificios, pero o que non poderíamos sería distribuílas comercialmente. E esta limitación incluiría a prohibición de compartilas en páxinas web ou redes sociais (como Facebook) que insiren publicidade. O máis probable é que a emenda de Cavada sexa rexeitada Porén, o máis probable é que a emenda de Cavada sexa rexeitada. Dende hai semanas Wikimedia iniciou un movemento de presión sobre os eurodeputados e eurodeputadas para que non recortasen este dereito. Tamén se crearon peticións online (por exemplo esta de change.org que suma case medio millón de apoios). Unha boa parte do grupo liberal, encabezado polos deputados alemáns e holandeses, posicionouse igualmente contra o texto de Cavada, presentando unha emenda alternativa. E o mesmo fixeron unha parte importante dos deputados socialdemócratas. Enrique Dans, partidario da Liberdade de Panorama, minimizou no seu blog o perigo de limitación deste dereito.
NOS_37028
Sete dos 10 candidat@s à presidência tomaram parte no debate. As presidenciais serão o 5 de Outubro e apresentan-se como um duelo entre Dilma Rousseff (PT) e Marina Silva (PSB)
O segundo debate entre os candidatos à presidência da República do Brasil na TV decorreu nesta segunda-feira no SBT, promovido em conjunto com o jornal Folha de S. Paulo, o sítio da internet Uol e a rádio Jovem Pan. Forom 7 d@s 10 candidatos @s que tomaram parte. Porém, mais uma vez, Dilma e Marina protagonizaram o debate. Para O Globo, Dilma criticou Marina pela sua carência de propostas concretas, enquanto que a candidata do PSB atacou a petista pela situação económica, além de a acusar de não ter aproveitado as potencialidades do Brasil. Para o jornal 'Folha de Sao Paulo', Dilma "vende realismo" perante as "utopias" de Marina. Este diário afirma que o governo do PT, de modo a conter o avanço de Marina, elabora um pacote de medidas e achegamento a igrejas e empresariado. Porém, desde o portal Vermelho, põem em destaque que, apesar de tentar se esconder em formulações genéricas, Marina acabou confessando que seguirá o plano de governo tal como nos tempos neoliberais de Fernando Henrique Cardoso, mas não deixou claro em quais aspectos. "Eu tenho dito que vamos manter sim as conquistas da política econômica do governo do Fernando Henrique." Nas conclusões finais, Dilma explicou que defende as realizações de seu governo, mas não está completamente satisfeita. "Sei que podemos fazer mais. Quero preparar o Brasil para um novo ciclo de crescimento. Fui eleita para garantir saúde, educação e segurança. Mais do que nunca eu acredito nos brasileiros", encerrou.
QUEPASA_4
Os apicultores e os veciños que queiran colaborar poden solicitar trampas e líquido atraínte nas oficinas municipais
Malpica pon en marcha unha nova campaña de trampeo de avespa velutinaO Concello de Malpica anticipa a campaña de trampeo da avespa velutina debido a que tamén se adiantou a aparición das primeiras raíñas da temporada. En colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil veñen de poñer en marcha unha campaña aberta á participación e colaboración tanto de apicultores/as como de veciños e veciñas que queiran axudar a combater a praga, ao tempo que inician a colocación de trampas en zonas axardinadas, nas que abundan as árbores que exercen maior atracción sobre as avespas asiáticas, como camelias ou rododendros, pero tamén nas proximidades de edificios e espazos públicos como centros escolares ou parques infantís. Colaboración veciñalAs persoas interesadas poden pasar pola Casa do Concello e solicitar trampas e líquido atraínte que deberán colocar o antes posible en zonas con plantas ou árbores con flores (camelios e rododendros están entre os preferidos pola avespa asiática). Tanto na trampa como no envase do líquido explícanse os pasos que se deben seguir, ademais de recordar ao voluntariado que tamén se poden preparar trampas con botellas de plástico e líquidos de uso habitual en calquera fogar como viño, cervexa, zume ou simplemente auga con azucre.
PRAZA_14128
Feijóo amósase convencido de que os galegos "distinguirán entre o Goberno central e mais eu" mentres a dirección conservadora ultima a viaxe a Arxentina e Uruguai do candidato á reelección
Un dos principais ruxerruxes das semanas previas á campaña das eleccións municipais de 2011 tiña que ver con José Luis Rodríguez Zapatero. Lastrado pola viraxe da súa política e pola aplicación dos primeiros recortes da crise, para moitos candidatos do PSOE, e tamén do PSdeG, o que noutrora era un valor convertérase nun problema. No mellor dos casos Zapatero non sumaba e no peor, restaba posibilidades de cara á cita coas urnas. Pouco máis dun ano despois quen semella atoparse nunha situación semellante é o PPdeG. Quen senta agora en La Moncloa e dende alí aplica recortes aínda máis severos é Mariano Rajoy. Medidas como a suba do IVE ou o repagamento farmacéutico fan que Rajoy en particular e a marca PP en xeral fagan resentirse á marca Feijóo, que resiste mellor entre a treboada. É neste contexto no que se presenta o primeiro gran acto da precampaña do actual presidente da Xunta. Unha vez ratificado pola dirección do seu partido Feijóo proponse ofrecer a imaxe dun baño de masas na súa proclamación como candidato á reelección. Celebrarase o vindeiro sábado e os conservadores tentaron organizalo no mesmo escenario de 2009, o compostelán Palacio de Congresos de Galicia. Pero un evento previamente programado no recinto obrigounos a trasladalo ao Auditorio de Galicia, tamén na capital. Non será esta a única diferenza a respecto da proclamación de hai tres anos. Rajoy, que daquela acudiu a Compostela no que foi o inicio dunha fonda implicación na campaña galega, non estará no evento. Nin el nin ningún dirixente estatal da formación conservadora. Rajoy, que si estivo na proclamación de 2009, non repetirá porque "é un acto para Galicia e para os galegos", argumenta o PP O encargado de ofrecer a explicación oficial destas ausencias é o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda. A proclamación de Feijóo "non vai contar coa asistencia doutros persoeiros do partido doutras comunidades autónomas" porque "se trata dun acto feito en Galicia, para Galicia e para os galegos", asegura. No mitin vai "primar a intervención do noso cabeza de cartel" e estará acompañado por unha nómina de dirixentes galegos cuxa "composición estará rematada a finais de semana". Todos eles diranlle a Galicia "que se fomos quen de facer todo o que fixemos nestes momentos de crise e dificultade, seremos qeun de facer moito máis cando superemos este bache económico", afirma. Feijóo: "Os galegos distinguirán entre o Goberno central e eu" Pero a asepsia da explicación de Miranda contrasta coas verbas pronunciadas polo propio Feijóo poucas horas antes. Nunha entrevista en Onda Cero o líder popular esforzouse en distanciar a súa figura de candidato da actualmente cuestionada figura de Rajoy. "Os galegos distinguirán entre o Goberno central e eu" á hora de votar, asegura, nun contexto no que descarta que vaia ser xulgado por "decisións doutros", máis aínda cando "a situación de España non é consecuencia dos últimos oito meses do Goberno" e Galicia "non forma parte das malas noticias" do Estado, senón que é "un raio de esperanza", di. "Teño a esperanza e a confianza no meu pobo, que non se deixa influír por cousas que non acontecen en Galicia", abonda. As eleccións xerais xa foron "zanxadas" hai oito meses e "o que se xoga aquí é distinto; se Galicia renova maioría ou se mete por unha senda con varios partidos", enfatiza.
NOS_30459
En boa parte de Galiza o 1 de maio circulan polas estradas coches cunha ponliña de xesta florida. De onde vén desa tradición?
Nas portas das casas e na defensa dianteira do coche. Alí aparecen todos os primeiros de maio as ponliñas de flor amarela, sobre todo nas Rías Baixas, pero tamén no norte de Portugal, segundo nos conta o antropólogo Rafael Quintía. "Antigamente adornábanse as portas, as xanelas e os carros, pero loxicamente a tradición adaptouse aos tempos e agora lévana tamén os coches". "Trátase dunha festa que celebra o esplendor da primavera: os días medran e o tempo é máis benigno. É unha celebración asociada á rexeneración da natureza", explica o gañador do Ramón Piñeiro de ensaio. É unha festividade máis ligada co ciclo agrario: "Funciona como esconxuradora do mal. Críase que había que collelo antes de que saíra o sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido". É un rito "protector e propiciatorio". Rafael Quintía: "Funciona como esconxuradora do mal. Críase que había que collelo antes de que saíra o sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido" Está ligada, por suposto, aos maios: "Había moitas variantes de maios: maios vivintes, con rapaces e homes que ían contando e pedindo lambonadas polas casas; rapaces ofrecéndolle ramos a outros veciños, hai moitas variedades". E mesmo indica que a festividade do domingo de Ramos é unha absorción desta tradición por parte do cristianismo. En Portugal tamén son costume, segundo Quintía, as "maias": castañas secas que se comen o 1 de maio e que protexen das dores de cabeza todo o ano. O 1 de maio coincide tamén cunha das catro festividades do calendario céltico, o Beltaine, que tamén celebra o rexeneramento da natureza. O 1 de maio coincide tamén cunha das catro festividades do calendario céltico, de tanta influencia en todo o mundo atlántico e cun importante substrato na Galiza. Trátase do Beltaine, que tamén celebra o rexeneramento da natureza. As outras son o Lugnasad (1 de agosto), o Samaín (1 de novembro) e o Imbolc (1 de febreiro), a Candeloria galega, ou o Día dos Paxariños. E tamén historiadores do movemento obreiro como E.P. Thompson relacionan esta orixe do primeiro de maio na raíz da coincidencia co Día dos Traballadores, posto que a revolta de Haymarket no Chicago de 1886 que deu orixe a esta xornada de reivindicación tivo lugar un 4 de maio, non un primeiro de maio.
NOS_14267
O vindeiro 23, 24 e 25 de xullo desenvólvese en Santiago de Compostela a terceira escola do Foro Soberanista. O encontro, promovido por máis de 20 fundacións de organizacións nacionalistas do conxunto do Estado, céntrase nas mudanzas do mundo actual. O presidente do Foro, Miguel Roselló, analiza para Nós Diario os obxectivos do mesmo así como a conxuntura política.
Que é o Foro Soberanista e por que organiza esta escola? O Foro Soberanista é unha asociación que agrupa fundacións e entidades dedicadas á reflexión, a investigación social e a económica, a defensa do dereito de autodeterminación dos pobos, en definitiva o seu espazo de actuación é a loita das ideas.O Foro agrupa nestes momentos algo máis de 20 fundacións e entidades no marco do Estado español. Entre elas hainas ligadas a diferentes partidos soberanistas, outras a sindicatos e algunhas sen ningunha vinculación.Desde o 2016 que se celebrou o primeiro encontro en Barcelona, a iniciativa do CIEMEN, o Foro foi crecendo en socios e en actividades realizadas. A formación foi unha das áreas prioritarias que desenvolveu, por iso en Santiago celebramos este mes de xullo a 3ª Escola Soberanista. A primeira foi en Donostia o 2020 e o ano pasado a segunda tivemos que facela online pola pandemia. Ademais das escolas, organizamos xornadas de formación.A parte das tarefas formativas realizamos varios encontros anuais para a posta en común de información e experiencias. Así como debates sobre temas que consideramos de importancia para o noso espazo.Estes anos de existencia permitiron unha consolidación do Foro é un maior coñecemento do mesmo entre os distintos soberanismos periféricos do ámbito estatal, aínda que somos moi conscientes que o traballo que temos por diante é moito e estamos convencidos que necesario. O eixo reitor destas xornadas son as mudanzas no mundo actual, cales considera como máis relevantes? Sen dúbida os cambios na correlación de forzas internacional. Ese tránsito que parece abrirse entre un mundo multipolar e un retorno á bipolaridade. O fortalecemento da OTAN baixo a indubidábel hexemonía dos Estados Unidos, á que se subordina de xeito vergoñento a Unión Europea e a perigosa deriva que considera inimigos "da democracia" a todos os que non se sitúan baixo o paraugas da OTAN. Ou conseguimos romper esta dinámica ou a busca de Estados Unidos do liderado mundial indiscutido pódenos provocar moitos desgustos, máxime cando nos movemos nun mundo cheo de armas nucleares. Esta dinámica conduce ao armamentismo, en detrimento de a loita contra a pobreza. A loita pola paz volverá ser un eixo central das políticas progresistas. A conxuntura económica e o modelo enerxético son dous aspectos que van a someter a debate, até que punto a crise non paralizou o proceso de transición enerxética situando as prioridades noutra esfera? Por suposto este é un bo exemplo de como os cambios que se están producindo no escenario mundial e que afectan moi negativamente na conxuntura económica da Unión Europea poden torcer os obxectivos que se empezaban a marcar, entre eles a transición enerxética cara á descarbonización. Unha vez mais os grandes poderes económicos mundiais sitúannos entre a disxuntiva de encartarnos ás urxencias da conxuntura económica ou por contra manter firme o temón dunha estratexia que nos debe permitir combater o cambio climático e afrontar con audacia as necesidades das xeracións futuras. Os cambios xeopolíticos non avanzan na solución de vellos conflitos nacionais, que queren visualizar coa presenza dunha representación Palestina, do Sáhara e do Kurdistan? Efectivamente esta é unha mais das consecuencias nefastas dos cambios xeopolíticos, aos que me refería antes. EEUU leva tempo rompendo a unión dos países árabes, achegando algúns deles a Israel e por suposto ao seu propio país. Empezou con Trump e continua a mesma liña o "demócrata Biden". O novo líder do "mundo libre" apadriña países árabes que de demócratas non teñen nada, pero o importante é a hexemonía mundial e para iso o petróleo, dá o mesmo que sexa á conta de deixar aos palestinos aos pés dos cabalos. Igualmente xera bochorno o cambio de rumbo de Pedro Sánchez respecto a Marrocos. Para o Presidente do "Goberno mais progresista de España" é mais importante que Marrocos protexa as súas fronteiras do sur, ao prezo que sexa, como se viu non fai moito en Melilla, ou poderse fotografar entre a plana maior da OTAN, xunto a Biden, que seguir defendendo o dereito de autodeterminación do pobo Saharauí. E que dicir do espectáculo que supón unha asemblea que ten como obxectivo "a defensa da democracia no mundo" aceptando as condicións de Turquía para o ingreso na OTAN de Suecia e Finlandia que non son outras que deixarlle as mans libres para seguir masacrando ao pobo kurdo Unha das cuestións que lles preocupa é o avanzo da extrema dereita, até que punto a súa expresión española non presenta unhas características propias definidas polo chauvinismo? O avance da extrema dereita é un risco serio para a democracia en Europa, en Estados Unidos e no Estado español e por tanto a loita contra este fenómeno debe ser unha das preocupacións centrais dos soberanistas e dos demócratas en xeral. No Estado español a extrema dereita ten como característica fundamental que son os herdeiros directos do franquismo e en consecuencia son defensores sen concesións do españolismo mais antidemocrático e do machismo mais radical. Un dos debates importantes do encontro está centrado no problema nacional en Europa, con Escocia preparando un novo referendo ou con Irlanda a piques de ser gobernada polo Sinn Fein, cree que os pobos están diante dunha ventá de oportunidades? Os dous exemplos dos que me falas son unha mostra de que aos pobos sen Estado ábreselles unha ventá de oportunidades. Pero xunto a estes hai outros que van na mesma dirección. Na Francia centralista o exemplo de Córsega destaca con forza e no Reino Unido o crecemento do soberanismo en Gales non é depreciábel. No propio marco do Estado Español o soberanismo na Galiza e País Vasco son a primeira forza da oposición e en Catalunya, Pais Valencià, Canarias e Illes Balears participan de coalicións de Goberno, mentres en Andalucía, nunhas condicións moi malas para a esquerda en xeral, lograron fichar como forza soberanista propia. Non deberiamos esquecer, que mentres as esquerdas socialdemócratas e alternativas estatais no marco europeo, non pasan polo seu mellor momento, os diversos soberanismos van á alza. Aspecto que tampouco deberiamos desligar das crises polas que atravesa a chamada globalización. O local no marco económico e os soberanismos no político teñen mellor saúde
PRAZA_9964
O número de persoas ocupadas en Galicia cae en 7.900 nos tres primeiros meses do ano, especialmente no sector servizos e entre os homes, segundo os datos da EPA.
Galicia perdeu 7.900 empregos no primeiro trimestre do ano. Este descenso que marca a Enquisa de Poboación Activa (EPA) empaña os bos datos interanauis, que indican que hai agora 30.100 ocupados máis no pais que hai un ano. Galicia perdeu case 8.000 empregos no primeiro trimestre do ano pero gañou máis de 30.000 no último anoAsí, o número de persoas ocupadas en Galicia sitúase en 1.080.200 e a taxa de ocupación diminúe 0,3 puntos neste trimestre, ata quedar no 46,3%. Nos tres primeiros meses do ano, reduciuse a ocupación masculina mentres aumentou a feminina: hai 8.100 varóns menos ocupados respecto ao último trimestre de 2018 e 200 mulleres máis traballando.De ter en conta os sectores, a ocupación aumenta na industria e diminúe na agricultura e a pesca, na construción e nos servizos. Na industria a ocupación aumenta en 1.900 persoas con respecto ao trimestre anterior, mentres que o sector primario rexistra unha diminución de 4.300 persoas, a construción de 1.900 persoas e os servizos de 3.400 traballadores e traballadoras menos. A ocupación aumenta na industria e diminúe na agricultura e a pesca, na construción e nos servizosXunto a este descenso, tamén o aumento no número de persoas paradas, que queda en 153.900, 5.000 máis que no trimestre anterior, o que deixa a taxa de paro no 12,5%, 43 décimas por riba do trimestre previo e 2,61 puntos menos que hai un ano. Esta porcentaxe é moito peor entre a poboación xuvenil, onde queda no 23,1%. Dos datos da EPA tírase tamén que case un terzo dos mozos e mozas galegas, o 31%, están no paro, como advirten os sindicatos. En canto ás persoas asalariadas e ao tipo de contrato, descendeu o número delas con contrato indefinido en 5.000 e en 3.200 respecto ao trimestre anterior. No entanto, en canto á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 5,2% e as persoas con contrato temporal aumentaron un 0,9%. A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 25,8% en Galicia.Ademais, e en canto ao número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro, aumenta en 800 unidades e sitúase en 55.000. Respecto ao primeiro trimestre de 2018, esta tipoloxía de fogares redúcese un 20,2%.O número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumento en 800 e sitúase en 55.000Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 2.900 unidades. O número de fogares nesta situación é de 601.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 21.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,8% en termos relativos.As cifras da EPA amosan outra característica preocupante do mercado laboral en Galicia, onde cae a poboación activa tanto no trimestre como en termos interanuais, ao contrario que no resto do Estado onde amosa un incremento do 0,68% nun ano. No país, segundo estes datos, constátase a diminución da poboación de 16 ou máis anos. 900 menos no ano e 2.400 persoas activas menos, o que ratifica un grave problema demográfico.
PRAZA_19408
Xunta e Fomento repasaron plans xa en marcha e indicaron que realizarán "un seguimento das medidas" para evitar atascos nas peaxes no verán. Mentres, a primeira lei para a transferencia de competencias segue bloqueada no Congreso e a segunda tramítase no Parlamento galego
Nos primeiros días do pasado decembro o novo ministro de Fomento e o presidente da Xunta mantiñan a súa primeira xuntanza institucional e finiquitaban, pola vía dos feitos, a transferencia das competencias sobre a AP-9 ao Goberno galego. Íñigo de la Serna confirmaba abertamente a operación iniciada polo goberno de Mariano Rajoy, o bloqueo do traspaso reclamado por unanimidade dende o Parlamento galego baseándose en cálculos erróneos, e a substitución da petición galega por unha comisión para supervisar a autoestrada que a Xunta presentou como unha innovadora fórmula de "xestión compartida". Ese novo organismo, que a Xunta incluíu no balance de logros dos "primeiros cen días" da nova lexislatura, vén de manter a súa primeira xuntanza e nela limitáronse a constatar plans xa previstos para a Autoestrada do Atlántico. Ese primeiro encontro celebrouse o pasado 22 de febreiro ningún dos dous gobernos lle outorgou un rango preferente na súa axenda desa xornada. O encontro "estivo presidido", segundo informou a Xunta, polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, que acudiu xunto a outros cargos do Ministerio, mentres que pola banda da Xunta viaxaron a Madrid a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. Xunta e Fomento repasaron plans xa en marcha e indicaron que realizarán "un seguimento das medidas" para evitar atascos nas peaxes no verán Sobre a mesa desta xuntanza non estivo, nin de lonxe, a cuestión das competencias nin fórmula ningunha de "xestión compartida". Así, indica a Consellería, "os representantes de ambas administración abordaron a situación das obras en marcha na autoestrada e os avances nas actuacións planificadas". Concretamente, Fomento ratificou que esta primavera, en abril, "prevé licitar" as obras do acceso da AP-9 á Cidade da Cultura, xa anunciado en varias ocasións, e "confirmou" que ten a "vontade" de "paliar o impacto do ruído" nas vivendas afectadas polas obras de ampliación da vía en Redondela. A esa contorna xeográfica corresponde a que podería ser considerada como principal novidade da reunión: "solicitar" ao Concello de Vigo "unha proposta técnica" para "remodelar" o treito urbano da AP-9 na cidade. Atendendo ao comunicado pola Xunta ambas administracións tamén conversaron dun dos conflitos recorrentes da AP-9, as "retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano en que se rexistra máis tráfico", fundamentalmente no verán, pero non para adoptar novas decisións, senón para "realizar un seguimento das medidas xa adoptadas". O último destes episodios, no verán de 2014, saldouse coa apertura dun expediente informativo a Audasa sen maiores consecuencias despois de que a concesionaria ignorase as advertencias do Goberno galego, do que dependerían as posibles sancións no caso de seren transferidas as competencias. E a lei da transferencia? A primeira lei segue bloqueada no Congreso malia existir unha maioría a prol do traspaso e a segunda está a ser tramitada no Parlamento Mentres Xunta e Goberno central acordan sentar cada seis meses nesta comisión de supervisión da autoestrada, a reclamación da transferencia vaga por varios camiños á vez. A primeira lei remitida ao Congreso co aval da unanimidade dos grupos da Cámara galega permanece bloqueada no Congreso e semella que así seguirá aínda que neste mesmo mes de febreiro unha proposta de En Marea para erguer o veto gobernamental foi aprobada en comisión malia aos votos en contra de PP e Ciudadanos. Mentres, no Parlamento galego, está en plena tramitación un novo texto para reclamar o traspaso. Pactada por todos os grupos, a nova proposición de lei diferénciase da anterior en que non inclúe os preceptos en que Fomento baseou a súa negativa. Así, flexibiliza os prazos para transferir as competencias, explicita que "non suporá" incremento nin diminución nos Orzamentos Xerais do Estado e non inclúe, nin como hipótese, a posiblidade de rescatar a concesión. Cando chegue ao Congreso este novo texto contará, a priori, cunha maioría proclive ao traspaso, pero coa oposición do Goberno de España.
NOS_38972
Un cambio de criterio na emisión do certificado de vacinación obriga a miles de cidadáns a descargar de novo o certificado Covid. O Sergas detalla o perfil de vacinación das persoas afectadas.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) enviou 150.000 mensaxes a persoas da Galiza que deben volver descargar o certificado Covid porque están afectadas por un cambio de criterio na emisión do certificado de vacinación, en virtude dos cambios na normativa europea que regula estes documentos. Estas mensaxes enviadas sinalan ao usuario que debe volver descargar o certificado de vacinación e remiten unha ligazón na que os pacientes do Sergas poden consultar a información. Quen debe descaragr de novo o certificado covid? Aquelas persoas que tiveron unha primeira dose de Janssen, dose de reforzo e certificado descargado. Todos os cidadáns con pauta completa excepcional por ter pasado a enfermidade, dose de reforzo e certificado Covid descargado. Por exemplo, persoas que pasaron a enfermidade a principios de 2021 e que só recibiron unha vacina como pauta completa e, agora, xa contan coa dose de reforzo (é dicir Covid + vacina + dose de reforzo). Mudanzas na emisión do certificado Desde o 1 de febreiro, entraron en vigor as novas normas para a xeración do certificado de vacinación. Neles, sempre figurará o nome da última vacina administrada e a data, sempre que sexa unha vacina aprobada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Os certificados de pauta completa (primovacinación), sen dose de reforzo, serán válidos durante 270 días (nove meses). Neste momento, non hai período máximo de validez para as doses de reforzo. Hai que ter en conta un cambio na codificación das doses administradas en distintas circunstancias, nas que o número denominador indicará o número de dose que se corresponden coa primovacinación, advirten. Novos códigos Desta maneira, primovacinación con Janssen, por ser monodose, aparecerá sempre no denominador un 1 e no numerador, as doses totais recibidas. Por exemplo, 2/1 significa que se ten a pauta completa con dose de reforzo. As persoas con antecedentes da infección e que só precisaron unha dose como primovacinación, tamén aparecerá no denominador un 1 e un 2 no numerador, o que indica o total de doses recibidas. Por exemplo: unha persona que pasou a Covid na terceira onda (xaneiro de 2021) e que só recibiu unha vacina para completar pauta e recibiu xa a súa dose de reforzo, terá no seu certificado este código: 2/1. As persoas que acheguen vacinas non aprobadas pola OMS, necesitarán unha dose de ARNm e, por tanto, esta vacina será a única que se reflicta no denominador, cun número 1, e no numerador, as doses totais recibidas aprobadas pola OMS. As persoas que se atopen nestas situacións descritas, deben descargare de novo o seu certificado, actualizado e adaptado á nova normativa. Caducidade aos nove meses As persoas que recibisen o tres vacinas sen pasar a infección terán no seu certificado o seguinte código: 3/3. Ademais, aquelas persoas que non recibiron a dose de reforzo por infectarse durante a sexta onda e que non teñen unha proba PCR (só antígenos), única proba diagnóstica que recoñece a UE, atópanse na situación de que o seu certificado de vacinación caduca ao nove meses. O Sergas ofrece ás persoas que non teñen unha PCR que poidan acceder á dose de reforzo antes do seis meses regulados para que conten de novo co seu certificado actualizado. Polo momento o certificado coa dose de reforzo recibida non ten data de caducidade na UE.
NOS_26106
O CIMM de Cabanas é galardoado polo seu traballo de difusión.
O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM) recibiu esta quinta feira o premio ao mellor proxecto realizado polas Administracións Locais no GALP Golfo Ártabro Norte. Cabanas recupera a súa historia a través da memoria oral Estas iniciativas foron desenvoltas entre os anos 2016 e 2022, ao abeiro do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) 2014-2020. O tenente de alcalde de Cabanas e responsábel do proxecto, Iago Varela, foi o encargado de recoller o galardón durante o transcurso dunha gala que tivo lugar en Narón e que foi conducida pola xornalista Marta Docampo. A cultura marítima chega á Estrada da man das xornadas 'O mar en terra' Varela quixo compartir o premio "con todas as persoas involucradas no desenvolvemento do proxecto", e destacou "a contribución do CIMM para dotar Cabanas dunha oferta turística de calidade para crear emprego e riqueza entre a poboación local". Actividades realizadas no CIMM O CIMM naceu polo impulso da área de medio ambiente do Concello de Cabanas. Deseñado como "un espazo de encontro para a veciñanza e visitantes", o seu obxectivo é "afondar no coñecemento e a divulgación de contidos ligados ao mar e á cultura mariñeira". "Todos os navegantes temeron o mar galego polos seus temporais" Posto en marcha hai cinco meses o Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas acolleu xa varias exposicións temporais en colaboración con diversas entidades, así como obradoiros con escolares, rutas interpretativas e unha "innovadora" sesión en directo para coñecer o fondo mariño da zona, para a que foi preciso "un importante despregamento tecnolóxico". Ademais, no espazo do CIMM, construído especificamente para este proxecto, tamén levaron diferentes actividades, como un 'showcooking' de elaboracións a partir de produtos mariñeiros e de proximidade; o desenvolvemento de contidos didácticos para escolares; e saídas para coñecer a contorna marítima de Cabanas.
NOS_31104
As cifras que manexa a Consellaría de Sanidade falan de 4.230 doentes e un falecemento nas últimas 24 horas. Baixaron as e os pacientes da área sanitaria da Coruña e Cee, así como nas zonas de Lugo e Compostela.
Nas últimas 24 horas só se tiñan producido 161 novos contaxios por coronavirus na Galiza e podería ter unha lectura minimamente positiva, se ben o ocorrido esta mañá na residencia de Outeiro de Rei da ao traste coas estatísticas da Consellaría de Sanidade. No entanto, entre o domingo e esta segunda feira (á tarde, que é cando se fai reconto) se baixou da barreira dos 200 contaxios. Os casos activos caeron en 13 quedando en 4.230. Fontes da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta indicaron diferenzas segundo as áreas sanitarias. Quer na da Coruña e Cee, que sigue á cabeza en número de pacientes (1.413 pero 11 menos que un día antes), quer na de Lugo (801 positivos, 15 por debaixo de onte), rexistráronse baixadas. O mesmo sucedeu en Compostela, onde hai 662 persoas enfermas após unha reducción da afección de 26 doentes. Por contra, o virus seguiu avanzando en Pontevedra, donde hai 371 afectadas (28 a maiores) e en Ferrol, onde se contabilizaron 170 infectados (11 máis). En Ourense o incremento foi de 8 pacientes, até os 467, e en Vigo de dous, chegando aos 346 casos. Atendendo ao último parte superaron a Covid-19 un total de 13.965 persoas, que son 173 máis que as que constaban un día antes. Os falecementos rexistrados na Galiza xa son 663, un máis tras notificarse onte mesmo a morte dunha muller de 80 anos con patoloxías previas que vivía na residencia Orpea Coruña, en Culleredo.